ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_19589 | A executiva nacional pasaría de 15 a 19 persoas e traballaría "coa vista posta nos comicios locais de 2019" | Unha executiva nacional que pasa de 15 a 19 persoas e un novo Consello Nacional reforzado con cargos electos e locais para, coas eleccións municipais de 2019 como obxectivo, amosar o traballo dos seus gobernos municipais como "escaparate" da capacidade do BNG para gobernar. Esas son algunhas das propostas do actual Consello Nacional do BNG de cara á asemblea que a formación celebrará a próxima fin de semana e na que xa están inscritas máis de 2.000 persoas. A executiva nacional pasaría de 15 a 19 persoas e traballaría "coa vista posta nos comicios locais de 2019" O Consello Nacional do BNG, máximo órgano de decisión entre asembleas, celebrou este sábado en Santiago a súa última reunión antes da XVI Asemblea Nacional da formación, que se celebrará o 25 e 26 de marzo na Coruña. No encontro, e tal e como prevén os seus estatutos, a dirección saínte presentou unha proposta de nova dirección, cunha lista de 50 persoas das que as 19 primeiras conformarían a nova executiva nacional, catro máis que a actual. Esta lista é a única candidatura presentada ata o momento para a asemblea da próxima fin de semana e o prazo de formalización de posibles alternativas remata este luns. A lista feita pública este sábado está encabezada pola actual portavoz nacional e no Parlamento de Galicia, Ana Pontón; seguida polo tamén deputado autonómico Xosé Luis Rivas "Mini"; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e Eva Vilaverde, deputada provincial en Pontevedra. No listado, ademais de Vilaverde aparecen como novidades a respecto da executiva actual os nomes da portavoz do BNG en Bruxelas e próxima eurodeputada Ana Miranda, os deputados autonómicos Olalla Rodil e Luís Bará, e dos agora militantes pero cunha ampla traxectoria na formación Xavier Campos e Susana Camba. A lista ao Consello Nacional péchaa o anterior portavoz parlamentario da formación, Francisco Jorquera. "Os gobernos locais son o escaparate da capacidade do Bloque para gobernar cun proxecto de país a favor da maioría social", di a formación nacionalista A formación nacionalista asegura que chega á asemblea "tras un intenso debate iniciado hai un ano co lanzamento do Proceso Adiante e no que teñen participado máis de 2.000 persoas entre militantes e simpatizantes" que culminou cunhas teses políticas que "pasaron por un amplo debate na totalidade de comarcas do país e chegan Asemblea Nacional con consenso moi amplo das bases, sen que se tivesen formulado emendas a totalidade nin ningún voto particular aos textos". Segundo salientou o BNG, a lista presentada este sábado "conta cunha porcentaxe moi elevada de mulleres e de responsábeis municipais, xa que os gobernos locais son o escaparate da capacidade do Bloque para gobernar cun proxecto de país a favor da maioría social". Tamén engade que "coa vista posta nos comicios locais de 2019, e tendo en conta que a seguinte asemblea nacional será en tres anos, a Estratexia Galiza Avanza tamén incluirá un plan de traballo específico para as sete grandes cidades". |
PRAZA_2968 | A última enquisa do IGE revela os problemas económicas da maioría de fogares galegos, tan só unha das estatísticas deste ano que revela a difícil situación da economía familiar: menor protección aos parados, salarios máis baixos, aumento da precariedade e continua emigración. | Moreas de datos económicos que non deixan en bo lugar a Galicia. Remata o 2015 e a proclamada recuperación non dá chegado aos petos dos cidadáns. Así o certifican cifras e táboas que teiman en botar abaixo as previsións do Goberno e en aprazar unha bonanza que para nada parece preto. Os últimos datos son os resultados da enquisa estrutural aos fogares de 2014 que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE). Segundo as cfiras, case unha de cada tres persoas novas está en Galicia en risco de pobreza ou exclusión social, situación á que tamén se enfrontan cada vez máis persoas próximas á idade de xubilación. A taxa subiu na poboación de entre 16 e 24 anos nos últimos anos: 10 puntos desde 2007. Case seis de cada dez fogares chegan con dificultades a fin de mes e un terzo dos mozos están en risco de pobreza ou exclusión Ademais, e segundo os mesmos datos, case seis de cada dez fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes. Mentres, a porcentaxe de familias galegas que di non ter problemas para rematar o mes baixou por segundo ano consecutivo. Ten isto moito que ver coa precariedade e temporalidade que se está a instalar no mercado laboral galego. Así o certifica tamén o informe presentado neste mes de decembro pola CIG. Realizado a partir dos datos da Axencia Tributaria, conclúe que máis do 30% das persoas con emprego cobra menos de 650 euros, unha situación que afecta especialmente aos máis novos. Entre o 2009 e o 2014, a caída do salario medio das persoas entre 26 e 35 anos foi do 11,7%, fronte a un desenso medio do 2,7% no conxunto da poboación. E mentres, o paro subiu en Galicia en máis de 3.000 persoas no pasado mes de novembro mentres baixaba no Estado. Ademais, o número de afiliados á Seguridade Social caeu en máis de 2.000. Son 225.158 parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego, 3.066 persoas e un 1,38% máis que en outubro. En canto aos datos interanuais, baixa moito máis o paro rexistrado do que se incrementa a afiliación á Seguridade Social (23.474 persoas menos en paro fronte a 20.471 afiliacións máis), situación que se explica tamén pola emigración e a retirada do mercado laboral de persoas desanimadas pola falta de oportunidades. Todas as cifras, como acotío nos últimos meses, insisten en reducir o diferencial positivo de Galicia co Estado. A taxa de protección dos parados en Galicia é do 26,8%, doce puntos menos que hai catro anos Respecto da EPA, as últimas cifras do terceiro trimestre deixan o número de parados en Galicia en 222.800, 29.700 menos que no anterior e que deixa a taxa de desemprego no 17,7%, 35.500 persoas menos que hai un ano. Un descenso que pode virar cos datos do último trimestre e que chegou dacabalo da temporalidade, que continuou aumentando. Mentres os asalariados con contrato indefinido se incrementaran un 0,2%, os que teñen contrato temporal subiron un 13,8%. Ao tempo, tan só un de cada quince mozos galegos en paro percibe algunha prestación mentres que a taxa de protección en Galicia é do 26,8%,12 menos que hai catro anos. A emigración que non se detén Moitas destas cifras explícanse tamén pola redución da poboación activa e o aumento da emigración. Á falta dos datos definitivos de 2015, no ano anterior marcharon de Galicia unhas 30.000 persoas e 204.000 desde que comezara a crise. De debullar os datos do IGE sobre a diáspora, hai algún especialmente significativo, como o feito de que a emigración galega a Madrid aumentase un 40% na última década ou que o saldo migratorio de Galicia virase negativo desde 2013. Porque os movementos migratorios seguen a ser, ao contrario do afirmado dende instancias oficiais como a Xunta, unha das fontes de perda de poboación do país. Galicia é unha das autonomías cos salarios máis baixos e máis de 200 euros por baixo da media estatal E en que condición está quen queda en Galicia? Pois cos salarios estancados ou en caída. A Enquisa Trimestral de Custo Laboral do INE sinala que o custo salarial total permanece estancado en Galicia dende hai tres anos. De feito, os datos amosan mesmo un descenso no custo salarial medio en Galicia dun 2% en relación a xuño e dun 0,05% con respecto a hai 12 meses. Ademais, podemos observar que Galicia segue a ser unha das autonomías con salarios máis baixos por traballador/a e tamén por hora traballada. En canto ao custe salarial total, está máis de 200 euros por debaixo da media española (1.602 fronte a 1.810 euros) e só supera á Comunitat Valenciana, Extremadura, Canarias e Castilla-La Mancha. En canto ao salario por hora de traballo, Galicia é cuarta pola cola, só por diante de Estremadura, Canarias e Illes Balears, dous euros por debaixo da media española (12,76 fronte a 14,87). As cifras, por moitas reviravoltas que deamos, dificilmente alimentan o optimismo. Tampouco as que deberían ratificar a recuperación. O INE revisou hai tan só unha semana os seus datos de crecemento dende comezos de século e ata o último ano completo, o 2014. Este novo balance indica que no pasado exercicio económico só unha comunidade autónoma, Castilla-La Mancha, medrou menos que Galicia, ao ficar cun crecemento interanual do PIB do 0,28% fronte ao 0,44% galego. Ambas estaban, en todo caso, lonxe da media estatal (1,36%) e tamén dos territorios que medraron máis, entre os que se atopan tanto os máis turísticos -caso de Valencia ou Murcia- como os tradicionalmente máis dinámicos economicamente. Mentres o Instituto Galego de Estatística advirte que o balance deste 2015 será tamén de menor dinamismo económico en Galicia -o ritmo do PIB galego só se aproxima ao estatal pola ralentización deste-, o balance do INE amosa tamén como, durante estes anos, as cifras macroeconómicas se traduciron tamén na economía das familias. Nesta liña, e con datos correspondentes ao ano 2013, a estatística amosa que a renda dos fogares galegos segue a caer, neste caso, 77 euros anuais ata ficar nos 12.885 per cápita e ano, un 91,6% da media estatal e só por riba de Valencia, Canarias, Castilla-La Mancha, Murcia, Andalucía e Extremadura. Mesmo en 2015, varios datos feitos públicos polo Eurostat, oficina estatística da Comisión Europea, deixaron tamén en moi mal lugar a Galicia. Así, a UE puxo o país como exemplo de destrución de emprego durante a crise. En 2015, a UE puxo Galicia como exemplo de destrución de emprego e evidenciou como a converxencia do país coa renda europea retrocedeu unha década Eurostat explica que entre 2009 e 2014 a maioría das rexións europeas sufriron importantes movementos no seu mercado laboral, xa fose para incrementar a poboación ocupada, caso por exemplo de todo o territorio de Alemaña e Suecia e a "maioría" do Reino Unido, ou para sufrir unha "contracción no emprego" que foi "particularmente evidente" no Estados do sur, en cuxos territorios se destruíu emprego a "ritmo rápido" durante a pasada media década. Neste contexto, a oficina estatística da UE destaca que en "todas as rexións" de Grecia o emprego caeu por riba dos 5 puntos durante estes anos, e que "tamén se rexistraron reducións desta magnitude en catro rexións españolas", a saber: Ceuta, Castilla-La Mancha, Galicia e Andalucía. Só uns meses antes, tamén os datos de Eurostat evidenciaban que a converxencia de Galicia coa renda europea retrocedeu unha década. Os datos máis recentes acreditaron un novo retroceso de 4 puntos do PIB per cápita galego a respecto da media da UE, mentres que a Xunta calculara que en 2014 este indicador estaría no 95% e en 2013 xa baixara ata o 83%.. |
NOS_6091 | A emerxencia climática, pero tamén de crecente concienciación sobre os seus efectos, dá contexto á convocatoria que unha vintena de organizacións prepara para este domingo en Compostela en defensa dos hábitats forestais galegos fronte a unhas políticas que fomentan a eucaliptización dos montes. Eis un estrato da peza publicada no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza. | Unha aposta de futuro, o dos montes galegos, cólase esta fin de semana no calendario de mobilizacións desencadeado pola emerxencia climática a nivel global. Será o domingo, ás 12 horas, na Alameda compostelá. Tales son as coordenadas definidas pola plataforma Por un monte galego con futuro, que quere levar á rúa o traballo que as organizacións integrantes levan anos desenvolvendo para a defensa do bosque autóctono e do medio rural, baixo parámetros de sustentabilidade social, económica e ambiental, coa premisa de que, nun contexto de mudanza climática como o actual, o papel dos ecosistemas forestais será "chave" para mitigar os efectos do quecemento global. Coa ambición de virar as políticas forestais da Xunta, o punto de partida deste movemento, conformado por unha vintena de entidades ecoloxistas, sindicais, agrarias e vinculadas ao monte, fíxase na paralización da revisión do Plan Forestal da Galiza que se está a tramitar, e que promove a ocupación de 35.000 novas hectáreas máis de eucalipto "sobre un exceso de 300.000 respecto á anterior planificación" e que avanza, advirten as convocantes, de costas ás achegas formuladas por todas as entidades sociais e sectoriais. Segundo fan notar, o uso principal do eucalipto cortado no país "é o da súa transformación en pasta de papel na fábrica de Lourizán (Pontevedra), un proceso industrial que provoca que todo o CO2 previamente absorbido polas árbores sexa devolto incrementado á atmosfera, dando como resultado un efecto potenciador do proceso da mudanza climática". As medidas O manifesto lanzado en xullo pola plataforma formula 36 medidas concretas, estruturadas en cinco liñas de acción, a comezar, precisamente, pola redución das masas forestais de especies como o eucalipto, entendendo que "unha plantación forestal non pode ser considerada un bosque, e menos se se trata de especies invasoras e de crecemento rápido que empobrecen o solo e diminúen a biodiversidade". A diversificación dos aproveitamentos forestais e promoción do peche do ciclo produtivo da madeira na Galiza, a recuperación e fomento da biodiversidade, a prevención dos incendios e a vindicación, en canto á estrutura da titularidade e xestión do monte, dunha tenza "máis xusta", cunha aposta no modelo do monte veciñal en man común, guían o resto das propostas. Con elas perfílase unha resposta á situación que xa se advertía na Iniciativa Lexislativa Popular trasladada en 2018 ao Parlamento galego, que avisaba da falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo, que "fai que o destino de moitos montes e terras agrarias remate sendo o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, substituíndo as frondosas autóctonas, e finalmente o lume". Presentada co aval de máis de 42.000 sinaturas, foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE. "O monte non é só madeira de eucalipto ou de piñeiro: é madeira de calidade, é produtos de alimentación –froitos, castañas, cogomelos, mel–, é biodiversidade, é auga, porque axuda a equilibrar os recursos hidrolóxicos, e é tamén fertilidade do solo, polo que aquilo que fagamos nel repercute na súa erosión", observa a secretaria executiva de Adega, Belén Rodríguez, quen recalca a necesidade de mudar o modelo forestal galego". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 368 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_53153 | A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza cualifica a medida do Goberno español de "agasallo envelenado". | Un decreto estatal vén de suspender por tres anos (até decembro de 2024) a tramitación ambiental dos parques eólicos e centrais solares, substituíndoa por un informe de parte sen consulta pública. Así o denunciou onte a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) que indica, a través dun comunicado, que o Real Decreto-Lei 6/2022 polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Estatal de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína, trae un "agasallo envelenado" para o medio ambiente galego. De acordo co Real Decreto, o Goberno español elimina a tramitación ambiental dos proxectos de enerxías renovábeis de competencia estatal, substituíndoa por un "informe de determinación de afección ambiental". O Goberno do Estado dá máis tempo ás eléctricas para tramitar parques eólicos Este documento, de ser favorábel para a empresa solicitante, será equiparábel a unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA), coa diferenza de que non se somete a consulta pública. "Esta manobra permitirá ás empresas enerxéticas unha tramitación 'express' dos seus proxectos, dificultando, aínda máis, a participación da veciñanza, colectivos sociais e concellos na tramitación de parques que atinxan o seu territorio", segundo denuncian desde Adega. Xustificación da medida Na xustificación desta medida de excepción, o Executivo estatal refírese á "crise provocada pola guerra de Ucraína" e á "necesidade de acelerar o antes posíbel a descarbonización e reducir a dependencia enerxética". Exixen a comparecencia do vicepresidente pola sentenza contra a repotenciación dun parque eólico Con todo, desde Adega salientan que, o único que traerán esta medida, será unha "maior desprotección ambiental e maiores prebendas para o oligopolio eléctrico". |
NOS_49489 | O PP non ve a reivindicación da memoria como o uso principal do pazo, cuestión que si reclaman BNG e PSdeG. | O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei do Partido Popular para solicitar do Estado a cesión do Pazo de Meirás, así como a colaboración no financiamento dos custos derivados do seu mantemento e da súa apertura ao público, e insta a acordar no seo da comisión técnica do pazo un plan de usos que, en primeiro lugar, estea vinculado á reivindicación da figura de Emilia Pardo Bazán; en segundo lugar, sirva a usos turísticos relacionados con visitas ao inmóbel; en terceiro lugar atenda "usos relacionados coa memoria histórica" e, por último, contemple a organización dunha homenaxe a persoas, colectivos e institucións que ao longo das últimas catro décadas estiveron implicadas nos traballos pola devolución do Pazo. A iniciativa só contou cos votos do PP ao negárense os populares a aceptar as emendas do BNG e PSdeG que apuntaban a situar a memoria democrática como principal uso do pazo. De feito, a emenda da formación nacionalista introducía no referente ao plan de usos que este estiver centrado en situar o pazo como espazo para a memoria democrática e a loita antifranquista, e chamaba a desenvolver unha política pública sobre a memoria histórica centrada na "xustiza, verdade, reparación e garantía de non repetición", dixo o deputado nacionalista Luís Bará. A emenda do PSdeG, defendida polo socialista, Pablo Arangüena, demandaba que o plan "priorice sempre os usos relacionados coa memoria histórica". Xuízo pola Casa Cornide O 4 de febreiro terá lugar no Xulgado de Instrución número 4 da Coruña o xuízo contra as e os nove militantes do BNG denunciados pola familia Franco por unha protesta realizada na Casa Cornide, na Coruña, en que exixían que este inmóbel histórico deixase de estar en mans dos Franco e for devolto ao pobo. Diso informou o colectivo '19 de Meirás' nun comunicado en que explican que Armando Carril, Manuel Méndez, Elvira Branco, Carolina Fernández, André López, Salvador González, Óscar Calvo, Dani Carballada e Bieito Lobeira serán xulgados por un delito leve de coaccións. As nove persoas denunciadas aseguran que a acción realizada o 26 de setembro de 2017 consistiu en despregar unha faixa da varanda da Casa Corinde, para reclamar que este edificio, que foi espoliado en 1962 polos Franco, sexa restituído ao patrimonio público. |
NOS_41280 | O vindeiro 4 de xuño o Centro Galego de Bruxelas organiza o Festival Compostela na capital europea, cun cartel que inclúe a Sés e a Xabier Díaz, entre outros. | O evento está organizado polo Centro Galego desta cidade co obxectivo de promover o Camiño de Santiago en Bélxica. Trátase dunha xornada completa, con desfile folclórico polo centro de Bruxelas e stands de especialidades gastronómicas galegas e españolas, ademais de mostra de bailes folclóricos belgas e galegos. Xa pola tarde presentarase o libro 'Hijos del Trueno. Mitos y Símbolos en el Camino de Santiago' de José Tono e proxectarase o filme 'Le Chemin de la Vie' de Freddy Mouchard. Para rematar a xornada haberá tres concertos: dos asturianos Xera, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e de Sés. Para poñer o ramo á festa, queimada, claro, definida por eles mesmos como "poción máxica". |
NOS_26171 | Elisa Fernández é unha estudante de Bioloxía en Santiago de Compostela que vive nunha vila do Barco de Valdeorras e que confecciona pendentes e outras pequenas pezas a base de flores prensadas e resina. Baixo o nome de Argallando, conta de Instagram onde pendura as imaxes das súas pezas, vende as súas elaboracións, feitas a man de maneira artesanal, ao tempo que leva a cabo un labor de divulgación botánica para que as persoas interesadas saiban que flores están en cada peza. | -Por que decidiu darlle inicio a Argallando? Argallando é un pequeno proxecto co que comecei no verán do ano pasado dunha maneira casual, xa que por internet vin que con resina se podían confeccionar unha gran variedade de pezas moi enxeñosas, xeitosas e de boa calidade. Sobre todo, gustoume moito o feito de que se puidesen encapsular diferentes elementos dentro. Para min, que sempre me chamou bastante a atención todo o relacionado coa natureza, coas flores e as plantas, poder facer xoias como pendentes ou colares con elas parecíame moi interesante. Entón, comecei a recoller pequenas flores e a aplicarlles un proceso de prensado para poder empregalas despois xunto coa resina. Nun principio só facía pezas para min e para o meu círculo máis próximo de amizades. Pero chegou un momento no que xa tiña demasiadas pezas elaboradas e comezaron a recomendarme que buscase a maneira de difundir todo ese traballo para que a xente soubese del. Foi así como creei a conta de Instagram, pois pareceume boa idea e unha maneira visual de dar a coñecer as pezas que elaboro. Ademais, ocorréuseme que podía ser interesante o feito de compaxinar o traballo manual e artesanal co labor de divulgación botánica. Así, a mediados de novembro do ano pasado comecei a tirar fotografías das pezas e a partillalas nas redes. Esa é a historia de Argallando. -Canto tempo lle leva aproximadamente elaborar cada unha das pezas? Depende un pouco de como sexa cada peza, pero podería dicir que máis ou menos, tendo en conta toda a cadea de traballo que vai desde a recolección das flores até o deseño e confección final das pezas, pasando polo prensado das propias flores e demais, cada peza ten un proceso de elaboración de dúas ou tres semanas. Como xa dixen, ao final depende un pouco da peza que sexa. -E que tipos de peza distintos confecciona? Fago pendentes, colares, chaveiros... De cara a estes próximos meses tamén estou pensando nalgunha novidade que quizais chegue ao proxecto, aínda que como non teño a idea totalmente clara na cabeza, prefiro non adiantar nada polo de agora. Ademais de facer estas pezas, tamén recollo e acepto suxestións das clientas que me falan, tanto nas pezas como nas flores empregadas. Por exemplo, se algunha persoa ten unha flor que lle trae á memoria un recordo especial, ou simplemente unha flor que quere conservar polo motivo que sexa, intento facer algunha peza con esa flor en específico. -Teñen boa acollida as pezas artesanais confeccionadas con resina? Polo menos no meu caso penso que si, a verdade. Nun principio non tiña demasiado claro até onde podía chegar Argallando. Comecei a subir fotografías das pezas sen estar demasiado confiada, pero coa idea de ensinalas e que a xente puidese velas e coñecese o meu traballo. Por iso non esperaba a resposta tan positiva que recibín, e sobre todo a cantidade de seguidoras que gañei en tan pouco tempo. Non pensei que fose chegar a esa cifra. Superou totalmente as miñas expectativas. -Falaba antes de que, a maiores da confección de pezas, tamén leva a cabo un labor de divulgación botánica. Gústame levar a cabo o proceso de identificación das flores. Como son eu mesma quen as recolle, hai veces que non as recoñezo de primeiras. Entón, unha vez xa as teño recollidas, identifico aquelas das que non sei o nome para que a xente poida saber cal é a flor da peza en cuestión que están vendo en cada momento. Tamén teño algunha publicación divulgativa na conta de Instagram falando sobre algún tema relacionado. |
NOS_33545 | No grupo de WhatsApp "IX Promoción Artillería" partillouse esa petición, que se presentou nun portal de iniciativas de EUA. | Mensaxe no chat da IX Promoción de Artillería no que o subtenente Javier Atanes Doral partilla unha petición á Casa Branca, que asinaron máis de 5.000 persoas, pedindo que o Exército de EUA derroque o Goberno de Pedro Sánchez e tome o poder. Eis a noticia que publica Público e que supón un exemplo máis na radicalización extrema dereitista que aniña en importantes sectores do exército español. Este medio informa como hai unha plataforma de recollida de sinaturas en internet, 'We the People', a través da que se poden formular peticións cidadás á Casa Branca, institución que debe ofrecer unha resposta se se recollen polo menos 100.000 rúbricas en 30 días. Unha desas iniciativas demanda que o presidente saínte Donald Trump ordene á " US Army" (o Exército estadounidense) que derroque o "Goberno ilegal" de Pedro Sánchez para que "EUA asuma temporalmente o liderado do Exército español e dos corpos policiais nacionais e rexionais" e "proporcione os medios para unha transición segura a un novo sistema de Goberno". A petición reuniu máis de 5.040 firmas nun mes e foi partillada n un grupo de WhatsApp de oficiais e suboficiais en activo ou na reserva do exército español, como é o de "IX Promoción Artillería", onde algúns participantes tamén mostran o seu apoio ao chat golpista de militares retirados no que se falou de fusilar a 26 millóns de españois, como tamén revelou Público. |
NOS_49794 | : Redución das peaxes nos tramos da AP-9 e descenso de 11% no investimento. | A proposta de orzamentos presentada polo Executivo estatal recolle avances na rebaixa das peaxes da AP-9, mais non atende outras actuacións en diversas materias comprometidas polo Goberno de Pedro Sánchez no seu programa de investidura. Así, o anteproxecto de contas públicas estabelece unha achega de arredor de 60 millóns de euros para reducir as peaxes en varios tramos da autoestrada do Atlántico, garantir a gratuidade entre Vigo e Redondela e compensar a conta do erario público a suba de 1% anual fixado no convenio entre o Estado e Audasa. Neste sentido, a propia ministra de Facenda, a socialista María Jesús Montero, destacou a diminución das peaxes nesa vía e vinculouno ao "cumprimento do acordo programático de investidura co BNG". A totalidade das forzas políticas galegas valoraron positivamente esta decisión. O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, cualificou a medida como "a única luz" dos orzamentos e sinalou que "por fin" se vai "eliminar a peaxe entre Redondela-Vigo", na liña do afirmado anteriormente polo Goberno galego e polo Partido Popular da Galiza. Pola súa banda, Gonzalo Caballero destacou onte que as contas públicas dan resposta á demanda "histórica" para "bonificar as peaxes da AP-9", afirmando o seu compañeiro de formación, Xaquín Fernández Leiceaga, que "a botella está razoabelmente chea", polo que o PP debe "recapacitar" e "tragar as súas previsións negativas". "É un logro colectivo da sociedade galega" e tamén "un logro deste Goberno", subliñou onte o deputado de Galicia en Común, Antón Gomez-Reino, quen celebrou a decisión do Executivo neste asunto. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, reivindicou este acordo como resultado do pacto da investidura entre os nacionalistas e o PSOE; considerou "escandaloso" que a Xunta da Galiza, que "non fixo nada por conseguir os descontos, pretenda atribuírse os méritos"; significou que cómpre celebrar esta medida e apostou pola absoluta gratuidade, xa que se trata dunha vía "amortizada" e chave para vertebración territorial do país. Rego cualificou os investimentos recollidos nos orzamentos como "insuficientes" para a Galiza pola necesidade de "compensar o déficit histórico de infraestruturas". "Imos traballar para que sexa aumentado de maneira significativa o investimento na Galiza", sinalou o deputado do BNG, quen adiantou o compromiso dos nacionalistas en mellorar as contas. As críticas de Rego foron partilladas polo voceiro popular, Celso Delgado, quen denunciou "unha rebaixa de 11 puntos no investimento na Galiza" en relación ás contas públicas de 2018. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recoñeceu que os orzamentos atrasarán o "AVE ou a saída ferroviaria sur", se ben culpou o Goberno de Mariano Raxoi desa situación. A posición do PP, PSOE e Galicia en Común semella clara en relación aos orzamentos mais fica por decidir o sentido de voto do BNG, que a coalición de Goberno tenta gañar con medidas como a redución das peaxes. A este respecto, as fontes nacionalistas consultadas por Nós Diario consideran "moi complicado" apoiar estas contas se non hai mudanzas substantivas e o Executivo non avanza con "máis claridade" no cumprimento das propostas acordadas no pacto entre nacionalistas e socialistas que permitiu a investidura de Pedro Sánchez. |
NOS_40723 | Pronunciouse contra o recoñecemento da 'nacionalidade' a un home do Ecuador e que padece unha discapacidade psíquica porque non saber quen é Rajoy "evidencia un insuficiente grao de integración e vínculos insuficientes". | A Audiencia Nacional española negoulle a condición de 'español' a un home do Ecuador que sofre unha discapacidade psíquica porque non soubo dicir quen é Mariano Rajoy e non soubo ubicar a Giralda. Segundo o tribunal, fica de manifesto que esta persoa, que reside en Almería desde xaneiro de 2006 canda a nai, unha tía e unha avoa e en situación de regularidade, posúe "insuficiente grao de integración e vínculos insuficientes" co Estado español. Desta maneira, ficou desestimado o recurso interposto contra a negativa previa do ministerio de Xustiza, ao entender que exixir menos requisitos por padecer unha doenza psíquica "suporía unha discriminación positiva que non está prevista no ordenamento xurídico". Malia que a discapacidade lle está recoñecida polo goberno de Andalucía e que o home participa dun obradoiro "para a integración do enfermo mental" que se imparte desde unha institución pública, a Audiencia Nacional considera que "a integración social en España non depende só do coñecemento do idioma ou da asistencia a un obradoiro ocupacional de manualidades". A familia recorrerá a sentenza perante o Tribunal Supremo por "vulneración de dereitos fundamentais". |
NOS_2559 | Desde as 00.00 horas desta segunda feira, 28 de outubro, deixou de estar vixente o estado de emerxencia que durante dez días rexeu o país. Neste tempo, a mobilización nas rúas contra o presidente Sebastián Piñera foi constante. A pasada sexta feira, unha histórica mobilización obrigouno a recuar e anunciou o cesamento de todo o seu Gabinete ministerial. Mais as protestas continúan e as denuncias de violación dos dereitos humanos por parte dos militares e da Policía continúan. Falamos con dúas galegas que coñecen ben de perto o que alí está a acontecer. | Os vídeos e as imaxes que estes días corren polas redes sociais son nalgúns casos arrepiantes. Sempre tendo en conta a dificultade de verificar a súa autenticidade, a maioría non deixan lugar a dúbidas. Ademais, as testemuñas directas coinciden. Os milicos (militares) e os pacos (carabineros), a yuta, en xeral, está a cometer actos de violación dos dereitos humanos que traen duras lembranzas dos tempos da ditadura de Augusto Pinochet. O "oasis" chileno, a "Suíza de América Latina", resultou ser un espellismo. Falamos con María Quintana (nome ficticio, por medo a revelar a súa identidade) e con Sheila Fernández. A primeira é estudante de Comunicación Audiovisual na USC, residente este curso en Santiago de Chile, onde chegou cunha bolsa de estudos. Estes días viviu en primeira liña as revoltas -e as denuncias de tortura-. A segunda, doutora en Dereito, reside desde o pasado mes de febreiro en Alemaña, mais até o daquela e durante catro anos viviu en Chile, onde elaborou a súa tese doutoral. Fernández sabe perfectamente das desigualdades e dificultades que o pobo chileno padece e que levaron a esta explosión nas rúas. Por que unha suba de 30 pesos no billete do metro leva a tanta xenreira desatada? María Quintana: Como se pode ler en pintadas e carteis, "Non son 30 pesos, son 30 anos". 30 anos desde que supostamente rematou a ditadura de Pinochet, pero que perpetúan a mesma constitución feita no seu réxime. 30 anos onde os abusos da clase dirixente non deixan de medrar, os ricos fanse máis ricos mentres o resto, simplemente, tenta sobrevivir. A suba no billete de metro púxolle o ramo a unha serie de longas demandas: a loita polas pensións; contra a privatización da sanidade, da educación, da auga, das estradas, do mar; a militarización, saqueo e asasinatos no territorio mapuche, o Wallmapu; contra o saqueo ao medio que provocan secas e monocultivos de aguacates, piñeiros, eucaliptos... Sheila Fernández: Podía lerse estes días unha frase nas rúas chilenas que dicía "Non son 30 pesos, son 30 anos" para facer referencia a acumulación de factores sociais, económicos e políticos que sosteñen unha sociedade neoliberal imposta a ferro e sangue polo ditador Augusto Pinochet. Poño un exemplo, algo que aínda me parte o corazón: no Facebook aínda se ven eventos para recadar fondos para pagar facturas de saúde. Eis o xerme desta loita organizada, que, na miña opinión, non é unha xenreira desatada. Digo isto porque en catro anos en Santiago de Chile, se algo me ten marabillado, é a capacidade organizativa da sociedade. A súa experiencia de 30 anos. Aínda que esta saída a rúa masiva non estaba planificada, socialmente a xente contaba coa organización de base. Que supón para o pobo chileno ver de volta os militares nas rúas? M.Q.: Acabou por indignar a toda a poboación. Unha pésima estratexia do presidente que é a maior falta de respecto ao pobo chileno. Volven á retina todas as lembranzas das torturas, dos asasinatos, das desaparicións... Nos centos de vídeos e de testemuñas que circulan polas redes sociais vense estes mesmos abusos: militares disparando a persoas que non están a facer nada, corpos colgados, mozas que denuncian violacións, persoas desaparecidas... Atopouse mesmo un lugar de torturas debaixo da estación de metro da praza principal de Santiago de Chile, que está a ser investigado pola comisións de Dereitos Humanos. Non só en Santiago, todos estes crimes se estenden ao longo de todo o territorio chileno. Porén, a mocidade perdeu o medo, desafiando o toque de queda e organizando actividades culturais e comunitarias entre a veciñanza. S.F.: Está en shock, é unha volta a un momento da historia moi presente porque existe un gran traballo de memoria histórica e reparación, especialmente se o comparamos co Reino de España. Para a mocidade, o Exercito na rúa é a confirmación de que o dereito ao voto non é sinónimo de vivir nun Estado onde os dereitos humanos sexan respectados. Lembremos que a Constitución vixente foi imposta durante a ditadura de Pinochet. O estado de emerxencia e o toque de queda foron fortemente cuestionados. No interior da Comisión de Dereitos Humanos, Nacionalidade e Cidadanía do Congreso, o avogado constitucionalista Jaime Bassa sinalou que "o que está a acontecer en Chile é violencia estatal de facto". Como é a situación da economía familiar en Chile? M.Q.: Malia que Chile se presenta sempre como o país con maior PIB per capita de América Latina, a realidade é que os salarios baixos obrigan a poboación a endebedarse para poder vivir. A desigualdade é brutal. O experimento neoliberal non fixo máis que privatizar absolutamente todos os sectores. Por exemplo, non coñezo case ningunha estudante que non estea en débeda de por vida para pagar a universidade. As xubilacións non chegan para que as persoas maiores sobrevivan sen a axuda das familias. O saqueo por parte das grandes multinacionais está a deixar todo o Estado con seca e a despoxar os pobos orixinarios dos seus territorios. Un abuso que experimenta toda a poboación e que xeneraliza o descontento absoluto. S.F.: Hai que ter en conta que Chile é un país moi grande, con diversos climas e cheo de recursos naturais que son explotados por empresas transnacionais onde mesmo a auga é privada. A pobreza neste territorio está a vista, especialmente en mulleres racializadas. O nivel de vida nas cidades é elevado, mais a xente ten ate tres traballos para chegar a fin de mes. As mulleres indíxenas ocupan traballos de limpeza nas casas dos barrios altos, de forma que existe unha migración interna tamén do campo a cidade. Non existe tampouco equidade de xénero, para que as mulleres brancas traballen fóra do fogar, entran as mulleres indíxenas e agora tamén estranxeiras a facer ese traballo. Outro exemplo, en Chile, cando vas a unha discoteca mesmo os cubatas os podes pagar en tres prazos. Moitas cousas pódense pagar ate a 36 prazos. Ademais, Chile sitúase entre os países mais desiguais do mundo. Que culpa ten o goberno de Piñera na situación actual? E os anteriores? M.Q.: Ao longo destes 30 anos só se puxeron parches. Bachelet, por exemplo, foi incapaz de cumprir coa promesa de facer pública a educación, e ademais aumentou a militarización e a represión no Wallmapu. E en canto ao Goberno actual, ficou clara a ineptitude total de Piñera, facendo terrorismo de Estado e reprimindo a protesta. No seu primeiro discurso tras o estalido desta insurrección popular, chegou a declarar a guerra aos manifestantes. S.F.: Piñera e o seu Goberno teñen que dimitir en bloque. Os datos de asasinatos, violacións de dereitos humanos, torturas etc. fan que non poida continuar nin un minuto máis. E ningún país democrático debería asistir á Conferencia da ONU sobre cambio climático prevista para novembro. De Piñera, que xa gobernou anteriormente, non se agardaba outra cousa. Os Gobernos da Concertación e o ultimo da Nova Maioría, de coalición entre a esquerda e a socialdemocracia, puideron facer máis para reverter as políticas neoliberais. Cal é o papel do estudantado nas protestas? M.Q.: Existe unha longa tradición de loita estudantil en Chile. Foron os estudantes de Secundaria os que comezaron as protestas contra a suba do prezo do metro, convocando evasións masivas [entrar sen pagar], paralizando o metro e sumando a todos os sectores ás súas reivindicacións. Foron eles tamén os primeiros en sufrir a brutal represión por parte das forzas de seguridade, entre comiñas, e en estender a protesta ás rúas e a todo o país. S.F.: Foi quen empezou. Aí está o xerme de todo este estalido social. O movemento estudantil en chile ten moito peso, levan décadas loitando polo dereito á educación pública. Está a xogar un papel moi importante na protestas, como na ditadura. É o estudantado que sae a rúa porque as súas nais ou pais non o poden facer ou porque as as condicións laborais ou de saúde non llelo permiten. Vídeos subidos á web por manifestantes nas protestas de Chile, denunciando torturas dos militares e da Policía |
PRAZA_10513 | Non é viábel agrupar nun mesmo espazo organizativo ás distintas correntes que se moven no ámbito do nacionalismo e da esquerda non vinculada ao PSdG. A realidade demostra que, hoxe por hoxe, só resultan posíbeis fórmulas de cooperación construídas dende a independencia orgánica de cada parte | A recente oficialización da creba operada no Grupo Parlamentar de En Marea, constitúe o certificado do punto final da experiencia unitaria iniciada no mes de Xullo de 2016 e supón o segundo gran proceso de división rexistrado, durante a presente década, no seo do universo do nacionalismo e da esquerda. No ano 2012, os resultados da Asemblea de Amio do BNG abriron unha secuencia de fragmentación na fronte nacionalista que duraría até a primavera do 2016. Polo medio, a Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) -coalición entre Anova e EU para comparecer na cita electoral do outono de 2012- tamén padeceu unha dinámica escisionista que chegou a fracturar o propio grupo parlamentar.A loita polo poder interno foi a que xogou un papel mais decisivo na evolución da confrontación e na ruptura final da converxencia preexistenteCada un destes fenómenos pode ser explicado mediante unha combinación de causas debidamente contextualizadas no respectivo espazo temporal. Se houbera que seleccionar as mais determinantes, deberíanse citar dúas: a envergadura das diferenzas -no ideario e/ou no programa- asociadas á composición heteroxénea de semellantes formacións e a intensidade da disputa polo control das mesmas. Se, a partir desta enumeración, pretenderamos xerarquizar a relevancia de cada unha, atopariamos moitas probas empíricas de que a loita polo poder interno foi a que xogou un papel mais decisivo na evolución da confrontación e na ruptura final da converxencia preexistente. O sucedido en Amio non se pode entender pola dimensión dos disensos sobre o patrimonio ideolóxico e político acumulado polo Bloque senón pola forte disputa arredor do control das estruturas da organización. No caso de En Marea ocorreu algo parecido: na dinámica destrutiva -que operou cunha extraordinaria velocidade-, as diverxencias derivadas das identidades dos sectores concorrentes no partido instrumental foron menos determinantes que a obsesión polo control da criatura demostrada por unha parte substancial dos promotores.Non é viábel agrupar nun mesmo espazo organizativo ás distintas correntes que se moven no ámbito do nacionalismo e da esquerda non vinculada ao PSdGNa década dos 90 do pasado século, o BNG foi quen de acadar unha síntese satisfactoria entre a indiscutíbel pluralidade interna representada por diversos partidos e colectivos e a unidade dun proxecto común capaz de proxectar unha mensaxe exterior consistente que foi premiada por unha parte significativa do corpo social. Vinte anos despois, aquela combinación virtuosa rachou e alterou notabelmente os niveis de confianza electorais acadados previamente.O nacemento de En Marea como partido pretendeu construír un lugar de encontro organizado que fose mais alá das tradicionais coalicións electorais para ser quen de integrar a un continxente heteroxéneo de persoas procedentes de distintas culturas políticas. A pesar da vontade explícita de representar unha expresión da unidade dos sectores -de adscrición nacionalista ou non- comprometidos nunha alternativa fronte ao dominio tradicional do bipartidismo, o funcionamento práctico certificou a pervivencia de vellas tendencias hexemonistas e sectarias. O fracaso colleitado na construción deste formato unitario resultou, ao cabo, tan indiscutíbel como ilustrativo.A realidade demostra que, hoxe por hoxe, só resultan posíbeis fórmulas de cooperación construídas dende a independencia orgánica de cada parteEstas dúas experiencias, a pesar das evidentes singularidades coas que naceron e evoluiron, permiten tirar unha primeira conclusión para o futuro: non é viábel agrupar nun mesmo espazo organizativo ás distintas correntes que se moven no ámbito do nacionalismo e da esquerda non vinculada ao PSdG. As reiteradas invocacións aos principios da "autoorganización" ou da "unidade popular" non abondan para garantir a continuidade daquelas forzas políticas que pretendan incorporar un abano amplo de sensibilidades no seu seo. A realidade demostra que, hoxe por hoxe, só resultan posíbeis fórmulas de cooperación construídas dende a independencia orgánica de cada parte. Mais unha vez, o que se proclama como desexábel e o que se constata como posíbel non coinciden. |
NOS_15364 | "Cada un ten o seu estilo e eu teño o meu propio. O estilo de Feixoo, que era boísimo, terá continuidade, mais tamén haberá estilo Rueda", apuntou o aínda vicepresidente da Xunta. | O vicepresidente primeiro da Xunta e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, entregou esta quinta feira máis de 7.000 avais para formalizar a súa candidatura a liderar o PPdeG após o salto á política estatal de Alberto Núñez Feixoo, que avanzou na cuarta que esta semana dimitirá oficialmente como presidente do Goberno galego. Antes de dirixirse ao Consello da Xunta, o último que preside Feixoo, Rueda fixo unha parada na sede do partido na Galiza, onde entregou as sinatura que sustentan a súa candidatura, que será a única, tras recibir o respaldo dos outros tres presidentes provinciais e principais dirixentes do PPdeG, tamén reflectido nos avais. As máis de 7.000 sinaturas entregadas, cuxa división por circunscricións é proporcional ao peso da militancia en cada unha delas. "Non somos o PSOE ou o Bloque", esgrimiu Rueda, quen, logo de entregar os avais ante membros da comisión organizadora do congreso que preside a líder do PP de Lugo, Elena Candia, apuntou que el protagoniza unha transición desde "a unidade". Sobre como enfocará o seu proxecto político, avanzou certo grao de "continuísmo" dado que "hai moitas cousas boas que recoller" a partir do "estilo Feixoo", un plan de partido que foi "unha fórmula de éxito" e do que el mesmo fixo parte. De feito, foi o seu primeiro secretario xeral, cargo que deixou en 2016 para tomar as rendas do PP de Pontevedra e dar paso no cargo a Miguel Tellado. Porén, tamén prevé imprimir o seu propio estilo, "o estilo Rueda", algo que deu por feito que "loxicamente todo o mundo entenderá". "Cada un ten o seu estilo e eu teño o meu propio. O estilo de Feixoo, que era boísimo, terá continuidade, mais tamén haberá estilo Rueda", dixo. Diego Calvo e Elena Candia entrarían como conselleiros no Goberno de Rueda Ese "estilo Rueda" verase nun proxecto político para o que resulta chave coñecer como concibe a organigrama da nova dirección, cun cargo fundamental no PPdeG, o da secretaría xeral, que ocupará "unha persoa que coñece ben o partido" e "con dispoñibilidade para traballar intensamente". Defendeu que hai "moitos cargos" que se poderían axustar a este perfil, mais buscará a persoa "idónea" e irá revelando como confecciona o seu equipo conforme se avance cara á data do 18º Congreso do PPdeG, que decorrerá os días 21 e 22 de maio en Pontevedra, dado que aínda, dixo, "é moi cedo". |
NOS_41753 | A Comisión europea afirmou que non constitúe unha medida discriminatoria que a Facenda española sancione a milleiros de emigrantes galeg@s @s que reclama multas por non declarar as pensións percibidas do estranxeiro. | A Unión Europea posicionouse a favor do Estado español. A través dunha pregunta formulada polo eurodeputado Iñaki Irazabalbeitia (ALE/Os Verdes) a Comisión europea afirma que "non supón, en principio, unha discriminación" e rexeitou adoptar medidas contra o goberno de Mariano Rajoy. No último ano milleiros de emigrantes galeg@s iniciaron unha mobilización continuada pola decisión de Facenda de multar @s xubilad@s que perciben pensións doutro país. O colectivo de 'emigrantes retornad@s' --como se deu a coñecer-- abrangue 250.000 persoas que foron sancionadas pola Axencia Tributaria acusad@s de non tributaren. Neste senso, reclámanlles multas desde 2008 --ano en que se aplicou unha reforma lexislativa pola que se obriga a este tipo de pensións (superiores a 11.200 euros), que xa foron declaradas nos países de orixe, a tributar tamén no Estado español. Segundo a Comisión europea o dereito comunitario recoñece que se pode tributar polo mesmo en dous países, embora @s afectad@s non foran informad@s nen tiveren constancia desta reclamación até o pasado ano. Mais Bruxelas apela á competencia dos Estados membros para fixaren a súa propia política fiscal para rexeitar adoptar medida algunha perante o que o colectivo de emigrantes retornad@s tilda como "fraude". |
NOS_24257 | A decisión provoca malestar na militancia de Podemos. | Os grandes grupos económicos moven ficha. Se os días pasados reuníanse baixo o patrocinio da patronal da CEOE para facer chegar as súas propostas de primeira man ao conxunto da sociedade, amosando un espírito conciliador do Goberno, onte transcendía que o Executivo deixaba en mans dun grupo de expertos, a maioría dos cales proceden de Fedea, a elaboración das propostas en materia de política económica para dar resposta á crise provocada polo coronavirus. A Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea) é un dos máis caracterizados think tank de orientación neoliberal existentes no Estado. Fundada en 1985, está dirixida polo presidente de Caixabank, Jordi Gual Sole, formando parte do seu padroado as principais empresas do Ibex, como o Banco de Santander, Telefónica, Acs, Bankia, Mapfre, Enagás, Banco Sabadell, BBVA, Abertis ou a Corporación Alba, propiedade da familia March. Neste sentido, está considerado como o laboratorio de ideas do Ibex, sendo responsábel dunha parte das súas propostas. Fedea é considerada como o responsábel intelectual de boa parte das políticas económicas aplicadas polos Gobernos de Zapatero e Raxoi durante a gran recesión. A este respecto, as súas receitas foron rexeitadas de maneira xeneralizada por economistas críticos, que viron a man da fundación detrás dalgunhas das medidas máis lesivas destes gabinetes, de maneira moi particular a reforma laboral e a reforma do réxime de xubilación. A decisión de Pedro Sánchez de deixar en mans dunha maioría de expertos procedentes de Fedea a definición das políticas económicas non foi ben recibida polos seus socios de Podemos. Así, fontes desta última formación afirman que a fundación xa fixo público un documento diante da crise económica onde apostan por medidas que chocan coas recollidas no programa de Goberno. Nesta liña, desde o partido morado dan por seguras as friccións cando toque afrontar aqueles aspectos ligados á lexislación laboral. Porén, desde o PSOE agardan buscar un punto de acordo que permita ampliar as bases de apoio do Executivo. Pola súa banda, os sectores empresariais dan por feito que as conclusións do traballo desta comisión van guiar a acción do Goberno |
NOS_20830 | Sanidade quere ser "optimista" ante o decenso de infeccións activas e a diminución dos contaxios novos, dous indicadores que se mantiveron á alza durante case todo o mes de xullo. | O comité clínico de expertos que asesora á Xunta no marco da pandemia pola Covid-19 avaliará na súa reunión desta semana, prevista para esta terza feira, se mantén as medidas de restrición acordadas hai sete días ou propón "desescaladas" en función da situación epidemiolóxica. Así o explicou o xerente do Sergas, José Flores, a preguntas dos medios nun acto no Hospital Clínico de Santiago, quen puntualizou que "o comité clínico este último mes vai collendo unha liña un pouco diferente á do comezo da pandemia", xa que "a situación dos hospitais non é a mesma" que en ondas anteriores. "Non ter tanto impacto a nivel hospitalario ten que condicionar a repercusión a nivel da sociedade galega", abundou. Así, o xerente do Sergas asegurou que "as medidas van ir na mesma liña". "Imos seguir aplicando os mesmos criterios que nas dúas últimas semanas. Pensamos que poderemos empezar a pensar en manter esas medidas ou mesmo desescaladas en función da situación que estamos a ver nos últimos días", sostivo. A curva deixa de crecer Sobre a evolución da situación epidemiolóxica, Flores sinalou que van "dous ou tres días" nos que parece "que a curva se empeza a aplanar". "Queremos ver de forma optimista que empezan a descender os casos activos, o balance entre as altas epidemiolóxicas e casos novos está en negativo, cousa que non ocorreu durante case todo o mes de xullo; apareceron todos os días sempre en positivo e con números moi elevados", explicou. Por iso, asegurou que de cumprise "as expectativas da incidencia acumulada" o "pico máximo" rexistrarase "na primeira semana de agosto". De feito, segundo os datos da pandemia actualizados pola Consellaría de Sanidade esta segunda feira, os novos contaxios baixaron por primeira vez do millerio desde o 20 de xullo e os casos activos reducíronse, tras se incrementar o domingo despois dun lixeiro descenso o sábado despois de máis dun mes de suba continuada. Maior impacto entre a mocidade Preguntado sobre se a quinta será a última vaga da Covid, o xerente do Sergas, admitiu que se descoñece. "Sempre pensamos que é a última; e ponse algún mecanismo máis que na anterior para reducir o impacto na sociedade", sinalou. Neste sentido, incidiu en que "a vacinación parece que ten o seu resultado". E lembrou que este verán esa mocidade que aínda non está inmunizada contra a Covid a que concentra maior número de casos. Vacinación Doutra banda, Flores asegurou que as vacinas contra a Covid-19 repartidas polo Ministerio de Sanidade "limitan a capacidade de vacinación" na Galiza. "Hai que conseguir que quen leva a primeira reciba a segunda en tempo e forma", abundou. S |
NOS_55545 | Optaría ao terceiro grao. Isto implica poder saír do cárcere as fins de semana e de segunda a sexta feira se é para traballar. | Iñaki Urgangarin entrará en prisión. A sentenza do Tribunal Supremo condénao a 5 anos e 10 meses de prisión, unha pena que implica a entrada no cárcere. Mais fontes xurídicas consultadas por El Confidencial sinalan que existe a posbilidade de que o exduque de Palma opte ao terceiro grao penitenciario, é dicir, que entraría nun réxime de semiliberdade, en apenas dous meses. Urdangarín, ademais, pode escoller unha prisión ao seu gosto para cumprir a pena. Nestes casos, o tribunal adoita conceder por volta dunha semana para o ingreso efectivo no cárcere. Unha vez en prisión pasará a un módulo de respecto, con presos de confianza e afastado das zonas máis conflitivas e problemáticas. A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Palma deu a Iñaki Urdangarin cinco días de prazo para ingresar en prisión. Após de pasar dous meses en prisión, debe clasificárselle nun determinado grao. Os expertos consultados por El Confidencial apontan a que o normal nas circunstancias do cuñado de Felipe VI sería que se clasificase como segundo grao mais, de se cumprir una serie de requisitos, podería entrar en terceiro grao. Isto implica poder saír do cárcere as fins de semana e de segunda a sexta feira se é para traballar. Ademais, cando cumpra unha cuarta parte da condena, Urdangarín poderá acceder a permisos penitenciarios. |
NOS_55256 | Ex deputado da CUP e unha das voces referentes do independentismo catalán, Botrán estivo estes días na Galiza –da man de Mar de Lumes- para explicar de primeira man que é o que está a acontecer en Catalunya. Fai memoria e lembra as súas recentes visitas: "catro veces en dous anos". Botrán defende a forza social do independentismo a pesar da carta represiva xogada polo Estado e insiste nunha idea: ""Cada vez que hai espazo para o debate, o independentismo avanza". Vídeo no interior. | A Coruña, Ourense e Santiago foron as prazas onde desta volta interveu Albert Botrán. O ex deputado da CUP e un dos dirixentes de Poble Lliure [unha das organizacións basilares da Candidatura d'Unitat Popular] estivo no país da man da organización Mar de Lumes, para falar explicar o proceso que se vive en Catalunya desde hai uns anos. "Estamos nun momento de incerteza", sinalou durante un encontro cos medios de comunicación. A carta da "represión" xogada polo Estado español condiciona: "Non pode haber un debate libre e honesto, minimamente democrático", aponta, porque as consecuencias de actos políticos pode ser directamente a prisión. "É tal o clima que o feito de admitir a trámite unha emenda pode ser constitutiva de delito", sinala en referencia á presentada pola CUP no Parlament sobre a independencia. Botrán, porén, refuga de pesimismos ou derrotismos. A pesar da represión xudicial e da criminalización mediática, "hai unha forza popular a favor da República catalá que permanece". "Os resultados do 21D racharon os prognósticos do Estado, non foron os que agardaban" Unha forza que se amosou nas eleccións do 21 de decembro, "os resultados racharon os prognósticos do Estado, non foron os que agardaban", e que o independentismo debe saber "poñer en valor". Poñer novos retos ao Estado español Botrán tamén falou da súa compañeira na CUP, Anna Gabriel, exiliada en Suíza. "Perante a ofensiva xudicial nós apostamos na defensa política do que se fixo e do que se quere facer". Esa estratexia mantéñena a "nivel interno", como cando Mireia Boya compareceu perante o Tribunal Supremo e defendeu o referendo e a declaración de independencia, como a "nivele externo". "A presenza de Anna [Gabriel] en Suíza contribúe á causa de Catalunya e doutros pobos do Estado" Así, que Gabriel estea en Suíza supón "poñer un novo reto ao Estado español, xa non é só Bélxica, agora tamén Suíza" os estados que non recoñecen delitos que imputa a xustiza española. "A presenza de Ana alí contribúe á causa de Catalunya e doutros pobos do Estado", salienta, "denunciando que España non respecta dereitos, que suspende dereitos, evidenciando que o estado español cada vez se parece máis a Turquía que a unha democracia avanzada". Avanzo Non cre Botrán que o apoio ao independentismo estea estancado ou tocase teito. "Cada vez que vai ás urnas, avanza". Así, lembra que o 9 de novembro de 2014 votaron 1.800.000 persoas, nas eleccións do 27S (2015), 1.900.000. O 1 de outubro votaron máis de dous millóns de persoas e o apoio aos independentistas nos comicios do 21 de decembro volveu subir. "Cada vez que hai espazo para debater, para decidir, o independentismo avanza", reflexiona. Algo do que o Estado español é consciente, afirma, de aí que aposte en afogar ese tipo de espazos ao tempo que en "criminalizar o independentismo e intentar dividir a sociedade catalá". |
PRAZA_7689 | Espazo Ecosocialista presenta un informe sobre a situación da investigación no noso país e reclama que "non haberá unha saída sólida da crise ata que esta debilidade en I+D+i se corrixa e se aposte por un modelo de desenvolvemento sustentable". | Espazo Ecosocialista vén de presentar un informe sobre a situación da investigación no noso país. A formación considera que "o noso sistema produtivo non está suficientemente baseado na Investigación e a Innovación", denuncia que se atopa "afastado dos parámetros europeos" e reclama que "non haberá unha saída sólida da crise ata que esta debilidade en I+D+i se corrixa e se aposte por un modelo de desenvolvemento sustentable". Canda a esta análise o partido, integrado en Alternativa Galega de Esquerda, incorpora cinco propostas que van ser trasladadas ao Grupo Parlamentar de AGE para que presente unha proposición non de lei sobre este tema. Aposta polo I+D+i como aposta de futuro tanto para unha saída sólida da crise como para construír un novo modelo de desenvolvemento fora dos modelos produtivistas superados. Cambiar a tendencia dos últimos anos nas inversións públicas en I+D+i que nos sitúe por riba da media europea do 2% PIB, reequilibrando as partidas das inversións financeiras dirixidas a empresas cara a inversións non financeiras directas para a investigación e recursos humanos Posta en marcha a Axencia Estatal de Investigación, contemplada na Lei de Ciencia, e unha Axencia Galega de Investigación, como instrumento de coordinación das liñas existentes na tres universidades dotadas de orzamentos. Apoio as universidades dando marcha atrás nas subas das taxas que o unico que conseguiron foi facer diminuír o alumnado, sobre todo en postgtrado e doutoramento Partidas para Organismos Públicos de Investigación (OPIS) e sinerxias con empresas de innovación. Denuncia do baixo investimento en I+D+i Os ecosocialistas lembran que o gasto español en I+D+i é do 1,35% do PIB, mentres a media europea é do 2% e en paises como Alemaña está no 2,8%. E denuncian que a resposta do goberno partir do ano 2009 e acentuada nos últimos dous exercicios, "consiste en someter ao I+D+i a un constante retroceso que empeza a poñer en grave risco o tecido levantado desde a instauración da democracia, cos desenvolvementos ligados á posta en marcha da lei de Ciencia de 1986". A redución acumulada dos anos 2011 e 2012 no investimento público en I+D+I diminuíu máis dun 31%, o que a colocaría nun 1.1% do PIB, un retroceso aos niveis de 2005. A formación sinala que os Orzamentos do Estado para I+D+i de 2013 presentan, por quinto ano consecutivo, un importante descenso que en conxunto alcanza o 7,21%, quedando por baixo dos 6.000 millóns de euros. Prodúcese un descenso do 13,68% das partidas non financeiras (subvencións), mentres que hai un incremento dos préstamos (partidas financeiras, dedicadas a empresas) e isto a pesar de que a realidade mostra que nos últimos anos unha parte moi importante destes fondos financeiros quedaron sen executar. No ano 2011 foron máis dun terzo dos fondos aprobados e estímase que neste ano 2012 serán máis de 1.200 millóns. O informe alerta a este respecto que "aumentar as dotacións das partidas financeiras en detrimento das non financeiras, como ocorreu sistematicamente nos últimos anos e proponse de novo para 2013 carece de sentido, a menos que con iso se pretenda ocultar a caída real dos gastos de investigación". Para os ecosocialistas a situación que viven as Universidades, que supoñen máis do 60% da produción investigadora do país, é "preocupante". EE sinala que a situación tamén está afectando ao sector privado e neste senso o investimento en I+D por parte das empresas descendeu en 2011 por primeira vez desde que se teñen estatísticas. Finalmente o informe sinala que a Axencia Estatal para a Investigación "segue sen ver a luz" e os PGE 2013 non contemplan ningunha partida orzamentaria para ela. Podes baixar aqui o Informe (.pdf) |
NOS_44408 | Esta semana, entregamos un Sermos Galiza de 48 páxinas, coa terceira entrega do suplemento que realizamos en parcería coa Mesa pola Normalización Lingüística. Tes o teu Sermos nos pontos de venda habitual e, como sempre, aquí na nosa loxa. | 'Como recuperar un país que desaparece?'. Con este título debullamos no Tema da Semana unha realidade preocupante: o censo reflicte a perda de 14.744 persoas entre 2013 e 2014. Aliás, rexistra unha caída de 115 mil persoas menores de 35 anos no último lustro. Un feito que, combinado co aumento da esperanza de vida, deixa un país fortemente avellentado. Hai saída á crise demográfica? Un artigo de Rubén Lois -"As múltiples caras do avellentamento demográfico"- acompaña a reportaxe a dupla páxina. En '35 'prestiges' ao día a 38 millas da nosa casa' falamos como cada ano pasan fronte ás costas galegas uns 13.000 buques con mercadorías perigosas. Barcos que transportan petróleo, gas, produtos químicos ou radioativos. Mais Galiza segue sen ter competencias nun tema de tal calado. O cártel do leite e a millonaria multa a 11 empresas lácteas é un tema que analizamos neste número. Competencia multounas con 88 millóns de euros por 13 anos de estratexias ilícitas para baixar prezos e presionar os gandeiros. A industria gañou 816 millóns cunhas prácticas que evidencian o gran poder coercitivo de industria e distribución que se agocha baixo a pantalla do libre-mercado. Unha pregunta que se fai a produción é para onde ollaba a Xunta durante estes 13 anos de prácticas fraudulentas. Achegamos a crónica sobre o 10 de marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' ; viaxamos da man do colectivo Xea pola boca norte da Ría de Arousa, explicamos o devalar cultural de Vigo en 'A cultura non se inaugura'... Un premio da ONU Contamos como a cidade de Pontevedra festexa o seu premio da ONU. "Fomos capaces de levar a cabo un proxecto colectivo", afirma Miguel A. Fernández Lores, alcalde pontevedrés. En 'Extintivos' Antón Lopo lévanos onda o escritor Xulio Calviño. O autor da desbordante novela 'Carpe Diem', que leva doce anos de aislamento voluntario, asegura que o baleiro absoluto nos libera da mentira. "Terán que volver os bárbaros para liberarnos". Mais non fica aquí a cousa. Tamén entrevistamos o actor, director e autor teatral ourensán Vicente Montoto, que será homenaxeado nos premios María Casares. E a contra-capa partillámola con Declan Matthews, hostaleiro irlandés que leva 25 anos en Galiza. "Irlanda conseguiu que súa Festa Nacional sexa celebrada en todo o mundo". O A Fondo e o Somos Galego Sermos continúa a realizar un grande esforzo editorial para oferecer cada día máis á súa comunidade leitora. Así, neste número 137 saímos á rúa con 48 páxinas, ao incluírmos, alén do habitual caderno de análise A Fondo, a terceira entrega do suplemento Somos Galego que realizamos en parcería coa Mesa pola Normalización Lingüística. No Somos Galego levamos á capa a batería de propostas, até 6, de medidas urxentes que recentemente ten apresentado a MNL para "revitalizar a lingua". Aliás, informamos de que Queremos Galego anima a aumentar a presión social após o grande sucdso da "macromanifestación do 8 de febreiro". A realización dun videoclip en Carballo para celebrar os aniversarios en galego é outro dos conteúdos desta terceira entrega do Somos Galego. |
NOS_22063 | Galiza figura no mapa de territorios escollidos polo Estado español para desenvolver plantas de hidróxeno verde, que serán capaces de aproveitar o excedente de produción dos parques eólicos nas horas de menor demanda enerxética. | Galiza é un dos territorios chamados a liderar a revolución do hidróxeno verde, en parte polo potencial de xeración eléctrica a partir de fontes renovábeis. Por iso non é de estrañar que o Estado español elixise Galiza como zona prioritaria para o desenvolvemento de proxectos deste tipo a financiar con cargo aos fondos do programa Next Generation da Unión Europea. Na actualidade non hai ningún proxecto confirmado, máis algunhas compañías xa dan pistas de por onde van os tiros. Así, o pasado mes de novembro, o presidente de Naturgy, Francisco Reynés, anunciaba que a compañía estaba a estudar o estabelecemento dunha planta de hidróxeno verde de 30 megavatios (MW) nos terreos da central térmica de Meirama, xa sen actividade, onde prevé levantar un parque eólico e unha planta experimental de gas renovábel. Naturgy tamén participa nun proxecto con Energy Lab e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Bens na Coruña para a obtención de biogás a partir de lodos de depuradora. De momento o proxecto serve para xerar un biogás que alimenta varios vehículos ou mesmo se verte directamente á rede convencional de gas. O seguinte paso deste proxecto, tal e como anunciou a compañía en novembro, será investigar a posibilidade de obter hidróxeno verde das augas residuais. Energy Lab, un dos socios deste proxecto, realiza tamén labores de asesoría técnica ao Consorcio da Zona Franca de Vigo na posta en marcha da súa planta de hidróxeno verde, anunciada hai tan só uns días. Cun investimento de 10,1 millóns de euros (60% dos fondos procedentes da UE), a idea do consorcio é encher as cubertas das naves do polígono de Balaídos de paneis solares para producir a enerxía necesaria para o proceso de xeración de hidróxeno verde. Máis candidatas A folla de ruta do Goberno español para o hidróxeno verde, que contempla un investimento de 1.500 millóns até 2023 para ter unha potencia instalada de entre 300 e 600MW xa en 2024, sitúa na Coruña un proxecto de "produción de hidróxeno renovábel destinado a distintos usos industriais". Reganosa foi a única empresa galega que colaborou no deseño deste documento, polo que moitas expertas do sector sitúan a regasificadora de Mugardos entre as candidatas para desenvolver un proxecto destas características. Se ben a empresa non o confirmou, no seu informe anual de 2018 xa citaba como un dos seus obxectivos "servir de panca para o desenvolvemento de tecnoloxías híbridas con hidróxeno". Esta podería ser a planta da que leva falando a Consellaría de Economía desde o mes de xuño, unha infraestrutura de 50MW con capacidade para producir 5.100 toneladas de hidróxeno, capaces de abastecer máis de 600 camións propulsados por este combustíbel, aínda que non son o único medio de transporte susceptíbel de moverse con hidróxeno. Tamén están os barcos, os vehículos privados, os autobuses e mesmo trens, que xa circulan por Alemaña. Outras grandes enerxéticas como Repsol e Endesa (Enel), anunciaron investimentos en hidróxeno verde, pero tamén sen concretar. Se non prosperan as probas de biocombustíbeis na central térmica das Pontes, o hidróxeno verde podería ser unha das alternativas a desenvolver. Primeiro a industria Para o catedrático Ramón Varela, o que está claro que o hidróxeno verde é un sistema de almacenamento de enerxía "que interesa sobre todo ás compañías eléctricas". Segundo explica a Nós Diario, a estratexia da Unión Europea é crear unha rede de baterías para aproveitar o excedente de produción nas horas val para distribuílo despois por todo o continente, creando un mercado eléctrico único e fomentando as interconexións entre estados. "Que non nos veñan con contos de que iso vai producir postos de traballo e demais. O que hai que facer é non deixar desmantelar e incluso ampliar a industria eólica da que fomos pioneiros nos anos 90, e avanzar na undimotriz, na mareomotriz e na xeotermia", xa que, do contrario "só imos ser competidores doutros territorios que fan o mesmo". Na mesma liña, Anxo Calvo, profesor de Economía Financeira da UDC, incide na necesidade de apostar por "xerar coñecemento que se acabase transformando en transferencia e produtos viábeis desde o punto de vista comercial e económico-financeiro. Se se pode xerar un sector novo sería unha mágoa non avanzar por ese camiño", apunta, e cita como exemplo as potencialidades do vehículo eléctrico e as smart grids para actuar tamén como almacéns de enerxía eléctrica. |
NOS_41747 | Segunda feira pasada a escritora e columnista da revista Elle E. Jean Carroll referiu unha agresión sexual sofrida a mans de Donald Trump e da que tería sido obxecto nos probadores dunha tenda de roupa de alto standing en Manhattan, a mediados dos 90 do pasado século. É un novo testemuño entre a ducia de mulleres que teñen denunciado abusos pretensamente perpetrados contra elas por Trump antes de o magnate inmobiliario e celebridade televisiva ter posto os pés no Despacho Oval. | A Casa Branca negou enerxicamente os cargos formulados por E. Jean Carroll. A escritora aínda non ten decidido se denunciará o asunto formalmente ante a Policía de Nova Iorque. Animouna a o facer o alcalde da cidade, o demócrata Bill de Blasio, aspirante, embora con escasas opcións de suceso, á nominación demócrata para disputar en 2020 a presidencia a Trump, favorito para a reelección pola boa marcha dos indicadores económicos (crecimento ininterrumpido do PIB, práctico pleno emprego) e porque desde hai 40 anos só dous presidentes non conseguiron a reelección (o republicano Gerald Ford en 1976 e o demócrata Jimmy Carter en 1980). Mais o desmentido de portavoces da Casa Branca ás acusacións de Carroll veu acompañado dunha nova saída de ton do inquilino da Casa Branca. Moi no seu estilo de atacar as mulleres que o denuncian, e nunha entrevista co portal The Hil, Trump dixo: "Número 1, non é o meu tipo. Número 2, nunca sucedeu. Nunca sucedeu, ok?". En declaracións á CNN, a escritora replicou: "Adoro iso. Estou moi feliz de non ser o seu tipo". A escritora aínda non ten decidido se denunciará o asunto formalmente ante a Policía de Nova Iorque. Animouna a o facer o alcalde da cidade, o demócrata Bill de Blasio Non é a primeira vez que Trump nega alegacións de ataques sexuais formuladas contra el co razoamento de que as mulleres que o denunciaban non lle resultaban atractivas. "Créanme, ela nunca sería a miña primeira opción", dixo en 2016 após ter sido acusado de abusos pola pasaxeira dun avión. Se E. Jean Carroll finalmente presentase a súa denuncia, a policía científica podería tomar mostras da roupa que vestía no momento do pretenso ataque de Trump. A escritora ten as prendas gardadas desde aquela altura. Nunca as lavou. Poderían ter rastros do ADN do agora presidente. O aparato de propaganda ao servizo do magnate tenta desacreditar a historia de Carroll co argumento de que é unha invención destinada a pór o foco dos medios e do público no libro que a escritora anda a presentar estes días, "Para que necesitamos homes?". "Os autores homes nunca reciben estes ataques. O cerne do asunto non vai sobre vender ou non un libro sobre Trump", replica a colaboradora de Elle. Por que non denunciou a agresión no seu momento? É outra das cuestións coas que está a lidar estes días a columnista. Carroll afirma que pouco despois dos feitos un xornalista amigo seu teríalle aconsellado que non fose aos tribunais contra o magnate porque "podería enterrarme", tal e como xa tería feito con outras mulleres. O grao de concienciación social acadado polo movimento feminista #metoo e a incorrixíbel contumacia misóxina de Trump terían contribuído a levar Carroll a resgatar agora o episodio e a se enfrentar abertamente co presidente norteamericano, embora ser consciente do seu enorme poder. "É quen de conseguir que te despidan do teu traballo", afirma. |
NOS_4490 | As negociacións entre Alcoa e Liberty House van aos poucos. Mentres a multinacional estadounidense afirma estar estudando unha proposta de compra do grupo británico, os traballadores urxen unha solución que garanta o emprego na factoría de San Cibrao (Cervo). O domingo retoman as mobilizacións cunha protesta en Viveiro. | Os contactos entre Alcoa e Liberty van con atraso a respecto do calendario acordado. Malia que as condicións pactadas entre ambas as compañías fixaban como remate da primeira fase de negociacións o 31 de agosto, as conversas seguen nese punto, moi condicionadas polo futuro da planta de alumina. A este respecto, Alcoa manifestou desde o primeiro momento a súa negativa de venda, mais Liberty chegou a formular unha oferta pola mesma e actualmente busca un contrato de subministro en termos preferentes. As diferenzas entre ambas as compañías non impiden que sigan negociando. Segundo manifestou hoxe Alcoa, no marco da mesa multilateral que agrupa a Xunta da Galiza, o Goberno do Estado e os sindicatos, Liberty vén de pór riba da mesa unha oferta que a multinacional estadounidense está estudando. Non se coñecen os detalles concretos da mesma. Porén semella que as relacións entre a planta de alumina e de aluminio ocupan un lugar chave. Ao tempo, a representación dos traballadores non acaba de fiarse de Alcoa -a quen consideran interesada en fechar o centro de traballo-, e agardan por unha xuntanza coa dirección de Liberty, prevista para a vindeira cuarta feira en Madrid. As dúbidas sobre a posición de Alcoa e a viabilidade do complexo centraron a asemblea decorrida no mediodía de onte na factoría de San Cibrao. A este respecto, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, instou Alcoa "a deixar de pór trabas" á venda da fábrica a outros grupos interesados na súa explotación e dispostos a manter emprego. Engadiu que "estamos nunha negociación na que percibimos que se comezan a achegar posturas" e "malia que cada un conta a súa versión, a única saída que hai é a venda". Ao tempo, reprochou a Alcoa a súa intención de asinar un contrato de subministro de alumina por un "prazo de 5 anos" fronte aos "20 anos" que reclama Liberty. Os traballadores e as traballadoras quentan motores e preparan a súa volta á rúa. O domingo Viveiro acolle a primeira protesta após Alcoa amosar a súa disposición a paralizar a negociación do ERE para buscar un acordo. O comité de empresa repartirá cascos de traballo de Liberty entre os asistentes. A pelexa por alumina Alumina é unha das dúas factorías que conforman o complexo industrial de San Cibrao. Propiedade de Alcoa e da multinacional australiana Westminer Acquisition, ocupa máis de 500 traballadores e estase convertendo na chave das conversas. A negativa de Alcoa a asinar un contrato de longa duración para o seu uso con Liberty aumenta as dúbidas sobre as intencións reais da compañía estadounidense. |
NOS_54621 | [NOTICIA EN ACTUALIZACIÓN] A xente nunca falla ás convocatorias de Queremos Galego. Miles marcharon polas rúas de Compostela baixo o lema xenérico de "En Galego, sen límites". "O galego non está ben, pero estará vivo mentres haxa un pobo que o defenda", dixo Marcos Maceira no discurso de clausura do acto nun Quintana chea. | A marcha púxose en andamento desde a Praza da Alameda a partir das 12.15 horas con miles a corearen a palabra de orde "Na Galiza, en galego". Nunha breve intervención perante os meios antes de comezar a manifestación, Marcos Maceira advogou por unha mudanza radical da política lingüística no país. Puxo como exemplo dos atrancos que sofren as e os galego falantes problemas tan cotiás como "non poderen abrir unha conta corrente en galego". Denunciou aínda que o galego ten cada vez menos "presenza" no ensino. 😁😄😄😄#letrasgalegas2017 #queseescoiteogalego #quesevexaogalego pic.twitter.com/doDRFJwDO9— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 17 maio 2017 Na Galiza em galego! #17M #DiaDasLetrasGalegas pic.twitter.com/CS0Cu01ELr— Erguer Galiza (@erguergaliza) 17 maio 2017 E chegaron da andaina solidaria polos presos Saharauis e foron recibidos como corresponde! #quesevexaogalego #DiadasLetrasGalegas pic.twitter.com/MzO0m4H3Gi— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 17 maio 2017 Chegamos á Quintana a ritmo de regueifa! #quesevexaogalego #DiadasLetrasGalegas #GalicianLiteratureDay #QueremosGalego #WewantGalego pic.twitter.com/zI49brqK88— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 17 maio 2017 Na Quintana denuncian a prohibición de dar aulas de matemáticas en galego #EnGalegoSenLimites #17mQueremosGalego #letrasgalegas2017 pic.twitter.com/FRkOgs2C8M— Nós Televisión (@NosTelevision) 17 maio 2017 |
NOS_36810 | Alternativa Galega de Esquerdas presentou unha proposición non de lei para instar a habilitar orzamentos para que se paguen as axudas ás persoas que cumpriron cos requisitos. | O deputado de Alternativa Galega de Equerdas (AGE), Juan Fajardo, responsabilizou o goberno autonómico de "empurrar a xente, a forza de propaganda, cara ao abismo do autoemprego. Prometen e conceden axudas e logo, cando esas persoas xa botaron as súas contas, néganllas". O deputado fixo estas afirmacións durante a defensa dunha proposición non de lei para instar o executivo a habilitar orzamentos para pagar as axudas a aquelas persoas con requisitos ás que se lle negaron por non ter fondos. AGE sostén que a falta de oportunidades laborais leva a que moitas persoas opten mesmo por internarse "na xungla do que a dereita neoliberal denomina emprendemento e que en realidade é autoemprego". E que esa xente deu ese paso "tendo en conta a posibilidade de obter subvencións públicas." "Logo de dous anos de concedidas estas axudas, notifícaselle ao traballador que non hai orzamento e que non hai axudas", explicou Fajardo, "non é que non sexa de recibo semellante demora, é que incumpre a propia orde das mesmas, que estabelece un prazo de seis meses para esa notificación". |
PRAZA_18345 | ENTREVISTA | Santiago Eraso, un dos principais referentes na investigación e na xestión culturais no Estado Español, interveu este martes no Curso de Especialización en Xestión Cultural da USC coincidindo casualmente co Día das Bibliotecas, unha das estruturas culturais de base máis importantes. | Santiago Eraso (Donosti, 1953) foi bibliotecario municipal e mestre de ensino medio antes de desenvolver distintos traballos na xestión e administración cultural, destacando os 19 anos que estivo á fronte de Arteleku, Centro de Arte e Cultura Contemporánea da Deputación Foral de Guipúscoa e, máis recentemente, o seu labor como Director Xeral de Espazos e Contidos Culturais de Madrid. É un dos principais referentes na investigación e na xestión culturais no Estado Español e este martes participou no Curso de Especialización en Xestión Cultural da USC. Neste Día das Bibliotecas falamos con el sobre o tecido cultural e as estruturas culturais de base, sobre o acceso aos servizos culturais despois de anos de crise e recortes e da precarización crecente nun sector no que durante moito tempo se investiu máis en contedores que en contidos e nos seus creadores e creadoras. Este martes celébrase o Día das Bibliotecas. As administracións están deixando de lado estas e outras estruturas culturais de base? É necesario priorizar políticas culturais de longo percorrido? As administracións públicas están situando nunha posición precaria boa parte do tecido cultural, os equipamentos de base distribuídos e descentralizados como as bibliotecas públicas, os centros cívicos ou os espazos para os artistas. Isto ten que ver coa crise dun sentido de Estado, o Estado social, que entende que o acceso á cultura debe ser garantido. Prima en cambio outra visión, que só concibe a produción de obxectos e materias que sirvan ao mercado e que leva a abandonar todo o que teña que ver coa vida digna e non encaixe no outro modelo. "Para min o fundamental da cultura ten que ver coa educación. Non tanto coa educación regrada, senón coa posibilidade de contar con espazos e persoas que faciliten o feito de aprender cousas permanentemente" Cando se fala da potencia das bibliotecas e doutras estruturas culturais de base, para min o fundamental da cultura ten que ver coa educación. Non tanto coa educación regrada, senón coa posibilidade de contar con espazos e persoas que faciliten o feito de aprender cousas permanentemente. O acceso á cultura enténdese como dereito, pero seguramente non ao mesmo nivel que a educación ou a saúde e por iso foi o primeiro campo en verse afectado, pero xa estamos vendo tamén os efectos sobre a sanidade ou o ensino. Cando se fala de cultura cada vez se está a falar máis de industria cultural, dunha visión empresarial da cultura. Que efecto ten isto? Na sociedade actual, en virtude dos valores capitalistas e do dominio do mercado, prímase todo o que ten valor de cambio e non valor de uso. As bibliotecas poden ser lugares de acollemento para persoas que non contan con eses recursos nas súas casas, moitas veces ofrecen un servizo que vai máis aló dos materiais que almacena e convértense sobre todo nun lugar no que estar ou no que estudar. Ten, polo tanto, un valor de uso. E o mesmo podemos dicir dos centros cívicos ou dos conservatorios. A cultura debería estar recoñecida como un ben protexido, como era a auga, como era o ensino ou a sanidade. "Como a clase política non pode recoñecer que se está abandonando a cultura, o que se tende é a espectacularizala" Sempre creo que onde o Estado ten que investir, sobre todo, é primeiro en toda esta capa de estruturas de accesibilidade e proximidade. E, segundo, debe distribuír recursos a través da sociedade civil creativa, máis que investir en grandes infraestruturas, como pasou aquí en Galicia coa Cidade da Cultura. Non sei como funciona e polo tanto non quero emitir xuízos de valor, pero paréceme un erro de vulto que o que fai é tragar grandes cantidades de diñeiro. Como a clase política non pode recoñecer que se está abandonando a cultura, o que se tende é a espectacularizala. "A precarización da cultura non é máis que un apéndice da precarización da vida" Un dos grandes problemas da cultura en España en en Galicia é a precarización da profesión, motivada moitas veces por non ter creado durante anos as necesarias estruturas profesionais. Creadores/as e xestores/as que sosteñen estes ámbitos e sobreviven a través do seu "entusiasmo", como escribiu Remedios Zafra. Como se corrixe isto? Aquí o que pasou foi que na época na que houbo recursos xenerosos, que foi a época do boom inmobiliario e a época dos grandes investimentos ligados á construción, houbo tamén unha proliferación de centros culturais de todo tipo, museos, auditorios..., en moitos casos innecesarios ou mal planificados. Pero a parte máis desfavorecida de toda a cadea de valor da cultura foi precisamente aquela que era a principal: os creadores, os artistas, os que producen a obra. E todo este sector está en posicións cada vez máis precarias. O Goberno municipal de Madrid tomou por exemplo unha decisión importante neste senso, multiplicando as axudas á creación. Os gobernos municipais das cidades teñen por diante un traballo moi importante: que o diñeiro vaia directamente ao entramado civil: ao asociacionismo, aos colectivos sociais, ao tecido cultural, ás pequenas empresas de xente que non quere lucrarse coa cultura, senón que quere vivir dignamente da creación. A precarización da cultura non é máis que un apéndice da precarización da vida. É negativa a idea de que a cultura é gratuíta? É positivo habituar ao público a pagar unha entrada, aínda que sexa pequena? Agora hai un certo runrún de que a cultura hai que pagala, porque se se paga apréciase máis. Que pasa con toda a xente que non ten un duro para ir a un concerto ou a unha obra de teatro? Non ten dereito á calidade nos seus centros culturais de barrio? Non ten dereito a goza da cultura? "O Estado debe desprenderse de estruturas superfluas, debe perder graxa sen perder músculo. Non confundamos isto con debilitar o Estado, todo o contrario; o Estado debe ser máis forte e debe ter máis capacidade para actuar" En paralelo cos riscos de mercantilización da cultura, tamén alertas contra unha excesiva estatización. Como se evita un perigo sen caer no outro? Hai dúas cuestións que son fundamentais para que se poida levar a cabo unha transformación e que deben ser abordadas con xenerosa radicalidade. Primeiro, asumir que o malestar non é algo biolóxico e privado, senón que é consecuencia do modelo de sociedade que se está implementando. E, segundo, a necesidade de reducir de forma drástica a burocracia. O Estado debe desprenderse de estruturas superfluas, debe perder graxa sen perder músculo. Non confundamos isto con debilitar o Estado, todo o contrario; o Estado debe ser máis forte e debe ter máis capacidade para actuar. "É fundamental traballar en colaboración, pensar en comunidade, construír xuntos. Mellor nos iría se pensásemos ese nós emancipador e non un nós identitario, divisorio, que nos illa" Como se resolve a tensión entre vangarda e cultura popular? Existe a cultura constituída, as formas oficializadas na tradición. E existen, por outra banda, outras formas de entender a cultura, que son instituíntes, que o que propoñen é inventar novas linguaxes, modificar as formas de expresión, activar dispositivos que permitan situar os significados das cousas... Unhas e outras formas de entender a cultura son necesarias e compatibles. A primeira ten que ter sempre dispositivos críticos para pensarse dende outros lugares: a cultura normativizada pode ser deconstruída a través de desmontaxes realizadas dende dentro, o que permite que a tradición se transforme e se diversifique. E a segunda non pode chegar a ser tampouco un lugar no que desapareza toda relación co preexistente ou co popular, converténdose nun espazo minoritario e elitista, en rarezas sen ningún tipo de incidencia no entramado social. Hai que facer camiños de ida e volta. Nunha entrevista recente sinalabas, citando a Marina Garcés, a necesidade de facer fincapé no colectivo, na importancia de superar o individualismo e os compartimentos estancos no mundo da cultura... No último post que publiquei no meu blog incido nesa cuestión. É fundamental traballar en colaboración, pensar en comunidade, construír xuntos. Mellor nos iría se pensásemos ese nós emancipador e non un nós identitario, divisorio, que nos illa. Blog de Santiago Eraso |
PRAZA_19322 | En Galicia hai 1.865 aldeas abandonadas, segundo o Nomenclátor publicado polo IGE, fronte ás 1.334 de 2006. Se sumamos os lugares con 1 ou 2 habitantes, a cifra rolda os catro mil (3.957), sobre todo nas provincias de Lugo e A Coruña | 1865. É o número de núcleos de poboación que segundo o Nomenclátor de Galicia están deshabitados. A cifra crece ano a ano (incrementouse en 28 dende o ano 2015), elevándose un 40% na última década, pois o número de lugares abandonados era de 1.334 en 2006. A este indicador poderíamos engadirlle o dos núcleos que conta con 1 ou 2 habitantes e que polo tanto están ao borde de quedar despoboados, sobre todo tendo en conta que en moitos casos se trata de residentes de idade avanzada. En Galicia hai 941 núcleos cun só habitante e 1.151 con dous, sumando case catro mil lugares (3.957), sobre un total de 30.922 núcleos de poboación. En 1999 eran 2.562 os núcleos con dous habitantes ou menos. E en 2006 a cifra ascendera a 2.913. Lugo e A Coruña suman a maior parte destas aldeas abandonadas, tres de cada catro, en especial (como se pode ver no mapa que pecha este texto) nas súas serras septentrionais. Ortigueira (117), As Pontes (83), Muras (53), Ourol (50) son os concellos con máis núcleos deshabitados. Na lista tamén destacan A Lama e Viveiro (42), Palas de Rei (38), As Somozas (34), Sober (33), A Cañiza e Vilalba (29) ou Friol e Pantón (27). Hai un par de anos Carlos Neira levou a cabo un completo estudo e mapeado destes lugares. Naquela investigación, Neira salientaba que "o feito de que o tipo de hábitat dominante no surleste de Galicia sexa nucleado e non disperso, con tamaños medios de poboación maiores, reduce susbtancialmente o número de lugares e aldeas con risco de abandono nesa zona". "Por iso, en troques dun mapa de despoboación (perda de habitantes) sería máis atinado falar dun mapa de despoboamento (abandono de asentamentos), pois é nas provincias de Lugo e Ourense onde se concentra o declive demográfico de Galicia", engadía. Tamén sinalaba algunhas cuestións metodolóxicas sobre o seu estudo, relacionadas co traballo sobre os datos do Nomenclátor, que parten dos rexistros do Padrón Municipal: "xa que son datos de persoas empradroadas, poden non corresponderse exactamente coa realidade física: hai persoas empadroadas en lugares onde xa non viven ou non o fan habitualmente, e tamén hai casas habitadas temporal ou permanentemente por persoas que non son viciños do concello". De igual xeito, "moitas aldeas non acadan a condición administrativa de núcleo de poboación, ou séndoo non están recollidas ou actualizadas debidamente no rueiros dos servizos estatísticos de cada concello". |
PRAZA_3600 | Todas as tendas de alimentación poden permanecer abertas con normalidade, tamén as áreas dos centros comerciais dedicadas á venda de alimentos. Bares e cafeterías teñen que pechar agás para entregas e envíos a domicilio. Recompilamos as medidas xa vixentes para frear o virus, engadindo as estipuladas na declaración de estado de alarma por parte do Goberno central | Este venres a Xunta declarou a emerxencia de interese galego por razóns sanitarias, ao abeiro da lei de emerxencias do ano 2007. Esta decisión implica pechar múltiples lugares públicos que poden ser focos de contaxio do coronavirus e engádense ás restricións que xa foran adoptadas, como as dirixidas ás visitas nos hospitais ou centros de maiores. Da suspensión das clases ao peche dos bares, son múltiples as medidas para tentar conter os contaxios, ás que se agregaron as determinadas polo Goberno de España coa declaración de estado de alarma. Velaquí un feixe de preguntas e respostas sobre as principais medidas. Todas as instrucións están publicadas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Tamén haberá unha nova edición do DOG na tarde deste domingo.DesprazamentosOnde podo ir malia á orde de "limitación de liberdade de circulación"?O Real Decreto que activa o Estado establece oito excepcións á orde expresa de quedar na casa. Indícase que se "poderá circular polas vías de uso público" para ir mercar comida, medicamentos e outros produtos de primeira necesidade, repostar nunha gasolineira ou ir a un centro sanitario. Tamén para ir traballar e regresar á casa ou acudir a outro lugar para prestar asistencia a persoas maiores, menores ou con algún tipo de dependencia. Igualmente, está permitido desprazarse a "entidades financeiras e de seguros" e, en xeral, por "causa de forza maior". Agrega como excepción "calquera outra actividade de análoga natureza", pero sempre "individualmente" agás persoas que precisen acompañamento.ComercioPechan os supermercados?Todas as tendas de alimentación poden permanecer abertas con normalidade, tamén as áreas dos centros comerciais dedicadas á venda de alimentosNon. A declaración de emerxencia de interese galego por razóns sanitarias que aprobou a Xunta deixa fóra da orde de peche todos os establecementos dedicados á alimentación, tanto os supermercados como tendas especializadas, caso de panadarías, carnizarías, peixarías ou froitarías. Nos centros comerciais pode continuar aberta só a área de alimentación. Ademais, este sábado o presidente da Xunta asegurou que todos os establecementos de alimentación terán "liberdade horaria", isto é, poderán estender o seu horario todo o tempo que as empresas determinen.Todos os demais negocios teñen que estar pechados?Non. A resolución da Xunta tamén estipula outras excepcións para o comercio. É o caso dos negocios que venden tabaco, equipamento tecnolóxico como ordenadores ou telefonía, artigos culturais, cosmética e hixiene ou produtos do agro. Podes consultar aquí a listaxe completa. A declaración de estado de alarma, que prevalece sobre as decisións da Xunta, cita expresamente os seguintes locais, ademais do sector de alimentación: "establecementos farmacéuticos, médicos, ópticas e produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías"HostaleríaTeñen que pechar todos os bares?Si. A orde de peche atinxe a todos os bares ao seren considerados focos de potenciais contaxios. O mesmo se aplica a discotecas, furanchos ou pubs. Só poden prestar servizo de envío de comida a domicilio ou de recollida no propio local, pero sempre garantindo que a permanencia da clientela sexa "a estritamente necesaria" para recoller o encargo, "evitando aglomeracións" e con "distancia de seguridade" cara ao persoal.E os hoteis?Non. Os hoteis poden continuar abertos e tamén os bares e restaurantes do seu interior, pero só para daren servizo á clientela do propio local e mais ao persoal. Os albergues de peregrinos da rede pública da Xunta si pechan polas mesmas dúas semanas -prorrogables-.Cultura, deporte e lecerPodo ir ao cine ou ao museo?Non. Tras a declaración de emerxencia sanitaria teñen que cesar a súa actividade cinemas, teatros, auditorios, museos, bibliotecas, circos e calquera outro recinto semellante.Podo ir ao ximnasio?Non. O peche para frear os contaxios tamén afecta a todas as instalacións deportivas, sexa para uso individual ou para a celebración de competicións, que quedan suspendidas. Podes consultar aquí todas as instalacións restrinxidas.EnsinoEstán abertos os colexios?Non. Dende o luns está activa a suspensión do período lectivo. Só estiveron abertos o venres como media provisional para a adaptación das familias.Canto tempo durará a suspensión das clases?A suspensión das clases comeza o luns en todos os niveis educativos e prolongarase durante un mínimo de 14 díasA suspensión, que afecta a todos os niveis educativos, dende os 3 anos ata o ensino universitario, ten unha duración inicial de 14 días. Con todo, dende o Goberno galego xa se advertiu que a medida se poderá prorrogar nese momento, en momento da situación existente nese momento.O persoal dos centros de ensino debe acudir ao traballo?A pesar de que nun primeiro momento se indicara que tanto o persoal docente coma o non docente debería acudir aos centros educativos, a Xunta deu en ditar novas instrucións para o ensino público, segundo as cales a presenza ou non do profesorado dependería da dirección. Este sábado, Feijóo variou outra volta a postura do Goberno e indicou que a instrución xeral pasa a ser que o persoal docente non acuda. O DOG aclarou as novas disposicións o domingo: ten que estar de garda de 10h a 13h un membro de cada equipo directivo.Pechan todos os servizos das universidades?Suspéndense todas as activas docentes presenciais, e cada universidade foi confirmando o peche doutros espazos, como bibliotecas ou instalacións deportivas. Mantéñense as actividades de xestión e de investigación e tamén permanecen abertas as residencias, aínda que se suspenden nelas os servizo comúns.Que pasa coas probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos?Os exames estaban previstos para o sábado, día 14, e quedan suspendidos. A Comisión Interuniversitaria de Galicia indica que a nova data será comunicada "unha semana antes da realización das probas".Servizos sociais e sanitariosPechan todos os servizos de atención a persoas maiores?A Xunta acordou "a suspensión de toda a actividade" nos centros sociocomunitarios que dependen directamente da administración autonómica, uns 14 en toda Galicia. Tamén "dos centros de día, sexan de maiores, de menores, de protección de menores ou de discapacidade". Os distintos concellos están a adoptar medidas semellantes nos que depende da súa xestión. Feijóo tamén indicou o sábado que finalmente quedarán abertos centros como comedores sociais ou albergues para persoas sen fogar, se ben estas instalacións tamén están pendentes da publicación no DOG.As residencias de maiores seguen abertas, pero limítanse as visitasSeguen abertas as residencias?Si, completamente. Suspéndense, iso si, as actividades que supoñan o acceso de persoas externas a estes centros. Así mesmo, impóñense restricións nas residencias e as visitas están prohibidas agás en casos xustificados e autorizados por cada dirección.Que restricións se impoñen nos centros hospitalarios?Os acompañantes do paciente durante a estadía no centro limítanse a unha persoa. Ademais, promoverase a e-consulta e a consulta telefónica para evitar no posible presenza nestes espazos de colectivos vulnerables ao coronavirus.TransporteHai restricións no transporte público?O transporte público continúa funcionando, pero con oferta reducida e o uso desaconsellado do transporte público regular, do transporte urbano e das súas infraestruturas ás persoas que presenten síntomas, ás mulleres embarazadas e a todas as persoas "especialmente vulnerables ás infeccións respiratorias ou con persoas destas características na súa contorna próxima".Así e todo, a declaración da emerxencia sanitaria faculta a Xunta para establecer confinamentos ou restricións de movementos. Máis aínda, a declaración de estado de alarma por parte do Goberno de España abre a porta tamén a limitar movementos en zonas concretas, especialmente nas máis afectadas polo virus, e reduce nun 50% a oferta de billetes. Ademais, varias cidades galegas reducen a frecuencia dos seus autobuses. Funcionamento da administraciónPechan os rexistros?A Xunta mantén abertas as Oficinas de rexistro e atención á cidadanía. Porén, extremaranse as medidas de limpeza e disporase dunha distancia de cando menos un metro co público, evitándose o contacto físico. Tamén se controlará, na medida do posible, a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións nas zonas de espera. Asi mesmo, promove a tramitación telemática dos procedementos "en todos os casos que sexa posible", evitando a presenza física do público nas oficinas e rexistros.Que pasa cos procedementos administrativos en marcha?O estado de alarma implica a "interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público". Ese cómputo volverá estar en marcha no momento en que finalice o estado de alarma.O persoal público pode facer teletraballo ou flexibilizar a súa xornada?Os empregados públicos que teñan ao seu cargo menores ou persoas dependentes e que poidan verse afectados por un hipotético peche de centros educativos ou de maiores poden adoptar medidas especiais de flexibilidade da xornada laboral. Inicialmente, en Galicia o teletraballo ía ficar como unha medida de aplicación excepcional, pero a Xunta xeneralizouno dende o domingo.Recomendacións xeraisQue hai que facer no caso de sentir síntomas?A Xunta recomenda ás persoas que inicien síntomas respiratorios e/ou febre que permanezan no seu domicilio, sen acudiren ao seu lugar de traballo nin aos centros sanitarios, sempre que a súa situación clínica o permita. O Sergas habilitou o sitio web coronavirus.sergas.gal con información xeral sobre a epidemia, que tamén se pode solicitar no teléfono 900 400 116, se ben Sanidade insiste na necesidade de utilizalo "con responsabilidade", toda vez que xa sufríu varios colapsos. Só no caso de emerxencia, cómpre chamar ao 061.Que precaucións hai que tomar coas persoas maiores?O Goberno galego recomenda o coidado domiciliario dos maiores. E recomenda a todas as persoas maiores ou con estados de inmunosupresión que limiten as saídas do seu fogar ou residencia e que en calquera caso eviten lugares concorridos. Sanidade reitera a petición de "illamento social" para o conxunto da poboación, tanto para a máis vulnerable como para a que, con menos riscos para a saúde, é igualmente potencial foco de contaxio. |
NOS_13625 | O Museo Fundación Eugenio Granell, o CGAC, o Marco, o de Peregrinacións ou o de Belas Artes da Coruña son algúns dos centros de arte que participan nunha acción internacional de bookcrossing no Día Internacional do Libro. | Os centros de artes participarán nas actividades programadas para o Día do Libro liberando volumes repetidos das súas coleccións, etiquetados e con instrucións para partillar no bookrossing que ten como obxectivo compartir a lectura e non que quen os atope quede con eles en propiedade. Os centros galegos partillan a actividade con outros do Estado e solicitan que as persoas que participen na actividade indiquen a través da páxina web www.bookcrossing-spain.com o lugar onde atoparon e onde deixarán os distintos volumes. "O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos ó esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas culturais", sinalan desde a Fundación Granell, unha das que participarán no evento que conta co apoio de 48 museos e centros de arte en todo o estado e que contan "liberar" máis de 2.500 volumes. O Marco de Vigo, por exemplo, soltará 80 catálogos en distintos puntos da cidade. O bookcrossing coñécese como o "club de libros global" que responde a tres erres en inglés, read, register e release, é dicir, le, rexistra e libera. |
PRAZA_13036 | A vía suxerida polo Goberno galego impediría a reclamación xudicial dos cartos retidos polas entidades financeiras. Os nacionalistas acusan o presidente de "eludir as súas responsabilidades". | Despois de meses negándose a recibir os representante das 43 mil persoas que en Galicia se viron afectados pola graude das participacións preferentes, finalmente o presidente da Xunta mantivo este venres un encontro con eles. Alberto Núñez Feijoo propúxolles que se acollesen á arbitraxe de consumo para tentar solucionar o conflito, polo que estas persoas teñen os seus aforros retidos (uns 900 millóns de euros en total) nas entidades financeiras, principalmente Novagalicia Banco, que por distintas vías e sen proporcionarlles a información completa os convenceu para que adquirisen participacións preferentes, unha caste de accións. Juan Nogueira, un dos seus voceiros, reclamoulle a Feijoo que "medie" ante as entidades financeiras, que ofreza outras solucións e que "actúe contra os culpables do seu sufrimento" Porén, os afectados apresuráronse a rexeitar a única solución proposta polo presidente da Xunta, que impediría que puidesen recorrer á vía xudicial para realizar as súas reclamacións. Ademais, non poderían recuperar o 100% dos seus aforros. Juan Nogueira, un dos seus voceiros, reclamoulle a Feijoo que "medie" ante as entidades financeiras, que ofreza outras solucións e que "actúe contra os culpables do seu sufrimento". A Xunta sostén, con todo, que ao redor de 800 afectados aceptaron acollerse á vía da arbitraxe, pola que tanto a entidade coma o aforrador están obrigados a aceptar o que dicte o laudo arbitral. Novagalicia decidiu esta semana o peche temporal das súas tres oficinas en Moaña polos problemas coas constantes protestas dos aforradores afectados na zona. Este venres ao redor dun cento de persoas manifestouse en Vigo entre o Calvario e Porta do Sol, bloqueando a actividade de cinco sucursais da entidade. "Feijoo non asume as súas responsabilidades" De igual xeito, Francisco Jorquera, candidato do BNG á presidencia da Xunta, rexeitou a solución proposta por Feijoo, que para o nacionalista significa non "asumir responsabilidades". Jorquera afirmou que o presidente "volveu dar unha demostración de absoluta impotencia" para resolver un problema que "afecta a milleiros de galegos". O nacionalista considera que Feijoo debe asumir as súas responsabilidades, na medida en que "permitíu a bancarización das caixas" e pídelle que obrigue as entidades financeiras "a responder por un auténtico corralito". |
PRAZA_7163 | Os datos sobre o uso do galego, feitos públicos polo IGE o pasado venres, permiten observar diferenzas nas escollas lingüisticas: na casa ou fóra, cos compañeiros de traballo ou cos superiores, cos amigos ou á hora de ir ao médico ou ao banco. E tamén na escola. | Os datos sobre o uso do galego, feitos públicos polo IGE o pasado venres, permiten observar diferenzas nas escollas lingüisticas: na casa ou fóra, cos compañeiros de traballo ou cos superiores, cos amigos ou á hora de ir ao médico ou ao banco. E tamén na escola. Na casa A lingua que os pais e nais empregan para falar cos seus fillos e fillas é moi distinta en función da idade dos proxenitores. Entre os menores de 50 anos o castelán xa é a lingua maioritaria de relación, usándose o galego só no 38,08% dos casos, fronte ao 44,76% de 2008 e ao 50,72% de 2003. Nos pais e nais maiores de 50 anos, a lingua maioritaria continúa sendo o galego. No que respecta ás parellas, a lingua maioritaria segue sendo o galego, cun 51,1% do total, dez puntos menos que en 2003 (61,88%). Porén, hai moitas diferenzas por idade: por debaixo dos 50 anos, a lingua máis usada é o castelán, sendo o galego a lingua de uso nos menores de 30 anos no 36,35% dos casos e entre os 30 e os 39 no 36,08%. Os datos da lingua empregada para falar cos amigos e amigas son moi semellantes. O 50,7% usa o galego, descendendo cun ritmo semellante dende o 2003 (61,43%). Porén, por idades o castelán domina entre os menores de 15 anos (76,69%) dos 15 aos 29 anos (64,05%) e dos 30 aos 49 anos (56,98%). Na escola A escola é xunto coa familia o máis importante espazo de aprendizaxe e socialización lingüística. Os datos do IGE amosan que se en 2008 o 14,3% dos e das estudantes afirmaban recibir "todas as clases" en galego, en 2013 esa porcentaxe caeu ata o 2,15%, moi lonxe tamén dos datos de 2003 (8,32%). Tamén descende, iso si, a porcentaxe de persoas que afirmaron recibir todas as aulas en castelán (do 6,34% ao 3,08%). A categoría que máis crece é a daqueles que recibiron "maioritariamente" a súa formación en castelán, que pasaron do 32,78% en 2008 ao 51,08% en 2013 Cambia notablemente a lingua na que os e as estudantes responden os exames. Para os e as menores de 17 anos (no ensino primario e secundario) a lingua máis empregada é o castelán (52,6%), algo moi distinto do que sucedía hai cinco anos, cando o 64,67% dos exames eran respondidos en galego. Porén, cómpre sinalar que que en 2003 a proporción de uso do galego era aínda máis baixa que agora (42,34%). Pola súa banda, as persoas que teñen máis de 17 anos responden os seus exames, maioritariamente, en castelán, na universidade, formación profesional superior e bacharelato, e nunha proporción moi elevada (67%). Nestes casos o uso de galego (33%) mantense estable con respecto a 2008 (34,8%) e crece con respecto a 2003 (20,31%). A relación dos alumnos e alumnas de primaria e secundaria cos seus mestres ten lugar en castelán (62,47%), que crece doce puntos en cinco anos (dende o 50,69%). No ensino superior a presenza do castelán é aínda máis importante (69,09%), crecendo dende o 2008 (65,54%). Na relación cos compañeiros e compañeiras de clase o castelán é hexemónico, tanto entre os menores de 16 anos (72,31%) coma nos maiores de 17 (73,04%), mantendo unha tendencia crecente na última década. No traballo As relacións laborais son diversas. Ao longo do día podemos tratar con compañeiros e compañeiras, con xefes e xefas e con subordinados e subordinadas. Tamén con clientes. En cada unha destas situacións temos que facer unha escolla lingüística, que pode ser diferente. O que é común a todas, segundo os datos do IGE, é que o uso do galego é cada vez menor. A lingua habitual para falar cos compañeiros e compañeiras de traballo xa non é o galego, lingua que si empregan maioritariamente o 48,47% dos habitantes, unha caída de once puntos con respecto a 2003 (59,99%) e de catro puntos con respecto a 2008 (52,58%). Pontevedra (38,57%) e A Coruña (46,78%) están por debaixo da media, fronte ao dato de Ourense (59,73%) e Lugo (71,37%). Cando a conversa se produce cun subordinado ou persoa ao cargo, a porcentaxe xeral de uso de galego cae até o 43,91% (55,39 en 2003). E se a persoa se dirixe a un superior ou superiora, a porcentaxe cae aínda máis, até o 39,68% (48,99% en 2003). O mesmo pasa cos clientes e clientas. A lingua usada para falar neste caso é o galego unicamente no 45,49% dos casos (57,32% hai dez anos). Atopamos grandes diferenzas entre as provincias atlánticas: 32,83% en Pontevedra e 43,57% na Coruña, e as orientais: 71,15% en Lugo e 68,94% en Ourense. Medicina As visitas ao centro do saúde ou ao hospital sempre foron un dos espaos sociais máis castelanizados en Galicia e ao igual que outros ámbitos cada vez o é máis. Tan só o 44,26 por cento dos e das cidadás lle fala en galego ao seu ou súa médico, cinco puntos menos que en 2008 (49,24%) e nove puntos menos que hai dez anos (53,87%). Entre os menores de 30 anos a proporción descende até o 32,36% e entre os 30 e os 49 anos é do 34,9%. Nos concellos de menos de 10.000 habitantes o galego aínda se usa de forma maioritaria para tratar estes temas de saúde (61,72%), o contrario que nas cidades, onde a porcentaxe cae ao 19,85%, e as vilas de máis de 20.000 habitantes, onde se sitúa no 36,88%. Comercio O galego tamén se emprega cada vez menos á hora de relacionarse cos e coas comerciantes. O 47,07% fala en galego neste ámbito de forma maioritaria, fronte a un 52,93% que usa o castelán. En relación co 2008 o uso do galego no comercio descende cinco puntos (52,28%), e o descenso é de dez puntos con respecto a 2003 (57,2%). Ao igual que noutros ámbitos, o uso do galego é menor en Pontevedra (37,05%) e crece na Coruña (45,89%), Ourense (50,41%) e Lugo (66,12%). A tendencia por idades é semellante á que se rexistra nos demais espazos sociais: O uso do galego nos menores de 30 anos é do 30,38% e de 30 a 49 anos a proporción é do 39,72%. Banca A situación é semellante na banca. O 46,32% emprega o galego cando vai ao banco, fronte ao 50,28% que o facía hai cinco anos e ao 56,73% que o facía en 2003. Nas localidaes de menos de 10.000 habitantes a proporción é aínda moi elevada (74,74%), pero nas cidades (20,39%) e grandes vilas (38,86%) a situación é moi distinta. Administración O galego xa non é maioritario á hora de tratar coa administración, pero só por unhas décimas (49,61%). Tamén aquí se reproduce a mesma tendencia negativa, cun descenso de dez puntos en dez anos, con respecto ao dato de 2003 (59,49%). |
NOS_7771 | O 'banco malo' botará a andar en decembro, mais NGB e o resto de entidades con participación do FROB comezarán o traspaso dos seus activos tóxicos a vindeira semana | Novagalicia Banco (NGB) e o resto de entidades participadas polo FROB comezarán a vindeira semana a traspasar os seus activos tóxicos ao 'banco malo', medida coa que se desfarán de até 70.000 millóns de euros en activos problemáticos. Cómpre lembrar que o goberno español fixara un máximo de 90.000 millóns en activos para a Sociedade de Xestión de Activos 'banco malo'). O sector privado xestionará o 51% da empresa, mentres que o 49% restante estará en mans do capital público. A Sociedade de Xestión de Activos (SGA), que asumirá os activos deteriorados da banca española que precise solicitar axudas públicas para recapitalizarse, non aceptará das entidades auxiliadas inmobles valorados en menos de 100.000 euros nin créditos (ligadosao sector da edificación e a promoción) por unha cuantía inferior a 250.000 euros, segundo afirmou no seu momento o ministro de Economía, Luis de Guindos. Rebaixas Nestas semanas, e coa vista posta no traspaso deste tipo de activos problemáticos, NGB rebaixara até nun 30% o prezo dos seus pisos en diferentes sitios da Galiza. A entidade traspasará ao banco malo os adxudicados, créditos ao tixolo e accións en inmobiliarias. A auditora Oliver Wyman cifrou hai unhas semanas en 7.176 millóns de euros as necesidades de NGB, que esta procura rebaixar co seu plan de recapitalización. |
PRAZA_5186 | O que está a suceder en Venezuela confirma que a dereita non respecta os resultados das eleccións democráticas e que cando perde, provoca todo tipo de operacións violentas ou golpes de estado para acabar cos gobernos que non serven os seus intereses, como intentaron en Venezuela en 2002. | Levamos moitos anos recibindo unha información sobre Venezuela que transmite unha imaxe de atraso económico, falta de liberdade, escaseza de alimentos e produtos básicos, violencia e caos. Informacións que distribúen axencias de noticias internacionais, baixo a influencia de Estados Unidos. Como contraste, hai un silencio absoluto sobre a falta de liberdade en Xordania, Dubai, Arabia Saudí, Honduras, etc. Curiosamente, difúndese esa imaxe de violencia, desgoberno e caos, de países como Venezuela, Bolivia, Ecuador, Perú, El Salvador etc. onde a esquerda avanza e logra derrotar en eleccións democráticas a gobernos corruptos e vendidos os intereses do imperialismo. Difúndese esa imaxe de violencia, desgoberno e caos, de países como Venezuela, Bolivia, Ecuador, Perú, El Salvador etc. onde a esquerda avanza Este mesmo mes de marzo o sacerdote xesuíta panameño Jorge F. Sarsaneda del Cid formulaba na rede unha serie de preguntas, que contiñan datos interesantes para coñecer un pouco mellor a situación de Venezuela. Por outra banda, Vicenç Navarro, catedrático de Ciencias Políticas y Políticas Públicas da Universidad Pompeu Fabra, tamén escribía sobre esa manipulación informativa no artigo "El ataque mediático contra os gobernos de Venezuela e Ecuador", que escribía en publico.es. A manipulación chega a tal extremo que se difundiron imaxes falsas de torturas, asasinatos y vexacións despois dos incidentes do 12 de febreiro de 2014 (aparecen nas redes sociais e en medios como CNN) cando, en realidade, eran de Chile, Europa ou Siria. Falaba Vicenç Navarro do publicado na revista Extral de EEUU, que recolle algunhas das mentiras e manipulación sobre Venezuela. Así, para demostrar que en Venezuela non hai democracia, The New York Times difundía o pasado 24 de febreiro que só había un canal de televisión crítico co goberno de Nicolás Maduro. É unha falsidade porque a maioría das televisións son privadas, co 75% de audiencia, e na súa gran maioría contrarias ao goberno, como recollía o Carter Center no seu informe sobre as eleccións presidenciais de Venezuela en abril de 2013. Os ataques diríxense tamén, ultimamente, cotra o goberno de Rafael Correa en Ecuador porque puxo en marcha unha lei que ten como obxectivo acabar co monopolio na propiedade dos medios de comunicación Os ataques diríxense tamén, ultimamente, cotra o goberno de Rafael Correa en Ecuador porque puxo en marcha unha lei que ten como obxectivo acabar co monopolio na propiedade dos medios de comunicación. Como informaba Xornalistas sen Fronteiras (Reporters without Borders, RWB), a lei actual substitúe a outra imposta polo réxime ditatorial nos anos setenta. Propagouse até a saciedade a falta de alimentos, que había fame e problemas sanitarios. Sarsaneda explicaba que, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación (FAO) e a Organización Mundial da Saúde (OMS), Venezuela era en 2012 un dos catro países de América Latina con menos fame, cunha taxa de menos do 5% da poboación, que contrasta, por exemplo, co 12,6% de Colombia. A escaseza de alimentos non era xeneralizada, senón que estaba limitada ao 28% dos produtos. Curiosamente, as protestas por esa escaseza centrábanse na Praza Altamira, nunha zona de urbanizacións de clases acomodadas. Por outra parte, esas axencias non difunden que na República Dominicana o 70% da poboación non ten diñeiro para mercar a comida do mes. Venezuela era en 2012 un dos catro países de América Latina con menos fame, cunha taxa de menos do 5% da poboación, que contrasta, por exemplo, co 12,6% de Colombia Máis do 42% do orzamento do Estado destínase a investimentos sociais. Venezuela foi declarada libre de analfabetismo pola Unesco en 2005. Cando chega Chávez ao poder, o Programa de Alimentación Escolar atendía en 1999 a 252.284 nenos e nenas e chega a máis de 4 millóns no ano 2009. Multiplicouse por cinco o número de mestres nas escolas públicas, pasando de 65.000 a 350.000. Difúndense a diario protestas e marchas de estudantes (ás veces, trátase de focos ou grupos de decenas ou, como moito, centos de persoas, que nos ataques a instalacións universitarias provocaron danos valorados polo goberno en 7.250 millóns de euros), mais non se informa de que Venezuela ten 2,6 millóns de estudantes en educación superior (o 75% é pública) e que nos últimos anos se crearon 11 novas universidades. A Unesco recoñece a Venezuela como o quinto país do mundo en porcentaxe de matrícula universitaria, que creceu un 800% cos gobernos de Chávez e Maduro. O acceso á sanidade pública é universal e gratuíto. A taxa de mortalidade infantil era en 1998 de 21,36 (por cada 1.000 nenos menores dun ano) e pasou a 13,95 en 2010. Reduciuse un 39% a taxa de mortalidade por tuberculose. En 1998 só o 81% da poboación tiña acceso a auga potable, que chega o 96% en 2010. Segundo dados de organismos internacionais, cinco millóns de persoas saíron da pobreza nos últimos anos. A esperanza de vida pasou de 72,16 anos en 1998 a 74,30 en 2011. O informe Estado de las Ciudades de América Latina y El Caribe 2012, publicado pola ONU, recolle que Venezuela e Uruguai, con gobernos progresistas, son os dous países da rexión con menor índice de desigualdade social, e os máis desiguais, en canto a distribución da renda, son Guatemala, Honduras e Colombia, todos con gobernos de dereitas. Venezuela e Uruguai, con gobernos progresistas, son os dous países da rexión con menor índice de desigualdade social, e os máis desiguais, en canto a distribución da renda, son Guatemala, Honduras e Colombia, todos con gobernos de dereitas Venezuela está á cabeza na cooperación e solidariedade internacional. En agosto de 2005 Venezuela e Cuba firman o Compromiso Sandino, que permitirá en dez anos a intervención de seis millóns de persoas de distintos países de América con problemas de visibilidade e tres millóns delas serán de Venezuela. En 2004, iniciábase a Misión Milagro e en cinco anos 873.580 latinoamericanos de 25 países (668.844 eran de Venezuela) recuperaron a visión ou superaron problemas oftalmolóxicos. A Alianza Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América - Tratado de Comercio de los Pueblos ou ALBA-TCP, coñecida popularmente como ALBA (Alianza Bolivariana para América), foi promovida en 2004 polos gobernos de Venezuela e Cuba como contrapartida da ALCA (Área de Libre Comercio das Américas), impulsada por Estados Unidos. Bolivia incorpórase en 2006, Nicaragua en 2007, Ecuador en 2009 e posteriormente El Salvador e outros países. Frente ás políticas neoliberais, é unha proposta centrada na loita contra as desigualdades sociais, o analfabetismo e a pobreza que existen en América Latina e O Caribe. Outorgan moita importancia os dereitos humanos, laborais e da muller, a defensa do medio ambiente e a integración física. Na actualidade desenvolve numerosos proxectos a través de Alba Petróleos, Alba Alimentos, Tu Financiera, Alba Becas e Alba Fertilizantes. O que está a suceder en Venezuela confirma que a dereita non respecta os resultados das eleccións democráticas e que cando perde, provoca todo tipo de operacións violentas ou golpes de estado O que está a suceder en Venezuela confirma que a dereita non respecta os resultados das eleccións democráticas e que cando perde, provoca todo tipo de operacións violentas ou golpes de estado para acabar cos gobernos que non serven os seus intereses, como intentaron en Venezuela en 2002. O partido da revolución bolivariana gañou en Venezuela as eleccións de 2012 e 2013. Nas municipais tiveron o 55% dos votos e o 76% das alcaldías, mais a oposición non recoñece eses resultados (un dos dirixentes opositores, Leopoldo López, repite a consigna: "sacar a quienes gobiernan") e di que os que gañaron son unha minoría; piden a demisión do presidente Maduro, sen respectar o veredicto das urnas, nin os procedementos estabelecidos na propia Constitución. É unha estratexia perfectamente planificada e cuns obxectivos moi claros, como sinala o xesuíta Sarsaneda: "Mientras entre latinoamericanos nos insultamos, acusamos y descalificamos, los grandes del mundo hacen sus cálculos para quitarnos el petróleo, el cobre, el litio, el agua y tantas riquezas como tenemos". |
NOS_36492 | A sexóloga María Lameiras, coautora do exitoso O clítoris e os seus segredos, considera que a sexualidade feminina segue a ser aínda unha gran descoñecida. E por iso é que se animou a coordinar o vindeiro A Fondo, que sae publicado co semanario nesta quinta feira. | -A sexualidade feminina é a gran descoñecida, mesmo para as propias mulleres? -Si, eu penso que aínda está pendente o coñecemento, por parte da muller, do seu propio corpo, así como o recoñecemento social do pracer feminino. Non está lexitimado, ao mesmo nivel ca no home, o pracer na muller. -E o descoñecemento do clítoris é, ao respecto, un bo exemplo… -O clítoris é un órgano que non participa para na nada na reprodución. As mulleres contan cun órgano en exclusiva para ao pracer, o que non acontece no caso dos homes. Iso daríalle á muller un poder e unha superioridade que non se quixo recoñecer, aínda hoxe. Supón un desafío para o patriarcado. -Segundo vostede, hai moitos tópicos errados o respecto da sexualidade feminina e masculina, como a insaciabilidade sexual masculina… -A capacidade do home para que se desencadee o orgasmo está relacionada coa exaculación, e está condicionada fisioloxicamente. O home ten que pasar un período refractario, nalgúns casos case imperceptible, noutros non. No caso das mulleres, isto non é así. Mais non só interveñen condicionantes fisiolóxicos senón tamén aspectos cognitivos, sociais e de toma de decisións. As mulleres temos esa capacidade pero controlámola porque, na nosa sociedade, a expresión desa capacidade é mal vista. Fáisenos entender que darlle renda solta ao noso desexo é pasarse ao bando da muller prostituta, que non ten nada que ver, porque a prostitución non está ligada ao desexo sexual feminino, senón ao masculino. En cambio, no caso dos homes faise unha sobrestimulación da súa capacidade sexual. -Cando che propuxemos a coordinación deste suplemento, que pensaches que non podía faltar? -Non podía faltar falar do clítoris, como reivindicación e visibilización desa parte do corpo das mulleres. Aínda non é de abondo coñecida a anatomía do clítoris. -No suplemento tamén se abordan novos conceptos en relación coa violencia de xénero, como a "dating violence." Que é? -Dating violence é a violencia de xénero nas primeiras citas. Até o de agora, pensábase que a violencia de xénero tiña que ver con persoas adultas que levaban tempo nunha relación. Pero nos últimos anos estase a ver que a violencia de xénero xa aparece nas primeiras citas, como amosa o caso de Nagore, unha rapaza, estudante de enfermería, que foi asasinada nos San Fermíns por un médico a primeira vez que saían xuntos. O caso de Nagore non foi identificado como violencia de xénero, pero si o era. Ademais, hai microagresións (meterse coa forma de vestir, con quen falas…) que invaden a intimidade nun proceso de asoballamento. É importantísimo o traballo para que as rapazas poidan detectar a violencia de xénero nestas manifestacións, e por iso cómpre traballalo dende os primeiros momentos. -Outro dos artigos abordará o "sexting". Que se entende por "sexting"? -O sexting é o intercambio de material erótico, como vídeos e fotografías, a través das novas tecnoloxías, cunha persoa que adoita ser aquela coa que nese momento teño unha relación. Faise dentro de un espazo de confianza pero, como as relacións non duran toda a vida, acaban por producirse chantaxes con ese material. E normalmente son as mulleres as que sofren esas consecuencias. -No A Fondo desta semana analízanse, ademais, as formas de violencia contra aquelas persoas cunha sexualidade non heteronormativa. -Malia aos avances, co movemento LGTB pasa o mesmo que co machismo para coas mulleres. A homofobia na súa parte máis hostil estase superando nas sociedades máis desenvolvidas (noutras significa cadea ou morte) pero mantense doutra forma un espazo non igualitario. O matiz máis importante ten que ver coas intersexualidades, as persoas que reivindican a súa identidade máis aló do binomio sexo-xénero. Ese é o desafío do século XX, avanzar cara ao recoñecemento de todas as identidades sexuais e de xénero, alén o binomio home-muller, construído socialmente. -A filósofa Puri Mayobre é a persoa entrevistada neste suplemento. Por que se acudiu a ela? -Puri Mayobre é filosofa e boa coñecedora das teorías feministas e dos avances e retrocesos na loita constante polo recoñecemento dos dereitos das mulleres como cidadás. Eu diría que aínda estamos loitando polos dereitos sexuais. Nuns días, este goberno pretende impor unha lei do aborto que nos retrotrae corenta anos atrás. |
PRAZA_3526 | Homenaxes a mulleres significativas en diversos eidos e despregamento de pancartas en edificios oficiais prepararon as mobilizacións centrais do 8M | Homenaxes a mulleres significativas en diversos eidos e despregamento de pancartas en edificios oficiais prepararon as mobilizacións centrais do 8MTras iniciarse as mobilizacións hai unha semana, cunha gran manifestación en Verín, e á espera de que este domingo sexan as marchas e as concentracións nas rúas de toda Galicia as protagonistas das reivindicacións do Día da Muller (aquí podes consultar a axenda de actos), a maioría de institucións, partidos e sindicatos do país adiantaron a este sábado e mesmo ao venres os seus actos oficiais. A Xunta, que emitiu unha declaración institucional, celebrou este sábado na Cidade da Cultura o seu acto institucional do Día da Muller, presidido por Feijóo e conducido pola presentadora de televisión Silvia Jato, que contou coa participación da atleta Ana Peleteiro, a actriz Benedicta Sánchez, a artista Abi Castillo ou a música Isabel Pérez Dobarro. Nese acto o presidente salientou que a loita pola igualdade e contra o machismo "é unha causa de todos e de todas" que tamén "corresponde aos homes" xa que "sería un erro imperdoable excluír á metade da poboación dunha loita na que temos que estar todos". A Deputación de Pontevedra celebrou xa o venres o seu acto central, co lema 'Por nós, por todas' acompañado por unha instalación baixo o título 'A fortaleza da razón' que estará aberta ata final de mes. A institución provincial tamén acolleu este sábado o XIII Encontro da Muller Xorda de Galicia, no que se denunciou a tripla discriminación que sofren por ser mulleres, con diversidade funcional e cunha lingua propia. A Deputación da Coruña iluminou de violeta os seus edificios e organizou diversas actividades, como a representación este sábado no Teatro Colón da obra 'Invisibles' con entrada libre. Tamén en Lugo a Deputación despregou pancartas reivindicativas na fachada da súa sede, e a Deputación de Ourense centrou a súa homenaxe na ourensá Olimpia Valencia, primeira galega licenciada en Medicina. Tamén o venres diversas agrupacións do sindicato UGT homenaxearon por toda Galicia a mulleres destacadas nas loitas sindicais, como Luci Dantas na área de Vigo, Nuria Abal na de Pontevedra-Arousa, Manuela Castro na de Compostela-Barbanza, Pilar Díaz na de Ferrol ou Beatriz Meilán na da Coruña.Sen ser un acto específico do Día da Muller, tamén este sábado o sindicato CCOO entregou os seus premios 10 de Marzo á solidariedade e as liberdades democráticas co gallo do Día da Clase Obreira Galega á pioneira feminista Palmyre Ros, así como aos sindicalistas Berta Trigo e Plácido Cal. Nos partidos, o venres o PPdeG celebrou en Santiago un acto de igualdade coas cabezas de lista pola Coruña, Lugo e Ourense e a número 2 por Pontevedra; o candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, sumouse á iniciativa #SoyFeministaPorque do PSOE prometendo unha Consellería de Igualdade; e o BNG celebrou diversos actos como a substitución simbólica en Vilagarcía este sábado do franquista nome da rúa Yagüe polo da vítima da ditadura Carmen Meaños 'A Carrilla' ou un encontro o venres con mulleres en Muros.Noutros eidos, en Ferrol, a área de Cultura do Campus de Ferrol da UDC organizou o roteiro "Ferrol 8M: Unha cidade de mulleres". E ata Madrid desprazáronse tamén mulleres do sector pesqueiro galego, ás que acompañou a conselleira, Rosa Quintana, para participar nunha concentración na Praza de Colón na que, xunto con mulleres de todo o Estado, asaron as particularidades das profesións das mulleres do mar. |
NOS_17999 | Haberá horarios "estritos". | As escolas infantís públicas abrirán o 4 de setembro e farano cun protocolo para medir o coronavirus que tamén afecta a centros privados e concertados e que inclúe accións como que os pais terán que medir a temperatura diariamente a nenas e nenos e cumprir os horarios "estritos" de entrada e saída . Segundo o protocolo elaborado pola Xunta, ao que tivo acceso Europa Press, as familias terán que tomar a temperatura diariamente aos seus fillos e fillas antes de ir ao centro, polo que se supera os 37 graos non poderán acceder á aula. Ademais, terán que acudir ao horario acordado e respectar os "estritos" horarios de entrada e saída, non poderán deixar os carriños do bebé no local e tampouco acceder a recoller as e aos menores. A data de inicio escolar foi comunicada aos sindicatos pola Consellería de Política Social, segundo confirmaron a Europa Press fontes do departamento dirixido por Fabiola García e sindicatos, e afecta aos centros dependentes do departamento galego e do Consorcio galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. O protocolo foi validado polo comité clínico e está suxeito a achegas, mais está composto xa polas regras básicas obrigatorias. Ademais, a Xunta tamén trasladou un plan de prevención de riscos para a COVID-19, que pasa pola formación en prevención, que se celebrará antes do período oficial de vacacións. O persoal das escolas infantís tamén ten recomendacións como priorizar o uso do transporte privado e individual para ir ao traballo, terán que cambiar a roupa no centro e manter distancia de seguridade, así como facer uso de medidas de protección como máscaras ou pantallas faciais No caso de que apareza un caso positivo de COVID-19 nunha destas escolas, valorarase facer un diagnóstico dentro das 24 horas de existir clínica compatíbel "a todo o persoal que mantivo un contacto estreito co caso positivo" no centro. Outras medidas O protocolo de medidas, ao que tivo acceso Europa Press, tamén implica que as familias deben asinar un documento responsábel de non ter síntomas de COVID-19 ou ter un contacto estreito con persoas con coronavirus nos 14 días anteriores á súa incorporación, así como deben comunicar calquera circunstancia que poida ocorrer en calquera momento do curso ao respecto. Así mesmo, as medidas indican que os toallas e cueiros terán que ser desinfectados, así como as biberóns que se levan da casa, incluído o leite materno. A normativa tamén establece que, no caso de que se detecte febre nunha persoa menor durante o día, as familias deberán "informar ao centro canto antes, polo que deben ser accesíbeis en todo momento". Preferibelmente os nenos e nenas camiñarán con calcetíns antideslizantes dentro do centro se a temperatura das aulas o permite. No caso de que non teña calefacción por terra, empregarase calzado exclusivo no interior da escola e para saír ao patio. Os nenos e nenas de 0 a 3 anos non teñen que usar máscaras, pero recomendarase o seu uso a partir dos tres anos. A partir dos seis anos é obrigatorio, sempre que siga o protocolo coronavirus activo. Ademais, todos os encontros presenciais con pais e nais coa escola están suspendidos, fomentaranse as videochamadas e non se admitirán actividades de asociacións de pais e nais no local. Cada centro contará cunha persoa responsábel de coordinar as medidas de prevención e control de coronavirus. |
NOS_7826 | O esforzo do deportista galego valeulle a prata na competición de Triatlón dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. | Gómez Noya asinou unha carreira de loita e estratexia. A piques estivo de vencer aos irmáns Bronwlee na súa propia casa e diante do seu propio público. Non foi así mais a prata do galego ben merece unha grande celebración para o noso deporte. A competición seguiu o guión que @s especialistas pensaban: un taboleiro con moitas pezas que remataría cos dous ingleses e o galego como protagonistas finais. Na proba de natación foi o eslovaco Richard Varga quen impuxo un ritmo durísimo que seguiron ben os Brownlee, Gómez Noya e un quinto deportista: o italiano Fabian. Bronwlee e Gómez Noya notaron o esforzo despois de cruzar a meta cunha imaxe para a historia. Aínda con moita competición por disputar, a bicicleta abriuse a unha hipotética batalla de vinte, con outros nomes como Hayes, un dos "colaboradores" dos irmáns Brownlee. Non foi así e o suspense quedou para a proba final: a carreira a pé. Aquí quedou claro que as medallas estarían entre o galego e os dous irmáns ingleses. Unha penalización de Jonathan Brownlee deixou a loita polos dous primeiros postos entre o seu irmán Alistair e Gómez Noya. Ao remate levou a medalla de ouro Alistair Bronwlee, segundo, coa prata, foi un espléndido Javier Gómez Noya. Ambos deportistas notaron o esforzo despois de cruzar a meta cunha imaxe para a historia: a aperta desde o chan de dous adversarios que se respectan. Un exemplo de superaciónJavier Gómez Noya é fillo da emigración. Naceu en Basilea (Suiza) en 1983 aínda que con poucos meses de idade pasou a vivir a Ferrol. Desde novo xa dedicou todos os seus esforzos ao deporte e descobre o Triatlón en 1998. Debuta no Triatlón olímpico de Castropol (Asturies) con quince anos e queda segundo. Gaña numerosas probas até que en 1999 os médicos lle atopan unha anomalía cardíaca e retíraselle a licencia para competir. Segue competindo e gañando probas e en 2003 recupera a licenza. En Nova Zelanda gaña o Mundial sub 23 e decide loitar por estar nuns xogos olímpicos. Carreira cara á medallaAínda que chegan os bos resultados unha polémica decisión déixao fóra de Atenas. En 2005 gaña a prestixiosa competición privada France Irontour mais retíranlle outra vez a licenza. En 2005 recupera a posibilidade de competir a nivel internacional e gaña en tres probas do campionato do mundo e varios segundos e terceiros postos. Lidera a competición a nivel mundial e recunca coa idea do soño olímpico. Continúan os éxitos e consegue o Campionato do Mundo de Triatlón en Vancouver e ser Olímpico en Pekin. Neses Xogos Olímpicos está a piques de levar medalla e queda en cuarto posto na proba. Aínda que as lesións non o deixaron adestrar e competir ao nivel que desexaría seguen os éxitos e consegue en 2009 o Campionato de Europa e en 2010 o subcampionato. Este ano tiña que ser e foi. Gómez Noya xa ten unha medalla olímpica de seu. |
PRAZA_14457 | De súpeto, a que semellaba imparábel onda recentralizadora refugou non pouco ao abrollar con moita máis forza a realidade dunha grande porcentaxe das cidadanías catalá e vasca que dan por pechado o percorrido do Estado autonómico e plantexan abertamente, cando non a independencia, si algunha caste de fórmula confederal de soberanía partillada ou a xeito de Estado asociado que lles garanta un autogoberno pleno. | De súpeto, a que semellaba imparábel onda recentralizadora refugou non pouco ao abrollar con moita máis forza a realidade dunha grande porcentaxe das cidadanías catalá e vasca que dan por pechado o percorrido do Estado autonómico e plantexan abertamente, cando non a independencia, si algunha caste de fórmula confederal de soberanía partillada ou a xeito de Estado asociado que lles garanta un autogoberno pleno. Ao tempo, no resto dos territorios vaise abrindo paso a pulsión recentralizadora a prol de mudar a estrutura xurídico-política É evidente que este proceso vai definir as vindeiras eleccións autonómicas que van vivir estes dous países nas vindeiras semanas. Ao tempo, no resto dos territorios vaise abrindo paso a pulsión recentralizadora a prol de mudar a estrutura xurídico-política. Probabelmente as CC.AA seguirán a ser entes dotados de autonomía administrativa, mais semella evidente que a autonomía política (capacidade lexislativa dos Parlamentos, axendas propias para o crecemento económico, máis competencias e mellor financiadas) desaparecerá en varias destas rexións que mesmo poden reasignar a prol do Estado competencias tan importantes como a sanitaria, a educativa e a dos medios materiais da Administración de Xustiza. Onde ficará Galicia? Canda as nacións, loitando por unha relación bilateral co Estado? Canda as rexións, substituíndo o seu autogoberno limitado por unha autonomía administrativa a xeito de Mancomunidade de Deputacións? Onde ficará Galicia? Canda as nacións, loitando por unha relación bilateral co Estado? Canda as rexións, substituíndo o seu autogoberno limitado por unha autonomía administrativa a xeito de Mancomunidade de Deputacións? Está claro que o noso interese económico esixe priorizarmos o factor nacional, diferencial e, con isto, a bilateralidade na relación, porque co 5% do PIB e o 6% da poboación estatal a recentralización condenaría ao noso País á pobreza económica e á marxinalidade. Parte da cidadanía intúe esta realidade, mais non son poucos os que cren que vai ser posíbel ficar como estamos, entre o encaixe bilateral no Estado e a absorción indiferenciada da recentralización. E compre situarmos no mapa, porque xa non vai haber café para todos. Nin tampouco barra libre de recursos. Se eliximos ser Murcia cando Catalunya e Euskadi deciden ser soberanos estaremos a nos condenar á pobreza económica e á irrelevancia política Velaí que o novo papel de Galicia no Estado esixa unha nova fórmula constitucional e estatutaria de bilateralidade, é dicir, de diálogo na procura do consenso entre as Institucións españolas e galegas para definirmos os límites competenciais e financeiros do noso autogoberno. O mínimo que lle podemos esixir aos nosos políticos é que perciban a importancia deste repto. Porque se eliximos ser Murcia cando Catalunya e Euskadi deciden ser soberanos estaremos a nos condenar á pobreza económica e á irrelevancia política, cando non á máis apartada marxinalidade. |
NOS_31963 | A dirección de Abanca chega a un preacordo con UGT, CCOO e Csica na xuntanza que se desenvolveu esta sexta feira do que a CIG se desmarca. Para a CIG vai supor a implantación de horarios flexíbeis e sen controis e mermas das condicións salariais e laborais. | UGT, CCOO e Csica chegaron a un preacordo coa dirección de Abanca na xuntanza desta sexta feira día 26 de decembro da que só se desmarcou a CIG, que rexeitou os termos dun encontro no que se inclúe a ampliación á tarde da xornada laboral ou a eliminación das aportacións ao plan de xubilación. A dirección de Abanca e os tres sindicatos, excepto o nacionalista, chegan a un acordo no que pactan a flexibilización do horario d@s traballadores e traballadoras segundo a regulación de cada unha das oficinas. A dirección consigue desta maneira abrir 188 oficinas en horario de tarde de segunda a quinta feira nas que se atenderá ao público de 8 a 19 horas. A empresa aceptou eliminar a redución de xornada a 800 empregad@s e o despido de 348 que se contemplaban no último ERE. Segundo o preacordo teríanse pactado horarios flexíbeis para o persoal de Abanca e sen control, razón que, entre outras, levou á CIG a rexeitar o acordo. Modifícanse tamén os termos salariais, en especial, nos complementos por funcións e no abono do seguro médico que pasará a ser financiado só na metade polo banco, supresión do plus de convenio de maneira provisional ou a eliminación doa aportación ao fondo de pensións. |
PRAZA_1025 | A Asociación Hispania Nostra traballa dende hai case 40 anos promovendo a conservación e o acrecentamento do Patrimonio Cultural e Natural e elabora unha listaxe de elementos ameazados, ao que vén de incorporar o lalinense Pazo de Bergazos. | A Asociación Hispania Nostra traballa dende 1976 promovendo a conservación e o acrecentamento do Patrimonio Cultural e Natural en toda España. A entidade naceu como unha resposta á demanda de participación da sociedade civil nas tarefas de conservación do Patrimonio, que impulsara o ano anterior o Consello de Europa ao organizar o Ano do Patrimonio Arquitectónico Europeo. A asociación elabora e mantén actualizada unha lista vermella de elementos patrimoniais ameazados, en perigo ou con eivas na súa conservación. Hispania Nostra destaca 17 bens culturais ameazados en Galicia, aos que vén de incorporar o lalinense Pazo de Bergazos, tamén chamado Pazo dos Gil Taboada, unha casa construída a finais do século XVI e que se atopa en estado de abandono, cunha recente caída dun dos seus muros, No lugar naceron algúns persoeiros ilustres, coma Felipe Antonio Gil Taboada, que chegou a ser arcebispo de Sevilla e Conselleiro de Estado de Felipe V. Os restantes bens patrimoniais galegos presentes nesta lista son os xardíns do Balneario de Mondariz, a igrexa de Santa Baia de Palio (Lalín), a Casa Becerra (Vilagarcía de Arousa), o mosteiro de San Paio de Albeos (Crecente), o mosteiro de Santa Comba de Naves (Ourense), o mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia), o pazo do Casal (Brión), o barrio de Ferrol Vello, a Torre de Hércules, as pinturas murais medievais de Moraime (Muxía), o Sanatorio para tuberculosos de Cesuras, a igrexa de San Mamede de Vilasouto (O Incio), o Pazo episcopal de Diomondi (O Saviñao) e a Torre da Fortaleza de Sarria. Entre as boas novas, atopamos que nos últimos meses tres bens patrimoniais galegos saíron da lista: Castelo de Pambre, a Basílica da Ascensión de Augas Santas (Allariz) e o Forno dos Mouros (Toques), debido a que o seu estado mellorou ou se incrementou a súa protección ou mecanismos de conservación. |
NOS_47424 | O TSXG critica a actitude "maliciosa" da administración galega na hora de fixar os servizos mínimos nunha xornada de paros e greves das mulleres. | O pasado 8 e marzo miles de mulleres mobilizáronse en Galiza no marco do Paro Internacional das Mulleres contra a disriminación e a violencia. Unha xornada de paros e greve no que a Xunta non xogou limpo. CIG e CCOO informan que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de pronunciarse a respecto dos servizos mínimos que para ese día establecera a administración galega. "O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular o Decreto de servizos mínimos ditados pola Xunta de Galiza para a xornada de folga de Mulleres convocada o pasado 8 de Marzo. En concreto anula os mínimos referidos á consellaría de Presidencia, CRTVG, Centro de Emerxencias 112 e Parque Nacional das Illas Atlánticas", sinala o sindicato nacionalista . A CIG, no seu momento, presentou recurso por considerar que se trataba duns "servizos máximos, abusivos e exaxerados" que vulneraban o exercicio do dereito fundamental á greve. Desde Comisións, indican que o TSXG dálle a razón e considera que a Xunta "vulnerou o dereito á folga o pasado 8 de marzo". Así mesmo, engade, Alto Tribunal critica a actitude "maliciosa" da administración galega na hora de fixar os servizos mínimos. |
NOS_2993 | Esta decisión "pode supor a morte da pesca galega tal e como a coñecemos", apunta o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, Javier Touza. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu nesta segunda feira a creación dunha "fronte común" para facer "presión política" ante a decisión da Unión Europea de fechar á pesca de fondo 87 áreas de augas comunitarias. Así o trasladou, en declaracións aos medios, após manter unha reunión cos responsábeis da Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi), na que tamén participaron a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda; a deputada na Cámara galega Carmela González e o concelleiro do BNG na cidade, Xabier Pérez Igrexas. Pontón constatou, tras o encontro, que hai "preocupación e indignación" no sector, ante unha decisión "que pon en risco centos de empregos" nun sector "estratéxico" para a economía da Galiza. A UE veta a pesca de arrastre en 87 zonas do Atlántico, incluído o Gran Sol Após alertar do "impacto brutal" que ten esa medida, que entrará en vigor en 20 días, a portavoz nacional do BNG sinalou que a decisión "non ten en conta o impacto socioeconómico" no país, nin tampouco se basea en criterios ambientais claros, senón que é unha medida "arbitraria" que "vai en contra do sector". "Non o podemos permitir, temos que facer unha fronte común", proclamou, e lembrou que "non é a primeira vez" que a UE adopta unha decisión que "logo ten que rectificar". "O propio sector fixo un gran esforzo para ser sustentábel [...], úsase aquí un criterio pero deféndense outros intereses", apuntou. Por iso, e após advertir de que o fechamento desas áreas suporá un "incremento de prezos" para as persoas consumidoras e o aumento de importacións de peixe de países terceiros "que non teñen os mesmos controis sanitarios", instou o Goberno estatal a presentar un recurso para evitar este "auténtico sensentido". Nesa liña, avanzou que o BNG pedirá as comparecencias no Congreso do ministro de Pesca, Luis Planas, e da conselleira do Mar, Rosa Quintana, no Parlamento da Galiza, así como unha reunión urxente co comisario europeo de Pesca, Virginijus Sinkevičius. "Hai que facer presión política [...], é un tema central para o país, e está a man tendida do BNG para unha fronte común en defensa da pesca galega", insistiu Pontón, quen engadiu que "a voz do sector debe ser escoitada". A CIG exixe a convocatoria inmediata do Consello Galego de Pesca e unha resposta unitaria ante o veto á pesca de fondo A "morte" da pesca galega Pola súa parte, o presidente de Arvi, Javier Touza, reiterou que a aplicación dese fechamento "pode supor a morte da pesca galega tal e como a coñecemos", e repetiu que a medida terá "un impacto inmediato" en máis de 60 buques de palangre galegos, aos que hai que sumar frotas como a 'volanteira' e a de arrastre. A respecto desta cuestión, incidiu en que as áreas vetadas teñen "enorme valor" para esta frota galega, que ten alí "máis de 50%" do recurso e os seus esforzos, con "especies de gran valor". Aliás, volveu recalcar que os mariñeiros galegos teñen no seu haber "un histórico de protección ambiental" e, por iso, non se entende que se adopte esa decisión "unilateral", sen ter en conta o impacto socioeconómico nunha zona altamente dependente da pesca e, "o máis sangrante", sen ter en conta "o máis mínimo a opinión do sector". A Eurocámara aproba medidas que limitarán a pesca no Pacífico Occidental e a NAFO Javier Touza, que repetiu que buscarán por vía xurídica unha paralización cautelar do fechamento, tamén subliñou que esta decisión se adoptou con informes científicos "sen actualizar" e que non son concluíntes. Por todo iso, lamentou que Bruxelas tornase "nunha máquina de xerar euroescépticos" e criticou que o sector pesqueiro galego "foi perdendo ao longo dos últimos anos" debido a este tipo de decisións, e non só pola perda de emprego entre as tripulacións, senón tamén polo impacto en terra. "Estamos decididos a usar todos os instrumentos xurídicos ao noso alcance", proclamou Touza, que tamén instou a formar unha fronte común no que participe "toda a cadea" mar-industria, porque "non fan falta declaracións, senón feitos, e non queda outra que pór toda a carne no asador". O cerco galego debe comprar cota noutros territorios para poder pescar sardiña Finalmente, lembrou que o fechamento de 87 áreas de pesca colle ao sector "coas pilas baixas", inmerso nunha crise de prezos e aínda padecendo as consecuencias da pandemia da Covid-19. "O desánimo é tremendo, e a inoportunidade de Bruxelas é clara [...] non merecemos isto e loitaremos con unllas e dentes", resolveu. |
PRAZA_16507 | A patronal galega atravesa unha das súas crises institucionais máis profundas e emite o pronunciamento contra a folga feminista mentres está dirixida por unha xestora provisional | A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) atravesa unha das súas crises institucionais máis profundas. A dimisión de Antón Arias como presidente o pasado xaneiro apenas un ano despois de asumir o cargo foi a última convulsión ata o momento nun escenario marcado polos enfrontamentos internos e a profunda crise económica arrastrada durante a última década. Con este pano de fondo e á espera de que o vindeiro 10 de maio unhas novas eleccións volvan dotar a patronal galega de dirección estable, a xestora que comanda provisionalmente a CEG vén de saír ao paso da folga feminista do 8 de marzo para atacala. A través dun comunicado feito público na tarde deste mércores a CEG "manifesta a súa oposición á folga do 8 de marzo" porque, a xuízo da xestora, mesmo pode prexudicar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral. "A CEG manifesta o seu compromiso coa consecución da igualdade de xénero e a eliminación de calquera discriminación directa ou indirecta", afirman, pero "rexeita as convocatorias de folga" do 8M. A razón, censuran, é que "afectará á produción e prestación de servizos das empresas" e "pode prexudicar as distintas iniciativas de negociación postas en marcha", xustamente, no "ámbito" da igualdade. "A patronal galega -afirma o documento- está traballando en varias mesas de participación e de diálogo social" nas que "se abordan iniciativas que promoven a igualdade de xénero". Neste sentido, instan a lembrar a existencia da Comisión Consultiva para a Igualdade entre Mulleres e Homes no seo do Consello Galego de Relacións Laborais. Nese órgano, resaltan, estase a redactar unha guía de boas prácticas en materia de igualdade para a negociación colectiva, así como un "estudo sobre a aplicación do principio de igualdade" no mesmo eido e un "protocolo contra o acoso no ámbito laboral". A patronal galega atravesa unha das súas crises institucionais máis profundas e emite o pronunciamento contra a folga feminista mentres está dirixida por unha xestora provisional Estes documentos, así como o feito de que xa se "consensuase" unha "cláusula tipo sobre violencia de xénero para os negociadores de convenios colectivos" é para a CEG motivo dabondo como para censurar a mobilización feminista convocada a nivel internacional. "Ademais -agregan- representantes da CEG participaron durante 2017 en negociacións coas organizacións sindicais máis representativas par avanzar nun acordo marco en materia de igualdade", cuestión que tamén se aborda a "nivel estatal". Parte dos actuais dirixentes provisionais da CEG enfrontáronse ao ex-presidente Arias, ademais de polos propios conflitos internos da Confederación e por declaracións públicas sobre o referendo catalán, polo feito de que o tamén empresario se opuxese publicamente á reforma laboral do PP, desmarcándose así da doutrina estatal da CEOE. A patronal española oponse abertamente á folga do 8M e, con este pronunciamento público, a galega insírese na súa mesma liña política. A división interna da entidade empresarial ficou patente, non obstante, tamén neste pronunciamento público. Así, pouco despois da difusión da nota da CEG sobre o 8M, a Confederación de Empresarios de Pontevedra dirixiuse aos medios para "desmarcarse rotundamente de dito texto", toda vez que "non foi debatido en ningunha xuntanza da CEG". Non obstante, a CEP "remítese" á posición xeral da CEOE, tamén contraria á folga. |
PRAZA_15148 | O voceiro de AGE amosa a disposición da coalición a que o patrimonio dos seus membros sexa "público" e censura que non sexa posible coñecer o dos "poderosos" que "estafan" | Un xesto "grotesco" para "poñer en evidencia" o "ridículo" que supón a publicación de bens dos cargos públicos mentres non se produce a de "banqueiros, altos executivos" ou "xerarquías eclesiásticas". É o que desenvolveu este mércores o voceiro de Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento, Xosé Manuel Beiras, ao ser cuestionado polo anuncio lanzado polo PP segundo o cal os conservadores promoverán, como na pasada lexislatura, a publicación do patrimonio dos membros do Parlamento -cómpre que sexa iniciativa dun ou varios grupos, xa que non é obrigatorio-. "Estamos dispostos a que se publique o que faga falta porque non hai nada que ocultar". Pero "unha cousa e iso e outra" facer "striptease" mentres "non o fagan os poderosos". No marco dunha comparecencia pública co membros do grupo parlamentario para dar conta da posición de AGE cara ao día contra a violencia machista, Beiras apostou por "ir polo atallo" e non agardar á publicación formal dos seus bens para dar conta deles. "Fun catedrático con dedicación exclusiva agás entre 1999 e 2002, en que pedín a excedencia" para dedicarse á portavocía do BNG. Ata 1989, explica, viviu de alugueiro "na rúa do Preguntoiro", en Compostela, ata que "a dona do piso lle tendeu unha trampa" á súa parella "e botáronos". "Endebedámonos mercando unha casa no Concello de Brión, rehabilitámola e aí vivimos", nunha propiedade en réxime de "proindiviso" pagada "a base de hipoteca e dun préstamo persoal", endebedamento que rematou "en xuño de 2011". "É case pornográfico, pero estamos dispostos a facelo para esixir que se poida entrar a saco nos bens dos que se apropiaron indecentemente" O líder de AGE detalla as características dos seus bens, que non son propios "dun potentado", nun contexto no que "algúns e algunhas dos que están aquí -en referencia ao resto do grupo- nin sequera teñen media propiedade como teño eu". "Os que estamos na política, combatendo, somos os únicos aos que se lles esixen cousas que non se lles esixen aos poderosos" como por exemplo a "[Emilio] Botín", a quen non "meten no trullo por estafar a Facenda". "É case pornográfico, pero estamos dispostos a facelo para esixir que se poida entrar a saco nos bens dos que se apropiaron indecentemente", resolve. AGE posiciónase sobre a publicación dos patrimonios mentres continúa coa estruturación interna do seu grupo, no que xa foron distribuídas as presenzas nas diversas comisións da Cámara. Así, Beiras e a vicevoceira do grupo, Yolanda Díaz, estarán na comisión de Economía e Orzamentos, na de Ordenación Territorial estarán David Fernández e Antón Sánchez e de Educación e Cultura ocuparanse Ramón Vázquez e Xabier Ron. A comisión de Sanidade, Política Social e Emprego será responsabilidade de Eva Solla e Consuelo García, en Agricultura e Montes estarán Antón Sánchez e Ramón Vázquez e en Pesca, Xan Fajardo e Eva Solla. |
NOS_9125 | Após meses de trámites administrativos, mais non de consultas populares, o concello coruñés de Oza votará en Pleno a súa fusión con Cesuras. O grupo municipal do BNG adiantou que votará en contra. | A fusión entre os dous concellos coruñeses podería ser aprobada esta quinta polo Pleno municipal de Oza, tan só coas mans erguidas d@s edís do Partido Popular. Desde o BNG, adiantan que votarán en contra pois consideran que o informe presentado pola equipa de goberno do Concello "está ateigado de promesas sen fundamento". Asemade, aseguran que a fusión "non traerá solucións ao empobrecemento destes concellos". Segundo a voceira do BNG, Estefanía Busto, "o debate non está na fusión, senón nas dificultades que atravesan os dous termos municipais" e os mecanismos necesarios para corrixilos. O Partido Popular de Galiza promoveu nos últimos meses da súa lexislatura a fusión de concellos como "política anticrise", pois afirmaban que reduciría os custos e permitiría unha mellor e máis eficaz xestión dos servizos públicos. Para a concelleira nacionalista en Oza o que procura o PP é "ocultar os seus continuos recortes para cuestións tan básicas coma servizos sociais ou emprego". Asemade, desde o BNG critican con dureza a falta de información da equipa de goberno de Oza á veciñanza. Estefanía Busto asegura que " o PP amosou a súa actitude prepotente ao tomar a decisión de fusionar os dous concellos de xeito unilateral e sen darlle conta á cidadanía". Eliminar as deputacións e non os concellosDesde o BNG salientan que o primeiro paso na remodelación territorial sería a desapación das deputacións, pois din "gastan o 60 por cento do seu orzamento en manterse a si propias". Para @s nacionalistas, as deputacións provinciais non son máis que "entidades administrativas obsoletas que entran nunha duplicidade ou triplicidade de servizos" polo que din "cómpre unha comarcalización de servizos" en troques de fusionar concellos. De suprimírense no ano 2010, a cidadanía galega tería aforrado 300 millóns de euros. |
NOS_23635 | Alberto Núñez Feijóo preséntase como candidato polo Partido Popular á re-elección nos comicios do 21-O. Malia as masivas mobilizacións sociais e a forte oposición durante os seus anos de goberno, o balanzo que fai da súa xestión é óptimo. O candidato popular foi vice-presidente e ex-conselleiro con Manuel Fraga Iribarne, unha figura da que asegura sentirse "moi orgulloso". | Despois de tres anos e medio de fortes recortes, promete que a vindeira será a lexislatura do crecemento. Que medidas impulsará nese sentido? Os obxectivos económicos dos próximos anos teñen que descansar en tres eixos: innovación, investimento social e impulso do emprendemento.Innovación nas nosas universidades unidas ás empresas, para contribuír á modernización dos nosos sectores estratéxicos. Os hospitais públicos en marcha e os novos centros de saúde, as novas prestacións nos colexios e institutos e os servizos sociais que se impulsen contribúen a achegar as persoas, porque ofrecen igualdade de oportunidades e xeran emprego e emprendemento. E acompañando cada galego que desexe saír ao exterior cos seus produtos e que reduza a dependencia da nosa economía do mercado nacional. O CIS recolle que a maioría d@s galeg@s prefire un cambio de goberno e suspende a súa xestión. Que opinión lle merece? Esa enquisa outorga maioría absoluta ao PPdeG mais, en todo caso, a única enquisa válida é a das urnas o 21 de outubro. Ata entón nós seguiremos explicando aos galegos o que fixemos estes catro anos e o que queremos facer, se nos volven dar a súa confianza. Somos conscientes de que aínda queda moito por facer mais, despois destes catro anos dunha política económica responsable, Galicia está preparada para iniciar o camiño do crecemento. Vostede gábase do control exemplar do déficit en Galiza, mais o informe do Consello de Contas pono en cuestión... Os mercados acreditan que Galicia é a comunidade máis solvente de España, que nos seguen dando crédito mentres a maioría das autonomías están pedindo ser rescatadas polo goberno central. E o Consello de política fiscal e financeira, que é quen determina ano tras ano o déficit de cada comunidade, acredita que Galicia é a comunidade con menor déficit de España. Sorpréndeme que algúns o cuestionen porque o do ano 2010 foi determinado por un goberno central socialista. Un membro destacado da súa candidatura en Pontevedra, Cores Tourís, está a ser investigado por un xulgado en relación ao presunto cobro de comisións a cambio de contratos cunha empresa vinculada a un ex-senador do seu partido. Tomarán algunha medida ao respecto?Non hai nin citación nin imputación da persoa á cal vostede se refire. |
NOS_3003 | Entre as demandas principais do persoal xudicial está a equiparación dos seus salarios, os máis baixos do Estado entre os territorios coa competencia transferida; o dereito a baixa médica sen penalización, pois perden a metade do soldo durante os primeiros tres días; ou o reforzo das prazas fixas, após a amortización dun cento delas nos últimos anos. Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 284. | As traballadoras e traballadores da xustiza galega decidiron este febreiro dar un paso definitivo polas súas condicións laborais. Logo de tres meses de negociacións sen avances, e de sufrir continuos recortes neste servizo público, a convocatoria dunha folga indefinida recibiu o apoio masivo do persoal dos xulgados. O protesto foi secundado por máis do 80% das empregadas e empregados xudiciais do país. Unha mostra, consideran as organizacións sindicais, do amplo malestar que existe entre as 2.600 persoas que conforman o cadro laboral. O comité de folga –que conta con representación das setes centrais do sector UGT, CIG, AXG-CUT, SPJ USO, CCOO, FeSP, CSIF e STAJ– recorda que foron numerosos os intentos durante as últimas semanas para acadar un acordo vía negociación. Unha porta que fechou o Goberno galego. A folga indefinida produciuse após tres paros parciais, derivados dos retrocesos na mesa de negociacións. Desde a convocatoria o 31 de xaneiro até o inicio da greve o 7 de febreiro, o comité unitario asegura que a Administración non fixo ningún achegamento para evitar a paralización dos xulgados, que durante estas primeiras xornadas de folga suspenderon centos de xuízos e trámites no país. Desde os sindicatos, consideran que as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, só enquistan máis un conflito onde as posicións están aínda afastadas. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 284, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
NOS_22361 | Concentracións en Ferrol e Madrid, fronte ao Ministerio de Exteriores, para defender o dereito de autodeterminación do Sáhara. | Centos de persoas concentráronse este sábado ante a sede do Ministerio de Exteriores, en Madrid, para defender a autodeterminación do pobo saharauí tras a mudanza radical na postura do Goberno español a respecto do status do Sáhara Occidental anunciado a pasada semana. Baixo o lema 'Non no meu nome. Sáhara non se vende, Sáhara decide', salientaron que o Estado español provocou o conflito "tras un proceso de descolonización inconcluso" e que, con esta nova posición, fica "do lado do ocupante marroquí". La solidaridad es la ternura de los pueblos. Pueblos soberanos para decidir su destino.Madrid grita #NoEnMiNombre "El Sáhara no se vende" "Sáhara libertad, Polisario Vencerá"#26MSaharaDecide #Autodeterminacion #PuebloSaharaui #SaharaOccidental #SaharaLibre ✊🏾🇪🇭 pic.twitter.com/Rl8LKjCKKL— Aby 🇪🇭 (@AthmanABY) March 26, 2022 Na mobilización puideron escoitarse proclamas como "España, atende, o Sáhara non se vende" ou o "Canto á liberdade" do ex deputado de Chunta Aragonesista no Congreso José Antonio Labordeta. Pola súa parte, o representante no Estado español da Fronte Polisario, Abdulah Arabi, acusou o Goberno español este sábado, nunha entrevista co xornal catalán Ara recollida por Europa Press, de converterse nun "refén en mans de Marrocos". O PSOE fica só no Congreso no seu xiro sobre o Sahara "Que democracia hai en Marrocos? Non se pode comparar unha autonomía en España ou Alemaña cun país feudal que moitos dos seus mozos queren abandonar. Iso é faltar o respecto á loita e a resistencia do pobo saharauí", dixo Arabi. Paralelamente produciuse outra concentración en Ferrol na defensa dos dereitos e da autodeterminación do pobo saharauí convocada por Esquerda Unida. Agora, Ferrol, Praza de Armas, concentración en apoio do Pobo Saharaui Libre. Grazas. pic.twitter.com/6y8BoiG8sE— suso basterrechea (@susobaster) March 26, 2022 Cómpre lembrar que esta sexta feira decorreu outra mobilización organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps). Mohamed Zerga, delegado da Fronte Polisario na Galiza, apuntou a Nós Diario que esta entidade é "o único lexítimo representante do pobo saharuí". Vigo mobilízase polo dereito a decidir do pobo saharauí |
NOS_34244 | O director do AECT Rio Minho solicita aos Gobernos "medidas económicas compensatorias" para reactivar o territorio miñoto con fondos europeos, estatais e galegos. | A AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial) Rio Minho propón a creación dunha 'tarxeta cidadá transfronteiriza' que evite que se repitan, entre outros, os problemas de mobilidade para as persoas traballadoras derivados do peche da fronteira con Portugal pola crise da COVID-19. O director da AECT, Uxío Benítez, realizou esta proposta nunha comparecencia conxunta dos alcaldes, alcaldesas e presidentes de câmara dos concellos do territorio miñoto na que se parabenizaron da vitoria conseguida ao terse autorizado a apertura das pontes de Arbo-Melgaço, Salvaterra-Monçao e Tomiño-Cerveira con fins laborais desde esta segunda feira. O proxecto piloto para crear unha 'tarxeta cidadá transfronteiriza' procura que se identifique a todas as persoas que viven no territorio "e que facemos a nosa vida, traballo, o noso lecer indistintamente de que esteamos nun estado ou noutro", para que no futuro, de se volver ter que pechar as fronteiras, ese peche non sexa efectivo para esa xente e se permita a mobilidade transfronteiriza . Benítez indicou tamén que a pandemia do coronavirus vai traer unha crise económica que no territorio do Miño "vai ser dobre" pola decisión de pechar as fronteiras o 17 de marzo. Por este motivo, instou as autoridades galegas, estatais, e europeas a que instrúan os procedementos económicos necesarios para que se compense ao territorio miñoto por ter tido as fronteiras fechadas igual que se tiveran centos de anos atrás. "As autoridades teñen que compensar a estes territorios porque nos impediron relacionarnos comercial e economicamente cos veciños do lado", destacou. De feito, puxo sobre a mesa a demanda de que no próximo cadro de fondos comunitarios 2021-2027 se faga un Investimento Territorial Integrado (ITI) no Río Miño e se dediquen diferentes tipos de fondos a facer un investimento enfocado no territorio . |
NOS_41905 | Xornada de contrastes para os equipos galegos de Primeira, Segunda e Segunda B. Celta e Lugo empataron e gañaron, respectivamente, mentres que na categoría de bronce o Pontevedra caeu ante Unionistas, Coruxo superou na casa o Salamanca e o Dépor perdeu en Riazor no derbi da xornada ante un Compostela que foi moi superior. | Que o Real Club Deportivo da Coruña está a vivir un dos peores momentos da súa historia non debe coller por sorpresa a ninguén. A centenaria entidade branquiazul está inmersa nunha, semella que interminábel, crise institucional, económica, social e deportiva que a levou en 12 anos de xogar en Europa a ocupar a súa peor clasificación histórica. Porque a derrota ante a Sociedade Deportiva Compostela en Riazor (0-2) provocou que os coruñeses sexan sextos na clasificación conxunta dos grupos 1A e 1B da Segunda B, por debaixo da quinta que ocupou na mesma categoría durante a tempada 1980/81 e da cuarta na Terceira División da 1974/75, época na que non existía a Segunda B. Disque cando tocas fondo só podes ir para arriba, mais nada fai prever unha reacción por parte dos da Coruña. Porque o Compos de Yago Iglesias parecía transmutado no Brasil do 70 ante un Dépor de De la Barrera que, se ben deixou atrás o fútbol quizais arcaico que caracterizou a época Vázquez, substituíno por unha estratexia que semellaba imbuída polos peores vicios do 'Guardiolismo': o pase polo pase e a posesión estática e inofensiva. Moito mellor que os coruñeses, aínda que non ao excelso nivel do Compostela, estiveron tanto Pontevedra como Coruxo. Os granates caeron pola mínima e de penalti ante o líder Unionistas e os de Vigo gañaron ao Salamanca (1-0). Sobrevivir sen Iago Aspas O Celta asinou ante o Eibar un satisfactorio empate (1-1) a pesar de ir por diante no marcador durante gran parte do partido. Porque os celestes sen Iago Aspas só aspiran a sobrevivir, e é o que fixeron ante o sempre rochoso conxunto armero. O de Moaña, practicamente recuperado, contará coa alta médica nos vindeiros días e Coudet agarda poder contar con el no choque do domingo ante o Granada, que necesita gañar para non desengancharse definitivamente do tren de Europa. O Lugo segue mirando o 'play-off' de ascenso Quen permanece amarrado con uñas e dentes ao play-off de ascenso a Primeira é un Lugo que conseguiu unha vitoria fundamental ante o Tenerife por dous goles a cero e, como acontece co Celta, o partido desta xornada ante un rival directo como é o Leganés resultará fundamental para os seus intereses futuros. |
PRAZA_9873 | A reforma da lei electoral de 2011 implicou a prohibición de inauguracións e accións para salientar "logros" dos gobernos dende a convocatoria formal dos procesos electorais. Os gabinetes dos partidos escrutan as axendas institucionais á procura de eventos propagandísticos. Nos actuais procesos electorais xa foron apercibidos a Xunta, o Goberno central e varios concellos | A reforma da lei electoral do ano 2011 trouxo consigo as comentadísimas mudanzas a respecto do voto emitido dende o estranxeiro, pero tamén limitacións ao que ata daquela era unha práctica habitual en gobernos de todo nivel e cor. Esa modificación vetou a celebración, dende a convocatoria formal de cada proceso electoral, de "calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos" con independencia de que estes poidan entrar en servizo. Tamén prohibiu "calquera acto organizado ou financiado (...) polos poderes públicos" destinado a promocionar "realizacións" ou "logros" dos distintos gobernos.A reforma da lei electoral de 2011 implicou a prohibición de inauguracións e accións para salientar "logros" dos gobernos dende a convocatoria formal dos procesos electoraisDende a entrada en vigor deste precepto os períodos electorais son terreo abonado para que os gabinetes dos partidos pólítico escruten as axendas e campañas das administracións onde non gobernan á procura de eventos, frases ou accións que encaixen no retrato da propaganda gobernamental prohibida dende a chamada ás urnas. Neste 2019 a prohibición é, a efectos prácticos, dupla. A venda de logros está vetada polas inminentes eleccións xerais do 28 de abril, pero tamén polas xa convocadas eleccións municipais do 26 de maio. Tamén para o Goberno galego, aínda que non haxa eleccións ao Parlamento de Galicia.Dende o inicio do período electoral previo ao 28A case todas as principais forzas políticas acudiron xa ás Xuntas Electorais con denuncias de actos, anuncios e mesmo frases que, ao seu xuízo, constitúen exercicios da propaganda vetada. Foi o caso das reclamacións presentadas por En Marea contra o presidente da Xunta e contra a Consellería de Facenda, ambas estimadas parcialmente.A Xunta Electoral viu "claras connotacións electoralistas" nas publicacións do Goberno galego sobre política turística e xestión financeira que denunciara En MareaNos primeiros días de abril a Xunta Electoral Central ratificou a retirada da web da Xunta e dos perfís institucionais de Twitter do Goberno galego varias referencias con "claras connotacións electoralistas" ao fío da concesión dos distintivos 'Q' de calidade turística, que o Executivo galego presentou como "resultado dun traballo colectivo entre a Xunta e as empresas". "Xuntos estamos construíndo unha mellor Galicia para visitar, que é tamén unha mellor Galicia para vivir", agregaban as publicacións.Nun sentido semellante a Xunta Electoral tamén viu "claras connotacións electoralistas" nas valoracións divulgadas por Facenda a respecto do superávit contable acadado polas arcas autonómicas no pasado ano. "Galicia segue sendo a comunidade de referencia tanto polo que se refire ao rigor como á solvencia das súas contas públicas", indicaba a nota de Facenda a respecto duns datos "moi positivos" que, sinalaba, evidenciaban que "Galicia cumpriu". Todas estas referencias a "logros" tiveron que ser retiradas de "inmediato" sen que a Xunta Electoral considerase pertinente impoñer sancións adicionais.Apercibimentos por visitas e publicacións nas redesNos mesmos días en que a Xunta foi apercibida polas súas referencias "electoralistas" tamén recibiu un requirimento semellante o delegado do Goberno de España, en Galicia, Javier Losada. No seu caso a reclamación formuláraa o PP da Coruña contra unha mensaxe da conta oficial da Delegación do Goberno en Twitter na que era reproducido o chamamento de Losada a que Feijóo "reme a favor de Alcoa e abandone o derrotismo", subliñando ademais a "destrución de 800 industrias e 7.000 empregos baixo a presidencia de Rajoy e Feijóo".A Xunta Electoral atendeu a reclamación do PP contra as palabras do delegado do Goberno central a respecto de Alcoa e a política industrial da XuntaEstas apelacións, así como as mencións ás "medidas de apoio ás empresas" polo Goberno de Pedro Sánchez, implica para a Xunta Electoral Provincial da Coruña unha "vulneración do principio de neutralidade dos poderes públicos durante o proceso electoral" fixado na devandita reforma da lei. Por iso a Delegación foi requirida para a retirada da mensaxe coa advertencia de que "se absteñan, no futuro de realizar actuacións prohibidas" pola lei electoral".Un apercibimento semellante, pero a instancias de Ciudadanos, foi o recibido por outros dous responsables socialistas. O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e a alcaldesa lucense, Lara Méndez, foron advertidos da necesidade de "abstérense" de realizar inauguracións despois de que Ciudadanos reclamase ante a Xunta Electoral polas visitas destes dirixentes ao ascensor público no barrio de Fontiñas que vén de entrar en servizo, así como a unha praza acabada de peonalizar e, no caso de Campos, tamén a unha residencia de maiores cuxa apertura ultima a Deputación.Ciudadanos levou á Xunta Electoral "inauguracións" do Concello e a Deputación de Lugo e o PSdeG fixo o mesmo cun acto de sinatura dun convenio organizado pola Consellería de Política Social e o Concello de OurenseNunha liña semellante foron advertidos tamén o alcalde de Sobrado, obrigado a adiar unha cea para toda a veciñanza ata despois da cita coas urnas do 26M tras denunciala o BNG local, ou a Deputación de Pontevedra por reproducir nas redes sociais institucionais comentarios eloxiosos da presidenta da institución, Carmela Silva, cara ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, no transcurso dun acto público. Outras reclamacións, non obstante, foron rexeitadas. É o caso da formulada polo PP contra o Concello da Coruña pola información divulgada a respecto da próxima demolición do viaduto na Ronda de Neelle.Ese mesmo apercibimento é o que o PSdeG quere que reciban o Concello de Ourense e mais a conselleira de Política Social, Fabiola García. Neste caso, os socialistas consideran propagandística e electoralista a difusión que realizaron en días pasados do acto de sinatura dun convenio para a futura construción dunha residencia de maiores na cidade. |
NOS_5260 | Trece librarías con sede en Pontevedra protagonizan a Festa dos Libros, "punto de encontro de escritoras e escritores, libreiros e libreiras, editoriais e amantes da lectura, espazo de descubrimento, de curiosidade, de aprendizaxe e de gozo". Será do 5 ao 7 de xullo na emblemática praza da Ferraría. | Aviones de Papel, Cao, Clip, Cronopios, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La nube de Papel, Luna Nueva Libros, Metáfora e Paz son as librarías participantes. 10% de desconto nos seus postos e sinaturas de autoras e autores distinguen esta cita, que atinxe a súa terceira edición consecutiva organizada polo Concello de Pontevedra. A maiores, presentacións, charlas, relatorios, recitais obradoiros ou mesas redondas farán parte dun programa (que se pode consultar íntegro no arquivo anexo) que contará coa presenza de escritoras como Fina Casalderrey, Emma Pedreira, Diana López Varela, Antón Lopo, Francisco Castro ou Eva Mejuto. A organización do evento salienta os actos de Manuel Rivas (sexta feira, 5 de xullo, ás sete da tarde) sobre os seus dous últimos libros, Vivir sen permiso e outras historias do Oeste e Contra todo isto, de Manuel Jabois, que falará da súa última novela, Malaherba, ou de Ledicia Costas (sábado, 6 de xullo, ás sete da tarde), con Infamia. A biografía de Castelao de Miguel Anxo Seixas, o debate Enfiando lecturas -con Antón Lopo, Adolfo Caamaño, Jorge Campos e Susana Sánchez Aríns ou As Miradas Cruzadas, en que Ana Cabaleiro -autora da novela As Ramonas- e Daniel Asorey -do libro de poemas Transmatria- procurarán "ideas en común" son outras actividades da Festa dos Libros de Pontevedra. |
PRAZA_2809 | A empresa que xestiona o comedor, Serunión, acumula varias denuncias polas condicións dos menús que serve nos centros escolares. En novembro, unha escola de Boiro detectou o mesmo problema | O CEIP de Frións, en Ribeira, denunciou este venres a presenza de insectos na comida que se servía no menú do comedor escolar, informa a web loqueyotedigo.net. De inmediato, as monitoras informaron á dirección do centro, que instou a que non se consumise, e que se puxo en contacto cos pais e nais do alumnado e coa Consellaría de Educación, que iniciou un expediente informativo. A empresa que xestiona este comedor é Serunión, a compañía máis importante do sector en España, e que xa foi denunciada polas condicións da súa comida en varias ocasións. O pasado mes de novembro, sen ir máis lonxe, atopáronse tamén insectos nos produtos servidos no colexio de Abanqueiro, en Boiro, segundo informa La Voz de Galicia. Cinco días despois, persoal do centro de ensino e tamén algúns proxenitores denunciaron que se repetiu o problema. Porén, dende a empresa só se confirmou o primeiro caso. O pasado ano Serunion foi multada polo Concello de Ferrol por usar aceite de xirasol e non de oliva, incumprindo así o seu contrato. Segundo explica a noticia publicada en loqueyotedigo.net, persoal da empresa adxudicataria dirixiuse ao colexio para interesarse polo sucedido, e indicou que as croquetas -o produto no que foron atopados os insectos- "non as elaboran eles directamente, senón que as teñen subcontratadas a outra empresa". Persoal de Serunion indicou que as croquetas "non as elaboran eles directamente, senón que as teñen subcontratadas a outra empresa" Este novo caso denunciado en Ribeira fai regresar o debate sobre a calidade da comida servida polos servizos de catering nos centros de ensino, un tema do que se falou moito a comezos de novembro, tralas deficiencias detectadas nos menús das empresas malagueñas Col-Servicol e Perea-Rojas, que obtiveran a concesión para xestionar os comedores de 20 centros en Galicia, servindo diariamente a 2.800 alumnos e alumnas. Son moitas as voces que critican a introdución destes servizos externos de comedor nos centros de ensino, e que reclaman a recuperación das cociñas nos colexios, ou de cociñas centralizadas a nivel dos concellos. Ou que cando menos se esixan un parámetros de calidade moito maiores ás empresas de catering, que aseguren a utilización de produtos frescos, de tempada e de proximidade, de xeito de os alimentos non percorran milleiros de quilómetros antes de ser servidos. Podes ler unha información máis completa en loqueyotedigo.net |
PRAZA_15911 | A dureza dos resultados das eleccións xerais encadeados cunha década de devalo electoral acenden as luces vermellas dunha reflexión inaprazable para a supervivencia do BNG, mais tamén por extensión do proxecto nacionalista. Malia o esforzo de apertura, primarias, renovación de caras e comunicación non conseguimos convencer os votantes de sermos a forza que o país necesita. De novo debemos comezar. | "Porque entre nós teremos que facelo Porque de novo debemos comezar" A dureza dos resultados das eleccións xerais encadeados cunha década de devalo electoral acenden as luces vermellas dunha reflexión inaprazable para a supervivencia do BNG, mais tamén por extensión do proxecto nacionalista. Malia o esforzo de apertura, primarias, renovación de caras e comunicación non conseguimos convencer os votantes de sermos a forza que o país necesita. De novo debemos comezar. O acelerado proceso de recentralización política impulsado polo PP e secundado polas outras forzas estatais, unido a un novidoso e intenso apoio mediático da axenda recentralizadora, fixo xirar o debate electoral fundamentalmente arredor de catro forzas estatais (PP, PSOE, Podemos, C's) deixando malparada unha parte relevante das forzas da esquerda nacionalista e estatal (EhBildu, GeroaBai, Més, IU...). O BNG non pode laiarse, ten que decidir como actuar nese contexto. Un contexto adverso sen dúbida, que non vai ceder, e no que a axenda económica, política, mediática e cultural preme nun sentido contrario ás nosas aspiracións. Os erros arrastrados do pasado, a incapacidade para dotármonos dunha organización inclusiva, as rupturas, a desconexión con amplas capas da poboación e desenfoques no discurso obrigan a cambios profundo Os erros arrastrados do pasado, a incapacidade para dotármonos dunha organización inclusiva, as rupturas, a desconexión con amplas capas da poboación e desenfoques no discurso obrigan a cambios profundos para manter o proxecto. Temos que encamiñar sen dilacións un proceso de refundación, tamén cambios no discurso e avaliar con flexibilidade as posíbeis alianzas electorais desde o mantemento da voz nacionalista. Por iso participamos con propostas no debate para facer do BNG un proxecto para abrir xuntos camiños de futuro no nacionalismo de esquerdas en Galiza. Camiñaremos coa forza que nos une. Hai que ser quen de abrir de inmediato un diálogo amplo e sen máis condicións que camiñar cara a un proxecto claramente nacionalista, de esquerdas e con militancia entre iguais No que respecta á refundación do proxecto nacionalista hai que ser quen de abrir de inmediato un diálogo amplo e sen máis condicións que camiñar cara a un proxecto claramente nacionalista, de esquerdas e con militancia entre iguais no que non haxa outros condicionantes en canto á forma de organización, o discurso e alianzas, que o encadramento nese espazo ideolóxico. Este proceso ten que ser acoutado no tempo, rematando antes do verán, para dar confianza á nosa base social, tendo en conta a súa opinión e buscando un revulsivo que non pode agardar máis. Facelo coa profundidade que require este momento non é cousa de tempo, é só cuestión de vontade. Sen medo a tirar tabiques e arranxar os teitos, facendo que todas e todos poidamos usar todo o espazo da casa, sen tutelas, con fraternidade e sendo conscientes da pequenísima distancia nas solucións reais para a cidadanía que teñen as profundas disquisicións teóricas detrás de cada valado. Somos o mar que derruba as súas cancelas. No discurso nacional é preciso diferenciar o horizonte estratéxico de soberanía para o noso país do camiño, longo e traballoso, para alí chegar Os cambios no discurso pasan por integrar na acción política as reflexións en canto ás demandas da maioría social en dous planos. No discurso nacional é preciso diferenciar o horizonte estratéxico de soberanía para o noso país do camiño, longo e traballoso, para alí chegar. Un camiño que pasa pola coa construción progresiva do discurso nacional (como en Cataluña, como en Escocia) guiado pola acción positiva, a autoestima, a defensa de maiores cotas de autogoberno e a percepción concreta de como afecta á falta de autogoberno ás condicións de vida dos galegos e galegas. No discurso social entendemos que existen capas grandes da poboación (precariado, mulleres, mocidade...) nunhas condicións de vida e laborais moi duras que teñen que estar no centro do noso discurso político e da nosa acción institucional e social e, tamén, que a forma de intervir política e electoralmente desas persoas toma novas formas e reclama con urxencia o cambio polo que temos que mudar para lles ser de utilidade. E temos que construír unha mensaxe política que visibilice o noso proxecto para unha sociedade, hoxe maioritariamente urbana nas vivencias, na que hai igualmente sectores sociais dinámicos que, malia as políticas actuais, pulan por facer país. Tamén son precisos cambios no xeito de participar nos movementos sociais cun recoñecemento e superación dos erros cometidos no pasado e a apertura de novas vías de participación social. Finalmente a nosa estratexia electoral ten que combinar a garantía da presenza institucional, necesaria para transformar a sociedade, co mantemento da voz diferenciada do proxecto nacionalista, formulando unha proposta de alianza electoral que garanta o cambio político en Galiza no horizonte dunha sociedade máis xusta e dona de si mesma. Sen cativeces, desquites e retrovisores. Coa finalidade de que a reflexión na que estamos leve a todos os que están, os que estiveron e os que están por vir a traballar con altura de miras para re-construírmos o espazo da esquerda nacionalista coa súa diversidade e pluralidade e sobre todo para facer prender o noso discurso na sociedade. Facendo unha aposta de futuro para o proxecto nacionalista. Entre nós teremos que facelo. Activando o sentimento de pertenza e a vontade de transformación que peta no corazón de tanta xente, moito máis alá dos límites das nosas siglas ou da nosa base electoral, cando cantamos con Mini, Navia e Nao que este soño é necesario. |
NOS_39068 | O xurado, constituído por Fernando Ramallo, Adrián Lede, Noemí García, Sonia Méndez e Esther Estévez, escolleu como finalistas na categoría de Youtubeira a Olanxonmario, Neeumatiko e Cousxs. Os dous primeiros tamén aspiran a levar a galardón de Canle, xunto a O Son das ideas. | Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para as súas doce categorías. En total, 35 propostas disputaranse os galardóns desta quinta edición e as persoas gañadoras daranse a coñecer o próximo 26 de novembro. Ese día, ás 20 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) acollerá a gala de entrega dos Premios Youtubeiras, que presentará o grupo Tanxugueiras. Desta quinta edición, a organización destaca dous trazos fundamentais comúns dos vídeos e canles participantes nesta edición: un "notábel aumento na calidade técnica e de contidos" e "unha importante ampliación das temáticas tratadas". Os videoblogs, os deportes, as viaxes, a identidade, a sexualidade, a cociña, os xogos e a música son os principais asuntos que se abordan con máis regularidade entre as youtubeiras e youtubeiros, que constitúen unha "comunidade en pleno proceso de expansión e consolidación". Explicouno así Carme Pereiro, coordinadora dos Premios Youtubeiras, na conferencia de prensa para presentar a gala e anunciar a relación de finalistas, na que tamén participaron Escarlata Pampín, concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames; María Muíño, deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, e o grupo Tanxugueiras. O xurado, constituído polo sociolingüista Fernando Ramallo, o xornalista Adrián Lede, a profesora de lingua galega Noemí García, a realizadora e directora do Carballo Interplay Sonia Méndez e Esther Estévez, xornalista e responsábel do #DígochoEu da Televisión de Galiza, reuniuse en Pontevedra a semana pasada para escoller a relación de finalista en once das doce categorías, xa que o Premio do Público vén determinado polos votos emitidos polos/as internautas nas redes sociais de Youtubeiras. As deliberacións do xurado determinaron que Olaxonmario, Neeumatiko e Cousxs sexan as finalistas do Premio Youtubeira/o/e 2021. Os dous primeiros, ademais, aspiran xunto a O Son das Ideas a facerse co galardón á canle. Na categoría de vídeo, os finalistas son: Por que non entendo o portugués? Co @Portuguese whit Leo, vídeo de Olaxonmario; A nova bomba de Tanxugueiras, vídeo de Cousxs, e Educación Franquista, vídeo de Pradorua. Estes tres galardóns contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto de categorías é de 500. Para o Premio do Público, os finalistas son: Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia, da canle Orgullo Galego; Amemos o noso,de Xabi Gómez, e El cuarteto de IBAI" - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA),Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola. As propostas que acaparan o maior número de finalistas son as seguintes: Olanxonmario aspira en total a facerse cos premios en cinco categorías (canle, youtubeira, vídeo, impacto e creatividade). O mesmo número de galardóns aos opta Neeumatiko (canle, youtubeire, calidade lingüística, impacto e didáctico) e tamén Cousxs (youtubeira, vídeo, calidade lingüística e premio musical). O Son das Ideas pelexa por tres premios (canle, técnica e creatividade). |
NOS_37770 | Cartos públicos destinaranse a que centros educativos de Vigo e A Coruña onde se separa o alumnado por cuestión de sexo volvan estar concertados. | A Xunta repón os concertos con centros que segregan por sexo. E faino mediante unha disposición publicada no DOG neste 18 de agosto (en pleno verán) e grazas a un resquicio legal da Lomce. Cartos públicos en plena vaga de recortes no ensino van ser destinados a centros educativos do Opus Dei onde se separa a alumnos e alumnas. Malia que sentenzas do propio Tribunal Supremo a comezos de verán e do TSXG en 2013 anulasen os concertos da Xunta con estes centros, neste novo curso eses centros volverán ser concertados. E volven porque estes catro centros (eran cinco, mais un deles está a cambiar a ESO pola FP) apelan á Lomce, na que se estabelece que aqueles colexios os que se lle retiraron axudas alegando discriminación por separar nenos e nenas poden volver ser concertados se así o solicitar. Desde o goberno galego non se aclara cantos cartos destinará a estes catro centros do Opus Dei para o vindeiro curso escolar. O PP: "Neses centros non se discrimina" O vice-portavoz do Grupo Parlamentario do PPdeG, Román Rodríguez, apoiou que a Xunta devolva estes concertos e afirma que nestes centros "non discriminan a ninguén". "A Xunta está actuando como ten que facer", enfatizou o deputado do PP. CIG: "fondos públicos para empresas privadas e ensino ultra-reaccionario" Desde a CIG denuncian que "mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado segue a incrementar o número de unidades concertadas con centros privados, incrementando así os fondos públicos para financiar empresas privadas". O secretario nacional da CIG-Ensino manifestou que "é totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino. Desde a CIG-Ensino denunciamos esta intención permanente desta Consellaría en desprestixiar o ensino público e favorecer o privado". Argumentos O Tribunal Supremo anulara en xuño os concertos educativos da Xunta de Galiza con 5 colexios privados que escolarizan a alumn@s con segregación por sexos. A Sala do Contencioso-Administrativo estimaba así o recurso de casación da CIG e declaraba a nulidade da orde da Consellería de Educación do 26 de agosto de 2009 na parte que afecta á concesión de axudas dos centros docentes privados Peñarredonda, Montespiño, Aloya, Las Acacias e Montecastelo. Segundo a sentenza do Supremo "non poden comprometerse fondos públicos, pola vía dos concertos educativos, máis alá dos presupostos previstos" pola Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio na que se inclúe "o sexo entre as causas polas que non se poderá discriminar" o alumnado. |
NOS_51904 | Golpe ao Goberno galego: o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza di na súa sentenza que non se pode delegar en Tragsatec a realización dos informes para autorizar obras. | Hai practicamente un ano a CIG presentaba un recurso na sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) contra a Consellaría de Cultura por realizar reiteradas encomendas de xestión que ascenden a 1.685.904 euros desde 2018. A organización sindical xudicializaba a externalización de servizos por parte da Administración galega no ámbito de Patrimonio, logo de que profesionais do sector da arqueoloxía denunciasen en varias ocasións a contratación de persoal á empresa pública estatal con sede en Madrid Tragsatec, filial de Tragsa, para a elaboración dos informes sobre o impacto das obras que afectan a bens do patrimonio cultural. Como sinalara no seu momento a Nós Diario o arqueólogo Julián Bustelo, o asunto radica en que "no canto de crear novas prazas de funcionariado o que se fai é encomendarlle a Tragsatec o traballo que este persoal debería asumir". Ademais, criticaba que "o traballo, que debería desenvolver unha persoa logo de superar un proceso selectivo determinado" rematase "noutra que é contratada por unha determinada compañía de modo discrecional, pois o que fai a Administración con esas encomendas a Tragsatec é librarse dos procesos de licitación que doutro modo debería levar a cabo". Golpe ao Goberno galego Agora, a Xustiza conclúe que non se pode delegar en Tragsatec a realización dos informes para autorizar obras, pois desminte que sexa certo que a Administración non conte "con medios propios suficientes", pois tal e como reflicte o TSXG na sentenza a lista de substitución de arqueólogos "estaba conformada en febreiro de 2021 por 132 aspirantes a ser contratados", razón pola que "a insuficiencia de medios humanos dispoñíbeis" é un "feito desvirtuado". Tamén confirma a falsidade de que, polo contrario, Tragsatec si contase con eses medios, pois "da proba documental practicada despréndese que dos 17 traballadores destinados por Tragsatec a esta encomenda que nos ocupa, tan só unha, a coordinadora dos traballos, era parte do cadro de persoal indefinido da empresa. Os 16 empregados restantes foron contratados temporalmente 'ad hoc' para a encomenda e non formaban parte do cadro de persoal, sendo contratados ao amparo da modalidade de obra ou servizo determinados ou baixo contrato en prácticas". "Este feito demostra a falta de veracidade do informe de suficiencia de medios achegado por Tragsatec cando afirmaba que a sociedade contaba dentro do seu cadro de persoal con persoal técnico de cadro acorde co especificado no encargo", engade o TSXG na sentenza. Este, ademais, apunta que, a "actividade de informe era susceptíbel de ser desenvolvida con empregados públicos, tanto funcionarios de carreira como interinos", e que Tragsatec "non ten" entre as súas funcións facer eses informes. Por todo iso estimaron o recurso contencioso-administrativo da CIG contra a resolución de 21 de decembro de 2020 da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e anularon a encomenda de xestión a Tragsatec. |
NOS_25067 | O CPI Afonso VII de Caldas de Reis aproveitou o 904 aniversario da coroación deste soberano para convocar o I Premio Literario Afonso VII Rei de Galiza para escolares de Primaria e da ESO. | Un día coma onte, 17 de setembro, de 1111 coroábase na catedral de Santiago de Compostela o novo soberano de Galiza, Afonso VII, con tan só sete anos de idade. Para recordar este acontecemento, o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Afonso VII de Caldas de Reis convoca este galardón ao que poden presentarse alumnos e alumnas de primaria e da ESO de calquera lugar do mundo. O tema do premio é recrear literariamente, de forma libre e imaxinativa, o día da coroación do pequeno Afonso VII en Compostela. Segundo as bases, os traballos deben estar en lingua galega e han de ser orixinais e inéditos. Poden presentarse en prosa, verso ou en formato teatral. O prazo máximo de recepción dos traballos é o 11 de xaneiro de 2016 e os premios daranse a coñecer o 1 de marzo, con motivo do aniversario do nacemento en Caldas de Reis de Afonso VII. |
NOS_58385 | Todos os consellers asinarán o decreto que habilita a consulta vinculante nun acto solemne no Parlament de Catalunya. | O debate e votación da lei de referendo no Parlament de Catalunya acumula varias horas de retraso sobre as previsións que se manexaban con anterioridade ao inicio deste pleno. O retraso, porén, non mingua a vontade da maioría soberanista na Cámara de aprobar esta lei. A partir de entón, e segundo informa Nació Digital, o seguinte paso é que o goberno catalán en pleno asine o decreto de convocatoria do referendo do 1 de outubro, tan pronto a aprobación da lei figure no Boletín Oficial do Parlament. A intención de Junts pel Sí e CUP é que se nomeen xa as cinco persoas que farán parte da sindicatura electoral cos seus respectivos suplentes. Os nomes xa están acordados, segundo ND, mais non se deron a coñecer aínda. O Parlament aprobou o debate exprés da leim de referendo nun pleno tenso e moi crispado por momentos. A oposición tentou sen éxito frear a tramitación da norma que abre as portas á consulta do 1-O. |
NOS_26152 | O xerente do Sergas explicou que se está facendo unha investigación de máis posíbeis contactos. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este domingo de que detectou un brote de coronavirus con nove afectados que deron positivo nas probas PCR, polo momento, nas vilas de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, na comarca do Barbanza. O xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, explicou nunha rolda de prensa esta tarde que se está facendo unha investigación de máis posíbeis contactos. "Este brote xera preocupación", recoñeceu, para agregar que as autoridades sanitarias fican "atentas" a súa evolución, para salientar que o o sistema de rastrexo da COVID-19 "semella ter funcionado" porque lles permitiu buscar contactos e realizar probas nun prazo "moi curto". Dos 9 positivos confirmados, 8 pertencen a Ribeira e 1 á Pobra do Caramiñal. Todos presentaron unha sintomatoloxía leve e non precisaron hospitalización, segundo apuntou o xerente. Son persoas do círculo familiar e de amizade da familia na que se rexistrou o primeiro caso. A persoa que se considera posíbel orixe deste grupo de infeccións é un home que viaxou desde O Brasil co estado de alarma aínda vixente, que deu negativo na PCR pero ao que se lle fixo unha proba serológica que mostrou a presenza de anticorpos, o que indica que a súa infección está xa "resolta". Outros 15 contactos deron negativo O primeiro caso detectouse na sexta feira e outras 15 persoas ás que se lles fixo a proba deron negativo, pero seguen estando vixiadas. Estes contactos deberán permanecer un mínimo de 15 días nos seus domicilios en confinamento, segundo manifestou Fernández-Campa, que compareceu xunto ao director xeral de Saúde Publica, Andrés Paz-Ares. A Plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica detectou a aparición destes 9 casos positivos e vinculounos a este caso importado do Brasil, que chegou a Galiza a principios do mes de xuño após unha viaxe en avión vía Lisboa, e actuou como vector de contaxio sobre a súa filla, que foi a que deu o primeiro positivo. Fernández-Campa lembrou á cidadanía a necesidade de continuar aplicando as medidas hixiénico-sanitarias estabelecidas desde o inicio da pandemia da COVID-19, con especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras naqueles espazos onde non é posíbel gardar a distancia social de seguridade. |
NOS_38132 | A remuneración das persoas asalariadas en Galiza en mínimos históricos mentres as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros. | As contas e balanzos das empresas apontan a que hai una recuperación económica mais as nóminas das traballadoras e traballadores, non. Houbo, pois, un transvase de rendas desde as persoas asalariadas ás empresas. O que se reflicte na propia contabilidade trimestral que publica o Instituto Galego de Estatística e que debulla o sindicato UXT. Os salarios dos traballadores e traballadoras representaban en 2008 case 47% do PIB mentres que as empresas percibían 45%. As rendas de traballo, pois, ocupaban o primeiro lugar. Mais agora a poboación asalariada pasou a percibir 42,7% mentres que o empresariado, 47,3%. Hai pois unha caía de 4,2 puntos no reparto do PIB para as persoas asalariadas e os beneficios empresariais aumentaron en 2,3 puntos. En resumo, os traballadores e traballadoras perden máis de 1.250 millóns de euros mentres as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros. En resumo, os traballadores e traballadoras perden máis de 1.250 millóns de euros mentres as rendas empresariais gañan 2.653 millóns de euros. No conxunto do Estado deuse tamén esa tendencia mais dun xeito moito menos ausado que no noso país. De feito, as rendas salariais continúan a estar no PIB por riba das rendas empresariais. En Galiza non. "As empresas saíron da crise hai tempo, recuperando os niveis de beneficios anteriores ao ano 2008 pero non así as persoas traballadoras, ás que aínda lle falta moito para recuperar os niveis salariais previos á crise", sosteñen desde a UXT. |
PRAZA_752 | Lector apaixonado de cadriños, Agustín Fernández Paz foi pioneiro da incorporación do cómic ás aulas. Entrevista de Eduardo Maroño | A banda deseñada galega atópase no que probablemente sexa o mellor momento da súa historia. Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) foi testemuña da súa evolución dende a precariedade de medios e o voluntarismo dos anos 70 ata a brillante etapa actual. Lector apaixonado de cadriños, o escritor vilalbés foi pioneiro da incorporación do cómic ás aulas e levou a cabo un entusiasta labor coma divulgador do medio que lle valeu o Premio Ourense de Banda Deseñada en 1992. Unha faceta pouco coñecida da súa traxectoria que repasamos nesta conversa. "O cine dos pobres, tenlles chamado alguén, e hai moito de verdade niso. Xunto cos escasos libros, a radio e os relatos orais, eran a vía para satisfacer a nosa necesidade de ficcións" Imaxino que comezaches a ler cómic na túa infancia. Que lembranzas tes daquelas primeiras lecturas? Na miña casa, os cómics tiñan unha presenza importantísima. Líaos toda a familia, e algúns deles suscitaban moitos comentarios entre nós. Mercabamos tebeos na medida das nosas posibilidades, que eran poucas; mais había un intenso mercado secundario: os cambios e os préstamos. Deste xeito, sempre había tebeos novos para ler. O cine dos pobres, tenlles chamado alguén, e hai moito de verdade niso. Xunto cos escasos libros, a radio e os relatos orais, eran a vía para satisfacer a nosa necesidade de ficcións. Sobre a dimensión social que tiñan naqueles anos, escribín un ensaio, O cesto do Beti, que está recollido no meu libro O rastro que deixamos. Dos meus favoritos, citarei El Capitán Trueno, El Hombre Enmascarado, Flash Gordon, El Inspector Dan, Batman, Hazañas Bélicas... Dos de humor, máis que as revistas, salientabamos os personaxes: Carpanta, Las hermanas Gilda, La familia Ulises, Doña Urraca... El invierno del dibujante, de Paco Roca, recolle moi ben o contexto en que naceron estes personaxes. Apocalípticos e integrados ante a cultura de masas, de Umberto Eco, fixo que, cando menos en determinados círculos, os cómics deixasen de ser algo vergozante e acadasen un certo status Ao contrario do que resultaba habitual naquel tempo, os cómics non foron só un entretemento de infancia, senón que seguiches a ler banda deseñada na idade adulta. Que lembras deste tránsito? Contra o que era habitual, non os abandonei na adolescencia. Foron anos de lectura de libros, pero os cómics --e as novelas de quiosco-- convivían con eles con naturalidade. Non todos, xaora, senón aqueles que admitían unha lectura máis alá do infantil: desde Flash Gordon a Anacleto, agente secreto; desde Hazañas Bélicas a El Hombre Enmascarado; desde Tintín a Astérix... E tamén Superman e Batman, agás nos anos en que Fraga Iribarne os prohibiu por provocaren nos nenos confusión coa figura de Deus. Máis adiante comezaron a chegar outros cómics que ampliaron o panorama, sobre todo a través da editorial Buru Lan: Príncipe Valiente, Rip Kirby, Cinco por infinito, o Flash Gordon de Alex Raymond... E a revista El Globo, con materiais USA que xa ofrecían un cómic moi distinto. E non quero esquecer a revista Trinca, onde publicaron autores españois que tamén se dirixían a un lector adulto (coma tal, Haxtur de Víctor de la Fuente ou Manos Kelly de Hernández Palacios). Tamén comezaban a aparecer os cómics da Marvel, aínda que en edicións moi precarias. E hai que salientar a aparición dun libro decisivo: Apocalípticos e integrados ante a cultura de masas, de Umberto Eco, que Lumen publica en 1965 e eu leo tres anos despois. O libro de Eco fixo que, cando menos en determinados círculos, os cómics deixasen de ser algo vergozante e acadasen un certo status. Había unha oferta de obras interesantes para un adulto lector de cómic nos anos 60-70? Xa comentei antes que a oferta de calidade era escasa, como escasa era tamén a miña situación económica. E para conseguir o pouco interesante que nos chegaba era preciso andar á caza del polos quioscos, que eu exploraba minuciosamente. Houbo que agardar ata finais dos anos sesenta para que os cómics --como a novela negra, ou de ciencia ficción, ou de terror-- deixasen de estar mal vistos nos ámbitos progresistas. Así que, en moitas ocasións, os cómics ou a novela de xénero eran como "vicios ocultos" que eu mantiña no ámbito privado. Foi nos anos setenta, sobre todo tras a morte de Franco, para que estes xéneros comezasen a saír da marxinación. "Houbo que agardar ata finais dos anos sesenta para que os cómics -como a novela negra, ou de ciencia ficción, ou de terror- deixasen de estar mal vistos nos ámbitos progresistas" Como mudou a situación coa chegada da democracia? A partir da morte de Franco, o camiño que foran abrindo El Globo, Bang-Troya ou Star lévanos á etapa dourada das revistas: Totem, 1984, Comix Internacional, El Víbora, Rambla, Cimoc, Cairo, Metal Hurlant... Por medio destas publicacións, chéganos unha boa parte do cómic que se fixera noutros países en anos anteriores: Corto Maltés e outras creacións de Hugo Pratt, Moebius, Richard Corben, Comés, Christin e Enki Bilal, Muñoz e Sampayo, Tardi, Breccia... A isto uníase a redescuberta de clásicos como Little Nemo ou Spirit e, sobre todo, a edición das novas fornadas de autores que comezaban o seu camiño, desde Miguelanxo Prado ata Daniel Torres. Unha festa para os adultos que amabamos os cómics, non dabamos mercado e lido tanto material ao noso alcance! Isto veu acompañado da edición de diversos libros teóricos sobre os cómics, como os de Luis Gasca, Román Gubern, Juan Antonio Ramírez, Antonio Martín, Javier Coma... E así, case sen querer, ademais dun apaixonado pola banda deseñada, acabei convertido nun bo coñecedor da súa linguaxe. "Desde 1979, que é cando os do Colectivo Avantar publicamos o primeiro libro da serie O Noso Galego, comecei a abordar a utilización didáctica do cómic, trasladando ao papel o que facía na aula" En 1984 publicas un Para lermos cómics, un libro divulgativo sobre a banda deseñada, a súa historia, linguaxe e recursos dende unha perspectiva galega. Que che moveu a elaborar este traballo? En anos anteriores (o primeiro creo que é de 1975) eu fora publicando artigos en diversos lugares, explicando a linguaxe dos cómics e defendendo a súa lectura. E desde 1979, que é cando os do Colectivo Avantar publicamos o primeiro libro da serie O Noso Galego, comecei a abordar a utilización didáctica do cómic, trasladando ao papel o que facía na aula. O libro que citas responde a unha colección divulgativa que promovía Xavier Senín desde a Consellería de Cultura: uns manuais breves e de linguaxe sinxela pensados para calquera lector. Senín pediume un sobre cómics, e de aí saíu ese libro, unha achega á socioloxía e á linguaxe da banda deseñada. Ti fuches docente. Empregaches a banda deseñada como instrumento educativo? Que posibilidades lle ves ao medio neste eido? Desde o ano 1976 en adiante, empreguei a banda deseñada como unha ferramenta esencial nas miñas clases de lingua. E, ano a ano, a experiencia levoume a experimentar novos camiños e a madurar as miñas ideas didácticas. Foron moitos os cursos que, en Galicia e fóra dela, impartín sobre a utilización didáctica da BD. Todo iso, aínda que máis sintetizado do que me gustaría, quedou reflectido no libro Os cómics nas aulas que, se cadra por saír antes de tempo, non tivo tanta acollida como agardaba. Sobre as posibilidades educativas, hai que enmarcalas na utilización dos medios de comunicación na aula (xornais, radio, vídeos, cine, cómics...). Creo que o estudo da súa linguaxe e a realización práctica de modelos escolares deses medios constitúe un aspecto esencial do traballo docente. Fuxindo, iso si, de caer na copia e nos estereotipos do mercado, unha práctica que, por desgraza, aínda segue viva. Hai uns anos Antonio Seijas publicou unha adaptación á banda deseñada do teu libro Cartas de inverno. Que xuízo che merece o traballo de Seijas? Eu coñecía o traballo de Antonio Seijas, léralle polo menos dous álbums. Cando me falou de que estaba interesado en adaptar Cartas de inverno, a min pareceume moi ben. Así que a miña intervención limitouse a algunhas conversas e máis nada. O guión é del, así como a realización práctica. Eu quedei satisfeito co resultado, xa o digo nun breve prólogo que escribín: está baseado nunha novela miña, pero é unha obra que Seijas soubo facer súa e trasladar moi ben á linguaxe da BD. Creo que o resultado é moi estimable. Coñecida a túa afección pola banda deseñada e sendo como es escritor, nunca tiveches a tentación de escribir unha historia para ser publicada directamente como cómic? Agás algunhas curtas colaboracións con Xan López Domínguez, non se me presentou a posibilidade de colaborar con ninguén como guionista, que é o que eu podería facer ben. "No proceso da escrita están presentes todas as lecturas (e todo o cine) da miña biografía; é inevitable, xa que logo, que estean tamén os cómics" E consideras que as túas lecturas de banda deseñada influíron na túa escrita? No proceso da escrita están presentes todas as lecturas (e todo o cine) da miña biografía; é inevitable, xa que logo, que estean tamén os cómics. E non me refiro só ao superficial, como pode ser a inclusión dalgúns heroes do cómic como personaxes de relatos: Spiderman, Batman. Eu creo que sobre todo están presentes nos argumentos e no desenvolvemento das tramas. Os ecos de tantas páxinas de BD andan polos meus libros. "Co transcorrer dos anos fun vendo como aparecían novos colectivos que se expresaban a través de fanzines cada vez máis elaborados, ata chegar á eclosión destes últimos tempos" Que opinión che merece a banda deseñada galega actual? Eu coñecín os anos en que a BD galega era, sobre todo, unha aspiración de futuro. Autores como Xaquín Marín, ou os do Grupo do Castro ou o Colectivo Xofre foron os primeiros gromos do que veu despois. Co transcorrer dos anos fun vendo como aparecían novos colectivos que se expresaban a través de fanzines cada vez máis elaborados, como se creaban revistas que, malia a súa curta vida, ían sinalando o camiño... ata chegar á eclosión destes últimos tempos, coa consolidación de autores que, con seguridade, aínda nos han agasallar con obras excelentes (e penso en xente como Alberto Vázquez, David Rubín, Fran Jaraba, Jacobo Fernández, Manel Cráneo, Antonio Seijas, Kiko da Silva, José Domingo, Fran Bueno... e os que me quedan! Non sei se se pode falar de Idade de Ouro, mais nunca antes houbo un potencial tan grande. Hai feitos relevantes que axudaron a percorrer ese camiño: a celebración de Viñetas desde o Atlántico, o Premio Castelao de BD, a creación de editoriais específicas (El Patito Editorial é o paradigma), a atención que lle prestan as editoriais xeneralistas, ó éxito de ben autores máis alá do ámbito galego, a creación d'O Garaxe Hermético... E, xaora, o papel referencial que cumpre un autor excepcional como é Miguelanxo Prado. E o cómic en xeral, que opinas da súa evolución en todos estes anos? Confeso que, desde hai varios anos, xa me resulta imposible estar ao tanto do que se publica e das tendencias novas que xorden. Hai, iso si, fenómenos evidentes, como é a consolidación do que agora chaman "novela gráfica", que rompe as costuras dos álbums tradicionais, e a multiplicidade de temáticas, algunhas delas impensables hai algúns anos. Para un lector adulto, a oferta é extraordinaria. Pode dicirse que cada ano aparecen uns cantos títulos que merecen perdurar; outros, non: hai moitos argumentos repetitivos que non achegan nada novo. "Creo que o Ardalén de Miguelanxo Prado é o equivalente ao que significou Citizen Kane no cine" Galegos ou non, cales son os teus autores de cómic predilectos e as túas obras de cabeceira? En primeiro lugar, Miguelanxo Prado, e non o digo porque sexa galego. Creo que o seu Ardalén é o equivalente ao que significou Citizen Kane no cine. Saliento tamén a Enki Bilal, sobre todo os álbums feitos con Pierre Christin (como As falanxes da Orde Negra ou O barco de pedra), e boa parte do traballo de Hugo Pratt e Moebius. Admiro tamén a Alan Moore (Watchmen ou From Hell son extraordinarios) e a Étienne Davodeau. Dos españois, Max, xa desde os tempos de El Víbora, Carlos Giménez e Paco Roca. Ademais deses autores, hai logo diversos títulos que releo con gusto: Maus, de Art Spiegelman; Little Nemo in Slumberland, de Windsor McCay; Príncipe Valiente, de Harold Foster; algúns álbums de Tintín ou de Spirit... E, como antes dixen, cada certo tempo bates con títulos que, por unha ou outra razón, salientan por riba da media. Coma tal, Predicador (Garth Ennis e Steve Dillon), Los años dulces (Jiro Taniguchi), Logicomix... Por fortuna, hai moito bo para ler! |
NOS_6034 | Unha iniciativa que se desenvolve entre 2020 e 2021, promovida pola bailarina e coreógrafa Paula Quintas e o Concello da Estrada co apoio de Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais). | Esta fin de semana decorre no Concello da Estrada o programa de danza "6 Coreógrafas", unha iniciativa promovida pola bailarina Paula Quintas na procura da "reactivación de espectáculos". Un programa que se iniciou en 2020 e que vive agora a súa segunda parte, entre o 23 e o 25 de abril, "cunha mostra de seis espectáculos de creadoras galegas en formato de solos, tanto de rúa como escénicos". A danza daba os seus primeiros pasos na alameda da localidade ás 19.30 horas do serán de onte co espectáculo Miñaxoia, de Clara Ferrao. Unha hora máis tarde, ás 20.30, tamén se iniciaba a danza no Teatro Principal da Estrada con Bailar agora, de Marta Alonso e creado en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). O sábado é a quenda de Begoña Cuquejo e Paula Quintas. A primeira levará até a Alameda, ás 19.30 horas, o seu espectáculo Castr@, un proxecto que pretende vencellar a creación e a memoria histórica e no que se combina a danza presencial coa realidade aumentada. A organizadora de "6 Coreógrafas", Paula Quintas, representa no Teatro Principal o seu solo de danza Plastic. "Igual que o plástico pode ser un espazo para gardar, tamén o corpo recolle no seu interior experiencias e emocións". O feche do programa quedará nos bailes de Alejandra Balboa e Andrea Quintana, que amosarán os seus espectáculos o domingo 25 de abril na Alameda, ás 19.30 horas, e no Teatro Principal ás 20.30, respectivamente. Vertebrata é a peza que representa Balboa, "unha viaxe emocional na que corpo é movido polo ruído que o habita". Andrea Quintana achégase con O raro é que bailar sexa raro, do Colectivo Vacaburra. Un espectáculo de reivindicación de que a danza desestabiliza as lóxicas da palabra e ameaza a linguaxe normativa". |
NOS_30422 | A obra 'Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia', de Rafael Quintía resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016. | O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 3.000 euros e será publicado pola Editorial Galaxia durante o próximo ano, trata o tema da apropiación por parte do cristianismo dos mitos célticos, neste caso exemplificados a través das múltiples Santas Mariñas en Galiza. Segundo a editorial Galaxia, organizadora do premio, o ensaio "está escrito nunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polas transformación históricas que converteron os espazos, fontes, árbores e lagoas sagradas en lugares de culto cristián". A editora tamén destaca "a inserción do ensaio nunha tradición que chanta as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos, documentando unha variedade dos diferentes aspectos da antropoloxía cultural de Galiza". O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado por Marilar Aleixandre, Luís Alonso Girgado, Uxío Labarta Fernández, Inma López Silva e Carlos Lema, como secretario con voz e voto. Galaxia tamén destaca "a inserción do ensaio nunha tradición que chanta as súas raíces no traballo do Seminario de Estudos Galegos, documentando unha variedade dos diferentes aspectos da antropoloxía cultural de Galiza" Rafael Quintía Pereira (Vigo, 1971) é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Tamén foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e leva 25 anos vencellado ao asociacionismo e á dinamización sociocultural.Gañou o XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) polo seu traballo 'Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega', así como o III Premio de investigación Luís Cuadrado (2010) polo seu traballo 'A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo'. É autor dunha decena de ensaios, entre eles: 'Monte das Croas. Antropoloxía dun castro' (2016), 'Análise estrutural e simbólica do ito da Moura' (2016), 'La historia de Galicia en 50 lugares' (2015), 'Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos' (2015), 'Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas' (2014), 'Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega' (2013), 'A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero' (2011) e 'Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica' (2010). O autor mantén un blog no que vai publicando os seus achados titulado Á sombra de Bouza Banda. |
NOS_1257 | Nos últimos meses da súa vida, Xohana Torres estaba inmersa na escrita dun libro que, talvez, xa consideraba unha despedida. O seu pasamento non permitiu que o rematase, mais Engaiolarte Edicións publica agora os poemas acabados nun volume que permite asomarse ao seu proceso de creación. | "Asistir en directo ao milagre da creación literaria". Así describe Xosé Fernández Puga, o editor de Últimas tardes con Xohana, o proceso de xestación dun libro que, ao final, quedou incompleto, mais que así mesmo ve a luz agora da man de Engaiolarte Edicións. Puga estaba con Torres nunha tarde da primavera de 2017 discutindo os últimos detalles da publicación de Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos, o ensaio que, en 1972, gañou o I Premio Federico Maciñeiras da Deputación da Coruña e que permaneceu inédito até a súa recuperación por Engaiolarte. Ela, de súpeto, entregoulle unha folla cun poema manuscrito para que o lese. El quedou impresionado co que lía e desafiouna a volver escribir un libro de poemas longos. Ela aceptou: malia que cansa, tiña ganas regresar á escrita. Aquela foi a primeira dunha serie de citas nas que se desenvolveu un proxecto que tiña un fin estabelecido: un libro con doce poemas, un por mes. O pasamento de Xohana Torres en setembro daquel mesmo ano non lle permitiu rematalo: o 12 de agosto, Puga recibiu o último dos seis poemas que tivo tempo de escribir a autora de Adiós, María. Dalgunha maneira, Torres era consciente de que estes eran poemas póstumos, de que o libro constituía unha despedida, e de aí a súa insistencia en que o volume levase o título de Últimas tardes con Xohana, malia as reticencias de Puga, que observaba con desconfianza que remitía á novela de Juan Marsé. "Co paso do tempo decateime do sentido que tiña ese título", recoñece Puga agora. Tiña claro que eran poemas que ían ser lidos e interpretados cando ela desaparecese. Os seis poemas acabados aparecen agora nun volume primorosamente editado por Engaiolarte, xunto coa reprodución do manuscrito do sétimo, daquel no que estaba traballando e que non puido finalizar. Unha reprodución que dá acceso ao seu método de composición, ao "milagre da creación literaria". A Deputación da Coruña presentou o libro na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela, coa participación da deputada de Igualdade, María Muíño, da xornalista e escritora Ana Romaní, e da filla da autora Andre Ellacuría Torres A Biblioteca Xohana Torres Onte, 22 de novembro, Xohana Torres faría noventa anos e para celebralo, a Deputación da Coruña presentou o libro na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela, coa participación da deputada de Igualdade, María Muíño, da xornalista e escritora Ana Romaní, e da filla da autora Andre Ellacuría Torres. É un chanzo máis no propósito de Engaiolarte de editar as obras completas da autora e que continúa o ronsel iniciado con Elexías a Lola -o seu último poemario até este Últimas tardes con Xohana-, o xa citado ensaio sobre San André de Teixido (Cedeira) e o Teatro Completo (A outra banda do Iberr e Un hotel de primeira sobre o río), que viu a luz a comezos deste ano. A amizade que mantiveron Puga e Torres nos últimos anos da vida desta propiciou o nacemento dun proxecto, a Biblioteca Xohana Torres, en cuxo esquema a propia autora participou activamente. De facto, nas próximas semanas aparecerá un novo volume, Vigo, capital das illas e do mar, que recolle unha escolma -realizada por ela mesma- de poemas relacionados co mar, engadíndolles ademais pequenas acoutacións que acompañan os poemas orixinais, ao estilo das que inseriu en Elexías a Lola. Torres dirixiu todo o proceso de elaboración do libro e mesmo chegou a ver e corrixir as primeiras probas. "Ela mesma foi decidindo a orde de aparición dos libros", declaran desde a editorial. "Quería que se publicase o ensaio sobre Teixido, porque quedara inédito e porque defendía que o de Santo André de Teixido era o gran mito galego, non o de Santiago de Compostela -aínda que era moi consciente de que nesa defensa loitaba contra xigantes. E teimaba tamén en que se reeditase o seu teatro, porque as edicións orixinais desapareceran das librarías e pensaba, con razón, que iso coutaba calquera hipótese de que as obras chegasen aos escenarios". "Ela tiña a teima de que as súas obras debía estar nas bibliotecas públicas", din desde a editorial. "Sempre dicía que as obras que non están accesíbeis non se len, e que as obras que non se len, non existen". A azarosa vida comercial dos libros fai que algunhas das obras de Torres -como os doutros autores da súa xeración- sexan moi difíciles de atopar nas librarías, polo que esta iniciativa permitirá de novo acceder a unha obra de referencia obrigada na nosa literatura. "Ela tiña a teima de que as súas obras debía estar nas bibliotecas públicas", din desde a editorial. "Sempre dicía que as obras que non están accesíbeis non se len, e que as obras que non se len, non existen". Nese sentido, a biblioteca de Engaiolarte sistematiza o legado literario da autora. "Ela quixo deixar ordenado ese legado e nós, primeiro con ela e agora en colaboración coa súa familia, tratamos de publicalo todo de acordo coa súa vontade". Máis presentacións do libro Despois de presentarse en Nigrán e en Compostela, Últimas tardes con Xohana tamén será presentado da man da área de Normalización Lingüística da Deputación en Ferrol -na capela do Torrente Ballester, o 24 de novembro-, e na sede da Real Academia Galega, na Coruña, o 9 de decembro. |
PRAZA_13493 | O presidente afirmou publicamente que a mina daría traballo a 1.400 persoas cando o propio proxecto de Edgewater prevé unicamente 271. A empresa extraería ouro durante menos dez anos, realizando fóra o resto de procesos e deixando hipotecado o futuro da comarca. | A mina de Corcoesto "suporá un investimento de 110 millóns de euros e a xeración de 1.371 postos de traballo". Alberto Núñez Feijoo sorprendeu a todos con esta declaración na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves, no que se aprobou a nova Lei reguladora da política industrial de Galicia, unha norma orientada a facilitar a implantación de grandes proxectos e da que o plan da empresa canadiana Edgwater de explotar unha mina de ouro a ceo aberto será a primeira en beneficiarse. A lexislación adáptase deste xeito ás necesidades dos proxectos e das empresas e, como salientou Feijoo, permitirá a Edgewater "aforrar un ano e medio de trámites administrativos". Pero sen dúbida o que máis chamou a atención da intervención do presidente da Xunta foi esa cifra de case 1400 postos de traballo. Sorprendeu porque entra en total contradición con todas as estimacións e declaracións efectuadas anteriormente. Nos últimos meses o alcalde de Cabana falou de 500, o concelleiro de Industria elevou a cifra a 800, aclarando que serían 271 empregos directos e outros 500 indirectos, e o propio proxecto presentado por Edgewater, que debería ser a referencia máis fiable, limita os postos de traballo creados a eses 271, 138 directos e 133 subcontratados. Dende a plataforma pola defensa de Corcoesto críticase a falsidade e a propaganda dos responsables políticos que defenden o proxecto Dende a plataforma pola defensa de Corcoesto críticase a falsidade e a propaganda dos responsables políticos que defenden o proxecto, e denúnciase que o Goberno "utiliza o medo ao paro e á crise" para poder "facer promesas e convencer a xente". Estes 271 postos de traballo están perfectamente definidos no proxecto presentado pola empresa. Son 138 de persoal propio (10 enxeñeiros de minas, 6 xeólogos, 5 técnicos de seguridade e medio ambiente, 1 administrativo, 10 expertos en medio ambiente e riscos laborais para a planta de tratamento, 10 financeiros e contables, 5 encargados de compras e almacén e 3 encargados da recepción e da limpeza). E 133 de contrata (8 encargados da dirección da explotación mineira, 6 de topografía, 60 operarios -6 maquinistas, 40 condutores, 6 maquinistas de bulldozer...-, 11 mecánicos, 29 expertos en voaduras, 3 operarios non cualificados, 4 administrativos, 4 encargados do servizo de prevención e 8 expertos en sondaxes). Polo tanto, ninguén se explica de onde obtén Núñez Feijoo eses 1.100 postos de traballo adicionais Polo tanto, ninguén se explica de onde obtén Núñez Feijoo eses 1.100 postos de traballo adicionais. Mesmo asumindo que se poderían tratar de contratos sucesivos para labores relacionadas coa montaxe e desmontaxe da explotación, é evidente que non se pode afirmar que a mina vaia dar traballo a un milleiro de persoas, pois no propio proxecto prevese que moitos destes contratos teñan uns quince días de duración. "Así tamén chego eu a máis de mil empregos", insiste un dos voceiros do colectivo contrario á mina, que cre que o Goberno "utiliza o medo ao paro e á crise" para poder "facer promesas e convencer a xente". Un dano irreparable á economía da comarca "Aínda que creasen o emprego que prometen o impacto socioeconómico e ambiental da mina non compensaría" A Plataforma calcula que destes 271, "non máis de vinte empregos serían para xente da comarca, porque o resto son para técnicos especializados da propia empresa e a través de subcontratas". E de feito engaden que "aínda que creasen o emprego que prometen", o impacto socioeconómico e ambiental da mina non compensaría: "Corcoesto dou traballo toda a vida a través de explotacións madereiras ou gandeiras, da agricultura... Se se abre esta mina todo isto desaparecerá e temos que ter en conta que afecta a dez quilómetros á redonda". Porque diso se trata. Do prexuízo irreparable que esta mina pode provocar non só no medio ambiente, senón nas actividades económicas, gandeiras, madereiras, agrarias ou turísticas da zona. Os colectivos opostos ao proxecto lembran que o método empregado para a obtención de ouro, separado a través do cianuro, xa foi prohibido por varios países e rexeitado polo Parlamento europeo e denuncian que a catalogación deste proxecto como "estratéxico" por parte da Xunta permitirá a Edgewater Exploration evitar moitas das esixente medidas medioambientais. A empresa canadiana aproveita tamén que a vella lei de mineiría española non estea preparada para enfrontarse á mineiría a ceo aberto e utiliza os baleiros legais para apostar por proxectos que lle sería moi difícil noutros estados. A plataforma esixe, así mesmo, que a empresa presente un informe de Augas de Galicia no que avalíe a adaptación do proxecto, do uso das tecnoloxías a base de cianuro no mesmo, e da xeración de residuos con elevado contido en arsénico á Directiva marco sobre política de augas. Os colectivos demandantes están moi preocupados, en concreto, polos posibles efectos do cianuro e o arsénico sobre a rede hidrográfica da zona en xeral, e sobre o LIC Río Anllóns (Rede Natura) en particular. Segundo a empresa estaría en funcionamento dez anos, cuns ingresos anuais de 60 millóns de dólares A mina a ceo aberto terá unha extensión de máis de 700 campos de fútbol e segundo a empresa estaría en funcionamento dez anos, cuns ingresos anuais de 60 millóns de dólares. O dano para a paisaxe do lugar sería irreparable e a contaminación é igualmente inevitable. A extracción prevista de 30 mil toneladas de ouro xerará seis millóns de toneladas de refugallos cun elevado contido en xofre, que se almacenarán en balsas. Todo por dez anos de actividade, todo por 271 postos de traballo na extracción (posto que os restantes procesos se realizarían fóra de Galicia). A hipoteca do futuro de toda unha comarca Proxecto da empresa para a mina de Corcoesto |
NOS_52955 | Sindicatos advirten da precariedade laboral: De cada 100 novos contratos, os fixos non chegan nin a sete. "A recuperación na Galiza non se pode asentar sobre a precariedade", avisan. | Centrais sindicais advirten de que se asinaron 3.264 contratos diarios no mes de xullo na Galiza "para só reducir o desemprego" en 5.785 persoas, ademais de que, de cada 100, os fixos non chegan nin a sete. "A recuperación na Galiza non se pode asentar sobre a precariedade", avisan. Pola súa banda, a CIG constata "o avance imparábel da precariedade" e a destrución do emprego na industria que xa apuntaban os datos da enquisa de poboación activa (EPA). Engade que os números "confirman o carácter puramente estacional do pouco emprego creado" e "a grave situación das mulleres no mundo laboral". A este respecto, o secretario xeral da central sindical nacionalista, Paulo Carril, denuncia a "enorme temporalidade" e a "salvaxe rotación". En xullo, segundo os datos do Ministerio de Traballo, asináronse na Galiza 101.172 contratos, de onde a CIG extrae eses 3.264 contratos diarios de media. Pola súa banda, UXT subliña que "toca derrogar as reformas laborais, apostar por políticas que incentiven a calidade do emprego, mellorar as rendas, subir o salario mínimo interprofesional e mellorar o escudo social". Insiste na "necesidade de apontoar" unha recuperación con emprego "de calidade" debido a que de cada 100 contratos os fixos "non chegan nin a sete". Sobre a igualdade e a xustiza social "debe pivotar a recuperación", resalta, antes de coincidir en que as mulleres son "as máis prexudicadas" por esta crise, ao acaparar case 60% do desemprego e 56% dos ERTE. Por último, apunta aos fondos europeos do plan de recuperación para pedir que sirvan para corrixir "os desequilibrios estruturais que padece a economía española" e para asegurar que a transición ecolóxica e dixital "vaia guiada por parámetros de xustiza social". Mentres, CCOO incide tamén en que a recuperación "non se pode asentar sobre a precariedade" pois "só sete de cada 100 contratos rexistrados son indefinidos". A responsábel de emprego do sindicato, Maica Bouza, apunta que en xullo "comprobouse unha mellora dos datos de desemprego e afiliación que até chegan a valores históricos, mais a situación vese empobrecida pola precariedade". Así, sinala as persoas en paro ou inmersas en ERTE e un mercado laboral galego "con pés de barro" polo emprego creado de duración temporal. Os orzamentos da Xunta para 2022 xunto aos fondos de reconstrución europeos deben ser, ao seu xuízo, "a base dun novo modelo de crecemento que permita recuperar a actividade produtiva, o emprego de calidade e a protección da poboación". Deste modo, aposta por orientar as actividades á xeración de maior valor engadido nun modelo produtivo "diversificado" que potencie a industria e cumpra criterios ambientais de economía circular. O incremento do salario mínimo interprofesional e a derrogación das reformas laborais "contribuiría a mellorar as condicións de traballo e a unha maior equidade na distribución da renda", conclúe. Autónomas e autónomos Pola súa banda, a asociación galega de traballadores autónomos e do mar cre que "a estacionalidade frea levemente as consecuencias da quinta onda". Galiza sumou en xullo 392 novos afiliados ao réxime de traballadoras e traballadores autónomos, de modo que pasa de 209.254 en xuño a 209.646 en xullo. |
NOS_15095 | Alberto Núñez Feixoo está disposto a ausentarse da Galiza para liderar o Partido Popular a nivel do Estado. As opinións vertidas nas últimas horas polo presidente galego, as consideracións emitidas polos principais medios de comunicación da dereita e o manifesto promovido desde o PP da Galiza solicitando a dimisión de Pablo Casado amosan claramente os seus obxectivos. | As declaracións do mandatario galego sobre a crise do PP non deixan dúbidas en relación as súas intencións. Durante unha visita a Ourense na mañá de onte, Feixoo denunciou o "momento de convulsión" da súa formación. "Tócalle asumir esa última decisión. É o presidente do partido e tócalle asumir esa última responsabilidade", sentenciou Feixoo, quen afirmou que "as decisións hai que tomalas cando é imprescindíbel facelo e na miña opinión é imprescindíbel facelo. Serán decisións que non serán fáciles, serán complexas, pero creo que deben ser urxentes porque o PP é a única alternativa a un moi mal Goberno do Estado", dixo. Os populares galegos impulsaron na xornada de onte un manifesto asinado por dirixentes da formación no conxunto do Estado reclamando "a convocatoria de forma urxente dos integrantes do Comité Executivo" para "designar unha dirección provisional que se faga cargo das cuestións ordinarias do partido até" a realización "dun congreso" previsto de modo ordinario para o mes de xullo. As palabras do mandatario galego e a declaración pública difundida desde a Galiza chegaron un día despois de que Feixoo mantivese contactos cos dirixentes territoriais do partido e lle reclamase a Casado a súa dimisión nunha conversa telefónica. A este respecto, o xornal El País indicou que Feixoo emprazou Casado a "renunciar xa" e considerou "insuficiente" a dimisión de Egea. As dificultades da opción Feixoo As fontes populares consultadas por Nós Diario confirmaron "a disposición de Feixoo de dar un paso adiante" e destacaron "o compromiso do resto dos baróns en facilitar o seu acceso á presidencia do partido por consenso". Na mesma liña, recoñeceron "as dificultades que poden xurdir no caso de aspirar á presidencia do Goberno" español, pois "isto obrigaríao a dimitir das súas responsabilidades na Galiza", onde "só pode ser relevado polos vicepresidentes Alfonso Rueda e Francisco Conde", por seren os únicos membros do Executivo que manteñen a condición de parlamentarios. Os cadros populares interpelados por Nós Diario salientaron que o presidente galego "conta co apoio da práctica totalidade dos dirixentes territoriais da formación". Así, entres estes, destacan o presidente andaluz, Juan Manuel Moreno Bonilla, o castelán, Alfonso Fernández Mañueco, e a madrileña, Isabel Díaz Ayuso, quen anunciou onte a súa intención de non competir pola presidencia estatal da formación. A dereita mediática madrileña, popularmente coñecida como "a caverna", aposta con total claridade pola alternativa de Feixoo. Se a sexta feira foi Federico Jiménez Losantos quen defendeu a proposta do presidente galego para dirixir o PP, o sábado ABC e El Mundo reclamaron a cabeza de Casado. O director de El Mundo, Francisco Rosell, chegou a cualificar Feixoo como "líder natural do PP". As reaccións das forzas da oposición Os movementos políticos dos últimos días de Feixoo foron valorados criticamente desde as filas da oposición. Neste sentido, a voceira do BNG, Ana Pontón, afirmou que "se até agora tiñamos un presidente sen alternativas e sen propostas do país para solucionar os problemas dos e das galegas, que pasará cun presidente que está máis preocupado por resolver as liortas internas do PP e máis pendente do seu futuro persoal que en atender os problema de Galiza, que é para o que se lle paga?". O portavoz parlamentario socialista, Luís Álvarez, cualificou o PP "de destrutivo e, polo que se ve, de autodestrutivo". "O PP, no que se integra o PP da Galiza aínda que pretendan ocultalo, concibe a política como unha repartición de poder, e non como un servizo público á cidadanía, polo que é a antip |
NOS_31327 | Adrián Dios, profesor de Historia Económica na Universidade de Santiago de Compostela, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'. | Nun artigo previo falamos da gran dependencia enerxética galega, fundamentalmente derivada das necesidades de importación de petróleo, carbón (agora en menor medida tras o peche das Pontes e Meirama) e gas natural. Con este panorama inicial, imos observar o paradoxo de que aínda con esta forte dependencia, boa parte da nosa enerxía remata sendo exportada ao exterior. É dicir, dependemos do exterior para proporcionar enerxía a outros. Unha característica interesante da nosa economía é que posteriormente á crise do 2008 o noso consumo enerxético mantívose constante. É unha realidade en case calquera economía que a medida que o seu PIB aumenta, tamén o fan os seus usos enerxéticos. Con todo, Galiza é unha excepción nesa evolución: formalmente vivimos unha situación de crecemento económico a partir do 2014, pero o noso consumo enerxético non aumentou, derivado en boa medida dunha importante crise industrial que fixo que moitas empresas con importantes consumos enerxéticos desapareceran. Polo tanto, a última década constata que, a priori, non precisamos maior capacidade instalada. A esta idea é importante facerlle unha interesante apreciación subliñada de xeito habitual polos compañeiros do Colectivo Bidán: se a economía tende a electrificarse (por exemplo, ao expandirse os coches eléctricos), parece evidente que a longo prazo tamén empregaremos máis enerxía e, concretamente, máis electricidade. Exportar pode ser un bo mecanismo para potenciar o crecemento económico, desenvolver o tecido produtivo e obter rendementos Polo tanto, aínda que na actualidade vivamos esta situación de estancamento, a planificación enerxética ten que atender á evolución da transición enerxética. Pero volvendo á situación enerxética galega actual: que enerxía final temos no noso país? Unha vez sumadas todas as importacións (combustibles fósiles) e produción propia (vento, auga e biomasa), esta enerxía primaria é transformada para obter a enerxía final que podemos empregar: ao fin e ao cabo, o que nos interesa do gas non é ter gas, senón producir electricidade ou calor, por exemplo. Como era de agardar, a enerxía final galega está orientada na súa maioría aos derivados do petróleo (un 50% do total da nosa enerxía final!) e á electricidade (un 30% do total), sumando o 20% restante outros consumos enerxéticos de moita menor importancia. O elemento importante desta realidade é quen finalmente consume esta enerxía final. Xa sabemos que temos que importar moitas materias primas para a produción da nosa enerxía final: cru de petróleo para os produtos petrolíferos finais, como gasolina ou gasóleo; carbón e gas natural para a produción de electricidade. O lóxico sería pensar, se tivésemos un sistema enerxético autocentrado no noso país, que vai ser a economía galega (dende a economía familiar ás empresas e a administración) quen empregue esta enerxía. E aquí é onde se produce a característica máis específica do panorama enerxético galego: o 50% dos derivados do petróleo (!!) e o 35% da nosa electricidade (!) son exportadas ao exterior. O certo é que esta situación, en si mesma, tampouco tería por que ser mala: exportar pode ser un bo mecanismo para potenciar o crecemento económico, desenvolver o teu tecido produtivo e obter rendementos. O problema é que o actual sistema enerxético non está pensado para que os produtores obteñan os beneficios de producir, senón que o obxectivo é que os produtores poidan prover enerxía aos territorios sen capacidade de produción. Con todo, si que temos que asumir os custos negativos, en particular en termos medioambientais É dicir, bloquéase vía regulación que poidamos obter eses beneficios: o sistema de formación de prezos impide que tanto os derivados do petróleo como a electricidade sexan máis baratas en Galiza que no exterior, o que facilitaría reducir os problemas de pobreza enerxética, pero tamén favorecería o tecido empresarial por reducir os seus custos enerxéticos e, polo tanto, facerse máis competitiva. En paralelo, un sistema empresarial en boa medida foráneo é quen en última instancia obtén os beneficios da produción enerxética en Galiza (Repsol ou Naturgy non teñen o seu domicilio fiscal en Galiza, por suposto), o que limita os impactos positivos a través de novos investimentos ou de recadación tributaria. É dicir, nin pola vía dos ingresos das empresas nin pola vía dos prezos enerxéticos obtemos algún tipo de beneficio. Con todo, si que temos que asumir os custos negativos, en particular en termos medioambientais: a existencia de encoros, centrais térmicas de carbón, centrais de ciclo combinado, unha refinería, unha regasificadora ou a enorme cantidade de parques eólicos teñen os seus clarísimos impactos e riscos, que temos que asumir en solitario como territorio. É dicir, a falta de política enerxética en clave galega déixanos como dependentes do exterior en materias primas enerxéticas e como provedores de enerxía final ao exterior, pero non podemos obter rendementos positivos desta situación, aínda asumindo as súas consecuencias negativas. |
NOS_34919 | A serie estréase o domingo 2 de febreiro na TVG, cun pase previo esta cuarta 29 de xaneiro en Vigo. | A serie Auga Seca estréase este domingo 2 de febreiro no prime time da TVG. A coprodución galego-portuguesa chega ás nosas pantallas após comezar a emisión o pasado 17 de xaneiro na televisión pública do país veciño (RTP). Na cuarta 29 de xaneiro presentouse na sede Afundación de Vigo, cun pase do primeiro episodio. Este proxecto enmárcase dentro do acordo estratéxico de TVG e RTP que, ao abeiro da Lei Paz Andrade, procura o fomento desta sorte de traballos conxuntos. O obxectivo marcado é unha produción por ano, sumándose esta serie a outras anteriores como Vidago Palace e Verão M, ou programas como Camiños de irmandade. Entre Lisboa e Vigo As produtoras Portocabo e SP-i traen un drama policial ambientado no universo do tráfico de armas, en conexión co mundo empresarial, que se move entre Vigo e Lisboa. A actriz portuguesa Vitoria Guerra interpreta Teresa, a protagonista, traballando de man cos galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos. A diferenza de Vidago Palace, que na súa emisión na Galiza foi dobrada ao galego, Auga Seca preséntase en versión orixinal, se ben a maioría do texto está na nosa lingua. |
NOS_44071 | Foi condenado a 6 meses de prisión por negarse a falarlle en español aos axentes da garda civil que lle practicaron un control de alcoholemia. En Change.Org púxose en marcha unha campaña de captación de asinaturas para demandar ao Síndic de Greuges (o Defensor do Pobo valenciano) que interceda por Carles Mateu. | En declaracións a VilaWeb, o eurodeputado Ramon Tremosa (CiU) afirma que "se teñen violado os dereitos fundamentais dun cidadán europeu", o que o levará a denunciar hoxe o caso perante a Comisión Europea. O parlamentar xulga que "o catalán é lingua oficial e, portanto, ten habido unha violación de direitos". Ao seu xuízo, a Comisión Europea achará inaceitábel que "falar en catalán implique 6 meses de prisión", mentres que "assaltar la Blanquerna saia gratis", en alusión ás "multas ridículas" que todo apunta recibirán os fascistas que atacaron a sede da Generalitat en Madrid. "España é así e por iso non se pode deixar pasar nen unha e cómpre canalizalo todo através de Europa, como fan os nórdicos", argumenta CiU, quen salienta que a finais de ano a Comisión Europea ten a encomenda de elaborar un informe sobre a violación de dereitos relacionados co nazismo. Na hipótese de se aceitar a trámite a pergunta, Europa podería pedir explicacións ao Estado e abrir unha investigación para esclarecer se se teñen violado ou non os dereitos de Carles Mateu. Campaña na rede Paralelamente, tense lanzado unha campaña na rede, en Change.Org, para se dirixir ao Síndic de Greuges do País Valencià, José Cholbi Diego, visando que faga as gestións precisas para que lle sexa sexa retirada a pena de prisión ao condutor valenciano. O texto da campaña reza literalmente: 'José Cholbi Diego, Síndic de Greuges da Comunidade Valenciá: Exiximos a retirada imediata da pena de prisión a Carles Mateu Blay por falar valenciano á Guardia Civil porque é un dereito poder expresarse nunha lingua cooficial diante da administración. |
NOS_39705 | Mañá de grandes xeadas no interior do país. | Galiza viviu unha noite e unha mañá xélida na que os termómetros baixaron dos 9 graos baixo cero en varios puntos do interio do país, nomeadamente en varias comarcas de Ourense, a máis. En concreto, a temperatura mínima rexistrada foi a do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, onde se rexistraron os 9,5 graos baixo cero. Con todo, tamén en Manzaneda e en Calvos de Randín, o mercurio chegou durante a noite ou primeiras horas da mañá aos 9,1 graos baixo cero. En Verín, a mínima de hoxe marcou -8,1 graos, mentres que en Viana do Bolo e A Veiga alcanzáronse os 7,7 baixo cero. En Baltar a mínima foi de -7,3, en Vilariño de Conso de -7,2 e en Pedrafita do Cebreiro de -7,1 graos. |
NOS_21498 | É todo un clásico das campañas eleitorais por parte das forzas da esquerda: a proposta dun plano de emprego xuvenil. Fíxoa este domingo Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta. | No momento en que o Plano de Emprego Xuvenil estivese "plenamente desenvolvido" se traduciría na contratación de arredor de 10.000 mozas e mozos cada ano, segundo as previsións do PSdeG. Esta é a proposta estrela sobre a que o PSdeG puxo o foco durante o acto de apresentación, este domingo en Compostela, das bases programáticas coa que formación socialdemócrata concorre ás eleccións galegas. "O 25 de setembro rematarán a resignación e a parálise, o cambio está nas mans do socialismo cun proxecto para a maioría social", dixo Leicega neste acto. O PSdeG estima que o plano podería chegar a contratar arredor de 10.000 mozas e mozos cada ano "Apresentamos hoxe aquí, a pé de rúa, o noso proxecto para todos os galegos sen exclusión, as bases programáticas para unha resposta nova", afirmou Leiceaga. O candidato do PSdeG aproveitou o acto para solemnizar un duplo compromiso de acadar a presidencia: limitar o seu mandato a 8 anos e renunciar a vivir na residencia oficial de Monte Pío. |
PRAZA_14440 | O Bloque celebra o seu trixésimo aniversario chamando a "concentrar" o apoio da esquerda e do nacionalismo nas candidaturas que encabeza Francisco Jorquera. "As eleccións están abertas", advirten. | Non foi o 2012 o ano máis tranquilo para o BNG. A vaga expansiva da asemblea nacional de Amio abafou a formación nacionalista nos seus meses máis complexos mentres Galicia arrecendía, cada vez con maior intensidade, a adianto electoral. Isto foi así ata o pasado 13 de maio, cando o Bloque aproveitou o lanzamento de Francisco Jorquera como candidato á Presidencia para, dalgún xeito, quitar o loito e amosar que as feridas suturaran. Foi aquel un acto no que, por primeira vez nun bo treito, os sorrisos lles gañaron a partida aos xestos de preocupación. Ese mesmo espírito foi o que o BNG tentou infundir este domingo. No mesmo escenario que en maio e co mesmo formato, o de convención nacional, os nacionalistas puxeron o seu trixésimo aniversario como pista de saída para a recta final da carreira electoral do 21 de outubro, unhas eleccións que "están abertas, non vos caiba dúbida", advirte Jorquera. "Do eólico a Pemex, mentira tras mentira", resume Guillerme Vázquez Despois de que, nas últimas semanas, os xulgados e a sombra da corrupción ameazase con engulir de novo unha campaña electoral galega, o rebumbio en torno aos incertos contratos do naval galego con Pemex serviulle a Jorquera en particular e ao Bloque en xeral para lanzar os dardos políticos a un dos eixos da campaña do PP: a fiabilidade. En síntese, "soberanía nacional" contra a "mentira de Feijóo". "Vou compartir unha primicia con vós: Feijóo mente", ironizou dende o atril o cabeza de lista por Pontevedra, Carlos Aymerich. "Do eólico a Pemex, mentira tras mentira", resumiu no seu discurso o portavoz nacional, Guillerme Vázquez. Nun acto con vocación coral, todas as voces que se escoitaron no Palacio de Congresos de Galicia esforzáronse tamén en situar o BNG como a única forza netamente galega que concorre aos comicios de outubro. "O BNG non é un híbrido nin un transxénico, é un produto 100% galego", ilustra a número dous pola Coruña, Ana Pontón. "Só pode defender a soberanía unha forza política soberana", asegura Jorquera, que advirte, ante as novidades do taboleiro electoral, que "o BNG non necesita voar con ás emprestadas" nin precisa "tutelas alleas". "Non temos os centros de decisión en Madrid, somos soberanistas e defendemos a soberanía". O "problema" do PP Jorquera: "É posíbel derrotar á dereita española, o primeiro en sabelo é o PP" A apenas catro días do inicio formal da campaña Jorquera fai especial fincapé en advertir de que non hai nada decidido. "É posíbel derrotar á dereita española" e "o primeiro en sabelo é o PP". Por iso, di, "non ten reparos en utilizar todos os resortes do poder, en recorrer á guerra sucia, o único que saben é lixar, como fixeron co Prestige, para tentar manter o Goberno". Nun sentido semellante, e aínda máis abertamente, afondou nesta mesma mensaxe Guillerme Vázquez: "Sen dúbida, hai que perseguir o roubo e a corrupción", di o portavoz nacional; "o BNG non tolera que ninguén meta a man na caixa", pero "non estou disposto a calar fronte a unha xustiza que que pode acabar coa honra das persoas antes de probar a súa culpa". "Onde está a xustiza para perseguir os estafadores das preferentes?", preguntouse, antes de aclarar aínda maís a cuestión: "por se a alguén lle queda algunha dúbida: todo o meu recoñecemento, apoio e aplauso ao noso compañeiro Fernando Varela", o edil ourensán que presentou a súa dimisión tras ser imputado no caso Pokémon. Neste contexto de, a xuízo dos nacionalistas, xogo "sucio" do PP, Jorquera coida que os conservadores só teñen "un problema". "Ese problema é o BNG", di o candidato, xa que "todo o mundo sabe que non se pode desperdiciar un voto" para que sexa "posíbel o cambio real que necesita este país". Mentres non chega a cita coas urnas, di, Feijóo seguirá a "tentar meter medo co nacionalismo", pero "o que mete medo é como as políticas do PP están deixando este país". "Non quere que Galiza sexa un problema para España, pero non lle preocupa que España é un problema para Galiza", di. "Non merece gobernar Galiza quen despreza a Galiza, temos que gobernás nós a nosa terra porque nós si que cremos nela", conclúe. Para os Bloque, en verbas do presentador do acto, o debuxante Xosé Lois González, O Carrabouxo, "o único adianto que houbo neste país nos últimos tres anos e medio" foi, precisamente, o das eleccións. |
PRAZA_15822 | Preocupados como estamos todos porque a política española sirva tamén para mellorar o nivel de benestar dos galegos non estaría de mais non esquecermos que un dos problemas máis graves de Galicia no Estado Español é a súa invisibilidade política | Vin en directo a proposta de goberno que Pablo Iglesias fixo ao PSOE. Se eu fora un militante de PODEMOS seguro que me parecería unha posta en escea impecable: gabanzas dende a distancia ao "xefe de estado" para marcar sentido institucional, equipo disposto a gobernar, programa de mínimos asumible polo 90% dos electores, liderazgo e iniciativa. Todo un manual de estratexia política que serve para colocar o seu partido no centro do debate. O soño de calquer líder. A min, como nacionalista galego, a proposta tamén me parece ben. Se finalmente hai un goberno así, peor do que agora non nos irá. Mais dáme a impresión de que a prioridade política de Iglesias non é a de formar goberno senón por en marcha un proceso que tén como obxetivo substituír o PSOE na centralidade da política española. Nin sequera o espontáneo fervor institucional de PODEMOS pode xustificar que sexa o Rei, e non o seu pretendido socio de Goberno, o primeiro en enterarse da proposta. Un galego descrido coma min non pode menos que ver todo isto con certo distanciamento. Por iso, estráñame a euforia desatada pola noticia nalgún paisano que, nacionalista coma min, debería de estar escarmentado de determinadas cousas. E non creo que sexa o autoengano o mellor método para tapar nin as falcatruadas dos outros nin as nosas eivas. Preocupados como estamos todos porque a política española sirva tamén para mellorar o nivel de benestar dos galegos non estaría de mais non esquecermos que un dos problemas máis graves de Galicia no Estado Español é a súa invisibilidade política. Non falo dunha cuestión de aparencias. Falo da nosa incapacidade para ser, para estar e para contar na conformación da vontade colectiva estatal. Porque somos un pobo, certo é, con identidade propia e singular. Mais esa non é a nosa principal característica para o que estamos a falar. Para a nosa desgraza o noso sinal mais distintivo é que somos, como pais, prescindibles para España no político e no económico. Significamos apenas o 5% da poboación do Estado e, aínda que só fora por iso, os deputados galegos das grandes forzas políticas estatais, antes 2 agora 4, nunca poderán determinar as decisións dos seus grupos. Representamos pouco mais do 5% do PIB estatal e temos unha economía non homologable coa do resto do Estado e especializada en producir cousas vetadas polos acordos UE-España. A diferenza de Catalunya, nós non somos imprescindibles para o Estado. Nin no político nin no económico. Por iso estou convencido de que a única posibilidade de que Galicia conte no concerto estatal pasa por acumular forza en clave de país e converternos, permítaseme a expresión, nun problema político. Sensato e democrático pero problema. A iso deben ir dirixidos os nosos esforzos aquí e iso é o que lle dá sentido á representación política propia en Madrid. A televisiva posta en escea de Iglesias co seu representante Catalán ao carón e reducindo o problema territorial do Estado a Catalunya é unha demostración máis na condición prescindible de Galicia, máxime cando a Marea, despois de terlle roubado o grupo parlamentar, decidiu adscribirse ao grupo de PODEMOS na vez de irse ao Mixto, lugar digno onde os haxa. Xa houbera un adianto da nosa invisibilidade uns días atrás coas declaracións da voceira da Marea a saída da súa entrevista co Rei. Daquela, na vez de centrar a súa intervención nas reivindicacións de Galicia, centrou o seu bonito discurso no mesmo que podería dicir calquer deputado de Podemos de calquera outra comunidade. Perdeu así unha oportunidade para asegurar que Galicia existe ademais de facerlle un agasallo innecesario aos que falsariamente afirmaban que o que pretendía PODEMOS era ter 4 grupos. Ben sei da dificultade da política parlamentar española, teño en conta que isto non fixo mais que empezar, que hai que darlle tempo ao tempo e que calquera afirmación descalificatoria a estas alturas, as miñas non pretenden selo, seria inxusta. Non sei se será posible o goberno que propón Iglesias, pero eu prefíroo a calquera de Rajoy. Mais recoñezo que preferiría que a ultima cabriola de PODEMOS non servira para deixar en mal lugar, como deixou, os deputados galegos. E tamén preferiría que ningún dirixente galego estivera ao tanto do que se cocía. Porque para aplaudir a nosa invisibilidade xa chegou. |
NOS_54380 | O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) critica a actuación interesada e descontrolada das empresas forestais que prestan os seus servizos ás xuntas veciñais. Segundo relata, levan meses arrasando o mato baixo que cobre os montes de Calvos de Randín, Bande e Xunqueira de Ambía, ecosistemas propios de alto valor ecolóxico. | O MEL denuncia publicamente as «supostas medidas preventivas» de incendios forestais que a Consellaría de Medio Rural leva a cabo nos montes ourensáns. Segundo di, os tratamentos silvícolas previstos pola Administración en 2018 están arrasando a superficie vexetal que cobre «o solo dos montes máis altos da comarca». Montes baixos provistos dunha riqueza natural moi valiosa, formada por matogueiras estábeis propias do lugar. «Levan anos rozando o monte», explica Manuel García, presidente do Movemento Ecoloxista da Limia, «pero foi a raíz das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados polos lumes forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que se dispararon as rozas, sobre todo na Baixa Limia». O colectivo ecoloxista defende o valor paisaxístico e o interese ambiental destas matogueiras, «hábitats singulares, protexidos en moitos casos tanto pola propia normativa autonómica como a comunitaria», asegura Manuel García. «Están formadas por diferentes especies de ericáceas: carpaza, queirugas, toxos molares e numerosas herbáceas». García critica que gran parte das medidas previstas pola orde de Medio Rural consisten en «rozar a feito extensas superficies de monte arbustivo composto por matogueiras de alto valor ecolóxico, como é o caso das veigas de Golpellás en Calvos de Randín, protexidas pola Rede Natura 2000. As abellas do mel, grandes afectadas As primeiras queixas chegaron por boca das apicultoras da zona, «indignadas» pola desaparición progresiva de matogueiras esenciais para a produción de mel e a supervivencia das abellas melíferas. As rozas indiscriminadas son perniciosas para a actividade dos abelleiros; son máis prexudiciais que os propios incendios. Segundo Xesús Asorei, presidente da Asociación Galega de Apicultura, esta superficie natural é o hábitat de numerosas especies de aves, réptiles, mamíferos e sobre todo de insectos» entre os que destaca a abella do mel. «Os abelleiros da zona insisten en que estas rozas indiscriminadas son perniciosas para o contorno e para a súa actividade; e aínda máis, algúns incluso din que son máis prexudiciais que os propios incendios xa que ao desbravar as matogueiras queda un manto tupido sobre o solo que dificulta aínda máis que a vexetación volva brotar». As apicultoras da Galiza aseguran que estas intervencións son un auténtico disparate» e reforzan a posición dos ecoloxistas da Limia, que as cualifican de «absurdas» porque «non evitan os lumes, só evitan que ardan as propias matogueiras». Segundo Manuel García, as cortas descontroladas agravan o problema. «As empresas non distinguen as matogueiras ericáceas das degradadas, acaban con todo, e non se dan conta de que cando se desfán das máis ricas, o único que conseguen é que non volvan medrar todas as especies. Rebrotará unha soa, e converterase nunha xesteira». O valor das matogueiras As matogueiras reteñen e infiltran a auga da choiva, contribuíndo á recarga dos mananciais e dos acuíferos que abastecen de auga potábel as poboacións humanas. O MEL destaca o valor paisaxístico e hidrolóxico das matogueiras, a súa biodiversidade e a súa contribución á fixación do nitróxeno e do carbono atmosférico. «Son un recurso á hora de formular calquera aproveitamento agrícola, silvícola ou pastoral do monte galego», afirma Manuel García, quen fai fincapé na súa capacidade para «reter e infiltrar a auga da choiva, contribuíndo á recarga dos mananciais e dos acuíferos que abastecen de auga potábel as poboacións humanas». A denuncia do colectivo ecoloxista busca chamar a atención sobre a perda irreparábel das matogueiras propias da Limia, ecosistemas propios «en perigo de extinción por mor dos procesos erosivos causados polos incendios, polos vertidos de xurros da industria porcina e o aumento da superficie de monocultivos de piñeiros». Maior control por parte da Administración O Movemento Ecoloxista da Limia mantén que as rozas que levan a cabo as empresas forestais non son «técnica, económica nin ambientalmente aceptábeis». Poñen o foco nesas firmas privadas que «actúan como auténticos comerciais ante as xuntas veciñais para convencelas de que lles cedan cantas máis hectáreas mellor». Denuncia que non lles importa máis que a extensión de monte dispoñíbel para roza e a contía económica das axudas que concede a Administración, «450 euros por hectárea desmontada, cando o prezo de mercado rolda os 200 euros», aclara Manuel García. O MEL prepara un informe que pretende levar á Comisión de Medio Ambiente da Unión Europea para «impida que se sigan pagando cos seus fondos a esquilma de ecosistemas naturais valiosísimos para o monte galego», di García, que reclama maior interese e vixilancia por Administración galega para acabar con estas rozas masivas e descontroladas, xa que «non existe unha escolla técnica nin estratéxica por parte da Xunta para levar a cabo estes traballos». Non existe unha escolla técnica nin estratéxica por parte da Xunta para levar a cabo estes traballos. En declaracións a Sermos Galiza, a Consellaría de Medio Rural mantén que «todas as actuacións fanse de acordo coa normativa e contando cos informes ambientais correspondentes. A orde de axudas contempla rozas e descontinuidades en grandes masas como medida de prevención contra os incendios forestais». E sinala que «coa roza das matogueiras non desaparece este combustible natural, xa que por el só volve rebrotar». Propostas de cambio Desde a comarca da Limia propoñen reorientar as axudas e as accións públicas de loita contra os incendios forestais. «Tería sentido facer rozas específicas nos contornos das aldeas, limpar e recuperar os antigos camiños que cruzaban os montes, actuar contra o abandono das terras agrarias, recuperando prazas de labradío, soutos e zonas de prados». A súa aposta, di Manuel García, pasa por fomentar a gandaría extensiva , por recuperar a figura do pastor, e en xeral por «investir en actuación que creen riqueza e non que a destrúan». |
NOS_35620 | Estava-se em dezembro de 1946. Um imenso aparato de forças da GNR, provenientes do Porto, de Vila Real, da Régua e outros locais distantes, agentes da PIDE, da Guarda Fiscal, e soldados da secção de morteiros do Exército Português, cercou uma pequena povoação portuguesa do concelho de Chaves, Cambedo da Raia. Do lado galego, posicionaram-se guardas civis ao longo da linha de fronteira. O alvo era um grupo de 'maquis' galegos, refugiado na fronteira portuguesa. A memória pública do bombardeamento foi longamente sufocada e censurada pelas ditaduras ibéricas e também pelas democracias. | A pós o levantamento de militares galegos em apoio de Franco e dos golpistas, a 20 de julho de 1936, chegaram tempos duros para quem apoiava a República, com fuzilamentos sob a acusação de rebelião, ou idas ao "paseo" o de que não retornariam. Conquanto houvesse cumplicidade entre as ditaduras de ambos os países ibéricos, a fronteira portuguesa permitia buscar refúgio para escapar à repressão e à mobilização obrigatória para o exército franquista. Há uma rede social que se estende historicamente além dos limites politicamente convencionados, ativável em momentos de necessidade imperiosa. A porosidade raiana permitiu permanecer em Portugal, e também foi o trampolim para mais longínquos exílios. Apesar dos editais da PVDE, que obrigavam quer ao recenseamento dos estrangeiros que procurassem obter título de residência, quer à denúncia por quem os albergasse, o fluxo de refugiados não cessou a partir de 1939. Franco não cedera às pressões internacionais quanto à realização de eleições, ou a uma amnistia aos vencidos. Por outro lado, os países que haviam combatido o nazismo e o fascismo não intervieram nas ditaduras ibéricas. Paralelamente à conivência entre os governos ibéricos, demonstrada nas ordens às autoridades que atuavam na fronteira, ativaram-se solidariedades locais e políticas. A confiança na permeabilidade da fronteira portuguesa assentava em correntes de apoio com lealdades políticas, de parentesco, de vizinhança, de trabalho e de amizade, numa raia onde o contrabando complementou longamente a agricultura. Até ao Tratado de Limites de 1864, que a incorporou em Portugal, Cambedo da Raia era considerada um "povo promíscuo", cruzado pela linha de fronteira. A igreja situa-se perto do antigo marco fronteiriço, a meio da rua ao longo da qual as casas se distribuíam, e onde hoje se encontra a placa que lembra os acontecimentos de 1946. Franqueava-se com à-vontade os limites nacionais, transcendidos pela rede social, as atividades, as festas. A memória pública do bombardeamento foi longamente sufocada e censurada pelas ditaduras ibéricas e, mesmo, pelas democracias Na orla transmontana e galega, os 'maquis' foram essencialmente homens que, recorrendo a teias de relações alongadas no tempo, escaparam ao terror franquista e reorganizaram-se para o combater. Alojavam-se em casa de famílias portuguesas, em pensões, ou em locais isolados. Sustentavam-se através do trabalho na agricultura, no volfrâmio e no contrabando, com incursões pela Galiza, de afronta aos representantes do poder golpista, em represália por ataques sofridos ou em pequenos golpes económicos. Em 1947, Demétrio Garcia Alvarez, que assumiu protagonismo entre os maquis, afirmou perante o tribunal existirem 35 grupos de guerrilheiros na fronteira, entre os quais o seu, enquadrados na Federação de Guerrilhas de Leão/Galiza, a que se teriam juntado vários portugueses. Embora o conhecimento da atuação destes grupos perturbasse as autoridades portuguesas e espanholas, as bases de apoio e a evanescência das suas presenças dificultavam a perseguição. Um conjunto de acontecimentos marcaria o percurso e levaria ao acossamento do grupo. António de Sousa Pinto, proprietário em Negrões, terá alegadamente denunciado a presença de um médico galego que se acoitara em sua casa. Entregue aos franquistas, fora sumariamente fuzilado. Em 17 de Setembro de 1946, Sousa Pinto e um dos seus criados foram mortos numa ação de retaliação, conquanto os documentos sugiram motivos confusos para este ato. A batalha do Cambedo No dia 31 de outubro de 1946 foi assaltada a camioneta da carreira entre Braga e Chaves, repleta de gente que se deslocava à feira dos Santos. O assalto, que Demétrio e Manuel Bárcia sempre repudiaram, terá sido forjado pela PIDE e pela Guardia Civil imputando-o aos guerrilheiros. Contudo, os assaltantes falavam castelhano, e não galego, como sucedia com os maquis; usavam botas, e não alpercatas, o calçado dos guerrilheiros. A incriminação dos guerrilheiros permitiu apertar-lhes o cerco, obrigando a alterações constantes dos locais de abrigo, até à noite de 21 de dezembro de 1946. Perseguidos, sem terem onde buscar refúgio, três homens acolheram-se em Cambedo da Raia. A aldeia do concelho de Chaves teria então menos de 90 casas habitadas e 310 habitantes. As autoridades recorreram a uma inusitada panóplia de forças: Guarda Nacional Republicana de Alijó, Chaves, Mesão Frio, Poiares, Santa Marta de Penaguião, Pinhão, Régua e Porto; soldados da secção de morteiros de Caçadores 10, de Chaves; agentes da PIDE; carabineiros, comandados por António Prieto Rodriguez. A aldeia foi cercada e bombardeada, com uma criança ferida e várias habitações destruídas. Era nula a margem de manobra dos três guerrilheiros. Quem eram os maquis galegos que se encontravam em Cambedo, naqueles dias de dezembro?. Demétrio Garcia Alvarez, que nascera em Maio de 1912 em Chãs, Oimbra, era agricultor e filho de agricultores. Depois do Alzamiento, fora preso por afrontar as autoridades golpistas; o terreno espanhol tornara-se-lhe hostil. Acolheu-se do lado português, onde tinha família próxima, a coberto das próprias autoridades locais. Perdera um irmão, contrabandista e homem de confiança do novo regime, arrastado para a morte pelas opções de Demétrio. Na fase crucial do cerco que foi montado, recolheu-se em Cambedo da Raia, mas a rede familiar era insuficiente para enfrentar o portento da força do Estado. Juan Salgado Ribera tocava cornetim e nasceu em Casas dos Montes, perto de Cambedo, numa família de músicos. Era respeitado e temido pelo seu comportamento e capacidades, enquadrado num perfil de guerrilheiro romântico, com uma aura que persistiu: uma pontaria certeira, vida fugitiva e alegada invisibilidade, que lhe permitira cometer ações ousadas. É exorbitado pelos jornais censurados de Portugal, que lhe apontavam elevadas funções e centenas de mortes, para explicar o vigor do aparato ofensivo utilizado. Foi surpreendido enquanto repousava em casa de uma família de Cambedo, que a PIDE prendeu por mais de um ano. Tentará fugir para a sua terra natal, Casas dos Montes, mas as autoridades espanholas atingi-lo-ão com vários tiros. Ferido, enceta o caminho inverso, pelas veredas que bem conhecia, do contrabando e dos anos de refugiado, mas o terreno estava pejado de agentes de várias forças, e não escapa à morte. Bernardino García e García era natural de Parada das Viñas, no concelho de Viana do Bolo, Ourense. Entrincheirado com Demétrio em casa da irmã e do cunhado deste, Manuela Garcia e Manuel Bárcea, ripostou algum tempo. Atingiram mortalmente dois soldados da GNR, José Joaquim e José Teixeira Nunes. Refugiaram-se a seguir na adega da casa de Albertina Tiago, onde Demétrio e seu pai acabarão por render-se. Bernardino ter-se-á suicidado pouco antes do final dos confrontos, segundo declarações de Demétrio perante a PIDE. Foi enterrado no cemitério de Cambedo. Manuel Bárcea, cunhado de Demétrio García Alvarez, conseguira fugir e será preso três semanas mais tarde. Andara fugido, trabalhara como moleiro em Vidago e deixara-se prender por dois soldados da GNR, antigos camaradas de tropa, depois de denunciado pelo irmão do dono do moinho. Nos documentos do arquivo da PIDE, acusam-no, como a outros vizinhos, de "dar guarida aos malfeitores que à mão armada cometeram os homicídios de Negrões e assalto à caminheta de Braga a Chaves e de haver suspeita de nele ser componente". Foi julgado em dezembro de 1947, condenado a dois anos de degredo, pena substituída por 18 meses de prisão correcional. Seriam igualmente detidos vários membros da sua família: a esposa galega, Manuela; o pai, Domingos, agricultor galego residente em Cambedo; o sogro, Primitivo, galego e residente na aldeia de Chas; o cunhado já referido, Demétrio; a cunhada, Celsa; outro cunhado, casado com uma sua irmã, Octávio Augusto, elemento da Guarda Fiscal. O seu bebé, Primitivo, viria a falecer com pleurisia nas masmorras da PIDE, em 1947. O "processo do Cambedo" Vários aldeões são acusados de acolherem o "bando de malfeitores", ou de serem coniventes. Salientam-se os agentes da Guarda Fiscal, que não denunciaram a presença dos perseguidos, numa cumplicidade passiva. Seriam exemplarmente punidos: Silvino Espírito Santo, cabo da Guarda Fiscal nascido em outubro de 1892, na povoação raiana barrosã de Pitões das Júnias, foi preso quando já se reformara como 2º cabo, "por suspeita de fazer parte duma associação de malfeitores" e ficaria detido por 11 meses. Despromovido por decisão do Tribunal Militar, foi-lhe suspensa a pensão após 36 anos de serviço sem falhas de comportamento. Na sua detenção, foi acompanhado pela esposa, Clementina Tiago, pela cunhada, Albertina Tiago, pelo cunhado Júlio Lopes, também guarda-fiscal, e pelo filho, Domingos Espírito Santo, que cumpria serviço militar. Engrácia Gonçalves, viúva, iletrada e pobre, acolhia Juan em casa. Foi presa com três filhos: José, de 25 anos; Almira, de 19; Casimiro, de 16. Demétrio foi o mais duramente castigado dos presos envolvidos no designado «processo do Cambedo», cumprindo 19 anos nas masmorras da PIDE. Em 12 de Dezembro de 1947, foi julgado pelo Tribunal Militar Territorial do Porto e condenado a dez anos de prisão maior celular, seguidos de degredo por 12, ou em alternativa em 28 anos de degredo em possessão de 1ª classe. Em 11 de Junho de 1948 entrou no campo de concentração do Tarrafal, em Cabo Verde, designado «campo da morte lenta». Transferido para a Cadeia Penitenciária de Lisboa quando o campo encerrou, foi libertado em 1965, seguindo para França, onde pediu exílio. A lista de prisões é longa. No processo elaborado pela PIDE, estão arroladas 63 pessoas, entre as suspeitas de conivência com o assassinato de Sousa Pinto, as que acolheram os acossados nas suas residências, juntamente com outras que a polícia política juntou ao processo, de Vinhais, Chaves, Boticas e Montalegre, conhecidas pelo apoio a vários grupos guerrilheiros. Oito cidadãos espanhóis de aldeias próximas foram julgados e expulsos para o seu país, com interdição de penetrarem no território português. Cambedo da Raia perderá por mais de um ano 18 dos seus habitantes. Manuela García sairá da cadeia cerca de seis meses antes do marido, confrontando-se com uma casa destruída pelos morteiros na madrugada de 21 de dezembro, com terras por cultivar e os filhos à guarda de familiares. Até ao final da vida, viveu amargurada pela detenção, a prisão do marido, do pai, do sogro, dos irmãos, do cunhado, e, sobretudo, pela perda do bebé, na cadeia. Os cadáveres de Juan e Bernardino foram expostos no cemitério de Chaves, um procedimento que permitiu ostensivamente demonstrar a sua mortalidade. Da sepultura de Juan nada se sabe, e também não se logrou encontrar as fotos dos corpos então feitas. A memória da 'Guerra do Cambedo' O conhecimento sobre os acontecimentos de Cambedo da Raia foi circunscrito e localizado. A versão dominante despolitizava o ocorrido, e vinculava a vizinhança com atividades criminosas, por acoitarem assaltantes. Os jornais censurados designaram os "maquis" antifranquistas como "bandoleiros espanhóis" ("Jornal de Notícias"), "alguns criminosos" ou "bandoleiros" que integravam uma "quadrilha", provocando o pânico entre os habitantes do Cambedo ("Correio do Minho"), "bando de civis armados", primeiro, e a seguir "malfeitores de uma quadrilha" e "meliantes" ("O Comércio do Porto"), "sitiados", depois criminosos e "bando armado"("O Primeiro de Janeiro"). A apertada malha da censura permite ler a dimensão despolitizada que o regime pretendeu atribuir aos acontecimentos, remetendo os maquis para o bandoleirismo e criminalizando-os. Só desde o final da década de 1990, por iniciativa sobretudo de associações galegas e algumas pessoas portuguesas, se quebrou a não-inscrição na memória pública. Em colóquios e seminários académicos, por iniciativa cidadã e pressão coletiva logrou-se essa mesma inscrição, embora a «guerra do Cambedo» seja escassamente conhecida, sobretudo em Portugal. Em Ourense, a toponímia enquadra uma Praza de Cambedo da Raia, têm sido publicados livros sobre o assunto, há vários documentários, conquanto do lado português o assunto seja menos conhecido. António Loja Neves e José Alves Pereira realizaram um documentário, "O silêncio", sobre o longo ocultamento dos acontecimentos, e sua adulteração, e Xosé Lois Santiago também registou a memória dos eventos, num outro documentário. Mais recentemente, outra placa foi inaugurada na aldeia, junto das casas destruídas pelo bombardeamento. Quando passam 75 anos do ocorrido, entre a universidade e o ativismo, preparam-se livros, uma conferência internacional no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, em Lisboa, uma série ficcional, e uma homenagem à vizinhança, a realizar no dia 18 de dezembro de 2021. Demasiados anos silenciada, a memória da solidariedade da população de Cambedo e a recusa da infame inscrição feita pelas ditaduras aos acontecimentos, são também a assunção de uma herança adequada a sociedades democráticas, que escolhem ser herdeiras daquelas e daqueles que, em condições tremendas, defenderam a sua existência e afrontaram os fascismos ibéricos. |
PRAZA_9916 | As catro forzas de esquerda comparten os obxectivos do dereito universal ao servizo público, supresión do copagamento farmacéutico, atención bucodental gratuíta ou dereito á eutanasia. O PP teima na uniformización da política sanitaria en toda España. | A sanidade ocupa dende hai meses o centro do debate político en Galicia, ao igual que noutros territorios do Estado. O efecto dos recortes para a calidade da atención recibida pola cidadanía, a falta de persoal e as súas precarias condicións laborais teñen motivado as máis importantes mobilizacións sociais nos últimos tempos no noso país.Aínda que a sanidade é unha competencia transferida ás comunidades autónomas, esta cuestión tamén está presente na campaña electoral do 28 de abril. En primeiro lugar por unha serie de debates que afectan a temas sobre os que o Estado central si ten competencia, como a universalidade da atención sanitaria ou a aprobación dunha lei que regule o dereito á eutanasia. E, ademais, porque as propostas que algúns partidos realicen a nivel estatal poden ter un efecto directo nas que no futuro poñan sobre a mesa en Galicia.Unha análise dos programas amosa, ao igual que noutras temáticas, unha relativa coincidencia entre as propostas de PSOE, En Común Unidas Podemos, BNG e En Marea e, fronte a elas, un posicionamento do Partido Popular que se sitúa moi lonxe en moitas cuestións. A reversión dos recortes e do copago farmacéutico ou a ampliación de dereitos (por exemplo a asistencia bucodental gratuíta) son elementos que as catro forzas de esquerda levan nos seus programa. E, pola contra, no do PP atopamos a defensa da "colaboración público-privada" para a dotación tecnolóxica e a xestión dos hospitais, ao igual que unha teima pola uniformización da política sanitaria en toda España.PP: Unha das medidas estrela do PP en sanidade é a de garantir que "todos os españois sexan atendidos en condicións de igualdade no conxunto do territorio nacional", para o que propón a aprobación dunha tarxeta sanitaria válida para todo o Sistema Nacional de Saúde. De igual xeito, aposta por un calendario de vacinación único en toda España e, ademais, fai fincapé en que "a única lingua cuxo coñecemento será un requisito indispensable para o acceso a un emprego público como o sanitario será o castelán" e que "as linguas cooficiais porán considerarse un mérito, nunca un requisito excluínte". O PP promete "garantir o acceso a probas diagnósticas e intervencións nun tempo mínimo", aínda que non aclara se será incrementando os recursos da sanidade pública ou remitindo os pacientes á sanidade privadaEn canto á xestión sanitaria, defende "os recursos da colaboración público-privada para poder afrontar a permanente modernización dos hospitais, a incorporación da innovación tecnolóxica". E, igualmente, "revisar" os centros, unidades e servizos de referencia "desde o prisma da especialización". Ademais, promete "garantir o acceso a probas diagnósticas e intervencións nun tempo mínimo", aínda que non aclara se será incrementando os recursos da sanidade pública ou remitindo os pacientes á sanidade privada cando se supere un determinado tempo de espera, como xa sucede en Galicia.PSOE: Os socialistas fan fincapé en "avanzar no desenvolvemento do Real Decreto-Lei que recuperou a universalidade para que a súa aplicación sexa efectiva en todo o territorio". E, igualmente, prometen "revisar os copagos farmacéuticos inxustos aprobados en 2012", que serán primeiro eliminado para os pensionistas con rendas anuais inferiores aos 11.200 euros.Así mesmo, propoñen incorporar á carteira básica de servizos "de forma progresiva" a asistencia á saúde bucodental de toda a poboación. E prometen a aprobación dunha lei para regular a eutanasia e a morte digna. Defenden desenvolver o Observatorio de Saúde das Mulleres "para incorporar o enfoque de xénero en todas as estratexias de saúde e na investigación biomédica".En Común: O programa en En Común Unidas Podemos en sanidade ten moitas semellanzas co do PSOE, defendendo o acceso universal á sanidade, rexeitando o copago farmacéutico e apostando igualmente por "incorporar a perspectiva de xénero en toda a política sanitaria" e por garantir o servizo de odontoloxía gratuíto nos servizos do sistema de saúde, ademais de mellorar a investigación, diagnóstico e tratamento da endometriose. Ademais, propón a despenalización do cánnabis e a legalización do seu uso con fins terapéuticos e medicinais.As catro forzas de esquerda comparten os obxectivos do dereito universal á sanidade pública, da supresión do copagamento farmacéutico, a atención bucodental gratuíta ou o dereito á eutanasiaPorén, dedica tamén un grande espazo a achegar propostas para acadar a redución das listas de espera en Atención Primaria, Atención Especializada, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas. Unhas medidas que pasarían polo incremento do número de camas hospitalarias, a mellora da capacidade resolutiva da Atención Primaria ou a esixencia da dedicación exclusiva dos traballadores sanitarios. Así mesmo, propón incrementar o orzamento dedicado a sanidade do 6% ao 7,5%, cun 25% destinado á Atención Primaria. Promete, igualmente, loitar contra a precariedade do persoal sanitario, recuperar o persoal que tivo que saír a traballar ao estranxeiro e incrementar as prazas MIR. BNG: O BNG comparte con PSOE e En Común os obxectivos do dereito universal á sanidade pública e da supresión do copagamento farmacéutico, así como a proposta de "incorporar progresivamente a asistencia odontolóxica gratuíta até os 18 anos". O Bloque fai fincapé en mellorar o financiamento da sanidade pública, "incrementando significativamente o valor dos parámetros de dispersión e envellecemento da poboación e asegurando maior racionalidade no gasto farmacéutico" e, igualmente, reclama eliminar a taxa de reposición de persoal.No seu programa tamén destaca a proposta de "reforzar o carácter público da sanidade e reducir as súas posibilidades de privatización", mediante unha modificación da Lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión do Sistema de Saúde, que "asegure que a titularidade, o financiamento, a xestión e a provisión de servizos sanitarios se fará con entidades exclusivamente públicas".En Marea: Finalmente, o programa de En Marea contén boa parte das medidas propostas polas tres formacións anteriores, comezando polo acceso universal á sanidade pública, a atención odontolóxica ou polo copago, que pide "revisar". Tamén suxire "reforzar a atención primaria", incrementando "un punto e medio anual na vindeira lexislatura nos orzamentos dedicados ao nivel asistencial de Primaria". Propón tamén modificar a Lei 15/1997 "co obxectivo de reducir as súas posibilidades de privatización" e aposta pola creación "dunha empresa farmacéutica pública que sexa capaz de garantir os medicamentos necesarios en situacións de desabastecemento ou de necesidade vital". Por último, defende ao igual que PSOE, En Común e BNG "regular de forma clara os coidados paliativos" e "despenalizar a eutanasia para posibilitar unha morte digna". |
NOS_27646 | 480 títulos menos publicados no ano 2012. As cifras de rexistros do ISBN confirman unha forte diminución na produción das editoriais privadas galegas. O presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado estima que nos dous últimos anos caeu á metade. | Coñecido o adianto das cifras de rexistros do ISBN, o presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado, analisa a través do seu blog Brétemas o forte decrecemento da edición galega de empresas privadas que, ao seu ver, caiu á metade nos últimos dous anos. De 2011 a 2012, cos datos do ISBN na man a diminución é dun 26, 37%, ao pasar de 1820 a 1340 títulos, é dicir, 480 referencias menos. Valora Bragado que, nos dous últimos anos, a baixa é dun 40%, , porcentaxe que, ao ter en conta o incremento de títulos dixitais supón que "o furacán destes dous anos de crise a edición privada impresa en galego se reducise á metade". O presidente dos editores galegos fala dunha "aceleración da diminución e do volume de tiradas" e advierte que estes datos deben levar á "reflexión do sector e das administracións públicas sobre as políticas actuais de lectura e de promoción da lingua galega". |
NOS_13824 | O elemento patrimonial que fora eliminado da zona hai máis de 30 anos gardouno unha familia até a súa restauración. | As historias de defensa do noso patrimonio chegan de moitos lugares. Na rúa Albeiros, en Lugo, poden contar a súa. Un cruceiro en pedra foi custodiado durante 30 anos por unha familia, Pepe "O Panadeiro" e Virtudes, no patio da súa casa. Todo comezou cando viron que unhas obras de mellora na rúa do Cruceiro de Albeiros deron coa obra, orixe do nome da rúa, nunha escombreira. Ao ver a desfeita pediron quedar coas pezas coa intención de restauralas algún día. Agora, grazas a colaboración da Área de Cultura da Deputación e a Área de Infraestruturas e Axenda 21 do Concello de Lugo, o cruceiro volveu ser colocado no barrio. |
PRAZA_653 | Ánxeles Cuña é filla de Xela Bóveda e neta de Amalia Álvarez, unha xenealoxía de mulleres que só ten valor para unha historia aínda recente, con escasas seguidoras e escasísimos seguidores, pero que conta xa cun destacado friso de figuras exemplares, con enorme intelixencia e valentía | O 9 de marzo de 2015, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense fixo a entrega do premio Clara Campoamor a Ánxeles Cuña, un nome ben coñecido no ambiente do teatro galego desde hai moitos anos, en tempos espiñosos, cando as representacións de certas obras dramáticas non eran doadas, e contemplar a actrices e actores percorrendo os escenarios falando en galego, era pouco común. Que, ademais, as mulleres fosen relevantes nas obras, protagonistas nas palabras que pronunciaban, nas accións interpretadas, nas firmes lecturas que ofrecía a dramaturxia da directora, era, e sigue sendo un fausto escénico. O 9 de marzo de 2015, a Concellería de Igualdade do Concello de Ourense fixo a entrega do premio Clara Campoamor a Ánxeles Cuña Máis aínda se coñecemos á promotora e directora de Sarabela. Porque ninguén diría que esa miúda figura de doce sorriso e ollos chinos que é Ánxeles Cuña, esa muller prudente, educada, que pasa ao noso lado como unha caricia, sexa quen de teimar nuns espectáculos teatrais tan poucos dados e usuais, e manter durante anos Sarabela como unha bandeira da diferenza. Ánxeles Cuña é filla de Xela Bóveda e neta de Amalia Álvarez, unha xenealoxía de mulleres que conta xa cun destacado friso de figuras exemplares, con enorme intelixencia e valentía Éche ben certo que tivo uns colos que a soergueron, que lle deron coherencia política, tradición cultural e, porque non?, orgullo. Porque (como lembra Carme Blanco nun texto que lle dedica), Ánxeles Cuña é filla de Xela Bóveda e neta de Amalia Álvarez, unha xenealoxía de mulleres que só ten valor para unha historia aínda recente, con escasas seguidoras e escasísimos seguidores, pero que conta xa cun destacado friso de figuras exemplares, con enorme intelixencia e valentía. Aí están, un bo feixe de donas, e a súa existencia abre a pedra que pecha a caverna primitiva, a do fogar, ou a de Platón, que todas nos condenan á natureza, á reclusión, ou a pasividade. Esa pedra que move Ánxeles cando dirixe ás actrices e reivindica a visibilidade feminina no teatro. A premiada, nun acto de modestia e solidariedade, deulle a palabra a 30 amigas, non todas presentes, nas que Ánxeles Cuña Bóveda quixo centrar o acto No emotivo acto en Ourense, despois das palabras de agasallo, necesarias e xustas da Concelleira de Igualdade, e un vídeo – entrevista da galardoada, foi o Alcalde o que lle fixo a entrega do premio. A premiada, nun acto de modestia e solidariedade, deulle a palabra a 30 amigas, non todas presentes, nas que Ánxeles Cuña Bóveda quixo centrar o acto, esas irmás bravas, de diferentes sensibilidades, ollares e sentires, que teñen todas en común a defensa pola dignidade das mulleres, dixo. A maioría actrices e dramaturgas, pero tamén poetas, xornalistas ou músicas a quen lles deu a voz esta fina muller que oculta a súa grandeza nunha grácil figura, e transforma a xenerosidade nun perfume. |
NOS_56383 | Trátase dunha moza de 20 anos que mantivo durante os últimos 5 unha relación sentimental cun home doutra comunidade, relación prohibida polo código local da aldea. Ao non poder pagar a multa de 300 euros que lle foi imposta, o consello de anciáns ordenou unha violación colectiva. | Unha muller de 20 anos foi violada de maneira colectiva en cumprimendo da orde ditada polo consello de anciáns dunha aldea da India como "castigo" por manter unha relación sentimental cun home doutra comunidade. Segundo o código local da aldea de Subalpur, tal relación estaría prohibida malia que xa duraba cinco anos. Segundo informa o diario Público.pt, moza e mozo foron detidos para seren xulgad@s cando el a visitou na aldea para a pedir en matrimonio. Os dous foron condenados a unha multa de 300 euros. El pagouna mais a familia dela non tiña tal cantidade, polo que o consello de anciáns ordenou unha violación colectiva: 13 homes forzárona a manter relacións sexuais que ela non consentiu. "É horríbel. Son todos veciños e eu chámolles 'kaká' (tío) ou 'dadá' (irmán máis vello) ou 'bhai' (irmán)", explicou a muller ás autoridades policiais unha vez que foi ingresada no hospital, acrecentando que non podía sinalar con certeza cantos homes a violaran: "foron máis de cinco, puideron ser até dez..." Os 13 agresores foron detidos, ao igual que o chefe da aldea. En 2010 rexistrouse un caso semellante noutra aldea da India, en Birbhum, onde as relacións entre persoas de distintas comunidades están tamén prohibidas polo consello de anciáns, un organismo que non ten ningún tipo de autoridade oficial mais que se encarga de punir este tipo de actuacións á maneira que o fixo coa moza de 20 anos violada por 13 homes. Nestoutro caso, tres mulleres foron obrigadas a espir as roupas e camiñar núas pola aldea. |
PRAZA_11208 | Cada vez somos máis educadoras e educadores sociais que nos unimos para que se nos escoite ben forte que existimos, que a nosa profesión ten nome, e somos persoas capacitadas que desempeñamos unhas funcións importantes dentro das equipas interdisciplinares que teñen que velar polo benestar e calidade de vida da cidadanía coa que traballamos. | A Educación Social está en pé. Saímos á rúa para reivindicar, visibilizar e que se recoñeza a nosa profesión.O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia leva anos reivindicando o recoñecemento da nosa figura profesional, tanto na administración, dentro da Relación de Postos de Traballo e tamén a nivel privadoO Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) leva anos reivindicando o recoñecemento da nosa figura profesional, tanto na administración, dentro da Relación de Postos de Traballo (RPT), e tamén a nivel privado. Neste longo camiño fomos acadando pequenos logros, pero aínda queda moito por percorrer. Estamos nun punto onde xa non abondan as verbas que nos prometen e queremos feitos. A pesar das xuntanzas coa administración parece ser que non se nos entende, pero sabemos que a cidadanía si, pois somos profesionais necesarios para atender as necesidades das persoas, que merecen ter equipas interdisciplinares e especializadas.O Ceesg traballa por ter un recoñecemento na Administración Pública onde se nos recolla nos decretos relacionados co ámbito social, como é o caso do Decreto de Servizos Sociais, e que contemplen a nosa figura na Oferta Pública de Emprego (OPE), pois ofertan prazas para traballar con menores onde só se contempla a figura "educador/a", e temos un nome composto, EDUCADOR/A SOCIAL. Ademais, no Consorcio Galego de Benestar, no traballo con persoas maiores tamén queremos que se contemple a nosa figura como educador/a social.Sabemos que no ámbito sanitario teríamos moito que dicir, pois nas unidades de coidados paliativos a domicilio poderíamos axudar á persoa e familia, ou nas unidades de saúde mental. E que dicir na área de educación, pois vemos moi necesaria introducir a nosa figura nos centros educativos, tanto primaria como secundaria, xunto co equipo de orientación, axudando nas problemáticas ou situacións que poidan xurdir de fracaso escolar, adquisición de habilidades, desestruturación familiar que pode afectar nos estudos, igualdade, prevención de acoso… Hai unha infinidade de nichos no mercado laboral, que se cada área da administración nos escoitara entendería moito mellor a nosa petición e nos terían en conta. A nosa figura profesional non só está para intervir cando xa existe unha problemática ou situación complexa, senón que as educadoras e educadores sociais tamén estamos para traballar a prevenciónE a nivel privado, tamén podemos falar do mesmo, fai falta que a sociedade nos coñeza e saiba das nosas funcións, cada profesional do ámbito social nos complementamos, e unha colaboración e cooperación mutua, traballando a prol da comunidade. Queremos erradicar o intrusismo laboral. A nosa figura profesional non só está para intervir cando xa existe unha problemática ou situación complexa, senón que as educadoras e educadores sociais tamén estamos para traballar a prevención, sensibilización, información e orientación nos diferentes ámbitos e colectivos onde podemos desempeñar as nosas funcións. Cando se nos pregunta con que colectivos e ámbitos traballamos, nós respondemos: "muller, infancia, menores, maiores, diversidade funcional, adiccións, violencia de xénero, servizos sociais, inmigrantes, educación medioambiental, animación sociocultural, educación, sanidade…"; e como o facemos, pois dende a prevención coa cidadanía, e no momento de intervención facémolo en equipo con outros axentes implicados, dende unha perspectiva socioeducativa, atendendo á persoa, centrándonos nas súas necesidades e os obxectivos que farán que esta mellore a súa calidade de vida. Cada vez somos máis educadoras e educadores sociais que nos unimos para que se nos escoite ben forte que existimos, que a nosa profesión ten nome, e somos persoas capacitadas que desempeñamos unhas funcións importantes dentro das equipas interdisciplinares que teñen que velar polo benestar e calidade de vida da cidadanía coa que traballamos.Cada vez somos máis educadoras e educadores sociais que nos unimos para que se nos escoite ben forte que existimos, que a nosa profesión ten nomeDende o Ceesg non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer publicamente a todas as persoas que nos apoian nesta andadura; persoas que pasaron polo colexio profesional dun xeito ou outro, profesorado, profesionais de diferentes entidades, persoas que estiveron nas concentracións do 14-0. Ás máis de 4000 que dende o pasado martes xa asinaron a petición de regularización da Educación Social na oferta de emprego público da Xunta.Somos profesionais comprometidas e comprometidos loitando pola reivindicación da nosa figura, xa que a cidadanía ten dereito de contar con educadoras e educadores sociais nos diferentes servizos e programas para ter as súas necesidades cubertas, recibir apoio e ter unha mellor calidade de vida e benestar social. E convidamos a que as persoas educadoras sociais se colexian, ao igual que ao estudantado, e participen do colexio. Cantas máis persoas, sumamos esforzos e chegaremos máis lonxe. Reivindicamos pola profesión, polo traballo, e polo dereito da cidadanía a ter profesionais da Educación Social. |
NOS_12625 | O Celta voltou a mostrar en Mestalla que é quen de competir coas escadras que lideran a competición. Após cazar un ponto no Camp Nou, a equipa de Unzué a piques estivo de repetir en Valencia. Se non o conseguiu en boa parte foi responsabilidade dos erros arbitrais. | Este Celta ten futebol e ten nervo, por tanto, é unha equipa competitiva e difícil de gañar. Deu fe hai días diso o Barça de Messi e este sábado tivo probas palpábeis do mesmo o Valencia de Marcelino, a equipa revelación do campionato. O Celta non se agacha nos partidos grandes e non renuncia a ser o que é. Isto é, non plantexa o xogo en función do rival. É o Celta e ponto. En Mestalla isto traduciuse en boas doses de passing game, de futebol asociativo, de control da bola. Diríase que o local era o Celta e o visitante, o Valencia. Por posesión o partido debería terse desequilibrado a prol dos galegos. O Valencia, aliás, deixou ver que a súa praza de segundo clasificado non é ningunha casualidade e, a partir de moi pouco, fabricou o 1-0 no taboleiro de marcas. O Celta abeirou o empate en varias xogadas, mais non foi quen de o conseguir antes do tempo do lecer. Na segunda parte, a tónica foi a mesma. O Celta foi o Celta e Iago Aspas foi Iago Aspas. Un gol seu restabeleceu o equilibrio. Daquela foi cando o factor arbitral se fixo presente. Após non considerar como puníbeis dúas faltas claras na área local, o árbitro decretou como penalti unha acción no mínimo dubidosa por parte da zaga viguesa. O gol conseguinte de Parejo resolveu o xogo. En todo caso, o Celta mantivo a cabeza alta durante todo o partido e o seu depósito de moral está intacto a poucos días do noso derbi. Valencia CF: Neto, Montoya, Paulista, Vezo, Gayá, Carlos Soler (Nacho Gil, min.61), Parejo, Kondogbia, Andreas Pereira (Maksimovic, min.89), Rodrigo (Santi Mina, min.66) e Zaza. RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Guidetti min.83), Fontás, Jonny, Lobotka, Tucu Hernández, Wass, Aspas, Sisto (Emre Mor, min.82) e Maxi Gómez. Goles: 1-0, min.28: Zaza; 1-1, min.46: Iago Aspas; 2-1, min.81: Parejo, de penalti. Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Cartóns amarelos a Zaza, Kondogbia, Maxi Gómez, Iago Aspas, Fontás. |
PRAZA_12716 | Este domingo Francia celebra a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea. Un texto do IGADI (www.igadi.org) | *Texto publicado no nº 83 dos IGADI papers Este domingo Francia celebra a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea, principalmente ante a posibilidade de que a non reelección do actual presidente Nicolás Sarkozy (Unión por un Movemento Popular, UMP) signifique o retorno ao poder do Partido Socialista (PS), desta vez da man do seu candidato François Hollande. As eleccións presidenciais francesas constitúen un importante test político para un dos países centrais e con maior peso político da Unión Europea. O contexto de crise e recesión económica, o espectro do desemprego e unha crise social que pode intensificar a conflitividade gremial e laboral nos próximos meses, son algúns dos factores que inflúen considerablemente na evolución dos próximos comicios presidenciais. O test electoral e político é, por tanto, moito mais importante para o actual presidente Nicolás Sarkozy, quen busca a reelección nun momento de marcada caída da súa popularidade. Velaí que Sarko (como é coloquialmente coñecido en Francia) se afana por todos os medios en reactivar a súa imaxe pública, incluso botando man do tirón mediático da súa esposa, a ex modelo Carla Bruni. Ao mesmo tempo, Sarkozy tenta "asustar" o electorado francés ante a perspectiva de que un eventual retorno do Partido Socialista ao poder imprima unha deriva económica e social similar á acaecida na España de Zapatero, tendo en conta que actualmente o seu veciño do sur é o país europeo con maior taxa de desocupación laboral. Pola súa banda, o Partido Socialista francés ofrece unha imaxe alternativa, aínda que de menor calado mediático, coa candidatura de François Hollande, ex parella sentimental da candidata socialista nos comicios de 2007, Segolène Royal. O Partido Socialista espera retornar ao poder desde 1995 ofrecendo un "lavado de imaxe" tralos recentes escándalos sexuais dunha das súas figuras máis emblemáticas, Dominique Strauss-Khan, ex director do FMI. Así, Hollande preséntase como un candidato que encarna unha especie de transición dentro do Partido Socialista francés, coa perspectiva de liderar un hipotético revival da socialdemocracia europea nun contexto caracterizado polas crises económicas e o impulso político e electoral da dereita continental Así, Hollande preséntase como un candidato que encarna unha especie de transición dentro do Partido Socialista francés, coa perspectiva de liderar un hipotético revival da socialdemocracia europea nun contexto caracterizado polas crises económicas e o impulso político e electoral da dereita continental. O seu lema electoral, "O regreso da socialdemocracia a Europa", baséase precisamente en defender unha perspectiva de carácter global a nivel europeo, nunha conxuntura marcada polas ameazas da austeridade fiscal e a crise económica cara un dos piares da integración europea: o estado social do benestar. Con diversas variantes nas enquisas preelectorais, o escenario reflicte un polarizado Tête À Tête entre Sarkozy e Hollande, con estimacións de voto próximas ao 30% para cada un. Posteriormente, resalta o ascenso da Fronte de Esquerda (FdE) de Jean-Luc Mélenchon, seguido da ultradereita da Fronte Nacional (FN) de Marine Le Pen, ambos oscilando en torno ao 15-18% da intención de voto. Moito mais lonxe aparecen a candidatura centrista de François Bayrou (10%) así como outras con menores posibilidades, como Jacques Cheminad (Solidariedade e Progreso), Eva Joly (Os Verdes), Nathalie Arthaud (Loita Obreira), Philippe Poutou (Novo Partido Anticapitalista) e Nicolás Dupont-Aignan (partido nacionalista De Pie la República). A pesar das notables diverxencias entre o Partido Socialista e a pluralidade de partidos e movementos da esquerda francesa, especúlase para esta eventual segunda volta cun posible aluvión de votos da esquerda a favor de Hollande Non obstante, este panorama variaría sensiblemente de cara á segunda volta electoral prevista para o próximo 6 de maio. Neste caso, as enquisas semellan beneficiar a Hollande (aproximadamente cun 55% de intención de voto) por riba de Sarkozy (45%). En gran medida, e a pesar das notables diverxencias entre o Partido Socialista e a pluralidade de partidos e movementos da esquerda francesa, especúlase para esta eventual segunda volta cun posible aluvión de votos da esquerda a favor de Hollande, moi probablemente persuadidos non só a evitar a reelección de Sarkozy senón a frear o avance da Fronte Nacional. A alternativa da Fronte de Esquerda Dentro da pluralidade de movementos e partidos existentes na esquerda francesa, a Fronte de Esquerda de Mélenchon, conformada pola alianza do Partido Comunista Francés e do Partido da Esquerda, canaliza os apoios dunha clase obreira e inmigrante proveniente da periferia urbana, golpeada pola crise económica. No Partido Socialista existe unha notable preocupación de que o avance da Fronte de Esquerda signifique unha erosión de votos tradicionalmente socialistas en estratos sociais populares e de inmigrantes Neste sentido, nas derradeiras semanas, a candidatura de Mélenchon estase a converter nunha inesperada sorpresa electoral con claras perspectivas de definirse como unha bisagra que relativiza a polarización Sarkozy-Hollande. No Partido Socialista existe unha notable preocupación de que o avance da Fronte de Esquerda signifique unha erosión de votos tradicionalmente socialistas en estratos sociais populares e de inmigrantes. Non obstante, e cun discurso que defende a "revolución cidadá", Mélenchon declarou publicamente o seu obxectivo de evitar a reelección de Sarkozy, o cal interpretaríase como un eventual apoio dos votantes da Fronte de Esquerda á candidatura de Hollande nunha segunda volta. Unha elección vital para Europa No ámbito europeo, o proceso electoral francés dirime unha serie de variables centradas no futuro da consolidación do eixe xeopolítico dentro da Unión Europea conformado por Alemaña e Francia, en particular no caso do tándem entre Sarkozy e a chanceler alemá Ángela Merkel, popularmente coñecido como o eixe "Merkozy". Paralelamente, estas eleccións francesas suxiren un debate público sobre a eventual influencia da crise económica na erosión do edificio de convivencia social e do estado de benestar europeo. No seo do electorado galo existe unha marcada sensación de declive do poder francés en Europa, en particular ante a certificación da hexemonía e do poderío de Alemaña dentro das institucións europeas, así como da decadente potencialidade económica e de influencia política de Francia a nivel mundial. Velaí que Merkel observe igualmente con atención o desenlace electoral francés, especialmente á hora de barallar unha eventual e posible nova alianza xa non con Sarkozy senón co socialista Hollande, crítico coa política fiscal e monetaria de Berlín na Zona Euro. Esta eventual negativa de Hollande aos plans fiscais de Merkel pode potenciar a súa candidatura ante o malestar existente en diversas capas sociais identificadas co nacionalismo francés, os cales observan a un Sarkozy absolutamente submiso e obediente non só ante as pretensións de Merkel e de Berlín Esta eventual negativa de Hollande aos plans fiscais de Merkel pode potenciar a súa candidatura ante o malestar existente en diversas capas sociais identificadas co nacionalismo francés, os cales observan a un Sarkozy absolutamente submiso e obediente non só ante as pretensións de Merkel e de Berlín senón a través da súa aceptación do "atlantismo" estadounidense, en particular en crises exteriores como a de Libia, Siria e Irán. O cadro complétase coa previsión dunha anunciada e histórica abstención electoral Paralelamente, e no caso de ser reelixido, Sarkozy deberá xestionar un complexo escenario político interno así como unha situación de maior dependencia externa con respecto a Merkel, un aspecto que igualmente deberá dirimir o cruce de tradicionais e ambivalentes correntes dentro da dereita "gaullista" francesa e da UMP con respecto á UE e ao ideal europeísta. O cadro complétase coa previsión dunha anunciada e histórica abstención electoral o próximo 22 de abril: segundo o instituto de sondaxes IFOP, a abstención podería calcularse en torno ao 32% do electorado, identificado en menores de 35 anos provenientes dos sectores obreiros e rural. Podes ler o texto completo na páxina do IGADI Web do IGADI |
PRAZA_16048 | Nos últimos trinta e pico anos que pasaron dende entón, o meu tío Lisardo nunca deixou de preguntarse, canto medirá ese pequeno treito que separa aquela dereita enferruxada, que tanto inzou no ambiente, e esta esquerda fulera que, cada ano que pasa, perde máis o cu por ilo acurtando. | "Se non existen triángulos cuadrados, se non existe xiquera un triángulo cuadrado, entón xurde a traxedia, porque existe a razón e non existe Deus". (Diario sin datas, Antón Tovar). Nas vésperas daquel 28 de outubro de 1982 o horizonte divisábase cunha nitidez absoluta, pero o ambiente era máis ben sombrizo, algo medorento talvez. A verdade é que a cousa non tiña boa pinta, malia a habelencia e fineza dos doutores en climatoloxía política, empeñados en receitar vacinas de normalidade a "tutti pleni". En Floxás –e en calquera esquina do mapa– a tropa disimulaba o que podía, pero a procesión ía por dentro. Así que, os da versión frouxa dos herdeiros do réxime, por mor daquela aguda descomposición de ventre que os estaba deixando talmente deshidratados, dende que Suárez se fora, non deixaban de presentir na caluga o maldito bafo do recambio, malia que os da chaqueta de pana aínda non as tiñan todas con eles. –Dígame! –contestou Elías, algo nervioso, e como se non dese bafexado. –Es ti, Elías, atópaste ben? –Al aparato, estou ben, é que ando con algo de présa. Dígame, dígame? –Sabes quen son, ho? Son o Avelino Xurelo. Mira unha cousa, se fas o favor, aí contra a noitiña tráeme unha papeleta das nosas. A esa hora os tarambainas dos meus sobriños andan sempre de cans. E disimula porque, xa sabes, eles son socialistas, de pacotilla!, pero socialistas ao fin e ao cabo. E despois a xente dálle á lingua. –Perda coidado, tío Avelino, en canto escureza aí estarei. Ao día seguinte da desfeita "ucediana" e do ascenso controlado da versión varuda do réxime, os partidarios de Felipe celebraban o trunfo na taberna. O tío Avelino, máis só que "la una", adoraba un chato de herbas nunha esquina do mostrador. Niso entrou Elías, ao que se lle vía moi esbrancuxado, e ao chegar rente ao Xurelo, este díxolle: –Toma algo, amigo, e que non che doa a cabeza; aquí non pasou nada, só aconteceu que contabamos gañar os das dereitas e gañamos os das esquerdas. Ah! Nos últimos trinta e pico anos que pasaron dende entón, o meu tío Lisardo nunca deixou de preguntarse, canto medirá ese pequeno treito que separa aquela dereita enferruxada, que tanto inzou no ambiente, e esta esquerda fulera que, cada ano que pasa, perde máis o cu por ilo acurtando. (Ao druída in péctore, Manolo Fariñas, que sempre nos agasalla con pocións tan saborosas como esta, e con tantas outras que, se hai vagar, non deixaremos de catalas). |
NOS_9618 | En 1888 o profesor americano Elisha Gray estaba a traballar nun aparello que denominou telautógrafo e estaba destinado a rivalizar co telefone. Para utilizar a autotelegrafía só era necesario saber escribir e a máquina por el inventada, unha forma de fax primitivo, convertía a escrita a man en impulsos eléctricos que poderían ser enviados e reproducidos a grandes distancias. | Estaba destinado, pois, á transmisión telegráfica de facsímiles de manuscritos. E debía ser de moita utilidade para todo tipo de transaccións de Bolsa pois non podería haber erros. A invención foi patentada en 1888 e mostrada ao público por vez primeira na Feira de Chicago de 1893. En 1897 xa estaba en fase comercial e mesmo o Tribunal Supremo dos EEUU se pronuncia no sentido de admitir declaracións enviadas por este procedemento. Como opera? O remetente escrebe utilizando unha estilográfica. O aparello receptor vai repetindo con caneta sobre papel todos os movementos, mesmo a volta atrás para corrixir. Os documentos chegan exactamente como os escrebeu a persoa que os envía. Son un autógrafo. Na exposición de Filadelfia de 1904 este aparello foi a revolución, procurando os primeiros usos no xornalismo. Era o futuro. Un futuro que despois non foi. |
NOS_44061 | A denuncia da Unión Europea contra AstraZeneca enmárcase dentro dun conflito de poder no que as farmacéuticas privadas exprimen a súa posición para maximizar os seus beneficios. Ao tempo, negan a liberalización das patentes e apenas colaboran co mecanismo Covax. | A Unión Europea prepara unha demanda contra a anglosueca AstraZeneca por non entregar 200 millóns de doses comprometidas no primeiro semestre do ano, segundo a Comisión Europea. Esta decisión foi comunicada na pasada cuarta feira pola Comisión ás embaixadas na Unión Europea, adiantou Politico, recibindo unha resposta positiva da maioría dos Estados despois dos reiterados incumprimentos da farmacéutica nas entregas da súa vacina. Agora todos os Estados membros terán que decidir a posición final que transmitir á Comisión para continuar co proceso xudicial, despois da solicitude de Alemaña e Francia de darse máis tempo para analizar a situación e as consecuencias deste paso, informou o medio europeo. Xa en xaneiro, AstraZeneca recoñecera que non tiña capacidade para afrontar as doses comprometidas nun comezo e nos primeiros tres meses deste ano entregou 30 millóns de doses das 100 millóns asinadas no contrato. De abril a xuño tería que enviar 200 millóns máis, mais a proxección da compañía é mandar 70 millóns. Xeopolítica A Axencia Europea dos Medicamentos (EMA) aprobou até o de agora catro compostos para vacinar a poboación europea, os catro considéranse seguros e teñen uns efectos secundarios graves nunha porcentaxe ínfima da poboación, cuns beneficios demostrados con respecto aos riscos de contraer a Covid-19. A pesar diso, distintos Estados frearon en diferentes ocasións a vacinación con AstraZeneca en contra do criterio da EMA e da Organización Mundial da Saúde, algúns, como é o caso de Dinamarca, de forma definitiva. No Reino Unido, que inoculou a súa poboación con AstraZeneca como vacina principal nun proceso que comezou mentres se facía efectiva a saída de Gran Bretaña da Unión Europea, a metade da súa poboación está vacinada, segundo o New York Times. A UE está a piques de superar o 20% e no Estado español o 17%. Negocio O negocio das vacinas contra a Covid-19 para as farmacéuticas privadas vén determinado por ser as primeiras que consigan presentar e vender os seus produtos. A Organización Mundial da Saúde ten até 15 vacinas en proceso de aprobación e a medida que varias delas estean dispoñíbeis a posición dominante das poucas empresas que a venden mingua. Neste sentido, nunha xuntanza con medios de comunicación a semana pasada, o conselleiro delegado de Pfizer, Albert Bourla, recoñeceu que probabelmente será necesaria unha terceira dose da súa vacina 12 meses despois da segunda para que a inmunización sexa completa. Aínda así isto non chegaría dabondo, Bourla rematou por aceptar que do mesmo modo que a gripe, a poboación tería que vacinarse cada ano para estar protexida da Covid-19. Pfizer presentou en febreiro pasado as súas contas de 2020, nas que presumen dunhas ganancias de 9.616 millóns de dólares. Para 2021 prevén ter uns beneficios de 18.846 millóns de dólares -15.690 millóns de euros-. Para AstraZeneca, a previsión de beneficios deste ano é de 6.910 millóns de dólares, en 2020 foran 5.291. Contratos abusivos A demanda que prepara a Unión Europea é boa mostra das dificultades creadas na práctica polos contratos asinados coas farmacéuticas, que lles permite eximirse de case calquera responsabilidade. No caso do contrato da UE con Pfizer-Biontech do 20 de novembro de 2020, que implicou o adianto de 700 millóns de euros e que viu a luz a fin de semana pasada grazas a RAI, inclúese un punto no que explica que se a produción das empresas alemás non é capaz da brindar as doses compradas, Pfizer-Biontech comprométese unicamente a revisar o seu programa de entregas con "principios xustos e equitativos". Para a vacina estadounidense Moderna, cuxo contrato tamén se fixo público, as condicións son máis restritivas, se en 90 días non entregan o pedido, pode ser cancelado. Ambos os dous contratos deixan claro que a responsabilidade polos efectos secundarios das vacinas recae nos Estados e na Comisión Europea, e as empresas só asumirían a responsabilidade por unha mala conduta intencionada ou por problemas no proceso de fabricación, co cal a súa responsabilidade desaparece unha vez entregadas as doses ás compradoras. Negociación polas vacinas Pfizer é a segunda empresa farmacéutica máis importante do mundo, cun valor de marca de 20.700 millóns de dólares, como indica a revista Forbes, só detrás de Johnson&Johnson. Esta posición levouna a exercer prácticas intimidatorias contra distintos Estados para permitirlles o acceso ás vacinas contra a Covid-19. Unha investigación do Bureau of Investigative Journalism xunto ao medio peruano Ojo Público descubriu como Pfizer, ademais de eximirse de responsabilidade legal diante de calquera problema derivado da súa vacina, exixiu a varios Estados latinoamericanos que puxeran como garantía os seus activos soberanos, incluíndo edificios de embaixadas ou bases militares. Na Arxentina, onde decidiron non pregarse ás exixencias da empresa alemá e agora vacinan sobre todo con Sputnik V, o médico Jorge Rachid, asesor do gobernador de Bos Aires, Axel Kicillof, denunciou que Pfizer pretendía quedar cos glaciares da provincia de Terra de Fogo se Arxentina non pagaba as vacinas. En 61 Estados do mundo, a meirande parte en África, non inocularon nin o 3% da poboación, o que amosa a dificultade de moitos Estados para acceder ás vacinas maila o anunciado sistema Covax da OMS, que depende da boa vontade das farmacéuticas. Segundo a Fundación Kenup, o investimento público no último ano foi de 93.000 millóns de euros para financiar a investigación das vacinas, compras anticipadas, exencións fiscais, medicamentos etc. A pesar disto, tanto as farmacéticas como os países máis ricos néganse unha e outra vez a liberalizar as patentes e permitir o acceso universal ás vacinas. En decembro, tras a proposta de India e Suráfrica, 99 países votaron a favor desta medida na OMS, mais a negativa da Unión Europea e dos EUA fixo decaer a iniciativa, que tamén foi rexeitada hai poucos días no Congreso. |
NOS_19511 | Investigadores vinculárono á represión na comarca dos Áncares. | A sala do Parlamento da Galiza onde celebra as súas reunións a Xunta de Portavoces pasará a denominarse Antonio Rosón. A decisión foi adoptada pola mesa da Cámara cos votos favorábeis do Partido Popular (PP), a oposición do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e a abstención do Partido de Socialista da Galiza (PSdeG). Os populares defenderon esta proposta atendendo ao papel de Rosón nos primeiros momentos do réxime autonómico, e, particularmente, o seu labor como primeiro presidente do Parlamento da Galiza. Rosón atesouraba unha longa traxectoria política con anterioridade ao seu nomeamento como presidente da Cámara galega en decembro de 1981. Nado en Becerreá en 1911 nunha familia cun papel relevante na vida política dos Ancares e do conxunto das comarcas luguesas, pasante no famoso bufete do avogado e cacique lugués, José Benito Pardo, militante da Falanxe Española desde a primavera de 1936, responsábel do sindicato vertical agrario durante décadas en Lugo, presidente da Deputación entre 1949 e 1951 e procurador nas cortes franquistas desde 1967 até a súa disolución, rematou por reconverterse á democracia tras a morte de Franco, xogando un papel de relevo como dirixente da UCD lucense e despois da Alianza Popular (AP). O secuestro de 'Interviu' A actuación de Rosón no conglomerado represivo foi sinalada en diversos traballos de investigación xornalística e histórica. Así, por exemplo, en xuño de 1977, a revista Interviu publicaba unha crónica de José Luis Morales que sinalaba os irmáns Antonio e Luís Rosón Pérez e aos seus curmáns Fermín, Manuel e Pascual como actores centrais no aparello represivo na comarca dos Ancares. O traballo de Morales recollía testemuños de números veciños da zona que implicaban os Rosón na persecución aos demócratas após o golpe de Estado de 18 de xullo de 1936, chegando a ordenar a un xulgado de Madrid o secuestro da publicación para protexer a esta poderosa familia con importantes responsabilidades nos aparatos do Estado. Antonio Rosón botou os últimos anos da súa vida tentando agochar o seu pasado como falanxista comprometido coa represión. Porén, nos primeiros tempos do franquismo deixou testemuño da súa actuación entre 1936 e 1939 "pacificando a comarca, organizando destacamentos na liña fronteiriza con Asturias, sendo o único en todo o partido xudicial que fixo fronte ao marxismo". Na mesma liña, na causa militar 339/37 deu conta da súa actuación como "xefe da forza encargada" de proclamar o estado de guerra en Becerreá e do seu labor como "comandante militar" entre xullo e setembro de 1936. Precisamente, ese período coincidiu co máis duro da represión nos Ancares, con ducias de execucións a cargo das milicias fascistas e da Garda Civil. A decisión da mesa do Parlamento da Galiza de honrar a Antonio Rosón concedéndolle unha sala na cámara ten provocado a indignación na redes sociais e nos colectivos da memoria. Sen ir máis lonxe, o voceiro de Iniciativa Galega pola Memoria, Xoán Carlos Garrido afirmou que "unha persoa como Rosón non pode merecer ningún tipo de honra por estar a súa figura directamente vinculada á represión franquista". Da mesma maneira se manifestou o historiador, Luis Lamela quen cuestionou a decisión da Cámara e afirmou non entender o acordo atendendo ao disposto na Lei da memoria. |
NOS_29354 | Os traballadores iniciaron esta cuarta feira, 5 de xullo, a marcha a pé entre Cee e Compostela para pedir á Xunta que non acepte a petición do grupo de Villar Mir. Ana Pontón (BNG) e o alcalde de Dumbría (PSOE) acompañaron os máis de medio cento de traballadores que participan nesta primeira xornada da marcha. Vídeo no interior | Levan meses de loita mais nin o cansancio nin a resignación fai mella neles. Desde que coñeceron a nova en outubro de 2016 de que Villar Mir quería vender as centrais hidroeléctricas, os traballadores non deron tregua. Folgas, mobilizacións, concentracións, feches... todas e cada unha destas actividades co apoio total da veciñanza da Costa da Morte, consciente do moito que se xoga neste capítulo. Esta cuarta feira, 5 de xullo, traballadores de Ferroatlántica comezaron unha marcha a pé para pedir á Xunta que non autorice a segregación que solicita Villar Mir para poder vender as centrais. Unha marcha de 71 quilómetros, até Compostela, e repartida en catro etapas. Na primeira delas, 22 Qm entre Cee e A Picota, contaron coa presenza canda eles de Ana Pontón, portavoz do BNG, J.M. Pequeño, alcalde de Dumbría (PSOE). e Paulo Carril, secretario xeral da CIG. Pontón afirmou que é hora de que Feijóo decida de que parte está neste conflito, se cos traballadotres e a Costa da Morte ou ben con Villar Mir. A portavoz nacionalista chamou a unha "participación masiva" na manifestación deste sábado, 8 de xullo, en Compostela, para "evitar o espolio" das centrais hidroeléctricas. A segunda xornada da marcha, esta quinta feira, de 26 quilómetros, será entre A picota e Negreira. A seguir, a sexta feira, 12 Qum entre Negreira e Bertamiráns para, xa o sábado, percorrer os últimos 11 quilómetros e estar na capital de Galiza para o inicio da manifestación, ás 12:00 horas, na Alameda. |
NOS_42877 | O eurodeputado Javier Nart e candidato de Ciudadanos á eurocámara viaxou a Galiza con motivo da campaña do 26M para alertar do "antieuropeísmo" e para avogar pola unidade dos partidos que avalan a UE (nos que englobou os referentes europeos do PSOE; PP e Cs). | O candidato de Ciudadanos ao Parlamento Europeo, Javier Nart, visitou Galiza na súa axenda de campaña das eleccións municipais e europeas do vindeiro 26 de maio. O candidato aproveitou para sinalar o medre das forzas "eurófobas" como o reto máis importante a enfrontar pola Unión Europea. Nese sentido chamou á unidade das forzas "europeístas", nas que englobou o Partido Popular Europeo, onde se encadra o PP; a formación da socialdemocracia europea, na que se atopa o PSOE; e máis a Alianza de Liberais e Demócratas, en que se inscribe Cs. Entre eles considera necesario alcanzar acordos para políticas de "harmonización fiscal e profundar nunha construción de Europa". "O 80% do que ocorre en calquera país deriva das normas que se aproban no Parlamento Europeo", sinalou Nart Nart recalcou a importancia de participar nas eleccións europeas porque "o 80% do que ocorre en calquera país" deriva das normas que se aproban no Parlamento Europeo. Reclaman mellor conexión de Galiza coa península No marco dun encontro do eurodeputado Javier Nart con representantes do empresariado en Vigo, o candidato de Ciudadanos ao Parlamento Europeo apuntou como principal problema de Galiza a dispersión poboacional e a conexión entre os distintos núcleos. A este respecto, avogou por impulsar unha "conexión ferroviaria de alto nivel" entre Galiza e o resto da península e do continente "para que as empresas galegas teñan capacidade de acceder a distintos mercados", sinalou. |
PRAZA_5891 | Na vez de favorecer o acceso á cultura e á información pechan as bibliotecas públicas e reducen drasticamente os seus orzamentos. Semella que houbera un plan de exterminio cultural. Se cadra mesmo ven na cultura unha ameaza. | Na Coruña hai unha Praza do Libro que pode quedar sen librarías. A forte baixada das ventas foi a causa do peche da Libraría Nós, un referente na cidade que levaba aberta corenta anos. Á súa beira está a Libraría Couceiro, dedicada en exclusiva ao libro en galego; desde 1982 estivo rexentada por Carmiña Couceiro e Pepe Díaz que agora, chegada a idade da xubilación, vanse dedicar á lectura e a coidar da súa horta. Polo momento semella que atoparon relevo, pero esta mítica libraría tamén estivo a piques de pechar as portas. Na Coruña hai unha Praza do Libro que pode quedar sen librarías Son malos tempos para a cultura. Por razóns diversas (a numerosa oferta audiovisual, o acceso a contidos na rede, o impacto da crise que diminúe o gasto en cultura, a falta de apoio institucional á industria do libro ou a propia devaluación da cultura na sociedade actual) nos últimos anos produciuse en Galicia un descenso moi notable -case un nove por cento desde 2006 a 2012- no gasto familiar en bens e servizos culturais, tal como revela un informe do Consello da Cultura Galega. É un dato preocupante, sobre todo tendo en conta que Galicia xa se atopaba entre as seis comunidades autónomas (CCAA) co máis baixo consumo cultural. A compra de libros non de texto descendeu preto do 50% entre 2007 e 2012. Tamén descendeu, de forma drástica, o número de libros publicados en galego A compra de libros non de texto descendeu preto do 50% entre 2007 e 2012. Tamén descendeu, de forma drástica, o número de libros publicados en galego. En 2013 publicáronse pouco máis de setecentos libros, a metade do ano anterior, consolidando unha caída vertixinosa iniciada en 2008, cando se rexistrou un récord histórico con máis de dous mil títulos. Se cadra ten que ser así, e hai que admitir que a publicación de libros en papel está condenada a esmorecer pouco a pouco. Mais resulta comprensible a indignación dos editores que ven como, desde que goberna o PP en Galicia, a edición de libros en galego caeu un 36%. A Asociación Galega de Editores expresou a súa desconformidade cos orzamentos da Xunta para 2014, nos que se reflicte un novo descenso ( 440.000 euros menos que o ano anterior) para a edición de libros en galego. Os editores describen a realidade: só o 13% de todos os libros que se mercan en Galicia están escritos en galego. Lembran que a compra institucional de libros galegos "destinados a bibliotecas públicas reduciuse de 1.250.000 euros (2009) a 500.000 euros (2012), o que supón un descenso do 60% ao longo da última lexislatura". Propuxeron un decálogo de medidas para para fomentar a lectura en Galicia. Pero a política cultural da Xunta non contempla axudas á industria editorial nin ás bibliotecas públicas. O investimento público en bibliotecas pasou de 5.5 millóns de euros en 2008 a 1,3 en 2013 (un recorte do 76%). Ademais, Galicia perdeu, desde o ano 2002, 49 bibliotecas públicas, mentres que no resto do Estado aumentaron Porque podemos pensar que a xente non merca libros e vai menos ao cine por razóns económicas, mais podería utilizar as bibliotecas públicas como forma de acceder á cultura sen custe. Pero a realidade é testana: Galicia é a antepenúltima CCAA no uso das bibliotecas, só un 16% da poboación accede a eses servizos. Un país que non le ten unha pesada eiva para afrontar o futuro. Pero os actuais gobernantes non ven unha ameaza nestes datos. Pola contra as súas decisións contribúen a afondar na brecha. O investimento público en bibliotecas pasou de 5.5 millóns de euros en 2008 a 1,3 en 2013 (un recorte do 76%). Ademais, Galicia perdeu, desde o ano 2002, 49 bibliotecas públicas, mentres que no resto do Estado aumentaron. Camiñamos en sentido contrario. Na vez de favorecer o acceso á cultura e á información pechan as bibliotecas públicas e reducen drasticamente os seus orzamentos. Semella que houbera un plan de exterminio cultural. Se cadra mesmo ven na cultura unha ameaza. Hai unha frase atribuída a Hermann Göring: "cando escoito a palabra cultura collo a pistola". |
NOS_26810 | O conxunto coruñés só puido empatar a dous tantos en casa ante o Vic e terá que gañar a domicilio a vindeira semana para entrar na Final Four da Liga de Campións de Hockei a patíns. David Torres, galego do equipo catalán, foi a estrela. | Tiña o Liceo a oportunidade de vingar a derrota ante o Vic das semifinais de Copa de hai unha semana no Pazo de Riazor, onde recibía ao conxunto catalán na ida dos cuartos de final da máxima competición europea, cun pase á Final Four en xogo. Pero non se lle está a dar ben o Vic ao conxunto coruñés. O empate a dous tantos deixa todo por decidir para o partido de volta, o sábado que vén. Pero non é un bo resultado para o Liceo, obrigado a gañar en campo rival, cun ambiente en contra moi forte. Erros en penaltis castigaron ao Liceo, que se adiantou por medio de Lamas, se ben despois empatou a estrela dos visitantes, que á vez é local. O coruñés David Torres -un raro caso de galego xogando en Catalunya- fixo a igualada, feito que repetiría na fase final do encontro despois de que Carballeira adiantase de novo aos homes de Carlos Gil, un mal resultado que esixe agora unha xesta en Vic. |
NOS_10595 | CIG denuncia os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes coa reforma do Código Penal que prepara o PP | A CIG ten convocadas concentracións este terza, 4 de decembro, diante dos xulgados das distintas cidades galegas para denunciar "os intentos de criminalizar a contestación social aos recortes, de rexeitamento á reforma do Código Penal que prepara o PP". As mobilizacións enmárcanse na campaña que a central nacionalista está desenvolver contra a persecución e represión sindical, concretada na folga de fame que a CIG está a desenvolver dende hai unha semana en Pontevedra contra a condenaa tres sindicalistas a tres anos e un día de prisión. En Pontevedra a concentración terá lugar ás 12:00 horas, ao remate dunha asemblea de delegados/as, diante da Audiencia Provincial, onde está instalada a caravana, no cruce das rúas Rosalía de Castro e Reina Vitoria. Compostela: ás 12:00 horas, nos xulgados de Fontiñas. A Coruña: ás 12:00 horas, nos xulgados da Rúa Monforte. Ferrol: ás 10:30 horas, diante dos xulgados da Rúa Coruña. Lugo: ás 12:00 horas, nos xulgados da Praza Avilés. Vigo: ás 11:30 horas, diante dos xulgados na rúa Lalín. Ourense: ás 12:00 horas, diante do Pazo de Xustiza |
NOS_36142 | "A Xunta está aplicando un plan de 2001, o que supón que 22 anos despois aínda non o teñen adaptado", cuestiona a deputada Begoña Rodríguez. | A portavoz de Orzamentos do grupo socialista no Parlamento da Galiza, Begoña Rodríguez, denunciou esta terza feira na Cámara, "máis unha vez", o "incumprimento" das recomendacións do Consello de Contas por parte da Xunta. "Para a Xunta e para o PP os informes de fiscalización do Consello de Contas son un mero trámite, un trámite incómodo que pretenden que pase sen ningunha repercusión, porque o ente pon en evidencia moitas eivas na xestión e na falla de transparencia da Xunta de forma reiterada ano tras ano, sen que o Goberno galego tome nota e modifique o seu modo de traballar", dixo. Rodríguez salientou que o PSdeG presentou 36 propostas de resolución "que foron rexeitadas na súa totalidade polo 'rodillo' maioritario do PP" e que recollían, afirmou, "boa parte das recomendacións" de Contas. Aliás, lamentou que a bancada popular "pida que se dite a norma para adaptar o Plan de contabilidade cando este está aprobado desde 2010 e é o propio Consello de Contas o que ano tras ano insta o Goberno galego a que o aplique". A Xunta, porén, "está aplicando un plan do ano 2001, o que supón que 22 anos despois aínda non o teñen adaptado". Por outra parte, Begoña Rodríguez cuestionou as "anomalías" no desenvolvemento da comisión parlamentaria do Consello de Contas, xa que o seu documento "tardou oito meses en chegar á comisión e nove en ir ao pleno". No pleno desta terza feira, precisamente, debátese o ditame e as propostas de resolución aprobadas pola devandita comisión, no que atinxe ao informe fiscalizador do ente regulador correspondente ao ano 2019. "Con estas prácticas desvirtúase o labor do Consello, o impacto do contido dos informes pasa desapercibido e réstalle a importancia que merece a este órgano estatuario ao que o Parlamento concede medallas, pero non dignifica o seu traballo", precisou Rodríguez, que cualificou isto de "falta de respecto" á entidade. |
NOS_35949 | A demisión produciuse após reclamarlle que pedise desculpas Núñez Feijóo. | Jorge Caldas presentou esta cuarta feira a súa renuncia como concelleiro de Moraña após chamarlle nas redes sociais "mala zorra" á presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva. "Desaloxar machistas retrógrados é un avanzo máis para as mulleres e na loita contra a desigualdade", din desde o Bloque de Moraña Caldas, que era tamén responsábel da área de Igualdade municipal, adoptou a decisión após pedir desculpas, como lle foi reclamado polo propio presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, que considerou os insultos machistas proferidos "fóra" do que debería acontecer "en calquera democracia". Así as cousas, Jorge Caldas, contou co apoio da alcaldesa de Moraña, María Luísa Piñeiro quen dixo del que é "unha grande persoa". A demisión de Caldas foi reclamada polo grupo municipal do BNG e tamén polo PSOE. Desde a organización frontista, que denunciou publicamente o acontecido, aseguran que "desaloxar machistas retrógrados das nosas institucións é un avanzo máis para as mulleres e un avanzo na loita contra a desigualdade". |
PRAZA_6079 | A plataforma de crítica literaria A Sega convoca a edición inaugural desta conmemoración, que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego, será homenaxeada o 15 de agosto | A plataforma de crítica literaria A Sega anuncia a convocatoria da edición inaugural do Día das Galegas nas Letras, unha conmemoración que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. A primeira edición, que se celebrará o vindeiro 15 de agosto, estará dedicada a Dolores Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego. A Sega, que destaca que "a convocatoria será sempre aberta e participativa", dará a coñecer nos vindeiros días o programa completo de accións de celebración. Sinalan que "hai quen senta e observa mentres outros tentan dicirnos quen son dignos e quen non son dignas de entrar no concepto que temos de literatura e de país. Hai quen se laia, hai quen concorda, hai quen simplemente nin atende. E logo estamos as que collemos o foucín, arrefuzamos as mangas e botamos o sombreiro ancho para saír de Sega". Nun Manifesto (Aturuxo por Dolores Schubarth), a plataforma de crítica literaria subliñan que "vimos dunha estirpe de mulleres que crearon textos para cantalos, que compuxeron música de palabras. Elas, que foron feitas silencio polo peso dunha tradición patriarcal que ditamina para eles os nomes e para elas o anonimato do "colectivo". Ata que chegou ela. A primeira que ousou poñer os nosos nomes a cada unha das composicións". Conclúen que "quen hoxe escribimos debémoslles ter o noso nome propio, a nosa voz inscrita mesmo nas marxes da literatura a aquelas que cantaron antes. A aquelas que construíron o maior acervo literario de lingua galega: a lírica popular. Se nós temos voz é porque houbo quen foi quen de conservala e aínda máis importante, quen foi quen de recoñecela como de nosoutras, lonxe deses discursos da comunidade nos que as mulleres ficamos invisibles. Ese foi o traballo de Dorothè Schubarth que hoxe celebramos, vindicamos e recoñecemos". "Se nós temos voz é porque houbo quen foi quen de conservala e aínda máis importante, quen foi quen de recoñecela como de nosoutras, lonxe deses discursos da comunidade nos que as mulleres ficamos invisibles" Dorothé Schubarth naceu en Basilea (Suíza) onde realizou estudos musicais, ampliados en Colonia e Múnich. Dende 1971 ocupou a cátedra de harmonía e contrapunto na Academia de Música de Lucerna. Dende este lugar desenvolveu uma intensa tarefa de pesquisa da música popular europea, dando especial atención á zona dos Balcáns e do Cáucaso, así como aos cancioneiros de Alemaña e Francia. En 1978 chegou a Galicia durante as súas vacacións, coa intención de coñecer a nosa música popular. A que ía ser unha breve estadía de descanso, deveu en anos de pesquisas, viaxes, entrevistas con informantes e centos de gravacións perfectamente conservadas. Hoxe en dia, esta obra é considerada a biblia da lírica de tradición oral galega, o mais amplo repertorio musical popular En 1984, despois dun intenso traballo de recollida, da análise, clasificación e estudo dese material, foi publicado o Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes, unha edición patrocinada pola Fundación Barrié. Hoxe en dia, esta obra é considerada a biblia da lírica de tradición oral galega, o mais amplo repertorio musical popular. Os musicólogos que até aquel momento fixeran estudos sobre a música popular, ficaran na superficie do traballo, realizando compilacións de cantigas. Pola contra, Schubart levou a cabo unha análise en profundidade das melodías, achegando uma proposta crítica de clasificación e propondo teorías sobre as orixes dos diferentes tipos. Ademais, foi a primeira que recoñeceu a importancia das informantes, sendo a primeira pesquisadora culta que recolleu os seus nomes. No Arquivo Sonoro de Galicia están conservados os 248 CD -copias dixitalizadas das gravacións orixinais- coas correspondentes transcricións. Volume 1 do Cancioneiro Popular Galego Arquivo Sonoro de Galicia Intervención de Dorothé Schubarth no VI Día do Orgullo Gaitero |
PRAZA_19952 | Máis de 1.500 traballadores dos 'call center' de Galicia participan nunha consulta organizada pola CIG para avaliar o preacordo asinado por CCOO e UGT coa patronal. O 95% dos consultados rexeitan o pacto e o sindicato, maioritario no sector no país, pide que se pregunte a todo o persoal CIG e CGT critican con dureza o convenio do sector do telemárketing asinado por CCOO e UGT | Hai agora un mes, CCOO e UGT -sindicatos maioritarios a nivel estatal no sector do telemárketing- asinaron coa patronal das empresas Contact Center un novo convenio colectivo que terá vixencia até final de 2019. Logo de dous anos de negociacións, dun forte conflito, folgas e mobilizacións, o preacordo saíu á luz co rexeitamento frontal do resto de centrais sindicais, nomeadamente da CGT e da CIG, esta última maioritaria no sector en Galicia. Malia as diferenzas, a posición das organizacións que suman perto do 60% dos delegados no Estado impúxose mentres o resto cargaba contra un pacto que denuncian por "reforzar a precariedade". CGT e CIG rexeitaron e criticaron con dureza o preacordo de convenio que UGT e CCOO asinaron coa patronal Nun ámbito fortemente feminizado e precarizado, os dous anos de convenio conxelado afondaron nos baixos salarios, contratos a tempo parcial, temporalidade e ritmos de traballo esgotadores. Unha empregada a xornada completa cobraría 990 euros brutos ao mes, pero este tipo de xornada é case inexistente en Galicia. A maioría traballa a xornadas parciais de entre 30 e 33 horas semanais e o soldo medio no sector é duns 700 euros ao mes, ao que se engaden numerosas denuncias polo elevado nivel de estrés e ansiedade. O convenio asinado asume que non se producirá até 2018 unha recuperación do nivel adquisitivo perdido, cunha suba do 0% dos salarios en 2015 e 2016 e do 1,6% en 2017 (o IPC sitúase na actualidade no 2,3% interanual). En 2018 e 2019, os salarios si crecerán un 0,5% por riba da alza dos prezos no ano anterior. Ademais, introdúcense melloras na conversión de contratos temporais en indefinidos e garántese que a partir de 2018, cando menos o 50% do persoal de operacións debe ser indefinido. Pola contra, non hai avances no relativo á subrogación de contratos no caso de que un servizo cambie de empresa, algo moi habitual, e duplícanse os días de descanso para as traballadoreas embarazadas a partir da semana 22 de xestación. Ademais, e entre outras medidas, fíxanse en oito o máximo de días de traballo consecutivos, tres menos que na actualidade. A CIG pediu que o preacordo fose sometido a unha votación entre todos os traballadores do sector CGT e CIG denunciaron medidas "cosméticas" que non solucionan nada e que xa eran aplicadas en moitos centros de traballo e cargaron contra CCOO e UGT por ser "parte do problema" no telemárketing. A central nacionalista, ademais, reclamou que o preacordo fose "sometido a unha votación onde poidan participar todos os traballadores e traballadoras dun sector que emprega entre 7.000 e 8.000 persoas en Galicia. Ante a negativa a esta alternativa, o sindicato organizou un referendo en varios centros galegos -evitáronse aqueles nos que se "atopan en procesos como negociacións de EREs ou semellantes"- no que participaron máis de 1.500 persoas. A central nacionalista, maioritaria no sector en Galicia, organizou un referendo no que participaron máis de 1.500 traballadores "É un moi bo dato de participación e estamos contentos, tanto polo número de votantes como polo resultado obtido", explica Laura Pérez, portavoz da CIG para o sector do telemárketing. Neste referendo participaron traballadores de dez centros de chamadas de varias localidades galegas, cun nivel de participación que foi desde o 17% en Atento, na Coruña, ao 55% en Unitono (Ourense). No centro de Bosch, en Vigo, participou o 22% dos traballadores, unha cifra semellante ao local de Teleperformance na cidade herculina. Tamén houbo consulta en Prosegur, ContactNova, Abante Lugo, Extel ou DXC Technology. Do total de participantes (1.504), o 95,3% (1.433) votaron en contra do preacordo de convenio, fronte ao 4,1% (62 persoas) que lle deron o visto e prace. Ademais, houbo seis votos en branco e tres nulos. "Triunfou a democracia sindical fronte a un modelo déspota que exclúe os traballadores e traballadoras da toma de decisión sobre a sinatura de acordos que lles afectan", resume a CIG, que cre que o resultado é "contundente e claro" e constata que "o persoal en Galiza rexeita os termos do preacordo asinado polas cúpulas directivas de CCOO, UGT e as empresas". "Darémoslle traslado, xa que entendemos que debería ser un motivo de reflexión", engade. Máis do 95% do persoal que participou na consulta rexeitou o preacordo; a CIG pide "urnas para que vote todo o persoal afectado" Ante as críticas á lexitimidade do resultado, a CIG aposta por que os críticos "se atrevan a poñer as urnas para que vote todo o persoal afectado por un mal preacordo". "As maiores ditaduras da historia prohibiron os sindicatos e a súa actividade, por iso democracia e movemento sindical deberían ir sempre da man", que cre que as centrais deberían coincidir en "desterrar un modelo paternalista, no que uns elixidos deciden por todos e todas". A central nacionalista insiste, ademais, en criticar un convenio que provoca "a perda de poder adquisitivo para o persoal, non avanza na estabilidade no emprego e dá un maior poder para as empresa en materias tan sensíbeis como os horarios". |
NOS_26835 | Ataques contra a liberdade de expresión, persecución, detención e asasinato do pobo curdo marcan o goberno de Tayyip Erdogan. | O mesmo día en que a UE asinaba o acordo con Turquía sobre as persoas refuxiadas o primeiro ministro turco, Tayyip Erdogan acusaba a Unión de apoiar o terrorismo por permitir unha protesta curda en Bruxelas. "Unha vez máis diríxome aos países que prestan apoio a organizacións terroristas. Estades aleitando unha víbora no voso peito. Esa víbora pódevos trabar en calquera momento", dixo Erdogan nun discurso pronunciado en Çanakkale segundo recolle a axencia EFE. Erdogan: "Os que están con nós na loita contra o terror son os nosos amigos, os que non os nosos inimigos" O presidente turco acusou as persoas curdas concentradas en Bruxelas de seren "simpatizantes de quen fixo detonar unha bomba en Ankara [o pasado domingo]", seguindo coa súa estratexia de sinalar como "terrorista" a todas aquelas que defendan os dereitos políticos do pobo curdo. "Os países de Europa son descoidados, é coma se bailasen sobre un campo de minas. Vostedes non poden saber cando van pisar unha mina", acrecentou. Ankara mantén a súa guerra aberta contra o Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) --considerado organización terrorista tamén pola UE-- e todo o movemento curdo organizado. Nesa suposta "loita contra o terrorismo" o goberno turco iniciou unha persecución dirixida contra todas aquelas persoas obxecto do que Erdogan tildou de "redefinición do terrorismo". Isto é, "os que están con nós na loita contra o terror son os nosos amigos, os que non os nosos inimigos", sintetizou Erdogan. Terrorista Nesa re-conceptualización o executivo propón modificar a lexislación para que profesionais do xornalismo, da avogacía, integrantes de ONGs... poidan pasar a ser considerados terroristas polo simple feito de levaren no peto un convite á festividade do ano novo curdo (Newroz) organizado polo HDP, o partido procurdo turco con representación parlamentar. É o caso de Chris Stephenson, británico e profesor da Universidade de Bilgi en Estambul durante 17 anos que, após un rexistro policial e portando o devandito convite, foi acusado de "realizar propaganda terrorista" e obrigado, por vía administrativa, a abandonar o país. É dicir, foi deportado. Turquía deportou o profesor británico Chris Stephenson en febreiro por levar no peto un convite aos festexos Newroz organizados polo HDP "Non só a persoa que apreta o gatillo senón tamén os que o fixeron posíbel deberían ser definidos como terroristas", defendeu o presidente turco no mes de febreiro. Un mes antes, detiñan e encarceraban académicos turcos por asinaren unha declaración, apoiada por máis de 2000 persoas, na que exixían o cesamento dos toques de queda no leste de Turquía durante a ofensiva lanzada desde Ankara contra a poboación curda que mora no país e na que foron asasinadas centos de persoas. Todo perante a impasividade da UE que financiará con 3 mil millóns de euros o réxime de Tayyip Erdogan co obxectivo de que este free a entrada a territorio comunitario de persoas refuxiadas e acelerará o seu proceso de adhesión coa abertura dun novo capítulo de negociacións. Agresións á imprensa E non só. A comezos do mes de marzo o goberno de Ankara ordenou a ocupación policial do xornal Zaman, destituíndo o seu director e nomeando no seu lugar un funcionario pro-gobernamental. Medidas semellantes xa foran adoptadas previamente contra outros rotativos. Entre eles o Cumhuriyet cuxos xornalistas, Can Dundar (director) e Erdem Gul, foron encarcerados por ter publicado informacións nas que apuntaban a venda de armas por parte de Turquía ás milicias islamistas sirias. O propio Tribunal Constitucional turco declarou ilegal o seu arrestro e contrario ao dereito á liberdade e á información. A Fiscalía, pola súa banda, pide "cadea perpetua" por un presunto delito de "espionaxe" para eles. Aliás, foi fechada a cadea de televisión procurda IMC TV acusada de emitir "propaganda terrorista". |
NOS_37705 | O xefe do Goberno galego compareceu como presidente do PPdG para insistir en que descoñecía os negocios que ligaban Marcial Dorado ao contrabando de tabaco e para teimar en que "intentaron amedrentalo" coa publicación das imaxes na súa compaña. A oposición, primeiro BNG e despois PSOE e AGE, reclamou a súa demisión. Feijóo delegou no seu grupo parlamentar -do que, dixo, ten a maioría absoluta- a decisión de se vai concorrer ou non no Pleno da Cámara. Portanto, el non vai tomar a iniciativa para o facer, embora sexa o presidente do grupo. | Da comparecencia que o presidente da Xunta de Galiza vén de realizar no local do grupo parlamentar do PPdG en calidade de xefe desta formación política salientan varias cuestións. Desde o domingo á unha menos cuarto da madrugada, cando un comunicado oficial asinado no seu nome foi pendurado no portal web d@s conservador@s, Núñez Feijóo vén defendendo que a publicación dunhas imaxes en que aparece en compaña no narco Marcial Dorado se debe a "un intento de me amedrentar para que non diga o que penso". Porén, esta segunda feira, ao lle preguntar "quen o amedrenta?" dixo non saber "quen está detrás das fotos" e non sinalou a ninguén. Doutra banda, o titular do Executivo galego indicou que en 2004 reuniuse co líder estatal do partido, Mariano Rajoy, para o informar da existencia das fotografías que agora viron a luz. Por tanto, hai case dez anos que Rajoy coñece que o seu 'home en Galiza' mantivo, en palabras de El País, "unha estreita amizade" cun narco. Das últimas declaracións ás primeiras, de seguido podes repasar a comparecencia completa de Feijóo. 35 minutos despois de comezar, o presidente da Xunta dá por concluída a rolda de imprensa que cualifica como "interesante". Agradece ao grupo parlamentar do PPdG que saísen canda el á mesa de micros Feijóo di que coñece Dorado desde 1994, que desde 1998 "enfriou a relación" e que a última vez que viu o narco foi no enterro de Manuel Cruz, o home que os puxo en contacto, militante do PP en Ferrol e que faleceu nun accidente de tránsito. Perante unha hipotética campaña para frear as súas ambicións de relevar a Rajoy, recalca que as súas "aspiracións" están na Galiza e que rematará o seu mandato co visto e prace de Génova, quen -enfatizou- lle transladou a petición de que siga a facer política "como até o de agora" A respeito dunha posíbel financiación ilegal do PP, limitouse a entoar o seu coñecido mantra: "Eu nese momento non militaba nin no partido". Porén, era alto cargo na consellaría de Sanidade que dirixía Romay Beccaría Reitera cordialidade na relación con Anxo Quintana e di que se ven cando o nacionalista quere e que el sempre está "á súa disposición" A continuación espeta que o empresario de San José, Jacinto Rey, fora adxudicatario do concurso eólico. En 2003-2004 cando soubo das fotos pediu unha xuntanza con Fraga e Rajoy, de maneira que o actual presidente do Goberno español tamén sabía desde hai unha década a existencia desas instantáneas. Dá conta de que tamén o domingo falou con Rajoy sobre estas imaxes, e na noite do sábado para o domingo con Dolores de Cospedal, secretaria xeral do PP Após ter recoñecido que viaxou a Andorra co narco, agora di que non sabe se estivo neste destino habitual do blanqueo de cartos: "Nalgunhas fotos lembro que había neve. Parece ser que eran os Picos de Europa" "É evidente que se soubese o que logo souben, esa relación non se tería producido" mais cando tiven coñecemento polos medios que hai unha causa pendente polo contrabando "é cando deixo de ter unha relación social co señor Dorado". Acrecenta que "seguro que me debín ter informado con maior interese" e atribúe o erro á inocencia propia da xuventude. Tiña 34 anos. Insiste en que coñeceu Dorado a través "dun compañeiro de traballo na Xunta". Manuel Cruz, o testaferro do contrabandista, era chófer para altos cargos do Goberno galego. Nega que entre el e o condenado por narcotráfico exista amizade algunha, "nin estreita nin ancha" e insiste en que non sabía a que se dedicaba. Volve repetir que cando soubo das causas pendentes cortou a súa "relación de ocio". Conclúe que non sabe o que fan ou poderían ter feito todas as persoas coas que el xantou algunha vez "non poño a man no lume por ninguén" Sobre a ignorancia que manifestou respecto das actividades ilegais de Dorado ligadas ao contrabando de tabaco subliña que "pouco máis podo engadir a respeito dos feitos que o que dixen no comunicado". No comunicado di nun parágrafo que descoñecía os negocios de Dorado e noutro que se fiou de amigos comúns que lle aseguraron que deixara xa o contrabando. Na Radio Galega recoñeceu saber que fora ligado a actividades ilegais mais que "sempre saíu inocente" Advirte de que o tema "será estirado" durante estes días e réstalle importancia ás imaxes e á súa presenza nelas: "Son o que son, simplemente unhas fotos". Por unhas fotos el propio pediu a demisión de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta en 2009. Agora di que "nunca puxen en dúbida a honorabilidade de Quintana" Repite en varias ocasións que o PPdG ten "a maioría absoluta da Cámara" e que unha mostra da súa boa vontade é estar dando esta rolda de imprensa. Nega ter asinado ningún contrato entre o Sergas (el era director do desaparecido Insalud no momento en que se tomaron as imaxes, en 1995) e o contrabandista Marcial Dorado Sobre a demisión que lle reclamou toda a oposición: "Se tivese a máis mínima duda de ter feito algo ilegal estaría nunha situación comprometida. Actuei sempre dentro da lei". Recoñece saber da existencia das fotos desde 2003-2004, cando algunhas fontes indican que foron incautadas nun rexistro dunha propiedade inmobiliaria de Marcial Dorado. Pregúntanlle se comparecerá no Parlamento galego, como tamén lle exixiron BNG, AGE e PSOE, e responde que "estou á disposición do meu grupo". Acrecenta que se esas fotos tiveran algo a ver coa súa responsabilidade política non se tería presentado á presidencia Rolda de preguntas: "Quen o amedrenta?" "Non sei quen está detrás das fotos. Quen procurou amedrentarme serán os mesmos que pretenderon asegurar que eu tiña actividades ilegais as hemerotecas están aí". Fala de "persoas ou grupos que publicamente fixeron insinuacións" e di que ameazaron con as publicar. Rexeita unha acusación con nomes e apelidos e convida a revisar a hemeroteca e o diario de sesións. Na entrevista previa á publicación das fotos que mantivo con 'El País' mencionou "dirixentes do PSOE", segundo o xornal de Prisa "Non me sorprende esta publicación", reitera, tal e como veu facendo ao longo do domingo en declaracións a medios como a Radio Galega ou a Cadena Ser. Evidentemente tiña que coñecer a existencia das fotografías porque sae nelas, pousando para a cámara. 'El País' informou de que mantivo unha xuntanza con Feijóo o día 20 de marzo, para coñecer a súa versión ao redor das imaxes Empecinado en que "intentaron amedrentarme para que non dixese o que penso", subliña que "dixen digo e direi o que penso durante o tempo que ocupe cargos políticos" Fala "por respecto aos votos recibidos polo grupo maioritario nas eleccións autonómicas" e "coa conciencia tranquila" Di que comparece polas fotos de hai case 20 anos e que o fai após enviar un comunicado de maneira inmediata logo de coñecer a publicación. Efectivamente, unha comunicación oficial asinada polo propio Feijóo foi publicada o domingo á unha menos cuarto da madrugada na páxina oficial do PP de Galiza Aparece Feijóo, acompañado do secretario xeral Alfonso Rueda, o voceiro Pedro Puy e @s vicevoceir@s Román Rodríguez e Marta Rodríguez Arias. Anuncia que falará en español "porque ten interese para medios nacionais". Visibelmente nervoso, aclara que responderá en galego as preguntas que se lle formulen nesta lingua Cando pasan 20 minutos da hora fixada para a súa comparecencia perante a imprensa (12.30h), Alberto Núñez Feijóo non fixo aínda acto de presenza no local do grupo parlamentar do PPdeG, onde falará como presidente desta formación política e non como xefe do Goberno galego. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.