ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_33106 | A súa candidatura para o Consello Político atinxiu o 74,7% dos votos, por un 20,8% da apoiada por Cayo Lara e un 4,6% dos 'Llamazaristas'. | Alberto Garzón deu un paso de xigante para se garantir ser o coordinador xeral de Izquierda Unida en substitución de Cayo Lara. A candidatura que encabezaba, 'Unha IU por un novo país', atinxiu o 6.382 votos, o 74,7% dos apoios dos militantes que tomaron parte no proceso para elexir o Consello político desta formación. Unha ampla vitoria que lle garante ao malagueño a maioría suficiente no organismo para ocupar a Coordinación xeral de IU. Garzón contaba co apoio, entre outros, da principal forza no seo da coligazón, o PCE, cuxo secretario xeral ía de número 3 na súa candidatura. Como número 2 concorría a eurodeputada Marina Albiol. O sector crítico, concretizado na lista liderada pola eurodeputada Paloma López ('IU si, con máis forza') e que fechaba simbolicamente Cayo Lara, actual coordenador xeral, obtivo un 20,8% dos apoios. Por último, a candidatura impulsada por Izquierda Abierta apañou 390 votos, o que supón un 4,6%. Esta lista era a que apoiaba, como rostro máis coñecido, o ex-deputado Gaspar Llamazares, tamén críticos coa liña de Garzón. Baixa participación Das 22.000 persoas que podían tomar parte nestas eleccións, quer presencial quer telematicamente, só 8.548 exerceron o voto, o que supón o 40,2% do censo. As bases que si participaron elixiron 90 dos 150 integrantes do Consello Político Federal de IU. O resto dos membros proceden das cotas das federacións. Esta fin de semana decorrerá a XI Asemblea Federal de IU e alí será onde se designe o novo coordenador xeral. Cos resultados da votación na man, a lista de Garzón non terá problemas para que este sexa quen lidere a nova etapa de Izquierda Unida. |
NOS_53560 | Iniciativa pola Unión lamenta que Anova, Esquerda Unida e Podemos a excluíran do acto no que foi presentado o pre acordo político entre as tres formacións sobre unha candidatura unitaria. A este acto, pola contra, si foi convocado o Encontro Cidadán por unha Marea Galega. | Xavier Campos, membro da Coordinadora de Iniciativa pola Unión lamentou, en declaracións a Europa Press, que "non se nos convidara ao acto" convocado por Anova, Esquerda Unida e Podemos na tarde de onte en Mazarelos para presentar de maneira pública o pre acordo ao que chegaron as tres organizacións de cara a configurar unha candidatura unitaria ás vindeiras eleccións xerais. O membro da Coordinadora de IxU sinalou que lle "chamou a atención" que, pola contra, os tres partidos políticos si convidaran o Encontro Cidadán por unha Marea Galega. Ademais, Campos lembrou que IxU convidou "todas" as forzas políticas á asemblea aberta organizada o pasado domingo no Auditorio de Galiza. |
NOS_35669 | M.L. -siglas ficticias- está preso en Teixeiro. Entrou na cadea con 18 anos, sen ter cometido delitos de sangue, leva 25 en prisión e ten como horizonte de saída o 2040. O semanario Sermos Galiza publica unha entrevista con este home que denuncia a cadea perpetua encuberta á que está sometido, cando a pena máxima que contempla o Código Penal é de 30 anos. Fernando Blanco, o presidente de Esculca, a entidade autora da entrevista, explícanos os buracos negros da xustiza que permiten situacións como esta que poñen en cuestión o estado democrático de dereito. | Como chega a Esculca a situación na que se atopa M. L? Foi el mesmo o que se comunicou con nós cando chegou a Galiza. Púxose en contacto cun dos integrantes de Esculca cando chegou a Galiza. Nós tiveramos xa coñecemento dalgunhas situacións semellante de cadeas perpetuas encubertas, por exemplo, no caso dun preso galego que tiña unha condena de perto de 42 anos. -De que maneira se pode explicar unha situación como esta, na que se supera en máis de dez anos o máximo permitido por lei? Aínda que o termo sexa moi recorrente, só podemos definila como kafkiana. Esta persoa le e rele o artigo 76 do Código Penal e ve que os límites máximos de pena son de 20, 25 ou 30 anos. No seu caso sería de 20 que xa leva cumprido. Trátase dunha situación aberrante que nin sequera ten amparo da xurisprudencia do Tribunal Supremo que ten marcado xa unha liña moi continuada na que se indica que non pode haber cumprimentos de penas que excedan os 20, 25 ou 30 anos, xa que afectaría o dereito á dignidade das persoas, recollido na Constitución. A partir dese tempo enténdese que o efecto xa non é a reinserción senón a aniquilación. "Esta persoa le e rele o artigo 76 do Código Penal e ve que os límites máximos de pena son de 20, 25 ou 30 anos, que el xa ten superado" -Se o Código Penal recolle ese artigo limitador da pena e o Tribunal Supremo tamén o ampara, como se explica a situación deste preso de Teixeiro? Pode haber varios actores que teñan responsabilidade. En principio acontece porque este máximo de cumprimento ten que sinalarse polo último tribunal sentenciador que dita o auto. Se a condena é a 42 anos tería que respectar ese máximo de 20, 25 ou 30. Que acontece? O artigo 76 introduce varias regras, unha refírese ao máximo de cumprimento e outra á acumulación xurídica das penas, é dicir, non se pode ser máis que o triplo da maior. Para poñer un exemplo: se eu cometo dezaoito roubos, e o máis grave é de 3 anos, pódenme poñer dous máximos de cumprimento ou o triplo da máis grave. Se eu son outro preso e teño eses mesmos roubos e ademais unha pena de 15 anos, tería 18 máis 15 e entón apúntanseme á segunda regra, non cumpren máis de vinte. Son dúas regras subsidiarias que tenden a beneficiar ao preso mais a administración está interpretando nestes casos de maneira diferente. Como pode acontecer isto? A doutrina Parot nace porque o último tribunal colle todas as sentenzas, que sumarían máis de mil anos e márcalle o máximo cumprimento que á Audiencia Nacional non lle parecía abondo e foi agrupando as condenas por grupos segundo as datas. Dáballe así unha barbaridade de penas polas que tería que estar máis de trescentos anos na cadea. O Tribunal Supremo marcou o máximo cumprimento en trinta anos mais a doutrina Parot estaba para ampliar ese tempo. -Neste caso estamos a falar dun home que entrou con 18 anos, é dicir, na fronteira da maioría de idade, e leva en prisión 25 sen o que se coñece como delitos de sangue. Como pode estar acontecendo unha situación como esta? Os seus eran delitos contra a propiedade. Ten unha explicación técnica. Contra os autos só cabe recurso de casación perante o Tribunal Supremo e a xente en prisión ten dificultades para se defender porque moitas veces o tribunal está en Alcalá e el en Teixeiro, poño por caso. O preso ten moitos atrancos para exercer unha defensa efectiva, ás veces nin coñece o letrado e iso determina que algúns destes autos non sexan recorridos en tempo. Cando isto acontece pasa a ser firme e se o preso solicita que se lle aplique o máximo cumprimento, a administración diralle que tivo oportunidade e non recorreu. "O preso ten moitos atrancos para exercer unha defensa efectiva, ás veces nin coñece o letrado e iso determina que algúns destes autos non sexan recorridos en tempo" -Quere dicir entón que o preso se atopa nunha situación de indefensión? Non hai mecanismo ningún no sistema xudicial que vele para que isto non aconteza? Existe tamén responsabilidade da administración penitenciaria que pode revisar o expediente do preso e ten obriga de asesoralo e explicar como se marca o máximo de condena. A pena neses graos é inhumana e destrutiva e iso teno aclarado até o Tribunal Supremo. Acontece tamén que o recurso e as vías para facer efectivo o máximo cumprimento do artigo 76 son ríxidas e hai menoscabo do dereito das persoas presas. -A xustiza non tería que actuar mesmo de oficio nun caso como este? A situación é de clara indefensión. O noso sistema de defensa gratuíta está limitado a cando a sentenza aínda non se produciu. Para moitos dos trámites non se recoñece un avogado de oficio que ten como labor manter a defensa só ate dous anos despois da sentenza. Non se prevé unha defensa letrada dos presos en execución de sentenza. Aquí é esencial unha ampla defensa gratuíta e, en cambio, comprobamos que é moi limitada. As alternativas que había para paliar esta situación foron caendo por falta de financiamento público por medio de convenios cos colexios que pagaban os gobernos autónomos. Esculca presentou un proxecto á Dirección Xeral de Xustiza para implantar un sistema de defensa en todas as cadeas galegas pero temos que dicir que o Consello da Avogacía Galega non amosou unha actitude reivindicativa nesta materia. -Cos datos que nos aportan, enténdese que a situación de M. L. será desesperada. Como o atoparon? Trátase dunha persoa extraordinariamente forte, cunha enorme riqueza mental que lle está permitindo resistir esta situación cunha entereza que, ao meu ver, é case inasumíbel porque carece de horizontes. Malia esta personalidade a desesperanza en relación a posíbeis solucións é grande. Mostra tamén a mesma situación de abraio que nós compartimos, de que esta situación se estea a dar co artigo 76 vixente e a postura do Tribunal Supremo. "Existe tamén responsabilidade da administración penitenciaria que pode revisar o expediente do preso e ten obriga de asesoralo e explicar como se marca o máximo de condena". -Que efecto teñen nel estes anos de cárcere? Se te refires ao concepto de reinserción, que vai máis alá da súa faceta xurídica, ao meu ver persoalmente significa que a persoa, como mínimo, non saia peor do que entrou, que o cárcere non prexudique máis aínda. A persoa coa que falamos está totalmente reinsertada e amosa valores solidarios e de análise política. -Desde fóra, e sen coñecer a normativa, a idea que hai é que dentro do cárcere pódense reducir as penas. Por que neste caso non acontece? As persoas das que falamos non son especialmente conflitivas mais non aceptan a ideoloxía imperante na institución penitenciaria. Son persoas con espírito crítico. Aínda sen dar problemas, son castigadas polas institucións penitenciarias e normalmente pasan unha parte elevada da súa condena en primeiro grao. A persoa coa que falamos está en primeiro grao en primeira fase, ten tres horas de patio ao día e as 21 restantes na cela. Fuxiu algunha vez de prisión e é unha persoa moi sinalada no entorno penitenciario. Non quere identificarse porque non lle gustaría converterse nunha cara de telexornais. Ten un sistema de valores sociais e políticos diferentes e polo tanto son considerados como xente resistente, perigosos para a institución e sometidos. -Ten relación coa familia? Está próxima? Mantén contacto coa familia a pesar da distancia. Unha relación dura. A dispersión é un sufrimento engadido para o preso e unha pena para as familias que non foron condenadas. Están a moitos quilómetros do cárcere. "A persoa coa que falamos está en primeiro grao en primeira fase, ten tres horas de patio ao día e as 21 restantes na cela". -Unha situación como esta se non hai solución algunha pode poñer en cuestión un estado democrático de dereito. Algún mecanismo ten que existir para que M. L poda saír xa da cadea, unha vez ten cumprida a pena máxima? Neste momento está interposto un recurso de casación contra o auto que marcou estes límites máximos. Desde Esculca tentaremos facer o seguimento e agardamos que esa sexa a solución xurídica. En todo caso, os recursos de casación non son preferentes nun Tribunal Supremo que ten sobrecarga de traballo co cal a solución non vai ser inmediata. Hai esperanza xurídica mais queremos tamén trasladar a necesidade de coñecer esta situación que socialmente é descoñecida, é ocultada. Cando se repite o discurso de que estamos nun sistema penal no que se entra por unha porta e se sae por outra intentan agochar realidades como estas. El na entrevista comenta que hai máis casos que podería revelar mais non ten autorización. Se a unha humilde asociación galega como a nosa chegan dous, é que, certamente, ten que haber moitos máis. -O Tribunal Supremo acaba de resolver o recurso de casación reducindo penas ás catro persoas condenadas mais recoñecendo a existencia de Resistencia Galega. Que opinión lle merece? Con toda a cautela e o apoio ás familias e ás persoas condenadas e tendo en conta que a sentenza aínda non está examinada senón que se coñece polos medios de comunicación, semella un fallo discutíbel a solución que dá o Tribunal Supremo sinalando que se trata dunha "organización embrionaria". Ou hai organización ou non a hai. Persoalmente e como asociación temos interese en ver como o Tribunal Supremo validou as infraccións do dereito de defensa que nós a pé de obra constatamos que existiron e que, polo que parece, a sentenza non dá por relevantes. Sosteño que o traballo da defensa atopou moitas dificultades. -Estamos a falar das sentenzas cando algún dos condenados leva xa dous anos na cadea. Como se pode entender que sen o xuízo pechado leven dous anos presos? Un dos pozos negros ou lagoas fondas do dereito é a abuso da prisión preventiva como unha especie de adiantamento da pena. A prisión preventiva está para cumprir unha función cautelar mais, neste caso non había necesidade dunha aplicación destas medidas tan elevadas para persoas integradas e con risco de fuga practicamente inexistente. A entrevista coa persoa presa M.L. podedes lela no número 94 de Sermos Galiza, xa na loxa e nos vosos quiosques |
NOS_57137 | Un "goberno integrador, plural, incluínte e non fechado como podería ser un goberno de coalición". Esa é novidosa fórmula que pretenden ensaiar PSOE e Unidas Podemos, segundo o relato que ofereceu esta terza feira Adriana Lastra, portavoz socialista no Congreso e vicesecretaria xeral do partido con máis escanos na cámara (123). Sánchez e Iglesias reuníronse esta mañá e, após constatar un alto grao de coincidencia programática, puxeron os alicerces do que pode ser o primeiro goberno con ministros de dous partidos distintos na historia do réxime político instituído en 1978. | A fórmula "goberno de cooperación" púxoa sobre a mesa Pedro Sánchez, revelou no seu encontro cos medios Pablo Iglesias após unha entrevista co secretario xeral do PSOE que se produciu nunha sala do Congreso dos Deputados e que se prolongou por espazo de hora e cuarto. O líder de Unidas Podemos non perdeu o tempo en abenzoar a expresión e preferiu dedicarse a enchela de contido. "O significante é o de menos. O importante é conseguir un goberno plural con representación proporcional aos votos das eleccións xerais", dixo. 123 PSOE. 42 Unidas Podemos. Esa é a correlación de forzas. Isto é, o goberno debería ter un terzo de ministerios en mans da forza morada. Así o ve Iglesias. O PSOE veo distinto. Argumenta que o problema é que 123+42 dá 165 e que, por tanto, fica aquén do limiar (176) da maioría absoluta. Significa iso que Ferraz se nega á presenza no gabinete de ministras de Podemos? Non necesariamente. Adriana Lastra estivo estremamente ambigua na súa intervención perante os medios. Veu dicir que esa é unha cuestión que se dirimirá en próximas reunións, xa máis discretas, que pilotará persoalmente Pedro Sánchez na súa dupla condición de líder do partido e presidente do goberno. Un goberno de cooperación non é o mesmo que un goberno do PSOE con personalidades independentes do ámbito progresista. O PSOE, por tanto, moveu lixeiramente a súa posición. E Unidas Podemos? Segundo as fontes consultadas por Sermos, tamén. Xa non se poría sobre a mesa como conditio sine qua non a vicepresidencia para Pablo Iglesias. A formación da esquerda rupturista podería conformarse con ministerios de contido claramente social, dirixidos, iso si, por persoas da máxima confianza do secretario xeral de Podemos. En todo caso, o acordo non pasa aínda dun estado embrionario —embora hai conversas xa desde a primeira semana após as eleccións— e acabará por se concretar após a constitución dos concellos, prevista para este sábado. Nin ao PSOE nin a Unidas Podemos interésalles un escenario de ruptura que puidese desembocar nunha repetición das eleccións: Ferraz porque podería perder a Moncloa e a formación morada porque podería ceder aínda máis terreno, o que colocaría o seu líder nunha situación desesperada. Formalmente, o PSOE non fecha a porta a acordos con PP e Cs para estas forzas, a través dunha abstención, viabilizar a investidura de Sánchez sen que esta dependa das formacións independentistas catalás. Mais facticamente esa vía non conduce a ningures: a dereita votará en bloque contra o candidato socialista. En todo caso, Sánchez vai manter esta mesma tarde reunións con Albert Rivera e Pablo Casado. |
NOS_48165 | Os presidentes da Real Academia Galega e de PuntoGal, Víctor Freixanes e Manuel González, apresentaron esta cuarta feira unha campaña para "proxectar o galego" na rede. | A campaña de promoción do galego na internet que lanzan a RAG e PuntoGal ten dous chanzos. O primeiro, o abaratamento dos prezos dos dominios .gal. O segundo, un certame para premiar micro-relatos. E todo isto durante un mes de febreiro que -enfatiza a RAG por meio dun comunicado de imprensa- comemora "efemérides destacadas" como os aniversarios de Eduardo Pondal (8 de febreiro), Día Internacional da Lingua Materna (21F) e Rosalía de Castro (24F). Freixanes e González -o presidente de Punto.Gal tamén é académico- compareceron en conferencia de imprensa, canda o secretario de Punto.Gal, Darío Janeiro, para apresentaren a campaña. Con esta achega a RAG -salientou o presidente da Academia- fai patente a súa aposta en "seguir potenciando a presenza do idioma na modernidade que representan as tecnoloxías da información e comunicación e en reforzar a identidade de Galiza no ciberespazo através de .gal". Por súa parte, Manuel González acrecentou que "a lingua galega é o noso primeiro e basilar elemento de identidade como galegos, e o dominio .gal é unha mensaxe continuada ao mundo através do ciberespazo de que somos un pobo cunha lingua útil e funcional". O galego -estendeuse o presidente de PuntoGal- é un "vehículo excelente para darlle a coñecer ao mundo a nosa identidade". González animou a utilizar esa ferramenta a todos os organismos públicos, ben como ao empresariado do país e a todas as galegas e aos galegos en xeral, visando reforzar así "a cohesión social do noso pobo e tamén pór en valor a calidade dos nosos produtos". 4.300 nomes rexistados O .gal -espazo xestionado por PuntoGal- ten na actualidade rexistados máis de 4.300 nomes. A campaña que promove PuntoGal coa colaboración da RAG permitirá que no mes de febreiro sexa posíbel rexistar un novo dominio .gal por un prezo máximo de 15 euros. Os rexistadores acollidos son Dinahosting, Arsys, Blacknight e Openprovider. Neste enlace pódense consultar as condicións das promocións. Concurso de micro-relatos Alén do máis, a RAG e PuntoGal convocan un concurso de micro-relatos para "avivar a produción creativa nos novos espazos de comunicación". Os orixinais, de até 200 palabras, hainos que enviar ao correo electrónico [email protected] de 1 a 28 de febreiro. O primeiro premio consiste nun Ipad e unha cámara goPro; o segundo, nun Kindle e un disco duro externo, en tanto que o terceiro levará consigo un lote de libros. As persoas gañadoras dos tres premios obterán tamén un dominio gratuíto durante un ano e merchandising de PuntoGal. |
NOS_42156 | O Argos Pereira atracou no porto de Montevideo coa metade da tripulación contaxidada por Covid-19, a pesar de saíren das augas Canarias con resultado negativo das probas PCR. | O buque da empresa viguesa Pereira, de bandeira británica, está retido no porto de Montevideo logo de que a metade da tripulación dese positivo por Covid-19. A canle uruguai Teledoce informaba na tarde do sábado que no porto de Montevideo se mantiña retida a tripulación do buque Argos Pereira, da empresa galega Pereira e con bandeira británica. A embarcación dirixíase ao porto Stanley, nas illas Malvinas, mais tivo que deterse na capital uruguaia para repor combustíbel. Foi entón cando un dos membros da tripulación, informa Teledoce, deu síntomas de gripe e se lle practicaron as probas de detección da Covid-19. O resultado do exame deu un total de 28 tripulantes positivos en Covid-19, con só un paciente sintomático. O resto da tripulación, composta en total de 54 persoas, non teñen síntomas nin deron positivos, polo que se atopan illados no buque e afastados. As autoridades portuarias de Montevideo estudan deixar apearse do buque os 26 tripulantes non infectados. Trátase de saber como puido darse o contaxio posto que a tripulación someteuse a probas antes de partir, dando toda ela resultado negativo. Agora, 20 días de navegación despois, a metade da tripulación está contaxiada. |
NOS_686 | No medio da barafunda que, ao que parece, liquidou o Goberno Sánchez, unha significativa proposición non de lei impulsada por En Marea acadou apoio maioritario na comisión de Cultura do Congreso: o texto insta ao Executivo a "garantir a normalización da lingua galega e a cumprir cos dereitos lingüísticos recoñecidos". | Partido Popular e Ciudadanos votaron contra a iniciativa, defendida polo deputado Miguel Anxo Fernán Vello, e centráronse unicamente nos castelanfalantes. "Queremos desmontar as falsidades e as mentiras da dereita e da extrema dereita", retrucou Fernán Vello, ""en Galiza conviven dúas linguas pero o español ten un estatus superior ao galego, non hai igualdade". O congresista de En Marea estendeuse nas explicacións e colocou exemplos de "incumprimentos" da legalidade lingüística e do tratado internacional asinado polo Estado español Carta Europea de Linguas Minorizadas. "Ser atendido en galego na Administración Xeral do Estado, non poder renovar o DNI ou o pasaporte en galego, nin recorrer unha multa ou poñer unha denuncia, os trámites na Axencia Tributaria", foron algúns dos casos que mencionou. Tamén denunciou a "falta de respecto á toponimia oficial galega" por parte de ministerios e outros organismos do Estado. "Vivimos nun Estado plurilingüe", lembrou Fernán Vello, "mais os dereitos lingüísticos de galegos, vascos e cataláns incúmprense sistematicamente por parte da Administración do Estado. É unha anomalía incomprensíbel". O deputado de En Marea fíxose eco das queixas recollidas pola Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior parte delas referidas ás administracións públicas, especialmente á do Estado e á Xunta. |
PRAZA_10727 | Serán quen os concellos galegos de poñerse de acordo e camiñar xuntos cara a afrontar decididamente a resolución dos seus problemas fiscais e financeiros? | As derradeiras eleccións locais (maio 2019) trouxeron cambios importantes en Galicia en canto a composición dos novos gobernos locais. Cambios que, por caso, supoñen un claro retroceso das forzas conservadoras (PP) ante o avance das forzas progresistas (PSOE, BNG, MAREAS..). Mudanzas políticas que, en teoría, deberán abrila porta a solucionar algúns dos graves e vellos problemas que agochan as entidades locais practicamente dende as primeiras eleccións locais en democracia, fai deso xa mais de trinta anos.Así por caso resultaría lóxico esperar, dada a maioría progresista actual que, os sistémicos problemas fiscais e financeiros que arrastran os concellos galegos empezaran a ser afrontados con rigor i eficacia para que deste xeito moitos deles deixen de seren concellos falidos por falta de recursos e poder así atendelo financiamento dos servizos que demanda a poboación e a que están obrigados por lei. E certo que, por caso, os cambios normativos necesarios son competencia ben do Goberno central ben da Xunta de Galicia. Nembargante tratase de problemas políticos que, xa que logo, demandan solucións políticas e nese escenario deben facerse ouvir os concellos galegos. Os problemas fiscais da inmensa maioría dos concellos galegos derivan dunha base económica débil. Unha base económica na que os tributos (propios e cedidos) non supera por termo medio o 30% dos ingresos non financeiros. Unha debilidade que explica tanto o seu carácter de entidade pública falida como a súa dependencia política de entidades públicas superiores como as Deputacións, a Xunta de Galicia e o propio Goberno español. Dependencia que debilita a autonomía política dos concellos e, como vemos tódolos días, favorece o clientelismo político.Que a LRSAL (Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración local) precisa dunha urxente reforma resulta, hoxe por hoxe, indiscutible. Pero non dunha reforma calquera nin tampouco dunha reforma que non teña en conta as particularidades de cada territorio. Como ben sinalan destacados expertos en Galicia temos unha particularidade que demanda unha atención especial pois a actual é claramente discriminatoria. Estoume referindo a dispersión tanto da poboación como dos propios núcleos que fai que, por caso, os custos reais dos servizos a prestar por moitos dos concellos galegos, maioría pequenos, sexa mais elevado que en territorios coa poboación menos espallada e mais concentrada. Os concellos galegos deben poñer este particularidade súa nas respectivas mesas de negociación pois en democracia tódolos cidadáns, independentemente de onde vivan, deben ter os mesmos dereitos.A prol dunha maior competencia fiscal e financeira dos concellos está a evidencia da súa real capacidade de xestión. Así unha das lecturas que nos permite a xestión de moitos concellos é que dentro da administración pública hai asuntos que estas entidades saben xestionar moito mellor que por caso a Xunta de Galicia e o Goberno Central. Temos como evidencia a débeda pública. A pesares das enormes limitacións competenciais, dos escasísimos recursos e as grandes necesidades, resulta que as entidades locais son ás únicas administracións públicas que son quen de reducila débeda: segundo datos do Ministerio de Facenda os concellos galegos foron quen de reducir en mais dun 25% a súa débeda.Serán quen os concellos galegos de poñerse de acordo e camiñar xuntos cara a afrontar decididamente a resolución dos seus problemas fiscais e financeiros?. Evidentemente que a decisión final non depende so deles senón tamén de instancias superiores (Goberno español, Xunta de Galicia) pero han de ser eles quen levanten a bandeira e reclamen a solución. A verdade é que teño as miñas dúbidas vendo como, logo das eleccións locais, os partidos políticos galegos aparecen mais preocupados polo reparto de cadeiras e cargos, incluso salarios, que por marcar liñas políticas de actuación municipal.Nembargante, démoslle unha oportunidade a esperanza. |
NOS_35493 | O ex-conselleiro delegado da empresa Alfonso Paz Andrade, reclama desde o editorial da revista "Industrias Pesqueiras" que dirixe, un "pacto global" de todos os actores implicados para salvar Pescanova. Critica tamén a actitude "tibia e descomprometida" da Xunta e o goberno central. | Xusto cando se coñece que a CNMV vén de remitirlle á fiscalía o expediente da xestión de Pescanova por parte de de Sousa co fin de considerar se podía ter cometido delito por abuso de mercado ao se desfacer das súas acccións antes da perda de valor que experimentaron, Alfonso Paz Andrade, que compartiu con el consello de administración na empresa, chama a un pacto global e sinala que non é este o momento de buscar culpábeis. Paz Andrade critica tamén ao propio CNMV polo "dano reputacional" feito na liña de "flotación dos mercados". Faro de Vigo publicaba en marzo que Paz Andrade se desfixera en vendas de agosto e marzo de accións por valor de cinco millóns de euros. "Os erros, en maior ou menor magnitude, proceden de mais de un bando" di, para afirmar que "non é momento de buscar responsábeis". Destaca a dimensión e gravedade da situación económica que provoca a crise de Pescanova e lamenta que "as autoridades nacionais e atutonómicas cunha actitude tibia e descomprometida, se alonxen da esencia dun problema económico de máxima magnitude". Neste sentido, cita á conselleira de Pesca, Rosa Quintana e as súas declaracións de que se tería enterado da crise polos medios de comunicación. "Non nos parece a conselleira unha aplicada lectora, aínda que si noutros tempos compracente receptora do cálido sabor que producen os conxelados" escribe. En canto ao Parlamento, ponse da parte da "habitual e equilibrada coherencia de Puy Frarga" fronte a "habitual e desequilibrada coherencia" de Xosé Manuel Beiras como as intervencións, ao seu ver, dignas de destacar. Outra Pescanova é irrepetíbel, defende, e, por iso, reitera a necesidade de chegar a un "pacto global, é dicir, froito dun esforzo colectivo, da colaboración aberta, decidida e consensuada de todas as partes interesadas". Promove, polo tanto, a idea de colaborar nunha "acción de xestión exclusivamente dirixida a recuperar Pescanova" para o que invoca un "task force" na que todos estés dispostos a facer "sacrificios e renuncias", desde traballadores, accionistas, gobernos e institucións financieiras. "Crear un marco xurídico e administrativo forte" é o que Paz Andrade defende desde a editorial da revista fundada en 1927. Alfonso Paz Andrade foi conselleiro delegado do grupo Pescanova. O pasado mes de marzo, Faro de Vigo publicaba que viña de desprenderse de 120.000 accións por un total de 2 millóns de euros, cifra que se sumaría aos 3 millóns de euros que tería recibido pola venda doutro paquete de 233.188 títulos de accions no mes de agosto de 2012. |
NOS_28183 | O presidente do PP galego e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asegura que os populares estarán "dispostos a falar" se o paso atrás do voceiro socialista, Rafael Villarino, supón que se aparte "de verdade" para facilitar a mudanza do Goberno municipal da terceira cidade do país en poboación. Aliás, asegura que en 2019 ofreceuse ao PSOE que se fixese cargo da Alcaldía por ser a lista máis votada. | Manuel Baltar e Alberto Núñez Feixoo defenden posturas contrapostas respecto á moción de censura contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensá). O presidente dos populares da Galiza e da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, comentou hoxe mesmo que o PP local "está disposto a falar" de levar adiante a estratexia para apear ao rexedor do seu posto, que após a ruptura do pacto de Goberno o ano pasado e uns meses de enfrontamentos internos ten unha equipa de dous concelleiros. Desta forma Núñez Feixoo vén a desautorizar o comunicado polo presidente provincial onte mesmo. Nun comunicado Baltar fechaba a porta a asinar a moción, polo menos nun futuro inmediato porque as condicións cambiaran con respecto ao ofrecemento que fixeran ao PSOE. Pero esta terza feira é posíbel negociar se o portavoz do grupo local socialista, Rafael Villarino, vaia "apartarse de verdade" e "en serio" para facilitar unha saída á parálise na que está sumido o concello. Así o recoñeceu o responsábel do Goberno galego en declaracións aos medios. Porén, pediu a Villarino que vaia un pouco máis alá á hora de explicar "en que consiste a proposta" e se a mesma é "fiábel", pois Baltar onte dubidaba da súa palabra. "Se apartarse significa gobernar por persoa interposta, isto non é apartarse. Se significa apartarse de verdade e deixar ao grupo municipal socialista en liberdade absoluta e autonomía para falar co PP, entendo que o PP de Ourense está disposto a falar se isto vén en serio", engadiu Núñez Feixoo. Malia esta man tendida, quixo ir á hemeroteca para asegurar que "hai dous anos, cando se constituíron as corporacións" locais en 2019, a proposta dos populares era "moi sinxela": "Que a Alcaldía de Ourense gobernase a lista máis votada (PSOE) e que a Deputación de Ourense puidese gobernar a lista máis votada (PP)". O non do PSOE causoulle sorpresa por aquel entón. Mirando de novo cara o pasado, o xefe do PPdeG criticou que Villarino intentase unha "moción de censura" contra Baltar na Deputación. Ante estas declaracións, este último pediu aos populares que non "inventen un novo pretexto" para non rubricar o texto. Dado que o socialista non entende "que significa gobernar por persoa interposta", reclamou a Feixoo que aclare os termos e incidiu en que a súa postura é seria. "O Partido Popular puxo unha condición ilexítima que, polo ben da cidade, asumo. Entre Ourense e Jácome elixen Jácome e eu, entre Ourense e Jácome, elixo Ourense", rematou. |
NOS_9641 | Convocada por Queremos Galego, decorrerá esta quinta feira, 14 de abril, na Praza da Galiza da Coruña. | A sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo, e que eliminou algúns elementos fulcrais da mesma, segue a xerar rexeitamento. Se en marzo foi unha concentración en Lugo, agora será unha mobilización perante a sede do Tribunal superior de xustiza de Galiza quen tome o relevo. A convocatoria faina 'Queremos Galego' e decorrerá esta quinta feira, 14 de abril, ás 12.00 horas, na Praza da Galiza da Coruña. A sentenza, manifestou o portavoz da plataforma cidadá, Marcos Maceira, "ataca o uso do galego na administración municipal e nos servizos básicos privatizados" e "é un intento de provocar por vía xudicial o retroceso en dereitos lingüísticos que a sociedade galega está a impedir na vía política". O portavoz de Queremos Galego lembrou que a sentenza do TSXG elimina o dereito a utilizarmos o noso idioma con absoluta normalidade e a sermos atendidos e informados en galego en servizos privatizados. Ademais, suprime o artigo que declara o galego como lingua propia e oficial de Lugo por non estar subordinada ao castelán, e vir definida como lingua plena e de pleno dereito; elimina a rotulación en galego de oficinas e despachos, a sinalización viaria, o carácter normalizador das axudas e subvencións, ou cousas tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego. |
NOS_10093 | A Casa de Hortas acolle a celebración que a Real Academia Galega fai do Día das Letras. Manuel Rivas, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana lembran diante de centos de presentes a traxectoria vital e literaria do escritor. | Outeiro de Rei é epicentro dos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas. A xornada comezou coa actividade institucional convocada pola Xunta de Galiza no CEIP Laverde Ruíz onde tomaron a palabra o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o alcalde da vila, José Pardo. Na súa intervención, Feijóo destacou na biografía de Manuel María os "fitos marcados polas tertulias máis singulares da época". Así, lembrou o traballo do poeta en relación á "cultura oral" e definiuno como un "tertuliano co don da palabra". O presidente da Xunta aludiu á "diversidade ideolóxica" daquelas tertulias e á "capacidade comunicativa" dos seus integrantes. Neste contexo, Feijóo fixo referencia á "convicción nacionalista de Manuel María" e á "tendencia conservadora de Xosé Filgueira Valverde". "Os dous son afluentes do gran río que é a cultura galega". Acto da RAG Ao remate do primeiro acto, a comitiva, da que forman parte Saleta Goi, muller do homenaxeado e presidenta da Fundación Manuel María, e Alberte Ansede, secretario da entidade, desprazouse a unha carpa situada fronte á Casa de Hortas, onde se sitúa a casa-museo Manuel María e desde ás 12.30h tivo lugar alí o acto convocado pola Real Academia Galega. Os membros numerarios Manuel Rivas, Margarita Ledo e Darío Xohán Cabana recuperaron a traxectoria da obra e da vida de Manuel María. Xesús Alonso Montero, presidente da academia, fechou o acto. |
NOS_54101 | Galiza, Mellor Sen Touradas reclama implantar esta medida e propón asumir as instalacións para o patrimonio cidadán tras a corentena. | Os Gobernos locais de Lima e Acho, en Perú, están a empregar os recintos taurinos como albergues temporais para as persoas sen fogar, instalando cuartos en grandes carpas distribuídas pola area. En Pontevedra, a plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas, vén de propoñer un uso similar para a praza de touros "para empregala como parte do equipo de loita contra a COVID-19 e a crise sanitaria". Nos municipios peruanos, baixo o lema "A praza de todos" proporciónase abrigo a ducias de persoas que viven na rúa, moitas das cales teñen problemas asociados co abuso de alcol e outras drogas. Na cidade do Lérez, a plataforma defende unha medida similar "atendendo a razóns de interese xeral e a necesidade da comarca de grandes recintos capaces de albergar a creación de hospitais de campaña ou refuxios", seguindo o exemplo do Ifevi ou Expocoruña. O emprego das instalacións, segundo Galiza, Mellor Sen Touradas, "podería culminar coa asunción para o patrimonio cidadán" do espazo, así como a súa transformación "para múltiples actividades, desde equipamento comercial até sanitario". |
NOS_28074 | As principais editoriais galegas xa deixan ver as súas achegas de cara a este outono marcado polo contexto extraordinario, con moita presenza do ensaio e das novidades para a cativada. Destaca na narrativa o último de Antón Ribeiro Coello, 'O paraíso dos inocentes' (Galaxia), premio Torrente Ballester; unha nova liña de ensaio da editorial Xerais ou a vindeira publicación dun libro de crónica sobre a relación de Lorca con Compostela. Descubre os libros que veñen! | Malia as circunstancias extraordinarias que estamos a vivir, logo da relativa parada do verán, as editoriais galegas están a afrontar setembro cunha recua de novidades que encamiñan o que será un outono editorial con moita presenza do ensaio e gran peso das propostas para a mocidade.Narrativa e poesía Galaxia abre o curso cunha aposta forte na narrativa, coa edición do Premio Torrente Ballester 2019 como bandeira, que recaera conxuntamente n'O paraíso dos inocentes, de Antón Riveiro Coello, e en Crónica denigrante, de Álex Alonso. A primeira, que ve agora a luz, nútrese da actualidade na reconstrución das andanzas das persoas refuxiadas en dous escenarios, Siria e Europa, filtradas pola personaxe infantil de Karim. Ademais, a editorial leva ás librarías Flores de ferro, Premio García Barros 2020, de María Rei Vilas, un relato centrado en Camila e na súa pescuda nas orixes familiares para recompor a identidade e afrontar, desde o presente dos anos 80, a etapa da Guerra Civil. Na sección Literaria, Galaxia publica tamén Silencio, de Agustín Agra, e Corazón de manteiga, de Xavier Queipo. Dentro da narrativa, Xerais pon o foco nas historias humanas cun crebacabezas de relatos anónimos en Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena, xunto á abordaxe do amor entre mulleres que fai Ignacio Vidal Portabales en Lara e Sabela, obra premiada co Lueiro Rey de Novela Curta. Pola súa banda, Laiovento faise oco coas Música para os días de inverno, de Pablo Nogueiras, autor con predilección pola integración da banda sonora no texto. Este mesmo selo apostará na liña poética con O bosque sem saida, de Xabier Rodríguez Baixeras, xénero no que Alvarellos ten previsto editar os primeiros premios do certame Torre de Caldaloba. Ensaio e crónica Un dos destacados do mes vén da man de Xerais coa inauguración da colección Contamos a nosa historia, dirixida por Isidro Dubert, que abre O Reino medieval de Galicia, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira. María Xosé Queizán achegará un novo libro de pensamento baixo o título Despoxos e vísceras ilustres, no que transita paisaxes diversas, como a existencia dos poetas románticos ingleses, a política bolxevique e a deriva do socialismo alemán após a Primeira Guerra Mundial. Alvarellos comezará a súa campaña de outono a finais de setembro, mais adianta a Nós Diario algunhas da principais novidades que sairán do prelo de aquí a final de ano, aínda que coa incerteza marcando as datas neste contexto cambiante. Con moita presenza do ensaio e da memoria histórica, non tardaremos en ver nos andeis Viva la libertad, no que Miguel Paz segue os pasos do mestre republicano Fernando Barcia, e o diario Aramados, tradución de Miro Villar sobre os escritos de Manuel García Gerpe, exiliado republicano no campo francés de Septfonds, que malia veren a luz en Bos Aires en 1941 chegaron até hoxe bastante desapercibidos. Igualmente, o propio director da editorial, Quique Alvarellos, repasará a traxectoria de Federico García Lorca en Compostela nunha crónica que debulla polo miúdo a súa atracción pola capital galega. Seguindo a liña da colección Grandes Biografías, Galaxia ofrece o segundo tomo de Castelao. Construtor da nación, de Miguel Anxo Seixas, após o éxito do primeiro volume co Premio á Iniciativa Bibliográfica na Gala do Libro 2020. Xerais contempla na colección de crónica Súbditos ou cidadáns?, unha disección de Henrique del Bosque Zapata, coa capacidade analítica de quen militou nos movementos sociais e políticos, das cuestións que levaron a construír os Estados modernos e as razóns que levan á súa demolición. Así mesmo, Galaxia procurará o reflexo da insólita actualidade con Illados. Diario dunha pandemia, unha reportaxe que mestura as palabras de María López Sández e a fotografía de Miguel Muñiz. O punto máis insólito chega se cadra da man de Calros Solla con A vaga dos pratiños voantes. O fenómeno ovni na prensa galega (Rinoceronte), un repaso pola mitoloxía dos extraterrestres, esa icona orwelliana da cultura popular na que, como acontece coas meigas, non cremos, pero habelos hainos... Laiovento ten en calendario varias achegas na súa potente liña ensaística: Alborada de Edipo, de Xesús Pisón Villapol, con limiar de Andrés Pociña; Idioma e sociedade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato -de quen encarará a sexta edición de Lingua galega. Normalidade e conflito-; ou A máquina ousada, de Manuel Castelao arredor de Pondal. Máis algúns dos máis agardados dos son volumes premiados como Socialismo en Europa 2020, do economista Xabier Pérez Davila; A industria do coiro en Galicia, de Claudio Otero Eiriz e O estrangulamento económico de Galicia, de Diego Sande. Para a cativada Xerais inicia saga na categoría infantil e xuvenil coa primeira entrega d'Os Minimortos, da consagrada autora Ledicia Costas, seguindo as aventuras dunha cuadrilla de crianzas de ultratumba. Do mesmo modo, verán a luz en Fóra de xogo A memoria dos paxaros, de Teresa González Costa; A tropa contra o virus, de Alberto Avendaño, e Catro cartas, de Xabier P. DoCampo. Kalandraka tampouco esquece o público máis novo con singulares achegas como Sete chaves para abrir os soños, unha divertida colección de relatos de Alfredo Gómez Cerdá, con protagonistas literarios -Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgre...- ilustrados por David Pintor e vertidos ao galego por Isabel Soto. Presenta, así mesmo, Miña Guía, Meu Capitán unha emotiva historia arredor das limitacións visuais de Gonzalo Moure e María Girón, traducida por Manuela Rodríguez. Igualmente, Galaxia nutrirá as súas coleccións para a cativada con Dormente, de Raquel Castro, e Berta Mir detective. O caso do chantaxista roibo, de Jordi Sierra i Fabra, en Costa Oeste. Antía Yáñez marcará un dos pratos fortes do xénero con Plan de rescate, relato gañador do III Premio Agustín Fernández Paz Pola Igualdade 2020, acompañada polo tamén galardoado Xosé A. Neira Cruz, que asina O enigma do baúl pechado, Premio Carlos Mosteiro 2019. Baía, pola súa banda, centra xustamente a súa proposta para setembro no público infantil con Feminino singular, en plural, de Concha Blanco e ilustracións de Laura Romero, e Nube Branca e o pingüín Valentín, de Pablo Nogueira, ilustrado por Manuel Uhía. Tamén traducións Rinoceronte levará ás librarías esta mesma semana a versión galega d'Os sangues, unha novela na que Audrée Wilhelmy reimaxina o personaxe clásico de Barba Azul a través da mirada das súas sete mulleres, xunto con A vida secreta das vacas, de Rosamund Young, obra que condensa, con humor e sabedoría, as observacións da autora á fronte da granxa familiar durante catro décadas. Kalandraka tamén destaca nas traducións, entre as que salienta nesta volta de setembro a novela da francesa Fred Vargas O home dos círculos azuis, intrigante relato ambientado en París arredor das misteriores circunferencias que amencen trazadas con xiz no chan da cidade, traducido poe Antía Veres Gesto. E seguindo coas achegas desde a francofonía, Laiovento presenta unha adaptación ao galego de Adolphe, novela clásica francesa publicada por primeira vez en 1816 por Benjamin Constant. Kalandraka engade ademais un volume á súa Biblioteca de Pedagoxía: Experiencia e educación. Manuel F. Vieites é o encargado de traer ao galego o derradeiro libro do considerado como máis preeminente teorizador da educación no século XX, John Deway, unha figura fundamental cuxas reflexións e ensinanzas se condensan precisamente neste tratado. E en sentido inverso, Alvarellos destaca ao levar ao castelán o libro do físico Jorge Mira A que altura está o ceo, após chegar na nosa lingua á terceira edición. |
NOS_23520 | O 17 de abril de 1937, o exército que se levantou contra a Segunda República fusilou Johan Carballeira. Alcalde de Bueu polo Partido Galeguista, un xuízo sumarísimo acusouno de querer "implantar la dictadura del proletariado al servicio de Rusia" con "agravante de perversidad". Carballeira fora, sobre todo, un humanista, xornalista de profesión, cuxos textos agochan "verdadeiras leccións" aínda hoxe de proveito. | Esa é polo menos a tese que defende Francisco Rodríguez Pastoriza, tamén xornalista e tamén de Bueu, autor de A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johán Carballeira) (Laiovento, 2019). O ensaio ofrece "unha interpretación e unha contextualización" do extenso traballo na prensa de quen ademais escribira poesía e mesmo autor dunha novela por entregas, Corazón tan fuerte. "Segundo testemuños, Carballeira era 'un home de ollos verdes, pelo negro, delgado, intelixente e traballador", escribe Rodríguez Pastoriza no limiar. Nacera en 1902 en Vigo, nunha familia acomodada. Autodidacta, estudou o bacharelato nos Maristas de Vigo e Compostela e contabilidade en Madrid. No esteiro do modernismo hispano publicou os seus primeiros poemas. No Faro de Vigo. E é que finalmente a prensa foi a súa paixón e a súa canle de expresión, a súa angueira e o seu modo de vida. "Entendemos por periódico tal e como o precisamos agora", afirmaba nun artigo en castelán de El Pueblo Gallego en 1929, "un vivo índice pedagóxico, un repertorio de ideas cinxidas, un órgano de alta resonancia paixonal baseado sempre en puros resortes das máis espidas ética e consciencia". Rodríguez Pastoriza interesouse pola súa figura xustamente a partir dos xornais. "Despois da Transición, escoitaba falar del en Bueu, pero non sabía como escribía", relata o autor de A obra xornalística... a Sermos Galiza, "busquei os seus artigos no Faro ou en El Pueblo Gallego na biblioteca. Pero marchei estudar a Madrid e aquela pescuda cesou". Só hai un par de anos, nunha xornada dedicada a un extraordinario encontro no Bueu republicano -en que coincidiron as pintoras Maruxa Mallo e Federico Ribas, o fotógrafo José Suárez ou o escritor Torrente Ballester-, retomou o fío A teima de Rodríguez Pastoriza era reivindicar non só o personaxe, edil demócrata e republicano que ingresara no Partido Galeguista ao tempo que Bóveda, se non tamén a súa escrita, "á altura dos mellores xornalistas do seu tempo". Colaborador en Ser. Semanario Gallego de Izquierdas ou La Voz de Galicia, en Estampa ou no madrileño El Sol, houbo quen o consideraba "o xornalista galego máis importante daqueles anos". "En 1937 tronzaron unha vida e unha obra e, porén, o seu xornalismo contén verdadeiras leccións para a xente contemporánea", di o ensaísta, que pon exemplos: o enfrontamento de Carballeira co centralismo español, a inexistencia dunha dereita galeguista, a crítica de partidos que se din demócratas e agochan totalitarismo, a necesidade do galego na escola. "A liberdade, o pacifismo, a cultura, o respecto polas persoas, a xustiza social, a defensa do idioma galego, o dereito á educación e a cultura, a loita contra os totalitarismos foron algúns dos temas que tratou reiteradamente nos seus artigos", esténdese na introdución do libro. Que vén ordenado en nove bloques a partir dos materiais escritos por Carballeira pero non inclúe estes completos: "Os artigos están nas hemerotecas. Eu intentei interpretalos e contextualizalos. Quero que o volume sexa unha ferramenta para chamar a atención sobre a súa obra". A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira) xa se presentou en Vigo. O vindeiro 17 de abril, 82 anos despois do fusilamento de Carballeira, farao en Bueu. Nota: o autor de A obra xornalística de José Gómez de la Cueva (Johan Carballeira), Francisco Rodríguez Pastoriza. |
NOS_4137 | O calendario deste ano contará con festivais desde o 2 de xño até o 11 de setembro. Serán os eventos PortAmérica, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal, Sonrías Baixas, O Marisquiño e Revenidas. | Os Rías Baixas Fest, a marca da Deputación de Pontevedra que acolle aos festivais musicais de gran formato, inauguraron esta terza feira tempada. Responsábeis dos eventos, representantes municipais dos concellos onde se realizan e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostraron na cidade do Lérez como serán os sete encontros deste ano: PortAmérica, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal, Sonrías Baixas, O Marisquiño e Revenidas. O festival SonRías Baixas torna no MicroSonRías Silva destacou a aposta dos Rías Baixas Fest pola igualdade, e agradeceu neste senso que abran as portas ás novas artistas musicais do programa provincial 'Descúbreas'. A volta á normalidade centrou as intervencións de Jordi Lauren, director do Festival SonRías Baixas, e de Ana San Román, do Festival PortAmérica, que falaron en nome de todos os eventos. Recordaron que a pandemia "nos puxo ante un reto que criamos inasumíbe durante moitos meses" e Lauren agradeceu neste senso o "apoio incondicional" a unha marca "xa consolidada". O director do Sonrías Baixas subliñou que "vimos dun período de desacougo e temos que volver convivir e reactivarnos de verdade. A verba coa que me quedo este ano é a de ilusión". Do 2 de xuño ao 11 de setembro Os Rías Baixas Fest arrancarán co PortAmérica que terá lugar do 2 ao 4 de xuño en Portas e Caldas. O mar volve inspirar o festival das Revenidas O calendario seguirá en xullo, onde desde o día 15 até 17 se realizará o Atlantic Fest (Vilagarcía) e o Vive Nigrán, desde 22 até 24 o Sinsal na illa de San Simón. Agosto comezará co Sonrías Baixas, no municipio de Bueu, que está previsto do día 4 ao 6, mentres que do 12 ao 14 será a quenda do Marisquiño de Vigo. Por último, do 7 ao 11 de setembro terá lugar o Revenidas en Vilaxoán (Vilagarcía). |
NOS_15737 | En nota de imprensa, a formación nacionalista informa de que o seu Consello Nacional porá en marcha nas comarcas do país un "proceso participativo de selección de candidatos e candidatas". Após o debate nas bases, o máximo órgao entre asembleas aprobará as listas o 9 de marzo. | "A militancia terá a palabra para designar as persoas que considere máis idóneas para liderar a representación do BNG nos comicios xerais", afirma Ana Pontón en declaracións realizadas en Lugo, cidade na que protagonizou un acto a prol do estabelecimento dun xulgado específico contra a violencia machista. O BNG, dixo a súa líder, "ten as portas abertas para sumar a todas as persoas que consideran que é preciso ter unha forza propia para defender os intereses dos galegos e galegas en Madrid. Todos os que aposten por unha forza política propia teñen no BNG o seu referente", engadiu. O estado de ánimo co que o BNG afronta o adianto electoral é bon. A organización nacionalista está "con optimismo" e nun momento en que se percibe a si propia como unha marca política "á alza" e que, enfatizou Pontón, pode presentarse ante a cidadanía "unida e cohesionada". O discurso vaino centrar o BNG na idea forza de que Galiza debe recuperar unha "voz propia" no Congreso: "Son moitos os galegos e moitas as galegas que ao longo desta lexislatura botaron de menos o Bloque en Madrid para defender os seus intereses", acrecentou. |
NOS_4739 | Unha peonalización do centro histórico da cidade podería sería un factor moi positivo para Ferrol, como o foi para as cidades que xa a teñen. Mais unha peonalización a parches, sen ser de golpe, pode levar consigo máis problemas que beneficios no tempo que dure todo o proceso. | O tema da ORE (Ordenanza de Regulación de Estacionamento) do concello de Ferrol para o seu casco histórico cría controversia e debate. Mais non hai que esquecer que estes procesos de peonalización, quer a nível urbanístico quer a nível técnico, son positivos. Son moitos os exemplos de cidades onde a peonalización resultou na mellora da calidade de vida das veciñas e dos veciños: Pontevedra Compostela, Lugo, Ourense, Allariz... Son procesos que moitas veces tampouco estiveron exentas de polémica, como en Pontevedra, cidade na que en orixe moitos comerciantes estaban en contra da peonalización, xa que pensaban que, ao se suprimiren prazas de aparcadoiro, a xente non ía ir mercar ao centro. Iso foi no pasado. Agora mesmo son os propios comerciantes os que piden máis zonas peonís, porque son moito máis seguras e porque a peonalización do centro da cidade é un gran centro comercial. Os cidadáns dispoñen de un "metro-minuto" onde pon os minutos que se tarda dun lado a outro da cidade andando, que tamén hai na cidade departamental. No 2014 do grupo das sete cidades galegas a que menos espazo dispoñía para os viandantes era Ferrol e continúa a ser así desde aquela. Pero a grande cuestión é como facer e desenvolver esa peonalización, onde hai que marcar tres cuestións importantes para que sexa todo un suceso: Transporte público: hai que dotar a cidade dun transporte público que resolva as restricións do tráfico rodado. Un transporte que ten de estar deseñado acorde a realidade física do ámbito a peonalizar. Aparcadoiros: a cidade precisa tamén duns aparcadoiros perimetrais ao ámbito de peonalización, que estean en contacto coa rede pública de transporte. Pensar en poñer un aparcadoiro no centro dese perímetro para os viandantes é contraditorio, xa que se para chegar a el temos de atravesar a zona libre de carros, a realidade desa rúa(s) non é peoníl. Proceso de golpe: os procesos de peonalización dunha cidade deben ser feitos de golpe. Todo a un mesmo tempo. Se se pensa en facer proxectos que supriman o tránsito rodado de xeito parcial, o que suporá é que haxa máis problemas de conxestión do tráfico. Neste proxecto de cambios na organización do casco histórico, emprázase moi ben o proxecto da nova Praza de Armas. Un proxecto que tamén escolleu a cidadanía nunha votación, e que contempla a supresión do aparcadoiro actual; que ten unha zona verde importante para o centro do casco histórico; e cuxa formalización é económica e construtivamente viábel. Con esta escena, o goberno actual presenta unha ORE contraditoria. Nesta ordenanza existen certas rúas peonís que non serán de aplicación cando se aprobe dita ordenanza. Polo tanto, xorde a cuestión de que vai pasar con esas rúas? Son ou non son peonís? Non poder ser peonís e manter o tráfico rodado por elas. O proceso incorpora tamén o "multamóvil", implantado na ORE do anterior goberno e que Ferrol en Común criticou no seu momento polo seu afán recadotorio. Críticas que, porén, non impiden o seu mantimento polo actual executivo local. E nesta incerteza de cales serán as actuacións a levar a cabo aparecen unhas rúas, como a Pardo Baixo, que fechan o tráfico dependendo dos intereses do goberno de quenda. Algo que podería quedar definido nesta ORE para a fechar definitivamente ao tráfico rodado. Outra que si aparece na ORE, pero esta como non peonil, é a rúa Arce. Unha rúa pegada á praza de Amboaxe, onde xogan cativos e reúnese xente maior nos bancos, e que tería que estar dentro do perímetro a peonalizar, xa que pertence á chamada "tableta" do barrio da Madalena, debería ser peonil e deixar para o tráfico rodado a San Diego. Como ocorre na marxe esquerda da Praza de Armas, a rúa Rubalcaba, que si que vai ser peonalizábel e se deixa para o trafico rodado a súa paralela, que é a rúa Lugo. |
PRAZA_9108 | O novo modelo de contratación que pretende dar estabilidade aos médicos sen praza é asinado polo Sergas e catro sindicatos, pero rexeitado por CIG, CCOO e un novo colectivo de persoal afectado, que suma case 400 apoios e prepara xa mobilizacións. "Non seremos escravos", din. | A Consellería de Sanidade e sindicatos (a excepción da CIG e CCOO) asinaron este martes un novo tipo de contrato para o persoal eventual de Atención Primaria no Servizo Galego de Saúde (Sergas). A Xunta presentou o pasado venres na Mesa Sectorial un borrador sobre as vinculacións temporais de médicos de familia e pediatras, que prevé contratos dun mínimo dun ano de duración e tres de máximo e que, para o Goberno galego, suporán "unha maior estabilidade dos profesionais". Xunta e sindicatos, agás CIG e CCOO, asinaron o novo modelo de contrato do Servizo Galego de Saúde para profesionais eventuais. Sanidade defende que vai dar "maior estabilidade" pero o persoal organizado rexéitaoO colectivo ao que vai dirixido esta medida é amplo e un dos máis afectados pola precariedade, temporalidade e esaxerada inestabilidade que afecta tamén outros profesionais do sistema sanitario. Son moitos os testemuños de médicos que suman moreas de contratos, centros de saúde e quilómetros percorridos en apenas un ou dous anos de traballo, sen acumular antigüidade ou renunciando a dereitos básicos. A súa situación foi a que os levou a unirse baixo o nome Precarias pola Atención Primaria, entidade que elaborara xa un documento de rexeitamento ao borrador do chamado "contrato de continuidade asistencial" e que en pouco máis de tres días achégase ás 400 sinaturas de médicos eventuais. Coa sinatura final do acordo entre Sergas e sindicatos, e malia as melloras nalgún dos aspectos que criticaban, o seu enfado non só se mantén, senón que se incrementou polo apoio maioritario de case todas as centrais a unha proposta á que lle ven puntos "indignantes". Así, manifestan a súa "máis firme oposición á negociación levada a cabo así como ás conclusións e modificacións realizadas sobre o borrador inicial" e xa preparan mobilizacións.Preto de 400 profesionais eventuais do Sergas asinaran xa contra o borrador; o resultado final tamén é rexeitado por un colectivo que xa prepara mobilizaciónsPretenden erguer a voz e trasladar as demandas dun grupo de médicos cunhas peculiaridades moi determinadas e unirse, organizados, ás reivindicacións globais de mellora na sanidade galega. O colectivo naceu do "descontento global dun sector moi específico". "Non o creamos por opoñernos ás negociacións dos sindicatos, cos que estamos en contacto, pero si porque o noso caso é moi concreto", explica Miguel López, un dos impulsores. Todo naceu nun grupo de WhatsApp no que profesionais eventuais e precarios compartían e denunciaban a súa situación. Tras a publicación do borrador, ese grupo "vagamente organizado" medrou en apoio e organizouse. Miguel López está agora en paro. No ano e medio como médico eventual de Atención Primaria en Galicia asinou preto de 70 contratos e traballou en 30 centros do Sergas diferentes, con considerables distancias entre uns e outros. O seu caso non é "para nada dos máis extremos", pero si exemplifica unha situación habitual. A solución impulsada pola Xunta pode ser unha base, pero para nada están de acordo co resultado final. O acordo foi asinado por CESM-OMEGA, SATSE, CSIF e UGT pero non por CIG nin CCOO. Segundo a Xunta, a medida, de aplicación inmediata, "mellorará as condicións laborais dos médicos especialistas actualmente dispoñibles e tamén as dos médicos internos residentes que teñan previsto rematar no vindeiro mes de maio".A Consellería asegura que este contrato de continuidade "permitirá a dispoñibilidade de persoal para a cobertura das necesidades asistenciais que se produzan, posibilitará o cumprimento dos obxectivos de garantía de funcionamento permanente e continuado dos centros sanitarios e permitirá un servizo máis eficaz á poboación, ademais de ofrecer unha maior estabilidade laboral aos profesionais, fidelizando os recursos humanos dispoñibles". "Perpetuarase a eventualidade pero en condicións moi precarias, resultando nunha perda da lonxitudinalidade asistencial", denuncia Precarias pola Atención PrimariaPara o colectivo Precarias, o modelo asinado "perpetuará a eventualidade pero en condicións moi precarias, resultando nunha perda da lonxitudinalidade asistencial, eixo fundamental da Atención Primaria". "Os primeiros afectados serán os doentes, cuxo dereito a unha atención digna e de calidade verase claramente crebado", din.Tal e como explican, este novo contrato obriga os profesionais firmantes a "traballar en períodos inferiores a 15 días en distintos centros asistenciais" (cuxa dispersión xeográfica máxima aínda está por definir), cunha previsión mensual "que chega escasamente á metade da programación mensual". Segundo denuncian, o Sergas establecer así unha xornada laboral máxima de 48 horas semanais e obrigará os traballadores a realizar, como mínimo, dúas gardas mensuais nos PACs da área "sen garantir o dereito ao descanso ao que obriga a lei". Posibilitaría que un médico poida ter que atender un paciente con ata 32 horas enriba traballadas. "Iso non pode ser, xa non polo profesional, senón pola persoa que ten que ser atendida. Non é tolerable, é unha liña vermella que non se debería cruzar nunca", di Miguel López.O colectivo denuncia que o novo contrato obriga a "traballar en períodos inferiores a 15 días en distintos centros asistenciais" e "non garante o descanso ao que obriga a lei"Ademais, advirten de que as necesidades que se vexan obrigados a cubrir "dependerán das xerencias da área", polo que se atoparán con profesionais "obrigados a traballar o máximo de 192 horas mensuais e que coñecerán os seus destinos cunha antelación mínima, poñendo en risco a seguridade dos doentes polo exceso de horas de traballo". "Estas condicións farán imposible calquera intento de conciliación e organización da vida persoal, supeditándoa ás necesidades das xerencias", insisten. Respecto do borrador inicial, Precarias pola Atención Primaria valora como positiva que sexa voluntario. Xa que logo, "a supresión da obrigatoriedade da firma deste contrato e a anulación da intención de que xerasen prazas estruturais vía oferta pública de emprego". "Estes dous puntos eran considerados liñas vermellas que este colectivo non estaba disposto a tolerar, porén hai aspectos como a obrigatoriedade de gardas ou o número de horas máximo que consideramos non asumibles", din. "Somos médicos e médicas precarias, pero non seremos escravos"Ademais, insisten na súa "clara disconformidade" coa negociación levada a cabo polos sindicatos firmantes. "Entendemos que o seu traballo representa e responde a intereses alleos aos do persoal médico eventual. Lamentamos que estean satisfeitos coas conclusións acadadas e só nos queda transmitirlles que agardamos que a nosa opinión sexa tida en conta de cara a futuras negociacións", rematan. O colectivo mobilizarase e di que "transmitirá á opinión pública o prexuízo que supón" este modelo de contrato para os usuarios da sanidade pública galega. "Queda en evidencia que a Consellería tenta parchear un problema de calado que desborda o colectivo médico e que se atopa enraizado na base organizativa da propia Atención Primaria"."Somos médicos e médicas precarias, pero non seremos escravos", rematan. |
PRAZA_11061 | Non pode haber escusa para unha candidatura de unidade e ruptura para as proximas xerais e autonómicas sen máis exclusión ca a daqueles grupúsculos que teimaron en esnaquizar cada instrumento de unidade | A irrupción de AGE en 2012 fixo saltar polo aire a doce estabilidade do campo político galego. Remexeu culturas e identidades coa súa determinación de intervir nas condicións materiais, e inmateriais, da existencia das persoas ás que apelaba: esa maioría inmensa chamada, segundo Marx, a ser o motor da emancipación da inmensa maioría da sociedade. Identificou como adversario o partido único representante da inmensa minoría, os que mandan sen presentarse ás eleccións, responsables dunha crise que nos esmaga e nos anula. AGE foi un salto cualitativo que inspiraría procesos posteriores fóra de nós. Contra a representación e o fascismo financeiro. Era en parte a continuidade da impugnación que asomara co 15M. Practicaba, ademais, unha reapropiación dos nomes das cousas, unha nova poética, a conquista da linguaxe e o seu emprego coma arma emancipatoria. Aquela Experiencia Galicia que nacía desexaba posuír a linguaxe: espazo de ruptura, fronte ampla, unidade popular, República. E Marea como concepto expansivo: todo coas organizacións políticas, pero moito máis alá delas. Eran os puntos de ancoraxe. O mapa político galego quedou escachizado nun momento de mobilización electoral. E non había volta atrás. Nada volvería ser o mesmo.A irrupción de AGE en 2012 fixo saltar polo aire a doce estabilidade do campo político galego. Remexeu culturas e identidadesAGE foi acusada precisamente de ser AGE e do que AGE buscaba: que nada volvera ser o mesmo. Perdían sentido os vellos compartimentos de réxime. Nas culturas ligadas ás tradicións políticas do galeguismo, determinouse superar o apego interclasista do nacionalismo e o formalismo da esquerda nominalmente socialista ou socialdemócrata e propoñer un republicanismo de ruptura que de ningunha maneira renunciase ao dereito a decidilo todo dunha cidadanía constituínte e republicana xa no seu propio recoñecemento como suxeito. Aquilo non podía ser apenas un movemento táctico electoral, era unha posición estratéxica, e de aí os conflitos que a sacudiron e que perduraron case ata onte mesmo.Para que todo aquel ensaio tivese rendemento político real e afectara á base material da sociedade, ás nosas condicións de vida, cumpría abrir espazos comúns de participación e decisión, instrumentos novos, plurais, diversos e conflitivos en si mesmos, onde se citase esa maioría social disposta a organizarse e tomalo todo nas propias mans, sen delegación representativa. Na propia articulación desta Experiencia Galicia estaban incluídas tamén as contradicións que a debilitarían pero que ao mesmo tempo a facían posible.O proceso, desde AGE e as mareas municipais á En Marea de Mazarelos e á de Vigo, foi posible porque había condicións de extrema emerxenciaRetomemos.O proceso, desde AGE e as mareas municipais á En Marea de Mazarelos e á de Vigo, foi posible porque había condicións de extrema emerxencia; a crise e o carácter caótico do sistema ensinaban sen pudor toda a súa putrefacción cruel. Nada ocorreu por xeración espontánea nin grazas á xenialidade dos cadros políticos. Todo se orixinou na miola da conciencia das necesidades comúns. E se as necesidades eran comúns, común tiña que ser a resposta. Unidade sen exclusións, por tanto, máis alá dos vellos marcos políticos establecidos que non servían para comprender nin superar o que ocorría.Sete anos despois de AGE e da reacción desencadeada nada mudou tanto como para que quede impugnado o proceso. Ao contrario. O peche da crise de réxime practícase con envoltorio totalitario sobre a emerxencia extrema permanente. Abonda con reparar na naturalidade con que se asumen detencións arbitrarias, represión e criminalización de disidencia e movementos, presos políticos e de conciencia, etc. O réxime só sabe recompoñerse con máis coerción. Os poderes reais determinan condicións de posibilidade e imposibilidade na sociedade e nunhas institucións formalmente democráticas. E con iso tamén pretenden establecer os marcos do posible na práctica política. É a potencia totalitaria da reacción. De ningunha maneira debería quedar sen resposta.A ruptura, a nación, a república non son simple enunciado nin ideoloxía sen máis senón consecuencia da acción de subxectividades organizadasDesde o seu nacemento, a articulación política do espazo de ruptura está sometida a contradicións inevitables en suxeitos de procedencias e culturas diversas. Sobre todas elas operan, ademais, dúas tensións restritivas e conservadoras. Unha expresa teimuda un conflito superestrutural entre nacionalismo e non nacionalismo que esconde o enfrontamento entre a idea da política como representación e feito autónomo e a súa concepción como necesidade de alteración da base material máis alá de identidades e pulsións autorreprodutivas. A outra tensión deriva dun cálculo electoral que só conduce á competencia interna e anula a cooperación. En ambos os casos, os intereses de parte guían a acción de diversos grupos, sectaria, e anulan os intereses comúns. Unha especie de caricatura inversa da diverxencia de intereses na sociedade. Unha diverxencia que no interior do espacio de ruptura non pode darse. Anula o sentido do propio espazo. Desménteo.Probablemente estas tensións propiciaron que os artefactos políticos comúns se esfarelasen case coa mesma rapidez con que se armaban. Con iso, os programas de intervención foron substituídos por sometemento ás condicións institucionais, as luces dos salóns do pazo sempre cegan. Todo conduciu á reclusión de cada parte nas súas propias identidades, nas súas zonas de confort e en principios que perdían a súa potencia política ao se reduciren a simples enunciados que en non poucas ocasións serviron para marcar distancias cos aliados. Pero a brecha segue aberta no tecido social, resultado do conflito entre as formas de propiedade e quen non posúe máis ca a súa propia forza de traballo. O espazo de ruptura está sempre aberto mentres a sociedade se estruture en clases. A crise de réxime é unha loita por agrandar ou minimizar esa brecha, a contradición entre os poucos e a multitude. A ruptura, a nación, a república non son simple enunciado nin ideoloxía sen máis senón consecuencia da acción de subxectividades organizadas. En todos os escenarios posibles. Tamén no electoral.Rearticulemos, logo, a Experiencia Galicia. Cos seus diferentes suxeitos, non só organizacións políticasÉ imprescindible recompoñer a Experiencia Galicia. Trátase de fuxir do cruceiro granítico de cada identidade illada e encontrarnos na encrucillada, ter posibilidade de decidir. Sabemos enunciar principios, pero necesitamos ir máis aló. Cómpre elaborar en común programas e proxectos políticos que nos leven a eses escenarios enunciados frecuentemente: á ruptura, á República, á Nación, a modificar a base material que estrutura esta sociedade, a única sociedade en que vivimos e na que debemos actuar. Nela, non en ningún escenario ideal. Rearticulemos, logo, a Experiencia Galicia. Cos seus diferentes suxeitos, non só organizacións políticas. Abonda con que estes se recoñezan e se comprometan mutuamente a articular acordos e espazos comúns. E instrumentos políticos, sociais e, desde logo, electorais.Os procesos electorais non son definitivos, pero si importantísimos momentos de mobilización e toma de conciencia. A política institucional será eficaz se mellora as vidas das persoas e ademais contribúe a articular suxeitos sociais de ruptura nos barrios, nas cidades, nas vilas, nas parroquias, cos seus espazos de decisión, as súas institucións alternativas e as súas prácticas de cooperación e solidariedade. Nada novo. Coma no caso dos grandes principios, non abonda con enuncialo. Haberá que facelo. Sen que o electoral, insuficiente, deixe de ser necesario. Desprezar ese espazo ou absterse de participar é unha boa lanzadeira para a marxinalidade non operativa. Renunciar a intervir nas institucións impediría evidenciar as súas propias contradicións e os seus duros límites e deixaría o camiño aínda máis aberto a que o poder impoña toda a súa infinita capacidade coercitiva contra a maioría social.Non pode haber escusa para unha candidatura de unidade e ruptura para as proximas xerais e autonómicas sen máis exclusión ca a daqueles grupúsculos que teimaron en esnaquizar cada instrumento de unidadeA Experiencia Galicia non hai que inventala. Segue viva na medida en que o proceso de articulación política do espazo de ruptura non está clausurado, a pesar do que ocorreu nas eleccións xerais de abril deste ano. Agora, ante os procesos electorais que se abren, é imprescindible insistir: Unidade e acumulación de forzas. As organizacións que veñen traballando no espazo deben acordar xa programa e candidaturas, máis alá, moito máis alá, de intereses de parte. Pero estas organizacións, imprescindibles, seguen sendo insuficientes. As candidaturas das próximas xerais e autonómicas terán que aglutinar todas as sensibilidades que se referencian no espazo de ruptura, tanto as diversas mareas e iniciativas cidadanistas coma novas propostas organizativas. A diversidade articulada no común. O valor da unidade non reside xa só na súa capacidade de multiplicar números senón principalmente na de amosar a diversidade como riqueza e compoñente nova e na posibilidade de practicar políticas radicais de parte no seo da sociedade rompendo cos intereses de parte no espazo común.Que ninguén propicie nin permita que os tempos volvan á vella dozura estable de antes de 2012Talvez non estaba previsto, pero as condicións esixen reconstruír o suxeito político que dea visibilidade nova á Experiencia Galicia, a articulación do espazo de ruptura nun sentido republicano. Non pode haber escusa para que non sexa posible unha candidatura de unidade e ruptura para as proximas xerais e autonómicas sen máis exclusión ca a daqueles grupúsculos que teimaron en esnaquizar cada instrumento de unidade e se opuxeron tenazmente a todos eles. Coa ollada posta en todas as alianzas. Tamén máis alá de Galicia.Que ninguén propicie nin permita que os tempos volvan á vella dozura estable de antes de 2012. Dozura e estabilidade para os poderosos. Dura e miserable para a inmensa maioría.Dado que as necesidades seguen sendo comúns, común ten que ser a resposta.Unamos rompendo e rompamos unindo. |
PRAZA_16281 | Marrocos está nos últimos meses tentando desesperadamente asinar convenios, acordos e irmandamentos con municipios e institucións europeas e a cidade de Dajla. O obxectivo destas manobras non é outro que a lexitimación da ocupación do territorio. | O convenio asinado entre Expourense e as autoridades marroquís, para o vixésimo aniversario de Xantar, que ten como obxecto a rexión de Dajla nos territorios ilegalmente ocupados por Marrocos é unha clara violación do dereito internacional. O Sahara Occidental, onde se insere a rexión de Dajla é un territorio non autónomo pendente de descolonización que foi invadido polo reino de Marrocos en 1975 e que a día de hoxe segue un conflito pendente de resolución. As innumerables resolucións das Nacións Unidas, o ditame do tribunal internacional e os recentes ditames do tribunal de xustiza europeo son claros sobre o feito de que Marrocos non ten soberanía sobre o territorio. Calquera acordo, convenio ou evento ten que ter a aprobación do pobo saharauí a través do seu lexítimo representante, a Fronte Polisario. Non hai dúbidas sobre a lexitimidade da Fronte Polisario como representante do pobo saharauí, xa que é este movemento de liberación quen asinou o acordo de cesamento do fogo, e é coa Fronte Polisario con quen Marrocos ten que negociar baixo os auspicios das Nacións Unidas. Marrocos está nos últimos meses tentando desesperadamente asinar convenios, acordos e irmandamentos con municipios e institucións europeas e a cidade de Dajla. O obxectivo destas manobras non é outro que a lexitimación da ocupación do territorio. Sobre todo en Francia, Marrocos tentou esta vía en municipios con cargos electos de ascendencia marroquí. Lamentablemente asistimos agora en Galiza ás mesmas manobras ilegais e que expón moitas dúbidas sobre a verdadeira razón por parte de Expourense de acceder a lexitimar unha ocupación ilegal. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad02cf6c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=350&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad02cf6c' border='0' alt='' /></a> |
PRAZA_16633 | A Fonsagrada, Pol, Ribas de Sil, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribadeo asinan coa entidade provincial o protocolo para a apertura destes centros. "A Xunta negouse a concertar prazas mentres si o fai en centros privados", reprocha Darío Campos. | A Fonsagrada, Pol, Ribas de Sil, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribadeo son os primeiros concellos da provincia de Lugo que porán en marcha as residencias de maiores promovidas pola Deputación lucense. Os plenos destes concellos dispóñense a ratificar os convenios rubricados este mércores polos seus alcaldes e alcaldesa co presidente da entidade provincial, Darío Campos, quen afirma que estas institucións provinciais dan o paso porque "a Xunta se negou a facer centros públicos de maiores na nosa provincia" e tamén a colaborar cos da propia Deputación. "Dende a Deputación fixemos un esforzo investidor de máis de 10 millóns tan só na construción" destes centros que agora botan a andar e o Goberno galego, a "administración responsable" na atención a maiores, "negouse en reiteradas ocasións a concertar prazas" nestas residencias mentres "si o fai en centros privados". Así, despois de retirar á empresa pública provincial Suplusa a encomenda de xestionar estes centros, "os concellos decidiron o modelo de xestión e o acceso ás prazas", detalla Campos. Campos: "A Xunta negouse a concertar prazas mentres si o fai en centros privados" Seugndo o protocolo asinado, "os centros de maiores terán unha xestión pública dende a deputación e os concellos" e as 190 prazas residenciais e 90 de centro de día serán "preferentemente, para a veciñanza de cada municipio", "en segundo termo, para os dos municipios limítrofes e da comarca" e as restantes, para persoas procedentes doutros concellos lucenses. A institución provincial financiará ata 600 euros por praza en función da "capacidade económica" de cada residente e se esta cantidade resulta "insuficiente", poderá incrementala en municipios de menos de 5.000 habitantes. Segundo Campos, esta medida "garante o acceso universal" á prestación das persoas que a precisen. Segundo os rexedores presentes no acto, "isto é radicalmente distinto do que fai a Xunta", en verbas do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez (BNG). "Ninguén vai ser vetado nestas residencias" por non ter "recursos económicos", xa que "os que os teñan pagarán e os que non", serán axudados por Deputación e concellos. Ademais, agrega, este sistema muda tamén "radicalmente" o do Goberno galego de asignación de prazas: "eu sei que veciños de Ribadeo queren pedir unha praza" e "a Xunta asígnallela na Coruña ou Quiroga, a dúas horas da súa casa". Neste contexto, Suárez subliña que institucións "de diferentes cores" -de PSdeG e Bloque- fagan "política de verdade" con esta rede de residencias mentres "a Xunta non quería que isto existise". "Ninguén vai ser vetado nestas residencias por non ter recursos económicos" Nun sentido semellante o rexedor de Pedrafita, o socialista José Luis Raposo subliña o feito de que nestas residencias vaia suceder "o que non debe suceder en ningures, que cobrando a pensión mínima poidas ir a unha residencia". A alcaldesa de Trabada, Mayra García (PSdeG), salienta pola súa banda que os permisos para o inicio de actividade das residencias están tamén dispoñibles. O Concello garánteo, afirma, aínda que "a Xunta o notificase despois de que saíse nunha nota de prensa do PP". En calquera caso, asegura, os técnicos municipais dan a "seguridade de que o estamos facendo conforme á lei" e o proceso ponse en marcha "sen ningún conflito persoal" co vicepresidente da Deputación e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, asegura, toda vez que "o presidente lle ofreceu que el mesmo as levase dende a Vicepresidencia da Deputación". O inicio dos trámites para apertura destas primeiras residencias da Deputación de Lugo chegaba na xornada en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se gababa no Parlamento da extensión das prazas para persoas maiores financiadas dende a Xunta no marco da sesión de control ao Goberno. O voceiro do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, resaltou pola súa banda que a maior aposta da Consellería de Política Social polo sector privado encarece este servizo de asistencia a persoas anciás, ademais de atrasar o seu acceso polas abondosas listas de espera. |
NOS_26919 | A resposta da cidadanía á convocatoria de manifestacións e protestas na honra do mozo de 24 anos asasinado na Coruña a pasada fin de semana foi masiva. A coruñesa praza de María Pita estivo ateigada de xente, mais tamén outras localidades concentraron centos de persoas en repulsa polo crime, pois en plena axenda do Orgullo non se descarta a motivación homófoba. | Miles de persoas participaron na tarde desta segunda feira en distintas manifestacións e concentracións de repudia polo brutal crime que acabou coa vida de Samuel Luiz. As concentracións en lembranza do mozo e pedindo xustiza polo seu asasinato levaron a prazas e rúas de máis de 70 localidades galegas a todo tipo de persoas, que se uniron nunha mensaxe tanxíbel de igualdade e tolerancia. A Coriña, Ourense, Compostela, Viveiro, Vilagarcía, Lugo... Miles de persoas saíron á rúa na galiza, e tamén en diversos untos fóra do país, para rexeitar un asasinato que comocionou A Coruña e Galiza. Houbo moitos momentos emotivos, pero tamén esa postura reivindicativa para "que se esclarezan os feitos" nos que persoas mataron Samuel Luiz na zona do Orzán, na Coruña. De se confirmar a motivación homófoba dos feitos, a poboación tamén quixo rexeitar unha nova agresión contra o colectivo LGBT+. Tamén en Madrid e en diferentes puntos de Catalunya e o País Valencià se produciron mobilizacións. De feito, desde particulares a entidades, pasando por partidos políticos compartiron vídeos e fotografías dos actos de repulsa a través dos seus perfís en distintas redes sociais. A mobilización foi, a todas luces, masiva para un contexto de pandemia pero a incredulidade da xente polo sucedido a fixo saír a expresar esa impotencia. De feito, a homenaxe e demanda de xustiza coincide no tempo coas actividades polo orgullo LGTBQI+. E na residencia Padre Rubinos da Coruña, onde Samuel traballaba como auxiliar de enfermaría, o cadro de persoal e as persoas usuarias realizaron a mediodía un minuto de silencio na súa memoria. Esta iniciativa foi seguida por algunhas entidades e institucións, como o propio Concello coruñés. |
NOS_53199 | Na Maleta da avoa viaxan contos, lendas, monicreques, obxectos. Transpórtaa Raquel Queizás e este sábado, 16 de febreiro ás 18.00 horas, levaraa á Casa Museo Manuel María. | "Este espectáculo de narración oral diríxese ás crianzas -a partir de tres anos- e ás súas familias", explican os promotores do acto. A propia contadora, tamén actriz, define o seu traballo e os propósitos da Maleta da avoa: "Desde pequena escoitaba os contos da avoa de mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da ávoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo...". |
PRAZA_14480 | Manuel Martín é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública, que este mércores ás oito da tarde se manifestará na cidade olívica contra a privatización do novo hospital e contra os recortes na atención sanitaria. Audios no interior. | A Plataforma SOS Sanidade Pública chama a manifestarse este mércores "contra os recortes, os atrasos e a privatización do novo hospital de Vigo". A marcha, que tamén convocan a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo, partirá ás oito da tarde da Praza de España (a dos cabalos) e rematará na Porta do Sol. Protéstase contra o proxecto de construción do novo hospital da cidade, moi necesitada de novas infraestruturas despois de que o Hospital Xeral ficase moi pequeno e de que o parche interesado do concerto con Povisa dese como resultado un custe moi elevado e longas listas de espera. A pesar do brutal aumento do custo o proxecto do hospital sufriu importantes recortes para facelo máis atractivo como negocio aos adxudicatarios privados, polo que as camas pasaron de 1.460 a 900 O proxecto do novo hospital naceu co goberno PSdeG-BNG pero cando o PP accedeu á Xunta en 2009 substituíuno por outro que utiliza o modelo PFI (Iniciativa de Financiamento Privado). A pesar do brutal aumento do custo o proxecto do hospital sufriu importantes recortes para facelo máis atractivo como negocio aos adxudicatarios privados, polo que as camas pasaron de 1.460 a 900. A parte financeira do consorcio empresarial (Concessia Cartera, integrada por Ribera Salud, CAM e Bancaja), que financiará, construirá e xestionará o novo hospital de Vigo está en situación de quebra económica. Esta situación de insolvencia económica era coñecida pola Xunta no momento da adxudicación. Ademais, o informe técnico necesario para a adxudicación da obra elaborouno a consultora PwC (onde traballou De Guindos). O Sergas pagoulle por este traballo 220.000 euros. Manuel Martín é voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública. Martín denuncia que "neste momento o hospital está parado, aínda que é evidente que o goberno está facendo esforzos importantes para maquillar a parálise das obras. Pero nestes momentos carecen do financiamento necesario. Os que terían que ter posto os cartos eran Bankia e a CAM e tiveron os problemas que todos coñecen". A conclusión é que "o proxecto do hospital sufriu un recorte tremendo tanto nas súas dimensións coma nos servizos. Desapareceron as unidades de agudos e tamén maxilofacial e a área de queimados. Desapareceu a área oncolóxica que ía ser referencia en toda Galicia. O proxecto redúcese nun 30% e o hospital resultante é dunha calidade ínfima. E ao final ademais todos os cartos os ten que poñer o Estado". Engade que "os poucos centros de saúde que se van construír tamén van ter un recorte do 30% na súa dimensión e equipamento. Se a iso lle sumas o copago dos medicamentos pago polo transporte non urxente en ambulancia máis os recortes na carteira de servizos a sanidade en Vigo está nunha situación critica". "Xogámonos que os partidos se posicionen. Xogámonos ter un hospital pequeno e custosisimo ou que teñamos un novo hospital que haberá que renegociar" SOS Sanidade Pública considera que nesta manifestación "xogámonos meter na axenda política o problema da sanidade de Vigo. E xogámonos que os partidos se posicionen. Xogámonos ter un hospital pequeno e custosisimo ou que teñamos un novo hospital que haberá que renegociar. E haberá que facelo con cartos públicos porque vaise facer con cartos públicos si ou si. A cousa é que ademais de pagar nós o canon o leven unhas empresas privadas por poñer a cara". Salientan que "afortunadamente todos os partidos menos o PP levan no seu programa a recuperación do hospital e a denuncia da situación. Esperemos que destas eleccións saia outro goberno que acabe con esta loucura". "Recórtanse dereitos: comezouse polas persoas máis débiles: polos inmigrantes e polos usuarios de ambulancias. Pero agora, se gaña as eleccións, o señor Núñez Feijoo vai romper a carteira de servizos" A manifestación toma o conflito de Vigo como centro pero estende as denuncias e as reivindicacións a toda a problemática da sanidade pública en Galicia: "Estase desmantelando o sistema público de saúde porque se está dando a xestión dos novos hospitais a empresas privadas cuns custes brutais. Recórtanse dereitos: comezouse polas persoas máis débiles: polos inmigrantes e polos usuarios de ambulancias. Pero agora, se gaña as eleccións, o señor Núñez Feijoo vai romper a carteira de servizos. Iso supón abrir ese espazo ás aseguradoras privadas que son as que están detrás desa política para que fagan negocio coa sanidade pública". |
NOS_18938 | A Deputación da Coruña, concellos da Coruña e Sada e iniciativas pola memoria suman forzas para impedir a apoloxía do franquismo no Pazo de Meirás. Participaron nunha xuntanza convocada na Deputación da Coruña na que se tomaron acordos encamiñados tamén a iniciar o proceso para recuperar o BIC para o patrimonio público. | O primeiro acordo que se tomou nesta xuntanza é a realización dun informe para poñer fin á detentación pola familia Franco da propiedade do Pazo e a súa incorporación ao patrimonio público. Incluirá un estudo arredor do espolio e a apropiación do Pazo de Meirás por parte da familia Franco. Á xuntanza, convocada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, a partir da xestión por parte da Fundación Franco das visitas do Pazo de Meirás, asistiron o deputado e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro; ademais do alcalde de Sada, Benito Portela; o concelleiro de Cultura da Coruña, Xosé Manuel Sande; o vicerreitor da Universidade da Coruña, Alberto Valderruten; e os representantes da Iniciativa Galega da Memoria, Montse Fajardo, Luis Bará e Mila Bouzón, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Carlos Babío, Erik Doaño e Manuel Pérez e o investigador Emilio Grandío, director do proxecto Xeración Perdida da Deputación da Coruña. Realizarase un informe para poñer fin á detentación pola familia Franco da propiedade do Pazo e a súa incorporación ao patrimonio público, ademais dun estudo arredor do espolio e a apropiación do Pazo No transcurso da reunión tomáronse ademais outros acordos, como apoiar a demanda do Concello de Sada de que sexa dita administración quen xestione as visitas ao Pazo. Tamén instarán á modificación da Lei de Fundacións co obxecto de impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo. Alén disto, reclamarase a aprobación dunha Lei Galega da Memoria Histórica galega que, entre outras cuestións, impida o enxalzamento dos protagonistas da represión e inclúa as correspondentes disposicións relativas ao pazo de Meirás e á sua posta en valor asociado á recuperación da memoria história. E, por último, constituirán unha Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para o patrimonio público coa participación de institucións, asociacións, organizacións políticas, sociais, sindicais e fundacións co fin de poñer fin á detentación da propiedade pola familia Franco e a súa incorporación ao patrimonio público. |
NOS_38738 | O 8 de xuño de 2012 saía á rúa o primeiro número de 'Sermos Galiza'. Moitas cousas mudaron desde aquela: o semanario deu paso a un diario, superouse a enésima crise do capitalismo, vivimos unha pandemia, comezou unha guerra en Europa... As formas de relacionarse socialmente e o modo en que o xornalismo enfrontou eses cambios foron acompañados neste tempo desde unha óptica galega. Para celebrar o aniversario, Sermos Galiza S.A. edita cinco libros que debuxan a última década. | As perseguidas Amar a Terra Homenaxes Tradicións e traizóns Un pobo de artistas "O obxectivo último desta colección é agasallar as persoas subscritoras, que son as que fan posíbel este proxecto, a súa fidelidade a Sermos Galiza S.A.", explica Xoán Costa, conselleiro delegado e presidente da editora de Nós Diario. "É unha forma de agradecemento a quen conforman o motor desta empresa, que son as persoas lectoras. Ao incluír esta colección dentro do décimo aniversario de Sermos Galiza, tanto do semanario como da empresa, aproveitamos un material que cremos que é de grande interese para facilitar a súa consulta. Un material que será gratuíto para as subscritoras e subscritores e que terá un prezo simbólico de 2 euros para o resto do público". O esforzo editorial é patente cando se pensa nas cifras: un total de 15.500 volumes poranse en circulación para cumprir "con ese lema que nos guía desde o principio: somos un diario de intereses galegos e todo o que atinxe á Galiza é tratado desde un punto de vista que manifesta a súa vontade de manter a súa personalidade e de defender os seus intereses". Eses intereses abranguen un amplo espectro de perspectivas: a memoria do país, o coñecemento da terra e da xeografía, a homenaxe ás que xa non están, a parte antropolóxica que conforma unha identidade e a creación literaria. As perseguidas Os últimos anos foron cruciais na recuperación da memoria, mais houbo unha peza que permaneceu na penumbra, que non permitiu que os nomes das protagonistas tivesen o recoñecemento debido: as mulleres perseguidas polo franquismo. Foron por elas, primeiro volume da colección, recolle os perfís, publicados no Sermos Galiza, de moitas desas perseguidas cuxas biografías permanecían agochadas: mestras, actrices, empresarias, sindicalistas... Destacadas especialistas como Montse Fajardo, Carme Vidal, Aurora Marco, Eliseo Fernández, Manuel Pazos ou Elsa Quintas recuperan figuras que van desde a que sería a musa do teatro europeo, María Casares, até mulleres humildes que mantiveron as súas casas abertas aos fuxidos, como Bernarda Veiga García, e cuxo compromiso quedou enterrado baixo anos de medo e de silencio. Amar a Terra O Colectivo Xea (formado por Adela Leiro, Mon Daporta e Xan Colazo) colaborou con Sermos Galiza desde o primeiro número. O segundo volume da colección, Ao pé da terra, é unha escolma dos numerosos traballos que levan realizado para que coñezamos mellor a xeografía do país. Desta vez, reúnen roteiros que desprenden algún tipo de misterio -ben polos ecos históricos que deixan escoitar, ben pola súa natureza case máxica- que os transforman en compoñentes case inescusábeis da identidade galega: a Ribeira Sacra, os faiais do Courel, os camiños do Monte Pindo, o Pico Sacro, os cemiterios da Terra Chá... son só algúns deses espazos que permiten escoitar as voces doutros tempos. Homenaxes Dar que pensar é un volume ao tempo melancólico e optimista. Entrevistas con persoas que xa non están entre nós, pero cuxas verbas seguen mantendo aceso o lume do pensamento: Mariví Villaverde, Fran Pérez "Narf", Luz Pozo Garza, Saleta Goi, Bautista Álvarez, Francisco Pillado, Antía Cal, Neira Vilas ou Domingo Villar son os protagonistas dalgunhas desas entrevistas irrepetíbeis publicadas en Sermos Galiza. Tradicións e traizóns En Eira das Mouras recóllense toda unha serie de artigos do antropólogo e museólogo Felipe-Senén sobre aspectos da nosa cultura que merecen ser debatidos: toda identidade ten unha compoñente tradicional da que parte, mais toda tradición debe adaptarse aos cambios da sociedade. Que é o que paga a pena conservar e que o que debemos mudar? Esa é a pregunta que subxace na análise de temas como o discutido binomio Samaín/Noite de Defuntos, o Entroido, os Maios ou as lendas xacobeas. Un pobo de artistas O último volume da colección escolma case a totalidade do recente coleccionábel Relatan...Nós, no que unha nómina de escritoras e escritores da altura de Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Victor F. Freixanes, Marica Campo, Séchu Sende, Emma Pedreira, Xabier Queipo ou Eli Ríos, entre outros, ofrece unha interpretación literaria da última década, que vai alén do xornalístico e que resulta unha proba concluínte da potencia creativa do noso país. Como di outros dos autores presentes neste volume, Xurxo Souto, "somos un pobo de artistas". Unha colección que celebra dez anos de xornalismo desde a Galiza O vindeiro sábado 3 de decembro entregarase o primeiro volume da colección, Foron por elas, que será de balde para todas as persoas que merquen o xornal ese día. Os seguintes sábados, entregaranse: o día 10, Ao pé da terra; o día 17, Dar que pensar; o día 24, Eira das Mouras, e, finalmente, o día 31, Relatan... Nós. Serán de balde para as subscritoras e subscritores e a un prezo de 2 euros para o resto do público, máis o custo do Nós Diario e do Sermos Galiza. As persoas subscritas á edición dixital do xornal, tamén terán acceso gratuíto á unha edición electrónica de cada un dos volumes. Os deseño da capa dos libros corre a cargo do grafista e deseñador Pepe Barro e o conxunto dos volumes conforma unha colección que, dalgunha maneira, reflicte as palabras de Xoán Costa, conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A. no acto de celebración dos dez anos do proxecto: o propósito do proxecto é reafirmar "o noso compromiso a prol dun espazo de comunicación galego, entendendo por tal aquel que coloca o galego como única lingua de comunicación e a Galiza como miradoiro desde o cal ollar o propio país e tamén o mundo". |
NOS_53756 | Faino nun escrito remitido a Elisabeth Sanlés desde o Instituto Galego de Vivenda e Solo en que lle denegan un inmoble porque "o seu caso, sen discutir a precariedade da súa situación, non é quen de atopar unha singularidade tal que permita diferenciala da que están a padecer a meirande parte das outras 3.500 demandantes de vivenda". | Até 3.500 familias agardan por unha vivenda social no concello da Coruña e máis de 5.000 en todo o territorio coruñés. Recoñéceo a propia Xunta de Galiza nun escrito enviado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo a Elisabeth Sanlés, a veciña da cidade herculina que foi desafiuzada o 26 de Novembro ao non lle poder facer fronte ao aluguer cos 296 euros do subsidio de desemprego que cobra, os seus únicos ingresos. Após o Concello da Coruña dicirlle que "non ten pisos" aos que poida transladarse vivir coas súas tres crianzas de tres, catro e once anos, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) comunicou esta quinta feira a Sanlés que, se ben entra no criterio de "persoa cunha necesidade urxente de vivenda", esta non lle vai ser concedida porque "o seu caso, sen discutir a precariedade da súa situación, non é quen de atopar unha singularidade tal que permita diferenciala da que están a padecer a meirande parte das outras 3.500 demandantes" dun inmoble de promoción pública. No municipio da Coruña hai un total de 20.000 casas baleiras, por volta de 300.000 en toda a Galiza. En base a estes dados, a plataforma cidadá Stop-desafiuzamentos A Coruña considera "indignante" que a consellaría de Vivenda alegue que hai na cidade 3.500 familias sen vivenda e quéixanse da "competición apupada polo IGVS e por Servizos Sociais" para comprobar cal das persoas demandantes "está máis excluída". A Xunta volve dicir que Sanlés rexeitou un piso e omite que foi por un erro do IGVS Porén, o escrito remitido a Elisabeth Sanlés por este organismo dependente da Xunta de Galiza non remata coa denegación da vivenda. Aproveita o IGVS para lembrar que á coruñesa lle foi adxudicado en 2011 un inmoble en Arteixo para morar nel durante cinco anos pagando 68,56 euros mensais de aluguer, o 30% do prezo total. Inmoble "que rexeitou". O que non di a notificación é que Sanlés, que efectivamente rexeitou a casa, o fixo porque era un cuarto andar sen ascensor que lle foi concedido embora ela sinalara no impreso de solicitude que padecía fibromialxia. O IGVS recoñeceu que o informe médico que lle recoñecía a fibromialxia non fora tido en conta "por un erro informático" e que a adxudicación sería eliminada do expediente de Sanlés para que non constara o rexeitamento. Porén, primeiro foi o concelleiro de Servizos Sociais e agora o IGVS quen emprega tal circunstancia para, segundo valora Stop-desafiuzamentos, "criminalizar" e "estigmatizar" Elisabeth Sanlés. |
NOS_14981 | Novo sismo rexistrado na Galiza. Desta vez, en Vilariño de Conso (comarca de Viana), cunha intensidade de 3,1, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional. | O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou na mañá desta sexta feira un movemento sísmico de magnitude 3,1 con epicentro no municipio de Vilariño de Conso, na comarca de Viana. Segundo informou o 112 Galiza, no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se rexistraron chamadas que alertasen do terremoto nesta ocasión. O 112 concretou que segundo os datos que facilitaron ao servizo de emerxencias este sismo tivo lugar poucos minutos despois das 9 horas desta sexta feira En concreto, o Instituto Xeográfico Nacional nos seus datos difundidos detalla que este terremoto se rexistrou ás 9,07 horas da sexta cunha magnitude de 3,1. Na xornada desta quinta feira, ademais, detectouse outro sismo, ás 15,21 horas, no municipio de Quiroga, de magnitude 2 e con epicentro a 17 quilómetros de profundidade. No último mes producíronse ducias de movementos de terra na Galiza. O máis intenso, de 3,9 graos, tivo epicentro en Laza e notouse no resto do país. O de Laza foi o maior sismo rexistrado na Galiza nos últimos 25 anos. O máis forte tivera epicentro en Triacastela cunha magnitude de 5,1 na escala Richter. |
NOS_39916 | Hoxe, 23 de abril, é o 175 aniversario da considerada como máis importante batalla da Historia da Galiza contemporánea: a Batalla de Cacheiras (Teo), no marco da Revolución Galega de 1846, cando os galegos comandados polo xeneral Solís se sublevaron contra o centralismo español. Os protagonistas dun dos feitos máis silenciados na historiografía acabaron sufrindo o exilio, torturas e a morte. | As ladeiras de Montouto, en Teo, decorría o 23 de abril de 1846 a que pasou á historia como Batalla de Cacheiras, entre o exército enviado polo Goberno de Madrid, baixo as ordes do xeneral José de la Concha, e as forzas galegas, lideradas polo coronel Miguel Solís, no contexto da Revolución Galega. O factor chave da derrota dos galegos foi o envío á Galiza de máis unidades do bando español. Un desprazamento que desequilibrou a correlación de forzas e que ficou evidenciado en Cacheiras. Na ladeira do monte tivo lugar a confrontación aberta, que, dada a falta de efectivos e de material, finalizou co repregue dos homes de Solís en Compostela. Na capital galega continuou o enfrontamento entre os dous bandos. "Toda a cidade converteuse nun campo de batalla, casa a casa, corpo a corpo", deixou escrito Juan do Porto, pseudónimo dun dos dirixentes da Revolución. "As probabilidades de articular unha resistencia con garantía após a deserción de Celis [Rubín, mariscal de campo á fronte dun corpo que finalmente non acudiu ao apoio dos homes de Solís] e as baixas das tropas galegas levaron a buscar unha solución pactada que o xeneral De la Concha se negou a negociar", expuña Do Porto. A rúa do Hórreo, Sar, Pontepedriña e a praza do Pan foron algúns dos escenarios da contenda, que rematou cos efectivos galegos refuxiados, con numerosas baixas, en San Martiño Pinario. Murguía, marcado polo episodio A vida do historiador Manuel Murguía estivo marcada pola retirada dos galegos após a Batalla de Cacheiras. O portal da casa e a botica do seu pai viraron nun improvisado hospital para socorrer un dos efectivos de Solís, ferido de morte. O 26 de abril de 1856, o propio Murguía, que presenciara de neno os últimos episodios da Revolución nas rúas compostelás, "sentou a primeira pedra do fito inaugural do que andando o tempo será o nacionalismo galego, conmemorando o décimo aniversario do feito dende as páxinas de La Oliva con dous textos nos que, xunto á base ideolóxica progresista, alenta xa o galeguismo emerxente, como cando fai dicir aos alzados No queremos ser más que gallegos", expón o historiador Xusto Beramendi na publicación difundida hoxe pola Fundación Galiza Sempre sobre este episodio da historia da Galiza. O 26 de abril de 1846 foron fusilados en Carral, por orde do Goberno do Partido Moderado, o comandante Solís e outros once oficiais, os mandos militares do pronunciamento progresista que se iniciara en Lugo o día 2 dese mes e que, logo de se estender por boa parte da Galiza, acabou derrotado na batalla de Cacheiras. Explica Beramendi na citada publicación, con prólogo do presidente da fundación, Rubén Cela, que os coñecidos como Mártires de Carral foron "enxalzados como os primeiros que deron o seu sangue pola causa da Galiza e puxeron así a semente da que agromaría o provincialismo primeiro, o rexionalismo despois e, finalmente, o nacionalismo". Foi a Liga Galega da Coruña quen impulsou a construción do cruceiro de pedra por subscrición popular en Carral. Un monumento no que figura o escudo da Galiza e o lema "Mártires da Liberdade", co nome de todos os homes fusilados. Outros provincialistas destacados, como Antolín Faraldo e Francisco Añón, tiveron que agocharse ou exiliarse. Porén, o movemento que encabezaran rexurdiría con forza anos despois. "Ficaba en pé o primeiro miliario do nacionalismo galego", en palabras de Beramendi. Vía Galega convoca un acto o sábado A Plataforma Vía Galega convocou para este sábado, 24 de abril, un acto público en homenaxe aos Mártires e para divulgar a importancia da Revolución Galega de Abril. Decorrerá ás 12 horas, diante do monumento aos fusilados, en Carral, e contará coa intervención de Xurxo Souto. Vía Galega recupera, así, "os acontecementos de 1846 coa conformación da Xunta Revolucionaria do Goberno de Galiza e as proclamas de Antolín Faraldo, para loitar contra a posición subordinada á que fora sometido, política e economicamente, o noso país baixo a ditadura do xeneral Narváez". |
NOS_11851 | A Iniciativa Galega pola Memoria vén de anunciar o seu apoio á querela arxentina contra o franquismo. | A decisión adoptouna a agrupación despois dun encontro en Pontevedra con Chato Galante e Miguel Ángel Gómez, membros da Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina contra os crimes do franquismo. Estes, torturados no tardofranquismo, "instaron á representación do colectivo a impulsar a adhesión do movemento memorialístico galego ao proceso xudicial". O citado proceso, lembra a Iniciativa Galega, "logrou importantes avances dentro do territorio español, pois xa son tres os xulgados que admitiron a trámite denuncias, en Rivas Vaciamadrid, en Valencia e en Madrid". "A loita contra a impunidade do franquismo debe ser prioridade para calquera forza democrática que pretenda gobernar", consideran as activistas galegas, para quen a querela arxentina e o apoio á mesma, "aínda sendo simbólico podería concretarse no futuro na interposición de querelas por parte de familias, colectivos ou concellos galegos para que se abran investigacións por delitos de lesa humanidade". A Iniciativa Galega pola Memoria anuncia ademais a súa intención de, no mes de abril, organizar un encontro coas asociacións que a integran para "intentar constituír unha plataforma galega de adhesión á Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina". "Máis alá da postura que poida adoptar a xustiza española, iniciar o proceso é importante non só para rachar coa impunidade senón tamén porque pode ser o primeiro paso para obter amparo en organismo internacionais como o Tribunal de Dereitos Humanos", conclúe a Iniciativa Galega pola Memoria nun comunicado. |
PRAZA_12436 | Mentres que Dépor e Celta afianzaron, sobre todo os primeiros, as súas opcións de ascenso á liga BBVA, outros clubes galegos, noutras categorías e competicións, mantiveron unha semana máis outras loitas máis modestas. Foi o caso de Montañeiros e Celta B, que empataron no derbi que os enfrontou e que os mantén en postos de perigo na Segunda B. Ou tamén a pelexa de Ourense, Cerceda, Racing Vilalbés ou Pontevedra por ascender a esa categoría. | Fútbol Segunda Huesca 1 - Celta 1 Deportivo 2 - Córdoba 0 Segunda B Atlético de Madrid B 1 - Coruxo 0 Celta B 1 - Montañeiros 1 Lugo - Getafe B (partido adiado polos casos de gastroenterite no equipo madrileño) Terceira Dorneda 1 - Estradense 0 Cerceda 0 - Alondras 1 Lalín 0 - Rápido de Bouzas 0 Pontevedra 1 - Bergantiños 1 Betanzos 2 - Deportivo B 3 Ourense 4 - As Pontes 0 Somozas 1 - Racing de Ferrol 1 Xuventú Sanxenxo 0 - Racing Vilalbés 1 Negreira 0 - Vilalonga 1 Cultural Areas 1 - Ordes 0 Primeira División feminina O Olivo 2 - Llanos Olivenza 2 |
NOS_18562 | Partirá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela. 'Polas liberdades democráticas plenas e o arquivo definitivo da montagem político-judicial contra 9 independentistas'. | Por volta de 70 organizacións, asociacións e colectivos convocan a manifestación que este domingo, 23 de abril, terá lugar en Santiago de Compostela para pedir o arquivo da causa que a Audiencia Nacional mantén aberta contra 9 independentistas a raíz da 'Operación Jaro'. As persoas encausadas neste operativo inciden en que a amplitude dos apoios amosa que hai na convocatoria "un plus de legitimidade política e social" que, engaden, non é habitual neste tipo de mobilizacións. A manifestación pedirá o arquivo da causa e a fin das "montaxes" contra o independentismo, para alén de defender as "liberdades democráticas plenas". Entre as organizacións e entidades convocantes, lembran as encausadas, hai desde organizacións políticas (BNG, Anova, Podemos Galiza ou Causa Galiza), sindicatos (CIG, CUT, FRUGA ou SLG), numerosos centros sociais do País, organizacións estudiantís ou da mocidade (Erguer, Xeira, Briga, Isca!, Galiza Nova, entre outras) ou movementos feministas como MNG ou Conas Ceivas. A isto hai que engadir os perto de 600 apoios acadados polo 'Manifesto Abrolhar', entre os que figuran representantes de diferentes ámbitos, do político e sindical até o cultural e social. |
PRAZA_8712 | A plataforma convoca a cidadanía á marcha que se celebrará o vindeiro 17 de maio e na que se reivindicará "a bandeira levantada por Rosalía" a prol da lingua. | Non queremos ser estranxeiros na propia patria. Queremos galego. Con este lema a plataforma que xunta ducias de colectivos sociais en defensa da lingua chama "ao conxunto da sociedade" á manifestación que como cada ano percorrerá as rúas de Compostela o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Aproveitando os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, a organización a prol do idioma propio homenaxeará a Rosalía e reivindicará "a bandeira levantada por ela" con esa obra, a primeira monolingüe en galego. Queremos Galego denuncia "trinta anos de incumprimento" da Lei de Normalización Lingüística Así, Carlos Callón, voceiro de Queremos Galego, lembrou que a obra de Rosalía foi "un punto de inflexión na historia de Galicia" que "aínda está en vigor". Ademais, lamentou tamén que as reivindicacións da plataforma seguen "tristemente intactas" logo de "trinta anos de vulneración e incumprimento" da Lei de Normalización Lingüística. Callón tamén lamentou os "pasos atrás" que se están a dar na política lingüística e insistiu en destacar que o ensino en galego non chega ao 20% e que tan só un 4% das escolas infantís nas cidades ensinan na lingua propia. "A sociedade non quere que se sigan vulnerando os seus dereitos", asegurou, tras reparar tamén na escasa presenza do idioma nos medios ou na Xustiza. "É lamentable", engadiu. "O único que reivindicamos é o cumprimento da lei de Normalización e do PXNL" Por todo isto, Callón recorda que a única reivindicación é "o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL)", que foron aprobados por "unanimidade" do Parlamento galego. Mentres, segundo denuncia Queremos Galego, seguen impulsándose normas que pretenden "erradicar" o galego, como a Lomce, "que segue a liña" marcada por Núñez Feijóo, de quen denuncia a dobre moral. "Se Feijóo ama a cultura e a lingua galega que o demostre a través de políticas a prol do galego", dixo. A manifestación sairá o vindeiro 17 de maio ás 12 horas desde a Alameda de Compostela e percorrerá a cidade ata a praza da Quintana, onde Queremos Galego espera que non haxa "atrancos" como os que, segundo denuncia, puxo o Concello de Santiago noutras ocasións para instalar o palco. O manifesto da convocatoria será presentado nos vindeiros días e terá como idea central o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos. "A bandeira que levantou Rosalía e que aínda seguiremos sostendo", rematou Callón. |
PRAZA_3910 | Até agora, neste século, a pandemia pela COVID-19 já é a segunda oportunidade de pôr os pés na dúvida, na suspeita e na decisão criativa de acontecimentos e obertura de horizontes especialmente agora, quando nos é prometida saúde por confinamento, devemos viver o tempo de uma maneira diferente, mesmo agora, especialmente agora. | As tentações autoritárias já são suficientemente fortes para ter a saúde como um pretexto. Ja há quem propôs ferramentas de control para quando o confinamento terminar, como a criação de um documento de identificação viral que permita provar se estamos infectados ou não, se somos bons ou maus operários, se submetemos convenientemente ás informações para nossa salvação. Pensamento efectivo cujas boas intenções ninguém duvida, mas que abriga um cerne delirante do qual se pode dizer que já sabemos tudo isso, mas não sei ao certo o que deriva disso, pois acostumamos a identificarmos sem muita reflexão a política do Estado com gestão econômica e porque acabamos sendo tão viciados ao ordem que não vemos na insurreição mais do que o risco de desunião, não porque as leis não valem nada, mas porque existe um bem público e uma força soberana que transcende os estados.Após a des-localização, agora chega geo-localização por telefone celular para obter informações – por exemplo, de contato e relacionamento recente entre pessoas. Google mostrou-nos mais unha vez como a geolocalização pelo telefone celular – por exemplo, nossos movimentos de casa para o trabalho ou para um local de lazer permitem rastrear e mapear o grau de confinamento de todos nós pela ordem de alarme decretada pelo governo espanhol. As tecnologias fornecedores do seu material construtivo: a informação. Têm vindo a ser praticadas com baixa intensidade em todos nós com a nossa complacência de consumidores satisfeitos e que foram tentadas agora, parece que efetivamente, em alguns lugares da Ásia para erradicar o coronavirus. Todo o que foi mobilizado em nome do nosso conforto e eficiência, permite agora organizar confinamentos territoriais parciais ou pessoais em termos de erradicação de vírus porque foi legitimada pela ciência e o estado protector. Aceitamos a restrição temporária mas séria das liberdades básicas por causa do medo e por uma narrativa de auto-proteção. Todo bem. Mas não devemos ter pressa de confundir o bem público com o Estado e suas prerrogativas de control.Certamente, o bem-estar humano, a qualidade e a eficiência do sistema de saúde são importantes, mas não suficientes já que a boa vida atinge máis do que o ben-estar pois é baseada na liberdade. Viver juntos é, por definição, aceitarmos a possibilidade de contagiarmos. Arriscar-se em todos os sentidos: a própria noção de vacina é baseada no de infeção, na inoculação de antígeno que estimulan os anticorpos capazes de gerar uma resposta imune. Um antígeno é geralmente uma molécula estranha ou tóxica para o corpo: aquilo que cria oposição. As vacinas geralmente são muito eficazes e, em alguns casos, conseguem erradicar a doença infecciosa que previr. Como qualquer outro medicamento, a sua eficácia e segurança não são absolutas, e sua administração às vezes é acompanhada de efeitos adversos malia ter um perfil de segurança muito alto, acima da média dos meios terapêuticos utilizados na medicina atual. Porém, amiúdo esquecemos que os alicerzes da saúde pública são, juntas, vacinas e potabilização de auga, a intervenção mais eficaz conhecida , melhorando a qualidade e a expectativa de vida das pessoas. Enquanto lavamos obsessivamente as mãos e esperamos um bom suprimento de medicamentos e vacinas eficazes, a indiferença à falta de água potável em muitas partes do mundo está enraizada, se assim posso dizer, na ideologia do narcisismo de opulência, apesar de ser uma das causas mais comuns de mortalidade.Estamos vivendo uma pandemia global, que é sem dúvida uma situação arriscada, mas em tempos de urgência precisamos ser sérios, otimizando o potencial e protegendo adequadamente os recursos públicos disponíveis. Que significa isso? Que a sociedade não é um hospital nem o confinamento é adiamento nem postergação. Que a vida é nomeada nas metamorfoses perpétuas das primeiras células, que os vírus começam com as primeiras células que abrigam o que um dia se tornaram quen isto escreve e seu leitor. Por mais que saia da nossa alma dizer: maldito vírus! (do latim virus, "veneno" ou "toxina"). Aquí como en outros eidos, amaldiçoamos o que não comprendemos e angústia. Nem bom nem ruim, dificilmente uma força na ação que busca a vida e a auto-expansão. Agás o home, o depredador dos depredadores, estima-se que haja 1031 vírus e com capacidade de movimento entre diferentes biomas( 200.000 tipos diferentes de vírus circulam nos oceanos do mundo), a maioria dos quais são fagos que infectam bactérias. Estudos sugerem que a diversidade viral pode ser alta em escala local, mas relativamente limitada globalmente. Além disso, ao se mover entre ambientes, os vírus podem facilitar a transferência horizontal de genes. Estruturas simples, se comparados a células considerados parasitas intracelulares obrigatórios característica que para alguns cientistas os impede de serem considerados seres vivos ainda que representam a maior diversidade biológica do planeta.Porém, dependem do maquinário metabólico da célula hospedeira, mas até aí todos os seres vivos dependem de interações com outros seres vivos. Seja como for, sua origem é aparentemente tão antiga como a própria vida.Memória do planeta. Talvez devêssemos esquecer tanta mecanicismo materialista e fitarmos que a vontade de poder age aquén e além nós. Portanto, a mesma vontade de poder nietzscheana, anterior a toda vida, que insta a sairmos o mais axinha possível, se não queremos que o remédio seja pior que a doença.Se reconhecemos criticamente o valor da epidemiologia e das técnicas aplicadas de contrle de doenças, não devemos fazê-lo da maneira rigidamente hegeliana, como se fosse o último capítulo da história (o racional não é o real e o real não é o racional). Devemos insistir em uma distinção: dar cumprimento a uma visão ou teoria não implica de maneira alguma sua realização prática completa; ao contrário, de tempos em tempos, até que as coisas mudem, deve ser feita uma constante tradução crítica da teoria em sua manifestação tecnológica, que se transformou em um folclore sagrado do poder estatal-empresarial, para o qual os indivíduos somos tentados e para o qual o individuo-cliente pode direcionar o olhar com a mesma tranquilidade que um crente confia em uma pulsão imitativa confortável no âmbito de um imperial Estado-Sart-up .Que o temporário se torne conformarmos com levar no peto un documento de boa conduta que permita ao Estado classificar os cidadãos sob o novo regime de discurso e de poder geolocalizador relacional.Isso significaria que a imunização alcançada não é apenas para o vírus, mas para a possibilidade de uma criança e educação humana que seja mais do que apenas um jogo de rendimento que pode acabar sendo também o de total rendição ao imperativo neoliberal de auto-exploração. Que o imperativo sanitario de confinamento como teletrabalho ou como desemprego (ambas as duas fases do tempo de trabalho) direcionado ao bem comum da saúde se torne definitivamente num tempo de coerção em que o bem comum acabe sendo visto e aceito como domesticação num ben-estar sem liberdade.Aqueles que acham isso exagerado devem lembrar que alcançamos um sistema de educação e auto-educação continuada que nem os sindicatos questionam sobre um mundo adequado para um global de smart mobs que mal percebemos como disciplinares. Há sete anos, Byung-Chul Han traçou o paralelismo entre comunicação digital e vírus, "infecciossa porque ocorre imediatamente no nível emocional … o que não dá nada para ler ou pensar". Escassa en significância e sentido, espalha pela rede como uma pandemia em comparação com a lentidão exigida por eidos como a leitura ou a escrita. A possibilidade de definitiva postergação da intimidade fronte o pulo da sociedade da transparência e sua identificação com uma instituição total deve ser importante, acima de tudo, para mostrar como essas situações extremas nos convidam a conceber o sujeito humano como subjetivação do corpo e esse corpo definido a priori como humanizabel além de toda redução para a entidade biológica.Até agora, neste século, a pandemia pela COVID-19 já é a segunda oportunidade de pôr os pés na dúvida, na suspeita e na decisão criativa de acontecimentos e obertura de horizontes especialmente agora, quando nos é prometida saúde por confinamento, devemos viver o tempo de uma maneira diferente, mesmo agora, especialmente agora. |
PRAZA_15537 | O Colexio Oficial de Médicos da Coruña rexeita nun duro comunicado a redución de salario aos empregados públicos e cre que é "moralmente reprobable manter o indecente número de cargos públicos a conta da saúde dos cidadáns". | Os profesionais sanitarios volven rebelarse ante os recortes da Xunta. Logo de que os sindicatos médicos acusaran a Feijóo de "pasar a liña vermella" cos axustes, agora é o Colexio Oficial de Médicos da Coruña o que emite un duro comunicado no que cualifica de "irresponsables" as medidas levadas a cabo polo Goberno galego, como a redución salarial do 4% aos funcionarios anunciado este venres, e no que aseguran que é "ética e moralmente reprobable manter o irracional aparato administrativo do Estado e o indecente número de cargos públicos a conta da saúde pública dos cidadáns". A través dun comunicado titulado Así non, e colgado na súa páxina web, os médicos colexiados da Coruña amosan o seu "enérxico rexeitamento" ao novo recorte salarial aos empregados públicos, que supón "un novo descenso nos soldos dos médicos" que, en menos dun ano, "xa foron recortados en máis dun 20%. Ademais, os profesionais sanitarios consideran "reprobable" a forma na que se adoptou esta medida, "de costas aos profesionais". O comunicado critica que os recortes se fagan "de costas aos profesionais" sanitarios O Colexio Oficial de Médicos lembra que sempre apostou polo "diálogo, a responsabilidade, a profesionalidade e a lealdade" nas súas relacións coa Administración Sanitaria, trasladándolle propostas de solución aos problemas -como o documento presentado a Feijóo hai dúas semanas- que foron respondidas "cun novo recorte salarial sen terse antes adoptado reformas que ataquen a cerna dos males do sistema". "Non somos partidarios de recortes fáciles e alleos a unha cuestión irrenunciable: dar unha atención de calidade ao paciente". Así, os médicos cren que "chegou o momento" de que os responsables políticos "anuncien o déficit do Sergas e os seus males", en lugar de "especular coas cifras". "Que nos digan a verdade sobre a débeda e que nos conten onde está o problema", reivindican, tras insistir en que é "totalmente inadmisible" que se recorte "na Sanidade sen antes adoptar medidas drásticas noutras estruturas políticas e administrativas do Estado". "Goberno central, autonomías, deputacións, concellos e multitude de organismos acollen unha inxente cantidade de cargos e asesores que viven a costa do erario público", lembran. Os médicos denuncian que as súas propostas de solución son respondidas con recortes e piden á Xunta que "anuncie o déficit do Sergas e identifique os seus males" Por último, o comunicado da xunta directiva do Colexio cualifica de "irresponsable e de falta de coraxe política" a actuación dos que gobernan, malia o que aseguran que se "reafirman" no seu compromiso "coa calidade do acto médico, cos paciente e coa sociedade no seu conxunto". "Tamén en crise, estaremos á altura do que nos demanden os cidadáns", rematan. |
NOS_12095 | Após pasar a disposición xudicial esta cuarta feira, B.R. fica en liberdade baixo fianza de 5.000 euros. | B.R, o independentista detido na terza feira após unha operación policial desenvolvida por orde da Audiencia Nacional española, fica en liberdade neste 17 de xuño. Faráo ao longo da tarde, segundo informaron fontes do organismo antirrepresivo Ceivar a Sermos Galiza, logo do pagamento dunha fianza de 5.000 euros. B.R., a quen lle foi aplicada a lei antiterrorista e a conseguinte incomunicación, puido ser visitado pola súa avogada na mañá desta cuarta feira. Logo de prestar declaración perante o xuíz Eloy Velasco, a fiscalía solicitou unha fianza para que fose posto en liberdade con cargos. Segundo fontes do movemento anti-represivo, o cargo que lle imputam a este veciño de Compostela "colaboración con banda armada" mais segundo mantén a Defesa as acusacións son "infundadas" e non responderían a "criterios xurídicos determinantes". Agárdase que nas vindeiras horas B.V chegue a Galiza. |
NOS_11179 | Un filme tan ben intencionado e con resolucións tan cándidas que máis ben parece o soño doce dun ancián que aínda quere crer na bondade do ser humano | Con 91 anos, Clint Eastwood convértese no cineasta máis lonxevo en activo, seguido de perto por Yôji Yamada (90) e por Carlos Saura (89), e semella que non vai deixar de traballar de maneira voluntaria. Esta afouteza por continuar na brecha rememora o espírito que mantivo Manoel de Oliveira até a fin dos seus días. Oxalá teñamos a sorte de seguir aturando o clasicismo de pequenas historias de Eastwood durante tanto tempo, ou máis, que o que puidemos gozar do xenio portugués. Cry Macho / Clint Eastwood / EUA / 2021 / 104 min. A cousa vai de anos, case trinta levou adaptar á gran pantalla esta historia escrita polo televisivo N. Richard Nash que, unha e outra vez, era rexeitada polas produtoras até que caeu nas mans de Eastwood. O nonaxenario director presentiu unha grande oportunidade para fechar a súa triloxía sobre a vellez, precedida por Gran Torino (2008) e Mula (2018). Como nas anteriores, e dunha maneira velada, Eastwood semella impregnar o personaxe que interpreta con moito de si mesmo deixando un par de perlas de lúcida sabedoría de vida para quen queira escoitar. Ambientada a finais dos 70, Eastwood interpreta un vaqueiro retirado que acepta traer o fillo adolescente do seu antigo xefe desde México para afastalo da súa nai alcohólica e das leas nas que anda metido. O vaqueiro consegue convencer o rapaz e, xunto cun galo chamado Macho, tratarán de chegar á fronteira sorteando os federais e os secuaces da nai biolóxica. Pasaría perfectamente por un telefilme de sobremesa se non estivese Eastwood detrás e diante da cámara. Logra converter unha historia menor nunha road-movie bastante simpática e chea de boas intencións que provoca un sorriso perenne durante case toda a metraxe. Cry Macho desprende boas sensacións, apela aos bos sentimentos e, ademais, dá un par de leccións de vida. Todo na historia semella como de cor de rosa. Apenas hai malas persoas e os malos, que os hai, resultan bastante parvos, incluso graciosos. Intúese moi pouco perigo real para o vello vaqueiro e o seu compañeiro de viaxe. Ademais o personaxe de Eastwood mantén intacto o seu sex-appeal e volve toliñas a dúas mulleres que poderían ser a súa neta e a súa filla, respectivamente. Un filme tan ben intencionado e con resolucións tan cándidas que máis ben parece o soño doce dun ancián que aínda quere crer na bondade do ser humano e/ou desexaría uns últimos días así. De feito, hai unha breve, pero poderosa, escena na que Eastwood se deita ao raso, no entre lusco e fusco, que incita pensar que pode que si se trate todo dun soño. Quen sabe? |
PRAZA_13372 | Diversos colectivos galegos reunidos na plataforma Stop Israel Nuclear están actualmente impulsando unha campaña global que ten como obxectivo central conseguir que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas esixa ao Estado de Israel a apertura das súas instalacións nucleares e súa a inspección por parte da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA). | Diversos colectivos galegos reunidos na plataforma Stop Israel Nuclear están actualmente impulsando unha campaña global que ten como obxectivo central conseguir que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas esixa ao Estado de Israel a apertura das súas instalacións nucleares e súa a inspección por parte da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA). O momento e obxectivo desta campaña parece oportuno, tomando en conta a intensificación dunha eventual proliferación nuclear en Oriente Próximo Esta campaña en rede e de carácter horizontal focalízase na recolección de apoios a fin de axilizar os trámites necesarios para elevar esta petición ante a Asemblea Xeral e o Consello de Seguridade da ONU. O seu seguimento e actualización estará recollida na súa páxina web: www.stopisraelnuclear.org, baixo o lema Un millón de voces na ONU, coa intención de alcanzar un millón de firmas para a petición. O momento e obxectivo desta campaña parece oportuno, tomando en conta a intensificación dunha eventual proliferación nuclear en Oriente Próximo, en especial con relación ás presións da AIEA, de EUA e Israel contra o programa nuclear iraniano. Esta presión revela os alicerces dunha política de marcada ambigüidade por parte da ONU e Occidente co respecto aos programas atómicos de dous rivais xeopolíticos na rexión, como son os casos de Israel e Irán. As orixes: a "doutrina Ben Gurión" Na actualidade, e segundo diversas fontes, crese que Israel posúe 200 mísiles nucleares tácticos Desde comezos da década de 1960 existe unha implícita ambigüidade sobre o programa nuclear israelí. Se ben a comunidade internacional e determinadas declaracións públicas de altos cargos israelís revelan que este país posúe capacidade atómica emanada da construción da súa central nuclear en Dimona, oficialmente o Estado de Israel mantén unha velada política de silencio sobre o seu programa nuclear. O influente think tank Stockholm International Peace Research Institute (SIPRI) recoñece a Israel como un Estado con armas nucleares non declaradas e con capacidade atómica militar suficiente. A diferenza de Irán e Corea do Norte, e ao igual que outras potencias nucleares declaradas como India e Paquistán, Israel nunca asinou o Tratado de Non Proliferación Nuclear creado en 1968 e que entrou en vigor a partir de 1970. Na actualidade, e segundo diversas fontes, se cre que Israel posúe 200 mísiles nucleares tácticos. Por tomar un exemplo que certifica como Israel posúe e desenvolve un programa nuclear desde fai máis de cinco décadas, o semanario alemán Der Spiegel, na súa edición de comezos de xuño de 2012, revela que xa desde 1961 a entón República Federal de Alemaña estaba informada dos plans atómicos israelís e que esa relación segue vixente ata hoxe. Esta reportaxe informa dunha reunión en 1977 entre o entón chanceler alemá, o socialdemócrata Helmut Schmidt, e o ministro israelí de Exteriores, o mítico xeneral Moshé Dayán, onde se abordaron cuestións de carácter nuclear. Considerase nesta reportaxe que Berlín "coida con atención especial as súas relaciones con Israel como parte da súa responsabilidade histórica cara ese Estado, e observa así mesmo unha extrema cautela fronte a calquera crítica a súa política". Os plans nucleares israelís cobraron forma entre as décadas de 1950 e 1970, principalmente a partir da visión do presidente e fundador do Estado de Israel, David Ben Gurión, de proverse dun programa nuclear avanzado de seguridade nacional para lograr manter á raia os seus hostís veciños árabes Os plans nucleares israelís cobraron forma entre as décadas de 1950 e 1970, principalmente a partir da visión do presidente e fundador do Estado de Israel, David Ben Gurión, de proverse dun programa nuclear avanzado de seguridade nacional para lograr manter á raia os seus hostís veciños árabes. Por tomar un exemplo, en 1952 creouse a Comisión Israelí de Enerxía Atómica, encargada de levar a cabo unha cooperación secreta con Francia no relativo á transferencia de tecnoloxía nuclear. Esta perspectiva de Ben Gurión confirma a tese do historiador revisionista israelí Avi Shlaim sobre a preservación da doutrina de seguridade nacional coloquialmente denominada en Israel como O Muro de Ferro, unha visión que serviu de baluarte para a consolidación do Estado israelí e da necesidade de asegurarse a súa superioridade militar co respecto ao mundo árabe. Estes plans nucleares israelís xa definidos en tempos de Ben Gurión contaron coa total anuencia de Washington, particularmente a través do goberno de John F. Kennedy. Ben Gurión observaba a EUA como un aliado estratéxico e militar esencial para Israel, co cal afanouse persoalmente en forxar unha relación inquebrantable que perdura ata o día de hoxe. Un momento chave da concreción desta relación entre EUA e Israel foi a visita a Kennedy realizada pola entón ministra israelí de Exteriores, Golda Meir en Palm Beach (Florida) en decembro de 1962. Non obstante, xa desde 1960 algúns diarios estadounidenses, como The New York Times, así como o británico Daily Express, informaron que un Estado non comunista nin pertencente á OTAN desenvolvía un programa nuclear, identificando así a Israel, e que o mesmo contaba coa cooperación de Francia. Estes plans nucleares israelís xa definidos en tempos de Ben Gurión contaron coa total anuencia de Washington, particularmente a través do goberno de John F. Kennedy Compre salientar que a preocupación nuclear israelí e a concreción da súa relación estratéxica con Washington coincidiu nos momentos mais álxidos da guerra fría, tras a Crise dos Mísiles de Cuba (1962) e dentro dunha conxuntura en Oriente Próximo que identificaba a asunción do panarabismo impulsado dende Exipto polo presidente Gamel Abdel Nasser, e a súa consabida hostilidade cara Israel. Por tanto, o desenvolvemento do programa nuclear israelí xa estaba en marcha. Tras coñecerse mundialmente a información en The New York Times, o propio Ben Gurión negou ante o Knesset ou Parlamento israelí que Israel estiveran construíndo un reactor nuclear con fins militares. As súas palabras foron reproducidas en 1963 polo entón ministro de Defensa Shimon Peres, actual presidente de Israel, quen informou que o seu país non sería o primeiro en introducir un programa nuclear en Oriente Próximo. En realidade, todos estes desmentidos ocultaban a veracidade de que Israel estaba levando a cabo un programa nuclear. Foi entón a partir de 1968, durante o goberno de Golda Meir en Tel Aviv e de Richard Nixon en Washington, cando ambos países decidiron apoiar a concreción do programa nuclear israelí e manter a doutrina do silencio e da ambigüidade vixente ata hoxe. Foi a partir de 1968, durante o goberno de Golda Meir en Tel Aviv e de Richard Nixon en Washington, cando ambos países decidiron apoiar a concreción do programa nuclear israelí e manter a doutrina do silencio e da ambigüidade vixente ata hoxe Documentos recentemente desclasificados en Washington confirman que a CIA xa sabía que Israel construía unha central nuclear en Dimona desde 1958 e que, a partir de 1961, a central de intelixencia estadounidense consideraba que ao longo desa década, Israel tería finalizado ou ben avanzado o seu programa nuclear. Estas revelacións foron traducidas a través de diversos memorandos enviados en setembro de 1969 polo entón director da CIA, Richard M. Helms, e o secretario de Estado do goberno Nixon, Henry Kissinger, e que igualmente confirmaron, especialmente a partir de 1970, a non disposición israelí para asinar o Tratado de Non Proliferación Nuclear (TNP) de 1968. Pero existe outra proba mais contundente sobre a existencia do programa nuclear israelí: a famosa polémica suscitada pola detención de Mordejai Vanonu, xudeu de orixe marroquí ex técnico do reactor de Dimona, quen desertou de Israel a Gran Bretaña e desvelou os segredos do programa nuclear israelí ao diario británico Sunday Times, entre eles que o Estado israelí podería posuír entre 100 e 2.000 oxivas nucleares. Vanonu foi secuestrado en Roma polo Mossad, o servizo israelí de intelixencia, e condenado en 1988 a 18 anos de prisión por espionaxe. Foi finalmente posto en liberdade en 2004. A carón do caso Vanonu, Occidente e especialmente EUA, certificou a realidade de que Israel constituía unha potencia nuclear pero coidou de manter a súa cooperación co Estado israelí no relativo a preservar o silencio sobre o mesmo, a tenor dos imperativos de seguridade de Israel. O temor israelí era precisamente que o mundo árabe, e particularmente Irán, lograran facerse cos servizos e as revelacións de Vanonu. O silencio sobre o programa nuclear israelí Segundo Cohen, "Israel ten un monopolio (nuclear) silencioso no Medio Oriente" Esta doutrina de persuasión e contención cara os países árabes emanada por Ben Gurión consolidou e ampliou a ambigüidade israelí co respecto ao seu programa nuclear, determinada polo que o profesor Avner Cohen, da Universidade de Maryland (EUA) denomina unha estratexia profunda orientada a preservar a integridade nacional israelí. Segundo Cohen, "Israel ten un monopolio (nuclear) silencioso no Medio Oriente. Esta política permitiu a case todos esquecerse deste tema e creou no mundo árabe a percepción de que con Israel non se pode. Esta política israelí deu un resultado fenomenal e logrou o seu obxectivo: preservar a superioridade e por ende a existencia de Israel na rexión" así como a percepción a nivel mundial de que Israel non utilizará estas armas nucleares "a excepción de casos extremos na que vea ameazada a súa existencia". A pesar do éxito desta política de ambigüidade, Cohen considera que "Israel é o único país nuclear que nega con insistencia o seu status e trata o tema como un secreto inmodificable", argumentando incluso que en Israel nunca houbo debates públicos serios sobre o seu programa nuclear, así como da eventual utilización do seu arsenal atómico en tarefas defensivas. No escenario rexional actual, en especial ante o pulso occidental e israelí contra o programa nuclear de Irán, este persistente silencio oficial "contradí a esencia democrática de Israel e, no rexional, lle da escusas a Irán para marchar por un mesmo e exclusivo camiño" No escenario rexional actual, en especial ante o pulso occidental e israelí contra o programa nuclear de Irán, este persistente silencio oficial e a perspectiva de ocultar ante o mundo o seu programa nuclear "contradín a esencia democrática de Israel e, no rexional, lle da escusas a Irán para marchar por un mesmo e exclusivo camiño", fomentando dalgunha forma e indirectamente a proliferación nuclear en Oriente Próximo. Incluso en Israel existe preocupación sobre o estado do seu aparentemente único reactor nuclear, o de Dimona, localizado no deserto do Néguev e que data a súa creación entre 1962 e 1964. Ao non asinar o TNP, Israel non ten dereito a acceder á compra de certos insumos nucleares debido a que o seu reactor de Dimona non está suxeito a supervisión internacional, un aspecto que afectaría outras áreas de desenvolvemento do programa nuclear israelí, como a medicina, a agricultura, a xeoloxía e especialmente a enerxía. Aínda que o tema nuclear en Israel non se tratara a través dunha discusión pública con seriedade e profundidade, incluso manexándose como un "tema tabú", é salientable considerar que existen pequenas voces académicas e grupos cívicos disidentes Aínda que o tema nuclear en Israel non se tratara a través dunha discusión pública con seriedade e profundidade, incluso manexándose como un "tema tabú", é salientable considerar que existen pequenas voces académicas e grupos cívicos disidentes que demandan a suspensión do programa nuclear israelí e a súa supervisión por parte das organizacións internacionais. A tensión nuclear en Oriente Próximo Este misterio sobre o programa nuclear israelí acrecenta as tensións existentes en Oriente Próximo, principalmente por parte iraniana. Se ben Teherán defende oficialmente que o seu programa nuclear ten fins científicos e non militares, o cadro xeopolítico que se presenta para o país persa na súa contorna entre Oriente Próximo e Asia Central da conta dunha paulatina política de presión militar cara as súas fronteiras que, en clara perspectiva militar, acentuaría a necesidade de proverse dun programa atómico de defensa. Estes factores de tensión e presión exterior cara a Teherán se identifican na presenza da OTAN en Turquía; na intervención militar de EUA e dos seus aliados en Iraq e Afganistán; no acordo nuclear entre EUA e a India (2006) Estes factores de tensión e presión exterior cara a Teherán se identifican na presenza da OTAN en Turquía; na intervención militar de EUA e dos seus aliados en Iraq e Afganistán; no acordo nuclear entre EUA e a India (2006) e as súas respectivas tensións cara Paquistán e China; na presenza naval militar estadounidense no Golfo Pérsico; e no tácito apoio de Washington por manter a política de "ambigüidade e silencio" co respecto ao programa nuclear israelí. Como válvula de escape con incertas e ata agora infrutuosas repercusións a nivel internacional, Irán logrou en 2010 asinar un acordo con Turquía e Brasil a fin de preservar o seu dereito a manter un programa nuclear con fins pacíficos que, eventualmente, tentara contrarrestar os pulsos e presións emanados dende a AIEA e Washington sobre a integridade do seu programa nuclear. Como válvula de escape con incertas e ata agora infrutuosas repercusións a nivel internacional, Irán logrou en 2010 asinar un acordo con Turquía e Brasil a fin de preservar o seu dereito a manter un programa nuclear con fins pacíficos A tensión entre Israel e Irán vese igualmente reflectida polos reiterados mensaxes que desde 2010 envían o actual goberno israelí de Benjamín Netanyahu e o poderoso estamento militar de Tel Aviv, sobre a concreción de plans militares de ataque unilaterais contra as instalacións nucleares iranianas, aínda sen existir respaldo do Consello de Seguridade da ONU nin de Washington. Como se sabe, Rusia e China manteñen a súa política de veto contra calquera tentativa de ataque contra Irán, socio enerxético, comercial e militar estratéxico para Moscova e Pequín. É precisamente a ambigüidade de enfoque e posición que a AIEA e Washington manteñen co respecto aos programas nucleares israelí e iraniano o factor que acrecenta esta tensión en Oriente Próximo Pero é precisamente a ambigüidade de enfoque e posición que a AIEA e Washington manteñen co respecto aos programas nucleares israelí e iraniano o factor que acrecenta esta tensión en Oriente Próximo. Outros países aliados de Washington na rexión, como Arabia Saudita e Qatar, manifestaron publicamente a súa intención de levar a cabo programas nucleares de defensa contra a presunta ameaza nuclear iraniana no Golfo Pérsico, un escenario que definiría unha eventual proliferación nuclear na rexión. |
PRAZA_15185 | Diversos actos reclamaron en todo o país máis recursos para as vítimas de malos tratos e para a sensibilización. "Son insuficientes", asegura a Marcha Mundial das Mulheres. | Milleiros berraron contra a violencia de xénero este domingo en Galicia. Vigo, Ourense, Santiago ou Ferrol acolleron diversas marchas con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista. Na cidade olívica tivo lugar a manifestación principal, convocada pola Marcha Mundial das Mulheres baixo o lema Marchamos polos dereitos das mulleres a unha vida sen violencia e que partiu no mediodía desde o Marco. A Marcha Mundial das Mulleres cre que a loita contra a desigualdade foi "case testemuñal" Na declaración institucional realizada, os asistentes denunciaron que os recursos para as vítimas de malos tratos e para a sensibilización "foron insuficientes" durante estes anos, de forma que a loita contra a desigualdade "e en favor da emancipación das mulleres" foi "case testemuñal". "É tempo de ampliar alianzas cos outros sectores sociais agredidos, de tinguir con alternativas feministas as loitas que é preciso dar en toda Europa, para facer nacer outro modelo onde o feminismo sexa unha das matrices deste cambio", destacou a Marcha Mundial das Mulheres nun acto ao que asistiron representantes do BNG, como a responsable de Igualdade no Parlamento, Carme Adán, que solicitou a Gallardón que non aplique as taxas xudiciais contra as vítimas da violencia machista. Pola súa banda, en Ourense levouse a cabo unha marcha reivindicativa na que participaron unha cen persoas, convocadas polo movemento feminista da cidade. A voceira da Marcha Mundial das Mulheres en Ourense, Ximena González, quen explicou que esta protesta estivo encabezada cun cartel en homenaxe ás 74 vítimas mortais da violencia machista deste ano, segundo datos do Observatorio da Rede Estatal de Organizacións Feministas, nunha cifra que dobra os números oficiais. En Ourense, unha persoa caída cada certo tempo na marcha para representaqr de forma simbólica as vítimas da violencia machista Durante a marcha, e cada certo tempo, unha persoa caía cada certo tempo de forma simbólica para debuxar unha silueta na que se inscribiu o nome das vítimas da violencia de xénero, logo de denunciarse outros tipos de violencia como a económica ou relixiosa. Bela Auria, Foro Feminista Falando Nós, Marcha Mundial das Mulleres, Semente, STEG, Área da Muller de Esquerda Unida, Esculca, CIG, CCOO, Asamblea Aberta Ourense, Encontro Irmandiño, Acción Feminista de Anova ou a CUT, entre outros colectivos e persoas a nivel individual, participaron nas marchas. Ademais, en Santiago tivo lugar este domingo a II Andaina Solidaria organizada polo Concello compostelán con motivo deste día para a eliminación da violencia de xénero. Preto de cen persoas, entre nenos e maiores, uníronse a esta marcha que percorreu 12 quilómetros desde Lavacolla ata a Praza do Obradoiro, na que hai unha instalación formada por máis de 5.600 siluetas realizadas por escolares na cal, por unha banda, atópanse palabras en negativo como 'malos tratos' ou 'violencia', mentres polo outro están 'amor' ou 'amizade'. O BNG celebrou en Compostela o sábado -nun acto ao que acudiu o seu portavoz nacional, Guillerme Vázquez- unha "festa de enterro do patriarcado", un acto simbólico co que converter "en heroínas ás vítimas de violencia de xénero" con motivo da celebración desta data sinalada. En Ferrol, pola súa banda o alcalde da localidade, José Manuel Rey Varela, formou parte este domingo dunha ofrenda floral no peirao de Curuxeiras en homenaxe ás vítimas, no que denunciou que: "A violencia machista degrádanos como sociedade porque nos vulgariza como seres humanos". Ademais, na localidade ourensá de Piñor, tivo lugar este 25 de novembro unha marcha na que participou a deputada socialista Laura Seara que censurou os recortes do Goberno popular en materia de protección ás vítimas e a desaparición de campañas de sensibilización. Máis de 300 homes en cadea por violencia de xénero En canto aos datos, un total de 314 homes atópanse en prisión en Galicia por delitos relacionados coa violencia de xénero, unha secuela que motivou entre xaneiro e xuño deste ano un total de 2.352 denuncias no país. Así o detalla o estudo realizado por CCOO. con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra este domingo, no que se reflicte que 3.739 mulleres recibiron atención policial en Galicia ata o 30 de setembro de 2012 -o 3,8% das de España- por esta cuestión e que, destas, 903 tamén recibiron protección policial activa -o 5,5% do total do Estado-. Estas cifras son inferiores ás de 2011. |
NOS_38016 | Os primeiros datos de participación ofrecidos polo Ministerio do Interior informan dun 34,24% na porcentaxe de persoas que acudiron ás urnas até as 14 horas para votar nas eleccións municipais a respecto de 2015. A respecto das europeas, a participación aumenta máis de 12 puntos, pois votou até as 14 horas un 32,95% do censo, cando en 2014 votara até as 14 horas o 20,9%. | A participación nas eleccións municipais é lixeiramente superior á rexistrada en 2015. Así, até as 14 horas votou no conxunto da Galiza un 34,24% do censo. Nas anteriores eleccións municipais, que decorreran en maio de 2015, a participación era ás 14 horas do 33,28% e ascendera ao 50,97% ás 18 horas. Por cidades, a participación era ás 14 horas na Coruña do 31,02%, fronte ao 31,23% de 2015; en Compostela, do 32,62%, fronte ao 30,18% de 2015; en Ferrol, do 33,1%, fronte ao 30,36% de 2015; en Pontevedra, do 33,22%, fronte ao 32,59% de 2015; en Vigo, do 33,49%, fronte ao 32,28% de 2015; en Lugo, do 29,64%, fronte ao 29,26% de 2015, e en Ourense a participación rexistrada até as 14 horas foi do 33,35%, fronte ao 32,68% das anteriores municipais. Participación nas eleccións europeas A respecto das eleccións europeas, en 2014 e até as 14 horas, votara na Galiza o 20,9% do censo electoral, hoxe, o 32,95%. O aumento é, por tanto, de máis de 12 puntos, unha suba que se explicaría debido á coincidencia das dúas eleccións. |
NOS_28155 | Os datos de defuncións da primeira metade de 2020 ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística confirman unha suba da taxa de mortalidade na Galiza. O incremento é de dous puntos con respecto á mediana do primeiro semestre da última década, comprendida entre 2010 e 2019. A Covid deixou na Galiza 619 persoas falecidas durante a primeira vaga, unha cifra que no pico da terceira onda de contaxios xa se multiplica por tres. | O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar un avance dos datos de defuncións rexistradas na Galiza durante a primeira metade de 2020, período que se corresponde coa chegada do novo coronavirus, a declaración da pandemia da Covid-19 e os efectos da primeira vaga de contaxios. Segundo os datos provisionais ofrecidos polo IGE, entre xaneiro e xuño de 2020 faleceron 16.520 persoas, das cales 9.075 morreron durante o primeiro trimestre e 7.445 no segundo, coincidindo coa etapa na que Galiza sumou a maior parte das primeiras mortes relacionadas co coronavirus. Son 338 persoas máis que as falecidas no mesmo período de 2019, cando se rexistraron 16.182 defuncións. O impacto da Covid-19 O Servizo Galego de saúde notificou a primeira morte por Covid-19 na Galiza o 14 de marzo. Desde mediados deste mes até finais de xuño o Sergas notificou o falecemento de 619 persoas, das que 274 afectaron a residentes e usuarias dos centros de maiores e atención á diversidade. Porén, a finais de 2020, o Instituto Nacional de Estatística avanzou unha cifra de mortes por coronavirus na Galiza superior á que contemplan os datos oficiais da Administración galega. Só entre marzo e maio apunta 643 defuncións relacionadas coa Covid-19, ás que suman outras 76 sospeitosas. Os datos elaborados polo INE parten dos certificados médicos de defunción e atende normas da Organización Mundial da Saúde (OMS), de forma que as persoas falecidas con coronavirus son aquelas nas que se identificou o SARS-CoV-2 e a presenza da patoloxía asociada a este virus.Pola súa banda, os casos sospeitosos refírense ás defuncións nas que non se puido identificar o virus, "pero nas que o persoal médico sospeita que o podía ter ao mostrar síntomas compatíbeis coa enfermidade da Covid-19". Con todo, as estatísticas oficiais de defuncións reflicten a mortalidade nun territorio sen distinguir as causas, polo que non se pode medir de forma exacta o impacto da pandemia mais si observar variacións á alza que confirman tanto os datos ofrecidos polo Instituto Galego de Estatística como polo seu homólogo estatal. De feito a mediados de 2020 puxo en marcha unha estatística experimental co fin de estimar as defuncións ocorridas durante a pandemia da Covid-19. Primeiro semestre de 2020 Se atendemos aos rexistros históricos de defuncións divulgados polo IGE na última década, a mediana de persoas falecidas ao ano entre 2010 e 2019 na Galiza é de 30.871, cunha taxa de mortalidade de 112,8 por cada 10.000 habitantes. A mediana de falecementos por trimestres amosa lixeiras variacións mais permite observar unha tendencia consolidada ano tras ano, e é que o normal é que morran máis persoas no primeiro trimestre que nos tres restantes. Así, a estatística indica que a mediana é que na Galiza morran 8.783 persoas entre xaneiro e marzo, cunha taxa de 32,1 por cada 10.000 habitantes; 7.373 entre abril e xuño, cunha taxa de 26,8; 7.014 entre xullo e setembro, cunha taxa de 25,6, e 7.710 entre outubro e decembro, cunha taxa de 28,1 persoas falecidas por cada 10.000 habitantes. Se tomamos en consideración a taxa de mortalidade correspondente ao primeiro semestre de 2020, Galiza rexistrou 61,1 defuncións por cada 10.000 habitantes fronte ás 58,9 taxadas para o mesmo período da década anterior, o que revela un incremento de dous puntos coincidindo coa chegada do coronavirus e a propagación da pandemia, que despois de conceder unha pequena tregua coincidindo co inicio do verán, volveu coller folgos a comezos de agosto. Desde entón sucedéronse dúas vagas máis de contaxios que até finais de xaneiro deixaron un total de 1.806 persoas falecidas cunha PCR positiva. Rexistros semanais Sen poder precisar as causas das defuncións, as estatísticas do INE que buscan reflectir o impacto da Covid no número de falecementos rexistrados indican unha variación á alza en todas as semanas da primeira metade do ano 2020 con respecto ao ano anterior salvo na primeira. Até a semana 26, a que vai do 22 ao 28 de xuño, o INE anota para Galiza un total de 16.551 defuncións fronte as 16.289 rexistradas no mesmo período de 2019, o que representa un incremento de 1,6%. A semana da primeira metade de 2020 con maior número de defuncións foi a 14, ao igual que no resto do estado. Entre o 30 de marzo e o 5 de abril faleceron na Galiza 850 un 33,6% máis con respecto aos mesmos días de 2019, cando se rexistraron 636 defuncións. Ate finais de novemebro de 2020, o INE estima que na Galiza se produciron 29.361 mortes o que supón un 5,09% máis que no mesmo período do ano pasado e representa un incremento de perto de 1.500 persoas falecidas. A 30 de novembro de 2020 o Sergas notificara 1.232 defuncións relacionadas coa Covid-19. 400 mortes Covid en xaneiro Na noitiña do primeiro de febreiro a Consellaría de Sanidade notificou o falecemento de 40 persoas con coronavirus. A cifra recollida nun comunicado dirixido aos medios é a máis alta das ofrecidas durante a pandemia ao superar as 36 defuncións das que informara o pasado 1 de abril en plena primeira vaga de contaxios. Estas mortes, como as do mes de abril, non se corresponden co último período de 24 horas considerado polo Sergas para actualizar os datos da pandemia na Galiza, senón que se produciron en varios días, nos últimos de xaneiro, o que eleva o número de vítimas do coronavirus até as 1.815, case o triplo das falecidas na primeira vaga. O segundo mes cos peores rexistros Só no mes de xaneiro, segundo os datos achegados pola Administración galega, producíronse 400 mortes, de forma que se converte no segundo mes con maior número de defuncións a causa da Covid-19. A cifra achégase aos rexistros de abril, na primavera de 2020, cando o Sergas contabilizou un total de 407 persoas falecidas cun resultado positivo por coronavirus. Os primeiros meses da epidemia foron os máis duros, ante unha doenza descoñecida, sen materiais de protección suficientes e con medidas de seguridade máis laxas que agravaron a virulencia dos brotes e as súas consecuencias. Agora, coincidindo coa terceira onda da pandemia, o coñecemento da patoloxía é superior. O manexo dos pacientes tamén é mellor, pero a virulencia da enfermidade chegou de súpeto tras as festas de Nadal, sen restricións nin prevención suficiente que limitasen os contactos e a interacción social. Os contaxios multiplicáronse e trouxeron a canda si récords de hospitalización inéditos que ademais de acrecentar a presión asistencial e o estrés do persoal médico tamén contribuíron a un aumento da mortalidade. As estatísticas reflicten que durante o mes de xaneiro, de media, morreron por Covid-19 máis dunha ducia de persoas, a maioría da terceira idade e moitas vinculadas a centros residenciais e de atención á diversidade. Segundo os datos facilitados pola Consellaría de Política Social, desde o inicio da pandemia faleceron 699 persoas residentes, das cales 314 morreron nas residencias onde vivían e 385 en hospitais e residencias integradas. Se atendemos só aos datos rexistrados desde comezos de 2021, perderon a vida 73 persoas en residencias da terceira idade, e 50 en hospitais e residencias integradas. Aumento da mortalidade Os datos provisionais ofrecidos polo Instituto Nacional de Estatística para o segundo semestre de 2020 e as dúas primeiras semanas de xaneiro de 2021 confirman unha suba da mortalidade con respecto a períodos iguais anteriores, cunha variación á alza moi notábel no inicio de 2021. A finais de 2020, o INE estima un total de 33.148 defuncións na Galiza, 1.959 máis que as contabilizadas a finais de 2019, un 6,2% máis. Unha cifra que supera as mortes por coronavirus notificadas polo Sergas a 31 de decembro: 1.406. Da mesma maneira, os rexistros provisionais das dúas primeiras semanas de xaneiro permiten observar esa tendencia a alza. Na primeira semana o INE anotou 739 defuncións na Galiza, 8,9% máis que no mesmo período de 2020, aínda sen casos confirmados de coronavirus mais en plena temporada de gripe. Na semana do 11 ao 17 de xaneiro a cifra de mortes xa supera os peores datos semanais do ano pasado con 853 defuncións, 15% máis que no mesmo período de 2020. |
NOS_57289 | A Plataforma Galega contra a OTAN segue a organizar unha contracimeira galega con actividades e iniciativas nas principais cidades da Galiza. | O presidente dos Estados Unidos (EUA), Joe Biden, manterá unha reunión co seu homólogo español, Pedro Sánchez, e o rei Felipe VI, antes de que comece a cimeira da OTAN que decorrerá en Madrid a vindeira semana. Zelenski intervirá por videoconferencia na cimeira da OTAN en Madrid Segundo explicou un funcionario da Casa Blanca ao Washington Examiner, esta xuntanza podería ter lugar o 28 de xuño, cando Biden chegue ao Estado español após participar no encontro do G7 que decorrerá en Berlín, ou o día 29, horas antes de que comece a cimeira da organización atlantista. Será a primeira reunión bilateral que o líder do Executivo estatal e o xefe do Estado español manteñan co presidente dos EUA desde que este tomou posesión en xaneiro de 2021. "A guerra en Ucraína é un enfrontamento entre Rusia e a OTAN" O funcionario antes citado tamén subliñou que "unha das prioridades do presidente (Biden) cando asumiu o cargo foi revitalizar as nosas alianzas, e penso que estamos vendo unha das demostracións máis fortes diso dentro do contexto da OTAN". Contracimeira galega Mentres se achega a data de comezo da cimeira da OTAN en Madrid, colectivos como a Plataforma Galega contra a OTAN seguen a desenvolver actos e iniciativas para mostrar o seu rexeitamento ao encontro do organismo militar. A Plataforma Galega contra a OTAN organiza unha contracimeira galega No día de onte, Duarte Correa e Nicolasa Castro acudiron á Fundación Artabria de Ferrol para impartir unha palestra sobre a estrutura da organización atlantista, a cal cUalificaron como unha das "máis violentas e mortíferas da historia". Na terza feira a plataforma organizou actos semellantes na Coruña e en Lugo, onde criticou "a submisión do Estado español e a UE á axenda imperialista". 30 organizacións galegas demandan a disolución da OTAN Aliás, os colectivos que integran a plataforma volveron facer un chamamento a participar na manifestación que decorrerá o 26 de xuño en Madrid para protestar contra a cimeira da OTAN na capital do Estado español. |
NOS_18296 | A funcionaria exixiu unha tradución xurada do texto. Desde A Mesa fala de "racismo lingüístico" e anuncia o envío de cartas aos órganos competentes para se queixaren desta nova "discriminación cara o galego" | A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia máis un caso de "discriminación contra o idioma galego" na Administración de Xustiza. Desta volta, unha demanda presentada en Vigo foi rexeitada por estar escrita na lingua "que o Estatuto de Autonomía recoñece como propia e tamén oficial" de Galiza. A xuíza encargada de admitila a trámite exixiu unha tradución xurada do texto ao español. O presidente da entidade, Carlos Callón, informou de que "non é a primeira vez" que acontece unha situación "tan absurda e discriminatoria" como a que esta cuarta denunciaron mediante nota de prensa, e reclamou que as administracións implicadas "abran dunha vez os ollos e tomen medidas" para frear situacións que Callón enmarcou no "racismo lingüístico". Así, A Mesa fixo público o envío de cartas á Xunta de Galiza, ao Goberno español, ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para queixárense da situación, e recalcou que "non podemos ser menos por querer usar o noso idioma". |
NOS_57077 | A lei do mercado. Aceptarías calquera cousa por conservar o teu emprego? | LA LOI DU MARCHÉ(Francia 2015, 93 min.) Dirección: Stéphane Brizé Guión: Stéphane Brizé e Olivier Gorce Fotografía: Eric Dumont Elenco: Vincent Lindon, Yves Ory, Karine De Mirbeck, Matthieu Schaller, Xavier Mathieu, Noël Mairot, Catherine Saint-Bonnet, Roland Thomin SINOPSECon 51 anos, e despois de 20 meses desempregado, Thierry volve traballar. Pero pronto se atopa ante un dilema moral. Pode aceptar calquera cousa para conservar o seu emprego? CRÍTICA Resulta practicamente imposíbel non evocar aos irmáns Dardenne tras ver La loi du marché, concretamente Dous días, unha noite. Se naquela Marion Cotillard tiña que loitar contrarreloxo por manter o seu posto de traballo, nesta Vincent Lindon ten unha situación laboral tan abafante que terá que aceptar calquera traballo con tal de levar cartos a casa. Sen ser a versión masculina de Dous días, unha noite, si parece un verdadeiro spin-off dunha das personaxes ás que Cotillard pide axuda. Sendo benévolos poderíamos dicir que simplemente utiliza os preceptos Dogma 95: carencia de música enlatada, cámara en man, naturalismo... pero é que o francés Stéphane Brizé vai un chisco máis aló e semella ser o alumno máis avantaxado dos directores belgas. De feito, se non miramos os títulos de crédito calquera pensaría que é dos Dardenne. "Se non miramos os títulos de crédito calquera pensaría que é dos Dardenne" En fin, esta homenaxe ou carencia de estilo, tampouco ten porqué face saltar as alarmas nin ser óbice para gozar deste drama humano arredor da precariedade laboral, fiel reflexo do que estamos a vivir fai xa demasiados anos, a pesares que na mass media nos intenten vender o contrario. Supón o terceiro traballo en colaboración con Vincent Lindon (tras Madmoiselle Chambon e Quelques heures de printemps), polo cal obtivo o Premio a Mellor Actor no pasado Festival de Cannes, basicamente por aguantar plano estoicamente até desde a caluga e, sobre todo, por ser capaz de transmitir o nuboeiro invisible que ten permanentemente na cabeza. Todo un monstro da contención dramática e da expresividade minimalista que interpreta a un pai de familia programador de autómatas que queda sen traballo. Pasada a cincuentena, tras case 20 meses procurando emprego e facendo cursos inútiles do Inem (ou como lle chamen en Francia), e xa farto de esperar o xuízo por despido improcedente que non da chegado, toma a decisión de baixar o listón e aceptar o que sexa xa que o bono estatal non lle vai dar nin para pipas. Acaba así de vixiante de seguridade nun hipermercado. A pesares de ser un homus adaptativus, paciente e moi válido, tamén é un home de principios. Este novo posto será unha proba diaria dos seus límites de tragar con todo. La loi du marché contén un punto de humor cotiá que fai algo máis doado soportar o drama dunha personaxe golpeada pola vida que ben poderíamos ser calquera de nós. Unha traxicomedia realista que comeza con moita forza pero que se acaba desinchando nunha deriva onde se van diluíndo as interesantes premisas iniciais. Apunta, sen denunciar, a actual deshumanización laboral e social onde, moitas veces, non nos damos conta que tras unha caixeira de supermercado, camareiro, vixiante xurado, limpadora ou calquera outro traballo considerado "de baixa cualificación", hai xente. Xente que respira. Persoas con problemas, amizades, familia, vida... Non por nada o título ("o valor do mercado") fai clara alusión ao valor das persoas. Filme social necesario, inda que carente de estilo (cando menos "propio"), que axuda a recordar algo tan básico que seica aínda queda algún/ha despistado/a por aí que se cre máis que os demais. Pódese ver dentro da Sección Oficial do Cineuropa Compostela. |
PRAZA_12113 | Henrique Monteagudo ingresa este sábado na Real Academia Galega cun discurso Facer país co idioma, que liga o proceso de normalización co propio proceso de construción do autogoberno. Reclama estratexias máis acaídas para non entregarlles "aos inimigos do galego" os conceptos de bilingüísmo e liberdade lingüística, que a maioría da poboación asume como positivos. | Henrique Monteagudo ingresa este sábado ao mediodía na Real Academia Galega -para ocupar a vacante de Antonio Gil Merino, falecido en 2009- cun discurso Facer país co idioma, que liga o proceso de normalización co propio proceso de construción do autogoberno. Monteagudo, profesor titular da USC e secretario do Consello da Cultura Galega, reclama estratexias máis acaídas para non entregarlles "aos inimigos do galego" os conceptos de bilingüísmo e liberdade lingüística, que a maioría da poboación asume como positivos. "Se se quere impoñer un proxecto de reversión do autogoberno, a normalización do galego necesariamente vaise ver sacrificada" O discurso co que ingresarás na Academia liga normalización e construción nacional. Como foi o proceso destes últimos trinta anos para ambos os dous procesos? O proceso de normalización lingüística ten sentido no marco dun proceso máis amplo de reafirmación da identidade e de construción de Galicia como país, e que fóra dese marco a normalización perde o seu sentido. Polo tanto, se se quere impoñer un proxecto de reversión do autogoberno, a normalización do galego necesariamente vaise ver sacrificada. O preámbulo da Lei de Normalización é clarísimo neste sentido: explica por que se aproba a lei, fala do proceso de degradación producido polo centralismo, o que supuxo para Galicia como país e para a súa cultura, e que estamos nun proceso de recuperación e que nese proceso a lingua é fundamental. O modelo que nace nos oitenta entrou en crise? Entre 2005 e 2010 o proceso autonómico pechou un ciclo e non sei como vai continuar. Por un lado, debido ao propio esgotamento do modelo, e polo outro pola non implicación de axentes que poderían terlle dado contido real dinamismo a ese proceso, falo dunha parte do nacionalismo. En Catalunya e Euskadi a autonomía foi para adiante e foi un elemento de construción nacional porque son as forzas nacionalistas as que asumen a autonomía como un reto propio, e como un reto que non é do nacionalismo, senón que é do país. "Saír a un debate social sobre a lingua rexeitando o bilingüísmo é saír a un combate de boxeo coas mans atadas ás costas" Unha parte do nacionalismo galego rexeita o bilinguïsmo, a pesar de que a maioría social de galegofalantes o asume como un concepto positivo. É un erro? Sempre que atopo unha persoa que dende o nacionalismo se pon a falar en contra do bilingüísmo, sempre lle pregunto: Pódeme explicar alguén por que o bilingüísmo foi unha peza clave na estratexia lingüística do nacionalismo catalán e aquí non? Por que alí si vale e aquí non? Aquí dedicámonos a combatelo e entregámoslles esa noción que, ben entendida, debe ser un elemento a favor do galego, xusto aos inimigos do galego, que a utilizan habilmente para gañar hexemonía social. Saír a un debate social sobre a lingua rexeitando o bilingüísmo é saír a un combate de boxeo coas mans atadas ás costas. A xente ve como positivo o bilingüísmo; os estudos indican que hai unha maioría social ampla que simpatiza cun proceso de recuperación social do galego, pero non en contradición co castelán. Non ten ningún sentido defender o galego combatendo o castelán. Os procesos de recuperación dunha lingua nunca se fan a custa doutra lingua, contrapoñéndoas; fanse con medidas positivas e elementos de apoio para a lingua que está nunha posición subordinada. "Como vas defender o galego se non aceptas a realidade lingüística de Galicia hoxe en día?" Sorprendéronche as reaccións tan duras que suscitou a túa proposta do bilingüísmo restitutivo? A virulencia da reacción sorprendeume, por unha banda, pero tamén me serviu para decatarme de até que punto ese sector se sente débil nos seus argumentos. É unha debilidade 'dos amos do discurso', xente que se considera o amo do discurso e que non acepta desafíos sobre 'quen manda aquí', e por outra banda é unha mostra do descoñecemento que teñen de como se está a facer a normalización lingüística noutros lugares. Nesas actitudes hai tacticismo, oportunismo, unha certa impostura; cando teñen que aplicar esas ideas á realidade, descobren que non é posible. Como vas defender o galego se non aceptas a realidade lingüística de Galicia hoxe en día? Dis que a normalización non é 'recuperación' senón 'innovación'. Poderías explicalo? A min estas ideas de presentar as políticas de normalización como un proceso de recuperación dun ben perdido, esa mitificación da Idade Media, mesmo nalgún libro que se di serio afírmase que na idade media o galego era unha lingua normal, cando na Idade Media a inmensa maioría da poboación era analfabeta e a lingua de cultura era o latín. Ese é o modelo que queremos recuperar? A normalización lingüística é unha innovación social, é unha sociedade que quere modernizarse coa súa lingua, levándoa a aqueles ámbitos nos que non está presente. Que estratexias se deben seguir para mudar as tendencias negativas sobre o uso do idioma, que se perciben sobe todo nas cidades e na mocidade? Os cambios lingüísticos van asociados aos cambios sociais. Nos conflitos lingüísticos, sempre ten vantaxe a lingua que se asocia á innovación social. Aquí tempo que abandonar esta retórica 'pasadista' e tentar conectar con aqueles sectores da sociedade máis innovadores; hai que presentarlles o galego non como algo do pasado, senón como un desafío de futuro. A xente segue identificando cultura galega con cultura tradicional, e iso ten que ver coa mensaxe que trasladamos nós. "Hai un sector do nacionalismo que quixo apropiarse do idioma" O nacionalismo galego segue unha estratexia axeitada na defensa do idioma? Hai un sector do nacionalismo que quixo apropiarse do idioma. Eu entendín parte das discusións normativas neste senso, por exemplo o feito de que se puxesen a circular determinadas formas lingüísticas que todo o mundo identifica automaticamente con 'o galego do Bloque', iso non foi casualidade. Hai xente que me di 'que culpa temos nós de ser os únicos que nos preocupamos da lingua?'. Pois si que teñen culpa, pois ben se encargan de escorrentar do tema da lingua a quen non queren que estea alí. Creo que ti xa advertiches hai uns anos o conflito co que o BNG se podía atopar polo feito de que (a comezos da pasada década), unha parte importante dos seus votos estaban nas cidades e na mocidade, que eran precisamente os sectores máis castelanfalantes... Nun think tank que organizara o IGEA, eu advertinlle ao BNG que debía ser consciente de que se atopaba cun reto moi difícil, porque as mensaxes que se estaban lanzando contra o galego e a prol da suposta 'liberdade lingüística', estaban dirixidas sobre todo a un sector social que era unha parte moi importante do seu electorado, que era a mocidade e as persoas de mediana idade nas cidades. E eu non vía por parte do BNG ningún esforzo para combatelo. E advertíalles que iso podía ter un custe en votos. E a min o que me dixeron foi que tiña razón, pero que non se atrevían a mudar a estratexia, por mor do control do discurso lingüístico exercido por un sector. "A min se me admiten como lusófono tal como son, eu encantado" Que papel debe ter o reintegracionismo nas estratexias de normalización? Entendo que ese tema ten dúas cuestións que están ligadas, pero que son diferentes: por un lado a ligazón lingüística entre Galicia e os países da lusofonía, e polo outro a cuestión da norma. Ben sei que o reintegracionismo entende que están unidas, pero eu teño dúbidas sobre esas identificación. Eu estou de acordo en que debemos deseñar estratexias para saír do abrazo da morte que nos chega do centralismo castelán e da súa dominación excluínte. En canto á norma, creo que é fundamental que na Lusofonía nos recoñezan como tal, sen entrar disfrazados. A min se me admiten como lusófono tal como son, eu encantado. Que retos ten a Academia nos vindeiros anos? Hai que reforzar a presenza feminina, non por unha cuestión de cotas, senón porque na cultura galega o papel das mulleres é fundamental, e iso non está reflectido na Academia. En canto á lingua, a RAG debe publicar dunha vez eses diccionarios de referencia, debe ser unha referencia na terminoloxía, debe asesorar á xente en cuestións de onomásticas, de galeguización de nomes, de toponimia, son servizos que debe saber prestar con eficacia. "A excesiva identificación do galego co nacionalismo é malo para o galego e malo para o nacionalismo" (entrevista en Vieiros en 2009) |
NOS_11276 | O conflito desatado entre Rusia e Ucraína abre a porta a unha nova idade xeopolítica, para tratar esta cuestión, desde Nós Diario falamos con Ignacio Ramonet (Redondela, 1943), xornalista que reside en Francia e experto en relacións internacionais, así como director da publicación Le Monde diplomatique en español. | —Era evitábel a guerra? Si, era moi evitábel. Rusia levaba anos e en particular nestes últimos meses insistindo en que o concepto de seguridade ten que ser un concepto completo, global, non pode ser un concepto unilateral, a seguridade dun país non é completa se non implica a seguridade dos seus veciños, ese é o razoamento de Rusia, pero se a seguridade dun país supón unha ameaza para algún dos seus veciños, evidentemente non hai seguridade. Rusia levaba tempo reclamando que se lle tomara en serio, o que non deixa de preocuparnos e a vez sorprendernos é por que non se organizou unha conferencia ou unha cimeira como reclamaba Moscova, unha cimeira seria onde se considerase as preocupacións de Rusia e se lle dera unha resposta satisfactoria na medida en que esa resposta non supoñía unha ameaza para Europa Occidental ou para ningún membro da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN). A segunda demanda que facía Rusia, baseándose nas promesas occidentais e en diferentes acordos tanto con [Mikhail] Gorbachov como con [Boris] Yeltsin, é que se lles garantira que Ucraína no sería membro da OTAN. Iso non ten nada de excepcional, Austria non é membro da OTAN e non o foi nunca, Suíza, Finlandia e Suecia tampouco o son; supoñíase simplemente que iso lle daba unha tranquilidade a Rusia, e Ucraína podía terse unido á Unión Europea (EU) sen ser forzosamente membro da OTAN, como acontece con Austria ou Finlandia. Ese é o estatuto que se lle podía ter dado, había mil maneiras de atopar unha resposta diplomática, apresúrome a dicir que con isto non estou a xustificar a intervención militar de Rusia, que non ten xustificación. Un ataque, unha invasión desta dimensión é algo desproporcionado, unha cousa é que haxa tensións diplomáticas e que haxa vontade ou desexo de atopar unha solución, e outro é pasar a unha guerra total que pon ao mundo en perigo de guerra nuclear. Se en vez de [Joe] Biden estivera [Donald] Trump, independentemente das boas relacións entre Trump e [Vladimir] Putin, mais cunha personaxe como Trump, irresponsábel e sobre todo imprevisíbel, quen nos di que non puidera ter habido -ou que non vai haber agora mesmo- unha escalada nuclear, que supón a destrución do mundo. Entón, cando menos, si había máis posibilidades de evitar esta guerra dando maior espazo á diplomacia. —Con respecto á reacción da UE, agardaba que se armara Ucraína, ou tiña que actuar dun xeito diferente? Agora creouse tal emoción -evidentemente é unha guerra en Europa, co que isto supón de lembranzas e constatacións históricas, sobre todo nesa rexión que sufriu tanto durante a 2ª Guerra Mundial e o stalinismo-, e unha guerra supón non só un conflito militar, esta guerra ten unha faceta militar e ten un teatro local, pero polo demais é unha guerra mundial. En todo o demais é unha guerra híbrida mundial, unha guerra económica mundial, unha guerra financeira mundial, unha guerra mediática mundial, unha guerra dixital mundial, unha guerra monetaria mundial, entón, obviamente, no aspecto mediático créase unha coral tan uniforme que nesta emoción está a presión da opinión publica, a presión dos medios dominantes, que fan que os Gobernos cada día estean subindo máis esta adhesión ao que actualmente os medios chaman a resistencia ucraína, pódese entender, pero é obvio que con iso se avanza na escalada, porque se os países da OTAN comezan a dotar de armamento, primeiro defensivo, logo agresivo, chegara un momento no que as opinións públicas -xa comezan a dicilo aquí ou acolá- digan: Por que non enviamos tropas? Por que non defendemos máis a Ucraína? Para que nos serven as nosas armas da OTAN se non estamos defendendo a Ucraína, e con iso imos cara á escalada, e a escalada é chegar rapidamente a un conflito nuclear, que non lle pode interesar a ninguén. Se por unha parte a decisión de Putin foi desmesurada, a reacción da UE e da OTAN non pode ser desmesurada, porque neses casos chegamos ao exterminio da humanidade, que é a guerra nuclear, e estamos a dous pasos. —Están os medios de comunicación acelerando a súa conversión en parte do taboleiro de xogo bélico? Os medios son unha ferramenta da guerra, e nesa guerra a guerra mediática ten unha dimensión moi importante, porque é a que ten como misión formar, ocupar as mentes e crear as emocións, como dicían os americanos durante a guerra de Vietnam, hai que tocar as mentes e os corazóns, e nesa deriva extremista e excesiva -na medida en que agora globalmente se fixo unha especie de unión sagrada para defender Ucraína-, esta unión sagrada leva agora a excesos evidentemente inaceptábeis como limitar a liberdade de expresión. Estamos nun debate, non se lle deu suficiente atención á reivindicación de Moscova, e agora, de súpeto, córtaselles a palabra a medios de expresión que poderían darnos o punto de vista de Rusia, e é ir máis aló que os propios ucraínos, que oficialmente están nunha mesa de negociación en plena guerra cos rusos, están intercambiando cos rusos, en cambio, mediaticamente censúrase toda expresión que poida defender ou dar un punto de vista diferente baixo pretexto de que aos rusos nin auga. —Sostén que chegou unha nova idade xeopolítica mundial, é moi cedo para caracterizala? Non, estamos nunha nova idade xeopolítica, non cabe dúbida, que significa iso? Pasamos a unha etapa nova na que, como nunha nova guerra fría, identificouse un inimigo da humanidade, que é Rusia, e o que estamos a ver é que isto se vai transferir á China (ofensiva que xa lanzara Trump, após [Barack] Obama desprazar o centro de atención xeopolítica mundial cara a Asia do Leste), xa que a diplomacia occidental está falando de eixo Moscova-Beijing. Isto ímolo ver con maior ímpeto nas vindeiras semanas, o que estamos a ver é que o mundo vaise dividir en dous de novo, en torno a unha separación entre quen está co mundo civilizado, entre aspas, e quen está coa barbarie rusa e o seu aliado chino, que é un inimigo potencial para a humanidade que se está estendendo no mar da China Meridional, e haberá que detelo, e a próxima crise pode ser Taiwán; entón, efectivamente, imos pasar dun mundo que se dicía globalizado con todas as súas problemáticas a un mundo fracturado en dous, por unha parte Rusia, China e os seus aliados, que terán que ter moito coidado, porque é posíbel que calquera Estado que se declare aliado de Moscova ou Beijing sexa nos próximos meses sancionado igual que o está sendo Rusia, e váiselle considerar como un paria da humanidade, como dixo Biden, esta é a nova xeopolítica. Alá onde se decida que se pode estabelecer un contacto con Rusia, ese contacto vai estar a partir de agora considerado como inaceptábel. |
NOS_53905 | O persoal das residencias de maiores da Galiza están sen convenio colectivo desde 2019. Por este motivo as empresas non lles actualizan os salarios e contan cunha maior carga de horas anuais que as que traballan no sector público. Os sindicatos denuncian esta situación e exixen que a patronal non dilate no tempo esta situación. | As residencias privadas de maiores protagonizaron durante toda a pandemia moitos titulares e algún que outro escándalo. O seu persoal cargou con parte da responsabilidade dunha profesión que non acostuma saír á luz pública. A súa situación laboral, agochada todo este tempo tras o pano da traxedia sanitaria, descobre unha paralización da negociación colectiva desde o conflito que tiveron en 2019 como consecuencia da denuncia das tres centrais sindicais (CIG, CCOO e UXT) en relación á compensación polos días festivos traballados que as empresa comezaron a reducir malia contar cun acordo que xa estaba aprobado nos catro convenios colectivos anteriores. O sector, dominado polas organizacións patronais Asociación galega de residencias privadas da terceira idade (Agarte) e Asociación galega de residencias e centros de anciáns de iniciativa social (Acolle), agardou a que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) resolvera o conflito cunha sentenza o 25 de maio de 2020 na que daba a razón aos sindicatos. A resposta patronal foi adiar a mesa negociadora que non se constituíu até o 25 de xuño dese mesmo ano. A partir dese momento, as xuntanzas son poucas e en plena pandemia as traballadoras e traballadores deses estabelecementos comezan a pensar que non hai vontade de negociación. Parálise na negociación "Nestes dous anos que levamos de atraso no convenio colectivo os e as traballadoras non tiveron ningún incremento salarial, cando están facendo un traballo cun esforzo e cunha implicación diante desta situación de pandemia", explica Pedro Pérez, secretario de organización de CIG-Servizos e responsábel de negociar o convenio de residencias da terceira idade na Galiza. Para este sindicalista "non se recompensa o persoal mentres os lobbis e as grandes empresas do sector seguen negociando cos nosos maiores, o seu enriquecemento á custa deles". Apunta a que están "nunha situación moi precaria e vulnerábel, hai que ser conscientes de que traballamos con persoas e as empresas non teñen en conta isto". Relata que en nove meses tiveron reunións, "a última foi o pasado 3 de marzo e queren que a seguinte sexa o día 14 de abril". En todo ese tempo a negociación implicou 13 artigos "e sen unha proposta por parte da patronal". Alfonso García, responsábel de dependencia de CCOO-Sanidade, coincide en sinalar que "hai un atranco evidente na mesa negociadora". Para este sindicalista "a pandemia impactou e nalgúns casos os medios de comunicación magnificaron a situación nas residencias pasando un estigma ao persoal traballador polo que cre que "é o momento de que as patronais dean resposta". Ademais de ter os salarios sen actualizar, considera que é "un problema na media retributiva onde o índice de prezos ao consumo está en 0,6% polo que pedimos ese incremento nos salarios" tendo sempre en conta que "unha cousa é revalorizar automaticamente os salarios ao IPC mentres estamos a negociar o convenio e outra cousa distinta un incremento retributivo das táboas salariais". O incremento retributivo das táboas salariais para o novo convenio, din desde CCOO, é unha cuestión que aínda non se tratou na mesa de negociación. "Pedimos que nas táboas se garanta un salario mínimo de mil euros mensuais e solicitamos unha suba equiparable na mesma proporción para o resto de categorías profesionais e que se aplique ao conxunto de traballadores e traballadoras", apunta García. Outra das demandas que engade é "mellorar as condicións en relación á atención sociosanitaria". Asegura que a pandemia "destapou a situación de certas eivas como é mellorar os cadros de persoal que nalgunhas é deficitaria". Pon o exemplo do número de traballadoras por residentes que, aínda que non entraría no convenio por ser unha cuestión que ten que ver coa normativa da Xunta, debería ter en conta as diferentes categorías profesionais. "Bótase de menos persoal de enfermaría e hai máis xerocultoras cando non teñen a mesma función". Unha traballadora por cada catro residentes A partir de 2012 a Xunta da Galiza, responsábel por ter as competencias en Política Social, determinou que o número de traballadoras e traballadores por cada persoa maior que ocupara unha residente baixara. Para Loli Simón, traballadora da residencia DomusVi de Barreiro e delegada da CIG, esta decisión que tomou o PP no Goberno galego implicou un aumento na carga de traballo considerábel, pasando a coidar un mínimo de catro residentes cando antes eran dous. |
NOS_56046 | A catástrofe tivo como orixe o exceso de velocidade, isto é, un fallo humano. Mais o accidente resultou nun desastre case sen precedentes pola ausencia dun dispositivo de seguridade de última xeración -o sistema coñecido como ERTMS- no tramo no que o Alvia descarrilou. Ao non estar instalado o ERTMS, o tren non foi freado de forma automática, o que precipitou e agravou a traxedia. | O comboio circulaba a 190 quilómetros/hora nun tramo en que só podía ir a 80. Iso provocou o seu descarrilamento. O fallo humano é evidente e levou xa á imputación do maquinista por parte do xuíz instrutor do caso. Mais os fallos humanos poden seren neutralizados se existir a tecnoloxía adecuada. Neste caso esa tecnoloxía, que está a disposición da Administración ferroviaria, de titularidade estatal, non estaba instalada no tramo no que se produciu a catástrofe. Outra circunstancia que influíu na catástrofe foron as condicións da infraestrutura. O accidente produciuse precisamente no tramo de vía de alta velocidade que non é de nova construción, senón que é produto da adaptación do antigo trazado. Non foi, portanto, deseñado para soportar determinadas velocidades. Nese sentido, fontes consultadas por Sermos Galiza que traballaron para a empresa pública Ineco, dependente do ministerio de Fomento e adxudicataria do proxecto da alta velocidade na Galiza, consideran que o trazado foi construído "como se isto fose Castela, onde todo é chan". Acrecentan que a présa coa que foron realizadas as obras, 14 meses, puido influír nun accidente que deixa xa 80 vítimas mortais e por volta de 95 feridas n trazado construído "como se isto fose Castela, onde todo é chan" e realizado cunha celeridade que non é propia destas obras, 14 meses, poderían ter mermado as condicións de seguridade da vía de alta velocidade pola que discorre o tren Avant que une as cidades de Ourense e A Coruña, a mesma pola que circulaba o Alvia que descarrilou esta cuarta feira na curva da Grandeira, no lugar de Angrois. Das "irregularidades" na construción do trazado falou Sermos Galiza con fontes que traballaron para Ineco, empresa de enxeñaría dependente do Ministerio de Fomento e adxudicataria do proxecto da alta velocidade na Galiza. Confirmaron que, efectivamente, o lugar onde se produciu o sinistro non contaba co novo sistema de freado ERTMS, que si funciona "perfectamente" no resto da vía. Porén, a súa instalación paralizouse a catro quilómetros da estación de Compostela. A empresa á quen se lle adxudicou o sistema de sinalización e seguridade do tramo Ourense-Santiago da alta velocidade, Thales, confirmou tamén que o sistema ERTMS está instalado até o quilómetro 80 da liña tal e como aparecía no concurso, e que foi probado e entregado en novembro de 2011. Porén, non pode explicar por que non se licitou a instalación deste dispositivo até a estación de Compostela. Unha obra feita en 14 meses e sen moitas comprobacións Con todo, consideran que "unha obra coma esta non pode rematarse en 14 meses". No concreto, foron 2 meses os que se tardaron en habilitar os accesos da alta velocidade a Ourense e a Compostela, onde o Avant ten unha parada no itinerario á Coruña. Ao explicaren as razóns da súa aseveración non aluden a unha cuestión de máis ou menos tempo na realización do trazado, senón ás comprobacións de seguridade que cómpre facer e que, ao parecer, non se fixeron. "Hai que se asegurar de que o terreo non cede ou de que non hai filtracións de auga, por exemplo", explican. No concreto, apuntan a que a día de hoxe son varios, "dous ou tres", os túneles que se están a apuntalar despois de que se foran abrindo fendas ao paso dos comboios, malia a escasa frecuencia con que estes circulan. No concreto citan o túnel da Burata, en Ourense, "que está tan cheo de auga polas filstracións que aquilo semella unha piscina". Insisten en que a construción do trazado puido mermar as condicións de seguridade da vía pola que circulaba o Alvia, para alén de que o sistema de freado instalado sexa o ASFA, máis antigo e que non é capaz de almacenar coa mesma precisión información referida á vía, ás condicións de circulación e ao propio comboio. "O problema principal é que non se adaptou a construción á realidade do noso País. Fixeron o trazado como se isto fose Castela cando aquí as características do terreo son moi diferentes". |
NOS_10463 | Noventa días de folga. Ese é o tempo que leva o cadro de persoal da factoría de embalaxe, Lantero, loitando contra os despedimentos nunha empresa con millóns de beneficios. | Trátase dunha das folgas máis longas da historia de Galiza. No concreto a máis prolongada de maneira ininterrumpida. Van 90 días e a fábrica de Lantero, en Vilagarcía de Arousa, "está totalmente parada", explica en conversa con Sermos Galiza Jesús López, presidente do comité de empresa e operario desta factoría de embalaxe. O conflito orixinouse no mes de outubro do pasado ano cando "a empresa iniciou un ERE dunha maneira peculiar", sinala López. Naquela altura a dirección da planta de embalaxe antes de lle comunicar ao comité de empresa "introduciu seguranza privada" nas instalacións. "Trouxeron 18 gardas xurado, 2 cans raza rotweiller e 8 escoltas armados", ao tempo que anunciaron "32 despedimentos e unha redución do 30% nos salarios". A reacción entre o cadro de persoal foi "a indignación" e con ela, a convocatoria dunha folga indefinida contra o que, din, "non se xustificaba", apunta Jesús López. E é que Lantero obtén beneficios desde hai anos. "En 2014 feharon cun 10% máis que no exercicio anterior" e falamos de millóns de euros asentados nunha carga de traballo que non cesou en ningún momento e mesmo se viu incrementada, o que supuxo o pagamento de horas extraordinarias ao cadro de persoal e a introdución de apoios através de Empresas de Traballo Temporal (ETT) que garantiron un amplo stock co que facer fronte aos pedidos. "Cando rematou o período de consultas" que a legalidade exixe nun despedimento colectivo "presentaron outro ERE" que visa reducións salariais do 20% e deveu na notificación do despedimento de, até o momento, 40 persoas. Entre elas o propio Jesús. Miles de euros en seguranza privada Para o comité de empresa e o 80% do cadro de persoal que está a secundar o paro, non só resulta "inxusto" que unha empresa con "10 millóns de euros" en beneficios anuncie un ERE senón que supón un paradoxo cando se aproba un investimento de "3 mil euros ao día, 100 mil euros ao mes" no despregamento dun operativo de seguranza privada instalado na planta de embalaxe. Con ese diñeiro, sinala Jesús López, "poderían cobrar durante 6 meses" as persoas que foron despedidas. "Todo ese diñeiro supera as supostas perdas fiscais" que podería ter Lantero e que foron esgrimidas para fundamentar a presentación do ERE. En realidade, sinala Jesús López, a empresa sita en Vilagarcía de Arousa non ten perdas senón que estaría a asumir as doutras entidades do mesmo grupo através da compra de accións. Desde outubro o conflito non cesa. O persoal en folga mantén a súa loita de maneira permanente simbolizada através dun campamento base localizado na propia factoría. Aliás, denunciaron pola vía xudicial o carácter "ilegal" do despedimento colectivo e a "vulneración do dereito a folga" en diversas ocasións ao longo destes 90 días. As súas demandas, sinalan, "non son un maior salario" senón "a retirada do ERE", a readmisión das persoas despedidas e que a partir de agora calquera mudanza sexa negociada pois, critican, ao longo deste tempo Lantero "non demostrou vontade de diálogo" senón "de impor e meter medo á xente. De aí os despedimentos, queren dobregar o plantel". As esperanzas do cadro de persoal residen agora, recoñece López, "na xustiza", na impugnación do ERE e no recoñecemento de que existiu unha "vulneración do dereito a folga". Mais até que iso acontecer, continuarán --din-- en loita. Resistir Os folgos non fraquean entre a totalidade d@s operari@s que traballan na planta --alén de administración e comerciais, que non están a secundar o paro. A folga "nas casas", explica Jesús López, "lévase mal" pois a realidade económica que atinxe a milleiros de fogares galegos tamén se sente nos de Lantero. Mal que ben, "as compañeiras dalgúns traballadores traballan, e iso axuda". Para aqueles casos en que non for así, contan cunha "caixa de resistencia" á que van chegando "aportacións" e "doazóns" da veciñanza e de accións como un concerto benéfico. Asemade, após as indemnizacións percibidas polas 40 persoas despedidas, a asemblea decidiu --por iniciativa d@s 40 que ficaron na rúa-- pasar unha parte a ese peto solidario. "Ou todos ou ningún", ese é o lema que non cesan en repetir desde hai xa 90 días. Agora o que exixen é a intervención do goberno galego. Ese executivo que mantén a día de hoxe as subvencións a "empresas con beneficios que despiden traballadores". Levarán as súas demandas até o Pazo do Hórreo cando se reanudar o período de sesións, no mes de febreiro. |
PRAZA_3125 | A Consellería de Medio Rural outorga 200.000 euros para abrir un hotel do que gaba que "contribuirá a potenciar a oferta turística" dunha vila que o seu anterior alcalde quixo converter no "Sanxenxo do norte" coa burbulla inmobiliaria | A Consellería de Medio Rural outorga 200.000 euros para abrir un hotel do que gaba que "contribuirá a potenciar a oferta turística" dunha vila que o seu anterior alcalde quixo converter no "Sanxenxo do norte" coa burbulla inmobiliariaCando o anterior alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, do PP, quería facer dese concello rural de apenas 3.000 habitantes o "Sanxenxo do norte" a súa estratexia pasaba por facilitar a construción de segundas residencias, tantas como veciños ten a vila, ás que hai que sumar varios centos de vivendas baleiras. O popular, tras ser absolto de prevaricación polas licenzas ilegais que outorgou, foi superado nas eleccións municipais do pasado maio polo BNG, pero tanto antes como agora en Barreiros sobran vivendas e, á marxe dos cámpings, faltan aloxamentos colectivos. Un eido que a Xunta, que consentiu durante anos o modelo urbanístico de Barreiros, vén agora intentando impulsar con subvencións a iniciativas privadas que non dubida en publicitar.Tras consentir durante anos o modelo urbanístico de Barreiros, que acabou cualificando de "irracional", a Xunta eloxia agora que o hotel que subvenciona "incide no respecto polo medio ambiente"Este martes o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou un hotel de tres estrelas e 15 habitacións que abrirá o próximo mes e do que asegurou que "contribuirá a potenciar a oferta turística do concello". O establecemento obtivo unha subvención da Consellería do Medio Rural de 200.000 euros, "o 50% do investimento (algo máis de 400.000 euros)", procedentes de fondos europeos, indica a propia Xunta. O Goberno galego mesmo salienta que "o proxecto incide no respecto polo medio ambiente en aspectos como o uso de envases de xel reutilizables, o emprego de enerxías renovables -como aerotermia para a climatización- ou a aplicación dun plan de xestión de residuos". Hai dous anos a Xunta subvencionou con 65.000 a construción en Barreiros de cinco "bungalós turísticos para alugueiro" cando no concello xa había 2.846 segundas residencias e 687 vivendas baleirasNon é a primeira vez que a Xunta publicita unha subvención a unha iniciativa privada en Barreiros para a apertura dun establecemento turístico. Xa o fixo en marzo de 2018, cando o mesmo cargo, o delegado en Lugo, salientou que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), tamén con fondos europeos destinados a "actividades non agrícolas en zonas rurais", entregara 65.000 euros para a construción de cinco "bungalós turísticos para alugueiro" orzamentados en 166.000 euros. Apenas un ano antes de impulsar esas novas construcións, outra consellería, a de Medio Ambiente, tombaba por "irracional" un novo intento do daquela aínda rexedor popular de planificar o levantamento doutras 2.000 novas vivendas. A consellería criticara que o goberno local pretendese dar "continuidade ao modelo de desenvolvemento expansivo baseado na vivenda de segunda residencia, algo non xustificable en termos de uso racional do solo e da sustentabilidade ambiental". E cuantificaba en 2.846 as segundas residencias e 687 as vivendas baleiras nunha vila de 3.200 habitantes cuxos sistemas de saneamento, abastecemento, viario e de subministro eléctrico non son quen de cubrir a demanda. Servizos que debían correr por conta dos promotores inmobiliarios pero que veñen sendo mellorados con fondos públicos.Naquel informe negativo a propia Consellería de Medio Ambiente salientaba que o "desenvolvemento do sector turístico estacional" potenciado polo daquela alcalde non convertera Barreiros, nin de lonxe, nun centro vacacional. "O municipio mantén o seu orixinario carácter rural, baseado fundamentalmente na produción agrogandeira e forestal" e segue a contar cunha "contorna natural privilexiada" malia ás agresións do ladrillo, dicía Medio Ambiente. Desde aquela é a Xunta a que, con subvencións de Medio Rural, está a intentar potenciar o turismo en Barreiros, e así o publicita. |
NOS_42695 | Para controlar o foco no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas foi necesario o traballo de cinco axentes, 13 brigadas e unha motobomba. No caso das comarcas do interior, as precipitacións axudaron ao traballo de apagado. | O lume que se declarou onte á tarde na Illa de Ons, en Bueu, debido a un raio permanece estábel desde a medianoite. A Consellaría de Medio Rural informou de que a superficie queimada foi de catro hectáreas. Así mesmo, as forzas de seguridade e contraincendios foron quen de extinguir oito lumes que permanecían activos desde había días no sur do país. O último parte da situación facilitado pola Xunta, indica que os medios desprazados até a illa pertencente ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas puideron dar por controladas as lapas ás 00.12 horas. Até o lugar acudiron cinco axentes, 13 brigadas e unha motobomba. Por outra banda, os fogos que afectaban a varios municipios do interior do país quedaron extinguidos coa axuda das choivas. En concreto, apagáronse oito frontes que seguían activas nos concellos de Chandrexa de Queixa, os tres lumes de Manzaneda, Lobios, Montederramo, Vilar de Barrio e Muíños. A primeira hora da noite Desde o Goberno galego especificaron que o incendio que queimou 550 hectareas (30 de arborado e 520 de monte raso) no lugar de Rebordechau, en Vilar de Barri,o quedou apagado ás 22.19 horas. Minutos antes dábase por concluído o lume que se orixinou o sábado na zona de Río Caldo, en Lobios, e que danou 200 hectáreas de árbores e 1.800 de monte raso no Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. As brigadas sufocaron xa abeirando ás 22 horas outro lume no Xurés que traspasou a fronteira desde portugal. Este arrasou con 250 hectáreas na parroquia de Prado de Limia. Ademais, foi extinguido ás 21,42 horas desta cuarta feira o incendio que se iniciou o luns en Gabín, en Montederramo, tras calcinar unhas 50 hectáreas, delas cinco con árbores e 45 de monte raso. Os tres espazos en chamas en Manzaneda déronse por extinguidos con apenas dous ou tres minutos de diferenza. Estes calcinaron 1.204 hectáreas. En Chandrexa de Queixa as lapas levaron por diante 5 hectáreas de arborado e 845 de monte raso. |
NOS_21063 | O Consello Nacional do próximo 18F aprobará o rascuño das teses do BNG para a XVI Asemblea Nacional, informaron esta terza feira en conferencia de imprensa Goretti Sanmartín e Rubén Cela. Coa luz verde do máximo órgao da formación frentista, os textos pasarán ao seu debate nas comarcas. | O proceso de refundación-reactualización do BNG vai cumprindo etapas. Após o Proceso Adiante -caracterizado por unha alta participación, con arredor de 1.800 persoas que tomaron parte en non menos de 120 asembleas locais ao longo de todo o país-, a comisión redactora das teses para a XVI Asemblea Nacional acaba de lle pór o ramo á súa obra. O rascuño dos textos a debate xa están pois prontos para seren avaliados e aprobados polo Consello Nacional na reunión que o máximo órgao da fronte realizará o sábado 18F. A partir daí, as teses irán ao debate nas comarcas, voltarán para seren ditaminados ao Consello Nacional e finalmente o percurso levará até o plenario da Asemblea Nacional, a se realizar os días 25 e 26 de marzo. O obxectivo programático básico do conclave, en palabras de Rubén Cela, responsábel de Comunicación do Bloque, é conseguir que após esta XVI Asemblea Nacional o BNG "continúe a ser a casa común do nacionalismo galego" e reforce, alén do máis, a tendencia á recuperación que se evidenciou cos resultados das eleccións galegas, moi por enriba das expectativas. O BNG está a medrar neste momento como organización, enfatizaron Sanmartín e Cela. E deron dados: desde as eleccións galegas máis de 800 persoas achegáronse ao Bloque -delas máis de 300 para se afiliar, o resto en calidade de simpatizantes- e recentemente materializouse a incorporación como colectivo da Fronte Obreira Galega. "Temos sempre a man tendida a todas as persoas que compartan que Galiza é unha nación que ten direito a decidir o seu futuro", dixo Cela. Novidades Hai novidades. E avanzáronas Sanmartín e Cela. Primeira, o BNG vaise dotar de novos estatutos. Esa xa era unha das conclusións á que chegaron as mesas de debate do Proceso Adiante. Era precisa unha actualización e os cambios a introducir, tantos, que se facía preciso non unha reforma, senón unha redacción dos estatutos ex novo. Segunda novidade, a reactualización dos principios fundacionais, aqueles que foron estabelecidos na iniciática Asemblea de Riazor de 1982. Trataríase de incorporar asuntos que como o laicismo ou a aposta nunha economía sustentábel "formaban parte da nosa praxe política, mais non foran engadidos a ese relatorio fundacional", esclarece Cela. E algo máis: o BNG pasa a se definir como un "movimento socio-político", o que significa que "vai máis alá da expresión política e que intenta abranguer todas as realidades que están actuando no país", indicou Goretti Sanmartín, responsábel de Organización do Bloque. E, en consoancia con esa nova definición, a formación soberanista tenciona dotarse dunha folla de rota a meio prazo baixo a denominación Estratexia Avanza Galiza, un plano a desenvolver no período 2017-2020. Os obxectivos de Avanza Galiza, salientou Sanmartín, son os de pór o país rumo á soberanía, deixando atrás "o actual status quo". |
NOS_34802 | As eleccións do 26M significaron un importante avance para o PSdeG ante un PP que continúa perdendo poder. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amósase satisfeito após analizar uns resultados que simbolizan para o líder do PSdeG a "apertura dun tempo novo para o país", en relación á nova caída que sofre Feixoo. | Após a análise dos resultados que saíron das urnas este 26 de maio, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu ante os medios e amosouse satisfeito após obter máis de medio millón de votos nas urnas galegas. A ese respecto, Caballero afirmou que as galegas e galegos están diante da "apertura dun novo tempo político no país" após a cidadanía volver "dicir non" ao PP e a Feixoo, afirmou. Caballero apuntou que o PSOE está reafirmado xa como a principal forza na Galiza e no Estado Caballero apuntou que o PSOE está reafirmado xa como a principal forza na Galiza e no Estado e sinalou que liderarán "gobernos de progreso en seis das sete cidades". Dá por feito así o bastón de mando de Ourense para o PSdeG após o popular Jesús Vázquez adiantar que non ve posíbel poder pactar con Democracia Ourensá. Nesa liña, salientou que os resultados amosan a existencia dunha "maioría social de progreso e de esquerdas liderada con moita claridade polo PSdeG". Afirmou que Feixoo recibiu un novo suspenso das galegas e galegos En canto a Feixoo, afirmou que recibiu un novo suspenso das galegas e galegos, e salientou que, pese ao Presidente da Xunta tentar facer destes comicios unha segunda volta das xerais, volveu recibir un "un non" nas urnas. "Dixéronlle non en abril e volvéronllo dicir", incidiu. Por iso, Caballero considera a obtención destes resultados como un "cambo de ciclo político en Galiza" e comprometeuse a traballar para editalo nas eleccións galegas de 2020. Así mesmo, confesou o líder do PSdeG ter recibido os parabéns de Pedro Sánchez polo "magnífico resultado obtido en Galiza". En canto aos vaivéns de Feixoo sobre Vox, o líder do PSdeG emprazouno a "instalarse no centro e na moderación rexeitando o posíbel pacto do PP con Vox en Madrid, e retouno a "dicir hoxe mesmo que o PP no pode pactar coa ultradereita en ningunha comunidade ou concello". Resultados do PSdeG O PSdeG logrou pasar do 26,26% dos apoios ao 32,77% e de 48 a 66 maiorías absolutas, entre as que destaca a de Vigo, onde Abel Caballero obtén tres actas máis, até chegar a 20. Asina tamén 27 maiorías relativas, fronte ás 30 das anteriores municipais. Destaca o resultado conseguido en Compostela, onde ascende dos catro aos dez edís e onde ten asegurada a súa volta á alcaldía. |
NOS_33594 | A biografía de Manuel Antonio e Terradentro, unha novela con misterio sobre a desaparición do mundo campesiño, veñen de ser recoñecidas co premio Antón Losada Diéguez. O galardón, que se fallou este sábado na Casa do Concello de Boborás, outórgase a obras publicadas e atinxe así a súa edición número 33. | Xosé Luís Axeitos (Asados, Rianxo, 1945), académico e ensaísta, é o autor de Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (Xerais, 2017). O primeiro repaso integral á obra e á vida do autor de De catro a catro valeulle o Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio. "Con este libro o profesor Axeitos culmina o seu proxecto de nos presentar a Manuel Antonio", di a xustificación do xurado, "o poeta vangardista e o cidadán liberado de convencionalismos, sempre á procura da liberdade". Este "extraordinario traballo de investigación" acompaña a primeira novela de Xosé Benito Reza (Celanova, 1956) nas distincións do Concello de Boborás. Terradentro (Xerais, 2017), unha obra atravesada de memoria e certa intriga, "escrita nun galego de grande riqueza e cunha firme raíz na variante lingüística ourensá", "achega un mundo a piques de desaparecer". Para o xuri, o traballo de Benito Reza inclúe "personaxes moi ben trabados" cun "ritmo áxil e atractivo". "Terradentro recolle o mellor da narrativa galega do pasado, en concreto a descrición dos lugares e dos accidentes xeográficos, introducindo novidosos elementos de avangarda que fan da novela o retrato literaturizado da realidade da Galiza interior", conclúe. Os premios entregaranse o vindeiro 9 de xuño en Moldes. Do xurado da XXXIII edición dos Losada Diéguez fixeron parte Ana Patricia Torres, Diego Fernández, Manuel Doval, Chus Pato, Francisco Calo, Pegerto Saavedra, María Teresa López, Xosé Manuel Salgado e Henrique Costas. Nota: imaxe do escritor Xosé Benito Reza. |
NOS_26258 | "Alguén cre que Feijóo non é o candidato?", manifestou a secretaria xeral do PP ante as preguntas da prensa. Restou importancia a que os líderes estatais da súa formación non coincidan nos actos de campaña co candidato da súa formación. | A secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, negou esta cuarta feira que o PPdeG oculte as siglas do partido durante a campaña para o 25 de setembro. Cospedal minimizou as críticas xeradas nos últimos días pola menor presenza dos símbolos dos populares na propaganda e nos actos electorais, para evitar que se relacione cos casos de corrupción a nivel estatal, e dar prioridade o perfil de Feijóo. Cospedal replicou que, en todo caso, era ben coñecido polo electorado a que partido representa o actual presidente da Xunta. "Alguén cre que Alberto Núñez Feijóo non é o candidato do PP?", respondeu a secretaria xeral do PP ante as preguntas da prensa, despois dunha visita á praza de abastos de Santiago de Compostela. Rajoy e Feijóo só coincidiron nesta campaña no mitin central en Pontevedra. En declaracións recollidas por Europa Press, Cospedal tamén restou importancia a que os líderes estatais e o candidato para as galegas fagan campaña por separado. Polo momento, Rajoy só apareceu publicamente con Feijóo no mitin central en Pontevedra, o pasado 10 de setembro. A secretaria xeral do PP –coa que tampouco coincidiu– defendeu que era un modelo de campaña impulsado polos populares galegos nas anteriores campañas. "Cremos que é moito máis eficaz poder chegar ao maior número de persoas posible", explicou, engadindo que era "moito mellor que cando Feijóo está nun sitio, Rajoy estea noutro". |
NOS_13444 | A autorización limita a 3 meses o máximo de duración da intervención, exclúe que haxa despregamento de tropas sobre o terreo. O Congreso de Francia debate o ataque ao país árabe, mais non haberá votación | @s integrantes do Comité de Relacións Exteriores do Senado de Estados Unidos acordaron autorizar ao goberno estadounidense a atacar militarmente Siria, segundo informan varios medios, entre eles o The Washington Post. Estas fontes apuntan a que o Senado elaborou un borrador n o que dá ese permiso para intervir no país árabe, establecendo unha serie de requisitos. Así, ese ataque estará limitado a un máximo de 2 meses, prorrogábel outro mes máis,con autorización do Congreso e non poderá incluír o despregamento de soldados en terreo sirio. Iso si, fixa unha serie de 'excepcións', como é operacións de rescate. Ademais, tamén empraza á Casa Branca a presentar ante o Congreso, nun prazo dun mes a partir da aprobación do proxecto, unha solución diplomática para acabar coa violencia en Siria. |
NOS_28147 | O Día das Librarías naceu como mecanismo de defensa ante a baixada de vendas despois da crise, mais foi adquirindo entidade propia para enfrontar os retos que encara o sector. A pandemia serviu para revalorizar a lectura. Agora a ameaza vén das plataformas multinacionais que operan online. | Fixo falta unha pandemia para que a lectura cobrase protagonismo e ocupase de novo un lugar na actualidade. Este 11 de novembro celébrase o Día das Librarías e, para variar, afróntase desde un entusiasmo pouco habitual ao falarmos do sector. O último informe anual sobre hábitos de lectura e compra de libros no Estado español descobre que a lectura logrou máximos históricos durante o ano 2020. A lectura foi unha aliada durante o confinamento: incrementáronse o número de lectores, o tempo dedicado á lectura e tamén a compra de libros. O informe tamén revela que as librarías tradicionais seguen a ser a principal canle de adquisición de libros para o 71% do público. "Moita xente reconectou coa lectura na época do confinamento máis duro e acudían ás librarías de proximidade, o que nos outorga un recoñecemento neste momento no que as tendencias globalizadoras cédenlle protagonismo ás grandes cadeas virtuais", di Ramón Domíngues, da Federación de Librarías da Galiza O optimismo deste informe é compartido pola Federación de Librarías da Galiza. Ramón Domínguez, o seu presidente, afirma en conversa con Nós Diario que "basicamente concordamos coa análise que se fai no informe. O ano pasado foi moi duro, vivimos unha situación moi traumática e chea de dúbidas, mais afortunadamente a maioría das librarías continuaron coa súa actividade e eu diría que con bos resultados. Na Galiza, polos datos que nós temos, aválanse as conclusións deste estudo. Para nós foi un alivio, e tamén hai que dicir que constituíu unha certa sorpresa atopármonos nunha situación onde había unha resposta tan positiva. Moita xente reconectou coa lectura na época do confinamento máis duro e acudían ás librarías de proximidade, o que nos outorga un recoñecemento neste momento no que as tendencias globalizadoras cédenlle protagonismo ás grandes cadeas virtuais. Iso actúa a favor do comercio local, dun tecido social que forma parte do día a día da cidadanía". O Día das Librarías instaurouse no Estado, en 2011, para contrarrestar a caída en picado das vendas tras a crise de 2008, aínda que paulatinamente foi incorporando novos obxectivos. Un deles, talvez o de maior importancia agora mesmo, é o de frear a competencia das plataformas multinacionais (léase Amazon). Malia a euforia que se desprende do informe, o comercio electrónico avanza: o 38,4% das persoas que compran libros teñen Internet como lugar habitual de compra, mais esa porcentaxe ascende ao 49% na franxa de idade que vai entre os 25 aos 44 anos. "Para a maioría das librarías, incluír a venda online como unha parte activa do negocio non foi doado", explica Domínguez. "Competir nese mercado con multinacionais que teñen unha loxística potentísima é complicado. Desde a Cegal, a confederación que agrupa libreiros de todo o Estado, púxose en marcha o proxecto todostuslibros.com, unha plataforma que pretende conectar as librarías que traballan online para facilitar o contacto cos clientes. É moi difícil que unha persoa de Ourense entre na páxina web dunha libraría de Ferrol; mais se esa persoa está á procura dun libro concreto e descobre que esa libraría o ten no seu stock, xa está posibilitando a compra no comercio tradicional. A intención agora, a través dos fondos Next Generation, é potenciar esa ferramenta, para que teñamos máis facilidades á hora de competir nese mercado". Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editores, cre que todostuslibros.com é un intento que "parece non estar funcionando mal. Estamos nun momento en que as grandes plataformas ameazan un mercado xa de seu bastante fráxil, e calquera ferramenta que contribúa a amortecer esa ameaza é positiva". "Desde a Asociación Galega de Editores, cinguíndonos exclusivamente ao mercado, pensamos que iso debería ter un reflexo: de cada dez libros nun escaparate, polo menos dous debería ser galego", declara Henrique Alvarellos O libro galego O elo máis débil, non obstante, continúa a ser o libro galego, que mantén cifras de produción e vendas á baixa: cada vez edítanse menos libros en galego e cada vez con tiradas máis baixas. "Creo que vivimos un momento de transición", declara Domínguez. "Os libreiros temos que ser conscientes de que o libro galego é un activo que debe formar parte da nosa actividade. Agora mesmo, o volume de vendas do libro galego a respecto da facturación total constitúe unha porcentaxe relativamente pequena na inmensa maioría das librarías, máis alá do libro escolar. Precisamos unha reflexión colectiva -editores, distribuidores e libreiros- que permita atopar as fórmulas para reverter un camiño que nos leva a manter o libro galego nunha precariedade permanente". Alvarellos matiza que "o libro galego supón arredor do 20% do mercado. Desde a AGE, cinguíndonos exclusivamente ao mercado, pensamos que iso debería ter un reflexo: de cada dez libros nun escaparate, polo menos dous debería ser galego. Logo, temos que apelar ás librarías, que son as nosas aliada naturais, para que comprendan que a nosa cultura está nunha situación moi delicada por motivos que non teñen nada que ver coa calidade, polo que todos os apoios serán benvidos. A nivel creativo creo que está máis que demostrado que a nosa cultura está moi recoñecida fóra das nosas fronteiras, mais segue habendo condicionantes socioculturais que obstaculizan a súa visibilidade". A libraría como axente cultural "As librarías teñen que transformarse en axentes culturais que, ademais de manter un trato personalizado co cliente, como prescritores, xeren a necesidade de achegarse á cultura escrita", declara Henrique Alvarellos. "Existen moitas ofertas de ocio coas que o libro ten que competir, e debemos inventar estratexias para facilitar o acceso ao libro mediante presentacións, coloquios, presenza nas redes..." Ramón Domínguez concorda: "É unha obriga comercial, mais tamén é unha forma de xerar cultura desde fóra do poder. Mal imos se a cultura se fai exclusivamente desde as administracións públicas. As librarías temos a oportunidade de converternos en instrumentos que liberen as actividades culturais desa dependencia e que permita un vínculo máis directo coa sociedade, máis participativo e democrático". |
NOS_9900 | @s nacionalistas presentan unha proposición non de lei na Cámara autonómica para que o executivo paralice e deixe sen efecto os trámites de despedimentos de empregados públicos e amortización de prazas | O BNG vén de presentar unha proposición non de lei no Parlamento de Galiza, iniciativa pola cal se pide á Cámara auonómica que inste ao goberno galego "a anular todos os trámites" relacionados co ERE encuberto na administración pública. Unha regulación que afecta a 251 postos na Consellaría de Traballo e Benestar, alén de se estender a outros departamentos (despedimento de 48 interin@s en Educación). Para a deputada nacionalista Tereixa Paz, este "ERE encuberto" afecta persoas que prestan servizos básicos á cidadanía, "que vai notar directamente os efectos diso". Para a parlamentar do BNG, "estamos ante un ataque frontal aos servizos públicos, aos seus traballadores e aos seus usuarios". Tereixa Paz acusou Núñez Feijóo de facer da fraude "o seu capital político" ao lembrar que na campaña electoral "prometera que non ía pedir máis sacrificios aos empregados públicos". Mais pouco despois da cita coas urnas, proseguiu Paz, "aplacou unha rebaixa salarial a ese colectivo, e agora, despedimentos e amortizacións de prazas". "Deriva preocupante" Na proposición non de lei, o BNG considera que o ERE na Xunta significa "unha deriva preocupante que inicia este goberno", pois entenden que vai haber "unha proliferación de EREs no ámbito da Xunta". Enmarcan este paso do executivo de Feijóo na estratexia de "destrución dos servizos públicos". Tereixa Paz informou que tamén solicitarán a comparecencia en sede parlamentar de Núñez Feijóo ou Alfonso Rueda "para que dean explicacións sobre esta regulación de emprego na administración pública". |
NOS_28384 | A cidade recorda ao músico, tamén coñecido como 'O gaiteiro de Viascón', como o artista que ennobreceu a gaita. O rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén destacou o seu legado artístico que chega até a actualidade. | O Concello de Pontevedra realizou onte unha homenaxe ao músico Ricardo Portela, con motivo do centenario do seu nacemento. Nun acto ao que acudiron representantes públicos e cidadanía en xeral, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores quixo destacar que "non pode haber mellor indicador de inmortalidade que o de ser mestre de mestres". Con estas sentidas palabras, o rexedor falou do legado que deixou Portela, tamén coñecido coma 'O gaiteiro de Viascón', en distintas xeracións de gaiteiras e gaiteiros que aínda chegan até a actualidade. Así ligou a ese mestre coa traxectoria de músicas galegas de prestixio internacional como poden ser Cristina Pato, Susana Seivane, Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño, Anxo Lorenzo ou Óscar Ibáñez. Fernández Lores subliñou que ao ilustre veciño lle deben "unha vida na procura da excelencia". Concretou esta afirmación falando do seu "estudo, perfeccionamento e dignificación da gaita galega e dunha forma de tocar diferenciada e propia do noso país, o toque fechado". Para o rexedor, o homenaxeado tamén "actuou como transmisor da tradición musical até conseguir ennobrecela". "Grazas ao seu incansable e apaixonado esforzo contribuíu a que a gaita pasase de ser considerado un instrumento popular e humilde a materia de estudo", louvou. O acto, que decorreu diante da casa na que vivira, contou coa presenza do neto do gaiteiro, Gonzalo Lorenzo Portela; o membro fundador do Colectivo Paseniño e do grupo Treixadura, Xoán López; e o presidente da Asociación Cultural Marmurios de Leucoíña e iniciador do Memorial Ricardo Portela, Eduardo Esteban. O gaiteiro Óscar Ibáñez interpretou Aires de Pontevedra en toque fechado, como un claro recordo. |
PRAZA_46 | O Goberno galego alude a un convenio asinado coa Fegamp para impedir que a Marea Viva se celebre no IES de Elviña, como estaba previsto. A plataforma cidadá traslada as actividades á sede do Colexio de Arquitectos na cidade. | A Marea Atlántica, a plataforma cidadá que traballa dende hai meses na conformación dunha alternativa para concorrer ás eleccións municipais na Coruña, comeza esta fin de semana a fase que denominou "Marea Viva", na que definirá, entre outros aspectos, o xeito concreto para participar no proceso electoral, o código ético da formación ou os modos de elaborar o seu programa electoral. Para facelo organizou un primeiro foro, a "marea baixa", con diversas sesións formativas e relatorios cun centro de ensino da cidade, o IES de Elviña, como escenario. Así estaba previsto ata que, a poucas horas do comezo dos actos, a Xunta o impediu. Segundo explican dende a Marea Atlántica non foi a plataforma cidadá, senón o centro educativo, o que recibiu a comunicación do veto por parte da Consellería de Educación. O departamento que dirixe Jesús Vázquez, explican, alude a un convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) sobre a utilización de espazos dos centros educativos para a impedir a realización dos actos, anunciados dende hai semanas. Educación apóiase nun convenio que, di, impide usar os pavillóns dos centros "con fins políticos" Fontes da Consellería consultadas por este diario confirman o veto aludindo e este convenio, "que no seu momento apoiaron PP, PSOE e BNG" para "prohibir o uso dos pavillóns dos centros educativos con fins políticos". "Entendemos -din as mesmas fontes- que se nun pavillón non se pode, menos aínda no interior dun centro". A Marea Atlántica "pode que aínda non sexa un partido político, pero ten fins políticos", abondan. "É a primeira vez que nos atopamos cun obstáculo tan burdo" Ante a imposibilidade de contactar telefonicamente con responsables da xefatura territorial de Educación membros da Marea Atlántica dirixíronse directamente ás súas instalacións para tentar obter máis información sobre unha prohibición que, aseguran, non ten soporte legal. "Temos moitas dificultades na Coruña para atoparmos espazos nos que facer actividades dunha certa entidade", explican dende a Marea en declaracións a Praza, se ben "é a primeira vez que nos atopamos cun obstáculo tan burdo". Os actos trasládanse á sede do COAG na cidade Neste escenario, a Marea Atlántica xa conta cun emprazamento alternativo para as actividades, nas que xa hai "200 persoas inscritas". Finalmente celebraránse na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia na cidade, na rúa Federico Tapia. Esta Marea Viva, din, representa un "exercicio democrático" ao que "o PP lle ten pavor" e por iso "tenta prohibilo". Este bloqueo da Consellería é semellante ao acontecido o pasado setembro en Lugo, cando impediu a realización dun acto sobre a historia de ERGA nun instituto da cidade, ou á prohibición. Outra Xunta, a Electoral, tamén impediu durante a campaña electoral de 2012 a celebración dun debate entre as mocidades de PP, PSdeG e BNG nun local da Consellería de Sanidade que xa lles fora cedido. |
NOS_51136 | Ducias de miles de traballadoras e traballadores atinxidos pola conflitividade laboral na Galiza nas últimas semanas, unha dinámica de mobilizacións, paros e greves que semella que volta a reaxir após uns anos de decaer. A diversidade de sectores implicados e o grao de participación e seguimento nos conflitos favorece os argumentos de quen apontan na Galiza a unha nova fase mobilizadora. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 253. | Foi un mes de xuño laboralmente 'caldo', que dirían os italianos –quente–. Había tempo que nun só mes non se concentraba tal número de greves, mobilizacións, paros e protestos. En sectores diversos, intensidades e duracións diferentes, e con repercusións diversas. Ducias de miles de traballadoras e traballadores participando en diferentes modalidades de protesto e reivindicación que nos levan a nos preguntar se estamos perante unha simple conxuntura ou ben perante algo máis serio. O metal das comarcas da Coruña levaba 25 anos sen ir á greve. A finais de xuño iniciou unha dinámica mobilizadora cunha máis que ampla participación entre os 18.000 traballadoras e traballadores do sector. "É é a resposta que lle temos que dar á patronal, que vexa que queremos recuperar as condicións laborais que tiñamos antes da crise", afirma o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas. Os paros no transporte, con 7.000 traballadores implicados, son outros dos puntos quentes desta vaga mobilizadora. Mais metal e transporte non son os únicos. A greve indefinida do 112, as mobilizacións en Ferroatlántica ou no sector da automoción de Vigo, a loita en Alcoa, os protestos en Lefties e outras marcas de Inditex... É unha ampla listaxe de conflitividade laboral a que saúda o comezo do verán de 2017. [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 253, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_19520 | Desde o comezo da crise pecharon en Galiza uns 17.000 comercios, un 25% do total, supondo, asemade, a perda duns 43.000 postos de traballo. A liberalización horaria e o aumento do IVE poden eliminar varios milleiros máis de postos de traballo. | Abrir máis horas, traballar en festivos, incrementar o IVE... as últimas medidas de Mariano Rajoy están a crear unha grande alarma entre o pequeno e mediano comercio galego. Pasear polas grandes zonas, outrora con remuíños de xente mercando, semellan estes días, máis ben, escenarios dunha obra sen personaxes e con escaso orzamento. Carteis de "en venda" ou "en aluguer" súmanse aos previos de "liquidación" ou "última oportunidade". Na entrada á Coruña, tamén no interior da cidade, hai mais indicativos para ir aos grandes centros comerciais que para chegar a algún centro de interese turístico. Tamén pasa en Vigo. Hai uns días o BNG denunciou que o goberno municipal de Negreira pensaba gastar 70.000 euros en contrataren a dedo unha consultora para lles realizaren enquisas aos comerciantes e veciños da Agra do Orzán. A idea do alcalde era "deseñar" unha estratexia para "axudar" ao pequeno e mediano comercio da zona. Antes suprimira do programa Urbana C, as axudas directas e a fondo perdido ao comercio, hostelaría e talleres de automoción do barrio "para destinaren eses cartos a unha aula virtual de busca de emprego da que nada sabemos", segundo sinalou a concelleira nacionalista Ermitas Valencia. Na zona da Agra do Orzán e arredores o pequeno comercio resiste e quere falar. Mily leva trece anos no barrio levando unha perruquería. Non ten clientela polo que ten tempo de falar. Comezan a saír os temas que despois outr@s comerciantes debullarán polo miúdo. "Tería que haber máis axudas para os barrios e menos atrancos, por exemplo, para que se poida estacionar en condicións". Fala da clientela que vén de fóra mais de contado fai referencia á de toda a vida, cada vez máis envellecida. "Aquí hai moita xente maior que non ten coche e nin sabe onde está o Centro Comercial. Onde vai ir mercar se pechamos?" Nomeou ao demo do comercio, o nome maldito. Rosa le mentres agarda que alguén entre na súa zapatería, a poucos metros da perruquería de Mily. O primeiro sorriso desaparece cando descobre que non entra un cliente. "É triste ver como está hoxe a rúa Barcelona cos comercios pechados", láiase, "sobran centros comerciais, non comercios". Lembra cando os autobuses paraban nos Cantóns e a xente viña mercar á Rúa Real e arredores. "Hoxe todo pecha", sentenza. Ten unha explicación ao que está acontecer "moito antes de que chegara Zapatero" e está en relación coa chegada das grandes áreas comercias, desde El Corte Inglés até o Dolce Vita. Mily: "Aquí hai moita xente maior que non ten coche e nin sabe onde está o Centro Comercial. Onde vai ir mercar se pechamos?" E chega o IVE"Levo catro anos mantendo os prezos, se subo a clientela marcha, como vou saír adiante?" A suba do IVE que entrará en vigor en menos dun mes ten preocupado a todo o sector. Na zona vella de Compostela unha papelaría quixo adiantarse, polo menos o primeiro mes, e anuncia que non aplicará este imposto até o 15 de outubro. O segredo? Mercar con tempo abondo como para pór un prezo competitivo. "Despois non sei, teremos que asumir o IVE", asegura Ramón."Para nós existe un recargo de equivalencia como o da maioría do pequeno comercio, polo que, alén do 21%, hai que lle sumar un 5,2%, en total un 26,2%". Os números non saen e menos cando a grande competencia é demasiado forte. "Moitos dos prezos que poñen son imposíbeis, como o prezo do papel nun Centro Comercial... máis barato que o meu prezo de custe!" Para Juan xa é tarde. Traballa na tenda que Caramuxo ten en Compostela. Pecharon en Vigo no mes de xaneiro porque non daban as contas, a finais deste mes pechará a súa e quedará a única de Vilagarcía. Tamén fala e non se corta. "Algúns fan publicidade de que non pagarán o IVE, que máis dá se a xente deixa de consumir polo medo que nos meteu este goberno". Máis horasPedirlle ao pequeno comercio que non teña horas semella suicida. "Sería a morte absoluta do pequeno comercio", asegura Encarna Álvarez, Presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Vigo (ACECA) e da Federación de Comercio de Vigo. Para o sector é incomprensíbel posto que xa traballan horas de máis agora e non lles dá. "Se o IVE é preocupante o dos horarios xa nin che conto", continúa a presidenta de ACECA, "o comercio non pode asumir ese tema, agardo que teñan a cabeza no seu sitio e non se faga ao final". Testemuñas de non poder máis hai a moreas. Ramón e Conchi aseguran que na súa papelería "estamos escravizados as 24 horas, traballando ou en casa pensando no traballo". Juan aplica o sentidiño e non entende como hai poucos anos non estaban os comercios abertos en festivos, nin en tantos horarios como agora e "se non podías mercar dicíaslle a alguén que fora, arranxabamos así". Deses tempos tamén fala Mily que recoñece que non podería asumir máis horas das que ten o día. "Liberalizar horarios? Dígolle ás clientas que veñan o domingo e pecho os luns, outra cousa non lle vexo". O primeiro banco de probas dunha vila galega para o experimento da liberalización de horarios comerciais é Tui. A capital do Baixo Miño aprobou en Pleno, proposto polo seu alcalde Moisés Rodríguez (PP), solicitaren a denominación de "zona de gran afluencia turística" para o municipio. Deste xeito, poderá liberalizar a apertura horaria e de festivos nos comercios da zona. O sector do comercio estivo dividido e había posturas encontradas. Mentres, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui considerouna "unha oportunidade" a Federación de Empresarios do Baixo Miño (Febam) rexeitouna, afirmando que é "desfavorábel" para o pequeno comercio. Juan: "É un clamor popular, que os banqueiros marchen cunhas liquidacións millonarias e aquí non pringue ninguén, todo o que se conseguimos estes trinta anos eliminárono estes en catro meses" O futuroHai futuro? Juan bota en falta unidade de acción para exixiren outro tipo de medidas a grande escala. "Mentres haxa un Madrid-Barça na TV, pouco pan e pésimo circo", ironiza. No caso de Caramuxo venden cultura textil, visual. "Debería haber manifestacións cada día, teño familiares que levan dous anos sen traballaren, xente preparada...." Remata cunha frase que moitos teñen na cabeza "É un clamor popular, que os banqueiros marchen cunhas liquidacións millonarias e aquí non pringue ninguén, todo o que se conseguimos estes trinta anos eliminárono estes en catro meses". Máis dialogante é a Presidenta da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Vigo (ACECA) e da Federación de Comercio de Vigo. "As medidas chegaron en xullo e en setembro retomaremos as reunións, como alternativas temos a Lei de horarios que xa se creou en Galiza, queremos que se manteña e se respecte". Se non se chega a acordos, segundo Encarna Álvarez, a perda de emprego será enorme". |
PRAZA_7943 | David Fernández (Toén, 1979) leva tres meses no Parlamento e para ben ou para mal saltou ás portadas pola súa expulsión a pasada semana. Enxeñeiro de Montes e docente, a súa carreira investigadora viuse truncada coma a de moitos outros mozos galegos. | David Fernández, David de Toén, leva tres meses no Parlamento e para ben ou para mal saltou ás portadas pola súa expulsión a pasada semana. Enxeñeiro de Montes e docente, a súa carreira investigadora viuse truncada coma a de moitos outros mozos galegos. Coñece ben o mundo da universidade e tamén a realidade do mundo rural galego, por orixe e por formación. Militante de Anova, o pasado 21-O pasou de estar no paro a converterse en deputado liderando a lista de AGE pola provincia de Ourense. Como está sendo a túa experiencia parlamentaria nestes primeiros tres meses? Moi decepcionante. É un teatro, pero un teatro malo. As respostas que dan os conselleiros ás preguntas parlamentarias son absurdas, e as máis das veces non che contestan en realidade. Por veces isto convértese nunha burla á cidadanía. Cando nós preguntamos a respecto dun problema social que medidas baralla o Goberno para solucionalo, esperamos que nos presenten unhas liñas de traballo. Pode que sexan contrarias ás que defenderiamos nós, pero esperamos que o Goberno teña un plan. Pero case sempre saen cun "y tu más". A min dáme a impresión de que nos debates que se dan alí ninguén escoita a ninguén. Ti vas alí, soltas o teu rollo e parece que nin che fan caso. Nun artigo que publicou David Rodríguez hai uns dias sobre a túa expulsión afirmaba que "aquel que facía chanzas estaba a ser, coas prerrogativas do bufón que nos dramas de Shakespeare é quen canta as verdades, o máis serio de todos". Como te sentiches nese momento cando o vicepresidente optou por unha medida drástica e inédita? Unha medida drástica e ilegal, ademais. Eu non lle faltei ao respecto a ninguén e non insultei. Como moito poderían terme chamado a atención ou retirado a palabra, pero nunca expulsarme do pleno. Debe ser que o tema do que eu estaba falando puxo excesivamente nervioso o señor vicepresidente e por iso me botou. O traballo parlamentario non ten tamén a súa parte positiva, por exemplo no contacto con colectivos sociais ou cidadáns, e o traslado das súas preocupacións á cámara? Dende logo para min é máis importante escoitar a xente e traer aquí as súas reivindicacións. Despois está o problema das cousas que teñen repercusión mediática e as que non. Por exemplo, lembro un discurso excepcional da miña compañeira Eva Solla, na que era ademais a súa primeira intervención no Parlamento. Non vin unha soa liña nos medios de comunicación e fixo un retrato perfecto de como funciona a sanidade privada. E como este caso hai outros: intervencións realmente boas que hai no Parlamento non saen en ningures e a xente non as coñece. Como é a relación entre a xente de EU e a de Anova? A relación é moi boa, realizamos accións conxuntas, avisámonos de todas as cousas. Non podemos andar con friccións cando a cidadanía está atravesando tantas dificultades. Como está sendo o traballo de conformación de Anova e de AGE? En Anova estamos traballando moito na rúa, falando con moita xente e en breve teremos a nosa primeira asemblea nacional. Imos tentar seguir en contacto coa sociedade para poder levar a súa voz ao Parlamento. En canto a AGE, está por ver: polo de agora está funcionando moi ben e o que sexa dependerá do que decidan as formacións que a compoñen. Eu espero que teña futuro. Ti coñececes ben o mundo rural e os seus sectores produtivos, por orixe e por formación. É o grande esquecido nestes trinta anos de autogoberno? Eu creo que o Partido Popular quere deliberadamente que o rural non sexa produtivo e que a xente marche. Porque iso déixalles o campo libre para grandes proxectos coma o de Corcoesto, que é unha aberración. Estou convencido de que se esa comarca estivese ben desenvolvida e tivese unha base agrogandeira importante, como ten por exemplo A Limia, e onde mesmo unha industria de transformación dependese dese sector primario forte, a sociedade non permitiría ese tipo de proxectos. Para min a clave da política do PP nas zonas rurais está no peche nos últimos anos de escolas rurais ou na supresión de prazas de médicos no rural. E todo o mundo, viva onde viva, quere ter uns servizos axeitados. Para min non pode haber unha política no medio rural sen que o rural teña os mesmos servizos que as zonas urbanas. Despois podes facer moitas cousas: mellorar as explotacións ou favorecer que os mozos e mozas se incorporen a elas, pero se non temos os mesmos servizos ca nas cidades é moi difícil que a xente queira quedar a vivir. Ti desenvolviches durante anos unha carreira investigadora que non puideches continuar. Estase expulsando a toda unha xeración? Como analizas as politicas de I+D+I? O PP cada vez que fala de I+D+I pon o énfase no investimento que fai a empresa privada en investigación. Por desgraza, en Galicia a empresa privada non está preparada para investigar. O que fixo a Xunta foi acabar con todos os programas de investigación pública que estaban funcionando, sobre todo nos campos das ciencias experimentais. Necesitamos programas de mobilidade para que a xente complete a súa formación en lugares nos que a investigación está máis desenvolvida. Pero iso require cartos. Póñoche un exemplo: no último ano do bipartito o programa de recursos humanos de investigación da Xunta tiña un orzamento de case 29 millóns de euros e iso destinábase á formación de investigadores. No ano 2012 os cartos que se destinaron a isto foron menos de catro millóns de euros. Con esta incerteza como se vai animar a xente a iniciar unha carreira investigadora? Moitas veces semella que o PP non fai política, que se comporta como un contable. Como valoras a xestión do Goberno? Por un lado, están obsesionados coa empresa privada, en que a empresa privada xestiona mellor que a pública. De feito, pedinlle no parlamento a un deputado do PP que me amosase algún apoio empírico no que basear esa afirmación e non me soubo contestar. Ese sistema que eles favorecen no que se acaba derivando a empresas privadas a xestión de servizos públicos é o caldo de cultivo no que agroma a corrupción. Por outro lado, vexo que a xente que está no Goberno galego está moi pouco formada e le moi pouco. Decátaste de que non saben nada de áreas nas que deberían ser expertos. |
PRAZA_10164 | Fomento confirma que os novos 18,5 quilómetros da autovía Lugo-Santiago entran en servizo este 24 de maio de 2019, polo que estarán abertos 66 dos 94 quilómetros do trazado máis de vinte anos despois da inauguración do primeiro tramo, de Compostela ao aeroporto | Vai xa unha trintena de campañas electorais de todos os niveis, das municipais ás europeas pasando polas galegas ou as xerais, nas que a autovía A-54 entre Lugo e Santiago é materia de promesas, reproches e inauguracións. A deste 26M non é unha excepción; no comezo da carreira electoral o presidente da Xunta abriu fogo laiándose de que o trazado completo desta autovía non vaia estar rematado para o Xacobeo 2021, culpando o Goberno do PSOE de que a execución dos treitos centrais (Palas-Melide e Melide-Arzúa) se prolongue alén dese ano, tal e como prevían os contratos asinados polo Goberno de Rajoy. Agora é o Executivo socialista en funcións o que move peza co anuncio da apertura dun novo treito en vésperas da cita coas urnas.Fomento confirma que os novos 18,5 quilómetros da autovía Lugo-Santiago entran en servizo este 24 de maio de 2019, polo que estarán abertos 66 dos 94 quilómetros do trazado máis de vinte anos despois da inauguración do primeiro tramo, de Compostela ao aeroportoHai semanas que o treito da A-54 de Lavacolla a Arzúa está practicamente rematado e nos últimos días os operarios ultimaron detalles de pintura e sinalización, entre outros últimos axustes. Na liña do avanzado por varios medios de comunicación, o Ministerio de Fomento confirmaba este luns que a posta en servizo destes 18,5 quilómetros se producirá o 24 de maio, dous días antes das eleccións. Esa apertura non está limitada polas restricións da lexislación electoral, que si impiden solemnizala cun acto inaugural do ministro Ábalos ou de calquera outro cargo. Tampouco pesaba restrición ningunha sobre o anterior movemento do Goberno central a respecto desta infraestrutura, a autorización do enlace orbital de Santiago, no primeiro día de campaña das xerais.O treito vai quedar aberto permitirá viaxar ata as proximidades de Arzúa dende a contorna do aeroporto da Lavacolla, unido por autovía coa cidade de Santiago en xaneiro de 1999 no que acabaría sendo o primeiro treito da A-54. Deste xeito, dende a inauguración do tramo (sen rematar) Santiago-Lavacolla por parte de José María Aznar ata esta posta en servizo do novo Lavacolla-Arzúa transcorreron xa máis de vinte anos.Polo outro extremo, dende Lugo, están xa en servizo algo máis de 40 quilómetros, dende a cidade da Muralla ata preto de San Pedro de Meixide, en Palas de Rei. Eses treitos (Nadela-Guntín, Esperante-Vilamoure e Guntín-Palas) dende a capital lucense foron obxecto de ata tres inauguracións durante o ano electoral de 2015 por parte do Goberno de Rajoy. O gabinete de Rajoy estaba aínda no poder tamén cando foron formalizados os contratos para a execución das partes centrais da A-54, que unirán Arzúa con Palas. O último dos contratos, o do treito Arzúa-Melide, foi formalizado en decembro de 2017 -en 2015 sufrira atrasos por cambios nos criterios de adxudicación- e solemnizado coa colocación dunha primeira pedra pouco despois polo daquela ministro, Íñigo de la Serna, xunto ao presidente da Xunta.Fomento detalla que con esta apertura xa será posible percorrer por autovía 66 dos 94 quilómetros que separarán ambas cidades cando a A-54 estea rematada, reducindo uns 15 minutos o tempo actual de viaxe e liberando ademais notablemente de tráfico a N-547 ao seu paso por concellos como O Pino, con abondoso tránsito veciñal e de peregrinos a Santiago. Os cruzamentos co Camiño Francés propiciaron, ademais, a construción de pasos peonís sobre a vía ou por baixo dela.Feijóo carga contra o Goberno do PSOE porque a A-54 non vai estar rematada para o Xacobeo 2021, aínda que os contratos formalizados no tempo de Rajoy xa fixaron o remate para a contorna de 2022Co pano de fondo da inminente posta en servizo o propio presidente da Xunta cargaba este mesmo luns contra a xestión de Fomento desta infraestrutura. Nunha entrevista publicada polos xornais do grupo El Progreso, Feijóo afirma que "pediu explicitamente ao Goberno que a autovía Lugo-Santiago estivese rematada para 2021", cadrando co Xacobeo, e a "contestación" foi que "o orzamento de investimentos en Galicia baixa un 30%". En realidade, ese descenso -do 19%- era o previsto no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que non chegou a ser aprobado e os tramos pendentes da A-54 xa foran adxudicados antes, en tempos de Rajoy, cos devanditos prazos de remate na contorna de 2022 |
PRAZA_1877 | Seaga tramita dende comezos de agosto o contrato da iluminación do 'bosque', no que a Xunta gastará algo máis de 270.000 euros que se suman aos 300.000 da plantación. Feijóo presentou o proxecto como "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico" | Cando a Xunta de Manuel Fraga comezou a engraxar con diñeiro público o proxecto da Cidade da Cultura incluíu nel proxectos especialmente rechamantes. Entre eles figuraban unha biblioteca cun "millón de libros", un contraditorio "museo de novas tecnoloxías" e tamén o que se deu en chamar "Bosque de Galicia", co que se repoboaría o monte que, paradoxalmente, fora parcialmente arrasado para erguer o complexo deseñado por Peter Eisenman. O proxecto de tal bosque rexurdiu en 2012, cando o Goberno de Alberto Núñez Feijóo presentou o Plan Estratéxico do Gaiás, e volveu durmir nunha gabeta ata que, despois de enviar a Agustín Hernández á alcaldía de Santiago, a Xunta se lanzou a anunciar todo tipo de proxectos para capital de Galicia. O suposto bosque xa comezou a ser prantado e a súa factura, que non deixa de subir, disponse a superar o medio millón de euros. Malia ás críticas xurdidas dende o mundo da bioloxía e do ecoloxismo, onde o 'Bosque de Galicia' foi lido como unha "aberración conceptual en materia de biodiversidade", o presidente da Xunta proclamou que o proxecto ía tornar nun "símbolo de defensa do bosque tradicional galego" e nun "activo de gran valor ecolóxico e paisaxístico". Xa en plena precampaña o propio Feijóo ascendeu ao Gaiás xunto a Hernández para participar na plantación dun bidueiro -as árbores proceden dun viveiro de Lugo- e asegurar que, cando estea rematada a "creación" deste espazo será "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico". Feijóo presentou o proxecto como un "símbolo de defensa do bosque tradicional" e como "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico" Aínda que parte da plantación se está a realizar con traballo voluntario a Xunta admitiu daquela que o prezo da plantación ascendía a 300.000 euros, un "custe axustado ás posibilidades e á realidade do momento económico actual", afirmou daquela Feijóo. No entanto, o xefe do Executivo obviou que aínda restaba, cando menos, outra inxección económica que case duplica o importe e que a empresa pública Seaga está a tramitar dende os primeiros días de agosto. Seaga tramita dende comezos de agosto o contrato da iluminación do 'bosque', no que a Xunta gastará algo máis de 270.000 euros Foi, concretamente, o pasado día 5 cando a compañía dependente da Consellería de Medio Rural iniciou os trámites para contratar as obras da "rede de ilumnación para camiños do Bosque de Galicia", un contrato para o que reserva algo máis de 273.000 euros que, sumados ao gasto inicial do bosque, achegan o gasto aos 600.000. Con estes cargos a Xunta instalará nesta zona do monte Gaiás unha luminaria cada 10 metros. Serán, concretamente, "balizas formadas por unha carcasa de fundición de aluminio con acabado en pintura gris grafito" e unha estrutura interior de aceiro inoxidable. Dado que nalgúns puntos a "pendente do terreo non permite o acceso mediante un camiño ou unha escalirrampa" o que a Xunta presenta como "bosque" terá tamén "pequenos tramos de escaleira", cando menos para "salvar o desnivel existente entre o camiño construído inicialmente para servizo da obra da Cidade da Cultura e a parte superior do monte". Os accesos dende a parte baixa do monte, áreas de descanso ou mesmo algunhas das árbores serán especificamente alumeados cunha instalación que, segundo o prego de condicións ao que teñen que axustarse as empresas interesadas, implicará o trazado de toda unha rede eléctrica subterránea pola zona, o que afastará aínda máis o proxecto dun bosque natural. |
NOS_9413 | Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Nesta quinta feira, achégase en Nós Diario á participación dos militantes nacionalistas na guerrilla antifranquista. | Que papel xogaron os militantes nacionalistas nos primeiros momentos da resistencia armada e no proceso de organización dos fuxidos? A incorporación dos afiliados nacionalistas á oposición armada á ditadura franquista foi anterior á reorganización das estruturas partidarias patrióticas e remóntase aos momentos iniciais da guerrilla. Sen ir máis lonxe, nas primeiras agrupacións guerrilleiras galegas, conformadas nas terras de Valdeorras e da Mariña a finais de 1937 e comezos de 1938 xa están presentes antigos cadros do Partido Galeguista (PG). Así, por exemplo, Modesto Vilar Ínsua "Modesto da Americana", concelleiro do PG en Viveiro antes do golpe de Estado de 18 de xullo de 1936, fai parte da dirección do "Comité Tchapaief", constituído en Viveiro en novembro de 1938 e considerado como primeira guerrilla conformada na Galiza. Outro tanto, acontece en Valdeorras, coa coñecida partida do Córgomo, fundada a finais de 1937 após a caída da fronte norte e dirixida por Antón Arias Prada "Clavel", presidente do Partido Galeguista na súa localidade, tenente alcalde de Vilamartín de Valdeorras en 1936 e tenente do Batallón Galiza durante a guerra en Asturias. Até cando se demora a presenza de adherentes nacionalistas nas agrupacións e nas redes de apoio á guerrilla? Practicamente até ao final da actividade da armada. Porén, o remate da II Guerra Mundial, a constatación de que as potencias aliadas non teñen previsto derrubar o réxime de Franco e a formalización das estruturas partidarias do nacionalismo vai introducir importantes mudanzas. Neste sentido, até os anos 1946/1947 é doado seguir a presenza de afiliados nacionalistas nas organizacións guerrilleiras, tal como acontece na Federación con guerrilleiros como Arturo López Delgado ou nas primeiras unidades guerrilleiras impulsadas baixo a dirección do PCE e situados na orbita da Unión Nacional nas comarcas de Vigo ou de Compostela. Malia que a partir de 1947 segue habendo nas agrupacións guerrilleiros de procedencia nacionalista, como Juan José Romero Ramos ou Manuel Gómez Varela "Fera Brava", antigos dirixentes do Partido Galeguista en Mugardos durante o período republicano, ningún deles mantiña naquela ningunha ligazón orgánica ou ideolóxica co nacionalismo. Aínda así, a participación de adherentes ou cadros nacionalistas na rede de enlaces, ou no que algúns autores dan en definir coa "guerrilla do chan", nunca cesou como testemuñan o caso de Dámaso Carrasco no Salnés, Xosé Bieito Pazos en Vigo ou Luís Loureiro en Compostela. "O núcleo nacionalista dirixido por Velo, Valenzuela e Otero Castelao entende que a loita armada é unha liña de acción básica para derrocar a ditadura" Sinalaba con anterioridade que a incorporación dos afiliados nacionalistas á guerrilla foi anterior á reorganización das súas estruturas partidarias, cando se produce esta? Realmente danse dous procesos parellos ao tempo que representan dúas orientacións tácticas diferentes sobre o camiño a seguir polo nacionalismo. A unha banda, atopamos a un núcleo de militantes do Partido Galeguista de antes de 1936, cuxos dirixentes máis significados son o antigo secretario xeral das Mocidades Galeguistas, Xosé Velo, o concelleiro nacionalista do PG en Rianxo Mariano Otero Castelao e o último secretario de organización do PG na zona leal, Ramón de Valenzuela, que desde 1943 defenden un nacionalismo articulado no ámbito da Unión Nacional e apostan polo actividade armada como método de loita para combater a ditadura. Por outro lado, un grupo formado, tamén, por antigos afiliados das mocidades e do Partido Galeguista, como Ramón Piñeiro, Paco del Riego ou Gómez Roman Román encetan á comezos de 1944 o proceso de reconstitución do Partido Galeguista, en conexión con Daniel Castelao, e cos núcleos do exilio e da emigración. Este sector, claramente maioritario, partilla unha estratexia conxunta cos nacionalistas vascos e cataláns e lígase á táctica da ANFD. Que importancia tivo a cuestión armada na diverxencia entre estas dúas pólas do nacionalismo? É unha cuestión difícil de medir, porén o aspecto chave neste conflito son as diverxencias sobre a políticas de alianzas no ámbito galego e estatal e a consideración política da Galiza nese contexto e sobre todo o seu papel no Estado unha vez derrubada a ditadura franquista, algo que desde a derrota alemá en Stalingrado se dá por feito. Agora ben as diferenzas en relación coa loita armada eran evidentes. Malia que o sector organizado no Partido Galeguista nunca condenou formalmente a loita armada e algúns dos seus dirixentes e adherentes colaboraron de diverso xeito coa guerrilla, hai un momento, a medida que avanza a segunda metade das década dos corenta, que analiza que a actividade armada é negativa para os intereses da causa democrática e de Galiza e aí aparecen condenas implícitas da mesma por parte dalgúns dirixentes. Pola súa parte, o núcleo dirixido por Velo, Valenzuela e Otero Castelao entende que a loita armada é unha liña de acción básica para derrocar a ditadura e así teorizan a súa necesidade,como se pode ver no libro de Velo Muera España, Viva Hespaña. En coherencia con isto, varios militantes deste sector colaboran nas propias unidades guerrilleiras e fan parte da rede de enlaces. "Máis de 100 militantes nacionalista foron asasinados polo ditadura" Sinala no seu traballo que se trata dunha aproximación as relacións entre a guerrilla e o nacionalismo, fica moito por aclarar? Case todo. Sabemos, e iso si que fica documentado, da participación dos nacionalistas nas organizacións guerrilleiras. Tamén fica claro, que a importancia cuantitativa e cualitativa do corpo orgánico e social do nacionalismo na guerrilla é superior ao que tradicionalmente se lle vén asignando. En definitiva, a militancia nacionalista loitou e morreu nas guerrillas. Porén, as relacións entre nacionalismo e guerrilla non escapan ás incógnitas que rodean o capitulo clandestino da loita patriótica e aos prexuízos dunha parte da historiografía sobre o nacionalismo de preguerra, interesada en presentalo como un movemento situado na dereita ou no centro, composto por xentes de orde e por conseguinte refractario a posicións de avanzada do nacional e no social. Ese mesmo esquema, leva a negar, contra todo o rigor histórico, a presenza dos militantes do Partido Galeguista, nas organizacións de clase ou matizar a represión sobre nacionalismo, cando máis de 100 militantes foron asasinados polo ditadura. |
NOS_3294 | Medio cento de anti-disturbios fortemente armados 'blindaron' a sede da Xunta en Ferrol fronte uns operarios que reclamaban "máis carga de traballo e menos mentiras". | Máis unha vez o naval de Ferrol na rúa, máis unha vez demandando carga de traballo e alertando da grave situación do sector e máis unha vez un cordón policial como resposta. E desta volta ese cordón policial eran por volta de medio cento de anti-disturbios fortemente armados (cascos postos, escopetas de pelotas de goma na man). Anti-disturbios que 'blindaban' a sede da Xunta en Ferrol, edificio ante o que finalizou a marcha de 1.800 operarios que partira dos estaleiros para pedir carga de traballo. "Máis traballo e menos policía" foi o lema máis coreado fronte a sede autonómica. Durante a marcha, e segundo informa Patricia Hermida en El Correo Gallego, os traballadores mesmo fixeron unha parada 'simbólica' perante un comercio da cidade, so senador Juan Juncal, para lle recriminar a súa oposición ao dique flotante. O voceiro do comité de empresa, Ignacio Naveiras, lembrou que o tan 'cacareado' flotel de Pemex está a dar traballo a 400 operarios de industria principal e auxiliares. Navantia e Xunta venderan no seu momento que ía supoñer 2.000 empregos. "O Goberno do PP usa os contratos con fines electorais, mentindo e deixando os estaleiros desocupados" afirmou o voceiro do comité de Ferrol , segundo recolle P. Hermida. E animou os traballadores a acudir esta tarde ao teatro Jofre para se manifestar contra a visita do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, que acude a Ferrol á entrega dun premio empresarial. |
NOS_23830 | Axentes dos cascos azuis agrediron sexualmente crianzas na República Centroafricana. | Aparecen novas denuncias de violacións sexuais contra a poboación dos países nos que se despregan as Operacións especiais para o mantemento da paz da ONU, máis coñecidas como 'cascos azuis'. Nesta ocasión trátase de militares franceses, xeorxianos e dun terceiro país non identificado que atinxen a operación despregada na República Centroafricana e que xa comezara a ser investigada en agosto de 2015 por denuncias anteriores. O continxente atópase no país desde 2013 como parte da MINUSCA (Misión Multidimensional Integrada de Estabilización das Nacións Unidas na República Centroafricana) e abrangue arredor de 9 mil soldados procedentes de distintos estados, principalmente de Francia e outros territorios da UE. O conflito que atinxe a República Centroafricana provocou por volta de un millón de persoas refuxiadas sendo que, aproximadamente, o 20% da poboación do país vive desprazada en territorios colindantes como Chad e Camerún. O conflito na República Centroafricana provocou un millón de desprazamentos e o 20% da poboación mora en países como Chad e Camerún Operación militar da UE na República Centroafricana Segundo recoñeceu a propia ONU através do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Zaid Ra'ad Al Hussein, trátase de "acusacións extremadamente serias" que tiveron lugar en 2014 dentro dun campamento para persoas refuxiadas nas inmediacións do aeroporto de Bangui. No concreto "catro das nenas dixeron que os seus abusadores facían parte da operación militar da UE na República Centroafricana, coñecida como EUFOR. Dúas das nenas investigadas dixeron que foron violadas por soldados da EUFOR e as outras dúas que recibiron diñeiro para ter relacións sexuais con oficiais da EUFOR", explicou en comparecencia de imprensa Zaid Ra'ad Al Hussein. As nenas tiñan idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos cando foron violadas O caso foi posto en coñecemento das autoridades europeas e está a ser investigado, segundo informou as Nacións Unidas. Porén, o propio Zaid Ra'ad Al Hussein, recoñece "demasiados destes crimes continúan a quedar impunes e os perpetradores gozan de total impunidade". Nos últimos anos foron moitas as denuncias coñecidas publicamente que atinxen os continxentes despregados polas Nacións Unidas en territorios en conflito. Entre eles, soldados nepalíes na República Democrática do Congo (2003), Burundi (2004), Sudán (2005), Haití e Liberia (2006), Costa de Marfil (2007) e recentemente a República Centroafricana. Segundo o secretario xeral das Nacións Unidas en 2005, Kofi Annan, as denuncias por abuso e explotación sexual de cascos azuis aumentaron a máis do duplo entre 2004 e 2005. Nese ano e de acordo cun estudo elaborado pola propia organización internacioal, rexistráronse 121 denuncias das cales 105 implicaban cascos azuis. O procesamento xudicial destes soldados corre a conta do seu estado de orixe. Moitos deles non son xulgados. |
PRAZA_6692 | O ditame do xurado pecha unha edición de Curtocircuíto que termina coa vista posta na seguinte. Un final que en realidade é un principio prometedor. | Jean-Luc Godard, que é un deses autores a través de cuxos ollos se pode entender toda a dimensión do cinema deixou hai cincuenta anos unha frase que é pertinente rescatar: "O cinema non existe en si. É un movemento [...]. A película non está no aparello de proxección, nin sobre a pantalla, é unha especie de movemento no que se entra". O movemento ao que alude Godard é o pensamento, entre as ideas que pode ou debe suscitar unha película hai outra idea que debe sacar o espectador coa fin de relacionar todas e crear ese discurso en movemento. Logo de máis dun centenar de proxeccións en Santiago de Compostela cada espectador pode crear un discurso a través do visto en Curtocircuíto, un movemento cinematográfico que será diferente para cada espectador pero que comparte un logro común: mudar as imaxes da pantalla ás ideas. Mentres maduramos que discurso sacamos de Curtocircuíto -que se poden sacar moitos- podemos facer unha análise do acontencido nestes sete días de festival. O mellor balance que se pode facer desta semana é que todo saíu como debería. O nivel das curtas proxectadas cumpriu as expectativas, as actividades paralelas foron útiles ou entretidas e o invitado de honor Mike Hoolboom fíxose co público a ambos os dous lados da pantalla. O pouso que deixa na cidade é que estamos ante un festival compacto que cumpre o que promete -e prometía moito-. O mellor balance que se pode facer desta semana é que todo saíu como debería Nas seccións competitivas destaca a ousadía da sección Explora con obras que se mergullan na textura da imaxe como Still dissolution ou Picture particles, outras que formulan novas narrativas como Uns geht é gut e películas para entender o mundo como Hillbrow; con todo é lóxico que o xurado elixise a alemá Substanz por axuntar a maioría destas calidades ao retratar as consecuencias do tsunami de Xapón a través dunha visión distante no formal e lúcida no seu fondo. Na sección Radar, máis convencional pero non por iso menos interesante, o documental venceu á animación e a ficción grazas á película francesa Traversées que radiografa a sociedade a través das diversas persoas que se lanzan á pista de patinaxe, un enorme acuario onde atopamos rapaces, nenos ou persoas maiores sen máis conexión que os patíns. O ditame do xurado pecha unha edición de Curtocircuíto que termina coa vista posta na seguinte Mención especial merece o cinema galego, que segue demostrando un gran estado de forma máis aló da falta de medios ou recursos. Así o demostran os nove títulos que compoñen Planeta GZ, que comparten, máis que unha nacionalidade, unha forma de entender o cine. E falando de entender o cine, non podemos mencionar outra película que Ser e voltar de Xacio Baño, a ganadora desta sección, que aproveita a paisaxe rural para realizar un exercicio de metacine, baixo a premisa de facer un retrato visual dos seus avós o director acaba por conseguir unha reflexión sobre a súa profesión e sobre a utilidade do cine. E todo iso con humor. Os premios completáronse cos outorgados a Álvaro Gago levou o premio CREA ao mellor director galego por Curricán e Xacio Baño que repetiu éxito ao levar tamén o premio AGAG ao mellor guión galego. O ditame do xurado pecha unha edición de Curtocircuíto que termina coa vista posta na seguinte. Un final que en realidade é un principio prometedor. Mentres, como diciamos antes, as ideas continúan madurando na nosa cabeza, temos un ano por diante para discutilas e tirar conclusións. Despois necesitaremos outra vez Curtocircuíto e recargar a mente co combustible dunhas curtas que non podemos deixar de devorar. |
NOS_56872 | O presidente da Xunta fala de "fórmulas coa receita electrónica" pero non se opón á multa aos doentes se "non hai que pagar máis dos topes". | O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu goberno está estudando vías para que os pensionistas da comunidade non adianten o dez por cento do custo dos seus tratamentos médicos se "non gastan [enferman] máis dos topes fixados polo Ministerio de Sanidade", que son 8 ou 18 euros ao mes en función da renda. "Os nosos sistemas informáticos e a receita electrónica permite moitas combinacións", explicou o líder do PP en Galiza nunha entrevista con Europa Press, na que avanzou que a Xunta buscará "o procedemento que facilite" aos xubilados galegos "a súa seguridade económica". En ningún momento afirmou que os enfermos non serán castigados economicamente pola súa doenza. Manifestou Feijóo todo isto ao ser preguntado pola aplicación da norma estatal, que prevé que os pensionistas adianten até o 10 por cento dos medicamentos que consumiren, a maiores do tope máximo de 8 euros mensuais para rendas por baixo de 18.000 euros ao ano e de 18 euros para as que superaren esa cantidade. En Galiza, o líder da dereita prevé que o 87 por cento dos xubilados aboe como máximo 8 euros.Con todo, lograr que os pensionistas galegos "non paguen nada" a partir do tope fixado polo Ministerio "é unha opción" que, segundo defendeu Feijóo, o seu Goberno exporá ás asociacións de xubilados da comunidade se o sistema informático da Administración galega "o permíte". Porén, admite que a "complexidade técnica" é "evidente".Feijóo pensa que hai que "contrastar" a base de datos da Axencia Tributaria e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) porque hai "moitos" cidadáns que "non están obrigados a declarar a renda", palabras textuais do presidente autonómico galego, segundo algunhas fontes da oposición convertido nun "matachín que negará até a saúde"'. |
PRAZA_4480 | Expertos advirten de crear polémica sobre un tema "sobre o que non hai nada que debater nin discutir". A RAG prefire non se pronunciar até que o fagan os seus expertos en lexicografía, que teñen "clara a postura" pero advirten tamén de non avivar a discusión. | "É unha polémica absurda e coa relevancia que se lle está a dar, con contestacións e argumentos varios, non se fai máis que conseguir o que o alcalde do Carballiño pretendía: crear un debate público sobre o que non hai nada que debater nin discutir. A palabra galega é polbo". Quen así fala é Nel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). A proposta feita o pasado venres polo alcalde da localidade, Argimiro Marnotes, mediante a que demandaba oficialmente á Real Academia Galega (RAG) a admisión da palabra pulpo continúa a ter un eco mediático co que para nada parecen estar de acordo os expertos. Sexa pola escaseza informativa do Nadal, for polo curioso da petición, a intención do Concello do Carballiño de oficializar a denominación castelá do polbo non deixou indiferente a ninguén. A CTNL cre que a polémica conseguiu "crear un debate público sobre o que non hai nada que debater" A RAG comprometeuse a avaliar o informe que lle será enviado e que levará a cabo o Instituto de Estudios Carballiñeses. Ata que os académicos expertos en lexicografía o fagan, a directiva prefire non pronunciarse sobre o seu parecer. Algúns dos encargados de avaliar a proposta chegada do Carballiño insisten en non amosar a súa opinión como técnicos malia "ter clara a postura". "Mellor agardar a que se discuta para non crear confusión", di un dos membros da Academia consultados por Praza, que coincide con outros compañeiros en evitar darlle máis relevancia a un tema que non lles parece que a teña. A decisión, en todo caso, semella clara: o molusco mariño cefalópodo sen cuncha e oito tentáculos chámase 'polbo'. "Nin se me pasa pola cabeza que a RAG medite tan sequera aceptar pulpo; sería inconcebible e estou seguro de que non vai ser así", engade Nel Vidal, da CTNL, que coincide coa Mesa pola Normalización, que xa advertiu de que "por esta regra que pretende sacarse do peto o señor Marnotes, habería que pedirlle á Academia que oficialice centos de vocábulos que se foron introducindo na nosa fala após ser o castelán a única e obrigada lingua oficial no Estado español". A RAG prefire non pronunciarse até que o fagan os seus expertos en lexicografía, que tampouco queren avivar este debate "Certo é que se emprega popularmente pola maioría da poboación a palabra pulpo, pero por mor da presión do castelán, igual que moitas outras palabras, e iso non quere dicir que deban ser aceptadas pola RAG", engade Nel Vidal, que lembra que "a lingua é dinámica e vai cambiando" e asumindo "novas palabras para novos conceptos". "Pero este non é un novo concepto nin debe ser incorporada porque xa hai unha palabra galega", insiste. "É ben seguro que se se poñen a estudar máis a fondo tamén van descubrir que a maioría dos carballiñeses e carballiñesas din calle en vez de rúa, carretera en vez de estrada ou sartén en lugar de tixola", lembraba A Mesa, que desconfía se estas "serán estas propostas que acompañen á de pulpo" nos vindeiros meses. A agrupación do PSdeG no Carballiño, pola súa banda, cualificou a reivindicación do alcalde de "ridícula e inapropiada" e advertiu de que, "a este paso, Marnotes rebautizará a localidade como El Roblecito". "É un acto de ignorancia moi atrevida", conclúe. |
NOS_7340 | Os nacionalistas piden unha baixada nas portaxes do 32% no camiño á súa gratuidade. "Un traballador que cobre 1.500 e teña que desprazarse entre Santiago-Vigo destina un terzo do seu salario só a peaxes". | O BNG propón unha redución das peaxes do 32% ata situalas nas tarifas de 2007, ano anterior ao inicio da crise económica e, por tanto, "da escalada de destrución de emprego e de baixada salarial". O portavoz nacional, Xavier Vence, avanzou que a fronte nacionalista presentará iniciativas no Parlamento para pedir a Feijóo que renegocie as tarifas coa concesionaria propietaria da AP-9. Puxo como exemplo o incremento de tarifas da da AP-9. Se ir de Ferrol-Tui custaba en 2007 15,35 euros por traxectoria actualidade é de, 20 euros, un 32,57% máis caro. "Este modelo de xestión é unha estafa social a través de concesionarias que explotan a clientes reféns que carecen de alternativa a estas vías, salvo a base de duplicar o tempo da viaxe por traxectos con maior inseguridade", denuncia Vence. Beneficios millonarios Audasa (propiedade de Itínere a súa vez en mans dun fondo especulativo americano) tivo beneficios de 1.270,77 millóns de euros entre 2001 e 2012, dixo Vence, malia que o número de usuarios apenas aumentou en 1.800 vehículo diarios entre ambas datas. "Un traballador cun salario de 1.500 euros que teña que desprazarse de Santiago a Vigo todos os días deixa 1/3 do seu salario na peaxe das autoestradas, aparte dos gastos de gasolina e vehículo. Non estamos ante un servizo público que estruture o país, como debería ser a AP-9", argumenta Vence. O portavoz nacionalista acrecentou o caso das 'peaxes na sombra' a través de contratos coa Xunta polos que as empresas perciben unha cantidade por vehículo que, neste caso, non paga o usuario senón o contribuínte. É o modelo das autovías do Salnés, Barbanza, Ourense-Celanova e Santiago-Brión. Dobre vara de medir Aliás, Vence denunciou o proxectado rescata do Goberno central das nove autoestradas radiais de Madrid. "É un escándalo que o Ministerio de Fomento poña 4.200 millóns de euros para rescatar o lobbie das construtoras e da banca con cartos de todos os contribuíntes", nun trato especial que revela "unha dobre vara de medir". |
NOS_36363 | Será nesta XIII edición de 1.250 euros, para alén da difusión nos nove medios de comunicación que colaboran con esta iniciativa, entre eles Sermos Galiza. | O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo convoca a XIII edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten por obxectivos promover a reflexión sobre a situación social do galego, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma e promover o seu uso na prensa. A cuantía do premio económico incrementa nesta edición até 1.250 euros, para alén da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos. Calquera persoa que queira pode presentarse a este certame. Debe escribir un artigo de entre 1.800 e 3.300 caracteres e entregalo ou envialo ao Pazo da Cultura de Carballo ata o 17 de abril de 2017. Nese artigo pode falar sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu estatus, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego,... As bases completas poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo ou no BOP da Coruña do 7/3/17. Tamén se pode obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304. En edicións anteriores foron premiados Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures ou Borxa González Tenreiro. |
NOS_49550 | A ministra Carolina Darias, que compareceu após a reunión de traballo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, tamén comunicou o acordo de manter as mesmas capacidades nos eventos deportivos malia a evolución epidemiolóxica negativa. | É preciso inocular "canto antes" a dose de reforzo da vacina da Covid-19 a todas aquelas persoas que as precisen e aínda non foran tratadas. Así o comunicou esta cuarta feira ás autoridades dos distintos territorios do Estado español a ministra de Sanidade, Carolina Darias. Na habitual comparecencia posterior ao encontro semanal do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), Darias incidiu en que "é fundamental ter vacinados a estes colectivos, un total de 16 millóns de cidadáns, antes de finalizar este ano e, se é posíbel, antes das festas do Nadal". A representante do Goberno de Pedro Sánchez considerou fundamental "acelerar" a campaña de protección fronte o coronavirus dado o incremento dos contaxios detectado nas últimas datas e tendo en conta a maior interacción social e a maior mobilidade prevista para decembro. Máis aló daqueles colectivos de calquera idade que teñen situacións concretas que recomendan a vacinación, pediu apurar as picadas na poboación de máis de 60 e 70 anos. Respecto desta última sinalou que a porcentaxe é do 50% da cidadanía diana tratada e "isto hai que incrementalo" para reducir a vulnerabilidade. "Hai que poñer a énfase na vacinación, tamén das doses de reforzo, xunto coas medidas de prevención: máscara, lavado mans, ventilación dos espazos, e evitando as aglomeracións", reivindicou. Ao respecto doutras medidas para reducir a afección da pandemia, a titular de Sanidade aclarou que todos os axentes reunidos no consello acordaron que a capacidade de público das actividades deportivas continúe ao 100% en exteriores e ao 80% en interiores a pesar da situación. En todo caso fixo un chamamento para que se respecte nos estadios de fútbol e baloncesto a norma que obriga a utilizar a máscara. |
PRAZA_20617 | O portavoz socialista no Parlamento di que aos tres se lles supoñen "o galeguismo e a esquerda" e actuar "nas novas coordenadas do partido en Madrid", pero que el quere ser un secretario xeral "sen etiquetas nin tutelas". | Xoaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia tras gañar hai un ano as primarias para a candidatura socialista á presidencia da Xunta, aspirará tamén a ser o novo secretario xeral do partido nas primarias para ese fin que se celebrarán o 8 de outubro. Leiceaga súmase así a Juan Díaz Villoslada e Gonzalo Caballero, os outros dous candidatos que xa fixeron públicas as súas aspiracións, os tres afíns en maior ou menor medida ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, quen á súa vez gañou en Galicia o pasado maio con notable diferenza a respecto da súa competidora Susana Díaz. O portavoz socialista no Parlamento di que aos tres se lles supoñen "o galeguismo e a esquerda" e actuar "nas novas coordenadas do partido en Madrid", pero que el quere ser un secretario xeral "sen etiquetas nin tutelas" Leiceaga fixo pública a súa aspiración este sábado nunha comparecencia ante os medios de comunicación no parque de Galeras, en Santiago, aos pes da residencia oficial do presidente da Xunta de Monte Pío. Alí indicou que dá un paso adiante cunha "intención tripla": conseguir "un partido socialista forte que se reinicie en Galicia", que o PSdeG obteña "a hexemonía na esquerda" dialogando con outras forzas políticas e que supoña "unha alternativa de goberno desde a esquerda para desaloxar un PP que leva demasiado tempo" na Xunta. O portavoz parlamentario salientou que "sós non podemos" pero que "sen nós non é posible unha alternativa ao PP". Leiceaga recoñeceu este sábado a súa sintonía con Sánchez, pero cando se lle preguntou se lle comunicara a súa candidatura respondeu que o importante era comunicarlla aos afiliados. Tamén dixo que quere ser un secretario xeral "sen etiquetas" e "sen tutelas" para facer unha "política coherente en todo o país", nunha mensaxe velada fronte a posibles baróns locais ou provinciais do partido. A Leiceaga tamén se lle preguntou que o diferencia dos outros dous candidatos, ao que respondeu que "o galeguismo e a esquerda se nos supoñen aos tres", ao igual que o feito de situarse "nas novas coordenadas do partido en Madrid". Porén, sobre si mesmo dixo que achega a súa "folla de servizo" e que se presenta por "responsabilidade" tras gañar as primaria á presidencia da Xunta hai un ano e "liderar" o grupo parlamentario na oposición, co que di que vén establecendo "un diálogo coa sociedade civil". Villoslada presentou o seu proxecto como "desde a esquerda e absolutamente galeguista" e en sintonía co de Pedro Sánchez a nivel estatal Dous días antes que Leiceaga, o pasado xoves foi Villoslada quen fixo pública a súa intención de aspirar á secretaria xeral do PSdeG, un día despois de que a xestora do partido que presiden Pilar Cancela anunciase o calendario das primarias que se celebrarán o 8 de outubro. Quen foi xerente da Universidade da Coruña e agora deputado autonómico presentou o seu proxecto como "desde a esquerda e absolutamente galeguista" e en sintonía co de Pedro Sánchez a nivel estatal. Gonzalo Caballero salienta que a súa sintonía con Pedro Sánchez "está máis que garantida e por iso me incorporou ao comité federal" Antes, o primeiro en amosar de xeito público a súa disposición a optar á secretaría do partido fora Gonzalo Caballero, que leva días de xira polas agrupacións socialistas de Galicia e tenta presentarse como o máis sanchista dos tres. Este venres, en Lugo, asegurou que a súa sintonía con Pedro Sánchez "está máis que garantida e por iso me incorporou ao comité federal", salientando así un feito diferencial fronte aos outros dous candidatos. Fronte a estes tres candidatos de perfil máis ou menos sanchista, o outro gran bando nas últimas loitas polo poder no PSOE, o encabezado en Galicia polo alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, quen se presentou como un dos principais apoios de Susana Díaz, mantense de momento á marxe da loita pública polo liderado do PSdeG. Ata o punto de que o alcalde vigués vén declarando expresamente o seu desinterese polo que poida ocorrer co PSdeG. |
PRAZA_598 | O INE certifica en Lugo 76 mortes por infarto por cada 100.000 habitantes e 35 na media do Estado. A unidade que atende estas doenzas no Hospital Lucus Augusti só atende en horarios de oficina malia ás peticións veciñais e do propio Servizo de Cardioloxía do centro sanitario. | Os infartos e a súa incidencia na mortalidade levan sendo unha constante no debate político da provincia de Lugo dende hai varios anos. A promesa de instalación no Hospital Lucus Augusti dunha unidade de Hemodinámica -especializada en atender este tipo de doenzas-, formulada polo presidente da Xunta hai xa catro anos, e a súa posterior apertura dende comezos de 2014 só en horas de oficina -de 8 da mañá a 3 da tarde, de luns a venres-, é un dos múltiples motivos de indignación na cidade e na provincia lucense a respecto da atención sanitaria. Mentres a Consellería de Sanidade teima en negarse a que este servizo abra as 24 horas do día os últimos datos de mortalidade aguilloan aínda máis a mobilización cidadá. Atendendo ás cifras do INE a taxa de mortalidade por infarto agudo de miocardio en Lugo duplica a media estatal. A unidade que atende estas doenzas no HULA só abre en horario de oficina Segundo os datos máis recentes, correspondentes ao 2013 e publicados hai poucos días, nese ano, o último sen hemodinámica en Lugo, morreron no conxunto de Galicia un total de 1.283 persoas por infarto agudo de miocardio, case a metade (525) na provincia da Coruña, algo máis de 300 en Pontevedra, 263 en Lugo e 184 en Ourense. Esta distribución vén sendo unha tendencia estable nos últimos anos; arredor do 40% das mortes por infarto corresponden á Coruña, en torno ao 20% en Lugo, un 15% en Ourense e o resto, en Pontevedra, con escasas variacións ano a ano. No entanto, tanto a estabilidade na evolución como o reparto varía se o indicador ao que se atende é a taxa de mortalidade, isto é, o número de persoas que morren por infarto por cada 100.000 habitantes. En Lugo producíronse 76 mortes por cada 100.000 habitantes, fronte ás 46 da media galega e as 35 da estatal A partir da información do INE é posible coñecer que nese 2013 a taxa de mortalidade por infarto en Lugo foi de 76,01 mortes por infarto por cada 100.000 habitantes. Trátase dunha cifra avultada en si mesma que o é máis ao ser comparada co do resto de provincias, pero máis aínda coa media galega e moito máis se a referencia é a media española. Concretamente, a taxa lucense duplica sobradamente a española, que quedou en 35,5, e supera en case trinta puntos a galega, de 46,39. Asemade, a mortalidade da poboación lucense por infarto tamén está moi por riba da provincia galega máis semellante en termos de poboación, a de Ourense, que presenta 56 destes casos por cada 100.000 habitantes. A taxa de Lugo destaca entre as demais pola súa magnitude de 2013 pero tamén pola súa evolución nos últimos anos, nos que o número de mortes por infarto minguou en todos os ámbitos. No último ano completo no que o Lucus Augusti non funcionou, en 2010, a taxa de falecementos por esta causa en Lugo era de 61,96 por cada 100.000 habitantes. No terceiro ano do HULA, o 2013, a taxa aumentara case un 23%, ata os devanditos 76,01. Mentres, na outra provincia interior, Ourense, pasouse de 65,33 casos en 2010 a 56,32 en 2013, unha redución superior ao 13% . Nas provincias atlánticas o panorama foi de estabilidade, aínda que cunha lixeira tendencia á baixa: Na Coruña pasouse de 49,37 a 46,12 casos e en Pontevedra, de 32,62 a 32,56. Advertencia dende o propio hospital Estes datos véñenlle poñer base numérica non só ás reclamacións da plataforma que vén reclamando a instalación dos servizos pendentes no HULA, senón tamén ás advertencias lanzadas dende o propio hospital e, máis concretamente, polo seu Servizo de Cardioloxía. Nesta liña, o xefe deste servizo, o doutor Carlos González Juanatey, aproveitou unha conferencia na Deputación lucense a finais de xaneiro para evidenciar que a apertura da unidade de Hemodinámica durante as 24 horas tería un "impacto indubidable" nas taxas de mortalidade, toda vez que na actualidade só un terzo das persoas que sofren un infarto en Lugo poden ser atendidas a tempo e nesta doenza "o que hai que facer é correr" tras a aparición dos primeiros síntomas, salientaba. O xefe de Cardioloxía do HULA cre que a apertura da unidade as 24 horas tería un "impacto indubidable" nas cifras de mortalidade A información do IGE chega, ademais, pouco despois de que a plataforma veciñal recorrese ao Valedor do Pobo para tentar obter datos detallados de mortalidade por infarto na provincia, toda vez que os Sergas llelos nega sistematicamente. "Queremos saber cantas persoas morreron, cantas foran desprazadas ou cantas morreron no desprazamento", sinalaba o pasado febreiro en declaracións a Praza o coordinador da plataforma, José Manuel Carballo. O PSOE pregúntalle polos datos ao Goberno central Con estes datos na man a petición de explicacións cara á Xunta vai continuar e vaise estender tamén cara ao Goberno de España. Neste caso farao a través da deputada do PSOE Margarita Pérez Herraiz. Por medio dunha pregunta xa rexistrada no Congreso dos Deputados a parlamentaria socialista insta o Goberno central a aclarar se "cre que hai algunha posible xustificación" para que, malia á evidencia de sufrir unha maior mortalidade, "na provincia de Lugo non haxa un servizo de hemodinámica as 24 horas do día". |
NOS_46608 | Sendeirismo sobre o asfalto. Música como paisaxe. O programa "Música en Branco" bota a andar catro rúas peonís polo barrio de Agra do Orzán para se atopar coa memoria colectiva a través do camiño da música. | "Paseos polo barrio" dirixido por Cristina Anllo iníciase cun obradoiro o sábado no centro Ágora co fin de deseñar os itinerarios das rutas que constituirán o primeiro programa de sendeirismo nunha cidade coa música como paisaxe a percorrer. Para se inscribir no programa é preciso enviar un correo a [email protected]. Paisaxismo urbano é o que propón "Música en Branco", o programa creado por Sinsalaudio para a Concellaría de Cultura da Coruña, coa elaboración de catro rutas a pé, itinerarios que a propia veciñanza axudará a construír nun programa coordinado por Cristina Anllo, do equipo Microprojets. En tres partes artéllase o traballo de elaboración dos roteiros e a primeira terá lugar este sábado día 25 de maio de 17 a 20 horas no Centro Ágora onde se deseñará o percorrido das camiñadas de sendeirismo urbano. A esa xuntanza chegarán xa catro propostas que serán debatidas, ampliadas ou modificadas coa colaboración de viciños e veciñas que participen no obradoiro. Na segunda fase, compre experimentar coa memoria construída e botar a andar sobre os trazados deseñados de forma colectiva en roteiros que se desenvolverán ao longo do mes de xuño, sempre en domingo. Para outubro está prevista a terceira fase, titulada "Obradoiro de Bombas de Sementes" unha proposta para a intervención directa nos bordos dos camiños e que se completará coas audioguías coas que se poderá recorrer por libre a rota e as súas distintas paradas. Permitirán as audioguías que, mesmo cando remate o programa, continúe a posibilidade de que quen queira faga a camiñada por libre coa orientación musical e informativa como banda sonora. O programa e calendario da actividade é o que sigue: – Obradoiro de deseño colaborativo das rutas a pé. Centro Ágora, o 25 de maio de 17 a 20horas.– Ruta dende O Ventorrillo até a praia de Riazor, pasando polo Ágora, San Pedro de Vismae San Roque. 9 de xuño de 10 a 14 horas. Punto de encontro: centro de saúde do Ventorrillo.Convidado: César López Varela, biólogo e experto en algas.– Ruta dende o Parque de Santa Margarita até O Portiño, pasando polo Paseo das Pontes,o Parque do Observatorio e San Pedro de Visma. 16 de xuño, de 10 a 14h. Punto deencontro: entrada do parque polas oficinas do Museo da Ciencia. Convidado: MarcoAntonio Rivas Nodas, arqueólogo municipal.– Ruta dende a Estación de Autobuses até o Monte de San Pedro, pasando pola estación detren, o Parque de Vioño, o Polígono da Grela, A Silva, o Parque de San Pedro e Os Rosais.23 de xuño de 10 a 14h. Punto de encontro: entrada da estación. Convidado: Carlos Iglesias,técnico en industrias alimentarias e análise de solos.– Ruta dende Meicende até o Estadio do Deportivo, pasando polo encoro de Meicende, aEstrada de Bens, a Terceira Rolda, Penamoa, o barrio dos Mariñeiros e a Cidade Xardín. 30de xuño, de 10 a 17h con parada para comer. Punto de encontro: escaleiras de entrada aopaseo do encoro, a carón do centro de saúde. Convidado: Juan López Bedoya,xeomorfólogo, do equipo redactor do Plan de Ordenación do Litoral. |
NOS_10691 | Desencallado despois de varios intentos o 'Ever Given' | Un total de 437 barcos están á espera de cruzar a Canle de Suez despois de que o cargueiro Ever Given fose finalmente reflotado. Pola tarde xa puido navegar pola canle, onde ficou encallado e atravesado o pasado día 23. O desencallamento chegou tras repetidas tentativas desde a madrugada da segunda feira para movelo coa axuda da preamar. O encallamento en diagonal do buque ao ancho de toda a canle, inaugurada en 1869 e de 190 quilómetros de lonxitude, que comunica o Mar Vermello co Mar Mediterráneo, xerou o embotellamento dunha arteria marítima pola que transcorre 12% do comercio mundial e pola que pasan 25% dos contedores de todo o planeta. Tamén se estima que pola canle circulan arredor dun millón de barrís de petróleo ao día. A canle, porta de entrada para o movemento de mercancías entre Europa e Asia, recibiu máis de 19.000 barcos en 2019 ou 1.250 millóns de toneladas de carga. Foi a Autoridade da Canle de Suez (SCA) que deu a noticia de que "resultaran exitosos os esforzos de reflotar o barco", mostrando imaxes da nave situada en paralelo á beira da canle. No vídeo publicado pola SCA pódese ver como o cargueiro flota nas augas da canle, mentres se escoitan as sirenas dos barcos para celebrar a fazaña despois de varios días de labores de draga e tracción. A empresa xestora da mercancía que transporta o Ever Given, Bernhard Schulte Shipmanagement (BSM) tamén confirmou nun comunicado que a embarcación fora reflotada arredor das 15.00 horas (mesma hora que na Galiza tras o último cambio) e que tomara rumbo cara ao Gran Lago, na zona central da canle, onde segundo a SCA estaba previsto que fondease para pasar unha inspección técnica. Posteriormente, retomará a súa viaxe a Rotterdam, en Holanda. As imaxes ofrecidas pola cadea de televisión exipcia Extra News, que estivo retransmitindo en directo a operación para reflotar o cargueiro, mostrárono escoltado por algúns dos remolcadores que participaron nos labores para desencallalo. Coloso De bandeira panameña e propiedade da navieira taiwanesa Evergreen, o Ever Given conta con 400 metros de eslora ─como sete Torres de Hércules─ e 59 metros de manga. Transporta 224.000 toneladas de mercancía repartidas en 18.300 contedores, que postos en fila se estenderían por máis de 120 km. O buque transporta desde móbeis até peixe conxelado, e ficou encallado debido aos fortes ventos e unha tormenta de area que azoutou Exipto ese día. |
NOS_14534 | O triatleta ferrolán, que rematou a derradeira proba das Series Mundiais de distancia olímpica, volve así ao caixón da disciplina coa ollada posta nas Olimpiadas de Tokio. | Despois dun ano de ausencia, 2018, o triatleta ferrolán Javier Gómez Noya volveu ao podio das Series Mundiais cunha medalla de bronce, a undécima presea que acada no campionato de distancia olímpica. Na derradeira proba, celebrada na localidade suíza de Lausana, rematou na sexta posición, suficiente para manter o terceiro posto dun Mundial que desta volta consagrou o francés Vincent Luis. O triatleta galego engrosa deste xeito o seu incomparábel palmarés coa ollada posta nos Xogos Olímpicos a celebran en Tokio o vindeiro verán. Alí tratará de conseguir o único ouro que lle falta por acadar. |
NOS_29435 | "Recoñecemento de Xerusalén" ou "un truco divisivo". | Husein al Sheij, membro do Comité Central de Al Fatah, aplaudiu hoxe a decisión dos Estados Unidos de reabrir o seu consulado en Xerusalén Leste e destacou que "implica o colapso do chamado 'acordo do século'" presentado por Donald Trump. Al Sheij sinalou en declaracións concedidas á emisora Voice of Palestine que a decisión "é a máis importante" das que adoptou até agora o Goberno de Joe Biden e fixo fincapé en que "envía unha mensaxe clara" de que é parte dos territorios ocupados por Israel desde 1967. O "acordo do século"', presentado polo entón presidente Donald Trump, sinala a Xerusalén como a capital "indivisíbel" de Israel, que retería o control das colonias xudías e do val do Xordán, mentres que Palestina tería a súa capital nunha zona de Xerusalén Este situada fóra da barreira de seguridade instalada por Israel. Al Sheij manifestou que a decisión "serve como base para a restauración das relacións normais cos EUA, para que actúe como un actor efectivo e influínte para reiniciar as negociacións a partir das resolucións da ONU". O encontro desta semana entre o presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, e o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, encadraríase neste marco de esforzos diplomáticos palestinos fronte ás accións israelís, recolleu a axencia palestina de noticias WAFA. O anuncio sobre a reapertura do consulado foi realizado na terza feira por Blinken tras o encontro con Abbas, no marco dunha visita á rexión en que tamén se reuniu co primeiro ministro en funcións de Israel, Benjamin Netanyahu. Blinken desvelou que Washington comunicara tanto a Abbas como a Netanyahu a disposición de Washington de reabrir o consulado en Xerusalén, clausurado tras a decisión de Trump de trasladar de Tel Aviv a Xerusalén a Embaixada dos EUA en Israel. Ao xesto diplomático sumouse tamén o compromiso de promover unha axuda adicional para os palestinos de 75 millóns de dólares. Deste diñeiro, 32 millóns corresponderían a unha axuda humanitaria, e 5,5 millóns irían parar a Gaza para paliar os estragos dos recentes combates. "Busca dividirnos" Porén, para a organización que goberna na Faixa, Hamas, o plan dos EUA de canalizar a través da Autoridade Palestina a axuda para a reconstrución xerou rexeitamento. O partido-milicia reivindicou os seus dereitos de xestión fronte aos "trucos" que, segundo a súa opinión, se agochan detrás dos últimos movementos. Así o expresou nesta terza feira o xefe de Hamas en Gaza, Yehya al Sinwar. "Nunca caeremos neste truco, atacarémonos os uns aos outros", sinalou nunhas declaracións aos medios en que acusou a Blinken de tentar dividir as dúas grandes agrupacións palestinas, que nas últimas semanas evidenciaran de novo as súas diferenzas a conta da preparación de novas eleccións. Estados Unidos considera a Hamas unha organización terrorista, polo que deixou claro que calquera futura axuda non pode en ningún caso acabar servindo en beneficio desta organización. En cambio, apostou por intermediarios e por reforzar a capacidade da Autoridade Palestina que dirixe Abbas, responsábel de Cisxordania. O Departamento de Estado estadounidense volveu insistir onte a través dun comunicado asinado por Blinken que os futuros fondos deberán "ser administrados de forma que beneficien a poboación palestina, non a Hamas, que só levou miseria e desesperación a Gaza". |
NOS_53740 | David, de 35 anos, é un dos máis de 15.000 casos activos de Covid-19. Desde o domingo, permanece en corentena na súa vivenda, en Vigo. Narra, para Nós Diario, o "caos" do sistema, pois "non se está a cumprir o protocolo". "Aquí non chamou rastrexador ningún e sigo a esperar polo resultado da PCR de saliva que fixen na farmacia a pasada segunda feira", advirte. | O sábado 10 de xullo, David, vigués de 35 anos, quedou na praia cun grupo de amigos. "Estivemos ao aire libre e non compartimos coche", narra. Un dos mozos xa contraera a Covid, mais aínda non o sabía, pois descoñecía ser contacto directo de alguén e carecía de síntomas. A quinta feira 15 de xullo, cando David levaba media hora nunha terraza exterior cun dos seus amigos, recibiron a chamada do mozo co que compartiran praia o sábado. "Eu levaba desde o sábado sen velo, mais o amigo co que estaba tomando unha caña na noite da quinta feira estivera en contacto con el a segunda, a terza e a cuarta feira", lembra. "Angustiado, na sexta feira, chamei o teléfono Covid do Sergas, expliqueilles o acontecido e dixéronme que non me preocupase, que eu non era considerado contacto estreito e que podía seguir facendo vida normal", sinala. O sábado recibe a chamada do amigo co que compartiu terraza na noite da quinta feira, "comezáranlle os síntomas e, por medo, autoconfineime e avisei os meus contactos". O domingo o amigo de David recibe o resultado do test de antíxenos, positivo, e na segunda feira, en canto abriu a farmacia, David fixo unha PCR de saliva. "Dixéronme que en 48 como máximo tería o resultado, mais pasaron 96 horas e sigo sen telo", lamenta. "Imposíbel cancelar a cita da vacina" Foi na tarde da segunda feira cando notou a febre e "unha especie de constipado". "Angustieime, tiña só décimas, mais non deixaba de pensar era Covid". Un diagnóstico que confirmou na terza feira, "non fun quen de esperar o resultado da PCR da farmacia, e menos mal, polo que decidín facer a proba de antíxenos. Aos poucos minutos, xa se tinguira de vermello a raia que indicaba que era Covid". A quinta feira 22 de xullo, David tiña cita para a vacinación. "Chamei ducias de veces para cancelala e que puidesen darlla a outra persoa, mais foi imposíbel. Colapsado. Até o propio día estiven chamando e non logrei que ninguén descolgase o teléfono", di. Na terza feira, chamou o centro de saúde para saber como proceder co seu positivo en test de antíxenos, "atendéronme porque lles dixen que precisaba o parte de baixa, para comunicar no traballo". Na cuarta feira fixo a PCR no autocovid situado no Hospital Álvaro Cunqueiro e na mañá da sexta feira non tiña o resultado. Tampouco o chamaran ningún rastrexador. "Nin sequera sei se computo oficialmente como caso de Covid" "Dá a sensación de que está todo o sistema colapsado. Aquí non chama ninguén. Non me deron o resultado da PCR de saliva que entreguei na farmacia na segunda feira e nin sequera sei se computo oficialmente como unha das persoas coa Covid", denuncia David, que ademais de febre superior aos 39 graos pola noite, carece de gusto e de olfacto, séntese fatigado e ten tos. "Vista a lentitude do sistema, estráñame que non sexamos máis os contaxiados. A Xunta da Galiza criminalízanos, mais non está a facer os seus deberes. Fóiselles das mans", conclúe. |
PRAZA_7888 | A Fiscalía presentará agora como argumento un antecedente da xurisprudencia europea que establece que en casos de prácticas abusivas, como o das preferentes, o xuíz debe anular de oficio os contratos. | A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso de apelación da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a demanda colectiva de afectados por participacións preferentes e obrigacións subordinadas de Novagalicia Banco. Un auto da Sección Terceira da Audiencia confirma integramente a resolución anterior do Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña e considera "inescusable a análise de cada caso concreto" dos titulares deste tipo de produtos. "A Sala entende que o Ministerio fiscal só ten lexitimación para a acción de cesación e que non pode cualificarse de colectiva a que se denomina como 'acción de nulidade e resarcimento' pola falta de información ou os vicios do consentimento, existindo dereitos individuais e subxectivos específicos de cada persoa que interveu nos contratos", di o auto O auto non é recorrible, polo que a Fiscalía só pode seguir pola vía da acción de cesación que lle recoñecen os dous autos e facer as súas reclamacións durante o xuízo no Xulgado de Primeira Instancia número 11 da Coruña, onde volve o caso. Quedan excluídas así a acción de nulidade, que pedía que se declarase nula a venda de preferentes, e a de resarcimento, que reclamaba indemnizacións por danos e prexuízos. A Fiscalía presentará agora como argumento un antecedente da xurisprudencia europea que establece que en casos de prácticas abusivas, como o das preferentes, o xuíz debe anular de oficio os contratos A Fiscalía presentará agora como argumento un antecedente da xurisprudencia europea que establece que en casos de prácticas abusivas, como o das preferentes, o xuíz debe anular de oficio os contratos. A Fiscalía galega quere chegar até o final, e se este recurso non é aceptado polo xulgado ten previsto reclamar ante a Audiencia Provincial, o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional e agarda que todo este proceso se resolva neste mesmo ano. En decembro Carlos Varela asegurou no Parlamento galego que "esgotará todos os recursos que lle concede o ordenamento xurídico, sen descartar, se fose o caso, acudir ao Tribunal Constitucional". A demanda do Ministerio público pretendía evitar a acumulación de demandas individuais nos tribunais galegos. |
PRAZA_448 | O PIB do país pechou o pasado ano cun crecemento do 0,4%, mentres que os Orzamentos Xerais prevían un 0,8% que o Goberno chegou a revisar ata o 1,2%. Os datos do IGE amosan o estancamento económico do país durante todo o exercicio. | "O crecemento será de novo maior en Galicia, co cal a comunidade seguirá converxendo co Estado". Quen fala é a actual candidata do PP á alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, que na súa calidade de conselleira de Facenda comparecía o 6 de maio de 2014 ante o Parlamento para informar sobre o déficit do ano anterior e aproveitaba para anunciar que "a Xunta prevé que o PIB galego medre un 1,2%, catro décimas máis que o estimado inicialmente nos Orzamentos para 2014. A previsión inicial, e máis aínda a revisada, veñen de bater coa realidade dos datos tanto no que atixe ao crecemento da economía galega como á súa comparación coa española. A Xunta preveu inicialmente un medre do 0,8% e chegou a augurar un 1,2% O Instituto Galego de Estatística certificou este xoves no seu avance dos datos do PIB que a economía galega volveu saír en 2014 da recesión pero que o fixo cun tímido crecemento do 0,4% a respecto de 2013, isto é, a metade do previsto polo Goberno galego nas súas contas para 2014 e un terzo da previsión revisada e anunciada por Facenda na primavera. Tampouco se produciu o anunciado avance cara á converxencia co Estado, toda vez que o PIB español rematou o pasado ano cun medre do 1,4%, un punto máis que Galicia, segundo o INE. Estas cifras veñen indicar que, por cuarto ano consecutivo, os datos reais emendan á baixa as previsións presentadas pola Xunta nos Orzamentos Xerais de cada ano. Así, os datos provisionais do IGE correspondentes a 2011 e 2012 indican que neses anos a economía do país caeu un 0,5% e un 2%, respectivamente, mentres que o Executivo baseara as súas contas en previsións de crecemento do 1% e do 1,1%. En 2013 o Goberno augurou unha caída do 0,9% e a recesión foi, finalmente, dunha décima máis. En 2010 tamén houbo erro, se ben daquela a Xunta prevía un crecemento do 0,2% e o dato definitivo ficou no 0,5%. En 2009, aínda co bipartito, a Xunta prevía un medre de máis dun punto e o PIB caeu un 3,5%. A evolución do PIB en 2014 amosa o estancamento da economía galega Todo isto sucede nun contexto no que, mentres dende as distintas instancias oficiais se fala de crecemento, os datos do IGE indican máis ben a un estancamento prolongado. Tras un 2012 con caídas do PIB próximas ao 1% o 2013 comezou cun retroceso do 0,3% no primeiro trimestre para despois moverse en valores próximos ao cero. En 2013 o exercicio económico comezaba cun raquítico crecemento do 0,1% que no segundo trimestre chegou ao 0,3%, regresando ao cero no terceiro trimestre e rematando o ano retornando ao 0,1%. A Xunta evita aludir ao erro das previsións e dá por "cumprido o obxectivo" de medrar Malia ao evidente fallo das previsións a Consellería de Facenda evitou este xoves aludir ás súas inchadas expectativas e optou, como vén acontecendo, por botar man do optimismo. O departamento que agora dirixe Valeriano martínez dá por "cumprido o obxectivo do Goberno galego de que 2014 fose o ano do inicio da recuperación económica", xa que o 0,4% resultante é o "mellor comportamento dende o ano 2010". "O PIB galego encadea 4 trimestres consecutivos con taxas interanuais positiva e no cuarto triestre de 2014 a taxa intertrimestral tamén foi positiva", salienta. |
NOS_54397 | Dous ouros, unha prata e tres bronces para a selección galega de Péntatlon Moderno coa participación, tamén, de deportistas lusos, británicos, franceses e italianos. | A selección galega de Péntatlon Moderno conseguiu seis medallas (dous ouros, unha prata e tres bronces) na Copa de Europa de Péntatlon que se disputou esta pasada fin de semana en Lisboa. Neste competición participaron, ademais da Galiza, Portugal, Gran Bretaña, Francia e Italia. O noso país estivo representada por 12 deportistas que participaron nas categorías de benxamin, cadete e infantil. A proba está incluída no calendario da Unión Internacional de Péntatlon Moderno e aporta puntos para o ranking europeo. Unha das actuacións máis agardadas foi a de Aroa Freije en cadete feminina que non defraudou e conseguiu o ouro. Aroa tivo un man a man coa británica Millie Bach, aínda que a galega ía sempre por diante, pero na curva previa á meta a británica tivo un tropezón e non puido finalizar a proba. Aroa rematou na primeira posición cun total de 3.428 puntos, mentres que segunda foi Dani Chattenton. En cadete masculino, o representante da Federación Galega de Tríatlon Joel Rois acadou o bronce (3640 puntos), despois de remontar desde a quinta posición. O galego saíu da natación a 44 segundos da cabeza de carreira pero logrou chegar ata o podio na combinada. En primeira posición rematou Daniel Filipe Lopes e segundo foi Eduardo Castelo. A proba está incluída no calendario da Unión Internacional de Péntatlon Moderno e aporta puntos para o ranking europeo. Lúa Vidal logrou a medalla de bronce na categoría infantil feminina, mentres que Lorena lglesias foi quinta e Yolanda Rodríguez, novena. Lúa estivo loitando polo segundo posto con Bárbara Coello (Portugal) até os últimos metros, pero ao final non puido quedar por diante da lusa. A gañadora foi María Teixeira. Na proba feminina, Galicia competía con tres deportistas e logrou a medalla de bronce da man de Uxía Fernández. Ademais Andrea Vidal foi 12a e María López ocupou o posto 14a. Hai que destacar a gran remontada de Uxía até o bronce, xa que saíu da natación no posto catorce. Nesta proba a gañadora foi Mafalda Serafín (Portugal), mentres que segundo foi Jesica Sella (Gran Bretaña). En alevín masculino, Martín Freije loitou polo primeiro posto até os últimos metros co portugués Joao Valido. Saíu da última tirada en primeira posición, pero o deportista local logrou adiantalo na carreira, mentres que Martín logrou a medalla de prata. Na categoría benxamín masculina Esteban Basanta logrou a medalla de ouro, por diante de Diogo Guerreiro e Francisco Santos, ambos de Portugal. Na proba feminina, Iria Fernández foi sétima, mentres que a gañadora foi Carlota Rezendes (Portugal). |
NOS_199 | No xuízo que decorre en Lugo polo cobro ilegal de soldos dos ex-directivos da planta de Outeiro de Rei, Eugenio Montero e Arcadio López aseguraron que foi o executivo galego quen lles ordenou cesar. Desde a Fruga denuncian que estas declaracións deixan ver a responsabilidade do goberno de Núñez Feijóo na quebra de Alimentos Lácteos. | Estes dous directivos do que foi o proxecto estrela do PP para o sector lácteo galego sentaron no banco xudicial para prestaren declaración por cobraren salarios dunha empresa da que expresamente non podían tirar proveito económico por mor da falta de beneficios. Iso era o que dicía os Estatutos de Alimentos Lácteos, un acordo adoptado entre as explotacións gandeiras que conformaron a factoría após a marcha de Leche Pascual e a Xunta. Porén, unha denuncia do administración concursal de AA.LL alertou do cobro ilegal de máis de 236.000 euros en concepto de salario por parte de Eugenio Montero e Arcadio López, ambos os líderes do Partido Popular en Touro e A Pastoriza, respectivamente. Os directivos recoñecen que as ordes as daba a Xunta Iniciada a vista oral por aquela denuncia, os denunciados recoñeceron que fora a propia Xunta de Galiza quen decidira que estes cobros cesasen. As declaracións de Montero e López situarían o executivo de Alberto Núñez Feijóo no centro da toma de decisións dunha entidade que após percibir 9 millóns de euros en axudas públicos, declarou a súa quebra 5 anos despois de iniciar a actividade. Para a Federación Rural Galega (Fruga), os últimos achados demostran que era o goberno de Alberto Núñez Feijóo quen "dirixía o proxecto" e, polo tanto, este tórnase "responsábel" da "má xestión" e posterior quebra da planta de envasado, cuxo feche deixou tras de si un ERE @s traballador@s da factoría e o adebedamento de varios meses ás explotacións gandeiras que entregaban o leite a Alimentos Lácteos. Neste senso, a organización agraria exixe a constitución dunha comisión de investigación que esclareza o grao de implicación da Xunta no fracaso de Alimentos Lácteos así como, indican, "depure as responsabilidades políticas e penais se as houber". |
NOS_22918 | O deputado do BNG, Néstor Rego presentou no rexistro do Congreso dos Deputados unha pregunta dirixida ao Goberno a respecto da nova poxa de interrompibilidade, publicada no BOE do 3 de decembro de 2019, e que segundo di, empeora as condicións para a industria electrointensiva. | O BNG reclama que se aprobe con urxencia un Estatuto da Industria Electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e economicamente asumíbel; un regulamento, incide, que permita a competitividade industrial e garanta o mantemento dos postos de traballo. Neste sentido, o BNG entende que o Goberno debe "ser sensíbel ao feito de que a crise da industria electrointensiva ameaza Galiza co risco de perder máis 5.000 empregos no sector", cun impacto directo nas comarcas da Mariña, Ferrol, A Coruña e Costa da Morte. Na mesma liña, critica que xa se aprobara a nova poxa de interrompibilidade "cando hai 10 meses que se iniciou a tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación do real decreto que regula o Estatuto do Consumidor Electrointensivo", aínda pendente de conformidade. "Urxe un Estatuto da Industria Electrointensiva" Para o BNG a resolución aprobada deixa ver ás claras que é urxente contar cun Estatuto da Industria Electrointensiva que, con carácter xeral, libere a factura de peaxes que non teñen relación directa co funcionamento do sistema eléctrico: primas ás renovábeis, custos extrapeninsulares, pagos por capacidade, nucleares e déficit tarifario". A formación nacionalista segura que "o custo destas peaxes deberán ser asumido polos Orzamentos do Estado". Néstor Rego cuestiona que "sendo Galiza un país produtor de excedente de enerxía eléctrica, os fogares galegos teñan que pagar a factura máis cara do Estado español e teñamos máis de 5.000 postos de traballo en risco de se perder". Segundo o deputado do BNG, a prioridade é manter a actividade económica e garantir os máis de 5.000 postos de traballo que están en risco. |
NOS_46519 | A Asociación puntoGAL presentou esta sexta feira www.dominio.gal a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para Galiza. | A Asociación puntoGal presentou a primeira web baixo o dominio .gal, (www.dominio.gal), un espazo no que se explica os prazos e criterios que rexen o dominio de internet. O Día da patria, 25 de xullo, comezarán a funcionar as webs pioneiras do .gal. No acto de presentación estivo presente, entre outros, o presidente da Asociación, Manuel González, e o da Xunta, Núñez Feijóo. Programa Pioneiros: dende o 1 de xuño ao 25 de xullo O novo portal explica os prazos e os criterios que rexen o lanzamento do .gal. Así, dende o 1 de xuño a Asociación aceptará candidaturas para o Programa de Pioneiros. Durante o mes de xuño recibiranse propostas e a Asociación seleccionará, baseándose en criterios de visibilidade e notoriedade, até un máximo de 90 Nomes Pioneiros. "Estas direccións de pioneiros entrarán en funcionamento na Rede o 25 de xullo. Os pioneiros terán a vantaxe de poder publicar webs baixo o .gal catro meses antes co resto, gozando dunha maior visibilidade". PuntoGAL publicará todos os detalles do Programa de Pioneiros (prezos, etc.) dentro de 15 días, o 1 de xuño, cando xa se poderá solicitar participar nesta fase. Abrente e Carreira: en paralelo dende setembro até novembro A seguinte fase, bautizada como Abrente, comezará en setembro, durará até novembro e busca protexer dominios de interese público. No Abrente as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións públicas, marcas internacionais protexidas de acordo as normas da ICANN (o organismo que goberna as direccións da Internet), etc. Cómpre lembrar que unha das finalidades do puntoGAL é que as empresas e institucións poidan presentar as súas marcas, produtos e servizos dunha maneira máis próxima a comunidade galega. Paralelamente ao Abrente haberá unha Carreira para o público en xeral para as direccións que non teñan dereitos preferentes. Durante a Carreira poderase poxar por direccións especialmente atractivas. Fase Aberta: o dominio para todos en decembro E finalmente, en decembro, chegará a Fase Aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen máis restricións. As condicións e características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con suficiente antelación. Ademais, a través desta páxina indícase a fórmula para consultar e solventar dúbidas. |
NOS_42641 | Cae perante o Málaga (3-0) nun partido no que os celestes, embora ter moita posesión da bola, non soubo concretar. | O modelo B do Celta tampouco puido sacar puntos en Málaga, onde caeu derrotado (3-0) após protagonizar un partido falto de tensión e no que só disparou dúas veces entre os tres paus da portería. A mente do Celta está en Old Trafford, conscientes de que esa é a batalla da tempada. Para ela reserva homes, forzas e ilusións. O Celta encadea xa catro derrotas na Liga. Semella non preocuparlle, consciente de que está a salvo na táboa e que equipa, club e afección só teñen ollos para Europa, Por iso, nada deixa para a Liga e a mente está concentrada en Manchester. Perdeu por tres a cero mais os celestes comezaron o partido con intención de mellorar a imaxe dos últimos encontros ligueiros. Tiveron máis a pelota a intentaron deseñar un esquema de ataque. Porén, a bagaxe ofensiva presentada é pobre e as carencias en defensa continúan a ser preocupantes. Non é que o Málaga fixese gran cousa mais abondoulle para bater o Celta. Ficha técnica Málaga (3): Kameni; Torres, Luis Hernández, Llorente, Ricca; Ontiveros (Keko, m. 84), Recio, Camacho, Jony (Juan Carlos, m. 74); Fornals ('Chory' Castro, m. 88) e Sandro. Celta (0): Sergio Álvarez; Álvaro Lemos, Sergi Gómez, Gustavo Cabral (Facundo Roncaglia, m. 58), Carles Planas; Pape Cheikh, Marcelo Díaz; Josep Señé (Andrew Hjulsager, m. 70), Jozabed Sánchez (Guidetti, m. 80), Théo Bongonda; e Claudio Beauvue. Goles: 1-0, m.25: Ontiveros; 2-0, m.55: Recio, de penalti; 3-0, M: 91: Sandro. Árbitro: Del Cerro Grande . Amoestou Camacho (m. 80) e ao adestrador Míchel polo Málaga e os célticos Lemos (m. 13), Jozabed (m. 30), Guidetti (m. 80) e Pape (m. 88). Expulsó o adestrador Eduardo Berizzo, e o preparador físico, Pablo Fernández, (m. 79). |
NOS_53666 | Asina polo que fica de temporada e tamén pola próxima, sempre e cando consiga evitar o descenso. Pepe Mel (Madrid, 1963) está certo de que o Dépor ten recursos futbolísticos máis que suficientes para manter a categoría. "Ao Dépor nunca lle podes dicer que non se te chama para treinalo", dixo. | Mel compareceu en Abegondo para, en conferencia de imprensa, ser apresentado polo presidente do Deportivo, Tino Fernández. O seu discurso foi basicamente o de que o Dépor ten magníficos futbolistas e un único problema, que eses magníficos futbolistas non acaban de crer en si propios. O treinador madrileño deixou entrever que acompañou con moita atención a evolución da equipa durante toda a temporada e que coñecía ben as súas características, as súas potencialidades e tamén os seus déficits (basicamente a falta de autoestima). Con excepción do partido de Butarque (aí os futbolistas "baixaron algo os brazos, o que nunca se debe facer"), Mel sempre viu a equipa metida no xogo. "O Dépor estivo nos partidos sempre. Quizá en Leganés, non. En Leganés, non, porque no fútebol chegan momentos en que un baixa os brazos. Mais o Deportivo no resto dos partidos sempre estivo metido dentro", dixo. Cal é a chave de Mel para recuperar a equipa? Formulouna así o ex treinador do Betis -é despois de Serra Ferrer o técnico que máis partidos dirixiu en toda a historia do clube verdibranco, un total de 202-: "Para xogar ao futebol ben, tes que ter alegría. O público percíbeo desde as bancadas. Pensa que isto é un espectáculo. É como o teatro ou o cine: o público agarda ver aquilo polo que pagou o billete. Son os futbolistas os que teñen que conectar coa xente. Eu véxoo así. Son os xogadores os que teñen que conectar co público de Riazor para que eles lles devolvan con aplausos ou con alento o que fixeron no campo". Sobre a hipótese de o Dépor perder neste tramo da temporada o concurso de Juanfran -por quen se tería interesado o Barcelona-, Mel botou balóns fóra. Dixo non ter tido tempo aínda para se interesar por esa cuestión. "Apañei onte o coche en Sevilla ás 5 da tarde para vir para aquí. Non tiven tempo de falar de todo", afirmou. Tino Fernández dixo non ter sido contactado polo clube catalán e, aínda que de forma pouco tallante, máis ben deu por sentado que o lateral direito non deixará a equipa (o Deportivo non ten a menor intención de negociar a saída do futeboliista, mais o Barcelona podería fichalo pagando a súa cláusula de rescisión, 8 millóns de euros, sen que o clube galego puidese facer nada para o impedir). |
NOS_39041 | Estaban acusados dun delito de violación grupal nos San Fermíns de 2016 e a acusación pedía máis de 20 anos de cadea para cada un. O movemento feminista convoca varias concentracións de rexeitamento á sentenza para esta quinta feira, 26 de abril. | A sección Segunda da Audiencia de Nafarroa condena a 9 anos de prisión por un delito continuado de abuso sexual aos cinco acusados da violación grupal dos San Fermíns de 2016. O Tribunal considerou que os membros do grupo, Antonio Manuel Guerrero Escudero, Jesús Escudero, José Angel Prenda, Alfonso Jesus Cabezuelo e Angel Boza son culpábeis dun crime de abuso sexual e non de agresión sexual, tal e como solicitou o Fiscal e a acusación privada, da que foron absoltos. Tamén foron absoltos dun crime contra a privacidade e só un foi condenado a dous meses de multa por roubo do teléfono móbil da rapaza agredida. Ademais dos nove anos de condena, o tribunal impuxo a prohibición de achegarse á vítima a unha distancia de menos de 500 metros e prohibir a comunicación coa vítima durante 15 anos. Ademais, despois de cumprir a condena, todos deben cumprir cinco anos de liberdade condicional. A Audiencia de Nafarroa tamén considera que son responsábeis civís e, polo tanto, condénaos a compensar á moza con 50.000 euros e con 1.531.37 euros ao servizo sanitario navarro. Segundo deu a coñecer a propia Audiencia, un dos tres maxistrados, Ricardo González, emitiu un voto particular discordante na que invoca a absolución. A resolución xerou unha gran indignación entre as persoas que participaron nunha manifestación perante a sede da Audiencia de Nafarroa. O Código Penal define o delito de abusos sexuais como actos que atentan contra a liberdade sexual "sen violencia e intimidación" e sen que medie consentimento. Polo tanto, o tribunal entende que non houbo violencia e intimidación, que é como se define o delito de agresión sexual na lei. Os maxistrados consideran que si houbo prevalemento, que ocorre cando a persoa que abusa aproveita unha situación concreta e especial de superioridade, confianza, prestixio ou poder sobre a vítima. Concentracións O movemento feminista convoca diversas concentracións en Galiza en rexeitamento a esta senteza. Compostela. Praza 8 de Marzo. 20:30 horas Bertamiráns. Praza da Maía. 19: 30 Lugo. Concello. 20:30 horas Vigo. Marco. 20:30 horas Coruña. Obelisco. 20:00 horas Pontevedra. Audiencia Provincial. 20:00 horas Ourense. Castañeira. 20:00 horas. As Pontes. Concello. 20:30 Cangas. Concello. 20:00 Noia. Concello 20:00 Ferrol. Xulgados. 20:15 Vilagarcía. Concello. 20:00. Viveiro. 20:00 horas Cambados. 20:00 Ribadeo 21:00 Praza 8 de Marzo Barco de Valdeorras 20:15 Praza do Concello. Redondela 20:30 Diante do Xulgado Sarria 20:30 No concello Teo 19:30 Casa do Concello Boiro: Concello 20:30h - Ponteareas: Xulgados 20h - Moaña: Concello 20.30h Vilalba: Praza Constitución 20:30 Miño. Praza do Parchís 20:00 Cee: Pza 8 de Marzo. 20:00 horas Carballo. Praza do Concello. 20:00 horas. Tomiño. Concello. 20:30 A Estrada: Concello 20:30 Monforte: Praza de España 20:00 Rianxo: Concello 19.45 Melide. Praza do Convento. 20:00 En ampliación |
NOS_539 | Novas citas cruciais para os equipos galegos de primeira división. O Deportivo xoga o sábado contra o Levante, mentres que o Celta enfrontarase o luns o Mallorca, o pechacancelas. Herculinos e vigueses, coa permanencia na cabeza. Mentres, e en Segunda, o CD Lugo recibe o Alcorcón disposto a confirmar a súa gran tempada | Ningunha das afeccións se dá, nin moito menos, por vencida. Co HT de #Pódese por bandeira, os deportivistas están convencidos de que perante o Levante (sábado, 18:00 horas) van confirmar que os últimos encontros non son froito do chou ou da sorte. O Levante vai de 11º e ten 40 puntos. Os herculinos, 18ª. Veñen de gañar o Zaragoza cunha gran remontada e o ánimo (de xogadores, adestrador e siareir@s) está moi alto. Non terán a Fernando Vázquez no banquiño, após ser sancionado con dous encontros, e Riki é dúbida para esta cita, o que pode que obrigue a refacer a táctica de ataque deportivista. Mais a confianza na vitoria é enorme. E con ela, conquistar a permanencia. Sen marxe O Celta xoga o luns (21:00 horas) e perante o Mallorca moito máis que tres puntos. Ambas equipas empatan a 24 puntos e son pechacancelas (mallorquíns) e penúltimos (galegos). Polo que esta cita vai ser agónica. O HT celtista é #XuntosConseguirémolo. As bancadas celestes non están dispostas a se render. E saben que a permanencia é posíbel. O Celta é experto en facer o imposíbel. A vindeira xornada, os celestes teñen outra cita de importancia, contra o Zaragoza, outro rival directo. O Ceta sabe que gañar estes dous encontros é crucial. Mentres, e desde a Segunda división, o CD Lugo enfróntase mañá o Alcorcón, que vai segundo na táboa, con 56 puntos. Os lucenses van 11º con 46. O equipo de Setién quere gañar o encontro e poñer un novo chanzo no camiño que está a protagonizar |
PRAZA_2360 | A Audiencia Nacional acondena a Gayoso, Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada polas prexubilacións irregulares. A sentenza lembra que, "no fondo", as compensacións millonarias foron sufragadas con fondos públicos. Caixa Galicia era "insolvente" e Caixanova tiña "serios problemas de viabilidade" | Caixa Galicia era "insolvente" e Caixanova tiña "serios problemas de viabilidade" Unha pincelada máis no retrato do fiasco das antigas grandes caixas galegas. Tras pasaren o pasado xuño polo banco dos acusados catro exdirectivos da entidade resultante de fusionar Caixa Galicia con Caixanova e mais un avogado veñen de ser condenados pola Audiencia Nacional a cadanseus dous anos de cárcere e ademais, a devolveren os 19 millóns de euros das súas prexubilacións millonarias que, segundo o tribunal, cobraron de maneira "indebida". A nómina de condenados encabézaa quen fora amo e señor de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, que non se asignou indemnización ningunha pero a quen o tribunal considera responsable do acontecido. Canda el está José Luis Pego, antigo director xeral da caixa fusionada, a cal abandonou cunha compensación de 7 millóns de euros. Condénase tamén a Gregorio Gorriarán, que fora responsable da división inmobiliaria da entidade e levou unha indemnización de case 5 millóns, e mais a Óscar Rodríguez Estrada, responsable da "integración" das caixas indemnizado con 700.000 euros. Os exdirectivos, que non entran na cadea, son condenados tamén a unha multa de 250 euros diarios durante dez meses O avogado Ricardo Pradas, asesor de confianza de Gayoso completa unha nómina de condenados que, segundo a sentenza, cometeron un delito de administración desleal "en concurso cun de apropiación indebida, na súa modalidade de xestión desleal". Ademais da pena de dous anos de prisión -como norma xeral, as persoas sen antecedentes non entran na cadea se a condena non é superior aos 24 meses- e a devolución dos cartos, os exdirectivos terán que pagar unha multa de 250 euros ao día durante dez meses e fican inhabilitados durante o tempo da condena para "o emprego que desempeñaban cando realizaron os feitos". No caso de non pagaren a multa, terán que afrontar unha responsabilidade civir subsidiaria de "un día de privación de liberdade por cada dúas cotas que deixen de satisfacer". A Audiencia destaca que "no fondo", as cantidades cobradas "irregularmente" procedían de cartos públicos A Sala que xulgou os exdirectivos destaca no seu ditame que os directivos que se beneficiaron das prexubilación millonarias, coa "colaboración esencial e imprescindible" de Gayoso e do seu asesor "urdiron un plan para que os catro altos directivos que se ían ocupar da xestión" de Novacaixagalicia resultasen economicamente "benficiados" no suposto "máis que probable" de que "unha vez acabadas as axudas públicas, os novos propietarios da entidade decidisen prescindir dos seus servizos" por seren "os máximos xestores das caixas que non souberan xestionar axeitadamente", levándoas "á situación de práctica insolvencia na que se atopaban". Segundo a sentenza, Gayoso "acelerou todo o que puido" a aprobación dos novos contratos e mentiu sobre eles aos órganos da caixa Sempre segundo a sentenza, Gayoso, como copresidente de NCG, "acelerou todo o que puido" a aprobación dos novos contratos nos diferentes órganos da caixa. Fíxoo, indica, sen "explicitar suficientemente a situación da entidade", "ocultando o sobrecuste que ían supoñer para a nova entidade" e "chegando a dicir" que o plan era "coñecido polo Banco de España", se ben isto "non era así", xa que o regulador coñeceu a operación "case un ano despois". Sen a "colaboración" de Gayoso e o aseu asesor "o delito non se cometería", resumen. O tribunal destaca que os condenados se adxudicaron as súas millonarias prexubilacións nunha entidade que "valía 181 millóns de euros e tivo que provisionar 29,9 millóns e abonar máis de 24 millóns de euros como consecuencia dos novos contratos de alta dirección". "No fondo" esas cantidades non foron pagadas pola propia caixa, senón "integramente polo FROB", o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, isto é, fondos do erario. Ese organismo público, lembra a sentenza, foi a que "posibilitou que NCG subsistise grazas aos" máis de 9.000 millóns de euros que "inxectou". Sen García de Paredes (nin Méndez) O antigo dirixente de Caixa Galicia foi afastado da escena xusto antes da fusión Na foto dos condenados non aparece o único dos xulgados que librou, Javier García de Paredes, antigo director xeral adxunto de Novacaixagalicia, que saíu da entidade con máis de 5 millóns de euros parcialmente devoltos, segundo anunciou no seu día. Tampouco está entre os condenados, porque nin sequera tivo que sentar no banco dos acusados, o que fora todopoderoso director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, a quen a súa mala xestión sacou da escena xusto antes da fusión, se ben marchou cuns 18 millóns de euros procedentes da súa indemnización e máis dun plan de pensións. Así as cousas, quen foi o 50% da personificación do poder financeiro galego durante décadas non tivo que enfrontarse a un xuízo como si o tivo que facer o seu homólogo do sur, Gayoso, quen segundo a Audiencia tivo un proceder con "indicios de criminalidade suficientes", xa que, segundo a Fiscalía, colaborou para "ocultar os importes" das prexubilacións "tanto ao Consello de Administración" de NCG "como ao Banco de España". Segundo declarou o antigo dirixente, a súa única "culpa" foi o "éxito" de Caixanova. |
NOS_13106 | As principais cidades acolleron marchas convocadas por 'SOS Blak Australia' contra unha medida do goberno que desprazaría da súa terra ancestral a centos de persoas. | Milleiros de persoas mobilizáronse en diversas cidades e vilas australianas contra a pretensión das autoridades de pechar durante este ano 150 comunidades aborixes e desprazar os seus habitantes. Sidney e Melburne foron algúns dos lugares onde decorreron estas manifestacións, convocadas pola campaña 'SOS Blak Australia', unha plataforma que explica que o feche destas comunidades vai supoñer "un desastre" para os seus habitantes, aborixes que serán sacados da súa terra ancestral. Para os colectivos e movementos que se opoñen á pretensión do goberno falan de violación dos dereitos das persoas aborixes. "Non é unha elección dun estilo de vida, vivir aí é o seu dereito humano intrínseco e fundamental". SOS Blak Australia naceu nas comunidades ameazadas da rexión de Kimberly, en Australia Occidental, que ten unha superficie de 423.000 quilómetros cadrados e unha poboación de 35.000 habitantes, dos cales un 40% son aborixes. O primeiro ministro de Australia Occidental recoñece que o feche e desprazamento dos aborixes "vai provocar aflicción" Colin Barnett, primeiro ministro de Australia Occidental, anunciara en 2014 que aquelas comunidades aborixes máis afastadas de centros de poboación ían ficar sen servizos básicos, o que aconsellaba o seu feche. Unhas declaracións feitas após aprobar unha tesoirada no financiamento para servizos como a auga, electricidade ou recollida de lixo nesas zonas. Barnett recoñece que os fechamentos van provocar "aflición aos aborixes, que terán que se desprazar" e que pode que haxa problemas "nas cidades da rexión onde esta xente se instale". Após as manifestacións, o primeiro ministro afirmou que non se vai expulsar a ninguén da súa terra, mais mantivo que non vai manter financiamento de servizos básicos para estas comunidades aborixes. En Australia hai 670.000 persoas 'indíxenas' segundo o censo da Oficina Australiana de Estatística: 600.000 son aborixes australiáns e uns 40.000 'isleños' do estreito de Torres e 26.000 compartan ambas as súas identidades. Suman apenas o 3% do total de persoas que viven en Australia, 22 millóns de habitantes. Aborixes e pobos indíxenas de Australia sofren "patróns de opresión e racismo, que inclúen a desposesión de terras e os embates contra a súa cultura", según o relator especial da ONU, James Anaya. |
NOS_40259 | A deputada nacionalista no Congreso español asegurou que a organización frontista non tomará parte do recurso colectivo que pretenden presentar os grupos da oposición se o PSOE non "rectifica" o seu veto do que din "é intolerábel e anti-democrático". | Após coñecerse o posicionamento do PSOE, que negou a posibilidade de que Amaiur tomase parte do recurso de inconstitucionalidade que se presentará contra a non revalorización das pensións, o BNG denunciou o comportamento d@s socialistas e o carácter antidemocrático do veto. "É intolerábel en termos democráticos a exclusión, por motivos puramente sectarios, dunha forza política representativa dun importantísimo sector da poboación vasca", aseguraba a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila. No PSOE, o seu voceiro, Alfredo Pérez Rubalcaba aseguraba que "as fotos en conxunto teñen algunha dificultade", entrementres formacións nacionalistas como ERC e BNG ameazaron con retiraren as súas sinaturas do recurso se @s socialistas non mudaban de actitude. Joan Tardá, afirmou que "se alguén pretende vetar a sinatura dalgún deputado deste Parlamento, estariamos perante un atentado á democracia". Non é a primeira ocasión que o PSOE veta a formación abertzale. Neste sentido, após constituírse a Cámara de deputad@s o PSOE --xunto con CiU e PP -- impediu que Amaiur conseguise finalmente grupo parlamentar propio argüíndo que non chegaba ao 15% esixido pola lei nunha das circunscricións en que presentara candidatura. A negativa das forzas políticas maioritarias debíase a unha lectura estrita do regulamento da Cámara. A coalición, presentou un recurso perante o Tribunal Constitucional que aínda non foi revisado. |
NOS_45257 | A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña denuncia o "grave desabastecemento" que atinxe os laboratorios do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña após "a privatización do servizo de compras de material". | Desde a Área Sanitaria da Coruña, a Xunta de persoal do CHUAC denuncia a falta de material nos laboratorios do complexo hospitalario. Un feito que atribúen á "privatización do servizo de compras de material". María Jesús Seijo, presidenta da Xunta de persoal, denuncia nun comunicado de imprensa as "incidendias" recompiladas unha semana despois de se privatizar este servizo e que está a deixar sen reactivos boa parte dos laboratorios o que impide, salienta, "a realización de analises para o diagnóstico e tratamento médico dos doentes". "No laboratorio de Hormonas, faltaron os reactivos durante 3 ou 4 días", explican @s traballador@s do CHUAC que onte se manifestaban ás portas do hospital con motivo da visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O mandatario galego acudía á Coruña para inaugurar a nova planta de Urxencias mais @s empregad@s públic@s obrigaron @s responsábeis polític@s que se achegaron a entrar ao complexo por unha porta diferente á principal --entre eles o alcalde da cidade herculina, o popular Carlos Negreira. Sen reactivos para facer análises Desde a Xunta de Persoal do CHUAC denuncian que a privatización do servizo de compras de material está a carrexar prexuízos ao correcto funcionamento das probas médicas. "Especialmente grave é a situación do Laboratorio de área de Bioquímica", explican, pois o "31 de marzo, unhas 400 mostras no se poideron analizar por falta de reactivos para a determinación de ións", entre eles sodio, potasio e cloro. Esta mesma terza feira (1 de abril) "as peticións de analíticas están a ser remitidas aos médicos peticionarios coa anotación de 'falta de reactivo por desabastecemento do proveedor", contan desde a Xunta de persoal. "As peticións de analíticas están a ser remitidas aos médicos peticionarios coa anotación de 'falta de reactivo por desabastecemento do proveedor" Embora desde a Consellaría de Sanidade e a Xunta de Galiza se gabaren dos beneficios que reporta a privatización dos servizos sanitarios @s traballador@s recalcan que "se isto está a pasar, apenas dúas semanas despois da privatización das compras de material, a onde imos chegar...que mais nos vai faltar?". Aliás, enfatizan que as deficiencias e desabastecemento nos materiais "retrasan a diagnose, o tratamento, o ingreso" e a posterior alta d@s doentes ao non ser posíbel levar a porto as analíticas mesmo en enfermidades "agudas e graves" como o "infarto de miocardio o tromboembolismo pulmonar ou a sepsis". "Cando se privatice o Servizo de Esterilización, que vai pasar...suspenderemos os quirófanos?", denuncian desde o CHUAC. |
NOS_58272 | O líder das socialistas galegas, Gonzalo Caballero, salienta que o presidente galego "non pode seguir nesta fuxida cara adiante", pois só compareceu unha vez perante a Cámara desde que comezou o estado de alarma hai 45 días. | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu o presidente da Xunta a dar conta no Parlamento da situación das residencias de maiores onde hai contaxios da COVID-19, a detallar o material de protección dispoñíbel na Galiza e a informar das súas medidas nos eidos económico e social fronte a esta pandemia. Caballero denunciou que hai máis dun mes da única comparecencia na Cámara de Alberto Núñez Feixoo desde o inicio do estado de alarma mentres que "no mesmo tempo leva máis de vinte roldas de prensa". "Parece que a Feixoo lle sae unha rañeira por ir ao Parlamento", recalcou o líder das socialistas galegos, para instar a Feixoo que "estea á altura do acordo que lle posibilitou ser presidente de xeito interino" a pesares da disolución da Cámara "con motivo da súa decisión de adiantar as eleccións". Caballero advertiu que Feixoo ten que "acudir á sede da soberanía popular", toda vez que se atopa nunha posición "aconstitucional" após acordo para aprazar as eleccións. "Non pode seguir nesta fuxida cara adiante", incidiu. Situación nas residencias "Feixoo ten que falar das súas competencias: da situación da sanidade pública e das residencias e da crise económica derivada da pandemia", subliñou secretario xeral do PSdeG, quen lembrou ao presidente galego que "non aproveite o cheque de confianza que lle demos para non render contas". "O que máis nos preocupa son as residencias: Feixoo ten que explicar o que ocorreu, como entrou o virus nos centros de maiores, que medidas non tomaron os donos das residencias e a Xunta para que sexan o lugar con máis contaxios e co nivel de falecementos máis elevado", enfatizou Caballero. |
PRAZA_4575 | As principais plataformas de renovables independentes e organizacións ecoloxistas detallan os conceptos do recibo da luz, contradicindo a Iberdola e Endesa. Segundo os seus datos, o 55% do que pagan as persoas consumidoras vai parar ás grandes compañías. | Iberdrola e Endesa aseguran nas súas publicidades que a maior parte do que paga o consumidor no seu recibo da luz corresponde a subvencións, impostos e axudas. Os anuncios comezáronse a publicar a finais de decembro, cando se coñeceu a poxa do 19 de decembro pola cal a luz ía subir a partir de xaneiro un 11%. O Goberno falou de manipulación e as grandes eléctricas, a través da patronal UNESA, déronse por aludidas e comezaron unha campaña de comunicación. Pero as renovables ofrecen outros datos moi distintos. De acordo cos cálculos deste sector, en realidade o que se embolsan as grandes eléctricas é o 55% do que se paga no recibo. Para mostrar os seus cálculos, desagregan unha factura de 55,15 euros, a factura media ofrecida polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía. Así, de acordo coa súa análise, "as grandes compañías eléctricas asumiron nas súas campañas como propios só os custos relativos ao transporte e a distribución, considerando o resto de compoñentes como alleos. Isto non é certo. A partida correspondente ao 'réxime especial' inclúe varios conceptos que teñen directamente que ver coa xeración de electricidade destas grandes compañías". Que se inclúe nesta partida? "Inclúense as primas ás enerxías renovables (9% da factura), como á coxeración e ao tratamento de residuos (5,59%), primas que tamén reciben directamente as grandes eléctricas, tanto polos seus investimentos en enerxías renovables, como en coxeración ou tratamento de residuos", explican as renovables no seu estudo. Desta maneira, segundo os seus cálculos, o 55% da factura vai directamente ás grandes eléctricas: 12,41%, para distribución; 14,22%, para enerxía; 8,18%, para apoio ás renovables de grandes eléctricas e un 19,68% para outros pagos. Dentro destes "outros pagos" están partidas como a moratoria nuclear, o carbón, o déficit de exercicios anteriores e a achega ao custo insular do réxime ordinario, entre outros. Á marxe, están os impostos -como o IVE-, que suman un 22,67%. Outros custos, como o financiamento á poxa da luz (CESUR, 2,17%) ou a subvención á industria (1,66%), compoñen un 9% máis, "a mesma porcentaxe que corresponde ao total das primas para o desenvolvemento de todas as enerxías renovables independentes", explican. |
NOS_42664 | EH Bildu, Geroa Bai, Podemos e Izquierda-Ezkerra concorrerán aos comicios conxuntamente como agrupación de electores. | Após varios días de negociación as catro forzas políticas que gobernan en Nafarroa (Geroa Bai, EH Bildu, Podemos e Izquierda-Ezquerra) acordaron presentar unha candidatura conxunta ao Senado o 20 de decembro. A base programática do acordo alicérzase no pacto de goberno asinado após as eleccións do 24 de maio e materializarase através dunha agrupación de electores polo que precisarán recompilar 5 mil sinaturas, segundo explicou a secretaria xeral de Podemos en Nafarroa. Laura Pérez foi a encargada de comunicar publicamente o contido do acordo. EH Bildu en Nafarroa lamentou que o acordo non se tivese materializado tamén para o Congreso Asemade, as forzas políticas asinantes inclúen referencias específicas á blindaxe dos dereitos sociais, a reforma da lei electoral, a independencia xudicial e a loita contra a corrupción. Pola súa banda, o voceiro de EH Bildu en Nafarroa lamentou que o acordo non se tivese materializado tamén para o Congreso. O obxectivo das catro formacións é que a candidatura se faga coa totalidade dos escanos que lle corresponden ao territorio no Senado. Isto é, o de designación parlamentar, que xa ocupa Idoia Villanueva (Podemos) máis os tres que saian dos comicios do 20-D. |
NOS_31085 | Diferentes coloquios, charlas ou encontros decorrerán esta semana en diversas partes do país sobre o referendo catalán. | O referendo catalá protagonizará esta semana diferentes actos en Galiza. Coloquios, debates, palestras nas que se abordará o proceso de autodeterminación que se está a vivir neste país. Dous deles son organizados polo Foro Internacional da UPG e decorrerán en Vigo, esta cuarta feira, e en Compostela, esta quinta. A primeira será ás 20:30 horas no Colexio de Arquitectos e contará coa presenza de Duarte Correa, do secretariado de Relacións Internacionais da UPG, e de Arnau Comas, de Poble Lliure e concelleiro da CUP. Comas recuncará no acto da quinta feira (na Facultade de Filosofía da USC, ás 20:30 horas) e na que participará o secretario xeral da UPG, Néstor Rego. Na quinta feira, Catalunya tamén será protagonista doutros dous actos, ambos na Coruña. O primeiro decorrerá ás 12:00 horas, na facultade de Socioloxía, organizado por Galiza Nova e contará coa presenza de Xosé Mexuto, director do dixital Sermos Galiza. Xa pola tarde, organizado no Paraninfo da Maestranza polo Foro Cívico. Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea; e Portero Molina, profesor de Dereito Administrativo, falarán sobre o 1-O. Unha cuestión está que tamén estará sobre a mesa no encontro participativo que organiza esta segunda feira a AC Alexandre Bóvenda na Coruña (20:00 horas, na súa sede) er na que toma parte Elvira Souto, de Esculca. O título, 'Temos dereitos'. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.