ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_51177 | Francisco Guterres, popularmente conhecido como Lu-Olo (nome de guerra), é presidente da Fretilin e do Parlamento Nacional de Timor-Leste | Francisco Guterres Lu-Olo, novo presidente eleito de Timor-Leste, tomará posse a 20 de maio de 2017. Em julho deste ano realizar-se-ão eleições legislativas. O parlamento timorense tem 65 parlamentares. Guterres Lu-Olo foi eleito presidente da República de Timor-Leste com mais de 58% dos votos. A percentagem de votantes nestas eleições deverá ser superior a 70%. Francisco Guterres, popularmente conhecido como Lu-Olo (nome de guerra), é presidente da Fretilin e do Parlamento Nacional de Timor-Leste. Nasceu em setembro de 1954, é um ex-guerrilheiro e dos raros timorenses que permaneceram na guerrilha desde a invasão da Indonésia, em 7 de dezembro de 1975, até à saída dos ocupantes, em outubro de 1999. Concorreu pela terceira vez às eleições presidenciais de Timor-Leste, tendo perdido em 2007 e 2012. Lu-Olo foi apoiado pelos dois maiores partidos de Timor-Leste, a Fretilin (Frente Revolucionária de Timor-Leste Independente) de Mari Alkatiri e o CNRT (Congresso Nacional para a Reconstrução de Timor-Leste) de Xanana Gusmão. José Ramos-Horta, antigo Presidente de Timor-Leste, realçou o "consenso" entre Fretilin e CNRT, declarando à agência Lusa: "O país precisa disso. Não somos um país com décadas de existência, um Estado sólido e a estabilidade e a boa governação são essenciais acima de tudo". António da Conceição, secretário-geral do Partido Democrático (PD), foi o segundo candidato mais votado nestas eleições presidenciais. De Conceição foi apoiado, segundo o Expresso, pelo Khunto - força ligada ao grupo de artes marciais Korka – e por militantes do Partido de Libertação do Povo (PLP), um novo partido que poderá vir a ser liderado pelo atual presidente da República, Taur Matan Ruak. Taur Matan Ruak, que não se candidatou a um segundo mandato presidencial, entrou em choque com o atual governo de coligação entre a Fretilin e o CNRT (com a participação do PD e da Frente Mudança). O atual presidente acusa o governo de seguir um modelo de desenvolvimento contraproducente e tentou mesmo chumbar o orçamento de 2016, mas foi obrigado a promulgá-lo pelo apoio conjunto de Fretilin e CNRT. O ex-presidente da República de Timor-Leste Ramos-Horta considerou, nas suas declarações à Lusa, que o resultado de António da Conceição foi surpreendente por ter "conseguido acima de 30%, e com pouco dinheiro" em "um combate entre David e dois Golias, a Fretilin e o CNRT". Tirado de Esquerda.net |
PRAZA_6775 | Xesús Asorey (AGA) pídelle ao Goberno galego "diálogo" cos afectados e un plan de actuación a curto e longo e prazo contra esta especie invasora, que o verán que vén podería incrementar a súa incidencia. | A avespa asiática (vespa velutina) está aquí e non vai marchar. O primeiro país europeo no que se detectou a presenza da avespa asiática foi Francia, en 2004. En 2010 xa se estendeu a Euskadi e en 2012 a Galicia. Porén, este verán incrementouse notablemente a súa incidencia, e os prexuízos que causa, sobre todo, á apicultura. O Goberno galego, a través da directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, recoñeceu este martes que non será posible a erradicación total da avespa asiática e que será preciso "convivir" con ela. "Por aquí claro que vai quedar, pero hai maneiras de diminuír a súa incidencia", responde Xesús Asorey, presidente da Asociación Galega de Apicultura (AGA). O principal perigo da avespa asiática neste momento é a súa voracidade, co dano que pode causar á apicultura galega e tamén aos produtores de froita, pois para a súa alimentación esta avespa (ao igual que as que coñecemos de sempre) necesita de proteínas (insectos en xeral, pero sobre todo abellas) e dos hidratos de carbono presentes na froita. O outro gran perigo é a súa gran capacidade para reproducirse e estenderse. Adáptase sen problema ao clima e á contorna natural da costa galega e, pola ausencia de depredadores naturais, o número de avespas en cada niño pode chegar ás 18 mil, cando na súa área de orixe podía ficar reducido a apenas uns 300 individuos. Ademais, de cada colonia poden saír entre 200 e 400 novas nais. "As persoas que van retirar as colonias traballan nas horas centrais do día, cando sabemos que para eliminar os niños hai que ir ou ben á beira da noite ou á mañá cedo, que é cando están cheos" Os apicultores galegos demandan, sobre todo, "un plan de actuación e de choque", para "dotar de medios aos equipos encargados de retirar os niños. Protocolo xa hai, pero é un protocolo que non ten medios". Unha das críticas máis habituais é que os traballos de retirada de niños se realizan durante o día, algo que desaconsellan os expertos. "As persoas que van retirar as colonias traballan nas horas centrais do día, cando sabemos que para eliminar os niños hai que ir ou ben á beira da noite ou á mañá cedo, que é cando están cheos", explica Asorey. Porén Patricia Ulloa defende a eficacia da medida pois, di. durante as horas do día a raíña permanece no interior e, ademais, cando se retira a colonia instálanse trampas para recuperar tamén o maior número de obreiras. Así mesmo, ante a falta de apoios, moitos están utilizando insecticidas, que os apicultores rexeitan polo prexuízo que tamén causan nas abellas, e tamén se están colocando cebos con veleno. "O ideal sería utilizar medios mecánicos para retirar as colonias e que isto se fixese de forma ordenada", destaca Asorey. "Pedimos tamén que se investigue, que se estude que sistemas de control se poden establecer", explican dende a AGA. "Nas súas zonas de orixe estes sistemas de control non son necesarios, porque as avespas teñen depredadores naturais, e as abellas saben como defenderse. Pero mentres iso non pase aquí pedimos medidas de control", engade Xesús Asorey. "Nas súas zonas de orixe estes sistemas de control non son necesarios, porque as avespas teñen depredadores naturais, e as abellas saben como defenderse. Pero mentres iso non pase aquí pedimos medidas de control" Reclaman tamén indemnizacións para os apicultores e fruticultores afectados, "porque eles non foron os causantes da súas introdución" e que o Goberno galego acepte dialogar con eles as medidas a adoptar. Asorey engade que o terceiro colectivo máis prexudicado polas presenza da avespa son os madeireiros: "as avespas non son perigosas, non atacan, pero si o poden facer se ven ameazados os seus niños. Os madeireiros, ao derrubar unha árbore ou realizar algún traballo de corta, poden ser atacados polas avespas, e se algunha persoa é alérxica pode resultar moi perigoso", di. Ademais das medidas inmediatas, a AGA pide unha planificación a máis longo prazo, un plan de prevención pensando no ano que vén. "Imos entrar no inverno, eses niños van desaparecer, van quedar as nais soterradas no chan e para o ano que vén volverán formar colonias. Colocando trampas con determinadas substancias atraentes, podemos capturar esas raíñas, e cada raíña que capturemos, niño que evitamos. Iso sería fundamental para reducir o número de avespas asiáticas, de xeito que as nosas abellas puidesen ir aprendendo a defenderse delas", reivindica Asorey. "Porén, para nós o primeiro paso que deberían dar sería iniciar un diálogo cos afectados", conclúe, "para eles si que é un gran problema, porque lles está matando as abellas e as colmeas. É unha especie invasora que se converteu nunha praga". A Xunta minimiza o problema "Para nós, o primeiro paso que deberían dar sería iniciar un diálogo cos afectados. Para eles si que é un gran problema, porque lles está matando as abellas e as colmeas. É unha especie invasora que se converteu nunha praga" Este martes o BNG presentou unha proposición no Parlamento para esixir un Plan de actuación contra a avespa asiática. Na súa intervención, Tereixa Paz denunciou que o feito de que a Xunta non actuara de maneira planificada contra a presenza deste insecto, que comezou a ser detectado en Galicia en 2012, convertérao "nun grave problema, tanto para a seguridade das persoas como para a pervivencia das abellas e de moitas colmeas". O BNG criticou a "inacción" da Xunta "por limitarse a facer unha campaña divulgativa en relación coa identificación da avéspora asiática e á concienciación da cidadanía en alertando ao 112 para intentar a eventual eliminación do niño". O Bloque esixiu este plan de actuación "para evitar que na primavera eclosionen milleiros de novas avésporas e niños". As medidas, ao seu xuízo, deben facerse ademais de maneira conxunta coa Asociación Galega de Apicultua, expertos na materia e organizacións ambientalistas e ecoloxistas. O PP opúxose a esta proposición. O seu deputado José Manuel Balseiro, afirmou que o BNG reclamaba "accións que o Goberno galego xa ten en marcha" e defendeu que no último ano se retiraron un total de 376 niños e capturaron mediante trampas a 9.933 obreiras. Por parte do Goberno galego, Patricia Ulloa minimizou o problema, afirmando que se trata dunha especie que aniña en lugares por debaixo dos 400 metros de altitude, mentres que a maior parte das colmeas de abellas en Galicia están situadas normalmente en zonas máis altas, sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense. Aínda que é certo que non se atoparon colonias por riba dos 400 metros de altitude, os expertos non cren que haxa argumentos para descartar no futuro a acción desta avespa en puntos máis elevados A avespa asiática esténdese na actualidade por toda a costa galega, aínda que os maiores danos para os apicultores déronse pola Mariña de Lugo, e pola zona do Ortegal, debido a que nesas zonas as condicións climáticas foron aí máis favorables que en ningún outro sitio: húmidas e con temperaturas suaves. Porén, aínda que é certo que non se atoparon colonias por riba dos 400 metros de altitude e que a presenza máis importante se detectou a nivel do mar, os expertos non cren que haxa argumentos para descartar no futuro a acción desta avespa en puntos máis elevados. "De momento, efectivamente, están presentes nas zonas de costa, e están entrando no interior, como moito, a través dos vales dos ríos. Pero que polo de agora non cheguen a máis altitude, non significa que non o poidan facer no futuro, en pouco tempo, tendo en conta á velocidade coa que se foron estendendo", sinala Xesús Asorey. Desinformación Dende a AGA laméntase que o uso "incorrecto" do cualificativo "avespa asasina" provocara "un efecto de medo fronte a este insecto por parte da poboación Os teléfonos do 012 e 112 recibiron ao longo deste verán 1.702 avisos por esta avespa (fronte aos ao redor de 400 do pasado ano), dos cales a súa presenza confirmouse en 614 casos. Na súa intervención no Parlamento, a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, culpou deste incremento a "unha alerta infundada que este verano apareceu nos medios de comunicación". Xesús Asorey coincide neste punto coa representante do Goberno galego, e pide que haxa "máis información", para evitar "alarmismos innecesarios". De feito, dende a AGA laméntase que o uso "incorrecto" do cualificativo "avespa asasina" provocara "un efecto de medo fronte a este insecto por parte da poboación, mesmo chegando a perxudicar as avespas autóctonas, facéndoas responsables dos efectos negativos causados pola vespa velutina". Este luns 27 de outubro a AGA organiza na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela unha serie de actividades sobre as abellas e as avespas, co obxectivo de dar a coñecer a diversidade de meles monoflorais, a práctica apícola en Galicia e para aprender a distinguir abellas, avespas autóctonas e a vespa velutina. Dende a AGA piden que se alguén descobre algún niño desta especie se poña en contacto co 112 ou coa propia asociación, enviándolles unha foto para confirmar que se trata da vespa velutina e non doutro tipo de avespa. |
NOS_21483 | O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 17 e as 18 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas. | O prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta segunda feira até os 273,41 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 333,86 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 224,5 euros/MWh, rexistrarase entre as 17 e as 18 horas. Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 191,81 euros/MWh. Deste modo, experimenta un incremento de case catorce euros a respecto dos 177,86 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 212% superior aos 61,39 euros/MWh do 2 de maio de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro. |
NOS_24960 | Rafael Louzán foi condenado a 2 anos de prisión e 8 de inhabilitación para o exercicio de cargo público polos delitos de prevaricación e fraude. | O BNG presentou esta quinta feira no Parlamento galego unha proposición non de lei para reprobar a actuación do presidente da Federación Galega de Fútbol Rafael Louzán, condenado a 2 anos de prisión e 8 de inhabilitación para o exercicio de cargo público polos delitos de prevaricación e fraude cometidos cando era presidente da Deputación de Pontevedra pola adxudicación fraudulenta das obras de construción do campo de fútbol de Moraña. Esta reprobación, di o deputado nacionalista Luis Bará, "susténtase, mais alá da gravidade dos feitos e da severidade da condena xudicial, pola exemplaridade e o código ético que deben rexer a actuación dos representantes públicos". Na mesma iniciativa ínstase á Xunta a incoar expediente disciplinario ao presidente da Federación Galega de Fútbol e adoptar as medidas preventivas acordes "coa gravidade dos feitos que deron lugar á sentenza xudicial". Polos mesmos feitos que Louzán tamén foi condenada a ex-xefa territorial da Xunta en Pontevedra Luísa Piñeiro, naqueles momentos alcaldesa de Moraña. "Mentres que Luísa Piñeiro dimitiu do seu cargo debido á gravidade dos feitos e da condena, Rafael Louzán, coa complicidade e connivencia da presidencia da Xunta, segue exercendo como presidente da Federación Galega de Fútbol o que implica xestionar centos de miles de euros de fondos públicos e tomar decisións en relación con feitos como os que acarrearon a súa condena". Desde que se fixo pública a sentenza o pasado 5 de febreiro pasou máis de un mes sen que a presidencia da Xunta, da que dependen as competencias en materia deportiva, actuase, critican os nacionalistas. O BNG insta a velar "pola integridade e exemplaridade que debe presidir o funcionamento dunha institución tan relevante como a Federación Galega de Fútbol. A lei do deporte proporciona instrumentos nos seu artigo 57 para intervir nun caso coma este e, ademais, o Comité Galego de Disciplina Deportiva, regulado nos artigos 91, 92, 93 e 94 da citada lei, ten entre as súas funcións intervir incoando un expediente disciplinario e adoptando medidas preventivas." |
PRAZA_9053 | O secretario xeral do PSdeG coida que o Sergas evidencia o "fracaso como xestor" de Feijóo, cuxo ciclo político no poder ve "esgotado", e ratifica que contará con Pedro Sánchez para a campaña das eleccións municipais | A sanidade é o principal foco de conflito nas áreas de xestión do Goberno galego neste inicio de 2019. Tras a multitudinaria manifestación de finais de decembro en Vigo, onde aínda ecoa a non aceptada dimisión dunha vintena de responsables de centros de saúde, a folga nas Urxencias do Clínico de Santiago e nos Puntos de Atención Continuada multiplican as frontes abertas, tamén no eido político, no que as forzas da oposición chegaron a dar por politicamente amortizado ao conselleiro Jesús Vázquez Almuiña e ao seu equipo.Caballero coida que o Sergas evidencia o "fracaso como xestor" de Feijóo, cuxo ciclo político no poder ve "esgotado"Este é o pano de fondo co que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, escenificou este martes o reinicio do curso político tras a paréntese das festas do nadal. A xuízo do líder socialista o presidente da Xunta non pode limitarse a negar o "deterioro" no Servizo Galego de Saúde, no que di observar o seu "fracaso como xestor". Cómpre que "rectifique", afirma o socialista, dende cuxo punto de vista esa emenda debera comezar con destitucións dos "responsables públicos que son incapaces de dar solución aos problemas" sanitarios.Se Feijóo non o fai, advirte Caballero, a mobilización non vai cesar. Ao contrario. "Vai ser tan forte que pode levar por diante ao presidente da Xunta", considera nun contexto no que confía en que o ciclo electoral que abrirán as vindeiras eleccións municipais e europeas do 26 de maio "marquen o peche do ciclo de Feijóo" á fronte do Goberno galego, reflexionou nun almorzo informativo con xornalistas, no que dixo confiar en que o PSdeG logre "avanzar" en poder local.O líder do PSdeG ratifica que contará con Pedro Sánchez para a campaña das eleccións municipaisCoa data da súa incorporación ao Parlamento aínda como incógnita sobre a mesa -nas últimas semanas reiterou a súa intención de que se produza no novo período de sesións, antes do verán-, Caballero tamén comeza o ano marcando distancias cos dirixentes territoriais do PSOE que, segundo medios xornais editados en Madrid, prefiren evitar a Pedro Sánchez na campaña municipal. O PSdeG, ratifica, reclamará que o presidente do Goberno central apoie as súas candidaturas en actos previos ao 26M.Coa vista posta neses comicios Caballero, como xa veu facendo nos últimos meses, di confiar en que os populares padezan o efecto da "fragmentación en tres" da dereita a nivel estatal. "O PP está sufrindo un retroceso político como non existiu dende a caída da UCD nos anos 80", analiza. No caso concreto de Galicia, o líder do PSdeG di percibir sinais de fin de ciclo, de esgotamento da xeira inaugurada polos populares en 2009. O presidente, ao seu xuízo, está "ausente e carece de proxecto, o que amosa un esgotamento na súa xestión política" |
PRAZA_16759 | A Asociación de Pacientes do CHUS "aprecia as melloras" derivadas da separación de Oncoloxía e Hematoloxía, pero "persisten deficiencias inaceptables" nun espazo no que os doentes oncolóxicos deben pasar varias horas para ser avaliados e recibir tratamento | Os hospitais de día son, para as persoas en tratamento de cancro, unha vía intermedia entre a hospitalización tradicional e unha mera consulta. Estas instalacións sanitarias están concibidas para, nunha única visita, avaliar o doente coas probas diagnósticas que cumpran, realizar seguimento da evolución da enfermidade e mais administrar tratamentos como a quimioterapia. No caso do Clínico de Santiago (CHUS) este hospital de día foi concibido para atender conxuntamente os pacientes de Oncoloxía e mais de Hematoloxía e, malia ás adaptacións e ampliacións dos últimos anos, a masificación fixo necesaria a separación de ambas seccións, decisión adoptada o pasado ano tras diversas protestas. Algunhas destas medidas están xa en marcha, pero non conseguiron evitar que os pacientes sigan "amoreados", asegura a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. A Asociación de Pacientes do CHUS "aprecia as melloras" derivadas da separación de Oncoloxía e Hematoloxía, pero "persisten deficiencias inaceptables" nun espazo no que os doentes oncolóxicos deben pasar varias horas para ser avaliados e recibir tratamento A propia dinámica do hospital de día fai necesario que as persoas que son atendidas nel permanezan neste espazo varias horas, xa que existen intervalos inevitables como os que transcorren entre a realización dunha proba e a obtención do seu resultado como paso previo á administración da quimioterapia. Este é o motivo que fai especialmente relevantes as condicións de elementos como as cadeiras, de espazos como os corredores ou de equipamentos como as pantallas que informan sobre as quendas. As protestas iniciadas hai dous anos, explica a Asociación, deron lugar a "melloras que apreciamos", pero que non impediron polo momento poñer fin ao amoreamento de pacientes que en moitos casos están afectados por efectos secundarios dos propios tratamentos. Estas melloras, detalla o colectivo, concretáronse polo momento en "oito asentos para o tratamento separados por mamparas fixas e catro zonas de con padiolas independentes", ambas ligadas á separación de Oncoloxía e Hematoloxía. No entanto, lamentan, "persisten deficiencias inaceptables que nos sitúan por baixo dos estándares fixados polo Ministerio de Sanidade". Así, resaltan, continúa a haber "cadeiras de madeira amoreadas nun espazo reducido polo que resulta complicado transitar" ou "asentos que pola súa dureza non resultan confortables para as persoas que agardan e que están tan pegados que fan difícil moverse sen molestar aos que están ao lado" ou sen atrancar o paso de cadeiras de rodas. Deficiencias materiais e carencia de persoal O escaso espazo, detallan, deriva ademais nunha "carencia de privacidade" para os doentes, que moi habitualmente acoden acompañados, e nunha escaseza de asentos "que fai que todos os días haxa persoas de pé" ou trasladadas a asentos que "están de costas á recepción, de maneira que non poden visualizar correctamente" as chamadas para acudir ás consultas ou ás salas de tratamento. A "carencia de perchas" para que os pacientes coloquen a súa roupa mentres agardan ou reciben a quimioterapia ou a ausencia "dun circuíto independente para a entrada e saída" de material sanitario únese ás esperas longas de seu, "de dúas horas ou mesmo máis". Esas demoras teñen causas materais pero tamén, resaltan, de escaseza de persoal. "O persoal é insuficiente, polo que aínda que poña a mellor intención, non pode ofrecer atención adecuada", di o colectivo, mentres o hospital lembra que prepara unha segunda fase de melloras "O persoal continúa sendo insuficiente", manteñen, polo que "aínda que poñan a mellor intención, non poden ofrecer aos pacientes unha atención adecuada" e "as persoas que acudimos a recibir tratamentos de quimioterapia continuamos agardando dende a mañá ata última hora da tarde para comezar a nosa sesión". A tardanza prodúcese "sen unha previsión de cando imos ser atendidos", polo que non cabe a posibilidade de marchar e retornar a unha hora determinada. Esa é a razón de que sexa habitual que os pacientes que agardan "recibamos un bocadillo e un iogur" ao mediodía agás no caso de quen ademais dunha doenza oncolóxica padecen diabete. Todas estas circunstancias, explican, foron as que supuxeron que a asociación se "vise na obriga de facer pública" a situación e a pouca eficacia da "solución habilitada polo Hospital Clínico". Dende a xerencia da área sanitaria infórmase, non obstante, de que tras as melloras xa aplicadas chegará unha segunda ampliación con novos equipamentos. A asociación agarda, no entanto, que non se trate dun "novo xogo malabar para distraer a atención" que perpetúe as carencias na atención cotiá nun servizo que, ao tempo, acumula prestixio internacional grazas aos seus avances na loita contra o cancro con investigacións como o proxecto da biopsia líquida, entre outras, ou o proxecto de creació da primeira unidade mixta de cardio-onco-hematoloxía do país. |
NOS_52764 | Pertencentes ao mesmo núcleo familiar. | A Consellaría de Sanidade informa que a Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas detectaron a aparición dun brote de coronavirus na comarca da Mariña. En concreto, ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso. Trátase, pois, dun brote familiar de infección por Covid-19. A partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Até o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 8 positivos en Covid-19 (incluido o caso inicial), 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado. Desde o momento no que o Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, na tarde da terza feira, activouse o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo. Neste momento, dos oito casos positivos a maioría son asintomáticos, agás dous que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado tivo que ser hospitalizado. A Consellaría de Sanidade leva rastrexado ata o momento a unhas 40 persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posibeis contactos. |
NOS_21237 | O Ministerio de Sanidade traballa coa hipótese do contaxio da enfermeira galega na manipulación do traxe de protección. Pedro Sánchez, líder do PSOE, fala de "gravísimas responsabilidades políticas". | O ébola chegou ao Congreso español. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, decidiu variar a pregunta que ía facer na sesión de control ao goberno (sobre o emprego) e inquerir a Mariano Rajoy sobre o protocolo da Mocloa para afrontar o contaxio de ébola da sanitaria galega. O presidente español quixo facer unha chamada á calma e tranquilidade e pediu que se deixase traballar aos expertos e profesionais sanitarios. "O contaxio non é doado", engadiu. Neste sentido, desde o Ministerio de Sanidade estase a traballar con varias hipóteses de contaxio, unha delas a de que este puidese producirse no momento de se quitar o traxe de protección e aillamento. Xa hai colectivos que sospeitan que se estea a preparar o camiño para que as únicas responsabilidades por este primeiro caso de ébola en europa recaian na persoa contaxiada. A enfermeira de Becerreá, e que levaba case quince anos traballando en centros sanitarios de Madrid ("El País' salienta que, após varios anos na capital do Estado, aínda mantiña o seu sotaque galego), está a ser tratada cun anti-viral experimental e un soro como o emprego coa monxa contaxiada que se curou. O Ministerio mantén baixo vixilancia a 52 persoas coas que esta muller tivo contacto e illadas a tres delas, entre elas o seu compañeiro. Este impulsou nas últimas horas unha campaña para que non se sacrifique a 'Excalibur', o can da enfermeira. Reuniu ducias de milleiros de sinaturas de apoio. O PP fala dunha campaña contra a ministra Ana Mato, unha "cacería" que, apontan, desenvolve a esquerda desde que se viu salferida no escándalo Gúrtel. Cargas contra @s animalistas A policía cargou esta cuarta feira contra un grupo de persoas que se concentraban ás portas do edificio no que habita a enfermeira galega atinxida por ebola. Defensor@s dos dereitos dos animais tentaban impedir que operari@s da Comunidade de Madrid o executaren --após contar cunha orde xudicial. As persoas concentradas defendían o illamento do animal e o seu estudo antes de o sacrificaren. Cando @s operari@s procederon ao traslado do can @s manifestantes tentaron frear o vehículo, momento no que se produciron as cargas policiais. Na xornada de onte (7 de outubro) o home da enfermeira contaxiada de ébola difundiu através das redes sociais e medios de comunicación unha mensaxe para impedir que Excálibur --como se chama o can-- fose sacrificado. Finalmente as autoridades actuaron malia as numerosas mostras de rexeitamento amosadas, mesmo pola propia familia. |
NOS_1486 | O Instituto Sondaxe desbota subrogar o persoal da Axencia de Doazón (Ados). | A empresa Instituto Sondaxe S.L., gañadora en 2020 da concesión do servizo de convocatoria e información a doadoras e doadores da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (Ados), efectuou o despedimento do cadro de persoal que traballaba para a anterior contrata, Call Center, un centro especial de emprego. Esta circunstancia provocou unha mobilización de traballadoras e traballadores onte diante da delegación da Xunta da Galiza en Vigo. Sefi Romero, secretaria xeral da CIG-Banca, explica a Nós Diario que a nova empresa comezou a realizar o seu traballo o pasado 18 de xaneiro "sen contar coas 25 empregadas e empregados que a día de hoxe non teñen novas do seu posto". Ados depende do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e desde a CIG sinalan que coa pandemia houbo unha serie de atrancos que paralizaron o proceso de licitación até decembro, mes en que o Sergas resolve. "O que tiña que facer Sondaxe era contactar co persoal do centro especial de emprego de Call Center e subrogar os seus contratos", asegura Romero, quen apunta ademais que "así o estabelece a lei de contratos do sector público". Responsabilidade de Sondaxe e do Sergas "Pedimos reunións coa empresa Sondaxe e co xerente do Sergas a semana pasada para que nos expliquen que pasos darían", expoñen desde a central nacionalista, "mais polo de agora a única resposta foi por parte da empresa" coa que contan ter unha reunión esta mesma semana. A CIG contactou tamén coa Consellaría de Emprego, a través da Secretaría Xeral de Relacións Laborais, e coa responsábel dos centros especiais de emprego. "Non deron ningún tipo de resposta a respecto de por que tiveron lugar os despedimentos", relata Romero. A sindicalista indica que "o traballo adaptábase ás capacidades distintas do persoal do centro especial que "o desenvolvía perfectamente, polo que non queda outra que subrogar". Na licitación do servizo sinalábase que a función destas traballadoras e traballadores constaba do envío de cartas, chamadas a doadoras e doadores de sangue total e aférese, envío de SMS e correos electrónicos. Seguirán a reclamación no Parlamento galego "O persoal non quere renunciar ao seu posto de traballo e sabe que ten ese dereito", afirma Romero, "máxime cando hai unha especial consideración por parte da Xunta cos centros especiais de emprego no que se refire ás condicións do persoal", engade. Desde a central nacionalista consideran que "hai unha preocupación na sociedade por integrar persoas con capacidades diversas" polo que "a Xunta terá que asumir a súa responsabilidade en todo este proceso". Segundo Romero, a empresa anterior comunicou formalmente ao persoal que "deberían ser subrogados pola empresa entrante" e deu cumprimento ao convenio dos centros especiais na relación destas persoas. "Para nós ten que acabar mantendo o emprego destas persoas", indica esta sindicalista, polo que seguiremos loitando e xa pensamos en acudir ao Parlamento galego". |
PRAZA_3516 | As queixas afectan a dúas campañas da formación nacionalista en Facebook e a anuncios dos socialistas nalgúns sitios web | O PPdeG presentou denuncias contra o PSdeG e o BNG ante a Xunta Electoral por "facer publicidade antes da campaña", segundo fontes dos populares. En concreto, as queixas son contra unhas publicacións da formación nacionalista na rede social Facebook sobre as peaxes da AP-9 e a mobilización feminista do 1 de marzo en Verín e contra anuncios dos socialistas nalgúns sitios web. A formación nacionalista califica a acción do PPdeG de "airada contradenuncia" e de "perrencha". O BNG presentou queixas ante o órgano electoral pola similitude entre algunhas campañas do Goberno galego e dos populares e polo seu vídeo musical electoral. En ambos casos, foron aceptadas parcialmente.O BNG especifica que as iniciativas denunciadas son insercións publicitarias por importe de 99,91 euros para difundir a sentenza pola que se condena a Audasa a devolver peaxes cobradas indebidamente e unha campaña por importe de 101,37 euros para difundir a manifestación feminista do 1 de marzo en Verín. A formación nacionalista presentou xa as súas alegacións e argumenta que nos dous casos as accións derívanse da "actividade política ordinaria" sobre asuntos "de gran interese social e nos que o Bloque leva anos traballando"."A denuncia do PP non é máis ca unha mostra do cabreo que lles produce que desde o BNG non esteamos dispostos a deixarlles pasar que usen as institucións para facer campaña electoral dopados", dixo o coordinador de campaña do BNG, Rubén Cela. |
NOS_33137 | Afectad@s polo accidente ferroviario crític@s coa actuación gobernamental solicítanlle ao presidente da Xunta "que se vaia" e afirman que non amosa "os máis mínimos instintos de piedade e humanidade". | A Plataforma Vítimas Alvia 04155 pediulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que "se vaia" despois de que "unha auténtica muralla de policías" impedise a entrada ao acto no que se entregaban as Medallas de Galicia, o pasado día 24, a aquelas vítimas que rexeitaron este galardón. "Aínda que algunhas vítimas expresamos que non queriamos esa medalla e menos ese día, pensamos que estariamos invitadas de forma indirecta, xa que o acto estaba organizado para honrarnos", asegurou a Plataforma nunha carta enviada ao máximo mandatario autonómico na que indica que as vítimas querían "explicarlle de forma pacífica" a Feijóo "cal era a súa postura e os motivos da súa negativa". "Unha auténtica muralla de policías impediu que accedésemos a un acto na nosa honra", denuncian Fronte a iso, as vítimas que forman este colectivo denunciaron que, unha vez na Cidade dá Cultura, "unha auténtica muralla de fornidos policías, armados con pistolas e porras", impediulles a entrada malia que portaban "os certificados de defunción dos familiares falecidos ou os certificados do hospital". A iso, engadiu a plataforma, sumouse que cando o presidente da Xunta e a súa comitiva entraron á misa da Catedral, "un dos policías que cumpren ordes deulle un empurrón á nai dun mozo que estivo a piques de perder a vida" no accidente cando esta "intentou achegarse" a Feijóo "de forma pacífica". Por todo isto, a Plataforma Vítimas Alvia 04155 considera que a conduta do presidente do Goberno galego é "contraria aos dereitos humanos e aos máis mínimos sentimentos de piedade e humanidade". |
NOS_10746 | Comparecerán esta quinta feira na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para manter a denuncia contra os responsábeis da "estafa masiva". | Suso Domínguez e Xulio Vicente, da Coordenadora galega de preferentistas, estarán esta quinta feira en Bruxelas para comparecer ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, onde manterán a crítica e a denuncia do 'calote' que afectou a milleiros de galeg@s e como fican por devolver aínda ducias de millóns de euros. Unha petición avalada por 43.000 sinaturas. Non é a primeira vez que @s preferentistas galeg@s van a Bruxelas. O BNG denunciara o calote ante o Europarlamento en 2012 a través da euro-deputada Ana Miranda, e colaborou para levar a Bruxelas a un grupo de preferentistas denunciar a súa situación. Coa mudanza da lexislatura, a Comisión de Peticións, pretendía peneirar as peticións da lexislatura anterior para estudar as que pechaba e as que mantiña abertas. Iso deu lugar, sinalan fontes do BNG en Europa, a ruxe-ruxe de que o PP español quería pechar as por volta de 40 denuncias de abusos bancarios no Estado español (preferentes e despexos). O grupo ALE acadou o mes pasado que ficaran abertas. |
NOS_11374 | A CGTP convoca uma concentração perante a Câmara portuguesa com motivo da primeira votação do Orçamento de Estado sob o lema "Contra o saque do OE 2013". | Após conhecer o anteprojeto de lei que o governo de coalizão luso pretende aprovar para o próximo exercício económico, a CGTP convocou para esta quarta uma concentração em frente a Assembleia da República em que mostrou a rejeição do povo aos orçamentos de Estado. A ação está inserida na campanha para a greve geral convocada no próximo 14 de novembro e procura reagir perante as medidas aprovadas pelo governo que dizem, pretendem "pôr os trabalhadores a pão e água, à medida que continua a engordar os ricos e poderosos". Coincidindo com a primeira votação do Orçamento, a CGTP quer denunciar as políticas anti-sociais que os recolhem, entre elas, uma subida do IRS que implica, dizem, "um saque de mais de 3,1 milhões de euros de salários e pensões", aliás , aumenta os impostos e taxas diversas sob os preços de bens e serviços de primeira necessidade como a electricidade, a água, gás, transportes... e reduz as pensões e o subsídio de desemprego "Os sacrifícios impostos aos portugueses foram inúteis" De acordo com a central sindical, "os sacrifícios impostos aos portugueses" desde o início da crise econômica "foram inúteis" porque a dívida pública aumenta mais de dez pontos percentuais em 2012 e a taxa de desemprego aumentou de forma notável atingindo já um milhão quatrocentas mil pessoas . Neste sentido, a CGTP apresentou uma série de propostas destinadas a alterar as políticas económicas e orientadas a "combatermos o saque sobre os salários, pensões e reformas, e evitar o agravamento da recessão e aumento do desemprego". "O sindicato exige que a máxima autoridade financeira da UE, o BCE, passe a emprestar diretamente aos Estados" Para o efeito, o sindicato propôs quatro medidas fundamentais que permitiriam ao governo luso arrecadar 6 milhões de euros através da taxação em 0,25% das transações financeiras, o aumento progressivo da pressão fiscal sob aquelas empresas que têm um volume de negócios superior a 12, 5 milhões de euros, a criação de uma sobretaxa de 10% sobre os lucros obtivos pelos grandes acionistas e o desenvolvimento de uma luta real contra a evasão fiscal. Ao mesmo tempo, o sindicato exige que a máxima autoridade financeira da UE, o BCE, passe a emprestar diretamente aos Estados pondo fim à especulação promovida pelas instituições financeiras privadas que recebem fundos públicos com uma taxa de referência do 0,75% e, em seguida, emprestam aos Estados com taxas de juro que em alguns casos chegam a 8%. Sob o lema "Contra o saque do OE 2013", Portugal sairá mais uma vez à rua contra o empobrecimento e a exploração, por um Portugal com futuro. |
NOS_41822 | Enorme o arranque de campaña da equipa de Setién. O Lugo non só gaña, senón que o fai despregando un fútebol sen fendas, sólido atrás e letal diante. | Non é doado golear o Las Palmas, unha das equipas chamadas a pelexar polo ascenso, e moito menos o é conseguir que nos primeiros 45 minutos os de Valerón apenas cruzasen a liña divisoria do centro do campo. O Lugo foi dono e señor do xogo. Dono e señor da pelota. E a boa noticia é que dispón dun mangado de futbolistas, a comezar polo coruñés Carlos Pita, autor do primeiro gol, que saben moi ben que facer con ela e como, desde a medular, conectar coa vangarda. Se arriba, alén do máis, hai un tipo como Rennella, en estado de graza, comprometido coa equipa, pois mel nas filloas. Face o Las Palmas conseguiu Rennella o quinto gol no que vai de campionato. Superioridade total, 90 minutos con moi pouco traballo para Dani Mallo e a sensación de que o Lugo fichou moi ben En ningún momento sofreu a equipa de Setién, arroupada por un Anxo Carro que cada vez acredita máis nos seus. A comuñón relvado-bancada vai tornar este ano o campo do Lugo unha auténtica fortaleza. En definitiva, superioridade total, 90 minutos con moi pouco traballo para Dani Mallo e a sensación de que o Lugo fichou moi ben e de que o seu secretario técnico é un dos grandes no seu campo desta categoría. O Lugo suma xa 13 pontos de 21 posíbeis. O obxectivo continúa a ser o mesmo, procurar os 50 que garantan a permanencia. Mais Setién sospeita que esta equipa encerra moito máis potencial do que iso. Lugo: Dani Mallo; Víctor Díaz, Lolo Pavón, Víctor Marco, Manu; Carlos Pita, Fernando Seoane; Iván Pérez (Fran Sandaza, m. 65), Álvaro Peña (Iago, m. 72), Pablo Sánchez; e Enzo Rennella (Juanjo, m. 86). Las Palmas: Barbosa; David García, Aythami Artiles, Deivid, Xabi Castillo; Vicente Gómez, Javi Castellano (Momo, m. 30), Asdrúbal, Valerón (Delev, m. 79), Masoud; e Máyor (Chrisantus, m. 79). Goles: 1-0, m. 18: Carlos Pita; 2-0, m. 39: Enzo Rennella; 3-0, m. 83: Víctor Díaz. |
NOS_56013 | Participarán representantes de formacións políticas como BNG, CUP ou EH Bildu, alén de colectivos sociais como a Fundaçom Artábria, Adega ou as escolas Semente. Tamén acudirá, por vía telemática, o alcalde da cidade italiana de Riace, Mimmo Lucano, xulgado por acoller persoas refuxiadas nas vivendas baleiras da vila que goberna. | Este sábado, 19 de febreiro, o Movemento Arredista organiza un encontro aberto en Compostela (centro cívico das Fontiñas, 10.30 horas) para debater sobre "políticas locais e transformación social". O obxectivo desta xornada, apunta a organización, é abordar "cuestións como a participación social dende os concellos, a recuperación de servizos a mans públicas, a construción nacional dende o local e a necesidade de erguer e soster iniciativas sociais que desborden os marcos do sistema". Este evento contará coa presenza de representantes de formacións políticas como BNG, EH Bildu, Sortu, Poble Lliure e CUP, así como diferentes colectivos sociais da Galiza como Adega, Fundaçom Artábria, Asociación Xermolos ou a rede de escolas de ensino en galego Semente. Tamén acudirá Gian Michele Bosco, avogado do alcalde de Riace (Italia), Mimmo Lucano, que estará presente por vía telemática. Lucano foi xulgado no seu país por acoller persoas refuxiadas nas vivendas baleiras da vila que goberna. "É unha oportunidade para coñecer e achegarse a experiencias dende diferentes realidades sociais e políticas que teñen como eixo principal a construción nacional e a transformación social. Iniciativas sociais e institucionais que abren camiños e reforzan o combate a un capitalismo que toma a nivel local formas como as privatizacións de servizos e, no caso da Galiza, dun réxime do 78 cunha crecente pulsión recentralizadora que impón unha lexislación limitadora das posicións políticas que aspiran a mudar a realidade", salientan as arredistas a través dun comunicado. Palestras O encontro contará con catro mesas de debate que abordarán diferentes temáticas. Así, a primeira (10.30h - 12h) versará sobre "Modelos de participación social desde os concellos". Estará moderada por Silvia Pardo Galdo (Movemento Arredista) e participarán Secundino García Casal —alcalde de San Sadurniño (BNG)—, Silvia Marañón Chasco —alcaldesa de Etxarri Aranatz, en Nafarroa (Sortu e EH Bildu)—, Arnau Comas i Miñarro (Poble Lliure) e Anchel Reyes Garrieta (sociólogo aragonés do colectivo Empenta Artieda). A segunda quenda permitirá falar sobre "Recuperar os servizos a mans públicas", nun debate moderado por Lucía Freire Ces (Movemento Arredista, CIG e BNG) e no que intervirán María Lago Lestón (BNG), Diego Lourenzo Moura (BNG), Pilar Castillejo i Medina (Poble Lliure), Xabier Lertxundi (Sortu e EH Bildu) e Víctor Iguácel Ara (Ixambre Sociedade Cooperativa, en Aragón). En terceiro termo abordarase a "Construción nacional desde o municipal", unha mesa que moderará a deputada do BNG Noa Presas e na que terán voz Xosé Emilio Vicente Caneda (Movemento Arredista, BNG e CIG-Ensino), Guillem Fuster i Usas (Poble Lliure e membro do Goberno do Consell per la República no exilio) e Xabier Lertxundi (Sortu e EH Bildu). Finalmente, contra as 19.15 e até as 21 horas decorrerá o relatorio "O local como ámbito de conflito. Desbordar os marcos institucionais", moderado por Ximena González Ataide (Movemento Arredista e BNG) e contará coa presenza de Marta Santos (Escolas Semente), Roi Cuba Dorado (Adega), Bruno Lopes Teixeiro (Fundaçom Artábria), Alfonso Blanco Torrado (Xermolos) e Gian Michele Bosco (avogado de Mimmo Lucano). |
NOS_24794 | O Club Montaña Ferrol, fundado en 1974, lembrou cunha homenaxe o pasado 17 de xullo a historia do desaparecido Club Alpinista Abrente e a súa actividade deportiva e de promoción da cultura galega entre 1935 e 1936. Poderás coñecer esta e outras historias no 'Sermos Galiza' que este sábado acompaña o teu exemplar de 'Nós Diario'... 64 páxinas por só tres euros! | O xornalista Antón Escuredo recupera a historia do Club Alpinista Abrente, fundado en Ferrol para o número deste sábado de Sermos Galiza. Esta asociación deportiva, creada en 1935 e desaparecida en xullo de 1936, tivo como maior proxecto o Monte dos Poetas. "O montañismo ferrolán recuperou este verán as súas raíces. O Club Montaña Ferrol, fundado en 1974, lembrou cunha homenaxe o pasado 17 de xullo a historia do desaparecido Club Alpinista Abrente e a súa actividade deportiva e de promoción da cultura galega entre 1935 e 1936", abre a súa reportaxe Antón Escuredo. Entrevista a Medos Romero O semanario Sermos Galiza deste sábado trae unha entrevista de Montse González a Medos Romero, autora de E o sol era Ela, un poemario co que gañou o XIX Premio de Poesía Afundación. "Este libro nace inmediatamente despois de rematar Hortensia. Un levoume a outro e os dous teñen en común a figura da nai. O primeiro é un libro de amor rotundo por miña nai, escrito tras a súa morte, e o segundo expresa o desamor que eu sentín nunha etapa crucial da miña vida, cando teño tres anos e por necesidade son afastada do seo familiar", explica a poeta. Alfonso Penela, inconformista Aliás, Iago Valverde asina a reportaxe 'Alfonso Penela, inconformista', sobre un dos grandes arquitectos de finais do século XX e comezos do XXI. "Nunha dilatada carreira Alfonso Penela compaxina os grandes edificios públicos, as novas iconas urbanas, con pequenas intervencións case anónimas", indica. "A traxectoria de Penela comeza nos 70, indo a estudar a Barcelona, unha cidade moi diferente do seu Vigo natal. A cidade mediterránea posuía unha forte presenza da regularidade urbanística, grandes monumentos representativos e moitos colegas de referencia", detalla Iago Valverde. Música, arte e lecer O apartado musical corre a conta de Fernando Montenegro, que trae as últimas novidades, a comezar por Diluvio, das Tanxugueiras, mentres Herminio González asina o artigo titulado 'A elite da música clásica na Mariña'. Como vén sendo habitual, o experto en cinema Andrés Castro analiza os filmes máis destacados, entre eles Depredador: A presa, de Dan Trachtenberg, e Anxo Fole ofrece na sección de Cociña un menú para fin de semana. Noutra orde, Mario Regueira debulla o libro Alimentar canarios con ovos de casa, de Anxo Mena (Espiral), mentres Inma Otero Varela fala de As mulleres e os días, unha tradución de Manuel Outeiriño da obra de Gabriel Ferrater (Chan da Pólvora). Aliás, o colectivo Xea trasládanos ao sendeiro de pescadores Miño-Tamuxe. Por último, as dúas páxinas de pasatempos corren a conta de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario; 64 páxinas por tres euros! |
NOS_25138 | María Sabarís Sardón é parte da columna vertebral da Comunidade Sermos. Xornalista e deseñadora, foi desde o primeiro número do semanario a maquetadora de Sermos Galiza. | Co seu traballo fixo posíbel que cada semana, as persoas que len este xornal puidesen gozar dun produto, humilde, mais moi profesional, do punto de vista do deseño xornalístico. Após máis de dous anos, Sabarís enceta unha nova etapa profesional ligada á información deportiva, outro dos eidos nos que colaborou con Sermos Galiza através da súa columna de opinión sobre o xogo do Celta de Vigo. Conversamos con ela sobre o futuro do xornalismo, as tendencias no deseño e este proxecto que é, xa, a súa casa. Fas parte da redacción de Sermos Galiza desde que comezou o proxecto. Como viches a súa evolución nestes dous anos de vida?Coido que ao comezo era todo descoñecido, custou xerar dinámicas de traballo e organización. Coa incorporación de Xosé Mexuto creouse unha dinámica máis xornalística e o proxecto, a día de hoxe, nótase que é máis completo e as informacións están máis achegadas á actualidade. Sermos Galiza é agora un medio de comunicación no que procurar informarse. Foi, desde logo, unha evolución ascendente e focada no xornalismo. Ademais de maquetadora es xornalista. Moitas veces coidan que a aposta no papel é un risco e que este soporte tende a desaparecer. Cal é a túa opinión?Gosto moito do papel como soporte. É máis creativo e permite facer cousas que o dixital non. O papel permite, por exemplo, reportaxes amplas, podes levalo contigo... non creo que desapareza, mais si que mudará, como é o caso dos diarios. Coido que co tempo se consolidarán outras publicacións como os semanarios, mais non que deixe de publicarse en papel pois quen gosta de ler sempre prefire facelo en papal. Este soporte, na miña opinión, non está chamado a desaparecer pola chegada do xornalismo dixital, senón que ambos os dous soportes poden convivir. Son dous formatos diferentes para obxectivos distintos. "Hai moitas mulleres que saben de deportes, é natural ou debera ser, que opinen sobre fútbol" Sempre coa ollada posta no deseño, cales cres que son as novas tendencias neste senso?O deseño xornalístico ten cada vez maior importancia. Viuse por exemplo coa crise do ébola, un tema moi difícil de explicar mais que se apoiou de maneira notábel nas infografías e gráficos. Cara á aí e a onde vai o deseño. Aínda así, este non é un espazo estático e depende moito das culturas e dos países. Doutra banda, e aínda que semellar un paradoxo, os xornais tenden cada vez máis cara ao aumento do texto. Antes había moitos máis brancos nas páxinas. Embora eu non gostar moito disto. As túas achegas informáronnos cada xornada sobre os partidos do Celta de Vigo. Unha muller opinando sobre fútbol, rachando tópicos machistas?Agardo que si. [Sorrí]. Coido que o fútbol tende a ser cada vez menos machista aínda que quedan moitos que cren que as mulleres non sabemos de fútbol e que imos aos partidos a ver pernas lindas. Porén, hai moitas mulleres que saben de deportes e, ademais, vivimos nunha sociedade na que é --ou debera ser-- natural que as mulleres opinemos sobre el. A túa carreira profesional avanza nese plano, vas para Londres a traballar no mundo deportivo, como encaras esta nova etapa profesional?Sinto unha mestura de ilusión e nervos, mais é unha oportunidade importante. É algo que nunca fixen pois o fútbol foi sempre máis unha afición. Iso si, gosto moito do xornalismo deportivo e esta é unha experiencia nova. "Malia ser un medio moi pequeno e con recursos moi limitados, Sermos Galiza é moi profesional" Aínda así non marchas de todo e seguirás colaborando con nós... que é Sermos Galiza para María Sabarís?Esta é unha resposta moi emotiva. Sermos Galiza é para min varias cousas. Dunha banda, foi unha oportunidade para seguir exercendo a miña profesión cando volvín vivir a Galiza, e deume a oportunidade de facer deseño xornalístico. Volvín sentirme profesional, nunha redacción rodeada de xente que exerce xornalismo. Traballar hoxe nun medio de comunicación é moi difícil e en Sermos Galiza confiaron en min case a cegas. Iso foi moi importante. Logo está o factor humano e, nese senso, a equipa humana é excepcional. Quero que o poñas así porque non o digo por dicir. Hai un bo ambiente de traballo e cando te vas dun sitio, o que queda é a xente. Nese senso, en Sermos Galiza o que hai é xente moi comprometida cun proxecto e ademais dunha maneira moi honesta. O que me levo é moito agradecemento pois, malia a ser un medio moi pequeno e con recursos moi limitados, é moi profesional. E iso viuse, por exemplo na aposta no deseño xornalístico. Apóstase por un produto de calidade pensando moito no leitor. |
NOS_56635 | O sindicato maioritario, próximo á dirección, apoia en solitario o plan de axuste presentado pola transnacional francesa. | PSA-Citroën marcouse a aprobación dun plan de recortes antes do 17 de novembro e así foi. Co apoio do sindicato maioritario, o SIT, a empresa de automóbil conseguiu finalmente sacar adiante a súa proposta que prevé a redución do 5% do salario d@s operari@s que se incorporen ao cadro de persoal a partir de xaneiro de 2015, conxelación do plus de antingüidade, redución do 25% dos complementos de nocturnidade e lacas, eliminación do plus de presenza (500 euros anuais), redución de 69 a 50 euros/dia o complemento de fin de semana e vinculación dos incrementos anuais de salario á prima de obxectivos. O acordo fixa unha redución salarial do 5% para novas contratacións e a evolución dos soldos só se o IPC supera o 1,5% Aliás, redúcese nun 25% o complemento de cabinas e a evolución dos salarios de acordo ao incremento do IPC só se aplicará se este indicador superar o 1,5% pasando a fixarse en función da diferenza do novo valor e 1,5%. Isto é, se o aumento do IPC é do 2% a suba salarial será do 0,5%. O acordo vincúlase á adxudicación do 'proxecto k9' --que podería ser anunciado antes de rematar o ano. Así mesmo, acordouse a súa vixencia até decembro de 2019. O SIT decidiu apoiar o plan deseñado por Citroën após unha asemblea de afiliad@s que abarrotou a sede do sindicato, embora non acostumar a manter este tipo de dinámicas. Esta formación conta co 51% da mesa negociadora e constitúe a primeira forza sindical da factoría con 20 d@s 34 representantes, seguida de UGT (6), CC.OO (3), CIG (2) e CUT (2). Porén, foi a única que apoiou a proposta. As demais organizacións sindicais rexeitaron, após consultar @s traballador@s, o plan de axuste. Desde a CIG fixérono através dun referendo no que consultaron aproximadamente a 400 operari@s entre @s que foi maioritario o 'non'. CC.OO e UGT levaron a cabo senllas asembleas onde se acordou por unanimidade rexeitar a proposta. Pola súa banda, a CUT avanzou que estuda impugnar o acordo baseándose en defenctos de forma e "coaccións" ao cadro de persoal en relación co dereito de folga. |
NOS_5019 | "É a mesma lectura do porqué de que a Galiza ten a maior porcentaxe de vivendas baleiras de todo o Estado español. Os seus donos prefiren velas desmoronarse antes que rehabilitalas ou vendelas. Pois o mesmo ocorre cos locais baleiros. Prefiren pagalos os seus gastos durante anos, antes de baixarlle uns euros de arrendamento", engadiu Benito Iglesias, de Fegein. | Os locais comerciais baleiros na Galiza aumentaron 3,3% nos últimos dous meses, até alcanzar os 7.025 estabelecementos, segundo o 'Informe de Local Baleiro no Círculo de Comercialización en aluguer ou venda na Galiza' elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). Segundo o estudo, entre febreiro e abril aumentou o número de locais comerciais baleiros nos concellos medianos e pequenos, debido a factores como o peche de oficinas bancarias e a xubilación dos seus antigos inquilinos e que non se volven alugar, entre outros. Porén, nas sete grandes cidades galegas as novas aperturas estabilizaron ou medran lixeiramente. "A reestruturación do sector financeiro, e o que está por vir, provocou que nos últimos anos centos de tendas permanezan baleiras nos núcleos e semicentros das cidades e concellos máis poboados. Ademais, a actual situación económica e sanitaria, sumada a un auxe sen precedentes do circuíto de mercadotecnia en liña, agrava os peches no sector do comercio e da hostalaría nos próximos meses, con especial incidencia nos concellos do interior e de menor tamaño", afirmou o presidente de Fegein, Benito Iglesias. Por provincias, na Coruña e Ourense, os locais baleiros aumentaron nos últimos dous meses até 2.500 e 2.100 estabelecementos, 8,6% máis e 10,5% máis, respectivamente. Pola contra, en Lugo e Pontevedra os locais de venda ou aluguer baixaron, até os 475 e os 1.950, 5% e 7,1% menos. Ourense (+8,3%), Vigo (-2,2%) e A Coruña (+5,8%) son as cidades galegas con máis locais baleiros na actualidade, con 1.300, 1.075 e 900 estabelecementos baleiros respectivamente. Unha Galiza "a dúas velocidades" Para Fegein, o informe confirma unha Galiza "a dúas velocidades", cunha zona, formada por uns 40 concellos, que aglutinan 80% da oferta e demanda, e outros case 300 concellos onde a demanda está reducida na práctica ao núcleo urbano e só representa 20% do total. En xeral, a restauración, o téxtil e as actividades alimentarias son os sectores que aglutinan a maior parte das operacións dos locais comerciais galegos, sendo as rúas céntricas as máis transitadas. Fegein asegurou que o mantemento dun local comercial pechado supón un custo medio anual de 3.000 euros, polo que aconsella aos propietarios telos en aluguer ou venda a prezo de mercado, co fin de obter beneficios e non quedar sen actividade. "É a mesma lectura do porqué de que a Galiza ten a maior porcentaxe de vivendas baleiras de todo o Estado español. Os seus donos prefiren velas desmoronarse antes que rehabilitalas ou vendelas. Pois o mesmo ocorre cos locais baleiros. Prefiren pagalos os seus gastos durante anos, antes de baixarlle uns euros de arrendamento", engadiu Iglesias. |
NOS_1467 | Aurelio Núñez Centeno (Carballo, 1958) é o portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galiza. Ao seu ver, a comisión de investigación deitará abaixo "as falacias da oposición". Cualifica os recortes "dunha mentira máis" de En Marea, PSdeG e Bloque e afirma que o Goberno de Feixóo "incrementou os orzamentos ano a ano". Remite as respostas ao cuestionario de Sermos Galiza vía correo electrónico. | -O Partido Popular amosouse, de entrada, contra a constitución da comisión. Despois matizou a postura. Para que cre que pode servir o órgano? -O PP non se opuxo en ningún momento á creación desta comisión de investigación. É un dereito que teñen os grupos da oposición, grazas a unha modificación do Regulamento do Parlamento, aprobada a pasada lexislatura e á que tanto En Marea (antes AGE), como PSOE e BNG votaron en contra. Amosa as grandes posibilidades das que goza a oposición para controlar a acción do Goberno galego. Penso que esta comisión vai servir para botar abaixo todas as falacias que están a dicir os grupos da oposición respecto da sanidade pública galega, ao tempo que poremos en valor o excelente traballo diario dos profesionais da sanidade. Como sempre, entendemos que todo poder ser mellorable, e agardamos unha actitude construtiva da oposición e as súas achegas para corrixir os desaxustes que podan existir, como en calquera outro servizo de saúde. -Que temas debe tratar a comisión de investigación sobre a sanidade? -Nós vemos a comisión de investigación como unha oportunidade para que toda a sociedade galega coñeza o estado xeral da sanidade e poida compararse con outros sistemas sanitarios españois. Demostraremos que os galegos gozan dunha boa sanidade pública, con moi bos profesionais e, afortunadamente, cada vez con máis e mellores medios. Cada vez é mellor valorada polos galegos. Ademais, poderase confirmar que os supostos recortes na sanidade galega son unha mentira máis dos grupos da oposición. Desde a chegada do actual Goberno do PP á Xunta o orzamento para sanidade incrementouse nun 7% e pasou de representar o 35 ao 40% do total do orzamento da Administración galega. -Os tres grupos da oposición afirman temer que a maioría do PP "bloquee" ou "desvirtúe" os traballos da comisión. Como prevén o seu funcionamento? -Esta comisión funcionará do mesmo xeito que calquera outra no Parlamento galego. Haberá un plan de traballo, con solicitude de comparecencias e documentación que se axusten aos temas a tratar. O que queremos é que sexa operativa, para evitar que se converta nun espectáculo circense. -A oposición pon o acento nos recortes orzamentarios da materia e fala de pacientes mortos por "posíbeis erros do sistema". -Estamos afeitos a escoitar este tipo de afirmacións, absolutamente falsas, en cada Pleno ou comisión do Parlamento. Reitero unha vez máis: defendemos a calidade da sanidade galega, e o gran traballo dos profesionais do Servizo Galego de Saúde. Todos recordarán o que teñen dito En Marea, PSOE ou BNG en multitude de ocasións: que o Hospital Álvaro Cunqueiro era privado e pequeno, que se ía cobrar polas cadeiras dese hospital ou mesmo pola auga, que habería que pagar por consultas, urxencias, ecografías... Todo falso. Como exemplo de sanidade gobernada dende sempre polo Partido Socialista temos a de Andalucía: menor gasto por habitante, menores salarios, múltiples reclamacións de cidadáns e sindicatos, e episodios recentes de falecementos por posibles neglixencias, polos que o PP non solicitou comisións de investigación. Espero que na comisión de investigación se poñan en evidencia estas falacias e contradicións. -O Grupo Popular está preocupado pola coordinación —como a amosada ao propor esta comisión— dos partidos da oposición? -En absoluto. Están no seu dereito, grazas a unha modificación do Regulamento aprobada polo PP e que eles votaron en contra. A partir da súa decisión, imos colaborar para que esta comisión funcione dun xeito áxil e produtivo, e para iso pedimos a colaboración dos grupos da oposición. Todos os galegos teñen dereito a coñecer a verdade sobre a situación da súa sanidade pública, que ten moitos aspectos nos que é mellorable e, por iso é unha das prioridades deste Goberno galego, como demostra co incremento, ano tras ano, de orzamentos nunha situación de forte caída dos ingresos pola crise económica que sufrimos. |
NOS_12930 | González Formoso (PSdeG) comparte as críticas: "A cidadanía aspira a votar un presidente para catro anos e non para apenas un ano; é un engano electoral". | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu pedir esta quinta feira a dimisión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, tras anunciar a súa candidatura para presidir o Partido Popular. "Os problemas dos galegos e galegas non poden esperar a que se coloque en Madrid", asegurou. Pontón expresouse así na presentación na Coruña da campaña da súa formación con motivo do Día da Muller, o 8 de marzo. A nacionalista defendeu que, logo de "deixar clara" Feixoo a súa elección entre a Galiza e o PP, "sendo a súa prioridade o PP", o presidente "ten que dimitir". Feixoo: "Temos que captar os maiores votos posíbeis de Vox para que non condicione un goberno do PP" "Cada minuto que pasa e non dimite é unha falta de respecto aos galegos. E digo isto porque a Galiza non é a sala de espera do señor Feixoo nin das súas ambicións políticas", sinalou. Aínda que Pontón recoñeceu que esas ambicións son "lexítimas", insistiu en que "a Galiza non pode ter un presidente coa cabeza en Xénova e no Partido Popular, esperando a ver como se coloca en Xénova e en Madrid, porque o noso país non se pode permitir ter un presidente ausente". Para a nacionalista, o país "non pode estar condicionado nin polos tempos de Feixoo nin polos do PP". "Se a súa elección é o PP, non entendemos por que non dimite xa como presidente da Xunta. A única razón é que poida ter medo a que non o acaben elixindo nese Congreso", engadiu. ANÁLISE | Unha carreira política coa mirada sempre posta en Madrid Formoso: "Pasou do 'Galiza, Galiza, Galiza' ao 'PP, PP, PP'" Tamén o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou esta quinta feira que a decisión do presidente de Núñez Feixoo confirma o "engano" nas pasadas eleccións á cidadanía galega, que "deixa de ser prioridade" para o popular. Nunha rolda de prensa ofrecida na sede do PSdeG en Compostela, o xefe de filas dos socialistas galegos lembrou que hai apenas un ano Feixoo presentouse aos comicios asegurando que a súa prioridade "era a Galiza" e cun lema que dicía "Galiza, Galiza, Galiza". "Hoxe a realidade é que opta polo Partido Popular, Partido Popular, Partido Popular", sostivo. Feixoo pretende nomear a dedo o seu sucesor á fronte do PP galego Na súa intervención, Formoso asegurou que a cidadanía "aspira a votar un presidente para catro anos e non para apenas un ano", o que definiu como un "engano electoral". Ademais, advertiu que "ningunha estratexia electoral de ningún partido debe de prevalecer". Neste senso, sostivo que a decisión do aínda líder do PPdeG provoca "un escenario complexo na Galiza", tendo en conta que "aflorarán incompatibilidades máis cedo que tarde". González Formoso acusou Núñez Feixoo de "abocar a Galiza a unha situación de incompatibilidade" que nunca se deu, agás no caso de José María Aznar como presidente de Castela e León, cargo que no seu momento deixou "de forma inmediata". Estes exemplos, para Formoso, "evidencian a necesidade urxente de resolver" o escenario, unha responsabilidade que, segundo indicou, descansa exclusivamente en "quen xera esta situación e quen ten a capacidade de aplicar os mecanismos legais, estatuarios e institucionais para resolvela", que é o PPdeG. |
NOS_2533 | Soci@s do local social e veciñanza do Barbanza impulsan a campaña 'Aturuxo non se pecha. A cultura non se pecha' contra o que califican de "ataque directo ao asociacionismo cultural e á cultura e lingua galega" | O Aturuxo é un local social autoxestionado que abrollou hai cinco anos en Boiro da man dun grupo de rapaces e rapazas da comarca do Barbanza, e tendo coma finalidade principal, segundo eles e elas mesmas expresan, "a dignificación e o espallamento da lingua e cultura galegas, a libre expresión e o movemento social ante a desgaleguización que sofre o país en xeral e zona na que vivimos en concreto, loitar contra das inxustizas sociais... e ofrecer tamén unha alternativa lúdica á que nos ten acostumad@s esta sociedade de consumo". Este proxecto, asembleario e sen ánimo de lucro, que leva anos a realizar unha manchea de actividades e iniciativas (palestras, concertos, exposicións, roteiros,... entre outras moitas) e que se financia coas achegas d@s soci@s e sen axudas das administracións; ve a sua continuidade en perigo. "Denunciamos o intento de peche do Local Social Aturuxo por parte do goberno do PP local e a hipocrisía que de esta situación se desprende", sinalan. Atrancos Nun comunicado, Aturuxo informa que o Concello de Boiro "exixenos agora, baixo o paraugas normativo, a 'reposición da legalidade urbanística''. Ou obtemos a licenza que eles queren ou pechan o Local Social. A licenza en cuestión é a de café-concerto, imposíbel de obter no noso concello, ao estar restrinxidas o número de licenzas deste tipo. Fica demostrado a ignorancia do PP ao indentificar directamente cultura con 'cafe-concerto'' como única posibilidade de licenza para o Local Social". E esta exixencia vén despois de que o goberno local xa puxera outros 'atrancos'. Como eles mesmos lembran, existe "unha nula vontade do concello de que as nosas actividades se realicen con normalidade" Sinaturas A asemblea do Aturuxo comezou esta fin de semana unha campaña de recollida de sinaturas e e non descartan a "mobilización social na rúa" para protestar pola actitude do goberno local. Alén disto, remitiron unha carta ao Concello, na que lle piden "que se retracte e deteña o que consideramos un ataque directo ao asociativismo cultural, á cultura e lingua galega. O intento de peche dun espazo cultural e autoxestionado é un desprezo evidente a tódalas persoas que traballamos gratuitamente pola nosa cultura e para toda a veciñanza de Boiro e da comarca do Barbanza". |
NOS_42151 | Malas novas para o presidente da Liga de Fútbol Profesional. Nun novo xiro desa novela inacabábel que é o 'Caso Fuenlabrada', Nós Diario tivo acceso a un informe pericial encargado polo Goberno galego que cualifica de "neglixencia grave" tanto a actuación da entidade presidida por Tebas como a do conxunto madrileño. | Se a comezos desta semana Javier Tebas, o presidente da Liga de Fútbol Profesional (LFP), recibía a de area coa nova do arquivo por parte da Fiscalía Provincial de Madrid dunha denuncia anónima contra el pola súa actuación no denominado 'Caso Fuenlabrada', na xornada de hoxe foi a quenda da de cal, logo de que a Xunta da Galiza remitise ao Xulgado de Instrución Número 6 da Coruña un informe pericial -ao que tivo acceso Nós Diario- especialmente crítico coa actuación da Liga e do CFF Fuenlabrada. Elaborado polo epidemiólogo e profesor da USC Juan Gestal, neste analízase "se as actuacións da LFP e do Fuenlabrada ante a detección de casos positivos cumprían o estabelecido nos protocolos sanitarios" e "se as decisións adoptadas por parte dos equipos directivos en canto a descartar a existencia dun gromo e desprazarse á Coruña cumpría cos protocolos sanitarios". Con respecto ao primeiro punto, as conclusións ás que chega non poderían ser máis contundentes. "A Covid-19 é unha enfermidade de declaración obrigatoria, e por iso os responsábeis dos servizos médicos do Fuenlabrada tiñan a obriga de comunicalo urxentemente aos servizos de vixilancia epidemiolóxica de Saúde Pública de Madrid en canto tivesen coñecemento do caso, cousa que non fixeron", indica. E Gestal móstrase aínda máis duro no referente á segunda cuestión, indicando que "era evidente que no caso do Fuenlabrada había un gromo, aínda que a Liga e o equipo, asumindo competencias que non teñen, decidisen que os catro casos que se presentaran até o día 19 non o eran, polo que non comunicaron a súa existencia a Sanidade". Ademais, e no que define como unha "grave neglixencia", denuncia que "a Liga tomase a decisión de que o Fuenlabrada viaxase á Coruña", pois "aínda cun negativo en PCR no día anterior, había contactos estreitos que podían estar desenvolvendo a infección, como foi o caso". Fontes da Xunta confirmaron a Nós Diario, ademais, que unha vez que finalice a vía penal reanudarán "con rapidez" o procedemento de sanción administrativa. |
PRAZA_1340 | A desmitificación final ten final feliz. A alegría mestúrase co asombro e, sen textos ideolóxicos, revélase que os órganos sexuais son indiferentes á sexualidade. As persoas estamos por riba de todo. | Alimento onomatopéico de panadeiras metidas a cowboys con revolver. Un pan feito de fariña toleirán, desmitificadora é o que dan na obra dramática que puiden ver un día destes en Vigo. Ábrese o pano- non hai tal- e na escena aparecen tres mulleres de bo ano, con martelo, case unha ferraría, como a cousa máis natural do mundo, con vaqueiros, camisetas e botíns. Velaí, a única escenografía, elas mesmas. O singular obxecto co que xogan é unha bandeira dos EEUU. Cando a vin, pensei, xa empezamos, agárdame un roio politiqueiro fácil, o de botarlle a culpa de todo o malo aos ianquis. Máis adiante disimúlase a tacha ao comprobar que fan unha parodia das vacaradas, o cine épico ianqui. Á bandeira logo se lle acaba a propia función. Fai de pano de labrega, de saia, de sela de cabalo, de mandil… Nunca se lle sacou tanto partido a unha bandeira. Dicimos que, bah! é un farrapo pero cando nos interesa simbolizamos o tal farrapo. Aquí témolo desmitificado. Areta Bolado, Noelia Fernández, Ailén Kendelman comezan a xogar- jouer: interpretar en francés- coma nenas. Desfilan, fan a marcha instrumental coa boca, coas mans. Lembro a Balán, o home orquestra, que percorría os bares de Vigo amenizando o ambiente coas súas cancións. Soia atopar unha parede de madeira, unha barra, e aproveitala para a percusión. Estas mozas non coñeceron a Balán, nin teñen máis elementos para a música que os seus propios corpos. Corpos áxiles, fortes, imparables. Estereotipo do corpo desmitificado. Tamén o traballo. Non se nota o esforzo. Todo ordenado, cada xesto, cada movemento, o mesmo que as ideas aspiran a quedar diluídas no riso do público. Corpos de mulleres, fóra do común, ideas de mulleres, fóra do común. Todo elaborado por elas. Autosuficiencia. Unha Festa de Teatro silenciado. Imos pasando etapas, con peche televisivo, e entrando sen determinación no tema. O vaqueiro, que esaxera o estilo macho, se laia do rapto da súa muller, unha muller descrita con atributos rudos e feos, impropios da beleza esixida. Remíteme ao meu poema dunha amante que ten dentes postizos, pelos nas pernas, graos no nariz, e remata dicindo: De non seres perfecta, como te amarían? Pois este vaqueiro ama ese tipo de muller. E vai tras dela, mesmo se ten que atravesar o deserto- velaí o simbolismo!- montando nun cabalo que simula a compañeira á perfección. O raptor da súa amada é un indio, amigo íntimo seu. Cando por fin o atopa, o indio descobre os atributos postizos de muller cos que seduciu ao seu querido vaqueiro. A muller que o macho vaqueiro amaba era o indio, que estaba perdidamente namorado del. A desmitificación final ten final feliz. A alegría mestúrase co asombro e, sen textos ideolóxicos, revélase que os órganos sexuais son indiferentes á sexualidade. As persoas estamos por riba de todo. Gran lección e grandísima actuación, amigas panadeiras? Esa é a única desmitificación da que non gusto. Nin polo pan de Porriño merecedes ese nome. Non facedes pan; facedes o pandemonio, o pandorco, o lerchán, o lúcido. |
PRAZA_13326 | O anuncio de derrubamento de parte do antigo Hospital Xeral de Lugo escurece máis o futuro socieconómico do barrio lugués da Residencia. O Goberno galego prometera diversos equipamentos para os vellos edificios e o PP da cidade propuxo en campaña transformalos nunha comisaría. | O 31 de xaneiro de 2011 o vetusto Hospital Xeral de Lugo botaba definitivamente o peche. Tras trinta e nove días de traslado ao novo Hospital Universitario Lucus Augusti e despois de case trinta e sete anos de servizo ininterrompido o antigo e deteriorado complexo pasaba á historia e no seu entorno aumentaba a inquedanza que comezara moito antes, cando a veciñanza soubo que o centro sanitario non continuaría alí. Ao redor dos edificios agora pechados e valados medrou durante catro décadas un dos barrios con máis actividade da cidade, que tomou ata o seu nome da instalacións dedicadas á saúde: A Residencia. Ao carón do hospital naceron todo tipo de negocios: bares, restaurantes, florarías, farmacias, funerarias... cuxos propietarios, xa antes do peche, comezaron a reclamar que a zona non ficase "abandonada" cando a última padiola saíse cara ao novo complexo. A coincidencia no tempo coa precampaña e a campaña das eleccións municipais abonou o terreo e os comerciantes, xa convertidos en plataforma á que se sumaran múltiples veciños, recibiron promesas múltiples que foron esvaendo, especialmente a comezos do presente mes de xuño. En 2011 dende a Xunta prometeuse con rapidez que nin o edificio nin a zona serían esquecidas e o daquela candidato do PP á alcaldía, Jaime Castiñeira, atopou na coincidencia partidaria co Goberno galego unha veta para tentar erosionar o rexedor socialista, José López Orozco, e tamén ao BNG local. Así, mentres, por exemplo, os nacionalistas lanzaban a proposta de converter o antigo centro -previa rehabilitación- nun hospital para persoas maiores e instalar ademais no complexo un punto de antención continuada (PAC) e un laboratorio de saúde pública os conservadores garantían o uso sociosanitario dos edificios -obrigatorio, polo PXOM da cidade e porque a parcela foi cedida con esas condicións- e, ademais, acrecentaban a idea, propoñendo que o módulo de hospitalización pasase a ser a nova comisaría da Polícia nacional na cidade. O PP opúxose en campaña a transformar o edificio nun hospital para maiores e propuxo convertelo en comisaría de policía A dous meses da cita coas urnas o propio Castiñeira, acompañado polo presidente provincial do PP e actual voceiro no Senado, José Manuel Barreiro, sinalaban ademais que a súa iniciativa tería validez tanto "se os informes que encargou a Xunta indican que é válida a estrutura do edificio" como se non. "De seren negativas as análises dos técnicos", na parcela ergueríase "un novo inmoble para albergar a comisaría", unha infraestrutura "moi positiva para manter a actividade socioeconómica" e darlle "seguridade á zona". Ademais, aseguraba, a veciñanza era contraria á conversión do hospital en centro para maiores, cousa que tamén rexeitaba o PP "por non ser o lugar máis idóneo". O tempo e as eleccións pasaron e os informes non chegaron ata hai pouco máis dunha semana, cando a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, confirmaba nunha visita a Lugo que os edificios, de cuxa saúde construtiva dubidaron moitos lugueses durante décadas, terán que ser derrubados. "Son inmobles enfermos", resumía Mosquera, ao tempo que lembraba que a demolición lle corresponde á Tesourería Xeral da Seguridade Social, por ser a propietaria dos edificios. Da comisaría, nin rastro, pero tampouco doutro dos equipamentos previstos polo Goberno galego, o Laboratorio de Saúde Pública. Proxectado polo bipartito e asumido pola ex conselleira Pilar Farjas, finalmente será desbotado e só se efectuará unha ampliación do laboratorio xa existente, noutro punto da cidade. A conselleira de Sanidade confirmou que boa parte do complexo ten que ser derrubado por estar "enfermo" Neste contexto, dos augurios de manter a actividade socieconómica da zona pasouse a un obxectivo moito menos ambicioso. Segundo detallou a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, tras recibir na sede oficial do Executivo a Castiñeira e a Barreiro, ao que fora edificio de administración do vello hospital trasladaranse tres unidades de saúde mental o que, traducido en pacientes, se traduce nun movemento de apenas 200 persoas ao día. Sen horizonte temporal definido están outras das promesas que aínda persisten, como a instalación de "diversos servizos da área de atención primaria", que van dende o devandito PAC a un centro de saúde ou unha unidade de atención á muller, todas elas sen proxectar nin orzamentar, ao contrario que o Laboratorio de Saúde Pública, que si se orzamentou nas contas da Xunta para 2012 por máis dun millón de euros, pero que non se fará. |
NOS_15607 | Receitas de espárragos verdes cocidos, xabaril guisado con castañas e galletas de plátano e avea | —Galletas de plátano e avea Pélanse as bananas e esmáganse até obtermos un puré sen bolos. Engádense os flocos de avea e a canela, mesturamos mexendo cun garfo. Incorporamos o mel e reméxese. Cunha culler fórmanse bolas e colócanse sobre papel de forno. Esmáganse as boliñas, redondeámolas dando forma de galleta. Colócanselles enriba os froitos secos. No forno prequente a 180º enfórnanse 30 min. Apagado o lume, repousa no forno quente 5 min. Retíranse do forno, despéganse do papel e colócanse sobre unha reixa para arrefeceren. Notas: No canto de froitos secos, poden levar améndoa, avelás, noces, anacos de chocolate, que se mesturan coa masa das galletas. —Espárragos verdes cocidos Lávanse os espárragos remollándoos en auga dabondo. Límpanse con coidado, cortando ao xeito os talos xusto no lugar onde se pode cravar o coitelo sen imprimirmos demasiada presión. Así refúganse as partes leñosas e duras, conservando intacto o talo tenro e as puntas. Nun recipiente ponse auga a ferver, a suficiente para cubrilos por completo. Cando alcance o fervor, engádese un puñado de sal e introdúcense os espárragos. De non colleren todos, cócense por quendas. Unha vez no recipiente, desde o novo fervor, de seren delgados cocen 3 minutos, de seren medianeiros cocen 5 minutos, pero de seren grosos, cocerán 7 min. Mentres cociñan, dispoñemos noutro recipiente auga a temperatura ambiente e reservámola. Pasado o tempo de cocción, retiramos os espárragos cunha escumadeira e introdúcense no recipiente coa auga fría, á que é posíbel engadir uns cubiños de xeo, para cortarmos de golpe a cocción e que manteñan o verdor brillante. Escórrense e colócanse nunha fonte, acompañados de maionesa ou de aceite de oliva virxe mais queixo parmesano. —Xabaril guisado con castañas Maceración: Nun recipiente co viño tinto introdúcese a carne e a cebola picada. Deixamos que macere durante 2 días, virando cada 8 horas a carne. De ser preciso, para que non seque, botamos máis viño tinto. Elaboración: Tírase o viño tinto da maceración, escórrese a carne e dóurase en aceite quente a lume manso. Salgamos. Engádese a cebola escorrida, os dentes de allo picados, a pementa negra, o ourego, o tomiño e o pirixel. Friximos 5 min. Régase co viño branco e déixase cocer nel unha hora a lume manso, virando e mexendo de cando en cando. Limpamos e cortamos en anacos grandes as cenorias e os allos porros. Introdúcense no recipiente onde se fai o xabaril e coce todo 45 min. Engádense as castañas depelicadas e enteiras, cocen sobre media hora a lume manso, atendendo a que non se desfagan para a presentación á hora de servir. Notas: Esta vez usamos castañas asadas, peladas e conxeladas, que só coceron 10 min. A carne tamén estaba no conxelador. |
PRAZA_17151 | O Executivo de Núñez Feijóo non participou no 1º encontro da Rede Interautonómica de Memoria Histórica, celebrado en Navarra, no que estiveron 13 das 17 comunidades (todas agás Madrid, Murcia, Galicia e Castela-A Mancha), que se comprometeron a colaborar nos traballos de exhumación de restos de persoas asasinadas polo Franquismo. | O 22 de maio de 1938, hai hoxe 80 anos, tiña lugar en Navarra a fuga da prisión de San Cristovo, no monte Ezkaba. Aquel domingo 22 de maio malvivían no cárcere un total de 2487 presos e 795 deles decidiron fuxir, aínda que só tres chegaron á fronteira francesa. Entre os evadidos case douscentos tiñan orixe galega e 54 morreron na tentativa. Como explica Francisco Redondo Abal, dos case cinco mil condenados que pasaron por San Cristóbal entre 1936 e 1945, 654 proviñan de Galicia. "Eran xente do común: labregos, mariñeiros, canteiros, albaneis. Moitos militaban na CNT", relata. Redondo Abal subliña que esta efeméride pasa "inexplicablemente desapercibida" e reclama "un recoñecemento público" para os galegos que por alí pasaron, moitos deles despois de pasar por "cárceres e campos de concentración como San Simón, Camposancos, A Coruña ou Pontevedra". Unha tarefa pendente máis para a memoria histórica. Co obxectivo de avanzar na recuperación desa memoria e "no dereito das vítimas á verdade, á xustiza e á compensación" o pasado mes de marzo tivo lugar en Navarra o 1º encontro da Rede Interautonómica de Memoria Histórica, na que foron convidados a participar todos os gobernos autonómicos. Alí estiveron 13 deles. Todos agás Madrid, Murcia, Castela-A Mancha e Galicia, que rexeitaron asistir ás xuntanzas e, igualmente, a asinar a Declaración Institucional de compromiso coa memoria histórica. Tres delas son comunidades gobernadas polo Partido Popular, aínda que cómpre salientar que as rexións de Castela-León e A Rioxa, tamén do PP, si participaron. Castela-A Mancha (PSOE) tampouco asinou a declaración. Nas xuntanzas que tiveron lugar en Navarra a fuga da prisión do monte Ezkaba tivo un papel protagonista, coa visita de todos os e as representantes autonómicas aos restos da fortaleza e tamén aos traballos de exhumación de tres corpos en Urdaniz, correspondentes a tres dos presos que tentaron fuxir, pero que foron detidos e fusilados. As 13 comunidades participantes na Rede Interautonómica exploraron posibilidades de colaboración para avanzar nos procesos de recuperación dos restos das persoas represaliadas polo Franquismo, por exemplo compartindo esforzos entre os bancos de ADN que xa funcionan en Navarra, Andalucía, Euskadi e Cataluña. A Declaración Institucional condena "o golpe militar de 1936 e a ditadura franquista" e manifesta o seu compromiso "co dereito das vítimas á verdade, á xustiza e á compensación". O texto afirma que "o noso compromiso, desde o respecto dos Dereitos Humanos e a defensa dunha cultura de paz, tolerancia e respecto, está con aquelas persoas que sufriron a inxustiza da violencia tras o golpe militar de 1936 e durante a ditadura franquista". O documento sinala igualmente que "as administracións públicas temos a responsabilidade de impulsar, de xeito activo, políticas que poñan en valor a lembranza do acontecido coma unha forma de avanzar cara a consolidación dunhas sociedades máis éticas, xustas, solidarias e democráticas". Sevilla acollerá en outono o segundo encontro da Rede Interautonómica de Memoria Histórica, coa dúbida de se nesa cita se incorporará Galicia e os outros tres territorios ausentes. Anxo Doval enviou unha petición a todos os grupos parlamentarios para que sexa debatida a renuncia do Goberno galego a participar nesta rede e a asinar a Declaración consensuada pola maior parte das autonomías. Consulta aquí a Declaración Institucional (.pdf) |
NOS_37015 | Beiras, Manuel Antelo, Rubén Pérez ou Eva Solla, entre outros, integran a coordenadora provisional, na que tamén hai 2 inscritas de Podemos. | Crear "un suxeito político galego", definir un calendario de primarias para elexir candidato e unha metodoloxía eran tres dos obxectivos que se marcaba a asemblea da 'maré constituínte' que este sábado decorreu en Vigo. Unhas 2.500 persoas asinaron o manifesto dos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol que serviu de alicerce para este acto, que nas primeiras horas reunia por volta de mil persoas, segundo cifras das axencias. Beiras avisa Podemos de que as "reivindicacións partidistas rachan a unidade" e di confiar en que "non o fagan" Na sesión da mañá aprobouse que "En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleciones ao Parlamento de Galiza". Unha fórmula que descarta Podemos Galiza. O nome electoral será escollido a proposta da xunta xestora. Tamén se acordou que as primarias resolveranse nun tempo menor a 20 días, aínda que falta por concretar o día que se iniciará o proceso. A asemblea decidiu permitir presentar listas de consenso mais o candidato non estará ligado a elas, senón que deberá facelo de forma individual. A votación sobre o partido instrumental decorreru após unha polémica polo documento que establece a relación entre un eventual Goberno da Xunta, o partido instrumental e o grupo parlamentario, ao respecto do que un sector, algúns deles procedentes do colectivo Cerna, pedía pospoñer para máis tarde. Xosé Manuel Beiras tomou a palabra e urxiu crear o partido instrumental, propondo tamén un compromiso de todos os presentes de que se poderían modificar algúns aspectos. Coordenadora provisional A media tarde elixiuse a Coordenadora provisional deste novo instrumento político. Son 11 persoas, entre as que están, entre outras, Xosé Manuel Beiras (Anova), Rubén Pérez e Eva Solla (Esquerda Unida), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo e no BNG até hai unhas semanas), Iago Martínez (MareaAtlántica), Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Rafa Dopico (Anova), Victoria Esteban ou Manuel Barreiro. Na coordenadora hai 2 inscritas de Podemos, Mariajo Bóvenda e Cramen González. Comité electoral Tamén se aprobou un comité electoral, que será o órgano que tutele as eleccións primarias. A este órgano presentáronse dúas listas, unha delas vinculada a Cerna. Finalmente, foi a outra lista de nomes a que conformará a xestora. Millán Fernández, Nine Paz, Pablo Nieves, Martiño Ramos, Hermida Dios, Helena Cordero, Aníbal Ledo, Ronsel Pazos, Xermán Tobío, Dani Conde e María Xosé Fernández Pardo. Estas persoas non poden candidatarse. Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago de Compostela) foron os encargados de 'inaugurar' a asemblea constituínte, destacando que a vontade era a de poñer en valor o que une e poñer "punto e final" a esta etapa de gobernos de Feijóo. "Imos constituír un suxeito político transformador, inclusivo, que sexa quen de disputar a Feijóo" a maioría, proclamou Martiño Noriega, quen asegurou que será "un punto de inicio do suxeito político que devolverá a esperanza" a este país. Jorge Suárez asegurou que a estamos perante unha "xornada histórica" e que se abre "unha ventá de esperanza" . Pola súa parte, Xulio Ferreiro, manifestou que "hoxe imos construír esa unidade e ese suxeito político que vai devolver a ilusión á xente". Na asemblea participan simpatizantes e militantes dunha trintena de marés municipalistas, así como de Anova e Esquerda Unida. Tamén hai bases de Podemos, embora a liña vermella deste partido en Galiza sexa que non se diluirán nun novo suxeito político. Tamén asisten á mesma membros de Cerna e persoas como Carlos Aymerich ou Ana Luisa Bouza. Podemos A secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, apareceu na asemblea pola tarde. O seu partido decidrá entre este domingo e a terza feira o paso a dar. Os inscritos, por volta de 20.000 segundo a organización, votarán telematicamente se van ás eleccións galegas en solitario ou en alianza e coligazón con outras forzas. O que desbotan é diluirse nun partido instrumental. |
NOS_18536 | Demanda un Plan Sectorial de actividades extractivas para evitar casos coma o "proxecto aberrante" da mina de Touro. | O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, advertiu de que tanto o conselleiro de Economía, Francisco Conde, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, serán "cómplices" no caso de que Ángel Bernardo Tahoces, continúe á fronte da Dirección Xeral de Enerxía e Minas tras o informe do Defensor del Pueblo. O informe cuestiona o proceder da Xunta sobre a Mina de Touro. Sánchez lembrou que Tahoces, ademais, permanece imputado pola contaminación da mina de San Finx de Lousame, e considera que se está demostrando que "non son casos illados, senón que responden a décadas de barra libre e de graves incumprimentos da Xunta na súa labor de control da actividade mineira". Explica o parlamentar que o informe do Defensor del Pueblo indica que "en 5 dos últimos 10 anos non se fixo ningunha inspección na mina de Touro e entre 2011 e 2014 a información achegada sobre a contaminación dos acuíferos é excesivamente escueta". Sánchez informou de que vén de rexistrar unha iniciativa para reclamar un Plan sectorial de actividades extractivas de Galiza, ferramenta para garantir unha compatibilidade coa protección do medio ambiente, a súa conformidade coa ordenación territorial e os usos do chan e coa ponderación dos distintos intereses que concorren no desenvolvemento económico e social do territorio. |
NOS_50292 | 'Pegasus' está pensado para grandes investigacións relacionadas co crime organizado ou o terrorismo internacional, mais nos últimos tres anos varios persoeiros do independentismo catalán denunciaron ser vítimas deste programa. | O programa informático 'Pegasus', dispoñíbel só para o uso de gobernos e servizos de intelixencia estatais, foi empregado para espiar o avogado do antigo vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras, Andreu Van den Eynde, segundo adianta o xornal El País. Este programa, creado pola empresa israelí NSO Group, accede ao terminal móbil da persoa en cuestión que se quere investigar, e permite activar desde a distancia o micrófono, a cámara ou o GPS do mesmo, ademais de transmitir calquera dato que garde o teléfono sen que o propietario sexa consciente. A espionaxe contra o independentismo aos tribunais 'Pegasus' está pensado para grandes investigacións relacionadas co crime organizado ou o terrorismo internacional, mais nos últimos tres anos varios referentes do independentismo catalán denunciaron ser vítimas deste programa. En 2019, os deputados republicanos Ernest Maragall e Roger Torrent, que tamén foi presidente do Parlament; a deputada das CUP Anna Gabriel e o activista da ANC Jordi Domingo foron os primeiros en denunciar os ataques de 'Pegasus'. A pesar de presentar unha denuncia nun xulgado de Barcelona, aínda non existe a certeza de quen encargou esta espionaxe. O avogado de Oriol Junqueras Agora coñécese que outra das persoas cuxo teléfono móbil foi intervido por 'Pegasus' é o avogado Andreu Van den Eynde. O seu terminal foi 'hackeado' en maio de 2020, uns días antes de que Junqueras e o resto de presos políticos cataláns fosen indultados polo Goberno español. Van den Eynde recibiu o aviso sobre a espionaxe que sufrira grazas a un grupo de investigadores e expertos en ciberseguridade, integrantes da Universidade de Toronto, que se dedica a seguir a pista a este programa informático e o seu uso irregular. O presidente do Parlament catalán, espiado por un sistema informático que só os Gobernos poden mercar O diario El País engade que o letrado de Junqueras non foi o único en ser investigado, senón que o resto de avogados dos presos independentistas tamén sufriron o 'hackeo' mentres preparaban a causa dos seus defendidos no Tribunal Supremo. Outra das persoas da contorna do antigo vicepresidente catalán que foron espiados con 'Pegasus' é o xurista Oriol Sagrera, colaborador de Van den Eynde e xefe do gabinete de Roger Torrent na presidencia do Parlament. |
NOS_31515 | O 26 de marzo de 2015 o semanario Sermos Galiza saía á rúa cun A FONDO especial sobre Ricardo Carvalho Calero con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Recuperamos o monográfico cando a Real Academia Galega vén de dedicir que o ferrolán sexa a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2020. | Con motivo da decisión da Real Academia Galega de dedicar a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas en 2020, Sermos Galiza pon a disposición das súas lectoras e lectores o A FONDO publicado co semanario en papel o 26 de marzo de 2015, cando se facían 25 anos da morte do autor de Scórpio. No monográfico, ademais dun resumo de parte da súa obra, recóllese un artigo de Xoán Costa, comisario da exposición "Carvalho Calero: de puño e letra", que fai un percorrido pola traxectoria vital do homenaxeado; outro de Bruno Lopes Teixeiro, membro da Fundaçom Artábria, en relación á opción ortográfica defendida por Carvalho Calero, e outro pola escritora e profesora da UDC María Pilar García Negro, que convida a ler a obra do ferrolán "sen caricaturas". O especial complétase con pequenas entrevistas a mozas e mozos para saber que coñecían e que leron de Carvalho Calero e que representaba para elas e para eles. O A FONDO pode descargarse nesta ligazón. |
PRAZA_2038 | Non é posíbel acometer semellante tarefa nun único País. A experiencia de Syriza certifica a necesidade dunha dinámica mais ampla na que se impliquen sectores relevantes dos chamados "Estados centrais" europeos | O día 20 en Grecia. O 27 en Catalunya. E o 4 de outubro en Portugal. Nas vindeiras tres semanas van ter lugar citas electorais moi relevantes no sur de Europa. Cabe identificar un elemento común presente nas tres consultas: a incertidume sobre o peso que terá a posición das elites dominantes da UE no comportamento final dos tres electorados Os tres países teñen tradicións, estruturas e dinámicas políticas suficientemente diferenciadas como para pretender unha análise lineal e indiferenciada dos factores que van condicionar os resultados das urnas. Porén, cabe identificar un elemento común presente nas tres consultas: a incertidume sobre o peso que terá a posición das elites dominantes da UE no comportamento final dos tres electorados. En Grecia e Portugal, as decisións da "troika" teñen sido determinantes na evolución económica e social dos últimos anos e alteraron os vectores habituais nos que se desenvolvía a confrontación entre as distintas forzas políticas. No caso de Catalunya, a singularidade destas eleccións ao Parlament (coñecer o volume de persoas favorábeis e contrarias a unha futura independencia) revaloriza notabelmente a incidencia que poda ter nos votantes do 27-S a posición que manteñen as institucións da UE e o propio goberno alemán. De xeito mais tácito que expreso, a presión sobre os corpos electorais xa está formulada: vostedes poden votar o que queiran pero se desexan seguir no club selecto residenciado en Bruxelas non deberán apoiar aquelas opcións que non gozan da total aquiescencia dos poderes fácticos comunitarios. Esta foi a lóxica que se aplicou en Grecia a partir do triunfo de Syriza no pasado xaneiro e, agora, é a que pendura sobre o desenlace da consulta catalana. As previsións demoscópicas que se manexan no veciño Portugal non deberían suscitar preocupación nos despachos da UE:mantense a hexemonía dos partidos tradicionais e só cabe pensar no relevo da dereita gobernante por un PS que aceitou os duros programas de intervención deseñados polo FMI, BCE e Comisión Europea. Curiosa asimetría a que se rexistra neste outono electoral entre a beira atlántica e a mediterránea. A experiencia de Syriza certifica a necesidade dunha dinámica mais ampla na que se impliquen sectores relevantes dos chamados "Estados centrais" europeos Despois da contundencia exhibida polos dirixentes comunitarios en Grecia, ábrese un período decisivo para saber que marxes de manobra existen para cambiar o actual modelo de construción europea. Estamos ante un conflito que precisa dun proceso de complicidades sociais plurinacionais. Non é posíbel acometer semellante tarefa nun único País. A experiencia de Syriza –mais alá dos erros graves que puideron cometer os seus principais responsábeis- certifica a necesidade dunha dinámica mais ampla na que se impliquen sectores relevantes dos chamados "Estados centrais" europeos. A espectacular vitoria acadada por Jeremy Corbyn nas eleccións internas do Partido Laborista británico alimenta algunha esperanza sobre ese necesario cambio nos vellos aparatos políticos existentes no espazo da UE. |
NOS_7580 | Ex presidentes do Estado español como José María Aznar e Felipe González están nos consellos de grandes eléctricas. | A fichaxe de Beatriz Mato por Greenalia segue a destapar as conexións e portas xiratorias existentes, desta vez entre as empresas dos sector enerxético e a política. Casos como os de Leopoldo Calvo Sotelo e Felipe González en Fenosa (despois Gas Natural) e o de José María Aznar en Endesa, son só a punta do iceberg. Na Galiza, como destaca a organización ecoloxista Adega, existen tamén exemplos como o de Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente con Fraga, que entrou en Ence logo de que o Partido Popular perdera a Xunta. No consello de administración da pasteira coincidiu con Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente, e Pascual Fernández, secretario de estado de Augas e Costas no Goberno de Aznar. As decisións tomadas por estes responsábeis públicos no exercicio dos seus cargos foron determinantes para o mantemento de Ence en Lourizán, denuncian desde a asociación ecoloxista. Agora Mato desembarca noutro proxecto contestado para o que, segundo Adega, a Xunta de Feixoo fixo unha modificación da lei "á carta". Refírese á substitución do límite de 10 megavatios (MW) para instalacións de xeración a partir de biomasa aprobado polo bipartito polo de 50 MW. Ese cambio produciuse cando o proxecto de Greenalia para levantar unha planta en Curtis xa comezara a súa tramitación. Pero a planta non é o único exemplo da unión entre a Xunta do PP e o que Adega denomina o lobby enerxético-pasteiro. Na etapa de Mato como conselleira de Medio Ambiente, a Xunta autorizou 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, e concedeu axudas e subvencións por valor de 2 millón de euros ás empresas do grupo, pese a que os proxectos amosaban graves afeccións ambientais. |
NOS_51884 | A cimeira alternativa á xuntanza en Biarritz do G7 decorrerá entre o 21 e o 23 de agosto. Nela tamén participará A Mesa pola Normalización Lingüística, no debate Os dereitos lingüísticos como base para unha nova Europa. Será esta cuarta feira en Hendaia. | A discusión comezará ás catro e media da tarde na sala cine Escuelas e contará coa participación de Haizpea Abrisketa de Euskararen Gizarte Erakundeen Kontseilua; de Micheli Leccia, de Parlemu Corsu; e mais de Marcos Maceira, da Mesa, pero por videoconferencia. A mesa redonda versará arredor do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos. Desde Galiza, o presidente da Mesa Marcos Maceira referirase á "importancia dos actores sociais na defensa dos dereitos lingüísticos", mencionará a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) polos dereitos lingüísticos no "ámbito socioeconómico" e explicará a Guía para o uso do galego na Administración local (2019-2023) entregada pola entidade a 3700 concelleiras e concelleiros dos 313 municipios do país. O citado Protocolo que centrará o debate apóiano 120 organizacións sociais de 30 comunidades lingüísticas e consiste nunha "proposta política conxunta para a recuperación das linguas minorizadas e para unha xestión axeitada e democrática das linguas en Europa". |
NOS_14960 | A IV Gala do Libro Galego premiou, recoñeceu e tomou o pulso a ese universo amplo e diverso que xira en torno ao libro en galego. Foi en Compostela, no Teatro Principal, onde non faltaron os discursos e apelacións a favor da liberdade de expresión, de defensa da lingua e cultura propias do país ou da necesidade de medios en galego. | O Teatro Principal de Santiago de Compostela volveu acoller este sábado unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, a cuarta, un acto na que se deron a coñecer as obras gañadoras desta iniciativa convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Estes premios son un recoñecemento, salientan as organizadoras, á diversidade e excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2018 no noso país. Entre os finalistas este ano estaban Galiza 1968. A consciencia avivada, o volume colectivo publicado por Sermos Galiza, e o xornalista Daniel Salgado. Quince premios e tres galardóns honoríficos que se foron dando a coñecer aos poucos nunha gala conducida pola actriz Iria Pinheiro e na que a música correu a conta de Habelas Hainas. Unha cita na que non faltaron nos discursos dos premiados chamadas a un maior apoio ao sistema cultural galego ("Balóns de osíxeno para os creadores e creadoras", como demandou Yolanda Castaño) ou á liberdade de expresión e contra a censura ("este país merece outros medios públicos"), manifestou Valeria Reza, da Revista Luzes ao recoller o premio á traxectoria en xornalismo cultural. "Vainos a vida en ter medios de comunicación galegos e en galego" No discurso de clausura da gala, e en representación das tres entidades organizadoras, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, sinalou as "tensións adversas nas que se move a nosa literatura, a nosa fraxilizada industria editorial, as nosas librarías, especialmente vulnerábeis na Galiza, polo que é preciso facer viábel unha industria cultural galega en galego, cos necesarios apoios reais, como economía produtiva que é, sustento da identidade deste país". Nesa liña, sinaloun que "é necesario vertebrar a promoción e comercialización da cultura e a lingua galegas na Galiza. Ás veces prodúcenos amarga indignación comprobar a imaxe da nosa representación cultural fóra do noso país. É moito o camiño por andar até que a visibilidade no mundo sexa a que merece a nosa literatura, a nosa cultura". Por iso, engadiu, "vainos a vida en ter medios de comunicación galegos e en galego" e "é urxente e necesario crear o Instituto Rosalia de Castro, para estas funcións. Listaxe obras premiadas: Ensaio e investigación: Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia). O xurado estima que se trata dunha obra escrita cunha prosa áxil e ben documentada, con equilibrio entre o rigor investigador e a capacidade divulgativa, situando os irmáns Villar Ponte no contexto histórico de finais do século XIX e o século XX, destacando o seu compromiso político co galeguismo. Divulgación: Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora). O xurado considera que este libro fai un estudo biográfico pormenorizado de Castelao, facendo un percorrido reflexivo sobre o humor en xeral, e o galego en particular, e unha comparativa entre a obra de Castelao e as correntes artísticas europeas do momento. Narrativa: Natura, de Iolanda Zúñiga (Editorial Galaxia). O xurado estima que esta obra ten unha escrita intensa e contundente, abordando unha distopía apocalíptica. Infantil Os contos da avoa Pepa, de Francisco Xosé Fernández Naval (Kalandraka Editora). O xurado valora a transmisión de valores como a oralidade, a natureza, a memoria familiar e o mundo rural. Xuvenil O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio M. Fraga (Urco Editora). O xurado considera interesante como esta obra, ambientada nunha colonia escolar de inicios do S. XX, bebe na tradición dos bestiarios galegos, creando novas figuras do seu maxín situados en lugares de forte raigame máxica. Libro ilustrado Man de Camelle, por Carmen Hermo (Kalandraka Editora). O xurado estima que este é un libro a contracorrente, onde a ilustración se converte en relato, e que, a través dunha técnica aparentemente sinxela, consegue transmitir a vida do personaxe. Libro de banda deseñada O puño e a letra, por VV. AA. (Edicións Xerais de Galicia). O xurado destaca a innovación desta iniciativa que enriquece o sistema literario galego cunha aposta experimental onde se combina o texto poético con interpretacións en banda deseñada de moi diferentes estilos. Iniciativa bibliográfica Biblioteca de Pedagoxía, por Kalandraka Editora. O xurado valora moi positivamente esta iniciativa que acolle unha importante escolma de recursos pedagóxicos dos principais autores neste campo traducidos á lingua galega, moi necesaria na actualidade. Tradución A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné). O xurado dá a benvida á tradución ao galego dun clásico que precisa ser incorporado ao noso sistema literario, realizado por unha especialista que soubo trasladalo con calidade. Poesía Memoria do corpo, de Xesús Rábade Paredes (Editorial Galaxia). O xurado destaca a madurez expresiva do autor, o enorme ritmo poético da obra, unha certa ironía na expresión que enriquece o texto e un gran dominio do verso. Teatro Eroski Paraíso, de Chévere (Kalandraka Editora). O xurado estima que se trata dunha obra que, partindo dun referente real, aproveita para contar con humor as contradicións da sociedade galega contemporánea. Libro mellor editado Seis Poemas Galegos, de Federico García Lorca (Alvarellos Editora). O xurado valora a edición facsimilar desta obra, que reproduce fielmente a edición orixinal de 1935 da Editorial Nós, respectando o deseño, formato e papel orixinais. Premios ás traxectorias: Iniciativa cultural ou fomento da lectura Asesoría de Bibliotecas Escolares. O xurado recoñece o papel fundamental na organización das bibliotecas, promoción do libro e fomento da lectura en lingua galega, nun momento crítico no que estamos a rexistrar un alarmante descenso do número de galegofalantes. Valora tamén moi positivamente o papel do profesorado que forma os equipos de bibliotecas do centro e coordina os clubes de lectura. Proxecto literario na rede Brétemas, de Manuel Bragado. O xurado destaca este proxecto persoal do autor desde xaneiro de 2005, vencellado ao traballo de edición e ao servizo do tecido cultural galego. Xornalismo cultural Revista Luzes. O xurado valora a valentía de manter unha voz disidente en papel e online, desde a que se fai xornalismo cultural e implicado co país, con plena liberdade. Premios honoríficos de cada unha das entidades convocantes: A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Maria Teresa Horta como Escritora Galega Universal 2019. Figura central da literatura de expresión portuguesa. A Asociación Galega de Editoras premiou a María Xosé Queizán. Cultivou todos os xéneros literarios, desde o teatro, pasando polo ensaio, a narrativa, a poesía e mesmo escribiu guións cinematográficos. Catedrática de Lingua e Literatura Galega, é unha importante figura do movemento feminista. A Federación de Librarías de Galicia premiou a Antonio Fernández Maira. A principios dos anos noventa incorpórase á Federación de Libreiros de Galiza da man do entón presidente José Manuel Alonso Martinez. Os cambios empézanse a notar debido á demanda dun sector permanentemente en crise pero tamén en plena efervescencia. O seu traballo é definitivo para afrontar novos retos neste colectivo, entre os que destaca a posta en marcha das Feiras do Libro. Foi promotor da creación dos Premios "Irmandade do Libro", que desde a súa dirección organizáronse durante 24 anos. |
NOS_1934 | Por volta das 14 horas, consumouse o despexo da vivenda de San Vicente de Elviña, na Coruña. | O dispositivo policial -no mínimo 16 furgóns da policia "nacional", alén de efectivos da policía local- está a colapsar a entrada da cidade. O desafiuzamento estaba previsto para as 9 horas desta quinta feira. Ás 9.20, e sen bombeiros, que continúan sen prestarse a intervir en despexos, a policía forza o fecho da vivenda de Álvaro e Isabel. Ás 9.29, o portavoz do BNG, Xosé Manuel Carril, e dúas activistas de Desahucios Coruña encadéanse perante a vivenda para tentar impedir o despexo, mentres tres persoas -entre elas o bombeiro que se negou a participar no desafiuzamento de Aurelia Rey- soben ao tellado da casa. Ás 9.38, a policía racha as cadeas ás que estaban suxeitos Carril e as dúas activistas. Ás 9.45, Desahucios Coruña informa na súa conta twitter de que hai unha persoa inconsciente a consecuencia das cargas policiais: Violencia policial estrema no desaloxo da casa de varo... Cargando contra vecinhanza.Unha activista inconsciente— Stopdesahucioscoruna (@Desahuciocoruna) 27 novembro 2014 De acordo coa notificación xudicial remitida a Álvaro e Isabel as previsións son que esta quinta feira se proceda ao despexo e derrubamento da vivenda de acordo coa orde de expropiación asinada polo Concello da Coruña. Porén, tres persoas subida ao tellado están a impedir que se efectúe. As excavadoras re-iniciaron o derrubamento dos exteriores da vivenda após desaloxaren as persoas concentradas nos arredores. No interior da morada permanecen Álvaro, o seu fillo e o avogado destes, ao tempo que 3 activistas impiden que a casa sexa tombada instalad@s no tellado. Após interviren, sen enfrontamento, tres axentes da policía, as persoas que permanecían no tellado e no interior da vivenda foron desaloxadas, aseguraron que por non soportar a presión e tensión xerada pola policía. Baleira xa, a morada fica pronta para ser derrubada perante a ollada dunhas 200 persoas que permanecen concentradas nos arredores. Á saída da vivenda, Álvaro, 'Varo' como o coñece a veciñanza, e Isabel, foron recibid@s entre aplausos e bágoas polas persoas concentradas ás portas da súa morada que será derrubada por orde municipal. O Parque de bombeiros da Coruña negáronse a facer parte do despexo que foi levado a cabo pola Policía local e unidades da UIP. Sermos Galiza acompañou ao minuto o decorrer do desafiuzamento en Elviña através do hastag #DespexoOfimático (@sermosgaliza). Your browser does not support iframes. |
NOS_19550 | Riazor acollerá o derbi galego entre Depo e Celta ás 21:30 horas (MarcaTV). | O partido de máxima rivalidade galega en primeira división será a sexta feira. 15 de marzo ás 21:30 horas con retransmisión en aberto por Marca TV. O encontro deixará a unha das dúas equipas máis perto do descendo e os dous novos treinadores, Fernando Vázquez e Abel Resino, terán o seu primeiro desafío. Agora mesmo o Depor é último na clasificación con 16 pontos e o Celta é terceiro polo final con 23 pontos. |
NOS_53355 | A pesar de a Xunta ser a encargada de tutelar o proceso electoral do 12-X, as propostas anunciadas polo vicepresidente Alfonso Rueda para votar en pandemia foron colocadas no tellado da Xunta Electoral e do Goberno estatal. "Non temos competencias", repetiu Rueda. | A Xunta da Galiza presentou na cuarta feira, 27 de maio, a súa proposta de protocolo para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo, para votar nun contexto de pandemia. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, enunciaron varias medidas sobre as que remarcaron reiteradamente "non teren competencias", apuntando a que sería a Xunta Electoral ou o Goberno estatal quen tivese que ordenar o que eles propoñen. Voto por correo Entre as formulacións da Xunta está a de facilitar o voto por correo e a de ampliar os seus prazos, tanto para solicitalo como para depositar o voto na oficina postal. Para esta modalidade, a Xunta pide que se arbitre un sistema que, garantindo a autentificación da cada electora, se permita votar sen saír da casa, para evitar así aglomeracións nas oficinas. Tamén propoñen este modelo para que voten as persoas usuarias de residencias. A cousa consistiría, segundo detallaron desde Vicepresidencia a Nós Diario, en que unha persoa funcionaria de correos acuda a recoller o voto á vivenda de cada persoa que solicitase exercer o sufraxio por correo. Aclaran, iso si, que esa é a petición que fai a Xunta ao Goberno estatal, mais que, en caso de non se considerar posíbel por mor dos medios, a proposta sería que, cando menos, si se recollese o voto por correo ás persoas maiores, vulnerábeis e ás que se atopen en residencias. Solicitude telemática A Xunta tamén pedirá que a través de medios telemáticos se poida tanto solicitar o voto por correo como facilitar o exercicio do voto por poder para, á marxe do colectivo habitual que pode requirir o uso desta vía, facilitar exercer o dereito ao voto de persoas que o 12-X "tivesen que estar en illamento ou en corentena no seu domicilio". Actualmente só se admite a representación mediante un poder para solicitar o voto por correo baixo caso de enfermidade ou incapacidade, medicamente acreditada, que impida presentarse en correos. É preciso dispor ademais dun documento notarial para que a outra delegada poida solicitar o voto. Con todo, para evitar falsear a vontade, só unha persoa poder ter un poder. Isto dificultaría o plan da Xunta se nas datas electorais houbese un número significativo de persoas en corentena ou isoladas en centros como os de maiores. Maiores nas mesas Rueda avanzou que o protocolo da Xunta inclúe unha recomendación a persoas maiores de 65 anos e vulnerábeis á COVID-19 para que, no caso de tocarlles asistir á mesa como membros delas, soliciten unha exención para non facelo. Non é unha prohibición, senón unha recomendación, recalcou Rueda, e deixou a palabra final sobre a Xunta Electoral, botando balóns fóra baixo o paraugas de que, outra vez, o Goberno galego non "ten competencias para isto". Preguntado o vicepresidente polos medios por se a Xunta esperaba unha manchea de renuncias para non participar nas mesas, alén das que realicen persoas maiores e vulnerábeis, Rueda amosouse confiado en que non haberá máis que noutras ocasións. Rueda recomenda a maiores pedir exención se lles toca ser membros da mesa electoral Votar desde o estranxeiro No contexto dunha pandemia que é mundial, non só a Galiza ten dificultades para votar. Desprazarse en Estados de grandes dimensións a unha oficina consular non é normalmente tarefa doada para as galegas e galegos residentes no exterior, e menos coa situación sanitaria actual. Ante iso a Xuta só di que "espera" que se manteñan todos os trámites xa realizados por electoras no exterior para votar na convocatoria falida do 5-A, e que, por tanto, non se teñan que voltar a realizar. Neste caso, repetiu tamén que "non teñen competencias" e que o papel da Xunta é facer a petición ao Ministerio de Exteriores. Con máscaras e sen cortinas nas cabinas As cabinas perderán as súas características cortinas para evitar tocalas coas mans. Sinalizaranse os accesos e itinerarios nos colexios para evitar aglomeracións e a máscara será obrigatoria. Poderase levar desde a casa mais tamén haberá nas entradas dos centros. Haberá xel hidroalcólico e, para as persoas alérxicas a esta solución, haberá luvas. Para votar, o documento de identidade non se entregará na man de ninguén. Pousarase nunha bandexa. Darase prioridade de acceso ao colexio ás persoas maiores para que estean o menor tempo posíbel tanto na espera como na votación, indicou Rueda. As e os membros de mesa terán máscaras para renovar cada catro horas como máximo, pantallas e para ao escrutinio luvas. Os documentos de identidade deixaranse nunha bandexa e levarase máscara O PSdeG oponse a recortar Na presentación das medidas, Rueda non fixo mención á pretensión xa lanzada polo PPdeG de acurtar a campaña a unha semana. Mais reducir os tempos de explicación de programa e de debate e concilialo con enviar funcionariado a buscar os votos casa por casa de quen tivese pedido votar por correo, leva a colocarse nun escenario en que, para cumprir cos tempos, todo indica que se tería que votar antes de ter comezado a campaña. Precisamente sobre a opción de acurtala pronunciouse o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero. "Por lei", dixo, "a campaña non se pode acurtar. Para que haxa eleccións competitivas, con garantías, esta debe ter un mínimo de 15 días". En Común pide á Xunta un marco regulado para o 12-X De "inaudito" cualifican fontes de Galicia en Común a Nós Diario as medidas anunciadas por Rueda, a quen acusan de botar balóns fóra baixo o argumento de "non ter competencias". Nese sentido, desde a coalición insisten en subliñar que é a Xunta quen ten a obriga de tutelar o proceso electoral. Por iso piden ao Goberno galego que elabore "un marco regulado institucionalmente para que a xente saiba que pode ir votar con medidas de seguridade, máis alá de que se estipulen cuestións básicas como a sinalización dos accesos ou o uso de máscaras". "Se hai que ir con máscara, se hai risco para a saúde das persoas e de que se produzan contaxios nos colexios, o lóxico sería que institucionalmente se regulase como vai ser o 12-X". A oposición está en contra de cambiar as condicións do voto delegado O BNG ve falta de garantías "Queremos que vote todo o mundo, mais dándose as máximas garantías democráticas", sinala a Nós Diario a coordinadora de campaña do BNG, Goretti Sanmartín. "Neste momento nas oficinas de correos, por motivos sanitarios, non se está a exixir a sinatura da remitente ao facer envíos", sinala a nacionalista como unha cuestión que no voto por correo podería dar lugar a fraude. En canto ao sufraxio delegado, Sanmartín lembra que xa está regulado na lei, en caso de enfermidade ou discapacidade que impida ir votar, polo que non ve necesario "ampliar o esquema" e negouse a que un grupo de persoas poidan delegar nunha soa o voto. Sobre o sufraxio delegado sinalou ademais que o propio Colexio de Notarias dixo que non había persoal suficiente para facer un proceso xeneralizado de emitir poderes sobre outras persoas. "A presentación de Rueda certifica que hai moita improvisación e que van ás eleccións con múltiples procedementos no ar". En Marea acusa o PP de pensar só nas súas siglas Desde En Marea sinalan a Nós Diario que "antes de convocar as eleccións, a Xunta tiña que ter pactado co Estado as medidas de seguridade". Para esta formación, "as présas e a improvisación demostran que o PP non pensaba na xente, senón neles mesmos". Tampouco ven acertado o envío de funcionariado a residencias e sobre o voto por poder discrepan do formulado por Rueda. "Se unha persoa ten capacidade para emitir unha declaración de vontade diante da notaria, tamén a ten para facelo na mesa electoral ou por correo. Non imos lexitimar un sistema de apoderamento incerto fronte ás presións dos caciques", din. |
NOS_33341 | No último ano rexistráronse en Galiza 27.800 empregados no ámbito cultural, 800 menos que en 2014, segundo os datos Enquisa de Poboación Activa (EPA) extraídos polo Observatorio da Cultura Galega, dependente do Consello da Cultura. | A cifra amosa que se contén a evolución positiva do emprego logo de que en 2014 se rexistrase unha mellora significativa de ocupación neste sector. É unha das conclusións do documento de traballo (DT-OCG) "O emprego cultural en Galicia", que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega. Este documento, que analiza fontes da EPA, de afiliacións da Seguridade Social, de contratación e de paro rexistrado, destaca indicadores positivos no ámbito cultural se se compara co conxunto total de emprego en Galiza. O ano 2015 deixou cifras negativas para o emprego na cultura en Galiza, cun descenso con respecto ao ano anterior, ao rexistrar 800 empregados menos. Con todo, o DT do Observatorio da Cultura Galega destaca que a evolución do emprego neste ámbito é maior que no conxunto de actividades económicas da nosa comunidade autónoma. Segundo esta mesma fonte, o emprego cultural medra ininterrompidamente desde o último trimestre de 2012 e faino a mellor ritmo que o conxunto da economía galega agás no último trimestre de 2015, que rexistra unha lixeira baixada. En relación con 2014, Galiza continúa por debaixo da media estatal, que se mantén no 2,9% e baixa dúas décimas. Iso fai que ceda dous postos na listaxe por comunidades autónomas e se sitúe por detrás de Madrid, Cataluña, Navarra, Baleares e Aragón. Tipo de empregados En Galiza hai 11.256 afiliados á Seguridade Social, o que supón un 1,2% do total en todos os sectores, que suma 937.414 afiliacións. Unha porcentaxe que, segundo este documento, se mantén estable nos últimos catro anos. A maior parte destas afiliacións correspóndense coa epígrafe de artes gráficas e reprodución de soportes gravados (un 27,2%) e coa de edición (21,4%). Séguenlles as actividades de creación, artísticas e de espectáculos, cun 18,2%, que ademais rexistran a maior suba, con 163 novas altas con respecto a 2014. Perde afiliacións a epígrafe que contabiliza os empregados de servizos de información, que pasa de 761 a 674. Por provincias, A Coruña continúa a ser a que concentra un maior número de afiliacións, o 59,4% dos empregado culturais, seguida de Pontevedra, cun 26,8%. Ourense é a provincia cun menor número de empregados de ámbito cultural, con 691 afiliacións. O paro En 2015, o paro nas principais actividades culturais baixou en 552 persoas, co que se situou en 6763 parados. O documento tamén destaca que, por primeira vez desde 2011, a cifra de desempregados baixa dos 7000, aínda que neste ano había 599 parados menos que en 2015. Por profesións, os empregos relacionados coa "Información e comunicación" continúan a rexistrar as maiores baixadas, con 522 desempregados menos, mentres que na epígrafe das actividades artísticas, recreativas e entretemento se rexistran 30 desempregados menos. O desemprego é maior nos homes (51,9%) que nas mulleres (48,1%) e, por idade, a franxa comprendida entre 25 e 49 anos continúa a rexistrar as maiores cotas de paro. As contratacións Para analizar as contratacións, o Observatorio da Cultura Galega toma datos anuais e a nivel autonómico do Servizo Público de Emprego. Segundo esta fonte, o número de contratos asinados nos últimos cinco anos subiu un 35,2%, o que supón 1248 máis. O incremento máis relevante ten lugar na sección de actividades artísticas, recreativas e de entretemento, cun 47,9%, á que, segundo este DT, "lle afecta de xeito moi significativo a estacionalidade". No outro extremo está a sección de información e comunicación, que rexistrou unha perda de 2468 contratos con respecto a 2014 e se sitúa nos mesmos niveis que en 2011. |
NOS_6565 | Os anuncios da mellora da situación económica tampouco chegan á mocidade, que sofre máis desemprego, precariedade, temporalidade e recibe peores salarios. | O 12 de agosto é o Día Internacional da Xuventude, e UXT Galiza publica con motivo deste día un informe no que debulla a situación laboral dos mozos e mozas no mercado laboral do noso país. A seguir, dez dados de interese que se recollen nese documento: 1) A taxa de paro na mocidade é de 16%, case 5 puntos superior ao do resto da poboación. A taxa de actividade contráese nun punto e seis décimas no último ano, situándose en 60,7%. "Esta perda de actividade entre a mocidade está relacionada, non só co envellecemento da poboación, senón tamén co efecto desánimo das mozas e dos mozos galegos que, vendo poucas perspectivas de emprego, deciden continuar formándose retomando os seus estudos ou optar pola emigración cara outros contextos con maiores oportunidades", indica UXT. 2) O paro de longa duración, aquelas persoas que levan máis dun ano no desemprego é na Galiza de 28% entre as persoas desempregadas menores de 35. 3) Hai unha diminución do desemprego entre as persoas máis mozas (menores de 35 anos) en 10.700 persoas no último ano. Mais a perda de poboación activa neste mesmo período e nesta mesma franxa de idade foi de 11.400 persoas. Así pois, a baixada a poboación activa nesas idades é superior á baixada do desemprego. 4) O 24,4% por cento das persoas desempregadas menores de 30 anos no Estado teñen educación superior (non existen datos a nivel da Galiza), subindo en relación ao ano anterior, cando era un 22,2. Por sectores, o 73,8% dos e das menores de 35 anos atópanse no sector servizos, caracterizado por unha maior precariedade. 5) 22,5% dos menores de 35 anos teñen contratos a tempo parcial fronte ao 14,5% do conxunto de idades. Para UXT-Galiza, a temporalidade é un desequilibrio 6) As persoas menores de 35 anos teñen unha taxa de temporalidade na Galiza do 50,2% fronte ao 26,7% que se rexistra no conxunto de idades. 7) O 31,8% das persoas menores de 30 anos teñen un contrato cunha duración inferior a seis meses e un 46,1% descoñece a duración da súa contratación. 8) A mocidade realiza un maior número de horas extraordinarias que o resto da poboación, un 7,9%, fronte a un 6,5%, a pesar de ter un maior número de contratos a tempo parcial. A isto hai que engadirlle que se se analiza o número de persoas que realizan horas extras, 29% son menores de 35 anos. 9) As mozas e os mozos galegos, entre 25 e 34 anos, perciben salarios un 21,6% inferiores ao resto de idades. Ademais, entre o 2010 e o 2017 (último dato dispoñíbel) as persoas entre 25 e 34 anos viron reducido o seu salario nun 3,5%, mentres que no conxunto de idades neste mesmo período medrou. 10) O alto nivel de desemprego e a mala calidade do emprego son os principais trazos que definen a precariedade laboral da xuventude para o sindicato. |
NOS_36512 | Os bancos terían obrigado a contratar outros produtos para acceder aos avais e tamén os usarían para reestruturar débedas. | A Comisión Española dos Mercados e a Competencia (CNMC) abriu expedientes sancionadores a Banco de Sabadell, Banco de Santander, Caixabank e Bankia por posíbeis prácticas restritivas de competencia na comercialización de liñas de avais ICO (Instituto crédito oficial) pola Covid. Estes avais foron habilitados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para facilitar o acceso ao crédito e á liquidez ás empresas e aos autónomos para amortecer o impacto económico da pandemia. En concreto, a CNMC investiga se os bancos obrigaron os clientes a vincular o acceso aos avais Covid do ICO a outros produtos. Ademais, analiza o uso dos préstamos como mecanismo para reestruturar as débedas financeiras preexistentes, segundo o presidente da CNMC, Cani Fernández. Os comportamentos analizados teñen a súa orixe en certa información que a CNMC recibiu a través da súa caixa de correo segura [email protected]. De feito, a axencia abriu esta canle para que empresas e cidadáns puidesen denunciar posibles prácticas anticompetitivas. |
PRAZA_7499 | O Foro Galego de Inmigración solicita "de forma urxente a desestimación e arquivo da causa aberta" e denuncia a "criminalización da poboación inmigrante" e "a persecución sistemática deste colectivo na Galiza" | O Foro Galego de Inmigración en relación coa causa aberta contra Laura Bugallo por axudar a persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa quere, en primeiro lugar, amosar a nosa solidariedade e agarimo coa nosa compañeira, traballadora incansable na defensa dos dereitos das persoas migrantes. Amosar o noso pleno convencemento de que as súas actuacións non perseguen un aproveitamento en beneficio propio do seu traballo coa poboación inmigrante de Santiago e Galiza. Ao contrario, Laura ten contribuído á integración de moitas persoas inmigrantes vinculadas ao Foro Galego de Inmigración. Por iso, solicitamos de forma urxente a desestimación e arquivo da causa aberta contra a nosa compañeira. Laura ten contribuído á integración de moitas persoas inmigrantes vinculadas ao Foro Galego de Inmigración En segundo lugar queremos manifestar que pola propia lexislación de estranxeiría, para poder axudar a persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, as persoas e entidades que traballamos con este colectivo vémonos na obriga de atopar mecanismos que nos permitan superar as dificultades que o exceso e a complexidade da documentación que se lle esixe provocan. Forma parte case do noso traballo cotián e non pode ser que estas actuacións (facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo) se convirtan en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades. Non pode ser que o facilitar un empadroamento ou un proceso de arraigo se convirta en obxecto de persecución policial contra esas persoas ou entidades En terceiro lugar queremos denunciar que actuacións tan lamentables como ésta dirixida contra Laura, obedecen, unha vez máis, á criminalización da poboación inmigrante, que se traduce na persecución sistemática cara a este colectivo na Galiza. Esta persecución inclue identificacións por criterios raciais en lugares públicos de uso habitual. Tamén observamos abraiad@s ás detencións domiciliarias de persoas inmigrantes, como si de delincuentes perigosos se tratase. Nestes casos as persoas son levadas aos centros de internamento de estranxeiros (CIES) de Madrid ou doutras partes do Estado, co correspondente gasto que supón esta actividade represiva. Esa actividade represiva esténdese tamén por último, como no caso da nosa compañeira, ás persoas e entidades que axudan ao colectivo de persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa, especialmente aquelas que, como éste Foro e como Laura, defenden os dereitos humanos e constitucionais destas persoas e denuncian as accións represivas intolerables que sufren por parte dos poderes públicos. Estas actuacións obedecen á criminalización da poboación inmigrante, e tradúcense na persecución sistemática cara a este colectivo Non pode ser que axudar a inmigrantes en situación irregular sexa delicto. E, polo tanto, solicitamos de forma urxente a desestimación e arquivo da causa aberta contra Laura Bugallo. |
NOS_58400 | As dez concellarías coas que contará o consistorio da cidade de Ourense repártense á metade entre Democracia Ourensá e Partido Popular. O novo alcalde da cidade Gonzalo Pérez Jácome nomea 5 membros de DO (entre os que se inclúe el mesmo) e 5 do PP para liderar o goberno local. | O novo alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, logrou o bastón de mando após pactar co PP a alcaldía da cidade das Burgas para Democracia Ourensá e a presidencia da Deputación de Ourense para o popular Xosé Manuel Baltar, quen temía non revalidar nela por falta de apoios ao perder a maioría absoluta. Porén, o acordo alcanzado entre as dúas formacións conservadoras vai máis alá, como vén de amosar o feito de que o novo alcalde da cidade das Burgas repartise paritariamente as 10 concellarías coas que conta o consistorio, correspondendo así 5 (incluída a propia alcaldía) para DO e outras 5 para o Partido Popular. Fica desta maneira estabelecido no nomeamento asinado por Jácome das e dos membros da xunta de goberno local. Esta xunta de goberno estará pois, composta por cinco edís de Democracia Ourensá: Miguel Caride (quen tamén é nomeado concelleiro-secretario e salienta como brazo dereito de Jácome), Armando Ojea, Isabel Rebanales e María Teresa Rodríguez, a maiores do propio alcalde. Elas e eles levarán as concellarías de Educación e Cultura, Mobilidade e Seguridade Cidadá e Recursos Humanos. Polo PP liderarán concellarías Eugenia Abella, Flora Moure, Sonia Ogando, Ana Fernández Morenza e Jorge Pumar. Xestionarán as concellarías de Termalismo, Deportes, Facenda, Urbanismo, Medio Ambiente e Servizos Sociais. A nova xunta de goberno local reunirase por primeira vez esta cuarta feira 19 de xuño en sesión constitutiva. Primeira medida de Jácome: o control horario O concello de Ourense contará cun control horario para traballadoras e traballadores municipais. Esta primeira medida tomada polo novo alcalde responde ás críticas que DO realizou nos últimos anos contra o persoal funcionario do concello. Aínda que o control horario está esixido por lei na actualidade, esta medida aínda non estaba implantada no concello. Villarino será o portavoz do grupo municipal do PSdeG Quen foi o candidato do PSdeG á alcaldía, Rafael Villarino, tamén vén de ser nomeado por unanimidade como portavoz do grupo municipal. Natalia González e Xosé Rúas serán viceportavoces, e o grupo contará coas e cos edís Custodia Concepción, Javier Rei, Rosa Martínez, Wilson Jones, Juana Axeitos e Borja López . Jácome propuxera un pacto para expulsar PP da deputación e concello A vida dá voltas, e o certo é que o portavoz de Democracia Ourensá propuxera o 28 de maio un pacto de catro forzas para explusar Manuel Baltar da presidencia da Deputación de Ourense, tal e como recolleu Sermos Galiza, e engadiu ademais que ese pacto debía estenderse ao Concello de Ourense. Os resultados do pasado 26 de maio depararon na deputación 12 escanos para o PP, 9 para o PSdeG, 2 para Democracia Ourensá, 1 para o BNG e 1 para Ciudadanos. Manuel Baltar ficou así a un escano da maioría absoluta. No concello de Ourense PSdeG foi a forza máis votada e obtivo nove edís, por sete do PP, sete de Democracia Ourensá, dous de Ciudadanos e dous do Bloque. |
NOS_1093 | Quosh naceu en Singapur e estuda en Oxford. Domina moitas linguas, entre elas o galego. Estuda lírica medieval galega e interésanlle os idiomas minorizados. É un dos alumnos dos cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras". | Case 3.000 persoas melloraron o galego nos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", que neste 2018 chegan á trixésimo primeira edición. Perto de 80 alumnas e alumnos procedentes de 24 países de Europa, América, Asia e África participan este ano nas aulas teóricas e prácticas de lingua e literatura galegas. Unha iniciativa coorganizada pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. Quosh, un estudante de Oxford nado en Singapur, é un dos alumnos que este verán se forman en Compostela. Afirma que aprendeu galego "por capricho" no Centro de Estudos Galegos e que participa nos cursos "Galego sen fronteiras" porque lle interesan "os idiomas minorizados e a sociolingüística, ao igual que as cuestións de normalización e o estudo da lírica medieval galega". Admite gostar, en especial, das cantigas de amor. A xornalista madrileña María Luisa, que fora directora do diario gratuíto Metro, é outra das alumnas. Explícanos que a meirande parte de quen toma parte dos cursos da RAG e do ILG "é lingüista e unha pequena parte é descendente de galegas e galegos e ten moito interese en recuperar a lingua". É o seu caso. "A miña nai era galega, mais non falaba galego porque era da época da diglosia forte e na casa rifábanlle cada vez que o falaba. Aos 16 emigrou a Madrid e perdeu o pouco que sabía", sinala. Tamén é filla de catalán, "meu pai era moi catalán, mais tamén perdeu a lingua". Insiste en que á súa idade "fago esforzos por aprender e mellorar galego". Jon: "En Euskadi hai menos falantes de euskera que na Galiza de galego, mais percibo que en Euskadi hai moito máis interese por parte dos políticos e das institucións por facer programas de inmersión" Jon, de Bilbo, participa da iniciativa logo de ser alumno dos cursos de sociolingüística e literatura galega da Universidade de Deusto. Di non ter vinculación familiar ningunha con Galiza, mais quixo aprender a lingua "por respecto" e por identificarse, como euskadun, coa situación que padece o galego, "é certo que en Euskadi hai menos falantes de euskera que na Galiza de galego, mais percibo que en Euskadi hai moito máis interese por parte dos políticos e das institucións por facer programas de inmersión lingüística que aquí". O catalán Max accedeu aos cursos a través dunha aula de literatura galega da Universitat de Barcelona na que participou. Admite que fala máis a súa lingua que galego na Galiza porque atopa "moitos cataláns" en Compostela. Nado no Baix Llobregat, considera que o catalán "está moito mellor que o galego a nivel oficialidade, o feito de que haxa moitos máis medios de comunicación na lingua propia en Catalunya que na Galiza é só unha das moitas mostras". Porén, advirte que hai zonas dos Països Catalans en que non se fala tanto catalán "como se pensa". "Nas vilas está máis vivo o galego que o catalán en moitas zonas de Catalunya como son as proximidades de Barcelona ou Tarragona", asegura, "quizais se deba á emigración que procedeu doutros territorios do Estado". Lucille, de Franza, tamén se animou a estudar galego. Vive en Roma e salienta que gosta de aprender novos idiomas "por curiosidade e por descubrir outras culturas". "Un chute de autoestima" O recentemente nomeado director do ILG, Xosé Luís Regueira, foi o primeiro profesor destes cursos para persoas de fóra da Galiza na altura de 1988. "En principio, a idea encamiñábase a lograr que o galego tivese presenza nas universidades do exterior, algo que os cataláns fixeran xa nos sesenta", explica, en declaracións a Sermos Galiza. O académico de número e profesor da USC lembra como, na súa estadía na Universidade de Colonia, apenas había libros en galego, "tan só o dicionario de Franco Grande; a gramática de Carvalho Calero ou El idioma gallego, de De La Iglesia, e mesturadas con obras navarras, asturianas…". Regueira: "Existimos na medida en que estamos presentes no mundo" Pasado o tempo, xurdiron os centros de estudos galegos nas universidades. Existimos, salienta Regueira, na medida en que estamos presentes no mundo e afirma que na actualidade rapaces de Varsovia, Oxford ou Nova Iorque teñen a posibilidade de estudar literatura galega ou lingua galega. "Hai rapazas de distintos países que fan o equivalente ao Traballo de Fin de Grao sobre gramática galega, ou sobre a literatura galega", di. "Estes cursos dan como resultado traballos universitarios en galego. Un catedrático de Zurich, que segue a vir por aquí, fixo en galego a súa tese e potencia a lingua nas universidades en que está", agrega, "ao igual que hai vinte libros galegos traducidos ao ruso grazas a unha catedrática rusa, ou Cousas, de Castelao, en romanés, grazas a un profesor de Romanía". Regueira, que dirixe os cursos xunto o profesor e academico Henrique Monteagudo, pon en valor "o chute de autoestima" que representan os citados exemplos e o feito de que se percibida a galega, tamén no exterior, unha cultura valiosa. "Trátase de normalizar a cultura galega, que sexa vista nas universidades como unha cultura, unha lingua e unha literatura máis, porque as persoas de fóra non teñen ningún tipo de prexuízo ao respecto", engade. "Aquí tendemos a pensar: para que quere este alumnado o galego? Para que lles serve?, mais a pregunta deles é: por que non o vou facer? Ademais, venlle moitas posibilidades ao galego pola proximidade co portugués", conclúe. Unha "visión plural" de Galiza Os cursos combinan aulas teóricas e prácticas con palestras que, segundo a Academia, ofrecen unha visión plural da cultura galega a través das olladas de profesionais do mundo do teatro, a poesía, a divulgación científica ou os medios de comunicación, excursións e obradoiros ou roteiros sobre a tradición musical. Este ano participan das palestras o catedrático de Historia Contemporánea e académico de número Ramón Villares; o músico Mauro Sanín; a directora do semanario Sermos Galiza, María Obelleiro; o xornalista da TVG Alberto Mancebo; a actriz e o actor de Chévere Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; a investigadora e poeta María do Cebreiro Rábade Villar; a profesora Pilar Ponte; a xurista Alba Nogueira; o científico e divulgador Xurxo Mariño e o sociolingüista bengalí Anik Nandi. |
PRAZA_11161 | O Supremo condena a 13 anos de cadea a Junqueras; a 12 a Romeva, Turull e Bassa; a 11 e medio a Forcadell; a 10 e seis meses a Forn e Rull e a nove a Jordi Cuixart e Jordi Sánchez. Son penas máis altas das solicitadas pola Avogacía do Estado | O Tribunal Supremo condenou a 13 anos de prisión por sedición e malversación ao líder de ERC, Oriol Junqueras. Polos mesmos delitos, aínda que a penas de 12 anos, foron condenados os ex-consellers Raül Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa, mentres que para a ex-presidenta do Parlament Carme Forcadell a pena imposta polo tribunal foi de 11 anos e medio de cárcere unicamente por sedición, único delito polo que tamén foron condenados os ex-consellers Joaquim Forn e Josep Rull a 10 anos e seis meses de cadea.O Supremo condena a 13 anos de cadea a Junqueras; a 12 a Romeva, Turull e Bassa; a 11 e medio a Forcadell; a 10 e seis meses a Forn e Rull e a nove a Jordi Cuixart e Jordi SánchezPara o ex-líder da ANC Jordi Sànchez e o presidente de Òmium Cultural, Jordi Cuixart, a condena é a nove anos de prisión. Iso é o que ditamina a sentenza do xuízo do procés feita pública na mañá deste luns, tal e como se adiantara durante a fin de semana a través de numerosas filtracións a diferentes medios, e que acaba condenando os líderes independentistas por sedición, e non por rebelión, pero con elevadas penas de cadea para todos os líderes independentistas. O tribunal conclúe que os condenados idearon unha "estratexia concertada" con "repartición de papeis" para alcanzar a independencia. De Junqueras destaca o seu "liderado" no procés froito da súa dobre condición de vicepresidente do Govern e presidente de ERC. A "pertinaz desantención" de Junqueras ás ordes do Constitucional para que non impulsase o referendo, indica o tribunal, "despexa calquera dúbida sobre o seu control do proceso de creación lexislativa e regulamentaria que fixo posible a celebración do referendo declarado ilegal". O resto de ex-consellers foron os encargados de executar a "concertada actuación sediciosa" desde os seus respectivos departamentos. O tribunal conclúe que os condenados idearon unha "estratexia concertada" con "repartición de papeis" para alcanzar a independenciaA data clave para a condena por sedicion é o referendo do 1-O, cando os condenados, segundo di o Supremo, culminaron a súa estratexia de desobediencia ás leis estatais e chamaron á cidadanía a concentrarse nos centros para impedir a actuación policial. Para o tirubnal, Sànchez e Cuixart tiveron un papel clave para intentar "neutralizar calquera manifestación de poder emanada das autoridades xudiciais" mediante chamadas á mobilización". O tribunal detense en analizar a actitude dos Mossos d'Esquadra o 1-O e avala a crítica ao dispositivo da policía catalá que formulou o ex-alto cargo de Interior Diego Pérez de los Cobos e desdeña a do major Josep Lluís Trapero. Así, o Supremo resolve que a parella de mossos que acudiu a cada centro facilitou a votación no canto de impedila porque "supuxo unha neutralización da capacidade operativa dese corpo policial". "A coartada da insuficiencia de Mossos en cada un e en todos os centros para cumprir o mandato da Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza, mostrouse con cínica notoriedade", engaden os maxistrados. Respecto ao ex-titular de Interior Joaquim Forn asegúrase que logrou "a efectiva ordenación da actuación" dos Mossos d'Esquadra cos seus "obxectivos políticos".O relato dos feitos probados sentenciado polo tribunal non abranque todo o proceso soberanista e comeza coa aprobación das leis de desconexión en setembro de 2017. Ambas as dúas normas, conclúe o tribunal, "formaban parte dunha estratexia concertada polos principais acusados". "Do que se trataba era de crear unha aparente cobertura xurídica que permitise facer crer á cidadanía que cando depositase o seu voto estaría contrubuíndo ao acto fundacional da República independente de Catalunya", engade a setnenza en referencia ao referendo.A esta estratexia "concertada" entre os ex-consellers e Forcadell para impulsar a votación sumáronse os Jordis cunha "función relevante na mobilización dos cidadáns" para "lograr unha participación relevante na consulta presentada como a expresión do 'dereito a decidir". Òmnium e ANC, engade o tribunal, "foron postas polos seus dous principais dirixentes ao servizo da manobra de presión política que fora ideada de forma concertada co resto dos acusados". VIolencia pero non a suficienteO tribunal considera probada a existencia de violencia pero non a suficiente para acreditar un delito de rebelión. Explica o ditame que debería terse dada dun xeito "instrumental, funcional, preordenada de forma directa, sen pasos intermedios, aos fins que animan á acción dos rebeldes" e que non fi así. Igualmente, a sentenza destaca que os feitos de violencia puntual que se deron tiveron "absoluta insuficiencia" para "impoñer de feito a efectiva independencia territorial e a derrogación da Constitución en territorio catalán". No plano "subxectivo", o Supremo considera acreditado que o obxectivo último e verdadeiro dos procesados non foi a independencia senón "crear un clima ou un escenario" no que se fixese máis viable unha ulterior negociación". Por tal motivo, considera que a violencia que se deu non encaixa no tipo penal da rebelión. "Baixo o imaxinario dereito de autodeterminación agochábase o desexo dos líderes políticos asociativos de presionar o Goberno da Nación para a negociación dunha consulta popular", engade. "Eran coñecedores de que o que se ofrecía á cidadanía catalá como o exercicio lexítimo do dereito a decidir non era senón o reclamo dunha mobilización que nunca desembocaría na creación dun Estado soberano", conclúe. A sentenza asegura que os líderes independentistas "eran coñecedores" de que nunca se acabaría coa "creación dun Estado soberano"Tanto os que fuxiron como os que quedaron, di o Supremo, "eran conscientes da manifesta inviabilidade xurídica" do referendo do 1-O. Tamén eran coñecedores, engade, de que un referendo "sen a máis mínima garantía de lexitimidade e transparencia" para contabilizar o resultado "nunca sería homologado por observadores internacionais verdadeiramente imparciais". Neste punto chega o reproche da utilización da cidadanía catalá que, a xuízo do Tribunal Supremo, levaron a cabo os condenados. "Eran conscientes de que a ruptura do Estado esixe algo máis que a obstinada repetición de consignas dirixidas a unha parte da cidadanía que confía inxenuamente no liderado dos seus representantes políticos", engade. E céntrase na declaración de independencia, que considera unha "insalvable contradición" de quen a proclamou e, a continuación, deixouna sen efecto para reclamar unha negociación co Estado "soberano"."É violencia para lograr a secesión, non violencia para crear un clima ou un escenario no que se faga máis viable unha ulterior negociación", engade. O Supremo asegura que "abondou unha decisión do Tribunal Constitucional para despoxar de inmediata executividade aos instrumentos xurídicos que se pretendía facer efectivos polos acusados". O ditame recréase nese argumento ao engadir: "A conxura foi definitivamente abortada coa mera exhibición dunhas páxinas do BOE que publicaban a aplicación do artigo 155 e a Constitución na comunidade autónoma de Catalunya".O tribunal considera probada a existencia de violencia pero non a suficiente para acreditar un delito de rebeliónAquelas disposicións do Estado, autorizadas ao Goberno polo Senado, "aplicáronse con normalidade" e provocar nalgúns dos procesados a súa "repentina fuxida". Neste apartado, o ponente do ditame, Manuel Marchena, dedica unha frase a ámbitos extraxurídicos para reprendelos: "Resolver o xuízo de tipicidade respondendo cun monosílabo á pregunta de seu houbo ou non violencia supón incorrer nun reducionismo analítico que esta sala non pode subscribir". Respecto da actuación policial o 1-O, o Supremo conclúe que os axentes da Policía Nacional e da Garda Civil víronse "obrigados ao uso da forza legalmente prevista" aquel día debido á "oposición decidida" dos votantes a desaloxar os centros. O Supremo avala a actuación da policía e da Garda Civil o 1-O porque se viron "obrigados ao uso da forza" ante a resistencia "compactada" dos votantesA resistencia "compactada" dos votantes nos centros, auspiciada polos líderes soberanistas, comportou "o uso da forza suficietne para neutralizar os axentes de policía que lexitimamente trataban de impedir a votación" en virtude da orde do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC). O ditame remarca que foron os cidadáns concentrados nos centros os que "intentaban impedir a toda costa o cumprimento da resolución xudicial da que eran portaadores os axentes" para impedir a votación. Penas máis altas das que pedía a Avogacía do EstadoAs penas impostas polo tribunal aos líderes independentistas son un pouco máis altas das solicitadas pola Avogacía do Estado, a acusación que solicitaba a condena por sedición. Ademais, o ditame supón un pau para a Fiscalía, que atribuía aos acusados un delito de rebelión. As penas impostas polo tribunal son un pouco máis altas das solicitadas pola Avogacía do Estado, a acusación que solicitaba a condena por sedición. A Fiscalía pedía penas de até 25 anos de cárcere para Junqueras, 17 para os Jordis e Forcadell e 16 para o resto de ex-consellers por rebelión, mentres que a Avogacía do Estado cualificou os feitos do procés como un delito de sedición e rebaixou a petición de pena a 12 anos de cárcere para o líder de ERC, 11 e medio para o resto de ex-consellers en prisión preventiva e oito para a ex-presidenta do Parlament e os líderes civís soberanistas. A acusación popular do partido de extrema dereita Vox solicitaba até 72 anos de cárcere por rebelión e organización criminal. |
PRAZA_10348 | Todos os centros de ensino de Galicia terán acceso á plataforma Office 365 da multinacional, que tamén formará a profesorado de ciclos de FP. O acordo espertou xa críticas pola "dependencia tecnolóxia", os problemas de privacidade e o desprezo ás solucións de software libre e aberto | A Xunta asinou este luns un acordo con Microsoft para que todos os centros de ensino de Galicia teñan acceso "de forma gratuíta" á plataforma Office 365 de Microsoft, que inclúe a ferramenta de colaboración Microsoft Teams. A iniciativa, que chegará a 280.000 alumnos a alumnas, será efectiva o vindeiro curso e foi rubricada pola conselleira de Educación, Carmen Pomar; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e a presidenta de Microsoft Ibérica, Pilar López. A plataforma estará dispoñible en galego e castelán. Pilar López, presidenta de Microsoft Ibérica, sinalou que "este acordo é un magnífico exemplo da importancia de expor esquemas de colaboración público-privadosO acordo coa multinacional inclúe tamén o acceso a plataformas e ferramentas de Microsoft para os 27 centros galegos de FP que na actualidade imparten ciclos de informática e comunicacións. Así mesmo, máis de 360 profesores destes ciclos de FP recibirán "formación especializada" impartida por profesionais de Microsoft en colaboración "con partners do ecosistema dixital galego".O Goberno galego defende que a medida servirá para fomentar as competencias dixitais do alumnado e permite "ampliar o abano de ferramentas ofimáticas coas que traballan os alumnos dos centros públicos galegos e as aulas Abalar", en palabras de Mar Pereira. Pola súa banda, Pilar López, presidenta de Microsoft Ibérica, sinalou que "este acordo é un magnífico exemplo da importancia de expor esquemas de colaboración público-privados co obxectivo de preparar e capacitar aos estudantes e docentes coas competencias que require a nova Sociedade Dixital". A Xunta asegura que "este convenio non supón custo para a administración". De feito, na actualidade calquera centro de ensino pode acceder xa de balde ao paquete Office 365 Education. Críticas polo fomento do software privativoMáis de 360 profesores de FP recibirán "formación especializada" impartida por profesionais de MicrosoftA medida supón un impulso decidido por parte do Goberno galego ao uso do software privativo nos centros de ensino público e entre todo o alumnado. O acordo recibiu de inmediato críticas por parte de usuarios e usuarias e entidades e empresas que defenden o uso de software libre. Estas críticas lembran non só o aforro económico que o software libre supón para administración, senón tamén a dependencia tecnolóxica que se xera co impulso do software privativo, o mesmo que as dúbidas que se abren con respecto á privacidade de profesorado, alumnado e centros de ensino. Sublíñase que solucións coma Libre Office, semellantes ao Office 365, son gratuítas.Critícase a "dependencia tecnolóxica" que se crea con este tipo de acordos e pregúntase pola "privacidade"A Asociación Xeopesca realizou xa unha solicitude de información, demandando coñecer o contido exacto do convenio subscrito entre AMTEGA, Consellería de Educación e Microsoft. Xeopesca pide que o Goberno galego informe sobre o impacto que este acordo terá no sistema educativo galego e o cumprimento que a plataforma Office 365 de Microsoft fai dos estándares abertos e da necesaria protección de datos, máis aínda ten en conta que será usado por menores de idade.Tamén se solicita un estudo "da dependencia tecnolóxica que producen as solucións baseadas en Office365 e Microsoft", os "tipos e duración" das licenzas nos que se ofrece o software no Office365. Pregúntase ademais polo custo económico que o acordo económico terá para a administración: tanto no aspecto formativo, de adaptación de procesos internos, coma de seguridade no CPD (Centro de Proceso de Datos).Igualmente, faise fincapé na "interoperabilidade" co sistema AbalarGNU Linux. O proxecto Abalar é a base da estratexia da Consellería de Educación para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia. Este luns Mar Pereira gabouse de que o acordo con Microsoft permite "ampliar o abano de ferramentas ofimáticas coas que traballan as aulas Abalar, nas que a actividade educativa se desenvolve con ofimática e sistemas operativos de código aberto".O acordo permite "ampliar o abano de ferramentas das aulas Abalar" nas que a actividade educativa se desenvolve con ofimática e sistemas operativos de código aberto, di a XuntaNon é a primeira vez que a Xunta recibe críticas polo seu fomento do software privativo. Nos últimos anos foron varias as ocasión nas que o Goberno galego realizou importantes investimentos en licenzas de software propietario, a pesar de manter no discurso e nalgunhas iniciativas unha posición de impulso do software libre.O pasado ano a Valedora do Pobo instou a AMTEGA a priorizar "a adaptación a software libre dos procedementos electrónicos ao dispor da cidadanía", lembrando que a falta de adaptación dos sistemas da Xunta "está a limitar o acceso de usuarios que empregan o software libre a procedementos de concorrencia competitiva, de matrícula nas Escolas Oficiais de idiomas e outros trámites que só admiten unha xestión telemática". |
NOS_50841 | O reformista proeuropeo e o conservador competirán pola presidencia do país dentro de dúas semanas | O reformista proeuropeo Boris Tadic e o conservador Tomislav Nikolic competirán nunha segunda volta das eleccións presidenciais en Serbia que serealizarán dentro de dúas semanas, segundo as primeiras proxeccións. Estas proxeccións sinalan que Tadic, líder do gobernante Partido Democrático (DS) e presidente serbio sería o vendedor da primeira volta co 27 % dos votos e Nikolic, lider da principal forza da oposición, o Partido Progresista Serbio (SNS), lograría o 25.6 % dos sufraxios. O terceiro candidato máis votado sería o socialista Ivica Dacic, actual viceprimeiro ministro e titular de Interior, co 15.2 %. A súa postura podería ser decisiva para unha segunda volta, se decide apoiar a algún dos dous aspirantes máis votados. |
NOS_56025 | A Internacional Charity Foundation "The Dialogue of Cultures -The United World" e a embaixada da Federación Rusa en Portugal fixeron esta achega á vila. A estatua en bronce realizada por A.D. Leónov xa forma parte do Museo de Arte Urbano (MAU), que se atopa na Taguspark. Aliás, representa a "amizade" entre Rusia e Portugal. | A cámara municipal de Oeiras, unha administración semellante ao que sería un concello na Galiza, vén de inaugurar un busto do astronauta Yuri Gagarin (1034-1968). A estatua en lembranza do cosmonauta, que pode verse na Taguspark – Cidade do Conhecimento desde este domingo, foi unha doazón da Internacional Charity Foundation "The Dialogue of Cultures -The United World" e a embaixada da Federación Rusa en Portugal á vila. O busto en bronce que deseñou A.D. Leónov é unha achega entre os pobos, un símbolo da "amizade entre Rusia e Portugal" como sinalou a entidade local, mais tamén unha homenaxe. A través da figura do astronauta quere lembrarse o 60 aniversario do primeiro voo espacial no que participaron seres humanos, no que precisamente participou o coñecido Gagarin. Segundo recolleu o xornal portugués Jornal de Noticias, o CEO da Taguspark, Eduardo Baptista Correia, afirmou: "Na Taguspark, o comunismo está no museu. Esta obra de arte, que inclui a bandeira da URSS junto ao busto de Yuri Gagarin e do foguetão Vostok 1, é uma homenagem ao primeiro ser humano no espaço e a este acontecimento marcante". O acto de inauguración decorreu no marco do FIC.A, o Festival Internacional da Ciencia. Agora a peza forma parte do MAU ou Museo de Arte Urbano. Neste evento estiveron presentes, ademais de Correia, o máximo dirixente de Oeiras, Isaltino Morais, e o embaixador da Federación Rusa, Mikhail L. Kamynin. "É importante resaltar que a historia non se pode cambiar, pero debemos aprender dela e, conscientes da súa relevancia", resumiu Correia. |
NOS_51719 | O proceso que inicia o hospital de Vigo enmárcase nunha investigación que busca obter evidencias científicas sobre a efectividade deste tratamento contra o coronavirus. | O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) prevé comezar a utilizar plasma de pacientes da COVID-19 curadas como terapia antiviral desde esta semana. Desde o Servizo Galego de Saúde (Sergas) detallaron que un informe recente da Organización Mundial da Saúde (OMS) sinalou que os primeiros resultados do uso de plasma de pacientes convalecentes apuntaban a que podía representar un tratamento "potencialmente útil para a COVID-19". Por este motivo, no mes de abril, o servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Chuvi iniciou a selección das posíbeis doadoras de acordo coas recomendacións dos criterios mínimos de seguridade e calidade que se deben respectar para a obtención de plasma de persoas convalecentes. Así, estabeleceuse que as persoas doantes deben contar cun diagnóstico de COVID-19 documentado por probas de laboratorio, ademais de presentar un bo estado de saúde e ser asintomáticas para colaborar na investigación. Tamén será preciso que transcorran 14 días desde que presenten un resultado negativo na proba de detección da enfermidade e que estean recuperadas por completo. Extracción de plasma Deste xeito, hai semana e media, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) iniciou en Vigo a extracción de plasma de pacientes que se recuperaron do coronavirus. Este estudo iniciouse na cidade olívica, mais tamén se estenderá aos demais hospitais da Galiza. A través de ADOS, a Consellaría de Sanidade colaborou cos hospitais públicos no deseño deste estudo co obxectivo de obter evidencias científicas en relación á utilización de plasma procedente de pacientes recuperadas. Para iso, estabeleceuse un protocolo de doazón de plasma e unha determinación de anticorpos que bloquean o virus. A axencia galega de doazón asumiu o tratamento das unidades de plasmaféresis e o seu procesamento. Estas foron criopreservadas e almacenáronse a -30 graos, mentres que a súa vida útil poderá alongarse até os dous anos. A etiquetaxe do plasma obtido realízase de acordo cos estándares de calidade do Comité de Seguridade Transfusional do Ministerio de Sanidade e a súa utilización limitarase á investigación en pacientes coa COVID-19. |
NOS_56670 | Lamenta a "falta de vontade de acordo nas forzas progresistas e galegas" para presentar unha candidatura unitaria. A renuncia dos de Villares súmase á decisión de Anova de non concorrer a estes comicios xerais do 10 de novembro. | "O plenario de En Marea acordou non concorrer a estas eleccións xerais como un exercicio de responsabilidade para non contribuír á atomización das forzas progresistas na Galiza". Con estas palabras anuncia o partido liderado por Luis Villares mediante un comunicado que non estará na cita coas urnas deste 10 de novembro. A decisión adoptouse nun plenario convocado con carácter extraordinario para analizar o escenario electoral. A imposibilidade de fraguar a "candidatura única de forzas galegas e progresistas" que pedían os de Villares é un dos motivos expostos para non concorrer a esta cita. O outro motivo, ligado co primeiro, é evitar unha "maior fragmentación" do "espazo progresista galego" que implicaría, din, que En Marea se presentase a estes comicios. Co adianto oficial das eleccións xerais e a irrupción no mapa político de Más País especulouse dunha posíbel alianza entre a formación de Errejón e En Marea para concorrer ao 10N, mais esta non callou. En Marea é a segunda formación galega en decidir non concorrer a estas eleccións estatais. O pasado 30 de setembro Anova anunciaba que renunciaba a participar nestes comicios. "Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás vindeiras eleccións xerais", |
PRAZA_1281 | O pesqueiro Marianne de Gothenburg, que abre unha nova frota da liberdade, fai parada esta fin de semana en Bueu, onde unha gala solidaria lembrará o quinto aniversario do ataque israelí ao Mavi Marmara, que acabou coa vida de nove activistas. Falamos con Elvira Souto (BDS-Galiza) | O pasado 10 de maio partiu do porto sueco de Gotemburgo o pesqueiro Marianne de Gothenburg, que percorrerá 5.000 millas náuticas en dirección a Palestina, formando -xunto con outras embarcacións que se unirán polo camiño- a terceira Frota da Liberdade, unha acción que busca rachar o ilegal e inhumano bloqueo da Franxa de Gaza. O barco recalou en Helsingborg, Malmö, Copenhague e Brest, entre outros portos, lugares nos que distintas actividades serviron para denunciar a situación que viven os e as habitantes de Gaza. Este sábado o Marianne de Gothenburg chegará a Bueu, onde a súa tripulación (formada por cinco persoas) será recibida de forma oficial no Concello. Haberá tamén visitas ao barco e proxectarase o documental Todos a bordo. Testemuños do ataque ao Mavi Marmara. O domingo, ademais, celebrarase unha gala artística de apoio á Flotilla. O luns o barco continuará o seu percorrido, en dirección a Lisboa, Motril (Granada) e, despois, cara a outros portos do Mediterráneo. Ademais dos seus cinco tripulantes, en cada etapa o pesqueiro leva oito delegados e delegadas, que se van relevando. En Bueu subirán a bordo Ana Miranda (eurodeputada do BNG no período 2016-2017), Ana da Palma (activista do Grupo de Ação Palestina do Porto) e Edu Muriel (xornalista de La Marea). A gala artística coincide co quinto aniversario do ataque da armada de Israel ao Mavi Mármara A gala artística que se celebrará o domingo a partir das 20 horas na Praza Massó de Bueu coincide co quinto aniversario do ataque da armada de Israel ao Mavi Mármara cando o buque navegaba en aguas internacionais. O ataque acabou coa vida de nove activistas e provocou feridas en máis de trinta. Na gala, organizada por Pallasos en Rebeldía, BDS-Galiza, Cultura Activa e Rumbo a Gaza, xunto co Concello de Bueu, actuarán Uxía + Narf, a Banda de Gaitas Manxadoira, Isabel Risco (Nabiza Girl), Najla Shami, Pandeiromus, Lucía Novas e Circo Chosco. Antes, ás 19 horas, na mesma praza, actuará o pallaso Peter Punk e haberá pasarúas da Treboada Ameaça do Bombo e da charanga solidaria chegada de Xixón. "Os mariñeiros en Gaza, vítimas preferidas do exército sionista" O obxectivo é "pór outra vez na axenda o problema de Palestina. Moita xente tende a esquecer o que alí sucede, unha vez que pasan os ataques máis graves. Pero no día a día a xente segue sufrindo agresións" Elvira Souto (BDS-Galiza) salienta que o obxectivo é "pór outra vez na axenda o problema de Palestina. Moita xente tende a esquecer o que alí sucede, unha vez que pasan os ataques máis graves. Pero no día a día segue habendo ataques pequenos e a xente segue sufrindo agresións". Explica, ademais, a escolla de Bueu para que o pesqueiro fixese a súa escala galega: "buscabamos un lugar pequeno, que tivese unha administración receptiva á iniciativa e que, ademais, fose un porto pesqueiro". A referencia á pesca e ao carácter mariñeiro de Bueu e de Gaza non é casual: a campaña iniciada este ano por Rumbo a Gaza chámase Gaza, Porto Aberto, e busca poñer o foco nas agresións que sofren habitualmente os mariñeiros gazatís cando tentan levar a cabo unha actividade -a pesca- que durante séculos foi unha das bases da súa economía. "Os mariñeiros en Gaza son algunhas das vítimas preferidas do exército sionista. Israel deixoulles un espazo de só 6 millas para pescaren, que son ademais augas moi esgotadas e moi contaminadas, porque é aí onde van parar todos os vertidos de Gaza e dos seus case dous millóns de habitantes", explica Elvira Souto, que denuncia que "os mariñeiros de Gaza con vítimas de ataques constantes por parte da Armada israelí, cunha media dun morto e 52 feridos por ano. Mátanos pescando, é o nunca visto". "Antes da ocupación, os mariñeiros gazatís pescaban anualmente 6.500 toneladas, que desembarcaban nos catro peiraos da cidade, xerando uns ingresos totais de máis de 10 millóns de dólares. Hoxe, o 97% dos mariñeiros dependen da axuda humanitaria para sobrevivir", engade. "Antes da ocupación, os mariñeiros gazatís pescaban anualmente 6.500 toneladas, que desembarcaban nos catro peiraos da cidade, xerando uns ingresos totais de máis de 10 millóns de dólares" O Marianne non é un buque de carga, pero transporta paneis solares e equipamento médico para a poboación palestina. Na Franxa de Gaza, "onde as infraestruturas foron demolidas, os paneis solares poderán servir para ofrecer unha oportunidade de produción local independente de enerxía limpa", destacan os organidores da Flotilla da Liberdade. "O sol non pode ser bloqueado", engaden. As peticións do colectivo Rumbo a Gaza, creada no 2009, inclúen: a fin do bloqueo ilegal imposto á Franxa de Gaza desde o 2006, a fin da ocupación do Territorio Palestino, que se prolonga xa desde o 1967, unha solución para a poboación actualmente refuxiada e que foi expulsada en 1948, que a potencia ocupante sexa a responsable xurídica e economicamente dos ataques infrinxidos á poboación ocupada que está ao seu cargo, e o respecto aos principios democráticos e aos dereitos humanos. |
NOS_7169 | As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT reclaman a retirada do Código Ético que presentou o presidente Núñez Feijóo e esixen un "comportamento exemplarizante" cos seus cargos imputados. | Os tres sindicatos acordaron rexeitar o "Código ético institucional" que promoveu o goberno galego porque, segundo afirman, non queren "ser cómplices da campaña propagandistica e difamatoria na que queren e están a implicar aos traballadores e as traballadoras da Xunta de Galiza". Reclámanlle ao presidente da Xunta que esixa no seu partido un "comportamento exemplarizante" cos cargos imputados en casos de corrupción, a quen aínda non se lle esixiron responsabilidades. Para as centrais sindicais, o anuncio de Feijóo responde ao afán de desviar a atención cando a única saída é o cese inmediato de calquera cargo imputado por corrupción. CIG, CCOO e UGT, con presenza na Mesa Xeral de Negociación do persoal da Xunta de Galiza, reclaman agora a retirada do borrador despois de non ter asistido á xuntanza á que foran convocadas, como sinal da oposición á unha política, ao seu ver, propagandística que o que pretende é "desviar a atención dos múltiples casos de corrupción nos que están implicados numerosos cargos institucionais do PP en Galiza". Lémbranlle ao presidente, que onde é preciso aplicar un código ético é no propio Partido Popular. Normativa xa había, sen aplicar "O ético e exemplarizante sería que calquera político/a imputado por corrupción, fose apartado das súas responsabilidades, até que se clarificase a súa situación penal e non ao revés, que se manteñan nos postos até que son condenados en firme", manifestan nun documento que remitiron á administración. Lamentan, pola contra, "o ridículo intento de implicar ao persoal que traballa na administración pública, sinalándonos, como posíbeis perceptores de agasallos" nun afán de "desviar a atención, para que non se fale dos verdadeiros culpábeis dos escandalosos casos de corrupción". Aproveitan as tres centrais para identificar o que definen como "principal foco de corrupción", que serían as políticas privatizadoras e de desmantelamento dos servizos públicos. As tres centrais sindicais afondan tamén no carácter propagandístico do anuncio de Feijóo ao lembra que xa existe normativa marco neste ámbito que a Xunta non está a aplicar nin a facer cumprir. "Os e as empregados/as públicos non necesitamos ningún código ético, pois somos profesionais que actuamos baixo os principios de independencia e imparcialidade, e estamos sometidos ao cumprimento das normas e do noso propio réxime disciplinario. Os/as que necesitan que lles apliquen códigos de conduta son as políticas e os políticos imputados, para que sexan apartados das súas responsabilidades públicas. Deberíase de cumprir o principio de político/a imputado, político/a apartado", insisten no seu escrito. |
NOS_16855 | A policía española ofereceu á familia Pujol impunidade a cambio de non avalaren a aposta independentista do partido fundado polo ex presidente da Generalitat. | Segundo publica o diario El País, o comisario Luis Villarejo mantivo dúas reunións con Josep Pujol Ferrusola, un dos vástagos do líder histórico do nacionalismo catalán. No primeiro encontro, decorrido en febreiro de 2014, o policía díxolle literalmente: "Se colaborardes contra a independencia, todo isto rematará axiña". El País indica que até catro fontes distintas lle confirmaron a veracidade desta información. A policía teríalle pedido aos Pujol "porcaría" de Esquerra Republicana Villarejo díxolle a Josep Pujol o seguinte: "O que temos que facer é parar esta loucura. Téndenos que dar porcaría de Esquerra Republicana. Estades a pór en perigo todo". De acordo coa versión do fillo de Pujol, Villarejo daba conta das súas investigacións directamente ao chefe de gabinete de Mariano Rajoy, Jorge Moragas. A familia Pujol mantivo a súa aposta na independencia. No verán de 2014 estourou o escándalo ao trascender movimentos de contas de Marta Ferrusola, a esposa de Jordi Pujol, e de catro dos fillos do ex presidente da Generalitat. En xullo, o fundador de Convergència confesou que tiña diñeiro non declarado a Facenda en Andorra. |
NOS_31570 | Hoxe, 17 de agosto, é un día para a memoria, para honrar a Galiza Mártir, simbolizada na figura de Alexandre Bóveda, que hai 79 anos era asasinado na Caeira (Poio) polos falanxistas. | Como cada ano, o 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, é un día para a memoria de todas as mártires e os mártires do país que morreron asasinados por defenderen os seus ideais. O 17 de agosto é o día no que os galegos e galegas conmemoramos a figura de Alexandre Bóveda, ao que Castelao definiu como motor do Partido Galeguista. E é que aquel fatídico 17 de agosto de 1936, Bóveda, un dos fíos que teceu o anteproxecto de Estatuto, era fusilado no monte da Caeira despois de ser detido o 20 de xullo de 1936 por traizón e condenado a morte nun xuízo que tivo lugar o 13 de agosto do mesmo ano. Para recoñecer a figura e traxectoria política de Bóveda e para recuperar a memoria do noso pobo, Pontevedra e Poio acollen na data do seu asasinato diversos actos de homenaxe. Nesta ocasión, a xornada comezará ás 13h no Monumento á Galiza Mártir, na Caeira (Poio) cun acto institucional organizado polo Concello de Poio que contará coas intervencións de Silvia Díaz (concelleira de Cultura), Xosé María Álvarez Cáccamo (Regaduxa), Uxío-Breogán Diéguez (presidente da Fundación Alexandre Bóveda), Amelia Bóveda (representante da familia) e de Luciano Sobral (alcalde de Poio). Durante o xantar da Fundación Alexandre Bóveda terá lugar a entrega do X Premio Galiza Mártir a título póstumo a Francisco Carballo A continuación, desenvolveranse os tradicionais xantares da Fundación Alexandre Bóveda e de Galiza Nova. Durante o xantar da Fundación Alexandre Bóveda terá lugar a entrega do X Premio Galiza Mártir a título póstumo a Francisco Carballo. Na xornada da tarde, a partir das 19h, celebrarase unha homenaxe cívica no cemiterio pontevedrés de Santo Amaro, coas intervencións do escritor Suso de Toro e do vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, David Otero. Ás 20.30h comezará o acto político organizado, como cada ano, polo BNG e por Galiza Nova na praza de Curros Enríquez (Pontevedra). Intervirán Sabela Bará, responsábel comarcal de Organización de Galiza Nova, e César Mosqueira, vicepresidente da Deputación de Pontevedra. |
NOS_57419 | A actividade está organizada polo Concello de Quijorna, gobernado polo PP. Din que é "unha exposición histórica" e que "non está montada para que a xente se fixe nas cruces gamadas, senón nos símbolos militares". | Esvásticas, bandeiras franquistas, bufandas co lema 'Todo por la Patria', retratos de Franco, faixas con lemas como '¡Saludo a Franco! ou ¡Arriba España!... todo este merchandising pro-fascista pode adquirirse no mercado que hai montado no colexio (público) Príncipes de Asturias, en Quijorna, unha localidade de Madrid que ten por volta de 3.000 habitantes e onde goberna o PP. O concello informou de que o centro acollería "unha exposición de carácter militar". Na práctica, unha ducia de postos onde podía atoparse practicamente calquera símbolo de ensalzamento da ditadura franquista e do nazismo, até insignias nazis que na Alemaña están prohibidas. Desde o Concello razoan que "a exposición non está para que a xente se fixe nas cruces gamadas, senón nos símbolos militares". O primeiro tenende de alcalde, José Luis Pérez Maroto, acrecentou: "é unha exposición histórica, ou imos renunciar á batalla de bailén?". |
NOS_18686 | Stop-desafiuzamentos convocou unha mobilización secundada por colectivos sociais e organizacións sindicais para visibilizar o rexeitamento a esta práctica emprendida polas entidades financeiras e que deixa cada día na Galiza cinco familias sen casa. Cada desafiuzamento afecta a unha media de tres persoas | Na Galiza, cada día cinco familias quedan sen vivenda, e cada desafiuzamento afecta unha media de tres persoas. Porén, no Estado español hai máis dun millón de casas baleiras. En contra da execución do que consideran "un xenocidio financeiro" e clamando por responsabilidades "entre aqueles que son premiados con indemnizacións e xubiliacións multimillonarias", decenas de persoas secundaron esta cuarta feira a mobilización convocada en Vigo pola plataforma cidadá Stop-desafiuzamentos, que contou co apoio de diversos colectivos sociais e das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT. Suxeitando candeas coas que quixeron recordar as persoas que se suicidaron pola "estafa" da crise económica --máis de cen nos últimos sete anos--, a acción consistiu nunha cadea humana que percorreu distintas entidades bancarias situadas no cruce de Colón, após unha concentración diante da porta da sede principal de Novagalicia Banco na cidade olívica. O obxectivo primeiro foi visibilizar o rexeitamento d@s alí presentes "a este abuso continuado por parte das entidades financeiras e dos seus gobernos cómplices".As mobilizacións contra os desafiuzamentos reprodúcense en todos os recunchos do país. Esta terza ducias de persoas bloquearon as oficinas do BBVA no barrio compostelán de Conxo contra a posibilidade de que unha familia veciña fique sen casa. Desde a dirección da entidade bancaria recoñeceron a súa preocupación, mais enfocárona cara a un obxectivo concreto: que as protestas cidadás "non danen a imaxe do banco". Nestes termos pronunciouse o director substituto da entidade ao saber da mobilización que Stop-desafiuzamentos prevé realizar a finais desta semana diante da oficina central en Compostela. |
NOS_2967 | O sindicato insiste na readmisión do seu representante sindical no estaleiro, unha petición á que Barreras non está disposta a acceder. | Coincidindo co acto de conciliación no SMAC, representantes da CIG mobilizáronse na cuarta feira en Vigo para denunciar a represión sindical en Hijos de J. Barreras e en demanda da readmisión do seu representante sindical no estaleiro, Rafa Pérez. Segundo denunciou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, durante a concentración, o despedimento de Pérez responde "ao intento de amedrentar, de querer calarnos a boca ante a crise que ten o sector naval na comarca de Vigo e a nosa exixencia á Administración de que actúen para evitala". Carril tamén aproveitou para solicitar a derrogación da reforma laboral, "que permite que siga avanzando a crise do naval e, en concreto, o ERTE de Barreras", e volveu reclamar unha intervención pública nos estaleiros e a creación dunha Mesa do Naval para a comarca de Vigo para facer fronte á crise do sector. Unha solicitude que remitiu por carta á Ministra e ao conselleiro de Industria e da que aínda non obtivo resposta. O acto de conciliación, pola súa banda, rematou sen avinza, xa que Barreras non puxo sobre a mesa a readmisión de Pérez. O traballador recibira a comunicación de despedimento o pasado 2 de xullo, na que a empresa restrinxía tamén o seu acceso ás instalacións. Para xustificar a súa decisión, o estaleiro imputáballe dúas faltas por presunto abandono do posto de traballo e por ter supostamente facilitado o acceso para realizar unha ocupación simbólica das instalacións o pasado 27 de maio, incumprindo ademais o protocolo covid, argumentos que o propio Pérez tacha de falsos e inventados pola empresa para despedilo. A CIG xa anunciou que nas próximas semanas convocará novas mobilizacións en demanda da súa readmisión, contra a represión sindical en Barreras e para exixir a intervención das Administracións para frear a crise que azouta o naval vigués. |
NOS_53419 | "Camilo Nogueira é un líder histórico do movemento galego, cunha traxectoria marcada por unha forte defensa dos dereitos políticos do pobo galego e a súa proxección internacional". Así argumenta a Fundación Coppieters a distinción que vén de outorgar ao veterano nacionalista, que a recibirá o vindeiro 6 de novembro en Bruxelas. | Canda Nogueira -entre outras cousas, eurodeputado do BNG entre 1999 e 2004-, o think tank tamén recoñece o labor político de Patxi Zabaleta, outro veterano dirixente, este abertzale, primeiro en Herri Batasuna e despois en Aralar, "por manterse contrario á subordinación da loita política á loita armada". "Con estes premios, Coppieters recoñecerá os históricos liderados de Nogueira e Zabaleta nos movementos galego e vasco, respectivamente", sinala a fundación, "serán honrados pola súa dedicación vital e o seu traballo político, avogando pola acción democrática e pacífica prol da recuperación de poder e a autodeterminación [das súas nacións]". O galardón da Fundación Coppieters -que preside un galego, Xabier Macías- procura sinalar individuos e organizacións que pelexasen "pola defensa da diversidade cultural e lingüística, polo diálogo intercultural, a autodeterminación, os dereitos das minorías, a paz, a democracia e unha Europa unida". A institución que outorga as distincións leva o nome de Maurits Coppieters (1920-2005), un político nacionalista flamenco, membro de Volksunie [Unión do Pobo], partido nacionalista de centro dereita. |
NOS_10221 | Encher os cines de cidades e vilas. É o obxectivo da equipa de A Esmorga para a fin de semana da súa estrea que terá lugar a sexta feira 21 de novembro. Unha campaña sen precedentes no cine na Galiza contribuirá a conseguilo. | A campaña para promocionar A Esmorga e conseguir o obxectivo de encher as salas de cine de cidades e vilas na primeira fin de semana da súa estrea xa está en marcha. Os autobuses rotulados co cartaz do filme son só un exemplo da xenerosa campaña que ocupa mupis e outros soportes visíbeis para anunciar que o novo traballo de Ignacio Vilar está a piques de chegar ás pantallas grandes. Se singular é xa unha longametraxe que ten como lingua orixinal o galego, única será o esforzo na súa distribución e promoción. A Esmorga conseguiu entrar nas salas de cinema abertas en vilas e cidades, incluídas as das grandes cadeas, espazo acoutado normalmente polas majors. Que a primeira fin de semana encha as salas é de especial importancia para a produción galega porque diso dependerá a súa duración nas salas comerciais. Co fin de que o importante esforzo en distribución en produción consiga a resposta do público, a equipa dirixida por Ignacio Vilar non terá parada nos vindeiros días. Como aconteceu nas anteriores producións do director galego mais aínda con máis forza, todo o equipo artístico participará nunha intensa promoción que ten no encontro directo co público un dos seus principais eixos. Centros de ensino e asociacións O día 15 a película estrearase no Festival Internacional de Cine de Ourense cunha proxección ás 20.30 horas e significará tamén o inicio dunha intensísima semana para a equipa da película que se estreará nas salas comerciais a sexta feira 21 de novembro. O procedemento será o mesmo nas sete cidades do país, á mañá nunha conexión en directo, os actores e o director do filme poranse en contacto co alumnado de centros de ensino da comarca ou provincia grazas a unha conexión de R preparada para a ocasión. Pola tarde, o encontro desenvolverase con asociacións e entidades sociais de maneira que o encontro co público será neste caso un dos principais eixos para dar a coñecer o filme. Ourense, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago de Compostela son as cidades nas que está previsto que se repita a xornada de contacto da equipa co público escolar ou xeral. Ademais, actores e director de A Esmorga participarán noutros actos que servirán para a promoción do filme como a entrega do Premio de Novela Blanco Amor que terá lugar o día 22 en Redondela. |
NOS_6214 | Rural rock, pop, bravú, folk, rap, cabaret, metal, reggea... de todo se sinte no novo panorama musical galego e con esa mestura chega a nova banda sonora do país ao Revenidas. Máis de vinte novas bandas que fan música en galego participan no concurso de Grupos Noveis do festival. | Máis de vinte bandas que están a facer m´sica en galego optan por se presentar ao concurso de Grupos Noveis do festival Revenidas 2013. Desde a organización valoran a participación que, ao seu ver, evidencia a potencia creativa da mocidade. Un total de 21 bandas de música en galego participan no concurso de grupos nóveis do festival Revenidas. A organización abre así o escenario de Vilaxoán para ofrecer un espazo para o encontro das novas agrupacións co público nunha cita que terá lugar o 18 de xullo, día da apertura do festival. Entre as bandas concursantes síntese rock bravú mais tamén rap, cabaret, folk ou pop independente e teñen a súa orixe a través de todo o territorio galego, desde Compostela a Ourense pasando por Vigo, Chantada, Arousa, Ordes, Vilanova ou Vedra. As votacións faranse a través de facebook ata fin de mes. As máis votadas pasarán á fase final na que un xurado composto por xoán Quintáns, representante da organizaicón, o músico Xurxo Souto e o xornalista Suso Piñeiro escollerán á banda gañadora que recibirá un dobre premio, 300 euros e, o fundamental, tocar no Revenidas. Os participantes neste concurso de bandas noveis son: 1.-Bocinazo, rural rock, Negreira.2.- Amigos dos Músicos, pop, Ourense3.-Skalopendra, rock bravú, Vilanova de Arousa4.-Outra Vaca No Millo, fock rock, Hio5.-Aspergillus de Coira, rock industrial, Ames6.-Os Vacalouras Pataca´n´roll, rock bravú, Teis7.-Okeoh, metal galego, Vedra8.-Satxa na Leira, rock bravú, Santomé9.-Balbordo Público, punk, Compostela10.-Vicky Polard, grunge, Compostela11.-Xenderal, rap, Cerceda12.-Liviao de Marrao, rock bravú, Chantada13.-Curva a Eskerda, metal/punk/rock, Porto do Son14.-Lusco e Fusco, folk, Vilagarcía de Arousa15.-The Tetas´Van, cabaret, Ourense16.-Sowel, rap, O Grove17.-Noite Fechada, rock, Barrantes18.-the Alkrikes, rock, Illa de Arousa19.-Superoito, rock, Ordes20.-Maskarpone, reggea/ska/rock, Ourense21.-Rebeliom do Inframundo, rap, Ponteareas |
PRAZA_20433 | A Coruña e Compostela seguen sendo os concellos máis endebedados, pero con 10,5 e 8,7 millóns menos que en 2015. Miño incrementa os seus números vermellos nun 390% e convértese na localidade con máis débeda por habitante, con 2.627 euros por persoa. Consulta aquí a débeda do teu concello | Consulta aquí a débeda do teu concello Os concellos galegos reduciron a súa débeda viva ao longo do ano 2016 en case 100 millóns de euros, pasando dos 518 millóns que acumulaban o 31 de decembro de 2015, ata os 420 dun ano despois. Segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda, unha boa parte desta redución corresponde ás sete cidades, que en conxunto rebaixaron a cantidade en 56 millóns. A Coruña e Compostela seguen sendo os concellos máis endebedados, pero con 10,5 e 8,7 millóns menos que en 2015. No lado negativo aparece o Concello de Miño, que incrementou os seus números vermellos nun 390%, converténdose na localidade con máis débeda por habitante, con 2.627 euros por persoa, superando neste indicador a Os Blancos, Catoira e Porqueira. En canto ás deputacións provinciais, A Coruña mantense con débeda cero e Lugo presenta unicamente 35 mil euros (tiña 0 en 2015). Pontevedra e Ourense si manteñen unha débeda importante (27 e 19,9 millóns, respectivamente), pero moi inferior á do ano anterior (40,7 e 27,8 millóns, respectivamente). Tan só 26 concellos incrementaron a súa débeda en 2016, encabezados por Miño, que a elevou dos 3,1 aos 15,3 millóns. O Pino pasou de ter débeda cero a contar con case un millón de euros. Catoira, Pol, Cabanas, A Fonsagrada e Bande tamén elevaron os seus números vermellos de forma significativa. Cómpre salientar que un de cada tres concellos (102) non presenta débeda ningunha. Un total de 187 reduciron os seus números vermellos, encabezados en termos absolutos por Ourense, A Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Narón. En termos relativos, hai que sinalar unha ducia de localidades que liquidaron o cento por cento da súa débeda, encabezados por Carballo, Boqueixón e Vila de Cruces. E, igualmente, debe destacarse a Oleiros ou Porriño, que practicamente deixaron a cero esta conta negativa, que en 2015 ascendía a 1,8 e 1,6 millóns respectivamente. Miño, Os Blancos, Catoira, Porqueira, Xunqueira de Espadanedo e Nogueira de Ramuín son as localidades que presentan unha maior débeda por habitante. Unha lista na que os concellos da provincia de Ourense ocupan 10 dos 15 primeiros lugares. |
PRAZA_10646 | Unha sociedade un pouco máis consciente e responsable estaría aterrorizada desas masas continuas de piñeiros, eucaliptos e acacias inflamables e inapagables e faría da súa diminución e fragmentación unha cuestión de estado. | Entre outras moitas cuestións, debido á desigualdade de forzas entre os diferentes interlocutores, asistimos dende hai décadas a un debate bastante absurdo. Trátase do mal chamado modelo forestal. En realidade, política ambiental, territorial, cultural, social e económica. Hai toneladas de información e coñecementos a disposición de quen queira entrar no debate, tamén toneladas de desinformación, sesgo e, sobre todo conflito de intereses. Por iso non vou repetir, e repetirme, argumentos xa coñecidos, salvo facer unha chamada á responsabilidade por dúas razóns moi concretas: precipitacións e enerxía. O Observatorio da Sustentabilidade ven de emitir un informe sobre as precipitacións en España nos, practicamente, últimos 40 anos e se ben no conxunto non se observa unha diminución ou unha tendencia clara sobre o volume de precipitación, se nos paramos a mirar detalles hai algunhas cousas importantes a ter en conta. Unha delas é que en boa parte de Galicia diminuíu significativamente a precipitación e faino ademais de xeito acusado no período estival. A previsión é que para o 2050 as precipitacións en boa parte de Galicia pasarán a ser a metade. A política forestal ditada dende grupos de interese obviamente non ten en conta, ou tanto lle da, este tipo de información sobre o futuro inmediato. A plantación masiva e continua de eucaliptos en boa parte do país diminúe, como xa se coñece, a auga circulante e fai que se agraven os problemas de torrencialidade. Sería paradoxal ter restricións de auga para usos domésticos, agrícolas, industriais e, xa non digamos, para o mantemento dos ecosistemas nun futuro -insisto, inmediato- para alimentar á ditadura do eucalipto. Sendo isto un drama, aínda pode ser peor. Plantar especies pirófitas ten o risco de que, efectivamente arden. Moitas persoas temos explicado unha obviedade, que para que arda o monte teñen que coincidir diferentes factores: combustible, humidade, ignición e meteoroloxía ou, se queremos simplificalo, debe haber algo que dispare o incendio, condicións apropiadas e combustible. Quen marca a política forestal -ou se deixa marcar- so lles preocupa a primeira parte, a ignición, é dicir, o famoso debate se é provocado ou non. Dos outros elementos nada din porque saben que vai na contra da súa perversa lóxica economicista e curtopracista. Pois ben, quere isto dicir que os incendios nas próximas décadas serán máis frecuentes e de magnitudes descoñecidas de persistir nesta política. De feito tanto en Galiza como en Portugal xa estamos a experimentalo, como tamén están a facelo traxicamente en territorios con condicións similares como California ou Chile. O feito de que o combustible estea plantado de xeito continuo fará que nas próximas décadas Galiza arda sen que haxa posibilidades reais de intervir, por moito que nos centremos na parte de quen mete o lume, é dicir en cuestións policiais e sociais. É máis, cada ano de tregua en canto a lumes será máis combustible para as seguintes tempadas. Nas consecuencias tampouco vou entrar porque xa tamén son máis que coñecidas. A segunda cuestión é a enerxía. Boa parte da cidadanía non escoitou falar, conscientemente, do teito do petróleo ou "peak oil" mais as campás que o anuncian si se escoitan. Un día é en forma de que hai que prohibir o diesel, outro que se secuestra un petroleiro ou se invade un país polas súas "reservas", outro que se se pode obter petróleo non convencional por técnicas ruinosas como o fracking… Moitos investigadores tenden a ofrecer datas concretas e é todo tan complexo que realmente ofrecelas é un exercicio arriscado. Pero o teito do petróleo convencional xa foi a finais da década pasada. Comento todo isto porque quizais os xestores non teñan caido na conta de que os lumes se apagan con petróleo. E dicir, inxentes cantidades de combustible para medios terrestres e, sobre todo, medios aéreos. Non podemos polo tanto afirmar con ledicia ou indolencia que nas próximas décadas teremos disponibilidade enerxética suficiente para afrontar o feito de apagar lumes, particularmente con medios aéreos. Engado, ademais, que son medios públicos e creo que non está na axenda a liberalización das externalidades negativas das políticas proteccionistas sobre piñeiros e eucaliptos do modelo forestal actual. Como é frecuente, drenamos cartos públicos para negocios privados sen un mínimo debate. Engado que os eucaliptos e piñeiros procésanse a nivel industrial tamén con petróleo así que o escenario próximo é que van quedar no monte no canto de ter natureza e terras de cultivo para alimentar á poboación que, forzosamente pola mesma razón terá que consumir en distancias moi curtas. O cóctel do futuro inmediato é dun risco extremo, a realidade inmediata é absolutamente tráxica e preguntarémonos asombrados como puidemos chegar a este punto. Insisto, nas próximas décadas, cando o actual presidente da Xunta, por poñer un exemplo coñecido, aínda poida contemplar o froito dos seus desvelos. Unha sociedade un pouco máis consciente e responsable estaría aterrorizada desas masas continuas de piñeiros, eucaliptos e acacias inflamables e inapagables e faría da súa diminución e fragmentación unha cuestión de estado. |
NOS_1620 | O partido de Tsipras obtería entre o 31 e o 33% dos votos. Nos comicios de xaneiro logrou o 36,3%. Nova Democracia sería segunda forza (entre 21 e 31%, dependendo do inquérito). KKE superaría o 6% dos apoios e a Unidade Popular conseguiría entre o 3,5 e o 7,8%. | Grecia ten cita este domingo 20 de setembro coas urnas apenas nove meses despois das anteriores eleccións xerais, que decorreron en xaneiro. A demisión de Alexis Tsipras abreu a porta a uns comicios anticipados que -segundo enquisas e sondaxes destes últimos días- volverá gañar Syriza, que será a forza máis votada. Cómpre non esquecer a importante prima de deputad@s que o sistema electoral grego concede á forza con máis votos. O inquérito de Rass Poll concede a Syriza un 31,5% dos apoios e 134 deputad@s. Nos comicios de xaneiro obtivera 36,3% e 149 escanos. O traballo de 'Public Issue' rebaixa un chisco o resultado do partido de Tsipras, que lograría o 31 por cento. Mellor resultado lle vaticina a enquisa de 'Bridging Europe' a Syriza, cun 32,8% dos votos e 142 parlamentares. Syriza atinxiría, pois, entre 134 e 142 deputad@s. A maioría absoluta do Parlamento está en 151. Nova Democracia sería a segunda forza, segundo estes inquéritos, que atinxiría entre un 21 e un 31,% dos votos. Hai inquéritos ( Rass Poll) que dan un empate técnico entre ND e Syriza. O partido conservador lograría entre 69 e 83 representantes na Cámara lexislativa. Na actualidade posúe 76. A extrema-dereita manteríase como terceira forza no Parlamento, se ben todos os inquéritos indican que terá un aumento en votos e representantes. Nos comicios de xaneiro logrou 17 parlamentares e 6,3% dos sufraxios. Nas eleccións deste domingo vaticínaselle entre un 7 e un 7,8% dos votos. A súa representación andaría n@s 20/22 deputad@s. KKE e Unidade Popular O Partido Comunista, KKE, superará o 6% dos votos, segundo toas as sondaxes, e aumentará a súa representación. Nas pasadas eleccións xerais obtivo 5,5% dos sufraxios e 15 deputad@s. Nestes comicios vaticíanlle que acadaría do 6,3 ao 6,6% e por volta de 18 escanos. E a respeito de 'Unidade Popular', a formación nada da marcha do sector de esquerdas de Syriza, as enquisas e sondaxes apontan a que obtería entre un 3,5 ou 4% (Rass Poll e Public Issue) e un 7,8% (Brisging Europe). De aí que as proxeccións sobre a súa representación na Cámara varíe entre os 9 e os 22 deputados. O PASOK (Partido Socialista), tería entre 11 e 15 escanos. E Tamén manterían representación formacións como Potami ou Gregos Independentes -coas que goberno Syriza- e que permitirían a Tsipras atinxir acordos de goberno. |
PRAZA_5552 | A Audiencia desestima o recurso co que os edís composteláns tentaron evitar o banco dos acusados por un presunto delito de prevaricación. Sete dos trece concelleiros acordaron pagar con fondos públicos o avogado do edil de Deportes, imputado na Pokémon, e segundo os maxistrados fixérono de xeito "incondicional". | Non vai máis. O vindeiro día 19, menos dunha semana antes das eleccións europeas, a metade máis un dos membros do goberno local de Santiago terán que sentar no banco dos acusados para responderen por un delito de presunta prevaricación e enfrontárense á petición de ata nove anos de inhabilitación que formula a Fiscalía. A Audiencia Provincial da Coruña vén de rexeitar o recurso co que os concelleiros tentaban evitar o xuízo e dálle a razón no esencial á xuíza Ana López Suevos, que o pasado febreiro apreciaba "indicios de criminalidade" no acordo co que a Xunta de Goberno Local decidiu o 30 de maio de 2013 pagar con fondos públicos o avogado do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, imputado no caso Pokémon por supostos delitos de tráfico de influencias, suborno e falsidade documental. A tese principal dos edís populares baséase en que tomaron esta decisión apoiándose nun informe da Asesoría Xurídica do Concello. Efectivamente, ese informe existe, pero non avalaba incondicionalmente o pagamento do avogado. Ben ao contrario, nel o secretario municipal limitábase a remitirse á xurisprudencia na materia para explicar que os gastos poderían ser cargados ao erario se a imputación tiña "orixe ou causa directa" nunha actuación "realizada no cumprimento" do cargo de concelleiro e se esta non implicaba "abuso, exceso, desviación de poder" ou "converxencia con intereses particulares". Do mesmo xeito, o Concello podería asumir os gastos se, ao remate do proceso, se ditaminaba "a inexistencia de responsabilidade criminal". Segundo a xuíza estes requisitos non se cumpriron, o Ministerio público concorda e a Audiencia fai o propio. A Fiscalía pide nove anos de inhabilitación para 7 dos 13 edís do equipo de goberno de Santiago Nun auto feito público este mércores os maxistrados explican que "do teor literal" daquel acordo da Xunta de Goberno -á que non acudiu o alcalde, Ángel Currás- "resulta a probabilidade de que o gasto se asumise de forma incondicionada, sen suxeción ás esixencias que derivan da lei e da xurisprudencia", as cales eran "coñecidas polos concelleiros", xa que constaban "expresamente" no devandito informe do secretario. "O acordo de asunción dun gasto" desta natureza, abondan, "só é conforme a dereito se se dan eses requisitos" e, dado que "o acordo non está condicionado a que eses requisitos se cumpran, no momento da súa adopción ou con posterioridade, abre a posibilidade de satisfacer gastos alleos ao interese público, de indemnizar a quen puido actuar á marxe da súa función e a quen pode resultar criminalmente responsable por ese comportamento". Polo tanto, "o acordo pode ser considerado unha resolución inxusta nos termos do artigo 404 do Código Penal". A Audiencia contempla a posibilidade de que os edís adoptasen o acordo sen ter en conta a lei As "alegación contidas no recurso de apelación" e as súas propias dilixencias non lle permiten á Audiencia "descartar" a posibilidade de que os concelleiros adoptasen un acordo inxusto, tampouco aínda que prevesen fiscalizar os gastos a posteriori. "O momento de fiscalizar a legalidade do gasto é cando se adopta o acordo" e é "nese momento" cando deberían "quedar claras as condicións nas que se asumía o gasto". Nin sequera eximiría de culpa os edís o feito de que o pagamento non se chegou a producir -Varela renunciou a el cando transcendeu á prensa- ou "a posibilidade de proceder ao reintegro do indebidamente pagado. Ningún destes escenarios afectaría "á legalidade ou ilegalidade do acordo". Xustificados por Feijóo O novo auto da Audiencia non só aboca ao xuízo aos concelleiros e leva a novas cotas ao atribulado goberno compostelán, senón que tamén bate de cheo no argumentario do presidente da Xunta e xefe de filas do PP galego neste caso. O pasado marzo, cando xa se ditara o auto de apertura de xuízo oral e despois de reunirse co alcalde da cidade, Alberto Núñez Feijóo xustificou que os concelleiros incausados permanecesen nos seus cargos e interpretou que a súa imputación era consecuencia "dunha decisión da comisión de Goberno co visto e prace dos funcionarios responsables de velar polo cumprimento da lei", aspecto que negan a xuíza, a Fiscalía e a Audiencia. A resolución da Audiencia contradí os argumentos do presidente da Xunta para xustificar que os edís non dimitan Do mesmo xeito, Feijóo considera tamén que cómpre quitarlle ferro ao asunto porque a decisión "non tivo repercusión económica ningunha", dado que o pagamento non chegou a producirse. Ademais, segundo o líder da dereita en Galicia cómpre "considerar os antecedentes do Concello, conde hai acordos plenariso que autorizaban o pago das minutas nos supostos de imputados doutros concelleiros". "A existencia dun precedente (...) non se pode ter en conta. Nin o precedente é tal, por ser os acordos distintos, nin convertería en conforme a dereito un acordo que pode non selo", di a resolución xudicial deste mércores. |
PRAZA_10948 | 'Dentro da literatura', o último ensaio de Suso de Toro, preséntase coma unha introdución a esta arte. Podería entenderse coma un convite, para a xente nova, a pensar sobre a literatura. Mais, alén diso, é un libriño que contén algunhas das claves da propia obra de Suso de Toro. Falamos co autor de 'Dentro da literatura' e da súa última novela, 'Fóra de si' | 'Dentro da literatura', o último ensaio de Suso de Toro, preséntase coma unha introdución a esta arte. Podería entenderse coma un convite, para a xente nova, a pensar sobre a literatura. Mais, alén diso, é un libriño que contén algunhas das claves da propia obra de Suso de Toro e, sobre todo, da súa relación con ela. Falamos co autor de 'Dentro da literatura' e da súa última novela, 'Fóra de si', ambas publicadas por Xerais.'Dentro da literatura' naceu como unha proposta (ou máis ben unha idea) do pedagogo Xosé Manuel Rodríguez-Abella. Como foi escribir este libro? Supoño que quedará tamén como homenaxe a un amigo que, desgraciadamente, perdiches…Hai amigos que son únicos e que se che faltan ficas orfo, este é o caso. Para min a amizade é moi importante, fun e son rico en amigos e amigas, así e todo Xosé foi unha amizade única, compartimos experiencias radicais desde moi novos e estarmos xuntos eran momentos de intimidade e confianza únicos. Alá está e o libro, que é un ensaio á miña maneira, tamén é un relato: comeza cunha encarga dunha persoa e remata con ese final."Desde un punto de vista vivencial, penso que a fama é unha forma abondo perigosa de alienación"Nun dos capítulos deste libro falas da fama como unha maneira de poder. E dis que o autor que unicamente fíe no valor da súa obra, sen ningún poder detrás, probablemente non poderá abrirse camiño. Podes explicar isto mellor?Entendo que a fama vívese máis ben como un espellismo desa idea absurda que é a gloria literaria. E que sexa absurda non quita para que sexa actuante. A gloria nunca se pode vivir, é un froito da morte, e a fama, que é fuxidía e escorregadiza, é a ilusión da gloria. Desde un punto de vista vivencial, penso que a fama é unha forma abondo perigosa de alienación. E que ninguén se faga ilusións: a fama cambia as persoas, aínda que resistas á tentación do enfatuamento cambias porque na creación dese fenómeno no só intervén un suxeito senón que interveñen os demais e se os demais te perciben de determinado modo finalmente xa es distinto. E non hai moita volta atrás, a volver ser quen fuches."A valoración das obras era moi condicionada pola ideoloxía política, mesmo pola posición dos autores, autoras, en relación coas organizacións ou figuras do nacionalismo galego"Sobre fiar só no valor da obra, o valor da obra non abonda para que a túa obra sexa recoñecida, atendida e para que se institúa o seu valor. É evidente que o determinante é a posición de poder que teña o autor para que sexa atendida. Sexa poder político, mediático o como sexa. A posición na sociedade de quen escribe condiciona a existencia da obra. Se non tes poder, se non existes na esfera pública, é dicir mediática, a túa obra vai ficando en fóra de xogo.En relación co anterior, varios capítulos ocúpanse do canon como expresión das relacións de poder: os canonizados adoitan ser homes e dos países e culturas hexemónicos. Do caso da literatura galega pouco comentas: relativizas o papel da crítica porque, segundo dis, case non sae nos medios. Como se constrúe, entón, o canon no caso da literatura galega?Fasme pregunta comprometida e mala de contestar. Coido que o canon na literatura galega neste momento non existe realmente, houbo momentos nos que a cousa era máis simples porque era máis pobre. A valoración das obras era moi condicionada pola ideoloxía política, mesmo pola posición dos autores, autoras, en relación coas organizacións ou figuras do nacionalismo galego."A edición en castelán de obras, como 'Land Rover', cunha recepción crítica e de público deume aire e ánimos. Francamente sentíame sen ánimos"Houbo un momento no que, penso que debido á falta de capacidade do "tinglado" literario institucional para aceptar novas voces ou estéticas foi o poder mediático madrileño que influíu e permitiu que entrasen e se instituísen esas novas obras. Non sei valorar ben como actuou no asentamento da miña obra ese aspecto: os meus libros dos anos oitenta foron lidos e influíron, mais a miña vivencia foi de que a comezos dos noventa sentíame afogado. A edición en castelán de obras, como 'Land Rover', cunha recepción crítica e de público deume aire e ánimos. Francamente sentíame sen ánimos.A min encantaríame pensar só na literatura e nas artes, que é onde me desenvolvo e crezo, e non na vida pública do meu país, e desexo que os creadores poidan facelo"Hoxe é un momento moi móbil e vivo, non sigo a actualidade mais intúo que é un momento creativo moi interesante. Con todo, sen o papel da crítica non hai unha literatura, a crítica é activa e debe ser creativa senalando e apostando polas obras en marcha interesantes. O crítico tamén debe correr riscos.Canto á figura do "escritor comprometido", dis que prefires a idea do escritor como traballador que a pose do autor cun aura de superioridade moral. O que ocorre é que cando o escritor se posiciona politicamente, como ti fixeches tantas veces, é bastante inevitable que sexa identificado coa figura do escritor "comprometido", alén dunha pretendida superioridade moral. Como xestionar, entón, esta pequena contradición?Sen dúbida é unha contradición grande. No meu caso é simples: conformeime como militante na adolescencia e non podo evitar seguir séndoo. Para min a política non é un oficio, nunca o foi, nin outra cousa que un compromiso moral. Mais esta vivencia é moi particular e ten a ver cun grupo de persoas dun tempo e unha xeración determinada. A min encantaríame pensar só na literatura e nas artes, que é onde me desenvolvo e crezo, e non na vida pública do meu país, e desexo que os creadores poidan facelo."Un artista ao cabo actúa no público e ten responsabilidades coa vida pública"Outra cousa é que hai momentos nos que é natural que, se son boas persoas e se senten atinxidos polos problemas dos demais, teñan que posicionarse publicamente. Pois un artista ao cabo actúa no público e ten responsabilidades coa vida pública. O mesmo digo para intelectuais en xeral e científicos. Se a sociedade, os demais, che dan alento para que existas tamén ti debes dar algunha cousa aínda que che custe."Insisto en defender a independencia do autor e a obra das dinámicas políticas precisamente porque pertenzo a unha xeración moi afectada pola política e as súas ideoloxías"Varios capítulos teñen que ver tamén co debate sobre a autonomía da literatura. Dis que non es partidario de escribir para educar ou concienciar. Ocorre que o autor (coma o xornalista) é tamén parte dunha sociedade, dunha cultura… e forma parte das relacións de poder que se inscriben nelas. Entón ocorre que, ás veces, aínda sen querer, deseduca: educa no machismo, o clasismo, o racismo, a mentalidade colonial, etc. Así, unha cousa é que a literatura se poña ao "servizo de", esquecendo que ten un fin en si mesma, que é ser literatura, e outra que o autor só poida ser fiel a si mesmo como se ollase a sociedade da que forma parte desde fóra. Dígoo porque ás veces este debate, que é sumamente complexo, se simplifica demasiado… Que pensas ti de todo isto?Insisto en defender a independencia do autor e a obra das dinámicas políticas precisamente porque pertenzo a unha xeración moi afectada pola política e as súas ideoloxías. A min propio custoume liberarme de moitos condicionamentos ideolóxicos para gañar liberdade creativa e na cultura en lingua galega eses condicionamentos estiveron e están aí. Agora observo o que penso que son interferencias de ideoloxías que se incorporaron e se instituíron entre nós con éxito nos últimos anos como é o feminismo."Se unha ideoloxía, calquera sexa, libera a nosa mente é benvida; se somos débiles e deixamos que ocupe a nosa vida e nos transforme en instrumentos seus, entón deixa de ser liberadora e vólvese opresora, por culpa nosa"O feminismo é a mellor noticia do século vinte e comezos do vinte e un. Adoro as valentes sufraxistas e primeiras feministas: non ocupan o lugar que merecen no noso imaxinario. E o feminismo libera corpos e mentes das mulleres e tamén dos homes. Coido que na miña obra o feminismo está presente ao revés, en oco. O feminismo permitiume atender á construción da masculinidade, recoñecerme como home construído.Se unha ideoloxía, calquera sexa, libera a nosa mente é benvida; se somos débiles e deixamos que ocupe a nosa vida e nos transforme en instrumentos seus, entón deixa de ser liberadora e vólvese opresora, por culpa nosa. O artista ten un deber primeiro: ser libre. Desde aí, utilizando as ferramentas do coñecemento e a súa sensibilidade, pódenos dar unha obra libre e liberadora. Un como cidadán, cidadá, pode defender isto ou aquilo, como artista máis que defender debe procurar, buscar. Con intuición e sen certidume total."Pode que nalgún medio máis institucional haxa resistencias á emerxencia do feminismo mais eu vexo que afortunadamente a literatura das mulleres foi creando nos últimos anos os seus propios instrumentos"En relación co anterior, no noso contexto si que está normalizado o discurso do creación literaria como unha forma de activismo político que é traballar polo "país" ou pola "lingua", é dicir, como un xeito de construción nacional. Entón, parece que se normalizan algúns discursos (contra a "autonomía" da literatura) mentres outros se consideran ilexítimos. É dicir: literatura para a construción nacional si, literatura para a construción de relacións de xénero igualitarias non. Autor "nacional" si, autora feminista non. E con isto non quero dicir que teñamos que defender unha literatura ao servizo de organizacións políticas ou movementos sociais, que actúe a xeito de propaganda. Mais, non podemos ter tamén aí algunha contradición por resolver?Pode que nalgún medio máis institucional haxa resistencias á emerxencia do feminismo mais eu vexo que afortunadamente a literatura das mulleres foi creando nos últimos anos os seus propios instrumentos. É o que cómpre, nunca hai que entregarse, hai que autoorganizarse sempre que un se quere emancipar."O escritor realmente é escritora e o lector, lectora. Sobre iso abundo algo no libriño"Aínda máis na literatura: concretamente as mulleres como tales estades xa a ser o poder determinante porque, aínda que sexan varóns a maioría das figuras institucionais e académicas o certo é que a literatura é primeiramente das mulleres, como lectoras e como autoras. O escritor realmente é escritora e o lector, lectora. Sobre iso abundo algo no libriño.Agora que, repito, máis aló da atención que poda recibir unha obra ou unha autora na actualidade, o que salva finalmente un libro é o específico literario, artístico. E hai que ter valor para ollar ao lonxe e non descansar no éxito inmediato."A miña vida naceu e transcorreu a medio camiño de distintas clases e ambientes, mais non podo dubidar que teño mans de señorito"Outra reflexión interesante que fas é que hai grandes obras que retratan "ambientes sociais distintos", desde os mundos das persoas que padecen explotación e opresión ata o mundo das persoas con vidas cómodas que só ollan para si propias. Dis non crer na novela "social", na novela que fala de clases sociais, pero si na novela de clase burguesa un pouco pija. E que só temos que mirarnos ao espello. Podes afondar nesta reflexión? (Digo porque seguramente hai moitos máis escritores funcionarios ca camareiros).Oficiar de escritor ten consecuencias non só pública: tamén íntimas. É unha actividade que dá autocoñecemento e mesmo obriga a aceptar con humildade aspectos incómodos de un propio. No meu caso, a miña condición de intruso, a miña inestabilidade. A inestabilidade é o lugar onde nace a forza do creador, unha posición móbil e insegura pero activa. A miña vida naceu e transcorreu a medio camiño de distintas clases e ambientes, mais non podo dubidar que teño mans de señorito."Se houbo xeracións que viviron experiencias radicais e traumáticas que atravesaron a todas as clases, como a guerra, as nosas xeracións estiveron a salvo desa desestabilización radical"É un falar: refírome a esa distinción determinante en tantos sensos entre traballo Manuel e intelectual. Quero dicir que tiven e teño un destino vital e unha pertenza a un sector social determinado. Os escritores contando historias contámonos a nós propios e tamén o mundo social ao que pertencemos, coa nosa miopía e descoñecendo as experiencias de persoas doutros ambientes e vidas distintas.E se houbo xeracións que viviron experiencias radicais e traumáticas que atravesaron a todas as clases, como a guerra, as nosas xeracións estiveron a salvo desa desestabilización radical do mesmo cuestionamento da nosa existencia e só coñecemos un confort maior ou menor. E debemos estar conscientes diso por intentar superalo."O proceso de exclusión que padecín desde hai vinte anos nos medios de comunicación galegos ampliouse anos despois aos medios madrileños, polo mesmo motivo, que foron as miñas opinións"Comentas tamén que, cando remataches 'Sete palabras', pensaches "agora si son escritor", e que este libro daba sentido a todo o que levabas publicado. Como ademais cadrou cun momento de crise na profesión de escritor e no mundo editorial, deches a túa carreira por acabada. Pero despois seguiches publicando. Por que pensas desde hoxe que tiveches esa sensación con 'Sete palabras'?Xuntáronse varias cousas. Dunha banda, o proceso de exclusión que padecín desde hai vinte anos nos medios de comunicación galegos ampliouse anos despois aos medios madrileños, polo mesmo motivo, que foron as miñas opinións, de modo que os meus libros paso a paso foron desaparecendo dos medios até desaparecer case por completo. Iso fixo que ser escritor profesionalmente se me fixese inviábel. E ser e vivir como escritor fora a miña aposta vital décadas atrás, de modo que foi un verdadeiro fracaso vivencial."España é unha pura colonia norteamericana, cousa que os españois ignoran alegremente, e a Galiza non ten instrumentos para crear marcos propios: a autonomía está embargada pola dereita madrileña"Iso xuntouse coa crise económica e a reestruturación da industria mediática e editorial, que fixo que a etapa histórica anterior ficase atrás para non volver. E xuntouse cun proceso cultural de concentración industrial e mediática, de internacionalización. Hai estados con capacidade para resistirse, como Alemania ou Francia, mais España é unha pura colonia norteamericana, cousa que os españois ignoran alegremente, e a Galiza non ten instrumentos para crear marcos propios: a autonomía está embargada pola dereita madrileña.Lembro aquel verán no que todo o mundo leu un libro ou dous dun escritor sueco, aquel ano eses lectores deixaron masivamente de ler aos autores e autoras que leran antes. En conxunto foron moitas afrentas e fatigas e, ademais das dificultades profesionais, púidome o desánimo. Perdín a confianza e a fe na literatura. Quero dicir que me vin destruído como escritor. Custoume reconstruírme pouco e pouco, recuperar a fe que teño na literatura e da que fago profesión nese libriño."Os varóns melloramos como persoas conforme perdemos forzas, violencias"Contas tamén que hai 20 anos atopácheste nun momento de confusión como escritor, pois non querías seguir falando dunha sociedade sen esperanza, de falta de senso vital, de aquilo ao que te levara a túa formación de escritor do século XX: a fragmentación, o absurdo, o nihilismo… Pero que non é doado porque hoxe temos vidas que paga pouco a pena contar. Como estás a tentar resolver esta dificultade?A literatura é un oficio radical, ten a ver coa vida dos demais e actúa sobre a propia vida: cambias. E tamén a literatura cambia conforme cambia a túa vida e cos anos cambias, atravesas fases e esas fases inevitábelmente reflíctense na obra.Os varóns melloramos como persoas conforme perdemos forzas, violencias. Chega un momento no que prefires ofrecer para ti e para os demais conciliación, soldar as rupturas, dar esperanzas e dar sentido."España segue a ser unha alfándega pola que deixan ou non pasar as nosas obras para que podan ser lidas e traducidas noutras linguas"Noutro capítulo (pos de exemplo a narrativa de Rosalía de Castro e a obra de Pardo Bazán e Valle-Inclán) sinalas que durante séculos, ser escritor como oficio, pasaba por ser escritor en castelán. Agora existe a posibilidade (que ti defendes) de escribir primeiro en galego e despois ser traducido a castelán e outras linguas. Mais non creo que haxa tampouco hoxe ningún escritor/a "profesional" galego (que poida vivir diso, quero dicir) que non dependa do sistema literario español (tamén) para sobrevivir (falando da relación entre linguas hexemónicas e periféricas). Porque o galego só, non dá. Nese sentido, tanto mudou a situación?Efectivamente a literatura existe nos demais, en quen le, no público. E iso é unha creación industrial e política, interrelacionada. A Galiza non ten estado propio nin a autonomía foi administrada por partidos galegos de modo que carecemos totalmente de instrumentos para existir nun público normalizado, nacional se se quere.E estamos submetidos aos mecanismos de poder deste estado madrileño, de modo que as dificultades non cesaron. España segue a ser unha alfándega pola que deixan ou non pasar as nosas obras para que poidan ser lidas e traducidas noutras linguas Con todo, hai que dar esas batallas, que cada autor se ve obrigado a dar en solitario."A propia figura de Piñeiro, sen quitarlle a súa sinceridade, penso que foi moi sectaria, como foron e son os seus epígonos, redutora e mesmo liquidadora de moitas outras cousas"Se o franquismo creou o seu propio canon literario, lembras, a mocidade antifranquista propuxo un canon alternativo. Nos anos 60 sería a mocidade orientada polo PCE-PCG e a UPG. Mais tamén houbo autores, dis, que pola súa estética, por non ter boa relación coa xerarquía conservadora de Galaxia ou con este novo público, quedaron fóra. Pos como exemplo disto 'A xente na Barreira' de Carvalho Calero ou a poesía de Iglesia Alvariño, un home conservador e católico. Pasou tempo e non sei se esas escollas (ou non escollas) seguen a configurar moito o canon mais, pensas que por motivos ideolóxicos (ou estéticos) segue a quedar xente fóra do canon? Ás veces é por motivos máis prosaicos coma a súa mala relación (por envexas, por exemplo) cos máis canonizados…O caso de Carvalho é paradigmático. Como artista e tamén como alguén que se preocupa da cousa pública defendo que se respecte e se protexa a diversidade e tamén a disidencia, vaime a vida niso"Eses dous autores que aludes son ilustrativos dun problema que me incomoda: como nos foi contada a historia do renacer da nosa literatura e o papel que xogaron niso os homes do grupo e da editorial "Galaxia". Habería que falar de "Bibliófilos gallegos" e de certas iniciativas do exilio tamén. En fin, por resumir, non concordo coa idea establecida sobre o papel dese grupo conducido por Piñeiro, non concordo en absoluto. A propia figura de Piñeiro, sen quitarlle a súa sinceridade, penso que foi moi sectaria, como foron e son os seus epígonos, redutora e mesmo liquidadora de moitas outras cousas, pero ese é outro tema.Eu penso que un país é diverso ou non é, e que unha literatura ten que albergar moitas direccións e camiños: temos que caber todos. O caso de Carvalho é paradigmático. Como artista e tamén como alguén que se preocupa da cousa pública defendo que se respecte e se protexa a diversidade e tamén a disidencia, vaime a vida niso. Non hai arte sin liberdade, isto é o diverso e o diferente."O entendemento de Piñeiro e o seu grupo con Fraga é determinante para comprender quen son, como funcionan e o papel que están a ter a RAG e o Consello da Cultura"A crítica debe ser capaz de rescatar o que se perde, alumar o que fica en sombra e recoñecer o talento, aínda que sexa incómodo. Mais no noso país, nos anos de autonomía baixo control da dereita española establecéronse novas estruturas na cultura baseadas nun entendemento con ese poder político. Habería que matizar e ter en conta a situación naquela altura pero o entendemento de Piñeiro e o seu grupo con Fraga é determinante para comprender quen son, como funcionan e o papel que están a ter a RAG e o Consello da Cultura.Debemos lembrar e comprender que toda a nosa sociedade é a que conformaron os gañadores da guerra: nin Galiza, nin a idea da lingua coa súa normativización, nin a literatura nin nada sería como é se non tivese ocorrido o franquismo e este posfranquismo. Mesmo a experiencia da autonomía tería sido distinta gobernada polos galeguistas republicanos."A nosa sociedade é a que conformaron os gañadores da guerra: nin Galiza, nin a idea da lingua coa súa normativización, nin a literatura nin nada sería como é se non tivese ocorrido o franquismo e este posfranquismo"Unha vez, lembras, a túa axente literaria díxoche "tú lo quieres todo". O escritor, comentabas máis atrás, na súa soidade, pode pensar que non se lle recoñece o seu "grande talento". Se iso pode pasar en calquera parte, pode ser máis frecuente aínda en países, coma o noso, con linguas non normalizadas. Pode que, como che viña dicir a túa axente, ás veces o escritor teña unhas expectativas demasiado elevadas en canto a recepción da súa obra tendo en conta a realidade na que vive?Non o debemos ver así, penso eu. A experiencia histórica galega, logo da devastación franquista, fixo de nós un país vencido e temeroso e interiorizamos sen decatarnos a imaxe de nós que nos proxectan. Iso fai que non teñamos confianza en nós mesmos, e que sexamos, máis que autocríticos, autodestrutivos, e que sexamos nós quen se encarga de castigar e limitar a quen pretende realizar a súa ambición. Hai moitos anos escribín algo a favor da ambición, porque no noso caso é preciso defender algo que debera ser evidente.Un artista sempre é inseguro mais sobre esa inseguridade ten que levantar a súa confianza, nunca un artista é libre nin arriscado nin sequera arrogante de máis. A miña axente só me sinalaba os límites da miña realidade, e tiña razón. Pode que eu fose máis ambicioso que outros autores que representaba, eu quería facer a miña obra e que fose valorada no que pensaba que valía. E iso é pedir moito, seino, mais..."Hai varios libros meus anteriores nos que o personaxe protagonista afronta algún tipo de crise e ruptura no medio da vida"Non sentirse todo o recoñecido -e recompensado-que cría merecer é tamén parte da orixe da frustración do protagonista de 'Fóra de si', un médico cirurxián que decide deixalo todo atrás e ir contarllo -a xeito de monólogo- a seu pai, encamado e moi enfermo, a quen en boa medida bota a culpa de como fora a súa vida. Como xorde este personaxe?Pois non o sei. Fasme ver que ten algunha relación co autor, pode ser. Pode ser que haxa unha relación entre ese personaxe que racha coa súa vida, que a parte en dous e fai crise comigo? Pode ser. Así e todo, hai varios libros meus anteriores nos que o personaxe protagonista afronta algún tipo de crise e ruptura no medio da vida."O tema de toda a miña ficción eu coido que é a identidade, a identidade persoal"En 'Sete palabras', un escritor indaga na súa orixe e na súa identidade, ao tentar reconstruír a historia do avó paterno perdido para a memoria familiar. En 'Home sen nome' pasa un pouco o contrario de en 'Fóra de si': é o vello encamado o que, entre delirios, reconstrúe a través dun monólogo a súa biografía. Os tres libros están relacionados co final dunha etapa, coa reconstrución da memoria… Cal é, para ti, o principal vínculo entre eles?O tema, ou a orixe ou a intención sempre é gañar o pasado perdido, ou investigalo, ou reconstruír o argumento da propia vida averiguando elementos que nos faltan...O tema de toda a miña ficción eu coido que é a identidade, a identidade persoal.O tema da busca da identidade e a orixe leva contigo, de feito, desde o principio: 'Calzados Lola', 'Non volvas', por exemplo. Por que? Se cadra ten que ver cun contexto de cambio social moi acelerado, de transición dun xeito de vida rural a outro urbano moi rápida…"Non busques as causas no plano social: a obra de ficción, toda obra artística, se o é, nace do persoal, do íntimo"Non busques as causas no plano social: a obra de ficción, toda obra artística, se o é, nace do persoal, do íntimo. De modo que non dubido que ten relación coas circunstancias da miña propia vida. Referícheste a 'Sete palabras', pode que o meu mellor libro, e que penso que non foi moi atendido: nese libro está a clave da obra anterior e seguramente da que escribín e poida escribir en diante.O protagonista de 'Fóra de si' non se recoñece na súa vida. No seu matrimonio. En case nada do que fixo -aínda que se considera bo médico-. Pensa que non foi dono da súa vida. O seu conflito pode parecer, ao principio, case un capricho dunha persoa que levou unha cómoda vida burguesa, pero que descubriu que non era tan importante como pensaba. Mais ao ir avanzando vaise revelando algo máis complexo, no que non só unha clase social podería recoñecerse. Era un pouco a túa intención?A historia naceu non sei ben como: sen dúbida había unha dialéctica pai-fillo. O que acontece é que o que inicialmente había ser algo moi duro e autorreflexivo foi collendo un aquel cómico e finalmente acabou por dar un final conciliador en certa medida.Ese aspecto de facer revisión e crítica da propia vida tamén ter que ver coa altura da vida, hai un momento no que contemplas a vida con perspectiva, ollas cara atrás e iso a moitas persoas cáusalles desacougo. Hai que intentar vivir a propia vida e non a que che dan xa vivida, pero non sempre podemos escoller.Non foi bo marido -aínda que tampouco tan malo coma o pai-, nin foi moi pai da súa filla, porque delegou na muller. Supoño que unha parte do problema que ten co seu pai é que considera que se pareceu máis a el do que lle gustaría… Coido que non tanto que se imite ao pai canto que el quixo imitalo. E iso é un erro. Pais e nais deben permitir que as crianzas poidan desenvolver a súa propia natureza, non asignarlles un destino previo. Iso é destrutivo. O protagonista revólvese contra iso, non sei se xa é moi tarde para facelo ou non."Ese aspecto de facer revisión e crítica da propia vida tamén ter que ver coa altura da vida"Na súa fuxida, vai á casa familiar. E alí coñece unha persoa de clase social e orixe moi distinto dos seus que sobrevive, e tenta solucionar os seus problemas, como pode. Ese choque de realidade tamén lle axuda a tomar perspectiva… Era ese un pouco o obxectivo de poñelo en contraste con esta outra personaxe? (Aínda que a outra personaxe ten interese por si mesma, non só en función del).Non sei ben dicir. O protagonista reaxe dunha maneira bizarra, grotesca e supoño que iso foi o que me fixo imaxinar tamén unha protagonista feminina tamén bizarra e moi distinta del. Se callar o que ocorre é que cando escribo unha historia gusto de divertirme e esa muller tan inclasificábel pareceume un personaxe divertido.O libro alterna o monólogo do fillo diante do pai que quizais non o escoita e os diálogos co resto de personaxes. Todo está ben medido, de feito que lectura resulta moi fluída, o monólogo interesante… Como foi o proceso de escrita? (Porque non era a primeira vez que facías isto, pero ten a súa complexidade).Inicialmente o libro había ser ese longo monólogo dun home que non sabe se o outro o está a escoitar ou non. Un monólogo ante unha testemuña, precisa desa testemuña para dicilo: o pai ten que estar aí para poder facerlle ese longo reproche.O que pasou foi que chegou un momento no que sentín que aquilo había ser aborrecido e dun interese limitado. Non sei se estaba acertado niso, e apetecíame soltar ao fulano e deixalo máis solto e que acontecesen cousas. Xa non estou para algunhas cousas que hai anos me prestaban, hai que procurar as alegrías que se podan. |
NOS_42016 | Ana Boullón Agrelo foi escollida como académica de número da Real Academia Galega (RAG) o pasado decembro. Académica correspondente desde 2012 –aínda que a súa colaboración coa institución se remonta á década de 1990– preside a Asociación Galega de Onomástica. Boullón é profesora do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, adscrita ao Instituto da Lingua Galega, investigadora de referencia no campo da antroponimia galega, unha das súas liñas de investigación principais xunto á toponimia, a edición de textos e a lexicografía. Conversamos con ela sobre un tema, a onomástica, non sempre ben entendido pola sociedade. | Máis ou menos todos temos consciencia de que a Galiza é especialmente rica no campo da onomástica, mais aínda así seguen existindo problemas e cuestións que continúan sen solucionarse. A recuperación da toponimia resolveuse vía decreto, mais existen casos como o de Ribeira, por dar un exemplo recente, nos que semella moi difícil o consenso. O caso de Ribeira é moi especial porque era unha resistencia ortográfica, o cal semella bastante absurdo. Podes entender, até certo punto, que os que estaban afeitos a dicir *Puebla ou *Póboa presenten algunha resistencia a usar a forma correcta, pero dar a batalla por escribir Ribeira con b o con v parece levar as cousas a un extremo algo disparatado. Mais isto proba que existe unha identificación –mesmo emocional– cos nomes moi grande. Hai casos moi semellantes: existen moitos lugares que se chaman Covas e que arrastran unha grafía deturpada con b, *Cobas, e tamén resulta difícil que se acepte a forma correcta con v, Covas. Iso demostra que cos nomes dos lugares nos sentimos moi involucradas a todos os niveis. Pero máis alá da identificación emocional tamén existen resistencias políticas. A onomástica é moi poliédrica e unha cousa moi apaixonante dela é que ademais dos aspectos lingüísticos existen cuestións de tipo histórico, paisaxístico… e que tamén inclúe os prexuízos lingüísticos e sociolóxicos da sociedade. Está claro que as persoas que non están a favor da normalización lingüística tampouco lle conceden á toponimia a importancia que ten. En todo caso, eu creo que unha gran maioría da poboación da Galiza está a favor da restitución dos topónimos deturpados. Iso vémolo nas reaccións espontáneas que se dan –mesmo de parte de persoas castelanfalantes– cando, por exemplo, o anterior presidente do Goberno estatal nomeaba malamente a Sanxenxo e asistimos a unha avalancha de protestas. Creo que aí xorde a implicación emocional cos topónimos por parte do pobo galego, e que tamén se delata a falta de sensibilidade por parte de quen emprega as formas incorrectas. A ideoloxía antigalega tamén pesa, evidentemente. Desde que se recolle o nome desta ría en mapas e portolanos, sempre se denominou Ría de Ribadeo. Normalmente, as rías denomínanse por unha das vilas máis importantes que están á súa beira, e o que debería quedar claro é que un topónimo non é debatíbel. Temos un exemplo moi recente de inxerencia política no caso da ría de Ribadeo, á que se lle quere cambiar o nome por Ría do Eo desde o Principado de Asturias. A Comisión de Toponimia xa emitiu un informe a este respecto en 2006 e nel demostrábase que o nome histórico foi sempre Ría de Ribadeo. Desde que se recolle o nome desta ría en mapas e portolanos, sempre se denominou Ría de Ribadeo. Normalmente, as rías denomínanse por unha das vilas máis importantes que están á súa beira, e o que debería quedar claro é que un topónimo non é debatíbel. A solución salomónica que se quixo dar dunha dupla denominación tampouco é aceptábel: o Grupo de Expertos de Nomes Xeográficos recomenda sempre a unicidade entre o topónimo e o accidente xeográfico ao que se refire, recomenda sempre que haxa unha única forma. Outro caso moi recorrente e significativo de polémica coa onomástica é a dos rueiros de aldeas, vilas e cidades, cando se substitúen topónimos preexistentes por nomes importados sen tradición local. A competencia para nomear as rúas e vías é competencia exclusiva dos concellos, que moitas veces non teñen uns criterios claros nin uniformes. A súa primeira tentación é recorrer á toponimia conmemorativa, é dicir, a escoller nomes de persoeiros que queiran destacar. Este é un costume que xurdiu no século XIX, no que, coa alternancia de gobernos liberais e conservadores, comezaron a pórse e quitarse nomes de persoas ás rúas dependendo dos partidos políticos que estivesen no poder. Os que nacemos durante o franquismo coñecemos perfectamente as mudanzas nos rueiros derivados dos cambios políticos, por exemplo. Cando se abre unha nova rúa, un novo barrio, sempre hai topónimos tradicionais que se conservan, ben oficialmente, ben na memoria colectiva. Hai que recoller esa toponimia nos rueiros, coa vantaxe de que é unha forma de nomear que non vai levantar a suspicacia de ninguén porque a poboación da zona vai aceptar e identificarse plenamente con eses nomes. Nestes casos a nosa postura é moi clara: desde a Asociación Galega de Onomástica, á que pertenzo desde a súa fundación, existiu un intento de comprometer os concellos co mantemento da toponimia tradicional nos rueiros. Cando se abre unha nova rúa, un novo barrio, sempre hai topónimos tradicionais que se conservan, ben oficialmente, ben na memoria colectiva. Hai que recoller esa toponimia nos rueiros, coa vantaxe de que é unha forma de nomear que non vai levantar a suspicacia de ninguén porque a poboación da zona vai aceptar e identificarse plenamente con eses nomes. E hai que aclarar que este non é un problema exclusivo da Galiza: tamén desde o Comité de Expertos da ONU se recomenda a preservación da toponimia tradicional. Aínda así, tamén existen prexuízos nese campo, por unha suposta "inadecuación" dos topónimos tradicionais. Si, nas Xornadas de Onomástica que desenvolvemos en Pontevedra en 2019, algúns concelleiros mostraban reticencias a algúns nomes tradicionais precisamente por esa razón. Non lembro se chegaron a utilizar a palabra paleto, mais iso era o que se reflectía. E eu repito unha anécdota que conta Gonzalo Navaza de cando se lles puxo nome aos viais do campus da Universidade de Vigo: había un lugar que se chamaba Porto do Boi e que era rexeitado por unha parte da elite académica por "vulgar", até que Navaza lembrou que Oxford significa literalmente iso: Porto do Boi. Mais os prexuízos seguen aí. A Academia Española ten un orzamento millonario que corre a cargo do Estado, mais a Academia Galega carece deses recursos, e a quen compete resolver este agravio é ao Goberno galego. O traballo de recuperación da microtoponimia (nomes de terras, fontes, regueiros, cruceiros, cons, areais...) é realmente titánico, dada a riqueza do noso país nese campo. Estanse a facer os esforzos necesarios para non perdela ou precisaríase tamén un esforzo de financiamento para levala a cabo? A Academia non ten recursos abondos para emprender tarefas dese tipo. O seu funcionamento económico é bastante precario e está a expensas das institucións. A Academia Española ten un orzamento millonario que corre a cargo do Estado, mais a Academia Galega carece deses recursos, e a quen compete resolver este agravio é ao Goberno galego. No ano 2000 puxérase en marcha o Proxecto Toponimia de Galiza, que pretendía recoller os aproximadamente dous millóns de microtopónimos que se calcula que existen no país. Era un proxecto ambicioso que se realizaba en colaboración co sistema de información territorial, contratando xente… Fíxose un traballo moi bo no que se recolleron uns 350.000 nomes, mais en 2008, coa coincidencia da crise económica e o cambio de Goberno, aquel proxecto deixou de funcionar. Agora existe un novo proxecto, Galicia Nomeada, organizado polo Seminario de Onomástica da Academia e que pretende recoller a microtoponimia a través dunha app. Como non hai fondos para contratar xente preparada que o faga cuns criterios unificados, apélase á colaboración cidadá. Por unha banda está moi ben porque se enchen ocos e pode haber xente que se sensibilice a respecto do valor da toponimia. Mais tamén é un traballo que exixe un labor de gabinete e de verificación enorme e, ademais, non asegura que se recolla todo o que existe. Precisaríase outra estratexia máis sistemática. Outra estratexia para a que non se destinan fondos… O financiamento destas cuestións onomásticas está no mesmo estado que o da normalización lingüística. Ben sabemos cal é o plan de normalización do actual Goberno e ben sabemos que unha das súas primeiras medidas foi minguar moitísimo o papel do galego no ensino. A partir de aí, que medidas podemos esperar que se tomen para recuperar os nomes tradicionais? Outra cuestión moi debatida é a dos nomes de persoas. A que se debe que nomes de gran tradición galega sigan sendo considerados como nomes de orixe castelá? Creo que aí persiste a idea do galego como unha lingua subalterna a respecto do castelán, o que nos leva a crer que só é galego o que é diferencial. Iso é tan absurdo como dicir que todas as persoas que se chaman Manuel en Portugal teñen un nome español. E claro, esa é unha visión interesada porque é unha forma de dicir que en galego existen moi poucos nomes propios. En realidade, os nomes galegos son maioría na Galiza. Non o son os nomes diferenciais, aínda que cada vez son máis, e iso tamén é importante. Desde finais do século pasado, a proporción de nomes galegos non deixou de medrar entre os nacidos nesas datas. En termos absolutos, a porcentaxe non é maioritaria porque aínda somos maioría demográfica os nacidos nas décadas de 1950, 1960 e 1970. Mais se vemos a tendencia entre os nacidos nas décadas de 1990, 2000 e 2010, vemos que hai unha progresión ascendente de nomes galegos. O Padre Sarmiento testemuña na súa obra que, aínda no século XVIII, todos os campesiños teñen un nome e un alcume en galego. Non aparecen nos escritos, mais estaban aí. Este é un asunto no que as modas teñen un gran papel, mais non sei se se poden albiscar tendencias na escolla de nomes para os fillos e fillas. Na escolla dun nome propio funcionan moitas máis cousas que as modas. A xente pensa que é absolutamente libre á hora de escoller o nome dun fillo ou dunha filla, e non é así: hai moitas presións indirectas na sociedade que inflúen nunha determinada dirección Non só aquí, en todos os países da órbita occidental. E pasou tamén en todas as épocas históricas: hai mil anos, nos séculos IX e X case todo o mundo na Galiza tiña nomes de orixe xermánica, había moi poucas persoas que tivesen un nome latino ou hebreo. E non existían os medios de comunicación de masas. Había modas? Dalgunha maneira, estes nomes expandíronse e aínda agora existe unha forte pegada daqueles nomes na onomástica persoal. Coñecemos a razón dalgúns cambios: no século XVI, coincide a case desaparición do galego da lingua escrita co Concilio de Trento, no que a Igrexa católica estabelece unha serie de normas férreas para a escolla dos nomes dos meniños e favorece os procedentes do Novo Testamento. Os únicos elementos galegos que quedan nos rexistros escritos son os nomes de persoas e os topónimos, que a partir de aí van sufrindo un proceso de castelanización. Mais tamén sabemos que esa transformación non se dá de igual forma na lingua falada: o Padre Sarmiento testemuña na súa obra que, aínda no século XVIII, todos os campesiños teñen un nome e un alcume en galego. Non aparecen nos escritos, mais estaban aí. Temos un presidente da Xunta que fai alarde dun apelido reproducido cunha grafía que non se adapta ao galego moderno e que, ademais, escribe cun acento gráfico que é unha falta de ortografía tanto en galego como en castelán. O cambio de nome resulta relativamente fácil de asimilar, mais o apelido ten unha dimensión colectiva que nos sitúa na sociedade e nos vincula á nosa familia, aos nosos devanceiros. Por iso se sente ás veces que esa forma non se pode cambiar, que facelo suporía unha especie de desafección con respecto aos nosos pais e aos nosos avós. Tamén custa máis porque hai moi pouca información sobre ese tema. A Administración autonómica nunca fixo unha campaña de información onomástica potente sobre os apelidos. Temos un presidente da Xunta que fai alarde dun apelido reproducido cunha grafía que non se adapta ao galego moderno e que, ademais, escribe cun acento gráfico que é unha falta de ortografía tanto en galego como en castelán. Non existe ningún tipo de sensibilidade sobre este tema e, o que é peor, non se informa á xente de cales son as formas historicamente correctas dos seus apelidos. Moita xente non sabe que *Seijas é unha forma deturpada dunha forma galega, por dar un exemplo. Por outra banda, non se facilita que se faga o cambio: hai moitas persoas cuxo compromiso coa lingua non ten dúbida mais que mantén uns apelidos deturpados. Ao elemento emocional do apelido –que nos relaciona co noso país e coa nosa lingua, mais dunha forma máis estreita coa nosa familia e mesmo co nosos ser– hai que engadir a falta de información e de medidas que propicien unha reflexión colectiva sobre este asunto. Agora mesmo estamos organizando, desde a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, unha campaña de información sobre a restauración dos apelidos e estamos moi contentos co traballo e moi expectantes co resultado que poida ter. A comunicación entre administracións tampouco axuda demasiado: moitas persoas cambian o apelido mais logo teñen problemas para que, por exemplo, a Seguridade Social recoñeza ese cambio. Si, ese é un tema que xa transcende o ámbito da normalización e que responde a unha falla da Administración que haberá que enfrontar nalgún momento. Nas cidades, as relacións interpersoais xa son moi diferentes: podes vivir dez anos nun edificio sen coñecer a maioría dos teus veciños. Daquela, o alcume perde o seu sentido comunitario, vaise apagando. Os alcumes constitúen unha parte importante da antroponimia non oficial, aínda que, igual que os apelidos, están ligados á familia e adoitan transmitirse de xeración en xeración. Na Galiza teñen vitalidade especialmente en ámbitos vilegos e rurais, pero, ao iren mudando os modos de vida, están comezando a minguar. Si, esa é a chave desta cuestión: trátase máis dun cambio sociolóxico nas formas de vida e que auguran un futuro difícil na conservación destes elementos. É curioso que nas vilas se manteñen até o punto de que aparecen nas esquelas, para que a xente identifique o falecido. Iso segue funcionando, mais para as persoas maiores, as xeracións máis novas teñen un vínculo xa menos estreito cos alcumes. E nas cidades, as relacións interpersoais xa son moi diferentes: podes vivir dez anos nun edificio sen coñecer a maioría dos teus veciños. Daquela, o alcume perde o seu sentido comunitario, vaise apagando. Manuel Rivas que, citando a Seamus Heaney, falaba da toponimia como "o primeiro manuscrito da terra", algo sobre cuxa importancia aínda non acabamos de concienciarnos. Gústame esa metáfora, mais coñezo unha mellor, aínda que agora non lembro a quen lla escoitei: non tanto un manuscrito como un palimpsesto. Os palimpsestos son moi interesantes desde o punto de vista lingüístico e histórico, porque en moitas ocasións, é máis importante o que foi borrado que o que está escrito. Os nosos topónimos reflicten os cambios sucedidos nesta terra: temos nomes prerromanos, latinos, xermánicos e mesmo algúns árabes, aínda que moi poucos. Como corresponde coa presenza musulmá na Galiza. Claro. Ademais son tardíos: o noso arabismo máis frecuente é aldea, máis non foi unha palabra que deixasen aquí os árabes, senón un préstamo moi tardío doutras linguas romances. O conxunto da toponimia fálanos dos pobos que habitaron aquí, do que se considerou distintivo para distinguir un fragmento de territorio a respecto doutro –a súa flora, o seu aproveitamento económico, a fauna, o tipo de poboación… Na toponimia está escrita a nosa historia, por iso é tan apaixonante. |
NOS_35527 | Os casos refírense aos xogadores de fútbol do Belenenses SAD que testeram positivo á Covid-19, dado que un deles tivo unha viaxe recente á África do Sur. | Portugal ten, no mínimo, xa 13 casos confirmados da nova variante ómicron, indica o Instituto Ricardo Jorge ( INSA) nunha nota enviada na mañá desta segunda feira aos medios de comunicación. Os casos refírense aos xogadores de fútbol do Belenenses SAD que testeram positivo á Covid-19, dado que un deles tivo unha viaxe recente á África do Sur. "Os ensaios preliminares efectuados no INSA suxiren que todos os 13 casos asociados aos xogadores da Belenenses SAD estean relacionados coa variante de preocupación ómicron", indica o instituto no comunicado. A variante ómicron do coronavirus comezou esta fin de semana a se rexistrar por Europa. Bélxica converteuse a sexta feira no primeiro país europeo en detectar a presenza desta variante nun contaxiado, unha persoa non vacinada que volvía de Exipto vía Turquía, segundo escribiu en Twitter un afamado virólogo belga, Marc Van Ranst. Até agora, segunda feira, non hai constancia de que esta variante estea no Estado español O ministro británico de Saúde Sajid Javid, anunciou o sábado ao mediodía a detección en Reino Unido de dous casos. Trátase de dúas persoas conectadas, unha en Nottingham (centro do país) e a outra en Chelmsford (ao leste de Londres), e das que se están investigando os seus contactos. Alemaña, Italia ou a REpública Checa tamén notificaron ao longo desta semana que detectaran persoas con Covid con esta variante. Até agora, segunda feira, non hai constancia de que esta variante estea no Estado español, segundo informou o propio Goberno español, que insiste no uso da máscara e na terceira dose da vacina. Tamén fixou un período obrigatorio de corentena para as persoas que cheguen ao Estado procedente de sete estados do sur do continente africano. |
NOS_19782 | A enquisa de 'Celeste-Tel' vaticina entre 1 e 2 deputados para os nacionalistas galegos. O PP mantense como primeira forza, o PSOE segue a caer e Ciudadanos recadaría xa 1 de cada 5 votos. Podemos móvese nos 30 escanos. | A pouco máis dun mes das eleccións xerais, unha nova enquisa aponta a que o nacionalismo galego mantería representación no Congreso español. O traballo de 'Celeste-Tel' para 'El Diario' indica que o BNG obtería entre 1 e 2 escanos -tiña 2 na lexislatura que acaba-. Se ben o BNG non se presenta coas súas siglas a esta cita coas urnas, senón que fai parte dunha candidatura máis ampla conformada con outras forzas e colectivos, Nós-Candidatura galega; o resultado da sondaxe permite vaticinar -con eses dados- que o nacionalismo galego atinxiría representación no Congreso. O PP seguiría a ser primeira forza, cun 26,3% dos votos e entre 118 e 122 escanos, mais descende a respeito do anterior inquérito -o de outubro, que lle outorgaba entre 121 e 125 representantes na Cámara baixa. De todos xeitos, moi lonxe daqueles 186 deputados logrados en 2011, nuns comicios nos que os populares lograran máis do 45% dos votos. Porén, a queda do PP vén contra-restada no campo da dereita pola forte progresión que segue a ter Ciudadanos. O partido de Albert Rivera atinxiría entre 58 e 62 escanos e un 21,14% dos sufraxios. Terceira forza consolidada a teor dos dados da sondaxe. Hai un mes, a enquisa de 'Celeste-Tel' ouorgáballe dous representantes menos. Quen segue a caer é o PSOE, cun 24% dos votos (cinco pontos menos que hai catro anos) e pelexando por non baixar da barreira dos 100 deputados. Esta enquisa concédelle entre 102 e 104. E Podemos experimenta este mes un ascenso, cun 10,8% dos apoios nas urnas e entre 26 e 30 representantes no Congreso. Porén, sería cuarta forza, moi afastada das outras tres e sen dar o pulo por riba dos 30 deputados. O soberanismo seguiría a ter representación nunha lexislatura que vai ser fulcral para a cuestión 'territorial'. A sondaxe aponta a que as forzas soberanistas cataláns e vascas obterían unha importante presenza. CDC lograría de 9 a 10 deputados, por 6 ou 7 que tería ERC. Compromís atinxiría 4. En Euskal Herria, Amaiur e PNV compiten por ser primeira forza. O traballo que publica esta quinta feira 'El Diario' dalle á esquerda abertzale entre 6 e 7 representantes e aos 'jelkides' entere 5 e 6. Geroa Bai obtería 1 escano. |
NOS_14216 | A organización frontista presentou unha Proposición de lei na que defende a creación dun Instituto de crédito e dunha corporación industrial galega coa que, din, se podería "evitar a destrución de medios de produción industrial" nos sectores económicos básicos. | A proposta do BNG componse de dúas medidas fundamentais: a creación dun Instituto Galego de Crédito e dunha Corporación Industrial Pública Galega. O seu obxectivo frear a destrución do tecido industrial galego face un dos principais factores que impiden a reactivación económica de Galiza: "a falta de crédito" --segundo recolle un recente informe publicado polo Colexio de Economistas. "E mentres isto acontece", indican, "os bancos teñen un volume de depósitos superior en 5.000 millóns de euros ao crédito que destinan a familias e empresas galegas" A iniciativa presentada pola organización frentista visa, neste senso, "financiar" e "desenvolver os diferentes sectores produtivos" ao tempo que "reordenar o sistema financeiro galego", subliñaron a voceira de Industria, Carme Adán, e o portavoz do grupo parlamentar, Francisco Jorquera. E é que desde que estourou a crise económica, en 2008, o noso país incrementou a taxa de desemprego nun 70% sendo un dos sectores máis antixidos o industrial. Aliás, "hai 200.000 cotizantes menos na Seguridade Social". Unha realidade que reflicten ben comarcas como Vigo ou Ferrolterra onde o desmantelamento do tecido industial está a pór en xaque a actividade económica das cidades, e non só. Competencias recoñecidas no EstatutoPerante esta situación, @s nacionalistas apostan en pular pola intervención da administración pública na economía de acordo coas competencias que o Estatuto de autonomía lle concede á Xunta de Galiza como o "fomento e planificación da actividade económica" (artigo 30.1), a capacidade de constituír "institucións de crédito corporativo, público e tterritorial" (artigo 30.5) ou a creación de "empresas públicas como medio de execución" das devanditas funcións (artigo 55.2). A iniciativa visa promover as actividades económicas que contribúan ao desenvolvemento de Galiza Así, a Proposición de Lei rexistrada polo BNG componse fundamentalmente de dúas medidas: a creación dun Instituto galego de crédito e dunha Corporación industrial galega. Dúas ferramentas coas que dirixir a intervención pública. Entre os seus obxectivos están a promoción daquelas actividades económicas que contribúan ao desenvolvemento e aumento da riqueza de Galiza, a participación ou concesión directa de créditos ás empresas e emprendedores, reducir os custes na xestión dos recursos financeiros e operacións de crédito, así como contribuír a xerar unha nova dinámica ao conxunto do sistema financeiro galego, "reforzando a aposta nunha economía produtiva, innovadora, creadora de emprego e sustentábel", recolle a PL nacionalista. Un Instituto de crédito fronte un IGAPE "zombi"Neste senso, propoñen que o Instituto de crédito actúe de maneira semellante ao ICO español. Esta entidade tería un carácter público e contaría "cunha configuración financeira capaz de asumir a participación e concesión de créditos a maior escala que o actual IGAPE". Pois, para o BNG este organismo "é un zombi que non serve para dinamizar a economía galega" e que, asemade, "ten débedas importantes" e "na actualidade menos orzamento", criticaron. Através desta ferramenta, que tildan como "chave" para actuar como "unha banca pública indirecta" a organización frontista insta a Xunta a fornecer de crédito as empresas do país que pasarían a estaren participadas polo goberno galego e integrarían a segunda das medidas: a Corporación industrial. A Corporación industrial estaría integrada por empresas públicas ou por aquelas que foron participadas con diñeiro público Estoutra ferramenta "será a encargada de desenvolver as accións necesarias para a satisfacción dos obxectivos" previstos para o Instituto de crédito. A Corporación pública estaría constituída e participada por "todas as empresas públicas e participacións en sociedades mercantís das que sexa titular a Xunta" e máis "as entidades do sector público autonómico", "centros de traballo de empresas públicas" e aqueloutras que fosen transferidas polo Estado. Con este novo organismo o executivo galego podería intervir, din @s nacionalistas, "de maneira acaída" nos sectores económicos básicos e dirixir "toda a acción" que a Xunta desenvolva á fin de "asegurar a viabilidade daquelas empresas privadas ou con participación pública que operando en sectores de alcance estratéxico atravesen serias dificultades", indicaron. A proposta será debatida nas vindeiras semanas polo Parlamento de Galiza mais todo apunta a que o Partido Popular rexeitará máis unha vez a iniciativa. |
NOS_24332 | Carlos Canal (Xinzo de Limia, 2001) combina xuventude e descaro. O corredor do Burgos BH converteuse na pasada edición da Vuelta Ciclista a España no primeiro profesional do país en participar nunha gran rolda desde 2018, o que dá unha idea tanto do seu prometedor futuro como da crise que vive o ciclismo galego. | —Antes de nada, e por si acaso alguén non tivo a sorte de seguir o seu crecemento nos últimos anos, como se definiría como corredor? Como un moi novo que provén do mountain bike e do ciclocross, que hai dous anos deu o salto ao ciclismo de estrada directamente a profesionais e que está dando os seus primeiros pasos neste mundiño, aínda que este ano tiven a sorte de correr a Vuelta a España. —Imaxino que, depare o que depare a súa carreira no futuro, esta edición da Vuelta Ciclista a España gardará sempre un lugar moi especial no seu corazón. Si. Para min foi a Vuelta a España perfecta, porque comezou na sede do equipo, en Burgos, e rematou na casa, na Galiza, con tres etapas impresionantes... estrearme así paréceme idílico. —Foi o único ciclista galego na devandita Vuelta Ciclista a España, o primeiro do país en participar en calquera das tres grandes roldas –Vuelta, Tour de Francia e Giro de Italia- desde que Pablo Torres correra a Vuelta de 2018. Sentiu nalgún momento o peso da responsabilidade desa representación nunha carreira que, ademais, remataba na súa terra? Si e non (ri). É bastante responsabilidade, porque ao final é certo que es o único galego que está correndo unha gran volta en todo o ano, e queres facelo ben, pero en ningún momento sentín presión, porque sei que son moi novo e teño moito percorrido por diante, así que hai que tomar as cousas con calma. —A outra lectura que ofrece ese dato é que, canto menos, o estado do ciclismo profesional no Galiza non é o mellor. A que cre que se debe a carestía de profesionais, unha situación que contrasta con hai pouco máis dunha década, nos tempos do desaparecido Xacobeo Galicia, cando abundaban os galegos no pelotón? Penso que sobre todo é pola falta de probas a nivel Júnior, Sub-23... o que se suma a unha falta de carreiras nas categorías inferiores, o que implica a escaseza de equipos de desenvolvemento nesas idades. Hai un problema no deporte de base, e iso tradúcese na ausencia de corredores profesionais galegos. Cada vez hai menos ciclismo de base na Galiza, por iso é tan importante que os nenos volvan usar a bicicleta como medio de desafogo e para pasalo ben, moito máis que pensando en ser profesionais no futuro, só como medio para facer deporte e relacionarse con outros rapaces da súa idade. Dáme moita mágoa que cada vez existan menos escolas ciclistas e menos equipos que colaboren nese labor. —Con independencia desa circunstancia, conseguiu vostede rematar a carreira, e fíxoo con apenas 20 anos. Ademais, mostrouse moi combativo, mesmo protagonizando unha impresionante escapada na cuarta etapa, saíndo disparado case desde o mesmo momento do inicio, até o punto de que o pelotón só foi quen de neutralizalos a 15 quilómetros da liña de meta. Satisfeito co seu desempeño a nivel individual na Vuelta? Cal era o seu obxectivo antes de comezar a carreira? A verdade é que si, estou moi contento co nivel mostrado. Ao final, como dicía antes, son moi novo aínda e teño moito marxe para mellorar. O obxectivo, que era estar en fugas e deixar ver o equipo, penso que o fixemos o mellor posíbel, e dentro de todo tiven un bo rendemento que me servirá de aprendizaxe. —Cal diría que foi o seu momento máis destacado na Vuelta? Persoalmente quedaría coas tres etapas galegas, pero en particular coa chegada en Monforte, pola xente que estaba alí na meta que me coñecía, como a miña familia. E a nivel deportivo, si, destacaría a etapa de Burgo de Osma que sinalabas, que foi unha mostra de que podo ser competitivo en carreira, aínda que non foi a única na que me deixei ver ou na que estiven a bo nivel (ri). —Que foi o que máis lle impresionou de vivir desde dentro unha proba do nivel da Vuelta Ciclista a España? Sobre todo, o nivel ao que se compite. É altísimo. E o aguante que ten o corpo humano, porque parece imposíbel que unha persoa poida aguantar tantos días de tanto esforzo, porque se pasan moitos momentos moi malos, sufrindo... —De cara a á vindeira tempada, cales son os seus obxectivos? A intención é seguir medrando como corredor e dar un pasiño máis na miña evolución deportiva, mellorando o meu rendemento, estando cada vez máis adiante nas carreiras, así como intentar disputar algunha que outra carreira que se adapte ben ao meu perfil. E, se fose posíbel, volver estar nunha 'grande'. —Recentemente presentouse un proxecto que traerá de volta en 2022 a desaparecida Volta a Galiza de ciclismo profesional, que non se disputa desde hai dúas décadas e na que non sería estraño que o Burgos fose un dos equipos participantes. Faille ilusión a posibilidade de participar? Si, sería moi ilusionante correr unha Volta a Galiza profesional, a carreira da casa, aínda que as datas que din nas que se desenvolvería –de 24 a 27 de febreiro- non van ser moi agradecidas climaticamente (ri), ogallá poida estar na liña de saída. |
NOS_21228 | A hostalaría galega continúa coas mobilizacións por todo o país. Hoxe manifestouse polas rúas de Muros e Ferrol para exixir solucións inmediatas á súa situación. A resolución do TSXE coincide coas súas reivindicacións de que son espazos seguros e non fonte de contaxios nesta pandemia da Covid-19. | A xornada de hoxe viviu dúas novas manifestacións do sector hostaleiro para denunciar a súa situación. A primeira foi en Ferrol, convocada pola asociación Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra (HAF). O seu voceiro, Suso Mateo, rexenta desde hai 23 anos, un estabelecemento que leva meses fechado e con tres persoas cun expediente de regulación de emprego (ERTE). "A maior parte dos que estamos aquí levamos moitos anos neste sector", explica a Nós Diario, "temos os negocios fechados mais continuamos cos gastos", engade. Ademais de manifestarse, realizaron unha recollida de alimentos para a cociña económica. "Como sigamos así acabaremos nós comendo alí", asegura. Pola tarde a protesta foi en Muros, organizada pola asociación Hostalaría e Turismo dese municipio. Eloi Fernández, o seu presidente, indica que malia ter un turismo estacional "se ao inverno, que xa é duro, lle quitas todos os ingresos éo aínda máis". Na reivindicación do sector neste municipio queren salientar que "non é só polo ben das nosas empresas, é polo nivel de emprego que queremos seguir mantendo". Afirma a Nós Diario que "se destruímos emprego non teremos ingresos, e quen virá aos bares?". A decisión da xustiza vasca A hostalaría galega recibiu de forma "positiva" a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Euskadi (TSXE) de ordenar, como medida cautelar, a reapertura dos bares e restaurantes. Agora ben, hai diferentes posicións en relación a seguir esa vía ou non pola diferenza entre lexislacións. "É obvio que nós non temos a culpa", salienta Eloi Fernández, quen lembra que "hai lugares onde fechou a hostalaría e seguiron aumentando os casos". Desde Ferrolterra, Xurxo Mateo, considera que a resolución vasca "pode sentar precedente". "Aquí hai despachos de avogados que se ofreceron para presentar recursos, non sabemos como estaremos de aquí a seis meses", engade. Lois Lopes, voceiro de Hostalaría Compostela e da Plataforma en defensa da hostalaría galega, lembra que o sector xa recorreu o fechamento e pediu a finais de agosto medidas cautelares como as agora aceptadas en Euskadi, pero que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) rexeitou por antepor o "interese xeral". A resolución da querela, con todo, non se produciu e aínda que o auto "reforza a liña discursiva" das súas esixencias, Lois Lopes di que a posibilidade de abrir a curto prazo non fai menos necesario un "plan de rescate completo" que alivie a "situación crítica do sector". "Abrir mañá tampouco nos solucionaría nada", subliña. Tamén desde Lugo, o representante dos seus hostaleiros, Cheché Real, instou a tomar con prudencia a resolución, os termos xurídicos nos que se formulou e o seu alcance, mais se finalmente se confirma que os fechamentos non están xustificados, podería dar lugar a "unha avalancha de indemnizacións tremenda". A Consellaría de Sanidade responsabiliza a hostalaría En todo caso, a resolución da xustiza vasca reforza a idea que se ten desde o sector que están a facer as cousas ben. "En toda a hostalaría de Ferrol só coñezo dous casos de Covid-19 e non foi traballando", explica Mateo. Non opina así a Consellaría de Sanidade, ao non ter "ningunha dúbida" de que a hostalaría "inflúe na transmisión" e que "actúa de forma importante no número de contaxios", que descenden, asegurou, ao adoptar medidas. Actualización dun Plan de Medidas "Estamos preparando un Plan de medidas e en breve sacaremos unha actualización, hai que ter en conta que levamos máis meses con restricións", asegura Lopes. A nova proposta parte dos avances da anterior, como a de dedicar 1% do orzamento das Administracións para indemnizar o sector. Ademais, demandan que sexa de carácter plurianual, como mínimo de tres anos, até 2024. O hostaleiro compostelán critica, ao respecto, que, fundamentalmente PP e PSOE, "se metan nunha serie de leas partidistas mentres o sector esmorece". A nova Lei de residuos e a venda a domicilio da hostalaría A maioría absoluta do PP no Parlamento galego permitiu a pasada terza feira a aprobación definitiva da nova lei de residuos e chans contaminados da Galiza. Entre outras medidas, obriga os restaurantes a empregar de maneira exclusiva envases sen plásticos e preferentemente reutilizábeis. O sector, na súa maioría, coincide con esta medida aínda que cre que debería terse en conta a situación actual de pandemia. "Desde o punto de vista ecolóxico a min paréceme correcto, aínda que agora habería que facer outro tipo de transición que non poña máis gastos a un sector asfixiado", sinala Eloi Fernández, quen lembra que "ademais, teremos que sumar o imposto ás bebidas gasosas, nun momento en que non podemos subir os prezos". |
NOS_49443 | O Concello de Salvaterra de Miño, presidido por Arturo Grandal (PP), vén de resucitar o proxecto dun museo dedicado ao viño nas Covas de Dona Urraca, tamén coñecidas como as Minas. O consistorio xa gastara case 200.000 euros de fondos Feder na mesma idea, pero pensada para a Casa do Conde, tamén localizada na fortaleza da vila. Nunca chegou a poñelo en marcha e o inmoble está pechado e sen actividade desde hai anos. | Asociación culturais como Lazoiro ou a veterana SCD O Condado -organizadora do Festival da Poesía- e as forzas políticas da oposición municipal -BNG e PSdeG- promoven un manifesto en que esixen que as covas se manteñan "como espazo público para diversas actividades" e que se paralice a iniciativa do concello. "A musealización non permitirá ningunha outra actividade cultural, vodas, exposicións, representacións teatrais", di o documento. "Non se trata pois de opoñerse á construción dun museo do viño, e menos aínda nesta terra, mais un goberno non pode da noite para a mañá anunciar que todos os edificios das murallas van pasar a un único uso", engaden. O proxecto custará case 240.000 euros. As Covas de Dona Urraca fan parte do Castelo de Salvaterra, de orixe medieval, situado na ribeira do río Miño que fai de fronteira con Portugal. O espazo das covas, moi utilizado polas activas entidades culturais da zona, é dos máis antigos conservados. Data do século XII. "As Minas de Dona Urraca deben continuar a ser un espazo polivalente que as achegue máis á cidadanía", conclúe o manifesto. |
NOS_37149 | O ex tesoureiro del Partido Popular, que está na cadea, someterase a un novo xuízo na Audiencia Nacional en cinco días. | O ex tesoureiro do PP Luis Bárcenas escribiu unha carta á Fiscalía Anticorrupción na que asegura que o que fora presidente do Goberno e do PP, Mariano Rajoy, destruíu documentos nos que estaban anotadas as contas da suposta caixa "b". Pero o fixo "sen saber" que o propio Bárcenas gardaba unha copia. No escrito ao que puido acceder Europa Press, dáse a coñecer tan só cinco días antes de que a Audiencia Nacional comece a xulgalo polo investimento na reforma da sede nacional do partido con diñeiro extraído desa presunta contabilidade paralela que xestionaba. Nesa misiva de finais de xaneiro o acusado -que cumpre unha pena de prisión de 29 anos pola trama Gürtel- amosa a súa "vontade de colaborar coa Xustiza". Alude, así, tanto ao xuízo pola caixa B que podería levalo a pasar outros cinco anos na cadea, como noutras causas "que estean pendentes de enxuizamento ou en plena instrución". Bárcenas fala ao longo de oito páxinas nas que conta que nos papeis deixaba constancia de doazóns, sobre todo de empresarios, ao falecido Álvaro Lapuerta na sede de Xénova ou "en restaurantes" a modo de intercambio por "importantes adxudicacións de obras e servizos públicos". Afirma, igualmente, que Mariano Rajoy era "perfectamente coñecedor" destes movementos. "Até o punto de que a principios de 2009 tivemos unha reunión no seu despacho na que lle mostrei os papeis desta contabilidade en B", engade. Segundo a súa palabra, o que foi presidente do Goberno do Estado Español chamoulle a atención por gardar "toda esa documentación comprometedora, que terminou destruíndo persoalmente sen saber que eu gardaba unha copia". |
NOS_53683 | Pelo menos 10 mil pessoas se reuniram neste sábado (13/12) em Washington em um dos maiores protestos contra a violência policial registrados desde o não indiciamento dos dois oficiais brancos que mataram jovens negros no Missouri e em Nova York | A marcha de Washington, chamada de "Justiça para Todos" e convocada em defesa dos direitos civis, faz parte do Dia Nacional de Resistência, convocado após os dois casos. Os manifestantes partiram da Freedom Plaza, que fica próxima à Casa Branca, e seguiram até o Capitólio, sede do Congresso norte-americano. Marchas também aconteceram em Nova York, San Francisco, Austin, Chicago, Boston e em outras cidades. Como nos protestos da última semana, cartazes com as inscrições "Hands up, don't shoot" (mãos ao alto, não atire), em referência às marchas acontecidas no Missouri após o assassinato do jovem Michael Brown, e "I can't breath" (não consigo respirar), últimas palavras de Eric Garner antes de ser asfixiado por um policial, são levados pelos manifestantes. Na quarta-feira (10/12), alunos de cerca de 70 faculdades de medicina encenaram uma "morte coletiva" para protestar contra o assassinato de homens negros desarmados As famílias dos dois homens assassinados participaram da manifestação em Washington. A previsão inicial era de que os protestos na capital reunissem 5.000 pessoas. Os protestos têm ganhado força nos últimos dias. Na quarta-feira (10/12), alunos de cerca de 70 faculdades de medicina encenaram uma "morte coletiva" para protestar contra o assassinato de homens negros desarmados. Além dos estudantes de medicina, em Berkley, cerca de cem manifestantes também foram às ruas, e na quinta (11/12), um grupo de funcionários do Congresso fez um protesto na escadaria do Capitólio. Deputados democratas levantaram as mãos, simulando estarem desarmados, durante uma sessão na Câmara dos Representantes. Após o início das manifestações, ainda na semana passada, o presidente Barack Obama anunciou medidas para tentar evitar casos como os de Brown, Garner e o de Tamir Rice, de 12 anos, que foi morto em Cleveland. Obama afirmou também que pediria ao Congresso US$ 263 milhões ao longo de três anos para investir em várias medidas relacionadas com as policiais locais, entre eles US$ 75 milhões para que 50 mil agentes tivessem câmeras incorporadas ao uniforme ou a seu corpo, para gravar as interações com civis. |
NOS_52820 | Declararon unha tregua en 2010, pero non foi defintiva. The Homens, trío de enerxéticas melodías e potentes guitarras e traballadas melodías, regresan aos escenarios e anuncian novas cancións. O pop en galego recupera unha das súas bandas fundamentais. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza. | Parecía mentira, pero antes de The Homens a fórmula pop, guitarras eléctricas, enerxía melódica, lírica airada e lingua galega era practicamente inédita. Houbo que agardar a inicios do século XXI para que tres músicos con base en Compostela a sintetizasen. Entre 2004 e 2010, dous EP, dous discos longos e ducias de concertos converteron The Homens en algo próximo a un fenómeno underground na Galiza. O 19 de outubro regresan aos escenarios no Grelo Folc de Monfero. O retorno, prometen, non vai ser flor dun día. "Basicamente volvemos porque non atopamos razóns para non tocar xuntos de novo", explica Roi Fernández a este semanario. Baixista, creou a banda canda Martiño Suárez –Martin Wu–, na guitarra e voz, e Xocas López na batería. Agora retoman as armas porque as condicións obxectivas o permiten. "Non puidemos facelo antes, máis alá dun concerto puntual [na Sala Capitol de Santiago en 2015] porque non viviamos na mesma cidade", engade. O tempo pasou, si, pero as ansias de facer música e a amizade entre eles non os abandonaron. Fernández e Suárez mesmo mantiveron xuntos un proxecto punk acústico, Grampoder. The Homens 2019 tocarán "oldies e temas míticos" en Monfero, cancións como Desaparece, Calamar ou Tigre, tigre! Porén, a súa reanudación de hostilidades inclúe novas composicións, "aínda embrionarias" pero que algún día estrearán en directo. Harmonías e ritmos rápidos O carácter pioneiro da súa proposta, power pop de marca new wave que foi adquirindo intensidade distorsionada, sempre en galego, sucedeu, para os seus membros, de maneira natural. E serviu de orientación a xeracións posteriores, dos últimos Familia Caamagno a Oh! Ayatollah, por caso. María Villamarín, voz e sintetizadores en Esposa, lémbrao: "En terceiro de carreira, sobre 2009, escoitaba en bucle Tres (2007) e Cuarta potencia (2009)", relata a Sermos vía correo electrónico, "intentando harmonizar sobre a voz de Martin Wu". A Villamarín atraérona "os ritmos rápidos, que fose música bailábel, as harmonías de cancións poderosas e intensas". Tanto que os propios Esposa chegaron a versionar en directo Desaparece, talvez o primeiro hit de The Homens ao nivel en que hai hits no mundo musical subterráneo, autoxestionado e ferozmente independente en que se movían. "Foron se cadra un dos primeiros grupos de pop en galego que escoitamos", reflexiona sobre a súa pegada en Esposa, "inspiráronos no persoal e no conxunto. Talvez se note nas nosas cancións máis rápidas. Malia que nós non soamos tan rockeiros!". O certo é que na década paréntese de The Homens, a música pop en galego ocupou terreos antes a monte. "A banda foi un espello en que se reflectiron moitas outras bandas que xurdiron despois. Marcou unha xeración", considera Fernando Fernández Rego, crítico e autor da monumental Unha historia da música en Galicia. 1952‑2018 (2019), na que lles dedica un apartado. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_42333 | Ambas formacións instan a Xunta a adoptar as medidas necesarias para garantir que as usuarias das residencias de maiores na Galiza reciben os coidados axeitados e que o persoal destes centros conta co material preciso. | O PSdeG e a coalición Galicia en Común-Anova Mareas urxen a intervención da Xunta nas residencias de maiores para dotalas do persoal necesario e de equipamentos de protección para evitar o aumento de contaxios por coronavirus que medra día a día. O portavoz de sanidade do PSdeG no Parlamento galego, Julio Torrado, urxiu a contratación de máis persoal para as residencias de maiores e persoas con diversidade funcional, así como "o cumprimento estrito dos protocolos" para impedir os contagios da COVID-19. Así mesmo, o voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, instou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a que "adopte xa todas as medidas" precisas para "evitar o colapso" das residencias de maiores, "procedendo á intevención e medicalización dos centros para garantir que as persoas afectadas a reciben os coidados axeitados coa proteción necesaria para eles e o persoal que os atende". Nun comunicado, as socialistas trasladaron a súa colaboración á Xunta, pero solicitaron información "máis precisa sobre as residencias de maiores" e, ante a "preocupante" situación destas, sinalan que "hai que tomar todas as medidas para garantir que non se sigan producindo contaxios masivos". Julio Torrado pediu que se expoñan os plans de acción do Goberno galego para poñer en funcionamento os centros de Baños de Molgas e Compostela e reclamou que se dea conta da configuración do cadro de persoal dos novos centros integrados, xa que pode supor "desprazamentos de cen quilómetros" para as traballadoras. Pola súa banda, Gómez Reino lembrou que desde a coalición levan "días reclamando e urxindo a Feixoo a que actúe sen demora nas residencias da terceira idade, que están a ser focos importantes de contaxio entre usuarias e coidadoras; sen afondar no sufrimento e na anguria de moitas familias galegas afastadas das súas avoas e avós". "Ademais do caso da residencia de Celanova e dos centros privados da empresa Domus VI en Vigo, Cangas, Santiago e Carballo, temos constancia doutros en Ourense e A Coruña e novas denuncias en centros en Castro Caldelas, O Barco de Valdeorras, Fisterra e Viveiro. E a lista vai medrando", afirmou Gómez-Reino. Galicia en Común-Anova-Mareas considera que a saúde e os coidados deben ser un servizo público e cuestiona "o modelo de privatizacións e recortes aplicado durante os Gobernos sucesivos do Partido Popular na Galiza, que permitiron facer negocio coa prestación de servizos básicos esenciais". |
PRAZA_18241 | Os populares impulsan no debate sobre o estado da autonomía unha ducia de resolucións sobre competencias estatais. A sesión sáldase co maior número de propostas aprobadas dos últimos anos, 54, oito delas por unanimidade, mentres que a oposición amosa a súa unidade en 79 resolucións, a metade do total. | Do mesmo xeito que no seu discurso de apertura o martes do debate sobre política xeral deste ano, o coñecido como debate sobre o estado da autonomía, o presidente Feijóo optou por confrontar a súa propia figura política coa do presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, este xoves boa parte das propostas de resolución impulsadas polo PP puxeron o foco en competencias estatais e non da propia Xunta. Ao tempo, e malia a acusación do viceportavoz do PP, Miguel Tellado, á oposición de ser "moi pouco propositiva", o debate deste ano rematou co maior número de resolucións aprobadas dos últimos anos, 54, grazas a que a maioría absoluta popular considerou aceptables unha quincena de propostas alleas. Os populares impulsan no debate sobre o estado da autonomía unha ducia de resolucións sobre competencias estatais No debate anual de política xeral os partidos teñen vetado realizar propostas de resolución de carácter local, supostamente para evitar que se desvíe o foco de atención dos principais problemas de Galicia cara ás escaramuzas que os partidos manteñen entre si en múltiples concellos. Porén, ese veto non funciona por arriba, de xeito que o Parlamento si pode instar á Xunta a que esta reclame cousas de ámbito estatal, malia que ningunha das dúas institucións autonómicas teña competencias. En anos anteriores, cando en Madrid gobernaba Mariano Rajoy, ese tipo de peticións foron mínimas. Este 2018, con Pedro Sánchez no Goberno central, os populares galegos sacaron adiante coa súa maioría absoluta unha ducia de resolucións nas que esixiron cuestións de ámbito estatal e cuxo percorrido semella limitado, dúas delas co apoio do PSdeG en favor da reforma do Senado e de convocar a conferencia de presidentes autonómicos. Antes de que se votasen as propostas de cada partido, a Mesa do Parlamento, controlada polo PP, aplicou o antedito veto ás cuestións locais a unha proposta de resolución de En Marea sobre axudas para os afectados pola explosión da pirotecnia de Paramos, en Tui. "Resulta evidente que se trata dunha proposta de índole local", argumentou. Pola contra, ningún problema houbo en que saísen adiante co apoio dos seus propoñentes populares esa ducia de resolucións que xiran arredor de cuestións de carácter estatal ou con peticións ao Goberno central. A sesión sáldase co maior número de propostas aprobadas dos últimos anos, 54, oito delas por unanimidade, mentres que a oposición amosa a súa unidade en 79 resolucións, a metade do total Dese xeito, acordouse pedir a reunión da conferencia de presidentes autonómicos co presidente do Goberno central e avanzar na reforma do Senado, estas dúas cuestións co apoio do PSdeG, así como insistir na transferencia da AP-9, apoiar un pacto de Estado pola educación, pedir ao Goberno central que avance coa recuperación dos restos de represaliados por Franco, máis xulgados, que declare de interese xeral o abastecemento de auga a Vigo, que facilite permisos para que descendentes de galegos retornen a Galicia, que cumpra cos prazos do AVE, que regule os grupos de presión e protexa aos denunciantes de corrupción, e que non aumente os impostos ao diésel. Igualmente, o Parlamento insta ao resto de administracións a que vixíen o estado das súas pontes e viadutos. Os vicevoceiros Miguel Tellado (PP), Antón Sánchez (En Marea), Patricia Vilán (PSdeG) e Olalla Rodil (BNG), durante o debate / Parlamento de Galicia Tamén impulsou o PP resolucións nas que se recolleron as propostas avanzadas o pasado martes por Feijóo no seu discurso inicial, como a de reducir o canon do lixo, crear o Legado Artístico de Galicia ou intentar seguir rebaixando impostos, esta última cun texto que dilúe aínda máis a promesa máis clara lanzada polo presidente de rebaixar os impostos á compra de vivendas usadas para primeira residencia. Fronte ao apoio mutuo da oposición entre si na maioría das súas iniciativas, ningunha das propostas impulsadas polos populares foi rexeitada de xeito unánime por toda a oposición En total, das 159 propostas de resolución presentadas, 40 por cada grupo a excepción da anulada a En Marea, saíron adiante 54. Foron 39 do PP e o resto a partir de acordos entre diversos partidos que implicaron que os populares renunciasen a unha súa. Delas, oito aprobáronse por unanimidade de todos os grupos, en materias de medio ambiente, vivenda, protección animal, lusofonía, reforma da política agraria comunitaria, control do lindano, estratexia cultural e paisaxe. Malia eses acordos, o tipo de votación máis repetido, en 71 propostas, foi a negativa da maioría absoluta do PP a resolucións dalgún partido da oposición apoiadas polos outros dous grupos da esquerda. Se a eses casos se suman as oito propostas aprobadas por unanimidade, o resultado foi que os tres partidos da oposición estiveron de acordo na metade das propostas debatidas estes días. Pola contra, desta volta a oposición viu como o seu repetido argumento do rodillo parlamentario imposto polo PP agretábase en parte ao lograr os populares que ningunha das súas propias propostas recibise o rexeitamento unánime do resto da oposición. Como comparación, o pasado ano das 160 resolucións presentadas polos catro grupos só se aprobaron as 40 impulsadas polo PP, das que só dúas o foron por unanimidade tras negocialas coa oposición. En Marea criticou os reiterados incumprimentos do PP, o PSdeG salientou o seu propio carácter pactista e o BNG defendeu a integridade das súas propostas Antes da votación, o viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, puxo o foco no incumprimento reiterado por parte do PP das súas propias propostas. Desde o PSdeG a deputada Patricia Vilán salientou a participación socialista no 91% dos acordos acadados como exemplo do seu carácter dialogante e pactista. Pola contra, a deputada do BNG Olalla Rodil defendeu a integridade das súas propostas proclamando que "querémolo todo e estamos fartos de agardar". Resolucións aprobadas no Debate anual de política xeral |
PRAZA_7749 | O comité de empresa da canle pública alerta de "presións e intervencións acotío" sobre os profesionais do medio, unha situación que empeorou ante os "diversos casos de corrupción política" e que cualifican de "penosa e vergoñenta". | Os traballadores da TVG volven denunciar a "manipulación que padecen os informativos" da canle pública. A través dun comunicado, o comité de empresa da televisión pública denuncia as "presións e intervencións" que, segundo alertan, reciben "acotío" os profesionais do medio e advirten de que esta situación "agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política que están a sair á luz pública, como por exemplo o caso Pokemon ou, nos últimos días, o chamado caso Bárcenas". "A manipulación agravouse nos últimos meses por mor dos diversos casos de corrupción política", denuncian Os representantes dos traballadores consideran "especialmente penosas e vergoñentas" estas prácticas de "manipulación da televisión pública" no actual contexto de "grave crise económica e profundo deterioramento político e social". "Xusto cando unha cidadanía en gran parte empobrecida e indignada exixe máis que nunca o seu dereito de acceso a unha información veraz, plural e obxectiva", destacan. O comité denuncia "a ausencia dun mecanismo que evite as presións" e urxen a creación do Estatuto Profesional Ademais, o comité de empresa denuncia "a ausencia dun mecanismo que evite as presións coas que teñen que traballar cada día os profesionais" e que garanta "a liberdade e a indepencia no exercicio dos seus labores informativos". Por todo isto, os representantes dos traballadores urxen a creación inmediata do Estatuto Profesional que contempla a Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, o instrumento que, segundo a mesma lei indica, está "destinado a fortalecer a calidade, profesionalidade e independencia dos contidos informativos". "A Lei dos medios públicos que o Parlamento galego aprobou en decembro de 2011 obriga tamén a crear un Consello de Informativos, como órgano interno de participación dos profesionais da información da Corporación RTVG, que terá como obxectivos 'velar pola independencia, pola veracidade e pola obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles", lembran para rematar. |
PRAZA_2069 | Os dous concellos galegos, xunto cos de Madrid, Barcelona, Badalona, Alacante e Zaragoza, asinan unha declaración contra as normas tributarias "inxustas e discriminatorias" aplicadas polo Goberno central aos municipios e reclaman maior autonomía financeira e un novo sistema tributario | Os gobernos locais da Coruña e de Compostela, xunto cos de Madrid, Barcelona, Badalona, Zaragoza e Alacante, veñen de asinar unha declaración conxunta na capital aragonesa na que "exixen" ao Goberno central que "de modo inmediato" aborde a reforma de todo o sistema tributario das administracións locais por ser un sistema "inxusto, discminatorio e insuficiente que nin tan sequera permite a progresividade fiscal". Os sete concellos reclaman outro sistema tributario para as administracións locais que permita un financiamento "suficiente e sustentable" Os municipios -gobernados todos eles por candidaturas de unidade popular- pretenden así que se garanta unha Lei de Financiamento dos Concellos "suficiente e sustentable con criterios de progresividade e xustiza social e sustentabilidade medioambiental" e reclaman a modificación da Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira "para que as necesidades sociais non estean subordinadoas aos plans económico-financeiros de re-equilibrio previstos na devandita lei". Na xa denominada Declaración de Zaragoza -subscrita polos responsables económicos dos municipios-, estes gobernos locais lembran que os concellos son "as institucións máis achegadas á cidadanía e as que máis competencias asumen" e que, malia iso, tamén son as que "menos asegurada teñen o seu financiamento" por este "inxusto" sistema que depende, basicamente, de "impostos que non poden vincularse á riqueza real e que, polo tanto, non son xustos na súa aplicación". Así, denuncian que a Lei de Racionalización aprobada polo Executivo central -imposta polo ministro Montoro- "racha co principio de autonomía municipal, que segue sendo unha causa pendente da democracia". A Declaración de Zaragoza exixe máis autonomía financeira tras unha Lei de Racionalización que "racha co principio de autonomía municipal" "Hoxe, esta circunstancia legal asfixia os concellos", di o manifesto, que insiste en que numerosas leis "merman a captación de recursos municipais en beneficio de organizacións privadas ou relixiosas". De feito, advirten que a lei fai "un auténtico exercicio de ilusionismo xurídico" para facer desaparecer a partir do 1 de xaneiro de 206 as competencias de carácter social que viñan prestando os concellos e que pasarán a ser das comunidades autónomas. Así, segundo denuncian, neste marco lexislativo, nin o superávit da administración local garantiría beneficios socials á poboación, senón que este deberá estar destiando a seguir saciando os propietarios de débeda. "Aínda que un consistorio consiga cumprir coa amortización da débeda e ademais xere superávit, non poderá investir eses cartos en investimento social", aclaran, xa que a Lei de Estabilidade Orzamentaria exixe que "deberá servir para adiatntar pagamento de débeda". "Aínda que un consistorio consiga cumprir coa amortización da débeda e ademais xere superávit, non poderá investir eses cartos en investimento social", lembran Por iso lembran tamén o "papel frustrante e desigualdador do artigo 135 da Constitución imposto por poderes non elixidos e que confrontan coas necesidades básicas da maioría". "Os Concellos sofren sistemas tributarios e marcos legais esgotados, non dan para máis. Precisamos crear as liñas básicas dun novos sistema de finaciamenteo local do século XXI", rematan os membros dos gobernos locais que se reuniron en Zaragoza, entre eles a concelleira de Economía e Facenda de Compostela, María Rozas. |
PRAZA_16456 | Modifica a disposición das vías de xeito que só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara ao resto de Galicia mentres que os de alta velocidade con ancho internacional non poderán pasar de alí | Os trens de alta velocidade de ancho estándar ou internacional, os que ata o de agora viñan sendo coñecidos como AVE propiamente dito, non poderán pasar, polo menos nunha primeira fase, da estación de Ourense cando en 2020 comecen a chegar a Galicia coincidindo co remate do groso da liña á Meseta. Adif, a empresa pública xestora da rede ferroviaria, vén de autorizar a licitación da adaptación da praia de vías da estación de Ourense para eses novos tráficos cunha configuración que fai que as vías de ancho internacional rematen alí e só as de ancho ibérico sexan pasantes. Modifica a disposición das vías de xeito que só os trens con ancho ibérico poderán continuar cara ao resto de Galicia mentres que os de alta velocidade con ancho internacional non poderán pasar de alí A nova configuración de vías da estación de Ourense foi criticada hai uns meses polo PSdeG por considerar que implica que o AVE como tal non pase de Ourense cara ao resto de Galicia. Unha situación cuxa orixe está no atraso que acumula o último treito da liña entre a Meseta e Galicia, uns 17 quilómetros entre a cidade de Ourense e Taboadela, onde aínda non se moveu unha pedra e que a Xunta asume que non estará rematado ata polo menos 2024. No resto de treitos desde Zamora, a onde xa chega o AVE, os traballos están moi avanzados e a previsión de Adif é que a finais de 2019 poidan circular trens de probas para que os servizos con viaxeiros comecen en 2020. Porén, ante o atraso do treito de nova vía entre Taboadela e Ourense, os trens deberán seguir empregando nesa zona a actual vía, que será adaptada: Engadiráselle un cambiador de ancho para que os trens Alvia de ancho variable como os que prestan agora o servizo de longa distancia, máis lentos que os AVE, poidan aproveitar toda a nova liña entre Madrid e Taboadela, e tamén incorporará un terceiro carril para que os trens AVE de ancho internacional poidan circular por ese treito. Pero estes últimos, á vista da nova configuración de vías da estación de Ourense, rematarán as súas viaxes nela e non continuarán cara ao resto de Galicia. Malia as reiteradas críticas da Comisión Nacional da Competencia, Adif non fai públicos de xeito oficial os seus plans para a futura configuración definitiva da rede ferroviaria galega Adif, malia as reiteradas críticas da Comisión Nacional da Competencia, non fai públicos de xeito oficial os seus plans para a futura configuración definitiva da rede ferroviaria galega, pero varias fontes non oficiais indican que esa configuración de vías que agora se vai executar sería unha primeira fase á espera de que nunha segunda, cando o treito novo de Taboadela estea rematado, os AVE de ancho internacional xa si poidan superar a estación de Ourense. En todo caso, de xeito paralelo Renfe ten previsto incorporar nos próximos anos trens AVE de ancho variable, denominados Avril, que si poderían superar a estación de Ourense cara ao resto de Galicia pola vía convencional grazas ao cambiador de ancho de Taboadela e prestar servizo a unha maior velocidade que os Alvia actuais. Por outra banda, a configuración de vías que agora vai executar Adif permítelle gañar tempo para decidir como vai dar continuidade nese ámbito da estación de Ourense, ao igual que noutros puntos conflitivos especialmente no Eixo Atlántico, aos trens convencionais e de mercadorías que por alí pasen. Ademais, os tempos de execución do AVE galego están a ser tan longos que non sería a primeira vez que o resultado final para o usuario sexa distinto ao previsto inicialmente por Adif. |
NOS_18407 | A Deputación de Pontevedra participou nun encontro con creadoras galegas no Castelo de Soutomaior. | A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da incorporación de 31 novos organismos e institucións ao Manifesto de Soutomaior, un acordo que promove a igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade, aínda que especialmente centrado no mundo cultural. Silva, que participou nun encontro con creadoras galegas no Salón Noble do Castelo de Soutomaior vaticinou que o número de incorporacións "seguirá a aumentar". Entre as institucións que se incorporan ao Manifesto de Soutomaior, enuméranse os reitorados das universidades de Vigo e a Coruña e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). En canto a organismos públicos, destacan as deputacións de Lugo, Ourense e A Coruña, e varios concellos do conxunto da Galiza. Encontro con creadoras galegas A socialista estivo acompañada da impulsora do Manifesto de Soutomaior e escritora, Isabel Blanco, e de varias das creadoras que asinaron o acordo:Fátima Anllo, Silvia Penas, Eudurne Baines, Silvia Cernadas, Arantza Portabalaes, Mercedes Corbillón e Mariana Carballal, entre outras. Blanco detallou algunhas das propostas que se levarán adiante con motivo do Manifesto. A Deputación de Pontevedra creará un observatorio para definir a regulación, funcións, composición e metodoloxía de traballo. Este observatorio tamén se encargará de remitir á administración competente en educación e ás diferentes editoriais de libros de texto unha proposta para incluír a autoras galegas nos plans de estudo. A maiores, no acto tamén se redactou unha proposta para avanzar na promoción de candidaturas femininas para o Día das Letras Galegas, ademais de que máis mulleres ocupen cadeiras na Real Academia Galega (RAG). |
NOS_25051 | A CIG insta á poboación galega a asistir ás mobilizacións que promove para o próximo 30 de xaneiro. Após un acordo entre o Goberno do Estado español, a patronal, CCOO e UXT que non convence a boa parte da poboación, o sindicato chama á loitar pola recuperación de dereitos para a clase traballadora. | Ante o acordo dunha nova reforma laboral por parte da ministra de Traballo, Yolanda Díaz; representantes dos grandes colectivos do empresariado e os sindicatos UXT e CCOO, a CIG considera que non se dan os pasos precisos para recuperar os dereitos perdidos pola clase traballadora cos cambios do PP en 2010 e 2012 e continúa co seu chamamento ás protestas. En resposta a esta nova modificación -á que son contrarios tamén outros sindicatos e outras organizacións como pode ser o BNG-, a central sindical ultima os detalles para as manifestacións que convoca para o próximo 30 de xaneiro. A cita decorrerá, en paralelo, na Galiza, Euskal Herria e Catalunya, polo que se estás fóra do país na data sinalada poderás acudir igualmente a algunha das concentracións para pedir a derrogación de todas as reformas laborais. De feito, a convocatoria pretende ser unha "resposta ao novo ataque á clase traballadora que supón esta reforma laboral". Para a CIG a modificación da norma implicará, de saír adiante, "maior precariedade e aumento da centralización da negociación colectiva". Onde apoiar esta causa? Os lugares que acollerán as protestas na defensa da recuperación dos dereitos laborais perdidos desde 2010 serán: A Coruña. Ás 12 horas na praza de Vigo, onde acostuman ter lugar moitas das convocatorias do sindicato. Ferrol. A protesta principiará ás 12 xunto ao local sindical da CIG na avenida de Esteiro. Lugo. O punto de encontro, tamén ás 12 do mediodía, será o Edificio Sindical situado na rolda da Muralla. Ourense. Neste caso a cita será ás 11.30 horas no Edificio Sindical do parque de San Lázaro. Pontevedra. Ás 12 horas na praza da Ferrería. Vigo. Tamén á mediodía comezará a manifestación desde a Dobrada. Vilagarcía de Arousa. Ás 12 horas na Casa do Mar. Viveiro. A vila da Mariña chamará á participación ás 12 horas na praza do Concello. Ribeira. A mobilización está prevista para as 12 horas na praza do Concello. Cee. Diante da Casa Consistorial ás 12.00 horas. Futuras protestas Así mesmo, o sindicato ten previsto concentrarse diante da Delegación do Goberno do Estado español na Coruña e as subdelegacións de Pontevedra, Ourense e Lugo o mesmo día que a reforma chegue ao pleno do Congreso, que prevén para o 3 de febreiro. "Coa aprobación do RD/Lei 32/2021, o Goberno de PSOE e Unidas Podemos incumpriu a promesa que tantas veces anunciara, posto que non se derroga a reforma laboral de 2012 imposta polo PP", lamentan fontes sindicais, que sosteñen que no tan promocionado "diálogo social", tanto o Goberno do Estado español como UXT e CCOOO "pregáronse aos intereses da patronal". A favor da patronal Desde o punto de vista da entidade convocante, o texto que está agora nas mans de traballo mantén as medidas do PP pero tamén suma outras que "favorecen o empresariado á conta da clase obreira". Fala, por exemplo, de que o despedimento segue a ser sinxelo e barato e non se recuperan as antigas cifras para as indemnizacións en caso de despedimentos improcedentes. Por outra parte, "non se recupera a nulidade dos despedimentos en fraude de lei" e "incorpóranse novos contratos de formación e temporais e modalidades de ERTE que afondarán na precariedade", entre outras cuestións. |
PRAZA_8528 | O Bloque reclama que o Goberno galego rectifique na tesoirada de case un 25% que vén de aplicar no salario da liberdade e aposta por ampliar o período en que as vítimas o poden percibir | O pasado día 5 a Xunta facía oficial o recorte do 24,5% no salario da liberdade, isto é, ás axudas para vítimas de violencia de xénero que dependen economicamente dos agresores. Amparándose nunha previsión de redución de solicitudes, a Secretaría Xeral da Igualdade deixa a partida orzamentaria que financia o salario da liberdade en 1,9 millóns de euros, unha tesoirada que aplica malia verse forzada, en anos anteriores, a ampliar o cŕedito dos subsidios ante, precisamente, o gran volume de peticións. Neste contexto é no que o BNG vén de presentar varias iniciativas parlamentarias para tentar frear este recorte. Carme Adán, voceira do Bloque neste ámbito e secretaria xeral de Igualdade cando as axudas botaron a andar, coida que "a redución da partida do salario da liberdade agrava a situación das mulleres vítimas de malos tratos e con grandes dificultades para o acceso ao emprego". Ademais, subliña a nacionalista, esta redución chega despois de que en 2011 a Xunta aplicase "condicións máis estritas para as mulleres que pretendían solicitala" e nun contexto no que non comparte a previsión de que as axudas se reducirán: "se no ano 2011 foron 300 mulleres as que accederon á axuda e no 2012, 368 -di Adán- por que a Xunta asegura que no 2013 esta cifra vai diminuír?". As axudas recórtanse aínda que, en anos anteriores, a Xunta se viu obrigada a dotalas con máis fondos ante o gran volume de solicitudes Neste escenario, a formación frontista considera que o freo á tesoirada debera vir acompañado dunha modificación dos "criterios que regularon esta axudas dende 2006 ata 2010" e así favorecer a "emancipación das mulleres, sobre todo nun momento de crise económica". As dificultades económicas, abonda, deben propiciar que as axudas poidan ser percibidas durante 24 meses -na actualidade o límite está en 18- no caso de que unha vítima de maltrato "siga necesitando" a axuda "para romper a relación co seu agresor". Esta modificación nas condicións do salario da liberdade deberían levar aparelladas, a xuízo do BNG, dun "estudo sobre as axudas contra a violencia de xénero coa fin de avaliar a situación". No mesmo sentido o voceiro parlamentario do Bloque, Francisco Jorquera, agarda que os demais grupos se sumen a estas iniciativas porque "a violencia de xénero é un problema de primeira orde" cuxas vítimas, en tempo de rise, teñen maiores dificultades para non ficar cos maltradores por causas económicas. |
NOS_2802 | Como trataron os meios mainstream en primeira instancia o atentado homófobo de Orlando? Como as autoridades do Estado de Florida? Sobre isto reflicte Carlos Callón na súa vídeo-columna desta semana. | Un vicegobernador d e Texas que, como primeira reacción, pendura un chío na rede que na práctica xustifica o masacre (por suposto, após o escándalo consecuente, borrouno). Que o estado de Florida facilite o acceso da populación ás armas de fogo, mais prohíba a doazón de sangue aos homosexuais. O intento de certos sectores sociais por relativizar a traxedia e por negar que sexa un delito de odio. Todos estes feitos levan a Callón a concluír que o "repunte" dos atentados homófobos se sustenta nun "caldo de cultivo" social de transixencia cos ataques a gais, lesbianas e transexuais. |
QUEPASA_50 | O Comunicado das Enfermeiras Eventuais en Loita | O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita Cee, mentres nos salvan deste virus poñendo en risco a súa vida e a dos que as rodean, quere tamén poñer un punto de optimismo en toda esta crise. A fantástica resposta dos Concellos, das empresas, da veciñanza da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee para solicitar material, é a protagonista. Costa da Morte. Costa da Vida" A Costa da Morte caracterízase, como o seu nome di, polo seu mar embravecido, causa de moitos naufraxios. A xente que aquí vive está acostumada a gañar o pan coa suor da súa fronte. Mariscadores que arriscan a súa vida no mar, mariñeiros que saen navegar a pesar do mar embravecido, labregos e gandeiros que dependen do seu lombo para conseguir lograr o froito... todos eles son, en resume, xente brava. O que agora mesmo estamos a vivir é algo quizais impensable para todos nós, que nos colleu de sorpresa, sen as armas adecuadas e sen saber moi ben que facer. Pero, como tantas outras veces, os veciños dan a cara, fanlle fronte e demostran que o nome que leva a nosa costa é so un nome. No noso hospital coma no resto, a existencia de medios para facerlle fronte ao que nos ven enriba son escasos; a pesar diso tiñamos a esperanza de que a chamada de axuda aos nosos veciños ía servir para algo, aínda que quizais non eramos conscientes de ata que punto. Veciños, asociacións, empresas, concellos e desde moitos ámbitos máis, responderon como nunca. As nosas bágoas, as nosas emocións con cada chamada, cada mensaxe ou cada chegada de material eran impensables. Necesitamos moito, e non sabemos incluso canto, pero o xesto realizado por todos dános unhas forzas que antes non tiñamos. Non chegarían os minutos para agradecerlle a todo o mundo a súa axuda, os seus ánimos, o seu consolo, pero ese agradecemento aí está. A vida dunha zona non só se mide pola taxa de envellecemento da poboación, senón polo arranque que os que aí viven teñen para facer fronte aos problemas e para axudarse cando fai falla, e por esa mesma razón isto non é a Costa da Morte, é a Costa da Vida. Enfermeiras Eventuais en Loita Cee. Novas novas do Coronavirus Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee. Enfermeiras do HVdX: "É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia". O HVdX inicia unha campaña de frotis a domicilio para acotar posibles zonas de contaxio. As Enfermeiras en Loita cancelan as súas mobilizacións nun "acto de responsabilidade" pero esixen "Feitos" ás administracións. |
PRAZA_19924 | Tres exposicións lembran no rehabilitado edificio da prisión lucense as persoas prendidas pola ditadura, amoreadas nunha cadea concibida para apenas 140 reclusos | O vello cárcere do partido xudicial de Lugo foi inaugurado en 1887 e funcionou como tal ata 1981. Case un século de historia no que o golpe de Estado de 1936 e a posterior ditadura figura como o período máis negro do edificio, reaberto o pasado marzo como espazo cultural tras varios anos de rehabilitación. Tras os actos inaugurais no vello cárcere lucense véñense de poñer en marcha tres exposicións simultáneas coa memoria histórica como fío condutor. Un trío de mostras "para dignificar as vítimas" que familiares de persoas recluídas e asasinadas en Lugo polos fascistas contribuíron a articular e tamén a inagurar, o pasado venres, cunha mestura de orgullo e "enorme emoción". Da man da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e do Concello lucense as familias entraron "por primeira vez" no lugar no que os seus avós ou tíos foron maltratados e prendidos antes dos seus fusilamentos. Polos corredores da antiga cadea e polo enorme espazo central -segue o modelo "panóptico", con celas individuais con cadansúas fiestras ao interior e ao exterior- transitaron, entre outros, os netos de Rafael de Vega, o médico que proclamou a II República en Lugo, asasinado por ter ideas "avanzadas e revolucionarias", segundo fixeron constar os franquistas. Tamén visitou o cárcere María Jesús Rivas, neta de Severiano Rivas, alcalde de Castro de Rei a quen os falanxistas sacaron deste cárcere para ametrallalo. Xunto a ela estaba Walter Wit, xenro do avogado Víctor Martínez, fusilado en maio de 1937 por ser tenente de alcalde de Monforte. Tamén Rafael Castillo, que lembrou o seu avó, Antonio Reboiro, alcalde da Pobra do Brollón, fusilado en 1938. Ou Ramón López, neto de Benito Pérez, barbeiro de Ribadeo que tras ser recluído no cárcere de Lugo foi trasladado ao da Coruña para cumprir cadea perpetua por motivos políticos. Alí morrería de tuberculose aos poucos meses. Tres exposicións para lembrar un cárcere masificado Vista do patio interior dende o interior dunha das celas / © Carmen García-Rodeja É neste marco no que se encadran as exposicións da memoria do vello cárcere, nas que transloce un dos elementos que as persoas presas tiñan que sufrir de xeito adicional á propia represión da ditadura: a masificación. Non en van, en 1937 chegaron a amorearse máis dun milleiro de presos nun edificio concibido para apenas 140. A homenaxe aos en torno a 5.000 presos políticos aquí recluídos é a cerna da primeira exposición O Vello Cárcere de Lugo. Da guerra á posguerra, mostra permanente na que destaca a recreación dunha cela coas condicións dos anos posteriores ao golpe, notas intercambiadas polos presos, cartas remitidas ás familias que os agardaban fóra ou unha cela coas paredes inzadas de nomes de quen padeceron entre estes muros. Esta mostra está aberta á incorporación de novos materiais dos que dispoña a cidadanía, dos que o goberno local anima a informa a través do correo electrónico. A primeira exposición, sobre a historia do edificio, recolle as condicións nas que subsisían milleiros de presos nun cárcere concibido para albergar apenas 140 persoas A segunda exposición inaugurada, Dende o panóptico: cada cela unha fiestra, ten unha vertente máis artística. A idea, explican dende a súa organización, é que "trece artistas de recoñecida traxectoria" poidan "dialogar o espazo carcerario e coa súa memoria a través de obra escollida ou elaborada para este lugar". Os traballos deron lugar a intervencións en vinte e dúas celas do cárcere que traballan ideas como a conexión da memoria daqueles presos coas persoas refuxiadas na actualidade, "a angustia e o lento paso do tempo" ou "a memoria dos muros como espazo de reclusión". A terceira exposición recupera o traballo do proxecto culminado en 2009 polo proxecto interuniversitario Nomes e Voces sobre a represión do franquismo ás mulleres. Vermellas (chamábanlles rojas) volve adoptar forma de exposición para, no módulo feminino do vello cárcere de Lugo, recuperar "datos e fotografías sobre as mulleres máis conscientes e resistentes da II República". As súas ideas e actividades intelectuais, políticas e sociais foron os motivos esgrimidos polos golpitas para "asasinalas, violalas, maltratalas, rapalas, prendelas" ou forzalas ao exilio, lembran dende a mostra. Estas tres exposicións, que estarán abertas neste formato ata o 5 de novembro, responden á vontade central de "revivir" para que "o noso pasado non caia no esquecemento", en verbas da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, no seu acto inaugural. "Temos que seguir con esforzo" para "recuperar a memoria histórica das vítimas da ditadura" xa que "o que non se fai visible, non existe", e a existencia da lembranza destas persoas, afirma, supón un "acto de defensa da democracia". |
NOS_30427 | Cargas policiais contra unha manifestación democrática. Esa é a resposta do Ministerio de Interior español a un protesto cívico, convocado polo nacionalismo galego, contra a presenza de Merkel en Galiza. | Rúas cortadas por anti-disturbios, identificacións, prohibición de acceder a determinados espazos públicos de Galiza e mesmo unha carga policial foron a resposta que acharon os centos de persoas que pacificamente quixeron esta segunda feira, de mañá, testemuñar a súa oposición ás políticas europeas en curso, simbolizadas por Angela Merkel. Malia que Merkel e Rajoy variaron a axenda para visitar a Catedral a unha hora na que non coincidise coa convocatoria e malia que ducias de policías 'blindaron' a zona vella compostelá, a mobilización realizouse. Entre @s golpead@s pola policía na carga estaba o portavoz do BNG en Compostela, Rubén Cela Dúas persoas caraterizadas como Merkel e Rajoy facían rexouba sobre o 'amor austero' dos dous mandatarios nunha Praza da Quintana onde os accesos estaban controlados por policías que decidían quen pasaba e quen non. Mesmo chegaron a impedir a entrada de emigrantes retornados, que querían se sumar á mobilización. "É a nosa praza" As persoas concentradas na Quintana respondendo á convocatoria de CIG e BNG decidiron partir en manifestación cara o Obradoiro, rebasando o 'cerco policial' da Quintana para se unir aos emigrantes retornados que non deixaban entrar na Praza. A policía foi fixando sucesivos cordóns policiais (Praterías, Obradoiro) para impedir o paso. Os berros de 'liberdade de expresión', 'Merkel e Rajoy fóra da GZ' ou ' Queremos pasar á nosa praza' foron algúns dos que se sentiron na zona vella compostelá. "Galiza soberana, non á Troika" foi unha das palabras de orde máis coreadas, como a de "liberdade de expresión" A policía tentou evitar o protesto mesmo cunha carga policial en Praterías, após a cal reforzou a presenza de axentes para evitar o paso ao Obradoiro. Os manifestantes, entón, decidiron ir até a Praza de Fonseca, onde lles agardaba outra 'blindaxe policial'. "Fart@s das súas políticas" Volveron ruxir con forza as consignas nesa Praza ("Troika fóra da Galiza" foi unha das máis coreadas). Realizouse unha aemblea na que tomaron a palabra diferentes persoas para denunciar as políticas e recortes impostos pola UE. "Estamos fartos das políticas de Rajoy e Merkel", sinalaron. Francisco Jorquera, portavoz parlamentar do BNG, megáfono en man, denunciou a represión policial. Como no comezo dos anos 80 do pasado século, outra volta forzas policiais do Estado vetaron o acceso dunha marcha nacionalista a zonas emblemáticas do casco vello de Compostela. "Queremos denunciar tamén a sumisión do goberno de Rajoy a Merkel e as súas políticas", denunciou, ademáis de lembrar que o candidato español Arias Cañete "sempre estivo contra os intereses dos sectores produtivos de Galiza". "A que vén?" Suso Seixo, secretario xeral da CIG, xustificou a mobilización pola necesidade de dar resposta a un modelo e unhas políticas "que sofremos todos os días e que supoñen concentrar poder e riqueza en poucas mans e institucións, que non son democráticas" e incidiu en que Rajoy quer presentar a Merkel como "promotora dunha UE que beneficia a Galiza" o que é "mentira". Yolanda Díaz, de AGE, declarou a Merkel como 'persoa non grata' en Galiza por impulsar políticas de recortes e austeridade a costa das maiorías sociais. |
NOS_12913 | Galiza e o Estado español presentan os peores resultados de Europa na aposta no vehículo eléctrico e a infraestrutura de recarga. | A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (Anfac) vén de sacar as cores a Galiza no que a penetración da mobilidade eléctrica se refire. Segundo os datos correspondentes ao cuarto trimestre de 2019 do Barómetro da Electromobilidade que elabora a asociación, Galiza sitúase á cola do Estado español neste aspecto, con 8,7 puntos sobre cen, só superada por Ceuta e Melilla, con 4,5 puntos sobre cen. A aposta das galegas polo vehículo eléctrico sitúase tamén moi afastada dos valores doutros territorios da Unión Europea. De feito, o propio Estado español está á súa vez entre os países con menor penetración da mobilidade eléctrica. Segundo os datos de Anfac, ocupa a última posición no mercado europeo (EU 15), cunha puntuación de 16,4 sobre 100, mentres que a media europea situouse en 27,9 puntos. Por diante atópanse países como Francia (23,5), Hungría (23,9) e Italia (24,4), tamén por baixo da media europea. Sen electrolineiras No que respecta ao indicador de infraestrutura de recarga, o Estado español tampouco sae ben parado. Ocupa a última posición en Europa, con 16,7 puntos sobre unha media de 27,3. Noruega, ao igual que acontece coa carreira cara a electromobilidade, lidera o despregamento da rede de recarga, con 120,8 puntos sobre cen, seguida de Holanda (121,3) e República Checa (95,6). Galiza, pola súa banda, sitúase tamén á cola dos territorios do Estado español neste indicador, con 5,4 puntos sobre cen, e novamente só superada por Ceuta e Melilla (0,9 puntos). No extremo contrario, Catalunya encabeza a clasificación neste campo, con 26,4 puntos, por diante de Asturias, 26,3, e Aragón, con 23,5 puntos. |
NOS_33822 | Devolverlle a titularidade do Panteón de Galegos Ilustres ao pobo galego como metáfora da vontade de "ser de novo unha nación". Foi o cerne do discurso do secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, que apostou en facer "reverdecer" Galeusca. | CxG escolleu o Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, para o acto central do Día da Patria Galega, unha ofrenda floral na que o secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, se acompañou da eurodeputada do PNV Izaskun Bilbao. A vontade de "ser de novo unha nación" e a confianza en que Galeuska é a única posibilidade de conseguilo centrou o breve discurso de Bascuas diante da tumba de Castelao. Arredor de 200 persoas participaron na ofrenda floral do Panteón de Galegos Ilustres, primeiro acto dunha xornada que continuaría nun xantar e tarde de convivio no Parque de Bonaval. Foi o propio edificio de Bonaval, no que está instalado o Panteón de Galegos Ilustres, o que lle permitiu a Bascuas construír un discurso encamiñado á defensa da necesidade de que Galiza volva ser unha nación. Bonaval converteuse desta maneira na metáfora acaída para explicar o transcorrer do pobo galego nos derradeiros cen anos e a urxencia de dar un paso máis, volver a darlle ao edificio a titularidade pública e ao pobo galego a súa condición de nación. Recuperar os sentidos e a nación Partiu Bascuas do San Domingos que preside a Bonaval. "A historiografía española inventou a peregrinaxe dun santo seu, Domingo Guzmán, cando nunca estivo en Galiza", dixo, como metáfora da historia do propio país. Que Bonaval fose durante cen anos hospicio serviulle tamén para retratar un "país orfo" no que, cada vez máis xente se sente orfa de lingua, de identidade e nación. "Compromiso vai facer que deixe de ser orfa", prometeu. Tamén foi Bonaval na súa complexa historia un centro para xordos e mudos, o que lle valeu ao secretario xeral de CxG a falar da necesidade de que "este país recupere os sentidos e sexa de novo unha nación". Anunciou entón Bascuas que CxG defenderá unha iniciativa encamiñada a devolverlle ao Panteón de Galegos Ilustres -en mans da Igrexa- a titularidade pública, como metáfora outravolta, da necesidade de novo de que Galiza sexa unha nación. Diante da tumba de Castelao, o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Carlos Bascuas, lembrou a relación do autor de Sempre en Galiza con Aguirre e Irujo e referiuse a unha carta de 1945 na que defendía Galeuska como a opción para rematar co centralismo español. Acompañado de Izaskum Bilbao, a quen chamou "a nosa deputada", defendeu un "reverdecer" de Galeusca como única posibilidade para volver recuperar os sentidos e a nación. CxG aproveitou a visita da eurodeputada Izaskum Bilbao para organizar unha xuntanza de traballo co secretario xeral, Xoán Bascuas, máis o secretario de Comunicación e Iniciativas Políticas no Parlamento Europeo, Paulo Carlos López, para preparar o traballo dos vindeiros meses na Eurocámara. |
NOS_48099 | Marcola González, de 97 anos, e Nemesio Castro, de 91, son os primeiros protagonistas dun proxecto que busca a recompilación do patrimonio inmaterial vivo contado en primeira persoa. | Nun emotivo acto no auditorio municipal, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, presentou na sexta feira, 18 de xuño, o proxecto Memoria Viva, unha iniciativa "que xorde do convencemento de que era fundamental traballar na recuperación e recompilación dese patrimonio inmaterial vivo que teñen atesourado as nosas persoas maiores para que non caia no esvaecemento". Trátase dun proxecto plurianual que busca pór en marcha un sistema de salvagarda das lembranzas das persoas de maior idade do Rosal e que recollerá en vídeos documentais e libros as testemuñas e vivencias da veciñanza, a súa visión de momentos históricos ou a forma de vivir doutros tempos. Nemesio Castro (91 anos) e Marcola González (97) son os protagonistas da primeira edición deste proxecto de temática transversal en que se recolle "o punto de vista de dúas persoas tan implicadas sobre a realidade que lles tocou vivir no noso pobo", en palabras da alcaldesa. El, "un home a que case todo o mundo coñece polo extrovertido que é e porque sempre que fala do Rosal faino con orgullo e paixón. É parte do legado do noso pobo e ten un vínculo moi especial cun valor patrimonial fundamental para nós como son os muíños do Folón e do Picón, porque como el mesmo di non sei se fun do muíño para casa ou de casa para os muíños porque os muíños son a súa casa". Ela, "a tendeira de Novás, a tenda que era o centro de operacións de todo o barrio. Unha muller avanzada aos seus tempos, que sempre foi dous ou tres pasos por diante da realidade que lle tocou vivir. É unha muller que na súa vida foi rachando barreiras e teitos de cristal. Aprendeu a ler naqueles tempos, sacou o carné e aprendeu a nadar de maior... e acredita a forza da xente nova para construír o futuro". Despois de visualizar os dous primeiros vídeos documentais do proxecto, a alcaldesa fixo entrega de dous ramos de flores a Marcola e Nemesio. O Concello quixo tamén sorprender ao muiñeiro máis coñecido do Rosal, que xusto fai 91 anos este sábado, 19 de xuño: o director da Banda de Música, Javier Alonso, que canda ao seu alumno Rubén tocaron ao piano e ao saxofón a melodía do Aniversario feliz mentres todo o auditorio lle cantaba. "Explica porque somos quen somos" "Damos un paso importantísimo, porque non só queremos recoller pouco a pouco ese patrimonio inmaterial que temos, senón que temos a oportunidade de facelo cos seus protagonistas contándoo en primeira persoa. Esta memoria está viva e ese é un valor diferencial deste proxecto, xa que estamos afeitos a recoñecementos póstumos", salientou a rexedora. "Traballamos con material moi delicado e faremos un esforzo por recoller tantas persoas maiores como nos sexa posíbel, tantos avós e avoas do Rosal que teñen tanto que contar sobre un pasado que explica porque somos quen somos", engadiu. O evento estivo guiado polo rosaleiro Javier Lago e contou coa presenza de familiares e amigos dos protagonistas, así como da deputada Victoria Alonso; da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; de representantes da corporación municipal e dun cento de veciños e veciñas. |
PRAZA_20460 | Sen esquecer a súa orixe comercial, o consorcio cumpre sete décadas convertido nunha cobizada axencia de desenvolvemento local cuns investimentos públicos anuais que rondan os 50 millóns de euros | O 2 de xullo de 1947, hai agora 70 anos, o Boletín Oficial del Estado publicaba o Decreto polo que Francisco Franco, e no seu nome o ministro de Facenda, Joaquín Benjumea, autorizaba o establecemento no porto de Vigo da terceira zona franca de España. Facíao completando un Decreto-Lei de 1929, durante a ditadura de Primo de Rivera, do daquela ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, co que se autorizara a creación de espazos sen aranceis en Barcelona, Cádiz e nun terceiro emprazamento daquela sen precisar na costa norte da Península, que acabaría sendo Vigo. Hoxe, os investimentos que realiza na comarca o Consorcio da Zona Franca de Vigo, que rondan os 50 millóns de euros ao ano, combinan a súa faciana de instrumento de desenvolvemento local coa de contrapoder político, en función de quen goberne no Concello ou na Xunta. Este ano, por exemplo, destinará 10 millóns á ampliación do polígono industrial de Balaídos, pero outros 4 á adquisición do edificio da antiga panificadora, no centro da cidade, xunto ao Concello, para reconvertelo nun novo centro cultural. Sen esquecer a súa orixe comercial, o consorcio cumpre sete décadas convertido nunha cobizada axencia de desenvolvemento local cuns investimentos anuais que rondan os 50 millóns de euros Zonas francas como a de Vigo, con maior ou menor parecido, poden atoparse na maior parte dos países. Naceron como espazos delimitados con determinadas exencións fiscais e aduaneiras á marxe do resto do Estado no que se atopaban e pensados para promover a industrialización a partir das exportacións e importacións, de xeito que as mercadorías que chegaban á zona franca e volvían saír non pagaban aranceis. Durante a primeira década tras a súa creación formal en 1947, a Zona Franca de Vigo limitouse a pouco máis que facilitar os movementos de folla de lata no porto, o que fixo que Bilbao tentase levarse ese espazo de privilexio. Sería en 1957, coa apertura da fábrica de Citroën nunha nave levantada no propio peirao, cando se iniciou o progresivo crecemento do Consorcio vigués tanto en número de empresas instaladas como en superficie, coa súa extensión a Balaídos, a onde se trasladou a factoría de automóbiles, ou Bouzas, co recheo sobre a ría que hoxe alberga a sede central da entidade. O imposto de sociedades das empresas nelas instaladas, cobrado inicialmente polas propias entidades e posteriormente transferido polo Estado, é o principal ingreso das zonas francas españolas. Nas primeiras décadas de expansión, a Zona Franca de Vigo dedicou eses cartos á mellora e ampliación dos espazos industriais que xestionaba, destinando o sobrante a investimentos financeiros. Hoxe Zona Franca xestiona en Vigo os polígonos de Balaídos, Bouzas e Valadares (Parque Tecnolóxico), e na comarca os da Granxa (O Porriño), Porto do Molle (Nigrán) e participa na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan). As empresas instaladas neses espazos achegan un terzo do Valor Engadido Bruto da comarca de Vigo. Nos anos 80, coa entrada no mercado europeo, as zonas francas convertéronse en axencias de desenvolvemento local, o que potenciou o seu perfil político Pero a cousa cambiou nos anos 80, cando coa entrada de España no mercado único europeo a excepcionalidade arancelaria deixou de ter tanto sentido como antes. As zonas francas españolas comezaron a diversificar as súas actividades e a investir na contorna que as albergaba, converténdose na práctica no que se denominan axencias de desenvolvemento local ou comarcal. Foi nesa época cando o Consorcio lanzou proxectos como Abrir Vigo ao Mar, de recuperación da deteriorada fachada litoral do centro da cidade, que supuxo o soterramento do tráfico. Nese espazo xestiona hoxe o Centro Comercial A Laxe e aparcamentos subterráneos que supoñen outra vía de ingresos. Con ese incremento dos investimentos das zonas francas en actividades non estritamente industriais ou comerciais, o Consorcio vigués potenciou o seu perfil de instrumento de actuación política ou de contrapoder fronte a outras administracións. Un perfil político, máis alá do económico, que sempre tivo, aínda que nos últimos anos sexa máis evidente. Seis delegados en sete décadas Os delegados transmiten un perfil máis técnico cando os gobernos local e estatal teñen a mesma cor e máis político cando son de partidos distintos O perfil político, máis alá do económico, de moitas das decisións tomadas pola Zona Franca nestas sete décadas pode intuírse ao repasar a lista dos delegados do Estado no Consorcio, as persoas que o Goberno central nomea para xestionar o día a día da entidade. Durante 70 anos, só seis persoas foron delegados na Zona Franca. O primeiro que estivo á súa fronte, de 1947 a 1978, foi Rafael Portanet, que tamén foi alcalde da cidade e presidente da caixa de aforros municipal no período 1964-1970. Na Transición sucedeuno Fernando Alonso Amat, de perfil máis tecnocrático, ata que en 1989 o PSOE colocou a Francisco López Peña, que estivo á fronte do Consorcio nunha primeira etapa ata 1996 e novamente de 2004 a 2008, cando deixou o posto para fichar polo Grupo Rodman do empresario Manuel Rodríguez, próximo aos socialistas e para quen tamén traballaría a ex-ministra e ex-presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo Elena Espinosa. En 2004, un ano antes de lanzar a súa campaña á Alcaldía desde a Autoridade Portuaria de Vigo, Caballero tentou sen éxito que o Goberno do PSOE o nomease delegado na Zona Franca Un exemplo do atractivo político do posto de delegado da Zona Franca foi o intento do actual alcalde, Abel Caballero, de facerse con el en 2004, cando o Goberno socialista optou finalmente por recuperar a López Peña. Caballero tería que agardar un ano máis para facerse coa presidencia do Porto de Vigo e lanzar desde ela a súa campaña á Alcaldía. Tras López Peña, os socialistas colocarían entre 2008 e 2011 a Teresa Pisano, cun perfil máis técnico nun momento en que tanto o goberno central como o local, e en parte do período tamén o autonómico, estaban en mans socialistas. [Composición actual do Pleno da Zona Franca de Vigo] Canto aos gobernos populares, entre 1996 e 2004 á fronte do Consorcio colocaron a Pablo Egerique, presidente en distintas etapas do PP provincial e local e logo recolocado á fronte do Consello Económico e Social de Galicia. A principios de 2012, coa volta do PP ao Goberno, nomearían á actual delegada, Teresa Pedrosa, con traxectoria política previa no PP de Pontevedra e que, co goberno local en mans de Caballero, actúa de freo ou contrapoder de determinados proxectos nos que o Concello quere contar co apoio financeiro da Zona Franca. Unha relación que se complica porque malia que os delegados xestionan o día a día do Consorcio, as grandes decisións deben ser tomadas polo seu Pleno, no que están representadas todas as institucións que forman parte da entidade e que preside o alcalde da cidade. A presenza nese órgano de vocais por parte do Estado como os populares Rafael Louzán ou Elena Muñoz evidencia que 70 anos despois, a Zona Franca non é só un instrumento de desenvolvemento económico. |
NOS_1522 | Unha dupla xornada afondará nos retos e oportunidades dos procesos independentistas en Europa. | As universidades de Minho e Compostela organizan de maneira conxunta unhas xornadas sobre as nacións sen estado en Europa focando a atención naqueles procesos de autodeterminación máis avanzados como o escocés e o catalán. Nunha dupla xornada de debate, que terá lugar os días 18 e 19 de abril, distintas persoas de Gales, Escocia, Inglaterra, Catalunya, Euskal Herria, Portugal, Galiza e o Estado español, afondarán nos retos e oportunidades que achegan aqueles procesos que sitúan as nacións sen estado á beira da independencia. A actividade está financiada pola Fundación Coppieters e na Galiza decorrerá o 19 de abril no Paraninfo da Universidade de Xeografía e Historia a partir das 09:30. Podes consultar o programa completo das xornadas na seguinte ligazón. |
NOS_22508 | As eleccións en Francia deixan un retroceso do centro-esquerda, avanzo da dereita e estancamento da extrema-dereita. E tamén que en certos países do hexágono o nacionalismo segue a xogar un papel. | No estado exemplo de centralismo xacobino hai pobos que non se resisten a deixar de existir politicamente. Algo que volveu evidenciarse na segunda volta das eleccións departamentais francesas, que decorreron esta fin de semana, deixando un mapa xeral de retroceso do centro-esquerda (O Partido Socialista e aliados non chegaron ao 32%), un avanzo das dereitas máis dereitas ca nunca (45,2%) e dunha extrema-dereita que segue a apañar votos e apoios (22,3%) mais que amosa esgotamento a respeito de citas anteriores (europeas) Mais ese é o mapa electoral da Francia que se gosta de si propia en París. Hai outra, claro, e que tamén ficou reflectida nestas eleccións, integrada polos diferentes pobos e nacións. Embora unha lei electoral que non facilita a súa representación, o nacionalismo atinxiu representación en Iparralde, Breizh (Bretaña) e Córsega. Iparralde: a esquerdas abertzale, vigorosa EH Bai, o referente da esquerda abertzale en Iparralde (os territorios vascos baixo xurisdición francesa), conseguira na primeira rolda un inédito e histórico 16% dos votos, o que lle deu dereito a disputar a segunda volta até en 5 cantóns. Pois ben, naquel no que realmente tiña opcións de vitoria -o de Errobi-Aturri- EH Bai bateu este domingo 29 de marzo, e con comodidade, o Frente Nacional de Le Pen, co que disputaba a praza. Bateuno por 56 puntos de diferenza. Breizh: Vitoria en dous cantóns O MBP (Movemento polo Progreso de Bretaña) confirmou nesta segunda volta as espectativas amosadas na primeira, informan de Nationalia, e venceu nos cantóns de Karaez e Gourin. Porén, dos 5 departamentos existentes en Breizh, a esquerda venceu en 3 e a dereita en dous. Córsega: Norte e sur A illa ten comportamentos diferentes. Así, no norte venceu a esquertda e no sur a dereita. A candidatura Femu a Corsica/Insieme per Bastia atinxiu tres representantes, que pasan a integrar o Consello Departamental da Alta Córsega, onde até o de agora o nacionalismo non tiña representación. No do sur había até agora 2 representantes de formacións corsas, mais que non conseguiron ser reelectos. Para 2017 está prevista a fusión de ambos os dous consllos nun único organismo corso. |
NOS_49464 | A IV Romaria Pequeninha da Semente Trasancos terá lugar este domingo 25 con actividades para todas as idades a partir das 12:30 no campeiro e no local veciñal de San Mateo, Narón. | A Romaria Pequeninha naceu como punto de encontro e este domingo celebrarase unha nova edición. Haberá actividades durante todo o día e para todas as idades, desde teatro de monicreques, xogos populares, sesión vermú coa coral polifónica do Aturuxo de Melpómene até xogos populares ou circo. O espazo escollido para esta edición son os arredores de onde as crianzas da Semente aprenden durante todo o ano: o campo das festas e o local social da parroquia de San Mateo. A Semente Trasancos quere celebrar así un novo ano de vida desta escola en galego e que o ano que vén contará con 21 nenos e nenas. Con este de Ferrolterra son xa cinco os centros de ensino con esta pedagoxía transformadora e igualitaria, xunto con Compostela, Vigo, Lugo e Ourense. |
NOS_42852 | Logo de Ferrol o e A Coruña pasará a continuación por Carballo | A área de normalización lingüística da Deputación da Coruña é a responsábel dunha mostra arredor da figura de Carvalho Calero que acaba de chegar á Coruña. Foi inaugurada esta semana, o día 27 de xaneiro, na Mariña da cidade herculina. Porén, xa pasou antes pola praza de Armas de Ferrol, a urbe natal do escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas do ano 2020, e cuxas homenaxes apuntan a prolongarse durante 2021, malia a negativa da Real Academia Galega de estender oficialmente o recoñecemento, escollendo a final de 2020 a Xela Arias como a nova autora. Esta decisión foi criticada pola pouca antelación coa que se daba a coñecer, especialmente de cara ao eido educativo, fundamental para a divulgación da obra da persoa escollida, así como o investigador ou o editorial. A mostra está composta por 13 paneis que relatan a traxectoria vital e profesional de Ricardo Carvalho Calero, facendo especial fincapé no legado que deixou, tamén no ámbito da investigación, o amor e a difusión da nosa lingua. Poderase visitar até o día 15 de febreiro. Unha exposición adiada A exposición inaugurouse en Ferrol o pasado mes de decembro cun considerábel atraso, debido ao coronavirus, pois ideouse para que comezara no mes de maio en diversas cidades. Desta maneira, inicia agora a itinerancia que a levará despois da Coruña ao concello de Carballo. "A figura Carvalho Calero tivo un ano accidentado para a conmemoración do seu Día das Letras Galegas, por iso consideramos que é convinte e oportuno que a mostra continúe en activo en especial cun formato coma este, pensado para o aire libre e para minimizar os riscos de contaxio da Covid-19", explicaba a deputada de normalización lingüística, María Muíño, en defensa do compromiso da Deputación da Coruña coa difusión da obra do autor. |
QUEPASA_696 | Vén cargada a actividade no Concello de Santa Comba para esta recta final do mes de febreiro. | Día de Rosalía Santa Comba será un dos Concellos que celebra o Día de Rosalía, o 24 de febreiro. Faino xa cunha exposición na Casa da Cultura, cun rincón temático na Biblioteca. Ademais, o 22 ás 28:00h, Fabaloba impartirá un obradoiro de deseño de camisetas para nenos de 4 a 10 anos; ás 21:00h teatro con Trangalleiro. Finalmente, a radio municipal Radio Xallas abre as portas para unha lectura pública de 12:00h a 14:00 de textos de Rosalía. Feira de Primavera Os días 22, 23 e 34 de febreiro, o recinto feiral de Santa Comba encherase de artesanía, comercio, gastronomía, automoción, hostalería… con espazo para os peques. |
NOS_13400 | Durante moito tempo, as revoltas populares que puntuaron en Galiza a Restauración careceron dun relato coherente. Aparecían en historias locais ou como episodios illados de malestar social. A monografía Rebeldía galega contra a inxustiza, publicada por Sermos Galiza, procura outro relato dunha época de "dignidade, combatividade e rebeldía do pobo galego". | Esta sexta feira ás oito do serán, a sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui acolle a presentación, organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo. Falarán os coautores da publicación Xosé Manuel Suárez e Xosé Álvarez, e mais a escritora Marga Romero. "As protestas e revoltas aquí narradas e analizadas son só a punta do iceberg", di a presentación do volume, coordinado por Xosé Ramón Ermida, "dunha realidade social caracterizada por unha fonda, intensa e estendida opresión e maltrato contra as clases populares galegas". As décadas previas á proclamación da II República foron de organización das subalternas e estouridos sociais duramente reprimidos por deputacións, concellos, gobernos civís coa Garda Civil e a administración xudicial como punta de lanza. Os oito ensaios contidos na obra -que será de balde para os subcritores de Sermos Galiza e estará á venda en librarías de todo o país- comezan coa narración da revolta de Salcedo, acontecida en Pontevedra en 1894. Explícaa Xosé Álvarez. O propio coordinador do volume debrúzase sobre os chamados mártires de Oseira, en 1909, e que Blanco Amor novelara no seu imprescindíbel Xente ao lonxe (1972). Os sucesos de Nebra, en 1916 en Porto do Son e derivados da carestía dos alimentos, son analizados polo historiador Eliseo Fernández. De Sofán, un conflito desencadeado pola decisión municipal de cambiar de sitio o cemiterio, saturado pola mortandade da gripe de 1918. Francisco Rodríguez, ex deputado do BNG e historiador, ocúpase da revolta de Trasancos de hai un século. Sobre a masacre de Sobredo, en Tui en 1922 e relacionada coas loitas contra os foros, escribe Xosé Manuel Suárez. Lucía Veciño Souto encárgase de reflexionar sobre o papel das labregas "nos conflitos da primeira metade do século XX". E Antón Capelán Rei pecha a monografía cun repaso á "memoria intelectual, literaria e artística da represión do campesiñado de 1909 a 1922". "Non se contentaron as autoridades do Estado español con afogar en sangue a rebeldía", engade a presentación, "a seguir intentaron borrar da historia e da memoria social e popular, a través do medo, a censura, a desinformación e o esquecemento o que acontecera". Para combater esta amnesia aparecen os textos de Rebeldía galega contra a inxustiza. |
PRAZA_16523 | A denuncia formulada pola actriz nos xulgados de Santiago, adiantada por 'Sermos Galiza', describe unha situación de acoso seguida de "humillacións" e "temor" por parte do director do programa 'Con Amor e compañía', que a empresa producía para a TVG | "Tocamentos, insinuacións, humillacións e comentarios que acabaron por xerarlle un cadro de ansiedade". É a situación que describe a denuncia penal formulada pola actriz Iria Pinheiro ante o xulgado de instrución número 3 de Santiago, en funcións de garda. Segundo adiantou este venres Sermos Galiza nunha información do xornalista Daniel Salgado, Pinheiro puxo así en mans da Xustiza a situación vivida durante os tres meses de 2017 nos que traballou baixo as ordes do director do programa Con Amor e compañía, producido por Ficción Producciones para a Televisión de Galicia. Tras transcender a demanda, a actriz está a recibir diversos apoios por parte de colectivos do mundo da interpretación. Segundo a denuncia citada na devandita información xornalística, Iria Pinheiro tivo que aturar condutas de acoso por parte do director, José Luis Viñas, quen advertiu a denunciante de que "non quero que agoches as túas curvas na televisión", indica o escrito. Nun dos episodios denunciados, nos que a actriz interpretaba a María Pita con "saia longa, corsé e camisa, vestimenta do século XVI", o realizador "meteu a man dentro da camisa e baixouna ata o medio dos peitos indicando: 'Lo quiero hasta aquí". Esta situación de "humillacións" e "temor" reproduciuse noutras ocasións, segundo a demanda. Entre as condutas descritas figura que o director "agarra fortemente" a actriz facendo "que a súa pelve estea en total contacto coa pelve da denunciante". Noutra xornada de traballo, agrega o texto, o director "comeza a sobar e dar palmadiñas no muslo dun xeito non apropiado, dunha evidente índole sexual". Ante o rexeitamento, o superior xerárquico "reaccionaba primeiro con desdén e despois, con humillacións públicas", indica a demanda citada por Sermos. O denunciado, pola súa banda, asegurou tamén en declaracións a Sermos Galiza que "cando reciba" a denuncia vai "defender" a súa "honorabilidade". "Estou totalmente limpo", agregou. A denuncia formulada pola actriz nos xulgados de Santiago, adiantada por 'Sermos Galiza', describe unha situación de acoso seguida de "humillacións" e "temor" por parte do director do programa que a empresa producía para a TVG Ante esta denuncia a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que agrupa a máis de 300 profesionais do sector, tomou posición pública para dar "total apoio á actriz", asociada a esta organización. Os feitos descritos na denuncia, indican, "só podemos definilos como deplorables e completamente intolerables" nunha situación "denigrante e noxenta". A AAAG brinda "apoio legal" a Pinheiro e "puxo á súa disposición no momento solicitado". "As persoas implicadas gardaron estrita confidencialidade ao respecto tanto da situación vivida" como das conversas ao respecto. "Esta confidencialidade preservouse ata que Pinheiro decidiu presentar formalmente a denuncia, que aplaudimos pola valentía que significa romper o silencio", sinala. A AAAG ponse "publicamente á disposición" de Pinheiro e "aplaude a súa valentía", ademais de "lembrar" a todas as persoas asociadas que "esta asociación e os seus recursos están ao seu servizo para enfrontar situacións desta gravidade". Nun sentido semellante a Unión de Actores e Actrices, sindicato maioritario no sector a nivel estatal, expresou este venres "todo o apoio para a actriz Iria Pinheiro tras a suá denuncia por acoso ao director do programa da TVG Con Amor e compañía". Tamén o Comité Intercentros da CRTVG saíu ao paso da denuncia para amosar o seu apoio á actriz e a "máis absoluta repulsa e condena dos gravísimos feitos denunciados". Aínda que o programa é unha produción "contratada a unha produtora externa", o comité coida que a TVG "ten toda a responsabilidade moral e debe adoptar as medidas necesarias para proceder ao cesamento inmediato do director do programa, así como para impedir que no futuro poida volver prestar servizos" na compañía. Do mesmo xeito, agregan, a dirección dos medios públicos debe "asegurar que existan producións delegadas reais e efectivas" para "vixiar que as producións externas cumpran coa legalidade". |
NOS_37940 | Miguel Nicolás non tería que entrar no cárcere ao carecer de antecedentes, malia que en prisión preventiva cumpriu xa un ano e cinco meses. Telmo Varela podería quedar en liberdade namentres se resolve o recurso de apelación que presentará a defensa, pois o 10 de marzo fai dous anos en prisión preventiva, a metade da condena que lle foi imposta | Catro anos de prisión para Telmo Varela e dous para Miguel Nicolás. É a sentenza que vén de ditar a maxistrada do xulgado do Penal nº1 de Vigo contra os dous sindicalistas enxuizados por un delito de danos e outro de depósito de explosivos ao relacionalos co guindamento dun cóctel molotov contra unha oficina do INEM no barrio vigués de Coia, feitos acontecidos en decembro de 2010 cando ambos os dous militaban na CUT. Os avogados da defensa estudan presentar un recurso de apelación ao non concordar cos argumentos da resolución, se ben as penas impostas prodúcenlles "unha satisfacción relativa", ao seren as penas mínimas a impoñer, fronte aos cinco e dez anos que a fiscalía solicitaba, respectivamente, para Nicolás e Varela. Así as cousas, e malia a que, tal e como advirten desde a defensa "é o xuíz quen decide", Miguel Nicolás non tería que volver entrar na cadea ao ser de dous anos a pena a cumprir e carecer de antecedentes. De ingresar no cárcere, cómpre lembrar que ficou en prisión preventiva e suxeito á dispersión un ano e cinco meses, desde a súa detención o 15 de decembro de 2010 até a súa posta en liberdade o 2 de maio de 2012, após pagar unha fianza de 3.000 euros. Coa sentenza na man e ollando a pena que a xuíza decretou para el, Borxa Colmenero, avogado de Nicolás, ten claro que "non tiña que ter entrado" e informa de que o Estado español non contempla mecanismo ningún de indemnización para supostos de pres@s que cumpren prisión preventiva e a súa condena é inferior ao tempo que pasaron na cadea. "Unicamente se indemniza cando a sentenza é absolutoria e non había indicio ningún; na práctica, non se indemniza a ninguén", explica o letrado. Agravante por unha condena satisfeita nos '90, por pertenza aos GrapoMiguel Nicolás foi condenado por un delito de danos e ficou absolto dos cargos por depósito de explosivos. Na beira contraria atópase Telmo Varela, absolto dos danos causados na oficina do INEM e condenado por depósito ao considerar probado que a pegada atopada no recipiente que contiña a substancia incendiaria era súa. A Varela prendérono o 10 de marzo de 2011 e leva desde aquela encarcerado, tamén en prisión preventiva e suxeito á lei antiterrorista. Fica clasificado en réxime FIES 3, aplicado a pres@s vinculadas con banda armada, e foille denegada a petición de liberdade alegando risco de fuga e de destrución das probas, colocando riba da mesa unha condena anterior que cumpriu integramente, por pertenza aos Grapo. Xustamente esa condena, de 1992, foi usada como agravante para elevar a petición de pena por parte da fiscalía. Sería este un dos argumentos do recurso de apelación que estuda presentar o seu avogado, Manuel Chao, tomando en conta que as sentenzas prescriben aos cinco anos. De se presentar ese recurso, ao levar Telmo Varela cumprida a metade da condena imposta (o 10 de marzo de 2013 fanse os dous anos) tería que ficar libre até que se resolva a apelación. De non resolver a favor do preso, Varela tería que cumprir os dous anos que quedan até completar os catro da condena. Tamén reclamarán por non se ter gardado a cadea de custodia na fita de video en que aparecerían imaxes de Varela nun zulo no monte e recalcan que non existía "carga probatoria suficiente" para a condena. Porén, na sentenza xustifícanse as contradicións entre os policías que declararon "pola presión á que estaban suxeitos durante o xuízo". |
NOS_11446 | Paula Ballesteros-Arias centrouse no estudo da paisaxe agraria actual na Galiza e tamén formou parte de equipos de traballo do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A comezos de abril participou na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que organiza o Museo do Pobo Galego, coa mostra "Ons soa", unha exposición que conxuga material gráfico, audiovisual e sonoro e que resulta dos seus traballos e da súa experiencia vital na illa. | "Ons soa" pode visitarse até o 30 de maio no Museo do Pobo. En que consiste? Trátase dunha exposición composta por materiais gráficos, audiovisuais e sonoros e é un relato persoal de longo percorrido, de aí tamén o título, "Ons soa". A maior parte dos elementos expostos proceden dun traballo de investigación que fixen entre 2009 e 2013 , mais tomo como referencia as miñas estancias na illa desde finais dos 80. O traballo de investigación ao que me refiro foi unha publicación titulada Ons, unha illa deitada, resultado dunha pescuda que fixemos un grupo de persoas no Incipit e que tiña por obxectivo documentar o patrimonio cultural da illa, material e inmaterial, con metodoloxía arqueolóxica e etnográfica. Mais nesta exposición non quería repetir unicamente algunhas imaxes que deran conta dese traballo, senón tamén, precisamente porque levaba moito tempo acudindo á illa e para min era un espazo especial, as moitas imaxes que fixen ao longo da miña vida quería incorporalas, contar algo máis. Narrar en primeira persoa a miña experiencia, non só como arqueóloga e etnógrafa, senón como visitante, como turista, como espectadora. Como chega á 16ª MICE? A idea xorde, precisamente, porque o Museo do Pobo viu esta publicación electrónica que fixen co Incipit e consideraron que podía ser un bo proxecto para incorporar, posto que non só é un relato fotográfico, tamén é sonoro e visual e, por tanto, encaixaba perfectamente na política da MICE. Ten que ver coas paisaxes sonoras, ademais de ser un traballo etnográfico, todo contribuíu a que encaixase no Museo do Pobo. E chegamos coa proposta en moi pouco tempo porque nos gustou e mergullámonos no proxecto. Logo de aquí, interésame non só levala a zonas de costa, á propia Ons, e tamén achegala ao interior, para escoitar alí a paisaxe sonora da illa. Na MICE participou nunha charla co director de Ons, Alfonso Zarauza. Que teñen en común as súas visións? Estivo con nós Roberto Castiñeiras, que foi vixiante da illa de Ons durante un tempo. Foi unha conversa arredor da illa, a petición nosa, para dar o noso punto de vista. Tanto Zarauza coma min estivemos na illa de forma intermitente pero Roberto viviu nela, así que era outra experiencia. Uníanos o feito de estar nunha illa que está habitada e que vive un proceso, non de desaparición da súa cultura vital, pero si quizais de desintegración ou de cambio. Tamén Zarauza dá conta diso en Ons a través das imaxes, podemos ver que hai unha illa habitada e un momento de cambio, aí pode estar o nexo. É extrapolábel a situación da illa ao resto da sociedade? É. Estamos nun proceso de despoboamento, un momento de cambio que se dá en todo o país. É certo que na illa é singular, mais destacado polo feito mesmo de ser unha illa, pola identidade que confire ese feito e por determinados condicionantes, como non ser propietaria da túa casa, por exemplo. Pero despois, os procesos de desintegración ou cambio de ciclo suceden en todo o territorio. De feito en "Ons soa" o que quixen, coa selección de imaxes e sons, foi facer referencia a estes conceptos, como o contraste na paisaxe da illa en canto á súa morfoloxía, o espazo máis domesticado ou transformado, o espazo social... E por outro lado o equilibrio que hai nesa mesma paisaxe, o mar e a terra, o mundo simbólico, o dos vivos e o dos mortos. A espectadora vai atopar imaxes máis explícitas e outras máis conceptuais ou abstractas que fan referencia a ese cambio de ciclo. |
Subsets and Splits