ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_2916 | As representantes destas entidades no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento votaron en contra da proposta do Goberno, que non contempla un incremento dos fondos destinados á loita contra a pobreza malia os recortes do 64% que sufriu a cooperación galega dende 2009 | As cinco persoas representantes das ONGD no Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE) votaron este martes en contra do Plan Anual de Cooperación 2016 presentado polo goberno galego. O documento, que marca a estratexia da cooperación galega para o próximo ano, foi aprobado por 13 votos a favor, 5 en contra e 1 abstención, grazas ao apoio cos votos a favor das persoas representantes da administración, as universidades galegas e as empresas As persoas representantes das ONGD galegas rexeitaron o Plan Anual, en primeiro lugar, porque "o documento non contempla un incremento dos fondos destinado á loita contra a pobreza global e as desigualdades" malia ao aumento dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 e os recortes do 64% que sufriu a cooperación galega dende 2009. A Xunta dedicará o vindeiro ano a esta materia 4,1 millóns de euros, a mesma cifra que en 2014 e 2015. Isto representa o 0,04% do orzamento, unha cifra "insuficiente que se atopa nas antípodas do 0,7% comprometidos por todos os grupos parlamentarios no Pacto Galego contra a Pobreza" e que "mostra unha vez máis a falta de aposta do goberno galego pola política pública de cooperación", salienta a Coordinadora Galega de ONGD. A entidade sinala que "os escasos fondos aprobados para 2016 só permitirán publicar dúas das cinco convocatorias destinadas ás ONGD". Manterase a convocatoria de proxectos de cooperación exterior e a de educación para ao desenvolvemento. Destaca que "é especialmente rechamante que nun contexto de crise migratoria sen precedentes no que millóns de persoas foxen da guerra e a fame a Xunta de Galicia decida eliminar a convocatoria de acción humanitaria. Tamén elimina a convocatoria de fortalecemento das ONGD e a de microproxectos". As ONGD conclúen que "ademais de traballar nun contexto de mínimos orzamentarios" teñen que "adaptarse a un escenario de pouca previsibilidade" marcado pola "aparición e desaparición das convocatorias". "Unha realidade que dificulta enormemente o traballo que levan a cabo a prol dos dereitos das persoas tanto nos países do Sur como en Galicia", din. |
NOS_34224 | Este sábado 4 de xuño terá lugar unha mobilización nacional contra a pasteira. Como novidade, ao tradicional lema pola retirada da celulosa engádense 2 novas reivindicacións: o saneamento integral da Ría e contra a eucaliptización. Como segunda novidade, non a convocaa Asociación para a Defensa da Ría (APDR)a mais a plataforma 'Ence Fóra' e a Federación ecoloxista galega. | É unha mobilización nacional xa consolidada no calendario chegado o mes de xuño, a 'marcha contra as celulosas' en Pontevedra. Unha demanda, a retirada de Ence da Ría de Pontevedra, que vén de vello e que máis unha vez, este sabado (4 de xuño) volverá reunir milleiros de persoas. Falamos con Antón Masa, da Asociación pola defensa da ría (APDR), convocante tradicional desta manifestación. Mais desta volta, a convocatoria é cousa da plataforma 'Ence Fóra [onde está a APDR] e da Federación Ecoloxista Galega. Non é a única novidade - Unha nova marcha contra Ence. Vós sempre mantivestes que a mobilización social vai ser chave para lograr tirar a pasteira da Ría. Máis aínda despois da prórroga até 2073? - A prórroga de 60 anos é administrativa, non é firme, polo que pode ser revogada, o que pode facerse por tres vías: administrativa, penal ou política. Nós entendemos que calquera delas, de non ir acompañada a mobilización social, perde forza. Dámoslle un valor fundamental a esa mobilización, por iso chamamos a que esta manifestación do sábado sexa masiva, que veña xente de toda Galiza. - A demanda tradicional (Ence Fóra da Ría), mantense, mais acompáñase tamén doutras... Si, tamén solicitamos un saneamento integral da Ría e, ademais, alertamos contra a eucaliptización de Galiza, cómpre denunciar o papel da pasteira no monte galego. Consideramos fundamental o saneamento integral, pois que desapareza Ence non chega, hai máis verteduras e focos contaminantes sobre os que actuar, por iso a demanda dun plan integral que permita, en último termo e entre outras actividades, unha explotación racional dos recursos pesqueiros e marisqueiros. - E introducir a ecuación da eucaliptización na marcha? - Se Ence continúa 60 anos máis aquí, tal e como queren os que defenden a prórroga, unha das consecuencias máis claras é que vai seguir adiante a eucaliptización do país, co que iso significa para o monte galego e para Galiza. Temos que ter claro que o problema de Ence desborda o local, o comarcal, é un problema a nivel de Galiza. Por iso reiterar o chamamento a que a marcha deste sábado sexa masiva, que veña xente de todo o país. - Nesta mini-lexislatura aprobouse unha proposición para anular a prórroga de 60 anos concedida polo goberno provisional a ENCE. - Si, aprobouse unha proposición non de lei. Desde a APDR e a plataforma ENCE fóra fixemos para que En Marea e PSOE tomasen esa decisión. E temos un compromiso de diferentes organizacións para que, de chegar ao goberno, derroguen quer a prórroga ou quer a Lei de Costas. Desde logo, o que non gostariamos é que teñan o poder aquelas formacións políticas que apoian e avalan que a pasteira se manteña aquí. - Para alén da mobilización, mantendes abertas as vías administrativas e penal contra a prórroga.. - Estamos a redactar o recurso administrativo e estudando a posibilidade da vía penal, pois entendemos que hai causa para facelo e ir contra os responsábeis da prórroga. ENCE supón a perda do futuro para a comarca de Pontevedra, o freo para o seu desenvolvemento económico, social, ambiental.., |
PRAZA_19424 | ENTREVISTA | Luca Chao, portavoz en materia exterior do grupo parlamentario de En Marea, analiza a Estratexia de Acción Exterior da Xunta nunha serie de entrevistas de Praza.gal e o Igadi. | Logo da nova lexislación imposta en 2014 polo Goberno central á acción exterior do resto de administracións, a Xunta aprobou a finais de 2015 un decreto co que regulou esa área competencial e determinou a elaboración da primeira Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex), documento que pretende superar anteriores reflexións globais ou estratexias parciais. O Goberno galego someteu a finais de 2016 a exposición pública o borrador desa estratexia, de 180 páxinas, que espera aprobar ao longo de 2017. Praza Pública e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) entrevistan sobre a proxección internacional que queren para Galicia ao director xeral de Relacións Exteriores da Xunta e a responsables na materia dos grupos da oposición. Luca Chao é portavoz en materia exterior do grupo parlamentario de En Marea Que aspectos positivos e cales negativos atopa no borrador da Egaex? O máis negativo é que máis que un plan de acción exterior habería que falar dun plan de internacionalización da economía. A economía aparece ducias de veces, en cambio cuestións básicas como os dereitos e os compromisos coa cooperación ao desenvolvemento ou os refuxiados teñen un espazo claramente menor. En todo o documento, en máis de 180 páxinas, só se fai unha mención aos refuxiados. E aspectos positivos? Que por primeira vez a Xunta decida facer unha estratexia para guiar a acción exterior paréceme que non pode criticarse. Igual por unha vez deciden asumir certo perfil propio de cara a que papel debe ocupar Galicia no exterior. "A urxencia maior que temos no ámbito das migracións é atender a eses miles de mozas e mozos que tiveron que marchar a buscar traballo, pero na Egaex non hai ningunha mención a este colectivo" As migracións é o seu ámbito de especialización académica. Que lle parece o papel reservado á diáspora na Egaex? Está claramente ancorado no pasado. Segue falando da diáspora e facendo referencia á enorme perda poboacional que tivo Galicia na primeira metade do século XX, e está ben, pero creo que non se corresponde coa realidade que temos hoxe. Dedícase constantemente a atender a unhas comunidades cunha relación con Galicia francamente escasa e esquece que a realidade migratoria que temos hoxe é radicalmente distinta. A urxencia maior que temos hoxe no ámbito das migracións é atender a eses miles de mozas e mozos que tiveron que marchar a buscar traballo. En cambio, na Egaex non hai ningunha mención a este colectivo. Fala das casas rexionais. Non sei se acaso os señores do goberno non saben que ás casas rexionais xa non vai ninguén máis que uns poucos xubilados que quedan en Bos Aires. Fora de Bos Aires creo que en ningunha parte. Cando profesionalmente me dediquei ao tema das migracións tiven ocasión de visitar estes centros galegos, que formaban parte da miña investigación, e son clubes sociais aos que podes ir a botar a partida pero que teñen cada vez menos socios e son incapaces de atraer a xente moza, co cal é imposible manter ningún vínculo cos fillos e netos da emigración, que son os que hoxe temos na emigración. A Egaex nada di sobre a participación política da diáspora. Como o valora? É totalmente inexistente. Cando enfocamos a política exterior hai dúas vías: unha é falar de economía e outra de dereitos. O Goberno da Xunta decidiu falar de economía e non falar de dereitos. Tanto insistiu o Goberno en que non puideran votar os mortos que a realidade é que non poden nin votar os vivos. Pero eles tranquilos, porque só hai que desagregar os datos de participación política no exterior e ver como nos países aos que recentemente emigrou a mocidade galega as preferencias políticas son claramente contrarias ao PP. Algo debe ter que ver con isto. "Parece que a Egaex volve a mirada cara a lusofonía, e niso acerta" Cales deberían ser para En Marea as prioridades xeográficas e sectoriais? Canto ás xeográficas, e iso habería que recoñecer que a Egaex acerta, parece que volve a mirada cara o mundo da lusofonía. E niso concordamos. Hai que centrarse neses países alén de reforzar as relacións que temos con América latina, que teñen que ser os nosos socios naturais por todo o que compartimos precisamente grazas aos vínculos migratorios que se estableceron. Sectorialmente, a nosa prioridade sería unha política exterior que faga da cooperación ao desenvolvemento o piar fundamental. Así como o compromiso cos dereitos humanos alén das fronteiras. A Egaex aposta por mellorar a relación con diversos países de lingua portuguesa, pero o borrador non fai referencia, máis que nun anexo, á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) como tal, malia que o propio presidente Feijóo prometeu que traballaría para a incorporación de Galicia á organización. Por outra banda, a CPLP agrupa estados soberanos e as súas áreas de actuación van máis alá da lingüística. A que debería aspirar Galicia nese ámbito? Tómome esas declaracións [de Feijóo] como un exabrupto que se lle ocorreu nese momento sen medir as consecuencias das súas palabras. Logo alguén o asesoraría e lle diría que non coa escusa habitual de que as cuestións da política exterior son competencia do Estado. Se de verdade a Xunta quere comprometerse coa comunidade lusófona, dunha banda debería reforzar as súas relacións culturais, económicas, máis alá do Consello da Cultura Galega, e por outra banda instar ao Goberno do Estado para que facilite eses trámites e que Galicia ocupe ese papel. "Choca que xusto a Xunta saque agora esta Egaex cando o marco lexislativo estatal vai na liña contraria, de reducir a marxe de actuación das comunidades" A lei estatal de acción exterior suporá un freo ás aspiracións de Galicia nese ou noutros ámbitos? Choca que xusto a Xunta saque agora esta Egaex cando o marco lexislativo estatal vai na liña contraria, de ir reducindo a marxe de actuación que tiñamos as comunidades autónomas no exterior. Nalgún momento deberán explicarnos cara onde queren ir. Persoas e políticas aínda se están a asentar na súa formación. Pode iso limitar o papel de En Marea como interlocutor na elaboración da Egaex? En ningún caso. Non podemos negar que En Marea está nun momento de constitución orgánica, pero iso é unha banda do ente En Marea. O grupo parlamentario está plenamente constituído e traballando desde o minuto un como un único axente. As prioridades políticas de En Marea están claras e teremos unha voz contundente neste debate se a Xunta ten a ben incorporarnos a el. |
NOS_14107 | O escritor e xornalista británico considera que con exemplos como o de Irak ou Libia aínda quentes, Corea do Norte ten motivos para se dotar dun arsenal nuclear como único freo perante a OTAN. Aliás, profundiza no papel dos EUA co seu desplegue militar na zona como responsábel nesta tensión | Rattansi ten traballado como xornalista para medios como The Guardian, BBC, CNN ou Al Jazeera. A súa experiencia profesional levouno a percorrer (e coñecer ben a fondo) África, Asia ou América Latina. É autor, tamén de libros como The Dream of the Decade. Nunha entrevista en RT, este británico de Cambridge ofrece unha visión totalmente diferente da que os grandes media proxectan sobre o que está a acontecer en Corea. RT: Secretario de Estado de EUA, John Kerry comeza a súa xira asiática con Corea do Sur e Pequín. El vai reunirse cos líderes chineses e surcoreanos, e coa cúpula da OTAN. Non este ollar como un mal momento? Ou será que é unha carreira de última hora para intentar atopar unha solución diplomática? Afshin Rattansi: Tivemos a reunión do G8 de ministros estranxeiros aquí en Londres e eu teño que dicir que é bastante sorprendente que a Rusia e a China parecen estar en sintonía cos americanos. Temos que lembrar que hai probas de mísiles en curso na Gran Bretaña, probas de mísiles nucleares. Eu non vexo a ninguén tentando sanción Gran Bretaña. "O verdadeiro xogo é o de EUA tentando militarizar a zona contra o que ven como sua principal ameaza no século XXI, China" John Kerry e o goberno dos EUA están estendendo todo ese medo e debemos lembrar que foron os Estados Unidos que comezaron a desplegar cazas stealth en Guam. E tamén hai que ter presente o contexto. Nos anos 50, os Estados Unidos mataron o 20 por cento da poboación de Corea e destruíu o 85 por cento dos edificios de Corea do Norte... Esta é unha situación que está quedando fóra de man e todo o que se precisa é unha chamada do presidente Obama para calmalo. RT: Os ministros do G8 condenaron as ameazas de Corea do Norte e o seu programa de armas nucleares. Mais non ofreceron ningunha solución. Que poderían facer as potencias mundiais para evitar esta situación actual e as súas consecuencias? "Os EUA mataron nos 50 o 20% da poboación de Corea. E EUA está aumentando as súas instalacións militares na zona. É lóxico que en Corea do Norte movan ficha" AR: Eu supoño que hai outro partido que está a ser xogado, porque os EUA están aumentando as súas instalacións militares no sueste de Asia e, obviamente, é previsible que a China vai se tornar nun super-poder. E Kim Jong Un, dixo hai un mes, e repetidamente, "nós non queremos guerra. Queremos falar ...". América deixou o tratado de non proliferación. Gran Bretaña non está obedecendo o espírito do tratado de non proliferación do cal é asinante. E o que precisamos con urxencia é que o presidente Obama faga esa chamada. Mais, como en tantas outras cuestións de política exterior, o presidente Obama está dubidando, parece feble, e parece que só aposta por continuar a realizar estes xogos de guerra na costa. Se pensamos nos antecedenets dos bombadeos de EUA quemataron o 20% da poboación, e no actual desplegue de avións nucleares, podemos ver por que Kim Jong Un e Corea do Norte teñen medo de barbarie dos EUA. "O século XXI ten probado unha e outra vez que as armas nucleares son, talvez, o único disuasor contra os Estados Unidos e a guerra da OTAN" RT: Cal é o seguinte paso? Quizais a Corea do Norte chegará á mesa de negociacións, pero que pasa se iso non acontece? AR: Ben, Corea do Norte dixo que quere falar e EUA aumentando a presión ... É como se os EUA queren este tipo de xestos e malabarismo político para axudar ás súas instalacións militares ao redor da China. O que fai falta agora é conversas urxentes. Porque, claro, o escenario de peor caso e, probablemente, máis do que calquera outro tipo de ataque, é un erro que está a ser feito. E imos todos lembrar que a Corea do Norte é unha sociedade militarizada e calquera bomba que envía para a Corea do Sur en poboacións moi urbanos vai matar moita xente. Como para calquera represalia contra a Corea do Norte - ben, os Estados Unidos bombardearon a maior parte na década de 1950 e teñen túneles subterráneos. O efecto sobre a Corea do Norte en calquera campaña de bombardeo non vai ser tan malo como que no sur. "O presidente Obama incrementa a presión e a tensión na zona ao reforzar e aumentar as instalacións militares en Guam" RT: Existe un argumento para que o rexime nor-coreano pense que as armas nucleares son a mellor oportunidade que teñen de manterse no poder? AR: O século XXI ten probado unha e outra vez que as armas nucleares son, quizais, a única disuasión contra os Estados Unidos e a guerra da OTAN. Após Iraq, Afganistán e Libia, e outras intervencións da OTAN que resultaron na perda de tantas vidas. RT: Moitos analistas cren que a China é a clave para resolver este impasse. Cal é a influencia que Pequín ten realmente en Corea do Norte? AR: Hai moita especulación sobre iso, porque a China mudou completamente a súa posición nos últimos meses. Tes a todos eses analistas que falan sobre Corea do Norte, esa sociedade secreta que moitas persoas non teñen acceso a coñecer. Eu creo que a China vai estar a ollar para iso moi de preto e estar en contacto próximo con Kim Jong Un. Presuntamente, porque eles están indo con EEUU en sancións ameazantes. Creo que é un xogo que está a ser xogado e é o dos Estados Unidos intentando militarizar contra o que ven como a súa principal ameaza no século 21, a República Popular da China. RT: Existe un risco de que no futuro inminente, os EUA van reducir a súa presenza militar en Corea do Sur? AR: Eu non creo que eles se vaian. Temos que lembrar que os EUA son os que despois de 1945 dividen a nación. Eles non querían que Kim Jong Il para gañar unha elección realizada democraticamente e en 1948 eles publicaron as bases en Corea do Sur e Guam. O que eles queren facer é garantir a súa presenza na rexión, e o presidente Obama está presionado fortemente polos fabricantes de armas. A ameaza norcoreana tamén está vindo moi ben para empresas de armas británicas, porque todo o mundo pode actualizar os seus arsenais. RT: Existen aínda moitas dúbidas sobre se Corea do Norte ten a capacidade de poñer unha ogiva nuclear para poñelo sobre os mísiles que ten. Pero hai unha morea de noticias de que ao longo dos próximos días van tentar lanzar eses foguetes balísticos de medio alcance. Se isto acontece, cal pensas que será a reacción? Podería haber unha resposta militar? AR: Ben, a reacción será quizais máis sancións, o que é unha espiral. Non podo especular sobre as mentes de Kim Jong Un, que son, basicamente, dirixir as cousas, segundo algúns analistas de intelixencia. Dada a súa declaración de que queren falar e non queren guerra, é difícil dicir. Pero está claro que o presidente Obama amplía agora a presión ao poñer todas esas novas instalacións militares en Guam. |
NOS_29116 | Ana Pontón cualifica de "disparate" que nun país excedente na produción de enerxía como é Galiza "estean en risco postos de traballo polo custo da enerxía". | Ana Pontón compareceu para mostrar a "preocupación" das nacionalistas ante a noticia de que Alcoa pode fechar a planta de San Cibrao e despedir 500 traballadoras. "Non podemos permitilo", sinalou a portavoz do BNG, que propuxo a intervención pública de Alcoa, "a súa nacionalización",, para "garantir postos de traballo e produción nun sector estratéxico". A nacionalista sinalou que a nacionalización de sectores estratéxicos non é algo raro en Europa, lembrando que en Italia se fixo cunha empresa de aluminio e en Alemaña "Merkel, valedora do liberalismo" tamén deu o paso cunha compañía aérea. Criticou que durante todo este tempo Xunta e Goberno español non estivesen á altura e vaticinou que de se concretar a noticia do feche e despedimentos íase producir un "pim pam pum" entre ambos os dous partidos para se botar a culpa, "cando o que hai que facer é buscar solucións". Ana Pontón indicou que de fechar, Alcoa debería devolver todas as axudas públicas recibidas nestes máis de 20 anos e que ese diñeiro debería ser investidas na creación de emprego. Tarifa eléctrica galega A nacionalista cualificou de "disparate" que nun país excedente na produción de enerxía como é Galiza "estean en risco postos de traballo polo custo da enerxía". Nesta liña, volveu poñer sobre a mesa a necesidade dunha tarifa eléctrica galega. |
PRAZA_16712 | A iniciativa da Deputación de Pontevedra permitirá percorrer o museo todos os domingos de abril da man das explicacións de oito persoeiros da cultura galega, como Nieves Rodríguez, Francisco Castro ou Margarita Ledo. De balde e para grupos reducidos. | O informe Diagnose da cultura galega, que a pasada semana lle entregou o CCG á Xunta de Galicia, destaca que "os museos galegos teñen unha gran potencialidade, cunhas coleccións moi boas. Non hai que esquecer que, xunto coas bibliotecas e cos arquivos, son os custodios da memoria colectiva". Porén, sinala que "Galicia encabeza a lista das comunidades autónomas nas que hai unha menor asistencia aos museos". É necesario levar a cabo iniciativas de promoción e difusión dos seus contido, de achegamento á cidadanía. Un bo exemplo son as Visitas Cruzadas que o pasado puxo en marcha no Museo de Pontevedra a Deputación provincial. En esencia trátase de visitas guiadas ao museo, nas que a explicación corre da man dun persoeiro da cultura galega, referentes no seu ámbito. Dúas visitas cada domingo (de 12 a 13.30 horas) que percorren a institución e que se cruzan polo medio. Despois da primeira media hora, os e as asistentes cambian de guía, que repite a explicación. Sés, Xurxo Souto, Iria Pinheiro, David Cortizo, Nieves Rodríguez, Francisco Castro, Margarita Ledo e Xacio Baño son os e as guías este ano Trala fenomenal resposta acadada o pasado ano coas visitas a cargo de Uxía Senlle, Isabel Risco, Manuel Gago ou Jorge Coira, este domingo 8 de abril regresa a iniciativa, da man de Sés e Xurxo Souto (que ce centrarán na música e na literatura). Posteriormente será a quenda de Iria Pinheiro e David Cortizo (15 de abril, música, artes escénicas e edición), de Nieves Rodríguez e Francisco Castro (22 de abril, audiovisual e edición) e de Margarita Ledo e Xacio Baño (29 de abril, cinema). Pódese asistir de balde a cada unha destas visitas, previa inscrición por mail (catro persoas por reserva) dende o luns anterior a cada unha das citas e ata acadar o máximo de 50 participantes por día. "Esta iniciativa demostra que este é un Museo moderno, que non é estático, pétreo, e que responde a un dos grandes retos actuais que é o de abrirse á cidadanía con acción interesantes", subliñou Francisco Castro Na presentación desta nova edición de Visitas Cruzadas, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, e o deputado de Cultura e Lingua Xosé Leal, destacaron o éxito que tivera a iniciativa o pasado ano. Tamén interviron Nieves Rodríguez e Francisco Castro, que salientou que "esta iniciativa demostra que este é un Museo moderno, que non é estático, pétreo, e que responde a un dos grandes retos actuais que é o de abrirse á cidadanía con acción interesantes". "Aínda que é un Museo coñecido en toda Galicia, hai persoas que aínda pensan que segue sendo un lugar reservado a determinado tipo de xente, cun certo status, e estas Visitas Cruzadas permitirán que deixe de ser así", destacou Rodríguez. As visitas coinciden co Día das Artes Galegas, que este ano homenaxea o arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, a quen se lle dedica unha exposición antolóxica no Museo Nesta ocasión as visitas teñen lugar en abril, coincidindo co Día das Artes Galegas, que este ano homenaxea o arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota, a quen se lle dedica unha exposición antolóxica nas salas de exposición temporal do Sexto Edificio do Museo. Na preparación dos percorridos de cada un e cada unha destas guías ocasionais ten un papel inestimable o asesoramento do equipo técnico do Museo, e nomeadamente o gabinete didáctico, ao que Xosé Leal agradeceu especialmente toda a súa colaboración e profesionalidade para sacar adiante con éxito esta iniciativa. Máis información sobre a iniciativa |
NOS_44468 | Faleceu en Lugo, a cidade que o veu nacer un 12 de xaneiro de 1935 a este galeguista cun amplo compromiso cultural e social. Enxeñeiro agrónomo e economista, era actualmente o presidente de Galaxia | Finou Benxamín Casal, lucense da xeración do 35. Actualmente presidía a editorial Galaxia. Casal era un galeguista cunha ampla traxectoria social e cultural. Foi deputado no Parlamento galego e dirixiu a Gran Enciclopedia Galega, aliás de publicar numerosos traballos e estudos sobre o mundo rural, que tan ben coñecía. |
NOS_31778 | O activista prestou declaración nos xulgados da Coruña após recorrer unha multa imposta pola Delegación do goberno español no marco dunha concentración perante a sede do PP. | O activista Nicanor Acosta, de 76 anos, pasou máis unha vez polos xulgados esta segunda feira (4 de abril) para prestar declaración após recorrer a sanción de 480 euros imposta pola Delegación do goberno español no marco dunha concentración que tivo lugar perante a sede do Partido Popular na rúa Sánchez Bregua. Acúsano de cortar o tránsito nunha mobilización perante a sede do PP. Pídenlle 480 euros de sanción Acúsano de cortar o tránsito durante unha mobilización de persoas afectadas polo calote das preferentes. "Non sei se me xulgan a min ou ao megáfono", dixo ás portas do xulgado con certa retranca onde se concentraron medio cento de persoas para amosar a súa solidariedade. Entre elas, a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga (Marea Atlántica) e deputados de En Marea, Yolanda Díaz, Antom Gómez Reino, Miguel Anxo Fernán Vello e Xabier Ron (AGE). Acosta asegura que o seu caso reflicte "a represión actual contra os colectivos". Así as cousas, asegurou que "é na rúa onde a cidadanía ten que defender os seus lexítimos dereitos. Se lles estorbamos quere dicir que imos ben, que o estamos a facer ben, que seguimos na senda da defensa da dignidade". Neste senso, apuntou que "sei que vou polo bo camiño". Esta non é a primeira ocasión en que Nicanor Acosta afronta un xuízo. En outubro de 2015 tamén recorreu a multa que lle foi interposta por se opor ao despexo de Aurelia Rei do que finalmente foi absolto. |
NOS_32620 | A expansión da sidra e o cultivo da mazá ecolóxica na Estrada depende do incremento de terras de cultivo sempre e cando teñan un tamaño superior ás 10 hectáreas ou conten con modelos comunitarios de colaboración, como a cooperativa. É a principal conclusión do estudo presentado onte nese municipio. | O cultivo da mazá ecolóxica busca medrar na comarca de Tabeirós, unha das zonas, xunto con Chantada, onde este produto está máis consolidado na Galiza. O edificio Mome da Estrada acolleu na xornada desta terza feira a presentación dun informe realizado pola empresa GB Auditores para a Consellaría de Medio Rural e que deu a coñecer a asociación da Mazá e a Sidra deste municipio. O propósito deste estudo é dar conta das posibilidades reais de incremento de hectáreas de cultivo e o seu custo para as actuais ou futuras explotacións. "É o primeiro estudo que se realiza sobre a vida útil das maceiras desde que se plantan até os 24 anos que dan as mazás", explica a Nós Diario Miguel Soto, técnico da cooperativa Ullama e da asociación. O resultado do traballo indica que para equilibrar custes e aproveitamento do terreo hai límites. "Unha hectárea non compensa, a mecanización pode levar 40.000 euros". Análise de custos e conclusións O estudo analizou unha plantación en 1 hectárea de terreo de 500 maceiras contando co ciclo de vida habitual da explotación. "O primeiro ano sería de preparación e o segundo de plantación", resume o seu responsábel, Enrique González para Nós Diario, "até o décimo ano non se alcanza o 100% da produción". No estudo identificaron as horas de traballo necesarias, os medios precisos e o custe actual de venda da mazá que se paga agora e que é de 0,31 euros/kg. "Comprobamos tamén os resultados se se traballaran 5, 10 e 15 hectáreas de produción", indica González. As conclusións deste traballo son contundentes: as explotacións pequenas con pouco terreos non son rendíbeis se non se conta con medios comunitarios. "Choca coa realidade actual que temos no noso territorio e aí é onde hai que actuar, por exemplo accedendo a extensións de terra por riba das 15 hectáreas e fomentando a colaboración a través, por exemplo, de modelos asociativos que estean ben xestionados", engade este analista. Alén diso, desde esta consultora especializada aconsellan ás explotacións deste tipo, cun cultivo ecolóxico moi singular e específico, "que incrementen o prezo actual de venda" que consideran moi baixo. Mazá e sidra na Estrada en tempos de pandemia O municipio da Estrada conta na actualidade cunhas 70 produtoras e produtores que cultivan algo máis de 100 hectáreas, a maior parte dentro da cooperativa Ullama."É un sector moi importante na economía deste concello", sinala Soto. Proba da súa expansión é a Feira da Sidra que, antes da súa anulación temporal como consecuencia da pandemia da Covid-19 e as restricións sanitarias, levaba oito anos seguidos realizándose. A intención desde a asociación é que volva este mesmo mes de setembro "se as condicións son as axeitadas". As sidrarías aumentan e xa son catro as que teñen concedido o seu rexistro sanitario e en breve sumarase outra: Sidra de Vea. "A pandemia prexudicou ás pequenas sidrarías que foron xurdindo e paralizou moitos proxectos, como o turístico a través da ruta da sidra", conta este técnico agrícola. Desde a asociación xa adiantaran un percorrido sinalizado e unha páxina web na que promocionar, entre outros, os lagares da zona. Neste período, desde a asociación están promovendo a profesionalización do sector e, amparados na cooperativa, facilitan a maquinaria necesaria para aumentar os beneficios. Soto recoñece que a posibilidade de aumentar superficie beneficiaría a todo o sector "sempre e cando sexa en terreos que estean ao carón uns dos outros". É nese aspecto onde, segundo este técnico, entraría a nova Lei de Mobilidade de Terras "que podería achegarnos terreos abandonados para poñelos en valor". O valor engadido de ser produto ecolóxico Na produción de mazás para sidra na Estrada o seu valor engadido é ser un cultivo ecolóxico. A previsión deste ano sitúase en 1,5 millóns de quilos, un 70% da que se tivo na tempada histórica de 2019. O maior comprador na Estrada, e tamén no resto do país, segue sendo Estrella Galicia, a empresa de Hijos de Ribera que comercializa a marca Maeloc que conta con distribución en todo o Estado español e en 11 países. O segredo do cultivo ecolóxico da mazá é o mesmo que doutros produtos como explica Soto. "Nós rozamos de maneira mecánica os terreos e non empregamos herbicidas nin abonos de sínteses", asegura, "e como resultado temos un produto máis san", engade. Esta característica é a que procuran moitas marcas na actualidade e que singularizan a súa produción. |
PRAZA_18533 | NOVEMBRO DE LIBROS A investigación do autor ficcional anoa con oficio indiscutible os fíos da realidade coa literatura inventada, de xeito que a novela é creación ou recreación histórica que remata ancorando tamén no momento actual. Eu míroo 'O xardineiro dos ingleses' como un libro sobre un escritor que quere escribir e non pode. Por Berta Dávila | Existen, creo, certo tipo de novelistas de raza que se entregan á escrita igual que a unha febre. Como todas as febres, a da literatura pode ser ingrata, abrazarnos forte ata o afogo durante un tempo, e abandonarnos cando pensamos que xa nos quedan poucas cousas máis aparte dela. Desculpen o exceso de dramatismo. O caso é que na traxectoria dese tipo de novelistas febriles existe ou adoita existir, con frecuencia, cando menos un libro que nos fala do propio feito de escribir novelas. Ignoro se é este o caso do vilagarcián Marcos Calveiro (1968), quen acadou con O xardineiro dos ingleses o XXIX Premio García Barros que convoca o Concello da Estrada e edita Galaxia, pero paréceme que si é a circunstancia desta novela, unha novela que fala de moitas cousas pero, sobre todo, diso que o protagonista, o escritor Modesto Filgueira, dá en chamar a seca: o furado de querer escribir e que non aconteza. O xardineiro dos ingleses é, daquela, unha novela protagonizada, nun primeiro plano, por un escritor que escribe e, como non podía ser doutro xeito, o material literario que nos ofrece o escritor ficcional é tamén o libro mesmo. Dentro del, nace unha coreografía de personaxes e historias da Vilagarcía da primeira metade do século XX que orbitan arredor do personaxe de Delia e do seu fillo Edelmiro. Este último asume por propia iniciativa a tarefa de coidar un cemiterio militar, o cemiterio dos ingleses, onde hai unha tumba sen nome. A investigación do autor ficcional anoa con oficio indiscutible os fíos da realidade coa literatura inventada, de xeito que a novela é creación ou recreación histórica que remata ancorando tamén no momento actual. Aquí a barbarie da guerra, a espionaxe, a vinganza, o desencontro fraternal, a barraca de Lorca, as cafeterías, as rúas, os dicires. A investigación do autor ficcional anoa con oficio indiscutible os fíos da realidade coa literatura inventada, de xeito que a novela é creación ou recreación histórica que remata ancorando tamén no momento actual. Eu míroo como un libro sobre un escritor que quere escribir e non pode Porén, ocórreme con este libro de Calveiro que me custa entendelo nas claves do que se escribiu sobre el na prensa. Eu míroo como un libro sobre un escritor que quere escribir e non pode. Ou sobre un escritor que xa non sabe se quere escribir ou non e recolle pezas para un libro que está por vir e volve á orixe para atopalas. É un exercicio de procura na seca e nas orixes da febre que se boa en falta. E que regresa para iso á raíz, que é a cidade. Esta é unha novela sobre a Vilagarcía dun tempo e dun contexto e sobre como se constrúen na memoria e na propia literatura os lugares queridos, unha lectura posible dunha cidade amada, coñecida e descoñecida a un tempo, que é o efecto que adoita ter o amor. Repítese con frecuencia que deberiamos limitarnos a escribir sobre o que coñecemos. Quen nalgún momento dedicou a vida a narrar viviu de preto, á forza, o paradoxo de coñecer intimamente o oficio, como a cidade, e, a un tempo, descoñecelo no máis profundo. Non sei se a escrita é un traballo de artesanía ou un estado de ánimo. Non obstante, si creo que todos os libros que nalgunha medida pagan a pena nacen dunha mestura de vontade e paixón ou dunha débeda insalvable (se non é o mesmo unha cousa que a outra), como parece ser o caso do libro que nos ocupa. Dixo o autor nalgunha entrevista que O xardineiro dos ingleses era, probablemente, o libro da súa vida. Agardamos que veñan moitos máis. |
PRAZA_4193 | A páxina é unha "ferramenta atractiva e útil para achegarse a unha figura de tantas faces como é o propio Carvalho", en palabras do seu coordinador. O espazo irá completándose con novos contidos ao longo dos vindeiro meses | A Associaçom Galega da Língua (AGAL) vén de publicar unha completa web sobre Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado no ano 2020 con ocasión do Dia das Letras Galegas. A páxina, que contou co apoio da Secretaria Xeral de Política Lingüística, inclúe contidos sobre a vida e a obra de Carvalho Calero, recursos didácticos sobre a sua figura, audiovisuais ou unha relación de eventos arredor do Día das Letras Galegas deste ano. A web está dispoñible tanto na grafía do galego internacional que defende a Associaçom, como na norma oficial do galego.A páxina é unha "ferramenta atractiva e útil para achegarse a unha figura de tantas faces como é o propio Carvalho", en palabras do seu coordinadorCoordenada polo integrante do Consello da AGAL Miguel Penas, e polo presidente da entidade, Eduardo Maragoto, a páxina quere ser unha "ferramenta atractiva e útil para achegarse a unha figura de tantas faces como é o propio Carvalho", en palabras de Penas. Nos contidos destacan os dedicados á vida e obra do homenaxeado, cun texto biográfico da autoría de Martinho Montero Santalha e unha sección coas fichas de todas as monografías do autor, compiladas por Marcos Saavedra. Esta sección será ampliada proximamente coa inclusión de traballos menores e artigos do autor. Na parte dedicada aos recursos tamén se poden consultar varias unidades didácticas adaptadas aos diferentes niveis do ensino, realizadas polos docentes Laura García Díaz, Marisa Moreda Leirado e Bernardo Penabade, e mesmo un monográfico dedicado á novela Scórpio e outro á sua lectura en clave feminista, da autoría de Teresa Crisanta e Susana Sanches Arins, respectivamente.A web acolle tamén un concurso ao redor de Scórpio, "pensado para calquera alumna ou alumno do ensino medio". Os e as participantes deberán remitir un relato que debe seguir as características formais do texto orixinal (por exemplo, narrador testemuña en primeira persoa).A sección de audiovisuais inclúe varios vídeos, entre eles o documental "De Carballo a Carvalho" producido pola AGAL este ano. E, igualmente, distintas gravacións do autor homenaxeadoNa sección de Eventos estará aloxada a exposición "A voz presente" promovida pola Agal en colaboración co goberno galego e producida por Ouvirmos. A mostra, que xirará por diferentes localidades galegas pretende difundir a dimensión artística, humana e lingüística de Ricardo Carvalho Calero e pór en valor e resituar a súa figura e o seu legado. A sección de audiovisuais inclúe varios vídeos, entre eles o documental "De Carballo a Carvalho" producido pola AGAL este ano. E, igualmente, distintas gravacións do autor homenaxeado. Entre elas destaca por exemplo un video coproducido por A Nosa Terra e a Asociación Socio-Pedagóxica galega en 1991. Con guión de Francisco Rodríguez e produción de Xan Carballa, toma como unha das súas bases narrativas anacos dunha longa entrevista realizada por Francisco Salinas Portugal a Carvalho Calero. |
NOS_52319 | Logo do éxito colleitado en 2014, Compostela volveu imporse sobre máis dunha ducia de cidades europeas candidatas e a cidade volverá encherse de músicas do mundo en 2016. | Santiago é a cidade máis pequena que acolleu nunca o Womex, que ten por costume escoller como sede "unha cidade con metro". Pero a capital galega conseguiu convencelos para organizar 2014 e logo do éxito, esta feira de 'world music' con organizadores alemáns repite "porque a experiencia foi inmellorable e supuxo un aval que venceu ás outras cidades que competían", segundo declarou Antón Martínez, socio de Nordesía, a empresa galega coorganizadora do evento. A pasada edición en Galiza acadou un récord de stands e un crecemento da asistencia dun 6,66%: 2.400 delegados (+6,66%) e 1.470 empresas (+16,66%) encheron Compostela durante os cinco días que durou a feira. A isto hai que engadirlle o protagonismo da música galega, coa participación de seis artistas galegos e 21 empresas participantes dentro do stand Galician Tunes. Moitos destes artistas galegos comezaron unha xira internacional despois do evento, como Davide Salvado, o zanfonista Germán Díaz ou o grupo de jazz Sumrrá, que participou en Focus Galicia, unha programación previa -organizada pola Xunta- só de artistas galegos na que se convidou a programadores internacionais. A organización destacou que o 90% da produción foi investido en empresas locais (alugueiro, soldos, escenarios, catering, etc.), con máis de 400 postos de traballo creados (250 directos e 150 indirectos), cifrando o impacto positivo no PIB do territorio en 2,5 millóns de euros. Womex é un encontro profesional para o sector das músicas do mundo, que inclúe unha feira profesional, uns 60 showcases (concertos, a maioría abertos ao público) que atrae a milleiros de delegados e empresas da industria musical de máis de 90 países. Ademais, tamén acolle un DJ Womex Summit, un ciclo de cinema, conferencias e mentoring a cargo de 80 oradores e mentores de máis de 25 países; proxeccións de filmes, etc. Womex leva celebradas 21 edicións por toda Europa (en cidades como Berlín, Bruxelas, Estocolmo, Rotterdam, Sevilla, Copenhague, Tesalónica ou Budapest). Cada ano ten lugar nunha cidade europea distinta. |
PRAZA_698 | Ás veces a sociedade civil dá leccións así, ás veces a escola convértese nun lugar desde onde pode albiscarse o mellor futuro. Por iso, agora, cómpre apoiar de novo a candidatura, con todo o noso orgullo, con toda a nosa convicción, a potencia orgullosa da identidade común, a liña máis clara da esperanza. | Agora que se cumpren vinte anos, agora que chega por fin o recoñecemento en forma de alado Premio Ondas para unha humilde radio interescolar quero lembrar a pequena parte do camiño que fixen ao seu carón e apoiar de novo a iniciativa que daquela se fanou. Os integrantes de Ponte nas ondas, eses heroes civís, multiplicaban as horas dos seus atafegados días para poñérmonos no mundo En 2004 eu traballaba na fronteira, alí onde a radio confunde constantemente as estremas políticas. Alí, nesa liña imaxinaria, no instituto Pedras Rubias, estaba eu nese ano e puiden asistir de ben preto ás angueiras dun feixe de Mestres con maiúsculas. Os integrantes de Ponte nas ondas, eses heroes civís, multiplicaban as horas dos seus atafegados días para poñérmonos no mundo. Traballaban a prol de que a tradición oral galego-portuguesa fose recoñecida como patrimonio inmaterial por parte da Unesco e esa candidatura, pensabamos, tiña de gañar porque todo o tiña: sociedade civil, Escola, eurorrexión, a historia milenaria que pervive nas marxes do gran río, unha das fronteiras máis pacíficas de Europa. Non podiamos perder e mais perdemos. Aqueles políticos que tanto enchían a boca falando de Eixo Atlántico, de espazo interrexional, da reconfiguración do espazo europeo non acreditaron abondo na iniciativa dos mestres Que fallou? Falaron da excesiva ambición da proposta, pero eu teño para min que algo tivo que ver tamén a cativa implicación institucional dos países. Aqueles políticos que tanto enchían a boca falando de Eixo Atlántico, de espazo interrexional, da reconfiguración do espazo europeo non acreditaron abondo na iniciativa dos mestres. Mágoa ante a cegueira. Porque o que eu vivín, implicada a pé de aula cos rapaces, foi un milagre que ás veces sucede. A mellor escola, aquela que axuda a saber quen es e de onde vés. Eu sentín a emoción dos nenos, dos adolescentes que alentados a pescudar nas súas orixes descobren o valioso da súa tradición, as precisas contornas da súa cultura. As avoas e avós como confidentes dun mundo fabuloso e singular. Ninguén fica inmune á experiencia de Ponte nas ondas. A súa ollada cambia, alárgase, capaz de apreciar o un no diverso. Pular polo recoñecemento da tradición oral galego portuguesa significa aprender a querérmonos, un exercicio esencial de autoestima para este pobo esmagado. Cincocentos "meniños cantores" de mans dadas unían as dúas beiras e compartían, xa non bacallau ou café, senón cancións, palabra común, música, o sentimento de estaren feitos dos mesmos soños e de habitar no mesmo espazo A vella ponte de Tui, da que na miña nenez contaba todas e cada unha das súas trabes nas colas interminables ante a alfándega, foi o escenario dun dos actos máis emblemáticos daquela campaña ante a Unesco. Cincocentos "meniños cantores" de mans dadas unían as dúas beiras e compartían, xa non bacallau ou café, senón cancións, palabra común, música, o sentimento de estaren feitos dos mesmos soños e de habitar no mesmo espazo. Unha forza revolucionaria. A forza do recoñecemento. Ás veces a sociedade civil dá leccións así, ás veces a escola convértese nun lugar desde onde pode albiscarse o mellor futuro. Por iso, agora, cómpre apoiar de novo a candidatura, con todo o noso orgullo, con toda a nosa convicción, a potencia orgullosa da identidade común, a liña máis clara da esperanza. |
NOS_47616 | Vide, vide! propón probar dous caldos galegos procedentes do Ribeiro: A Flor e a Abella e Gomariz 12. | Descubrindo a discreta treixadura A denominación de orixe Ribeiro elabora viños plurivarietais por tradición. Se probas un monovarietal do Ribeiro tes a sensación de que falta algo. Se a treixadura non é protagonista na mestura, tamén. Non tivo a promoción do albariño ou do godello, tampouco a súa potencia aromática froiteira. Agradécese. É máis sutil e elegante. Tamén achega máis estrutura aos viños. Estas características fannos máis gastronómicos. A aromática adoita ser floral e vexetal. Este sinxelo branco de Gomariz é un xeito refrescante e agradábel de coñecer a variedade. A Flor e a Abella treixadura 2020 / DO Ribeiro / Coto de Gomariz /10€ 12 de doce, para sobremesas e máis Tamén treixadura do Ribeiro. Unha parte da vendima vai con uvas ácidas, e a maioría con uvas sobremaduras con máis azucres. Cando se chega ao equilibrio de acidez e dozura desexado, párase a fermentación con frío e filtración. Este viño doce galego vai acompañar á perfección as túas sobremesas. Tamén pratos orientais, comidas picantes e elaboracións con foie-gras. Ese equilibrio de doce e ácido resultará fresco e saboroso, sen pasarse de lambereteiro. Antes de embotellar ten un afinamento en depósito de 9 meses. Branco interesante ao estilo alemán. Gomariz 12 2019 / Ribeiro fóra de DO / Coto de Gomariz / 12,35€ |
NOS_16083 | As plataformas de afectad@s polas preferentes de todo o país concentráronse hoxe diante das catro deputacións. En Pontevedra entraron no salón de plenos onde estaba Rafael Louzán, presidente da institución e varios alcaldes. Despois dun tenso diálogo entregaron un escrito con peticións. | As catro deputacións provinciais viviron hoxe unha xornada de perto a situación das persoas afectadas pola estafa das preferentes das entidades financeiras. As concentracións programadas tiveron lugar tal e como prometeran as diferentes plataformas hai uns días. Exixen a mediación das administracións públicas, locais e provinciais, para unah entrevista co propio presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano. Louzán non convence Na concentración diante da Deputación de Pontevedra participaron todas as plataformas da provincia e alcald@s de trinta municipios que se solidarizaron coa situación das persoas afectadas pola preferentes. Un pequeno grupo mantivo unha reunión co presidente do organismo, Rafael Louzán, e coa directora Xeral de Comercio, Nava Castro. "Pedimos explicacións non nos convenceron, seguen a botar a culpa ao banco". José Manuel, membro dunha das plataformas, asegura que "o responsábel é o FROB e o propio goberno". Cos ánimos quentes polas respostas que lles daban un número importante de concentrad@s decidiron entrar no Pleno. "Cando empezou a faltarnos ao respecto houbo momentos de tensión". Cara o final da "visita" á Deputación de Pontevedra @s concentrad@s entregaron en rexistro un documento de catro puntos no que exixen que non se aplique a lei 9/2011, que se retiren as quitas, manter a arbitraxe para tod@s as persoas afectadas e recoñecer que son aforrador@s, non inversor@s. "Darémoslles un tempo mais se non achegan solucións seguiremos coas protestas". |
PRAZA_4408 | Nas últimas 24 horas non houbo que lamentar tampouco ningún novo falecemento e e só tres novos ingresos hospitalarios. Tres semanas despois do inicio da Fase 1, os rexistros de Sergas e Ministerio de Sanidade non detectan ningún indicio de rebrote da enfermidade. | Galicia non rexistra novos diagnósticos de coronavirus dende o pasado sábado. Os datos recollidos polo Sergas e difundidos polo Ministerio de Sanidade nos últimos tres días amosan unha situación na que as probas realizadas non detectan novos positivos no país.Nas últimas 24 horas non houbo que lamentar tampouco ningún novo falecemento e ningún novo novo ingreso nas UCI e só tres novos ingresos hospitalarios.A incidencia acumulada nos últimos 14 días é de 2,56 casos por cada 100.000 habitantes, moi por debaixo da media estatal (13,32). En total, nos últimos 14 días diagnosticáronse 69 casos de coronavirus en Galicia por proba PCR ou por test de anticorpos (se o paciente presenta aínda síntomas compatibles coa enfermidade). E nos últimos sete días foron unicamente 14 os novos casos detectados. O Ministerio de Sanidade informa tamén dos novos casos diagnosticados nos que os síntomas empezaron nos últimos 14 días (14) e nos últimos 7 días (unicamente 4). Galicia atópase no ecuador da Fase 2 e hai tres semanas que iniciou a Fase 1. Os datos amosan que este tempo non se produciron rebrotes da enfermidade e as cifras manteñen unha tendencia descendente que pode facilitar o pase á Fase 3 o vindeiro luns.Fronte ás 616 mortes contabilizadas polo Sergas, o Ministerio de Sanidade sinala en Galicia só 609 decesos, dos cales dous corresponderían á última semana. Esa diferenza débese, como indicou o responsable de Emerxencias Sanitarias do Ministerio, Fernando Simón, a que algúns casos poden estar duplicados ou existir dúbidas sobre se o falecemento se debeu ou non á covid-19.O Sergas segue a informar cada mañá do número total de positivos activos", que este 1 de xuño seguen baixando e quedan en 707 -quince menos ca onte- mentres as persoas que considera "curadas" chegan a 9.991 -21 máis-.Con estas cifras, o número acumulado de persoas que deron positivo nalgún momento chega ás 11.314. Son seis máis que o día previo e, dado que o Ministerio informa de que nas últimas vinte e catro horas non se produciron diagnósticos novos, cabe deducir que esa media ducia de casos corresponden a positivos en test de anticorpos de días pasados. O número de probas PCR realizadas en Galicia chega ás 144.226, segundo o Sergas. Son 646 máis que un día antes. Este martes o único indicador que empeora é o do número de pacientes nas UCI dos hospitais, que pasan de 2 a 3. En cambio, o número de pacientes con coronavirus no resto de unidades hospitalarias baixa de 32 a 27.Os datos do Ministerio reflicten, en cambio, que nos últimos sete días non houbo ningún novo ingreso en UCI en Galicia e que tan só seis persoas con diagnóstico positivo tiveron que ser ingresadas nos hospitais galegos. Dende o inicio desta crise, 2.930 persoas con coronavirus necesitaron hospitalización en Galicia e 329 pasarom polas UCI.No que atinxe ás persoas que seguen en illamento domiciliario tras daren positivo, este 2 de xuño son 11 menos e quedan en 677.Mellora a situación nas residencias, que suman 75 casos activos de coronavirus, principalmente nos centros da terceira idade (33 entre os usuarios e 33 entre o persoal). Nos centros de atención á discapacidade hai outros 9 casos, entre persoas usuarias e traballadoras. Dende o inicio da crise faleceron 273 persoas nas residencias da terceira idade.Por áreasDos 722 casos activos comunicados pola Xunta, 158 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 68 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 259 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol. A área viguesa é, con gran diferenza, a máis afectada e na última semana as súas cifras mesmo aumentaron lixeiramente, a diferenza do resto das áreas, claramente en descenso. En todo caso, os datos achegados polo Ministerio non amosan que se estean producindo rebrotes de importancia ou grandes aumentos de casos novos.A incidencia na área viguesa (casos por habitante) é a máis elevada de Galicia, moi por diante dos datos de Santiago e A Coruña, os únicos por riba da media galega. |
NOS_14624 | O congreso, que se planificará nas vindeiras xornadas, terá lugar entre o 27 e o 30 de setembro. Após Ámsterdam, Estocolmo e Valencia, a cidade do Lérez acollerá a cuarta edición. | Pontevedra acollerá do 27 ao 30 de setembro un encontro de expertos mundiais sobre planificación urbana. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu esta cuarta feira ao Consello internacional da fundación Placemaking Europe, que durante dous días fará a planificación do cuarto Congreso internacional da institución. A temática, os relatorios, os proxectos e os prazos de presentación e inscrición determinaranse nas reunións que o Consello internacional da institución organizadora manterá na cidade durante as dúas xornadas. Pontevedra sucederá a Ámsterdam, Estocolmo e Valencia, sedes anteriores deste congreso internacional que reflexiona sobre o futuro das cidades e que dará cita a preto de 400 profesionais. Lores agradeceu a Ramón Marrades, responsábel de Placemaking Europe, que decidise facer o congreso en Pontevedra. "Estamos ilusionados porque aínda que levamos 22 anos traballando na recuperación da cidade para as persoas e en facela sustentábel, é un proceso dinámico que non se acaba nunca", declarou o rexedor pontevedrés. Segundo explicou o director da fundación, a realización do congreso en Pontevedra débese a dúas razóns. A primeira delas é "coñecer os contextos e a transformación levada a termo en Pontevedra nos últimos anos". A segunda, sinalou, a intención de "compartir os propios éxitos e fracasos", xa que, segundo afirmou Marrades, as disciplinas coas que traballan son "cambiantes" e deben repensarse "para ser capaces de desenvolver cidades mellores a escala urbana e baseadas en cousas que sexan interesantes". Ramón Marrades chegou á cidade do Lérez acompañado de oito membros máis do Consello internacional da fundación que preside; entre eles Fredrik Lindstal, empresario e presidente do Consello de administración dos portos de Estocolmo, ou Vivian Doumpa, urbanista e xeógrafa. O alcalde da cidade e parte do Consello internacional da fundación estiveron na conferencia de Urbtopías, que decorreu a quinta feira na Igrexa de Santa Clara, que se estreou como novo espazo cultural da cidade. |
NOS_30487 | A praza do Toural foi o escenario desdeo que mostrar a solidariedade artística con Palestina. Centos de persoas asistiron aos espectáculos ofrecidos por artistas e colectivos da cidade en apoio ao pobo masacrado por Israel. | BDS-Galiza xunto con organizacións políticas e colectivos artísticos de Compostela convocaron á cidadanía na praza do Toural para participar nun pasarrúas que rematou nun encontro de presentacións artísticas co fin de manifestar o rexeitamento da masacre que está a padecer o pobo palestino polos ataques de Israel. Pista4, Pallasos en Rebeldía, a Regadeira de Adela, o Coro da Rá e Circo9 entre outros colectivos de artistas do espectáculo participaron no encontro de Compostela que quixo poñer a súa arte "ao servizo da defensa dos dereitos nun momento en que a brutal agresión de Israel sementa terror e morte na Faixa de Gaza". No encontro repartiuse unha voandeira informativa que, co título "Israel: impunidade perpetua" comezaba recollendo un texto de Eduardo Galeano no que lembraba que "Por cada cen mortes palestinas, unha israelí. Xente perigosa, advirte o outro bombardeamento, o dos meios masivos de manipulación, os mesmos que nos convidan a crer que unha vida israeli vale tanto como cen vidas palestinas. Os mesmos que nos convidan a crer que son humanitarias as douscentas bombas atómicas de Israel. Denunciaban o asasinato de máis de 600 persoas en Palestina na operación xenocida de Israel na Faixa de Gaza. "Por iso hoxe a humanidade, a humanidade que non quere ser cómplice deste holocausto, despreza Israel como estado racista e canalla, reclama o fin do xenocidio e apoia a loita do pobo palestino por recuperar a paz, a terra e a soberanía", remataba a folla informativa. |
NOS_36167 | A Deputación da Coruña centrou no colectivo de persoas autónomas e no ámbito do benestar as actuacións desenvolvidas para paliar a crise provocada polo coronavirus. Nun contexto "sen axuda" da Xunta da Galiza e coa negativa do Goberno galego a crear unha mesa institucional que dese unha resposta conxunta, o ente presidido por Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, reorganizou os orzamentos para dar resposta á situación. | Que destacaría das medidas adoptadas pola Deputación para paliar a crise da Covid-19? Por unha banda están as axudas ao sector hostaleiro e ao comercio, e tamén dedicamos fondos ás necesidades en política social das entidades locais e aos colectivos máis desfavorecidos. Empregamos diñeiro que estaba orientado a un exercicio ordinario, sen pandemia, mais deuse un debate positivo e construtivo, que nunca esquecerei, e priorizamos estas axudas, facendo sacrificios en distintos eidos. Conseguimos 15 millóns en tempo récord a pesar de que tivemos que pedir permiso á Xunta por falta de competencias, o cal nos atrasou bastante. En paralelo fomos quen de responder cun plan específico de reforzo dos servizos sociais dos concellos, tanto de contratación como de equipos de protección individual para a atención ao público. Non tivemos ningunha axuda da Xunta da Galiza, mais aínda que hai que denuncialo, non nos escondemos detrás da falta de competencias. Hai case un ano dirixiuse a Feixoo solicitándolle a posta en marcha dunha mesa institucional que coordinase todas as políticas de axuda fronte á pandemia e non recibiu resposta. Pedimos que convocase as entidades con orzamentos importantes e representativas de todo o arco administrativo para coordinar as accións de axuda. Non ten sentido que lle paguemos tres veces o arrendamento dun local a un hostaleiro e non outros custos que ten mes a mes porque a ninguén se lle ocorreu. Aínda así, como non obtivemos resposta, fomos quen de pór en marcha esa liña de axudas, que sumou 20 millóns de euros nunha institución que ten 183 de orzamento. Foi un esforzo moi importante. Así como a sociedade está preocupada polo realmente importante, que é a saúde, e as incertezas de cara ao futuro no ámbito laboral, a representación política segue parapetada no partidismo, en analizar a situación desde un ámbito de rédito político. A sociedade espera de nós algo máis. Só hai un ámbito salvábel: a política municipal, onde a proximidade á cidadanía é tan intensa que obriga a priorizar os intereses dos veciños a respecto das forzas políticas. A Xunta seguramente fixo unha análise política da situación e ao non gobernar nas cidades, en tres das deputacións nin na Delegación do Goberno estatal, ía verse moi solitaria e quizais pensou que esa fotografía non lle conviña politicamente. É así de triste a análise. A pandemia coincidiu cunha grave crise industrial da que son bo exemplo o fechamento das centrais das Pontes e de Meirama (Cerceda) ou de Siemens-Gamesa nas Somozas. Por onde debe camiñar a política industrial? Galiza ten un potencial enorme nalgúns eidos das enerxías renovábeis, unha das tres liñas claras dos obxectivos económicos da UE. Os recursos naturais que ten Galiza deben estar enriba da mesa, sobre todo para dar resposta ao reto da transición enerxética e como elemento de xeración de actividade. O desenvolvemento eólico non pode ser un escenario de amiguismos onde as grandes compañías ou as pequenas se dediquen unicamente a obteren beneficios sen participación de ningún tipo da sociedade galega e que os beneficios se declaren nun domicilio que en moitos casos está fóra da nosa comunidade. Debemos facer un esforzo conxunto, cunha visión a longo prazo, do sector e aprender dos erros cometidos no pasado. Aquí houbo 75 fábricas de compoñentes eólicos das que non quedan nin un terzo, e cun futuro complicado. Temos a tecnoloxía eólica, a do hidróxeno vinculado como soporte de almacenamento a esa enerxía eólica e unhas universidades que poden dar resposta pública a ese coñecemento necesario para que o tecido produtivo non dependa unicamente do custo laboral para ser competitivos. A Deputación da Coruña estivo á cabeza da loita pola devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás. Como valora a recente resolución da Audiencia da Coruña que abre a vía a indemnizar a familia Franco e a decisión do Goberno do Estado de non recorrela? Sen entrar a valorar o aspecto técnico-xurídico, que seguramente está máis que fundamentado, así como a sentenza engarzaba coa opinión maioritaria da sociedade, esta resolución apártase da percepción da cidadanía. Non tería sentido que haxa que indemnizar a familia que desfrutou indebidamente durante décadas do espazo. Imos valorar as opcións que temos para recorrela. Estamos valorando tecnicamente se existe algunha opción para facelo. En calquera caso, respectamos a resolución da Audiencia pero non compartimos que haxa que indemnizar a familia. En relación á Avogacía, entendo que fai unha análise técnico-xurídica da sentenza e por tanto hai que respectar o posicionamento, ao igual que respectamos a Avogacía do Estado na demanda porque compartiamos obxectivo. Á sociedade non a representa a Avogacía do Estado, senón as institucións e temos que pórlle voz. Cal é a chave da sintonía do Goberno de coalición entre PSdeG e BNG na Deputación da Coruña? Por unha banda está a teoría, que fundamenta a consolidación deste proxecto, e é a visión progresista das institucións. Coincidimos en modernizar todo o aparato administrativo que ten o país para o pór ao servizo da cidadanía. E por outra banda, a política fana as persoas e non as siglas e a xenerosidade é un motor para que as cousas funcionen. Se o PSOE tivese a sorte de obter maioría absoluta para o próximo mandato, o proxecto seguiría exactamente igual. Seguiríamos contando co BNG na conformación deste Goberno porque funciona moi ben. Temos dúas visións distintas en diferentes aspectos, pero son moi enriquecedoras. Hai grandes achegas froito do Goberno, como o Plan único ou o Plan de emprego local e todos os reforzos no ámbito social e no cultural que puxemos en marcha pagan a pena. É un modelo perfectamente extensíbel a outras institucións. O PSC experimentou unha importante suba en votos e escanos nas eleccións catalás. Que valoración fai dos comicios e que conclusións debe sacar dos mesmos o PSdeG? Estase a propiciar unha negociación desde a esquerda, que desde o meu punto de vista é o que debe facerse, pois hai un certo esgotamento -proba disto é a baixa participación- coa situación de tensión que vive Catalunya. Buscouse refuxio nun PSC que durante moitos anos foi quen de conciliar os dous mundos, o independentismo e os antiindependentistas. Catalunya é o motor económico do Estado e hai que facer un esforzo de recoñecemento dun territorio que lle leva achegado moito ao resto do territorio. Mentres non se lle recoñeza ese papel a Catalunya, é difícil a reconciliación completa. Entendo que a opción progresista debe prevalecer fronte ás aspiracións independentistas, por moi lexítimas que me parezan. O seu é un dos nomes que soa para relevar Gonzalo Caballero á fronte do PSdeG após o vindeiro congreso do partido. Daría o paso? O PSOE é un partido moi vivo, cun debate interno, que se desenvolve de forma discreta, mais é un momento moi delicado. A sociedade está moi preocupada por sobrevivir a unha pandemia que leva por diante miles de persoas e que afecta enormemente sectores chaves da economía. As cousas teñen o seu tempo e agora todos estamos centrados en pór todos os recursos que temos para responder a esta pandemia e, por tanto, esa é a miña prioridade a día de hoxe. |
PRAZA_16870 | Tanto a RAE como a RAG deberían ser valentes e engadir banqueiro á voz usureiro. O mesmo que a rata: banqueiro | A solución non é a beata de cortar, senón a científica de pegar O insulto forma parte da vida e por tanto as expresións insultantes son comúns nos dicionarios, a onde deben estar incorporadas, para describir plenamente os usos das linguas. A pretensión de que non aparezan é inmatura. Confunde a realidade co desexo e desvirtúa unhas compilacións que en primeiro lugar son instrumentos para abranguer a realidade, idealmente toda. Marimacho é un termo odioso e cualificar como hipócritas aos xesuítas talvez resulte inxusto. É vil chamar usureiros aos xudeus, pero acontece. O Estraviz e a RAG omiten este último insulto, mais non outros. Si, hai escolla. Ideolóxica. E todo se fai máis estulto e apoucado. Tanto a RAE como a RAG deberían ser valentes e engadir banqueiro á voz usureiro. O mesmo que a rata: banqueiro A solución non é a beata de cortar, senón a científica de pegar. Por exemplo tanto a RAE como a RAG deberían ser valentes e engadir banqueiro á voz usureiro. O mesmo que a rata: banqueiro. No de español falta ademais apuntar usurero para sabandija (aparece no Michaëlis, por exemplo) e outra vez banqueiro. Buscar que estea todo é o virtuoso, aínda perdendo ingresos. Xosé Manuel Sarille é un dos autores do blog Viva Cerzeda, que podes ler no Obradoiro de Praza Publicidade {C}{C}{C}{C}<a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=afb54f86&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=398&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=afb54f86' border='0' alt='' /></a> |
NOS_8536 | A Covid-19 continúa facendo estragos no continente europeo, onde se combina un proceso de vacinación que non acaba de despegar en moitos Estados coa fin das restricións após o verán. Os territorios comezan a valorar recuperar algunhas das medidas sanitarias pensando no final do ano. | De cada 100 contaxios de SARS-CoV-2 detectados no mundo, arredor de 54 rexístranse en Europa, convertida no novo epicentro da enfermidade ao superar os 70 millóns de casos de coronavirus, segundo as informacións achegadas polos Estados a Reuters. Neste intre, cada catro días repórtanse un millón de novos contaxios. Até 12 países se atopan na peor fase da pandemia desde que a Covid-19 comezou a súa expansión en marzo de 2020: Alemaña, Países Baixos, Austria, Eslovenia, Croacia, Eslovaquia, Montenegro, Grecia, Ucraína, Belarús, Noruega e Rusia. 50.000 casos novos en Alemaña O lugar máis afectado está a ser Alemaña, que anunciou esta quinta feira o seu récord de contaxios, o cuarto día consecutivo que isto acontece, ao informar o Instituto Robert Koch de 50.196 contaxios e 235 defuncións, 97.198 en total. Cunha incidencia de 249 casos por cada 100.000 habitantes, o ministro de Saúde, Jens Spahn, definiu a situación como "unha pandemia dos non vacinados", en tanto a chanceler en funcións, Angela Merkel, impulsa unha xuntanza a vindeira semana cos estados federados para estudar novas medidas de restrición. O seu probábel sucesor, Olaf Scholz, indicou a DPA que desenvolverán unha serie de medidas para "lograr que o país supere ben o inverno, o virus aínda está entre nós e ameaza a saúde da cidadanía". Rusia mantén a media de contaxios máis alta Pola súa banda, Rusia, o territorio que na última semana mantivo unha media máis alta de casos rexistrados, arredor de 40.000, volveu transmitir onte unha cifra semellante (40.759), con 1.237 persoas falecidas, co cal superan as 250.000 desde o comezo da pandemia. O Executivo de Vladimir Putin explicou que a repunta de infeccións é derivada da agresividade da variante delta, a falta de cumprimento das normas sanitarias por parte da poboación e pola taxa de vacinacións con pauta completa, localizada no 48%. Co obxectivo de reducir o impacto da doenza, as e os rusos recibiron unha semana de vacacións pagadas para estabilizar a situación. Porén, cinco rexións optaron por prorrogar o tempo de vacacións ao constatar unha deterioración nos datos. Xunta Alemaña e Rusia, os territorios cunha media máis alta no número de casos confirmados nas últimas xornadas son Reino Unidos (33.477), Ucraína (21.669) e Polonia (14.089). No caso británico, despois dun último mes cos hospitais saturados, logo de ser dos primeiros lugares en acabar coas restricións sociais e o uso da máscara, no xullo pasado, os datos melloran paulatinamente. De feito, onda Belarús, Letonia, Serbia, Romanía e Moldavia, son os únicos países do continente onde as cifras melloraron nas últimas tres semanas. Relaxación das restricións O director da Organización Mundial da Saúde en Europa, Hans Kluge, xustificou o incremento do 55% nos casos de Covid-19 en Europa no último mes baseado en dúas premisas, a estabilización da vacinación e a relaxación das medidas de saúde pública e as restricións sociais ao tempo que soben os contaxios. "Sabemos o que hai que facer: vacinación, máscaras e ventilación. E agardemos dispor pronto de tratamentos", apuntou Kluge, que alertou de que unha proxección do Instituto de Avaliacións de Saúde en Seattle (nos Estados Unidos) estima que até o 1 de febreiro poden morrer medio millón de persoas máis en Europa, que xa acumula máis de 1.500.000 óbitos. Vacinación Outro dos factores que potencian este novo espallamento da Covid-19 é a diverxencia no proceso de vacinación. Incluso no seo da Unión Europea, que supera amplamente o 70% de poboación vacinada, danse situacións como as de Bulgaria e Romanía, onde só contan co 15% e 27% de habitantes cunha dose dalgunha das vacinas contra a SARS-CoV-2. Con todo, Estados como Reino Unido ou Alemaña aínda teñen máis de 16 millóns de persoas da poboación maior de 12 anos sen vacinar, case 7 millóns Italia e case 4 millóns o Estado español. Amais de lanzar campañas para acelerar o proceso de inoculación, como a "semana da vacinación" en Suíza, que decorrerá até o 14 de novembro, comezan os debates para aplicar medidas específicas para as persoas sen vacinar. Austria, con case 12.000 contaxios nas últimas 24 horas, está a padecer 10 veces máis infeccións que hai un mes, polo que o Goberno está a negociar o confinamento das persoas sen ningunha dose dos compostos contra o coronavirus. Até nas zonas con mellores datos dentro do continente, como é o caso de Francia, que se atopa en niveis de transmisión similares a Austria, o ministro de Saúde, Olivier Veran, recoñeceu na TF1 que "o que estamos a experimentar claramente parece o inicio dunha quinta onda", co cal prevese a imposición de novas medidas de restrición de cara ás celebracións do final do ano. |
NOS_39170 | Representantes de BNG, ERC, CUP, Junts per Cat, Esquerra Valenciana, Més Mallorca, Més Menorca, Andecha Astur e Puyalón de Cuchas participarán nos actos do Día da Patria. | EH Bildu celebra hoxe en Iruñea o Aberri Eguna 2022 -Día da Patria- baixo o lema "Euskal errepublika. Bakea, Burujabetza, Demokrazia (República vasca. Paz, soberanía, democracia)". O acto central será unha manifestación que partirá ás 12 horas desde os cinemas Golem e que finalizará no Paseo Sarasate, onde intervirá o coordinador de EH Bildu, Arnaldo Otegi; o portavoz da coalición no Concello de Iruñea, Joseba Asiron; e a secretaria de mocidades de EH Bildu, Izar Hernando. Convidados da Galiza, Catalunya... Contará, ademais, coa participación de representantes de ERC, BNG, CUP, Junts per Cat, Esquerra Valenciana, Més Mallorca, Més Menorca, Andecha Astur e Puyalón de Cuchas. Mediante o Aberri Eguna deste ano, EH Bildu pretende trasladar á sociedade que "a pesar dos diferentes intentos que houbo por eliminar Euskal Herria, o pobo vasco segue moi vivo". Á súa vez, reclamará en Iruñea "paz, democracia e soberanía". "Tras a demostración durante a pandemia da falta de soberanía para xestionar os problemas do día a día, afondar na paz e a democracia é máis imprescindíbel que nunca ante a situación actual de guerra e o ascenso a nivel mundial do autoritarismo", defendeu a coalición. |
PRAZA_15427 | A marcha comezará ás 11 da mañá e coincidirá con outras mobilización en Sevilla, Cáceres, Valencia ou Madrid. O BNG apoia a manifestación. Carme Adán e Carlos Aymerich visitaron os afectados por esta estafa que se atopan pechados no Concello do Rosal. | As plataformas de afectados polas preferentes e as subordinadas de toda Galicia participarán este sábado nunha manifestación en Lugo, que comezará ás 11 da mañá na delegación administrativa da Xunta na ronda da Muralla e concluirá tamén neste lugar. A marcha coincidirá con outras mobilización en Sevilla, Cáceres, Valencia ou Madrid. Calcúlase que a estafa afecta a sesenta mil persoas en Galicia, agrupadas en 24 organizacións. A marcha coincidirá con outras mobilización en Sevilla, Cáceres, Valencia ou Madrid A plataforma que agrupa os afectados en Lugo, que convoca a manifestación, afirma que alén desta marcha non descarta novas accións coma peches en entidades bancarias, caixeiros ou concellos, coma os que ainda se manteñen en Cangas, Gondomar ou O Rosal. O BNG xa fixo público o seu apoio a esta manifestación a través do seu voceiro no concello de Lugo, Antón Bao. Bao amosou a súa solidariedade con estas persoas e cos demais afectados e lembrou as numerosas iniciativas que o BNG tiña plantexado en diferentes ámbitos institucionais. Neste senso Carlos Aymerich visitou o Concello do Rosal para acompañar as persoas pechadas no salón de plenos, que reclaman unha rápida solución aos seus casos e poder recuperar os cartos investidos. Hai uns dias foi Carme Adán a que se desprazou ao Rosal. Carlos Aymerich visitou o Concello do Rosal para acompañar as persoas pechadas no salón de plenos Aymerich informou sobre unha proposición non de lei coa que insta ao Goberno a asegurar, con todos os medios ao seu alcance, a devolución aos afectados polas preferentes, subordenadas e outros híbridos financeiros da totalidade dos cartos que lles foron estafados. Asemade, a iniciativa do BNG tamén propón que se impugne a Lei 9/2012 de reestructuración de entidades de crédito e os Planos recién aprobados polo Banco de España e a Comisión Europea, en defensa das competencias e dos intereses dos aforradores. |
NOS_51839 | A escola de ensino galego abre esta segunda feira as súas portas en Narón para comerzar as actividades coas crianzas, uníndose así ás iniciativas existentes en Compostela e Vigo. | Após meses de asembleas, traballos, campañas, esforzos e compromiso, a Semente de Trasancos abre esta segunda feira as súas portas, dando comezo ás actividades coas crianzas. Un éxito da iniciativa popular por un ensino galego que exemplifica a Semente e que coa de Narón xa suma tres escolas en marcha: Compostela e Vigo. Ubicada no antiguo CRA (Colexio Rural Agrupado) de San Mateu, consta de 2 aulas, un espazo gastronómico, baños, amplo espazo para xogar e, dentro de pouco, mesmo unha hortiña. Un logro para xogar e aprender en galego que se materializa após, como recoñecen desde Semente, dous anos e medio de traballo de "formiguinhas" por parte de soci@s, colaboradores, amizades... Abre as portas a Semente de Trasancos e mantense a campaña '10.000 euros para a nossa semente', unha iniciativa para obter fondos para esta iniciativa que xa está a dar os seus primeiros pasos. |
NOS_53744 | A Secretaría de Igualdade do goberno galego, Susana López Abella xustificou hoxe no Parlamento que a Xunta apoie a través de concertos a centros que segregan por sexo xa que, ao seu ver, son precisos para garantir a liberdade das familias. | A raposa gardando as galiñas. A Secretaria de Igualdade, Susana López Abella mostrouse favorábel ao concerto da Consellaría de Educación con centros que segregan por centros, a pesar das sentenzas en contra, e aludiu ao aval que a decisión recibe da lei Wert. Á pregunta da deputada do BNG, Carme Adán sobre a posición da Secretaría de Igualdade diante da decisión da Consellaría de Educación de continuar co concerto con centros que segregan por sexo a pesares das sentenzas xudiciais en contra, Susana López Abella defendeu que a "LOMCE, actualmente en trámite, reafirma a cobertura legal con financiamento público aos centros con opción educativa diferenciada por sexo". A deputada nacionalista reprochoulle que o departamento que tiña que pular pola Igualdade asuma "sen ningunha reticencia unha lei educativa que colide coa educación de nenos e nenas en igualdade de condicións". "A ningunha familia se lle impón que as súas fillas e fillos acudan a estes centros" dixo Abella, defendendo ao tempo a súa existencia para garantir a liberdade de quen opta por escolarizar ás crianzas en centros que segregan.Adán contestoulle argumentando que, se de liberdade se trata, tamén a aplique a nenos e nenas aos que se lle quita o comedor escolar ou teñen que trasladarse por non ter outro colexio próximo e non teñen "esa liberdade de elección para escoller outro centro". Carme Adán cuestionou, máis unha vez, que a Consellaría apoie con cartos públicos a través da concertación centros que incumpren as normas básicas de igualdade e mesmo sentenzas xudiciais emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. "Están a pagar con fundos públicos credos confesionais que non consideran iguais aos homes e mulleres" engadiu. |
PRAZA_10982 | No contexto moi probábel da volta ás urnas a inutilidade e irresponsabilidade da esquerda española e máis a desmobilzación do seu electorado abriríanlle unha pequena fiestra de oportunidade ao galeguismo para se presentar como a alternativa útil e recuperar a súa presenza no Congreso estatal. | Analisábamos hai poucos días a absoluta irresponsabilidade e falla de utilidade da esquerda española. Velaí a maioría progresista dende decembro de 2015 que non foi quen nin de derrogar a lei "mordaza", nin a grave restrición da autonomía local da Lei de modernización dos gobernos locais nin a recentralizacion e xentrificación da educación da Lei Wert.Arestora ficou claro dabondo. Como cantaban os nosos veciños asturianos Los Berrones a esquerda española (PSOE e UP, que na Galicia preséntase baixo a bifronte fórmula Tone Gómez-Reino/Yolanda Díaz como Galicia en Común) nin sabe, nin vale, nin quere. Como ven de escrebir o noso notábel economista e literato Marcelino F. Mallo, a inoperante esquerda española emite a mensaxe da súa incapacidade de acordo para gobernar, amosando que esta función no Estado só a pode desenvolver o bloque da dereita tripartita. Unha dereita tripartita hoxendía minoritaria na contaxe dos votos estatais por mor da súa relativa derrota na Galicia, Euskadi, Nafarra, Catalunya, País Valencià, Illes Balears ou Canarias mais que podería gañar en novembro no conxunto do Estado dacabalo da previsíbel desmobilización do electorado progresista e da xa evidente deceleración económica.No contexto moi probábel da volta ás urnas a inutilidade e irresponsabilidade da esquerda española e máis a desmobilzación do seu electorado abriríanlle unha pequena fiestra de oportunidade ao galeguismo para se presentar como a alternativa útil e recuperar a súa presenza no Congreso estatal. Para ilo precisa de unidade, de intelixencia e de xenerosidade. Os resultados electorais do 28-A definiron neste eido unha nidia hexemonía do BNG e, ao mellor, deixaron fóra de xogo aquela coalición nacional á corsa que constituía a solución acaída para gañar a representación na última primavera. Mais, de calquera xeito, a fronte soberanista habería de se decatar que precisa da achega dos milleiros de soberanistas que habitan alén dos seus muros. E eses milleiros que, polo menos para concorrer ás eleccións estatais, o BNG ha xogar un rol central, malia que non exclusivo nin excluínte.Para poder acadar os votos precisos, ilusionando onde a esquerda española desilusionou, o soberanismo habería definir unha mensaxe clara e sinxela, que fose quen de sumar e seducir ducias de milleiros. Mensaxe alicerzada na defensa dos intereses económicos galegos e das políticas sociais a prol das maiorías, na restauración das liberdades e mellora da calidade democrática e institucional e na reversión da recentralización para acadarmos máis autogoberno, máis e mellor financiamento autonómico e, xa que logo, máis benestar. |
NOS_17815 | Os novos contaxios detectados dispáranse en Vigo a 126, mentres o total de casos activos sobe nas áreas de Ourense e Santiago. | Galiza sumou 324 novos positivos por Covid-19 nun día, o que implica unha repunta con respecto aos 255 notificados a xornada anterior. Ademais, a taxa de positividade das PCR volveu subir até se situar no 5,4%, cando 24 horas atrás era do 2,3%. Con todo, segundo o último parte publicado pola web da Consellería de sanidade, con datos solicitados até as 18,00 horas da quinta feira, a presión hospitalaria total na Galiza continúa á baixa cun total de 360 persoas, nove menos que hai un día. No entanto, hai que diferenciar os ingresados en planta, que baixan en 12 e colócanse en 309, dos pacientes críticos, que soben nun até os 51. Realizáronse un total de 7.471 probas ao longo das últimas 24 horas, 499 menos que o día anterior. No que respecta aos casos activos en toda Galiza -é dicir, a cifra total de persoas diagnosticadas da enfermidade-, a súa tendencia á baixa e esta sexta feira mantense nos 5.684 pacientes, 45 menos que o día anterior. Das sete áreas sanitarias, hai dúas nas que sobe o número de contaxiados de covid-19 nestes momentos. En concreto, son Santiago-Barbanza, con 824 enfermos (+7); e Ourense-Verín-O Barco, con 383 (+19). As vítimas mortais da pandemia na Galiza segue en aumento e son xa 1.293 falecidos |
NOS_51471 | Galicia en Común —a plataforma coa que Podemos e EU concorreron ás eleccións xerais do 28A— é o punto de encontro das forzas do cambio e nel teñen o seu espazo natural Anova e outros segmentos progresistas da sociedade galega. Esa tese defendeuna esta segunda feira o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino. A organización vai realizar o próximo domingo 21X unha xornada de debate e formación. A ela asistirá o secretario de Organización estatal Alberto Rodríguez. | Nas xornadas Podemos quere ir perfilando o seu rol como "peza importante" xunto con "outras e outros" na conformación dunha alternativa progresista ao goberno Feixoo. "O 28A [eleccións xerais] dixémolo claramente: o tempo de Feixoo acábase. Desde 2015 a sociedade galega vén indicando nas urnas un cambio progresista", afirmou. O electorado móvese nunha clave de "maioría de progreso" que demandaría unha mudanza política con vistas ás eleccións galegas de 2020, analiza Antón Gómez Reino. O dirixente da formación morada aproveitou a súa presenza ante os medios para saír ao paso das declaracións realizadas esta mesma segunda feira por Pedro Sánchez [o presidente en funcións daba por rotas as negociacións con Podemos para a súa investidura]. "Percórrenos un sentimento de perplexidade. Insiste na senda da irresponsabilidade. Mascarada a nosa consulta? A mascarada ten sido presentarse como unha forza progresista na campaña e agora andar a procurar o apoio de PP e Cs, que son forzas básicas do trifachito", dixo. Gómez Reino non ve irreversíbel este desencontro con Sánchez. "A man continúa tendida desde Galicia en Común e o grupo confederal de UP", enfatizou, mais a seguir remitiuse para o perímetro que deben debuxar esas conversas: "A aritmética é a que é. A vontade cidadá foi plural e diversa. Ninguén pode entender que co 28% do lexislativo aspires a ter o 100% do executivo. O que pide Pedro Sánchez é unha absoluta anomalía, algo inverosími democraticamente". "Queda aínda moito tempo [a investidura está axendada para o 22 de xullo]. Temos os equipos preparados para negociar. A cidadanía galega, Alcoa, os nosos pensionistas... non poden estar esperando máis por ese goberno", acrecentou. "Ninguén pode entender que co 28% do lexislativo aspires a ter o 100% do executivo" A perguntas dos medios, Gómez Reino reivindicou Galicia en Común como a "síntese do que foi a proposta [autodenominada rupturista] no ámbito municipal en 2015, nas xerais de 2016 e agora nas últimas eleccións". "Este é un espazo a construír e cremos que nel as e os compañeiros de Anova teñen que participar. Non sobra ninguén, falta moita xente e temos que sumar aínda moitas persoas do ámbito da sociedade civil e dos sectores progresistas do noso país". Este verán, subliñou, é un bon momento para "que a xente que estamos en organizacións políticas traballemos para, xa despois das ferias, ter a punto a ferramenta e a alianza electoral en marcha canto antes porque as eleccións galegas son inicialmente para setembro do ano que vén". Canto ao nome que acabará adoptando o grupo formalmente chamado En Marea no Pazo do Hórreo, Gómez Reino deixou claro que non fará cuestión de que na súa denominacion apareza a palabra Podemos, embora considere que esa marca representa as arelas de transformación social de moitas galegas e galegos. |
NOS_49637 | A directora de 'Nós Diario', María Obelleiro, moderou unha das mesas de debate da primeira xornada do evento. | O Castelo de Soutomaior acolleu nesta quinta feira a xornada inaugural do I Encontro Nacional sobre Políticas Públicas da Escola de Igualdade María Vinyals (Deputación de Pontevedra), coordinado pola doutora en Ciencias Políticas e referente do feminismo Rosa Cobo. Ao inicio do evento rendeuse homenaxe á ex deputada pontevedresa e impulsora da escola Isaura Abelairas, finada o pasado xuño. "As feministas, nos nosos tres séculos de historia, temos buscado espazos para construír o noso propio proxecto político. A sociedade civil soña dereitos e o poder político convérteos en leis, mais sempre nos teñen colocado con alguén: igualdade e políticas sociais, igualdade e familia... e agora aparece igualdade e diversidade. Un dos retos do feminismo no século XXI é recuperar o noso espazo", dixo Cobo, na conferencia inaugural. Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou na súa intervención para dar a benvida ao encontro que se trata dunha "xornada de reflexión, análise e posta en común con grandes conferenciantes cunha longa traxectoria e moito coñecemento sobre a axenda feminista", mais tamén un "acto de reivindicación" para situar o feminismo "no centro como unha grande prioridade". A primeira mesa de debate desta xornada, baixo o título "Políticas públicas nacionais", deu a palabra a Beatriz Gimeno, ex directora do Instituto das Mulleres, e Soledad Murillo, profesora de Socioloxía da Universidade de Salamanca. "Preocúpanos que facer coas violencias machistas. Temos unha das mellores lexislacións, mais non descende", lamentou Gimeno, ao tempo que a profesora Murillo salientou que a "transversalidade" non se consegue só con xornadas como a do 8 de marzo ou o 25 de novembro, senón "con orzamento e persoal". No segundo coloquio, moderado pola directora de Nós Diario, María Obelleiro, participaron a directora xeral do Instituto Vasco da Muller, Izaskun Landaida; a directora xeral de Igualdade de Astúries, Nuria Varela, e a directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade, Eva Istúriz. As relatoras expuxeron as experiencias levadas a cabo polos seus respectivos gobernos en materia de igualdade. "O que precisan as vítimas son recursos vitais, non habitacionais, para retomar as rendas da súa vida", apuntou Varela. Na xornada de tarde, as palestras puxeron o foco nas políticas feministas municipais —coa participación das alcaldesas de Meis, Marta Giráldez; Tomiño, Sandra González, e Santa Coloma de Gramanet, Nuria Parlón— e nos medios de comunicación —da man das xornalistas Emelina Fernández, Ana Bernal-Triviño e María Xosé Porteiro. Na sexta feira celébranse dúas novas mesas, centradas na igualdade no sistema xudicial e novas propostas para o movemento feminista. |
NOS_57229 | A entidade financeira catalã já dispunha de 45,5 por cento do capital do banco. Concluída a OPA, teria agora 84,5 por cento. | CaixaBank investiu um total de 644 milhões de euros na OPA que lhe outorga o controle do banco, após se ter levantado a blindagem que impedia que qualquer accionista tivesse mais de 20 por cento dos direitos de voto no conselho de administração da entidade. O BPI é o quinto banco comercial português (o primeiro continua a ser a estatal Caixa Geral dos Depósitos). O valor dos seus ativos atinge por volta de 38.300 milhões de euros. Fechou 2016 com benefícios de 313,2 milhões de euros. Em Angola é líder no segmento da banca comercial. O principal accionista de CaixaBank é a Fundação Bancária La Caixa, isto é, a entidade em que se converteu a antiga caixa de aforros por aplicação da legislação estatal. |
PRAZA_7090 | Javier Couso, José Blanco e Lidia Senra figuran entre os e as parlamentarias con máis preguntas, intervencións e propostas de resolución nestes primeiros meses de lexislatura, moi por riba do popular Millán Mon. Ana Miranda e Paulo Carlos López desenvolven igualmente un intenso traballo a través dos seus grupos. | Non son moitos, pero fanse notar. A importancia, cando menos cuantitativa, do traballo dos eurodeputados e eurodeputadas galegas é innegable á vista das estatísticas públicas da cámara europea. José Blanco (Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas), Javier Couso e Lidia Senra (ambos os dous do grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica) figuran entre os e as parlamentarias con máis preguntas, intervencións e propostas de resolución nestes primeiros meses de lexislatura, moi por riba do popular Francisco Millán Mon, que en calquera caso é un dos parlamentarios máis activos do Partido Popular. Ana Miranda e Paulo Carlos López desenvolven igualmente un intenso traballo a través dos seus grupos, presentando preguntas e propostas a través de Josu Juaristi (no caso de Miranda) e de Izaskun Bilbao (no caso de López). O socialista José Blanco é o que realiza máis preguntas, un total de 79 polo de agora, o que o converte no eurodeputado español máis activo neste apartado e o sétimo de toda a cámara O socialista José Blanco é o que realiza máis preguntas, un total de 79 polo de agora, o que o converte no eurodeputado español máis activo neste apartado e o sétimo de toda a cámara. Entre os representantes con máis preguntas presentadas figuran tamén Lidia Senra (28 preguntas) e Javier Couso (27 preguntas). Millán Mon formulou 6 preguntas, e así ocupa o posto 34 entre os eurodeputados elixidos en España. A media dos eurodeputados e eurodeputadas españolas é de 16,4 preguntas. En canto ás propostas de resolución, Javier Couso presentou 13, o que o coloca como o sétimo eurodeputado do Estado con máis actividade, e entre os cen primeiros de todo o parlamento. Franciso Millán Mon presentou 8 (undécimo posto entre os eurodeputados españois), mentres que Lidia Senra chegou a 7, e José Blanco realizou 5 propostas de resolución. Todos, agás Blanco, están por riba da media dos eurodeputados e eurodeputadas españolas, que é de 5,4 mocións. Lidia Senra e Javier Couso son os eurodeputados do Estado con máis intervencións na cámara en forma de speech, achegas aos debates ben por escrito ou de palabra Lidia Senra e Javier Couso son os eurodeputados do Estado con máis intervencións na cámara en forma de speech, achegas aos debates ben por escrito ou de palabra, por exemplo baixo a fórmula de one-minute-speech, intervencións orais dun minuto. Ambos os dous fixérono en 50 ocasións, polo que figuran entre os sete europarlamentarios e europarlamentarias de toda a cámara que empregan este instrumento de forma máis habitual. José Blanco interveu en 27 ocasións. E Francisco Millán Mon en 8. Todos, agás o popular, están por riba da media dos eurodeputados e eurodeputadas españolas, que é de 11,4 intervencións. Temas José Blanco, membro da comisión de Desenvolvemento Rexional ou da Comisión Parlamentaria Mixta UE-México, centrou boa parte do seu traballo en asuntos económicos, dende a política de cohesión, os dereitos dos consumidores, o prezo do leite, as axudas da PAC, a reforma enerxética en España, a pobreza enerxética ou o desemprego xuvenil. Estas cuestións tiñan unha maior ou menor relación con Galicia, pero Blanco tamén fomulou numerosas preguntas e propostas con temáticas especificamente galegas. Por exemplo, en relación á liña de alta tensión en Catasós, a fraude investigada na Operación Zeta, a mina de Corcoesto, a problemática do sector do xeito, a contaminación nas rías galegas, a liña de alta velocidade Vigo-Porto, o dique flotante de Ferrol, a problemática dos emigrantes retornados ou as cotas pesqueiras. Lidia Senra, elixida na lista de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, forma parte da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural. Entre as súas propostas de resolución destacan as referidas á desparaición dos estudante mexicanos, á situación da muller en Irak ou a Palestina. Nas súas preguntas atopamos denuncias dos problemas que os mariñeiros galegos que traballaron en Noruega sofren para cobrar a súa pensión, o uso do cianuro na industria mineira, o conflito de Lantero, o uso de fondos da PAC para subvencionar elementos da tauromaquia, a ameaza da avespa asiática, a prohibición do xeito, a aplicación da PAC ou a incorporación de nanomateriais artificiais en alimentos. Javier Couso, elixido na lista de Izquierda Unida, incorporouse á cámara o 15 de xullo en substitución de Willy Meyer. Ademais de participar na Comisión de Asuntos Exteriores, na Delegación para as Relacións con Irak, na Subcomisión de Seguridade e Defensa e na Delegación para as Relacións coa Asemblea Parlamentaria da OTAN, ten centrado a súa actividade en cuestións internacionais, de Chipre a Libia, pasando por Sudán do Sur, México, Colombia, Cuba, Siria ou Palestina, sobre todo no que respecta ás súas propostas de resolución. Porén, nas súas preguntas á Comisión e nas súas intervencións na cámara interesouse por outros temas, coma as negociacións do TTIP, a venda a fondos voitre de vivendas sociais construídas con financiamento europeo, a limitación a nivel europeo dos salarios e os privilexios dos directivos e consejeros de entidades financeiras. Nos últimos meses, Javier Couso afondo igualmente na situación do sector naval da Ría de Ferrol ou nas probas de avións non tripulados no aeródromo de Rozas. Ana Miranda presentou iniciativas a través ou en colaboración con Bildu, SNP e Bloco de Esquerda Francisco Millán Mon, do Partido Popular, é membro da Comisión de Asuntos Exteriores e da Delegación para as Relacións cos Estados Unidos, polo que unha boa parte da súa actividade xira ao redor de temas internacionais, coma os conflitos en Siria, Irak, Palestina, Libia ou Ucraína. Nas súas preguntas, Millán Mon tamén afondou en asuntos pesqueiros, coma os recentes acordos de pesca entre a UE e Mauritania e a UE e Cabo Verde, ou a pesca ilegal en Filipinas. Ana Miranda, do BNG, ocupará un escano do europarlamento no final da lexislatura, en virtude do acordo con Bildu. Porén, xa está traballando e presentando preguntas e inciativas a través, sobre todo, de Josu Juaristi, representante desta formación. Porén, o BNG tamén realizou unha intervención sobre asuntos galegos na Comisión de Pesca a través do SNP escocés. E, igualmente, presentou unha denuncia da Liña de Alta Tensión de Arbo coa colaboración dunha deputada do Bloco de Esquerda portugués. Ademais, Miranda tratou o uso de cianuro na minaría, presentou unha iniciativa sobre o Plan Director da Rede Natura da Xunta, ocupouse da situación dos emigrantes retornados e demandou un fondo lácteo para poder facer a transición cara ao novo sistema de sen cotas, que entrará en vigor en 2015. Miranda destaca que a limitación de cinco preguntas mensuais por parlamentario fai que varias das cuestións presentadas polo Bloque aínda non foran presentadas. Ademais, o BNG impulsou un Grupo Traballo sobre Renda Mínima, no que participan 16 forzas políticas e que se reunirá por terceira vez a vindeira semana. Paulo Carlos López realiza o seu traballo a través da eurodeputada do PNV Izaskun Bilbao Paulo Carlos López, de Compromiso por Galicia, concorreu ás eleccións na Coalición por Europa, que compartía con CDC. UDC, PNV ou CC. Está realizando o seu traballo a través da eurodeputada do PNV Izaskun Bilbao, que tamén figura entre as máis activas da cámara. A través de Bilbao, Compromiso presentou varias iniciativas e preguntas relacionadas especificamente con Galicia e co-participou noutras, comúns a todo o grupo. Así, por exemplo, a primeira proposta coparticipada por CxG estivo referida ao uso do euskera, catalán e galego nos plenos do Parlamento Europeo. Ademais, a formación galeguista formulou preguntas sobre as peaxes e o cumprimento por parte de Audasa das normativas europeas, a permanencia de simboloxía franquista en Vigo (a Cruz do Castro), a protección das marismas do río Baxoi, a participación cidadá e de entidades sociais na planificacion de fondos estructurais en Galicia ou a liña de alta tensión en Catasós. |
NOS_9023 | Galiza é dos poucos territorios sen axudas directas para o colectivo de traballadoras autónomas. | Galiza rexistrou o pasado mes de abril o peor dato de afiliación de traballadoras autónomas, concretamente a maior caída desde que hai rexistros. Perdeu 1.629 traballadoras inscritas no Réxime Especial de Traballadoras Autónomas, que queda con 206.411 cotizantes. Desde a Federación de Autónomos de Galiza (Feaga) sinalan que esta cifra supón que o mercado laboral galego perdeu "cada día de abril 54 autónomas", un dato que na práctica é moito maior, xa que nesta estatística non computan os centos de autónomas que están a percibir do Estado español a prestación por cese de actividade, xa que, como lembran desde Feaga, están obrigadas a seguir dadas de alta para cobrar a axuda. En opinión da federación galega de autónomas, as cifras poñen de manifesto a necesidade dun "cambio radical" nas políticas públicas. Entre as medidas que propoñen están a rebaixa nas cotizacións, a redución da presión fiscal ou a axilización do período de pago a provedores por parte das Administracións. No caso das autónomas galegas a situación é máis dramática pola falta de iniciativas por parte da Xunta. O Executivo presidido por Alberto Núñez Feixoo ten a triste singularidade de ser, xunto cos de Murcia, Estremadura e A Rioxa, o único que non articulou medidas de apoio directo a un colectivo que representa unha boa parte do tecido produtivo galego. Sen rastro de axudas A única medida adoptada pola Xunta para aliviar a difícil situación que están pasando as autónomas galegas foi a de cancelar as amortizacións dos préstamos do Igape. Realmente é un adiamento, xa que as beneficiarias deberán regularizar os pagamentos pendentes a partir do mes de xullo. Nada de axudas directas. Só as que ofrece o Estado español, máis áxil e sensíbel que o galego neste aspecto. A falta de axudas da Galiza é especialmente grave, non só pola situación na que quedan as autónomas, que ven no feche a única alternativa aos danos que lles está a provocar a crise sanitaria derivada da COVID-19 (de aí os datos de afiliacións), senón tamén polo agravio comparativo cos demais territorios. En Catalunya, por exemplo, a Generalitat creou un fondo de 7,5 millóns para axudar as autónomas con até 2.500 euros. En Madrid, as axudas acadan os 3.200 euros, ademais de asumir as cotas de marzo e abril. Na veciña Castela e León, as autónomas perciben 60 euros ao mes durante seis meses mais 40% da cota á Seguridade Social. As autónomas que non puidesen acollerse ao subsidio por cese de actividade reciben do Executivo rexional 427 euros de axuda. Cantabria creou un "cheque resistencia" que consiste nunha axuda de entre 150 e 300 euros semanais mentres dure o estado de alarma e sempre que os negocios manteñan a media de persoal e se comprometan a reabrir en menos de dez días desde que se suspenda dito estado. En Asturias, 32 millóns de euros para axudas de até 400 euros ao mes. 50 millóns de orzamento en Andalucía, 75 en Baleares, un plan de 586 millóns en Euskadi... números que sacan os colores a calquera. Na Galiza, por desgraza, o único que sacan son cotizantes á Seguridade Social. |
NOS_49849 | O ministro de Sanidade avisou que o Goberno español "dirixirá" todo o proceso de transición no levantamento das restricións até alcanzar a chamada 'nova normalidade', aínda que terá "en conta" as achegas que remitan as Comunidades Autónomas. | O Goberno español confirmou a súa intención de "dirixir" todo o proceso de transición no levantamento das restricións até alcanzar a chamada 'nova normalidade', aínda que terá "en conta" as achegas que remitan as Comunidades Autónomas, ás que quere "conceder" un papel "relevante" nesta nova fase que, segundo avanzou o xefe do Executivo, Pedro Sánchez, podería iniciarse a partir da segunda quincena de maio. Así o expuxo o ministro de Sanidade, Salvador Illa, en rolda de prensa conxunta coa titular de Facenda e portavoz do Executivo, María Jesús Montero, ao remataren a reunión do Consello de Ministras da sexta feira que aprobou a nova prórroga do estado de alarma até o 9 de maio, dentro dos termos autorizados polo Congreso. Desta forma, Illa descartou que o Goberno estea a pensar en ceder o mando ás autonomías para a toma de decisións na chamada fase de desescalada, o que apunta a que o estado de alarma se estenderá alén do 10 de maio, cando venza a última prórroga autorizada pola Cámara Baixa, aínda que semella que si haberá un levantamento progresivo das restricións. Na tarde desta sexta feira, 24 de abril, o Executivo estatal xuntouse con representantes dos Gobernos autonómicos para traballar na definición dos marcadores que permitirán identificar que lugares están en condicións de ir levantando de maneira gradual as medidas de confinamento e reanudar a actividade comercial. Eses criterios, "que serán comúns para todos", engadiu Illa, "fixarán o marco baixo o cal o Goberno estatal dirixirá este proceso de transición cara á nova normalidade" que, esta vez si, "poderá ser asimétrico", de maneira que se permita a uns concellos avanzar cara á volta á normalidade máis rápido que a outros. Pola súa banda, a portavoz do Goberno, María Jesús Montero, indicou que o Executivo estatal traballa en plans de tesouraría para un tratamento "individual" das Administracións e garantiu que "ningunha quedará sen liquidez", á vez que lembrou que as Comunidades Autónomas "poden contraer o gasto sanitario que precisen para facer fronte á pandemia". A ese respecto, Montero afirmou que o Ministerio de Sanidade autorizou que se acometan "todos os gastos necesarios" en materia de saúde". |
PRAZA_8146 | A cámara aproba unha moción na que insta ao Consello de Ministros a permitir a posta en liberdade do vigués pois a súa "reinserción" xa está conseguida. Este xoves un novo acto público, desta volta na praza da Constitución, pedirá "xustiza" | O Parlamento aprobou esta maña por unanimidade unha declaración institucional na que lle solicita ao Consello de Ministros que lle conceda o indulto a David Reboredo, que leva máis de tres meses na cadea da Lama. O texto aprobado, que foi lido pola presidenta da Cámara, Pilar Rojo, destaca que "se o obxectivo da pena de prisión era a reinserción social de David, podemos afirmar que está máis que conseguido, polo que o ingreso actual na cadea deixa de ter significado e sentido". "Se o obxectivo da pena de prisión era a reinserción social de David, podemos afirmar que está máis que conseguido, polo que o ingreso actual na cadea deixa de ter significado e sentido" Tamén se destaca que "dende a súa reinserción social e ata o seu ingreso en prisión, David ven colaborando en Galiza co centro de axuda a drogodependentes El Imán, achegando a súa historia á mocidade galega para que non cometa os mesmos erros que el cometeu na súa mocidade" e que "David é hoxe un home socialmente útil, un home implicado na loita contra as drogas e na prevención da dependencia. Un home coa súa vida organizada, cunha relación de parella estable, cuns pais anciáns que dependen da súa axuda, sendo os ollos e o apoio do seu pai, Edmundo, de 82 anos e invidente que ve como a vida do seu fillo volve a estar na corda floxa". Este xoves está convocado un novo acto público en Vigo para esixir o indulto para Reboredo. O Programa de autoaxuda Imán Cedro da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo e a Comunidade Parroquial Cristo da Victoria convocan na Praza da Constitución, ás 20.30 do serán, un acto baixo o lema Iluminemos a Constitución. Indulto xa pra David. Con fachos, antorchas e velas iluminaranse os principais artigos da Constitución que recollen os dereitos de igualdade e xustiza para tódolos cidadáns. Declaración institucional do Parlamento de Galicia |
PRAZA_10085 | O festival audiovisual escolar celebra este venres a súa novena edición, na que partipan 157 producións realizadas por centros de ensino de todo o país, das que 40 foron seleccionadas como finalistas nas diferentes categorías. | O festival audiovisual escolar Olloboi chega este venres á súa novena edición. Un ano máis Boiro acollerá o certame, no que partipan 157 producións realizadas por centros de ensino de todo o país, das que 40 foron seleccionadas como finalistas nas diferentes categorías. Ao igual que en edicións anteriores, un destacado grupo de profesionais do audiovisual galego participa como xurado e colabora nas actividades do festival. Entre eles e elas atópanse Alfonso Zarauza, Anxos Fazáns, Xosé Barato, Luis Avilés, Xaime Miranda, Álvaro Gago, Cris Iglesias, Miguel de Lira, Quique Otero e Carmen Méndez.Dende as 10 da mañá o Centro Social de Boiro acolle a Muchachada Matiné, na que alumnado de toda Galicia recibirá unha clase maxistral dos devanditos profesionais para realizar unha pequena peza audiovisual baseada na cultura de Boiro. Pola tarde, a partir das 18 horas, terá lugar nos Asteleiros Triñanes o groso do festival, anunciándose os proxectos gañadores e proxectándose os traballos galardoados ao longo dunha gala conducida por Quico Cadaval, Federico Pérez e Sabela Hermida.As 40 pezas finalistas divídense en nove categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor fotografía, montaxe, música e arte, documental). Ademais, a organización entregará o premio principal, o Olloboi Zamburrioi. As pezas participantes pódense ver na web do festival.O certame comezou a celebrarse no ano 2010 e neste tempo consolidouse como unha cita obrigada para os colexios e institutos de toda Galicia e nunha auténtica canteira de futuros profesionais, afeccionados e seguidores do audiovisual.Ademais, o festival ten en marcha Aprendo con Olloboi, un repertorio de recursos didácticos online que dan a coñecer o proceso cinematográfico en todas as súas fases, da preprodución á distribución, aportando exemplos do audiovisual galego. A documentación organízase por capítulos estruturados en torno a unha charla (a Olloclase) impartida por profesionais de renome do noso panorama cultural. |
PRAZA_2590 | O CNI denégalle a súa habilitación para operar na parte militar das instalacións do estaleiro por participar "en organizacións e grupos cuxos ideais defenden unha estratexia revolucionaria: de clase, anticapitalista e internacionalista". | Xaquín García Sinde é traballador de Navantia Ferrol, dirixente sindical e militante de Esquerda Unida. O pasado ano o Centro Nacional de Intelixencia (CNI) denegoulle (a el e a outros catro empregados do estaleiro) a habilitación persoal de seguridade imprescindible para realizar o seu traballo na parte militar das instalacións. A denegación realizárase "sen fundamentarse o motivo", como denunciaba Ignacio Naveiras (CCOO), portavoz do comité de empresa, sendo a primeira vez que isto sucedía. "O señor García Sinde demostrou unha continuada participación en organizacións e grupos cuxos ideais defenden unha estratexia revolucionaria: de clase, anticapitalista e internacionalista", sinala o CNI Nas notificacións oficiais só se facía referencia a que o traballador "non reúne os criterios de idoneidade" sinalados na norma NS/02 da Autoridade Nacional de Seguridade Delegada, é dicir, que o empregado en cuestión demostrara "de obra ou palabra, falta de honradez, deslealdade, falta de fiabilidade, non ser de confianza, ou indiscreción". Porén, tanto García Sinde coma os restantes excluídos levaban décadas traballando en Navantia con información sensible e nunca foran sancionados. Xaquín García Sinde decidiu denunciar o CNI, gañando a demanda ante a Audiencia Nacional que nunha sentencia firme anulou a decisión e obrigou a redactar unha nova resposta fundamentando esta negativa. Para o afectado, "están recoñecendo abertamente que é un veto político e ideolóxico. Eles recoñecen que non fago nada ilegal, que as miñas actividades políticas son lícitas, pero non lles gusta a miña ideoloxía" No momento en que se produciu o primeiro veto, García Sinde sinalaba en conversa con Praza que "Eu, como toda a xente en Ferrol, teño claro que isto é unha represalia polas miñas ideas e pola miña militancia e o meu activismo político. Pois ben, hai só uns días, o pasado venres 13 de novembro recibiu unha nova resposta por parte do Ministerio de Presidencia na que, esta vez si, se xustificaba a denegación do acceso por un motivo concreto. E, efectivamente, tiña que ver coas súas ideas e militancia política: "O señor García Sinde demostrou unha continuada participación en organizacións e grupos cuxos ideais defenden unha estratexia revolucionaria: de clase, anticapitalista e internacionalista". A comunicación engade que "se ben esta participación é lícita, considérase discordante coa protección da información clasificada que o Ministerio de Defensa español lle cede á industria para os seus desenvolvementos armamentísticos". Para o afectado, "están recoñecendo abertamente que é un veto político e ideolóxico. Eles recoñecen que non fago nada ilegal, que as miñas actividades políticas son lícitas, pero non lles gusta a miña ideoloxía". Sinala que o sucedido "é un síntoma máis da deriva e a mentalidade autoritaria do Partido Popular", lembrándolle "os tempos da Guerra fría ou de Franco nos que aquelas persoas que tiveran ideas comunistas eran sospeitosos e considerados un perigo para a seguridade nacional". "É unha actuación propia da policía política dunha ditadura. Que alguén me explique cal é a diferenza con esa etiqueta que che colocaba o Franquismo de 'desafecto ao réxime'", engade. "A lei mordaza, a persecución a sindicalistas, as multas a manifestantes, a preferentistas..., todo para tentar crear un clima de medo, para evitar as protestas. É unha mostra de que o PP non asumiu a democracia, porque a democracia non é 'eu déixoche pensar o que queiras, pero despois atente ás consecuencias', a democracia é poder pensar o que queiras e que despois iso non teña consecuencias", sinala. "É unha mostra de que o PP non asumiu a democracia" García Sinde afirma que volverá denunciar a súa situación ante a xustiza. Este mércores explicou o seu caso no Parlamento, acompañado por Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE. Díaz informou da presentación por parte do seu grupo parlamentar de diversas iniciativas nas que se pregunta á Xunta que medidas vai tomar para amparar os dereitos políticos e constitucionais deste traballador e que medidas vai poñer en marcha para evitar que unha situación semellante poida acontecer novamente. Para AGE, a resposta do CNI "deixa de manifesto unha clara discriminación por motivos políticos, o que atenta cos principios básicos da democracia e supón unha clara vulneración dos dereitos recollidos na propia Constitución e que o goberno estatal do Partido Popular non dubida se saltar". |
NOS_39959 | O presidente do goberno español convida a Artur Mas a impulsar unha reforma constitucional "que votemos todos", e cualifica o 9N de "simulacro" e "fracaso". | Mariano Rajoy compareceu finalmente esta cuarta feira para valorar o 9N. Unha intervención que abriu con fogo de artillaría (o do domingo "foi un fracaso do independentismo") para dar paso a fogo a discreción ("oporeime a unha reforma constitucional que liquide a soberanía nacional") e mesmo fogo con algunha que outra bala perdida ("Hai un feito innegábel: en Cataluña hai moitísimos máis cataláns que independentistas"). O presidente español non se moveu nin un milímetro da mensaxe que o día anterior expresara o goberno por boca da vice-presidenta. Así, insistiu en que 2/3 do censo non participou no 9N e cargou contra Artur Mas por querer impoñer e non dialogar. Emprazou o president da Generalitat a que inicie no Parlament un proceso de reforma constitucional, para que esta chegue ás cámaras españolas e alí sexa debatido e votado "por todos". Mais, advertiu, el e o seu partido votarían en contra de calquera cousa que afectase á soberanía nacional española. Rajoy acusou a Mas e o seu Govern de centrarse en procesos soberanistas en vez de atender as "necesidades reais" da xente, e dixo non ter coñecemento de se a Fiscalía presentará unha querela contra o president polo 9N, algo anunciado pola líder do PP en Catalunya esta terza feira. O presidente español tamén se defendeu das críticas dos sectores máis ultras, afirmando que o goberno español adoptou unha postura "sensata" e "proporcionada" perante o desafío soberanista. Hay un hecho innegable: en Cataluña hay muchísimos más catalanes que independentistas— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 12 novembro 2014 |
NOS_37767 | O empate contra o Eibar valeulle ao Deportivo a marca histórica de empates nunha mesma temporada da Primeira División. Con este resultado (1-1), os coruñeses seguen a acariciar a permanencia na máxima categoría. | Co empate da noite do sábado fronte ao Eibar o Dépor xa asinou nesta temporada un total de 18 táboas. É a marca histórica dos coruñeses nunha mesma campaña. Co resultado do partido que se xogou o sábado á noite (1-1), o Deportivo fica con 39 puntos e podería acadar o obxectivo da salvación matemática o domingo ante o Getafe. O partido fronte o Eibar comezaba mal para os pupilos de Víctor Sánchez del Amo, pois a primeira ocasión de perigo remataba en gol. O Eibar púñase por diante no marcador no minuto 8, cando Adrián González pescou un balón solto que ficou na área após un saque de recuncho. Non foi até o minuto 25 cando o Dépor conseguía tirar a porta cun disparo de Fayçal Fajr que resultou frouxo. Contra o final da primeira parte, os coruñeses presionaron o rival sen conseguir subir un tanto ao marcador. Un Dépor tímido saltaba ao campo no segundo tempo. Os primeiros minutos foron para o Eibar, que asustou Manu Fernández cun duro lanzamento de falta que impactou contra o pau. A piques de se cumprir a hora do partido, Fede Cartabia case sube un tanto ao marcador cun disparo que rozou o poste dereito da porta local. O arxentino dispuxo minutos despois doutra ocasión clara. Mentres que o Dépor loitaba para conseguir o empate, o Eibar probaba sorte en reiteradas ocasións con disparos que por pouco acaban en gol. Mais, finalmente, os coruñeses conseguían o empate a un cuarto de hora de concluír o encontro. O tanto chegou dos pés de Fede Cartabia após disputarlle o balón a David Juncà. SD Eibar: Riesgo, Capa, Iván Ramis, Mauro dos Santos, Juncà, Keko Gontán (Radosevic, min. 89), Adrián, Escalante, Hajrovic (Jota, min. 68), Sergi Enrich e Borja Bastón (Saúl Berjón, min. 80). RC Deportivo: Manu Fernández, Laure, Arribas, Sidnei, Juanfran, Fede Cartabia (Jonás Gutiérrez, min. 89), Pedro Mosquera, Borges, Fayçal Fair (Cani, min. 72), Oriol Riera e Lucas. Goles: 1-0 Adrián (min. 8); 1-1 Fede Cartabia (min. 71). Árbitro: Prieto Iglesias (c. navarro). Tarxeta amarela a Fayçal Fajr (min. 53). |
NOS_40608 | Noa Presas é a portavoz do BNG en materia enerxética no Parlamento da Galiza. Deputada pola circunscrición de Ourense, levará á sesión plenaria de hoxe unha iniciativa sobre a política eólica defendida polo Goberno de Feixoo e sobre o sistema de portas xiratorias no sector enerxético galego. | —O desenvolvemento do sector eólico marca a actualidade parlamentaria de onte e hoxe. Que aspectos guían a política da Xunta da Galiza nesta materia? Unha apisoadora que busca instalar a calquera prezo, sen planificación nin garantías medioambientais, nin retorno económico nin participación social. É tan salvaxe que hai eivas que comparten ecoloxismo, patronal, comuneiros, Consello da Cultura ou Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Converteron unha oportunidade nun gran problema ambiental, económico e democrático. Afortunadamente está tendo resposta e aínda pode corrixirse. —Que valoración fai da sentenza do TSXG que anula o parque eólico do Roncudo en Corme? É unha mostra máis da chapuza do marco normativo do PP, que cae como un castelo de naipes. Xa vimos sentenzas demoledoras como a do Iribio ou Sasdónigas que alertan da falta de garantías medioambientais. Agora a de Corme pon o foco na vulneración dos dereitos cidadáns ao reducir os prazos de participación pública, algo que tamén criticou o Consello da Cultura. Agardamos que sexa un precedente para frear proxectos lesivos e que non aconteza como con Corme, que chegou co dano feito. —Denuncian desde a súa formación que o poder das eléctricas condiciona a política enerxética do Goberno galego. En que se basean para esta afirmación? Aínda que se disfrace de defensor da Galiza, o Executivo galego é unha sucursal do PP madrileño, e como co PP e o PSOE no Estado hai un lobby na sombra que dita as normas, aprovéitase unha necesidade -cambiar o modelo enerxético e responder á emerxencia climática- para perpetuar privilexios. Para a Galiza é letal. Co novo capitalismo verde repetimos a historia da grande hidráulica: deciden por nós e os recursos naturais que poderían xerar riqueza e xustiza social serven a intereses alleos. —As portas xiratorias entre a Xunta e as eléctricas tamén están no centro do debate. Que valoración fan vostedes do caso de Beatriz Mato e da súa presenza no consello de administración de Greenalia? É un absoluto escándalo, usou información privilexiada da consellaría e sendo conselleira participou na autorización de 80% dos parques operativos de Greenalia. A paralización da Rede Natura e as dúas leis de depredación son pezas que encaixan nun quebracabezas máis grande no que, a medida que pasa o tempo, vemos que hai nomes e apelidos do PP directamente beneficiados. Venden o país para o seu beneficio. —Á fronte da eólica terrestre sumáselle tamén a eólica mariña. Que opinión manteñen a respecto dos proxectos actualmente en marcha? Vémolo con preocupación. Primeiro, porque PP e PSOE romperon o consenso que impulsara o BNG en 2009 para rexeitar a proposta de ordenación do Estado por ser incompatíbel coa pesca e cos ecosistemas mariños, e rompérono nun momento onde había que negociar que quería Galiza na nova regulación, renunciando a defender os intereses do país. Segundo, porque vai ser Madrid e non Galiza quen decida que pasa na nosa costa e iso, ademais de ser indecente, sempre sae mal. E en terceiro lugar, porque a Xunta ten unha axenda oculta para traballar ás agochadas do sector. Hoxe non hai garantías de compatibilidade, polo que reclamamos a declaración do litoral como espazo non apto para a eólica mariña. Os Next Generation e o capitalismo verde A voceira do Bloque Nacionalista Galego en materia enerxética, Noa Presas, advirte na súa conversa con Nós Diario dos riscos do denominado "novo capitalismo verde" e alerta sobre a posibilidade de repetir os erros cometidos na fase de desenvolvemento da grande hidráulica durante ás décadas do franquismo. O catedrático de Historia Económica da Universidade de Santiago de Compostela Xoán Carmona ten sinalado en diversos estudos que o negocio hidráulico non xerou beneficio ningún para o país, sendo a día de hoxe unha mostra diso o enderezo fiscal das principais operadoras hidroeléctricas do país. Precisamente, o programa Next Generation, un plan de rescate masivo aos grandes grupos empresariais, é unha panca central deste "novo capitalismo verde", que está detrás dos grandes proxectos en materia de renovábeis na Galiza. |
NOS_6086 | A organización independentista percorreu as rúas da capital galega para rematar cun acto na Praza do Toural e cun xantar popular no campus sur. Causa Galiza tamén saíu para reclamar un Estado propio para Galiza. | Nós-Unidade Popular saía con retraso da Alameda neste 25 de xullo. Por volta da unha do mediodía a organización independentista encetaba o percorrido da súa manifestación. Con dúas comitivas, por volta de 300 persoas clamaron pola "independencia nacional" e unha "República galega, feminista e socialista", como rezaba o lema da convocatoria. Neste Día da Patria Galega Nós-UP contou coa presenza de diversas delegacións internacionais que quixeron amosarlle o seu apoio. Desde Euskal Herria, Niko Moreno representou a esquerda abertzale. Tamén a CUP e Endavant MDT quixeron transmitir a solidariedade dos Països Catalans mais destacou o comunicado enviado polas FARC-EP que saudaron desde Colombia á organización independentista. Así mesmo, un integrante da asociación Galiza por Palestina tomou parte na xornada convocada por Nós-UP que deu especial protagonismo ao pobo palestiniano. Unha grande bandeira de Galiza encabezaba a mobilización e detrás da primeira faixa que portaban representantes da dirección política independentista, unha bandeira de Palestina lembraba a solidariedade do pobo galego coa poboación dos territorios ocupados e, especialmente, da veciñanza gazatí "masacrada" polo exército sionista no marco da ofensiva 'Bordo Protector'. Nós-UP defende a "construción de candidaturas abertas de unidade popular nas próximas eleccións municipais" Tamén representantes da asociación Que voltem para a casa acompañaron a organización independentista neste Día da Patria e mesmo tomaron a palabra ao inicio do acto político desenvolvido na Praza do Toural. En nome do colectivo de familiares e amizades d@s pres@s independentistas Que voltem reclamou o fin da "dispersión" penitenciaria, contraria, dixeron, a dereito e unha "política criminal, inhumana e vingativa" que "vulnera os dereitos humanos". Candidaturas abertas de unidade popular para as municipais O acto político foi clausurado pola portavoz nacional de Nós-Unidade Popular. Rebeca Bravo referiuse ás aspiracións da organización independentista no marco do actual contexto político. A voceira de Nós-UP asegurou apostaren pola "construción de candidaturas abertas de unidade popular nas próximas eleccións municipais" e dun "pólo da esquerda nacional e patriótica" dirixido a crear "unha nova forza ampla, abranguente e rupturista", afirmou. Unha aposta estratéxica alicerzada, acrecentou, na renuncia a calquera formulación que non se alicerce na "auto-organización en termos nacionais e de clase". O acto rematou coa entoación do himno galego e a queima dunha bandeira española. Posteriormente tivo lugar un xantar popular no campus norte após o Concello de Compostela denegarlle o permiso para o desenvolver no Parque de Belvís, como inicialmente estaba previsto. Causa Galiza defende un Estado propio para Galiza no Día da Patria O colectivo independentista desenvolveu un acto político na Praza do Pan após unha manifestación que percorreu o casco histórico de Compostela. Causa Galiza tamén saíu ás rúas da capital galega neste 25 de xullo. Foi a última das organizacións en partir da Alameda vén entrado o mediodía. O colectivo independentista sacou ducias de bandeiras de Galiza para rexeitar a presenza de Felipe VI A organización estivo arroupada tamén por familiares d@s pres@s independentistas e cunha nutrida presenza de bandeiras de Galiza. O colectivo independentista quixo amosar desta maneira o seu rexeitamento á presenza de Felipe VI, que tomou parte nos actos relixiosos organizados na Catedral compostelá e á "persecución" e "criminalización" desta simboloxía. 'Para vivermos con dignidade no noso País. Independencia' foi o lema elixido para este Día da Patria onde máis dun cento de persoas respostaron á convocatoria lanzada por Causa Galiza. A marcha independentista rematou na Praza do Pan onde defenderon a "constitución dun Estado propio" como "única ferramenta" para dar solución ás problemáticas que atinxen o país. "Calquera solución para a cuestión social", como ten afirmado o seu portavoz nacional, pasa pola defensa da independencia para Galiza ao contrario, criticaron, do que propón a "neoesquerda rupturista". O acto rematou coa entoación do himno nacional e cunha romaría popular no Parque de Lasalle. |
NOS_2146 | O cantautor Fran Pérez 'Narf' vén de colgar un vídeo nas redes sociais no que fai unha versión do tema 'Warhol' como homenaxe ao artista londinense falecido. | Este vídeo publicado no Facebook "é unha pequena homenaxe", explica Narf, "foi como un impulso, sobre todo porque ese disco [Hunky Dory] me gusta moito, pero tamén outros. A súa música acompañoume desde neno e creo que mesmo me inspirou para querer ser músico. Podería dicir que mesmo lle teño cariño persoal". "Sempre fixo un traballo artístico profundo, nada superfluo, e fixo apostas orixinais e potentes", salienta o autor. "Nestes momentos sempre pensas no legado que deixa un artista, e agora como di a canción, é libre coma un paxaro". Narf considera que é un personaxe importante da cultura popular do século XX e destaca que sempre foi "moi innovador, eu diría que o que máis dentro dos artistas que resistiron varias décadas, sempre andivo á procura de novas sonoridades". Na súa opinión marcou tendencias tanto nos 70 como nos 80 e foi un artista total: "mesmo convertiu o final da súa vida nunha obra de arte". Vangardista Outro dos músicos galegos que consideraban a Bowie "un dos grandes" é Marco Payno (Das Kapital, Galegoz, Xenreira), que destaca da súa traxectoria que "soubo coller as vangardas e facelas asumibles para o gran público. Non inventou nada pero tiña ollo para darlle unha volta aos novos sons que estaban xurdindo". |
NOS_46336 | As augas do Río Covo acollerán a Copa Deputación de Piragüismo esta fin de semana. Outes tamén protagonizará outra proba de piragüismo dentro do I Circuíto da Deputación da Coruña. | O encoro de Río Covo, no municipio de Cervo, acollerá este sábado unha nova regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A organización desta terceira proba, a cargo do CD San Cibrao, prevé a participación de máis de 200 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín até xuvenil de seis clubs de augas tranquilas -CD San Ciprián, CP Altruán de Ribadeo, Club Kayak Foz, CP Viveiro Urban Hotel, Cidade de Lugo e Club Fluvial de Lugo-. As saídas comezarán ás 10 horas e faranse de forma continuada, por categorías. Europa, aos pés do piragüismo galego O deputado de Deportes, Efrén Castro, convidou ás afeccionadas e aos afeccionados a seguir a regata "e animar ás novas promesas do piragüismo na comarca a través destas probas que contribúen tamén ao impulso e á proxección dos propios clubs". Tras as dúas primeiras regatas, disputadas en Portomorín e Ribadeo, a clasificación por clubs encabézaa até agora o Club Fluvial de Lugo, seguido por Cidade de Lugo e CP Altruán de Ribadeo. I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña Tamén este sábado 23 de xullo terá lugar outra proba deste deporte. Trátase do I Circuíto de piragüismo en augas tranquilas Deputación da Coruña que se realizará en Pontenafonso, Outes. Na súa estrea xa conseguiu récord de participantes, cun total de 444 deportistas das categorías base de clubs que confirmaron asistencia. Pontevedra, escaparate para os futuros astros do piragüismo Será a cuarta proba dun circuíto que xa pasou por Narón, Boiro e Betanzos e culminará coas competicións de Ames e As Pontes. Participarán deportistas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos nas categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. As modalidades que competirán serán caiac homes, caiac mulleres, canoa homes, canoa mulleres e paracanoe. Entre os clubs que estarán presentes figuran os clubs Rías Baixas-Nautico Boiro, Grupo Xuvenil das Pontes, Náutico Ría de Betanzos, Kayak Mar Ría Muros Noia, Sociedade Deportiva As Xubias, Náutico de Cambre, Deportivo Náutico de Miño, Ribeiras do Tambre, Cabanas KDM, Náutico Firrete e Piragüismo Rianxo. |
NOS_58497 | Filmes galegos coma o multipremiado Vikingland, de Xurxo Chirro, Pacios, As fotos da memoria, de Manuel Darriba, ou as curtas de WeareQQ e Vanesa Vilaverde, Eduardo Maragoto e João Aveledo que abren hoxe o programa, integran a mostra xunto con filmes procedentes do Congo, Níxer, Venezuela, Arxentina, Francia ou Alemaña. | Dende hoxe, 11 de xuño, até o vindeiro martes 19, o Museo compostelán acolle unha nova edición da Mostra de Cine Etnográfico, en colaboración coa Concellería de Cultura compostelá, o Cineclube de Compostela, o Festival de Cine Etnográfico Espiello, a TVG e a Consellaría de Cultura e Educación.Este luns, a mostra abre con curtas galegas na sección Carlos Velo: Goitik behera, behetik gora, do colectivo WeareQQ (Uxue Arrieta e Vicente Vázquez), ás 19.30, e a seguir, Em companhia da morte, unha curta de Vanessa Vilaverde, João Aveledo e Eduardo Maragoto. O mércores proxéctase o documental Pacios. As fotos da Memoria, de Manuel Darriba, e o xoves, Hombres de arena, do venezolano Joaquín Cortés Peteiro, Yatasto, do arxentino Hermes Paralluelo, ou Cautare, do romanés Ionut Pitirescu. Xa o venres, ás oito, será proxectado o exitoso documental Vikingland, de Xurxo Chirro. O venres pónse Lembrando os rostros da morte, de Lois Patiño. O martes será proxectada, na Sección Espiello, Dimanche a Brazzaville, de Enric Bach e Adrià Monés, merecedora dun accésit no festival que nomea a sección. Tamén teremos ocasión de ver nesta sección What has to be photographed!, da alemá Irina Linke, e Swimming in space, da tamén alemá Anna Mbiya Katshunga, ou Dreaming Nicaragua, do nicaragüense Marcelo Bukin, que foi Premio Espiello Boltaña ao máis votado polo público e Premio ASECIC Guillermo Zúñiga, así como Una casa para Bernarda Alba, de Lidia Peralta, Premio Espiello Rechira ao mellor traballo de investigación, e El Torero de los Andes, de Ignasi Rodríguez Batlle, premio ao Mellor Documental Etnográfico. No apartado de cinema histórico Jean Rouch poderanse ver filmes do cineasta francés, coma Petit à petit, La chasse au lion à l´arc, á parte do documental de Jean-André Fiesch: Mosso Mosso :Jean Rouch comme si. Por último, este mércores haberá unha sesión paralela dentro da programación regular do Cineclube de Compostela, con Fake Fruit Factory, de Chick Strand, e Reassemblage, de T. Minhh-ha Trinh. Será ás 21.45, no Pichel. Neste pdf pódese consultar o programa completo. |
NOS_34249 | A Real Academia Galega, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordina unha iniciativa enmarcada dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad para a elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas. | A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra chegará entre os meses de novembro e decembro a 16 localidades de toda Galiza. A Real Academia Galega, en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordina unha iniciativa enmarcada dentro dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad para a elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas. "Con esta acción pretendemos implicar o conxunto da sociedade, tanto institucións locais como particulares, na reivindicación e defensa dun dos nosos grandes tesouros históricos", salientou o presidente da Academia, Víctor Freixanes. "A través dos nomes dos lugares podemos seguir a crónica de nós, a memoria do que somos, a pegada dos devanceiros. Galiza ten unha riqueza neste campo moi superior a calquera outra comunidade europea e é a nosa obriga coidala, estudala e defendela", engadiu. Difusión por todo o país Esta edición da campaña arrincou o pasado 4 de novembro en Mazaricos, e as vindeiras sesións terán lugar o 27 de novembro en Guitiriz (ás 19 horas no Telecentro), o 28 en Lalín (Biblioteca Valera Jácome, 20 horas), o 29 en Taboada (Casa da Cultura, 19 horas) e o sábado 30 de novembro no Bierzo (salón de plenos do Concello de Carucedo, 12 horas). O programa continuará nas seguinte semana en Muxía (4 de decembro na biblioteca municipal), Noia (5 de decembro, Casa da Cultura), Folgoso do Courel (16 de decembro, CPI Uxío Novoneyra), Cerdedo-Cotobade (17 de decembro, sala de usos múltiples), Pazos de Borbén (19 de decembro, auditorio do Concello) e Vilalba (27 de decembro, Casa da Cultura). |
NOS_14891 | A Comisión Nacional do Mercado de Valores rexeitou as contas presentadas por Pescanova. A banca acredora di que só negociará se hai un cambio no equipo xestor | As sorpresas en Pescanova veñen minuto tras minuto. Cando aínda non se recuperou da nova dun presidente que, sen informar á CNMV, vendeu a metade das súas accións nos meses previos á crise; agora a dirección recoñece que só garante os salarios do persoal no presente mes de abril, segundo apuntan desde Europa Press. A partir de aí non hai nada en firme. E, aliás, a Comisión Nacional do Mercado de Valores rexeitou as contas que a compañía presentou, após dous requerimentos. A CNMV considera que as contas nin aclara a contabilidade do exercicio 2012 nin a débeda que se ocultou. KPMG encargarase, sinala a comisión, de realizar unha auditoría forense. E o presidente da multinaciona, Fernández de Sousa,exponse a unha multa non preciamente pequena. Por outra banda, directivos de Pescanova comunicaron ao comité de empresa. O comité indica que até o de agora Pescanova cumpriu, pois non fixo despedimentos. Mais coa entrada en suspensión de pagos, "que non é ningunha broma", non se garanten escenarios a medio prazo. Nin sequera a curto prazo. Cambios E a isto engádese que parte da banca acredora de Pescanova pide un cambio no equipo directivo da empresa, comezando polo seu presidente, Fernández de Sousa. A débeda da pesqueira supera os 3.000 millóns de euros, unha cifra que duplica a que a propia firma afirmaba ter hai un mes. |
NOS_48009 | Denunciárao o sindicato CESM, que lembrou que ter a especialidade é "requirimento imprescindíbel" para poder exercer nestas áreas. | O Sergas admite que contratou médicas e médicos de familia e pediatras na área de Santiago sen que estes tivesen o título de especialista requirido para exercer nesas especialidades. Fíxoo apenas horas despois de que o sindicato CESM denunciase a existencia destas contratacións, que cualificou de ilegais, temerarias e imprudentes. Os títulos de especialidade de medicina familiar e comunitaria, así como de pediatría, son requisito imprescindíbel para poder exercer, lembra o CESM, que fala de contratacións presuntamente irregulares. Desde o EOXI (Estrutura organizativa de xestión integrada) de Santiago alegaron que esas contratacións foron "excepcionais" e comprometéronse a solucionar a situación. Non é esta a primeira vez que o Sergas está baixo os focos por este tipo de actuacións. En 2009 persoal médico denunciou a contratación irregular de especialistas estranxeiros. |
PRAZA_15969 | Procurar a venda da experiência é uma necessidade para a sobrevivência do comercio e é algo que estamos a deixar passar. Na hotelaria e restauração já bem começou este caminho, mas no comercio temos muito que avançar todavia | A venda a retalho está a variar os seus modos de chegar ao público. Temos por diante um novo mundo onde o comercio eletrónico está a mudar muitos dos hábitos dos consumidores, que já, muitos deles, não deslocam a nenhuma loja das nossas cidades para fazer as suas compras. Nesta altura estamos em Vigo a viver uma polémica sobre o positivo e o negativo das novas grandes superfícies comerciais que estão a ser desenhadas na contorna da cidade e de como pode ver-se afetado o comercio chamado tradicional. O mundo está a virar mais rápido do que possa um sozinho compreender. Nesta viragem, olhamos dados indicadores destes novos usos na maneira de fazer as compras. Assim é que as empresas de logística aumentaram um 20% o seu negocio no último ano no nosso País, por exemplo, como consequência direta do aumento do comercio on-line. Se calhar, estamos a mudar a maneira em que mercamos. Neste sentido, ir a uma loja a dia de hoje não é unicamente um ato definido pela necessidade de fornecer de algum bem ou serviço determinado. Tem já hoje uma outra face da venda que é a própria experiência de compra. Enfatizar o lado da experiência frente o facto exclusivo da compra é algo que está a ganhar terreno no comércio ao retalho, para consolidar face do comercio das lojas on-line. Vemos por diante como a Amazon abre lojas com presença física ou como o conceito das lojas Apple ajudam exclusivamente a criar uma comunidade de usuários diferenciados dos da sua competência; na realidade numa loja Apple o objetivo não é a venda do produto, é a venda da experiência como proprietário de um produto já mercado anteriormente da própria marca. A experiência é a nova máxima neste novo modelo de comércio, os produtos existem na rede, na web, no on-line, a experiência é que é física e tem que ser única. Um novo modelo de economia; um novo modelo de sociedade no fundo; uma sociedade GAFA, uma sociedade dominada pela Google, a Amazon, o Facebook e a Apple. Neste novo modelo, as empresas grandes e marcas de luxo precisam de mais e mais metros de superfície no sentido de oferecer estas novas experiências. O vaziamento, nesta procura de maior espaço, de muitos locais comerciais nas baixas das cidades e em centros comercias que ficaram obsoletos provoca a chegada de novos desenvolvimentos imobiliários, por um exemplo, de lojas independentes, artesanais e de comércio local nesses locais deixados nas baixas das cidades, agora já mais próprios da economia "gig"; isso que damos em chamar a economia do talento. O comercio local tem que tornar numa venda de experiências únicas, com produtos únicos e de valores sustentáveis para a comunidade. Neste sentido, temos por diante uma reestruturação do espaço urbano tal como este foi entendido até o de agora. Na mesma temos por diante varias experiências de reutilização de antigos centros comerciais, fundamentalmente nos EUA, onde algum deles têm uma segunda vida como universidades ou até hospitais ou bem com centros de negócios para empreendimentos empresariais. Por acaso, como modelo de reformulação de um velho espaço comercial temos o mais antigo dos "shoppings" dos EUA , construido no 1828 em Rhode Island e reformulado como solução habitacional recentemente. Na mesma temos também novos empreendimentos de grandes zonas comerciais na reestruturação do espaço urbano. Umas novas grandes superfícies de 4º geração, onde o novo conceito de experiência ganha frente aquele outro conceito anterior de grande armazém. Assim, neste sentido, dar uma experiência de compra é fundamental para entender o futuro do comercio físico que temos por diante. Reformular o espaço das nossas vilas e cidades neste sentido é um repto de País que temos por diante, A experiência única de vir mercar cá, tem que ser sugestionada em torno a valores tanto do património histórico-artístico como também paisagísticos, tanto como uma oferta que aporte experiências únicas de ócio e divertimento. Neste sentido, é preciso uma ordenação clara das novas zonas comerciais que não podem ser unicamente metros e metros de naves que funcionam como armazém ao por maior. É preciso, também neste sentido, uma reformulação desde já do comercio tradicional que não pode funcionar unicamente como distribuidor de grandes marcas, já que essa é uma batalha perdida já há muito tempo. Procurar a venda da experiência é uma necessidade para a sobrevivência do comercio e é algo que estamos a deixar passar. Na hotelaria e restauração já bem começou este caminho, mas no comercio temos muito que avançar todavia. |
NOS_6226 | A finais do século IV, Roma constituía un basto imperio que se espallaba desde as terras baixas de Escocia até os confíns de Siria e Exipto, acollendo baixo o seu goberno a máis de 60 millóns de persoas. A pesar das súas dimensións, o dominio da cidade do Tíber atravesaba entón unha forte crise política marcada pola división interna e as constantes ameazas nas fronteiras do Imperio. Ás intrigas dos poderosos e á fenda entre Occidente e Oriente uníase o espallamento do Cristianismo fronte as tradicionais crenzas romanas. Perseguido durante séculos, o Cristianismo finalmente foi convertido na relixión oficial do Imperio a través do Edicto de Tesalónica, o 27 de febreiro do ano 380. Pouco tempo despois, no ano 395 o mesmo emperador decidiu dividir definitivamente o Imperio en dúas metades: a occidental, con capital en Roma, e a oriental, con capital en Bizancio (actual Istambul, Turquía). | A división non só non logrou pór fin á decadencia romana senón que trouxo consigo o debilitamento do poderío militar imperial, especialmente na súa parte occidental. Alí situábase a fronteira (limes) máis militarizada do Imperio romano de Occidente, a do Rin. Este río constituíu durante décadas unha fronteira natural fronte os constantes ataques dos pobos que habitaban a Germania libre de dominio romano, ao leste do Rin. Unhas xentes que malia as súas diferenzas eran consideradas todas elas polos romanos como barbarii ("bárbaros"). Porén, a falta de efectivos militares e a propia conxelación do Rin no inverno do ano 406, semella que puideron ser o motivo de que numerosos pobos xermánicos atravesasen o río o 31 de decembro dese mesmo ano e se internasen nas ricas terras romanas sementando o caos nelas. A entrada de milleiros de "bárbaros" e o seu avance pola Galia, un dos principais territorios romanos, puxo en xaque as autoridades imperiais durante varios anos. Lonxe de estar comandados por un único grupo ou líder, a composición deste continxente humano era tremendamente diversa. Entre eles, atopábanse os alanos, orixinarios do Cáucaso, así como os vándalos silingos e os vándalos asdingos, estes últimos comandados desde o 407 polo seu rei Gunderico. Para alén destes e outros, tamén se atopaba un grupo de pobos ben coñecido por Roma: os suevos. Os suevos Orixinarios das antigas terras do norte de Germania, próximas ao Báltico, os suevos lograran asentarse nos séculos anteriores ao longo das fértiles terras ao norte dos Alpes, nunha rexión que aínda hoxe recibe o nome de Suabia (Schwaben, actual Alemaña). Neste territorio próximo ao Imperio foi onde os suevos entraron en contacto cos romanos e onde acabaron formando unha auténtica "confederación bárbara" disposta a se internar no débil Imperio romano de Occidente e instalarse nel. Compostos á súa vez por diferentes grupos (cuados e marcomanos), a documentación da época coincide en que entre os anos 407 e 409, os suevos, xunto alanos e vándalos saquearon a Galia até que, finalmente, puxeron rumbo ás provincias romanas ao sur dos Pireneos. En territorio ibérico, esta poderosa confederación de pobos aproveitou a guerra civil que entón enfrontaba a Máximo, Constante II e Honorio polo control do Imperio e conseguiron instalarse no territorio peninsular. Deste xeito, os alanos pasaron a gobernar a provincias da Lusitania e da Cartaxinense, mentres que os vándalos se asentarían en diferentes provincias: os vándalos silingos na Bética e os vándalos asdingos na Gallaecia oriental. Pola súa parte, os suevos, liderados entón polo seu rei Hermerico, instaláronse no occidente da provincia da Gallaecia e asumiron o seu goberno co beneplácito romano. A Gallaecia do século V A Gallaecia do século V era entón unha das provincias romanas máis dinámicas e extensas do Imperio romano de Occidente, pois abarcaba todo o noroeste peninsular desde Fisterra até as proximidades da actual Rioxa. Na súa parte occidental destacaban notábeis cidades como Lucus Augusti (actual Lugo), Asturica Augusta (actual Astorga), así como a capital de toda a provincia, Bracara Augusta (actual Braga). Tradicionalmente rica en recursos marítimos e mineiros, especialmente auríferos, a Gallaecia de entón contaba cunha ampla rede viaria e unha administración imperial que respectara a identidade dos diferentes pobos galaicos, ástures e cántabros -entre outros- que habitaban a provincia. Berce de emperadores romanos como Teodosio ou Magno Máximo, a Gallaecia dos séculos IV e V foi, sen dúbida, unha provincia fortemente integrada nas estruturas imperiais. Da man da administración romana, o latín abriuse paso nas grandes urbes do occidente galaico, máis romanizadas, e mesturouse coas falas autóctonas, de filiación céltica, iniciando o camiño cara a unha nova lingua: o galego. Da mesma maneira, coa romanización, os cultos autóctonos deron paso a unha mestura ou sincretismo cos cultos pagáns romanos e, pouco despois, co cristianismo, relixión que acabou sendo oficializada en todo o Imperio e que prendeu fortemente na Gallaecia. Así o testemuña toda unha xeira de figuras eclesiásticas que, orixinarias da provincia, gozaron de gran relevancia no mundo cristián da época. É o caso da aristócrata Exeria, peregrina galega a Terra Santa e autora do Itinerarium Egeriae, ou de Prisciliano, líder -e mártir- dunha doutrina revolucionaria no seo da Igrexa romana. A eles, súmanse personaxes de grande erudición como o sacerdote e teólogo Paulo Orosio, así como o bispo de Aquae Flaviae (actual Chaves), Hidacio, autor do célebre Chronicon, unha das xoias da literatura latina altomedieval. A fin do mundo romano Porén, o mundo romano toca o seu fin na Gallaecia no ano 409. O acordo entre as autoridades romanas e Hermerico, rei dos suevos, concedeu a estes últimos a administración da Gallaecia baixo a obediencia ao emperador. Calcúlase que a migración dos suevos e a súa chegada á Gallaecia puido ascender até os 40.000 individuos, entre os que se atopaban xentes pertencentes a todo tipo de estratos sociais desde a alta aristocracia até servos. Asumindo a organización territorial romana, Hermerico asentou o seu trono na cidade de Braga, capital da provincia, e desde alí fundou o coñecido regnum suevorum ("reino dos suevos") que co tempo acabou por ser coñecido co nome de Galliciense Regnum ou reino da Galiza. O ascenso dos suevos, mais tamén a actitude permisiva e colaboracionista das autoridades romanas con eles, motivou unha sensación de abandono nos cidadáns romanos galaicos, especialmente naqueles cuxa vida estivera máis ligada ao poder imperial. Tal foi o caso do límico Hidacio, bispo de Chaves, para quen o ascenso dos suevos resultaba toda unha humillación e o triunfo do paganismo fronte a civilización romano-cristiá. Mais para alén do sentimento de abandono e traizón, a chegada dos "bárbaros" trouxo consigo un clima de inestabilidade despois de catro séculos de dominio romano. Moitos dos antigos castros da Gallaecia, aos que Hidacio se refería como castella tutoria, foron reocupados mentres que os Estados galaicos e as súas elites se reorganizaron fronte unha autoridade allea como era a sueva. As suspicacias entre uns e outros tiñan como pano de fondo as súas diferenzas: os galaicos, cidadáns até entón do Imperio, eran oficialmente cristiáns e as súas elites falaban latín; os suevos, considerados "bárbaros", eran pagáns e falaban unha lingua xermánica. O acordo entre as autoridades romanas e Hermerico, rei dos suevos, concedeu a estes últimos a administración da Gallaecia baixo a obediencia ao emperador Para Hermerico −o novo gobernante da Gallaecia e rei dos suevos− a hostilidade inicial dos galaicos non representaba o único inconveniente. A rivalidade externa contra outros reis xermánicos e "bárbaros" comprometía o futuro do seu pobo e a súa estabilidade. Así, era o propio Hidacio quen manifestaba as súas impresións no Chronicon, ao recordar como os alanos mantiñan unha certa hexemonía sobre os vándalos e os suevos; unha hexemonía que perdurou até a morte do rei alano Ataces, asasinado polas tropas visigodas que Roma contratara para tal propósito. A morte do rei alano e, especialmente, o asentamento definitivo dos visigodos na provincia gala de Aquitania supuxo un novo marco de relacións ao sur dos Pireneos que axiña tensou as relacións entre os suevos e os vándalos. A propia hexemonía na Gallaecia levou a Hermerico e a Gunderico, rei dos vándalos asdingos a entrar en guerra. Así o refería no ano 419 o bispo de Chaves, Hidacio, ao recordar a confrontación dos suevos e vándalos nos coñecidos entón como Montes Nervasos. Identificados tradicionalmente entre os Ancares e os montes de León, Gunderico tomou a iniciativa no choque armado e cercou os exércitos de Hermerico no campo de batalla. Porén, as noticias desta confrontación axiña chegaron a ouvidos das autoridades romanas que preocupadas pola posíbel vitoria de Gunderico decidiron auxiliar o exército de Hermerico. Grazas á unión dos efectivos militares suevos e romanos finalmente Gunderico foi derrotado e forzado a abandonar a Gallaecia O reinado de Hermerico A partir dese momento Hermerico converteuse no único rei xermánico na Gallaecia mentres que os vándalos, liderados por Gunderico, conquistaron as provincias veciñas da Bética e da Cartaxinense. Finalmente, no ano 429, o sucesor de Gunderico, Xenserico, decidiu deixar atrás as provincias ibéricas e cruzar o Estreito de Xibraltar levando o seu pobo á Mauritania, onde os vándalos fundarían un próspero reino. A retirada dos vándalos de Xenserico tivo unha consecuencia inmediata no contexto peninsular e, especialmente, na política emprendida polos suevos, decididos a ampliar os seus dominios sobre aqueles territorios que abandonaran os vándalos. Neste contexto cobra valor a figura dun caudillo suevo chamado Hermigario ao que Hidacio sitúa ao sur da Gallaecia, na provincia da Lusitania, realizando saqueos na zona próxima a Emerita Augusta (actual, Mérida). Se ben Hidacio non aclara as orixes de Hermigario, parte da crítica historiográfica viu nesta figura un fillo de Hermerico, cando non a súa man dereita. Do que non hai dúbida, porén, é de que as ambiciosas campañas militares de Hermigario chegaron ao seu final de forma violenta, asasinado por tropas vándalas no ano 429.Ao norte, na Gallaecia, a marcha de Xenserico e os vándalos deixou a Hermerico como o único rei xermánico no territorio peninsular: o último líder daquela confederación de pobos que se asentaran ao sur dos Pireneos vinte anos atrás. Con todo, a situación mudara e Hermerico e as elites militares suevas procuraron asentar definitivamente a súa autoridade fronte aqueles Estados galaicos que aínda non aceptaran o seu dominio. Así, no ano 430, a tensión entre ambos bandos acabou por desencadear unha campaña militar de Hermerico no interior da Gallaecia co propósito de someter algúns núcleos de resistencia. O resultado foi a captura e morte de numerosos efectivos militares suevos mais tamén a entrega de reféns da aristocracia galaica. Unha situación que forzaría a tregua entre ambos bandos. Se ben Hidacio non aclara as orixes de Hermigario, parte da crítica historiográfica viu nesta figura un fillo de Hermerico, cando non a súa man dereita Porén, apenas uns anos despois, a tensión continuaba a estar moi viva entre galaicos e suevos, e no ano 431 retomáronse os choques bélicos entre ambos pobos. A guerra levou a numerosos Estados galaicos a pedir axuda a Roma e os seus exércitos. Con ese propósito o propio Hidacio, en calidade de bispo de Chaves, encabezou, no mesmo ano, unha embaixada netamente galega para denunciar as accións dos suevos na Gallaecia. A pesar do intento de inxerencia dos visigodos nestes asuntos, o destinatario destas queixas non foi outro que o dux Aetius, o xeneral romano ao que o Imperio romano de Occidente confiara a súa defensa. Recibidos por Aetius, a embaixada galaica logrou do dux romano o envío dun diplomático para mediar no conflito e negociar unha paz cos suevos: o comes ("conde") Censorio. As xestións diplomáticas deron o seu froito, e no ano 433 o rei Hermerico subscribía a paz con todos aqueles Estados galaicos cos que mantiña a guerra. Malia que o propio Hidacio non rexistrou grandes incidentes nestes anos, a paz entre suevos e galaicos debeu de ser especialmente fráxil entón. Iso explica que no ano 437, as autoridades romanas enviasen novamente o conde romano Censorio á Gallaecia, esta vez acompañado de Fretimundo, do que se descoñece o papel que ostentaba. Durante os meses seguintes, a actividade diplomática foi frenética e finalmente suevos e galaicos asinaban, novamente, unha longa e duradeira paz no ano 439. A paz cos galaicos no interior da Gallaecia permitiu a Hermerico centrar os seus esforzos nunha estratexia de expansión cara ao sur, cara ás provincias meridionais da Lusitania e a Bética, onde xa Hermigario desenvolvera as primeiras incursións. No entanto, Hermerico non chegou a comandar os exércitos suevos nas futuras expedicións polo sur. O rei suevo enfermara xa había tempo e no 438 tomou a decisión de delegar a coroa no seu fillo Requila, a quen asociou como gobernante efectivo. Hermerico deixou atrás o liderado do pobo ao que conseguira garantir a estabilidade e unhas novas terras. Morto anos máis tarde, no 441, Hermerico é recordado por ser o fundador dunha monarquía, a sueva, que gobernou a Gallaecia durante case 200 anos e sen a cal non se podería explicar o devir histórico de Galiza. |
NOS_32875 | Desde Lalín, Gonzalo Caballero afirmou que o goberno de Feixoo deixou abandoando o rural galego e acusouno de "non ter tomado medidas para mellorar a calidade de vida do sector primario galego". | Nun acto de campaña en Lalín, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que Feixoo "foi unha fraude para o medio rural". Xunto ao candidato á alcaldía de Lalín polo PSdeG, Román Santalla,. Caballero propuxo traballar "por un medio rural vivo, revitalizado" e con posibilidade de dar á cidadanía "medios de vida, salarios e ingresos dignos", e insistiu no compromiso do PSOE en traballar para garantir as mesmas condicións de vida no rural que nas cidades. Na visita ao concello de Lalín, Caballero amosou un número do New York Times que dedica unha reportaxe á venda de lugares e parroquias enteiras do rural galego, debido á falla actividade económica e industrial, fronte ao que apelou a "ter un compromiso claro co medio rural", facendo referencia ao impulso do sector primario e do sector agrogandeiro. En declaracións aos medios, Caballero valorou que o goberno de Pedro Sánchez "converteu a Política Agraria Común nunha cuestión de estado" e anunciou o seu compromiso a defender na Unión Europea que os orzamentos da PAC para o período 2021-2027 "non caian" e poidan mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural. |
NOS_25099 | [ACTUALIZADA ÁS 20.58] Na terceira rolda de votación da asemblea nacional da CUP en Sabadell, ambas as opcións, a do "si" á investidura de Artur Mas e a do "non" ficaron en táboas, con 1.515 votos cada unha. Este resultado ten lugar após impoñerse na segunda volta o "non" por 1.512 votos (49,70%) ao "si", que obtivera 482 apoios, un 48,71%. | Empate perfecto entre as persoas partidarias do "si" e do "non", con 1.515 apoios cada unha das dúas opcións. A terceira rolda de votacións non resultou definitiva e non logrou dilucidar o posicionamento da CUP de cara ao investimento de Artur Mas como president da Generalitat. Após o atraso do reconto e da posterior rolda de imprensa da organización, coñeceuse que tanto a opción primeira como a segunda ficaron igualadas a votos. A CUP convocou o Consello Político e o grupo parlamentar o 2 de xaneiro para tratar de atopar unha solución Dados os resultados, a CUP convocou o Consello Político e o grupo parlamentar para tratar de atopar unha solución. A formación política vén de informar de que convocará o Consello Político o 2 de xaneiro para decidir que farán os deputados e deputadas. Estas foron as dúas opcións finalistas que acabaron empatadas a votos: 1) "Aceptar a proposta de acordo político co obxectivo de avanzar cara á creación dunha república catalá a partir dunha folla de ruta de desconexión institucional e de ruptura democrática, un plan de choque de emerxencia social e un proceso constituínte popular e democrático que permita ensanchar a base do proceso. E, en consecuencia, aceptar el Consello de presidencia encabezado por Artur Mas". 2) "Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas e, polo tanto, a proposta de acordo político. Esgotar o prazo de negociación para una presidencia de consenso con plan de choque, folla de ruta para a ruptura e proceso constituínte co obxectivo de ensanchar a base do proceso de creación dunha república catalá. Asumir que haberá novas eleccións no caso de que Junts pel Sí non presente unha alternativa á Presidencia". A segunda volta Na segunda votación do día, ficou eliminada a terceira das opcións, após gañar o "non" a Mas da segunda opción por 1.512 votos, o 49,7%, seguida da primeira vía, a do "si" a Mas, con 1.482, o 48,71%. A terceira das opcións só obtivo 28 votos, o 0,92% dos apoios. Ademais, rexistráronse 6 votos nulos e 14 brancos. Após os resultados das dúas primeiras roldas de votacións, foron rexeitados os seguintes escenarios: a) "Rexeitar o Consello de presidencia encabezado por Artur Mas e, polo tanto, a proposta de acordo político. Trasladarlle a Junts pel Si a responsabilidade de buscar apoio alén do grupo parlamentar da CUP-CC a través da nosa abstención no pleno de investidura. No caso de que Junts pel Si non obtiver máis apoio, asumir que que haberá novas eleccións". Este era o cuarto punto, que foi rexeitado na primeira rolda de votacións. b) "Rexeitar a proposta de acordo político de plan de choque, proceso constituínte, folla de ruta para a ruptura e o Consello de presidencia. Favorecer a investidura de Artur Mas co obxectivo de evitar unhas novas eleccións, desbloquear a situación actual e seguir traballando para ensanchar a base do proceso e para a creación dunha república catalá". Os catro escenarios, en resumo Os catro escenarios entre os que votaron as máis de 3.000 persoas militantes e simpatizantes da CUP que participaron na asemblea desde as 9h deste domingo, 27 de decembro, foron aceptar as medidas políticas da proposta de Junts Pel Si e aceptar Mas como president; outro era rexeitar Mas e seguir negociando con Junts pel Si; a outra opción era desbotar as propstas de Junts Pel Si mais facilitar a investidura de Mas por parte da CUP; e a outra era rexeitar a proposta de medidas políticas e Mas, e instar Junts Pel Si a buscar acordos sen a CUP a través da abstención no Pleno de investidura. |
PRAZA_10855 | Dende o venres ata o domingo unha trintena de novos murais encherán de cor as paredes deste barrio ferrolán, nun evento que une arte e rexeneración urbana e que botou a andar no ano 2008. Esta edición está centrada nas creadoras femininas e na muller na arte | Este venres comeza unha nova edición das Meninas de Canido, a festa que dende hai unha década enche de cor as paredes deste barrio ferrolán, atraendo cada ano a máis público. No verán de 2008 as paredes de Canido enchéronse de Meninas por iniciativa de Eduardo Hermida e doutros artistas e veciños. Dende entón pintáronse centos de murais, coas Meninas de Velázquez como motivo central, revitalizando un espazo que destaca destaca tanto pola beleza da súa arquitectura tradicional coma polo gran número de inmobles abandonados.Nos últimos anos, ademais, o evento foi crecendo en dimensión e proxección fóra de Galicia, atraendo as olladas doutros territorios do Estado. Á elaboración dos murais, que ocupa do venres ata o domingo, únense concertos, visitas guiadas, obradoiros e outro tipo de actividades. Cada verán as Meninas enchen de "orgullo" ao barrio e a toda a cidade de Ferrol. Hai dous anos, ademais, unha potente campaña publicitaria fixo un chamamento a Banksy para que se achegase ao barrio.A edición 2019 das Meninas de Canido está centrado na arte femenina e na mullerA edición 2019 das Meninas de Canido está centrado na arte femenina e na muller, unha temática que ocupa xa o cartel, deseñado por Laura Maquieira, e titulado "(Fe) Meninas". Nesta ocasión serán unicamente 30 os murais que se pinten, un número inferior ao doutros anos, pero co que se busca a selección de obras de maior calidade. Os creadores e creadoras chegan dende Uruguai, Estados Unidos e de distintos puntos do Estado, dende Málaga a Barcelona. Entre as instalacións que xa se coñecen destaca un conxunto escultórico creado pola coruñesa Iria do Castelo, que une o Museo de Historia Natural e o corazón do barrio de Canido. Entre as actuacións, destacan os concertos de Siniestro Total, Killer Barbies e dos bateristas Miguel Lamas e Anye Bao. O domingo, Nabiza Girl (Isabel Risco) pechará as celebraciónsEduardo Hermida non pode explicar como "aquelas pequenas pinceladas de ilusión" chegaron a converterse nunha "marea de arte que hoxe invade o Canido"Nesta ocasión, ademais, á festa súmase a inauguración dunha exposición sobre as Meninas no centro cultural Torrente Ballester. A mostra, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Agrupación Artística Meninas de Canido, está dedicada a esta proposta cultural. Este xoves o organizador das Meninas, Eduardo Hermida, explicou que non podía imaxinar que nos inicios "aquelas pequenas pinceladas de ilusión" chegasen a converterse nunha "marea de arte que hoxe invade o Canido".Así, dende este venres 30 de agosto e ata o 29 de setembro, no Torrente Ballester proxectarase a obra da artista británica Eve Sussman 89 seconds at Alcázar, cedida polo CGAC. A obra recrea os momentos anteriores e posteriores á realización da obra mestra de Velázquez. A través dunha linguaxe cinematográfica, explora as dimensións temporais da pintura , creando unha narrativa fílmica que imaxina as accións do pintor antes de despois do momento capturado no lenzo. |
NOS_29720 | Estaríamos perante unha primeira aproximación na negociación entre o principal partido da oposición e o Goberno do Estado que eventualmente podería até desembocar no desbloqueo dos orzamentos para 2017. O PSOE sabe que se as contas non saen adiante Rajoy podería disolver as cámaras. | Se o Partido Popular asume un incremento do déficit das comunidades autónomas até o 0,6 por cento -o ponto de partida de Montoro está situado no 0,5-, o PSOE podería apoiar, vía abstención, a aprobación do teito de gasto para 2017. En principio, o PSOE mantén a súa proposta de ir a un teito do déficit das comunidades do 0,7 por cento, mais Ferraz é consciente de que esta demanda é inasumíbel para o MInisterio de Facenda, nomeadamente após Montoro ter anunciado que o teito de gasto do conxunto das administracións públicas para 2017 decrecerá en 5.000 millóns de euros, na práctica a cantidade que Bruxelas exixe recortar ao Estado español. Dito doutro xeito: o PSOE propón o 0,7, mais estaría disposto a aceitar unha décima menos, o 0,6. Segundo as estimacións do partido socialista, pasar do 0,5 que defende Montoro a ese 0,6 por cento suporía pór nas mans das comunidades autónomas 4.000 millóns de euros máis para investir en sanidade, educación e servizos sociais, indicou esta quinta feira en conferencia de imprensa o portavoz socialista, Antonio Hernando. En 2016 o obxectivo de déficit inicial para as comunidades autónomas estaba situado no 0,3 por cento, mais acabou sendo revisado á alza até ficar no 0,7 por cento. Aumentar o déficit unha soa décima representa pór nas mans das comunidades autónomas 4.000 millóns de euros máis para financiar a sanidade, a educación e os servizos sociais, estima o PSOE Non é a única condición que pon o PSOE sobre a mesa para negociar o seu hipotético apoio -que en principio sempre sería através dunha abstención- ao teito de gasto. Hernando explicitou esta quinta feira outra petición: a do incremento do salario mínimo interprofesional en 8 por cento, o que significaría pasar dos actuais 655,20 euros (en 14 pagas) a 707,6. En todo caso, o PSOE abre vías de negociación orzamentais co Partido Popular e alimenta a hipótese de que finalmente non vaia bloquear a aprobación das contas públicas. Esta semana o Goberno español avanzou nas súas conversas co PNV e, portanto, podería reunir 175 votos a favor (137 do PP, 32 de Cs, 1 de CC e 5 da formación nacionalista vasca). Precisaría dun escano máis para conseguir a luz verde aos orzamentos. O PSOE está atrapado nunha difícil encrucillada: se pacta os orzamentos reforzará a impresión de que é un báculo parlamentar de Rajoy -cuxa investidura viabilizou cunha abstención altamente traumática-, mais se non o fai abre a billa para a Moncloa disolver á cámara e irmos a unhas antecipadas que poderían supor, segundo indican todos os inquéritos, unha auténtica debacle para un partido que continúa dirixido por unha xestora e que a día de hoxe por non ter, nen sequer ten datas para a realización do seu congreso. Esta mesma quinta feira, o Consello de Política Fiscal e Financeira (o órgao en que están representados o Estado e as comunidades autónomas) debaterá precisamente sobre déficit e teito de gasto. Será o momento para ver se Montoro é sensíbel ou non ás peticións socialistas. |
NOS_49305 | Perante a posta en marcha dos traballos previos para a saída de Nós Diario, coa incorporación de máis xornalistas, o Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., presidido por Xoán Costa, decidiu nomear Xesús Manuel Piñeiro subdirector do novo medio que verá a luz en papel e na rede o 2 de xaneiro. | O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., presidido por Xoán Costa, nomeou Xesús M. Piñeiro subdirector de Nós Diario, o novo medio que verá a luz en papel e na rede o 2 de xaneiro e do que María Obelleiro é directora. Xesús M. Piñeiro leva vinculado a Sermos Galiza desde o nacemento do proxecto en 2012 como xornalista, sendo membro da redacción orixinaria e desenvolvendo nestes anos o seu traballo nas diferentes seccións, nomeadamente as vinculadas a Economía e Traballo. Nado en Viveiro en 1973 e criado desde moi novo en Rianxo, cursou Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou prácticas no Igadi, Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, desde onde achegou colaboración en diferentes medios. Desenvolveu a súa actividade profesional en diferentes medios, como El Correo Gallego e Diario de Arousa, desde onde pasou a facer parte de Sermos Galiza. Primeiros pasos A redacción de Nós Diario botou a andar durante a xornada desta terza feira, día 1 de outubro. Nós Diario botará a andar o vindeiro 2 de xaneiro tanto en papel como na rede. Deseñado por un dos máis brillantes grafistas da Galiza, Pepe Barro, as informacións irán asinadas por un equipo de profesionais da información cuxa media de idade atópase nos 35 anos e que conforman unha redacción que mestura a experiencia de profesionais de ampla traxectoria en medios galegos coa formación máis actual de xornalistas graduadas nos últimos anos na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. lembra que o Nós Diario nace grazas ao apoio das máis de 3.000 asinantes que garantirán a súa estabilidade financeira e anima todas as persoas que non ven satisfeitas as súas ideas de avance social na prensa convencional a se sumar a Nós Diario mediante as distintas modalidades de subscrición (pode accederse aos contidos do diario por só 56 céntimos ao día –no caso da subscrición anual ao diario dixitalizado na nube–). Nós Diario editarase de terzas a sábados, día en que o acompañará un Sermos Galiza remozado a modo de suplemento. Na rede, editarase os 365 días do ano para informar un público obxectivo de pensamento aberto, actual e implicado, con temáticas que non adoita recoller a prensa convencional, como os feminismos, o traballo, a diáspora, a historia, o ecoloxismo, a lingua, os dereitos e liberdades civís… O diario en papel estruturase ao redor de catro grandes módulos de información: Galiza, Traballo, Internacional e Cultura e Axenda e contará con tres seccións de ruptura: Opinión, En Foco e a Última. Nos próximos tres meses, a Redacción de Nós Diario traballará na posta en marcha do proxecto. |
QUEPASA_551 | A ANPA lanza unha campaña de colleita de sinaturas, e consegue unha reunión co Xefe Territorial de Educación | A Comunidade escolar do CEIP Areouta continua presionando á Xunta para evitar un recorte histórico en Galicia. A mobilización deste pasado luns provocou un auténtico sentimento de pobo unido na vila de Sardiñeiro. Pero queda moito por facer para evitar que o centro fisterrán sexa o primeiro de Galicia en ter unha soa aula para toda Primaria, o que supón que 18 nenos e nenas (eran 17 pero sumouse unha matrícula a última hora) de entre 6 e 12 anos compartirán aula e profesor. "Estar con 9 nen@s de 3 cursos aínda se podía manexar, pero un profe con 18 nenos de 1º a 6º non é abarcable", explica o ata agora Director, Luís Vázquez, que terá que recuperar a súa praza no CEIP de Fisterra tras 15 anos en comisión de servizo no centro veciño. Patri é outra das mestras que terá que deixar o centro, quedando Luís Matías coidando, coa axuda de algún mestre compartido para as especialidades, das 18 criaturas. "É unha auténtica falcatruada, non hai nada que se xustifique esta decisión política unilateral. Non se entende dende o punto de vista pedagóxico nin organizativo, e ata podería dicir que se trata dunha teima persoal do Xefe Territorial da Coruña", denuncia Alfonso Varela, de CIG Ensino, que confirma que será a primeira vez que se toma unha decisión así na historia do ensino en Galicia tras consultar co resto de seccións provinciais. O sindicato, que está volcado nas reivindicacións, lembra que en 2009, as forzas sindicais conseguiron asinar co goberno bipartito unhas cifras moi alonxadas das que a actual Consellería pon como único argumento. Se a día de hoxe o regulamento da Xunta do PP pon o límite en 18 matrículas a partir das cales se pode realizar o agrupamento en toda Primaria (a Xunta non contabiliza a última matrícula por estar fóra de prazo), o acordo de hai 12 anos puña o máximo de 10 alumnos para agrupar toda a etapa de Primaria (14 no mesmo ciclo). Estratexia de recortes cara o peche O proceso no Colexio de Sardiñeiro vén de hai uns anos, seguindo unha estratexia ben formulada para acabar pechando centros no rural. Varela lembra que nos CEIP, en función do número de unidades teñen establecido un número de profesores en función das especialidades. "No cole de Sardiñeiro, de catálogo hai moitos anos que só teñen dúas unidades en Primaria pero eles levaban anos, a base de esforzo do profesorado, facendo 3 unidades. Pero hai 4 anos a Xefatura Provincial obrigoulle compartir un profe de música con outros centros pequenos, o que significou que non se puideran manter as 3 unidades, provocando que houbese familias que levasen o cole de Corcubión". Esa é a estratexia, "ir pegando sablazos, provocando que as familias marchen, e despois pechar o centro, exactamente como está pasando en Mazaricos", onde xa se procedeu ao peche dun dos dous centros, sinala. Novas reunións A ANPA Arco da Vella e o Concello manterán este vindeiro martes ás 9:00h unha xuntanza na Coruña co inspector xefe de educación. Paralelamente a CIG levou o caso á Mesa Sectorial do martes e volverá facelo na do vindeiro luns, na reunión coa Xunta para a renovación de vacantes. De xeito semellante, o BNG, a iniciativa dos deputados e deputada Daniel Pérez López, Mercedes Queixas Zas e Manuel Lourenzo Sobral, presentaron unha Proposición non de lei para o seu debate en Pleno para "instar á Xunta de Galiza a tomar en consideración o tempo excepcional que estamos a vivir do punto de vista sanitario, así coma a idoneidade pedagóxica". Campaña de sinaturas Dende a ANPA veñen ademais de lanzar unha campaña de sinaturas en Change.org para parar este recorte do ensino público no rural. |
PRAZA_1207 | Xurxo Souto codirixe xunto a Marín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que embarcaron nos sesenta e setenta cara ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. | Xurxo Souto codirixe xunto a Marín Rodas o documental Dos gaiteiros do mar, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música. Presentan o documental este sábado 23 no Festival de Cans "Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita mesmo antes de que existisen esas palabras". Así resume Xurxo Souto a historia de Dos Gaiteiros do mar, o documental producido por Borneira Audiovisual que codirixe xunto a Martín Rodas e que se estreará o próximo sábado 23 de maio no Festival de Cans. Nesta fita recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis alá da terra firme , alén do noso horizonte. Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar a "descuberta dun mundo" que descoñecemos na Galicia. "Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis", sinala Xurxo Souto. "Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita mesmo antes de que existisen esas palabras". Así resume Xurxo Souto a historia de Dos Gaiteiros do mar "Pouco se ten falado dos gaiteiros do mar". Talvez, esa frase pronunciada polo Peix de Aldán, foi a mecha. Acabou por prendela a aparición dunha cinta histórica, un vello casete que resumía co play o son das gaitas sobre o mar. "Rubén Bastón trouxo ao programa Mil Ribeiras da Radio Galega un casete gravado no Gran Sol, no que se escoitaba o son da gaita mesturado cos motores do barco e con toda as armonías do mar; unha marabilla", lembra Souto. Esa gravación, titulada Nos mares do Gran sol, resulta ser unha sorte de long-play na que se escoita a gaita de Manoliño de Donón, o tamboril de Feliciano de Donón e o bombo de Manuel Martínez Santomé. Os tres marcharan ao Gran Sol, embarcados no Ría de Aldán e unha noite, Santomé, xefe de máquinas do barco, afanouse por gravar a repichoca. Era 1974. "Ao escoitar a cinta, que nos pasou Xurxo, a min impactoume eses momentos en que están todos tocando e de súpeto para a música. Eran os golpes do mar o que interrompían. As ondas facíanlles perder o equilibrio. Cando máis capeaba, máis tocaban", explica Daniel Lavesedo, guionista do documental. "É que eles tocaban nos momentos nos que non se podían fanear, con mal tempo, con ondas de metros e metros", completa Xurxo Souto, quen coñeceu a importancia de levar os gaiteiros ao mar grazas á preparación do seu libro Contos do mar de Irlanda (Xerais, 2014). Nese título Souto descubriunos aos terrícolas, "o prodixioso saber gremial do mar". "Os terrícolas non sabemos nada do mar e, no fondo, o mar é a única industria futura que nos vai quedar, que non podemos perder. Poderán deslocalizar Inditex totalmente ou poderán trasladar a Citroën, pero o mar é o que sempre nos vai quedar. E aínda así, a nosa educación baséase na terra. Non sabemos nada", reflexiona Souto. Para superar ignorancias e recuperar memorias, Xurxo Souto publicou este libro que o levou a querer descubrirnos a historia destes gaiteiros do Hío, Manoliño e Lito, que embarcaron coas súas gaitas e levaron a música tradicional desta terra a través das correntes mariñas, dende o Gran Sol até Namibia, durante anos de ir ao mar. O carnaval do Hío O documental sabe a Terranova e ao Gran Sol. Tamén a Namibia. Mais, sobre todo, sabe e soa ao Morrazo. Porque no Hío e Aldán comeza todo O documental sabe a Terranova e ao Gran Sol. Tamén a Namibia. Mais, sobre todo, sabe e soa ao Morrazo. Porque no Hío e Aldán comeza todo. Naqueles lares, medraron Manoliño de Donón e Lito de Pinténs. Alí aprenderon a tocar a gaita e alí deveceron, xa na adolescencia, con subir ao Palco de Nerga, no Carnaval do Gaiteiro do Hío. Pero o mar roubolles a posibilidade. Cumpría embarcar. "A min sempre me gustou a gaita e sempre quixen tocar no Carnaval. Pero poucos días antes, tiven que marchar para o Gran Sol. Houbo que embarcar e xa non puiden", lembra o propio Manoliño de Donón, un dos protagonistas do documental. "Tocar no Carnaval do Hío era unha das máximas aspiracións para un gaiteiro, unha festa de gran tradición, de gran interese. Debiamos ter 16 ou 17 anos... por aí. Pero é o que ten mariñeiro. A Manuel chamárono e marchou para embarcar. Estivo máis de vinte anos no mar, nunca puido tocar no Hío", lembra Lito, quen tamén estivo nas cubertas durante tres anos tras rematar a mili. "A vida de mariñeiro de verdade foi a de Manuel, a miña foi curta, estiven tres anos en barcos" sinala Lito, quen sempre embarcou coa gaita no medio da equipaxe. "É que era un compañeiro máis na tripulación, servíanos de entretemento, para desconectar do traballo, para escoitar música naqueles días nos que non pescabas", sentencia o propio Lito. Para Manuel, a historia coa gaita foille semellante. "A min algún patrón me dixo aquilo de que sen a gaita, eu non subía ao barco", rememora Manolito. No Carnaval do Hío comezou unha frustración. E no Carnaval do Hío, corenta décadas despois, tamén rematou. Porque neste 2015, foi Xurxo Souto quen argallou para suturar a ferida. Reuniunos para que puidesen tocar xuntos. E non contento coa emenda, quixo deixar testemuño. Para eso enredou a Gzmusica.com, que se implicaron decontado na gravación da actuación primeiro e, despois, na rodaxe e montaxe do documental. "Este é un documental horizontal, todos somos directores no fondo. E fixémolo con moito cariño e humildade... Ás veces, o audiovisual chega aos sitios arrasando e nós fomos ao Hío cunha tremenda humildade. Porque o Carnaval do Hío é a súa festa e nós falamos coa comisión, con moito agarimo para que eles puidesen tocar e nós gravar", explica Xurxo Souto. E alí, sobre o Palco, corrixiuse a historia destes gaiteiros do Mar. E tamén se gravou unha parte central deste documental. As cousas do mar "As cousas do mar non se contan na terra". Esta máxima, do Machín de Muxía, tírase do libro Contos do mar de Irlanda. Mais ningunha máxima está libre de sucumbir á emenda. Sobre todo cano ten máis de fraude ca de lema. Iso é algo que ten claro tanto Xurxo Souto coma os seus compañeiros de equipo. "Non é certo iso de que as cousas do mar quedan no mar. Os mariñeiros queren e poden contar as súas historias, historias que importan. Só hai que querer escoitalas, preguntar. Eles quererán contalas se a xente lles dá valor", sinala Daniel Lavesedo, quen engade que "eles en moitos caso non lles dan o valor que teñen as súas vivencias porque as viviron no día a día, pero son cousas fóra do común." Nas vivencias, o documental atopa outro dos seus piares. "Pasamos horas con eles, gravando, fomos as súas casas", sinala Lavesedo sobre un documental na que as voces e as historias pertencen, ademais de a Manoliño de Donón e a Lito de Pinténs, a Feliciano de Donón, Manuel Martínez Santomé e mesmo ao Peix de Aldán, o encargado de poñerlle a voz en off á fita. Concertos por radio "Faciamos concertos a distancia en realidade. Porque nós tocabamos coa radio conectada a outros barcos, tamén escoitaban a nosa música, estabamos así sempre máis acompañados" Manoliño de Donón levou a música tradicional do Morrazo polo mundo adiante. Sobre os barcos, entre as redes, do Gran Sol a Namibia. Ao seu carón, viaxaba a súa gaita. Tocaba cando podían e cando non podían facer outra cousa. Ás veces, a música sucaba os mares, non quedaba nos camarotes. Chegaba a outros barcos, en auténticas foliadas atlánticas. "Faciamos concertos a distancia en realidade. Porque nós tocabamos coa radio conectada a outros barcos, tamén escoitaban a nosa música, estabamos así sempre máis acompañados", lembra un Manoliño que en Walvis Bay, Namibia, sorprendeu tamén coa súa gaita. "Pasamos alí un fin de ano e convidáronnos a tocar nunha discoteca, na festa de noitevella. O dono era un portugués e quixo que actuásemos. Non o podo dicir seguro, pero vaia... Foi a primeira vez que toda aquela xente escoitara unha gaita na súa vida." Probas para defender esa tese non lle faltan. Porque na alfándega, viuse na obriga de tocala diante dos funcionarios fronteirizos. Eles non recoñecían un instrumento, sospeitaban unha arma. "Waepon, weapon", berrábanlle, talvez asustados, perante o inaudito. Xamais viran tal cousa. Quizais non a volveron ver. "Comezamos a tocar na discoteca, que era un sitio grande. De súpeto, ateigouse a pista de baile... Eran todos galegos, non os coñeciamos, pero estaban alí. Sempre hai galegos a onde vaias. Foi moi emotivo" Lito, pola súa banda, tamén ten lembranzas de momentos emocionantes que viviu co fol da gaita baixo o brazo. Ao outro lado do océano, no Atlántico Norte, tocou polas rúas de Saint Pierre et Miquelon, unha pequena illa situada fronte ás costas de Terranova. "Era Nadal e tocamos polas rúas, cheas de neve. De súpeto tiráronnos, o que pensabamos que era un ladrillo. Deixamos de tocar, pensando que estabamos a molestar. Pero non era ningún ladrillo, era unha caixa de bombóns que nos guindaran dende un convento de Monxas", explica un Lito que, ao igual que Manoliño, chegou a cativar unha audiencia inesperada nunha discoteca. Neste caso, en San Xoán de Terranova. "O noso capitán era amigo dun canario que tiña alí un local. Visitounos no barco xusto cando andabamos a tocar. Pediunos que foramos a súa discoteca a tocar, nos dixémoslle que non era boa cousa, que só tiñamos a gaita e que as pandereitas eran improvisadas, que estaban feitas con chapas". Ao final, accederon a baixar do barco, a enfrontarse ao público. "Comezamos a tocar na discoteca, que era un sitio grande. De súpeto, ateigouse a pista de baile... Eran todos galegos, non os coñeciamos, pero estaban alí. Sempre hai galegos a onde vaias. Foi moi emotivo", conclúe Lito. Será proxectado nun Festival de Cans que volverá reunir estes músicos oceánicos o sábado 23 ás 17.30 horas Estas son algunhas das anécdotas que acompañan as voces, os sons dos gaiteiros do mar que nos descobre este documental, que será proxectado nun Festival de Cans que volverá reunir estes músicos oceánicos o sábado 23 ás 17.30 horas. Manoliño de Donón e Lito de Piténs tocarán no Jaliñeiro Unplugged. Os gaiteros do mar por fin toman terra. |
PRAZA_15166 | A formación nacionalista denuncia que o sector leiteiro perdeu un 43% do seu poder adquisitivo nos últimos 5 anos. Representantes de Unións Agrarias concentráronse esta mañá na Delegación do Goberno na Coruña. | O BNG amosou este xoves a súa preocupación pola situación que atravesan os gandeiros galegos, en especial os produtores de leite. Un sector lácteo galego que, tal e como afirmou Guillerme Vázquez, "está sendo xibarizado". Vázquez esixiulle a Núñez Feijoo que o goberno galego tome as rendas nesta situación, ao tempo que acusou o presidente da Xunta de "abandonar o sector lácteo aos pés dos cabalos". O portavoz do BNG demandou "igualdade de condidións e capacidade de decisión para Galiza" e engadiu que "temos o mesmo dereito que Dinamarca ou Holanda a producir". Vázquez acusou o presidente da Xunta de "abandonar o sector lácteo aos pés dos cabalos" Pola súa banda, Matías Da Torre, portavoz municipal do BNG en Silleda, describiu a situación da comarca do Deza "agónica", con 12 concellos cunha poboación de 75.000 persoas das que 12.000 traballan no sector agrogandeiro nas máis de 2.000 explotacións existentes. Dixo que "o sector é a columna vertebral da comarca" e asegurou que nos últimos 5 ou 6 anos o sector leiteiro perdeu o 43% do poder adquisitivo cuns custes que se disparan e uns beneficios que só subiron o 1%. "Os gandeiros están totalmente endebedados e o grande desafiuzamento do sector lácteo está por chegar agora se non se toman as rendas da situación", concluiu Matías da Torre. Nos últimos 5 anos o sector leiteiro perdeu o 43% do poder adquisitivo cuns custes que se disparan e uns beneficios que só subiron o 1% Mentres, a deputada Tereixa Paz lembrou que dos 400 expedientes existentes no Banco de Terras non saiu ningún contrato, polo que non se lles está a proporcionar aos gandeiros a base territorial que precisan. Protesta de Unións Agrarias na Coruña García animou tamén a que o consumidor se implique porque se verá afectado" por estes recortes Mentres, medio cento de gandeiros concentráronse este xoves na Coruña ante a sede da Delegación do Goberno en Galicia para protestar contra os recortes de axudas da política agrícola común (PAC) e para reclamar ao Goberno que manteña o orzamento para España nas negociacións que teñen lugar na reunión dos xefes de Estado dos 27 países da Unión Europea para determinar o orzamento. O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, sinalou que é "imprescindible" que España manteña o orzamento para poder garantir o futuro do medio rural. García animou tamén a que o consumidor se implique porque se verá afectado" por estes recortes. Denunciou que xa neste momento do total de 5.600 millóns que España recibe da UE, para Galicia "apenas se destina o 3 por cento" O responsable de Unións Agrarias apuntou que a partir de 2014 os fondos europeos se repartirán por número de hectáreas, o que prexudicará a Galicia. García denunciou que xa neste momento do total de 5.600 millóns que España recibe da UE, para Galicia "apenas se destina o 3 por cento". "Fronte aos 4.000 euros de media por explotación en Galicia, noutras comunidades como Andalucía ou Aragón reciben entre 15.000 e 17.000 euros", indicou. |
NOS_12966 | Manuel Conde Gómez (Vilar de Barrio, 1960) é funcionario da Seguridade Social e ocupa actualmente a alcaldía de Vilar de Barrio. Persoa dunha longa traxectoria política, leva moitos anos comprometido coa recuperación da memoria democrática galega. Nesta terza feira, achégase en Nós Diario á figura de Juan Sorga. | Juan Sorga é un dos grandes mitos da guerrilla da Limia, segue aínda a súa memoria presente entre a poboación da comarca? A lembranza de Sorga mantense entre moita xente da Limia. Non me equivoco se digo, que non hai persoa nalgunha parroquia de Sarreaus ou de Vilar de Barrio que non coñeza a súa historia. Tiña fama de ser un home valente, que non tiña medo á Garda Civil, botado para adiante e dun nivel cultural moi por riba da media da zona. Ademais estaba considerado como un bo tirador. A medida da súa forma de ser dánola a súa fuga das forzas da orde, após ser detido na ponte romana de Ourense portando unha misiva da guerrilla, chegando após a Pazos acompañado da Garda Civil e despois escapando tras dar unha sinal de alarma aos guerrilleiros que agardaban por el na casa-taberna do seu sogro en Sarreaus. Hai todo unha historia arredor de Sorga que se este fora un país normalizada estaría no cinema ou nos libros. "Tiña fama de ser un home valente, que non tiña medo á Garda Civil, botado para adiante e dun nivel cultural moi por riba da media da zona" No seu traballo céntrase na actividade clandestina de Sorga, pero que se sabe dos seus compromisos políticos con anterioridade a súa vinculación coa guerrilla? Cando se produce o golpe de Estado de 1936, Sorga tiña 18 anos e atopábase como tantos outros mozos galegos na sega en Castela. Non tarda en incorporarse como voluntario ao exército popular, sendo integrado no servizo información, unidade composta por persoas de máxima confianza e de certa capacidade, rematando a contenda en 1939 co grao de tenente. Unha vez rematada a guerra foxe a Francia como miles de combatentes republicanos, acabando internado no campo de concentración de Sepfons, no departamento de Garona, e posteriormente en Argeles, na Catalunya Nord. Finalmente, en agosto de 1940, as autoridades francesas depórtano ao Estado español, comezando aquí outra etapa da súa vida. Precisamente o seu sogro, Honorio Campos, coñecido popularmente como Norino, era, en xullo de 1936, concelleiro en Sarreaus pola Fronte Popular. Na súa investigación traza unha panorámica xeral sobre a loita de Juan Sorga, porén advirte no traballo que deixou moitos aspectos fóra por falla de espazo, cales deles quere recuperar agora? Hai múltiples anécdotas que denotan a forma de ser de Sorga. Así, por exemplo, nunha ocasión atopábase cando outros escapados en Parada do Folgón, en Vilar do Barrio. Unha zona próxima ao río Arnoia e que naquela altura contaba con moitos muíños. Precisamente un muiñeiro deu conta á Garda Civil da presenza deste grupo e de Juan Sorga. As forzas da orde presentáronse alí e os guerrilleiros desarmáronas e fixéronlle cruzar o río nunha dirección diferente pola que eles ían fuxir. Esta historia escoteina eu moitas veces. O curioso é que un dos gardas civís desarmados aquel día confirmoulla anos despois ao propio fillo de Sorga, Juan Sorga Sampedro, cando este estaba emigrado en Euskadi. Ao tempo que Sorga se atopaba na clandestinidade a súa familia foi sometida a unha dura represión, que destacaría da mesma? Toda a súa familia foi represaliada. A muller e o seu fillo. Eu coñecín á compañeira de Juan, a Ángela, un persoa duramente torturada no cárcere de Sandiás, condenada a varios anos de prisión, que mesmo tentou quitarse á vida para fuxir da represión e que os sucesos que viviu remataron por marcala toda a vida. O seu fillo, Juan Sorga Sampedro, tamén sufriu moito sendo aínda un neno de meses. De feito, a día hoxe, moitas xentes da Limia aínda lle teñen un afecto especial non só por ser unha boa persoa senón por ser o fillo de Juan e Ángela. Neste sentido, bótase en falla un recoñecemento oficial por parte das institucións a estas persoas. A represión non parou no círculo máis intimo, senón que chegou á nai, ao sogro e aos seus curmáns. Así, todos os seus curmáns de Cortegada pasaron pola prisión e foron duramente torturados. Mesmo, a un deles, Ismael Sorga foi asasinado polo "brigadilla" da Garda Civil que lle aplicou a "lei de fugas" en novembro de 1948 "Toda a familia de Sorga foi duramente represaliada" A biografía de Juan Sorga está chea de incógnitas, mesmo vostede fala deste traballo como unha primeira aproximación, porén segue aberta a dúbida se conseguiu fuxir a Francia en 1950? El tiña opción de marchar após os sucesos de Ourense pero optou por ficar aquí até que canda outros guerrilleiros da comarca decidiron escapar a Francia. Eu e á maioría dos veciños da Limia gustaríanos que Juan dera chegado a Francia pero o último dato certo que temos é que o 26 de maio de 1950 é sorprendido pola Garda Civil nun tren saíndo de Madrid con dirección a Zaragoza. O seu compañeiro de fuga Manuel Rodríguez é detido e fusilado un ano máis tarde, Juan consegue fuxir saltando do comboio en marcha, pero a partir de aí todas son especulacións. A maioría da xente opina que conseguiu fuxir a Francia, mesmo un dos seus fillos chegou a contratar un detective privado para que vira de buscalo en Francia, porén as autoridades prohibiron o operativo argumentando que a decisión de presentarse á súa familia correspondíalle a Juan. |
NOS_37550 | A Fiscalía considera que a actuación da Deputación de Ourense e do Goberno galego pode conlevar un delito contra o patrimonio histórico. | A Fiscalía vén de tomar a decisión de abrir dilixencias penais contra a Deputación de Ourense e a Xunta, após constatar numerosas irregularidades no proxecto de ampliación do acceso ao mosteiro de San Pedro de Rocas, no concello de Esgos. Numerosos colectivos ecoloxistas e de protección do patrimonio denunciaron que o proxecto, promovido polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e apoiado polo Goberno galego, está a causar danos na contorna arquitectónica e natural do mosteiro, o máis antigo da Galiza. A Fiscalía atende así as denuncias presentadas por estas asociacións, que lamentan que a obra non respecta a legalidade vixente de protección de conxuntos monumentais, xa que San Pedro de Rocas e a súa contorna están catalogadas como Ben de Interese Cultural (BIC) desde hai máis de vinte anos. Os colectivos destacan tamén que a Deputación de Ourense falseou a documentación técnica do trazado do proxecto, coa intención de que a Xunta o aprobase, despois de rexeitalo en dúas ocasións. Delito contra o patrimonio histórico A Fiscalía considera que a actuación de ambas institucións pode conlevar un delito contra o patrimonio histórico, agravado polo feito de que a Deputación xa comezou coas obras, a pesar de que existen causas abertas contra ela e contra o seu propio presidente a título individual. A asociación Amigos da Terra, unha das máis involucradas na protección de San Pedro de Rocas, afirmou nun comunicado que agarda que "tanto a Deputación de Ourense como a Xunta reflexionen e modifiquen o proxecto co obxectivo de conservar os BIC de xeito integral". Subliña que o mosteiro e a súa contorna son "o espazo de máis valor da Ribeira Sacra, un dos conxuntos patrimoniais de máis valor da Galiza, polo que a súa correcta protección e conservación é unha obriga de todos e de todas". Neste sentido, o colectivo lembra que as administracións públicas deben "defender o conxunto de bens patrimoniais de San Pedro de Rocas". |
NOS_15010 | Seis sindicalistas foron xulgados esta segunda feira acusados de "coaccións" tras a ocupación simbólica da empresa o pasado ano, nun xuízo que quedou visto para sentenza e no que Barreras pediu multas de 1.080 euros por persoa. | A Confederación Intersindical Galega (CIG) criticou esta segunda feira a situación "estrafalaria" que viven os traballadores do estaleiro Hijos de J. Barreras diante do xuízo contra seis sindicalistas denunciados pola dirección da empresa por supostas coaccións tras a ocupación "simbólica" das instalacións, decorrida en 2021, para reclamar carga de traballo e unha solución á crise que atravesa a compañía. Así, levouse a cabo unha concentración "solidaria" ante as portas do Xulgado para insistir en que defender os postos de traballo "non é un delito" e para pedir que non se convertan "vítimas en verdugos". "Estamos ante un feito insólito e moi grave", lamentou o secretario nacional da CIG, Paulo Carril, que asegurou que quen tiñan que sentar ante os tribunais son "quen levaron á ruína o estaleiro" e aqueles que "non están a facer nada" para atopar unha solución. Feixoo continúa a xustificar a 'Operación Pemex' en Barreras Neste senso, denunciou a xestión "lamentábel, pésima e mesmo delituosa" da empresa, a pesar de que ningún dos responsábeis "está procesado nun asunto penal" e si os empregados "por defenderen o seu posto de traballo". Carril explicou que os seis traballadores están acusados de supostas coaccións pola ocupación simbólica das instalacións da empresa para reclamar carga de traballo. Entre os acusados neste procedemento xudicial atópase o propio secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, ou o responsábel da CIG Industria na comarca, Xulio Fernández, así como outros tres sindicalistas da federación e o ex delegado da central sindical no comité de empresa de Barreras, Rafa Pérez, que tamén foi despedido como "represalia" por unha acción "reivindicativa" da que nin sequera participou. CIG cualifica de "inxusto e mafioso" o despedimento do seu delegado en Barreras O xuízo, segundo informou a CIG, quedou visto para sentenza tras a declaración dos acusados e as testemuñas propostas tanto pola acusación como pola defensa. Solicítanse multas de 12 euros ao día durante tres meses (1.080 euros). |
PRAZA_18047 | O contido da Comisión é un acerto, porque o servizo sanitario é a cerna do Estado do Benestar. O austericidio de Núñez Feijóo ten deteriorado moi gravemente a calidade da sanidade pública galega e as condicións de traballo dun persoal sanitario que tenta manter adoito coa súa profesionalidade e traballo o servizo | A última reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia permítelle aos grupos da oposición impor unha única comisión de investigación por cada lexislatura, malia estar en minoría fronte a maioría absoluta do PP. Trátase dunha única bala que cómpre usar do xeito máis acaido. E teño para min que En Marea, BNG e PSdeG, que decidiron rexistrar este luns a solicitude de activar automaticamente unha Comisión de investigación sobre os recortes sanitarios e a deterioración no servizo público xerado das dúas resultas, acertaron no contido, na forma e no tempo. O contido da Comisión é un acerto, porque o servizo sanitario é a cerna do Estado do Benestar. O austericidio de Núñez Feijóo ten deteriorado moi gravemente a calidade da sanidade pública galega e as condicións de traballo dun persoal sanitario que tenta manter adoito coa súa profesionalidade e traballo o servizo. Unha deterioración que atinxe tanto a asistencia primaria como a hospitalaria e que se manifestou en incidentes da gravidade do falecemento dun usuario nun PAC d'A Estrada no que non había ningún sanitario ou as restricións á dispensación de fármacos aos afectados pola hepatite C, que determinou a apertura de pescudas xudiciais por homicidios imprudentes. O intre procesual é o axeitado. A lexislatura acadou a súa metade e a cidadanía quere albiscar que existe alternativa ao amargo cóctel de dependentismo, continuismo e recurtes do Goberno de Núñez Feijóo. Velaí por que tamén foi acaida a presentación, nunha inédita rolda de prensa ofrecida polos tres voceiros: Luis Villares, Xaquín F. Leiceaga e Ana Pontón. Unha foto que transmite capacidade de cooperación, sensibilidade pola deterioración dos servizos públicos e sentido de País. Claro é que a esta iniciativa haberían seguir outras varias, nomeadamente unha estratexia común para frear o despoboamento e pór en valor o territorio, afirmar a lingua, a cultura e o autogoberno e ofrecer unha política industrial e de promoción empresarial coordinada, atendendo aos abusos centralistas das peaxes da AP9 e da tarifa eléctrica que sufrimos, xusto cando Naturgy ven de lle comunicar a 106 empresas do sector do automóbil galego que non lles poderá manter os actuais acordos de prezos enerxéticos, diante da pasividade da Xunta. Ogallá isto non fique en fume de pallas e poidamos dicir que xa hai oposición. Publicidade |
NOS_23414 | O Ministerio de Sanidade di que as comunidades teñen doses suficientes para acabar de inmunizar a persoas entre 60 e 69 anos. | O Estado español non recibirá nin distribuirá máis doses de vacina AstraZeneca contra o covid-19, xa que os gobernos das comunidades autónomas, segundo o Ministerio de Sanidade, teñen doses suficientes para acabar de inmunizar ás persoas entre sesenta e sesenta e nove anos. O único grupo que o recibe despois da aparición de casos marxinais de trombos en poboacións máis novas. Segundo a Cadena SER, se se requiren máis doses de AstraZeneca para acabar coa vacinación destes grupos, Sanitade reclamaráas á UE. Por outra banda, se sobran as doses, o goberno español trasladaraas a outros países a través do mecanismo Covax. O Estado distribuíu uns dez millóns de doses desta vacina, aínda que en principio comprou uns 31 millóns. Na Galiza, 161.139 persoas de 65 a 69 anos e 174.959 de 60 a 64 anos recibiron polo menos unha dose. A mediados de xuño a campaña de vacinación das galegas e galegos de máis de 60 anos que están a ser tratados contra a Covid-19 con Astrazeneca era acelerada, polo que o grupo -incluído dentro dos colectivos vulnerábeis- adiantaba unha semana nos tempos previstos. 90% dos menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de Astrazeneca na Galiza optaron para a segunda dose por esta mesma vacina e non por outra. |
NOS_19182 | Nun comunicado en que salientan que "a lei debe pesar máis que a democracia", a asociación fascista anuncia que fará "todo o que estea na súa man para garantir que os asaltantes ao Pazo de Meirás reciban o seu xusto castigo de acordo coa Lei". | A lei debe prevalecer sempre sobre a democracia, así o defende a Fundación Francisco Franco, como se aquela non tivese que responder sempre aos procedimentos fixados por esta. Nun comunicado pendurado na súa web, a institución criada para facer apoloxía da ditadura pide "a aplicación do peso da lei aos culpábeis do asalto ao Pazo de Meirás, ben como aos culpábeis da sedición do Parlamento rexional catalán". Equipara así o acto de ocupación do imóbel espoliado polos fascistas en 1938 coa realización do referendo de autodeterminación de Catalunya. A toma simbólica do Pazo de Meirás produciuse o pasado 30 de agosto e nela participou un grupo de activistas pola memoria histórica e, entre eles, dirixentes do BNG e da CIG. A Fundación Francisco Franco pon no seu albo estas organizacións do nacionalismo galego, ás que se refere co seu nome deturpado: Bloque Nacionalista Gallego e Confederación Intersindical Gallega (sic). A ocupación perseguía alimentar o debate social a prol da restitución ao público dun Pazo cuxa doazón á Familia Franco foi organizada polas elites franquistas da cidade da Coruña en 1938. Non foi unha dávida, foi produto dunha extorsión masiva da que foron vítimas miles de coruñesas e coruñeses. Varias das persoas que participaron na ocupación foron identificadas por efectivos da Garda Civil, no interior do propio Pazo, e puideron abandonar o predio propiedade dos Franco sen ningún tipo de incidencia. Para a Fundación Francisco Franco, o relevante da toma simbólica do Pazo non é "o asalto en si mesmo" -dado que, argumenta, o respeito que a "esquerda española" ten pola legalidade é nulo-, senón "a resposta perante o devandito asalto: con significativas, pero contadas excepcións, unha ampla maioría das organizacións políticas e mediáticas españolas tomou a decisión de non condenar o flagrante delito cometido". |
NOS_38277 | Desde as 9.30 hai xa persoas a se acreditaren no plenario de En Marea, o máis decisivo conclave da confluencia. Están chamadas a participar por volta de 2.400 inscritos e inscritas. No plenario de decembro a participación rondou as 500 persoas. Un elemento que conspira contra a elevación sensíbel desa cifra é o chamado a non ir ao conclave feito por Esquerda Unida e Podemos Galicia. De todos xeitos, nas últimas horas apreciouse unha maior mobilización dos distintos segmentos organizados, quer da corrente villarista -xa moi activada desde hai semanas- quer da crítica. | "Se acabasen participando por volta de 700 inscritos e inscritas xa poderíamos falar dun éxito de participación", afirmaron a Sermos desde En Marea. Nas últimas horas a impresión é que hai unha mobilización superior á que cabería agardar desde que primeiro Esquerda Unida e despois Podemos desalentasen a participación. En xogo está quer a focaxe política quer a organizativa da confluencia. Esta sexta feira, Villares moveu ficha no taboleiro a oferecer un pacto sobre o documento político ao bloco organizado arredor da lenda Recuperar en Marea. A luva non foi recollida, se nos atemos ao dito pola corrente crítica no seu blogue. Mais a batalla máis cruenta agarda nos aspectos regulamentarios e organizativos, e nomeadamente aqueles que teñen a ver coa cuestión da portavocía. O grupo dirixente actual non quer cambios -quer manter o esquema de Villares como portavoz acompañado de dúas viceportavocías- en canto que Recuperar en Marea postula a portavocía colexiada e rotatoria, o que na práctica significaría a saída do ex xuíz do primeiro plano orgánico. Cabe unha solución de compromiso? Nunca se pode desbotar algún tipo de arranxo, mais o probábel é que este asunto se acabe dilucidando nunha votación que mediría as forzas do que, no voto presencial, representan os segmentos en conflito neste plenario. A primeira votación significativa será xa ás 11.30 cando se submeta a consideración das persoas presentes no Pazo de Congresos a rendición de contas do Consello das Mareas, o máximo órgao da confluencia entre plenarios. O debate do relatorio político está axendado para as 12.30 horas, mentres que as teses organizativas se discutirán a partir das 16 horas. Hai unha ligazón de Youtube para acompañar as partes en aberto do plenario. |
NOS_33447 | Soben a 38 os municipios en Nivel 3. | A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia da pandemia do coronavirus na última semana repuntaron hoxe a 38, catro máis que o domingo. Isto débese a que volveu activarse o aviso máximo nas localidades de Pontedeume, Ordes, Tui, Vilagarcía de Arousa e Nigrán, á vez que se desactivou en Chantada. Segundo se reflicte no mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en vermello -34 en total- están en comarcas do oeste galego . E é que en Ourense tan só queda Xinzo de Limia, mentres que en Lugo continúa vixente na súa capital, en Sarria e en Vilalba. En alerta máxima están Tui, Vilagarcía e Nigrán, así como A Estrada, Lalín, Cambados, a cidade de Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño e O Porriño. Pontedeume, Ordes, Ferrol, Narón, A Laracha, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana e Vimianzo tamén están nese mesmo nivel. A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para decretar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 112- e Vigo -máis de 332-. Pola súa banda, no segundo nivel de alertas hai hoxe un total de 17 localidades galegas. Ourense, Ribadavia, Chantada, Guntín e Monforte. Santiago, Ames, Porto do Son, Boiro, Cerceda e Santa Comba tamén están en nivel laranxa; así como Ribadumia, Meis, A Guarda, Cangas e O Grove. |
NOS_8706 | Facer un estudo entre a poboación de risco, continuado no tempo, estabelecendo as analíticas nos períodos de aplicación e nos de descanso para contrastar é a primeira medida a implementar nun futuro Plan galego e control, uso e diminución dos produtos fitosanitarios, que o deputado nacionalista Xosé Luís Rivas defendeu na comisión de Agricultura. | "O uso e abuso de produtos fitosanitarios na agrogandaría nos últimos anos aumentou considerablemente no Estado español", sostivo Rivas. "Só en glifosato, por citar o produto que é coñecido polos seus efectos nocivos, Galiza tería gastado no 2017 uns 10 millóns de euros", afirmou. O deputado do BNG pide un plan que protexa os traballadores e traballadoras nas actividades agrícolas e gandeiras que utilizan "praguicidas", porque dixo, estamos pasando "a ITV á sulfatadoras pero non a quen a utiliza". "O problema está aí cruamente. Non vale a relaxación da Administración na súa responsabilidade de controlar o bo uso de herbicidas, insecticidas, funxicidas e demais substancias químicas de carácter tóxico, de xeito reiterado, con escasa protección e cun manexo deficiente e todas aquelas persoas que profesionalmente, ou non, están expostas a estas sustancias", insistiu Rivas, que reclama para as traballadoras e traballadores o dereito a un correcto asesoramento e formación. |
NOS_29371 | Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica na USC, é o autor do fascículo número cinco do coleccionábel Aí vén o maio, centrado na obra de Ramón Cabanillas Da terra asoballada. Falamos con el sobre este libro. | Da terra asoballada é un libro social e político... O libro contén versos cun chamamento á xente labrega para loitar pola abolición dos foros, queimar pazos, mallar nos caciques e tripar por riba das súas tumbas. Son textos da etapa agrarista de Cabanillas en Cuba, publicados nos dous primeiros poemarios, No Desterro (1913) e Vento Mareiro (1915). Cando regresa de Cuba e se enrola de cheo no movemento das Irmandades da Fala, non cambia o estilo poético, mais si a temática. Agora asume o papel de poeta cívico e pon a pluma ó servizo do ideario dese movemento cultural e político. Que hai por detrás destes versos? Son exclusivamente versos "agraristas"? Nos poemas que vai publicando en diversos xornais, que recollerá en Da Terra asoballada, Cabanillas adopta unha actitude educadora, de concienciación paulatina do pobo para achegalo á "santa Ideia" nacionalista das Irmandades. Isto vese na sección Santos da nosa Terra, con poemas en louvanza de Murguía e de Brañas e das tres coroas poéticas (Rosalía, Curros e Pondal). Tamén se ve nos versos combativos e patrióticos, con Castela/España como antagonista, de "Meu carriño!", dedicado a Antón Villar Ponte, co sentimento nacionalista superposto ó agrarismo; e así mesmo nos versos de "En pé!", himno nacional-revolucionario dedicado a Porteiro Garea, onde chama os galegos a recuperaren o orgullo nacional. Porén, contén algúns poemas máis ben melancólicos, coma o fermoso "A rosa que sangra", un canto ás rosas da vida. Na segunda década do século XX aparece na Galiza o movemento nacionalista. Como encaixa aí Da terra asoballada? Cabanillas embárcase nas Irmandades da Fala cando comezan a súa singradura e participará activamente na súa singradura. Antes de se crearen, como consta nun documento do 8 de abril do 1916 do arquivo da Familia Cabanillas, desde A Coruña, unha persoa que asina "Un bon gallego" rógalle a Cabanillas "que poña todo o seu amor por Galicia, na formación das LIGAS ou HIRMANDADES de amadores da nosa terra e da nosa fala" e cítalle persoas e agrupacións que en Madrid e en vilas de Galicia están a traballar nesa "ideia". Non asistiu en maio do 1916 á constitución da Irmandade da Coruña, pero nese mes pediu o ingreso na de Compostela. O seu poemario Da Terra asoballada, que saíu do prelo o 25 de xullo do 1917, converteuse nunha especie de epítome ou compendio da intensa loita irmandiña contra o asoballamento da nación galega. Da terra asoballada publicouse en 1917. Como foi a súa recepción? Tiráronse mil exemplares, que se venderon axiña, un quiñón deles en Cuba e Arxentina. O libro comentouno case toda a prensa galega, en xeral con eloxios. Non se cuestionaba o talento literario de Cabanillas, senón a ideoloxía dos poemas e a virulencia de moitos versos. N'A Nosa Terra publicouse unha recensión moi favorable, sen asinar, onde se cualificaba a obra de "xenial, admirabre"; e no mesmo xornal, Peña Novo arremeteu contra o rexionalista Barcia Caballero, que nunha recensión moi aceda no xornal El Eco de Santiago acusaba Cabanillas de se contaminar "por la peste reinante", é dicir, polas reivindicacións patrióticas das Irmandades da Fala. A finais do 1917, A. Villar Ponte publicou tamén n'A Nosa Terra un ensaio que consagrou o cambadés como "Poeta da Raza" e escritor "representativo" polo que agardara a literatura patria desde a morte de Rosalía, Lamas, Curros e Pondal. Os dous poemas máis populares do libro son dous himnos de loita patriótica e revolucionaria, o agrarista "Acción Gallega" e o irmandiño "En pé!". Na década de 1970, Xerardo Moscoso e Miro Casabella, de Voces Ceibes, musicaron e cantaron "Acción Gallega"; e anos despois faríao, entre outros, o grupo de rock Xenreira. No 1976 a Juan Pardo permitíuselle interpretar "En pé!", o mesmo ano que se prohibía que o grupo Roi Xordo o cantase musicado por Antón Seoane. Os poemas "Acción Gallega", "Galicia" e "A rosa que sangra" editáronse no 2007 en ruso e no 2018 en italiano, mentres que "En pé!" e "Diante dunha cunca de viño espadeiro" apareceron parcialmente en xaponés no 2013 e completos en ruso no 2007. Recentemente 18 persoas de Cambados gravamos os 36 versos de "En pé!" en diferentes localizacións da vila para un documental de Xosé Antonio Bocixa, que se vai poder ver no Museo Cabanillas, que se prevé inaugurar o vindeiro 3 de xuño, aniversario do Poeta das Irmandades da Fala. Subscríbete As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos. |
NOS_48717 | Os axentes interpuxeron máis dunha vintena de denuncias ás persoas que participaban da celebración, que supostamente non cumpría os protocolos estabelecidos en plena pandemia. | Axentes da Policía Local de Sanxenxo interviñeron nunha festa presuntamente ilegal que se estaba a celebrar en Noitevella nun hotel de catro estrelas da localidade. Segundo transcendeu hoxe, as forzas de seguridade chegaron a pór máis de 20 denuncias a algunhas das persoas que participaban no evento e non respectaban as medidas sanitarias e de seguridade estabelecidas para evitar unha maior expansión do coronavirus. O Concello de Sanxenxo asegurou que o negocio de hospedaxe fixera publicidade dunha cea con barra libre e DJ para despedir o ano. O anuncio levaba días nas redes sociais. Por iso, se enviou até o lugar a una patrulla para advertir ao xerente de que o hotel incorrería en infraccións de non cancelar a actividade. Por iso, ao longo do 31 de decembro aumentaron os controis nos accesos ao local. No decorrer desa tarefa os axentes chegaron a interceptar unha vintena de vehículos procedentes de distintos puntos da Galiza como Ourense, Muxía, Vigo e Lugo, entre outros. De madrugada tamén deron o alto a unha parella procedente do Barco de Valdeorras que non puido xustificar a súa visita a Sanxenxo. O municipio de Sanxenxo ten unha prohibición dese nivel para conter a pandemia do coronavirus. Durante esas datas concretas os fechamentos perimetrais non tiñan valor por cuestións laborais ou para asistir a reunións familiares pero si por outros motivos. Reacción do hotel Pola súa parte, o Hotel Augusta Eco Wellnes Resort de Sanxenxo, onde supostamente decorreu a celebración de Fin de Ano que provocou a denuncia dunha vintena de persoas por parte da Policía Local por infrinxir a normativa sanitaria, saíu ao paso das acusacións para negar estes incumprimentos. Ademais, aclarou que non descarta exercer "as accións legais" que sexan necesarias para defender os seus "intereses", os seus "dereitos" e o seu "bo nome". |
NOS_58585 | Senllas campañas promovidas polos gobernos locais levan os relatos das mulleres en situación de violencia ás rúas e aos escaparates. | Con motivo do 25 de Novembro os gobernos locais de Pontevedra e Compostela, através das súas concellarías de Igualdade, lanzaron cadansúas campañas institucionais. Segue a pasar e Compostela en negro foron os lemas escollidos para dúas campañas que visan axitar conciencias. No caso da cidade do Lérez, que o pasado ano transgrediran a publicidade tradicional para focar a atención na violencia máis alá dos golpes, decidiron reproducir as denuncias presentadas por tres veciñas. Casos reais de mulleres que cederon de maneira voluntaria a súa experiencia narrada como "inspiración" para outras que "estexan a pasar por situacións semellantes", asegurou a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, na presentación. "Tres mulleres deron o paso de ceder as súas denuncias para que sexan instaladas nos mupis da cidade e para que todo o mundo lea cal é o inferno no que viven", acrecentan desde o goberno local que completan a campaña cunha acción dirixida de maneira directa á mocidade. "Es miña – Tes o ticket?" Coa participación do Consello das Mulleres Novas o concello reproducirá cuns cubos situados na Praza da Ferraría, mensaxes de texto que visan visibilizar comportamentos "sexistas" e "machistas" como "Es miña – Tes o ticket?", "Es miña – Non son sumisa de ninguén", "Es miña – Non son de ninguén", "Quero facer todo contigo – Todo? Imposible". O obxectivo de "atallar os falsos estereotipos do amor romántico, tan importante na xente moza". O pasado ano o Concello de Pontevedra desenvolveu, conxuntamente co CIM, un proxecto de intervención nos institutos públicos da cidade encamiñado a identificar aquelas "crenzas erróneas" e "comportamentos violentos" no seo das relacións de parella entre a mocidade. "O futuro é a educación", asegurou Carme Fouces que avanzou a elaboración dun plan específico de prevención para Ponte Sampaio, a localidade na que foi asasinada Conchi Reguera. Escaparates de loito Pola súa banda, a corporación municipal de Compostela, através da Concellaría de Igualdade, levou a campaña institucional contra a violencia machista, no marco do 25 de Novembro, aos escaparates. Compostela en negro, unha inciativa deseñada por Uqui Permui, contou coa colaboración de 230 estabelecementos que vestiron de loito os seus manequís para visibilizar a violencia machista. Nos trinques pódense ler lemas como "Sí é si, non é non", "Sempre libre e viva" ou "Son libre de decidir a miña vida" que queren concienciar sobre "cifras arrepiantes" sinalan como que unha de cada catro mulleres que están en situación de violencia non denuncia por medo e 3 de cada 10 mulleres maiores de 16 anos sofre algún tipo de violencia machista. Fillas bravas Para alén disto, a campaña complétase con proxeccións fílmicas, obras de teatro e un programa de sensibilización dirixido a adolescentes. Esta acción visa "presentar os conceptos asociados á igualdade de xénero dun xeito lúdico e pedagóxico ao mesmo tempo", explican desde o concello, para o que empregarán o espectáculo As fillas bravas, da compañía Chévere, que servirá de base para unha unidade didáctica e obradoiros sobre os valores da igualdade. A obra "reflicte de xeito lúdico un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional, transmitidos no cancioneiro popular galego a través da recompilación de textos orais populares", sinalan, e dirixirase a máis de 450 adolescentes que cursan 4º da ESO ou 1º de Bacharelaro nos IES Pontepedriña, Xelmirez I, Antonio Fraguas e Fontiñas. |
NOS_32574 | As seleccións galegas de fútbol gaélico xogarán finais de consolación. A masculina sucumbiu por dous puntos fronte a Francia no partido no que se xogaban o pase á final mundial e loitará polo terceiro posto. A feminina rematou segunda do grupo das eliminadas e xogará a final 'Shield' fronte a Francia. | Francia deixou a Galiza fóra da final, apartándoa do soño mundialista e impedindo que voltasen xogar unha final mundial, neste caso contra Nova Iork. Despois da derrota fronte os franceses terán que pelexar polas final de consolación. A Selección masculina disputaba a 2º rolda nun grupo con Alemaña, Arxentina e Francia, no que só un podía acadar a final de mañá, sexta feira. O primeiro partido contra Alemaña agardábase parello pero a Irmandiña, que comezou moi forte, pasou por riba do conxunto xermano cun contundente 4-05 (17) a 0. Isto subiu a moral dos galegos que afrontaban unha reválida fronte Arxentina, vixente campioa do mundo, a costa de Galiza na final de Abu Dhabi do ano pasado. Neste encontro, Galiza amosou o seu máximo nivel cun xogo rápido e fluído. A dianteira con Rubén Leborán, Mario Iglesias e Adriano Quiroga foi decisiva e o partido gañouse por 8 puntos de diferenza cun 2-04 (10) a 0-02 (2). Con todo, a selección galega tiña diante o último escollo no partido contra Francia para acadar a final de Croke Park, para a cal Nova Iork xa tiña o pase asegurado ao gañar o seu grupo na segunda rolda. Francia comezou o partido con superioridade e chegou ao descanso vencendo 5-1 aos galegos. Galiza remontou pouco a pouco o encontro, pero o tempo non foi suficiente e rematou cun 1-04 (7) a 0-09 (9) en contra. A Selección feminina disputaba a segunda rolda co obxectivo posto na final de consolación que se xogará este mediodía. O seu grupo contaba coa segunda selección da Asociación Europea, Francia e Sudáfrica. O combinado de Europe 2 voltou ser inferior ás galegas que gañaron de xeito folgado cun 4-07 (19) a 0. O segundo partido contra Francia foi de igualdade extrema. As nosas chegaron á última xogada con 2 puntos de vantaxe, mais unha falta polémica a prol das galas rematou en gol francés. Con isto sumaron tres puntos que provocaron a derrota galega por 2-02 (8) a 2-01 (7). No último partido, as galegas xogábanse o paso á final de consolación, para o cal precisaban gañar contra Sudáfrica. Fixérono. Sen excesivos problemas acadaron a vitoria por 1-04 (7) a 0-01 (1). Terceiro día de competición Na xornada de hoxe, as mulleres xogarán a final de consolación 'Shield', que as enfrontará de novo contra Francia. O encontro disputarase no campo principal da UCD en Dublín ás 13:30h. Os homes loitarán polo terceiro posto, nunha rolda na que os grandes rivais serán as Asociacións de Chicago, San Francisco e Canadá. O primeiro partido será fronte Beijing ás 13:00h (hora galega). De gañar, pasarían contra o vencedor do Chicago-Asociación Europea, nun partido que os podería levar á final polo terceiro ou cuarto posto. |
NOS_9875 | Unha Iniciativa Lexislativa Popular, impulsada pola CIG-Ensino, reclamará a restitución dos dereitos do profesorado, a defensa do ensino público e o combate á LOMCE. Os recortes increméntanse nun curso a piques de comezar e que vén, segundo o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao "cargado de conflitividade". | O catálogo de problemas aumenta no ensino público no inicio dun novo curso que a CIG-Ensino cualifica como "cargado de conflitividade". O propio día 10 de setembro, marcado como inicio das xornadas escolares, delegados e delegadas da central nacionalista concentraranse diante da Consellaría de Educación para denunciar os recortes no ensino público, eixo central das protestas que conducirán á presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular que impulsa a CIG-Ensino. Con ese fin, o sindicato iniciará unha campaña de asembleas nos centros para a recollida de sinaturas co fin da presentación da iniciativa parlamentar. "Progresivo deterioro do ensino público, carencia de profesorado, supresión de unidades, masificación das aulas, e marxinación do galego no novo curso" Para resumir a situación coa que ensinantes e alumnado se enfronta ao novo curso, o secretario nacional do sindicato con maior representación no ensino, Anxo Louzao falou dun progresivo deterioro do ensino público, carencia de profesorado, supresión de unidades, masificación das aulas, e marxinación do galego, temas todos que conducirán á Iniciativa Lexislativa Popular que contan presentar no Parlamento. Sen cubrir as vacantes nun curso de recortes A negativa da Consellaría a cubrir as vacantes reclamadas polos centros ademais da aplicación da LOMCE conducen a un novo curso no que, segundo declarou Louzao en rolda de prensa, se experimentará un aumento da "segregación do alumnado, privatización, confesionalidade, liquidación da cativa xestión democrática que quedaba nos centros e españolización". Como "chapuza e trapallada" cualificou a decisión de Educación de aprobar de forma "ilegal" en pleno mes de agosto a orde que establece os currículos de 1º, 3º e 5º de Primaria mesmo sen estar aprobado o decreto que ten que regulalos. Tamén na ilegalidade considera a CIG-Ensino que persiste a Consellaría ao continuar cos concertos con centros que segregan por xénero, a pesares da sentenza en contra. O catálogo de cifras dan medida, segundo a CIG-Ensino do deterioro do ensino público que se producirá neste novo curso xa que, segundo os datos que aportan, suprimiranse 63 unidades en infantil e primarias mentres se concertan 79 novas co ensino privado concertado. Suprímense máis de 3.000 prazas de profesorado nos últimos cinco anos, reducíndose os cadros de persoal dos centros sen cubrir as xubilacións. A inestabilidade do profesorado vai tamén en aumento e, neste sentido, un 18% descoñece o seu destino até días antes do inicio do curso. O alumnado con necesidades especiais padecerá tamén o deficiente número de profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe afectará ao alumnado con necesidades especiais. Á relación de recortes súmase tamén a falta de prazas de FP e de educación infantil de 0 a 3 nun curso no que a Formación Profesional Básica só se implantará en 87 Concellos. O galego en situación de emerxencia De "cruzada contra o galego" definiu Louzao a política da Consellaría de Educación pola que a nosa lingua desaparece do ensino infantil en vilas e cidades con presenza cada vez menor noutros niveis. "A situación é tan alarmante –dixo- que nin sequera son capaces de facer a avaliación da aplicación do Decreto do Plurilingüismo porque testaría o retroceso alarmante do ensino en galego", sinalou Anxo Louzao. Afins e itinerancias, en aumento Tamén na adxudicación definitiva de destinos os recortes están a afectar ás condicións laborais do profesorado. En Primaria adxudicáronse 343 itinerantes, un 13% do total cun aumento do 5% con respecto ao ano anterior quedando un 7,17% suprimidos ou desprazados. Un 9%, 206, terán que impartir afíns e a situación máis grave laboralmente será a de 70 ensinantes que terán que impartir afíns ademais de itinerar en varios centros. "De "cruzada contra o galego" definiu Louzao a política da Consellaría de Educación pola que a nosa lingua desaparece do ensino infantil en vilas e cidades" O incremento de prazas de interinaxes e substitucións en Secundaria é de 42 e 143, o que non se corresponde co amplo número de xubilacións de profesorado. 882 terán que impartir afíns, 15% máis que o curso pasado chegando ao grao extremo dun profesor ao que a administración lle adxudica unha praza con 8 materias afíns. En canto ás itinerancias, en Secundaria incrementaranse neste curso en preto dun 50%. 17 sentenzas en contra e incremento de "ilegalidades" "A Consellaría mantén unha actitude antidemocrática, autoritaria e arrogante coa que segue sumando sentenzas en contra. A CIG-Ensino leva gañadas 17 sentenzas sobre diferentes asuntos de alcance colectivo en contra de actuacións da Consellaría en diferentes instancias xudiciais: salas do contencioso administrativo, TSXG e Tribunal Supremo . É inadmisible que a estas alturas o conselleiro non dimitira ou sexa cesado porque estas actuacións deberían ser razón suficiente para inhabilitalo", criticou o secretario nacional da CIG-Ensino, lamentando tamén que, malia esta situación, a Consellaría continúe a aproveitar o verán para aprobar lexislación como a orde de adxudicación de concertos a centros que segregan, a modificación de cadros de persoal e currículos ou a orde que impide ao profesorado CELGA impartir cursos de linguaxe específica. |
NOS_45599 | Destacou como investigador do movemento guerrilleiro sendo o grande especialista na figura do resistente anarquista Ramón Varela "Curuxás". | O investigador e activista social Carlos Parrado vén de falecer na cidade da Coruña. Nado en Melide no seo dunha familia nacionalista, o seu pai foi fundador do Partido Galeguista na localidade no período republicano, incorporouse á loita nacionalista durante o franquismo. O enterro será esta cuarta feira, ás 17 horas, en Melide Integrante da Asemblea Nacional-Popular Galega desde a súa fundación en 1975, fixo parte dos grupos de apoio ao operativo conformado pola Unión do Povo Galego baixo a dirección de Xosé Ramón Reboiras Noia, participando en diversas accións de loita contra a ditadura. A súa ligazón co nacionalismo mantívoa até os últimos días. A este respecto, integrou diversas candidaturas do BNG en Melide, desenvolvéndose como concelleiro entre 2016 e 2019. Unha vida a cabalo entre Melide e A Coruña Parrado desenvolveu o groso da súa vida profesional na Coruña, cidade na que residía desde finais dos anos 70. Traballador do Banco Pastor, persoa de compromisos sociais, moi particularmente na Asociación de Veciños da Agra de Orzán, estaba tamén ligado a proxectos ambientais como da Eira da Xoana. O amigo e dirixente da Asociación de Veciños da Agra de Orzán, Ricardo Seixo sinalou nas súas redes sociais "Tristísimo día. Vén de morrer o compañeiro, amigo e irmán na patria, Carlos Parrado. Fóisenos a voz solidaria e do afecto, o contador marabilloso e próximo, o brazo de axudar coa bandeira da xustiza e reclamar paz e verdade para os que aínda pretenden seguir a ocultar nas gabias". "Quedamos baleiros de esperanza e alagados de tristura, mais por todo o que nos ten dado e ensinado teremos de nos erguer para continuar a loita partillada. Grazas por todo, irmán", conclúe Seixo. Biógrafo de Curuxás Carlos Parrado destacou como investigador do movemento guerrilleiro sendo o grande especialista na figura do resistente anarquista Ramón Varela "Curuxás". Autor do volume "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco", aínda fai dúas semanas publicaba en Nos Diario dentro do coleccionábel "As guerrillas galegas ao descuberto" un novo traballo sobre este fuxido. O 30 de novembro, nunha entrevista publicada en Nós Diario, destacaba que "Curuxás" "era un mito para o pobo que lle profesaba unha grande admiración e nese sentido ofrecíanlle o seu apoio, mesmo conscientes dos riscos que corrían ao axudalo". O historiador Dionísio Pereira amigo de Parrado desde hai décadas lembraba que "investigadores como Carlos Parrado, merecen un recoñecemento". "Sen medios nin axuda ningunha, ás caladas, un feixe de boas persoas con fondo coñecemento da nosa idiosincrasia e do devalar da xente do común, contribuíron (e contribúen) de xeito determinante, para que no noso imaxinario colectivo tamén teñan cabida a rebeldía e a resistencia. Investigación pura e dura, sen aditivos, ao servizo do país", conclúe Pereira |
NOS_50512 | Antes de ser senadora por California, foi fiscal xeral do Estado. Desde que asumiu o cargo en 2011, ten un longo currículo de evitar investigar os casos de mortes a mans da Policía. | "Teño a grande honra de anunciar que elixín a Kamala Harris, unha loitadora intrépida en favor xente común e unha das mellores funcionarias, como a miña compañeira de fórmula", confirmou nas últimas horas Joe Biden, ex vicepresidente e virtual candidato demócrata nas eleccións presidenciais de novembro, na súa conta de Twitter. Kamala Harris, de pai xamaicano e nai india, identifícase a si mesma como negra. Ten ao seu favor que podería atraer votantes de orixe surasiática, unha das poucas comunidades que non votan demócrata en masa. Porén, antes de ser senadora por California, foi fiscal xeral do Estado. Desde que asumiu o cargo en 2011, ten un longo currículo de evitar investigar os casos de mortes a mans da Policía. Joe Biden salientou, pola contra, que durante a súa etapa como fiscal xeral, Harris "enfrontouse aos grandes bancos, axudou as persoas traballadores e protexeu mulleres e nenos fronte aos abusos". "Estaba orgulloso entón e estou orgulloso agora de tela como compañeira nesta campaña", engadiu. Harris, de 55 anos, é a única muller negra no Senado e o anuncio de Biden convértea ademais na primeira muller negra en ser designada como candidata á Vicepresidencia por parte de calquera dos dous principais partidos do país norteamericano. "Síntome honrada de unirme a el como candidata a vicepresidenta do noso partido e facer o que sexa necesario para o converter no noso comandante en xefe", escribiu Harris, tamén no Twitter, onde salientou que Biden "pode unificar o pobo estadounidense xa que pasou a súa vida loitando por nós". Está previsto que tanto Biden como Harris acepten as súas candidaturas a semana que vén durante a Convención Nacional Demócrata, á que o primeiro non acudirá persoalmente por mor da pandemia de coronavirus. A segunda anunciou en xuño o seu apoio a Biden argumentando que "non hai ninguén mellor preparado". "Esquerda radical" Axiña se coñeceu a designación, o presidente Donald Trump publicou un vídeo nas redes sociais onde ataca a Harris, cualificándoa de "farsante". A Biden, ao que chama habitualmente "Slow Biden" para insinuar que "non é moi intelixente", acúsao de "entregar as rendas" do Partido Demócrata a Kamala e á "esquerda radical". |
NOS_50574 | Hai 187 pacientes en coidados intensivos, 18 menos que na xornada anterior, mais seguen a ser máis que no pico da primeira onda de coronavirus. | A presión hospitalaria segue en descenso en Galiza, que rexistra 27 ingresados menos con Covid-19, deles 18 corresponden a UCI, polo que baixan a 924 os hospitalizados en todo o país. Tamén volven reducirse os casos activos, que se sitúan en 11.742. Así se constata nos datos actualizados pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta terza feira, nos que se indica que hai 187 persoas con coronavirus en UCI -18 menos- e 737 noutras unidades -nove menos-. Os hospitalizados redúcense en cinco das sete áreas sanitarias, xa que na de Ourense, aínda que caen en un os que están en UCI até os 15, soben en dous os que se atopan noutras unidades e colócanse en 93. Tamén na de Lugo baixan a 25 o críticos -un menos-, pero soben en tres os doutras unidades até os 53. Por contra, na área de Vigo os ingresados con Covid en UCI mantéñense en 24, pero baixan a 102 os que permanecen noutras unidades -sete meno-- e na de Pontevedra e O Salnés pasan a 15 -dous menos- e 81 -cinco menos-, respectivamente. Tamén descenden os ingresados en UCI na área de Santiago e Barbanza a 26 -catro menos- e a 99 os doutras unidades -dous menos-, mentres que na de Ferrol pasan a 20 o críticos -tres menos- e a 106 os que se atopan noutras unidades -dous menos-. Polo seu lado, a área da Coruña e Cee foi a que rexistrou o maior descenso en UCI, con sete menos, até os 62; mentres que noutras unidades aumentaron en dúas a 203. Os casos activos tamén seguen con tendencia descendente na Galiza e sitúanse en 11.742, o que supón 722 menos que a xornada anterior. Estes caen no sete áreas sanitarias galegas. Os novos contaxios detectados con diferentes tipos de probas reducíronse a 357 -un menos que a xornada anterior-, deles 323 confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Dos últimos, 83 corresponden á área da Coruña e Cee; 61 á de Vigo; 46 á de Pontevedra e O Salnés; 44 á de Santiago e Barbanza; 35 a Lugo e outros 35 á de Ferrol; e 19 á de Ourense. Pola súa banda, a taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- descendeu a un 4,5%, polo que volveu a situarse por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e do que Galicia logrou baixar por primeira vez a semana pasada desde o 24 de decembro. Os falecidos por mor da Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 2.138 após notificar Sanidade esta terza feira a morte doutras 14 persoas. |
PRAZA_20753 | O protagonismo cidadán que constataremos este sábado xurdiu nesas mobilizacións. De aí arrinca ese No tinc por, un lema que ningunha institución tería apoiado en 2004. Por iso, á cabeza da repulsa ao terror estarán os sen medo. A cidadanía que berra en silencio: "As vosas guerras, os nosos mortos" | A primeira foto que acompaña este texto mostra a cabeceira da manifestación tralas bombas do 11M, celebrada o 12 de marzo de 2004. Convocouna o Goberno de J.M. Aznar, sen contar con ningún representante da seguridade do Estado, horas despois do atentado yihadista máis letal cometido en Europa. Trátase dun dos exercicios máis extremos e irresponsables de manipulación da morte allea. Reuniu máis de 10 millóns de manifestantes en toda España, que foron máis de dous millóns en Madrid: convertidos en obxectivo potencial doutro masacre. Os terroristas aínda estaban soltos. Incrible e intolerable, verdade? Que fácil tería resultado introducirse entre os manifestantes con cintos bomba! Ou accionar explosivos ao longo do percorrido. Os terroristas inmoláronse o 3 de abril (!) nun piso de Leganés. Aquela ignominia foi secundada por todos os medios de comunicación e forzas parlamentarias (excepto a de A. Otegi). Invocaron (como non?) Unidade. Pero usaban case 200 mortos, aínda quentes, e preto de 2.000 feridos para cavar unha trincheira electoral. Carne de bombas terroristas convertida en carne de canón "antiterrorista". En primeira liña, da fronte e dos titulares. O que importaba era o implícito. Coas vítimas (de ETA), coa Constitución (que había que defender fronte ao Tripartito catalán) e pola derrota do terrorismo (etarra) "Coas vítimas, coa Constitución e pola derrota do terrorismo". Así rezaba a faixa da cabeceira, decidida unilateralmente polo Goberno. O que importaba era o implícito. Coas vítimas (de ETA), coa Constitución (que había que defender fronte ao Tripartito catalán) e pola derrota do terrorismo (etarra). A campaña electoral fora inaugurada co caso Rovira: a suposta tregua que ETA decretara en Catalunya e acordada co vicepresidente de Maragall. Unha bomba á liña de flotación do novo Estatut e ás posibilidades electorais do PSOE que pactaba con ERC. En fin, que nos convocaron a un estado de guerra permanente. Non a construír unha paz sen medo. En liberdade. Non me cren? Boten unha ollada ás portadas dos dous diarios de referencia daquela. A de El País pertence á edición especial do mesmo día dos atentados, que afirmaba a autoría de ETA. O titular foi ditado telefonicamente por J. M. Aznar o mesmo 11M ao director, J. Ceberio, que non llo contou aos seus lectores ata dez días despois. Difícil imaxinar maior servilismo ao poder e maior traizón ao público. A portada de El Mundo pertence á xornada de reflexión. Vulneraba a Lei Electoral ao recoller nese día as declaracións do candidato electoral do PP. Ao "convencemento" do Ministro de Interior (A. Acebes), sumábase a "convicción moral de que foi ETA" do actual Presidente, M. Rajoy. Os xornalistas inmundos orquestraron a teoría da conspiración. Pedra angular da política da crispación que mantería viva a suposta oposición PSOE - PP Xornalismo para convencidos. Porque todas as evidencias (e, en consecuencia, os medios estranxeiros) apuntaron desde o principio ao yihadismo. Ningunha proba sostivo xamais a autoría de ETA. Postverdade en estado puro. Sostida ata hoxe mesmo polos mesmos. Os xornalistas inmundos orquestraron a teoría da conspiración. Pedra angular da política da crispación que mantería viva a suposta oposición PSOE - PP. Unha polarización rendible ao bipartidismo, que se sostivo tamén pola inhibición dos cargos e tribunos a soldo do PSOE. Afírmao o entón xefe dos TEDAX. Desde as primeiras horas descartou a autoría de ETA e sostivo a súa versión. Por iso tivo que afrontar ata 2012 unha querela e un proceso que alimentaron os xornalistas inmundos. Nunca recibiu apoio do Ministerio que encabezaba Rubalcaba. Lean o seu libro. E vexan os vídeos do que publicamos en 2005, aínda non os proxectou ningunha tele. Se puidesen, se lles deixaran, os protagonistas da primeira foto encabezarían a manifestación do sábado 26 en Barcelona. E enarborarían o mesmo lema que en 2004: amparados nas vítimas, defenderían o Réxime do 78 con máis ardor guerreiro que nunca. Revisen as caras, pertencen a cadáveres políticos xa corruptos, corrompidos ou en proceso de descomposición. Repasen as súas declaracións e as tribunas dos seus servos mediáticos, tralo atentado nas Ramblas. Revisen as caras, pertencen a cadáveres políticos xa corruptos, corrompidos ou en proceso de descomposición. Repasen as súas declaracións e as tribunas dos seus servos mediáticos, tralo atentado nas Ramblas Son fanáticos que se atreven a criticar o fundamentalismo. Publican infundios, acusacións criminais sen evidencia nin lóxica. Van sobrados de conviccións. Rendibilizan as guerras (económicas, bélicas, mediáticas e electorais) ás que nos envían. Ampáranse no 'choque de civilizacións' co que tanto se lucran. Practican a única política nacional(ista) que coñecen: o guerracivilismo. Retomen a primeira foto. Poñan un X nos desaparecidos das institucións e unha ? nos que aínda quedan nelas. Crean o que lles digo: están en bancarrota, como os medios que os sostiveron e aínda sosteñen. Quen comezou a derrubalos do pedestal foi a cibermultitude do 13M, os desobedientes civís que, convocándose co SMS de Pásao, esixiron "saber a verdade antes de votar". A súa protesta lexitimou a vitoria electoral de ZP. Non é unha afirmación gratuíta, senón pura teoría democrática. De aí arrinca ese No tinc por, un lema que ningunha institución tería apoiado en 2004. Por iso, á cabeza da repulsa ao terror estarán os sen medo. A cidadanía que berra en silencio: "As vosas guerras, os nosos mortos" Se a cidadanía non se tivese plantado o 13 de marzo de 2004 ante as sedes do PP, o PSOE tería gañado as eleccións envolvido nas mentiras gobernamentais e o silencio cómplice e medroso da oposición. Ese é o contexto dunha pseudocracia: o goberno da mentira. O 13M foi o precedente do 15M, que volvería desafiar a xornada de reflexión electoral en 2011. O protagonismo cidadán que constataremos este sábado xurdiu nesas mobilizacións. De aí arrinca ese No tinc por, un lema que ningunha institución tería apoiado en 2004. Por iso, á cabeza da repulsa ao terror estarán os sen medo. A cidadanía que berra en silencio: "As vosas guerras, os nosos mortos" |
PRAZA_13359 | A Xunta asinou o pasado marzo un novo convenio coa familia do ditador para a apertura do edificio durante 2012, obrigatoria pola súa condición de Ben de Interese Cultural | Falar da relación entre a Xunta e o Pazo de Meirás é falar de controversia. O anterior Goberno galego iniciou os trámites para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) o pazo entregado por subscrición popular forzosa a Francisco Franco e correspondeulle ao actual Executivo culminar o expediente, o que implicou poñer en marcha o réxime de visitas ao público que deriva de tal condición. Dende o inicio da apertura a controversia veu dada polos gastos que derivan da mesma, como seguridade ou guías. Dende as asociacións pola defensa da memoria histórica veuse reclamando, ademais da "devolución" do edificio, que fose a familia do ditador e non as arcas públicas quen asumise eses custos. Tamén dende a oposición parlamentaria se ten censurado que os cartos dos impostos vaian destinados a tal fin. Pero esas achegas mantivéronse a última, o pasado marzo, en forma de convenio entre os Franco e a Consellería de Cultura e Educación por importe de 21.200 euros. As achegas do Goberno galego para a seguridade privada do recinto superan xa os 50.000 euros en apenas dous anos O importe do novo acordo vén de coñecerse en virtude da obriga que a Lei de Transparencia lles impón a todos os departamentos gobernamentais de dar a coñecer periodicamente os convenios asinados con diversas entidades e institucións. Como ten informado Praza, xa o Valedor do Pobo informara á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña de que a principios deste 2012 estaba "en tramitación un convenio similar, nas mesmas condicións de visita que durante o ano pasado", isto é, cos custos de seguridade e guías asumidos polo Goberno galego e, ademais, con certos privilexios para a familia do golpista, tales como vetar as visitas cando os Franco se atopan de vacacións en Meirás. Así as cousas, canto leva gastado xa a Xunta para garantir a seguridade do recinto mentres é visitado? Cando menos, unha cantidade que xa supera os 50.000 euros en virtude de tres acordos coa, en terminoloxía da Xunta, "propiedade do Pazo de Meirás". O primeiro convenio asinouse para pór en marcha as visitas de 2011. En abril dese ano o daquela secretario xeral da antiga Consellería de Cultura, Antonio Fernández Campa, recoñecía que, malia non figurar ningunha "obriga" na Lei de Patrimonio Cultural, a Xunta decidira asumir os gastos do servizo de seguridade privada en Meirás. O gasto, revelaba a preguntas da oposición no Parlamento, fóra de 9.513 euros. A esa chega inicial engadiríase outra, decidida poucos meses despois e coñecida en setembro do mesmo ano. En pleno mes de agosto Cultura e os Franco pactar unha "addenda" ao convenio inicial, cun impacto adicional de 23.000 euros para as arcas públicas. Este fóra o último gasto coñecido ata este xoves, cos devanditos 21.200 euros. Deste xeito, van destinados xa á seguridade de Meirás cando menos 53.713 euros nun contexto no que, ademais de estar libres de pagamentos, os herdeiros do ditador dispoñen de facilidades e trato preferente. Non a preguntas da oposición, pero si do Valedor, o Goberno galego admitiu que unha cláusula dos convenios asinados -a Lei de Transparencia obriga a facer público o obxecto e o importe, pero non o texto exacto- inclúe a posibilidade de "dispensar do cumprimento da obriga de apertura para visitas públicas, de forma puntual e excepcional, en atención ás circunstancias concorrentes". Unha desas circunstancias son "as visitas durante os días en que a familia [Franco]" está "aloxada no pazo pola imposibilidade de garantir a seguridade da mesma". |
NOS_54835 | A embaixada comunitaria no país asiático recoñeceu que acepta a modificación dunha tribuna publicada no China Daily. | A delegación da UE na China admitiu onte que aceptou a censurase de Beijing dunha parte da tribuna de prensa conxunta do embaixador comunitario e dos 27 da Unión Europea, publicada no medio oficial China Daily, para omitir comentarios sobre a orixe do coronavirus. "A delegación da UE foi informada de que a publicación sería só aceptada polo Ministerio chinés de Asuntos Exteriores coa condición de que parte dunha frase relativa ás orixes e á expansión do coronavirus fose eliminada", explicou o embaixador comunitario, Nicolas Chapuis, nun comunicado. Con todo, o embaixador europeo xustificou que, malia a censura dunha parte do texto, foron lanzadas mensaxes importantes ao público chinés. Segundo a súa versión, a UE mostrou a Beijing a súa contrariedade polo asunto, mais finalmente decidiu dar luz verde á publicación con motivo do 45º aniversario do estabelecemento de relacións diplomáticas entre a China e a UE ao entender que se abordaban asuntos "chave". Aínda sendo obxecto de censura, a tribuna de prensa trataba temas como o cambio climático e a sustentabilidade, Dereitos Humanos, a importancia do multilateralismo, a Cimeira para a Resposta Global fronte ao coronavirus, a asistencia macroeconómica e o asunto do alivio da débeda para países en dificultades, argumentou a nota. A UE lamenta, porén, que a relación é suficientemente madura coa China como para poder dar lugar a discusións claras sobre estes temas, malia ás diferenzas existentes en Dereitos Humanos. "Por iso fai este incidente máis desafortunado", considerou Chapuis. No medio da polémica xerada por este episodio, que levantou as críticas das capitais europeas, o diplomático francés critica que non vise a luz o texto orixinal no medio oficial chinés e explica que a delegación da UE en Beijing reaccionou e, paralelamente, decidiu publicar o artigo sen censurar na súa páxina web, así como nos medios sociais da UE e dos 27 Estados membros. |
NOS_29581 | O evento astronómico máis destacado desta estación é a chuvia de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano. | Ás 15.31 horas desta terza feira dará comezo o outono astronómico, que traerá consigo as chuvias a Galiza, especialmente no sur do país. A terceira estación do ano prologarase até as 11.02 horas do 21 de decembro, día no que terá lugar o solsticio de inverno. O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela, José Ángel Docobo, lembra que como na primavera "estamos en datas nas que teoricamente a noite e o día teñen e mesma duración, de aí a orixe da palabra equinoccio coa que se coñecen estas dúas épocas do ano". O outono deixa tras de si un verán caloroso, segundo os datos de Meteogalicia. O mes de xuño, frío en canto a temperaturas, deu paso a un xullo "extremadamente cálido" que se veu compensado cun agosto "dentro dos valores normais". As ribeiras do Miño e do Sil, así como a comarca de Valdeorras, rexistraron as temperaturas máis altas. Un outono astronómico Entre os fenómenos astronómicos máis salientábeis deste outono, José Ángel Docobo destaca a chuvia das estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano, e cuxa xornada de esplendor será o 14 de decembro. "Nesta ocasión, coa Lúa nova, agárdase poder observar máis de cen meteoros á hora nos lugares sen contaminación luminosa", apunta o director do observatorio. Outras choivas de estrelas, como as Oriónidas en outubro ou as Leónidas en novembro, presentarán menor intensidade. Mentres as árbores perden as súas follas, Xúpiter e Saturno achegaranse entre eles todo o outono para alcanzar a máxima aproximación xusto ao remate da estación. Ambos os planetas pódense contemplar mente actualmente a simple vista. |
NOS_21501 | Unha pediatra leva máis de un ano de baixa no Centro de Saúde de Carballo sen que a Consellaría de Sanidade cubra a praza cunha substitución. As crianzas do seu cupo son atendidas cada vez por unha persoa diferente. | A Consellaría de Sanidadade leva máis de un ano sen cubrir a baixa dunha pediatra de Carballo o que supón que as crianzas que atendían teñen que ser distribuídas por diversos profesionais, sendo atendidas cada vez por un diferente. Malia o compromiso que o Xerente da Área Sanitaria da Coruña lle trasladou ao alcalde de Carballo hai xa semanas, a administración continúa sen enviar ningunha persoa para substituír á pediatra de baixa "A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral", denuncian desde CIG-Saúde, dunha situación que cualifican de "absoluta vergoña". Advirten tamén de que, con toda posibilidade, nas vindeiras datas do nadal repetirase a situación que se produciu nas feiras do verán "con axendas bloqueadas, distribución de pacientes entre os distintos profesionais, varios días de espera para acudir ao médico de cabeceira…". |
NOS_27075 | Jesús Estévez é o presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Cabeiras (Arbo) e unha das persoas que loitaron contra o incendio que arrasou unha parte importante do monte deste concello. Nós Diario conversou con el sobre a problemática dos fogos na Galiza. | —Como se viviu o incendio de Arbo sobre o terreo? O incendio naceu na parroquia de Mourentán e conseguiuse parar na parroquia de Cabeiras [Arbo] na madrugada do domingo, mais durante o mediodía do propio domingo volveu comezar a arder. A sorte foi que non ía demasiado vento e grazas a iso e á axuda da veciñanza conseguimos parar o fogo. —A xestión do monte na Galiza inflúe en que se dean estes incendios ano tras ano? Evidentemente. O monte está abandonado e así pouco importa que se faga un gasto enorme en medios para a extinción e para que o impacto sexa o menor posíbel. Pode ser que haxa pirómanos, mais os danos non serían tan graves se houbese un control e a Administración dedicase máis diñeiro á prevención do que a intentar apagar incendios activos. O incendio de Arbo, aínda fóra de control Ademais, eu lembro incendios hai anos mais nunca das magnitudes que se ven hoxe en día. —A Administración sabe xestionar os medios que hai? O importante non é se os hai nin se se saben xestionar. O problema é máis de raíz. Comuneiros da Paradanta alertan de que os incendios aínda ameazan as vivendas É necesario ter os montes limpos e ben xestionados para que isto non aconteza. De non ser pola axuda de certas persoas como Venancio Miniño que é un axente forestal que dedicou o seu día libre a axudar a extinguir o incendio, non sei se seriamos quen de facer nada. —Seguirá ardendo o monte galego nos próximos anos? Este monte en que houbo o incendio, ardeu tres veces nos últimos 16 anos. Este nin sequera foi o máis grande, o máis grande foi o incendio de 2016 que incluso chegou a afectar o concello das Neves e arrasou toda a parte norte de Arbo. Así que se non se empeza a xestionar o monte doutra maneira diferente, isto vai seguir acontecendo ano tras ano. —Cales son as medidas máis urxentes a tomar? Nesta zona de monte en concreto hai moitas propiedades cunha masa de eucalipto descontrolada, e iso si que é responsabilidade da Administración, que debería facer algo ao respecto. Deberíase obrigar a limpar o monte aos propietarios e se é preciso ir ao catastro. Como xa dixen, esta é a terceira vez en 16 anos que arde este monte e o que é indignante é que o monte estaba exactamente igual do que quedara despois do último incendio. Nin se limpou nada nin se tomou ningunha medida significante, así que isto podía ter acontecido o ano que vén, o seguinte ou de aquí a dous anos. Nesta zona de monte en concreto hai moitas propiedades cunha masa de eucalipto descontrolada, e iso si que é responsabilidade da Administración A Xunta ten que facer algo xa e non vexo intención ningunha pola súa parte. Este foi un incendio que se ía dar antes ou despois, é o momento de que a Administración actúe. A necesidade da prevención De acordo con Jesús Estévez "a Xunta debería dedicar máis recursos á prevención dos incendios". Para el, de pouco serve que se mobilicen moitos medios para incendios que xa están en activo cando, cunha boa prevención, o máis probábel é que se puidesen ter evitado. O mesmo pensa parte do persoal que traballa na extinción dos incendios na Galiza. Reclaman que os brigadistas fixos descontinuos, que actualmente están operativos por períodos de seis e nove meses, pasen a traballar durante todo o ano para poder realizar tarefas de prevención. Para alén diso, moitos brigadistas censuran que teñen que soportar "xornadas realmente maratonianas de bastante máis de 12 horas consecutivas", algo que denunciou a Confederación Intersindical Galega (CIG). |
NOS_15499 | O académico Xosé Luís Axeitos sae ao paso á decisión da RAG de nomear a Filgueira Valverde para o vindeiro Día das Letras Galegas, opción que define como "inoportuna". Man dereita de Ferrín na anterior executiva, considera que a Academia está "finiquitada" e que é preciso dar pasos adiante para que o diálogo volva á sede da rúa Tabernas. | -Como valora a polémica pola decisión da RAG de dedicarlle o Día das Letras Galegas a Filgueira? Estou abraiado, sorprendidísimo. Paréceme lamentábel que Filgueira se convertera pim-pam-pum, que o botaran diante dos cabalos. O problema non é Filgueira, aínda que todos saibamos o que significou, o problema é unha institución que non ten capacidade para tender redes culturais na sociedade. Filgueira ten unha obra extraordinaria, moi positiva para a cultura mais o calamitoso é a inorportunidade de metelo neste momento. A Academia é unha institución que non ten capacidade para facer unha proposta social aceptábel. Un tema como este decídese por diálogo, non por votación. "A institución non sabe tender redes coa sociedade para facer un acto celebratorio dunha cultura que está tan necesitada deles". -Entón, ao seu ver, o tema é que este non é o momento? A institución non sabe tender redes coa sociedade para facer un acto celebratorio dunha cultura que está tan necesitada deles. Nada máis. Insisto en que o problema non é Filgueira. Este non é o momento. O que temos que analizar é as razóns de tan escasa capacidade de conectar coa sociedade. A Academia neste momento só ten capacidade para facer votacións. É unha institución acabada, finiquitada. -Que diferencias atopa con respecto a cando formaba parte da executiva? "Que fose o Secretario Xeral de Política Lingüística quen dera a noticia é síntoma dunha enfermidade", Neste momento, considero que alguén dos que propuxeron a Filgueira tiñan que ter saído xa a dar explicacións. Que fose o Secretario Xeral de Política Lingüística quen dera a noticia é síntoma dunha enfermidade, un síntoma patolóxico moi grave que nunca ocorrera na Academia. Hai anos había tres reunións previas, e non se votaba nunca e saía unha persoa. Non se daba un formalismo tan ríxido da votación. Eran propostas abertas que se discutían porque o clima era propicio. Cando saíu, por exemplo, María Mariño, considerabamos que había que buscar unha muller, que había esa demanda, e así se acordou. -A dimisión de Ferrín deixou á vista a dimisión interna. Segundo o que di, dá a impresión de que o ambiente na RAG é irrespirábel? A miña vontade é contribuír á rexeneración e recuperar un clima apropiado mais non vou adiantar máis que isto. Prefiro pospoñer unha explicación demorada porque quero que algunhas palabras sirvan para dar pasos adiante. Non vou ir máis alá disto. A Academia está enferma, danada de morte e témonos que xuntar para poder quitala desta situación degradante na que está. Non se pode andar a coiteladas. |
NOS_10581 | O xogo patolóxico afecta 1% da poboación galega. A transformación do sector a partir da regularización das apostas en liña disparou a oferta e a accesibilidade, ademais da preocupación social pola adicción. | Bingos, casinos, máquinas recreativas, apostas hípicas, deportivas, tómbolas, rifas, boletos ou combinacións aleatorias. Son algunhas das modalidades de xogo presencial con máis sona e seguidores. E todas, máis cedo ou máis tarde, souberon adaptar as súas características aos requirimentos da internet. A transformación do sector iniciouse en xuño de 2012 coa regularización do xogo en liña. Desde entón, as operadoras e casas de apostas non deixaron de rexistrar cifras récord. A explosión do sector do xogo, cuxos beneficios se dispararon nos últimos anos como resultado da suba de xogadores e xogadoras mais tamén dos cartos destinados pola poboación a estes enredos legais, veu acompañada, ademais, dunha preocupación social crecente polo incremento dos problemas de adicción. Xogo patolóxico "O xogo patolóxico é unha das chamadas adiccións sen substancia ou condutuais, patoloxías nas que o que produce adicción é a repetición dun certo acto, neste caso o de apostar cartos nun xogo de azar", explica Iria Veiga, médica psiquiatra do Servizo Galego de Saúde. "A proliferación das casas de apostas e o xogo online provocaron en moi pouco tempo un forte incremento do número de xogadores patolóxicos, maioritariamente homes e dos niveis socioeconómicos máis desfavorecidos". A chave, engade, está na accesibilidade e nun sistema de recompensa variábel e reforzo rápido que fan inservíbeis as estratexias empregadas até o de agora "como o control dos cartos ou a prohibición de acceso a certos locais". Xa non son eficaces porque a dixitalización volveu o xogo máis doado e aditivo. Hoxe as máquinas comecartos seguen sendo as raíñas, pero seguidas xa moi de perto polas apostas deportivas "Internet cambiou a forma de xogar e o tipo de xogo prioritario, e isto supuxo mudanzas na idade de iniciación mais no perfil dos xogadores", confirma Juan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos. Hai 25 anos, cando José Manuel Recouso comezou a traballar como psicólogo da Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación, onde continúa, "había moita xente que frecuentaba o bingo, as máquinas recreativas e mesmo os casinos, sobre todo persoas con poder adquisitivo que mesmo viaxaban para xogar fóra". Conforme se foron estabelecendo outras modalidades de xogo o patrón de comportamento foi mudando. "Hoxe as máquinas comecartos seguen sendo as raíñas, pero seguidas xa moi de perto polas apostas deportivas", cun período latencia moito máis reducido, detalla Recouso. "Estimamos que o tempo que pasa desde que unha persoa comeza apostar até que aparecen os primeiros problemas co xogo é dun ano, cando coas máquinas recreativas é de seis". Sensación de control Ten a súa explicación, di. "Ante unha aposta deportiva, a xente ten a sensación de que está facendo unha quiniela. O problema é a oferta e a inmediatez. As posibilidades durante un partido son enormes e a interacción é instantánea. A resposta é momentánea. E a sensación de control e coñecemento que devolve esa experiencia é moi importante", observa José Manuel Recouso, "a diferenza do que ocorre nunha máquina. Pero en ambos os casos, nin controlas nin dominas. Tampouco no deporte, onde o azar tamén ten o seu peso". Nas apostas deportivas o problema é a oferta, a inmediatez, a interacción instantánea Así, o paso do tempo e a irrupción das modalidades de xogo en liña deixan un novo perfil de xogador patolóxico. "Hai 15 anos o perfil medio era o dun varón de 40 ou 45 anos que levaba sete xogando ás máquinas comecartos, cunhas consecuencias a nivel familiar e económico moi graves. Neste momento seguimos falando dun varón, pero de entre 28 e 30 anos, estudante ou á busca dun primeiro emprego, xogador de apostas deportivas ou de xogo en liña desde hai dous ou tres anos, que vai deixando atrás o xogo presencial", matiza Juan Lamas. Sobe o xogo fóra da lei Segundo o último estudo da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo, un 1% da poboación maior de idade da Galiza é xogadora. "Da poboación menor, por suposto, non hai datos oficiais porque non pode xogar por lei, pero algúns estudos advirten que 20% da rapazada de entre 14 e 18 anos recoñece abertamente destinar cartos a algún tipo de xogo de azar", sinala Lamas. Un 20% da rapazada de entre 14 e 18 anos recoñece abertamente destinar cartos a algún tipo de xogo de azar E cita unha investigación de 2019 promovida desde a USC polo doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial. O estudo conclúe que a adicción ao xogo afecta a 12.000 menores galegos. A maioría recoñecen apostar de maneira presencial, 22,4%, en locais e 10,7%, polo menos unha vez ao mes. Malia teren prohibida a entrada, só en dous de cada dez casos lles piden o DNI. Destrución O grande impacto do xogo patolóxico na vida das persoas é a "destrución económica", advirte Juan Lamas. "Tamén adoita ser o síntoma que máis chama a atención e leva a descubrir o problema". Pero ten máis consecuencias, engade José Manuel Recouso. Danse cambios importantes na esfera persoal e no comportamento. "Normalmente a persoa vólvese menos comunicativa, e no caso dos xogadores en liña están sempre pendentes do móbil e dos resultados, cando se trata de apostas deportivas. A tolerancia á frustración. Sucédense os enfados, as discusións". O xogo xera problemas de sono, depresión, ansiedade e afecta ás taxas de suicidio Os problemas co xogo e a ludopatía tamén afectan á convivencia familiar, ao traballo, aos estudos e mesmo á saúde. "Vemos moitas separacións, inadaptacións no contorno laboral, onde se chegan a producir furtos. A nivel social adoitan romper cos grupos de referencia. A persoa íllase por completo. E non son raros os problemas de sono, depresión, ansiedade, mesmo intentos e logros de suicidio", incide Recouso. Recoñecerse xogador Os problemas co xogo de azar comezaron a identificarse nos inicios dos anos 80 tras a legalización da actividade en 1977 e a proliferación das máquinas comecartos, lembra Juan Lamas. "E a sanidade pública non tiña recursos estabelecidos para atendelo". Foi así como a instancia de profesionais do ámbito privado se comezaron a implantar os primeiros programas de tratamento profesional e como, ao pouco tempo, se fundaron as asociacións de xogadores e xogadoras anónimas en rehabilitación. A atención ao xogo patolóxico gañou calidade co recoñecemento da adición por parte da sanidade pública Desde entón realizan un traballo terapéutico e de prevención que foi gañando calidade a raíz do recoñecemento da adicción ao xogo dentro da sanidade pública mais tamén do labor de investigación e formación asociado á aparición de novos tipos de xogo. "Un 80% dos casos que chegan a nós é por mediación da familia, que exerce presión. As persoas conscientes da súa problemática representan 20% e destas, só 3% presenta unha boa evolución no seu tratamento. A maioría abandona a medio camiño", porque é exixente, di José Manuel Recouso, quen se amosa crítico cos esforzos en materia de prevención, obsoletos para "advertir a sociedade do século XXI do perigo que implica o xogo". E esta iniciativa, engade Juan Lamas, tamén require alternativas de "ocio saudábel para os máis novos, no canto de rúas inzadas de casas de apostas". A prevención do xogo require altenativas de ocio saúdabel no canto de casas de apostas "O xogo de azar sempre foi a galiña dos ovos de ouro. A Administracións sempre o viu como un mecanismo de recadación, nunca como un problema de saúde pública", salienta Lamas, quen pide maior compromiso e severidade para facer cumprir a lei. |
NOS_53639 | Nunha xornada de folga, mobilizacións e disturbios que deixaron 35 detidos, a Cámara helena deu luz verde ao acordo para un terceiro rescate. | Do ceo ao inferno en 10 días. De ser o primeiro ministro que gañou amplamente o referendo no que o pobo grego dixo 'OXI' (non) á Troika, reforzando a súa imaxe en amplos sectores como líder da esquerda 'non sistémica' do sur de Europa e referente para o combate contra a austeridade; a ser o primeiro ministro que subscribiu un duro acordo para un terceiro rescate que vai supoñer suor e bágoas para o pobo heleno. Na votación desta madrugada no Parlamento grego a tensión estaba dentro e fóra. Fóra, nunha folga xeral, manifestacións e confrontos e disturbios na emblemática Praza Syntagma que deixaron 35 persoas detidas. Dentro, nunha sesión que se prolongou durante horas e que finalizou coa aprobación do acordo grazas aos votos dos partidos sistémicos pro-UE (Nova Democracia e PASOk, ademais de To Potami) xunto cun cento de parlamentares de Syriza. Sumaron 229 votos fronte aos 64 contrarios ao acordo, entre os que había 32 de deputad@s de Syriza, entre eles o do ex-ministro Varoufakis; e 6 abstencións (tamén de parlamentares de Syriza). Até o deputado que non se presentou a votar era deste partido. Polo non optaron o ministro de Enerxía e os ministros adxuntos de Seguridade Social, Defensa e Finanzas. A propia presidenta do Parlamento, de Syriza, Zoe Constantopoulou, optou polo 'OXI' após calificar o acordo de "xenocidio social". Medios gregos apontan a que nos vindeiros días podería darse unha remodelación de goberno, coa saída daqueles altos cargos que se opuxeron ao acordo. "Non cremos no acordo mais estamos obrigados a aceptalo" Alexis Tsipras sinalou que malia "nin crer no acordo" estaban "obrigados a aceptalo". Na intervención previa á votación, explicou que na negociación sobre a mesa había tres opcións: ou asinar o acordo, ou a quebra de Grecia ou a saída do euro. E escolleu, dixo, a menos mala. Unha explicacións que non convenceron á ala esquerda de Syriza, eses 40 deputados que quer votaron en contra do acordo, quer se abstiveron. Porén, portavoces deste sector garantiron o apoio ao executivo de Tsipras. O primeiro ministro gañou no Parlamento a votación que perdera horas antes no seu partido, Syriza. Na xuntanza do comité central, 109 dos 201 integrantes deste órgano rexeitaron as condicións do acordo e pediron, sen éxito, a Tsipras que o retirara. Alemaña Esta sexta feira o parlamento alemán votará se dá o visto bo ao acordo acadado a segunda feira con Atenas. Medios xeramos falan de que hai un sector duro (entre 30 e 50 deputados) da CDU/CSU de Merkel que votarán en contra, en protesto por seguir axudando a un país que, consideran, non ten remedio. Son partidarios de expulsar Grecia do euro. Unha idea partillada polo propio ministro de Finanzas alemán, que volveu reiterar esta quinta feira, que a mellor solución sería que Grecia saíse do euro uns cantos anos. |
PRAZA_12736 | Nos últimos tempos vivimos nun estado de excepción permanente. Inauguramos cada día coa inquedanza de saber que novas restricións terán preparadas o goberno e os mercados para afogar un pouco máis as nosas esperanzas no futuro. A crise financeira e as medidas adoptadas polos gobernantes están a producir un grave retroceso social e a perda de dereitos que parecían definitivamente consolidados. As regras do xogo, na política e na economía, están deseñadas pola tripla alianza do Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Central Europeo (BCE) e a Comisión Europea. | Nos últimos tempos vivimos nun estado de excepción permanente. Inauguramos cada día coa inquedanza de saber que novas restricións terán preparadas o goberno e os mercados para afogar un pouco máis as nosas esperanzas no futuro. A crise financeira e as medidas adoptadas polos gobernantes están a producir un grave retroceso social e a perda de dereitos que parecían definitivamente consolidados. As regras do xogo, na política e na economía, están deseñadas pola tripla alianza do Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Central Europeo (BCE) e a Comisión Europea. O goberno do Partido Popular segue con fidelidade os ditados desta política ultraliberal que está a provocar a liquidación do estado de benestar, a laminación dos dereitos dos traballadores e o exterminio da clase media neste país. De seguir a este ritmo pronto chegaremos ao obxectivo que semellan perseguir: unha sociedade de castas onde unha clase dirixente detente o poder e a riqueza, mentres a maioría da poboación viviría nas marxes da pobreza, reducida á consideración de súbditos. Non dan paus de cego, saben ben que lombos queren golpear. Tiñan unha axenda oculta que aplican con dilixencia Juan José Millás dicía nun artigo que este goberno actúa como un polo sen cabeza e que vai dando paus de cego. Coido que erra no diagnóstico: os paus caen sempre do mesmo lado. A amnistía fiscal ofrecida ao crime organizado (para sanear o diñeiro negro da especulación, a trata de brancas e o comercio de drogas) é decidida polos mesmos que cargan contra a sanidade e a educación públicas, contra os pensionistas e os inmigrantes, aos que veñen de deixar sen cobertura sanitaria. Non dan paus de cego, saben ben que lombos queren golpear. Tiñan unha axenda oculta que aplican con dilixencia. Na campaña electoral mentiron con descaro: agora están a facer o contrario do anunciado. De non producirse, no Estado e en Europa, unha reacción popular contra esta política destrutiva, retornaremos a tempos pretéritos, cunha sociedade dividida e con grandes tensións na convivencia cidadá. Aos poucos días de conseguir o goberno de Madrid, Rajoy aprobou o maior recorte orzamentario da historia (16.400 millóns de euros) e unha grande subida dos impostos, conxelou os salarios e as pensións e freou en seco a Lei de dependencia Aos poucos días de conseguir o goberno de Madrid, Rajoy aprobou o maior recorte orzamentario da historia (16.400 millóns de euros) e unha grande subida dos impostos, conxelou os salarios e as pensións e freou en seco a Lei de dependencia. Non foi dabondo: a primeiros de abril anuncia –mediante unha nota de prensa- un novo recorte (en sanidade e educación) de 10.000 millóns de euros e anuncia próximas privatizacións. Mentres, o ministro De Guindos propón abrir o debate sobre que as rendas máis altas paguen os servizos sanitarios (en realidade o que hai detrás deste enunciado é o aviso dunha sanidade dualizada: a beneficencia para os pobres e a sanidade privada para os poderosos). A mediados de abril Rajoy anuncia, desde México, a posta en marcha do copagamento das medicinas. Aumenta a porcentaxe a pagar polas persoas en activo e impón un recargo aos pensionistas, que sempre tiveran a prestación farmacéutica gratuíta. Trátase dunha medida tremendamente inxusta, ademais de representar un auténtico fraude electoral, xa que o PP negou repetidamente a súa intención de implantar o copagamento. Vén ser un novo imposto sobre a enfermidade e a vellez; ser maior e estar enfermo, o que sucede a miúdo, vai ser castigado por este goberno sen que lles trema o pulso. Supón, ademais, unha devalación da renda dos pensionistas, e debemos lembrar que a contía media das pensións en Galicia non chega aos 700 euros mensuais. Van seguir. Non van parar aquí. Coa crise como escusa van continuar nesta tarefa de liquidación dos servizos públicos para entregar espazos de negocio -na sanidade e na educación- aos seus amigos e colaboradores Van seguir. Non van parar aquí. Coa crise como escusa van continuar nesta tarefa de liquidación dos servizos públicos para entregar espazos de negocio -na sanidade e na educación- aos seus amigos e colaboradores. O FMI, principal inspirador destas políticas, ven de descubrir un novo risco e arrastrará aos gobernos a adoptar novas medidas. Falan agora do risco da lonxevidade, e alertan de que "a prolongación da esperanza de vida provoca custos financeiros". Aconsellan os gobernos que adopten medidas para que o feito de vivir máis do agardado non produza riscos económicos. A institución dirixida por Christine Lagarde (quen aplaude con entusiasmo os recortes de Rajoy e reclama máis diñeiro para os bancos) afirma que as entidades que ofrecen pensións deben poder actuar con flexibilidade: "se non é posible incrementar as contribucións ou subir a idade de xubilación, posiblemente haberá que recortar as prestacións". Ata hai pouco era válida a mensaxe da OMS que propugnaba "engadir anos á vida e vida aos anos". A lonxevidade, que debería ser celebrada como unha grande conquista, é agora catalogada como un perigo financeiro Ata hai pouco era válida a mensaxe da OMS que propugnaba "engadir anos á vida e vida aos anos". A lonxevidade, que debería ser celebrada como unha grande conquista, é agora catalogada como un perigo financeiro. Veñen propoñer que as persoas maiores traballen e coticen ata ben tarde, e despois teñen que morrer pronto, para que a vida post-laboral non signifique unha carga para os gobernos e as compañías aseguradoras. Hai uns anos ninguén se atrevería a dicir estas cousas en voz alta: agora o FMI elabora un documento, que pretende presentar como rigoroso, e emite un comunicado de prensa para divulgar as súas propostas. Tristes tempos estes en que as persoas de ben, que traballan toda a vida con decencia, pasan á ser considerados inimigos do sistema, que poñen en risco a estabilidade financeira. Esta clase de xente é a que dirixe o mundo. Haberá que quitarlles das mans a vara de mando, ou as cousas non irán a mellor Pero non debemos sorprendernos da categoría moral destes enunciados do FMI se lembramos o nome dos últimos dirixentes desta institución. Ata 2007 estivo dirixida por Rodrigo Rato (agora presidente de Bankia); daquela emitía informes favorables sobre a evolución da economía mundial, cando a crise estaba xa a producir os seus primeiros estragos. Sucedeuno Dominique Strauss-Kahn, aquel suxeito enfermo de priapismo, denunciado por un intento de violación por unha empregada dun hotel de Nova Iorque e que agora está imputado nun caso de proxenetismo e sinalado pola prensa amarela por participar en festas "libertinas". Esta clase de xente é a que dirixe o mundo. Haberá que quitarlles das mans a vara de mando, ou as cousas non irán a mellor. |
PRAZA_5951 | Que marxe queda para acción política e para un outro pensamento fóra da misión mesiánica dun Estado aferrado ao neoliberalismo centrista? Procurando o ben común na inmediatez emprazada e non só a liberdade usufructuada polo egoismo dun cantos. | "O que non está na Constitución non existe", afirma o cinéfilo e cultivado Eduardo Torres Dulce, fiscal xeral do Estado. O legalismo acada así unha formulación que o goberno central executa por toda parte mas non ousara exprimir dun xeito tan requintado como delirante. Porén, unha cousa é sabermos que os estados liberais democráticos tendan a defenderen a legalidade fronte a calquera dinamismo, e outra, acreditarmos que só o que é legal é real. Reducido a pura legalidade, sob imperio do "legalismo ideolóxico", o corpo social ten sido submetido en nome dos universais, tan caros aos ortodoxos e dogmáticos, sexa en nome do Rei, de Deus, do Diñeiro, do Estado ou dos diversos ismos. Neste momento o que trunfa é o culto da legalidade. En particular, do constitucionalismo. O legalismo acada así unha formulación que o goberno central executa por toda parte mas non ousara exprimir dun xeito tan requintado como delirante Afeitos a sentir falar do submetimento do político ao económico, a submisión da política ao legalismo ideolóxico tórnase o marco invisibel da constitución substanciado na "monarquía parlamentaria" que resolve os antagonismos esenciais non resoltos na mol e vehemente política centrista que a acompaña. O debate de 8 de abril no Congreso foi ben interesante, con máis apelacións a alicerces étnicos no nacionalismo de Estado que no periférico. Moitas esencias e poucas razóns razonantes. España "é" o que une e o destino, seu é o contentor e o sentido, a completude e o protagonismo, a solución histórica, o exemplo acaído de estado nación, a metrópole da nación máis antiga do mundo que reescribe o seu pasado; ela é Europa e manantío de lexitimidade, súa é a metáfora; é máis porque é propietaria e xenerosa, protagonista solidaria e soberana, a que domina e a do imperio da lei, a que dicta; o estado é seu; súa é a vontade; a unica nación nacional, a que dicta quen son os outros, pois seu é o peito que os amamanta e fixa nas fronteiras, quen interpreta o que nos convén, pois seu é o saber do que é legal e do que non. Que marxe queda para acción política e para un outro pensamento fóra da misión mesiánica dun Estado aferrado ao neoliberalismo centrista? Cataluña (os outros) é o que separa, a fronteira e o atranco, a anomalía e a metonímia, un anaco e un problema; a provincia malpagadora e o afora; quen non sabe o que lle convén, o idioleto e o desexo; o eterno vernáculo. Que marxe queda para acción política e para un outro pensamento fóra da misión mesiánica dun Estado aferrado ao neoliberalismo centrista? Procurando o ben común na inmediatez emprazada e non só a liberdade usufructuada polo egoismo dun cantos. Con certeza, no sentido ideolóxico máis puro, o constitucionalismo desaba en naturalismo. Un xeito de despolitizala malia seguir sendo ideolóxica. O problema xurde cando a función "marco" da ideoloxía que debería ficar baleira, dí Zižek, acaba cheo de contido material, intre no que a ideoloxía pode ser denunciada. Cando deriva en despolitización do mercado ou ceiba as súas tendencias homoxeneizadoras antes ocupadas pola extrema dereita. Cando a maioría que fai bandeira da Constitución cala perante o imperio da lei. Convertido en elemento ideolóxico a ética da convicción esmorece perante a maquinaria homoxénea e purificada do mitolóxico grau cero da Transición. Cando fai derivar a ética da responsabilidade en puro exercizo do poder. A casuística a miúdo leva a firmar o que non se pensa. Sería aconsellabel evitar o hegelianismo benintencionado mas acho que sería máis nutritivo superalo, quer dicer, conservalo en tanto é superado. Ao cabo, a hegeliana "lóxica do peche" ensaiada polo fiscal xeral debería servirnos para loitar contra todo o que enmascara a deriva legalista a costa de afastar cada vez máis a política da ética. Pola contra, co anuncio da abdicación e a aprobación da lei orgánica de reciclaxe onanista para os afeccionados á Transición, estase a perder a oportunidade de pensar vieiros para alén do rexime "normal". Foucault transformou a idea de Clausewitz, para quen a guerra é a continuación da política por outros medios, na política como continuación da guerra por outros medios Foucault transformou a idea de Clausewitz, para quen a guerra é a continuación da política por outros medios, na política como continuación da guerra por outros medios. A cuestión que aquí se plantexa é a de que reducindo a política ao legalismo ideolóxico sustanciado na constitución, formúlase o imperativo ético do autoengano consciente, dos constitucionalistas que calan o feito de que Xan Carlos tornouse rei por decisión persoal de Franco. Quer dicer, lembrémolo,a monarquía non derivou da súa restaruración institucional mas dunha continuación do rexime franquista.Segundo esta lóxica, aprobada a Constitución, o monarca ficaba refrendado en termos democráticos, mália ser condición de posibilidade da carta magna a solución de continuidade da Xefatura do Estado. Reducindo a realidade a legalismo ideolóxico acho que se elude o pormenor decisivo de que moitos dos artigos da Constitución son resultado do golpe do 36 á república parlamentar. O franquismo ficou incrustado e non fora. A Constitución do 78 tornábase así no franquismo por outros medios. Marcos invisíbeis, fronteiras impensadas (2) FRONTEIRAS. Duchamp dicía que o observador fai o cadro. Rimbaud imaxinaba Europa como un frontière impensée da democracia. Albiscaba unha outra experiencia europea sabedor que coa lexitimidade das ideas non abonda e precísanse desenvolver prácticas políticas, sociais e culturais que leven a unha nova forma de pensar e de representar. Enxergar un fin definitivo das fronteiras na terra media que é Europa, non debería ser percibido como un atentado ás soberanías mas si unha conquista de todos os europeos se debruza no dereito dos pobos emprazados a existir Enxergar un fin definitivo das fronteiras na terra media que é Europa, non debería ser percibido como un atentado ás soberanías mas si unha conquista de todos os europeos se debruza no dereito dos pobos emprazados a existir. Rexeitar co poeta o conforto do mito que explica as orixes antepostas, significa enxergar que a referencia histórica construída está a ser utilizada polo imperativo categórico neoliberal para esmagar o interese xeral e o ben público. A mutación europea non é porque si, portanto, convén non acreditarmos en quen banaliza con frivolidade calculada cada vez que hai eleccións europeas, un proxecto que os propios que o lideraron teiman en describir só en termos de burocracia para xustificaren só o seu desleixo e inoperancia. Aquén Maastricht, procuremos outra visión.Precisamos novos conceptos, novos mapas que cobren a complexidade do mundo de hoxe e trazar sobre as liñas de tensión a nova xeografía do futuro, abrindo outros lindeiros e establecendo un outro padrón de inferencia que nos axude a determinar que clase de argumentación está realizando o texto acerca de Europa e do mundo en si, cando menos dalgunha pequena parte do mesmo. Mesmo cando a imaxe que nos facemos perde a súa reivindicación de congruencia, cómpre teimar en tirar un argumento acerca do mundo, a saber, maneiras de acrescentar motivación ao que vivimos. Nos derradeiros anos a indignación tornouse un espazo de veras produtivo, mas agora o problema é que o prezo de poñer a cabeza no parapeto é ser varrido instantaneamente por este poder global que, precisamente por ter unha orientación máis sensíbel diante da diferenza, é absorbida. MAPAS. Goethe afirmaba no seu diario da Viaxe a Italia: "se non foi cercado polo mar por todos os lados, non ten ningún concepto de mundo ou a sua relación co mundo". Ao describir as coordenadas xeográficas do seu mundo e tras a contabilización das terras orientadas ao norte, os galegos da Mariña e do Ortegal, como expertos agrimensores-xeógrafos cando escrituraban non se limitaban a dicir que o monte medio e as súas leiras limitaban ao norte coa gran mancha azul do océano mas con Inglaterra mar mediante.. A formulación náutica da agrimensura é líquida porque a realidade é posíbel (pode ser simbolizada) e refírese á conciencia. O mar como lindeiro final e a Bretaña Maior como confinante e parceiro ou como "ameaza" exterior? Procurando proximidades non tan obvias, ao seu modo encontraban o seu lugar no mundo. Ao cabo, Europa nunca foi para os galegos unha distante realidade nos longos períodos de exclusión española, mesmo nos arrabaldos do Camiño a sombra europea ocupaba o seu lugar no imaxinario mitosimbólico malia ter na historia española unha realidade distante. De feito, a gran mancha de auga está ateigada de lugares con nomes de noso, palabras para abenzoar, balizas secretas, baixos no camiño do mar para non nos perder. A escrituración dos montes é un mapa que proxecta unha narrativa temporal asentada nunha particularidade e non nunha imaxe espacial esencial e a-histórica. Os parceiros envolvidos no seu material. Pasaran os séculos, e os viaxantes, comerciantes e outras misións de peregrinaxe nordestina fixeron conta de nós cruzando fronteiras e representándonos. Europa nunca foi para os galegos unha distante realidade nos longos períodos de exclusión española, mesmo nos arrabaldos do Camiño a sombra europea ocupaba o seu lugar no imaxinario mitosimbólico Tampouco nós lles éramos alleos e nos imaxinaban, ás veces mesmo salvando a ironía e os matices que outros non souberan ver. Hai anos, nun breve percurso por Londres, paseando entre as loxas ateigadas de antigüidades de Portobello Street, fun dar coa folla desprendida dun atlas xeográfico, anaco de papel lixeiramente rectangular da segunda metade do XVIII que ben chamaría a atención de calquera coñecedor da península ibérica, non sei se tamén a do historiador ou a do erudito cartógrafo. A lamela é un caso: representa unha península dimidiada polo trazo da augada na que o rectángulo portugués morría na Galiza norte e non no Miño. No contexto da guerra do reino de España e Francia organizada polos Borbóns en 1762 contra o poder emerxente da Gran Bretaña e o seu aliado Portugal, tras a firma do terceiro Pacto de Familia, os ingleses representaran nun atlas a ser difundido Portugaliza. Galiza e Portugal como un todo, un continuum que ultrapasa as fronteiras constituidas. Diante do achado podemos facer calquera cousa, repararmos na abundante toponimia que identifica os portos naturais das rías e mesmo estañar na improdutiva interpretación de que foi o resultado das aspiracións territoriais do acaparador poder británico en Europa e América, sendo o seu principio inspirador a desconfianza diante do poder absolutista do outro imperio, mas podemos achar que non son resultado da arbitrariedade e, por tanto, non deberían ser ignorados. Cultivemos a imaxinación política. O atlas inglés e a compra-venda nordestina compartillan algo en canto "pensamentos do espazo"; fan do "medio" a "mensaxe" no sentido de "destruír" o marco de referencia tradicional que alén do reverso de vaidade, reflectiren dende diferentes contextos lexitimadores e modelos de acontecemento, unha mesma angueira de representar e de representarse, diverxente das coordenadas ao uso. Unha teatralidade que se torna deriva dos signos, un limiar entre a vida e a representación, unha metaficción: ao cabo, toda historia é literatura que nos fala máis do presente do que do pasado. Asimetrías e cultivos divididos que "exclúen" aos "outros", entanto outras formas de comunitarismo de rango superior (parroquial, mancomún) poderían unilos en solidariedades elementais que se evocan na evocación performativa dos "outros", nunha lonxanía ausente na que o "mar por medio" constitúe unha res extensa propia. Quen non habita- dí Sloterdijk- non se conduce coa súa contorna como un cartógrafo ou agrimensor. De aí que unha vez medido o monte, a escritura achegue esta inclusión creadora nunha unidade de maior alcance rexional definida coa fórmula limita ao norte con Inglaterra mar mediante. Reterritorialízase o mar, o que de seu é metáfora de desterritorizalización. É a realización dunha vontade encarnada no seu lugar logo de terse solucionado os pareceres encontrados na tirapuxa de compra-venda ou na partilla do herdo. Puro espírito local-civil que, fronte a simples semántica do interese propio, acha un equilibrante límitador no horizonte semántico de crecemento do mundo dende as leiras creativas. Así, o horizonte escorre até tornar Inglaterra unha leira máis na fronteira imaxinaria, en tanto o mapa inglés que espreme os matices que outros non souberan ver opera como recoñecemento (imaxinario) de si mesmo tendendo pontes entre o simbólico e o real. Tamén o mapa inglés nos ofrece a singularidade dunha imaxe especular de noso que opera como crenza; é unha ilusión ou fantasía estruturante -en sentido lacanián-, mas temos que acreditar nela (as estimulantes linhas força de Joám Lopes Facal exploran, ao meu ver, ese soño). O mapa e a escritura representan un desafío fronte a orde ríxida dos marcos invisíbeis e ofrecen, ao seu xeito, a relativa desorde da excepción. Desafíannos a transformar as concepcións previas e ampliar a capacidade de imaxinación; ao cabo, singularidade é o que non pode xustificarse por ningunha norma ou acordo anterior, pola contra, é a propia norma a que ten de ser mudada para facerlle sitio á singularidade. A fronteira impensada que imaxinara Rimbaud refería unha cultura política, un xeito de facer Formas de representarse a realidade que guindan unha pregunta, trazan lindeiros, albiscan pasos, establecen unha problemática que apunta a unha necesidade de utopía. Velaí o europeísmo que se está a perder co culto á relixión do Capital. Tomemos ao pé da letra aos creativos. O mar mediante dunha Europa reducida a mercado ou a Maastricht, a uns tratados. A fronteira impensada que imaxinara Rimbaud refería unha cultura política, un xeito de facer. As fronteiras norteafricanas do estado español ou a nova lei do aborto non son por acaso fronteiras lexislativas entre o que pode e o que non pode ser representado – non para transcender a representación-, mas para expor o sistema de poder que autoriza determinadas representacións encanto bloquea, prohíbe e invalida outras que ben poderían servir mediación de ida e volta entre as diversas rexións da vida social? O ámbito da política e súa práctica actual piden a berros unha revisión que as formas extremas do individualismo globalizado por unha banda, e a narración única da metafísica constitucional por outra, obturan dificultando así a elaboración dunha narración que atinxa ese oco no que corpo social teña o enteiro mar mediante por guía. Debe ser porque quen isto escribe considera que reinventarmos Galiza non é imposíbel Debe ser porque quen isto escribe considera que reinventarmos Galiza non é imposíbel. E porque se pode cultivar a crítica social radical contra as desigualdades sen precisarmos a roteiro onto-epistemolóxico da metafísica constitucional. |
NOS_898 | E até o 2 de xullo. | A solicitude de voto por correo para as próximas eleccións galegas do 12 de xullo pode facerse electronicamente desde hoxe, 8 de xuño, até o vindeiro 2 de xullo a través da páxina web de Correos. Segundo especifica o operador de servizos postais e de paquetes nun comunicado, a solicitude pode realizarse mediante sinatura electrónica e mediante sistemas de identificación, como o certificado de persoa física recoñecido polo Goberno e o documento nacional de identidade electrónica (DNI-e) . Desta forma, afirman, búscase protexer a saúde das e dos electores e do persoal de Correos. Adicionalmente, as e os electores poderán facer a súa solicitude de voto presencial nas oficinas de correos. Esta solicitude deberá ser cursada polo elector, agás no caso de enfermidade ou discapacidade que o impida e que estea acreditada por certificación médica oficial, o que permitirá que outra persoa autorizada poida realizar a solicitude. Así, as e os electores deberán acreditara súa identidade no momento da solicitude na oficina de correos. O prazo para facer esta solicitude presencialmente tamén rematará o 2 de xullo. Así mesmo, comprobarase a identidade do elector ou electora cando se entregue a documentación electoral do voto por correo á súa casa, que terá lugar a partir do 22 de xuño. Para iso comprobarase o DNI, pasaporte ou carné de conducir e anotarase o número do documento de identificación. Así, notificarase a recepción dos sobres e papeletas, aínda que non será necesario que o elector asine a entrega. Ademais, o elector poderá entregar ao carteiro os sobres electorais completados, despois de que recibirá o xustificante de depósito do seu voto, o que lle impedirá pasar a unha oficina de correos. |
NOS_44037 | Un roteiro pola beira oeste da ría de Foz e coñecer o espazo incluído na rede Natura como LIC/ZEC "Ría de Foz-Masma" e na ZEPA "Ría de Foz". | Unha camiñada para percorrer a beira oeste da ría de Foz, e coñecer o espazo incluído na rede Natura como LIC/ZEC "Ría de Foz-Masma" e na ZEPA "Ría de Foz", aproveitando unha gran parte do trazado da segunda etapa dos Camiños Naturais do Cantábrico e algún desvío que nos leve máis pola beira do mar. Os camiños naturais do Cantábrico son un roteiro litoral que na Galiza percorre, en sete etapas, 170 km, entre Ribadeo e Ladrido (Ortigueira). Paraxe: A Mariña central / Concello: Foz / Percorrido: 9 km (lineais) / Dificultade: Baixa Comezamos na ponte do Masma para ver a parte de máis a dentro da ría, unha zona de augas quedas, pouco fondas e de fondo lamacento consecuencia en gran medida do estrangulamento que lle produce o dique que crea a vía do tren; logo percorrendo o camiño acondicionado da beira da estrada imos ata o desvío á dereita, pola estradiña que, ao ir gañando altura, nos ofrece unha boa panorámica desta zona interior. Ao chegarmos ao final da recta, e da subida, temos un desvío á dereita que baixa para levarnos de novo á beira da auga na praia dos Fondás e a punta da Arnela. Se a marea está alta temos que volver polo camiño da ida, pero se está baixa podemos seguir pola praia e por debaixo do cantil da punta da Granda para chegar a un camiño que, beireando o pequeno esteiro do rego de Vilaronte, nos volve á ruta, co que aforramos a subida e medio quilómetro de camiñada. O camiño segue preto da auga e métenos no esteiro do río Centiño ata chegarmos ao pé dos pasos de Malates, que servían de atallo para cruzar a ría á xente da contorna, dos que só quedan unhas ringleiras de pedras no fondo do río. Nesta zona, debaixo do tendido eléctrico, temos que apartarnos do río para subirmos ata a beira das casas e continuar ata o novo desvío polo que logo cruzamos o río Centiño e imos á outra banda do esteiro, do que adiante hai unha boa vista, e pasar por debaixo do campo de fútbol. No empalme collemos á dereita, rodeando unha mancha de árbores, para volver á beira e atoparnos de novo co que queda dos pasos de Malates, como explica o panel que hai á beira do camiño, e seguindo atopamos outro panel que nos conta da draga "A Chata", da que, debaixo do cantil, temos o pouco que queda dos seus restos, un pouco máis alá chegamos ao asfalto para rodear os estaleiros, aínda que se a marea axuda podemos seguir pola beira, ata acadar a punta dos Malates e desembocar na zona portuaria. Desde aquí percorremos a fachada marítima da vila, pasando dun peirao ao outro, para mirar a estreita boca da ría, pouco máis dun cento de metros entre a punta Tupide e o dique do peirao, e desembocar na praia da Rapadoira, onde damos por finalizado o percorrido. |
NOS_2784 | Máis dun cento de hectáreas arderon xa no fogo declarado esta cuarta feira e que aínda segue activo. | As autoridades desactivaron na madrugada desta quinta feira a 'situación 2' de alerta por proximidade a vivendas do núcleo de Pereiro, no incendio forestal declarado na tarde da cuarta en Castrelo de Miño, que xa ascende a 147 hectáreas queimadas. Segundo o último parte da Consellaría do Medio Rural, con datos até as 8.30 desta quinta feira, este fogo segue activo na parroquia de Barral, se ben nestes momentos "non hai perigo para os núcleos de poboación". Falta de medios Nas tarefas de extinción traballaron até o momento, entre outros medios, 41 brigadas, 26 motobombas, seis avións, catro pas, 11 helicópteros e 21 técnicos. Porén, veciños de Castrelo sinalan a Nós Diario que os medios de extinción tardaron en chegar debido, en boa parte, a que o Concello decidiu non solicitar as brigadas municipais, contratadas polo anterior Goberno do BNG, ao consideralas "prescindíbeis" por non teren "traballo abondo". Castrelo de Miño enfróntase a un incendio que xa arrasou 20 hectáreas, sen brigadas nin motobomba municipais A motobomba da que dispón o municipio, explica, "chegou tarde porque estaba a ser arranxada no taller, en plena tempada de alto risco de incendios". As mesmas fontes afirman que o fogo se descontrolou pola extensión do piñeiral e máis os refachos de vento, que avivaron as chamas. "O hidroavión chegou tarde. Se tivese estado desde o principio, estando tan perto dun encoro, a extinción tería sido moito máis rápida e sinxela", precisan. |
NOS_51629 | A federación de Banca da CIG e A Mesa pola Normalización Linguística impulsan unha campaña coa que se pretende concienciar á sociedade galega da necesidade de esixirmos o dereito a ser atendid@ na lingua propia , demandar un dereito que permitiría crear traballo. Vídeo no Interior | A federación de Banca da CIG e A Mesa pola Normalización Linguística anunciaron o inicio dunha campaña nacional - 'Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí'- para reivindicar o dereito a ser atendido en galego nos centros de chamadas das empresas que operan en Galiza. Isto, afirman, permitiría a creación de máis de 2000 empregos, para alén de "rematar coa discriminación do idioma nesta materia". O presidente da Mesa pola Normalización Linguística, Marcos Maceira, o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, xunto á responsábel dos Centros de Chamadas da central sindical, Laura Pérez Figueroa, compareceron para presentar os principais aspectos dunha campaña coa que se pretende concienciar á sociedade de que exixindo o dereito a ser atendidos no idioma propio de Galiza tamén axudan a crear emprego CIG e MNL explicaron que até hai moi pouco as grandes empresas que operan en Galiza, e que teñen sub-contratados os servizos de atención telefónica aos clientes, mantiñan estes centros de chamadas no país. Mais na última década apostaron polo seu peche e deslocalizaron o servizo para centralizalo . No caso galego esta deslocalización "motivou o peche de numerosos centros de traballo que foron transladados a outras partes do Estado. Entre o ano 2010 e 2012 destruíronse arredor de 2.040 empregos". No marco da campaña distribuiranse uns cartóns postais que poderán enviarse ás compañías instándoas a garantir o uso do galego como lingua preferente en todas as súas comunicacións e nos servizos que teñan un contacto persoal, "agás que os clientes indiquen outra preferencia". Tamén se lles demanda que nos casos onde se oferten diferentes opcións "o galego sexa sempre unha opción real". Incidirase tamén na necesidade de solicitar que a documentación, facturas e formularios estean en galego. Para isto tamén se recollerán sinaturas a través de internet e con mesas nas rúas e realizaranse reclamacións colectivas. |
NOS_4033 | Este 7 de febreiro a administración de xustiza inicia unha greve indefinida en Galiza. Non é un capricho, inciden as organizacións convocantes, fartos da "irresponsabilidade" da Xunta neste conflito. Falamos con Pablo Valeiras, voceiro da plataforma que une a toda a representación sindical. "Esta loita é contra a discriminación dos traballadores da xustiza galega a respecto dos do resto do Estado" | Pablo Valeiras, de Alternativas na Xustiza-CUT, é un dos voceiros da plataforma que reúne a todos os sindicatos da administración de xustiza en Galiza – CIG, USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO – e que manteñen una unidade total neste conflito -Como se chegou a este punto, á convocatoria dunha greve indefinida na administración de xustiza de Galiza? Que se ten que dar para unha desconvocatoria? -Chegamos aquí porque a Xunta decidiu discriminar todos os traballadores da xustiza galega a respecto dos do resto do Estado. Por iso a propia Xunta ten doado acabar con isto. Como? Pois acabando coa discriminación na xustiza galega. -O conflito endureceuse neste último tramo… -En novembro pasado comezamos co intento de negociación, poñendo riba da mesa os recortes que sufrimos os traballadores da administración de xustiza, entre 10.000 e 3.500 euros aos que sumar os 100 euros que perdemos de media todos os meses a respecto do resto dos territorios do Estado. Non aturabamos máis, consideramos que era o momento de solucionar isto. O que procura a Xunta non é negociar, é tombarnos -Comezaron entón as negociacións… -Durante varias reunións, incluídas as dos primeiros días de greve [1 e 13 de decembro] a Xunta negábase a calquera negociación. Os primeiros avanzos viñeron cando a presidenta do Consello galego de relacións laborais (CGRL), ante a envergadura que estaba a coller o conflito, decidiu mediar ela de 'motu propio'. Na acta desa primeira reunión coa mediadora recóllese: "as partes recoñecen capacidade para negociar todos puntos obxecto da convocatoria da folga". Durante as tres reunións que mantivemos con esa mediación, a Xunta admitiu que había discriminación e que era necesario chegar a un acordo. O 9 de xaneiro, a propia presidenta do CGRL dixo que era imprescindíbel presentar cantidades para negociar en torno a elas. Nós puxemos enriba da mesa unha oferta e a presidenta dixo á Xunta que tiña que dar unha contestación. Os representantes da Xunta dixeron que nese momento non podían dala, que tiñan que falar con Facenda. Despois diso, silencio absoluto até que se presentou o director xeral de Función Pública, que non estaba nesa mesa de negociación, para dicir que aquelas primeiras cantidades que se puxeran riba da mesa para negociar eran as definitivas. Entrou Facenda e acabouse a negociación. Os sindicatos non asumimos que un documento de traballo sobre o que negociar sexa o definitivo, o de feche. Desde 2013 a 2016 fomos a única comunidade de todas as que teñen transferida xustiza que recibimos un recorte de entre 10.000 e 3.500 euros por traballador -A Xunta di que é inasumíbel asumir as cantidades que vós pretendedes -Isto non é unha reclamación económica, esta é unha reclamación contra a discriminación que temos os traballadores da xustiza galega fronte ao resto de traballadores da xustiza no Estado. A día de hoxe, os traballadores da xustiza galega estamos discriminados a nivel sanitario fronte a maxistrados, fiscais, secretarios. En baixas por gripe, varicela ou sarampelo eles non teñen ningún tipo de desconto e a nós descóntannos 50%. Pero os traballadores dos outros territorios do Estado tampouco teñen descontos pola gripe. Nós si. Desde 2013 a 2016 fomos a única comunidade de todas as que teñen transferida xustiza que recibimos un recorte de entre 10.000 e 3.500 euros por traballador. Iso é un recorte de 20%, un recorte máis grande do que pedimos nós agora de incremento. Ademais, mensualmente os traballadores de xustiza galega perdemos 100 euros de media a respecto dos de outros territorios. -Cal é a situación da xustiza en Galiza. Hai quen indica que na xustiza a Xunta aplica a mesma filosofía política que na sanidade ou educación -Entre 2011 e 2018 o diñeiro destinado nos orzamentos á externacionalización na xustiza pasou de 2 millóns a 11 millóns de euros. A política do PP consiste en que os servizos públicos empeoren para poder xustificar a súa privatización. Tanto na sanidade, como na educación como na xustiza. O diñeiro prima sobre o interese público e sobre os servizos públicos. -O comité de folga anunciou que recorrería os servizos mínimos impostos pola Xunta para o 7 de febreiro, ao considerar que son abusivos e vulneran o dereito constitucional á greve -Primeiro, o borrador de servizos mínimos que temos da Xunta está en castelán, un bo exemplo do que pasa co galego neste país. En canto aos servizos mínimos, consideramos lamentábel a proposta. Manteñen como servizos mínimos esenciais os mesmos que para as tres xornadas de greve precedentes (actuacións urxentes do Rexistro civil, rexistro de asuntos urxentes, actuación con prazo, e xulgado de garda) e, non obstante, os servizos mínimos alcanzan nalgúns xulgados máis persoal do que realmente existe, como por exemplo en Fonsagrada. O que procura a Xunta non é negociar, é tombarnos. |
NOS_4460 | Serán os primeiros comicios autonómicos aos que non presenten candidaturas, mais non chaman á abstención. Critican con dureza a coalición Anova-EU que din incompatíbel coas necesidades de Galiza. | A organización independentista NÓS-Unidade Popular vén de facer pública, a través dun comunicado da súa Dirección Nacional, a decisión de non presentar candidaturas aos comicios autonómicos do vindeiro 21 de outubro. As causas que alegan para non concorrer á convocatoria electoral se refiren aos escasos prazos para presentar candidaturas, por mor da "precipitación" desta, e máis o "descrédito xeral das forzas institucionais e do propio proceso electoral". Con todo, no mesmo comunicado sinalan que a súa intención era a de presentarse como fixeran nos dous anteriores procesos. Outra das causas que motivan a decisión da forza independentista é o escaso desenvolvemento do seu proxecto político, recoñecendo non ter posibilidades de acadar representación parlamentar. No comunicado admiten que a derrota do Partido Popular sería unha "boa noticia", malia que na súa opinión non tería porque significar a superación das súas políticas antisociais. Nese sentido, apuntan a corresponsabilidade do PSOE na "aplicación das medidas impostas pola troika". Doutra banda cargan contra a coalición entre Anova e Esquerda Unida, cualificándoa de "conglomerado social-demócrata empeñado en humanizar o capitalismo suavizando as medidas antipopulares". O feito de que sectores declarados nacionalistas converxan cunha organización de matriz española, segundo NÓS-UP, "nunha dinámica imposta pola propia IU" desde Madrid, lévaos a valorar a Alternativa Galega de Esquerda como incompatíbel coas "verdadeiras necesidades da nación galega e do noso povo traballador". En relación ao BNG, aínda reiterándose na súa crítica das súas posicións por as considerar "insuficientes", cualifican a candidatura nacionalista como "a única que representa un proxecto galego fronte o sucursalismo do resto". No seu comunicado, malia expresar desafección co proceso electoral, non chaman á abstención e unicamente se limitan a sinalar que NÓS-UP non apoia ningunha candidatura. |
PRAZA_16899 | ENTREVISTA | Alejandro Guillán, antes Alex Casanova, agora como Baiuca, vén de publicar Solpor, un álbum que mistura música tradicional e electrónica e que xa está a presentar en directo en todo o Estado. Audios no interior | Unha pandeireta e un sintetizador, unhas cunchas e un secuenciador. Baiuca ten un pé na tradición e outro na electrónica, nese espazo fronteirizo onde sempre suceden as cousas máis interesantes. Baiuca é o novo proxecto do catoirense Alejandro Guillán, que antes publicara Antagonasia (2014) co nome de Álex Casanova. Se naquel álbum atopabamos un techno-pop fresco e moi convencional, nos nove temas de Solpor Guillán salta sen rede, determinado a crear cancións "mestura dun 50% de electrónica e dun 50% de tradición galega". O disco tende pontes entre a música de raíz (coa colaboración, por exemplo, das cantareiras da A.C. Xirandela) e as bases electrónicas, seguindo o ronsel aberto entre outros por Nicolas Jaar. Como conseguir resignificar as marcas culturais da Galicia pasada e a futura? Poden os ritmos de antes de onte soar aos de pasado mañá? Solpor, producido polo propio artista, mesturado por Sergio Pérez e masterizado en Irlanda por Stephen Quinn, xa se pode atopar nas plataformas dixitais e moi pronto contará cunha edición física. Baiuca xa presentou o álbum no Músiques Disperses de Lleida e no Melona Fest de Santiago de Compostela. En xuño estará no Sound Isidro de Madrid e en xullo no Ribeiro Son de Viño do Grove e no ARTeNOU de Sant Boi de Llobregat. O proxecto de Baiuca é moi diferente do que viñas facendo como Álex Casanova. Cando naceu en ti a idea de facer esta mestura entre sons tradicionais e electrónica? A mestura entre sons tradicionais e electrónica foi posible porque forma parte da miña vida, do que fixen na miña xuventude e do que veño facendo nos últimos anos, non é algo que aparecese agora porque si. Levo dez anos coa idea na cabeza, probando cousas que fixesen posible esta unión, pero non foi ata hai un par de anos, cando me mudei a Madrid, que conseguín encaixar as pezas do que quería facer. Por que o nome de Baiuca? Eu son de Catoira. Nacín na parroquia de Oeste, na que hai un lugar que se chama A Baiuca. Supoño que hai anos existiría na zona unha taberna. Quería ter un nome que fose moi identificativo para min, como era o de Alex Casanova. Casanova é o nome da familia do meu pai e na Baiuca está a casa dos meus avós por parte de miña nai. Ademais, gústame moito como soan as tres vogais xuntas. Gustábache previamente a música tradicional e folk ou comezou a interesarte máis recentemente? Escoitei música tradicional toda a miña infancia e nunca deixei de facelo. Cada vez que me mudei de lugar levaba unha frauta comigo. Sempre lembro poñer un CD e comezar a tocar coa frauta as cancións que soaban. Daquela para min todo isto é moi natural, son sons que sempre estiveron na miña vida. "Quizais entendíase que o resultado desta mestura tiña que ser unha especie de technomuiñeira de eurodance ou algo así. Pero o mundo da electrónica é moi amplo e pódense facer infinidade de cousas, apostas moi diversas" Non houbo ata agora demasiadas experiencias de fusión de música tradicional galega con electrónica. Si, en cambio, atopamos proxectos con propostas fronteirizas no flamenco, sons africanos, coa cumbia e outros estilos do caribe e latinoamérica. Por que cres que ata agora non se deu esta unión? Pesou un certo afastamento das novas xeracións con respecto á música tradicional? Pesou o purismo nunha e noutra beira? En certa medida sempre hai unha mestura en todas músicas. Na música tradicional galega a mestura foi coa música celta que se estaba a facer noutros lugares de Europa, como Irlanda. A influencia que hai dos Chieftains é grande, xa sexa en Milladoiro ou en Carlos Núñez. E iso é o que perdurou durante décadas. Hai moita xente que renega do folk, pero en moitas ocasións óbvianse as cousas que se conseguiron, hai artistas en Galicia cunha traxectoria inmensa. Quizais a parte da conexión coa electrónica nunca xurdiu totalmente e alguén tiña que rachar con esa barreira. Quizais entendíase que o resultado desta mestura tiña que ser unha especie de technomuiñeira de eurodance ou algo así. Pero o mundo da electrónica é moi amplo e pódense facer infinidade de cousas, apostas moi diversas. <a data-cke-saved-href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor" href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor">Baiuca - Solpor by Baiuca</a> Houbera xa algunhas experiencias (penso en bOnOvO, Ecléctica Ensemble, Projecto Trepia...), máis recentemente Nistra... Parece que esas fronteiras entre estilos comezan a rachar. Cres que imos escoitar nos vindeiros anos máis proxectos que exploren este camiño? Pero o que fixeron Nistra era mesturar dende Burela música de Cabo Verde con electrónica! A fusión entre tradición e electrónica e algo que xa vén dende os anos 70, en cada lugar do mundo coas súas músicas ou xente -como no caso de Nistra- que exploran música doutro país porque na súa vila natal, Burela, hai unha poboación importante de Cabo Verde. A quen lle sorprende a día de hoxe un grupo que imita aos Beatles? A música vai evolucionando e vanse explorando diversas canles. Projecto Trepia son incribles, pero hai máis nomes que fixeron cousas preto da electrónica como Mercedes Peón, Os Gru ou mesmo Carlos Núñez. Sería unha boa nova que fosen aparecendo novos nomes. Ao final isto non trata de pisar a música tradicional, senón de complementala, e no meu caso tamén se trata de achegar a música tradicional ás novas xeracións. Hai xente nova que non atopa conexión coa súa tradición e que a través da electrónica tal vez poida atopala. "A música vai evolucionando e vanse explorando diversas canles. Projecto Trepia son incribles, pero hai máis nomes que fixeron cousas preto da electrónica como Mercedes Peón, Os Gru ou mesmo Carlos Núñez" Debe o mundo da música tradicional aceptar que experimentos e mesturas contribúen a enriquecer os sons tradicionais da música galega? Debe o mundo máis indie ou electrónico desbotar as súas reticencias cara á música tradicional galega (cando seguramente escoitan encantados a Omar Souleyman ou Mbongwana Star? E que é así, como dis, en certas ocasións. Ou un violín e un acordeón son instrumentos puramente de tradición galegos? E non nos molesta que se mesturen cunha gaita ou un pandeiro. Por que non se vai a mesturar a electrónica? Teño que dicir que no mundo da música tradicional a xente que escoitou o proxecto está entendendo moi ben o que se pretende e está gustando. Eu estou encantado con que sea así. Tal vez os modernos que como ti dis escoitan a Omar Souleyman teñan que abrir máis a mente, haha. Non todos pero algúns si. "Un violín e un acordeón son instrumentos puramente de tradición galegos? E non nos molesta que se mesturen cunha gaita ou un pandeiro. Por que non se vai a mesturar a electrónica?" Como é o teu proceso de creación? Partes dun ritmo tradicional (ou dunha peza tradicional xa existente) e constrúes a partir de aí? Ou é ao revés e partes dunha base electrónica? Depende da idea que teña na cabeza. Se teño claro que quero facer unha muiñeira pois adoito centrarme no ritmo, se quero partir dunha voz pois parto de aí, ou parto dunha melodía. Non teño establecido un sistema concreto, gústame ver como vai evolucionando a composición. Noutros casos adoito ter unha idea moi concreta que é a que domina todo o proceso. Escoitando o disco dá a impresión de que todo flúe moi ben, todo encaixa: as percusións tradicionais e as bases electrónicas, a voz das cantareiras... Resúltache sinxelo combinar todos estes elementos? Moitas veces non é doado, pois hai sons que teñen demasiada personalidade e cústame integralos nos meus temas, pero como ti dis, as percusións son un dos elementos claves. O que máis me custou ao principio era que a gaita formase parte destes temas. Cría que era un dos elementos esenciais dun proxecto deste calibre pero pola forza e o protagonismo que adoita ter non era nada fácil que formase parte do proxecto. En cambio, as percusións e as voces casan moi ben cos sons electrónicos. <a data-cke-saved-href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor" href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor">Baiuca - Solpor by Baiuca</a> Como valoras o momento actual da electrónica en Galicia? É interesante que sigan aparecendo novas propostas de electrónica. Ao final non é o máis habitual en Galicia, pero cada vez que sae algo novo é moi especial. Hai cousas moi interesantes, como Músculo, Mounqup, Presumido… "Moitas veces non é doado, pois hai sons que teñen demasiada personalidade e cústame integralos nos meus temas, pero como ti dis, as percusións son un dos elementos claves" Tes máis temas ademais dos que xa publicaches? Fixeches descartes? Vas seguir compoñendo nesta liña? Vai haber máis Baiuca? Estou preparando un novo traballo que espero que vexa a luz antes de que remate o ano. Van ser dúas ou tres cancións dun pequeno proxecto que estou desenvolvendo. Do disco tamén quedou algún tema pendente. Al final Solpor representa un conxunto de ideas cun denominador común, que é a mestura dun 50% de electrónica e dun 50% de tradición galega, pero no que cada tema representa unha idea diferente, un camiño polo que tirar, por iso creo que sentei neste disco as bases do que pode ser esta mestura e cara onde mirar. En paralelo coas cancións publicaches varios vídeos (creo que todos de Adrián Canoura). É importante para ti a parte visual do proxecto? Adrián Canoura é un videoartista de Burela que coñezo dende hai uns anos e que constrúe os seus traballos a través das nosas tradicións, como poden ser a Santa Compaña ou a figura do Demo para levalas a unha nova dimensión. É unha idea similar á que busco con Baiuca e por iso os nosos camiños tiñan que xuntarse na parte visual do meu proxecto. Intento que as ideas e as sensacións que quero transmitir teñan máis forza en todo o que fago e a parte visual é sempre un apoio. Imos sacar proximamente un formato moi especial do disco que é algo que leva un par de anos na miña cabeza e que por fin se vai facer realidade. "Levo varias máquinas electrónicas, como un secuenciador, un sampler, un sintetizador… que se van mesturando con frautas e cunchas que eu vou tocando en directo, apoiándome na parte visual" Como vai ser a presentación en directo de Solpor? Con que formato? Xa estamos presentando Solpor en directo e este verán temos varias datas para Galicia que irán anunciándose nestes meses. Levo varias máquinas electrónicas, como un secuenciador, un sampler, un sintetizador… que se van mesturando con frautas e cunchas que eu vou tocando en directo, apoiándome na parte visual. Sorprendeuche a recepción que está tendo o álbum, que está soando moito en todo o Estado, por exemplo a través de Siglo XXI de Radio3? Eu quero que todo o mundo poda coñecer Baiuca e que se coñeza Galicia e o que hai na nosa terra. Nese senso, que o disco soase en Siglo XXI durante dúas semanas foi unha alegría. Estou moi contento de como está respondendo a xente cando escoita os temas, tanto en directo como na gravación e eso axúdame a seguir traballando en cousas novas. Non quero parar agora. Sinto que todavía teño moito que contar. <a data-cke-saved-href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor" href="http://raso.bandcamp.com/album/baiuca-solpor">Baiuca - Solpor by Baiuca</a> Escoita o disco completo en Bandcamp |
NOS_43437 | Este sábado ás 14.00h foi convocada unha xornada mundial de apoio á loita do pobo curdo en Rojava. | O chamamento foi lanzado por 130 persoas, procedentes de múltiples e diversos ámbitos, através dun manifesto de solidariedade coa resistencia curda en Kobane. O obxectivo é chamar a atención da denominada 'comunidade internacional' e a opinión pública sobre o que está a acontecer en Kobane mais tamén en toda a Rojava. Nomes como o lingüísta Noam Chomsky ou o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel súmanse ao de moitas outras persoas nun berro conxunto contra o ISIS e en apoio e solidariedade coas Unidades de Protección Popular que defenden desde hai máis de corenta días o Curdistán sirio. Intelectuais, cientistas, xornalistas e organizacións de dereitos humanos de todo o mundo queren lembrar este 1 de Novembro que este é o cuarto ataque lanzado polo ISIS contra o sur da Siria e, no concreto, contra Kobane. Unha agresión na que están a aplicar maiores forzas após seren derrotados en anteriores ocasións polas Unidades de protección popular curdas (YPG e YPJ). Asemade, lanzan un berro unánime á denominada "coligazón internacional", nomeadamente os EUA, para que actúe de maneira efectiva na loita contra o ISIS apoiando, en primeiro lugar, o combate da resistencia curda. Neste senso, sinalan no manifesto publicado, "o ISIS ten abordado as fronteiras de Kobane, usando armas pesadas feitas nos EUA. Centenas de millares de civís atópanse ameazados", ao tempo que engaden: "o pobo de Kobane está tentando resistir usando armas básicas contra os ataques máis brutais de terroristas do ISIS, apenas coa axuda da Unidade de Protección Popular na rexión do Curdistán-oeste, o YPG e YPJ, mais sen calquera axuda internacional". Entre @s asinantes atópanse Noam Chomsky (EUA), o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel ou Maria Augusta Calle, presidenta da Comisión de Soberanía e Relacións Internacionais da Asemblea Nacional do Ecuador De por parte, explican, integrantes desa coligazón como Turquía "están a fornecer de apoio financeiro e militar aos terroristas do ISIS no Iraque e na Siria" polo que "se o mundo quer democracia no Oriente Medio, debe apoiar a resistencia curda en Kobane" e o propio proxecto político que representa Rojava. Para iso, chamaron a saír ás rúas e demostrar, así, o seu apoio á resistencia contra o ISIS. Entre os nomes das persoas asinantes atópanse o profesor Noam Chomsky; Adolfo Perez Esquivel, Premio Nobel da Paz 1980-Argentina; Luisa Morgantini, ex-vice-presidente da EP-Italia; Margaret Owen, avogada de dereitos humanos do Reino Unido; Prof. Michael Günter, Turquia Comissão Cívica UE (EUTCC) -US; Peter Tatchell, director da Peter Tatchell Foundation no Reino Unido; Fabio Amato, Representante das Relacións Exteriores do Partido RPC e Secretaria da Esquerda Europea-Italia; Nora Cortinas, activista de dereitos humanos, co-fundadora das Nais da Praza de Maio-Arxentina; María Augusta Calle, presidenta da Comisión de Soberanía e Relacións Internacionais da Asemblea Nacional do Ecuador. |
PRAZA_14365 | O número de traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego aumentou un 43%, mentres que os ERE autorizados ou comunicados incrementáronse un 85,3% no país. | Dispáranse os despidos por ERE en Galicia. O número de traballadores afectados por algún tipo de expedientes de regulación de emprego aumentaron un 43,2% até xullo no país e subiron até os 16.428, fronte aos 11.472 rexistrados entre xaneiro e xullo do ano pasado, segundo os datos feitos públicos polo Boletín de Estatísticas Laborais do Ministerio de Emprego. O número de afectados por ERE aumentou un 43% até xullo en Galicia Por outra banda, no conxunto do Estado, o número de traballadores afectados por ERE autorizados polas autoridades laborais ou comunicados ás mesmas aumentou un 55,3% no sete primeiros meses do ano en comparación co mesmo período de 2011. Hai que ter en conta que, logo da reforma laboral aprobada polo Goberno do PP, xa non fai falta autorización para aplicar un expediente. En concreto, en España un total de 271.835 persoas víronse afectadas por un ERE até xullo, en contraste cos 174.964 que estiveron implicadas nunha regulación de emprego durante o sete primeiros meses de 2011. Até xullo, os expedientes de regulación de emprego autorizados ou comunicados aumentaron un 72,4% en comparación co mesmo período de 2011, até sumar 19.879, fronte aos 11.529 do sete primeiros meses do ano pasado. O número de ERE autorizados ou comunicados incrementouse un 85,3% en Galicia No caso de Galicia, o número de ERE autorizados ou comunicados ascendeu a 1.488, o que supón un aumento do 85,3% en relación aos sete primeiros meses do ano pasado. Do total de traballadores afectados, 1.928 víronse incluídos nun ERE de extinción, o que supón un descenso do 9,23% en relación ao mesmo período de 2011. Ademais, outros 10.667 traballadores víronse afectados por un expediente de regulación de emprego de suspensión, o que representa un aumento do 36,67%, mentres que sobre 3.833 aplicouse un ERE de redución de xornada, o que supón multiplicar por 2,5 o número do ano anterior. Deste xeito, o 64,93% dos traballadores afectados por un ERE en Galicia entre xaneiro e xullo enfrontáronse a un expediente de suspensión, fronte ao 11,74% ao que se lle aplicou un de extinción e ao 23,33% ao que se lle aplicou un de redución de xornada. |
NOS_45097 | Primeiro foi o mundo lapón instalado en María Pita, logo a presentación ao ritmo de sevillanas, agora a campaña de promoción de produtos da terra. "Yo soy de la merlucita del pincho, yo del capón de Villalba" lese nos carteis. O concello da Coruña non para nestas festas | O alcalde do PP da Coruña non para de dar noticias coa súa conmemoración do Nadal. A campaña que está á vista nas rúas da cidade está a asombrar a cidadanía tanto polos seus texto en español como por incumprir a lei e empregar os topónimos deturpados. Unha marquesina co texto "Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de Villalba" coa lenda da campaña "Esta Navidad nos une a todos" pon o ramo a uns preparativos que conseguiron encender a oposición pola súa extravagancia, polos suntuosos gastos e polo afastamento do país en que se desenvolven. A campaña leva na parte inferior esquerda o logotipo do concello. O concello da Coruña gastará arredor dun millón de euros na campaña do Nadal. Dedícalle 72.500 euros á construción dun poboado de Papá Noel na praza de María Pita e máis de 50.000 á cabalgata de Nadal. O alcalde Negreira presentou a campaña acompañado de mulleres vestidas de sevillanas. |
NOS_31930 | A prioridade para os próximos días pasa por desconxestionar a zona dos máis de 360 buques que están a esperar para transitar por Suez. | O portacontedores ' Ever Given' da navieira Evergreen que desde hai días bloqueaba o Canal de Suez xa non está varado, confirmaron as autoridades exipcias. Esta madrugada logrouse desencallalo. Desta forma, comeza o proceso para a reapertura da infraestrutura. Tras múltiples tentativas, logrouse desencallar o megabuque cos traballos de dragaxe dos últimos días, as actuacións de até unha decena de remolcadores simultáneos e aproveitando a marea alta. A embarcación bloqueaba a infraestrutura exipcia desde o pasado 23 de marzo. A Autoridade do Canal de Suez decidiu suspender a navegación por unha das principais arterias marítimas e comerciais do mundo para reflotar o portacontedores de Evergreen, de máis de 20.000 TEUS (contedores) de capacidade. Aínda que se apuntaron desde condicións meteorolóxicas até fallo humano, aínda se descoñecen as causas do incidente, que será analizado en profundidade para dirimir responsabilidades. En todo caso, a prioridade pasa agora por finalizar os labores de desencallar o ' Ever Given' e, sobre todo, por desconxestionar a zona dos buques que están a esperar para transitar por Suez, tanto na roteiro Norte-Sur como Sur-Norte. En total, segundo Leth Axencies, compañía norueguesa especializada en servizos marítimos e con presenza en Suez, son no minimo 367 as embarcacións pendentes da reapertura para navegar pola canle. Deles, aproximadamente a metade están á espera de realizar a roteiro Norte-Sur e a outra, a inversa. Trátase maioritariamente de barcos graneleiros, tanto de sólidos como de líquidos, aínda que, contabilizáronse máis de 60 portacontedores. |
NOS_43368 | É unha das voces máis influentes da ala esquerda de Syriza. | Costas Lapavitsas é profesor de economía en Londres e membro do Parlamento heleno. É unha figura moi destacada da esquerda grega e a súa posición a respeito da eurozona é inequívoca desde hai anos: dentro dela non é posíbel realizar políticas alternativas e progresistas. Nunha tribuna publicada en The Guardian, Lapavitsas argumenta que "cando Grecia se uniu á eurozona en 2001, a entrada produciuse sen un debate público adecuado e sen que ninguén explicase que a Unión Monetaria Europea envolvía un marco institucional moi severo e unha ríxida lóxica baseada na austeridade e na ideoloxía neoliberal". Na súa opinión, a eurozona "ten fracasado" como unión monetaria e iso porque Alemaña "ten mantido os seus salarios en parámetros baixos, o que lle ten permitido acumular largos superavits comerciais e converterse así no maior prestamista e no estado máis poderoso en Europa". Por contra, Grecia "ten sido devastada" polas políticas impulsadas por Berlín e "só é cuestión de tempo que eses devastadores efeitos se fagan sentir tamén en países centrais da unión monetaria, como Francia e Italia". A insistencia do "sistema político grego" en non abandonar a eurozona "estaría achegándose agora aos límites da traxedia" Reflicte Lapavitsas que até "recentemente" a ideoloxía de "Europa" serviu para opacar a "ruda realidade" do que "realmente significa a unión monetaria para as economías e sociedades europeas". Agora, acrecenta, xa non fican restos das ilusións gregas en "Europa". Non poupa críticas á dirección de Syriza o parlamentar do sector crítico desta coligazón de esquerda, embora prefire aludir o "sistema político grego" en xeral, ao que imputa ter "mantido" o país na zona euro a calquer prezo. Esa insistencia en non abandonar a moeda europea estaría "achegándose agora aos límites da traxedia". Syriza, argumenta, obtivo un grande éxito eleitoral, mais a súa "estratexia colapsou miserabelmente desde o goberno", critica asperamente Lapavitsas, para quen o acordo selado por Tsipras co Eurogrupo "non resolverá os problemas do país e probabelmente se vai revelar como estéril". Alternativa Que propón Lapavitsas como alternativa? Basicamente elaborar un "detallado plano de saída [do euro], redixido co colaboración dun amplo elenco de economistas". Isto é, preparar unha "moeda nova", desde a consideración de que "non vai ser unha variña máxica", mais no mínimo si que permitirá "liberar o país da trampa en que se acha sumido" ao sentar as bases para a reconstrución da economia produtiva. Fe de Grallas: Na primeira versión desta noticia informábase erroneamente de que Grecia se incorporou á eurozona en 2012, cando en realidade o fixo en 2001. |
NOS_39415 | Nove historias con moita mensaxe en só 1.165 palabras. | A Real Academia Galega e PuntoGal entregaron os premios do IV Concurso de microrrelatos que ambas as institución convocan conxuntamente co propósito de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias na Rede. As persoas gañadoras nas tres categorías –infantil, xuvenil e adultos–, de entre 8 e 35 anos, leron no salón de actos da Academia cadansúa historia, nove contos que suman menos de 1.200 palabrasl. Os presidentes da RAG e de PuntoGal, Víctor F. Freixanes e Manuel González González, entregaron os galardóns acompañados doutros membros dos dous xurados encargados de avaliar os preto de 1.600 relatos de ata 200 palabras que concorreron á última edición do certame, máis do dobre ca na anterior. Os contos premiados poden lerse nunha publicación dixital dispoñíbel na páxina web do concurso, relatos.gal. A gañadora do primeiro premio na modalidade de adultos é Paloma de Toro (Ourense, 1985) con "Non te gastes", Luca Chao (Lugo, 1988) mereceu o segundo con "Aves de paso" e María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993), o terceiro con "Sara". Alba Guzmán Falcón (Ourense, 2003) fíxose, con "Bolboreta", co primeiro premio da modalidade xuvenil, na que Nayara Alonso Barredo (Salceda de Caselas, 2004) foi recoñecida co segundo por "Ela" e Lucía Álvarez Puga (Vigo, 2004), co terceiro por "A choiva". Álex Gallego Couñago (Arcade; 2010) foi galardoado co primeiro premio de infantil (ata 11 anos) con "Saíndo do túnel" e Niara Cabrerizo Collazo (Moaña; 2013 e Carmen Mendaña Vázquez (Santiago de Compostela, 2011), co segundo e o terceiro, respectivamente, por "Unha mala noite" e "Papá". As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos- e relacionados coa lectura. As súas historias son exemplo do crecente éxito do concurso, tanto polo número de textos presentados como pola calidade de moitos deles, destacan os presidentes da RAG e PuntoGal. "Esta é xa unha iniciativa de referencia na que participa xente de todo tipo que sente que ten algo que dicir, e que quere facer chegar a súa mensaxe ao público en galego: dende nenos e nenas de primaria até as persoas de máis idade, afeccionados e mesmo escritores profesionais unidos pola mesma paixón de contar historias, unha afección estreitamente relacionada coa da lectura e que, neste novo século, agranda o seu alcance a través da Rede", expresa o presidente da Real Academia Galega. "A participación tan numerosa de concursantes de todas as idades estase convertendo nun estímulo para a escritura en galego, e nunha vía para que moitos galegos e galegas traten de expresar de maneira literaria as súas ilusións, pero sobre todo as preocupacións, os problemas e as frustracións que están deixando pegada na súa vida. E neste sentido, os microrrelatos non deixan de ser un espello bastante fiel do que está ocorrendo na sociedade", engade Manuel González. |
NOS_13638 | Convocada por Concello de Soutomaior e Confraría de Arcade contou con representantes de todas as formacións políticas. | Centos de persoas volveron marchar entre Arcade e Ponte Sampaio contra o trasvasamento do río de Verdugo cara o sistema de abastecemento de Vigo, unha marcha promovida polo Concello de Soutomaior e a Confraría de Arcade. Na mobilización tomaron parte representantes dos diferentes grupos políticos do concello e tamén alcaldes de municipios próximos, como o de Ponte Caldelas. Os convocantes advirten do forte impacto do trasvasamento. O bombeo de auga, indican, afectaría á salinidade, á sedimentación e ás correntes –ao acurtárense as correntes, aumentaría o lodo e quedarían improdutivos bancos marisqueiros– e poría en perigo o principal motor económico do concello de Soutomaior. Tamén afectaría, aseguran, á pesca de anguías. Por iso, piden estudios e análises rigorosos sobre o impacto e consecuencias dun trasvasamento que suporía 350 litros de auga cada segundo |
NOS_50922 | Política Lingüística eludiu unha resolución das inspeccións de traballo da Coruña e Ourense que estabelecía a obriga de contratar est@s profesionais para @s botar á rúa. | Denuncias por despedimentos improcedentes e unha queixa perante a Valedoría do Pobo. Serán as dúas accións que vai emprender a CIG-Ensino após a decisión da secretaría xeral de Política Lingüística de deixar no desemprego 476 docentes que impartían os cursos Celga --certificado de lingua galega--. Desta maneira, a Xunta evita aplicar a resolución das inspeccións de traballo da Coruña e de Ourense que estabelecen a obriga de contratar est@s profesionais. Fronte a isto, o que fixo o departamento que dirixe Valentín García foi ofrecer ao profesorado dos centros de secundaria a posibilidade de impartiren, como horas extra, a formación para a obtención dos devanditos certificados. Porén, segundo informou en rolda de imprensa o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, a práctica totalidade d@s docentes negáronse a dar os cursos como maneira de se solidarizaren co persoal despedido. Unha multa de 200.000 euros contra a consellaría de Educación A consellaría de Educación "está a actuar de maneira fraudulenta", sinalou Louzao, acusando o seu titular, Jesús Vázquez, de "afondar nas irregularidades" ao executar os despedimentos en lugar de proceder coas contratacións, tal e como obriga a inspección de traballo. Marta Dacosta, da executiva da federación de Ensino no sindicato nacionalista, subliñou como as resolucións desta institución emitidas en Ourense e na Coruña "recoñecen a situación de irregularidade deste profesorado", xa que obrigan a dalo de alta na seguranza social "con efectos retroactivos" e impón á Xunta unha sanción de máis de 200.000 euros. Pola súa banda, David Cobas, un d@s profesor@s que impartían as formacións dos Celga, acrecentou que non existe normativa nengunha que avale a decisión da consellaría de proceder con máis de 400 despedimentos e ofecer os cursos a persoal de secundaria en activo. Ao fío, Anxo Louzao acusou a Xunta de ser "un niño de caciquismo" e lembrou que xa en decembro de 2013 Educación chamou o profesorado a formaren tele-titor@s sen respectar a listaxe de contratacións que existía e aprobando despois unha resolución para lle dar apariencia de legalidade. |
NOS_6838 | O presidente da Xunta enxalza a súa xestión desde as eleccións do 12 de xullo, a pesar do contexto de crise social e sanitaria. | "Síntome moi orgulloso dos primeiros 100 días [de lexislatura]", aseverou no pleno do Parlamento o mandatario galego, Alberto Núñez Feixoo, durante a última sesión de control ao Goberno de 2020. Feixoo enarborou a súa xestión a pesar deste ano deixar un país azoutado pola crise económica e sanitaria, que desvelou a precariedade da rede residencial de maiores, na que xa faleceron 568 persoas usuarias a causa da Covid-19. Cuestionado precisamente polos grupos da oposición (BNG e PSdeG) en relación á xestión da pandemia, Feixoo esquivou as críticas sobre o seu gabinete aseverando que a oposición estaba en realidade pondo en cuestión o traballo das e dos profesionais sanitarios. O mesmo aconteceu coas críticas de nacionalistas e socialistas sobre a xestión do curso escolar, tornando o presidente a acusala de xulgar as traballadoras e traballadores da educación. Feixoo cargou ademais contra os orzamentos do Goberno estatal, "os perores en 17 anos" e engadiu que "o grave non é que o Partido Socialista estea a desmoronarse na Galiza, senón que Gonzalo Caballero -secretario xeral do PSdeG- se convertese no enlace sindical do Goberno estatal". O mandatario galego tamén reprendeu a líder da oposición e portavoz do BNG, Ana Pontón, polo voto do Bloque a favor da investidura de Pedro Sánchez. As catro chaves de Ana Pontón para 2021 Para Ana Pontón o Goberno galego está instalado na "improvisación e na falta de anticipación" e "repite" os mesmos erros. Por iso, a nacionalista demandou catro actuacións chave ao Executivo, que pasarían por "reforzar a sanidade pública e, en particular, a Atención Primaria con 250 millóns de euros, máxime agora que se vai encargar tamén da campaña de vacinación", considerou. Así mesmo, Pontón avogou pola posta en marcha dun "novo modelo de coidados das persoas maiores que garanta unha vellez digna" apostando para iso pola recuperación da "xestión pública das residencias". A terceira prioridade enunciada pola líder do Bloque é a posta en marcha dun "plan de rescate real" dos sectores e das traballadoras e traballadores máis afectados polo impacto da Covid-19, e citou en concreto o caso da hostalaría, turismo, comercio, cultura e das e dos autónomos. Como cuarto eixo, Pontón urxiu a construír e desenvolver "unha estratexia de país para que a Galiza consiga a xestión directa dos fondos europeos de reactivación". A ese respecto, a nacionalista sinalou a necesidade de lograr "un mínimo" de 12.600 millóns. Por último, Pontón recomendou a Feixoo "baixar do coche oficial e saír á rúa para coñecer a dura realidade". Caballero reprende Feixoo por conduta "imprudente" O presidente da Xunta defendeu que o protocolo sanitario non o obriga a gardar corentena despois de ser sometido a unha proba PCR e non ser contacto estreito, após coñecerse o positivo da conselleira de Mar, Rosa Quintana. Precisamente sobre esta cuestión puxo o foco Gonzalo Caballero que amosou desde o seu escano unha fotografía de Feixoo paseando a pasada sexta feira con Pablo Casado pola Coruña sen máscara nin distancia de seguridade. O presidente acusou Caballero de non diferenciar entre "contacto e contacto estreito" e afirmou contar cun dossier "cheo de fotos sen máscara" dos líderes da oposición, pero dixo que "non o ía a utilizar" na discusión política. Caballero cualificou de "imprudencia" a conduta do acto do PP con Casado na Coruña. |
Subsets and Splits