ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_17966 | O presidente da Xunta e dos populares galegos non aclara se membros do seu Goberno serán ao tempo candidatos oficiais, aproveitando así a proxección dos actos institucionais como xa ocorreu en 2015 Mato e Rey Varela multiplican os actos como conselleiros na Coruña e Ferrol, onde optarán á alcaldía co PP | Mato e Rey Varela multiplican os actos como conselleiros na Coruña e Ferrol, onde optarán á alcaldía co PP Un novo sacrificio seu por Galicia. Así é como presentou este xoves o presidente Feijóo a decisión aínda por concretar no tempo de que a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o de Política Social, José Manuel Rey Varela, deixen o Goberno galego para concorrer como candidatos ás alcaldías da Coruña e Ferrol nas eleccións municipais do próximo mes de maio. O presidente da Xunta e dos populares galegos non aclara se membros do seu Goberno serán ao tempo candidatos oficiais, aproveitando así a proxección dos actos institucionais como xa ocorreu en 2015 Tanto Mato como Rey Varela levan meses centrando a súa axenda como conselleiros nas cidades que aspiran a recuperar para o PP. Este xoves, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, Feijóo foi preguntado por cando se concretará a saída dos dous da Xunta, despois das reiteradas críticas do resto de formacións polo que consideran un uso partidista das institucións. Feijóo evitou concretar a data e centrou a súa resposta en xustificar o que suporía unha nova mudanza na Xunta non en función de resultados electorais ou feitos relevantes a nivel autonómico senón por motivacións electorais dos populares. "Neste momento eu teño o Goberno que me gustaría ter, e polo tanto non teño ningunha ansiedade", dixo Feijóo sobre a data da próxima crise de goberno na Xunta, para engadir que a el "persoalmente" non lle gustaría "prescindir de ningún conselleiro". Porén, a continuación xustificou os cambios argumentando que "hai cidades ou lugares en Galicia onde o goberno é ou inexistente ou moi ineficiente", en referencia ás cidades que non goberna o PP, todas menos Ourense. "Estamos comprometidos con Galicia e coas cidades e os territorios que a conforman, é evidente que isto inflúe no futuro", argumentou Feijóo para xustificar que algún dos seus conselleiros sexa sacrificado da Xunta para tentar gobernar mellor esas cidades. En 2015 os daquela conselleiros de Facenda e Educación seguindo exercendo como tales ao tempo que facían campaña en Vigo e Ourense Porén, na súa liña de manter a expectación mediática sobre as súas propias decisións, Feijóo non deu por pechada ningunha decisión. "Non hai que dar nada por feito nin hai que descartar nada, e en consecuencia veremos que sucede", dixo. Do mesmo xeito, o presidente tampouco respondeu á pregunta que lle formularon sobre se as candidaturas municipais do PP serán presentadas antes ou despois de que os afectados saian da Xunta. Nada contestou sobre a cuestión, deixando así a porta aberta a que os conselleiros que sexan candidatos sigan a aproveitar a súa axenda institucional para promoverse nas cidades en cuestión, como xa sucedeu antes das municipais de 2015 en Vigo e Ourense cos daquela conselleiros de Facenda e Educación, Elena Muñoz e Jesús Vázquez. |
PRAZA_10034 | Mentres o éxito propio e as crises alleas sitúan o PSdeG nunha impensable posición de saída cara aos vindeiros procesos electorais, o PP de Feijóo transita polos camiños que son habituais para a esquerda galega e esixe "humildade" aos socialistas | A primeiras horas da tarde do 29 de abril a vicevoceira do PPdeG, Paula Prado, tivo que subir á tribuna do Parlamento para defender o voto do seu partido no debate forzado pola oposición galega para destituír a Valedora do Pobo pola sentenza que anulou o posto que outorgara a unha sobriña do falecido presidente Manuel Fraga. Prado, unha das dirixentes máis contundentes do equipo de Alberto Núñez Feijóo, iniciou a súa intervención esixindo "humildade" ao PSdeG, que apenas doce horas antes viña de lograr un fito histórico na política galega: ser primeira forza política nas eleccións xerais, o posto que o PP mantivera en todas as citas coas urnas sen excepcións dende que Fraga refundara a vella Alianza Popular a finais dos anos 80 do século pasado.A inédita escena do PPdeG reclamando ao PSdeG "humildade" na vitoria horas despois de pechar as urnas podería ser un bo bosquexo da situación política galega emanada do 28AA inédita escena vivida no Pazo do Hórreo podería ser un bo bosquexo da situación política galega emanada do 28A. Tras unha década de travesía no deserto o PSdeG logrou algo que nin sequera conseguira o partido nos tempos dos ex-presidentes Touriño e Zapatero, ser a forza máis votada en Galicia. Fíxoo con case 8 puntos menos de apoio cidadán que daquela, pero cunha diferenza fundamental que fai á formación agora encabezada por Gonzalo Caballero soñar coa Xunta: o PP quedou por baixo do 30% dos votos e ten por primeira vez en tres décadas competencia electoral viable no espectro da dereita. Mentres, á esquerda do PSdeG a fragmentación do espazo político de En Común-Unidas Podemos e En Marea acentuou a súa perda de sufraxios, non compensada nin de lonxe pola recuperación do BNG. Mostra disto é o avance socialista na Galicia urbana.Alén de que os sempre arriscados exercicios de política-ficción indiquen que unha extrapolación mecánica dos resultados do 28A a unhas eleccións galegas outorgaría maioría absoluta á esquerda no Parlamento de Galicia, o clima político xeral convida os socialistas galegos, unha década despois, a falar de cambio. Así o interpreta Caballero, líder do partido dende hai apenas ano e medio tras un dos períodos máis turbulentos da súa historia recente. O secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta nas eleccións galegas previstas para 2020 le o 28A como "o principio da fin da era Feijóo en Galicia" e asegura afirmalo baseándose nos datos. "O PP antes superábanos en 19 puntos e agora superámolos en cinco", afirma para salientar o "avance histórico" do seu partido. "Antes o PP superábanos en 19 puntos e agora superámolos en cinco", resalta Gonzalo Caballero para resumir o "cambio estrutural nas tendencias" electorais en Galicia que, ao seu xuízo, deixou o PP "noqueado"Fala da posibilidade de "abrir un novo tempo en Galicia" porque asegura estar convencido de que este é un resultado alén da conxuntura, é un "escenario electoral inédito". Un "cambio estrutural nas tendencias" que deixou o PP "noqueado" tras "pinchar" por primeira vez. "Feijóo, que xogou a ser a remuda do PP en España, agora ve como, tras dez anos no goberno da Xunta, os galegos e galegas apoian o PSOE", afirma satisfeito.Os bos resultados nas xerais fan a Caballero albiscar uns bos prognósticos cara ás municipais, comicios cara aos que a demoscopia sorrí ao PSdeG nalgúns dos escenarios nos que máis perdera hai catro anos mentres indican estabilidade ou mesmo alza alí onde xa goberna. É por iso que, tamén por primeira vez, son agora os socialistas os que retan o PPdeG a aclarar que pactos estaría disposto a subscribir tras o paso polas urnas municipais e non ao revés, como é habitual. Feijóo, di Caballero, debe "ser claro" e dicir ao electorado galego se "rexeita calquera pacto coa ultradereita tras as eleccións municipais".Feijóo, onde adoitaba estar a esquerdaMentres o éxito propio e as crises alleas sitúan o PSdeG nunha impensable posición de saída para os seguintes procesos electorais, o ata hai pouco invencible PP de Feijóo transita polos camiños habituais da esquerda galega e faino, en boa medida, ao xeito acostumado por esta: comezar a procurar culpas fóra para, despois, ollar cara a dentro. Así, na noite electoral do 28A, un Feijóo visiblemente afectado polo resultado do escrutinio atribuíu as cifras "malas, sen paliativos" esencialmente á irrupción da extrema dereita de Vox. Tamén tivo, non obstante, unha lectura en clave interna máis clásica. Como sucedera, por exemplo, tras o pau municipal de 2015, advertiu de que o devalo do PP en Galicia foi menor que na media estatal.Mentres o éxito propio e as crises alleas sitúan o PSdeG nunha impensable posición de saída cara aos vindeiros procesos electorais, o PP de Feijóo transita polos camiños que son habituais para a esquerda galegaApenas catro días despois Feijóo volveu percorrer os vieiros postelectorais que adoitan ser máis habituais na esquerda galega no que atinxe ao reparto de culpas. O PSOE de Pedro Sánchez, analizou, tivo un "gran aliado" na súa vitoria. E ese é "Vox, non hai ningunha dúbida", reflexionou antes de advertir ao potencial electorado popular que optou pola formación de extrema dereita de que é "mellor convivir cos votantes do PP que cos de Falange". Hai apenas tres meses o propio Feijóo consideraba o pacto do PP con Vox en Andalucía "homologable a calquera goberno europeo". Agregou, outra volta, a clave interna: "Cambiamos as nosas estratexias e deixamos de ser o que somos".Neste clima de desconcerto e reparto de culpas o PPdeG enfila as cruciais eleccións municipais. Na última fin de semana antes da campaña Feijóo volve compartir romaría preelectoral con Pablo Casado, como xa fixera antes do 28A nun mitin no rural de Santiago no que o líder do PP dera en prometer apoios a organizacións antiabortistas entre mencións a ETA. Agora Casado viaxa a Galicia para facer ver que a enésima viaxe do PP ao centro político non se prolongou durante anos ou meses, senón apenas por un par de días.Se o 26M se traduce nunha mingua de poder local aparecerían máis nubes no horizonte do PP galego; cidades e deputacións volverán ser termómetros fundamentaisTras o 26M chegará un novo balance electoral que, se como en 2015 se traduce nunha mingua de poder local, faría aparecer máis nubes no horizonte do PP galego. Un dos principais termómetros de todas as eleccións municipais galegas son as sete principais cidades e, agás sorpresa maiúscula, non semella que vaia existir unha vaga popular na Galicia urbana semellante á de 2011. Máis ben ao contrario.O outro termómetro son as deputacións, centros de distribución de poder, orzamento e cargos que en caso de éxito poderían ser acubillo que amortecese a perda de asentos no Congreso e no Senado. Se isto non sucede e o PSdeG, con ou sen alianzas, segue controlando tres dos catro entes provinciais, Caballero podería estar en condicións o 27 de maio de facer unha análise semellante á do 29 de abril e, apoiado na crise do grupo de En Marea, executar a súa anunciada chegada ao Parlamento de Galicia coa etiqueta de líder da oposición a un Goberno de Feijóo que, como moito en ano e medio, ten que avaliarse nas urnas. |
NOS_20764 | A reconstrución social e económica de Portugal tórnase protagonista nas eleccións autárquicas que este domingo 26 de setembro decorren en Portugal, sen grandes mudanzas para Lisboa e Porto. | Ás 8 da mañá deste domingo 26 de setembro abriron as urnas para que a poboación de Portugal elixa nas eleccións autárquicas as persoas que liderarán durante os vindeiros catro anos os 308 municipios lusos e as 3.091 freguesias. Estes comicios, cuxos resultados terán moitas lecturas a nivel estatal, serven para escoller a Presidencia da Câmara Municipal e os membros das Assembleias Municipais de Freguesia. Así pois, nos colexios electorais este domingo hai tres papeletas: para decidir quen gobernará as Câmaras e quen conformará as Assembleias Municipais e as Assembleias de Freguesia, que é de onde sae electo o presidente da Junta de Freguesia. As enquisas manteñen Lisboa na man do socialista Medina mais sen maioría absoluta As enquisas son favorábeis para o actual presidente da Câmara de Lisboa, o socialista Fernando Medina, que encabeza a candidatura da coalición Mais Lisboa (Partido Socialista máis a formación Livre). O estudo do Centro de Estudos e Sondagens de Opinião da Universidade Católica (con 1.292 inquéritos) para a Rádio e Televisão de Portugal (RTP) dá 37% de voto para Medina, resultado inferior ao das últimas autárquicas, e sinalan difícil (mais non imposíbel) unha maioría absoluta. Carlos Moedas, da coalición Novos Tempos (PSD, CDS-PP, PPM, MPT e Aliança) fica con 28%, o cal implicaría duplicar os resultados obtidos polo PSD nos comicios anteriores, en 2017. Con todo, esta previsión non mellora a suma de apoio que tiveron por separado as dúas formacións conservadoras, o PSD e o CDS-PP, que agora acoden en coalición. O vereador João Ferreira lidera a lista da coalición do Partido Comunista Português cos ecoloxistas do PEV, a CDU, que as enquisas manteñen como terceira forza política na capital, con 11% de voto. A candidatura de Beatriz Gomes Dias reúne 7% de apoio, co que o Bloco de Esquerda mantería o seu actual representante na Câmara. A Câmara de Lisboa conta con 17 vereadores. Nas últimas eleccións o PS obtivo 42% do voto e oito vereadores. A segunda forza foi CDS-PP, con 20,59% e catro representantes, mentres que a dereita do PSD obtivo 11, 22% e dous asentos, os mesmos que a CDU (9,55%) de voto. O Bloco de Esquerda tivo un vereador, con 7,14% de voto. Segundo as enquisas quedarían sen vereadores na Câmara o PAN (Pessoas-Animais-Natureza), con 3% de voto, así como a ultradereitista Chega (3%). As sondaxes reforzan Rui Moreira no Porto Os inquéritos publicados na última semana dan ao actual presidente da Câmara do Porto 45% dos votos, o que significa que o candidato independente Rui Moreira, co seu movemnro Aqui há Porto, pode renovar a maioría absoluta que obtivo en 2017. Así o indica a sondaxe da Universidade Católica para a RTP, con 1.041 electoras e electores enquisados.A batalla estaría pois polo segundo posto, que a enquisa dá para o socialista Tiago Barbosa Ribeiro, con 17% de voto. O terceiro lugar sería para o candidato do PSD, Vladimiro Feliz, que pode alcanzar 14%. Nas autárquicas de 2017, Rui Moreira obtivera maioría absoluta na Câmara con 44,46% dos votos. Os socialistas obtiveron 28,55% e PSD-PPM 10,39%. Así, o movemento de Moreira fíxose con sete vereadores na Câmara Municipal, mentres que o PS elixiu catro e o PSD un, mesmo número que a CDU.De se confirmaren estes resultados, o PS perdería 11 puntos porcentuais de apoio respecto a 2017 e o PSD subiría catro. A cuarta posición sería para a CDU e a súa candidata Ilda Figueiredo, con 7%. Sérgio Aires (Bloco de Esquerda) tería 4% de voto. Chega e PAN ficarían sen vereadores, ao teren 3% de apoio cada un. António Costa chama a votar PS nun momento único de reconstrución Os partidos encetan a xornada deste domingo após un feche de campaña en que os seus líderes baixaron a area para traballarse até o último voto. O secretario xeral do Partido Socialista e presidente do Goberno portugués, António Costa, puxo o ramo á campaña en Viseu, nun acto de apoio ao candidato socialista á Presidencia da Câmara Municipal, João Azevedo. Costa chamou a utilizar "a oportunidade única" que representa o Plano de Recuperação e Resiliência (PRR) para "fazer o que nunca foi feito" e "mudar estruturalmente" Portugal. "É preciso", dixo Costa, "aproveitar o PRR com vontade de efectivamente mudar estruturalmente" o país. "É uma oportunidade para um país que está a investir na modernização da Linha da Beira Alta, na modernização da Linha da Beira Baixa, das novas ligações transfronteiriças que têm aqui ao lado [em Espanha] um mercado de mais de 50 milhões. É para esse mercado que nós temos que olhar e não só para nós, que só somos 10 milhões", salientou. Os liberais, contra a intervención na economía e os impostos Facer fronte á "decadência" do país e ao "poder absoluto do PS" foron as palabras de orde do presidente da Iniciativa Liberal (IL), João Cotrim de Figueiredo, no acto de encerramento da campaña en Lisboa. Desde a capital lusa, asegurou que "cada vez mais portugueses sabem que o futuro é liberal, porque os portugueses estão fartos da decadência em que Portugal se encontra, estão fartos do marasmo de cada uma das terras onde vivem, fartos da falsa esperança e necessidade de emigrar para singrar na vida, fartos do poder absoluto do PS". A campaña da Iniciativa Liberal centrouse en criticar as cargas fiscais, os monopolios na prestación de servizos públicos e a intervención do Estado na economía, o que denominan como "omnipresença na economia nas vidas das pessoas", que exemplificou coas prioridades do Plano de Recuperação e Resiliência (PRR) e cos 4 mil millóns de euros que o Goberno luso vén de pór na aeroliña TAP Bloco de Esquerda quere ser decisivo A coordenadora bloquista, Catarina Martins, afirmou que "não há partido mais determinado numa mudança na política autárquica do que o BE". Así se pronunciou no encerramento de campaña nun apelo contra as maiorías absolutas e a abstención. "Não há partido mais determinado numa mudança na política autárquica. Têm visto nas últimas décadas como a alternância dos mesmos partidos em tantos concelhos deixou de trazer propostas que sirvam o país", explicou, pondo como exemplo as políticas en materia de vivenda, medio ambiente, igualdade e infraestruturas básicas. A CDU, a alternativa comunista e verde busca recuperar os seus bastións A CDU, a coalición formada polos comunistas do PCP e o Partido Ecologista Verde, fechou campaña en Almada, o histórico bastión comunista que a CDU perdeu hai catro anos en favor do PS, e que tenta agora recuperar. O secretario xeral do PCP, Jerónimo de Sousa, fechou alí a campaña. De Sousa amosouse confiando en que o domingo "Almada retomará o trabalho de honestidade e competência que viu interrompido" a partir de 2017. "A vitória de Maria das Dores Meira [a candidata] vai acabar a frouxidão de uma gestão casuística que se limitou a navegar ao sabor do vento sem pensar em construir o futuro", dixo Finalmente, nun masivo acto en Lisboa, De Sousa afirmou que "as pessoas conhecem o nosso trabalho e a nossa intervenção. Conhecem o valor que tem a acção da CDU em cada freguesia e município. Conhecem o apoio que aqui encontram para cada luta que travam em defesa dos seus direitos. Sabem o valor acrescido que daí resulta se essa força for ainda maior. Como vai ser no próximo Domingo". |
NOS_54103 | A xendarmería detivo a 15 persoas en Francia e a Policía a seis en España en senllas operacións contra o que ambos os dous estados califican de redes de financiamento do PKK (Partido dos Traballadores do Kurdistán) e de sostén da loita armada | As forzas de seguridade de Francia e España veñen de deter a un total de 21 persoas por estaren relacionadas, sinalan os departamentos de interior de ambos os dous estados, co financiamento do PKK, o Partido dos Traballadores do Kurdistán. No país galo foron arrestados 15 kurdos, acusados de procurar fondos entre a comunidade kurda residente nese estado para soster a loita armada. En España os detidos foron seis (catro en Madrid, un en Barcelona e un en Murcia), sob a mesma acusación de formar parte da rede de financiamento do PKK. Aliás, a policía española tamén os vencella co 'aparato de propaganda' do PKK en Europa. O PKK é considerado pola Unión Europea, EEUU e Turquía unha organización terrorista. Fundado en 1978, o PKK protagonizou a resistencia armada do Kurdistán contra a ocupación, nomeadamente a de Turquía. |
NOS_21941 | A Audiencia de Ourense obriga a Xunta a suministrar os fármacos a un recluso de Pereiro de Aguiar para quen foron solicitados en xuño de 2015 desde o CHUOU. | Dez meses leva agardando o preso A.L.G.G., doente de hepatite C en fase 4, a que o Sergas lle proporcione tratamento para a súa enfermidade. O home atópase recluído no penal de Pereiro de Aguiar e réstanlle 10 anos de condena. Embora solicitar o tratamento en xuño de 2015 por parte do especialista do CHUOU, Sanidade négallo obrigándoo a que sexa deslocado a unha cadea de Madrid para lle ser suministrado. Agora, a Audiencia de Ourense obriga a Xunta a proporcionar o tratamento e sinala na sentenza que "non existe razón ou excusa algunha que xustifique que este paciente, por tratarse dun interno do centro penitenciario, e por este único motivo, non se lle dispense igual tratamento e asistencia médica que ao resto da poboación", como recolle o diario Faro de Vigo. A decisión do tribunal, que podería ser recorrida perante o Supremo, baséase no propio Regulamento de Institucións Penitenciarias que obriga a garantir "sen excepcións" á poboación reclusa "unha atención médico-sanitaria equivalente á dispensada ao conxunto da poboación". Neste senso, "terán igualmente dereito á prestación farmacéutica e ás prestacións complementarias básicas que se deriven desa atención". O Sergas négase a financiar e suministrar os tratamentos porque, di, é competencia de Institucións Penitenciarias Porén, na Galiza non se está a cumprir pois o Sergas négase a financiar os tratamentos que entende corresponde asumir a Institucións Penitenciarias, dependentes do Ministerio do Interior obrigando a poboación reclusa a trasladarse a penais madrileños para ser atendida. De facto, unha sentenza previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) datada o 20 de maio de 2015 obriga a Sanidade galega a suministrar os tratamentos exista ou non un conflito competencial coas autoridades españolas facendo prevalecer o dereito á atención sanitaria sobre o interese económico da administración. A Xunta recorreu e até o momento continúa sen facilitar os fármacos a, cando menos, 165 persoas reclusas en cárceres galegas que precisan tratamento inmediato de hepatite C das 654 doentes que desenvolven a enfermidade. A Xunta non cumpre As cifras foron fornecidas polo Fiscal Superior de Galiza o pasado ano após sérenlle requeridas pola Plataforma de persoas atinxidas por hepatite C pois o goberno galego négase mesmo a informar da situación desta doenza nas cadeas e das medidas que está a adoptar para a atallar. Neste senso, malia que o Parlamento instou a Xunta por unanimidade en varias ocasións a "tratar sen máis dilación" a poboación reclusa, até o momento "a Consellería non se fixo nada para dar cumprimento a ese acordo", denunciou a plataforma. Para alén do máis, en maio de 2015 a Cámara instou o goberno a reclamar as competencias sanitarias para se facer cargo delas tamén nas prisións. De igual maneira isto non aconteceu. Así mesmo, Sanidade leva desde setembro de 2015 sen fornecer os dados requeridos pola Valedora do pobo a este respeito. A ratio de contaxio do VHC nas cadeas (21,3%) é 13 veces superior á da poboación non recluída (1,6%) Após a denuncia presentada pola Fiscalía na que sinala que a Xunta podería ter cometido un delito de "homicidio por imprudencia grave" na morte de 6 doentes de hepatite C aos que lles foi negado ou demorado o tratamento, a situación que atinxe a poboación reclusa volve pór no foco de atención o proceder do goberno galego a respeito deste colectivo que, doutra banda, ten un índice de infección moito maior que o da poboación en liberdade. Así, segundo os dados manexados pola Plataforma, unha de cada cinco persoas encarceradas está atinxida polo VHC (hepatite C). Unha estatística que supera 13 veces a ratio que atinxe a poboación non recluída (1,6%). Aliás, moitas das persoas contaxiadas desenvolven tamén outras doenzas de maneira parella, entre elas o VIH/SIDA. Cumpre lembrar que en xaneiro de 2016 o Observatorio de dereitos e liberdades, Esculca, advertiu do pasamento dun preso de Teixeiro que non recibira tratamento para a hepatite C. |
NOS_43945 | Os éxitos de crítica e festivais do denominado Novo Cinema Galego foron acompañados, desde o inicio, dunha atenta pescuda teórica e académica. Esta quinta feira, 14 de setembro, a facultade de Filosofía da Universidade de Santiago acollerá a primeira das dúas xornadas consecutivas que cineastas, investigadoras, produtoras ou profesoras dedicarán a "pensar o Novo Cinema Galego". | A catedrática Margarita Ledo abrirá o seminario cunha disertación sobre "feminismo e performatividade" nas obras adscritas ao movemento. A xeración de directoras e directores que agrupa a etiqueta, e cuxo mascarón de proa son os galardoados filmes -en Cannes- de Oliver Laxe, abriu a porta ás mutacións estéticas e políticas do cinema contemporáneo. O Novo Cinema Galego rachou cos modelos industriais que dominaran as producións en Galiza e estabeleceu diálogos de igual a igual coa modernidade. O tratamento da paisaxe, as relacións coa pintura, a memoria ou o concepto de resistencia estética serán algúns dos asuntos a debater no ciclo Pensando o Novo Cinema Galego, dirixido polo profesor Xosé Nogueira, organizado polo Cefilmus e o Grupo Performa, e no que, entre outras, participarán o cineasta Alberte Pagán, o programador Jaime Pena, a produtora Beli Martínez ou os investigadores Lara Rozados, Julio Vilariño ou Iván Villarmea. A maiores, na Sala Numax de Santiago de Compostela a sexta feira ás dez da mañá, Cris Lores ofrecerá a sesión Proxecto Remolque. |
NOS_56984 | Será o próximo 23 de xuño, a mediodía, cando en Campobecerros (Castrelo do Val) se lle renda homenaxe aos carrilanos portugueses asasinados pola represión fascista. | Paula Godinho, da Universidade de Lisboa, Manuel Loff, da Universidade de Porto, Dionisio Pereira investigador e membro do Proxecto Nomes e Voces, e o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez García porán voz á memoria o día 23 de xuño ás 12.00 horas en Campobecerros, na lembranza dos portugueses asasinados pola represión tras o golpe militar de 1936.Unha placa no lugar no que se desenvoveron os fusilamentos lembrará aos portugueses asasinados no concello de Castrelo do Val, cando partillaban da construción da liña ferroviaria entre Zamora e Ourense, na que se estima que traballaron máis de catro mil carrileiros desde 1928. No remate das intervencións proxectarase o documental "Causa 1021" no teleclube de Campobecerros, un traballo de Xosé Lois Santiago e Pablo Ces arredor dos defensores da legalidade republicana en Verín. O acto celébrase pouco máis dun mes despois de que o pasado 12 de maio tivera lugar en Monção unha homenaxe aos portugueses mortos polo franquismo na Galiza, acto no que tamén se colocou unha placa co nome dos 56 asasinados. |
NOS_41574 | Presentada por CIG-Saúde | CIG-Saúde de Compostela informa que vén de presentar denuncia perante a Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a Xerencia de Xestión da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza por non actualizar ou revisar a avaliación de riscos por modificación das condicións de traballo (isto é, por mor do risco da Covid-19). Tamén presentan a denuncia por, afirman, "a existencia de danos a saúde dos traballadores e traballadoras "xa que, a data de hoxe, un gran número de traballadoras e traballadores resultaron infectados por SARS-CoV-2 no seu posto de traballo, por falta de adopción de medidas de prevención ou protección por parte da Xerencia desta Área Sanitaria". Esta central considera que se infrinxiu así o art. 16.2 da Lei 31/1995 e que se incumpriron os protocolos do Ministerio de Sanidade existentes ao respecto. Tamén indica que segundo os criterios operativos da propia Inspección de Traballo "a actividade da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza enmárcase dentro das empresas nas que existen postos de traballo con risco de exposición profesional ao SARS-CoV-2, e polo tanto, corresponde a estas empresas avaliar o risco de exposición ao novo coronavirus e seguir as recomendaciones que sobre o particular emita o servizo de prevención, seguindo ademais as pautas e recomendaciones formuladas polas autoridades sanitarias". |
NOS_17336 | O Colectivo Terra amosa nunhas fotografías a cor abrancazada das súas augas e a rotura da barreira instalada pola Xunta. | As augas do río Eume volveron amosar signos de turbidez esta semana, tal e como reflicte unha fotografía do Colectivo Terra, de Potedeume. Nela apréciase que a barreira de contención instalada pola Xunta o pasado 11 de outubro rompeu por mor da corrente. Entón, o nivel de turbidez impediu á veciñanza da localidade consumir a auga da billa e a Administración galega viuse na obriga de declarar a situación de emerxencia sobre o río. A finais do mes de setembro o baixo nivel das augas do encoro do Eume, xestionado por Endesa, permitiu saír a flote os sedimentos depositados no fondo. Poucas xornadas despois o río comezou a amosar unha cor abrancazada. Augas da Galiza, dependente da Consellaría de Medio Ambiente, comezou a investigar o 8 de outubro unha posíbel vertedura. Segundo Augas da Galiza, as analíticas amosaron unha turbidez moi alta no caudal do Eume. A maiores, informou dunha presenza elevada de aluminio, que Endesa cualificou de "normal". No pleno parlamentar do 10 de novembro, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurou que o expediente aberto a Endesa por este episodio segue a súa tramitación a expensas de determinar a contía da sanción. Na súa comparecencia, Vázquez reivindicou as obras de renovación da estación de tratamento de auga potábel de Pontedeume. Os rozamentos de 2021 reservan 400.000 euros para este fin. |
PRAZA_17831 | Esa lei, que o moi constitucional presidente Rajoy simplemente esqueceu, estabelece no seu artigo 16 e mais na súa disposición adicional sexta que o Valle de los Caídos debe aterse estritamente á normativa relativa aos lugares de culto e aos cemiterios públicos; que nel se prohiben os actos políticos que enxalcen a Guerra Civil, os seus protagonistas ou a ditadura. | O conxunto monumental do Valle de los Caídos –basílica, explanada, abadía, cruz e hospedaxe–, situado no val de Cuelgamuros, en San Lorenzo de El Escorial, é un símbolo do fascismo nacionalcatólico cuxa mera existencia en plena democracia resulta chocante e sobre o cal caben basicamente catro actuacións: (a) mantelo como o que, por asombroso que pareza, foi até hoxe: un lugar de exaltación do franquismo; (b) transformalo nun espazo onde se lle rinda homenaxe a todas as persoas falecidas na guerra de 1936-1939; (c) convertelo nun lugar de lembranza dos defensores da República fronte aos militares rebeldes liderados polo golpista Francisco Franco; e (d) idear nel un espazo dedicado á explicación do totalitarismo. Queda excluída, por razóns, no fondo, moi difíciles de comprender, a opción de dinamitar ese mausoleo megalomaníaco e de devolverlle ao sur da serra do Guadarrama a súa fisionomía natural. Polo visto, sería esta unha manifestación de sensibilidade estética, amor polo medio e fineza democrática por completo incompatíbel coa nosa cultura política. Consciente de que a primeira opción (a) é un escándalo incluso en España, o gabinete de José Luis Rodríguez Zapatero creou en maio de 2011 unha comisión de expertos cuxa misión era a elaboración dun informe sobre o futuro do Valle de los Caídos que, de feito, foi entregado ese mesmo ano, en novembro, menos dun mes antes de que Mariano Rajoy tomase posesión do seu cargo como novo presidente. A comisión estaba integrada por Alicia Alted, Feliciano Barros, Francisco Ferrándiz, Carlos García de Andoin, Pedro José González-Trevijano, Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón, Reyes Mate, Carme Molinero, Hilari Raguer i Suñer, Amelia Valcárcel, Ricard Vinyes e Virgilio Zapatero. Durante todos estes anos, o informe, que se decantou pola segunda actuación (b), foi olimpicamente ignorado polo goberno conservador, a quen nin se lle ocorreu implementar as súas recomendacións, malia que procuran concretar o previsto na Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola cal se recoñecen e amplían dereitos e se estabelecen medidas a prol de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, coñecida como lei da memoria histórica. Esa lei, que o moi constitucional presidente Rajoy simplemente esqueceu, estabelece no seu artigo 16 e mais na súa disposición adicional sexta que o Valle de los Caídos debe aterse estritamente á normativa relativa aos lugares de culto e aos cemiterios públicos; que nel se prohiben os actos políticos que enxalcen a Guerra Civil, os seus protagonistas ou a ditadura; e que a súa fundación xestora incluirá entre os seus obxectivos honrar e rehabilitar a memoria de todas as persoas falecidas por mor da guerra e da represión para así afondar no coñecemento deste período e dos valores constitucionais, e fomentará a reconciliación e a convivencia. Polo tanto, é a propia lei da memoria histórica a que opta pola segunda actuación (b) asumida polo informe. Pero tanto ten. Mentres o Partido Popular nos impartía as súas clases cotiás de dereito constitucional, os franquistas puideron seguir peregrinando tan tranquilos ao Valle de los Caídos. Publicidade |
PRAZA_2405 | O Ministerio Público reclama case 43 millóns de euros como indemnización para as vítimas do accidente de Angrois, un importe ben máis elevado do que estimaran as aseguradoras | O fiscal do caso Alvia, Antonio Roma, vén de solicitar para o único imputado, o maquinista Francisco José Garzón Amo, unha pena de catro anos de cadea. Ademais, no ámbito da responsabilidade civil, reclama tamén que indemnice as vítimas do tráxico sinistro de Angrois cun importe de case 42,9 millóns de euros. O fiscal reclama catro anos de cárcere para o maquinista e que indemnice as vítimas con 43 millóns de euros O escrito de acusación presentouse este martes ante o xulgado de instrución número 3 de Compostela, xusto no mesmo día no que se estrea na Seminci de Valladolid o documental Frankenstein-04155, de Aitor Rei, que investiga as causas do accidente ferroviario do Alvia e que presenta varios datos novos sobre o sinistro que non se terían tido en conta na instrución do caso. No devandito escrito, contémplase a solicitude de apertura de xuízo oral contra o maquinista, ao que se considera autor de 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e 144 delitos de lesións. A responsabilidade civil directa recae, xa que logo, á aseguradora QBE Insurance, subsidiaria a Renfe, á que lle reclama esta indemnización duns 43 millóns de euros para as vítimas, un importe bastante máis elevada cá estimada o pasado ano polas aseguradoras. QBE e Allianz -seguro de Adif- calculaban que, coa situación que daquela presentaban as vítimas, deberían facer fronte a un desembolso total final duns 25 millóns de euros. As vítimas acusaron recentemente a Fiscalía de querer facerlles "calar a boca con cartos". A indemnización solicitada supera é bastante máis elevada da estimada polas aseguradoras O Ministerio Público tamén demanda para Francisco José Garzón a inhabilitación especial para a profesión de maquinista de ferrcarrís durante un período de seis anos. Foi o xuíz Andrés Lago quen finalizou a instrución con este único imputado, ademais de considerar o exceso de velocidade como a causa do terrible sinistro que sacudiu Galicia hai dous anos e medio. Malia que se recoñece que a seguridade podía ser mellorable, este aspecto non se considera que teña que ser dirimido no ámbito penal, o que levantou fortes críticas entre as asociacións de vítimas. O maxistrado exculpou de responsabilidades a todos os altos cargos de ADIF e representantes políticos, seguindo o mesmo criterio da Audiencia Provincial da Coruña, que en outubro do pasado ano levantara por segunda vez a imputación que pesaba sobre a cúpula da xestora das infraestruturas ferroviarias. O xuíz exculpara de responsabilidades a todos os altos cargos de ADIF e políticos malia recoñecer que a seguridade puido ser mellor O xuíz recoñecía que "é evidente [...] que a seguridade da vía podía ser mellor" e que "é evidente tamén que de acharse activo o sistema ERTMS as posibilidades de que o sinistro se producise eran inferiores". No entanto, asegurara que non existe disposición legal ou normativa ningunha que obrigue a que o tren en cuestión e a propia infraestrutura viaria estivese dotada do sistema ERTMS o día do accidente. |
NOS_3097 | Xaquín Fernández Leiceaga congregou os medios na sede do PSdeG para facer unha valoración da evolución do emprego, durante os sete anos de goberno de Núñez Feijóo. Vídeo no interior | Leiceaga compareceu esta mañá na sede do PSdeG para expoñer a súa análise da situación laboral galega actual, comparando os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), cos do primeiro trimestre de 2009, cando Feijóo comezou a súa primeira lexislatura como presidente da Xunta de Galiza. Sete anos despois, Leiceaga afirma que o emprego foi deteriorado en calidade en cantidade, apoiándose nos datos cun triple enfoque: a poboación activa de Galiza, a poboación ocupada e os datos rexistrados do paro. O candidato socialista para as eleccións galegas que se realizarán en outubro incidiu no "intensísimo deterioro" que sufriu o emprego en Galiza, argumentando que vai máis aló do provocado pola crise xeral, xa que o "comportamento en Galiza foi máis negativo que o da media española", apuntando, deste xeito, á política económica de Alberto Núñez Feijóo como principal culpábel da perda de poboación activa e ocupada. A poboación ocupada caeu en 150.000 persoas nos últimos sete anos Os datos da EPA reflicten que nos últimos sete anos produciuse unha caída de 82.300 persoas activas, ou o que é o mesmo, en idade de traballar. Unha caída do 6.2% agravada especialmente por estar concentrada nos xoves de menos de 35 anos. Isto implica, para Leiceaga, a "expulsión involuntaria de moitos xoves que non teñen oportunidades en Galiza". Este datos son ilustrativos na medida en que en España a caída foi moito menor, do 2%, no mesmo período, evidenciando unha situación crítica no noso país. A poboación ocupada caeu en 150.000 persoas nos últimos sete anos, tamén dun xeito máis intenso entre a poboación xove. O número de ocupados de entre 18 e 24 anos baixou un 54%, durante a dobre lexislatura de Feijóo, e sufriu un descenso do 40% nas persoas de entre 25 e 34 anos. "Se Galiza se comportase como a media española teriamos 73.000 empregos máis" Leiceaga tamén focalizou na perda de calidade dos contratos que seguen en vigor: "Perderonse case 60.000 contratos indefinidos e cada vez unha maior parte deles son a tempo parcial, un paso forzado polas empresas para axustárense ás condicións da demanda." Leiceaga descartou que estas cifras se correspondan coas consecuencias da crise xeral: "Se Galiza se comportase como a media española teriamos 73.000 empregos máis, sumando un total de 1.094.000." O candidato socialista posicionouse de cara aos vindeiros comicios, alertando ante unha posible terceira lexislatura do Partido Popular: "A continuidade de Feijóo sería un lastre difícil de contrarrestar para o mercado económico galego". Precisamente para conseguir virar a tendencia dos datos do emprego, Leiceaga propuxo unha reforma dos Servizos de Emprego, aumentando o plantel de traballadores na Axencia Galega de Emprego; cursos de formación para os parados de longa duración, que fican devaluados ao botar demasiado tempo sen traballar: "Debemos restaurar as súas capacidades e reorientalos cara outros sectores actualizados", afirmou Fernández Leiceaga, quen tamén propón un programa de choque para a inserción laboral dos xoves. Polémica en torno ás listas electorais A elección dos senadores na xornada de onte no Parlamento de Galiza levantou discrepancias entre os integrantes do PsdeG afíns a Méndez-Romeu, após da elección de Modesto Pose como senador autonómico socialista. Tras esta elección xorde un tema subxacente: a confección das listas electorais para as eleccións galegas. Ao ser preguntado polas mesmas, Leiceaga refiriuse a "unha renovación fundamental" para conformar as mellores listas posíbeis e, con iso, "formar un equipo renovado, axustado ao traballo parlamentario e que conecte mellor cos grupos sociais aos que representamos." |
NOS_44018 | Pide evitar que o PP estea sobrerepresentado na Cámara Alta. | O portavoz de En Marea, Luis Villares, volveu reiterar esta segunda feira a proposta que el propio puxera sobre a mesa a mediados do pasado mes de febreiro: que o partido instrumental, o PsdeG e o BNG sumen forzas nunha plataforma única para o Senado nas vindeiras eleccións do 28 de abril. Villares, volveu a convidar a estas dúas formacións a constituír unha "gran plataforma" para representar a "Galiza real" na Cámara alta.. Preguntado polos medios sobre unha posíbel coalición con outras forzas nos próximos comicios, insistiu en que en En Marea "hai marxe para a converxencia". Avogou por poñer en andamento unha "plataforma unitaria" que englobe os defensores da "igualdade entre mulleres e homes", os "dereitos sociais" e o "autogoberno de Galiza" no Senado, cuxo sistema lembrou que permite que os maiores partidos consigan escanos máis facilmente. Nas eleccións xerais de 2016 elixíronse nas urnas 16 senadores e senadoras: 12 do PP, 3 do PsdeG e 1 de En Marea. O sistema co que se elixen os senadores e senadoras acilita que os populares estean sobrerepresentados. |
NOS_4183 | Arredor dun 5% da poboación consume até 50% dos recursos sanitarios. Son doentes con patoloxías múltiples e crónicas; maiores e fráxiles, en moitos casos, cunha alta demanda asistencial. A Covid veu ampliar esta taxa de pacientes, un dos principais desafíos para os sistema de saúde, advirten especialistas en Medicina Interna. | Unha de cada cinco altas hospitalarias prodúcese nos servizos de Medicina Interna, unha especialidade que durante a pandemia do coronavirus asumiu 80% dos pacientes Covid non críticos ingresados en centros sanitarios. "A Medicina Interna é a visión integral da persoa enferma. Ocupámonos de moitas doenzas que afectan aos seres humanos: doenzas cardiovasculares, infecciosas, enfermidades dos pacientes crónicos complexos, diabetes, hipertensión arterial, insuficiencia cardíaca, EPOC", precisa Javier de la Fuente, presidente da Sociedade Galega de Medicina Interna. A entidade vén de reunir en Compostela perto de 2.700 profesionais da Medicina Interna da Galiza e do resto do Estado, no marco dun congreso dobre que supuxo o regreso aos grandes eventos presenciais. Durante tres días debullaron os principais retos médicos e asistencias do sistema de saúde para dar cobertura a unha poboación cada vez máis envellecida no actual contexto de pandemia, aumento das patoloxías crónicas e cambio climático. "A Medicina Interna sempre enfrontou os novos desafíos cando apareceron. A primeiros dos 80, ante a síndrome do aceite tóxico de colza, fomos os internistas os que atendemos os doentes. Tamén cando comezou a estenderse a síndrome de inmonudeficiencia adquirida (SIDA)". Agora, coa Covid, oito de cada dez pacientes foron manexados por internistas, defende Javier de la Fuente, quen advirte que "isto non acabou". Prevención e seguimento "Estamos ante unha repunta das infeccións por coronavirus con ingresos hospitalarios que non é alarmante pero que nos debe ter un pouco preocupados. Non ten nada que ver co que está acontecendo noutros país, sobre todo porque aquí contamos cunha taxa de vacinación máis alta. Aínda así, é importante recordar que non se poden relaxar as medidas nin os coidados". Máis a longo prazo, a visión integral do colectivo de especialistas en Medicina Interna fai que sexan unha figura chave no seguimento das persoas que xa superaron a doenza. As secuelas están aí e a Covid persistente pode chegar a afectar segundo a revisión dalgúns estudos preliminares a 50% dos pacientes. "Os doentes que tiveron ingresos prolongados, con ventilación e moitas complicacións presentan secuelas pulmonares que adoitan mellor co tempo, pero, de entrada condicionan moito a calidade de vida". A estas, di De la Fuente, hai que engadir as secuelas de carácter psicolóxico: fobias insomnio, dificultades para a concentración; que en ocasións exixen botar man das unidades de saúde mental. Diagnósticos atrasados A irrupción da Covid supuxo, ademais, a retención de numerosos recursos asistenciais e de investigación. "Os pacientes graves e as cirurxías urxentes non se deixaron de atender, pero un colapso como o que supuxo o coronavirus sempre ten repercusións". Moitos doentes con síntomas non se moveron da casa e outros xa diagnosticados, con doenzas crónicas, viron as súas consultas canceladas ou adiadas. Así, un dos maiores desafíos aos que debe facer fronte o sistema sanitario agora mesmo din os internistas, consiste en atender os diagnósticos que non se fixeron durante a pandemia, mais tamén os pacientes crónicos cuxas patoloxías están descompensadas. Até 61% dos doentes de Medicina Interna son crónicos complexos, pluripatolóxicos, xeralmente de idade avanzada, fráxiles, cunha autonomía persoal diminuída, deterioración funcional e cognitiva, polimedicados e con altas necesidades de soporte social e recursos sociosanitarios. "O desafío da cronicidade é cada vez máis frecuente" e obriga a pensar nunha mudanza das dinámicas hospitalarias e dos propios centros, xa que os hospitais continúan a estar "máis preparados para a patoloxía aguda que para a cronicidade". Esta realidade é resultado do envellecemento e da suba da esperanza de vida. "Galiza conta con máis dun 25% da poboación por riba dos 65 anos. A medida que se teñen anos vanse sumando patoloxías e o seu manexo, complícase", afirma Javier de la Fuente. "Hai que recorrer á polifarmacia, cos efectos que iso ocasiona, facer os axustes que demande cada evolución e unha revisión periódica do estado de saúde por parte de distintos especialistas, que non sempre supón un valor engadido ao que xa fai o médico de familia. Son pacientes, e doenzas, que consomen "moitísismos recursos sanitarios". As que máis, a insuficiencia cardíaca, a diabetes e a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica; sen descoidar a deterioración cognitiva e as patoloxías dexenerativas. Así, conclúe De la Fuente, "todo o que sexa unificar, planificar e integrar grupos reducidos de médicos ao servizo destes pacientes redundará nunha mellor atención e nun uso máis racional dos recursos sanitarios". Antibióticos: uso, abuso e resistencia Na semana mundial de concienciacións sobre o uso dos antibióticos, a comunidade experta alertou sobre as consecuencias do mal uso ou abuso destes fármacos que salvan millóns de vidas cada día. Segundo a OMS, é unha das dez ameazas principais para a saúde pública, en vista da proliferación de bacterias multirresistentes en determinados contextos. Na actualidade provocan arredor de 700.000 falecementos ao ano, máis de 30.ooo en Europa e unhas 4.000 no Estado. En 2050 será a primeira causa de morte no mundo, polo que teñen que ser utilizados só "cando estean indicados, o tempo taxado e sempre baixo supervisión médica". |
NOS_56857 | Anpas Galegas está formada polas federacións de Cangas, Bueu, Compostela, Costa da Morte, Ferrolterra, Ponteareas, Vigo, Lugo e o Val Miñor. Na súa presentación pública deixaron claro que "non somos a confederación de ningunha plataforma", rexeitando as críticas realizadas desde algúns medios de comunicación. | Após unha experiencia de traballo conxunto que nalgúns casos como o das de Vigo e Ferrolterra se prolonga xa 15 anos, nove federacións de anpas da Galiza xúntanse agora para "pór os problemas das familias riba da mesa dos despachos" e preséntanse en sociedade deixando claro que "nós non somos a confederación de ningunha plataforma". Así de taxativa se mostrou Bertila Fernández, voceira das nais e pais de Vigo e tesoureira da recentemente creada confederación Anpas Galegas para rexeitar a dependencia da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, sinalada estes días por algúns medios de comunicación ao coñecer o nacemento desta nova confederación, fronte á Confapa. Ao igual que os seus compañeiros de mesa, Fernández destacou que entre as nais e pais que fan parte de cada anpa hai diferentes afinidades tanto políticas como sindicais "e hai federacións que non están en ningunha plataforma". Javier Sánchez, voceiro das anpas de Ferrolterra e presidente deste novo colectivo, subliñou que "non somos unha escisión" da Confapa "e non existe ningún problema" con esoutra confederación embora "quen potencie a concertada respeito da pública non poida estar con nós". "Defendemos o ensino público mais non calquera ensino público" A LOMCE, o decreto que impón o repagamento dos comedores escolares, a normativa sobre transporte escolar e a abolición da gratuidade dos libros de texto son os catro puntos que identificaron como prioritarios á hora de comezar a traballar "a nível galego", pois os problemas puntuais de cada comarca seguirán a ser solventados pola correspondente federación. "Defendemos o ensino público mais non calquera ensino público", proclamou Javier Sánchez, destacando o carácter laico, universal, gratuito, "economicamente privilexiado" e inclusivo que reclaman. Aliás, explicou que as Anpas Galegas rexeitan a LOMCE "e calquera outra lei educativa que non estea consensuada". Non aceptan tampouco o incremento do número de estudantes por aula, propoñen reducir "o tempo dos nenos no transporte escolar aproximándoo máis aos domicilios" e exixen que a gratuidade non se aplique unicamente aos libros de texto senón "a todo o material escolar necesario" e que os comedores escolares os xestione "integramente" a Xunta. "Vimos sen présa e desde abaixo" Fernando Lacaci, voceiro das anpas de Compostela e vicepresidente desta confederación, destacou os "pasos positivos" que se foron dando a nível comarcal coa incidencia das distintas federacións. Porén, "non avanzabamos a nível galego". Foi por iso polo que decidiron agruparse neste colectivo que "non vén da man de ningunha sigla porque entendemos que os coles non son nin do PP nin do BNG nin do PSOE, senón das familias". "Vimos sen présa e desde abaixo", apuntou Froilán Pallín, voceiro das anpas de Lugo e secretario das Anpas Galegas. Explicou que foi cada anpa a que votou para decidir se a federación da cal fai parte se integraba ou non na nova confederación e concluíu sentenzando que "facemos política, si; política educativa". |
NOS_22469 | A Galiza leva xa 27 días en tempada de alto risco de incendios e atópase agora en situación de nivel exremo de perigo de lumes. Porén, fican áinda sen rematar os traballos de prevención e desbroce por parte da Xunta. | Galiza atópase esta segunda feira, 27 de xullo, en nivel extremo de risco de incendios, estando todo o país, salvo o terzo norte, na escala máis alta de perigo de lumes forestais, segundo o mapa do índice de risco diario de incendios (IRDI), difundido pola Consellaría de Medio Rural, e que atende factores como a falta de precipitacións, o estado do monte e as condicións de humidade, a temperatura e mais o vento.Sálvanse desta situación a Costa da Morte, que se atopa en perigo moderado, así como a comarca da Mariña. E coa Galiza neste contexto, e levando xa 27 días en tempada de alto risco de incendios, están sen completar os traballos de prevención e desbroce por parte da Xunta. De facto, a Administración galega continúa coa roza e limpeza das marxes de estradas, prevendo aínda rematar as tarefas ao longo desta semana. Así o anunciou nun comunicado o Goberno galego, recoñecendo que os desbroces continúan estes días nas estradas de dominio público de Noia, Fisterra, Lugo, Terra Chá, O Condado e Pontevedra, uns traballos que se centran en retirar especies que son propensas a propagar o lume e en facer rozas para completar o labor ordinario de conservación das vías e reducir progresivamente o uso de herbicidas. O obxectivo é previr incendios e reforzar a seguridade viaria, indicou a Xunta no seu comunicado. Medio Rural descartaba a finais do mes de abril que a tardanza das tarefas de desbroce das franxas secundarias por mor do confinamento e do estado de alarma, incidise nun maior risco de incendios este ano na Galiza. Desta maneira, aseguraba a Xunta que o feito de ampliar o prazo para realizar as limpezas até o 31 de xullo, en lugar de até o 31 de maio, como estaba previsto, non ía implicar maior perigo para o monte galego. Incendio de Monterrei O conselleiro de Medio Rural, José González, sinalou esta segunda feira, 27 de xullo, que había unha "intencionalidade clara" detrás dos incendios que afectan a zona de Monterrei, ao tempo que afirmou que o lume se atopaba estabilizado, que non controlado. O de Monterrei arrasou xa máis de 720 hectáreas, converténdose no de maior envergadura no que vai de verán na Galiza.A este respecto, o conselleiro sinalou que a Policía Autonómica vixía "91 persoas" como incendiarios recorrentes. |
NOS_52029 | [ACTUALIZADA ÁS 15:09h] O cinema galego recolleu dous dos principais premios a pasada noite no XXI Festival Cinespaña de Toulouse (Francia). Marta Lado recibiu o premio á mellor actriz polo seu papel en Sicixia, a nova película de Ignacio Vilar, mentres que No cow on the ice, de Eloy Domínguez, foi recoñecido como mellor documentario. | O cinema galego regresa coas mans cheas de Toulouse, onde tivo lugar o XXI Festival Cinespaña. A galega Marta Lado foi recoñecida co premio á mellor actriz polo papel que desenvolveu en Sicixia, o novo filme de Ignacio Vilar. Aliás, No cow on the ice, do galego Eloy Domínguez, recibiu o premio ao mellor documentario. En Sicixia, Marta Lado, natural de Fisterra e formada na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, interpreta Olalla, unha recoleitora de algas que coñece a Xiao, un enxeñeiro de son do Arquivo Sonoro de Galiza que percorre a costa para investigar as variábeis dialectais do galego. O de Olalla é o segundo traballo en que Ignacio Vilar dirixe Marta Lado, pois xa interpretara a personaxe de Adelaida en Vilamor. Precisamente, Marta Lado, que é licenciada en Economía pola Universidade de Vigo, fora candidata a un premio Goya como mellor actriz de reparto polo seu papel de Adelaida. Sicixia estrearase nas salas galegas o 25 de novembro Sicixia, que será presentada o 3 de novembro en París, estrearase nas salas galegas, alén de nos cinemas de Madrid, Barcelona e Euskadi, o 25 de novembro. Via Láctea Films explica que o filme foi concibido "para poñer en valor o inigualábel patrimonio material e inmaterial da Costa da Morte, así como a Rapa de Sabucedo". Un premio á Costa da Morte En declaracións aos medios, Ignacio Vilar sinalou que o premio "é un pulo importantísimo para a nosa película e para o cinema galego". "Eu diría que o premio á protagonista, a esa Olalla salvaxe, aldeá, que colleita algas, é terra, e tamén o mar. O director de Sicixia engadiu que tamén é un "premio á Costa da Morte". No cow on the ice Eloy Domínguez dirixe o documentario en que reflexiona sobre a súa condición de emigante-inmigrante, após recalar en Suecia. Na fita, un mozo galego emigra ao país nórdico, onde desenvolve varios traballos a tempo parcial mentres trata de lanzar a súa carreira cinematográfica. Segundo o propio director, a aprendizaxe dun novo idioma e a súa fascinación por unha paisaxe insólita convértense pronto en dous estímulos fundamentais fronte ás dificultades do seu proceso de adaptación. [Esta información foi actualizada por volta das 15:09h para engadir as palabras de Ignacio Vilar] |
NOS_43451 | O evento adiado en maio ten lugar esta semana | O Festiletras, cita organizada cada ano pola Fundación Eduardo Pondal como evento que arrodea o Día das Letras Galegas, tivo que agardar, mais finalmente verémolo transcorrer nunha versión adaptada ao momento actual en capacidades e distancias. Será o Esencia Festiletras, un evento dirixido a escolares que deu comezo esta semana na aldea do Couto (Ponteceso) coas súas habituais actividades formativas, lúdicas e artísticas. Múltiples actividades Entre elas destaca a divulgación científica que deu a saída co Festiciencia, espazo que chega da man de David Ballesteros, Xurxo Mariño e Ángel Carracedo. Tamén pasarán por este formato "esencial" Xurxo Souto, Os Quinquilláns, Yolanda Castaño, Elena Ferro, Luis Davila ou Vero Rilo. As eiras serán as localizacións encargadas de acoller as diferentes pílulas da programación en formato reducido. Cara á fin de semana dous concertos porán o ramo a esta accidentada pero finalmente posíbel edición. Sés actuará o sábado 5 de setembro, mentres que o domingo será a quenda das Adufeiras do Salitre e Xabier Díaz, ambos os concertos ás 18 horas e cun prezo de 6 euros, aínda que para o segundo os billetes están xa esgotados. Premios Xabier Díaz ademais recibirá ademais o Premio Bo e Xeneroso que outorga a Fundación Eduardo Pondal. Para alén do máis, a artista de Vimianzo Irma Macías (actual vocalista de Luar na Lubre) recibirá da man da regueifeira Lupe Blanco o galardón Literata, entregado xunto ao anterior recoñecemento o domingo. As rúas do Couto rexistrarán ademais a pegada deste Festiletras logo do evento, pois Luis Davila agasallará a vila cun mural da súa autoría e, por outra banda, colgaranse placas de barro de Buño elaboradas por Carmen Isabel Labrador nos espazos públicos. |
NOS_6764 | O obxectivo é superar as catro medallas logradas en Szeged (Hungría) no 2019. | O Campionato do Mundo de Esprinte arrancou esta cuarta feira na localidade canadense de Halifax cunha importante representación galega nun evento que congregará máis de 1.000 deportistas de 70 países diferentes. Serán en total 14 os padexeiros e padexeiras da Galiza, que agardan mellorar os resultados do país en Copenhague 2021, onde Antía Jácome rematou segunda no C-1 200 metros e Rodrigo Germade primeiro no K-2 500 metros. Non obstante, o obxectivo último é superar o récord de medallas alcanzado en Szeged (Hungría) no 2019, cando o piragüismo galego sumou catro metais. Unha das principais opcións de medalla e a prata olímpica Teresa Portela. A veterana competidora, logo da desaparición da distancia na que é especialista, o K-1 200, debutou onte no K-4 500 acompañada pola pontevedresa Carolina García; Sara Ouzande, do Kaiak Tudense; e a catalá Laia Pélachs logrando meterse na final. Ademais, Portela formará embarcación con Ouzande no K-2 200 metros. O K-4 masculino de Carlos Arévalo -quen tamén tomará a saída no K1 200-, Rodrigo Germade, Marcus Cooper e Saúl Cravioto comezou a súa andaina pouco despois de Portela e compañía e co seu primeiro posto na eliminatoria conseguiron o pase directo á final do sábado. Pola súa parte, Manuel Fontán competirá na distancia de C-1 500 metros, collendo a remuda no día de hoxe o deportista da EP Cidade de Pontevedra Pablo Crespo no C-1 1.000 metros, no que será o seu debut como internacional absoluto. Despois será a quenda de Pedro Vázquez no K-2 1.000 metros xunto co vasco Aitor Gorrotxategi. Os irmáns Noel e Diego Domínguez tamén loitarán por un posto na final no C-2 1.000 metros. A volta aos seus 43 anos de Carlos Pérez 'Perucho' a unha cita mundialista está prevista para hoxe pola tarde, acompañado polo tudense Roi Rodríguez. Ambos, tomarán a saída no K-2 500 metros, distancia que regresa ao programa olímpico. Completan a representación galega en Halifax Adrián Sieiro e Pablo Graña en C-4 500, que contarán co apoio de Manuel Fontán e o balear Joan Toni Moreno; e Adrián Mosquera na modalidade de paracanoe. Lamentabelmente, Manuel Garrido, quen o sábado gañaba o ouro no Europeo de maratón, non puido viaxar a Canadá por dar positivo en Covid-19. |
NOS_5252 | A UE aproba novas sancións a Rusia como resposta á "mobilización parcial" anunciada por Putin. | As forzas armadas ucraínas lanzaron esta quinta feira varios ataques con bombas en Donetsk -capital da República do Donetsk, no Donbás- que deixou un total de sete civís falecidos e, polo menos, seis feridos, segundo informaron as autoridades locais. As bombas alcanzaron un bus, matando as persoas que se encontraban dentro del. O primeiro bombardeo e máis forte aconteceu en Krytyi, unha zona céntrica que se encontra entre un mercado e unha igrexa. De "bombardeo masivo". Así cualificou o alcalde da cidade de Doentsk, Alexéi Kulemzin, o ataque perpetrado polas forzas armadas ucraínas. De acordo coas autoridades locais, o exército de Ucraína utilizou artillaría pesada de calibre de 155 milímetros que acabou por matar só civís. Tamén comunicou o acontecido onte o corresponsal de Nós Diario no Donbás, o xornalista portugués, Bruno Amaral de Carvalho que asegurou que "un autobús está destruído con dous cadáveres no interior e outros tres na rúa. Un dos feridos acabou por falecer". Crônica desde o Donbass: Os baloiços de Gorlovka "O de hoxe supón mais un ataque de artillaría pesada ucraína contra áreas residenciais e comerciais sen posicións militares concretas", sinala Bruno Carvalho a este xornal, o que fai que "comece a ser moi difícil de crer que non é algo intencional".Mais o de Donetsk non foi o único bombardeo do día, xa que na tarde de onte, Bruno Carvalho comunicou outro ataque no barrio de Kievsky que mataba outra civil, aumentando o número de vítimas mortais do día a sete. Máis sancións da UE a Rusia Os ministros de Exteriores da Unión Europea (UE) acordaron preparar un novo paquete de sancións que concretarán e anunciarán "o antes posíbel", segundo manifestou o xefe da diplomacia europea, Josep Borrell. Porén, Borrell si indicou que as sancións afectarán novos sectores da economía rusa, "incluído o tecnolóxico". Para alén diso, os titulares de Exteriores dos Vinte e sete comprometéronse a "continuar a facilitar armamento militar a Ucraína durante o tempo que fixer falta". "Está claro que Putin está a tratar de destruír Ucraína, está a tratar de destruír todo o país por distintos medios", indicou Borrell ao tempo que aseverou que "isto non vai romper a nosa unidade para respaldar Ucraína nin o noso apoio á defensa da integridade territorial do país". Precisamente a UE volveu pronunciarse sobre a "mobilización parcial" de reservistas rusos que anunciou Putin na cuarta feira. A UE aplaudiu a "coraxe" dos cidadáns rusos que protestan nas rúas contra a mobilización parcial anunciada ou que "foxen do país para non ser chamados a filas" en voz do portavoz de Exteriores dos Vinte e sete, Peter Stano. Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Non obstante, esas declaracións de Stano foron tachadas de "hipócritas" polas autoridades rusas, xa que actualmente os países da UE manteñen fechadas as fronteiras con Rusia, despois de acordar hai unhas semanas pór máis trabas aos visados a cidadáns rusos e de que os países bálticos fosen aínda máis alá para impor un control máis estrito das súas fronteiras terrestres. Preguntada sobre este tema, a portavoz de Interior da Comisión Europea, Anitta Hipper, subliñou que o control de fronteiras é competencia dos Estados, a pesar de asegurar que se revela "esencial" ter un enfoque común dos Vinte e sete neste asunto. Intercambio de prisioneiros Neste contexto, Rusia e Ucraína acordaron tamén na madrugada da quinta feira o intercambio de 215 persoas apresadas polas autoridades moscovitas e 55 polas ucraínas, entre eles, Viktor Medvedchuk. Cualificado na prensa como "oligarca prorruso", Medvedchuk é un dos líderes da oposición ucraína como dirixente do partido Plataforma de Oposición-Pola Vida. Medvedchuk levaba na cadea desde o pasado día 12 de abril acusado de ser prorruso. De entre os 215 prisioneiros postos en liberdade por Moscova, 108 pertencían ao Batallón Azov, coñecido por ser unha milicia de ideoloxía próxima ao nazi-fascismo, 10 eran voluntarios estranxeiros, mentres que o resto pertencían a outras formacións da Garda Nacional de Ucraína, así como militares. Así o anunciou o xefe da oficina presidencial ucraína, Andriy Yermak, nun comunicado en que tamén manifestaba que Medvedchuk "é un traidor á patria cuxa culpabilidade está completamente rexistrada". |
NOS_35686 | Meteogaliza recomenda evitar estancias prolongadas no exterior e evitar toda actividade física ao aire libre nos concellos con situación "moi mala" e "pésima". | O temporal Celia, que está a arrastrar area do deserto do Sahara até a Galiza, provocou un empeoramento xeralizado da calidade do aire nos concellos galegos, que nalgúns puntos chegan incluso a rexistrar niveis "de emerxencia". Segundo as estacións de medición da calidade do aire instaladas por Meteogaliza, con datos até as 18 horas, a calidade do aire é '"regular" en 16,7% do país e "mala" en 9,5%. A estación de Lalín e a de Cementos Cosmos en Sarria miden unha calidade "moi mala", pero é na de Laza na que se rexistra a peor situación, cunha calidade do aire "pésima" que recomenda medidas "de emerxencia". Entre outros elementos, a entrada de aire con po en suspensión queda obxectivada en datos como a concentración de partículas sólidas PM10 no ambiente, cuxo tamaño é inferior ás dez micras. O valor máximo recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para este parámetro é de 50 microgramos por metro cúbico. Un límite amplamente superado segundo os rexistros da estación de Laza, que notifica unha concentración en alza, que xa alcanza os 237 microgramos por metro cúbico, case cinco veces por encima do máximo da OMS. Situación de "emerxencia sanitaria pública" Meteogaliza considera esta situación como unha "emerxencia sanitaria pública" e advirte de que a poboación pode "estar seriamente afectada". Así, recomenda evitar estancias prolongadas no exterior e evitar toda actividade física ao aire libre nos concellos con situación "moi mala" e "pésima". Cunha situación algo mellor que Laza están Lalín e Sarria, dado que a presenza de partículas en suspensión case triplica o máximo recomendado pola OMS na primeira, até os 139 microgramos por metro cúbico, mentres que en Sarria detéctanse niveis de 111, cunha calidade do aire tamén "moi mala". No seguinte nivel, as medicións da calidade do aire son "malas" en catro estacións: Teixeiro, Torre de Hércules, a de Fingoi e a de Xinzo de Limia, . As cifras sitúanse en todos os casos por encima do máximo de 50, concretamente en 50, 54, 57 e 98 microgramos por metro cúbico, respectivamente, e pídese á poboación que tome precaucións, especialmente ás que teñen problemas respiratorios. Finalmente, a evolución do aire marca parámetros normais próximos ao máximo recen seis estacións: Riazor, na Coruña (48), Escola de Música de Burela (41), San Caetano (50) e Campus Sur (40), ambas as de Santiago; a da parroquia de Mourence, en Vilalba (50) e a da rúa Gómez Franqueira en Ourense, con 41 microgramos por metro cúbico. Nestes casos, a calidade do aire é "regular". |
NOS_42257 | Deixará ondas que poderían superar os sete metros de altura. | A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de informar da chegada, este domingo, dun temporal que afectará á costa galega. Deste modo, todo o litoral fica en alerta laranxa por un fenómeno adverso no mar, que deixará ventos de forza oito e ondas que poderían superar os sete metros de altura. Segundo as previsións, os primeiros efectos empezarán a ser palpábeis na costa de Lugo mediada a tarde deste domingo, e se estenderá ao noroeste, oeste e suroeste do litoral coruñés e ás Rías Baixas a primeira hora da mañá desta segunda feira. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informou do decreto da alerta laranxa aos concellos afectados; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarias de Protección Civil e clubs náuticos. Recomendacións Por mor do temporal, a Xunta lembra a importancia de manterse afastados da liña de costa mentres dure a alerta. Así, apela a evitar diques, rompentes, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser barridas polo mar. Tamén se recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións. |
NOS_46751 | A sombra dun recenta pasado glorioso atenaza as seleccións de Alemaña e o Estado español. | "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan 11 contra 11, e sempre gaña Alemaña". A frase, acuñada polo astro británico Gary Lineker, mantén a súa vixencia aínda que a Manschafft de 2022 está lonxe de ser aquela que levantou a Copa do Mundo en 2014. Tanto é así que daquela xesta só emerxen catro homes -Manuel Neuer, Thomas Müller, Matthias Ginter e un resucitado Mario Götze, autor do tanto do triunfo da final de Río de Janeiro e quen non vestía as cores da selección alemá desde 2017- nun combinado que agora lidera unha nova garda que coincide coa columna vertebral do Bayern de Múnic e que encabezan Joshua Kimmich e Leroy Sané. Os bloques de Luis Enrique e Flick non resisten a comparación cos seus inmediatos predecesores O outro gran dominador da segunda metade do período 2005-2015 foi o combinado do Estado español, que aínda conserva menos vestixios daquel pasado glorioso, pois só aguanta un Sergio Busquets moi minguado con respecto a Sudáfrica 2010. O proxecto actual lembra máis o de Javier Clemente que aquel de Luis Aragonés, pois Luis Enrique configurou un equipo máis que unha selección, no que el conta cunha serie de nomes da súa total confianza con independencia do seu estado de forma, o que levou a que en Qatar non estean nomes que, por méritos, deberían viaxar ao Emirato. A pesar das súas carencias, o favoritismo europeo no grupo é claro. Non obstante, estas Alemaña e España en transición e que permanecen nun segundo chanzo de favoritismo para facerse co título con respecto a Francia, Inglaterra, ou o Brasil non deberían sufrir para alcanzar os oitavos de final, pois nin a mestura de xuventude e veteranía que ofrece a Costa Rica de Keylor Navas nin un Xapón que continúa co seu lento pero continuo crecemento teñen peso abondo para impedir que copen os dous primeiros postos. |
NOS_55598 | A falta profesorado nos centros, a masificación das aulas, a perda de peso do galego como lingua vehicular do ensino e a actitude autoritaria do conselleiro volven caracterizar, segundo a Plataforma, o inicio do curso. | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público denunciou a conflitividade que afirma provocan neste inicio de curso "os recortes impostos pola Consellaría de Educación e a súa obstinación por aplicar a LOMCE e por non dotar aos centros do profesorado suficiente". Diante desta situación convoca unha concentración o 16 de setembro ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación. A falta profesorado nos centros, a masificación das aulas, a perda de peso do galego como lingua vehicular do ensino e a actitude autoritaria do conselleiro volven caracterizar, segundo indicou Anxo Louzao, en representación da Plataforma, o inicio da actividade lectiva. "Temos unha Consellaría ao servizo dos intereses da patronal do ensino privado e concertado, maioritariamente confesional, en detrimento do público", dixo. Explicou que houbo peche de 48 unidades e 13 centros no ensino público mentres abren 26 novas unidades no ensino concertado, "ao que a Xunta destinou máis de 1.000 millóns de euros en catros anos mentres reducía en 181 millóns de euros os orzamentos de Educación". En representación do alumnado, Artai Fernández denunciou a falta de prazas no ensino público, nomeadamente na FP, e a suba das taxas. Lembrou que as bolsas, en lugar de cumprir a función de garantir o acceso ao ensino de todo o alumnado, seguen premiando aos estudantes con mellores notas. E en representación das familias José Bustela, manifestou que o 40% das familias non van ter acceso a ningunha axuda para os libros de texto e que a maioría terán que seguir soportando o custe de servizos como o de comedor e transporte escolar. Máis de 300 centros continúan sen a dotación de profesorado necesario e máis de 200 unidades superan o número de alumnos e alumnas por aula que establece a rateo, denuncia a Plataforma. Adenmais, o 60% dos docentes nomeados como orientadores están a tempo parcial e comparten centro. |
NOS_55786 | O conselleiro recoñece unha "venda a perdas xeneralizada" no agro. | A Cámara galega acolleu nesta segunda feira a comparecencia a petición propia do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, para dar conta da "preocupante situación do sector gandeiro galego polo incremento dos custos de produción". Unha intervención na que o conselleiro defendeu que nestas semanas "convulsas", "nós fixemos os nosos deberes: presionar o Goberno español" nun contexto, recoñeceu, no que o sector gandeiro galego "está en venda a perdas xeneralizada". É dicir, que nas miles de explotacións bovinas, caprinas, avícolas e cunícolas que hai na Galiza estase a vender por baixo dos prezos de produción, perdendo cartos. Unha situación derivada do aumento do custo de materias primas e combustíbeis. González Vázquez informou de que nestes meses el propio remitira ao ministro de Agricultura seis cartas "advertindo desta realidade de venda a perdas" e instando o Goberno español a actuar. Dixo que houbo propostas e iniciativas da Consellaría e Goberno galego sobre a mesa para axudar os sectores produtivos, como a inxección de liquidez ou conseguir unha suba de prezos. Mais non convenceu nin ao BNG nin ao PSdeG, que lle reprocharon que todo o esforzo se dirixise a criticasr o Goberno estatal. "Devolva as competencias" "Cando lle devolvemos as competencias [en agricultura e gandaría] ao Goberno central?", preguntou con ironía no inicio da súa quenda o deputado do BNG Xosé Luís Rivas, 'Mini', ao conselleiro de Medio Rural. "Diante dunha situación tan grave como a que está a sufrir o rural, o Goberno galego abandónanos: Feixoo de xira polo Estado e vostede señor conselleiro, nunha manifestación en Madrid pedindo ao Ministerio que actúe", criticou o nacionalista. Unha crítica que tamén partillou o deputado do PSdeG Martín Seco, que pediu á Xunta que estivese á "altura de circunstancias" e lembrou que o Goberno galego "ten competencias exclusivas en gandaría e agro" mais non as exerce. "A día de hoxe", denunciou o parlamentar socialista, "non hai un só euro propio da Xunta no Diario Oficial da Galiza (DOG) para os sectores produtivos" do rural. "Use o DOG para dar solucións en vez de ir as Madrid a porse detrás dunha pancarta", concluíu. Xosé Luís Rivas apelou ao Executivo galego a "reflexionar" após "12 anos durmindo" e apoiando un "modelo para o rural" que, dixo, "non funciona". O conselleiro criticou a oposición por "non traer propostas" á Cámara e defendeu que o seu traballo foi "presionar a Madrid para que viñese a Galiza a maior cantidade de cartos posíbeis". Sinalar as eivas Durante o debate, desde a palestra foron expóndose diferentes datos sobre a realidade do medio rural galego: A Galiza ten menos de 25% da superficie agraria útil, das porcentaxes máis baixas de Europa; que malia producir 40% de leite de todo o Estado español representa menos de 20% da facturación; ou que todo o millo producido na Galiza nun ano apenas dá para alimentar a poboación galega un mes. Mais, como respondeu o conselleiro; "Galiza fai os deberes". |
NOS_45518 | Reduce o tipo de xuro nun 0,25 e sitúao en 0,75, o máis baixo nos 12 anos de historia da institución como xestora do prezo do diñeiro | O Banco Central Europeo decidu reducir en 0,25 puntos o prezo do diñeiro, até o 0,75% e tamén rebaixou a facilidade de depósito do 0,25% a cero. Con estas medidas, o órgano xestor procura que haxa máis liquidez. Esta medida debería producir un abaratamento do crédito e, xa que logo, impulsar certa recupración ou reanimación económica en Europa. Os tipos de xuro, a pesar desta rebaixa, seguen sendo superiores aos de Estados Unidos, Reino Unido ou Xapón. Porén, é a primeira vez que se sitúa por baixo do euro na historia da moeda común. |
PRAZA_16055 | Máis de 300 vehículos e un milleiros de persoas participaron na terceira etapa desta mobilización, que tivo Burela como escenario. O 4 de febreiro unha manifestación en Compostela protestará contra a política sanitaria da Xunta e a supresión das áreas do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. | Máis de 300 vehículos e un milleiros de persoas participaron na terceira etapa da caravana pola sanidade pública da Mariña, que se celebrou en Burela. Os coches partiron ás 11 da mañá simultaneamente dos Centros de Saúde de Foz, Valadouro e San Cibrao ata confluír no centro da vila burelá, que acabaron por colapsar. A caravana rematou na explanada do porto e desde alí unhas mil persoas dirixíronse camiñando ata o Centro de Saúde da localidade, onde se leu un manifesto. O texto incidiu nas críticas ás modificacións introducidas pola Xunta na Lei de Saúde de Galicia, que entre outras cousas suporán a supresión das actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. "O obxectivo do Goberno do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da Sanidade Pública, consolidando a liña de recortes, que tanto dano fixeron e están facendo o noso Sistema de Saúde, provocando unha perda no numero de camas e servizos nos hospitais comarcais e afastando de este xeito a resolución dos problemas da cidadanía", sinalouse. O manifesto denunciou que a reforma "baleira de contido os hospitais comarcais coa finalidade de concentrar os servizos sanitarios nos grandes hospitais". "Esta medida supón unha gran barreira para o acceso da cidadanía a atención hospitalaria , especialmente a poboación rural e máis avellentada", engadiu. A mobilización alertou así mesmo de que a modificación lexislativa presentada polo PP "consolida o abandono e relegación da Atención Primaria, a máis próxima e accesíbel para os cidadáns e doentes, que xa non recuperará as súas estruturas de planificación e xestión, o seu presuposto propio e os seus orzamentos, afondando nun deterioro da calidade asistencial xa imparable". O 4 de febreiro unha manifestación en Compostela protestará contra a política sanitaria da Xunta e a supresión das áreas. A marcha pechouse convocando a poboación da Mariña a acudir a esta mobilización. Para isto, anunciouse que se fletarán autobuses dende a comarca. |
NOS_55265 | Soledad Luque Delgado (Madrid, 1965) é presidenta da asociación 'Todos os nenos roubados son tamén nenos meus'. Hoxe participa na cidade do Lérez nas xornadas "Individuas de dudosa moral", organizadas pola área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Afondará no roubo de bebés durante os anos da ditadura franquista. | Que se sabe sobre o roubo de bebés polo franquismo na Galiza e cal é o estado dos estudos arredor desta cuestión? A única información que temos, e témola como asociación ao igual que outras entidades, non é moita e transmítenola cada certo tempo o Ministerio de Xustiza. O último informe foi de 2020 e nel sinálase que na Galiza entre 2011 e 2020 había abertas 36 dilixencias de investigación. Porén carecemos de información sobre o número de denuncias. Neste sentido, sen dispor de información concreta sobre as dilixencias na Galiza, hai que destacar que a maioría delas están sendo arquivadas polos diferentes xulgados. A que lóxica política e ideolóxica responderon os roubos de bebés como mecanismo de represión durante a ditadura franquista? O franquismo tivo variadas represións, unha delas era a política, pero había máis, como a ideolóxica, a social, a relixiosa e a de xénero. Neste sentido, normalizou unha violencia contra as mulleres de tal modo que nas primeiras etapas tivo que legalizar o roubo a través dunha lei, unha orde e un decreto. Despois xa non fixo falla ningunha norma porque o roubo de bebés foi absolutamente habitual no franquismo. Non podemos dicir que o roubo ás mulleres antifranquistas que acabaron no cárcere foron os únicos porque, se ben esa represión foi política, outros tipos de represión durante toda a ditadura tamén fixeron posíbeis os roubos baixo o manto do nacional-catolicismo e a súa impunidade, noutras fases, noutros anos e noutras localizacións, xa non nos cárceres, mais si en clínicas e maternidades. En todo caso, o que está claro é que as mulleres roubadas pertencían a sectores moi vulnerábeis. Primeiro mulleres antifranquistas, despois mulleres pobres con carencias socio-económicas que seguían facendo parte do sector perdedor da Guerra Civil. Que papel xogou a Igrexa Católica no roubo de bebés? Non hai que esquecer que na ditadura a Igrexa Católica e o Estado eran só un. O seu papel neste caso foi o que tivo en toda a sociedade porque o nacional-catolicismo era a idea que primaba en todas as esferas sociais. Controlaban a educación, a convivencia ou o que tiñan que facer as mulleres nas casas e fóra deles, mesmo estaban tan asumidas esas ideas contra a liberdade por todas as capas da cidadanía que incluso ían investigar aos cinemas, aos bailes e aos parques para saber que estaban facendo as mulleres. Por iso a Igrexa católica tivo todos os papeis e, en concreto, no caso da muller, controlou todas as facetas da súa vida e polo tanto xogou un papel moi relevante no roubo de bebés. O Padroado é unha institución do franquismo moi descoñecida. Que destacaría da súa actuación en relación co roubo de bebés? O Padroado é unha institución descoñecida porque era unha institución de represión das mulleres e, se hai unha violencia e unha represión invisibilizada, esa é a que sofren as mulleres. O Padroado é unha institución que se constitúe en 1941, cuxa presidenta de honra foi Carmen Polo, que non se fechou até 1985, que chegou a contar con máis de 9.000 centros en todo o Estado e que segundo os seus estatutos se constituíu para "a redención das mulleres descarriladas" ou para "evitar que as mulleres caesen". Non se sabe cantas mulleres pasaron polo Padroado, pero si se sabe que chegou a haber roubo de bebés. |
NOS_30433 | Carlos e María, os seus dous fillos e a súa aboa foron expulsos nesta sexta feira en Compostela da casa onde vivían e que eles propios construíran. Para botalos, ducias de antidisturbios; para apoiar á familia case un cento de solidari@s. | Carlos, María, os seus dous fillos e unha persoa maior e con mobilidade reducida non durmirán esta noite sob o teito da súa vivenda de Aríns. Malia solidariedade de veciñ@s e de activistas de STOP-Despexos Compostela, así como de representantes de diferentes organizacións políticas e sindicatos; esta familia, onde non tiña traballo ningún dos seus membros, xa non ten casa, a vivenda que construíron eles propios. Para botalos, ducias de antidisturbios, que mesmo realizaron cargas contra os concentrad@s e identificaron a varias persoas, unha delas fotógrafa de Gzcontrainfo, e retendo a tres. Unha delas, afiliada ao sindicato CUT e que exercía de 'interlocutor' da familia, foi levado detido a Comisaría. Segundo testemuñas, varios axentes "avalanzáronse" sobre el e tirárono a chan cando o que pretendía era simplemente mediar entre os axentes e as persoas retidas. A Policía española, porén, acúsado de "enfrontarse e impedir a labor policial". Este desafiuzamento foi adiado en dúas ocasións: 10 e 28 de xullo. Mais neste 19 de setembro levouse finalmente a cabo. Desde primeiras horas da mañá varias ducias de persoas concentráronse en Aríns para apoiar á familia e evitar o despexo. A policía rompeu a 'cadea humana' formada por veciñ@s e activistas e que quería evitar o desafiuzamento, e procedeu a botar a esta familia. Desde a plataforma de STOP-Desafiuzamentos criticaron que tanto no Instituto Galego de Vivenda e Solo como no Concello de Compostela non fixeron nada para axudar a esta familia e definiron como "unha tomadura de pelo" a súa actitude. Estafad@s A familia presentara antes do verán unha denuncia apoiada pola plataforma Stop-desafiuzamentos Compostela por "estafa". E é que a súa casa é propiedade dun empresario francés que lles emprestou diñeiro a cambio de ficar coa propiedade en réxime de aluguer. R.M., iniciais do prestamista francés, foron feitas públicas pola plataforma cidadá que denuncia as actividades do devandito empresario quen se dedica a arrendar vivendas "por conta propia" segundo se pode atopar na Internet. Após diversos impagos, por imposibilidade económica, do diñeiro que lles exixía o prestamista solicitou a orde de desafiuzamento. |
PRAZA_8462 | Incluíu indebidamente como gasto deducible a retribución do fundador de Inditex, malia que non estaba contratado pola sociedade nin dado de alta na Seguridade Social. Facenda incrementa a base imponible do imposto de sociedades de dous exercicios en case 3 millóns de euros. | A Audiencia Nacional vén de confirmar a regularización fiscal de Gartler SL, a sociedade patrimonial de Amancio Ortega, fundador de Inditex. Esta sociedade, e segundo destaca Anova nun comunicado, deduciu indebidamente durante varios anos as retribucións como administrador do considerado terceiro home máis rico do mundo. Segundo informa Anova, a recente sentenza da Audiencia Nacional de 21 de marzo de 2013 confirma a regularización fiscal pola que a Administración Tributaria de Galicia procedeu a incrementar a base imponible do imposto de sociedades de Gartler, sociedade patrimonial de Amancio Ortega e titular daquela do 60% de Inditex. A sociedade de Amancio Ortega incluíu indebidamente como gasto deducible a retribución anual do fundador de Inditex Deste xeito, o ditame declara prescritas as liquidacións dos exercicios 1999 e 2000, pero mantén as dos anos 2001 e 2002, incrementando a base imponible do imposto de sociedades en máis de 1,4 millóns de euros e 1,26 millóns respectivamente. Segundo a sentenza, a sociedade Gartler incluíu indebidamente como gasto deducible a retribución de Amancio Ortega -máis dun millón de euros ano ano-, malia que nos estatutos se especificaba expresamente que este cargo non levaba aparellada retribución ningunha e que o fundador de Inditex nin estaba contratado laboralmente pola sociedade nin dado de alta na Seguridade Social. "É especialmente lamentable que a sociedade de Ortega teña que ser regularizada fiscalmente" Para Anova, resulta "especialmente lamentable que unha sociedade patrimonial dunha das persoas máis ricas do mundo e propietario do 60% de Inditex (cuxa valoración de mercado a día de hoxe sería de 36.771 millóns de euros) teña que ser regularizada fiscalmente por deducir ilegalmente do seu imposto de sociedades unha retribución como administrador da, precisamente, terceira maior fortuna do planeta". Así, a formación nacionalista "exixe" do Goberno "unha inspección fiscal das sociedades patrimoniais e das sicav para evitar que mediatne a prescricións sexan unha fonte de fraude fiscal". |
PRAZA_1388 | O veterano rexedor socialista renuncia á súa acta de edil para "despexar o camiño" a un pacto con Lugonovo e o BNG que sustente un goberno presidido por Lara Méndez. | Lugonovo e BNG ábrense ao pacto e o PP denuncia "unha fraude" Case dezaseis anos despois o primeiro alcalde socialista de Lugo "dende os romanos" abandona. Faino para que a cidade da Muralla volva ser gobernada por unha coalición de esquerdas, fórmula de goberno que en 1999 converteu o catedrático de instituto na área de Filosofía Xosé López Orozco en alcalde dunha cidade que ata ese momento fora monocultivo da dereita con diversas expresións. Daquela Orozco púxose á fronte dun goberno compartido por PSdeG e BNG e agora, catro mandatos despois, "despexa o camiño" para facilitar un acordo na corporación lucense máis plural e, paradoxalmente, tamén máis escorada á esquerda en décadas que pode estar presidida, por primeira vez, por unha alcaldesa: Lara Méndez. A retirada do veterano rexedor, que describe como unha decisión "estritamente persoal", chega tras dúas semanas de tensión co resultado do 24M sobre a mesa. As urnas mantiveron o PP como forza máis votada, aínda que perdendo 3 edís, tantos como o PSdeG, pero deixando polo camiño 2.000 votos e 4 puntos máis que os socialistas. Neste contexto o PSdeG precisa o apoio dos 3 edís de Lugonovo e dos 2 do BNG para acadar a necesaria maioría absoluta da investidura. E tanto a plataforma que encabeza Santiago Fernández Rocha como o Bloque, liderado por Rubén Arroxo, puxeron como "liña vermella" a marcha de Orozco para calquera negociación. A razón é que o socialista permanece imputado no caso Pokémon. Lugonovo e o BNG esixiran a marcha de Orozco para abordar a negociación, o socialista subliña que se trata dunha decisión "estritamente persoal" Visiblemente emocionado, Orozco asegura que a súa saída non é unha imposición da dirección do PSdeG, con cuxo secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo frecuentes conversas ao longo destes días, a última este mércores e durante máis de catro horas. "Sempre sentín o respaldo do meu partido" para adoptar unha decisión que describe como "difícil, pero moi meditada" e que, ao seu xuízo, significa "sacrificar a presunción de inocencia" "Deixo a institución polo clima xerado por algúns neste paíse nesta cidade, que sacrifican dereitos fundamentais", lamenta. Isto implica que non chegue a tomar posesión da súa acta como concelleiro no pleno de constitución da nova corporación, o vindeiro sábado. O seu lugar vaino ocupar quen nos últimos anos exerceu como vicepresidenta da Deputación lucense, Lara Méndez, número dous da lista do PSdeG. "Haberá alcaldesa", augura Orozco, quen mantivo ao bordo das bágoas que "nunca" renunciará á "paixón por Lugo". Lara Méndez: "Ábrese un novo escenario que afrontaremos con diálogo" As primeiras verbas de Lara Méndez foron para eloxiar a Orozco, o "mellor alcalde da historia de Lugo" e "un dos mellores de Galicia cuxo "xesto", di, "o fai aínda máis grande". "Fíxoo pensando na súa cidade, á que adora", di a socialista, que como o resto dos grupos admite que agora "se abre un novo escenario que termos que afrontar con diálogo". "Imos practicar o diálogo e, evidentemente, a persoa do Partido Socialista agora son eu". Ante as primeiras críticas do PP, que puxo o acento en que Méndez non naceu na cidade, a edil resalta que "un é de Lugo se vive en Lugo" e sería "un orgullo ser alcaldesa da cidade na que vivo". Fin dunha era A renuncia de López Orozco supón a fin de toda unha era na política lucense. Inaugurouse en 1999, cando o pacto do PSdeG -7 edís- e BNG -6- o converteu en alcalde á fronte dun goberno que foi paradigma de bo entendemento entre as forzas que o compuñan. A harmonía finalizou nas seguintes eleccións, as de 2003, cando o carismático rexedor foi quen de capitalizar o labor do gabinete municipal pasando de 7 concelleiros a unha maioría absoluta de 13, recollendo tres da bancada do Bloque e outros tres do PP de Fraga, que naufragara no seu intento de desbancar o socialista coa exconselleira Manuela López Besteiro á fronte. Dende aquela primeira maioría absoluta Orozco gobernou con todas as fórmulas posibles. Aferrado á "libretiña" na que anotaba as incidencias que atopaba pola rúa dirixiu a cidade en minoría, en bipartito e con pactos puntuais co Bloque e mesmo co PP. Durante eses anos a cidade experimentou unha notable transformación e o alcalde forxou unha imaxe de proximidade na que os seus detractores vían "populismo" en xestos como comprobar sobre o terreo os efectos do botellón nun dos parques da cidade, caracterizarse como senador romano no Arde Lucus ou recibir o Entroido no salón de plenos con gafas e nariz de brincadeira. Orozco marcha tras anos de transformación nunha cidade que estivo axitada polos avatares xudiciais A declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, o relanzamento do casco vello ou a modernización da estrutura municipal son algúns dos logros duns anos nos que Lugo tamén estivo axitado, e moito, polos avatares xudiciais. Sobre Orozco pesou unha imputación da que xa se liberou, a do caso Campeón -baseada no testemuño do principal implicado, Jorge Dorribo-, pero permanece sobre el a devandita do caso Pokémon, a mesma que, asegura, tamén "desaparecerá" porque a propia investigación que dirixe a xuíza Pilar de Lara "deixa moi claro que nin eu, nin a miña muller nin as miñas fillas nos enriquecemos" ilicitamente. Nese mesmo caso caeu o que fora un dos homes fortes do goberno municipal, Francisco Fernández Liñares, que admitiu o cobramento de comisións ilegais, entre outras prácticas ilícitas. |
NOS_3845 | O vindeiro 10 de decembro, onde os dous dirixentes independentistas están en prisión preventiva á espera do xuízo. | Xosé Manuel Beiras e Antón Sánchez visitarán o 10 de decembro a Oriol Junqueras e Raül Romeva na prisión de Llenoders, onde os líderes independentistas están presos á espera de xuízo. Este encontro, afirman desde Anova, pretende mostrar a solidariedade para cos presos políticos. "Entendemos que o feito de que sigan en prisión preventiva é unha mostra máis da deriva autoritaria que atravesa os poderes do Estado español diante das demandas democráticas postas enriba da mesa por boa parte da sociedade catalá", sinalan desde Anova, que considera que " a mudanza de goberno no Estado español debe abrir un tempo novo". |
NOS_58219 | Os autores do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, confirmaron a existencia dun proceso "coercitivo" para a adquisición do inmóbel, con listas negras para os "malos patriotas", así como documentación que acreditaría, segundo expuxeron, que se entregou a Franco na súa condición de "xefe do Estado". | Da xestión e os gastos, engadiron que se encargaba "Casa Civil" -organismo baixo a dependencia de Franco- cun funcionamento "similar" ao do Palacio do Pardo e co mantemento a cargo de institucións públicas, entre elas concellos e a Comandancia de Obras. "O Concello da Coruña vai ser unha empresa de servizos de todas as necesidades que se dean", resumiu Carlos Babío na súa declaración durante a segunda xornada do xuízo. A preguntas da avogada do Estado, ambos os dous remitíronse á documentación de concellos, pero tamén doutros organismos, entre eles o elaborado por un tenente coronel, que cifra en "millón e pico de pesetas o recadado" a través da subscrición promovida. "Adquíreo, amplía e mellora", engadiu Babío sobre a Xunta pro Pazo após unha escritura, de 1938, na que se centra a demanda do Estado e pola que este organismo compra o inmóbel aos herdeiros de Emilia Pardo Bázan. Segundo a tese da demandante e da Xunta, Deputación coruñesa e os concellos de Sada e A Coruña, isto demostraría que a súa transmisión á familia Franco en 1941 fíxose mediante unha "venda simulada". "Cando asume o donativo, pronuncia un discurso e promete infraestruturas para a provincia da Coruña e para Galiza", apostilaron no xuízo sobre Franco e o uso do pazo como "residencia estival" do xefe do Estado. Ademais, Lorenzo rexeitou que este aboase ou reembolsase gastos, de forma particular, durante o seu uso. Máis de cinco horas de declaracións Nas súas intervencións, nunha declaración que comezou ás 9.30 horas e que se prolongou até as 16 horas, con algún receso, insistiron no fracaso da subscrición popular e rexeitaron, a preguntas dos avogados da familia Franco, que houbese una "certa voluntariedade", con excepción de determinados casos. "O propio contexto implica que non o haxa, cando existe un réxime represivo no que non se tolera a neutralidade", responderon a esta parte, que centrou as súas preguntas en tratar de demostrar que non houbo intervención das Administracións públicas no pazo á morte de Franco, que Meirás é unha propiedade privada e que as achegas foron voluntarias. "A Falanxe pasaba polas casas", replicoulle Babío. "Nesa época podíanse facer escrituras de compra-venda sen que se efectuase un pago", sentenciou tamén Lorenzo á pregunta de se non era certo que se fixeron compra-vendas ante notario co pago a veciñas e veciños afectados. Antes expuxeron que en 1938 "tomáronse as leiras colindantes" ao pazo, que pasa de 5,7 hectáreas "a máis de nove". Da explotación agropecuaria, Carlos Babío admitiu que os rendementos ían na súa maioría para Franco, a preguntas do letrado que representa a familia. Na mesma liña manifestouse o catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xosé Manoel Núñez Seixas, presidente da comisión de expertos que realizou, en 2018, un informe sobre as posibilidades de incorporar ao patrimonio o inmóbel. "Había mecanismos de coerción, desde as visitas de milicianos ás familias porta por porta até a elaboración de listas negras", dixo sobre subscricións similares á empregada, segundo se expuxo no xuízo, en Meirás. "Non era o mesmo pedir para os feridos na fronte que para que ao caudillo se lle comprase un pazo", engadiu sobre o fracaso da subscrición popular. "Había listas", sinalou Seixas A respecto desta cuestión, Babío e Lorenzo explicaron antes que aos concellos se lles asignaban "contías específicas e suplíase o que non chegaba". "Había listas", coincidiu tamén Seixas a respecto dos que non colaboraron e aludindo á "extrema violencia" naqueles momentos. Engadiu que "o propósito inicial era obsequiar unha residencia para que, polo menos unha vez ao ano, se trasladase o aparello dun nacente Estado franquista", até a provincia coruñesa co fin de buscar "a proximidade co poder". En relación a este debate, que centrou parte do xuízo, admitiu que "o plan" inicial viuse modificado "pola vontade de que ese agasallo non se efectúe ao Estado, senón a Franco como persoa privada", en referencia á venda de 1941. "Pero a respecto das funcións non cambia", engadiu, vinculándoo á figura de Franco como xefe de Estado. Tras a morte do ditador, recoñeceu que o inmóbel pasou a mans dos herdeiros como "ben privado", algo que Manuel Pérez Lorenzo relacionou coa escritura de 1941. "Pasa á familia Franco por unha inscrición que existe", recoñece sobre este documento posto en cuestión pola Avogacía do Estado e cuxa legalidade defenden os Franco. Na súa declaración, o catedrático Núñez Seixas admitiu que Franco figuraba como "contribuínte", en referencia ao pagamento da contribución, aínda que apostilou que non lle consta que "pagase nada". Mentres, rexeitou, a pregunta da representación dos Franco, a existencia dun proceso "político" con esta causa, incidindo en que a comisión que elaborou un informe para avaliar os "pros" e "contras" da recuperación do pazo fíxoo por un acordo unánime no Parlamento galego. |
NOS_5353 | A posibilidade de que haxa investidura e non eleccións é cada vez máis remota. O prazo remata este domingo ás 23.59h. No caso contrario, haberá novos comicios. | Este semellaba ser o último intento --a saber se o derradeiro-- para alcanzaren un acordo de investidura. O encontro tivo lugar na sede da Assemblea Nacional Catalana e a ela asisitiron Raül Romeva (JxSí); a secretaria xerl de ERC, Marta Rovira; o coordenador xeral de CDC, Josep Rull; o president do grupo parlamentar, Jordi Turull, e os integrantes de CDC Albert Batet e Lluís Guinó; por parte da CUP as parlamentares Gabriela Serra e Eulàlia Reguant xu to con Hugo Alvira, membro do Secretariat Nacional. Apenas unnha hora e media despois de dar comezo, as partes abandonaron o local pois ningunha das propostas que se puxeron riba da mesa contaba co apoio de JxSí e a CUP, conxuntamente. Desta maneira esgótase o tempo e iníciase a conta atrás. De prazo teñen até o domingo ás 23:59h, do contrario na segunda feira (11 de xaneiro) o president en funcións, Artur Mas, convocará de novo eleccións, como xa anunciou. Pola súa banda, o presidente da ANC anunciou que a entidade se retira das negociacións pois ve máis probábel un novo escenario electoral que un acordo. |
PRAZA_5958 | O próximo alcalde da capital carga contra PSdeG e BNG por prever levar á Xustiza a composición do goberno municipal, que estará formado maioritariamente por persoas non electas. | Se todo vai segundo o previsto pola cúpula do PP nos primeiros días de xullo o xa ex conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, tomará posesión como alcalde de Santiago. Tres anos despois de que Gerardo Conde Roa fixese o propio para ter que deixar o posto aos nove meses por culpa da súa fraude fiscal, o número tres dos conservadores en Galicia porase á fronte dun equipo formado maioritaramente por persoas non elixidas nas eleccións e no que cando menos un nome xa figura no sumario da operación Pokémon, a mesma na que están imputados Conde Roa e o aínda alcalde, Ángel Currás. Con esta treboada perfecta de fondo Hernández está estes días inmerso nunha rolda de entrevistas nos medios de comunicación nas que sitúa o "dano" á cidade na banda da oposición municipal, formada por PSdeG e BNG. Despois e que o futuro rexedor dese a coñecer o equipo co que pretende chegar aos comicios de 2015 o Bloque, primeiro, e os socialistas, despois, anunciaron a súa aposta por frear a operación. No caso dos nacionalistas o seu voceiro, Rubén Cela, coida que os populares están a transgredir o artigo 140 da Constitución, que estipula que os edís "seran electos pola veciñanza do municipio", valéndose para isto do "subterfuxio legal" da lei de partidos e o seu desenvolvemento. Mentres o BNG prepara o seu recurso ante os xulgados o grupo municipal socialista traballa para que a dirección nacional do PSdeG recorra ante a Xunta Electoral este "perigoso precedente", un "emprego interesado" da lei, que, en verbas de Francisco Reyes, "permitiría que nas próximas eleccións municipais os partidos poderían presentar unha lista que despois o alcalde podería substituír por outra de concelleiros escollidos a dedo". Socialistas e nacionalistas prevén recorrer a composición do goberno, formado maioritariamente por persoas non electas Con este pano de fondo Hernández acudiu este domingo a unha entrevista na Cadena SER, na que se amosou "sorprendido" pola "actitude da oposición". Despois dos inefables avatares vividos dende 2011 o aínda deputado consdiera que "Compostela non merece que a oposición presente un recurso contra esta decisión, porque engade unha cuestión xudicial máis á vida do Concello". Mentres se dispón a gobernar con, entre outros, un Currás duplamente imputado nas súas filas, Hernández censura que PSdeG e BNG non tivesen a "lealdade" de transmitirlle persoalmente a súa "decisión, lexítima" pero "equivocada", contra o que denomina como "intento do PP de delverlle a normalidade ao Concello". O futuro alcalde asegura que abondou "unha mirada" de Feijóo para asumir o compromiso: "Non lle diría nunca que non" Así as cousas, Hernández critica o que considera unha "táctica a nivel autonómico" do Bloque e un "interese de afastar os focos mediáticos da súa situación interna" no caso do PSdeG. A intención duns e doutros, acusa, non é outra que "demorar o cambio" e "en absoluto beneficia o normal funcionamento" do consistorio. Ao contrario, censura, estanlle a "producir un dano á volta á normalidade e non están a achegar nada en favor da gobernabilidade" dun Concello ao que, vén admitir, chega en última instancia por "disciplina" cara ao seu xefe de filas. "O presidente -relata- non tivo que pedirme nada", senón que abondou con "trasladarme unha mirada" para asumir que tería que ser alcalde. "Non lle diría nunca que non", asegura dende a "absoluta disciplina, ilusión e compromiso coa cidade". Mentres esa resignación se vai estendendo tamén á máis que probable opción de que Feijóo o coloque como cartel electoral en 2015 o ex conselleiro asegura que, neste momento, o seu único obxectivo é "xestionar a cidade, devolvela á normalidade e tentar sacar adiante a meirande parte dos proxectos que poidamos". Mentres no Pazo de Raxoi o propio Currás e a súa número dous, Reyes Leis, seguen a asumir a totalidade das competencias do equipo de goberno Hernandez pídelle "reflexión" á oposición. "Podemos discrepar, mesmo é bo, pero o necesario para a cidade non é formular novos recursos", reclama. |
NOS_38032 | Afirmam que "numha época marcada pola crise sistémica, nom corresponde alimentar timoratismos nem discursos mornos ou conciliadores" | NÓS-UP convoca para as 12:30 horas na Alamenda de Compostela a manifestaçom do Día da Patria, o 25 de Julho. Para a Direçom Nacional a convocatória responde "à clareza com que a nossa corrente política sempre se desenvolveu, evitando qualquer confusom ou engano ao nosso povo". Nesta linha, indican que "umha época marcada pola crise sistémica, nom corresponde alimentar timoratismos nem discursos mornos ou conciliadores. É tempo de luita e combate polos nossos sonhos de liberdade nacional, de revoluçom social e pola emancipaçom de género" Insistem em que "NÓS-UP nom arria bandeiras nem claudica", acrescentando que "nom vamos contribuir para o desaermamento político e ideológico do movimento popular". A esquerda independentista que NÓS-UP representa nom vai, apuntam, integrar-se na lógica da docilidade burguesa, nem vai participar em manobras oportunistas e fraudulentas como as que estám a acontecer nas últimas semanas diante de todos e todas nós. |
NOS_10831 | O soberanismo catalán voltará a saír á rúa este 11 de setembro con motivo da Diada. Onte, o xornalista e director do dixital en catalán Vilaweb pronunciou un discurso no acto institucional do Parlament polo Día Nacional de Catalunya. Con el conversamos sobre a situación do independentismo e a nova estratexia. | -Parece que a manifestación da Diada convocada pola Assemblea Nacional Catalana (ANC) será menos masiva que outros anos. Hai desgaste nas bases do independentismo? Si. Hai dous factores. Un é a pandemia. A xente segue a ter certo medo a actos masivos e iso debe terse en conta porque en ningún lugar de Europa se están a facer agora mesmo manifestacións masivas ao estilo de Diadas anteriores. Mais alén disto, hai un malestar grande en boa parte do independentismo. Primeiro hai unha división interna entre os que cren que hai que superar o 1 de Outubro e os que cren que non se pode eliminar o que significou. E, en segundo lugar, hai moita xente moi desencantada co Govern, coas políticas dos partidos da maioría independentista no Parlament, e creo que boa parte desta xente teme que acudir á manifestación sexa logo utilizado polo Govern como unha especie de apoio á Mesa de Diálogo. Pese a que a ANC foi moi clara e moi rotunda en desmarcarse disto, hai unha certa confusión e claramente a manifestación non vai ser como as de antes da pandemia. -Os indultos destensionaron o conflito? Crearon unha idea falsa de normalidade? Non, o conflito segue onde estaba. Non mudou nada. De feito, Catalunya segue rexida por un Estatut que non foi votado pola poboación, senón que foi mudado polo Tribunal Constitucional e esa é a orixe da fase aguda do conflito en 2010. Pedro Sánchez conseguiu vender os indultos como un éxito seu cando en realidade foi un éxito da presión da rúa e do Consello de Europa co seu ditame. Sánchez fai o acto do Liceu [en que anuncia os indultos] horas antes do ditame do Consello de Europa porque non tiña máis remedio que soltar os presos. Que España non poida aguantar en prisión os líderes políticos cataláns e se vexa obrigada a soltalos é un éxito. Por iso o indulto é un éxito. Mais a xente viviuno mal porque a clase política, especialmente desde o acordo de goberno entre Esquerra e Junts, optou por unha axenda claramente autonomista, sen ningunha perspectiva independentista. E isto decepcionou a xente e hai moita inquietude por saber como superar esta fase e recuperar a situación anterior. -E como ve a estratexia de Pere Aragonès e a relación con Junts? Aínda que ERC estaba na posición de abandonar calquera idea de confrontación e de xogalo todo a un pacto co Estado español -que eles mesmos recoñecen que nunca existirá e que, por tanto, non ten sentido-; o que sorprendeu moito foi a rapidez coa que a CUP acordou dar dous anos de marxe, o que supón paralizalo todo nese tempo. E iso que a CUP se presentara ás eleccións como a que máis representaba a idea de confrontación do 1 de Outubro. E tamén sorprendeu o que pasou con Junts, que se presentara cun programa rupturista e, de repente, acéptao e páctao todo. Aquí houbo unha situación que moita xente non entendeu. Como puido ser que todo isto pasara tan rápido? ERC só sacou un deputado máis que Junts e a CUP tivo 10, polo que había 11 deputados máis en teoría rupturistas que reformistas. Porén, fomos parar ao reformismo máis salvaxe. Estamos nunha fase de fialo todo a unha mesa de dialogo que mesmo en ERC saben que non vai a ningunha parte. -Mais haberá algunha expectativa na mesa de diálogo... Ningunha. Non hai nada de que falar. Isto fíxose mal. O diálogo tense que facer en tempo e forma e os partidos cataláns tiñan que telo feito o día que decidiron que ían facer presidente Pedro Sánchez para botar Mariano Raxoi. E se non pactas nesas, xa non pactas nunca. Que interese ten Sánchez en pactar nada? Ademais hai unha trampa da transición que é pensar que o PSOE só representa a esquerda e que se non está o PSOE vén unha dereita monstruosa. E iso historicamente fixo que as esquerdas nacionais acaben sendo satélites do PSOE. Na Galiza o BNG desmarcouse bastante ultimamente non votando a favor do que fai o PSOE. En cambio Esquerra vótao todo, até as cousas mais incríbeis. Que aliciente ten Sánchez para pactar nada se xa ten os votos gratis? En canto abandonas a idea de que o PSOE é o piar fundamental para que aguante o réxime e o posfranquismo, convérteste no seu satélite e afundes, que é o que lle pasa a Podemos, que vai camiño da irrelevancia máis completa. -Pode esta Diada supor a volta a unha estratexia común do independentismo? Pode que na Diada se exprese popularmente o malestar da poboación coa clase política. E segundo a dimensión que isto teña é evidente que pode ter consecuencias. Ao final, todo o proceso de independencia saíu da rúa, que foi presionando a clase política e obrigándoa a tomar decisións. Ademais hai un movemento subterráneo do cal sabemos pouco: estanse a facer reunións a seis nas que están ERC, Junts CUP, ANC, Òmnium e Consell per la República. Están a ser levadas moi en segredo. E iso significa que están a avanzar en algo. O pouco que se sabe é que buscan un acordo para ver que facer despois do fracaso da Mesa de Diálogo. Isto é interesante. E dependerá do que pase hoxe, se a manifestación é claramente contra os políticos, acelerarán. Ademais, nunhas semanas virán as mobilizacións e conmemoracións do 1 de Outubro. |
NOS_22199 | Yolanda Martínez, delegada da CIG no centro coruñés da empresa teleoperadora, recoñece que non agardaban un "golpe tan duro" no ERE. Mais advirte que o persoal non vai baixar os brazos e que fará fronte a este proceso que enmarca no proceso de deslocalziación que sofre o sector | Extel pretende despedir 205 traballadores no seu centro da Coruña no marco do expediente de regulación de emprego (ERE) que afecta a 355 empregados en todo o Estado. O peso principal do expediente, pois, recae na cidade galega, que soportará o 58% dos despedimentos desta empresa de telemarketing. Falamos con Yolanda Martínez, delegada da CIG, sobre o expediente, o seu impacto na cidade e o futuro dun sector que na Galiza ocupa a máis de 8.000 persoas. - Agardabades un ERE tan contundente para A Coruña? O 58% dos despedimentos que propón a empresa en todo o Estado son no centro de chamadas coruñés. - Non, tan contundente non. Son 205 despedimentos na Coruña dun total de 355 en todo o Estado. A noticia caeu como un xerro de auga fría por moito que temésemos que o ERE ía ser duro. Entre o persoal hai unha desolación grande. Estamos a falar de 205 familias, moitas elas que teñen a súa única vía de ingresos neste traballo, que van ficar sen emprego, e iso vai ter tamén un impacto na propia economía coruñesa. Para o ERE a empresa argumenta cuestións de produtividade ou organizativas, non económicas, pois continúan a ter beneficios millonarios - Situades os despedimentos nunha aposta das empresas pola deslocalización, volven tocar esa tecla após uns anos de certa tranquilidade - Estamos vendo que Telefónica [cliente principal de Extel] aposta niso, en deslocalizar e en que se atendan as chamadas desde Colombia, nun proceso que ademais se combina coa aposta en que o cliente, cando chame a estes servizos, sexa atendido por unha máquina. Ou sexa que se destrúe emprego. E non só isto, tamén hai outras consecuencias a ter en conta. Por exemplo, a maioría da xente non sabe que alí, nesa zona de Lationaamérica, non hai lei de protección de datos, así que os nosos nomes, datos bancarios, documentos de identidade... non van ter a mesma protección que aquí. - Ademais do dereito a ser atendido en galego.. Efectivamente, ese é un dereito que vai desaparecer para os galego falantes. Pedir atención en galego garante empregos en Galiza, é importante que a xente se conciencie diso e que pida atención no noso idioma. Somos subcontratas de grandes empresas (Telefónica, banca...), que son as que marcan o que queren e hai que cumprilo, aínda que iso supoña exprimir ao máximo os empregados, recortar - A empresa xa lles notificou os despdimentos que contempla no ERE. Cal son agora os seguintes pasos? - O día 4 de outubro, a vindeira terza feira, volve haber unha reunión entre os representantes dos traballadores e a empresa. Estamos estudando toda a documentación, as causas que argumentan, os criterios que empregan... mais xa adiantamos que os rexeitamos porque non nos dan ningunha confianza. Ademais, apelan a cuestións como a produtividade ou as organizativas, non económicas, pois continúan a ter beneficios millonarios. - Esta quinta feira tendes un paro - Temos, enmárcase nas mobilizacións a nivel de todo o Estado que xa estaban previstas no sector dos centros de chamada para denunciar o bloqueo da negociación do convenio colectivo. Mais neste protesto tamén se denunciará este ERE, claro. Pararemos 2 horas pola mañá e 2 pola tarde. O 6 de outubro haberá unha greve e unha mobilización. Chamamos os coruñeses a vir ao paro e apoiar a greve, é moi importante. Este ERE é un pao para A Coruña e o apoio e solidariedade da cidade é importante. - As empresas de telemarketing traballan para grandes e poderosas firmas, desde Telefónica á banca. Tamén teñen responsabilidade no que acontece? - As empresas de telemarketing tenden a exprimir ao máximo ao traballador ao tempo que apostan por reducir persoal, non en todas as empresas con formato de ERE mais con outros distintos... Somos subcontratas de grandes empresas, que son as que marcan o que queren e hai que cumprilo, aínda que iso supoña exprimir ao máximo aos empregados, recortar... Tamén teñen as súas responsabilidades, claro. |
NOS_53780 | A empresa editora de 'Nós Diario', Sermos Galiza SA, celebrou este sábado o décimo aniversario nun acto que contou coas actuación de Celso Sanmartín e Su Garrido e no que se puxo en valor o traballo da redacción e das colaboradoras e colaboradores do xornal e mais o apoio das persoas subscritoras, que fan posíbel o único diario integramente en galego. | O 8 de xuño de 2012 chegou aos quiosques por vez primeira o semanario Sermos Galiza. Desde entón moitas cousas mudaron, a comezar por unha pandemia que alterou durante un longo tempo a nosa forma de interactuar socialmente. E tamén mudaron cousas no Sermos, houbo altas e baixas no cadro de persoal e mais no Consello de Administración. Mais, tal e como lembrou este sábado o presidente e conselleiro delegado de Sermos Galiza SA, Xoán Costa, hai algo que nunca mudou: "O noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego, entendendo por tal aquel que coloca o galego como única lingua de comunicación e a Galiza como miradoiro desde o cal ollar o propio país e tamén o mundo". Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos Galiza SA. Costa pronunciou estas palabras no marco do acto de celebración do décimo aniversario de Sermos Galiza SA, que se celebrou na mañá deste sábado na Nave de Vidán (Compostela). Ao evento asistiron tamén a directora deste xornal, María Obelleiro; o subdirector, Alberte Mera, membros da redacción e persoas subscritoras e colaboradoras de Nós Diario. 📰 | @xoancosta: "Unha cousa non mudou: o noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego, entendendo por tal aquel que coloca o galego como única lingua de comunicación e Galiza como miradoiro desde o cal ollar o propio país e tamén o mundo"https://t.co/XKry7bxNfM pic.twitter.com/HUmnBJboXP— Nós Diario (@NosDiario) June 11, 2022 Aliás, Celso Sanmartín, poeta e contacontos, e mais Su Garrido, cantante e compositora, amenizaron o evento coas súas actuacións. Acto polo décimo aniversario de Sermos Galiza, na nave de Vidán de Compostela. "O que mellor lle acae a todo o período que vai de 2012 a 2022 é un texto do José Afonso, aquel titulado 'A formiga no carreiro' e que nun verso di: 'A formiga no carreiro vinha em sentido diferente'. Aí, en sentido diferente, está o xornalismo que fai Nós Diario e Sermos Galiza", engadiu Costa. Ese "sentido diferente", dixo, reflíctese "presentando a información en sentido diferente á que maioritariamente se ofrece da Galiza, unha información, a deses medios, que mostra un país, unha sociedade, unha cultura vista sempre desde fóra". "Ir en sentido diferente é sermos nós quen nos poñemos no mapa da dignidade fronte a quen nos quere pór no mapa da submisión e da dependencia", subliñou Xoán Costa "Ir en sentido diferente é arbitrar mecanismos para ser nós quen defina e quen exporte a nosa imaxe de nación, sermos nós quen nos poñemos no mapa da dignidade fronte a quen nos quere pór no mapa da submisión e da dependencia", subliñou, en alusión ás palabras do presidente da Xunta dicindo que a visita do rei emérito puña "a Galiza no mapa". "Este proxecto, señor presidente, si pon a Galiza no mapa", precisou Xoán Costa. 📰 No acto de celebración do décimo aniversario de Sermos Galiza SA, empresa editora de #NósDiario, actuou a cantante e compositora Su Garridohttps://t.co/XKry7bxNfM pic.twitter.com/par9mTg5p2— Nós Diario (@NosDiario) June 11, 2022 Pola súa parte, María Obelleiro agradeceu o "grande esforzo" das persoas subscritoras, "que apostaron neste proxecto hai dez anos e seguen a facelo a día de hoxe", e cuxa axuda, precisou, "é unha das nosas principais fortalezas". A directora de Nós Diario subliñou que o traballo diario no xornal "non é doado", dado que "xogamos en desvantaxe a respecto doutros medios de comunicación" e "non temos a infraestrutura que teñen eles". Por iso, quixo pór en valor "todas as persoas que fan parte da nosa redacción e as nosas colaboradoras e colaboradores". "A Xunta vétanos nunhas axudas que si reciben outros medios que non empregan o galego como lingua vehicular", apuntou María Obelleiro "Xogamos en desvantaxe, en primeiro lugar, a nivel económico. Se conseguimos estar aquí, avanzar e consolidarnos é grazas a todas as persoas que apostastes neste proxecto hai dez anos e a día de hoxe, porque, como sabedes, os grandes poderes, empezando pola Xunta da Galiza, téñennos vetado á hora de recibir axudas económicas malia cumplirmos os criterios das convocatorias". Unhas axudas, matizou, "que si reciben outros medios que non empregan o galego como lingua vehicular". A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita Porén, Obelleiro precisou que as dificultades no día a día non veñen só no plano económico, senón tamén por mor de "todas as presións que recibimos no día a día, mesmo ameazas e denuncias formais, por informar de cuestións das que outros medios non se atreven a informar". |
PRAZA_5054 | A Xunta diserta sobre as bondades da auga, os ríos e a costa galega para responder a unha pregunta parlamentaria sobre a mostra Auga Doce, á que Turismo de Galicia xa achegou máis de 600.000 euros. | O pasado 21 de febreiro a Axencia Turismo de Galicia formalizaba por 226.060 euros coa empresa Produccións e Xestión Cultural o contrato para a montaxe da exposición Auga Doce na Cidade da Cultura. O día 27 o mesmo organismo autonómico, que se encarga desta exposición no Gaiás malia estar, teoricamente, centrado na promoción turística, formalizaba a contratación do transporte das obras de arte que compoñen esta mostra por algo máis de 433.000 euros. Son os principais gastos dunha exposición polos que a oposición viña preguntando e segue a facelo con escaso éxito. As últimas en tentar coñecer estas cifras -que, por outra banda, son públicos en virtude da Lei de Transparencia de 2006- foron as deputadas do BNG Carme Adán e Tereixa Paz. Nunha pregunta rexistrada o 4 de febreiro as nacionalistas cuestionaban o Goberno pola "natureza e obxectivo da exposición", sobre "cal vai ser a súa cronoloxía e planificación de percorrido" e, sobre todo, polo "importe total" do evento e o "retorno económico previsto". O 5 de marzo, unha semana despois da última adxudicación, saía a resposta de San Caetano con rumbo ao Parlamento. Ao longo de dúas páxinas o organismo que dirixe Nava Castro diserta sobre os elementos que compoñen a exposición e case sobre a filosofía que a inspira, pero sen responder ao que se lle pregunta. Así, fronte a preguntas tan precisas como o custe ou o retorno económico previsto Turismo explica que "a historia de Galicia está ligada ao auga" e abonda sinalando que "a auga salgada do mar, a doce dos ríos e a mineromedicinal e termal que brota da nosa terra son elementos que conforman a identidade galega". As deputadas preguntan polo custo da exposición e a Xunta diserta sobre as bondades da auga, da costa e dos ríos galegos A continuación, a axencia pública detalla que "Galicia conta cunha marabillosa costa con máis de 800 praias", 127 con bandeira azul, "que converten o noso magnífico litoral nun recurso variado que amalgama os acantilados máis altos da Península Ibérica coas augas máis tranquilas do vello continente, navegables os 365 días do ano". Adán e Paz coñecen tamén grazas a esta resposta que "a auga tamén está no interior", con ríos que "transcorren por agrestes paisaxes entre bosques de diferentes tipoloxías ou abruptas montañas". "Pero se existe unha auga que caracteriza a Galicia esta é a auga mineromedicinal e termal", profunda a Xunta, que lles explica ás parlamentarias que "no noso solo están catalogadas máis de 300 captacións", "unha por cada 10.000 habitantes". Con todo isto Turismo queríalles facer ver que "a auga é un recurso diferenciador que vén desenvolvendo un importante labor tanto socioeconómico como dinamizador da nosa economía", de aí que a Xunta traballe na exposición Auga Doce. Ligada a san Francisco de Asís Tras as referencias ás bondades da auga o Goberno pasa a detallar que a exposición en cuestión se enmarca nos "actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela", argumento ofrecido pola Xunta para financiar este evento a través de Turismo e non coa Fundación Cidade da Cultura ou da opaca Fundación Gaiás. Segundo esta axencia, "poñer en valor os recursos hídricos da nosa comunidade" e "reflexionar sobre a auga de modo transversal" está intimamente ligado ao evento franciscano. A Xunta non detalla, por exemplo, se os patrocinios permitirán recuperar todo ou parte dos 660.000 euros públicos achegados É neste punto, xa contra o final do documento, onde Turismo se achega levemente ao obxecto da pregunta parlamentaria. Así, explica que a exposición se desenvolverá no Gaiás e "estará aberta ao público dende marzo ata setembro deste ano", cunha "programación didáctica e difusión complementaria" que inclúe "diferentes expresións artísticas". Nin unha soa cifra nin tampouco nin unha soa explicación sobre as condicións dos patrocinios da exposición, caso por exemplo do de Gas Natural, e se estes permitirán recuperar todo -como asegurou a Xunta a través de notas de prensa- ou parte dos 660.000 euros públicos que xa foron comprometidos. |
NOS_2495 | Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto. | 🔴 [EN DIRECTO] Actualizar 19.29 | Os ucraínos que combatan na guerra serán excluídos das listas de persoas corruptas O diario The Kyiv Independient recolle a decisión da Axencia Nacional de Prevención da Corrupción en Ucraína de excluír da lista de persoas corruptas aqueles ucraínos que combatan contra o exército ruso. Segundo o organismo, a maioría de persoas que están nesta lista é debido a infraccións leves, como a presentación tardía da declaración patrimonial. 18.26 | A OTAN afirma que a guerra de Ucraína "pode durar anos" O secretario xeral da Organización sobre o Tratado do Atlántico Norte (OTAN), Jens Stoltenberg, afirmou nesta cuarta feira que a guerra de Ucraína "pode durar anos". Segundo Stoltenberg, e a pesar de que o presidente de Rusia, Vladimir Putin, ordenou a retirada das tropas rusas para "centrarse" na zona do Donbás, a OTAN non conta con indicios que demostren que o Goberno ruso non pretende ocupar nalgún momento "toda Ucraína". 17.19 | EUA sancionará os familiares de Vladimir Putin e Segej Lavrov O presidente dos Estado Unidos (EUA), Joe Biden, adiantou que o seu Goberno sancionará as dúas fillas do presidente de Rusia, Vladimir Putin, e a muller e a filla do seu ministro de Asuntos Exteriores, Segej Lavrov. 16.31 | Hungría intenta posicionarse e ofrece Budapest para un encontro Zelenski-Putin O presidente ultradereitista de Hungría, Viktor Orban, mantivo unha conversa telefónica co seu homólogo ruso, Vladimir Putin, na que ofreceu a capital do país, Budapest, para acoller un encontro entre o dirixente ruso e o presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski, que pare definitivamente a guerra. Asemade, Orban instou a que o chanceler alemán, Olaf Scholz, e o presidente da República francesa, Emmanuel Macron, estean presentes durante ese econtro. 15.17 | O Goberno de China pide aos EUA que deixen de aumentar o conflito con accións "coercitivas" contra Rusia O portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores de China, Zhao Lijian, pediu nesta cuarta feira aos Estados Unidos (EUA) que deixe de aplicar sancións e accións "coercitivas" contra Rusia para evitar a escalada do conflito en Ucraína. Nunhas declaracións recolidas por Russia Today, Lijian chamou os EUA a "deixar botar máis leña ao lume", porqye "tanto a historia como a realidade demostraron que as sancións non poden proporcionar paz e seguridade". 12.29 | O embaixador ruso di que o masacre de Bucha é unha "montaxe" O embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri Korchagin, asegurou que a matanza de civís na cidade ucraína de Bucha, situada aos arredores de Kíiv, é unha "montaxe" que busca desprestixiar o Exército ruso e reclamou unha investigación independente para esclarecer o ocorrido tras a saída das tropas rusas. 12.13 | A UE apunta a sancións ao petróleo tras vetar o carbón ruso Esta decisión de aplicar sancións contra o sector enerxético respondería ao masacre de Bucha. A Unión Europea apuntou medidas contra o petróleo ruso despois de propoñer un embargo ao carbón. As sancións ao petróleo e ao gas "serán necesarias tarde ou cedo" para romper coa dependencia de combustibles fósiles de Rusia, afirmou o presidente do Parlamento Europeo Charles Michel. 11.58 | A ONU confirma case 1.500 civís mortos e máis de 2.000 feridos desde o inicio da invasión O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos rexistra, desde o inicio da guerra, 1.480 civís mortos e 2.195 feridos, o que supón un total de 3.675 vítimas. Entre os falecidos hai 321 homes, 211 mulleres e 61 crianzas, ademais de 815 adultos aínda sen identificar. Así mesmo, informa de 253 homes, 194 mulleres e centos de menores feridos, así como 1.565 adultos pendentes de identificar. 09.55 | O Kremlin cualifica a expulsión de diplomáticos rusos por parte da UE como un "paso miope" "Reducir as posibilidades de comunicación diplomática, en condicións tan difíciles e de crise sen precedentes, é un paso miope que, en primeiro lugar, complicará aínda máis nosa comunicación, que é necesaria para a procura dun arranxo, e inevitabelmente conducirá a pasos recíprocos", sinalou o portavoz do Kremlin Dimitri Peskov, segundo recolle a axencia de noticias TASS. A expulsión de varios diplomáticos rusos por parte da Unión Europea, é unha decisión que acompaña un novo paquete de medidas para frear a "maquinaria de guerra" do presidente ruso, Vladimir Putin. 09.32 | EUA proverá Ucraína de asistencia militar adicional O secretario de Estado de Estados Unidos, Antony Blinken, anunciou que Washington destinará 100 millóns de dólares en axuda militar adicional a Kíiv, que incluirá sistemas antiblindaxe. Blinken precisou que, desde o inicio do mandato de Joe Biden, EUA xa asignou máis de 2.400 millóns de dólares en "asistencia á seguridade" de Ucraína, incluídos os máis de 1.700 millóns de dólares outorgados tras o comezo do operativo militar ruso, informa Russia Today. 09.24 | Máis de 90% dos ucraínos apoia a adhesión á Unión Europea Segundo unha enquisa do grupo sociolóxico Rating, a finais de marzo, 91% da poboación ucraína apoiaría unha posíbel adhesión de Ucraína á Unión Europea. O apoio ao ingreso na UE subiu de 68%, a finais de febreiro, até 91% actual. A maioría dos enquisados (56%) considera que Ucraína será membro da UE en menos de dous anos, mentres que o 23% apunta un proceso máis longo e cre que o país ingresará no grupo europeo en cinco anos. |
NOS_14425 | O concello de Pontevedra decide compensar a redución dos soldos @s empregad@s públic@s a través do recoñecemento da súa produtividade. | As ameazas do goberno español feitas públicas a través dunha nota informativa a pasada semana procuraban amedrentar as administracións locais e impedir que estas se rebelasen contra os recortes. Porén, non fixo minguar a insubmisión dos concellos gobernados polo BNG. Esta segunda feira, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciaba que a administración que rexe mantería o poder adquisitivo d@s empregad@s públic@s e reintegraría 760.000 euros á economía local. Segundo o grupo nacionalista pontevedrés, o obxectivo é "permitir que o tecido empresarial da cidade non sufra esta minoración de ingresos" aprobada polo goberno español. A redución do poder adquisitivo das persoas traballadoras na función pública, implicaría importantes perdas para as pequenas empresas afincadas na cidade e autónom@s --verbo da contracción do consumo local--, e cuxa realidade económica se viu gravemente prexudicada pola suba do IVE, este mesmo mes. A fórmula legal escollida e acordada previamente cos representantes d@s traballador@s procura compensar o 85% da paga extraordinaria. Pola súa banda, @s empregad@s terán que traballar algún tempo a maiores. Aliás, o representante nacionalista na Deputación provincial, César Mosquera, vén de presentar unha iniciativa para desenvolver a mesma fórmula nesta outra administración. A decisión adoptada polo goberno de Pontevedra enmárcase na medida aprobada polo BNG –após coñecerse o Real Decreto polo que se impuña a redución salarial d@s traballador@s públic@s-- e procura a insubmisión daquelas administracións locais onde a formación frontista teña competencias contra a política de recortes promovida polo goberno de Mariano Rajoy. |
NOS_6952 | O semanario Sermos Galiza adianta a súa data de publicación. Pasa das sextas ás quintas feiras. O primeiro número en saír a quinta feira será o desta semana, o número 57, en pleno Día da Patria Galega. A cuarta feira á noite xa se poderá descarregar na loxa! | O Sermos Galiza número 57 sairá ao encontro das súas e dos seus leitores esta quinta feira, xusto o día en que milleiros de persoas tomarán as rúas de Santiago de Compostela para conmemorar o Día da Patria Galega 2013. Este número será, alén do máis, unha entrega especial do Sermos Galiza, acrecentado con 8 páxinas máis, até completar as 40, 8 delas constituídas por un AFONDO monográfico dedicado a analisar polo miúdo os distintos ollares cos que se ve este Día da Patria Galega desde o soberanismo galego. |
NOS_58042 | A empresa Artabria SL, adxudicataria do contrato directo por parte da Xunta para xestionar a estación de inverno de Cabeza de Manzaneda, foi relacionada con sociedades en Panamá. | O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Ourense anulou a adxudicación do contrato para a xestión da estación de inverno de Manzaneda á empresa Artabria Turismo SL. A empresa, acusada de relación con sociedades panameñas Como xa informou Nós Diario en marzo de 2021, a Xunta da Galiza concedeu por adxudicación directa a xestión da estación de inverno de Cabeza de Manzaneda a Artabria Turismo SL, empresa de recente creación e sen experiencia no sector, "relacionada con sociedades radicadas en Panamá e con importantes casos de corrupción internacionais", segundo explicaba o socialista Juan Carlos Francisco na comisión de Economía do Parlamento da Galiza. Adxudicación directa da Xunta sen dereito á concorrencia Nun auto con data do 16 de marzo de 2022 e do que informou na quinta feira o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG), a maxistrada estimou o recurso interposto por Grupo Sierra Xestión de Turismo contra a resolución de decembro de 2020 ditada pola sociedade pública Estación de Inverno Manzaneda SA (Meisa) pola que se adxudicou o contrato. A xuíza subliña que a sociedade demandada, que acudiu a un procedemento de adxudicación directa sen publicidade para elixir a empresa, "debeu, cando menos, solicitar tres ofertas, sen que no expediente exista razón algunha que xustifique a imposibilidade de cumprir tal requisito, máxime cando a recorrente puxera de manifesto o seu interese en ser convidada á participación". Por iso, considera que infrinxiu "os principios de concorrencia e non discriminación". Na sentenza, contra a que cabe presentar recurso, a maxistrada indica que "non existe ningún acordo ou acto en virtude do cal a sociedade teña resolto acudir ao procedemento negociado sen publicidade, senón que existe só o informe da xerencia e, directamente, a invitación a un único operador económico e posterior formalización do contrato". |
NOS_40751 | A militancia aspira a un "tsunami galego" que "non sexa instrumentalizado" polos partidos políticos como –segundo defenden- ocorreu coas mareas nas municipais. | O sector crítico de Podemos en Galiza acordou impulsar unha candidatura de unidade popular de cara as eleccións autonómicas na que os partidos políticos "se poñan ao servizo da cidadanía". Este foi o punto central da asemblea realizada este sábado en Compostela por Podemos Cambiar Galicia. "Simplemente lanzamos a convocatoria porque alguén ten que tomar a iniciativa", explicou Ana Sánchez Diz, que disputou a secretaría xeral a Breogán Riobóo, en declaracións recollidas pola axencia Europa Press. A militancia crítica de Podemos aspira a crear "un tsunami galego" que "non sexa instrumentalizado" polas forzas políticas como –segundo defenden- ocorreu con algunhas mareas nas municipais. "Entendemos que a xente dos partidos ten moito que aportar, pero non deben intentar capitalizar as candidaturas". Na mesma liña expresou o aspirante da corrente Xuntos Podemos, Florentino Balado, que apostou por "movementos de confluencia nos que estea presente toda a xente que queira cambiar as cousas". |
NOS_31313 | As protestas contra a supresión das áreas sanitarias d´A Mariña, Monforte de Lemos, Valdeorras e O Salnés toman as rúas. | A quinta feira 28 de setembro varios miles de persoas marcharon por Vilagarcía, nunha das máis grandes manifestacións da historia da cidade e que mesmo superou en asistencia á realizada en defensa da ampliación do hospital do Salnés, para esixir a paralización das modificacións que se pretenden introducir na Lei da Saúde de Galiza. Dous días máis tarde, neste caso na localidade d´O Barco, eran os veciños da comarca de Valdeorras os que protagonizaban outra mobilización histórica, cunha participación de máis de 7000 persoas. Nun e noutro caso, os organizadores denunciaron a proposta lexislativa do goberno Feijóo: "A respeito dos actuais hospitais comarcais, nada se di das súas carteira de servizos, dos seus niveis de estruturas técnicas que deben alcanzar, persoais para o seu funcionamento con eficiencia e calidade, nada se di sobre circuítos e mapa de derivacións segundo patoloxías e a súa carteira de servizos". Burela acollerá esta quinta feira 5 de outubro a mobilización dos veciños da Mariña. A marcha sairá ás 20:00 h de diante do hospital da Costa e percorrerá as rúas da vila para rematar diante da praza do Concello, nunha manifestación na que os organizadores, agardan superar a participación dos protestos decorridos en 2011 e 2012. Unha mostra do estado de opinión na comarca son as asembleas informativas habidas en diversas localidades da mesma nas últimas semanas, así como as concentracións que se veñen desenvolvendo todas as cuartas ferias diante dos centros de saúde e do hospital comarcal, neste caso cun protagonismo destacado da comunidade sanitaria. Os intentos do PP por impedir estas convocatorias non deron os resultados agardados, malia aos intentos de amedrentar a poboación coa presenza da Guarda Civil ou identificando os concentrados. Ao tempo, diversos plenos da comarca, como Ribadeo, Burela, Viveiro ou Valadouro, expresaron o seu rexeitamento perante as medidas da Xunta de Galiza e outros, como Foz, Trabada, Lourenzá, Alfoz ou Ourol expresarano nos próximos días. Unha mostra do estado de opinión na comarca son as asembleas informativas habidas en diversas localidades O 8 de outubro tócalle a Monforte de Lemos. A rúas da capital da Ribeira Sacra, a cidade que en 2013 rexistrou o protesto máis masivo contra a centralización sanitaria, serán tomadas de novos pola veciñanza da comarca, nunha manifestación que partirá ás 17:00 horas do campo de San Antón para dirixirse ao hospital comarcal e, despois de percorrer diversos lugares da vila, rematará na praza da Compañía. A mobilización chega precedida dunha intensa campaña de axitación, con asembleas veciñais masivas, como a realizada o 14 de setembro na casa da cultura de Monforte, actos informativos en diversas localidades afectadas, entre elas A Pobra de Brollón, Pantón ou Ribas de Sil, e concentracións diante dos centros médicos da zona. As explicacións dos dirixentes do Partido Popular sobre as bondades do novo modelo de xestión, tamén neste caso, semellan non convencer a veciñanza da Ribeira Sacra, até o punto de que as máis das veces provocan un efecto contrario ao buscado. As explicacións dos dirixentes do Partido Popular sobre as bondades do novo modelo de xestión, tamén neste caso, semellan non convencer a veciñanza da Ribeira Sacra O sistema galego de saúde xa está a percibir as consecuencias da centralización sanitaria. Se as xentes do Salnés comezan a ser derivados ás clínicas privadas de Pontevedra pola falla de facultativos, na Mariña reduciuse a carteira de servizos, deixando de realizarse operacións de fimose ou de cataratas. Outro tanto acontece no Barco ou Monforte con especialidades que con anterioridade se viñan prestando, aspecto que se vai a agudizar co novo modelo, tal como denuncia desde as plataformas sanitarias, ao sinalar que "vai concentrar os esforzos nos grandes hospitais das grandes cidades". Ao tempo destacan que "o novo modelo defendido só ten en conta criterios economicistas e de negocio para elaborar o seu mapa sanitario", denunciando que a solución "para atender o avellentamento da poboación e a dispersión xeográfica non pode pasar por afastar os servizos sanitarios das persoas". Na mesma liña maniféstase a CIG, organización sindical maioritaria entre os traballadores da sanidade, sinalando que "o desmantelamento destas áreas sanitarias é contrario aos principios recollidos na Lei Xeral de Sanidade, que recolle que se crearán as áreas de saúde tendo en conta os factores xeográficos, socioeconómicos, demográficos, laborais, epidemiolóxicos, culturais, climatolóxicos e de dotación de vías e medios de comunicación". |
PRAZA_19059 | Aínda que a cifra de persoas falecidas se mantivo estable en 2015 en Galicia, a cantidade de peóns feridos e feridas incrementouse un 50% e tamén creceu moito a de condutores e condutoras de vehículos de dúas rodas | Os usuarios e usuarias máis desprotexidos nas estradas e rúas galegas -peóns, ciclistas e motociclistas- foron vítimas en 2015 de máis accidentes de tráfico, segundo os datos desagregados achegados pola DGT. No conxunto do ano faleceron 3 ciclistas, 3 condutores/as de ciclomotores, 16 condutores/as de motocicletas e 32 peóns, unhas cifras semellantes -con leves variacións- ás de 2014 e 2013. Porén, onde si se observa de forma clara este incremento da sinistralidade é no número de persoas feridas, tanto de carácter leve como aquelas que necesitaron ser hospitalizadas. O número de viandantes que resultaron feridos e feridas de consideración pasou dos 116 de 2013, aos 144 de 2014 e aos 176 de 2015. De igual xeito, a cifra de peóns feridos e feridas leves incrementouse dende os 291 de 2013 ata os 346 de 2014, chegando a 539 en 2015. Unha análise semellante, aínda que con ascensos menores, pode facerse para os condutores e condutoras de bicicletas, ciclomotores e motocicletas. No caso das motocicletas, o número de feridos e feridas leves elevouse de 302 a 463 nun ano e o de feridos e feridas hospitalizadas de 119 a 135. Debullando os datos polo miúdo, obsérvase que os e as peóns son as principais vítimas de accidentes de tráfico nas vías urbanas galegas, nas que en 2015 morreron atropelados e atropeladas 16 viandantes (sobre un total de 21 vítimas mortais neste ámbito para calquera tipo de vehículo). Cómpre salientar, igualmente, que o número de peóns hospitalizados por atropelos (122) amosa un claro ascenso nos dous últimos anos. Tamén é moi importante a cifra de ciclistas (10) e condutores de ciclomotores (19) e motocicletas (52) que foron hospitalizados e hospitalizadas por accidentes en vías urbanas, comparable ao número de condutores ou pasaxeiros de turismos (38) que tamén tiveron que ser atendidos e atendidas por feridas de consideración. En vías interurbanas, no entanto, os e as ocupantes de turismo vítimas de accidentes de tráfico seguen a ser a maioría, aínda que tamén neste ámbito se observa un repunte na cantidade de ciclistas e motociclistas feridos e feridas. |
NOS_12837 | azz Images Records recolle nunha caixa o LP orixinal en vinilo e un CD que ademais das oito pezas do orixinal contén outros seis temas. Ademais, a caixa trae un libro de oitenta páxinas cun longo ensaio de Riccardo Del Fra. | Chet Baker Sings é, aínda na actualidade, un clásico popular da historia do jazz. Orixinalmente lanzado en 1954, con só oito pezas, o disco revelou o talento orixinal de Chet Baker para cantar e para consolidar na industria da altura un novo estilo vocal no jazz que rompía con todas as expectativas que existían sobre as voces masculinas. Unha voz fráxil que puntuaba o seu fraseado con silencios e dúbidas e que contribuíu a popularizar, máis que o seu labor de trompetista, a etiqueta cool jazz. Chet Baker Sings (Deluxe Box) / Chet Baker / Jazz Images / 2022 / Catorce pezas / 38 euros A idea do disco xurdiu cando Gerry Mulligan chamou a Baker para tocar con el no disco que había de abrir o catálogo de Pacific Jazz Records. Naquela gravación aparece a célebre versión de "My Funny Valentine" que sería coñecida por todo o público da época. Gerry Mulligan, ao cabo dun ano, foi arrestado e encarcerado por un asunto de drogas, e Chet Baker decidiuse a formar o seu propio cuarteto -con Russ Freeman no piano, Red Mitchell no baixo e Bobby White na batería- para rexistrar o seguinte disco da Pacific. Aquel foi o seu primeiro traballo como líder, e funcionou. O seguinte que a Pacific -sempre atenta ao estilo West Coast- lle editou foi Chet Baker Sings. Agora, Jazz Images Records recolle nunha caixa o LP orixinal en vinilo e un CD que ademais das oito pezas do orixinal contén outros seis temas. Ademais, a caixa trae un libro de oitenta páxinas cun longo ensaio de Riccardo Del Fra, así como decenas de fotografías clásicas, raras e nunca antes publicadas de fotógrafos de jazz tan importantes como William Claxton, Jean-Pierre Leloir ou Bob Willoughby. Quizais os máis veteranos lembren un concerto no Auditorio de Castrelos de Vigo, no verán de 1983, no que Baker -teloneado, por certo, por Clunia Jazz- deu un concerto tirando a triste. Algúns atribuíron aquel cansazo do trompetista á perda do seu pasaporte aquela mesma mañá, mais era inevitábel pensar nos seus sempiternos problemas coas drogas. Pois ben, no medio do concerto, Baker decidiuse a cantar un par de temas, un deles imitando con gracia o son da súa trompeta, que seguramente foron o mellor da noite. O álbum non presenta melodías orixinais mais iso non impide que Baker faga súas todas as pezas. Unha sección rítmica perfectamente axustada e un piano suave e tranquilo logran un son depurado e seguro. Xunto co estilo da voz de Baker, sobresaíndo confiada sobre o conxunto mais sen querer dominar, logran crear unha auténtica xoia da música que continúa a crear afección. Imprescindíbel. |
NOS_34738 | Crítico literario e colaborador do semanario Sermos Galiza –onde mensalmente achega a súa visión sobre o teatro, a súa especialidade–, Manuel Xestoso (Santa Cruz de Tenerife, 1966) vén de publicar o seu primeiro poemario, As ruínas de Europa (Galaxia), unha obra en que o tempo é protagonista. | As ruínas de Europa consegue a amálgama precisa entre a historia e a actualidade: desde a destrución de Pompeia até o drama das persoas refuxiadas. Como construíches a obra? Ben, antes de nada debo dicir que a alusión ao drama das persoas refuxiadas é unha interpretación túa que eu nin subscribo nin desminto: ante a idea de que o autor debe explicar os seus libros eu opoño a de que son os libros os que explican o autor. Por outra banda, a actualidade non me parece un terreo particularmente atractivo para sementar nel a palabra poética. Ao contrario, o libro parte da idea de que é a ruína a que realmente nos conforma. A ruína é aquilo que sobrevive á destrución, aquilo que se resiste á desaparición; é, xa que logo, o único que perdura á acción erosiva do tempo e da Historia, un indicio de permanencia ao que podemos agarrarnos. O libro foi construído case como a crónica da viaxe por unha paisaxe crepuscular, unha viaxe de inverno por esa Europa posterior a Auschwitz na que, segundo Adorno, xa non se pode escribir poesía. Claro, cada libro de poemas que se escribe desde aquela debería pensar en como é posíbel refutar as palabras de Adorno, e con esa conciencia está escrito As ruínas de Europa. Tendo en conta, ademais, que a historia europea recente non fixo máis que engadir argumentos a favor de Adorno. Falabas de Adorno. Precisamente, unha das principais características ten a ver coas múltiplas referencias filosóficas e literarias que agochan os poemas. Un trazo derivado da túa faceta como crítico? Trátase de refutar o poema como aquilo que se definía como "expresión do eu íntimo". O discurso poético está cruzado por infinidade de voces –ruínas, talvez– que proceden de, entre outros lugares, a propia tradición literaria. Enfrontarse con esas voces supón pasar da lectura como produción de sentido á relectura como produción de realidade. Desde Lacan sabemos que a conciencia está condicionada pola orde simbólica e, xa que logo, cuestionar e interrogar esa orde transfórmase nun deber de quen toma a palabra no espazo público. "Por soberbio que pareza, eu creo que o crítico debe falar en nome da comunidade, expresar as súas necesidades" Por outra banda, un dos detonantes na escrita deste libro foi precisamente o cuestionamento sobre a voz do crítico. Quen fala a través desa voz? Por soberbio que pareza, eu creo que o crítico debe falar en nome da comunidade, expresar as súas necesidades e, dalgún xeito, avaliar en que medida as obras que aborda contribúen ao ben común da sociedade á que se dirixe. Nun sistema cultural como o galego, sometido a circunstancias que impiden teimudamente a súa normalización, iso require unha responsabilidade e un esforzo suplementario que pode ser extenuante. Facer uso dunha voz na que ese compromiso se atenuase transformouse case nunha necesidade persoal para definir o lugar desde o que escribía. Tamén se percibe certa influencia do teatro nas imaxes que evocan os poemas. Si, claro. De facto, o propio título xa procede do Hamletmachine de Heiner Müller. En certo sentido, considero que no teatro e na poesía, cando se comportan como tales, aínda podes expoñerte a algún risco. Howard Barker sinalaba, defendendo o seu "teatro da catástrofe", que o sistema é tolerante con todo excepto coa conciencia tráxica. A experiencia do sufrimento e da morte están excluídos desta sociedade, obsesionada coa felicidade, co éxito e coa satisfacción inmediata. E o teatro e a poesía, que comparten a súa orixe nunha idea de sacrificio, aínda teñen presente que a dor forma parte da experiencia humana. Por outra banda, "teatro" é, etimoloxicamente falando, 'o sitio desde o que se observa', e a observación é o lugar onde se debe fundar a conciencia crítica. Goethe dicía que pensar é moito máis interesante que saber pero moito menos que observar. Existe esa falsa contradición que opón a mente que analiza e o corpo que actúa, unha contradición que debería ser superada a favor da idea de que o pensamento tamén é acción transformadora. Alén da literatura, As ruínas de Europa recollen fotografía, cinema, arquitectura… A que se debe a escolla? Interésame moito un enunciado que Godard emprega na súa película JLG/JLG (autoportrait de décembre) e que logo retoma nalgún outro filme: "Existe a regra e existe a excepción. A cultura é a regra; a arte é a excepción. Está na natureza da regra tratar de acabar coa excepción". Contra o que habitualmente se proclama, eu creo que vivimos nunha sociedade que sacraliza demasiado a cultura, no sentido etimolóxico que a relaciona co culto, coa veneración. Iso acaba por anular o que a experiencia estética pode ter de proceso de emancipación, que é o que a min me importa recuperar. "Por dicilo dalgún modo, quería escribir este libro para que o lean os que tomarán a Bastilla en 1789" Que papel desenvolve o tempo neste poemario tendo en conta a transversalidade da historia que fía os poemas? O tempo é unha aventura, o gran protagonista do libro. Marc Augé, no seu libro O tempo en ruínas, suxire que a contemplación das ruínas nos permite experimentar un "tempo puro" e, dalgún xeito, ese era un referente: un tempo non sometido á ditadura do cronos que permita contemplar a Historia desde outra perspectiva. Por dicilo dalgún modo, quería escribir este libro para que o lean os que tomarán a Bastilla en 1789. E hai outro compoñente que está moi relacionado con este tratamento do tempo: a natureza. O tempo da ruína e o tempo da natureza son moi semellantes. Existe toda unha tradición pictórica que representa a ruína como un elemento case indistinguíbel da natureza, un lugar onde o mythos e o logos se confunden, onde non é preciso inclinarse ante o transcendente. Creo que esa conexión nos devolve a un lugar fundacional no que aínda podemos buscar o utópico, o "tempo novo". Con este primeiro libro, sobre as ruínas que perduran, apelas a esa Europa dos pobos diferente á da UE? A min apaixóname a idea de Europa e da identidade europea, aínda que entendo que é unha palabra moi desgastada polo discurso da Unión Europea, coa cal o libro non ten nada a ver. Creo que a Unión Europea, malia algunhas experiencias positivas que achegou en canto a certos aspectos da gobernanza en común, non é máis que unha estrutura do sistema cuxo obxectivo último é a destrución dos principios sobre os que, teoricamente, se funda. "A UE non é máis que unha estrutura do sistema cuxo obxectivo último é a destrución dos principios sobre os que, teoricamente, se funda" En realidade, non creo que faga falta "crear" a Europa dos pobos porque esa Europa xa existe. O que se precisa é, como diría Rancière, que aflore o desacordo entre os que teñen parte e os que non a teñen, que se faga patente o conflito entre gobernantes e gobernados para poñer en evidencia a arbitrariedade desa relación. E aí si que hai todo un traballo na orde do simbólico que é preciso facer. Hai uns anos asistín a unha obra de teatro documental que falaba precisamente da identidade europea. Para tratar de aclarar os fundamentos da Unión, o público debía escoller entre a lectura do mito do rapto de Europa e a dun discurso de Churchill tras a derrota dos nazis. Ben, exceptuándome a min, todo o mundo escolleu o mito. Se aínda teñen capacidade para convencernos de que a Unión Europea está máis relacionada con Zeus que con Churchill é que están gañando a batalla do simbólico, e iso é o que deberiamos esforzarnos en reverter. Hai que lembrar as palabras de Mahmoud Darwish: se nos vencen tamén na poesía, é a fin. Que podemos agardar de novo de Manuel Xestoso? Sempre teño varios proxectos de distinta natureza sobre a mesa, e nunca sei que pasará con eles. Agora mesmo estou traducindo Campo de covardes, unha obra de Vanesa Sotelo, para unha antoloxía que sairá nos Estados Unidos o ano que vén, e sigo moi comprometido coa renovación da erregueté, a Revista Galega de Teatro. Pero o que me obsesiona ultimamente, seguramente como consecuencia lóxica do interese polas ruínas, é o fragmento. Creo que o proxecto máis atractivo neste momento sería o de emular a Robert Walser: pasear e escribir fragmentos. Escribir ao ditado da paisaxe. |
NOS_46795 | CIG, CCOO e UGT fan un chamamento ao conxunto da cidadanía a participar na manifestación convocada esta quinta feira para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez. | A cita é esta quinta feira, en Vigo, na Vía Norte e ás 18:30 horas. A manifestación nacional convocada por CIG. CCOO e UXT para reclamar do Goberno español o indulto para Carlos e Serafín, dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete da greve do transporte en 2008. Durante a rolda de prensa, o secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, lembrou o "calvario xudicial" que están a padecer os dous afectados dende que hai xa máis de catro anos foron condenados a tres anos de cadea "sen que existise denuncia contra eles nin se constatasen danos materiais nin persoais". Dende entón permanecen á espera de que o Consello de Ministros decida sobre a segunda petición de indulto, que evitaría a súa entrada en prisión, unha vez que lles foi denegada a primeira solicitude. Gonçalves fixo fincapé no "clamor social" que existe a prol da medida de graza para estes dous traballadores, que se evidenciou tanto nas concentracións de apoio que se realizan cada mes como nas concorridas manifestacións que teñen tido lugar con anterioridade. |
NOS_27165 | Mariano Raxoi e Felipe González participaron coa conversa Tres miradas sobre España no Foro da Toxa esta quinta feira. A corrupción, o "conflito catalán" ou reforma da Constitución centraron as súas intervencións. | Os ex-presidentes Felipe González e Mariano Raxoi amosaron a súa boa sintonía no Foro da Toxa, na illa da Toxa esta quinta feira. "Con matices", os marcados case sempre por González, os ex-dirixentes opinaron de xeito similar sobre a inestabilidade laboral, a corrupción dos partidos políticos e "os nacionalismos". A súa intervención, co perenne pano de fondo das eleccións estatais, era a "cita máis agardada no foro" segundo a propia organización. A pregunta sobre a corrupción nos partidos políticos foi unha das cuestións máis "delicadas", segundo a propia moderadora. Cuestionados sobre se forma parte do código xenético da política de partidos González e Raxoi responderon negativamente. "A corrupción é un problema fundamentalmente de persoas, non de partidos", expuxo Rajoy. O Partido Popular ao que pertence Raxoi foi primeiro investigado e citado como persoa xurídica a declarar en democracia durante a investigación da trama Gürtel, se ben o titular do Xulgado do Penal número 31 de Madrid absolveuno. O ex-presidente aproveitou para sinalar que o seu goberno recibira unha moción de censura "cando non había ninguén condenado por corrupción, investigado por corrupción ou chamado como testemuña por casos de corrupción". Raxoi, en 2017, foi chamado a declarar como testemuña no caso Gürtel, un dos alicerces da citada moción. Tanto el como González defenderon que outros países "están peor" que o Estado español en canto a niveis de corrupción. "Hai que precisar, dicir que todos os partidos son corruptos é demoledor para a credibilidade da democracia", afirmou González. Solicitada a opinión sobre "o conflito catalán", tanto González como Raxoi cargaron contra "os nacionalismos" e contra movemento independentista en Catalunya. "Nacionalista é quen afirma que o seu país é o mellor", expuxo Raxoi. "Entón ti es nacionalista español!", exclamou González ante os risos da audiencia. González afirmou que a construción das nacións "parte da mitificación da propia historia e da construción dun inimigo imaxinario". "Os sentimentos de pertenza son respectábeis, dan lugar a culturas e linguas distintas como a galega, a catalá ou a vasca, pero non son dereitos", remachou. A intervención dos ex-presidentes rematou con dúas preguntas: "Aceptarían unha revisión da Constitución?" e "De terse dado a mesma situación en 2015 que o pasado mes de setembro tería tentado levar a cabo unha gran coalición de partidos?". O desacordo entre González e Raxoi chegou na derradeira pregunta. Ningún aceptaría unha reforma da Constitución e, segundo González, "Raxoi intentaría unha coalición, eu non". |
NOS_31576 | Máis un número do semanario saído do prelo. Lembramos o por que do Dia da clase obreira galega, achegámonos á realidade do suicidio na Galiza, entrevistamos Quico Cadaval e Rocío de Frutos, percorremos o galego polas diferentes zonas xeográficas, falamos de como o feminismo aviva a loita a escala mundial... Todo isto, e máis, xa na nosa loxa. | Como un cordón umbilical, o 10 de marzo deste 2017 conecta con aquel 10 de marzo de 1972 que forxou o Día da Clase Obreira Galega. Case medio século no que a clase traballadora se reclama como un suxeito protagonista na historia deste país. Desde a represión franquista e a falla de liberdades daquela aos recortes de dereitos laborais e sociais de arestora. Falamos desta data chave para o país, que vai facer 45 anos, en '10M: unha clase para a Nación'. En 'Suicidios, a morte invisíbel' partimos de como Galiza, sen plan de saúde mental nin plan para evitar os suicidios, atópase á cabeza en taxas de mortes autoprovocadas. Entre 2010 e 2015, un total 1.938 persoas quitáronse a vida na Galiza. En 2015, a pesar do descenso a repeito de 2014, as mortes por suicidios duplicaron as derivadas de accidentes de tráfico. Malia estas cifras, as mortes autoprovocadas seguen a ser un tabú e un fenómeno estigmatizado Se nos relacionamos con diferentes persoas de toda Galiza, observaremos que cada unha ten unha forma distinta de dicir o mesmo. E é que o noso idioma contén moitas variantes ao longo do territorio xeográfico. É a riqueza da fala que a fai tan diferente e característic e que nos agasalla moitas maneiras de usala e de comunicala. O galego normativo fálase, mais as variantes engaden o toque distintivo.' Gheada, seseo, cheísmo… e ti como falas?'. Portas abertas Fuxir da rotina. Innovar. Abrir ciclos. Marcar un antes e un despois. Esas son as ideas que moven todo o proceso asemblear do BNG. Esta semana coñeceusec o lema co que a formación frontista vai realizar os días 25 e 26 de marzo na Coruña a súa XVI Asemblea Nacional "En Bloque cara a un tempo novo". Unha palabra de orde que simboliza o compromiso entre a memoria e o futuro. Debullamos a cita nacionalista en 'Unha asemblea de portas abertas'. Entrevistamos Rocío de Frutos, deputada socialista. Defínese como técnica, mais nesta entrevista revélase como unha política con nervo, incisiva e comprometida cunha liña moi clara, afastada en aparencia dos tacticismos. Rocío De Frutos (Valladolid, 1967), deputada do PSdeG-PSOE no Congreso, enarbora con naturalidade, maistamén con paixón,a bandeira de Pedro Sánchez na operación de reconquista deFerraz, contra o aparato agora en mans de Susana Díaz. E na Galiza fai un aposta desacomplexada: Pilar Cancela. "Sánchez ten algo do que os demais carecen: coherencia". 'O feminismo aviva a loita a escala mundial'. O movemento feminista pasa á ofensiva para frear a nova vaga de retrocesos en materia de igualdade. As políticas reaccionarias teñen provocado novos retrocesos de cara á igualdade efectiva. Ao tempo, medio cento de países sumáronse ao chamado por unha folga de mulleres. Internacional O procés soberanista avanza sob dupla vía. Desde o Pacto Nacional polo Referendo póñense a proba os límites da institucionalidade e a democracia no Estado, pedindo unha consulta pactada, mentres prosegue o despregamento de estruturas de Estado propias e a desconexión con España.'O consenso catalán sobre a democracia'. 'Trump, das palabras ao orzamento'. A elaboración dos orzamentos dos EUA motivou duras críticas cara a Donald Trump por recortar de maneira moi significativa o financiamento da diplomacia e a cooperación exterior, a garda costeira, a seguranza no transporte ou a xestión de emerxencias. A cesta da compra subiu desde comezos de século entre o 30 e o 50% de media; porén, os ingresos pola venda de marisco nas lonxas sufriu unha baixada, como confirman os dados da plataforma Pescadegalicia, da Consellaría do Mar. 'O prezo do marisco, máis baixo que hai quince anos'. En Análise analizamos o sistema público de pensións e as ameazas sobre o mesmo. E n on falta a sección Fóra de Serie, con achegas, propostas e ideas. No selfie-entrevista conversamos con Antia Balseiro, estudante condenada por un escrache a un profesor homófobo do USC. Achegámonos a unha xoia de etnografía galega, a Casa do Patrón, en Lalín, con máis de 4.500 pezas. Da man do colectivo Xea imos até Belesar, para descubrir os secretos que agocha a auga. Entrevistamos Quico Cadaval. "O CDG é unha apariencia, porque non ten autonomía artística". Quico Cadaval elixe un cadro de Manuel Ayaso, a quen ten acompañado "na cuadrilla de mariñeiros tomando os chiquitos". É un colaxe combinado con tinta de prata ao que lle ten moito aprecio. Ten outro ben prezado: un paraugas. É o paraugas da fotografía principal que ilustra a entrevista. "Teño moita obsesión cos paraugas… Co noso clima, hai que saber cal é o noso cetro, o noso emblema", di. Este regaloullo a familia de Miguel, un home co que intercambiou paraugas unha noite nun local compostelán, "estivémonos buscando para intercambiárnolos de novo e pasados os anos regaloume outro paraugas da mesma casa". Admite "aferrarse" a el e négase a deixalo nos paraugueiros dos estabelecementos públicos. A semana pasada remataba a primeira e única temporada de O final do Camiño, a maior produción audiovisual sobre a historia de Galiza. Chegou até dous millóns de espectadores en España e máis de 150.000 en Galiza, que viron na súa escena final [atención, spoiler] como Xelmírez coroaba un rei galego na catedral. 'A Historia de Galiza como fición'. E, como non, as sinaturas de Pilar García Negro, Xoán Costa e Xavier Queipo. A crítica literaria de Mario Regueira e de cinema de Andrés Castro. As achegas de Iago Varela e Alexandre P. Vigo ou como María Canosa debulla a súa propia obra. |
NOS_36161 | O Goberno español faculta as comunidades para intervir recursos da sanidade privada. Quen dispoña de material sanitario específico está obrigado a comunicalo nun prazo de 48 horas. Defensa anuncia o despregamento do exército español en varias cidades. | Salvador Illa, ministro de Sanidade, compareceu na noite do domingo canda outros tres ministros (Interior, Defensa e Transportes) para comunicar unha nova serie de medidas no marco do estado de alarma decretado polo coronavirus. Así, anunciou que o Goberno pon á súa disposición a sanidade privada, apelando ás competencias outorgadas polo decreto publicado na noite do sábado que declara o estado de alarma. A orde polo de agora obriga os centros sanitarios privados a poñer a disposición dos servizos sanitarios dos gobernos autonómicos os espazos e persoal que se lle requira. A orde tamén prevé a prórroga de médicos residentes (MIR) no último ano de especialidades como xeriatría, medicina de traballo, intensiva, interna, preventiva, pulmonoloxía, radiodiagnóstico e parasitoloxía, entre outras. O Ministerio tamén autoriza a contratación de persoas con grado pero sen título de especialista nos casos en que pasaron o MIR sen obter praza ou se obtiveron un título de especialista fóra da Unión Europea e están en proceso de ser recoñecidos cunha avaliación favorábel. Así mesmo, a Illa instou a todas as empresas do sector farmacéutico e persoas físicas ou xurídicas que dispoñan do equipamento médico necesario para conter a actual pandemia de coronavirus Covid-19, principalmente máscaras e xeles hidroalcohólicos, ou a capacidade para producilas, para informar ao Ministerio nun prazo máximo de 48 horas. Canda Illa, a ministra de Defensa, Margarita Robles, anunciou o despregamento do exército en varias cidades e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, quen destacou a normalidade que se produciu nas rúas en todo o Estado no primeiro día de confinamento forzado. O ministro deu como exemplo a diminución do 61% no volume de tráfico nos accesos a Madrid ás 19:00 horas do domingo en comparación cunha semana antes. Pola súa banda, o ministro de Transportes, José Luis Ábalos, sinalou que a oferta de transporte público redúcese en todo o Estado até 50%, agás os servizos de proximidade de Renfe, onde dependerá da necesidade que determine a Administración. |
NOS_14677 | Christine Lagarde amosa a súa preocupación na xuntanza do G-20 sob o estourido social por mor das consecuencias da crise para a clase traballadora. A xerenta do FMI asegurou que a vaga de protestas acontecidas no sur de Europa poderían facer "insostíbeis politicamente" as medidas deseñadas pola troika. | As vinte economías que representan o 90% do PIB mundial e o 80% das relacións comerciais internacionais reuníronse a pasada fin de semana en Mexico, para abordaren cuestións referidas á crise económica e financeira. Malia constituír un grupo cuxas decisións --na teoría-- non son estritamente vinculantes, o certo é que na práctica este foro adopta acordos que finalmente son materializados polos gobernos que fan parte do grupo. Nesta ocasión, Christine Lagarde, xerenta do Fondo Monetario Internacional --organización que configura xunto co BCE e a Comisión europea a denominada troika, interviu na xuntanza que desenvolveron @s representantes ministeriais de Finanzas do G-20 para amosar os posicionamentos da organización a respecto da crise sistémica, porén, Lagarde fixo especial fincapé na realidade económica e social que se está a vivir en Europa e os EUA --dous dos grandes bloques económicos e comerciais do mundo. Segundo Christine Lagarde, o FMI teme que se produza un "estourido social" nas economías intervidas pola troika verbo da "tensa situación" en que viven estes países. A imposibilidade de facer fronte a unha débeda cada vez maior e a aprobación de políticas e medidas regresivas que non fan senón afondar na recesión, esta a pór as clases traballadoras da periferia europea nunha situación límite que motivou a convocatoria dunha xornada de folga para o vindeiro 14N. Neste sentido, Lagarde asegurou que o "crecente malestar social" poida xerar conflitos en países como Grecia ou Portugal.Aliás, a xerenta do FMI, avanzou no seu informe que a realidade económica podería empeorar ao entrar en recesión "de maneira inminente" os EUA. Malia a "preocupación" amosada pola FMI, o certo é que boa parte das políticas implementadas polos gobernos da eurozona, veñen deseñadas desde a organización internacional. Porén, Christine Lagarde, asegurou que as crecentes protestas desenvolvidas no sur de Europa --como as protagonizadas en Grecia durante a folga xeral de 48h convocada polos sindicatos os pasados 6 e 7 de novembro-- poderían ser "insostíbeis politicamente", asegurou. |
NOS_6052 | Gañadora do Premio de Literatura Infantil Cidade de Málaga do pasado ano con esta mesma obra, a carreira de Érica Esmorís leva xa uns cantos anos conformándose como unha das máis interesantes e orixinais das narrativas orientadas ás persoas máis novas. Patio de luces non é unha excepción, e o seus propios puntos de partida sitúannos xa en territorios non tan habituais neste tipo de creacións, ou sobre os que a autora sabe lanzar unha ollada diferente. | Dun lado, temos o feito de tratarse dunha novela que xira ao redor dun oficio en proceso de desaparición, como é o de porteiro. A protagonista, Lea, pasa as tardes na portería que dirixe o seu avó, sempre temeroso de ser substituído por unha máquina e mesmo e de que a presenza da súa neta poida ser unha razón pola que a veciñanza decida prescindir dos seus servizos. Hai que destacar que no desenvolvemento da trama a importancia deste tipo de traballos, en franca decadencia nos nosos días, aparece valorizada desde unha óptica que esquiva a manida perspectiva da ameaza tecnolóxica e do malos que son os cambios dos tempos, focalizando na dimensión humana e no papel destas figuras dentro dunha comunidade veciñal. Patio de luces / Érica Esmorís (ilustracións Juan Berrio) / Xerais / 2020 / 96 páxinas / 12,50 euros papel - 5,99 euros epub Da outra parte, a historia está estruturada a través dos tendais e das fiestras que a protagonista ve desde o patio de luces da portería. Lea é unha nena observadora e constrúe na súa imaxinación o catálogo dunha comunidade que pouco a pouco irá aparecendo dunha forma ben diferente ante os seus ollos. Esta forma de configurar os capítulos como pisos que corresponden con diferentes personaxes é tamén un atractivo interesante para as persoas lectoras máis novas. A resolución habitual de cada unha das súas pequenas historias é que a hipótese de Lea estaba errada e que a realidade é ben diferente de como nos indican as primeiras impresións e os prexuízos. Sen dubida unha idea ben valiosa que ademais é presentada, polo xeral, sen grandes dramatismos. A posibilidade dunha convivencia consciente e preocupada polos demais, a simpatía polos animais e a posibilidade de levar vidas diverxentes e fóra do común son varias das ideas que brillan no fondo de Patio de luces. Non podemos deixar de apuntar que a mellor das súas virtudes pode ser a construción dun personaxe inquedo, preguntón e ás veces entremetido como é o da súa protagonista, capaz de resultar empática e divertida sen cinguirse a un modelo de conduta encaixado nas normas e no bo comportamento. |
NOS_50060 | A investigación do sucedido está condicionada polas poucas posibilidades de refrotar o 'Vila de Pitanxo'. | Os familiares dos mariñeiros desaparecidos durante o naufraxio do barco pesqueiro de Marín 'Vila de Pitanxo' terán que agardar un prazo de tres meses para poder iniciar a tramitación xudicial da declaración de falecemento. O avogado Manuel Blanco Ons explicou a Europa Press este paso debe ser levado a cabo polas familias dos desaparecidos para que poidan acceder ás indemnizacións e ás coberturas das responsabilidades civís "nun prazo razoábel". "O primeiro que procede é investigar a causa do sinistro" , explicou o letrado, quen detalle que "tense que abrir unha investigación para determinar o motivo final, xa que non é o mesmo que se debera a causas externas ou que o barco naufragase por unha manobra inadecuada ou un defecto construtivo ou de reparación". Para a investigación é importante poder acceder á embarcación afundida, mais no caso pesqueiro, Blanco Ons recoñeceu que é "moi difícil" que este poida ser refrotado, polo que é probábel que a investigación conclúa cunha causa externa como motivo do sinistro. Trámites dos familiares Os familiares dos mariñeiros desaparecidos deberán presentar unha solicitude formal da declaración de falecemento no xulgado de Marín. Terán que facelo de xeito individual, aínda que poderán agruparse nalunha asociación ou colectivo para levar a cabo as súas reclamacións. Mentres esta declaración de falecemento non estea vixente, seguirá a considerarse os desaparecidos como legalmente con vida. Neste tipo de casos nos que non hai confirmación do pasamento, a delcaración será efectiva con carácter retroactivo, polo que a data de morte será a mesma que a data na que entre en vixencia a declaración de falecemento. O avogado tamén sinalou que a aprobación destas declaracións non ten un prazo específico. "Unhas son máis rápidas e outras máis lentas", recoñeceu. Tamén lamentou que diferentes cuestións poden levar a que tramitación dure até "un ano". |
PRAZA_16137 | A ILP para a defensa do Bosque Autóctono, que debe recoller 10 mil sinaturas antes do 24 de marzo, foi presentada ese martes en Lugo e nos vindeiros días realizará actos semellantes na Coruña, Ferrol e Lalín. Aposta por unha moratoria para o eucalipto, maiores faixas de separación e unha aposta polos outros usos do monte. Falamos con Roi Cuba (Cousa de Raíces) | O pasado 19 de outubro rexistrouse no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a defensa do Bosque Autóctono e a Loita contra os Incendios Forestais. Galicia acababa de sufrir a peor vaga de lumes da última década, aínda que o texto levaba tempo en preparación, grazas ao impulso de Cousa de Raíces, unha rede na que colaboran ao redor de 60 entidades de todo tipo: ecoloxistas, comunidades de montes, cooperativas e asociacións de produtores... O documento propón unha moratoria á plantación de máis eucaliptos ata que non se avalíe o seu impacto e a prohibición total de especies coma o Eucalyptus nitens, que deberían ser erradicadas progresivamente. Ademais, promóvese o recoñecemento do valor das especies arbóreas autóctonas e do servizo que ofrecen á sociedade, así como medidas para loitar contra o abandono do rural. Trátase da terceira ILP forestal promovida en Galicia nos últimos 30 anos. O documento propón unha moratoria á plantación de máis eucaliptos ata que non se avalíe o seu impacto e a prohibición total de especies coma o Eucalyptus nitens, que deberían ser erradicadas progresivamente A iniciativa, que debe recoller 10.000 sinaturas antes do 24 de marzo, foi presentada ese martes en Lugo e nos vindeiros días realizará actos semellantes na Coruña e Ferrol (venres 26) e Lalín (8 de febreiro). Na cidade das murallas Roi Cuba (Cousa de Raíces) destacou que na actualidade case un de cada cinco metros cadrados do solo galego está ocupado por eucalipto (o 17% da superficie total), denunciando que "o actual modelo forestal da Xunta só favorece a colonización dos montes por especies pirófitas e foráneas, o abandono das terras agrarias, a desestruturación dos montes veciñais e a tala de frondosas para a súa posterior eucaliptización". Ademais da campaña de recollida de sinaturas, a rede Cousa de Raíces está a manter conversas cos distintos grupos parlamentarios de cara á toma en consideración da iniciativa na cámara. Roi Cuba destaca neste senso a crecente "sensibilidade" existente na sociedade galega con respecto a este tema, provocada en boa medida polos terribles incendios sufridos o pasado mes de outubro. A iniciativa debe recoller 10.000 sinaturas antes do 24 de marzo "Xa é hora de cambiar o modelo forestal, de abandonar o monocultivo de especies pirófitas, de fomentar todas as potencialidades dos nosos montes, non só a forestalista, e de procurar o asentamento da xente no rural. Se non comezamos a actuar nesta dirección en serio, a problemática dos lumes será cada vez maior, axudada polos efectos do cambio climático", destácase na proposta, que denuncia que "o forte aumento do eucalipto" viuse favorecido nas últimas décadas "por un modelo de explotación do monte intensamente forestalista, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido". A proposta pon o foco igualmente na crise do mundo rural, o abandono agrario e o posterior despoboamento destas zonas, "caldo de cultivo para os lumes forestais, favorecidos pola mudanza climática e o carácter pirófilo das especies forestais empregadas". "As políticas aplicadas desde a entrada en vigor do Plano Forestal (1992) non conseguiron compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais, particularmente dos bosques autóctonos, historicamente degradados e cada día máis diminuídos en relación coas plantacións de árbores de crecemento rápido", conclúe. As medidas que propón a ILP Pídese a recuperación dos 100 metros de anchura para as redes secundarias de xestión da biomasa e o incremento das faixas de separación das plantacións forestais a terras de cultivo, ríos, zonas habitadas e vías de comunicación Entre as iniciativas que recolle a normativa proposta por esta ILP recóllese o decreto de moratoria para as novas plantacións de eucalipto, xa que esta especie xa sobrepasou en máis do dobre o límite máximo de capacidade establecido para ela no Plan Forestal de Galicia vixente. Tamén se propón a súa eliminación dos espazos naturais protexidos como Rede Natura e das terras de alto valor ecolóxico. En Portugal tomouse xa esta decisión o verán pasado, dada a elevada concentración desta especie nalgunhas zonas (ocupa o 9% da superficie, sobre todo no norte e centro do país). A ILP propón igualmente a prohibición do eucalipto nitens, por estar considerado en informes do propio Ministerio de Medio Ambiente unha especie exótica altamente invasora e perigosa, así como a plantación doutras especies exóticas invasoras que atentan contra a nosa biodiversidade Na loita contra os lumes, pídese a recuperación dos 100 metros de anchura para as redes secundarias de xestión da biomasa e o incremento das distancias das plantacións forestais a terras de cultivo, ríos, zonas habitadas, vías de comunicación, etc. Cun perímetro de exclusión dun mínimo de 50 metros das plantacións forestais aos xacementos arqueolóxicos. Así mesmo, apóstase pola promoción do pastoreo e a gandería extensiva como elemento natural de desbroce e prevención de incendios. E determínase que os cultivos forestais destinados a biomasa deberán ter turnos maiores de 10 anos. Proponse o fomento da silvicultura para a produción de madeiras de calidade, o apoio de iniciativas de transformación de produtos do bosque e axudas directas e exencións fiscais para o mantemento dos bosques autóctonos A iniciativa lexislativa busca igualmente fomentar "a conservación, investigación e a sutentabilidade das especies propias e das masas de frondosas", para o que esixe "a realización urxente do Inventario de masas de frondosas autóctonas, pendente dende 1992". Aposta tamén polo seu aproveitamento sostible nos montes veciñais en man común, nos montes de xestión pública, ademais de incentivar que os particulares tamén aposten polo bosque galego e os seus recursos e servizos. Neste senso proponse unha reserva ecolóxica para bosque nativo en plantacións forestais (do 30% en eucaliptais). E, así mesmo, o fomento da silvicultura para a produción de madeiras de calidade, o apoio de iniciativas de transformación de produtos do bosque e axudas directas e exencións fiscais para o mantemento dos bosques autóctonos, mesmo con fins non produtivas. "Os nosos bosques naturais prestan un importante servizo á sociedade, polo que semella lóxico que esta repercuta parte dos beneficios a aquelas comunidades e propietarios/as que apostan pola súa conservación e aproveitamento sustentábel", destaca a proposta de Cousa de Raíces. Esíxese a eliminación das plantacións ilegais en terras agrarias e dos eucaliptos fóra de ordenamento, fomentando a incorporación destas superficies ao Banco de Terras A ILP pretende finalmente contribuír ao asentamento das persoas no rural, "que a xente que queira vivir nel poida ter acceso á terra e vivir dos seus produtos e recursos de forma sostible". Neste senso esíxese a eliminación das plantacións ilegais en terras agrarias e dos eucaliptos fóra de ordenamento, fomentando a incorporación destas superficies ao Banco de Terras. A superficie agraria utilizada en Galicia reduciuse un 14% na última década. O descenso corresponde sobre todo aos terreos dedicados a pastos, que diminuíron un 22% dende o ano 2007. Nese tempo desapareceron máis de 13 mil explotacións e o número de empregos a tempo completo caeu un 38%, ao redor de 40 mil. Descarga aquí a ILP (.pdf) |
NOS_32367 | Na segunda feira dia 12 morreu em Lisboa, vítima de doença, Manuel Pedro Pacavira, membro fundador do MPLA, escritor e deputado à Assembleia Nacional. | Pedro Pacavira participou na luta anticolonial, tendo estado preso em várias das cadeias do regime colonial português entre 1960 e 1974, primeiro no Campo Missombo, no Kuando Kubango e depois no Tarrafal, em Cabo Verde. Ao lembrar a sua figura, o secretário do Bureau Político do MPLA para as Relações Internacionais, Julião Mateus Paulo "Dino Matross", disse que Manuel Pedro Pacavira "é um dos ícones da revolução de Angola, pela sua perseverança, e foi um nacionalista e africanista convicto, tendo, por causa disso, conhecido as cadeias coloniais desde muito cedo". Dino Matross lembrou que "Manuel Pedro Pacavira ingressou no MPLA em 1956, onde se destacou como um militante activo, que coordenou vários grupos de patriotas dos mais diversos estratos sociais do povo angolano". Dino Matross disse ainda que "perder Manuel Pacavira é perder um filho de Angola, um pai, amigo, profissional e companheiro". Além da trajectória política, distinguiu-se pela veia literária: Prémio Nacional de Cultura e Artes na categoria de Literatura Após a independência, foi embaixador da República de Angola na Itália, representante de Angola junto das Nações Unidas, embaixador de Angola na República de Cuba. Além da trajectória política, distinguiu-se pela veia literária: Prémio Nacional de Cultura e Artes na categoria de Literatura, em 2013, era membro da União dos Escritores Angolanos, e autor, entre outras, das obras "Gentes do Mato", "Nzinga Mbandi" e "JES - Uma Vida em prol da Pátria", dedicado ao Presidente José Eduardo dos Santos. Em reacção a morte do escritor e político ocorrida segunda-feira em Lisboa por doença, a ministra Carolina Cerqueira indica que foi "un incansável combatente pela liberdade dos angolanos do jugo colonial" Fragmento de Gentes do Mato (…) Uma enorme sala o gabinete de trabalho do Chefe. Pintadas de branco, ostentam as paredes uma quantidade de fotografias de "altas individualidades" – e uma carta da geografia político-administrativa da Vila. O chão rasgado, remendado e muito encardido, com nódoas de sangue. Duas janelas se abrem para a rua. Por móveis: dois polidos armários empilhados de livros – e duas secretárias de metal que assentam sobre dois velhos e rotos tapetes. A outra secretária é a do sr. aspirante – em cima da qual se vê uma colossa palmatória de madeira cheia de furinhos, e um chicote de cavalo-marinho, ao alto, pendurado na parede. A um outro canto, frente a frente ao lugar do Aspirante: a secretária do Chefe. Assentaram. Conversa. Mas só o velho colono fala – "a propósito da maca do Zanobe e o genro". Faz o Chefe de estar a examinar uns papéis que lhe pejam a secretária. Diz o sr. Albano: - "Deveras delicado o caso do Zanobe e o genro. Uma maca dos diabos a exigir ponderada solução. Sem coração. A cabeça acima de tudo. Para não se deixar levar por considerações de ordem tradicional. E convinha. Tanto que já corriam uns zunzuns de estarem alguns comerciantes da vila a preparar um abaixo-assinado ao Governador-Geral contra o Chefe". Meio-dia. Muda o tempo de aspecto. Grandes lufadas de vento lá fora. O tecto treme. Num bater constante as janelas – de cá para lá, de lá para cá: pá! pá! pá! pum!... Uma ventania maluca. Ruge. Sacode as árvores: chapas de zinco e folhas e ramadas. (…) |
NOS_35513 | Neste novo número do semanario tratamos o encerramento de centros e aulas que marcan o comezo do curso, entrevistamos a produtora de cine Chelo Loureiro e o ex-preso independentista Antom Santos, analizamos o que se está a vivir en Catalunya... Todo isto, e máis, xa na nosa loxa. | Nais e pais das Pontes levaron á consellaría até o Tribunal Superior de Galiza, o curso pasado rematou nun disparate coas "reorganizacións" en catro centros do país, as ANPA non foron escoitadas e os profesores están abatidos. A actitude da Consellaría de Educación anuncia unha política de retallos máis agresiva: primeiro decídense os feches e logo establécense os criterios. A espada pendura sobre todos os centros. Unha cuestión da que falamos en 'Primeiro féchase, logo dicimos o porqué'. En 'Arte para ver coas mans' adentrámonos nun proxecto destinado a persoas con discapacidade visual. E neste número adentrámonos na realidade das lonxas galegas após que a Autoridade Portuaria de Vigo anunciase a súa intención de privatizar a de Vigo. Entrevistamos Antom Santos, ex-preso independentista, que pasou case seis anos en diferentes cárceres españois. "Da cadea non saes con ningunha fórmula máxica para o independentismo", recoñece. 'A sombra do franquismo luxa o traxe centrista de Feijóo' é o título da peza de Política que analiza a sesión de control ao presidente que deu inicio ao novo curso político. En '1977-2017: outras Bases Democráticas para Galiza' debullamos como o BNG enche de contido a súa proposta para superar o actual marco político. Catalunya A Diada que viviu Catalunya, con máis dun millón de persoas a se mobilizar en Barcelona, e o 'procés' como porta aberta á ruptura co réxime son dous temas que tratamos neste número do semanario. Na sección de Internacional tamén ten cabida a vitoria en Deir-Ez-Zor, que marca un punto de inflexión no conflito que vive Siria. Na sección de Memoria é a quenda para Yolanda Díaz Gallego. Filla de Aurora e Germán, Yolanda Díaz Gallego desafiou o poder estabelecido para traballar nun mundo ateigado de homes. Revisamos, da man de María Xesús López Escudeiro, unha vida marcada polas vivencias no Uruguai e pola defensa da lingua e da cultura galegas. Unha defensa que mantén vixente aínda hoxe desde Catalunya. "Non hai nada no mundo que venda como o cinema", afirma en conversa con nós Chelo Loureiro, produtora ferrolá que gañou un premio Goya. En 'O romanceiro tradicional galego' A tradición romancística ten as súas orixes nos cantares de xesta, longos poemas épicos narrativos que se foron transmitindo de xeración en xeración até chegar aos nosos días. E agora? Conversamos con José Luís Forneiro, docente na Facultade de Filoloxía (USC) e experto no romanceiro tradicional, e Sergio de la Ossa, etnomusicólogo do APOI (Museo do Pobo Galego) e mestre no Centro aCentral Folque, para coñecer máis en profundidade o estado de cuestión dos romances tradicionais galegos E neste número, as colaboracións e achegas de Xoán Costa, Marilar Aleixandre, Guillerme Vázquez, Nachortas e Tokio, Xulio Carballo, Roberto Leal, Mireia García, Andrés Castro, Mario Reueira, Mónica Pazos, pepe Barro e o colectivo Xea. |
NOS_10993 | Nova demostración da enorme capacidade de mobilización do soberanismo catalán. Centos de miles de persoas -750 mil segundo a estimación da Garda Urbana- compuxeron este sábado 11 de novembro unha manifestación xigante que percorreu 3 quilometros 300 metros ao longo de dúas horas. Os cánticos pola liberdade dos presos políticos e os berros "independencia" e "Puigdemont president" foron a banda sonora dunha nova macha para a historia do procés. A marcha deixa imaxes con enorme carga simbólica, con centos de miles de telefones móveis a iluminaren o serán de Barcelona. A seguir o directo -o minuto a minuto- da mobilización, que devolve ao soberanismo a iniciativa política a apenas 5 semanas das eleccións do 21-D. | 19.11. "Els Segadors", o himno nacional de Catalunya, pon o ramo a unha nova manifestación masiva do soberanismo. 19:08. ANC, Òmnium e la plataforma OmplimBrux [enchamos Bruxelas] anuncian unha manifestación na capital europea o 7 de decembro. 19:06. A Garda Urbana de Barcelona estima en 750.000 persoas a asistencia á marcha. Unes 750.000 persones han participat en la manifestació d'aquesta tarda a Barcelona.— Guàrdia Urbana BCN (@barcelona_GUB) 11 novembro 2017 19:03. Agustí Alcoberro, vicepresidente da ANC. "Infórmanme de que fixemos unha manifestación de 3 quilómetros e 300 metros. Para facérmonos unha idea o Passeig de Gràcia ten 1 quilómetro e 300 metros" 18:57. Discurso do vicepresident de Òmnium Cultural, Marcel Mauri: "Tanto ten o que dixesen [Forcadell e o resto dos membros da Mesa do Parlament] perante un tribunal represor. O que importa é o que fixeron até agora. Isto non vai de heroes. Isto non vai de traidores. Isto vai de persoas normais como as que estamos aquí". "A Carme [Forcadell] e o resto de membros da Mesa son os nosos representantes lexítimos]. 18:42. President!! President!! President!! 18:40. Proxéctanse vídeos do president e os consellers exiliados. 18:28. Mensaxe de Oriol Junqueras: "Se loitamos sairemos adiante. Temos sede de xustiza e liberdade" 18:26. Mensaxe de Jordi Turrull: "Pídovos unidade, a nosa división é a esperanza do Estado español" 18:19. Leitura de mensaxes dos presos políticos a cargo dos seus familiares. Avui tornem a deixar clar no ens podran aturar! Som poble i som República! Fins que tornin a casa #LlibertatPresos! ✊✊✊#PerLaRepública pic.twitter.com/soETS2hz5t— CUP Països Catalans (@cupnacional) 11 novembro 2017 18:13. President Puigdemont!! President Puigdemont! Un clamor masivo pon o ramo á interpretación do "Cant del ocells". Impresionantes as imaxes dunha constelación de telefónes móveis a iluminaren as rúas. 18:10. Momentos moi emotivos coa reprodución, desde o escenario, do discurso de Pau Casals na asemblea nacional da ONU en que o lendario músico se definiu como catalán, como fillo dunha nación que se dotou dun Parlamento antes do que Inglaterra. A seguir, a interpretación do célebre "Cant dels ocells" encolleu o corazón das miles de persoas que ateigan a Praza Icaria. 18:06. Na cola da marcha hai moitas zonas compactas onde apenas se poden dar pasos cara adiante. Miles non chegarán até o final. 18:01. A cabeceira da marcha chega ao ponto final do percurso, a Praza Icaria, onde hai un escenario para as intervencións que clausurarán a manifestación. "Democracia e Llibertat" é unha nova faixa que se xunta coas do lema da convocatoria, "Llibertats presos políticos. Som República". 17:55. Carme Forcadell non asiste á manifestación, por consello dos seus avogados. 17:51. Miles de persoas acenden os seus telemóveis, un vagalume xigante a avanzar polas rúas de Barcelona. 17:50. "Llibertat, llibertat" é o cántico estrela da marcha, que continúa a avanzar con enorme lentitude. 17:45. O percurso da marcha está previsto que chegue á Praza Icaria, xa no paseo marítimo da cidade. 17.32. Dúas cabeceiras abren a marcha. A primeira está formada por familiares dos presos políticos e dos membros do Govern -incluídos o president- no exilio. Na segunda están dirixentes de formacións políticas como ERC, o PDeCAT, a CUP, Catalunya en Comú ou o PNB. Tamén o ex secretario xeral de Podem Catalunya, Albano Dante Fachín e a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau. 17.28. Fechada a estación de metro de Marina, totalmente colapsada. 17.26. A cola da manifestación está neste momento no Bairro de Gracia, o que indica até que ponto estamos perante unha manifestación que ultrapasa as expectativas. 17.22. "Isto non é democracia, isto é unha ditadura", di a TV3 David, un rapaz de Girona que participa na marcha. 17.17 h. Arranca, mais con problemas, a manifestación dada a enorme concentración de persoas que ateigan o ponto de saída da marcha, na praza Marina, na confluencia entre a rúa Marina e a Avenida Meridiana. |
PRAZA_20515 | O festival que abre as festas compostelás apóiase no éxito do Womex para reivindicar a cidade como "terra de acollida" a través da mestura de ritmos galegos e do resto do mundo | Santiago está dende este venres o seu período festivo máis amplo do ano. As Festas do Apóstolo do 2017, unhas das máis prolongadas no tempo dos últimos anos, botaron a andar este 14 de xullo co pregón da cantante Uxía e cun ciclo musical que vai alén do programa clásico para tornar en festival de seu. Bebendo dos éxitos do Womex o Terra da Fraternidade torna en pórtico das celebracións da capital galega para reivindicar a cidade como "terra de acollida" a través da mestura de ritmos galegos e do resto do mundo. Coa Praza da Quintana como centro neurálxico a primeira voz que clamou por esa fraternidade foi a de Mercedes Peón, cun ecléctico repertorio de raíces galegas e expansión universal. A que tamén é unha das grandes recolectoras da música tradicional galega vai acompañada desta volta polos polacos Warsaw Village Band, cos que compartiu o disco Sun celebration en 2016, e mais polas pandereiteiras bergantiñás de Raigaña. O sábado 15, o primeiro das festas, o escenario de Terra da Fraternidade será para as galegas Habelas Hainas e mais para a mozambicana Selma Uamusse. O domingo, o blues será protagonista con Adrián Coasta & The Criers, acompañados polos ritmos ghaneses de Pat Tomas &Kwashibu Area Band. Alén da programación do festival o inicio das festas trae consigo tamén o comezo do resto da programación. Sesión vermú na Praza de Cervantes (sábado, 13:30 ou funk e jazz na contorna de San Fiz de Solovio (sábado, 14:00) son os primieros petiscos dun menú que o domingo sairá do centro para se dirixir ata a Alameda da Lavacolla, onde a Banda Municipal amenizará o vermú de veciñanza e peregrinos dende as 13:00. Media hora máis tarde, en Cervantes, máis blues e soul con Sabela King & The Heartbrakers. Co comezo da semana botará a andar tamén o que o Concello santiagués presenta por terceiro ano como "un dos programas máis diversos das festas", Artellando. Entre as súas ofertas, os espectáculos Momento de asombro (Martín Camiña), A galiña azul (Fran Rei) ou o circo contemporáneo de Spazi... o Dikhotomia. As festas compostelás prolongaranse, como adoito, ata o vindeiro 31 de xullo. "Un canto a Compostela" no pregón de Uxía Uxía e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, no pregón das festas Uxía: "Despegade do Netflix, dos chats, das redes e ide aos concertos, ás salas de teatro, a bailar, a cantar, a vivir a noite de Compostela" O Apóstolo do 2017 comezou oficialmente na noite do venres co pregón de Uxía que, como xa anunciara, alternou a palabra coa música, un "canto a Compostela" para percorrer as súas propias ligazóns coa cidade. Presentada pola xornalista da TVG Pilar García Rego (Alalá, Zig Zag) a artista merguoulle no Santiago popular, o de San Pedro e da rúa do Espírito Santo, onde viviu, o do teatro, a música ao vivo en bares e prazas e tamén o que acolle mobilizacións procedentes de todo o país. "Despegade do Netflix, dos chats, das redes e ide aos concertos, ás salas de teatro, a bailar, a cantar, a vivir a noite de Compostela", convidou Uxía nun pregón sobre o que pairou a lembranza de Narf, gran amigo da artista, e tamén as figuras literarias e musicais que tiveron relación coa historia da cidade. Versos de Rosalía e Lorca e músicas diversas, de Voces Ceibes a Terbutalina, inzaron un pregón no que Uxía rematou cantando coa praza "Polo Sar abaixo vai unha troita de pé..." e lanzando "vivas" ás Festas do Apóstolo, ao 25 de xullo e á cidade de Santiago. |
NOS_56020 | O informe do Consello Económico Social, que vén de facerse público, evidencia que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) está á cola do Estado en número de médicas e médicos, con 469,2 facultativos por cada 100.000 habitantes. Ao tempo, indica que a Galiza conta con 1.056 camas hospitalarias menos que no ano 2009. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) dispón de 469,2 médicos por cada 100.000 habitantes, unha cifra que o coloca nos postos de cola do Estado español e moi por baixo da media cifrada en 499 facultativos por cada 100.000 habitantes. Neste sentido, só conta con menos médicos que a Galiza Melilla, con 353,2 facultativos por cada 100.000 habitantes, Ceuta, con 378.9 facultativos por cada 100.000 habitantes, Castela-A Mancha, con 396,2 facultativos por cada 100.000 habitantes, e Andalucía, con 432,3 facultativos por cada 100.000 habitantes. A falta de médicas e médicos déixase notar nos diferentes niveis da asistencia sanitaria. Porén, é máis acusado en Atención Primaria. Segundo as últimas cifras ofrecidas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referidas a 31 de decembro de 2021, a Galiza contaba nese momento con 2.665 médicos en Atención Primaria, 46 menos que en 2020. Neste nivel sanitario recortouse o investimento público en dous millóns no último exercicio orzamentario, rexistrando unha caída de 7,5 puntos en relación con 2008. Un só equipo médico no PAC de Ribadeo para atender máis de 14.000 persoas Críticas do CES O propio Consello Económico Social (CES), no seu último informe, evidencia esta situación, sinalando que "os últimos orzamentos [refírese a 2022] afondan no deterioro dos recursos da Atención Primaria, caracterizada pola perda de peso dentro do total sanitario desde a crise do ano 2008" e reclamando que "dadas as importantes carencias detectadas nos últimos anos, o CES considera que é fundamental, para reverter esta tendencia, dotar a Atención Primaria de recursos, tanto de persoal como materiais suficientes". A Xunta destina a Atención Primaria 182,3 euros por habitante. Segundo os datos fornecidos polo Ministerio de Sanidade, só inviste menos que a Galiza Madrid, con 147,97 euros, e as Illes Balears, con 178,38 euros. Así, o gasto neste servizo do Goberno galego é 79,4 euros por habitante inferior ao de Estremadura, 73,3 euros por habitante inferior ao de Castela-A Mancha e 61,6 euros por habitante inferior ao de Nafarroa. Ao tempo, outros territorios cunha poboación menos avellentada que a galega superan o investimento por habitante do país, chegando no caso de Andalucía a 220,74 euros por habitante ou no País Valenciá a 196,46 euros por habitante. Os colexios de Medicina rexeitan a pretensión da Xunta de que os MIR poidan realizar as gardas nos PAC Atención Primaria A ausencia de profesionais en Atención Primaria afecta especialmente a Pediatría. Segundo o IGE, os centros de saúde contaban en 2004 con 405 pediatras, e en 2021 con 318. Así, 192 concellos carecen de servizo de Pediatría, reducíndose o número de profesionais desta especialidade en 22,5% desde 2009, con 40% dos profesionais superando 55 anos e co 25% por riba de 60 anos. De feito, o Sergas postergou en 2020 a xubilación a 20 pediatras de Atención Primaria por falla de persoas para cubrir as súas prazas. Neste sentido, os cadros de persoal atópanse envellecidos en Atención Primaria. Segundo os datos recollidos do Sergas, o 15,9% dos facultativos dos centros de saúde da Galiza superan os 64 anos. Así, 17 deles rexistran 70 anos, 258 atópanse entre os 66 e os 69 anos e 169 teñen 65 anos, como consecuencia dun proceso marcado polos recortes orzamentarios e pola falta de previsión por parte da Xunta da Galiza. Tanto é así que o Goberno galego, coñecendo as futuras dificultades de persoal, estabeleceu a xubilación obrigatoria aos 65 anos para estes profesionais entre 2013 e 2018. O Sergas admite que non reforzará a Primaria no verán e argumenta que "non hai médicos para as listas" A situación non é mellor no grupo de entre 63 e 64 anos. Neste segmento de idade atópanse 14,4% das médicas e médicos galegos de Atención Primaria, situándose 211 en 64 anos e 174 en 63 anos. Estes datos avanzan un empeoramento da situación nos próximos anos, como consecuencia dunhas políticas públicas que non incentivan que os facultativos fiquen na Galiza e que favorece a emigración a outras partes do Estado ou da Unión Europea. Menos camas hospitalarias O Goberno galego fechou 1.056 camas hospitalarias desde 2009. Segundo os datos do IGE, a decembro de 2008 os hospitais tiñan en funcionamento 7.453 camas, sendo 6.397 a finais de 2020. Así, nese período a Xunta reduciu o número de camas na atención especializada en 15,1%. |
NOS_33088 | Paula Carballeira (Maniños, 1972) vén de recibir o Premio Gala de Libro por A tartaruga Amodovou (Oqueleo), a historia dunha tartaruga que quere percorrer o mundo enteiro para gardar a memoria das paisaxes, dos sons e das palabras: podería ser unha boa definición desta pioneira da narración oral e do teatro infantil. Ademais, nestes últimos meses publicouse Somos os monstros (Xerais) –que gañou o Premio Manuel María de Literatura Dramática–, a compañía Galeatro estreou a súa obra Carabela, e foi a escollida para dar o pregón de inauguración da última Mostra de Teatro de Cangas. | —Premio Manuel María, Premio Gala do Libro, estreas, obradoiros, pregóns. Paula Carballeira está adquirindo unha notoriedade pública moi relevante. Non era sen tempo. [Risas] Iso non significa que estea traballando máis que de costume, son traballos que xa teñen o seu tempo e que por determinadas circunstancias saen á luz á vez. O Premio Manuel María xa mo deran hai tempo, o que ocorre é que o libro sempre tarda un pouco en saír. Máis ou menos pasa o mesmo co premio Gala do Libro, que se lle deu a un libro que xa ten un percorrido. Como pasa coa cultura case sempre, as cousas suceden a longo prazo. E como temos que diversificar os traballos, pois ás veces coincide así. —Vostede chámalle diversificar a ser escritora, narradora, poeta, actriz... Pero que foi antes? Cronoloxicamente o primeiro foi escribir. Eu vivía en Fene e alí había unha aposta moi forte pola cultura en galego desde diferentes ámbitos, tamén desde a educación. Impulsábasenos a participar na cultura, e a min deume por escribir. Lembro que participaba no concurso de contos que organiza a Asociación Cultural O Facho para mozos e mozas que aínda están estudando: gañei algúns premios e, claro, iso sempre anima. En Fene tamén facía teatro na Escola Municipal. Na miña casa tomaban isto coma se fosen afeccións: mentres fose ben nos estudos non lles preocupaba demasiado. E como sempre fun ben nos estudos, non botaron as mans á cabeza até que rematei de estudar e me dediquei a isto profesionalmente. Aí si que empezaron a preocuparse [risas]. —En Cangas deuse unha feliz coincidencia: o mesmo día que vostede daba o pregón, Quico Cadaval recibía o Premio Xiria. E Cadaval foi unha persoa importante na súa carreira. Moi importante. Na narración oral, que é ao que lle dedico máis tempo, tiven dúas parellas fundamentais. Unha delas foi Quico Cadaval, que foi quen empezou a profesionalizar este xénero na Galiza; e a outra Xavier Docampo, que foi unha persoa que ligaba o xénero ao ámbito literario, sen deixar de ser un narrador, un contacontos, extraordinario. Tiven a sorte de ter estes dous tremendos padriños que me axudaron moito nun camiño que non é doado. Non era moi habitual hai 30 anos ver unha rapaza contando contos en bares –fíxate que estamos falando dunha época anterior mesmo á eclosión dos monólogos cómicos– e, dalgunha maneira, Quico apadriñoume, o que me facilitou moito as cousas. —Era raro ver mulleres contando pero, moitos anos despois, hai toda unha xeración de narradoras orais que están tendo un grande éxito artístico e de público. Como se ve agora nese papel de pioneira, de ser quen foi rozando o camiño? É unha alegría contemplar ese fenómeno que comentas, que é bastante recente. Até hai pouco o papel das mulleres na narración oral parecía relegado ao ámbito infantil, e agora hai toda unha xeración que traballa tamén para público adulto. Son mulleres que nos teñen como referentes e iso é unha responsabilidade. Nós vivimos os bos tempos e agora que chegaron os non tan bos –neste momento, igual ca no teatro, a narración oral é case unha cuestión de supervivencia– temos que manter o facho para que as novas incorporacións atopen que existe unha continuidade, que non houbo interrupcións no camiño. Tamén hai que poñer en valor os novos ámbitos conquistados. Antes era máis común escoitar sesións en bares –que son lugares que se adaptan moi ben a este xénero–, mais agora é frecuente atopar narración oral en programacións teatrais, en lugares que, se cadra, prestixian o xénero e ofrecen novas oportunidades de traballo. —Nas súas historias hai unha gran presenza de mulleres que están conectadas coa natureza, cos saberes esquecidos… No pregón da Mostra de Cangas falaba das bruxas e dunha tradición de mulleres sabias que, dalgún xeito, tamén están presentes no seu libro Hai quen escolle os camiños máis longos. Eu creo que nese ámbito a Galiza é un lugar moi especial. Hai moitas cousas nas tradicións que se parecen en todas as partes, pero por diferentes cuestións xeográficas, históricas, sociais… adquiren manifestacións peculiares. E a forma de entender as bruxas neste país é bastante peculiar, aínda que Euskadi posúa unha tradición semellante. Simplemente a diferenza entre bruxa e meiga xa é algo moi específico noso. A idea da "bruxa malvada" ten moito a ver coa visión masculina do fenómeno, co medo ás mulleres que saben: saber máis cós outros sempre mete medo. E estas bruxas saben cousas que o resto esqueceu, por iso son mulleres temidas. Agora teño unha sesión de contos ao que lle chamo Mulleres que viven soas. As mulleres que viven soas tenden a ser relacionadas coa bruxería e, en parte, é por ese medo a unha sabedoría e unha independencia das que se sospeita. Interésame ir eliminando eses prexuízos que están relacionados co acceso das mulleres a campos que lles estaban vedados. Aínda hoxe estamos conquistando moitos ámbitos: hai determinados lugares nos que hai unha presenza masculina que ocupa todo o espazo, e penso, por exemplo, no ámbito técnico nos teatros, ou na falta de papeis femininos de relevo que arrastramos desde sempre, unha carencia que persiste na actualidade, aínda que, afortunadamente, cada vez hai máis mulleres que escriben. Quixen incluír estas cousas no pregón porque a Mostra de Cangas sempre foi exemplar no coidado co papel da muller e é moi importante que se manteña ese campo, que perdure no tempo como referente. —Falabamos de como se plasman esas cuestións no seu libro de poemas Hai quen escolle os camiños máis longos. A principal diferenza no distinto tratamento dos temas é que na poesía, ese lirismo que ás veces tamén existe nos contos, pode ter unha presenza protagonista, pode chegar con máis facilidade á alma da xente. Na narrativa tes que contar e na poesía podes renunciar ao explícito para evocar, para deixar un arrecendo que aluda. En Hai que escolle os camiños máis longos hai unha gran presenza de prototipos femininos (Carapuchiña, a bela adormecida…) que atopan no bosque un refuxio ante o perigo. O bosque ten un papel simbólico moi importante nos contos: son a conexión coa natureza, pero tamén con nós mesmas, coa nosa intimidade. Parecíame importante destacar iso porque o libro vai dirixido a un público adolescente, un público moi esquecido no ámbito artístico. —O bosque resume dous temas moi presentes na súa obra: un é o contacto coa natureza, a preocupación polo medio natural e a reivindicación da necesidade de retomar o contacto con el, que xa estaba en obras como Bichos, O refugallo ou a recente Carabela. É un tema que me preocupa moito porque malia que eu nacín en Fene –que tampouco é unha vila moi urbana– o meu pai é da zona da Capela e sempre tiven un contacto moi estreito coa natureza, cos animais. Durante os momentos máis duros da pandemia pasoulle a moita xente: no rural non te sentes tan confinada, es consciente de que hai outras vidas arredor que dalgunha maneira, conecta coa nosa intimidade. Gústame tratar estes temas esenciais nas obras, independentemente do público ao que vaian dirixidas, por responsabilidade: botar unha mirada sobre o mundo no que vivimos e reflexionar sobre a nosa relación con el. Sobre se nesa relación prima a nosa capacidade destrutiva ou construtiva. Interésame moito reivindicar a segunda. Por exemplo, no libro O principio, que fala da guerra, preferín centrarme na reconstrución, na vontade de construír algo novo que mellore o pasado. Creo que é unha obriga manter a esperanza. Estamos moi afeitos a contar as cousas para darlles importancia, para que non se esquezan. Esa peculiaridade é a que fai que os narradores e as narradoras galegas sexan moi apreciadas fóra —O bosque tamén é o lugar dos medos, sobre os que constrúe obras como Somos os monstros. Que lugar teñen os medos nas nosas fantasías? Eu cheguei a especializarme, porque mo pedían, no que fóra da Galiza chaman "contos de medo" e aquí son simplemente "contos". Cando lles poñemos palabras e nomes aos medos estamos enfrontándonos a eles. O descoñecido constitúe a cerna dos medos dos seres humanos: co virus viuse como o descoñecido pode desatar o pavor. O que ocorre é que coa idade os medos van cambiando: non son os mesmos na infancia que na madurez. O gran medo dos adultos é á morte, mais cando es nena ese medo non existe, queda moi lonxe. Cando falas dos medos hai unha empatía inmediata. Dalgún modo, creo que o noso papel como artistas tamén consiste en esconxurar os medos. Cando traballas con nenos e nenas decátaste de que o público está buscando ferramentas para evitar eses medos, buscando a forma de non ter medo. E claro, a maneira máis bonita é pórlles palabras, que acaban transformándose nun exorcismo colectivo. E, sobre todo, non renunciar ao sentido do humor. —Non sei se se trata exactamente dun medo, pero na obra Doppelgänger trataba explicitamente o tema do dobre, do sosia que se atreve a facer todo o que nós non nos atrevemos a levar a cabo nas nosas vidas. Que papel ten o inconsciente na materia destes contos tradicionais que nos poñen en contacto co noso "lado escuro"? Moitas veces non somos conscientes da tradición, do lugar de onde procedemos, do que levamos atrás. Somos produtos do noso tempo e do espazo onde habitamos. O tema do dobre é un tema fundamentalmente romántico, dunha época de sentimentos exaltados e de grandes procesos de cambio. Dun deses momentos de crise nos que desconfiamos do mundo que nos arrodea, do que é real e do que non o é. Pero o substrato está en moitos contos tradicionais –moitos tamén na Galiza– que narran o encontro con unha mesma, coa visión da túa propia imaxe. Ese desdobramento, habitualmente, interprétase como un mal augurio. Fala da duplicidade do ser humano e de aí proceden todos eses contos de personaxes que perden a súa sombra ou o mesmo Dr. Jekyll e Mr. Hyde. É un tema que a min me parece moi interesante e que está tamén en Somos os monstros: os monstros son criaturas que nós creamos e das que logo renegamos. Deixámolas na escuridade, no fondo do bosque, onde non se vexan; pero, no fondo, tamén somos nós. —En moitas desas historias hai temas sociais que enganchan co tradicional, como, por exemplo, en Hansel e Gretel a cuestión da fame, de non ter que comer. Cando transmites unha mensaxe, unha mostra de respecto cara ao público, independentemente da súa idade, é que os temas que tratas sexan significativos. Un bo texto, oral ou escrito, posúe moitos niveis de lectura. A presenza do xogo é fundamental, mais iso non é incompatíbel con tratar grandes temas que, ademais, son os que nos preocupan a todos, incluídos os máis cativos. A soidade, por exemplo, é o gran medo da infancia: o abandono. Por que está tan presente nos contos tradicionais esa figura da nena ou o neno perdidos no bosque? Porque é o maior temor: quedar sen referencia adulta, sen os pais. —En Cangas puña moitos exemplos de temas que trata Shakespeare nas súas obras e que están presentes nos contos populares galegos. Ao final, a materia literaria non é máis que a reelaboración dunha tradición que trata de explicarnos? Claro. Ninguén sabe como foi pero podemos supor que, nunha comunidade, alguén se levantou para pórse diante dos demais e para contar unha historia, para contar algo que tiña relevancia para o grupo. Esa historia explica o mundo e esconxura os medos. Logo, xa ven a elaboración máis ou menos literaria, pero o principio está aí, nesa necesidade de explicarnos, de outorgar nomes ás cousas, de imaxinar os lugares onde non podemos chegar. E fíxate que ese pórse de pé diante dos demais xa é un acto escénico! —Vostede traballa moito fóra da Galiza. Cando atopa eses contos que forman parte do caudal europeo, pero que teñen unhas características galegas moi propias, como o elabora para que non perdan esa identidade que tanto apreciamos aquí? Creo que, aínda que sexa por motivos tristes, temos a gran sorte de que a oralidade sempre estivo moi presente na sociedade galega. Pola exclusión da lingua das canles oficiais e da literatura máis culta, a transmisión sempre foi oral. E existe como unha reminiscencia da historia que nos impón a necesidade de recorrer á oralidade para que a nosa cultura siga viva: estamos moi afeitos a contar as cousas para darlles importancia, para que non se esquezan. Esa peculiaridade é a que fai que os narradores e as narradoras galegas sexan moi apreciadas fóra. En Hispanoamérica, por exemplo, utilizamos unha lingua vehicular que é o castelán, pero procedemos dunha cultura diferente e iso o público cáptao axiña. Iso dálle un valor engadido polas dúas partes: por unha banda prestixia a nosa cultura e, pola outra, a audiencia ten acceso a unha experiencia diferente, a outra oralidade. Cando explicas este tipo de cousas fóra, cando tratas de describir a presenza e a importancia da oralidade na nosa sociedade, é cando te decatas da tremenda forza que ten unha cultura como a nosa e, moitas veces, nós mesmas non somos conscientes da importancia de ter esa cultura propia que nos singulariza ante outras formas de contar e de estar no mundo. —Tamén ten moita relación profesional con Portugal. Como se recibe iso alí? En Portugal depende un pouco da zona. No norte están máis informados e coñecen máis ou menos a problemática da lingua e da cultura galegas, son máis conscientes da nosa identidade. Pero máis ao sur é moi frecuente escoitar comentarios do tipo: "Você é a espanhola que melhor percebemos de todas as que passaram por aqui". E claro, tes que explicalo todo e ves que só hai que facer un pequeno esforzo fonético para conectar de inmediato. E logo, nos temas, estamos moi próximos, a identificación é moi doada. Aquí hai unha cuestión moi curiosa: quen botou a andar a narración oral en Portugal foi un antropólogo, pero o xénero foi basculando cara ao conto literario, probabelmente porque se estendeu, sobre todo, desde as bibliotecas. Non se conta tanto conto popular como na Galiza e si máis o conto literario de autor coñecido. Iso tamén inflúe na recepción positiva que, polo xeral, temos as galegas e galegos. —Houbo un momento en que os espectáculos para a infancia estaban un pouco abaratados, parecía que todo valía nese xénero. Mais nos últimos anos hai un nivel artístico en moitos deles que non ten nada que lle envexar aos dirixidos a público adulto. Como ve o futuro? Creo que o teatro en Galiza tardou un pouco máis que a literatura en asumir os códigos, que non soubo dirixirse ao seu público até pasada unha primeira fase de experimentación. Tanto nos espectáculos coma nos textos. Mais pouco a pouco foise impoñendo o respecto polo público e iso deu lugar a espectáculos dunha calidade moi contrastada e, como dis, semellante ou incluso superior –dependendo das obras– á dos espectáculos para adultos. |
NOS_46978 | As negociacións entre as marés e a de Podemos-Galiza sobre a 'confluencia' non avanzan e o tempo corre en contra. | A primeira negociación entre as delegacións de En Marea e Podemos Galiza non serviu para achegar posturas en torno a con que 'confluencia' concorrer ás eleccións galegas. As posturas mantéñense distantes e sen albiscar un posíbel punto de encontro: En Marea quer que Podemos se integre no partido instrumental e o partido morado di que esa é a liña vermella que non vai traspasar. Que ambas as dúas forzas, En Marea e Podemos Galiza, acaben indo por separado á cita coas urnas do 25 de setembro é un escenario posíbel. Máxime tendo en conta que os tempos corren en contra: o 12 de agosto finaliza o prazo para rexistrar coligazóns. En Marea e Podemos emprazáronse a seguir negociando. En Marea quere como interlocutor a dirección estatal de Podemos. Foi no Consello de Coordinación estatal do partido de Pablo Iglesias onde se aprobou a resolución que recollía un claro non a se integrar nun partido instrumental, a fórmula que a asemblea de Vigo do pasado 30 de xuño aprobou para En Marea. Por iso queren 'desbloquear' a situación nese nivel. Mais tampouco é descoñecida a gran sintonía que xente como o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ou o deputado de Podemos Gómez Reino (defende a integración en En Marea) teñen con Pablo Iglesias. Os deputados de Podemos no Congreso por En Marea, Gómez Reino, Tone, e Ángela Rodríguez, Pam, son partidarios de que Podemos Galiza pase a se integrar en En Marea. A eles mandou unha mensaxe a secretaria xeral, Carmen Santos, ao dicir que "ningunha voz debe de estar por riba da democracia interna e do que dixo a asemblea". Mentres, continúan os respectivos procesos de primarias, uns procesos que, até o de agora, evidencian que uns e outros van por 'libre' en canto a prazos e candidatos, e sen que se vexa como poden 'confluír' ambos os dous. |
NOS_2132 | Abel Losada empraza a Núñez Feijóo a explicar no seu discurso de investidura, cales son as posibilidades reais dos estaleiros galegos na construción dos floteis de Pemex. Aliás, asegura que o grupo parlmentar defenderá a pluralidade na composición da Mesa parlamentar á fin de que todos os grupos políticos estean representados | O portavoz do Grupo Parlamentar socialista, Abel Losada, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na que volveu abordar os polémicos contratos con Pemex que marcaron a campaña electoral do pasado 21-O. Desta volta, Losada amosou unha nota recollida polo grupo de comunicación mexicano Sipse, en que se recoñece que a petroleira mexicana Pemex presentará unha licitación --que podería ser por convite restrinxido-- para a contrución de dous buques floteis. Segundo a prensa mexicana, Carlos Morales Gil, director de PEP, asegurou en diversas ocasións que a petroleira recibira catro propostas --polo momento-- de catro empresas, entre as que se atoparían os estaleiros galegos. Neste senso, Losada asegurou que "ogallá toda a construción se faga en Galiza", porén, e diante do posíbel carácter restrinxido do concurso, emprazou ao que será investido como presidente da Xunta a "dar explicacións no Parlamento" e mesmo aproveitar o seu discurso de investidura para dar conta das posibilidades reais dos estaleiros galegos na licitación. Apoio á Folga Xeral de mañá O voceiro parlamentar do PSdeG-PSOE, Abel Losada, iniciou a súa comparecencia amosando o apoio d@s socialistas galeg@s á convocatoria de Folga xeral, que terá lugar a cuarta feira. Neste senso, Losada asegurou que a política que están a desenvolver os gobernos galego e español constitúe "un suicidio económico", apelando así á lexitimidade da convocatoria. "Ese mantra neo-liberal que xa ninguén defende", aseverou Losada, está a servir de guieiro á filosofía económica do Partido Popular, cuxo obxectivo segue a ser "o défice cero". Pola contra, dixo o socialista, "desde a esquerda e a social-democracia defenderemos uns servizos públicos de calidade" e por iso asegurou, a militancia do PSOE participará nas mobilizacións convocadas para o 14 de novemebro. Losada: "A política do PP é un suicidio económico" Losada di que pularán pola "pluralidade" na composición da mesa parlamentar A respecto da composición dos órganos do Parlamento Galego, Abel Losada, transmitiu o parecer do PSdeG, perante a proximidade da constitución parlamentar. Neste senso, avanzou que o grupo parlamentar socialistas "respectará ao máximo a vontade popular" e pulará porque todas as formacións --catro neste novo curso político-- posúan cadanseu asento na Mesa. No entanto, Losada amosouse convencido de que o Partido Popular "aplicará o rodillo" e aproveitará a súa maioría absoluta para saír beneficiado no reparto. Asemade, o voceiro d@s socialistas asegurou que non existía ningún acordo previo entre as formacións da oposición a respecto da composición da Mesa e repasou "desde unha perspectiva histórica" a composición deste órgano en que --desde a aprobación do Estatuto de Autonomía-- só unha formación (Coalición Galega) ficara fóra do reparto. |
NOS_15633 | "Non é tempo de mirar o embigo", asegurou a candidata nacionalista nunha visita a unha explotación gandeira en Valdoviño. | Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta polo BNG, asegurou esta sexta feira que o Bloque é un "proxecto serio" de cara ás eleccións do vindeiro 25 de setembro. Xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas En declaracións aos medios de comunicación coincidindo cunha visita a unha explotación gandeira situada en Valdoviño, Pontón asegurou que "xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas" polo que a organización frontista, dixo, representa un "proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno". En Valdoviño a candidata nacionalista anunciou a aposta do BNG na innovación e transformación do sector lácteo galego fronte á crise que o atravesa nos últimos anos e insistiu que Galiza necesita un "plan estratéxico" que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo "meros produtores de leite a prezo low cost". |
PRAZA_15389 | Reclaman unha xuntanza co FROB, pero tamén co presidente da Xunta, ao que acusan de estar "metelos nesta desfeita". "El meteunos nesta desfeita e algo terá que facer", aseguran os delegados sindicais. | Os seis sindicatos con representación en Novagalicia Banco -UGT, CIG, CC.OO, CSICA, CGT e ASCA- formalizaron este luns a petición dunha xuntanza co Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) ao tempo que unha concentración de delegados sindicais protestaba ante a sede do Banco de España e da Delegación do Goberno, na Coruña. No entanto, as centrais non só reclamaron esta reunión e plantaron a convocada pola entidade bancaira para estudar o plan de redución do persoal, senón que esixiron manter un encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Os sindicatos esixen unha reunión co FROB, pero tamén con Feijóo, ao que acusan de estar "agochado" Así, o secretario xeral da Federación de Servizos Financeiros de CCOO-Galicia, Julián Valiente, reclamou a xuntanza co presidente da Xunta quen, na súa opinión, "non pode estar agochado e algo terá que dicir nesta desfeita". José Ramón de Pliego-Valdés, representantes de UGT, falou nos mesmos termos e recordou que a fusión de Caixanova e Caixa Galicia chegou tras "unha decisión política", polo que responsabilizou o xefe do Executivo autonómico da actual situación. "Feijóo meteunos nisto e algo terá que facer", aseguran os sindicatos "El meteunos nisto e algo terá que facer", asegurou o dirixente de UGT, ao igual que Clodomiro Montero, da CIG, que insistiu no rexeitamento dos sindicatos ao plan da entidade bancaria, que prevé o despido de máis de 2.500 traballadores. No seu lugar, Pliego-Valdés solicitou a aplicación de medidas alternativas como o reparto do traballo e a redución dos salarios dos directivos "a niveis racionais". Así, o xoves 13 de decembro, as organizacións sindicais farán entrega na sede da Xunta en Compostela dunha solicitude de reunión co presidente, ao entender que, "dado o grave impacto social, económico e laboral do plan de reestruturación, é precisa a implicación do Goberno galego". "Estamos falando da primeira entidade do país, que representa o 10% do PIB de Galicia, que ten o 40% da cota de mercado. O Goberno Galego ten que implicarse na defensa do emprego, da Obra Social e defender a propia existencia da entidade", afirmou Ante o cento de persoas que participaron nas protestas, os sindicatos aclararon que pediron a través dunha carta ao gobernador do Banco de España e ao Ministerio de Economía unha reunión co FROB "como propietario" de Novagalicia Banco. "Queremos información do FROB, que é o que decide como e cando se vende a entidade", asegurou Clodomiro Montero, representante da CIG, que insistiu en que os sindicatos non negociarán con NGB "sen saber antes o seu futuro". Por esa razón, adiaron a xuntanza prevista para este luns até o vindeiro 21 de decembro. "Non compartimos un plan de futuro que pase polo despido de 2.500 persoas" "Nunha entidade "nacionalizada" o lóxico é que o Goberno se sente cos traballadores e traballadoras para falar do emprego e da propia viabilidade da entidade", apuntan os sindicatos. Así, Montero sinalou que unha vez recapitalizada, "Novagalicia Banco será unha das entidades máis solventes do estado", polo que dende as organizacións sindicais non se comparte un proxecto de futuro "que pase polo despedimento de 2.500 persoas e o peche dun número importante de oficinas co único obxectivo de facer atractivo o produto para un futuro comprador". "Nós non estamos pola labor de afrontar unha negociación para despedir milleiros de persoas para beneficio de futuros accionistas doutro grupo bancario", engadiu. Ademais, o responsable de CIG-Banca lembrou que o proceso "non só afecta o persoal de Novagalicia Banco, senón o conxunto do grupo empresarial, incluíndo aos 800 traballadores de Banco Gallego, os 400 empregados das empresas auxiliares e os 250 da Obra Social". "Queremos que o FROB nos explique que alternativa de futuro ten para todo este conglomerado de empresas e o noso obxectivo segue sendo falar de emprego e non de despedimentos". |
PRAZA_3534 | Malestar sindical pola reunión da Xunta coa patronal pero non con representantes dos traballadores tras pedir Feijóo que non haxa máis recomendacións que as do Ministerio de Sanidade, e indicacións dos bispos galegos para os actos relixiosos | Malestar sindical pola reunión da Xunta coa patronal pero non con representantes dos traballadores tras pedir Feijóo que non haxa máis recomendacións que as do Ministerio de SanidadeCatro persoas en Vigo e dúas na Coruña son, ata o mediodía deste domingo, os casos confirmados de coronavirus en Galicia, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha comparecencia ante os medios de comunicación. Nas últimas horas engadíronse ao listado en Vigo unha muller familiar da parella e o seu fillo xa diagnosticados e na Coruña un home de 81 anos con patoloxías previas que permanece ingresado na UCI. Ademais, outros oito casos están pendentes de ser confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía.Segundo a Xunta, a muller de Vigo agora diagnosticada, como a outra muller e o menor que xa o foran, está sen síntomas e permanecerá no seu domicilio. Pola súa banda, o home da Coruña non viaxara a ningún lugar de risco nin ten relación cos outros afectados. Canto aos oito casos pendentes de confirmación, sete están na Coruña, dos que cinco teñen relación cun dos positivos e os outros dous non. Unha oitava persoa está en Ourense en non ten síntomas."O que máis se aproxima á certeza son as recomendacións do Ministerio de Sanidade e eu pido que non haxa comentarios ou recomendacións en paralelo", pediu Feijóo o xoves criticando ao Ministerio de TraballoEste sábado o conselleiro de Sanidade e o de Economía, Francisco Conde, reuníronse con representantes empresariais para trasladarlles "as recomendacións da Xunta" sobre o coronavirus. O encontro provocou malestar entre os sindicatos e o propio secretario xeral de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento, fíxoo público criticando con ironía que os representantes das traballadoras e traballadores xa se informarían "polo telexornal, non vaia ser que os contaxiemos".Unha reunión a da Xunta coa patronal que se produciu apenas dous días despois de que o xoves o propio presidente Feijóo afease ao Ministerio de Traballo, coa galega Yolanda Díaz á fronte, que emitise as súas propias recomendacións sobre o coronavirus e pedise que fose o Ministerio de Sanidade o que concentrase as actuacións. "O que máis se aproxima á certeza son as recomendacións do Ministerio de Sanidade e eu pido que non haxa comentarios ou recomendacións en paralelo", dicía Feijóo.Os bispos galegos piden "retirar a auga bendita", evitar o contacto físico no rito da paz e substituír os bicos a imaxes ou cruces por inclinacións de cabezaPor outra banda, os bispos galegos (Santiago, Tui-Vigo, Lugo, Ourense, Mondoñedo-Ferrol) emitiron un comunicado no que, "atendendo ás recomendacións da Consellería de Sanidade" e da Conferencia Episcopal, ofrecen indicacións para "extremar as medidas de hixiene adecuadas nos actos litúrxicos, especialmente aqueles que conleven accións de besamáns a imaxes relixiosas ou outras manifestacións externas de piedade popular". Os bispos piden "retirar a auga bendita" da entrada aos templos, evitar dar a man e outras formas de contacto físico no rito da paz, que os encargados de distribuír a comuñón laven as mans antes e despois dese momento e que as mostras de devoción cara ás imaxes se substitúan "por outras como a inclinación de cabeza" evitando "todo tipo de contacto físico con cruces, medallas, escapularios, etc. que xa fosen bicadas por outros fieis". Os bispos agradecen "a xenerosa dedicación do persoal sanitario e administrativo, auxiliares e voluntarios durante este período". |
NOS_44182 | O Lugo vén de conseguir o ascenso á división de prata após 20 anos e logo dun encontro agónico ante o Cádiz que se resolveu a penaltis | O Lugo vén de conseguir o ascenso a Segunda despois dun encontro agónico co Cádiz como rival no estadio Ramón de Carranza, onde o conxunto local soubo igualar o resultado colleitado na Galiza, 3-1. Finalmente, o ascenso xogouse desde os once metros, e comezou marcando o Cádiz. Empatou Pita, mais o disparo de Belfotti foi direito ás mans do cancerbeiro gaditano. Sufrimento nas bancadas --e nas redes sociais-- até que Luismi puxo o 2-2. Escalona parou os dous seguintes tiros do Cádiz, Berodia fallou o do Lugo e, por fin, Manu selou, após 20 anos, a volta á división de prata.O último encontro da tempada resúmese en catro nomes: o do artífice das dúas fases de ascenso á Segunda que disputou o conxunto lucense, o adestrador Quique Setién; o do capitán, que meteu o último penalti, Manu; o de Escalona, o porteiro que encaixou tres goles, mais que parou outras tantas penas máximas, unha durante o tempo regulamentario e outras dúas na tanda final; e o de Monti, que anotou o único tanto do Lugo. Cando chegou o gol xa non lle quedaban unllas @s branquivermell@s, nin nas bancadas nin diante dos televisores. Era o minuto 28, e o conxunto amarelo anotara xa no 13, colocándose a só un chanzo da remontada. Os de Lugo mostraban unha e outra vez as súas debilidades na defensa e, pouco antes do descanso, o Cádiz tirou un penalti que Escalona desviou. Á volta dos vestiarios non houbo quen os detera: colocaron o 3-1 e igualaron a eliminatoria. O marcador non se moveu. O ascenso xogárono desde os once metros, onde a vitoria do Lugo se fixo de rogar. Mais finalmente logrou imporse. Este ano si. |
NOS_57360 | Nos meses máis fríos descenderon os avisos, máis durante o verán recibíronse máis alertas da veciñanza, tamén porque xa non estaba vixente o confinamento. En agosto, por exemplo, houbo case 7.000 alertas. | Os 285 concellos que forman parte do Plan de loita contra a vespa velutina e a Xunta retiraron máis de 16.700 niños desta especie no ano que remata. Nesta cuarta feira as partes fixeron balance do traballo e acordaron renovar esta encomenda á empresa pública Seaga. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, concretou que o operativo conformado por 80 persoas foi quen de eliminar eses case 17.000 niños por todo o país. A gran maioría foron atopados na costa Atlántica, máis no interior chegaron a eliminarse máis de 3.300 colonias desta especie que supón unha ameaza para o ecosistema. "A maioría foron retirados nun prazo de menos de cinco días hábiles", incidiu. A media sairía, por tanto, en practicamente 46 núcleos en cada xornada. No entanto, tamén hai colmeas que se deixan inactivas nas árbores por estar en lugares inaccesíbeis para a poboación e a máis de 25 metros de altura. Os avisos por parte das galegas e galegos chegaron sobre todo no verán, se ben a Xunta non vincula esta situación coa pandemia. Porén, é certo que unha vez se puido saír se detectou máis a presenza das velutinas. En agosto rexistrouse o máximo de alertas: case 7.000. Por contra, no primeiro semestre e ao longo deste mes de decembro houbo menos chamadas porque a meteoroloxía tamén afecta á inactividade dos niños. As persoas que avisaron recibiron, supostamente, unha mensaxe de texto para coñecer a resolución de cada tratamento ou expediente. Houbo protocolos especiais polo coronavirus e se mercaron ferramentas actualizadas para poder facilitar as tarefas dos e das operarias. No novo ano tamén hai esa idea de seguir a colaborar cos concellos e a Fegamp, cos equipos de Emerxencias e a empresa Seaga para traballar na loita contra esta especie invasora. |
NOS_33078 | A alma pactista de CiU non está morta. O conseller da Presidencia, Francesc Homs, lanzou esta quinta feira mensaxes a Madrid nun sentido ben claro: pode haber acordo con España se o Estado aceita incorporar o dereito a decidir nunha eventual reforma da Constitución. | CiU sabe que PP e PSOE teñen falado xa sobre a hipótese de ir a unha reforma da Constitución española para resolver mellor o encaixe de Catalunya no Estado, após o goberno catalán ter axendado para o 9 de Novembro o referendo autodeterminista. O sector maioritario do PP, o que lidera Rajoy, contempla a hipótese de outorgar a Catalunya -e a Euskadi- un status político específico no Estado español, con mellora do sistema de financiamento, na liña do federalismo asimétrico defendido pola súa líder catalá, Alicia Sánchez Camacho. Esta posición é a que sustenta tamén o PSOE. Neste debate chama poderosamente a atención o silencio de Feijóo, que ten optado por un perfil baixo -a diferenza do debate sobre o aborto- e por colocarse como escudeiro de Rajoy. Esta quinta feira, o conseller da Presidencia da Generalitat de Catalunya, Francesc Homs, deslizou a ideia, nunha entrevista na COPE, de que o referendo catalán -cuxa realización en todo caso el considera innegociábel- tería como corolario unha reforma da Constitución española e que, por tanto, ao final do proceso o pobo español tamén sería chamado ás urnas para refrendar a nova arquitectura institucional. "Se o pobo de Catalunya vota independencia, se poden negociar as condicións [con Madrid], mais non a decisión" En realidad, esta ideia xa foi transmitida de forma sutil por Artur Mas no debate con Felipe González moderado por Jordi Evole. Mas veu dicer que primeiro hai que coñecer a opinión do pobo catalán sobre o seu futuro e que, unha vez xa constatada a súa vontade, hai que ir a Madrid a negociar. Homs enfatizou que o referendo de Novembro ten un carácter puramente consultivo [no Estado español, e de acordo coa Constitución de 1978, non son vinculantes]). Cea coa burguesía madrileña O diario El Mundo publica esta sexta feira que Homs mantivo recentemente unha cea con representantes da alta burguesía madrileña -a presidenta do Círculo de Empresarios, o presidente de Campofrío, o conselleiro delegado de Fincorp...-, aos que tería pedido que intercedesen perante A Moncloa para se abrir unha vía de diálogo. Nese encontro, Homs tería advertido de que o enroque de Madrid só favorece a hipótese de ERC avanzar até se constituír como primeira forza política en Catalunya. O home de confianza de Mas tería expresado que a solución ao conflito podería vir da man dunha reforma da Constitución que, iso si, legalizara o dereito a decidir de Catalunya. Esta pretensión de CiU non ten moitos visos de prosperar, sendo que nen PP nen PSOE están dispostos a abrir o debate sobre o recoñecimento do dereito de autodeterminación. Homs esclarece a súa posición As declaracións de Homs provocaron un rexeitamento fechado por parte de ERC e a CUP. O proprio conseller da Presidencia viuse obrigado a precisar esta sexta feira o sentido das súas palabras. "Se o pobo de Catalunya vota independencia, se poden negociar as condicións [con Madrid], mais non a decisión", dixo. |
PRAZA_9822 | O 81% dos matrimonios que se celebraron en Galicia en 2018 foron civís; hai vinte anos, a proporción era practicamente a inversa. | Segundo o último macrobarómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), máis do 80% da poboación galega declárase católica, ben sexa practicante (o 29,5%) ou non practicante (o 51,8%). As da enquisa son cifras aínda maiores ás do conxunto do Estado (o 69% da cidadanía di ser crente no catolicismo) pero non seguen o ronsel que indica a perda constante da influencia da relixión na sociedade galega nas últimas décadas. Máis do 80% da cidadanía galega declárase católica; o 51,8% di ser non practicante, segundo o CISÁ marxe de estatísticas como as que indican que Galicia é a segunda comunidade que menos marca o recadro da Igrexa na declaración da renda, outros indicadores teiman en sinalar o devalo do influxo e da importancia do catolicismo, ben nos ritos ou ben na propia fe da cidadanía, máis aló do evidente impacto que aínda ten nas celebracións e festividades populares.O 81% dos matrimonios que se celebraron en Galicia en 2018 foron civís; hai vinte anos, a proporción era practicamente a inversaÉ a conclusión logo de debullar o informe Laicidad en cifras que publicou a prestixiosa Fundació Ferrer i Guàrdia a partir de datos do INE e do CIS, onde se indica que en Galicia case o 81% (80,9%) dos matrimonios que se celebraron en 2018 foron civís, mentres que unicamente o 18,3% foron confesionais, practicamente todos estes polo rito católico. As cifras, semellantes á media estatal, son tamén parecidas ás dos últimos anos, onde a caída na celebración de vodas católicas foi moi importante. Tanto que, hai tan só vinte anos, a proporción era practicamente inversa. Segundo os datos que facilita o Instituto Galego de Estatística (IGE), en 1998 o 77,4% dos casamentos foron pola Igrexa, fronte ao 22,6% de oficios civís. Así, Galicia sitúase por riba da media estatal en canto a matrimonios civís (80,9% fronte a 79,3%) e entre as autonomías onde maior porcentaxe de unións non son confesionais no conxunto de España, unha táboa que lidera claramente Catalunya (90,9% de casamentos non relixiosos), Euskadi (87,4 %) ou Balears (86,8%). No lado contrario, Extremadura (co 31,5% aínda de vodas relixiosas), Castilla-La Mancha (30,2%) ou Andalucía (28,7%). Ademais, e en canto á porcentaxe de alumnado que cursou materias alternativas á de Relixión, Galicia sitúase en cifras semellantes á media estatal, segundo os últimos datos recollidos, de hai tres anos. Así, o 29,3% de escolares de Primaria optaron por outra actividade (fronte ao 33,3% no conxunto de España), mentres que en Secundaria, foron o 46,3%, cifra case idéntica á media estatal (46,2%). Neste caso, Catalunya e Euskadi volven ser, con moita diferenza, as comunidades onde a elección dunha alternativa á Relixión nas aulas é maior, con máis do 56% en calquera dos casos. |
PRAZA_12718 | No premio organizado pola ONG poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. Praza Pública colabora no certame. | A ONG Implicadas/os no Desenvolvemento convoca o Certame Xornalístico Cambia de Papel, no que poden participar todas as persoas que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal escrito en galego ou un artigo, tamén en galego, xa publicado nalgún xornal impreso ou dixital. O tema para o certame é o necesario cambio de papel da sociedade do Norte para erradicar a pobreza e a desigualdade nos países do Sur dende unha perspectiva de xénero. O prazo para enviar os artigos remata o día 15 de maio e pódese atopar máis información en www.cambiadepapel.com. Os artigos inéditos deben ter unha extensión de 2.500 carácteres con espazos, e o requisito para os artigos publicados en medios é que fosen publicados entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 14 de maio 2012. Haberá un gañador en cada unha destas modalidades, cun premio de 500 euros para os textos inéditos (ademais da publicación do artigo nos xornais que colaboran con este certame, entre eles Praza Pública) e de 300 para os xa publicados. Os gañadores daranse a coñecer o 30 de maio. Bases do certame |
NOS_57580 | En 2005 o xuíz Grande Marlasca, actual presidente da Sala do Penal da Audiencia Nacional, autorizou escoitas telefónicas ao imán de RIpoll, Abdelbaki es Satty, pretenso líder da célula jihadista autora dos atentados de Barcelona e Cambrils. Fíxoo porque a policía española sospeitaba das súas relacións con membros de Al Qaeda. Esa información nunca chegou aos Mossos d'Esquadra. | Segundo publica esta sexta feira o ABC, en 2005 xa existían indicios do envolvimento de Abdelbaki es Satty en actividades terroristas. De feito nese ano o xuíz Grande Marlaska deu autorización á Policía española para que pinchase as súas comunicacións telefónicas. Abdelbaki es Satty tería tido contactos con organizacións vinculadas a Al Qaeda como Ansar al Islam ou o Grupo Islámico Combatente Marroquino, este último responsábel dos atentados de Madrid de 11 de marzo de 2004. A policía española sospeitaba que es Satty traballaba para a rede jihadista dando cobertura a terroristas. Segundo o auto xudicial, as tarefas de Es Satty eran as de "actuar como intermediario á hora de dar soporte loxístico para as redes terroristas, manter contactos con cidadáns árabes que se dedican á falsificación de documentación no ámbito da delincuencia común, co obxectivo de dar cobertura á saída de elementos terroristas por territorio español e europeu". Esta información non chegou aos Mossos d'Esquadra -a policía catalá non coñecía o perfil jihadista de Es Satty, só os seus antecedentes penais como traficante de drogas- nen tampouco ao xuíz de Castellón que en marzo de 2015 anulou a orde de expulsión do Estado que pesaba sobre o imán. |
NOS_33362 | Xela Arias, Manuel María, Man de Camelle ou a pandemia da Covid-19 son algúns protagonistas da canle de Youtube de videopoesía Dousmaisdous. Un proxecto creado polo poeta XoXé Pompei xunto a Euloxio Fernández, Loxo Seixas e Edu Segovia, que se divide nas series "lume", "terra" e "edabar". | No ano 2014, o poeta Xoxé Pompei, afincado en Madrid e autor de Versos sen pan ou Anxos de terra, botou a andar na plataforma dixital Youtube a canle de videopoesía en galego Dousmaisdous. Un proxecto para o que contou e conta con Euloxio Fernández nas locucións, Loxo Seixas na imaxe e Edu Segovia na edición dos vídeos, ademais doutras colaboracións puntuais á hora, por exemplo, de pórlle voz aos poemas. Dousmaisdous inclúe os apartados "lume", onde se insiren os poemas do propio Pompei; "terra", dedicada aos clásicos galegos e que até o de agora conta con videopoemas con obras de Manuel María e Xela Arias; e "edabar", canle dedicada a Rábade desde unha óptica tamén poética, pois é a localidade da que Pompei é orixinario. "A canle de videopoesía en galego no Youtube ten preto de 17.000 visitas na totalidade dos vídeos, non somos virais, mais para unha canle de videopoesía non está mal", explica a Nós Diario, Pompei. "Queremos unha cultura galega viva, máis aló do polbo e dos percebes, á parte do detalle de que o estamos a facer desde Madrid", recalca cando se lle pregunta cal é a meta que move este proxecto poético, nado por "unha necesidade case vital, un modo de ver e percibir o mundo" para logo envorcalo nuns versos e nunhas imaxes que permitan compartir esa ollada. "A canle naceu para facer visíbel esta ollada, poder compartila directamente co espectador ou coa espectadora que chega a ela interesada" nos versos, analiza Xoxé Pompei. A esta querenza poética úneselle o feito en si de ser galego, ao que se lle engade a residencia en Madrid, e nace Dousmaisdous para "reivindicar, por suposto, unha cultura galega viva e creativa máis aló dos tópicos", puntualiza o poeta. A finais de 2020 uniuse á poética de "dousmaisdous lume", a poesía de Manuel María e a de Xela Arias en "dousmaisdous terra" e para o futuro, o horizonte é de "edabar", onde pronto aparecerá un novo poema, que nace "dun libro nun caixón" dos que se van adaptando os poemas máis acaídos ao formato da vídeo poesía para "lanzalos pouco a pouco", asegura. Manuel María e a Chá canda Xela Arias e o amor En outubro de 2020, Pompei, Fernández, Seixas e Segovia inauguraban "dousmaisdous terra", dedicado á poesía galega clásica. "As penas de Rodas", do autor chairego Manuel María, foron as protagonistas do primeiro videopoema, onde esa formación xeolóxica de Outeiro de Rei, á que cantaba o poeta, están presentes con diversos tratamentos de imaxe mentres se recitan os seus versos. Houbo que agardar até o 16 de abril de 2021 e entón chegou a homenaxe a Xela Arias, co seu poema "Hoxe estoume abandonando de ti amor". Na voz de Antía Corral flúen versos recitados no Festival de Poesía do Condado, aló polo ano 1985... "como a túa boca a miña boca se abrasan / atordoando esta distancia que buscamos / aínda non aínda non podemos – arder / como febles garabullos nos incendios / das selvas as casas do mar como somos / dous cabalos catro peixes e un longuísimo amieiro". 'Pandemia', reportaxe poética de Madrid na terceira semana de maio do ano 2020 Durante o primeiro confinamento provocado pola situación de emerxencia sanitaria que causou a Covid-19, Xoxé Pompei, en Madrid, escribiu o poema titulado "Pandemia" e creou, grazas ás voces chegadas en liña desde Chantada, Foz e a propia capital do Estado español, o videopoema homónimo. Unha obra que adquiriu tinguiduras mesmo xornalísticas e na que, durante a terceira semana de maio de 2020, Pompei recolleu o documentou eses días nos que as rúas estaban cheas de colchóns desbotados e abandonados e que, "segundo a lenda urbana, eran os colchóns dos mortos". "Pandemia" chegou desde a canle de Youtube até a secretaría de Residuos urbanos de Madrid, que afirmou que se recollían cada tres días... máis á vista do videopoema "a cousa era completamente falsa". |
NOS_6346 | Con motivo da proclamación da II República española a organización frontista fixo público un manifesto no que aposta na construción da República da Galiza. | Este 14 de abril cúmprense 85 anos da proclamación da II República española. Con motivo desta data o Bloque Nacionalista Galego fixo público un manifesto intitulado 'República si, pero galega'. No texto, a organización frontista aposta na construción da República da Galiza, "unha república nosa, galega, social e democrática, que aposte no benestar, na xustiza e na igualdade; na educación, a sanidade, a vivenda e a cultura como dereitos; no laicismo, na defensa da terra e no respecto dos dereitos das persoas e dos dereitos nacionais de todos os pobos do mundo", sinalan. O BNG asegura que "unha simple mudanza na forma do estado non mudará nada esencial no noso país" Perante esta conmemoración, desde o Bloque aseguran que "unha simple mudanza na forma do Estado non mudará nada esencial no noso País e non resolverá os problemas que padecemos". Neste senso, recoñecen que "cada día" o "sistema político e socio-económico español" se "mostra máis desvergoñadamente como o que é, un aparello ao servizo da clase dominante, das grandes empresas, da banca e do poder económico". Porén, entenden que "para podermos mudar realmente" a situación que atinxe Galiza, "que corta as posibilidades de a nosa nación desenvolver todas as potencialidades económicas, que elimina os nosos principais sectores produtivos e con iso millares de postos de traballo, que espolia os nosos recursos e os nosos aforros, que practica unha política sistemática de españolización e asimilación lingüística e que condena toda unha xeración de mocidade sen futuro á emigración e ao desemprego", o pobo galego ten "dereito e escribir a nosa propia historia e a construír un futuro diferente do que outros queren para nós, de xustiza, igualdade e liberdade". Desde "conviccións profundamente democráticas e republicanas", afirman, "facemos un apelo aos galegos e galegas para ergueren os soños e as esperanzas, -as de cada un/ha de nós, as de todo un pobo-" para, sentencian, "transformar [os soños] en realidade". |
NOS_43663 | O Bloque apoia a prórroga do estado de alarma mais móstrase moi crítico coa xestión da crise por parte do Executivo español. | O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, propuxo ao Goberno español que sexa o Executivo galego quen deseñe a "desescalada" para Galiza. Un deseño "adaptado á realidade da Galiza", indicou, apontando en que "somos conscientes de que poderán equivocarse" mais tendo en conta que se ese deseño se fai desde Madrid "con criterio uniforme", equivocaranse seguro. Así o expresou Rego na súa intervención no Pleno do Congreso, onde o BNG mostou o seu apoio a prorrogar 2 semanas o estado de alarma mais, aclarou, "non apoiamos a súa xestión". Defendeu a actitude construtiva e propositiva que mostraron sempre os nacionalistas, mais foi crítico coas medidas económicas que adoptou o Goberno "por consideraralas insuficientes e en moitos casos inxustas". Tamén cuestionou a centralización das decisións que se tomou dende un principio, que foi considerada polo BNG como un erro por deseñar medidas contra a emerxencia sanitaria "cun criterio uniforme pensado desde Madrid", que non se adaptaron á realidade das diferentes nacións, como é o caso da Galiza. O BNG tamén se mostrou moi crítico coa "escenificación militarizada da xestión", coa "tentación de converter o estado de alarma en estado de excepción". "Fan declaracións que poñen en risco dereitos e liberdades públicas e actuacións que directamente os conculcan como aplicar o artigo 36.6 da Lei Mordaza, esa que ían derrogar de forma inmediata" sinalou Néstor Rego dende tribuna e que "non só non a derrogan, senón que a utilizan de forma improcedente para facer cumprir o Estado de Alarma". |
PRAZA_17808 | ENTREVISTA | María Arnal e Marcel Bagés actuaron este xoves no Castelo de San Antón da Coruña, no marco do Festival Noroeste. Tralo éxito de 45 cerebros y un corazón, o ano que vén publicarán o seu segundo album | Os cataláns María Arnal e Marcel Bagés foron unha das grandes sorpresas musicais do pasado con 45 cerebros y un corazón, un álbum que xa fora precedido dunha grande expectación, alimentada polo éxito dos seus EPs anteriores. Cancións como Tú que vienes a rondarme, Canción Total, A la vida (versión de Ovidi Montllor) ou Jo no canto per la veu envolven o mellor da canción popular cunha instrumentación sinxela e coidada e unhas letras que amosan que a beleza é o esplendor da verdade. Tralo éxito do seu primeiro disco, o ano que vén publicarán o seu segundo album, no que comezarán a traballar este outono, cando remate a súa actual xira. Este 9 de agosto actuaron no Festival Noroeste da Coruña no inigualable marco do Castelo de San Antón, nun concerto que esgotou rapidamente as súas entradas este mércores pola mañá, pouco despois de iniciar a recollida de convites. As cancións dos vosos primeiros EPs foron moi ben recibidas e o disco acadou un éxito inmediato de público e crítica. Segue a sorprendervos a resposta da xente? Como foi este proceso? A sorpresa é constante. Non paramos de facer concertos, polo tanto non tivemos moito tempo para pensar, pero dende logo non esperabamos nin os premios que recibimos, nin as vendas do album. Seguimos vendo a boa acollida que teñen os bolos que damos en todas as cidades, as colas que houbo na Coruña para recoller os convites para a actuación deste xoves, ou as vendas para concertos para os que aínda faltan meses. Algo que pasou nos EPs previos ao disco e tamén no propio album é que faciamos a canción e case inmediatamente a presentabamos, sen deixala repousar. Tú que vienes a rondarme ou 45 cerebros y un corazón fixémolas mes e medio antes de gravar o disco. Isto é algo que vai cambiar no segundo, seguro. "O máis difícil para nós sería facer un disco exclusivamente pop, ou un disco encadrado moi claramente nun determinado estilo" As vosas cancións móvense nun espazo de fronteira entre a canción popular, con distintas orixes, e o pop, entre o acústico e o electrificado. Resulta difícil este espazo? O máis difícil para nós sería facer un disco exclusivamente pop, ou un disco encadrado moi claramente nun determinado estilo. Porque non cremos nos xéneros e non traballamos neles; serven comercialmente para ordenar a música, pero á hora que facer unha canción nós valémonos de todo o que escoitamos. Fíxate que as nosas dúas grandes referencias para facer este disco eran Arca e Kate Tempest. Creo que é difícil definir o que facemos e cando nos achegamos a unha canción non o facemos tentando encaixala en nada previo, senón que a construímos con cousas que nos gustan e que sentimos. Como chegas ás letras? Lin a historia de como naceu 45 cerebros y un corazón, a partir dunha noticia que liches en Público da descuberta dunha foxa común da Guerra Civil. Supoño que en cada canción o proceso é distinto... Si. Cada canción é distinta, o proceso non se repite. Marcel está coa súa guitarra e cos seus pedais, e investiga. E eu, fago o mesmo coa voz e coas letras. En 45 cerebros, por exemplo, eu quería que tivese un ton moi documental ao comezo e que despois transitase cara a lugares máis máxicos, como unha copla tradicional na que fala a morte, pero construíndo unha canción na que falan distintos tempos e actitudes, unha canción na que tes que ir abrindo portas, atravesándoa. Neste tema tiñamos a letra e a melodía e faltábanos a instrumentación e de feito non me gusta demasiado como a rematamos, gústame máis como a facemos agora en directo. En Tú que vienes a rondarme, en cambio, tiñamos a música, gustábanos, e tiven que buscar unha letra que se axustase a ese imaxinario cósmico. "Nun comezo a canción ía tratar sobre o caso de Ciutat Morta. Pero cando vin a noticia que falaba dos 45 cerebros e 1 corazón, decidín que ese tiña que ser o tema e saíu moi rápido" Os meus procesos son lentos ao comezo, porque vou absorbendo moitas cousas, pero despois nun momento dado sóltoas moi rápido. Por exemplo, houbo un tempo no que estaba moi interesada nos romances tradicionais e quería facer unha canción con este tipo de composición. Nun comezo a canción ía tratar sobre o caso de Ciutat Morta e o suicidio de Patricia Heras. Pero cando vin a noticia de Público que falaba dos 45 cerebros e 1 corazón, decidín que ese tiña que ser o tema da canción, e saíu moi rápido. No disco e nos concertos conviven as cancións en castelán e en catalán, sen conflito ningún. E mesmo cando fas concertos por todo o Estado, en Madrid por exemplo, a acollida é magnífica. É importante isto, precisamente neste momento? E en Madrid a xente sabe as cancións en catalán, vexo como cantan A la vida! Da situación que estamos a vivir parece que todo o mundo sacou proveito, creouse unha confrontación que nós nunca sentimos. Nos nosos concertos por todo o Estado o que sentimos é o contrario: achegamento, agradecemento, sensibilidade... No disco conviven as dúas linguas porque son as miñas linguas; eu teño ascendentes de Almería, de Estremadura, de Aragón... Ninguén me ten que dicir que linguas son máis ou menos miñas. Hai moito máis respecto e proximidade da que nos fan crer que hai, aprovéitanse de nós. E isto non ten nada que ver con que haxa xente en prisión por manifestarse pacificamente, o que é inaceptable. "Creouse unha confrontación que nós nunca sentimos. Nos nosos concertos por todo o Estado o que sentimos é o contrario: achegamento, agradecemento, sensibilidade..." Cal é a vosa relación co mercado da música? Gravastes o disco coa axuda dun crédito que pedistes en Coop57, defendedes o Creative Commons... Atopades algún motivo de conflito neste momento? Conflito non, ao contrario. Dáche máis coñecemento da situación, do que significa vivir da música. Nós continuamos traballando con Creative Commons e vivimos sobre todo do que sacamos polos nosos directos. Discos véndense moi poucos e aínda que nós vendemos bastantes para o momento actual, non podes vivir diso. Nós escollemos estar nunha produtora como é Fina Estampa, que non é unha multi. O bo que teñen as multinacionais é que normalmente che adiantan os cartos, pero é algo que tamén puidemos facer a través de Coop57. Tamén che esixen máis ritmo, pero te permiten chegar a máis xente. Como vimos deste outro lado, sabemos como se traballa dunha forma e doutra. Pero non vivimos todo isto como un conflito, senón con coñecemento, escollendo o que máis nos convén. "Continuamos traballando con Creative Commons e vivimos sobre todo do que sacamos polos nosos directos" Como vai ser o novo disco? Cando se publicará? Sentimos que o primeiro disco foi a culminación de dous anos de investigación. Agora estamos traballando xa no segundo na liña das últimas cancións que fixemos, como Tú que vienes a rondarme. A nivel sonoro vai haber un paso cara a outro lado. Coa xira non temos moito tempo para ensaiar, pero a partir deste outono comezaremos a traballar. A idea é que saia a finais do ano que vén, pero nunca o podemos saber con exactitude. Horarios do Festival Noroeste |
NOS_54718 | O sector lácteo galego deixará de entregar unhas 6.000 toneladas ao día, nunha mobilización que está a ter un amplo seguimento, segundo @s convocantes. A protesta procura poñer fin ao escenario de baixos prezos que soportan desde hai tempo e que aboca ao peche a non poucas explotacións | Nin un litro de leite á distribución nin á industria até que se pague o produto a un prezo xusto. Baixo esta premisa, milleiros de gandeir@s comezaron a madrugada pasada a folga de entrega de leite, unha medida "desesperada" recoñecen e que lles vai facer perder cartos cando a situación que atravesan desde hai meses é máis que dificultosa. Porén, engaden, é a vía que lles queda para denunciar o que acontece e exixir unha solución. Cada día de paro supón 6.000 toneladas de leite sen distribuir e unha perda media diaria de pola volta de 300 euros por explotación. Do sector do leite viven na Galiza unhas 65.000 persoas O leite págase na Galiza aos e ás produtoras a unha media de 28 céntimos, dos prezos máis baixos da Unión Europea e do estado. Producir ese litro de leite custa, só en penso para manter as vacas, 36 céntimos. Xa que logo, @s gandeir@s galeg@s perden cartos por cada litro que producen. A Xunta tamén ten parte de responsabilidade Os sindicatos e colectivos convocantes inciden na responsabilidade da Xunta na actual crise que atravesa o sector leiteiro. Lembran que Feijóo tense embarcado en iniciativas a prol de sectores (naval ou Citroën, apuntan como exemplo) en que a administración autonómica non ten todas competencias. E sí as ten no agro e no leite. Porén, denuncian, o goberno galego non fai nada ao respecto. Na tarde desta segunda, e por máis de catro horas, representantes da produción, da industria e das grandes superficies estiveron reunidos, coa mediación da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana. Malia que se lle esperou, o presidente en funcións, Núñez Feijóo, non fixo acto de presenza. @s productores tamén queren que distribución e industria tomen nota do "dramático" da situación que atravesan as 11.000 explotacións leiteiras que hai na Galiza, a metade do total do estado español. Nos últimos anos tiveron que pechar máis de 5.000 explotacións e se non hai un cambio, indican ese vai ser o futuro da inmensa maioría daquelas que quedan. |
NOS_28810 | Primeiro fin de semana das Festas de María Pita e o goberno de Carlos Negreira mostra a súa clara aposta pola españolización das populares celebracións. A discriminación do galego na información e na promoción, súmase un programa que onte domingo, vén podería ter lugar en Triana. | Feira taurina no Coliseo e misa rocieira e sevillanas nos xardíns de Méndez Núñez. O primeiro fin de semana das Festas de María Pita da Coruña incluía no seu programa actividades que vén poderían confundir aos turistas aos que Carlos Negreira quere compracer coas festas grandes da Coruña. O último día da feira taurina pechábase coa escasa afluencia de xente coa que comezou, sen cubrir sequera a terza parte do aforo mais recibindo os 90.000 euros por parte do goberno municipal do que pedirán contas tanto os grupos da oposición como a plataforma Galiza, mellor sen touradas, que o domingo congregaba na cidade a máis de dúas mil persoas contra o apoio municipal e reclamando a abolición da festa taurina. Na mesma xornada na que se pechaba a feira taurina, os xardíns de Méndez Núñez acollían traxes de volantes na conmemoración de Andalucía no certame de "Casas Regionales" que incluía no seu programa a celebración dunha misa rocieira -con crego incluído- con procesión á Virxe do Rocío ademais da actuación da agrupación "Alto Guadalquivir" e a degustación de produto típicos andaluces. As festas iniciáronse tamén, un ano máis, coa protesta da Mesa pola Normalización Lingüística ao querer o goberno municipal marxinar o galego na difusión e promoción das festas de María Pita. A Mesa denuncia que o concello non difundiu programas de man na nosa lingua nin promove a información en galego na rede. A asociación iniciou unha campaña para esixir a presenza do galego nas festas ao goberno municipal da Coruña. A crítica da Mesa chegaba cando o alcalde da cidade, Carlos Negreira, inaugurara a Feira do Libro en español nun acto que pechaba a banda de música coa interpretación do himno de España. |
NOS_46035 | Gonzalo Caballero compromete a defensa da sanidade pública, da calidade asistencial e da mellora laboral das profesionais do sector como "eixo central" do seu partido e dun futuro "Goberno galego progresista" | O secretario xeral de Partido Socialista de Galicia (PSdeG), Gonzalo Caballero, comprometeuse a converter "a sanidade pública na bandeira de referencia" dun "Goberno galego progresista" que, segundo dixo, consolidarase na Galiza tras as eleccións deste ano. Para o líder dos socialistas galego, o ámbito sanitario é unha "prioridade na axenda política de Galiza" e avanzou que estará presente "en cada Consello da Xunta" para "reverter o desmantelamento, os retrocesos e os recortes" que se produciron no servizo público "durante os once anos do Partido Popular" a cargo da Administración autonómica. Gonzalo Caballero reflexionou sobre as necesidades sos servizos públicos sanitarios e das súas profesionais no marco dunha xornada de traballo sobre os retos en defensa da sanidade pública galega celebrada este sábado, dentro do seu laboratorio de ideas. Precariedade Caballero manifestou o seu "compromiso" coa cidadanía galega e cunha "sanidade de proximidade" capaz de chegar a "todo o territorio", sen diferenzas asistencias para as usuarias do rural. Neste sentido, referiuse á necesidade de dotala co obxectivo de "afrontar e atallar" os problemas propios dunha poboación dispersa e envellecida. Ademais, tamén avogou por atender as necesidades das profesionais do sector e acabar coa "precarización dos contratos de traballo e coa falta de efectivos" que sofren os servizos de Atención Primaria, pediatría, enfermaría ou auxiliar de enfermaría. Neste sentido, o socialista tamén se amosou partidario de reconsiderar o papel da fisioterapia e da saúde mental no sistema sanitario co obxectivo de ofrecer un "catálogo de servizos básicos operativo" que funcione en todo o país e con medidas concretas, como "a posta en marcha dunha unidade de ictus en cada centro de referencia, alí onde non as haxa". Recortes Gonzalo Caballero criticou o uso orzamentario e de recursos que o Executivo da Xunta levou a cabo en once anos de Goberno e asegurou a sanidade será un "eixo central" para o PSdeG co fin de "frear a senda de recortes e precarización do Partido Popular". No seu discurso sinalou o caso da sala de partos de Verín como exemplo da mobilización cidadá en defensa da sanidade pública, a única dixo, capaz de facer que a Xunta dirixida por Alberto Núñez Feixoo "recoñeza os seus erros". Nesta liña, Caballero fixo un chamamento a toda a cidadanía para participar na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, que se vai celebrar en Compostela o vindeiro sábado, 9 de febreiro. |
NOS_51504 | Galiza encara o final da segunda semana sen estado de alarma cunha tendencia de casos activos da Covid-19 en descenso, até os 2.675, e un alivio da presión hospitalaria, ao reducirse a 146 as pacientes ingresadas por este coronavirus, 14 menos que a xornada pasada. Ademais, os novos contaxios reducíronse lixeiramente a 176, sete menos. | Segundo os datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da quinta feira, descenden a 30 os pacientes Covid ingresados en UCI -dous menos- e a 116 os ingresados noutras unidades -12 menos-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en seis das sete e soamente aumenta na de Ferrol, na que aínda que xa non hai pacientes en UCI -un menos que a xornada anterior-, ascenden a cinco os ingresados noutras unidades -dous máis-. Mentres, na da Coruña e Cee aínda que seguen sete ingresados pola Covid en UCI descenden a 34 os doutras unidades -dous menos-; así como na de Vigo, onde continúan oito en críticos e baixan a 32 os doutras unidades -un menos-. Na de Ourense proseguen tres pacientes en UCI e redúcense a oito os hospitalizados noutras unidades -dous menos-; e na Santiago e Barbanza caen a catro o críticos -un menos- e a 18 os ingresados noutras unidades -un menos-. Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés seguen sete pacientes Covid en UCI e descenden a 13 os ingresados noutras unidades -seis menos-; mentres que na de Lugo mantense un en críticos e redúcense a seis os doutras unidades -dous menos-. Menos casos activos Os casos activos encadean tres xornadas consecutivas de tendencia descendente na Galiza ao reducirse a 2.675, que supoñen 26 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (201) que contaxios (176), aos que se suman un falecemento. Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden en catro de sete: Pontevedra e O Salnés (-32), A Coruña e Cee (-15), Santiago e Barbanza (-3) e Ourense (-1); mantéñense na de Ferrol; e aumentan nas de Lugo (+24) e Vigo (+1). Así, a área de Vigo continúa á cabeza con máis casos activos, 832; seguida da Coruña e Cee, con 553; Santiago e Barbanza, con 437; Pontevedra e O Salnés, con 363; Ourense, con 210; Lugo, con 192; e Ferrol, con 88, segue á cola. Lixeiro descenso de contaxios En canto aos contaxios de Covid-19 detectados no conxunto da Galiza mediante calquera tipo de proba, descenderon lixeiramente a 176, após repuntar a 183 a xornada anterior, despois de iniciar a semana con 107; subir a 116 na terza e a 128 na cuarta. Do total, 157 positivos foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas -dez menos que a xornada anterior-, deles 65 corresponden á área de Vigo; 25, á de Lugo; 22, á de Santiago e Barbanza; 21, na da Coruña e Cee; 10, á de Ourense; nove, á de Pontevedra e O Salnés; e cinco, á de Ferrol. Deste xeito, os contaxiados de Covid-19 ascenden a 125.543, dos que 30.198 corresponden á área da Coruña e Cee; 24.667, á de Vigo; 19.718, á de Santiago e Barbanza; 15.614, á de Ourense; 14.108, á de Pontevedra e O Salnés; 12.701, á de Lugo; e 8.537, á de Ferrol. Realizáronse 5.363 probas PCR na última xornada, unhas 500 menos que as realizadas o día anterior. Con respecto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- continúa nun 3% -en concreto nun 3,06%- após situarse nun 3,16% a xornada anterior e subir ao 3,4% na cuarta feira, despois de manterse por baixo do 2% no inicio desta semana. Así, prosegue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. A última vez que Galiza excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro. As persoas falecidas diagnosticadas coa Covid-19 en toda Galiza ascenden a 2.410 após notificar a Consellaría de Sanidade na quinta feira un novo óbito, unha muller de 91 anos que contaba con patoloxías previas e que se atopaba ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). |
NOS_52949 | Desta volta son varios os posíbeis antropónimos aquí analizados (Sesto e Sisto), un orotopónimo (Serra) e os fitotopónimos (Souto, canda algúns dos seus derivados). A documentación, conservada en distintas institucións arquivísticas, está comprendida entre os anos 1248 e 1629, e nun acordo do século XVI achegamos un contrato de aprendizaxe de boticario do que ha ser alumno Gonzalo Souteliño. Este último persoeiro porta, ademais, un apelido hoxe desaparecido, aínda que subsista na forma non restaurada Sotelino. Por último, tamén cicelamos un pouco na biografía do pirata pontevedrés Benito Soto. | Aínda que se cadra Sesto podería ser unha variante do termo Sisto, como achegan algúns autores e, polo tanto, estar relacionada coa voz latina sextus que alude á sexta parte de algo, nós optamos máis ben por dar por válidas as afirmacións de Nicandro Ares Vázquez. Este autor, nos Estudos de toponimia galega, sinala que o topónimo Sesto igual ten a súa orixe no antropónimo Sextus, nome bastante común na época clásica. De aí unha inscrición romana existente en Chaves, lida na súa epígrafe por A. Rodríguez Colmenero, que vai encabezada por un Sextus Antistius Sexti. Algo semellante acontecería con Sisto, pois Ares Vázquez considera que "podería vir do persoal Syxtus". Lugares chamados Sesto (amais da parroquia de San Cibrao de Sesto, en Agolada) hai oito, e Sisto uns 53. Con este último nome tamén existen tres parroquias: San Xoán do Sisto (Dozón) e dúas homónimas denominadas Santa María do Sisto (tanto en Muras como en Ourol). Co apelido Sesto aparecen unhas 342 persoas rexistradas nun total de 14 concellos (entre os que están os de Santiso, Vila de Cruces, Touro, Melide e Oza dos Ríos); coa forma non restaurada Sexto ascenden a 587, en 19 concellos. Por outra banda, co apelido Sisto non se chegan a acadar as 180 ocorrencias, distribuídas por Teo, Ferrol, Compostela e A Coruña; así pois, resulta maioritaria a forma Sixto, con 1.952 individuos en 53 concellos. Como datos históricos vinculados coa antroponimia e toponimia, podemos citar unha María Pérez do Sisto (Maria Petri dicta de Sisto) que vive ao redor de 1248 na contorna de Brión. Porén, na Cidade das Burgas e no ano 1292, reside o matrimonio constituído por Miguel do Sisto e a súa muller, "María Carvalla". De 1325 é un pergameo conservado no AHUS no que se documenta a rúa compostelá do Sisto. Con respecto ao apelido Sesto, non conseguimos recompilar testemuños tan pretéritos, aínda que si queremos mencionar a existencia dunha carta de pagamento (conservada no ACS) que o 23 de agosto de 1629 outorga Sebastián Méndez, veciño de Santiago de Liñares (Santiso), e Andrés de Sesto, a favor de Juan de Lago Deane, veciño e rexedor de Compostela. Nicandro Ares Vázquez sinala que o topónimo Sesto igual ten a súa orixe no antropónimo 'Sextus' Dentro da cultura galega actual debemos citar o xeógrafo compostelán Carlos Ferrás Sexto e o escritor, nado en Friol, Xosé Sixto García, autor de Uxío Novoneyra, nos eidos da verdade (2011). Ares Vázquez tamén considera que Sisto podería vir do antropónimo 'Syxtus' Da voz homónima latina procede o topónimo Serra que, ademais de aludir á clásica ferramenta da carpintaría, tamén de xeito metafórico pode sinalar a presenza dunha orografía accidentada con elevacións montañosas. Máis de medio cento de entidades de poboación son deste modo chamadas, así como unhas sete parroquias teñen este termo como base toponímica. Introducidos na onomástica, máis de dous milleiros de persoas levan o apelido non restaurado Sierra, concretamente en 68 concellos (A Gudiña, Ortigueira, Petín, Mañón, A Merca...) e existen 331 máis coa forma normativa en 14 municipios (encabezados por Covelo, Coristanco, Ortigueira, Caldas de Reis e A Estrada). Na sexta feira 27 de marzo de 1478 o cabido de Lugo outórgalle unha pensión perpetua ao racioneiro Fernando Yanes de San Jullao, quen debe construír unha vivenda na "rua da Porta Miaa, sub o signo da Capela de San Pedro". Esta vivenda lindaría por unha banda cunha "casa que foy de Juan Lopes, mercador, en que agora mora Lopo da Serra". Velaquí un exemplo deste apelido empregado no baixo medievo, que podemos completar con outro duns anos antes, do 9 de xuño de 1467, e que vén a ser unha venda efectuada por "Juan Garçía da Serra, morador enno couto de Nogeyrosa" da " minna casa que está na ponte d'Esteiro, friguisía de San Cosmae de Nogeyrosa, como testa de hunna parte enno camino antiguo que bay para a vila da Pontedume e testa de outra parte de bayxo enno río e moyño (...)". O comprador será "Rodrigo Ares, morador enna Beyga (...)". O topónimo Soaxeira deriva de Soaxe (do latín 'solagine') e resulta ser un dos nomes da herba viboreira ('Echium vulgare') Marta Álvarez Pérez, verbo da súa obra titulada Toponimia do Val de Fragoso: Bembrive, considera que quizais o topónimo Soaxeira deriva de Soaxe (do latín solagine), e que resulta ser un dos nomes que recibe a herba viboreira (ou Echium vulgare). Tres son as entidades de poboación con este nome, localizadas en San Pedro de Pígara (Guitiriz), en Santiago de Cedrón (Láncara) e na Nosa Señora do Carme de Seixo (Marín). Como apelido, aínda que con formas non restauradas, gráfase habitualmente como Soaje e Soage. A primeira versión só se localiza en Moaña, Cangas e Vigo, e non chegan a empregala máis de 715 persoas; porén, a segunda contabiliza 926 ocorrencias, que se distribúen por Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Gondomar, Pontevedra, Vigo e Ferrol. No AHUS consérvase unha escritura de poder que outorga o cóengo ourensán Miguel Blanco para que no seu nome "Gregorio Alonso, y Antonio Soaje y Antonio Requixo, vezinos de la çiudad de Horense" poidan "pedir y requerir a los muy magníficos y reberendos señores deán y cabildo de la dicha yglesia de Horense me dé asenso y consentimiento para resynar e renunçiar el dicho mi canonicato llamado cardenalicia". O texto leva data do 28 de maio de 1558. Souto procede da voz latina 'saltus', que na súa orixe tivo atribucións, segundo Navaza, oronímicas (desfiladeiro) e fitonímicas (zona de pastos) Indica Gonzalo Navaza sobre o substantivo e topónimo Souto, que proceden da voz latina saltus, que na súa orixe tivo atribucións oronímicas (gorxa) e fitonímicas (zona de pastos ou bosque con pastos). Na actualidade –e xa desde o medievo– posúe un significado moi concreto: terreo poboado de castiñeiros ou bosque con castiñeiros e carballos. Se a ese termo se lle engade o sufixo –ellu obtense o topónimo derivado Soutelo; e cunha dupla sufixación –ellu e –inu xorden lugares denominados Souteliño. Atendendo á onomástica, unicamente hai algo así como 265 persoas apelidadas Soutelo entre 12 concellos (Monterrei, Cuntis, Tui, Cartelle, Vilaboa...) e iso que Galiza sempre foi terra de soutos, castiñeiros e castañas. É ben certo que abundan moito máis as persoas que o usan na forma non restaurada Sotelo. Aquí son case 3.900 as ocorrencias, distribuídas en 79 concellos (San Xoán de Río, Trasmiras, Cangas, Castro Caldelas, Coles...). No que atinxe a Souteliño non temos constancia de persoas apelidadas así, pois haberá unhas 534 que se digan Sotelino, concretamente en 11 concellos (Pazos de Borbén, Mondariz, Soutomaior, Redondela, Mos...). Dentro da colección diplomática de Montederramo fica un pergameo (custodiado no ACO) que leva data de febreiro de 1252 e no que aparece como testemuña un Pedro Velázquez do Souto (Pedro Velasci do Souto). No febreiro de seis anos máis tarde Johán Andreu do Souto e a súa filla Marina véndenlles a Eldora Pérez e aos seus fillos unha herdade en Santa Tegra de Abelenda (Castro Caldelas). Non queremos esquecer tampouco a Maria Eanes do Souto que, xunto co seu marido (Joan Aras de Santiago) anda en preitos por 1302 co irmán daquela, o xuíz da terra de Aguiar Martin Yanes de Sabadelle. Por outra banda, poucos son os rexistros históricos que localizamos sobre o apelido Souteliño, conque só imos facer mención dun do 7 de novembro de 1587. Uns extractos do documento que así o contén, conservado no ACS, rezan como segue: "(...) Gonçalo de Souteliño, hijo que dixo ser de Gonçalo de Souteliño, bezino de San Niculao de Prado", Ponteareas, "que es en la dioçesis de Tui, se ponía y asentaba, y estaba puesto y asentado con Alonso da Graña, boticario, bezino desta dicha çibdad (...) por tienpo de ocho anos que corren dende la fecha desta carta asta ser fenesçidos, para que durante el dicho tienpo le tenga en su cassa y le enseñe el oficio de boticario, y le dé posada, y de comer, y bestido y estudio para deprender el dicho oficio. Y el dicho Alonso da Graña, dende luego resçibyó al dicho Gonçalo Souteliño en su cassa e botica por los dichos ocho años (...)". Aínda que falece ben mozo, seica non fixera os 25 anos de idade, un personaxe histórico do noso país é o pontevedrés Benito Soto Aboal (1805-1830), pirata do barrio da Moureira que capitaneou un buque chamado A Burla Negra. Disque a súa biografía inspirou os famosos versos que Espronceda titula Canción del Pirata e publica na revista El Artista en 1835. Na actualidade levan o apelido Souto tanto o escritor e músico galego Xurxo Souto Eiroa como a poeta Lorena Souto, autora de Coleópteros (2018). Non queremos esquecer neste apartado a tamén poeta María Neves Soutelo, gañadora da XX edición do Eusebio Lorenzo Baleirón (2007) pola súa obra Código poético. E, alén diso, queremos traer á nosa memoria a voz do poeta do mar Paco Souto (1962-2017), de quen lembramos non unicamente aquela obra que titulou As árvores do incesto (1995), senón tamén o seu traballo como codirector na colección de poesía Caldeirón, na que se lanzan as obras galardoadas no Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas. Se Soutelo sofre unha dupla sufixación (–ellu e –inu) xorden lugares denominados Souteliño Se ao substantivo souto lle engadimos un adxectivo poden xurdir topónimos como Soutolongo, que aparecen tanto en San Martiño de Rebordelo (Cotobade) como na parroquia de Santa María de Soutolongo (Lalín). Como apelido unicamente temos constancia dunhas nove persoas que o usan na provincia de Ourense, mais na forma Sotolongo. Este apelido está abocado a desaparecer; e iso que é ben antigo pois xa se certifica na obra de Anselmo López Carreira titulada Fragmentos de notarios: Ourense, séculos XIV-XVI. Nela dáse conta dun Gonçalvo Lopes de Soutolongo o 23 de decembro de 1435. No século seguinte, o 15 de agosto de 1585, aparece un Juan Pérez de Soutolongo, "vezino de la felegresía de San Tomé de Jabina" que está obrigado a lle entregar a San Martiño Pinario certa renda de trigo e galiñas polos partidos de Xaviña e Bergantiños. |
NOS_735 | A política lingüística da Xunta e as axudas sociais ás vitimas da violencia machista, súmanse ás reválidas como principais preocupacións do Bloque. O Partido Socialista centra a atencion na Lei do solo, mentres que AGE reclamará explicacións polos retrasos no departamento oncolóxico do CHUS. | A xunta de voceiros celebrada na mañá da cuarta feira definiu os puntos do día da vindeira sesión parlamentaria. As diferentes agrupacións políticas mostraron as súas diferentes iniciativas e propostas. A reorganización do BNG no parlamento -apartir de agora Francisco Jorquera e Ana Pontón partillarán a portavocía- responde á necesidade lóxica de que quen será a nova candidata á Xunta sexa quen fiscalice Feijóo na sesión de control ao goberno. Na súa primeira intervención, Pontón defenderá a iniciativa do grupo parlamentar do partido de preguntarlle a Alberto Núñez Feijoo "Por que non escoita o clamor da comunidade galega en contra das reválidas". Na súa intervención de hoxe, Jorquera afirmou que a resposta galega ante elas foi unha "moción de censura ao modelo educativo da LOMCE. É preciso lembrar que Galiza foi unha das comunidades máis críticas co modelo das reválidas, chegando a cifras dun 80% de absentismo do alumnado. Jorquera, ademais, recalcou na necesidade de modificar a Lei de Prevención da Loita de Xénero, que se ben supuxo un avance, precisa garantir axudas directas ás vítimas. Na comparecencia de AGE, após da xunta, Eva Solla e Antón Sánchez anunciaron que denunciarán os retrasos no departamento oncolóxico do Hospital Clínico Universitario de Santiago, que afecta a persoas nun estado moi delicado e ante o cal deberá dar conta a Consellería de Sanidade. Por outra banda AGE presentará a consulta, esta mesma tarde, os acordos chegados coas confluenzas, debido ao seu compromiso de consultar coas bases todos os acordos políticos. Pola súa parte o Partido Socialista centra a súa atención na Lei do Solo e presentará unha proposición de lei para que "se arranxen as dificultades xurídicas e as eivas nas tramitacións de licenzas" que veñen afectando primordialmente ás construccións en solo rústico. Asimesmo, Méndez Romeu aludiu ao "aburrimento do señor Feijoo tras sete anos na presidencia" e afirmou que se lle preguntará polo funcionamento do goberno galego. Por último, o Partido Popular solicitou a comparecencia da Conselleira do Mar e do Conselleiro de Política Social, para informaren das Xornadas de encontro do sector pesqueiro e da axenda social respectivamente. Comparecencias que foron tachadas de propaganda electoral polos voceiros de AGE. |
NOS_20289 | Continúa a investigación de supostos tratos de favor do presidente da RFEF, Ángel María Villar a dirixentes territoriais para garantir a súa continuidade no cargo. Sospéitase que podería estar a obter beneficios persoais a través de distintas empresas ao impulsar a realización de partidos da selección española, a se lucrar de contraprestacións económicas en beneficio do seu fillo Gorka, avogado experto en dereito deportivo. | Axentes da Garda Civil entraron na sede da Federación, durante a mañá da terza feira, en Santa Cruz de Tenerife. Mentres o rexistro segue o seu curso, o Instituto Armado mantén precintadas as portas do valado que rodea o inmoble. A Dirección Xeral da Garda Civil precisa nun comunicado que os investigadores determinaron que o vicepresidente económico da RFEF e dirixente tinerfeño, Juan Padrón, "se tería excedido presuntamente nas súas facultades de administración do patrimonio" da entidade. Amais de favorecer a contratación de sociedades das que obtivo un beneficio propio en forma de contrapestación económica, participou, xunto co secretario da Federación Tinerfeña, nunha operativa continuada de apropiación de fondos a través do desvío destes a unha sociedades xestionada por ambos. Outro dos puntos desta investigación están a ser os posíbeis casos de revendas de entradas. Segundo fontes xudiciais, esta práctica dábase en entradas de partidos da selección española, tanto oficiais (europeos e mundiais) quer non oficiais. O mundo do fútbol sempre amosou a súa repulsa contra a revenda de entradas ao seren unha estafa, porén resulta verdadeiramente chocante que este punto apareza nas dilixencias policiais como un dos asuntos que están a ser investigados. Entre os partidos que investiga a UCO, atópanse o España-Bosnia que se realizou en maio do pasado ano e o España-Corea que se xogou en Suíza, tamén en xullo do pasado ano. Sospeitan que o presidente da Federación Española de Fútbol se lucrou a conta destes partidos ao contratar servizos que beneficiarían o seu fillo Gorka, director da Confederación Sudamericana de Fútbol desde 2014 até 2016. Os catro detidos na Operación Soule, o presidente da RFEF, Ángel María Villar, seu fillo Gorka, o vicepresidente económico da Federación e á súa vez presidente da Federación Tinerfeña, Juan Padrón, e o secretario da Federación tinerfeña, Ramón Hernández, pasaron a súa primeira noite nos calabozos da Garda Civil en Madrid. Entre a vindeira quinta feira e a sexta feira pasarán a disposición xudicial. Nin a Unidade Central Operativa da Garda Civil nin a Fiscalía Anticorrupción se atreven a dar, nestes momentos, unha cifra estimada sobre os beneficios ilícitos que terían obtido as persoas envolvidas nesta trama. |
NOS_17334 | O órgano de instrución inadmite as súas alegacións e entende que "os escritos dos seus superiores [da doutora] informan de que obviou as instrucións escritas e verbais" sobre o protocolo de actuación. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) abriu un expediente disciplinario á doutora Fátima Nercellas por incorrer nunha suposta "falta grave" ao trasladar un paciente "do corredor [de Urxencias] á sala de Observación". A sanitaria está acusada de cometer unha "irregularidade" por "non seguir o protocolo de actuación". Porén, diversos colectivos en defensa da sanidade pública e mesmo a Xunta de Persoal da área sanitaria de Compostela-O Barbanza, onde ela desenvolve a súa actividade, sinalan que o obxectivo do expediente sería "silenciar as súas reiteradas denuncias". Nercellas presentou alegacións contra o expediente aberto, mais o instrutor vén de desestimalas, nun documento ao que tivo acceso Nós Diario. "No prego de cargos sinálase unicamente o incumprimento das normas de funcionamento interno do servizo; neste caso, pasar pacientes directamente á zona de observación e trasladalos pola súa conta directamente do corredor aos boxes", sostén. O órgano de instrución, afirma no citado documento, "non instrúe nin valora a evolución dos pacientes, nin se o lugar de asistencia é o axeitado". "Instrúese o cumprimento ou non das normas de funcionamento interno do servizo e, concretamente, de pasar directamente os pacientes a Observación", engade. "Os escritos dos seus superiores informan de que vostede [a doutora Nercellas] obviou tanto as instrucións escritas como as reiteradas verbais neses momentos", conclúe o escrito de contestación ás alegacións. O instrutor inadmite a petición de comparecencia do resto do persoal médico do servizo de Urxencias, que tería como fin "valorar a axeitada actuación de acordo co estado dos pacientes, dado que hai momentos nos que o estado de necesidade dun paciente require de actuacións distintas ás habituais". Fátima Nercellas alegará contra esta resolución. |
PRAZA_1329 | Xulio Ferreiro e Martiño Noriega coinciden nunha conferencia de Vicenç Navarro, que insta a aproveitar a "situación única e histórica" tras o 24M e á "alianza" entre os movementos cidadáns. Os futuros alcaldes insisten na "cooperación" e a Marea prepara xa un encontro de "cidades rebeldes" | "Aquelas autoridades que se enfronten ao poder serán moi populares, non o dubiden porque a xente está farta". Rematando xa o seu relatorio, o profesor Vicenç Navarro non dubidou en lanzar algunha recomendación aos movementos triunfantes neste 24M. O que fora catedrático de Economía Aplicada, agora catedrático de Ciencias Políticas na Universitat Pompeu Fabra e docente en The Johns Hopkins University dos EUA díxoo diante de Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, futuros alcaldes da man desas plataformas cidadás que, para o prestixioso profesor, "son o que máis asusta ao establishment". "Ao establishment' éntralle o pánico ante as plataformas cidadás porque piden algo factible e non a revolución", di Vicenç Navarro "Éntralle o pánico porque se pedisen a revolución non se asustaría, pero si o fai se o que se pide é máis democracia, algo factible; o 15M pediuno e foi máis aló, creáronse partidos e coalicións moi fortes e pasaron cousas como as da Coruña ou Barcelona", dixo Navarro durante a clausura do ciclo de debates organizados co gallo do 25º aniversario da Universidade da Coruña. Foi na Facultade de Dereito, a mesma na que dá clases Xulio Ferreiro, líder da Marea Atlántica, que foi saudado polo secretario xeral da UDC, Carlos Amoedo, presentador do debate. "É un orgullo institucional que un dos membros desta Universidade vaia ser investido alcalde da cidade", dixo, antes de que Vicenç Navarro definise como "unha situación única e de enorme importancia histórica" o momento que vive o Estado tras o 24M. "Quen nos ía dicir hai seis meses que Ada Colau ía ser alcaldesa de Barcelona ou que na Coruña unha persoa que o establishment nin tan sequera coñecía ía gobernar a cidade?", preguntouse tras chamar a aproveitar este "tsunami" que as mareas e as plataformas teñen creado en España ante unhas elites "sorprendidas". "E iso que esta é a xente real, o seu pobo", insistiu. Navarro chamou a "unha alianza de clases populares" e dos movementos xurdidos na Coruña, Compostela ou Barcelona O profesor Navarro, ante un auditorio ateigado, foi máis aló e chamou a "unha alianza entre as clases populares" que implique tamén unha colaboración entre eses novos suxeitos políticos. "Teñen que aliarse eses movementos xurdidos en Santiago, na Coruña, en Barcelona ou en Madrid... Crear alianzas a nivel de Estado, pero tamén a nivel europeo", dixo quen ante o "escepticismo" dalgúns lembrou que "a Historia ás veces móvese en dous segundos; e senón pensen no de Ada Colau", insistiu. "Non tiren a toalla", recomendou quen situou no 15M o inicio deste "terremoto" positivo que sacudiu a política e que daquela foi "excelente" por "tomar o punto clave da xustificación do sistema". "Pedían algo factible e reclamaban alternativas porque sabían que as había". Precisamente, os líderes de Compostela Aberta e Marea Atlántica, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, aproveitaron o acto de Navarro para manter un encontro informal. Os dous futuros alcaldes coincidiron nesa cooperación e o que será rexedor coruñés avanzou a intención de organizar no verán na Coruña unha "xuntanza" do que dan en chamar "rede de concellos rebeldes, de iniciativas cidadás do país e do Estado, para falar do novo ciclo político que se abre e consolidar as alianzas que foron construíndose nos últimos meses", unha proposta que o próximo alcalde compostelán saudou "positivamente". Noriega e Ferreiro insisten na "cooperación" e anuncian un encontro da "rede de concellos rebeldes" na Coruña este verán "Compartimos coa Marea fórmulas como a unidade popular e tamén obxectivos que van máis alá dun cambio de caras, senón que buscan mudar as políticas de fondo", asegurou Noriega, que recoñeceu o "contexto pouco favorable", pero tamén que lles "sobra ilusión e apoio da xente, polo que é moi importante intercambiar experiencias e atopar lugares de encontro". "Procesos como Marea Atlántica e Compostela Aberta, así como outros do país e do Estado, colaboramos desde o principio, compartimos códigos e propostas e imos seguir así: unha boa relación entre concellos resultará positiva para Galicia; falamos de Compostela, da Coruña, de Ferrol e máis alá, iso é ao que nos referimos cando falamos de aplicar novas políticas, por exemplo ao substituír a competición pola colaboración", engadiu Ferreiro. Políticas públicas e loita contra a especulación Os dous, uturos alcaldes atenderon a un completo relatorio de Vicenç Navarro sobre as causas sociopolíticas e económicas da crise en España e mesmo escoitaron as recomendacións dun profesor recoñecido -pero afastado do discurso dominante neoliberal- e que foi asesor de importantes figuras políticas non só no Estado, senón tamén nos EUA e a UE. Malia asumir que as competencias dos concellos son "moi poucas comparadas coas que hai noutros países europeos", o catedrático de Economía Aplicada instou a apostar polas política públicas e, máis concretamente, "polos servizos de axuda familiar, que están moi pouco desenvolvidos". Navarro recomendou ás mareas apostar nos concellos por escolas infantís, servizos de axuda familiar e "ser moi duros contra a especulación do solo" Así, sitou na proliferación das "escolas infantís" no ámbito municipal unha das claves para crear benestar, emprego e desenvolvemento, ao ser unha política "clave para que a muller se incorpore ao mercado de traballo". "Cada muller que entra a o mercado laboral crea a necesidade de máis postos de traballo para atender os labores que elas xa realizaban", dixo, tras instar a Ferreiro e Noriega a "tomar este tema moi en serio" e lembrar o éxito que iniciativa semellantes tiveron en Nova York. Ao tempo, animou a aumentar a progresividade fiscal e a "ser moi duros en canto á especulación do solo", xa que, como lembrou, "a base da burbulla inmobiliaria estivo baseada na maridaxe entre concellos e construtoras". Así, insistiu en que as autoridades "se enfronten" a ese poder, a ese 1% ao que as plataformas cidadás tamén fixeron referencia durante a campaña. Preguntado por Xulio Ferreiro e o seu futuro na alcaldía da Coruña, Navarro dirixiuse ao auditorio. "Coñecéndoo, creo que están vostedes en moi boas mans", rematou. |
PRAZA_20548 | A análise realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) de Fomento non foi independente nin pescudou todas as posibles causas do sinistro máis alá do maquinista. A investigación técnica é unha das tres patas das súas reclamacións, xunto coa xudicial e a política. O PSOE formaliza a petición de investigar Angrois en vésperas do cuarto aniversario do sinistro | O PSOE formaliza a petición de investigar Angrois en vésperas do cuarto aniversario do sinistro A plataforma de vítimas do accidente de Angrois, do que o próximo luns se cumpren catro anos, entregou este mércores unha carta no Ministerio de Fomento dirixida á súa Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), á que reclama a dimisión dos seus membros actuais e a realización dunha nova investigación independente do sinistro. A petición dunha nova investigación técnica independente é unha das tres patas das reivindicacións das vítimas, xunto coa que consideran a principal que é o afondamento da investigación xudicial (na que vén de ser imputado un cargo de Adif) e a reclamación dunha investigación política no Congreso dos Deputados (agora con posibilidades de saír adiante ao quedar só o PP tras o recente cambio de postura do PSOE, que viña negándose). A investigación técnica é unha das tres patas das súas reclamacións, xunto coa xudicial e a política Un ano despois do accidente, a CIAF emitiu o seu informe sobre o mesmo atribuíndo o sinistro exclusivamente ao despiste do maquinista, que non freou a tempo antes da curva de Angrois tras recibir unha chamada do interventor do tren e non estar activo ningún sistema de seguridade que evitase ou paliase o seu erro humano. Unha investigación técnica que influíu inicialmente na investigación xudicial que segue en marcha. Porén, hai un ano a Axencia Ferroviaria Europea emitiu un informe no que ratificaba a falta de independencia da CIAF, cuxos membros eran nomeados polo Ministerio de Fomento, e censuraba que non analizara outras posibles carencias de seguridade máis alá do maquinista, o que levou ao Parlamento Europeo e á comisaria de Transporte, Violeta Bulc, a reclamar a España unha nova investigación técnica independente. A análise realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) de Fomento non foi independente nin pescudou todas as posibles causas do sinistro máis alá do maquinista O Goberno cambiou o sistema de nomeamento da CIAF para que agora sexa o Congreso o que valide os nomes que lle propón Fomento, algo que para a UE xa garante a súa independencia. Con ese cambio, o Goberno di que agora non pode pedirlle a un órgano independente como ao seu xuízo é xa a CIAF que realice unha nova investigación, senón que debe ser esta a que o decida voluntariamente, algo ao que non está disposta. Con ese novo procedemento, o pasado marzo PP, Ciudadanos e PNV validaron o nomeamento como novo presidente da CIAF de Fernando Montes Ponce de León, que xa viña sendo vocal na comisión, coa abstención do PSOE e o voto en contra do grupo de Unidos Podemos-En Marea. Nesa comparecencia ante a Cámara, Montes dixo que non vía necesario reabrir a investigación e insistiu na responsabilidade do maquinista. Agora as vítimas rebaten os seus argumentos. Na carta, as vítimas enumeran diversos incumprimentos por parte da CIAF da normativa europea sobre investigacións de sinistros, como a súa falta de independencia, a presenza na mesma de membros de partes interesadas como ADIF ou Renfe ou que non lles deu voz aos afectados. "Vostede e os seus colegas descoñecen a normativa, non son independentes e serven a outro tipo de intereses, cousa que non sorprende ao ser o Ministerio de Fomento quen os nomea". "Vostede e os seus colegas dimitan e deixen que outras persoas independentes e con máis coñecementos se encarguen de investigar os accidentes para que así se axude verdadeiramente a mellorar a seguridade", dinlle as vítimas ao presidente da CIAF As vítimas lembran na súa carta que na súa comparecencia no Congreso Montes dixo que hai xente que "lle aconsella que se debe coidar e que a estas idades un empeza a facer historia máis que futuro". Para os afectados "resulta preocupante estas declaracións cando temos por diante o desafío da seguridade ferroviaria en España e a oportunidade de reabrir a investigación do accidente ferroviario máis grave das últimas décadas". Por iso, as vítimas rematan a misiva pedíndolle ao presidente da CIAF: "Sr. Montes, cóidese, pero por favor, vostede e os seus colegas dimitan e deixen que outras persoas independentes e con máis coñecementos se encarguen de investigar os accidentes para que así se axude verdadeiramente a mellorar a seguridade dos cidadáns". |
PRAZA_7831 | Pilar Rojo forza a retirada da acta do pleno parlamentario da intervención na que a nacionalista considerou que o presidente incorre en "corrupción" ao lanzar "mentiras" na Cámara | O primeiro pleno do Parlamento tras as restricións de acceso da cidadanía á Cámara e da tensión xerada en torno ás mesmas foi calquera cousa menos tranquilo. Episodios como a estrita expulsión dun deputado de AGE cando o popular Miguel Santalices presidía accidentalmente o pleno non fixeron máis que incrementar a temperatura dialéctica dunha sesión plenaria na que a xefa do lexislativo, Pilar Rojo, se amosou especialmente rigorosa no que atinxe ás chamadas á orde, isto é, as amonestacións que se aplican cando un membro da Cámara atenta contra as normas e que, se chegan a tres, comportan a expulsión. Unha das deputadas apercibidas foi a nacionalista Ana Pontón. O motivo non foi outro que cualificar de "corrupto" ao presidente da Xunta. Despois dunha intensa sesión de control, na que Alberto Núñez Feijóo, entre outras afirmacións, censurou o "amparo" do BNG ao ex conselleiro Fernando Blanco cando foi imputado no caso Campeón, Pontón tomou a palabra nun debate sobre as peaxes da AP-9. Aproveitando a súa quenda Pontón sulbiñou que Blanco "dimitiu" de todos os seus cargos "antes de ser imputado", un feito que, ao seu xuízo, esixía unha "rectificación" por parte de Feijóo. "En política non vale todo", sinalou a deputada do Bloque, dende cuxo punto de vista "a mentira tamén é corrupción" e, polo tanto, "Feijóo é un corrupto". Rojo forzou que as palabras de Pontón fosen retiradas do Diario de Sesións Esas afirmacións de Pontón deron lugar á devandita chamada á orde e, ademais, á esixencia de que a afirmación da parlamentaria fose retirada para que así non conste no Diario de Sesións. "Se non a retira vostede, fareino eu", advertiu a presidenta ante a negativa da nacionalista. "Se Feijóo mente, é un corrupto", reiterou a deputada, cuxa amonestación si figurará nas actas parlamentarias, pero non as verbas sobre o xefe do Goberno galego que a suscitaron. Esta non foi, nin moito menos, a única chamada á orde aplicada por Rojo ao longo da sesión. Ben ao contrario, pasaran poucos minutos do inicio da sesión cando o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, foi tamén apercibido, no seu caso por exceder o tempo de intervención durante a sesión de control a Feijóo. A presidenta tamén lle lembrou ao titular da Xunta que estaba a falar máis tempo do que lle correspondía, se ben para o seu xefe de filas non houbo chamada á orde. |
NOS_16815 | "Parece que estamos na sombra, mais sempre estamos en primeira liña". Dio Hugo Babarro, enfermeiro da UCI no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Quere facer visíbel o traballo que as enfermeiras e enfermeiros fan ao longo do ano. Conversa con Nós Diario para explicar como están sendo os primeiros días con pacientes coa COVID-19 na UCI. "Quero que a xente valore o que hai que valorar, que vexa que todos os recortes que sufriu a sanidade pública se están pagando", afirma. | Que ocupación ten a UCI do hospital de Ourense? Até onte, cando saín de traballar, tiñamos na UCI 11 pacientes con coronavirus, moi críticos, xente que precisa intubación. Calculamos que esta semana encheremos a unidade de críticos e despois teremos que comezar a usar as instalacións da reanimación. Segundo os modelos matemáticos, que de momento non fallaron, no mellor dos escenarios, vanse ocupar entre 30 e 40 camas UCI. Vai haber escalas e parámetros que van determinar a quen se lle vai dar a oportunidade de entrar na UCI e a quen non, e isto é duro a todos os niveis Adoitan vincularse complicacións da COVID-19 con persoas de idade, mais ninguén está libre dunha pneumonía grave. Temos xente menor de 50 anos ingresada na UCI, a xente moza é certo que ten unha resposta máis favorábel, pero á xente moza tamén lle afecta gravemente a COVID-19. Agora estamos comezando. De feito, a metade das persoas que quedaban onte na UCI non levaban ingresadas nin unha semana. A evolución é lenta e aínda estamos en fase de coñecemento dos pacientes. O problema é que vai haber conflitos éticos que xa están previstos no Plan de Continxencia da Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias. Vai haber escalas e parámetros que van determinar a quen se lle vai dar a oportunidade de entrar na UCI e a quen non, e isto é duro a todos os niveis, a nivel ético persoal e tamén profesional. Priorizarase a atención dos casos con máis posibilidades de recuperación, segundo determina ese plan. Ademais da idade, o plan fai alusión a unha expresión da que non gosto, "valor social" do paciente. Son criterios polos que se rexe a medicina de catástrofe, algo ao que non estamos afeitos. Como se enfronta o persoal sanitario ante esta nova situación? Levo 23 anos traballando como enfermeiro, 13 en UCI e, a verdade, nunca sentira tanta presión, tanta tensión e tanto estrés como co ingreso que tivemos a pasada terza feira. Cos equipos de protección individual (EPI), faise máis difícil o traballo. Custa ver coas gafas. Estaba facendo unha técnica cun paciente coas gafas empanadas e case non podía ver. Buscaba, como podía, algún espazo da gafa que quedase sen empanar. Ese día, cando saín da miña quenda, a estaba empapado en suor. A nivel físico estaba esgotado e boteime a chorar. Nunca traballara con tanta presión. A nivel psicolóxico, saes da UCI e pensas se fixeches todo ben, se non levaches as mans á cara... Á tensión física súmase a psicolóxica. As quendas son fisicamente esgotadoras e tes que estar superconcentrado, porque intentas tocar o menos posíbel. Tes que estar pendente de non levar a man á máscara e de non recolocar as gafas. A isto súmaselle a presión que tes cos pacientes, que son críticos. Despois, a nivel psicolóxico, saes da UCI e pensas se fixeches todo ben, se non levaches as mans á cara, se non levas o virus a casa... É unha situación totalmente excepcional. Ademais, sofres polas familias dos pacientes, porque é moi duro ter o teu ser querido na UCI e non saber case nada del. Como é o contacto coas familias? Onte foi unha mañá moi complicada e houbo familiares aos que non se lles puido informar. Imaxina non saber nada en 24 horas do teu familiar... Agora temos unha tablet que nos cedeu unha empresa, cunha liña de datos ilimitados, e imos tratar de facer posíbel que as familias, cando os pacientes mellores, poidan ter contacto con eles. Estamos a mobilizarnos desde o propio equipo de enfermaría, non desde a xerencia do hospital, e notamos que a xente nos apoia. Hai empresas que nos preguntan como poden facer doazón de material, mándannos comida... Situar o paciente en boca a abaixo require de cinco persoas Aludía antes á realización dunha técnica. Na UCI realizan manobras moi complexas, tamén coas persoas con coronavirus, para mellorar a osixenación dos pulmóns. En que consisten? En pneumonías bilaterais, como moitas das que provoca o coronavirus, mellora a función respiratoria se situamos o paciente en decúbito prono, é dicir, boca a abaixo. Mais non só con doentes con coronavirus. En xaneiro fixémolo con persoas que tiñan gripe A. Vemos que é practicamente necesario para que poidan ventilar, mais esta técnica engade unha dificultade máis: fan falta cinco persoas para poder facela ben. Trátase dunha manobra de risco. Habitualmente é o médico quen se encarga da vía aérea, suxeitando a cabeza e coidando de que non saia o tubo. Agora se empeza a ver unha técnica nova, mediando o enrolamento das sabas. Non todo o persoal de enfermaría contará coa experiencia para facer este tipo de técnicas. Non sei como vai planificar a dirección iso. Penso que deberiamos intentar facer rotación, para garantir relevo con persoal formado a medida que vaia caendo a xente, porque, evidentemente, imos caer. Temos bastantes sanitarios localizados que traballaron na UCI, tanto enfermeiros como auxiliares. O problema é que a UCI ten que funcionar con certa normalidade para outras patoloxías. Onte estabamos previstos na UCI 6 enfermeiros e 5 auxiliares mais tivemos que acabar reforzando con máis compañeiros. Teño medo a levar o virus para a casa, onde vivo cos meus dous nenos e coa miña compañeira Unha das características das pneumonías provocadas polo coronavirus é a evolución rápida da infección. A evolución da enfermidade é moi brusca en pacientes críticos, polo que se ve. É habitual que empeores e que se poñan fatal rapidísimo. Teñen medo? Eu teño bastante, porque hai catro anos tiven que ingresar na UCI por unha crise asmática, co cal, son persoal de risco. Hai compañeiras e compañeiros a piques de xubilarse que teñen medo. Claro que levas o medo no corpo. Cada vez que acabo a quenda, métome na ducha e lávome con xabón desinfectante. Teño medo a levar o virus para a casa, onde vivo cos meus dous nenos e coa miña compañeira. Cos meus pais xa hai semanas que non teño ningún contacto físico. A quen estamos en primeira liña cabréanos cousas que vemos na rúa. Ás veces penso: gostaría que viñesen ver o que hai aquí dentro. É importante que a xente se dea conta da implicación que temos os enfermeiros co paciente. A pesar do nerviosismo que pasamos, sempre sae como prioridade garantir o benestar do paciente. Houbo 15 días de vantaxe a respecto de Madrid e desaproveitouse pola inacción e a pasividade da dirección e da xerencia Como foi a preparación da UCI á espera do impacto do coronavirus? Tivemos 15 días de vantaxe a respecto do que está acontecendo en Madrid e desaproveitouse. Desaproveitouse pola inacción e a pasividade da dirección e da xerencia. Agora a xente trata de resolver como sexa, con moi boa vontade e segundo as necesidades. Parte da dirección puxo as pilas e botan máis horas para tratar de organizar o máis rápido e o mellor posíbel todo. Dispoñen de material de protección suficiente? De momento si. Non nos dan barra libre, quero dicir, téñeno moi controlado para que o gasto sexa o mínimo. Pensa que cada día poden gastarse entre 60 e 70 EPI. A xerencia de Ourense enviou unha circular hai uns días onde restrinxía o uso das máscaras. Si, para que non se usasen as máscaras, por exemplo, polos corredores. Sentou moi mal esa circular porque era como responsabilizarnos a nós de esgotar os recursos. Hai instrucións do Ministerio e un documento de tratamento da COVID-19 que elaboraron os chineses e que é bastante extenso que recomendan levar postas as máscaras cirúrxicas por todo o hospital. Hai suficientes respiradores? Segundo puido saber Nós Diario, buscáronse na sanidade privada. Hai unhas semanas compraron oito respiradores novos para a UCI do hospital. Xa daquela houbo problemas porque non puideron compralos iguais, da mesma tipoloxía, porque xa había problemas de subministro no mercado. Houbo problemas cos monitores cando ampliamos as camas para UCI porque os que había na URPA eran máis básicos e non servían para estes pacientes. Sei que houbo algúns monitores que se confiscaron da sanidade privada. Agora mesmo hai 18 camas con algúns monitores UCI da privada. Material a nivel respiradores e monitores hai. O hospital debe ter, en total, entre 40 e 50 respiradores, co cal, se se cobren as previsións, poderían ser suficientes. |
NOS_25745 | A demandante, unha muller que di ter graves danos, acusou a máis dunha ducia de empresas. | O Alto Tribunal de Evry, ao sur de París, rexeitou a demanda presentada contra 14 multinacionais que foron acusadas por unha muller de orixe vietnamita e nacionalidade francesa de lle causaren a ela e a outras persoas graves danos por un axente químico. En concreto, falou en relación ao uso do herbicida químico "axente laranxa" polo Exército dos Estados Unidos durante a Guerra do Vietnam (1955-1975). Ditas empresas, entre as que se atopa Monsanto ─propiedade na actualidade da alemá Bayer─, actuaban en nome dos Estados Unidos por aquel momento, polo que puideron reclamar inmunidade ante a xustiza en Francia. A demanda foi presentada en 2014 por Tran To Nga, que sofre varias doenzas produto do axente laranxa, despois de traballar como xornalista e activista no Vietnam durante a guerra. Segundo afirmou, presentará un recurso contra a decisión xudicial. Os EUA usaron o axente laranxa entre xaneiro de 1965 e abril de 1970 como defoliante para impedir que as tropas do Vietcong se ocultasen na espesura da selva e facer visíbeis as súas liñas de aprovisionamento. En 1971 deixaron de usalo e abandonaron o país en 1975 tras ser derrotados. |
NOS_43597 | Falamos con Pedro Alonso, 'Perico', biólogo que leva anos de compromiso e militancia no ambientalismo, un dos impulsores das asembleas contra a eucaliptización que nos meses pasados decorreron en diferentes partes do país. "A economía do eucalipto susténtase no abandono do rural", mantén. E ese é un factor chave, non o único, para entender por que arde Galiza. | .-Outra vez unha vaga de incendios devastadores arrasa con miles de hectáreas do país. Unha situación que se produce cada poucos anos e parece que non damos aprendido. Somos parvos? -Desde o punto de vista político, pode que si sexamos parvos (ri). Temos uns representantes que unha tras outra caen nas mesmas e fano con pleno coñecemento de causa. No 2011 fixeron o mesmo. Había unha seca que prolongaba o período de risco e tamén repregaron o operativo de extinción, reducindo o número de brigadas rápidas para operar contra o lume. Repregaron e ademais anunciaron que ían repregar, o que fixo un efecto chamada para aqueles que andan a prender lume ao monte por diversas motivacións. Consecuencia? Que arderon nas montañas de Ourense e Lugo case 20.000 hectáreas. E este ano pasou o mesmo. Seca e repregamento de efectivos. Arderon zonas de montaña mais tamén zonas periféricas a grandes núcleos de poboación. Houbo grandes lumes porque o combustíbel que hai no monte é moito e estaba moi seco. Ou sexa, que todo isto amosa que perante unhas determinadas consecuencias dunha xestión incapaz, incluso desprezativa ante a problemática que iso xera, seguimos a manter os gobernos que xestionan deste xeito as cousas. "Cos incendios a sociedade galega ten claro que non podemos seguir así (...) Mais hai unha parte dos partidos políticos que apostan en 60 anos máis de caos" -A Xunta fala de "terrorismo incendiario", un relato que xa atopamos nos grandes medios... -O que fai a Xunta do PP é unha bola de neve. Por unha banda pretende dirixir a política forestal cara a un obxectivo moi concreto e determinado, que é a produción de eucalipto para celulosa, xerando abandono do rural. E por outra banda, cada vez acouta moito máis o uso do lume para chegar a perseguir o delito incendiario até extremos de terrorismo. É dicir, unha incoherencia: o goberno xera políticas de rural que fomentan o despoboamento, porque iso é o que trae a expansión do eucalipto, que despraza outros aproveitamentos. A economía do eucalipto susténtase no abandono do rural. E, ao tempo, meten a sospeita de terroristas a xente que fica no rural e que recorre ao lume como ferramenta cultural. Fálase moito da prevención mais a prevención depende da ordenación, dunha priorización de usos -O eucalipto está no albo como un dos factores dos incendios. Mais reducir toda a casuística do lume ao eucalipto non é reducionismo dun problema máis complexo, onde converxen máis factores? -Hai factores como a extrema e prolongada seca. Ou o nivel de abandono das posibilidades do rural, que se expresa na preponderancia do eucalipto como alternativa económica. Isto dá lugar a que a periferia dos núcleos de poboación estean dominadas por unha paisaxe do caos, no que medra a matogueira, que coexiste con parcelas recentemente transformadas en eucaliptais, moi perto de núcleos de poboación, vías de comunicación... Iso é unha bomba de reloxaría. Situacións como estas, de cambio da situación climática tradicional, conduce a períodos de máximo risco de incendios e máis prolongados. Aparecen grandes lumes que, ademais, están en 'interface', en zonas urbanas, rurais, rururbanas... Por iso a ordenación de usos é fundamental para poder determinar que prevención vamos levar adiante. Fálase moito da prevención mais a prevención depende da ordenación, dunha priorización de usos. Se non ordenamos os usos polo menos en torno aos núcleos de poboación e vías de comunicación, mal vamos. Ao final, temos un caos, máis abandono do rural e máis expansión dos aproveitamentos económicos que politicamente se deixan como únicos no medio rural porque non se permiten outras alternativas. O primeiro paso, básico, sería o de que arredor dos núcleos de poboación de vías de comunicación, dos espazos naturais protexidos... hai que facer outra política de monte -Non queremos que se repita outra vez o acontecido nestes días. Que habería que facer? Que primeiros pasos habería que dar? -As forzas políticas terían que que poñerse de acordo. Eu creo que a sociedade ten claro que non se pode seguir así, non se pode seguir a gastar por volta de 170 millóns anuais ao ano para soster unha política forestal cuxo principal beneficiario é Ence, porque os pequenos propietarios pouco sacan. Mais hai unha parte dos partidos políticos que apostan en 60 anos máis de caos, de monocultivo forestal, así que vexo difícil ese acordo. Mais, de habelo, o primeiro paso, básico, sería o de que arredor dos núcleos de poboación de vías de comunicación, dos espazos naturais protexidos, nas paisaxes protexidas... hai que facer outra política de monte. Cal? Eliminar as masas de árbores pirófitas [que arden con facilidade, como o eucalipto], promocionar usos alternativas do monte: gandeiría, frondosas, producións agrarias e hortícolas... |
NOS_44179 | Na localidade española de Écija un home degolou a súa compañeira cunha machada; en 2007, ela presentara unha denuncia por insultos e ameazas que foi arquivada no xulgado. En Reus outro home apuñalou a súa ex-parella | A violencia machista cobrouse esta segunda feira a vida doutras dúas mulleres, sumando 11 asasinadas no Estado español no que vai de ano. Aconteceu na localidade española de Écija e na catalana de Reus. Na vila sevillana, un home degolou a súa compañeira cunha machada após chamala por teléfono para que fose axudalo por se atopar enfermo. Petra M.M., de 46 anos de idade, denunciara xa en 2007 a Antonio L.G., detido polo asasinato e que tivo que ser ingresado nun centro hospitalario após intentar suicidarse inxerindo varias pílulas do fármaco Trankimazin. Segundo informou a axencia de noticias Europa Press, a denuncia que presentou a muller, en que daba conta dos insultos e ameazas que lle tería feito A.L.G., foi arquivada no xulgado.En Catalunya Ángel Ventura J.L., de 33 anos, foi detido en relación ao asasinato e confesou despois ter apuñalado a súa ex-parella até matala. A muller, de 39 anos, tomara a iniciativa da separación hai por volta dun mes e vivía coa súa filla, de dous anos de idade. |
NOS_34625 | Unha das figuras máis relevantes da música celta a nivel mundial e un dos referentes contemporáneos do diálogo entre a música tradicional e a electrónica, Carlos Núñez e Baiuca, xúntanse agora para gravar en colaboración un tema, Solstício, que parte das tradicionais alboradas portuguesas. | Pasado, presente e futuro da música tradicional galega. Quizais sexa unha boa maneira de definir o encontro entre dúas figuras chave do noso panorama musical, Carlos Núñez e Álex Guillán, responsábel de Baiuca. Solstício é a peza que xorde desta primeira colaboración entre ambos artistas, unha alborada inédita de Núñez que parte de melodías portuguesas. "Aqueles gaiteiros do norte de Portugal collían pequenos fragmentos, que descompoñían e volvían compoñer con novas estruturas. Cando chegaron a min, fixen unha composición baseada nesas pezas para pasarlla logo a Álex, que colleu a miña esencia e atravesouna coa súa, dando lugar a unha nova estética", sinala o gaiteiro en declaracións a Nós Diario, rematando por definir a canción como unha alborada electrónica do século XXI. Traballar conxuntamente supuxo unha nova experiencia para os dous artistas. Por unha banda, Baiuca nunca introducira unha gaita como elemento principal das súas cancións, mentres que Núñez, a pesar de achegarse á electrónica en ocasións, non tivera antes unha incursión tan forte. Álex tocaba á gaita na adolescencia e xa tivera en mente mesturar estes sons, pero "despois de catro anos de proxecto, de experimentar e de xogar con ritmos, cando Carlos me propuxo isto pareceume o momento oportuno para facer algo diferente, que aínda que tivese electrónica e forza, fose máis sutil". Solstício mantén esa esencia da "alvorada" portuguesa a través dunha chiscadela a unha gravación tradicional de Paulino Pereira João, un gaiteiro que tocaba e cantaruxaba a peza en Tras Os Montes. Rebuscando na carpeta onde garda as músicas e sons que vai atopando, Álex atopou a voz de Paulino, gravada na mesma tonalidade que a gaita de Núñez e cuxa melodía encaixaba á perfección coa mestura. Unha das curiosidades que agocha a canción é a presenza do modo dórico, un modo medieval no que traballaban esas gaitas portuguesas. Tal e como menciona Núñez, é un xeito de uso habitual en músicas como o reguetón ou o trap. "Ao final atopamos cousas moi antigas que, por cuestións do devir, están presentes na actualidade", remacha. Se ben noutros lugares se aborda a música tradicional como un revival, na Galiza é diferente a ollos de Núñez, xa que "esa tradición está viva e estamos nun país no que existe un patrimonio inmaterial oral moi importante. Facer creacións novas en base a iso é unha sorte". A colaboración parte da iniciativa do gaiteiro, quen para celebrar o 25 aniversario do seu primeiro disco, A irmandade das estrelas, decidiu convidar novos artistas que están a facer propostas diferentes coa música tradicional. Interesouse polo proxecto de Baiuca nos últimos anos, pero había moito máis tempo que Álex coñecía a Núñez. "Desde moi pequeno tiven moita relación coa súa música e cando comecei con Baiuca sempre tiven ganas de poder facer unha colaboración con el. Nunca cheguei a pedirllo, porque non me gusta que me digan que non e ao final el adiantouse", confesa sorrindo. Desa admiración mutua e da inquietude creativa que os leva a resignificar as músicas tradicionais é froito Solstício. Todo un universo antropolóxico e cultural vinculado a unha canción A música de Baiuca adoita rodearse de todo un misticismo e imaxinario propio das tradicións antigas da Galiza. Nesta ocasión, Solstício relaciónase con esas alboradas que se tocan no entroido, de aí a imaxe elixida para a portada do tema. Trátase dunha fotografía de Carlos González Ximénez tomada nas festas de Parada, na zona de Tras Os Montes, que estabelece un diálogo estético coas orixes e xenética da canción. Nesas celebracións onde se cantaban as alboradas, os asistentes mergullábanse nun ritual hipnótico, un transo que, segundo Carlos, é unha das cuestións máis poderosas do tema, algo que a música electrónica trata de evocar con códigos actuais. Aparecen así esas conexións entre o eido musical e outros universos que dan pé a todo un conxunto orixinal e multidisciplinar. |
NOS_3810 | A recuperación das fronteiras históricas da Bretaña está máis perto. O Consello Rexional da Bretaña, que reservou 100.000 euros do orzamento para un referendo, acaba de recibir un informe coas liñas a seguir co fin de fortalecer os lazos de unión co departamento de Loire-Atlantique, onde tamén está a medrar o apoio á reunificación. | O 19 de abril de 2021 faranse 80 anos desde que a Francia de Vichy, o réxime político instaurado polo mariscal Philippe Pétain, colaboracionista coa Alemaña nazi, decretase a separación do departamento de Loire-Atlantique do resto da Bretaña histórica. Desde entón, e especialmente a partir da década de 1970 coas primeiras manifestacións cidadás, a reunificación é un tema recorrente, apoiado por un amplo abano de formacións políticas, inherente no caso das soberanistas. O Estado francés está dividido en 101 circunscricións administrativas departamentais que se agrupan á súa vez en 18 rexións, 13 metropolitanas e cinco de ultramar. O país bretón está partido desde 1941 en dúas rexións diferentes: por unha banda a rexión da Bretaña ─con catro departamentos─ e pola outra a do País do Loira. Nesta última enmárcase o departamento de Loire-Atlantique, cuxa capital é a histórica cidade bretoa de Nantes (Naoned, en bretón), cidade dos Duques da Bretaña. O debate da reunificación regresou nos últimos meses á mesa do debate político. En febreiro o presidente do Consello Rexional da Bretaña, o socialista Loïg Chesnais-Girard, presentaba unha emenda para reservar 100.000 euros do orzamento co fin de organizar un referendo sobre o reagrupamento co departamento de Loire-Atlantique baixo unha única entidade administrativa. Apoio en Nantes Mais o movemento máis importante chegou neste mes de xullo do outro lado da fronteira. Tras a súa reelección como alcaldesa de Nantes, a tamén socialista Johanna Rolland designou por vez primeira un asistente para "temas bretóns", cargo que ocupa Florian Le Teuff, un militante do movemento pola reunificación. Fíxoo o 3 de xullo, día da constitución municipal, no mesmo día en que se presentaba en sociedade unha nova asociación, A la bretonne!. O seu presidente, Christophe Prugne, cualificaba de histórica a designación dun responsábel para temas bretóns. "Vemos que hai unha apertura política en ambos os dous lados da fronteira, que algo está a xurdir a favor da reunificación", dixo. Do outro lado da raia, A la bretonne! pedía a Chesnais-Girard que non se adiase máis o referendo. Neste sentido, o presidente do Consello Rexional da Bretaña recibiu a semana pasada o informe elaborado polo grupo de traballo "Cooperación Loire-Atlantique/Bretagne reunificados". O documento recolle 13 pautas de colaboración "dentro da perspectiva dunha reunificación". Entre estas están a elaboración de cartografía ou dun orzamento que inclúa os cinco departamentos, así como aumentar a presenza da marca Bretaña en Loire-Atlantique. O 13º punto fai referencia explícita á necesidade de convocar unha consulta popular. O documento foi presentado no pleno da asemblea a pasada quinta feira. Fóra da sede houbo unha concentración de Oui la Bretagne (Breizh evel just), a coalición política de esquerdas, ecoloxista e autonomista, que se presentou ás eleccións rexionais de 2015. Conformada polo Movemento Bretaña e Progreso (MBP) e a Unión Democrática Bretoa (UDB), fíxose daquela con 80.727 votos (6,71%), mais non conseguiu representación. Os vindeiros comicios, coincidindo cos departamentais, serán o próximo mes de marzo. O presidente do Consello Rexional, canda outros membros electos do seu partido, uniuse durante uns momentos cos concentrados, un acto simbólico que mostra o compromiso do actual Goberno coa reunificación ─e tamén, segundo os medios locais, coa posibilidade dunha alianza de cara ás eleccións─. Loïg Chesnais-Girard sinalou: "Podemos vivir durante o próximo mandato o derradeiro dun presidente dunha rexión bretoa de catro [departamentos]". Centralismo de París Pola súa banda, o cabeza de lista de Oui la Bretagne e alcalde de Carhaix, Christian Troadec, dixo que a unión servirá, non só para recuperar o trazado histórico da Bretaña, senón para "as institucións adquiriren unha maior autonomía, para maior capacidade de toma de decisións, para ter máis poder político, e tamén para contar coas ferramentas a nivel financeiro" para desenvolver ese poder político. Ademais, salientou que a xestión da crise do coronavirus demostrou os límites dun Estado demasiado centralizado. "Non podemos seguir así", afirmou. A sesión plenaria do Consello Rexional da Bretaña, que se desenvolveu entre a quinta e a sexta feiras ─e que tivo que ser interrompida pola entrada de varios manifestantes contrarios aos Organismos Xeneticamente Modificados─ finalizou cunha derradeira intervención do presidente, onde recalcou o compromiso del por atinxir maior autonomía política de París. Apoio maioritario da cidadanía da Bretaña A enquisa máis recente, de agosto de 2019, reflicte un apoio maioritario á unión. Nos catro departamentos da rexión administrativa da Bretaña, 47% está a favor e 31% en contra. En Loire-Atlantique (onde en 2018 se recolleron máis de 100.000 sinaturas a prol do referendo), a relación Si-Non é 53%-25%. |
NOS_977 | Oriol Junqueras afronta a pena máis dura: 13 anos de prisión por sedición e malversación ademais de inhabilitación absoluta. | Xa hai sentenza do Tribunal Supremo. Após días de filtracións e de especulacións, o TS deu a coñecer as penas, que van entre 9 e 13 anos de prisión aos 9 líderes independentistas condenados por 'sedición'. O ex vicepresidente da Generalitat, Oriol Junqueras, afronta a condena máis dura: 13 anos de cárcere e inhabilitación absoluta. Para Raül Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa o alto tribunal impón penas de 12 anos de cárcere e de inhabilitación absoluta. Conxuntamente con Junqueras están condenados por sedición cun delito de malversación de fondos públicos. Carme Forcadell foi condenada por un delito de sedición cunha pena de 11 anos e medio de prisión e ao mesmo tempo inhabilitación absoluta; e Joaquin Forn e Josep Rull a penas de 10 anos e medio de cárcere e tamén inhabilitación. Pola súa parte, Jordi Cuixart e Jordi Sànchez foron condenados polo Supremo a 9 anos de prisión cada un deles e outros tantos de inhabilitación. Polo que respecta a Santi Vila, Meritxel Borràs e Carles Mundó, son condenados por un delito de desobediencia a penas de 10 meses de multa a 200 euros diarios. Tamén os condena a un ano e 8 meses de inhabilitación. A sentenza absolve dos delitos de malversación Forn, Rull, Vila, Borràs e Mundó. A sedición, artigo 544 do Código Penal, consiste en alzarse pública e tumultuariamente para impedir, pola forza ou fóra das vías legais, a aplicación de leis ou un mandato xudicial. A diferenza do delito de rebelión, na sedición o código considera que a violencia é colateral. Nega o dereito de autodeterminación Os maxistrados na sentenza tamén rexeitan o dereito de autodeterminación que defenderon as persoas acusadas durante o xuízo. "Non existe tratado internacional que codificase o dereito a decidir. Todo movemento de secesión unilateral nunha sociedade que fai súas a Convención dos Dereitos Humanos de 1951 e a Carta de Dereitos de Lisboa de 2010 é por definición un movemento antidemocrático porque antidemocrático é destrozar as bases dun modelo constitucional para construír unha república identitaria na que o pluralismo ideolóxico e político non están garantidos". En Ampliación |
NOS_11525 | O centro histórico da vila acollerá o percorrido. | Sarria decidirá o final da Volta Ciclista á Galiza 'O Gran Camiño', proba que pretende recuperar un espazo propio para o ciclismo profesional galego no calendario internacional. O centro histórico da vila será a meta da cuarta e última etapa -a única contra o reloxo- dunha rolda galega que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que se disputará o vindeiro 27 de febreiro. O deputado de Deportes, Efrén Castro, e o organizador do evento, Ezequiel Mosquera, fixeron o anuncio na mañá de onte nun acto no que participaron os ex ciclistas Óscar Pereiro e Alejandro Paleo, así como o concelleiro de Seguridade Cidadá sarriao, Félix Seixas. "Un percorrido que ten como referencia a Ruta Xacobea tiña que pasar necesariamente por Sarria, onde existe unha importante afección polo ciclismo", destacou Efrén Castro Efrén Castro subliñou que "acoller a final da Volta á Galiza colocará Sarria no foco do mundo do ciclismo, reforzando tamén a súa proxección como punto de referencia do Camiño de Santiago". Nese sentido, sinalou que "un percorrido que ten como referencia a Ruta Xacobea tiña que pasar necesariamente por Sarria, onde existe unha importante afección polo ciclismo". O responsábel de Deportes explicou que, co impulso a este evento, desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo pretenden "contribuír a recuperar o pulo do ciclismo profesional galego despois de anos sen estruturas e probas propias". Ezequiel Mosquera, pola súa parte, explicou que o casco histórico de Sarria "supón un escenario icónico para o final do Gran Camiño". Ademais, agradeceu a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para sacar adiante un evento que, avanzou, contará con equipos UCI Pro Tour, que forman parte dos pelotóns das grandes probas internacionais, recollendo así a remuda da antiga Volta á Galiza, que disputaron -e gañaron- históricos como Indurain, Pantani, Olano ou Jalabert. |
PRAZA_9126 | Os dereitos e liberdades fundamentais non son respeitados cando un funcionario que se autodefine como "responsabel instructor" sen orde ou instrución xudicial, seguindo o seu "criterio profesional", procede a deter a dous representantes públicos da CUP | "Son libres de non gustar de nós. Tampouco nós gustamos deles, agora que á fin tiraron a máscara e vemos o seu rostro asañado" Suso de Toro Onte foran presos todo o día os alcaldes de Verges e de Celrà (Girona) xunto con outros 15 activistas vinculados aos CDR, por supostos delitos de "desordens públicas no cabodano do 1 de Outubro". Foran detidos na porta da casa e engrilloados. Porén, desde o inicio non foi coñecida a autoria do atestado policial por teren exercido hai varios meses lexítimo dereito á reunión e á manifestación pacífica. A Polícia Nacional montou un dispositivo mesmo espetacular, con detencións no meio da rúa con axentes encapuzados que nalguns casos non se identificaran no início, con unha clara fasquía intimidadora. É unha denúncia xeral - neste caso, Adif contra as persoas que participaran do protesto na estación de Girona en 1 de outubro, un ano após o referendo - que poderia ter sido resolvido con citacións para ir voluntariamente a testemuñar. Contrariamente ao acontecido, xa que de repente foran presos e inmobilizados nun carro da policia sen saber onde os conducían e sen cobertura dun xuiz.Estas detencións arbitrarias sen citación xudicial- que inclue tamén a detención dun fotoxornalista- ocorreran co PSOE no goberno do estado español. Mais unha vez, tornase claro que todos os aparatos do Estado, desde os poderes executivo, lexislativo e xudicial, ás forzas seguranza do status quo, axen de brazo dado. O "estado profundo" pertence á etioloxía do medo. Segundo Heidegger o medo aparece cando o "lar da esfera pública" e da "interpretación pública" (os fundamentos da democracia liberal, o estado de dereito e os alicerces do pluralismo) esborrallan, dando lugar ao in-hóspito. E está a ser tornar claro que a diversidade no estado español só permite as diferenzas que están de acordo co sistema. Un estado que só acepta a homoxeneización sen hospitalidade. Kant advertía que a hospitalidade vincula á razón e ao dereito. E España non acepta nen quer tomar conciencia de si mesma, de aceptar o que en realidade é sen condicións. O que ten provocado non poucos "desgustos sentimentais" a Suso de Toro cuxa sentenza "non nos queren tal e como somos" fai ver xustamente o caracter in-hóspito da regurxitación españolista. Encanto se comporta pacificamente, un extranxeiro no "seu" país ten dereito de estancia noutro país cando é apercibido como unha carga . O dereito a decidir non é unha noción utópica, mas idea vinculante da razón.Nun estado de dereito o inhóspito substánciase na persecución policial e xudicial dos opositores políticos. Os dereitos e liberdades fundamentais non son respeitados cando un funcionario que se autodefine como "responsabel instructor" sen orde ou instrución xudicial, seguindo o seu "criterio profesional", procede a deter a dous representantes públicos da CUP. Este funcionario axiu sempre desta maneira? No estado español hai unidades policiais que van por libre? No tempero hai cada vez mais sal groso.A estratéxia da xudicialización da política através da persecución, detención e, se necesario, prisión dos partidários dunha lexítima opción política. Os tribunais de xustiza españois, que deben ser a garantía do Estado de Direito e o respeito e garantia do exercício dos direitos e liberdades fundamentais, foran instituídos para resolver un conflito político que axiu contra a oposición política. Estamos a asistir, no marco da causa xeral contra o independentismo, á criazón dun escenario de ilegalización dunha determinada opción política? Coa aplicación do artigo 155 o estado español derivou aos tribunais de xustiza e á policia a resolución dun conflito de natureza política. Sendo un conflito político o seu xuizo no Tribunal Supremo non é outra cousa que un xuizo político. De aí que os encausados estén a se defender neses termos - a vulneración de dereitos- xa que non fai sentido tentar proba a inocencia cando non se recoñece ter cometido delito.Tendo en conta estas detencións o "xuizo" do que falan as instancias do estado español non ten a ver co que enxergamos por xuizo. É mesmo oposto. Estas detencións preventivas de representantes públicos sen orde xudicial por presuntos delitos de desordens públicas, vén inserida na "lei mordaza" que lle da cobertura de brazo dado de quen acredita (Vox, PP, Cs e sectores do PSOE) que a solución pasa pola represión policial e polos cortes de liberdade e contribue á des-realización progresiva dos alicerces da democracia e dun sistema penal retributivo e proporcionado en base a dereitos civís fundamentais, como o direito de manifestación, a liberdade de expresión ou mesmo o exercício do xornalismo sen coacción. Regresión de dereitos que comezou na Cataluña coa detención e enxuizamento dos Jordis e continuou coa detención da Tamara Carrasco. Que a polícia teña o poder de prender alguén para obter unha declaración antes de o levar ao xulgado, mas neste caso non habia razón obxetiva xa que non había risco de fuga após tres meses dos feitos alegados.Talvez porque se está a procurar a desmobilización a cidadanía e, por outro lado, causar explosións de violencia nas ruas. Procúrase intimidar para provocar unha resposta violenta que xustifique a represión. Porén, o que está a acontecer non ten como único obxetivo a persecución e disolución dunha lexitíma opción política catalá. Usan Cataluña como coartada para disciplinarnos |
NOS_7216 | O Parlamento británico podería aprobar hoxe a Lei do Mercado Interno, que anularía partes do acordo de saída do Brexit. A chamada "fronteira dura" entre Irlanda do Norte e o resto da illa volvería estar sobre a mesa e, polo tanto, tamén a ameaza do colapso dos Acordos do Venres Santo e o rexurdimento da violencia armada. | "Facer isto sería mostra dunha total desconsideración polas vidas e polos problemas do pobo de Irlanda", sinalaba a presidenta do Sinn Féin, Mary Lou McDonald. "Sería moi insensato", apuntaba o ministro de Exteriores irlandés, Simon Coveney. "Todo o asinado debe ser respectado", dicía o negociador da UE para o Brexit, Michel Barnier. "O protocolo sobre Irlanda e Irlanda do Norte é esencial para protexer a paz e a estabilidade da illa", advertía Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión Europea. Son algunhas das reaccións á ameaza do primeiro ministro británico, Boris Johnson, de sacar adiante hoxe no Parlamento a Lei do Mercado Interno, que anula partes do acordo de saída do Brexit. Desde o punto de vista puramente económico, permitirá a Londres decidir que bens deben ser revisados cando atravesen o Mar de Irlanda, é dicir cando entren no mercado comunitario. Cómpre lembrar que o acordo de saída do Brexit estabelece que Irlanda do Norte ─territorio baixo soberanía británica─ se manterá polo momento dentro do mercado interior comunitario. O obxectivo deste pacto é evitar o regreso a unha "fronteira dura", é dicir, á fronteira que dividiu a illa de Irlanda durante anos. Durante os Troubles ("Os Problemas"), eufemismo para facer referencia ao conflito armado en Irlanda do Norte entre finais da década de 1960 e o día de Venres Santo de 1998, os case 500 km de fronteira estaban fortemente fortificados con destacamentos militares e postos de vixilancia policial, que eran obxectivo dos ataques do IRA e doutros grupos paramilitares republicanos. Os Acordos do Venres Santo, malia non faceren referencia directa á eliminación dunha "fronteira dura", é dicir, a postos ou controis de aduanas, si que estabelecían a colaboración transfronteiriza e falaban especificamente da súa "desmilitarización". Isto é, "a retirada das instalacións de seguridade". Estratexia política Para o Goberno de Irlanda, recolle The Irish Times, a ameaza de Boris Johnson enmárcase na estratexia de cara á oitava rolda de negociacións entre Londres e Bruxelas que comezou onte. Non se ve posíbel que o Reino Unido incumpra un tratado internacional. Porén, unha fonte do Executivo irlandés citada polo xornal cre que "o que é preocupante é que estean dispostos a xogar á política con Irlanda do Norte". A UE avoga polos controis dos bens entre Irlanda do Norte e Irlanda: "Un animal vivo que chega do Reino Unido a Irlanda do Norte pode acabar en Alemaña, Francia ou Bélxica", exemplificou Michel Barnier nunha entrevista en France Inter, emisora da radio pública francesa. Mais Bruxelas mantívose firme no apoio a Irlanda durante todo o proceso de negociación do Brexit. Mesmo cando a postura irlandesa de evitar a fronteira dura era a única e derradeira eiva para o acordo e Londres pensaba que Dublín claudicaría ante a presión do resto de Estados membros, a UE plantouse. "Se a oferta británica é inaceptábel para Irlanda tamén o será para a UE", manifestara Donald Tusk, o daquela presidente do Consello Europeo. Regreso da violencia A cuestión económica está detrás da firme oposición de Bruxelas á fronteira dura, mais tamén conta cun compoñente de integración comunitaria e de seguridade no límite occidental do territorio da UE: o incumprimento do acordo do Brexit por parte do Goberno británico levaría ao colapso dos acordos do Venres Santo e o regreso da violencia a Irlanda do Norte. Nunha entrevista na canle de TV británica Channel 4 en outubro do ano pasado, un portavoz do Novo IRA advertía: "Calquera instalación ou aspecto da ocupación británica dentro dos Seis Condados [os seis baixo control británico ─isto é, "Irlanda do Norte"─, dos nove con que conta a provincia irlandesa do Ulster], xa sexa na fronteira ou noutro sitio, será un obxectivo lexítimo de ataque e de accións armadas, contra esa infraestrutura e contra as persoas que a xestionen". Desde o Sinn Féin, principal formación con representación en toda a illa de Irlanda, reaccionaron con preocupación e contundencia ante a ameaza do Reino Unido. "Unha vez máis lémbrolle a Boris Johnson as obrigas do Goberno británico cos Acordos do Venres Santo", declarou Mary Lou McDonald. "Irlanda non se pode converter nun dano colateral deste 'Brexit Tory' [Brexit do Partido Conservador]", engadiu. E, en referencia velada á cuestión do rexurdimento da violencia entre católicos e protestantes, sinalou que "o Norte votou a prol de permanecer na Unión Europea e en toda a comunidade hai medos reais sobre a ameaza que o Brexit supón para a vida das persoas e para a estabilidade das relacións entre comunidades". |
NOS_5050 | Traer a Bóveda ao presente foi o exercicio do discurso do candidato á presidencia da Xunta do BNG, Francisco Jorquera no acto máis político do Día de Galiza Mártir. A actualidade do ideario do que fora secretario do PG toma vixencia nos conceptos de democracia e autogoberno para se defenderen da fraude electoral que prepara Feijóo. | Caía case a noite cando o acto máis político da xornada comezaba na Praza de Curros Enríquez de Pontevedra, no espazo no que, ano tras ano, ten o seu peche o Día de Galiza Mártir, diante do busto coa imaxe de Bóveda. A soberanía e a democracia foron os conceptos defendidos polo candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, fronte aos que queren retallar o poder do pobo e os dereitos sociais, no deseño dun modelo que está nas antípodas, ao seu dicir, do PP. O PP procura, ao seu ver, "degradar o Parlamento galego e impedir que sexa a expresión da pluralidade real da sociedade, que sexa a expresión da verdadeira vontade do pobo galego" dixo, referíndose ao que chamou "pucheirazo electoral" de Feijóo. "Non é de estrañar que estes tempos de involución económica e social, de recortes salvaxes aos dereitos das maiorías sociais traian tamén na mochila un ataque brutal contra a democracia e o autogoberno" alertou. Francisco Jorquera botou man do ideario de Alexandre Bóveda para o traer á actualidade, para mostrar a vixencia defendida por un BNG que, coma el sinalou, cumprirá dentro dun mes as súas primeiras tres décadas de existencia. Porén, a historia vén de máis lonxe, dunha construción que ten o xermolo en Castelao, Rosalía e Bóveda entre outros, dos que os nacionalistas se mostraron herdeiros. Debullou Jorquera o pensamento de Bóveda, sempre acaído, para interpretarnos o presente e deseñarmos o futuro que o nacionalismo quere para o país. A comezar, no seu xeito de entender, que "non hai autodeterminación sen autoorganización. Porque a autoderminación se exerce todos os días, actuando con plena independencia na práctica e no pensamento". "Sen autoorganización a defensa da autodeterminación é pura retórica" dixo Jorquera, ao tempo que afirmaba que Bóveda defendía a necesidade de organizacións propias e soberanas. Tamén do ideario económico de Alexandre Bóveda tirou Jorquera leccións para o presente, unha das máis relevantes a necesidade da creación dun banco nacional galego, acorde coa defensa do BNG dun banco público galego "para que o noso aforro non emigre e se poña ao servizo do país", aseverou Jorquera ao tempo que defendeu a soberanía fiscal e financeira, en sintonía coa denuncia de Bóveda da discriminación nas relacións fiscais entre Galiza e o Estado. Lección de Bóveda é, en definitiva, a súa ética política, o seu compromiso coa terra e co seu ideario que o levou mesmo a dar a súa vida por Galiza. Con Bóveda como exemplo, Jorquera quixo botar abaixo a demonización da política, a idea de "todos son iguais" que no caso do asasinado na Caeira toma especial forza. "Bóveda non era igual que os fascistas que o asasinaron" berrou Jorquera, conducindo o argumento ao seu extremo. |
Subsets and Splits