ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_7677 | Os ministros de Agricultura da UE examinaron este luns en Bruxelas un informe da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) que cuestiona o uso de tres tipos de pesticidas neonicotinoides para o cultivo de millo, colza e xirasol e este xoves a Comisión realizará unha proposta para limitar o seu uso. | A UE podería propor este xoves a prohibición de tres pesticidas neonicotinoides para o cultivo de millo, colza e xirasol, que son mortais para as abellas. Os ministros de Agricultura da UE examinaron este luns en Bruxelas un informe da Axencia europea de seguridade alimentaria (EFSA) que cuestiona o uso destas substancias e este xoves a Comisión realizará unha proposta para limitar o seu uso. A Comisión Europea é partidaria de comezar cunha prohibición "equilibrada" que afecte a aqueles cultivos que "máis atraen ás abellas", isto é, o millo, a colza e o girasol O comisario de Saúde e Consumo, Tonio Borg, anunciou medidas "ambiciosas e proporcionadas" pero non se espera que este xoves se adopten decisións definitivas, senón que haberá un debate e unha primeira proposta de acción. A Comisión Europea é partidaria de comezar cunha prohibición "equilibrada" que afecte a aqueles cultivos que "máis atraen ás abellas", isto é: o millo, a colza e o xirasol. A UE analizará os tipos de plantacións máis afectados e os calendarios de sementa, entre outros factores, para decidir cos países membros os pasos a seguir. Os pesticidas postos en dúbida están fabricados por Bayer e Syngenta, que segundo denuncian os colectivos ambientalistas están a realizar unha intensa campaña de presión para impedir que se limite o seu uso. Polo de agora están autorizados na Unión Europea, pero xa hai varios países que non permiten o seu uso en determinados cultivos, como é o caso de Alemaña, Italia ou Francia. Eslovenia, pola súa banda, conta cunha prohibición total. Son varias a iniciativas na rede de denuncia e recollida de sinaturas para esixir a prohibición total destes pesticidas. A petición que se realiza a través de Avaaz.org está chegando aos dous millóns de apoios. |
NOS_50155 | A edil María Rozas -membro de Esquerda Unida- liderará a candidatura de Compostela Aberta (CA) na capital galega de cara aos comicios municipais de 2023 . | A concelleira María Rozas será a candidata de Compostela Aberta (CA) en Santiago de Compostela de cara ás próximas eleccións municipais de 2023. A pasada semana, a portavoz municipal da formación, Marta Lois, anunciou a que non tiña a intención de ocupar a candidatura de CA, nunha carta remitida á militancia da formación política. As 'mareas' municipalistas encaran as eleccións de 2023 entre o apoio a Yolanda Díaz e o receo a unha nova En Marea Lois, que formará parte do proxecto impulsado impulsado pola vicepresidenta segunda do Goberno español e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, bautizado como Sumar, foi a encargada de formalizar o anuncio de que Rozas será a candidata de CA. Neste sentido, desvinculou o seu "paso atrás" en Compostela Aberta da súa implicación en Sumar, e cinxiu a súa decisión a un proceso de "reflexión persoal". Marta Lois (Compostela Aberta): "O importante para Sumar non son as siglas senón o traballo e as propostas" Tanto Lois como Rozas apuntaron que o proxecto de Yolanda Díaz, en principio, non chegará a tempo para as eleccións locais. Ao tempo, destacaron a entidade propia que supón CA no ámbito municipalista e a súa "independencia" en relación a outros movementos. Reverter o "parón" de Compostela A nova candidata de Compostela Aberta afirmou que aspira a encabezar unha candidatura disposta a reverter o "parón" da cidade, que atribúe ao equipo liderado polo actual rexedor, o socialista Xosé Sánchez Bugallo. Martiño Noriega: "Reactivar un espazo como Anova debe ser visto como positivo" Rozas estivo acompañada polos seus compañeiros do grupo municipal no Concello de Santiago, ademais doutros membros da formación, como ex alcalde Martiño Noriega, que a semana pasada anunciou que ocupaba a portavocía nacional de Anova. |
PRAZA_15092 | O expresidente do Goberno explica no primeiro volume da súa autobiografía Memorias I que nun primeiro momento lle ofreceu o posto de sucesor a Rodrigo Rato, que o rexeitou. Extracto do libro no interior. | O expresidente do Goberno José María Aznar explica no primeiro volume da súa autobiografía Memorias I (Planeta), que se presentará o próximo 26 de novembro en Madrid, algunhas das súas decisións máis controvertidas durante o seu oito anos de Goberno (1996-2004). Entre elas, a designación do seu sucesor á fronte do Partido Popular. Aínda que sinala que a elección de Mariano Rajoy como o seu sucesor foi "polo interese de España", recoñece que barallou outros nomes como Rodrigo Rato e Mayor Oreja. De feito, Aznar dedica parte do prólogo, ao que tivo acceso a Axencia EFE, á súa relación e posterior distanciamento con Rato e así relata episodios de amizade entre ambos e como este lle pediu durante unha viaxe no nadal de 2000 que reconsiderase a súa decisión de non presentarse e despois expúxolle obxeccións concretas á súa candidatura para sucedelo. No verán de 2003 Rato anuncioulle que cambiara de opinión e que agora si quería ser o candidato do PP ás eleccións previstas para marzo de 2004. "'Ti dixéchesme dúas veces que non'. E el respondeu: 'Pero agora dígoche que si' Con todo, no verán de 2003 Rato anuncioulle que cambiara de opinión e que agora si quería ser o candidato do PP ás eleccións previstas para marzo de 2004. "'Ti dixéchesme dúas veces que non'. E el respondeu: 'Pero agora dígoche que si'. Non lle contestei nada. Só tomei nota", explica Aznar, quen engade que o día que lles anunciou que o sucesor sería Rajoy quixo ter un xesto de deferencia cara a Rato e este volveulle a dicir: "Pois agora querería". A designación de Rajoy obrigou a Rato a reflexionar sobre o seu futuro e a refacer os seus plans, centrando todos os seus esforzos no FMI, un posto para o que Aznar pediu axuda para apoiar a candidatura do seu amigo a Bush, Chirac, Blair e Gerhard Schroeder. "Quizais por iso custoume comprender a posterior reacción de Rodrigo. Eu era consciente da súa decepción ante o desenlace da sucesión e sabía que, despois de tantos anos de amizade, a nosa relación xa non sería a mesma. Con todo, non esperaba que Rodrigo puxese unha distancia tan grande dende tan axiña", engade. Explica que a constatación de que se abriu unha "fenda" foi con motivo da primeira visita que Rato realizou a España como director xerente do FMI e na que citou unha ampla representación do mundo político e económico español. "A min non me chamou", lamenta o expresidente do Goberno. A súa intención coa elección de Rajoy, segundo sinala, era proporcionarlle ao Goberno "certa continuidade política, con tranquilidade e sen sobresaltos" e "neutralizar o ataque da esquerda e dos nacionalismos" Tras explicar que a relación con Mayor Oreja foi máis fácil e que este era consciente de que tiña menos posibilidades, Aznar enxalza as virtudes de Rajoy, aínda que recoñece que é menos amigo seu e que nos anos que traballaron xuntos ningún descolgou o teléfono para dicirlle ao outro "imos o sábado a cear". Con todo, esa falta de proximidade persoal non afectaba en nada á valoración de Aznar sobre a súa capacidade política xa que a súa intención coa elección de Rajoy, segundo sinala, era proporcionarlle ao Goberno "certa continuidade política, con tranquilidade e sen sobresaltos" e "neutralizar o ataque da esquerda e dos nacionalismos contra o entón previsible terceiro mandato do PP". Nun contexto no que, argumenta, "Pasqual Maragall non buscaba un bo acordo para Catalunya" senón a "confrontación co PP e a súa exclusión da vida pública", pensou que a personalidade de Rajoy era "a máis adecuada". "Se pensara que Rato ía administrar mellor o desafío do nacionalismo, teríao proposto", matiza. Por outra banda, revela que só unha vez se expuxo a posibilidade de propor a alguén da nova xeración -antes das eleccións municipais e autonómicas de 2003- e que lle informaron de que Rajoy e Rato chegaran a un "acordo" para que no caso de que o elixido fose un deles aceptalo, pero que se finalmente resultaba ser calquera dos máis novos "tentarían pecharlle o paso". Rajoy e Rato chegaran a un "acordo" para que no caso de que o elixido fose un deles aceptalo, pero que se finalmente resultaba ser calquera dos máis novos "tentarían pecharlle o paso" Pero a decisión estaba tomada -o nome de Mariano Rajoy estaba escrito no seu caderno azul en novembro de 2002- e o 29 de agosto de 2003 citouno no seu despacho. Rajoy díxolle: "Presidente, prefiro que non me digas o que intúo que me vas a dicir" e, a continuación, agradeceulle que o fixera cinco veces ministro e vicepresidente do Goberno, e Aznar conta que lle contestou: "Grazas, pero voucho dicir. Creo que ti es a persoa adecuada". Afirma tamén que houbo unha avaría "moi seria" no voo que o trasladaba á República Dominicana para asistir ao XII Cumio Iberoamericano e que chamou ao Rei para dicirlle que, "se ocorría algo", na carteira levaba un caderno azul no que estaba apuntado o nome da persoa que, ao seu xuízo, "debía facerse cargo da situación". "Non lle dixen nada máis. Coma se fose fácil atopar os restos dun caderno azul nun avión sinistrado", engade. Aos outros dous candidatos, Rodrigo Rato e Jaime Mayor Oreja, expresoulles o seu aprecio e gratitude. Segundo Aznar, ambos aceptaron e sinalaron que colaborarían con Rajoy, aínda que a súa resposta "levaba aparellada una certa resignación", á vez que -subliña- xa naquel momento quixo deixar claro que se ía facer unha cesión completa" das súas responsabilidades e que, desde entón, o seu sucesor "debía facer as cousas ao seu aire, á súa maneira". Houbo unha avaría "moi seria" no voo que o trasladaba á República Dominicana para asistir ao XII Cumio Iberoamericano e que chamou ao Rei para dicirlle que, "se ocorría algo", na carteira levaba un caderno azul no que estaba apuntado o nome da persoa "Tes toda a liberdade para tomar as decisións que teñas que tomar. Cando o consideres necesario, chámasme. E se non o consideras necesario, non me chamas", díxolle entón Aznar a Rajoy, a quen insiste en que non lle suxeriu nin un só nome do seu equipo. "Mariano puido actuar con total liberdade e así o fixo", precisa. Para o expresidente do Goberno, "a operación saíu ben" e sairía "perfectamente se non fose polos atentados do 11 de marzo de 2004". O expresidente asegura que a decisión máis difícil que tomou na súa vida foi manter o seu compromiso de non presentarse a un terceiro mandato. Sinala que foi a convicción "de contribuír ao fortalecemento das institucións democráticas e de evitar a tentación de aferrarse ao cargo" o que o levou a non presentarse ás eleccións de 2004. Extracto de 20 páxinas das memorias de Aznar (.pdf) |
PRAZA_5351 | O electorado galego xa ten diante de si as cinco principais opcións que, dende outras tantas organizacións, aseguran que serán a voz do país na Eurocámara. Repasamos as credenciais que presentan para tentar recabar a confianza da cidadanía galega. | Tras semanas de dilacións o PP revelaba o pasado xoves a súa candidatura para as eleccións europeas. Cos nomes da candidatura conservadora sobre a mesa o electorado galego xa ten diante de si as cinco principais opcións que, dende outras tantas organizacións e coalicións, aseguran que serán a voz do país no Parlamento Europeo. Atendendo á órde na que se lanzaron á carreira preelectoral, repasamos as credenciais que presentan para tentar recabar a confianza da cidadanía galega. BNG: Ana Miranda Presentación da candidatura do BNG ás europeas Nada en Cuntis e criada en Vigo, Ana Miranda é dende hai anos sinónimo do BNG en Europa. Cunha ampla experiencia académica, profesional e política nas institucións comunitarias -está especializada en Dereito Europeo e traballou na área de política social e cohesión do Consello de Ministros-, colaborou estreitamente co primeiro eurodeputado do Bloque, Camilo Nogueira, entre 1999 e 2004. Na seguinte lexislatura europea, na que a formación frontista non tivo escano en Bruxelas e Estrasburgo, foi a representante do BNG en Galeuscat e dende 2009 en Europa dos Pobos, alianza pola que foi eurodeputada entre xaneiro de 2012 e xullo de 2013. Miranda subliña que o do Bloque seguirá sendo "o escano de Galiza en Europa" Dende o Bloque, pero tamén dende fóra del, adoitan gabar a capacidade de traballo de Miranda, que desta volta encabeza unha lista formada por representantes de diversos sectores sociais e caras coñecidas como o escritor Suso de Toro ou a actriz Isabel Risco. Esta candidatura está coaligada, á súa vez, coa de EH-Bildu, unha unión á que o PP se aferrou dende o primeiro momento para tentar ligar os nacionalistas galegos coa violencia ou o terrorismo. Alén de que as coalicións para as europeas "son instrumentais", Miranda apela á "apertura mental" e a non poñer o foco en debates que, afirma, procura que "non se fale do traballo do BNG" ante a UE, onde "dos 54 grupos que hai fomos o quinto máis activo, e iso estando só ano e medio no Parlamento". Máis dun cento de intervencións, case 150 preguntas parlamentarias ou unha vintena de propostas de resolución son as cifras que acompañan a Miranda na súa aposta para tentar regresar a Europa co BNG. Se o logra, asegura, o seu será "o escano de Galiza", cunha "voz de seu, crítica co modelo da UE" e na "defensa dos intereses das clases populares e dos movementos sociais, así como dos sectores produtivos da economía galega". PSdeG: José Blanco José Blanco, tras ser presentado por Besteiro como candidato do PSdeG Tras estar representados nos últimos anos por que fora o seu candidato á Xunta nos primeiros anos 90, Antolín Sánchez Presedo, os socialistas galegos teñen desta volta como referencia cara ás eleccións europeas ao ex ministro de Fomento e antigo número dous do PSOE, José Blanco. Sen experiencia europea pero con amplo currículo orgánico e institucional, Blanco esgrime o seu "compromiso e traballo na defensa dos intereses desta terra", especialmente na súa etapa no Ministerio, para apelar ao apoio da cidadanía galega. El, asegura, garante que a "voz de Galicia" se escoite de xeito "forte" en Europa. Os socialistas, din dende o PSdeG, son "a única esquerda que sabe e pode" mudar o rumbo da Unión formando "unha nova maioría" que impulse "a saída do marasmo no que nos meteu a hexemonía conservadora". Blanco anima a "xulgalo" polo seu "compromiso e traballo na defensa dos intereses desta terra" Dende o convencemento de que o PP tenta "desvirtuar" estes comicios, Blanco reitera que "non é o mesmo PP que PSOE" porque "non é o mesmo que goberne a dereita ou a esquerda". Dende o décimo posto da candidatura que encabeza Elena Valenciano asegura que, se os socialistas poden dirixir a Unión nos próximos anos, "darán a batalla" para, por exemplo, mudar os criterios no reparto das axudas da Política Agraria Común, "de forma que se vinculen máis directamente ás axudas ao emprego e para que, dentro das políticas de desenvolvemento rural, se consideren os criterios da demografía e a necesidade de aumentar a base territorial". Neste escenario, retruca tamén ás críticas que lle dirixen polo seu papel nos mandatos de Zapatero ou mesmo polo accidente de Angrois. Cómpre "xulgalo" polos seus feitos, reclama. Compromiso por Galicia: Paulo Carlos López Paulo Carlos López, tras gañar as primarias de CxG Xornalista e politólogo de profesión, Paulo Carlos López é o candidato máis novo dos que optan a representar a Galicia en Europa. Nado en Betanzos, López participa en Compromiso por Galicia dende a súa fundación, á que chegou como máximo responsable da Mocidade Nacionalista Galega. É o representante de Compromiso en Coalición por Europa, que a formación galeguista comparte con CiU, PNV e Coalición Canaria e que se presentará a finais de mes en Madrid. A ela chegou tras gañar as primarias abertas organizadas polo partido, "unha nova forma de elixir candidatos que implica un empoderamento da sociedade fronte aos aparellos dos partidos", asegura. López foi elixido a través do sistema de primarias abertas A achega de CxG a esta candidatura, di López, é "representativa, territorial e profesionalmente, da Galicia viva que queremos proxectar e defender". Na súa campaña, a "da forza e da ilusión", asegura que tentará "trasladar a necesidade de darlles resposta aos problemas da cidadanía, xa que o que se decide en Bruxelas ou Estrasburgo toca cada vez máis de preto ás condicións de vida dos galegos e galegas". De cara aos comicios, afirma, tentará "denvolverlle á política a vocación de servizo público que a ten irremediablemente que caracterizar". O seu será o segundo reto electoral de CxG tras a estrea nas autonómicas de 2012 e unha posta a punto cara á proba de fogo da formación, as municipais de 2015. AGE: Lidia Senra Senra, con Noriega, Díaz e Beiras na súa presentación como candidata Como no caso de Miranda, os eloxios á traxectoria de Lidia Senra chegan tanto dende a formación á que representa nestes comicios como dende fóra dela. Labrega de profesión, Senra é unha histórica do sindicalismo agrario do país, onde levou adiante múltiples batallas xa dende os tempos das Comisións Labregas e, durante case vinte anos, como secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, posto que deixou en 2007. O seu nome soou en diversas ocasións da década pasada para encabezar a candidatura europea do Bloque, se ben o seu salto a Bruxelas prodúcese definitivamente dende AGE, como número cinco da lista que Anova comparte con Esquerda Unida. Senra é candidata tras unha dilatadísima traxectora no sindicalismo agrario Senra, que gañou a votación interna de Anova co 85% dos apoios, confésase "un pouco abrumada por tanta responsabilidade", se ben asegura que, unha vez máis, tentará "dar a batalla", durante a campaña por encomenda de AGE e, agarda, dende o 25 de maio por encomenda "da cidadanía galega". "Como muller e como persoa das clases populares e, dentro destas, do sector agrario", asegura estar "profundamente agradecida por esta oportunidade" de "ocupar un espazo para levar o eco da situación que estamos vivindo no noso país" e de "situar a nosa nación na alianza dos pobos agredidos", da "esquerda que quere romper a situación a nivel europeo". Boa parte do seu labor en Bruxelas e Estrasburgo, avanza Senra, centrarase en tentar "romper coas políticas neoliberais", as mesmas que, asegura, xa provocan que "nun país coma o noso, o país da fartura, haxa nenos e nenas que non se poden alimentar correctamente e persoas que non poden comer todos os días", ou cidadáns e cidadáns "sen teito ou a piques de perdelo". Nos primeiros compases da precampaña Lidia Senra xa tivo que facer fronte a duras críticas, algunhas agardadas e outras máis exóticas, tales como as vinculadas á defensa da soberanía alimentaria para Galicia. PP: Francisco Millán Mon Millán Mon, con Feijóo na noite electoral das europeas de 2009 Coa baixa por vontade propia de Carmen Fraga, filla do ex presidente da Xunta, Francisco Millán mon fica como referente do PP galego nos postos de saída da candidatura encabezada por Miguel Arias Cañete, na que figura no oitavo lugar. Millán Mon, cuñado de Mariano Rajoy, é diplomático de carreira e leva dez anos como eurodeputado, período no que o seu labor foi discreto e ligado con Galicia en escasas ocasións, segundo reflicten as bases de datos do Parlamento Europeo. Segundo os conservadores Millán Mon "supón unha aposta pola experiencia, xa que conta cunha dilatada carreira na UE, onde desempeñou cargos de gran relevancia e onde pecha unha lexislatura de grandes logros para Galicia. Na lista intégrase tamén a deputada autonómica Carmen Pardo, aínda que no vixésimo quinto posto, que a priori non é de saída. A directora da campaña europea do PPdeG é Paula Prado Ao contrario do acontecido en 2009, cando as eleccións europeas chegaron nun momento inmellorable para o PP de Galicia -Feijóo viña de impoñerse nas eleccións autonómicas e era dos poucos baróns á alza no seo do partido-, os conservadores galegos afrontan a campaña europea sen excesivo entusiasmo, toda vez que a convocatoria ten máis posibilidades que restar que de sumar enteiros aos seus intereses, dado o contexto político xeral. A esta circunstancia engádese o feito de que elixiron como directora de campaña á voceira do partido en Galicia, Paula Prado, desaparecida da escena pública e máis aínda das súas habituais e duras crítica á oposición dende que o sumario da operación Pokémon a situou no centro dunha suposta rede de enchufes e enfrontamentos internos. Neste contexto, o propio Alberto Núñez Feijóo é, ao seu pesar, referencia do partido para unha carreira electoral na que, cando menos polo momento, se centra en cargar con dureza contra o resto de candidaturas, especialmente contra as de AGE e BNG. "Cando na UE haxa algo que decidir que nos afecte, a nosa terra vai ter moito que dicir" grazas ao PP, argumenta, mentres que os programas electorais das demais forzas políticas carecen "de importancia", xa que o BNG "vai aplicar o de Bildu", Anova "o de Esquerda Unida e, no caso do PSOE, "xa se sabe o que duran as súas propostas". Todo isto, di, vaino defender nunha campaña dedicada a Adolfo Suárez, "presidente crave na Transición española". |
NOS_23185 | Nun comunicado o club coruñés indica que tamén se ve na obriga de "eliminar as comidas oficiais cos clubs que nos visitan", de se dar de baixa na rede Wifi e de mercar no quiosque a prensa diaria deportiva. | O Deportivo da Coruña aperta o cinto. Por orde xudicial do máis estrita, xustifican desde o club de fútbol. Non máis prensa deportiva mercada no quiosco. Non máis gozar da lectura de La Voz de Galicia que, como subscritores, recibían todas as mañanciñas para acompañar o café. E as penalidades, como as desgracias, non veñen soas. Así que, por estrita orde xudicial, lembren, o Deportivo afirma que tamén ten que se dar de baixa en Canal Satélite Digital, "medio polo que os técnicos da Secretaría técnica realizaban seguimento de encontros e futbolistas". Acabouse a pantalla de plasma para facer de 'ojeadores'. Aliás, tamén ten o club coruñés que dar de baixa a Wifi, servizo que tiñan, sinala, "para os medios de comunicación no estadio de Riazor os días de partido e así reducir o gasto telefónico". Por último, mais non por iso menos importante, acabáronse as comidas oficiais cos clubs que chegan a Courña, así como "calquer gasto no palco de autoridades". |
PRAZA_16551 | Non, Sr. Rueda, non é certo. OS SINDICATOS SÍ QUEREMOS NEGOCIAR. Foron vostedes os que estiveron 10 días sen convocar ao comité de folga, os que tamén enviaron á mesa de negociación a un "guerreiro da verborrea" que entre outras lindezas convidounos "a abandonar a nosa terra". | A crónica de mobilizacións desta folga épica e histórica no mundo da xustiza comeza con tres xornadas de folga nos meses de decembro e xaneiro (1 e 13 de decembro e 25 de xaneiro). Xornadas nas que os traballadores e traballadoras da xustiza se botaron á rúa para reclamar algo digno: unha equiparación co resto dos seus compañeiros e compañeiras destinados noutras comunidades e un rexeitamento unánime á discriminación (discriminados por estar enfermos, por realizar funcións e non ser retribuídos polas mesmas dun modo xusto (só pedindo "igual traballo, igual salario"), á non amortización de prazas por parte da Xunta de Galicia de xeito unilateral e á consolidación de prazas de reforzo. O 7 de febreiro iniciamos unha folga indefinida: unha folga que tiña por bandeira a dignidade: dignidade que reclamamos e entendemos merecer. Dignidade que este goberno autonómico nos nega, manténdonos discriminados co resto dos nosos compañeiros e compañeiras transferidos a outras CCAA. Discriminación que esta administración fai extensiva non só ao aspecto económico, no que fronte a todas as mentiras e falacias que verte día a día nos medios de comunicación que se prestan á difusión das mesmas buscan humillarnos diante da opinión pública, senón tamén unha discriminación sanitaria, sancionándonos por estar enfermos, unha discriminación na que este goberno do partido popular rexeita que a "igual traballo" lle corresponda "igual salario". E nós seguimos na loita: loita na que pedimos un recoñecemento dos nosos dereitos. Unha loita pola dignidade: a marea azul de camisetas que se pode ver nos edificios xudiciais é boa proba diso: " XUSTIZA EN LOITA: RESISTENCIA E DIGNIDADE". Nesta loita de David contra Goliat, a carta do desgaste é a empregada pola administración: a pesar da súa alegación e proclama diaria de "vontade negociadora", na sombra xoga outro papel moi distinto: "os sindicatos non queren negociar". Non, Sr. Rueda, non é certo. OS SINDICATOS SÍ QUEREMOS NEGOCIAR. Foron vostedes os que estiveron 10 días sen convocar ao comité de folga, os que tamén enviaron á mesa de negociación a un "guerreiro da verborrea" que entre outras lindezas convidounos "a abandonar a nosa terra". É ese o seu afán de diálogo?. Compre que lles recorde todos os momentos de desleixo para nós? Pero a verdade e a dignidade prevalecen. O pasado venres, 9 de marzo, despois de nove horas de negociación, rexeitaron continuar coa negociación durante o fin de semana. Esa é a súa vontade? O servizo público da xustiza está parado: a actitude de enrocamiento por parte do seu goberno reflicte claramente como lles importa. Sexan coherentes co seu labor: xustifiquen os seus soldos, realicen o seu traballo, porque a discriminación que teñen con respecto aos presidentes doutras CCAA é positiva, moi positiva: percibindo retribucións moi por encima da media, e aínda así aumentando os seus soldos nun 7,5%. A man dereita non debe saber o que fai a man esquerda. E vostedes, man esquerda ten pouca ou ningunha. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a446f6ab&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a446f6ab&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=388&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a446f6ab' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=388&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a446f6ab' border='0' alt='' /></a> |
QUEPASA_568 | Cee pide tamén unha senda peonil en Ameixenda | A Deputación atenderá a demanda do Concello de Cee para construír beirarrúas na DP-2301 Lires, tal e como llo transmitiu onte o presidente, Valentín González Formoso á alcaldesa, Margarita Lamela. Unha petición realizada en varias ocasións polo BNG, que supón facer caso dunha demanda histórica da veciñanza, dada a carencia dun paso seguro para os peóns nunha estrada nas marxes dun vial que conta cunha elevada densidade de tráfico e que ademáis forma parte do Camiño de Santiago e conta non numerosos establecementos de turismo rural nas súas inmediacións. O Concello terá que presentar un proxecto técnico. Así mesmo, a alcaldesa solicitou tamén o apoio económico da Deputación para executar unha senda peonil en Ameixenda, que conectaría a zona de Lamas coa estrada xeral AC-522 de Muros a Cee, ofrecendo seguridade aos camiñantes. 103 autónomos e microempresas reciben axudas do PEL-Reactiva Entre 1.500 e 3.000 van recibir 103 autónom@s e microempresas gracias ás axudas do PEL-Reactiva, boa parte delas do sector da hostalaría e pequeno comercio, cun importe total de 186.500 euros. |
NOS_13093 | A Xunta mudará o contrato inicial, o que podería supor unha vulneración da Lei xeral de contratos públicos. | O Parlamento de Galiza debateu esta terza feira a lei de acompañamento dos Orzamentos 2015, un proxecto lexislativo que visa introducir mudanzas en máis dunha ducia de leis actualmente en vigor pola vía de urxencia. As forzas da oposición, agás o Grupo Mixto, presentaron emendas á totalidade do texto deseñado pola Consellaría de Facenda ao considerar que este procedemento lexislativo, coñecido como "lei ómnibus", constitúe unha "degradación da democracia e deste Parlamento", afirmou o voceiro parlamentar do Bloque, Francisco Jorquera. Unha cualificación na que coicidiron as portavocías de AGE e PSdeG-PSOE amparándose mesmo na xurisprudencia do Tribunal Constitucional que sinala a tramitación "en bloque" de tantos textos lexislativos como unha "fraude democrática", acrecentou Yolanda Díaz. A oposición fala dunha "estafa" e dunha "fraude democrática" coa aprobación da lei de acompañamento dos Orzamentos 2015 Unha lei pola que se mudan máis dunha ducia de normas O texto que acordou, finalmente, tomar en consideración a Cámara --cos únicos votos do Partido Popular-- incorpora modificacións legais en materia de comercio, urbanismo, minaría e turismo, entre outros asuntos. Un feito que para BNG, AGE e PSdeG "nos pretende colar" un "atropelo democrático". Neste senso, Díaz valeuse das declaracións pronunciadas polo propio voceiro parlamentar popular, Pedro Puy, para asegurar que se trata dunha "lei controvertida" que podería mesmo incorrer en "prevaricación", segundo denunciou Francisco Jorquera desde o Bloque Nacionalista Galego. Así, a organización frontista avanzou que levaría perante a Fiscalía unha das cuestións incluídas na lei de acompañamento pola que se modifica o contrato de adxudicación da obra de construción da autovía da Costa da Morte. 27 quilómetros por 617 millóns de euros O proxecto lexislativo presentado pola Xunta prevé --na disposición quinta-- a mudanza deste contrato para pasar da construción inicial de 60 quilómetros por 540 millóns de euros a adxudicar a contratación de 27 quilómetros por un custe de 617 millóns de euros. Segundo o voceiro nacionalista a Xunta estaría a beneficiar "pola porta de atrás" á empresa adxudicataria incumprindo a lexislación en vigor e podería rematar "imputado todo o goberno, xa teñen un precedente no Concello de Santiago". A mudanza deste contrato pasará da construción de 60 km. por 540 euros a 27 km.por un custe de 617 millóns de euros No concreto, o texto legal que se estaría a vulnerar sería a Lei xeral de contratos públicos, explicou o deputado do PSdeG-PSOE, Juan Carlos González Santín. Con esta medida o goberno galego pretende "regular por lei" a "resolución parcial dunha contratación pública. Que acontece coa lei de contratos?", preguntou, "a quen se quere beneficiar?". Para González Santín --que advertiu que o seu grupo demandará aos servizos xurídicos da Cámara que estuden a reforma-- "como mínimo incúmprese" a capacidade das demais empresas que se presentan ao concurso para recorreren o contrato. "É unha lei en fraude de lei", sentenciou. "A lei de contratos fixa que calquera mudanza debe vir fixada nos pregos" de condicións do contrato polo que a iniciativa presentada pola Xunta incumpriría a lexislación española, aprobada por "trasposición" da normativa comunitaria. "A obra redúcese nun 55% e o prezo multiplícase nun 235%", alegou Jorquera Aliás, explicou Jorquera, "unha autovía que ten un custo real de 200 millóns de euros vai supoñer para as arcas públicas máis do triplo", cun prezo por quilómetro cadrado que pasou dos 9,7 aos 22,8 millóns de euros. "A obra redúcese nun 55% e o prezo multiplícase nun 235%", alegou Jorquera. "Se isto non é prevaricación, paréceselle moito", dixo, de aí a decisión de recorrer á Fiscalía. Desde o Partido Popular defenden o procedemento legal e asegura que este feito "non é nada novo" ao se axustar, sinalou o deputado Hipólito Fariñas, a dereito. "É un instrumento lexislativo constitucional e democrático", defendeu perante as críticas das forzas da oposición. Segundo Fariñas "é unha lei necesaria" para "dar axilidade aos orzamentos". Porén, incorpora máis dunha ducia de reformas legais que van para alén das contas públicas. |
PRAZA_12495 | A Comisión Episcopal de Doctrina de la Fe, herdeira contemporánea do Santo Oficio, insta o teólogo galego a "clarificar o seu pensamento" para "evitar" que as súas reflexións causen "confusión no pobo de Deus" | "Promover e tutelar a doutrina sobre a fe e os costumes". Así explica a Conferencia Episcopal Española o labor da Comisión de Doctrina de la Fe, o organismo que "contribúe á transmisión da fe" e "vela para que a ensinanza impartida no nome da Igrexa sexa fiel ao que a Igrexa cre e profesa". Esta comisión do órgano directivo dos bispos que actúa como gardiana da ortodoxia católica non é outra que a Inquisición española, aínda que cunha denominación técnica, máis adaptada aos tempos. A versión contemporánea do mítito e tétrico Santo Oficio vén de emitir unha "notificación" contra o profesor, teólogo e académico galego Andrés Torres Queiruga, isto é, veno de sancionar ou, o que é o mismo, denúnciao publicamente por cometer unha suposta herexía coas súas obras teolóxicas e filosóficas. Segundo a notificación, asinada polo presidente da comisión e bispo de Almería, Adolfo González, á Conferencia Episcopal chegaron "en repetidas ocasións" consultas "sobre a conformidade dos escritos" de Torres Queiruga "coa ensinanza da Igrexa Católica". "Tras un estudo da súa abondosa produción literaria" o órgano inquisitorial "mantivo un diálogo extenso e detido co autor". Despois desas conversas "considerou necesario ofrecer unha clarificación do seu pensamento teolóxico" en tres materias: "a revelación, o diálogo das relixións e a resurrección". Esa clarificación é, realmente, unha denuncia formal sobre, segundo a comisión, o quebrantamento de sete principios doutrinais por parte do teólogo galego. A renomeada Inquisición acusa a Torres Queiruga de "confundir" os fieis en aspectos como "o realismo da resurrección de Xesucristo" Os inquisidores aseguran que dende a cúpula eclesiástica se "alenta" e "valora profundamente" o "empeño por comunicar a palabra de Deus respondendo as inquedanzas do noso tempo" pero sempre que isto se faga "segundo a interpretación" da propia Igrexa, porque estes contidos "non son froito dunha teoloxía opinable, senón da existencia do Espírito Santo", subliñan. Nesta liña, consideran que os pensamentos de Torres Queiruga "distorsionan elementos da fe da Igrexa" como "a clara distinción entre o mundo e o creador e a posibilidade de que Deus interveña na historia e no mundo alén das leis que el mesmo estableceu" ou a distinción entre "creación e salvación", así como "a necesidade da graza sobre natural para alcanzar o fin último do home". Do mesmo xeito, o órgano herdeiro do Santo Oficio cre que Torres Queiruga non respecta "o carácter indeducible da Revelación, mediante a cal Deus deu a coñecer ao home o seu designio salvífico", a "unicidade e universaliade da mediación salvífica de Cristo e da Igrexa" e "o realismo da resurreción de Xesucristo, en canto acontecemento histórico milagroso e transcendente". "O sentido xenuino da oración de petición", a "mediación da Igrexa na súa oración polos difuntos" ou "a distinción real entre o momento da morte persoal" e o da "culminación e plenitude da historia e do mundo" son outros dos aspectos que a Comisión de Doutrina insta a que Andrés Torres Queiruga "clarifique". Trátase, aseguran, de que o seu pensamento estea "en plena consonancia coa tradición de fe autorizadamente ensinada polo Maxisterio da Igrexa" e así "evitar a confusión no pobo de Deus". Resolución completa da Comisión de Doutrina da Fe contra Torres Queiruga |
NOS_38137 | A enxurrada de indignación e críticas que recibiu o presidente da Xunta por se referir a pasada cuarta feira á Derradeira leición do mestre sen mencionar nin a represión fascista nin o asasinato de Alexandre Bóveda tiveron, polo menos, un efecto. Feixoo recuou e, na inauguración da mostra Castelao Maxistral, falou de "barbarie" e de "asasinatos atroces" como o de Bóveda. | A polémica intervención no acto de desembalaxe provocara a airada resposta dos líderes de En Marea e BNG, alí presentes, que solicitaron axiña a palabra para esixir que non se "descafeinase" o significado do embelmático cadro de Castelao. A neta de Bóveda e deputada de En Marea Ánxeles Cuña mesmo se negou a aparecer na foto oficial da xornada. O discurso de Feixoo converteuse, nos dous últimos días, en obxecto de toda caste de impugnacións. Tanto que se viu obrigado a rectificar. Con matices, iso si: "Ademais de gozar do que se ten chamado o Gernika galego, os máis vellos sentir`´an os ecos daquela barbarie, e os máis novos preguntaranse asombrados se realmente foi aquí en Galiza onde sucedeu o que relata este cadro conmovedor". E engadiu: "O odio, o rancor e o instinto criminal apoderáronse da realidade baixo diferentes bandeiras". Desta volta, á apertura da exposición en que, a partir deste 5 de outubro, se pode ver A derradeira leición do mestre por primeira vez en Galiza só asistiu un dos portavoces da oposición, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga. Amalia Bóveda, filla do líder galeguista asasinado o 17 de agosto de 1936 e no que Castelao se inspirou para o célebre óleo, o neto Valentín Bóveda -dirixente da fundación- e Carlos Mella -presidente da Fundación Castelao- si fixeron acto de presenza. "Os verdugos de Alexandre Bóveda gardan parentesco cos de hoxe", estendeuse Feixoo, "as ideoloxías totalitarias que movían as súas manas están presentes no mundo de hoxe baixo diferentes etiquetas". O presidente continuou co martirio do secretario de Organización do Partido Galeguista e lembrou que "foi un dos grandes artífices do Estatuto de Autonomía. Aquela Constitución galega contou coa achega e o alento de galegos de diferentes tendencias que viron no autogoberno un punto de encontro". "O autonomismo, o federalismo de Castelao e Bóveda, non se concibe para unha parte do pobo galego, senón para a galeguidade no seu conxunto e na súa pluralidade", concluíu. |
PRAZA_12514 | A Lei de Montes que tramita a Xunta inclúe unha disposición que modifica a lexislación contra o lume do ano 2007 para minguar a faixa que debe estar libre de biomasa no entorno das vivendas | "O Nivel 1 é un concepto referido a aqueles incendios que (...) poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume". O Goberno galego reiterou en varias ocasións esta explicación dende o inicio do incendio das Fragas do Eume. Na zona decretouse este nivel máximo de alerta porque, en termos simples, as lapas podían alcanzar as vivendas. Despois da propia destrución do patrimonio forestal o posible achegamento do lume a zonas habitadas é un dos riscos máis notables un lume forestal. Este foi o factor tido en conta na elaboración da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Non sen controversia, a Consellería do Medio Rural, daquela dirixida por Alfredo Suárez Canal, sacaba adiante dentro desa norma unha regulamentación que está a piques de desaparecer: a obrigatoriedade de establecer unha faixa de protección de 100 metros ao redor das vivendas e outras instalacións semellantes. O veto a especies de especial risco ante posibles incendios pasa de 50 a 30 metros Nomeadamente esta protección especial está pensada para as que a lei sitúa como "redes secundarias de faixas de xestión de biomasa". Son áreas que "teñen un ámbito municipal ou inframunicipal, contémplanse no ámbito da protección de poboacións e infraestruturas" e localízanse en "infraestruturas viarias e ferroviarias", "liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica" e, en xeral, nas "áreas de especial protección dos núcleos poboacionais", ademais de "cámpings, infraestruturas e áreas recreativas, parques e polígonos industriais, plataformas loxísticas e depósitos de lixo" e calquera outra semellante. Segundo a normativa de 2007 é "obrigatorio xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 100 metros arredor" de calquera destas instalacións para evitar que, no caso de incendio, as lapas cheguen a elas. Ademais, nos primeiros 50 metros vétanse determinadas especies vexetais como piñeiros, acacias, eucaliptos, xestas, toxos, uces ou fentos. Pero a estras restricións quédanlles pouco. Concretamente, o que tarde en ver a luz verde definitiva no Parlamento a nova Lei de Montes. O novo texto legal, impulsado con Samuel Juárez como conselleiro do Medio Rural, reduce a faixa de protección de 100 a 50 metros e as especies vetadas pasan de 50 a tan só 30 metros. Segundo a explicación de Medio Rural -Juárez e o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, defenderon profusamente a nova norma cando foi presentada- a nova distancia segue "criterios rigorosamente técnicos" e "acaba coa contradición da Lei de Incendios, que non establece ningunha distancia específica nas casas construídas con posterioridade ás plantacións colindantes". Pontón coida que Medio Rural abre a porta a "máis desprotección" das vivendas Fronte a esa defensa da nova lei realizada dende a Xunta, a oposición leva alertando dende hai meses dos riscos que pode traer consigo. Esa advertencia foi lanzada este luns pola voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, na súa avaliación do sucedido nas Fragas do Eume. Sinala a parlamentaria nacionalista que o Bloque "leva denunciando que o PP se equivoca na súa política de prevención", tanto no dispositivo de incendios como nas súas "alternativas" que, di, non son outras que "deixar sen contido a lei de prevención contra os incendios forestais". Esa redución das distancias de seguridade o único que fará será "crear máis desprotección das vivendas", augura. Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia |
NOS_622 | 16 pontos de distancia non son suficientes para evitar o segundo turno. Uruguai decidirá o 30 de novembro. O Frente Amplo é claro favorito. | Os números son, máis menos, os seguintes. Tabaré Vázquez, do Frente Amplo, 47 % dos sufraxios. O seu principal opositor, o dereitista Luis Lacalle, do Partido Nacional, 31% das papeletas. Os colorados, hoxe a terceira forza política do país, fixéronse co 13% dos votos. Estes dados pertencen a inquéritos feitos a boca de urna, mais teñen na tradición política uruguaia moita fiabilidade. Os oficiais daranse a coñecer hoxe. A segunda volta, o balotaje como se lle chama no paísito, é inevitábel, sendo que ningún candidato superou a maioría absoluta dos votos. O Frente Amplio nestes anos reduciu a pobreza en cuase un millón de persoas e deixou a taxa de paro no 6% (na Galiza estamos arredor do 20%) Tabaré -de 74 anos, o político máis popular de Uruguai canda o presidente Mujica, que non se puido presentar dada a limitación de mandatos- viviu este 47% como un triunfo por adiantado. É o favorito indiscutíbel porque apenas está a 3 pontos da maioría absoluta e é quen ten máis capacidade de mobilización do eleitorado. Certo é que a suma do Partido Nacional (brancos) e dos colorados colocarían a Lacalle co 44%, mais en política 2 máis 2 nen sempre suman 4. Analistas políticos uruguaios explican que unha percentaxe non pequena de brancos nunca votarían a candidatos colorados e ás avesas. Os resultados expresan satisfacción do eleitorado coa xestión do Frente Amplio, que nestes anos reduciu a pobreza en cuase un millón de persoas e deixou a taxa de paro no 6% (na Galiza estamos por volta do 20%). |
NOS_40380 | Alalá de Muxia, Pido-che de favor que me venhas ver e A Rianxeira são os temas, coordenadas pelo professor José Luís Dopico. | Fundado em 1964, o Coro Gulbenkian conta presentemente com uma formação sinfónica de perto de cem cantores, a atuar igualmente em grupos vocais mais reduzidos, conforme à natureza das obras a executar. Tem atuado em numerosos países em todo o mundo e participado em importantes festivais internacionais. O 6 de setembro atuam em Lisboa, com um programa no que fazem um percorrido pelas músicas da lusofonia e em que Galiza também estará presente. Interpretará uma versão da Rianxeira con arranjos do compositor rianxeiro Iago Hermo. Em total vão ser três peças galegas coordenadas pelo professor José Luís Dopico. As outras dúas: Alalá de Muxía, Pido-che de favor que me venhas ver. Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, Portugal , São Tomé e Príncipe e Timor-Leste também estarão presentes em esta actuação através de canções próprias destes países. Jorge Matta, maestro Adjunto do Coro Gulbenkian, indica que "faremos uma breve mas significativa viagem musical pelos países de língua portuguesa, todos eles com uma grande riqueza e variedade musical". Aponta, aliás, que "poderíamos falar da riqueza rítmica e da complexa sobreposição de pulsações dos cantos de Angola, da Guiné e de S. Tomé e Príncipe, do lirismo de Moçambique e de Timor, do saudosismo de Cabo Verde, da subtileza harmónica do Brasil, do sentido poético da Galiza, do ruralismo sincero de Portugal, mas a riqueza musical de cada um destes povos iria contradizer-nos e mostrar-nos como essas apreciações podem ser redutoras". |
NOS_58075 | Manifestación multitudinaria da esquerda política e social contra o pacto. | "A Fronte de Todos acordou co FMI un novo pacto que significa máis dependencia, máis extractivismo e máis pobreza para o noso país", argumenta o documento asinado por arredor de 200 organizacións políticas, sindicais e da sociedade civil arxentina e lido na tarde da terza feira (madrugada galega da cuarta) tras a manifestación en Bos Aires contra o acordo co Fondo Monetario Internacional. A Fronte de Todos (FdT) é a coalición peronista de esquerdas no Goberno arxentino, con dúas grandes correntes: a liderada polo presidente Alberto Fernández, de perfil máis moderado, e outra que ten a vicepresidenta, Cristina Fernández, como referente. O albertismo e o kirchnerismo. As diferenzas, sempre existentes, fixéronse máis notorias tras o recente declive electoral, que a póla máis esquerdista achacou á falta de políticas socioeconómicas máis radicais. Nos últimos días, nas últimas horas, as discrepancias volveron abrollar con forza por causa do preacordo para o refinanciamento do préstamo concedido ao país en 2018. Máximo Kirchner, fillo da vicepresidenta, renunciaba ao cargo de portavoz parlamentario o pasado 31 de xaneiro en protesta polas formas e os contidos da negociación co FMI. E os deputados kirchneristas no Congreso que el lidera anunciaron que non apoiarán co seu voto o novo marco asinado polo Goberno. A FdT é a primeira forza da Cámara baixa, mais non ten a maioría, que perdeu tamén no Senado tras as lexislativas de novembro pasado. Non obstante, a principal forza opositora, a conservadora Xuntos polo Cambio (JxC, nas siglas en español), si que baralla votar a favor. Pagos até 2036 A Arxentina debe abonar antes do 22 de marzo 2.850 millóns do préstamo orixinal de 44.500 millóns de dólares (39.000 millóns de euros ao troco actual) concedido ao Goberno do liberal Mauricio Macri (2015-2019), cantidade que o país actualmente non ten. O novo plan de pagos de "facilidades estendidas" acordado co FMI ─que permite que a devolución do diñeiro se alongue até 2036, mais de forma integra, incluídos 19.000 millóns antes de fin de ano─ ten que contar co visto bo parlamentario. A cambio, o Executivo comprometeuse a non superar un déficit fiscal de 2,5% do Produto Interior Bruto (PIB) en 2022; 1,9% en 2023 e 0,9% en 2024. Tamén, a unha menor emisión monetaria, a políticas de control de prezos, ao control da fuga de capitais e a engrosar as reservas internacionais, que este ano son de 500 millóns de dólares, recolleu La Nación. O Goberno defende que o acordo non afectará o gasto social nin o crecemento. "O acordo co FMI non é de axuste, o gasto real vai crecer", subliñou o controvertido ministro de Economía, Martín Guzmán, nunha entrevista publicada o 30 de xaneiro en Página 12, onde tamén argüíu que foi o anterior Goberno, e non o FdT, quen acudiu ao FMI. Porén, para a Fronte de Esquerda e os Traballadores (FIT), principal formación á esquerda do FdT (4 dos 257 asentos do Congreso) e unha das impulsoras da mobilización que acabou na Praza de Maio bonaerense "a débeda é ilexítima e impagábel". "Pagar a débeda é recoñecer a estafa macrista", escribiu en Twitter a dirixente do FIT Vilma Ripoll, que cuestionou a máxima do Goberno de "crecer para pagar" significará "máis megaminería e precarización, ademais dunha perda de soberanía e dun duro axuste á clase traballadora". Máis de 40% da poboación da Arxentina vive na pobreza. Críticas da oposición pola visita a Rusia e á China do presidente JxC iniciou unha ofensiva no Congreso con motivo da viaxe diplomática que levou nos últimos días o presidente Fernández á China e a Rusia. En concreto pediu a comparecencia do ministro de Exteriores, Santiago Cafiero, para dar "explicacións" sobre o anuncio do ingreso do país na Ruta da Seda "que o vincula co réxime autoritario da República Popular da China", segundo recolleu 'Clarín'. O partido da dereita liberal tamén cuestionou a viaxe a Moscova no medio da negociación co FMI e da tensión en Europa do Leste. |
NOS_16217 | A ruptura con un réxime político que se esgota, que non é quen de propiciar unha saída xusta á crise e non respeita os dereitos nacionais de Galiza. Ese é o leit motiv que impulsa a 14 forzas políticas e sindicais da Galiza a se mobilizaren conxuntamente. Nacionalistas, soberanistas e independentistas concentráronse esta quinta feira perante as sedes do PP nas cidades do país. Preparan unha grande manifestación nacional para o día 3 de Marzo, en Santiago. | Militantes e simpatizantes de BNG, CCPI, CIG, COG, Fruga, MpB, Nós UP, Agir, AMI, Briga, Comités, GN, ISCA e LEG acudiron a unha convocatoria cun obxectivo ben sinxelo: denunciar a corrupción política do PP e reivindicar o dereito á soberanía nacional como receita para afrontar a crise económica.Baixo o lema "polo dereito o traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía galega", nun manifesto colectivo, as forzas políticas e sindicais reivindicaron, asemade, "un proceso constituínte e de ruptura democrática", así coma dar fin á "corrupción e a destrución social e cultural", no marco da primeira quenda dunhas mobilizacións que culminarán na convocatoria nacional do vindeiro 3 de Marzo.O manifesto, que na concentración de Compostela foi repartido entre os transeúntes da céntrica rúa Alfredo Brañas, fai un repaso da situación do país e pon o acento nas cuase 300.000 persoas sen traballo, ben como denuncia a crise do agro e do naval, o estrangulamento da investigación, o espolio do aforro galego, a degradación e a privatización dos servizos públicos educativos, sanitarios, sociais e mesmo da xustiza, o escándalo da corrupción, o emprego do goberno autonómico para destruír a nosa lingua e cultura ou o incremento continuado da represión policial, xudicial e carcearia.Nesta mobilización conxunta das forzas nacionalistas, soberanistas e independentistas non tomou parte Anova, embora si o fixese unha organización integrada no seu seo, o Movemento pola Base (Mpb).En declaracións a Sermos Galiza, Martiño Noriega, dirixente de Anova, declinou "entrar a valorar esta decisión" [a de non facer parte desta convocatoria soberanista]. Limitouse a dicer que "polo momento" non aderirán este movemento conxunto das forzas nacionalistas e independentistas. |
NOS_45217 | Desde 2009 a débeda galega foi aumentando paulatinamente, unha tendencia que comparte coa doutros territorios do Estado. Fronte a unha imaxe de boa xestión da Xunta, a oposición acúsaa de ter agardado á hora de recorrer aos fondos estatais, optando polos bancos. Tamén, de ter endebedado o país sen que iso se traduza nunha mellora dos servizos públicos ou sen aumentar a presión fiscal sobre as rendas altas. | Desde 2009 o pago da débeda pública galega foi a partida orzamentaria do Goberno galego que máis aumentou. Nese ano, no que ascendía a 5 millóns de euros, consumía 3,6 % da partida orzamentaria. En 2020, cunha débeda que xa supera os 11 millóns de euros, esa partida absorbe 14% do orzamento. No terceiro trimestre de 2019 a débeda pública galega situouse en 11.426 millóns de euros, un 17,8% respecto ao Produto Interior Bruto da Galiza. Segundo os datos publicados polo Banco do Estado español, a cifra global da débeda supuña a sexta maior da serie histórica. Para o profesor de Economía da USC, Bernardo Valdés, as cifras son síntoma das erradas políticas da Xunta da Galiza. "Cómpre sinalar o tremendo crecemento dos gastos asociados á débeda pública", apunta en declaracións a Nós Diario. "Isto pon de manifesto a falsidade da imaxe que o Partido Popular, e particularmente Feixoo tentan proxectar: a dun bo xestor que administra con rigor". O recurso da débedaEn contraposición, desde o Partido Popular o seu voceiro no Parlamento, Pedro Puy, defende as políticas da Xunta. "A chegada do Partido Popular coincide co peor da crise económica. Porén, o endebedamento da Galiza foi prudente, razoábel e non compromete a propia viabilidade financeira", afirma en declaracións a Nós Diario. As representantes da oposición consultadas por este medio difiren da lectura de Puy. Aseguran que o endebedamento en tempos de crise é "comprensíbel", pero acusan a Xunta de rexeitar acudir os mecanismos de financiamento excepcionais do Estado, diminuír o gasto social ou promover rebaixas fiscais. "A Xunta non ten un perfil de débeda demasiado agresivo. Con todo, máis de tres de cada catro euros da débeda galega foron xerados na etapa do PP a e iso indica a profundidade do recurso a este sistema", apunta o socialista Xaquín Leiceaga. O resto dos representantes na Cámara cargan con maior dureza contra a xestión da Xunta. "A década de Feixoo pasará a historia como a do presidente que aumentou a débeda tres veces máis que os seus cinco precedesores no cargo", afirma a deputada do Grupo Común de Esquerda Luca Chao. "O que cuestionamos é para que valeu iso", apunta deputada do BNG Noa Presas. "Beneficiou ás rendas máis altas mentres recortaba o gasto social", engade o deputado de En Marea Luís Villares. Débeda privada O popular Pedro Puy exemplifica a boa xestión do Partido Popular na renuncia a recorrer aos mecanismos "excepcionais" de financiamento que puxo en marcha o daquela ministro de Economía Cristobal Montoro.Un deles é o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), concibido para que o Estado financiase aos Gobernos territoriais evitando que acudisen aos mercados. "Porén, cando se creou o Fondo de Compensación Interterritorial, paralelo ao FLA, a Xunta si que optou por esa vía", repón Xaquín Leiceaga. O socialista apunta a que "se a Xunta tivese estado máis atenta ás posibilidades destes mecanismos teríamos aforrado algúns euros". "Temos que pagar uns xuros moi elevados pola súa xestión", reprocha Cao. "En troques de financiarse a través do Estado, Feixoo acudiu ao mercado privado, aos bancos, e as galegas e os galegos pagamos moi cara esa decisión", abunda Luís Villares. Para a nacionalista Noa Presas a problemática é de fondo. "A partir de 2014 tiña que reabrirse o debate sobre o modelo de financiamento, procurando un máis adecuado. Entón é el mesmo quen non loitou porque Galiza non tivera suficientes fondos". |
NOS_6457 | Durante décadas tatuaron a terra con nove cruces nun impoñente lugar de memoria de nove homes, nove viúvas e 31 orfas e orfos, por iso quixemos que este ano fose o da Volta das Nove. Eis un estrato da peza publicada no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza. | O meu tío Tito vivía na Porta da Vila e andaría nos seis anos cando estaba no peirao baionés sorprendido, ollando como descargaban máis de 900 presos cataláns ‑si, xa daquela‑ que viñeran a bordo do Arichachúa, barco fretado pola Cruz Vermella para trasladados ó campo de concentración de Oia. Un daqueles presos políticos meteulle na man un feixe de billetes que lle levou contento á nai, a señora Matilde, A Culebrona, que era alcuño toponímico. Fora abandonada no Cruceiro do Acordo de Mañufe que tiña e ten unha gorda cobra gabeando polo pé dereito. Foi porfillada por unha peixeira de Baiona e a nena foi de por vida Matilde de la Iglesia, alias A Culebrona, filla de crego e muller casada, co home alén mar. Hoxe o camiño da costa é unha emerxente arteria de acceso de peregrinos a Santiago, entre o 36 e o 39 o percorrido era inverso cara a outros centros relixiosos: O Mosteiro de Oia e o Colexio dos Xesuítas da Pasaxe. A garda civil baionesa e os mozos falanxistas escolleron a madrugada do 16 de outubro de 1936 unha paraxe potente para asasinar. Antonia Rial Veiro tiña dous meniños, Eugenio e Víctor, cando lle mataron o seu home, Manuel Aballe Domínguez con 41 anos, panxoneiro coma Felicísimo A. Pérez Pérez que non tiña fillos coa María, ou coma Modesto Fernández Rodríguez, O Rei Chiquito con 47 anos e cinco criaturas con Rosalía Rodríguez Iglesias. Fora a Baiona arranxar uns papeis e a Panxón xamais volveu vivo. As tropas entraron no Val de Miñor o 24 de xullo con Sabarís en festas, ducias de homes fuxiron ó monte, devagar fóronse entregando todos, meses máis tarde poucos máis faltaban que O Lolito da Area Alta de Panxón e os irmáns Luís e José López Luís. Este fora líder da Fóra en Bos Aires e aquí tiñan uns ferrados de monte dedicados a millo, patacas, galiñas poñedoras, incubadora... Era A Tomada dos Ineses estandarte do novo rumbo da Galicia rural naquel primeiro terzo do século XX. En Sabarís, Pepe impartía clases de esperanto, que me dixo o señor Manolo O Tourón que foi a elas. Os irmáns resistiron até o 13 de outubro do 36. Algún bufo decatouse de que Perfeuta levaba víveres de máis e a prensa para a casa do vello que coidaba, Ventura Estévez, octoxenario, cego que tivera o valor de dar acubillo a Pepe, a quen mataron nunha viña, e a Luís, no muro do cemiterio de Sabarís. A casa fora rodeada por valentes falanxistas baioneses, carabineiros e garda civil de Baiona e Gondomar. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_31510 | Celebración de Gonzalo Hermo (Apiario) en poesía e Zapatillas Rotas de Xabier Quiroga (Xerais) en narrativa foron recoñecidos pola Asociación Española de Críticos Literarios cos Premios Nacionais da Crítica en lingua galega que anunciaron en Pontevedra. | O xurado nomeado pola Asociación Española de Críticos Literarios xuntouse en Pontevedra para escollerenos gañadores dunha nova edición do Premio Nacional da Crítica. No apartado de lingua galega, os gañadores foron Gonzalo Hermo por Celebración, primeiro libro da editorial Apiario que promoven as poetas Antía Otero e Dores Tembrás e Xabier Quiroga con Zapatillas Rotas (Xerais) en narrativa. Andrés Ibáñez e a súa novela Brilla, mar del Edén e Lorenzo Oliván co poemario Nocturno casi foron os gañadores en lingua española. En lingua catalá o premio recaiu en Els nois, de Toni Sala, e no poemario Ningú més i l'ombra, de Màrius Sampere. Unai Elorriaga con Iazko hezurrak en narrativa e Piztutako etxea de Felipe Juarist para poesía foron os triunfadores desta edición para euskera, unha edición dos Premios da Crítica na que as deliberacións tiveron Pontevedra como escenario e da que resultaron oito novos gañadores -dous para cada lingua oficial do Estado-, desta volta, todos eles homes. |
NOS_31825 | Os unionistas do DUP revalidan o seu primeiro posto na Asemblea, con 38 deputados. Irrompe no Parlamento PBP, a esquerda 'anti-austeridade', con 2 escanos obtidos en bastións republicanos. | Hai un chiste malo, e seguramente inglés, que asegura que en Irlanda do Norte preferiron durante décadas arranxar as disputas políticas pola vía armada para non ter que facer fronte ao quebradeiro dunha vía eleitoral dominada por un sistema, o voto útil transferíbel (STV, nas siglas en inglés), non sempre doado de entender para os alleos (de aí a sospeita da orixe inglesa do chiste). Ora ben, este sistema minimiza o voto inútil, proporciona unha representación similar á proporcional, e permite votos explícitos a candidatos individuais en vez de a unha lista electoral fechada. O DUP mantense como a forza con máis escanos (38), seguida do Sinn Féin (28, 1 menos que en 2011) e o unionista UUP (16, +3), que supera como terceira forza aos nacionalistas do SDLP (12, -2) As eleccións en Irlanda do Norte foron esta quinta feira, ao igual que en Gales e Escocia. Mais mentres en eses dous países xa desde primeira hora da sexta feira se coñecían os resultados definitivos, nos 6 condados irlandeses baixo soberanía de Londres seguía o reconto. Até a tarde deste sábado, 7 de maio, case 48 horas despois de fechar os colexios electorais, non se asignaron todos os escanos (108) da Asemblea de Irlanda do Norte. En principio, pouco cambia no escenario irlandés e moitas cousas poden cambiar a curto prazo. Unha afirmación que vale tanto para o campo unionista-probitánico, que segue a ser maioritario; como o republicano-nacionalista. Comecemos por este. Cambios O voto nacionalista en Irlanda do Norte tradicionalmente foi para o Sinn Féin e o SLDP, republicanos e socialdemócratas. Nos comicios de hai cinco anos ambas as dúas forzas sumaban 43 escanos. Agora tiveron 40. Tres menos. O Sin Féin foi nestes comicios a primeira forza en preferencia de voto en 5 das 18 circunscricións de Irlanda do Norte: Belfast Oeste (54,5% dos votos), Mid Ulster (46,6%), West Tyrone (42%), Newry e Armagh (40,2%) e Fermanagh-South Tyrone (39,3%). O SLDP, pola súa parte, foi a primeira opción favorita dos electores nas circunscricións de Foyle e en South Down, en ambas as dúas en empate técnico cos republicanos. O SF logrou 28 escanos, 1 menos que en 2011; e o SLDP tivo 12, 2 menos, pasando den ser terceira a cuarta forza máis votada, ao superalo o unionista UUP. A participación foi do 54,9%. O DUP foi primeira forza en preferencia en 11 das 18 circunscripcións, o Sinn Féin en 5 e o SDLP, en 2 Mais, nestas eleccións, hai un elemento novo que está a centrar a atención: a irrupción no Parlamento norirlandés de 2 deputados da alianza PBP, People Before Profit (Xente antes que lucro). Esta alianza antiestablishment de varios pequenos partidos esquerdistas, cun discurso duro e moi crítico contra a casta, atinxiu os seus representantes na Asemblea en dous bastións históricos do republicanismo sinnfenier: Belfast Oeste e Foyle. Territorios apache para os británicos nos 70 e 80, "corazón e músculo" dos partidarios da unidade de Irlanda. Nestas eleccións o candidato máis votado en Belfast Oeste foi o do PBP, superando o Sinn Féin, algo impensábel até non hai moito. 'Aggiorgamento' Os analistas sinalan que para parte das bases republicanas o 'aggiorgamento' do Sinn Fein (moderación de discurso e praxe, responsabilidades de goberno...) fixo que procurasen outra opción, e que estas non fosen as escisións radicalizadas do SF, senón o PBP, forza que tamén ten presenza na República de Irlanda. Coa crise golpeando estes anos e unha situación de emerxencia social, o PBP soubo conectar cunha parte importante da poboación dos barrios nacionalistas. E no unionismo? O DUP mantense como a primeira forza de Irlanda do Norte, con 38 deputados, os mesmos que obtivo en 2011. Desde que en 2005 ultrapasou ao tamén unionista UUP, o Partido unionista democrático é o principal referente desta comunidade. Como terceira forza nas eleccións (a segunda, lembremos, foi o SF) sitúase o UUP, con 16 escanos, 3 máis que hai cinco anos. Ambos os dous xuntan 54 deputados. O Traditional Unionist Voice (TUV) , fundado en 2007, mantén o seu 1 deputado na Asemblea. É un partido contrario ao acordo de autonomía de Irlanda do Norte. Os verdes pasan de 1 escanos (2011) aos 2 que lograron nestes comicios. Sitúanse na esquerda e optan por 'superar' a división nacionalista / unionista. Tamén neste último campo está Alliance, que emerxeu nos 70 do unionismo moderado e, en terminoloxía da zona, 'Non sectario', e que logrou manter os seus 8 escanos. |
PRAZA_18279 | No Plenario do 27 de outubro tamén decidiremos a estratexia para as eleccións europeas e como elixir o próximo consello das mareas, un consello que ha de ser o inicio, por fin, da madurez da organización e da cooperación e o traballo en común. | Vai media lexislatura tanto galega como española e a nova organización política En Marea (EM) pasou o período infantoxuvenil. Vestida coas roupas usadas da Alianza Galega de Esquerdas (AGE), do 15M, coa semente de Nunca Máis, co impulso da toma das alcaldías de varias cidades e vilas e cun posible grupo parlamentario galego no Congreso o 30 de xullo de 2016 creouse en Vigo En Marea, un partido instrumental e de adscrición individual, un acordo da esquerda nacional galega, nacionalista e non nacionalista para ofrecer unha alternativa crible e factible fronte ao Partido Popular. Non o esquezamos, este é o obxectivo: crear e consolidar unha alternativa de cambio e de esperanza para a sociedade galega, con Galiza como marco territorial, con novas formas e procedementos tanto organizativos como de participación e coa liberdade e igualdade como bandeiras. En Marea naceu como segunda forza política galega, con grandes expectativas e coa posibilidade paralela de grandes decepcións. Certo é que hai argumentos para esta última, madia leva. Tivemos que agardar dous anos para oír falar da axenda galega en Madrid por parte do non nato grupo galego (aínda con honrosas excepcións), pero benvida sexa esta aprendizaxe e toma de conciencia nas Cortes. Tamén nestes dous anos deuse pé a que os medios do PP puidesen falar de divisións e loitas polo poder interno. Estes xornais non precisaron inventar fake news, xa que as organizacións políticas iniciais (Podemos ou Esquerda Unida) insistiron, acotío, en facerse visibles por separado de EM, as siglas polas que se presentaron e saíron elixidas para o parlamento galego, e Anova, para a miña sorpresa, semellaba máis ocupada en tumbar a actual coordinadora e o seu liderado que no traballo de cementar esta nova alternativa política. Pero, atención, EM vai cumprindo coa cidadanía. Se sabemos separar estas páxinas da imaxe de división podemos ver unha presenza parlamentaria valiosa en todos as comarcas e problemas da poboación galega, desde os lumes e a defensa do noso territorio, ata frear as ambicións empresariais de liquidar a actividade industrial en Cee ou a defensa da nosa cultura, a defensa das liberdades, a denuncia do saqueo e privatización da nosa sanidade e ensino públicos ou a busca dunha política social que permita atender como o merecen aos nosos maiores e ás persoas discapacitadas. E máis e máis e máis. Recientemente gozamos de iniciativas alentadoras como a de Luis Villares de propoñer aos outros grupos crear unha comisión de investigación sobre a privatización da sanidade desde a chegada de Feijoo, e de feitos tan graves como a morte de pacientes con hepatite C ou na sala de espera do PAC da Estrada. Se de verdade cremos que a prioridade é derrotar ao Partido Popular, ese é o camiño, liderar a construción dunha alternativa a tres, co PSOE e BNG. Xunto á actividade política e parlamentaria En Marea tamén foi medrando como organización. Ninguén pode negar o traballo inmenso e altruísta tanto do voceiro Luis Villares como das voceiras Ana Seijas e Victoria Esteban así como do resto da coordinadora. Con só dous anos de percorrido, partindo de cero, neste momento EM preséntase como unha estrutura diferente aos partidos tradicionais. Tal é así que non pode ser avaliada segundo os parámetros habituais. Non hai unha estrutura xerárquica, as persoas inscritas teñen que residir en Galiza e comparten por acordo libre e voluntario un código ético e uns principios básicos, con total transparencia. Os acordos dos plenarios son públicos, as actas das mareas sectoriais pódense ver na web, calquera persoa pode participar nunha marea sectorial, incluso sen estar inscrita en EM. As mareas locais son independentes e participan do espazo de EM por vontade propia. Cada seis meses hai un plenario onde cada inscrita pode emendar as teses e facer propostas. Quen da máis? O espectáculo xornalístico de Podemos con acusacións particulares 'de que se levas media vida en Madrid e usas Galiza como trampolín' ou 'ti que falas que nunca pisaches un círculo e estás máis en Italia que na Coruña' e ... non forma parte do que estou describindo. Gómez Reino e Bescansa non ofrecen un proxecto político, descualifícanse mutuamente pero si parecen estar de acordo en que queren liderar 'En Marea', a pesar de que el non rende contas á mesma e da falta de implicación dela. No Plenario do 27 de outubro as inscritas de EM, sendo respectuosas con Podemos, que forma parte deste espazo político, non imos falar das súas eleccións ou candidaturas, imos analizar a situación política actual, nun mundo cambiante e con ameazas como as políticas neoliberais, empobrecedoras, insolidarias e racistas que representan individuos como Trump ou o novo xuíz do Supremo estadounidense ou Le Pen ou Salvini en Europa. Falaremos do movemento cívico catalán que non renuncia á autodeterminación e da creba democrática que supuxeron as agresións do un de outubro en Cataluña, das posibilidades de ruptura dunha España cautiva das políticas do PP e Ciudadanos e da nova estratexia política a seguir despois do apoio á moción de censura do PSOE. No Plenario do 27 de outubro tamén decidiremos a estratexia para as eleccións europeas e como elixir o próximo consello das mareas, un consello que ha de ser o inicio, por fin, da madurez da organización e da cooperación e o traballo en común. Por moito espectáculo que nos vendan nos xornais, chegou o Plenario, mandou parar. A opinión e voto das persoas inscritas e que participen no Plenario do 27O será a que decida o rumbo e a política de En Marea, ninguén máis. Publicidade |
NOS_18440 | Catro directoras crearon cadansúa curta sobre violencia e discapacidade. | Segundo datos do Parlamento Europeo, case 80% das mulleres con discapacidade viven situacións de violencia e teñen un risco até catro veces superior que o resto das mulleres de sufrir violencia sexual. A Macroenquisa de Violencia contra a Muller de 2019 elaborada polo Ministerio de Igualdade concreta en cifras en esa propensión. "As mulleres con discapacidade están máis expostas a vivir unha situación de violencia sexual ao longo da súa vida, un 42,1% fronte a un 36,9%", precisou esta segunda feira Mónica Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade da Galiza (Acadar). Acadar vén de lanzar unha campaña de sensibilización e prevención contra a violencia sexual cara a nenas e mulleres con discapacidade co apoio de Cogami e da Xunta a través da Consellaría de Emprego Igualdade, unha iniciativa que dá continuidade ao traballo iniciado pola entidade hai máis dun lustro para darlle visibilidade "a unha realidade moi descoñecida" e dotar as mulleres de ferramentas que lles permitan identificar e rachar coas distintas formas de violencia ás que se enfrontan, "tomando o control das súas propias decisións". A Galiza rexistra un 53% máis de condenados por delitos sexuais en 2021 Os datos que ofrece a macroenquisa de 2019 son os últimos dos que se valen as mulleres de Acadar para dar conta das distintas caras da violencia que enfronta a discapacidade, mais tamén para reclamar novos estudos que afonden nas formas e consecuencias destas agresións. "Non estamos a falar dunha violencia puntual, senón estrutural", que sucede en distintos contextos e procede de figuras agresoras diversas ao longo de todo o seu ciclo vital, desde a infancia até a vellez. Violencia e silencio Na Galiza, segundo o censo de 2021, hai 125.000 mulleres con discapacidade. "A violencia que viven é moi similar á que denuncian as mulleres sen discapacidade: física, psicolóxica, económica, obstétrica, dixital, cultural, vicaria, sexual. Mais a súa situación de dependencia económica ou para os coidados acentúa as dificultades", explica en conversa con Nós Diario Mariluz Vázquez, coordinadora e traballadora social de Acadar. A violencia sexual exercida contra as mulleres con discapacidade é unha das máis invisíbeis, di Vázquez, debido en boa medida aos mitos, tabús e prexuízos que rodean o colectivo. "Adóitase infantilizar dando por feito que non teñen dereito a vivir a súa sexualidade en plenitude, que non son desexábeis. En determinados ámbitos prívase ás mulleres dun proxecto de vida, dunha parella, do seu dereito á maternidade, relegándoas aos coidados da casa ou de persoas dependentes". Explotación sexual e mendicidade forzosa lideran os casos oficiais de trata na Galiza É unha "incoherencia" que hai que combater e que implica a toda a sociedade. "Cómpre que sexan elas as que poñan de manifesto as súas circunstancias, pero é necesario que a sociedade se involucre". Só así se conseguirá rebaixar as cifras e o seu impacto: 35,1% das mulleres maiores de 16 anos con discapacidade foron obrigadas a manter relacións sexuais sen o seu consentimento fronte a 18,1% de mulleres sen discapacidade. Un 17,5% viviron un incidente de violencia sexual no que participaron varias persoas, un 40,3% soportaron un episodio de acoso sexual e 41,4% das mulleres que nalgún momento atravesaron unha situación de violencia sexual non falaron con ninguén ao respecto "por medo, vergonza ou temor a non seren cridas". Manuel Varela Salgado, uroandrólogo: "A educación sexual ten que estar no currículo escolar" 'E ti que farías?': Catro fitas interactivas contra a violencia Até o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de Xénero, Acadar estreará unha serie de catro pezas audiovisuais interactivas que chaman a sociedade a reflexionar sobre as distintas formas de violencia que viven nenas e mulleres con discapacidade. Catro cintas dirixidas por outras tantas mulleres: Mar Catarina, Noemí Chantada, Lucía Vilela e Xiana de Teixeiro. Valéndose do humor, da esaxeración, da voz e da realidade das mulleres de Acadar crearon a serie audiovisual E ti que farías?, que repara nos afectos, na sexualidade, nos desexos, na precariedade, na exclusión social, no empoderamento e no poder de decisión que moitas mulleres comezan a exercer xa contra a discriminación que outras moitas aínda arrastran na súa experiencia. |
NOS_36684 | A autocita por internet para a vacina da Covid-19 comezará a funcionar esta semana, destinada nunha primeira fase a menores de 30 que sexan estudantes Erasmus (poderán pedir a cita desde o próximo 5 de xullo) e maiores de 50 que aínda non foron inmunizados (poderán empregar autocita desde o 7 de xullo). | O novo sistema de autocita por internet para a vacinación fronte á Covid-19 comezará a funcionar a partir desta semana, como complemento do sistema tradicional de citación via SMS, que está a utilizar desde o comezo da campaña a Xunta da Galiza priorizando os grupos de idade. Segundo explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia este sábado 3 de xullo, o novo sistema de autocita está destinado, de entrada, para os grupos de persoas maiores de 50 anos e para estudantes da Galiza de Erasmus. Posteriormente, en función das vacinas dispoñíbeis, irase abrindo a outros grupos poboacionais, e, posteriormente, á poboación xeral. Por tanto, o grupo que forma parte da denominada campaña de vacinación activa, que son o colectivo de 30 a 39 (primeiras doses) e 40 a 49 (segundas doses), seguirán a ser convocados por SMS, quedando o novo sistema de autocita para a grupo superior da campaña activa (máis de 50) e a inferior, de momento, os menores de 30 que sexan estudantes Erasmus. Para a campaña de vacinación activa irá destinada 95% das doses, e o resto das vacinas, 5%, irá para os grupos por riba e por baixo da mesma, que son os que poderán facer uso deste novo sistema complementario de autocita. Segundo explicou o conselleiro, os listados de estudantes Erasmus, que ascende a un total de 2.000 mozos e mozas, xa foi facilitado polas tres universidades galegas á Consellaría de Sanidade. Así, esta segunda feira, comezarán as probas, coordinadas coas universidades, e empezará a citación. O sistema que entra agora en funcionamento para pedir autocita, ofrece 8.000 ocos no mes de xullo para que se vacinen estes dous colectivos. Como se solicita a autocita? A cita para a vacinación por medio deste novo sistema pódese solicitar desde un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas esaude.sergas.gal. Tamén se pode solicitar desde un teléfono a través da APP Sergas móbil. O acceso estará habilitado para toda a cidadanía, con tarxeta sanitaria do Sergas e cidadáns sen tarxeta sanitaria, pero, de entrada, para maiores de 50 e menores de 30 (de momento só Erasmus). O modo de identificarse será de dous tipos. Un con seguridade básica, é dicir co número de tarxeta sanitaria ou do Documento de Identidade ou Pasaporte; e outra maneira é con seguridade alta, con certificado dixital e Chave365. Para a selección da data, ofrecerase un calendario cos días dispoñíbeis para poder vacinarse. Ao seleccionar un día, indicaráselle á persoa usuaria se ten ocos dispoñíbeis ou non, e, tamén, o rango de horas en que se atopan estes ocos, tendo a posibilidade de seleccionar unha hora aproximada de atención. Unha vez rexistrada, o aplicativo amosa os datos co nome do cidadán, así como a data, hora e lugar da vacinación. Esta data escollida para a vacinación por parte do usuario quedará reflectida para ser consultada nos dispositivos electrónicos, como unha cita máis das que ten pendente o cidadán. |
NOS_44975 | 1.063 contaxios novos no último reporte da Consellaría de Sanidade. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 25.970 casos activos na Galiza, despois de que baixasen en 2.569 con respecto á xornada anterior. Cos datos recollidos até as 18 horas deste domingo, tamén baixan os novos contaxios, xa que o último reporte, 1.063 contaxios , supón un descenso de 398 novos contaxios en relación ao anterior reporte. Pola contra, o número de pacientes ingresados pola Covid-19 sufriu un lixeiro repunte, ao subir até as 598 as persoas que se atopan nun complexo hospitalario pola infección. Delas, 31 están nas Unidades de Coidados Intensivos (UCIS), o que supón unha persoa menos que na xornada anterior, mentres que 567 persoas seguen hospitalizadas en unidades convencionais. É dicir, 23 máis. Os 25.372 casos activos restantes atópanse en seguimento domiciliario. En canto á taxa de positividade, aumenta lixeiramente até 13,7%. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. En concreto, na de Santiago e Barbanza segue a haber seete pacientes Covid en UCI e suben a 88 os ingresados noutras unidades (seis máis); mentres que na da Coruña e Cee seguen oito en críticos e incrementa até 133 os doutras unidades (cinco máis). Na área sanitaria de Lugo mantense un paciente Covid en UCI e aumentan a 57 os ingresados noutras unidades (catro máis), mentres que na de Pontevedra e O Salnés redúcense a dous os críticos (un menos), pero aumentan a 83 os doutras unidades (tres máis). Na de Ferrol mantense un ingresado en UCI e suben até 40 os hospitalizados noutras unidades (dous máis), e na de Vigo seguen cinco en críticos e suben a 89 os doutras unidades (dous más). Na área sanitaria de Ourense mantéñense sete pacientes hospitalizados en UCI s aumentan a 77 os pacientes Covid noutras unidades (dous máis). Descenso dos casos activos O descenso é xeralizado nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á cabeza (-582), seguida da de Santiago e Barbanza (-516), Vigo (-447), Ourense (-320), Lugo (-289), Pontevedra e O Salnés (-275) e Ferrol (-104). A área da Coruña, con 5.507 casos, segue a ser a que máis casos activos contabiliza; seguida da de Vigo, con 5.408; Santiago e Barbanza, con 4.536; Ourense, con 3.001; Lugo, con 2.921; Pontevedra e O Salnés, con 2.877, e a de Ferrol, con 1.440. Segundo o último informe actualizado o pasado 18 de febrero polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza está en 1.500,31 casos por 100.000 habitantes. Seguen a baixar os contaxios Desde o comezo da pandemia contabilizáronse 487.460 novas infeccións, das que 115.585 corresponden á área de Vigo; 102.523, á da Coruña e Cee; 76.302, á de Santiago e Barbanza; 57.993, á de Ourense; 56.398, á de Pontevedra e O Salnés; 50.649 á de Lugo; y 27.462, á de Ferrol. Na xornada deste domingo leváronse a cabo 2.890 PCR, que elevan a 3.671.626 as probas realizadas desde o inicio da pandemia na Galiza e 1.531 test de antíxenos, que suman 1.502.745. Falecidos e curados A Consellaría de Sanidade comunicou o falecemento dun home na área sanitaria da Coruña e Cee con patoloxías previas, o que eleva a 3.075 os finados pola Covid desde o comezo da pandemia. En canto aos curados, desde o comezo desta crise sanitaria 458.468 personas superaron satisfactoriamente a Covid-19. |
NOS_26086 | A pandemia está afectando negativamente á pobreza enerxética. Segundo destaca o Ministerio de Transición Enerxética no informe de actualización dos indicadores de pobreza enerxética, presentado en decembro pasado, a análise realizada reflicte o impacto negativo que a pandemia da Covid-19 tivo neste ámbito, en particular, "a través dos indicadores relativos á temperatura do fogar e ao atraso do pago de facturas". | "O confinamento decretado en marzo de 2020 e, como consecuencia do anterior, a redución de toda a actividade económica, afectou indiscutibelmente a este colectivo integrado por persoas en situación de vulnerabilidade que sofren pobreza enerxética, ao verse agravada a súa situación pola imposibilidade de buscar ou manter o seu traballo", sinala o relatorio do Goberno do Estado, que advirte que "as familias afectadas necesitaron destinar unha maior proporción dos seus ingresos á cobertura dos seus consumos enerxéticos". A Estratexia Nacional de Pobreza Enerxética (ENPE) do Goberno español, conforme aos criterios fixado polo Observatorio Europeo de Pobreza Enerxética (EPOV), atende a catro indicadores para determinar os niveis de pobreza enerxética. Neste sentido, fai seguimento ao denominado gasto enerxético desproporcionado, á pobreza enerxética agochada, á temperatura do fogar e ao atraso no pagamento de facturas da luz. O gasto enerxético desproporcionado mide a porcentaxe de renda que cada familia destina á enerxía por riba do dobre da media estatal. No caso galego representa 13,86% dos fogares, 151.933 familias e 340.514 persoas unha proporción por baixo do total do Estado. A pobreza enerxética agochada afecta 141.881 fogares galegos O indicador, común ao da totalidade dos Estados da Unión Europea, rexistra a porcentaxe de unidades familiares cuxo gasto enerxético é inferior á metade da media estatal e por conseguinte os seus consumos non cumpren co mínimo exixido para manter un nivel de confort básico. O número de familias cunha temperatura non axeitada na súa vivenda non deixa de medrar nos últimos anos. Se en 2018 afectaba 4,8% do total da poboación galega e en 2019 a 6%, en 2020 sitúase en 9,6%, duplicándose a porcentaxe nestes dous anos, até sumar na pasada anualidade arredor de 258.335 persoas. Aliás, 5% da poboación galega tense atrasado en 2020 no pagamento das facturas de subministración eléctrico. Neste indicador de análise da pobreza enerxética produciuse un importante incremento porcentual desde 2018, aumentando 3,2 puntos nos dous últimos anos. Aínda así, a Galiza presenta uns mellores datos que a media estatal, onde 9,6% do total non foi quen de atender o pagamento en tempo. A práctica totalidade dos datos achegados para 2021 avanzan un empeoramento da situación. Ás derivadas sociais e económicas da pandemia débese sumar o impacto da suba da luz, que ten obrigado moitos cidadáns galegos a reducir os seus consumos eléctricos e ten provocado un aumento destacado da inflación. |
NOS_17220 | PP, Ciutadans e UPyD denunciaron á organización do simposio España contra Catalunya, no cal participaron máis de 100 historiador@s, por alentar a "hispanofobia" e facer "pedagoxía do odio e da violencia". | "Vostedes teñen un obxectivo político claro que é a liquidación de Catalunya desde unha visión imperialista". Así de taxativo se mostrou o ministro de Presidencia e portavoz do Govern, Francesc Homs, en resposta ás críticas de PP e Ciutadans a respeito do simposio entitulado 'España contra Catalunya'. Segundo publica Vilaweb, todos os grupos parlamentares agás CiU e ERC criticaron o evento, ora polo título ora polo seu contido. Porén, Homs respostou unicamente a PP e Ciutadans asegurando que o obxectivo das súas críticas é a folla de ruta que teñen para a "liquidación" de Catalunya como nación. O PP dixo do simposio que alentaba a "hispanofobia" e que adoecía de rigor Neses termos pronunciouse o PP de Catalunya en referencia ao presidente da Generalitat, Artur Mas, para lle exixir a cancelación do evento. No concreto, dixo o voceiro d@s conservador@s, Henry Millo, que Mas "non poderá dicir que quere falar e sentar co goberno de España para procurar unha solución e saídas a un conflito que el propio, con ERC, xerou na política catalana e española". Millo definiu o simposio como "unha declaración unilateral do conflito que elimina a posibilidade de diálogo" e acusou o goberno catalán de "irresponsábel" e de causar "frustración" por preguntaren ao pobo catalán se quere ou non quere a independencia. Aliás, dixo tamén que o ciclo de ponencias do cal participaron máis de cen historiador@s de recoñecida traxectoria, denota "unha vitimización enfermiza, odio, hispanofobia, manipulación da historia e falta de rigor". Ciutadans, UPyD e a "pedagoxía do odio" A formación política que lidera Rosa Díez presentou unha denuncia perante a fiscalía superior de Catalunya contra a organización do simposio --o Centre d'Història Contemporània-- alegando que podería ser constitutivo dun delito de "provocación á discriminación, ao odio e á violencia". Baséase UPyD en dúas ponencias entituladas 'Espanya i Catalunya, 300 anys de conflicte polític' e '300 anys d'espanyolisme a Catalunya'. Ciutadans uniuse á devandita denuncia. O seu voceiro, Jordi Cañas, entendeu que o evento "fai pedagoxía do odio e presenta todo o español como inimigo de Catalunya". O PP tamén se uniu á idea da formación de Rosa Díez. |
NOS_3289 | Como protesta polo que entenden que é unha vulneración de dereitos por parte do Tribunal Constitucional, os presos políticos Jordi Sánchez e Jordi Turull iniciaron unha folga de fame na cadea de Lledoners. | Jordi Pina, avogado de Jordi Sánchez, líder da ANC encarcerado, e Jordi Turull, portavoz do Govern da Generalitat tamén encarcerado, e mais Jaume Padrós, o presidente do Colexio de Médicos de Barcelona, anunciaron na mañá do sábado en rolda de imprensa que tanto Sánchez como Turull iniciaron unha greve de fame para protestar polo que consideran unha vulneración de dereitos por parte do Tribunal Constitucional. Pina e Padrós leron un manifesto asinado por Sánchez e Turul no que indican que non queren ter ningún trato de favor por parte do Constitucional, senón simplemente que garanta os seus dereitos. Denuncian que o TC bloquea o seu acceso ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ao non tramitar os oito recursos de amparo presentados polos dous. Hai un ano que presentaron o primeiro dos recursos e non recibiron resposta ningunha. Ambos os presos políticos din que a folga de fame é unha acción "non violenta e lexítima" e das poucas que poden levar a cabo desde a prisión de Lledoners. Salientan que a greve "non vai contra ninguén" e que só busca "remover conciencias". O anuncio da folga de fame chega cando Òmnium Cultural difundiu a primeira fotografía dos sete presos políticos no interior da prisión de Lledoners. Nas últimas horas, varios deles reivindicaron tamén a Carme Forcadell e a Dolors Bassa, tamén encarceradas e que, con frecuencia, son invisibilizadas polos medios de comunicación. |
PRAZA_15746 | O secretario xeral galego de Podemos alude perda de confianza para relevar a Borja San Román. O partido desbota realizar "comentarios" ao respecto da decisión. | Nova destitución e máis dúbidas en torno ao futuro da actual dirección de Podemos en Galicia. O secretario xeral galego do partido, Breogán Riobóo, decidiu destituír ao seu responsable de organización, Borja San Román, aludindo "perda de confianza", sen que polo momento a formación aclare máis circunstancias sobre a que é a terceira mudanza no Consello Cidadán Galego desde as eleccións xerais. Segundo as fontes consultadas por este diario Riobóo comunicou a destitución de San Román e a súa substitución no posto por Cristina Laya, ata agora responsable da área de mocidade, nunha xuntanza celebrada na tarde do sábado. Unha vez confirmada a decisión, o partido rexeitou pronunciarse sobre as causas concretas da mesma. Non haberá polo momento, aclaran a preguntas de Praza Pública, "comentarios" a respecto diso. Este movemento por parte de Riobóo prodúcese despois de que, tras os comicios do 20-D, anunciase que os membros de Podemos Galicia que resultaron deputados electos por En Marea, Antón Gómez-Reino e Ángela Rodríguez, abandonarían tamén as súas responsabilidades no Consello Cidadán, centradas ata entón en análise política e feminismo, respectivamente. Neste caso o motivo aludido para as substitucións foi a necesidade de non acumular responsabilidades institucionais e orgánicas nas mesmas persoas. Visión crítica sobre En Marea Riobóo promoveu a remodelación da dirección de Podemos en Galicia pouco despois de realizar unha crítica análise sobre a campaña de En Marea. Como relatou este diario, mentres no conxunto do Estado Podemos reforza a súa aposta por "reflectir a plurinacionalidade" con reivindicacións como grupos parlamentarios propios para as confluencias, o secretario xeral galego criticou que a coalición buscase o que denomina "voto nacionalista", ademais de considerar que a "xestión comunicativa" da campaña "non quixo aproveitar todo o potencial que Podemos-Galicia ten". Riobóo abriu a porta a que Podemos participase nas eleccións galegas por separado, opción que Iglesias desbota Foi neste contexto no que, tanto no informe presentado ante o Consello Cidadán Galego como en diversas intervencións nos medios, Riobóo abriu a porta á posibilidade de que Podemos valore participar nas eleccións galegas por separado e non integrado nas mareas. Esta consideración xa foi rebatida polo propio Pablo Iglesias, que preguntado ao respecto advertiu de que "Podemos comparte folla de ruta coas súas forzas políticas irmás en Galicia" nun contexto no que augura que "En Marea, co apoio e a participación de Podemos, gañará as eleccións". Lonxe de matizar a súa aposta, Breogán Riobóo recibiu as consideracións de Iglesias como "o que son", unha "opinión" co mesmo peso que a de "calquera persoa inscrita en Podemos". Do mesmo xeito, considera que a análise crítica con En Marea á que el puxo voz tería que ser motivo de "orgullo". |
NOS_56220 | Cun xiro con respecto ás posicións mantidas até agora,o presidente dos EUA manifestouse a favor de apoiar a proposta rusa de abandonar o ataque militar se Siria pon as súas armas químicas baixo control internacional. A hipótese dunha derrota no Congreso que abriría unha crise sen precedente nos EUA estaría na orixe do cambio de posición de Barack Obama. | O Senado aprazou xa a votación sobre o ataque a Siria que estaba previsto para esta cuarta feira, unha vez Obama fixo pública a súa vontade de considerar a proposta de Putin de abandoar o ataque militar se Siria puña baixo control da comunidade internacional as súas armas químicas. Nunha xornada na que Obama se multiplicou nos medios de comunicación, nunha campaña de promoción da opinión pública sen precedentes, o presidente defendeu por vez primeira diante da CNN a súa preferencia por unha saída "sen recorrer ao uso da forza". Sen embargo, non deixou de sementar dúbidas sobre a posíbel materialización da proposta rusa e as dificultades de comprobación de que Siria entregara o conxunto do seu armamento químico. Como "potencialmente positiva" cualificou Obama a proposta rusa, malia ter defendido até agora a necesaria resposta militar ao presunto ataque con armas químicas do pasado 21 de agosto do que se acusa ao goberno de Asad. |
PRAZA_12499 | Mequetrefe está dándolle os últimos retoques ao seu segundo álbum, Gobi, continuador de Play Off, moi valorado pola crítica especializada en varios países. O disco publicarase despois do verán e terá catro versións, unha delas en galego. Pódese escoitar xa un adianto: Kill all the indies | Hai dous anos Mequetrefe entregáronos Play Off, un álbum denso, con moitas guitarras, distorsións e psicodelia. Foi o punto de chegada a un camiño longo, coma o de todas as bandas cando comezan, que tivera fitos, coma as maquetas que gravou para o netlabel Alg-a, as semifinais do Proyecto Demo de Radio3 e sobre todo a vitoria no concurso de maquetas organizado polo Festival Foc and Sound de Moncofa (Castellón), que tia como premio a gravación do disco. Agora chega o segundo, a oportunidade para Mequetrefe para consolidarse, despois do éxito de crítica do seu primeiro traballo, e algúns obstáculos, coma problemas coa discográfica ou un fallido concerto con Peter Hook. Falamos con Xan Molina, voz e guitarra da banda. Como é Gobi? Como evolucionou o grupo dende o primeiro album? Pois Gobi é a continuación natural de Play Off, e decir, seguimos facendo cancións nas que intentamos aportar algo novo metendo elementos de sicodelia, shoegaze, electrónica, música de bandas sonoras, pop e incluso algún ramalazo trash-metal. Todos estos elementos estamos intentando que encaixen ben, porque ao final o que temos que conseguir é facer boas cancións con todo isto e non só facer exercicios de estilo. Eso si, haberá algún elemento novo con respecto a Play Off en canto a tratamento de voces, arranxos, estrutura dos temas ou novos efectos. Pero a novedade máis importante é que estamos traballando para que sexa un disco cuádruple ou 4 versións do disco, é decir, haberá un disco Gobi, Galician Gobi, Echo-Reverb Gobi e Psychedelic Gobi. Intentaremos sacar os catro ao mesmo tempo, e se non nos dá tempo de aquí a despois do verán pois irémolos sacando progresivamente. Fainos especial ilusión o Galician Gobi, xa que será cantado integramente en galego e temos unhas gañas tremendas de acabalo, pero aínda nos queda moítisimo traballo por diante. "Estamos traballando para que sexa un disco cuádruple ou 4 versións do disco, é decir, haberá un disco Gobi, Galician Gobi, Echo-Reverb Gobi e Psychedelic Gobi" Que máis proxectos tedes para este ano? Para este ano non temos ningún proxecto máis, xa que a grabación, mezcla e producción de Gobi nos está levando moito tempo. Eso si, en canto acabemos empezaremos a dar algún concerto Dende logo un single de dez minutos non soará nos 40. Hai que rachar os esquemas da industria: albumes de doce cancions, cancions de catro minutos, retrousos...? Un single noso de dez minutos non soará nos 40, pero tampouco creo que soe en ningunha outra radio, por desgracia. O noso segundo single vai durar 3 minutos e supoño que soará en 2 ou 3 radios como moito. O problema na industria neste pais non son os 40, porque iso non é música, é outra cousa. O problema realmente está nos medios de comunicación e discográficas que dende hai anos se chaman indies, alternativos ou incluso underground e que dende logo son de todo menos iso. Dende hai uns anos e sobre todo hoxe en día está habendo un conservadurismo brutal a todos os niveis, hai unha serie de clixés indies que se repiten unha e outra vez e onde a creatividade e a orixinalidade están totalmente infravaloradas, o que se valora é imitar ben as referencias de músicos inglese e americanos de hai 20 ou 30 anos, é decir, está moi ben se fas música que era underground noutros tempos pero como intentes sairte dos cánones do underground clásico non tes nada que facer e estarás na indiferencia máis absoluta. De feito nos últimos 50 anos en Galicia e España non houbo nin un só grupo, nin discográfica nin corrente musical que estivera á vangarda mundial nin que achegase absolutamente nada á música moderna, por algo será. "Nos últimos 50 anos en Galicia e España non houbo nin un só grupo, nin discográfica nin corrente musical que achegase absolutamente nada á música moderna, por algo será" Sentides que vos valoran máis do Cebreiro para fóra (blogs e páxinas especializadas de todo o mundo falaron de vós) que en Galicia? Desde logo, en Galicia quitando un par de excepcións non se nos fai ningún caso. A nosa música gusta moi pouco aquí, hai que aceptalo. Somos un grupo inexistente para os organizadores de festivais, para os periodistas que moven o cotarro e para case toda a xente do underground galego. Tamén somos un dos poucos grupos que somos algo críticos co panorama musical galego e somos de todo menos pelotas e trepas -e iso a moita xente non lle gusta-, nin pertencemos a ningunha pandilla indie, nin shoegaze, nin bizarra nin nada, e está claro que cando vas un pouco por libre todo é máis difícil. Porén, por aí fóra si que se nos aprecia como un grupo que está aportando cousas e si que se nos valora, o problema é que non temos medios para seguir promocionándonos (sen mánager, sen discográfica), ainda así o disco Play Off foi reseñado na mítica revista Impose Magazine de New York, (o único grupo español xunto con Delorean) e o blog Shoegazer Alive acaba de incluirrnos no seu novo recopilatorio xunto con grupos como Real Estate, Sigur Ros ou Lush. "Somos un grupo inexistente para os organizadores de festivais, para os periodistas que moven o cotarro e para case toda a xente do underground galego" Cal é a rutina dunha banda coma vós? Con 18 anos imaxinabades que o rock era isto? Bueno, a nosa rutina é enasiar e xuntarnos de vez en cando para gravar cousas. Desde logo con 18 anos non te imaxinas que o rock é así. Unha vez que ves como funciona a industria da música por dentro a verdade é que a decepción é tremenda porque da bastante noxo. Cal é o último disco ou grupo que vos deixou coa boca aberta? En disco, dende logo, Real Estate, o disco Days é unha auténtica maravilla. E en directo o concerto que deu Teams en Santiago foi aconlloante. "Dende hai anos a música rock quedou moi atrás en canto a innovación se refire e é a música máis conservadora que hai" Por que hai que matar os indies? Para empezar hai que deixar de utilizar a palabra indie, porque hoxe en dia está totalmnente manipulada por medios, discográficas, grupos, etc, e xa non significa absolutamente nada e dende logo hai que cambiar de referentes, plaxiar á Velvet Underground, Sonic Youth, Jesus and Mary Chain, Joy Division, Yo la tengo, Spacemen 3 debería estar xa prohibido, é unha música moi antiga e xa cheira un pouco. Dende logo hoxe en día seguir esa senda é de todo menos creativo, innovador ou alternativo, por iso desde hai anos a música rock quedou moi atrás en canto a innovación se refire e é a música máis conservadora que hai. Hai que tomar exemplo da música electrónica, que é a única que segue evolucinando un pouco e aportando novos sons. A que grupo telonearíades se vos desen a escoller? A Flaming Lips, My Bloody Valentine ou The Sabres of Paradise, por exemplo E se vos ofrecen telonear a Peter Hook que dicides? Se alguen nos ofrece telonear a Peter Hook..., pois mandarémolo a merda, por suposto. Mequetrefe |
NOS_19537 | O goberno de coalición grego superou unha moción de confianza para quitar adiante as medidas impostas pola troika. A segunda forza máis votada, Syriza, chama a non pagar a débeda e centrarse na recuperación do crecemento económico e a creación de emprego para evitar que se reproduza o panorama grego: pobreza en aumento e empoderamento do fascismo | "Non só o Estado español, tamén Alemaña ten o futuro de Grecia de seguiren as medidas de austeridade". Taxativo e convencido de que a única alternativa posíbel á hecatombe económica e social é non pagar a débeda, Spyros Niakas, voceiro das organizacións xuvenís de Syriza, analizou nunha entrevista na radio pública española o panorama que se debuxa no país heleno após as eleccións. O Goberno grego é unha coalición "moi feble", encabezado polo partido conservador Nueva Democracia, de Antonis Samaras, "cuxas ás neoliberais son moi influíntes" e unha axenda social marcada por "liñas neonazis" en políticas como a atención a persoas inmigrantes; o partido socialista Pasok, que pasou de ter o 40% dos votos a un escaso 13%; e Esquerda Democrática. Segundo Niakas, os tres partidos prometeron en campaña que habería renegociación dos termos do rescate impostos pola troika, "e os tres mentiron: non haberá renegociación". O salario mínimo é de 500€ e o obxectivo do Goberno é que haxa unha persoa traballando por fogar, máis un paso para que o pobo asuma todo o peso da débeda. A coalición iniciou o mandato gañando unha moción de confianza cos votos dos partidos do propio gabinete, nun Parlamento onde teñen a maioría de 179 escanos --de 300-- e tomando en conta que 50 dest@s deputad@s son un regalo concedido á forza máis votada. Syriza foi a segunda, co 26,56% das papeletas a favor. "Somos a primeira opción política entre as persoas de entre 18 e 58 anos, entre os pobres e os desempregados", indicou o líder das xuventudes de Syriza, que marcou catro tarefas para a coalición da oposición: seren un partido único, crear redes de solidariedade para "darlle a volta" ao imaxinario social que se creou tras a derrota electoral "entre aquelas persoas para as que eramos a última esperanza", reconstruír os sindicatos e combater o fascismo espertado por "os típicos nazis que camiñan en grupos de dez ou vinte e atacan con navallas a inmigrantes e xente de esquerdas". Syriza, que identificou en máis dunha ocasión Grecia cun laboratorio, reiterou máis unha vez nesta conversa que o país heleno "era o elo máis feble da cadea, tanto económico como social. Mais cando rompe un elo rompe a cadea enteira", apuntou Niakas, augurando o mesmo destino "non só para España, senón tamén para Alemaña. Se se manteñen as políticas de austeridade, Europa non ten futuro". Para evitar que a historia se repita, e se multiplique o número de estados onde a pobreza vai en aumento --igual que as manifestacións nazis--, a resposta é non pagar a débeda. "Xa a pagamos varias veces, aos bancos, que foron os que a xeneraron. De momento os cartos deben ir á cidadanía, e despois xa veremos". Voltamos, por tanto, ao programa co que concorreron aos comicios: moratoria no pagamento, negociar até conseguir a cancelación da débeda ilexítima e que saldar a restante sexa un obxectivo supeditado á recuperación do crecemento económico e á creación de emprego. Nikas teno claro: "só sairían perdendo uns poucos individuos que, por unha vez, ben se poderían arranxar por si propios". |
PRAZA_20258 | O CPI Virxe da Cela de Monfero e o CPI As Mirandas de Ares traballan dende hai anos en proxectos que lles ofrecen ao seu alumnado a posibilidade de participar, aproveitando ao máximo as novas tecnoloxías. Son apenas dous exemplos do vizoso traballo que se desenvolve en numerosos colexios de todo o país. | Hai centros de ensino que abren camiño, que aproveitan todas as posibilidades que permiten as novas tecnoloxías e as ferramentas da comunicación, que lles ofrecen aos seus alumnos e alumnas a opción de intervir, de decidir e de crear como parte da súa educación. Hai numerosos exemplos en toda Galicia, de colexios e institutos que levan a cabo un traballo espectacular. E, ademais, unha boa parte deles están na zona rural ou en localidades pequenas. Dous deles son o CPI Virxe da Cela de Monfero e o CPI As Mirandas de Ares. O CPI Virxe da Cela de Monfero traballa en varias liñas de moito interese. Cómpre salientar a importancia que o centro de lle empresta aos proxectos solidarios, que mesmo contan cunha web de seu. Forma parte, por exemplo, da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas, que leva anos organizando actividades con centros de ensino de todo o país. Tamén fan moita incidencia nas cuestións medioambrientais, destacando neste senso a publicación dunha serie de video-titoriais no que alumnos e alumnas ensinan algúns trucos para reciclar e reutilizar materiais. Os rapaces e rapazas fan uso das ferramentas comunicativas máis de moda, coma as formulas dos youtubers, para aprender e ensinar a outros fórmulas impaxinativas para coidar o medio ambiente. Outra das súas grandes poboacións é o proceso de despoboamento do rural e o lanzamento de propostas para reverter esta situación, que tamén afecta a Monfero. Con este obxectivo, botaron a andar a Asociación Educativa Infantil e Xuvenil Soño Rural, que busca levar a cabo accións "na procura dun mundo rural vivo, valorado positivamente e cun crecemento sostible que nos permita vivir a todos dunha maneira digna". Unha das súas primeiras accións foi a de presentar unha moción de apoio ao mundo rural nos concellos de Irixoa e Monfero "con propostas para que os nosos políticos loiten pola recuperación e mellora da nosa contorna". Recentemente lanzaron un novo proxecto, titulado "A vaquiña polo que vale", coa colaboración da Universidade da A Coruña e as ONGD Solidariedade Internacional e Cooperación Galega. Trátase dunha iniciativa interdisciplinar sobre a vaca e o leite no que os alumnos e alumnas de infantil e primaria coñecen máis cousas sobre esta industria, tan importante nos concellos de Monfero e Irixoa. Ao longo da iniciativa, os rapaces e rapazas coñeceron de primeira man a realidade do sector, as súas dificultades e posibilidades, escoitaron as explicacións dos gandeiros e debateron fórmulas para impulsar o traballo das explotacións leiteiras Dende hai tres anos o CPI As Mirandas de Ares traballa en metodoloxías de aprendizaxe que inciden no traballo colaborativo e a participación do alumnado, un proxecto polo que o centro foi galardoado pola Consellaría de Educación hai uns meses. Dente o CPI destacan que "o traballo colaborativo, cooperativo e por proxectos é unha nova metodoloxía que consideramos favorece a aprendizaxe do alumnado". "A participación da familia tamén é moi importante e fundamental, o cal redunda nunha mellora da convivencia e o alumnado síntese o verdadeiro impulsor e protagonista da súa aprendizaxe", engaden. Ademais, o alumnado de 2º e 4º de Primaria do CPI As Mirandas traballaron durante o último ano na creación dunha compañía de ópera, a través do proxecto LÓVA (La Ópera, Vehículo de Aprendizaje), un proxecto educativo interdisciplinar e innovador que foi elixido pola Unión Europea como proxecto educativo español de referencia para desenvolver a conciencia e a expresión cultural. Dito e feito, o pasado 2 de xuño os alumnas e alumnas estrearon en Mugardos a peza de teatro musical Un cambio inesperado, e repetiron a posta en escena os días 8 e 9 en Ares. Outra iniciativa destacada foi a participación na terceira edición de "Matemáticas na Raia", un concurso de resolución de problemas impulsado por AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) dirixido ao alumnado de 3º da ESO de centros galegos e portugueses. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os equipos son grupos-clase completos. Ou, igualmente, a participación no proxecto Fálame da emigración, de Afundación, unha iniciativa de conversa interxeracional que a entidade leva a cabo en 11 concellos, coa participación de 67 maiores, 11 centros de ensino e 461 mozos e mozas, maioritariamente de segundo e terceiro de ESO. O obxectivo é que "as persoas maiores lle transmitan á mocidade os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, ao tempo que se enriquecen do diálogo con xente nova e se favorece o entendemento mutuo". Búscase tamén que a comunidade educativa "incorpore novas modalidades de aprendizaxe, que aproveiten a experiencia das persoas maiores, fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións". Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a> |
NOS_56132 | A batalla política polas declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, a The Guardian está a abrir, unha vez máis, o debate de fondo sobre o modelo de produción agroalimentaria que se quere para o futuro. | Na Galiza a maior parte das explotacións gandeiras teñen como característica común que o seu tamaño entraría dentro das denominadas como granxas familiares, pequenas ou medianas, sobre todo no sector da carne. Sen entrar en termos numéricos -aínda o Ministerio de Agricultura non definiu neste sentido as "macrogranxas"- no país hai excepcións, como o caso porcino, que teñen unhas dimensións moito maiores ca o resto. Un exemplo é Coren, a compañía galega que figura no posto 17 a nivel europeo de empresas máis contaminantes polo seu tamaño nun ranking realizado pola organización internacional Instituto de Política Agrícola e Comercial. Vontade política As explotacións gandeiras galegas queren entrar no debate a partir das súas propias vivencias. É o caso de Ana Corredoira, gandeira e presidenta da cooperativa rural 'As vacas da Ulloa', que continuou co proxecto familiar en 2014 na granxa que fundara seu pai en 1989. En declaracións a Nós Diario, lamenta que se terxiverse este tema. "A produción extensiva é a máis xusta para o territorio e para as persoas, sexan produtoras ou consumidoras", explica. Demanda que, alén dun posicionamento claro da sociedade "ten que haber unha vontade desde o poder sobre que espazos queremos promocionar". Relata que desde que se fixo cargo da explotación tivo moitas veces que enfrontarse "á desvantaxe de competir por axudas por ser unha granxa pequena e ecolóxica". Cre que faltan "ferramentas que identifiquen a orixe, as características os modelos produtivos". É partidaria de definir o termo "industrial" tamén na gandaría para defender mellor un sector que, asegura, "non está pasando por un bo momento". A industria deféndese A Asociación Galega da Carne (Asogacarne), a través dun comunicado, defende que a produción galega supera "con fartura" as normativas europeas de benestar animal. A organización, que agrupa a representantes de matadoiros e industrias de elaborados cárnicos como Coren, defende que "as explotacións gandeiras e as industrias cárnicas galegas viñeron apostando pola sustentabilidade, o respecto ambiental e o benestar animal, cumprindo todas as normativas vixentes". En relación á calidade, aseguran que "na Galiza traballaron nos últimos anos na aplicación de certificacións homologadas en materia de benestar animal, que tratan de garantías adicionais á lexislación de obrigado cumprimento, que o consumidor pode visualizar no produto final". Rematan lembrando que as explotacións gandeiras e os matadoiros están suxeitos a "inspeccións constantes de benestar animal, debendo superar ademais auditorías periódicas para obter as correspondentes certificacións homologadas de benestar animal". Pobreza e macrogranxas O coordinador de servizos gandeiros da Federación Rural Galega (Fruga), Elías Somoza, non dubida en afirmar que a calidade da carne producida na Galiza baixo o selo de Tenreira galega Suprema "é unha das mellores do mundo" ao estar "alimentada en explotacións familiares co leite da nai e forraxes". Ademais, salienta a importancia que ten esta produción "en moitas comarcas do país por ser a principal actividade económica por non dicir a única". Lembra que son explotacións "sustentábeis a nivel medioambiental que aforran investimentos públicos, por exemplo na loita contra os incendios". En relación ás macrogranxas, a Fruga reitera a súa postura contraria a proxectos deste tipo que se están a propoñer a nivel estatal "como o que se anunciou en Soria que tería máis de 25.000 animais". Para o sindicato nacionalista ese sistema "xera pobreza ao producir como case 400 granxas medias galegas" e fomenta o "abandono do territorio e unha xestión dos residuos terríbel". Somoza alerta que mesmo ás empresas interesadas neste tipo de explotacións "buscan ter terreo libre para facilitarlles a implantación de eucaliptos". |
PRAZA_14842 | Espazo Ecosocialista celebrou unha reunión do seu Consello Político Nacional que celebrou o "resultado espectacular" da coalición e a súa conexión "cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa mocidade" | Espazo Ecosocialista celebrou unha reunión do seu Consello Político Nacional para analizar os resultados electorais do 21-O, en especial os obtidos pola Alternativa Galega de Esquerda, coalición da que formou parte. EE celebrou o "resultado espectacular" acadado por AGE "con poucas semanas de existencia e con escasos recursos", salientou que "a irrupción de AGE demostra a necesidade de novos referentes para a cidadanía, recolle parte da desafección que doutro xeito tería amplificado a vitoria electoral do PP e, sobre todo, osixena un Parlamento necesitado de maior pluralidade política" e engade que "os resultados nas cidades, que a sinalan como segunda forza nalgunha delas, sinala a conexión de AGE cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa mocidade". "Os resultados nas cidades, que a sinalan como segunda forza nalgunha delas, sinalan a conexión de AGE cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa mocidade" Con todo, a formación lamenta que "non fomos quen de conseguir o noso principal obxectivo, que era botar fora do goberno ao PP e parar as políticas de dereitas, moi pola contra esta sae reforza institucionalmente". E esixen que se fai "cada vez máis necesario que nunca unha reforma electoral que achegue ao máximo a proporción elector/voto de xeito que a cidadanía recupere a confianza na participación electoral". Os ecogaleguistas salientan que "AGE recolleu votos desafectados da esquerda e do nacionalismo, ou dito doutro xeito, recolle antigos votantes do PSdG e do BNG pero a través de un proceso de abandono previo". De igual xeito fan fincapé na importancia da superación "da división nacionalismo/non nacionalismo a través dun proxecto nacional" sobre todo "nunha etapa na que o eixo social e democrático adquiren preponderancia" e chaman a "seguir avanzando en maiores graos de unidade". EE chama a "construír novos paradigmas culturais sen necesidade de binomios artificiosos, paradigmas centrados na defensa do ben común (esquerda transformadora) e das liberdades (radicalidade democrática), incluída a defensa do autogoberno, pero non situado en debates abstractos senón concretos. Soberanismo entendido no século XXI non coma unha aposta de independencia tal como se formulaba hai 50 anos senón como o dereito a decidir nun marco global de soberanías compartidas e onde os grados de relación: federal, confederal, ... iranse fixando en funcións dos intereses das persoas (soberanismo cívico)". Os ecogaleguistas salientan que "AGE recolleu votos desafectados da esquerda e do nacionalismo, ou dito doutro xeito, recolle antigos votantes do PSdG e do BNG pero a través de un proceso de abandono previo" Finalmente destacan que a coalición AGE debe asentarse "nunha nova cultura cooperativa da esquerda plural e aberta onde convivan a esquerda independentista, a esquerda federalista e a esquerda nacional renovadora, construíndose de xeito estable e ligada aos movementos e organizacións sociais para canalizar as súas demandas e propostas". |
NOS_40282 | Tamén pide que que se aclare se aclare a actuación da inspectora no caso da dirección do CEIP Luís Seoane de Oleiros. | A Xunta de Persoal da Coruña, que é o máximo órgano de representación do profesorado do ensino público na provincia, aprobou por unanimidade solicitar o cese do Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana. Tamén aprobou pedir que se abra a corresponde investigación sobre a actuación da inspectora do centro no referido ás presuntas coaccións sobre a directora do CEIP Luís Seoane de Mera- Oleiros. A CIG-Ensino considera que unha persoa "cun comportamento tan impresentábel e caciquil como o que vén de amosar o Xefe Territorial da Coruña non pode estar á fronte, como cargo político, dun posto de representación". A central entende que coa dimisión forzada da directora o que se pretende é desviar a atención das responsabilidades que lle corresponden á administración, por ser quen contrata as empresas de transporte. A CIG-Ensino, así como todos os demais sindicatos con representación na Xunta de Persoal da Coruña, consideran moi grave que o Xefe Territorial recorrera a unha acusación de "perda de confianza" cando resulta totalmente inadecuada "porque un cargo directivo ten que merecer a confianza dos órganos de goberno dos centros, claustro e consello escolar, non de cargos políticos". |
PRAZA_3704 | Deberán acoller traballadores ligados ás actividades autorizadas e poderán permitir o acceso aos servizos de aseo aos transportistas aínda que non se aloxen neles | Deberán acoller traballadores ligados ás actividades autorizadas e poderán permitir o acceso aos servizos de aseo aos transportistas aínda que non se aloxen nelesO Ministerio de Transportes publica este mércores no Boletín Oficial del Estado (BOE) unha orde pola que declara "servizos esenciais a determinados aloxamentos turísticos", entre eles 37 en Galicia. Eses hoteis e apartamentos deberán acoller traballadores ligados ás actividades autorizadas e poderán permitir o acceso aos servizos de aseo aos transportistas aínda que non se aloxen neles. Un listado no que, ademais de establecementos privados, aparecen complexos públicos como o Monte do Gozo ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia, que conta cunha residencia para o alumnado.A orde establece que os establecementos que identifica "manteranse pechados ao público en xeral pero deben permitir o aloxamento de aqueles traballadores que deban realizar labores de mantemento, asistencia sanitaria, reparación e execución de obras de interese xeral, abastecemento de produtos agrarios e pesqueiros, e tripulacións de buques pesqueiros, así como servizos complementarios ás mesmas, no ámbito sanitario, portuario, aeroportuario, viario e ferroviario, alimentario, salvamento e seguridade marítimo, a instalación, mantemento e reparación de redes de telecomunicacións e centros de proceso de datos, subministro de enerxía e auga, subministro e servizos de transporte de mercadorías ou de viaxeiros ligados ás actividades permitidas". Eses establecementos tamén "permitirán o aloxamento de persoas que deban desprazarse para atender a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade, persoas especialmente vulnerables ou con necesidades de atención sanitaria, entre outros supostos". Igualmente, neles "poderase permitir o acceso ás instalacións e servizos de aseo e restauración aos transportistas profesionais de mercadorías, aínda que non se atopen aloxados".A Orde sinala que "o resto de aloxamentos turísticos" que non aparecen identificados nela "poderán prestar aloxamento exclusivamente" aos colectivos citados observando "as medidas e instrucións de protección indicadas polo Ministerio de Sanidade".Ademais de establecementos privados, aparecen complexos públicos como o Monte do Gozo ou o Centro Superior de Hostelería de Galicia, que conta cunha residencia para o alumnadoEn concreto, a Orde identifica na provincia da Coruña 14 establecementos: catro en Santiago, tres na Coruña, dous en Ferrol, Boiro e Ordes -que o BOE cita como Orbes- e un en Oleiros. Ademais inclúe na mesma provincia coruñesa un establecemento na localidade lucense de Portomarín, que se sumaría un total de sete hoteis na provincia de Lugo xunto cos catro na capital e un en Foz e Viveiro. En Ourense identifícanse seis establecementos: dous na capital e un en Verín, Xinzo de Limia, Manzaneda e Muíños. En Pontevedra son dez os establecementos: catro en Vigo e Sanxenxo e un na capital e en Poio. |
NOS_30146 | Sen cámaras e mesmo sen permitir que @s deputad@s flitren información. Así comparece Mario Draghi esta terza feira no Congreso d@s deputad@s. | Unha visita que está a recibir duras críticas polo carácter confidencial e ultra-segredo da comparecencia. O director do Banco Central europeo desenvolverá unha ponencia no Congreso d@s deputad@s a porta fechada. Sen micros nin cámaras e con ordes estritas de que non se filtre información durante o acto a través de operativos móbil --malia que algúns deputados anunciaron que de todos as formas, darían a coñecer o contido da comparecencia. Na reunión estará presente a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. A portavoz do BNG estará presente na comparecencia Sen actas nin taquígrafos só haberá un pequeno espazo reservado para as preguntas das portavocías dos grupos. O formato de exposición foi o mesmo empregado polo seu antecesor,Jean Trichet e o ex-director xerente do FMI no anuncio parlamentar do resgate a Grecia. |
NOS_39153 | Stop Eólicos Xurés Celanova acusa a varios alcaldes da zona de ser "cómplices" do espolio de terras altas para favorecer ás grandes corporacións enerxéticas. | A Plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova denunciou a "complicidade" dos alcaldes de Calvos de Randín, Baltar, Os Blancos, Bande, Verea e Celanova co "gran espolio de Terras Altas que están a executar Greenalia e outras". Segundo esta organización, a intervención este sábado da alcaldesa de Porqueira "saca á luz a liña de alta tensión que conectará os proxectos eólicos das corporacións enerxéticas desde a raia seca da Limia até Terras de Celanova coa central de Frieria no Miño". Plataformas e asociacións veciñais responden ao 'Pacto pola enerxía eólica' do PSdeG Explican que serán máis de 50 quilómetros de LAT que atravesarán o val de Salas, o do Limia pola Veiga de Ponteliñares, o Monte Grande e o Monte da Neve, e a parte nororiental da serra do Laboreiro, afectando poboacións e a cursos fluviais para dar servizo a unha macro-proxecto eólico que inclúe os polígonos de Lamas (dous proxectos), Gomariz, Monte Grande-Ourille e Monte da Neve, e ofrecerase para a repotenciación do polígono do Vieiro, e dar saída á produción de Iberdrola no Larouco e nos límites do Parque Natural do Xurés, onde ademais se proxectan tres polígonos que conectarán co xa operativo entre Baltar e Cualedro. Colectivos sociais advirten que a nova normativa estatal sobre renovábeis mingua a participación pública Desde as entidades e organizacións que conforman a Plataforma denuncian que "máis de 14.500 hectáreas das montañas máis destacadas das comarcas da Limia e das Terras de Celanova, entre O Larouco e O Laboreiro, están en mans de multinacionais privadas con dereitos durante 25 ou máis anos sobre os chans". Informan tamén de que Stop Eólicos Xurés Celanova rexistrou esta semana alegacións contra o proxecto PE Lamas de Feás (Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín), e antes xa presentara alegacións e manifestou a súa oposición aos proxectos LAT do Xurés (entre Baltar e Muíños), LAT do Larouco (Baltar e Xinzo), PE de San Martiño (Baltar) e PE Monte da Neve (Celanova-Verea). Sinalan que en todos estes procedementos a plataforma acudirá a través da coordinadora galega Eólica Así Non, "co fin de informar á veciñanza sobre as prácticas empresariais e da Administración pública galega que a propia alcaldesa de Porqueira definiu como escuras". Aínda que indican que a rexedora "cumpre co deber democrático de informar que vai no seu cargo" entenden que "o resto de alcaldes, non". "Están, de maneira pasiva ou activa, favorecendo a invasión eólica e a ocupación dunha parte valiosísima do territorio", aseguran. |
PRAZA_3573 | Este venres xa non será obrigatoria a asistencia e a partir do luns todos os colexios e institutos permanecerán pechados. Tamén quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios e limítanse as concentracións de persoas a 500 persoas en espazos pechados | O Goberno galego vén de anunciar a suspensión das clases en Galicia en todos os niveis educativos, como medida de prevención para evitar o contaxio polo coronavirus. O Consello da Xunta adoptou a medida, que afecta a todos os centros de ensino do país, nos que xa este venres a asistencia non será obrigatoria. A medida ten en principio unha duración de 14 días, que se poderán prorrogar chegado o momento en función da situación existente.O Goberno galego pídelles a nais e pais que xa este venres non leven os seus fillos e fillas aos colexios e institutosA partir do luns todas as escolas infantís, colexios e institutos permanecerán pechados e tamén quedan suspendidas todas as actividades extraescolares. Este venres os centros permanecerán abertos, como unha medida de apoio "aos pais e nais teñen dificultades para organizarse" e deixar os fillos e fillas noutros lugares. Nos últimos días territorios como Madrid, Euskadi ou A Rioxa xa adoptaran decisións semellantes e este venres fixérono tamén Cataluña e Murcia.O anuncio realizado por Alberto Núñez Feijóo foi recibido con críticas por parte dos sindicatos educativos, que cualificaron como "intolerable" saber da suspensión das clases polos medios de comunicación. CCOO-Ensino, que non pon en cuestión "a necesidade de adoptar medidas para protexer a saúde da poboación", critica a xestión da Consellaría de Educación nesta materia. De igual xeito, CIG-Ensino reclamoulle á Consellería que "debe aclarar canto antes que terá que facer o profesorado, toda vez que o presidente vén de dicir que teremos que acudir aos centros e ao tempo afirma que se potenciará o teletraballo dos e das empregadas públicas".Un par de horas despois da decisión da Xunta, as tres universidades galegas secundábana e suspendían tamén todas as actividades docentes presenciais desde este venres e durante os vindeiros 14 días. As tres universidades están a anunciar tamén a suspensión de actividades e tamén o peche de instalacións, como bibliotecas ou espazos deportivos. Na Universidade de Vigo, con todo, confírmase que continuarán desenvolvéndose con normalidade todas as actividades de xestión e investigación.Outras medidasNon foi a única medida de control e prevención adoptada polo Goberno galego este xoves. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defendeu a necesidade de adoptar estas decisións extraordinarias. "O obxectivo é cortar as posibilidades de contaxio. Para que non haxa incidencias superiores hai que tomar decisións con incidencias inferiores", dixo. De igual xeito, engadiu que "se non adoptamos máis recomendacións e prohibicións é porque non as consideramos necesarias".Quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios dependentes da XuntaAsí mesmo, quedan pechados a partir do luns todos os centros sociocomunitarios dependentes da Xunta, un total de 14 centros. O Goberno recoméndalles aos concellos que adopten unha medida semellante e estudará o peche ou non dos centros de día. Ademais, fican limitadas nas residencias as visitas ás persoas maiores de 70 anos e a todos os residentes con patoloxías que os fagan máis sensibles á infección do coronavirus. Así mesmo, non se aceptarán visitas de persoas con síntomas respiratorios ou febre. Limitacións en actos con público e actividades deportivasTodas as competicións deportivas deberán ser a porta pechada "e na medida do posible suspendidas ou aprazadas"De igual xeito, a Xunta pechará todos os museos, bibliotecas e arquivos que dependen da administración galega, e recomenda ás demais administracións que fagan o mesmo. Ademais, a Xunta tamén comunicou ao mundo do deporte que toda competición celebrada na comunidade deberá ser disputada a porta pechada "e na medida do posible suspendida ou aprazada".O Goberno galego tamén impón novas limitacións para a realización de actos con público. Quedan suspendidos os espectáculos públicos e recreativos con máis de 500 persoas en espazos pechados. En caso de estar por debaixo deste límite poderán celebrarse sempre que non se supere un terzo do aforo autorizado. Recoméndase a suspensión da celebración de actividades colectivas ao aire libre e en todo caso, suspéndense aquelas que concentren a máis de 500 persoas.O persoal encargado da vixilancia e seguridade dos eventos poderá impoñer limitacións de acceso ou permanencia nos establecementos a aquelas persoas que presenten unha sintomatoloxía compatible cunha infección por coronavirus a efectos de protexer ao resto de espectadores.A Xunta impón novas limitacións para a realización de actos con público: 50 persoas en espazos pechados e 500 en espazos abertosEn relación á Función Pública, Núñez Feijóo salientou a aprobación dun protocolo de actuación para os empregados públicos da Xunta que, entre outros aspectos recolle pautas e recomendacións, medidas de protección, a posibilidade de adoptar medidas de flexibilidade horaria, a posibilidade de poñer en marcha o teletraballo e a posible reorganización das quendas de traballo. O protocolo recolle a posibilidade de ausentarse do traballo a persoal especialmente sensible, sempre que haxa unha recomendación sanitaria que así o indiqueNo ámbito sanitario, seguindo as medidas adoptadas no últimos días, ademais de limitar a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro, suspéndense as visitas dos visitadores médicos e farmacéuticos e as actividades de voluntarios. Ademais, promoverase a e-consulta e a consulta telefónica. Todas as medidas publicaranse este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).Feijóo sinalou que as eleccións só se celebrarán "se temos o 100% de seguridade de que se pode votar con garantía"As eleccións do 5APreguntado en relación coa celebración das eleccións ao Parlamento galego do 5 de abril, Núñez Feijóo chamou á cautela, e adiou calquera decisión a contar con máis datos. En calquera caso, subliñou que nesta situación "as eleccións son secundarias" e afirmou que só se celebrarán "se temos o 100% de seguridade de que se pode votar con garantía, e de que todos os membros das mesas poden estar alí as 12 horas con normalidade". O presidente da Xunta comunicou que o PPdeG suspende todos os actos políticos da precampaña electoral e proponlles ás demais forzas políticas que fagan o mesmo.Concello da CoruñaPola súa banda, o Concello da Coruña, a localidade galega cun maior número de persoas infectadas, anunciou esta tarde as medidas específicas que adoptará para tentar evitar a propagación da enfermidade. A alcaldesa, Inés Rey, anunciou o peche das escolas infantís, os centros cívicos e as instalacións deportivas e culturais durante 14 días a partir deste luns, entre elas as bibliotecas e museos. No referente ao transporte público, habilitarase unha entrada directa dos autobuses na estación para evitar o confinamento e que as pasaxeiras e pasaxeiros poidan adquirir o ticket xa no propio autocar.Pola contra, os mercados municipais non cesarán a súa actividade e distribuiranse entre as praceiras e praceiros unha serie de medidas de autoprotección para que a compra-venda se realice con total seguridade. No caso dos centros sociosanitarios CIM (Centro de Información ás Mulleres) e COF (Centro de Orientación Familiar), o concello ofrecerá un servizo especial para atender a demanda das persoas usuarias.Inés Rey detallou, así mesmo, o aprazamento dos distintos espectáculos previstos para esta fin de semana, como a actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia a escolares e a de Brothers in Band no Pazo da Ópera. De igual xeito, os concertos que Ara Malikian e Chayanne tiñan programados no Coliseum nas vindeiras semanas pospóñense aos meses de outubro e setembro, respectivamente.63 casos en GaliciaHai xa 35 casos confirmados en Galicia e outros 28 positivos pendentes dunha segunda análiseO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu todos os detalles durante a rolda de prensa posterior ao Consello, na que tamén ofreceu información sobre o número de casos rexistrados en Galicia. En total, hai 35 casos confirmados e outros 28 positivos pendentes dunha segunda análise. Serían 63 casos, un incremento do 43% con respecto aos 44 rexistrados o mércores.27 dos casos confirmados están na Coruña, 2 en Lugo, 1 en Ourense, 1 en Pontevedra e 4 en Vigo. Entre os 28 positivos que aínda deben ser reconfirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda, 10 corresponden á Coruña, 1 a Ferrol, 3 a Santiago, 6 a Ourense, 4 a Pontevedra e 4 a Vigo. Isto elevaría a 37 os positivos da área sanitaria da Coruña, a máis afectada, seguida de Vigo (8), Ourense (7), Pontevedra (5), Santiago (3), Lugo (2) e Ferrol (1), que rexistraría así o seu primeiro caso.A Coruña, con 37 casos é a área máis afectadaO número de casos en Galicia, cunha incidencia de 2,3 casos por cada 100.000 habitantes, segue sendo inferior á media española, cunha incidencia de 4,8, case o dobre. A maior parte dos casos rexistrados en Galicia teñen a súa orixe en Madrid. En total, nos últimos días leváronse a cabo 591 análises en Galicia, das que máis de 500 deron negativo. |
NOS_156 | Rosario Albán era docente xa retirada do Instituto de Letras da Universidade Federal da Bahia, no Brasil. Foi alí onde, en 1995, fundou o Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas. Tamén ela estivo detrás do congreso Língua e inmigração na América Latina, organizado en 1996. Albán morreu esta semana. | "A Asociación Internacional de Estudos Galegos expresa o seu fondo pesar polo pasamento da profesora María del Rosario Suárez Albán", di un comunicado, "queremos recoñecer a súa tarefa académica e a dinamización dos estudos culturais galegos no Brasil". A asociación tamén lembra a homenaxe que, en 2015, lle rendeu a súa universidade. Celebraban os 40 anos da creación do primeiro Centro de Estudos Galegos na Bahia, antecesor do que a propia Albán puxo en marcha dúas décadas despois. As súas investigacións inclúen ensaios como Ser galego na Bahia: onte e hoxe (1998), Os galegos baianos em Salvador (1998), A inmigración galega na Bahía (1989) ou A presença do Galego na Bahia (1989). Galega de nación, graduada en letras vernáculas e mestre en portugués pola Universidade da Bahia -da que foi docente xa desde 1974-, a Asociación Internacional de Estudos Galegos salienta ademais "a súa dedicación constante ao fomento da Galiza no Brasil a partir tanto da actividade universitaria como da colaboración con institucións da colectividade galega". "Desexamos que todo o seu esforzo teña continuidade polo ben da cultura e da lingua de Galiza", conclúe. |
NOS_35590 | Un 17 de xaneiro de 1918 estréase no Teatro Principal de Compostela a obra O Fidalgo de Xesús San Luís Romero. | O acontecemento dá pé para que no número do 30 de xaneiro do mesmo ano A Nosa Terra, Boletín decenal, publique un artigo titulado "O Teatro Galego". O texto, que comeza recoñecendo a importancia do teatro como elemento de promoción da lingua ("En Compostela rindíuselle culto estes tempos ô noso idioma e ô noso teatro") remata dando noticia do éxito desta obra e das facilidades que Compostela presta ao teatro mentres A Coruña se desentende: "O teatro galego vai tendo afortunados cultivadores. Hai que axudalos. E adeprender dos de Compostela: aló os aficionados representan con entusiasmo as obras dos seus viciños, Eiquí, en troques, as obras de Lugrís, de Carré e outros, siguen sin tere quen as represente. E isto é unha pena" Lamentabelmente a falta de apoio que na altura A Nosa Terra limitaba á Coruña é hoxe visíbel por toda a escena galega. E non é porque non existan recintos. Nin actores, nin actrices. E por suposto hai público. O único que non hai é política teatral. E isto é unha pena (Pódese ler unha escolma de obra na Biblioteca Virtual Galega) |
NOS_55472 | Centos de veciñas e veciños de Tui participaron na parroquia de Paramos dunha emotiva homenaxe ás dúas persoas falecidas hai un ano na explosión dunha pirotecnia ilegal. | Fai un ano da explosión da pirotecnia ilegal na parroquia de Paramos, en Tui, que acabou coa vida de dúas persoas e deixou 37 feridas e numerosas desfeitas en vivendas e leiras. Centos de veciñas e veciños congregáronse esta tarde para homenaxear as persoas falecidas e feridas nun acto amenizado coa interpretación de varias pezas musicais e que arrincou á mesma hora en que hai un ano se producira a explosión, ás 16.23 horas. O presidente da Asociación de Afectados Paramos- Guillarei, Salvador García, leu un manifesto no que lembrou o horror vivido pola veciñanza naquel 23 de maio de 2018. García puxo en valor a creación desta plataforma e as manifestacións e reunións levadas a cabo coas administracións reivindicando os seus xustos dereitos após as perdas persoais e materiais. En nome das persoas afectadas, García agradeceu o apoio e solidariedade recibidas desde o día da explosión En nome das persoas afectadas, García agradeceu o apoio e solidariedade recibidas desde o día da explosión, xa que permitiu o inicio da reconstrución da zona; e anunciou que a plataforma permanecerá unida en loita co obxectivo de que Paramos rexurda. O vicepresidente da Comunidade Islámica de Tui, Nouredin, leu o mesmo manifesto en árabe, a lingua materna da parella falecida. Ao remate do acto, colocouse unha coroa de flores no lugar da explosión e plantouse un carballo como recordo da traxedia, das vítimas e da solidariedade recibida. Desde a Asociación de Afectados de Paramos-Guillarei anunciouse que recorrerán a resolución xudicial O propietario da pirotecnia La Gallega, Francisco G. L., é a única persoa investigada polos feitos como suposto responsábel do galpón onde se produciu a explosión. Após o descubrimento de 1.800 quilos de material explosivo noutros dous almacéns ilegais da súa propiedade decretouse prisión sen fianza. O pasado mes de marzo, o Xulgado de Instrución número 1 de Tui acordou a posta en liberdade provisoria de Francisco G. L. ao asegurar que non se reunían "os presupostos legais" para mantelo en prisión. Mentres, desde a Asociación de Afectados de Paramos-Guillarei anunciouse que recorrerán a resolución xudicial. |
NOS_23456 | O anuncio da Xunta de que habilitará mecanismos para perdoar total ou parcialmente a "débeda" das persoas que tiveron ambos subsídios a un tempo impulsou a CCOO a exixir que a medida se tome canto antes. | CCOO urxe modificar a Lei de inclusión da Galiza para adaptar a Renda de Inserción Social (Risga) ao Ingreso Mínimo Vital (IMV). Ante o anuncio da Xunta de que habilitará mecanismos para perdoar total ou parcialmente a "débeda" das persoas que tiveron os dous subsidios, desde este sindicato reprochan que "hai que dar respostas á sociedade e non facer caridade á custa dos problemas das persoas". Por este motivo, a secretaria de Emprego, Política Social e Políticas Públicas de Protección de CCOO, Maica Bouza, lembra que hai xa un ano que se aprobou o IMV. "Aínda recoñecendo que non cobre as nosas expectativas, a Xunta perdeu un ano sen modificar a Lei de Inclusión, impedindo que os dous subsidios fosen compatíbeis", critica a sindicalista. Alén diso, CCOO esíxelle á Xunta que os recursos que non se destinen á Risga vaian cara a outras políticas sociais que conten co visto e prace do Consello Galego de Benestar Social. Falece Xaquín Álvarez Corbacho Desde CCOO amosaron tamén o seu pesar polo falecemento, aos 79 anos, de Xaquín Álvarez Corbacho, colaborador "moi activo" do sindicato e da Fundación 10 de Marzo durante décadas. Doutor en Ciencias Económicas pola USC, Xaquín "sempre puxo desinteresadamente o seu coñecemento e prestixio académico a disposición do sindicato e da sociedade galega", salientan desde o sindicato. Foi o primeiro alcalde da democrático no Grove, polo Partido Comunista da Galiza (PCG), desde o ano 1979 até 1981. Conseguiu a cátedra de Facenda Pública da USC, da cal sería vicerreitor de Asuntos Económicos. Posteriormente, exerceu a súa tarefa docente na UDC como catedrático de Economía Aplicada. En 2013 foi distinguido cun dos Premios 10 de Marzo á súa traxectoria. |
NOS_38313 | As sacións oscilan entre os 800 e os 1.500 euros. O BNG denuncia no Congreso d@s Deputad@s que a medida é "puramente ideolóxica" e exixe a Madrid que dea explicacións | Sermos Galiza avanzábao o pasado mes de xuño. Mariñeiros de Aguiño, Santa Uxía de Ribeira e A Pobra do Caramiñal denunciaron que a Garda Civil está a impor sancións ás pequenas embarcacións de baixura --concretamente aquelas que faenan na ría de Arousa-- por non levaren "ben visíbel" a bandeira española. As multas supoñen un mes de ganancia para as embarcacións que operan nas costas galegas As multas --que son rexistradas por axentes do Instituto Armado-- oscilan entre os 800 e os 1.500 euros, "o soldo dun mes", aseguran os mariñeiros, e virían da man do Decreto 2335/ 1980 polo que se fixa que: "todos os barcos enarbolarán como único pavillón a bandeira de España" e non poderán levar izada "ningunha bandeira" se non o está o "pavillón 'nacional'". A norma non era de aplicación até o momento. As embarcacións de baixura que non operan en augas internacionais nin comunitarias --lembran desde o BNG-- acostuman non levar ningunha insignia. "Normalmente, e aquí, dentro da Ría, nos que andamos á baixura, ao marisqueo ou á batea; non se levaba ningunha bandeira no barco. Só se pon para as procesións, o Carme,...", apuntan os mariñeiros. O Bloque asegura que as multas son "puramente ideolóxicas" e exixe unha rectificación Para o BNG as multas impostas pol@s axentes da Garda Civil son "puramente ideolóxicas" polo que o executivo de Madrid debe explicar "se ordenou" sancionar este tipo de embarcacións e se vai levar a cabo algunha rectificación. A xuízo da organización frontista o acontecido é "verdadeiramente alarmante" habida conta de que eses buques desenvolven a súa actividade nas rias ou no litoral galego. |
NOS_53356 | Miguel Tellado pide ao PSdeG que "respecte" a lista máis votada e carga contra Ciudadanos por querer condicionar quen será presidente da entidade provincial ourensá tendo só un deputado provincial.. | O PPdeG repite oferta, consciente que de ficar sen a Deputación de Ourense, os populares galegos deberán afrontar un escenario complicado saído do 26M: non gobernarán ningunha das cidades galegas e ningunha das deputacións. A súa praza máis importante pasaría ser Arteixo. Por iso Miguel Tellado volveu este domingo, nunha entrevista na RNE, ofrecer os socialistas a oferta que Núñez Feixoo lles fixo esta mesma semana: O PPdeG permitirá que goberne o PSdeG no Concello de Ourense e a cambio as socialistas deixarán que Manuel Baltar continúe á fronte da Deputación de Ourense malia perder a maioría na entidade provincial após as eleccións do 26M. "O PSdeG defende que debe gobernar no concello de Ourense e nós, coa mesma argumentación, que o PPdeG debe gobernar na Deputación", explicou o secretario xeral dp PPdeG. Instou Gonzalo Caballero a que diga se ten pensado facer unha cousa no concello e a contraria na Deputación, algo que, para Tellado, non sería nin lexítimo nin democrático nin tampouco respectuoso coa vontade maioritaria dos cidadáns. Por outra banda, Tellado remarcou que a postura de Ciudadanos en Ourense responde "a unha cortina de fume" para agochar as súas verdadeiras intencións de pactar con socialistas e nacionalistas o Goberno da Deputación. Cualificou de "ilexítima e antidemocrática" a proposta de Ciudadanos, pois dixo que pretende condicionar o candidato doutro partido político tendo só un deputado provincial de 25. |
NOS_35482 | Celeiro, presidente da Asociación O Iríbio, foi demandado por Cementos Cosmos, propietaria da canteira de Vila Vella situada acarón da Cova de Eirós. A cementeira acúsao dun suposto delito contra a súa "honra". | Por que te denuncia Cementos Cosmos?Para meter medo e desmobilizar a oposición que ten en Triacastela a súa mina. Tecnicamente, por delitos á súa honra e publicacións que teño feito no Facebook, novas que teño divulgado no Twitter e un vídeo que teño deles traballando e que subín ao Youtube. Ademais, interpuxen unha denuncia, que finalmente foi arquivada, e que din que é falsa. Por todo isto non me piden que retire os comentarios que coidan ofensivos mais si que pida desculpas e unha indemnización de 45 mil euros que debería dar a unha entidade sen ánimo de lucro. Vendo a denuncia tentan subir as costas do xuízo ao máximo e darme un "escarmento" económico. Hai máis persoas denunciadas?Esta é persoal, contra min. Porén, por outros temas tamén están a denunciar a máis persoas que se opoñen á mina. A cada quen vanlle por onde poden. Hai outros dous veciños denunciados e perto de 30 persoas ás que lles chegaron buro-faxes previos a unha denuncia. A xente está a coller medo polas denuncias e os custes económicos que lles puideran carrexar. "Hai outros dous veciños denunciados e perto de 30 persoas ás que lles chegaron buro-faxes previos a unha denuncia" Cal é a túa defensa perante esta denuncia?Desmóntolles os seus argumentos. Non teñen fundamento. Afirmar que a canteira na que están a traballar non conta con licenza urbanística non é unha mentira. Algunhas outras cuestións refírense a opinións miñas expresadas baixo o dereito á liberdade de expresión. Divulgar as informacións que saen nos medios non é faltar á verdade nen á honra de Cementos Cosmos. Doutra banda, nunca ataquei a empresa --din que lles estou a causar perdas potenciais e que clientes deles deixan de selo-porén non critiquei os seus produtos ou servizos mais si a súa situación de ilegalidade, así como a destrución e pouco respecto cara ao medio ambiente. Cal é a situación actual da canteira de Vila Vella?Facendo un pequeno percorrido cronolóxico, esta canteira chegou aquí nos anos '70 a partir dun proceso de expropiacións forzosas. Trátase dunha canteira de caliza para suministrar material á factoría de Cementos Cosmos no Oural. En tempos de Franco non se controlaba nada e outorgáronlles o permiso de explotación cunha cláusula que lles concedía un ano para o executaren. Non o fixeron porque non tiñan proxecto. O ano seguinte iniciaron falsas expropiacións argüíndo que contaban cun segundo permiso. É un bocadiño lioso mais presionaron a veciñanza para se apropiaren das terras por un prezo inferior ao que lles correspondía. A partir de 1978 comezaron a edificar as instalacións da canteira. Todo sen permisos, só tiñan a propiedade dos terreos. Esta situación irregular mantívose até os anos '90 cando solicitaron a autorización de extracción mineira e, embora non cumprir os requerimentos, conseguírona. En 2005 solicitaron unha reclasificación de recursos que muda a autorización de explotación por unha concesión mineira. É dicir, teñen dereito de expropiación forzosa sobre un ámbito maior que se extende por volta de 11 cuadrículas mineiras. En 2005 houbo unha forte oposición veciñal pois fican 5 aldeas dentro dese perímetro. Poderían expropiarnos as casas. Presentamos alegacións e en 2012 enterámonos que lles foran concedidas sen exposición pública nen nada. De novo comezou a mobilización. "En setembro de 2013 conseguimos que se paralizase a actividade por careceren de licenza municipal. Mais após solicitárena, concedéronllela en agosto de 2014" Pedimos a súa anulación. Desde aquela pelexamos contra Cementos Cosmos pois o conflito é maior. Mercaron monte comunal ao concello, cando se supón que este é imprescritíbel e inembargábel. Hai veciñanza que ten que percorrer 14 km. para ir até as súas terras porque desfixeron vias públicas, aliás soubemos que Cosmos adquiriu unha concesión de augas sobre o Río Teixido o que lles quita a auga aos regantes. Hai uns meses notificóusenos que tiñamos que deixar de regar porque esa auga pertencía a Cementos Cosmos. Todo isto aconteceu ás agochadas. En setembro de 2013 conseguimos que se paralizase a actividade por careceren de licenza municipal. Mais após solicitárena, concedéronllela en agosto de 2014. Está recorrida. Mais mentres non podemos acudir a un tribunal contencioso, a maquinaria continúa a traballar. Durante este tempo descubriuse a Cova de Eirós...Acháronse restos paleontolóxicos bastante importantes, restos arqueolóxicos e, finalmente, as pinturas rupestres. Cosmos continúa a traballar xusto enriba da cova. Neste senso, coidamos que 2/3 da vertical da cova están explanados. Hai unha bancada que foi rebaixada e iso está a deteriorar as pinturas porque se filtra a auga. Antes desta excavación había máis de 60 metros de rocha por riba da cova. Ese monte foi retirado. As filtracións de auga esvaran polas paredes. Sospeitamos que isto é intencionada. É dicir, segundo os arqueólogos hai 94 gravados e pinturas, que de ser destruídas reducirían o valor patrimonial da cova. "Segundo os arqueólogos hai 94 gravados e pinturas, que de ser destruídas reducirían o valor patrimonial da cova" A equipa arqueolóxica continúa os traballos?Este ano tivo só media campaña, quince días en agosto. Recortáronlles o orzamento. A Cova é propiedade privada de Cementos Cosmos. A empresa financia parte da excavación. Isto condiciona, sen dúbida, a opinión dos arqueólogos a respeito do estado dos restos e o seu posicionamento no conflito. A cova está catalogada como BIC?Solicitamos desde a Asociación O Iríbio a súa declaración e volvimos facelo conxuntamente con Adega. O Pleno da Deputación de Lugo tamén o solicitou por unanimidade, mais nunca obtivemos resposta. Agora sabemos que segundo a lei estatal de Patrimonio a existencia de pinturas rupestres exixe a declaración automática de BIC. Mais non existe. Estamos nunha situación de ambigüidade, non se sabe se o é ou non, mais entrementres Cementos Cosmos continúa a traballar como se non o for. Resulta un tanto paradóxico que a cova sexa propiedade dunha cementeira.Bon, o que acontece é que aquí hai unha corrupción total. Patrimonio, desde que se desenvolveron as primeiras excavacións paleontolóxicas --atopáronse restos de animais do Cuaternario-- pola información e documentación que recibimos mantén unha coordinación coa cementeira e só lles exixiu pór unha cancela na entrada para impedir o acceso. Non existe ningún grao de protección expresa. Na licenza que lle foi concedida en agosto deste ano, Cosmos precisaba un informe favorábel de Patrimonio que recollía un conxunto de medidas correctoras ridículas. Unha liña de protección de 50 metros da Cova, mais desde aí poden colocar explosivos para extraer a caliza. De feito, hai dúas semanas puxeron unha carga a escasos 60 metros da cova. Tamén lles permite traballar por riba xerando as filtracións. Embora ser obrigatorio un plan de conservación e un seguimento dos traballos, aquí nunca houbo unha inspección malia o solicitarmos en repetidas ocasións. "Desde a chegada de Cosmos a Triacastela, Cementos Cosmos goberna o concello" Cal é o papel do Concello de Triacastela e da Xunta?Todos os gobernos municipais, independentemente do partido, están ao servizo de Cosmos. Un dos comentarios polos que me puxeron a demanda é por afirmar que desde a chegada de Cosmos goberna Cementos Cosmos o concello. Esta é unha opinión subxectiva, mais é así. Triacastela non ten Planeamento urbanístico porque a Cementos Cosmos non lle interesa, non amplía a Rede Natura porque tampouco lle interesa, a delimitación do Camiño de Santiago foi mudada a instancias do Concello de Triacastela para retirar un tramo que pasa próximo á súa canteira. O representante da empresa está constantemente nas oficinas do concello, semella que gobernase el. A alcaldesa é unha hipócrita. Desde a asociación levamos anos solicitando ás corporacións municipais, a posta en valor desta cova e a construción dun museo ou centro da prehistoria. Nunca o fixeron. Gástanse barbaridades na Cidade da Cultura e aquí, nada de nada. Algúns dos restos que se extraen da cova están en paradoiro descoñecido e outros deslocáronse a nun instituto alemán polo seu alto valor e importancia. Están levando todo e destruíndo o que hai. "Pensemos que a 50 metros das Covas de Altamira houber unha mina a ceo aberto. É inconcebíbel" Credes que isto pasaría noutro sitio?Non se concibe. Triacastela é esencialmente agraria e ao pasar o Camiño de Santiago o turismo é unha actividade dun grande impacto económico. Os peregrinos alucinan simplemente con ver a canteira desde o camiño. Se aínda por riba --que non o saben-- xusto embaixo hai unha cova como a de Eirós... A imaxe que dá que se permita un buraco de 105 hectáreas na contorna dun xacemento arqueolóxico así... Isto non acontece en ningún lugar. Pensemos que a 50 metros das Covas de Altamira houber unha mina a ceo aberto. É inconcebíbel. Para alén da campaña que iniciastes para procurar apoios perante a túa denuncia, tedes programada algunha outra acción?Estamos preparando máis accións xurídicas mais está un pouco paralizadas por mor desta demanda que ten os seus propios prazos. Para alén disto, estamos a organizar un acto poético e mesmo un libro. É unha iniciativa semellante aos Versos contra o cianuro de Corcoesto. Aliás, a Asociación Sociocultural O Iríbio, integrada en ContraMINAcción, desenvolveremos unhas xornadas sobre megaminaría en Lugo o vindeiro 8 de novembro. |
NOS_37363 | Manuel Monge publicou en 1999 Autovías galegas: Crónica dunha farsa, un libro no que narra como foi o proceso de construción das principais infraestruturas da rede viaria galega e do papel que xogaron os principais actores políticos da época. Monge conversa con Nós Diario para explicar que implicacións teñen os Gobernos español e galego da época no colapso de dous vanos dun viaduto da A-6 á altura de Pedrafita do Cebreiro, así como a "farsa" que levan máis de 30 anos a actuar tanto PP como PSOE. | Vostede é un dos expertos máis documentados na Galiza en relación ás autovías do país. Sorprendeulle por completo que o viaduto da A-6 colapsase, ou era algo que se podía chegar a esperar? Na época da súa construción houbo varias protestas na que cualificaban a obra como "chapuza". Cando un ve nas noticias o colapso dos dous vanos do viaduto, o primeiro que pode pensar a xente é que estamos ante un problema técnico. Nese sentido, os medios de comunicación desviaron a atención cara a ese aspecto. Pero eu lembrei un libro que publiquei en 1999, Autovías galegas: Crónica dunha farsa. Esa segunda parte do título penso que achega algunhas claves. Non estamos ante un problema técnico, senón que ten unha raíz claramente política. Que pasou? Houbo moitas demoras na construción das autovías galegas, e iso xerou unha présa desmedida para rematalas canto antes. É probábel que non se tomasen todas as medidas necesarias de seguridade. Antón Bao: "A A-6 naceu defectuosa por unha cuestión política, de prazos electorais" Ademais, na convocatoria que se fixo para os tramos da autovía en Pedrafita, posíbelmente dos máis complicados, fíxose unha rebaixa enorme, de máis de 25%. Non podes pedir rapidez para construír e ao mesmo tempo presentar uns orzamentos á baixa. Foron dous factores moi importantes que confluíron e que explican en boa medida onde nos atopamos hoxe. A que se deberon eses atrasos que comenta? Eses atrasos, dos que nunca se fala porque levan unha vez máis á orixe política do problema que temos hoxe, están relacionados coa marxinación e discriminación histórica da Galiza nos plans de construción estatal de autovías. O primeiro Plan Xeral de Estradas, de 1984 a 1991, contemplaba rematar ese ano para chegar a tempo para as Olimpíadas de Barcelona de 1992. Era necesario tomar medidas para que as infraestruturas viarias estivesen listas para ese momento. Na Galiza, tiñamos como referencia o Ano Xacobeo de 1993, pero esa non se tivo en conta. Miñóns pide "non especular" coa ponte da A-6 e a construtora garda silencio Segundo as previsións, íanse construír 3.250 quilómetros de autovías, dos que á Galiza correspondíanlle unicamente 30. Quen votou a favor dese plan? Entre outros, Manuel Fraga, por AP, e Francisco Vázquez polo PSOE. Foi aí cando comezou a marxinación. Mentres, no Parlamento galego levantáronse voces como a de Camilo Nogueira, que exixiu que as autovías galegas estivesen rematadas para 1992. Cal foi a reacción do Goberno español e do PSOE? Ridiculizar as peticións de Camilo Nogueira e comparalas cunha "carta aos reis magos". Tendo en conta estes factores que comenta, quen pensa que é o responsábel ou responsábeis últimos da situación que está a vivir hoxe en día o viaduto da A-6? Todos os responsábeis políticos que formaron parte desa discriminación da Galiza. Unha das datas máis relevantes desta discriminación é a firma do "Pacto da Marxinación", como o nomeu o nacionalismo galego, asinado o 28 de novembro de 1990 polo ex presidente Manuel Fraga e o Ministerio de Obras Públicas. Nese pacto, afirmábase que as autovías galegas estarían rematadas en 1995. A realidade é que as autovías non chegaron a estar rematadas até xullo de 2001, cando se inaugurou ese tramo. Cales son as empresas construtoras que financiaron o PP galego segundo Bárcenas? A finais de 1995, o ministro de Fomento, Josep Borrell, prometera, xunto a José Cuíña, que as autovías galegas estarían rematadas en 1997. Pola contra, non foi precisamente até 1997 cando se comezou coa construción desta autovía, após concederlla a FCC. Iso non foi casualidade. Curiosamente, o presidente desta empresa era José Mayor Oreja, irmán do ministro popular Jaime Mayor Oreja. Curiosamente tamén, anos despois coñecimos, a través dun informe do xerente de finanzas do Partido Popular na Galiza, Modesto Fernández, que existía unha caixa B do partido, cunha doazón desta empresa por valor de 108.000 euros para as eleccións galegas de 2005. O Estado cala sobre a responsabilidade de FCC no sinistro do viaduto da A-6 Xa co Goberno de Aznar, os Orzamentos Xerais do Estado de 1998 tiñan previsto un investimento de 72.000 millóns de pesetas para os tramos da autovía en Pedrafita. Porén, finalmente o presupostado foi de 7.576 millóns de pesetas. A partir de aí, fixéronse acordos continuados entre PP e PSOE para botarse as culpas o un ao outro sen chegar a facer nada polas autovías galegas. Esa é a farsa da que falo eu no meu libro. Cando gobernaba o PSOE, o PP culpábao de non asumir as súas responsabilidades, e viceversa. Xa en 2022, eses pactos entre o PP e o PSOE volven. O PP fai a farsa de pedir explicacións a Madrid, mentres o PSOE segue sen dalas, até que novamente quede en nada. Mentres tanto, a Xunta mantén unha posicion moi morna á hora de exixir responsabilidades, algo que si está a demandar o BNG. Analizando toda esta información, é plausíbel prever que se poderían dar novos colapsos? Non só nesta autovía en concreto, senón que noutras do país. É fundamental que se leva a cabo a comisión de investigación e seguimento que está a pedir o nacionalismo galego. Primeiro, porque debemos descubrir cales son as responsabilidades exactas do Goberno español e do galego da época, tanto por non construír nas condicións de seguridade mínimas como por non levar a cabo un seguimento axeitado das infraestruturas viarias. O Goberno español non descarta demoler por completo o viaduto afectado da A-6, en situación "moi inestábel" Ademais, esa investigación non debe centrarse só no tramo de Pedrafita, senón que ten que estar enfocada a toda a rede viaria galega, así como outras infraestruturas de comunicación da mesma época. O colapso deses vanos pon en dúbida todas as construcións feitas desa maneira. Non se trata de pór en tela de xuízo as capacidades técnicas dos traballadores e traballadoras que participaron na construción, pero si dirimir as causas políticas, que son as que están de fondo neste asunto. |
PRAZA_14493 | O galego, chave para os teus negocios salienta a importancia económica crecente de Brasil e Angola, apunta a vantaxe competitiva que teñen empresas galegas para implantarse nestes mercados e lembra que o 20% das exportacións foron para países lusófonos. | A campaña O galego, chave para os teus negocios, posta en marcha pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración coa Consellería de Cultura, promove a utilización do galego como lingua dos negocios tanto dentro coma fóra de Galicia. Fai fincapé especialmente co carácter "internacional" do galego e nas vantaxes que achega para os negocios das empresas da comunidade nos países da lusofonía: "o galego non só permite a comunicación coa Lusofonía, senón que xera o clima de confianza que proporciona comunicarse sen intermediacións", di a Consellaría. Esta campaña contrasta enormemente coa política lingüística desenvolvida polo Goberno galego nos últimos tres anos e medio. Esta campaña contrasta enormemente coa política lingüística desenvolvida polo Goberno galego nos últimos tres anos e medio A campaña incide en que "moitas empresas xa se decataron de que o galego é un factor que suma: unha vantaxe competitiva que serve para situar as súas empresas de forma diferencial en mercados moi competitivos" e engade que "en contraposición a uns mercados europeos paralizados ou cando menos ralentizados pola crise, novos lugares para facer negocios emerxen na América latina e en África, e dúas das economías máis vigorosas neses dous contextos son a brasileira e a angolana". A este respecto sinala que "economía, lingua e cultura únense neste contexto para facilitaren a comunicación do empresariado galego en novos lugares nos cinco continentes" e cita como mercados potenciais a Portugal, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea Bissau, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Macau que teñen o portugués como lingua oficial, e engade que "importantes comunidades lusófonas abren portas en lugares como os Estados Unidos, Canadá, África do Sur, Francia, Luxemburgo ou Xapón". A campaña salienta que o 20% dos 12 000 millóns de euros que a economía galega exportou durante 2011 proceden de países lusófonos. A campaña amosa de que maneira empresas presentes en países lusófonos se benefician xa da utilización do galego nos seus usos cotiáns; igualmente, ofrece información específica sobre o contorno cultural e empresarial da Lusofonía e sobre como "coidando e mellorando o seu galego, o empresariado pode desenvolver unha estratexia que lle permita achegarse a unha clientela maior". |
NOS_18503 | Pablo Ruz, xuíz da Audiencia Nacional, admitiu tres das querelas presentadas por accionistas da pesqueira contra o presidente e parte do consello de administración da multinacional. | Segundo informa El País, o maxistrado imputa ao presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, por falseamento de información económica e financeira, falseamento de contas anuais e uso de información relevante. Aliás, e segundo o xornal madrileño, o xuíz tamén imputa por este último delito a outros dous membros do consello de administración Entrevista Esta nova prodúcese poucas horas despois de que o presidente de Pescanova falase ao fin. Fíxoo nos micrófonos da cadea Ser. Comezou recoñecendo que non fora bo tanto silencio, e que tería que telo feito antes. Fernández de Sousa fixo un relato auto-exculpatorio no que reiterou que Pescanova era a súa vida e que nela investiu todo o que tiña ("sacrifiquei a miña vida, a miña familia, o meu patrimonio"). Lembrou que mesmo días antes do preconcurso destinou 10 millóns de euros á empresa. Non dixo que oos recuperou en tres meses e cun beneficio de medio millón de euros. Xustificou non ter presentado as contas en que tiñan desinvestimentos en marcha en Chile. A crise en que acabou esta multinacional debeuse, asegura, á falla de crédito. Só recoñece que se equivocou ao non valorar a crise financeiro. Tamén quixo Fernández de Sousa mandar unha mensaxe de tranquilidade interna, cara o cadro de persoal, dicindo que se estaba pagando os salarios, e externa,ao indicar que "non uqero que Estado español perda a maior empresa do mundo do sector" |
NOS_5891 | Continúan axitadas as augas na confluencia. O concelleiro de Vilalba Aberta Modesto Renda -número tres da candidatura liderada polo parlamentar Davide Rodríguez nas primarias de xaneiro- deixa o Consello das Mareas por diferenzas coa nova dirección do partido instrumental. | Renda fixo parte da candidatura Somos Quen, representada agora por tres membros na recén eleita Coordenadora (Executiva) da confluencia, mais está claro que está lonxe de estar feliz coa recomposición das distintas forzas en xogo na dirección de En Marea. Nun comunicado de imprensa recollido por Europa Press, o edil de Vilalba Aberta afirma que o domingo, no transcurso da reunión do Consello das Mareas, rexeitou a hipótese de se integrar na Coordenadora por esta nacer dunha "nova maioría" da que por unha cuestión de principios nen pode nen quer facer parte. O que viría a dicer Renda -que afirma ter votado Luís Villares como portavoz por "disciplina"- é que non dá a súa benzón á alianza formada polos villaristas e as listas Somos Quen e Queremos Participar. Esa nova maioría nace após Luís Villares rachar con parte dos componentes -a Anova oficial, o Podemos crítico con Carmen Santos, Esquerda Unida e a Marea Atlántica- cos que se apresentou ás primarias baixo o rótulo común de Máis Alá. Renda alega o "respeito polas bases" á hora de explicar as razóns que o levan a deixar o Consello das Mareas, o máximo órgao da confluencia entre plenarios. Nun post en Facebook, explica que se fai a un lado en parte pola dificuldade que entraña se sentir vinculado a dúas "lexitimidades" en parte contraditorias, a emanada dos plenarios de Vigo (asemblea constitutiva) e Compostela e a xurdida nas primarias de xaneiro. Esa contradición tería a ver co feito de que no plenario de Compostela a maioría votou por non incompatibilizar Villares para ser portavoz da confluencia, mentres que na consulta de xaneiro foi aprobado un documento -o apresentado paradoxalmente pola candidatura liderada polo ex maxistrado- en que si se consideraba o voceiro parlamentar como inelixíbel para ser o número un orgánico. En todo caso, o concelleiro mostra o seu "inquebrantábel" compromiso coa confluencia "namentres continúe a ser a ferramenta aberta e democrática que entre todas nos comprometemos a edificar" |
PRAZA_11211 | A defensa do monte veciñal e da súa xestión multifuncional, o freo do monocultivo de eucalipto e a loita por un medio rural vivo centrarán as reivindicacións da manifestación convocada para este domingo 20 en Compostela por unha vintena de entidades | A xestión sustentable e multifuncional do monte, o peche do ciclo produtivo forestal, a defensa do monte veciñal en man común, o freo do monocultivo de eucalipto e doutras especies exóticas invasoras, un monte resiliente á emerxencia climática e, en definitiva, a defensa dun medio rural vivo centrarán as reivindicacións da manifestación convocada para este domingo 20 en Compostela, baixo o lema "Por un monte galego con futuro".A marcha, que partirá ás 12 hora da Alameda, conta co apoio dunha vintena de colectivosA marcha, que partirá ás 12 hora da Alameda, conta co apoio dunha vintena de colectivos, entre os que destacan ADEGA, Sindicato Labrego Galego, a Organización Galega de Comunidades de Montes, Verdegaia, Amigos da Terra ou CIG, así como outras entidades locais como APDR, Asociación Ambiental Petón do Lobo, Salvemos as Fragas de Catasós ou o Comando Ghichas do Valmiñor.As organizacións convocantes elaboraron unha proposta conxunta que cuestiona as medidas que se barallan na revisión do Plan Forestal que está a tramitar a Xunta e as contempladas na Estratexia Galega contra o Cambio Climático e arredor dela están a desenvolver unha campaña de sensibilización social que inclúe a mobilización deste domingo. Dende 'Por un monte galego con futuro' entenden que as medidas que propoñen "permitirían favorecer o papel dos ecosistemas forestais para, no actual contexto de mudanza climática, mitigar os efectos do quecemento global, mais non só como reservas de carbono, senón tamén como fornecedores de servizos ecosistémicos, como o mantemento da biodiversidade, a regulación do ciclo da auga, a fertilidade do solo, a capacidade de purificación da auga e do ar ou a loita contra a erosión, entre outros".O manifesto reclama a anulación da actual proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia e a elaboración dun novo documentoO manifesto, presentado hai uns días, reclama "a anulación da actual proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia e a elaboración dun novo documento" que parta de "información actualizada sobre a situación do monte galego, dunha participación equilibrada de todos os axentes sociais", e que siga como principios reitores "a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos, o fomento do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos, a non privatización dos montes veciñais, a creación de emprego e a sustentabilidade económica e social".O texto lembra que o Plan Forestal proposto pola Xunta "promove a ocupación de 35.000 hectáreas máis de eucalipto sobre un exceso de 300.000 hectáreas con respecto á planificación anterior". Tamén se critica a proposta da Xunta de primar o repoboamento con especies de crecemento rápido como unha forma de loita contra o quencemento global: "no recente borrador da Estratexia Galega contra o Cambio Climático só interesa fixar máis carbono en máis madeira o máis rápido posíbel, o que potenciará o cultivo do eucalipto e doutras especies de crecemento rápido".As organizacións convocantes fan fincapé na importancia da estrutura da titularidade do monte e na defensa das estruturas comunaisAsí mesmo, as organizacións convocantes coinciden en facer fincapé na importancia da estrutura da titularidade do monte. Lembran que "as recomendacións da FAO e da mesma Unión Europea indican que hai que camiñar cara unha tenencia máis xusta destas terras e cara á devolución destas ás colectividades locais". Fronte a isto denuncian que "en Galiza existe unha titularidade que xa cumpre estes preceptos, que son os montes veciñais en man común. Mais, o que fai o Partido Popular con este tipo de titularidade do monte é proceder á súa privatización". |
NOS_23696 | A poeta e novelista Berta Dávila (Compostela, 1987) gañou o premio Díaz Jácome de poesía con Limiar. | Dávila obterá os 1.500 euros, placa e diploma do primeiro premio do galardón. Antes de Limiar, publicou os libros de poemas Corpo baleiro (Espiral Maior, 2007), Dentro (Fervenza, 2008) e Raíz da fenda (Xerais, 2013). O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón (Pontevedra, 1996) por Crónica bélica da devastación en cinco minutos. Está dotado con 600 euros, placa e diploma. O terceiro levouno Laura López Esteban, de Lugo, por Renacer. Son 300 euros, placa e diploma. O premio de poesía Díaz Jácome "para novos creadores" convócao o Concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo. Igual que o do premio Leiras Pulpeiro -fallado hai unha semana e organizado pola mesma institución-, o xurado do Díaz Jácome formárono Armando Requeixo, Áurea Ramil e José María Felpeto. "Amosamos o noso compromiso pola promoción do xénero poético, neste caso en lingua galega", indicou o concello mindoniense. A entrega de galardóns será o sábado 1 de decembro ás 12.15 no Salón de Plenos do Consistorio. |
NOS_42362 | O documental 'Dorothé na vila' pon face ás informantes de Dorothé Schubarth | A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou de ferias á Galiza por volta de 1978, coa intención de coñecer a nosa música popular. O que ía ser unha estadía breve transformouse en anos de pescudas e viaxes polo territorio que darían lugar, en 1984, á publicación, xunto a Antón Santamarina, do Cancioneiro popular galego. Sete volumes froito dun intenso traballo de recollida, análise e clasificación das cantigas tradicionais manteñen vixente o valor desta obra, considerada aínda a día de hoxe a biblia da lírica de tradición oral galega, o máis amplo repertorio musical popular. Un traballo só posíbel grazas aos testemuños das persoas depositarias de todo ese saber popular que tiveron a ben partillar coa investigadora. Esas son as auténticas protagonistas de Dorothé na vila, un documental que, actualmente en fase de montaxe, está a piques de ver a luz, respaldado co premio Luísa Villalta á promoción da igualdade. Tres son as súas promotoras: Olaia Tubío, Rubén Gasalla e Alejandro Gándara, cuxo interese pola música tradicional bebe da práctica de pandeireta e baile a nivel amador. En parte, xa traballaran asuntos como a transmisión do patrimonio oral ou os roles de xénero en proxectos previos como Punto e volta. Porén, quedaron coa idea de realizar un documental sobre a situación da música tradicional, mais "era unha idea un pouco vaga, non tiñamos un fío claro nin sabiamos moi ben que queriamos contar", explica a Nós Diario o propio Gándara. "Nós coñeciamos o nome de Dorothé, pero practicamente non sabiamos nada dela", confesa Alejandro Gándara Foi daquela cando ouviron falar dunhas historias que arrodeaban as gravacións que fixera Schubarth. "Nós coñeciamos o nome de Dorothé, pero practicamente non sabiamos nada dela", confesa. A raíz daqueles relatos, comezaron a preguntar a persoas que foron recoller. Saían teorías e rumores, "pero sábese moi pouco de por que veu aquí", explica misterioso o realizador. Entón acudiron ao propio Cancioneiro, un documento que de entrada impresiona, pois non é un texto doado de comprender. Todo era eminentemente musicolóxico: un sistema de clasificación temático e musical, comparación de variantes de melodías, clasificación de xéneros da música de tradición oral... En xeral, botaban en falta a pegada máis humana. "Nas letras si que transcenden elementos de como vive a xente que canta, pero botabamos de menos coñecer máis", comenta Gándara. Tampouco nas gravacións, que consultaron no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego —polo fondo compromiso da musicóloga con facer accesíbel o seu traballo—, hai conversas, senón que se focan no musical. Investigando, Tubío, Gándara e Gasalla descubrirían que hai detrás moitas historias, fermosas ou duras, que merecían ser contadas. E até aquí podemos ler. "Tivemos bastantes complicacións no camiño, que tamén aparecen reflectidas" nun resultado final que se debulla en primeira persoa, explica Gándara "Tivemos bastantes complicacións no camiño, que tamén aparecen reflectidas" nun resultado final que se debulla en primeira persoa. Iso si, "o documental non vai ser super divulgativo, sobre como é o cancioneiro e o traballo científico, senón que se centra nunha serie de viaxes e experiencias das que foi gravada", advirte Gándara. Da acción ineludíbel da escolla, elas ficaron coa parte máis emocional, máis humana, máis social. Pórlles face ás informantes Pórlle face a estas persoas non sempre foi doado. Schubarth, moi rigorosa no seu traballo, deixou escritos os seus nomes, idades, lugares de procedencia... "Ás veces hai notas que che contan un pouquiño de como puideron ser as gravacións, pequenos detalles cos que quedou ela", engade Gándara. Foron eses apuntamentos os que lles chamaron a atención para pór o foco nesta historia. "Podes imaxinar que moita xente hoxe en día xa non está, pero algunha fomos atopando", confirma. A primeira, que aparece no teaser, é Vitorina de Vilar de Parada, unha cantareira da zona de Carnota. O documental outorga especial importancia ao proceso de relación coas entrevistadas, moitas delas mulleres. Ademais, colgarán outros vídeos de xente que traballou co cancioneiro, explicando aspectos máis técnicos para enmarcar o traballo de Dorothé. |
NOS_55564 | O Colexio profesional de educadoras e educadores sociais da Galiza mantivo unha xuntanza coa Consellaría de Sanidade coa intención de reclamar que a administración pública conte con profesionais da Educación Social no deseño das estratexias e plans de saúde mental. | Representantes do Colexio profesional de educadoras e educadores sociais da Galiza (Ceesg) mantiveron esta cuarta feira, 1 de setembro, unha xuntanza coa Consellaría de Sanidade coa intención de reclamar que a administración pública conte con profesionais da Educación Social no deseño das estratexias e plans de saúde mental. No encontro, o Ceesg obtivo o compromiso por parte da Consellaría de abrir unha nova vía de colaboración para que o Colexio poida estar presente nas diferentes mesas de expertas que se estabelezan. A reunión parte do escrito remitido en xaneiro á Consellaría, logo da publicación do Plan de saúde mental da Galiza poscovid19 2020-2024, e no que a Xunta "non tivo en consideración a contribución das e dos profesionais da Educación Social, a pesar de ser traballadoras esenciais antes, durante e despois da pandemia; e a pesar de ser profesionais de referencia para moitas usuarias e familias destes recursos de atención", sinalou o Ceesg nun comunicado. Durante a reunión, Sonia González e Laura González, do Ceesg, puxeron de manifesto a necesidade de elaborar "un plan que se axuste ás necesidades reais da cidadanía, como é o acompañamento de persoas usuarias e familias nos procesos de recuperación, as accións comunitarias e o traballo socioeducativo e sociosanitario desde a proximidade, cunha atención centrada nas persoas, nas súas necesidades e prioridades". O Ceesg tamén lembrou a Sanidade que o organismo público ten numerosas peticións das e dos profesionais da Educación Social sen responder desde 2019, e que estas foron trasladadas á Administración antes da pandemia, como é a petición de incluír profesionais da Educación Social en todos os equipos de traballo do ámbito da saúde mental e de prevención e atención ás adiccións ou a creación da categoría profesional Educador Social no cadro de persoal do Sergas. Ao fío, o Ceesg lembrou a necesidade de deseñar e pór en marcha diversos programas continuos de intervención precoz e de prevención, ademais de recursos para persoas maiores de 65 anos, nos que a figura profesional da educadora social "pode achegar unha clara mellora na atención á cidadanía e favorecer, por tanto, o benestar das persoas ou comunidades destinatarias destes programas". Na xuntanza telemática, o Colexio tamén apuntou a importancia de que a Consellaría escoite e teña en conta ás profesionais que forman a Rede de Tratamento de Condutas Aditivas de Galiza, entre as que se atopan as educadoras sociais, pois "son as profesionais que coñecen, de primeira man, as necesidades reais deste colectivo". |
NOS_38849 | Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, de Broken Peach e de Rafa Morcego DJ na 44ª Festa do Queixo de Arzúa, que decorrerá o 9 e o 10 de marzo, únense aos xa confirmados Herdeiros da Crus, Sés e Inerttes. | Veñen de coñecerse os concertos confirmados para o programa da 44ª Festa do Queixo. Aos xa confirmados;Herdeiros da Crus, Sés e Inerttes; súmanse Broken Peach, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Rafa Morcego DJ. A apertura do festival terá lugar o sábado 9 ás 21:30 horas a cargo de Inerttes, un cuarteto vigués gañador da 11ª edición do concurso Queixo Maquetón. Os concertos instalaranse baixo unha gran carpa no campo da feira de Arzúa e terán lugar o sábado 9 e o domingo 10 de marzo. Ademais, serán de balde. |
NOS_22489 | O American Friends Service Committee, a prestixiosa ONG asociada á comunidade relixiosa dos cuáqueros, acaba de lanzar unha web onde recompila información exhaustiva acerca das exportacións de armas de Israel. Datos que nin o Goberno, nin as empresas, nin os clientes cun turbio historial queren que sexan públicos. | "Se os Gobernos actúan de forma predicíbel e transparente ─tamén sobre o seu comercio de armas─ a confianza medra entre eles. Axuda a previr o conflito". Así se presenta o Rexistro de Armas Convencionais da ONU (Unroca), ferramenta creada en 1991 onde os Estados "poden" presentar informes das súas transferencias armamentísticas. Contempla sete categorías, entre as que están carros de combate, helicópteros de asalto ou barcos de guerra, as consideradas "armas convencionais". O Unroca, porén, dadas as súas características de voluntariedade e boa vontade, dista moito de ser fidedigno. Mais combinados este rexistro con outras fontes permiten contar cunha fotografía máis clara do que acontece no ámbito do mercado de armas no mundo. Por exemplo, segundo o Sipri, o Instituto Internacional de Estudos para a Paz de Estocolmo (organismo de referencia a nivel mundial na análise de conflitos), entre 2015 e 2019 os maiores exportadores de armas foron, por esta orde, EUA, Rusia, Francia, Alemaña e China. Os datos achegados polo Sipri salientan que durante este período se incrementou especialmente o fluxo de armas a Oriente Próximo, sendo Arabia Saudí o principal importador. Tamén reflicten outro dato: Israel, na última década, incrementou as exportacións en 77%, alcanzando o seu nivel máis alto de sempre e permitíndolle entrar no Top 10 dos países provedores de armas. Clientes anónimos No entanto, o Estado israelí é un vello coñecido neste mercado. Oficialmente, desde a súa constitución a mediados do século XX até a actualidade, exportou armas a uns 130 países. Porén é só grazas a organismos independentes internacionais que se coñece a lista de compradores, xa que Israel ─fóra do Unroca─ non ofrece información pública sobre este asunto. De feito, trata de ocultala a toda costa. Así, por exemplo, entre a súa clientela das últimas décadas están a Suráfrica do apartheid (1948-1992) ou a Arxentina da Junta Militar (1976-1983). Máis recentemente, Israel vendeu armas, entre outros, á xunta militar de Myanmar ─previo ao breve período democrático que o recente golpe de estado cernou─; ou a Gobernos coñecidos internacionalmente polo constante incumprimento dos dereitos humanos como Arabia Saudí. Este e outros países fixéronse tamén con tecnoloxía de espionaxe utilizada contra disidentes, opositores ou xornalistas. En 2015, unha proposta do esquerdista Meretz para restrinxir a venda de armas a países que violan os dereitos humanos, porén, non prosperou. Israel nin o admite nin o nega, mais é universalmente asumido que conta cun arsenal nuclear. Este lendario secretismo tamén se dá a respecto das armas convencionais. A boiante industria armamentística israelí conta co amparo do Goberno, que fai da confidencialidade bandeira e ampárase na lexislación para non dar datos. Así, as empresas ocultan os compradores nos comunicados baixo referencias xenéricas como "un país de Europa". O pasado 1 de febreiro, Israel Aerospace Industries (IAI) anunciou unha venda por valor de 100 millóns de dólares "á Mariña dun país en Asia" de drons IAI Harop. Coñecidos como "drons suicidas", o uso deste sistema militar foi decisivo ─e controvertido─ na vitoria de Acerbaixán sobre Armenia no conflito en Nagorno Karabakh. Arsenal contra a disidencia Co fin de descifrar, destripar e desenmascarar os contratos e os países receptores, acaba de ser lanzada unha web que recompila información detallada sobre o comercio de armas de Israel desde o ano 2000. Dimse (acrónimo en inglés de Base de datos das Exportacións do Exército e da Seguridade Israelís) é o seu nome, e American Friends Service Committee é a súa responsábel. Esta ONG, galardoada co Nobel da Paz en 1947 e asociada á Sociedade Relixiosa dos Amigos (a comunidade relixiosa focalizada no pacifismo coñecida popularmente como "cuáqueros"), denuncia que malia ser un dos principais exportadores mundiais, Israel "non informa regularmente" ao Unroca e "non ratifica o Tratado de Comercio de Armas", que regula a actividade internacionalmente. É por iso que considera necesario facer facilmente accesíbel ao público estes datos. Dimse utiliza información "aberta e de fontes públicas", "verificada" por organismos acreditados como Unroca e Sipri ou "contrastada a través de múltiples fontes fiábeis". Tamén usa os comunicados de prensa que emiten as empresas armamentísticas e información dos posíbeis países compradores. Ademais, a web ofrece contexto sobre as relacións políticas e militares destes Estados con Israel, a situación alí dos dereitos humanos, e como o armamento israelí é utilizado para violalos. Por exemplo, nos EUA é usado para controlar fronteiras e protestas, alén de en numerosas guerras; na China, para o desenvolvemento de cámaras de recoñecemento facial usadas en Hong Kong; ou no Brasil, para o desenvolvemento do dron Caçador. E o programa informático espía israelí Pegasus é ou foi usado na India, Marrocos ou México para vixiar e controlar xornalistas, ou en España, os políticos independentistas cataláns. Palestina, laboratorio de probas do arsenal Entre os principais compradores de armamento israelí nos últimos anos están a India, Acerbaixán, os Estados Unidos e o Vietnam. Tamén Arabia Saudí, que é o maior importador de armas do mundo. Ademais, ─segundo datos so Sipri─ os mercados aos que máis acudiu Israel entre 2015 e 2019 foron os EUA (78%), Alemaña (16%) e Italia (6,2%). A web Dimse sitúa España como o 17º principal importador de armas israelís. Parte deste arsenal que as compañías armamentísticas de Israel distribúen ao mundo próbase primeiro nos territorios ocupados de Palestina polo Exército. O documental de 2013 The Lab ("O laboratorio") explora como desde os atentados do 11 de setembro de 2001 nos EUA, a ocupación militar de Gaza e Cisxordania pasou de ser unha carga a se tornar nun valioso e produtivo activo para a economía israelí. |
NOS_21287 | Isaam Algnam Azzam subscribiu decenas de contratos laborais temporais entre 2012 e 2015 sen seguir os procedementos regrados para seleccionar ao persoal. | A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou o ex alcalde de Muras Isaam Algnam Azzam (PP) a nove anos e medio de inhabilitación "para todo cargo público con facultades de contratación" por un delito continuado de prevaricación. O ex alcalde do PP de Muras enfróntase a 15 anos de inhabilitación por presunta prevaricación Tal e como recollía o escrito de acusación pública, o ex alcalde subscribiu decenas de contratos laborais temporais entre 2012 e 2015 sen seguir os procedementos regrados para seleccionar ao persoal. Na sentenza, á que tivo acceso Nós Diario, o tribunal considera probada a "ausencia total de calquera procedemento de selección e por tanto do respecto aos principios xerais de igualdade, mérito e capacidade, mediante convocatoria pública". Poñen en coñecemento da Fiscalía presuntos delitos do Goberno local da Baña O auto tamén acorda impor ao antigo rexedor popular a obriga de indemnizar o Concello de Muras "na cantidade que en fase de execución acredite ter satisfeito por despedimento a Mª Teresa Uceira Cao, co límite da cantidade de 13.497,16 euros", aos que se lle suman os xuros da Lei de axuizamento civil e os custos procesais. Non atendeu as advertencias A sentenza tamén deixa patente que o condenado levou a cabo as actuacións irregulares a pesar das "advertencias da Secretaria-Interventora" do Concello de Muras, realizadas "verbalmente e por escrito -até en 3 ocasións-. No xuízo, ademais do ex alcalde de Muras, tamén declararon o actual rexedor, Manuel Requeixo (BNG) -concelleiro na época na que tivo lugar o delito de prevaricación continuada-, administrativos municipais provinciais e antigos traballadores do Concello. María Pose (PP), investigada por prevaricación, recunca na alcaldía de Santa Comba co apoio do PSOE Porén, a Audiencia asegura que a declaración "absolutamente esencial" para dirimir a culpabilidade de Algnam Azzam foi a de Sofía Sanmartín Novoa, a secretaria e interventora que notificou en reiteradas ocasións que a subscrición de contratos que estaba a levar a cabo o rexedor non tiñan ningún fundamento legal. Na súa comparecencia, Sanmartín detallou as diferentes irregularidades cometidas ao longo dos anos polo alcalde, tanto no proceso de convocatoria das ofertas emprego, que na maioría dos casos non se chegaban a anunciar, a pesar de estar recollido por lei; como no propio proceso de selección do persoal, que o dirixinte do PP de Muras desenvolvía tanto no seu despacho como fóra das dependencias municipais. Denuncian que o alcalde de Viana podería estar a incorrer en "prevaricación" ao "seguir cobrando a dedicación" A ex secretaria chegou a sinalar que, se ben non lembraba que ningunha das persoas contratadas desa maneira "ía nas listas" do PP de Muras, "seguro que eran coñecidos" de Isaam Algnam Azzam. |
NOS_46249 | A cifra de persoas falecidas aumentou na Galiza un 6,28% en 2020 respecto ao ano anterior | A cifra de persoas falecidas creceu na Galiza un 6,28% en 2020 respecto ao ano anterior (1.959 defuncións máis) e repunta un 12,3% nas dúas primeiras semanas de 2021 en taxa interanual (231 mortes máis), segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Este exceso de mortes de 2.190 persoas é superior en 731 persoas ao de 1.459 mortes que era a cifra oficial da Xunta de falecidos por coronavirus a 10 de xaneiro, segundo recolle na súa páxina web. A día de hoxe, o último dato oficial sitúase en 1.659 falecementos na Galiza por Covid. En concreto, o INE publica esta cuarta feira unha estatística experimental no marco da súa información para a análise do impacto da crise da Covid-19, que é a estimación do número de defuncións semanais durante a pandemia. Esta estatística recolle que Galiza suma 1.592 mortes nas dúas primeiras semanas de 2021, que son 231 máis que as do mesmo período do ano anterior. O incremento foi do 12,3% na segunda semana do ano, con 852 mortes en total. Por provincias, neses sete días, A Coruña ten un aumento das defuncións do 25,26%, seguida por Ourense cun 16,54% máis e de Pontevedra cun 6,24% máis. Pola contra, en Lugo baixan as mortes un 7,26%. |
NOS_40035 | Era até agora dun máximo de 25 persoas mais Sanidade considera que son sitios "seguros en relación coa transmisión". | Hostelaría non mais igrexas si. A Xunta ampliou até un terzo a capacidade dos lugares de culto nos 60 concellos nos que están en vigor medidas máis restritivas para facer fronte á segunda onda de contaxios da Covid-19, como as sete cidades e a súa área perimetral. En concreto, nunha orde publicada o pasado 4 de novembro, a Administración galega establecía nestas localidades o límite máximo de persoas nos lugares de culto sería de 25. Pola súa banda, nos 253 concellos restantes o máximo xa estaba en 50 persoas. Con todo, nun decreto con data do 9 de novembro, a Xunta actualiza estas medidas ao considerar que "os lugares de culto" son "seguros en relación coa transmisión" do SARS- CoV-2" e lembra que, tras unha investigación epidemiolóxica, "non se detectou ningún brote que puidese identificarse como orixe nun lugar de culto". Así, sinala que, a pesar de tratarse de espazos interiores, "a permanencia neles é dun tempo limitado". "As persoas non interactúan entre si, manteñen a distancia de seguridade en todo momento e utilizan a máscara de forma sistemática, salvo en momentos puntuais", apunta. Por iso, considera que "non existe inconveniente" desde o punto de vista epidemiolóxico en eliminar a medida consistente no establecemento dun límite máximo de asistentes e manter que na Galiza a asistencia aos lugares de culto non poderá un terzo da capacidade nos 60 concellos e 50% no resto. Nota: Esta nova foi correxida ás 11:30 horas pois contiña unha información errada ao cifrar en ayé 50% o aumento da capacidade cando ese aumento é de até 1/3. |
NOS_48375 | Galicia Escena Pro, o mercado galego de artes escénicas, pecha mañá cun 'pitching' aberto a novos proxectos, un formato nado no mundo do emprendedorismo. | Galicia Escena PRO, o mercado das artes escénicas organizado por AGADIC, pecha mañá as súas portas logo de catro xornadas durante as que se combinou a exhibición dos últimos espectáculos de 24 compañías galegas co intercambio profesional entre os máis de 120 axentes culturais acreditados no evento. Na última xornada celebrarase a asemblea xeral da Rede Galega de Teatros e Auditorios e logo pecharase cunha presentación en formato 'pitching' dos novos proxectos de 15 formacións galegas. Trátase dun modelo de presentación breve, con orixe no mundo do emprendedorismo, no que nun máximo de 6 minutos, has de convencer á audiencia do interese da túa proposta. Esta é unha das novidades deste ano que AGADIC incorporou coa idea de achegar a posibilidade de difusión dos traballos a un maior número de compañías. Nesta sesión intervirán Antagonista Teatro, ButacaZero, Carlos Neira e Paula Ballesteros, Galeatro, Culturactiva, EducaTeatro, Fantoches Baj, Lucecús Teatro, Producións Teatráis Excéntricas, Talía Teatro, Teatro da Semente, Teatro do Noroeste, SMART, Triatreros Grupo de Teatro, e Uxía e Magín Blanco. Cada unha destas compañías terá un máximo de seis minutos para adiantarlles aos asistentes -moitos deles programadores- os proxectos que están a preparar nestes momentos. |
NOS_24743 | O acto terá lugar este sábado 1 de febreiro no transcurso da súa III Asemblea Nacional | A Federación Rural Galega (Fruga) rendirá este sábado 1 de febreiro no transcurso da súa III Asemblea Nacional unha merecida homenaxe a Emilio López, "Milucho", pola súa contribución ao agrarismo nacionalista galego. Primeiro de sete irmáns, pasou polo Seminario de Lugo entre 1972 a 1977 para logo estudar Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. En Monforte entra en contacto co nacionalismo galego con Manuel María e Lois Diéguez. Comeza a colaborar coas Comisións Labregas na clandestinidade e forma parte da súa dirección nacional desde o seu inicio até 1993, ocupando primeiro a Secretaria de Zona de Lugo e logo como secretario xeral. Foi deputado do BNG e delegado de Medio Rural en Lugo. |
NOS_49946 | É a primeira vez que se acusa de terrorismo unha persoa vinculada co procés. A detida foi xa trasladada a Madrid para ser posta a disposición da Audiencia Nacional. | Unha operación da Garda Civil contra os Comités de Defensa da República tería resultado na detención dunha persoa. O dispositivo foi ordenado pola Audiencia Nacional. A detida -do CDR de Viladecans- tería sido arrestada baixo as acusacións de sedición, rebelión e terrorismo. As pesquisas do corpo militar sinálana como a presunta responsábel da coordenación dos cortes de estradas e auto-estradas producidos nos últimos días no Principat. As primeiras informacións, logo non confirmadas, apuntaban a detención de no mínimo dúas persoas. Segundo La Vanguardia, si habería un segundo obxectivo da operación, un activista do CDR de Esplugues de Llobregat, mais o seu arresto aínda non se tería producido ao non ter sido localizado. A Garda Civil considera que a muller detida á e "ideóloga" dos CDR, como o demostraría pretensamente que un audio seu rulase polas redes sociais a indicar as accións a realizar polos comités. As autoridades xudiciais españolas non só non toman nota da sentenza alemá sobre Puigdemont -en que se desbotaba a existencia de violencia en Catalunya-, senón que dan un salto cara adiante ao formular a primeira acusación por terrorismo. Operación dos Mossos En paralelo a este dispositivo da Garda Civil, os Mossos d'Esquadra arrestaron esta mañá 6 integrantes dos CDR de Malgrat, Arenys de Munt, Dosrius e Solsana, informaron fontes do corpo policial catalá a Vilaweb. Estes activistas terían participado na concentración do 30 de xaneiro no parque da Ciutadella, diante do Parlamento catalán, o día en que se suspendeu o pleno de investidura de Carles Puigdemont. Estes 6 activistas acaban de seren postos en liberdade. Nota: Esta información foi atualizada e emendada -as primeiras noticias falaban de 4 persoas detidas polos Mossos, cando en realidade foron 6- ás 13.58 horas |
NOS_41544 | As mobilizacións en defensa do emprego na planta de Alcoa na Coruña continúan. "Contra o peche e en demanda dunha solución enerxética", era a palabra da orde da pancarta dos traballadores que esta quinta feira se concentraron perante a Delegación do Goberno na Coruña. | Os operarios esixen unha solución ao Goberno central que garanta os seus postos de traballo. O Executivo de Sánchez asinou un preacordo con Alcoa segundo o que as partes se comprometen a buscar un investidor antes do 1 de xullo. O presidente do comité de empresa da factoría da Coruña asegurou que, para que apareza un investidor, "debe regularse antes o estatuto para as empresas electrointensivas". Á protesta laboral asistiron traballadores asturianos de Alcoa -a outra planta ameazada de peche está en Avilés- e representantes de Ferroatlántica. As consignas pediron a dimisión da ministra -"se non hai solución, Maroto dimisión"- e a nacionalización da emptresa: "A solución, a intervención". |
NOS_9420 | A Xunta xa fixo todo o que tiña que facer e xa non pode facer máis. A pelota está no tellado dos estaleiros e deles dependerá que ao final haxa ou non floteis. Eis o novo argumento do goberno galego, expresado na Comisión de Industria, no culebrón Pemex | Os meses pasan e as promesas de Feijóo levan camiño de caducar. Daqueles 14 remolcadores que o presidente da Xunta anunciaba o pasado verán que Pemex ía facer en estaleiros galegos nunca nada máis se soubo. E os dous floteis que sacara da manga en precampaña, a día de hoxe non se están a construír en Navantia e Barreras. O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, afirmou no Parlamento que a Xunta "non pode suplantar" os xestores dos estaleiros e que "non é responsábel" de que se formen as garantías precisas para fabricar o flotel, unha referencia aos problemas do estaleiro vigués e Barreras para pechar os avais necesarios para ese encargo. Tahoces reiterou que o grao de compromiso do goberno autonómico co naval é "máximo" mais que non se lle pode pedir que "suplante o marco xerencial das empresas". AGE, que formulou unha pregunta sobre o naval, lamentou as respostas da administración, á que responsabilizou de empregar Pemex como "cortina de fume" para tapar a falla de compromiso cun sector que en Galiza perdeu milleiros de empregos nestes meses. |
NOS_21474 | De acordo, é moi cedo aínda para facer avaliacións definitivas. Si, tampouco o xogo foi para botar foguetes. Mais tamén é certo que a equipa tivo algo do que careceu durante a etapa de Víctor Sánchez del Amo ou Pepe Mel, dirección técnica desde o banco. | Un treinador pode verse na maior ou menor fortuna das substitucións de xogadores. Un treinador pode verse se no intermedio é quen de mudar a dinámica da equipa. Un treinador pode verse se é quen de encoraxar futebolistas até o de agora desaproveitados. En todas esas facetas comezou a mostrar brillo Cristóbal Parralo na súa estrea na liga da Primeira División. A derrota copeira en Riazor face Las Palmas permitiulle tomar nota de aspectos básicos do xogo. A equipa corrixiunos, nomeadamente a partir do primeiro terzo do choque. Continúa a ter, porén, moito traballo por diante. Por exemplo, o primeiro gol en contra non é de recibo nunha equipa de elite. Nen pola facilidade en que os zagueiros foron desbordados nen pola prestación, nula, de Pantilimon na xogada. Facer un gol con cano incluído a un gardamallas que ten altura de ala-pívot é abeirar o ridículo. Mais mesmo aí viuse a man de Cristóbal. A diferenza de episodios anteriores, a equipa non desabou, non se veu abaixo. Ao contrario, comezou a despregar o seu futebol, desta volta cun protagonismo moi destacado para os homes das bandas, un Cartabia que é de lonxe o xogador máis en forma do Dépor neste treito inicial do campionato e un Bakkali que se é quen de apañar unha óptima forma física pode dar moitas tardes de gloria ao combo coruñés. E logo está Celso Borges. Futebolista que en aparencia non está mais que nunca descoida o desenvolvimento do xogo. Está a un minuto de se converter en colíder desta equipa, con Lucas Pérez. Dúas cabezadas súas noquearon o Las Palmas. Co 1-2 no marcador, Cristóbal demostrou que o Dépor ten un treinador. Non ordenou botar atrás as liñas, senon unha presión moi intensa á saída da pelota en campo canario. E acertou nos trocos, a dar minutos a Pedro Mosquera e a Navarro, xogadores que ancoraron a equipa e non deron opción á remontada dos amarelos. Ben, o calendario reserva agora emocións fortes. O próximo visitante, o Atlético de Simeone. O Dépor enxerga o compromiso cunha marxe de 5 pontos sobre o descenso. UD Las Palmas: Raúl Lizoain; Michel, Lemos, Bigas, Dani Castellano, Vicente Gómez, Samper (Aquilani, min. 74), Jonathan Viera (Tana, min. 14), Rémy, Calleri e Vitolo. RC Deportivo: Pantilimon, Juanfran, Schär, Sidnei, Luisinho, Guilherme, Borges, Fede Cartabia (Edu Expósito, min. 83), Fede Valverde (Pedro Mosquera, min. 61), Bakkali (Fernando Navarro, min. 73) e Lucas. Goles: 1-0 Rémy (min. 7); 1-1 Borges (min. 36); 1-2 Borges (min. 54); 1-3 Lucas, de penalti (min. 69). Árbitro: Del Cerro Grande (C. Madrileño). Cartóns amarelos a Michel (min. 45+2) e Juanfran (min. 90+4). Incidencias: partido da décima xornada da Liga disputado no Estadio de Gran Canaria ante 14.805 persoas. |
NOS_31059 | O portavoz do grupo parlamentario do BNG preguntou en comisión polas acusacións do presidente da Deputación de Pontevedra contra o voceiro d@s estafad@s do Rosal, a quen acusou de ser "un provocador nato" e de utilizar o calote "para facer carreira política e desgastar os líderes do PP" | O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acusou esta terza feira ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de ter feito "carreira política arroupado por un capo do contrabando". Así falou o nacionalista en referencia a Nené Barral, destacado contrabandista militante do PP e condenado por delito fiscal que tiña dous millóns de dólares en Hong Kong e nas illas Virxes. En comisión parlamentar reprochou as acusacións que Louzán fixo contra o voceiro da plataforma de estafad@s coas preferentes no Rosal, Xulio Vicente González, de quen dixo que puña a cara nas mobilizacións "para facer carreira política", acrecentando que era "un mamón e un provocador nato". Fíxoo o 30 de marzo, durante unha entrevista concedida á axencia de noticias Efe. Os de Louzán "si son antecedentes obxectivos" e non as acusacións que o presidente da Deputación fixo contra Xulio Vicente, sinalándoo por estar a facer un uso político das persoas estafadas. Na comisión realizada no Parlamento galego, Jorquera tamén recordou como Louzán dedicou boa parte do seu mandato "a comprar tránsfugas" para promover mocións de censura en diferentes concellos pontevedreses "para asegurar o seu control político". Porén, a Xunta de Galiza xustificou as acusacións de Louzán. O director xeral de Relacións institucionais, Gonzalo Ordóñez, respondeu a Jorquera sinalando que non se poden impedir tales manifestacións públicas (en referencia ás palabras do presidente da Deputación de Pontevedra) por parte de persoas "que se ven acosadas ou menoscabadas na súa intimidade familiar". Dixo que Louzán se sentía "agraviado, insultado permanentemente e vítima de ataques reiterados". O nacionalista insistiu en que as declaracións de Louzán deixaban clara a súa "falta de sensibilidade" coas persoas estafadas e contiñan "insidias" ao se referir aos "antecedementes" de Xulio Vicente como sindicalista: "se quere falar de antecedentes, imos falar de antecedentes. Así chegou o señor Louzán á presidencia da Deputación: aupado por un capo do narcotráfico. Que conste en acta". |
PRAZA_1486 | Se o milagre acontecer, un goberno galego de progreso terá que convivir con dous procesos non simétricos de reconfiguración política, o que levará a arte de gobernar a niveis nunca vistos por debaixo da estratosfera | Supoñamos que finalmente se consuma a hipótese da candidatura unitaria –un Galicia avanza, A Marea Galega ou o nome que corresponda-. Supoñamos que esa candidatura enfila as dúas convocatorias –a das Xerais e a das Autonómicas- como formando parte dun único ciclo. E que todo o mundo entende que ese ciclo enfronta tarefas moi básicas: sobre todo A) aportar unha voz galega que evite un cambio constitucional que non teña en conta os intereses e aspiracións do país. Intereses e aspiracións que van dende o económico –Galicia podería saír prexudicada por depende que formas de financiamento e, máis en xeral por un bascular de España cara ao Mediterráneo- ata o campo das arelas nacionais –evitar que o país se dilúa perdendo aqueles trazos que a fixeron recoñecible no tempo-. E B) definir un proxecto de modernización propio que rompa coa mera inercia respecto dos ciclos da España central. Nun artigo anterior neste mesmo medio intentei achegar algúns eixos posible dese programa de modernización que debería ser o programa común dun goberno alternativo ao conservador. Supoñamos que esa candidatura unitaria logra o milagre de poñer de acordo a forzas tan distintas e dispares como as que van de Podemos ao BNG, e todo o que queda no medio, enriba ou abaixo, ANOVA; EU, CxG, etcétera. E que esa Marea, ou como lle deamos en chamar, logra outro milagre aínda máis difícil: que esa unidade se constrúa con bo rollo entre as partes contratantes e que logran incluír nesa corrente a xentes varias e diversas. En definitiva: xerar unha ilusión. E que os independentes teñen un papel de verdade, non puramente de floreiros e, indo máis alá, determinante, dado que terían que ser o aceite que engraxara unha maquinaria de mecanismos tantas veces enferruxados. Supoñamos que, por unha vez na vida, en Galicia é posible atopar, xuntos, claridade de visión e sintonía musical. Supoñamos que, por unha vez na vida, en Galicia é posible atopar, xuntos, claridade de visión e sintonía musical Sigamos soñando: supoñamos que esa Marea, ou como se chame, acada un notable éxito nas xerais –que Galicia xoga un papel serio no Estado por primeira vez- e que se converte, despois dunha notable vitoria nas eleccións galegas, no eixo central que articula un novo Goberno Galego que se deixa de gaitas e ponse mans á obra para construír un país. O que quere dicir evitar o desmantelamento da sanidade, da educación e do conxunto do sector público, atallar o paro e a pobreza, pero tamén impulsar unha transformación da atmosfera na que, de repente, tantas discusións absurdas queden obsoletas. Construír un país onde se poida respirar un aire confortable, no que os galegos se sintan incluídos, tamén os que non votaron por esa opción, e onde quede atrás ese capitalismo marulo que é capaz de vender todo, e a todos, por un prato de lentellas. Un país no que quede claro que o progreso e a modernidade viñeron tantas veces, entre nós, da man das xentes galeguistas e progresistas que tan alto prezo pagaron por manter alta a bandeira dun país que avanzando non quere facer tabula rasa do seu pasado nin da súa identidade. A nación non é o que quedou atrás, senón o que está por vir. Lograr isto está cerca do milagroso, e non fai falla ter as canas que me adornan para saber que está no ADN de moitas forzas o de non atender máis razóns que as que derivan da súa mantenza e dos intereses creados que foron agrandando máis e máis Lograr isto está cerca do milagroso, e non fai falla ter as canas que me adornan para saber que está no ADN de moitas forzas o de non atender máis razóns que as que derivan da súa mantenza e dos intereses creados que foron agrandando máis e máis. Pero ese milagre está máis cerca que nunca por unha única razón. Nin Podemos, nin o BNG, nin ANOVA, nin EU, nin outros actores posibles son máis que fume no aire: poden desvanecerse se non saben interpretar ben as voces que escoitan. Todos eles corren grandes riscos: o de difuminarse ou desaparecer, o de facer o ridículo e, o máis grande de todos, o de condenarnos a todos a unha nova vitoria do que todos sabemos. Vitoria non só do PP, senón de Merkel e da tremenda estafa que aos pobos europeos o neoliberalismo lle está inflixindo e de Feijóo e de todos aqueles que Galicia non sexa máis que unha provincia escura e espesa, sen a luz do seu propio carácter. Todos eles camiñan polo gume da navalla, mesmo aqueles que parecen máis sólidos ou que, neste momento, parecen máis favorecidos pola fortuna dos Deuses. Se non saben construír e non destruír, xerar concordia e non cerrazón, abrir camiños e non pecharse nunha habitación escura, poden verse vituperados por ese futuro que cada vez se acerca a máis velocidade. Exemplos recentes hai. Se o milagre acontecer, un goberno galego de progreso terá que convivir con dous procesos non simétricos de reconfiguración política, o que levará a arte de gobernar a niveis nunca vistos por debaixo da estratosfera Non sería un dos milagres menores dun goberno así que tería que coexistir coa recomposición de dous espazos. Dunha beira, o que por simplificar podemos chamar espazo Podemos. Ao final de todo, á esquerda, co PSOE estará Podemos. Non sabemos exactamente que significará iso en Galicia, pero sabemos que algo significará. Pero tamén sabemos –e para min resulta misterioso e sorprendente que isto non se faga explícito- que ANOVA non pode fundirse en Podemos sen máis, sen deixar que voe ao Averno a súa alma nacionalista, e tamén sabemos que está comezando a planear a posibilidade da implosión do BNG, perdido no seu labirinto. E que CxG é electoralmente pouco significativo. Todos sabemos, en definitiva, que o despiste dos nacionalistas e galeguistas de diversa condición é supino, e que non saben por onde tirar nas actuais condicións, e que non saben interpelar a ninguén fóra dos seus círculos, coa excepción das Mareas neste momento –un froito, creo eu, da realidade paralela na que se instalaron durante lustros-. O caso, en definitiva, é que, se o milagre acontecer, un goberno galego de progreso terá que convivir con dous procesos non simétricos de reconfiguración política, o que levará a arte de gobernar a niveis nunca vistos por debaixo da estratosfera. En fin, que Galicia, terra onde a madurez política non sobra tería que comportarse cunha finesse extraordinaria, para que o cántaro non vaia a terra. Oxalá que nesta ocasión o leite chegue ao mercado. |
NOS_13485 | O PSdeG gaña as eleccións europeas en Galiza con cinco puntos de vantaxe sobre o PP mentres que o BNG rexistra un grande aumento ao duplicar os apoios a respecto das eleccións de 2014. A candidata de En Marea: Compromiso por Europa, Lídia Senra, perde o seu escano en Bruxelas. | O PSdeG foi o partido máis votado nas eleccións europeas na Galiza. Cun incremento de case vinte puntos na participación total no país (65,34% fronte o 45,44% da convocatoria de 2014) e cun escrutinio do 99,6%, a candidatura encabezada polo ex ministro Josep Borrell conseguiu perto de 498.000 votos, o que supón máis do 35% do total dos emitidos, números que lle serven para lle arrebatar a primeira posición ao Partido Popular que, malia incrementar en 70.000 as papeletas de hai un lustro, perde máis dun 5% do apoio popular. En total, suma case 431.000 papeletas. O BNG, integrado na coalición Agora Repúblicas, foi o outro gran gañador da xornada. A lista liderada na Galiza por Ana Miranda foi a terceira máis votada ao sumar perto de 168.000 papeletas e o 11,8% do total de emitidas, o que supón máis do duplo dos obtidos baixo o paraugas da candidatura de Os Pobos Deciden en 2014 (daquela foron algo máis de 80.000). Podemos-EU, con máis de 117.000 votos, e Ciudadanos, con 96.000 votos, foron a cuarta e a quinta forza, respectivamente, nos comicios celebrados o domingo 27, no que destaca tamén a perda de apoios de Lídia Senra, que liderando a candidatura En Marea: Compromiso por Europa apenas obtivo 15.250 votos. Hai cinco anos, e liderando a lista de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, superara os 106.000 votos. A outra candidatura galega, a que integraba Compromiso por Galicia sob a denominación Coalición por unha Europa Solidaria (conformada tamén por PNV ou Coalición Canaria, entre outras formacións) obtivo 6.520 votos, aínda que os bos resultados obtidos en Euskadi polo nacionalismo vasco lle permitirán a esta coaligazón ter representación na Eurocámara. No que respecta a Junts, a candidatura liderada polo expresident da Generalitat, Carles Puigdemont, acadou 1.958 votos. ELECCIÓN EUROPEAS 2019 Infogram |
NOS_55107 | A formación nacionalista considera que este operativo é "un claro exemplo da utilización da administración de xustiza e das forzas e corpos de seguridade do Estado para a persecución de ideas políticas, en concreto para perseguir o independentismo político galego". | O BNG informou que demandará explicacións ao Goberno español sobre a mudanza de posición por parte da Fiscalía do Estado, despois da mudanza de posición: de apoiar a retirada dos cargos a solicitar penas de prisión para todas e todos os procesadas no operativo Jaro II. A formación nacionalista considera que este operativo é "un claro exemplo da utilización da administración de xustiza e das forzas e corpos de seguridade do Estado para a persecución de ideas políticas, en concreto para perseguir o independentismo político galego". Todo o operativo policial e xudicial despregado "non levou á localización de probas da comisión de ningún delito, ao contrario, puxo de manifesto a intención de investigar, perseguir e criminalizar a actividade política independentista", sinalan desde o BNG. A operación Jaro levou consigo a ilegalización de Causa Galiza e o procesamento de nove militantes baixo a acusación de ser o "brazo político" dunha suposta organización armada. Neste sentido, o BNG considera inxustificada esta actuación e desproporcionadas as penas que pide a Fiscalía, que van dos 4 aos 12 anos para as 12 persoas investigadas. En total, as penas solicitadas suman 102 anos, incluíndo o delito de integración en organización criminal para a comisión de enaltecemento do terrorismo, solicitando dous anos máis para cada acusada e acusado por cada unha das veces que a Fiscalía considera que se incorreu nese enaltecemento. Para o BNG, ao respecto, "carece de sentido pretender a ilegalización de organizacións políticas e sociais como Causa Galiza ou Ceivar". |
NOS_51160 | As sete grandes cidades concentran o 42% da renda galega. | Entre a comarca que rexistra mellores cifras na renda por habitante (A Coruña, 18.319 euros) e a que ten peores números (A Paradanta, 9.046) hai unha fenda que non deixa de alargarse. Un veciño da primeira ten uns ingresos de media que duplican os da segunda. As dúas Galizas. Un 36% dos habitantes da Galiza reside nos sete concellos máis poboados, o cal ten influencia sobre a repartición da renda municipal, non só pola relación entre o número de habitantes e a renda total dun municipio, senón porque tamén dá a idea da concentración das actividades produtivas, xeradoras de renda e emprego, que actúan como elemento de fixación de poboación. De feito, a renda total dos residentes na Coruña e Vigo supón o 23% do total da renda (e o 19,6% da poboación). Pola súa banda, Oleiros, cunha renda por habitante de 22.959 euros en 2018, segue como o concello que ten unha maior renda, este ano un 51,7% superior á media galega (un total de 15.132 euros). Outros seis concellos teñen unha renda media por habitante que supera en 15 puntos ou máis á media nacional en 2018: A Coruña, Santiago, Bergondo, Nigrán, Ourense e As Pontes. Os de Teo, Lugo e Pontevedra completan os 10 concellos con máis renda por habitante. Salarios e prestacións sociais En 2018, a remuneración de asalariados foi a principal fonte de renda de 216 concellos galegos (o 69%). Desde 2013 está a incrementarse o número deles cuxa principal fonte de renda son os salarios. Con todo, en 95, sobre todo do interior, son as prestacións sociais as que achegan un maior volume de recursos, aspecto moi vinculado ao envellecemento da poboación. No período 2010-2018 hai catro consistorios nos que a principal fonte de renda son as mixtas, é dicir, a remuneración do traballo non asalariado: Friol, A Pastoriza, Portomarín e A Illa de Arousa. En toda Galiza, as cotizacións sociais pagadas cobren 66% das prestacións sociais que reciben os galegos e galegas. Só en oito concellos: Ames, Arteixo, Brión, Cambre, Culleredo, Oleiros, Oroso e Salceda de Caselas son maiores as cotizacións sociais pagadas que as prestacións sociais recibidas polos residentes. Diferenzas entre comarcas Por comarcas, as da Coruña e Santiago son as que presentan unha maior renda bruta por habitante e as únicas que superan os 17.000 euros. Nas comarcas dos Ancares, A Fonsagrada, Quiroga, Baixa Limia, Terra de Caldelas e Terra de Celanova as prestacións sociais que reciben os fogares son a principal fonte de renda. |
PRAZA_9866 | O candidato do PP apela nunha comida-mitin nunha parroquia de Santiago a acabar coa "demagoxia medioambientalista" de Sánchez e Feijóo preséntao como "o candidato do PPdeGalicia" | O candidato do PP apela nunha comida-mitin nunha parroquia de Santiago a acabar coa "demagoxia medioambientalista" de Sánchez e Feijóo preséntao como "o candidato do PPdeGalicia""Cando sexa presidente do Goberno crearemos o Ministerio da Familia". Esa foi a gran promesa coa que desembarcou este domingo no rural galego Pablo Casado acompañado de Feijóo, ao que eloxiou as súas políticas de apoio ao grupo antiabortista Red Madre, "iniciativa pioneira da Xunta que me comprometo a impulsar". O presidente da Xunta, pola súa parte, esforzouse en salientar en presenza de Casado o seu propio esforzo persoal e o do PPdeG nesta campaña electoral, como en todas as precedentes, e presentouno como "o candidato do PP de Galicia".Na parroquia de Nemenzo, a só dez quilómetros do centro de Compostela, pero nun lugar marcadamente rural, o que se organizara hai tempo como unha comida do PP local foi adaptado a mitin cuns mil asistentes. Alí, malia que esa periferia rural de Santiago non está a vivir a sangría do interior galego, Casado anunciou como gran promesa do día a creación dun Ministerio da Familia co que loitar "contra o inverno demográfico". Casado enumerou diversas actuacións de apoio á conciliación e salientou que "por iso estamos de acordo con medidas da Xunta como o cheque benvida" -en referencia á Tarxeta Benvida que dá 100 euros ao mes durante o primeiro ano dun neno- "e con esa aposta por apoiar a Red Madre", que cualificou como "iniciativa pioneira da Xunta que me comprometo a impulsar".Casado dixo sentirse "moi preocupado" por "o que pode empezar a pasar na PSA de Vigo" sen concretar cal sería esa ameaza pero ligándoa ao anuncio de peche de Alcoa polos prezos da electricidadeCasado tamén aproveitou a súa presenza en Galicia para poñer o foco nos problemas das varias industrias electrointensivas presentes aquí e as tarifas que teñen que pagar pola electricidade que consumen. O popular dixo sentirse "moi preocupado" coa situación que está a vivir Alcoa pero estendeu as ameazas moito máis alá, a "o que pode empezar a pasar na PSA de Vigo", sen detallalo. Para loitar contra esa situación, di Casado, "acabaremos con esa demagoxia medioambientalista que o que fai é esconder a incapacidade para xestionar a enerxía, a industria e o emprego en España".Casado comparou o número de asistentes ao mitin, próximo ao milleiro, co de asasinados por ETAPreviamente Casado desenvolvera o seu discurso coas súas habituais críticas ao "perigo" que ao seu ver supón o socialista Pedro Sánchez, "o presidente máis radical que tivo España", polos seus "pactos" con "os batasunos e os comunistas de Podemos". O popular chegou a comparar o número de asistentes ao mitin, próximo ao milleiro, co de asasinados por ETA, e prometeu lexislar contra os beneficios penitenciarios a terroristas, do mesmo xeito que tamén "contra os ocupas". O seu obxectivo se é presidente, resumiu, é "converter o 'non é non' de Sánchez nun `si é si' a España".Feijóo salienta o seu apoio a CasadoFeijóo salientou o seu apoio a Casado despois de que varias das súas promesas, como o trato ás linguas cooficiais, causasen incomodidade na dirección do PPdeGNo mitin, Feijóo insistiu na súa intervención en salientar a súa implicación persoal e a do PP galego nesta campaña electoral -el mesmo chegou a ter o sábado cinco actos nun só día- e en presentar a Casado como "o candidato do PP de Galicia", lembrando así a singularidade do partido aquí e reafirmando o seu apoio ao líder estatal malia a incomodidade que algunha das súas promesas, como o trato ás linguas cooficiais, está a causar na dirección da formación en Santiago. "Os galegos poderiamos pensar que te presentas por calquera provincia galega, non só es o candidato do PP nestas eleccións, es tamén o candidato do PP de Galicia á presidencia do Goberno de España, e por iso tes o noso apoio", dixo Feijóo.Feijóo nada dixo da promesa de Casado en materia de familia pero si recolleu a luva que lanzara Casado en materia industrial e salientou que se é presidente "Alcoa terá futuro". O presidente galego tamén cargou contra o resto de partidos e apelou a concentrar o voto no PP. "Non necesitamos que nos dea carné de galego ningún partido nacionalista nin carné de español Vox ou Ciudadanos", sentenciou.Un grupo de camioneiros en folga do transporte do lixo a Sogama protestou tras un cordón policial moi lonxe de que as súas consignas se escoitasen no actoTras o mitin, Casado e Feijóo quedaron a comer cos arredor de mil asistentes o tradicional menú destes actos do PP consistente desta volta en empanada, churrasco e viño en cuncas, no que houbo quen botou en falta o polbo. Na pista de acceso ao lugar, un grupo de camioneiros en folga do transporte do lixo a Sogama protestaba tras un cordón policial moi lonxe de que as súas consignas se puidesen escoitar no acto. |
PRAZA_1843 | O Decreto renuncia a establecer un consenso político elemental para garantir a continuidade e a estabilidade da acción exterior, cuestión clave para o seu éxito tanto inmediato como de longo prazo | A Xunta de Galicia deu a coñecer un Decreto co que pretende regular a acción exterior da Comunidade Autónoma. Sorprende, de primeiras, que se acuda a un decreto para abordar a regulación desta importante -e controvertida- política pública. Lémbrese que unha dimensión "menor" da acción exterior, a cooperación internacional ao desenvolvemento, foi regulada por lei (en 2003) e resulta dificilmente explicable que para a acción exterior no seu conxunto acúdase a un decreto. Non se trata tan só de furtar o debate parlamentario nun asunto que ben o merecería, senón, sobre todo, de poñer de manifesto a abordaxe preferentemente administrativa desta problemática A forma elixida non é secundaria e pon de manifesto unha clara intencionalidade política. Non se trata tan só de furtar o debate parlamentario nun asunto que ben o merecería, senón, sobre todo, de poñer de manifesto a abordaxe preferentemente administrativa desta problemática. É dicir, requírese un decreto para desenvolver e adaptar no marco autonómico a lei estatal de 2014 que regula o servizo exterior. De feito, chama poderosamente a atención que na exposición de motivos non se recolla nin unha soa mención ao Estatuto de autonomía, incidindo máis na definición dos límites que na procedencia desta política no contexto constitucional e internacional actual. Como tampouco incorpora unha mínima reflexión histórica sobre a tradición europeísta e universalista de Galicia, a pesares de que boa parte do texto incide na participación na UE. O Decreto renuncia a establecer un consenso político elemental para garantir a continuidade e a estabilidade da acción exterior, cuestión clave para o seu éxito tanto inmediato como de longo prazo O Decreto renuncia a establecer un consenso político elemental para garantir a continuidade e a estabilidade da acción exterior, cuestión clave para o seu éxito tanto inmediato como de longo prazo. É unha norma que reflicte o espírito descapitalizador da autonomía do actual goberno e reflexo da súa incapacidade para arbitrar acordos de país en cuestións transcendentais. O Parlamento é marxinado ata na tramitación efectiva da Estratexia de acción exterior, non reservándolle papel ningún no seu seguimento. Non obstante, impón a obriga a todos os suxeitos públicos (incluídos poderes locais, universidades…) de seguir as súas prescricións, actuando sobre eles como un corsé. En vez de inferir a lealdade institucional, a coordinación e as sinerxías co Estado, nos principios inspiradores da norma exprésase un acatamento redundante do marco constitucional e competencial vixente, cousa obvia e unicamente explicable pola necesidade de demostrar ante Génova (sede nacional do PP) e o Palacio de Santa Cruz (sede do ministerio de asuntos exteriores e cooperación) que en Galicia, a diferenza de Cataluña, fanse as cousas de maneira "correcta". Non se contempla en modo algún a nosa comunidade como un actor internacional, como unha autonomía no mundo, e renuncia a considerar principios guía básicos da caracterización da acción internacional en calquera contexto. No articulado acentúase a dimensión administrativa da regulación e a absoluta falta de ambición, dando forma ao existente e coidando ata o extremo da elección de conceptos e expresións inocuas que incidan no acatamento e no respecto, transmitindo un claro perfil limitativo. Se un compara este decreto coa lei catalana decátase da enorme distancia que separa a unha norma da outra e da concepción de mínimos que defende o actual goberno galego. Non obstante, hai marxe entre os extremos. No articulado acentúase a dimensión administrativa da regulación e a absoluta falta de ambición, dando forma ao existente e coidando ata o extremo da elección de conceptos e expresións inocuas Aproveita a Xunta de Galicia para modificar o Consello de Acción Exterior, un instrumento descafeinado e que demostrou unha severa inutilidade na súa curta existencia (2009). O problema de raíz estriba na súa composición, que mestura a abafante presenza administrativa tendente á coordinación, coa presenza externa que responde a claves de asesoría, consulta e participación. A diferenciación do ámbito interdepartamental do asesoramento semella imperativo para ser eficaz nas dúas dimensións. Como tamén, á hora de definir estratexias, o importante é que se cumpran, cousa que non se ten feito, completando un ritual sen alcance práctico. Sorprende, por último, a ausencia de referencias á sociedade civil con dimensión internacional e ao papel da diplomacia pública, indispensables para maximizar a influencia de Galicia no mundo. En suma, é de agradecer o intento de normativizar unha política pública como a acción exterior. Mágoa, en fin, que se queira facer así En suma, é de agradecer o intento de normativizar unha política pública como a acción exterior e incluír nela aspectos que forman parte da nosa traxectoria recente e dos nosos horizontes socioculturais, económicos e políticos como a presenza en Europa, as relacións con Portugal e ata coa lusofonía, pormenorizando nas modalidades dos acordos co exterior se ben con lagoas significativas respecto á instrumentación das fórmulas de diplomacia cultural, social e ata económica. Mágoa, en fin, que se queira facer así. |
NOS_42665 | O V Congreso Galego de CCMM analizou en Lugo as estratexias para reverter as intencións da Xunta de "sacar as terras comunitarias á veciñanza ara servirlla en bandexa a empresas privadas", en palabras de XA Pereira. | Lugo acolleu hai uns días o V Congreso galego de comunidades de montes e o II Encontro europeo de montes veciñais, ambas as dúas organizadas pola Orgaccmm (Organización galega de comunidades de montes veciñais en man común). Citas nas que sobre a mesa se puxeron relatorios e debates sobre o modelo de rural que se quer, sobre os intereses "especulativos, urbanísticos, empresariais" que pairan sobre as terras comunais, sobre como responder a esas ameazas... X.A. Pereira, presidente da Orgaccmm, indica que o V Congreso decorreu sobre 2 eixos principais: a política de montes actual (que xira en torno a unha lei aprobada ensolitario polo PP e sen consenso social) e a resposta a ela. Pereira di que "dun tempo a esta parte" desde o goberno galego do PP estase "a tentar acar as terras comunitarias á veciñanza e darlla ás empresas privadas". Intereses forestais, de empresas enerxéticas... agardan tirar proveito. Ideas para potenciar o rural "Se non poden privatizar a titularidade desas terras, inténtano coa xestión das mesmas". Esa é a folla de ruta, afirma Pereira, da Xunta sobre os montes comunais. Un escenario que @s comuneir@s non semellan dispostos a consentir. O presidente da Orgaccmm, cargo para o que Pereira foi reelecto neste V Congreso, acredita na necesidade de apostar pola xestión comunitaria dos recursos como trabe sobre a que edificar a resposta á política de montes do PP. "E iso require organización, gobernanza", apunta. Móstrase convencido de que a través das ferramentas de participación (asembleas, xuntanzas...) hai que sumar "mocidade" a este compromiso. Aliás, apunta a que estes montes son un verdadeiro potencial de emprego e riqueza sustentábel para o rural. "Por aí tamén temos que traballar, en proxectos entre varias comunidades para impulsar iniciativas agro-gandeiras, de aproveitamento da masa forestal..." |
NOS_11171 | Un ano máis, as asociacións de recuperación da memoria histórica agrupadas na Iniciativa Galega pola Memoria volven á Illa de San Simón no domingo máis próximo ao día 18 de xullo para homenaxear ás vítimas da represión franquista. Desta volta, será o exilio invisíbel. | Foran moitas as persoas que tiveron que marchar a consecuencia do franquismo mais non aparecen na listaxe de exilad@s. Son fillos e fillas, persoas ás que lle quitaron o traballo, á que non se lle recoñeceron os estudos... marcharon porque non podían respirar mais os seus nomes non forman parte das persoas represaliadas. A ese "exilio invisíbel" diríxese a homenaxe que este ano tributarán as asociacións de recuperación da memoria histórica no acto anual que se desenvolve na Illa de San Simón. Moitas non puideron regresar xamais, outras fixérono tarde e en silencio. Agora, a Iniciativa Galega pola memoria vai homenaxear ao "exilio invisíbel" no acto anual que se desenvolve o domingo máis próximo ao 18 de xullo, desta volta o 19, no que se homenaxea ás vítimas da represión franquista. Para asistir é preciso anotarse previamente a través das distintas asociacións membros da Iniciativa Galega pola Memoria pola xestión do traslado á illa desde o peirao de San Adrián de Cobres. O acto central terá lugar ás 12:00 horas e a saída da illa producirase sobre as 13:00. Na homenaxe intervirán represantes das asociacións que reflictan esta temática ademais de Darío Rivas, que vén desde Bos Aires para asistir á iniciativa pola memoria. As homenaxes nacionais ás vítimas da represión na Illa de San Simón comezaron a realizarse en 2006, Ano da Memoria, organizadas pola Consellaría de Cultura da Xunta da que era titular a nacionalista Ánxela Bugallo. No 2009 o PP eliminou a conmemoración e, con elas, as exposicións sobre a historia do campo de represión que se prepararan para a illa. Foi entón cando as asociacións de recuperación da memoria decidiron continuar coas homenaxes nacionais anuais e, desde entón, convocan o Día da Memoria cada ano no domingo máis próximo ao 18 de xullo para lembrar e homenaxear ás persoas que tiveron que sufrir o terror do franquismo. |
NOS_31144 | O conselleiro Francisco Conde demanda un "dique seco" para incrementar a competitividade do estaleiro de Navantia Ferrol, mentres o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, alerta de que todo o traballo non se pode fiar ao naval. | O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, defendeu esta terza feira a necesidade de que se incorpore un dique seco á dotación de infraestruturas do estaleiro de Navantia Ferrol para que poida saír da crise industrial. Conde, que fixo estas declaracións durante unha intervención no Parador de Turismo de Ferrol, destacou que é precisa a "transformación do estaleiro" e iso pasa pola "construción do dique seco", que lle correspondería financiar ao Goberno do Estado. Desde o seu punto de vista é unha ferramenta "fundamental" para garantir a carga de traballo. Así, advertiu que sen o dique seco a factoría ferrolá da naval "non poderá optar a licitacións internacionais" porque, considera, agora non é competitiva, nin en prazos de execución das encargas, nin en prezo. Así se manifestou aludindo á finalización do contrato para a creación das fragatas F-110 para a Armada Española, que en todo caso aínda non están en marcha. Para Conde, o Goberno do Estado español está a apostar nunha "actitude de agravio con Ferrol". Pensar na "diversificación" En resposta a estas consideración, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, advertiu ao representante da Xunta que a comarca de Ferrolterra "non pode dedicarse só a facer barcos, porque entón este territorio está condenado ao fracaso". Na súa opinión, após algunhas despedidas industriais, hai que reforzar a "diversificación" e a "capacidade produtiva" da zona. González Formoso visitaba tamén Ferrol, neste caso por unhas xornadas organizadas polo empresariado. |
NOS_33027 | O rapeiro testemuña por videoconferencia acusado de delitos de odio, insultos e coaccións por escribir tweets desexando que o avión do club se estrelase xa que nel viaxaba o xogador Zolulya, a quen Hasel acusa de "neo-nazi". | Pablo Hasel volveu sentar no banco dos acusados. Declarou por videoconferencia no xuízo contra el que tivo lugar no xulgado penal 9 de Sevilla no que o Betis o acusou de delitos de odio, insultos e coaccións por ter escrito un tuit desexando que o avión do club se estrelase xa que nel viaxaba o xogador Zolulya, a quen Hasel (e parte da afección de clubs nos que xogou) acusa de "neo-nazi". A defensa pide a absolución de Hasel, ao considerar que non pode ser condenado por ningún destes crimes porque o Betis "non é un grupo vulnerábel que require unha protección especial", xa que a ideoloxía do ex-xogador "é un feito obxectivo" e porque "catro chíos non teñen capacidade para conseguir nada ". O club andaluz pide dous anos e medio de prisión. Nun tuit de 2017, Hasel acusou Zozulya de ser "neo-nazi" e escribiu que "se non fose porque morrerían pilotos e auxiliares de voo, gostaría que o avión do persoal do Betis caese". Nun tuit de 2017, Hasel acusou Zozulya de ser "neo-nazi" e escribiu que "se non fose porque morrerían pilotos e auxiliares de voo, gostaría que o avión do persoal do Betis caese". Segundo estes escritos, a acusación particular, que representa o equipo andaluz, pide dous anos e medio de prisión para Hasel e máis de 12.000 euros que a avogada do rapeiro, Alejandra Matamoros, xa asegurou á ACN que non pagará e que, polo tanto, poderían pasar sete meses máis de prisión se fose finalmente condenado. Matamoros explicou tras o xuízo que pedira a absolución de Hasel ao considerar que non cometera ningún delito penal con estes tuits e que sexa o Betis quen pague as costas xudiciais ao considerar que se trataba dun acto de propaganda e uso imprudente da xustiza por parte do club. |
NOS_15067 | Fruga exixe ás consellarías de Sanidade e Medio Rural protocolos de actuación e un catálogo de medidas preventivas fronte á Covid-19 para traballos agropecuarios e forestais. | A Federación Rural Galega (Fruga) critica o desleixo da Xunta na protección das persoas que realizan traballos agropecuarios e forestais na Galiza. Nun comunicado, denuncia que, metidos xa no comezo da vendima e cunha preocupante escalada de contaxios en toda Galiza e non só nas zonas máis urbanas, a medida estrela da Xunta é unha "Solicitude de información empresas agrícolas para cribado de infección polo SARS-CoV-2 en traballadores temporeiros", que a Consellaría de Sanidade remitiu aos Consellos Reguladores das Denominación de Orixe de viños galegas, e ás adegas inscritas nas Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP). Na súa opinión, a obriga do Goberno Galego, a través das Consellarías que teñen competencias na materia, como son as de Sanidade e Medio Rural, é elaborar un catálogo de medidas preventivas e protocolos de actuación fronte á Covid-19 adaptadas á realidade dos distintos traballos e actividades dos sectores agropecuario e forestal. Estes documentos, apunta Fruga, servirían así de guía e marco de referencia para as pequenas explotacións, persoas autónomas e pequenas empresas de servizos que teñen a súa actividade nestes sectores. Pero non se trata dunha petición nova. O pasado 17 de xullo Fruga rexistrou senllos escritos dirixidos a Medio Rural e Sanidade a elaboración de ditos catálogos, mais so obtiveron "a calada por resposta e a inacción". Neste senso, denuncian que a Xunta "segue sen baixar á realidade do país e practica o mimetismo do que están a facer noutros territorios do Estado español que teñen unha realidade social, e un tecido produtivo, moi distinto do noso". Respecto da solicitude de Sanidade, Fruga sinala que "estando ben facer os PCR preventivos aos traballadores temporeiros, o mundo da vendima non se acaba aí: hai familiares, veciños, amigos e coñecidos que nas pequenas e medianas explotacións agrarias colaboran, dun xeito tradicional e ancestral, nestes momentos punta de traballo na colleita. Que pasa con toda esa xente? Non interactúan entre eles nin co resto dos traballadores temporeiros?". "A analítica dará información do estado de saúde deses traballadores o día que lle saquen a mostra, pero iso non é estabelecer un sistema preventivo para diminuír o risco de contaxio", engade. Por iso desde a Fruga demandan a Feixoo, "xa que os seus conselleiros non o parecen ter asumido", a elaboración deses catálogos de medidas preventivas e protocolos de actuación para facer fronte ao avance da Covid-19. |
NOS_54811 | O secretario xeral da formación na Galiza asegura que as persoas que integrarán agora as distintas responsabilidades contaron co apoio da "maioría absoluta" do Consello cidadán. | Breogán Riobóo, secretario xeral de Podemos na Galiza, compareceu esta quinta feira perante os medios de comunicación para explicar as mudanzas introducidas na Mesa Cidadá da formación após as destitucións dos últimos días. Asegurou que se trata dun proceso "natural", segundo as declaracións recollidas por Europa Press, e defendeu que as persoas que pasarán a integrar as novas responsabilidades contaron co apoio da "maioría absoluta" do Consello cidadán. No concreto 15 votos a favor, unha abstención e un en contra. Este órgao estaba composto inicialmente por 34 persoas das que fican 27. Porén, Riobóo asegurou que non teñen intención de renovalo ao ter sido elixido pola militancia para un período de "tres anos". Neste senso, acrecentou, continuarán "mentres que a xente queira que sigamos". Na Mesa cidadá están xunto a el Cristina Laya, como responsábel de organización e igualdade; Marta Díaz, á fronte da secretaría de relacións institucionais, e Eduardo Nieto, como responsábel de coordenación e programa. As mudanzas na Mesa cidadá foron ratificadas por 15 votos a favor de 34 integrantes iniciais que compuñan o órgao mais do que só fican 27 Desta maneira, o secretario xeral de Podemos, fecha a porta ás mudanzas que reclamaron as tres persoas militantes de Podemos que veñen de ser eleitas parlamentares nas eleccións xerais. Antón Gómez Reino, Ángela Rodríguez e José Manuel García Buitrón reclamaban unha re-estruturación da organización após as críticas lanzadas polo propio Breogán Riobóo ao fío dos comicios de decembro e da súa propia destitución da dirección co obxectivo, defendeu Riobóo, de rachar coa "acumulación de cargos". Fronte ás críticas o secretario xeral de Podemos-Galiza dixo aceptalas e recollelas. Breogán Riobóo tamén se pronunciou sobre as eleccións ao Parlamento galego, previstas para outono deste ano. Neste senso, recuncou en que a militancia terá que posicionarse sobre a fórmula de concorrencia e recuncou na posibilidade de que a formación lilá se presente en solitario ou nunha confluencia "ampla". Ora ben, asegurou, coida unha "irresponsabilidade" que sexa En Marea quen decida en solitario de que maneira acudir ás urnas. |
NOS_2370 | "O que verdadeiramente lle convén a Galicia é a autonomía total no orde económico e fiscal". Alexandre Bóveda. | O Tratado de Funcionamento da Unión Europea identifica no seu artigo 349 as condicións desfavorábeis que afectan ás chamadas rexións ultraperiféricas (distancia, insularidade, tamaño, etc.). E prevé a posibilidade de establecer medidas específicas, como foi no caso de Madeira ou do coñecido como "caso Azores", que serviu en setembro do 2006 para sentar a xurisprudencia europea sobre o seu dereito a ter unha fiscalidade diferente ao resto do seu Estado; ou que dentro dun Estado membro poidan existir varios tipos impositivos. Non é menos periférico o noso país, sen ser unha illa. Nin foron os nosos devanceiros alleos a este problema, nin ao aporte de solucións. Así foi que no anteproxecto de Estatuto do Seminario de Estudos Galegos (1931), sendo relatores Paz Andrade, Risco, Lois Tobío, Carvalho Calero e Alexandre Bóveda, quen xa tiña demostrado a desfavorábel relación económica co Estado español nun traballo rigoroso anterior á redacción do anteproxecto, achegaban solucións á nosa problemática. No seu artigo 29 dicíase que corresponde ao Estado Galego as competencias en réxime tributario, débeda pública ou réxime dos institutos de banca e creto. Ou no 33, que o Estado Galego contribuirá ás cargas da Federación española coa cantidade que determine a súa lei de presupostos xerais. Polo tanto o artigo 33 reflicte un concerto económico bilateral Galicia / España, é dicir unha cota, na liña da que hoxe desfrutan Euskadi e Navarra. Bóveda, un adiantado ao seu tempo, no programa do Partido Galeguista aprobado o 6 de decembro de 1931, no apartado dedicado á Política fiscal, sinala como principais medidas o deslinde do réxime fiscal do Estado do poder autónomo e dos municipios; a creación dun imposto progresivo sobre a renda, cun mínimo vital; critica o sistema fiscal vixente por estar baseado na imposición indirecta e tamén por triplicar a recadación entre Concellos, Estado e Deputacións, o que multiplica por tres os gastos e a burocracia. Cuestións que aínda hoxe seguen vixentes. Xa o definitivo proxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza, aprobado pola Asemblea de Concellos de Galiza, celebrada en Compostela do 17 ao 19 de decembro de 1932, a iniciativa de Alexandre Bóveda e de Enrique Rajoy Leloup, é menos cobizoso, non só por pasar a definir o país de Estado a rexión. Os contidos da "facenda rexional" prevé á cesión a Galicia da recadación, administración e regulación, entre outros, da contribución territorial rústica e urbana ou do imposto sobre dereitos reais, persoas xurídicas e transmisións de bens; e a recadación, por delegación revogábel da Facenda da República, das contribucións, os impostos e os arbitrios que o Estado deba percibir en Galicia. Pola contra o seu artigo 26 permite á "rexión" fundar un Banco para organizar todos os seus servizos recadatorios, de tesouraría, crédito, previsión, etc. As principais contribucións do Estatuto aprobado no 1936, en resumen, foron a facultade de emisión de débeda pública pola facenda galega; a creación dun banco público galego e que Galicia fose quen recadase os impostos. Todo reforza o principio que Bóveda sempre procuraba respectar "sen financiamento non hai autonomía", aínda que do 1931 ao 1932 pasamos dun modelo de concerto económico a un sistema semellante ao do Estatuto do 1980, malia que Bóveda imprimiulle unha derivación cara as teses de máximos dentro do réxime de autonomías que permitía a Constitución española daquela. A Constitución española do 78 impón no seu artigo 138.2 un "corsé" ao sinalar que as diferenzas entre os Estatutos das distintas comunidades autónomas non poderán implicar, en ningún caso, privilexios económicos ou sociais. Ou no 135 cando di que non poderán incorrer nun déficit estrutural que supere as marxes establecidas pola Unión Europea ou que será unha lei orgánica, do Estado, a que fixará o déficit estrutural máximo permitido en relación co seu produto interior bruto. Así foi que no vixente Estatuto as nosas competencias víronse diminuídas, inseríndonos no chamado réxime común de financiamento, a vía aplicada a todas as comunidades autónomas non sendo Euskadi e Navarra. É un modelo de financiamento mixto baseado en impostos cedidos e na participación nos ingresos do Estado. Chegando a renuncia do seu artigo 54 a que a xestión, recadación, liquidación e inspección dos demais impostos do Estado, recadados en Galicia corresponda á Administración Tributaria do Estado. Do 1931 ao 1980 as expectativas de autofinanciamento nos consecutivos deseños de estatutos do país foron de máis a menos, limitando a política fiscal que o Goberno Galego pode desenvolver e sen terse percibido intento algún do recurso ao Tribunal das Comunidades Europeas para unha fiscalidade diferente a do resto do Estado. |
NOS_18670 | O muíño de Abaixo, o local social recreativo de Lérez, o castro do Monte dos Penedos, a Fonte Lunares... recóllense na páxina web "Tesouros do tempo", un catálogo dixital do patrimonio de Pontevedra, promovido polo Concello de Pontevedra e construído colectivamente. | Como o propio patrimonio cultural, tamén a páxina web "Tesouros do tempo" que vén de activar o concello de Pontevedra a través da concellaría de Patrimonio Histórico, quere estar construída coas mans de entidades e persoas amantes do seu ben común. Co obxectivo de conservar, catalogar e difundir o patrimonio cultural, de maneira especial o rural, a concellaría da que é responsábel Luís Bará convida a colectivos e á veciñanza a contribuír a este catálogo dixital, identificando elementos ou completando a información que se publica. Como noutras liñas de actuación da Concellaría de Patrimonio Histórico, a filosofía da que parte esta nova iniciativa é a de manter a natureza colectiva do patrimonio, comprometer á cidadanía na conservación e promoción deste ben común herdado xeración tras xeración . "Tesouros do tempo" artéllase en tres seccións, catálogo, roteiros e novas. O catálogo, aberto a novas incorporacións, preséntase como un repertorio organizado en bens arqueolóxicos, etnográficos, arquitectónicos e infraestruturas. En breve, o obxectivo é incluír tamén o patrimonio inmaterial que sexa recollido, desde lendas a contos, cantigas, danzas, festas, rituais ou saberes tradicionais. A colaboración da cidadanía permitirá ampliar o catálogo e incluír imaxes, datos ou documentación que complete cada unha das entradas patrimoniais. Roteiros naturais, urbanos ou nas parroquias Roteiro do Encoro do Pontillón do Castro, Roteiro das Mouras, Sendeiro do Lérez, a Pontevedra de Castelao, Roteiro dos Gafos... son algunhas das propostas para coñecer a cidade e as parroquias a través dos seus bens patrimoniais. En cada unha das propostas, mapas, tempo aproximado de duración, dificultade e elementos a visitar á manira dunha guía para convidar a coñecer Pontevedra a pé, por espazos moitas veces descoñecidos e sorprendentes. Sendas naturais, roteiros urbanos e roteiros nas parroquias son os tres apartados nas que se irán artellando as distintas camiñadas. Finalmente, a través de novas, a cidadanía poderá ter información puntual das distintas actividades así como a posibilidade de se inscribir cos datos na propia páxina. "Temos moitos tesouros por descubrir, por coñecer, por protexer. As portas están abertas, entra, é a túa casa", convidan na presentación de "Tesouros do tempo", unha páxina que nace con vocación participativa e colectiva, coa implicación da cidadanía e entidades "que cren nos valores do patrimonio cultural como ferramenta de cohesión, de identidade, de dinamismo e goce colectivo". Cal é a ponte de máis encanto de Pontevedra? Que Ponte de Pontevedra ten máis encanto? A do Burgo que atravesa o Lérez pola cidade? A medieval de Bora? A de Ponte Sampaio? Á pregunta pódese responder en "Tesouros do tempo" onde será a propia veciñanza a que escolla entre as múltiples pontes que lle dan nome e son símbolo de Pontevedra, como un elo máis para achegar á cidadanía ao patrimonio que é o seu ben común, o seu tesouro construído a través do tempo. |
PRAZA_16437 | Ana Pontón: "Ante a desigualdade, a violencia contra as mulleres e as actitudes neomachistas cómpre unha campaña directa e contundente; non caben medias tintas" | 12 gráficos que explican os motivos da folga feminista do 8 de marzo O pasado novembro a Xunta abordou a súa acción institucional cara ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero coa campaña O máis grande de Galicia non se maltrata, cuxa vertente gráfica amosaba imaxes de grandes dimensións de varias mulleres ao carón de diversos edificios e monumentos galegos. En vésperas do 8 de marzo, Día da Muller que neste 2018 vén marcado pola convocatoria de folga feminista, o BNG apostou por "dar a volta" ás mensaxes daquela campaña e lanzar outra, "clara e provocadora, capaz de xerar debate remover conciencias": "O máis grande de Galiza está até a cona". A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, presentou este martes xunto a outras representantes da formación soberanista unha acción de apoio á folga feminista que, resalta, "aposta por romper co politicamente correcto", porque "ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas". "Nun momento no que se repiten actitudes neomachistas tanto dende o Goberno do Estado como dende o galego", afirma Pontón, cómpre "unha campaña directa e contundente" que, admite, tivo "dous detonantes claros": a resposta na que Mariano Rajoy chamaba a "non meterse" dende o Goberno no problema da fenda salarial entre homes e mulleres e "as campañas paternalistas e cousificadoras da Xunta". Ana Pontón: "Ante a desigualdade, a violencia contra as mulleres e as actitudes neomachistas cómpre unha campaña directa e contundente; non caben medias tintas" Ambos elementos, resalta a nacionalista, son "toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres" que merece un "retruque" coma este. "Dicimos ao PP e ao señor Feijóo, e estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas", "de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres". Trátase, ao cabo, sintetiza Ana Pontón, de "denunciar as desigualdades" mediante a apertura "dun debate sobre o que está pasando" e "dicir, alto e claro", que ante datas como a do 8 de marzo "non valen de nada as campañas rituais nin os lazos lila que veremos en moitas lapelas de señores do PP". "Tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres. O Bloque agarda que esta campaña axude a fomentar a participación nas mobilizacións convocadas no país cara ao 8M, a comezar pola manifestación unitaria do día 4 en Vigo e "seguindo pola folga laboral do 8M. Pontón agarda que esa chamada ao paro de mulleres "se note nos centros de traballo, no consumo e nas casas" porque "o mundo non pode funcionar sen as mulleres e as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade". |
NOS_13620 | Naceu en Bizkaia, medrou nos bancos e círculos financeiros, delinquiu no Banesto, foi indultado por Zapatero e beneficiado por Rajoy e vén de xubilarse cunha pensión de 88 millóns de euros. | Alfredo Sáenz, vicepresidente e conselleiro delegado do Banco Santander, deixa a entidade financeira aos 70 anos. Con profundo pesar mais cun gorentoso cheque de 88 millóns de euros no peto. Ese é o prezo da súa pensión. Ao que engadir o seguro de vida ao seu favor por algo máis dun millón de euros. Sáenz marcha entre os aplausos e recoñecementos dos seus compañeiros de clase (na acepción non estudantil): o consello de administración do Santander fala de "extraordinaria labor" deste banqueiro . Os grandes medios de comunicación, pola súa banda, destacan que baixo o seu mandato este banco cuadriplicou o seu tamaño. De Guindos: "A historia da banca española terá que lembrar a este home. Foi un banqueiro notábel" Favorecido 'a diestra e siniestra' No que atinxe ao poder político, non fixo falta que dixesen nada. Ben amosaron con feitos que Sáenz merecía prebendas e privilexios. En 2011 foi indultado polo goberno e Zapatero. O Tribunal Supremo condenara ao banqueiro por unha denuncia falsa do Banesto, entidade que el presidía, contra catro empresarios cataláns. Denuncia feita co seu coñecemento e que procuraba cobrar un crédito impagado. A condena implicaba, principalmente, inhabilitación, e iso xerou pánico no mundo financeiro español. Mais non só Zapatero quixo botar un cabo ao banqueiro. O Tribunal Supremo anulara parcialmente o indulto de Zapatero, e a ameaza dunha posíbel indemnización pairaba sobre este banqueiro de 70 anos de idade. Mais aí estaba o goberno, agora en mans de Rajoy, para modificar a lexislación e que a posíbel condena de Sáenz non supuxese a súa saída da entidade. Como un traballador máis Agora Sáenz marcha para casiña. "Como un traballador mais" e "co deber cumprido", indican desde as entidades financeiras. Si, e cunha pensión que case equival ao orzamento do Concello de Compostela para 2013 |
NOS_38607 | O president negou que viaxase a Bruxelas a tramitar unha petición de asilo. Puigdemont enfatizou que se acha en Bruxelas non na súa calidade de cidade belga, senón na súa condición de capital da Unión Europea. Puigdemont -acompañado por 7 consellers, os 5 que se desprazaron inicialmente con el a Bélxica e 2 máis vindos de Irlanda- denunciou o "desexo de vinganza" do Estado español. | O Govern continúa operativo, é lexítimo e non acata a súa destitución. Primeira mensaxe de Puigdemont. Segunda: non ten intención de escapar á acción da xustiza española, mais non se moverá de Bruxelas mentres non receber garantías de que poda ter un xuízo "xusto e independente, con división de poderes". Terceira mensaxe: o Govern está en Bruxelas, mais tamén en Catalunya -onde fican Junqueras e o resto dos consellers, encarregados de xestionar o día a día até as eleccións do 21D. Puigdemont revelou que a estratexia do Govern foi decidida nunha reunión a pasada sexta feira á tarde (paralela á aquela en que o consello de ministros activou o 155). Nesa xunta resolveuse pór en marcha catro liñas de actuación: a) ir a Bruxelas para "no corazón de Europa" denunciar a "politización" e falta de neutralidade do poder xudicial español, proba do "déficit democrático" do Estado español; b) manter operativo o Govern; c) apoiar as iniciativas de "sindicatos e cargos institucionais" que tentan "evitar a aplicación do artigo 155" para manter vivo o autogoberno de Catalunya e d) tomar as eleccións do 21D como un "reto democrático". A determinación do Govern sería, pois, aceitar o desafío que lle formula Madrid cunhas eleccións que a Moncloa plantexa como unha sorte de plebiscito arredor do 155. Nese sentido, Puigdemont avanzou que o soberanismo aceitará os resultados do 21D, foren os que foren, mais se perguntou se o "Goberno do 155" fará o propio na eventualidade de o bloco independentista revalidar a súa maioría no Parlament. Non pedirá o asilo "Non estou aquí para pedir o direito de asilo. Non estou aquí en Bélxica, senón na capital de Europa. Estou aquí para actuar con liberdade e seguranza", dixo. Interpelado por un xornalista sobre se se vai pór a disposición da xustiza española, Puigdemont dixo que o faría de maneira imediata se "tivese garantía dun tratamento xusto", que non é o que cabe neste momento agardar da actuación do Estado en Catalunya, engadiu. "Máxima prioridade: evitar a violencia" Todo o feito polo Govern desde o 27O -día da declaración da indepencia e da activación do 155- até agora veu ditado por unha determinación, a de conducir os acontecimentos "sempre pola vía da paz e do diálogo", a máxima prioridade, dixo, "da maioría da sociedade catalá e do Govern". Esa determinación pacifista é a que tería levado ao Govern a "non pór os funcionarios públicos nunha situación difícil e a non os obrigar a tomar partido" por unha das dúas legalidades en conflito, a catalá -DUI- e a española -155. Esa decisión de non comprometer os servidores públicos -pola súa condición de tais deben ser neutrais nun conflito político, remarcou Puigdemont- tería como consecuencia "ralentizar" o procés, dixo o president, quen en todo caso antepuxo o desenvolvimento pacífico dos acontecimentos a calquera outra consideración. Nunha intervención en que Puigdemont se revelou como un consumado políglota -falou catalán, español, francés e inglés- houbo tamén un momento para dirixir á sociedade catalá unhas palabras carregadas de solemnidade: "Pido aos cataláns que se preparen para un camiño longo. O Estado español só entende o uso da forza". E nese campo, o da violencia, o soberanismo nunca vai xogar, proclamou. |
NOS_8028 | A Caeira (Poio) centrará os actos institucionais pola mañá e a Praza de Curros Enríquez (Pontevedra) o acto político contra o serán. A Fundación 'Alexandre Bóveda' entregará o VII Premio 'Día de Galiza Mártir á recuperación da Memoria Histórica' á Xosé L. Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero F. Iglesias Dobarrio (Mero) nun xantar no Pazo da Cultura e pola tarde visitará o Cemiterio de San Amaro. | A Fundación Alexandre Bóveda fixo pública a programación de actos do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, nesta edición 2012. Comezarán coa tradicional Homenaxe Institucional do Concello de Poio no monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio (13 horas). Nel intervirán en representación dos concellos vinculados á vida e morte de Bóveda, Silvia Díaz Iglesias (Concelleira de Cultura), Isabel Pérez (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense), Miguel A. Lores (Alcalde do Concello de Pontevedra), Luciano Sobral (Alcalde de Poio) e Amalia Bóveda (en representación da Familia Bóveda). Despois dos parlamentos realizarase unha homenaxe floral e a Escola de Música Tradicional de Poio interpretará o Himno nacional galego. Ao mediodia (14 horas) terá lugar o xantar no Pazo de Cultura (rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra) no que se entregará o VII Premio 'Día de Galiza Mártir á recuperación da Memoria Histórica' que nesta ocasión recibirán Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero). As inscricións realízanse a través da páxina da propia Fundación.Pola tarde realizarase unha cerimonia de aniversario na Capela de San Amaro (18:30 horas) e un acto cívico diante do sartego de Alexandre Bóveda no que intervirán Mini e Mero (19 horas), ambos no cemiterio de San Amaro de Pontevedra. Contra o serán celebrarase o acto político (20:30 horas) coas intervencións de Ernesto Vázquez, Valentín G. Bóveda e Francisco Jorquera (Deputado do BNG no congreso dos Deputados) na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda. 'Día da Galiza Mártir' no Centro Social 'A Revolta'A Asociación Cultural 'Revira' realizará o 17 de agosto varias actividades para lembrar, tamén, o Día da Galiza Martir. Comezarán ás 19 horas cunha palestra do historiador Xosé Álvarez arredor da "Represión durante a guerra civil na comarca de Pontevedra". Despois celebrarase unha cea de confraternización que rematará cun concerto a cargo de Leo e arremecaghoná. As inscricións para a cea realízanse a través do correo electrónico [email protected]. No número 9 do semanario Sermos Galiza entrevistamos a Mini e Mero e repasarmos canda eles a súa traxectoria profesional. |
NOS_19703 | Coas vacacións na porta e por fax, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de facer público un novo recorte para o persoal docente substituto a quen se lle suspenderá do dereito de nomeamento nos dous meses de verán. | O persoal docente substituto completaba, até o de agora, cun novo nomeamento, ao teren prestado cinco meses e medio de servizos durante o curso, os dous meses de verán. A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de facer público un recorte máis ao suspender o dereito de nomeamento nos meses de xullo e agosto, unha medida que anuncian tamén para o curso 2012-13. Concentración día 29 ás 11.30 A CIG-Ensino, que recibiu a notificación da medida por volta de media tarde, xa se adiantou a facer un chamamento ao persoal afectado co fin de que participe nunha concentración o venres 29 de xuño ás 11.30 diante da Consellaría, no Edificio Administrativo de San Caetano. O obxectivo é que o Conselleiro retire unha circular que nin siquer pasou pola mesa de contratación, segundo denuncian. Ante a gravidade desta noticia, a CIG-ENSINO fai un chamamento a todo o profesorado afectado para que participe nunha concentración co obxecto de que o Conselleiro retire esta circular, que non pasou pola mesa sectorial (órgano de negociación onde deben ser tratados todo os asuntos que teñen que ver co profesorado). A concentración terá lugar diante da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza (Edificio Administrativo San Caetano sn, Santiago de Compostela) este venres 29 de xuño ás 11.30 h. "É inaceptable que a Consellaría agarde ata unha data tan avanzada do curso académico para anunciar unha medida tan dura para o profesorado substituto" apuntan desde CIG-Ensino. |
NOS_9934 | O piloto de Carballo finalizou no posto 44 da clasificación xeral de motos na exixente Afriquia Merzouga Rally. | Fran Gómez Pallas estará na saída do prestixioso Rally Dakar 2018, acumulando así sete participacións na mítica proba. Unha participación que este piloto de Carballo vén de garantir na súa participación no exixente Afriquia Merzouga Rally, que completou logrando clasificarse entre os 50 primeiros. Acabou no posto 44 da clasificación xeral por motos coa súa Honda CRF-X 450 preparada por Augusto Riveiro. Gómez Pallas mostrouse satisfeito por "lograr obxectivo que nos marcaramos, completando a carreira entre os primeiros 50 competidores e, sobre todo, adquirindo unha valiosa experiencia de cara ao Dakar 2018". O de Carballo recoñeceu que "no rally houbo de todo: una avaría mecánica, problemas co road book, unha sobrecarga muscular… até incluso ficamos sen gasolina. Porén, as sensacións coas que regreso á casa son inmellorábeis". Dakar A respecto do Dakar 2018, que decorrerá en Arxentina, manifesta que este ano "a aposta é moi forte, duplicando os gasto e triplicando os esforzos mais vamos a por todas". |
NOS_51060 | Integrarán o sistema de repartición de máscaras aproximadamente 350.000 persoas. | O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, vén de anunciar en rolda de prensa telemática que serán os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, as policías locais, as municipais e os membros de Protección Civil os que repartirán, a partir do próximo día 13 de abril, as máscaras que recomendan para a cidadanía "que non teñan máis remedio que saír á rúa para ir traballar e teñan que facelo en transporte público". En total repartiranse 10 millóns de máscaras no conxunto do Estado español. Así o apuntou o ministro do Interior tras a intervención do seu compañeiro de Sanidade, Salvador Illa, sobre as circunstancias que rodearán a volta á actividade o vindeiro luns dos traballadores daqueles servizos non esenciais. Serán tamén os axentes -que se mobilizarán xunto aos interinos, segundo o ministro- os que vixíen que entre os cidadáns que utilicen o transporte público se respecta a distancia de seguridade que recomendan as autoridades necesarias. Non se relaxan as medidas "A repartición de máscaras é só un apoio das medidas de protección da saúde", segundo Marlaska, quen advertiu que a etapa que empeza o luns non supón unha relaxación das medidas de limitación de movementos que se estabelecen no artigo 7 do Real Decreto de Estado de Alarma. Neste punto, sinalou que o uso da máscara é recomendable, non obrigatorio, e "se alguén non a quere poñer, pois non a pon", pois o único ao que o cidadán está obrigado é a cumprir son as restricións de mobilidade apuntadas no Real Decreto. A preguntas dos xornalistas, respondeu que as forzas da orde detectaron unha lixeira relaxación por parte dos cidadáns, á que restou importancia, subliñando que o importante é manter o cumprimento das medidas adoptadas. Integrarán o sistema de repartición de máscaras, entre axentes e persoal de Protección Civil case 350.000 persoas. |
NOS_48642 | As granxas galegas seguen ameazadas polos baixos prezos que paga a industria do leite. Malia contar agora con cláusulas onde sinalar os custos de produción, as propias empresas seguen a impoñer as tarifas. Algunhas explotacións e sindicatos están dispostos a denunciaren estas prácticas e piden que mude a lexislación. | A solución que deu o Ministerio de Agricultura ás demandas das explotacións gandeiras para controlar que a industria láctea pague por riba dos custos de produción non están funcionando. As organizacións agrarias denuncian presións e ameazas por parte das empresas que nalgúns casos xa están en vías de chegar aos tribunais. A situación non é nova e xa houbo varias advertencias sobre presións a algunhas granxas coa pandemia da Covid-19 por medio. É o caso de Inleit que anunciou no seu día un recorte de prezos desde o mes de xullo mudando os contratos anuais por trimestrais e deixando a tarifa de recollida en 29 céntimos por litro. Desde Unións Agrarias (UUAA) explican a Nós Diario que estes días comezarán a presentarse demandas por impago a esta industria que traballa na actualidade cunhas 200 explotacións galegas. "Entendemos que a modificación á baixa é ilegal por ser presentada unilateralmente pola empresa, tal e como comunicou nun burofax", asegura o seu secretario xeral, Roberto García. Este sindicato xa puxera en coñecemento da Axencia de Información e Control Alimentario (Aica) esta situación e agora cren que a intervención xudicial podería darlles a razón. Contratos con fórmulas que baixan o prezo Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) afirman que "o prezo do leite segue en caída libre" pasando de 32,7 céntimos de decembro aos 31,9 de xuño como media na Galiza, segundo o Fondo Estatal de garantía Agraria (Fega). As fórmulas para "salvar" a ilegalidade de baixar o prezo do leite sen que existan razóns obxectivas de mercado son varias. Unha delas, segundo explican desde o SLG, é a que emprega o grupo francés Lactalis para os seus contratos. "Os prezos en orixe parten dun valor de base de 29 céntimos, que contribúe a 50% do valor final pagado, quedando o outro 50% suxeito a variábeis arbitrarias e decididas unilateralmente pola empresa", sinalan. Isabel Vilalba, secretaria xeral deste sindicato, asegura que "empresas como Lactalis, Larsa ou Reny Picot empregan este tipo de contratos con eses apartados que teñen uns parámetros que non coñecen as explotacións gandeiras, polo que están indefensos". A través deste método as empresas acaban por impoñer unha baixada como mínimo de 1 céntimo con respecto ao prezo fixado no anterior contrato. Da ameaza verbal ao burofax O SLG denuncia que as granxas que se negaron a asinar a cláusula dos custos de produción postos pola industria xunto co contrato unha vez presionados de maneira verbal "acaban recibindo un burofax como ultimato para obrigalas a asinar unha cláusula de custos cos datos falseados". Vilalba relata a Nós Diario que esta situación é "unha burla ao sector". Afirma que estas manobras "se houbese un procedemento xudicial entre industria e as explotacións gandeiras farían valer estes contratos cando hai unha extorsión clarísima". Desde esta organización apuntan como unha das razóns da "indefensión" das granxas que o Ministerio segue sen facer cumprir a lei que el mesmo modificou a través de ferramentas como a Axencia de Información e Control Alimentario (Aica). Ademais apuntan que "a Consellaría segue sen cumprir a súa promesa de elaborar uns índices de referencia para fixar uns custos de produción oficiais na Galiza que se poidan reflectir nos contratos". Elías Somoza, coordinador dos sectores gandeiros da Federación Rural Galega (Fruga), sinala a Nós Diario que nestas circunstancias "se as Administracións son incapaces de dotarse dunha lei de calidade alimentaria que impida os abusos deberían cambiar esas leis do mercado da competencia que afogan as explotacións gandeiras". A recomendación do Ministerio de Agricultura de que as granxas acudan á Aica para denunciar non sería viábel para Fruga. "Para iso a persoa titular da explotación tería que demostrar con datos verificábeis que o prezo do contrato é inferior aos seus custos, algo que só poderán facer quen teña contabilidade analítica, unha inmensa minoría", asegura. Indignación ao afirmar a patronal láctea que "non lles consta" abandonos polos custos As declaracións a Efeagro de Luís Calabozo, director xeral da Federación Estatal de Industrias Lácteas (Fenil), asegurando que "non lle consta" agora que "haxa abandonos de produción" leiteira por "non cubrir custos" causaron indignación nas organizacións agrarias galegas. Desde Fruga, Elías Somoza afirma que "demostran o abuso que hai por parte da industria e que recibimos moitas gandeiras e gandeiros, coa complicidade da propia administración neste caso". Non entenden que Calabozo "saiba cales son os custos de produción cando debería saber máis de custos de transformación". Para o SLG "as prácticas mafiosas coas que se lles está a extorsionar ás nosas granxas resultan tan lamentábeis como hipócritas estas declaracións". |
NOS_58054 | O activista, de 76 anos, foi sancionado con 600 euros de multa por "alteración orde pública". Varias ducias de persoas concentráronse para apoialo perante o xulgado do concencioso. O seu avogado fala de "ambigüidade" do atestado policial. | Varias ducias de persoas tomaron parte nunha concentración en apoio Nicanor Acosta, activista de 74 anos de idade multado con 600 euros por protestar contra o despexo de Aurelia Rey en febreiro de 2013. Entre as persoas presentes na mobilización de apoio convocadas por plataformas de Stop Despexos estaban representantes de BNG, Anova, Marea Atlántica, IU, Podemos, así como o bombeiro Roberto Rivas (sancionado por se negar a facilitar o despexo de Aurelia). O Avogado do Estado considera Nicanor como responsábel dun delito de "alteración da orde pública" por facer, durante aquel despexo, "instigacións á desobediencia á autoridade". Acosta, ás portas do xulgado do contencioso, nos edificios Proa, e en declaracións recollidas por Europa Press, cualificou de "inxusta" a sanción que se impuxo, lembrando que a súa non é a única, pois hai máis multados por se opor a aquel desafiuzamento. Reiterou que os despexos "non teñen sentido, e menos o dunha anciá". O seu avogado, Antonio Vázquez, explicou que a vista desta segunda feira debíase ao recurso que Nicanor presentara contra a súa sanción. Entre as alegacións da defensa á multa está a "ambigüidade" do atestado policial e a falla de concreción de dados. |
NOS_57503 | A empresa de grandes almacéns presentou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego que afecta a todas as traballadoras da firma. | El Corte Inglés, a empresa de grandes almacéns máis importante do Estado español, e que conta con centros nas principais cidades galegas, fixo público que vén de presentar ante o Ministerio de Traballo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) acolléndose ás medidas habilitadas polo Goberno e recollidas no Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo, no que se declara o estado de alarma con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. Segundo explican, adoptan esta medida "por causa de forza maior", e anuncian que se prolongará durante "14 días contados desde a data de publicación do Real Decreto, e a súa ampliación virá determinada polo tempo que dure o actual estado de alarma". O Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) afectará 22.000 persoas, aínda que a empresa "se compromete a complementar as achegas que realice o Estado até cubrir a totalidade dos seus salarios". A medida tamén é de aplicación sobre as traballadoras de outras empresas do grupo, como Viajes El Corte Inglés (1.900 persoas) e a firma de moda Sfera (2.000 persoas). El Corte Inglés fora acusado a fin de semana pasada de "expor á súas empregadas ante o coronavirus" polas intencións do grupo de ampliar os seus horarios de apertura, segundo denunciara Comisións Obreiras (CCOO). O sindicato acusara a El Corte Inglés de "usar a epidemia para facer caixa para incrementar os seus beneficios". |
NOS_20625 | As sondagens reveladas nos últimosdias dão a Correa uma clara vantagem para as eleições de 17 de fevereiro, podendo mesmo vencer no primeiro turno. | A empresa privada Market, numa sondagem realizada em janeiro, dá ao candidato da Aliança País 49% de intenções de voto, seguido por 18% do ex-banqueiro Guillermo Lasso, Movimento Creo, e do ex-presidente Lucio Gutiérrez, com de 12%. Mais distantes estão Alberto Acosta e Álvaro Noboa, com 6% e 4%, respetivamente. Segundo a empresa "Perfis de Opinião", a diferença é ainda maior, com Correa com 63%; Lasso tem 9%, Gutiérrez, 4%, e Noboa, 2%. "A Revolução Cidadã promete aprofundar e radicalizar o seu programa: um louvor à justiça, à dignidade, à soberania, ao socialismo e à verdade" A proposta do Socialismo do Bom Viver O programa de governo 2013-2017 de Correa apresenta as "35 propostas para o Socialismo do Bom Viver", cujo principal lema é "governar para aprofundar a mudança".Dessa forma, desde a apresentação desse extenso documento (139 páginas), anuncia-se que "a Revolução Cidadã promete aprofundar e radicalizar o seu programa: um louvor à justiça, à dignidade, à soberania, ao socialismo e à verdade". Retoma, assim, o ideal independentista do Bolívar, Sucre, Manuela Sáenz e Eloy Alfaro Delgado (mencionado na introdução com seu "Nada para nós, tudo para a pátria, para o povo que se fez digno de ser livre"). Enquanto em 2006 os 10% mais ricos obtinham 28 vezes a mais do que o 10% mais pobres, em 2011 a brecha diminuiu 10 vezes Mas quais são os principais eixos propostos? Para começar, aprofundar a melhoria da qualidade de vida dos trabalhadores e das maiorias populares, demonstrada na diminuição da desigualdade por rendimento, medida pelo coeficiente de Gini: enquanto em 2006 os 10% mais ricos obtinham 28 vezes a mais do que o 10% mais pobres, em 2011 a brecha diminuiu 10 vezes. Revolução Cidadã A isto junta-se uma segunda conquista da Revolução Cidadã, também apresentada no documento: "o resgate do público e a reconstrução de um Estado que tinha sido desmantelado por um neoliberalismo selvagem e a indiferença da burguesia".No entanto, a proposta da Aliança País vai além. E aqui, sem dúvida, podemos mencionar como antecedentes a ideia do "Socialismo do Século 21" na Venezuela, e o "Socialismo Comunitário do Bom Viver", promovido pelo governo do MAS na Bolívia. Info tirada de Esquerda.net |
NOS_45406 | Traballadores e traballadoras mobilízanse diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Compostela. Alertan de que a falta de actividade da central térmica ten consecuencias sobre todos os sectores económicos da vila e da súa comarca, e demandan información respecto das tres reunións que o goberno galego solicitou á compañía. | A mobilización apoiou ás representantes do persoal da empresa nas Pontes que, xunto o alcalde das Pontes, Valentín González (PSdG) e representantes dos transportistas, mantiveron unha entrevista coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o secretario xeral da consellaría de Economía e o Director Xeral de Enerxía. Na rúa, os concentrados provocaron un corte de tráfico, mentres nas Pontes a compañía paralizaba esta sexta feiras as obras de reforma de dous grupos. "É extremadamente urxente unha reunión coa alta dirección de Endesa para que aclare as súas intencións na central das Pontes", coincidiron os representantes das traballadoras e traballadores. "Non podemos seguir dando pasos nesta situación sen saber o que pensa a dirección de Endesa", incidiu Alberte Amado, membro da CIG, e explicou que a multinacional ten que falar cos sindicatos e en presenza da administración pública. "Ten que dicir o que pretende facer coa central térmica, máis logo de que paralizasen as obras de reforma de dous grupos porque, aínda que di que as paraliza temporalmente, iso pon en cuestión a viabilidade futura da planta", advertiu Amado. O goberno galego comprometeuse a tramitar xuntanzas coa dirección de Endesa en Madrid (para esixirlle que non tome medidas que afecten ao emprego), co Ministerio de Transición Ecolóxica (para pedir a modificación do chamado céntimo verde), e co comisario europeo de Enerxía e Acción polo Clima (para abordar a regulación do mercado de emisións de dióxido de carbono). A solicitude xa foi tramitada mediante escrito asinado polo propio presidente da Xunta. Próximas mobilizacións O día 16, segunda feira, está prevista unha concentración do persoal da empresa ás 11:00 horas diante do Viceconsulado italiano na Coruña, polo conflito dos beneficios sociais de Endesa, que segue aberto, e ás 12:00 horas a protestas chegará á Delegación do Goberno para denunciar a paralización da central térmica. |
NOS_13068 | Galiza está na cola do gasto cultural no Estado español, segundo se deduce dun estudo baseado en datos do Instituto Nacional de Estatística. Só por riba de Extremadura, as familias galegas gastan ao ano arredor de 1.000 euros menos que as da comunidade de Madrid, que se sitúan á cabeza da lista. | O estudo "O gasto en Cultura e Ocio en España 2013" que fixo público o Strategic Research Center con datos do Instituto Nacional de Estatística sitúa unha caída do gasto en cultura dun 12% entre os anos 2008 e 2011. O estudo recolle que despois das extremeñas, as galegas son as familias que menos gastan en cultura de todo o Estado, con 1.539 euros ao ano, a só doce euros da fin da listaxe e case mil por baixo de Madrid, que é a comunidade con máis gasto en cultura anual con 2.459. Baleares con 15.80 euros ao ano, Castilla-La Mancha con 1.606 e Andalucía con 1.623 continúan a listaxe despois de Galiza para chegar á cabeza con, após Madrid, Navarra -2.239- Catalunya -2.160- e La Rioja cun gasto anual por familia de 1.981 euros. |
NOS_41386 | Segunda entrega do percorrido pola costa de Malpica, de grande interese paisaxístico e histórico. | Partindo da vila de Malpica collemos o primeiro desvío que nos achegue ás praias de Area Grande e de Canido, desde onde temos unha fermosa vista do seo, das praias e de Malpica ao abrigo da Atalaia. Desde aí saímos á estrada que vai a Ponteceso onde, ao pouco, atopamos un indicador de dirección á praia de Seaia, que nos leva por dentro do lugar, pero é complicado dar co camiño correcto, polo que o mellor é seguir un pouco máis adiante, onde volvemos atopar outros indicadores á praia de Seaia e ao cabo de San Hadrián. Meténdonos por este, imos até o pé do IES e alí volvemos ter indicacións que nos levan sen perda á praia; volvendo polo mesmo camiño ata o IES, xa estamos collendo á dereita a estrada que nos leva á ermida e ao miradoiro do cabo de San Hadrián para ver o espazo percorrido, as illas Sisargas e a costa ata a punta Nariga e máis alá. Paraxe: Costa da Morte / Concello: Malpica / Percorrido: 46,5 km (en coche) / Dificultade: Baixa Volvemos polo camiño da ida á estrada que vai a Ponteceso e logo atopamos, á dereita, o indicador de praia de Beo, á que hai que baixar e volver de novo á estrada para poder cruzar o río e poder seguir por ela até o seguinte desvío á dereita con indicadores a Barizo e ás praias de Seiruga e Area Pequena, un pouco adiante desviámonos á dereita para ir ao esteiro, á praia de Seiruga e á praia de Area Pequena, todas ben indicadas. Da praia de Area Pequena, sen volver atrás, seguindo a estradiña asfaltada, saímos á estrada de Barizo e, collendo por ela á dereita, imos ao lugar do porto de Barizo e á punta das Garzas. Desde o lugar de Porto de Barizo podemos achegarnos camiñando ata a praia, pero tamén podemos facelo no coche se, volvendo pola estrada, collemos o desvío sinalizado ao faro de punta Nariga, a praia de Barizo e ao porto; a uns 700 metros temos un desvío á dereita ao porto e a praia, que 300 metros máis adiante, se bifurca para ir, á praia, á dereita, e ao porto, á esquerda. Volvendo ao punto de partida do desvío temos que coller á dereita para seguir camiño a Punta Nariga. Ao pé da capela de San Nicolás, collemos á dereita e logo outra vez á dereita para ir xa sen perda até o faro de Punta Nariga. De volta, ao pouco de deixar atrás a capela de San Nicolás, temos un desvío á dereita que nos leva a Mens e ao chegar outra estrada ao pé das primeiras casas collemos á esquerda e seguimos logo cara á dereita para saír á estrada principal atopámonos case de fronte coas Torres de Mens, ás que podemos achegarnos, e despois coller a estrada en dirección a Malpica onde rematamos o percorrido. Desde o porto de Malpica a Punta Nariga percorremos uns 35 km (lineal), para volver a Malpica (por Mens) facemos 11,5 km. A costa de Malpica de Bergantiños (I) |
NOS_58067 | Sobre como foi recibido Cantares Gallegos unha vez publicado hai moito escrito; sobre como se anunciou a publicación, ou como diríamos hoxe, como se planificou o lanzamento editorial e se creou o ambiente necesario para a súa comercialización hai menos, por non dicer nada. | Mais, como foron os días previos ao 17 de maio de 1863? O quince de marzo de 1863 Galicia, Revista Universal de este reino anuncia a publicación de Cantares Gallegos, versos de Rosalía Castro de Murguía. Está na prensa, di a revista, "esta preciosa colección de poesías galegas tan apreciadas polos periódicos da Galiza e de Castela". 300 páxinas, excelente papel francés, letra compacta mais clara e elegante. O prezo, 12 reais. Editor, D. Juan Compañel, Vigo. Detallado o produto, cómpre criar o interese necesario para o poder vender e para iso o autor do texto, Francisco de la Iglesia, identifica e illa os elementos que dan valor ao libro e polo tanto xustifican a súa compra: 1.-Cualidade literaria.2.-Perfección métrica.3.-O coñecemento que a autora ten da súa terra.4.-A empatía que este coñecemento vai producir especialmente nas clases populares e5.-A consecuente popularización da obra derivada da interiorización por parte de lectoras e lectores da proposta literaria de Rosalía. Así que, continúa a revista, "recomendamos a adquisición da súa nova obra, que non só debe ocupar o andel de todo bon galego literato, senón que parece chamado ese libro a ser de texto para todo poeta que teña que metrificar no galego idioma" Cualidade literaria e perfección métrica perfectamente recoñecidas. Mais hai máis: os cantares, co tempo, han de se popularizar tanto que mesmo ocuparán a memoria dos campesiños, que os entoarán unidos ás cantigas populares que o propio libro ten pois a autora soubo facer un texto de simbiose total entre a poesía popular, entre as notas "tenras, sentimentais e sinxelas" dos campesiños e a súa propia poesía. Así publicitou a editora o lanzamento de Cantares: "Non só debe ocupar o andel de todo bon galego literato, senón que parece chamado ese libro a ser de texto para todo poeta que teña que metrificar no galego idioma" Na mesma revista o un de maio faise de novo unha apelación á compra do libro: "son tan dignos de atención pública estes textos que parece imposíbel que lidos unha vez ou parte deles, exista persoa normal que non trate de adquirir estas producións" Só achamos estas dúas notas anunciando a publicación de Cantares. É moito menos do que aconteceu con outras obras. E contrasta coa fría recepción, máis ben indiferenza, que a crítica na Galiza outorgou aos Cantares a partir do 17 de maio de 1863. . |
PRAZA_4871 | Un grupo de arquitectos locais e a Asociación de Veciños de Tirán propoñen unha serie de actuacións para recuperar o vello Camiño Real que une as dúas vilas. Rexeitan o proxecto de ampliación da estrada para facilitar a circulación de vehículos de motor. | Ampliar e desdobrar a estrada entre Cangas e Moaña para permitir a circulación de máis automóbiles, ou mellorar o espazo destinado a peóns e ciclistas? Este é un debate aberto nos últimos tempos no Morrazo. A PO-551, a vella estrada que une estas dúas vilas é unha vía estreita, que atravesa varios núcleos, como Tirán, e que soporta un tráfico moi denso, sobre todo no verán, e que ademais non permite a circulación cómoda e segura de peóns e ciclistas. En paralelo, existe un camiño tradicional, o Camiño Real ou Camiño de Tirán, moi utilizado polos veciños e veciñas para facer desprazamentos internos e tamén para percorrer os escasos cinco quilómetros que separan Moaña e Cangas. Os arquitectos locais Martín Barreiro, David Pereira e María Novas, de Rurban Proyectos Participados, elaboraron un proxecto de recuperación e acondicionamento desta vía, con solucións para melloralo naqueles puntos nos que cruza ou coincide coa actual estrada. A Asociación de Veciños de Tirán apoia firmemente a proposta e mesmo convocou esta fin de semana unha marcha reivindicativa por este camiño, na que participaron ao redor de 200 persoas. Ao tempo, existe tamén unha proposta para facer máis ancha a PO-551, un proxecto caro e que ademais implicaría a perda dalgúns dos espazos que hoxe permiten a circulacíón a pé. A Asociación de Veciños de Tirán apoia firmemente a proposta e mesmo convocou esta fin de semana unha marcha reivindicativa por este camiño, na que participaron ao redor de 200 persoas Para Martín Barreiro, David Pereira e María Novas, "a experiencia dita que existe unha consecuencia inevitable da ampliación dunha estrada: o aumento do tráfico. A este fenómeno chámaselle efecto chamada. É dicir, canto máis doado é circular por un camiño máis se chama ao tráfico. Por este motivo denunciamos que desdoblar o camiño sería como darlle touciño a quen ten o colesterol alto: un despropósito". Engaden que "basta pensar no que acontece na Borna, O Con, Areamilla, Liméns, Nerga, Vilanova, Pinténs, Areacova, Menduíña, etc. Canto máis medraron as estradas, máis se agravou o acceso da veciñanza ás súas casas". "O camiño permítenos a todos coller menos o coche ao tempo que, de forma cómoda e segura, nos leva a Moaña ou a Cangas" "Este camiño cada vez máis leva máis xente a pé e bicicleta; xa sexa por motivos de saúde, lecer ou desprazamento" -salientan- "O camiño permítenos a todos coller menos o coche ao tempo que, de forma cómoda e segura, nos leva a Moaña ou a Cangas". É dicir, conecta a toda a veciñanza destes lugares cos núcleos onde se concentran os servizos e tamén as comunicacións, comezando polas estacións marítimas que conectan por barco Moaña e Cangas con Vigo. Cómpre lembrar que Cangas (26 mil habitantes) e Moaña (máis de 19 mil) suman unha poboación total de 46 mil persoas, unha mostra da importancia deste camiño. Que camiño queremos diante das nosas casas? Os arquitectos botan man así mesmo dunha metáfora para demandar un debate repousado sobre as consecuencias de construír certas infraestruturas ou de levar a cabo certas modificacións urbanísticas: "Nunha parroquia do Morrazo, ano tras ano, un grupo de veciños convocaba un pequeno referendo. Sostiñan que sería proveitoso tirar a única árbore do campo da festa. Sostiñan, ademáis, que a metade dos votos eran suficientes. Precisaron cinco intentos ata que a insistencia lles deu o seu premio; conseguiron o ansiado obxectivo: reuniron o metade dos votos. A árbore caiu. Ao ano seguinte, aínda que todos votaron que o mellor sería devolver a árbore ao seu sitio, nin tan sequera estando todos de acordo, nada se puido facer contra a decisión do ano anterior". Os arquitectos botan man así mesmo dunha metáfora para demandar un debate repousado sobre as consecuencias de construír certas infraestruturas ou de levar a cabo certas modificacións urbanísticas Convidan a pensar "que camiño queremos diante das nosas casas?" e destacan que "o camiño é o espazo no que nos encontramos boa parte da veciñanza, o lugar no que pasean os nosos maiores, a ruta do colesterol para moitos, patio para os nenos que dan dúas patadas a un balón e ata pista pola que vemos correr aos remeros do clube da parroquia". Conclúe que "todo isto sería impensable nunha estrada como a da Meixoada, a de Coiro, a de Verducedo... Tirán é Tirán, en boa medida, gracias a ese camiño". Actuacións concretas Na súa proposta destacan que o camiño está intacto e segue sendo peonil en boaparte do seu percorrido, pero ao cruzarse coa estrada principal, atópase cortado en catro treitos, que dificultan o tránsito de persoas e que, nalgúns casos, xeran situacións de perigo. De feito, destacan que "a falta da axeitada sinalización xunto co deseño e inseguridade nos cruces coa estrada" fai que moitas persoas rematen "por usar a escasa beirarrúa da PO-551". Para iso, propoñen algunhas solucións. "Pontevedra está gañando premios que se traducen en máis fondos para novos proxectos. Tirán tamén ten dereito a ese modelo de desenvolvemento: máis humano e feito á medida desta parroquia" En primeiro lugar, prevén que o camiño comece e remate nas dúas estacións marítimas, para facilitar deste xeito a comunicación con Vigo, sumando un total de 5,4 quilómetros, que se percorren a pé en menos dunha hora. En segundo lugar, propóñense actuacións nos lugares nos que o camiño cruza a estrada (Castrovello e O Cuco), espazos que serían convenientemente sinalizados e nos que se instalarían semáforos. De igual xeito, noutro punto, á altura do Lidl, o camiño non existe, pois foi ocupado totalmentepola estrada; polo tanto, apóstase por reservar un espazo ancho (2,5 metros) para a circulación de peón, separado da calzada cun petril. Finalmente, para facer máis doada a convivencia no Camiño de Tirán de peóns, bicicletas e vehículos de motor (usados polos veciños para acceder ás súas casas), proponse sinalizar estes treitos como "zona residencial", é dicir, que os vehículos deberán circular a un máximo de 30 ou 20 quilómteros por hora. "A esa velocidade o peón, o coche, e a bicicleta poden convivir, sen necesidade de aceras, carríl bici, etc. Que por outra banda son inviables e e custosísimos", sinalan. Os autores do proxecto destacan que "este tipo de proxecto vai na mesma liña que tantos outros que se están poñendo en práctica noutros lugares de Europa, pero tamén en España e Galicia. Pensemos no exitoso plan de humanización do centro de Pontevedra, onde se mellorou a cidade, gañando en accesibilidae, seguridade, espazos para xente, etc.". Engaden que "Pontevedra está gañando premios que se traducen en máis fondos para novos proxectos" e que "Tirán tamén ten dereito a ese modelo de desenvolvemento: máis humano e feito á medida desta parroquia. Será ese o desenvolvemento polo que tanto estivemos agardando?". |
NOS_19285 | Adega afirma que a administración viuse "obrigada" a dar este paso a raíz do contencioso interposto por esta asociación o pasado mes de xullo. | A Xunta enceta o expediente administrativo para declarar como BIC (Ben de interese cultural) a Cova de Eirós. Un proceso que chega "tras oito anos de longa espera", indican desde Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza. A Cova de Eirós é un dos principais expoñentes do paleolítico en Galiza e a única cavidade galega con pinturas e gravados rupestres. Adega ten claro que a Xunta comezou agora a dar os pasos correctos "en previsión de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz do recurso contencioso-administrativo interposto por Adega non mes de xullo contra a Consellaría de Cultura, por desestimar presuntamente por silencio administrativo a nosa solicitude de inicio da tramitación para a declaración oficial da Cova Eirós como BIC". Desde a asociación informan que a Xunta, no seu escrito de contestación á demanda, "recoñece que as nosas intencións son lícitas e informando que o pasado 10 de abril, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, comezou a incoación do expediente BIC demandado, "evitando así unha sentenza do tribunal contraria aos seus intereses". A asociación considera que o procedemento xudicial foi "determinante para conseguir o obxectivo que tanto tempo levamos perseguindo: que a Cova Eirós se protexa con todas as garantías legais". Malia que a Xunta alega que a Cova xa ten a consideración 'ex lege' de Ben de Interese Cultural por conter pinturas rupestres, "ben é certo que tal protección non terá a suficiente seguridade xurídica nin será efectiva mentres a Xunta non declare formalmente o xacemento como BIC, nin estableza a delimitación do contorno de protección ou as medidas necesarias para a súa preservación". |
NOS_14865 | Agardaron polo ex-presidente da Deputación de Ourense ás portas dos Xulgados afectad@s polas preferentes e membros do 15-M con berros contra a corrupción. Tamén acudiron alcaldes e militantes do PP chamados a través das redes sociais. | Luis Baltar declara a esta hora no Xulgado nº 1 por un presunto delito continuado de prevaricación administrativa. Na entrada aos xulgados agardaban un grupo de afectad@s polas preferentes e membros do 15-M de Ourense. Tamén acudiron a dar o se apoio ao ex-presidente da Deputación a deputada no Congreso Ana Belén Vázquez, concelleir@s do PP na cidade e os alcaldes de Celanova ou Xinzo, ademais de concelleir@s de Bande, Lobios, Melón e A Rúa. A concentración de cargos e militantes do PP, segundo trascendeu, foi convocada a través das redes sociais. Baltar non quixo realizar ningún tipo de declaración antes de ver ao xuíz. Ana Belén Vázquez "móllase" por Baltar "Estamos totalmente seguros da su inocencia". Ana Belén Vázquez, deputada polo PP no Congreso, defendeu a inocencia do ex-presidente da Deputación de Ourense diante mesmo dos xulgados onde está a declarar o ex-líder d@s populares ourensáns. Acompañada polos alcaldes de varios concellos da provincia. Insistiu na inocencia de Baltar e declarou que as persoas compromisarias do seu partido no congreso delebrado en 2010, contratadas poo propio Baltar na Deputación, "non mudaban o resultado final" do que resultou gañador o fillo do acusado, José Manuel Baltar. A deputada comentou sobre os incidentes á entrada dos xulgados que José Luís Baltar entrou a declarar "grazas a que os cargos do PP facilitamos o seu acceso" diante da protesta d@s afectad@s polas preferentes e a Plataforma Stop Desafiuzamentos. Imaxes: @ptaboadap |
PRAZA_14249 | O Consello Nacional da formación aprobou por ampla maioría as candidaturas para o 21-O. Jorquera fixo fincapé en que Galicia debe "dar un paso adiante" ao igual que Euskadi e Catalunya. | O BNG aprobou as súas candidaturas para as eleccións do 21-O no seu Consello Nacional, que este sábado as refrendou "por amplisima maioria". A este respecto Francisco Jorquera, candidato do BNG á presidencia da Xunta, salientou "o proceso exemplar" levado a cabo pola formación, cun proceso de elección de candidatos realizado polas bases a través das asembleas comarcais. "O BNG cre na democracia. No BNG as listas non as fai un señor nunha tarde nun despacho", en relación ás declaracións realizadas por Alberto Núñez Feijoo. E continuou referindose ao candidato popular ao afirmar que "no BNG as listas non se fan para premiar fidelidades nin incompetencias". Jorquera salientou que o BNG traballará polo autogoberno e dará pasos firmes para avanzar cara á "soberania de Galiza". Jorquera afirmou a este respecto que "só pode defender a soberanía nacional unha forza política soberana, que non ten tutelas alleas. Unha forza como o BNG". "Necesitan centralizar o poder politico para concentrar o poder económico e para acabar cos servizos públicos e co gasto social" O candidato nacionalista alertou de que o PP está usando a crise como excusa "para impoñer o seu modelo económico" e dixo que esa é a razón da súa ofensiva centralista pois "necesitan centralizar o poder politico para concentrar o poder económico e para acabar cos servizos públicos e co gasto social". Para o BNG, nese proceso recentralizador non van estar nin Catalunya nin o Pais Vasco "e tampouco Galiza, porque Galiza, queiran ou non, é unha nación". Por ese motivo o Bloque chamou a "dar un paso adiante". Para Jorquera, o futuro da pesca, do agro ou dos sistema financeiro non se debe decidir en Madrid. Jorquera pechou a súa intervención afirmando que "hai unha Galiza indomable e insubmisa" en referencia ás declaracións de Feijoo nas que o candidato popular dixo que "Galicia é España dende hai 500 anos", o que para Jorquera constituiu un recordo do "proceso de doma e castración". Candidaturas completas, na web do BNG |
NOS_58197 | A reunión coa ministra de Industria non serve para avanzar na confección dun novo marco tarifario que faga viábel a produción de aluminio na Galiza. | De pouco serviu a visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, esta terza feira á planta de Alcoa en San Cibrao. As traballadoras e traballadores da factoría de aluminio da Mariña seguirán adiante co seu calendario de mobilizacións, xa que entenden que ao prezo actual da enerxía a produción de aluminio é inviábel. Segundo indica o comité, nun comunicado tras a reunión que mantiveron coa titular de Industria, a solución para ter un marco tarifario estábel que poña en igualdade de condicións Galiza coas demais industrias de aluminio europeas "dista moito de estar garantida". Neste senso, o comité apunta que a ministra trasladou que estando o Goberno español en funcións non podía aprobar o estatuto para as industrias electrointensivas, a pesar de entender a urxencia da cuestión. Pagos antes de final de ano Maroto tamén lles confirmou que a semana que vén se aprobará no Consello de Ministras a ampliación de crédito para aboar a compensación por C02 ao máximo permitido pola UE para as empresas que o solicitaron, e que a partir dese momento se comezará cos pagos, que se farán efectivos antes de final de ano. No 2020, informou, ten solicitado unha nova poxa de interrompibilidade en condicións idénticas á do segundo semestre do 2019, prórroga que se está negociando coas autoridades da Unión Europea. |
NOS_31876 | A xustiza española continúa sen depurar a responsabilidade penal polo asasinato do seareiro deportivista Jimmy pretensamente a mans de membros do Frente Atlético. O xuíz ditou esta terza feira un auto que fecha a causa após constatar, afirma, a imposibilidade de identificar o autor ou autores do crime. A resolución pode ser revogada, porén, pola Audiencia Provincial de Madrid. | A tese do titular do xulgado número 20 de Madrid é a mesma que o levou en 2016 a fechar provisoriamente a causa: o testemuña da testemuña protexida -un menor- carece de suficiente credibilidade, ao ser el propio un "co-imputado". O maxistrado entende que a testemuña podería estar procurando exclusivamente a súa exculpación. Tampouco outorga valor ás probas achegadas pola policía, en especial o material videográfico, ao xulgar que carece da suficiente calidade para realizar unha identificación das persoas envolvidas no crime. Destarte, o xuíz declara conclusa a instrución sen ditar o procesamento de ningunha persoa relacionada co asasinato do integrante dos Riazor Blues, producido nas inmediacións do estadio Vicente Calderón a 30 de novembro de 2014. Significa isto que a causa está totalmente perdida? Non, a Audiencia Provincial de Madrid -como o propio xuíz admite na súa resolución- pode anular este fallo xudicial e reabrir o caso. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.