ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_17381
Traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos insisten na mobilización por unha televisión e radio públicas "independentes e de calidade".
Outro venres de protesta nos medios públicos galegos. É o cuarto Venres Negro que secunda o persoal da CRTVG, uníndose outra vez á campaña en negro que levan a cabo traballadores e traballadores da RTVE desde hai varias semanas, en solidariedade coas súas demandas e para esixir a creación do Consello de Informativos e denunciar a manipulación informativa. O persoal da CRTVG mobilizado reclama un "espazo libre de manipulación informativa" nos medios públicos galegos Ese "espazo libre de manipulación informativa" foi, precisamente, no que incidiu este venres o persoal que se concentrou na sede de San Marcos, así como o que colgou as súas fotos de loito nas diferentes delegacións. Os traballadores e traballadoras mobilizados insisten en que están "fartos" da situación que se vive nos medios públicos galegos e piden desenvolver o seu oficio "en liberdade e con vocación de servizo público". Varios coñecidos xornalistas da TVG ou da Radio Galega insistiron nas súas mensaxes e na súa "demanda duns medios públicos distintos" así como na reclamación duns medios públicos "independentes e de calidade, ao servizo de quen os paga: a cidadanía". Mentres, logo da esperanza que os traballadores de RTVE compartiron a semana pasada no seu Venres Negro, confiando mesmo en que fose "o último" baseándose no cambio de Goberno e na intención inicial do PP de sumarse ao "consenso" para renovar a Corporación, a súa reclamación volveu escoitarse. Por oitavo venres consecutivo, os profesionais de RTVE vestíronse desa cor para visibilizar a súa loita por conseguir que a Corporación pública sexa independente, imparcial e libre de manipulación. Esta vez, asubían "penalti e expulsión" polo xogo sucio do PP, e sacan cartón vermello á manipulación. A febre polo Mundial de fútbol vive na súa protesta a parte máis reivindicativa, e reúnen nos cancelos # PenaltiYExpulsion e # viernesnegro8 as reclamacións dos seus traballadores, que unha vez máis comparten decenas de fotos vestidos de negro tanto en pantalla como nos seus postos de traballo. En Galicia, o cancelo #VenresNegroCRTVG volveu ser o máis empregado. Traballadores da RTVE amosan cartón vermello á manipulación nos medios públicos O Consello de Informativos recoñece nun chío que pensaban "que non ía ser necesario, pero xa é venres e volvemos vestir de negro porque segue sen chegar o consenso sobre o regulamento que renove a cúpula de RTVE". Nesta semana desde o anterior Venres Negro, unha investigación do Pew Research Center situou a RTVE entre as últimas das televisións públicas europeas en credibilidade informativa, e desvelou que directivos de informativos nomeados polo PP recorreron aos tribunais para evitar o seu despedimento. Pero para a situación da Corporación pública, o máis grave e o que impide a renovación do seu Consello e da súa Presidencia é que o PP, a pesar de anunciar que ía sumarse ao consenso dos demais partidos, forzou outro bloqueo ao introducir cambios para tentar controlar o Comité de Expertos. O resto de grupos instaron o Partido Popular a volver ao pacto inicial para garantir a "pluralidade", e este pediu uns días para estudalo, mentres a situación en RTVE continúa igual. Ademais, traballadores da CRTVG seguen a concentrarse dous días á semana na sede de San Marcos para protestar tamén contra a supresión do programa Diario Cultural, da Radio Galega, como espazo independente, ademais de pola eliminación das desconexións locais.
PRAZA_7520
O movemento cidadán vigués xurdido no 15M únese á corrente estatal que promove "a construción pacífica e desde abaixo dunha nova norma fundamental froito dunha revolta democrática". O colectivo pide participación e achegas a partir do manifesto que vén de aprobar en asemblea.
"A Constitución de 1978 está deslexitimada e debe ser substituída por outra nova que emane directamente do pobo". Así de claro se di na Declaración de Constituíntes de Vigo, un manifesto xurdido dun grupo asembleario da cidade olívica, xurdido a raíz do movemento 15M, e que se une á corrente Constituyentes que desde diversos lugares do Estado promove "poñer en marcha un proceso para construír pacífica e participativamente, desde abaixo e cos de abaixo, unha nova norma fundamental, froito dunha revolución democrática". O movemento consensuou un manifesto en Vigo logo de cinco asembleas En Galicia, Vigo e a súa bisbarra dan o primeiro paso grazas aos esforzos dun numeroso grupo de cidadáns que, logo das súas cinco primeiras asembleas, fixo posible consensuar un texto que é "toda unha declaración de intencións" do que pretenden. Baseado na Declaración de Cádiz que deu inicio ao proceso o pasado mes de marzo, o texto pretende "difundir o debate na opinión pública sobre a necesidade de abrir un proceso constituínte comom unha parte fundamental para saír desta crise que estamos a vivir, e non só economica, senón tamén de liberdade, de democracia e de participación cidadá". "Foi en Cádiz onde comezou o movemento, que logo foi recollido en moitos lugares, como A Coruña ou Vigo; aquí comezamos en setembro e a convocatoria foi máis ampla do que esperabamos", explica Guillermo Crego, un dos promotores da iniciativa e do grupo de Facebook onde os constituíntes da cidade olívica se organizan. A falta de tempo e de recursos económicos obrígalles a empregar as redes sociais para organizarse, pero "bastante" fixeron, como lembra Crego, tras consensuar unha declaración baseada na de Cádiz, pero á que engadiron "un cariz local para que a xente sinta que este proceso é local, nacional e estatal". "Hai implicadas persoas de todo tipo", engade Guillermo, que insiste en que a asemblea ten "moi claro" que este proceso constituínte "só o podemos iniciar os cidadáns porque somos os que temos o poder". "Pode que organizacións partidistas ou sindicais o compartan e o apoien, pero a clave está na cidadanía", lembra. "Para avanzar na democracia e cara a unha sociedade máis plural e xusta, a actual Constitución non nos serve", explican Agora, a idea é que o movemento "se espalle por todas as cidades, comarcas e vilas" e que a declaración "se comparta, se debata e se discuta" para ir acumulando achegas que permitan "avanzar en democracia e cara a unha sociedade máis plural e xusta". "É evidente que para conseguir isto a actual Constitución non nos vale e é incompleta; precisamos dunha norma fundamental que sexa efectiva e, sobre todo, que se cumpra", asegura Guillermo Crego. "A semente foi o 15M, pero o que queremos é trasladar este proceso á xente; que sexa participativo e que se vexa como unha ferramenta de cambio e un movemento renovador e rexenerador da sociedade, non só no ámbito económico, senón en todos os ámbitos", engade un dos voceiros dunha iniciativa que intenta agromar tamén na Coruña. Polo momento, o vindeiro 9 de febreiro, en Barcelona, terá lugar a terceira Asemblea Estatal de Constituíntes. Este proceso constituínte espállase xa por todo o Estado co obxectivo de "construír unha nova norma fundamental froito dunha revolución democrática" Mentres, desde Vigo séguese a debater arredor dun manifesto no que se lembra que a actual Constitución de 1978 "acabou servindo para perpetuar o dominio das clases dominantes a cambio dunhas certas liberdades democráticas". "Constitúe un corpo legal ao servizo dos poderes económicos que levaron a maioría social a unha situación de progresivo empobrecemento, ao tempo que provocou un serio deterioro en canto ao espírito ético, perda de valores e de dereitos", asegura. Para os Constituíntes de Vigo, así como para os do resto do Estado, a Carta Magna non é máis que "un espellismo democrático", polo que cómpre avanzar "cara ao obxectivo da súa substitución" para redactar unha nova "que se axeite á vida real e á vontade da cidadanía libremente expresada". "A Constitución de 1978 xa non é válida, nin para xestinoar o presente, nin moito menos para construír o futuro", insiste o texto, que recorda que o que se pretende "non é un imposible", logo do éxito acadado "nos últimos quince anos por numerosos pobos".
NOS_16983
A negociación do convenio colectivo de Endesa chegou a un punto de ruptura após 18 meses de conversas. A intención da empresa é acollerse á reforma laboral do PP e facer decaer o actual convenio, ao ter transcorrido xa o prazo da ultra-actividade (a prórroga do acordo anterior mentres se negocia un novo). O PSdeG mantivo unha xunta co comité de empresa e comprométese a trasladar a situación ao Congreso.
Antes das reformas regresivas do PP, os convenios colectivos ao termo da súa caducidade prorrogábanse indefinidamente mentres non se aprobar un novo acordo entre traballadores e empresa. Era o coñecido como principio de ultra-actividade. O Goberno Raxoi tocou este aspecto delicado da negociación colectiva e abriu a billa para a patronal deixar morrer os convenios após 18 meses e así impor novas condicións de traballo moito máis lesivas para os cadros de persoal. Esta é a situación que se vive neste momento en Endesa. Os traballadores temen que a empresa introduza mudanzas regresivas nas súas condicións laborais e demandan a intervención dos grupos políticos. Iso foi o que levou a unha delegación do PSdeG —composta polos deputados Patricia Otero, Begoña Rodríguez Rumbo e José Manuel Pérez Seco— a manter unha reunión co comité de empresa de Endesa na Galiza. Nela comprometéronse a dar impulso a iniciativas sobre o asunto no Congreso e no Senado. O obxectivo, darlle maior "visibilidade" ao conflito e criar as condicións para a empresa avirse a continuar negociando. A formación socialista apoia as e os traballadores na súa demanda de que se retomen as negociacións coa compañía. O PSdeG pensa tamén que a Xunta debe ter unha "maior implicación" após as conversas empresa-comité de empresa se teren visto rotas por decisión da dirección da compañía. O goberno galego, estima a formación liderada por Gonzalo Caballero, debe pór en marcha "os mecanismos necesarios para facilitar que as partes limen asperezas".
NOS_19688
A Xunta prometera un test de balde para cada cativo e cativa de entre 5 e 11 anos de cara ao reinicio do curso escolar.
A presidenta da Federación de Anpas de Centros de Ensino Público de Lugo (Fapacel), Isabel Calvete, denunciou esta terza feira que o colectivo ten recibido queixas porque "non" hai suficientes tests de antíxenos para o alumnado "nas farmacias adheridas ao programa da Xunta". "Soamente teñen quince tests diarios para repartir nesas farmacias e teñen algún problema", apuntou. Cómpre lembrar que, con base no novo protocolo de actuación fronte á Covid-19, o Goberno galego anunciara a comezos do presente ano que ofrecería un test de antíxenos de balde a cada crianza de entre 5 e 11 anos. Baixas de docentes sen cubrir No tocante ao reinicio do curso escolar após as festas de Nadal, Calvete sinalou que lles está a chegar información "a contagotas" por parte das Anpas que "constata que están a faltar profesores e tamén alumnos". Con todo, puntualizou que "non son moitos" os casos de contaxiados por Covid entre o persoal académico e o alumnado, á vez que lembrou "o compromiso da Xunta é cubrir as baixas en 48 horas". "Temos que esperar a ver se entre hoxe e mañá [pola terza e a cuarta feira] están a cubrirse esas baixas coa celeridade prometida", sostivo. Sobre os contaxios de "nenos", destacou que lles constan casos no "IES de Monterroso e no CPI de Cervantes, e tamén nalgún outro centro da montaña de Lugo". Calvete, porén, aclarou que "non son moitos" os casos, e en canto a profesores "son un ou dous" os contaxiados nalgún dos centros escolares da área de Lugo.
NOS_5348
A crise climática é "a maior ameaza que afronta a humanidade", afirma a ONU nun informe recente que teima na situación dramática que arrastra o Planeta desde hai décadas. As consecuencias son irreversíbeis mais non deben impedir unha actuación sostida para limitar o cambio climático e o seu impacto na saúde humana e ambiental.
O desafío do cambio climático non admite máis demoras. As advertencias son firmes e os danos irreversíbeis, alertou a ONU no informe máis completo elaborado até o momento pola Organización de Nacións Unidas a través do seu Grupo Intergobernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC, polas súas siglas en inglés). Tras examinar máis de 14.000 artigos científicos, o IPCC avaliou como o quecemento global cambiará o mundo nas próximas décadas. A primeira conclusión, "inequívoca", é a influencia humana no quecemento "da atmosfera, os océanos e a terra". As evidencias son agora máis numerosas e notábeis. Desde 1970, as temperaturas da superficie global aumentaron máis rápido que en calquera outro período de 50 anos durante os últimos 2.000, conclúen os científicos. E este quecemento "xa está afectando a moitos fenómenos meteorolóxicos e climáticos extremos en todas as rexións do mundo". Evitar un quecemento global A temperatura media mundial foi 1,09 graos máis alta durante a última década (2011-2020) que entre 1850-1900. E os últimos cinco anos foron os máis calorosos rexistrados desde 1850. A taxa recente de aumento do nivel do mar triplicouse, case, en comparación coa suba rexistrada entre 1901-1971. Segundo os autores do estudo, é "practicamente seguro" que as temperaturas extremas, incluídas as ondas de calor, se volveron máis frecuentes e intensas desde a década de 1950, mentres que os eventos fríos retrocederon e fixéronse menos severos. Pero o informe da ONU e non só, advirte doutras moitas situacións límite que ameazan con facer o Planeta máis hostil e menos habitábel: incendios máis devastadores, secas máis prolongadas e inundacións máis intensas que poden pór en xaque a saúde das persoas e a sostibilidade da agricultura, como recolle o informe Conta atrás para a saúde e o cambio climático que vén de publicar The Lancet. Mortes súbitas por golpes de calor, carencias alimentarias, enfermidades. O cambio climático urxe unha actuación "sostida e substancial", que a súa vez require de políticas e plans de acción climática máis ambiciosos. Emisións netas de CO2 Limitar o quecemento global inducido polo ser humano pasa por reducir as emisións de CO2 a canda outras emisións de gases de efecto invernadoiro. Mais os Gobernos continúan a apostar pola extracción de moito máis carbón, petróleo e gas do que recomendan os límites climáticos comprometidos no Acordo de París de 2015.Após a caída das emisións de CO2 en 2019 por mor dos confinamentos derivados da Covid, 2020 confirmou a recuperación dos niveis previos á pandemia e 2021 apunta un crecemento áxil que afasta os obxectivos de París. O planeta xa non tolera máis un crecemento controlado en termos de mercado "As advertencias que escoitamos desde hai décadas estanse a constatar antes do previsto polos propios científicos", asegura a Nós Diario Aura Leirós, voceira do Movemento Galego polo Clima, quen chama a repensar de forma colectiva "o noso modelo de vida e de relación co natureza". "Isto require un debate a nivel político a gran escala, a nivel mundial, no que a Galiza ten que estar presente para avanzar cara unha cota de emisións cero e mitigar o desxeo" Neste sentido, a sociedade galega ten, ademais, a responsabilidade de reclamar xa políticas concretas. "Sen contar co local non se poden acometer mudanzas globais polo clima" Desde o Movemento Galego polo Clima, activo desde 2019, chaman a mudar desde o local os plans de acción polo clima. "Sen o local non imos a ningún lado. É necesario actuar a pequena escala para cambiar a nivel global e promover o decrecentismo que tanto precisa o Planeta", afirma Aura Leirós. Neste sentido, sinala o próximo cumio climático da ONU (31 de outubro-12 de novembro) como "un evento chave para poder modificar a política global" e alentar os Gobernos a deixar de vetar accións necesarias en favor do Planeta. "Xa non tolera máis un crecemento controlado en termos de mercado. Hai que camiñar cara o decrecentismo, "Que non siganifica perder calidade de vida". Reducir o consumo enerxético, volver ao rural, apostar pola agroecoloxía e por unha reconversión "social, industrial e dos postos de traballo que teña en conta todos os movementos e todas as necesidades". Isto implica investimento económico e persoal ademais de políticas concretas". Para lograr un sistema enerxético 100% renovábel, emisións netas, un modelo turístico sustentábel e máis hábitats naturais no caso da Galiza.
PRAZA_11830
A Compañía de Radio Televisión de Galicia contrata letrados en Pontevedra, Vigo, Santiago e Lugo para reclamarlles a catro empresas audiovisuais parte das indemnizacións ás que foi condeada por cesión ilegal de traballadores
O conflito da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) coas produtoras audiovisuais ás que lle contrataba parte dos labores informativos continúa a xerar prexuízos para o erario público. Mentres no conxunto do Estado arrecia o debate en torno ás canles autonómicas por mor da intención privatizadora do Goberno central os medios públicos galegos veñen de desembolsar un montante total de 209.200 euros en contratos con catro avogados para litigar con empresas audiovisuais. Segundo puido saber Praza Pública de fontes da compañía, esta operación responde á intención de recuperar parte das indemnizacións ás que tivo que facer fronte despois de ser condeada por cesión ilegal de traballadores en varios procesos xudiciais -a Xustiza considerou probado que o persoal contratado polas produtoras realmente recibía ordes dos mandos da canle pública e realizaba labores propios das persoas contratadas directamente por ela-. O gasto ao que fará fronte a CRTVG é o resultado da adxudicación, entre os pasados 3 e 5 de xaneiro, de catro contratos negociados sen publicidade a senllos despachos de avogados. Tres dos catro contratos, os correspondentes ao "servizo para a defensa en xuízo da TVG e RTG nos procesos de reclamación de cantidades" en Pontevedra, Vigo e Lugo tiveron un importe de licitación -cartos que o ente público está disposto a pagar- de 60.000 euros. Esta é, precisamente a cantidade máxima que a Lei de Contratos do Sector Público permite contratar mediante este procedemento, popularmente coñecido como 'a dedo'. Mentres, o cuarto contrato, para a prestación do mesmo servizo pero na cidade de Santiago, foi licitado por 46.814,86 euros. Co "prezo" como "único criterio", o importe final de adxudicación non supuxo unha rebaixa substancial a respecto da licitación en ningún dos catro casos. Así, en Lugo o beneficiario da adxudicación foi o avogado José López Fernández por 59.000 euros. En Pontevedra, recaeu no letrado Luis Cid Carballo por 53.000 euros. En Vigo, o servizo será prestado por Alberto Viejo López, que recibirá 51.000 euros do ente público. Finalmente, en Santiago a CRTVG contrata a Víctor Arceo Túñez, "única oferta admitida" no proceso cuns honorarios de 46.200 euros. "Recuperar" parte das indemnizacións adiantadas Atendendo ás mesmas fontes, o ente público realizou estas contratacións para "complementar" as tarefas de "asesoramento xurídico" que precisa no seu obxectivo de "recuperar" as "cantidades" que a compañía tivo que pagar "por anticipado" tras ser condeada por cesión ilegal de traballadores en "diversas" sentenzas. Os xulgados do social que levaron estes casos, detallan fontes sindicais, ditaminaron que as "condeas de carácter dinerario" tiñan que ser satisfeitas de xeito "solidario" polas produtoras e a propia CRTVG, que "anticipou" o pagamento e que agora litiga de novo para recuperar a parte que non lle correspondía abonar. Así as cousas, este gasto de 200.000 euros non é máis ca unha nova consecuencia económica da política de externalización da produción desenvolvida dende hai lustros polas diversas direccións da CRTVG e que o actual director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, asegura desexar diminuír. Ademais das devanditas indemnizacións e dos gastos en litixios xudiciais, as condeas á Televisión de Galicia teñen implicado tamén a incorporación dos traballadores que se atopaban en situación de cesión ilegal como persoal de pleno dereito dos medios públicos. A raíz da publicación deste gasto en Praza Pública o comité de empresa da CRTVG dirixiuse á dirección da compañía co obxectivo de coñecer detalles da operación e, ademais, transmitir a "estrañeza" que lles provoca o feito de que non se contraten letrados para reclamar cantidades pendentes a produtoras en Ourense en Madrid. Segundo fontes do comité consultadas por este xornal, a "contestación oficial" foi que "os gastos eran tan insignificantes que non compensaba a contratación dun bufete de avogados para ese caso particular".
NOS_55430
Mobilización no HUAC para esixir que se respecten as listas.
Traballadores e traballadoras eventuais da sanidade protagonizaron unha concentración nos arredores da rotonda de acceso ao Hospital da Coruña para denunciar a "contratación fraudulenta" no Sergas. A protesta desenvolveuse nos arredores da rotonda de acceso ao Hospital da Coruña e nela participaron traballadoras e traballadores portando cartaces alusivos á contratación fraudulenta, denunciando a elevada precariedade que sofren e na demanda de solucións. CIG-Saúde informa a través dun comunicado que participou na concentración. O sindicato sinalou que "as profesionais do Sergas están nunhas listas de contratación por mérito, igualdade e capacidade, algo que a Feixoo non lle debe de parecer o suficientemente válido, xa que mantén o criterio de saltarse as normas para anunciar na prensa a renovación directa dos contratos que se iniciaron con esta pandemia". Critican que o presidente "vende" na prensa que con esta fórmula mantén contratado o mesmo persoal para Covid desde que comezou a pandemia, "mais a realidade é outra". De feito, persoal con diferentes contratos cubriu tamén ocos para atender as pacientes da Covid, "xa que practicamente a totalidade do hospital sufriu os problemas da pandemia".
NOS_54171
"Un non escribe igual –non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce", di o escritor Xavier Queipo que leva anos centrado na tradución dunha das obras mestras da literatura universal. En novembro a Editorial Galaxia publicará o Ulises, a realización daquel soño que a Xeración Nós encetara, un proxecto que é, para Queipo, o recoñecemento da "modernidade e afouteza" daquel grupo intelectual, en especial, de Otero Pedraio.
-Que supón para un escritor enfrentarse ao reto da tradución do Ulises de Joyce? Traducir é un exercicio saudábel para calquera escritor. Axuda a espeluxar os labirintos internos da escrita. Axuda tamén a procurar opcións na propia lingua, a explorar camiños non transitados. Neste sentido é recomendábel para a formación de calquera escritor. Constitúe, sen lugar a dúbidas un reto, mais un reto que non pode senón implicar unha maduración no xeito propio de escribir. No caso de Joyce, e do Ulysses en particular o reto é maior, considerando a complexidade formal do texto. -Deixa un escritor "marcas de autor" ao traducir unha obra narrativa como o Ulises? É case unha obriga, pois a tradución non é senón unha interpretación dun texto que se nos presenta con códigos alleos ao noso universo lingüístico. Xa o dicía Eva Almazán, co-traductora do Ulises, nunha entrevista no desaparecido Xornal de Galicia en Agosto de 2010. Non atopo mellores palabras e concordo coa mensaxe, por iso a repito: "O da invisibilidade do tradutor é unha entelequia. Nunca somos invisíbeis. Todos deixamos unha pinga de nós, non podemos desaparecer por completo do texto. [...] Traducir é como conducir. Ao volante, salvo ao principio, non pensas en cambiar de marcha; cambias cando cho pide o coche. Na tradución é igual: o texto vaiche marcando o camiño." Un escritor, aínda máis, deixa pegadas na selección da verba entre múltiples sinónimos, na orde das palbras e no ritmo de lectura. É inevitábel e penso que proveitoso. "O libro non deixa indiferente e sen sacralizar en exceso unha obra, diría que un non escribe igual –non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce" -Recoñece algunha influéncia literaria no Ulises, obra que deixou pegada en multitude de autores e autoras do século XX? O Ulises é, sen dúbida, unha das obras máis influentes na narrativa europea do século XX. A meirande parte dos escritores que teño consultado recoñecen ter experimentado dificultades co texto. Eu mesmo, hei recoñecer sen arroubo, lera O retrato do artista cando novo, en tradución de Vicente Araguas, pioneiro tamén na tradución de Joyce ao galego e Dublineses, en tradución de Xela Arias e Débora Ramonde", mais non puidera co Ulises, nin na súa versión orixinal nin na tradución ao portugués. Pasados os anos, confrontado coa necesidade, resultoume máis doado, pois a lectura doutros grandes autores do século XX como Beckett, Cortázar, Sarduy, Bolaño, Walcott, Magris, Wallace, tan distantes como nos poidan parecer de Joyce, aprenderanme xa a descifrar a complexidade. O libro non deixa indiferente e sen sacralizar en exceso unha obra, diría que un non escribe igual –non pode- logo de ter asimilado as ensinanzas estilísticas de Joyce. -Por que un narrador, alén de tradutor, decide asumir o traballo titánico da tradución dunha novela de tal envergadura? Canto tempo lle leva dedicado á tradución? Cando Victor Freixanes falou do asunto, hai agora máis dunha década, con ocasión dunha visita a Bruxelas en Novembro de 2002, eu dixen que precisaba pensalo uns días; pois o susto foi grande. Eu só non me atrevía, por non me considerar nin coas forzas nin cos coñecementos necesarios para afrontar a tradución en solitario. Antón Viale entrou deseguido no xogo. Despois decidimos pedir a axuda dunha terceira persoa, Eva Almazán, que xa traballaba para Galaxia e tiña sobrada reputación. María Alonso Seisdedos entrou no proxecto na súa fase final, coido que a finais de 2011 e foi de gran axuda para por os borradores en orde e dar o impulso necesario para dar rematado o choio, que logo de certas dúbidas tanto no eido económico como no feito da negativa dos herdeiros de Joyce a autorizar a publicación, ficara en punto morto alá polo 2006. Lembro un día no inicio do verán, sendo eu moi neno, paseando por Compostela, o meu pai sinalou a un tipo de aparencia gris e entrado en carnes, e dixo, nunha mestura de respecto e admiración: ese señor é Otero Pedraio. Daquela non entendín o por qué da admiración. Pasados os anos, cheguei a comprender e partillar o respecto e sentín que tiña unha débeda dupla: co meu pai, por descontado, e con Otero e toda a súa xeración de resistentes. Ou sexa, que cando Victor propuxo o reto, unha luz prendeu nos labirintos da memoria e non puiden dicir que non. Esa é a explicación final, teorías aparte; o demais é conversa. "Un dez para Otero na modernidade e un dez tamén no altruísmo de partillar unha experiencia de lectura" -Como valora, ao fío da súa propia tradución, o esforzo pioneiro de Otero Pedrayo ao traer para a nosa lingua fragmentos da novela? O gran valor da tradución de Otero Pedrayo foi a oportunidade, o tempo no que se fixo, o que significou no seu momento. É verdade que os fragmentos traducidos por Otero son unha parte menor do texto, menos do 2%, mais a importancia está en transmitir a primicia dun xeito vangardista de escribir, unha entrega para dicir: hai outros xeitos de escribir, hai voltas e reviravoltas que compre experimentar. Un dez para Otero na modernidade e un dez tamén no altruísmo de partillar unha experiencia de lectura. -Ademais de ser publicada por primeira vez de maneira completa, que cambios se producen a respecto da versión dos fragmentos publicados na revista Nós? Otero tiña moitos menos elementos dos que nós temos para confrontar a tradución dun texto tan complexo. Pasados noventa anos dende a súa publicación, existen hoxe moreas de traballos sobre o Ulysses con anotacións, explicacións e indicacións diversas. Existen tamén traducións xa canónicas a outras linguas do nosos entorno, que son tamén de gran axuda para os tradutores. Ende máis o galego evolucionou dende os tempos de Otero. Hoxe existe unha lingua patrón, normativizada e porén menos inestábel. Iso axuda a situar a obra traducida, a presentala nun galego accesíbel aos lectores potenciais. En canto ás diferenzas específicas de como traducir esta ou aquela verba precisa, como interpretar as metáforas ou os trazos estilísticos, ese é un traballo precioso para un investigador académico. Eu non teño os elementos de análise científico necesarios para abordar esa comparanza, mais coido que dá pé a un traballo de investigación fantástico, non só dende o punto de vista da tradución en si, senón tamén na dinámica evolutiva da lingua. -Que supón, ao seu ver, que unha novela que está considerada iniciadora da narrativa moderna chegue agora a nosa lingua arredor de noventa anos despois da súa publicación? A importancia é dupla. Por unha banda poñemos a disposición dos lectores en galego unha obra de importancia capital da narrativa do século XX. Por outra, constitúe unha homenaxe a Xeración Nós e a Otero en particular, pola súa modernidade e afouteza, polo seu valioso legado. Pode verse como unha obriga xeracional, recollendo o facho que eles nos deixaran, e seguir así na carreira de dignificar a nosa lingua, de espallar o noso coñecemento, de normalizar o uso do galego, en definitiva, de aceptar que somos quen nós somos. -A tradución é unha obra colectiva de catro persoas, cal é o seu papel no equipo? Non se trata dun xogo de rol, mais no subconsciente do grupo os roles están, dalgún xeito, claros. Pódolle dicir que traducín todas e cada unha das verbas que constitúen as case mil páxinas do texto, mais logo, na hora de discutir cal era a mellor opción en cada caso, o meu rol específico foi o de asesor estilístico, contribuíndo a puír o ritmo e a construción das frases, para evitar que acontecera cos lectores desta versión o que a nós nos aconteceu con outras traducións, que o libro se lles caera das mans, de puro esgotamento intelectual. Noutras palabras, todos contribuímos ao proxecto, cadaquén co mellor de si, e as grandezas ou miserias que se poidan deducir do traballo son colectivas. "Un non fica indiferente logo de ler o Ulises, como tampouco despois de ler a Proust, a Kafka ou a outros grandes narradores". -Que influencia deixou o Ulises na literatura galega ademais de fascinación de Otero ou Risco? A pregunta é atinada mais non teño elementos para elaborar unha resposta argumentada. Non son crítico literario nin académico especializado na análise de textos. Só lle podo dicir que un non fica indiferente logo de ler o Ulises, como tampouco despois de ler a Proust, a Kafka ou a outros grandes narradores. Consciente ou, se cadra máis claramente, de xeito inconsciente funcionan elementos psicanalíticos como o da intercesión e o da transformación, por citar dous, que, por certo, funcionan tamén en calquera tradución (e por tanto en calquera lectura a partir dun texto noutra lingua). -No labor de tradución, achegarse ao Ulises é especialmente dificultoso polo seu uso da lingua? Cada lingua ten un caudal determinado e porén ser quen de igualar ambas versións é daquela un asunto de dinámica de fluídos, de vasos comunicantes. Para iso hai que aspirar (dixen aspirar, un desexo difícil de acadar máis ao que un traductoir debe tender) a ter un nivel semellante de coñecemento na lingua de entrada (neste caso o inglés) e na de saída (neste caso o galego). Nese sentido compre reflexionar que se as linguas constitúen a expresión de ideas, que é máis importante, a tradución verba a verba ou o sentido do texto? Para min é claro, que o léxico é importante, mais a interpretación estilística do texto non ten menor importancia. Joyce non só forza a lingua inglesa non seus límites senón que utiliza verbas en francés, italiano e outras linguas, incluído o gaélico. Temos a sorte de contar na equipa con catro persoas que falan e coñecen varias linguas o que ten facilitado a labor de exploración léxica. Logo está que opción escoller en cada momento, mais iso forma parte da dinámica do grupo. O traductor ten a obriga de investigar, desenvolver e innovar cando fai o seu traballo, pois escribir « bonito » sen posibilidade de inventar verbas ou grafías, sen liberdade para modificar o ritmo pautado dos parágrafos ou a posición das partículas en cada frase, é exercicio para amanuenses que repiten fórmulas estritas, mais non debe ser norma común entre escritores.
NOS_20229
Por mor dun erro de previsión da Xunta de Galiza na convocatoria de bolsas posdoutorais até 34 investigadoras e investigadores que estaban contratados polas tres universidades galegas a través do programa da Xunta I2C quedan no paro. Ademais, este ano o programa penaliza a aqueles investigadores e investigadoras que soliciten baixas por maternidade ou paternidade.
Inés Viana é unha das investigadoras afectadas e, ao igual que as súas compañeiras e compañeiros cos que Sermos Galiza conversou a pasada semana, ve con preocupación o desentendemento da Xunta de Galiza perante esta problemática. Precisamente, o día 1 de xullo unha delegación do grupo de investigadoras e investigadores afectados reuníronse coa Consellaría de Educación para tentar paliar o agravio, mais desde a Xunta, e a pesar da súa responsabilidade, instaron o colectivo afectado a pedir solución ás universidades. Inés Viana ten 34 anos e unha filla de 14 meses coa que vive en Vigo. Traballa no campo da ecoloxía mariña na UVigo investigando organismos mariños do litoral que constitúen un auténtico bosque do mar. Durante tres anos traballou para distintos centros investigando coa bolsa da Xunta dunha modalidade contractual denominada A. Ao igual que as outras 34 investigadoras e investigadores a súa idea é continuar dous anos máis mediante o contrato B que tamén convoca a Xunta. Porén, esta institución retrasou a convocatoria e como mínimo até novembro non se poderán incorporar algunhas destas persoas á universidade, co cal todos estes meses ficarán no desemprego e sen poder prever se terán a bolsa para poder continuar os seu traballo. En que afecta a incertidume en que vos deixa a Xunta á túa investigación e á túa actividade académica? É importante facer chegar que en investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo No meu caso non estou afectada polo paro de 5 meses, senón por desfrutar dun permiso por maternidade. O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando te incorporas. Pero esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais, pois quédome descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá. Esta paralización supón na realidade unha penalización e unha discriminación fronte as mulleres que somos nais De que me sirve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ao paro indefinidamente? É importante facer chegar que en investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional. Levo traballando en ciencia dende que rematei a carreira hai xa 12 anos, e non quero renunciar ao meu traballo, e non renuncio. Pero eu acollinme o meu dereito de desfrutar do permiso de maternidade, porque penso que teño un compromiso coa miña filla. Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Mais a nivel persoal reformúlome o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos ao meu arredor, co desgaste que iso implica. Levo traballando en ciencia dende que rematei a carreira hai xa 12 anos, e non quero renunciar ao meu traballo Máis da metade das mulleres de 45 anos que non tiveron fillos quixera telos, máis manifestan como un dos principais motivos de non dar o paso as razóns laborais e de conciliación. E parece que teñen razón, pois esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, co coidado dos menores. Que lle pedirías á túa Universidade e á Xunta de Galiza? Á Universidade pediríalle que aposte por esta xeración de científicos e que aproveite as ganas que temos de traballar e de facer ciencia nas universidades da Galiza grazas a este programa I2C. Pediríalle á Xunta que o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección mediante medidas concretas de continuidade na carreira investigadora como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexíbeis de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc. Pediríalle á Xunta que o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección mediante medidas concretas de continuidade na carreira investigadora Estas medidas xa existen en diversas convocatorias estatais e europeas. Eu pediría á Universidade de Vigo e á Xunta de que aposten pola investigación e a conciliación escoitando as persoas. En que consiste o proxecto de investigación no que traballaches na convocatoria A? Traballo en ecoloxía mariña. A miña investigación céntrase no impacto dos aportes antropoxénicos de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno ou o mantemento doutros organismos proporcionándolles alimento e protección. Os aportes extra de nutrientes ao medio, provenientes por exemplo da agricultura ou augas residuais, poden exceder a capacidade de autorregulación do sistema producindo un desequilibrio ecolóxico denominado hipereutrofización, que leva asociados cambios, primeiro a nivel fisiolóxico nos organismos, e despois nas comunidades, como perda de biodiversidade. Estes impactos do ser humano a nivel rexional, xunto cos cambios a escala global, repercuten nas respostas e no equilibrio destes organismos e do sistema. En que centros de investigación traballaches estes anos coa bolsa da Xunta e que consideras que achegou a túa estadía ao sistema de investigación galego? Durante a estadía no estranxeiro coa axuda posdoutoral da Xunta de Galiza estiven no Leibniz Centre for Tropical Marine Research (ZMT) en Bremen (Alemaña) e no Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (CIIMAR) en Porto. Anteriormente fixera estadías no Marine Biological Laboratory nos EEUU e no Inter-University Institute for Marine Sciences de Israel. Estou a adoptar as ferramentas aprendidas para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas Nestas estadías aprendín técnicas de análise, deseño experimental e apertura dos meus estudos a un escenario de cambio global do que a Galiza forma parte. Estou a adoptar as ferramentas aprendidas para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas. Estudar os efectos nos produtores primarios mariños é importante, especialmente na Galiza, que con máis de 1600 km de costa (a máis extensa do territorio nacional) ten parte da súa economía baseada nestas áreas, como o marisqueo ou turismo, o mesmo tempo que concentra a maioría da súa poboación na costa.
NOS_50578
O Comité galego de solidariedade internacionalista chama a se mobilizar en solidariedade co pobo sirio
"Imperialismo fóra de Siria. Soberanía para os pobos". Con esta palabra de orde 'Mar de Lumes', Comité galego de solidariedade internacionalista, está a desenvolver unha campaña por Galiza de rexeitamento á intervención militar no país árabe. Faixas, auto-colantes, pintadas...conforman parte "dunha campaña de denuncia desta nova escalada imperialista" . Este comité fai tamén "un chamamento a unha resposta mobilizadora" por parte da cidadanía galega contra a "agresión imperialista". Cómpre lembrar que o vindeiro 2 de setembro, segunda feira, haberá concentracións en diferentes cidades galegas en solidariedade co pobo de Siria. Son concentracións convocadas por diversas organizacións políticas, sindicais e sociais e que terán lugar ás 20:30 horas.
NOS_31402
Ecoloxistas en Acción asegura, a través dun comunicado, que o desastre do 'Prestige' podería repetirse. Informa de que 40.000 barcos pasan pola Galiza cada ano e un de cada tres con materiais perigosos.
As organizacións ecoloxistas lembran nestas datas, outro ano máis, o maior desastre ecolóxico da historia da Galiza: o afundimento do Prestige e o posterior vertido de milleiros de toneladas de chapapote. Tal día como mañá, un 13 de novembro de 2002, este petroleiro sufría unha importante vía de auga cando navegaba a 28 millas da costa galega e remataba partíndose en dous seis días despois. Ecoloxistas en Acción asegura, a través dun comunicado, que o desastre do Prestige podería repetirse "en calquera momento" e 18 anos despois "aínda hai efectos da vertedura presentes na Costa da Morte". Modelo de transporte obsoleto e perigoso "É necesario que se adopten por parte das autoridades todas as medidas necesarias para evitar que se volvan a producir este tipo de accidentes", indican. Para esta organización "o actual modelo de transporte marítimo de mercadorías, ademais de perigoso, é daniño para o medio ambiente por ser un dos factores que contribúen a acelerar o cambio climático". Apuntan que "a maior parte das mercadorías que consumimos chegaron até nós en buques porta contedores que consomen enormes cantidades de petróleo e que requiren para a súa fabricación moitos recursos metálicos da minería". Segundo os seu datos, un 70% do transporte marítimo europeo pasa fronte a Galiza, o que significaría uns 40.000 barcos ao ano. Deles "aproximadamente un de cada tres (38 ao día) transporta mercadorías perigosas, ademais do seu combustíbel". Esta é a razón pola que, aseguran, "8 dos 13 maiores accidentes con verteduras de petróleo nas últimas 6 décadas producíronse nas costas galegas". Documental sobre o voluntariado Ecoloxistas en Acción non quere que se esqueza o desastre ambiental do Prestige polo que prepara un documental sobre a catástrofe que presentará o ano que vén no vixésimo aniversario da catástrofe. O filme titularase Alegría! en homenaxe a todas as voluntarias que acudiron a limpar as praias. A través desta reportaxe, a organización pretende rememorar a gran mobilización popular ante o que consideran "nefasta xestión política" que propiciou o desastre ecolóxico.
NOS_1745
Os casos de contaxio vinculados á reunión xa ascenden a 28, segundo as autoridades sanitarias. No nivel medio-alto permanecen Camariñas, Cambre, Castroverde, Malpica e Poio.
Un foco de coronavirus en Sarria obrigou ao subcomité clínico a retomar as reunións -que desapareceran debido á melloría da pandemia e suplíanse só cun encontro de traballo semanal do Comité Clínico- de forma extraordinaria para estabelecer o nivel alto de restricións no concello. Malia que de momento non se chegou á necesidade de decretar o fechamento perimetral e a paralización da hostalaría propias do nivel máximo, é a primeira vez que un municipio sube a este chanzo de risco desde hai semanas. As e os expertos veñen de tomar a decisión despois de que na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte se localizase un surto de Covid-19 con 26 casos confirmados. As últimas informacións falan de 28 positivos ás PCR. O gromo tivo a súa orixe, segundo parece, nunha comida familiar. O foco está "localizado e acoutado", pero aínda así é preciso incrementar as limitacións na vila para evitar que os contaxios vaian máis aló desa reunión. O director asistencial da demarcación sanitaria, Rafael Monte Secades, concretou que o foco tivo lugar "no ambiente dunha comida familiar e de amigos que se realizou a fin de semana pasada". Ademais, as e os afectados son, sobre todo, "xente nova e de mediana idade que non está vacinada", se ben de momento presenta "moi poucos síntomas". Ao saber do sucedido, decorreu a "realización de cribados a todos os contactos destas persoas no ambiente de hostalería e os que frecuentan, con todos os seus coñecidos e persoas achegadas". No entanto, Monte recoñeceu que non hai cambios que impliquen repercusión asistencial "na Atención Primaria nin no hospital importante". A partir do sábado O alcalde de Sarria, Claudio Garrido Martínez, explicou a Europa Press que a maioría das persoas infectadas "viven nun edificio" da rúa Calvo Sotelo. Malia ter a mesma orixe, o certo é que a localidade pasou a ter unha incidencia acumulada de 142 casos a sete días e 202 a catorce, o que fixo recomendábel tomar a decisión. No nivel medio-alto permanecerán a partir da medianoite deste sábado Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio. O resto dos municipios do país están en risco medio-baixo.
PRAZA_19595
A Casa das Crechas desenvolve este mes de marzo unha programación especial con motivo do seu 30 aniversario.
Que Santiago non sería o mesmo sen a Casa das Crechas, é difícil dubidalo. O 16 de marzo de 1987, este local, que xa fora taberna no século XIX, reabría para converterse en referente da música ao vivo e do encontro entre culturas nun lugar especial. Na fin do mundo. Vítor Velho, que entón tiña 17 anos, foi un dos seus fundadores. Tres décadas despois, repasa con nós a andaina das Crechas e a súa propia. Como o profesional da cultura que é. Con tanto traballo atrás por levar a música galega polo mundo. E non é tópico. A Casa das Crechas celebra o seu 30 aniversario cunha programación especial para marzo. O local fora unha casa de comidas no XIX… Fundouse a mediados do XIX e foi unha taberna moi popular, de estudantes, comerciantes, peregrinos... Aparece no libro 'La casa de la Troya'. Era un lugar no que había boa comida, no que se celebraban festas, tertulias de certo calado político, cultural… Máis tarde foi un hostal tamén. Iso é o que sabemos pola documentación. Despois hai cousas que nos contaron: que o levaban unhas mulleres moi rexas e que ao seu irmán lle chamaban "o crecho"..., e outras cousas que non podemos contrastar na documentación. Mais a cuestión é que, si, nós montamos, no mesmo sitio, algo parecido ao que xa houbera no pasado, e sen sabelo!. Soubémolo despois. "Nós montamos, no mesmo sitio, algo parecido ao que xa houbera no pasado" Cando empezastes, o proxecto era montar un local onde puidese facerse música ao vivo. Eran os 80. Segundo o tópico, o tempo da "movida". Mais non era tan activo Santiago no terreo do folk, entón? O proxecto non era, en realidade, montar un bar, senón un espazo no que puidese facerse música ao vivo de xeito natural. En realidade, eu daquela tiña só 17 anos, non frecuentaba moito a noite, polo que tampouco podo contar moito de como era… Mais, iso si, eramos un grupo de mozos moi comprometidos política e culturalmente. Eu estaba na asociación Ferradura e en O Galo e nunha organización política. Xulio estaba en Brétema e tamén era membro de Ferradura, que pulaba polas festas populares. Chico achegaba a vea artística e tiña unha afinidade especial pola música popular tamén… "Eramos un grupo de mozos moi comprometidos política e culturalmente" Como dicía, a idea inicial non era montar un bar, aínda que despois foi tomando corpo diso. Despois veu a Asociación Cultural Cidade Vella e desde ela organizamos o Festival Folk Cidade Vella ou a Mostra de Artistas Noveis, que durou ata o 95, e pola que pasaron moitos dos mellores músicos do país. A Casa das Crechas foi un catalizador que serviu de instrumento de visibilidade dun movemento que estaba latente, e que en Compostela ata entón non tivera a súa expresión nun foco especializado. Si había xa festivais, como o de Ortigueira, pero o noso proxecto levaba a música ao vivo ao centro de Compostela, á Praza da Quintana... Dixeches varias veces que era "unha fiestra aberta ao mundo". Polas Crechas pasa moita xente doutros países… A Casa das Crechas está situada na fin do Camiño de Santiago, nun lugar ao que chegan viaxeiros de todo o mundo. Un lugar simbólico, que xa o era antes do mito do Apóstolo. Unha fin do mundo á que chegar seguindo as estrelas ou buscando onde se pon o sol. E esa dimensión simbólica, usurpada polo catolicismo, é algo moi a valorar se queremos entender Compostela como unha cidade aberta, laica e aberta ao mundo. "Esa dimensión simbólica, de fin de mundo, usurpada polo catolicismo, é algo moi a valorar se queremos entender Compostela como unha cidade aberta, laica e aberta ao mundo" Somos galegos e temos unha música viva e marabillosa. Pero non somos estúpidos e sabemos que en moitas outras partes do mundo tamén teñen unha música viva e marabillosa. Mais nós estamos en contacto con diferentes partes do mundo. Por ser parte do arco Atlántico, por estar tan perto de Portugal… A Casa das Crechas é unha fiestra, unha ferramenta, un lugar onde podes atopar músicas de todo o mundo que non forman parte do ecosistema habitual de escoita. E desde o principio buscamos crear esa atmosfera, coa música ao vivo, coas foliadas, coas sesións, concertos… de música galega, doutras partes do Estado, de Europa e dos outros continentes. Hai pouco falaba con Bieito, de Luar na Lubre, e dicíame que, malia os 30 anos que pasaron -eles tamén cumpren 30 anos- aínda non é doado que a música galega teña presenza no ámbito das nacións "celtas", fóra dos festivais. En xeral, eu creo que vivimos un momento como nunca antes. Agora mesmo estou en Nova Zelanda con Mercedes Peón, que leva máis de 300 concertos internacionais… Podo falar con certa convicción de que a música galega si se está proxectando no mundo, e podería poñer moitos exemplos: Sumrrá están agora de xira em varios países de centroamérica, Narf estivo con Uxía de xira por Estados Unidos pouco antes de falecer, Davide Salvado estivo hai pouco en Finlandia e Canadá, Radio Cos estiveron en Polonia, en Escocia e van para Bruxelas, Xabier Díaz en Escocia, Guadi Galego en Portugal, Galiza sempre está presente no festival de Lorient, Cristina Pato está en Nova York… Pero tamén temos que ser conscientes de que somos un país pequeno e de que a oferta musical mundial é moi grande e diversa. E nós levamos pouco tempo petando na porta. Cando levas un tempo traballando e petas abondo haberá alguén que te recoñeza a te convide a entrar, pero nese proceso estamos. E para conseguilo precisamos un enfoque estrutural, encadrando as accións en políticas estratéxicas. "Temos que ser conscientes de que somos un país pequeno e de que a oferta musical mundial é moi grande e diversa" E iso supón que haxa coproducións, intercambio... , porque, cantos músicos de Escocia ou de Bretaña, de Nova Zelanda ou doutros lugares do mundo aos que nos gustaría ir coa música, traemos nós aquí, fóra de festivais como Ortigueira? Eu penso que se trata de establecer puntos de encontro que xeren comunidade. E non concibir a música só como un negocio. Eu entendo que ten que haber reciprocidade e que non sempre a houbo, pero a música galega ten máis presenza internacional da que tivo nunca. Aínda que quede moito por facer. Falas de políticas estratéxicas. Hai moito que se vén falando de "proxección exterior", mais non hai máis que accións puntuais neste sentido. Se ollamos as axudas á promoción exterior para a música e as artes escénicas, vemos que uns poucos levan a maioría dos recursos… O exemplo que escolles é significativo: música e artes escénicas xuntas. A música ten entidade propia. É un tipo de expresión cultural, coma o cine, que ten xa de por si capacidade de exportación, que é un concepto que podemos considerar, neste contexto, superado. A música é un fenómeno global, e máis desde que existen plataformas como Spotify ou Youtube. Por iso, se falamos de exportar, non podemos reducilo á mobilidade física. Ademais, exportar é tamén importar. Mais si, non temos políticas estratéxicas baseadas no coñecemento da realidade. Non se só trata de crear circuítos ou de repartir esmolas. É algo máis. Tamén é verdade que o sector non ten unha unidade de acción que axude neste sentido, aínda que agora está a Asociación de Músicos ao Vivo. Ademais, é un traballo que require tempo, esforzo, falar idiomas, andar polo mundo… fronte á comodidade que poida ter traballar só na proximidade. Mais non é só cuestión de dedicar máis ou menos recursos. É ter un modelo. Dotar de contido desde o punto da xestión a marca que xa existe, Galician Tunes. E a partir de aí, actuar en tres eixos. "Non temos políticas estratéxicas baseadas no coñecemento da realidade. Non se só trata de crear circuítos ou de repartir esmolas" En primeiro lugar, a xestión: dotar a Galician Tunes, ou calquera outra marca que acordemos no sector, coa capacidade de xestionar e ter interlocución be to be para xerar unha estratexia útil e ao servizo da proxección internacional da música em Galiza; non só dos artistas, senón do conxunto do sector; esta oficina debe estar xestionada dende unha óptica profesional e debe ter capacidade para a captación de recursos públicos e privados. En segundo lugar está a programación e os encontros profesionais: dotarnos de plataformas útiles, que teñan un impacto no contexto global. Como o Focus Galicia, ou o Womex, que tivo un determinado impacto na visibilización de Galiza como país musical, na proxección internacional de artistas que participaron e tamén nos que non participaron, porque foi unha oportunidade para facer contactos, para que profesionais do sector coñecesen o talento galego… Tamén precisariamos poñer ao servizo deste enfoque festivais con vocación de intercambio internacional. Porque, realmente, non temos festivais cunha auténtica proxección internacional, que abran accións estratéxicas en canto a encontros, coproducións, etc. "Realmente non temos festivais cunha auténtica proxección internacional, que abran accións estratéxicas en canto a encontros, coproducións, etc" En terceiro lugar, o financiamento: para a promoción de artistas e profesionais, para asistir a festivais, para poder programar xiras internacionais, para facer coproducións…no marco do fomento da mobilidade internacional na que na nosa condición de periferia sempre temos uns custos superiores aos de outros artistas do Estado e de Europa. Mais o financiamento non se debe obter a calquera prezo, senón con proxectos sólidos a varios anos que permitan desenvolver unha estrutura profesional detrás deles…. Non é só dar axudas para ir a festivais, que tamén, senón promover un traballo profesional que acompañe cada iniciativa, que permita ter un impacto: no mercado, na difusión dixital, que supoña ter presenza en foros internacionais. "O financiamento non se debe obter a calquera prezo, senón con proxectos sólidos a varios anos que permitan desenvolver unha estrutura profesional detrás deles" Volvendo a Santiago, desde hai tempo houbo problemas cos locais de música ao vivo, por razóns de normativas -autonómicas, sobre todo- que non é doado cumprir. Mesmo un edil é investigado por tentar evitar as sancións a bares, segundo explicou, sen ter a seguridade xurídica necesaria… Eu creo que iso é unha mostra da mediocridade que temos que aturar, que nos leva a quedar co máis trivial. Penso que o problema aí é que Compostela carece dun relato alternativo ao dominante. Hai determinados axentes sociais, sobre todo de mentalidade conservadora, que toman partido pola miseria. Que promoven a manipulación, coa axuda de medios de comunicación que confunden o que ten incidencia real na cidadanía e o que non, e que presentan a música ao vivo como un problema. "Hai determinados axentes sociais, sobre todo de mentalidade conservadora, que toman partido pola miseria e promoven a manipulación" Claro que pode haber problemas concretos de ruídos na rúa, pero non é nada raro nunha cidade que recibe miles de persoas, e na que ás veces parece que se entran grupos de peregrinos berrando, non hai problema, pero si o hai se hai un concerto nun local. Penso que temos que facer fronte a esa hipocrisía, a esa mediocridade. Houbo cambios normativos que favoreceron a especulación, e que levan a que no centro histórico case non queden supermercados pero medren as tendas de souvenirs e os albergues. Fomentouse un modelo de turismo barato, que se concibe en termos de número de visitantes… Eu o que penso é que temos que apostar por outro discurso, por outro modelo, o dun lugar que medre grazas ao coñecemento. Establecendo relacións pragmáticas cunha Universidade que ata agora parece só perpetuar un funcionariado que pouca utilidade achega á cidade; recuperando espazos que foron quedando baleiros ou que están sendo infrautilizados; contando cunha cidadanía activa, coa xente nova con inquietudes… Trátase de desenvolver a vitalidade da cidade, impulsada tamén desde as institucións, de visibilizar Santiago desde unha perspectiva diferente á do Camiño e o Apóstolo, tal como se percibía nos 90: como unha cidade vital na que pasaban cousas. "Trátase de desenvolver a vitalidade da cidade, de visibilizar Santiago desde unha perspectiva diferente á do Camiño e o Apóstolo" Compostela é tamén, hai que lembralo, a cidade de iniciativas como a de Chévere, coa desaparecida sala Nasa, que tamén fan 30 anos… Por todo isto, a construción dun plano que poña por diante a cultura e o coñecemento é clave. Non nos poden acusar a nós, precisamente, de ser un instrumento de demolición. Crechas demostra que se pode desenvolver unha iniciativa independente, sen financiamento público, que contribuíu a crear unha alternativa de consumo e de cultura. A Asociación Cidade Vella tamén é un actor relevante nese sentido, o de ofrecer unha alternativa de ocio saudable, enriquecedor, sen molestar a ninguén. Fíxose unha bóla dun problema inexistente. "Crechas demostra que se pode desenvolver unha iniciativa independente, sen financiamento público, que contribuíu a crear unha alternativa de consumo e de cultura" Xa que falas de hipocrisía, houbo unha época na que esas mesmas forzas conservadoras dicían que forades "favorecidos" pola Consellería, entón nacionalista, por razóns de afinidade ideolóxica. Fora en relación cun concurso na Cidade da Cultura. Pero non foi a única vez. Nós o que temos é unha traxectoria de traballo profesional. Traballamos con gobernos de distintas cores políticas, tanto con uns coma cos outros. Se foi algunha vez por "afinidade ideolóxica", terán que demostralo eles. O problema real aí foi que pasou coa Cidade da Cultura. Foi como se concibiu a Cidade da Cultura e o xeito no que detrae recursos. Aínda así, eu creo que pode ter unha utilidade, que se pode buscar a maneira de que non detraia recursos, senón que os atraia. "Eu creo que a Cidade da Cultura pode ter unha utilidade, que se pode buscar a maneira de que non detraia recursos, senón que os atraia" O Womex, por exemplo, contribuíu a dotala de contidos, movendo 2.500 persoas. É unha mostra de que a actividade da Cidade da Cultura pode ser complementaria do resto da cidade. Pero que non resolvan este tipo de problemas é un indicador de para onde vamos. Da mediocridade e da hipocrisía que tentan desvirtuar a realidade. Todo o mundo sabe da instrumentalización que se fai coas denuncias a locais, a partir, como dicía antes, dunha problemática inexistente, máis alá de casos puntuais. "Todo o mundo sabe da instrumentalización que se fai coas denuncias a locais" Se respondemos coa sanción, co peche, coa represión, estaremos tirando pedras contra o noso propio tellado. Se xogamos a comtemporizar, ademais estamos a darlle certo crédito a esa dinámica, a esa falsa narrativa da música ao vivo como problema. Mais, afortunadamente, nos últimos anos houbo visións que tentaron establecer cordura. Para combater a falacia precisamos un discurso alternativo, un modelo de cidade no que a cultura sexa unha prioridade, fronte ao modelo que privilexia a dimensión cuantitativa, o número de visitantes, a multiplicación de hoteis…, porque concibe a cidade como lugar de paso ou parque de atraccións. Tamén poden atoparse aínda por internet as referencias a un conflito laboral que afectara á Casa das Crechas. Nunha cidade na que os casos de incumprimento da lexislación laboral na hostalería non son nada raro. Que pasara con aquilo? Había un equipo profesional perfectamente integrado na legalidade, e definíronse, en relación con distintas cuestións laborais, dúas posicións distintas. Nunhas cousas déronlles a razón aos denunciantes e noutras non, e acabou. Non creo que teñamos que estar dándolle voltas a conflitos que morreron. Iso foi no 2010 e estamos no 2017. Na miña opinión, houbo persoas que optaron por unha estratexia de axitación, en vez de polo diálogo. Entendían que había unha serie de aspectos que non se estaban recollendo e, como non houbo entendemento, simplemente o desacordo pasou ás instancias correspondentes, que resolveron nuns aspectos a favor dos demandantes e noutros en contra. Mais o que penso é que non temos que tomar a parte polo todo. A Casa das Crechas leva 30 anos cun determinado proxecto cultural que acolleu, ademais, unhas 5.000 actividades. Iso é o importante e por iso o estamos a celebrar. Saíu varias veces o tema do Womex. É un exemplo dun tipo de evento que, polo seu tamaño, precisa moitos recursos, que pode chegar a non haber nun tempo de contracción dos recursos públicos para a cultura. A Asociación de Profesionais da Xestión Cultural propuxo, por exemplo, priorizar proxectos integrados ou propostos desde a comunidade -o que lle chamamos "cultura de base"- e desenvolver estratexias de incentivo á participación activa na vida cultural, de fidelización da cidadanía activa… Mais, que é tamaño? E é iso o que importa? Ao mellor o que hai que mirar é que iniciativas coma o Womex causan un impacto moito maior do investimento que supoñen. Antes falabamos de internacionalización, e está claro que se queremos desenvolver as potencialidades do sector nese aspecto, temos que facelo coas accións que mellor se acomodan para iso. Se queremos apoiar a cultura de base, as accións serán outras. "Ao mellor o que hai que mirar é que iniciativas coma o Womex causan un impacto moito maior do investimento que supoñen" O Womex, en realidade, non representa un custo público, senón un ingreso, por todo o que se devolve en impostos, polo papel que xoga na promoción da cidade… Si que pode haber un problema derivado da contracción de recursos, pero iso é porque a cultura é a irmá pobre, porque non se aposta por un modelo no que se entenda o peso da cultura na construción da sociedade, e no que a cultura se conciba como algo transversal, non encapsulado nunha consellería ou nunha concellería. "Si que pode haber un problema derivado da contracción de recursos, pero iso é porque a cultura é a irmá pobre" Mais cuestionar o que se inviste en proxectos como o Womex non é máis que entrar no rego dos que queren que se debilite o apoio do Estado á cultura. Dentro diso, claro que a aposta pola cultura ten que seguir un enfoque estratéxico, e aberto, e participativo e democrático. Mais Womex e cultura de base son cousas distintas. A cuestión é saber o que queremos en cada caso. Está ben o que comentas, porque é un debate que existe, pero eu non me refería a que eventos coma o Womex poidan detraer recursos para a cultura de base. Mesturei dúas cousas, en realidade. A pregunta era que, xa que os recursos públicos diminúen, que facer se se contraen máis. Que alternativas buscar. Por iso falaba de cultura de base, mais era un exemplo. É o que che dicía: a cuestión é saber o que se quere, ter claro cal é a finalidade última. Se falamos de proxección internacional, temos que ter as plataformas axeitadas para iso. Ademais, tamén se cae en tópicos. Que é un evento grande? Se cadra un evento grande é o Feito á Man, que move 30.000 persoas. E como se fai? Con xente que traballa de forma voluntaria, sen cobrar un can, ou cunha xestión eficiente que reduce custos. Mais non é ese -o voluntariado- o modelo ao que aspiramos. Non temos que mesturar as cousas. "Que é un evento grande? Se cadra un evento grande é o Feito á Man, que move 30.000 persoas" E claro que hai que buscar alternativas aos recursos públicos, pero aí está por exemplo a lei de mecenado, que segue a esperar. En calquera caso, cando se fala de eventos de certo calado, temos que medir o seu impacto desde os distintos retornos que xeran: en forma de impostos que se pagan, emprego, prestixio… Formas de financiamento hai que buscar as axeitadas en cada caso, e non temos fórmulas máxicas. A cuestión é crear proxectos que xeren valor, que sexan útiles, para que a cidadanía se convirta no principal axente na súa demanda e na súa defensa, como ocorre en tantas partes do mundo en que os festivais fan parte das estratexias das cidades e configuran un entramado que vai máis alá dos contidos para fixarse na sustentabilidade, na igualdade, no emprego, na educación… Cando se fala de actividade de base, hai que contextualizalo. Se o que se busca é xerar valor económico, emprego... , hai outros camiños como o da profesionaliazación, aínda que a cultura de base poida promover unha actividade moi válida desde o punto de vista da igualdade, da xustiza, do xuízo crítico… E o que pasa, ademais, é que moitas veces este país é moi inxusto coa xente que fai cousas. Ás veces parece que molesta que as fagas se non tes padriño, cos teus propios recursos -a min chamábanme "o taberneiro"- e, sobre todo, se non pertences a unha elite. A iso me refería antes. E hai outro factor: Nordesía levou a cabo unha moi grande parte dos máis importantes proxectos e eventos musicais dos últimos 20 anos: Imaxina Sons, Cantos na Maré, Sons da Diversidade, Festival dos abrazos, Festival de Ortigueira, Galician Connection, Vai de Camiño, Axóuxeres... Claro, e moitos deles eran proxectos de Nordesía. Eu, ademais de ser un dos fundadores da Casa das Crechas, son socio fundador do Dezaséis, por exemplo. Son unha persoa que leva traballando na cultura desde os 16 anos, con todas as dificultades e todos os atrancos, en distintos proxectos: as Crechas, Nordesía, e-burbulla… A iso me refiro: son moitos anos de traballo, como para que che veñan dicindo que é que tiveches a protección de tal xente ou que che facilitaron as cousas por supostas afinidades ideolóxicas. "Haberá xente que preferiría que eu me afastase e desaparecese, pero eu sigo a ter unhas ganas de traballar da hostia" Creo que calquera pode ver que Nordesía xogou e xoga un papel fundamental no impulso da escena profesional da música en Galicia, igual que a Casa das Crechas nos últimos 30. Haberá xente que preferiría que eu me afastase e desaparecese, pero o que podo dicir é que levo moitos anos de traballo profesional, cuns parámetros de resultados favorables, e que sigo a ter unhas ganas de traballar da hostia. Por moito que amole a sectores minoritarios que te cuestionan por nada, sen datos obxectivos. Algo máis que queiras comentar das Crechas? Xa falamos un pouco de todo… Falamos de todo menos do máis importante. Que é o máis importante? A xente. A xente que desfruta cada día, das Crechas, do Womax, de todo o que facemos. Os artistas, os cidadáns, que valoran o que facemos. Iso é o máis importante, o que indica que o que facemos é útil. Temos que ser xustos, recoñecer que detrás de cada proxecto hai un traballo moi grande, mantido moitas veces en situacións límite, nunhas condicións moi difíciles. E o que si creo que podo dicir é que, se vas ás Crechas, vai haber alguén que te reciba cun sorriso. Agora temos alí a dúas persoas que viñeron de Canarias, que deixaron o seu país, tan lindo, e que se implicaron no proxecto con todo o amor… "Temos que ser xustos, recoñecer que detrás de cada proxecto hai un traballo moi grande, mantido moitas veces en situacións límite" É verdade que boa parte do público das Crechas leva indo desde hai moitos anos. Temos unha banda deseñada exposta, do quinto aniversario, e moitas daquelas caras seguen por alí. Eles son en realidade os protagonistas, os que dan sentido a proxectos como as Crechas. Nun contexto, o da hostalería de Compostela, que é moi difícil. Moitas veces, sería mellor ter botado o pecho, pero aí seguimos. E eu non vivo da Casa das Crechas. "Moitas veces, sería mellor ter botado o pecho, pero aí seguimos. E eu non vivo da Casa das Crechas" Se hai problemas co convenio que asina Cidade Vella co concello para poder facer concertos, se hai multas e peches, se unha funcionaria ameaza con denunciar o alcalde e dous concelleiros… pois teremos que responder seguindo aí, -antes falabamos de cultura de base-, demostrando que o que facemos importa e ten un impacto, e que podemos construír outro modelo de cidade. A Casa das Crechas naceu cun modelo de oferta cultural que mantivemos durante 30 anos, e que leva a que teñamos concertos de artistas coma Zambujo, o día do noso aniversario, ou proxectos como a Banda das Crechas.... Da que tampouco falamos. Supoño que foi xurdindo de xeito máis ou menos espontáneo… A Banda das Crechas é un dos elementos da identidade da Casa das Crechas. De todos os xeitos, non é o mesmo a foliada, que si é xente que se xunta para tocar, de xeito espontáneo e sen un ritual establecido, que a Banda, que si é un proxecto instrumental pensado para que poida saír tamén do espazo das Crechas para concertos puntuais.
PRAZA_6460
Tan só Estremadura e Canarias teñen un custo salarial menor có do país pero nas dúas comunidades trabállanse menos horas. O soldo medio na comunidade é máis de 250 euros inferior á media e de case 540 menos que en Madrid.
Os asalariados galegos traballan máis e cobran menos -bastante menos- que a media no Estado. Así o volven demostrar os datos da Enquisa Trimestral de Custo Laboral que vén de publicar o Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre o segundo trimestre deste ano 2014. Segundo o informe, tan só estremeños e canarios reciben un menor salario polo seu labor, aínda que cunha importante diferenza, xa que tanto uns como outros traballan menos horas ao mes cós empregados de Galicia, que superan unha media estatal da que se afastan moito estas dúas comunidades. Tan só estremeños e canarios cobran menos que os asalariados galegos, que traballan máis horas Tal e como asegura o estudo, o custo salarial por traballador e mes en Galicia foi de 1.671,88 euros, fronte á media do conxunto do Estado que se sitúa nos 1.929,58 euros. A cifra supón, ademais, un descenso do -0,2% no país con respecto ao mesmo trimestre do pasado ano en Galicia, mentres que a do Estado mantense exactamente igual. Xa que logo, a diferenza do soldo medio dos galegos comparado co do conxunto de españois é de máis de 250 euros, pero de case 540 cos salarios na Comunidade de Madrid, onde a media é de 2.306. En Euskadi é de 2.213 e en Cataluña de 2.070. Pola contra, tan só Estremadura e Canarias amosan peores números, cun salario medio de 1.603 e 1.607 euros mensuais respectivamente. A diferenza do soldo medio dos galegos comparado co do conxunto de españois é de máis de 250 euros Ademais, por hora efectiva, o salario dos galegos é de 12,43 euros, polos 14,71 da media de España. Mentres en Galicia se incrementou nun 1,5% con respecto a hai un ano, a media do Estado medrou nun 3,7%. Pero aquí tamén hai diferenzas. En canto ao tempo de traballo, as horas pactadas no país foron de 153,1 ao mes, mentres que a media estatal non chega ás 150 (149,3). No caso de Estremadura e Canarias, as dúas únicas autonomías onde se cobra menos que en Galicia, as horas pactadas mensuais son de 144,5 e 147,6 respectivamente, case nove e seis menos. O informe diferenza entre traballadores a tempo completo -con 169,2 horas pactadas en Galicia polas 168,5 no conxunto do Estado- e a tempo parcial, con 88,1 e 86,6 no país e na media estatal. En canto ao custo laboral total mensual, este ascende en Galicia aos 2.291,77 euros, mentres que a media estatal sitúase en 2.580,64. O custo por hora, neste caso, foi de 17,04 na comunidade autónoma e de 19,67 no conxunto do Estado, o que supón un incremento do 1,6% no caso galego e do 3,5% no caso español.
NOS_44069
Catalunya amenceu cunha quincena de estradas afectadas polas accións dos CDR. Esta xornada hai convocadas diferentes mobilizacións por colectivos independentistas.
O espazo que rodea Llotja de Mar, onde se reune en Barcelona o Consello de Ministros español, está blindado, con varios perímetros de control a cargo dos Mossos e Policía española. Xa están en marcha varias manifestacións independentistas, convocadas polos CDR, e na zona do Paral.lel xa decorreron as primeiras cargas policiais. Hai varias persoas detidas. Os protestos pola realización en Barcelona este 21-D dun Consello de Ministros do goberno español comezaron cediño, antes das seis da mañá, con cortes en diversas estradas catalás. Ás 8:00 H. Estaban afectadas por estas accións dos CDR unha quincena de vías, entre elas a AP-7 á altura de Ampolla e a C-16 en Manresa, entre outras. VÍDEO Càrrega contundent dels Mossos, que reforcen el cordó policial a tocar de l'avinguda del Paral·lel amb més grups d'antiavalots. Ara per ara, un mínim de quatre manifestants ja han estat retinguts pels agents; imatges de @martiurgell https://t.co/NbaIA33Xgv pic.twitter.com/KilPsZw3wZ— NacióPolítica (@naciopolitica) 21 de decembro de 2018 Queima de pneumáticos ou árbores cortadas son algúns dos elementos empregados para estos protestos, así como a prsenza de grupos de persoas. A situación varía a cada pouco xa que ábrense e féchanse vías segundo as accións dos CDR. O tráfico pode segurise ao vivo aquí. Ao longo da xornada hai convocadas diferentes mobilizacións e accións desde sectores do independentismo para protestar por unha presenza, a do Consello de Ministros no aniversario do 21-D, que consideran unha provocación. Esta data, 21 de decembro, foi na que en 2017 tiveron lugar as eleccións catalás convocadaspor Madrid baixo o 155.
NOS_58117
Iberdrola, Gas Natural-Fenosa e Endesa ingresaron neses nove meses máis de 59.000 millóns, un 5,7% máis que no mesmo período do ano anterior. Por volta do 17% dos fogares do Estado sofre pobreza enerxética
Inerdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa son as tres maiores compañías eléctricas con operacións no Estado español. Entre xaneiro e setembro obtiveron un beneficio neto, entre as tres, de 4,219,7 millóns de euros. No mesmo período do ano pasado esa ganancia conxunta estivo nos 4.227 millóns de euros. Diversos estudos e informes, como o de ACA (Asociación de ciencias ambientais) cifran en sete millóns as persoas que no Estado están en pobreza enerxética. Iberdrola é a que rexistrou maior beneficio, con 1.919,7 millóns de euros, o que supón un aumento de case o 8 por cento a respeito dos nove priemeiros meses de 2014. No que atinxe a Endesa, o beneficio neto foi de 1.206 millóns de euros. Un resulado no que non se inclúe o xerado polo negocio en Latinoamérica, vendido a Enel en outubro do ano pasado. As ganacias netas de Gas Natural-Fenosa estiveron en 1.094 millóns de euros, unha baixa do 11% en comparación cos 9 meses a análise de 2014. Baixada na que hai que ter en conta o desinvestimento en xuño de 2014 do seu negocio de telecomunicacións e das súas sociedades participadas. A peche de setembro, os ingresos destas tres grandes eléctricas elevouse a máis de 59.000 millóns de euros, un 5,7% máis. Debate Os resultados coñécense cando no Parlamento estase cos trámites para debater a ILP a prol dunha tarifa eléctrica impulsada pola CIG e que reuniu 18.000 sinaturas en apenas catro meses. Unha iniciativa lexislativa popular, explicou o sindicato nacionalista, xorde fronte a un "contrasentido", o de que Galiza exporte o 40% da enerxía que produce, non aproveitando esa materia para favorecer a competitividade do seu tecido económico nin para pola ao servizo da sociedade, "como para combater a pobreza enerxética, por exemplo",. Galiza paga "custos sociais e ambientais" por producir enerxía mais non tira beneficios da mesma. De aí esta ILP, con propostas concretas, como o da redución da tarifa, o recorte nun 30% das peaxes, entre outras.
NOS_13310
O economista Joám José Romero Durán analisa neste artigo que os límites da socialdemocracia são marcados por sua própria funcionalidade para "impulsionar a explotação e acumulação capitalista". Ele explica isso em relação ao caso sueco, que consistiu en assegurar a rendibilidade capitalista graças a uma situação de paz social na que o pleno emprego, o nivelamento distributivo das rendas e uma economia orientada para a exportação foram as suas bases.
Desde o começo da última e profunda crise capitalista, têm sido muitas as forças políticas de esquerda, que, despois lançaren as mãos ao ceu horrorizadas por suas consequências esmagadoras para o povo trabalhador, e de encenar nas ruas a farsa dum suposto empoderamento do povo, retransmitido com o beneplácito dos canáis mais importantes de TV, começaram desprender mensagens que, do ponto de vista da ciência económica ou economia marxista, deven ser postos en causa. A ilusão de um capitalismo com rosto humano, um capitalismo domável desde um posicionamento reformista, socialdemócrata, ou mesmo desde algumas correntes "verdes" ou até "decrecentistas", é isso mesmo, uma ilusão, um devaneio sem fundamento. Forças qualificadas pelo stablishment como "ruturistas", "radicais" ou de "extrema esquerda" abraçarom uma sorte de ideário económico postkeynesiano, que aposta no estado, aliás baixo o controlo do poder económico dominante, como um árbitro para conter os desmandos do mercado. O pretenso êxito frente o contraste empírico com a realidade de tantas experiências fracassadas, não resiste, qual talo seco, o mais lene alento de uma brisa primaveral. E é que o dragão é derrotado ou vai te queimar com o fogo escaldante de suas mandíbulas. O modelo de crescimento nórdico ten sido objeto de continuados apelos ante a possibilidade de domesticação do capitalismo. Nesse sentido o caso da Suécia é paradigmático. Desde 1932 até 1976, o pais escandinavo foi governado por sucessivos executivos socialdemocratas, apenas com uma breve interrução de três meses en 1936. Um período de mais de quarenta anos, sem equiparação em nenhum outro estado do mundo. Desde então se foram alternando no poder maiorias socialdemocratas e de centro-direita. Entre as principais conquistas que explicam a permanência da socialdemocracia sueca no governo durante esse longo periodo figuram um crescimento económico elevado e sustentável durante décadas com um importante diferencial positivo a respeito das economias da sua contorna; o aumento consequente do salário relativo; uma igualdade distributiva acrescentada e o pleno emprego. En resumo, o modelo da socialdemocracia sueca consistiu en assegurar a rendibilidade capitalista graças a uma situação de paz social na que o pleno emprego, o nivelamento distributivo das rendas e uma economia orientada para a exportação foram as suas bases. En realidade muito afastadas da tradição keynesiana e muito tendentes à homologação com as correspondentes da ortodoxia neoclássica. As duas dimensões do modelo sueco forom a política ou folkhen e a económica ou funktionssocialism. A primeira baseada num reformismo pragmático sempre en função dos fins propostos, o consenso multiclassista e a democratização socioeconómica. [Podes ler a peza íntegra no número 345 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_13798
Non se pode entender o mercado laboral galego actual sen ter en conta as reformas laborais de 2010 e 2012. Abriron as portas a, entre outras consecuencias, estender a precariedade laboral, desvalorizar os salarios e empobrecer a clase traballadora.
As reformas laborais de 2010 (PSOE) e PP (2012) explican en grande medida o mercado laboral que Galiza ten hoxe. Ou sexa, que explican a situación que padece a poboación asalariada galega, que son, non esquezamos, case 713.000 persoas. As reformas estenderon a través da desvalorización salarial e perda de dereitos laborais a precariedade no traballo, afondaron na fenda social, incrementaron a pobreza e a desigualdade e situaron no disparadoiro da emigración miles de persoas mozas no noso país. Un diagnóstico que partillan sindicatos e organizacións sociais. Así, por exemplo, os empregos temporais pasaron a ser norma en todos os sectores, mesmo no sector público: desde 2012 reducíronse en 20.000 as persoas asalariadas con contrato indefinido e aumentaron en 36.000 as que teñen contrato temporal. Argumentos falsos O sindicato CIG vén de publicar un completo informe, Mercado laboral galego 2017, no que se analiza polo miúdo a situación xerada polas reformas laborais. "Houbo nestes anos un deterioro das condicións laborais, agravado fortemente desde 2012", afirmaba Natividade López, do Gabinete Económico do sindicato nacionalista, en referencia ao ano en que o PP aprobou a reforma laboral. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 289 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
PRAZA_4622
Ao noso -o dos Peares- debémoslle agradecemento perpetuo nesta vida -e na outra tamén- por ser capaz de normalizarnos, aplicando unha sibilina e sofisticada técnica que ten como resultado o despoxo de todas as desgrazas que nos fixeron tan estrafalarios (Pescanova, estaleiros, Caixas, Pastor, idioma, Parlamento, País).
«Olá, guardador de rebanhos,/ Aí à beira da estrada,/ Que te diz o vento que passa?» (O guardador de rebanhos, Alberto Caeiro –heterónimo de F. Pessoa-). Un tío meu adoitaba dicir, se non queres unha cunca de caldo toma dúas, para referirse á esa dor adoecida que che produce levar un couce onde che acaban de dar unha patada Coñezo gobernantes –e vostede tamén- moi ben faladiños, que se cren moi guais. Tipos de ollada turbia, empostos a non mirarlle aos ollos á xente, obstinados en tocarnos o nabo ben tocado mentres tratan de convencernos do contrario. Fulanos retortos que se ruborizan cando din a verdade, porque non están habituados. Disimulan acotío e relámbenche a caluga para facerche crer que están do teu lado, e cando te pillan descoidado, embálanse para metercha dobrada. Hai que goderse con estes "pulbos" do carafio! Un tío meu adoitaba dicir, se non queres unha cunca de caldo toma dúas, para referirse á esa dor adoecida que che produce levar un couce onde che acaban de dar unha patada. Pois iso. Non nos chegaba co Alberto autóctono e tamén temos que aturar as falcatrúas do estraño. O outro, o de Madrid, merece capítulo á parte nos libros de Historia que se editarán ao amparo da Lei Wert, grazas ás súas nefastas ocorrencias coma alcalde, verbi gratia, a ringleira de rosarios e escapularios, a piques de ficar á poula, que circunvalan a capital de España. Campión en desbaldir diñeiro público en zaragalladas e xogos malabares -ou olimpíadas embrionarias- ata converter o concello capitalino no máis endebedado de cantos hai no mapa. Ao noso -o dos Peares- debémoslle agradecemento perpetuo nesta vida -e na outra tamén- por ser capaz de normalizarnos Ao noso -o dos Peares- debémoslle agradecemento perpetuo nesta vida -e na outra tamén- por ser capaz de normalizarnos, aplicando unha sibilina e sofisticada técnica que ten como resultado o despoxo de todas as desgrazas que nos fixeron tan estrafalarios (Pescanova, estaleiros, Caixas, Pastor, idioma, Parlamento, País). Mais tamén por permitirnos que sigamos cantando a Virxe da Barca, custe o que custe. Quen dixo deconstrución! Ao de acolá, invocarémolo nas nosas pregarias por ter a covardía de embravecer o código penal e endosarnos a Ley de Protección de la Vida del Concebido y los Derechos de la embarazada, para evitar que as mulleres caian na tentación de ter que abortar cando non poidan seguir co embarazo. En fin, por gañarlle a Wert e a un tal Fernández nesa teimosía reaccionaria en desposuírnos das liberdades e dereitos conquistados. O de máis alá, especializado en minguar os dereitos individuais para amansarnos de balde, e o de máis acá, experto en fochicar nos colectivos para chafarnos a identidade O de máis alá, especializado en minguar os dereitos individuais para amansarnos de balde, e o de máis acá, experto en fochicar nos colectivos para chafarnos a identidade. Ámbolos dous escolantes do falsario e acérrimos de "lo vernáculo" e da España "una y trina" para que poidamos gozar do pracenteiro colorido do arco da vella todos os días do ano. Ah! O meu tío que amentei antes leva tempo barrenando coa idea de montar un choio para vender online un xabón anticaspa que ten patentado, e chafarlle o negocio a eses carcas que gastan tempo e cartos, pretendendo lavarnos a cachola con augas mortas, para que vaia podrecendo pouco a pouco a casca, ata que ince un rosario de vareixas bulideiras que nos invadan os miolos in saecula saeculorum.
PRAZA_17594
Os populares atrancan o proceso de cesamento activado por En Marea, PSdeG e BNG. Coidan "non houbo desvío de poder por parte de ninguén", só "casualidades" que a esquerda usa para "enlamar" a familia Fraga e "destruír as institucións" Da defensa dos recortes ao posto "á medida": unha década de polémicas e deterioro no Valedor
Da defensa dos recortes ao posto "á medida": unha década de polémicas e deterioro no Valedor Milagros Otero continuará a ser a Valedora do Pobo malia non contar co apoio dun mínimo de 45 dos 75 membros do Parlamento, como estipula a lei da institución para elixir este posto. Os votos do PP atrancaron este martes o proceso de destitución de Otero, activado polos tres grupos da oposición tras a sentenza na que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou o nomeamento da xefa do Servizo de Administración e Persoal da institución, María Puy Fraga, ao considerar que a elección foi "arbitraria" e influída por un "desvío de poder" da propia Valedora, a quen a Sala atribúe interferencias co obxectivo de dar o cargo a quen é tamén filla do seu antigo superior na Facultade de Dereito da USC, irmá do voceiro parlamentario do PP e sobriña de Manuel Fraga. "Non imos tomar decisións firmes cando non hai unha sentenza firme", esgrimiu no nome do PP a súa vicevoceira, Paula Prado, quen en calquera caso advertiu de que "non temos por que asumir os postulados xudiciais". Ao contrario do considerado polo Tribunal Superior, os de Núñez Feijóo só admiten que a institución do Valedor puido cometer algún "erro" na súa "estratexia de defensa" porque, segundo Prado, no partido do Goberno teñen claro que "non houbo desvío de poder por parte de ninguén", senón pouco máis que "casualidades" empregadas pola esquerda para "enlamar" a familia Fraga e emprende runha "carreira de destrución das institucións". Paula Prado coida que "non houbo desvío de poder por parte de ninguén", só "casualidades" que a esquerda usa para "enlamar" a familia Fraga e "destruír as institucións" Esta pechada defensa de Otero, a quen Prado volveu atribuír méritos de defensa das persoas "sen teito" cando "o Concello de Santiago os deixaba morrer" -a Valedora deu en revelar datos privados destas persoas e dixo ter "moitísimas" queixas ao respecto que realmente eran dúas-, chegou despois de que toda a oposición considerase imprescindible a remuda. "Galicia non merece pasar este bochorno e vivir esta vergoña", advertiu no nome de En Marea o seu voceiro, Luís Villares, quen ve "indigno" que Otero "desprezase os dereitos fundamentais" para "enchufar unha amiga, a sobriña de Manuel Fraga, a filla do seu antigo xefe". Paula Prado (PP), Luís Villares (En Marea); Patricia Vilán (PSdeG) e Xosé Luís Rivas (BNG) Luís Villares: "Galicia non merece pasar este bochorno; a Valedora desprezou dereitos fundamentais para enchufar unha amiga" "Se non a queren cesar -razoa Villares- é que lles parece ben o que fixo", polo que cabe preguntarse "que máis ten que suceder" para que non a consideren apta para o posto. "Xa a colleron mentíndolle a un tribunal para que a verdade quedase oculta; a quen protexe a Valedora mentindo a un tribunal?", pregúntase o voceiro de En Marea, para quen o PP tornou en cómplice de todo un "bochorno democrático". En Marea, PSdeG e BNG lembran que Otero xa non ten o apoio dos 45 membros da Cámara que a levaron ao posto A petición de cesamento por parte de En Marea ía asinada tamén polo PSdeG, cuxa deputada Patricia Vilán ten claro que Otero "xa non está lexitimada" para seguir no cargo, a comezar porque "lle foi retirada a confianza dos tres quintos" da Cámara que son necesarios para a súa elección. O que está sobre a mesa non son "simples opinións", senón "o poder xudicial" a sentenciar que "foi a propia Valedora quen indicou os criteiros para seleccionar a candidata cun traxe á medida". O proceso, di a socialista, "estaba predeterminado para que a elixida fose" quen o foi e Otero debería deixar o posto pero grazas ao PP, censura, "imos facer un ridículo espantoso ante o Tribunal Supremo" co anunciado recurso contra a sentenza. O PP, agregou dende o BNG Xosé Luís Rivas, 'Mini', tiña "a pelota no seu tellado", a oportunidade de "salvar do descrédito" a Valeduría e afastar da institución a quen cometeu un "abuso de poder manifesto", iso ao que "se lle chama caciquismo dende hai tempo". Pero, segundo o PP, "o que temos que valorar" é se a Vaeldora "cumpriu coas súas obrigas" e "consideramos que si", zanxou Paula Prado.
NOS_40520
Nada en Ourense en 1987, Ledicia Piñeiro é diplomada en Educación Social e compaxina o traballo nese ámbito coa súa paixón polo teatro e a interpretación. Naceu nunha familia traballadora do sector ferroviario e desde nova implicouse no movemento estudantil e no activismo político. Foi ademais concelleira pola candidatura de Ourense en Común durante tres anos. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.
Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A? As galegas xogámonos moito este 28A. Parece un lugar común, unha frase comodín que se usa en moitos períodos preelectorais, mais é así. Está en xogo un modelo de liberdades e dereitos que non podemos permitir que volte atrás. E hai unha posibilidade de que as extremas dereitas provoquen unha involución real nas nosas vidas. Dito isto, non podemos conformarnos cun goberno do PSOE que non atende as necesidades da xente traballadora, do rural, da xuventude, das mulleres e dos maiores. Galiza precisa ser decisiva nun novo goberno Un goberno no que haxa ministras de En Común-Unidas Podemos vai ter esa axenda enriba da mesa. Galiza precisa ser decisiva nun novo goberno e nunca estivo tan perto de selo como agora coa nosa candidatura. Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza? A anterior lexislatura foi moi curta e estivo claramente marcada por dous momentos, a consolidación do bloque da moción de censura, que abriu unha nova posibilidade para a gobernabilidade do Estado en clave de plurinacionalidade e de esquerdas, e a situación posterior dun PSOE que non sabe gobernar coa xente e treme ante as oligarquías de empresa e banca. Ante iso, nós reivindicamos un modelo á portuguesa, que abra unha saída á situación de crise que viven millóns de cidadáns, mais unha saída pola esquerda. Con emprego de maior calidade, cun novo sistema fiscal, recuperando sectores produtivos estratéxicos, cunha nova política enerxética e facendo unha banca pública. Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza? Se me permiten, vou dar esta resposta en clave ourensá. O principal problema na nosa provincia é a demografía. Pero o PP ten a pouca vergoña de falar desta cuestión de forma isolada, como se fose unha maldición ou algo así. Ourense precisa iniciativa, liderado e ideas políticas. E cales son esas ideas? Fundamentalmente que a xente poida ter empregos dignos e de calidade, que lles permitan asentar e quedar a vivir aquí. O PP de Ourense é unha máquina de fracasos. Non ten nin un só éxito nesta materia. Deberiamos envialo á oposición vinte anos. Seguindo en clave ourensá temos un problema clarísimo de modelo produtivo. Un exemplo evidente estámolo vendo estes días co desastre ambiental que está a producir a gandaría industrial na comarca da Limia. Precisamos orientar o noso modelo económico cara a sectores compatíbeis coa preservación do noso entorno natural e a vida digna das persoas. O viño é un claro modelo disto. Pero hai máis. Está por clarexarse a cuestión do financiamento ilegal de campañas do PP de Ourense E por último, dúas cuestións, o problema estrutural dos incendios na provincia, especialmente en comarcas como Monterrei ou a Baixa Limia, que ningún goberno se decidiu a abordar en serio. E logo está a cuestión real, que se perpetúa, da situación raquítica da nosa democracia. Está por clarexarse a cuestión do financiamento ilegal de campañas do PP de Ourense, así como o sistemático pago de favores dos Baltar, con empregos públicos a familiares do PP da provincia. Non podemos afacernos a isto sen máis. É un escándalo e queren voltar repetilo tras este duplo período electoral. Estaremos vixiantes. Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso? Yolanda Díaz. É a primeira espada da política galega, e é muller, nai, ten o mérito de ter sido absolutamente crucial na negociación da subida do SMI. É a guerreira das pensións, volcada cos traballadores das empresas que están en risco de deslocalizar do país, puño de ferro para reclamar o que a banca lle debe a Galiza e é unha muller de firmeza nos principios, de capacidade infinita de traballo e no día a día sempre ten sorrisos, ilusión e ganas de facer. Yolanda é referente como deputada, como política e tamén como persoa. Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso? Polo meu traballo estou moi perto das necesidades que hai en Galiza de atención á dependencia. Temos unha poboación envellecida e o Estado está deixando a responsabilidade da dependencia repousar como unha lousa nas costas das familias traballadoras e concretamente nas mulleres. É fundamental propoñer a implementación dun sistema universal de atención á dependencia. Como ve as opcións de En Común-Unidas Podemos na cita electoral? Queremos acadar representación en cada provincia e ser parte fundamental do próximo goberno do Estado, no que Yolanda Díaz sexa ministra. Ter unha deputada e unha senadora ou senador de En Común-Unidas Podemos esta lexislatura significa ter unha voz que fale por Ourense na Cortes Con respecto á provincia de Ourense, imos saír a por todas. Ter unha deputada e unha senadora ou senador de En Común-Unidas Podemos esta lexislatura significa ter unha voz que fale por Ourense na Cortes. Significa tamén que sexa unha deputada que se comprometa a escoitar e a render contas. Que traballe incansabelmente para representar os intereses desta provincia. A xente debe lembralo, non son unhas eleccións presidenciais, son lexislativas, e escollemos deputadas e deputados, por iso é tan importante participar en clave de país e en clave de provincia.
NOS_55916
A situación de Rajoy é moi delicada logo de trascender que non denunciou as irregularidades na financiación do seu partido nen o facto de que funcionarios e dirixentes recibisen sobres en negro.
Ninguén dubida xa no seo do PP que isto non vai exclusivamente da forma en como se financiou o Partido Popular e os seus dirixentes durante 2 décadas. Isto vai moito máis alá e ten a ver coa guerra larvada no PP entre a facción de Rajoy e a dirixida por Esperanza Aguirre. Se ollarmos ben o caso, tiraremos a conclusión de que as revelacións de Bárcenas -aireadas por El Mundo- non só deixan tocado a Rajoy, senón tamén a Aznar, pois o ex presidente do Goberno, ben como Manuel Fraga, cando menos toleraron a existencia de pagamentos en negro. Nos cenáculos políticos e xornalísticos de Madrid dáse por amortizado a Rajoy Só ficaría impoluta, polo de agora, a figura de Esperanza Aguirre, defensora dunha liña aínda máis dereitista e centralista do que o aparato de Génova. Nos cenáculos políticos e xornalísticos de Madrid dáse por amortizado a Rajoy -a súa situación nas enquisas é terminal- e barállase como hipótese de futuro un duelo polo liderado do partido entre Esperanza Aguirre e Alberto Núñez Feijóo. Nese sentido, o congreso que esta fin de semana se está a realizar en Lugo tería como único obxectivo nomear o sucesor fáctico de Feijóo. Será Alfonso Rueda.
NOS_27648
A dirección de Barreras despide o delegado do sindicato no estaleiro
A campaña da Confederación Intersindical Galega (CIG) en defensa do sector naval na comarca de Vigo entrou nunha nova fase após o despido do delegado sindical desa central no estaleiro de Barreras. Os responsábeis da organización anunciaron unha protesta polo despido do sindicalista para a segunda feira, 12 de xullo, diante das instalacións da compañía e unha manifestación para o 15 de xullo. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, situou onte esta mobilización "dentro do calendario reivindicativo de meses, en que denunciamos o declive do sector naval na comarca de Vigo e esiximos solucións para garantir o seu futuro. Á reivindicación de salvar o naval unimos agora a loita contra a represión sindical". O dirixente do sindicato nacionalista cualificou de "cóctel explosivo" a situación do sector naval en Vigo. Carril afirmou que "a crise do naval esténdese como a espuma dun estaleiro a outro. Falamos de Barreras, falamos de Vulcano, falamos de Metalships, aquí ninguén está a salvo tendo en conta a nula política industrial da Xunta da Galiza e tamén a falta de acción do Goberno do Estado no ámbito das súas competencias". Carril aseverou que a crise do naval se viu agravada pola actual normativa laboral. Unha reforma "que permite situacións como as que estamos a vivir", afirmou en relación ao despido do delegado da CIG en Barreras, Rafael Pérez, "e que permite despedimentos nos cadros de persoal ou que se impoñan condicións de traballo das peores maneiras posíbeis nos centros de traballo". Neste sentido, considerou "escandaloso que siga en vigor" a reforma e reclamou a súa derrogación, na liña da campaña de mobilización desenvolta polo sindicato en parcería cos seus homólogos vascos e cataláns. Convenio do metal O máximo responsábel da CIG referiuse tamén ao convenio do metal de Pontevedra pactado entre a patronal, CCOO e a UXT. Carril definiuno como "outro ingrediente máis deste cóctel explosivo que afecta o sector naval" e lembrou a oposición ao mesmo da súa organización. Precisamente, a CIG desbotou este acordo por "representar unha nova traizón aos traballadores" e denunciou "a estratexia de CCOO e UXT de fechar en falso os convenios, facendo concesións que precarizan as condicións laborais e renuncian a dereitos históricos conquistados grazas á loita da clase traballadora". A central nacionalista aposta como alternativa para Barreras na "intervención pública". Nesta liña, desde o sindicato denunciaron a "incapacidade do capital privado para pór en marcha as enormes potencialidades do sector naval" e afirmaron que "blindar o futuro desta actividade estratéxica esixe dotar a ría de Vigo dun estaleiro público ou semipúblico, na que toda achega de diñeiro público estea condicionada á participación directa na toma de decisións". "Non pode ser que a única preocupación do Estado e da Xunta sexan resolver os créditos a favor dos propietarios de Barreras sen que haxa un plan industrial", concluíu Carril. Despedimento do delegado da CIG en Barreras O pasado 2 de xullo a dirección de Barreras procedeu a despedir o delegado da CIG no estaleiro, Rafael Pérez. Segundo o secretario da organización na comarca de Vigo, Alberto Gonçalves, o representante sindical "foi despedido por defender os dereitos dos traballadores e por reclamar un futuro industrial para a comarca" pero advertiu que "se pensan que nos van calar, están moi confundidos". Na mesma liña, Paulo Carril afirmou que "temos claro que se trata dunha acción represiva para intentar amedrentar e calar a quen están a defender a continuidade do emprego". Pérez, a quen a compañía despediu acusándoo de abandono do posto de traballo e de ter facilitado o acceso ás instalacións a varios compañeiros no marco dunha protesta, sinalou que "alegan que cometín dúas faltas moi graves durante a ocupación do estaleiro, dúas cuestións absolutamente falsas que a empresa inventa para despedirme".
PRAZA_6497
Não há futuro para o regime atual de concentração de capital e poder, baseado no "punho visível dos Estados", na expropriação da soberania das pessoas, e nos impedimentos à liberdade e oportunidades para empreender.
Na ética profissional e o Managing contamos com uma figura ainda não bem reconhecida na Espanha (sim internacionalmente) como é o Professor Javier Fernández Aguado. O seu último contributo com um estudo do Managing no Terceiro Reich é diretamente impressionante. Aguado criou uma nova e original linha de análise dos modos de direção das empresas -tanto a nível teórico como em Consulting- que parte de dous factos: que a direção se deve fazer com objectivos a longo prazo (direção por hábitos) e uns valores estáveis; e que as organizações podem dar lugar a umas estruturas corruptíveis apenas polo facto de serem organizações. O pensamento de Aguado foi quem de superar aquela doutrina clássica e estática do Managing que fazia diferenças entre dous tipos de empresas: dum lado as que seguem o esquema das democracias ocidentais, assimilando "o povo" ao mercado, e o "pluralismo" ao acionariado disperso; doutro lado -naquele modelo ultrapassado- estariam as empresas autocráticas, nas que a propriedade tomaria as decisões de modo arbitrário. O primeiro tipo de empresa, assimilável às multinacionais, conduziria ao sucesso, e daria lugar a relações internas mais justas nas que o mérito prevalece também no progresso dentro das organizações. O segundo teria a ver com as propriedades familiares, cuja falta de crescimento e progresso interno viria dado precisamente pola sua constante falta de adequação das decisões ao mercado, já que os trabalhadores devem ganhar o favor do "ditador", e não o do "povo". A experiência recente e a crise do capitalismo veio demonstrar que é precisamente nas multinacionais e grandes empresas onde se produz a concentração de capital e poder Mas a experiência recente e a crise do capitalismo veio demonstrar que é precisamente nas multinacionais e grandes empresas onde se produz a concentração de capital e poder. Os oligopólios -favorecidos polo Estado contra o libre mercado- oferecem uns produtos e serviços de pior qualidade, e favorecem umas relações humanas internas corruptíveis. Os trabalhadores aceitam as condições impostas ao não existir um mercado local produtivo e laboral onde circular, mas regimes estatais de monopólio. Ao contrário do que afirmava Marx, não é o livre mercado o que faz que o capitalista se aproprie da mais-valia dos proletários (salários baixos) para evitar perder o seu capital e se ver convertido ele em proletário. Antes bem é o Estado quem distorce a liberdade de produzir e comerciar, prejudicando as pessoas também enquanto trabalhadoras e consumidoras. Poderíamos falar desde Monsanto até o monopólio bancário, passando por comunicação, energia, e outros setores "estratégicos". Os oligopólios, onde se acumula o capital e o poder, distorcem a liberdade de mercado, e bloqueiam a entrada de competidores em complicidade com as estruturas políticas, que são a sua extensão apresentável em sociedade. Os oligopólios, onde se acumula o capital e o poder, distorcem a liberdade de mercado, e bloqueiam a entrada de competidores em complicidade com as estruturas políticas, que são a sua extensão apresentável em sociedade Aliás, internamente, as relações humanas ficam nas multinacionais e oligopólios facilmente condicionadas pola estrutura hierárquica piramidal, dando ocasião à corrupção e a degradação ética das pessoas. Um exemplo bem recente o temos no que foi o calote maciço das "preferentes" onde a decisão tomada de cima de estafar os clientes foi lançada através da estrutura vertical de mando até chegar aos vendedores de produtos financeiros, a quem lhes lembravam de passagem que o banco estava a passar por momentos difíceis e seria necessário prescindir de alguém, e que se iam fazer mais algo para além de estar todo o dia a tomar cafezinhos... Quando a base laboral da pirámide recebeu a ordem, e depois a fatura da hipoteca e de todos os demais créditos, sabendo também que o sector estava em crise e minguando, o comportamento ético destas pessoas assalariadas ficou em sério risco de vulnerabilidade. O principal ativo desse banco, a credibilidade da rede comercial, foi destruído. Algo semelhante acontece, nas "ajudas" governamentais e a publicidade de partidos políticos profissionais aos oligopólios dos meios de comunicação, que em realidade priva às comunidades de pluralismo e liberdade de informação, favorecendo um condicionamento certo e na seleção e focagem do publicado polos jornalistas e colaboradores dos grandes meios, que com frequência ultrapassam os princípios básicos da deontologia profissional. Que o poder corrompe é algo já sabido desde Platão. Que o sistema atual conduz à acumulação de capital e poder, não frente ao Estado, mas com a sua participação, é algo que estamos a descobrir ainda. Mas também há que considerar que, da mesma maneira que as organizações viram em corruptas polo efeito da acumulação de poder, de igual jeito, o funcionamento da estrutura do poder e os seus efeitos perversos criam relações de concorrência interna afinal destrutivas dentro das próprias organizações. O III Reich, ou a China post-revolucionária de Mao Zhe Dong, igual que todas as organizações carismáticas, inclusive as religiosas, têm nas suas origens um poder concentrado, o qual leva a uma estrutura de decisões arbitrárias que -como assinalara Weber- caso de não mudarem e adequarem os princípios à realidade, acabam dando lugar ao colapso. Se seguimos a pista de regimes autoritários que ainda existem, caso da China, que sobreviveu decisões ditatoriais erradas (como aquelas que causaram em 1958-1961 a morte por fome de mais de 36 milhões de pessoas) encontramos que o comportamento dos governadores chineses de hoje, pouco tem a ver com os de faz ainda quinze anos, que podiam mesmo fazer ostentação do seu poder. Ainda que continua a haver alá um Partido Único, a competência quando não ódio aberto entre os seus integrantes e fações leva com que os comportamentos tenham que ser quanto menos... mais discretos. Não há futuro para o regime atual de concentração de capital e poder, baseado no "punho visível dos Estados", na expropriação da soberania das pessoas, e nos impedimentos à liberdade e oportunidades para empreender Não há futuro para o regime atual de concentração de capital e poder, baseado no "punho visível dos Estados", na expropriação da soberania das pessoas, e nos impedimentos à liberdade e oportunidades para empreender. Sobre tudo, porque é eco-tecnicamente inviável. Assim o pus de manifesto o estudo de Global Footprint Network, e já antes o silenciado informe do Clube de Roma, que vem de lembrar recentemente José Maria Viña. Mas também não tem futuro porque tem dentro a semente da sua destruição. No entanto, as pequenas e medianas empresas, as familiares e as cooperativas (as de verdade ambas, não as disfarçadas), estão em melhores condições para ré-orientarem o negócio, e também para criarem um universo de valores estável, e horizontalidade no fluxo da informação e das decisões. Isto -junto com outras condições de soberania que haverá que assumir e desenvolver- faz com que as pessoas ganhem e contribuam com valor nas empresas. Ao não serem absolutamente dependentes delas podem desenvolver comportamentos éticos, solidários e responsáveis. A economia e a pequena e mediana empresa tradicional, a cooperação e federação frente à competência e a absorção, muito ao contrário do que o sistema nos fez acreditar, é o futuro deste Pais, e talvez da Humanidade. O que necessitam não é nenhum favor, mas que as deixem nascer e existir: todo o contrário do que o Estado faz.
NOS_6554
Durante horas, imposibilidade de realizar trámites a través desta ferramenta. A causa: un colapso pola avalancha para solicitar o bono turístico.
Mañá de colapso esta cuarta feira na sede electrónica da Xunta. Imposíbel tentar realizar algunha operación ou trámite a través desta ferramenta dixital da administración galega. Ao intentar acceder un aviso advirte: "Agora atópase na cola" e xa apunta a que hai que armarse de paciencia pois sinala agarda de máis dunha hora para poder acceder a esta páxina. Un escenario que xerou e xera inconvintes e problemas a cidadáns e cidadás que tiñan que acceder a esta sede dixital para realizar trámites que a propia Administración galega indica que se deben de facer usando esta ferramenta. O motivo do colapso? Pois segundo recoñecen fontes da propia Xunta, a avalancha para solicitar o bono turístico #QuedamosEnGalicia. Esta terza feira o DOG publicaba ese bono. Hai tres tipos de bonos: un de 250 euros -150 euros abonados pola Xunta e 100 euros polos beneficiarios-; outro de 375 euros -225 euros pola Xunta e 150 euros polos particulares-; e de 500 euros -300 euros pola Xunta e 200 polos particulares-. A data límite para o seu uso será o 15 de decembro de 2021, concedéndose exclusivamente por orde de entrada de cada solicitude. A demanda provocou que en poucas horas se esgotasen os 20.000 bonos dispoñíebis, segundo confirmou Vicepresidencia Primeira.da Xunta.
NOS_33098
Pedro Sánchez será quen "lidere" a gobernanza do fondo de recuperación da UE para o Estado, segundo el mesmo comunicou esta sexta feira, 31 de xullo, na conferencia de presidentas e presidentes autonómicos.
Será o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, quen "liderará" a gobernanza do fondo de recuperación da UE para o Estado, segundo el mesmo comunicou esta sexta feira, 31 de xullo, na conferencia de presidentas e presidentes autonómicos realizada na Rioxa e presidida polo Rei Felipe VI. Haberá "colaboración multinivel", dixo Sánchez, estando as comunidades "implicadas" na xestión, mais será o Estado, en definitiva, quen centralice a distribución dos 140.000 millóns do fondo da UE. España non admite así a xestión directa dos fondos polas comunidades que algunhas, como Catalunya, demandaban. De facto, Sánchez informou de que o sistema de repartición dos fondos entre as comunidades, en concreto os correspondentes ao instrumento de "facilidade de recuperación e resilencia", funcionará polos proxectos que as autonomías presenten, os cales deben ir "aliñados" cos eixos de transformación acordados polo Consello Europeo, que son a dixitalización, transición ecolóxica, igualdade de xénero e cohesión social e territorial. En concreto, Sánchez explicou que "se avaliarán os proxectos que poidan ser tractores e propoñan as comunidades, os departamentos ministeriais e a sociedade civil". Nese sentido, o mandatario español informou de que a repartición non seguirá os criterios clásicos. "Este é un Fondo diferente, novo", remarcou. Constituirase pois unha comisión interministerial presidida polo xefe do executivo español e unha "unidade de seguimento" no Gabinete da Presidencia; e haberá colaboración "público-privada a través dun grupo de alto nivel" e, coas autonomías por medio da conferencia sectorial que liderará a ministra de Facenda, María Jesús Montero. Feixoo carga contra o sistema de información O presidente en funcións da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, na súa comparecencia ao remate da Conferencia de Presidencias, cargou contra o sistema de información que ten o Estado sobre a incidencia da pandemia. Xera "incerteza" aquí e nas nacións da contorna, dixo. Pasamos "dun mando único, dunha restrición de dereitos da cidadanía e de competencias, a todo o contrario", aseverou Feixoo para engadir que "unha cousa é que España sexa unha nación descentralizada e outra, descoordinada". O presidente galego en funcións demandou, nese sentido, "coxestión" co Goberno español tamén para os fondos. O presidente galego incidiu en que os fondos "serán bos para España se se invisten ben" e pediu ao Goberno español que promova xa un acordo conxunto sobre o arranque do curso escolar 2020-2021 e que se habiliten instrumentos xurídicos para que as comunidades autónomas poidan xestionar os confinamentos ante novos gromos. Tamén reclamou a redución do IVE nas máscaras. Mais a pesar da relevancia da cita, Feixoo desaproveitou a súa posición e volveu coas mans baleiras á Galiza. Non fixo tal o lehendakari vasco, que acudiu por sorpresa ao encontro cando xa se daba por suposta a súa ausencia. Iñigo Urkullu asistiu logo de alcanzar a última hora un acordo co Executivo español sobre a senda déficit e a capacidade de endebedamento das institucións vascas, que se substanciará na Comisión Mixta do Concerto e que permitirá realizar un maior gasto ao Goberno vasco. "Euskadi é unha nacionalidade histórica e non se financia por vía do Estado, senón que temos bilateralidade", reafirmou Urkullu.
NOS_47446
Hai dúas maneiras básicas de medir o impacto mediático da morte. Con números ou con nomes. As grandes traxedias ou as persoas sinaladas. O Mediterráneo combina ambas.
Os mortos no Mediterráneo soen contarse por números e por millares. Máis de 4.000 no que vai de ano, segundo a OIM (Organización Internacional de Migracións). Mais non transcenden os nomes, porque non son ninguén. Onte mudou o conto. Un nome e un rosto nas redes, logo nas axencias de noticias. Axiña a especulación sobre as razóns dese "back way", o atallo, como o chaman. O nome é Fatim Jawara. Idade, 19 anos. O seu rosto, o de gardarredes da selección feminina de fútbol da Gambia, coa que comezara a xogar en 2012 na sub-17. Afogada no mar Mediterráneo cando tentaba chegar á Europa nunha barcaza. Saíra en setembro, cruzando o deserto cara a Libia, de onde parte a maioría dos emigrantes africanos que fan a travesía até a Europa. Entre os 200 afogados só a ela se lle puxo face e nome. O resto, números. A noticia foi confirmada por Chorro Mbenga, seleccionadora nacional adxunta Sub-18. "A súa morte é prematura e imos recordala polas súas actuacións no terreo de xogo" dixo. Tamén o presidente da Federación Gambiana de Fútbol, Lamin Kabba manifestou no Facebook a súa consternación "Estamos desesperados. É unha enorme perda para a selección nacional e o país" A Gambia é un pequeno país con menos de dous millóns de habitantes e uns 10.000 kilómetros cadrados de superficie, pouco máis que a provincia de Lugo. É tamén o quinto país africano de onde saen máis migrantes para a Europa. A esperanza de vida media non chega a 60 anos; o promedio de fillos por muller, 5,20. Só o 40% da poboación está alfabetizada. Ocupa o posto 175 no Indice de Deseonvolvemento Humano. De aquí saíron tamén máis de 3.000.000 de escravos para cruzaren outro mar camiño da América, primeiro capturados polos portugueses e despois polos ingleses. De aquí saiu Kunta Kinte, personaxe histórica protagonista da novela Raíces, ascendente do autor, Alex Haley. A pesar diso, do presente e do pasado, para o presidente da república, Yahya Jammeh, a culpa das migracións é das familias por "enviaren os fillos a intentar a perigosa aventura de cruzar o mediterráneo" Curiosamente, mentres as xeracións máis novas emprenden "o atallo" cara a Europa, os europeos aterran con comodidade nun dos paraísos para turistas (referenciado como tal mesmo desde a páxina do comité español de ACNUR ) que buscan unha África relaxada, exótica e que brinda aos foráneos o que resulta inalcanzábel para os nativos. E todo baixo un lema: Gambia, non pasa nada
NOS_32606
O presidente da Xunta entrou en directo o domingo no informativo 'Crónica das dúas', da Radio Galega, para ofrecer a súa versión das fotografías co contrabandista Marcial Dorado -publicadas por 'El País'- e recalcar que "se alguén me relaciona de maneira insidiosa cunha actividade ilegal, defenderei a miña honra"
Unha entrevista que durou por volta de tres minutos e con preguntas amábeis redactadas para o presidente da Xunta se explicar a vontade, o informativo da Radio Galega 'Crónica das dúas' conectou en directo con Alberto Núñez Feijóo para que este ofrecese a súa versión das fotografías nas que aparece retratado na compaña do contrabandista Marcial Dorado. "Cando mo presentaron non sabía quen era. Despois fun sabendo que fora involucrado nalgún caso de contrabando, mais sempre saiu inocente. Cando souben que tiña causas pendentes rachei a relación", sinalou Feijóo. Na data en que se tomaron as fotografías, en 1995, Dorado fora detido xa en dúas ocasións: en 1983 e 1995. Nunca foi a xuízo até outubro de 2003, cando foi condenado a 14 anos de cárcere por narcotráfico. O presidente da Xunta insistiu unha e outra vez nun extremo arquirrepetido en todos os adiantos informativos da radio nacional galega: que as imaxes "son de hai 20 anos" e que coñeceu Marcial Dorado "a través dun amigo na Xunta". O amigo na Xunta era o testaferro de Dorado, Manuel Cruz. Antes de concluír sinalando que "se alguén me relaciona de maneira insidiosa cunha actividade ilegal, defenderei a miña honra", o presidente do Goberno galego dixo non saber "por que se publican agora" e apuxo a súa amizade con Dorado a "unha casualidade". A oposición reacciona: "Galiza non merece un presidente con esas relacións" As forzas políticas con representación parlamentar BNG e AGE non tardaron en valorar as imaxes de Feijóo a bordo do barco propiedade do contrabandista Dorado. O voceiro nacional da formación frontista, Xavier Vence, sinalou que "Galiza non merece un presidente con este tipo de relacións". Recordou as imaxes do ex vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, no iate do construtor Jacinto Rey, que o PP filtrou en plena campaña electoral de 2009 e polas que tanto Mariano Rajoy como Núñez Feijóo chegaron a pedir a demisión do nacionalista. "Debemos facer o mesmo agora", recalcou Vence. O nacionalista adiantou que o BNG analizará polo miúdo as imaxes e a información publicada polo diario español. Reclamarán unha comparecencia "urxente" de Feijóo no Parlamento para que ofreza "unha explicación detallada e convincente", se ben apurou a deixar claro que neste caso "a demisión cabe con moita máis razón (que no de Anxo Quintana) pois trátase de fotos dun alto cargo da Xunta cunha persoa cuxa inmersión en procesos xudiciais por temas de contrabando era de dominio público". A comparecencia de Feijóo na Cámara galega tamén vai reclamala AGE. Adiantouno este domingo a súa vicevoceira, Yolanda Díaz, após coñecer as imaxes "cun capo da mafia galega". Dixo Díaz que "en países serios, por cousas moito menores demitiron cargos de máxima responsabilidade". Tamén AGE colocou riba da mesa a "dobre vara de medir" do PP en relación ás fotos de Quintana no iate de Jacinto Rey polas que @s conservador@s pediron o cesamento do daquela vicepresidente do Goberno galego. Yolanda Díaz rexeitou que o PP filtrase daquela as fotos, véndose mergullado "nunha campaña de difamación propia da extrema dereita e do fascismo, daquilo de que unha mentira repetida mil veces acaba sendo verdade" namentres Feijóo se ve agora "nunha relación inxustificábel". Por último, cómpre sinalar que o secretario xeral do PSdG-PSOE, Pachi Vázquez, foi entrevistado este mediodía na Radio Galega. Non houbo ningunha pregunta referida ás polémicas imaxes. Con todo, si se pronunciou ao respecto o voceiro parlamentar desta formación política, Abel Losada. "No ano 95 o único galego que non sabía que Dorado estaba vinculado ao contrabando e ao narcotráfico era Feijóo", ironizou, antes de exixir tamén a comparecencia do presidente da Xunta no Parlamento, advertindo de que, de non acceder a esta petición unánime da oposición, desde o PSdG reclamarán a súa demisión. Losada cualificou as explicación dadas até o de agora por Feijóo de "exculpatorias e nada concretas, dada a gravidade da situación" e recordou tamén "a inxusta campaña contra o goberno bipartito". Lembrou a advertencia guindada daquela pol@s conservador@s a Quintana na liña de que "un gobernante ten que ter moito coidado de con quen sae nas fotos". A afirmación, valorou Losada, "agora fala por si propia". A información das fotografías na imprensa galega Nin La Voz de Galicia, nin El Progreso, nin Diario de Pontevedra publican información algunha nos seus portais dixitais referida ás imaxes de Feijóo en compaña de Marcial Dorado. Si o fan La Opinión, El Correo Gallego e Faro de Vigo, que recollen o comunicado oficial asinado polo presidente do Goberno galego este domingo de madrugada, cando a capa de El País empezou a se mover na rede. Porén, non reproducen as fotos do diario español.
NOS_27652
O ex presidente estadounidense sinalara que había que ser «conscientes da realidade» e que «o americano medio non cre que haxa que acabar co sistema».
O candidato a liderar o Partido Demócrata nas eleccións presidenciais de 2020 nos EUA Bernie Sanders fixo referencia esta fin de semana ás recentes palabras de Barack Obama nas que recomendaba ás e aos aspirantes a non se escorar demasiado cara á esquerda. En concreto, o ex presidente estadounidense sinalou que había que ser «conscientes da realidade». «O americano medio non cre que haxa que acabar completamente co sistema e refacelo», dixo. Cuestionado ao respecto nun programa da canle de TV hispana Univision, Sanders riu e afirmou: «Bon, depende do que queiras dicir con acabar co sistema». «A axenda que temos está apoiada pola vasta maioría do pobo traballador», declarou, e engadiu que «cando falo de elevar o salario mínimo a un salario decente, non estou a acabar co sistema. Estamos a loitar pola xustiza».
NOS_47980
Desde comezos desta semana dúas mulleres e dous homes, membros da sociedade civil, foron vítimas de crimes violentos.
Ao asasinato na véspera do día de Nadal de Lucy Villarreal, unha xestora cultural do departamento de Nariño, no suroeste de Colombia, sumouse 24 horas despois a morte de Reinaldo Carrillo, membro da Asociación Nacional de Usuarios Campesiños (ANUC) de Huila, no sur do país, e coordinador do comité de paz en Pitalito, neste departamento. A primeira traballaba con mulleres vítimas da violencia na Fundación Viva La Vida, segundo informan os medios locais. O segundo, ao igual que outros membros da ANUC, recibira ameazas con anterioridade. Na segunda feira, 23 de decembro, tamén transcendera o crime contra Natalia Jiménez e Rodrigo Monsalve, ambientalistas que apareceron sen vida, con signos de tortura e con capuchas nas cabezas. Condena do Goberno Despois de se coñecer a morte de Villarreal, a vicepresidenta colombiana, Marta Lucía Ramírez, pediu en Twitter unha "investigación eficaz e castigo aos responsábeis". "Forza pública e xustiza deben redobrar esforzos en Tumaco onde o narcotráfico que trae violencia creceu exponencialmente", agregou a mandataria. Quien asesinó antier a Lucy Villareal mientras sus hijos la esperaban para la navidad?Qué muestran las cámaras? Porqué la gente tiene miedo a hablar? Fuerza pública y justicia deben redoblar esfuerzos en Tumaco donde el narcotráfico que trae violencia creció exponencialmente. https://t.co/gyuQSHoMyi— Marta Lucía Ramírez (@mluciaramirez) December 25, 2019 Tamén se referiu ao asasinato de Carrillo: "Líderes de restitución, parcelamento e reforma agraria, non poden continuar sendo asasinados. O Goberno, a comunidade, a forza pública e a xustiza debemos ser un só corpo en intelixencia, prevención e reacción". Lideres de restitución, parcelación y reforma agraria , no pueden seguir siendo asesinados. El gobierno, la comunidad, la fuerza pública y la justicia debemos ser un solo cuerpo en inteligencia , prevención y reacción. https://t.co/OrdFBHqe8y— Marta Lucía Ramírez (@mluciaramirez) December 25, 2019 Precisamente, unha das reivindicacións das protestas destas semanas contra o Goberno é acabar cos crimes e a impunidade. "Asasinatos sistemáticos" A comezos deste mes, a Oficina en Colombia da Alta Comisionada da ONU para os Dereitos Humanos manifestara que en 2019 polo menos 86 persoas defensoras dos dereitos humanos foran asasinadas. Segundo este organismo, a falta de presenza integral do Estado nalgunhas rexións de Colombia sería unha das causas estruturais destas mortes. Hay que detener el sistemático asesinato de los #LíderesSociales. Como Ministerio Público le pedimos al Gobierno convocar a la Comisión Nacional de Garantías de Seguridad de manera inmediata y que se asegure su funcionamiento, pues la amenaza es latente y hay que contenerla.— Fernando Carrillo F. (@fcarrilloflorez) December 26, 2019 E esta quinta feira, pola súa banda, o fiscal xeral colombiano, Fernando Carrillo, tamén se pronunciou a respecto cun chío no Twitter. "Hai que deter o sistemático asasinato dos #LíderesSociales. Como Ministerio Público pedimos ao Goberno convocar a Comisión Nacional de Garantías de Seguridade de maneira inmediata e que se asegure o seu funcionamento, pois a ameaza é latente e hai que contela", escribiu.
NOS_49787
Os hospitalizados mantéñense en 58 e a taxa de positividade segue nun 1%.
Galiza arrinca a última semana do mes de setembro con 33 novos contaxios de Covid-19 e os casos activos en descenso, até situarse nos 1.207, mentres que os hospitalizados mantéñense en 58 e a taxa de positividade segue en 1%. Segundo os datos actualizados pola Consellaría de Sanidade esta segunda feria, con rexistros até as 1800 horas do domingo, permanecen 17 persoas ingresadas en Unidades de coidados intensivos e seguen 41 noutras unidades de hospitalización, mentres que 1.149 pacientes atópanse en seguimento domiciliario. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria mantense sen cambios en cinco das sete; mentres que sobe lixeiramente na da Coruña e Cee, onde seguen cinco pacientes en UCI, pero aumentan a 15 os ingresados noutras unidades -un máis-. E na de Santiago e Barbanza aínda que continúan dúas persoas ingresadas en UCI pola Covid-19, descenden a oito as hospitalizadas noutras unidades -unha menos-. Os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 1.207, o que implica 103 menos que os da xornada anterior, ao haber máis altas (136) que contaxios (33), e non sumarse novas vítimas mortais. Hai meses que Galiza non contabiliza unha cifra tan baixa de casos, xa que no inicio do verán, o 20 de xuño, rexistrou 1.289 o día 20, xusto antes da época estival. As infeccións activas baixaron nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-35); seguida da de Santiago e Barbanza (-21); Vigo (-19); Lugo (-15); Pontevedra e O Salnés (-10); Ferrol (-2) e Ourense (-1). Galiza comeza esta semana con 33 novos contaxios de Covid-19, o que supón dous máis que os 31 rexistrados este domingo, polo que seguen por baixo do medio centenar, após os 58 do sábado. Destes novos casos, confirmados con probas diagnósticas nas últimas 24 horas, oito corresponden á área de Ourense; outro oito, á de Lugo; seis, á da Coruña e Cee; cinco, á de Vigo; tres, á de Santiago e Barbanza; e outro tres, á de Pontevedra e O Salnés, mentres que na de Ferrol non se detectou ningún. As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria mantéñense en 2.629 ao non ser notificada ningunha nova vítima rexistrada esta fin de semana.
PRAZA_5548
Como ensaio xeral do que pode vir en comicios próximos, coa mudanza de Vigo/Galicia por España, volvemos a un estado semitotalitario no que calquera crítica pode ser razón de deslealdades e traizóns á patria. Nunca foi tan refrescante, nestes tempos, lermos o Cuore.
Non lembro eu desapego tan grande por decisións democráticas que eu antes miraba con certa impaciencia. O ambiente semella plano, pero o peor é que, cando se acende algo, aínda resulta peor 1. As enquisas xa celebran unha abstención récord, a caída notable dos partidos maioritarios, con resistencia para o PP, e, polo que respecta a Galicia, a tallada para a coalición Anova-Eu e reducidas expectativas para o BNG. Nada novidoso, pero, sobre todo, nada incitante. Polo menos o suficientemente incitante para meter papela nas urnas. Pode ser a idade, non o nego, e tamén a distancia histórica abarcable pola miña memoria. Pero non lembro eu desapego tan grande por decisións democráticas que eu antes miraba con certa impaciencia. O ambiente semella plano, pero o peor é que, cando se acende algo, aínda resulta peor. Algunhas amigas sorpréndenme ás veces con que miraron un debate político na televisión; outros discuten ata a extenuación filosófica sobre a hexemonía, a soberanía e a sucursalidade e galeguidade das coalicións cunha sensación de dejà vu cansina. Tampouco desboto unha certa claudicación xeneralizada, consecuencia dunha preguiza intelectual que non alcanza a entender este estado de cousas. Seguro que irei votar, só por ver unha vez máis a esas xentes que, no meu barrio, só saen de casa, cargadas de anos, a depositar o voto que os seus fillos delicadamente colocan nos seus tremerosos sobres pechados. Por Vigo e por Galicia; por Galicia e por Vigo. Estes son os fundamentos, formulados ao xeito dun mántrico hashtag da grosse koalition. Este modo de apresamento discursivo expulsa, por totalizador, a quen se coloca en contra 2. A cidade de Vigo celebra a gran coalición entre o PP e o PSOE, con gran espectáculo mediático: interviú no Faro o domingo co alcalde (que para iso é alcalde e para iso é domingo) e interviú con Figueroa, o inmarchitable líder do partido popular, o luns, día de menores audiencias e estas dirixidas a deportes e a romarías dos montes da bisbarra. Por Vigo e por Galicia; por Galicia e por Vigo. Estes son os fundamentos, formulados ao xeito dun mántrico hashtag, da grosse koalition. Este modo de apresamento discursivo expulsa, por totalizador, a quen se coloca en contra. E non falta quen tira de cidades norteñas, molestas coas nupcias, para denigrar aos detractores do pacto. Nos vindeiros meses, facer oposición vai ser imposible, mesmo co auxilio dunha Voz de Galicia pendente de calquera erro (ou acerto) do inquilino do campo de Granada. Como ensaio xeral do que pode vir en comicios próximos, coa mudanza de Vigo/Galicia por España, volvemos a un estado semitotalitario no que calquera crítica pode ser razón de deslealdades e traizóns á patria. Nunca foi tan refrescante, nestes tempos, lermos o Cuore.
NOS_27824
Este mecanismo, posto en marcha durante o Goberno bipartito, conta agora coa defensa do Partido Popular como "instrumento público de intermediación na mobilización da terra agraria" no marco da nova lei de terras, aprobado o pasado 22 de maio.
Un total de 400 parcelas do Banco de Terras foron alugadas no primeiro semestre deste ano. En total, arredor de 220 hectáreas, o que supón un incremento de 17% a respecto do mesmo período de 2020. Segundo datos da Consellería do Medio Rural, este aumento "indica a importancia dos novos instrumentos" para a mobilización de terras, dado que supera o crecemento de entre 5% e 7% que se produciu en anos anteriores no primeiros seis meses do ano. Aínda que "é pronto" para avaliar a súa repercusión, este departamento destaca que a Lei de recuperación de terra agraria "xerou unhas boas expectativas para a mobilización de terreos", ao se percibir "unha paulatina e progresiva dinamización" do Banco de Terras. Así, ferramentas contempladas na lei, como aldeas modelo, polígonos agroforestais e agrupacións de xestión "contribuirán a cimentar esa positiva evolución", valora Medio Rural. Novas parcelas Pola súa banda, a incorporación de parcelas ao Banco de Terras "avanza francamente ben". No principio do ano figuraban 12.134 parcelas xestionadas por este instrumento integrado na Axencia Galega de Desenvolvermento Rural, que se incrementaron ata as 12.530 parcelas a mediados de mes de xullo. A suma das hectáreas dipoñíbeis ascende até as 6.315, unhas 280 hectáreas máis que a comezos de ano. Case todas corresponden con novas figuras de recuperación, fundamentalmente aldeas modelo, en comarcas do interior de Ourense e Lugo. Banco de Terras O Banco de Terras é un dos instrumentos previstos na Lei de recuperación da terra agraria aprobada en solitario polo PP no mes de maio, cos votos en contra do BNG e a abstención do PSdeG. Porén, esta iniciativa viu a luz hai máis dunha década, a proposta da Consellaría de Medio Rural do Goberno bipartito dirixida por Alfredo Suárez Canal. Na campaña das eleccións galegas de 2009, o Partido Popular converteuna en albo central das súas críticas, chegando a cualificalo como "unha sovietización encuberta" e unha vía para privar a cidadanía da propiedade das súas terras. Doce anos despois os populares defenden na súa proposta lexislativa "reforzar o papel do Banco de Terras" como "instrumento público de intermediación na mobilización da terra agraria", definíndoo como "figura fundamental para o desenvolvemento dos novos instrumentos de recuperación da terra agraria", un dos principais problemas aos que se enfronta o sector agrícola no territorio galego.
NOS_54473
Un incendio nas instalacións da planta de Nostián causou importantes danos dos que se desmarcou o comité de empresa, que destacou a numerosa participación na manifestación en contra dos despedimentos de Albada e a reforma laboral
Todo o sector do lixo da comarca da Coruña secundou de forma unánime -non acudiu ninguén a traballar fóra dos servizos mínimos- a folga convocada en solidariedade co persoal de Albada na planta de Nostián, que suma un mes de greve, e tamén en contra da reforma laboral, que segundo os sindicatos "agrava a precariedade" que existe no sector. Preto dun milleiro de persoas acudiron á manifestación convocada polo centro da cidade, na que se denunciou de forma especial a "fraude" que segundo as centrais sindicais se está a cometer coa cidadanía posto que "Albada non recicla coa colaboración do concello". Tamén houbo fortes palabras contra Florentino Pérez, o empresario dono de Urbaser, o grupo ao que pertence Albada, empresa que malia as negociacións segue a impoñer unha rebaixa de soldo d@s traballador@s dun 25 por cento así como ao despedimento de once deles, que participaron na protesta. A folga estivo marcada tamén por algúns posíbeis actos de sabotaxe, cualificados desde o concello como "guerrillas" e dos que se desmarcou completamente o comité de empresa de Nostián, onde se produciu un importante incendio con varios focos na mesma noite na que estaba convocada a folga. Segundo o goberno local, o lume provocou danos materiais -non os houbo persoais- por valor de 600.000 euros. As lapas alcanzaron os 15 metros de altura. Tamén arderon contedores pola cidade e a policía nacional identificou a dúas persoas.
PRAZA_18450
A campaña lanzada en 2015 dende o goberno local compostelán xa é secundada por 102 concellos de todo signo e mais polas deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra HEMEROTECA | Crónica: Un balcón espido fronte ao "máis grande de Galicia"
HEMEROTECA | Crónica: Un balcón espido fronte ao "máis grande de Galicia" No outono de 2015 o Concello de Santiago lanzou a campaña En negro contra as violencias, unha acción coa que "facer visible o rexeitamento da cidadanía" á violencia machista en recintos institucionais, pero tamén en establecementos comerciais e distintas entidades da capital galega ao fío do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero. Tras aquela primeira experiencia, con 300 adhesións de locais comerciais e colectivos, en 2016 o goberno compostelán ofreceu a campaña a outros concellos galegos e sumáronse unha quincena. En 2017 superaron os 70 e sumáronse ademais as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, e neste 2018 xa serán máis dun cento. A campaña lanzada en 2015 dende o goberno local compostelán xa é secundada por 102 concellos de todo signo e mais polas deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra A edil compostelá de Igualdade, Marta Lois, confirma que son xa un total de 102 os concellos, con gobernos de todas as cores políticas, os que desenvolverán en cadanseus municipios a campaña "en negro" cara ao vindeiro 25N, ademais das devanditas tres deputacións. É, di, un símbolo de que a loita contra a violencia machista está na "axenda política" destes gobernos locais durante todo o ano, pero tamén un xeito de facer visible o rexeitamento ás agresións de xénero nas rúas de vilas e cidades, xa que os negocios e entidades implicadas xa superan as 6.000. Carteis da campaña o pasado 2017 en Cangas / CC BY-SA-NC Galicia en Negro No caso de Santiago a campaña 'en negro', cuxo deseño orixinal foi obra da deseñadora Uqui Permui, comezou este ano coa incorporación dun autobús urbano "tinguido de negro" pola empresa compostelá Castrosúa, que fará o percorrido da liña 1, unha das máis extensas da cidade, ademais de achegarse a varias parroquias da zona rural santaiguesa. "Alí -adianta Lois- realizaranse obradoiros e actividades que completan os obradoiros de apoderamento que tamén se están a levar a cabo durante o mes de novembro". En Santiago as actividades ao fío do 25 de novembro inclúen unhas xornadas sobre os delitos contra a integridade sexual e accións dirixidas a alumnado de institutos As Xornadas técnicas sobre delitos contra a integridade sexual -os días 8 e 9- ou unha nova edición das Conversas feministas, desta volta coa antropóloga Marcela Lagarde, son outras das actividades dunha campaña que nesta ocasión terá especial presenza nos institutos de ensino secundario da cidade, cuxo alumnado será convidado a participar na lectura do manifesto contra a violenica machista o día 23. Ademais, o festival Cineuropa acollerá a proxección de varios filmes do arquivo feminista Simone de Bauvoir, de París, e o departamento de Deportes impulsará o espallamento da campaña en partidos da SD Compostela e o Santiago Futsal. Para a veciñanza en xeral os materiais da campaña distribuiranse entre os días 19 e 23 na Casa das Mulleres Xohana Torres e mais no Centro de Información á Muller. O autobús 'en negro' que xa está a circular por Santiago / Concello de Santiago Campaña da Xunta O PP cargara en 2017 contra a campaña por "reducir" as mulleres "a un triángulo con fondo negro inspirado na filosofía de Conas Ceives", dixeran A campaña En negro contra as violencias desenvolverase, outra volta, sen a colaboración da Xunta. Xa nos anos anteriores o Goberno galego optara pola indiferencia cara a esta acción, rexeitando por exemplo pendurala dos balcóns do Pazo de Raxoi, edificio que o Executivo comparte co Concello de Santiago. Non obstante, o pasado 2017, no medio de diversas críticas á campaña impulsada polo Goberno galego -baixo o lema O máis grande de Galicia non se maltrata-, Xunta e PP optaran por pasar ao ataque contra esta campaña malia ser asumida por gobernos locais de todo signo. Así, por exemplo, concluíran que esta acción "reducía" as mulleres a "un triángulo con fondo negro inspirado na filosofía da asociación Conas Ceives" e acusara os concellos que a asumiran de "non atender as vítimas" das agresións machistas. Nesta ocasión a Secretaría Xeral de Igualdade organizou un concurso de "imaxes gráficas e pezas audiovisuais" entre os centros de ensino galegos. "As pezas que resulten gañadoras", informou o Goberno galego nun comunicado, "poderán ser empregadas pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero do próximo 25 de novembro, ou noutras accións de sensibilización contra esta lacra".
NOS_45291
Os traballadores e traballadoras que desenvolven empregos de baixa cualificación engrosan en maior medida as taxas de mortaldade pola COVID-19, afirma a Oficina de Estatísticas Nacionais (ONS) do Reino Unido.
Os traballadorese traballadoras que desenvolven empregos de baixa cualificación engrosan en maior medida as taxas de mortaldade pola COVID-19, en comparación con outros profesionais, segundo unha análise da Oficina de Estatísticas Nacionais (ONS) do Reino Unido. Tras analizar as 2.494 mortes relacionadas co coronavirus rexistradas até o 20 de abril entre a poboación traballadora de Inglaterra e de Gales, a ONS comprobou que case dous terzos dos falecidos foron homes, o que encaixa coas estatísticas da enfermidade noutros países. O organismo analizou as ocupacións dos falecidos e viu que os taxistas, choferes, condutores de autobuses, chefs, asistentes de vendas e traballadores da construción atópanse entre os máis afectados pola pandemia e corren máis risco de morrer. Ademais, a análise conclúe que as taxas de mortaldade pola COVID-19 "aumentaran significativamente" entre os homes e as mulleres que traballan en atención social, un grupo que inclúe tanto empregados de residencias xeriátricas como empregados de atención domiciliaria. Os gardas de seguridade e aquelas profesións relacionadas rexistraron unha taxa de mortaldade máis alta, con 45,7 mortes por cada 100.000 persoas, segundo as estatísticas. Saúde Mentres tanto, os traballadores da saúde, incluídos os profesionais médicos e de enfermaría, non rexistraron unha taxa de mortaldade significativamente máis alta en comparación con xente da mesma idade e sexo no resto da poboación, detallou a ONS. Pola súa banda, entre as mulleres, segundo a análise, só un grupo ocupacional tiña unha taxa de mortaldade máis alta. estatísticamente significativa: coidados, lecer e outros servizos. Con todo a ONS advirte que os datos recollidos, axustados por idades, deben ser analizados con cautela xa que "non proban de forma concluínte" que as taxas de mortaldade observadas sexan "necesariamente causadas por diferenzas na exposición ocupacional".
NOS_37849
Os Estados asociados do Mercado Común do Sur (Mercosur) decidiron a suspensión inmediata de Paraguai e expresaron a súa máis enérxica condena á ruptura da orde democrática nese país.
A postura de condena ao golpe de Estado en Paraguai por parte do Mercosur fixouse nunha declaración aprobada esta fin de semana, a cal subliña ademais que Paraguai quedou sen dereito a participar na XLIII Reunión do Consello do Mercado Común e o Cumio de Presidentes do Mercosur, previstos para esta semana na cidade arxentina de Mendoza, dixo a Chancelaría local. Subscrito por Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Bolivia, Chile, Colombia, Ecuador e Perú, o texto resalta que "a plena vixencia das institucións democráticas é condición esencial para o desenvolvemento do proceso de integración". A declaración resolve, por último, considerar, a nivel de xefes e xefes de Estado na Reunión Cumio do Mercosur do próximo 29 de xuño "ulteriores medidas a ser adoptadas". Timerman:"en ningún caso encontramos o máis mínimo interese na oposición de dialogar connosco" O chanceler de Arxentina, Héctor Timerman, cualificou nunha entrevista de "execución sumaria" o acelerado proceso de xuízo político realizado polo Senado paraguaio e que rematou coa destitución do presidente constitucional Fernando Lugo. "En Paraguai utilizouse un mecanismo considerado na Constitución; pero foi aplicado de tal forma que viola non só o espírito desta, senón toda práctica constitucional do mundo democrático", subliñou o diplomático. Timerman, quen no momento do golpe de Estado estaba en Asunción xunto a outros ministros de Relacións Exteriores da Unión de Nacións Sudamericanas (Unasur), revelou ao diario Página 12 detalles das xestións de intermediación realizadas alí polo bloque. "É triste o que aconteceu en Paraguai", sostivo o diplomático, e insistiu en que "darlle dúas horas de defensa a un presidente democraticamente electo é un tempo menor ao que ten quen pasou un semáforo en vermello". Comentou que os chanceleres de Unasur fixeron todo o posible para buscar alternativas. Mais "en ningún caso encontramos o máis mínimo interese na oposición de dialogar connosco e buscar unha opción á execución sumaria dun presidente", lamentou.
PRAZA_304
Máis de 40.000 nenas e nenos viven en fogares sen ningunha persoa ocupada, segundo a Enquisa de Poboación Activa. Mentres o conxunto da poboación infantil aumentou apenas un 0,2% a infancia nestas circunstancias fíxoo nun 100%.
Son números e, como tales, traen un chisco de frialdade de serie. Non transmiten drama nin euforia e son menos avultados que noutras comunidades autónomas e, obviamente, infinitamente máis reducidos que noutros países do mundo. Ademais, como é obvio, cada un deles esconde por tras de si situacións vitais ben diferentes. Aínda con todas estas cautelas, o certo é que o panorama que debuxan os trazos máis pequenos das grandes cifras do desemprego pode servir para obter unha radiografía das consecuencias máis cotiás de querer traballar e non poder facelo. Unha delas é que, dende o inicio da crise económica, a infancia galega que reside en fogares nos que ningún dos seus membros traballa se multiplicou por dous. Segundo as análises do Instituto Galego de Estatística baseadas na Enquisa de Poboación Activa (EPA) no 2007, derradeiro ano do período considerado como de bonanza económica, un pouco máis do 5% da poboación galega de entre 0 e 17 anos residía en fogares nos que ningún dos seus membros estaba ocupado, isto é, ou ben estaban en situación de desemprego malia procurar un traballo ou ben estaban en situación de inactividade, caso por exemplo das persoas xubiladas. Cinco anos despois, en 2012, esta porcentaxe subira ata o 12,2% e no remate de 2014 aínda era o duplo que en 2007, o 10,8%. Máis de 40.000 nenas e nenos viven en fogares sen ningunha persoa ocupada Este incremento dos nenos e nenas residentes en fogares nos que ninguén traballa produciuse nuns anos nos que a oscilación da poboación infantil no país foi escasa, toda vez que as 388.826 persoas menores de idade contabilizadas polos padróns municipais en 2014 eran só 743 máis que en 2007. Este incremento de apenas o 0,2% no número total de nenas e nenos contrasta co aumento do 100% experimentado pola infancia que medra en familias nas que ninguén traballa, a cal pasou de algo menos de 21.000 persoas en 2007 a algo máis de 41.000 sete anos máis tarde. Estas cifras son o reflexo na poboación infantil dunha conxuntura na que, en apenas media década, o número de fogares sen persoas ocupadas aumentou en Galicia case un 30% mentres que os fogares sen ingreso ningún pasaron duns 19.700 en 2009, xa en plena crise, a case 31.000 no remate de 2014. Asemade, as vivendas familiares sen ningunha persoa activa entre os seus membros superaron no cuarto trimestres de 2014 os 330.000, a segunda maior cifra dende o inicio da crise.
NOS_32352
Construcións Fontenla S. A. tomou a decisión "pola dificultade para acceder a financiamento". A débeda recoñecida é superior a 40 millóns de euros.
A actual crise económica e as dificultades para acceder ao financiamento son as razóns que dá Construcións Fontenla S. A., a empresa que dirixe Antonio Fontenla, para acudir ao concurso voluntario de acredores. Especializada en construción, promoción e servizos, a compañía da Coruña realizou grandes obras como a Torre de Cristal, en Matogrande, o edificio institucional da Xunta en Vigo, ou a Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo. Fontenla S.A. é unha empresa de accionariado que leva 80 anos no sector. A empresa informou desta decisión a través dun comunicado remitido a axencias no que asegura que "con esta decisión a empresa desexa, sobre todo, protexer os intereses dos seus traballadores, clientes e provedores ante unha situación que imposibilita o cumprimento das súas obrigas dun xeito equilibrado entre todos eles, ao tempo que garante, na medida do posíbel, a superación desta situación no menor tempo posíbel". No mesmo comunicado asegúrase que se tomou esta decisión tras constatar as "dificultades" para "refinanciar a súa débeda" e as "necesidades recorrentes da súa actividade", e pola falta de liquidez que está a "imposibilitar que a empresa continúe desenvolvendo a súa actividade". Construccións Fontenla S.A. pechou o anterior exercicio, segundo as súas fontes, cunhas perdas superiores aos 1,6 millóns de euros. Máis de 40 millóns de débedaA débeda recoñecida por Fontenla é superior a 40 millóns de euros e despois de que os xestores recoñecesen a imposibilidade de facerlle fronte, o xulgado do mercantil designou un administrador concursal que tomará, arestora, as decisións máis importantes. Construcións Fontenla S.A. pechou o anterior exercicio, segundo as súas fontes, cunhas perdas superiores a 1,6 millóns de euros. A propia compañía tentou nos últimos anos salvar a situación con varias ampliacións de capital, unha de 4,4 millóns de euros e outra de máis de medio millón.Denuncian ERE fraudulentoEmpregad@s da empresa xa apuntaron como fraudulento o ERE que se lles propuxo e denunciaron que aínda teñen pendentes as vacacións do ano pasado. Aseguran que as causas das últimas medidas de regulación levadas a cabo por Construccións Fontenla S. A. non son por unha má situación económica posto que obtiveron grandes beneficios en anos anteriores.Once anos gobernando o empresariadoAntonio Fontenla (A Coruña, 1943) preside a Confederación de Empresarios de Galiza desde 2001. Conseguiu manterse nese posto nas eleccións empresariais de 2005 e 2009. Hai uns días, aliás, conseguiu ser reelixido como presidente da patronal coruñesa. Ademais é presidente e conselleiro delegado de 'Inversora Obelisco' e 'Urvensa', presidente de 'Bonorsa' e participa no capital e preside outras sociedades dedicadas ás enerxías renovábeis.
NOS_47888
O candidato dos socialistas galegos considera que é unha estratexia do PPdeG situar o dereito a decidir como "gran tema de discusión" para "montar leas onde non os hai".
O PSdeG chamou este sábado a mobilizarse para derrotar o PPdeG, no que o seu candidato á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, ve "nerviosismo porque non lles saen as contas". Leiceaga criticou que o PP estea agora "rebuscando para "montar leas onde non os hai", en relación aos comentarios dos populares sobre posibles acordos co resto de forzas sobre o dereito de autodeterminación en Galiza. Unha cuestión que rexeitou Leiceaga, que asegurou que o debate sobre a independencia non está sobre a mesa. O aspirante á Presidencia considerou que "a dereita" trata de facer "desaparecer da campaña" ao PSdeG porque –segundo afirmou en declaracións recollidas por Europa Press– "non poden controlar o voto da xente que quere cambio". Chamou a ignorar as enquisas que "queren convencer" ao electorado de que "todo está pechado". Leiceaga tamén chamou a ignorar as enquisas que "queren convencer" ao electorado de que "todo está pechado". Nese sentido, recordou as sondaxes que prognosticaban un sorpasso de Podemos ao PSOE nas eleccións estatais que, finalmente, non se produciu. "Se nos mobilizamos, ganamos", dixo o candidato socialista, que pediu que o próximo 25 de setembro "ningunha persoas progresista quede na casa", durante un xantar-mitin en Pontevedra.
NOS_50050
A contradición é tamén un dos motores da poesía. Percibiuno Cesáreo Sánchez Iglesias (O Irixo, 1951) no Vietnam, o territorio do seu último libro de poemas: "Eu tiña vontade de falar daquel país e da súa historia. Mais, ao tempo, pensaba que era cruel falar da guerra nun lugar tan fermoso". Decidiu asumir o paradoxo. As bolboretas do Mekong é o resultado, un extenso volume de memoria e crónica, de celebración e dó.
"Vietnam é un símbolo para a miña xeración", explica a Sermos Galiza, "e a min deume a conciencia antimperialista, anticolonialista". Con esa lembranza o poeta percorreu Indochina hai oito anos. E comezou a escribir As bolboretas do Mekong, que publica Xerais e presentará o vindeiro 17 de xaneiro na libraría Moito Conto da Coruña ás 19.30 horas. Acompañarano o músico e escritor Xurxo Souto e a directora do semanario Sermos Galiza María Obelleiro. De alento whitmaniano, verso longo -case versículo-, inzados de topónimos, atravesado de persoas e espazos sagrados, os poemas de Sánchez Iglesias relatan unha viaxe no presente e unha viaxe ao pasado. "Para esta obra formeime moito na historia de Vietnam e da guerra de liberación", asegura, "prescindín da información filtrada por Occidente, agás a de certos xornalistas". Refírese a mitos do xornalismo daquela comprometidos: Susan Sontag, Oriana Fallaci, Michael Herr. O autor é consciente das diferentes zonas polas que se move. "Os poemas non se escriben exactamente por unha vontade racional. Pero eu creo que é tarefa da miña xeración transmitir a memoria dese símbolo que foi Vietnam". Unhas horas despois, vía mensaxe telefónica, Sánchez Iglesias engade: "Coido que hai dous libros avanzando ao mesmo tempo, un libro en que a terra humanizada é unha capa, e dar idea do xenocidio imperialista, outra". "A ofensiva do Tet, canto doe nas maos. Quen derrotou a quen? / O delirio coas súas escamas de réptil. No amencer de / xaneiro ningún sol para o festival do Tet. Erguémonos", escribe no quinto capítulo, no tramo dedicado a Cu Ci, "Foi cando os homes morcego saciaron a súa sede / e así falei cando fun quen recorda: salferiron a selva / cun mar de lume". Ese verso estendido, expón, é tamén unha homenaxe á tradición vietnamita e chinesa, "en que o verso longo se emprega para falar da terra". Mais As bolboretas do Mekong, subtitulado Caderno de Indochina, non é apenas unha indagación nun acontecemento histórico, chave para a politización das persoas dunha idade. Recentemente, outro poeta, Vítor Vaqueiro, abordaba semellante materia en 1968 (Laiovento, 2018). Célebre foi antes o poema de Uxío Novoneyra Vietnam Canto -cuxo verso "IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG" serve a Sánchez Iglesias de epígrafe- ou algúns de Méndez Ferrín. Pero neste caso entran en xogo outros elementos. "Ao chegar a territorios de dor, conectaba coa miña propia memoria, a de 1936", indica. Aparecen o campo de concentración de San Simón ou a árbore da Caeira. É un periplo a Asia e unha expedición "ás profundidades". "Eu era incapaz de camiñar por Hanoi sen pensar en que significa ser bombardeado", di. Bombardeado non de calquera maneira: Estados Unidos botou no Vietnam catro veces máis bombas que en toda a Segunda Guerra Mundial. Sucedía nunha xeografía exhuberante, por intres fisicamente hostil -era o tempo do monzón-, dunha beleza delicada e terríbel. "Viaxar é tamén aprender a soidade", considera o poeta, "estás fóra do teu líquido amniótico, diante do descoñecido". A baía de Ha Long, navegar o Mekong, coñecer Saigón de primeira man. "Fun entrando en capas profundas. Aínda que fales dunha paisaxe, falas do fondo humano", sinala, "e descubrín unha cultura, da que quixen dar testemuño". As bolboretas do Mekong é, así, produto de oito anos de indagación e escrita. Un tributo a Ho Chi Minh e "a súa extraordinaria sensibilidade humana", e un pranto por Camboxa "e os campos de silencio". "Na praia atlántica, a maré a subir rumorosa de silencio / coa exactitude do reloxo lunar, acalma / a miña sede de infintio", conclúen 211 páxinas. Nota: a foto é do xunco en que Cesáreo Sánchez Iglesias navegou a baía de Ha Long.
NOS_157
CIG-Ensino sinala a Consellería de Educación e exixe responsabilidades do que cualifica como unha "chafallada".
Parte dos contidos do exame da reválida de 3º podía lerse esta cuarta feira, o mesmo día de realización da proba, nun medio de comunicación impreso. Esta é a denuncia que fan desde CIG-Ensino, que consideran este feito un exemplo da "chafallada" na que a Consellaría de Educación "converteu a aplicación da LOMCE e nomeadamente as reválidas". O sindicato nacionalista opina que "todo indica" que foi a propia Consellaría a responsábel da "filtración" polo que exixe unha "explicación pública"."Tendo en conta que parte das probas se filtraron publicamente antes de que remataran e que máis do 80% do alumnado non as fixo a Consellaría debería tomar a decisión de que se tiren a papeleira, que non se corrixan e que se deixe de cargar aos centros, en contra da súa vontade, de traballo inútil", afirma Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino. Demisión O sucedido desautoriza a actuación do Goberno galego e poñen en evidencia a "falta de competencia do novo conselleiro de Educación, motivo suficiente para que presente a súa dimisión", instan desde o sindicato. "Á vista está que malgastan recursos públicos nunhas probas que a propia Consellaría converteu nunha autentica chambonada. É unha tomadura de pelo e desconsideración ao profesorado e aos centros", explica Anxo Louzao.
NOS_24473
Fundador da inmobiliaria Fadesa.
Manuel Jove Capellán, fundador da inmobiliaria Fadesa, faleceu na Coruña aos 79 anos de idade. Foi un dos maiores promotores inmobiliarios no Estado e tiña unha gran fortuna, que Forbes cifrou nuns 1.600 millóns de euros, unha das maiores da Galiza. Jove vendeu en 2006 Fadesa, que fundou a principios dos 70, ao tamén empresario Fernando Martín Álvarez, xusto antes de que estoupase a burbulla inmobiliaria, por un valor de 2.800 millóns de euros. Na actualidade era o máximo accionista de Inveravante, empresa que el propio creou para dirixir o seu 'holding'. A Xunta gobernada por Manuel Fraga concedeulle en 2005 a Medalla Castelao.
NOS_22430
A nova política económica da administración estadounidense: En só tres meses John Biden emendou o neoliberalismo. O Plan de rescate da pandemia inxectará 1,9 billóns de dólares en transferencias aos fogares, prestacións por desemprego, subvencións a alugueiros e gastos médicos, e transferencias incondicionais de até 300 dólares mensuais por meniño. O Plan de emprego prevé investir 1,9 millóns en rehabilitación de infraestruturas, investigación, enerxías renovábeis, transporte público, vivenda, saúde e prestación de coidados. Financiaranse mediante a emisión de débeda pública e novos ingresos fiscais.
Biden propón subir o imposto de sociedades desde o 21% a 28% e unha harmonización da imposición internacional sobre as grandes empresas. A Casa Branca promete crear empregos sindicados e ben pagos. Porén, respéctanse algunhas limitacións do capitalismo neoliberal. O Senado negouse a aprobar a suba do salario mínimo até 15 dólares a hora. Entre 1950 e 2019, o salario mínimo federal caeu desde a metade á quinta parte da renda media. Os investimentos en infraestruturas canalizaranse a través das empresas privadas, o Estado non será empresario. 'A dinámica interna do capital non garante equilibrio ningún' Unha fracción das clases dominantes estadounidenses é consciente de que o modelo de capitalismo que abandeiraron durante catro décadas está a provocar unha crise social grave e impide competir coa China. Caída dos salarios, aumento exponencial da desigualdade, desesperanza social expresada nas mortes por consumo de opiáceos e na diminución da esperanza de vida dos homes brancos de mediana idade, a maior porcentaxe de poboación no cárcere en todo o mundo, unha xigantesca bolla da débeda por estudos universitarios, enormes mobilizacións de Black Lives Matter. O asalto ao Congreso condensou a barbarie á que leva o capitalismo desatado O asalto ao Congreso condensou a barbarie á que leva o capitalismo desatado. Contra o que explican os manuais de economía ortodoxa, a dinámica interna do capital non garante equilibrio ningún, conduce rapidamente á crise económica e á desintegración da sociedade.Biden recorre ao Estado para que estimule a economía e amorteza as tensións sociais. Tamén para competir economicamente coa China, percibida como a maior ameaza á hexemonía imperial. A economía chinesa, planificación estratéxica, fixación de obxectivos a medio e longo prazo, propiedade estatal, superou a estadounidense en 2017 e medra moito máis rápido. Á primacía no despregamento nas redes 5G, súmase a vantaxe en enerxías renovábeis e baterías. A China instalou en 2019 máis capacidade eólica e solar que a suma de Estados Unidos e Europa A China instalou en 2019 máis capacidade eólica e solar que a suma de Estados Unidos e Europa. A capacidade de produción de baterías para o carro eléctrico multiplica por 8 a estadounidense e por 20 a europea. A implantación do xuan dixital,prevista para 2022, podería servir para crear unha nova arquitectura internacional de pagamentos que minaría o privilexio exorbitante do emisor da moeda global, o dólar. A implicación do Estado na dirección da economía estadounidense non é unha novidade. Entre 1933 e 1936, guiado polo New Deal, construíu 122 mil edificios públicos e escolas, 77 mil pontes, 1 millón de quilómetros de estradas e 20 grandes encoros. A Segunda Guerra Mundial esixiu un esforzo imposíbel para o libre mercado. En 1942 creouse a War Production Board (WPB) que fixou cotas de produción, asignou recursos e determinou prezos. A Defense Plant Corporation decidiu sobre unha cuarta parte do investimento total en instalacións e equipamento. A WPB obrigou 21 empresas a cooperaren para investigar e fabricar penicilina, conseguindo multiplicar a produción por máis de 300 entre 1943 e 1945. O papel do Pentágono na innovación Unha secuela do esforzo de guerra foi o alargamento do Pentágono, crucial nas fases iniciais de desenvolvemento de computadoras, avións de reacción, enerxía nuclear, láseres e biotecnoloxía. O éxito soviético no lanzamento do Sputnik en 1957 provocou a creación inmediata da Defense Advanced Research Projects Agency, imprescindíbel na investigación de base das tecnoloxías da información, comunicación e datos. A rapidez na vacinación é o resultado da decisión de Trump de investir 10 mil millóns de dólares para financiar e coordinar as farmacéuticas A rapidez na vacinación é o resultado da decisión de Trump de investir 10 mil millóns de dólares para financiar e coordinar as farmacéuticas e pagarlles por anticipado máis de mil millóns de doses de vacinas para a Covid-19, e da organización desde a administración do proceso de vacinación pola que optou Biden. Múltiples exemplos de planificación no corazón do capitalismo. En 2021, os sectores máis intelixentes das clases dominantes estadounidenses recorren á intervención estatal para preservaren o capitalismo e o imperio. Namentres, a Unión Europea adormece. A principal ferramenta de política económica continúa a ser a flexibilización cuantitativa, a entrega de enormes cantidades de diñeiro aos bancos, que alimenta bollas de activos, mais non se traduce en investimentos produtivos, social e ecoloxicamente útiles. As ferramentas secundarias, o orzamento, limitado ao 1% do PIB,e o programa Next Generation, son insuficientes e esixirán reformas antisociais nas pensións e no xa ultraprecarizado mercado de traballo do Reino de España.
NOS_36143
A central volve por de relevo as sancións ditadas contra a súa militancia en particular e o sindicalismo combativo en xeral pola participación na folga xeral do 14 de novembro de 2012
O sindicato CUT denuncia a connivencia da Subdelegación do Goberno español coa policía á hora de abrir "de maneira discrecional" expedientes sancionadores contra militantes que se mobilizaron na greve xeral do 14 de novembro de 2012. En Compostela, as sancións ditadas contra esta central chegan xa á media ducia e veñen sumarse a aquelas emitidas contra outros sindicatos en todo o País, situándose do lado "da persecución política e sindical". As acusacións que se lles comunican son "desobediencia", "interrupción da vía pública" ou "faltas á orde". "Non nos preocupa isto, senón a función parapolicial da administración", asevera Brais González, responsábel de acción sindical da CUT na capital galega, quen acrecenta que "non se observa ningunha garantía democrática e se basea na versión unívoca dos axentes que perseguen folguistas".
PRAZA_15238
A colocación da identidade como argumento político central dun partido, a súa promoción como tese de cohesión política é, no meu parecer, inestábel. Por sermos galegos, por defendermos a lingua ou a cultura propia, non por iso mantemos a mesma idea de estrutura de estado, política fiscal ou ambiental. Non hai saída "nacionalista" a esta encrucillada. Hai que ser un pitoño para non enxergar o uso da cuestión nacional realizada por CiU: unha tupida saba que releva na axenda mediática e social os graves recortes no sistema público. Falsa conciencia.
O motivo destas liñas, procedentes dun profano da ciencia política, pretende pór en debate común o concepto do nacionalismo como ideoloxía. Non hai pretensión de sentar cátedra nin adoutrinar na idea única. Dito isto, expoñamos a nosa posición: A xénese do nacionalismo atópase fundamentalmente na mestura do liberalismo político co romanticismo cultural. Presentouse contra finais do século XVIII e dende dúas perspectivas que podemos exemplificar do seguinte xeito: na Francia revolucionaria Sièyes afirma que "a nación é o terceiro estado" fronte ao Sturm und Drang alemán teorizado por Herder a través do volksgeist (o espírito do pobo). Polo tanto, un concepto de nación sociopolítico (a cidadanía emancipada propietaria da soberanía expresada no estado) fronte ao cultural que asume a organicidade da nación (vive na paisaxe, nos costumes, na lingua etc. fóra do alcance humano). O nacionalismo é unha expresión política necesitada de ideoloxía que a encha por dentro Axiña se bifurcan entre o modelo do nacionalismo francés que considera o pasado como motivo de museo pero o futuro está por construír (dende unha postura que aspira á hexemonía mundial) e o nacionalismo alemán que, en parte como reacción ao imperialismo napoleónico, defende a volta ao pasado propio como o lugar orixinal da nación (prestando atención e protección á diversidade). A nación é unha construción e non un ente vivo. Desterremos, pois, calquera axexo de recaída en teses do século pasado. A nación xorde da recuperación e elaboración dun pasado que lexitima as aspiracións modernas sostidas por un colectivo. Polo tanto, precísase da adhesión das persoas. As vicisitudes históricas provocaron distintas interpretacións do nacionalismo que responden a distintos enfoques analíticos. Reparemos nos procesos de descolonización da segunda metade do século XX. Porque, e aquí é onde quero facer fincapé, o nacionalismo é unha expresión política necesitada de ideoloxía que a encha por dentro. Falamos de ideoloxía no sentido máis amplo: estrutura complexa de ideas que xorden da análise do mundo e fornece conceptos para interpretalo para ou ben conservalo ou ben transformalo. Defender o nacionalismo espido de nutrientes ideolóxicos, que é senón un atrevido argumento de torres no ar O nacionalismo sen ideoloxía non é máis que un sentimento primario de unidade co propio, unha querenza polo noso que sempre estivo aí, preto de nós. Pero isto, sabémolo, non é racional senón sentimental e, por ende, defender o nacionalismo espido de nutrientes ideolóxicos, que é senón un atrevido argumento de torres no ar. Galiza está chea de elementos propulsores do romanticismo e perfectamente axustábeis á versión herderiana da nación. Resultaría doado facer un chamamento a prol da cohesión social por medio da lingua, da terra, da música ou dos costumes ancestrais. Coidamos que é un feito necesario para manter esa conciencia do diferente como algo que enriquece o universal. Estas demandas son acaidas para determinados contextos mais son difusas para a unidade política. O nacionalismo per se non é razón para estarmos todos baixo a sombra da mesma sigla partidista O nacionalismo per se non é razón para estarmos todos baixo a sombra da mesma sigla partidista. Primeiro, porque o nacionalismo é un movemento transversal que vai dende o sindical ao político pasando polo agrario, cultural, deportivo ou até gastronómico. Os que teorizan a sigla como hexemonía, a maioría como mazo do poder, o nacional como exclusivo acaban por crerse con dereitos de copyright sobre a historia galega ou propietarios dun patrimonio común a toda Galiza que de maneira inequívoca implica autoconsiderarse monxes custodios da esencia. Visión, canto menos, dogmática e relixiosa moi lonxe do que poida ser unha acción política concreta. Segundo, porque o nacionalismo, como movemento amplo e plural, acolle no seu seo as contradicións sociais. Urxe que todos esteamos na mesma barreira á hora de promover a normalización da lingua galega: católicos, liberais, comunistas ou masóns. Dende posicións integradoras afastadas da histeria do control e do sometemento os intereses partidistas. Mais ten sentido que as devanditas persoas con diversas crenzas estean todas, absolutamente todas, integradas na mesma organización política? Os que teorizan a sigla como hexemonía, a maioría como mazo do poder, o nacional como exclusivo acaban por crerse con dereitos de copyright sobre a historia galega ou propietarios dun patrimonio común a toda Galiza que de maneira inequívoca implica autoconsiderarse monxes custodios da esencia A colocación da identidade como argumento político central dun partido, a súa promoción como tese de cohesión política é, no meu parecer, inestábel. Por sermos galegos, por defendermos a lingua ou a cultura propia, non por iso mantemos a mesma idea de estrutura de estado, política fiscal ou ambiental. Non hai saída "nacionalista" a esta encrucillada. Hai que ser un pitoño para non enxergar o uso da cuestión nacional realizada por CiU: unha tupida saba que releva na axenda mediática e social os graves recortes no sistema público. Falsa conciencia. Hai que ser un pitoño para non enxergar o uso da cuestión nacional realizada por CiU: unha tupida saba que releva na axenda mediática e social os graves recortes no sistema público. Falsa conciencia Aqueles que se afanan en chamamentos identitarios, nun período de recrudescencia neoliberal, volven coa teima da "casa común indivisíbel", como se a tese da fronte nacional de liberación das antigas colonias puidese hoxe servir. Ese pensamento do único fogar implica a negación ou desprezo daquel que disinta, aínda que este sexa propiamente nacionalista. O discurso identitario, vougo de contido, tamén pode rematar nun irracionalismo que indique que o galego, por ser galego, ten máis dereitos en Galiza có marroquí, chinés ou boliviano. Afortunadamente, aquí aínda non asoman posturas xenófobas. A conciencia nacional trabállase dende o estamento político pero máis importante é facelo dende a dinamización da sociedade para que calle na base social que debe termar da propia identidade e non coidar que esa é a tarefa duns dirixentes con poderes divinos. Ese pensamento do único fogar implica a negación ou desprezo daquel que disinta, aínda que este sexa propiamente nacionalista Finalmente, as alianzas tácticas (que non estratéxicas!) en períodos concretos son unha ferramenta exposta a ser empregada. Pódese errar na relación e fracasar. Tamén atinar e triunfar. Os que consideran o panorama político aferrollado están obrigados a experimentar porque o existente non os reconforta. Non facelo é síntoma de conservadorismo. Moverse, tanto na teoría como na praxe, é síntoma de estarmos vivos.
NOS_44198
Nin material de prevención nin información suficiente. Traballadoras sociais e auxiliares clínicas urxen medidas de control de risco no marco da súa intervención especializada. Primeiras denuncias en Inspección de Traballo.
Ademais de exercer unha gran presión sobre o sistema sanitario, o brote epidémico do novo coronavirus está poñendo a proba a todo o colectivo social, valedor de diferentes sistemas de protección que permiten garantir a asistencia a quen a precisa no lugar máis adecuado. Nun contexto de crise como o actual, quen asume a tarefa de prestar esa atención especializada -traballadoras sociais, xerocultoras, auxiliares- alertan das dificultades que atravesan para asegurar os coidados das persoas máis vulnerábeis sen poñer en risco a saúde de todas. Así, urxen ás responsábeis da organización dos servizos sociais a ter en conta a necesidade de manter a asistencia de forma "urxente e coordinada". "Non vai ser posíbel manter 100% da axuda no fogar", di Silvia Sanjurjo Desde o Colexio de Traballo Social da Galiza, Silvia Sanjurjo defende a importancia de implementar canto antes accións de apoio entre as diferentes entidades do sistema de protección social para asegurar unha asistencia adaptada á nova realidade que nos toca vivir. "Reclamamos un teléfono central e específico de asistencia social. É importante que a poboación e as profesionais poidan resolver as súas dúbidas, saber como vai mudando a situación, cales son os recursos dos que dispoñen e cales as necesidades de prevención e adaptación que requiren os seus servizos", sinala a Nós Diario. Nada pode seguir igual, afirma. "Cómpre fomentar a coordinación entre Xunta, Administracións locais e empresas co obxectivo de garantir uns servizos mínimos, protexidos e ben informados", recalca. Atención no fogar "Non vai ser posíbel manter 100% os Servizos de Axuda no Fogar (SAF)", explica, "por iso urxe regular os servizos mínimos a dispensar polas auxiliares de asistencia a domicilio". E tamén, di Silvia Sanjurjo, dotar as profesionais do material de protección necesario "equiparándoas ao persoal sanitario co fin de evitar a propagación do virus". Na práctica, avogan por darlle primacía aos casos máis graves para garantir os coidados das persoas con maior grao de dependencia que non conten cunha rede de apoio. "A partir de aí deben ser as familias quen actúen", insiste Sanjurjo. "O sistema ten que axustarse e reforzar o coidado de quen máis o precisa. Outorgar prioridades e instrucións claras para que coordinadoras, empresas e auxiliares poidan seguir co seu labor". Entre as demandas das profesionais que se moven a diario dun domicilio a outro está o material. Equipos de protección que a día de hoxe non están asegurados, e menos, inciden, para a frecuencia con que deberían renovarse. "A situación é desoladora", afirma Ximena González, auxiliar de axuda no fogar no concello de Toén, na comarca de Ourense. "Sabemos que o risco cero non existe neste traballo pero cremos que se pode minimizar con material de prevención suficiente e cunha boa planificación que interrompa servizos prescindíbeis, de acompañamento e de limpeza, mentres dura a situación de emerxencia, e lle dea preferencia aos esenciais". Desesperanza Mais nada disto sucede, denuncia. A situación de desespero entre o persoal esténdese por toda Galiza. As coidadoras están en contacto e comparten historias que se repiten. Ademais da escaseza de máscaras -que xa comezan a poñer do seu peto-, luvas, batas e xeles de lavado, sinalan a falta de coordinación, que non axuda a transmitir a importancia real das medidas de protección. "As familias non toman en serio o risco de contaxio. Xunta e Concellos teñen pendente achegarlles unha información axustada á realidade galega, máis próxima, que incida nas medidas de hixiene e prevención básicas", engade Ximena González; quen reclama probas para todas as auxiliares, co fin de ter monitorizado un dos "vectores de contaxio fundamental". "Boa parte da poboación rural, enferma e avellentada está en mans das auxiliares de axuda no fogar, un asunto ben máis urxente que sacar o exército á rúa", conclúe. Centros residenciais Outra boa parte da poboación máis vulnerábel pasa a corentena en centros residenciais dependentes da Xunta ou do Consorcio Galego de Benestar. Residencias de maiores, de menores, de atención á dependencia e á discapacidade. As queixas e o temor tamén se estenden entre as súas profesionais. Neste sentido, a CIG-Administración Autonómica vén de presentar unha denuncia ante Inspección de Traballo pola falta de protección, formación e información para evitar o risco de contaxio por coronavirus en centros de toda Galiza. O seu escrito responde as queixas de máis dunha trintena de residencias onde a "angustia" entre as traballadoras crece ante a falta de protocolos internos e o desabastecemento de material. "Traballamos baixo mínimos e sen instrucións claras dirixidas ao persoal", comenta Manuela Gamallo desde o centro de maiores de Taboadela, na comarca de Ourense. "E xa sen material ningún", salienta Mar Peteira, presidenta do comité de empresa da Consellaría de Política Social. "Mesmo foi retirado pola dirección dos centros e gardado baixo chave, polo que quen traballa con residentes illadas por virus hospitalarios xa non dispón de protección especial requirido. Tampouco limpeza nin lavandaría. O risco de contaxio aumenta, pero tampouco fan proba ningunha", denuncia.
NOS_34297
A decisión chega após a demisión de MacGuinnes (Sinn Féin) como viceprimeiro ministro en protesto pola xestión da primeira ministra unionista dun escándalo de corrupción.
Irlanda do Norte irá ás urnas o vindeiro 2 de marzo, cinco anos antes do previsto. Londres disolveu a Asemblea norirlandesa no que era un paso anunciado após a demisión de Martin MacGuinnes (Sinn Féin) como viceministro principal. O republicano adoptou esta decisión en desacordo coa xestión que se realizaba dun caso de corrupción que salpica a primeira ministra (unionista). O Sinn Féin advertira que non ía consentir que a primeira ministra do Ulster continuase no seu cargo durante a investigación sobre o escándalo de suposta corrupción na xestión do RHI, que lle afectaba a ela. Unhas irregularidades por valor de perto de 500 millóns de euros. As últimas eleccións para escoller os 108 deputados da asemblea dos seis condados irlandeses baixo soberanía británica tiveron lugar en maio de 2016. O DUP (unionista) logrou 38 escanos por 28 do Sinn Féin. O Partido Unionista do ülster logrou 16 e o SDLP (nacionalista irlandés), 12. Nestes comicios entrou no Parlamento o People Before Profit (PBP), con 2 escanos.
NOS_5141
Un manifesto de apoio aos 12 procesados pola Audiencia Nacional reúne xa máis de 260 sinaturas, entre elas as dos secretarios xerais de CIG e CUT e SLG, o presidente de Fruga, representantes de BNG e Anova, ademais de voces do mundo da cultura, o activismo social e da memoria histórica.
Máis de 260 apoios reunía a primeira hora desta terza feira o manifesto de solidariedade cos 12 independentistas de Causa Galiza e Ceivar que a partir do 19 deste mes van ser xulgados na Audiencia Nacional baixo acusacións tan graves como "pertenza a banda criminosa" e "enaltecemento do terrorismo". O manifesto consta de catro puntos nos que se mostra a preocupación dos e das asinantes por un proceso xudicial que entenden que bate con dereitos fundamentais. "Non podemos observar con pasividade o desenvolvemento de operacións de montaxe policial e de impulso de intentos de criminalización e ilegalización de organizacións políticas, independentistas neste caso, porque máis alá do seu obxectivo concreto e próximo, tolerar estas derivas implicaría aceptar o recorte de dereitos e liberdades." "Solicitar penas que suman 102 anos de prisión, con condenas individualizadas que van de 4 a 12 anos, cando en boa parte da argumentación acusatoria non existe fundamento probatorio, parece aproximarse, máis ben, a un intento de amedrentamento e castigo exemplarizantes, algo que xa parece habitual nun tribunal político de excepción deseñado e motivado para a represión política en lugar de para a impartición de xustiza", indícase. Por iso, as persoas que apoian este manifestó indican que: "Consideramos como imperativo que a Audiencia Nacional absolva as persoas encausadas, restituíndo todos os seus dereitos, así como os das organizacións acusadas, ás que se debe restaurar o seu lexítimo dereito á plena intervención pública presente e futura". Sinaturas Un manifesto que xa asinaron representantes do mundo do traballo, como os secretarios xerais de CIG (Paulo Carril), CUT (Ricardo Castro) e SLG (Isabel Vilalba), así coma o presidente da Federación Rural Galega, Xurxo Álvarez. Tamén representantes políticos, como Ana Miranda, Néstor Rego, Goretti Sanmartín ou Noa Presas (BNG) ou Antón Sánchez (Anova). Historiadores como Dionisio Pereira, Bernardo Máiz, Xosé R. Hermida ou Eliseo Fernández; voces do mundo da cultura como María Xosé Silvar 'Ses', Xurxo Souto, Suso de Toro, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xurxo Borrazás, Antón Dobao Manolo Bacalhau ou integrantes de Dakidarría; ensaístas como Carlos Taibo e H. Miguélez Carballeira; entre as asinantes. Tamén nomes claves na historia recente da Galiza, como Francisco Rodríguez, Xosé Manuel Beiras ou Méndez Ferrín; economistas como López Suevos, Suso Veiga, Xosé Díaz; e integrantes de diferentes movementos e colectivos ambientalistas, feministas, sociais…
PRAZA_11843
Falamos con Wicho, Tati Mancebo, Marcus Fernández, Enrique Dans, Juan Varela, Pancho Casal e María Yáñez sobre o peche de Megaupload, intercambio de arquivos, dereitos de autor, distribución de contidos culturais e as lexislacións para o control da rede SOPA, ACTA e Sinde.
Hai anos que Internet deixou de ser un territorio para early adopters e minorías. O uso das redes non deixa de aumentar, e con ela a súa importancia política, comercial, informativa e como soporte para a difusión de produtos culturais. O mundo xógase en Internet e non é raro que decisións e debates sobre a lexislación que regula o seu funcionamento, ou as tendencias e hábitos dos seus usuarios sexan noticia e monopolicen a actualidade. No último mes asistimos aos debates sobre a aprobación nos Estados Unidos da SOPA (Stop Online Piracy Act) e en Europa, varios países, entre eles España, se adheriron á ACTA (Anti-Counterfeiting Trade Agreement), que aínda que moitos menos comentada que a chamada Lei Sinde, podería ter unha incidencia se cadra meirande na regulación dos fluxos de contidos na rede. Estas lexislacións, que co obxectivo de protexer a propiedade intelectual dos editores e produtores de contidos culturais, poden levar aparellada a potestade de gobernos e empresas para limitar a liberdade de expresión e información na rede, levaron a unha xornada de protesta na rede o día. Twitter modificou a súa política de contidos, axustándoa ás lexislacións de cada país, o que tamén provocou algunhas protestas na rede. Polo medio, o FBI pechou Megaupload, acusando á empresa de pirataría. Nun efecto dominó, outras plataforma de distribución de contidos eliminaron os seus arquivos, provocando unha certa sensación de baleiro entre os usuarios que habitualmente vían en streaming ou descargaban series e películas na rede. Un baleiro que de inmediato levou a un grande incremento da actividade das redes p2p, a través de programas como Emule ou Bittorrent. Vivimos un momento de transición no que os medios de comunicación e as industrias de produción de contidos culturais están facendo o seu tránsito cara aos soportes dixitais e deben procurar un novo modelo de negocio que sexa rendible. O reto é difícil e a súa solución ralentízase, pola falta de hábito dos usuarios, non afeitos a pagar polos contidos na rede e a resistencia de moitos destes produtores a abandonar modelos de distribución caducos, que leva en moitos casos (sobre todo no audiovisual) a que os internautas non teñan alternativas autorizadas de consumo na rede. Falamos de todos estes temas con algúns expertos galegos nestas materias, como Javier Pedreira 'Wicho' (Microsiervos), Juan Varela (Periodistas21), María Yáñez (A Navalla Suíza), Tati Mancebo (Algueirada) ou Marcus Fernández (Código Cero).
NOS_55086
Despois dun ano difícil por mor da pandemia, o Play Doc de Tui rescata os sinais de identidade que o fan recoñecíbel desde a súa primeira edición: recuperación de clásicos esquecidos, atención a figuras do cinema máis heterodoxo, seguimento da actualidade internacional e acompañamento do cinema galego máis atrevido. O festival constitúe xa un piar fundamental da configuración do sistema cinematográfico galego, cun público fiel e unha mirada ben recoñecíbel que o sitúa na vangarda da creación fílmica.
O mundo do cinema galego vai máis alá dunha serie de filmes e de persoas que os dirixen. Existe tamén unha base sen a cal sería imposíbel crear unha cinematografía. O público é, sen dúbida, o principal activo que ten o cine realizado na Galiza. Mais tamén están os festivais, eses espazos onde o público e os cineastas se atopan para compartir miradas, opinións, inquietudes. "Creo que desde esa perspectiva os festivais fomos catalizadores de todo o talento que existía e que acabou conformando esa etiqueta de Novo Cinema Galego que nos fixo coñecidos e recoñecíbeis a nivel internacional", di o director do festival O Play Doc de Tui ocupa un lugar de honra entre os responsábeis da eclosión de creatividade do cinema galego das dúas últimas décadas. O seu labor calado, mais constante e minucioso, propiciou a aparición dun público ávido de narrativas diferentes ás que nos ten afeito o cinema máis convencional das salas comerciais. Ángel Sánchez, un dos directores do Play Doc, cre que "o ecosistema dos festivais na Galiza case represen-ta ese país minifundista dotópico, mais é un minifundismo que se complementa. Non temos grandes festivais de alfombra vermella e glamour, mais si unha serie de festivais de dimensión media, espallados por toda a xeografía, que ocupan o seu lugar dunha maneira moi sincronizada. No noso caso, creo que nacemos nun momento de eclosión dunhas novas maneiras de facer cinema, hai algo máis dunha década, que comezou a ter unha identidade propia na súa narrativa e na súa forma de enfrontarse á produción fílmica. Creo que desde esa perspectiva os festivais fomos catalizadores de todo o talento que existía e que acabou conformando esa etiqueta de Novo Cinema Galego que nos fixo coñecidos e recoñecíbeis a nivel internacional. Cineastas e festivais retroalimentámonos e creo que, até certo punto, as redes que tecemos con outros festivais e outras instancias críticas contribuíron a impulsar ese cinema que agora é diverso e recoñecido en todo o mundo". E conclúe: "Iso tamén propiciou un certo sentido da comunidade que nos conciencia de que todos estamos remando na mesma dirección, afastándonos dese concepto máis vetusto do cinema que compite por unha maior recadación nas billeteiras". O papel de altofalante dun festival pode ser moi importante cando entra a formar parte dos circuítos que visitan as persoas que se dedican á crítica e á programación en eventos internacionais e Sánchez é moi consciente: "Nós sempre lles insistimos moito para que asistan as sesións de cinema galego, porque sabemos que aí pode estar a chave dunha maior proxección para a nosa cinematografía". Por outra banda, a dimensión reducida do festival permite que se cre unha atmosfera de comunidade que talvez sería imposíbel noutro lugar. " Probabelmente, cando un cineasta importante sae da proxección dunha das súas películas en Londres ou en París, está condenado a perderse entre a multitude. Nunha vila pequena como Tui, porén, ten a oportunidade de convivir e compartir esa experiencia non só co resto dos invitados, senón tamén co propio público da sesión. Se cadra compartindo unha caña e unha tapa con eles". A edición deste ano do Play Doc, que se desenvolverá do 22 ao 26 de setembro, retoma algúns dos sinais de identidade do festival, despois dun ano no que a pandemia obrigou a reformular moitas cousas relativas á seguridade, a capacidade das salas ou a mobilidade. Sinais de identidade A edición deste ano do Play Doc, que se desenvolverá do 22 ao 26 de setembro, retoma algúns dos sinais de identidade do festival, despois dun ano no que a pandemia obrigou a reformular moitas cousas relativas á seguridade, a capacidade das salas ou a mobilidade. "Un deses sinais é a presenza internacional", apunta Sánchez. "A nosa fórmula sempre foi a de tomarlle o pulso a vangarda internacional na sección competitiva e combinar iso coa recuperación de figuras e obras que, por múltiples razóns, non son tan visíbeis agora como no foron no pasado, ou que realizaron un traballo importante que non foi suficientemente valorado no seu tempo". "Este ano", continúa, "rescatamos a figura de Manfred Kirchheimer –na que será a súa primeira retrospectiva internacional–, unha das grandes figuras do documentalismo e, ao tempo, unha das máis descoñecidas para o público. E tamén estará Bette Gordon –celebrada por traballos máis recentes como Handsome Harry (2009)– cunha retrospectiva dos traballos que fixo en-re os anos 1974 e 1983, unha década seminal para o cinema da contracultura neoiorquina e na que Gordon realizou un dos films máis importantes da década de 1980, Variety". Ademais, recuperánse dúas xoias esquecidas: Sepa: Nuestro Señor de los milagros (1987) e está dirixida polo suízo Walter Saxer, e Amerasia, a última película do singular realizador alemán Wolf Eckart Bühler, recentemente falecido, e a quen Play Doc dedicou unha pequena retrospectiva no 2019. Por outra banda, o festival tamén deita unha mirada moi atenta sobre o cinema galego máis actual. "Con cineastas máis noveis e outros máis consagrados, tratamos de facer un resumo sobre as novidades que se van dando dentro da nosa cinematografía", aclara o director do Play Doc. Así, o público de Tui terá acceso aos últimos traballos de creadoras como Diana Toucedo, Xacio Baño, Eloy Domínguez Serén, Xisela Franco, Claudia Pineda ou Alberto gracia, entre outros. O Play Doc tamén ofrece unha panorámica sobre as creacións resultantes da revolución dixital, sobre artistas de recoñecido talento cuxas obras obras producen hibridacións fílmicas e videográficas onde a performance ou a instalación cobran protagonismo Outras linguaxes O Play Doc tamén ofrece unha panorámica sobre as creacións resultantes da revolución dixital, sobre artistas de recoñecido talento cuxas obras obras producen hibridacións fílmicas e videográficas onde a performance ou a instalación cobran protagonismo. "Dentro das obrigas dun festival, queremos tocar esa transversalidade que xa é unha realidade dentro do mundo da creación" explica Sánchez. "Queremos dedicarlle atención tamén a esas outras narrativas audiovisuais que están en contacto con outros campos creativos e que se saen un pouco do que é ver unha película nunha sala fechada. Programamos uns roteiros que queren darlle voz a artistas do live cinema que, en moitas ocasións, non atopan o lugar para mostrar as súas creacións nun festival máis ortodoxo. Desta vez, propuxemos intervencións no espazo urbano condicionada a que as imaxes pertencesen a un arquivo fílmico dos veciños de Tui: é unha maneira de conectar a vila coa creación máis vangardista". O lugar da memoria e do dixital O ámbito da memoria, que transita por toda a programación do Play Doc, vincula o festival co seu público. "Ese vínculo é moi important para nós" advirte Sánchez. "As características un tanto especiais de Tui, na fronteira entre a Galiza e Portugal, obrígannos a prestarlle unha atención especial á veciñanza: queremos que sexa protagonista. De aí que vinculemos os seus rexistros fílmicos á creación de vangarda –como no caso dos roteiros– e que organicemos obradoiros nos que os veciños e veciñas poden empregar as ferramentas fílmicas para retratar a comunidade onde habitan. É unha forma de conectar co público máis próximo, o que acolle o festival, o diálogo coa comunidade". Outro dos obxectivos do festival é dar acceso á formación e a entender como se desenvolve a profesión. Os distintos obradoiros tratan diversos temas –desde un encontro entre diversas escolas de cinematografía até clases maxistrais con Walter Saxer– mais resulta de grande interese a mirada sobre as novas formas de ver cinema, sobre o cambio que supuxo a aparición das plataformas (e o propio Play Doc colabora con Filmin nunha extensión online do festival) e o cambio de hábitos que trouxeron consigo a pandemia e o confinamento. "A clave é o equilibrio", opina Ángel Sánchez. Non podemos negar as enormes posibilidades que dá o streaming de coñecer obras ás que doutra maneira non terías acceso. Mais a experiencia do cinema tamén é comunitaria, tamén hai que contar con esa maxia que se dá cando compartes co resto do público o visionado dun filme, de rir ou chorar con outros e de percibir a temperatura emocional da sala. Un festival de cinema é sobre todo a experiencia en sala, a experiencia en comunidade", conclúe.
PRAZA_7351
Que hai crise semella un dato obxectible e incuestionable. Pero que a crise implica necesariamente que perdamos a civilización (educación universal e gratuíta, sanidade universal e gratuíta, protección universal e gratuíta para a xente que está en peores condicións, pensións universais, etc.) iso, que unha cousa implica a outra si ou si, iso, non o dou relacionado.
Se tivese que facer unha análise do que foi o ano que ven de rematar, se tivese que poñerlle un nome que resumise ou singularizase cunha soa etiqueta o período de tempo que ficou atrás, diría que 2012 foi o Ano do Valetodo. E se o bautizo así é porque foi o ano no que, por primeira vez e dun xeito absolutamente descarado, se nos falou abertamente, coa crise como escusa, da inevitable perda de toda clase de dereitos (laborais, educativos, sanitarios...). Así creo que aconteceu aínda que, a verdade, non lle acabo de ver a relación a unha cousa coa outra. Que hai crise semella un dato obxectible e incuestionable. Pero que a crise implica necesariamente que perdamos a civilización non o dou relacionado Que hai crise semella un dato obxectible e incuestionable. Pero que a crise implica necesariamente que perdamos a civilización (educación universal e gratuíta, sanidade universal e gratuíta, protección universal e gratuíta para a xente que está en peores condicións, pensións universais, etc.) iso, que unha cousa implica a outra si ou si, iso, non o dou relacionado. Sen embargo, e como se fai con tantísimas outras cousas, lárgase un siloxismo incomprensible relacionando dous asuntos que non teñen por que ver o un co outro (por exemplo, chegada de inmigrantes e paro, como lles gusta aos fascistas, ou nacionalismo periférico e maldade, como lles gusta aos fascistas españois), e daquela, e sen que ninguén o cuestione, pasa a aceptarse, sobre todo porque se repite ata que a xente farta de escoitar, deixa de pensar, e acaba por tragar. E por iso o valetodo, porque eles saben que xa se asumiu que as cousas teñen que ser así e, daquela, pódese pasar á segunda fase, é dicir, á execución. E por iso o valetodo, porque eles saben que xa se asumiu que as cousas teñen que ser así e, daquela, pódese pasar á segunda fase, é dicir, á execución Mais partamos dos datos. Hai unha crise importante da economía planetaria. Ou non a hai e todo isto está moi ben orquestrado para que nos creamos que si que a hai. Mais, en calquera caso, as políticas que se arbitren para procurarlle unha posible solución á problemática, sexan as que sexan, non teñen por que ser necesariamente, ou non teñen por que conter necesariamente entre elas, as que teñan que ver coa morte da humanidade, é dicir, do que nos fai verdadeiramente humanos (un estado de cousas onde o humano é o referencial). E como eles o saben, actúan a cara descuberta, e como saben que asumimos que todo vale, ou valetodo, daquela, coma os lobos famentos e vingativos que son, atacan directamente ao pescozo, para esnaquizar o que nós temos e eles odian. Porque eles non cren que as persoas sexamos iguais. Eles non cren que haxa que atender aos pobres para que deixen de selo. Eles non dan entendido que os médicos traballen para min sen que eu lles teña que pagar. Eles non comprenden que a educación debe de ser igual para todos e para todas. E, daquela, aplicando o seu bárbaro criterio liberal (e digo bárbaro porque é un sistema que pon os cartos por enriba das persoas) aproveitan para quitarnos o que tanto nos custou ganar. Coma os lobos famentos e vingativos que son, atacan directamente ao pescozo, para esnaquizar o que nós temos e eles odian. Porque eles non cren que as persoas sexamos iguais E agora xa non disimulan. E Rajoy advertiuno hai uns días: haberá máis recortes. E Feijoo repetiu: vai ser un ano duro. Non o dubidedes: vai ser o ano do Valetodo.
NOS_3732
En 22% dos fogares do país habitan só maiores de 65 anos. Seis de cada dez mozos e mozas de entre 18 e 34 anos vive cos seus país.
En Galiza hai 1.061.680 fogares. En 32% deles viven parellas con fillos mentres que en case 22% corresponden a persoas que viven soas. No noso país hai máis de 241.000 moradas compostas por persoas de 65 ou máis anos (22,7% dos lares, unha porcentaxe que aumentou en 1,7% en apenas un ano). En 814.716 fogares galegos, 76,74% do total, non reside ningún menor de 16 anos e 91,74 % non conta con ningún menor de 5 anos. Os dados para a preocupación continúan: 63,14% dos mozos e mozas galegas de entre 18 e 34 anos vive cos pais. Dos que teñen entre 25 e 34 anos e que viven cos pais, 27,86%non ten ningún tipo de ingreso. Esta porcentaxe sobe ata 58,29% entre os mozos e mozas de 18 a 24 anos. Na Galiza morren máis persoas das que nacen desde 1986. Porén, nos últimos anos a fenda entre nacementos e defuncións non fixo senón aumentar. A demógrafa do CSIC, Dolores Puga, lanza unha advertencia, "o cambio de réxime demográfico non vai volver atrás" polo que a poboación residente na Galiza non volverá medrar senón é "pola vía da inmigración". Segundo Puga, as estatísticas reflicten que Galiza se atopa nun "proceso de transición demográfica" cara á "sociedades máis lonxevas". Ora ben, de maneira acelerada por mor do éxodo masivo da poboación nova. E é que entre 2009 e 2015 Galiza perdeu máis de 142 mil persoas entre 16 e 35 anos. Neste senso, a demógrafa asegura que "o principal reto" é desacelerar o avellentamento poboacional, unha cuestión que pasa, di, por nos preocupar "polas condicións de vida". Así, antepón "vivenda" e "traballo" ademais de medidas que promovan a "conciliación" a calquera outra cuestión encamiñada ao incremento da natalidade. Para alén disto, Dolores Puga entende que o novo contexto demográfico reverterá, como xa o está a facer, no modelo de ocupación territorial galego. Actualmente, perto do 70% da poboación ocupa o 6% do territorio --fundamentalmente nas cidades e comarcas do eixo atlántico. Segundo as proxeccións de poboación a curto prazo elaboradas polo INE, Galiza perderá 230.722 habitantes no período 2016-2031, o que supón unha diminución de 8,5%. Ademais da baixada no número de habitantes, as proxeccións amosan un progresivo envellecemento da poboación. Así, en Galiza, a porcentaxe de persoas de 65 ou máis anos será de 31,3% en 2031. O índice de envellecemento proxectado para 2031 de Galiza sitúase en 232,7%, o que significa que para esa data por cada 100 menores de 20 anos haberá no noso país case 233 maiores de 64 anos (en 2016 o indicador proxectado situouse en 153,7%). As zonas máis envellecidas serán as situadas na área sur da provincia de Ourense e nas comarcas ourensanas limítrofes coa provincia de Pontevedra.
PRAZA_13850
Os doentes galegos agardan unha media de 80,3 días para seren intervidos, segundo as estatísticas oficiais nas que o hospital vigués Povisa segue a ser o gran lastre
É unha das clásicas armas que botar á cabeza do adversario político cando este se ocupa do Goberno. Tamén é unha das máis recorrentes promesas electorais. E, polo momento, os datos seguen a ser teimudos fronte ás promesas e previsións gobernamentais. As listas de espera cirúrxica do Servizo Galego de Saúde seguen a ofrecer uns rexistros considerablemente elevados que, malia a lixeiras diminucións puntuais, manteñen a case 40.000 doentes en agarda por unha intervención, milleiros de persoas que agardan, como media, un 20% máis que hai tres anos. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, para acceder a unha operación na rede pública de hospitais o tempo medio de espera sitúase en 80,3 días, moi lonxe dos 65 prometidos polo Goberno que só se conseguen se conseguen eliminando da estatística ao hospital Povisa, o centro privado que, en virtude dun concerto coa Xunta, é o de referencia para máis de 100.000 pacientes da cidade de Vigo e do seu entorno. Non en van, se non fose por Povisa a cifra media de agarda quedaría en 59,5 días, dato que botan por terra os 192,7 que hai que agardar para ser atendido no centro vigués. Povisa acumula unha lista de máis de seis meses para acceder a unha operación Á marxe da cuestión concreta de Povisa, os rexistros tampouco son especialmente esperanzadores en termos plurianuais, máis aínda tendo en conta que o dato trimestral de xuño foi o peor dende que o actual Goberno tomou posesión. Así, cos populares acabados de chegar á Xunta, en xuño de 2009 as estatísticas oficiais dicían que no Sergas cumpría agardar unha media de 67 días para acceder a unha operación. Un ano despois, no mesmo mes de 2010, o rexistro subía ata os 71 días. En 2011 o incremento volveuse producir, chegando aos 73, sete menos dos actuais 80. Este mes de xuño tampouco sae ben parado se a comparación se realiza en termos de número de persoas que agardan para seren operadas. Se ben non é o peor mes da serie -foino o de 2011, con 38.291 doentes agardando- os 37.689 pacientes que esperan convérteno no segundo peor. Está lonxe dos 36.180 que recollía a lista en xuño de 2010 e máis aínda dos 34.048 que atopou o actual Executivo nas estatísticas de xuño de 2009.
NOS_57058
O Padre Feixoo demostrou con rigor científco que o galego non era unha forma corrupta do castelán.
Os séculos do galego medio –XVI, XVII e XVIII–, tamén chamados "séculos escuros" se callar con pouca propiedade, supuxeron un período de declive da lingua galega na súa manifestación escrita e de negación política da Galiza. Porén, non faltaron voces que saíron na súa defensa e que mostraron o seu valor e dignidade. As do Conde de Gondomar e dos Padres Feixoo e Sarmiento están entre as máis relevantes. Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), Conde de Gondomar, embaixador en Inglaterra e político do máximo nivel na altura, amou a Galiza –"mi patria"– e a lingua galega con grande intensidade, como fca refectido na súa correspondencia, a cal tamén permite deducir que durante a primeira parte do XVII, cando menos, unha parte da aristocracia galega coñecía mal o castelán e aínda vivía instalada no galego como lingua de uso habitual e familiar. Contra a ocultación da historia da Galiza e contra a imaxe deturpada da lingua galega van loitar no século XVIII os nosos máis egrexios ilustrados. O Padre Feixoo (1676- 1764) demostrou con rigor científco que o galego non era unha forma corrupta do castelán, mais irmán xémeo do portugués e lingua romance con personalidade de seu. No "Corolario" dedicado a tratar da relación entre ambos comeza por reafrmar "que el Idioma Lusitano, y el Gallego son uno mismo", e nel transparece unha ideoloxía patriótica de galeguidade, pois argumenta a superioridade e prevalencia da parte galega face á portuguesa: o idioma comunicouse da Galiza a Portugal, e non ás avesas, porque "Galicia era la Nación dominante" durante o reino suevo. O Padre Sarmiento (1695-1772) saíu en apoio do seu mestre Feixoo e en defensa do galego e da Galiza, pois era consciente de esta con anterioridade ter sido un reino importante, feito que entón –como agora– se ocultaba de modo consciente. Móstrase implacábel con aquelas persoas que se burlan da Galiza ou das súas xentes e, neste sentido, sentiuse moi doído con Portugal por os seus eruditos ocultaren a vinculación coa Galiza, e mesmo a súa existencia como reino medieval, e por renegaren da orixe galega da súa propia fala. Foi o primeiro grande estudioso do noso idioma, cuxo uso no ensino defendeu con paixón.
NOS_19643
Non temos medo non é un slogan electoral agora que estamos en campaña. Mais ben podía selo. É o título da biografía oral que o xornalista Rodri Suárez fixo da mítica banda bravú Os Diplomáticos de Monte Alto. Un libro que está desde esta sexta feira na rúa e que se presentará na Sala Mardi Grass, na Coruña, o 28 de maio.
O rock bravú está de aniversario. Cúmprense dúas décadas do nacemento daquel movemento cultural que marcou as vidas dunha xeración de galegas e galegos. Vaia por diante dicir que tamén a de quen asina estas liñas. Moitos foron os nomes das bandas que situaron a música bravú no epicentro da Galiza de finais dos 80 e comezos dos 90, mais de entre todas elas Os Diplomáticos de Monte Alto teñen un asento nas primeiras cadeiras. Agora, un libro homenaxea a esta banda coruñesa, de barrio obreiro, guitarra eléctrica e arcordeón. O xornalista Rodri Suárez -colaborador de Sermos Galiza- asina Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos. Unha ollada persoal e xornalística arredor daqueles tempos, aqueles anos e aquelas festas. Cúmprense vinte anos de rock bravú e a ti dáche por publicar unha biografía dun dos grupos referenciais deste movemento, por que? Supoño que existía unha coherencia que había que afrontar. Se hai vinte anos o que pasou é que estoupou o rock en galego, que non estaba no guión pero supuxo unha pequena ou máis ben grande revolución cultural, pois agora eu como xornalista, pero sobre todo como consumidor de libros sobre rock, pois vía que podía atopar ducias de referencias sobre os Rolling Stones ou Metallica, ou incluso sobre os putos Mecano, pero do que pasou aquí, do que xuntaba e aínda xunta a milleiros de persoas cantando en clave rock sobre un de Fisterra que inventou o futbolín, non había nada. Daquela un descobre que aínda quedan tabús por rachar, como hai vinte anos. E un deles seica é que os grupos do noso rock non teñen valor como para merecer un libro, cando eles son do máis relevante que pasou neste país nas últimas décadas. Non quero quedar de túzaro, pero algo son, e por iso penso que é unha anomalía que nestes días un poida ir a unha libraría e atoparse catro biografías sobre Díaz Castro e ningunha xa non sobre Os Diplomáticos, que agora si, senón tampouco sobre Os Resentidos ou Pucho Boedo ou mesmo Ana Kiro ou A Roda, só hai cousas sobre folk, que está moi ben, especialmente cando trata bandas tan grandes como Berrogüetto, pero esa eiva sobre as nosas guitarras eléctricas cheira a rexionalismo, a complexo. " Que houbese que chegar a 2014 para que saia a primeira biografía sobre unha banda de rock en galego non era nin medio normal. Que a fixera eu é unha desgraza como outra calquera" A min encántanme Sonic Youth e Celso Emilio, e todo iso ten o seu merecido libro, pero xusto o que daquela maneira comprimiu ambos mundos e ademais nos fixo felices e orgullosos a milleiros de persoas non existía nos andeis. E ten que estar. Que houbese que chegar a 2014 para que saia a primeira biografía sobre unha banda de rock en galego non era nin medio normal. Que a fixera eu é unha desgraza como outra calquera. O texto ten unha clave moi persoal, como puidemos ler na introdución que publicou en exclusiva Sermos Galiza no número 94... A introdución é persoal, en primeira persoa, porque eu fun daqueles para os que a aparición dos Diplos supuxo unha conmoción vital, un reencontro comigo mesmo, sendo un rapaz. Dáme certo pudor, pero iso tamén lles pasa aos da banda, para os que a súa historia apareza nun libro non deixa de ser unha especie de intromisión nas súas vidas, pero hai que perdelle o medo á primeira persoa, de feito o corpo central da biografía é oral, feito en base ás súas propias declaracións. Cría que ese plantexamento encaixaba ben no seu espírito, porque fala da emoción da vida, contada como se pode contar nunha tasca, non para auditorios que se limitan a escoitar. Unha das principais características dos Diplomáticos e do bravú é que non te limitaban a ser espectador, senón que demandaban participación, o que agora chamaríamos horizontalidade, que non é máis que xenerosidade, combate contra o elitismo. O libro títulase Non temos medo, unha frase que acuñou aquela mítica canción dos Diplomáticos e que ben podería ser un lema electoral agora que estamos en campaña. O bravú foi un movemento tamén político? Político, pero non partidista. Posibelmente unha das mellores loubanzas que se pode dicir dos Diplomáticos é que representaban todo o que odiaba Paco Vázquez. Poño como exemplo a primeira canción do seu primeiro disco, fala dun tipo subido a un andamio, de como ve a vida desde aí. Poñer a un proletario como protagonista é política pura, por moito que ao falar de que xogue ao tute poida parecer que non. Sen quitarlle mérito a outras expresións, pero eu é posíbel que aprendese tanto ou máis sobre Galiza escoitando as súas cancións que na escola, igual que entendín mellor o rupturismo social que levaba dentro con Kortatu que con moitos pensadores sisudos, aos que cheguei e gocei grazas a esta escola primeira que atopei no rock. "É posíbel que aprendera tanto ou máis sobre Galiza escoitando as cancións dos Diplomáticos que na escola" Indo ao cerne do libro, como coñeciches ti aos Diplomáticos? Eu son da Coruña, eu lembro o Monte Alto dos 80, con toda a súa beleza e a súa dor, daqueles anos duros. Coñecinos por algo tan simple como que me sentín interpelado por eles porque eran coma min, con máis talento, por suposto. E logo estabelecer contacto persoal, e amizade, era natural. Porque nos barrios das cidades somos aldea, e acabamos coñecéndonos todos. Ogallá nunca deixe de ser así. Xurxo Souto sempre salienta o falso mito desa Coruña que non fala galego e que pouco ou nada ten a ver co resto do país. Como eran os barrios obreiros, como Monte Alto, cando nacen os Diplomáticos? A Coruña carga con tantas falsidades que até dá preguiza rebatelas. Non é distinta a calquera outra cidade, só que aquí había e hai unha burguesía do máis noxento, que fabricou un mito elitista que necesitaba inimigos internos para marcar territorio. Pero A Coruña real está nos barrios, nas extensións feas pero vivas onde vivimos porque á xente deste país a moveron de sitio. Eu son da Coruña porque son de Fisterra, e podo baixar pola mañá a tomar café e ir ao súper no Castrillón e a única palabra en castelán coa que me atopo son as letras dos xornais. Pero vai máis alá da lingua, e non vou negar que aquí hai moito galegófobo, mais tamén están en Vigo ou na zona nova de Compostela ou nos cuarteis de Ferrol, pero A Coruña real, popular, é a de Arsenio Iglesias ou dos que cantan nas tascas; iso foron capaces de amosalo Os Diplos. " A Coruña real está nos barrios, nas extensións feas pero vivas onde vivimos porque á xente deste país a moveron de sitio" No programa de radio que tiña Xurxo Souto e grazas ao cal eu me dedico a este oficio, as mesmas xentes que logo de ler o xornal asumían a estafa e se preocupaban polos datos de Alvedro malia que non ían coller un avión na puta vida, volvían ao seu estado natural e bravo cando lle poñían sobre a mesa a Pucho Boedo, o seu ídolo real. E chamaban emocionadas a Radio Coruña logo de escoitalo, dicindo "puchiñoooo", case chorando. Porque iso estaba negado, prohibido. E colleron estes que facían rock e devolvérono ao seu sitio. Iso é paixón pura, iso é Coruña. A outra, a do clixé, é unha fotocopia do barrio de Salamanca de Madrid, pasa nesta cidade e noutras. Pero comparar a Alaska con Pucho Boedo... pois iso. Ti és da autoestrada, eu da parcelaria cantaban en Esta noite hei dir aló. De feito, ben podería ser así. Ti de Monte Alto e eu da Ribeira de Piquín. As cancións dos Diplomáticos reivindicaban o orgullo desa Galiza urbana mais tamén rural? É que son a mesma. Que fosen os bravús cunha expresión digamos moderna, chamada rock, como antes comezaron Os Resentidos e outros, a crear cultura contemporánea en base ao que somos, é unha revolución. Eu adoraba a bandas que aínda sigo, pero non falaban de min, os veráns na aldea estaban vetados na cultura moderna. O rock era como cousa que só podía falar de nenas e motos, babosadas, de vivir en California ou Berlín e Os Diplomáticos colleron e déronlle a volta, e usaron o rock para falar dunha sala de festas de Montouto ou dun mariñeiro de Malpica. De nós. Poucas palabras no mundo significan tanto como punk. Unha das poucas é bravura, que no fondo é como se di punk en galego. "Poucas palabras no mundo significan tanto como punk. Unha das poucas é bravura, que no fondo é como se di punk en galego" Teño que dicir que para quen eramos da aldea, o bravú representou a primeira vez que alguén cantaba ao agro en troca de ridiculizalo.... Era hora, nos 90, de rachar cos estereotipos? Os Resentidos xa fixeran cousas nesa liña, a ver, aínda que non podo negar a miña paixón polos Diplomáticos, porque son parte básica da miña vida, tampouco quero convertelos en mesías. Pero si, había e aínda hai, unha forma básica de crear autoodio que era sinalar as aldeas, os lugares de onde vimos, como o pasado, como algo a superar. Esa tendencia tamén apuntaba á lingua, a matar. Por iso foi tan importante o bravú, porque reivindicou raíces pero non desde o museo, senón como algo que podías poñer a carón de Lou Reed. Que foi de todo aquilo, agora que pasaron dúas décadas e que quedou na cultura galega? O bravú talvez estea tan interiorizado que non somos conscientes de que forma parte do noso mundo, o que pasa é que o noso mundo está agredido e en crise total. Cando no fútbol ves a alguén cunha bandeira galega coa silueta dunha vaca, iso é bravú. Pero necesita ser alimentado, non por nostalxia que é moi lícita, senón por necesidade. As culturas solemnes, oficiais, ese erro tan de aquí de pensar que cultura só é certa literatura, limita. Se algunha vez a cultura galega achegouse a algo parecido á hexemonía, foi co bravú, malia que haxa quen o rexeite con todo o seu dereito e deixando claro que tivo moitas eivas. Pero eu, que máis ou menos me movo nun mundo sen mundillos, lonxe de auto-elites, vexo que persoas que polas terribles lóxicas dominantes non teñen contacto co que se considera cultura galega, si se emocionan cando escoitan 'Gaiteiro", igual que entenden perfectamente os debuxos de Castelao. Se aspiramos a ser diferentes, orgullosos, temos que darlle á xente contidos accesíbeis, o que non significa merdentos, significa felices, hai que fuxir da cultura que teme o pracer, pasalo ben é marabilloso. E funciona.
NOS_7578
Organizadas pola asociación Nordés, detéñense en temas como as políticas impulsadas polo franquismo no rural galego. O programa inclúe unha homenaxe aos republicanos represaliados.
O Barqueiro acolle desde esta quinta feira e até o sábado a oita edición das xonadas 'Memoria dun tempo', nas que se analiza e debate sobre diferentes cuestión da historia recenté e que "foron silenciados por unha historia única creada por un poder concreto, o franquismo", segundo explican desde a organización, Nordés Esta quinta feira, 23 de agosto, ás 20:00 horas, procederase á proxección. do documental Asolagados (2013) do director David Vázquez e con guión do escritor e xornalista Afonso Eiré, e que recolle os relatos daquelas persoas que viviron a construción do encoro de Belesar e sufriron as consecuencias da subida das augas. O director estará presente na proxección para un coloqui coas persoas asistentes. Políticas para a modernización do rural galego durante o franquismo é o coloquio da sexta feira, 24 de agosto. A historiadora Alba Díaz Geada (USC) pretende reflexionar co público sobre a mudanza complexa que viviu a sociedade rural galega durante a dictadura. Trataranse distintas políticas agrarias desenvolvidas, como a reforestación forzada do comunal, accións de concentración parcelaria, o fomento da especialización leiteira ou a labor do Servicio de Extensión Agraria "e como foron implementadas sobre o terreo, dando paso á individualización nun mundo en común". O sábado 25 será a VI Homenaxe a republicanos e libertarios, na Ponte Vella do Barqueiro, ás 12:00 horas
NOS_10157
O fundador de Inditex participa en Enagás, Rede Eléctrica e nun proxecto eólico con Repsol
O mes de marzo de 2005 é difícil de esquecer para Amancio Ortega. Por aquel entón, o fundador de Inditex, da man da construtora San José, presidida por Jacinto Rey, e a extinta Caixanova, intentara recuperar para Galiza o mando de Unión Fenosa, a principal eléctrica do país. O Banco Santander (daquela Santander Central Hispano) puxera á venda a súa participación na compañía, dun 22%. Os investidores galegos ofreceran 30 euros por acción, pero ACS, a construtora presidida por Florentino Pérez, coa que ninguén contaba, adiantoulles pola dereita e fechou coa entidade presidida por Emilio Botín a venda do seu paquete accionarial a un prezo de 32 euros por título. A operación rematou mal para Ortega, que non só deixou pasar a oportunidade de recuperar parte da galeguidade da eléctrica, senón que nas negociacións tamén perdeu ao que até entón era a súa man dereita: José María Castellano. Anos máis tarde, en 2008, o empresario de Busdongo (León) tería ocasión de quitar a espiña da frustrada operación, pois ACS, que ampliara a súa participación na eléctrica até 45%, poñía a venda o seu paquete accionarial, que se sumaría ao 10% que controlaban daquela as entidades financeiras galegas ─algo menos de 2% Banco Pastor; algo máis de 3% Caixa Galicia, e tamén por riba de 5% Caixanova─. Porén, o fundador de Inditex decidiu deixar pasar a ocasión e centrar os seus investimentos noutros sectores. Volta ás andadas Pontegadea, a sociedade que canaliza os investimentos patrimoniais do empresario, tiña entón unha carteira ben diversificada, con importantes participacións no sector financeiro e enerxético español, máis tamén unha crecente carteira de inmóbeis que hoxe en día o converten no caseiro de moitas das grandes firmas mundiais. En 2019, Amancio Ortega volveu recuperar o interese polo sector enerxético. Primeiro tomou posicións en Enagás. Pagou algo máis de 281 millóns de euros polo 5% da xestora do sistema gasista español e rival de Reganosa, igualando a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) como primeiro accionista. O seguinte paso foi tomar o control das redes de distribución de enerxía eléctrica da Península Ibérica. Así, o pasado verán adquiriu unha participación de 5% en Rede Eléctrica de España (REE). Neste caso, após desembolsar 456 millón de euros, Ortega converteuse no primeiro accionista privado da operadora e no segundo por detrás da SEPI, que posúe 20% da compañía. Despois foi a quenda de Redes Enerxéticas Nacionais (REN), operador da rede eléctrica de Portugal, na que o empresario posúe 12% do capital, valorado entón en 190 millóns de euros. Alianza con Repsol O último movemento no sector enerxético, aínda que non parece que vaia ser o derradeiro, foi a compra a Repsol anunciada esta semana do 49% do parque eólico Delta, en Aragón, por 245 millóns de euros. O parque eólico está próximo a un dos grandes centros loxísticos de Inditex, como tamén o están os eólicos que prevé levantar no porto exterior da Coruña.
NOS_2505
Un xulgado vén de declarar "fixa" a outra empregada dunha escola infantil que depende desta institución. Malia que foi contratada por obra ou servizo en 2008, a empregada leva no posto 13 anos. Coa convocatoria de prazas por parte da Xunta o persoal do consorcio podería perder o seu traballo.
O xulgado do social número 2 de Compostela vén de sentenciar ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e do Benestar, que depende da Consellaría de Política Social, a converter en "fixa" a unha traballadora dunha escola infantil despois de levar 13 anos no posto cun contrato de obra ou servizo. A empregada fora contratada no ano 2008 coa intención de que só ficara na súa labor o curso 2008-2009 no centro educativo. Porén, xa levaba 13 anos ocupando a mesma praza, polo que a Xustiza decidiu fallar en contra de Política Social. Así o destaca o sindicato CNT, que levou estes casos ante os tribunais e que impulsa a folga que fai o cadro de persoal cada martes alterno. O principal risco que había para esta empregada, e outras compañeiras e compañeiros, é que a Xunta convocou un proceso selectivo para incorporar persoal ao Consorcio que pode facer que despois de tantos anos fiquen no paro. "As traballadoras advirten da situación na que quedan, que pode supoñerlles a perda do seu posto de traballo despois de varios anos na mencionada situación de temporalidade", destacan. Ante este argumento, a Consellaría de Política Social ten asegurado que nas oposicións vaise dar valor á experiencia profesional. En calquera caso, a CNT explicou que neste auto a denunciante debe ser "declarada traballadora fixa, xa que a súa elección axustouse aos principios de igualdade, mérito e capacidade e os incumprimentos da legalidade recaen na administración ao empregar unha modalidade contractual que non resulta adecuada á natureza do posto". Neste sentido, incide en que "aos poucos se vai asentando a evidencia de que as traballadoras non poden pagar as ilegalidades da administración", pois a central sindical opina que o Consorcio tiña "armazón legal" para "levar a cabo contratacións fraudulentas a través de procesos selectivos completos que contaban con todas as garantías".
NOS_50415
Os produtores galegos acusan a UE de actuar distintamente fronte á parasitose
Compromiso por Galiza levará a Bruxelas dúas reivindicacións referentes á normativa do cepillado da pataca na zona da Limia. Os produtores galegos denuncian unha eiva en relación á acción da UE para frear a parasitose da pataca nos distintos países membros. Izaskun Bilbao, eurodeputada de CxG na Coalición por Europa, será a encargada de exercer como interlocutora na Eurocámara. O partido, que vén mantendo conversacións con distintos produtores pataqueiros do país, critica tamén a paralización por parte da Xunta dun plan de regadío na zona, cofinanciado polos propios produtores. "Pedimos ao PP e ao Goberno da Xunta a activación dos fondos precisos de 20 millóns de Euros e axuda para o cambio de situación dos pozos", reclaman desde o partido.
NOS_17200
Pagan un importe total de 9 millóns de euros
A Xunta e Gas Natural Fenosa fecharon esta quinta feira a adquisición a Abanca do 9,94% de Gas Natural Galicia, a principal distribuidora de gas do noso país. Fenosa mercou o 6,85% do capital da distribuidora, pagando 6,2 millóns de euros; mentres que a Xunta se fixo o 3,1% restante, polo que paga 2,8 millóns de euros. "Esta operación reforzará o proxecto de medre que Gas Natural Galicia ten para os vindeiros anos", asegura a compañía nunha nota. Estamos a falar dunha rede de distribución de perto de 3.400 quilómetros e do subministro de 263.000 clientes en 73 concellos. Con esta operación, Gas Natural Fenosa pasa ter o 68,5% do capital de Gas Natural Galicia, mentres que a Xunta aumenta a súa presenza ao 30,9 por cento. O 0,6% restante é propiedade do Concello da Coruña.
PRAZA_8944
A Lei Wert recolle unha das reivindicacións históricas da Igrexa: que a materia confesional conte para repetir curso e pedir axudas. O 10% da lei, no seu primeiro ano de vixencia, vai destinado a escolarizar alumnado en colexios privados co español como lingua vehicular.
A Igrexa gañou unha batalla histórica. O texto da Lei de Mellora da Educación que aprobou o Consello de Ministros revaloriza a materia de Relixión, dado que contará para a nota media e para a obtención de bolsas, e tamén para repetir o curso no caso de que non se aprobe, unha vella reivindicación dos bispos. Tanto Relixión como a súa alternativa, Valores Culturais e Sociais en Primaria e Valores Éticos en Secundaria, serán materias optativas. "Contará para a nota media porque é unha materia avaliable, igual que a súa alternativa", confirmou o ministro, José Ignacio Wert. A sétima lei orgánica de Educación da democracia saíu do Consello de Ministros unha semana máis tarde do previsto, pero non pola contestación social que o 9 de maio sacou á rúa a miles de persoas senón, segundo o Goberno, para atender ás "observacións" do Consello de Estado. Ou polo menos algunhas delas, porque ao parecer o organismo tivo menos sorte con algunha das súas recomendacións que a Igrexa. Por exemplo, a de non eliminar Educación para a Cidadanía, que definitivamente desaparece do currículo. "Consideramos que son coñecementos transversais que están integrados noutras materias", sostivo o ministro ante os xornalistas. O ditame do Consello de Estado sorprendeu ao criticar algúns dos puntos destacados da norma, como o financiamento dos colexios con que segregan aos nenos por sexo ou a obriga das autonomías de garantir a escolarización en castelán. Todo isto a pesar de que presidente deste organismo é José Manuel Romay Beccaría, home da máxima confianza de Mariano Rajoy. Wert advirte de que a maioría absoluta do PP é dabondo para sacar adiante a reforma en solitario O consenso non é algo que preocupe ao ministro José Ignacio Wert, que asegura que o Goberno "fará o que estea na súa man" para conseguilo, aínda que sen moito afán. Inmediatamente despois lembrou que a LOE, a lei vixente, foi aprobada en 2006 "con 181 votos", polo que considerou que a maioría absoluta no Congreso "o PP ten 185 deputados" é suficiente "lexitimación democrática". Aínda que a comparación ten truco. A chamada lei Wert desembarca na Cámara, de momento, co único apoio dos populares. Mentres que a norma anterior chegou ao BOE cos votos en contra do PP e co respaldo de cinco grupos políticos e a abstención doutros dous. "Non imos abdicar na nosa vontade de reformar o sistema", resolveu Wert. Colexios privados con cobro 'diferido' O ministerio deu unha volta de porca a estes artigos conflitivos, pero só para volver á orixe. No caso da disposición que obrigaba ás comunidades con linguas cooficiais a pagar colexios privados a aqueles alumnos que quixesen estudar co castelán como lingua vehicular, mantense cun funcionamento que na práctica funciona como blindaxe á oposición manifesta da Generalitat catalá, aínda que non a menciona no texto. Agora os pais poderán acudir ao ministerio, que se encargará dos trámites e de adiantar o diñeiro. Despois arranxará contas coas comunidades, descontando o importe das asignacións autonómicas. E ao parecer non serán importes menores. O ministerio reserva un 10% do total do orzamento para a aplicación da lei durante o primeiro ano, cinco millóns de euros, para mandar a clase a uns 1.000 nenos, segundo os seus propios cálculos. O Goberno segue adiante coa disposición que obriga as autonomías a pagar colexios privados co castelán como lingua vehicular As familias acudirán á administración autonómica para que lles consiga un colexio en español. Se non obteñen unha resposta positiva, deberán dirixirse á Alta Inspección, ou sexa ao Goberno central. Este pedirá formalmente unha solución, e se non existe, pagará a escolarización do neno nun colexio privado. A "factura" descontarase máis tarde. "É unha medida moi excepcional e temporal até tanto a administración sexa capaz de ofrecer unha educación en castelán", explicou Wert. O Goberno non pode obrigar a abrir colexios en español, pero si presionar coas contas para que a longo prazo ao Goberno catalán, por exemplo, lle saia máis rendible. Outra posible consecuencia é que a vistas de que algunhas familias vaian obter a escolarización gratuíta dos seus fillos en colexios de alto nivel, se multipliquen as solicitudes. "Non podemos traballar con hipótese. Iso irase vendo", asegurou Wert. Cidadanía fóra, e os colexios que segregan, 'blindados' O ministerio mantense na súa postura tamén en canto á eliminación da materia de Educación para a Cidadanía. Aquí parece que tamén pesou a presión da Igrexa máis que a do Consello de Estado, que considerara que os nova Valores culturais e sociais non é suficiente para substituíla porque se estudaría como alternativa a Relixión. Aquí tamén hai unha pequena trampa para solucionar esta obxección. Relixión e a súa alternativa pasan a formar parte do currículo como dúas materias optativas pero independentes, de modo que un alumno podería elixir cursar ambas. Cidadanía, que o Consello de Estado recomendaba que fose "obrigatoria nalgún momento" non será unha materia en si mesma. O Goberno mantén que os seus contidos están integrados xa noutras partes do currículo. Relixión contará por primeira vez na nota para obter bolsas e tamén á hora de repetir curso se é unha do tres materias non aprobadas. Wert seguiu adiante coa blindaxe das subvencións públicas aos colexios segregacionistas O financiamento de colexios que separen aos nenos por sexo era outra das disposicións polémicas e tamén un dos puntos sinalados polo Consello de Estado. A 'blindaxe' aos centros vinculados á Igrexa nos que nenos e nenas estudan por separado estará recollidos na lei "o que deixaría sen efecto medidas como a de Andalucía de non financiar os seus concertos por esa razón", aínda que incluirá un pequeno apuntamento: que deben garantir que a educación non é diferenciada no contido, senón que as clases que se imparten son iguais para os dous sexos. O Consello de Estado pedira que se esixise "unha xustificación obxectiva e razoable da excepción xeral da coeducación", ou sexa que se explique cales son os beneficios da segregación, e fíxense medidas académicas a favor da igualdade". O texto aprobado polo Consello de Ministros tamén deixa intactas algunhas das disposicións máis polémicas do proxecto. Por exemplo, a modificación dos itinerarios que adianta a elección de vías distintas da ESO, o novo deseño da Formación Profesional (cunha modalidade básica) e outra Dual, na que os alumnos estudarán boa parte do tempo en empresas. Tamén quedan tal cal os exames externos aos que se someterá aos estudantes ao final de cada etapa educativa. Para Wert, estes exames "non son reválidas nin teñen o obxectivo que estas tiñan, de parar a algúns estudantes ou de axustar a demanda. Non son obstáculos no camiño senón sinalización", explicou. O Consello de Estado advertiu do risco de "discrecionalidade" de que as probas de ingreso dependan de cada universidade O Consello de Estado aconsellara que esas probas as realizasen "funcionarios públicos e en ningún caso profesores contratados ou empresas privadas". Tamén criticara a reválida de Bacharelato, que substitúe á Selectividade, e que pon en mans das universidades as probas de ingreso, o que segundo o organismo introduce "un elemento de discrecionalidad que podería prexudicar o tratamento uniforme dos alumnos". Pagarao Europa O tema do financiamento era outra das "observacións" espiñentas que o Consello de Estado fixera á chamada Lei Wert, xa que consideraba que os 400 millóns de euros previstos son insuficientes para "unha reforma estrutural desta envergadura". "O Consello de Estado non ten obrigacións de consolidación fiscal", ironizou Wert na rolda de prensa tras o Consello de Ministros. O Goberno apunta a que Europa financie boa parte da implantación a través do Fondo Social Europeo, xa que a estratexia 2014-2020 da UE ten como principais un dos grandes obxectivos a loita contra o abandono escolar temperán e a mellora da capacitación profesional dos mozos, dous das situacións nas que España destaca especialmente. "Temos a seguridade e a garantía da nosa capacidade de absorción deses fondos, que poderían financiar entre o 55 e 65% do total", explicou Wert. E engadiu: "Seriamos irresponsables se deixásemos pasar un céntimo de euro". En definitiva, a LOMCE irá ao Congreso coas medidas que máis oposición xeraron na comunidade educativa practicamente intactas, e con outras que van aínda máis aló e que achegan como nunca a posición do Goberno á da Igrexa católica.
PRAZA_11667
Participou na creación de empresas como Frigsa ou Pescanova, apoiou a constitución da Editorial Galaxia ou a Fundación Penzol e creou o innovador Colexio Fingoi e a Granxa de Barreiros, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego.
Antonio Fernández López naceu na cidade de Lugo en 1903 e durante a súa vida, que atravesou boa parte do século XX, representou o mellor exemplo de empresario galeguista e comprometido co desenvolvemento da sociedade. Este mércores foi homenaxeado no campus lucense da USC, onde foi inaugurado un busto coa súa imaxe na entrada da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.Os irmáns Fernández participaron na creación de numerosos proxectos empresariais, como Zeltia en 1939, Frigsa en 1951, Cementos Oural en 1958 ou Pescanova en 1960A homenaxe tivo lugar no marco da celebración do Día da Galeguidade Empresarial, unha efeméride promovida polo Foro Enrique Peinador que tamén serviu para lembrar o Congreso de Economía de Galicia de 1925. No acto participaron o reitor Antonio Fernández López; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a deputada provincial Ana González Abelleira; a presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e o presidente do Foro E. Peinador, Xosé González Martínez.Antonio Fernández López foi un dos catro fillos de Antón de Marcos (tamén coñecido como Antón de Barreiros), un empresario nado en Barreiros (Sarria). Despois da guerra civil, grazas ao beneficio obtido pola venda de carne e conservas ao exército franquista, participaron na creación de numerosos proxectos empresariais, entre as que están algunhas das compañías máis importantes de Galicia na segunda metade de século: Zeltia en 1939, Frilugo en 1941, Frigsa en 1951, Cementos Oural en 1958 ou Pescanova en 1960. Igualmente, apoiaron a constitución da Caixa de Aforros Provincial de Lugo, máis tarde absorbida por Caixa Galicia.En 1950 fundou o Colexio Fingoi, cun modelo educativo innovador, que tivo a Ricardo Carvalho Calero como primeiro directorMáis aló do campo puramente empresarial, Fernández participou na fundación da Editorial Galaxia en 1950 e a Fundación Penzol en 1963 e xunto cos seus irmáns colaborou economicamente co Museo Provincial de Lugo e co Museo de Pontevedra. En 1950 fundou tamén o Colexio Fingoi, cun modelo educativo innovador, que tivo a Ricardo Carvalho Calero como primeiro director. Granxa de Barreiros buscaba fomentar a información e capacitación do campesiñado galegoE, ademais, foi o creador en 1948 da Granxa de Barreiros, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego. Situada en Sarria, entre as súas actividades incluíase a organización de cursos de Formación para Mestres coa finalidade de protexer a cultura rural galega, modernizar o campo e o patrimonio rural galego. O seu primeiro director foi Avelino Pousa Antelo.Na homenaxe que tivo lugar este mércores en Lugo o historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez destacou o perfil innovador de Antonio Fernández López, mentres que Jesús Méndez, director xeral de Caixa Rural Galega, subliñou o pensamento económico galeguista e a contribución das entidades financeiras ao desenvolvemento económico de Galicia.Congreso de Economía de Galicia de 1925Os días 2 e 3 de outubro de 1925 debateuse sobre a organización territorial e administrativa, a rede de comunicacións, o fomento do turismo ou a investigaciónHai case un século o Círculo das Artes de Lugo acolleu a celebración do primeiro Congreso de Economía de Galicia, no que participaron Cruz Gallástegui, Vicente Risco, Juan Rof Codina, Valentín Paz Andrade ou Alexandre Bóveda. Foi un encontro "decisivo para entender as solucións aos problemas que tiña Galicia", que foi "abordado desde a pluralidade das disciplinas científicas", destaca o Foro Enrique Peinador.Os días 2 e 3 de outubro de 1925 debateuse sobre a organización territorial e administrativa, a rede de comunicacións, o fomento do turismo que parte dunha economía sostible, sobre investigación en campos tan diversos como os cultivos e os produtos elaborados e mesmo sobre enerxías alternativas, ademais de defender a comarcalización, o recoñecemento da parroquia como unidade administrativa. O Congreso enmárcase no crecemento do galeguismo e tamén no proceso de modernización do campo galego e no avance da industrialización da economía galega.
PRAZA_13214
AGAL e Andaime organizam aPorto. São cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades culturais e conversas informais de tarde. Sorteamos uma estadia de graça entre as pessoas que conseguirem mais acertos um teste de 15 perguntas sobre o Porto
AGAL e Andaime organizam aPorto, São cursos de língua realizados no Porto, com uma semana de duração, que decorrem no verão e que incluem aulas de manhã e atividades culturais e conversas informais de tarde. As aulas decorrem na FLUP, Faculdade de Letras da Universidade do Porto, e as atividades culturais em diferentes pontos da cidade tentando mostra o Porto que o turista comum teria dificuldade em encontrar e envolvendo-se com os cidadãos e as cidadãs que habitam a cidade invicta. O teste Sorteamos uma estadia de graça entre as pessoas que conseguirem mais acertos um teste de 15 perguntas sobre o Porto. Podeis enviar as vossas respostas a [email protected]. Na quarta feira da próxima semana anunciaremos o ganhador ou ganhadora. 1. Originariamente, o Porto tinha um nome diferente do atual. Portu Cale. Portus Augusta. Cale ou Calem. 2. Como é que se denominavam os(as) habitantes de «Cale» e primeiros(as) povoadores(as) da cidade? Lusitanos(as). Calaicos(as) ou Galaicos(as). Portuenses(as). 3. «Fluvius Dourus dividens... Gallaecia et Lusitania.» Poderias dizer o que quer dizer esta frase do cronista Julius Honorius? Que o rio Douro dividia na altura as províncias romanas da Gallaecia e Lusitânia. Que Julius Honorius se naturalizou galaico-lusitano. Que lusitanos e galaicos gostavam de tomar banho no Douro. 4. É uma das poucas capelas do mundo com planta ortogonal. Igreja de Chelas Convento do Carmo Torre dos clérigos 5. A cidade, por mor de resistir um cerco durante a Guerra Civil de 1832/4, recebeu o nome de... Invicta Insuperável Teimosa 6. Músico portuense na senda do funk, o jazz e a música eletrónica. Rui Veloso Janita Salomé Pedro Abrunhosa 7. Filme que Manuel de Oliveira ambientou em 1938 na cidade, e considerada uma das fitas precursoras do neo-realismo. Aniki Bobó Jaime Vale Abraão 8. Qual destes pratos não é típico do Porto? As tripas à moda do Porto. A alheira com ovo a cavalo. A francesinha. 9. Os «barcos rabelos» são hoje um tipo de embarcações usados como atrativo turístico. Saberias dizer para que se utilizavam antigamente? Para passear a burguesia portuense pelo Douro Para o transporte do vinho do Porto desde a Régua. Para a pesca do salmão. 10. Livraria muito visitada e fotografada pela sua escadaria. Lello & Irmão Leitura Almedina 11. O Porto dispõe dum dinamismo cultural muito importante. No entanto, qual destes centros não se encontra na cidade? Fundação Serralves. Museu Soares dos Reis. Centro Cultural de Belém. 12. Qual a principal sala de concertos do Porto? Casa da Música Maus Hábitos Auditório Municipal 13. Que nome recebem popularmente os(as) habitantes do Porto? Alfacinhas Tripeiros Cariocas 14. O Porto está unido a Vila Nova de Gaia por várias pontes, uma delas liga-a com as Caves do Vinho do Porto. Ponte de D. Luis Ponte do Pocinho Ponte das Barcas 15. Qual destas marcas não é de vinho do Porto? Ferreira Sandeman Borba Aporto
NOS_55286
O home suicidouse após matar a súa compañeira. Antes agredira a idosa que coidaba.
Esta segunda feira (6 de xullo) a Garda Civil informou do asasinato dunha muller en Pavia (Asturies). O corpo foi atopado no domicilio familiar acarón do do seu compañeiro que se suicidou após asasinala. Trátase, segundo informaron fontes do instituto armado, de máis un feminicidio, embora as investigacións continúan abertas. O home, de 65 anos, agredira previamente a idosa que coidaba. A denuncia desta agresión levou @s axentes até a vivenda onde atoparon o cadáver da muller. No que vai de ano, segundo as cifras oficiais, foron asasinadas 17 mulleres no conxunto do Estado español pola violencia machista ás que se sumarían, de se confirmar, os feminicidios de Beatriz Rodríguez Mariño (Arbo), o de Pravia (Asturies) e máis un en Barcelona cuxa investigación continúa aberta.
NOS_36444
O candidato á Xunta, Francisco Jorquera, criticou nun acto coa mocidade as indicacións do FMI xa que, segundo sinalou "son as mesmas que condenaron á miseria a América latina nos anos 90 e que cando se emancipou desas foi cando saíu da crise". Defendeu o pulo da mocidade e denunciou a "emigración, precarización e paro" a que a conduce os gobernos do PP.
A mocidade é un dos grupos que máis está a padecer a crise e con mozos e mozas se xuntou o sábado día 16 o candidato á Xunta polo BNG, Francisco Jorquera para lles presentar as propostas do BNG para a xente máis nova. No marco do acto con mozos e mozas, criticou as recomendacións do FMI polas que urxía ao goberno de Rajoy a subir o IVE e recortar salarios de xeito inmediato. Ao seu ver, as indicacións "demostran a onde conduce a ausencia de soberanía, a que se diten as políticas económicas dende ámbitos que non emanan do ámbito democrático dos pobos, con receitas que son lesivas para intereses e necesidades da maioría". Francisco Jorquera, na conversa con mozos e mozas de Galiza Nova, afirmou que o goberno de Feijoo e do PP está a condealos á "emigración e á precariedade".O candidato á Xunta pola organización nacionalista puxo sobre a mesa os datos cos que denunciou a política do PP no goberno con respecto á mocidade. Un paro xuvenil incrementado en 13 puntos que sitúa no desemprego ao 42% das persoas menores de 25 anos alén da mocidade que ocupa postos de traballo precarizados. Acusou desta situación ás medidas tomadas polos gobernos do PP como son o atraso da xubilación, que impede o acceso a postos de traballo ou mesmo "as contrarreformas laborais que fixeron retroceder en dereitos, pretendendo converter a mocidade nunha forza laboral precaria e mal remunerada que substitúa aos traballadores de máis idade". Tamén se referiu á precarización no ensino público e na investigación para o desenvolvemento, ámbito no que, na Universidade de Santiago viu reducido o pesoal en 358 persoas.Fronte esta situación, Jorquera fixo eco da proposta do BNG que se centra nun "aumento do investimento público para reactivar a economía; incrementar o gasto social en sanidade ensino e servizos sociais para reducir o impacto da exclusión social e crear emprego".
NOS_25954
Maritxu Alonso vén de publicar un foto libro Unha vida de Ultratumba, no que se achega á figura de Chus Taboada, líder da banda Voces de Ultratumba, a primeira banda feminina de punk de Galiza.
Camiñar as periferias é unha das cousas que nos están quitando, ou mellor dito, que nos están roubando. Estaredes preguntándovos quen é quen nos rouba? Tal vez o feito de estar hiperconectadas e surfear constantemente nos contidos masivos fai que prestemos menos atención ás cousas pequenas, se nos diarios, na televisión e nas redes sempre se fala do mesmo (que é no fondo o que xera cartos), nunca poderemos saber das cousas pequenas, das cousas periféricas. Que está moi ben estar actualizada, si, pero engordar o concepto de globalización a base de que todas consumamos o mesmo… xa está ben. Unha vida de ultratumba / Maritxu Alonso / Edición de autora Sobre estas marxes e periferias traio hoxe unha pequena historia que protagonizan mulleres músicas e pioneiras. A investigadora Maritxu Alonso vén de publicar un foto libro Unha vida de Ultratumba, no que se achega á figura de Chus Taboada, líder da banda Voces de Ultratumba, a primeira banda feminina de punk de Galiza. Estouvos falando dos anos oitenta en plena movida viguesa, seguro que vos soan grupos como Os Resentidos, Siniestro Total ou Aerolíneas Federales que copaban toda a atención. Pois ben, neste fervente ambiente musical, Chus Taboada, desde a periferia, preguntouse por que as mulleres non poden divertirse facendo punk, por que non protagonizar a nosa propia escena? E así xurdiu Voces de Ultratumba unha banda de punk que contaba con Chus como voz principal, as irmáns Eva e Marisé, teclados e guitarra, Vivi no baixo e Elena na batería. Seis anos durou o periplo de Voces de Ultratumba, seis anos na loita, aturando moitas veces discriminacións só polo feito de seren mulleres. Nunha entrevista que lles fixo a propia Maritxu Alonso, contaban como en Portugal durante un concerto o público lles tiraba moedas ao escenario e que, noutras ocasións, os propios técnicos de son lles baixaban o volume do directo. Máis que nunca, estas mulleres referente teñen que estar de actualidade, eu mesma descoñecía a súa historia, así que cando souben do proxecto de Maritxu Alonso, comecei a mergullarme na rede en busca de datos sobre a súa música. Non foi sorpresa que apenas puidese atopar algunha noticia. Xa non falemos de atopar algo sobre a súa música ou algunha canción. A pesar de formar parte do movemento musical máis importante dos anos oitenta, xirar e incluso gravar algún recompilatorio, Voces de Ultratumba non pertencía ao circuíto da "clase alta" musical. A súa historia chega trinta anos despois e a min faime reflexionar sobre o necesario que é manter viva a nosa propia perspectiva, a nosa propia forma de crear. Por iso é primordial manter a curiosidade, voltarmos aos arredores, saír do masivo para percorrer as marxes.
PRAZA_14036
FACUA e outras organizacións de consumidores denuncian que o pago de alugueres, auga, luz, gas, televisión, a telefonía ou o acceso a Internet de agosto sufrirá xa a aplicación do novo tipo se a factura ten data posterior ao 1 de setembro, cumprindo a Lei de 1992. Ademais, moitos establecementos comerciais xa subiron os seus prezos este mes.
O 1 de setembro entra en vigor a suba do IVE decretada en xullo polo Goberno central; do 8% ao 10% no tipo reducido e do 18% ao 21% no tipo xeral, aínda que o feito de que a moitos produtos e servizos (entradas de cinema, exposicións, concertos, teatro, espectáculos deportivos e discotecas, os produtos sanitarios e de óptica, as perruquerías ou as consultas do dentista) se lle modifique o tipo aplicable fai que o ascenso para eles sexa superior, do 8% ao 21%. Os expertos xa advertiron con insistencia nos prexuízos que ésta medida pode ter para a economía española, a través dun freo ao consumo, nun momento no que se acentúa a caída do PIB (-1,3% nos últimos doces meses, segundo os datos publicados este martes polo INE). En certos produtos e servizos xa estamos pagando ese incremento, aínda que non o saibamos, naqueles subministros ou arrendamentos con data de pago posterior ao 1 de setembro Porén, en certos produtos e servizos xa estamos pagando ese incremento, aínda que non o saibamos, naqueles subministros ou arrendamentos con data de pago posterior ao 1 de setembro. A asociación de defensa dos consumidores FACUA denuncia que a Lei do IVE de 1992 indica que "as facturas de subministros de tracto sucesivo coma a agua, a luz, o gas, a televisión, a telefonía ou o acceso a Internet" así coma arrendamentos ou calquera operación continuada no tempo "cobraranse aplicando o novo IVE se a obriga de pagamento se xera con posterioridade ao 31 de agosto, aínda que os consumos se realizaran durante o mes ou meses anteriores". De feito, aínda que a factura estea datada uns días antes á vixencia da suba, pode incluir o novo IVE se nela se indica unha data de pagamento na que xa estea vixente o novo tipo o se iso se deduce do contrato. Facua contradí asi ao ministro de Industria, José Manuel Soria, que hai unhas semanas ameazou con sancionar as empresas que o fixesen. Porén, é unha práctica amparada pola lei e FACUA critica o descoñecemento da lexislación que amosa o ministro con estas declaracións. FACUA tamén denuncia que se están producindo moitos casos de establecementos que xa están aplicando, antes do 1 de setembro, a alza dos prezos En cambio, para as compras de produtos, o IVE que debe pagar o consumidor no momento da súa entrega é o vixente nesa data, independentemente da que apareza na factura. No caso de que se trate dun servizo, coma unha reparación, tamén se abona o IVE vixente no momento de efectuarse este. Porén, neste senso FACUA tamén denuncia que se están producindo moitos casos de establecementos que xa están aplicando, antes do 1 de setembro, a alza dos prezos para despois asegurar que no se repercutirá no consumidor a suba do imposto. E isto si que é unha práctica fraudulenta. Ascenso en luz e carburantes O prezo do litro de gasolina pode superar os 1,7 euros (esta semana xa está por riba do 1,5) por mor do ascenso do IVE A OCU ou a Confederación Española de Organizacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios (CEACCU) calculan que cada familia incrementará os seus gastos ao redor de 600 euros anuais pola suba do IVE. FACUA critica especialmente o incremento que se producirá na factura da luz e calcula que un consumidor medio pasará a gastar case 80 euros ao mes (79,66), 5 euros máis que en abril (74,48), pois xa en xullo subiu o prezo do kWh. FACUA denuncia que en só dez anos a luz subiu un 86%, 36,83 euros por recibo mensual, 441,96 euros ao ano. A liberalización eléctrica, iniciada a finais dos 90 e impulsada mediante una directiva europea en 2003, presentóuselles aos usuarios co argumento de que provocaría importantes baixadas tarifarias. De igual xeito, FACUA calcula que o prezo do litro de gasolina pode superar os 1,7 euros (esta semana xa está por riba do 1,5) por mor do ascenso do IVE. Ante a ausencia de competencia no sector, a asociación reclámalle ao Goberno que volva fixar prezos máximos, como ocorría até finais dos 90. Por riba da media da UE O tipo xeral do IVE que se aplica en España está xa por riba da media da zona euro (20%) e iguala a media da UE (21%) Con esta suba, o tipo xeral do IVE que se aplica en España está xa por riba da media da zona euro (20%) e iguala a media da UE (21%), aínda que hai que ter en conta o distinto poder adquisitivo dos cidadáns duns e doutros países. En calquera caso, o IVE español supera ao de Alemaña (19%), Francia (19,6%) e Reino Unido e Holanda (20%) entre os grandes países de la UE e sitúase ao mesmo nivel que o de Italia e Bélxica. Queda por debaixo, iso si, do que se paga en Hungría (27%), Suecia e Dinamarca (25%), Romanía (24%), Portugal, Irlanda ou Grecia (23%).
NOS_4117
O lecer nocturno na Galiza segurirá aberto mais agora con obriga de PCR en concellos de nivel medio
O presidente da Xunta, Núñez Feixoo, avanzou que Galiza manterá aberto o lecer nocturno, pero agora obrigará a realizar test PCR, que será gratis nos covid-auto, ás persoas que queiran acudir a algún local das cidades con nivel medio de restricións. O test será 48 horas antes. Outra opción será presentar o certificado completo de vacinación, ao que aínda non tivo acceso a mocidade, pois forman parte dos seguintes grupos programados na campaña de inmunización (agás os Erasmus que marcharán fóra do país en setembro e xa están a adiantar os seus tratamentos mediante a autocita). A outra medida aprobada polo comité clínico é que a Xunta pedirá aos concellos que precinten praias e parques en horario nocturno para evitar os botellóns. En declaracións aos medios, o mandatario insistiu no chamamento aos mozos e na necesidade de que este colectivo de idade acuda aos cribados aos que son chamados polo Sergas. A idea é manter fechados estes espazos até as 6 da madrugada, segundo destacou Feixoo. Así, fixo fincapé no "interese" do comité clínico por "conseguir o éxito" no chamamento a estas probas para detectar casos: "É importante que non diminúa". Ademais, subliñou que a decisión de realizar PCR para gozar do lecer nocturno, con 48 de antelación, "é bo para os mozos" e "facilitar que se poida compatibilizar a súa saúde co lecer nocturno" é unha forma de "seguir traballando con rigor e seguridade". De feito, se antes non se podía manter este tipo de estabelecementos funcionando nos municipios no chanzo medio-alto de risco agora si será posíbel. O protocolo aprobado e publicado no Diario Oficial de Galiza (DOG) a pasada semana para o lecer nocturno incluía que os establecementos de lecer nocturno poderían estipular probas de antígenos para os seus clientes, pero non incluía ningunha obrigatoriedade. O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, na comparecencia desta cuarta feira após o comité incidiu en nese órgano acordouse fechar todos os lugares nos que "habitualmente" se fan botellóns. "Precintar parques, praias e prazas", dixo. Neste sentido, afirmou que "non" queren que "os botellóns leven ao fechamento do lecer nocturno", polo que o obxectivo primordial agora é atallar as concentracións prohibidas. Comesaña explicou que esta medida súmase á de intensificar cribados e esixir certificado de vacinación completo ou PCR negativa para poder acceder a locais de lecer nocturno nos municipios con nivel medio pola situación epidemiolóxica. Comesaña lamentou a porcentaxe "baixa" de participación dos mozos nos cribados, polo que chama "incrementar a adherencia" nesta franxa de idade "máis vulnerable ao contaxio".
NOS_37718
Un estudo asegura que a capital galega estaría a nivel estatal en segundo lugar, logo de Girona e antes de Barcelona.
O número de vivendas en alugueiro no Estado español rexistrou de media un crecemento de 1,95% este ano 2019, diante de 7,66% de aumento que tivo o ano pasado. Son datos do estudo da evolución dos inmobles de alugueiro que deu a coñecer o Ficheiro de Inquilinos Morosos a través de Europa Press. O director de Estudos e Calidade deste rexistro, Sergio Cardona, explica que este ano tivo lugar unha baixada considerábel do alugueiro de vivendas como consecuencia das mudanzas lexislativas nos últimos meses e a inestabilidade político-económica. Dúas cidades galegas, Compostela e A Coruña, figuran entre as que máis vivendas alugadas teñen este ano. Girona convértese na cidade con máis inmobles alugados por cada 100 habitantes, con 13,61 inmobles. Séguenlle Compostela (13,19), Barcelona (11,11), A Coruña (10,77) e Salamanca (10,46).
NOS_57968
Todas as profesións están infradotadas, con 27% en traballo social, 33% en terapia ocupacional, 49% en enfermaría e celadores, 54% en psicoloxía clínica, 68% en psiquiatría, ata o 85% en técnicas en coidados auxiliares de enfermería. Son as conclusións dun informe do Movemento Galego da Saúde Mental.
No Servizo Galego de Saúde faltan 38 % das profesionais que sería recomendábel, segundo os propios criterios da Xunta. Así se extrae do documento que elaborou o Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM), "Recursos en Saúde Mental en Galicia" e que avalía o estado da rede pública asistencial no ámbito da saúde mental. No informe conclúen que se ben o estado da saúde mental da poboación residente en Galiza foi "a peor sensiblemente na última década", a calidade asistencial non se viu incrementada, como recomendaron institucións internacionais de referencia como a propia Organización Mundial da Saúde, se non todo o contrario. O MGSM emprega como referencia a dotación recomendada pola Comisión Asesora en materia de Saúde Mental que creou a Consellería de Sanidade e que publicara nun informe de 1997, en comparación cos actuais recursos cos que conta o Sergas. Así, conclúe, todas as profesións están infradotadas, con 27% en traballo social, 33% en terapia ocupacional, 49% en enfermaría e celadores, 54% en psicoloxía clínica, 68% en psiquiatría, até 85% en técnica en coidados auxiliares de enfermería. Esta infradotación tamén é desigual por áreas sanitarias: así atopamos que a EOXI da Coruña, que se atopa a 41% do persoal recomendado, seguido de Pontevedra, cun 52,5%; Ourense, cun 62,4%; Vigo, cun 65%; Ferrol, cun 65,6%; Lugo, cun 65,7%; mentres que Santiago de Compostela presenta un cadro ao 70,8% do recomendado. Aliás, indica o MGSM, se comparamos a lista de espera de pacientes para a súa primeira cita nos servizos de psiquiatría, practicamente duplicouse: pasouse de 4.623 persoas en xuño de 2008 a 8.094 en xuño de 2018. Ao contrario das tendencias do conxunto do Estado, na Galiza tamén se produciu un aumento dos trastornos psíquicos e psicolóxicos na poboación infantil e xuvenil. Entre os menores de 14 anos, incrementáronse 66% os problemas de tipo ansioso ou depresivo e 17% os trastornos de conduta. En cambio, só existe unha Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infantoxuvenil, situada en Compostela e con 7 camas. .
NOS_31212
Relacionamos a seguir as 10 pezas máis vistas de Sermos Galiza no mes de febreiro, 28 días en que as persoas utentes do noso web viron un total de 385.574 páxinas.
1.-"Teño unha filla de 8 anos e no colexio ensínanlle galego practicamente como unha lingua estranxeira". Esta entrevista ao guionista Carlos Ares tivo un grande impacto nas redes -foi partillada por 1.100 persoas no Facebook- e cargaba de razóns ás persoas que o pasado 8 de febreiro irían apoiar a grande manifestación de Queremos Galego por unha nova política lingüística na Galiza. 2.-Unha multitude quere galego e clama por outra política lingüística. A masiva resposta da cidadanía galega á chamada de Queremos Galego -máis de 25.000 persoas empequeneceron o casco vello de Compostela- mostra que poucos temas hai noso país, se houber algún, que convoque tanta enerxía social como a defensa da nosa lingua. A noticia tivo máis de 1.600 partilladas nas redes sociais. 3.-Persoas afíns a Anxo Quintana rexistan Somos Nós como partido político. A noticia de Somos Nós se ter rexistado como partido político o 3 de febreiro nunha notaría de Ponteareas -exclusiva de Sermos Galiza- tivo un considerábel impacto nas redes e foi recollida -infelizmente non en todos os casos con atribución da fonte- por diversos meios de comunicación. 4.-A Xunta xa pode mostrar os segundos do vídeo de Enrique Iglesias polos que pagou máis de 320.000 euros O avanzo do vídeoclip de Enrique Iglesias exorbitantemente subvencionad pola Xunta de Galiza -300.000 euros das arcas autonómicas foron gastos na obra audiovisual- foi unha das grandes sensacións informativas, por razón máis que obvias, neste mes de febreiro. Chamou moito a atención a exclusión de Pontevedra no subsidiado vídeo do fillo de Julio Iglesias. 5.-A principal dirixente galega de Podemos nega o debate nacional sobre Galiza. A afirmación de Carolina Bescansa sobre que o "carácter nacional" está resolvido na Galiza para a grande maioría da populación -non así o problema social- dá abondas pistas sobre as conviccións ideolóxicas da formación emerxente e tivo non pouco impacto nas redes, con case 500 partilladas. 6.-Google dedica o seu "doodle" a Rosalía no seu aniversario. No 178 aniversario da grande poeta nacional, o buscador máis utilizado na internet global empregou a imaxe e os versos de Rosalía na súa capa. Sermos noticiou o feito xa ás 0.00 horas do 24 de febreiro. Foi a noticia máis partillada do mes: 3.500 veces en Facebook e 115 en Twitter. 7.-O tigre e a RAG, artigo de Carlos Garrido. Exitosa estrea de Carlos Garrido -membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua- como colaborador na nosa sección de opinión. Un artigo que non só tivo miles de visitas, senón que, aliás, provocou 63 comentarios, un intensísimo debate no noso web e tamén nas redes. 8.#8F: milleiros polo galego. A galería de imaxes da manifestación de Queremos Galego foi partillada até 2.200 veces en Facebook e 35 en Twitter, mais unha proba do grande interese que a mobilización pola lingua espertou na comunidade sermos. 9.-A Xunta financia con 302.500 euros o 'reggaeton' de Enrique Iglesias Pasmo e indignación: as reaccións máis frecuentes ante esta noticia que esclarece cais son as prioridades da Xunta en política cultural. 1.500 partilladas en Facebook. 10.-Un videoclip para celebrar os aniversarios en galego. Parabéns para ti. Por fin imos ter a posibilidade de celebrarmos os nosos cumpreanos en galego. E grazas á iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística e o concello de Carballo. Máis de 560 partilladas nas redes.
NOS_57504
Novo disco deste banda de Ourense que levan dez anos dando guerra con humor.
Doulle ao play e soa un rock clásico que me transporta directamente ao verán. Porque o verán será con concertos das Tetas ou non será (ler co puño en alto). Muller libre / The Tetas' Van / autoeditado / 2021 / 12 pezas / 10 euros Este grupo ourensán leva xa dez anos dando guerra, mais é agora cando sacan o seu primeiro traballo discográfico, recompilando as pezas que cantan nos directos. The Tetas' Van son Lucía Gil (voz principal e pandeireta de media lúa), Lorena Negreira (batería), María Mendoza (teclados), Irene Somoza (saxo), Omar Reza (guitarras) e Pablo Cachafeiro (baixo eléctrico). Todas fan coros, e, ademais, segundo pon o libreto e confirmado tras a miña escoita, os coros de Pablo son "terriblemente sexys". Sempre me gustou este grupo por moitos motivos: polo bo humor que transmiten, polo bravas que son –non temen nada nin ninguén!-, pola pegada que teñen tocando, polo uso tan persoal que fan das voces durante todo o concerto ou simplemente porque me encanta que teñan un saxo. As Tetas collen cancións de todas as épocas -sobre todo dos 80- e fan letras de resistencia, de liberdade, de protesta , de denuncia… e moi divertidas, ademais. As letras das Tetas fan as delicias da esquerda! Ademais delas, tamén houbo persoas que lles mandaron letras ou incluso fixeron unha adaptación libre dun poema de Carvalho Calero. Cunha música brutal, por certo, un swing de Cherry Poppin' Daddies. Unha das pezas que máis forza ten é "Jose Luís", unha enérxica versión de Daft Punk: eu estudei un montón, traballo na Deputación, 'papá, te quiero un montón', non todas temos enchufe. A potentísima portada chama a atención: é unha escolma de torsos de mulleres que lles enviaron as fotos das súas tetas para este disco. Aquí é onde podería pór algunha pega. Encántame que se vexa a diversidade (de feito, venden unhas camisetas marabillosas con debuxos, onde teñen até unha mama que sobreviviu a un cancro, adoro), mais a calidade de moitas das fotos non está moi coidada, e vense incluso elementos das casas onde se fixeron as fotos. Recoñezo que isto choca de fronte co meu hedonismo. Paréceme unha idea brillante, pero non demasiado ben resolta. Sexa como sexa, este é un traballo é luz, é cor, é felicidade! Este disco é ideal para pór nas vosas festas, ou para bailar na casa, ou para aledarvos cando estades depres, ou simplemente para gozar de músicas bonitas e ben tocadas mentres botades unhas risas coas enxeñosas letras! Longa vida ás Tetas e lembrade que non as podedes perder cando pasen pola vosa zona! Tengo un piso grande en Avión, veraneo siempre en Panjón, ¡ahora sé que eso es vida! Contigo todo iba a cambiar, eres el nuevo José María Aznar.
NOS_14666
En plena crise sanitaria, os hospitais privados reséntense da falta de actividade e derivación de pacientes desde o Servizo Galego de saúde. Alegan perdas millonarias e reclaman unha saída viábel a conta dos cartos públicos. Á vista dos resultados, sindicatos e profesionais cuestionan a eficacia do modelo privado.
A chamada de auxilio dos hospitais privados da Galiza coincide no tempo coa reactivación da súa actividade hospitalaria de acordo coas instrucións ditadas tanto polo Ministerio de Sanidade como polo Servizo Galego de Saúde. Prevén recuperar parte da programación adiada pola declaración do estado de alarma, unha decisión que levou a Xunta a asumir a tutela de todos os centros privados e concertados. Nestes dous meses alegan unha caída da actividade de 80%, un descenso que paralizou os ingresos. Desde a Asociación de Hospitais da Galiza (Ahosgal) estiman unha perda de 40 millóns de euros que espera ver compensados de aquí a final de ano. Así llo trasladou á Administración galega, a quen lle solicita medidas específicas que garantan a viabilidade de todos os hospitais e a liquidez inmediata dalgúns centros. "Que pidan máis axudas non ten sentido", afirma a Nós Diario Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública. "A sanidade privada vive parasitando o sistema público. Máis de 80% do seu negocio provén de concertos e acordos puntais coa sanidade pública. Non ten sentido que, por riba dos recortes que se fixeron para abrirlle paso á atención privada e por riba dos acordos que derivan a miles de doentes aos seus hospitais, pidan recibir máis cartos", engade. Un modelo ineficaz Ahosgal integra os 12 principais centros privados da Galiza, entre os que se atopan hospitais HM, Quirón, Vithas, Polusa, San Rafael, Juan Cardona, Cogasa e Povisa. Xuntos xestionan 80% das camas hospitalarias privadas e 19,1% das prazas dispoñíbeis en todo o territorio. Dan traballo a máis de 5.000 profesionais e, en 2018, facturaron 326 millóns de euros. No que resta de 2020 non queren que a Xunta mude as condicións dos seus acordos. Por iso piden que, polo menos, pague o mesmo que en 2019, para asegurar uns ingresos iguais ou superiores da actividade concertada, malia que a derivación de pacientes durante a emerxencia sanitaria caese en picado. "Segundo o decreto de alerta sanitaria, os centros privados están a disposición do sistema público. A Xunta empeñouse en montar hospitais de campaña no canto de usar as camas da privada. Polo tanto, terá que pagarlles en función dos postos que utilizou pola COVID, non pola actividade que deixaron de prestar", advirte María Xosé Abuín. Unha vía complementaria Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, as demandas da sanidade privada son consecuencia das políticas do Partido Popular. "Coa Lei de garantías de 2013 o que fixo o Sergas foi igualar a sanidade pública e privada, cando a lei de 2008 estabelecía que a sanidade privada era complementaria da pública, e só no caso de ser necesaria. A sanidade pública e privada non son o mesmo, por moito que insista Núñez Feixoo en que a privada tamén é pública porque non se paga cando te derivan a ela", censura. Abuín defende a necesidade de reactivar os hospitais públicos en quendas de tarde. "Non poden estar paralizados. Dispoñen de tecnoloxía que non se está usando mentres lles pagan a terceiros por faceren ese traballo. O custo é dobre", recalca. Desde CCOO aseguran que o modelo da sanidade privada non é eficaz, e "quedou demostrado" durante esta crise. "Nin sequera nesta situación de pandemia foi significativa", asegura a responsábel de Sanidade do sindicato, Emilia Lamas. "Puntualmente, na Galiza usáronse algunhas camas, mais a Administración antepuxo a creación de dous hospitais de campaña", lembra. Para Lamas resulta "evidente" que a privada non é necesaria, sen capacidade asistencial para as doentes máis graves nin camas UCI. O que cómpre, di, "é o reforzo dos servizos públicos. Hai que dotalos de máis medios e de persoal, mudar as quendas, se fai falta. O que non podemos é seguir financiando a sanidade privada. Ten que coexistir, pero non con cartos públicos", conclúe. Tamén desde UXT resaltan o carácter complementario da sanidade privada e censuran que se use o colectivo de traballadoras máis a súa continuidade como escusa para que a Xunta garanta a viabilidade do sector. "Os postos de traballo son intocábeis, o modelo pódese mudar", advirten desde o sindicato. 260 millóns de euros en concertos Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública aseguran que a derivación de pacientes á sanidade privada procedentes dos servizos públicos do Sergas multiplicouse por tres nos últimos anos. E segue crecendo, sinalan, grazas á aplicación da Lei de garantias que obriga a desviar doentes cunha espera superior aos 45 días nas consultas de especialistas ou probas diagnósticas e 60 en intervencións cirúrxicas. "25% da atención sanitaria na Galiza xa se presta en hospitais privados". Denuncian, ademais, a ampliación de concertos para "satisfacer a demanda das grandes multinacionais hospitalarias de acceder ao financiamento público". O Sergas destina acada ano a Ahosgal máis de 260 millóns de euros. Só o concerto singular de Povisa supera os 80 millóns, apuntan.
NOS_49260
Ana Pontón demanda ao presidente da Xunta que non poña atrancos á aplicación da Lei de eutanasia na Galiza e carga contra o PP por recorrela ante o Constitucional. Feixoo xa sinalou que a lei non é do seu gusto.
Coa entrada en vigor da Lei de eutanasia, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, interpelou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para que aclare se vai pór atrancos á aplicación desa lei na Galiza. A nacionalista considera esa aclaración necesaria despois de que o PP decidise recorrer o texto lexislativo que regula a eutanasia activa. "Preocúpanos ver de novo un PP que se opón ao avance de dereitos e liberdades, un PP que se opuxo á Lei do divorcio, á do aborto, á do matrimonio homosexual e agora tamén ao dereito a unha morte digna. Parece que o PP non asume os avances en dereitos e liberdades", afirmou. A nacionalista considera preocupante que Feixoo dixese que a lei non lle gusta. "E tanto que non lle gusta que o PP decide recorrela, e por iso pregunto ao presidente da Xunta se vai frear o seu desenvolvemento na Galiza". Estamos ante unha lei, salientou, que recoñece o dereito das persoas a unha morte digna "e é inhumano que unha vez máis o PP se queira opor". Reactivar a industria A líder do Bloque fixo estas valoracións en Vigo, nun encontro con delegados sindicais e responsábeis de comités de empresas do sector industrial. Para a nacionalista, o principal problema que ten este sector en Vigo é "a confrontación permanente e estéril entre o alcalde da cidade e o presidente da Xunta", cando "deberían estar colaborando con lealdade e rigor para revitalizar o sector industrial". Vigo precisa "propostas a favor da súa industria", dixo, propondo unha Mesa da automoción, cos axentes implicados e a elaboración dun plan que fomente a instalación de novas actividades industriais vinculadas ao sector. Tamén propuxo un plan de formación que prepare profesionais para a industria 4.0 para fabricar coches de maior valor engadido que veñen da man da transición enerxética. Tamén chamou a "sacar do pozo" os estaleiros de Vulcano e Barreras, demandou apoio público para eles e propuxo a creación dun centro de reparacións na Ría de Vigo. Aliás, considerou que os fondos europeos de recuperación deben servir para sentar as bases dun novo modelo económico, verde e baseado na innovación. Piden protexer o litoral galego ante a eólica mariña Por outra banda, o BNG tamén exixiu que o litoral galego sexa declarado "espazo non apto" para proxectos de eólica mariña, polo seu impacto no sector pesqueiro e marisqueiro. Nese sentido, avanzaron que presentarán iniciativas e reclamacións para protexer o litoral.
PRAZA_19577
Pretenden relegarnos da nosa condición de alternativa a un lugar subordinado, para pasar a ser parte do decorado e da xestión dunha parcela de miseria do réxime que dicimos querer combater. Debemos pois continuar no vieiro establecido sen renunciar a mudar todo o que haxa que mudar para poder avanzar.
O vindeiro sábado 18 de marzo, a cidade de Pontevedra acollerá a III Asemblea Nacional de ANOVA, a primeira organización cun papel relevante na sociedade e nas institucións que na historia de Galiza recolle o camiño da autodeterminación cara a independencia nos seus postulados fundacionais. A nosa formación vive un momento decisivo, onde determinadas dúbidas e vacilacións poden levarnos cara un escenario de prostración se non tomamos as decisións que merece este tempo político. A nosa influencia na sociedade galega é moi superior ao noso peso cuantitativo. Nestes anos conseguimos establecer alianzas e sinerxías con outros sectores e sensibilidades – non só organizacións políticas, se non cos sectores dinámicos da sociedade civil cos que activamos as mareas municipalistas, o mellor que lle pasou á esquerda galega nos últimos anos – que nos levou a participar hoxe nos gobernos da Coruña, Ferrol e Santiago, e de ser oposición no resto de cidades e vilas relevantes do país e no Congreso e no Parlamento de Galiza formando parte xunto con outras de En Marea. Por que imos cuestionar un vieiro de éxito, que nos dotou dunha influencia determinante na política da nosa nación e que nos deixa un terreo de xogo impresionante mesmo neste momento de refluxo? Para que imos emendar un proceso que como valoración global só se pode considerar de éxito? Normalmente as expectativas vense frustradas conforme ás aspiracións que foron imaxinadas e que non conseguimos. Pero iso non debe separarnos do noso vieiro, que parte por entender as citas electorais como etapas dentro do noso proceso de construción social e nacional. Un traballo duro, cunha axenda que nós non marcamos, na que temos por diante un tempo político no que nunca antes navegamos: dous anos sen eleccións nos que poder pensarnos e construírnos. Moitas veces esquecemos que dende a nosa fundación até estes momentos superamos – nunca en solitario, e sempre xunto con forzas irmáns – seis convocatorias electorais que impediron que tiveramos tempo e azos para dotar de organicidade ao espazo de ruptura. Nós naciamos da confluencia. Na nosa Asemblea Constituínte celebrada o 14 de xullo de 2012 compartimos este novo proxecto común persoas organizadas dentro de diferentes expresións do soberanismo e do independentismo galego. Naciamos rachando marcos, construíndo unha axenda común entre diferentes. No Día da Patria dese ano Xosé Manuel Beiras lanzou a proposta de Fronte Ampla, que cristalizou na AGE, un novo espazo de representación que deu forma política á desafección cidadá que determinou o 15M. A súa principal carencia, que ben semella un claro aviso para mareantes, consistiu en non saír das catro paredes do Hórreo e non ser quen de establecer dinámicas na praza. Non podemos recluírnos no pazo. Posteriormente viñeron as eleccións europeas, nas que ANOVA decantouse definitivamente a prol das e dos que defendiamos daquela e facémolo hoxe a nosa aposta por fornecer o espazo de ruptura fronte á regresión das posicións conservadoras: mágoa que se esqueza tan pronto o que representou no seu momento o manifesto Queremos AGE!. As mareas municipalistas supuxeron un gran salto adiante nesta aposta, recuperando a idea da participación e de democracia radical, a principal eiva que arrastrabamos das experiencias pasadas, marcadas entre outros motivos pola parálise organizativa que padeciamos. Callaba o discurso da revolución democrática e situabámonos no imaxinario do noso pobo como a primeira forza da oposición. No acordo de Mazarelos – un acordo tripartito asinado por Esquerda Unida, Podemos Galiza e nós – sentábamos as bases da primeira En Marea, establecendo dende o seu nacemento a demanda de "procesos constituíntes, soberanía e dereito a decidir" e anunciando un "proceso participativo" dun "suxeito político que aborda, dende unha perspectiva de cambio político e ruptura democrática, o proceso electoral para restituír a soberanía cidadá." Pero xa sabemos que moitas veces os planos de obra, que en política corresponden aos acordos políticos, non sempre responden á forma final do edificio: o manifesto dos alcaldes supuxo a saída dunha posición de bloqueo, e na histórica Asemblea de Vigo do 30 de xullo de 2016 veu a dar un pulo a esa demanda de participación e de democracia radical que caracterizou á conformación das mareas municipalistas, rachando así En Marea coalición e establecendo sinerxías para avanzar cara un novo suxeito político de adscrición individual. E tamén é tempo de renovación. Vemos como no movemento xuvenil e no movemento estudantil existe unha xeración emerxente, hexemónica, que traballa dentro dos parámetros de cooperación e de Unidade Popular. Vai ser determinante que esa xeración asuma novas responsabilidades de cara aos retos que temos abertos. Hoxe vemos de forma máis clara que fai dous anos e medio como hai un relevo xeracional impresionante. Outra tarefa que debemos asumir ten que ver co pensamento e as ideas: temos que recuperar a vella idea do partido como fábrica de ideas, de programas, de proxectos. Non ter unha axenda electoral tan esixente non só ten que ir ligado a un reforzo organizativo do espazo de ruptura e de adaptación ás novas necesidades, se non de analizar o entorno para coñecer o país que queremos transformar. Estes elementos políticos e programáticos son fundamentais, e compre poñelos por diante das diferentes urxencias que nos atravesan. Temos que realizar unha mudanza profunda nesa dirección. Non debemos esquecer que en política as decisións que tomemos sempre teñen consecuencias, e nunca son inocentes. Dar pasos atrás na confluencia, no noso proxecto estratéxico, suporía rachar un piar fundamental do proceso. Dende a primavera municipalista de 2015 o laboratorio de ideas da reacción traballa para destruír o espazo de ruptura: pretenden relegarnos da nosa condición de alternativa a un lugar subordinado, para pasar a ser parte do decorado e da xestión dunha parcela de miseria do réxime que dicimos querer combater. Debemos pois continuar no vieiro establecido sen renunciar a mudar todo o que haxa que mudar para poder avanzar.
NOS_39341
A Audiencia Nacional tomou a decisión de nomear este novo interventor das factorías galega e asturiana a finais do mes de xullo, cando anunciou que tamén encargaría un informe sobre a situación real da empresa nun prazo de dous meses.
O comité de empresa da factoría de Alu Ibérica na Coruña vén de comunicar que a Administración Xudicial nomeada a finais de xullo por parte da Audiencia Nacional decidiu estabelecer o "cese temporal de toda actividade na empresa". Malia que as e os traballadores disporán de "licencias retribuídas" mentres dure esta situación, a representación laboral amósase preocupada por este mandato. Aseguran que deriva da "falta de actividade e a incerteza sobre o estado exacto de liquidez" da compañía. Aliás, segundo palabras do comité, o xestor actual -que veu substituír aos anteriores responsábeis, xa parte da intervención ordenada pola Audiencia- trasladou que neste contexto hai "graves problemas para manter en estado óptimo as condicións de saúde e seguridade" do cadro de persoal. A representación das e dos operarios amósase moi preocupada por este novo paso na crise da empresa, que fóra mercada por Parter a Alcoa e posteriormente vendida ao Grupo Riesgo, actual propietario. En consecuencia, convocaron unha rolda de prensa este sábado para falar da "crítica situación" da factoría coruñesa diante do propio complexo industrial do polígono de A Grela. Un proceso amplo e complexo Este anuncio deixa nun lugar aínda máis perigoso o futuro da compañía, pois é o paso seguinte á intervención que leva activa meses. A Audiencia Nacional elixira esta vía por ver indicios de descapitalización nas sucesivas operacións de venda protagonizadas por Alcoa, Parter e Grupo Riesgo. Finalmente, o 28 de xullo coñecíase a decisión de nomear un administrador xudicial das factorías da Coruña e Avilés. O cambio na situación foi froito dun auto do xulgado central de Instrución número 3 de Madrid, integrado na propia Audiencia, e ten vigor por seis meses pero o prazo podería ser revisábel, algo aínda máis posíbel se cabe despois do anuncio desta sexta feira. A intención deste movemento foi "asegurar a protección das sociedades intervidas, así como dos dereitos dos acredores e os traballadores" das sociedades empresariais. Entre as tarefas do novo administrador -que dado que tiña que tomar posesión do cargo nos cinco días seguintes á notificación da resolución leva moi pouco tempo no cargo- estaba a redacción dun "informe sobre a situación respecto da solvencia financeira real" en dous meses. Antes de que chegue ese escrito fundamental para continuar cunha investigación iniciada hai tempo debido a unha denuncia sindical, que en marzo levou a un rexistro nas plantas da Galiza e Asturies. Nunha fase previa, a xuíza recoñeceu que se detectaron "indicios de falsidade en determinados documentos remitidos aos interventores, así como contradicións nas manifestacións realizadas polos xestores das sociedades intervidas".
NOS_18960
As relacións entre a cuestión nacional e social na Galiza. É un deses traballos que non deixa a ninguén indiferente. A crónica das relacións entre dúas correntes de opinión chave para entender a historia social e política da Galiza contemporánea. Estamos diante de Nacionalismo e anarquismo na Galiza: encontros e desencontros entre liberación nacional, internacionalismo e revolución social (1840-1940 ).
Edicións Positivas lanza o vindeiro 20 de marzo o último traballo de Dionisio Pereira e Eliseo Fernández, referencias inescusábeis nos estudos sobre o movemento obreiro e o anarquismo no noso país. Segundo sinalan a Nós Diario Eliseo Fernández e Dionisio Pereira, "o obxectivo do libro é rescatar unha historia ignorada, como é a das relacións que se estabelecen desde 1840 até 1940 entre dous movementos chave na historia contemporánea da Galiza, como que o nacionalismo e o anarquismo, incorporando este último ao relato do devalar colectivo do país". Dionisio Pereira e Eliseo Fernández afirman que "a investigación parte da constatación de que se tiña instalado unha versión maniquea e simplificadora sobre esta cuestión, que reproducía ideas asentadas como a postura absolutamente antinacionalista dos anarquistas ou a escasa relación do nacionalismo coas diversas correntes socialistas. Unhas ideas que estaban completamente estendidas e hipoteticamente fundamentadas na ideoloxía anarquista e no ideario nacionalista, mais que continuamente víamos postas en cuestión pola propia historia". Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Pierre Proudhon As achegas das diversas correntes do socialismo utópico pairaron sobre o corpo doutrinal do núcleos protonacionalistas de mediados do século XIX. Así, na opinión de Dionisio Pereira e Eliseo Fernández, "unha cuestión que nos parece relevante é que mesmo podemos situar unha orixe común do nacionalismo e o anarquismo na Galiza na figura de Antolín Faraldo e os seus compañeiros da revista El Porvenir, que son ao tempo iniciadores do provincialismo e precursores do socialismo na Galiza". A influencia das posicións de avanzada social na denominada xeración de 1846 xa fora sinalada por diversas investigadoras no ámbito nacional e internacional. A este respecto, Gerald Brenan hai varias décadas, na súa obra clásica El laberinto español, situou a orixe do movemento libertario no Estado no grupo organizado en Santiago de Compostela arredor de Antolín Faraldo. Para Pereira e Fernández, "o alento de Faraldo, influído por Fourier, Proudhon e o galego Ramón de la Sagra, mantívose ao longo do século XIX e deu unha pegada social e socialista á xeración de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía". O teórico libertario Pierre Proudhon estivo presente na vida de Rosalía de Castro e de Manuel Murguía. Así, este último, tal e como sinalan Pereira e Fernández afirmou que "escribiu a súa obra El Foro (1882) baixo o influxo da famosa frase de Proudhon na que consideraba un latrocinio toda propiedade". As achegas do anarquista francés foron abundantes na produción de Manuel Murguía, que non dubidou en seguir as posicións do anarquista francés en diferentes artigos arredor do idioma e da forma de organización do Estado, chegando a citalo no seu libro El Regionalismo Gallego. No tempo das Irmandades da Fala A etapa política que comezou para o nacionalismo galego coa fundación das Irmandades da Fala abriu novos camiños na súa relación co anarquismo. Neste sentido, Dionisio Pereira e Eliseo Fernández destacaron como "un paso adiante a publicación do ensaio Doctrina Nazonalista de Ramón Vilar Ponte, que defendeu dunha visión progresista, pacifista, democrática e anticolonial do nacionalismo galego". As consecuencias prácticas destas formulacións non tardaron en concretarse. Á proximidade co anarquismo de militantes irmandiños, como o poeta Manuel Antonio, sumáronse iniciativas políticas para ligar o nacionalismo coas demandas das maiorías sociais. Neste contexto situouse a decisión da V Asemblea das Irmandades da Fala, celebrada na Coruña en marzo de 1923, onde se acordou a proposta de Xaime Quintanilla e Ramón Vilar Ponte a fundación dunha organización sindical nacionalista, a Confederación Galega do Traballo. As relacións entre anarquistas e nacionalistas foi intensa neste período na emigración americana. A experiencias como Tempos Novos, xornal en galego de orientación anarquista publicado na Arxentina en 1920 baixo a dirección do xornalista libertario coruñés José Fernández Lourido, engadíronse, en palabras de Dionisio Pereira e Eliseo Fernández, "os ácratas incorporados a aquela fronte nacionalista que xuntaba todas as esquerdas que foi a Sociedade Pondal na Arxentina, de Luís E. Rey ou Manuel Crestar en Cuba, ou de Arturo Carril no Uruguai". CNT e Partido Galeguista Dionisio Pereira e Eliseo Fernández significaron "as conexións entre nacionalistas e anarquistas tomaron forza no período da II República en vilas onde as organizacións do Partido Galeguista e da CNT acadaron a unidade de acción, mediante a presenza dos galeguistas nos sindicatos confederais". Así as cousas, a organización libertaria operou como sindicato de referencia para a afiliación nacionalista. Viveiro, Mondoñedo, Tomiño ou A Guarda foron algunhas das localidades galegas onde esta relación foi máis intensa. Así, nesta última vila, os cadros de relevo da CNT remataron por fundar a organización local do Partido Galeguista, ocupando importantes postos de relevo institucional nos meses previos ao golpe de Estado fascista de 1936. Unha boa parte deles como o alcalde Manuel Noia, o presidente local da CNT Nemesio Álvarez, o secretario do sindicato Elidio Álvarez, o concelleiro Juliano Díez ou os dirixentes mariñeiros Antonio e Ángel Domínguez Pacheco remataron asasinados polo franquismo.
NOS_53603
O Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia vén de ditaminar esta quinta feira que o ex líder serbobnosnio Radovan Karadzic é responsábel de xenocidio e de crimes de guerra contra a humanidade na guerra de Bosnia.
Karadzic foi acusado a 40 anos de prisión por un total de once cargos: dous cargos por xenocidio, cinco cargos por crimes contra a humanidade e catro cargos por violacións das leis de guerra, no seu cargo de presidente da autoproclamada República de Srpska entre 1992 e 1996. Porén, o Tribunal non achou probas suficientes para o acusar de xenocidio en diferentes zonas do país. O xuíz que preside o proceso, o surcoreano O-Gon Kwon, acusou as forzas serbias de Bosnia de acometer numerosos crimes contra os musulmáns e croatas, desde asasinatos até traslados forzosos, mais non percibiu xenocidio. As forzas serbio-bosnias en Srebenica, declarada polas Nacións Unidas como zona segura, executaron en 1995 máis de 8.000 varóns musulmáns. Foi a peor matanza en Europa desde a Segunda Guerra Mundial. Karadzic recoñeceu no 2014 a súa responsabilidade moral polos feitos acometidos polos serbios en Bosnia. Con todo, negou perante o Tribunal Penal Internacional ter emitido ordes para executar milleiros de persoas. Karadzic é o máis alto cargo que rende contas perante este Tribunal máis de dúas décadas após rematar unha guerra na que faleceron unas 100.000 persoas en Bonia Herzegovina.
NOS_52038
Entre as asinantes están ex alcaldes como Manuel Antelo, Rafael Cuíña ou Xavier Simón.
"É agora" é o título dun manifesto que reivindica o autogoberno como ferramenta para saír da crise sanitaria e económica que deixa a pandemia da COVID19. Un documento que asinan, entre otras, quen fora vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e tamén ex alcaldes como Manuel Antelo (Vimianzo), Rafael Cuíña (Lalín) ou Xavier Simón (Arbo). Tamén asinan o manifesto, entre outros, o escritor Xavier Alcalá, o profesor da UDC Carlos Aymerich, o avogado Pérez Lema ou o profesor da USC Xavier Ferreira. O texto afirma que "as esixencias cívicas" que o texto enumera "obrigan ao compromiso político inmediato outorgándolle a nosa confianza á proposta soberanista galega do BNG e de Ana Pontón". Tamén aponta que "despois do 12 de xullo" é preciso "alargar a base social e política do galeguismo desde os valores do republicanismo cívico, a participación cidadá, a afirmación da identidade, a economía mixta, a centralidade e a transversalidade, a inclusión e a integración social, a igualdade e o desenvolvemento sostíbel".
NOS_7701
Polo menos 14 persoas foron asasinadas nunha localidade rural do centro do Perú, nun aparente atentado de Sendero Luminoso, organización armada que causou miles de mortes a finais do século XX. Supostamente extinta na súa forma orixinal, é resucitada de cando en cando para lanzar ataques á esquerda democrática.
"É chavista e creo que ten orixe en Sendero Luminoso", apuntaba o até esta segunda feira presidente do Ecuador, Lenín Moreno, a respecto de Pedro Castillo, candidato presidencial no Perú. Nunha entrevista publicada onte polo diario El Comercio (conservador), Moreno engadía que, de chegar á Presidencia, Castillo levará ao Perú "miseria, opresión e exilio". Non é a primeira vez que os seus rivais políticos vinculan o candidato esquerdista de Perú Libre co grupo armado marxista-leninista-maoísta Sendero Luminoso, oficialmente Partido Comunista do Perú. Unha organización da que é fundador e principal ideólogo Abimael Guzmán, coñecido polo nome de guerra camarada Gonzalo. Guzmán foi capturado en 1992 e actualmente cumpre cadea perpetua. Tras a súa detención, a actividade de Sendero Luminoso comezou a decaer, mais desde finais da década de 1970 e durante toda a de 1980 foi autora de continuos ataques contra as forzas de seguridade do Estado. E tamén de masacres con numerosas mortes de civís nas zonas rurais do Perú, como o de Lucanamarca, onde 69 labregos foron asasinados por executar un comandante da organización. Todo é Sendero Luminoso A luz de Sendero Luminoso foise apagando, mais no debate político a súa chama mantívose viva todo este tempo. E atízase con brío especialmente en épocas electorais co que, dentro da xerga política do país, se chama terruquear (de terruco, abreviatura despectiva de "terrorista"). Explícao Fundeu, a fundación da Real Academia Española e da axencia de noticias EFE para o uso do español nos medios. De terruco di que é "utilizada por sectores da dereita para desacreditar a esquerda e vinculala, moi a miúdo de maneira arbitraria, indiscriminada e falaz, co terrorismo de Sendero Luminoso e do Movemento Revolucionario Túpac Amaru (MRTA)". E desta vén terruquear, "aplicado á acción de relacionar co terrorismo calquera idea ou comportamento que poida ser percibido como radical polos sectores conservadores, moi abundantes na sociedade peruana", di a Fundeu. O vindeiro 6 de xuño desenvólvese no país a segunda volta dos comicios presidenciais, con dúas opcións contrapostas: por unha banda, Keiko Fujimori, filla do ex ditador Alberto (1990-2000) e representante de Forza Popular, partido populista de dereitas e neoliberal; pola outra o "chavista-sendeirista" Castillo. Este último (44,8%) avantaxa en máis de dez puntos á primeira (34,4%), segundo a última enquisa, publicada o domingo polo diario La República (progresista). "O val da cocaína" Horas despois saltaba a noticia. "Sendero Luminoso, dirixida polo delincuente Víctor Quispe Palomino, nun acto xenocida, asasinou na noite do 23 de maio 14 persoas aínda non identificadas, entre as que se atopaban dous nenos, que foron atopados calcinados e irrecoñecíbeis", sinalaba un comunicado do Comando Conxunto das Forzas Armadas. Víctor Quispe Palomino, tamén coñecido como camarada José, creou en 2018 o Militarizado Partido Comunista do Perú (MPCP), que actúa no centro do país, no Val dos Ríos Apurímac, Ene e Mantaro (Vraem), coñecido como "o val da cocaína" por concentrar case tres cuartas partes da produción peruana desta substancia. Para o Estado peruano e outras entidades internacionais, o MPCP ─con fortes lazos co narcotráfico─ é continuación directa de Sendero Luminoso. O propio Quispe Palomino identifícase como membro de Sendero Luminoso. Porén, Abimael Guzmán renega del. "Condeno enerxicamente este atentado terrorista e insto á xustiza a que aplique todo o peso da lei. Non imos tolerar ningún acto de violencia", escribía en Twitter Pedro Castillo ao pouco de se coñecer a noticia. E agregaba a continuación: "No noso Goberno impulsaremos maior orzamento na investigación policial para determinar as verdadeiras causas destes atentados". No lugar do masacre, nun bar da localidade de San Miguel del Ene, os autores deixaron un pasquín, publicado polos medios peruanos, onde piden o voto nulo nas eleccións do 6 de xuño e advirten: "Quen vote por Keiko Fujimori é traidor, é asasino do Vraem, é asasino do Perú! Pobo peruano: nunca máis fujimoriato. Nunca máis Fujimori. Nunca máis Keiko Fujimori!". "Falsa bandeira" A aludida tamén se manifestou ao respecto nas últimas horas. Tras condenar o atentado, quixo así mesmo "rexeitar categoricamente as insinuacións febrís dalgunhas persoas que, tratando de aproveitarse politicamente, están a sinalar persoas vinculadas á nosa agrupación política". "Non debemos permitir este tipo de actos desesperados", engadiu nun vídeo nas redes sociais. Nesta liña, entre os que abundaron nos supostos vínculos de Castillo con Sendero Luminoso e os que falan dun atentado de "falsa bandeira" ─como insinuou en Twitter o secretario xeral de Perú Libre, Vladimir Cerrón─, foron os editoriais onte dos dous principais periódicos do país. La República afirmaba, sen facer referencias a ningunha persoa ou partido: "As mensaxes destinadas a construír unha narrativa que inculpa un sector político de responsabilidade no atentado, sen probas e baseados en prexuízos ideolóxicos, resulta absurda e pouco críbel [...] Querer sacar vantaxe dun feito tan brutal é pouco ético e censurábel". E, apuntando directamente a Perú Libre, El Comercio escribía: "No canto de fechar filas co resto da cidadanía na condena da matanza, os seus voceiros trataron de reducir a traxedia a un evento de relevancia electoral e de buscar, de paso, a alguén máis a quen culpar dos asasinatos". Unha actitude que, din, "abona os argumentos de quen auscultan con preocupación a lista de congresistas electos por ese partido". 1980-2000: 69.280 vítimas da violencia A Comisión da Verdade e da Reconciliación, estabelecida en 2001 para analizar as dúas décadas de violencia previas, cifrou en 69.280 as persoas asasinadas ou desaparecidas durante o conflito armado entre o Estado, Sendero Luminoso e o MRTA. Destas, 54% foron atribuídas aos sendeiristas e 37% ao Exército.
PRAZA_1859
A Comisión Europea presentará esta proposta primeiro á Eurocámara e aos 28 e, máis tarde, aos EUA, que semella estar de acordo. Bruxelas pensa en persoas con cualificación comparable á dos xuíces pero que non teñen por que ser maxistrados.
A pesar das vacacións estivais, en Bruxelas continúase traballando arreo no discutido tratado de libre comercio e investimento que a UE negocia cos Estados Unidos, máis coñecido como TTIP (polas siglas en inglés). A Comisión Europea está a preparar estes días unha proposta sobre os igualmente polémicos tribunais de arbitraxe para solucionar conflitos entre empresas e Estados, comunmente denominados ISDS (siglas que tamén proceden do inglés) e esta verá a luz antes de que remate o ano, segundo fontes comunitarias. En concreto, a Comisión estuda a que quizais é a pata máis controvertida dos tribunais: a súa composición. Nos máis de 1.600 ISDS xa existentes -a maioría asinados de maneira bilateral entre un Estado desenvolvido e outro en vías de desenvolvemento de tal forma que os tribunais garantan protección xurídica ás firmas do primeiro- esta corte intégrana expertos que emanan fundamentalmente do sector privado (bufetes de avogados, cámaras comerciais, etcétera). Unha cuestión que creou unha viva polémica na UE e que Bruxelas quere agora emendar creando unha lista de árbitros "competentes". Bruxelas pretende que os tribunais de arbitraxe estean composto por unha lista pechada de membros Bruxelas pretende que haxa uns ISDS compostos por unha lista pechada de membros. Unha aspiración que partiu do informe de opinión votado polo Parlamento Europeo a principios de xullo en Estrasburgo co apoio de populares, socialistas, liberais e conservadores británcos. A esquerda, os ecoloxistas e os euroescépticos opuxéronse. A Eurocámara quixo daquela acoutar o alcance dos ISDS e optou por un sistema "non discriminatorio" coas empresas locais ou estranxeiras do que formen parte "xuíces independentes" e que "non antepoña os intereses privados aos públicos". A Comisión recolleu a proposta de Estrasburgo e pretende establecer "un número limitado de árbitros elixidos pola UE e os EUA". Á pregunta de se serán xuíces de carreira os que comporán este tribunal (como pedían os socialistas españois, por exemplo), as fontes comunitarias responden que esta cuestión aínda non foi clarexada. "Polo momento imos esixir aos futuros integrantes dos ISDS que teñan unha cualificación comparable á dos xuíces". A proposta final deberá contar co visto e prace dos 28 ·stados membros e será explicada na Eurocámara antes de ser presentada ás autoridades norteamericanas. Acordo probable A décima rolda negociadora, celebrada en Bruxelas a mediados de xullo, confirmou a boa sintonía entre os EUA e Europa ao redor de varios capítulos do TTIP a pesar das serias diferenzas noutros apartados. Entre as cuestións que máis separan a ambas as partes están as denominacións de orixe ou a cooperación regulamentaria (especialmente no campo financeiro). Non ocorre o mesmo cos tribunais de arbitraxe, onde un acordo parece bastante probable. O negociador estadounidense, Dan Mullaney, argumentou que o seu país tomara "nota" dos límites decretados polo Parlamento Europeo á composición do mecanismo de arbitraxe entre investidores e estados. As cuestións que máis separan a UE e os EUA son as denominacións de orixe ou a cooperación regulamentaria De acordo co propio Mullaney pero tamén coa comisaria de Comercio Internacional, a liberal sueca Cecilia Malmström, que se converteu na cara máis visible da UE a favor do TTIP, o groso da negociación podería culminar antes de que termine o segundo mandato de Obama, isto é, antes de que conclúa 2016. Despois viría a aprobación nacional a cada lado do Atlántico, algo que non estaría exento de polémica: non poucos países teñen a potestade de celebrar referendos. E o Parlamento Europeo terá o voto definitivo. Entre os críticos ao TTIP asegúrase que o verdadeiro obxectivo do tratado é institucionalizar e normalizar o uso destes tribunais de arbitraxe para solucionar conflitos en áreas onde os ISDS son absolutamente innecesarios.
NOS_20249
A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares estrea as obras gañadoras do certame de composición nun concerto que terá lugar no Auditorio de Galicia de Compostela o sábado 29 ás 21.00 horas. Estrearán Arieñium, de José Ignacio Blesa Llull, Camiños da Luz, de Santiago Fontes e Insomnio de Juan Manuel Eiras, as obras gañadoras no Certame que cada ano organiza a FGBMP.
A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, composta por músicas e músicos das distintas bandas, é a encargada de estrear as obras gañadoras de cada edición do concurso que anualmente premia ás mellores composicións. O concerto que terá lugar no Auditorio de Galicia será unha cita obrigada para o público que goste da música de bandas xa que será un momento especial para comprobar a calidade tanto das composicións como da interpretación nun espazo que conta con condicións especiais para concertos musicais, como demandan desde a Federación. Arredor de 5.000 persoas, en especial xente nova, toca no cento de bandas populares que se espallan por todo o noso territorio, un fenómeno musical de grandes dimensións que goza tamén dunha cada vez máis alta calidade artística. Bandas populares son as agrupacións musicais que se artellan ao longo de todo o territorio e dependen unicamente das súas propias asociacións, das familias dos seus compoñentes ou da actividade que xeran cos concertos. A Federación Galega de Bandas de Música Populares conta con 88 bandas asociadas e, desde hai seis anos, organiza o Certame Galego de Bandas, un encontro en que participan arredor de 1000músic@s e que en cada edición dá medida da calidade e o alto nivel interpretativo das agrupacións. Lucía Carreira, vicepresidenta da entidade, destaca non só a relevancia das bandas, senón tamén o seu alto nivel formativo. "Habitualmente teñen as súas propias escolas e os coñecementos técnicos son cada vez maiores, adquiridos en boa medida en conservatorios", comenta. As bandas estruturan un mapa musical xeneroso. Case toda persoa que queira tocar nunha agrupación musical pode ter acceso a ela a non moitos quilómetros. Para dar só un exemplo, en Compostela desenvolve a súa actividade a Asociación Musical Solfa, mais só con dar unha volta arredor atopamos as bandas de Lausame, Arca, Touro, Arzúa, Boqueixón, Ordes... Un acontecemento cultural dunha dimensión única e con especial presenza no rural e nas vilas. "A nosa é unha tradición moi forte e, con excepción de Valencia, estamos á cabeza en toda a península", comenta Lucía Carreira, entrementres destaca dous elementos: o feito de seren iniciativas auto-xestionadas e tamén a entrega dos milleiros de músic@s que procuran sacar horas das súas xornadas para iren a clases e ensaiaren co grupo nunha dinámica en que a disciplina é precisa. Unha experiencia única "A experiencia de participar nunha banda é única. Comparten un sentimento común que é nin máis nin menos que tocar ben, e desde o punto de vista social e educativo é un ámbito extraordinario de formación", destaca Carreira. Desde que botaron a andar o Certame Galego de Bandas, imprimiuse unha dinámica especial no calendario das agrupacións musicais populares. En cada edición convócase con carácter previo un concurso de composición de temática galega do cal saen as obras que serán de interpretación obrigatoria para o seguinte ano, pezas que ocupan unha parte dos ensaios específicos. O concerto de estrea das pezas gañadoras será un bo momento para apreciar a calidade e o nivel da música de bandas cando contan cos medios acaídos para a súa interpretacións. Desde a Federación denuncian prexuízos e mesmo o trato que ás veces reciben as agrupacións musicais populares, condenadas a tocaren en situacións precarias. "Reivindicamos na federación espazo, silencio e medios para as bandas. Reclamamos tamén que sexan tidas en conta, poñemos por caso, en actos oficiais, como recoñecemento da súa relevancia facendo do noso un país musical", defende Lucía Carreira.
PRAZA_18810
El Hematrocrítico e Felipe G. Gil (ZEMOS98) conversan este martes na Coruña (Domus, 19 horas) sobre as novas narrativas dixitais, o humor en Internet e o uso que facemos das redes sociais. Falamos con eles
Por que determinados contidos se fan virais na rede? Que é o que fai popular a un gif animado, de forma todo o mundo comeza a utilizalo? Quen inventa os memes? Hai unha persoa en Internet que o fai todo? Miguel Ángel López (El Hematocrítico) e Felipe G. Gil falarán de todo isto esta tarde na Coruña (ás 19 horas na Domus), no marco do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación, nunha conversa titulada "Que hai en Internet?" que será conducida pola xornalista María Yáñez. "As marcas e as institucións levan anos perseguindo aos creadores de contidos para que lles dean a clave, a fórmula máxica de por que se viraliza algo"A charla afondará nas claves e nas dinámicas das novas narrativas populares, que posúen un tipo de humor moi particular e uns procesos concretos que as fan conectar con referentes previos e ter un éxito inmediato. O coruñés El Hematocrítico é mestre e crítico de arte, ademais de escritor e colaborador en varios medios. Mentres, Felipe G. Gil é director de contidos audiovisuais de ZEMOS98 e colaborador de Eldiario.es, onde adoita escribir sobre comunicación e linguaxe na rede.Na conversa un e outro levarán a cabo un percorrido por ducias de contidos que nos últimos anos acadaron un carácter viral, verdadeiros fenómenos culturais e sociais, respondendo en parte á gran pregunta: "Cal é a clave para que un contido multiplique a súa popularidade na rede? Que fai virais os contidos virais".Felipe G. Gil anticipa que non hai unha resposta para iso: "As marcas e as institucións levan anos perseguindo aos creadores de contidos para que lles dean a clave, a fórmula máxica de por que se viraliza algo". Pero apunta que "cando algo se viraliza é por un sentimento de comunidade. Cando alguén comparte algo, sexa modificándoo ou non, é porque ese contido lle reforza a idea de quen é, reforza a identidade colectiva de quen o comparte"."Cando algo se viraliza é por un sentimento de comunidade. Cando alguén comparte algo, sexa modificándoo ou non, é porque ese contido lle reforza a idea de quen é""Non hai unha explicación única nin sinxela. Se non, todo o mundo estaría producindo contidos virais constantemente", sinala igualmente El Hematocrítico. Con todo, sinala que "hai cousas que son clave, comezando polo papel de persoas moi influíntes en redes que fan que todo se dispare. Por exemplo, pode haber un meme máis ou menos popular, pero se o comparte unha das Kardashians, a súa difusión multiplícase por un millón". Engade que "hai outras cousas que triunfan porque son, efectivamente, divertidas. Pero ao final son pequenas cousas as que marcan a diferenza, e é difícil prever se algo vai ter éxito ou non. Por que se fai popular un vídeo dun tipo que esvara e non outro vídeo dun tipo que esvara? É a maxia de Internet".En ocasións, os memes e gifs teñen un éxito inmediato porque empregan referentes coñecidos por todos, o que permite que lles poidamos incorporar outra nova mensaxe con facilidade. Pero outras veces non é así, apunta El Hematocrítico: "Se te fixas un dos memes que máis éxito tivo ultimamente foi esta foto dunha parella que vai andando pola rúa e el mira a outra rapaza que pasa. E esa é unha foto de stock. Pode ser unha imaxe moi famosa, que todos teñamos na cabeza. Pero pode ser simplemente unha imaxe moi impactante, como as dúas fotos de Drake, para dicir 'isto gústame' e 'isto non me gusta'"."Hai unha perda de lexitimidade tan forte das institucións, sobre todo as políticas, que cando se percibe que algo non é xenuíno, prodúcese un rexeitamento na persoa que recibe a mensaxe"Os memes e gifs valen para calquera uso? Calquera pode usar o humor de Internet? Con frecuencia, partidos políticos e empresas ven como o que pretendía ser un tuit ou un vídeo ocorrente e gracioso se volve na súa contra, ben polo tema ao que fan referencia, pola execución ou pola propia orixe da publicación. "O gran problema é como usar as redes, de xeito que non pareza impostado. Agora xa non tanto, pero hai uns anos lembro contas de Twitter de políticos que se creaban en períodos electorais, que de súpeto falaban moito, e que rematadas as eleccións caían no silencio máis absoluto", destaca Felipe G. Gil. "Hai unha perda de lexitimidade tan forte das institucións, sobre todo as políticas, que cando se percibe que algo non é xenuíno, prodúcese un rexeitamento na persoa que recibe a mensaxe", engade. "Isto está cambiando coas novas xeracións de políticos, que fan un uso de redes menos instrumental", conclúe.Entre o humor e a toxicidade"Intervén moito o humor, porque Internet sacou o noso lado máis chocalleiro. Nada pasa desapercibido aos milleiros de ollos que hai mirando na rede. Calquera detalle é susceptible de ser convertido nun meme, nun gif ou algo sobre o que facer un comentario crítico", comenta Felipe G. Gil, que apunta igualmente que "tamén temos contornas dixitais bastante tóxicas nas que o que hai é bile, esencialmente"."Antes facías un chiste machista ou homófobo en privado e ninguén che dicía nada. E en cambio agora o fas en público e podes recibir mensaxes de persoas ás que non lles gustou""O bo e o malo das redes sociais é que son moi democráticas. Déronlles un altofalante a todas as persoas, cada persoa que abre unha conta ten o mesmo dereito a expresarse que outra", sinala El Hematocrítico, que rexeita os discursos alarmistas sobre as redes: "Moita xente pensa en Internet ou nas redes sociais de forma moi negativa, como algo cheo de perigos. E outros só ven cousas positivas. Ao final, é como todo nesta vida: hai cousas moi divertidas, cousas moi inspiradoras e emocionantes e outras cousas que son terroríficas".Incrementouse o nivel de susceptibilidade? Temos dificultade para aceptar aquelas opinións que non coinciden coa nosa? El Hematocrítico responde que "agora dise isto de que 'a xente oféndese moito'. Pero o que pasa é que antes ti facías un chiste machista ou homófobo en privado e ninguén che dicía que ese chiste era de mal gusto. E en cambio agora o fas en público e podes recibir moitas mensaxes de persoas ás que non lles gustou". "Aínda temos que aprender a usar as redes sociais, aínda estamos nunha primeira fase, levamos moi pouco tempo con elas", destaca.Necesitamos unha Educación Dixital?"Nós non nos dedicamos á educación formal, pero si que de cando en cando organizamos obradoiros para profesorado sobre contidos dixitais. E percibimos que en ocasións hai resistencias por parte dos mestres, e un prexuízo dos adultos cara ás ferramentas utilizadas pola xente máis nova e a forma en que as empregan", di Felipe G. Gil."É necesaria unha alfabetización mediática e dixital do profesorado que ensina a nenos e nenas""É necesaria unha alfabetización mediática e dixital do profesorado que ensina a nenos e nenas. Se soubesen utilizar as ferramentas axeitadas e se eliminasen os prexuízos, o que este profesorado si podería ensinarlles, en base á súa experiencia, é un espírito crítico, un uso máis crítico destas ferramentas", di. "Non se trata de censurar o uso de nada, senón de xerar reflexión sobre eles. Eu non lles podo prohibir ás miñas fillas que empreguen estas cousas, é imposible, pero si podo axudar a que as usen mellor", engade. Unha idea na que incidía Javier Pedreira Wicho nesta entrevista: "Moitos pais asumen que os nenos xa saber manexar as tecnoloxías e que non hai que estar enriba deles. Ao igual que ao colexio se vai aprender, pero hai que ir educado da casa, hai que educar os nenos no uso das novas tecnoloxías"."Se sabes facelo, se tes esa habilidade, é moi conveniente utilizalos, basicamente porque lles están falando no seu idioma"Miguel Ángel López é mestre ("de nenos moi pequenos", aclara). "Cando fago unha actividade con alumnos algo maiores si que tento introducir algunha destas cousas. E admiro moito o traballo de moitos mestres que están facendo cousas superinteresantes", di. "Hai un profesor de Málaga, que se chama JuanitoLibritos, que se fixo bastante célebre porque inventou unha maneira de ensinar Historia a través de grupos de whatsapp. Este tipo de formatos engancha moito aos nenos e gústalle un montón. Se sabes facelo, se tes esa habilidade, é moi conveniente utilizalos, basicamente porque lles están falando no seu idioma", destaca."Ti podes saber manexar unha ferramenta ou unha rede social, pero iso non significa que non poidas tirar proveito das explicacións dunha persoa que te guía polo seu funcionamento", continúa. "Seguramente eu non sei usar nin a metade das funcionalidades que Instagram que si saber utilizar un adolescente. Pero eu si que, coa miña experiencia noutras redes, si que o podo axudar a que non se fíe de determinadas mensaxes ou a mellorar a súa presenza na rede", remata.Cambiou Twitter nos últimos anos?El Hematocrítico, con máis de 122.000 seguidores e seguidoras é o que se coñece como twitstar, unha persoa inflínte na rede e, ademais, cunha longa traxectoria en Twitter, onde comunica dende o ano 2009. Preguntámoslle en que cambiou esta rede social nos últimos anos e ata que punto as polémicas, os flames e éxitos que alí ocorren están sobredimensionados. "A min sempre me parece que o gran cambio en Twitter se deu cando os xornalistas o descubriron", di."Cando non había xornalistas en Twitter, alguén dicía unha chorrada e a cousa quedaba aí. Pero de súpeto todo comezou a magnificarse""Hai nove ou dez anos era un momento no que case nos coñecíamos todos os que estabamos en Twitter en España; non eramos moitos e estabamos aí facendo as nosas bromas, falando entre nós... Eu comparábao coa actividade dos radioafeccionados hai unhas décadas, que quedaban pola noite para falar entre eles pola radio", explica. "Pero pouco a pouco empezouse a encher de xente coñecida e comezaron a entrar os xornalistas, e empezamos a ver que cousas divertidas que pasaran a noite anterior en Twitter, de súpeto eran unha noticia", di. "Cando non había xornalistas en Twitter, alguén dicía unha chorrada e a cousa quedaba aí. Pero de súpeto todo se comezou a sacar de punto, a magnificarse, como na casa de Gran Hermano. A realidade é que en Twitter estamos moi pouca xente en España, pero ás veces pensamos que o que pasa nesta rede é moi importante e cremos que as nosas opinións son moi relevantes", conclúe.As noticias falsas e como combatelas"Estamos vendo crecer ese problema en España nos últimos meses, como antes sucedera nos Estados Unidos antes da vitoria de Trump e no Brasil antes da de Bolsonaro"Probablemente non se fale das fake news na conversa desta tarde, pero preguntámoslle a Felipe Gil polas noticias falsas e polo efecto que xa están tendo en España. "Estamos vendo crecer ese problema en España nos últimos meses, como antes sucedera nos Estados Unidos antes da vitoria de Trump e no Brasil antes da de Bolsonaro", alerta. "Escoitamos a Abascal falar en entrevistas de que as denuncias falsas por violencia de xénero son un problema, pero imos a ver os datos que dá a Fiscalía e resulta que as denuncias falsas supoñen o 0,01%. Porén, a pesar disto unhas declaracións poñendo en dúbida esta realidade converten unha falsidade nun feito, que ademais se distribúe por redes sociais e por grupos de Whatsapp, ás veces con técnicas moi elaboradas para incrementar a súa difusión", di"Eu preferiría que houbese unha materia de Educación Mediática e non unha materia de Relixión. Debería estar no centro dos currículos formativos".Unha boa ferramenta para combater estas noticias falsas e a súa expansión son iniciativas como Maldito Bulo, destaca. "É un exemplo do que se pode facer para contrarrestar isto, analizando noticia a noticia e indicando por que é falsa, e cal é o dato correcto", di, engadindo que, ademais, "é moi importante traballar de forma xeral, fomentando unha cultura dixital na que a cidadanía se implique nas cousas que comparte e que aprenda a desconfiar de informacións que lle chegan por esas vías". "Ninguén estamos libres de compartir noticias falsas. Eu mesmo téñoo feito algunha vez, por exemplo durante o último Mundial compartín unha suposta información sobre o adestrador uruguaio de fútbol, Washington Tabárez, que resultou ser un bulo". "Normalmente compartimos rapidamente aquelas noticias que concordan coas cousas que pensamos, coas nosas posicións", engade, e reclaman novamente unha aposta pola educación dixital: "Eu preferiría que houbese unha materia de Educación Mediática e non unha materia de Relixión. Pero por desgraza, á Educación Mediática non se lle dá a importancia que merece. Debería estar no centro dos currículos formativos".
PRAZA_4443
Non abonda a explicación que xa dei de que a segunda lexislatura de Aznar puxo en perigo a democracia mesma e era unha obriga apoiar un cambio, vin algo naquel home novo que o facía substancialmente distinto dos políticos españois en xeral e dos socialistas en concreto.
Xa que este texto en entregas é unha visión particular, debería ofrecer algunha reflexión sobre a miña relación coa política; non querendo nunca ser un político a política afectou toda a miña vida condicionándoa, pero non creo que iso lles interese aos lectores desta sección. Con todo foi desde esa posición ambivalente que me interesou a figura de Zapatero. Non abonda a explicación que xa dei de que a segunda lexislatura de Aznar puxo en perigo a democracia mesma e era unha obriga apoiar un cambio, vin algo naquel home novo que o facía substancialmente distinto dos políticos españois en xeral e dos socialistas en concreto. Non abonda a explicación que xa dei de que a segunda lexislatura de Aznar puxo en perigo a democracia mesma e era unha obriga apoiar un cambio, vin algo naquel home novo que o facía substancialmente distinto dos políticos españois en xeral e dos socialistas en concreto A APARICIÓN DO PSOE. Máis aló dos libros de historia que trataban do primeiro terzo do século XX, lembro a primeira vez que oín falar da existencia do PSOE. Debeu de ser en 1975, un catedrático de Economía, Francisco Bustelo chegara a Santiago e sondaba como crear en Galicia ese partido. Bustelo era unha figura respectable e aquel pequeno grupo inicial presentouse coa humildade que correspondía aos recentemente chegados. Por outra banda aquelas siglas tiñan algún tipo de atractivo, remitían a unha época e unha cultura republicana que era fácil idealizar pois era completamente descoñecida naquela sociedade troquelada por curas e militares; tampouco o antifranquismo contiña unha cultura cívica pois estaba naturalmente empapada de cuartel e sancristía. Pero tras a morte de Franco aquel embrión transformouse, inchou e inchou. Sen ese contexto histórico non se comprende o lugar que ocuparon González e Guerra nas décadas seguintes nin se comprende ao partido que recrearon A experiencia revolucionaria de Portugal por aqueles anos, a Revoluçao dous Cravos, foi definitiva para que EE.UU. apoiase a Internacional Socialista en Europa co fin de anular os partidos comunistas: chegaron os marcos alemáns e todo tipo de apoios tácticos e fácticos e o PSOE varreu a toda a esquerda antifranquista. Sen ese contexto histórico non se comprende o lugar que ocuparon González e Guerra nas décadas seguintes nin se comprende ao partido que recrearon, unha organización cun programa de reformas sociais pero nacida e preparada para administrar o estado dentro de estruturas internacionais dadas. O idealismo sincero de militantes foi quedando á marxe e aínda esmagado polos profesionais da política, coa inevitable carga de cinismo que iso leva. O PSOE EN GALICIA. Pero as miñas reticencias non só se fundamentan nunha apreciación xeral sobre ese partido en España senón, dun modo moi concreto, á súa relación con Galicia e que se concretan en dúas decisións absolutamente prexudiciais e tamén significativas. Recordo a presentadora de TVE (a única emisora entón) informando dos beneficios que levaría para os españois o tratado de adhesión a Europa que negociara o goberno de González. Foi relatando as vantaxes para as producións dun territorio tras outro e pechou a relación referíndose a Galicia, creo que estas foron as súas palabras exactas: "en Galicia terán máis facilidade para desprazarse". Efectivamente todos os sectores produtivos galegos foran esquecidos e ofrecíannos facilidades para seguir emigrando, aínda que a maleta corría pola nosa conta. Hai recordos que non se poden nin deben esquecer. E a outra decisión estratéxica foi manter Galicia como un interesado feudo da dereita. Diso encargouse un incrible fenómeno político chamado Francisco, Paco, Vázquez. Calquera antifranquista galego recoñecía nel sen dubidar a un franquista galego. Un personaxe que reunía todos os ingredientes do franquismo político: a corrupción urbanística, o nacional-catolicismo do Opus e o nacionalismo españolista de Falanxe. Vázquez, levantado por un lobby de intereses locais mantivo completamente anulada a organización da que era secretario, o PSdeG, de modo que Fraga puido reinar e modelar a sociedade. O seu pacto con Fraga chegou ao extremo de facer campaña a favor deste en contra do candidato do seu propio partido. Non se comprende tal disparate se non é porque a González, en Madrid, interesáballe ter dividido o PP, sabendo que Fraga seguiría desde Galicia intervindo na política estatal e mantería debilitado así o liderado dun Aznar recentemente chegado. Galicia foi a moeda de cambio para frear o avance estatal do PP. Só salvaría a etapa de Pérez Touriño como secretario, pois esforzouse por empezar a asumir as responsabilidades debidas do partido coa sociedade galega Só salvaría a etapa de Pérez Touriño como secretario, pois esforzouse por empezar a asumir as responsabilidades debidas do partido coa sociedade galega. Con estas experiencias compréndese que non esperase nada particularmente bo dun dirixente socialista e que Zapatero me resultase unha verdadeira sorpresa. UN INESPERADO. A chegada de Zapatero á secretaría fronte ás opcións que eran máis previsibles e que se mostraban as máis razoables foi unha sorpresa, o PSOE era un partido sen fe en si mesmo e sen esperanza en ninguén, e de aí xurdiu un personaxe practicamente descoñecido e inesperado. Zapatero, sen deixar de ser un profesional da política e sen pretender romper os marcos establecidos, era distinto; recordo que ao coñecelo dixen para min que era un verdadeiro espectáculo humano, recoñecín nel o ímpeto dun mozo. Non era un revolucionario pero entendía tamén a práctica política dun modo radical, verdadeiramente cría na política como un instrumento para cambiar as vidas. Había nel algo de perigo, de aventura, supoño que foi iso o que me sorprendeu. E creo que iso o percibiron todas as persoas que o coñeceron nese momento no que el, tras anos incubándose a si mesmo, se manifestou: era un animal novo e perigoso. Non pretendía romper o cercado en que se desenvolvía o política pero o seu ímpeto facía que se achegase perigosamente aos límites, era un animal político por domar. Ese perigo xuvenil fai que algunhas persoas se sentan atraídas e outras, dentro e fóra do seu partido, receen e sexan hostís. Si, Zapatero era un inesperado na política española. E tamén un intruso. Non pretendía romper o cercado en que se desenvolvía o política pero o seu ímpeto facía que se achegase perigosamente aos límites, era un animal político por domar UN INTRUSO MESMO NO seu PROPIO PARTIDO. Mantívose nunha certa penumbra observando e aprendendo, ocupara responsabilidades de segundo grao e non pertencía ao círculo dos sinalados ou protexidos por G e G. Pero o que o facía distinto non era tanto o que dixo cando se presentou ante o partido senón a cultura política que se percibía cando un falaba con el. A súa cultura política era distinta á da xeración anterior e que se vía propietaria do partido, pois efectivamente refundárano. O que o facía distinto non era tanto o que dixo cando se presentou ante o partido senón a cultura política que se percibía cando un falaba con el. A súa cultura política era distinta á da xeración anterior e que se vía propietaria do partido, pois efectivamente refundárano Creo que parte da autoconfianza, tan característica de Zapatero, nacía de crer que el podía expresar o modo de ver as cousas dunha nova xeración que xa non fora educada pola ditadura e crecera sen medo e crendo realmente na democracia. Unha xeración que non interiorizara o medo, que non crecera nunha sociedade ríxida, xerárquica e burocrática, onde homes e mulleres vivían en espazos segregados, onde a 'hombría' adquiríase a través de ritos de iniciación brutais como o servizo militar, unha humillante descarga de violencia machista e nacionalismo, onde non existía o dereito á discrepancia nin tampouco á diferenza... Os cambios económicos e sociais das décadas anteriores, facilitados pola xeración anterior de dirixentes socialistas, crearan unha nova cultura social e Zapatero tomara boa nota dunha máxima que repetía González, "os cambios sempre son xeracionais". OUTRA CULTURA POLÍTICA E OUTRO LIDERADO. Ese cambio de cultura política manifestaríase politicamente máis tarde cando alcanzase o Goberno, pero entón xa se percibía no seu trato persoal e no seu modo de liderar, un modo diferente que desconcertou totalmente os cadros do partido formados nas décadas anteriores. Fronte ao estilo de G e G, baseado en establecer fratrías, entendementos e complicidades, Zapatero levantou a súa poder político nunha relación primeiro co seu partido e logo coa sociedade baseada nun diálogo persoal O seu estilo de liderado naceu tanto das súas experiencias xeracionais como da súa personalidade tan peculiar. Zapatero é un individuo irremediablemente individualista, un solitario. Fronte ao estilo de G e G, baseado en establecer fratrías, entendementos e complicidades, Zapatero levantou a súa poder político nunha relación primeiro co seu partido e logo coa sociedade baseada nun diálogo persoal. Todo líder é forzosamente personalista, no seu caso iso evidenciábase máis, pois non sabía ocultalo. Cando falaba no Parlamento facía un razoamento concreto e cando se dirixía á cidadanía faláballe a cada persoa individualmente, moitas persoas que antes votaran ou non a G e G e non crían na sinceridade completa das súas palabras e as súas posicións, sobreentendían a astucia política, en cambio si confiaron na sinceridade de Zapatero. TRATOUSE DUN LAZO PERSOAL. Creo que ese pacto e ese lazo, que saltaba por riba do partido, entre el e as persoas que o votaron é o que explica a dor que expresaron logo moitas persoas decepcionadas pola súa actuación política no seu últimos tres anos de goberno. A rabia que manifestaron moitas destas persoas estes anos é significativa da profundidade daquela relación, houbo un desengano persoal. Non se trataba de decepción coa política, senón de verdadeiros sentimentos de desengano, algo difícil de reparar. Creo que aínda que Zapatero o tente só o tempo permitirá que esas persoas o comprendan e o perdoen. Naturalmente non me refiro a outras persoas que sen entregarlle nunca a súa confianza o insultan, esa é outra historia da que tratarei máis adiante. A rabia que manifestaron moitas destas persoas estes anos é significativa da profundidade daquela relación, houbo un desengano persoal. Non se trataba de decepción coa política, senón de verdadeiros sentimentos de desengano, algo difícil de reparar Aquel político carismático conseguiu durante uns anos que o cinismo predominante na política española cedese o campo a unha confianza e unha esperanza en que a política podía ser doutra forma, que a política podía ser moralizadora e educadora da cidadanía. A crise triturou ese momento político pero antes de chegar a ese fracaso permítanme algunha outra consideración sobre o liderado de Zapatero. ZAPATERO e a súa RELACIÓN CO PARTIDO. A idea dominante, sobre todo entre a xente ilustrada e de esquerdas, é de que existe o sistema. En certo xeito é verdade, pero iso non elimina a consideración de que existen as persoas e de que tanto a economía como a política é realizada por individuos, autores. Os logros de Zapatero naceron da mesma enerxía que lle creou obstáculos, do seu mesianismo. Todo liderado forte ten un compoñente mesiánico maior ou menor, sen dúbida el cría ser unha figura necesaria para transformar España para mellor, a iso referíame a semana pasada cando aludía ao seu nacionalismo rexeneracionista. O propósito de cambiar o existente, a confianza en si mesmo e o modo radical en que entendía a política levouno a pretender recrear tamén o Partido Socialista. Desde o aparello expresáronse os temores da xeración anterior e criticóuselle que pretendese xubilalos, aínda que toda substitución na dirección dunha organización supón a chegada duns e o apartamento doutros, en conxunto paréceme que foi unha crítica inxusta, pois Zapatero tivo gran interese, poida que demasiado, en soldar as xeracións e non fracturar o partido. Con todo, o contido político do seu propio liderado esixía inevitablemente unha substitución política e humana e iso só podería acabar en vitoria ou en derrota. A relación que Zapatero mantivo até o final co seu partido foi complexa e difícil de desentrañar para todos, mesmo para o grupo de mozos dirixentes que o levantou e que se sentiu decepcionado cun dirixente que veneraba tanto ao partido como institución e a súa historia e que aos poucos ía cedendo terreo ás súas inercias. As súas referencias políticas buscábaas na propia historia do partido e aínda que sempre se manifestou respectuoso e devoto da figura de González, con todo o certo é que non só rompeu co seu estilo senón tamén con algúns lazos. A RELACIÓN CON PRISA. Un, que lle acabou resultando moi custoso, foi a relación ou o entendemento entre o PSOE e o grupo Prisa. Creo que está sen historiar con ecuanimidade o papel dese grupo de comunicación como verdadeiro intelectual colectivo desa época histórica que vai da morte de Franco até aquí e que bastantes consideramos xa pechada e, en xeral, do papel dos medios de comunicación españois, fundamentalmente madrileños, como parte do poder político. Poderíase resumir en que o PSOE lle cedeu ao grupo, principalmente a El País, o papel de educador ideolóxico da sociedade española e que a hexemonía política do partido argumentábase e alimentábase das ideas e tendencias que irradiaba o xornal. O caso é que Zapatero percibiu que sería imposible conservar esa relación sen ceder o seu liderado e sen perder a independencia do partido e distanciouse, ou rompeu a tutela intelectual, de Prisa O caso é que Zapatero percibiu que sería imposible conservar esa relación sen ceder o seu liderado e sen perder a independencia do partido e distanciouse, ou rompeu a tutela intelectual, de Prisa. Creo que os militantes, se tiñan constancia diso como creo que a tiñan, deberían sentirse orgullosos desa defensa da súa soberanía, con todo pesoulles a preocupación polas consecuencias negativas que tería ese distanciamento, os custos. ZAPATERO NA CORTE. A distancia e os receos con Prisa cambiaron unha pauta moi importante no espazo da opinión progresista e da cultura establecida. Eses receos estendéronse tamén a toda unha xeración intelectual que non mostrara antes distancia nin hostilidade co partido de González e que reaccionou con certa violencia intelectual contra Zapatero. Desde a distancia, resúltame difícil explicar completamente esa actitude, creo que fundamentalmente nace desa personalidade individualista e solitaria do propio Zapatero, non fixo os suficientes xestos de recoñecemento desa intelectualidade establecida. Con anterioridade a ser elixido secretario do partido Zapatero era un deputado envorcado no traballo político que facía en Madrid unha vida social mínima e que viaxaba de volta a León en canto o traballo parlamentario o permitía. Zapatero puxo énfase en conservar a súa vida persoal e familiar, en parte pola súa propia natureza e lazos persoais e en parte porque entendía as relacións políticas dun modo práctico e formal. Creo que só lle impediu establecer unhas relacións que nunha cidade que é Corte, como Madrid, son fundamentais. De novo o aspecto persoal da política. O meu coñecemento é pouco pero a miña impresión é que nos distintos ámbitos de poder madrileño, sexan políticos, económicos, mediáticos, culturais, reina unha cultura baseada non no diálogo, o trato e o pacto senón nos entendementos e complicidades. E todo iso nace do rozamento constante. Zapatero foi esquivo para ese tipo de relacións constantes e permaneceu illado humanamente. 'Trolls' que axudaron a forxar unha pinza coa dereita para atacar as medidas políticas que iniciou Zapatero e que primeiro sorprenderon pero logo atoparon agres resistencias DE 'TROLLS'. En certo xeito as resistencias que atopou como gobernante eran as da España tradicional, as mesmas resistencias de esquerdas ou de dereitas que enfrontou a II República. Hoxe adoitamos referirnos a aquela República fracasada e á figura de Azaña do modo en que se tratan os mitos, sen pararnos a analizar e sen aceptar as súas continxencias. A España daquel entón era unha nación só posible pola forza e un estado imposible, non sabemos como evolucionaría se non triunfase o golpe de estado dos militares nacionalistas. Noutros estados europeos dábanse naquel entón tensións semellantes, pero houbo un factor particular que interveu e que lle creou enormes perturbacións á República: a cultura de guerra-civilismo. Unha tradición cultural que se mantén hoxe, que nace da falta de cultura cívica e que a nega. Igual que entón, a dereita española é nacionalista, incriblemente clasista, inculta, autoritaria e rancia pero noutros sectores que non se corresponden exactamente con ela domina tamén o autoritarismo, o nacionalismo, a incapacidade de escoitar e dialogar co diferente, a falta de respecto ao outro e o instinto aniquilador do contrario. Tanto Azaña como os partidarios da República en xeral cometeron fallos clamorosos, merecían críticas pero tamén respecto e comprensión. Con todo, tanto a República entón como a vida pública ou os medios de comunicación agora están cheos de 'trolls'. 'Trolls' que axudaron a forxar unha pinza coa dereita para atacar as medidas políticas que iniciou Zapatero e que primeiro sorprenderon pero logo atoparon agres resistencias. RESISTENCIAS. Houbo resistencias que ironizaban sobre a paridade das mulleres, que se burlaban das mulleres ministras. Naturalmente que houbo ministras máis ou menos incapaces para o cargo, igual que outros compañeiros seus, pero ninguén se burlou en cambio de 'os Aídos' ou 'os Pajines'. A ranciedade xeracional incapaz de verse ao espello e de aprender algo novo. Pero houbo unhas resistencias enormes que vexo que agora ninguén lembra. Pero ninguén lembra aquelas manifestacións de centos de miles de persoas coas súas bandeiras clamando contra quen vendía a España, traizoaba as vítimas de ETA, liquidaba a familia, mataba os nenos, reabría as tumbas e reavivaba o odio fratricida? Foi un carrusel vermello e gualda continuo apoiado por potentes medios de comunicación e polas estruturas da igrexa católica española e que dividiu, como pretendía, a sociedade. E iso estivo axudado por un matonismo intelectual dunha nova dereita rica, toda esa violencia intelectual pretendía atemorizar e evitar que o seu goberno tivese apoios. Realmente alguén cre que toda esa oposición non é algo a ter en conta cando se goberna? UN CERTO AIRE CON SUÁREZ. Como xa escribín nesta sección, creo que Zapatero supuxo o fin das posibilidades deste sistema político, tentou actualizalo e adaptalo ás transformacións habidas na sociedade española no últimos trinta e cinco anos. Vemos que non o conseguiu. Pero tentouno. Se queremos referirnos con ecuanimidade ao seu intento deberiamos pararnos un momento a facer reconto das ignominias destes dous anos de Rajoy en que, comezando polo seu inicial asalto a unha TVE que ofrecía un servizo profesional, procedeu ao desmonte total da democracia e ao saqueo final dos servizos públicos. E quen queira ser xusto debería quedar un minuto en suspenso e considerar o seguinte: todas as cabeceiras de prensa existentes chamadas 'nacionais' pediron no seu día reiteradamente que dimitise. Sabe alguén dalgunha desas cabeceiras de prensa que pedise a dimisión de Rajoy? E se fixeron o anterior e agora non o fan é porque se trataba xustamente diso, de que chegase Rajoy. Ese é o único segredo daquel ambiente de hostilidade abafadora desde todas partes e no que acabaron caendo moitas persoas atafegadas e decepcionadas. Fracasou, claro que si, toda aventura acaba en fracaso. Aquel poldro novo foi atopando os seus límites e poida que fose finalmente domado O final da súa etapa política lembroume en parte á figura de Suárez, en soidade, abandonado polo seu partido, deostado e recibindo ataques desde todos os lados. Como el, Zapatero era un intruso insolente e molestou. Fracasou, claro que si, toda aventura acaba en fracaso. Aquel poldro novo foi atopando os seus límites e poida que fose finalmente domado. Pero non quero cansar, permitan que fale do seu fracaso, que foron tres derrotas, a semana próxima.
NOS_24524
Perto de 450.000 galeg@s perceben a pensión por xubilación, que en xaneiro foi dunha media de 801 euros. No Estado español o ingreso medio foi de 970 euros
A pensión media por xubilación en Galiza situouse en xaneiro 170 euros por baixo da estatal, unha diferenza que segue a situar o noso país no furgón de cola canto á importe deste tipo de pensións. Na Galiza hai 454.584 persoas que perciben esta prestación, que de media foi en xaneiro de 801,20 euros. No Estado, a pensión media por xubilación foi no primeiro mes do ano de 969,89 euros. Estes datos veñen de ser publicados polo Instituto Galego de Estatística, IGE. Mais se a análise se fai do conxunto d@s pensionistas (non só de xubilación), os datos (de finais de 2012) tamén son de calafrío. Galiza, con 701 euros, mantense como pechacancelas do Estado español canto á cuantía de pensións. Unha media de 135 euros menos no noso país que a nivel do estado. Os outros territorios coas pensións máis baixas son Murcia (736 euros) e Estremadura (706). No outro extremo sitúanse Euskadi e Asturies. A pensión media en País Vasco ronda os 1.100 euros mensuais, entrementres @s asturian@s cobran case 990 euros. Colectivo albo dos recortes do PP Diversos cálculos apuntan que cada pensionista galego perderá en 2013 por mor da decisión do Partido Popular de non actualizar as pensións por volta duns 160 euros. Mais outros cálculos sinalan que a caída vai ser moito maior, pois contempla as perdas nas pagas compensatorias, e falan duns 400 euros menos que cobrarán en 2013 os pensionistas do Estado. En non poucos fogares galegos, o impacto da crise foi tal que a única vía de ingresos que queda é a paga dos vellos. Ese ingreso medio na Galiza de 700 euros cos cales ten que sobrevivir toda unha familia. Os datos do Instituto Galego de Estatística indicaba que en 2010, no 40% dos fogares da Galiza a principal vía de ingresos procedía dunha prestación. E nesta categoría, a dos pensionistas é das principais.
NOS_18495
Ambas iniciativas lexislaturas populares (ILP) contaban co apoio de ducias de milleiros de sinaturas
O PP fixo valer a súa maioría absoluta para vetar o debate no Parlamento de dúas iniciativas impulsadas pola cidadanía galega: Unha sobre Preescolar na Casa e outra de SOS Sanidade Pública. Entre as dúas sumaban o apoio de milleiros de galegos e galegas, que coa súa sinatura pedían que a Cámara autonómica debatese sobre dúas cuestións nas que o Goberno presidido por Núñez Feijóo ten aplicado a tesoura dos recortes. Para o BNG, a actitude do Partido Popular resposta a que "non quere escoitar o que ten que dicir a xente e prefire menoscabar a democracia". A ILP sobre Preescolar na Casa recabou o apoio de 26.000 persoas. Este programa, con 35 anos ás costas de traballo e compromiso pola educación de nen@s do medio rural, ficou condenado á desaparición por mor da desisidia do goberno galego, que retirou os fondos económicos precisos para manter o proxecto. No que atinxe á ILP da Sanidade Pública, desde a Plataforma que a impulsou sinálase que "a Iniciativa Lexislativa Popular reuniu todos os requisitos legais esixidos polo Parlamento e a Comisión Electoral para a súa presentación e trámite e reuniu máis de 45.0000 firmas perfectamente acreditadas en apoio da mesma". Mobilizacións SOS-Sanidade Pública esixe ao Grupo Popular que "acepte o debate democrático da Iniciativa no Parlamento e retire o veto á tramitación da mesma, en caso contrario a Plataforma convocará á cidadanía galega a amosar a súa repulsa a un comportamento tan prepotente e antidemocrático". Considera, aliás, que "é perigoso para a convivencia desprezar a vontade e o esforzo de miles de galegos que exerceron o seu dereito democrático a expresarse e a presentar as súas propostas ao Parlamento da súa Comunidade Autónoma para o seu debate e posible aprobación". De aí que non descarten realizar mobilizacións.
NOS_45574
Ocupa unhas 5 hectáreas e a única contención, indican da plataforma, é un dique de formigón que ten décadas de antigüidade.
A plataforma ContraMINAcción alerta do risco potencial que pode supoñer para a Ría de Muros-Noia unha balsa de 5 hectáreas de lodo tóxico que hai no concello de Lousame. Nun comunicado, desde este colectivo sinalan que río abaixo das instalacións da mina de San Fins existe unha "inmensa balsa de lodos tóxicos que ocupa unhas 5 hectáreas contida por un dique de formigón fabricado hai mais de 100 anos e que se encontra en pésimo estado". Algo que, recoñecen, lles deica "moi preocupados" polas "consecuencias potenciais" que provocaría a ruptura da contención: "Afectaría a toda a actividade marisqueira da ría de Muros e Noia, entre outras das moitas consecuencias ambientais que acarrearía". A comitiva da Plataforma contraMINAcción viaxou até Lousame para coñecer sobre o terreo o alcance dos danos causados polo incendio intencionado que arrasou 9 hectáreas do Monte Veciñal en Man Común de Froxán o 1 de maio de 2016. Aproveitaron a visita para constatar a existencia de pozos e vetas abertas abandonadas producidas pola actividade mineira nos montes veciñais de Froxán e da Feosa (denominados localmente "choios"). "Como adoita acontecer, as mineiras deixaron todo abandonado e tivo que ser a propia veciñanza a que levou a cabo os labores de restauración dalgúns deses buracos, os de menor tamaño, sen axuda das administracións ou das empresas concesionarias responsábeis. Verificamos, contodo, o risco que ainda supoñen estes pozos e vetas abertas e advertimos o perigoso que resulta transitar por esta zona por fóra dos camiños". Tamén comprobaron, indican no comunicado, a expansión da ocupación de parcelas de monte veciñal que a empresa concesionaria da mina vén realizando nos últimos anos, "incluíndo a invasión de monte con cascallos e balsas de lixiviados no caso da comunidade da Feosa; e da instalación dun portalón e reixado no acceso a unha das parcelas do monte de Froxán". Ao longo de todo o perímetro das escombreiras, denuncian, prodúcese un lixiviado constante dos materiais expostos á intemperie e ao arrastre da chuvia que decanta directamente no río San Fins. As augas fluviais do río San Fins, que desprenden este forte cheiro, continúan o seu curso sen ningunha clase de tratamento.
NOS_4811
A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para os 2 veciños por chamar "fascista" a un edil do PSOE e 2 anos a Moreno por non actuar ante o improperio.
Niko Moreno, Josu Herrero e Rakel Ugarriza están a ser xulgados na Audiencia de Bizkaia por uns incidentes acontecidos no concello de Elorrio (Bizkaia) en 2010 durante un pleno municipal no que se debatía a situación dos presos vascos. Piden para eles 6 anos de prisión nun xuízo que EH Bildu e Sortu cualifican de "político" e novamente con militantes abertzales no albo. "Están a ser xulgados sen que haxa ningún tipo de delito", afirman. Aos veciños de Elorrio Josu Herrero e Rakel Ugarriza o fiscal pídelles catro anos de prisión por chamar "fascista" á concelleira do PSOE no transcurso do pleno. Para Niko Moreno, alcalde da vila bizkaitarra naquela altura, a fiscalía solicita 2 anos de cárcere por non actuar. Os feitos xulgados corresponden ao ano 2010. O goberno local estaba en mans de ANV -a marca que empregou a esquerda abertzale naquelas eleccións após a ilegalización-, e o PSOE tiña 1 edil. Nas seguintes eleccións, a esquerda abertzale volveu ser a forza máis votada (desta volta, como Bildu) e o PSOE ficou sen representación. "Xa é hora de acabar con este tipo de xuízos", manifestan desde EH Bildu, que lembrou que a maioría da sociedade vasca "reclama solucións" e non "a xudicialización, a criminalización e a penalización" do debate político.
NOS_49974
Foi todo o que atinou a dicir o vicepresidente, Alfonso Rueda: que o xulgamento na Audiencia da Coruña "non foi fácil" de organizar, polo que parabenizou o seu propio goberno.
A setenza que deixa a catástrofe do Prestige en nove meses de prisión para o capitán do barco por un delito de "desobediencia" non provocou reacción ningunha en San Caetano. Houbo valoración, si, mais o encargado de a facer pública, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, só atinou a dicir que a organización do macroxuízo "non foi fácil" e parabenizou o seu propio goberno polos resultados. A respeito das declaracións realizadas pola portavoz do PP, Paula Prado, na liña de que houbo "manipulación" por parte de "algúns sectores políticos" que tiraron "réditos" da marea negra, Rueda sinalou que a Xunta non as asumirá como propias até non ler "ben" a sentenza. Polo momento, sinalou que "os responsábeis políticos fican exentos das responsabilidades que algúns colectivos atribuían directamente".
NOS_8873
A ex rexedora socialista dimitiu a finais de 2021 para evitar unha moción de censura orquestrada polo PP.
A ex alcaldesa socialista do Porriño, Eva García de la Torre, faleceu nas últimas horas logo de sufrir un infarto, segundo confirmaron fontes próximas á que foi rexedora desta localidade até o finais de 2021. García de la Torre, de 59 anos de idade e natural de Sevilla, morreu no hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), onde fora trasladada após sentirse indisposta e onde xa entrara en parada cardiorespiratoria. O persoal sanitario non puido facer nada para salvar a súa vida. A concelleira do grupo socialista, que tiña dous fillos, ostentou a alcaldía do Porriño desde xuño de 2015 até decembro do ano pasado, cando presentou a súa dimisión para evitar unha moción de censura que lle dese o poder ao PP. O seu xesto, finalmente, non impediu a investidura do 'popular' Manuel Alejandro Lorenzo, xa que a candidatura da socialista Lourdes Moure non conseguiu os apoios suficientes —polo voto discordante do concelleiro de Unión Democrática da Louriña, Manuel Carreira— para que a esquerda mantivese o goberno do Porriño. O PSOE de Pontevedra, así como a agrupación socialista do Porriño trasladaron a súa "consternación" polo falecemento da ex rexedora. Así, o secretario provincial do partido, David Regades, recoñeceu que os socialistas están "en estado de shock" polo repentino desta perda. Pola súa parte, o alcalde vén de convocar un pleno extraordinario para decretar tres días de loito na vila, crespóns negros e bandeiras a media hasta. Segundo trasladou Alejandro Lorenzo á axencia Europa Press, o Concello ponse a disposición da familia para canto precise, e ofrece as dependencias municipais para a instalación da capela ardente.
PRAZA_17590
A coordinadora da marea compostelá presentará á súa asemblea un documento para a "mediación" que propón crear unha "Mesa de Confluencia" con En Marea e as forzas que a apoian e mais elixir un novo Consello en setembro para "evitar a coincidencia coa precampaña das municipais"
Unha vía para a "mediación". Os movementos que nas últimas semanas amosaron as enésimas turbulencias no seo de En Marea e nas diversas mareas locais e formacións políticas da súa contorna vai ter sobre a mesa unha nova iniciativa. Chega dende Compostela Aberta, que debaterá o vindeiro día 11 de xullo en asemblea unha proposta "para relanzar o espazo político galego da unidade popoular" que pasa pola premisa de "renovar" xa a composición do Consello das Mareas, máximo órgano de En Marea como partido instrumental entre plenarios. Segundo o documento remitido ás persoas inscritas na marea compostelá, ao que tivo acceso Praza.gal, a coordinadora de Compostela Aberta detecta unha "crecente desafección cara a En Marea", mesmo nos "axentes políticos que participaran da súa fundación", con "factores" como a "baixa participación nos sucesivos plenarios" que, di, deu lugar a un "crecente cuestionamento da lexitimidade do actual Consello como ferramenta da dirección política do espazo". Neste sentido, agrega o documento, a coordinadora de Compostela Aberta coida que foi "cruzada unha liña vermella" cando "recentemente, varios dos integrantes deste Consello e da coordinadora de En Marea apoiaron coa súa presenza a formación dunha pretendida Marea de Ferrol fronte á gobernante Ferrol en Común". Ante esta diagnose política, a coordinadora de CA maniféstase "preocupada pola situación política do espazo de unidade popular" e, tras unha "rolda de contactos tanto coa dirección dos partidos políticos como de En Marea", lanza a devandita proposta para que "En Marea volva ser representativa do espazo de unidade popular". Trataríase, propoñen, de "constituír un espazo de traballo conxunto" no que sentasen partidos, mareas locais e a propia En Marea e, ao tempo, "renovar e relanzar o Consello das Mareas como órgano de dirección política". Esta fórmula permitiría, cren fontes da formación, poñer o "capital político" da forza que sustenta o goberno da capital, "ao servizo" da confluencia galega. A coordinadora da marea compostelá presentará á súa asemblea un documento para a "mediación" que propón crear unha "Mesa de Confluencia" con En Marea e as forzas que a apoian e elixir un novo Consello en setembro para "evitar a coincidencia coa precampaña das municipais" Sempre segundo este documento, a proposta tenta desactivar a "confrontación interna" e garantir a "continuidade do partido instrumental En Marea" como vehículo de "igualdade de todas as persoas participantes a través da adscrición individual"e tamén de construción dun "espazo de unidade a nivel nacional". De xeito paralelo, cren conveniente "impulsar unha Mesa de Confluencia" na que se resolvan "todas as difrenzas e cuestións político-técnicas que poidan xurdir". "Os retos electorais do próximo 2019 -subliñan- esixirán un enorme esforzo e vontade de colaboración". Neste sentido, a proposta para o que a coordinadora de Compostela Aberta define como "relanzamento do espazo político de unidade popular" concretaráise coa constitución desa Mesa na que sentasen, "como mínimo, os partidos políticos participantes na primeira coalición", Anova, Podemos e EU, "incluídas as tres mareas gobernantes e a actual En Marea" para "garantir que todas as partes se corresponsabilizan e participan do espazo político". Xunto a isto, di a proposta, debera convocarse "a renovación no mes de setembro do Consello das Mareas como órgano de dirección política" para así "evitar a coincidencia coa precampaña" das municipais. O texto, segundo puido confirmar este diario, será abordado na asemblea de Compostela Aberta este mércores, 11 de xullo. Postura da coordinadora de En Marea A coordinadora de En Marea advertía este luns de que non está a "interferir nin na promoción nin no funcionamento de ningún espazo local" Esta proposta da coordinadora de Compostela Aberta chegará despois de que, o pasado luns, a coordinadora de En Marea salientase nun comunicado que "está a aplicar escrupulosamente as directrices aprobadas nos plenarios" e advertise de que non está a "interferir nin na promoción nin no funcionamento de ningún espazo local", senón exercendo o "respecto absoluto ao que decidan as mareas locais libremente". "Esta é a función prevista para os órganos de dirección de En Marea", enfatiza. En Marea, di a coordinadora, "mantén relacións cordiais e de colaboración cos diferentes espazos de traballo municipais na medida en que eles o demanden". Mostra disto é, por exemplo, "o acto de Pontevedra do xoves pasado, onde se deron cita representantes de dez mareas da ría", sinalan. Cómpre, a xuízo da dirección do partido instrumental, lembrar que En Marea "naceu para superar a coalición de partidos e promover un espazo soberano de adscrición individual" onde "a decisión a teñen as persoas inscritas e non as cúpulas dos partidos" que "pretenden decidir mesmo o nome co que as mareas concorren ás eleccións a 600 quilómetros de distancia". "Para nós -conclúen- está superado o formato de coalición, que só beneficia a aqueles que buscan un reparto de postos entre cúpulas".
PRAZA_4096
O presidente do Goberno central mantén que "non hai plan B" para o estado de alarma por ser "o único instrumento para garantir a restrición de mobilidade", e reitera que está aberto á peticións como as da Xunta sobre o desconfinamento por áreas sanitarias, pero defende a provincia como referencia xeral
O día 4 de maio comeza a fase cero do plan de desconfinamento trazado polo Goberno de España para relaxar paulatinamente as restricións impostas para frear os contaxios do coronavirus. Esa data é, polo momento, a única certa, toda vez que a do 11 de maio é unha referencia para o inicio da seguinte fase -a número 1-, pero sempre condicionada ao cumprimento dos criterios sanitarios que o Ministerio de Sanidade se dispón a detallar. Comeza aos poucos, daquela, o que o Executivo central -e por veces, tamén a Xunta- están a denominar como "nova normalidade" e que ten, como un dos seus sinais máis visibles, o uso de máscaras hixiénicas como reforzo das reiteradas apelacións á "distancia social".O uso obrigatorio de máscaras en "todo o transporte público" é parte das medidas da "fase cero" do desconfinamento, que comeza o 4 de maioNesta liña o presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, anunciaba este sábado que nese primeiro día da "fase cero", o 4 de maio, será obrigatorio o uso de máscaras "en todo o transporte público". Ese precepto quedará fixado este domingo nunha orde do Ministerio de Sanidade e para promover o seu cumprimento, avanzou Sánchez, regresarán as reparticións de máscaras por parte do Estado, que xas as repartira a pé de rúa no reinicio da actividade económica non esencial e que se unen ás distribucións que xa están a facer outras institucións, sobre todo os concellos.O Ministerio, avanzou Sánchez, disponse a distribuír decontado 6 millóns de máscaras aos que sumará outros 7, "co mesmo propósito", para os concellos a través da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a entidade municipal que preside o vigués Abel Caballero. Un millón e medio máis, sinala, irán destinadas a entidades sociais como Cáritas, Cruz Vermella ou CERMI, o comité que agrupa diversas entidades de persoas con discapacidade de todo o Estado. "A protección de cadaquén depende da dos demais", subliñou Sánchez sobre a importancia da máscara e das demais medidas como o lavado de mans ou a distancia interpersoal.Sánchez anuncia un fondo de 16.000 millóns para as autonomías dos que 10.000 serán para sanidade; avanza que será diñeiro "non reembolsable" pero non especifica se dentro ou á marxe do sistema de financiamento autonómicoEn vésperas dunha nova conferencia coas presidencias das comunidades autónomas, Pedro Sánchez avanzou tamén na súa intervención ante a prensa a intención de lanzar "un fondo especial para a reconstrución social e económica dotado con 16.000 millóns de euros" para financiar os gobernos autónomos do que, non obstante, non aclarou se sairá do actual sistema de financiamento autonómico -caducado dende 2014, aínda en tempos de Rajoy- ou serán estritamente fondos adicionais. Si especificou Sánchez que non se trata de préstamos, senón que será diñeiro "non reembolsable" do que a maior parte terá que destinarse a financiar o sistema sanitario. Así, 10.000 millóns terán como destino a sanidade pública, mentres que outros 5.000 están concibidos para paliar a "caída económica" e os restantes 1.000, para servizos sociais, dixo sen ofrecer máis detalles.Defensa do estado de alarma e da provincia como referencia xeralO presidente do Goberno central mantén que "non hai plan B" para o estado de alarma por ser "o único instrumento para garantir a restrición de mobilidade", afirmaSánchez defende a aplicación destas e as demais medidas do seu plan de desconfinamento ao abeiro de sucesivas prórrogas do estado de alarma e por iso, ratifica, o vindeiro martes o Consello de Ministros aprobará someter ao Congreso a solicitude doutra extensión de quince días. Faino, defende, entre outros aspectos porque "é o único instrumento que temos para garantir a restrición de mobilidade" co obxectivo de evitar contaxios.Menres gobernos autonómicos como a Xunta reclaman a fin do estado de alarma, Sánchez advirte de que non manexa un "plan B" sen esta figura excepcional. Cómpre, asegura, que o Estado reteña a figura de mando único con independencia de que o Executivo do PSOE e Unidas Podemos estea aberto á "cogobernanza" da "transición á nova normalidade" xunto ás autonomías e por iso, resalta, ten previsto contactos "bilaterais" con todas elas.Sánchez reitera que está aberto ás peticións autonómicas sobre o desconfinamento por áreas sanitarias, pero defende a provincia como referencia xeralEntre eses asuntos a tratar coas autonomías, admite, está a cuestión de xestionar o desconfinamento por unidades territoriais que non sexan a provincia. No caso galego, a Xunta defende que a referencia sexan as sete áreas sanitarias nas que se organiza o Sergas, pero tamén regras que permitan a mobilidade entre zonas con "situación epidemiolóxica" semellante aínda que estean en provincias diferentes.Neste sentido, Pedro Sánchez reitera -como xa fixera a pasada semana- que o Goberno central está diposto a estudar estas peticións, pero repetindo tamén que ve a provincia como referencia principal, especialmente para o cambio entre unha fase e a seguinte. Entre os seus argumentos para preferir a provincia, di, o Executivo español considera que a cidadanía ten un amplo coñecemento dos límites territoriais das provincias, pero non así das áreas sanitarias.A nova prórroga do estado de alarma debaterase nun contexto de maiorías máis axustadas no Congreso e receos entre os grupos aliados de PSOE e UP na investiduraSánchez esgrime esta defensa do estado de alarma nun contexto de maiorías parlamentarias cada vez máis axustadas, toda vez que o PP está a amagar con non apoiar a nova extensión mentres grupos aliados de PSOE e Unidas Podemos na investidura, caso do PNV, recean de reiterar o seu voto afirmativo por, entre outros aspectos, os efectos recentralizadores do propio estado de alarma. O mandatario socialista asegura que defenderá a necesidade da prórroga tanto nunha conferencia coas presidencias autonómicas, este domingo, como en conversas cos lideres dos partidos despois de que, o martes, o Consello de Ministros aprobe a petición de extensión.De cara a esa conferencia do domingo o Goberno galego xa avanzou que expresará non só a petición de que o desconfinamento se realice tendo como referencia as áreas sanitarias e menores restricións de mobilidade entre zonas, senón tamén reclamando "aclaracións" sobre os paseos autorizados dende hoxe, 2 de maio. Segundo a Xunta, cómpre "aclarar" se "as restricións para saír se deciden por concellos ou por núcleos de poboación", sinala a Vicepresidencia galega nun comunicado en referencia ás franxas horarias que, como norma xeral, rexen para os municipios de máis de 5.000 habitantes.
NOS_58289
A revolta estoupou após o enterro de máis un mozo negro morto baixo custodia policial. A Garda Nacional vai enviar 5.000 efectivos á cidade para sufocar os protestos, que deixan 27 persoas detidas e 15 policías feridos.
Carros policiais queimados, comercios saqueados, enfrontamentos con policías durante horas nunha guerra de guerrillas por barrios afro-americanos, 15 axentes feridos [dos civís non transcenderon dados] e 27 persoas detidas... Os disturbios estouparon en Baltimore após o enterro de Freddy Gray, mozo de 25 anos morto baixo custodia policial e estendéronse por diversos barrios, prolongándose durante horas. O gobernador de Maryland, onde está Baltimore, decretou o estado de emerxencia e mobilizou a Garda Nacional. Larry Hogan afirmou que non vai permitir "a violencia e os saqueos". A adxunta xeral da Garda Nacional de Maryland, Linda Singh, solicitou das autoridades dos estados veciños que envíen 5.000 soldados para axudar os axentes de Baltimore a sufocar as protestas. Ademais, a alcaldesa de Baltimore, Stephanie C. Rawlings-Blake, decretou o toque de queda, que estará en vigor durante toda a semana entre as dez da noite e as cinco da madrugada. Tanquetas blindadas da policía e helicópteros patrullan as zonas máis conflitivas dunha zona con maioría afro-americana e que non é o primeiro episodio de violencia policial que vive. Uns feitos que nos últimos meses tamén decorreron noutras cidades e estados de EUA (Ferguson, LA,...) e que tamén derivaron en revoltas e disturbios. "Espiña dorsal cercenada nun 80% no pescozo" Freddy Gray morreu nun hospital de Baltimore o pasado 19 de abril. O foronse sinalou como causa do falecemento os danos na médula espinal. Gray fora detido días antes e levado a Comisaría por axentes de policía por, textualmente, "fuxir sen motivo ante a presenza policial". Unha vez detido foi arrestado por tenza de armas, segundo a policía Billy Murphy, o avogado da familia do mozo afro-americano, afirma que Freddy Gray tiña a espiña dorsal cercenada nun 80% no pescozo".
PRAZA_5196
Manifestacións en todas as cidades galegas, convocadas por sete sindicatos e apoiadas por SOS Sanidade Pública, protestarán este mércores contra a privatización de servicios, o dobre pago e as áreas de xestión clínica, "contrarias ao ordenamento xurídico", segundo o Consello Consultivo.
"O proxecto de decreto polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde resulta contrario ao ordenamento xurídico". É o que concluíu este luns o Consello Consultivo de Galicia, nun ditame no que, sobre todo, rexeita o plus que a Consellaría de Sanidade lles pagará aos médicos por aforrar, xa que -afirma o texto- "podería interpretarse que se terán en conta unicamente indicadores relativos á eficiencia na utilización dos recursos, cando o obxectivo primordial deste novo modelo sería, de acordo co indicado no preámbulo da norma, a mellora dos resultados en saúde da poboación". De igual xeito, o Consultivo pronúnciase en contra do procedemento de designación do director de cada unidade, de libre designación e que ademais non ten por que pertencer ao SERGAS. "O proxecto de decreto polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde resulta contrario ao ordenamento xurídico", conclúe o Consello Consultivo de Galicia O rexeitamento deste organismo únese aos xa expresados durante meses por profesionais, sindicatos, partidos políticos e outras entidade sociais, en contra dunha reforma na que case todos cren ver unha porta aberta cara á privatización dos servizos sanitarios. Ese rexeitamento será o argumento principal (pero non o único) das mobilizacións convocadas para este mércores en todas as cidades e vilas de Galicia por sete sindicatos (CCOO, CESM-OMEGA, CIG, CSI-F, SAE e UGT), unha unanimidade sindical só rota por Satse. As manifestacións e concentracións partirán ás oito da tarde na súa meirande parte, e ademais de denunciar as áreas de xestión clínica, protestarán contra os recortes en prestacións, servizos e persoal, contra as privatizacións e copagos e contra a ausencia de negociación cos sectores afectados e ou deterioro xeral na sanidade pública. As marchas están apoiadas tamén por SOS Sanidade Pública, que considerou "moi positiva a unidade das organizacións sindicais sanitarias en Defensa da Sanidade Pública, por encima das súas lexítimas diferenzas" As marchas están apoiadas tamén por SOS Sanidade Pública, que considerou "moi positiva a unidade das organizacións sindicais sanitarias en Defensa da Sanidade Pública , por encima das súas lexítimas diferenzas, que mostra o illamento da Conselleria de Sanidade e da Xunta de Galicia e das súas políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública galega". As áreas de xestión clínica As áreas de xestión clínica, aprobadas o xoves pasado polo Consello da Xunta, buscan "obter mellores resultados na atención dos pacientes e avanzar na eficiencia dos recursos disponibles", segundo o vicepresidente Rueda. Porén, para os sindicatos convocantes das protestas deste mércores, só que facilita o camiño para a privatización. As centrais lembran que xa se está levar a cabo unha "redución continua de orzamentos sanitarios" e que só o recorte deste ano é duns 400 millóns de euros. Ademais, sinalan que a metade do orzamento sanitario está destinado a financiar os hospitais privados cos que se establecen concertos, ou os sectores e servizos que foron privatizados. En total, gástanse nestes conceptos 1.700 millóns de euros dun total de 3.300 millóns. María Seijo García (CIG): "temos claro que o único obxectivo da política sanitaria do PP é reducir o gasto importándolle ben pouco como repercuta na saúde da poboación" María Seijo García (CIG) sinala que "as áreas de xestión son só unha forma de trasladarlles os recortes aos profesionais. É dunha falta de ética impresionante. Os obxectivos sanitarios non poden ir ligados ao aforro. Os obxectivos deben ir ligados sempre a unha mellora da calidade asistencial". Seijo lembra tamén que dende os sindicatos "se lle trasladou á Consellaría que se querían traballar en modelos organizativos de xestión clínica, podíamos traballar niso. Pero para iso non hai que crear ningún decreto de áreas, nin instrumentos privatizables". "Isto é o que demostra que a súa intención é falsa" -di- "Se eles queren levar a cabo un cambio complexo, como é este, teñen que contar con todos os profesionais. Pero a súa intención é outra: é utilizar estas áreas de xestión para introducir a privatización pola porta de atrás". Conclúe que "temos claro que o único obxectivo da política sanitaria do PP é reducir o gasto importándolle ben pouco como repercuta na saúde da poboación". De igual xeito, Ángel Cameselle (CC.OO.) denuncia que "hai xa empresas privadas mirando como meten a man na xestión clínica" e alerta de que "coa Lei de Garantías aprobada hai uns meses queda claro que aquí hai dous modelos de sanidade: un para xente con recursos, e outro modelo que se achega á beneficencia". Cameselle confía no éxito das manifestacións deste mércores e afirma que "os profesionais teñen moi claro o tema da privatización e o tema da xestión clínica, levan meses mobilizándose contra ela", engadindo que "nós agora estamos levando a cabo unha segunda fase, que é indicarlles aos profesionais que non sexan cómplices na posta en marcha das unidades de xestión clínica". Ángel Cameselle (CC.OO.) denuncia que "hai xa empresas privadas mirando como meten a man na xestión clínica" Neste senso, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública considerara as áreas de xestión clínica "un ataque ao sistema público e un paso máis na marxinación da Atención Primaria", así coma "avanzar na privatización, utilizando a vía da microxestión de servizos". Estas entidades engaden que as áreas de xestión clínica "incrementan a burocracia, a irracionalidade e os gastos administrativos" e favorecen a creación de "modelos diferenciados dentro do sistema" e o incremento das "desigualdades asistenciais". Estas preocupacións tamén foron amosadas por algún colexio médico, coma o de Pontevedra. O seu presidente, Luis Campos Villarino, denunciou o pasado xoves que "se abren as puertas á privatización da sanidade e a que os profesionais perdan a súa categoría de estatutarios". Así mesmo, lembrou que "a Lei de Farmacoloxía que aprobou o Goberno permite que estas áreas se poidan privatizar". "Din que vemos xigantes onde só hai muíños de vento. Pero, aínda que agora digan que as áreas clínicas son públicas, iso pode cambiar. O ministerio está preparando, de feito, o seu propio decreto sobre xestión clínica". Ademais, SOS Sanidade Pública denunciará nas manifestacións deste mércores que o PP "continúa na súa liña de privatizacións e adelgazamento da xestión pública: Recortan servizos, reducen salarios ao persoal pero danlle negocio ás empresas privadas que lles interesan. Até organizan as licitacións de modo que non poidan participar as empresas galegas, de menor tamaño". Horarios das manifestacións e concentracións A Coruña: Manifestación, 20 h, saída Casa do Mar Cee: Concentración, 12 h, porta principal Hospital Virxe da Xunqueira Ferrol: Manifestación, 18 h, saída Fontenla Maristany Santiago: Manifestación, 20 h, saída Praza Roxa Ribeira: Manifestación, 20 h, Centro de Saúde Vilagarcía: Concentración, 14 h, porta principal Hospital do Salnés Pontevedra: Manifestación, 20 h, saída Hospital Provincial Vigo: Manifestación, 20 h, saída Hospital Xeral Ourense: Manifestación, 20 h, saída Pavillón dos Remedios O Barco: Manifestación, 20 h, saída Hospital Comarcal Valdeorras Monforte: Concentración, 20 h, Praza de España Lugo: Manifestación, 20 h, saída Edificio Multiusos da Xunta Burela: Manifestación, 20:30 h, saída Hospital da Costa
NOS_45646
Que poden aprender as nosas prazas e parques deste espazo natural en movemento e da súa extraordinaria dinámica? E da súa poderosa abstracción?
A beira das nosas praias crea o paseo máis extraordinario que se poida imaxinar. Este paseo cambiante é un agasallo natural que ningunha obra pública pode igualar, "paseos marítimos" incluídos. Segundo un catálogo recente, este patrimonio natural peonil, está constituido por 987 praias moldeadas polo traballo incesante do mar ao longo dos 1.700 quilómetros das nosas costas. Os nosos areais son moi diversos, atendendo ao seu tamaño, forma, pendente, tipo de area, orientación solar ou exposición ao vento. Calquera intento de procurar o mellor é inútil. Hai, con todo, dous tipos de praias extremas. Por unha banda, as quilométricas, que permiten paseos longos e solitarios polas súas beiras como: A Frouxeira, San Xurxo, Baldaio, Traba, Carnota, Corrubedo ou A Lanzada. E noutra, as urbanas e máis activas como: Riazor-Orzán, Barraña, Silgar, Samil, Panxón ou Patos. A súa condición urbana, á marxe das coñecidas actividades e concesións no verán, fai que pensemos que teñen case todo por descubrir. Usámolas menos que outros países con peor clima. Como convertelas en espazos vivos todo o ano e acotío? Cada ano, as mareas vivas apañan o que non é esencial. Que poden aprender as nosas prazas e parques deste espazo natural en movemento e da súa extraordinaria dinámica? E da súa poderosa abstracción? Aínda non existe un zapato que campe mellor que a fina area dunha praia. Os pés abrandan a beira e a area masaxea os pés. A beira é un bordo inquedo e ondeante, sen forma ou cuxa forma é o propio movemento. A configuración curva ofrece unha perspectiva en arco que contrasta coa monótona recta dos esgotadores paseos marítimos. Xa no atardecer "latexa o mar de aceiro" sobre os areais encanonados polo poñente. Que fai este espazo tan atractivo, cambiante, sensorial e misterioso? A beira é un espazo vivo que muda en cada marea. O mar repavimenta o chan de area como un cristal dúas veces ao día. As mareas limpan e reinician a partida despois de servir de soporte a mil actividades: algunhas excitantes como xogos, papaventos ou construccións de area, e outras máis relaxantes como lectura, paseo, conversa ou recolleita. Todas estas actividades quedan impresas sobre esta área intermareal que é hábitat de gran variedade de seres vivos. O paseo pola beira nunca cansa e sempre custa abandonalo. Este espazo intermedio é testemuña da nosa insignificancia fronte ao mar. Mais, cantas preguntas difíciles teranse resolvido neste paseo? Pensar e pasear. Pasear pensando ou pensar paseando son accións moi próximas. O mar desborda sobre a area, sempre comezando de novo. "La mer, la mer, toujours recommencée!". "Quen o mira veo por vez primeira, sempre. Co asombro que deixan as cousas elementais".
NOS_24568
Dous de cada dez novos desempregados no total do estado nese mes son galegos, 4.614 de 24.841.
Galiza é o segundo territorio do estado español onde máis aumentou o paro rexistrado en novembro. O mes despediuse deixando 4.614 novas persoas rexistradas no desemprego, un aumento do 2,32% e que volve situar a cifra de paradas en Galiza por riba das douscentos mil: 203.554. O aumento en todo o estado foi do 0,6%, porcentaxe moi inferior á rexistrada no noso país. De feito, dos 24.841 novas persoas desempregadas que se rexistraron en novembro no conxunto do territorio, 4.614 son galegas, o que supón o 18,5%. Dous de cada dez novos parados, logos, foron no noso país. Só Baleares (con 11.388 desempregados máis en novembro) nos supera. Galiza rexistrou máis desempregados nese mes que Andalucía ou Cataluña, que case nos triplican en poboación. Só Euskadi, Valencia e Melilla safaron da destrución de emprego o mes pasado. Todos os sectores O incremento do paro rexistrouse en todos os sectores, nomeadamente servizos, onde novembro fechou con 3.443 novos parados. Na industria ese aumento foi de 391 persoas, na construción de 311e na agricultura, de 299. Os contratos non varían a tendencia de todos estes anos e a temporalidade continúa a ser abrumadora: de 76.080 contratos laborais que se asinaron en novembro en Galiza, máis de 70.000 foron con carácter temporal. Nas afiliacións á Seguridade Social hai un descenso de 3.008 persoas, unha caída do 0,3%. Na comparación interanual, a Seguridade Social presenta mellor balanzo, cun aumento de 19.000 afiliacións.
NOS_56441
Arkaitz Rodríguez, Sonia Jacinto e Miren Zabaleta, excarceradas o pasado domingo, foron as encargadas de abrir a multitudinaria manifestación que percorreu as rúas de Donostia para pedir a liberdade para Arnaldo Otegi e Rafa Díez.
Unha multitude de persoas participaron na mobilización que pediu a liberdade de Arnaldo Otegi e de Rafa Díez. Entre as asistentes atopábanse representantes de organizacións como EH Bildu, AB, Podemos, PSE, ERC, CUP, LAB e ELA. Galiza tamén estivo presente na manifestación, apoiada oficialmente polo BNG, cuxo secretario de Organización, Bieito Lobeira, acudiu a Donostia. Entre as caras coñecidas estaban as de Arkaitz Rodríguez, Sonia Jacinto e Miren Zabaleta, excarcerados o pasado domingo. Precisamente, foron estes quen portaron a faixa principal da marcha cos fillos de Arnaldo Otegi e de Rafa Díez. A mobilización desenvolveuse baixo o lema "Arnaldo eta Rafa askatu, politika askatu" e, entre a multitude, eran visíbeis e ikurriñas, bandeiras de Nafarroa, esteladas e bandeiras da Patria galega. Arkaitz Rodríguez, recentemente excarcerado, pediu "xustiza, paz e a independencia de Euskal Herria" As protagonistas do acto co que se puxo fin á manifestación foron as recentemente excarceradas, que foron recibidas cunha sonora ovación. Arkaitz Rodríguez, que tomou a palabra, envioulle todo o apoio a Otegi e Díez, así como ao resto de presos e presas vascas, e reivindicou a paz e a independencia para Euskal Herria. Ademais, puxo de manifesto a pluralidade das cores políticas e organizacións que se sumaron á mobilización e salientou que "todos e todas compartimos a demanda de xustiza e paz". Otegi e Díez permanecen na cadea desde o 16 de outubro de 2009 acusados de tratar de reorganizar Batasuna, o que foi chamado "caso Bateragune". Xunto eles, foron detidos na mesma causa as excarceradas o pasado domingo. Espérase que Otegi saia da prisión en abril e Díez, meses após, dado que "non lle perdoarán o tempo que coidou da súa nai", segundo denuncian as convocantes da manifestación, a plataforma Arnaldo Askatu e a iniciativa Free Otegi Free Them All. A anécdota do día tivo lugar en Nafarroa cando a Garda Civil parou o coche no que se deprazaba Joan Tardá, deputado de ERC no Congreso, xunto outros dirixentes da formación, para o sancionar por tapar o distintivo español da matrícula cun autocolante coas siglas "CAT".
NOS_27312
Finalmente houbo acordo: Concello, Deputación e Xunta comprometéronse hoxe a apoiar "de maneira equilibrada" o programa de ópera da Coruña.
Hoxe cuarta feira tivo lugar unha xuntanza entre o Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia con representantes da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña para valorar conxuntamente as posibilidades de colaboración na programación lírica na cidade da Coruña. As administracións manifestaron a súa vontade de manter un programa dedicado á lírica na cidade da Coruña que sexa sostible, estable e viable economicamente co fin de que permaneza no tempo e non estea suxeito a circunstancias extraordinarias. Desta maneira, Xunta, Deputación e Concello participaron en varias xuntanzas encamiñadas a chegar a un acordo de financiamento do que este mércores fixeron partícipes a Amigos da Ópera, encargados nesta edición da xestión do programa lírico. Froito desa xuntanza, as administracións públicas reiteráronlle á asociación privada a súa intención de continuar cunha colaboración económica que permita desenvolver un programa lírico de calidade, que a Asociación poida xestionar anualmente, e que teña un financiamento sustentable no tempo. Para vindeiras edicións, constatouse a necesidade de aumentar a achega doutras entidades públicas e privadas. En 2016, Deputación e Xunta achegaranlle á Asociación cadanseus 125.000 euros; e o Concello, 80.000 euros. Engadindo a esas cantidades a contribución do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes (75.000 euros), así como a recadación das actividades realizadas (aproximadamente 80.000 euros) dá como resultado unha cifra próxima aos 500.000 euros, un orzamento que permite que a asociación desenvolva unha programación de calidade durante o período de setembro a decembro de 2016.
NOS_648
Desde a regularización do xogo en liña, en xuño de 2012, o sector non deixa de rexistrar cifras récord. Crecen os beneficios, as novas persoas usuarias, as xogadoras e xogadores activos, as cantidades apostadas, o investimento en marketing e publicidade, e tamén as e os ludópatas. Xa non son os que eran. Xogan menos ás comecartos e apostan máis pola internet. Comezan moi novos, algúns moito antes de facer os 18, sen percibir o risco de acadar a maioría de idade sendo adictos ao xogo. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 324 de Sermos Galiza.
O endebedamento, a adicción e a ludopatía conforman a cara máis negativa dun negocio que move miles de millóns de euros a costa de xogadoras e xogadores mozos, espelidos por amigos que tamén xogan, que nunca perden, e que mesmo ven unha saída profesional no xogo en liña e nas apostas deportivas. Semellan todopoderosas e de feito son omnipresentes. Están ao mesmo tempo na radio, na televisión, na internet, nas camisetas dos deportistas máis admirados... E cada vez máis, ao pé da casa e das escolas. A dixitalización volveu o xogo máis doado. E grazas a un sistema de recompensa variábel e reforzo rápido, tornouse especialmente aditivo. "Non sei como, pero fano moi ben. Todo te anima a xogar. Se gañas, axiña che dan o premio para que sigas; se perdes, un desquite; e se levas tempo sen xogar, un bono para que te volvas enganchar. A ti paréceche que podes gañar facilmente pero sempre acabas perdendo". A experiencia de Santi Santi Caamaño ten 25 anos. Comezou a xogar con 14 ao póker en liña. Recoñece que tivo a mala sorte de gañar as primeiras partidas, que foi o que o animou a abrir unha conta na internet suplantando a identidade de súa nai. Era menor de idade e tiña prohibido apostar. Con todo, pronto se converteu nunha necesidade. Con 17 anos comezou a xogar ás comecartos, con 18 puido entrar nos salóns de xogo e iniciouse na ruleta, contra os 20, descubriu as apostas deportivas e desde aquela foi ao que máis xogou. "Chegou un momento no que me daba igual gañar ou non, o único que quería era xogar". Apostaba a todo: ao fútbol, ao bádminton, aos galgos, ao tenis. "Ao final tamén buscaba a rapidez na aposta. Non quería esperar un partido enteiro, necesitaba que fose inmediato, e iso conseguíao apostando a un set. Así, gañei 13.000 euros, apostando 4.000 a unha. Perdinos ese mesmo día, apostando os 13.000 a unha. E se tivese 100.000, 100.000 perdía". A dinámica do xogo mudou. É pura fantasía. As casas de apostas lograron vestir o azar cun disfrace de pericia matemática que parece cederlle o control ao xogador cando non o ten. "O principal problema é que están socialmente aceptadas, e a xente asóciaas ao coñecemento. Entendes de fútbol, dominas as estatísticas e tes a falsa sensación de que es ti quen mandas, non o azar". Desde que pediu axuda por primeira vez, Santi Caamaño recaeu catro veces. "Cando llo dixen á familia, tiña un descuberto de case 6.000 euros e non era consciente do problema. Só quería que me saldasen a débeda e seguir xogando, de feito, entrei en Agalure e axiña solicitei a alta voluntaria". [Podes ler a reportaxe íntegra no número 324 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]