ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_13266 | Representantes da plataforma que agrupa partidos, sindicatos e colectivos sociais vascos explícanlle ao BNG, a Compromiso por Galicia e ao Encontro Irmandiño a súa aposta por unha "non violencia con garantías". Guillerme Vázquez cre "incomprensíbel" que Otegi siga no cárcere e reclama a fin da Lei de Partidos. | "O acordo máis importante que se ten acadado en Euskal Herria" de cara á "construción dunha paz duradeira". Alberto Unamunzaga, membro de Eusko Alkartasuna e senador de Amaiur, define deste xeito a intención principal do Acordo de Gernika, o documento asinado por organizacións políticas, sindicais e sociais vascas a finais de 2010 e que dende aquela serve de base a estes colectivos como proposta de "ferramenta de normalización" para Euskadi. Coa intención de "explicar" de primeira man o contido deste documento unha delegación do acordo desprazábase este martes a Compostela, coa sede nacional do BNG como primeira parada dunha xornada que os levou tamén a sentaren á mesma mesa que Compromiso por Galicia -alianza de Máis Galiza, Ecosocialistas e Acción Galega- e a impartiren unha conferencia auspiciada pola Fundación Galiza Sempre. O seu obxectivo, di Unamunzaga, non é outro que a consecución da "non violencia" e de facelo "con garantías". A xuízo do senador un dos grandes valores deste acordo é que nel estamparon a súa sinatura máis dunha vintena de asociacións e seis sindicatos xunto a formacións políticas como EH, Aralar, Alternatiba e a propia Esquerda Abertzale. Con ese apoio social, di, será máis doado para a sociedade vasca "superar unha situación" no que, ao seu xuízo, non veu existindo unha "democracia real", tanto pola presenza da violencia como polo feito de que, por exemplo, non todo o espectro ideolóxico vasco puidese sentar no Parlamento de Vitoria a causa da Lei de Partidos. Neste contexto, di, os asinantes do acordo defenden "todos os dereitos humanos" para chegar un escenario "sen vencedores nin vencidos". E por iso tamén, abonda, o primeiro punto no que "asentou" o acordo foi a reclamación da "declaración de ETA dun alto ao fogo permanente, unilateral e verificable pola comunidade internacional como expresión de vontade para un definitivo abandono da actividade armada", algo que acontecería pouco máis dun ano despois da sinatura do acordo. Os representantes do acordo lembran que o documento comezou reclamando "a declaración dun alto ao fogo permanente, unilateral e verificable" de ETA Na mesma liña outro dos representantes do acordo que se desprazou ata Santiago e tamén voceiro da Esquerda Abertzale, Niko Moreno, resumía o texto como unha "folla de ruta cara á paz e a normalización" para o que a súa intención de "conseguir apoios", tamén fóra das lindes de Euskadi e Navarra, para "construír un escenario de esperanza e ilusión" e "fortalecer o proceso de paz". Moreno expresaba esta vontade ao carón do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, tras manter unha xuntanza coa Executiva da formación frontista, da que agradeceu a súa "hospitalidade", acorde, di, co carácter "solidario e xeneroso" do "pobo galego". "O BNG valora moi positivamente os esforzos dos asinantes do Acordo de Gernika a prol da consecución para Euskadi dun escenario democrático en paz", di o líder nacionalista, que considera aberta a "oportunidade histórica de conseguir rematar, definitivamente, coa violencia" e así "normalizar a vida política en Euskadi". Guillerme Vázquez: "É incomprensíbel que Arnaldo Otegi siga estando en prisión polos motivos insostíbeis que lle apoñen" En opinión de Vázquez "todas as forzas políticas e, nomeadamente, o Goberno español" deberan estar "dispostos a contribuír e colaborar no camiño para conseguir este obxectivos" e para iso, di o Bloque aposta por comezar "rematando con leis excepcionais como a Lei de Partidos" para "permitir a participación democrática sen excepcións de todo o mundo". Tamén, a xuízo do nacionalista, cómpre "revisar a política penitenciaria" e os "xuízos por motivos políticos". "Por poñerlle nome, parécenos absolutamente incomprensíbel que a estas alturas Arnaldo Otegi siga estando en prisión polos motivos insostíbeis que lle apoñen". Todo isto, engade, sucede nun contexto no que "o problema non é máis Europa", senón, ao contrario do defendido polo gabinete de Mariano Rajoy, subliña, "o problema é "outra Europa e máis soberanía para os pobos". O apoio procurado atopárono tamén os asinantes do acordo na súa xuntanza con Compromiso por Galicia. Dende esta plataforma o secretario de relacións internacionais de Máis Galiza, Gonzalo Constenla, salienta o "compromiso do Acordo de Gernika pola paz e a normalización política de Euskadi" e ve no documento "un acordo entre persoas e organizacións que viñan de culturas diferentes, nun esforzo de integración e xenerosidade que puxo ao país por diante de maximalismos" con "dous vectores de actuación moi claros, como son o dereito a decidir e a defensa do Estado do Benestar", salienta. A delegación vasca mantivo un terceiro encontro en Santiago, neste caso co Encontro Irmandiño, representado polo seu portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, o vicevoceiro, Martiño Noriega, e o comisionado para relacións políticas, Luís Eyré. Segundo informou o EI a través dun comunicado a xuntanza desenvolveuse "nun ambiente da máxima cordialidade" e, tras ela, a formación nacionalista manifesta "a súa valoración moi positiva do que están a facer as forzas asinantes deste pacto para a normalización democrática da vida política do seu país. |
PRAZA_2301 | ENTREVISTA María Rozas, edil de Facenda e Orzamentos do Concello de Santiago, defende a proposta de reforma do imposto de bens inmobles que impulsa o goberno local para darlle carácter "progresivo" e lamenta que o PSOE local reclame "triplicar" o investimento social e, ao tempo, pida rebaixas tributarias. | María Rozas leva dende xuño á fronte das contas públicas do Concello de Santiago. Tras chegar ao goberno local como número dous da candidatura de Compostela Aberta e procedente do eido profesional da xestión económica para Administracións públicas, dende a tenencia de Alcaldía e a Concellería de Facenda e Orzamentos asegura levar "catro meses a facer malabarismos con partidas orzamentarias totalmente esgotadas" para, por exemplo, afrontar cuestións tan inmediatas como as festas do Apóstolo, apenas un mes despois do inicio do mandato. Tras apagar os primeiros fogos, atópase inmersa na negociación das ordenanzas fiscais para 2016, na que o pacto coa oposición é imprescindible para sacar adiante un proxecto no que a "revisión" do imposto de bens inmobles, o IBI, é a liña primordial. Catro meses despois de telas na man, como están as contas municipais? A situación económica do Concello está mal, porque a herdanza que temos é difícil de xestionar. O PP excedeuse do teito de gasto, unha norma de Montoro que obriga a non gastar máis do fixado cada ano e, no caso de excederse, cómpre facer un plan económico-financeiro, un plan de axustes. E a maioría pasan por reducir gastos. É unha situación complicada na que temos que traballar cara aos orzamentos de 2016. A auditoría continúa, así que non descartamos que aparezan máis cousas; atopámonos cuns orzamentos de 2015 irreais, con gastos nos que non había contrapartida de ingresos. Os investimentos, na súa maior parte, baseábanse en ingresos para os que non se comezara ningún trámite nin había perspectiva e agora temos que xestionar compromisos adquiridos polo PP sen posibilidade de execución. A miña visión é que estivemos catro meses desbloqueando cousas do anterior goberno, que de partida estaban mal formuladas. Teñen xa decidido onde van aplicar esas reducións? A nosa vontade é presentar o plan económico financeiro xunto cos orzamentos de 2016. Estase a elaborar e xa temos unha previsión, sobre todo, de onde non recortar. Ficará fóra a área social do recorte? Por suposto. Tiñamos o compromiso de ampliar as contías para políticas sociais e témolo claro. Non imos recortar esa área de gasto. Unha vía para o equilibrio é o recorte e outra, obviamente, aumentar a recadación vía impostos. Que marxe teñen para facelo? "O PSOE propón reducir impostos e triplicar o gasto social; non cómpre ser economista para saber que eses números non dan" Iso é de primeiro de Administración e de Economía, pero na primeira rolda de contactos coa oposición para falar de ordenanzas e de como aumentar ingresos, houbo propostas, neste caso pola banda do PSOE, de reducir impostos mentres triplicamos o gasto social. Non cómpre ser economista para saber que eses números non dan. Que queremos facer cos ingresos? Estamos traballando na proposta de ordenanzas, que pasa por gravar máis a quen máis ten. A lei estatal permite, no imposto de bens inmobles, gravar de forma diferenciada a quen ten inmobles non residenciais de maior valor catastral. Estou orgullosa, porque é a primeira vez que no Concello de Santiago se fai unha proposta de progresividade no IBI. Propoñemos un gravame un pouco máis alto para grandes superficies, grandes industrias. Estamos a falar do 10% de maior valor catastral, non entra o pequeno comercio. Non é algo esaxerado, é achegalo á media española de cidades de poboación similar. Para o resto, manteremos o gravame e ampliaremos bonificacións. Canto prevén recadar adicionalmente se a súa proposta sae adiante? Se a proposta do goberno de gravar as propiedades con maior valor catrastral sae adiante, serían 2,5 millóns de euros máis que poderíamos destinar a ese compromiso de ampliar o gasto social. Agora mesmo a área de Políticas Sociais ten orzamentados en torno a 5 millóns. Non desbotaríamos, tampouco, axustar outras propostas de gasto. Nestes días, a respecto desta proposta viñeron falando de que Compostela é unha cidade con fortes desigualdades en canto a renda, como o detectan? É un esquema distinto ao doutras cidades galegas? "En Santiago existiu unha maior burbulla inmobiliaria e hai multipropietarios, por iso propoñemos gravar as vivendas baleiras" Si. De feito, Santiago é [segundo o INE] a décima cidade con máis renda do Estado e, no entanto, hai moita xente que o está a pasar mal. Hai moitas desigualdades. Case a metade das vivendas de Santiago están baleiras; Santiago si que é diferente ao resto de concellos nese sentido. Existiu unha maior burbulla inmobiliaria, moita xente investiu en Santiago a través do ladrillo mentres a moita outra lle custa chegar a fin de mes, e eses non son propietarios ou multipropietarios. Por iso propoñemos gravar as vivendas baleiras, pero sendo conscientes de que é difícil facelo sen o abeiro dunha lei galega ou estatal. A estrutura do parque de vivendas en Compostela é, cando menos, peculiar, con moito peso da vivenda para alugueiro. Terían que afrontar o mesmo gravame os propietarios dese tipo de pisos que, por exemplo, quen ten un único piso e paga unha hipoteca para vivir nel? O IBI réxese por unha normativa estatal, é moi ríxido e ten poucas formas de ser máis redistributivo. A min gustaríame poder incorporar criterios como a renda, familiares e sociais. Eu coido que non se pode gravar de igual forma unha familia que apenas chega a final de mes que a unha persoa con catro ou cinco vivendas desocupadas. Hai diferentes ordenanzas, como as de Barcelona ou Zaragoza, nas que se detalla que se considera vivenda desocupada tendo diferentes variables, tendo en conta por exemplo se está alugada, se leva desocupada máis de dous anos para ter en conta desprazamentos ou que, por exemplo, unha persoa marchase vivir a unha residencia de anciáns. Tense en conta que unha vivenda non está desocupada unicamente por especulación. Diante destas propostas, o PP local acúsaos de promover unha "asfixia para as familias" e o PSOE asegura que Compostela Aberta está a impulsar un "catastrazo". Como van as negociacións? A priori, as posicións semellan afastadas e o Grupo Socialista é necesario para sacar adiante as ordenanzas... "Decepcionoume a posición do Partido Socialista, en materia fiscal é a mesma que a do PP" Eu estou bastante decepcionada, non tanto pola banda do PP, que todos sabemos como é, alén de que non deixe de ser sorprendente a súa posición cando se trata de manter o tipo que eles tiñan en 2014. Pero o que me decepciona é a posición do Partido Socialista, porque facemos propostas claramente redistributivas, para que quen máis teñen, acheguen máis, e foron rexeitadas. Ve marxe para o acordo? Eu son optimista por natureza, pero a posición de Paco Reyes [voceiro local do PSOE] é non entrar a negociar nin ao diálogo. A súa posición non foi moi esperanzadora. As súas propostas en materia fiscal son as mesmas que as do PP. Coida que, nos últimos anos, parte da esquerda deu en caer nun esquema ata certo punto perverso, de reclamar máis investimento social e ao tempo, menos impostos? Pode ser, porque falar de impostos non é popular. A todos nos afecta e todos miramos polos nosos petos. O popular é dicir "vou baixar os impostos", pero se queremos ter servizos de calidade precisamos ingresos, e estes veñen sobre todo polo IBI. Non creo que o futuro teña que pasar pola redución de ingresos, porque entón teríamos que privatizar, externalizar e desmantelar a Administración, que é o que quere o PP. Nos últimos anos, falar de IBI é tamén falar da Igrexa, coa que Compostela ten unha relación intensa por motivos obvios. Pensan en formularlle ao Arcebispado ese pagamento nos edificios non de culto e non dedicados a fins sociais? "A normativa é clara en canto ao IBI da Igrexa; velaremos por que pague o IBI por todos os bens polos que teña que facelo segundo a lei" A normativa é bastante clara en canto ao IBI da Igrexa, non só no que atinxe aos edificios de culto senón a todos aqueles que non estean afectados polo imposto de sociedades, que non teñan beneficios económicos. Estes están exentos. Eu coido que é necesaria unha reforma desta normativa, pero o que faremos dende o Concello de Santiago é que, todos os bens que segundo a lei teñan que pagar o IBI, velaremos por que así sexa. En todo caso, o diálogo dende o Concello co Arcebispado está a ser fluído para, cando menos, abordar ese diálogo... Hai moi boa relación co Arcebispado. Non creo que sexa unha fonte de conflito falar do IBI. En campaña electoral afirmaron que Santiago tería orzamentos participativos neste mandato e que esa aposta xa se comezaría a notar en 2016. Como? "Imos facer un piloto de orzamentos participativos xa para 2016" Imos facer un piloto de orzamentos participativos xa nos de 2016. Está xa a iniciarse e presentarémolo para a vindeira semana. Decidimos que sexa na área de Mocidade e facémolo por varios motivos: porque na mocidade se pode adaptar ben ás novas tecnoloxías e ao propio orzamento participativo, e porque é unha área á que darlle un pulo. Faremos ese primeiro piloto nunha partida de actividades para mocidade e estableceremos un cronograma para 2016, para ter o que entendemos por uns verdadeiros orzamentos participativos, con asembleas de barrio que decidan determinada porcentaxe do capítulo de investimentos xa en 2017. Para ter orzamentos participativo hai que ter ferramentas de participación, e nos últimos anos desapareceron as poucas que había. Primeiro hai que implantalas e despois, traballar o tema orzamentario. Do orzamento municipal saen tamén as subvencións, moi comentadas en Santiago nos últimos meses. Toca tamén revisar os criterios de concesión e os controis? Coido que si. Cómpre non só ter máis control, que tamén, para que non sexa só facer unha transferencia de crédito sen seguimento. Tamén é necesario un cambio de criterios. No programa de Compostela Aberta, na área de Cultura, en concreto, está cambiar que as subvencións non fosen todas nominativas, senón por concurso. E nese sentido está tamén a traballar a Deputación da Coruña, para non deixalas á discrecionalidade política, senón ao concurso aberto. |
NOS_15393 | Alexandra Fernández (Vigo, 1988) vén de anunciar o seu retiro da primeira liña política após tres anos como deputada no grupo de Unidos-Podemos, En Comú-En Marea no Congreso. Un retiro que se produce despois da fenda interna exteriorizada no debate dos orzamentos do Estado, que a parlamentar, tal e como decidira a dirección de En Marea, rexeitou, ao contrario que Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz, Ángela Rodríguez e Miguel Anxo Fernán Vello. | Cales son as razóns que explican a súa renuncia a continuar o seu traballo político no Congreso? Era consciente de que o tempo na política institucional tiña que ser limitado, que viñamos cumprir unha función e despois, volver ás nosas vidas. Penso que esta etapa xa concluíu, vou retomar o meu proxecto fin de carreira –que deixei cando entrei no congreso– para seguir coa miña vida profesional, sobre todo porque estes tres anos reafirmeime na idea de que é importante estar na política por convición e non por intereses persoais e para iso hai que ter sempre unha vida profesional a parte. "É importante estar na política por convición e non por intereses persoais e para iso hai que ter sempre unha vida profesional a parte" Expresaba nas redes sociais que a súa renuncia a repetir como candidata ao Congreso non significaba un abandono do seu compromiso. En que esferas de traballo pensa centrar a súa militancia política e social nos próximos tempos? Principalmente, na actividade política de base, como fixen sempre até o de agora. Non se pode deixar a política, porque hai un país que xa se mobilizou co Nunca Máis, co Non aos Lumes, co 15M, un país feminista que se vai mobilizar polo 8 de marzo, un país que segue movéndose e no que vou seguir activa e militando. Ese é o espazo en que seguirei a estar. Con que se queda do labor político desenvolvido ao longo da lexislatura que vén de rematar? Para min hai tres claves principais. Primeiro, ese tempo en que tiven que asumir a Portavocía e en que loitei moitas veces contra propios e alleos para conseguir que Galiza estivese visíbel no Congreso e facer valer o peso específico que nos deron 400 mil galegas e galegos e trasladar as demandas e as fortalezas do noso país á axenda do Estado. Despois houbo unha segunda etapa centrada na Comisión de Fomento, na política de infraestruturas, que desde o punto de vista de Galiza é chave, pois esas infraestruturas condicionan enormemente o noso modelo socio-económico. Houbo temas como a AP-9, as conexións aos corredores de mercadorías, as conexións ferroviarias e, sobre todo, tratar de trazar unha estratexia dunha Galiza atlántica, colocarnos no mapa non desde a visión de Madrid. E unha fase última centrada na comisión de investigación de Angrois, onde pasaron 50 comparecentes e onde fixemos un traballo moi intenso man a man coas vítimas e familiares para intentar descubrir a verdade e tombar esa verdade oficial que se creou desde o minuto cero do accidente. "O PP e o PSOE tiñan moito que ocultar e por iso pactaron o silencio da curva, un acordo para encubrir toda a responsabilidade e trasladarlla ao maquinista" Cales son as razóns que explican a posición do PP e do PSOE en relación ao accidente mais tamén ás vítimas? PP e PSOE pactaron desde o minuto cero unha verdade oficial que cargaba toda a responsabilidade no maquinista para ocultar dúas cuestións chave. Por unha banda, na etapa en que foi ministro José Blanco procedeuse á modificación do proxecto e ao recorte do sistema de seguridade na curva de Angrois. Na segunda etapa, en que participou Ana Pastor como ministra de Fomento, desconectouse na totalidade o sistema de seguridade. Eses dous momentos están sinalados pola UE como cuestións clave que foron as causas raíz para que se producise ese accidente. O PP e o PSOE tiñan moito que ocultar e por iso pactaron o silencio da curva, un acordo para encubrir toda a responsabilidade e trasladarlla ao maquinista. Penso que fixemos un traballo onde se demostraron as presións que hai dentro do Ministerio de Fomento e conseguimos que xente indignada ante tanta mentira dese un paso adiante poñendo en risco o seu propio posto de traballo, como foi o caso do director do CEDEX. "As únicas forzas que teñen un proxecto alternativo para Galiza son aquelas que teñen o seu centro de decisión na Galiza" Desde a súa experiencia na política española nos últimos anos, existe Galiza realmente na axenda das forzas políticas estatais? A recentralización do Estado tamén ten consecuencia na política interna dos partidos e os deputados galegos e galegas dos partidos estatais teñen internamente un peso cada vez menor. Creo que lles pasa a todos. É evidente que PP e PSOE levan facendo unha política de Estado durante todo este tempo que non conta con Galiza. Unha política cada vez máis centrada en Madrid e no arco mediterráneo. O único proxecto para Galiza é convertela en parte desa España baleira. Contra iso, hai que formular unha alternativa e o que se ve por parte doutras forzas de esquerda é que nin avalan o modelo do PP e do PSOE pero tampouco teñen un modelo diferente. As únicas forzas que teñen un proxecto alternativo para Galiza son aquelas que teñen o seu centro de decisión na Galiza. Que se xoga Galiza nas vindeiras eleccións xerais do 28 de abril? Nun proceso de recentralización brutal vanse por enriba da mesa cuestións como a reforma electoral, onde se vai intentar reducir o peso de Galiza a respecto do conxunto do Estado. É importante que esteamos neses debates. Ten que haber unha voz desde a esquerda galega que poña freo a esa tendencia recentralizadora. O segundo elemento clave é que temos que intentar conformar un acordo progresista mediante o cal Galiza condicione cos seus deputados unhas políticas que teñan en conta a nosa realidade. "Dixemos que estes orzamentos eran inaceptábeis para Galiza. Quero remarcar que a organización deixou claro que esa era a posición de voto" En cambio, comprobamos como no caso dos orzamentos do Estado non foi así, pois deputadas e deputados galegos do seu grupo apoiaron as contas. En Marea tivo unha posición unánime e clara, compartida por todos os deputados e polo conxunto da organización durante os últimos tres meses. Dixemos que estes orzamentos eran inaceptábeis para Galiza. Quero remarcar que a organización deixou claro que esa era a posición de voto. Non hai que endosarlle nada a En Marea, senón aos deputados que a título individual decidiron non responsabilizarse da decisión da organización. |
PRAZA_19813 | O director galego publica unha tribuna en El País na que dá conta que a Televisión Pública rexeitou participar na película que está a realizar sobre os incendios forestais, ao igual que tampouco apoiou os seus dous primeiros traballos, que acadaron un grande éxito internacional. | Óliver Laxe sorprendeu en 2010 con Todos vós sodes capitáns, seleccionada para o Festival de Cannes, onde gañou o Premio Fipresci. Repetiu éxito o pasado ano con Mimosas que obtivo o Gran Premio da Semana da Crítica no festival francés. Este filme chegou, ademais, ás salas comerciais, permanecendo dez semanas en cartel, e sumando un éxito de público ao unánime recoñecemento, nacional e internacional, da crítica. Ningunha destas dúas películas tivo o apoio nin a participación de Televisión Española. Tampouco o terá, ao parecer, o terceiro filme deste novo director galego nacido na emigración. A película que realiza sobre os incendios forestais non foi escollida polo ente público entre aquelas nas que acepta entrar na súa produción, un total de 12 filmes entre os que, ademais, ningún está dirixido por unha muller. "Vexo necesario escribir estas liñas para que a xente non me pregunte no futuro por que non fago películas en España. Quero que saiban que o tentei con todo o meu corazón" A nova exclusión de Oliver Laxe, que chama a atención tralo evidente éxito internacional dos seus anteriores traballos, motivou que o realizador decidise publicar unha tribuna no xornal El País baixo o título de O monocultivo do cine español. No texto, Laxe compara o monocultivo do eucalipto nos montes galegos (e os seus efectos empobrecedores para a paisaxe, os solos e o ecosistema) co monocultivo cinematográfico, é dicir, a opción en exclusiva dun único tipo de filmes, máis convencionais, deixando fóra películas coma as súas, máis arriscadas e pequenas, fóra do canon. Laxe lembra os éxitos acadados polos seus traballos: "Con estas películas pequenas logramos representar a España dúas veces no festival de Cannes, o máis importante do mundo (...) É moi complicado. E, se non, agora que se achega a nova edición do festival, fagan unha porra sobre cantas películas españolas nos representarán. Non só puxemos alí os dous pés; logramos gañar senllos premios. Se non me equivoco, é a primeira vez que un realizador español gaña dous premios en Cannes cos seus dous primeiros filmes". E critica non só o feito de ter sido excluído, senón tamén a falta de resposta do ente público sobre os motivos: "Tento falar con TVE desde hai 15 días para coñecer os motivos, pero só logro falar con Carmen, unha secretaria moi amable". Engade que "seguro que hai máis realizadores que recibiron coma min unha negativa aos seus proxectos, realizadores mellores e máis consagrados. Pero case todos eles tiveron nalgún momento unha oportunidade que eu non tiven ata agora. E creo que a merezo". Oliver Laxe conclúe: "Vexo necesario escribir estas liñas para que a xente non me pregunte no futuro por que non fago películas en España. Quero que saiban que o tentei con todo o meu corazón". "Onde nos leva o monocultivo no cinema español? Por que hai tantas reticencias en España a practicar o cultivo combinado?", pregúntase. "Non depende da televisión pública española que eu poida facer ou non as miñas películas: pódoas facer noutro lugar. Ou pódoas facer aínda máis pequenas, e que se lles coen outra vez por debaixo das pernas. Xa pasou dúas veces. Volverá pasar" E advirte: "Son fillo de emigrantes: se non che gusta o que hai, vaste a outro lugar, sen vitimismo. Con soberana e saborosa submisión. Sen dramatismo. Eu téntoo, pero, como ven, aos meus trinta e pico segue fraqueando a miña aceptación e o meu desapego. Aínda así, teño claro que no fondo non depende da televisión pública española que eu poida facer ou non as miñas películas: pódoas facer noutro lugar, teño facilidade para facer amigos. Ou pódoas facer aínda máis pequenas, e que se lles coen outra vez por debaixo das pernas. Xa pasou dúas veces. Volverá pasar". |
NOS_51962 | O coronavirus, bautizado a semana pasada como COVID-19, cobrouse a vida de 1.868 persoas na China, segundo datos desta terza feira. O presidente do país, Xi Jinping, afronta o seu maior desafío desde que chegou ao poder. | A República Popular da China é a segunda potencia económica do planeta e un actor clave no teatro da política internacional. O avance nas condicións sociais da súa poboación é innegábel, aínda que se manteñen grandes desequilibrios territoriais, especialmente entre as zonas urbanas e as rurais. "O modelo chinés" leva anos sendo materia de estudo e de debate por parte das e dos economistas de todo o mundo. E de loanza. En The China Model: Political Meritocracy and the Limits of Democracy (2015), Daniel A. Bell defende o distintivo "modelo de gobernanza" chinés, que ─di─ nin é unha democracia liberal nin un réxime autoritario, senón unha "meritocracia política". Bell, decano da Escola de Ciencia Políticas e Administración Pública da Universidade de Shandong, cre que pola súa historia este modelo se axeita mellor á sociedade chinesa que as democracias occidentais, e defende que as e os líderes se elixan en base aos seus méritos e non á súa popularidade. O presidente da China, Xi Jinping, considerado pola revista Forbes como o home máis poderoso do mundo, chegou ao poder a finais de 2012. Fillo dun revolucionario purgado durante a Revolución Cultural, Xi pasou eses anos no rural como millóns de mozos e mozas tras o "envío ao campo" decretado por Mao. En 1973, após varios intentos, foi admitido no Partido Comunista (PCCh). Dous anos despois ingresou na prestixiosa Universidade Tsinghua de Beijing, onde estudou enxeñería química, e de aí entrou na Comisión Militar Central ─a máxima autoridade do Exército chinés─ como secretario do daquela ministro de Defensa, Geng Biao. Nas seguintes dúas décadas, Xi continuou coa súa carreira política pasando por varias posicións de responsabilidade a nivel municipal e provincial. O seu labor entre 2002 e 2007 no impulso de empresas privadas en Zhejiang valeulle o recoñecemento das elites políticas para substituír o líder do PCCh en Shanghai, Chen Liangyu, logo de este apropiarse de varios millóns do fondo de pensións municipal. Desde entón, Xi cultivou un perfil de político implacábel contra a corrupción. Un perfil que estes días está a ser posto en cuestión. Descarga de culpas A loita do país contra o coronavirus, o COVID-19, está a ser tamén unha loita persoal de Xi Jinping por manter inmaculada a imaxe que el se labrou e que o sistema ao seu redor se encargou de hiperbolizar e consolidar. "Sen dúbida estase a converter no maior desafío político do seu mandato", sinala en conversa con este diario Xulio Ríos, director do Observatorio da Política Chinesa. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube. |
NOS_10238 | O dirixente do Bloque amósase esperanzado co proceso iniciado pola súa formación e anuncia que intentarán presentarse en "todos os concellos do país" nunhas municipais que tamén ve como a posibilidade dun salto de cara ás xerais. | -O Bloque transmite optimismo logo dun proceso que vai levar a que a organización se presente ás locais de maio de 2015 coa denominación de BNG-Asembleas Abertas. -Fixemos unha primeira avaliación no Consello Nacional, aínda que quedan unhas cantas asembleas abertas por ter lugar, pero si, a valoración é positiva, entre outras cousas porque o sesenta por cento das persoas que participaron, unhas 5.000 en total, non eran militantes do BNG. Tratábase de incorporar esa realidade, necesaria, de cara ao relevante ciclo político que se abre, onde Galiza non pode ser espectadora senón protagonista. Dentro desa xente que non está no BNG, foi absolutamente maioritario o sentir de que o nacionalismo é necesario, por iso agora abriremos outra fase, coa formulación de programa e candidaturas tamén saíndo á rúa, de forma aberta, cun perfil nacional, non local nin localista. Porque tamén temos que lembrar que en Galiza as mellores expresións de gobernos municipais levan o selo do Bloque, con bos resultados tamén en cuestións sociais. E onde estamos na oposición sempre somos referente, de aí que aspiremos a presentarnos en todos os concellos do país. "O sesenta por cento das persoas que participaron nas asembleas abertas, unhas 5.000 en total, non eran militantes do BNG" -A aposta nas asembleas abertas terá continuidade?-Como autocrítica teño que dicir que no BNG ás veces debatemos, formulamos, aprobamos, pero non executamos. Na Asemblea Nacional de 2012 xa falabamos explicitamente de asembleas abertas. E agora niso estamos, conscientes de que hai sectores da sociedade máis activa que non son militantes nosos, pero reclaman unha visión de país. Múltiples termómetros, por exemplo a grande asistencia á manifestación do Día da Patria, así nolo indican. Estamos nun momento histórico, onde se pode reformular o Estado, co caso de Catalunya ou tamén o vasco, que irá na mesma dirección e non queremos que Galiza quede agochada nese debate, algo que pasa polo nacionalismo. "Nas locais aspiramos a reforzarnos e queremos ser como mínimo terceira forza" -Neste proceso cara ás municipais, o BNG tería sitio para a incorporación dalgunha nova forza nacionalista que puidese aparecer en breve?-Un proceso aberto é iso, aberto. Non hai vetos. A título individual, persoas doutras organizacións políticas xa participaron das nosas asembleas. -As municipais tamén marcarán tendencia cara ás xerais que se realizan poucos meses despois. -Nas locais aspiramos a reforzarnos e queremos ser como mínimo terceira forza, o que é certo que nos permitiría aspirar a dar un salto nos seguintes comicios, que serán de enorme relevancia e nos que o nacionalismo vai estar presente si ou si. |
NOS_45573 | A contenda entre etíopes e eritreas (1998-2000), cun acordo de paz definitivo en 2018, foi unha continuación dun loita anterior mal fechada: a longa guerra pola independencia das segundas (1961-1991). | O Comité Noruegués anunciou a concesión do premio Nobel da Paz o primeiro ministro de Etiopía, Abiy Ahmed, polos seus esforzos a prol da paz e da cooperación internacional e, "en particular, pola súa decisiva iniciativa para resolver o conflito fronteirizo coa veciña Eritrea". Etiopía é o segundo país máis poboado de África e a maior economía de África oriental. BREAKING NEWS:The Norwegian Nobel Committee has decided to award the Nobel Peace Prize for 2019 to Ethiopian Prime Minister Abiy Ahmed Ali.#NobelPrize #NobelPeacePrize pic.twitter.com/uGRpZJHk1B— The Nobel Prize (@NobelPrize) October 11, 2019 Ambos os dous países combateron entre 1998 e 2000 nunha guerra que se cobrou máis de 70 mil vidas, mais a chegada de Ahmed ao poder en abril de 2018 supuxo tamén un punto de inflexión nas relacións bilaterais. Así, chegouse a un acordo de reconciliación que, por parte de Eritrea, foi ratificado polo seu presidente, Isaias Afwerki. O Comité recoñeceu que "a paz non xorde das accións dunha soa parte" e aplaudiu o papel de Afwerki, mais quixo personalizar en Abiy o recoñecemento. O xurado lembrou tamén que o primeiro ministro etíope se implicou en procesos de mediación entre Eritrea e Xibutí e entre Quenia e Somalia, así como entre o Goberno e a oposición en Sudán. Abiy iniciou a nivel interno "importantes reformas que levan a moitos cidadáns a esperanza dunha vida e dun futuro mellores". Nos seus primeiros cen días de Goberno, levantou o estado de urxencia, amnistiou miles de presos políticos, suavizou a censura, legalizou grupos opositores, afastou dirixentes sospeitosos de corrupción e aumentou "significativamente" a representatividade das mulleres nas esferas de poder. A longa loita pola independencia de Eritrea Eritrea foi colonizado por dous Estados europeos: primeiro, por Italia (1889-1941), e, despois, polo Reino Unido (1941-1952). En 1961, Etiopía anexionou o país logo de que a ONU o declarase unha rexión autónoma desa nación africana, o que deu inicio a unha contenda que se estendería durante 30 anos. En 1991, a Fronte de Liberación dos Pobos de Eritrea triunfou nesa guerra pola súa independencia. Dous anos despois, o pobo eritreo votou a favor da independencia nun referendo apoiado pola ONU, co recoñecemento posterior da comunidade internacional. Na actualidade, Eitrea é membro de pleno dereito da Unión Africana e da ONU. |
NOS_55496 | O Consello confederal da CIG vén de ratificar "con todas as consecuencias" a convocatoria da folga que recibirá o novo goberno do PP na Galiza. Será na mesma xornada en que UGT e CCOO chamaron ao paro no resto do estado, e que coincidirá con mobilizacións noutros países da UE, entre eles Portugal | O 14 de novembro haberá folga xeral. O Concello confederal da CIG vén de ratificar esta decisión, facendo cadrar a data coa fixada a nivel estatal por CCOO e UGT, e coas mobilizacións que se celebrarán noutros países da UE como Portugal. Un chamamento "con todas as consecuencias"Segundo informou o secretario xeral da central nacionalista, Xesús Seixo, a CIG súmase ao chamamento "con todas as consecuencias, conscientes de que as políticas que está a adoptar o PP requiren deste tipo de respostas".O sindicato nacionalista viña reclamando esta folga, marcada nun primeiro momento parao 26 de setembro, data escollida polos sindicatos en Euskadi, e que tiña por obxectivo a procura dunha resposta contundente de rexeitamento contra as políticas "moi duras" de recortes adoptadas polo Goberno nos meses do verán. Porén, CCOO e UGT desbotaron esta data.CIG adiou tamén a convocatoria. Segundo recordou esta sexta feira Xesús Seixo, daquela estimouse "que a resposta tiña que ser o máis masiva posíbel". Desta volta, a chamada ao paro foi feita tamén pola CUT. Entende a central nacionalistas que para 2013 as condicións sociolaborais empeorarán "máis aínda", polo que non descartan novas folgas "as veces que sexa necesario para forzar políticas distintas que garantan que imos saír da crise, mais non de calquera maneira".Lembrarlle ao PP que perdeu apoios e que a maioría non é un cheque en brancoAsí as cousas, a folga xeral chega após revalidar o PP nas urnas a súa maioría absoluta, con tres escanos máis e 130 mil votos menos por obra e graza da fórmula D'Hondt. Subliñou Seixo que, pese a gobernaren con tanta soltura, os apoios reais que tivo a dereita na Galiza "andan ao redor do 25%, polo que non poden facer o que lles dea a gana". Recalcando que a maioría obtida o 21-O non é un cheque en branco, chamou á folga a todas as persoas que perderon o emprego nos últimos tres anos de goberno do PP ou a quen viu recortados os seus dereitos sociais e laborais. Con contundencia, e recuperando un lema colocado pola CIG en follas voandeiras repartidas nas últimas concentracións comarcais celebradas antes das eleccións, dixo o secretario xeral deste sindicato que "hai que chegar a esa poboación que está tan influenciada polos medios de comunicación e polo poder caciquil do PP para dicirlles que votar esta formación política é un suicidio para o noso pobo". Por conseguinte, Seixo valorou moi positivamente que CCOO e UGT acordaran sumarse á convocatoria de folga e mesmo sindicatos de países da periferia de Europa, porque "estas medidas veñen decidas desde o BCE e da Comisión Europea", recalcou Seixo, acrecentando que o PP "aplícaas con toda dureza porque coinciden cos seus presupostos ideolóxicos". |
NOS_35543 | O repaso de Beares á banda deseñada galega do século XIX (coa posíbel identificación da súa primeira manifestación en lingua galega) obríganos a reescribir esa parte da nosa historia | O estudo da banda deseñada no contexto galego atravesou, nos últimos anos, unha situación curiosa. Ao tempo que entidades como o Consello da Cultura Galega realizaban rexistros minuciosos até das publicacións máis fugaces, notábase a carencia dun discurso histórico estruturado sobre o seu desenvolvemento. Trátase dunha perspectiva que non é nova no país, onde o primeiro traballo de moitos ámbitos creativos é reivindicar a súa existencia efectiva, proclamarse máis aló da práctica ocasional, moitas veces enumerando, máis que historiando, as súas actividades. É un fenómeno paralelo ao da precariedade crítica: ao igual que noutros ámbitos inestables, como o cine galego, é case impensábel atopar un discurso que non sexa o do proselitismo. A historia do cómic en Galicia / Octavio Beares / Galaxia / 2021 / 128 páxinas / 21 euros Neste sentido, esta historia asinada por Octavio Beares é un produto mixto. Por unha parte, percibimos a necesidade de crear unha crónica que só tocaran estudos ocasionais ou moi específicos, como o de Xulio Carballo. Por outra, e mesmo recoñecendo unha visión non exhaustiva, o ton dos capítulos volve á tendencia enumerativa, cun marco de perspectiva sociolóxica ou de valoración crítica moi reducido, especialmente no final do libro. Trátase dunha convivencia de dúas liñas que, porén, non pode ocultar algunhas das virtudes do ensaio. En primeiro lugar, a escolla, a pesar de todo, dunha certa perspectiva histórico-crítica sobre os anos máis relevantes desta arte entre nós. A importancia dada a certos autores, como Miguelanxo Prado, encamíñanos a unha forma de ler a nosa banda deseñada que supera a simple nómina de cousas feitas. Porén, o máis relevante desta historia do cómic é a súa forma de ensanchar un campo que mesmo as fontes máis eruditas facían nacer nos anos 70. O repaso de Beares á banda deseñada galega do século XIX (coa posíbel identificación da súa primeira manifestación en lingua galega) obríganos a reescribir esa parte da nosa historia, ademais de poder enlazala coas tendencias internacionais. Por outra parte, a análise dos produtos asociados á Galiza que non empregaron a nosa lingua comprende un apartado que non pode ser pasado por alto á hora de facer unha retrospectiva completa. Como ben apunta o autor, unha época como a ditadura sería unha folla en branco para o galego, a pesar de coincidir cun momento de popularidade social e co éxito de creadores autóctonos. En definitiva, un estudo relevante que parece anunciar un cambio de rumbo no noso coñecemento desa parte da nosa cultura. |
PRAZA_14817 | O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, chama á "contestación social" ante os recortes malia ao "estado xeral de desánimo" provocado polos resultados das eleccións do 21 de outubro | O Consello Confederal da CIG ratificou este venres a convocatoria de folga xeral para o vindeiro 14 de novembro, cadrando no calendario coa data acordada para o paro en todo o Estado por parte de CCOO e UGT e tamén "noutros países da periferia europea, como Portugal". Malia ao "estado xeralizado de decepción ante a revalidación da maioría absoluta" por parte do PP nas eleccións do 21 de outubro o secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, chama a manter a "contestación social" aos recortes". "Os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega, non poden facer o que lles dea a gana", di Suso Seixo "Os apoios que ten o PP andan arredor do 25% da poboación galega" e, polo tanto, di, os conservadores "non poden facer o que lles dea a gana". A partir desta premisa, Seixo admite que o sindicato "aspiraba a que o PP perdese a maioría absoluta", dado que "o único que está facendo é servir de correa de transmisión do que marca o BCE" e agora, lamenta, "vaino seguir facendo con dramáticas consecuencias para o noso país", tales como o "deterioro do noso tecido produtivo, da rede de servizos sociais e mesmo a marcha de mozas e mozos cunha formación profesional e académica importante que tiñan que estar achegando todo o seu coñecemento ao desenvolvemento económico e social do país". Neste contexto o líder da CIG explica que dende a central sindical galega "eramos partidarios" de que a folga xeral "fose xa no mes de setembro, coincidindo coa que se convocaba en Euskadi" para así "responder ás medidas adoptadas polo goberno durante os meses de verán", "recortes de dereitos moi duros que nos están levando a unhas condicións de empobrecemento da poboación" que, ao seu xuízo, resultan "intolerábeis". "A CCOO e a UGT non lles parecía a data máis adecuada" e a CIG, di, "acordou agardar". "Consideramos que a resposta tiña que ser o máis masiva posíbel, porque cantas máis organizacións sindicais participen na convocatoria, máis posibilidades temos de que a participación sexa máis importante", evidencia. |
PRAZA_2729 | O Goberno galego emprega o Consello da Xunta, no que non aprobou ningunha medida ao respecto, para publicitar a denominada Tarxeta Familiar, que entrará en vigor o 1 de xaneiro. | A partir das doce da noite deste xoves, as cero horas do venres, está en marcha a campaña electoral das eleccións xerais do 20 de decembro. O ritmo político da Xunta quixo que, xusto doce horas antes, o presidente do Goberno galego e mais o conselleiro de Política Social, tamén xefe de campaña do PPdeG para o 20-D, presentasen ante a prensa a denominada Tarxeta Benvida, o 'cheque bebé' de 100 euros que poderán recibir familias galegas nas que naza un neno ou nena durante o 2016, ano que en Galicia tamén será electoral. Como parecía indicar, o Consello da Xunta non aprobou este xoves medida ningunha a respecto desta tarxeta, pero o anuncio foi o protagonista da rolda de prensa posterior á xuntanza semanal do Goberno. O Executivo abordou o 'cheque bebé' a través dun informe, documento sen valor legal ningún e que o actual Goberno, como os anteriores, adoita empregar para colocar na axenda informativa asuntos do seu interese cando o considera máis adecuado. O Consello non aprobou ningunha medida sobre esta axuda, que non sairá no DOG ata o 30 de decembro, pero foi publicitada 12 horas antes do inicio da campaña electoral Así, o propio Alberto Núñez Feijóo admite que non será ata o vindeiro 30 de decembro -a medida entrará en vigor o 1 de xaneiro- cando o Diario Oficial de Galicia publique a orde que, "cunha complexidade administrativa importante", regulará esta axuda. Segundo o presidente, a tarxeta responde a "un plantexamento ambicioso", xa que, como xa indicara nunha entrevista na Radio Galega, pode chegar ao 85% dos bebés que nazan, unhas 17.000, din. Segundo Rey Varela, que enmarca o cheque no denominado PAN (Plan de Apoio á Natalidade), os 100 euros mensuais da tarxeta permiten "cubrir todos os gastos fundamentais que supón o nacemento dunha filla ou fillo", entre os que cita "alimentación, hixiene e produtos farmacéuticos, xa que a tarxeta poderá canxearse tanto en supermercados e tendas de alimentación como farmacias e parafarmacias". Diante das acusacións de electoralismo, Feijóo xustifica que esta "nin é a primeira medida que adoptamos nin será a última neste eido", xa que "se enmarca" no seo do devandito PAN. Como xa se avanzara, para acceder a este subsidio de 100 euros durante un ano as familias non poderán ingresar máis de 45.000 euros en total ou 13.500 per cápita. Segundo a Xunta, a tarxeta estará financiada con 9 millóns de euros en 2016 -hai 10 millóns reservados para esta fin nos Orzamentos- e outros tantos no 2017, os primeiros que terá que xestionar o goberno que saia das eleccións do vindeiro ano. |
NOS_48606 | "Menú do Día" é un espectáculo singular. Os ingredientes son as historias ao vivo de Carlos Blanco debuxadas no escenario por Luís Davila. Unha proposta que recala no Teatro Colón da Coruña e que logo visitará Monforte, Pontevedra ou Santiago. | Debuxar as historias coa particular maneira de contar de Carlos Blanco semella misión imposíbel mais Luís Davila consígueo no espectáculo "Menú do Día que estará a sexta día 2 e o sábado día 3 no Teatro Colón, o día 10 en Monforte, o 24 en Pontevedra e o 31 en Santiago. Singular é que a ilustración forme parte dun espectáculo teatral mais, neste caso, os dous artistas apostaron por un proxecto orixinal no que Davila debuxa ao vivo en pantalla xigante as historias que Carlos Blanco relata. O humor é o grande protagonista da proposta, tanto o gráfico de Davila como o oral de Blanco. O espectáculo conta ademais con música orixinal de Budiño e Kepa Junquera. Historias como "As bravas do país", "Dora a desbrosadora" ou "Os kiwis" forman parte do abano de contos que os dous artistas levarán á escena. "Menú do Día", despois de recorrer distintos teatros de Galiza, presentarase en Madrid, Barcelona, Lisboa e Londres. |
NOS_16296 | Cinco anos e medio despois do sinistro ferroviario en que morreron 80 persoas. | O xulgado de Instrución nº3 de Compostela finalizou a investigación sobre o sinistro ferroviario do 24 de xullo de 2013 na curva da Grandeira, Angrois, accidente en que morreron 80 persoas e case 150 resultaron feridas. O maquinista e o daquela director de Seguridade en Circulación de Adif, Andrés Cobiarte, son os únicos imputados polo maxistrado. Ambos os dous enfrentan cargos por 80 delitos de homicidio e 144 de lesión por imprudencia grave profesional. O maxistrado pide o sobresemento provisional e arquivo da causa a respecto das outras cinco persoas investigadas. Entre eles, o director de Seguridade na Circulación de Renfe. |
PRAZA_14141 | O presidente da Xunta e aspirante á reelección acusa ás centrais sindicais e ao candidato socialista de faltar á verdade ao denunciar recortes de profesorado e ao dubidar dos contratos con Pemex mentres se gaba de pagar aos provedores en 50 días | Coa precampaña xa lanzada as comparecencias do presidente da Xunta e candidato á reelección posteriores á xuntanza semanal do Consello navegan entre os anuncios dun Goberno que xa ergue o pé do acelerador no que a decisión se refire e o netamente electoral. Alberto Núñez Feijóo debullou este xoves ante os xornalistas cinco informes de tres consellerías sobre temas diversos -son documentos sen valor legal ningún pero que permiten ubicar na axenda pública do Executivo un asunto determinado- e decisións administrativas sen especial repercusión para o conxunto do país. Non obstante, a intensidade do ton presidencial subiu na quenda de preguntas, cando as cuestións formuladas pola prensa lle deron pé a baixar á area preelectoral en dous asuntos espiñentos: os recortes educativos e as dúbidas sobre os resultados prácticos do acordo da Xunta coa petroleira mexicana Pemex. A primeira andanada tivo como destinatarios aos sindicatos, máis concretamente aos sindicatos educativos. Feijóo foi cuestionado polos cálculos das centrais sindicais que achegan aos 1.000 docentes o recorte nos cadros de profesorado para o curso académico que vén de comezar. "Vén sendo habitual que algunhas organizacións sindicais e partidos estean tentando dar cifras sen soporte, sen rigor e sen contraste", espetou Feijóo, quen asegura que dende a Xunta "cando temos cifras reais, dámolas". Neste contexto o presidente asegura que en educación primaria o curso 2012-2013 conta con "207 interinos máis". Na ESO ofrecerá o dato "entre finais de setembro e principios de outubro, cando estean todas as matrículas". En todo caso e malia non ter aínda as cifras o conservador apresúrase en lanzar a primeira acusación de mentir: a redución de profesorado "que din os sindicatos, non e verdade", di. Feijóo "lamenta" que Pachi Vázquez exprese dúbidas sobre o acordo con Pemex "en lugar de facer novos acordos" Tamén aos sindicatos, neste caso acompañados do candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, vai dirixida a segunda acusación de mentira. Neste caso a pregunta xiraba en torno ás dúbidas sobre a posibilidade de que os encargos de Pemex que, a priori, ían ser para estaleiros galegos rematen en Corea, tal e como advertiu o comité de empresa de Navantia. "Vén sendo habitual que cada quince días se pregunte por Pemex", retomou Feijóo, para quen o debate público sobre a cuestión "acredita perfectamente a responsabilidade de cada un". "Algúns estamos traballando para lograr investimentos e emprego, outros para desfacer as posibilidades", acusa, en referencia aos sindicatos e a Vázquez. Esta, di, é "unha forma de medir a responsabilidade de grupos políticos, de dirixentes políticos e dalgún dirixente sindical". Segundo o candidato á reelección a tradución práctica das conversas con Pemex irase vendo "semana a semana". Mentres, sen nomear a Pachi Vázquez, "lamenta" que "alguén que quere presidir a Xunta, en lugar de facer novos acordos, parece entusiasmado con que se desfagan". No primeiro Consello tralo reinicio oficioso do curso político houbo aínda lugar para outra cuestión sensible, a reacción do presidente ante a anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) da supresión do concurso eólico do bipartito. Como xa fixeran outros dirixentes do Goberno e do PP o titular da Xunta non ve "ningunha novidade" nesta sentenza que, ademais, di, non ten "ningunha virtualidade operativa dende o punto de vista da seguridade xurídica" para as adxudicacións eólicas realizadas polo seu gabinete. En todo caso, zanxa, "a Xunta tomou unha decisión que foi refrendada polos galegos", porque "nos presentamos advertindo de que, de obter a maioría, anularíamos ese concurso". |
NOS_53721 | Jamas, Sokram e Mou son, con El Padre Murdock aos pratos, os Dios Ke Te Crew en 2019. Acaban de publicar o seu terceiro disco, O ciclo da serpe (Rapapoula), manifesto apocalíptico, aviso de incendio, en que diversas variacións da electrónica se apropian das músicas e textos e voces advirten da sen razón do modo de vida no capitalismo. "O futuro da humanidade pasa por reducir o noso impacto no planeta", consideran, con humildade pero con firmeza, Mou e Sokram, que nesta entrevista con Sermos Galiza explican o seu primeiro regreso discográfico oito anos despois de Humanose. Na formación xa non está García MC. Eis un extracto da conversa, publicada no número 346 do semanario en papel. | O primeiro single de O ciclo da serpe apareceu en decembro. Titúlase Silencio e é unha crítica aos ataques á liberdade de expresión. Imaxinabades que un día, en 2018, teriades que defender o dereito a cantar o que vos apeteza? Mou. Tan heavy non. Sokram. Non pensabamos que ía ser tan doado ir a xuízo. Collen unha frase e veña. Todo era posíbel pero a verdade é que eu non o imaxinaba nin de broma. Que suceda de maneira tan impune. M. Cando escribín Ke traballe o rei!!! [incluída no primeiro disco de DKTC, Xénese (2006)], por exemplo, que é unha canción antimonárquica pero non é unha canción que a min me pareza para nada susceptíbel dunha denuncia... Dios Ke Te Crew nunca mordeu a lingua. M. É que nin sequera o considerabamos, non tiñamos medo. Nin pensabamos niso. Porque todo o punk radical vasco, ou o rock urbano español, o punk, o hip hop... Non quero citar nomes porque pode dar lugar a denuncias [risos]... Dicíao Pablo Hasél nunha entrevista: "Coñezo frases de mc [mestres de cerimonias, os cantantes de rap] españois que din cousas tan jartas como podo dicir eu, pero como non son rap supostamente político non tivo consecuencias". Non pasou nada. Pero xente politicamente posicionada como Hasél, Valtònyc ou A Insurxencia... Que sucedeu para chegar a este punto represivo? S. Á vista está o retroceso político mental, o auxe da ultradereita... M. E non hai separación de poderes. Á fin e ao cabo, mesmo a Audiencia Nacional está politizada. Sentistes nalgún intre que esta situación vos empurraba á autocensura? S. Intentamos que non nos afecte. Obviamente está aí enriba, nas noticias e por aí, e sempre o tes presente. Pero no disco non nos cortamos. M. Non censuramos nada. Non recordo un verso frase que trouxese alguén do grupo e outro dixese: "Coidado con iso". Pero nós creo que nunca fomos tan incendiarios como pode ser algunha frase de Hasél. En todo caso, estamos totalmente en contra de que se poida imputar a ninguén por unha canción, por facer unha letra dunha canción. Non creo que as nosas letras sexan susceptíbeis de denuncia, pero tampouco o son as que se lle imputan a esta xente. O de Valtònyc é absurdo, era un rapaz... Tamén trataba do Rei, por certo. M. Si, pero é absurdo. Nós, a verdade, non temos medo da represión porque cremos que o que dicimos é totalmente... obxectivo. S. E estamos no noso dereito a dicilo. No voso respírase un aire apocalíptico. Achégase a fin do mundo? S. Nós somos de Ordes, para empezar, e iso marcounos moito. Temos pegada unha central térmica, temos unha incineradora, temos o vertedoiro máis grande de Galiza totalmente descontrolado. Querían amplialo pero gañouse o recurso... Xa vivides nunha distopía. S. Vivimos en Mordor. M. Non directamente nunha distopía, pero vémola aí. [Podes ler a entrevista íntegra no número 346 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_31704 | A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) incide na necesidade de defender unhas ferramentas de comunicación "que manteñen vivo e útil o noso idioma". Cifra en 80 os medios que empregan a nosa lingua como vehículo de comunicación. | O 7 de febreiro de 1876 nacía O Tio Marcos d'a Portela. A histórica publicación foi a primeira escrita integramente en galego que perdurou no tempo. Subtitulada "Parrafeos co pobo galego" e impulsada por Valentín Lamas Carvajal, conseguiu un notábel éxito, chegando a vender 4.000 exemplares nunha comunidade que daquela contaba con altos niveis de analfabetismo. Desde 2018 o 7 de febreiro celébrase como Día dos Medios en Galego, unha data proposta pola Asociación de Medios en Galego (Amega) -da que forma parte Sermos Galiza- e que foi ratificada por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento galego. "Un día que nos serve de fío condutor para realizar as nosas campañas de sensibilización, e concienciación da necesidade de defender medios que manteñen vivo e útil o noso idioma", indican desde Amega. O 2 de febreiro celebrouse en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego. Un evento para visibilizar a importancia destes medios e da súa existencia para a sociedade galega. As persoas participantes no evento sinalaron que a situación do idioma é "preocupante mais non irreversíbel" e solicitan "máis apoio das administracións". "A unión de máis 80 medios é un potencial que non podemos obviar ante o esquecemento das administracións", afirma a asociación ao respecto. Na gala tamén se fixo alusión ao impulso do diario en galego que promove Sermos Galiza, S.A. e que verá a luz a finais de ano. Medios en galego en activo (xaneiro 2019), segundo AMEGA: 40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press. |
NOS_37928 | A eurodeputada remitirase nos vindeiros días a Institucións Penitenciarias para acceder ao penal onde parlamentares galegas foron vetadas. | A parlamentar de AGEe, Lidia Senra, avanzou que solicitará a Institucións Penitenciarias unha visita ao Centro Penitenciario de Teixeiro. Faráo após a pregunta que rexistrou para resposta da Comisión na que require información a respeito das condicións da poboación reclusa no penal e logo de se coñeceren numerosos casos de tortura, entre eles recentemente un que está a ser instruído nos Xulgados de Betanzos e polo que están a ser investigados 6 funcionarios. Cumpre lembrar que en o acceso á prisión foille negado por Institucións Penitenciarias con anterioridade a representantes do Parlamento galego argüíndo que esa competencia corresponde unicamente a parlamentares das Cortes españolas. Ao abeiro do relatorio elaborado polo Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, Esculca, a eurodeputada súmase ás voces que desde Galiza solicitaron ao Comité europeo para a Prevención da Tortura (CPT) que inclúa o penal de Teixeiro na súa visita ás cadeas do Estado español previsibelmente este outono. Perante "as denuncias rexistradas por persoas presas neste penal e noticias aparecidas nos medios de comunicación nos últimos anos ao respecto de mortes, golpes, atención sanitaria deficiente, condicións das celdas, ausencia de actividades en algúns módulos, etc", Senra "decidiu levar este tema ante as autoridades da Unión Europea e facer que estas se manifesten e sintan o deber de tomar medidas", sinalan desde Bruxelas. |
PRAZA_15462 | A nacionalista Ana Pontón pedirá no Parlamento que a Xunta compense o impacto económico do incremento tributario e lle reclame ao Estado que invirta a medida | Que en Galicia quede sen efecto a suba do IVE para os produtos da cultura. É a intención da proposición non de lei que vén de rexistrar no Parlamento a vicevoceira do BNG, Ana Pontón, en cuxa opinión a Xunta debe adoptar de inmediato "medidas para paliar o grave impacto que xa está a ter no sector da cultura do país" este incremento tributario, do 8% ao 21%, decidido polo Goberno central. A xuízo da nacionalista esta medida é "inxusta e regresiva" e, ademais de poñer en serias dificultades o sector, "dificulta o dereito das persoas a accederen á cultura". Neste contexto, Pontón reclamará que "o Goberno galego inste o central a rectificar" e, "mentres, a non aplicar a suba no territorio galego". A suba do IVE "supón o golpe de graza" para o sector, asegura Ana Pontón Sinala a parlamentaria do Bloque que "o incremento de máis dun 200% deste imposto" supón o "golpe de graza" para as persoas e empresas que se dedican á cultura en Galicia, un sector "que xa está a atravesar un momento moi delicado". A maior carga tributaria, di, "vai provocar a destrución de emprego e maior precariedade", algo que xa están a "denunciar os propios afectados". Neste escenario Pontón rexeita que o acceso á cultura sexa "un luxo" ou "un privilexio", xa que a propia Declaración Universal dos Dereitos Humanos, lembra, recolle que "é obriga do goberno amparar, protexer e promover o tecido cultural e o acceso ao mesmo de todos os cidadáns". "É preciso facer presión institucional e política a fin de conseguir modificar unha medida errada e inxusta, que está tendo consecuencias negativas en todos os ámbitos da actividade económica e do punto de vista social", conclúe. |
NOS_15687 | As dúas opcións que se someten a votación telemática son en alianza electoral con outras forzas ou en solitario. | "Como queres que concorra Podemos ás eleccións aglegas: a) en alianza electoral con outras forzas políticas e sociais do cambio (Esquerda Unida, Anova e as marés) b) En solitario". Está é a pregunta que se acordou na Asemblea Xeral desta sexta feira de Podemos Galiza formular na consulta telemática que terá lugar este domingo até esta terza feira. Pregunta que substitúe á prevista nun principio e quefoi anulada pola dirección estatal de Podemos. Non figura na pregunta a opción de que Podemos aposta en concorrer nas eleccións como partido instrumental, a opción defendida por varios dos axentes que convocan e impulsan a Asemblea constituínte das marés que decorre este sábado, 30 de xullo, en Vigo. Entre eles, os alcaldes da Coruña (Xulio Ferreiro), Ferrol (Jorge Suárez) e Compostela (Martiño Noriega). |
NOS_20306 | A Audiencia de Madrid desestimou na segunda feira, 13 de xaneiro, un recurso de Globalvía contra Sacyr pola venda da súa participación en Itínere, que dá a Corsair e a APG o control da xestora das autoestradas galegas, na súa maioría en mans de empresas foráneas. | Apráctica totalidade das estradas de pago na Galiza están en mans de empresas estranxeiras, fundamentalmente de grandes fondos de investimento. A día de hoxe xestionan practicamente 90% dos quilómetros de autoestradas e autovías en sombra, isto é, aquelas pagadas ás concesionarias a cargo das partidas dos orzamentos da Xunta da Galiza ou do Goberno do Estado. Mentres as compañías de capital foráneo controlan máis de 433,7 quilómetros, que a súa vez son os máis rendíbeis, as sociedades de maioría galega, principalmente construtoras, só dispoñen de 63,43 quilómetros. As autoestradas de titularidade estatal son propiedade de Itínere, Autoestradas da Galiza e Autoestrada Central Galega (Acega). Así, entre estas, atopamos a AP9, cuxas obras comezaron na década dos setenta, percorre a fachada atlántica do país entre Ferrol e a fronteira portuguesa, suma 178 quilómetros e aparece como unha das vías de xestión privada máis rendíbeis do Estado. A AG-55 é unha estrada duns 35 quilómetros, rematada nos seus tramos de pago na década dos noventa, cunhas peaxes que aumentaron nos últimos 20 anos en máis de 80 % e que une a vila de Carballo e a cidade da Coruña. Outro tanto acontece coa AG57 e a AP-53. A primeira, tamén coñecida como a autoestrada do Val Miñor, conta con 22 quilómetros, discorre entre a autovía urbana de Vigo e a estrada de Vigo-A Guarda, a súa concesión remata en 2045 e declara uns beneficios para 2017 de máis de cinco millóns de euros. A segunda, a AP-53, ou autoestrada central da Galiza, percorre 56 quilómetros entre a saída do Portádego da AP-9 en Santiago de Compostela e a localidade de Dozón, na comarca do Deza, e concentra no tramo de Silleda a Lalín as peaxes máis caras de todas as autoestradas do Estado. Itínere, o dono da AP-9 Itínere é o titular de 100% da concesión da AP-9, controla a través de Autoestradas da Galiza a totalidade do capital da AG-55 e da AG-57 e dispón de 18,4% das participacións da sociedade xestora da AP-53. Fundada en 1996 como división de xestión de infraestruturas do grupo español Sacyr, en 2009, coincidindo cos problemas de liquidez da súa matriz é vendido ao fondo estadounidense Citi Infrastruture Partners, filial do Citigroup, a maior empresa norteamericana de servizos financeiros con sede en Nova York. Actualmente a compañía atópase envolta nunha loita entre os seus principais accionistas, o grupo Globalvía, o fondo APG e Corsair. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
NOS_49418 | O TSXG fixo pública a súa sentenza no conflito entre a conserveira e as traballadoras da planta de Vilaxoán. O tribunal obriga a Garavilla --empresa propietaria da factoría-- a manter a actividade da planta e revoga o seu traslado a O Grove como pretendía a conserveira basca. | Após meses de protestas e recursos xudiciais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu sentenza sobre o conflito aberto entre as traballadoras da factoría Cuca situada en Vilaxoán e a conserveira basca Garabilla. O tribunal resolveu esta terza feira o recurso presentado pola empresa basca e ratifica a decisión adoptada hai sete meses polo Xulgado do Social de Pontevedra. No seu ditame, o TSXG obriga a Garavilla a re-iniciar a actividade de Cuca na planta situada en Vilaxoán o que permitirá ás traballadoras da conserveira recuperaren os seus postos de traballo nas "mesmas condicións laborais", sinala o texto. Desta maneira, a máxima instancia xudicial de Galiza revoga o traslado de Cuca a O Grove, como demandaba Garavilla. A conserveira basca atribuía a súa decisión ao carácter "obsoleto" da maquinaria e o modelo produtivo de Cuca xustificando en termos de "rendibilidade empresarial" o agrupamento das dúas factorías do sul da Galiza en O Grove. Argumentos non axustados a dereito segundo a xustiza para amparar o traslado dunha parte do plantel. Cumpre lembrar que a decisión de Garavilla de trasladar as instalacións supuxo a destrución de 69 postos de traballo. Embora a sentenza sexa de "obrigado cumprimento" para a empresa titular da conserveira, a dirección de Garavilla instou ás traballadoras a negociar e mesmo lles asegurou que a planta de Vilaxoán non existe e fica como "un solar". Desde o comité de empresa advirten que levan "moitos meses loitando" e aseguran que "seguiremos" até que se execute a orde xudicial. |
NOS_23312 | Podemos continúa a dinamitar toda ponte de diálogo coa esquerda abertzale. | Primeiro foi Pablo Iglesias a demandar a EH Bildu a condena da violencia como conditio sine qua non para pactar nas institucións. Agora, o secretario xeral de Podemos en Euskadi, Roberto Uriarte, pon un abismo de por medio na relación coa esquerda abertzale ao pronunciarse nestes termos en relación aos 3 mozos independentistas procesados por participar politicamente en Segi: Podemos, di, non ten nada a ver "co mundo de Segi, de Bildu, e dos herdeiros da violencia". Uriarte tamén foi crítico coa actuación da Ertzainza e reprobou o que tildou de "brutalidade policial" na acción contra o muro popular. Profesor de Dereito Constitucional da Universidade do País Vasco, Uriarte é unha persoa próxima a Pablo Iglesias, é euskaldún e costuma intervir nas tertulias políticas da canle da ETB en euskera. A súa candidatura, no proceso interno de escolla da secretaría xeral de Podemos, fíxose co 35,2% dos votos. |
NOS_11933 | O Concello lamenta a "descoordinación" do goberno galego na loita contra os incendios. | O Concello da Coruña puxo o domingo ao mediodía a disposición da Xunta efectivos do corpo de bombeiros. Unha oferta reiterada a primeira hora da tarde, cando a vaga de incendios devoraba xa miles de hectáreas e estaba sen control nalgúns pontos, mais que non obtivo resposta até media noite. Doce horas despois daquel primeiro ofrecemento. Así o afirma nunha entrevista en Ser Coruña a concelleira de Seguridade, Rocío Fraga, que lamentou a "descoordinación vivida". Non hai un mando único de emerxencias en Galiza, polo que se ben operativos e medios de brigadas dependen de Medio Rural, os parques de bombeiros son da Consellería de Presidencia. E esta non activou os parques públicos até media noite do domingo. Bombeiros coruñeses que non estaban de garda o domingo incorporáronse ao parque para combater o lume. Cando a unta respondeu ao ofrecemento, estes equipos desprazáronse para actuar a zonas como Baiona ou Soutomaior, entre outras. |
PRAZA_20576 | CON VÍDEO | Vítimas e familiares de persoas falecidas concéntranse na curva á mesma hora que ocorreu o accidente tras manifestarse pola mañá desde a estación de tren apoiados por veciños e representantes de todos os partidos agás o PP. ENTREVISTA | Jesús Domínguez, presidente da plataforma de vítimas: "Non se pode acusar a Pastor ou Blanco de 80 homicidios pero teñen que responder no Congreso" Catro anos de reproches dos xuíces a Adif pola súa "complexidade", que dificulta aclarar o caso O PP acantóase no "non" á investigación política | ENTREVISTA | Jesús Domínguez, presidente da plataforma de vítimas: "Non se pode acusar a Pastor ou Blanco de 80 homicidios pero teñen que responder no Congreso" Vítimas e familiares de falecidos no accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas, concentráronse na tarde deste luns na curva na que descarrilou o Alvia ata xusto a hora en que se cumpriron catro anos do sinistro. Alí, antes de que desen esas 20.41 horas, os afectados leron poemas, lembraron os seus falecidos, realizaron unha ofrenda floral e gardaron silencio ao paso doutro Alvia Madrid-Ferrol, como o que nunca superou aquela curva, que hai un tempo que mudou de horario e agora pasa uns minutos antes. Na mañá deste luns, as vítimas manifestáronse polas rúas de Santiago, entre a estación de tren á que nunca chegou o Alvia sinistrado e a praza do Obradoiro. Aplaudidos pola cidadanía ao seu paso polas rúas comerciais do centro da cidade, os afectados estiveron acompañados por veciños de Angrois que aquel día se botaron ás vías a axudalos e por representantes de En Marea, BNG, Ciudadanos, UPyD e, desta volta, tamén do PSOE, que vén de sumarse á reivindicación dunha comisión de investigación parlamentaria deixando só na súa negativa ao PP. Feridos e familiares de falecidos manifestáronse entre a estación de tren de Santiago e a praza do Obradoiro apoiados por veciños de Angrois e representantes de todos os partidos agás o PP Á súa chegada ao Obradoiro, cheo de turistas, algúns dos cales tamén lles amosaron o seu apoio, as vítimas leron un comunicado no que lembran os catro anos que levan "denunciando publicamente as mentiras e ocultacións do Goberno do PP e de algunhas institucións públicas, así como o trato humillante que recibimos da súa parte". Fronte a elas, salientan que "a UE desmontou a 'verdade oficial' que con Ana Pastor á cabeza, o Goberno quixo facernos crer: que se fixo unha investigación independente, que o maquinista era o único responsable e que o accidente non era de alta velocidade". As vítimas salientan que a Audiencia Provincial da Coruña vén de avalar a imputación do daquela director de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, por unha "actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos" da liña de AVE Ourense-Santiago na que ocorreu o accidente. Esa imputación, din, "merecería a súa dimisión ou cesamento inmediato do cargo de libre designación que ocupa" en Adif. Os afectados enumeran as ocasións en que Adif, con Cortabitarte á fronte, debera realizar unha avaliación de riscos segundo a Directiva europea 2004/49: "no cambio do proxecto orixinal que rebaixou a seguridade realizado por José Blanco, cando se desconectou o sistema de control de velocidade ERTMS con Ana Pastor á fronte de Fomento porque xeraba retrasos, e cando o xefe de maquinistas advertiu por escrito do risco da curva en decembro de 2011. Inicio das manifestación das vítimas, na estación ferroviaria de Santiago / Praza Pública As vítimas piden ao PP que "non traten de enganarnos, nin de enganarse dicindo que hai un xuízo en marcha" xa que "alí se establecerán as posibles responsabilidades penais, pero en ningún caso de depurarán as políticas" "Debemos de pór todos os medios para que unha traxedia como esta non volva suceder e para logralo se teñen que depurar todas as responsabilidades: penais, políticas e técnicas", din as vítimas. E piden, dirixíndose ao PP, que vén de quedarse só no seu rexeitamento a crear unha comisión de investigación política, que "non traten de enganarnos, nin de enganarse dicindo que hai un xuízo en marcha" xa que "alí se establecerán as posibles responsabilidades penais, pero en ningún caso de depurarán as políticas". Nesa liña, lembran que "ningún responsable político dimitiu e para a nosa humillación algúns foron incluso premiados: o antigo secretario de Estado de Infraestructuras Rafael Catalá, Ministro de Xustiza; o que foi presidente de Renfe, Gómez Pomar, secretario de Estado de Infraestructuras; o ex-ministro José Blanco, agora eurodeputado; Ana Pastor, presidenta do Congreso". As vítimas remataron reclamando "ao Estado e ás institucións públicas algo que nos deben a todos": "unha comisión de investigación parlamentaria" e "unha comisión técnica independente, tal e como sinalou Europa". |
PRAZA_5055 | A plataforma de critica literaria feminista A Sega celebrou hai uns días o seu primeiro ano de actividade, lembrando o esquecemento que seguen a sufrir as autoras e críticas, nun campo dominado por homes e por visións masculinas. | "O tempo é chegado de okupar con enerxía o espazo público para que as lecturas críticas adopten voces ás que non se lles deu ata o momento nin visibilidade nin autoridade". Así se presentaba hai doce meses a plataforma de critica literaria feminista A Sega, que hai uns días celebrou este primeiro aniversario lembrando o esquecemento que seguen a sufrir as autoras e críticas, nun campo dominado por homes e por visións masculinas: "Sábese moi pouco de quen non son homes ilustres e sábese sobre todo dende parámetros que non só ignoran senón que estigmatizan a escrita e a lectura coñecedora do 50% da humanidade". E anunciando "accións vizosas" para este 2014, que se concretarán en "accións na rúa". Xa o pasado ano a libraría compostelá Lila de Lilith acolleu un Obradoiro de Crítica Literaria, pero este ano A Sega quere incrementar esa actividade non-virtual: "Para reivindicar a presença e importância das mulheres na literatura galega, autoproclamamo-nos acadêmicas e decidimos celebrar, festejar, o Dia das Galegas nas Letras, já que tão pouco nos quer o Dia das Letras Galegas". "Ocupamos um espaço ao que não fomos convidadas, e conseguimos fazê-lo nosso sem que ninguém ousasse enviar-nos forças anti-distúrbios (se era o caso, tinhamos as foucinhas afiadas)" Mantemos con elas unha conversa electrónica, e pedímoslles que valoren o primeiro ano de actividade da plataforma, así coma o cumprimento dos obxectivos que fixaran nun comezo: "O objectivo do grupo era criar um espaço aberto e livre no que publicar crítica literária divulgativa desde uma perspectiva feminista, assim como oferecer essa canle a mulheres críticas sem espaços nos que desenvolver o seu labor. Neste ano logramos dar-lhe continuidade ao nosso trabalho, publicando recensões quase semanalmente, revisamos novidades editoriais e clássicos literários, autoras galegas e estrangeiras, convidamos a mulheres doutros lugares a escrever para nós e às leitoras de aqui a conhecer escritoras doutros lugares. Conseguimos incrementar a listagem inicial de segadoras, com novas incorporações ao grupo". Conclúen que "ocupamos um espaço ao que não fomos convidadas, e conseguimos fazê-lo nosso sem que ninguém ousasse enviar-nos forças anti-distúrbios (se era o caso, tinhamos as foucinhas afiadas)". Engaden, así mesmo que "a actividade da que mais orgulhosas estamos é a subterrânea: as conversas e debates no grupo sobre aquilo que lemos e escrevemos. A nossa é uma actividade comunitária que respecta a individualidade de cada uma, cousa estranha nos tempos que correm. Ainda que assinemos cada uma as nossas recensões, estas são comentadas polas demais no grupo virtual, e porvezes dá lugar a novos textos, propostas, ideias, que estão a enriquecer-nos a cada uma de nós e o trabalho que fazemos". Esta mesma entrevista, atendida de maneira participativa por todas, é outro dos exemplos deste proceso colectivo de creación. "Há a quem lhe proem as nossas recensões, não por compracentes ou dispracentes, mas por incômodas. Porque ponhemos o foco lá onde outras não ponhem e dicutimos discursos aparentemente indiscutíveis" A pesar de que -denuncian- "não foram dados os grandes passo que precisa o 50% da humanidade", si que perciben "movimento, pequenos sismos que pouco a pouco abrem fenda". Sinalan a este respecto que "há a quem lhe proem as nossas recensões, não por compracentes ou dispracentes, mas por incômodas. Porque ponhemos o foco lá onde outras não ponhem e dicutimos discursos aparentemente indiscutíveis. No caso dalgumas obras, as nossas recensões surgiram como uma autêntica dissidência com a opinião geralizada, e isso obriga a pensar, a reflexionar, a questionar o lugar de cada uma no sistema patriarcal". "Habitualmente, quando uma mulher é elogiada, é-o por escrever de maneira universal, é dizer, como decidem os homens que devemos escrever" Sinalan, igualmente que hai unhas certas "expectativas" con respecto á produción literaria feita por mulleres ou ás súas críticas que determinan as lecturas que se fan desas obras ou críticas: "considera-se que as mulheres escrevemos duma determinada maneira, atendendo a certos temas ou com um estilo concreto. Quando respondemos a essas marcas é porque fazemos literatura pequena, não universal, para mulheres". Porén, engaden, "quando não quadramos, ou somos desbotadas ou é forçada a leitura para nos fazer entrar no molde. Habitualmente, quando uma mulher é elogiada, é-o por escrever de maneira universal, é dizer, como decidem os homens que devemos escrever". Salientan, ademais, que "existe, ao tempo, a estigma de que uma obra ideologizada" (feminista, por exemplo) descuida a estilística. Portanto são buscadas na obra mostras desse descuido para poder afirmar categoricamente o importante é a literatura e aqui falha! Desbotemos esta leitura! Quando a leitura responde estilistica ou estruturalmente, o que há é um lamento: que pena que meta tanta ideologia espantadora de leitores atentos, com o bem que escreve!". Con respecto á presenza ou á visibilidade das mulleres na produción editorial ou no representado polos medios de comunicación, denuncian que "na maioria da produção editora e na pouca imprensa que há, são homens os elegidos. Eles são a hegemonia; é só por nascerem homens, mantenhem o espaço de representação". E subliñan que as mulleres "temos que, ou bem assumir uma visão hegemônica, ou bem demostrar uma valia extraordinária (pensamos em Montse Dopico, por exemplo), para podermos ganhar um espaço". "Em quanto rabunhas um pouquichinho na superfície patriarcosa, encontras uma cheia de mulheres cronicando, escrevendo, cineando, governando, e luitando pola dignidade de todas" "Em quanto rabunhas um pouquichinho na superfície patriarcosa, encontras uma cheia de mulheres cronicando, escrevendo, cineando, governando, e luitando pola dignidade de todas", destacan como o principal aspecto positivo da actualidade. A crítica literaria en Galicia "Há pouca variedade de vozes e discursos. É habitual que os quatro críticos existentes recensionem as mesmas obras fazendo observações semelhantes. E isso parece-nos aborrecedor" Preguntámoslles ás mulleres que participan na plataforma de crítica literaria feminista A Sega sobre a crítica literaria que na actualidade se está a facer en Galicia, que cualifican negativamente: "Dada a febleza do sistema, parece que há medo a exercer o poder real que a crítica literária tem, e muitas vezes, mais que crítica, o que temos é recensão de boas-vindas. Pensamos que há pouca variedade de vozes e discursos. É habitual que os quatro críticos existentes recensionem as mesmas obras fazendo observações semelhantes. E isso parece-nos aborrecedor". A este respecto, destacan que "nós concebemos a crítica como um comentário reflexionado sobre um texto e assumimos para isto uma perspectiva feminista. Desta maneira, acrescentamos variedade e pluralidade ao sistema, contribuíndo a enriquecê-lo e afortalá-lo". |
NOS_16008 | Na competición realizada en augas cántabras, Samertolameu de Meira atinxiu o ouro nos absolutos feminino e masculino, e os ferroláns de A Cabana en infantil masculino. | As augas da localidade cántabra de Camargo foron esta fin de semana as que acolleron o Campionato estatal de bateis, competición na que Galiza vén nos últimos anos acadando uns moi bo resultados. Tamén nesta ocasión, pois as tripulacións galegas atinxiron un total de 10 medallas das 21 posíbeis (en 2012 foran 14 medallas e vitoria en absolutamente todas as categorías). O poder das embarcacións galegas resúmese en tres medallas de ouro, tres de prata e catro de bronce. Os bateis de Euskal Herria atinxiron seis medallas (catro de ouro, unha de prata e unha de bronce), mentres que as tripulacións de Cantabria acadaron cinco (tres de prata e 2 de bronce). Galiza atinxíu 10 medallas, as tripulacións de Euskal Herria 6 e os bateis de Cantabria, 5 Nas categorías máis importantes, feminino e masculino absoluto, o triunfo foi para a tripulación de Samertolameu. Na primeira das mesmas, Chapela foi prata e as vacas de Koxtape, bronce. En masculino, após os de Meira ficaron os cántabros de Astilleiro e Chapela, terceiros. Importancia En xuvenil masculino a vitoria foi para os biskaitarras de Ondarroa, mentres que a segunda posición foi para os arousáns de Amegrove e a terceira para San Pantaleón (Pontejos, Cantabria). Tamén en bateis masculinos, mais en cadetes, o ouro gañouno Orio, a prata Náutico de Vigo e o bronce Robaleira (A Guarda). E infantil masculino deparou outro ouro para Galiza, da man da tripulación de A Cabana, mentres que Getxo ficou en segundo lugar e Camargo de terceiros. Progresión En promo feminino Orio levou o triunfo, sendo a segunda praza para as cántabras de Astillero. As vogadoras galegas de Chapela conquistaron un terceiro posto e a medalla de bronce para Galiza. En xuvenil feminino, o batel de Hibaika (Errentería-Euskal Herria) apañou o ouro. A prata foi para as vogadoras de Astilleiro. E as arousás de Cabo de Cruz conquistou o bronce. |
NOS_31509 | En 2011 foran 26 as candidaturas que competiron nos comicios galegos | A vindeira segunda feira, 22 de agosto, finaliza o prazo para rexistrar as listas electorais, inscribindo así as persoas que integran as candidaturas que as diferentes formacións presentan para as eleccións do 25 de setembro. Mais o que si fixeron as diferentes formacións foi rexistrar os seus representantes perante a Xunta Electoral de Galiza, un requisito obrigado para poder concorrer nos comicios galegos. O trámite foi realizado por 22 partidos políticos e 5 coligazóns, mais finalmente serán 18 as formacións que vaian tomar parte na cita coas urnas de finais de setembro. É un número inferior ao dos comicios galegos de hai catro anos, cando foran 26 as papeletas entre as que poideron escoller as persoas electoras. Organizacións que daquela presentaran candidatura, caso do Partido da Terra ou Falange, por poñer dous exemplos antagónicos, non están presentes nesta cita coas urnas. Moitos outros repiten, quer coa mesa denominación, quer con outras ou quer baixo outras fórmulas xurídicas. Un total de 2.701.837 persoas teñen dereito a votar nas eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro Así, rexistráronse PP, PSOE, Ciudadanos, Converxencia 21, Democracia Ourensana, Partido Libertario, Vox, Compromiso por Galicia, PCPE-Comunistas da Galiza, Vía Nova Galicia, Alternativa Independente de Galicia, Centrum, Paryido Animalista, Sain, Escanos en Branco, Ciudadanos Libres Unidos, Partido Anticorrupción, Podemos, Esquerda Unida e Anova (as tres refundidas en En Marea). Como coligazóns figuran BNG- Nós Candidatura Galega, Recortes Cero-Grupo Verde, Cidadáns-Centrum, Unidos por el Futuro e Ganemos Galicia si se puede. Electores Un total de 2.701.837 persoas teñen dereito a votar nas eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro. Deles, 2.255.602 electores residen en Galiza e 446.235 residen no estranxeiro con concello de inscrición en Galiza. Perto do 17% das persoas que o 25S poden exercer o dereito a voto non viven no noso país. Unha porcentaxe moi diferente é a que presenta Euskadi, o outro territorio do Estado que vota o 25 de setembro. Alí o número de electores residentes no estranxeiro é de 69.130, o que supón o 3,8% do total. |
NOS_41744 | De repente, conmocionando o mundo literario no que ela estaba tan inmersa, morría o 6 de marzo de 2004 na Coruña a escritora e música Luísa Villalta. Autora dunha obra que visita poesía, narrativa, ensaio, teatro e xornalismo, o nome de Luísa Villalta agromaba nun sinfín de iniciativas que reclamaban dereitos e liberdades sociais e nacionais. | No ámbito literario, social e político, Luísa Villalta implicaba o seu nome en causas que reclamaban a xustiza e a igualdade, de maneira singular, aquelas que defendían os nosos dereitos culturais e lingüísticos. Comprometida co movemento nacionalista, era fácil atopala recitando ou en reflexións compartidas en actividades organizadas por asociacións e entidades, entre elas, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, da que formou parte da directiva, ou a Mesa pola Normalización Lingüística, á que tamén pertencía. A súa participación activa no Foro Negro da cultura, nacido despois de que o Prestige atacara o país, foi un dos último exemplos da súa maneira comprometida de entender a cultura. Pouco antes, o seu era o nome dunha das persoas promotoras do Foro da Cultura Galega, coordinando a área de "Revisión Histórica e Análise Crítica da Cultura", canda outros intelectuais e amigos como Xosé Mª Álvarez Cáccamo ou Ánxel Huete. Profesora de Lingua e Literatura Galega, Luísa Villalta tíñase formado en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago mais tamén rematara estudos superiores de violín, chegando a formar parte, entre outras, da Xove Orquestra Galega. Desa unión entre a música e a poesía partirían varias das súas obras literarias, tanto líricas como ensaísticas, entre elas, O outro lado da música, a poesía, ou A lingua dos sons. Letras de intervención O carácter de intervención co que Luísa Villalta entendía a cultura agroma de maneira especial na súa presenza con artigos en diversas publicacións periódicas, entre elas, Man Común, a Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro, Enclave e, moi especialmente A Nosa Terra, semanario no que mantiña presenza periódica que logo se recollería en Libro das columnas. O seu último libro, En concreto (2004) recibira o Premio Espiral Maior e o Premio da Crítica, xa a título póstumo. Despois da súa morte aparecería Papagaio (2006), un volume no que os seus versos publícanse a carón das imaxes de Maribel Longueira retratando a decadencia do barrio da Coruña. Ademais destes títulos, a obra de Luísa Villalta visita a poesía con Música reservada ou Ruído, ; a narrativa con Silencio, ensaiamos ou Teoría de xogos; o teatro con Concerto para un home só, , O paseo das esfinxes ou As certezas de Ofelia e o ensaio cos títulos O don Hamlet de Cunqueiro, unha ecuación teatral e O outro lado da música, a poesía. Homenaxes nos dez anos A Asociación de Escritores e Escritoras dedicaralle en breve unha homanaxe de lembranza no décimo aniversario da súa morte, e o próximo día a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega celebrará a xornada Xela Arias e Luísa Villalta: Letra,s inetrartes, proxectos na fin de século, dedicada ás dúas poetas mortas con moi poucos meses de diferenza e coordinada por Ana Romání e Arturo Casas. O Álbum de Mulleres recolle documentación sobre a súa vida e a súa obra e a Biblioteca Virtual Galega ofrece a posibilidade de achegarse a algúns dos seus textos. No seu texto escrito á maneira dunha poética e titulado "Sobre un certo estado de conciencia", Luísa Villalta anota: "Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivindo. Os temas non son meus, son o mundo mesmo. E, á vez, o mundo mesmo son eu. O tema é o que me fai a min comunidade: unha preocupación polo devir da humanidade, unha maneira galega de ser humana, unha preocupación polo devir de ser galega". Voces que a coñeceron, imaxes do seu arquivo, fragmentos da súa obra e unha viaxe a través da súa biografía son os elementos que constrúen o documental "Luísa Villalta. Paixón e compromiso", elaborado polo alumnado do centro no que a escriotra e música deu clases antes da súa morte que se estreou o pasado ano. |
PRAZA_17996 | O PP facilita coa súa abstención a comisión de investigación do sinistro pedida por En Marea e BNG e rexeitada polos socialistas HEMEROTECA | O Parlamento galego rexeita nove de cada dez comisións de investigacións que se solicitan CRÓNICA | A segunda batalla de Soutomaior, por Anxo Lugilde | HEMEROTECA | O Parlamento galego rexeita nove de cada dez comisións de investigacións que se solicitan CRÓNICA | A segunda batalla de Soutomaior, por Anxo Lugilde A abstención do PP vén de permitir este martes que o Parlamento de Galicia cree, a petición de En Marea e BNG e coa oposición do PSdeG, unha comisión de investigación política sobre o accidente ocorrido o pasado 12 de agosto en Vigo durante o festival de cultura urbana O Marisquiño, que deixou varios centos de feridos ao afundirse o chan dunha parte do porto. Do mantemento dese espazo veñen responsabilizándose mutuamente o Concello, gobernado polo socialista Abel Caballero, e a Autoridade Portuaria, controlada polo PP. A decisión dos segundos de absterse, facilitando así a creación da comisión, veu precedida pola ameaza este luns do PSOE de Vigo de abrir á súa vez unha investigación a nivel municipal sobre a relación do presidente Feijóo co narcotraficannte Marcial Dorado. O PP facilita coa súa abstención a comisión de investigación do sinistro pedida por En Marea e BNG e rexeitada polos socialistas Tras rexeitar hai dúas semanas populares e socialistas convocar un pleno extraordinario para debater a creación da comisión que reclamaban En Marea e BNG, a petición foi tratada no primeiro pleno ordinario celebrado este martes. O regulamento da Cámara establece que unha comisión dese tipo pode ser creada se hai máis votos a favor que en contra, e iso foi o que ocorreu ao absterse os 41 deputados populares presentes este martes: En Marea e BNG sumaron 20 votos a favor polos 14 en contra dos socialistas. Previamente, este luns concelleiros do PSOE en Vigo ameazaron aos populares, segundo avanzou Europa Press na súa web e ratifican fontes socialistas consultadas, con responder creando á súa vez no Concello unha comisión de investigación política sobre a relación de Feijóo con Dorado nos anos 90, cando o primeiro era número dous da Consellería de Sanidade. Unha ameaza que xogaría coa incomodidade dos populares ao ter que volver a ver as fotos da amizade de anos do seu líder co daquela contrabandista, imaxe que para os socialistas é máis potente políticamente e incómoda para Feijóo que o que pode ser para Caballero o "ruído mediático" que ao seu xuízo vai xerar o cruce de acusacións na comisión sobre O Marisquiño. "Queremos transparencia, que se coñeza a verdade, pero non queremos circos", defendeu a deputada popular Teresa Egerique Este martes a postura popular foi defendida na Cámara pola deputada viguesa Teresa Egerique, que cargou contra o alcalde ao tempo que restou relevancia ás comisións de investigación política. "Queremos transparencia, que se coñeza a verdade, pero non queremos circos", foi a frase coa que resumiu a súa postura nunha intervención na que en ningún momento pronunciou a palabra abstención nin a xustificou, pero si deixou caer frases como "este grupo non quere eludir o debate" ou "hai moitas preguntas que ten que responder o alcalde de Vigo". Pola contra, Egerique insistiu en que ao PP non lle gusta "facer investigacións cando o tema está xudicializado" ao tempo que cargaba contra Caballero definíndoo como "charlatán" ao "máis puro estilo Maduro". Nada dixo Egerique de posibles responsabilidades da autoridade portuaria. O socialista Losada atribuíu o desexo de En Marea e BNG de debater sobre O Marisquiño no Parlamento á súa irrelevancia no Concello de Vigo A negativa do PSdeG a crear a comisión foi defendida por Abel Losada, home de confianza do alcalde de Vigo, quen comezou lembrando que o BNG non ten presenza na Corporación municipal mentres que En Marea só conta con tres concelleiros, acusándoos de querer ter no Parlamento un protagonismo político que non son quen de acadar en Vigo. Losada insistiu en que o que se afundiu foi "un peirao, e polo tanto afundiuse un porto", e ao tempo minimizou a gravidade do accidente lembrando que os feridos foron xa dados de alta. Villares e Pontón reiteraron que a investigación xudicial ten distintos obxectivos que a análise política que agora se iniciará En defensa da comisión pronunciáronse os portavoces de En Marea e BNG, Luís Villares e Ana Pontón. O primeiro lamentou que "ningunha das administracións involucradas tivo a iniciativa de dar explicacións polo sucedido" senón que, pola contra, "atopamos un cruce de acusacións por parte de malos gobernantes" en función dos seus "intereses particulares". Villares expuxo catro motivos polos que ao seu xuízo o Parlamento é un foro adecuado para analizar o sinistro: que a normativa de supervisión dos espectáculos públicos é autonómica; o feito de que, malia que o de Vigo é un porto de titularidade estatal, en Galicia haxa "122 portos de competencia autonómica nos que se producen espectáculos públicos"; que o presidente da Autoridade Portuaria, malia ser estatal, é nomeado a proposta da Xunta de Galicia; e, finalmente, a necesidade de analizar se está funcionando correctamente a lei de emerxencias autonómica e os plans de emerxencias municipais que a primeira obriga a implantar. Villares tamén argumentou que "a investigación penal mira ao pasado e a parlamentaria mira ao futuro" para evitar que volva suceder o mesmo. En similar liña se pronunciou a portavoz do BNG, Ana Pontón, quen considerou "vergoñento" o cruce de acusacións entre os socialistas no goberno local de Vigo e os populares que controlan o porto. Pontón lamentou o "temor" do PSdeG por non querer investigar "responsabilidades múltiples" que tamén atribuíu aos populares e considerou "escusa de mal pagador" rexeitar unha investigación política polo feito de que xa haxa en marcha unha xudicial. O antecedente da investigación sobre Angrois A decisión do PP de facilitar coa súa abstención a investigación sobre o accidente de Vigo contrasta co seu bloqueo reiterado a outras como a de Angrois O limitado número de votos a favor co que saiu adiante este martes a creación da comisión sobre O Marisquiño é un feito extraordinario máis que se engade á xa de por si extraordinaria creación de investigacións parlamentarias. En toda a súa historia a Cámara autonómica só autorizou ata o de agora unha de cada dez comisións de investigación solicitadas por algún grupo. A decisión do PP de facilitar coa súa abstención a creación dunha comisión sobre o accidente de Vigo contrasta co seu bloqueo reiterado a outras solicitadas nos outros anos pola oposición, como a que tamén En Marea e BNG reclamaron de xeito reiterado sobre o accidente de Angrois, no que faleceron 80 persoas. No caso do sinistro ferroviario os populares argumentaron, ademais do feito de que tamén está baixo investigación xudicial, como ocorre co Marisquiño, que o accidente se producira en instalacións que non son de titularidade autonómica, como é a rede ferroviaria. Este martes en ningún momento tirou dese argumento para pronunciarse a favor ou en contra de investigar o accidente do Marisquiño no que o debate é se o espazo afundido era de competencia municipal ou da autoridade portuaria, de titularidade estatal. Feijóo chegou a considerar o cambio de postura do PSdeG cando pasou a apoiar que se investigase Angrois como un intento de "xogar coas vítimas" No caso de Angrois, Feijóo presentara como "coherencia" a súa negativa a investigar o sinistro no Parlamento de Galicia. En maio do ano pasado, cando o PP quedou só na Cámara autonómica coa súa negativa, o cambio de postura do PSdeG, que pasou das abstencións previas nese mesmo foro a un voto favorable á investigación (insuficiente fronte á maioría absoluta en contra dos populares) foi considerado por Feijóo como un intento da oposición de "xogar coas vítimas". |
NOS_42332 | O conselleiro de Sanidade volveu culpar a oposición de "utilizar a sanidade para facer política". | O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, negou que a morte dunha muller no Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar, en Sanxenxo, fose por "un problema de recursos" e vinculou o sucedido coa "información que se traslada ao médico do 061 e a situación da paciente". Denuncian ante a Garda Civil a morte dunha muller nun ambulatorio após o Sergas non enviar unha ambulancia Comesaña fixo estas declaracións a preguntas dos xornalistas na Coruña. O conselleiro insistiu en que a falecida chegou ao centro de saúde nunha situación "que non se corresponde coa situación trasladada previamente", indicou Comesaña sobre a información achegada ao 061 na chamada inicial, feita pola súa parella sentimental. Ademais, remitiuse á investigación por parte do xulgado. Manifestación en Sanxenxo Sobre a manifestación convocada este sábado en Sanxenxo, Comesaña aseverou que "hai quen utiliza a sanidade para facer política de maneira permanente". "Isto é un novo exemplo", sentenciou. Convocan para este sábado unha concentración no PAC de Baltar (Sanxenxo) para exixir máis medios Preguntado sobre cando volverá o Sergas dar citas previas no centro de saúde de Baltar, explicou que de oito médicos hai tres e que, a pedimento destes, pediuse "adecuar a programación das citas e citar só as non demorábeis". Tamén dixo que a intención é que en setembro "todos os ocos de consulta programábel poidan estar dispoñíbeis". O PAC de Baltar (Sanxenxo) non admite máis consultas en agosto pola falta de médicos En canto ás demandas sindicais na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, e as denuncias sobre falta de persoal, argumentou que están fixadas reunións e que o obxectivo é manter un "diálogo fluído" coa comisión de centro. Situación da Atención Primaria Por outra parte, cuestionado sobre a situación da Atención Primaria, insistiu en que é "complicada" pola "falta de profesionais", pero engadiu que a Xunta "no ámbito das súas competencias está a tomar medidas". O PP impide que Rueda compareza na Cámara após a morte dunha muller no PAC de Baltar, en Sanxenxo Entre estas, citou a convocatoria de máis dun centenar de prazas por concurso de méritos para médicos de familia ou a "liberación de carga de traballo menos médica" aos profesionais. Con todo, volveu demandar "a quen ten a chave", en alusión ao Executivo estatal, a toma de medidas para que se convoquen máis prazas MIR. |
NOS_32615 | A sanidade pública será "un dos cabalos de batalla" do BNG para as contas galegas, como a propia líder nacionalista afirmou esta quinta feira nun acto en Vilagarcía de Arousa | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou que a súa formación reclamará un plan de choque para reforzar a Atención Primaria, no marco dos Orzamentos da Xunta para 2023, dotado con 200 millóns de euros para contratar máis persoal, e cunha partida específica de 21 millóns a maiores para saúde mental. A sanidade pública será "un dos cabalos de batalla" do BNG para as contas galegas, como a propia líder nacionalista afirmou esta quinta feira nun acto en Vilagarcía de Arousa, onde se reuniu con profesionais sanitarios e afectados pola situación da primaria na área de Pontevedra-O Salnés. O BNG concentrarase o 18 de decembro en Compostela para protestar contra a crise de prezos na Galiza Este distrito sanitario, sinalou Pontón, é o "km 0 do desastre sanitario do Goberno do PP, incapaz de pór sobre a mesa solucións". A nacionalista felicitou a veciñanza da comarca pola súa mobilización en defensa da sanidade pública e advertiu de que "non é de recibo que volva haber PACs que non teñen nin un médico". Sobre precariedade Ante esta situación, apelou á Xunta a tomar medidas estruturais xa que, considera, "o problema que ten a sanidade pública non é que falten profesionais, é que sobra precariedade". Pontón avanza unha alternativa do BNG a uns orzamentos "insolventes" "Cunha Atención Primaria colapsada é unha auténtica tomadura de pelo que o PP presente uns orzamentos para 2023 que recollen cero euros para máis persoal", incidiu."Ante un PP que quere converter o dereito á saúde nun negocio para a minoría, deteriorando e socavando unha das grandes conquistas sociais como é a sanidade pública", a portavoz nacionalista insistiu na necesidade de "acometer medidas para reforzar o sistema sanitario galego", especialmente a Atención Primaria. |
NOS_31830 | Unha parte do sector agroalimentario galego, o das cooperativas, comeza a sentir certo nerviosismo. Son conscientes do seu papel de "ponte" entre as explotacións e o mercado, motivo polo que constatan que as boas cifras de 2019 poden pasar a ser negativas este ano se as Administracións non actúan de maneira urxente unha vez coñecido o fondo de reactivación da UE. | As cooperativas agroalimentarias galegas están consideradas un sector esencial e como tal continuaron traballando durante o estado de alarma. Son unha fonte importante de ingresos e de creación de emprego para o rural e coa crise económica, froito da pandemia, ollan con incerteza o seu futuro. O pasado 29 de xullo a Asociación galega de cooperativas agroalimentarias (Agaca) realizou a súa XXXII Asemblea Xeral Ordinaria en Compostela, de modo presencial e telemático a un tempo, reunindo ás 88 entidades que a integran. Representan a máis de 28.000 explotacións de agricultura e gandaría en todo o territorio e no encontro analizaron a situación actual partindo das boas cifras de negocio que tiveron o ano pasado. Aumento na facturación das cooperativas en 2019 Segundo Agaca as cooperativas agroalimentarias galegas, a día de hoxe con 6.000 traballadoras e traballadores, están a resistir a crise económica actual froito da pandemia. Na súa asemblea presentáronse os datos de 2019 que sinalan unha facturación algo superior aos 1.150 millóns de euros e máis de 680 millóns nas sociedades mercantís da súa propiedade, o que fai unha suma global de 1.830 millóns de euros, que representa un incremento aproximado de 2% a respecto do exercicio anterior. Para esta asociación o seu papel vai máis alá do económico posto que prestan numerosos servizos ás zonas rurais da Galiza fixando poboación. Incerteza pola falta de regulación das axudas "Estamos nunha situación de incerteza nunca antes vivida", recoñece a Nós Diario Higinio Mougán, xerente de Agaca, "un dos principais problemas é que os prezos están retrocedendo mesmo nalgúns casos até niveis inviábeis", afirma. As cooperativas fan de ponte entre o produtor e o mercado e esta situación, segundo Mougán, "preocupa". Asegura que hai sensación de inseguridade sobre como se desenvolverán as Administracións galega e española para axudar o sector. Non sentou nada ben o anuncio da Unión Europea do descenso de algo máis de 10% das axudas da Política Agraria Común (PAC) mais agardan que se compense cos fondos de reactivación, tamén anunciados no marco comunitario. En relación ás axudas no terreo estatal desde Agaca afirman que "hai moi poucas e só queda a de flores e plantas vivas", algo semellante ao que acontece coa Xunta da Galiza onde desde Medio Rural agardan a tramitación "entre agosto e setembro dalgunhas ademais de contar cunha axuda especial a final de ano que dependerá do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) europeo. A preocupación de Agaca é que por agora non hai un marco administrativo para regular todas estas axudas nin como serán. "Agardamos que se vaia cara a un reequilibrio da cadea de valor e non se lle traspase ás agricultoras e aos agricultores nin a produtoras e produtores a caída de prezos", explica Mougán, "estamos nunha situación de nerviosismo", engade. Vacún e carne, os máis afectados Desde Agaca indican que neste intre "é prioritario reactivar plenamente os mercados máis afectados, como son o de vacún de carne, moi sacudido polo feche do canal Horeca, e o de carne de aves, con prezos aos gandeiros moi baixos que non garanten rendibilidades mínimas". Demandan apoio, tamén, "para as adegas cooperativas na comercialización estatal e internacional dos excelentes viños galegos para facer fronte á vendima que se aproxima", así coma un apoio especial ao sector de flores e plantas vivas, que non puido comercializar a abundante produción de primavera. Neste sentido solicitan unha "defensa firme do sector ante a imposición dos aranceis dos EEUU ao sector do viño e os novos aranceis que se van xerar co Brexit aos produtos galegos". |
NOS_7810 | Aos problemas habituais de cada negociación colectiva, como as que dependen de acordos estatais, este ano sumóuselle a pandemia. Os sindicatos falan de "paralización" e de dificultades para convocar a patronal, así como de atrancos para poder exercer os seus dereitos como representantes das e dos traballadores. | A negociación dos diferentes convenios colectivos está a ser moito máis lenta que outros anos e con dificultades para chegar a acordos como consecuencia, en parte, da actual crise económica. Os últimos datos a nivel galego son os que publicou o Ministerio de Traballo do mes de xaneiro de 2021. A variación salarial media é de +1,70%, lonxe da que teñen nas Illes Balears (+3,03%) e Canarias (+2.05%), inferior á que tiña no mesmo mes de 2020, antes do inicio da pandemia, que era de 1,82%. O número de convenios é tamén moi inferior, contabilizándose 85 cando un ano antes eran 130. Este ano comezou con acordos que tiveron relación con 14.874 empresas cun total de 95.396 traballadoras e traballadores. Pandemia e incerteza Roi Fernández, responsábel de Acción Sindical de CCOO, explica a Nós Diario que as dificultades que están a ter nas numerosas negociacións pendentes "teñen que ver coa pandemia da Covid-19 e a incerteza do que acontecerá este ano". Esa mesma lentitude estaría tras a falta de datos fiábeis oficiais por parte da Administración española. "Non nos chegan como noutros anos", asegura Fernández. Francisco González Sio, responsábel de negociación colectiva da CIG tamén apunta a unha paralización das negociacións colectivas. "Partiamos dun cadro de parálise da crise de 2008 coa propia desaparición dalgunhas patronais", sinala a Nós Diario, "pasa en sectores como o da construción nas comarcas de Ourense ou nos de oficinas e despachos de todo o país", engade. A estrutura económica e laboral da Galiza traza un panorama de acordos laborais que poden semellar de menor importancia mais que teñen o seu peso, como o caso dos cadaleitos nas comarcas de Ourense "que está paralizado, igual que o sector das empresas vitivinícolas". Desde a central nacionalista apuntan ao das bebidas refrescantes, "convenios que non teñen moita actividade sindical mais que co que representan para o país son de certa importancia". Convenios estatais, convenios galegos Outro dos problemas que agora se agrava coa pandemia é o da negociación colectiva a nivel estatal. Segundo González Sio é "a máis afectada" coa circunstancia específica que a negociación "é de cúpulas sindicais que non están nos centros de traballo" polo que "as traballadoras e traballadores teñen moi pouca decisión e actividade dentro da negociación, chégalles todo feito". Pon como exemplo convenios como o da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), "temos o de cárnicas, de téxtil, de acuicultura ou de conserva que son importantes para Galiza". Neste último lembra que xa o ano pasado mantivo mobilizacións e unha folga "que este ano se repetirá se non chegamos a un acordo". Tamén están con convenio estatal no sector servizos os grandes almacéns, con empresas como Carrefour, El Corte Inglés ou Alcampo, "que xa están pedindo recortes". A nivel galego González Sío fala dos centros de terceira idade privados, "para nós importante, por todo o que sucedeu, e nos que agardamos que non sexa de trámite". Tamén están os da limpeza da Coruña, agora mesmo con mobilizacións, e o de Lugo. Un caso significativo son os convenios do metal das comarcas Pontevedra, A Coruña e Ourense, nos que a patronal, asegura este sindicalista, "está moi dura e apostan pola precariedade e subas salariais moi baixas". Atópanse empresas importantes como a do Grupo Pescanova, algunhas da automoción, Ence e as plantas de Ferroatlántica. No sector da saúde quedan pendentes os convenios das fundacións de investigación, "xusto agora que se fala de aumentar o gasto". Os sindicatos teñen tamén problemas para convocar as patronais. "Poñen como escusa o problema das medidas contra a Covid-19 para non reunirse, dificultan o reparto de información nos centros de traballo ou que fagamos asembleas para que poidamos colectivizar coas traballadoras e cos traballadores a formación dunha plataforma do convenio", aseguran desde a CIG. As reunións telemáticas, ademais, "son un problema que temos nós para poder expresar as nosas reivindicacións, e pásalle a todos os sindicatos", sentencia. Augura "un panorama moi feo" e de mobilizacións de cara aos vindeiros meses. A precarización do convenio de Iberdrola A publicación esta semana do VIII convenio colectivo de Iberdrola Grupo supón, para a federación de Industria da CIG, "unha precarización das condicións laborais". Asinado en decembro polos sindicatos SIE, Atype e USO supón unha baixada salarial de 10% para o novo persoal, a eliminación da antigüidade por trienios -coa perda de 47.000 euros en toda a vida laboral- e recortes en distintos beneficios sociais, como a segunda tarifa do persoal para as actuais e futuras xubilacións. Segundo a central sindical, os propios sindicatos asinantes recoñecen que o acordo está moi lonxe das plataformas negociadoras, "mais asumen os recortes propostos pola empresa". A compañía obtivo un beneficio de 3.610 millóns de euros en 2020, un 4,2% máis que no mesmo período do ano anterior. A empresa estima alcanzar un beneficio neto de entre 3.700 e 3.800 millóns de euros en 2021. |
NOS_54516 | O célebre cantor, escritor e activista brasileiro não demorou em reagir às declarações da nova ministra da Mulher, Família e Direitos Humanos do Brasil, Damares Alves, formuladas na esteira dos postulados machistas de Jair Bolsonaro. | Damares Alves, advogada e pastora evangelista além de membro do primeiro gabinete de Jair Bolsonaro, quis resumir numa só frase a sua visão da sociedade: o Brasil, disse, entra numa nova era com a chegada do novo governo, um tempo em que "menino veste azul e menina veste rosa", toda uma refutação das políticas contra a desigualdade de género impulsionadas durante anos pelo PT de Lula e Dilma Rousseff. As reações nas redes dos setores progressistas do país foram imediatas e é de salientar a de Caetano Veloso, apoiante do Partido Democrático Trabalhista, o liderado por Ciro Gomes, e votante de Fernando Haddad, o candidato do PT, no segundo turno das eleições presidenciais. O autor do cd Livro e do volume de memórias Verdade Tropical apanhou do seu armário uma camisola rosa e subiu-a ao twitter para patentizar que o outro Brasil, o progressista e inclusivo, continua bem vivo. |
PRAZA_3821 | O adiamento das eleccións que se ían celebrar este 5 de abril deixou sen efecto a convocatoria electoral pero non a disolución do Parlamento, de aí a inédita situación institucional que vive o país. Na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral do PP non está pechada por pandemia, mentres os populares ven a esquerda nunha "deriva irresponsable" | Hai hoxe un mes e un día, o 4 de marzo, confirmábase o primeiro caso de coronavirus covid-19 detectado en Galicia. Aquel mesmo día, o actual presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo xuntaba "máis de 600 persoas" en Santiago para falar da xestión do seu Goberno nun acto de precampaña e o candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, presentaba o seu proxecto electoral nun almorzo informativo en Madrid cheo de cargos do Goberno central e de representantes de diversos sectores económicos. A líder e candidata do BNG, Ana Pontón, xuntábase coas integrantes da lista do Bloque por Ourense e ofrecía unha conferencia na Coruña e o cabeza de cartel de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, ultimaba unha viaxe á Arxentina mentres a coalición analizaba unha enquisa que situaba o PP ao bordo de perder a maioría absoluta e o Goberno galego.No día en que se confirmou o primeiro caso de coronavirus en Galicia, todas as forzas políticas mantiñan con normalidade unha axenda de precampaña que desembocaría neste 5 de abril, nunha mobilización de centos de miles de persoas impensable en pleno confinamentoNingunha das forzas políticas galegas condicionou a súa axenda daquel día por mor da pandemia do coronavirus. Apenas mudara tampouco a dinámica na Xunta, que desenvolveu máis de vinte actos por toda Galicia naquela xornada, introducindo como principal variación unha comparecencia non prevista do conselleiro de Sanidade para confirmar, precisamente, o primeiro caso confirmado da covid-19.Todos, ao cabo, preparábanse naquelas días para a cita electoral que un mes antes Alberto Núñez Feijóo decidira adiantar para este domingo, 5 de abril. Nesta xornada terían que estar abertos 2.408 locais electorais para albergar 3.952 mesas cos seus correspondentes membros e representantes dos partidos políticos para velar polo correcto desenvolvemento dunha votación á que estaban chamados máis de 2 millóns de votantes. Unha mobilización de centos de miles de persoas a escasa distancia unhas doutras tras dúas semanas de mitins, paseos, bicos e apertas que semella ciencia ficción nos tempos do confinamento.As eleccións do 5 de abril quedaron desconvocadas o pasado 18 de marzo, cando tres días despois da declaración do estado de alarma os servizos xurídicos da Xunta acabaron de acomodar un procedemento que ningunha lei contempla, frear unhas eleccións xa convocadas. Quedou "sen efecto" a chamada ás urnas, pero non a outra consecuencia do decreto de convocatoria, a disolución do Parlamento. De aí a inédita situación que vive o país.O adiamento das eleccións deixou sen efecto a convocatoria electoral pero non a disolución do Parlamento, de aí a inédita situación institucional que vive o paísO Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo non entra en funcións dende o 6 de abril, como estaba previsto. O Executivo ten plenas competencias -condicionadas polo estado de alarma- ata que o propio Feijóo rubrique, "ouvidos os partidos políticos", unha nova convocatoria de eleccións que non ten data nin horizonte coñecido. Só existe unha referencia, a da fin legal da lexislatura, nos últimos días de setembro.Pero o lexislativo está baixo mínimos, disolto. Só funciona a Deputación Permanente, o órgano cunha vintena de membros -máis a Mesa- que "vela polos poderes da Cámara" cando está disolta e na que a función de control ao Goberno está moi limitada: os membros da Xunta só comparecen nela a petición propia ou se o autoriza a maioría absoluta -o PP, neste caso- e non hai marxe para preguntas da oposición ou outras funcións ordinarias de fiscalización.Parlamento limitado, eleccións sen data e acusaciónsPolo momento, dende a declaración da alarma sanitaria celebráronse dúas sesións da Deputación Permanente, ambas organizadas de forma inédita no salón de plenos para respectar as distancias de seguridade e evitar contaxios entre os seus membros. Nunha compareceu o presidente Feijóo e na outra, o vicepresidente Rueda e a conselleira de Política Social, Fabiola García. En ambas abrollou un clima político enrarecido, tenso, por veces triste e cun aquel desacougante. As cifras da pandemia golpean, especialmente as das persoas falecidas. Pero por baixo do virus segue correndo unha precampaña soterrada na que non todas as barallas teñen o mesmo número de cartas.A desconvocatoria das eleccións chegou tras dúas conversas por videoconferencia de Feijóo cos outros líderes das principais forzas políticas galegas e catro días despois do adiamento, o 22 de marzo, celebrouse unha terceira. O compromiso verbal dende o Goberno foi organizar estes encontros unha vez por semana, pero polo momento non houbo máis, aínda que se prevé que os haxa. Nas forzas da esquerda esténdese a incomodidade. Apenas existen -cando menos, non polo momento- enfrontamentos abertos, pero na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral dos populares non está pechada por pandemia. Na actual oposición existe o convencemento de que a maquinaria preelectoral do PP non está pechada por pandemia, mentres os populares ven a esquerda nunha "deriva irresponsable"Así o perciben, sinalan fontes das principais formacións da esquerda, dende as intervencións de Feijóo públicas de Feijóo nas que proliferan as críticas ao Goberno central. Tamén o papel que están a xogar os delegados territoriais da Xunta, aos que o presidente cesara para iren nas listas do PP e que foron reincorporados ao Goberno tras a desconvocatoria. Mentres, todas elas procuran oco para as súas propostas en materia sanitaria e social tanto para afrontar a pandemia como para o día despois, co foco posto en ámbitos concretos como as residencias de maiores.Nesa lóxica, cren, está tamén a dirección dos medios públicos de comunicación e así o plasmaron todos os grupos da oposición nun inédito comunicado conxunto. Mentres, pola banda do PP, consideran que PSdeG, BNG e Común da Esquerda están inmersos nunha "deriva irresponsable" que contrasta coa "lealdade" de Feijóo e así o tentan facer notar tanto nos medios tradicionais como na súa estratexia en redes sociais. O 5A xa non existe e ninguén pode afirmar cando se volverán convocar as eleccións, en que clima social e político e con que expectativas. Pero poucos negan a existencia dunha precampaña soterrada. |
NOS_47866 | Xi Jinping fecha a conmemoración do 100 aniversario do PCCh cun discurso na praza de Tian'anmen, despois dunha semana na que se sucederon distintos actos para a celebración da data. | Hai cen anos, en xullo de 1921, 12 delegados que representaban 53 militantes reuníronse clandestinamente nunha casa baixa de pedra na daquela Concesión francesa de Shanghai. No decurso das últimas xornadas das seis sesións que estaban planificadas, un descoñecido entrou a reunión, provocando o medo a irrupción da Policía entre os participantes. Li Da, compañeira dun dos delegados, propuxo que a última xuntanza fora trasladada a súa cidade natal, Jianxing. Alí alugaron unha barca baixo a aparencia de turistas, na cal se aprobou o nome oficial, Partido Comunista da China (PCCh), e o seu primeiro proxecto político. Entre eles estaba Mao Zedong, de 28 anos, fundador e primeiro líder da República Popular da China. Cen anos despois, o PCCh suma máis de 70 anos de goberno e conta con 95 millóns de militantes, o 7% da poboación da China, o que o converte no partido comunista con máis afiliadas e afiliados e a segunda forza política a nivel mundial, só despois do Bharatiya Janata Party (Partido Popular da India), que goberna actualmente. Nas últimas semanas estendeuse por todo o territorio chinés a preparación do centenario, mais foi nos días previos ao 1 de xullo, a data oficial da conmemoración, cando se concentraron boa parte dos fastos de celebración. O primeiro grande evento decorreu esta segunda feira, o Estadio Nacional de Beijing acolleu un espectáculo artístico, A Gran Expedición, coa presenza de 20.000 persoas, entre elas o presidente da República Popular e secretario xeral do PCCh, Xi Jinping. Segundo recolle Xinhua, a función amosou como o "pobo chinés, baixo a dirección do PCCh, levou a cabo a revolución, construción e reforma dos últimos 100 anos". A terza feira, Xi concedeu no Gran Palacio do Pobo de Beijing a medalla 1 de xullo a 29 militantes do Partido, esta medalla é o galardón máis importante do PCCh e foi entregada por primeira vez. Os militantes, que non ocupan cargos relevantes no PCCh, foron cualificados por Xi como "heroes cotiáns", despois de facer "contribucións sobresaíntes ao Partido e ao pobo", abrindo a porta a unha "nova era que precisa heroes". Ese mesmo día, foron premiados por logros sobresaíntes 103 secretarias e secretarios do PCCh a nivel de distrito, cos que tamén se reuniu Xi acompañado de membros do Buró Político do Comité Central, que aprobou as distincións. Discurso en Tian'anmen O colofón do aniversario terá lugar este 1 de xullo pola mañá co discurso de Xi na praza de Tian'anmen, na capital chinesa, que segundo informan os medios asiáticos está fechada hai días para preparar o escenario final da conmemoración. Un gran país socialista moderno O embaixador da China no Estado español, Wu Haitao, defendeu hai uns días que despois de "alcanzar a construción integral dunha sociedade modestamente acomodada e os obxectivos do primeiro centenario, estanse a dar pasos para concretar os obxectivos do segundo centenario, que consiste en facer da China un gran país socialista moderno para 2050". Con motivo do centenario, o PCCh publicou arredor de 200 felicitacións de presidentes e líderes políticos dos cinco continentes. |
NOS_21331 | Doce temas conformarán o terceiro traballo musical das pandeireteiras, entre eles os xa coñecidos 'Terra', 'Averno' ou 'Pano Corado'. | Logo de varias semanas de espera —e intriga— o trío que conforman as irmás Sabela e Olaia Maneiro e mais a tamén pandeireteira Aida Tarrío vén de desvelar o que será o nome do terceiro disco das Tanxugueiras, 'Diluvio', un traballo composto por dez cancións que verá a luz o vindeiro 29 de xullo. O disco, editado por Calaverita Records, "referenda a liña musical" que caracteriza as tres artistas galegas, "na que apostan na reinterpretación da tradición galega a través da súa fusión con ritmos urbanos, próximos ao trap ou a electrónica", precisan as Tanxugueiras. Tanxugueiras lanzará o seu novo disco o 29 de xullo e abren prevenda 'Diluvio', cuxa portada protagoniza unha fotografía de Neelam Khan Vela, nace como "unha viaxe de revisión e cuestionamento de crenzas ou presuntas culpas instaladas na sociedade". Así, se no seu anterior traballo, 'Contrapunto', as cantareiras propuñan un xogo de espello particular entre o lado bo e o malo da vida, agora procuran ocasionar "un auténtico Diluvio" sobre a orde estabelecida. "É un camiño que as pandeireteiras percorren a través de verbos como ver, escoitar, equivocar, lembrar ou apoderar", sinalan. E, con base nestes conceptos, os seus temas procuran "reformular esas crenzas ou máximas e convertelas nunha serie de aprendizaxes transformadoras para a vida". Aida Tarrío: "A boa acollida que tivemos no Benidorm Fest fai que nos sintamos as gañadoras" Os temas de 'Diluvio' Boa mostra disto é un dos sinxelos feitos públicos recentemente, Pano Corado, un canto á liberdade sexual e o amor libre, ou Desidia, que defende o dereito ao autocoidado. Outra das cancións deste disco que o público xa coñece, Seghadoras, tenta reverter os discursos de odio e a opresión. Tamén farán parte deste disco Midas, Figa, Averno —con Rayden— e o xa mítico Terra. [VÍDEO] Así soa 'Pano Corado', o novo "canto á diversidade" das Tanxugueiras Completan este novo traballo musical as cancións Treboada, Arica, Sorora, Fame de odio e Acougo, por cuxas músicas e letras haberá que agardar até o 29 de xullo. Dous temas instrumentais de apertura e fechamento do disco elevarán á ducia os temas do 'Diluvio' co que as Tanxugueiras queren cuestionar o estabelecido. |
PRAZA_1151 | Montse Dopico entrevista a Bocixa polo novo disco de Zënzar, Camiñando entre serpes | Parecía que viña un cambio, pero todo segue igual. Mais non por iso hai que deixar de tirar para adiante. De pelexar. De dar a cara. Diso fala Camiñando entre serpes, o novo disco de Zënzar, que os padriños do rock galego presentaron o pasado sábado 9 de maio na Sala Josfer, en Mesón do Bento (Ordes). Unhas horas antes dese concerto falamos con Bocixa. O disco ten algo de repaso do que fostes e do que sodes, como grupo. Pode ser, polo que din as letras. Xa abrimos con A xente fala, que se mestura tamén co tema de xénero. Ou Camiñando entre serpes, que é unha letra de Vituco, ou Cousa pouco seria, con letra de Xenderal. O disco é moi variado nas letras, que teñen distintos autores. A verdade é que nun principio quixemos escapar das nosas letras de sempre e tentamos musicar poemas. Pero resultounos moi difícil adaptar as rimas, o verso… Así que quedou para máis adiante a idea. Despois, tamén é certo que miramos atrás porque nos facemos maiores. Sen deixar de dar un paso adiante, de facer cancións… Tedes varias colaboracións, coma sempre… Si. Xenderal leva tres ou catro anos acompañándonos a todos os concertos que pode. Temos moi boa sintonía. A Fosi non o coñeciamos tanto. Mandounos a letra de Nada que perder e gustounos moito… Con Vituco si que temos tamén moita relación. El xa contou varias veces que nos viu un día de pequeno: a nós e a Korosi Dansas, e que foi cando decidiu que quería ter un grupo de rock. El canta nos nosos últimos discos e eu cantei en varios discos de Ruxe-Ruxe… "Xavier Pardeiro, O Reverendo, foi un dos pioneiros do rock galego. Tocaban no almacén da estación de tren de Meirama el e outros rapaces, que foron dos primeiros rockeiros que vin tocar" Xavier Pardeiro, O Reverendo, foi un dos pioneiros do rock galego. Tocaban no almacén da estación de tren de Meirama el e outros rapaces, que foron dos primeiros rockeiros que vin tocar. A letra del que temos neste disco, A última viaxe, é un achegamento á morte… El está moito con nós no local onde tocamos, critícanos e axúdanos moito. Coma Silveira logo. Si. Silveira marchou do grupo un día sen dicirnos por que. Dous anos despois explicounos: el é moi de heavy metal, e se quedaba con nós non iamos poder seguir polo camiño no que estabamos: o que nos levou ao disco Sigue e... Dálle, xa sen el. Foi moi xeneroso. Sabía que se nos dicía a verdade no momento non iamos aceptalo… Silveira foi, ademais, o que montara o grupo, a alma do grupo os primeiros anos. "Silveira marchou do grupo un día sen dicirnos por que. Dous anos despois explicounos: el é moi de heavy metal, e se quedaba con nós non iamos poder seguir polo camiño no que estabamos: o que nos levou ao disco Sigue e... Dálle, xa sen el" Así pasastes do heavy ao punk, despois o rock... Neste disco hai algo de ska, de ragga… Polos colaboradores, tamén. Sempre vai variando porque o que non lle vale a un válelle ao outro. Respectamos os gustos de todos, e como ademais temos moitas colaboracións sempre saen ritmos diferentes. Temos neste disco algo de ska, de punk, de rock clásico, de rock máis combativo, de heavy.... Por que se chama Camiñando entre serpes? Quen son as serpes? Nunca lle damos moita importancia ao título. Non partimos dunha temática. Máis ben é ao final cando lle damos o sentido aos discos, cando nos decatamos de que falan de tal tema. Zënzar leva moitos anos e Ruxe-Ruxe tamén. É un grupo de enganchou con nós e segue aí. A letra de Camiñando entre serpes é de Vituco. Non vai na portada do disco por como se fixo o deseño. O que se ve na portada é unha foto de Juan Luís Rúa, que é moi bo fotógrafo e amigo. "As serpes de verdade son persoas. Non só as que teñen o poder. Tamén as que critican, as que se meten na túa vida. Hai persoas moi envexosas, con moitas ganas de controlar os demais" Regalounos moitas fotos, e entre el e Paco Gallego propuxeron facer unha portada máis escura, en branco e negro, como algunha de Queen, dos Beatles… O das serpes faime pensar, por un lado, nun animal maldito. Un animal odiado, malia que as cobras galegas non son velenosas e ademais comen os ratos… As serpes de verdade son persoas. Non só as que teñen o poder. Tamén as que critican, as que se meten na túa vida…, como en A xente fala. Hai persoas moi envexosas, con moitas ganas de controlar os demais. No disco anterior, Vaise armar, había como unha sensación de que todo ía estoupar ante os niveis de opresión. Neste fálase de tirar para adiante, xa que non houbo ruptura. Nese sentido, Camiñando entre serpes pode ser máis como Sigue e.. dálle ou como A tribu. Político tamén, pero máis desde o persoal… O tema Que decepción fala diso que comentas. Parecía que viña un cambio, pero todo segue igual. Por iso, Tira para diante e Camiñando entre serpes... Porque cada un ten que tirar para adiante coa súa vida, coa súa maneira de vivir… Que sabemos que estamos gastando as nosas vidas, que en calquera momento a vida pode acabarse, así que mellor non quedar na tristura… Este disco ten, de todas maneiras, unha gran diferenza con todos os anteriores, que é que a produción vai a medias con Javier Abreu…, coma sempre pero desta volta gravamos na casa, nos estudios Escola da Rúa de Carballo, o que supuxo certo stress en desprazamentos, viaxes… Non é un directo pero as bases rítmicas, -batería, baixo e guitarras foron tocadas ao tempo....- e pode que iso lle dea un son máis aproximado ao que facemos no directo. Nada que perder, en concreto, fala de enfrontarse ao poder, sexa como sexa. E Tirar para adiante... Son letras máis combativas, como Xustiza de Vaise armar, 700 caciques de Rastafari popular… Nada que perder ten que ver coa xente máis combativa, a que non se deixa levar polo medo, que é o que goberna o mundo. O medo a perder o traballo se protestas, a non atopar traballo, a non ter recursos económicos para levar a vida que queremos. E isto tamén se relaciona co consumismo, con ese xeito de vivir amontoando cousas. Hai un sector da sociedade que vive doutra maneira, que tenta ser libre, desde o cooperativismo, a solidariedade…. É importante pelexar, dar a cara… e esa idea sempre estivo moi presente en Zënzar. Temos que tentar ser felices, á marxe de como está o mundo. "Hai un sector da sociedade que vive doutra maneira, que tenta ser libre, desde o cooperativismo, a solidariedade…. É importante pelexar, dar a cara… e esa idea sempre estivo moi presente en Zënzar" Falabas antes de que tentarades musicar poemas. Si que o facedes en Cortina, que é adaptación dun poema de Díaz Castro, e en Non, de Celso Emilio Ferreiro. De Celso Emilio xa musicamos outro poema, en Rockanrol. Non é unha letra que estivera sempre no local. Collémola e encaixou. O de Díaz Castro é pola relación que temos co Festival de Pardiñas, con Alfonso Blanco… É un poema moi potente que fala de todos nós. Dun home e dunha muller con moito sufrimento ás costas. Xente coma nosos pais, que traballaron de sol a sol para sacar adiante os fillos. Ademais, hai unha relación tormentosa entre eles, que non teñen tempo para a parella, senón só para traballar. Tamén fala de como morre unha forma de vida. O videoclip de Cortina, que o fixo Paco Gallego, acaba de ser seleccionado para a competición no Salón Internacional de la Luz, en Bogotá. O tema Que decepción fala ao final dos Borbóns, mais refírese a todos os que "á nosa costa queren manter/ o seu status, o seu poder". Fala dos monicreques políticos que están para satisfacer as necesidades do poder económico, que é o que goberna o mundo e impón as leis. Aquí non pasou nada porque haxa un rei corrupto nin porque sexa corrupta toda a familia. A monarquía é aceptada tranquilamente e os políticos entran ao trapo diso. No fondo, somos ninguén os que estamos protestando: só unha minoría. Aínda que parecese que a xente se estaba levantando. O capitalismo segue a funcionar e o medo tamén. Por iso se aprobou a lei mordaza, para parar a protesta social e para que un xornalista non poida facer o seu traballo sen medo. "No fondo, somos ninguén os que estamos protestando: só unha minoría. Aínda que parecese que a xente se estaba levantando. O capitalismo segue a funcionar e o medo tamén" En Adeus amigos hai unha consciencia do tempo… Como dicías antes, ides xa algo maiores… É como unha despedida anticipada porque non sabes cando vai chegar o final do ciclo. Non sabemos se o final do ciclo de Zënzar está máis lonxe ou menos, pero seguro que está máis do que estivo… Nós levamos desde o 88. E houbo momentos en que cada un de nós tivo máis e menos ganas de seguir. Pero agora seguimos con máis ganas ca nunca. O que queremos é seguir tocando, pasalo ben tocando xuntos. E cando sae algún bolo ou algún festival, pois mellor. Por certo, que cando se presentou a celebración do aniversario do rock bravú díxose que foran os pioneiros do rock en galego. Pero vós estabades antes. E outros, non si? Os Diplomáticos son dos 90 e nós comezamos a finais dos 80. Xa había outra xente, como Korosi Dansas. Nós temos amistade cos Diplomáticos, pero nunca formamos parte do movemento bravú. Nós diciamos que o noso era rock pelouro. Si é verdade que cando estabamos nós eramos catro en catro aldeas. E nos 90 foron moitos máis. Houbo un boom do bravú que animou a moita xente a tocar en galego. "Nós temos amistade cos Diplomáticos, pero nunca formamos parte do movemento bravú. Nós diciamos que o noso era rock pelouro" Sempre no corazón parece dedicado a unha filla. Varios de vós tedes nenos... É unha letra moi persoal de Mario, si. Ao primeiro non quería cantala, non era capaz. Manolo, Mario e eu somos pais. Algo máis? Grazas á xente que nos vai ver. Á que ten en conta o rock galego. O rock non é para competir, senón para axudarse e desfrutar. Nós temos a sorte de ter moitos colaboradores, e todos son parte de Zënzar. O que facemos ten sentido por toda a xente que está arredor de nós. |
NOS_13482 | Inclúe a cláusula de ultraactividade que evita a desaparición dos convenios colectivos sectoriais e un incremento salarial que será o 0,25% neste ano e do 1% en 2014 e 2015, data en que expira o acordo | A folga do comercio de alimentación en Pontevedra ficou desconvocada esta segunda feira após o acordo asinado entre @s representantes d@s traballador@s (dos sindicatos CIG, CC OO e UGT) e a patronal sobre o convenio colectivo que afectará o sector. Entre os puntos do acordo están as tres reivindicacións d@s obreiras que, tal e como explicou Diana Rodríguez, secretaria comarcal da CIG-Servizos na comarca pontevedresa, pasaban pola inclusión dunha cláusula de ultraactividade "que limite os efectos da reforma laboral e evite a desaparición dos convenios colectivos sectoriais". Para alén desta exixencia, @s traballador@s reclamaban un incremento salarial. "Entendemos que non pode ser tan alto como hai catro anos, mais ten que haber unha progresión", subliñou Rodríguez. Tamén se pronunciaron ao redor destas reclamacións o responsábel de negociación colectiva na federación de Comercio de CC OO, Jorge Carneiro, e a secretaria de acción sindical da federación do Comercio de UGT, Eva Rojas, que cadraron ao destacar que tales demandas "non son grandes cousas". O que se pretendía era "que o actual convenio non se vexa mermado", para alén dun incremento salarial "pequeno" que se fixou finalmente nun 0,25% para este ano e dun 1% para 2014 e 2015, data en que expirará o acordo. Outras melloras laborais conseguidas pol@s obreir@s Nel contémplanse tamén outras reivindicacións d@s traballador@s como a antigüidade (un máximo de sete cuatrienios ao 6% cada un) e a recuperación das férias que non gozaron en caso de baixa por incapacidade temporal. Aliás, reservarase o posto de traballo para aquel@s obreir@s que pidan unha excedencia para o coidado de crianzas e/ou persoas dependentes, así como a posibilidade de acumular a lactancia en 20 días naturais. Após varias horas de negociacións, o acordo chegou pasada a medianoite e, canda el, a desconvocatoria dunha folga que duraría até o día 30 e que afectaba a supermercados sen convenio propio (todos agás Mercadona, Eroski, Dia e os grandes almacéns como Alcampo e Carrefour) e pequenos comercios. En total, na comarca de Pontevedra traballan unhas 14.000 persoas. |
PRAZA_3598 | A maior parte das persoas que deron positivo por coronavirus en Galicia ata o momento están a ser atendidas na súa casa, un total de 115 un caso. Unicamente 7 precisan de atención en unidades de coidados intensivos | Os casos positivos confirmados de infección por coronavirus volveron incrementarse este sábado, aínda que a un ritmo inferior que na xornada anterior. Os datos actualizados pola Xunta no serán deste sábado, 14 de marzo, indican que xa foron rexistrados 153 casos. As altas por recuperación ascenden a catro e produciuse un primeiro falecemento, dunha muller nonaxenaria con outras patoloxías e que chegara dende fóra de Galicia.A maior parte das persoas que deron positivo por coronavirus en Galicia ata o momento están a ser atendidas na súa casa, un total de 115 un caso. Unicamente 7 precisan de atención en unidades de coidados intensivos (UCI) e outras 31 persoas son atendidas en unidades ordinarias de hospitalización. Falecida unha muller de 92 anosSempre segundo a información fornecida polo Sergas, a muller cuxo falecemento foi confirmado este sábado dera positivo por coronavirus, pero tamén padecía "múltiples" patoloxías previas e estaba ingresada no hospital privado-concertado vigués Povisa. "Tratábase dun caso importado", confirma a Xunta."Illamento social" para frear a curva ata o pico previsto en abrilSanidade insiste en "evitar as grandes concentracións" e, cando saian, maiores e infancia estean en espazos abertosEstas son as cifras da expansión dunha doenza na que a clave é frear o ritmo dos contaxios. Precisamente por iso, vén reiterando Sanidade, "é importante o illamento social", contribuíndo así a cidadanía a frear o incremento de casos na medida do posible ata acadar o pico de contaxios que, segundo calcula o Sergas, chegaría "na primeira ou segunda semana de abril", sinala Jesús Vázquez Almuíña.Nete sentido, o conselleiro subliña que ese illamento non implica un peche "total", pero "si é moi importante tratar de evitar as grandes concentracións". Así, exemplifica, "non significa que as persoas maiores estean sen saír, pero si que saian a espazos abertos e con poucas persoas". No que atinxe á infancia, "os espazos abertos son prioritarios: mellor un parque que un centro comercial e mellor un parque con poucos nenos que con moitos".Estas accións individuais, subliña, axudan a "conseguir un bo illamento" co que "poderemos facer que a curva da epidemia sexa máis progresiva" para garantir a asistencia sanitaria ás persoas que si a precisan . Entre apelacións á "tranquilidade" da poboación, Sanidade lembra que "en caso de que haxa síntomas", a instrución é "quedar na casa e procurar ter tratamentos habituais, con antitérmicos e medidas hixiénicas", así como "airear moito os cuartos". A actual fase, advirte Sanidade, é "fundamental" para "determinar" o desenvolvemento da epidemia.Fontes oficiais de informaciónO Servizo Galego de saúde ten abertas tres canles oficiais de información sobre o coronavirus. Dende este venres, está aberto o sitio web coronavirus.sergas.gal, ao que se pode acudir para obter información xeral ou sobre sintomatoloxía leve. Por teléfono, o número de información é o 900 400 116, se ben estanse a producir problemas pola alta afluencia de chamadas e Sanidade pide usalo con "responsabilidade". Ao 061 cómpre recorrer unicamente en caso de emerxencia. |
NOS_11945 | O novo goberno municipal ourensán, froito dun pacto entre Democracia Ourensana e o Partido Popular, vén de lle retirar o apoio ao Festival Internacional de Teatro. Denúnciao a Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG) nun duro comunicado en que cualifica a decisión de "irresponsábel, lesiva e fondamente preocupante". | O festival achega ao público desde hai máis dunha década "a posibilidade de acceder a unha programación escénica internacional". Impulsado pola compañía Sarabela Teatro, a retirada do concello supón "un risco para a continuidade dun proxecto cunha traxectoria consolidada". O Executivo de Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana) continúa así a liña do anterior alcalde, Jesús Vázquez (PP), baixo cuxo mandato sufriron recortes e mesmo despareceron algunhas das iniciativas culturais máis importantes da cidade. "O festival contou desde a súa creación hai 11 anos co apoio, o patrocinio e colaboración de diferentes institucións públicas como a Xunta, a Deputación ou o consistorio", sinala a Asociación de Actrices e Actores, "independentemente da cor política de cada momento. Non obstante, o actual Goberno munidipal decide darlle as costas a un encontro de prestixio para o noso sector e de interese para o público". Pérez Jácome aduciu o sábado, 31 de agosto, que o concello apostará "por programación propia, moito máis económica". Tamén anunciou que o Festival Pórtico do Paraíso -dedicado á música clásica e académica- se queda sen subsidios municipais a causa do que, como no caso do de teatro, entende como "elevado custo e escaso retorno económico". A AAAG remata a súa nota co "apoio a Sarabela Teatro e os seus integrantes" polo seu "inxente labor á hora de achegar programación teatral á cidadanía ourensá, fomentar o traballo de base, crear públicos e desenvolver diversos festivais e iniciativas que xeran unha importante riqueza cultural que a actual alcaldía pretende obviar desde a máis impulsiva ignorancia". |
NOS_9696 | Outras 1.116 só teñen dous habitantes. Ao longo de 2015 un total de 55 entidades ficaron sen habitantes, sumándose ás 1.614 que xa estaban abandonadas. | En 855 aldeas galegas xa só vive un veciño. Un único habitante que garda memoria e lembranza da vida nestes núcleos antano poboados, da veciñanza, das familias, crianzas, traballos, convivios, festas... entidades mesmo con capela ou igrexa, até escolas, e das que xa só fica unha única persoa habitándoas. O despoboamento do rural galego tradúcese en desertización, abandono e perda. O máis que probábel destino destas 855 aldeas cun único veciño será engrosar a listaxe dos núcleos deshabitados. En Galiza, 1.669. O que supón 55 máis que no ano anterior, cando eran 1.614. Mais os datos do Instituto Galego de estatística non deixan moito espazo para a esperanza. Hai 1.116 núcleos de poboación no noso país con 2 habitantes, situándose tamén ao bordo da desaparición. Estamos, pois, a falar de que perto de 2.000 aldeas van pasar a estar totalmente deshabitadas, abanonadas, en breve. Unha imaxe da problemática á que nos afrontamos é que se sumamos os núcleos abanonados en todo o resto de territorios do Estado, o seu número non acada as que están nesa situación no noso país. Son 1.669 as entidades sen habitantes en Galiza e as sumadas do resto do Estado son 1.618. Asturies, o segundo territorio, tras Galiza, en número de aldeas bandonadas, ten 696. E Castalea-León, terceira neste ranking de abandono, 242. A dinámica de abandono non ten visos de reverterse. En 2015 foron, diciamos, 55 os núcleos galegos que ficaron deshabitados. O ano anterior, 75. E o 2013, 70. E no 2012, 61 foron as entidades que quedaron baleiras. E así nunha dinámica que vén de hai décadas. |
NOS_3433 | O presidente do Goberno español asegura que non haberá rescate europeo da banca española | O presidente do goberno español, Mariano Rajoy, vén de comparecer en rolda de imprensa perante os medios, un acto nada habitual nel desde que accedeu á Moncloa, para defender a xestión do executivo central no caso de Bankia, alén de anunciar que seguirá na liña de grandes reformas 'estruturais'. Rajoy asegurou que a alertanativa á nacionalización de Bankia era a "quebra" da entidade financeira, e que non se podía permitir ese escenario porque, engadiu, se caen estas entidades "caería o país". O presidente afirmou que con esta decisión garántense os aforros, alén de avanzar para recuperar a confianza d@s investidor@s Prima de risco en máximos históricos Mariano Rajoy realizou as declaracións nunha xornada do máis negra para a economía española, cunha prima de risco que marcou máximos históricos, por riba dos 514 puntos e en que as accións de Bankia á súa volta á Bolsa caeron nun 30% |
NOS_40963 | Na entrevista en Antena 3 TV, e embora non quixo "adiantar acontecimentos" -frase mantra que repetiu en varias ocasións-, Rajoy deslizou que tiña un plano para Catalunya. Esta terza feira comezou a cumprilo: ás 20 horas, Catalunya Ràdio deixou de se poder sintonizar no País Valenciá, por orde do Goberno español. | Na entrevista en Antena 3 TV, e embora non quixo "adiantar acontecimentos" -frase mantra que repetiu en varias ocasións-, Rajoy deslizou que tiña un plano para Catalunya. Esta terza feira comezou a cumprilo: ás 20 horas, Catalunya Ràdio deixou de se poder sintonizar no País Valenciá, por orde do Goberno español. Fica claro que a retórica da globalización (coas novas tecnoloxías caíron as fronteiras, as linguas poden desenvolverse libremente, etc) se torna nun estorbo cando os Estados se ven premidos a despregaren as súas políticas de imposición da súa propia lingua -neste caso, o español- sobre as das nacións sen Estado. Así, esta terza feira deixouse de sentir a emisión de Catalunya Ràdio e Catalunya Informació no País Valencià. Como informa Vilaweb.Com, ás 20 horas apagouse o sinal após a emisión dun programa especial dedicado ao fechamento da emisora. O catalán proscrito nun dos seus territorios. Quen impón aquí as linguas?, cabería perguntarse. Isto acontece nun país que acaba de ficar sen televisión propia, Canal 9, após unha decisión política do Goberno valenciá, tamén en mans do PP. Un millón de euros de multa As emisións de Catalunya Ràdio e Catalunya Informació mantíñanse através da rede de repetidores da Acció Cultural del País Valencià. A pasada sexta feira, esta entidade recibiu unha comunicación do Goberno español en que a conminaba a fechar as emisión. Paira aínda sobre ela a ameaza de multas por valor dun millón de euros por pretensamente estaren a funcionar os seus repetidores sen a autorización preceptiva. A intervención do Estado contra Acción Cultural del País Valencià, isto é, contra a hipótese de as emisións en catalán chegaren a este territorio dos Països Catalans ten sido instada por un grupo chamado Círculo Cívico Valenciano, coa aquiescencia da Generalitat valenciana. Toni Gisbert, secretario xeral da Acción Cultural do País Valencià, acha que a proibición das emisións "é moi grave" do ponto de vista da liberdade de información, o respeito ao pluralsimo social e a defensa e amparo da lingua catalá nun dos seus territorios. Foto tirada de Vilaweb.Com |
PRAZA_11246 | A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo chega á súa 41 edición. A programación inclúe unha sección de Cine Galego con 20 pezas, entre curtas e longas, documentais ou de ficción. Repasamos esta vintena de filmes a través de entrevistas cos seus directores e directoras e das súas conexións temáticas | A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo chega á súa 41 edición. A programación inclúe unha sección de Cine Galego con 20 pezas, entre curtas e longas, documentais ou de ficción. Repasamos esta vintena de filmes a través de entrevistas cos seus directores/as, presentándoas en grupos en función das súas conexións temáticas.O mundo do traballo: 'Mariñeiros', 'Hora silenciosa' e 'Marusía'"Pedímoslle ao mar máis do que pode darnos. E o mar fala. Protesta, avisa, malia que finxamos non escoitalo". Iso di Antonio (Celso Bugallo), o protagonista de 'Mariñeiro', de Juan Galiñanes, un dos primeiros filmes proxectados na sección de cine galego da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Juan Galiñanes decidiu encarnar, a través deste personaxe, o sentir colectivo -non unánime- dos traballadores de mar que entrevistou. Mais a semente de 'Mariñeiro' foi, en realidade, unha proposta da mariscadora María Xosé Cacabelos, da confraría de Cambados, que quixo recoller as testemuñas dos oficios do mar. Facer un exercicio de memoria, a proxectar cara o futuro. Galiñanes, cambadés e de familia de mariñeiros, non o dubidou. A propia María Xosé Cacabelos introduce neste filme o tema do papel da muller no mundo do mar. O seu non recoñecemento. A súa secundarización. "Falar diso é algo obrigado ao falar do mundo laboral. É normal", explicaba Galiñanes a Praza.gal con motivo da presentación de 'Mariñeiros' no FICBueu de hai dous anos. "Ademais, é un sector que foi moi machista. Eran os homes os que estaban rexistrados legalmente: as mulleres estaban no seguro do home… Pero as cousas foron cambiando", engade. Para el, ademais, facer este documental foi coma "un regreso á infancia". Cunha amálgama de sensacións. De lembranzas. E cunha idea clara por diante: transmitir a necesidade de coidar o mar, de non esquilmalo.Entre as primeiras películas proxectadas na sección galega da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo estivo tamén 'Hora silenciosa', de Noelia MuíñoEntre as primeiras películas proxectadas na sección galega da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo estivo tamén 'Hora silenciosa', de Noelia Muíño. Un retrato da vida cotiá das monxas beneditinas de San Paio de Antealtares, en Santiago. "Dende que era pequena" -explica a directora- "miña nai levábanos a min e a meus irmáns moitas veces visitar as monxas de San Paio porque a súa tía é monxa alí. Sempre tiven moita curiosidade por saber como era aquilo por dentro". A oportunidade chegou anos máis tarde, a través dun traballo para a universidade que debía estar centrado na observación, sen entrevistas. "Falei ca Madre Abadesa, expliqueille o proxecto e deixáronme entrar a clausura para documentar a súa vida durante dous dias e medio. Foi unha experiencia incrible", conta.A filosofía que pareceu guiar a presenza da directora alí parece a non intervención. Ser o máis invisible posible. "Como sabía que eu tiña acceso porque me coñecían desde pequena, sabía que non podía levar a ninguén máis comigo", lembra. Preparouse para afrontar a limitación de ter que ir sen equipo. "Decidín que todos os planos tiña que gravalos con trípode. Aluguei unha gravadora de son pequena e un micro de gravata, e con iso apañei. Ao ter elas unha rutina tan estruturada, puiden planificar e anticiparme. Tamén sabía que a arquitectura do mosteiro ía axudarme moito para lograr unha boa iluminación. Así que ao final todo sae a partir de decisións e planificacións".As monxas non parecen falar entre elas máis do imprescindible. Mais si se aprecia conexión, comunicación, entre elas. Sobre todo cando cantan. As monxas non parecen falar entre elas máis do imprescindible. Mais si se aprecia conexión entre elas. Sobre todo cando cantan. "Sabía que cantaban e rezaban, pero en verdade teñen un coro que ten ensaios case a diario e un repertorio bastante amplo!", indica a autora da curta. 'Hora silenciosa' podería ser unha curta sobre o enclaustramento, sobre mulleres que cumpren roles tradicionais... Mais o que transmite é máis ben, ou tamén, paz, calma, quietude.. nunha vida moi pautada, afastada do barullo que as rodea, na Quintana compostelá. "Tiña claro que quería retratar a vida en clausura non como nós a vemos dende fóra, senón como elas a senten: unha forma de conexión espiritual. As monxas son unha comunidade de mulleres, elas mesmas xestionan os recursos e axúdanse entre si, e entran no convento por decisión propia. Son profesoras, reposteiras, arquivistas, artesás... Paréceme que teñen unha vida moi interesante e digna de retratar", conclúe Muíño."Quixen reflectir un pouco como somos. Queixámonos de moitas cousas, pero ao final non facemos nada", opina o directorOutra curta centrada no mundo da traballo -máis desde a perspectiva da ficción e non do documental- é 'Marusía', de Pedro Sancho. O punto de partida deste filme foi, porén, un feito real: a contestación social ante a decisión do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de colocar un barco nunha rotonda do barrio de Coia. "Eu son de alí, de Coia, e estiven moi presente nas manifestacións", explicou o director a Praza con motivo da proxección da curta no último FICBueu. 'Marusía' trata de reflectir, nun rexistro que se sitúa entre a comedia e o drama, a frustración social ante este feito. Juan e Pedro, os protagonistas da curta, son "dous pobres homes, dous perdedores", que planifican unha acción "que nin ten moito sentido, nin saben eles mesmos moi ben contra quen a fan". Dous homes que non son nin activistas. "Quixen reflectir un pouco como somos. Queixámonos de moitas cousas, pero ao final non facemos nada", opina o director.A mudanza nos roles femininos: 'El jefe', 'As tres caídas de María Santiso' e 'Vía láctea'Tamén 'El jefe', de Ozo Perozo e Fernando Tato, se desesenvolve no ámbito laboral. Mais o seu enfoque tira máis pola posta en evidencia do patriarcado, ao mostrar como os argumentos machistas dun home que non cría aos seus fillos -pois para iso ten a súa compañeira- flúen con naturalidade nun contexto de competición por un posto de traballo. En 'El jefe', Félix e Rosa chegan ao seu primeiro día de traballo sen saber que compiten polo mesmo posto. Desencadéase, así, entre eles, un enfrontamento verbal de tensión crecente no que o machismo del non tarda en saír. "Todo xurdiu a raíz do traballo de Kraken Films, o selo dos actores Fernando Tato, Adrián Castiñeiras e Frances Corbera para a creación audiovisual", explicou Ozo Perozo a Praza con motivo da proxección desta curta no último Curtocircuíto. "En 'El jefe', Félix e Rosa chegan ao seu primeiro día de traballo sen saber que compiten -aínda- polo mesmo posto. Desencadéase entre eles un enfrontamento verbal no que o machismo del non tarda en saír""Fernando fixera dúas curtas nun ano e eu estaba colaborando con eles como guionista cando chegou Camila coa idea de facer unha historia con esta temática. Xunteime con Adrián e Fernando e démoslle forma de curta. Dous meses despois estabamos rodando", engade. "Quixemos ter moi presente que eramos tres homes quen escribiamos o guión, así que puxemos moito o ollo na análise do rol masculino tradicional. Por iso presentamos un home "normal", que "en condicións normais" non deixa ver toda esa carga que soporta (ter que ser un líder, competir continuamente, ascender… ) pero que sometido a presión, ao non ter ferramentas emocionais para xestionalo, ponse no papel de depredador", aclara Perozo.En 'El jefe', Rosa é unha profesional altamente cualificada cun proxecto de familia. Os roles femininos non mudaron moito, porén en 'As tres caídas de María Santiso', a curta de Roberto Alvite que se poderá ver na Semana de Cine de Autor. Unha muller nova, duns corenta anos, vive soa na vella casa familiar, nunha aldea. Os seus pais morreron e as súas irmás marcharon. Mais ela sente que cumpre co seu deber seguindo a habitar e coidar aquel fogar. Un día chega, por casualidade, un mozo peregrino. E abrollan nela dúbidas que xa tiña. "María xorde, en primeiro lugar, de recordos de parte da miña infancia que pasaba na aldea e das mulleres que tiña arredor, de grande fortaleza", explica o director. "María xorde, en primeiro lugar, de recordos de parte da miña infancia que pasaba na aldea e das mulleres que tiña arredor, de grande fortaleza", explica o director"A partir de aí, pensei en que o modo de vida no rural non é algo que integres de súpeto ao cumprir certa idade, senón que se vive ou herda dentro desas familias dende moitos anos atrás. Así, quixen presentar unha personaxe na que tanto se puidesen ver reflectidas as mulleres maiores como novas. De todas formas, a soidade é algo que tamén se dá no contexto urbano, así que era unha oportunidade de tratar unha problemática común desta época", asegura. A curta trata, así, catro temas relacionados: o rural, a familia, a muller e o fogar. Pois, sinala o director, "é delas de quen maiormente se espera que fagan o traballo do coidado do fogar. Nós queriamos incidir en como pode ser querer ir "contra natura", tanto do que se espera de ti como filla como do que se espera como muller nese contexto". Mais tras esta curta tamén hai, segundo o seu director, un "sentido da responsabilidade" ante a realidade do "abandono progresivo do rural". "O caso é que defender o rural" -opina- "non é so defender unha contorna: vai ligado á cultura, ao patrimonio, a formas de entender o mundo, de relacionarse, ao humor... e á propia lingua. Os temas non se deberían illar. E non se trata de dicir que vivir no rural sexa o mellor. Trátase de entender as variables que interveñen e o que nos xogamos como comunidade. Ao final, os modelos de sociedade ímolos creando entre todos xeración tras xeración: individuos, familias e institucións. Nada sucede porque si".A curta adopta un ton se cadra non cómico, pero si un pouco esperpéntico, de cara ao final. "O ton que buscamos é de comedia dramática. Penso que a vida ten algo de absurdo en canto á cantidade de voltas que lle podemos dar ás cousas para que logo pequenos detalles ou sucesos sen aparente relación sexan determinantes. E a pesar de todo, a vida segue. Onde hai dor, hai lembranza ou esperanza de algo mellor", sostén o director. Antes, o encontro de María -que actúa segundo o código de hospitalidade da sociedade tradicional- co peregrino non acabara da mellor maneira, debido á reacción del. "Quería facer ver a importancia de tratar a quen semella distinto con certo respecto, pois non sabemos polo que pode estar pasando (ou ter pasado) internamente" "El non comprende, ou non quere comprender?", pregunta o director. Co personaxe do mozo -explica- "buscaba crear contraste entre o "vello" e o "novo". A tendencia é que o "novo" non se queira abrir aos hábitos e modos de pensar e expresarse do que entende como "vello". Tamén quería facer ver a importancia de tratar a quen semella distinto con certo respeto, pois non sabemos polo que pode estar pasando -ou ter pasado- internamente. Para María abrir o seu fogar, un lugar case sagrado, é algo difícil, e que para unha persoa nova -en tódolos sentidos- que pasa por alí a rexeite sen maior preocupación... iso supón un golpe duro. Unha caída". O director non poderá estar na presentación desta curta en Lugo, pois debe acudir á estrea que acollerá o III Festival Internacional de Cortometrajes CINESÁN, en San Martín del Rey Aurelio (Asturias). Mais parte do equipo asistirá ao pase de Lugo. A conexión entre o "vello" e o "novo" atópanse porén no centro de 'Vía Láctea', a curta de Alejandro Rodríguez Diéguez que se poderá ver na Semana do Cine de Lugo. A partir dun poema da escritora Filomena Dato, a curta transita, a través da personaxe dunha muller nova que representaría a actual xeración, pola mudanza da situación das mulleres propiciada pola loita feminista de onde e de hoxe. "A idea xurdiu" -explica o director- "tras ler o poema de Filomena, que descoñeciamos completamente. Ela escribe con moita forza e dunha maneira moi suxerente, e iso tamén nos inspirou a reflexionar sobre o papel da muller na actualidade e a tratar o tema dende un punto de vista crítico e cunha forma un pouco máis experimental". "Cremos que hai aínda moito por facer, que as cousas non están tan ben como moita xente cre e que é necesario que a loita feminista continúe para intentar cambiar as cousas"Experimental porque a feitura de 'Vía Láctea' é máis poética, ou performativa, que ficción comprendida dun xeito máis convencional. Quen fala -a través dunha voz en off- é unha muller nova, herdeira da loita das avoas e tataravoas, consciente da necesidade de non deixar de loitar para non ir para atrás. "O discurso vaise construíndo como se dun diálogo interno se tratase. Partindo do poema de Filomena fomos pensando na situación desas mulleres anos atrás, no seu traballo, e pouco a pouco é inevitable ir comparándoo coa situación actual. Cremos que hai aínda moito por facer, que as cousas non están tan ben como moita xente cre e que é necesario que a loita feminista continúe para intentar cambiar as cousas".A luz, as estrelas, son nesta curta símbolo quizais da sororidade. Nunha peza moi visual, na que, tras comezar atopando o poema de Filomena Dato nunha foto dunhas leiteiras ourensás -mulleres que, sinala o director, pelexaron por unhas condicións laborais dignas no contexto dunha sociedade imperantemente machista- a protagonista acaba mergullándose nun líquido semellante ao leite mentres reflexiona sobre as continuidades daquel machismo que nos segue asolagando. "Filomena Dato di no seu poema referíndose ás mulleres: "o ceo está cheo de nomes que o brillo teñen de luminosas estrelas". Case como nun soño, quixemos que segundo a personaxe vai reflexionando sobre o tema, se fose adentrando nas rúas onde as leiteiras traballaban, atopándose con estas "pantasmas do pasado" en forma de estrela. As fotos antigas convértense en espellos, comparando o pasado co presente. A auga convértese en leite, metáfora dese esforzo que a día de hoxe segue sen ter o resultado que debería... Como se todo o que fose pensando ao final acabase superándoa e filtrándose na súa realidade", conclúe o director. Da rabia á acción: 'Pensamentos para Xiana', 'As mulleres salvaxes' e 'O que medra por dentro'Unha muller fode cun home e despois marcha co DNI e cunhas chaves del. Non fala, mais sabemos do que vai acontecendo polos seus xestos, o seu ollar, o seu percorrido nunha cidade misteriosa… Así comeza 'Pensamentos para Xiana', de Miguel Gómez Abad. "É unha personaxe que para min son moitas. Quero dicir: pretendemos que represente a moita xente, aínda que as circunstancias e a forma de actuar sexan moi concretas. Pero que o que a move sexa o que sufriu si que aspiramos a que sexa algo universal", explica o director. Todo acontece de noite -os exteriores nocturnos foron rodados en Ourense- "pero ben é certo que podería ser case calquera cidade vella. O relevante é que producisen unha sensación de estrañeza e ata de certa ameaza. Os sons da festa, ela que camiña intranquila mirando cara atrás varias veces... Non só está nerviosa polo que ten entre mans, senón tamén porque no fondo a noite sempre pode mudar tristemente nun campo de batalla inxusto e asqueroso", asegura Gómez. "A idea embrionaria da curta responde a unha historia pura de vinganza persoal. Unha vinganza que nace de sensacións e desexos moi primitivos. Pero é certo que madurou a algo un pouco máis grande"Pouco a pouco vamos entendendo o que acontece. A muller, que por veces é como unha heroína dun filme de acción, tiña unha misión. E de día convértese noutra, coas mesmas ideas mais con distintas armas para un combate que pasa, en calquera caso, pola alianza entre mulleres. "A idea embrionaria da curta responde a unha historia pura de vinganza persoal. Unha vinganza que nace de sensacións e desexos moi primitivos. Pero é certo que madurou a algo un pouco máis grande. Refírome a que é imposible obviar que os actos que leva a cabo a nosa protagonista non sexan en resposta a algo e se vexan reflectidos e teñan as súas consecuencias dunha forma máis xeral, é dicir, falando do persoal acabamos falando do colectivo".Antonella Sturla é a actriz protagonista. "Ela é unha actriz arxentina que estivo o curso académico pasado en Lugo. A curta naceu dentro da sección do FasMuvis no marco do OUFF 2018. O concurso era rodar unha curta en 48 horas e montala noutras 48. Esa urxencia impediu realizar un casting ao uso. Miguel Torres e Melina Regueira produciron a curta a contrarreloxio e foron mostrándome diferentes fotografías de rapazas para o papel. A mirada de Antonella cativoume. A curta baséase en silencios e miradas. Non tiña máis que pensar. Era ela. O outro personaxe con peso encárnao Roberto Rancaño, un actor carballés que cruzou Galiza para facer moi poucas escenas con nós. O agradecemento a el e a toda a equipa non me cabe no peito", conclúe o director.Nun plano semellante a 'Pensamentos para Xiana' sitúase 'As mulleres salvaxes', un dos proxectos do colectivo Corentena ProduciónsNun plano semellante a 'Pensamentos para Xiana' sitúase 'As mulleres salvaxes', un dos proxectos do colectivo Corentena Producións. Dirixida por Eire García Cid e interpretada por Mariña López Varela, Menina Arroutada, Miriam Carril Rivadulla, Paloma Saavedra e Patricia Torres, a curta formula o proceso de toma de posición dun grupo de amigas tras saber da violencia que unha delas sufrira anos atrás. A partir dunha conversa nun lugar pechado, que elas fan seu, no contexto dunha festa de disfraces na que alguén pretendía seguir a beneficiarse do silencio social. "Unha curta que fala da necesidade de resposta, da amizade e dos silencios que deixan de selo mediante tomas de posición políticas", di a sinopse da curta.A historia podería partir da experiencia de calquera muller, pois retrata un xeito de violencia patriarcal coa que, en distintos graos, todas nos atopamos algunha ou moitas veces na vida. "No baño dunha okupa en Porto alguén colocara un cartaz que dicía "Toda mulher foi ja violada". Estou de acordo con esa sentencia que, creo, fala máis de recoñecemento que de estatística. Esta curtametraxe efectivamente débese a todas e cada unha das veces nas que somos impunemente violentadas e silenciadas. Porén, esta non é unha historia sobre a violencia que exercen contra nosa, senón de como nós a xestionamos", explica a directora.'As mulleres salvaxes' é, en calquera caso -sinala García Cid- "a consecuencia do traballo militante que desenvolviamos na altura, asentado na profunda convicción de que o recoñecemento da violencia comeza en nós mesmas e remata nas nosas irmás: a sororidade como a única saída posible á violencia. Ao final, o tráxico é que o patriarcado está atado e ben atado porque, na maioría dos casos, os vínculos que nos unen nun inicio aos nosos agresores son vínculos de confianza e lealdade, vínculos de amor"."Ao final, o tráxico é que o patriarcado está atado e ben atado porque, na maioría dos casos, os vínculos que nos unen nun inicio aos nosos agresores son vínculos de confianza e lealdade, vínculos de amor"A historia desenvólvese nunha festa de disfraces de animais. As máscaras, así coma o título, "están relacionados coa "zona salvaxe" concibida inicialmente por Elaine Showalter para apelar á área experiencial das mulleres non contida na cultura dominante. É o territorio prohibido, non colonizado, onde habitan as monstras: as mulleres salvaxes poden desobedecer, ser violentas, porque están fóra dos consensos ilustrados a través dos que se definiu o feminino. Esta é a idea", sinala a directora.A calidade da imaxe, do son e dos efectos ou o acertado do tratamento da luz conseguen crear un ambiente de elevada eficacia para a mensaxe política que se quere transmitir. O final, sen ser exactamente aberto, deixa espazo para a imaxinación de quen está a ver o filme. "Sendo honesta, direi que se tivésemos tido orzamento para representar unhas boas hostias cunha mínima verosimilitude teriámolo feito. Por que? Porque queremos facer cinema político, contar historias resistentes, pero estamos absolutamente reconciliadas coa idea de entretemento e, francamente, acredito que son moitas as mulleres que, coma min, queren ver sangue. Se nun futuro chegamos a ter maior financiamento que o que temos agora para o noso proxecto 'Monstras' sen dúbida prometemos surfear a onda da liberdade de expresión do Estado español", asegura a directora.A interpretación das actrices é tamén un aspecto a destacar desta curta. Tendo en conta ademais que está rodada en interiores, nun único espazo. "Nós traballamos só con persoas identificadas socialmente como mulleres feministas, polo que partimos da premisa de que existen realidades compartidas entre nós: experiencias comúns de opresión e resistencia. Para o traballo de dirección e interpretación este é sempre o punto de partida implícito e un elemento fundamental. Identificámonos con facilidade coas historias das personaxes, coas súas vivencias, accións e dilemas. Ademais, eu son das directoras que pensan que a técnica está ao servizo da actuación e nunca ao revés", di a directora."Nós traballamos só con persoas identificadas socialmente como mulleres feministas, polo que partimos da premisa de que existen realidades compartidas entre nós: experiencias comúns de opresión e resistencia""Por outra banda e sobre o asunto do baño direi que non foi unicamente unha cuestión de orzamento (que tamén): o baño é un refuxio privado no medio dun ambiente público (a festa de disfraces). Simbolicamente, os recunchos teñen importantes significados na historia para as mulleres: son os nosos lugares para falar. Durante a xestión colectiva da violencia elas son permanentemente interrompidas: quería xerar a sensación de que o patriarcado chamaba á porta todo o tempo, da ansiedade da opresión, de non ter espazo ningún para que as mulleres falemos dos nosos sufrimentos. Por último, confirmar que a gravación foi moi divertida e emocionante: en parte creo que desfrutamos sempre tanto porque non temos que preocuparnos de que alguén nos agreda ou roube os nosos dereitos de autoras", conclúe.A raiva e a procura dun sentido da reparación son motores da acción de 'Pensamentos para Xiana' ou de 'As mulleres salvaxes'. Tamén de 'O que medra por dentro', de Nacho Ozores, outra das curtas que forman parte da programación da Semana de Cine de Lugo. En 'O que medra por dentro', un mozo activista planta árbores no bosque que ama. Un día atopa un artefacto incendiario, que tenta desfacer. E estará disposto a facer o necesario para evitar que alguén dane a natureza. A raiva e a procura dun sentido da reparación, sexa como sexa, son motores da acción de 'Pensamentos para Xiana' ou de 'As mulleres salvaxes'. Tamén de 'O que medra por dentro', de Nacho Ozores"Tiña moitas dúbidas" -indicou o director a Praza nunha entrevista con motivo da proxección desta curta no Curtocircuíto- "antes de comezar a investigar sobre este tema: Quen están detrás dos incendios forestais? Quen se beneficia destas prácticas? Que métodos empregan para provocalos? E se alguén se atopase co responsable deses incendios? Que faría? Impediríao? Pararíase a dialogar con el, ou todo o contrario?". Ao mozo activista -Jaime Olías-, algo lle medra por dentro. Unha emoción transfórmase noutra, da mesma forza mais de sentido contrario. É -di o director- "a impotencia que se volve potencia, a potencia que lle medra por dentro".A familia como espazo de violencia: 'Sea beasts' e 'Limbo' Outras dúas das curtas da sección galega da Semana de Cine de Lugo presentan a familia como lugar de abuso. "Odio ser a túa nai!". "Maldito o día en que naciches, retrasado! Ese día comezou a miña condena!". Así se dirixe Elvira (Rosa Álvarez) ao seu fillo Amancio na película 'Sea beasts', de Felipe González Carballido. O protagonista deste filme, Alejandro Carro, gañara o premio á mellor interpretación no concurso internacional de longametraxes Ópera prima do Festival de Cinema Fantástico da Coruña, (FKM) no 2018. Amancio, o seu personaxe, é un home cunha discapacidade psíquica. A súa nai, Elvira, maltrátao psicoloxicamente. O seu maior medo é perdelo, deixar de ter o control sobre o único que lle queda no mundo, pois vive con el, o seu único fillo, tras seren ambos abandonados polo seu marido, nunha casa vella e illada fronte a un mar sempre bravo. Nun inverno eterno de frustración e soidade."Eu penso que ela lle dá a culpa a Amancio de vivir encerrada, porque el é moi dependente dela. Así, a casa é, para Amancio, o terror, mentres que saír da casa para ir á praia e a mar, é a liberdade. El non entende por que a nai o trata así, pero depende dela e, ademais, non coñece outra cousa. É unha relación de amor-odio, de dependencia, habitual cando hai maltrato", explicara Alejandro Carro a Praza con motivo da proxección deste filme no FKM. O único amigo de Amancio parece ser Pedro, un vello pescador ao que a súa nai tamén odia. Con el comparte o segredo da existencia do que, xa desde neno, fora o seu refuxio. A súa cova, onde garda cousas fermosas chegadas de todo o mundo a través do mar. A cova é seu espazo de liberdade e tamén de poder, onde non permite entrar a ninguén. Mais, pouco a pouco, vai atopando tamén a maneira de, ao seu xeito, rebelarse.O maltrato, mais doutro tipo -a violencia de xénero- está tamén no fondo doutro dos filmes galegos da Semana Internacional de Lugo, a moi celebrada 'Limbo', de Dani Viqueira, que vén de ser galardoada co Mèlies de Prata no Festival Court Métrange de Rennes, Francia, recoñecemento que sitúa o filme na competición polo Méliès de Ouro á mellor curtametraxe fantástica europea. Viqueira asina a dirección desta obra de moi notable virtuosidade técnica que, segundo comentou a Praza el mesmo nunha entrevista realizada con ocasión do FKM, empezou sendo unha "curta apocalíptica", na que un home se atrincheira na súa finca coa súa escopeta tentando "protexerse do mal" que se agocha detrás do valado da casa, para acabar sendo a metáfora do bucle de "psicose infinita" no que cae ese mesmo home tras asasinar a súa muller e a súa filla por decidir deixalo e marchar. O terror e a paranoia -zombis, ruídos inquietantes- constitúen, segundo o director, o castigo deste asasino, que en ningún momento expresa remordementos polo seu crime.Ese bucle é, en 'Limbo', a condena á eterna repetición na que o home quedou atrapado. Un castigo autoinfrinxido sen querer. O sangue non marcha, por moito que lave as mans. A súa pel agocha o demo no que se converteuOs efectos especiais, a cargo de Gorka Aguirre, a fotografía, de Lucía C. Pan e a música -composta especialmente para esta curta por Germán Díaz-, axudan moito a apontoar un relato redondo, cunha estrutura de elipses e flashbacks que reforza o concepto do bucle, unha das ideas, segundo lembra Viqueira, máis presentes nas curtas de xénero das últimas décadas. Ese bucle é, en 'Limbo', a condena á eterna repetición na que o home quedou atrapado. Un castigo autoinfrinxido sen querer. O sangue non marcha, por moito que lave as mans. A súa pel agocha o demo no que se converteu.A dor da perda: 'La pescadora', 'Soy una tumba' e 'A nena azul'A familia é tamén protagonista, mais dunha maneira distinta, doutras tres das curtas que se van poder ver na sección galega da Semana de Cine de Lugo. Unha delas é 'La pescadora', de Edu Lavandeira, delicadísimo retrato da dor da perda. Nun encoro inmenso unha muller pesca compulsivamente nunha procura frustrante. Permanece soa durante días nunha cabana desde a que só pode ollar a auga. De cando en vez, vai beber a un bar. Onde un home a mira, sen falarlle."Os personaxes xorden pola necesidade de darlle vida a unha historia nese abrumador paisaxe que é o encoro de Belesar. Alí uns amigos teñen unha antiga bodega de viño rehabilitada como cabana e sempre pensamos que algo había que rodar alí. A historia que se me veu á cabeza foi esa, a dunha muller que pasa os días pescando e que se sente atrapada nun espacio natural inmenso que a priori semella imposible que poida producir esa sensación. O personaxe do home estaba pensado como parella dela pero na montaxe final vimos que funcionaba mellor que non se soubese realmente quen era. Ademais tamén é protagonista a barca da pescadora. É unha embarcación tradicional da zona, moi fermosa", explica o director. O propio encoro -a súa beleza inquietante- é tamén bastante protagonista, a nivel de imaxe. Na súa inmensidade, o encoro resulta coma unha sorte de cárcere para a protagonista. As feridas na paisaxe que deixa albiscar o baixo nivel da auga axudan tamén a transmitir as emocións da protagonista. A súa angustia crecente. "Trátase dun lugar dunha beleza extraordinaria pero que ao mesmo tempo transmite moitísimo misterio. Esas augas calmas que van subindo e baixando de nivel cada ano agochan moitas historias, como a de José Castro Veiga, alcumado "O piloto", o último guerrilleiro antifranquista asasinado alí mesmo. A nivel técnico a gravación fixémola, ademais de cámara en man, con dron e cunha cámara subacuática", coa axuda de dous profesionais amigos do director: César Domínguez e Fran GT.Non se sabe o que lle aconteceu realmente á muller ata case finalizado o filme. "A idea era máis explicativa nunha primeira versión de montaxe máis longa, de 15 minutos. Tamén había misterio pero era máis previsible. Ao recortarlle minutos decatámonos de que o que pensabamos claramente que ía ser un drama se convertera nun thriller ou nun filme de misterio. E consideramos que era moito mellor, máis suxerente e cunha atmosfera máis opresiva", explica o director. "Ao recortarlle minutos decatámonos de que o que pensabamos claramente que ía ser un drama se convertira nun thriller ou nun filme de misterio. E consideramos que era moito mellor, máis suxerente e cunha atmosfera máis opresiva"A moi salientable interpretación da actriz é vital para construír esa atmosfera, nunha curta sen diálogos que reforza, así, a sensación de illamento. "É Chela Santalla. A rodaxe durou unha fin de semana de moi bo tempo de novembro e foi bastante complexa xa que o encoro estaba a nivel moi baixo, algo que queriamos a nivel estético, pero que a nivel de produción fixo que tiveramos que subir e baixar ducias de veces. Foi realmente esgotador, sobre todo para a xefa de produción, Ana Lorenzo", conta o director. A curta foi seleccionada xa en máis de 20 festivais de España, Canadá, Italia, México, India, Colombia... "A historia é universal e nótase. A última sorpresa foi que gañamos un festival de cinema independente de Nova York, o Brooklyn Silent Film Festival. Este mes tamén nos convidaron a presentala no festival de Cine Gran Angular de Canarias", conclúe o director. A perda tamén se albisca na atmosfera gris de 'Soy una tumba', de Khris Cembe. Un neno observa agochado a seu pai participar na descarga de tabaco de contrabando. Pero desta volta o fardo non é de tabacoA perda tamén se albisca na atmosfera gris de 'Soy una tumba', de Khris Cembe. Un neno observa agochado a seu pai participar na descarga de tabaco de contrabando. Pero desta volta o fardo non é de tabaco. O neno transita, nesta curta, obrigado polas circunstancias da vida, entre a nenez e a etapa adulta. Nunha historia sobre a infancia, a perda derivada da morte, ou a soidade, protagonizada por dous personaxes: un pai e o seu fillo que comparten fogar e mesa, mais case non se comunican. No ambiente percíbese a ausencia -da que sabemos polas lembranzas do neno- e a tristeza."A idea" -explicou o director a Praza con ocasión dos últimos premios Mestre Mateo- é "sentir a incomunicación de pai e fillo a través do cotiá. Para conseguir este sentimento ten que estar todo moi pensado: o desenvolvemento visual para xerar ambientacións, cores e composición de planos. A animación tamén achega moito nese sentido, é naturalista e fría sen caer na sobreactuación que estamos afeitos a ver en cine de animación. O estilo dos debuxos é minimalista, aparentemente sinxelo. As atmosferas son importantísimas para reflectir as sensacións de humidade, frío, escuridade, así como engadir peso físico aos terreos e estruturas achegando o espectador ao lugar onde pasa. A intención de todo isto é que sintas que estás vendo algo real, esquecendo por un momento que é animación".Tamén en 'A nena azul', de Sandra Sánchez, hai dor producida pola perda. Pola ausencia real dun pai que está, pero como se non estivese. Sira, unha nena de oito anos, foxe da escola ata chegar a unha praia solitaria onde agarda por seu pai, un percebeiro furtivo. Alí coñece unha misteriosa nena que podería ser o seu propio espello. Sira é a personaxe arredor da que xira 'A nena azul', que podería ser unha historia da transición entre a infancia e a etapa adolescencia. "A curta xurdiu" -contou a súa directora a Praza con motivo dos últimos Mestre Mateo- "dun proxecto máis grande no que estaba traballando; un guión de longametraxe titulado 'A Nadadora', cuxa protagonista é unha adolescente de 15 anos que vive nunha pequena vila da Costa da Morte. Sentín a necesidade de afondar na personaxe e explorar o seu universo e, falando con Ángeles Huerta, a co-guionista da historia, xurdiu a idea de escribir un episodio da súa infancia". A personaxe ten 8 anos en 'A nena azul' e 15 en 'A nadadora'. "As dúas películas falan dun paso de umbral: da infancia á adolescencia en 'A Nena Azul' e da adolescencia á idade adulta en 'A Nadadora'", explica Sánchez. Sira -dino os seus ollos- ten un pai -Sergio Zearreta- ausente e afogado nos seus propios problemas. Que non deixa de defraudala. "Hai un conflito familiar, social, que está suxerido, aínda que non explicitado. O espazo; a praia, o mar, a furna, os seres vivos que a habitan, fúndense coa historia coma un personaxe máis, que non achega información, pero si sensacións e emocións", indica. "Esa forza para resistir, aínda que personificada noutra nena, está nela mesma, o que pasa é que ela aínda non o sabe. É esa parte oculta a que necesitaba saír para terminar de construír á súa identidade"Entre as dúas nenas xorde a complicidade. E é como se a súa nova amiga tirase por Sira. "Xustamente", di a directora. "Pero esa forza para resistir, aínda que personificada noutra nena, está nela mesma, o que pasa é que ela aínda non o sabe. É esa parte oculta a que necesitaba saír para terminar de construír á súa identidade. Para crecer. Busquei construír unha imaxe de duplicidade a partires de opostos. Que unha tivese aquilo que lle falta á outra, aquilo que dalgún xeito a complementa. Forza, empuxe, valor. A nena que aparece na praia non deixa de ser unha imaxe dobre de Sira, o seu 'doppelganger' interior", engade.As ausencias voluntarias: 'La felicidad de los perros', 'O cambio' e 'Neno bonito''La felicidad de los perros', de David Hernández, xira tamén arredor da familia. Mais neste caso, máis que de perda se cadra se podería falar de abandono, pois é consciente e voluntario. César é un home en paro de 40 anos. Está casado con Sara e teñen unha filla pequena. Hai tempo xa que ela, perruqueira, mantén economicamente a familia. Sara tenta apoiar a César. Mais el, que sente que xa non "serve" de nada á familia, vive un proceso de crise interior que o leva a afastarse para tentar mudar o rumbo da súa vida.'La felicidad de los perros', de David Hernández, xira tamén arredor da familia. Mais neste caso, máis que de perda se cadra se podería falar de abandono, pois é consciente e voluntarioCésar é un dos traballadores afectados polas reconversións nos estaleiros de Vigo. Está canso de buscar traballo por todos os lados. Leva unha rutineira vida sen esperanza de mudanzas. Aproveita, entón, a ausencia da compañeira e a filla por uns días para emprender un camiño de busca. A película -contou o director despois da estrea deste filme en Cineuropa- xurdiu, en realidade, dunha imaxe: un can atado. Metáfora do estado emocional de César, que se sente atrapado. César realiza unha "viaxe interior", ademais de percorrer fisicamente varias localidades de Baiona á Guarda antes de partir para Zamora e, despois, Madrid.Malia as dificultades e os fracasos, non deixa de moverse. De buscar. Fronte a outros personaxes -a súa ex, funcionaria en Zamora, ou un mendigo -un Santi Prego excelente no seu papel- que coñece por casualidade en Madrid e que lle dá unha nada tranquilizadora idea do que podería chegar a ser el en dez anos-. Móvese entre un presente que non o fai feliz -o paro e unha relación de parella que segundo o director xa non funciona, aínda que iso non se ve tan claro no filme, no que marcha sin sequera avisar-, un pasado no que quedaron capítulos por pechar -a súa ex- e un futuro incerto ante o que, ás veces, parece que só queda "desaparecer". Quizais para iniciar algo novo -aínda que o final aberto do filme non o aclara-.Outra ausencia voluntaria é a do protagonista de 'O cambio', de Iago de Sant, que, coma o personaxe de 'La felicidad de los perros', emprende unha viaxe coa idea de deixar todo atrás e procurar un novo camiño na súa vidaOutra ausencia voluntaria é a do protagonista de 'O cambio', de Iago de Sant, que, coma o personaxe de 'La felicidad de los perros', emprende unha viaxe coa idea de procurar un novo camiño na súa vida. Este proxecto xurdiu no certame lugués FindeCurta, de promoción de novos creadores audiovisuais. "O que quería formular" -conta o seu autor- foi sinxelo, xa que se baseaba en algo no que xa estaba a investigar hai tempo, chamado impromersión. Consiste en traballar ficción pero tendo como papel a propia realidade. De maneira que traballabamos sen un guión clásico e gravabamos en función do que iamos encontrando". O protagonista realiza unha viaxe no seu coche e vai tomando imaxes do que encontra. Nun momento, alguén dille que debe crerse un grande cineasta. "Esa" -a viaxe- "era unha dos condicións que nos saíu aleatoriamente na reunión previa do festival Findecurta. Se me preguntas que sentido lle buscamos dar á viaxe do personaxe pois un pouco segue a estela do título: o personaxe que quere saír da súa vida, coa que non se identifica, afastándose dela na procura dun cambio… Feito que nós non buscamos enxalzar como meta, xa que o feito de aventurarse a facelo pode resultar moi ridículo ou todo o contrario", indica. Só cara ao final, por unha chamada que recibe, sabemos que acaba de tomar unha decisión relevante na súa vida. Que quere deixar atrás algo. A súa actitude é a de aceptación da situación cando a decisión está tomada. E se cadra de certo desleixo coa outra persoa á que lle afecta. Como nunha mestura de seguridade desafiante e de dor contida. O actor, Antón García, é segundo o director "quizais un dos mellores actores descoñecidos que temos aquí en Galicia. O da conversa telefónica para el foi tan natural como falar na vida mesma. Iso é algo que se ten ou non se ten. E Antón ten a verdade como algo moi natural nel. De maneira que a rodaxe foi viaxar con el e con Mario (o cámara da rodaxe). Foi unha road movie de tres persoas", resume o director.Unha desaparición voluntaria é tamén a que realiza o protagonista de 'Beautiful Boy', de Fran X. Rodríguez. A historia dun "neno" de 37 anos que sofre unha enfermidade crónica dende que era cativo, causa da súa sobreprotección por parte de súa nai, educada nun patriarcado moi rancio. "De aí os celos que provoca en súa irmá, unha rapaza que se labrou un futuro propio a costa de traballalo e que sempre viu a seu irmán coma un inimigo que lle ocupaba todo o espacio na contorna familiar. Cando Andrés decide desaparecer, a súa irmá ve a ocasión perfecta para desfacerse del", indicou o director a Praza con motivo dos últimos Mestre Mateo.A intención é "retratar", a través do personaxe de Andrés, obsesionado por coleccionar obxectos, "ese mundo absurdo no que vivimos obsesionados por acumular de xeito exacerbado cousasA curta nace, segundo explica o seu director, "da canción homónima de John Lennon 'Beautiful Boy', onde hai unha frase que di que a vida é eso que pasa mentres fas plans. Esta cita vén dicir que se adicas a túa vida a planificala, o que estás facendo é deixar de vivila. E o máis parecido a deixar de vivir é estar morto. Esta premisa, a priori, tan existencial, serviunos para facer unha comedia negra onde reflexionar sobre o valor que lle damos ás cousas e o valor do tempo". A intención -aclara- é "retratar", a través do personaxe de Andrés, obsesionado por coleccionar obxectos, "ese mundo absurdo no que vivimos obsesionados por acumular cousas que realmente non serven para nada e que, ademais de ocupar un espazo físico, ocupan iso do que realmente somos donos e soberanos: o noso tempo" 'Beautiful Boy' conta con elenco de actores coñecidos coma Santi Prego, Cova Berdiñas, Denís Gómez e Santiago Fernández. Buscar o camiño propio: 'Sísifo' e 'Devalar'Ese mesmo ton existencial, mais cun enfoque totalmente diferente, téñeno outras dúas das curtas da Semana do Cine de Autor, 'Sísifo' e 'Devalar'. En 'Sísifo', de Bruno Máez, un home barre nun espazo natural aberto as follas das árbores. Coma o personaxe do mito grego, parece condenado á eterna repetición da mesma tarefa, xa que as follas non van deixar de caer. A curta xurdiu a partir dunha convocatoria da Universidade de Santiago para a realización de videocreacións a partir do concepto do camiño. Sobre o significado, Máez apunta só que "María Vázquez e eu discutimos varias opcións desde o punto de vista conceptual. Por unha banda está o concepto de repetición: a condena que sofre a humanidade a repetir sempre todo, sobre todo os erros. Eses camiños que frecuentamos unha e outra vez. Non hai máis que ver as noticias ultimamente". O personaxe non parece, porén, alterado pola situación, senón moi tranquilo. "Non ten présa" -di o director-, pois sábese condenado á súa tarefa repetitiva. "Neste sentido" -engade o director- "tamén falamos sobre a memoria, sobre a necesidade de lembrar para non esquecer, para manter as pontes de comunicación para as que foron creados os camiños. Recordar par non ter que volver facelos outra vez, ou polo menos para non quedar illados. É unha especie de reflexión sobre quen somos como sociedade". Tras a xornada diaria do seu traballo infinito, o personaxe descansa xunto ao lume. Nun escenario que, segundo o director, "ten connotacións sobre a cova e Platón". Tamén 'Devalar', de Mar García, ten un fondo existencial. Un pai toma un camiño non moi transitado: decide retornar á aldea e restaurar unha casa en ruínas. "O filme narra a vida de dúas persoas trala elección de escoller vivir dunha forma pouco convencional e establecer un vínculo de retroalimentación coa natureza. Dende pequena é o que vin e interioricei, e non foi ata tempo despois cando me din de conta da valentía que é necesaria para tomar ese camiño. Realmente, quería encontrar o significado desa desvinculación co mundo que creamos de forma artificial, e creo que tanto o meu pai coma Luís son un retrato da desvinculación con todos eses atributos", salientou a directora nunha entrevista con Praza realizada con motivo da proxección da curta no OUFF.Conduce o relato, en 'Devalar', a voz en off da filla, nunha narración de intención poética. O filme está armado, de feito, a través da memoria, dos recordos da infancia dela.Conduce o relato, en 'Devalar', a voz en off da filla, nunha narración de intención poética. O filme está armado, de feito, a través da memoria, dos recordos da infancia dela. Mais é un xeito de chamar polas cousas esenciais, importantes. "A visión que temos na infancia sobre as cousas é moito máis simple, máis pura. Logo comezamos a ver todo con moitos veos superpostos. Sinto que canto máis aprendemos, ás veces tornamos a ser máis escépticos…", di a directora. "A perda da inocencia" -engade- "é uns dos piares de tódolos recordos enfrascados que aparecen durante o documental. A maioría tratan sobre o descubrimento da mortalidade, sempre de forma allea, e por ende a nosa propia, coma un espello. Isto tamén ten que ver co camiño que constrúe o meu pai durante todo o documental: tratar de construír e modificar o noso entorno para transcender a morte. Despois de 25 anos, segue modificando a casa e construíndo máis e máis".O fantástico, o máxico: 'Cámbiache o conto', 'Metrocabina', 'Mouras' e 'As lavandeiras'Outro grupo de curtas das que poderán verse na Semana de Cine de Lugo tiran máis para o fantástico. 'Cámbiache o conto' de Mauro Longarela é, de feito, unha revisión dalgúns dos personaxes dos contos clásicos. Realizada tamén no contexto do FindeCurta, non partiu de ningunha idea preconcibida, segundo o seu director. "O venres pola noite xuntáronse Vanesa -a guionista- e Lucía, que poderiamos chamar xefa de produción e comezaron a crear o que despois sería 'Cámbiache o Conto'. Habería que preguntarlles a elas en que momento decidiron escribir un conto con roles cambiados e que as levou a escoller a fantasía como xénero. O que si que está claro é que todas as persoas temos que facer moito traballo no que á igualdade de xénero se refire e calquera medio é bo para mostrar outras realidades ou outras posibles realidades".Unha das ideas que poden tirarse da curta é a de apoio mutuo. De feito, é como un percorrido de xente que se vai encontrando e xuntándoseUnha das ideas que poden tirarse da curta é a de apoio mutuo. De feito, é como un percorrido de xente que se vai encontrando e xuntándose. Ademais desta idea "dunha sociedade que traballa unida para o ben común", tamén están presentes, segundo o director, "o respeto á diferencia, a importancia de ofrecer oportunidades ou o emprendemento sostible e o respeto aos nosos contornos naturais". A propia curta foi tamén froito dun traballo colectivo feito nunha fin de semana por un grupo de amigos. "As actrices e actores e máis eu, que son o único do equipo xunto con Vanesa -guión- e Xose -edición- que non actuei, somos unha pandilla que nos xuntamos a desfrutar da creación audiovisual. Facendo todas o que puidemos e sobre todo tratando de pasalo moi ben axudando en todo o que puidemos ao proxecto, cousa que logramos sobradamente xa que a experiencia foi divertidísima", afirma.Se 'Metrocabina' olla ao futuro, 'Mouras' de Olga Osorio e, sobre todo, 'As Lavandeiras', de Lois Basallo, apuntan máis ao pasadoMetrocabina', de Silvia Otero e Andrés Castro, opta tamén polo fantástico, mais abeirándose máis cara ao futurista. Unha nai que non dá feito descobre un medio de transporte revolucionario que funciona a través dunha app. Pero esquece un detalle importante, o cal terá consecuencias. "Queriamos facer" -comentou Castro a Praza con ocasión do último festival FKM- "unha historia coas cabinas telefónicas en desuso e unha noite escribín un guión mesturando 'Matrix', as app do móbil, a falta de conciliación e logo engadímoslle unha chiscadela ao famoso Metrominuto de Pontevedra".Coas súas chiscadelas ao fantástico ao xeito de Matrix, podería entenderse como un ollar paródico a un xeito de vivir con demasiada présa. "A idea" -di Castro- "era facer unha reflexión sobre a falta de conciliación a través dunha nai solteira (Eva Fernández) que non dá feito e que, ademais ten unha filla adolescente (Candela Vázquez). Con todo, a curta non trata de ser transcendental senón máis ben ser un produto de entretemento de ciencia-ficción "low cost", humor e suspense cun tema social de fondo", aclara. Se 'Metrocabina' olla ao futuro, 'Mouras' de Olga Osorio e, sobre todo, 'As Lavandeiras', de Lois Basallo, apuntan máis ao pasado. En 'Mouras', as lendas de mouras que Ana lle conta á súa filla Iria, de 8 anos, mentres pasean polo bosque, propoñen un xogo de ambigüidade realidade-ficción no que pode albiscarse unha procura -desesperada- da liberdade por parte dunha muller que non consegue ser feliz nun mundo ao que non pertence."Iniciamente" -explicou Osorio a Praza con motivo dos últimos Mestre Mateo- "era unha curta sobre o fin da inocencia. Despois incorporou a relación entre nai e filla e finalmente evolucionou ata o que é agora. Nesta versión, a idea clave é a imposibilidade de coñecer a verdade, a subxectividade de todo o que vemos e vivimos. Teño comprobado que, dependendo de quen vexa a curta, normalmente escolle unha das lecturas posibles con moita rotundidade, como se non houbese outra opción. E non só a hai senón que a curta está así contada premeditamente para que todo quede na ambigüidade. Está a nai tola e a nena morreu? É unha moura? Está Iria no mundo das mouras? Non hai respostas claras porque na vida é complicado obter respostas claras", asegura.Unha das posibles interpretacións de 'Mouras' conduce á violencia de xénero. Osorio acéptaa, mais, como ela mesma di, "con matices". Porque -afirma- "houbo un momento no que ese semellaba tamén o camiño fácil. Se o pai é un maltratador a lectura é evidente e unívoca. Machi (Salgado) preguntoume durante a rodaxe se era un maltratador e a verdade é que a resposta é complexa. Se me preguntas a min eu opino que si no sentido de que el só está disposto a aceptar que ela sexa como el quere ou espera que sexa. Pero para min aquí empeza a graza da curta porque chegado un momento cambia o punto de vista e empezamos a simpatizar co pai que quere protexer á súa filla dunha nai tola. Onde están os límites? É un tema espiñento e complexo. Pero evidentemente do que non hai dúbida é de que a nai séntese atrapada e que a maxia se rompe cando chega o pai". As lendas de mouras inspiraron esta historia, interpretada por Machi Salgado, Claudia Suárez e Rosalía Castro.En 'As lavandeiras', de Lois Basallo, unha nena camiña polo bosque tras acompañar a súa nai lavar no río. Por máis que a nai lle rife, non deixa de adiantarse. Ata que se atopa cunha misteriosa muller maior -Mela Casal- que pide algo de comer. Ambientada na posguerra, a curta trata, coma outras realizadas polo mesmo equipo, de "dignificar eses traballos femininos moitas veces vistos como secundarios ou pouco dignos, mais que eran moitas veces o único ingreso que entraba nesas familias tan desestruturadas por mor da guerra. A idea xorde un pouco a raíz dos contos que me contaba miña avoa de cativo, e como mesturando elementos fantásticos propios da nosa cultura, xunto co propio medo que reinaba na época e a recreación no rural, fan que sexa unha combinación moi boa e cree esa aura de misterio", explicou Basallo a Praza con ocasión do último FKM.A curta deixa moito espazo para a interpretación do espectador, que debe integrar o seu xeito na historia os elementos fantásticos que se deixan entreverA curta deixa moito espazo para a interpretación do espectador, que debe integrar o seu xeito na historia os elementos fantásticos que se deixan entrever. "Si está feita para que o espectador xogue un pouco coa súa imaxinación e ate os cabos que crea convenientes, mais o que si pretendemos é crear unha angustia. Ver como pasamos dunha aparente xornada de normalidade a ese caos no medio da fraga por mor dunha simple conversa coa cega, e como hai cousas fantásticas como neste caso o lume fatuo ou a curuxa que son presaxios do que vai acontecer", subliña o director. Un elemento moi importante na curta é a propia paisaxe na que está rodada. Que habitan as tres actrices: Claudia Basallo, Gemma Do Carmo e Mela Casal.E a memoria: 'Memoria na pedra' e 'Narote' Coas lavandeiras ten tamén moita relación 'Memoria na pedra', de Lucien Petitjean e Paco Paz, un retrato social e histórico do lavadoiro termal da Praza de Abastos de Ourense que corre o risco de "desaparecer baixo a piqueta", tal como di a sinopse do filme. Un lavadoiro tradicional que continuou activo, aínda que moi deteriorado, durante o século XXI. A curta estrutúrase en base a entrevistas cos traballadores e traballadoras da Praza, que o reivindican como unha parte do patrimonio da cidade a coidar e preservar e como un símbolo da identidade da cidade. 'Memoria na pedra' realiza, ademais, un percorrido histórico polos lavadoiros públicos de Ourense e a súa relevancia social, a través en boa medida de fotografías que os documentan como espazo de traballo e de encontro. A música -con letras relacionadas precisamente co lavadoiro como espazo de valor social e etnográfico- é tamén importante nunha curta que incorpora, ademais, algunha escena dramatizada. A memoria, en conexión coa loita pola liberdade, é tamén o alicerce de 'Narote', de David Vázquez. A historia dun home de esquerdas represaliado no contexto da revolución do 34 -por negarse a cumprir ordes para matar xente- e despois durante o franquismoA memoria, en conexión coa loita pola liberdade, é tamén o alicerce de 'Narote', de David Vázquez. A historia dun home de esquerdas represaliado no contexto da revolución do 34 -por negarse a cumprir ordes de matar xente- e despois durante o franquismo. "Antonio Nieves "Narote" escribiu as súas memorias nun pequeno libro, ese libro chegou a min a través de Lorena Gallardo, a coguionista, eu lino nunha noite e ao día seguinte chameina dicíndolle que esa historia non podía quedar sen contar, pois tiñamos ante nós ó que podía ser o derradeiro "participante" da revolución de Asturias", lembra o director. O documental está montado a partir dunha longa entrevista co protagonista. "Entrevistar unha persoa de 103 anos -hoxe 106- non é sinxelo. E máis cando temos diante a un home que estivo a piques de morrer moitas veces", sinala o director. A intención da curta é, segundo explica, "recoller unha testemuña que ía desaparecer. Non foi un mártir, non é un caso coñecido, pero despois de escoitar o seu relato pregúntaste, quen aguantaría todo isto durante os mellores anos da vida?". O relato apóiase en imaxes de arquivo e nalgunhas de recurso. "As imaxes de arquivo foron o máis complicado deste documental. É incrible que a día de hoxe haxa que dar tantas voltas para conseguir un par de fotos que teñan que ver con algún feito histórico-político. Tivemos sorte cas imaxes de Escairón que nos cedeu o Círculo do Saviñao. O resto foi un trámite longo e que houbo que pagar con cartos, algo que me parece incrible a estas alturas…", subliña."É incrible que a día de hoxe haxa que dar tantas voltas para conseguir un par de fotos que teñan que ver con algún feito histórico-político"Unha idea que o protagonista subliña bastante é que lle pasou o que lle pasou por pensar diferente dos que tiñan o poder. Nin sequera chegara a militar en ningún partido. Mais era -xa o di el mesmo-, un rebelde. "Máis que un rebelde" -opina Vázquez- "era unha persoa con principios: el tiña os seus e defendíaos aínda podendo costarlle a vida, e iso xa é moito dicir. Hoxe dámoslle a gústame ou non me gusta nas redes sociais. Narote xogou a vida para facer o mesmo: expresar o que sentes, o que pensas…". <div style="padding:56.25% 0 0 0;position:relative;"><iframe src="https://player.vimeo.com/video/323496649?color=ffcc33&title=0&byline=0&portrait=0" style="position:absolute;top:0;left:0;width:100%;height:100%;" frameborder="0" allow="autoplay; fullscreen" allowfullscreen></iframe></div><script src="https://player.vimeo.com/api/player.js"></script>A historia de Narote amosa, por outra banda, a arbitrariedade coa que actuou a ditadura: a represión e os asasinatos tras a guerra, as torturas no cárcere... Que el conta con moita enteireza, mais sen agochar nada. "Narote ten unha memoria incrible, é capaz de reproducir acontecementos de fai moitos anos. Ademais faino sen rancor: iso só pasa se chegas a esa idade". Para resumir o sentido deste traballo, Vázquez sinala que "é único, xa que é unha testemuña dunha persoa única. Única porque chegou ós anos que ten, única porque ten a memoria intacta -no momento da entrevista, hoxe xa non-, única porque viviu uns feitos históricos e única por que non ten rancor cara ningún home, e digo en masculino, porque os que lle quixeron mal foron homes. É un documental para a reflexión, para darnos conta de que a violencia non ten sentido, como di Narote, "porque eu pense distinto..." |
PRAZA_9339 | O profesor da Universidade de Vigo Nicanor Alonso acaba de publicar A lista de Hilbert, que recolle o discurso pronunciado en 1900 polo matemático alemán, que marcou o devir da disciplina nos 100 anos seguintes. Ata agora non tiña versión na nosa lingua. | No ano 1900 o matemático alemán David Hilbert enunciou en París, no II Congreso Internacional de Matemáticos, un discurso que guiou o camiño desta disciplina durante os seguintes 100 anos. Hilbert expuxo 23 problemas simples pero de difícil solución, aos que diferentes científicos, incluído el mesmo, dedicaron a súa carreira profesional. Ese texto e os problemas enunciados por Hilbert foron traducidos a numerosas linguas, pero ata agora non se podían ler no noso idioma. O profesor da Universidade de Vigo Nicanor Alonso acaba de publicar A lista de Hilbert, editado pola propia UVigo."Hilbert foi para as matemáticas o que Einstein para a física e penso que debería ser considerado, polo menos, coautor da Teoría da Relatividade"No libro, Alonso reproduce o discurso, pero tamén fai un repaso do estado actual das matemáticas e os retos vixentes desta disciplina. Na actualidade, o Instituto Clay de Matemáticas de Cambridge ofrece un millón de euros á persoa ou persoas que sexan quen de resolver algún dos sete retos propostos, dos que un deles xa fora proposto por Hilbert e continúa sen solución. Trátase do número 10, que pedía deseñar un algoritmo que permita determinar cun número finito de operacións se unha ecuación –diofantina, polinómica, con calquera cantidade de incógnitas e con coeficientes enteiros racionais-, ten ou non solucións enteiras racionais. O matemático máis influente do século XXNicanor Alonso, que na introdución da obra destaca que "foi probablemente o matemático con maior influencia no devir da matemática do século XX", afirma que "Hilbert foi para as matemáticas o que Einstein para a física e penso que debería ser considerado, polo menos, coautor da Teoría da Relatividade". Hilbert colaborou con Einstein na procura da versión correcta das chamadas ecuacións de campo, que debían ser invariantes fronte a calquera cambio de referencia.O discurso e os problemas enunciados por Hilbert foron traducidos a numerosas linguas, pero ata agora non se podían ler no noso idiomaAínda que Hilbert conseguiu resolver un dos problemas propostos e un alumno seu deu coa solución a outro, a súa importacia débese sobre todo ao estímulo que significou para que outros e outras investigadoras traballasen nestas cuestións. Alonso destaca especialmente "os problemas relacionados coa teoría de números, que permitiron o desenvolvemento da criptografía, unha parte da matemática sen a que o comercio electrónico actual non existiría"."As matemáticas actuais son debedoras de Hilbert. As persoas que resolveron algún dos seus problemas entraron no Olimpo deste ámbito e deron paso a campos de desenvolvemento insospeitados naquel intre", explica Alonso.No libro tamén lembra o epitafio que figura na súa tumba: "Debemos saber. Saberemos", que foi ademais a derradeira frase da conferencia que pronunciou no acto de recepción da distinción como cidadán de honra de Königsberg. |
NOS_42979 | Entre o mellor de Os paxaros e outros poemas está a facilidade coa que escorrega a lectura. A beleza simple das imaxes, absolutamente comprensíbel, tira polas interpretacións múltiples coa sutileza do pousar dos paxaros. | A poesía realista parece que chegou para quedar. Non a do realismo social próxima á denuncia, que nunca desapareceu, senón aquela que desafía a hexemonía do suxeito para dar o seu lugar ao que existe de maneira independente á percepción do ser humano. De entre todo o que forma parte da realidade, a miúdo escóllese a natureza. Se cadra porque a consistencia física e a aparición anterior á da nosa especie está á marxe da sentenza "O antropoceno maniféstase". Se cadra porque é outro xeito de reivindicación ecoloxista que vai á raíz do asunto para tratar de equilibrar un exceso. E aínda está por ver como a situación á que nos enfrontou a pandemia reforza a idea de que "Vence, digamos, a humildade da materia". Os paxaros e outros poemas / Daniel Salgado / Xerais / 2021 / 12,50 euros / 56 páxinas Nesta encrucillada é onde se sitúa o libro de Daniel Salgado. O eu lírico enfróntase aos paxaros do título, pero tamén ás árbores, ao sol ou á lama. A atribución continuada de sentimentos ou conceptos humanos aos elementos da natureza resulta, por unha banda, intencionadamente ridícula. O medo, a historia, a piedade, a xustiza, a liberdade, a dúbida, a paixón, a revolución ou a moral que encabezan algúns dos poemas, "O merlo e a ética", ou que constantemente aparecen no interior dos textos, "a verdade do tomate é perfecta", declaran até que punto chega o abuso de pór o suxeito no centro. Pero por outro lado abren a porta a unha nova consideración das propiedades dos obxectos naturais. Así, por que non pode ser verdadeiro que "a minúscula lavandeira tamén dubida" cando non se decide nos seus movementos? Máis alá de Descartes, as nosas indecisións non poden ser aleatorias ou instintivas como as da lavandeira? Podemos afirmar que sexa falso que, á súa maneira, "a terra, definitivamente, pensa"? Esta tensión aínda se acrecenta máis na segunda parte do poemario onde introduce prohomes que prefiren a sociedade á natureza como Lukács, William Morris, René Char, Cornelius Cardew ou Gil Scott-Heron, que chega á conclusión de que "ningunha servidume cae polo seu propio peso". Unha contradición máis, ou non. Mentres "a clase obreira desintégrase impasíbel", quizais só quede volver a ollada cara a certeza do mundo. Malia a dimensión filosófica, entre o mellor da obra está a facilidade coa que escorrega a lectura. A beleza simple das imaxes, absolutamente comprensíbel, tira polas interpretacións múltiples coa sutileza do pousar dos paxaros. Tamén neste aspecto óptase por un mundo que é "o contrario dun xardín, afortunadamente". Mais mire como se mire o que é, esta é unha lectura moi recomendábel. |
NOS_34968 | Convocada polas Asembleas de Áreas Sanitarias. | A Asemblea Galega de Áreas Sanitarias aprobou convocar greve para médicos de familia e pediatras de atención primaria para os días 27 e 28 de novembro. Tamén se acordou a realización de mobilizacións locais durante os días de folga. Os puntos reivindicativos aprobados na folga son seis: Xerencia de Atención Primaria. Recuperar a estrutura de xestión de atención primaria en 3 meses, tempo para atención ó paciente: limitación de 30 citas por día.3. Estabilidade e non precariedade: oferta e convocatoria de "todas" as vacantes de "todas" as categorias mediante OPE; Cobertura de 100% das ausencias de "todas" as categorias; Orzamento específico e propio de Atención Primaria ata acadar 25%, a razón dun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais;e Atención Homoxénea en todas as áreas sanitarias. "Facemos un chamamento ao conxunto de profesionais, á cidadanía que xa nos ven acompañando, partidos políticos, organizacións sindicais e socias a que unan as súas forzas con nos para a defensa dun Sistema Sanitario Público centrado no paciente que necesita para a súa subsistencia dunha Atención Primaria que sexa o seu Eixo Vertebrador". |
NOS_19716 | Beiras pide a Sánchez un "exercicio de humildade" e lémbralle que En Marea superou o PSOE | Xosé Manuel Beiras pediulle ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, un "exercicio de humildade" e lembroulle que nas pasadas eleccións do 20-D En Marea superou os socialistas na Galiza. O líder de Anova fixo estas declaracións durante unha entrevista no programa 'Hoy por Hoy', da Cadena Ser, nas que apostou en que En Marea se constituíse como partido para así, de se repetir as eleccións, garantirse o ter grupo parlamentar. No seu momento non puideron rexistrarse como tal e fixérono como coligazón, sinalou, o que deu baza a que PP e Cs "nos privasen de grupo parlamentar" no que foi unha "decisión política". Mais, como aclarou o líder de Anova, constituír En Marea como partido non afecta á dinámica que se mantén con Podemos e outras confluencias. "Temos unha alianza con Podemos, con En Comù Podem, cos valencianos... a nivel de Estadi poara artellar un suxeito plural" e que plasme a "plurinacionalidade". Beiras expuxo que En Marea está nun proceso de "ampliación" coa incorporación e achega de voces e entidades, como candidaturas cidadáns; e mostrou a súa confianza en que "non se repitan eleccións". Para que non se chegue a ese escenario, dixo, O PSOE debe de "ser de esquerdas" e non facer o xogo con Ciudadanos, un partido "de dereitas". Neste sentido, manifestou o seu convencemento na existencia "dun proxecto de Felipe González e compañía, para que se repita a estafa da transición, a gran coligazón". |
NOS_55607 | A Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración esta segunda feira perante o edificio do MARCO en Vigo (20.00 horas) após o último asasinato, acontecido en Marín. | Na convocatoria demandan a "indignación de toda a sociedade" contra a violencia machista. Aliás, chaman á cidadanía a se mobilizar non só polo último asasinato --acontecido o pasado 26 de decembro en Marín-- senón contra violencia "padecida polas mulleres polo simple feito de o seren". Así convocan unha concentración esta segunda feira (30 de decembro) ás 20.00 horas perante o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo. Imaxe capa: Acción da Rede Feminista contra a violencia machista // Galiza ContraInfo |
PRAZA_8579 | O candidato á presidencia da Academia dise "preocupado" pola idea da institución que transmite a lista de Alonso Montero, ao que acusa de "non ter programa ningún". | Manuel González non dubida en presentar a súa candidatura como "a da liña continúista que fixo rexurdir a RAG e convertela nunha institución de referencia". Prevé unha votación "moi equilibrada" no plenario do vindeiro sábado e censura a "imaxe de arcaísmo" que, segundo el, transmite da Academia a candidatura de Alonso Montero, ao que acusa de "non ter programa ningún". Vostede cualificou a proposta de Alonso Montero para lograr unha lista conxunta de inaceptable... Totalmente inaceptable porque se hai vontade de acordo, ten que haber unha postura aberta e non ofrecer un pacto que implica que o presidente sexa Alonso Montero e que as nosas opcións sexan integrar dous membros na lista. Ademais, o acordo hai que logralo sobre un programa. Habería que discutir o que se quere para a Academia e nesa discusión debería participar todo o plenario. Esa foi a miña proposta cando convoquei a todos os membros a unha reunión privada na que debater uns puntos mínimos programáticos e, a partir de aí, ver cales serían as persoas idóneas para levalos a cabo. Pero non se celebrou... Enseguida recibín contestacións de membros da outra candidatura na que se acusaba a esta convocatoria dun acto electoral, malia que insistín en que era de carácter privado e sen información aos medios. Nese momento entendín que a vontade de diálogo era máis retórica que real. Están as cousas igualadas de cara ao plenario do sábado? Coñezo os apoios que teño e o sábado saberase o resultado. Teño confianza porque creo que a cousa está moi equilibrada. "A miña candidatura é continuísta coa liña que fixo rexurdir a RAG e convertela nunha institución de referencia" Aínda hai académicos indecisos? A estas alturas, indecisos hai máis ben poucos, pero pode que algúns haxa. En todo caso, o que teño claro é que gañe ou perda a miña candidatura é unha candidatura da honestidade e continuísta no sentido de seguir a liña que fixo rexurdir a RAG e convertela nunha institución de referencia fóra e dentro de Galicia. Creo que é necesario introducir algúns cambios e asúmoos. Insisto: gañe ou perda, quedarei coa conciencia tranquila. E gañe ou perda, teme que do sábado en diante haxa unha división na RAG? Sexa quen sexa o gañador, ten que esforzarse en lograr un clima de cordialidade, e este lógrase ofrecendo un proxecto claro para a Academia. De momento, o único proxecto presentado é o da nosa candidatura porque a outra non presentaron absolutamente nada. Non sabería que teño que votar da outra candidatura se quixese facelo. Nós facemos unha oferta clara e por escrito e iso é o que vou manifestar no plenario do sábado. "Somos a única candidatura cun proxecto, a outra non presentou absolutamente nada" Méndez Ferrín volveu incidir no intento de colonización da RAG por parte doutras institucións, está de acordo con el? Nesas cuestións non quero entrar porque ese non é o problema da Academia. O problema é ter un proxecto claro de cara a onde levar a institución e ter un programa de traballo. En cuestións conxunturais non entro, pero si teño claro que se gaño, non aceptarei ningún tipo de colonización por parte de ninguén e que manterei a independencia da RAG con respecto aos poderes políticos e ás outras entidades de tipo cultural ou do ámbito da lingua. Isto non quere dicir que a Academia non teña que ter unhas relacións cordiais cos poderes públicos e que non colabore en accións de todo tipo co resto de institucións, por unha razón de eficiencia e de exemplaridade. A colaboración é sempre exemplar de cara á sociedade. "Preocúpame a imaxe que transmitimos á sociedade; moito me temo que Alonso Montero non sabe nada de como funciona a RAG" É exemplar para a sociedade esta campaña para a presidencia? A min preocúpame moito a imaxe que estamos transmitindo á sociedade. Non é que queira criticar á outra candidatura, pero preocúpame que non teña programa de ningún tipo e que un candidato á presidencia manifeste xa a súa intención de ser absentista e que non está en condicións de ir dous días á semana á Academia. Que presidente vai ser este? O presidente é o representante fundamental da RAG e ten que tela na cabeza e controlar toda a actividade que se desenvolva nela. Ten que coñecer o funcionamento da institución e moito me temo que non se coñece absolutamente nada. Nin moito nin pouco. Senón, non se farían manifestacións como as que se fan, dicindo que non utilizará o coche da RAG. Os únicos argumentos que empregan son os da demagoxia, os que desembocaron na dimisión de Ferrín. Se cadra son impactantes e serven para gañar eleccións, pero a imaxe que ten que transmitir a Academia é outra. "A outra candidatura só emprega os argumentos da demagoxia; se cadra serven para gañar eleccións, pero a imaxe que debe transmitir a RAG é outra" Que imaxe debe transmitir? Unha imaxe de dinamismo, de creatividade, de presenza na sociedade, de apoio aos sectores máis innovadores, de apoio á xente que traballa na cultura de base, ao asociacionismo, aos que desenvolven o software libre... A idea que estamos transmitindo é que temos un candidato que se sente orgulloso de que nunca escribiu un mail, unha idea de arcaísmo que non corresponde coa realidade da Academia, porque nos últimos anos, por primeira vez na historia, está respondendo ás funcións que ten atribuídos polos seus estatutos e pola lei. Isto si que me preocupa. "Estamos trasladando unha idea de arcaísmo que non se corresponde coa realidade da Academia" Xa deixou ben claro que o recurso contra o decreto no Supremo seguirá adiante, pero advertiu de que se podería chegar a instancias europeas. É a UE a vía máis factible para defender o idioma? Quero ter fe na Xustiza, incluso na española. O feito de acudir ao Tribunal Supremo, que a algúns lles parece case motivo de escándalo, é algo normal. Xa o fixeron os cataláns ou os vascos e non hai razón ningunha pola que non o podamos facer nós tamén. É verdade que para determinados temas lingüísticos, probablemente haxa unha maior sensibilidade en Europa que no Estado español. |
NOS_34461 | Os responsábeis dos hoteis dos faros ou do seu contorno promocionan unha experiencia única, mais non é preciso porque a situación dos inmóbeis véndese por si mesma. Rumoréase que aos tres estabelecementos abertos, pronto se sumarán dous. | Na Galiza non só os fareiros, unha especie case extinta, poden darse o gusto de vivir unha experiencia en solitario nun faro en funcionamento. Polo de agora hai abertos tres estabelecementos nos edificios destas balizas para a navegación ou no seu contorno más próximo. Ademais, dado o éxito que está a ter durmir arrullado polo mar bravo, rumoréase que hai dous aloxamentos máis en camiño tras a concesión de explotación dos inmóbeis en Lariño (Carnota) e Cambados. Chegar a unha comuñón de tranquilidade co ir e vir das ondas non é tarefa libre de dificultades, pero pasando uns días preto do océano hai máis marxe de ir entrenando. "A illa ten unha paisaxe marabillosa coa construción exterior case intacta e un interior moi atractivo con instalacións domóticas", conta o xerente dos aloxamentos turísticos do faro de Illa Pancha, José Luís López. Non minte no da paisaxe, pois para quen visita Ribadeo, ir botar unha ollada á zona é case tan obrigado como pasar a comer un arroz na pequena localidade de Rinlo. Cando se lle pregunta por que atraen estés espazos á xente resalta que, polo menos eles, o que venden "é exclusividades e liberdade, sen masificacións porque como máximo vai haber oito persoas aloxadas". Ademais ninguén máis que a clientela e o cadro de persoal pode cruzar a pequena ponte que separa a illa e o faro de terra firme. No caso do Hotel O Semáforo de Fisterra, a instalación non é no mesmo faro senón detrás del, pero o encanto deste lugar do litoral galego fai peregrinar a centos de persoas aos acantilados e ao complexo hostaleiro. "Estes sitios teñen unha situación privilexiada, aquí hai xente que chega após facer o Camiño", xustifica o xerente do negocio, Jesús Picallo. Até lles chega xente que vai recorrendo a costa polo Camiño dos Faros. A explicación que atopa Picallo a todo isto "é o magnetismo" que desprende a zona. "Os solpores son infinitos e á noite aparece a lúa por detrás do monte Pindo e pódense ver as estrelas pola baixa luminosidade", subliña. Con estes anuncios é difícil non desexar ter a oportunidade única de descansar nun faro. |
NOS_7865 | Outeiro de Rei acolleu un ano máis o Convivio da Cultura Galega, organizado pola Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María. Nos debates da mañá acordouse a programación da federación para o vindeiro ano e dirixirse á Real Academia Galega para volver solicitar, ao non haber resposta, a prolongación a 2021 a dedicación do Día das Letras Galegas a Carvalho Calero. A federación tamén comunicará á Academia o seu acordo unánime de continuar coa programación dedicada a Calero durante todo o ano que vén. | A sétima edición do Convivio da Cultura Galega decorreu este sábado, 26 de setembro, en Outeiro de Rei, organizado pola Federación Galiza Cultura conxuntamente coa Casa-Museo Manuel María. A xornada iniciou pasadas as 11 horas cunha ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro, para dar logo paso ao encontro das entidades culturais pertencentes a Galiza Cultura, onde se abordou o estado da cultura nacional e o papel do asociacionismo de base no actual contexto, a celebración das Letras Galegas 2021 e o desenvolvemento da programación da federación para o presente ano e o que vén. Após os debates decorreu un xantar de confraternidade e ás 16 horas, na horta da Casa-Museo Manuel María, Quico Cadaval levou a cabo a narración oral O complexo de Edipo. A pesar do anómalo da situación -o convivio celébrase sempre en xullo mais este ano tívose que adiar pola pandemia a setembro- asistiron múltiples asociacións culturais de todo o país, desde a Francisco Lanza de Ribadeo á Vagalumes da Estrada, pasando por Medulio de Ferrol, varias entidades da Coruña, Arzúa, Santiago... Os debates A presidenta de Galiza Cultura, a profesora e escritora María Pilar García Negro, explica a Nós Diario as conclusións do debate decorrido no convivio entre as entidades culturais de base. "Deuse conta da programación que se puido realizar e que estivo centrada ao redor da exposición dedicada a Nós que organizou Galiza Cultura en Santiago, na Coruña e en Lugo. Está prevista a súa celebración noutras localidades do país, como Ponteareas", sinala. Así mesmo, informouse da homenaxe a Anxo Casal que se promove desde Arzúa "mais que asume Galiza Cultura como un evento nacional", sinala García Negro. A federación ademais celebrará "como grande autor teatral, coa edición da súa obra, o dramaturgo Manuel Lourenzo". A presidenta da federación subliña que se insistiu "no carácter nacional de todas as nosas iniciativas" cun obxectivo galeguizador e de conciencia nacional. Carvalho Calero Hai seis meses que Galiza Cultura se dirixiu á Real Academia Galega (RAG) para que, á vista de todas as irregularidades, suspensións e modificacións dos actos de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero por mor da pandemia, fose considerada a prolongación ao ano 2021 da dedicación do Día das Letras Galegas a Celero. García Negro, que celebra que outras entidades tamén solicitasen o mesmo á RAG e que Nós Diario mantivese unha información continuada sobre Calero con posteridade mesmo ao mes de maio, sinala que a federación acordou por unanimidade dirixirse de novo Á RAG para reiterar a petición (non contestada aínda). Ademais comunicarase á Academia a decisión unánime de Galiza Cultura de continuar coa programación dedicada a Calero en 2021, "con independencia do que a Academia decidir". Ofrenda a Manuel María Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, interviu na ofrenda ao escritor, salientando que "levabamos 16 anos sen o cariño de Manuel María", e que o tempo lévanos "á desaparición física e á destrución dos nosos corpos pero nunca pode levar á destrución da nosa memoria, porque a memoria debe permanecer no colectivo e comunal". En conversa con Nós Diario, Ansede sinala que ese precisamente é o sentido da ofrenda: "recordar o escritor e o patriota que nos deixou a súa xenerosidade no plano persoal, o seu compromiso no plano cultural, social e político e o seu talento como escritor, deixando unha obra que percorre todas as correntes líricas da segunda metade do século XX na poesía, que ten achegas moi importantes na narrativa e no teatro, e cuxas colaboracións xornalísticas son un verdadeiro compendio da cultura galega". "En Manuel María", engade Ansede, "atopamos a voz que fere e a voz que aloumiña, a voz que defende con contundencia rescatar a normalidade do noso idioma, con aquela voz lírica e cálida que é capaz de descubrirnos o misterio da biografía dunha folla. A voz contundente dos Poemas para construír unha patria coa voz amorosa e íntima dos versos da Labarada estremecida". |
NOS_29599 | Para aprobar a materia que imparte Domingo Neira é obrigatorio superar o exame dun libro escrito por el propio en que sitúa ao mesmo nível "travestismo" e violacións de mulleres e en que relaciona corrupción de menores e "vodas gai" ou zoofilia e homosexualidade. | "Procuro espertar, motivar e incentivar os meus alumnos para seguir; é a primeira fase dunha lección, do meu deber, que sexan capaces de pensar por si propios". Quen isto di, o profesor universitario Domingo Neira, foi expedientado pola USC após a denuncia interposta polo seu propio alumnado por facer apoloxía da homofobia nas aulas con afirmacións "cuasicientíficas" como que "os homosexuais carecen de hombría e non poden educar" ou que "as lesbianas teñen un cromosoma XXX que explica o seu comportamento non normal". Segundo contan estudantes da materia que imparte, 'Didáctica e profesión docente', para que conceda o aprobado é necesario que superen un exame a respeito dun libro escrito por el propio e entitulado Didáctica para el crecimiento sociopersonal. Nel sitúa ao mesmo nível o "travestismo" e as violacións a mulleres para as explicar como "desviacións condutuais" e relaciona o matrimonio entre persoas do mesmo sexo coa corrupción de menores ou a zoofilia coa homosexualidade. BNG e PSdG exixen explicacións á consellaría e á USC Por estes comentarios, realizados na aula dunha universidade pública, terá que responder a Xunta no Parlamento galego. O deputado nacionalista Cosme Pombo rexistrou unha pregunta para resposta oral no pleno da Cámara para saber se a consellaría de Educación tiña coñecemento desta situación e que medidas vai tomar ao respeito. En liñas semellantes actuou tamén o PSdG. O grupo LGTB '7 Cores', vinculado a esta formación política, remitiu unha carta ao reitor, Juan Casares Long, en que exixen a suspensión de docencia de Neira "polo seu comportamento homófobo, misóxino e racista namentres imparte aulas". O alumnado di que o acontecido non é un caso illado, senón que as mulleres, @s homosexuais, @s inmigrantes e @s cigan@s están no albo dos embates despectivos deste profesor. A USC abriu contra el un expediente sancionador. Con todo, Neira reafírmase nos seus comentarios e, entre risas, acrecenta que non ten "ningún problema" cos homes homosexuais "namentres non me toquen o cú". |
NOS_46393 | A guerra no leste de Europa está a mudar radicalmente o panorama en numerosas disciplinas deportivas, sendo unha das máis afectadas a da loita olímpica, onde Rusia, Bielorrusia e Ucraína exercían até o de agora un dominio apenas puntualmente cuestionado polo Irán, India ou os EUA. | A invasión rusa de Ucraína está a ter amplas consecuencias no mundo do deporte. Se onte se informaba nestas mesmas páxinas dos seus efectos no fútbol -ao que á exclusión das seleccións rusas das diferentes competicións internacionais como a Copa do Mundo uniuse a liberación dos adestradores e xogadores estranxeiros dos contratos que os unían cos equipos das ligas rusas e ucraína-, agora é a quenda de mover o foco á loita olímpica co gallo do Campionato de Europa Sub-23 que acaba de arrancar na localidade búlgara de Plovdiv. Ademais de por ser a estrea dos torneos continentais no que vai de ano, destaca por ser o primeiro que terá lugar desde o estoupido dun conflito que afecta moi especialmente un deporte no que Rusia e Bielorrusia son as dúas grandes potencias dominadoras, pero non poderán participar na proba logo da súa exclusión por parte da Federación Internacional de Loita (United World Wrestling), que vetou a súa inscrición non só neste Europeo de Plovdiv, senón en todas as demais citas internacionais, ademais de cancelar todos os eventos concedidos a ambos os países e as súas candidaturas a acoller futuros certames. Desde a Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas analizan esta decisión, explicando que a primeira consecuencia da medida do organismo reitor do deporte a nivel mundial é a "baixada de nivel" -algo que podería facilitar o acceso das representantes da Galiza aos postos de privilexio-, mentres que a segunda sería a apertura "dun novo escenario deportivo, descoñecido até o momento". "Os tres países en conflito [Rusia, Bielorrusia e Ucraína] son os que máis deportistas achegan ás competicións, presentando en moitas ocasións equipos completos: 10 loitadores en libre masculina, outras tantas en libre feminina e outros 10 en loita grecorromana", engaden. Tanto é así que na única categoría na que non tiveron representación no podio dos pasados Xogos Olímpicos de Toquio 2020 foi en +125 quilogramos. A maiores, desde a Federación Galega da modalidade apuntan outra cuestión: "Que pasará con todos os deportistas rusos nacionalizados por outros países?". Non é un tema menor, pois moitas nacións occidentais recorren aos seus servizos para conseguir metais, como aconteceu co medalla de bronce no Europeo de 2018 Taimuraz Friev (+86 quilos), que subiu ao podio representando o Estado español logo de recoñecer pouco antes que non sabía falar castelán. A súa presenza no inminente Campionato de Europa Absoluto de Loita, programado na capital de Hungría, Budapest, entre o 28 de marzo e o 3 de abril, é a día de hoxe unha incógnita, así como a de moitos outros loitadores na súa situación que desde hai anos defenden os pavillóns de países como Francia, Italia, Eslovaquia, Alemaña ou Hungría. Se conseguen participar, ábrense incógnitas como a da súa seguridade, argumento esgrimido polo COI para expulsar Rusia e Bielorrusia dos Xogos Paralímpicos. Nerea Pampín será testemuña da nova situación no Europeo Sub-23 de Bulgaria A deportista galega Nerea Pampín Blanco, membro do Club Keltoi de Vila de Cruces, será a única representación galega no Campionato de Europa Sub-23 de Loitas Olímpicas, o primeiro gran campionato internacional logo da expulsión das grandes dominadoras, Rusia e Bielorrusia. Nerea Pampín será da partida na categoría de -65 quilos xunto con outras oito competidoras procedentes de Romanía, Polonia, Letonia, Turquía, Italia, Alemaña, Estonia e Acerbaixán co único obxectivo de ir superando roldas e, polo menos, repetir o seu bo desempeño na edición do pasado ano 2021 en Skopje (Macedonia), onde finalizou quinta e a piques estivo de lograr a medalla de bronce. A da comarca do Deza quedou a un só triunfo, pero a polaca Czeslawa Kulwicka interpúxose no seu camiño ao podio. |
NOS_651 | CDU e SPD rexistran importantes descensos mentres aumentan en votos Os Verdes, a extrema dereita e Die Linke. | Nas anteriores eleccións rexionais, 2013, CDU e SPD sumaban case 70% dos votos. Cinco anos despois, as dúas forzas que integran a gran coalición de goberno de Merkel non chegan 47% dos apoios, 23 puntos menos. Un dado que exemplifica o terremoto político que Alemaña experimentou nestes anos. Daqueles comicios de 2013 saíu un goberno de coalición verdi-negro, entre CDU e Os Verdes. Mentres os primeiros levaron unha sonora labazada e4ste domingo nas urnas os segundos experimentaron un importante aumento que os sitúa como segunda forza en Hesse, desprazando o SPD. CDU tivo 27% dos votos e 40 escanos, 7 escanos menos. Os Verdes logran 19,8% (11% en 2013) e 29 deputados, 15 máis que hai cinco anos. Os socialdemócratas obteñen 29 asentos na Cámara do land, 8 menos que en 2013, ao recibir 19,8% dos sufraxios. A extrema dereita (AfD) entra no parlamento e faino como cuarta forza, con 19 escanos e 13% dos votos; por diante dos liberais de FDP (11 escanos) e a esquerda Die Linke, que gañou 3 deputados (pasa de 6 a 9). Estes resultados chegan apenas dúas semanas despois de que Baviera retirase a maioría a CSU, o partido democristiano -irmán da CDU de Merkel-que levaba décadas gobernando con comodidade neste territorio. Desde 1962 CSU só perdera unha vez a maioría absoluta, en 2008. Merkel non recuncará na presidencia da CDU Angela Merkel non se presentará á reelección como líder da CDU, unha decisión na que pesaron os reveses que o partido sufriu nas últimas citas electorais. |
NOS_1881 | O Eixo Atlántico, a institución que até o de agora se amosou máis comprometida coa conexión ferroviaria entre Galiza e Portugal, reuniuse esta segunda feira coa Xunta e o Consello Económico e Social (CES). No decorrer da reunión convenceu ás outras partes para crear unha comisión que demande fondos ao Estado para esta infraestrutura. | O Eixo Atlántico, que desde hai semanas viña reivindicando unha maior implicación das institucións galegas na demanda ao Goberno estatal de fondos para financiar a parte galega do Corredor Atlántico de ferrocarril, conseguiu hoxe o compromiso da Xunta e o Consello Económico e Social (CES) para loitar por esta infraestrutura. O Executivo portugués xa amosou hai tempo que o seu interese é conectar con Vigo e, en consecuencia, con toda a zona atlántica do país, mais desde España aínda había unha defensa para que a mellora da mobilidade fose cara o centro da península. Porén, o Eixo Atlántico reivindicaba a necesidade de construír a parte galega da conexión que vai comezar Portugal, de maneira que se aproveite esa potencialidade que pode aportar o tren. Con esa idea da creación do Corredor Atlántico do Noroeste foi o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, a un encontro de traballo. Na sesión, na que participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo; a vicepresidenta do Eixo, Lara Méndez, e o presidente do Consello Económico e Social da Galiza, Agustín Hernández, entre outras representantes políticas, chegouse ao acordo de crear unha comisión executiva para facer presión en Madrid de cara ao reparto. A idea é demandar de maneira conxunta "investimentos" no corredor ferroviario para ter unha maior forza. De feito, xa se avanzou que agora convidarán a integrarse no grupo de acción á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Sumar a Asturias e Castela e León A Xunta declarou, despois de meses de silencio, que é preciso "aproveitar a oportunidade única dos fondos europeos de recuperación Next Generation para impulsar" este corredor a través dunha "remodelación global da súa rede ferroviaria". Quer o Eixo, quer o CES foron un paso máis lonxe ao pensar tamén en sumar vontades con Asturias e Castela León, de maneira que todo o norte quede cuberto e cunha conexión cara Europa que sexa competitiva. A proposta do Eixo Atlántico, será Agustín Hernández quen presida a comisión que estará conformada por un representante de cada entidade. |
NOS_55851 | Esta mañá, representantes dos afectados polas preferentes forzaron, con grosos calificativos e aos berros, a suspensión durante dez minutos do pleno do Parlamento galego. | Os afectados, que seguiron dende a bancada unha iniciativa sobre o conflicto que ten atrapados os aforros de milares de galegos, estalaron en improperios contra os deputados do PP e con gritos de "devolvédenos os cartos". Varios deputados do BNG acompañáronos na tribuna, mentres os do grupo popular e os conselleiros abandonaban a Cámara para se dirixiren a unha zona de acceso restrinxido e o resto permanecían nos seus escanos. |
NOS_26081 | A 32 edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia terá lugar entre o 15 e o 24 de xullo. O primeiro proxecto para a edición de 2016 será Voaxa e Carmín, que xa foi presentado. | Voaxa e Carmín é primeiro proxecto que acollerá a 32ª edición da MIT Ribadavia. Trátase dun proxecto de Eme2 e ButacaZero da que é autora Esther Carrodeguas, X Premio Abrente de textos teatrais. Apoiada por un kamishibai xaponés do que partirá o deseño escenográfico do espectáculo, a dramaturga de Rianxo vén de exponer en Compostela as liñas xerais da obra, cuxas personaxes Maruxa e Coralia serán interpretadas polas actrices Mabel Rivera (Premio Goya 2005) e Belén Constenla (Premio María Casares 1998, 2000 e 2010). A organización da MIT Ribadavia explica que Voaxa e Carmín nace "para dar voz ás estatuas silenciadas" da Alameda compostelá. Poderá verse na 32ªMIT para após percorrer toda Galiza. O texto lerase en xaneiro, na colección Abrente de Teatro da editorial Difusora. |
NOS_52245 | "Carretando" é un proxecto de divulgación sobre a política galega. Baixo o formato do podcast, as súas integrantes -Carmen, Pablo, Román, Yannick, Adrián, Lorena e Julio- pretende analizar a actualidade e a evolución dos últimos corenta anos da política do noso país dunha maneira crítica e reflexiva, á vez que integran novas voces nun ámbito que tradicionalmente só era tratado polos medios hexemónicos da Galiza. Despois dunha primeira tempada con tres episodios, recuperan o ritmo e traen novidades. | Como naceu "Carretando"? Foi Adrián quen tivo a idea de lanzar un podcast. Xurdiu de xuntar o xornalismo e a politoloxía. Por un lado Pablo, Román, Adrián e eu, que somos xornalistas, e por outro Julio e Yannick, que estudaron Ciencias Políticas. Así foi como se formou o primeiro equipo. Agora tamén contamos con Lorena como responsábel de comunicación. Unha vez tiñamos iso, fomos dándolle forma a esa narrativa da autocaravana, coa intención de darlles ás ouvintes a sensación de movemento. Como se viaxásemos pola Galiza para entender a política da terra. Parecíanos que era un terreo que estaba moi pouco explotado no mundo do podcast en galego. Cal é o obxectivo do proxecto? Penso que o noso obxectivo principal é divulgar e informar sobre a política galega, pero dunha maneira máis pausada do que se fai normalmente. A idea é centrarse menos na actualidade e dar pé a un espazo que invite a reflexionar. Queremos que as interesadas poidan coñecer en profundidade todos os conceptos que nós sexamos capaces de abordar e que normalmente non son analizados dunha forma tan crítica. Tendemos a consumir a información máis rápida, e "Carretando" busca todo o contrario. Ir máis alá de "o PP leva gobernando toda a vida" e ese tipo máximas tan simples. Cal é o proceso de traballo que seguen para a elaboración dos episodios? Cada un ten unhas funcións fixas, aínda que poden ir cambiando. Unha vez escollemos o tema que queremos tratar, comezamos cun proceso intensivo de documentación. Unha vez temos iso sobre a mesa, debatemos sobre que formato dar ao contido: se facer unha entrevista, unha reportaxe, unha crónica… Ás veces temos moi claro que camiño queremos seguir, como nun episodio no que entrevistamos a Martiño Noriega e Xulio Ferreiro. Aí repartímonos que vai facer cada un, e a partir dun guión inicial, imos confeccionando cada peza do episodio para a montaxe final do podcast e a súa edición, que corre a cargo de Adrián. Que recepción tiveron entre os seus achegados e nas redes cando fixeron público o proxecto? A verdade é que desde que abrimos as redes sociais de "Carretando" até que lanzamos o primeiro episodio da primeira tempada estivemos moi contentos co apoio e coa acollida recibidos. Sinceramente, non nos esperábamos que tanta xente respondese dese xeito, mesmo persoeiros políticos que comezaron a seguirnos nas redes sociais. Nós pensábamos que o proxecto non iría moito máis alá de nós mesmos e a xente dos nosos círculos de amizade máis próximos, pero a xente mostrouse sempre moi participativa e aberta a colaborar. Foi unha grande alegría ver todas estas reaccións. Vivimos unha época de apoxeo dos proxectos de divulgación en galego. Penso que o propio auxe deste tipo de proxectos e iniciativas de divulgación xa ten unha grande importancia en si mesmo, pois antes non era tan habitual que nacesen iniciativas que apostasen por ese modelo de información. Estábamos acostumadas a consumir medios máis hexemónicos e tradicionais, e agora estes novos proxectos en galego supoñen un cambio. Ademais, tamén poden axudar a que a xente nova se achegue a temas e formatos que normalmente rexeitaría. Facer divulgación sobre temas locais e que afectan á Galiza, empregando novas ferramentas fai que a xente comece a reflexionar sobre conceptos non tan vencellados á actualidade informativa, pero que xogan tamén un papel moi importante no día a día e na vida das galegas. |
NOS_44995 | Virgil Oldman (Geoffrey Rush) é un excéntrico e solitario axente de puxas moi valorado pola súa capacidade de recoñecer a veracidade dunha obra. A súa vida mantense ao marxe de calquera sentimento afectivo ata que coñece a unha fermosa rapaza (Sylvia Hoeks) cunha extraña enfermidade que lle encarga vender as obras de arte herdadas dos seus pais. A partires dese intre a vida de Virgil vaise transformar para sempre. | Ano: 2013 Duración: 124 min. País: Italia Director: Giuseppe Tornatore Guión: Giuseppe Tornatore Música: Ennio Morricone Fotografía: Fabio Zamarion Reparto: Geoffrey Rush, Jim Sturgess, Sylvia Hoeks, Donald Sutherland SINOPSE Virgil Oldman (Geoffrey Rush) é un excéntrico e solitario axente de puxas moi valorado pola súa capacidade de recoñecer a veracidade dunha obra. A súa vida mantense ao marxe de calquera sentimento afectivo ata que coñece a unha fermosa rapaza (Sylvia Hoeks) cunha extraña enfermidade que lle encarga vender as obras de arte herdadas dos seus pais. A partires dese intre a vida de Virgil vaise transformar para sempre. CRÍTICA Nomear a Tornatore é sinónimo de traernos á memoria "Cinema Paradiso" (1988). E así seguirá sendo porque con este último traballo cumple pero non maravilla como fixera con aquela. "A mellor oferta" é unha película onde nada é o que parece. Está narrada con intelixencia cun guión sólido e convincente. Non malgasta a metraxe de máis de dúas horas en excesivas explicacións aínda que os diálogos están cargados de información e vai dando pistas en pequenas doses para que o espectador máis esperto poda adiantarse ao inesperado final. Tampouco hai que esperar golpes de efecto. A historia é pausada, aínda que non parada, acorde co ambiente enigmático e preciosista. Lembra na temática a "Trance" (2013, Danny Boyle), polo tema do tratante de arte e polos xiros na trama, pero é todo o contrario a esta. Mentres a de Boyle é un frenesí inconexo de imaxes e cun guión que vai a trompicóns, a de Tornatore é pulida, envolvente e cunha gran beleza visual. A fotografía achégase a ratos á categoría de obra pictórica. Por momentos parece que estamos a contemplar un cadro. Tamén ten unha boa partitura de Ennio Morricone, habitual de Tornatore. Non é unha das mellores bandas sonoras do xenio octoxenario pero vai acorde co ton do filme. Xunto coa fotografía e a dirección tamén destacaría ao australiano Geoffrey Rush. Cunha actuación contida e achegada á par crea unha persoaxe excéntrica afastada do mundo pero totalmente crible desde o principio. A holandesa Sylvia Hoeks e o inglés Jim Sturgess están bastante ben tamén. Completa este casting internacional o canadiense Donald Sutherland que borda o papel de amigo/socio do protagonista. A película a ratos faise algo densa con moito diálogo e por momentos non se sabe se estamos a ver unha película de suspense, unha de amor ou un drama. Pero precisamente esto é o que lle gusta a Tornatore, que non nos acomodemos na butaca e non perdamos nen un segundo de metraxe porque eso sería fatal para a comprensión da trama. Algo artificiosa por momentos pero precisamente diso vai á película. Nunha frase pódese resumir o fío condutor: sempre hai algo auténtico oculto en cada falsificación. Toda unha metáfora entre a arte e o amor. ¿Cómo detectar se unha obra de arte é falsa? ¿Cómo saber se un amor é real? É desas películas que é mellor non saber moito porque se goza descubrindo os entrexixos como se estivéramos montando un autómata. Un dos thriller máis destacados do que vai de ano e do mellor que se pode ver na pantalla a día de hoxe. |
NOS_37418 | As persoas que non poidan facer fronte á hipoteca pagarán un aluguer social de 75 euros como máximo ou mesmo nada. Aliás, a entidade financeira cederá 100 vivendas baleiras ao goberno galego. | O executivo de Alberto Núñez Feijóo, da man da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou esta segunda feira (6 de xullo) un convenio coa dirección de Abanca polo que se adhire a entidade financeira ao Plan Social de Loita contra a Desigualdade desenvolvido pola Xunta. No concreto, Abanca comprométese a non desafiuzar as familias que non poidan facer fronte ao pagamento da hipoteca. En función dos ingresos e cargas familiares o custe será substituído por un aluguer social de non máis de 75 euros que podería ser mesmo gratuíto. Pola súa banda, o goberno apoiará economicamente as familias através do Instituto galego de Vivenda e Solo de cumpriren coas condicións. Asemade, Abanca cederá ao executivo 100 vivendas baleiras para acoller aquelas persoas que atravesen dificultades económicas e que non poidan facer fronte ao pagamento da hipoteca ou dun aluguer. As persoas adxudicatarias abonarán un máximo de 125 euros/mes. O convenio será asinado nos vindeiros días con outras entidades financeiras que operan na Galiza, segundo informou a conselleira de Infraestruturas. |
PRAZA_3061 | Unha concelleira dos populares na Gudiña ten a súa filla no hospital verinense, o terceiro nacemento desde que o Sergas suprimiu a atención aos partos entre o forte rexeitamento cidadá. | Chegou o terceiro parto no hospital de Verín logo do peche do paridoiro. Pouco despois das 11 da mañá, segundo puido confirmar Praza.gal, unha muller deu a luz unha nena logo de ingresar hora e pico antes no centro cunha dilatación que desaconsellaba que fose trasladada a Ourense, tal e como indica o protocolo do Sergas tras a supresión da atención aos partos e das urxencias pediátricas. A muller, concelleira do PP na Gudiña, deu a luz a súa filla no terceiro parto que se produce en Verín desde que o Sergas decidiu suprimir o paridoiroA muller é concelleira do PP na Gudiña, municipio a máis de 30 quilómetros de Verín pero a uns 90 e 50 minutos de coche do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). Curiosamente, o rexedor da localidade onde é edil a nai e compañeiro do grupo municipal, José María Lago, tamén do Partido Popular, opuxérase con contundencia ao peche do paridoiro no hospital comarcal, advertira das grandes distancias desde a súa localidade a Ourense e anunciaba "presión" e "todas as medias" ao seu alcance para evitar a decisión tomada polo seu partido desde a Xunta. O alcalde da Gudiña foi un dos rexedores da comarca que fixeron fronte común contra a decisión do Sergas de suprimir a atención aos partos, trasladando o seu malestar á dirección do seu partido en Galicia e á propia Xunta, tal e como fixo o líder do PP ourensán e presidente da Deputación, José Manuel Baltar. Agora, unha edil do PP dun dos concellos máis afectados polo peche do paridoiro dá a luz en Verín malia que mesmo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, convidou as mulleres embarazadas que tivesen indicios de parto a dirixirse ao CHUO por ser "o centro de referencia de atención aos partos". A edil popular acudiu ao hospital de Verín malia que o conselleiro de Sanidade recomendou as embarazadas ir directamente o CHUO de OurenseNesta ocasión, a muller, cunha dilatación avanzada de 7 centímetros, optou por acudir ao centro verinense malia a ausencia de pediatra, que acudiu desde Ourense tras ser reclamado polo servizo de xinecoloxía pero que non chegou ata despois do nacemento da pequena, quinto fillo da concelleira. A súa condición de multiparta facía inviable, segundo fontes médicas consultadas, que chegase a parir ao CHUO. "Non chegaba nin á saída de Verín", din. Ademais, a muller decidiu quedar no hospital comarcal malia que foi requirida para ser trasladada á capital provincial. Negouse. Este vindeiro mércores está previsto que lles dean a alta. José María Lago, alcalde da Gudiña, en declaracións a Praza.gal, considera que o parto deste martes demostra "que é urxente e necesario" reabrir o paridoiro "o antes posible" e lembra que "todos os alcaldes do PP da comarca" amosaron a súa "posición contraria" á decisión da Xunta de suprimir o servizo de atención aos partos. "Temos que buscar e dar solucións para dotar de medios ao rural", insiste. O parto, sen complicacións, é o terceiro que se produce no hospital comarcal de Verín desde que se pechou a sala de partos o pasado 1 de decembro, aínda que os dous anteriores foron de urxencia e con comunicación xudicial por medio.O alcalde da Gudiña, do PP, cre que o parto da concelleira demostra "que é urxente e necesario" reabrir o paridoiroAdemais, arredor de cinco nacementos máis que tiveron lugar no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e, maiormente, no CHUO durante ese período terían acontecido no centro verinense de ter contado cos pediatras que agora busca contratar o Sergas.A nova xerente do hospital de Verín, Guillermina Agulla, que chegou en substitución do dimitido Miguel Abad, confirmou xa a marcha atrás do Sergas, que anuncia que reabrirá o paridoiro o antes posible e que busca a contratación de dous pediatras. Ademais, rexeitou o argumento que Sanidade deu nun principio para xustificar a supresión do servizo. "Falta de pericia dos profesionais? "Xamais me atrevería a dicir semellante cousa", asegurou. |
NOS_44789 | O número de persoas afectadas ascende a 85. | A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas até esta mañá, confírmanse outros 26 casos positivos de persoas afectadas por COVID-19 no brote da Mariña, o que eleva a 85 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. O primeiro caso de infección por Covid-19 detectouse na tarde do martes 23 de xuño. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Até o momento, mediante as probas realizadas confírmase a existencia de 85 positivos en covid-19 relacionados con este brote. "Desde a detección do primeiro positivo, activouse de forma inmediata o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos das persoas que deron positivo, actuacións que se seguen a desenvolver nestes momentos, pois tanto a Consellería de Sanidade como o Servizo Galego de Saúde seguen a investigar e a rastrexar todos os contactos dos novos positivos, así como a adoptar todas as medidas necesarias para o eficaz control do brote", afirma a Consellería de Sanidade. Dos 85 casos positivos a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Catro persoas con resultado positivo están ingresadas no Hospital Público da Mariña. Do mesmo modo, as persoas con probas de resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. A Consellería de Sanidade segue a investigar posibles contactos dos novos positivos que van xurdindo. A Consellería de Sanidade reitera á cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da comunidade autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada coa covid-19. |
NOS_50920 | Os pacientes hospitalizados aumentan a 155. | Galiza chega ao final deste mes de novembro con 5.422 casos activos de Covid-19 tras inicialo con 524; despois doutros 494 novos contaxios rexistrados --9 máis que a xornada pasada-, e con 155 pacientes hospitalizados por este coronavirus -15 máis quena segunda feira--. Segundo os datos publicados na mañá desta terza feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros at as 18 horas desta segunda, aumentan a 27 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galiza -unha máis- e a 128 as hospitalizadas noutras unidades -14 máis-, mentres que 5.267 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra e O Salnés; alíviase na da Coruña e Cee; e mantense nas de Santiago-Barbanza e Ferrol. Os casos activos seguen en aumento e sitúanse en 5.422 ao final de novembro, tras comezar este mes con 524, e supoñen 366 máis que a xornada anterior despois de rexistrar máis contaxios (494) que altas (125) ao que se engaden tres falecementos. A terza feira anterior -día 23- había 2.871 infeccións activas. As infeccións activas aumentan de novo nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (+109), seguida pola de Vigo (+94), Pontevedra e O Salnés (+71), A Coruña e Cee (+44), Santiago e Barbanza (+18), Lugo (+15) e Ferrol (+15). Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 187,21 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media do Estado está en 199,02. Os novos contaxios de Covid mantéñense por segunda xornada consecutiva por baixo dos 500 ao rexistrarse 494, que supoñen 79 máis que os 415 do inicio desta semana. A terza feira da semana pasada rexistráronse 237, mentres este mes de novembro empezou con 33 positivos. En canto á taxa de positividade das probas PCR -número de infeccións detectadas cada 100 test-, sobe lixeiramente a un 6,53% tras comezar esta semana cun 6,33%. Por iso, mantense por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia increméntanse a 2.670, ao notificar esta segunda feira a Consellaría de Sanidade tres vítimas. |
NOS_15758 | O maquinista Manuel Mato confirma nunha entrevista na SER que o 'punto negro' da curva de Angrois carece da sinalización de alta velocidade que reduciría automaticamente o tren. Afirmou que se os sinais de seguridade indican "vía libre" o tren permitiría circular tamén nesa zona a 200 quilómetros por hora. Con todo, ao haber unha limitación de 80km/h, a redución "depende só do factor humano" | O maquinista, que coñece e realizou a liña na que aconteceu o sinistro, confirmou que a sinalización de alta velocidade remata catro quilómetros antes do lugar do sinistro. "A sinalización de alta velocidade é como unha condución automática ao ir recurtando o propio tren as velocidades máximas" fixadas en cada tramo de vía, non permitindo que o comboio as rebase. "Neste tramo hai un sistema de sinalización convencional que, se os sinais están en vía libre, o único que non permite é pasar de 200 quilómetros por hora", explicou o maquinista, é dicir, se non había outro tren que ocupase a vía e a máquina podía seguir transitando, ningún dispositivo de freada se activaría de maneira automática para reducir a velocidade do comboio, ao deixar de circular baixo o sistema ERTMS. "A velocidade tela que baixar ti e nese tramo é moi brusca" explicou ao tempo que aclarou que "depende só do factor humano". O maquinista non se aventurou a dar unha explicación ao que aconteceu no accidente, mais si sinalou que " a sensación é que non reduciu a velocidade, mais puideron fallar outras cousas". "Non sei se o tren freaba, se freaba en condicións", apuntou, sen entrar a especular sobre as causas que levaron ao maquinista a non ser quen de reducir o comboio. |
PRAZA_3606 | O Ministerio dá 48 horas "ás persoas e empresas que dispoñan de material" sanitario para poñelo á disposición do dispositivo contra o coronavirus | "Todas as instalacións da sanidade privada" de Galicia pasan a estar "ás ordes" do Servizo Galego de Saúde para afrontar a crise do coronavirus. O Ministerio de Sanidade disponse a ordenar que todos os medios sanitarios privados do Estado estean baixo o control das consellerías de Sanidade de cadansúas comunidades autónomas coa fin de poñer os seus recursos á disposición do sistema sanitario público.É unha das primeiras medidas que o Goberno de España vai ditar ao abeiro do estado de alarma e que, segundo avanzou no serán deste domingo o ministro Salvador Illa, implican tamén poder habilitar "espazos en locais públicos ou privados" para "prestar atención sanitaria", xa sexa en réxime de consultas ou hospitalización. Esta medida implica a posibilidade, por exemplo, de tornar en cuartos hospitalarios determinadas instalacións hoteleiras.O Ministerio dá 48 horas "ás persoas e empresas que dispoñan de material" sanitario para poñelo á disposición do dispositivo contra o coronavirusOutra das intervencións no sector privado está vinculada ao material sanitario. Así, avanzou o ministro, "todas aquelas persoas dispoñan de material e as empresas con capacidade de produción deste tipo de produtos deben poñelo en coñecemento do Goberno" nas vindeiras corenta e oito horas. Esta orde atinxe ás factorías ou almacéns de máscaras sanitarias ou respiradores, entre outro material.Na liña do reclamado polas autonomías, poderá "prorrogarse a contratación" de persoal médico residenteNa liña do reclamado polas comunidades autónomas -entre elas, Galicia-, o Ministerio confirma tamén a "suspensión das rotacións" de persoal médico residente que aínda non completase a súa especialización. "Con carácter excepcional e transitorio", poderá "prorrogarse a súa contratación" para afrontar o virus.Ademais, Illa anuncia un cambio no fornecemento de datos sobre a epidemia. De agora en diante, coñeceranse todos os datos do Estado unha vez ao día, desagregados por autonomías. O plan do Ministerio é difundilos cada mañá, especifica.Transportes confirma a redución de servizos e prazas nos trens e Defensa ratifica o despregamento da Unidade Militar de Emerxencias para informar e "disuadir" a quen non cumpra as restriciónsNa comparecencia conxunta dos membros do Executivo central designados como delegados da "autoridade competente" no marco do estado de alarma -ademais do de Sanidade, os titulares de Interior, Defensa e Transportes-, representantes do Exército e o responsable de Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, o Goberno central ratificou tamén o despregamento da Unidade Militar de Emerxencias en diferentes puntos do Estado, tanto para informar e asistir como para "disuadir" a poboación que non cumpra as restricións. Ese despregamento da UME comezou en sete cidades, nas que esta unidade ten os seus batallóns. Non obstante, a ministra Robles advertiu de que se despregará "onde sexa necesario". Ao tempo, intégranse na asistencia do coronavirus todos os hospitais militares.Vinculado aos desprazamentos, o titular de Transportes, José Luis Ábalos, deixa nas mans de autonomías e concellos a redución de porcentaxe no transporte público. Trátase, segundo o ministro, de garantir os desprazamentos por razóns laborais ou outras "inaprazables" das contempladas no estado de alarma, e sempre con limpeza diaria dos vehículos. No caso de Renfe, os trens reducirán "a un terzo" a súa capacidade para aumentar o espazo entre pasaxeiros, redución que se suma ao 50% da redución de servizos. |
NOS_29509 | Sermos entrevista no seu número 189, xa na rúa, o portavoz do grupo parlamentar do PSdeG-PSOE, José Luis Méndez Romeu. Na conversa, Méndez Romeu desbótase como cartaz para as eleccións galegas e manexa a hipótese de que Feijóo -"o único candidato do PP posíbel"- avance os comicios. Nese sentido, até acha verosímil que as convoque en maio, antes da eventual repetición das xerais axenda para o 26 de xuño. Eis un fragmento da entrevista. | -Para haber un cambio de goberno no mínimo teñen de se cumprir dúas condicións: unha, que ese goberno estea deteriorado; dúas, que haxa unha alternativa verosímil. Desde a súa experiencia no bipartito como conselleiro, ve unha hipótese de acordo para un eventual executivo de coligazón na Xunta? -O goberno que houbo na Galiza entre os anos 5 e 9, tan fortemente deostado polo PP, continúa a ser unha referencia. Os dados, os indicadores sociais, económicos, de rendas, do ano 9 continúan a ser mellores dos que o ano 16. Portanto, parece que naquel momento, e coa crise xa iniciada, aquel goberno tiña ideas máis claras e máis capacidade de xestión e máis capacidade de transformación do país. En todo caso, calquera experiencia de goberno ten que aprender tanto dos acertos como dos erros daquel goberno entre o PSOE e o BNG que tivo tan bos resultados. Nós temos unha experiencia longa de coligazón en concellos e deputacións co BNG. Hai cousas que xa non nos temos que explicar. Con outras forzas, se chega o caso, haberá que facer ese traballo. Nada distinto do que pasa na maior parte de Europa. A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos 189, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa. |
NOS_13679 | Práctica en aumento no mundo que abre a porta a abusos ás mulleres xestantes e ás crianzas. | "Unha forma de explotar as mulleres e de estimular a trata de nenos"; "unha clara humillación á dignidade das mulleres", que "non o fan gratis ou por entusiasmo"; un procedemento que se aproveita da "vulnerabilidade social e da pobreza". Son palabras de Cirilo I, patriarca da Igrexa Ortodoxa de Rusia, un país onde a xestación subrogada é totalmente legal. Como en Ucraína ou Xeorxia, países onde os niveis de pobreza empuxan algunhas mulleres a saciar unha demanda en aumento. Tamén a ONU, nun informe presentado no Consello de Dereitos Humanos en marzo de 2018, alertaba desta práctica salientando un punto importante: "Ter fillos non é un dereito que estea recollido no dereito internacional". Centrado na protección das crianzas e dos seus dereitos, o informe elaborado pola entón Relatora Especial da ONU sobre Venda e Explotación sexual das crianzas , Maud de Boer-Buquicchio (2014-2020), subliñaba que "a xestación subrogada con fins comerciais, tal e como se practica na actualidade nalgúns países, habitualmente equivale a unha venda de crianzas". Ucraína e Estados Unidos É o caso de Ucraína, país ao que recorren moitas mulleres que queren ser nais pola ausencia dun marco normativo rexo neste país e os prezos máis económicos. A agresión militar do Goberno do presidente ruso, Vladimir Putin, puxo ademais de manifesto como nalgúns casos fica nun papel secundario o benestar das mulleres que recibiron un diñeiro por dar a luz, centrándose o foco na nai receptora. Mais é Estados Unidos o país do mundo onde máis mulleres recorren a este procedemento. A diferenza de Ucraína, o país norteamericano si que conta con regulación e está aberto a persoas non heterosexuais. Son unha trintena de Estados estadounidenses onde a subrogación é legal; noutros como Michigan está criminalizado. Calcúlase que en Ucraína nacen entre 2.000 e 2.500 bebés dos chamados "ventres de alugueiro" nas 33 clínicas privadas do país. O desembolso das familias que deciden comprar un bebé en Ucraína pode chegar aos 40.000 euros ─dos que a nai de alugueiro recibe uns 12.000─ mentres nos Estados Unidos abeira os 100.000. Posta en común Maud de Boer-Buquicchio presentou na 74ª Asemblea Xeral da ONU, en setembro de 2019, un novo informe elaborado en base ao de marzo de 2018 e que se nutría das achegas acerca da materia por parte de 25 países e dunha trintena de organizacións da sociedade civil. Malia haber "poucas estatísticas oficiais", a relatora admitía que a subrogación "é unha práctica reprodutiva en aumento" e que "ofrece oportunidades para formar unha familia a aquelas persoas que doutra maneira non poden". Situación que presenta "novos retos éticos e legais", principalmente a respecto da vulnerabilidade dos dereitos das crianzas nacidas deste proceso pola ausencia dun marco legal nacional e internacional. É neste punto último que incidía De Boer-Buquicchio, para evitar que "os intereses comerciais" que caracterizan toda industria primen sobre a protección dos menores. E tamén manifestaba unha dobre preocupación exposta por ONG e organismos públicos: os "desequilibrios de poder" que se poden dar ante a práctica crecente de buscar en países non desenvolvidos os ventres de alugueiro (é dicir, aproveitarse da necesidade); e o perigo de que un veto á xestación subrogada "poida ser discriminatoria ou socave a autonomía das mulleres para tomar decisións sobre os seus corpos". Subrogación "altruísta" Na UE, é legal en Polonia. En Alemaña, Francia ou Italia prohíbese toda forma de xestación subrogada. En Bélxica, Dinamarca ou Irlanda permítese sempre e cando a nai non reciba diñeiro alén dos gastos razoábeis e en Portugal, a mulleres sen útero ou cunha lesión ou situación clínica que impida o embarazo. É a chamada "subrogación altruísta", que a ONU tamén cuestiona xa que pode dar pé a pagos en negro. A nivel internacional, países como Tailandia ou a India, populares destinos durante anos, acabaron por restrinxilo a nacionais para evitar o fomento da subrogación a parellas estranxeiras con fins comerciais. |
NOS_24038 | Hoxe leváronse a cabo senllas concentracións de profesionais do sector nas cidades de Lugo e de Ferrol para demandar axudas económicas que lles permitan superar a actual situación. | A hostalaría está a ser un dos sectores económicos máis golpeados pola crise sanitaria, se non o que máis. A maiores do primeiro confinamento total e xeneralizado da pasada primavera en todo o Estado, únese agora a clausura decretada pola Xunta para estes locais en 60 concellos do país desde o pasado sábado até ─inicialmente─ o vindeiro 4 de decembro. O malestar vai en aumento. Hoxe, máis dun cento de profesionais da hostalaría de Lugo realizaron unha protesta fronte á Subdelegación do Goberno español, onde chamaron a "salvar" o sector ante esta complicada situación que atravesa. "Salvemos a hostalaría, o noso feche é a morte da cadea de valor do sector", era o lema da pancarta principal. Ademais, coreáronse algunhas consignas como "Queremos traballar" e "Se isto non se amaña, caña, caña, caña". O presidente deste sector en Lugo, Cheché Real, avanzou que segundo teñen previsto "as mobilizacións van seguir porque a hostalaría continúa fechada, continúa con restricións e con limitacións". Real avisou de que "xa non se trata de axudas", senón dun "plan de rescate" a nivel estatal. "É o que solicitamos con esta concentración, que está auspiciada desde Hostalaría de España", a patronal do sector, nunhas mobilizacións que ─asegurou─ se reproducen por todas as cidades do Estado. Pagamento de impostos Sobre o tema da insubmisión fiscal, recorrente estes días entre os profesionais do sector, Real dixo que "virá dada por si mesma porque non se pode pagar se non che deixan ingresar". "Isto é inaguantábel porque non tes liquidez", razoou. Ademais, lamentou que se a situación é "preocupante" para a hostalaría, "peor" é o escenario para o "lecer nocturno". "Se estamos nunha situación agónica, desesperada, o lecer nocturno, que leva sen abrir seis meses, como van poder facer fronte ao pagamento de alugueiros, seguridade social, IRPF ou taxas? Ou que non te pillase con investimentos e ter que pagar hipotecas", expuxo o representante dos hostaleiros lucenses. Ao final da concentración, os participantes entregaron un escrito á subdelegada do Goberno español en Lugo, Isabel Rodríguez, co contido das reivindicacións, apoiadas polo secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López. Nesta protesta participaron representantes do PP e de Ciudadanos no Concello, malia que moitas das críticas do sector poñen o foco no Goberno galego, presidido polo popular Alberto Núñez Feixoo. "Xa se está a ver que hai fame en moitas familias" Tamén en Ferrol se levou a cabo unha concentración duns 200 profesionais da hostalaría e do pequeno comercio. Fixérono na Praza de Armas. Alí, o presidente da Asociación de Empresarios da Hostalaría de Ferrol e Comarcas, Emilio Vázquez, alertou de que "xa se está a ver que hai fame en moitas familias que dependen dos estabelecementos de hostalaría, tanto en propietarios como en empregados". Isto dáse, sostivo, porque continúa a haber "atrasos á hora de cobrar o ERTE". "Ferrol ─lembrou─ xa vén dunha crise constante". "Vemos como se vai apagando, imos perdendo poboación, sen recuperar actividade, e vai motivar que moitos negocios xa non volvan abrir máis", lamentou. |
NOS_19676 | O proceso Gazte Zukgua desenvolveuse en 180 vilas e barrios de Euskal Herria para sentar as bases da nova organización xuvenil de esquerdas e abertzale. O congreso de presentación será o 2 de marzo en Lizarra (Nafarroa) | O tecido da esquerda abertzale segue a camiñar na recomposición das súas ferramentas políticas após os anos de ilegalización. Se nestes meses o foco centrouse principalmente en Sortu, a nova formación da esquerda abertzale que terá o seu congreso constituínte o 28 deste mes en Iruñea, non é esta a única organización do independentismo que está a agromar no novo escenario após o cese o fogo de ETA. Así, tamén se está a desenvolver un proceso ao longo e ancho de Euskal Herria para dar nacemento a unha organización xuvenil abertzale e de esquerdas. O proceso denomínase Gazte Zukgua e no mesmo xa ten participado máis de 2.500 moz@s de 180 vilas e barrios vascos. O vindeiro 2 de marzo realizarase en Lizarra o congreso de presentación da nova formación, onde se dará a coñecer o seu nome e logotipo. "Estado socialista para Euskal Herria" Irati Sienra, unha das impulsoras deste proceso, afirmou que a finalidade de Gazte Zukgua era "reunir os mozos e mozas que desexan un estado socialista para Euskal Herria". Durante os debates en vilas e barrios, indicou Sienra "ficou claro que nesta situación de crise a única alternativa real é a independencia, o socialismo e o feminismo". Aliás, avogan por implicar á mocidade nas vías de solución tanto das causas como das consecuencias "do conflicto que vivimos: pres@s, refuxiad@s e fuxid@s, dereitos civís e políticos, memoria ou desmilitarización". A nova organización xuvenil da esquerda abertzale que naza en Lizarra o 2 de marzo collerá o testemuno, aínda que nun escenario totalmente distinto, das súas prodecesoras: Jarrai, Haika e Segi, ilegalizadas. E a celebrar o parto: Gazte Danbada Gazte Danbada será o festival que celebre o nacimiento da nova organización xuvenil que se está a xestar mediante o proceso Zukgua. Un festival que terá lugar os días 29,30 e 31 de marzo, ademáis do 1 de abril. Haberá palestras de debate, obradoiros, coloquios, teatro, animación de rúa e concertos. A cita será en Urduña, unha pequena vila de Bizkaia de pouco máis de 4.000 habitantes. |
NOS_11926 | A aviación israelí bombardeou a Franxa de Gaza a partir das 18 horas da segunda feira con ducias de ataques, entre eles, o da oficina de Ismail Hanniya, xefe da área política de Hamás. | Israel volveu bombardear Gaza. Fíxoo na tarde da segunda feira e intensificou os ataques a partir das 18 horas. Un dos obxectivos foi a oficina de Ismail Hanniya, un dos responsábeis de Hamás, que non se atopaba no lugar. A aviación israelí atacou posicións de Hamás mais non só. Tamén edificios civís, incluídos ministerios. Israel acusou a Hamás de lanzar mísiles. A organización palestina advertiu de que responderá con contundencia se Israel cruza "as liñas vermellas". Acordouse un cesamento do fogo grazas, segundo medios palestinos, á mediación de Exipto. Durante o mes de marzo repetíronse os ataques aéreos na Franxa de Gaza que deixaron unha ducia de persoas falecidas. Hamás desmentiu estar detrás do disparo de mísiles desde Gaza e asegurou que non busca aumentar a escalada de tensión con Israel. Altos do Golán O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, atopábase en Washington durante os ataques. Precisamente, o presidente estadounidense, Donald Trump, asinara na segunda feira o decreto que recoñece a suposta soberanía de Israel sobre o territorio en Siria dos Altos do Golán, ocupado desde 1967. O anuncio de Trump vai na mesma liña do recoñecemento dos EUA á suposta de soberanía de Israel sobre Xerusalén. |
NOS_9959 | Concelleiros e concelleiras do BNG nas distintas corporacións e gobernos municipais nestas catro décadas poñen en valor nun acto as iniciativas impulsadas pola formación que transformaron a cidade. | O BNG quixo visibilizar e poñer en valor o traballo que desenvolveu ao longo destes catro anos no Concello de Santiago, quer na oposición quer no goberno municipal. O acto '40 Anos de nacionalismo no Concello de Santiago' reuniu concelleiros e concelleiras do Bloque nas diversas corporacións municipais destes anos para lembrar as accións que emprenderon "para transformar Compostela nas últimas décadas" No acto estiveron ademais da candidata do BNG á Alcaldía, Goretti Sanmartín, Encarna Otero, Néstor Rego, Xosé Manuel Iglesias, Manuel Portas, Olga Pedreira, Rafa Vilar, Rubén Cela, Elvira Cienfuegos e Soco García Conde. Na súa exposición destacaron a coherencia e capacidade de traballo que caracteriza os grupos municipais do BNG, "que impulsaron medidas transformadoras enmarcadas nun proxecto de país para definir o modelo de cidade". Entre as iniciativas que impulsou o BNG destacaron a Casa das Mulleres, programas de rehabilitación da Cidade histórica, premios internacionais pola recuperación de espazos urbanos, os Consellos de Participación Cidadá, escolas infantís municipais, a ludoteca María Miramontes, as primeiras hortas urbanas, a democratización do Consorcio da Cidade de Santiago e do Auditorio de Galiza e o primeiro Plan Municipal de Normalización da Lingua Galega do país. Ademais, tamén se refreriron a que a presenza do BNG conseguiu, coa mobilización social e política, a paralización do 'pelotazo' na Finca do Espiño, da intención de pechar o mercado de gando de Amio (que hoxe é primeiro do Estado en vendas e transaccións). |
PRAZA_15013 | O Coruxo salvou un punto este domingo na visita do líder do grupo I de segunda división B, o Tenerife, ó campo do Vao. O equipo de Antonio Gómez puido gañar se Iosu Villar aproveita unha das dúas ocasións seguidas que tivo a sete minutos da conclusión. Tamén puido facelo o Tenerife. | O Coruxo salvou un punto este domingo na visita do líder do grupo I de segunda división B, o Tenerife, ó campo do Vao. Aridane, pichichi do grupo, adiantou ó conxunto canario no minuto 32, nun rexeite que os xogadores locais reclamaron como man. O Coruxo, grazas ó seu grande empuxe no segundo acto, empatou cun remate de cabeza do capitán Antúnez. O equipo de Antonio Gómez puido gañar se Iosu Villar aproveita unha das dúas ocasións seguidas que tivo a sete minutos da conclusión. Tamén puido facelo ó Tenerife se o colexiado non anula outro tanto de Aridane por fóra de xogo. Sergio Aragoneses, porteiro pontevedrés do Tenerife, tivo que intervir decisivamente desbaratando varias ocasións locais. O conxunto canario segue invicto no grupo despois de doce partidos. Sergio Aragoneses, porteiro pontevedrés do Tenerife, tivo que intervir decisivamente desbaratando varias ocasións locais O Coruxo prosegue co seu inicio de liga positivo no grupo I de Segunda División B. Máis que polo resultado, polo xogo que amosaron os pupilos de Antonio Gómez ante o líder. O conxunto vigués puido gañar perfectamente na segunda metade, pero volveu pecar de falta de pegada. É o terceiro equipo menos goleador do grupo, pero o Vao segue sendo un fortín (catro vitorias e dous empates) e mantense sexto con 19 puntos. O Tenerife é líder con un máis que o Avilés, segundo. É o terceiro equipo menos goleador do grupo, pero o Vao segue sendo un fortín (catro vitorias e dous empates) e mantense sexto con 19 puntos O partido foi entretido no segundo tempo. Menos no primeiro. O Tenerife tiña a pelota, pero non atopaba o xeito de entrar na zaga galega. O Coruxo, que optaba por un xogo máis directo, contou coas mellores ocasións: unha de Samuel, que picou por enriba do longueiro nun man a man, outra de Iosu Villar de cabeza detida por Aragoneses e un disparo de Antúnez. Non obstante, o Tenerife, que combinaba no centro do campo pero non pisaba a área dos verdes, deu o primeiro golpe pasada a media hora de encontro. Fernando, meta do Coruxo, saca a córner un disparo de Cristo Martín. No saque de esquina, Aridane, o pichichi dos canarios, atópase cun rexeite solto na área pequena e anota para o Tenerife entre o peito e o brazo. O colexiado Román Román decreta o tanto pese ás protestas do porteiro Fernando. Sen apenas achegarse, o Tenerife ía por diante. O Coruxo tentou ir cara arriba antes do descanso sen resultado, excepto un remate do central Alberto García. A reacción local tardaría ata a segunda metade, cando o Coruxo saíu decidido a buscar o empate. Non obstante, foi o Tenerife quen puido marcar nun disparo de primeiras de Aridane. Antonio Gómez, técnico local, introduciu no minuto 13 dous trocos que resultarían decisivos. Víctor Besada aportou distribución no centro do campo e chegada arriba. Cano situouse na banda esquerda, a perna cambiada, para virse cara dentro e permitir as subidas do lateral Aitor Pastoriza. Así chegaron as ocasións máis claras do Coruxo, como o gol do empate. Corría o 22 do segundo acto cando o capitán Antúnez rematou de cabeza ó fondo das mallas un bo centro de Aitor Pastoriza. O Coruxo obtiña o premio que xa merecía. O Vao víñase arriba, eran os mellores minutos dos verdes no partido. Corría o 22 do segundo acto cando o capitán Antúnez rematou de cabeza ó fondo das mallas un bo centro de Aitor Pastoriza. O Coruxo obtiña o premio que xa merecía. O Vao víñase arriba, eran os mellores minutos dos verdes no partido Álvaro Cervera, adestrador do Tenerife despois de pasar a pasada temporada polo Racing de Santander en primeira, movía o banco na busca de solucións. Yeray e Nico deixaron detalles no ataque canario. O partido xa era un ida e volta. O Tenerife tamén chegaba, e, tras unha boa xogada combinativa, Yeray disparou, Fernando rexeitou e Aridane marcou, pero o liña levantou a bandeira e anulou o tanto. Non obstante, o Coruxo era o que máis golpeaba. Tres minutos despois Iosu Villar, o xogador que demostrou máis calidade actuando na mediapunta do Coruxo, desaproveitou dúas ocasións clarísimas de forma consecutiva e mesmo guión. Cano íase cara o centro, Aitor Pastoriza entraba pola esquerda, Iosu Villar remataba na área e Sergio Aragoneses sacaba. Aí estiveron as opcións do Coruxo de levarse os tres puntos. Aínda que o seguiu buscando ata o final, non conseguiu romper o empate a un no marcador. Un punto valioso ante o líder que reforza a confianza do equipo. |
NOS_16122 | Galiza volve amosar a debilidade do seu sistema produtivo. Cun sector industrial ameazado polos regulamentos, a automoción e o téxtil son os únicos sectores que manteñen a flote a economía galega, e non sen dificultade. Proba diso é que a caída das exportacións de automóbiles fai que, até o mes de novembro, a diferencia entre exportacións e importacións arroxe un saldo negativo de 2.052 millóns de euros, un 44% menos que nos once primeiros meses do exercicio anterior. | O mes de novembro no que aos datos de comercio exterior se refire foi positivo para Galiza. Após varios meses consecutivos de fortes caídas, o volume de exportacións medrou 6,6%, até os 2.110 millóns de euros, un dato só superado por Illes Balears (14,3%) e Euskadi (12,3%). Ademais, a contribución galega á taxa de variación interanual das exportacións no conxunto do Estado español (-0,9%) foi a segunda maior, con 0,5 puntos e 8,4% do total. Na Galiza, as principais exportacións no mes de novembro viñeron dos sectores de manufacturas de consumo (29,9% do total e cun crecemento de 5,5% interanual), o sector da automoción (21,4% do total e cunha suba de 60,7% interanual) e bens de equipo (13,4% do total e unha caída de 4,9% interanual). Pero os bos resultados dun mes non abondan para agochar os problemas que arrastra un dos principais sectores productivos da Galiza no conxunto do ano. Segundo os datos do informe de comercio exterior de novembro de 2019 publicados polo Ministerio de Industria, entre xaneiro e novembro, a automoción fixo descender bruscamente os datos de exportacións na Galiza. Nos once primeiros meses do ano, o volume exportado acadou os 3.208 millóns de euros, o que representa 12,4% menos que no mesmo período de 2018. O téxtil, outro dos sectores que máis tira da economía, apúntase un descenso de 1,3%, con 6.165 millóns de euros facturados. Ao contrario do que aconteceu en novembro, nos once primeiros meses do ano Galiza liderou as contribucións negativas a taxa de variación do conxunto do Estado español, con 0,4 puntos e 7,6% do total. Balanza en negativo No período, as exportacións baixaron 4,4% anual. Pola súa banda, as importacións seguiron o camiño contrario e creceron 3,9%. O sector téxtil liderou as subas, 19%, até os 2.256 millóns de euros de facturación, seguido dos bens de equipo (17,5% e 1.869 millóns de euros). As importacións no sector da automoción creceron 6,1%, até acadar os 5.068 millóns de euros. Así pois, a balanza comercial deste sector arrastra nos once primeiros meses do ano un saldo negativo de 1.860 millóns de euros. Entre xaneiro e novembro, só Galiza e a Rexión de Murcia presentan un crecemento negativo dos saldos da súa balanza comercial, máis acusado no caso da segunda, xa que cae 74,2%. Pero Galiza tampouco está para moitas celebracións, xa que o saldo entre o volume exportado (20.362 millóns de euros) e o importado (18.316 millóns de euros) foi de 2.052 millóns de euros, 44% inferior ao rexistrado no mesmo período do ano anterior. Con todo, hai motivos para o optimismo. Os datos do mes de decembro poderían corrixir en parte esta desviación e axudar a consolidar un cambio de tendencia. A situación industrial pode contribuír en parte, xa que o feche das centrais vai eliminar as importacións de carbón da ecuación, pero tamén pode agravar máis o problema. A delicada situación pola que atravesan as industrias electrointensivas pode condicionar tamén o volume do exportado. Mercar para vender Ante esta situación, as Administracións deben traballar na procura dun modelo que incentive a produción de bens de alto valor engadido, pero o investimento en innovación na Galiza, por baixo do 1% do Produto Interior Bruto (PIB) dista moito de ser determinante. O sector enerxético está a vivir na actualidade un proceso de transición cara fontes de xeración menos agresivas co medio ambiente. No sector da automoción tamén se están a dar cambios neste senso, pero a sociedade e as novas formas de mobilidade xa empezan a dar pistas de que vai ser un dos seguintes en verse afectado polas transformacións, polo que apostar o crecemento da economía nel é, canto menos, arriscado. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_49898 | Di adeus Iván Raña (Ordes, 1979), o pioneiro, o home que o seu adestrador definiu como "o Indurain do tríatlon". Non obstante, a súa retirada do profesionalismo non dará paso a unha vida sedentaria, pois este namorado do deporte seguirá subindo periodicamente á súa bicicleta e xa apunta a un salto ao mundo do rally. | —Estamos en 2021, pasaron 25 anos da súa participación no Mundial Júnior de Cleveland, en 1996. Pasóuselle nalgún momento pola cabeza que seguiría en activo un cuarto de século despois? O certo é que nunca tiven unha data fixa para retirarme da profesionalidade. De feito, hai non moito tempo houbo unha época na que pensaba que aínda aguantaría algo máis, pero este é o momento. Necesito estímulos novos, aínda que a competición segue motivándome e hoxe mesmo fixen cinco horas de bicicleta e tamén nadei e corrín, case como cando era profesional, pero fágoo tan só por sentirme ben, porque a mirada téñoa xa noutras cousas. —Polo tanto, Iván Raña non será un deses deportistas que substitúen dun día para outro, case que de golpe, o deporte de alto nivel polo 'sillón-ball'... Non, non (ri). De feito, agora mesmo estaba planificando o calendario para poder correr algunha carreira de mountain bike por etapas no ano próximo. Seguirei en activo, para estar en boa forma, pero deixando atrás a mentalidade en que pensas en exclusiva na competición e nos resultados. Hai que deixar iso atrás, pero non o meu estilo de vida que implica moverme cada día. —Un ve a evolución dos profesionais doutros deportes tan diferentes como o fútbol e observa que os xogadores, co paso dos anos, van retrasando a súa posición cara outras menos esixentes fisicamente. Porén, no tríatlon prodúcese o fenómeno contrario, pois, como foi o seu caso, adoita pasarse da distancia olímpica ao 'ironman', moito máis longo e duro. A que se debe este fenómeno? No tríatlon ti vas adaptándote ao fondo, sendo máis económico, regulando mellor os esforzos, sabendo o ritmo exacto que tes que levar, non como cando es novo, que podes saír sen tanto control e rebentas. Eu, de feito. agora retírome, pero teño adestramentos recentes nos que pensei que facía cousas das que non era capaz con 20 anos nin de broma (ri). Cos anos un mellora a técnica, as percepcións, o control sobre as lesións, a consciencia sobre o propio corpo... e iso tradúcese nos resultados. De feito, Joan Llaneras, que foi campión olímpico con 39 anos, comentoume que coa idade pode haber un pequeno baixón físico, pero que depende todo dos adestramentos. O problema tamén está nas gañas e na motivación. Eu por exemplo se me din de correr mañá un rally, da emoción xa non durmo pola noite, pero un tríatlon xa é algo que teño moito máis visto. E ollo, con iso non digo que non me motive, pero quero probar cousas novas, sen pensar en algo que me condiciona en exclusiva durante moitos meses. —Pon agora o exemplo de correr un rally como algo que lle gustaría facer, unha paixón que nunca ocultou e que a bo seguro lle veremos facendo máis cedo ou máis tarde... Por suposto. Encántame que as sensacións que transmite o rally, independentemente de se conduces un 106, un Mitsubishi ou R5, vas conectado co coche, concentrado e enganchado ao 100%. —O rally é unha disciplina que pouco ten que ver co deporte no que fixo vostede carreira. Máis relación ten o ciclismo de estrada, no que protagonizou unha sorprendente incursión no 2009, cando asinou polo desaparecido equipo Xacobeo Galicia. Que lembranzas, en perspectiva, garda daquela breve aventura? Para min foi unha época moi chula na que aprendín moitas cousas, e quizais o que máis o traballo en equipo, a pesar de que xa correra desde pequeniño no Leyma, o Estradense, o Cambre, o Froiz, o Cortizo... nunha chea de equipos, incluído no meu propio, o Team Raña. Sempre gustei moitísimo do ciclismo a pesar de ser triatleta. Lembro un día que ía sufrindo moito nunha etapa e de súpeto achegouse o líder, que era Ezequiel Mosquera, e pediume axuda para avanzar no pelotón, e entroume unha enerxía que pensei "oes, de onde sae todo isto"... é algo que no tríatlon non vives apenas porque é máis individualista. Lémbrome tamén de (Gustavo César) Veloso, quen nalgún momento de apuro tamén me pegou algún empurrón, e agradézollo moito. —Nese momento, que lle levou a tomar a decisión de dar o salto ao ciclismo profesional, e máis concretamente nun conxunto no que non era nin moito menos o líder, logo de ser o mellor do mundo na súa disciplina? Tiña moi claro onde me metía e que o da bicicleta era cuestión de tempo. Tamén que levaba como tres anos sen correr unha carreira nin sequera en afeccionados, e aínda así de como comecei a como acabei ese ano tiven unha melloría moi grande, pero o que eu quería vivir era a experiencia de ser ciclista, levantarme cada día e rodar 150 quilómetros, preparar as carreiras... Ese era o meu estilo de vida ideal nese momento, e conseguino. E ademais abriume as portas Marta Souto (directora xeral para o Deporte nos tempos do Goberno PSOE-BNG en San Caetano) desde a Xunta nese momento, e con independencia dos momentos de tensión cos directores, todo encaixou, e xa che digo que foi algo que si que repetiría sen pensalo, porque foi unha experiencia que me encantou. |
NOS_19156 | A sexta feira, nun acto no monte de San Pedro (A Coruña), Alberto Núñez Feixoo e Pablo Casado saíron sen máscara para facer un posado coa cidade herculina de fondo, até que alguén do seu equipo lles advertiu que a puxesen para a fotografía. O gabinete de prensa do partido pediu aos gráficos que non divulgasen as imaxes. | Durante este domingo, varios xornalistas e fotógrafos foron chamados para realizaren a proba PCR, algúns durante esta mesma xornada e outros no día de hoxe. Segundo revela un deles a Nós Diario, o nexo en común é estaren a traballar nun acto organizado polo Partido Popular na Coruña a pasada sexta feira 18 de decembro: "Galicia: máis investimentos, menos impostos". Neste lema encadrábase a visita de Pablo Casado, líder do PP do Estado, á Galiza, na semana na que Alberto Núñez Feixoo conmemoraba os primeiros 100 días do seu cuarto mandato á fronte da Xunta. Os dous políticos protagonizaron unha escena curiosa nas inmediacións do restaurante enclavado no monte de San Pedro, no que tivo lugar unha comida de celebración previa ao acto. Feixoo e Casado, para facer un posado coa cidade herculina de fondo, saíron do xantar sen a máscara, conta un dos asistentes a 'Nós Diario' Feixoo e Casado, para facer un posado coa cidade herculina de fondo, saíron do xantar sen a máscara, conta un dos asistentes a Nós Diario. Logo, alguén do seu equipo advertiulles que puxesen este elemento de protección (e de uso obrigatorio) para tirar as imaxes. "Despois, tanto xente de prensa do PPdeG como responsábeis de protocolo de Casado foron dicindo a fotógrafos e cámaras que non pasasen esas fotografía deles sen máscara", engade esta fonte. Após este comportamento pouco responsábel por parte dos dous políticos, a chamada a facer a PCR quer dos xornalistas quer doutros cargos do partido, está vencellada ao positivo en Covid-19 de Rosa Quintana, conselleira de Mar da executiva de Feixoo. Esta mañá dei positivo por #COVID19. Estou ben e asintomática. Seguindo os protocolos de saúde pública, os contactos máis estreitos están a ser avisados e supervisados. Estarei uns días confinada ata que me recupere totalmente pero pendente do sector esta vez vía telemática. RQ💙— Rosa Quintana (@RosaQuintanaMar) December 19, 2020 O pasado sábado comunicaba esta nova, dicindo a través do seu perfil de Twitter que se atopaba "ben" e que era "asintomática". Aseguraba igualmente que "seguindo os protocolos de saúde pública, os contactos máis estreitos están a ser avisados e supervisados". O PPdeG, consultado por Europa Press, enmarcou as citas no "protocolo convencional" que segue o sistema sanitario para "identificar contactos" dun positivo e evitar que se produzan contaxios. |
NOS_38060 | Formoso afirmou, a modo de exemplo, que ve "imposíbel" defender ao mesmo tempo "o financiamento autonómico de Murcia e o da Galiza". | O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, manifestou que é "ilóxico e absurdo" que Alberto Núñez Feixoo compatibilice o cargo de presidente da Xunta co do PP a nivel estatal. Neste sentido, a modo de exemplo, afirmou que ve "imposíbel" defender ao mesmo tempo "o financiamento autonómico de Murcia e o da Galiza". "Incompatibilidade de postos" En declaracións aos medios en Compostela, após reunirse coa ministra de Educación, Pilar Alegría Continente, o líder do PSdeG cre que esa "incompatibilidade" de postos vaise dar "constantemente". Aínda que sinalou que a decisión de Núñez Feixoo é unha "cuestión persoal" e dálle nese sentido o seu tempo, tamén advertiu de que é unha "cuestión de compromiso coa Galiza". Ante preguntas dos xornalistas sobre cando consideraría apropiado que Feijóo decida o seu futuro, Formoso insistiu en que "é unha decisión persoal". Comeza o "tic tac" No entanto, advertiu de que, unha vez que tome esa decisión, comezará o "tic tac" para saber se "ten un compromiso de país ou hai un compromiso co resto do Estado". González Formoso voltou a incidir en que Feixoo ten a responsabilidade de dirixir Galiza e sinalou que o seu compromiso debe ser coa cidadanía galega, polo que "calquera outra competencia que exixa compatibilidade máis alá da fronteira de Pedrafita, non ten sentido". |
PRAZA_13016 | O nosso é um nacionalismo rico em simbolismos e o símbolo, o signo, a base da comunicaçom. Somos animais simbólicos, já é sabido, e a potência do signo supera à do abstracto raciocínio. Sabem-no os economistas quando falam de activos intangíveis ou de valor de marca -Zara, Pescanova, Citroën mesmo- que outra cousa nom som que signos para diferenciar o genuíno do sucedáneo. Umha questom, a propósito: como é que o nacionalismo galego, com tam rico acervo simbólico, nom é capaz de fazê-lo valer para avançar em reconhecimento social? Se o nacionalismo possui tam reconhecida e imitada marca de qualidade, porque é tam estreito o seu mercado? | O 15 de Janeiro do 2012, morria no seu domicílio madrilenho dom Manuel Fraga, 89 anos, presidente da Junta da Galiza durante quinze anos decisivos: 1990-2005. Antes fora Ministro de Información y Turismo (1962-1969) de Francisco Franco e antes ainda opositor aplicado e catedrático precoce. O ilustre político espanhol descansa agora na paz marinhá do cemitério de Perbes detrás de umha lápida sepulcral que reza: "Manuel Fraga Iribarne, + 15-1-2012, Bo e xeneroso". O singular epitáfio pretende reduzir a vasta trajectória do impetuoso progenitor da direita espanhola à simples condiçom de modesto cidadao de acrisolada fidelidade ao país que o viu nascer e que chegou a presidir com ímpar dedicaçom e mínimo compromiso com a sua entranha histórica e simbólica. Essa entranha que agora reivindica a lápida sepulcral que preside a sua última morada. O Fraga do cemitério de Perbes, despojado das inúmeras medalhas e honores que o acompanhárom em vida, descansa agora como honesto patriota galego. Nom há que esforçar-se muito para adivinhar o amplo sorriso irónico com que terá saudado tam ingénua transmutaçom o perspicaz olho de vidro de Castelao desde o seu entranhável refúgio de Bonaval Nom há que esforçar-se muito para adivinhar o amplo sorriso irónico com que terá saudado tam ingénua transmutaçom o perspicaz olho de vidro de Castelao desde o seu entranhável refúgio de Bonaval. Ele si, bom e generoso de raiz, que transitou os caminhos da vida sem uniformes nem medalhas nem mais título de honra que o de artista do seu povo e notário meticuloso das suas mais íntimas aspiraçons e carências. A lápida de Fraga, a bandeira que envolveu o seu féretro, som umha inesperada homenagem de reconhecimento da arrogante retórica do nacionalismo espanhol à modesta semiótica do nacionalismo galego. O nosso é um nacionalismo rico em simbolismos e o símbolo, o signo, a base da comunicaçom. Somos animais simbólicos, já é sabido, e a potência do signo supera à do abstracto raciocínio O nosso é um nacionalismo rico em simbolismos e o símbolo, o signo, a base da comunicaçom. Somos animais simbólicos, já é sabido, e a potência do signo supera à do abstracto raciocínio. Sabem-no os economistas quando falam de activos intangíveis ou de valor de marca -Zara, Pescanova, Citroën mesmo- que outra cousa nom som que signos para diferenciar o genuíno do sucedáneo. Umha questom, a propósito: como é que o nacionalismo galego, com tam rico acervo simbólico, nom é capaz de fazê-lo valer para avançar em reconhecimento social? Se o nacionalismo possui tam reconhecida e imitada marca de qualidade, porque é tam estreito o seu mercado? A questom remete a um assunto crucial do pensamento político, o da hegemonia (Gramsci): a capacidade de persuasom social que qualquer organizaçom há de projectar para conquistar e preservar o poder político. Se tivéssemos que atribuir a um motivo principal a manifesta incapacidade do nacionalismo galego para seduzir a consciência social do país, eu apontaria sem vacilar cara à pobreza e desactualizaçom do discurso político que vem practicando. Preso de ideologias inoperantes e ressessas, o nacionalismo operante, o BNG, pouco mais pode oferecer à sociedade que tenta dirigir que os veneráreis símbolos da pátria. Preso de ideologias inoperantes e ressessas, o nacionalismo operante, o BNG, pouco mais pode oferecer à sociedade que tenta dirigir que os veneráreis símbolos da pátria O código genético que constitui o BNG amostra-se incompatível com a Uniom Europeia, com a autonomia política, com as políticas social-democratas (há outras?), com o direito à diferença dentro do próprio nacionalismo. Desconfia e tenta tutelar toda iniciativa da sociedade civil. Rechaça, em definitiva, o presente imperfeito em favor do futuro perfeito para acabar resignando-se ao tempo subjuntivo. Os filósofos falam de cote da crise do gram relato; a sociedade enxordeceu para as grandes palavras que som as que sustentam os grandes rechaços. Os partidos com sede madrilenha nom precisam de muito discurso, abonda-lhes com a argumentaçom da diferência e a alternáncia além de contarem com a potente megafonia da imprensa diária e os meios de comunicaçom. O nacionalismo nom, o nacionalismo precisa fornecer generosas doses de pedagogia, defender a qualidade sobre a quantidade, oferecer um horizonte de facticidade, cultivar a diferença, anunciar a Galiza intercontinental. Demasiada tarefa para tanta unanimidade como se cultiva e se exibe. Os partidos com sede madrilenha nom precisam de muito discurso, abonda-lhes com a argumentaçom da diferência e a alternáncia além de contarem com a potente megafonia da imprensa diária e os meios de comunicaçom Os bons e generosos disponhem dum riquíssimo património simbólico que ham de devolver à sociedade porque está em empréstimo. Também ham de escrever o discurso actual e necessário liberando-o do discurso ritual e reprimido que o está afogando. A razom é que nos negamos a ser outra naçom falhada. |
NOS_48844 | Traballadores do ente público denuncian que a petición da fiscalía de 2 anos de medio de prisión para o ex alcalde popular emitiuse no Telexornal de nova número 27, sen anuncialo nos titulares e durou só 25 segundos | Desde o blog 'Eu non manipulo', realizado por propios traballadores e traballadoras da Televisión de Galicia (TVG), recoñecen que foi a noticia "tratada de xeito máis descarado e vergoñento nos últimos anos". Refírense á nova de que a Fiscalía solicitaba para Conde Roa dous anos e medio de prisión e máis dun millón de euros de multa . Segundo este blog, a petición da Fiscalía, da que se informaba a fondo en televisións de todo o Estado español, non mereceu ser anunciada nos titulares do Telexornal. Iso si, neses titulares si que se abría con "presuntos casos de corrupción, Blanco e Cacharro Pardo, mais a nova de Conde Roa queda totalmente relegada cando por un criterio lóxico de orde debería de estar no bloque de portada". Un cuarto de minuto, e "o máis grave por vir" A noticia relacionada con Conde Roa emítese, denuncian desde este blog, á media hora de comezado o informativo, "no lugar 27 e dura...25 segundos!!!". Como din os responsábeis do blog, "durou menos que o titular adicado a José Blanco" "Mais o máis grave e escandaloso é a presentación da noticia: A locutora, en lugar de destacar a petición da Fiscalía, afirma textualmente, e en só 6 segundos,: "Remata a fase de instrución do caso por unha suposta fraude fiscal contra o que fora alcalde popular de Santiago, Xerardo Conde Roa". |
NOS_40206 | Simboliza como ninguén o carácter galego da monarquía hexemónica no espazo cristián peninsular entre o século VIII e XIII. Fillo dos reis galegos Ordoño II e Elvira Mendes, conseguiu a admiración de toda Europa polo seu xenio militar, tras derrotar en agosto do 939 Abderramán III en Simancas. Gobernante de grandes capacidades, tanto na política externa como na interna, foi coñecido polos seus contemporáneos como "O Grande". Amigo do mundo musulmán, con quen tentou manter unha relación pacífica, durante todo o seu reinado padeceu as manobras e intrigas do partido castelán do reino galego, sufrindo até hoxe os ataques da historiografía españolista polos seus enfrontamentos con Fernán González. | chegada ao trono de Ramiro II (898-951) foi un triunfo do partido galego. A favor da súa candidatura xogaba a súa ligazón coa oligarquía da Galiza nuclear, como membro da poderosa familia dos Goterres, a súa relación co país, onde naceu, foi educado e viviu, así como o proxecto político que defendeu, na liña de seu avó Afonso III e o seu pai Ordoño II, dirixido a garantir a hexemonía galega no reino cristián peninsular. Neste sentido, o seu reinado puxo fin a un período de inestabilidade de seis anos e representou un período de prosperidade en todas as ordes. Unha miniatura de Ramiro II recollida no Compendio da crónica de reis. (Foto: Biblioteca Nacional de España) Ramiro II facía parte do núcleo duro da nobreza galega. Fillo de Ordoño II e Elvira Mendes, por vía materna era neto de Hermenexildo Goterres (850-912), o auténtico líder da Galiza no século IX e de Gatón do Bierzo, tío de Afonso II. Ao tempo, era curmán de San Rosendo, o home forte no país ao longo do século X, sendo, máis un membro da poderosa familia dos Goterres, formada por unha ampla rede con presenza a través dos seus membros e das súas propiedades ao longo do reino. A súa infancia decorreu na área galaico portuguesa, sendo educado nestas terras por Onega e Diego Fernández. A primeira, sobriña do rei Afonso III e o segundo, irmán de Ero Fernandes, avó de San Rosendo e da raíña Aragonta e, por conseguinte, parte do clan dos Goterres. Onega e Diego era propietarios de grandes extensións de terreos na zona de Coimbra e de Viseu, sendo pais, entre outras, da célebre Mumadona Dias, condesa de Portugal, casada co conde do Deza Hermenexildo González, avós da raíña Velasquita Ramires. Uns reis da casa dos Goterres Ramiro II reforzou a súa ligazón coa oligarquía galega pola vía matrimonial, na liña do acontecido con seu pai, Ordoño II, e o seu irmán, Sancho I. Neste sentido, casou con Adosinda Goterres, filla de Goterre Osorio e Aldonza Mendes, esta última filla de Hermenexildo Goterres e de Elvira Mendes. Así as cousas, a raíña Adosinda Goterres era curmá de Ramiro, sendo pais de Ordoño III e da raíña de Nafarroa Teresa Ramírez. O matrimonio, probabelmente disolvido por imposición da lei canónica, rematou arredor de 933, casando o monarca en segundas nupcias coa princesa Urraca Sánchez, filla do reis navarros Sancho Garcés e Toda Aznar. Ramiro II reforzou a súa ligazón coa oligarquía galega pola vía matrimonial, casando coa súa curmá Adosinda Goterres Ramiro II foi considerado polos seus contemporáneos como un rei galego. Sen saír do espazo ibérico, un historiador tan reputado como Ibn Hayyan (987-1075) referiuse a el repetidamente como "Ramiro, rei dos galegos". Así, por exemplo, en relación cos acordos de paz asinados con Abderramán III, afirmou: "Fixo a paz con Ramiro, fillo de Ordoño, rei de dos galegos… tras pedirlla… con repetidos mensaxeiros". Na mesma dirección, en relación con estes feitos, sinalou que "violou o tirano Ramiro fillo de Ordoño, rei da Galiza, a paz, ao pedirlle socorro o rebelde Hasim, señor de Zaragoza, contra os musulmáns". Asemade, referiuse a el como "Ramiro, fillo de Ordoño, rei de Galiza, a quen deus maldiga, o máis querido polo pai e o máis querido polos galegos". O monarca galego era un gobernante experimentado cando foi entronizado. A comezos de 926 foille encargada a xestión da área do reino entre Miño e Mondego, nas actuais terras portuguesas, desprazando a residencia desde Coimbra até Viseu e gañando territorio en dirección ao Texo. Nesta responsabilidade, Ramiro sucedeu o seu aio Diego Fernández, delegando posteriormente este mesmo cargo en Hermenexildo González e Mumadona Dias, a quen o rei cualifica en diversos diplomas como "miña irmá de leite". A historiografía tradicional e a maioría dos autores contemporáneos, seguindo a versión recollida na Nómina Leonesa de finais do século X, sitúan a coroación de Ramiro II como rei da Galiza o 6 de novembro de 931. Neste sentido, os datos que chegaron do acto destacaron a importante presenza da nobreza civil e eclesiástica da área galego portuguesa e a práctica ausencia de representas da oligarquía castelá. No mesmo sentido, o monarca botou man para as responsabilidades máis importantes da administración de persoas procedentes da Galiza nuclear. Rei privativo da Galiza Un dos aspectos por aclarar da biografía de Ramiro II é o seu nomeamento como rei privativo da Galiza desde 929 até o seu ascenso á cabeza do reino galego. Así, algúns autores da área leonesa, ningún deles sospeitoso de nacionalista, veñen documentando nos últimos tempos que, após a morte de Sancho I, en 929, a nobreza galega proclamou Ramiro como monarca de seu na cidade de Zamora, a quen as crónicas contemporáneas cualificaban como "unha das máis importantes cidades do Reino da Galiza". Concretamente, un dos defensores desta tese é o leonés José Manuel García-Osuna, autor do volume El rey Ramiro II 'El Grande' de León, 'El Invicto' de Simancas. A xestión gobernamental estivo cargada de éxitos tanto na política interna como externa. Precisamente, as crónicas contemporáneas destacaron o seu xenio militar e os seus éxitos no campo de batalla. Un dos primeiros, concretamente ao ano de acceder ao trono, foi o asalto e saqueo dun poboado musulmán localizado nas proximidades de Toledo, Magerit, hoxe coñecido como Madrid, actual capital do Estado. Porén, o monarca galego viuse imposibilitado de chegar a Toledo pola superioridade de forzas das tropas de Abderramán III. A firmeza na esfera militar mesturouna cunha hábil política diplomática dirixida a buscar a paz co mundo musulmán, na liña da tradicional política galega de buscar acordos cos seus veciños do sur. A este respecto, Ibn Hayyan deu cumprida conta destas negociacións, significando que Abderramán III "enviou á Galiza o secretario xudeu Hasday Ibn. Mandou pois esta persoa a onde Ramiro e chegaron a grandes e bos acordos". Na mesma dirección, documentou que "chegou a Córdoba un mensaxeiro do tirano Ramiro, fillo de Ordoño, rei da Galiza, a falar de paz e pedindo tregua, enviándolle [Abderramán] ao seu home de confianza para entrevistarse con el e concluír a paz". A política de Ramiro II na orde interna buscou reforzar o poder da coroa e reformar o funcionamento da administración. Nesta liña, destacaron os seus esforzos na reorganización do funcionamento da monarquía, nomeando ou creando novas responsabilidades, modernizando as institucións e estabelecendo un consello asesor, que sería o xerme da futura "curia regia". O conflito contra Castela Os seus anos de Goberno estiveron marcados polo conflito interno entre o partido galego e o partido castelán. Só dous anos despois da súa entronización, á volta de finais de 833, debeu facer fronte a unha revolta impulsada pola nobreza castelá que, apoiada polos Froilaz, proclamou de novo rei en León Afonso IV, aproveitando a ausencia de Ramiro, naquela altura concentrado en Zamora para marchar cara a Toledo. A resposta do monarca galego non se fixo agardar, volvendo en busca dos sublevados e restabelecendo o seu poder interno. Unha vez apreixado o seu irmán, avanzou cara á área asturiana, onde se agochou Afonso Froilaz cos seus próximos, sendo estes, tamén, derrotados e encarcerados xunto a Afonso IV. A revolta castelá ficou documentada nas crónicas árabes e cristiás. Así, Ibn Hayyan escribiu en relación con estes feitos que "Afonso… entregoulle o reino, abdicou e fíxose monxe […] Daquela algúns inimigos do rei Ramiro o maliciaron na súa contra… casteláns e outros que o aborrecían, incitándolle a saír do mosteiro e atacar a este… ao que se opuxo en León… onde o bispo… e outros homes… fuxiron… uníndose ao rei [Ramiro] en Zamora… e dirixiuse apresuradamente a León, contra o seu irmán Afonso… até que fuxiron os casteláns que con el estaban, e Ramiro… fíxose cargo de el… téndoo preso". A crónica de Sampiro, redactada a comezo do século XI, significou, na mesma dirección, que "Afonso… enviou emisarios polo seu irmán Ramiro, a terras de Viseo, dicindo que quería renunciar ao reino […] Ramiro... mobilizou o seu exército… e entrando en Zamora veulle un emisario, porque o seu irmán… saído do mosteiro, recibira por segunda vez o reino… volvendo veloz a León… colleuno, prendeuno e mandou botalo a un calabozo". Neste sentido, Ibn Hayyan aclarou aínda máis os termos do conflito escribindo que "os magnates casteláns e asturianos enviaron emisarios a Ramiro en favor do devandito príncipe [Afonso IV]. Mais el, entrando en Asturias, colleu a todos os fillos de Froila; Afonso, que parecía rexer o cetro paterno, Ordoño e Ramiro; levounos consigo, xuntounos [en León] co seu irmán, o devandito Afonso". A loita contra os casteláns pairou ao longo de todo o seu reinado. A comezos de 944, outra rebelión castelá, neste caso liderada polo conde de Castela, Fernán González, e polo conde de Saldaña, Diego González, obrigou o monarca a intervir nesa área do reino galego, colocando á fronte da mesma o seu fillo Sancho e mandando a prisión os dirixentes do alzamento, que non tardaron en recoñecer a autoridade de Ramiro e recuperar os seus títulos. Precisamente, esta relación conflitiva con Castela provocou unha crítica implacábel da historiografía españolista ao monarca, procedendo a unha revisión negativa do seu reinado, que non se corresponde coas fontes contemporáneas, polo seu enfrontamento coa nobreza situada na área castelá e de modo moi particular con Fernán González, unha das chaves de bóveda da reelaboración mítica do relato español. Ramiro, "cristianísimo rei da Galiza" A comezos de agosto do 939 Simancas viviu un dos feitos de armas máis decisivos da historia peninsular. Malia que a tradición adoitou situalo durante moito tempo o 19 de xullo, por cadrar cunha eclipse de sol que coincidiu co avance das tropas de Abderramán III até as beiras do Pisuerga, o operativo militar desenvolveuse entre o 6 e o 10 de agosto, enfrontando dun lado perto de 70.000 galegos, apoiados por forzas navarras, e doutro, segundo os propios cronistas árabes, máis 100.000 soldados. A batalla, que se celebrou nun momento de extrema debilidade dos reinos cristiáns, diante do grande empuxe dos árabes, caracterizouse pola súa extrema dureza, chegando a cifrar as fontes contemporáneas as baixas nas filas do exército de Abderramán III en 12.000 persoas, contía que os historiadores actuais reducen a practicamente a metade. Sexa como for, o número de vítimas mortais resultou moi elevado, ficando finalmente a salvo as fronteiras e integridade do reino galego. Cruz de Peñalba, entregada por Ramiro II ao mosteiro de Peñalba en agradecemento pola vitoria de Simancas e hoxe considerada o símbolo do Bierzo. (Foto: Santiago Abella) As fontes contemporáneas, tanto peninsulares como europeas, deron cumprida conta dos feitos, non deixando dúbidas da nacionalidade das tropas vencedoras e do seu monarca. Así, nos Anais casteláns primeiros, redactados durante o reinado de Ramiro II, recóllese que "aló foron dispersados os ismaelitas, mortos e despoxados. Alegrándose os adoradores de Cristo, volveron ás súas casas con rico botín e se enriqueceron cos seus despoxos Galiza, Araba e Iruña". Pola súa parte, Ajbar machmúa, unha crónica árabe do século XI, afirma que Abderramán III "foi derrotado do modo máis desastroso polos galegos. Os inimigos perseguiron os musulmáns por todas as partes durante algúns días, matándoos ou facéndoos prisioneiros". Nunha liña semellante, o grande historiador marroquí Al Maqqari, na súa monumental historia de Al Andalus, sinala que a batalla de Simancas "foi a maior derrota infrinxida polos galegos aos andalusís". O grande historiador dos lombardos Liutprando de Cremona, na súa 'Antapodosis' cualificou a Ramiro II de "cristianísimo rei da Galiza" A repercusión desta batalla, no ámbito europeo occidental, ficou probada na atención que recibiu nalgunhas das máis importantes crónicas europeas do momento. Por exemplo, nos Anais da abadía de San Gal, elaborados polos famosos copistas do mosteiro da cidade suíza do mesmo nome no século X, documentouse que "no Reino da Galiza foi case exterminado un innumerábel exército de sarracenos, do que só se salvaron corenta e nove guerreiros e o rei", identificando máis unha vez a data da batalla coa eclipse de sol. Na mesma dirección, o grande historiador dos lombardos Liutprando de Cremona, na súa Antapodosis, publicada en seis libros en Frankfurt á volta de 950, significa que "nese tempo, como ben sabedes, o sol sufriu un grande eclipse para todos, na sexta feira, á hora da sexta ese mesmo día Abderraman, rei voso, foi vencido na batalla por Ramiro, cristianísimo rei da Galiza". A información, achegada por esta documentación contemporánea dos feitos, evidencia o carácter de galego que se lle atribuíu ao monarca, así como aos seus exércitos e reinos, sendo esta a única denominación empregada nas crónicas europeas do momento. |
NOS_53749 | Os sindicato lembra que en anteriores citas electorais houbo dificultades. | CGT de Correos advirte nun comunicado que o acordo enviado pola Xunta Electoral Central ao presidente de Correos para que estes traballadores recollan os votos nos domicilios "pode poñer en perigo a viabilidade e seguridade do procedemento electoral do "voto por Correo". Lembra que en anteriores citas electorais houbo " graves dificultades para levar adiante a xestión do voto por Correo, chegando a solicitar até 2 prórrogas ante a xunta electoral central nas eleccións municipais de 2019" e a espera para ser atendidas nas últimas xornadas previas ao remate do prazo "foron especialmente longos". Desde a CGT advirten que de cara ás eleccións do 12 de Xullo "podemos estar nunha situación incluso peor", o que, afirma, "poñería en risco o proceso electoral se Correos non realiza unha contratación masiva de persoal para levar a cabo o procedemento coas debidas garantías e seguridade". De 2015 ao 2019 o voto por Correos practicamente duplicouse, pasando de 37.974 a 62.418. Ademais, a central alerta que o procedemento recollido na devandita orde da Xunta Electoral 320/353 de 28 de maio ao respecto de que "o persoal de reparto poderá recoller o voto no mesmo momento da entrega da documentación" xerará diferentes e graves problemas. Entre eles, cita as "dúbidas ao respecto da custodia posterior do voto unha vez recollido polo persoal de reparto". |
NOS_15026 | Hoxe é o derradeiro día no que poderás atopar nos quiosques, librerías ou gasolineiras do país o Sermos Galiza de 48 páxinas monográfico de Carvalho Calero máis o teu Nós Diario por só 3 euros. | Hoxe día 18 de abril, segunda feira, é a derradeira ocasión para adquirir nos puntos de venda habituais (quiosques, librarías, gasolineiras...) o semanario Sermos Galiza Carvalho Calero. Vivir con autenticidade. Baixo este título publícouse, con motivo do Día das Letras Galegas un número especial de Sermos Galiza de 48 páxinas a cor, grampadas e guillotinadas, que recolle oito artigos dos máis recoñecidos estudosos da obra e da figura de Ricardo Carvalho Calero. Unha coidada edición de 4.000 exemplares con formato revista que está á venda con Nós Diario. Un total de 80 páxinas por só 3 euros. Un número para a historia. Xoán Costa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Xoán Carlos Garrido, Aurora Marco, Pilar Pallarés e Francisco Rodríguez ispen o homenaxeado pola Real Academia Galega para dar a coñecer as súas múltiples vertentes, nun número que, tamén está á venda na nosa loxa. Se non es subscritora ou subscritor, non dubides en adherirte. |
NOS_3954 | Unións Agrarias alerta da chegada ao Estado de até 30 camións diarios cargados con leite procedente de Francia e Portugal. Advirte que este feito vai provocar unha "caída en fervenza" das cotizacións do leite en orixe, sobre todo na Galiza, | A crise do coronavirus trouxo consigo un consumo de produtos desmedido por parte da poboación. Os primeiros días, o papel hixiénico foi unha das mercadorías máis demandadas, pero o leite e os seus derivados tamén están entre as que máis solicitan as consumidoras. Esta situación provoca que as industrias estean a traballar a pleno rendemento para satisfacer dita demanda. O problema, como denuncia o sindicato Unións Agrarias, é que para iso están dando entrada de forma "masiva" a leite e derivados producidos por debaixo de custos procedentes de Francia, Alemaña e Portugal. A organización asegura que ten cuantificados até 30 camións cisterna diarios, o que equivale a perto dun millón de litros de leite, cruzando a fronteira para dar resposta ao incremento da demanda nas grandes superficies. "Esta situación está a ser aproveitada polos países con excedentes na produción láctea para saldar as súas exportacións de leite líquido e derivados (fundamentalmente queixo alemán) cara ao mercado estatal con prezos de 14 céntimos por litro", denuncia o sindicato. Unión Agrarias advirte de que este feito vai provocar unha "caída en fervenza" das cotizacións do leite en orixe, sobre todo na Galiza, onde se produce 40% de todo o Estado español, e onde están a día de hoxe os prezos máis baixos. Ante esta situación, o sindicato fixo un chamamento tanto ao Goberno español como á Xunta para que extremen a vixilancia sobre estas prácticas e fagan públicos os datos de entrada de leite no Estado español. Nesta liña, tamén reclama que se extreme o seguimento de trazabilidade das cisternas para impedir que o leite que transportan non acabe envasado como se fose leite nacional. Avisos en Francia Pola súa banda, segundo avanzan desde Unións Agrarias, as empresas de envasado están a remitir cartas ás súas gandeiras en Francia para advertilas de que teñen que baixar a produción porque non atopan mercado para colocar tanto leite, salvo saldando con destino ao Estado español, unha situación que explica, en opinión do sindicato, a posición baixista das empresas nas negociacións que mantiveron na Galiza coas transformadoras nas últimas semanas. |
NOS_8065 | Ex-deputados nacionalistas nas Cortes españolas participan no acto do Bloque coa mocidade, onde defenden o valor para Galiza do traballo desenvolvido alí nestas dúas décadas. | O BNG pon en valor os seus 20 anos de presenza no Congreso español como un exemplo do compromiso e traballo a prol de Galiza sen atadura ningunha. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón manifestou no transcurso dun acto coa mocidade no que participaron ex-deputados do BNG nas Cortes españolas, que nestas dúas décadas "a presenza do BNG serviu para que Galiza aparecese no escenario estatal e sabemos que ter voz no Congreso é importante non só para que se fale dos nosos problemas senón para acadar a súa solución e o noso país avance", Pontón reiterou que nun contexto sen maiorías absolutas os deputados do BNG serían determinantes tanto para despexar a dereita do goberno como para impulso de políticas ao servizo da maioría social e de Galiza. No acto interviron ex-parlamentares nacionalistas no Congreso. Como Francisco Rodríguez, que destacou que a presenza do BNG nesa institución supuxeron que "Galiza existise no Congreso de maneira contundente". Guillerme Vázquez afirmou que "o voto útil do pobo galego para combater as políticas de dereitas e con perspectiva de país, está no BNG". A ex-deputada Olaia Fernández Davila destacou o traballo político do Bloque Nacionalista Galego, tanto no Congreso como no labor social a pé de rúa. Francisco Jorquera, de por parte, tamén aludiu ao traballo realizado e puxo como exemplo que nos orzamentos do ano 2009, o BNG tivo un papel decisivo para a súa aprobación mais a cambio deste apoio, "Galiza elevou o seu investimento máis do 8% e foron transferidas cinco competencias mentres que dende que goberna Feijóo, as competencias transferidas a Galiza foron cero". |
PRAZA_10539 | O colexio da localidade só conta con dúas matrículas e debe chegar a seis antes de que remate o mes. A alcaldesa da localidade destaca que "a escola pública é fundamental para manter o futuro do rural" e alerta de que "unha vez que se perde unha unidade, despois é moi difícil recuperala" | Hai unhas semanas o Concello de Trabada, na Mariña Oriental, recibiu con preocupación a nova de que podía perder a unidade de Infantil no seu colexio, o CEIP Celso Currás. O centro conta con 33 nenos e nenas matriculadas, entre Infantil e Primaria, pero para o vindeiro curso tan só están inscritos dous nenos e nenas entre 3 e 6 anos, lonxe do mínimo de seis fixado pola Xunta para manter aberta a aula. Para o vindeiro curso tan só están inscritos dous nenos e nenas entre 3 e 6 anos, lonxe do mínimo de seis fixado pola Xunta para manter aberta a aulaO Concello decidiu reaccionar, sumando ás axudas e incentivos cos que xa contaba para fixar poboación nova na localidade, a oferta dunha vivenda de balde para aquelas familias que teñan "dous ou máis fillos/as con idades comprendidas entre tres e seis anos que se asenten en Trabada e que escolaricen aos nenos/as no CEIP Plurilingüe Celso Currás". O colexio necesita catro matrículas máis antes de que remate o mes de xullo para manter os servizo que está a prestar na actualidade.A situación que vive Trabada é compartida por moitas localidades da zona rural, mesmo por colexios situados ben preto dos núcleos urbanos, coma o de Verducido (Pontevedra). Na última década, sete de cada dez concellos sufriron recortes de profesorado. Trabada é un concello envellecido, cunha media de idade de algo máis de 55 anos (55,47) e unha porcentaxe de poboación menor de 20 anos que non chega ao 10% (9,17%), uns indicadores que empeoran a media galega (47 anos e 15% de poboación nova), pero que non chegan aos niveis dunha parte importante das localidades de Lugo e Ourense. E as súas opcións de reverter esta situación pasan por manter os seus actuais servizos públicos, comezando polo colexio."No momento en que nun centro de ensino rural se perde unha unidade, despois é moi difícil recuperala", subliña a alcaldesaA falta de matriculas en Infantil está provocada polo baixo número de nacementos nos últimos anos, catro entre o 2014 e o 2016, moi lonxe dos vinte que houbera entre 2011 e 2013. En 2017 naceron cinco nenos e nenas, e os menores de 3 anos suman un total de 14, polo que no curso 2020-21 a continuidade da aula de Infantil podería estar asegurada, pero pode que iso dependa de que a unidade se manteña no curso que comezará este outono. "No momento en que nun centro de ensino rural se perde unha unidade, despois é moi difícil recuperala", subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García."Ten que haber vida, ten que haber actividades para todos, e a xente ten que sentirse orgullosa de onde vive. Isto tamén é moi importante"García fai un chamamento aos veciños e veciñas de Trabada para que escolaricen os seus nenos e nenas no colexio da vila. O Concello salienta a alta calidade do ensino que ofrece o CEIP, que este curso se converteu nun Centro Plurilingüe, contando cun auxiliar de conversa de nacionalidade británica. Igualmente salienta que "dado o ambiente familiar, ofrécese atención personalizada e foméntase a integración do alumnado" e que o centro conta coas mellores instalacións, con zonas verdes, horto ecolóxico, pavillón cuberto ou biblioteca. Finalmente, o colexio "fomenta o coñecemento e defensa do medio natural e de hábitos ecolóxicos e alimentación saudable"."É unha comunidade escolar moi activa e está traballando moi ben para que os nenos e as nenas de Trabada teñan as mesmas oportunidades das que carecen outros rapaces e rapazas de concellos pequenos", destaca a alcaldesa, que salienta a colaboración que manteñen Concello e colexio para a organización continua de actividades gratuítas para os rapaces e rapazas: campamentos de verán, programas de conciliación ou Punto de atención á infancia de 0 a 3.A alcaldesa pídelle á Xunta "que non peche a unidade, xa que a escola pública é fundamental para manter o futuro do rural"Mayra García fai fincapé na importancia de que os concellos rurais conten cos mellores servizos no ensino, sanidade ou transporte público, pero tamén na oferta de actividades, de ocio ou de cultura. "Temos que promover que haxa servizos no rural. Se a xente se ten que desprazar fóra para traballar, e se ten que desprazar porque non hai servizos e se ten que desprazar porque non hai unha oferta cultural para todas as idades, pois acaba marchando e ao final non quedará ninguén". "Ten que haber vida, ten que haber actividades para todos, e a xente ten que sentirse orgullosa de onde vive. Isto tamén é moi importante", engade.A alcaldesa pídelle á Xunta "que non peche a unidade, xa que a escola pública é fundamental para manter o futuro do rural". A rexedora anuncia ademais que nos vindeiros meses se publicarán -coma nos dous anos anteriores- as bases de axudas ás familias de fomento da natalidade ofrecendo 800€ por nacido e familia empadroada (400€ ao nacer e 400€ no momento de escolarizarse no colexio público de Trabada), engadido ás axudas para a compra de material escolar nos cursos de educación infantil. |
NOS_52558 | A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas (OCHA) e catro ex embaixadores dos EUA en Etiopía amosaron a súa "extrema preocupación". | "A seguridade continúa a ser inestábel e impredicíbel" e "os combates persisten" no Estado federado de Tigray, no norte de Etiopía, máis de dous meses despois do inicio do conflito entre o Goberno central e as forzas da Fronte Popular de Liberación de Tigray (popularmente, Weyane), e malia Addis Abeba dar por concluída oficialmente a operación militar hai semanas. É a análise que fai no seu último informe a Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas (OCHA), que pediu ás autoridades un acceso rápido aos traballadores humanitarios. A axencia da ONU calcula en case 2,3 millóns os tigriñas necesitados de axuda inmediata. "De acordo cos informes sobre o terreo, os movementos fóra das estradas principais son moi inseguros", e abondan "as emboscadas e os asaltos", tamén aos vehículos das organizacións humanitarias co fin de roubar material. Ademais, foron vandalizados dous campos de refuxiados . Polo menos 74 traballadores técnicos agardan recibir a autorización do Goberno etíope para entrar, apunta o informe. "A situación humanitaria continúa a ser extremadamente preocupante a cada día que pasa, sen acceso ou cun acceso moi limitado a comida, suplementos nutricionais, atención sanitaria e outros servizos e bens básicos", advirte. Violencia, Covid e lagostas Neste sentido, subliña que organizacións "sobre o terreo están a recibir informacións dun aumento da fame". Ao conflito armado súmanse a Covid-19 e a praga de lagostas do deserto, alén dunha "tempada de vacas fracas". E coa colleita perdida e sen comercio de entrada a Tigray, "os mercados colapsaron ou están a piques de o facer". As autoridades interinas no Goberno tigriña, instauradas logo da ofensiva do Exército etíope, confirmaron a morte de 13 persoas ─entre estas tres meniños─ por falta de alimentos. Ademais, hai problemas no abastecemento de auga potábel. A ONU recibiu informacións ─aínda sen confirmar─ dun surto de cólera en Adwa. E o sistema sanitario "colapsou case por completo", cos centros de saúde vandalizados e os profesionais sanitarios, que non cobran, abandonando os seus postos: a OMS estima que só 22% dos hospitais están operativos. A OCHA ademais recoñeceu a súa "particular preocupación" polo aumento da información sobre casos de violencia sexual, incluídas violacións en Tigray. "A maioría das vítimas din que os ataques foron perpetrados por 'homes de uniforme', nalgúns dos casos a cambio de bens básicos". "A nosa preocupación é que o que non sabemos sexa aínda peor", declarou tamén a directora de Unicef, Henrietta Fore. A OCHA fai referencia no seu informe á necesidade urxente de axuda psicolóxica, "especialmente para os nenos traumarizados". Carta ao primeiro ministro Catro ex embaixadores dos EUA en Etiopía enviaron unha carta ao primeiro ministro do país, Abiy Ahmed, expresando a preocupación pola situación en Tigray e pola presenza de militares de Eritrea, así como polo aumento das tensións étnicas en todo o territorio etíope. A misiva, asinada por David Shinn, Aurelia Brazeal, Vicki Huddleston e Patricia Haslach e publicada no xornal local The Reporter, vai na liña do manifestado tamén onte polo departamento de Estado dos EUA (o ministerio de Exteriores), que recoñeceu a existencia "de informes críbeis de saqueos, violencia sexual, asaltos a campos de refuxiados e outras violacións de dereitos humanos". |
PRAZA_388 | ENTREVISTA Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral de Podemos en Galicia, asegura que o partido non se limitará a ser "correa de transmisión" das directrices da dirección de Pablo Iglesias e coida que o PPdeG "ten medo" porque "sabe que non vai chegar máis alá de 2016" no Goberno. | Deuse a coñecer publicamente por ser o primeiro secretario xeral galego da formación que lidera Pablo Iglesias Turrión. Ten menos de 30 anos e xa militou en tres formacións diferentes. Fillo de traballadores humildes nunha das zonas máis castigadas e con máis loita obreira ás costas, e na memoria. Desencantado do nacionalismo político partidario representa a xeración que abriu os ollos do compromiso coa catástrofe do Prestige, nos estertores do fraguismo: cando emerxeu a nación. O seu nome aparece no Himno da Patria pero asegura que non é unha operación de márketing máis produto das maquiavélicas cabezas de Íñigo Errejón e Juan Carlos Monedero. A el as bolsas furtáronllas cando máis o precisaba. Dise que a súa era a lista "oficialista" e a preferida pola cúpula madrileña, entre a que se atopa a galega Carolina Bescansa. Sendo así, ides depender e ser mera correa de transmisión dela ou seredes autónomos para tomar as decisións, configurar e desenvolver as políticas no ámbito galego? Non, nós basicamente imos ser antes de nada a correa de transmisión dos colectivos, plataformas e movementos cívicos e sociais galegos que levan traballando arreo tanto tempo propoñendo políticas alternativas. O feito de que a candidatura levara o nome "Claro que Podemos" non determina que vaiamos a reproducir aquí o que se decida en Madrid, nin moito menos, porque o grupo de xente que nos puxemos a traballar para conformar a candidatura xa viñamos facéndoo autonomamente. O día da presentación das candidaturas púxose enriba da mesa a posibilidade de pedir ou non o aval. Decídese que si, e tardamos tres días en recibir resposta sen pedir modificación dos documentos nin das persoas. É un proxecto feito desde aquí e para aquí, entendendo as necesidades de Galiza a día de hoxe. Quen é Breogán Riobóo? Cal é a túa traxectoria, a socialización política primaria e a toma de conciencia... O hábitat natural no que te desenvolviches ata agora. Breogán é un rapaz que naceu no ano 1986 en Narón. O primeiro dunha familia numerosa -de tres irmáns- e que viviu desde moi cativo as dificultades económicas dunha familia "de perfil medio". Unha familia na que traballa unicamente o pai -como carpinteiro- e que mesmo tivo que marchar ao estranxeiro sub-contratado para traballar nunha multinacional na que, por exemplo, non se lle paga ningún plus por deixar a familia aquí, ou a familia aquí recibe a nómina tarde. Estes condicionantes fan que unha persoa, desde moi cedo, colla unha serie de corresponsabilidades para axudar a que todos saian adiante. Posteriormente, neste senso e sendo de Narón, vivindo tamén en Ferrol e coñecendo as problemáticas do sector naval e do conxunto da comarca, coñeces a moita xente que directa ou indirectamente viven de preto condicións de precariedade e dificultades. É algo que vai marcando e vai concienciándo da necesidade de loitar e colaborar en favor dunha sociedade máis xusta e equitativa. "O detonante da miña concienciación política foi o desastre do Prestige" O detonante da miña concienciación política foi a raíz do desastre do Prestige, con 16 anos: naquel momento eu estaba "tolo" por axudar. Non podía ser voluntario ao ser menor, pero meus pais deixáronme ir a Carnota, ante a miña insistencia: "se che preguntan, ti tes 18 e malo será que alguén dubide", dixeron. Alí fun e alí entendín que se un non se implica e non pelexa polas cousas ninguén as regala, e fraco favor nos facemos como sociedade. Fun con xente que naquela altura estaba en Galiza Nova, a rama xuvenil do BNG. Aquel proxecto parecíame práctico e interesante. Entendía que se podía achegar moito a nivel de mocidade. Militei, e estiven ata os 21 anos. En 2007, nunhas eleccións municipais onde eu estaba tamén no Consello Local do BNG, había unha serie de diferenzas á hora de configurar as listas: vexo como se propón para liderala a unha persoa que non era a que eu cría -tiña un xuízo pendente- que era a máis axeitada. Tampouco era moi coñecida na cidade. Votara en contra, pero sen falar comigo vexo como aparezo na lista e aí é cando decido que eu a esas cuestións non quero xogar. E decido marchar. Quedo desactivado a nivel político, pero non así a nivel do movemento estudantil. Entro na Universidade, en Lugo, e a través dos CAF sigo colaborando. Pero tiven que volver á casa porque se retiran as bolsas, e non puiden seguir estudando alí. Volvín para a casa e empecei a estudar na Coruña, indo e vindo todos os días. Ese feito aínda me concienciou máis e seguín vinculado ao movemento estudantil, dunha maneira moito máis activa. Fun membro do Claustro da Universidade e comecei a tomar contacto cos debates sobre o Plan Boloña. Máis adiante, os irmáns tamén se fan maiores e eu xa estaba traballando para pagar os estudos, e chega un momento no que hai que buscar un traballo máis estable. Tiven a posibilidade de atopalo, como teleoperador en R, e marchei vivir á Coruña, sen posibilidade de compatibilizar o traballo coa carreira de Empresariais -que penso rematar-. Son monitor de tempo libre e, polo tanto, combino a experiencia do traballo -no que tamén me implico a nivel sindical- co interese por seguir formándome. Alén deses motivos para desvincularte do nacionalismo político organizado, hai algunha outra cuestión -ideolóxica, por exemplo- que che faga reafirmarte naquela decisión? Tamén había algunha diferenza e discrepancia á hora de abordar distintas problemáticas ou á hora da elección dos modos de conectar coa cidadanía. Logo, xa no 2012, participei activamente na fundación de Anova e de AGE. Vin que era un proxecto ilusionante, pero desencanteime un pouco polas diferenzas internas tan importantes que houbo. Dentro de Anova, especialmente, con cariz moi "de vella política" -nalgúns casos concretos- e que xa vivira no BNG. Loxicamente aí entendo que non quería continuar, aínda que a concepción do proxecto si fora moi interesante. Respecto ao traballo que se desenvolveu: Obviamente, dentro do espazo AGE, atopei cuestións moi positivas coma o achegamento que se fai ao feito de entender que debería haber unha confluencia entre diferentes e sacar adiante políticas comúns para a cidadanía máis agredida. Moi positivo aquí. Ata Bildu hoxe sostén que está disposto a falar con Podemos sobre asuntos de Euskal Herria pero, por exemplo, o BNG continúa pechándose en si mesmo. Se hai cuestións a nivel programático de interese común, por que non falar todos? Hai algún referente político ou ético que te marcase a nivel galego, estatal e mundial? Dende moi cativo quixen ir aos mitins e tiven interese político e informativo. Pedíalle aos meus pais que me levaran. Acudo a ver e escoitar persoas tan distintas coma Julio Anguita ou Xosé Manuel Beiras, entre outras. Lembro que aquelas dúas persoas me marcaron moito e coido que as súas traxectorias son moi respectables, cos erros e acertos de cada un. A nivel internacional o referente no que máis reparei foi sempre Pepe Mujica pois foi quen de xerar amplos consensos en Uruguai e mudar as cousas, desde unha humildade total. En que modelo de país te fixas? Onde podería mirarse Galiza? "Para ter un país novo teñen que garantirse os servizos públicos e as liberdades totais a nivel de cultura e lingua" Non hai un modelo concreto para nós pero hai que mirar cara a todas aquelas experiencias que se van dando e coller aquilo que poida ser importable, adaptándoo. Para ter un país novo acorde ao que precisamos e a xente quere teñen que garantirse, fundamentalmente, os servizos públicos e as liberdades totais a nivel de cultura, lingua e doutras cuestións fundamentais. Temos pendente falar entre todas e todos que modelo de país queremos, pois hai tempo que se foxe dos debates ou se fan soamente por interese partidista. Hai que transcender esta situación e poñer riba da mesa, a nivel social, que todos somos galegas e galegos e debemos analizar crítica e cientificamente as nosas problemáticas. Non se está facendo desde hai moitos anos. Que papel quere xogar Podemos nas vindeiras eleccións? Que posibilidades ves de que as próximas municipais sexan un primeiro chanzo para que se produza un cambio político substantivo? Coido que estamos ante unha oportunidade histórica a nivel galego e do Estado. Se hai dous anos coa situación dramática na que xa estabamos alguén formulase isto, ninguén o crería. Aínda dándose as condicións non había maneira de artellalo politicamente. Avanzamoso moito, e Podemos acertou no que foi aprobar o apoio ás candidaturas de unidade popular nos concellos porque é onde os cidadáns ven máis próxima a posibilidade de ir mudando as cousas de xeito tanxible. Entendo que cada concello é un mundo pero haberá alternativas moi ilusionantes e a oportunidade de darlle a volta ás cousas en moitos lugares. Iso dará a visibilidade suficiente para ir facendo pequenas mudanzas a nivel local e que logo se poida reverter totalmente a situación a nivel galego e estatal. É máis que necesario. Que expectativas de relacións tedes cos outros partidos? Ata agora non temos relacións a nivel oficial cos partidos, máis alá de felicitacións polas redes sociais. O primordial para nós e falar agora coa sociedade civil. Temos pendente comezar a traballar desde xa cos colectivos do mar ou diferentes problemáticas para escoitalos e que nos expoñan a súa situacións, visións e propostas. A nosa prioridade a día de hoxe é esa. A partir de aí estamos abertos a falar con calquera, de xeito aberto. É positivo dialogar con todos, agora e no futuro. Ás veces o PP esquece que hai que gobernar por e para todos, pero nos consideramos que hai que estar en diálogo permanente coa sociedade, colectivos e demais forzas e partidos. Que relato farías dos diferentes gobernos autonómicos galegos? Aquelas virtudes ou defectos que consideras de cada un, desde a época Fraga. "O Goberno Feijóo rachou consensos básicos como o da lingua, por non falar de Marcial Dorado ou do retroceso social xeral" Un dos factores fundamentais que fai que hoxe esteamos como estamos a nivel de país é a disputa permanente entre localismos. Isto foi unha rémora e unha constante histórica que condicionou a política galega. Tres universidades, tres aeroportos... É algo que vai contra o desenvolvemento económico. Non se puxeron sobre a mesa demasiados debates racionais e serios sobre as cousas que marcaron o devir do país desde o restablecemento da democracia. Do goberno Fraga pouco lembro, pero poría en valor o consenso ao que se chegara no tema da lingua. En canto ás cousas negativas, alén do caciquismo e do clientelismo, hai algo ben evidente e que dá boa mostra do que representou aquela etapa: a Cidade da Cultura como símbolo de desbalde de cantidades inxentes de diñeiro público. En canto ao chamado bipartito entre PSdeG e BNG coido que houbo moitas cuestións positivas, coma os avances a nivel social ou de apoio á promoción cultural coma a Rede de Locais de Ensaio ou as redes Quérote, por poñer tan só dous exemplos que lembro agora mesmo. Fixeron cousas positivas pero tamén algúns erros, entre eles algunhas privatizacións. Do goberno Feijóo tería moito que criticar. Rachou consensos básicos: a lingua galega retrocede dun xeito abismal e iso é moi contraproducente a nivel estratéxico. Por non falar de Marcial Dorado ou do retroceso social xeral. Non sabería dicir nada positivo deste goberno, sinceramente. Cal é o problema galego máis importante e que hai que resolver? Pensas que se resolven con maior autonomía e soberanía política? Algúns medios publicaron cousas inexactas e interesadas a este respecto sobre declaracións miñas. Eu dixen nalgunha entrevista que hai unha emerxencia evidente e cuestións prioritarias, pero en ningún momento neguei que outras cuestións foran tamén fundamentais. O Faro de Vigo xogou xa no proceso interno ás disputas localistas, que non existen en Podemos. Interpretan palabras como queren: tanto o tema da lingua coma o da soberanía son temas que hai que poñer no debate. É evidente que a nivel enerxético, por exemplo, somos unha potencia xerando riqueza que non reverte aquí. Hai que analizar as situacións reais e con datos, falar coa xente experta e ver cal é o punto de partida. Outro tanto coa pesca. Outro tanto co agro, ou co modelo produtivo. Falar das multinacionais e da competencia en detrimento do noso tecido e xeito de vida. Son debates que hai que dar a fondo, e poñer en valor as nosas fortalezas e potencialidades, que son moitas. Tedes algún temor a que os medios actúen con vós como actúan contra os líderes de Podemos en Madrid? "O PP ten medo, porque sabe que non vai chegar máis alá de 2016" Xa o están facendo. O día que presentamos o Consello Cidadán, na rolda de prensa, e esa mesma mañá -en directo- sacaron unha noticia falsa do ABC sen contrastar, para ligarnos ao "terrorismo". Nos debates da TVG chamáronnos parias, caudillos... Aínda case sen botar á andar nin coñecernos. Dixeron que todo era unha operación de márketing porque o meu nome é Breogán, e cousas dese estilo. Cando ves isto dáste conta que papel xogan. O máis triste é que se faga desde a televisión pública galega, cun cidadán galego que paga impostos aquí e cofinancia a TVG. Dá boa mostra do que está pasando: o PP usa os medios coma voceiros de campaña. Seguirán por aí, pero estamos preparados. O PP ten medo porque sabe que non vai chegar máis alá de 2016. Hai un estudo da Pompeu Fabra que di que en Catalunya, Euskadi e Galiza Podemos está medrando moito. Iso é un risco en si para eles, e ven con temor que o -seu- sistema se desmorone e aconteza como en Grecia: que logo saibamos -xa intuímos- a que se dedicaron todo este tempo. Xa que falas de Grecia, como ves o papel de Syriza nestas primeiras semanas? Syriza puxo en evidencia que o cambio político é posible en Europa e que pode estenderse aos estados da Unión máis marxinados polas políticas de austeridade. Entón coido que as primeiras medidas que tomaron, como garantir subministro eléctrico ou devolver a sanidade pública aos excluídos do sistema son decisións moi necesarias e que dan no albo do que hai que facer desde un primeiro momento para rescatar a cidadanía. Cando a situación é dramática e, por riba, exclúes aos máis febles o que estás facendo é levar á morte á xente. Un goberno responsable o que ten que facer é iso mesmo. Syriza está dando nas claves. Obviamente hai cuestións que non me gustan tanto, coma o tema da igualdade da muller. Era o momento oportuno de apostar firmemente por unha igualdade real e efectiva pero non hai que esquecer que hai mulleres en postos de moita responsabilidade, coma as vice-ministras, a presidenta do Parlamento por vez primeira ou a presidenta da maior rexión do país. Perdeu, aínda así, unha oportunidade para amosar que as cousas poden facerse doutro xeito pois a loita pola igualdade é a nivel global. Como ves o papel dos medios de comunicación e do conxunto do escenario mediático en Galiza? Dos oficiais e dos outros... O papel dos medios é crucial nunha sociedade como a nosa. Canta máis pluralidade, mellor. Pero para garantila habería que xogar en igualdade de condicións e coido que, a día de hoxe, iso non se produce. Vai ligado ao tema das subvencións, que se deu historicamente: habería que valorar se é necesario destinar ese diñeiro a comprar vontades ou soster medios que non cumpren algúns criterios. Hai que ir á orixe dos problemas e ver se eses cartos públicos se destinan para garantir a pluralidade e promocionar a nosa lingua ou non, ou se empregan como subterfuxio doutros intereses. E logo están medios como Praza, ou Tempos Novos, ou Galiza Ano Cero, Irmandade TV e outros moitos, os comunitarios en xeral, que fan un labor importante, que traballan para dar información con outras ópticas sobre as cuestións. Hai que poñelos en valor. En canto á TVG, que debe existir, hai que mirar que fai e como se dirixe. Non pode ser que funcione ao servizo do poder. Ten que ser independente. "Temos que recuperar o consenso amplo a prol da potenciación da lingua" En canto á lingua, que posición tedes en canto á normalización? A nosa posición non é a que reflectiu o Faro de Vigo, por exemplo. Cando eu dixen que a prioridade hoxe é atender a emerxencia non estou falando de que outras estean nun segundo plano. Sexas de onde sexas e fales o que fales as necesidades vitais hoxe son as que son, pero a nosa posición respecto a este tema é que temos que recuperar o consenso amplo a prol da potenciación da lingua, que estaba entroncado cos posicionamentos internacionais en favor das linguas minoritarias. A lingua ten que perdurar pois é básica para a nosa existencia. Hai un debate artificial e interesado que hai que superar xa. |
NOS_40292 | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público retoma esta terza a campaña en Bueu. Seguirán os centros educativos da Guarda, Carballo e Ourense para culminar as protestas nunha mobilización nacional fixada para o 3 de xuño a prol do dereito a unha Educación e unha Sanidade públicas | A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público retoma esta terza o calendario de peches rotatorios en centros de educación secundaria para protestar contra os recortes que contempla o Real Decreto-lei 14/2012, recentemente aprobado polo PP no Congreso sen o apoio de ningunha outra formación política. Así, a seguinte parada das nais, pais, estudantes e docentes que fan parte do colectivo será o IES Johan Carballeira, en Bueu, onde exixirán á consellaría de Educación que se negue "rotunda e publicamente" a aplicar as medidas na Galiza e que recorra a norma perante o Tribunal Constitucional por invasión de compatencias que están transferidas a este departamento, que dirixe Jesús Vázquez. A acción rematará ás nove da mañá da cuarta, como todos os realizados até o de agora, desde o inicio da campaña en Compostela o día 14, e terá continuidade co seguinte encerro da comunidade educativa, fixado para as catro do serán no IES A Sangriña, na Guarda. Até o de agora realizáronse un total de nove peches, e o calendario completarase, ademais destes dous, cos marcados para o 31 de maio en Carballo e o 1 de xuño en Ourense. A protesta fai de antesala da mobilización nacional que o domingo 3 de xuño percorrerá as rúas do País en contra deste decreto, que "ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar" e que, de aplicarse, suporá na Galiza o despedimento de 2.000 profesoras e profesores, tal e como explica a Plataforma. |
PRAZA_10118 | O alcalde vigués aspira a superar o 60% dos votos e ser rexedor "uns 25 anos máis" pero advirte de que "antes do día 26 non hai nada ganado" | O alcalde vigués aspira a superar o 60% dos votos e ser rexedor "uns 25 anos máis" pero advirte de que "antes do día 26 non hai nada ganado""Antes do día 26 non hai nada ganado". A frase pronunciouna este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que goberna coa máis ampla maioría absoluta das principais cidades españolas, con 17 dos 27 concelleiros e un 52% dos votos nas municipais de 2015, e que agora aspira a superar o 60%. Compartindo con Pedro Sánchez o mitin central do día dos socialistas, e apelando a manter a vaga de votos cara ao PSOE das eleccións xerais, o discurso dos dous oscilou entre o optimismo e o chamamento contra a desmobilización, no caso do presidente do Goberno prometendo tamén limpeza, xustiza social e convivencia fronte á corrupción, a desigualdade e a crispación que atribuíu respectivamente a PP, Ciudadanos e Vox.Foi o propio Caballero o que na súa intervención mencionou que as enquisas do día danlle xa "o 68%" dos votos na cidade. Fíxoo nun pavillón deportivo no que se congregaran unhas 2.300 persoas, segundo a organización, pero que presentaba numerosos asentos baleiros e no que varios dirixentes socialistas alertaban en privado do risco de desmobilización en Vigo pola vitoria que xa se lle dá por segura a Caballero e no resto de concellos por considerar que a vaga de votos ao PSOE das eleccións xerais vai manterse por si soa. Fronte a iso, o rexedor apelou a "votar desde primeira hora" e "encher as urnas de votos para Vigo", cidade na que cre que vai ser alcalde "aproximadamente uns 25 anos máis". Sánchez promete limpeza, xustiza social e convivencia fronte ás políticas de PP, Ciudadanos e Vox, respectivamenteSimilar discurso lanzou Sánchez, quen dixo que "despois do 28 de abril todos respiramos, pero non nos esquezamos, aos socialistas non nos gusta deixar as faenas a medias". O líder socialista admitiu que, ante os resultados que obtén Caballero, en Vigo "os estudos demoscópicos non son normais", pero insistiu tamén en que por iso é "moito máis importante que votemos".En clave estatal, Sánchez contrapuxo as propostas socialistas ás "dos tres veciños do terceiro da dereita", en referencia as líderes de PP, Ciudadanos e Vox, Pablo Casado, Albert Rivera e Santiago Abascal. Como veciños, dixo "o único que fan é montar ruído" e fronte ás súas políticas contrapuxo as do PSOE: ante a "corrupción" que atribuíu ao PP, Sánchez promete "limpeza"; ante a "desigualdade" coa que identifica a Ciudadanos, propón "xustiza social"; e fronte a Vox, cuxas políticas non cualificou, apelou a "convivencia, convivencia e convivencia".Carmela Silva presenta Vigo como "a cidade onde as mulleres ocupamos a metade de todo, porque queremos a metade de todo"O mitin abriuno a presidenta da Deputación de Pontevedra e man dereita de Abel Caballero, Carmela Silva, incidindo no seu discurso feminista e salientando que esta é a "cidade onde as mulleres ocupamos a metade de todo, porque queremos a metade de todo". De Sánchez dixo que "representa o mellor de España" e demostra que "os socialistas somos boas persoas", e de Caballero que é o alcalde "que puxo Vigo no lugar que lle corresponde". "Co vento de cola que acadamos nas eleccións xerais este partido é imparable", di Gonzalo Caballero, que engadiu que en Vigo "non facía falta o vento de cola, porque o vento de cola en Vigo chámase Abel Caballero"Tras Silva, e antes do seu tío, Abel Caballero, interveu o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que lembrou os resultados das pasadas xerais a nivel galego salientando que nelas "por primeira vez o PSdeG é a primeira forza política do país", por diante do PP, e "xustamente nas eleccións en que houbo un maior nivel de participación". Caballero tamén reclamou "que ninguén se relaxe" e apelou a manter esa mobilización, pero tamén el dixo que "co vento de cola que acadamos nas eleccións xerais este partido é imparable". Unha frase que matizou a continuación: "Aquí non facía falta o vento de cola, porque o vento de cola en Vigo chámase Abel Caballero". |
NOS_16611 | A Asemblea do BNG xa está aquí. Comeza formalmente ás 17 horas deste sábado. O seu limiar foi un encontro da dirección saínte coas delegacións internacionais convidadas, cita á que acudiu por vez primeira unha delegación de Die Linke e tamén do Curdistán. As palabras chave do conclave, remarcouno nun breve encontro coa imprensa Rubén Cela, son relanzamento e renovación xeracional. O novo BNG nace na mesma cidade en que se fundou a organización hai 35 anos. | Un novo BNG liderado por unha xeración de 40 anos para abaixo e con nutrida presenza feminina. Un novo BNG que recolle o legado dos seus 35 anos de vida e que se quer proxectar ao futuro cunha linguaxe distinta -un hardware renovado- mais sen se afastar no básico dos seus principios fundacionais, aqueles que se asentaron no pavillón de Riazor en 1982, isto é, Galiza-Nación-Autodeterminación-Anti-imperialismo. E auto-organización, isto é, a necesidade de o pobo galego contar con forzas políticas propias sen ataduras con Madrid. Nun breve encontro coa imprensa antes de se reunir coas delegacións internacionais no funcional Centro Cívico da Cidade Vella coruñesa, Rubén Cela avanzou que a asemblea nacionalista vai "reunir máis de 2.000 persoas" que irán debater "intensamente" a respeito de que "en que aspectos o BNG ten acertado ao longo dos seus 35 anos de existencia e a respeito de en que outros aspectos da nosa forma de facer política cómpre mellorar ou corrixir". O debate vaise focar nesta fin de semana na discusión sobre as 296 emendas apresentadas aos textos asembleares. Cela puxo en destaque que ningunha das emendas é á totalidade do relatorio e que tampouco existe ningún voto particular formulado desde o Consello Nacional, algo que probaría o "bon clima interno" co que o BNG encara o seu conclave. O BNG está cohesionado e tranquilo, o que representa un xiro de 180 graos a respeito do tumultuoso período que se abriu para a formación nacionalista hai 5 anos en Amio. Boa proba da unidade interna é o feito de que non se apresentase ningunha candidatura alternativa a que lidera para a súa reelección como portavoz nacional Ana Pontón. En que se fundamenta esa unidade? A xuízo de Rubén Cela, a base dese consenso é "a reafirmación da liña política que entre todos e todas eliximos hai 12 meses [na XV Asemblea Nacional de febreiro de 2016, a que elixiu Ana Pontón como líder] e que se sustenta na idea de que é fundamental que na Galiza haxa unha expresión política nacionalista e que o que temos que facer é corrixir o que haxa que corrixir para que esa expresión política sexa o máis útil posíbel ao pobo galego". Perguntado por un xornalista se esta XVI é unha asemblea "da continuidade", Cela respondeu que "máis ben, ao revés". E nun xogo de palabras, acrecentou: "Podemos dicer que é unha asemblea de continuidade do proceso de profundo cambio que iniciamos hai 12 meses. Hai 12 meses o BNG renovaba 70 por cento da súa dirección. Seguimos afondando iso, incorporando moitísima xente. A maioría da nova executiva nacional temos menos de 40 anos e iso o que mostra é que hai unha nova xeración de persoas que, novas en idade, teñen unha ampla formación política e profisional e que teñen moito que aportar ao proxecto nacionalista". Acto internacionalista A cimeira coa representación internacionalista foi o pórtico da asemblea e reuniu portavoces dos aliados tradicionais do soberanismo galego, desde ERC ao Bloco de Esquerda pasando por Sortu, Bildu, o PCP e a representación institucional de Venezuela, Cuba, a Autoridade Nacional Palestina e da República Árabe Saharaui Democrática. A esa nómina acrecentouse por vez primeira unha delegación da esquerda alemá Die Linke e do Curdistán, proba, argumentou Cela, do interese que o proceso asemblear do BNG ten levantado "fóra das nosas fronteiras" |
NOS_47680 | Após a suspensión da campaña de vacinación co remedio contra a Covid-19 da farmacéutica, o coordinador do centro colaborador da OMS en seguridade das vacinas de Compostela, Federico Martinón, invita á poboación galega que recibiu o fármaco a manter a "tranquilidade". | Nunha segunda xornada de moitas dúbidas debido ao paro na vacinación coa AstraZeneca en todo o Estado español e despois de que a Xunta seguira usando as doses este sábado a pesar de que a suspensión xa estaba vixente noutros territorios, o coordinador do centro que colabora coa OMS desde Compostela, Federico Martinón, pide "tranquilidade" a galegas e galegos. O tamén xefe do Servizo de Pediatría da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza avisa ás persoas que recibiron o medicamento de que o efecto secundario das tromboses ten "unha incidencia moi baixa". De feito, no Estado de momento só se comunicou un caso, do que non se facilitaron máis datos. As autoridades sanitarias europeas seguen vixiando a evolución noutros países con máis doentes. Aliás, o doutor destaca que é unha "suspensión provisional" en certa área, pero que iso non implica que as axencias reguladoras ratifiquen "que se pode continuar cunha vacinación normal" que está en curso quer en Australia, quer en Reino Unido. Desde o seu punto de vista é "normal" que a situación provoque "preocupación e dúbidas na xente, sobre todo pola disparidade de criterios" das autoridades sanitarias estatais. Por iso, demanda da poboación galega calma para saber que novidades vai aportar a Axencia Europea do Medicamento, que mantén aberta a súa investigación. No caso de que o medicamento fose retirado de todo, Martinón fai fincapé en que a segunda dose mesmo podería completarse "con algunha outra vacina dispoñíbel". Outra opción sería reiniciar a inoculación con outra marca. "As persoas que recibiron a vacina non deben ter ningunha medida especial", recalcou, invitando a que ante unha dúbida de se alguén está a experimentar un evento tromboenbólico debe acudir ao centro hospitalario. Mentres tanto xa hai algunhas pacientes que denuncian que lles comunicaron unha tardanza de, polo menos "dous meses e medio", para recibir a segunda parte desta vacina. |
NOS_23594 | Na xornada de folga xeral na Mariña, o Parlamento galego debateu unha proposta do BNG que instaba a Xunta a desenvolver e aplicar un plan industrial para esta zona gravemente afectada polo feche de fábricas. O PP votou en contra. | Coincidindo coa xornada de folga xeral na Mariña polo futuro da comarca, o Parlamento galego debateu este 17 de novembro unha proposta do BNG que instaba a Xunta a desenvolver e aplicar un plan industrial para esta zona gravemente afectada polo feche de fábricas. O deputado e secretario xeral do PP na Galiza, Miguel Tellado, cargou contra a proposta do Bloque e, sen atender ás competencias industrias que ostenta a Xunta en industria, puxo todo o peso e responsabilidade na acción do Goberno estatal en relación coa transición enerxética. "Pedro Sánchez é quen ten culpa do fechamento" da fábrica de Alcoa en San Cibrao (Cervo), dixo, ao tempo que responsabilizou o Bloque por telo investido presidente do Estado. O PP presentou unha emenda para substituír o texto do BNG, a prol de que o Estado proceda á intervención pública da factoría, mais non foi consensuada e finalmente, a iniciativa do Bloque quedou rexeitada polos votos negativos dos populares. A iniciativa nacionalista ía alén do caso de Alcoa, alcanzando toda a comarca e si contou co apoio do grupo socialista. Nela instábase o Goberno galego a incorporar nos Orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 unha partida orzamentaria para levar a cabo un plan de industrialización e emprego na comarca da Mariña para impulsar o sector industrial e empresarial da mesma. Tamén defendía desenvolver as modificacións legais necesarias para garantir o impulso de plans de desenvolvemento industrial asociados ás novas instalacións nas que se tería en conta a construción de compoñentes e subministracións no país e a vinculación a proxectos de xeración de valor engadido. Na defensa da iniciativa, o deputado nacionalista Daniel Castro acusou a Xunta de "pórse de perfil" no conflito de Alcoa e de "non dar ningún tipo de solución ao ERE da fábrica de Vestas en Viveiro, "a pesar de ter o Goberno galego as competencias exclusivas en industria". Críticas a Tellado por machismo O ton subiu no debate cando Tellado afirmou que na manifestación na Mariña botou en falta a presenza da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, da que dixo que mudou as súas camisolas reivindicativas de cando estaba no Parlamento galego por roupa "de boutique". Esas palabras foron respostadas polo deputado do BNG que acusou Tellado de machista. Os populares rexeitan un plan para reactivar o naval Na mesma comisión parlamentaria, o PP votou en contra da iniciativa presentada polo grupo socialista en que se demandaba ao Goberno galego "facer valer as súas competencias" e "actuar como polo tractor que garanta a actividade dos estaleiros na comarca de Vigo". Ficou así rexeitada a proposta do PSdeG para a elaboración e posta en marcha dun plan de reactivación do naval vigués. A deputada socialista Noelia Otero alertou da crise e da falta de actividade en que se atopan os estaleiros de Metalships, Barreras e Vulcano por mor do "absoluto desleixo" da Xunta. En concreto, a iniciativa instaba a Xunta a acudir aos fondos Next Generation para dar capacidade económica a ese plan de reactivación. |
PRAZA_19740 | GRÁFICOS O Ministerio de Facenda entrega ao Congreso o proxecto de Orzamentos para 2017 con algo máis de 924 millóns de euros previstos en proxectos para Galicia, de novo capitalizados pola conexión ferroviaria con Madrid INTERACTIVO | Alén do tren: obras en Galicia previstas nos Orzamentos do Estado para 2017 | INTERACTIVO | Alén do tren: obras en Galicia previstas nos Orzamentos do Estado para 2017 O tren de alta velocidade e, máis concretamente, a conexión con Madrid a través do AVE vén sendo o gran protagonista dos Orzamentos Xerais do Estado para Galicia dende hai unha década. Esta circunstancia foi aproveitada polos sucesivos Gobernos de España -e tamén pola Xunta, cando o signo político de ambos gobernos coincidiu- para presentar o montante total dos investimentos previstos, con independencia de que despois non fosen executados na súa totalidade. Malia acumular tantos atrasos como promesas de novas datas -a última, 2020, é a sexta- o certo é que as grandes partidas orzamentarias para o tren rápido van chegando á súa fin e os Orzamentos Xerais de 2017 son a primeira mostra desta circunstancia, cunha caída do investimento previsto en Galicia superior ao 32%. O proxecto orzamentario entregado este martes no Congreso dos Deputados polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, prevé un investimento real para Galicia de 924,54 millóns de euros, 442 millóns menos que nas contas de 2016. Isto implica un retroceso do 32,38%, o terceiro maior entre as comunidades autónomas, só por tras de Andalucía e a Comunitat Valenciana. Redúcense tamén, aínda que en menor medida, dous dos fondos de achegas estatais ás competencias da Xunta, o fondo de suficiencia, con 558,9 millóns (un 1,25% menos) e o de compensación interterritorial, con 44,34 millóns (un 1,5% menos). As contas de Adif consignan 461 millóns para continuar as obras entre Ourense e Zamora Neste contexto, practicamente a metade do investimento real territorializado para Galicia segue destinado, na liña de exercicios anteriores, ás devanditas obras do AVE a Madrid. As contas de Adif, a empresa pública encargada da construción, consignan 461 millóns de euros para continuar coas obras entre Ourense e Zamora, nas que o groso dos traballos xa se executou en anos anteriores. De feito, o proxecto reflicte un progresivo descenso dos investimentos previstos tamén para os anos seguintes a medida que se achegue a posta en servizo da liña. Cabe agardar, daquela, que nos vindeiros anos continúe un descenso na previsión de investimentos para Galicia que neste 2017 cae xa ao seu nivel máis baixo dende 2004. Fronte ao empurrón final ao AVE coa Meseta, as obras das liñas ferroviarias interiores de Galicia seguen sen arrincar Fronte ao empurrón final á liña ferroviaria coa Meseta, as obras das liñas interiores de Galicia aínda pendentes, de Ourense a Vigo e Lugo, seguen sen arrincar. Para a liña Ourense-Vigo por Cerdedo, os orzamentos volven consignar unha partida anecdótica de 500.000 euros, dun investimento total previsto superior aos 2.000 millóns, para continuar cos mesmos estudos previos que se veñen reformulando hai anos. Prorrógase así a promesa pública dunha liña futura directa a Vigo que en privado poucos políticos seguen a defender. Para a liña Ourense-Lugo, os orzamentos prevén 13,5 millóns, que deberían permitir pór en servizo un pequeno treito de 7 quilómetros que leva 11 anos en obras. Pero as contas adían a anos seguintes os cartos necesarios para iniciar os traballos no resto da liña. Canto á conexión con Portugal, as contas inclúen partidas para completar e mellorar a electrificación entre Vigo e a fronteira, pero prevén que o groso da actuación se realice en 2018, axustando así os tempos españois aos portugueses, onde a obra é máis complexa e onde se prevé o remate en 2019. Estradas e outros investimentos Alén do AVE as principais protagonistas do proxecto orzamentario estatal para Galicia son as infraestruturas viarias. Así, a Dirección Xeral de Estradas, tamén dependente do Ministerio Fomento, consigna algo máis de 171 millóns de euros a un conxunto de obras entre as que volve figurar novamente a autovía A-54 que nun futuro unirá Lugo e Santiago. Tras ser escenario de ata tres inauguracións doutros tantos treitos durante o ano electoral de 2015 o montante máis relevante que Fomento prevé achegar a estas obras en 2017 é o do treito Lavacolla-Arzúa (30 millóns) e reserva ademais 10 millóns para o que unirá Palas de Rei e Melide, ralentizado por cuestións ambientais. A programación plurianual do Orzamento fixa, en calquera caso, un horizonte para esta autovía que vai alén do ano 2020. A autovía Santiago-Lugo, a circunvalación de Pontevedra ou a ampliación do polígono industrial de Balaídos son algúns dos investimentos máis cuantiosos que prevé o proxecto Entre as autovías que Fomento dota con orzamentos significativos para 2017 figuran tamén 15 millóns de euros para o treito Vilaboa-A Ermida da A-57 -a circunvalación de Pontevedra-, 10 millóns para o que nun futuro será a autovía que enlazará Ourense e Lugo, a A-56, ou 5 millóns de euros para a primeira fase do coñecido como "enlace orbital" de Santiago, que unirá a autovía do aeroporto -inicio da A-54- coa autoestrada AP-9, unha obra reivindicada dende hai tempo na capital galega pola súa importancia para as conexións dos polígonos industriais. Tras a rede viaria os portos, con 67 millóns de euros -case un terzo, para o porto exterior da Coruña- ocupan tamén un lugar destacado nuns Orzamentos do Estado que, asemade, tamén recollen as contas da Zona Franca de Vigo. Nelas inclúese un investimento total de 26,1 millóns de euros, dos que 10,1 millóns irán destinados á ampliación do polígono industrial de Balaídos, onde se asenta a factoría de PSA Peugeot-Citroën, e 4 millóns á adquisición do vello edificio da antiga panificadora, no centro da cidade, para reconvertelo, en colaboración co Concello, nun novo centro cultural. GRÁFICO INTERACTIVO | Así se distribúen as principais partidas dos Orzamentos Xerais do Estado |
NOS_24537 | Pedro Sánchez decidiu este sábado solicitar unha nova prórroga do estado de alarma até o vindeiro 25 de abril e avanza que non serán "só" 15 días máis. | O presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, anunciou este sábado que solicitará unha nova prórroga do estado de alarma até o próximo 25 de abril, inclusive, após escoitar as recomendacións do grupo de científicos que asesora ao seu Executivo e despois de reunirse co Comité Técnico de Xestión do coronavirus. Trátase da segunda prórroga de 15 días que pedirá o presidente ao Congreso das Deputadas, cuxa autorización se necesita para que o actual estado de alarma, que caduca o 12 de abril, se amplíe até case a fin do mes de abril. "Os expertos pronostican que unha vez pasado o pico de contaxios estaremos en condicións de dobregar esa curva epidémica", salientou Sánchez, quen indicou que "o único coñecemento está na ciencia" e que o seu Executivo seguirá guiándose por ela. "O obxectivo é lograr que o número de novos contaxios sexa menor que o de enfermos curados da COVID-19. E para alcanzar ese novo obxectivo precisamos máis tempo. O Consello de Ministras do vindeiro martes solicitará unha prórroga por dúas semanas ao Congreso, para ir do 12 de abril até as doce horas da noite do vindeiro 25 de abril", trasladou o presidente. "Necesitamos manter todas as medidas en vigor dúas semanas máis", apuntou, para engadir que non se refire ás limitacións estabelecidas excepcionalmente durante a Semana Santa a respecto da actividade económica. "Para moitos son os días máis difíciles da nosa vida", afirmou. Con todo, asegurou que "imos coñecendo o virus" e certificou que tomou a decisión de solicitar esta segunda prórroga após escoitar aos científicos que asesoran ao Goberno: "Podemos dobregar a curva e frear o colapso dos hospitais. O que todos desexamos é manter a raia o virus". Así, Sánchez abundou que "debemos estar listos para a desescalada", pois sinalou que "non será máis suave o descenso" desta curva de contaxios. Por iso, pediu responsabilidade para "non desatar unha nova onda" de contaxios nestes días e manter "o sacrificio, a resistencia e a moral de vitoria". Nesa segunda etapa da que falou o presidente chegará a "reconstrucción da economía" do Estado. "O Goberno está pensando no medio prazo, no que haberá que facer despois de vencer a curva", incidiu, "estamos elaborando un plan para reanudar de maneira progresiva a actividade económica e social". Este plan contén novas medidas de "hixiene, sanitarias e tecnolóxicas" que haberá que aplicar na volta á actividade. Non serán "só" 15 días "Son consciente de que estou creando un precedente e hai que rendir contas diante do Congreso para que se posicione a respecto da prórroga do estado de alarma. Estou cumprindo co que di a Constitución e a lei. Isto significará que en tres semanas terá rematado todo? Non", afirmou. "Pero o estado de alarma non ten que ser o mesmo que agora", apuntou. Todo dependerá da "eficacia" das medidas adoptadas e de que o "cumprimento" se manteña en niveis altos. "Virán máis días de estado de alarma, pero non será igual: iremos recuperando as nosas vidas", dixo. O presidente do Goberno estatal insistiu en que actuarán con "enorme empatía social" e a "maior das precaucións" para "non dar nin un paso atrás no ámbito da contención". Europa "non pode fallar" Desta maneira, Pedro Sánchez fixo un chamado a "poñer en marcha un verdadeiro plan Marshall de reactivación" na Unión Europea, após facer comparacións co sucedido após a Segunda Guerra Mundial. "Europa non pode fallar esta vez", certificou, "ten que protexer á súa cidadanía". "Temos que ser conscientes de que non podemos dar resposta só desde os Estados, temos que facelo desde un punto de vista solidario común. Así o trasladarei aos meus colegas europeos na vindeira reunión", avanzou. "Estamos diante da gran crise das nosas vidas", aseverou Sánchez, quen confirmou que despois desta crise sanitaria haberá que pensar nuns "novos pactos da Moncola" entre todas as forzas políticas con representación no Estado. 124.736 contaxios no Estado Os casos positivos de coronavirus no Estado eleváronse este sábado a 124.736 contaxiados, 11.744 falecidos e 34.219 curados, segundo os últimos datos achegados polo Ministerio de Sanidade. Así mesmo, case tres semanas despois de que o Goberno decretase o estado de alarma para facer fronte á expansión de coronavirus, os datos seguen aumentando no que respecta a os pacientes que ingresan nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI). Así, en todo o Estado están ingresadas 6.532 persoas, que supoñen 116 persoas máis. |
NOS_47280 | A norma foi defendida por todos os grupos da oposición. Foi rexeitada pola maioría absoluta do PP. | Galiza non vai dispor unha lei de identidade de xénero equiparábel ás normas aprobadas por outras comunidades autónomas do Estado ao ser votada en contra esta terza feira polo Partido Popular. O trámite esta terza feira era o da toma en consideración da lei. Ao votar en contra, o PP non deu opción nen sequer a emendar a norma. O que se submeteu a debate foron tres proposicións de lei de PSdeG, En Marea e BNG, formalmente da súa autoría mais que foron "consensuadas" cos colectivos LGTBI e que acabaron sendo debatidas no Pleno do Parlamento de forma conxunta. Como argumentou o PP a súa oposición a esta lei? Pois basicamente a formación conservadora argüíu que a norma é desnecesaria porque o compromiso do goberno co colectivo LGTBI xa estaria "plasmado na lei de 2014" de igualdade de trato, polo que non sería preciso pór en andamento nova lexislación nesta materia. A posición do PP foi cualificada de "ridícula" e "denigrante" por parte dunha portavoz LGTBI Sara Navarro, concentrada con máis persoas destes colectivos perante o Pazo do Hórreo. En declaracións recollidas por Europa Press, Navarro afirmou que o veto do PP equivale a lles dicer ás persoas dos colectivos LGTBI "queremos guerra" e mostrou a súa convicción de que a norma será aprobada no Estado -onde a formación conservadora carece de maioría absoluta- antes do que na Galiza. Que defendía a lei vetada polo PP? En primeiro termo, a norma consensuada cos colectivos LGTBI definía a identidade sexual e de xénero como a vivencia que cada persoa sente, unha condición que se autodetermina sen que poda ser interferida por terceiros. A identidade pode corresponder ou non co sexo asignado ao nacer e pode involucrar "a modificación da aparencia ou función corporal através de medios farmacolóxicos, cirúrxicos ou doutra índole", sempre que sexa por propia vontade. A seguir, a lei aplicaba o termo trans a "toda aquela persoa que se identifica cun xénero diferente ou que expresa a súa identidade de xénero de maneira diferente ao xénero que lle asignaron ao nacer". O conceito trans abranxaría diversas "formas de expresión da identidade de xénero" como "transexuais, transxénero, travestis (...) queer ou persoas de xénero diferenciado". A lei estabelecía, aliás, un catálogo de dereitos, entre os que figuraba o recoñecimento da identidade de xénero libremente manifestada; o acceso de prestacións públicas que garantan a satisfacción das necesidades sanitarias, psicolóxicas, xurídicas, culturais, sociais...; ben como a non discriminación no ámbito especificamente laboral, con pleno respeito ao direito ao traballo, quer na esfera pública quer na privada. En Marea Marcos Cal cualificou de "gravísima" a situación do colectivo trans e nese sentido deslizou un dado estarrecedor: 85 por cento das persoas transexuais teñen pensado no suicidio algunha vez na súa vida. Cal pide "una atención sanitaria próxima, non patoloxizante, que non xulgue e que acompañe". O parlamentar da confluencia alegou: "A transexualidade nunca será un problema, a transfobia si". PSdeG A lei de 2014 supuxo un avanzo, mais é unha norma "insuficiente", alegou na súa intervención Noelia Blanco. "Unha sociedade decente é aquela que non humilla ningún dos seus cidadáns, aquela que respeita todos", acrescentou a parlamentar socialista, quen a seguir censurou o PP por seren sempre "os últimos da fila" na loita polos direitos sociais. "Sempre se poñen fronte aos que defendemos os direitos, mais despois fan uso deles", reprochou. BNG Para a parlamentar Olalla Rodil, o maior avanzo recollido na lei é "deixar de considerar a transexualidade unha enfermidade". Do que se trataría, enfatizou, é de "recoñecer que non sempre a identidade de xénero se corresponde co sexo asignado ao nacer". "O xénero", acrecentou, "non ten nada que ver cos xenitais, hai homes con vaxina e mulleres con pene". Rodil fustigou a hipocresía dun PP que, por un lado, "busca o titular e a foto" cando anuncia atención sanitaria específica para as persoas trans, mentres que, polo outro, veta na Cámara galega un proxecto de lei que fixa obrigas á administración pública "para garantir que as persoas trans desenvolvan o seu tránsito social coas menores barreiras e dificuldades posíbeis". |
NOS_7808 | Non todo son malas novas nos últimos tempos para o principal equipo da capital da Galiza, pois os irmáns César e Lito Vila veñen de lanzar SD Compostela 1962-2022: 60 anos de sentimento branquiazul, un libro que repasa as seis décadas de traxectoria dun conxunto que tocou teito nos anos 90 do século pasado. | Neste 2022 a SD Compostela festexa o seu 60 aniversario. Como naceu o proxecto de plasmar no libro que asina xunto co seu irmán a rica historia do club? En plena pandemia, no 2020, cando o Compostela ascendeu a Segunda División B. Non podía haber espectadores no campo e vímolo na casa o meu irmán César e máis eu. Alí pensamos en que faltaban dous anos para o 60 aniversario e o bonito que sería ter toda a historia do equipo compilada nun volume. A cousa foi que nos preguntamos "quen o vai facer?" e acabámolofacendo nós (ri). Como foi ese proceso de elaboración do libro? Falando coa editora, Teófilo Comunicación, que fai moitos libros relacionados con Compostela, e preguntámoslle se tería interese e dixo que si. Despois comezou a compilación de material, tendo en conta ademais de que tivemos a sorte de que o noso curmán, Roberto Baleato, estaba xogando no primeiro equipo e púxonos en contacto co club, que se mostrou moi favorábel ao proxecto, até o punto de que nos abriron de par en par as portas dos seus arquivos. Tamén tivemos apoio de El Correo Gallego, que nos cedeu moitas fotografías, e de moitas outras persoas a título particular. No caso da SD Compostela, e ao contrario do que acontece con moitos outros equipos sobre os que a información dispoñíbel se multiplica desde a extensión e popularización da internet a principios de século, diminúe a información dispoñíbel con respecto a épocas anteriores ante a degradación deportiva que padece por aquela época? Claro. Existe xa unha historia do Compos até 1994, momento no que se ascende á Primeira División. Desde ese momento o club pasou momentos moi escuros que tratamos de recuperar na medida do que puidemos, empregando ferramentas como un blog moi rico en información que levaba Toncholeto, un afeccionado que inmortalizou esa primeira década dos 2000 e até 2015, unha época con descensos administrativos, de xogar en Terceira, en Preferente... e na que nos xornais pasa a haber moita menos información. Como se estrutura esta historia do Compostela? Tratamos de que non fose preciso leer o libro da primeira á última páxina. É un volume moi visual, con máis de 600 fotografías, con cadriños con máis de 100 anécdotas espalladas polo libro coa idea de que se converta nun dos fixos da xente que queira ter unha parte da historia da cidade nas súas casas. Cales destacaría desas 100 anécdotas que inclúe no libro? É complicado quedarse con unha, porque son moitas (ri). Por exemplo, eu destacaría unha da época de cando Arsenio Iglesias adestrou ao Compostela na década dos 80. Estamos falando doutros tempos, loxicamente, pero el dicía que era o encargado de repartir o viño cando os xogadores se reunían para comer para que soamente beberan medio vasiño cada un. Tamén me parece interesante que cando se logrou o ascenso á Primeira División un dos integrantes do equipo non puido quedar á celebración en Oviedo porque viña de rematar a carreira de Medicina e tiña obrigas laborais ao día seguinte. Desde a súa perspectiva de afeccionado e tamén de estudoso do Compostela, cales cre que son as perspectivas do equipo este ano? Nós non somos estudosos, só somos dous irmáns afeccionados ao Compostela. Cara onde irá o futuro? Pois xa o veremos, está a cousa bastante complicada. Persoalmente, agardo que a xente volva coller ilusión e que sigamos gozando da camiseta branquiazul. |
NOS_42469 | O arquivo do caso Garañón abre a aporta a Besteiro para volver á primeira liña das responsabilidades políticas dentro do PSdeG. | A decisión da Audiencia de Lugo de arquivar as dilixencias abertas en 2015 contra José Ramón Gómez Besteiro ten unha lectura xudicial e outra política. A primeira cuestiona a lóxica dos tempos procesuais e a segunda abre a aporta a Besteiro para volver á primeira liña das responsabilidades políticas. José Ramón Gómez Besteiro sempre estivo aí. Malia que a súa imputación en xullo de 2015 por parte da xuíza Pilar de Lara o obrigou a renunciar á secretaría xeral do PSdeG-PSOE, apartouno da carreira á Presidencia da Xunta da Galiza e motivou un paso atrás na súa militancia política, o ex presidente da Deputación de Lugo mantivo unha innegábel influencia nas estruturas e, sobre todo, na afiliación do partido na circunscrición. As pegadas da influencia de Besteiro no PSdeG-PSOE de Lugo son doadas de seguir. Se pomos o ollo nas principais referencias do partido no ámbito local, son de testada lealdade a Besteiro a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, rexedoras da primeira e terceira poboación en habitantes da circunscrición. Ao tempo, partillan proximidade con Besteiro a maioría dos alcaldes dos 30 concellos onde gobernan os socialistas na comarcas de Lugo, moitos dos cales contaron co seu apoio nos tempos da oposición ou para asentarse no poder. Neste grupo atópanse influentes rexedores do ámbito rural con altas porcentaxes de voto, como Miguel Ángel Sotuela, de Ribas de Sil; Lino Rodríguez Ónega, de Pol, ou Antonio de Dios, de Meira. As xentes do círculo máis próximo a Gómez Besteiro reteñen importantes responsabilidades institucionais. O seu xefe de gabinete no Concello e na Deputación de Lugo, Javier Cerqueiro, ocupa actualmente escano no Congreso dos Deputados e a súa antiga xefa de prensa Leticia Vilar representa o PSOE no Consello de Administración da CRTVG. Pola súa banda, unha colaboradora de máxima confianza como Pilar Porto mantense como voceira do grupo socialista na corporación provincial de Lugo. Porén, as súas relacións co aparato do partido en Lugo non son do máis fluídas, malia que a secretaría de organización está ocupada polo seu antigo delfín, Xoán Valiño. Un encaixe pendente do congreso PSdeG-PSOE A nova situación procesual de Gómez Besteiro introduce algunhas certezas pero tamén varias incógnitas. Neste sentido, dáse por seguro o seu retorno á primeira liña política, mais descoñécese o seu encaixe, moi condicionado polos resultados do congreso que os socialistas galegos van realizar no outono. A este respecto, é coñecida a amizade e proximidade de Gómez Besteiro co presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, un dos dirixentes do PSdeG-PSOE máis críticos con Gonzalo Caballero e que algúns sectores do partido ven como futuro líder da organización na Galiza. Semella que a referida cita congresual vai ser chave para o futuro do antigo secretario xeral dos socialistas galegos. Gómez Besteiro, liberado da imputación polo coñecido como "caso Garañón", ten vía libre para facer case o que queira. Persoa prudente e inimigo das liortas e conflitos internos, tomará a súa decisión atendendo ao seu círculo próximo e ás mensaxes que lle cheguen do interior do partido. Mentres a gran maioría da afiliación socialista nas comarcas de Lugo teno claro e sinala que Gómez Besteiro non ten escusas para non exercer o liderado que nunca perdeu, entres os cadros da formación na Galiza non hai dúbida de que a opinión de Besteiro revistará moita importancia no próximo congreso para decantar nun sentido ou noutro as bases do PSOE de Lugo. |
NOS_19736 | Representantes da Coordinadora de Afectad@s por Preferentes e Subordinadas reuniranse esta sexta feira día 4 de abril con Juan Carlos Escotet, futuro propietario de NovaGalicia Banco xunto co Director Xeral, Francisco Botas. Na xuntanza reclamarán a devolución íntegra dos 500 millóns de euros de 35.000 persoas afectadas. | A xuntanza entre representantes da Coordinadora de Afectad@s por Preferentes e Subordinadas terá lugar ás 12.45 horas no Centro Social de Novacaixagalicia, en Compostela. Desde a entidade convocaron a membros de todas as plataformas do país mais sen dar a coñecer ningunha orde do día da xuntanza. Saben que asistirán o comprador Juan Carlos Escotet e o Director Xeral de NGB, Francisco Botas. A Coordinadora tiña solicitado a reunión a comezos do mes de xaneiro e terá lugar noventa días despois de que o que será futuro propietario de NGB prometera dar unha solución á estafa que aínda afecta a 35.000 persoas que non conseguiron acceder aos 500 millóns de euros que teñen en preferentes e subordinadas. "A demanda da Coordinadora é unha, que todos os afectados e afectadas recuperen o cen por cen dos seus cartos", insiste Xulio Vicente, da Plataforma do Baixo Miño unha das máis activas do país que quere que da xuntanza saian solucións para os diferentes casos que neste momento se dan n@s afectad@s, xa que unha parte presentaron demanda, outra asinaron a quita, algúns cobraron parte dos cartos, outros aínda nada e hai quen tamén tivo que facerse cargo dos gastos dos procedementos xudiciais. O mércores próximo, a Coordinadora manterá tamén en Madrid unha reunión co director do FROB. Solucións por escrito "Agardamos que estes movementos non respondan á mesma intención que fixo que Feijóo prometera solucións na campaña das autonómicas e polas que aínda estamos agardando. Pode que faltan uns trinta días para que Escotet se faga formalmente dono do banco mais non pasamos por menos dun compromiso por escrito coas condicións que se negocien, sempre co pago do cen por ce do que se adebeda", explica Xulio Vicente. Aínda na xornada da quinta feira, a Plataforma do Baixo Miño permaneceu pechada durante dúas horas nas oficinas centrais de Tui mentres na Estrada se debatía en pleno unha moción do BNG sobre as preferentes e en Lugo saíase á rúa na mobilización semanal, entre outros actos de protesta que se desenvolven por todo o país case diariamente. |
NOS_24164 | Os referendos convocados en Donetsk, Lugansk, Kherson e Zaporizhzhia decorrerán desde esta sexta feira até a próxima terza. | A primeira hora desta sexta feira arrincaron as votacións nas rexións de Donetsk, Lugansk, Kherson e Zaporizhzhia para determinar a súa posíbel adhesión á Federación Rusa, a través de senllos referendos que foran anunciados a comezos desta semana. A votación iniciouse ás 8 horas [hora local] e as urnas fecharán contra as 16 horas. Os mesmos horarios repetiranse até a vindeira terza feira, día 27, cando está previsto que remate o proceso. As repúblicas de Donetsk e Lugansk convocan un referendo este mes para a adhesión destes territorios a Rusia "Apoia vostede a adhesión da República Popular de Donetsk a Rusia como suxeito da Federación Rusa?", reza a papeleta distribuída neste óblast do Donbass. A fórmula escollida é moi semellante en Lugansk, mentres que nas rexións de Kherson e Zaporizhzhia preguntarase se a cidadanía está a prol, ou en contra, da separación de Ucraína, a formación dun Estado independente e a súa adhesión á Federación Rusa. En 2014, no marco dos primeiros enfrontamentos armados no Donbass, a poboación fora convocada ás urnas en Donetsk e Lugansk para determinar a independencia destes territorios e a súa separación de Ucraína, votacións que, segundo as autoridades destas repúblicas autoproclamadas, fecharon cun apoio a esta opción superior a 90% e unha participación de perto de 75% —entre 24 e 32%, segundo o Goberno ucraíno—. Na mesma semana na que as tropas rusas entraron en territorio ucraíno, Vladímir Putin asinou un decreto no que recoñecía formalmente a independencia destes dous territorios que agora, xunto a Kherson e Zaporizhzhia, votan a súa posíbel adhesión a Rusia nos referendos convocados polas autoridades independentistas. A mobilização parcial em Rússia tem carácter imediato e será para todos os que têm experiência militar Denis Miroshnichenko, presidente da Cámara de Lugansk, foi o primeiro en anunciar a convocatoria e, pouco tempo despois, o seu homólogo no Parlamento de Donetsk, Alexei Kofman, seguiu os seus pasos. "Queremos que a fronteira rusa estea entre nós e Ucraína. Queremos formar de novo parte da 'gran patria', Rusia. O pobo do Donbass meréceo", sostén a moción parlamentaria aprobada e asinada por Kofman. Porén, a Unión Europea, os países que integran a OTAN e Kíiv, entre outros, non recoñecen a validez destas votacións, que cualifican de "farsa" no medio da escalada da tensión bélica en Ucraína. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.