ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_21437
En 2 parroquias galegas xa non vive ninguén, e en sete hai menos de 5 habitantes. 32% da poboación galega habita en zonas pouco poboadas que ocupan case 94% do territorio.
San Salvador de Soutomerille, no concello de Castroverde, e San Martiño de Rebordondo, en Monterrei, son dúas parroquias onde xa non vive ninguén. Cero habitantes, segundo as estatísticas do IGE. Noutrora terían, como o resto de parroquias do país, núcleos de poboaión, veciñanza, festas parroquias, tarefas e traballos mais xa non fica nin quen poida ter memoria daquela época. Son as dúas parroquias deshabitadas. Un risco que paira sobre outras sete, que teñen menos de 5 veciños. As parroquias con menos de 10 habitantes son 31. En Galiza hai 3.792 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. A despoboación ao longo destes anos deixa pegada en moitas delas, nalgunhas dun xeito realmente preocupante. Hai sete parroquias galegas que camiñan cara a ficar despoboadas, sen un só veciño a vivir nalgunha das aldeas que as integran. Coñeciamos, desde hai anos, o fenómeno das aldeas despoboadas, abandonadas. Mais non o das parroquias, o que supón un paso máis na desertización poboacional. Na parroquia do Barón, en San Amaro, xa só hai dous veciños, unha muller e un home. Na de Fontao (A Teixeira) e San Vitoiro da Mezquita (Merca), fican 3 persoas en cada una. Catro son os veciños que fican en Cantoña (Baños de Molgas) e A Alberguería (Vilar de Barrio). Cinco en Cortegazas, no concello de Avión. O contraste con isto son as seis parroquias galegas que teñen máis de 50.000 habitantes. Son as parroquias da Coruña (213.000 persoas), Vigo, concello de Vigo (200.000), Ourense, con 99.000; Lugo, con 90.000; Santiago de Compostela, 79.000; e Pontevedra, parroquia do concello de Pontevedra, con 62.000.
NOS_37992
A desigualdade por razóns de xénero continúa intacta no mundo laboral. Os máis recentes estudos sinalan unha diferenza salarial entre homes e mulleres na Galiza de 20,5% para 2019 e apuntan a que 23,9% das mulleres se atopan en risco de exclusión ou pobreza, unha porcentaxe relativamente superior á dos homes.
A fenda salarial de xénero segue mandando no mercado laboral. Segundo se sinala no Informe de ingresos salariais na Galiza de 2019, elaborado polo Gabinete Técnico da Confederación Intersindical Galega (CIG), tomando como base os datos fornecidos pola enquisa "Mercado de traballo e pensións nas fontes tributarias", "os ingresos medios das mulleres no ano 2019 foron de 17.511 euros ao ano, mentres que os dos homes alcanzaron os 22.038 euros, 4.527 euros máis. Esta diferenza sitúa a fenda salarial de xénero en 20,5%. No ano anterior, a devandita fenda quedaba en 21,5%, un punto superior". Os economistas da CIG explican que "esta redución da fenda salarial que se vén producindo na última década ten que ver en maior medida coa importante perda de traballo entre os homes, postos de traballo en actividades mellor remuneradas e que a súa perda fixo que os ingresos medios baixasen en maior medida". Nesta liña destacan que "nos últimos 10 anos descende a ocupación masculina en 9,7%, mentres que a feminina se incrementou en 5%. Ao baixar a ocupación masculina en actividades mellor remuneradas, estas diferenzas víronse reducidas". Os datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) confirman esta tendencia. Así, significan que no período entre 2008 e 2018 as mulleres cobraron de media o 23% menos que os homes e sinalan como causas desta situación unha diferente distribución de profesións e unha remuneración distinta para o mesmo posto de traballo. Porén a desigualdade de xénero no mercado de traballo vai máis alá da cuestión salarial e maniféstase nunha maior taxa de desemprego, nunha meirande precariedade e na ausencia en postos de alta responsabilidade. A temporalidade ten nome de muller na Galiza. Se a taxa de temporalidade en 2019 foi de 26,5%, no caso das mulleres esta porcentaxe achegouse a 27,8%, significando 51,9% do total da poboación asalariada con contrato temporal. Ao tempo, nese ano 117.000 mulleres dispuxeron de contrato a tempo parcial fronte a 38.600 homes, representando 75,2% desa modalidade contractual. Así as cousas, 22,4% da ocupación feminina éo a tempo parcial fronte a 6,7% dos homes, marcando unha fenda de 15,7 puntos, ao que se deben engadir máis de 6.500 mulleres con contratos de tipo fixo descontinuo, o que representa de facto unha rebaixa de salarios, xa que só se cobra nos períodos traballados e consómese o paro no resto. A fenda salarial aumenta coa idade A fenda salarial entre homes e mulleres aumenta coa idade. Mentres o poder adquisitivo dos primeiros vai medrando a medida que queiman etapas na súa vida laboral, até o punto de que o grupo de maiores ingresos, con 24.832 euros brutos anuais, se sitúa entre os 56 e os 65 anos, as segundas ven minguado o seu poder de compra coa idade. A este respecto, o Instituto Nacional de Estatística (INE) ten afirmado para 2018 que "a fenda de xénero nos salarios por hora increméntase coa idade, pasando dun valor de 4,6 puntos de diferenza entre homes e mulleres para o tramo de traballadores de 25 a 34 anos até un valor de 18,2 no tramo de traballadores de 55 a 64 anos". As cifras ofrecidas polo INE son moi clarificadoras. Así, para a Galiza afirma que "no ano 2018 a fenda salarial de xénero máis alta correspóndese ao grupo de idade (65 e máis anos) cun valor de 34,2". Ao tempo, destaca que "no período 2010-2018 o valor máis elevado sempre implicou este grupo de idade (65 e máis). O segundo valor máis alto atinxe o grupo de 55 a 64 anos cun valor de 18,2 no ano 2018 e un valor de 23,7 no ano 2010". Na mesma liña, indica que "o valor máis baixo do ano 2018 corresponde ao grupo de idade menores de 25 anos, cun valor de 1,7 e un valor de 4,8 no ano 2010". A situación explícase porque a carga dos coidados familiares segue a recaer fundamentalmente nas mulleres. Os datos do IGE referidos á porcentaxe de excedencias tomadas para o coidado dos fillos por homes e mulleres certifican unha diferenza brutal á hora de asumir esta responsabilidade. Así, por exemplo, en 2016, o 92% do total das excedencias foron collidas por mulleres, o 91% en 2015 e o 93% en 2014. A feminización da pobreza A principal consecuencia desta realidade laboral é a feminización da pobreza. O 23,9% das mulleres atópanse en risco de pobreza ou exclusión fronte a 22,1% dos homes. Ademais, o 37% teñen ingresado en 2019 retribucións por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI), representando practicamente o 60% das perceptoras da Renda de Inserción Social na Galiza (Risga). A maternidade é outro factor de empobrecemento. Neste sentido, o economista e profesor da Universidade de Vigo David Soto Óñate sinala a Nós Diario que "segundo cifras do IGE, ter fillos asóciase cun maior risco de pobreza de arredor de 10 puntos porcentuais, de 11,9% a 20,5%. Case 50% das familias monoparentais (unha persoa adulta con fillos a cargo) na Galiza están en risco de pobreza. O 70% das familias monoparentais están encabezadas por mulleres. Este é un xiro adicional á desigualdade de xénero na Galiza". A vellez discrimina negativamente as mulleres. As diferenzas salariais, a temporalidade e a precariedade repercuten de maneira moi negativa nas pensións. Na actualidade entre as persoas que se xubilan con 65 anos a diferenza entre os anos cotizados entre homes e mulleres é de arredor de 11 e a fenda nas bases de cotización a esa idade, de máis de 326 euros. A fenda aberta polo traballo non remunerado A maior fenda de xénero está no traballo non remunerado. As mulleres dedican máis do dobre de horas que os homes ao traballo non retribuído, que adoita ser o doméstico, cando traballan a media xornada e case o dobre cando o fan a xornada completa. As mulleres téñense incorporado ao mercado laboral pero os homes non o teñen feito na mesma proporción ao traballo doméstico, até o punto de que cando se suman as xornadas remuneradas e as que non o son, segundo o Instituto Nacional de Estatística, as mulleres acaban traballando unha hora extra máis ao día. A formación non está na causa da desigualdade laboral entre homes e mulleres. Así, os datos fornecidos por diversas entidades como o Observatorio da Muller Empresa e Economía ou a Organización para Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE) sinalan que unha meirande formación académica non implica unhas maiores posibilidades laborais para as mulleres, sendo máis elevado o número de desempregadas que o de desempregados a medida que aumenta o nivel formativo, particularmente, desde a educación secundaria. A feminización e masculinización dalgúns sectores da actividade económica está ligada, máis unha vez, aos estereotipos e nalgúns casos refórzase nos últimos anos. Por exemplo, na industria alimentaria é habitual que as mulleres fagan os traballos manuais como empaquetados e os homes conduzan as maquinarias. A fenda laboral e salarial pasa factura até o final da vida. Só arredor de 37,4% das mulleres cobran pensión de xubilación, sendo aproximadamente o 64,2% máis baixas que a dos homes. O economista David Soto afirma que "unha alta e inxustificada desigualdade debilita a vida en comunidade, incrementa a incomprensión, deteriora a saúde física e mental dos seus membros e ensombrece a satisfacción coa vida".
NOS_41560
Un dos focos, que xa se atopa estabilizado segundo fontes da Consellaría de Medio Rural, rolda as 20 hectáreas. Tamén quedou controlado un lume na parroquia de Vilarmeao, no municipio de Viana do Bolo.
O concello de Manzaneda rexistrou esta pasada noite cinco incendios forestais. Un dos lumes, que se atopa estabilizado polos equipos de emerxencia, está preto das 20 hectáreas de danos medioambientais. A Consellaría do Medio Rural informou esta cuarta feira de que as lapas comezou preto das 22.13 horas da terza feira na parroquia de Reigada. Despois dos traballos, este incendio -que foi o máis grande dos cinco- quedou estabilizado sobre as 4.51 horas. As primeiras estimacións das e dos técnicos da Xunta apuntan a que queimou 20 hectáreas. Para extinguilo mobilizáronse até o momento un técnico, tres axentes, 12 brigadas, sete motobombas e unha pa. O departamento da Xunta destacou que se rexistraron outros catro incendios na última noite no mesmo municipio. Sucedéronse a horas nas que os medios aéreos xa non podían actuar. Un deles foi tamén na parroquia de Reigada, mentres que outros dous comezaron en San Miguel de Bidueira e un máis foi en Cernado. Estes catro afectan a superficies inferiores a 20 hectáreas. Por outra banda, está estabilizado desde pouco antes das 5.00 horas desta madrugada un lume que afectou a máis de 20 hectáreas na parroquia de Vilarmeao, en Viana do Bolo. O monte comezou a arder ás 22.41 horas e as estimacións máis recentes calculan que calcinou 40 hectáreas. Para o control das lapas desprazáronse catro axentes, nove brigadas, oito motobombas e dúas pas. O número para advertir dos lumes en todo o país é o 085, de marcación gratuíta. Ademais, se algunha persoa detecta actuacións delitivas ou sospeitosas de selo pode chamar de maneira anónima ao teléfono 900815085.
NOS_46097
Así o conclúe o informe realizado polo profesor da USC Xabier Ferreira. Os Franco escrituraron o pazo en 1941, mais xa o viñan utilizando desde 1938. Trataríase dun "negocio ficiticio que pode ser anulado". A Xunta pro Devolución do Pazo coñecerá o contido completo do informe na súa reunión desta quinta feira 1 de marzo.
Xabier Ferreira e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, compareceron esta terza feira en conferencia de imprensa para dar a coñecer os aspectos básicos do informe xurídico. A principal conclusión é que a compra da propiedade foi fraudulenta e que, por tanto, este BIC (ben de interese cultural) estaría en condicións de pasar a dominio público, o que frustraría a intención dos herdeiros do ditador de obter 8 millóns de euros pola súa venda. A chave do informe xurídico é que os Franco perpetraron unha fraude en 1941 ao simular unha venda dun ben que facticamente xa pertencía ao ditador desde que en 1938 elementos da burguesía coruñesa pro-fascista -a base de donativos forzosos, descontos das nóminas das funcionarias e expropiacións de terras a moi baixo prezo- se fixeron coa propiedade para lla entregar ao tirano. A doazón figurou nun documento privado de 1938 de cuxa existencia o gobernador civil da Coruña informou por telegrama a Ramón Serrano Súñez, cuñado de Franco e estandarte das posicións máis filonazis do réxime. "En dereito existe a figura de contrato simulado cando dúas persoas formalizan perante notario un contrato cando están facendo outra cousa, e diso estamos a falar. No ano 1941 está comprando unha persoa que xa ten o ben e vendendo unha que xa o fixo", explicou na conferencia de imprensa Xabier Ferreira. A compravenda, portanto, non tería existido e podería ser anulada. A fraude non prescribe, ao estarmos a falar dun ben público que, por esa condición, é "imprescriptíbel, inembargábel e inalienábel". Por que Franco realizou ese "contrato simulado" en 1941? De acordo coa tese de Ferreira, para escapar dos efeitos da Lei do Patrimonio Nacional promulgada en 1940. Ao escriturarse a compra-venda o ditador pretendía que o Pazo de Meirás, un ben público, fose tido legalmente como unha propiedade privada. Para Ferreira, non hai dúbida que o Pazo de Meirás nunca foi facticamente unha propiedade privada, como proba o feito de que durante a ditadura funcionase como a residencia do chefe do Estado, ao ter sido cenario de máis de 30 consellos de ministros e de múltiples audiencias oficiais. O profesor da USC ten a firme convicción de que os tribunais darán crédito á existencia do telegrama a Serrano Súñer -proba de que en 1938 o pazo xa era dos Franco- e que, portanto, o contrato de 1941 ficará anulado, co que a propiedade debería "formar parte do Patrimonio Nacional". Reunión da Xunta pro Devolución do Pazo O contido íntegro do informe -ben como outro estudo de carácter histórico- será coñecido pola Xunta pro Devolución do Pazo na reunión que este órgao -formado pola Deputación, máis de 30 concellos e unha constelación de asociacións culturais e da memoria histórica- vai realizar a vindeira quinta feira 1 de marzo. A decisión de divulgar os elementos máis sustantivos do informe antes desta reunión obedece -explicou Goretti Samartín- á pretensión de contribuír para "asentar a posibilidade de reverter o ben ao ámbito público", ben como á vontade de facer patente aos ollos das persoas hipoteticamente interesadas na compra do Pazo dos problemas aos que se poderían enfrentar de adquiriren unha propiedade que é "froito dunha apropiación ilícita".
NOS_11838
A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galiza vén de se pronunciar diante do "descontento" que padece pola "xestión dos recursos humanos dispoñíbeis nos servizos de bombeiros" por parte da Axencia Galega de Emerxencias durante o temporal.
Os bombeiros, organizados arredor da mesa intersindical, critican a "ineficacia do modelo" e a "falta de interese" da Dirección Xeral de Emerxencias, á que lle pide "un sistema eficaz, coordinado e reactivo". Nun comunicado de imprensa, os bombeiros expoñen que "fronte á resposta dada polos parques de xestión pública, maiormente de titularidade municipal, que ante a alerta mobilizaron os seus recursos humanos, reforzando quendas para así garantir unha resposta o mais eficaz posíbel, nos parques de xestión privada, o servizo mantívose prestado pola garda habitual, xa reducida de por si". Neste sentido, a mesa intersindical informa de que tan só un dos 24 parques comarcais de Galiza, o de Silleda, reforzou con persoal extra os tres efectivos por quenda habituais. "Curiosamente, de todos os parques comarcais, este é o único de xestión pública", advirten. Denuncian o reparto de dividendos Os bombeiros volven cargar contra a privatización ao salientar que "queda probado, unha vez mais, que o obxectivo deste modelo de xestión é unicamente o reparto de dividendos entre empresas afíns, que non só non achegan nada á xestión do servizo, senón que en situacións de alerta ou necesidade supoñen un atranco de cara a proporcionar á cidadanía resposta mais adecuada e eficaz". Os bombeiros, que reivindican "dar resposta a situacións de emerxencia", reclaman "un servizo público de calidade para o cidadán, homoxéneo e non discriminatorio, que non estea suxeito a criterios de rendibilidade económica dunhas empresas". "A defensa do modelo actual por parte de órganos como a Dirección Xeral de Emerxencias, ou administracións como a Deputación de Ourense só supón antepoñer o beneficio duns poucos á protección efectiva e xusta da cidadanía", conclúen.
NOS_56903
A ministra de Transición Ecolóxica pide colaboración para a xestión de proxectos eólicos e das indemnizacións aos mariscadores da Ría do Burgo.
A vicepresidenta terceira do Goberno do Estado e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribera, non "cre" que nin a Xunta de Galiza nin o seu presidente, Alberto Núñez Feixoo, vaian ser "belixerantes" respecto da repartición de fondos europeos de recuperación, cuxos criterios defendeu. Nunha entrevista concedida a Cadena Ser Galiza e recollida por Europa Press, Ribera achacou a situación "máis a un malentendido que a outra cousa". Así, destacou que desde o seu ministerio, de sete mil millóns, executouse o 90%, "con criterios compartidos polas Comunidades e sen ningún problema". "A suposta diverxencia pode vir de que algún dos meus compañeiros activase iniciativas para testar, a través de proxectos piloto nalgunhas comunidades, parte das iniciativas do fondo, o que é lexítimo", explicou. Tamén respecto dos fondos de recuperación e á posta en marcha de proxectos estratéxicos, a ministra asegurou que Galiza "pode aspirar a moitas cousas e moi importantes" en ámbitos como a transición enerxética, a integración de renovábeis de forma respectuosa coas persoas e a contorna; ou o potencial offshore. A ministra recoñeceu a súa preocupación dada a avalancha de proxectos recibidos, para cuxa xestión as administracións "non estaban preparadas". Parques eólicos e Alcoa Tamén sobre as enerxías renovábeis, e respecto das protestas dos veciños dos concellos nos que se estuda instalar novos parques eólicos, a ministra recoñeceu a súa preocupación dada a avalancha de proxectos recibidos, para cuxa xestión as administracións "non estaban preparadas". Por ese motivo pediulles a todas as administracións "colaborar", "facer un esforzo", para resolver "canto antes" e coa maior "transparencia" todos os procesos. Declarou, neste sentido, que sempre se traballa "co máximo respecto" a tres principios: o respecto á normalidade, á garantía do procedemento; o estudo de cuestións ambientais, patrimoniais e históricas e a compatibilidade coas actividades propias do lugar; así como coa escoita aos cidadáns e concellos, "os máis presionados". Ribera argumentou ademais que o impulso ás enerxías renovábeis pode influír no abaratamento do recibo da luz. "É a mellor receita, canta máis enerxía renovábel teñamos e máis eficiente sexa o sistema, menos dependeremos do exterior", sinalou. Respecto de Alcoa, a responsable de Transición Ecolóxica desexou que as cubas volvan funcionar antes de dous anos e lembrou que a compañía "está en disposición de negociar con diferentes provedores de electricidade a prezo fixo, e sería enormemente desexábel que isto fose así sen prexuízo do acordo de tipo privado, apoiado polos traballadores". "A mellor solución está onde se produce un acordo, pero o país debe apostar por unha produción de calidade de produtos estratéxicos, o máis verde posible", apuntou a ministra. A este respecto, lembrou que desde o Ministerio non teñen "habilitación" para xestionar axudas directas deste tipo, senón que a ten a Xunta, pero que, "custando a operación 34 millóns de euros, non tería sentido negociar a letra pequena da protección social". Dragado da Ría do Burgo Por outra parte, Teresa Ribera tamén abordou o inicio das tarefas de dragado da Ría do Burgo (A Coruña) e á controversia respecto das indemnizacións ás mariscadoras. A este respecto, lembrou que desde o Ministerio non teñen "habilitación" para xestionar axudas directas deste tipo, senón que a ten a Xunta, pero que, "custando a operación 34 millóns de euros, non tería sentido negociar a letra pequena da protección social". "A Xunta cubriuno noutras ocasións, pero se nolo pide a nós, podemos facelo, pero ten que estar ben armado", comentou Ribera, que engadiu ademais que na súa última conversa co presidente do Goberno da Galiza acordaron "que os servizos técnicos atopen como facelo e que se resolva canto antes". "Non quixese que sintan que este proxecto, que é moi bo para todos, é unha desgraza por ver a súa actividade económica parada", subliñou. Á ministra tamén se lle preguntou polos plans de recuperación demográfica para a Galiza, que Ribeira cualificou de "fundamentais". "Foi un ángulo morto do retrovisor durante moitos anos, pero agora traballamos ao redor de catro grandes puntos: a conectividade-mobilidade, a facilidade no acceso á vivenda, os servizos e a diversificación da actividade económica", explicou. "É chave que os gandeiros escoiten unha e outra vez que non hai dúbida da súa calidade nin da sensibilidade do Executivo cara ao seu sector", insistiu, ademais de apuntar que "sacar deste foco o debate ten máis que ver con distraer doutras frontes que non están a saír á luz". Polémica das macrogranxas Por último, Ribera valorou a polémica que durante esta semana provocaron as declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, a un medio británico sobre as macrogranxas, e que Ribera cualificou de "ruído moi desafortunado". "O señor Garzón di cousas sobre as que hai pouca controversia, o conxunto de españois e todo o Goberno apoia ás pequenas explotacións familiares e á gandaría intensiva, do mesmo xeito que sabemos que hai necesidade de mellora na gandaría industrial, con diferentes tamaños e que respecta na súa maioría a normativa", sinalou. "É chave que os gandeiros escoiten unha e outra vez que non hai dúbida da súa calidade nin da sensibilidade do Executivo cara ao seu sector", insistiu, ademais de apuntar que "sacar deste foco o debate ten máis que ver con distraer doutras frontes que non están a saír á luz".
NOS_18330
Diminúe de 7.000 a 5.000 o número de habitantes que precisa un concello para concorrer á convocatoria de axudas destinadas á creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística.
Os concellos de máis de 5.000 habitantes -ben como as agrupacións de municipios e mancomunidades que, entre eles, alcancen esa cifra mínima- poderán concorrer á liña de subvencións en concorrencia competitiva da Deputación da Coruña para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística. A área de Lingua abre tamén a posibilidade a que se presenten á convocatoria as cidades da Coruña, Compostela e Ferrol, mais unicamente para a contratación de persoal técnico de reforzo. Nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas hoxe no BOP, contémplase o orzamento destinado á liña que será de 480.000 €, correspondendo un máximo de 12.000 € a cada beneficiario nunha distribución a partes iguais entre cada un dos participantes no programa. A Deputación continúa a incrementar unha liña que vira na anterior edición triplicado o seu orzamento que pasara de 150.000 € aos 432.000 € do pasado ano, duplicando tamén a cantidade recibida por cada un dos concellos que pasaba así de 6.000 a 12.000 euros. No anterior exercicio foran 38 as solicitudes presentadas a respecto das 25 do ano anterior. Un total de 56 foron os concellos beneficiados fronte aos 39 da convocatoria previa. "A planificación lingüística require fundamentalmente de persoal. No noso país temos persoas altamente cualificadas e iso é o mellor que podemos oferecer para levar a cabo medidas de normalización do noso idioma", defende Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación que presentou a finais do mes de novembro as novidades da convocatoria nunha xuntanza con persoal político e técnico responsábel dos servizos. A convocatoria contempla, entre outras funcións dos SNL, o asesoramento a administración en política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación na materia, fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade, propoñer programas de dinamización ou mesmo mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
PRAZA_19628
Este 26 de marzo o BNG celebrara unha importante Asemblea Nacional, onde tras 2 anos de intenso debate asembleario a fronte nacionalista prerende marcar en documentos as súas dinámicas de traballo para o presente e o futuro. O BNG terá que realizar a súa reubicación na encrucillada
Para ninguén é alleo ou extrano; o que a xente percibe como a "esquerda" galega leva décadas en crise e atomización, agudizándose dito proceso nos últimos anos, afogada nunha mare de dinámicas politiqueiras do máis valeiras e incoherentes. Ata aquí chegou, tras o tsunami de imposturas ten que chegar a necesaria reubicación. O culebrón foi, digámolo sen rodeos, bochornoso e case esquizofrénico. Os que antes se pregonaban como gardadores da quinta esencia do socialismo e soberanismo galego máis firmes, comulgan de repente cos mandatos do nacionalismo espanhol reformista 2.0. Os socialdemócratas galegos "de toda la vida", subordinanse a desesperada e a toda costa ante o seu irmán maior, a socialdemocracia espanhola. E aquela esquerda que segue mantendo unha linha nítida nacional e soberana, pois o de sempre, escisión da escisión da escisión. Todo isto regado con comportamentos nocivos de todo tipo, onde case sempre parecen imporse os argumentos do electoralismo máis esperpéntico, do sectarismo máis rancio e da instrumentalización partidista dos movementos sociais, xunto con cambios de postura táctica repentinos e inverosímiles. O contexto no que se da este culebrón é aínda peor se cabe. A consciencia de clase e nacional está polo chan e gran parte do pobo atopase decimado pola miseria, a precariedade ou o exilio forzoso. E a desesperación sen conciencia leva o rexurdimento de vellos e escuros pantasmas das longas noites de pedra. A "neo" dereita fascista nunca marchou, simplesmente se sinte con forza para tirar de novo a máscara de "demócrata de toda la vida". Paralelamente o inimigo principal avanza. O neoliberalismo acumula máis poder económico que quizais nunca antes na historia, e con ese poder mantén a súa maquinaria de ideas controladora de mentes e espírito. Así pois, Pepe o da bar da esquina crése un señor empresario, e Maruxa que se levanta as 5 da manhá para ir á fabrica, cre como xa llo dicían os seus país, que se os "roxos" chegan ao poder expropiaranlle o seu pisiño que con tanta suor pagou mes tras mes. Namentres a parte do noso pobo máis consciente observa dito culebrón, cunha mestura de cabreo, perplexidade e resignación; queimándose na desperanza ou intentando resistir creando diferentes tipos de alternativas reais, fronte a inxustiza que sufrimos dentro deste sistema. Dende logo o pobo non merece o egoísmo de supostos líderes trepadores, que non saben curar os seus traumas no seu entorno persoal e así os abocan na escena da política colectiva. E sen máis dilacións dentro do que a xente percibe como "esquerda" galega, existen basicamente 2 vías de reubicación na encrucillada. A primeira vía é rápida, cómoda e subvencionada polos medios de comunicación do sistema. Pero este atallo, aínda que prometedor e vendible no inicio do caminho, nunca ten saída e sempre fracasa; só hai que analizar o papel histórico e presente da sociealdemocracia liberal europea e mundial. Atrevimento a presentarse as eleccións sen ter organizado case ningún tipo de base social e cun programa electoral elaborado en apenas meses. Discurso televisivo e de promesas de cambio valeiras. Tratase dun engano consciente ou semi-inconsciente, ao pobo, onde se fala de simple maquillaxe ao sistema, defendendo reformas notorias pero superficiais. Vale si, como non estar en contra da corrupción política das cloacas do reino, moi bien, pero que diaños pasa coa corrupción económica intrínseca ao sistema capitalista. Aceptamos a banca privada sen constituír una banca pública, aceptamos cofinanciar a educación e sanidade privadas, aceptamos a alianza criminal da OTAN e levamos aos seus xenerais nas listas, aceptamos a opresión colonialista na máxima franquista de la indisolubilidad de la gran patria espanhola. OTAN NO, OTAN SI, burbulla inmobiliaria, privatizacións e Lei Corcuera, lembremos a socialdemocracia do filipismo das últimas décadas e ata onde nos trouxeron. En fin, semella que é máis doado botar un papel cada 4 anos nunha urna, aferrándose ao pracenteiro autoengano da falsa promesa do lider de plasma, que traballar "in vivo" polo cambio que desexamos e as veces predicamos. A segunda vía é máis lenta e difícil, require ganhas, compromiso, valentía e incluso ter as ideas claras. Perseguida e criminalizada continuamente polo inimigo. Tratase dunha vía rochosa, con alta pendente e as veces hai que dar rodeos para rebasar cantís e outros obstáculos; e claro esta que para transitala ademais de boas intencións, fai falta disciplina e muita organización. Pero chegando ao cumio e sobrepasando a montanha, atopase un val cheo de delicias, felicidade e novos contextos afables a explorar. Esta linhas que acabo de escribir pode que soen a Lord of the Rings, pero realmente escríboas por influencia do Tito Marx. Fuxir do electoralismo partidista e do discurso simplón e preferir asentarse no seo do pobo, por, para e dende o pobo. Entender que presentarse as eleccións e só unha das frontes do traballo activista, sabendo que o groso da luita comeza dende a base, na rúa, nos montes e nos barrios. Cos seus acertos e as súas contradicións, esta vía está composta por milleiros de lucinhas brancas, que infatigables traballan a cotío e de xeito organizado no asociacionismo vecinhal, sindical, estudantil, cultural, comunitario e político, tanto a nivel local, como comarcal e nacional. As creacións son a fogo lento, pero o tecido é real e resistente. Somos os "roxos" como din os fachas, e berrámolo alto e claro. Queremos destruír o capitalismo e rachar o reino-estado espanhol para crear un sistema novo; unha sociedade HUMANA, onde a liberdade sexa algo máis que unha palabra impresa nun papel, onde a democracia sexa algo máis que catro tertulianos burgueses nun plató de Tv, e sexa exercida de xeito directo e participativo. Un sistema onde todos os dereitos humanos, para todas as persoas, sexan constantemente irrenunciables. Benvidos refuxiad@s, non aceptamos nin toleramos nin unha soa guerra máis, exemplos das bondades da "democracia" europea-yanki imposta polas armas do seu imperio. Non a OTAN, Nunca Máis OTAN, desmantelemos esa alianza criminal. A nós non nos manda nin unha familia real, nin a Troika, nin o FMI, nin un parlamento de Bruxelas, Galexit canto antes porfavor, pero dende a esquerda e para o pobo. A nosa educación e sanidades públicas non se privatizan, nin tampouco se privatizan a nosa banca pública, nin o noso servizo público de bombeiros, nin os nosos montes, nin a nosa pesca; nin un só dos servizos públicos que aínda sobreviven. E podería seguir así todo o dia, ser panfletario de vez en cando tamén cunde: hai que traballar menos e cobrar máis, avante sen tregua república galega, somos feminazis, a ría é nosa e non de Celulosa. Esta vía é a esquerda soberanista galega, e agrupa a moitas máis persoas e grupos do que poderiamos perceber. Dende as persoas xa organizadas en pequenos partidos políticos, correntes sindicais, asociacións anti-imperialistas ou centros sociais autoxestionados; ata eses heroes e heroínas anónimas, que aínda sen estar organizados, son capaces de luitar con dignidade cada dia dende o seu posto de traballo, o seu centro de estudos ou as asociacións do seu barrio. Sumando a maiores, a todas as persoas que fuxiron das estafas electoralistas supostamente transformadoras. Este 26 de marzo o BNG celebrara unha importante Asemblea Nacional, onde tras 2 anos de intenso debate asembleario a fronte nacionalista prerende marcar en documentos as súas dinámicas de traballo para o presente e o futuro. Dende o máis profundo respecto, e incluso dende un certo e honesto aprecio; e tendo en conta a súa convulsa traxectoria nas últimas décadas, máis unha certa reafirmación nos últimos anos ao soltar lastre político, nesta súa Asemblea Nacional e nos seguintes meses, o BNG terá que realizar a súa reubicación na encrucillada. Se o BNG decidira mirar cara os lados ou cara atrás, ollando cara lugares outra vez institucionalizados e mansos, achegaráse novamente á Primeira Vía, cómoda e sen saída. A vía do reformismo autonomista, subordinado ou paralelo ao nacionalismo progre-espanhol. Se o BNG decide mirar cara a súa primeira historia, cara si mesmo e cara adiante, con firmeza na organización para a transformación social; ollar as luitas obreiras, estudantís e populares actuais, e tyamén cara ao legado vivo d@s nos@s revolucionari@s, o BNG podería comezar a palpar a Segunda Vía. Encadrado con afouteza cara a vía da soberanía, a independencia e o socialismo, e seríamos máis os que abordemos, xunt@s e a paso decidido, un caminho díficil e duro pero o único con saída. Algúns temos claro de onde vimos, quenes somos e cara onde queremos caminhar, e non só nos papeis e estatutos das organizacións nas que militamos, senón tamén na nosa practica diaria como humanos insurrectos. O que non serve definitivamente, é a vía da indefinición perpetua e da incoherencia constante. A vía do "quiero y no puedo, porque no me atrevo" e confusionismos da máis absurda irrelevancia.
NOS_4770
Soben a 169 os pacientes hospitalizados e a un 7,7% a taxa de positividade.
A incidencia da Covid-19 na Galiza segue en ascenso e sitúanse en 5.973 os casos activos no inicio deste mes de decembro, tras aumentar a 704 os novos contaxios rexistrados -210 máis que a xornada anterior-, e aumentan a 169 os pacientes hospitalizados por este coronavirus -14 máis-. Segundo os datos publicados na mañá desta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta terza feira, soben a 30 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -tres máis- e a 139 as hospitalizadas noutras unidades -11 máis-, mentres que 5.804 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e unicamente alíviase lixeiramente na de Santiago e Barbanza, que mantén catro pacientes Covid en UCI e cinco noutras unidades -dous menos-. Galiza abeira os 6.000 casos activos de Covid-19 no inicio de decembro, ao situarse en 5.973, que implican 551 máis que a xornada anterior ao haber máis contaxios (704) que altas (152), ao que se engade un falecemento.A cuarta feira anterior -día 24- había 3.168 infeccións activas. En concreto, as infeccións activas aumentan de novo no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (+186), seguida da de Ourense (+112), A Coruña e Cee (+79), Pontevedra e O Salnés (+65), Lugo (+58), Santiago e Barbanza (+29) e Ferrol (+22). Nas últimas 24 horas, segundo os datos de Sanidade, confirmáronse 706 positivos por Proba de Diagnóstica de Infección Activa Pola súa banda, os novos contaxios rexistrados de Covid-19 disparáronse a 704 en Galiza, que supoñen 210 máis que os 494 da xornada anterior, despois de comezar esta semana con 415. A cuarta feira da semana pasada rexistráronse 378. Nas últimas 24 horas, segundo os datos de Sanidade, confirmáronse 706 positivos por Proba de Diagnóstica de Infección Activa -algúns poden corresponder a casos xa detectados anteriormente que volven dar positivo-, dos cales 220 corresponden á área de Vigo; 163, á de Ourense; 100, á da Coruña e Cee; 74, á de Pontevedra e O Salnés; 73, á de Lugo; 49, á de Santiago e Barbanza; e 27, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, aumenta o 7,7%, e continúa por riba do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en toda Galiza aumentan a 2.671, ao notificar esta terza feira a Consellaría de Sanidade un novo óbito. En concreto, un home de 86 anos de idade, que presentaba patoloxías previas e diagnosticado con Covid-19, faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
NOS_43401
As ansias do presidente da Xunta pola transferencia da AP-9 son inversamente proporcionais ao poder que o seu partido ten en Madrid. Aínda que o Parlamento galego se pronunciou por unanimidade a prol do traspaso, o Partido Popular negouse mesmo a debatelo no Congreso. Agora que o Executivo central mudou, Feixóo afirma que "Pedro Sánchez non pode negarse á transferencia".
Expúxoo nunha entrevista na Radio Galega este domingo. Nela, Núñez Feixóo púxolle deberes ao Goberno de Pedro Sánchez. Que coinciden con aquelas cuestións que a propia Xunta obviou, ou reclamou de maneira máis laxa, mentres Mariano Raxoi residiu na Moncloa: a conexión coa meseta por AVE -que quere en probas en 2019-, a reforma do financiamento autonómico e máis o traspaso da autoestrada. Desde que Feixóo asumiu a presidencia do Goberno galego en 2009, non houbo ningunha competencia nova para a Xunta. Cero. O PP galego nin sequera deu explicacións pola parálise no desenvolvemento administrativo e estatutario. "Se hai un mínimo de coherencia política", di agora, "o Partido Socialista en Madrid e en Galiza nos últimos anos dixo si á transferencia da autoestrada. Así, o único que falta agora é concretar cales son os investimentos previstos [na infraestrutura], cal o custo das peaxes, e asinar o decreto de transferencia". Autoxustificación Na mesma entrevista da Radio Galega, a primeira nun medio de comunicación galego despois da súa sonada marcha atrás e a renuncia a competir pola presidencia do PP estatal, Feixóo seguíu construíndo o seu relato ao respecto. "Coherencia" e "compromiso", dixo, foron as razóns dunha freada a última hora que outros analistas atribúen ao peso do pasado. A un pasado de paseos pola ría en compañía do narcotraficante Marcial Dorado, máis exactamente. Mais nada diso trasloce na historia que o presidente da Xunta difunde, coa axuda dun medio ambiente mediático extremadamente favorábel aos seus intereses e da súa organización política. "Estarei en Galiza como mínimo ate 2020", asegurou nos micrófonos da radio pública -que vive unha inaudita vaga de protestas dos traballadores, quen denuncian manipulación gobernamental da información. "A miña decisión responde ao interese por cumprir a palabra dada", expuxo, e engadiu que "todo" o que é en política éo "grazas á confianza dos galegos e iso non se pode manchar". Non obstante, durante dez días estivo testando se contaba con forza abondo para abandonar a política galega e encabezar a sucesión de Raxoi no PP. Finalmente optou por non se arriscar.
NOS_27910
"O exemplo do presidente ucraíno é un exemplo de dignidade e tamén de resistencia fronte á brutal agresión do Goberno de Putin", sinalan os socialistas nunha proposición non de lei que se debaterá na Cámara nas vindeiras datas.
O PSdeG pedirá que o Parlamento da Galiza explicite o seu apoio ao Goberno estatal para que, no marco das medidas adoptadas pola OTAN, continúe co endurecemento das sancións ao Goberno de Vladimir Putin, a axuda humanitaria e asistencia financeira, así como co envío de equipamento militar para que Ucraína "poida exercer o seu dereito á lexítima defensa". De forma paralela, reclamará facer un chamamento a Putin para que "sente con seriedade" na mesa de negociación con Ucraína e poña fin "de inmediato" á guerra. A proposición non de lei dos socialistas, á que tivo acceso Europa Press, ten lugar nun contexto no que tanto o PSdeG como o PPdeG mostraron posicións críticas co BNG pola súa "postura ambigua" ante a guerra de Ucraína, unha formación que rexeita o envío de armamento e que se situou en contra da "escalada belicista" da OTAN. Deste modo, os tres grupos políticos volverán explicitar cadansúa posición na votación desta iniciativa. Descenden os apoios a unha intervención da OTAN en Ucraína Estas diferenzas ideolóxicas, de feito, impediron a aprobación dunha declaración institucional conxunta para a súa lectura no pleno da Cámara galega a principios de marzo, nunha sesión na que os nacionalistas rexeitaron apoiar un texto sobre o que si houbo consenso entre PSdeG e PPdeG. A través dese documento, populares e socialistas explicitaban que existe unha agresión por parte de Rusia a Ucraína, que o Parlamento apoia as accións impulsadas polo Goberno español e as Forzas Armadas, así como o compromiso cos dereitos fundamentais recollidos na Alianza Atlántica e na Constitución da Unión Europea, entre outras cuestións. Logo diso, o BNG trasladou ao resto dos grupos un texto alternativo e acusou PP e PSOE de "utilizar a dor dun pobo, os mortos e os refuxiados desta guerra para atacar o Bloque", ao tempo que condenou sen ambaxes a invasión rusa de Ucraína. Aliás, a pasada semana, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Laxe, pediu á líder do Bloque, Ana Pontón, que desautorizase o seu deputado no Congreso, Néstor Rego, que non aplaudiu o discurso do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, na Cámara baixa. Laxe afeoulle ao parlamentario do Bloque que chegase a "pór en dúbida a veracidade do masacre de Bucha". Crónica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol "Admiración" por Zelenski Precisamente, na exposición de motivos da iniciativa os socialistas censuran a "violación sistemática" dos principios máis básicos da humanidade recollidos na orde internacional e sinalan que "atrocidades como as de Mariupol ou Bucha" producen "o maior sentimento de indignación e repulsa". "Son crimes de guerra que non poden nin deben quedar impunes", apunta. Zelenski, no Congreso español: "Estamos en 2022 pero parece Gernika en 1937" Ademais, considera que a intervención de Zelenski ante o Congreso o pasado 5 de abril reafirma aínda máis a "admiración" pola "coraxe" coa que o presidente, o seu goberno e o pobo ucraíno "defenden a liberdade e a democracia". "O exemplo do presidente ucraíno é un exemplo de dignidade e tamén de resistencia fronte á brutal agresión do Goberno de Putin", sinala o PSdeG, que traslada a súa condena "coa maior das determinacións" á "guerra desapiadada de Putin contra Ucraína".
PRAZA_6945
O Foro do Camiño Primitivo insta o Xacobeo a que "priorice o valor histórico e cultural dos camiños fronte ao comercial e turístico". Valora a vontade de diálogo amosada pola Xunta, pero sinala o excesivo papel que xoga a consultora encargada do plan. Falamos con Xoán Xosé Molina
O pasado 7 de novembro a Xerencia do Xacobeo celebrou unha xuntanza na que asistiron entidades de defensa dos Camiños a Compostela. O obxectivo era ofrecer información sobre o proceso de elaboración do Plan director dos Camiños a Santiago. Unha destas entidades era o Foro do Camiño Primitivo, formado por 30 entidades culturais, veciñais e ecoloxistas, e quen nos últimos anos criticou con dureza a delimitación realizada pola Consellaría de Cultura, que mesmo impugnou mediante recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Foro insta o Xacobeo a que "priorice o valor histórico e cultural dos camiños fronte ao comercial e turístico" e aínda que detectou, segundo destaca Xoán Xosé Molina, "boa receptividade" e "vontade de diálogo" nos representantes do Goberno galego, sinala que "non houbo compromisos firmes". O Foro do Camiño Primitivo trasladou a necesidade de que se priorice no deseño do Plan director dos Camiños a Santiago as medidas de recuperación e posta en valor dos elementos patrimoniais e culturais que lles dan sentido ás rutas xacobeas, respectando as vías orixinarias e "indo máis alá da mera sinalización dunha senda con puntos de hospedaxe para peregrinos". "Parece que o Xacobeo se abandona en brazos dunha consultora, que é quen vai redactar o plan" A entidade valorou de forma positiva a simple convocatoria desta xuntanza, que levaban meses reclamando, aínda que sinalou as súas cautelas polo excesivo peso que na redacción do plan ten a consultora á que a Xunta lle encargou a súa confección, Valora. De feito, a reunión estivo presidida polo xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e coordinada por esta empresa. "As entidades debemos estar representadas, porque en boa medida fomos promotores do camiño, cando menos no caso do Camiño Primitivo", subliña Molina, que engade que "parece que o Xacobeo se abandona en brazos dunha consultora, que é quen vai redactar o plan". O Foro reclama máis peso para as entidades sociais na redacción do Plan Director das rutas xacobeas e espera "que este acto servise, non só para xustificar o trámite da participación pública, senón para atender dunha vez por todas as reclamas que desde hai décadas se veñen realizando por todos os colectivos sociais que piden maior protección dos camiños históricos". "Para garantir un norte claro, reclamabámoslle a constitución dunha mesa na que estivésemos presentes as distintas asociacións e todos os axentes, como se queren estar tamén todas as axencias de viaxes", di Molina. "Para garantir un norte claro, reclamabámoslle a constitución dunha mesa na que estivésemos presentes as distintas asociacións e todos os axentes, como se queren estar tamén todas as axencias de viaxes" Unha das principais reivindicacións do Foro é a de que se cumpra coa lexislación vixente que protexe os camiños históricos e que obriga á administración a conservar a súa esencia, recuperar os seus valores e dalos a coñecer aos camiñantes sen alterar a súa configuración orixinal. "Hai xa unha lei de protección do camiño que fixa os elementos que deben ser protexidos", lembra Molina, "o fundamental é que se apliquen as ordenanzas vixentes". Os colectivos defensores dos camiños históricos coincidiron en que estes se poden ver en risco de desaparición se a Xunta segue a sobrevalorar os intereses dos operadores turísticos ou das empresas hoteleiras Ademais, as distintas entidades lembraron a necesidade de que se atendan a todas as sensibilidades ou perfís dos camiñantes, o coidado da contorna dos camiños, a atención sen exclusión a todos os camiños históricos, á realización dun seguimento exhaustivo dos traballos de mantemento encomendados aos concellos (na maioría, inexistentes ou contraproducentes para a preservación dos seus valores), ou a correcta sinalización dos camiños nos treitos que pasan por Galicia. Os colectivos defensores dos camiños históricos coincidiron en que estes se poden ver en risco de desaparición se a Xunta segue a sobrevalorar os intereses dos operadores turísticos ou das empresas hoteleiras con obxectivos estritamente lucrativos fronte ao interese xeral.
NOS_14060
É unha das recomendacións que fai o Comité de ministros do Consello europeo para garantir a protección das linguas no Estado diferentes do castelán.
As autoridades españolas deberían de "considerar estender o recoñecemento" daquelas linguas que xa son cooficiais (galego, vasco e catalán) en determinados territorios a outras autonomías onde sexan faladas, "sempre que haxa un número suficiente de usuarios". Esta é, informa a web 'Nationalia', unha das recomendacións que o Comité de Ministros do Consello de Europa vén de facer para garantir maior protección a aqueles idiomas diferentes do español. A suxerencia do Comité, prosegue Nationalia, traduciríase nun posíbel recoñecemento do galego naquelas áreas de León e Zamora onde hai galego-falantes, así como á zona de Estremadura onde aínda pervive o noso idioma. Cómpre lembrar que en León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, 5. O filólogo Henrique Costas calculou que no Bierzo hai por volta de 25.000 persoas que falan o galego e que nas Portelas son unhas 1.500. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello. Son, segundo o filólogo e membro da RAG, uns 5.000 falantes. En total, hai por volta de 70.000 falantes de galego en 51 concellos de Asturies, León, Zamora e Estremadura. Porén, esta recomendación non necesariamente se fai a Asturies (Costas fala de 40.000 galego-falantes no Navia asturiano), pois a documentación do Consello de Europa define o idioma que se fala nesa zona como 'galego-asturiano'. Educación trilingüe O Comité fai unha outra recomendación o Estado español: que a introdución da educación trilingüe "non afecte adversamente a protección e promoción" das linguas diferentes do español, caso do galego.Hai catro recomendacións máis feitas polo Comité: reforzar as linguas cooficiais na xustiza, administración estatal e servizos públicos en xeral.
NOS_43418
A Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental Armadiña fixo público esta sexta feira que en 2021 volve o Armadiña Rock, os días 20 e 21 de agosto.
Despois de que en 2020 o Armadiña Rock non puidese decorrer con normalidade por mor da pandemia, a asociación cultural que lle dá nome vén de comunicar que o festival decorrerá os días 20 e 21 do mes de agosto. A pesar de que, polo de agora, non transcenderon os nomes das bandas que integrarán o cartel deste ano, a organización anuncia que o espazo musical volverá ser a praza da Chousa "cun formato adaptado á nova realidade e tendo en conta os protocolos sanitarios correspondentes". O Armadiña Rock, que decorre en Combarro, botou a andar en 2009 e continuou de modo ininterrompido até 2020. Entón a pandemia por mor da Covid-19 e as restricións sanitarias obrigaron a reformular o concepto de festival achegando ás persoas habituais do festival contidos dixitais gravados na vila sen presenza de público de maneira física. Unha das características máis destacadas do Armadiña Rock, no que os concertos decorren na praza da Chousa, era a súa zona de acampada de balde. Tamén atraen ao público os pasacalles, as conferencias ou a "Zona Lounge" coas que se fora enriquecendo nas sucesivas edicións.
PRAZA_4187
Para iso necesitamos un batallón de 800 soldados en León (e 3.500 en toda España), con instalacións, cuarteis, mandos, equipos, vehículos e soldos pagados durante 12 meses... para limpar 5 residencias ao día?
O pasado luns, 27 de abril, a Unión Militar de Emerxencias (UME) abandonaba a loita contra o coronavirus en Galicia.O pasado luns, 27 de abril, a Unión Militar de Emerxencias (UME) abandonaba a loita contra o coronavirus en Galicia. O aviso fóralle comunicado á Xunta o sábado 25, na reunión semanal do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) que reúne a representantes das diferentes administracións a nivel galego.O repregue (a palabra retirada non existe na linguaxe militar) dos efectivos destacados en Galicia á súa base operativa en San Andrés del Rabanedo, nas aforas de León, foi obxecto de crítica -coa voz baixa- por parte do executivo Feijóo, que non entende este abandono das tarefas de desinfección, sobre todo residencias da terceira idade, que estaba a realizar a UME.Como xa dixemos noutra ocasión, a UME é un corpo atípico en todo o planeta -coa excepción de Francia- ao ser unha unidade militar que realiza tarefas de protección civil, un oxímoro en toda regra. Os países avanzados -coa salvedade indicada- encargan a protección civil a corpos profesionalizados ou de voluntarios (aí está o magnífico exemplo dos Bombeiros Voluntarios de Portugal), pero sempre alleos ao mundo militar.A imaxe do ExércitoHai que recoñecer que a UME ten boa prensa; non foi infrecuente durante marzo e abril que os medios de comunicación avisaran da súa chegada a diversas poboacións galegasPorén, hai que recoñecer que a UME ten boa prensa; non foi infrecuente durante marzo e abril que os medios de comunicación avisaran da súa chegada a diversas poboacións galegas, cando os militares eran en realidade do Tercio Norte de Infantería de Mariña, con base en Ferrol, ou da Brigada Lixeira Aerotransportable (BRILAT), con base en Pontevedra. Parecía tal que a UME estaba en todas partes, cando o don da ubicuidade está reservado a santos da Igrexa (como San Francisco Xavier, que predicaba no Xapón e ao tempo víano na India), e non parece que a UME chegue a tanto. Pero tamén creo que é percibida, e o Exército en xeral, con bos ollos pola maioría da poboación galega; pasaron os tempos dun Exército español cheo de franquistas recalcitrantes. Na miña opinión é unha das entidades que mellor evolucionou desde a Transición ata converterse -salvo excepcións clamorosas, por suposto- nunha institución do Estado como calquera outra.Un tiro no péSegundo comunicou a Delegación do Goberno, a razón do abandono de Galicia é que van "preparar a campaña contraincendios", un argumento grotesco nuns días en que Galicia está sometida a temporais e chuvascos abundantes, e cando o estado de Alarma -razón de ser da súa intervención- vai ser prolongado ata case finais de maio. Máis curioso aínda é a de que digan que serán substituídos por membros da Brilat ou do Tercio Norte. En que quedamos? Se o labor da UME poden facela uns soldados sen formación especializada... cal é a razón de ser desta Unidade?Para iso necesitamos un batallón de 800 soldados en León (e 3.500 en toda España), con instalacións, cuarteis, mandos, equipos, vehículos e soldos pagados durante 12 meses... para limpar 5 residencias ao día?Indo un pouco más alá, midamos a súa efectividade; segundo a Xunta, a UME desinfectou en Galicia unhas 200 residencias de maiores (quedando outras 30 para completar). Durante uns 40 días de labor, toca a 5 residencias diarias. Poñamos que actúan 10 soldados en cada lugar. 50 efectivos. ¿Para iso necesitamos un batallón de 800 soldados en León (e 3.500 en toda España), con instalacións, cuarteis, mandos, equipos, vehículos e soldos pagados durante 12 meses... para limpar 5 residencias ao día? Que a Xunta contrate xa aos equipos de contraincendios (ata xuño están no paro), que amplíe os contratos aos grupos de protección civil ou que contrate a simples parados, pois para manexar unha máquina de sulfatar para botar lixivia diluída non hai que facer un máster en guerra química.Unha pregunta final: cobrará a UME á Xunta o seu traballo en Galicia?Outro día falaremos dos partes de guerra da Garda Civil «hemos recuperado 30 kg de naranjas robadas», das declaracións altisonantes de Robles, a ministra de Defensa «la UME ha encontrado muertos en las residencias» (dos que nunca máis se soubo), ou da suposta actuación conxunta das forzas armadas coa Policía e Garda Civil, que chocou coa negativa rotunda de Interior, co que as patrullas militares nas rúas se reduciron a unhas inconcretas e sutís misións de «reconocimiento y presencia» (?!).E unha pregunta final: cobrará a UME á Xunta o seu traballo en Galicia?.
NOS_25384
O vellas zombis, mono-ratas zombis, pirañas zombis, zombis adolescentes, zombis corredores, zombis demoníacos, veciños zombis, zombis domesticados, zombis pandémicos, zombis alieníxenas, zombis bailaríns, zombis nazis...
O cinema seica espremeu o tema até a saciedade tratando de sacarlle punta a un xénero que sempre semella esgotado, até que chega alguén para darlle unha auténtica volta de parafuso. Little Monsters / Australia 2019 / 93 minutos / Dirección e guión: Abe Forsythe O australiano Abe Forsythe introduce un grupo de parvuliños nunha apocalipse zombi mentres estes fan unha visita escolar a un parque temático dunha famosa estrela de televisión infantil guiados pola súa adorábel mestra e un músico heavy co síndrome de Peter Pan. Unha sinopse, a priori, bastante toleirana que pouco ten que ver cos carreiros polos que vai discorrer o filme. A pesar de haber crianzas, hai moi poucas concesións, agás un par de momentos protagonizados por elas, para que o ton sexa infantil ou suave e, aínda así, acaba por desenvolverse desde unha perspectiva netamente adulta. Hai sexo, sangue, escenas gore e, sobre todo, unha manchea de bocaladas e palabras malsoantes sen filtro algún. A tarefa da mestra será conseguir que as nenas e nenos non se decaten do que está a pasar para que non queden traumatizados. Un A vida é bela en toda regra. A presentación de personaxes é francamente boa, co que logra unha simpatía inmediata co eterno adolescente músico heavy en horas baixas (Alexander England) e, posteriormente, coa modélica mestra de primaria (a oscarizada Lupita Nyong'o). A química entre eles tamén está moi ben lograda. O alivio cómico, ademais de en escenas escatolóxicas, humor negro e referencias pop, corre a cargo do comediante Josh Gad, que interpreta un histriónico actor dun famoso programa infantil que acaba por descubrir a súa verdadeira forma de ser cando todo se descontrola. Risas. Atención tamén á sutil escena na que un zombi vén de comer un equidna. Gargalladas aseguradas. Por suposto haberá a pertinente homenaxe a George A. Romero, pero tamén a Taka shi Miike (A felicidade dos Katakuri) e, ao ser unha comedia, é imposíbel non comparala con Zombies Party... Iso si, Little Monsters non é unha parodia do xénero, senón que se pode definir como unha comedia romántica que incide no medo de dar o salto á vida adulta e as responsabilidades que iso implica. De feito. logra provocar máis bo rollo e emotividade ca repulsión ou terror. Unha feel good movie en toda regra; só que na trama hai zombis... e
PRAZA_5103
Varios informes de institucións do Estado e testemuños de dirixentes do partido avalan a veracidade da contabilidade paralela revelada polo ex tesoureiro. Dous dos casos refírense a supostos cobros ou pagos en negro relacionados co PP galego.
A Policía, Facenda, a Fiscalía e o xuíz Pablo Ruz acharon durante un ano de investigación da presunta caixa B do Partido Popular varias evidencias que apuntan á correlación entre as anotacións de Luís Bárcenas e a contabilidade oficial do partido de Mariano Rajoy. Ademais, varios testemuños avalan a veracidade dos papeis elaborados polo ex tesoureiro e a documentación incautada aos xefes da trama Gürtel tamén constata relacións entre as contabilidades paralelas da organización política e da rede corrupta. 1. Os papeis de Bárcenas coinciden coa contabilidade incautada á rede Gürtel. Os primeiros recollen un ingreso de 21 millóns de pesetas realizado por Pablo Crespo en maio de 1999 que figura -coincidindo en data e cantidade- coa documentación incautada en 2009 ao número dous de Francisco Correa, que reflicte un pago á "sede nacional" por parte do PP de Galicia en concepto de "pago débedas pendentes". Esta correlación é un dos indicios nos que se baseou o xuíz Pablo Ruz para quedar coa investigación da presunta contabilidade irregular do PP como unha peza separada do caso Gürtel. Os papeis de Bárcenas coinciden coa contabilidade da Gürtel que recolle un ingreso de 21 millóns desde o PPdeG á sede central 2. A "comparativa analítica" dos papeis de Bárcenas e a información procedente dos bancos suízos nos que o ex senador posuía contas millonarias levaron a Ruz a suxerir que as doazóns do PP acababan en Suíza. O maxistrado sinalou, en concreto, a "correlación" de dous ingresos unha conta de Bárcenas no Dresdner Bank e dous rexistros de asentos de entrada na suposta caixa B do PP. Así, o ingreso en Suíza de 30.050,61 euros o 31 de xaneiro de 2001 podería coincidir coa entrada anotada ese mesmo mes nos papeis de Bárcenas a nome de "Ceciclio Sanch. (Augas)", de FCC, por importe de cinco millóns de pesetas. O outro indicio para o maxistrado é a posible correlación entre o ingreso de 120.000 euros realizado o 30 de xuño de 2003 na mesma conta e a anotación o 25 de xuño na contabilidade manuscrita dunha entrada por esa mesma cantidade a nome de "M. Contreras". 3. O sucesor de Bárcenas na xerencia de Génova 13 recoñeceu ante o xuíz que recibiu os 12.000 euros en billetes de 500 que figuran ao seu nome nos papeis da suposta contabilidade B do partido (un de 6.000 euros en abril de 2007 e outro polo mesmo importe en xuño de 2008). "Eu vexo que me pagan un diñeiro que non se declara. Entendo que é diñeiro dos donativos que non declaran", dixo na Audiencia Nacional. García Escudero admitiu o ingreso dun millón de pesetas como parte da devolución dun préstamo 4. Outro testemuño que deu validez aos pagos en B foi o do presidente do Senado, Pío García Escudero, que admitiu que a anotación realizada ao seu nome polo ingreso dun millón de pesetas nas arcas da organización en 2001 era verídica. O dirixente popular explicou que formaba parte da devolución dun préstamo de catro millóns de pesetas que o PP lle deu para rehabilitar a súa vivenda tras un atentado. García Escudero asegurou que nunca pediu nin lle deron un recibín nin polo préstamo nin polas devolucións porque "había unha relación de confianza" e sinalou que non o declarou ante Facenda porque non sabía que debía facelo. 5. O dirixentes do PP navarro Calixto Ayesa recoñeceu ser o perceptor dos 3,9 millóns de pesetas que figuran en diversas anotacións entre 1991 e 1992 a nome de Jaime Ignacio del Burgo. Explicou que se trataba dunha compensación pola obrigatoriedade de abandonar a súa consulta mentres ocupaba un cargo público. Del Burgo implicou a José María Aznar no réxime de sobresoldos no PP ao dicir ante o xuíz que foi o ex presidente o que autorizou o pago de 600.000 euros a Ayesa cando entrou no Goberno navarro. Ruz sinalou a presunta existencia dun corrente financeira de cobros e pagos á marxe da contabilidade oficial do PP 6. A análise dos documentos incautados durante o rexistro da oficina do arquitecto Gonzalo Urquijo, encargado da reforma da sede do PP na rúa Génova, levou a Policía a afirmar que existía unha "correlación directa" entre as facturas de Unifica e as anotacións de pagos realizados a Urquijo. A partir dese informe da UDEF, Ruz sinalou a presunta existencia no partido que preside Mariano Rajoy "dunha certa corrente financeira de cobros e pagos continua no tempo, á marxe da contabilidade remitida polo Partido Popular ao Tribunal de Contas". 7. A Policía tamén avalou a información publicada en eldiario.es que apuntaba a coincidencia das doazóns anotadas por Bárcenas recibidas por empresarios e a adxudicación de obras millonarias por administracións gobernadas polo PP. O informe defendeu que as doazóns dalgunhas empresas apuntadas polo ex tesoureiro Luis Bárcenas coinciden con "unha concentración (de adxudicacións) nun momento determinado". Os ingresos realizAdos por empresarios infrinxirían a lei de financiamento de partidos políticos 8. As doazóns anotadas por Bárcenas aparecen troceadas na contabilidade oficial que o PP presentou ante o Tribunal de Contas, segundo El País. Os ingresos presuntamente realizados polos empresarios infrinxen a lei de financiamento de partidos políticos porque algunhas superaban o límite legal e porque as empresas tiñan contratos coa Administración. 9. Facenda emitiu un informe da Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) no que apunta a posible relación entre algunhas saídas de diñeiro da caixa B do PP con ingresos nunha conta bancaria da esposa do ex tesoureiro, Rosalía Iglesias. O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz sinala nunha providencia "a indiciaria e potencial relación entre diversas partidas ou anotacións de saídas de efectivo reflectidas nos denominados papeis de Bárcenas, nos anos 2004, 2005 e 2006 e algúns dos ingresos habidos na conta da entidade Caixa Madrid que se sinala é titularidade de Rosalía Iglesias Villar". Outra coincidencia que utilizou Ruz para asumir o caso foi a documentación do PPdeG sobre campañas electorais que se atopou na casa do contable da trama Gürtel 10. Outra coincidencia que utilizou Ruz para asumir a instrución do caso Bárcenas foi a documentación do PP galego relativa ás campañas electorais que se atopou na casa do contable da trama corrupta, José Luis Izquierdo. Para a Policía, a entrada de nove millóns de pesetas (54.000 euros) en outubro de 1999 procedentes de Alfonso García Pozuelo (Construtora Hispánica) era "compatible" coas anotacións que fixo Bárcenas en 2000 por un importe de 12 millóns de pesetas (72.000 euros). 11. A última "conexión" -na que tamén se baseou Ruz para iniciar a instrución que puxo no punto de mira as contas do PP- foi a entrega de 600.000 euros por parte García Pozuelo á trama Gürtel e que se repartiron entre os partícipes, segundo a documentación intervida, como "pago por unha comisión por adxudicación de contrato". Dese diñeiro, 60.000 quedoullos o entón presidente de Hispánica. Os papeis de Bárcenas recollen un ingreso por ese importe de mans do construtor tan só unha semana máis tarde.
NOS_22764
A líder do BNG urxe a saída do presidente da Xunta e precisa que o seu sucesor "non vai ser o resultado da elección dos galegos".
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, atrasa a súa dimisión á fronte do Goberno galego para "cadrar o sudoku interno das baronías" dun Partido Popular da Galiza no que "as augas están moi revoltas". "É unha situación que non é sustentábel e unha falta de respecto aos galegos", aseverou Pontón en declaracións aos medios esta quinta feira en Santiago, onde incidiu na necesidade de que o novo líder nacional do PP abandone xa a Xunta porque "a Galiza merece un goberno ao 100%, non un interino". Goberno "en pausa" Na liña dos últimos días, Pontón volveu urxir o presidente da Xunta a dimitir para activar o proceso sucesorio e sacar da "pausa" na que, di, está sumido o Goberno galego "polas leas internas e a corrupción" do Partido Popular. A elección do sucesor de Feixoo divide o PP galego "O PP non pode estar por encima da Galiza", remarcou a portavoz nacionalista, que ve "as augas moi revoltas" nas filas dos populares galegos após o paso de Feixoo á política estatal. "O país non pode estar paralizado porque Feixoo queira deixar todo atado e ben atado para cadrar o sudoku das baronías internas do PP", apostilou. Nesta liña, lamentou que a Galiza teña un goberno "en pausa" nun momento de crise no que "cada vez máis" familias e empresas teñen problemas para subsistir; polo que demanda a Núñez Feixoo que "desbloquee" a súa sucesión. Remuda Sobre a substitución á fronte do Executivo autonónico, Pontón reafirmouse na postura que expresou no último 'careo' con Feixoo na sesión de control da pasada terza. "O próximo presidente non vai ser o resultado da elección dos galegos", subliñou. Feixoo pretende nomear a dedo o seu sucesor á fronte do PP galego "É evidente que Feixoo se comprometeu cos galegos a estar toda a lexislatura. O próximo presidente non será o que votaron os galegos", incidiu a líder nacionalista, que se preguntou se o nome do substituto sairá do "dedazo" de Feixoo ou será froito do "sudoku das baronías" do PP galego. Baltar insiste no congreso Neste sentido, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, volveu insistir en que un congreso extraordinario do Partido Popular da Galiza debe ser unha "solución normal" para a sucesión do presidente da Xunta. "Eu xa me pronunciei mesmo antes do Congreso de Sevilla, un congreso extraordinario debe ser unha solución normal, como se fixo a nivel nacional e, nesa andaina, o PP dará a mellor das respostas", sinalou. Feixoo avisa: o congreso non é a única vía "democrática" para elixir sucesor Baltar afirmou que, despois do congreso de Sevilla, no que a "unanimidade foi total", a formación está "en disposición de afrontar a fase segunda". Como presidente do PP en Ourense, o que ten que dicir é que "o PP vai facer ben as cousas e de forma absolutamente modélica". "Imos dar unha lección de unidade e esa é a lección e a característica que os veciños ven mellor en calquera formación política", subliñou.
NOS_52828
O Facebook oficial do PSdeG fíxose eco dunha mensaxe do precandidato a lideración a formación socialdemócrata Juan Díaz Villoslada. Un feito que molestou Xaquín Fernández Leiceaga, tamén precandidato a ocupar a Secretaría Xeral, e outros membros do partido, que mesmo piden a demisión da xestora.
Unha mensaxe publicada no Facebook oficial do PSdeG na segunda feira, 14 de agosto, desatou unha guerra política no seo da formación política. A páxina da formación socialdemócrata facíase eco dunha mensaxe do precandidato Juan Díaz Villoslada, que afirmaba "temos que darlle unha sacudida de modernidade ao partido. Hoxe compartín novas ideas cos compañeiros e compañeiras de Carballo". Unha mensaxe acompañada cos cancelos #ConVilloslada e #PrimariasPSdeG. Leiceaga, tamén precandidato, non tardou en reaxir e en cualificou o feito de "moi grave", ao considerar que a comisión xestora do PSdeG non foi neutral. Acusouna de usar as redes sociais do PSdeG "en favor un candidato". De feito, o tamén portavoz parlamentar do PSdeG rexistrará esta quinta feira, 17 de agosto, un escrito en que pedirá "as necesarias explicacións" e "un informe detallado". "Alguén terá que asumir responsabilidades diante dun feito tan grave, porque individualmente poden apoiar quen queiran, pero utilizando as redes oficiais, non", sinala o precandidato, que reclama "xogo limpo". "Non estou disposto a ficar calado", engadiu. O PSdeG di que foi un "erro" Unha vez tivo coñecemento da denuncia pública realizada por Leiceaga, o PSdeG pediu desculpas polo que considera un "erro". "Un erro que foi subsanado de inmediato e eliminado en canto fomos advertidos do mesmo", afirma a formación política. "Nin o equipo de redes do partido nin a súa dirección ordenaron esa publicación. O partido procedeu a eliminar tamén os administradores e claves que puidesen estar abertas de anteriores etapas para evitar novos erros no acceso a estas contas", asegura. Se ben é certo que nas páxinas de Facebook fica rexistrado o nome da persoa usuaria que fai as publicacións. Piden a demisión da xestora O enfado de Leiceaga non quedou así. O ex edil do Concello de Lugo José Luís Díaz, que apoia a candidatura do outro aspirante a dirixir o PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu a demisión da xestora do PSdeG após a publicación da mensaxe de apoio a Villoslada.
NOS_23597
O portavoz do Ministerio de Defensa ruso, Ígor Konashénkov, nega que os seus militares teñan efectuado "ataque ningún con misís polo ar ou con artillaría nas cidades ucraínas".
O Goberno ruso nega ter iniciado ataques contra a poboación civil en Ucraína, segundo afirmou esta quinta feira Ígor Konashénkov, portavoz do Ministerio de Defensa de Rusia. "De acordo co comandante supremo das Forzas Armadas da Federación Rusa, as Forzas Armadas lanzaron o 24 de febreiro unha operación militar especial para protexer as repúblicas de Donetsk e Lugansk", dixo, nun vídeo difundido por Russia Today. "Agora grupos de tropas de Donetsk e Lugansk están loitando e enfrontándose ao inimigo, e unidades das forzas ucraínas seguen bombardeando o Donbass, con milleiros de vítimas civís", asegurou, ao tempo que negou que o Exército ruso estea a lanzar "ataque ningún con misís polo ar ou con artillaría contra cidades de Ucraína". Segundo Konashénkov, "os gardas fronteirizos ucraínos non opuxeron resistencia ás unidades rusas e os informes dos servizos de seguridade indican que os soldados ucraínos están abandonando as súas posicións en masa e depondo as armas". Aliás, acusou os medios de comunicación occidentais de difundiren "vídeos que escenifican baixas masivas de civís ucraínos" que, segundo o membro do Goberno ruso, serían "ataques de falsa bandeira" que terían como fin "meter medo" á poboación. "Non estamos a levar ataques contra as cidades e pobos ucraínos, e a poboación civil non corre perigo", concluíu. Rusia, "aberta ao diálogo" Por outra parte, a Federación Rusa afirma seguir "aberta a dialogar con todos os países", segundo declarou o ministro de Exteriores, Serguéi Lavrov, en declaracións recollidas pola axencia de noticias Sputnik. O diplomático aseverou que as medidas que toma Rusia en Ucraína "buscan garantir a seguridade do país e do pobo ruso" e "marcan a fin da guerra que comezou hai oito anos".
NOS_13522
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística entregaron esta sexta feira na Xunta un escrito dirixido ao conselleiro de Política Social co fin de que garanta os dereitos lingüísticos en Jungle World.
A CIG e a Mesa presentaron esta mañá no rexistro da Xunta de Galiza un escrito dirixido ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, no que lle piden que adopte de maneira inmediata as "medidas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos e a oferta positiva da lingua galega" no centro infantil Jungle World. No escrito presentado, Anxo Louzao e Marcos Maceira indican que o conselleiro debe adoptar estas medidas "sen prexuízo da apertura de expediente sancionador á empresa titular do centro". No documento achegado ao conselleiro, a CIG e mais a Mesa indican que a actitude da empresa Jungle World, ao prohibir o uso do galego, representa "unha odiosa discriminación por razón de lingua", amais dun "intolerábel incumprimento dos deberes legais dunha entidade integrada no sistema galego de servizos sociais". Tamén sinalan que a Xunta de Galiza, quen autorizou o inicio de actividades do centro a 18 de novembro de 2011, "non pode permanecer impasíbel". A lei ampara Belén Tajes no caso galegófobo de Jungle World Anxo Louzao e Marcos Maceiras tiran da normativa para demostrar a vulneración dos dereitos lingüísticos no caso sufrido pola profesora de música Belén Tajes. Así, fan alusión á Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galiza, que se refire á práctica positiva do idioma galego e ao respecto polos dereitos lingüísticos. Tamén aluden ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que indica que o galego debe ser a lingua inicial de atención á cidadanía no ámbito dos servizos públicos, e ao Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo cal se regulan os centros de menores e os centros da atención á infancia. Esta norma apunta que as crianzas deberán acadar o desenvolvemento das capacidades nas dúas linguas oficiais do país. Maceira: "Cómpre erradicar o virus da xenreira que amosa este centro" En declaracións aos medios após entregar o escrito por rexistro, Anxo Louzao esixiu a actuación de Política Social na medida en que Jungle World "é un centro que depende da Consellaría, aínda que sexa privado e actúa de maneira ilegal". "Este centro ten que aterse á Lei de Servizos Sociais", engadiu. Marcos Maceira salientou que "detrás da prohibición" de empregar o galego en Jungle World se atopa "o odio á lingua, que é o noso principal elemento de identidade". O presidente da Mesa cargou contra "os valores do odio polo propio" que transmite o centro e emprazou a Xunta a actuar de maneira inmediata para non se repetiren casos coma este. Maceiras rematou a súa intervención sinalando que cómpre "erradicar o virus da xenreira que amosa este centro".
PRAZA_17112
Aínda non comezaron os traballos de electrificación duns 8 quilómetros en Tui e doutros 48 entre Valença e Nine
A nova liña de ferrocarril A Coruña-Porto, coa que a compañía ferroviaria alemá Deutsche Bahn, a través da súa filial española Arriva, pretende romper o monopolio ferroviario de Renfe, "nace con vocación de estenderse ata Lisboa co fin de potenciar o carácter internacional do servizo", segundo informou a compañía á Comisión Nacional do Mercado e a Competencia (CNMC). A data prevista de comezo do novo servizo internacional de transporte ferroviario de viaxeiros é o 17 de xullo de 2019. Os alemáns toman posicións antes da entrada en vigor en toda Europa do IV Paquete de Liberalización Ferroviaria en 2020, que implicará a apertura do tráfico de viaxeiros por ferrocarril dentro da UE. Porén, as obras de electrificación pendentes de iniciarse por parte dos gobernos de España e Portugal en preto de 60 dos 340 quilómetros da liña condicionan esas previsións. Aínda non comezaron os traballos de electrificación duns 8 quilómetros en Tui e doutros 48 entre Valença e Nine Arriva, filial española da compañía alemá, presentou ante o regulador a preceptiva solicitude para entrar no mercado e explotar o novo servizo internacional de transporte de viaxeiros. A partir de agora, a CNMC ten dous meses para dar o visto e prace. Segundo a documentación achegada, as cidades atendidas pola nova liña internacional suman unha poboación próxima a 2,9 millóns de habitantes, cunha proporción España/Portugal da orde de 40/60. Engaden que os datos dispoñibles indican que ao longo do corredor Galicia-Lisboa a mobilidade alcanza 11,2 millóns de desprazamentos ao ano, cunha presenza dominante do automóbil (89,6%) fronte aos modos de transporte colectivo (autobús e tren, 10,4%). Neste contexto de mercado, a nova liña internacional "pretende non só competir cos modos actuais (tren, autobús e automóbil), senón crear a súa propia demanda". Os seus estudos apuntan a unha demanda cun chan de 0,36 millóns de viaxeiros que podería escalar ata valores próximos a 0,8 millóns de viaxeiros en función do nivel de oferta e da resposta do mercado. Consideran que dita demanda total fai que o proxecto empresarial sexa "economicamente viable". A empresa "pretende non só competir cos modos actuais (tren, autobús e automóbil), senón crear a súa propia demanda" A nova liña discorrerá ao longo de 341,9 quilómetros entre as estacións da Coruña e Porto Campanhã, con parada comercial intermedia nas estacións de Santiago, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo-Guixar, Valença e Nine. "Non se descartan outras paradas que, á vista de estudos posteriores mais fondos sobre demanda, sexan atractivas para o novo servizo", engaden. O tempo total de percorrido entre as cabeceira da liña situaríase aproximadamente en 2 horas e 48 minutos. A súa vocación é superar "en alcance e prestacións os servizos que actualmente ofrece a compañía pública portuguesa Comboios de Portugal (CP) entre Vigo e Porto". Segundo os seus datos, a súa oferta sería unha dura competencia para a actual liña internacional operada por CP, que actualmente ofrece 2 circulacións diarias por sentido e un tempo próximo a 2:20 horas para percorrer 185 km. A oferta comercial estaría formada por oito circulacións diarias entre cabeceiras, catro circulacións por sentido, para 275 días tipo ao ano, "aínda que a distribución ao longo dos meses do ano adaptaríase á curva de demanda e a súa estacionalidade". A frota operativa necesaria para atender a oferta comercial prevista sería de dúas unidades, que podería atenderse mediante material rodante tipo Talgo Pendular cunha capacidade da orde de 220 pasaxeiros por composición. Proposta de Arriva/Deutsche Bahn para a liña A Coruña-Porto Á espera de que España e Portugal cumpran Dos preto de cen quilómetros pendentes de electrificar, en 42 xa comezaron as obras pero aínda non noutros 56, 8 deles en Tui Arriva asegura que pretenden aproveitar a mellora da infraestrutura programada polos administradores de infraestrutura dos dous países, "de modo que poida operarse mediante trens eléctricos". "É por tanto esencial que os administradores ferroviarios, en particular ADIF, cumpra as actuacións programadas para que a liña proxectada dispoña de tensión 25 quilovoltios en todo o seu percorrido", advirten. Dos 340 quilómetros da liña, actualmente non están electrificados uns 100 quilómetros, entre Guillarei, ao norte de Tui, e Nine, ao norte do Porto. Portugal xa comezou as obras entre Nine e Viana dos Castelo, ao longo duns 42 quilómetros. Eses traballos de electrificación e mellora xeral da liña están tamén adxudicados, con atraso con respecto aos prazos previstos por Portugal, para os 48 quilómetros que separan Viana de Valença, pero os traballos aínda non comezaron. Do lado galego, Adif ten pendente de iniciar os traballos de electrificación dos 8 quilómetros entre Guillarei e a ponte sobre o Miño. Arriva xa conta con preto de 500 autobuses en Galicia e o norte de Portugal Arriva xa ten presenza tanto en Galicia como en Portugal co servizo de transporte de viaxeiros por autobús. En Galicia conta cun persoal de 300 traballadores e unha frota de 224 autobuses que desprazan a 5 millóns de viaxeiros cada ano ofrecendo servizos regulares nas cidades e contornas de Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense ou Lugo. Ao outro lado do Miño tamén conta cun servizo de transporte de pasaxeiros con Arriva Portugal, cun persoal de 350 traballadores e unha frota de 230 autobuses que desprazan a 16 millóns de viaxeiros cada ano na rexión do norte do país, ademais de operacións urbanas en Guimarães, Famalicão e Santo Tirso.
NOS_21764
O feche das centrais térmicas de carbón de Endesa e Naturgy outorga a Iberdrola un papel protagonista no mapa enerxético galego, sendo tamén a que máis enerxía xera das tres a partir de fontes renovábeis. Endesa e Naturgy teñen previsto ampliar nos próximos meses a súa capacidade eólica á espera de concretar alternativas para manter a actividade industrial e os postos de traballo nas Pontes e Meirama. Eis un estrato da peza publicada no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza.
Galiza leva décadas afrontando un proceso de transición enerxética que tomou velocidade de cruceiro co feche das minas de lignito de Meirama e As Pontes a finais de 2007, hai agora máis de 12 anos. Tempo despois, Europa puxo data de caducidade ás centrais térmicas de carbón. As máis contaminantes tiñan que fechar antes de 2020. Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, anunciou o pasado ano o cese da actividade da central de Meirama, cunha potencia instalada de 580 megavatios (MW), e agora Endesa, pese a ter comprometido un investimento millonario (170 millóns de euros para os procesos de desnitrificación) para cumprir cos requirimentos de Bruxelas e prolongar a vida útil da central até 2030, anuncia tamén o feche da súa central debido aos altos prezos do mineral de importación e aos novos mecanismos de regulación dos dereitos de emisión de CO2. Estes feches traen consigo varias cuestións a resolver, como o mantemento dos empregos ou a continuidade da actividade industrial nestas dúas comarcas, pero tamén un cambio destacado no mapa enerxético galego. E é que ao quitar as centrais térmicas da ecuación, Iberdrola pasaría de ter un papel secundario a comandar o sector na Galiza. Segundo os datos facilitados pola compañía, Iberdrola contaba a finais do primeiro semestre do ano con 2.221 MW de potencia instalada, sendo máis de 95% de orixe renovábel. A maior parte corresponde aos saltos hidroeléctricos, cun total de 1.581 MW. A eólica suma outros 626 MW, sendo os algo máis de 13 MW restantes de coxeneración (produción simultánea de enerxía e calor). Endesa, pola súa banda, suma 1.770 MW sen contar os 1.469 MW da central térmica das Pontes. Desa cantidade, 870 MW corresponden aos ciclos combinados que a empresa ten nesas mesmas instalacións. O resto repártense entre os saltos de auga –tanto hidráulica como minihidráulica– que suman 390 MW, e os 510 MW de eólica. Naturgy tamén ten 194 MW en potencia eólica, aínda que a hidráulica é a que maior peso ten na súa carteira, con 1.272 MW mais os 105 da minihidráulica. Cos 397 MW dos seus ciclos combinados e sen contar cos 580 MW da térmica de Meirama, a compañía suma 2.868 MW. Novos proxectos Pero Iberdrola non vai ter tempo para desfrutar do seu renovado protagonismo, xa que as súas rivais xa teñen en marcha proxectos para ampliar a súa capacidade eólica con 62 MW no caso de Endesa e 194 no de Naturgy. Con todo, ningunha das dúas ten definido ningún proxecto alternativo ao das súas centrais térmicas. Naturgy non é a primeira central que fecha na Galiza, xa que ten experiencia coa de fuel de Sabón, que este mesmo mes de outubro rematará de derrubarse. Queda no seu lugar un ciclo combinado de gas, pero para as instalacións do concello de Cerceda parece que os plans van máis encamiñados ao fomento das enerxías renovábeis. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 367 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_16932
Estudantado, profesorado e persoal PAS e PDI péchanse no departamento que dirixe Salustiano Mato para lle deixar claro o seu rexeitamento ao apoio que está a brindar ás medidas impostas desde Madrid. No Consello de goberno da quinta feira aprobarase o despedimento de máis de 200 docentes asociad@s
A primeira mobilización das acordadas nunha asembleia aberta realizada esta terza feira nos tres campus que fan parte da U-Vigo (Ourense, Pontevedra e Vigo) arrincou esta cuarta ás catro da tarde. Ducias de persoas vinculadas ao persoal PAS, PDI e ao estudantado concentráronse primeiro diante da reitoría e pecháronse despois co gallo do Consello de goberno convocado para mañá en que se aprobará, entre outras medidas, o despedimento de máis de 200 docentes asociad@s. Un deses profesores é Luís Fernández, quen sinala que a medida é "un dano colateral" no ataque emprendido en contra do ensino universitario público. Ao lles incrementaren as horas docentes ao profesorado titular, que terán que impartir até cinco ou seis materias, o que se consegue é "unha merma da calidade", "a sobrecarga destes docentes" e "a desaparición dos asociados". Con todo, o obxectivo das protestas vai máis aló. A comunidade universitaria quere deixar claro ao reitor, Salustiano Mato, que "estamos radicalmente en contra do proxecto Wert, imposto desde Madrid, e do apoio que se lle está a brindar desde a U-Vigo". Subliña Brais Fortes, responsábel de campus dos Comités, que profesorado, estudantado e persoal PAS e PDI "coinciden" en que as medidas que se están a tomar desde o departamento que dirixe Mato traen da man a masificación das aulas, a precariedade laboral e a perda de calidade docente e investigadora. En consecuencia, "empeoran a calidade da Universidade pública". Após dúas horas de encerro, Ángel Rodríguez di que a valoración é "moi positiva" por ser a materialización dunha decisión que partilla toda a comunidade educativa. Explica o docente PDI que na asembleia da terza feira foron adoptadas "distintas medidas dependendo da singularidade de cada campus", acrecentando que en Pontevedra e Ourense se faran senllas manifestacións diante da vicerreitoría namentres en Vigo se optou polo encerro. Será a primeira dunha campaña de mobilizacións que se completará con outras accións como asembleias e aulas na rúa que se farán nas tres cidades.
NOS_27330
Máis de 500 mort@s durante unha operación policial que pretendía desaloxar @s seguidor@s de Morsi acampad@s en dúas importantes prazas do país. O goberno golpista instaura o Estado de emerxencia e o toque de queda entrementres, asegura que as autoridades actuaron "coa máxima contención"
As fontes oficiais cifran en máis de 500 as persoas asasinadas mais a Irmandade Musulmá eleva a cifra a milleiros. As prazas de Rabea al Adauiya e de Al Nahda --situadas no Cairo-- convertéronse nunha masacre a pasada terza feira. A Irmandade Musulmá cifra en máis de 4.000 @sasinad@s mentres o Goberno golpista fala de 421 Seguidor@s do ex-presidente Morsi acampaban desde había días para exixiren a súa posta en liberdade após ser detido polo exército tras o golpe de estado militar do pasado 3 de xullo. O goberno golpista ordenou esta terza feira que @s manifestantes foran desaloxad@s e autorizou ás forzas policiais a proceder á evacuación das prazas nunha brutal operación. Horas despois centos de manifestantes eran asasinad@s froito dunha escalada de violencia que asolagou todo o país. O Exército toma o mandoDesde o Consello de Ministros golpista responsabilizan á Irmandade Musulmá dos actos violentos e vítimas que se teñen producido ao longo destes días e exixen á organización do derrocado presidente que deixe de "instigar" e "pór en perigo a seguridade nacional". Porén, o certo é que o exército está a recuperar boa parte do poder político perdido. Neste senso, 19 dos 25 gobernadores nomeados polo executivo golpista son mandos militares. Mandos militares fanse coa maioría dos gobernos provinciais mentres o Nobel da Paz abandona o goberno Os militares reforzan o seu protagonismo no poder político mentres algunhas das figuras do novo réxime van facéndose a un lado. O premio Nobel da Paz abandona o Goberno Así é o caso de Mohamed el Baradei, premio Nobel da paz que ocupou o posto de vice-presidente desde o golpe de Estado. Baradei presentou a súa demisión esta cuarta feira asegurando que deixaba as súas responsabilidades ao non partillar algunhas das decisións adoptadas polo Goberno. "Chegou a ser difícil para min", asegurou Baradei "continuar á fronte da responsabilidade de tomar decisións coas que non estou de acordo e das que temo as súas consecuencias", sentenciou. Al-Baradei: "Chegou a ser difícil tomar decisións coas que non estou de acordo e das que temo as consencuencias" Coa saída do premio Nobel, o exército perden as dúas principais figuras que lexitimaron o golpe de Estado. Cumpre lembrar que o partido salafista Al Nur --que inicialmente apoiou a sublevación-- denunciou a violencia exercida polo goberno golpista e abandonou as negociacións para constituíren un novo executivo. O exército exipcio parapétase nunha forte violencia e represión contra o movemento islámico nunha realidade política e social que leva de novo o país aos tempos da ditadura Mubarak. Obama di que revisará a relación militar con Exipto O principal aliado militar do exército golpista podería deixar de apoiar economicamente as forzas militares exipcias. Após os asasinatos producidos nos últimos días no país e da proclamación do Estado de emerxencia por parte do Goberno golpista, o presidente dos EUA, Barack Obama, asegurou que a administración estadounidense "condena os pasos adoptados" aos que tildou de "deplorábeis". O goberno dos EUA financia anualmente o exército exipcio cunha contía superior ao millón de dólares Asemade, o mandatario estadounidense considerou que a "colaboración con Exipto" --a cuxo exército outorga máis dun millón de dólares anual-- "non pode ficar igual" e instou ás autoridades gobernamentais e militares a respectaren os dereitos humanos. As declaracións de Obama --que se producen no decorrer das súas vacacións estivais-- supoñen un lene xiro na estratexia norteamericana. O goberno dos EUA nunca considerou un golpe de estado o acontecido o 3 de xullo no Exipto precisamente para manter a axuda económica a un dos seus principais aliados na rexión.
NOS_36048
A executiva do BNG valora a remontada da formación nacionalista e anuncian o inicio dun cambio de ciclo no que o Bloque será decisivo para "abrir un tempo novo" en Galiza. Aseguran que xa comezou a conta atrás para que Feixoo deixe de ser presidente da Xunta.
Após o 28A a executiva nacional do BNG reuniuse para estudar o escenario político resultante. Ao remate da xuntanza, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, afirmou que da cita electoral das xerais confírmase un cambio de ciclo, do que sae un BNG en remontada e máis forte, "con máis empurre para afrontar os retos electorais inmediatos", en referencia ao feito de que nacionalismo avanzase dobrando o seu número de votos respecto da anterior convocatoria electoral de 2016 e quedar ás portas de recuperar a representación nas Cortes. Neste sentido, Pontón afirmou que o nacionalismo sae do 28A sendo unha organización mobilizada e con optimismo "ao comprobar que os galegos e as galegas volven ver no Bloque a forza capaz de abrir un tempo novo e construír unha Galiza mellor desde os concellos". Aludiu así á solidez e cohesión do proxecto e á "man tendida a todas as persoas que pensan que Galiza debe ter forzas políticas propias" afirmou. Conta atrás para Feixoo "Se Feixoo quere que o mandemos á oposición, canto antes convoque eleccións mellor", sinalou Ana Pontón Pontón salientou que o 28A confirmou "o cambio de ciclo electoral" que se iniciou nas pasadas eleccións galegas e que sitúa o Bloque como forza decisiva "para abrir ese tempo novo que rematará cun cambio na Xunta". De feito, Pontón afirmou que "xa comezou a conta atrás para que Feixóo deixe de ser presidente da Xunta". "Os resultados acadados polo PP son unha derrota sen paliativos que amosa"un Titanic que afunde", afirmou Pontón Desde o BNG valoran os resultados acadados polo PP como unha "derrota sen paliativos" que amosa "un Titanic que afunde". Para Pontón, Feixoo carece de proxecto para este país e afirmou en relación á posibilidade de adianto electoral que "se quere que o mandemos á oposición, canto antes convoque mellor". A pesar de non lograren representación no Congreso, Pontón afirmou que o BNG pulará desde a cámara galega o debate territorial sobre que posición debe tomar Galiza no conxunto do Estado para evitar que o país quede atrás mentres outros territorios avanzan. Consello Nacional do BNG O sábado reunirase o Consello Nacional do BNG para arrincar os traballos das campañas municipais e europeas do 26 de maio. A este respecto Ana Pontón afirmou que desde a formación frontista sairán "a por todas coa confianza en que "a corrente de simpatía se estenda por todos os concellos para que sexan o motor do tempo novo que imos abrir en Galiza da man do BNG e para seguir tendo voz nas institucións europeas", indicou.
QUEPASA_904
Adxudicado a COGAMI o novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos
A Casa da Cultura acolleu este mércores o acto de entrega dos composteiros domésticos que o Concello, coa colaboración da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), puxo de xeito gratuíto a disposición das persoas residentes no rural. 50 familias acodiron á sesión informativa, para aprender a realizar a reciclaxe en orixe da materia orgánica, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio particular pode utilizar no seu xardín, horta ou terras de cultivo, substituíndo aos fertilizantes artificiais. Unha iniciativa que permite reducir o impacto ambiental ao tempo que reduce os custes da recollida de lixo. O programa de compostaxe doméstica está aberto á veciñanza que queira, que poden solicitar o seu composteiro no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. Adxudicación do servizo de recollida A Xunta de Goberno Local adxudicou o novo contrato, de 4 anos a razón de case 300.000€, de recollida de residuos sólidos urbanos a Cogami Reciclado de Galicia S.L. O novo contrato inclúe a recollida e transporte á planta de Sogama dos colectores verdes (xenérico), amarelos (envases lixeiros) e marróns (novos recipientes de orgánicos), contemplándose melloras na prestación do servizo con respecto á xestión anterior. A principal mellora consistirá no incremento da cobertura de colectores amarelos, xa que se pasará dos 280 actuais ata os 500. Isto posibilitará implantar o servizo nos núcleos de poboación máis importantes da totalidade das parroquias do termo municipal. A frecuencia da recollida deste contedor tamén aumentará ao realizarse dúas veces por semana nos núcleos urbanos (A Laracha, Paiosaco e Caión) e unha vez por semana na zona rural.
NOS_45769
No ano 2019, o ilustrador Paco Boluda botaba a andar unha obra autoeditada baixo o título de Kallaikos, centrada no mundo galaico. Desde entón, a obra tivo unha grande acollida e chegou a cidades como Río de Janeiro, Roma ou Lisboa.
Como xorde a idea de escribir Kallaikos? Animeime a sacar este tipo de libro precisamente para tratar un espazo de divulgación da nosa historia, neste caso da Idade de Ferro, que non había. Ías a unha libraría e non existían obras así. Entón, decidinme a facer algo moi divulgativo e que ao mesmo tempo resultase atractivo. Tamén abandonar un pouco esa idea que temos da xente galaica vestida con farrapos e moi miserábel. Era un pobo cun nivel de cultura alto e unha cultura riquísima. As nosas raíces beben en gran parte desa cultura, que foi das que máis nos influíu na forma de ser que temos e na forma de actuar. Un dos obxectivos, entón, era achegar ese mundo ao público ante o descoñecemento xeral. Si. O problema que había -e hai- é a fractura moi grande co mundo académico, que conta con teses doutorais, revistas especializadas, artigos científicos... Á xente non se lle fan dixeríbeis estas cuestións, nas que hai un vocabulario determinado e non se chega a todos os públicos. A idea era achegar este tramo da historia á xente e, sobre todo, que se sentisen orgullosos. Existe un menosprezo importante, semella que até que chegaron os romanos eramos uns salvaxes e iso non é así, todo o contrario. A idea era pór un gran de area e tentar propiciar un cambio de actitude no público. A obra emprega a primeira persoa para contar a vida nos castros. Por que optou por este tipo de narración? O que pretendía non era facer un libro divulgativo ao uso, senón contar o que sería un día na vida dun castro cun protagonista en primeira persoa. A xente que vive no castro fala sobre o seu día a día, podendo coñecer así máis sobre esa cultura. Ver a vida a través dunha pequena narración é máis accesíbel, en especial para a xente que non gosta da historia ou da divulgación pura. Ao semellarse a unha novela, o lector vaise familiarizando coas personaxes e dáse de conta de como se vivía naquela época dun modo máis entretido, sen ser unha sucesión de datos. Chaman tamén a atención as ilustracións e cores elixidas. O certo é que si. Non é soamente o meu estilo de debuxar. Era unha cultura colorista. Estamos acostumados a vela en branco e negro, pedras, nus... Cando a xente vai a un castro cústalle ver que eran casas que estaban decoradas, con moita cor. Nas instalacións aparecen restos de pigmentos nas paredes, estatuas... Quería mostrar ese mundo de cores e alegría. Até hai pouco, o mundo rural era como un fósil desa época, coas colchas e cobertores, por exemplo, que son unha explosión de cores. Mesmo os traxes do país tiñan moito colorido. Logo, pouco a pouco, non sei se pola represión que houbo, fóronos apagando e quitando cores. Somos un país alegre que foron apagando. Para controlar unha cultura, o primeiro que fas é poñela en branco e negro, con tons grises, e vaise diluíndo até que se esquece. Logo da publicación do libro, xurdiu algunha iniciativa similar a esta? Hai novelas nas que a acción se desenvolve na conquista romana, pero cun ton divulgativo, que eu saiba, non saíu ningunha. Eu animo a xente a que faga este tipo de traballos. O público que gosta deste tipo de temas sentiuse moi orgulloso. Paréceme moi interesante que se comece a ver a nosa cultura doutra maneira. Hai moitos factores que contribúen a crear unha imaxe e un estereotipo que non é o real. Debiamos ter o orgullo suficiente como para amosar o noso, aumentalo e explotalo. O que nos falta é internacionalizar a nosa cultura, que chegue fóra. Facer unha linguaxe visual que poidamos vender fóra de aquí. Neste senso, cómpre empregar tamén a linguaxe visual galaica na actualidade. Temos un mundo para explotar que non traballamos e quizais sexa por descoñecemento. Debemos tentar promover e valorar a nosa cultura.
PRAZA_18530
ENTREVISTA | A revista Sarmiento vén de publicar un número monográfico que afonda na represión sufrida polo profesorado tralo golpe de Estado de xullo de 1936, que acabou co asasinato de 100 docentes e a depuración de varios centos. Falamos cun dos seus autores, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.
Dende o comezo do mes de outubro exponse na Cidade da Cultura A derradeira leición do mestre, o cadro co que Castelao simbolizou a represión exercida polo Franquismo e, nomeadamente, a que sufriu o profesorado, un dos colectivos máis golpeados polos sublevados. A propia mostra lembra esta represión, que acabou coa vida de 100 mestres e mestras en Galicia, e que tamén supuxo a depuración (inhabilitacións, traslados, sancións...) para varios centos. A revista Sarmiento vén de publicar un número monográfico dedicada a analizar esta represión, que inclúe varios traballos que afondan no sucedido en cada unha das provincias galega e que poñen cifras e nomes a esta persecución. A revista, editada de forma conxunta polas tres universidades galegas, inicia ademais unha nova etapa, na que pasará a subtitularse Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación coa entrada de expertos e expertas lusas no comité asesor e publicación de traballos de Portugal e doutros países da Lusofonía. A publicación inclúe a relación completa dos 100 mestres e mestras asasinados polos franquistas tralo golpe de Estado de xullo de 1936, cos seus nomes, idades e os lugares nos que exercían a súa profesión e foron executados e executadas, unha información tirada na súa maioría das investigacións do grupo Nomes e Voces. Xosé Manuel Cid destaca a importancia de "poñerlle nomes e voces a toda esta xente, silenciada durante tanto tempo, de destacar as derradeiras leccións de todos eles e de todas elas" "Buscouse especialmente castigar os mestres, porque eran os que creaban conciencia", destaca Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense (Uvigo) e autor da análise da represión na provincia ourensá. Cid detalla que "a represión sufrida polo maxisterio en 1936 foi un proceso meditado e organizado para derrubar todo o que lembrase á escola republicana, tanto o seu soporte ideolóxico, como as innovacións metodolóxicas experimentadas nese curto período de renovación e democratización". E engade que Ourense "foi unha das prazas fortes na consolidación da escola republicana", destacando especialmente o labor de ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense), unha "poderosa asociación con conciencia de clase e unha revista vangardista". Xosé Manuel Cid destaca a importancia de "poñerlle nomes e voces a toda esta xente, silenciada durante tanto tempo, de destacar as derradeiras leccións de todos eles e de todas elas". "Aínda agora atopamos fillos e netos que descoñecían a actividade e a represión sufrida polos seus pais ou avós", di. E subliña a importancia da cuestión de xénero nestas investigacións e da necesidade de estudar "moitas mulleres dobremente silenciadas, que non aparecen nas estatísticas e cuxa represións moitas veces non son coñecidas". Ademais dos asasinados, un terzo dos mestres e mestras foron inhabilitados, trasladados ou sancionados "A resposta dos golpistas pódese cualificar de cruel e desproporcionada", di Xosé Manuel Cid, unha represión que acabou coa vida de 15 mestres na provincia e que incluíu outro tipo de castigos para aproximadamente un terzo (529) dos máis de 1700 mestres da provincia. Na Coruña, Lugo e Pontevedra os cálculos realizados polos restantes investigadores e investigadoras que participan neste número de Sarmiento sitúan a represión en cifras semellantes. Entre os asasinados e asasinadas, 39 persoas pertencían á provincia da Coruña, 30 a Pontevedra, 16 a Ourense e 15 a Lugo. A idade media para o conxunto de Galicia era de algo máis de 35 anos. Entre os asasinados e asasinadas, 39 persoas pertencían á provinca da Coruña, 30 a Pontevedra, 16 a Ourense e 15 a Lugo. A idade media para o conxunto de Galicia era de algo máis de 35 anos En Lugo, entre 1936 e 1942 María Jesús Souto detectou un total de 1835 resolucións depuradoras, cun total de 477 sancionados (con separación, suspensión e/ou traslado de escola), como recollen Antón Costa e Uxía Bolaño. Na Coruña nese mesmo período Narciso de Gabriel contabiliza máis de 850 sancións para mestres e mestras, ao redor dun 30% do total, cunha incidencia máis elevada en case todos os concellos costeiros, especialmente de Ribeira e Laxe e de Ferrol a Mañón. En Pontevedra, Anxo Serafín Porto e Raquel Vázquez Ramil recollen 100 mestres separados do servizo, 33 traslados fóra de Galicia, 195 traslados dentro de Galicia, 179 inhabilitacións ou 176 suspendidos e suspendidas temporalmente de emprego (en períodos de ata dous anos). "Un profesorado novo, comprometido coa educación" "A República foi algo así como a luz contra as tebras. E por iso, ergueuse esa gran violencia contra o profesorado", escribe Antón Costa Cid salienta os avances que nos anos da República se producira no mundo do ensino, coa apertura de milleiros de escolas, nomeadamente na zona rural (en Galicia creáronse só no primeiro bienio 1931-33 1.228 escolas, das 9.620 creadas en todo o Estado), a chegada de mestres e mestras novas e tamén doa dignificación da profesión á que se lle incrementaron notablemente os seus salarios. "Os mestres responderon con mentalidade de auténticos funcionarios públicos, ao servizo da cidadanía. A Revolución Francesa de 1789 aquí chegounos tarde. Non foi unha revolución violenta, senón que foi unha revolución pacífica, unha revolución nas conciencias", explica. E cita a Antón Costa para significar a reacción do franquismo contra os docentes: "A República foi algo así como a luz contra as tebras. E por iso, ergueuse esa gran violencia contra o profesorado, cara a dispoñer, por outra parte, dun profesorado, no peor dos casos dócil, cando non activamente implicado nos valores do Novo Estado". En Galicia creáronse 1.228 escolas só no primeiro bienio 1931-33, das 9.620 creadas en todo o Estado Neste senso, o traballo que encabeza a revista é unha análise xeral da represión franquista contra o profesorado realizada por M.ª del Carmen Agulló Díaz, que sinala que "a ditadura franquista, desexando deslexitimar as políticas educativas republicanas, converteu o maxisterio primario en obxectivo prioritario da súa acción represiva, para o que articulou unha tupida rede de mecanismos destinados a purgalo e esixir responsabilidades. A depuración, co seu duplo carácter punitivo e preventivo, tivo o seu inicio de xeito inmediato ao golpe militar e durou ata a finalización da ditadura". A partir do 18 de xullo de 1936 iniciáronse diferentes procesos represivos. Algúns, directos, pasaban polo asasinato e a eliminación física dos mestres e mestras. Outros, de tipo administrativo, incluían a súa depuración, promulgándose ordes emanadas de organismos diversos, buscando destituír os docentes considerados de esquerdas. Algunha destas ordes alertaban de que estes docentes eran culpables dun "ideario perturbador de las conciencias infantiles, así en el aspecto patriótico como moral" e chamaban a perseguir "toda manifestación de debilidad u orientación opuesta a la sana y patriótica actitud del Ejército y pueblo español, que siente a España grande y única, desligada de conceptos antiespañolistas que sólo conducen a la barbarie". A Ditadura "converteu o maxisterio primario en obxectivo prioritario da súa acción represiva, para o que articulou unha tupida rede de mecanismos destinados a purgalo e esixir responsabilidades" Finalizando o primeiro ano de guerra, José M.ª Pemán, presidente da Comisión de Cultura e Ensino, dirixiuse aos vogais das diferentes comisións depuradoras para definir a depuración como "sacra misión" e lembrando que debían ser separados do servizo aqueles mestres que "han contribuido a sostener y propagar a los Partidos, ideario o instituciones del llamado 'Frente Popular'", aos que denominaba "los hijos espirituales de catedráticos y profesores que, a través de instituciones como la llamada 'Libre de Enseñanza', forjaron generaciones incrédulas y anárquicas". Os nomes dos 100 mestres e mestras asasinados (.pdf) Podes descargar aquí o monográfico publicado pola Revista Sarmiento sobre a represión sufrida polo profesorado (.pdf)
NOS_42918
Neste fascículo imos analizar un par de zootopónimos (Serpe e Xerpe), catro fitotopónimos (vinculados coa presenza de plantas leguminosas do xénero Sarothamnus), un hidrotopónimo de orixe indoeuropea (Xallas) e un nome de lugar relacionado coa existencia dunha granxa fértil ou vizosa (Vilaverde). Os documentos consultados para esta ocasión están comprendidos entre os anos 871 e 1618, aínda que o peso recae fundamentalmente nos textos baixomedievais. Este fascículo, por outra banda, remátase cunha esclarecedora entrevista realizada a Ana Isabel Boullón Agrelo, profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
De obvia etimoloxía é o topónimo Vilaverde, pois os termos que o constitúen por separado aluden a unha explotación agrícola ou agropecuaria (villa) e á cor verde (do adxectivo latino viride). Porén, en conxunto –como sinala Xosé Ramón López Boullón– esa granxa podería ter "connotacións de vizosidade ou fertilidade". Non existen parroquias na Galiza con esa denominación, aínda que si 34 entidades de poboación que serviron para lles dar apelido a varias familias. Nese plano, no da antroponimia, non hai hogano –segundo datos do INE– ningunha persoa que así se apelide, malia que na forma castelanizada se rexistren case 6.000 ocorrencias. Non menos de 94 concellos contan con este apelido no seu padrón municipal, que se concentra en Forcarei, Ordes, Cesuras, Oroso, Outes... Emprégao na actualidade coa forma galega, aínda que no ámbito profesional, o escultor Manuel (Campos) Vilaverde. Non podemos esquecer, entre outras persoas apelidadas deste xeito, a escritora Mariví Villaverde, exiliada en Marbella tras o golpe militar do 36 e filla do alcalde de Vilagarcía de Arousa, tamén exiliado, Elpidio Villaverde Rey (1887-1962); o historiador Elixio Villaverde García (1954-2018); e a escritora Emilia Estévez Villaverde (1921-2000), nada en Ponteareas e autora de varias obras dos xéneros narrativo, ensaístico e poético. Numerosos son os textos antigos nos que aparecen citados lugares chamados Vilaverde (Villaviride, Villa viride...); un deles figura na doazón efectuada por Guldregodo da súa vila de Refoxo e da igrexa de San Breixo o 15 de febreiro de 1076. A institución que se beneficia con este agasallo é a propia comunidade de San Salvador de Celanova. Así –segundo as transcricións de Andrade Cernadas– lemos: "Et concludet ipsam hereditatem per termino de Avellaneta, et inde vadit per terminum de Parata usque feret in illo fontano de villa Viride". Xallas, segundo Paulo Martínez Lema, habería que relacionalo cun hidrónimo indoeuropeo Usado como "nome de familia", vese nun documento conservado na Fundación Penzol que data do ano 1497. Segundo o que nel se recolle, María Ramos é filla dun tal Xoán Ramos de Vilaverde, que lle doa a Gonzalo Melón aqueles bens que lle viñan da súa avoa e que se atopaban en Santo Estevo de Goiáns e Santiago de Sísamo. Ben complicada resulta a etimoloxía do topónimo Xallas, tanto que así o ve o profesor Paulo Martínez Lema na súa propia tese de doutoramento (2000). O autor –logo de aceptar certas apreciacións de Luís Monteagudo– afirma que non se pode tratar dun hidrotopónimo derivado de salio (saltar, abrollar) malia que si considera viábel relacionalo co "repertorio hidronímico de filiación indoeuropea", recordando os estudos de Edelmiro Bascuas. Catro son as entidades de poboación que así se denominan, situadas en Santa María de Cee (Cee), Santa María de Urdilde (Rois), San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba) e San Sebastián de Serramo (Vimianzo). A elas haberalles que engadir un Xallas de Arriba, en San Pedro de Xallas (Negreira). Como observamos, tamén existen dúas freguesías con ese nome (nos citados municipios de Santa Comba e Negreira), unha comarca, un famoso castelo (derrubado canda as guerras irmandiñas) e un río homónimo coñecido por desembocar no Atlántico como fervenza. No plano da antroponimia, as persoas apelidadas Jallas (non hai ningunha que o faga na forma Xallas) suman un número próximo a 160, concentradas nos concellos de Outes, Muxía, Santa Comba, Zas, Negreira, Ames, Compostela e A Coruña. E, no relativo ao plano histórico, debemos avisar de que existen varias referencias no Tombo de Toxos Outos, unha de 1137 ("dicurrit de Jalis et intrat in fluuium Tamaris") e outra do ano seguinte que vén a ser a doazón que Afonso VII lle fai ao abade Paio Pérez da ecclesia Sancti Petri de Iales et de casale de Rosende (Santa Comba). Respecto do uso deste topónimo como apelido, con independencia de que existan rexistros anteriores, queremos facer mención do testamento do prateiro Gonçalo de Jallas, veciño de Compostela, pronunciado en outubro de 1523; e dun curioso contrato de aprendizaxe acordado entre "Hestebo de Jallas, çapatero" compostelán, e Domingos Pérez (das terras de Chantada). O primeiro, con data do 13 de marzo de 1581, acepta estoutra persoa para que sexa o seu aprendiz durante ano e medio por certa cantidade monetaria. Do antropónimo Gendus, no caso xenitivo (Gendi) e vinculado a unha villa, fórmase o topónimo Xende. Certamente, un presbítero da contorna de Celanova chamado Gendus sométese á regra monástica e subscribe o pacto de fidelidade ao seu abade Fulgaredus o 5 de xuño de 871. No plano toponímico hai tres lugares en todo o país denominados Xende, concretamente en San Martiño de Rodís (Cerceda), Santiago de Morgadáns (Gondomar) e San Salvador de Ribeira (Palas de Reis). Ademais, no concello da Lama figura unha parroquia denominada San Paulo de Xende. Como apelido contamos con 861 ocorrencias na forma Gende en non menos de 24 municipios, entre os que queremos resaltar (segundo a densidade de poboación) os de Cerceda, Carral, Carballo, Val do Dubra e Tordoia. Porén, non dispomos de ningún que, de xeito oficial, se apelide Xende. De bebermos nos papeis da historia, resúltanos interesante facer mención dun labrego a quen lle grafan o seu nome como Juan de Gende ou de Xende, indistintamente (segundo documentos do ACS), polo ano 1591. Este sería beneficiario do lugar de Buzarelos (de aí que tamén o denominen Juan de Gende de Buçarelos). Esta aclaración faise para non confundilo cun Juan de Gende de Castro Gosende, veciño tamén da freguesía de Rodís e que vive no lugar de Castro Gosende por 1599. Serpe e Xerpe son zootopónimos derivados do substantivo latino 'serpens' Chamados Xerpe só hai dous lugares en toda Galiza, concretamente en San Martiño de Tiobre (Betanzos) e en San Mamede de Salgueiros (Dumbría), aos que lles hai que engadir A Cova de Xerpe, en Santo Estevo de Abelleira (Muros). Ana Isabel Boullón Agrelo, no seu artigo titulado "O artificio das etimoloxías: elementos constitutivos da toponimia galega", sinala que este é (ao igual que Serpe) un zootopónimo que procede do nome latino serpens. No plano antroponímico, queremos sinalar que son unhas 1.645 as persoas apelidadas Gerpe, mais non hai ningunha, segundo os datos do INE, que use a forma restaurada. Concéntranse nos concellos de Santa Comba, A Baña, Camariñas, Coristanco e Zas; aínda que están esparexidas por non menos de dúas ducias de concellos. No Arquivo do Reino de Galiza custódiase un pergameo no que se redactan as pescudas que o convento de Belvís realizou para coñecer cales eran os seus bens nas freguesías de Santa María de Arnego e San Mamede de Loño. Foi redactado o 22 de agosto de 1470 na cidade de Compostela e perante o abade do mosteiro de San Pedro de Fóra, frei Martiño Xerpe, quen ao mesmo tempo actúa como xuíz. Curiosamente, nalgún texto de catro anos antes o mesmo abade aparece apelidado coa forma Serpe. Se damos varios chimpos cara a atrás no tempo, localizamos por 1417 un dos homes de confianza do arcebispo Lopo de Mendoza, chamado Gonçalvo Xerpe; un ano antes, outro Martiño Serpe exerce de Xustiza e alcalde de Compostela; en 1334 é membro do cabido da catedral de Santiago o cóengo Fernandum Martini dictum Serpe; e en 1157 figura un Petro Serpe como marido de Maria Cresconici. Para a acepción Serpe tamén existen tres entidades de poboación galegas, localizadas en San Vicenzo de Castillón (Pantón), San Gregorio de Raxó (Poio) e O Sagrario de Tui. Porén, como antropónimo non queda ren de ren. Do latín vulgar genesta procede o topónimo Xesta e Xestal faino de genestale. Unha ducia de lugares denomínanse Xestal, mais no ámbito antroponímico contamos aproximadamente con 1.350 persoas apelidadas deste xeito en Carral, Ordes, Oza dos Ríos, Paderne de Allariz, Cerceda, Culleredo, Taboadela e 20 municipios máis. Porén, todos aparecen censados coa forma Gestal. Mergullados na documentación histórica, o ARG acubilla un pergameo do 3 de xuño de 1422 polo cal a comunidade do mosteiro de Monfero realiza aforamento en favor de Roi Tenreiro de Boado e a súa muller, Sancha Pérez, das herdades que aquela posuía nos lugares de Voado e, entre outros, un tarreo que chaman do Geestal. De Santa María de Leira (Ordes) foi crego Pedro de Jestal, quen se beneficia a partir de xullo de 1618 dos "frutos de la quarta bacante de Santo Andrés de Meyrama" (Cerceda). Por outra banda, entre Xesteira, Xesteiro e Xesteiras hai no país uns 38 lugares así denominados, os cales proceden, igual que o anterior topónimo, da presenza de "diversas especies de plantas leguminosas do xénero Sarothamnus", verbo segundo o que afirma Navaza na súa Fitotoponimia. Porén, desta volta procederían dos termos Genestaria e Genestariu. Na Galiza hai 34 persoas apelidadas Xesteira (en Nigrán, Baiona e Vigo) e 609 individuos usan o apelido na forma Gesteira (por Cotobade, A Cañiza, Crecente, Baiona, Pontecaldelas...). Co nome Gesteiras existen uns sete pola Estrada e na forma flexionada masculina singular Gesteiro localizamos 196 (en Ponte Caldelas, Marín, Vigo, Pontevedra, Lugo e A Coruña). Natural da vila de Cambados é o músico Xaquín Xesteira, un dos fundadores do grupo Os Faíscas de Solobeira así como da emblemática agrupación Treixadura. Entrevista á profesora Ana Isabel Boullón Agrelo: "Na Galiza non houbo ningunha política activa por parte do Goberno para favorecer a restauración dos apelidos á súa forma orixinal ou á súa adaptación á grafía moderna" Coido que os procesos de restauración dos apelidos ás formas lexítimas dependen moito de factores sociopolíticos. Coñece algún procedemento seguido noutros países para conservar este patrimonio lexicográfico? En realidade eu creo que a modificación dos apelidos –en calquera sentido– non depende só de cuestións sociais, de concienciación... senón do sistema legal. Cada país organiza a inscrición dos nomes propios no Rexistro Civil de maneira diferente. No caso do Reino de España, está contemplada unha certa posibilidade de cambio e incluso bastante liberdade de elección. Por exemplo en Portugal non se pode escoller un nome fóra dunha relación estipulada de nomes portugueses. En España, desde hai algúns anos, podes adecuar os nomes segundo as linguas españolas correspondentes –que é o que di máis ou menos o Rexistro Civil–. No País Vasco houbo unha actitude máis proactiva a adecuar os apelidos á norma vasca e incluso máis facilidades por parte das administracións para facer eses cambios. Velaí vemos o apelido Vaquero, que é un apelido castelán, e que hoxe en Euskadi conta coa grafía vasca. Polo tanto, como ve neste eido o grao de implicación da Xunta da Galiza? Na Galiza non houbo ningunha política activa por parte do Goberno para favorecer a restauración dos apelidos á súa forma orixinal ou á súa adaptación á grafía moderna. E aí temos, por exemplo, o actual presidente da Xunta e o anterior presidente do Goberno de España que están moi satisfeitos cos seus apelidos nas formas castelanizadas. Coido que as autoridades galegas da Xunta da Galiza deberían dar exemplo, e non só non o dan, senón que isto está acorde coa política lingüística xeral da Xunta. Respecto dos nomes propios, houbo algunha listaxe de formas en galego que puxo a disposición a Dirección Xeral de Política Lingüística, pero en canto aos apelidos non fixo ningún tipo de proposta. Na RAG publicamos un elenco deles co fin de estandarizalos, que fose de fácil consulta e que servise de instrumento para unha política lingüística activa co obxecto de restaurar os apelidos. Mais na Xunta non existe unha política activa porque non hai un interese político e tampouco un interese de normalizar a lingua. E esta cuestión como se desenvolve nos rexistros civís? Aínda que a Lei de rexistro civil permite adecuar os apelidos ás formas das linguas españolas correspondentes, despois na práctica tamén inflúe a vontade do rexistrador. Neste senso, nas Xornadas de Onomástica de Pontevedra, sobre os nomes e apelidos achegouse un artigo de Consuelo Castro Rei, que é hoxe avogada do estado. Esta autora sinala que moitas resolucións son absolutamente restritivas e que non se avanzou nada nos últimos 30 anos. Pero claro, como tampouco hai un apoio por parte da Administración galega... Pero tampouco existe un organismo concreto ou departamento da Xunta da Galiza que leve isto? Isto dependería da Secretaría Xeral de Política Lingüística e debería haber tamén un asesoramento da Dirección Xeral de Xustiza para informar e asesorar os rexistradores dos rexistros civís. E aí, desde a RAG, é onde queríamos incidir un pouco. Crear unhas xornadas de información, porque ás veces eles simplemente non saben isto. Coñecen a lei pero ignoran o pormenor do que se agocha detrás dun apelido Otero ou un apelido castelanizado. Nós na academia imos pór en liña nos próximos meses unha guía dos nomes galegos, con moita información sobre as formas galegas de cada un deles, datos históricos, etimoloxía... baseándonos no Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal. Por outra banda, con Gonzalo Navaza e outras persoas estamos na fase de revisión do Dicionario dos apelidos galegos que, entre outros obxectivos, pretende servir de orientación e guía para a restauración das formas galegas respecto da súa grafía moderna. Non se trata de facer "arqueoloxía dos apelidos"; trátase de que os apelidos sexan adecuados á sociedade actual e que se escriban tal e como se escribe na actualidade o galego. Hoxe non se escribe o galego como na Idade Media, como tampouco se escribe o portugués como se escribía nese mesmo tempo.
PRAZA_7678
Non queren que saibamos o que pasa alí, e sobre todo failles sentir incómod@s a mirada chea de rabia e desesperación, dende a tribuna de invitad@s , d@s traballadores de Navantia e d@s afectados polas preferentes tantas veces enganados polo PP, moléstalles sentir na súa noca o alento de aqueles que se rebelan contra as medidas que recortan os dereitos laborais e o deterioro dos servizos públicos
Pilar Rojo sáuda na páxina web do Parlamento galego, que ela preside, proclamando que "aspira a que esta institución actúe sempre como o que é: a casa de todos os galegos e as galegas". Pois ben, acábannos de desafiuzar. Se ve que non fomos quen de pagar a hipoteca que foi escoller a un goberno de dereitas. O Goberno de Feijoo pon unha barreira entre nós e as persoas que escollemos para que nos representen, levantan un muro ben alto para tapar as vergoñas dun Goberno que castiga ao seu pobo en cada medida que adopta O Goberno de Feijoo pon unha barreira entre nós e as persoas que escollemos para que nos representen, levantan un muro ben alto para tapar as vergoñas dun Goberno que castiga ao seu pobo en cada medida que adopta. Non queren que saibamos o que pasa alí, e sobre todo failles sentir incómod@s a mirada chea de rabia e desesperación, dende a tribuna de invitad@s , d@s traballadores de Navantia e d@s afectados polas preferentes tantas veces enganados polo PP, moléstalles sentir na súa noca o alento de aqueles que se rebelan contra as medidas que recortan os dereitos laborais e o deterioro dos servizos públicos, e asústalles a presenza de cidadáns que acuden ao Parlamento para ver cómo se toman as decisión que afectarán ao seu día a día. A Presidenta da Cámara non é a sheriff do coto privado de caza de Feijoo, senón que é a Presidenta da casa de tod@s @s galeg@s Queren levarnos de volta aos tempos dos esparadrapos na boca, da censura, do oscurantismo… facernos camiñar para atrás como os cangrexos. Pero aínda que a dereita quedara anclada no pasado gris do noso país, e intente infundir medo, a cidadanía pide de maneira contundente máis transparencia política e institucional, queren saber o qué pasa nos espazos donde están representad@s aqueles que escolleron e participar da vida política do noso país. E atendendo a esas demandas e na defensa de que a sociedade somos a titular do dereito de soberanía, @s deputad@s do PSdeG, AGE e do BNG abandoaron o pleno de debate dos orzamentos en sinal de protesta pola medida adoptada. A Presidenta da Cámara, lonxe de rectificar a súa postura limitouse a tildar de "irresponsable" esta medida, contestación propia de quen non é capaz de entender nin respetar que ela non é a sheriff do coto privado de caza de Feijoo, senón que é a Presidenta da casa de tod@s @s galeg@s.
NOS_35655
Inúmeras são as iniciativas agendadas por todo o país por ocasião do 39.º aniversário da revolução dos cravos. Em Portugal celebra-se o dia da Liberdade e da Democracia, com a vontade de resgatar um espírito em perigo pela Troika e a política de cortes do governo. Grândola escuta-se mais forte em Portugal.
Reclamar o fim dos cortes que afogam o país é o grito que o 25 de Abril traz a Portugal, mais forte ainda que em anos anteriores, pelo acosso da Troika e o protesto pela política anti-social do governo. Uma grande manifestação está agendada para as 15 horas com início na Praça Marquês de Pombal, em Lisboa, mas os protestos repetirão-se pelo país inteiro. No ano em que o "Grândola, Vila Morena" se tornou a canção dos que querem outro Portugal, também essa geração que não viveu a revolução dos cravos, partidos e sindicatos apelam à participação maciça nas manifestações populares de 25 de Abril e ainda nas seguintes do 1º de Maio. Os militares do 25 de Abril vão estar de novo na rua e muitos dos mais destacados já anunciaram que não ão assistir ás comemorações da Assembleia da República. A Associação 25 de Abril, presidida por Vasco Lourenço reclamou num comunicado junto dos partidos políticos para que "façam tudo o que estiver ao seu alcance para denunciar e expulsar das suas organizações todos quantos hajam tomado parte em práticas corruptas"."Só com a sua elevação ética e regeneração poderá a classe política recuperar o prestígio perdido e a sua representatividade moral". "Sem isso, a democracia, tal como a entendemos, será uma mera ficção!", concluiu no comunicado de imprensa. A tensão fica à vista também no facto de ter o governo fechado de portas os edifícios de São Bento e Belém neste 25 de Abril, ao contrário dos que aconteceu em anos anteriores. "O 25 de Abril devolveu-nos a esperança, a dignidade e a liberdade. A política da direita, que nos tem governado, quer nos roubar a esperança e a dignidade" reza o cartaz da CGTP. "Vamos defender a esperança trazida pelo 25 de Abril" lê-se no cartaz.O BNG desloca-se a Portugal para partilhar em distintas iniciativas populares da comemoração. No Obradoiro Às 20.00 distintas forças e colectivos têm convocado uma concentração na praça do Obradoiro onde se cantará o Grândola de maneira colectiva. Por volta das 21.00 horas a Gentalha do Pichel contará com a presença de Fernando Bessa a falar da crise, e a "vigência da necessidade de resistir e lutar" A Associação A revira tem também actos comemorativos para os dias 26 e 27 com os Labregos do Tempo dos Sputniks, e uma conferência de Bruno Carvalho, entre outros actos.
NOS_21997
Onte falaba cunha amiga de que na escena musical actual é difícil facer unha lista de reprodución exclusivamente de propostas femininas, pois xa sabedes que as listas de reprodución son as substitutas dos antigos CD (en paz descansen).
O caso é que estabamos as dúas pensando en mulleres músicas, e case sempre atopábamos as que pertencen a formacións nas que colaboran homes tamén ou cuxa produción musical vai asociada a unha visión masculina, ou directamente non atopamos referentes, segundo en que estilo musical. Foi un transo. Azul / Marem Ladson / 2020 / Cinco pezas / 5 euros A verdade é que cando escribo neste espazo, sempre intento buscar a proposta local máis interesante e tamén intento sacar maioritariamente propostas femininas que chamen a atención. Admito tamén que son un pouco exixente. Non me gusta escribir sobre algo que eu non sinta na pel. Todo o que vos conto aquí ten que pasar ese filtro primeiro, pero claro, cando observas no panorama que as mulleres non damos chegado a ocupar postos relevantes na escena, que a industria está liderada case exclusivamente por homes e chocas constantemente con esa realidade, pois… Ás veces faise difícil ter onde atopar referentes. Pero non vos falo de nada novo, todo isto xa o sabedes. Con esta premisa de observar a música desde este pequeno prisma e potenciar unha escena feminina, quero falarvos de Marem Ladson. Polo seu nome non diriades que esta música galego-norteamericana naceu en Ourense. As súas influencias pasan polo pop e o folk, pero sen dúbida o que chama a atención poderosamente é a súa voz etérea. Lanzou hai pouco un EP, Azul, onde combina letras en inglés e en castelán dun modo moi natural. Na súa música, a construción de atmosferas cheas de ecos é fundamental. Tamén atopamos sintetizadores, guitarras moi ao lonxe e efectos de voz. As súas melodías son moi fáciles de escoitar e son quen de levarte a un mundo moi diferente ao que habitualmente podemos encontrar na música de escoita masiva. Azul é un EP de estética moi moderna, con eses xogos vocais-vocoder, ritmos encapsulados nos que brilla sen dúbida a voz de Marem, no que as letras te van levando da man de principio a fin, no que se impón o formato canon e os arranxos chegan suavemente. Ten certa maxia escoitar estas cancións ao caer a tarde e ver un solpor despois de chover. Xa sabedes do que falo. "Savior", un dos cortes do EP, recorda quizais a Joni Mitchell, unha das cantantes máis importantes dos anos 70 do século pasado. Referente de moitas xeracións, Joni Mitchell foi unha das pioneiras en mesturar folk e jazz. É realmente sorprendente atopar cores así no Azul de Marem Ladson, unha viaxe pop actual, expresiva e íntima.
NOS_56375
A mineira canadense informou en 2016 ao Estado español dunha demanda de arbitraxe despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza e o Tribunal Supremo avalasen a decisión da Xunta de cancelar o seu proxecto mineiro.
A decisión da Xunta da Galiza de dar por finalizada unha concesión mineira en Corcoesto, na Costa da Morte, a través da cal a multinacional canadiense Edgewater planificou a apertura dunha explotación de ouro, deu pé a un longo proceso por diferentes tribunais despois de que a compañía recorrese esa anulación. No camiño, a multinacional escalou os distintos rangos xudiciais batendo de negativa en negativa. Así aconteceu en 2018, cando o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza avalou a decisión da Xunta e mais en marzo de 2019, cando a decisión do Alto tribunal foi respaldada polo Supremo. O 14 de abril deste 2020, un comunicado emitido por Edgewater dá conta do seu último e fracasado intento. Así o informou Ciar Global na xornada de hoxe. Após a cancelación do proxecto de Corcoesto a compañía interpuxo demandas ante Competencia, na Audiencia Nacional, e de arbitraxe ante o Reino de España. O obxectivo era recuperar o seu investimento no citado proxecto, que Edgewater cifrou en 35 millóns de dólares. A demanda internacional de arbitraxe foi comunicada de maneira definitiva en maio de 2016 ao Estado español. Daquela, Edgewater trasladou os dereitos do proxecto de Corcoesto a Panamá para poder presentar a demanda. Así, a arbitraxe invocou o tratado bilateral te investimentos entre o Estado español e Panamá e administrouse segundo a normativa da Comisión das Nacións Unidas para o Dereito Mercantil Internacional. A audiencia foi celebrada en abril de 2018 en París. Segundo o comunicado de Edgewater, naquela altura o tribunal arbitral confirmou, por maioría de dous letrados contra un, unha das obxeccións trasladadas pola defensa do Estado español, desestimando así a reclamación mineira. Contestación social Os plans da mineira canadense Edgewater deron pé a intensas mobilizacións sociais na Costa da Morte. A veciñanza organizada reclamou a paralización do proxecto debido a perigosidade que, sinalaban, supoñía para o medio e as súas habitantes.
PRAZA_16751
A decisión alemá fai difícil que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán
O ditame dun tribunal alemán de Schleswig-Holstein contra a entrega a España de Carles Puigdemont pon en risco toda a causa que a Fiscalía e o Tribunal Supremo abriron para castigar o plan soberanista en Catalunya. A polémica xurídica sobre se a organización do referendo e os feitos que o rodearon podía constituír un delito de rebelión, castigado con ata 25 anos de cárcere, foi resolta ao final por tres maxistrados alemáns, que consideran que o proceso soberanista non se desenvolveu con violencia e decretaron a liberdade de Puigdemont baixo unha fianza de 75.000 euros xa pagada pola Assemblea Nacional Catalana. A xustiza alemá entra así ao fondo da cuestión. Faino porque o xuíz Pablo Llarena solicitou a extradición de Puigdemont polos delitos de rebelión e malversación. O tribunal rexeitou a extradición polo primeiro deses delitos alegando que a súa lexislación non o contempla. Non se dá, daquela, o principio de dobre incriminación que require calquera extradición. E van alén ao pronunciarse sobre a posibilidade de identificar a rebelión 'española' co delito de alta traizón do código penal alemán. Para que se produza, razoan os xuíces alemáns, é necesario que se actuase cunha violencia que non existiu na actuación do ex-president. O ditame do tribunal de Schleswig-Holstein, aínda descoñecido na súa literalidade, desbota a apelación á existencia dunha violencia que fixo a Fiscalía na súa querela inicial, que mantivo a Audiencia Nacional despois e á que recorre o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena no seu auto de procesamento. A decisión alemá fai difícil que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán No caso de que finalmente o tribunal alemán acceda a entregar a Puigdemont polo delito de malversación só podería ser xulgado en España por este. Daríase a circunstancia de que o Tribunal Supremo sentaría no banco aos subordinados do ex-president por un delito castigado con ata 25 anos de cárcere e a Puigdemont por outro que non pasa dos oito anos. Neste contexto, comeza a resultar dubidoso que a Fiscalía española poida soster a acusación de rebelión contra un grupo de persoas cando está incapacitada para facelo contra quen ostentaba o maior cargo de responsabilidade no Goberno catalán. O propio Llarena afirmou nun dos seus autos que "a depuración das distintas responsabilidades penais debe ser levada de maneira unificada, pois doutro xeito podería romper a continencia da causa e conducir o proceso a respostas contraditorias e diverxentes para os distintos partícipes". Segundo explicou o tribunal alemán nun comunicado, a sala primeira do penal considera en principio que a imputación do delito de rebelión é "inadmisible", pero cre que si pode ser aceptado o de corrupción, como malversación de fondos públicos, polo que o proceso de extradición segue adiante. A Audiencia non cre que Puigdemont corra risco de persecución política en España, o que anularía completamente a orde de extradición. A situación do resto de líderes soberanistas encausados O tribunal terá agora que decidir se procede a extradición por malversación de fondos, á que se vai a opor a defensa de Puigdemont. A última palabra sobre a extradición vaina ter a Fiscalía de Schleswig-Holstein, que xa considerou a decisión dos xuíces alemáns como un revés e anunciou que estudarán se se pode recorrer. Junqueras, Sànchez, Cuixart, Forn, Turull, Forcadell, Romeva, Bassa e Rull están encarcerados con acusación de rebelión Segundo fontes xurídicas españolas citadas por eldiario.es, a decisión do tribunal alemán pode condicionar as decisións pendentes doutras xustizas europeas. En Bélxica seguen Lluís Puig, Toni Comin e Meritxell Serret, que o propio xoves quedaron en liberdade sen fianza. En Escocia está Clara Ponsatí e en Suíza, Marta Rovira. Comin, Ponsatí e Rovira son reclamados por rebelión Ademais, por unha acusación de rebelión e o risco de fuga que iso implica están no cárcere Oriol Junqueras, Jordi Sànchez, Jordi Cuixart e Joaquim Forn. Tamén están en prisión Jordi Turull, Carme Forcadell, Raül Romeva, Dolors Bassa e Josep Rull, acusados todos rebelión -a Rull, Turull, Bassa e Romeva, o Supremo engádelles o delito de malversación-. O Supremo deberá resolver as previsibles peticións de excarceración que as súas defensas defensas expoñan unha vez coñeceron que a acusación por rebelión contra Puigdemont corre serio risco de desaparecer.
NOS_28844
As Ramonas é a historia dunha tensión. A que conecta e separa o local do global. A que por veces enfronta o lugar do que unha procede e as súas aspiracións. É tamén a historia dunha fotógrafa que traballa para sobrevivir e crea arte para vivir. E é o título da novela co que Ana Cabaleiro (Saídres, Silleda, 1974) gañou a 30ª edición do premio García Barros.
"O mundo feminino ten un peso fundamental nas Ramonas", explica Cabaleiro a Sermos, "e relata esa contradición entre o noso querer ser cosmopolitas, sabermos idiomas e, ao tempo, seguimos tendo un grande apego a rural". A vida da protagonista, que se dedica á fotografía, guía a narración. Ao seu carón, outras mulleren desenvolven "roles importantes". "De fondo figura un tema universal", sinalou o xurado do galardón nunha nota, "o intento dunha persoa da aldea cun traballo normal [a foto de vodas] mediante o cal pretende transcender a realidade". A obra de Cabaleiro relata esta disxuntiva con dous niveis e "dúas formas de narrar": unha dedícase á vida cotiá da fotógrafa, outra á súa visión artística, poética da realidade. Nun recurso análogo ao empregado polo cineasta iraniano Abbas Kiarostami en Dez (2001), As Ramonas transcorre sempre dentro de automóbiles. Hai unha razón. "As persoas que somos do rural non podemos non ter carné de conducir", expón a autora, "a importancia dos coches na nosa vida é case unha protagonista máis da novela". Que está ambientada no país natal de Cabaleiro: Saídres e as parroquias da contorna, en Silleda. "Ao se tratar dunha paisaxe real e que coñezo, foime máis cómodo. Tamén aparece a vella vía do tren e información recollida de testemuños da miña familia", di, para explicar os materiais de experiencia activos no libro. A paisaxe e máis un propósito: emendar o que considera un problema na literatura galega e que resume como "visións idealizadas do rural". "Agora fálase do neorrural, pero idealízase. A fotógrafa das Ramonas ten sentimentos econtrados sobre o asunto, e non os disimula", esténdese a escritora, "a esta altura, moitas xeracións que nacemos na aldea temos un grande apego por ela. Pero decidimos abandonala". Cabaleiro entende que a prensenza do rural na literatura galega, "abondosa", debe evolucionar. Como evoluciona a súa propia xeografía física e humana. E como o está a facer, sobre todo e de diferentes maneiras, na poesía de Olalla Cociña, Carlos Lixó ou Ismael Ramos. O premio Manuel García Barros convócao o Concello da Estrada. Na edición número 30 que distinguiu As Ramonas contou cun xurado conformado por Olalla Cociña -poeta e xornalista-, Carlos Lema -poeta e editor-, Armando Requeixo -crítico literario-, María Eulalia Agrelo -filóloga e ensaísta- e Carlos Loureiro Rodríguez. As Ramonas, que publicará a editorial Galaxia, será o segundo libro de Ana Cabaleiro, que debutou o pasado ano con Sapos e sereas (Galaxia), un volume de relatos.
NOS_5607
A pandereteira Olaia Maneiro, que está a revolucionar a música galega xunto co resto de integrantes de Tanxugueiras, valora cales son as prioridades para Galiza e Europa con motivo das eleccións municipais e europeas do vindeiro 26 de maio.
Segue con atención a campaña electoral? Si, sígoa. Aínda que a verdade aténdoa menos do que quixera por mor do traballo. Con todo, a maioría das veces ponme de moi mal humor porque as forzas políticas prometen moitas cousas que despois non cumpren. Que tema debería ter protagonismo nesta campaña e considera que non o está a ter? Os asuntos principais para calquera sociedade son a sanidade e a educación públicas, e aquí ambas as dúas están a morrer. Ademais é prioritario defender a nosa lingua e cultura, e en relación con isto, e xa desde un punto de vista máis persoal, polo que me dedico, necesitamos ter máis espazos onde poder cantar e tocar e, por suposto, que a música e a arte estean mellor remuneradas. O 26M eliximos as e os nosos representantes no Parlamento Europeo. Cales son as prioridades de Galiza que deberían defender na eurocámara? Algo que nos ataca a nivel mundial e a Galiza en particular é o cambio climático. Temos que defender máis as enerxías limpas porque estamos acabando co planeta. Por suposto, tamén debemos esixir que se defendan os valores sociais e a nosa lingua. Outras prioridades para Galiza son a nosa pesca e mais a agricultura e, por suposto, precisamos a mellora das infraestruturas que nos conectan co resto de Europa porque son pésimas.
PRAZA_20369
A Xunta creará "listas negras", como as denomina ela mesma, cos que non anulen a reserva se non viaxan A folga continúa estes martes e mércores sen que haxa novas reunións previstas Seis claves para entender a masiva folga de autobuses en Galicia
A folga continúa estes martes e mércores sen que haxa novas reunións previstas O novo modelo de autobuses interurbanos que a Xunta quere comezar a implantar a partir de agosto para que en 2020 funcione en toda Galicia, e que está a provocar a folga de todo tipo de buses convocada de xeito indefinido para todos os martes e mércores, contempla a integración en determinadas zonas do rural das liñas de transporte escolar e das regulares. A Xunta tamén implantará un novo sistema de transporte a demanda, co que fóra do período lectivo determinados servizos só funcionarán se un usuario os solicita previamente. Pero en período lectivo, cando os autobuses circulen de todos os xeitos, e neles as prazas dos escolares estean sempre reservadas para eles, o resto de sitios libres serán asignados de xeito preferente a quen os demande por internet ou teléfono cun mínimo de 24 horas de antelación. Haberá "listas negras" dos usuarios que fagan un mal uso do sistema e poidan ser penalizados. A Xunta creará "listas negras", como as denomina ela mesma, cos que non anulen a reserva se non viaxan Cando comezou a publicitar o novo modelo de transporte que preparaba, a Xunta presentou o transporte a demanda como un beneficio a maiores das liñas regulares e escolares mediante "un sistema de reserva previa que nos permitirá levar o autobús, o microbús ou o taxi ao lugar en que se precise e no momento en que se precise". Porén, e á espera de que o sistema se vaia implantando ao longo dos próximos anos, e non de xeito total ata 2020, haberá casos en que o transporte baixo demanda non será máis que a posibilidade de que opere en período non lectivo un autobús, minibús ou taxi que, se non o reclamase ninguén de xeito expreso e previo, non circularía. E, á inversa, en período lectivo ese sistema baixo demanda permitirá reservar praza no mesmo transporte que en todo caso xa ía circular pero con preferencia sobre os usuarios que tenten acceder a el en calquera parada sen avisar previamente. A Xunta di que avaliará o funcionamento do novo sistema baixo demanda para corrixilo se non funciona e que non prevé falta de prazas porque son zonas de baixa poboación A Xunta vén de licitar, por 231.000 euros máis IVE, a elaboración do programa informático que integrará a información de todos os servizos de transporte por estrada de Galicia. O novo sistema permitirá á fin coñecer nunha única web cales son todos os servizos de transporte interurbano de Galicia. Pero tamén será a plataforma tecnolóxica sobre a que se desenvolva o transporte baixo demanda. É nos pregos de condicións para a contratación dese sistema informático onde a Xunta revela que a reserva de praza para o transporte baixo demanda tamén funcionará nos autobuses que integren os servizos escolares e os regulares. Segundo o documento, "nos servizos regulares de uso xeral nos que se realice unha integración de servizos, como a do transporte escolar, teranse en conta as prazas reservadas para escolares e outros colectivos, as prazas reservadas por outros cidadáns con anterioridade e a capacidade máxima do vehículo". A Xunta di que o novo sistema de transporte baixo demanda implantarase de xeito progresivo e avaliarase o seu funcionamento para introducir correccións. Tamén argumenta que as zonas nas que se implantará son de moi baixa poboación e demanda, polo que non prevé problemas de que alguén que queira subir a un autobús simplemente acudindo a unha parada non poida facelo porque estean todas as prazas xa reservadas. O "sistema de listas negras" permitirá "un rexistro de persoas usuarias que teñan feito unha petición de servizo e, sen a súa anulación no prazo previsto, non accedan finalmente ao servizo" Por outra banda, e para evitar un uso indebido do servizos, a Xunta prevé a creación dun "sistema de listas negras", como o denomina textualmente, "nas que se identifique usuarios que perderan o dereito á reserva de praza, ou teñan algunha penalización. O novo sistema informático "permitirá un rexistro de persoas usuarias que teñan feito unha petición de servizo e, sen a súa anulación no prazo previsto, non accedan finalmente ao servizo". Á espera de que se elabore o programa informático agora a licitación, o transporte baixo demanda deberá solicitarse a través de teléfonos que faciliten as empresas que resulten adxudicatarias do transporte integrado en cada zona de Galicia. Posteriormente, cando se poña en funcionamento o sistema informático e a medida que se estenda o novo modelo ao resto de Galicia, a Xunta creará un servizo único de xestión do transporte baixo demanda que se poderá requirir tanto por vía telefónica como a través da nova plataforma informática.
PRAZA_6354
O presidente español garántelle á chanceler que non porá fin á "austeridade" nunha Compostela tomada pola Policía. A líder alemá apoia a De Guindos para presidir o Eurogrupo. Os antidisturbios cargan con dureza contra a protesta anti troika.
"Seguiremos pola senda reformista". Mariano Rajoy culminou a súa reunión informal coa chanceler alemá en Santiago sacando peito polas "reformas estruturais", os recortes aplicados polo seu Goberno desde 2011. "Non nos deixaremos levar pola autocompracencia" agora que "empezamos a ver os froitos das reformas que acometemos", garantiu o xefe do Goberno de España ante Angela Merkel. Entre eses froitos, parece, está un posto para Luis de Guindos na presidencia do Eurogrupo, ratificado nun encontro no que Compostela e Galicia tiveron o papel de mero pletó. Tras un paseo por un tramo do Camiño de Santiago e unha cea nunha cara marisquería da capital galega Merkel e Rajoy compareceron xuntos ante a prensa para, esencialmente, asegurar que a receita de pasar a tesoira non só funciona, senón que é, en palabras do presidente español, a "única forma de preservar os niveis de protección social que a sociedade española merece". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, seguiu dende a primeira fila dos asentos da prensa como o seu xefe de filas explicou que non é o momento de "acabar coas políticas de austeridade", senón de seguir por un camiño que xa deriva nunha "mellora substancial da economía". A chanceler parabeniza a Rajoy polas dúas "duras reformas" A chanceler, que minutos antes se fundira nunha aperta coa imaxe do Apóstolo Santiago na catedral compostelá -a visita foi adiantada media hora para evitar a coincidencia coas protestas cidadás-, comparte "a opinión de Mariano Rajoy". É un "malentendido" que "para o crecemento se precisen máis cartos". "Non é certo", afirma entre felicitacións a Rajoy polas "duras reformas" aprobadas e o "gran ímpeto" á hora de aplicalas. O Executivo do PP, di a líder alemá, creou os alicerces" para que o Estado marche ben cun crecemento económico que é "o primeiro indicio" de que se poderá diminuír o paro. Apoio a De Guindos, sen veto para Cañete Entre os resultados tanxibles que Rajoy saca dos actos nos que Galicia e o seu goberno exerceron como meros espectadores -Feijóo tivo un papel secundario en todo momento e na rolda de prensa abordouse a actualidade estatal e a catalá, pero non a galega- figura o apoio para dirixir a zona euro a quen hoxe é ministro de Economía e, antes, dirixente de Lehman Brothers ata que o xigante financeiro crebou. Luís de Guindos "foi un ministro de Economía excelente en tempos difíciles", sinala Merkel, por iso "cando remate o prazo do actual apoiaremos a súa candidatura". De Guindos, ex directivo de Lehman Brothers, terá apoio de Merkel para dirixir o Eurogrupo Merkel é menos entusiasta en relación coa entrada de Miguel Arias Cañete na nova Comisión Europea, a outra petición de Rajoy para a novo organigrama comunitario. Das palabras da chanceler despréndese que o cabeza de lista dos populares españois non sufrirá o veto alemán, pero que sexa ou non comisario dependerá do presidente, Jean Claude Juncker, que xa ten sobre a súa mesa unha carta de Rajoy "propóndoo como candidato", lembrou ante Merkel. Protestas e cargas policiais A Policía cargou con dureza contra a protesta anti troika O intercambio de eloxios, os paseos, o ritual apostólico e as promesas de cargos e recortes producíronse nunha Compostela tomada pola Policía, que se empregou a fondo para que as protestas non estragasen a foto. Nin sequera Darío Rivas, fillo do alcalde de Castro de Rei (Lugo) asasinado polos franquistas en 1936, púidose achegar a Merkel para entregarlle unha carta na que pedía que Alemaña se desculpase pola colaboración co golpe de Franco. A carta de Rivas tivo que quedar na recepción do Hostal dos Reis Católicos, onde se celebraba a rolda de prensa. Máis lonxe, nas rúas adxacentes, tivo que quedar a manifestación anti troika apoiada pola CIG e apoiada por organizacións da oposición galega como AGE e o BNG. A protesta, que tentou sen éxito achegase á Praza do Obradoiro, terminou reprimida por unha carga policial na que, entre outros, resultou lesionado o portavoz municipal do Bloque, Rubén Cela.
NOS_27555
O secretario xeral de Podemos di que lle sorprende que ela queira dirixir o partido en Galiza "cando leva 20 anos en Madrid" e Bescansa respóndelle que "as galegas non deixamos de selo cando emigramos".
A renovación do liderado en Podemos Galiza fai abrollar as diferenzas existentes no seo da formación, non xa só no noso país senón tamén a nivel de Estado. A decisión da actual dirección galega de propoñer Carolina Bescansa para optar á secretaría xeral do partido en Galiza semella que non sentou moi ben en Madrid. A compostelán, coñecida a proposta, anunciou que era unha "honra" e que o valoraría. Algo que Pablo Iglesias, nunha entrevista en La Sexta, afirmou que lle "chama a atención". "Eu non falo con Carolina desde que fixo público ese documento [refírese ao documento no que se perfilaba un 'plan' para desbancar Iglesias]. Chámame a atención que alguén que leva 20 anos en Madrid e que hai tempo que se fixo público que quería ir á Asemblea de Madrid queira dirixir Podemos Galiza", dixo, ao tempo que apontaba que moita xente" faise a mesma pregunta. Non tardou en retrucarlle Bescansa a través das redes sociais. A co.fundadora de Podemos escribiu na súa contade twitter que "as galegas non deixamos de selo cando emigramos". Así pois, todo aponta a que Carolina Bescana vai ser quen dispute a secretaría xeral galega de Podemos a Antom Gómez-Reino, deputado de En Marea no Congreso.
NOS_50721
Filóloga e profesora, Luz Cures é a gañadora da nova edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo. "Etiquetaxe" é o título do artigo.
Co artigo "Etiquetaxe" a súa autora, Luz Cures, consegue non só os 1.000 euros do XI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo senón a súa publicación en Sermos Galiza, Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa,e Tempos Novos, cabeceiras colaboradoras da convocatoria. O xurado do premio, composto polo concelleiro de Carballo, Xosé Regueira, o gañador da anterior edición, José Casás, a xornalista Patricia Blanco, o responsábel da Mesa,Xosé Cotelo, e o técnico de normalización lingüística do Concello, Nel Vidal, valorou do artigo "á súa clara mensaxe baseada en persoas e situacións reais, cun estilo innovador e orixinal, cunha mensaxe positiva e de construción, propondo borrar prexuizosas etiquetas existentes socialmente sobre o uso do galego". A autora, Luz Cures Vázquez é natural de Carballo aínda que na actualidade reside en Bertarmiráns, Ames. "O meu barrio foi fonte inesgotable de anécdotas e encheume a cabeza de ideas que algún día hei de escribir. Fíxenme filóloga porque me gustaba a literatura, aínda que tamén me valía ser política, xornalista ou calquera cousa que me permitise falar arreo e ler canto caese nas miñas mans", explica a autora na súa presentación arredor da vontade de contar historias que reflicte tamén no seu artigo. O nome de Luz Cures incorpórase á listaxe dos dez que gañaron as anteriores edicións do certame que son os de Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei ou José Casás.
NOS_56561
CIG-Ensino denuncia que as "subvencións extra" para a privada non son albo de recortes, como si o é, engade, o ensino público.
A Consellaría de Educación publicou no DOG de 31 de outubro (festivo) a orde pola que se convocan axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Con esta orde, informa CIG-Ensino, o departamento autonómico volverá "desviar un importante financiamento extraordinario aos centros concertados". Unha partida esta, apuntan desde o sindicato nacionalista, que non sofre recorte respecto 2011 e 2012. "Moi ao contrario, pois mantén o incremento orzamentario respecto de 2011, superior ao 37%". "Os centros privados que resulten beneficiados con esta subvención van poder contratar persoal complementario co que nunca poden contar os centros públicos" Así, a subvención destinada a estes centros pode ascender este ano a 300.000 euros, (287.534 para os centros de infantil, primaria e secundaria e 12.466 para FP). Son achegas económicas dirixidas o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, "naqueles aspectos que non estiveran xa cubertos polo correspondente concerto educativo". Para a CIG-Ensino son "unha subvención extra, por riba do propio concerto que teñen establecidos estes centros, ningún deles de Educación Especial. Estas subvencións permítelles a estes centros prestar servizos, modificar instalacións e contratar persoal que os centros públicos, nin sequera os de Educación Especial. Estamos pois ante un caso flagrante de discriminación en favor do ensino concertado". Facilitar medios á privada que a pública non pode ter "Os centros privados que resulten beneficiados con esta subvención van poder contratar persoal complementario co que nunca poden contar os centros públicos: logopeda, fisioterapeuta, axudante técnico educativo, traballador@s sociais ou intérprete de linguaxe de signos. Ademais, poderán facer fronte con esta subvención a reparacións e mantemento da adaptación das instalacións ou á adquisición de material específico". Para a CIG-Ensino, o feito de que a Consellaría de Educación convoque este tipo de subvencións, que veñen incrementar os fondos destinados ao ensino privado que superan os 240 millóns anuais, é "unha provocación e un escándalo ante os continuos recortes que está a sufrir o ensino público".
PRAZA_2671
Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: O Poder de Arcabuz, un musical que recrea a Revolución Irmandiña
Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: O Poder de Arcabuz, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro. A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. O Poder do Arcabuz fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa. Falamos con Quique Peón, o director d'O poder do Arcabuz, sobre a montaxe. "Quería falar do enfrontamento entre ese poder herdado, neste caso nobre, e outro poder, o poder da convicción" Como xorde a idea deste proxecto? A obra, loxicamente, é un resumo da Revolución Irmandiña, porque é unha historia apaixonante e dá para moitísimo. Só podes facer un resumo sobre o escenario porque está chea de matices, de relatos de distintas vilas. Falamos dunha revolución de Galicia enteira contra o poder establecido. Pódese contar moitísimas cousas por iso. E como xorde a idea? Eu quería falar do poder e nos Irmandiños atopei o que quería. Quería falar do enfrontamento entre ese poder herdado, neste caso nobre, e outro poder, o poder da convicción. Na obra, vese esa dualidade do poder. Despois, hai que pensar que na historia dos Irmandiños atopamos varias batallas e a nivel coreográfico resulta moi interesante. Dá moito xogo. Falamos dunha peza con preto cen artistas. É unha montaxe de dimensións enormes, o cal non estamos nada afeitos a ver sobre un escenario. Nin en teatro nin moito menos en danza. É moi ambicioso o proxecto e é un proxecto sen financiamento. Estamos a traballar con amateurs... É que somos todos un pouco irmandiños. A idea é a mesma que os Irmandiños: é un "xa está ben". Un espectáculo destas características implica un esforzo, levamos dous anos traballando no proxecto, é todo de nova creación: coreografías, músicas, letras... Esta concibido como un musical e esta para dar un puñetazo sobre a mesa. Queremos dicir: "Oiga, mire, nós somos capaces de facer o que nos propoñemos en Galicia". É dicir, temos capacidade, temos xente, temos artistas marabillosos en escena. É un golpe enriba da mesa e ese é un pouco o espírito. Mira, o lema dos irmandiños, "gorrións contra falcóns", está moi presente aquí. Isto é así. Está tratado dende o mundo amateur e, vaia, hai unha serie de profesionais que van cobrar, porque viven disto... Pero logo o coral, é amateur. Digamos que é un voluntariado cultural en toda regra. Eu estou canso de só ver solos e dúos. E dígoo co máximo respecto, pero levamos anos así... Que va! Non, xa está. Non pode ser. "Eu estou canso de só ver solos e dúos. E dígoo co máximo respecto, pero levamos anos así..." A situación da danza viviu unha descomposición moi acelerada nos últimos anos. Refírome a cuestións que atinxen, por exemplo, ao Centro Coreográfico, á visibilidade, ao apoio público... Desviámonos da obra, pero creo que é un asunto pertinente. E ten bastante que ver coa obra. As persoas que a vexan decataranse de que fala de cultura, da nosa danza... Imos ver, nós temos unha linguaxe propia de danza e creo que a danza de Galicia debería ter unha discriminación en positivo. É que hai unha cuestión: o que non fai o Centro Coreográfico nin ningunha institución pois estamos a facelo, neste caso, Xacarandaina e Quique Peón Cía. E que é? Investigar sobre movementos e músicas medievais para traelos ao hoxe. Como dicimos, é un pouco para dicirlles a algúns: "miren, señores, están facendo o parvo". É que o noso baile é unha marabilla, é extraordinario. É un dos máis importantes de Europa en conservación e en cantidade de movementos, e ten un potencial a nivel escénico incomparable. Os premios que se están recibindo e as montaxes que se están facendo demostran esta importancia e evidencian que o problema que temos é un problema de sensibilidade clarísima por parte dos políticos deste país. "Os premios que se están recibindo e as montaxes que se están facendo demostran esta importancia e evidencian que o problema que temos é un problema de sensibilidade por parte dos políticos deste país" Unha falta extensible a toda á cultura, non? Vaia, si... Pero na danza vén sendo así dende hai moito tempo. Porque eu xa teño uns anos e a verdade... En fin, deixa moito que desexar isto. Retomando á montaxe, n'O poder do arcabuz atoparemos unha combinación entre a danza tradicional e a danza contemporánea? Non é danza contemporánea exactamente, a ver... Realmente disociamos os movementos tradicionais. Explícome. Imaxina que temos dez movementos e collemos o movemento número oito. Sepárase do resto e con ese trabállase illadamente e serve para outra cousa diferente. Entón, pode parecer moi contemporáneo, pero en realidade estamos ante un paso tradicional. Disto hai moito na obra, pero tamén hai coreografías tradicionais, digamos, puras. A min o que me gusta da danza contemporánea é que ten a facultade de mover emocións. Busca sempre mover emocións no público. E este mover emocións unido ao noso baile tradicional, que remove por si só, é a bomba. Entón esa é a idea. Despois, da música encargouse Pedro Lamas. É música tradicional disociada moita dela e traída aos noso días. Pola súa banda, o deseño de luz encargouse Santiago Vallasco. A asistenta de teatro e de dramaturxia foi Susana Crespo e asistente de danza contemporánea foi Jordi Vilaseca. "O que me gusta da danza contemporánea é que ten a facultade de mover emocións. Busca sempre mover emocións no público. E este mover emocións unido ao noso baile tradicional, que remove por si só, é a bomba" Como é o proceso da música? A música está ao servizo da dramaturxia da obra. O primeiro que fixen foi o guión, despois a coreografía e o baile que quería en cada acto e finalmente con Pedro Lamas fomos buscando moita música que nos puidese valer para cada movemento, moita dela medieval loxicamente. Entón, tiramos de cancioneiro e tamén do meu traballo de investigación. Pedro fixo así a música cos arranxos pertinentes. Non é música nova, pero é música nova novísima na medida en que a transformamos para que funcionase. Falaba antes de que o espectáculo era un resumo da historia dos Irmandiños. Con que nos quedamos na obra? Que elementos se recollen desa historia? É un resumo xeral. Imos ver primeiramente o maltrato dos nobres cara á poboación de Galicia e como esta xente se convence de que se tiñan que levantar contra o poder establecido. Despois achegámonos ao derrubamento dos castelos, a expulsión dos nobres, os nobres no exilio e cando volven os nobres co exército. E o desenlace final, xa non cho vou contar. E este é un resumo moi rápido. "O arcabuz representa o poder dos cartos" Que representa o arcabuz que xa está no título da montaxe? É unha metáfora para falar do poder dos cartos. Os nobres, cando estiveron fóra de Galicia, para poder vivir e regresar tiveron que xuntar diñeiro dos seus amigos nobres en terras portuguesas, leonesas ou castelás. E para poder vir empregaron eses cartos para recrutar exércitos. E entre esas tropas, apareceu por vez primeira esa arma de pólvora, o arcabuz. En definitiva, o arcabuz representa o poder dos cartos. "A danza é a primeira das belas artes. O ser humano antes de falar, bailaba. E dentro das artes escénicas de Galicia, os primeiros que se subiron as táboas foron os da danza" Comentaba antes que o baile galego é un dos máis ricos e investigados de Europa. Moitas veces, falando con músicos e investigadores, aseguran que queda moito por furar. E se lle pregunto, así as bravas, que é o que falta por investigar no baile tradicional? Hai moitísimo traballo de campo feito. Quedarán cousas, pero non demasiadas. A tal hora, dende fai moitos anos, hai moita xente traballando nisto. Quero dicir, comezamos uns poucos e debemos convencer, porque a dia de hoxe todos os grupos folclóricos cambiaron os rexistros de facer coreografías trangalleiras para facer unha cousa con rigor, con vestiarios ao xeito. O traballo de campo está feito, agora falta facer un arquivo e comezar a traballar sobre ese arquivo. Un arquivo xeral de Galicia con todas as gravacións feitas. E despois hai que transcribilas e cotexar para sacar conclusións. É unha cousa de país. Pero non só iso... Mira, a danza é a primeira das belas artes. O ser humano antes de falar, bailaba. E dentro das artes escénicas de Galicia, os primeiros que se subiron as táboas foron os da danza. Os do teatro din moito iso de: "fai trinta anos que estamos aí". Vaia, dáme a risa... A danza leva enriba do escenario unha morea de séculos. En cada parroquia de país, dende fai moitísimos anos hai concursos de baile. É dicir, toda Galicia cultivaba o baile como arte escénica. Esta realidade está documentada. Logo pensemos que os nosos coros, que tamén tiñan danza, teñen cen anos. Cumpren os seus centenarios agora. Quero dicir con isto que hai moito que recuperar de escénico tamén e que hai que poñelo en orde... É necesario recuperar. É interesante facelo, queda moito choio para facelo. Quen debe facer ese traballo? As institucións? O pobo xa fixo o seu traballo. A ver, é unha mala época... Pero vaia, pódese ir facendo cousas que funcionen. A ver, o Centro Coreográfico Galego debería ir facendo un arquivo. Aí hai xente traballando, pois que se dediquen a iso e non a facer danza clásica ou outras cousas... "O Centro Coreográfico ten aí xente traballando. Hai empregados, ten un grupo de música de doce músicos e están mirando os uns para os outros. Se non funciona é porque non queren" Tampouco dá a sensación de que o Centro Coreográfico estea moi vivo... Bueno, o Centro Coreográfico ten aí xente traballando. Hai empregados, ten un grupo de música de doce músicos e están mirando os uns para os outros. Se non funciona é porque non queren. Hai xente para traballar, así que... Optimicemos o que temos. E senón, botemos a chave. Tocar non tocan... Son doce, pois neniños... Que se organizan e tomen a determinación de facer un arquivo musical. Son tipos preparados para facelo. Sodes doce, eu creo que antes de estar mirando uns para os outros, podemos facer algo, non? Isto estase a pagar entre todos. En fin... Non houbo financiamento para facer esta montaxe. Non se buscou ou non se atoparon apoios públicos nin privados? Algunha achega houbo, pero son mínimas. Ti imaxina tanta xente para vestir... Pensa nun par de zocos por 35... Canto é iso? Ou 35 cintos? É un montón de cartos. Ao final, por moito que un queira facer a cousa o máis económico, ao ser tanta xente... Multiplícase todo moitísimo. É difícil. Pero si que se buscou algún tipo de financiamento... Pero ou ben non convencemos ou ben non sabemos convencer, que pode ser... Pero creo que chegados a uns momentos nos que se ten tanto feito e tanto demostrado, que xa non faría falla certas cousas... Entón, estamos un pouco cansos. Eu estou canso de andar pedindo cousas. Finalmente, pois mira... Non queren vostedes colaborar? Pois estupendamente, xa o facemos nós. Tranquilos. Con nós non hai quen poida. Somos peores cós irmandiños. "Este espectáculo sería imposible de facer se non houbese un grupo amador que colaborara" Aquí temos xente profesional que vai cobrar e outra xente que vén do mundo amateur, que teñen esa vontade participativa. Cantos son profesionais e cantos non o son? A vontade participativa está formada por uns profesionais que morres, eh! Xacarandaina ten un nivel de danza que xa lle gustaría a moitos profesionais telo. E son amateurs. É un grupo con moitísimo nivel. O seu é voluntariado cultural, son uns irmandiños en toda regra. Iso non mingua a calidade. Quen lle dera a moitos profesionais ter a calidade que teñen eles. Este espectáculo sería imposible de facer se non houbese un grupo amador que colaborara. Sería imposible. Cen persoas todos cobrando como profesionais sería imposible.
NOS_46178
Estes días, nos que moita xente ten máis tempo de lecer -especialmente as crianzas-, non é preciso limitarse á programación de actividades do Nadal. No país hai outras propostas culturais para facer de forma guiada ou de maneira individual. Queres algunhas ideas?
Non sabes que facer estes días pero non queres sumarte aos actos propios do Nadal? Velaquí van algunhas propostas, pois distintas entidades organizan as súas propias actividades para gozar do lecer aprendendo. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove -coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Neda- un roteiro literario por Neda que contará con Vicente Araguas como guía. O itinerario terá lugar o próximo 28 de decembro ás 16.30 horas e comezará no adro da igrexa de San Nicolás, a partir de onde partirá a comitiva para coñecer os segredos da vila. As prazas poden reservarse no correo electrónico [email protected] e son de balde. Esta proposta forma parte do proxecto de AELG de dar a coñecer o país da man das e dos escritores. Coñecer a biodiversidade dunha plantación de té A Deputación de Pontevedra, pola súa banda, aposta na ciencia e propón gozar da Ruta da Ciencia Areeiro visitando o centro de investigación e xardín botánico. Mesmo hai unha plantación de té De feito, este espazo vén de conseguir o selo Observer de turismo científico en recoñecemento ao seu traballo na preservación da biodiversidade. Para gozar desta visita é preciso concertala. Hai posibilidade de escoller entre as terzas e as quintas feiras e os sábados de 12 a 14 horas. Outras das iniciativas culturais destas datas son os itinerarios dirixidos polas cidades, como é o caso dos que organiza o turismólogo Guido Álvarez por Lugo. O tamén coñecido como Guido Guía presenta o Lugo menos coñecido e nos próximos días ten previstas dúas rutas. Este domingo 26 impulsa "un paseo de 3 horas por algunhas das obras da cidade neste 2021 no que o muralismo lucense resoou no mundo máis que nunca co campionato da Liga Nacional de Graffiti de Diego AS e co mellor mural do mundo recoñecido no mes de agosto por Street Art Cities". Mentres ultima novas iniciativas para primeiros de xaneiro, tamén ten na programación o descubrimento do "senlleiro barrio do Carme". Conta que este lugar da cidade estaba esquecido e que agora experimenta un rexurdimento cultural que paga a pena coñecer. Será o 30 de decembro. Estas propostas teñen un custo de 6 euros por persoa e calquera pode inscribirse a través do correo electrónico [email protected]. Ideas para as e os máis independentes Se es máis independente, sempre podes elixir outros destinos máis tranquilos e ir pola túa conta. Por exemplo, esta semana no Sermos Galiza -que está esta sexta feira 24 de decembro de forma excepcional nos quiosques- no Andar e Ver atoparás as mellores recomendacións de obras do festival DesOrdes Creativas. Arte urbana para unha boa xornada de paseo tamén hai en Carballo, onde cada ano decorre o certame Rexenera Fest. Tamén para visitar sen demasiados abafos está a cidade das formigas de Outeiro de Rei -mellor para ir con crianzas-, a Ribeira Sacra ou calquera dos castros destacados da xeografía galega. Tamén sigue aberta en Compostela a mostra sobre o Café Derby comisariada polo historiador e xornalista Fernando Franjo e a historiadora Ana Castro. Así mesmo, os museos serán visitábeis estes días.
NOS_6918
A memoria mora nas fendas, oculta nos retrincos. Fon Cortizo intérnase nunha procura de conexións en múltiplas capas que afonda en territorios descoñecidos, na busca da liberdade creativa que atopa a súa base na música. Desta e outras lóxicas, coa intuición latexando, nace '9 fugas', a súa segunda longametraxe, que vén de ser premiada na súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Xixón. A obra, explica o director, pode definirse como experimental, mais non tanto no formalista, senón na estrutura e na construción a partir da improvisación da orquestra.
Coa etiqueta dun "musical neo-noir" preséntase a última peza de Fon Cortizo, 9 fugas, que vén de facerse co Premio á Mellor Longametraxe na sección Retueyos do Festival de Cinema de Xixón, ex aequo coa fita polaca Marygoround (Daria Woszek). Era a estrea desta singular obra que naceu co propósito, conta o director, de "facer unha película do revés, comezando polo tellado". A través dunha gravación -nunha única toma- da orquestra de música improvisada créase a historia, en nove capítulos que responden ás nove pezas. Os fragmentos, aparentemente inconexos nun comezo, funcionan en realidade como vasos comunicantes que se unen pouco a pouco. A obra que naceu co propósito, conta o director, de "facer unha película do revés, comezando polo tellado" Cora, empregada da lonxa, esperta no peirao con lembranzas que non son súas. Unha muller foxe do centro de internamento na illa de San Simón. Dúas traballadoras percorren a cidade en ambulancia, observando a súa face nocturna. Mais todo xorde desa primeira achega, a dun investigador (Nacho Muñoz) que deambula pola urbe na procura das historias agochadas: son os sons que recolle os que a orquestra interpreta, que se volven música e dela nace a película. A banda sonora: orixinal e tamén orixe Cortizo quería recrear a sensación que el mesmo experimenta como espectador de concertos de improvisación dirixida, unha técnica na que o director vai pedindo texturas ás que os intérpretes se enfrontan con liberdade. "O que sae de aí facíame voar a imaxinación", conta Cortizo. Isto adaptábase ademais moi ben ao seu proceso creativo: desde a súa primeira videocámara buscaba a maneira de conectar o walkman para escoitar a música co ambiente, gravando o que esta lle suxería. Así nacería o filme, seguindo esa máxima de Tarkovsky de que "o son é algo máis que unha simple ilustración do que está acontecendo na pantalla". O filme segue esa máxima de Tarkovsky de que "o son é algo máis que unha simple ilustración do que está acontecendo na pantalla". No traballo coa orquestra había unha vontade clara de representar os sons da realidade, que se funden coa música, integrándoa nunha fronteira borrosa que cuestiona o ruído. Os músicos aparecen, ademais de na gravación da orquestra, nos diferentes capítulos como unha sorte de "presenzas fantasmais". Cortizo explica esta decisión: "Eran construtores, como arqueólogos do son que recuperan os sons da cidade nesa primeira fuga de exploración". Nun filme destas características, o traballo de son adivíñase fundamental. Fronte ao cargo máis convencional de son directo (Eloy Táboas), atoparemos nos créditos o de son performativo (Marco Maril), que se ocupou, por exemplo, de secuencias como a fuga inicial de Nacho Múñoz ou da de LAR Legido. A música aparece en ocasións interpretada polo elenco: as condutoras da ambulancia improvisan un reggaetón: "perrecha feminista contra o machista", cantan a capela. Se queres saber máis desta obra non tes máis que mercar o Nós Diario de mañá nos quiosques ou na nosa loxa para a súa lectura na nube. Tamén podes facer a subscrición xa mesmo: atoparás unha opción que se adapte a ti!
PRAZA_7569
O financiamento dos partidos políticos é o gran tabú que se esquiva ao falar de corrupción. Como é posible que sexan os tesoureiros dos partidos os protagonistas de todos os casos de malversación e apropiación indebida? Antes ca Luis Bárcenas foi protagonista da literatura xudicial Rosendo Naseiro, tamén claveiro da caixa popular. Esa imaxe de rufiáns que entran na política para se enriqueceren é a tona da cuestión.
"Nin a militancia nin os votantes reparan case nunca en canto custa imprimir e colar cartaces, preparar mitins, encher a cidade de coches con altofalantes, pór anuncios na prensa..." Así me narraba o seu traballo hai case seis anos o director da campaña dun dos partidos con responsabilidade de goberno nunha cidade galega. "De tanto negociar pónseche cara de mercador de Venecia. Se os outros partidos empapelan tal ou cal rúa, esíxenche que avíes, se a foto do teu candidato aínda non está gravada na retina de todo viandante xa che atribúen a ti calquera fracaso electoral por anticipado". A democracia non é barata en ningures. Nos EUA mal camiño levas para intentar ser presidente se non tes, como mínimo, dez ou 12 millóns de dólares na saqueta A democracia non é barata en ningures. Nos EUA mal camiño levas para intentar ser presidente se non tes, como mínimo, dez ou 12 millóns de dólares na saqueta. No Brasil son moitos os casos de candidatos a concelleiros (alá o sistema electoral é persoal e directo) que acabaron desafiuzados tras un revés nas urnas e un empréstito sen poder pagar. O financiamento dos partidos políticos é o gran tabú que se esquiva ao falar de corrupción O financiamento dos partidos políticos é o gran tabú que se esquiva ao falar de corrupción. Como é posible que sexan os tesoureiros dos partidos os protagonistas de todos os casos de malversación e apropiación indebida? Antes ca Luis Bárcenas foi protagonista da literatura xudicial Rosendo Naseiro, tamén claveiro da caixa popular. Esa imaxe de rufiáns que entran na política para se enriqueceren é a tona da cuestión. A base do problema, aquí e en calquera país, é un sistema que precisa dese diñeiro opaco para poder manter a maquinaria viva. Militantes de partidos que paguen as cotas hainos como tamén hai socios do Deportivo da Coruña pero nin nun caso nin noutro o groso do financiamento provén da afección Militantes de partidos que paguen as cotas hainos como tamén hai socios do Deportivo da Coruña pero nin nun caso nin noutro o groso do financiamento provén da afección. Cales son os ingresos atípicos das formacións políticas? Doazóns, empréstitos bancarios que moitas veces se pagan en especie (o indulto ao directivo do Santander Alfredo Sáenz, co que José Luis Rodríguez Zapatero pechou o seu mandato), as rifas e casetas nas festas do partido... Os recortes orzamentarios do goberno central atinxiron tamén os partidos, que perderon, en conxunto, máis de 76 millóns de euros desde o 2011. Adelgazou na mesma medida a súa estrutura? Fálase de ERES nalgunhas siglas pero non se viu en case ningunha sigla unha auténtica economía de urxencia. Cantas sedes no centro das cidades e vilas se pechou? Cantos altos cargos renunciaron aos seus soldos pagos polo partido? Os sobres que seica Bárcenas e os seus antecesores repartían na cúpula do PP son apenas incentivos para persoal que se considera moi cualificado e moi mal pago na política (lembremos o caso do deputado do PP por Ourense Guillerme Collarte, que cobraba 5.100 euros ao mes e dicía que non lle daba para os gastos do mes). Os recortes orzamentarios do goberno central atinxiron tamén os partidos, que perderon, en conxunto, máis de 76 millóns de euros desde o 2011. Adelgazou na mesma medida a súa estrutura? Un dos puntos negros que precisa revisión profunda é a sustentabilidade da democracia. Realmente é necesario o gasto en papel e barullo cada vez que imos votar? Regular os balances dos partidos e limitar o tamaño do seu aparato é fundamental para garantir a igualdade de oportunidades de todas as ideoloxías. A actividade política é un servizo e debe estar pago dignamente para poñela a salvo dos grupos de interese que usan as leis en proveito propio. Teñen que ser os políticos, como calquera outra profesión, os primeiros que defendan a súa utilidade social. E os demais debemos pensar que sen políticos non hai democracia.
PRAZA_11095
Unha película local feita con talento e amor que acada a categoría de universal… Si, a ver se queimamos os complexos!
Por sentíreste naviego e por levar Navia e Os Ancares (Cervantes, Becerreá…) polo mundo enteiro. É sabido: na maioría das persoas prende o amor polo noso torrón primeiro, polas raíces. Pero non sempre acontece, tamén hai quen renega... E ti demostrache de sobra ese teu amor polos prados dos teus antepasados, polos montes, polos soutos, polas reboleiras… Polas leiras, inzadas agora de toxos e xestas… Coñeciche e viviche Vilela neses períodos vitais que quedan gravados a lume no mapa da memoria das persoas que son a infancia e a adolescencia. Aquela Vilela postmedieval na que pasabas os vraus cuando volvías cos teus pai e nai de vacaciois á casa dos avós. Tempo suficiente pre aprehendela e facela túa. Medrache e madurache como persoa polos camiños da vida que che tocou tripar… E deche en atopar o teu sitio neste enigma chamado vida e en expresar o teu talento persoal e libre na pantalla da sétima arte. E regresache ó leito. Pre mamar e integrar os seus valores máis fondos cunha mirada xa adulta. Censáchete en Navia, apostache por Navia e, agora, creache esta xoia de filme que guarda as esencias todas da nosa terra ancaresa; mesmo, a nosa fala. Por amor. E porque sabes, tu, que es home intelixente, mui intelixente, porque sabes ben que o orixinal, o universal, ta nas raícesCensáchete en Navia, apostache por Navia e, agora, creache esta xoia de filme que guarda as esencias todas da nosa terra ancaresa; mesmo, a nosa fala. Por amor. E porque sabes, tu, que es home intelixente, mui intelixente, porque sabes ben que o orixinal, o universal, ta nas raíces. De eí nace este O que arde que marabilla eilí onde chega: Cannes, Toronto, Nova Iork, Roma, Donosti… Ou na Proba de Navia de Suarna (Lugo), o teu solar de referencia.E grazas, como non, por ter ese xesto pequenín, pero de enorme valor afectivo e simbólico, de estrear o teu-noso filme na praza grande desta fermosa vila que esmorece de tristura e de desleixo; e, á par, igualmente, todo o concello. Percibín na veciñanza unha ilusión, unha emoción, unha alegría colectiva indescritibles; palpábase no aire… Unha sobrecarga de autoestima, como pobo, impagable, Óliver. Todas as naviegas e naviegos sentimos ese orgullo, ben entendido, de selo contigo. Tou seguro de que tu tamén te sentiche querido… De ben nacidas e ben nacidos é ser con que é. Simbiose perfecta. Grazas, tamén, muitas, a todo o equipo que traballou no proxecto. Non vou nomear a naide, por alixeirar. Pero voume permitir facer unha única excepción: Luís Bértolo, axudante de dirección da película; outro talento con raíces naviegas que non puido tar presente na estrea por compromisos profesionais. Mágoa, sentino por el. E, aínda, agradecerlles ás produtoras, á distribuidora e ó resto de entidades e instituciois que empuxaron o ter crido e apostado pola proposta de Laxe.A omnipresencia, totémica, telúrica, abraiante ou aloumiñante, da paisaxe. A música, brutal; os silencios, envolventes, por veces, desacougantes; as miradas, hipnotizadoras, engaiolantes, tenras… Que capacidade de comunicar e de crear complicidades! Outramente, a nivel persoal, grazas, Óliver Laxe, por acollerme neste proxecto e por deixarme aportar algo eilí onde se afirma a miña vocación: o amor por esa nosa fala, polo noso galego. Na escolla do grupo actoral (anoxo a palabra "casting") non tuven muito éxito, é certo. Mais teño que dicir, moi axiña, que esa escolla foi afortunadísima. Quen mellor ca Benedicta e Amador pre faceren de Benedicta e de Amador?! Insuperables! Dende a miña intuición de simple afeccionado ó cinema, sen coñecementos técnicos nin muitas horas de butaca, intúo a grandeza global da obra. Confeso admirado que me encantan muitas cousas da "peli". Pero, máis aló dese valor de documento que recolle e reflicte esa esencia dun espazo e dun tempo prá historia, percibo e sinto no máis fondo do meu ser a poética e a forza das imaxes, que te posúen coma lóstregos de beleza. A omnipresencia, totémica, telúrica, abraiante ou aloumiñante, da paisaxe. A música, brutal; os silencios, envolventes, por veces, desacougantes; as miradas, hipnotizadoras, engaiolantes, tenras… Que capacidade de comunicar e de crear complicidades! Terra, auga, aire, lume… Persoas…Unha película local feita con talento e amor que acada a categoría de universal… Si, a ver se queimamos os complexos!Tamén quería determe un case nada nalgo que sempre me deu que cavilar: o poder determinante do azar. O meu pai chamáballe destino. Sempre deloucei e delouzo muito nisto. Quen lles había dicir a Benedicta e a Amador que lles había acontecer isto na vida… E a calquera das persoas, maioritariamente labregas, rurais, anónimas, que participaron na gravación da película. Que agasallos nos dá a vida ás veces… Outras, cornadas, é certo. Quen coñeza Son D´Aldea, ese rebumbio teatral popular en escenarios naturais que acontece unha vez ó ano en Palas de Rei, sabe da calidade e da capacidade que muitas persoas anónimas posúen prá interpretación. Sen formación específica algunha, máis aló da que a vida e o seu talento natural lles concedeu, son quen de expresar vivencias propias ou alleas de maneira tan natural e crible coma calquera actriz ou actor profesionais. Maxia pura. Pois isto mesmo se dá en O que arde, onde as e os intérpretes de máis peso, acompañadas con paciencia e con amor, actúan con tal solvencia que pasarían por profesionais do oficio. Pero a vida, o azar, o destino, levouas por outro camín… E, pre rematar, lembrar, por se alguén aínda non ol sabe, que o día 11 de outubro O que arde invadirá as pantallas dos cines galegos. E arderá Galicia. De orgullo e de beleza. E arderán complexos. Unha película de presuposto pequeno, rodada con actores e actrices que se puxeron diante dunha cámara por primeira vez, é capaz de namorar o mundo. Unha película rural que fala en galego, na súa variante oriental, propia do ámbito onde suceden os feitos, conquista a sensibilidade e a emoción de persoas de todo o planeta. Unha película local feita con talento e amor que acada a categoría de universal… Si, a ver se queimamos os complexos!Grazas, Óliver Laxe!
NOS_50418
O conselleiro de Sanidade sinala que a cifra de persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) "segue a ser alta" polo que as restricións para o sector continuarán.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, descartou este domingo unha próxima flexibilización das restricións horarias na hostalaría galega xa que, aínda que valorou o descenso dos casos activos de Covid-19, sinalou que a cifra de ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) mantense "alta". García Comesaña realizou estas declaracións nunha entrevista concedida á Radio Galega este domingo, e nela incidiu na necesidade de actuar con "moita prudencia" na adopción de medidas a pesar de que "a tendencia é boa". "Temos experiencias de anticiparnos ou de tomar decisións precipitadas", subliñou o conselleiro, que considerou que "todo o mundo prefire esperar un pouco máis en cada etapa" para evitar un novo aumento de casos. Así as cousas, insistiu en que hai que agardar para observar unha redución dos pacientes en UCI e corroborar que a reapertura da hostalaría na Galiza "non xera ningún incremento" de positivos e, deste xeito, "consolidar" a evolución da situación epidemiolóxica. O titular do departamento de Sanidade tamén considerou que o "lóxico" sería comezar a recuperar os niveis de restricións vixentes "antes de xaneiro", aínda que insistiu en que polo momento non está sobre a mesa ampliar os horarios de apertura da hostalaría, para o que será preciso esperar "un pouquiño". Vacinación e surto en Xinzo de Limia García Comesaña reiterou a previsión de finalizar a vacinación das persoas maiores de 80 anos no mes de maio e destacou a práctica finalización da vacinación de persoal e usuarios de residencias, nas que só permanecen pendentes algúns centros nos que se detectaron surtos ou aos que algunha empregada ou empregado empregado se incorporou con posterioridade. Preguntado sobre o surto detectado na residencia de maiores Santa Mariña Xinzo de Limia, cuxos usuarios están vacinados, detallou que a administración das doses "diminúe a mortalidade pero non evita ao 100% os contaxios". Respecto das medidas que deberán adoptarse en Semana Santa, defendeu a efectividade do rexistro de viaxeiros activado en Galicia noutros períodos vacacionais para facilitar a detección de positivos e reiterou a conveniencia de empregalo co colectivo universitario que estuden noutras comunidades e que regresen a Galiza
PRAZA_6161
Ortigueira e PortAmerica, no norte e no sur, no folk e no pop-rock, son os protagonistas desta fin de semana, pero no resto do verán aínda haberá moita música: Sinsal San Simón, Resurrectin Fest, Revenidas, Noroeste Pop-Rock...
O verán é tempo de festivais, aínda que polo de agora as condicións meteorolóxicas non acompañaran demasiado (como ben puideron comprobar as e os asistentes ao Festival do Norte hai dúas semanas, ou ao PortAmérica este venres). Precisamente o festival que se celebra en Nigrán é o gran protagonista musical desta fin de semana (esta noite con Calexico, Love of Lesbian, The Sonics ou El Columpio Asesino), xunto co Festival Celta de Ortigueira, que tamén se pecha esta noite con The Chieftains ou o Bellón Maceiras Quinteto. Atrás quedaron xa o Festival do Norte, o Reperkusion, a Romaria Pop, o FICH de Chantada, o Festival Oubeade, o Festival Vrao! ou o Surfing the Lerez, pero queda moito verán, moitos festivais e moita música. Moita festa. 19 de xullo. Festival Ribeiro Son de Viño. O Grove. La Habitación Roja, Caxade, Soledad Vélez... 24-25 de xullo. Festigal. Compostela. Nao, Sés, Festicultores, A Quenlla. 24-26 de xullo. Sinsal San Simón. Illa de San Simón. Cartaz secreto. 24-26 de xullo. Festival Antrospinos. Taragoña (Rianxo). Habelas Hainas, Caimán do río Tea, The Lakazans... 25 de xullo. OgroveJam Fest. O Grove. Juan Solo, Dj Laese... 25-26 de xullo. Festival Intercéltico do Morrazo. Moaña. Luar na Lubre, Susana Seivane, Budiño... 24-27 de xullo. Festival Jazz & Blues de Ribadeo. Ribadeo. Eric Sardinas, Nicholas Payton Trio, Joanne Shaw Taylor... 26 de xullo. ART FEST. A Guarda. Dorian, Sexy Sadie, Izal, Varry Brava... 26 de xullo. Nordestazo Rock. Malpica. Los Enemigos, El Drogas, Barón Rojo... 31 de xullo- 2 de agosto. Resurrection Fest. Viveiro. Megadeth, NOFX, Down... 1 de agosto. Festival Soundmede. Saumede (A Bola). Puma Pumku, Psychotic Acid Freek, Pantis... 2 de agosto. Sereas e Piratas. Praia de Razo (Carballo). Delorean, Nudozurdo, Trajano! Linda Guilala... 2 de agosto. Rock in Cambre. Cambre. Obus, Loquillo, Rosendo... 2-3 de agosto. Festival de Pardiñas. Guitiriz. Diplomáticos de Monte Alto, A Quenlla... 7-9 de agosto. Felipop. Limodre (Fene). Stragefruit, Kurt Baker, Combo Dinamo... 7-9 de agosto. Festival Brincadeira. Compostela. Gloria Gaynor, Fangoria, Guadalupe Plata, Pony Bravo... 8 de agosto. Festival Castelo Rock. Muros. Los Suaves, Machina, Agoraphobia, Terbutalina, O Caimán do río Tea... 8-9 de agosto. Noroeste Pop Rock. A Coruña. Madness, Love of Lesbian e Delafé y Las Flores Azules 9-10 de agosto. Arnette O'Marisquiño. Vigo. Berri Txarrak, We Ride, The Government, Gas Drummers... 15-16 de agosto. Arteficial. Ribadavia. Disco las Palmeras, Havalina, Def con Dos... 16 de agosto. V de Valarés. Praia de Valarés. We are Standard, Corizonas, Undertones... 20-23 de agosto. Paredes de Coura. Paredes de Coura (Portugal). Franz Ferdinand, Chvrches, Beirut, Cut Copy... 23 de agosto. Festival do Castro. Pantón. Korrontzi e Eskorzo. 22-24 de agosto. Revenidas. Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Sés... 5-6 de setembro. Minho Reggae. Praia de Goián (Tomiño) 12-13 de setembro. Osa do Mar. Burela. Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Guerrera, Músculo!... 12-14 de setembro. Wos Inc. Compostela. Uniconibot, Ensemble Economique, Jupiter Lion... 13-14 de setembro. Festival da Luz. Antonio Orozco, Spin Doctors, Sés, Kepa Junkera, Uxia, Quique González... 19-20 de setembro. SonRías Baixas. Bueu. SKA-P, Goran Bregovic, Reincidentes, Aphonnic...
NOS_2003
Atenderanse as necesidades, mais non será cunha unidade de quimioterapia de seu, como prometeran rexedor@s do PP, senón con especialistas que se desprazarán desde Lugo até Burela
O director de asistencia sanitaria do Sergas, Félix Rubial, quen foi director médico do Hospital da Costa, confirmou xa que este centro público non disporá de servizo propio de oncoloxía. As súas declaracións, realizadas nunha xuntanza mantida en Compostela con médic@s burelenses, veñen desmentir o defendido en reiteradas ocasións pol@s rexedor@s do PP na comarca mariñá e polo propio PP da Mariña, quen saíu ao paso das mobilizacións da Xunta de persoal en contra do desmantelamento desde hospital. Sostiñan que as obras de ampliación orzamentadas, por valor de 50 mil euros, permitirían habilitar unha área para tratamentos con quimioterapia sen que @s enferm@s tivesen que se desprazar até Lugo. Crear unha unidade de quimioterapia requiriría de máis espazo; da contratación de "polo menos" dúas oncólog@s; máis persoal de enfermaría, auxiliares, especialistas neste tratamento e persoal de laboratorio; e da ampliación física do servizo de farmacia para lle dar cabida ás cabinas de fluxo laminar. Así o sinalou a Xunta de persoal. Malia non negaren estes requisitos, desde o PP da Mariña recoñecían que, efectivamente, cumpría máis espazo, mais que tal necesidade ficaría cuberta após acometer as obras de ampliación do hospital. Con todo, segundo valoracións da plataforma SOS Sanidade A Mariña, o orzamento aprobado "non abondaría nin para unha campá de fluxo laminar".
NOS_49293
Activistas bretóns recolleron xa 95.000 firmas, a 5.000 do limiar a partir do cal poden pedir que se faga unha consulta. Queren que a cidadanía opine sobre a reunificación do país bretón, divido actualmente.
Un referendo para que o Loira Atlántico poida reunifircarse con Bretaña, da que historicamente fixo parte. Actualmente, Breizh está divida entre as 'rexións' de Bretaña e Loira. Esa é a finalidade que move desde hai tempo un movemento popular en Bretaña que defende a reunificación do país bretón e maior autogoberno. Ao longo deste tempo teñen organizado manifestacións (con participación nalgunha de máis de 30.000 persoas, como a de 2014 en Nantes), consultas populares e tamén impulsaron unha recollida de sinaturas para lograr 100.000 firmas. A lexislación establece que se unha petición vai apoiada pola décima parte dos electores dun departamento, poden solicitar á asemblea que se realice unha consulta sobre o tema. No Loira Atlántico hai 993.000 votantes rexistrados, de aí que o movemento proreunificación pulase por reunir 100.000 sinaturas nese departamento. E xa levan recollidas máis de 95.000, no que consideran un éxito. Lembran que 95.000 apoios é, con diferenza, a petición máis apoiada nun depatamento. Segundo o recoñecido activista bretón Yann Choucq, a reunificación é a pedra chave sobre a que construír a soberanía do pobo bretón e poder facer unha outra política, centrada nas maiorías sociais do país bretón. O movemento pola reunificación quer impulsar dinámicas de base e populares sen agardar polas institucións, por entender que nun Estado tan centralizado coma o francés esas institucións están ao servizo da 'grandeur' francesa e non do pobo bretón.
NOS_51814
Emprazan as forzas "progresistas" galegas a unha "reflexión honesta" para construír unha "alternativa" que gañe a Feixoo
En Marea pide ás "forzas progresistas galegas" que se "comprometan inmediatamente" coa formación dun novo goberno no Estado español, "pechando as portas [...] a calquera especulación dunhas terceiras eleccións". Aliás, emprazan esas mesmas forzas a "unha reflexión honesta sobre o horizonte electoral galego, para construír unha alternativa capaz de derrotar a Feixoo e abrir unha primavera social e galeguista en 2020". Advirten que este domingo PP volveu ser primeira forza na Galiza e que a "falta de unidade" na esquerda "resta atractivo electoral". Uns chamamentos que En Marea fai, afirma nun comunicado, "coa lexitimidade que nos dá como forza política ter adoptado a decisión de non concorrer puntualmente a estas eleccións xerais para evitar un fraccionamento do voto progresista galego que puidese propiciar o avance das dereitas na Galiza".
PRAZA_5977
O Teatro Principal de Compostela acolle este xoves un recital dedicado ao cantautor, no que intervirán João Afonso, Fanhais e Freire, Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía, Narf e a Orquestra Valdeorras. O 25 de xuño de 1976 Benedicto e Bibiano ofreceron o simbólico concerto do pavillón de deportes da Coruña.
O 25 de xuño de 1976 Benedicto e Bibiano ofreceron no pavillón de deportes da Coruña un dos concertos con máis carga simbólica de toda a década dos setenta en Galicia. Era unha homenaxe a Santiago Álvarez, secretario xeral do PCG e preso en Carabanchel xunto a Santiago Carrillo e outros líderes comunistas. A gravación do recital foi de inmediato editada clandestinamente en cassette polas Xuventudes Comunistas co título Homenaxe a Santiago Álvarez, e recuperada anos máis tarde en outras dúas edicións, a máis recente a publicación da A Regueifa Plataforma en 2006. O Teatro Principal acollerá un recital dedicado ao cantautor, no que intervirán João Afonso, Fanhais e Freire, Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía Senlle, Narf e a Orquestra Valdeorras Este xoves, 38 anos despois, o Teatro Principal, en Compostela, acollerá un recital dedicado ao cantautor, no que intervirán João Afonso, Fanhais e Freire, Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía Senlle, Narf e a Orquestra Valdeorras. O acto, que comezará ás oito da tarde, vén precedido da publicación Benedicto. Polo mar da liberdade, a cargo da Fundación 10 de marzo, unha obra que reúne dedicatorias e recordos de amigos escritores, profesores, políticos e compañeiros, ademais de numerosas fotografías, debuxos e pinturas de artistas galegos e un disco con imaxes e gravacións musicais. Benedicto García Villar, nacido en Santiago de Compostela en 1947, foi un cantautores máis destacados da súa xeración, vencellado a Voces Ceibes. Por suposto, participou no recital que o 26 de abril de 1968 deu inicio ao movemento, no Paraninfo da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. A súa voz decidida e súa a guitarra belixerante cantaban "loitemos, loitemos, que a lúa segue brilando". Había fame de liberdade, e cando Benedicto cantou: "Fuco Buxán, non sintes que na Iberia feden a podre os homes e as paisaxes" a sala rompeu a forza de aplausos. En 1972 Benedicto traba amizade con José Afonso, que a instancias do cantautor galego actúa en maio en Compostela, onde estrea o seu Grândola, vila morena. Nos anos seguintes José Afonso e Benedicto actuarían xuntos en numerosas ocasións. Voces Ceibes desfíxose como tal grupo en 1974, pero Benedicto seguiu cantando. En 1977 edita Pola Unión, e en 1979 Os nomes das cousas, pero coa chegada dos oitenta comeza a abandonar pouco a pouco a música, coincidindo co final do tempo dos cantautores. Benedicto foi, tanto ou máis que músico, mestre, sindicalista e activista social, un activismo que nunca abandonou. O "está caendo toda a túa dentadura" (cantada polo público como ditadura) de Can de Palleiro conseguía eludir a aínda moi presente censura e botaba abaixo o teito do recinto A homenaxe deste xoves coincidirá co aniversario do famoso concerto da Coruña con Bibiano. Un recital que se viviu coa tensión e a emoción dun tempo aínda de ditadura, seis meses despois da morte de Franco e un ano antes das primeiras eleccións. O "está caendo toda a túa dentadura" (cantada polo público como ditadura) de Can de Palleiro conseguía eludir a aínda moi presente censura e botaba abaixo o teito do recinto. O mesmo que os berros de "amnistía e liberdade" ou a canción dedicada a "Amador e Daniel". O propio Benedicto describiu o ambiente vivido aquel día: "ademais dos espectadores que enchían as gradas e boa parte do patio de butacas, había un cordón de uniformados que non pagaran entrada e que rodeaban, esta vez sen cabalos, a tódolos asistentes. Nun momento do acto un mozo sae de entre o público das gradas cunha bandeira, non lembro se roxa ou tricolor, e inicia unha carreira cara o escenario onde Bibiano e máis eu mantiñamos un acorde rítmico coas guitarras en espera de inicia-lo canto de "Amador e Daniel". Os policías de paisano preparados no patio de butacas lánzanse sobre o rapaz. Nese instante o graderío vense abaixo de berros e asubíos. Os polis desisten e o rapaz coloca a bandeira no escenario. Nós seguímo-la cantarela, logo doutra tanda de berros".
NOS_33719
A manifestación convocada pola CIG pon en valor a loita "heroica" da clase traballadora naquel ano cuns valores que teñen "plena vixencia" na actualidade, dixo o secretario xeral da central sindical, Paulo Carril.
Centos de delegados e delegadas da CIG manifestáronse esta quinta feira polas rúas de Vigo, no marco dos actos reivindicativos polo 50 aniversario da folga de 1972, para reivindicar o "espírito" dos homes e mulleres que se ergueron contra a ditadura naquel momento, cuns valores que teñen "plena vixencia" na actualidade, precisaron. En declaracións aos medios antes do inicio da marcha, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, subliñou a importancia daquela folga como "xerme" do nacemento desta confederación sindical, e tamén imprescindíbel para "entender a historia contemporánea do movemento obreiro galego". Segundo expuxo, tras os actos de marzo en Ferrol, a central nacionalista levou a cabo outras actividades ao longo do ano, entre elas a presentación dun documental ou a manifestación desta quinta feira. Tamén está previsto que se proceda, "en próximas datas", á instalación do monumento sufragado pola CIG para lembrar a folga de hai 50 anos, e que se situará no monte do Castro. Os rostros da represión toman ás rúas Paulo Carril subliñou que a loita "heroica" da clase traballadora en 1972 ten "toda a vixencia" no actual "momento crítico", debido á carestía da vida e os efectos "devastadores" das reformas laborais. Por iso, pediu tela "presente" para manter as mobilizacións e "pór freo á precariedade". A respecto diso, volveu reclamar aos gobernos un "plan de choque", con medidas urxentes para reverter esa precariedade laboral e a pobreza dos obreiros, entre as que debe haber accións de "intervención pública" en sectores estratéxicos como o financeiro ou o enerxético, dixo. Entre os participantes na manifestación estivo Xesús Chaves Fandiño, militante por entón de Organización Obreira e traballador da planta de Citroën Hispania —hoxe Stellantis—. Chaves reivindicou o papel dos obreiros na folga, demostrando "unha conciencia de clase moi grande e unha gran solidariedade". Xesús Chaves, dirixente de Organización Obreira: "As folgas foron chave para creación do SOG e da CIG" Ao seu xuízo, a folga do 72, que se iniciou precisamente tras o despedimento de varios operarios da fábrica automobilística, demostrou á patronal e ao réxime que a Galiza non era "o pobo submiso que eles pensaban". "A clase traballadora galega sempre se levantou contra a opresión e a inxustiza, e esa segue sendo nosa mellor ferramenta para defender os nosos dereitos", aseverou. Finalmente, sobre o conflito de hai 50 anos, lembrou que Citroën Hispania pretendeu dar un "escarmento exemplar" aos obreiros —que protestaban naqueles días para lograr unha xornada semanal de 44 horas— pero "non mediu o suficiente" a resposta que tería por parte da clase traballadora.
NOS_48937
Arredor de mil persoas tocarán este fin de semana en Compostela, no VI Certame Galego de Bandas que terá lugar do venres 16 ao domingo 18 no Auditorio de Galiza, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.
A vitalidade da música de bandas no país quedará á vista neste fin de semana, cando en Compostela se reúnan arredor de mil músicos e músicas para partillar do VI Certame Galego de Bandas. Durante tres días desenvolverase un programa de concertos coas bandas clasificadas en tres seccións, segundo o número de participantes.Fallarase tamén o Concurso de Composición e a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, composta por músicas e músicos das distintas bandas da Federación encargarase de estrear as obras gañadoras desta edición. Máis información no n. 24 de Sermos Galiza e na páxina web da Federación Galega de Bandas .
PRAZA_15733
O pasado mes de setembro a CUT alertou dunha débeda coa Seguridade Social de catro millóns de euros e o propio director xeral do ente recoñeceu no Parlamento que eses incumprimentos superaban os 1,6 millóns
A CRTVG aceptou este venres en Inspección de Traballo corrixir as bases de cotización do seu persoal, despois de que o pasado mes de setembro a CUT denunciara importantes irregularidades e unha fraude que podía superar os 4 millóns de euros. O propio director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, recoñeceu en sede parlamentaria unha débeda de 1.600.000 euros, declaración que posibilitou o inicio dunha serie de conversas entre denunciante e denunciada. O propio director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, recoñeceu en sede parlamentaria unha débeda de 1.600.000 euros O problema nas liquidacións da empresa coa Seguridade Social procedía da inobservancia do Real Decreto 8/2010, xunto con outros incumprimentos, que provocaron unha merma nas cotizacións que nalgúns casos acadaron os 600 euros mensuais. Na xuntanza mantida esta mañá polas dúas partes aprobáronse cinco criterios de restauración da legalidade que precipitarán a liquidación das cantidades debidas ao persoal nos próximos 6 meses, sen necesidade de reclamacións xudiciais. Varios incumprimentos provocaron unha merma nas cotizacións que nalgúns casos acadaron os 600 euros mensuais A través deste acordo a empresa recoñece o dereito do persoal a manter as bases de cotización existentes en maio de 2010 en todos os supostos que contempla a lei, e comprométese a realizar as liquidacións complementarias non practicadas no seu día das persoas que viron a súa antigüidade recoñecida por sentenza xudicial. Así mesmo, devolveranse as contías da cota obreira indebidamente detraídas durante o 2015 nun intento fallido de regularización unilateral empresarial. A empresa comprométese tamén a un recoñecemento certificado desa falta de cotización para que as traballadoras e traballadores que viron mermadas as súas prestacións que hoxe por hoxe xa non cubre a Seguridade Social poidan reclamar a diferenza sen procesos xudiciais inútiles. Finalmente, daráselle igual trato ao persoal fixo que ao persoal das listas de contratación con concatenación de contratos, coa convicción ética e xurídica de que a temporalidade non pode ser baixo ningunha condición motivo de discriminación na cotización á seguridade social. A partir deste recoñecemento, as traballadoras e traballadores que acceden ou accederon a prestacións neste período pasarán a cobrar estas conforme á legalidade, recuperando unha perda económica "que repercutiu directamente na súa economía, e polo tanto, na súa calidade de vida", sinala a CUT. As traballadoras e traballadores que acceden ou accederon a prestacións neste período pasarán a cobrar estas conforme á legalidade O sindicato salienta, finalmente, que con este acordo se "pecha un ciclo de conflito onde as dúas partes sumaron paciencia e razón para superar as diferenzas e acordar en favor da dignidade das traballadoras e traballadores". "Saudamos todo o esforzo investido en chegar a acordos que favorecen unhas relacións laborais baseadas na confianza e a boa fe", engade.
NOS_57474
O ex presidente da Generalitat, Quim Torra, tivo tempo de visitar aos independentistas que están na prisión. No seu primeiro día de actividade despois da súa inhabilitación por parte do Tribunal Supremo, tamén conversou cos líderes soberanistas que fican fóra de España.
O ex presidente da Generalitat desde esta segunda feira -tras coñecerse a decisión do Tribunal Supremo de inhabilitalo-, Quim Torra, reuniuse hoxe coa ex presidenta do Parlament Carme Forcadell e a ex consellera Dolors Bassa para falar da súa situación e da realidade actual de Catalunya. Após o encontro coas dúas políticas (que teñen o terceiro grado penitenciario) no Palau de Pedralbes, Torra afirmou que o independentismo non se vai render até lograr que o país sexa unha república. "Aquí non se rende ninguén, aquí non se detén ninguén, seguiremos até a liberdade de Catalunya", subliñou ante os medios. Mais alá do que lle toca directamente polo sucedido onte, loou ás súas compañeiras por "non ter medo" e por ter "coraxe" ante esta situación tan complexa. Pola súa parte, Forcadell trasladou o seu apoio a Torra ante a sentenza do Supremo, que considera unha "inxustiza moi grande". Na súa opinión, é "un paso máis neste camiño da represión" e exixiu que se faga unha amnistía. Dolors Bassa acusou ao Estado de "abusar" da súa autoridade e alertou de que unha inhabilitación como a que pesa sobre o que era presidente da Generalitat "debería ser inimaxinábel en calquera país en democracia". Outras reunións A xornada tamén foi aproveitada para facer unha visita ao resto de dirixentes independentistas que están en prisión. Así mesmo, Torra falou cos líderes soberanistas no estranxeiro, entre eles o que foi o seu predecesor, Carles Puigdemont. Ao falar con eles a través dunha vídeo conferencia, falou da "inxustiza" de que poidan ser libres pero non volver a España. "Quen ten o problema, España ou Europa?", preguntouse.
PRAZA_3980
O Goberno central prorroga dous meses a prioridade do teletraballo e permite ERTE en empresas de servizos esenciais nun novo decreto lei. A Xunta avala ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores nun expediente temporal que aínda non cobraran a prestación.
O Consello de Ministros aprobou este martes un novo paquete de medidas económicas con varias novidades no eido laboral. No real decreto lei inclúense algunhas ben reclamadas por sindicatos, como o acceso á prestación por desemprego das persoas despedidas durante o período de proba dos seus contratos durante esa crise polo coronavirus. Ademais, prorrógase a prioridade do teletraballo e recóllese a posibilidade de que empresas de servizos esenciais poidan facer ERTE sobre aquela parte do cadro de persoal que non cumpre con esas tarefas. Por outra banda, Feijóo asegurou ete martes que a Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraran as prestacións do Goberno central, que serán abonadas, segundo o Ministerio de Traballo, o vindeiro 3 de maio para todos aqueles traballadores pendentes. A Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraran as prestacións do Goberno centralA medida chega, segundo di a Xunta, "despois de que o Executivo galego leve semanas pedindo ao Goberno de España que axilice o pago das prestacións aos traballadores, máis de 200.000 afectados por ERTE no país. E tamén logo de que o Goberno autonómico se acollese á flexibilización de prazos para tramitar estes expedientes, tal e como informou eldiario.es."Hai miles de familias que aínda non cobraron e necesitan liquidez", dixo Feijóo, que avanzou un acordo coas entidades financeiras para que os traballadores poidan solicitar un anticipo das súas prestacións de forma inmediata, de xeito que a Xunta avalará 1.500 euros por traballador, cun tope mensual de 750 euros.Ademais desta medida, o paquete do novo decreto lei do Goberno central inclúe estoutras medidas laborais. Paro para despedidos en período de probaSegundo explica o Ministerio de Traballo, permítese "acceder á prestación ás traballadoras e traballadores cuxo contrato se extinguiu durante o período de proba, desde o 9 de marzo". Era unha medida moi reclamada ao ser un tipo de despedimento moi frecuente durante a crise pola pandemia. O Goberno central permite "acceder á prestación ás traballadoras e traballadores cuxo contrato se extinguiu durante o período de proba, desde o 9 de marzo"Tamén "se permite acceder á prestación aos traballadores que deixara un emprego para acceder a outro que non chegou a materializarse a raíz da crise". Era outra das situacións máis denunciadas polos sindicatos e persoas afectadas. Fixos discontinuosO mesmo Ministerio explica que tamén se habilita "unha maior protección para os traballadores que teñen un contrato fixo discontinuo" para que poidan incorporar se aos ERTE e poidan percibir prestacións por desemprego aínda que esgotasen o seu dereito a cobralo. Refírese a casos como os de moitos empregos de temporada que empezan nesta altura e traballan só uns meses, como no turismo. Aínda que xa fora regulado que terían dreito a esta prestación de 90 días, aídna que consumisen o paro ou tivsen o mínimo cotizado, houbo problemas de acceso á prestación que queren ser amañados cun decreto lei que inclúe máis supostos. ERTE en empresas de sectores esenciaisO decreto lei recolle a "posibilidade de acollerse a ERTE por parte da actividade que non estea afectada por ese carácter esencial". Só afecta, aclara Traballo, a aquela parte das actividades esenciais que as autoridades sanitarias permitisen reducir. As empresas de sectores esenciais poderán acollerse a ERTE na actividade que non estea afectada por ese carácter esencialMedidas para as cooperativasPermítese que durante a crise as cooperativas flexibilicen os fondos cooperativos para "poder facer fronte ás dificultades de funcionamento orixinadas polo virus". Ademais, desenvólvese tamén a "flexibilización das esixencias de constitución e funcionamento das sociedades laborais". Prórroga á prioridade do teletraballo"Prorrógase durante dous meses máis o carácter preferente do traballo a distancia", explica o Ministerio de Traballo respecto dunha das medidas fundamentais para manter a actividade produtiva durante a crise. A idea, como desde o inicio do estado de alarma, é conseguir que sexa prioritario traballar desde a casa "fronte ao cesamento temporal ou a redución da actividade", tal e como se decretou o 17 de marzo. O carácter preferente do traballo a distancia prorrógase durante dous mese máis, ao igual que a posibilidade de acollerse a medidas para conciliarPrórroga das opcións para conciliarTamén se prorrogan dous meses os dereitos de adaptación do horario e a modalidade de traballo e da redución de xornada --de ata un 10%-- para coidar persoas dependentes, o denominado Plan Mecuida. O obxectivo era e é o de paliar o peche de centros educativos e outros que dan servizo a xente da terceira idade. Reforzo da Inspección de TraballoO Goberno central decide "reforzar os mecanismos da Inspección de Traballo e Seguridade Social para perseguir aqueles RETe que poidan resultar fraudulentos". Desta maneira, intensifícanse os mecanismos de control e sanción para "evitar casos de fraude nunha situación de crise sanitaria". Ademais, tal e como adiantou a ministra Yolanda Díaz, unha vez que pase a emerxencia sanitaria revisaranse "un a un" todos os expedientes temporais aprobados.Aprazamento no pago de alugueiro de locaisAlén destas medidas laborais, o Goberno cetnral aprobou tamén medidas extraordinarias para o pagamento dos alugueiros de locais. Dirixida a autónomos, profesipnais e pemes "cuxa actividade económica se suspendese ou reducise drasticamente", beneficiará máis de 222.000 inmobles no conxunto do Estado. Os inquilinos de locais comerciais poderán solicitar unha moratoria no pagamento das rendas; o alugueiro non pagado poderase abonar nun prazo de dous anosNon supón a suspensión das mensualidades, pero si que os afectados poidan solicitar aos caseiros unha moratoria das rendas. As condicións cambian segundo o tipo de arrendador. No caso de que o propietario sexa unha empresa, unha entidade pública de vivenda ou un gran arrendador, o inquilino pode solicitar unha moratoria, que se aplicará de maneira automática e que durará o que dure o estado de alarma, as súas prórrogas e, de ser necesario, ata catro meses máis. O propietario non poderá aplicar intereses nin penalizacións e o alugueiro que non se pagase abonarase mediante o fraccionamento de cota nun prazo de dous anos.
NOS_31708
Da AP9 á tarifa eléctrica galega, de novas transferencias a un financiamento xusto con Galiza ou o traslado de ENCE. O nacionalismo expón as prioridades que se propón defender no Congreso.
O BNG presentou en Compostela o seu programa electoral para as eleccións do 28 de abril, un programa que sintetiza en 15 compromisos "cos galegos e coas galegas" para defender no Congreso de obter representación. "15 compromisos para frear a discriminación o noso país e garantir que non van gobernar as dereitas españolistas, para poñer sobre a mesa unha axenda a favor de Galiza que acabe co agravio das forzas estatais e para ser freo á recentralización política e a involución democrática, dúas caras da mesma moeda", resumiu a portavoz nacional, Ana Pontón. Nun escenario, dixo, sen maioría absolutas, no que cada voto conta, o voto ao BNG pode ser determinante para que Galiza sexa "decisiva". "Témolo claro: inclinaremos a balanza do lado de Galiza e dos valores de progreso e das liberdades", indicou Pontón. Os 15 compromisos que asume o Bloque empezan pola defensa de Galiza como nación e do recoñecemento da plurinacionalidade do Estado. Propón unha negociación bilateral co Estado para o traspaso de competencias, con dúas prioridades: AP9 e tráfico e seguridade viaria. Outro compromiso é a tarifa eléctrica galega para reducir a factura da luz en 30% e unha tarifa electrointensiva para garantir o futuro de Alcoa, Ferroatlántica e de todos os empregos ameazados polo custe enerxético. O saneamento das rías e o traslado de ENCE forman parte do programa nacionalista, así como o pago da débeda de dependencia de 188 millóns de euros que o Estado ten con Galiza. En materia de financiamento está a defensa dun novo sistema de financiamento autonómico que, a través dun concerto económico, permita recadar a totalidade dos recursos, determinar o seu destino con plena autonomía de gasto e deseñar unha fiscalidade que cumpra o criterio de progresividade. Tamén pide reclamar do estado un Plan plurianual de 2.000 millóns de euros ao longo da próxima lexislatura para "compensar a Galiza polos recortazos de PP e PSOE nas contas xerais". A modernización do transporte ferroviario, a devolución do patrimonio espoliado polo franquismo, como o Pazo de Meirás, a Casa Cornide e as esculturas de Isaac e Abraham; e a promoción da lingua galega por parte das estruturas culturais e dos medios públicos estatais.
NOS_46540
Italia, Países Baixos, Noruega, Francia e Alemaña son as cinco paradas do ministro de Exteriores chinés no seu periplo europeo. A loita contra a Covid, o desenvolvemento europeo, as relacións Beijing-Bruxelas e o multilateralismo mundial son os catro temas declarados. Mais na mesa tamén está Huawei e o 5G.
O conselleiro de Estado e ministro de Asuntos Exteriores da China, Wang Yi, iniciou na terza feira en Italia unha xira por cinco Estados da UE, que o levarán a visitar tamén os Países Baixos, Noruega, Francia e Alemaña até o 1 de setembro. Esta é a súa primeira saída ao estranxeiro desde a aparición da Covid-19 e dáse nun momento en que a economía chinesa se está a recuperar con forza tras o período de confinamento. Antes de partir de Beijing, informa a axencia de noticias Xinhua, Wang enunciou os obxectivos principais: "continuar a loita contra a Covid-19 xunto ao continente europeo, apoiar a unidade e o desenvolvemento da rexión, promover as relacións China-Europa e impulsar a paz e o desenvolvemento mundiais". Como pano de fondo, a crecente tensión entre Washington e Beijing, e como meta máis concreta a adxudicación de contratos para a tecnoloxía 5G. A presión estadounidense está a provocar que Huawei, o xigante chinés das telecomunicacións, estea a ser deixado de lado en Europa. O pasado 13 de agosto entrou en vigor o veto dos EUA a Huawei, tras caducar as últimas prórrogas concedidas durante o último ano informou The Washington Post. En Europa, Alemaña decidirá o destino de Huawei en setembro; e en concordancia coa posición estadounidense, o Goberno británico prohibiu xa a compra de novos equipos da compañía a partir do próximo mes de decembro. Entrada por Italia Non é casualidade que o Reino Unido non figure no periplo de Wang Yi. Como tampouco é casualidade que o inaugurase Italia, o único país da lista integrado oficialmente no proxecto de infraestrutura chinesa das "Novas Rutas da Seda" ou "Iniciativa da Faixa e da Ruta". En marzo de 2019, o Goberno de coalición do Movemento 5 Estrelas e da Liga asinou un acordo de adhesión ao proxecto. Foi o primeiro dos países do G-7 e o maior dos Estados da UE en facelo (tamén o subscribiron Portugal, Grecia e Luxemburgo). O Global Times, xornal de temática internacional dependente do Diario do Pobo, a respecto da viaxe de Wang a Italia destacou este feito, ademais do envío de axuda médica por parte da China durante a crise sanitaria. O periódico recolleu tamén a análise de Cui Hongjian, director do Departamento de Estudos Europeos do Instituto da China para Estudos Internacionais. Considera que "malia Telecom Italia excluír recentemente o xigante tecnolóxico chinés Huawei do abastecemento de servizos 5G, foi unha decisión comercial que non politizou o asunto". "Isto foi en contraste ao Reino Unido e aos EUA, onde a exclusión de Huawei foi considerada como unha decisión política, ao ligar Huawei con preocupacións en materia de seguridade", engadiu. Para o ministro de Exteriores italiano, Luigi Di Maio, "foi unha reunión frutífera", segundo declarou na conferencia de prensa conxunta posterior. Engadiu que debateran como "relanzar a nosa colaboración estratéxica desde o punto de vista económico e industrial". Relación secular A actual relación bilateral responde, segundo os analistas, á profunda insatisfacción de Roma con Bruxelas. Mais a atracción italiana cara a aquelas latitudes vén de vello. Remóntase ao século XIV, coa publicación de Il Milione, do viaxeiro veneciano Marco Polo. A conexión segue con Matteo Ricci, misioneiro xesuíta, que elaborou na China en 1602, a petición do emperador Wanli, o primeiro mapamundi que incluía territorios de Europa, África e América. E xa no século XX, a Italia fascista e o Goberno Nacional da China continuaron afondando nas relacións. Na actualidade, Beijing ve en Italia a porta de entrada para mellorar a súa percepción en Europa. Tanto no continente como no resto do mundo non logra ser visto como un país atractivo. O conflito en Hong Kong, a ollos occidentais, non axuda. Tampouco os oficialmente chamados "centros de educación e formación profesional" de Xinjiang, os campos de internamento da minoría musulmá uigur que operan desde 2014 co fin ─argumenta Beijing─ de combater o extremismo islámico. En xullo de 2019, 22 países, incluídos Alemaña, España, Francia, os Países Baixos e o Reino Unido, entre outros países da UE, enviaron unha carta ao Consello dos Dereitos Humanos da ONU instando a China a fechar estes campamentos. Italia non estaba entre os países asinantes. O sentimento antichinés continúa a medrar en Occidente e nas súas rexións de influencia Un artigo da Academia de Ciencias da China, que saíu á luz a pasada primavera e que se titula Como responder mellor aos ataques contra a China, evoca "a hostilidade" que este país esperta na actualidade na maioría de Occidente. Tamén outro informe do Centro de Investigación de Seguridade do Estado considera que o sentimento antichinés no mundo nunca foi tan alto desde os sucesos de Tiananmen no ano 1989. Ademais, segundo unha enquisa realizada en 2019 polo Pew Research Center, os EUA teñen unha mellor imaxe que China en 21 dos 30 países analizados. En Asia e no Pacífico, Beijing é visto máis como unha ameaza que como un aliado. Isto a pesar de que, segundo recolle o Observatorio de Política Chinesa en base aos datos oficiais publicados esta semana, o investimento directo non financeiro da China nos países da Faixa e da Ruta ascendeu a 10.270 millóns de dólares nos primeiros sete meses deste ano 2020, un incremento interanual total de 28,9%.
NOS_20129
Lista Forbes: Escotet entra na lista, cun patrimonio de 2.500 millóns de euros.
Forbes publica esta terza feira a súa lista sobre as 100 grandes fortunas do Estado español e nela continúa no cumio Amancio Ortega, cunha fortuna de 67.000 millóns de euros, 10.000 millóns máis dos que tiña no ano pasado, 2020. Inditex está tamén na explicación da segunda fortuna no ranking de Forbes: a de Sandra Ortega, filla de Amancio e que suma 6.300 millóns de euros de patrimonio. 700 millóns máis que hai un ano. E a gran novidade desta lista é o o dono de Abanca, Juan Carlos Escotet, que Forbes sitúa como a quinta maior fortuna no Estado español, con 2.700 millóns de euros. Por diante del, ademais dos xa mencionados Ortega pai e Ortega filla só está o presidente de Ferrovial, Rafael del Pino, con 4.100 millóns de euros de fortuna: e Juan Roig, presidente de Mercadona, con 3.700 millóns. Galiza vai camiño de ter 8.000 persoas que poden ser consideradas, oficialmente, ricas. É dicir, que teñen que pagar o Imposto de Patrimonio, que é ese que asumen aqueles e aquelas persoas que atesouran un patrimonio superior a 700.000 euros e outros 300.000 de vivenda. Na Galiza hai unha persoa rica por cada 350 habitantes. O país cos salarios e as pensións máis baixas é tamén terra dalgunhas das fortunas máis importantes. Estamos en perto das 8.000 persoas ricas residindo aquí, cando en 2011 a cifra que integraba esa listaxe de afortunados non chegaba a 7.200 Salarios O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza case cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas. Unha fenda que, en diñeiro, é de case 59.000 euros anuais: 58.994. Son datos do estudio da escola de negocios Eada e ICSA e no que se constata que os salarios dos directivos aumentaron nestes anos a respecto dos ingresos dos traballadores e traballadoras. O informe analiza a evolución dos salarios entre 2007 e 2020. A retribución media dun directivo en Galiza é en 2020 de 81.125 euros (era de 76.229 en 2018). Os mandos intermedios ingresan de media 40.494 euros anuais e os empregados 20.131 euros, case 6% menos que a media española. Así pois, se o salario medio dun empregado galego é igual a 100, o dun directivo en Galiza sería de 366. Unha diferenza semellante á que se rexistra no conxunto do Estado español, onde sería de 100 a 365; mais moi lonxe da media na UE, onde esa fenda é menor. Na Galiza o salario medio por hora situouse en 8,6 euros en 2019, polo que experimentou un incremento de menos de un euro en sete anos, se se analiza a serie histórica que publica esta sexta feira
PRAZA_16750
ENTREVISTA | Belén Suárez Fernández, profesora no Departamento de Socioloxía e da Comunicación da Universidade da Coruña, interveu este mércores na Semana de Filosofía de Pontevedra, onde analizou as actitudes da sociedade galega ante os novos procesos migratorios
Profesora no Departamento de Socioloxía e da Comunicación da Universidade da Coruña, Belén Suárez Fernández foi premio extraordinario da mesma pola súa tese sobre políticas de integración de inmigrantes. Este mércores interveu en Pontevedra na XXXV Semana Galega de Filosofía, que este ano xira ao redor da Filosofía e o Común. Suárez, membro do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI) e do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da UDC, falou de "A integración da alteridade á galega: inmigrantes en territorio migratorio". Suárez parte da idea de que Galicia é "un territorio de superdiversidade migratoria", un cruce de camiños entre un pasado e presente migratorio A partir da idea de que Galicia é "un territorio de superdiversidade migratoria", un cruce de camiños entre un pasado e presente migratorio, Suárez analizou as actitudes da sociedade galega ante os novos procesos de emigración e inmigración. Unha emigración que sempre é un acto político, defendeu citando o sociólogo franco alxerino Abdelmalek-Sayad: "Emigrar é un acto político porque supón o traspaso de fronteiras, obriga á sociedade a se pensar a se mesma e materializa que esas persoas que atravesan as fronteiras non se renden á realidade dos seus distintos países e arelan o que todos: un mundo mellor". Falas de Galicia como "un territorio de superdiversidade migratoria", no que se superpoñen procesos de saída e de chegada ao longo de varias xeracións... Si, Galicia é un caso destacado de superdiversidade migratoria, onde conflúen a vella emigración a Latinoamérica e Europa, a posterior migración de retorno e, posteriormente, ao igual que outros países da contorna, unha inmigración económica sen outras conexións con Galicia, que chega para ocupar postos en determinados nichos laborais. E, por último, a existencia motivada pola crise económica global de novos fluxos de emigración de moitas mozas e mozos, tanto ao estranxeiro, como cara a cidades globais como Madrid ou Barcelona na procura de mellores oportunidades laborais, e que implica un baleirado de xente nova no país. "Existe unha visión idílica de como foi esa emigración galega de hai unhas décadas: que eles ían traballar alí e nada máis. Nesa visión esquécese, por exemplo, que moitos galegos emigraron sen papeis a Alemaña" Esta realidade, que necesariamente marca a sociedade galega, inflúe nunha mellor percepción do proceso inmigratorio actual, en actitudes máis positivas ante el? Sabemos pouco sobre iso. O último barómetro que fixo a Secretaría Xeral de Emigración, no ano 2011, vén dicir que os galegos e galegas asocian inmigración con traballo, seguramente porque existe unha visión idílica de como foi esa emigración galega de hai unhas décadas: que eles ían traballar alí e nada máis. Nesa visión esquécese, por exemplo, que moitos galegos emigraron sen papeis a Alemaña. E esa visión leva a que mentres haxa emprego a presenza dos inmigrantes é entendida como lexítima, pero se non o hai parece que a conclusión é que deberían marchar. Outra cuestión é a percepción da mobilidade social ascendente nas últimas xeracións, que leva a percibir unha distancia social en relación coa inmigración que nós recibimos aquí, entendendo o noso pasado migratorio como distinto, ordenado, fronte a unha visión da inmigración actual como máis desordenada ou vinculada a estereotipos. Todos estes factores impiden que o noso pasado migratorio se traduza en maior empatía ou tolerancia cara á inmigración actual. Existe un déficit de investigación e de reflexión en Galicia sobre o fenómeno migratorio, a pesar da importancia social que tivo durante varias xeracións? É necesario contextualizar isto no feito de que Galicia é un país que en xeral se ten desinteresado pola investigación, cando menos no que respecta ás súas políticas autonómicas. A última convocatoria de subvencións para investigación, que permitiu traballar dende a UDC cuestións relacionadas coas migracións, é do ano 2014. A Xunta non financia a investigación como tal, proxectos de investigación vinculados á realidade galega. Hai un desentendemento total. "O 50% dos galegos pensan que as persoas migrantes perciben máis prestacións que as persoas nacidas en Galicia. Isto, dende a sanidade ás pensións, non é en absoluto así" Debemos preocuparnos ante o ascenso de posicións xenófobas nas nosas sociedades ou da utilización disto por determinadas forzas políticas como un gancho electoral? Temos que estar preocupadas, hai un contexto moi adverso en varios países de Europa. En certa medida, do que se nutren todos estes partidos é de determinados mitos e prexuízos existentes na sociedade que non teñen base científica, pero que é moi difícil desmontar. Por exemplo, o 50% dos galegos pensan que as persoas migrantes perciben máis prestacións que as persoas nacidas en Galicia. Isto, dende a sanidade ás pensións, non é en absoluto así. Sobre todo porque as persoas inmigrantes son na súa maioría persoas activas que cotizan ao sistema e que, ademais, probablemente non vaian ter dereito a unha pensión, porque xa cotizaron varios anos noutros países ou porque traballaron sen estar dadas de alta na Seguridade Social. O único espazo no que están sobrerrepresentados é nos Servizos Sociais, onde deben acudir con moita frecuencia a tramitar papeis. En efecto, en moitos casos esas percepcións erróneas son creadas polos medios de comunicación ou por partidos políticos que utilizan este tema como arma electoral, co custo de provocar divisións sociais e fenómenos de racismo expresivo. Temos que estar preocupadas, ademais, polos recortes e a redución do gasto público neste contexto, que leva a unha situación de guerra entre pobres, por así dicilo. "A visión que emana da maior parte das institucións é moi plana sobre o que é a inmigración, moi orientada a dar servizo a unha emigración de tipo laboral" Na túa intervención falaches das eivas existentes nas políticas públicas dirixidas á poboación migrante. Non son eficaces? A visión que emana da maior parte das institucións é habitualmente moi plana sobre o que é a inmigración, moi orientada a dar servizo a unha emigración de tipo laboral: cursos de orientación que moitas veces non se adaptan ás súas necesidades, cursos de formación que non poden compatibilizar con outras actividades... Esta visión leva, ademais, a que se entenda que en tempos de crise e de desemprego a presenza destas persoas é ilexítima. Así mesmo, non se fai un esforzo en afondar en conceptos como dereitos humanos, convivencia entre culturas, no valor dunha sociedade diversa... Desapareceron as políticas que buscaban poñer en valor a multiculturalidade, o diálogo, os espazos de encontro entre as persoas nativas e as recén chegadas.
NOS_1277
Catro xornadas dedicadas aos libros e danos colaterais -presentacións, sinaturas de autoras, concertos relacionados, obradoiros, pintura nos muros- conforman a Praza dos Libros de Carballo. Da quinta feira 11 de xullo ao domingo 14 no Xardín Municipal serán protagonistas.
Un pregón da escritora e tradutora María Reimóndez abrirá o encontro ás 12.30 horas da quinta feira. A nena e o grilo máis aló de Magín Blanco, unha conversa entre María Canosa e Concha Blanco e As mulleres da fin do mundo de Daniel Asorey fan parte do programas. Xa de sexta feira presentarase pola mañá Cociñando con bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz. Xoán Curiel actuará a partir de Canta miña pedra canta: homenaxe a Antonio Fraguas. Infamia, a última novela de Ledicia Costas, e Unha historia da música en Galicia. 1952-2018, de Fernando Fernández Rego tamén contará con presentación e presenza das autoras na Praza dos Libros. O sábado comezará cun obradoiro de banda deseñada a cargo de Manel Cráneo, o concerto infantil de Pakolas e mais a presentación de Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela. Pola tarde haberá sinaturas de libros, unha visita guiada polos muros pintados da vila e, xa de noite, concerto de Treixadura. O domingo a programación será máis densa. Nas cortinas do tempo de José Antonio Andrade, Contra todo isto e Vivir sen permiso e outras historias do Oeste de Manuel Rivas, As Ramonas de Ana Cabaleiro e Un peixe no parqué, de Ramón Vilar serán as presentacións da xornada. Haberá ademais sesión vermú con Aldaolado e un concerto infantil de Oviraval. A Festa dos Libros de Carballo organízaa o Concello e conta coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz e Panadarías de Carballo. No arquivo anexo pódense consultar actos e horarios.
NOS_9682
Odispositivo de chegada ao conxunto de Bonaval, coa construción do Centro Galego de Arte Contemporánea como remate do novo parque, é unha das aproximacións espacialmente máis complexas e ricas da nosa arquitectura.
A construción da planta baixa dos nosos edificios públicos e, en especial, do ritual de entrada, sintetiza a relación que estes estabelecen coa cidadanía. Uns equipamentos son accesíbeis, abertos e atractivos, como os Mercados, onde entramos sen saber moi ben como, e outros, no extremo oposto, son inexpugnábeis, fechados e videovixiados, como as delegacións do Goberno. O CGAC, pertence aos primeiros, aínda que sexa un cofre ou museo. O edificio míranos e pode non estar aberto, pero nunca está fechado. O novo acceso reúne, no punto de maior compromiso, tres chegadas nunha nova praza con diversas plataformas. Desde a Porta do Camiño, á esquerda a entrada indirecta ao CGAC a través dun atrio cuberto; á dereita a escalinata espallada de chegada ao ángulo do Museo do Pobo e o convento. E entre ambos os edificios, unha corredoira urbana que conduce á nova porta do parque de Bonaval. No "triangular" CGAC cada fachada responde a un tipo de chegada. Nos dous lados longos de aproximación, contra o convento e parque, un austero muro case cego virado 21º e contra a rúa principal, unha portada valleinclanesca, monumental soportal con rampla cerimonial que achega o museo-parque á Porta da Pena e onde arrinca ou finaliza a nosa visita. Pero a máis sorprendente é a humilde fachada contra o ángulo de accesos do convento na parte estreita do solar. Unha falsa mediana tecnolóxica suspendida da que colgan –por primeira vez– pedras. Feísmo puro. Detrás desa fachada, o atrio cuberto en penumbra protexe a entrada oficial do CGAC e por el escorremos para pasar do hermético exterior a un luminoso e imposíbel vestíbulo público. Estamos dentro xa? É posíbel, debido a que nesta praza interior vemos o exterior compostelán pegado a unha gran xanela horizontal, separado como unha obra de arte por un longo móbel. A saída, por control, é pola mesma apertura, pero o atrio cuberto ou interior urbano parece ter mudado. A arquitectura, e en especial a do CGAC, non consiste nos muros, senón no espazo que fica entre eles. A un lado ou outro, o espazo pode ser un interior ou a contorna urbana, ou ás veces ambos, como neste atrio. Esta chegada é continuación da lóxica secuencia de espazos que descende salvando niveis en zigzag desde a Almáciga. O museo é tamén un monumento aos percorridos do xardín. En comparación co contexto inmediato das nosas institucións actuais, moitas deberán reformular estes ámbitos para mellorar a súa urbanidade. Incorporando espazos adxacentes, eliminando medievais reixas ou escalinatas retóricas, multiplicando os accesos, os soportais ou as fiestras para facelas atractivas e atravesábeis como acontece nas nosas estacións. No museo-parque de Bonaval é indiscutíbel o talento de Siza e o seu equipo para axustar e adecuar tamaños, escalas e materiais neste enclave. A cidade é pensada como unha soa arquitectura, a granítica Compostela como un único baixorrelevo.
NOS_39693
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, abre a porta a calquera saída para botar a Gonzalo Pérez Jácome da alcaldía.
A cidade de Ourense foi o prezo que pagou o Partido Popular para blindar a José Manuel Baltar na presidencia da Deputación. Malia ser conscientes das consecuencias da decisión para os ourensáns, que levou a afirmar a Núñez Feixoo que "sería letal ter a Jácome de alcalde", os populares acordaron con este o Goberno local para manter o Executivo provincial, o auténtico pau de palleiro sobre o que se sustenta o control político da circunscrición. Abondou con garantir a maioría no pleno da Deputación de Ourense sumando novas vontades e deixar pasar as eleccións galegas para que Baltar decidira desaloxar a Jácome e tentara tomar o control da cidade. A retirada do apoio a Jácome agocha unha operación máis de fondo de Baltar, tendente a unificar a dereita na cidade e a reforzar a súa posición no partido fronte ao sector de Núñez Feixoo, cuxa cabeza máis visíbel é o anterior alcalde, Jesús Vázquez. Os movementos das últimas semanas deixan claro o retorno á órbita do baltarismo dunha parte de Democracia Ourensá, concretamente aquela nucleada arredor dos catro concelleiros que abandonaron a Jácome, e tamén de Ciudadanos, liderado polo ex concelleiro popular, José Araújo. Araújo, noutrora moi crítico con Baltar como persoa próxima a Manuel Cabezas, é considerado nos mentireiros políticos da cidade como o auténtico voceiro de Baltar neste proceso. Sexa como for, as reunións convocadas por Araújo están resultando chaves á hora de facilitar as conversas entre os grupos, mais sobre todo para fixar de cara á cidadanía o relato sobre as responsabilidades políticas e estabelecer culpas a respecto das razóns do retraso dunha moción de censura na cidade. Precisamente, na última delas, o Partido Popular abriu a porta a un Goberno alternativo a Jácome presidido polo socialista Rafael Villarino e apoiado desde dentro do Executivo por concelleiros do PP. "Non se trata de apelidos" ou "identidades de partido" senón de presentar "unha cabeza visíbel cun programa en aberto para o desenvolvemento da cidade", sinalou o representante dos populares, Jesús Vázquez. A proposta do PP formula problemas nas filas da oposición de esquerdas. Mentres, desde o BNG apostan por "unha moción de censura que coloque no Goberno a lista máis votada", en relación á candidatura socialista, desde o PSOE non se fechan a ningunha alternativa, porén a maioría da súa afiliación aposta por un Executivo de Villarino sen presenza do Partido Popular. Neste liña, o sector da formación crítica con Villarino e liderado pola ex deputada Noela Blanco demanda o desenvolvemento dunha asemblea para tomar unha decisión, algo que non é do gusto da dirección do partido na cidade. Gonzalo Caballero fixo chegar onte a súa posición sobre o tema. O secretario xeral dos socialistas galegos non descarta "ningunha opción" mais sinala que "se o PP quere colaborar, pode facelo dunha forma moi sinxela, pondo un voto, unha firma, un apoio de carácter técnico, dun dos seus concelleiros. Non fai falla sequera sete. Se quere desbloquear hoxe, non ten máis que pór unha sinatura nunha moción de censura asinada por todas as forzas que están na oposición e que non foron cómplices do que ocorreu". Non obstante, o PP mantense firme en formar parte do Executivo local que suceda a Jácome, onde as xentes de Feixoo agardan facerse fortes ao ser abandonadas por Baltar nesta nova conxuntura.
NOS_24372
Unha vintena deles son de media distancia, sobre todo na liña do eixo atlántico.
Renfe suprimirá a circulación na Galiza de 31 trens, 21 deles de media distancia, fundamentalmente no eixo atlántico, e unha decena de longo percorrido. Unha decisión derivada da folga convocada pola CXT: tres paros de catro horas cada un para esta quinta feira, entre as 24,00 e as 4,00 horas, entre as 11,00 e as 15,00 horas, e entre as 20,00 e as 24,00 horas. O sindicato, que ademais ten prevista unha folga de 23 horas en véspera de Nadal, para o día 20, busca denunciar a política de "privatizacións e externalizacións" que considera realízase no ferrocarril e a "falta de persoal" de Renfe e Adif ante o acceso á xubilación dos seus "envellecidos cadros".
NOS_42058
O Goberno dos Estados Unidos volve pór o foco en al-Assad.
Estados Unidos levou a cabo na noite pasada en Siria a primeira operación militar coñecida da era de Joe Biden. As forzas estadounidenses lanzaron un ataque aéreo contra unha estrutura que pertencía ás organizacións da resistencia, como resposta aos ataques recentes sufridos por persoal estadounidense e da coalición de ocupación en Iraq. A este respecto, o xefe de prensa do Pentágono, John Kirby, destacou que "baixo instrucións do presidente Biden, as forzas militares dos Estados Unidos realizaron esta noite ataques aéreos contra a infraestrutura utilizada por grupos militantes apoiados por Irán". Os bombardeos, autorizados polo presidente Biden, destruíron instalacións situadas nun punto de control utilizado por grupos como Kataeb Hezbollah ou Kataib Sayyid Al-Shuhada. Segundo a información recollida polo Observatorio Sirio de Dereitos Humanos (OSDH), polo menos 22 milicianos perderon a vida na área de Abu Kamal, na provincia de Deir Ezzor, debido á ofensiva estadounidense. O operativo levouse a cabo despois que a nova Administración demócrata anunciara a súa intención de traballar pola normalización política da zona. John Kirby xustificou a acción militar como "unha actuación que deliberadamente busca desescalar a situación de tensión no leste de Siria e en Iraq" e cualificouna como "resposta militar proporcionada levada a cabo xunto con medidas diplomáticas e en consulta cos socios da coalición". "A operación envía unha mensaxe inequívoca: o presidente Biden actuará para protexer o persoal estadounidense e da coalición", sinalou Kirby, quen ligou o bombardeo estadounidense "cunha serie de foguetes lanzados polos milicianos que alcanzaron a base militar estadounidense do aeroporto de Erbil o pasado 15 de febreiro". A acción militar foi condenada por diversos Estados que ven na mesma a intención do novo Executivo estadounidense de volver á política para a rexión do Gabinete de Obama, promotor de contendas bélicas en Siria ou en Libia. Neste sentido, outra das potencias con importantes intereses en Oriente Medio, Rusia, por boca da portavoz do Ministerio de Exteriores, María Zajarova, "condena enerxicamente tales accións", "expresa o respecto absoluto á soberanía e a integridade territorial de Siria" e "confirma a oposición a calquera intento de converter o territorio sirio nun campo de arranxo de contas xeopolíticas.
NOS_30749
A concelleira de Servizos Sociais, María Jesús González, asegurou que para eliminar a LGTBifobia "desde a Concellaría de Sanidade realizáronse talleres contra as adicións no Instituto de Cambre".
Aconteceu no último pleno, no que o edil do BNG, Daniel Carballada, pregunou á equipa municipal "que actividade desenvolve o Concello destinada a eliminar a discriminación por opción ou identidade sexual?". A cuestión escrita preguntada pola organización frontista encadrábase na conmemoración do Día do Orgullo (28 de xuño) mais María Jesús González Roel, concelleira de Servizos Sociais de Cambre, asegurou inicialmente non entender "moi ben por onde ía a pregunta" pois, dixo, "que eu saiba en Cambre non se discrimina a ninguén por sexo". A concelleira de Servizos Sociais deu conta dos "talleres contra as adición" desenvolvidos no instituto como se se tratar de actividades de loita contra a LGTBifobia Así as cousas, González Roel, aseguran desde o BNG, pasou a dar leitura á resposta que portaba por escrito e na que deu conta da relación de actividades que desenvolve o concello con gallo do Día Internacional contra a SIDA e os talleres municipais contra as drogas. "Desde a Concellaría de Sanidade realizáronse talleres contra as adiccións no Instituto de Cambre", sinalou a concelleira. Animan á concelleira a "pedir desculpas" publicamente por este "sinsentido" Para o Bloque estas declaracións constitúen "un sinsentido" e "un cúmulo de despropósitos" ao "vincular a homosexualidade coa drogradición". Daniel Carballada asegurou que "sinceramente non penso que María Jesús sexa unha persoa homófoba, pero si creo que non está a altura que as súas responsabilidades esixen" e convidouna a "pedir desculpas" publicamente". Aliás, animaron ao Concello de Cambre a se tomar "en serio o asunto e realizar un plan anual contra a discriminación por identidade e opción sexual, colaborando co tecido asociativo e a sociedade civil" pois, indicou Carballada, "nunca sinalaremos a ninguén, pero todo Cambre sabe que, aqui, como en tantos sitios, se ten ridiculizado e caricaturizado a xente historicamente pola súa opción ou identidade sexual" polo cal, "ainda que sabemos positivamente do grao de respecto e comprensión que se dá en Cambre, nunca estará de máis a acción dos poderes públicos en favor da plena igualdade", acrecentou.
PRAZA_18453
A existencia dun modelo público ben xestionado e exento de corrupción contribuiría a reducir a dimensión tomada polo sistema financeiro privado e sería un contrapeso importante aos excesos acometidos ata o de agora e que todos seguimos sufrindo.
Tras dez anos dunha das máis fondas crises estruturais e sistémicas que evidenciou a falta de sustentabilidade do modelo de acumulación financiarizado, as economías mundiais continúan sen atopar a dirección norte que marque o compás do capital cara un novo modelo de acumulación. Durante os últimos corenta anos, as finanzas –un instrumento de gran utilidade na economía, sempre que se empregue circunscrito ao seu propio ámbito e sen invadir outras áreas sociais- foron quen de relegar a un segundo lugar á economía real. Tanto foi así que os grandes capitais fuxiron con celeridade cara uns mercados financeiros que ofrecían taxas de lucros moi superiores aos que se producían nas economías produtivas. Este fenómeno especulativo foi un elemento clave na deslocalización de empresas, no crecemento do dumping salarial, da consecuente necesidade da mobilidade dos traballadores e un longo etcétera de factores que fixeron incrementar a presión fundamentalmente sobre a poboación activa. Como consecuencia da última crise económica, os cidadáns -especialmente a clase traballadora- tivemos que rescatar cos nosos esforzos á banca dos seus propios excesos e da inviabilidade dun modelo do que se foron beneficiando en maior medida as oligarquías económicas. Decenas de miles de millóns saíron dos nosos bolsos e das arcas públicas directamente ás entidades financeiras. Sen embargo, a fluidez de diñeiro nos mercados europeos non se solucionou desta maneira. Foi o anuncio de Mario Draghi e o uso das políticas monetarias desde o BCE o que permitiu aseverar que a institución da que estaba á fronte faría todo o que fose necesario para que o sistema vixente non se viñese abaixo. As autoridades puxéronse mans a obra e decidiron rebaixar o prezo do diñeiro a través da modificación dos tipos de xuro. Isto permitiría reactivar a circulación de moeda e aliviar o peso das débedas. Desta maneira xa era máis barato prestar cartos. Sen embargo, gran parte dos castigados traballadores e desempregados apenas puideron beneficiarse desta situación debido á súa precaria situación e ás trabas que as entidades financeiras estableceron durante o período. A forte caída dos ingresos públicos durante a crise, e por consecuencia da capacidade de gasto, acompañada pola pauperización dos fogares foi tal que a capacidade de investimento das familias era mínima, e a economía produtiva quedou tan tocada que de difícil maneira se podían acometer os investimentos necesarios para o tecido empresarial -fundamentalmente nas pequenas e medianas empresas- ou incluso para a compra de vivenda na esfera das familias. Ante esta situación o traballador/a, a clase media, precisaba e precisa recuperarse, algo que só se pode lograr mediante a creación dos numerosos postos de traballo perdidos e do aforro desas unidades familiares. Por se non fose suficiente coa aplicación das reformas laborais que degradaron as condicións dos traballadores, co corte en anacos dos traballos e cos contratos en sucesivos empregos precarios (ou incluso coa sucesiva substitución de traballadores por máquinas), ao estar baixos os tipos de xuro e o Euríbor (valor do diñeiro a curto prazo), tanto os depósitos como os fondos de baixo risco - xusto os produtos aos que tradicionalmente estaría en condicións de acceder a clase obreira sen poñer en risco os seus minguados bens- ofertados polas entidades financeiras (apoiados fundamentalmente na venda de valores como letras do tesouro ou bonos ligados á evolución dos tipos de xuro e do Euríbor) non poden ofrecer ningún tipo de remuneración, e incluso no caso dos segundos estarían a ofrecer perdas desde hai xa un tempo. Mentres tanto, nos mercados de valores os intercambios de accións e os dividendos continúan a producirse para os grandes capitais. Fronte á necesidade de mellora da capacidade de investimento e aforro das unidades económicas, unha vez máis ponse en evidencia que os intereses das entidades financeiras camiñan noutra dirección que os da meirande parte dos cidadáns,dos pequenos inversores e dos da sociedade en xeral. Analizando con profundidade a problemática, exercicio ao que convido ao avezado lector, un ten que acabar por preguntarse se existe realmente algunha razón de peso para non apostar por outro tipo de modelo que permita apoiar economías máis xustas e sustentables no medio e longo prazo. Alén da necesidade de explorar outras posibilidades, sen dúbida a existencia dun modelo público ben xestionado e exento de corrupción contribuiría a reducir a dimensión tomada polo sistema financeiro privado e sería un contrapeso importante aos excesos acometidos ata o de agora e que todos seguimos sufrindo. Publicidade
NOS_27316
Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María é o titulo do libro-DVD que acompaña o número 197 de Sermos Galiza e que pode adquirirse dende hoxe nos puntos de venda de Sermos e tamén na tenda de Sermos. Falamos con Lois Diéguez, autor do libro e guionista do DVD, e con Xoán Carlos Garrido, realizador do vídeo. Á venda na nosa loxa.
"Manuel María era: Primeiro home, logo galego e, despois, poeta". Lois Diéguez cóntanos no libro-DVD, Peregrinaxes. Viaxando con Manuel María, a vida do poeta nestas tres facetas á que se lle suma a de viaxeiro. Aproveitando que neste 2016 se lle adicaron as nosas Letras Galegas ao poeta de Outeiro de Rei, fíxose unha escolma de imaxes que ilustran a figura de Manuel María dende unha perspectiva moi concreta, incidindo nos seus roteiros polo mundo. A obra vai ser presentada esta sexta feira na Estrada, na sala de exposicións de Abanca, a partir das 21:00 horas. Diéguez explicou que a orixe deste documental parte dunha peza audiovisual que se lle adicou un ano despois da súa morte: "Considerabamos que podiamos melloralo, entón fixemos unha versión máis corta. Esta de 25 minutos, o anterior de era de 45. E nestes 25 fixemos un estudo das imaxes máis racionalizado, máis no seu contexto e seguindo a cronoloxía da súa vida. Inicio, desenvolvemento e morte." "Manuel María era un gran coñecedor da cultura clásica" A cinta discurre partindo dende a súa casa natal en Outeiro, pasando pola súa estadía en Lugo, Monforte e A Coruña, onde acaba, despois de pasar por todo o mundo. Lois Diéguez aludiu ao valor sentimental das fotografías "Hai imaxes moi interesantes recollidas de viaxeiros que foron, e fomos, con Manuel María por Exipto, Israel, Palestina, tamén Grecia e Italia que eran o centro da cultura clásica que el coñecía tanto e despois regresamos a casa, a Outeiro que é onde morre." Xoan Carlos Garrido, realizador do documental, incidiu en que "O concepto do DVD era ilustrar con imaxes a poesía de Manuel María, o seu xeito de pensar e de vivir", ademais quixo destacar a perspectiva viaxeira desta peza: "Etendendo a vida como unha viaxe, dende as súas casas, até os lugares que visitou e dos que se interesou e rematando na súa tumba. Xa que en moitas persoas Manuel María segue vivo e é alí onde o visitan." "A poesía de Manuel María era nostálxica e, moitas veces, triste" O vídeo remata, precisamente, ofrecendo unha rosa en Outeiro: "Un acto que fixemos daquela en 2005 e eran miles de persoas depositando a rosa na sepultura, entón é un recordo histórico da xente que pasaba por alí", segundo Diéguez, quen identificou o vídeo como unha peza moi nostálxica "tal como era a súa poesía: Moitas veces triste e, nos primeiros tempos, máis alegre." No libro explícase todo isto dun xeito máis xenérico: Introduce, primeiro, a figura de Manuel María. O que representou na nosa cultura e na nosa política, como nacionalista e como poeta. Logo hai unha parte de estudo de Manuel María como viaxeiro, dos libros que adica a elas e, finalmente, explica as características do DVD.
NOS_48947
A oficialidade organizou o golpe no sur da Galiza.
Descoñezo cando empeza a relación de Marín coa Armada, mais no século XIX gozaba dunha Axudantía de Mariña rexentada por un oficial coa gradación de Tenente de Navío, aínda que algúns persoeiros políticos desexaban en 1886 que pasara a constituírse en Comandancia de Mariña. En 1915 prodúcese un punto de inflexión na modernización e potenciación dos recursos de guerra da mariña española, provocando na Galiza o establecemento de bases navais secundarias na Graña, Ríos (Vigo) e Marín. O proxecto final por desenvolver polo Ministerio de Guerra nesta última localidade foi a construción dunha base de submarinos. Esta infraestrutura trastornará para sempre a fisionomía e a sociedade do concello do Morrazo, unha vila mariñeira que xa daquela tamén contaba cunha importante Federación Obreira, así como unha fortísima comunidade evanxélica. A instalación militar foi recibida con ledicia por todos os sectores sociais, incluídos os operarios que ollaban na construción da infraestrutura militar unha oportunidade que paliase o forte paro obreiro local que existía nese intre. Os primeiros problemas visualizáronse de súpeto, con expropiacións forzosas, maioritariamente en propiedades de persoeiros pertencentes á burguesía local. As obras comezaron en 1916 e tres anos despois os propietarios aínda non cobraran os cartos dos terreos incautados pola Armada. As consecuencias do que estaba acontecendo tamén chegaron á sociedade de Marín cando en 1917 as mulleres da vila se viron obrigadas a cambiar a súa praia de baño, moi próxima á construción, polo volume de obreiros que traballaban nas obras, 378 segundo cifras oficiais. Aos poucos íanse perdendo espazos públicos, do mesmo xeito que se apropiaban doutros bens necesarios para a veciñanza como a auga. Nun anteproxecto de 1918 a Armada abría un expediente de expropiación para a captación e utilización da auga do río Neivó. Os veciños de Silvestre, Miñán e A Esperela protestaron en 1920 ao verse privados da traída de augas que usaban para os regos. Un acordo final fixou que a Mariña cedese o sobrante á comunidade de regueiros. En 1921 o Ministerio da Guerra decidiu cambiar a orientación da base transformándoa nun Polígono de Tiro Naval e Artillaría. A Sociedade de Pescadores Alianza Mariñeira e as sociedades de Maquinista e de Patróns de Cabotaxe, co apoio da Federación Local de Traballadores, rexeitaron o novo sentido polo temor ao descenso da captura da pesca que provocarían as manobras militares no conxunto da ría. A sociedade de comerciantes, xunto co Liceo Casino, o Recreo de Artesáns e a sociedade de armadores, convocaron unha manifestación para amosar a súa satisfacción pola nova decisión, á que acudiron unhas trescentas persoas. Un fracaso en certa maneira tendo en conta as 5.000 persoas que asistiron dous anos despois na defensa para a incautación pública da Lonxa, o que reflectía, entendo, un malestar existente nunha parte da poboación local. Mentres, a condescendencia con que as capas burguesas trataban a oficialidade era allea nas clases populares. Ben é certo que os primeiros se beneficiaban polo medre dos traballos de lavandaría, comercio e hostalaría principalmente, mais o corpo militar non era ben visto por unha boa parte da sociedade obreira e comprometida que miraba con receos un estamento ao servizo do poder.En 1925 fíxose unha rede de canles de auga coas 38 a 44 minas existentes nos Campos de Gagán (Piñeiro), nos prados naturais de Lagocheiras, minas que eran usadas até aquel entón pola veciñanza do lugar nun territorio baldío. Ademais continuaron as expropiacións forzosas de terreos para a captación de augas en Pardavila, Macenlle e na vila de Marín en 1929. Nas varias homenaxes realizadas en 1927 e 1928 ao comandante director do Polígono de Tiro Naval Janer, Salvador Moreno Fernández 'Chambo', non participou o estamento organizado da clase obreira, descoñecendo as razóns desta ausencia. Mais coa chegada da República a nova corporación republicana-socialista-agraria amosaba nunha moción a súa satisfacción pola destitución como Xefe da Base Naval, aprobándose co apoio da maioría das forzas republicanas e dous edís saídos na lista monárquica. Armadores e comerciantes reaccionaron acudindo a Ferrol para acompañar e apoiar ao militar. Tras a revolución de outubro de 1934 o Polígono Naval foi utilizado como prisión de sindicalistas e políticos de esquerdas, que foron conducidos a un pontón que actuou de presidio, mentres as tropas de mariñeiría vixiaban desde dentro o transporte entre a localidade e a capital provincial. Cos resultados das eleccións do 16 de febreiro de 1936 a oficialidade manobrou e organizou o golpe de estado no sur da Galiza, sendo despois un centro de detención dos afectos á legalidade democrática da II República Española. Motivo polo que foi aplaudido polas novas autoridades políticas locais poñendo os nomes de "Polígono Naval Janer" e "Exército e Mariña" a dúas rúas de Marín, nomenclátor que existe hoxe en día e que o actual Goberno municipal de Marín do PP se nega a eliminar.
NOS_556
Un grupo de persoas dispararon até en 6 emprazamentos diferentes na contorna dunha sinagoga na capital austríaca. O ministro do Interior apunta a un ataque terrorista e recomenda á poboación que hoxe permaneza en casa.
No mínimo tres persoas mortas, dous civís e un presunto terrorista, e unha quincena feridas é o balanzo provisional a primeira hora desta terza feira do "ataque terrorista" que na noite pasada tivo lugar no centro de Viena, na Seitenstettengasse, unha rúa próxima a unha Sinagoga. O ministro do Interior de Austria, Karl Nehammer, confirmou que varios agresores que portaban armas longas lanzaron os ataques en serie. Nun vídeo apréciase un deles correndo e disparando nunha pequena rúa. Segundo fontes policiais o ataque foi coordinado e empezou sobre as oito do serán Segundo confirmou a policia, un dos agresores estaría morto tras ser abatido por un axente. As vítimas, confirmadas polo Ministerio do Interior e o alcalde da cidade, son dous civís mortos. A primeira das vítimas morreu no lugar do ataque, mentres que a segunda -unha muller- faleceu posteriormente no hospital, segundo informou o alcalde da cidade, Michael Ludwig. Hai unha quincena de feridos, deles sete de gravidade. O chanceler austriaco, Sebastian Kurz, cualificou a acción que decorreu en seis puntos diferentes da cidade como un " repulsivo ataque terrorista". Afirmou que o ataque parecía "ben preparado" e informou de que unidades do Exército despregáronse para a protección de edificios mentres continúa a operación. As forzas de seguridade céntranse en atopar ao resto de atacantes e chama á prudencia da poboación, recomendando mesmo que os nenos e nenas non vaian hoxe á escola. Desde Interior traballan sobre a liña do carácter antisemita do atentado e mesmo se apuntou que o atacante morto era simpatizante do Estado Islámico.
NOS_26992
Pasan os meses e o goberno catalán aínda non se puxo en contacto con forzas políticas como a CUP, favorábeis á independencia. David Fernàndez, deputado desta formación, pensa que a única garantía de que se realice "é a implicación social"
David Fernàndez, deputado da CUP, pensa que o goberno catalá esta a improvisar os pasos que dá en relación co proceso de autodeterminación do seu país. "Pensabamos que había un plan A e un plan B, mais a realidade é que imos ás apalpadas", asegurou nunha entrevista concedida á ACN que difunde o xornal Vilaweb. A CUP aínda non tivo ningunha entrevista co actual goberno da Generalitat e para Fernàndez a única garantía de que se realice unha consulta pola independencia "é a implicación social". O deputado independentista reclama "claridade" posto que o proceso "gañarase desde a transparencia". Admite que as críticas doutros partidos pro-consulta, como ICV-EUiA, poden explicar en parte a actuación do goberno catalán. Outra chave, para Fernàndez, pode remitir para as dúbidas de Mas en relación a outras experiencias históricas en Catalunya.
NOS_6796
Asegura, segundo recolle a imprensa local, que os axentes "non foron quen de controlar todos os feitos e agresións sinxelamente porque aconteceron demasiadas cousas ao mesmo tempo".
O primeiro en pór en cuestión a actuación policial perante as agresións machistas acontecidas en Colonia durante a última noite do ano foi o ministro do Interior alemán, Thomas de Maizière, após asegurar que a policía actuara con "pasividade" e non se percatou da dimensión do problema até rexistrárense perto dun cento de denuncias. Actualmente a cifra ascende a 121. Neste senso, un informe policial interno que foi recollido pola imprensa sinala que os axentes ficaron desbordados e "non foron quen de controlar todos os feitos e agresión sinxelamente porque aconteceron demasiadas cousas ao mesmo tempo". "Mulleres, con ou sen compaña, tiveron que atravesar verdadeiros corredores formados polos agresores -unha multitude de homes moi alcolizados- algo imposíbel de explicar", di o informe. Segundo os relatos das vítimas e de testemuñas do acontecido os homes non atenderon a presenza policial que, aliás, se viu sobardada pola situación moi axiña. As denuncias ascenden a 121 polo momento e Merkel fala de estudar as políticas de expulsión das persoas extranxeiras que delincan Até o momento as forzas policiais alemás din ter 16 persoas sospeitosas que foron identificadas através dos vídeos e fotos daquela noite. Embora non ter sido confirmada que os homes fosen refuxiados, o debate xira xa arredor da súa procedencia étnico-relixiosa. Segundo a versión policial trataríase de persoas "de apariencia árabe e norte-africana". Neste senso, a propia chanceler alemá pegou un xiro no seu discurso público e mesmo propuxo estudar as políticas de expulsión das persoas extranxeiras residentes no país de cometeren un delito. Así, amosouse partidaria de mudar o marco lexislativo e de incrementar a presenza policial se for necesario perante o que, dixo, "non son casos illados" polo que avaliarán se se trata dun "patrón común de comportamento" ou dun "desprezo total cara ás mulleres". Críricas á alcaldesa Para alén do máis, a alcaldesa de Colonia, Henriette Rekker, situouse no punto de mira das críticas após as súas declaracións nas que pronunciaba "consellos de comportamento" áss mulleres como "non ir cun e con outro" para evitaren situacións como as acontecidas en Fin de Ano ou mesmo "deixar a distancia dun brazo" con persoas descoñecidas. Ao fío das súas declaracións o ministro do Interior Thomas de Maizière lembrou que os responsábeis son os agresores, non as mulleres.
NOS_27076
As proxeccións de poboación realizadas polo IGE prognostican un país con cada vez menos xente e máis avellentada.
Galiza camiña a pasos de xigante para ser un país con cada vez menos poboación e esta máis avellentada. As proxeccións de poboación realizadas polo Instituto galego de estatística (IGE) e publicadas nestes días sinalan que para 2031 a pirámide poboacional galega terá un 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos. No 2015 tiñamos 219.310 menores de 10 anos en Galiza. Deles, 104.813 eran menores de 5 anos. Segundo as proxeccións do IGE, no 2031 teremos 139.899 persoas por baixo dos 10 anos de idade. Isto supón que dentro de 15 anos ese tramo de poboación, a de 0 a 9 anos, constará de perto de 80.000 persoas menos. O equivalente a todos os habitantes da cidade de Ferrol, por poñer un exemplo. Unha caída do 26%. Pola contra, a pirámide engrosa polo cumio. O ano pasado había 215.785 persoas que tiñan entre os 80 e os 94 anos de idade. Dentro de quince anos serán 251.095, o que é 35.310 persoas máis, un incremento do 16% respecto da actualidade. Taxa de natalidade das máis baixas do mundo A taxa bruta de natalidade (nacementos nun ano por cada mil habitantes) é en Galiza do 7,1. É dicir, que nun ano nacen por cada mil galegos, 7 crianzas. Un dato que nos sitúa como o país do mundo coa taxa de natalidade máis baixa se nos comparamos cos perto de estados que existen. O segundo país coa taxa bruta de natalidade máis baixa do planeta é Bosnia Herzegonina, e ten un 7,6%, porcentaxe que supera en 5 décimas á galega. E Xapón, terceiro país neste triste ranking ten unha taxa do 8%. A media no Estado español supera o 9% e na Unión Europea sitúase por riba do 10%. Xa non falemos de Níxer ou Mali, cun 45% de taxa bruta de natalidade.
PRAZA_15142
O país acumula xa máis dunha corentena de grandes superficies comerciais mentres segue a caer o número de empresas dedicadas ao comercio retallista, afogadas pola crise e pola liberalización de horarios
Quen tentase entrar en Compostela o pasado sábado dende a estrada N-634 tivo que armarse dunha importantísima dose de paciencia. O acceso á capital de Galicia pola estrada de Lugo atopábase completamente colapsado de vehículos, o mesmo que boa parte do norte da cidade. A causa estaba no novo centro comercial, aberto vinte e catro horas antes con máis de 150.000 metros cadrados de espazo de vendas e reclamos como un novo hipermercado ou dez salas de cinema. As luces da nova gran superficie comercial albíscanse dende moitos puntos de Santiago, a xeito de recordatorio do que é unha nova oportunidade para acceder aos produtos de coñecidas cadeas multinacionais, pero tamén un motivo de fonda preocupación para o sector do pequeno comercio e mesmo para o que ata o momento era o único centro comercial da cidade. O que sucede en Santiago non é un feito illado. Ben ao contrario, todas as cidades galegas e tamén algunhas vilas medias viron alterada a súa vida comercial pola irrupción dun destes grandes establecementos, xa sexa coa forma dun único hipermercado ou nun espazo de maiores dimensións. Ao calor dos anos de bonanza económica o número destes centros multiplicouse ata chegar neste 2012, segundo datos do Anuario Económico que edita La Caixa, a 43 establecementos que, unha vez sumado o devandito centro compostelán, xa ocupan 997.538 metros cadrados ou, o que é o mesmo, un metros cadrado de centro comercial por cada tres habitantes de Galicia. As grandes áreas ocupan xa máis de 900.000 metros cadrados de superficie Trinta e seis das 43 grandes superficies comerciais sitúanse nas provincias atlánticas, 18 en cada unha. O rexistro encabézano as cidades da Coruña e Vigo, cada unha con 9 centros que ocupan 379.127 e 144.247 metros cadrados, respectivamente. Fronte a esta superpoboación de centros nas urbes coruñesa e viguesa o resto de cidades de Galicia non pasan dos tres centros comerciais, caso de Lugo, e a maioría teñen un ou dous, como Ferrol ou Ourense. A multiplicación das grandes áreas prodúcese nun momento especialmente delicado para o pequeno comercio. O sector retallista, afogado pola crise e a falta de crédito, pero tamén por reformas legais como a liberalización total de horarios, ve como a clientela se despraza dende os centros das cidades aos grandes complexos para realizar as súas compras de todo tipo de produtos, dende alimentación ata tecnoloxía ou roupa. Neste contexto enmárcase a progresiva redución no número de empresas de comercio retallista. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística en 2008 operaban en Galicia 35.661 destas empresas. Tres anos máis tarde, en 2011 -último dato dispoñible- eran xa un 7% menos, con máis de 2.200 peches. En tres anos pecharon 2.200 empresas dedicadas ao comercio retallista en Galicia Estas cifras danse nun contexto no que Galicia se sitúa nos postos de cabeza de todo o Estado no que a número de grandes áreas comerciais se refire. Só Madrid, Andalucía, Valencia, Catalunya e Canarias están por riba dos 43 centros comerciais galegos mentres que outras autonomías cunha autonomía sensiblemente máis dinámica quedan notablemente por baixo. Este é o caso, por exemplo, de Euskadi, con 31 centros comerciais que acumulan 20.000 metros cadrados menos que en Galicia. Tamén teñen menos centros e menos superficie outras autonomías máis extensas, como Castilla y León, que conta con 32 destas áreas comerciais e algo máis de 560.000 metros cadrados. Grandes superficies comerciais Autonomía Centros m2 Madrid 134 3.105.219 Andalucía 123 2.592.368 Comunitat Valenciana 64 1.686.938 Catalunya 55 1.356.959 Canarias 46 1.356.959 Galicia 43 997.538 Castilla y León 32 563.028 Euskadi 31 820.344 Castilla-La Mancha 25 476.474 Región de Murcia 23 600.645 Asturias 18 486.558 Extremadura 15 145.042 Aragón 14 519.825 Illes Balears 9 182.348 Navarra 8 192.541 Cantabria 6 126.649 La Rioja 4 101.311
NOS_15843
Quinta xornada de folga de fame en apoio aos tres sindicalistas condenados a 3 anos e un día de prisión, mentres as mostras de apoio e solidariedade aumentan.
Pola volta dun milleiro de persoas xa expresaron coa súa sinatura o apoio a Marcos Cadórniga, Carlos Alján e Carlos Búa, os tres sindicalistas (2 da CIG e 1 de CCOO) que foron condenados a tres anos e un día de prisión cada un por participaren na folga do comercio e alimentación en 2009. Mais non só mediante sinaturas se expresa o apoio a estas tres persoas. Numerosas persoas achéganse á caravana, ubicada fronte á Audiencia Provincial, onde se desenvolve a protesta. A terceira quenda da folga de fame contra a condena a prisión a tres sindicalistas tomou o relevo esta terza feira na cuarta xornada da protesta que se desenvolve desde pasada sexta fronte á Audiencia Provincial de Pontevedra. O secretario comarcal de Vigo, Serafín Otero, e o nacional da federación de Servizos, Paulo Rubido, permanecerán sen comer até o vindeiro xoves ás 12.00 horas. A tónica xeral da xornada de protesta é, como vén sendo habitual desde o inicio, as numerosas mostras de solidariedade recibidas. As visitas á caravana instalada fronte ao edificio xudicial son constantes, así como a recollida de sinaturas de apoio entre a veciñanza. Esta cuarta feira será o alcalde de Poio o que se achegue até a caravana situada diante da Audiencia Provincial para trasladarlle a súa solidariedade aos folguistas. Tamén lles amosarán o seu apoio a deputada do BNG Carme Adán e o grupo municipal da formación nacionalista en Vigo.
PRAZA_12558
Colombia parece estar experimentando un proceso de eventual claudicación do seu prolongado conflito armado. A recente liberación dos 10 últimos militares secuestrados pola guerrilla colombiana evidencia que as FARC xa non posúen a capacidade militar para prolongar o conflito, confiando agora nunha vía diplomática que lle pode garantir relevantes réditos políticos.
Colombia parece estar experimentando un proceso de eventual claudicación do seu prolongado conflito armado. A recente liberación dos 10 últimos militares secuestrados pola guerrilla colombiana evidencia que as FARC xa non posúen a capacidade militar para prolongar o conflito, confiando agora nunha vía diplomática que lle pode garantir relevantes réditos políticos. As FARC semellan confiadas en xogar a carta política dos actores civís e externos dispostos a abrir o camiño para a pacificación colombiana Sensiblemente descabezada no seu liderado, con cada vez mais frecuentes desercións nas súas filas e unha aparente incapacidade para asestar golpes militares ás Forzas Armadas colombianas, as FARC semellan confiadas en xogar a carta política dos actores civís e externos dispostos a abrir o camiño para a pacificación colombiana. Neste sentido, e dentro do actual contexto, dous actores impoñen o seu ritmo: o incesante labor da ex senadora de esquerda Piedad Córdoba, quen agora lidera a plataforma civil Colombianas e Colombianos pola Paz; e, dende o exterior, o aval de Brasil como mediador político e facilitar loxístico das liberacións. Un papel no que ata fai pouco destacouse o presidente venezolano de Hugo Chávez pero que actualmente aparece aparcado non só por razóns de saúde persoal senón pola presión de Bogotá de diminuír o seu papel como mediador, ante a evidente conexión e apoio político de Chávez coas FARC. Dous actores impoñen o seu ritmo: o incesante labor da ex senadora de esquerda Piedad Córdoba; e, dende o exterior, o aval de Brasil como mediador político e facilitar loxístico das liberacións Se ben a súa xestión non contou co aval oficial do presidente Juan Manuel Santos, Córdoba acicala o seu importante peso político como unha eficaz mediadora entre as FARC, os presidentes de Álvaro Uribe Vélez e Santos, o goberno de Chávez e ante os mandatarios brasileiros Lula da Silva e Dilma Roussef. Con todos eles reuniuse incesantemente Córdoba nos derradeiros anos, cunha notable capacidade de equilibrios políticos e diplomáticos que están ofrecendo importantes resultados en materia de negociación coas FARC. Precisamente, a guerrilla observa a Córdoba como a súa mellor carta política ante Bogotá, Brasilia e Caracas e, incluso, ante o labor humanitario dunha Cruz Vermella Internacional desprestixiada polas propias FARC trala polémica intervención militar que deu paso, en 2008, á liberación da senadora Ingrid Betancourt e de tres contratistas estadounidenses. Aquí cobra especial relevancia o papel de Brasil facilitando os helicópteros e material loxístico necesario. Con isto, Brasilia destaca non só polo seu papel mediador senón polo seu coñecemento do terreo e das actividades da guerrilla colombiana. A guerrilla observa a Córdoba como a súa mellor carta política ante Bogotá, Brasilia e Caracas e, incluso, ante o labor humanitario dunha Cruz Vermella Internacional desprestixiada polas propias FARC Unha liberación de reféns grazas a negociacións políticas sempre supón unha ganancia "suma variable" para todos os actores involucrados. Así, o presidente Santos igualmente reforza a súa imaxe de aceptación política nunha sociedade colombiana que reclama mais que nunca o fin dun conflito de case cinco décadas. A pesar das aparentes incertezas sobre o escenario que se abre a partir de agora, pode que coa derradeira liberación de secuestrados, as FARC estean marcando un camiño de "liberación" das ataduras dun prolongado conflito, viciado pola implicación de todo tipo de actores.
NOS_30442
O Concello ordenou reanudar os traballos durante a noite para evitar a oposición veciñal.
O barrio de Coia non durmiu esta madrugada. Por volta das once da noite operari@s municipais tentaron --por orde do Concello de Vigo-- avanzar nas obras da rotonda na que o goberno municipal quere situar un barco de comezos de século. Por terceira vez a veciñanza mobilizouse e conseguíu paralizar os traballos. En asemblea as persoas concentradas na rúa Castelao acordaron convocar unha manifestación esta sexta feira (12 de decembro) coa que amosar o seu rexeitamento a un proxecto que custará 300 mil euros. Pouco máis de media hora puideron traballar @s operari@s encargados das obras na rotonda da Rúa Castelao, no barrio vigués de Coia. En canto as máquinas comezaron a retirar a terra a veciñanza concentrouse de novo para impedir que o concello coloque o barco Bernardo Alfageme. E xa van tres veces. A veciñanza convoca unha manifestación o día 12 para amosar o seu rexeitamento ao proxecto Entre o "despilfarro" e a "demagoxia" A veciñanza denuncia o "despilfarro" que supón gastar 300 mil euros públicos na colocación dun buque e a "aleivosía" coa que está a proceder o goberno de Abel Caballero ao re-iniciar as obras durante a noite. "É inmoral" gastar ese diñeiro na iluminación e colocación da nave, apunta a veciñanza "cando hai tantas familias pasándoo mal, ás que se lle denegan as axudas", sinalan. Porén, desde a equipa de goberno acusan a veciñanza de practicar "a demagoxia" e de constituír un "movemento político" e non "cidadán", afirmou o concelleiro de Fomento, David Regades, quen insistiu en salientar a importancia das obras na rotonda como un "recoñecemento" ao Bernardo Alfageme, unha exemplo, dixo, do "patrimonio industrial" vigués.
NOS_36445
A ocupación no sector subiu 2,5% en novembro de 2021 a respecto do mesmo período de 2020.
Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o sector servizos experimentou en novembro de 2021 unha considerábel mellora a respecto do mesmo período do ano anterior no que atinxe á cifra de negocios. Así se desprende do Índice de Actividade do Sector Servizos (IASS), que sitúa a taxa de variación anual na Galiza en 27,9%, fronte a 24,3% de media a nivel estatal. Só Canarias (+40,8%), Asturies (+31,6%) e Balears (+31,3%) rexistran maiores incrementos. Ningún territorio sufriu unha caída neste indicador en novembro pasado. Deste modo, o crecemento medio do sector en 2021 é de 16,5% a respecto do ano no que irrompeu a pandemia da Covid-19, fronte a 15,5% no conxunto do Estado. A recuperación de emprego, a ritmo lento No que atinxe á creación de emprego, porén, o crecemento é moito menor. Así, a taxa interanual da Galiza rexistrou en novembro unha repunta de 2,5%. Todos os territorios do Estado medran no indicador do emprego, malia que a Galiza é o segundo que o fai a un ritmo máis lento, superando só Castela e León (+1,6%), e moi lonxe de Balears (+12,2%), Canarias (+5%) e Nafarroa (+5%), que lideran esta táboa. A taxa media de crecemento do emprego en 2021 é de 1,1% na Galiza tomando como referencia 2020, mentres a nivel estatal é de 0,9%.
PRAZA_15385
A CIG-Ensino iniciou unha campaña para que o profesorado lle envíe unha tarxeta de Nadal a Jesús Vázquez esixindo a paga extra de Nadal
A CIG-Ensino iniciou este luns unha campaña para que o profesorado lle envíe unha tarxeta de Nadal a a Jesús Vázquez esixindo a paga extra de Nadal. O sindicato fai un chamamento a todo o profesorado para que participe e conseguir así que o conselleiro de Educación reciba máis de 30.000 envíos. O texto da tarxeta fai referencia ás reducións salariais que sufriu o profesorado desde o ano 2010 e que supuxeron que os seus ingresos minguaran en máis dun 20%. Na postal tamén se denuncian os descontos salariais por enfermidade cos que se castiga os traballadores e traballadoras, o incremento do horario lectivo, as ratios de alumnado por aula, a redución de unidades e postos de traballo, os recortes na atención á diversidade e os ataques ao uso do idioma. O texto da tarxeta fai referencia ás reducións salariais que sufriu o profesorado desde o ano 2010 e que supuxeron que os seus ingresos minguaran en máis dun 20% "Nuns días –recolle o texto- ademais de manter conxelado o meu salario, vai facer efectiva a eliminación da miña paga de Nadal, o que é o mesmo que desvalorizar o meu traballo, vulnerar os meus dereitos laborais e furtarme o que como traballador/a me corresponde". A tarxeta, que se pode enviar desde hoxe, remata esixindo como única felicitación de Nadal a restitución da paga extra que lle corresponde ao profesorado polo seu traballo.
NOS_47265
A nota negativa chega no referente ás hospitalizacións, que soben en 41 persoas.
Os novos contaxios de Covid-19 descenden este domingo e sitúanse por baixo dos 6.000 -5.354 casos, 1.341 menos nas últimas 24 horas- tras varios días superando esa barreira. Os casos activos tamén rexistran un notábel descenso, con 2.444 menos, que deixa 75.585 infeccións no país. Por contra, a presión hospitalaria increméntase con 592 ingresados por coronavirus (41 máis que na xornada anterior). A taxa de positividade baixa até 20,91%. Segundo os datos actualizados na mañá de hoxe pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18 horas do sábado, baixan a 48 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 na Galiza -un menos-, pero soben as hospitalizadas noutras unidades, 544, -42 máis-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en seis das sete: só Pontevedra presenta menos hospitalizados, con 80 pacientes en unidades convencionais -un menos-, e sete en críticos -sen cambios-. Así, na da Coruña e Cee baixan a 11 os críticos -un menos-, pero increméntanse os hospitalizados noutras unidades, 135 -sete máis-, mentres que na de Ourense tamén se rexistra un aumento nos ingresados por Covid en planta, 73 -nove máis-, aínda que continúan con nove hospitalizados en UCI -sen cambios-. A área de Santiago e Barbanza mantén a seis pacientes Covid en UCI -sen cambios- e 81 noutras unidades -un máis-, mentres que na de Ferrol non hai cambios en críticos, un, e soben a 33 os ingresados noutras unidades -tres máis-. Pola súa banda, a de Lugo tampouco notifica cambios en coidados intensivos, onde continúa con seis pacientes, e conta con 56 hospitalizados en planta -seis máis-; mentres que a de Vigo presenta 86 pacientes en unidades convencionais -17 máis- e oito en UCI -sen cambios-. Menos casos activos A Galiza rexistra un descenso nos casos activos, con 75.585 casos, 2.444 menos nas últimas 24 horas ao haber máis altas (7.796) que contaxios (5.354), ademais de dous falecementos. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas. O máis acusado preséntao o distrito sanitario de Vigo (-614), seguido por Santiago (-470), Lugo (-399), A Coruña (-383), Pontevedra (-228), Ourense (-219) e Ferrol (-131). Por tanto, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 20.246; seguida da de Coruña e Cee, con 15.814; Santiago e Barbanza, con 11.380; Pontevedra e O Salnés, con 9.030; Ourense, con 7.753; Lugo, con 7.621; e á cola mantense a de Ferrol, con 3.741. Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade no pasado 21 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días descende de novo lixeiramente na Galiza a 3.259,07 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.418,46 de media en España, que se incrementa. Menos contaxios Os novos contaxios de Covid-19 descenden e sitúanse por baixo da barreira dos 6.000, concretamente nos 5.354, que supoñen 1.341 menos que a xornada anterior, cando se rexistraron 6.695. Así, desde o inicio desta pandemia ascenden na Galiza a 376.883 contaxiados por coronavirus, dos que 88.267 corresponden á área de Vigo; 79.572, á da Coruña; 57.021, á de Santiago; 46.306, á de Ourense; 44.741, á de Pontevedra; 38.891, á de Lugo; e 22.085, á de Ferrol. En toda Galiza nas últimas 24 horas efectuáronse 5.904 PCR, que elevan a 3.505.340 as realizadas desde o inicio da pandemia; e 8.044 test de antíxenos, que suman 1.351.819. Entre ambos os tipos constitúen 13.948 probas diagnósticas. En canto á taxa de positividade en PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, baixa até o 20,91% tras rexistrar un 23,76% a xornada. Por iso, mantense por moi encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Vítimas e curados Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en toda Galiza ascenden a 2.875, ao notificar a Consellería de Sanidade este sábado dous óbitos. Mentres, 298.472 persoas diagnosticadas de coronavirus curáronse na Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, que implican 7.796 máis que as rexistradas ata o día pasado.
PRAZA_20065
A única solución sería un pacto para poder levar adiante un referendo. Pacto alicerzado no compromiso de que se respecte o decidido polos cataláns e que, no caso de saír o voto negativo non se repita esta consulta nun termo aproximado de dez ou quince anos
A primeiros deste 2017 o xornal La Vanguardia, de liña editorial non independentista, publicaba unha enquisa que reflectía que o 76,6% dos cataláns querían decidir en referendo a respecto da súa independencia ou continuidade no Estado, mentres as opcións a prol sobardaban en moi pouco ás negativas. Estes dados serían impensábeis hai once anos, cando se aprobaba pola cidadanía catalá o novo Estatuto. O fito máis importante na modificación das actitudes a respecto da independencia foi a sentenza do Tribunal Constitucional de xuño de 2010, que, estimando o recurso do PP, declarou na práctica a inconstitucionalidade de case todos os avances en autogoberno contidos nese "nou Estatut", malia que xa fora aprobado en referendo e levaba plenamente vixente máis de catro anos. A labazada moveu centos de milleiros autonomistas e federalistas cara á opción independentista, ao considerar imposíbel un autogoberno digno de tal nome no seo do Estado español. Hai un problema moi grave e os partidos unionistas non o asumen. Mais o problema só non se resolve, lonxe diso encónase, porque xera desafección cidadá en Catalunya, máis tamén unha enxurrada de anticatalanismo en Madrid e outros territorios españois. Velaí que a única solución sería un pacto para poder levar adiante un referendo. Pacto alicerzado no compromiso de que se respecte o decidido polos cataláns e que, no caso de saír o voto negativo non se repita esta consulta nun termo aproximado de dez ou quince anos, na liña da Lei de Clareza canadiana. A fórmula xurídica podería pasar por un referendo consultivo, consonte co artigo 92 da Constitución, delegando o Estado ao abeiro do artigo 150.2 da Constitución na Generalitat a competencia para convocalo. O mandato catalán requiriría dunha ulterior reforma constitucional, de ser afirmativo. Unha reforma que habería pactarse previamente. A historia europea recente amósanos que non se pode negar pacificamente o dereito a decidir. Eslovaquia, Chequia, Eslovenia, as tres repúblicas bálticas ou Irlanda son Estados membros da UE que non existían hai cen anos e moitas veces separáronse de Estados cos que seguen a partillar a Unión. As realidades mudan e o Dereito está para regular a convivencia. A convivencia, que ha ser aceptada e non imposta.
PRAZA_4962
En só cinco anos, Galiza perdeu peso financeiro, económico, demográfico e político no Estado. Con este pano de fondo, unha parte da esquerda afirma que a cuestión nacional agora non toca. Que pode galeguizar as forzas estatais se recoñeceren o dereito a decidir
Na orde da política hai moitas ocasións en que as bruxas, asestadas nun vórtice imprevisíbel, asubían vellas profecías con novas formas. Promesas de loureiros e himnos nos círculos recorrentes da historia. A historia de Galiza tamén escorrega polos círculos do inferno. En só cinco anos desmantelouse de xeito sistemático esta terra. Vivimos unha cruzada contra a lingua galega, a mordaza do pulo creativo da nosa cultura, o esfarelamento da industria ou a poda sistemática do anémico autogoberno galego. Non é só a crise, é a vontade programada e clara de difuminar Galiza nunha rexión do noroeste peninsular onde chove miudiño e onde se come moito e ben. A historia de Galiza tamén escorrega polos círculos do inferno. En só cinco anos desmantelouse de xeito sistemático esta terra En só cinco anos desmantelouse o sistema financeiro galego completo. Agora Madrid, Cataluña e Euskadi manteñen e concentran o sistema financeiro do Estado español. E isto que significa que Galiza sexa a única comunidade, xunto con Castela León e Asturias, que ten maior volume de depósitos que de créditos, concretamente 4.842 millóns de euros de depósitos a maiores que os créditos. Ou que o peso dos créditos en Galiza con respecto ao peso poboacional no conxunto do Estado é case a metade (0,58). No lado oposto da balanza temos a Madrid, onde o peso do seu crédito no Estado case duplica (1,82) o peso da súa poboación. Así, tendo o 13,75% da poboación do Estado español, posúe máis da cuarta parte do crédito do Estado (25,09%). Feijóo gaña as eleccións en marzo de 2009 cun número de afiliados á Seguridade Social na industria de 163.214. Hoxe hai 35.536 afiliados/as menos, isto é, un 21,8% menos En só cinco anos desmantelouse o sector industrial de Galiza. Feijóo gaña as eleccións en marzo de 2009 cun número de afiliados á Seguridade Social na industria de 163.214. Hoxe hai 35.536 afiliados/as menos, isto é, un 21,8% menos. Este forte descenso implica o comportamento máis negativo do conxunto de sectores económicos da economía galega. De feito, despois da construción, é o sector onde se perdeu maior volume de afiliación, tanto en termos relativos como absolutos. Estes datos son brutalmente negativos na enerxía eléctrica que caeu un 17,2%, no téxtil un 26%, na metalurxia un 27% ou na madeira e fabricación de móbeis un descenso de máis do 30% . En só cinco anos, a dereita iniciou o camiño para rematar co autogoberno. A normativa estatal, desde a reforma local á lei Wert, camiña na invasión de competencias coa complicidade amábel do goberno galego. Como non? Se a Feijóo lle sobran deputados e deputadas no Parlamento galego, mentres mantén as decimonónicas deputacións, como non lle van sobrar as competencias. En só cinco anos, Galiza perdeu peso financeiro, económico, demográfico e político no Estado. Con este pano de fondo, unha parte da esquerda afirma que a cuestión nacional agora non toca. Que pode galeguizar as forzas estatais se recoñeceren o dereito a decidir Con este pano de fondo, unha parte da esquerda afirma que a cuestión nacional agora non toca. Que pode galeguizar as forzas estatais se recoñeceren o dereito a decidir. Só faltaría denominarse progresista e de esquerdas e non asumir un dereito básico como este para un pobo! Mais eu creo que é un erro considerar que a solución pasa por abandonar o nacionalismo galego. Acaso nos cinco anos de ofensiva da dereita tamén se eliminou a posibilidade da auto-organización? seica xa se dubida das propias posibilidades?, todo o que vén de Madrid é mellor?, vale máis o Congreso que o parlamentiño?, mellor Évole que os e as comunicadores galegos e galegas? Sen lle tirarmos mérito a ninguén, mirando só para fóra, se cadra conseguimos disolvernos, mais non reverter a actual situación. De feito, formulo estas preguntas pensando en todos os homes e mulleres que desde o anonimato traballaron durante anos desde o entusiasmo e a constancia militante pola auto-organización do pobo galego. En moitas ocasións penso na decepción que hoxe poden sentir eses milleiros de persoas que non pasarán aos libros de historia co seu nome mais si como colectivo comprometido coa idea de que Galiza é unha nación e o desexo da súa realización. Seguro que pode existir a tentación de falar en termos de culpábeis. De nada vale. Galiza xógase a súa supervivencia mentres Cataluña lle planta cara ao Estado español e abre outro tempo político. Galiza xógase a súa supervivencia mentres Cataluña lle planta cara ao Estado español e abre outro tempo político Macbeth enganouse ao acreditar en que non lle daría morte ninguén nacido de muller. Despois de a fraga de Birnam avanzar cara a Dunsinane no último acto e de lermos Nietzsche sabemos que todo é humano, demasiado humano.
NOS_53411
Organizacións e colectivos denunciaron no paso da proba ciclista por Galiza identificacións e 'cacheos' da policía por levar simboloxía nacionalista.
A Delegación do Goberno español negou ao Defensor del Pueblo que durante o paso de 'La Vuelta' por Galiza se producisen identificacións de persoas por levar estas bandeiras nacionalistas. Desde 'Dereitos Civís' sinalan que a Delegación negou que houbese persecución á simboloxía nacionalista. Mais a comezos de setembro, nas etapas de 'La Vuelta' por Galiza, diversas organizacións e colectivos denunciaron identificacións policiais por levar bandeiras galegas. Así, o 10 de setembro o BNG denunciaba que seis militantes seus foran identificados na Coruña na xornada de paso da proba ciclista por levar "simboloxía nacionalista". E desde Causa Galiza denunciaban publicamente naquela altura a "identificación e agresión" dun seu militante cando tentaba pendurar unha faixa no paso de La Vuelta. Na anterior edición de 'La Vuelta' (2013), que tamén tivo etapas que transcorreron polo noso país, tamén houbo identificacións de persoas que levaban bandeiras nacionalistas ou ben por amosar faixas co lema 'Galiza non é España' Dereitos Civís impulsou unha campaña perante o Defensor del Pueblo na que sinalaban que "as identificacións, limitacións á circulación e o requisado de simboloxía nacionalista é un atentado á liberdade ideolóxica" e que estas eran prácticas que en Galiza se producen.
PRAZA_18996
Alfredo Bea Gondar demanda o xornalista galego Nacho Carretero polas afirmacións que sobre el fai na exitosa obra sobre o narcotráfico en Galicia, onde se abordan as relacións de numerosos políticos galegos coa delincuencia organizada arredor do tráfico de drogas.
Denunciado por suposto delito de "inxurias e calumnias". É a comunicación que vén de recibir o xornalista e escritor galego Nacho Carretero de parte do ex-alcalde do Grove Alfredo Bea Gondar polas afirmacións que del fai no exitoso libro Fariña. O ex-alcalde do Grove Alfredo Bea denuncia a Nacho Carretero polas afirmacións que del fai no libro 'Fariña' O que fora rexedor grovense demanda a Carretero por unhas afirmacións nas que lle atribúe a Alfredo Bea a comisión de delitos relacionados co narcotráfico galego polos que fora condenado pola Audiencia Nacional no ano 2005 pero máis tarde absolto, segundo adiantou Europa Press e segundo confirmaron a Praza fontes coñecedoras do caso. Os avogados de Bea Gondar argumentan a denuncia no feito de que esa sentenza da Audiencia Nacional contra o ex-político -por branqueo de cartos procedentes do narcotráfico- fora recorrida en casación ante o Tribunal Supremo, que en abril de 2006 absolvera o condenado anteriormente. Os avogados de Bea Gondar argumentan que no libro se fala dunha condena da Audiencia Nacional da que fora absolto o ex-rexedor Concretamente, o Supremo anulara unha condena de varios anos de cadea imposta pola Audiencia Nacional a cinco galegos que foran relacionados cun alixo de 2.000 quilos de cocaína supostamente desembarcada en Cambados en 1990. Eran Manuel González Crujeiras, Carallán, e José Santórum Viñas, O Can , condenados a oito anos; José Luis Fernández Veiga, O Francés, e José Parracho Castro; e o propio Bea Gondar, ao que se lle impuxeran catro anos. Para o alto tribunal, a súa decisión estaba xustificada no feito de que a condena estivese baseada no testemuño do arrepentido Fernández Veiga sen ter realizado as comprobacións básicas, ademais de haber imprecisións no relato dos feitos probados por parte da Audiencia Nacional, que na súa sentenza acusaba a Bea Gondar de ser quen proxectara traer a cocaína desde Suramérica a Galicia. O acto de conciliación terá lugar o vindeiro 11 de xaneiro no Xulgado de Primeira Instancia número 82 de Madrid. Bea Gondar solicita a Carretero unha "rectificación pública" na que "recoñeza a falsidade das manifestacións" realizadas, que "presente escusas" e que, en edicións sucesivas do libro, "se absteña de mencionalo". Bea Gondar tamén reclama ao xornalista coruñés unha indemnización económica que non é coñecida. Contactado Nacho Carretero, o escritor rexeita facer declaracións polo momento e aclara que tanto a editorial (Libros del KO) coma el puxeron o caso en mans dos seus avogados e están á espera. Bea Gondar mesmo fora elixido alcalde aos poucos días de ser detido por orde do xuíz Baltasar Garzón Alfredo Bea Gondar foi figura clave de UCD na provincia de Pontevedra. En 1983 foi elixido alcalde por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pouco despois pasou xunto a todos os concelleiros a Alianza Popular, embrión do actual PP. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a exercer. Fora o primeiro concelleiro da lista máis votada e a falta de acordo entre as seis formacións políticas no Concello propiciara a súa proclamación malia estar xa detido. Aos tres días, fóralle retirada a condición de rexedor electo ao considerar todos os grupos que a súa ausencia no acto da toma de posesión era inxustificada. Estaba internado no cárcere de Alcalá-Meco por orde do xuíz Baltasar Garzón, e en prisión preventiva como sospeitoso de implicación nun delito de narcotráfico. En 2005 foi condenado pola Audiencia Nacional por un delito de branqueo de capital procedente do narcotráfico do que logo foi absolto polo Tribunal Supremo. A súa historia é unha das moitas que no exitoso libro de Nacho Carretero se contan sobre as relacións máis ou menos estreitas entre o mundo do narcotráfico e diferentes cargos políticos -principalmente da dereita, da AP ou do PP- en Galicia. "Ata a operación Nécora, houbo unha total pasividade [co narcotráfico] por parte do Estado, e a culpa foi dos políticos galegos que estaban en conivencia co narcotráfico", dicía Carretero nesta entrevista con Praza sobre un libro cheo de anécdotas, de lectura áxil e que trata sen complexos da conivencia de políticos e policía, da permisividade da cidadanía ou da banalización da farlopa ou o perico que deixaron unha xeración perdida no país. Podes mercar 'Fariña' na tenda de Praza
NOS_335
A produtora Nós presenta a vindeira quinta feira en Numax (Compostela) un libro-DVD titulado 'Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra', no que recupera un documental sobre o autor asinado por Margarita Ledo e un libro.
'Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra' divídese nun libro con textos escritos por diferentes persoas e un documental, xa realizado por Margarita Ledo en 2015 onde a través da voz do propio Manuel María presenta a vida do escritor en todas as súas facianas. Pola banda do papel, titúlase 'A propósito de Manuel' e contén textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e a propia Ledo. Pola banda da fita, inclúe un documental en formato DVD onde, a partir da voz do propio Manuel María, fai unha homenaxe a Manuel, á súa contorna máis próxima, á súa extensa obra e ao seu activismo político. Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como "poeta da terra". A presentación do proxecto, ao que lle seguirán outras en cidades e vilas galegas, terá lugar o xoves 25 en Santiago de Compostela ás 20:30 en Numax. Rodarán un filme sobre guión de Manuel María A produtora Nós tamén anunciou hai pouco que levará ao cinema o guión de Manuel María que gañara o primeiro premio dun concurso de guións de ficción que convocara a antiga produtora Nós, que fora fundada en 1976 por Carlos Varela Veiga. Aquel guión foi reconvertido anos máis tarde polo poeta chairego nun texto dramático, que foi publicado en 1989 polo Concello de Carral e representado en moitas ocasións. Na nota do autor, Manuel María di: "A obra unicamente intenta dar unha visión, galega e obxectiva, de como aconteceron os sucesos de abril de 1846, unha das datas-chave da nosa Historia". O filme, que está en fase de preprodución e procura de financiamento, será dirixido por Xosé Luís Ledo.
NOS_38489
En Marea considera que o Goberno galego debe deixar de "poñer parches" e afrontar un debate amplo para a elaboración dun Plan de Transporte Público para Galiza.
Representantes da Federación Galega de Autónomos do Taxi manifestáronlle a En Marea a súa preocupación polo novo regulamento incorporado aos orzamentos do 2017, mediante a Lei de Acompañamento, en materia de transporte público, pois entrende que os prexudica e, sen contar coa súa opinión, "favorece a penetración das empresas de autocares en servizos que eles poderían prestar". Nesta liña, Fegataxi trasladou a súa disconformidade coa disposición adicional segunda, que dí que "os contratos de xestión de transporte público poderán prever a prestación parcial de servizos públicos de transporte mediante outros vehículos turismo de nove prazas que o contratista deste servizo adscriba exclusivamente á a súa prestación". En Marea recolleu as solicitudes da Federación Galega de Autónomos do Taxi e anunciou que solicitará a supresión das novas normas en materia de transporte incluídas nos Orzamentos para o vindeiro exercicio. O vicevoceiro de En Marea tamén rmanifestou que se debe "de afrontar sen máis dilación o debate dun modelo de transporte público para Galiza na súa integridade, e aí deben de entrar as forzas políticas e a sociedade".
NOS_36844
Galiza está presente nos Premios Platino de Cine Iberoamericano, cuxa gala terá lugar na noite do sábado. Faino da man do filme Meigallos, de Virginia Curiá, e de Psiconautas, de Alberto Vázquez e Pedro Ribero.
O cinema galego está representado nos Premios Platino de Cine Iberoamericano, que teñen lugar na noite do sábado. E é que Meigallos, de Virginia Curiá, e Psiconautas, de Alberto Vázquez e Pedro Rivero, forman parte dos filmes nominados á mellor cinta de animación, premio ao que concorreron 847 películas. Meigallos é unha coprodución entre a galega Agallas Films e a brasileira Otto Desenhos Animados, e nela participa a TVG. Con versións en galego, portugués, español e inglés, xa foi adquirida nos EUA e no Canadá. Por outra banda, Psiconautas, de Zircozine, Basque Films, Abrakam Estudio e La Competencia Producciones, xa gañara o Goya á mellor película de animación. O propio director, Alberto Vázquez, explicaba, nunha entrevista concedida ao semanario Sermos Galiza, o proceso de produción e rodaxe dun filme creado para facer reflexionar. As fitas galegas non o van ter doado. Compiten coas españolas Ozzy e Teresa y Tim e coa mexicana La leyenda del chupacabras.
NOS_9941
A "artista multidisciplinar" Luz Darriba (Montevideo, 1954) protagonizará esta terza feira ás sete do serán o peche do ciclo Temos unha peza do Museo do Pobo Galego. Para disertar sobre a súa relación coa histórica institución de Santiago de Compostela, Darriba escolleu unha peza ben curiosa: o claustro do mosteiro de San Domingos de Bonaval.
Darriba pon o ramo a unha iniciativa pola que pasaron ilustres nomes como a zoqueira Elena Ferro ou escritores como Suso de Toro e coa que o museo celebrou 40 anos de actividade. A obra de Luz Darriba adoita relacionarse coa "defensa dos dereitos humanos, especialmente a defensa das mulleres e a denuncia da violencia de xénero". Deuse a coñecer en Galiza cando, en 2000, rodeou a muralla romana de Lugo -2.300 metros de perímetro- con máis de medio millón de libros. Esixía a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Repetiu a intervención na Porta de Alcalá de Madrid, mais só con 80.000 volumes. Darriba realizou máis de duascentas exposición en diferentes lugares do mundo e na actualidade coordina para Europa a organización The Feminist Art Project -con base en Nova York-, que agrupa artistas que se recoñecen politicamente no feminismo.
NOS_6983
Vinte e sete obras compiten ás distintas categorías dos premios que cada ano concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que desta volta chegan a súa décimo quinta edición. Entregaranse no Teatro Principal de Pontevedra o próximo 3 de maio, na Gala das Letras.
Máis de catrocentos socios e socias da AELG participaron na elección das persoas e obras finalistas dos distintos galardóns que a AELG concede cada ano e serán tamén quen decida quen levarán finalmente os premios que se entregarán o 3 de maio na Gala das Letras que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra. Ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística son as distintas modalidades da convocatoria da AELG que, para as dúas últimas, conta coa participación de membros de Gálix e do Colexio de Xornalistas. Son finalistas polas diversas categorías: Blog Literario Caderno da crítica, de Ramón Nicolás Criticalia, de Armando Requeixo Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández Ensaio A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores) Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato (Xerais) Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez (Xerais) Literatura Infanto-xuvenil A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais) A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Biblos) Todos somos, de Marcos Calveiro (Xerais) Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013 Ana RomaníCarme VidalFran P. LorenzoIago MartínezMontse Dopico Narrativa A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia) A memoria da choiva, de Pedro Feijoo (Xerais) O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia) Poesía Habitación do asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior) Ningún precipicio, de Olalla Cociña (Toxosoutos) Raíz da fenda, de Berta Dávila (Xerais) Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes (Alvarellos Editora) Teatro Isóbaras, de Gustavo Pernas (Xerais-Xunta de Galicia) O refugallo, de Paula Carballeira (Xerais-Xunta de Galicia) Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas) Tradución Desgastei cadeas estrañándote, de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler(Espiral Maior) Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia) Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar (VicensVives) Recoñecementos da directiva Nun ano no que a AELG fai ao teatro protagonista dos seus galardóns, na Gala das Letras entregarase premio a Institucións Culturais ao proxecto Buxiganga, á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Área de Cultura de Deputación da Coruña, polo Premio de teatro Rafael Dieste e aos concellos de Narón e Tui polo esforzo na promoción das artes escénicas. O premio"Mestras-es da Memoria" 2014 irá destinado a Elba Requeijo e Xavier Blanco, pola súa dedicación á transmisión da cultura popular. O vasco Bernardo Atxaga será recoñecido como Escritor Galego Universal. A distinción "Bos e Xenerosos" recoñecerá nesta edición á xente do teatro por "mater vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais". A compañía Sarabela Teatro como agrupación profesional, Achádego Teatro de Lugo, en teatro amador, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en representación da profesión e á Editorial Laiovento e o proxecto Casahamlet como iniciativas privadas.A AELG desvela os nomes d@s finalistas para os seus premios
NOS_3432
O dianteiro madrileño, que tiña contrato co Getafe, paseou en 2005 unha bandeira española franquista para celebrar a medalla de ouro de España nos Xogos do Mediterráneo. Hai uns meses, Salva Ballesta, recoñecido personaxe de extrema-dereita, non recalou no Celta tras un amplo rexeitamento do celtismo
O dianteiro madrileño Javier Arizmendi ficha polo Deportivo da Coruña, club no que xa militara no 2006/07 xogando medio cento de partidos e marcando 7 goles. Mais o debate nas redes sociais, máis que centrarse no que pode achegar ao equipo ou se rendería máis como extremo, lateral ou mediapunta; céntranse no desembarco dun xogador ao que se ten situado na extrema-dereita. Arizmendi celebrou a medalla de ouro da selección española nos Xogos do Mediterráneo ondeando e paseando polo estadio unha bandeira española coa aguia franquista. Aquelo foi en 2005. Unha imaxe que saíu reflectida en numerosos medios de comunicación, mesmo a nivel internacional. En non poucos blogs e páxinas de deportes sitúaselle na extrema-dereita. E aí onde se lembra que na temporada 2006/07, na que xogaba no Depor, celebrou un dos seus goles alzando o brazo coa man estendida, ao xeito romano e fascista. Precedente Salva Salva Ballesta estivo a piques de desembarcar no Celta de Vigo hai uns meses, como segundo adestrador. Mais non chegou a pisar Balaídos. As súas declaradas e reiteradas filias fascistas e españolistas, o seu apoio ao golpista Tejero e os seus desprezos aos pobos con identidade propia que hai no Estado xeraron unha vaga de rexeitamento e indignación do celtismo nas redes sociais (e non só aí). O Celta, finalmente, non fichou a Salva, alegando que non o consideraba axeitado para o equipo celeste. Desde certos medios madrileños (deportivos e non deportivos) criticouse con dureza o Celta, ao que se apuxo a 'coletilla' de anti-español e á súa afección de "galleguistas radicales" (sic).
NOS_44042
As propostas do presidente da Xunta chegan nunha xornada na que veñen de demostrarse as deficiencias do sistema de PCR gratuítas impulsado polo Goberno galego. Mentres demanda "intensificar" a realización de probas para diagnosticar o coronavirus, as e os cidadáns -así como as e os profesionais da sanidade- están a constatar que o sistema está colapsado.
Un día despois de que Saúde Pública decidise descartar as corentenas para os contactos estreitos de infectadas pola variante Ómicrom do coronavirus que teñan a vacinación completa, e na mesma xornada en que se amosa que o sistema de realización de probas diagnósticas galego está colapsado mentres o presidente da Xunta demanda a "intensificación" destes exames, o mesmo Alberto Núñez Feixoo pon sobre a mesa a opción de que as cabalgatas de reis sexan estáticas na Galiza. Desde o seu punto de vista, que trasladou após unha conferencia de presidentes dos distintos territorios que se reuniron con Pedro Sánchez, hai que estudar "a conveniencia" de que se celebren os cotillóns ou habituais festas de Fin de Ano. Ademais, as cabalgatas deberían estar paradas, destacou. Estas propostas coñecidas nesta cuarta feira veñen a sumarse ás xerais xa avanzadas en horas anteriores, como a de recuperar a obrigatoriedade do uso da máscara en exteriores, deixando as zonas non urbanas á marxe desta excepción que inicialmente propuxo manter até finais de xaneiro. Fontes da Xunta tamén trasladaron que Feixoo coincidiu no diagnóstico do Executivo do estado español: a presión asistencial avanza a menor ritmo coa cepa Ómicron do coronavirus pero existe unha gran velocidade de contaxio. Ademais,comentou a súa "preocupación por que esta sexta onda chegue no peor momento do ano, dada a elevada interacción no Nadal". Así, ao tempo que as e os galegos agardan tempos moi elevados para facer as probas gratuítas do Sergas, o presidente da Xunta pediu reducir as interaccións sociais ao grupo familiar burbulla, ante o que dixo que era o momento de "máis risco" epidemiolóxico. Exixe persoal pero non fala dos recortes do Sergas Así as cousas, Feixoo remarcou a necesidade de aprobar unha lei de pandemias no Estado, da que se "carece case dous anos despois". Tamén exixiu "máis persoal" para a sanidade, é dicir, que se poidan incorporar máis graduados en medicina que non teñen formación especializada e lembrou que as comunidades --nas que está transferida a xestión sanitaria-- "necesitan desde hai anos a aprobación da especialidade de Urxencias e un mir extraordinario" en Medicina de Familia. No entanto, a este respecto obviou as múltiples denuncias que recibe a xestión do seu executivo desde a Atención Primaria e outras áreas polos recortes aos que foron sometidas nestes anos de Goberno popular.De feito, esquecendo o colapso do sistema de realización de PCR gratuítas na Galiza, insistiu en que se deben "intensificar" as probas, especialmente nos aeroportos e estacións de ferrocarril.
PRAZA_20241
Uns 25.000 pequenos aforradores que mantiñan títulos do Pastor están afectados no país, onde se agardan milleiros de reclamacións xudiciais apelando á nulidade da última ampliación de capital por información falsa sobre a entidade. Os despachos reciben ducias de consultas nun só día Os galegos Ron e Arias acumularon no Banco Popular 50 millóns de euros en pensións
Os galegos Ron e Arias acumularon no Banco Popular 50 millóns de euros en pensións Arredor de 300.000 accionistas en todo o Estado, entre 25.000 e 30.000 deles pequenos aforradores galegos. Neste último caso, unha inmensa maioría que mantiña as súas accións no Banco Pastor desde hai anos, incluídos empregados da entidade. Todos acaban de ver como o valor das súas accións virou a cero, á nada, logo da compra por parte do Santander do Popular. Ante a inexistencia de calquera tipo de arbitraxe ou compensación, a única vía para os milleiros de afectados é acudir aos tribunais, que se preparan para moreas de demandas, moitas delas en Galicia, onde os títulos da antiga entidade galega eran en moitos casos un patrimonio familiar. En tan só dous días, varios despachos de avogados na comunidade acumulan ducias de expedientes abertos. As asociacións de consumidores instan a demandar o Popular por nulidade da última ampliación de capital ao non informar da situación real do banco Hai varios camiños para levar a cabo accións xudiciais, pero a máis clara parece a que apunte o Banco Popular por nulidade de pleno dereito da última ampliación de capital por 2.500 millóns de euros en 2016. Consideran diversas asociacións de consumidores que non se informou aos accionistas da situación real da entidade nin da súa elevada exposición ao ladrillo. Naquela documentación achegada, asegurábase que o "colchón de liquidez" era "suficiente para facer fronte a situaacións de máximo estrés de mercado". Desde a asociación galega Acouga, por exemplo, advírtese que os pequenos accionistas están aínda en prazo para poder reclamar ao Banco Popular a través dunha demanda de nulidade por vicio de procedemento. Son aqueles que acudiron á última ampliación de capital os que teñen máis que gañar, pero as demandas poderían estenderse máis aló, comezando polos que acudiron á de 2012. "Haberá moreas de demandas; na última ampliación de capital, as compras de accións son potencialmente nulas", advirte Acouga "Haberá moreas, si; todo o mundo que adquiriu accións nesa última ampliación de capital pode acudir porque son compras potencialmente nulas e deben reclamar tanto o capital investido como os xuros de demora por unha información defectuosa", explica Xoán Antón Pérez-Lema, secretario de Acouga, que asegura que hai "grandísimas posibilidades" de gañar o preito nestes casos, así como nos que se refiren ás emisións de débeda subordinada que foi vendida como depósitos e onde tamén habería información errónea sobre os produtos. Ademais, aclara, nestes dous supostos abonda con presentar demanda no xulgado de primeira instancia que lle corresponda a cada afectado. Un dato ilustra a avalancha de demandas que vai ter que afrontar o Popular. No despacho do letrado Pérez-Lema, só desde o mércores á noite realizáronse máis de vinte consultas e xa hai dez expedientes abertos en relación a accións por valor duns 650.000 euros. "E así está a pasarlles a moitos máis avogados", aclara. A avalancha de demandas: máis de vinte consultas e dez expedientes abertos por 650.000 euros nun despacho en día e medio A outra opción é optar pola vía penal contra o consello por mala xestión dos ex-directivos encabezados polo galego Ángel Ron e mesmo tamén polas últimas accións do presidente Emilio Saracho e da directiva saínte. Neste caso, nomeadamente no que ten que ver con compras de accións anteriores á última ampliación de capital, a opción é presentar unha demanda pola actuación irregular dos administradores co obxectivo de conseguir unha indemnización pola súa neglixente xestión, algo "moito máis complexo e longo no tempo". A opción de levar aos tribunais á Xunta Única de Resolución ou o Banco Central Europeo é moito máis difícil aínda. Con todo, a Asociación Española de Accionistas Minoritarios de Empresas Cotizadas (Aemec) representa cae 400 accionistas con máis do 3% do capital e xa presentou unha querela ante a Fiscalía Anticorrupción da Audiencia Nacional contra os xestores do Popular.
PRAZA_2375
O Festival de Cine Fantástico da Coruña inicia o luns a súa sétima edición, por vez primeira con apoio do Concello. Ademais da homenaxe ao director galego e da tradicional Marcha Zombie, dedicará sesións ao cinema francés de terror e ao anime xaponés
O Festival de Cine Fantástico da Coruña inicia o luns a súa sétima edición, consolidado, máis ambicioso e contando por vez primeira con apoio do Concello. O Freakemacine (FKM) estará dedicado nesta ocasión a homenaxear a Amando de Ossorio, un dos referentes do cinema de terror, con dúas ducias de títulos na súa filmografía, algúns deles auténticas pezas de culto. Dende o luns 26 até o domingo 1 de novembro o festival ofrece unha completa programación, na que non faltarán as xa tradicionais Marcha Zombie e Video-Regueifa. Ademais dedicará sesións ao cinema francés de terror, ao anime xaponés e ás producións galegas, ofrecerá o habitual certame de curtametraxes e, na medianoite do sábado 31, unha proxección (interactiva, por suposto) de The Rocky Horror Picture Show, que celebra o seu 40 aniversario. Finalmente, O Fórum Metropolitano acollerá as sesións "máis reflexivas" do festival a través de mesas cadradas (en homenaxe aos Monty Python) sobre a industria audiovisual. Alí, diversos encontros servirán para "debater o estado da industria e das posibilidades culturais do mundo vinculado ao cine fantástico e de terror". O festival foi presentado este venres en rolda de prensa. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou a traxectoria do Festival, "un evento que naceu desde a autoxestión" e "grazas a unha sa ambición", resaltou Sande, converteuse nun "certame estable" e que "funciona na cidade". A sétima edición do Festival desenvolverase en numerosos espazos da cidade, como a Fundación Luis Seoane, o Museo de Arte Contemporáneo, o Centro Galego de Artes da Imaxe, Cantones Cines e o propio Fórum. A Fundación Luis Seoane acollerá "o lado máis canalla do Festival", segundo afirmou o seu director, David Barro, "coas actividades nocturnas", e a exposición do ilustrador David Rubín, que poderá visitarse até o domingo. O FKM contará coa presenza de distintas personalidades do xénero na cidade. Entre elas, unha das actrices emblemáticas do xénero, a danesa Lone Fleming, scream queen coa que Amando de Ossorio traballou en distintas ocasións. Tamén participará o artista Jean Christophe Sapaccini, autor de efectos especiais de películas de Luc Besson. Sapaccini impartirá un obradoiro no MAC, no que aínda quedan prazas dispoñibles, na última fin de semana de outubro. Na web do festival pode consultarse a programación completa, que se pechará o domingo 1 de novembro no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural – Fenosa), coa cerimonia de clausura, na que se entregarán os premios do IV Concurso Internacional de Curtametraxes e do I Concurso Internacional de Longametraxes, Ópera Prima. Web do Freakemacine
NOS_9891
O máximo responsável do Concelho de Vigo, Abel Caballero, retira a ajuda e dificulta o uso de espaços. A inauguração, que ia ser na Casa Galega da Cultura, terá de ser movida para o Hotel Bahia.
O programa do éMundial 2012 sofreu mudanças importantes totalmente alheias à entidade que as organiza. Até o dia 31 de maio, o Concelho de Vigo garantia o apoio institucional e orçamentário, depois de um trabalho prévio que começou 6 meses atrás com um programa que reúne 60 pessoas de diferentes nacionalidades e origens. "O dia 31 de maio, para a nossa surpresa", di a organização central, "fomos informados de que o apoio garantido desaparecia, sem nenhum tipo de argumento que o justificasse, no que só se pode denominar como um capricho". Este capricho afeta dezenas de pessoas, o seu tempo e o seu dinheiro, "o que parece importar pouco o máximo responsável do Concelho de Vigo, Abel Caballero". O dia 31 de maio, para a nossa surpresa fomos informados de que o apoio do Concelho de Vigo garantido desaparecia, Mesmo assim, o éMundial terá lugar, será um formato menor que deixará fora atividades magníficas. "Da AGAL, associação organizadora do evento, animamos a cidadania viguesa a desfrutar do facto de a nossa língua ser mundial".Três semanas de eventosO éMundial são três semanas de eventos com um nexo comum: pessoas e realidades que falam a nossa língua com diferentes musicalidades, cores e formas. Colaboram no evento o Instituto Camões de Vigo, Associação Pró-Academia e a cooperativa cultural O Cable Inglés.
PRAZA_16722
Santiago Villanueva, que foi director de Emerxencias da Xunta, súmase ao rexeitamento xa expresado pola Unidade Militar de Emerxencias
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, rexeita comparecer na comisión de estudo sobre os incendios creada no Parlamento de Galicia, segundo vén de comunicar por carta ao presidente da Cámara. Villanueva, funcionario autonómico de carreira, foi director xeral de Emerxencias da Xunta entre 2009 e 2014 e coa súa negativa súmase á xa expresada hai dez días pola Unidade Militar de Emerxencias. Santiago Villanueva, que foi director de Emerxencias da Xunta, súmase ao rexeitamento xa expresado pola Unidade Militar de Emerxencias O argumento que emprega Villanueva para defender a súa negativa a comparecer é similar ao explicitado polo Ministerio de Defensa e ampárase en que a competencia para controlar o seu traballo correspondería ao Congreso dos Deputados e non a unha cámara autonómica. Villanueva remítese aos artigos 66 e 108 da Constitución, pero estes só indican que o Congreso debe controlar o Goberno e que o Goberno debe responder das súas actuacións ante o Congreso, sen impedir que ningún representante do Executivo poida comparecer ante un parlamento autonómico. A súa carta de rexeitamento, ademais, chega ao Parlamento o mesmo día en que si compareceu nesa mesma comisión o fiscal superior de Galicia. Xunto coa carta na que comunica o seu rexeitamento a comparecer, Villanueva lémbralle ao Parlamento que o seu departamento xa remitiu, "en cumprimento dos principios de colaboración e lealdade institucional", varios documentos sobre os incendios nos que se reflicten os medios materiais e persoais facilitados polo Estado, as condicións meteorolóxicas existentes e un informe do Catastro sobre a estrutura da propiedade en Galicia. A ex-conselleira de Facenda Marta Fernández Currás tamén rexeitara comparecer na comisión sobre as caixas amparándose no seu posterior cargo de secretaria de Estado Coa súa negativa Villanueva segue a senda doutros cargos estatais que tamén rexeitaron comparecer ante a Cámara galega malia que previamente tiveran responsabilidades na administración autonómica nas mesmas materias polas que é solicitada a súa presencia. Foi o que ocorreu coa ex-conselleira de Facenda Marta Fernández Currás, que malia ser unha das figuras responsables da fracasada fusión das caixas de aforros galegas posteriormente rexeitou comparecer na comisión de investigación creada no Parlamento amparándose no seu posterior cargo de secretaria de Estado de Orzamentos.
PRAZA_17612
Foi o primeiro presidente da Xunta elixido polo Parlamento galego, ocupando o cargo ata a moción de censura de 1987. Médico de profesión, na súa longa traxectoria, chegou a ser piloto da Luftwaffe alemá nos anos trinta e a integrar nos setenta o grupo de galeguistas históricos. O pasado ano recibiu unha homenaxe polo 35 aniversario da súa investidura. Tres días de loito oficial e pésames de todo o arco parlamentario a un "home do Renacemento", segundo Feijóo
Tres días de loito oficial e pésames de todo o arco parlamentario a un "home do Renacemento", segundo Feijóo Xerardo Fernández Albor faleceu esta noite en Compostela aos 100 anos de idade. Médico de profesión, Albor foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento galego, tralas eleccións de outubro de 1981 nas que encabezaba as listas de Alianza Popular, partido máis votado. As eleccións de 1985 mantiveron a Albor á fronte do Executivo; porén, unha moción de censura en 1987 deulle o Goberno a Fernando González Laxe. Entre 1989 e 1999 Albor foi deputado no Parlamento europeo. Na súa longa traxectoria, chegou a ser piloto da Luftwaffe alemá nos anos trinta e a integrar durante a Transición o grupo de galeguistas históricos Realidade Galega. Nos últimos anos recibiu varias homenaxes, entre as que destaca a organizada en 2017 para celebrar o 35 aniversario da súa investidura. Naceu en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917. En 1936 foi enviado á fronte de guerra co bando nacional, e en 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. Licenciado en Medicina, especializouse en cirurxía e no aparato dixestivo. Ligado ao grupo de galeguistas históricos durante os últimos anos da ditadura e moi próximo a Ramón Piñeiro, formou parte do grupo Realidade Galega, presentado a comezos do ano 1980 como "grupo de opinión" co obxectivo de defender a autonomía galega. Varios dos integrantes deste grupo integráronse nas listas de distintos partidos nas primeiras eleccións autonómicas (o propio Piñeiro no PSdeG ou Marino Dónega en UCD) e Albor incorporouse como independente ás de Alianza Popular, encabezando a lista pola Coruña e sendo presentado como candidato á Presidencia da Xunta. Aínda que se prevía unha vitoria cómoda da UCD (dominadora de todos os comicios en Galicia dende o ano 1977), AP obtivo finalmente dous escanos máis (26 fronte a 24). No primeiro discurso de investidura dun presidente da Xunta logo dunhas eleccións autonómicas, pronunciado o 7 de xaneiro de 1982, por Xerardo Fernández Albor, o médico compostelán comezou rendendo unha "fonda e sentida homenaxe a cantos galegos de onte e de hoxe contribuíron á defensa da identidade de Galicia e a crea-las condicións xurídicas, políticas, económicas e sociais pra que hoxe accedamos ó autogoberno". Tras ingresar en AP Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia. Repetiu vitoria nas eleccións de 1985 (desta volta con 34 escanos), e foi de novo elixido Presidente, grazas á abstención de Coalición Galega (o que provocou a ruptura deste grupo). En 1986 o vicepresidente Xosé Luís Barreiro buscou forzar a dimisión de Albor, dimitindo xunto coa maior parte dos conselleiros do Goberno. Albor mantívose na Presidencia da Xunta co apoio de Manuel Fraga, nomeando a Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 unha moción de censura apoiada por PSdeG-PSOE, CG, PNG e PSG-EG desaloxou a Fernández Albor e levou a Fernando González Laxe á Presidencia. Albor abandonou o Parlamento Galego en 1989 para coverterse en eurodeputado, posto que ocupou ata o ano 1999. Retirado da política activa, nos anos seguintes foi director sa Fundación do Policlínico La Rosaleda e recibiu numerosas homenaxes e recoñecementos, dende a Medalla de Ouro de Galicia ata a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica. Nos últimos meses, coincidindo coa publicación de Fariña e a emisión da serie de televisión realizada a partir desta obra, foi moi comentada a xuntanza que en 1984 mantivo en Portugal con contrabandistas fuxidos da Xustiza que nos anos seguintes se convertirían nos principais narcotraficantes galegos. En xaneiro do pasado ano un acto celebrou o 35 aniversario da investidura de Albor como Presidente da Xunta e o inicio da actividade do Parlamento galego. Naquela ocasión, Alberto Núñez Feijoo salientou as dificultades e precariedade coas que nacía ese primeiro goberno autonómico: "Carecía de precedentes nos que inspirarse", sinalando que "Fernández Albor instaurou a épica da normalidade mediante o uso dun mantra que repetiría acotío: o sentidiño". "Aspiramos a que a Galicia autónoma desenvolva a súa vida política de acordo co noso xenuino estilo mental, sen sectarismos e sen fanatismos, coa vontade aberta a colaboración", concluíu, citando as palabras de Fernández Albor.
NOS_12707
O capitán do Prestige asegura que a carga podería salvarse nun porto de abrigo e culpa da contaminación ás autoridades españolas. Comeza a declarar o xefe de máquinas e desmonta a tese dunha sabotaxe.
Despois de varios días de interrogatorio Apostolos Mangouras repetiu diante da propietaria do buque, a navieira Mare Shipping, e do seu avogado as mesmas palabras que dixera diante do Ministerio Fiscal e o avogado do Estado: axudou ás autoridades en todo e a culpa do acontecido foi da decisión de afastar o petroleiro "a ningunha parte". Algo máis tranquilo que na última sesión, asegurou que en todo momento colaborou, mesmo aportando un rumbo "que as autoridades non aceptaron". Segundo afirmou Mangouras a mellor posibilidade era ir a un porto refuxio "non perdería a carga e salvaríase". Preguntado polo seu avogado sobre a tripulación do Prestige, unha das estratexias do Fiscal, Mangouras asegurou que levaban 27 diante dos 14 que exixe a lei. Rexeitou as declaracións de Núñez Feijóo sobre que o Prestige era unha "chatarra frotante" e asegurou que se o seu barco non estivera en condicións non pasaría as inspeccións que pasou. Mangouras: "Paguei moi cara a miña decisión de permanecer no barco, tratáronme como un criminal" "Estaba nunha situación de estrés". Esta foi a definición de Mangouras para explicar as últimas horas a bordo do petroleiro. "Paguei moi cara a miña decisión de permanecer no barco, tratáronme como un criminal". Ao remate do interrogatorio desmontou a tese da sabotaxe e a non colaboración que introduciu a fiscalía e contestou cunha pregunta: "Como é posíbel arriscar as nosas vidas para unha sabotaxe?" Argyropoulos deféndese Despois do remate do interrogatorio de Mangouras comezou o do xefe de Máquinas do Prestige, Nikolaos Argyropoulos. A preguntas do Fiscal argumentou a súa inocencia en base á colaboración e "axuda" que prestou en todo momento ás autoridades españolas. Negou que as avarías que tiña o Prestige fosen importantes e tamén calquera negativa a obedecer ao inspector marítimo. O seu interrogatorio continuará mañá.
NOS_20180
A lea sobre as responsabilidades á hora de defender os bens mobles do pazo ante a intención da familia do ditador de retiralos segue un día máis. Por outra parte, a Xunta anunciou hoxe que incoará este mes a declaración da Casa Cornide -tamén en mans dos Franco, que intentaron vendela- como Ben de Interese Cultural (BIC).
No medio do baile de discursos sobre de quen son as competencias sobre a declaración do pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC), o Goberno español lanzou hoxe a responsabilidade á Xunta ao considerar que debe ser esta Administración a que amplíe o BIC "aos bens mobles e inmobles" do complexo para que a familia Franco non teña posibilidade de retirar nada. Malia que as e os achegados do ditador contan cunha sentenza xudicial favorábel, parouse o prazo dun mes que tiñan para retirar os obxectos -entre os que pensaban levar algúns xa declarados BIC como a biblioteca de Emilia Pardo Bazán (que agora semella unha posíbel doazón á Real Academia Española (RAE) que se estudaría) e as estatuas de Abraham e Isaac atribuídas ao Mestre Mateo- e agora as institucións intentan protexelos. Porén, non hai un acordo claro sobre a quen lle corresponde dar o primeiro paso no camiño do BIC despois dos distintos recursos achegados ante a Xustiza para adiar a mudanza de elementos que, nun inventario de expertas, pertencen ao pobo. Despois de que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, demandase ao Estado "ferramentas" para preservar os bens con garantías xurídicas e insistira en que a ampliación do BIC a esa parte do pazo corresponde ao Executivo español, este negou tal responsabilidade a través do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática. Asegura que o 7 de maio remitiu un documento no que "se lembra ao Executivo autonómico que é obrigación da Administración do Estado, como propietaria do Pazo de Meirás, pór en coñecemento da Xunta da Galiza a existencia de diversos bens, mobles ou inmobles, claramente asociados aos valores históricos que xustificaron a declaración do BIC do pazo de Meirás". Mais, remarcan, que é competencia do Goberno galego "solicitar a iniciación do procedemento de modificación da declaración de ben interese cultural das Torres de Meirás para incluír nela a identificación e a descrición das partes integrantes e os bens mobles que, pola súa ligazón co inmoble, deban incorporarse á declaración. Obxectivo: a Casa Cornide O argumento que fornece é que a modificación abrangue a un decreto da Xunta e, ademais, é o que indica a Lei de Patrimonio Histórico. En calquera caso, hoxe o delegado do Estado na Galiza, José Miñones, confesou o seu optimismo porque hai un "obxectivo común". O Concello de Sada segue a traballar á marxe destas disputas e hoxe presentou ante cultura unha solicitude para o cambio do BIC. Tamén en relación coas propiedades galegas en mans dos Franco, o conselleiro Román Rodríguez anunciou esta cuarta feira que incoará este mesmo mes o expediente para declarar BIC a Casa Cornide da Coruña, que a familia do ditador tamén intentou vender e da que, segundo algunhas denuncias, retirou bens.