ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_23232
Ao IES de Cacheiras, no concello de Teo do que son compañía residente, volveu a compañía Chévere para participar da rodaxe do filme "Persoas", unha curtametraxe que fan en parcería co alumnado do IES. Estréase esta segunda feira na Ramallosa.
Quince minutos dura "Persoas", a curtametraxe na que o alumnado do IES Cacheiras, en Teo, traballa á par co grupo de Teatro Chéveres. A estrea será esta terza feira, 27 de mao no local Socio Cultural da Ramallosa ás 19:00 horas e o próximo 11 de xuño proxectarase no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Producida polo IES de Cacheiras e Aturuxo Films, o filme "Persoas" está realizado polo alumando de Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 4º ESO que coordina o profesor Sergio Clavero. Actores e actrices do grupo Chévere máis un alumno do centro dan vida aos principais personaxes de "Persoas". Sandra Galera é a autora da banda sonora que está interpretada por alumnado do CMUS de Santiago de Compostela por medio da sinatura dun convenio co IES de Cacheiras. O guión da curtametraxe está baseado nun texto teatral escrito polo ex alumno de Cacheiras, Rafael Rey para o grupo de teatro do propio centro.
NOS_3641
O cineasta Jorge Coira abandonou as pantallas por uns meses para dedicarse a dirixir a súa primeira obra de teatro: 'Get back', unha comedia dramática sobre uns galegos en Londres. Con idea de Camilo Franco e texto de Diego Ameixeiras, o espectáculo estréase o 23 de setembro en Narón cun elenco tamén de luxo: Morris, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro.
- Estreades 'Get back' o vindeiro 23 en Narón, unha comedia sobre galegos que viven en Londres. Cóntanos o que poidas da historia. - Non é exactatmente unha comedia. Podería ser unha comedia dramática, un drama cómico… porque está lonxe de ser unha comedia simple. - Son catro galegos e un inglés que quedan pechados dentro do metro de Londres. Que acontece aí?- Son catro galegos de distintas idades e con distinta relación con Inglaterra. Uns levan pouco tempo, outros levan moito máis. Algún está a gusto, algún non. E un inglés que quedan parados nun vagón de metro e esa hora e pico que van estar parados no metro vai provocar neles cambios. Paran e reflexionan dunha maneira convulsa e con conflito entre eles que lle fai enfrontarse ás súas propias vidas. - Supoño que falarán da situación do país, non?- Claro. Ademais, cando xa tiñamos o proxecto arrincado e cando finalmente se aprobou Brexit ese día ardían os teléfonos, "ei tíos temos que falar diso na obra". Porque é algo que a todos lles afecta e é algo que xera moita inquedanza en todos os emigrantes que viven alí. Así que acabou entrando no texto. - É unha idea orixinal de Camilo Franco e escrita por Diego Ameixeiras. - Si, fixemos unha cousa moi grupal, moi de equipo. É unha proposta de Camilo de hai tempo, de facer unha obra sobre os galegos en Londres, que é unha emigración completamente diferente ás oleadas anteriores. E a partir de aí arrincamos. Para escribir o texto entrou Diego e estivemos facendo un traballo moi grupal de busca dos personaxes, cos propios actores moi involucrados, investigando nos personaxes nas súas relacións e demais, para atopar onde xurden os conflitos entre eles e por onde navega a obra. Viven alí pero están moi conectados co de aquí. Cousas como a morriña teñen moito menos peso porque non é difícil volver pero ao mesmo tempo non acabas de estar nin nun sitio nin noutro. - Dis que é unha emigración moi diferente ás anteriores. Por que?- Porque cambia moito a época. Antes emigrar era unha opción vital de primeira orde, era deixar atrás o teu mundo e empezar unha vida completamente de cero. Agora Londres ten algo desa compoñente, pero ao mesmo tempo a conexión é moitísimo maior. Pode 'guasapear' cos seus amigos de aquí, viaxan en avión frecuentemente, cousa que antes era case imposible, entón é como que están noutro sitio, pero non deixan radicalmente isto. E case son máis parias agora do que eran antes, porque agora non están nin alí nin aquí. - Xorden problemas de identidade entón. - Claro, viven alí pero están moi conectados co de aquí. Cousas como a morriña teñen moito menos peso porque non é difícil volver pero ao mesmo tempo non acabas de estar nin nun sitio nin noutro. E antes era unha emigración en xeral de xente con moi pouca preparación que ía traballar no que puidese e agora é xente en xeral moi preparada que está a ter traballos moi por debaixo da súa preparación, tamén en xeral. E iso xera unhas frustracións e unhas relacións co país e coas expectativas diferentes. Logo hai de todo, claro. E Camilo estivo en Londres falando con moitos galegos e galegas para facerlles entrevistas e facer un certo mapa. Non é a nosa intención facer un retrato exacto da realidade alí porque é inabranguible, pero si poder coller elementos da realidade para a partir de aí construír a nosa ficción. Realmente estar durante semanas de luns a venres durante un feixe de horas centrado exclusivamente en actores, crear eses personaxes, traballar esas relacións, darlle vida, explorar eses conflitos e demais, é toda unha experiencia. - Arredemo, facer un traballo de investigación previo é todo un luxo. - Si, é unha gozada, foi marabilloso ter ese traballo. En canto volveu de Londres Camilo fomos falando moito e collendo elementos duns e doutros para crear os nosos personaxes. - Esta é a túa primeira dirección de teatro, non?- Si, si. Eu estivera involucrado nalgunha cousiña das Ultranoites hai moito tempo, pero é a primeira vez na miña vida que dirixo unha obra de teatro e agardo que non sexa a última. - Como é o cambio?- Xigantesco. Hai unha gran parte que ten moito que ver: o traballo e a conexión cos actores. O esencial é basicamente o mesmo, pero mentres esa parte cos actores en cine ou en tv é un elemento máis e normalmente dedícaselle pouco tempo, neste caso é case o 100%. Hai algún elemento técnico, pero é mínimo. Case todo é traballo de actores. Realmente estar durante semanas de luns a venres durante un feixe de horas centrado exclusivamente en actores, crear eses personaxes, traballar esas relacións, darlle vida, explorar eses conflitos e demais, é toda unha experiencia. - Despois de Narón haberá xira polo país, non?- Si, vai estar en todas as cidades e vilas que teñan teatros minimamente grandes. Sei que Santiago estaremos o ano que vén.
NOS_2582
Nun comunicado desminte a información transmitida pola empresa canadense Edgewater ao redor dun convenio asinado coa institución pública cuxo obxectivo sería "contribuír a converter a futura mina de Corcoesto nun referente ambiental"
A Universidade de Vigo rachará o convenio marco asinado coa empresa canadense Edgewater se esta "utiliza a súa sinatura para xustificar a explotación mineira" a ceo aberto que proxecta nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco. Así llo vén de comunicar a institución pública á Plataforma pola defensa de Corcoesto despois de que esta pedise explicacións sobre o acordo filtrado á imprensa como se dun respaldo institucional explícito da UVigo se tratase. Así foi reproducida esa información na imprensa a mediados de febreiro, destacando a "colaboración" que o reitor, Salustiano Mato, viña de comprometer co xerente de Mineira de Corcoesto, Lluís Boixet e o obxectivo do acordo asinado: "realizar proxectos e accións conxuntas a prol do desenvolvemento científico e tecnolóxico en relación co proxecto de extracción de ouro". Porén, a UVigo nega tal apoio institucional e aclara que a empresa contratou a redacción dun informe para avanzar nas medidas protectoras e correctoras establecidas na Declaración de Impacto Ambiental, recentemente aprobada pola Xunta. A xuízo da Plataforma contra a mina de Corcoesto, este comunicado realizado pola universidade viguesa pón de manifesto "a estratexia de manipulación informativa" en que enmarcan tamén o convenio asinado nos mesmos termos coa Universidade da Coruña. Di o colectivo veciñal que a intención da empresa é "vender" a idea de que o proxecto mineiro conta co aval da comunidade universitaria e investigadora. Segundo se publicou na imprensa no momento de selar o acordo coa UVigo, "a iniciativa enmárcase no obxectivo de Mineira de Corcoesto de implicar no proxecto mineiro institucións e colectivos que poidan contribuír a converter a futura mina de Corcoesto nun referente, especialmente no eido ambiental".
PRAZA_1920
Uns 700 vehículos volven saír en manifestación reclamando prezos dignos para o leite. Os sindicatos cargan contra a conselleira de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura responde abrindo a porta a aumentar os beneficiarios das axudas mínimas ás explotacións
Centos de tractores -uns 700 segundo os convocantes- saíron de novo ás rúas na oitava tractorada comarcal que o sector leiteiro leva a cabo nas últimas semanas para reclamar solucións contundentes de eficaces ante a grave crise que afecta os gandeiros. De Curtis a Teixeiro trasladáronse os vehículos convocados pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo na última mobilización -a oitava xa- antes das dúas grandes que se levarán a cabo o vindeiro 3 de setembro en Lugo e, sobre todo, o día 7 en Compostela. O número de tractores que se xuntaron obrigou a cortar o tráfico na N-634 e os locais comerciais de Teixeiro pecharon durante unhas horas en apoio a unha manifestación que reuniu despois centos de persoas na localidade de Curtis. Gandeiros, veciños, pequenos e maiores lembraron a importancia do sector leiteiro na comarca e a necesidade dunha solución á crise máis grave que recordan. Centos de tractores -uns 700 segundo os convocantes- marcharon de Curtis a Teixeiro pedindo prezos dignos para o leite Coa presenza das principais figuras do sindicalismo agrario e de representantes da oposición, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, que reclamou a dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, logo que volvese censurar as actitudes dos manifestantes por reclamar "un acordo á fracesa que non existe" e cualificase de "ilegal" regular os prezos. Vilalba lembrou que a Lei de Competencia di que é unha posición de dominio impoñer prezos ou condicións non equilibradas, "e vender a perdas non é equilibrado". A líder do SLG acusou a Xunta e a Consellería de "pemitir o abuso" da industria cos gandeiros. O SLG volve pedir a dimisión de Quintana e UUAA lémbralle que "ilegal é que os gandeiros cobren a 18 céntimos o litro" Ao tempo, Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, tamén rexeitou que as reclamacións do sector sexan "ilegais" e aclarou que "ilegal é que os gandeiros cobren a 18 céntimos o litro ou pagar a 130 días". Ademais, destacou que máis de 150 gandeiros levan sen cobrar o produto desde o pasado mes de marzo. Ademais, pediu á Xunta que "deixe de poñer atrancos" e que supervise un acordo no sector para evitar "o abuso de posición dominante" da industria. Mentres, durante a súa visita a Compostela, o secretario xeral de Agricultura, Carlos Cabanas, deixou a porta aberta á posibilidade de aumentar as axudas de mínimos anunciadas polo Ministerio e que agora podían abranguer unhas 5.000 explotacións, fronte ás 2.500 que se dixeron nun principio. Serían 300 euros por vaca, unha medida que os sindicatos cualifican de "parche". Ademais, insistiu en que non ten "dúbida ningunha" de que ahberá un acordo entre os diferentes integrantes do sector leiteiro para lograr prezos xustos e dignos. O Ministerio de Agricultura abre a porta a aumentar as axudas de mínimos a máis gandeiros Non obstante, Cabanas volveu asegura que "é falso" que Francia establecese un prezo mínimo, dado que é algo "prohibido". "Inentouse revalorizar o prezo do leite a través de acordos bilaterais, que é o mesmo que se propuxo en España", engadiu sobre un pacto polo que levan anos agardando os gandeiros galegos, que nunha importante porcentaxe cobran por debaixo dos custos de produción. Cabanas compareceu en rolda de prensa xunto a secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, e o presidente estatal de Asaja, Pedro Barato. Mentres, os tractores facían ruta en Curtis.
NOS_30989
Máis de 50 persoas referenciais da sociedade portuguesa veñen de publicar un manifesto polas liberdades e a democracia en Catalunya, esixindo a liberación inmediata das e dos presos políticos independentistas.
Profesionais da saúde, do dereito, xornalistas, xuristas, referentes do mundo das letras e da política veñen de esixir nun manifesto publicado polo xornal portugués Público a liberación inmediata das presas e presos políticos de Catalunya. O manifesto conta co respaldo de deputadas e deputados de distintas forzas, desde o PS ou PSD á Refundaçao Comunista, o Bloco de Esquerda (con varias deputadas asinantes como Joana Mortágua) e a CDU (con Rui Sá, da asemblea municipal do Porto). O manifesto relata como no mes de febreiro comezou en Madrid o xuízo a doce líderes da política e do movemento social catalán, acusados de rebelión, sedición e desvío de fondos polo feito de teren organizado e aplicado o referendo en Catlunya. Apélase tamén ás declaracións da Premio Nobel da Paz Jody Williams e de parlamentarias de varios países esixindo a liberación das persoas acusadas. "O proceso actual contra os independentistas cataláns é un serio problema de liberdades públicas e de democracia", alertan As persoas asinantes denuncian por medio deste manifesto que ademais das e dos líderes políticos e sociais cataláns que sofren a represión, tamén hai milleiros de persoas de Catalunya que participaron na organización do referendo e que están a padecer procesos xudiciais, correndo o risco de prisión e pesadas penalizacións. Poñen así de exemplo o profesorado universitario de ciencia política e de dereito nomeado polo goberno catalán para monitorizar o referendo, o que levou a Asociación Americana de Ciencia Política (APSA) a pedir ao presidente Pedro Sánchez que o Estado español retire de inmediato as acusacións contra estes profesionais. Acusan ao Estado español de ter sido quen encetou unha mobilización sen precedentes Salientan así mesmo o "revelador feito" de que se prohiba ás autoridades e órganos de comunicación social cataláns poder usar expresións como "presos políticos" e "exiliados". Argumentan tamén que a acusación de sedición representa unha evidente tentativa de criminalización dunha ideoloxía política; e acusan ao Estado español de ter sido quen encetou unha mobilización sen precedentes de forzas policiais para usaren a forza contra cidadás e cidadáns indefensos durante a celebración do referendo de outubro de 2017. "O proceso actual contra os independentistas cataláns é un serio problema de liberdades públicas e de democracia", alertan desde o manifesto, e fan mención a que a xustiza española é considerada como unha das máis politizadas de Europa e sospeitosa de parcialidade.
NOS_56327
Portugal elixe presidente entre dez candidatos e candidatas nuns comicios aos que están chamados a votar case 10 millóns de persoas. Os centros de votación fecharán ás 19h hora local e todo apunta a que non será necesaria unha segunda volta.
O pobo portugués elixirá hoxe presidente ou presidenta entre dez aspirantes. Segundo as sondaxes, non haberá segunda volta electoral, polo que todo apunta a que esta noite se coñecerá o nome de quen vai presidir o país. As sondaxes danlle a vitoria ao ex presidente do PSD, Marcelo Rebelo de Sousa. Perto de 10 millóns de persoas están chamadas a elixir entre os candidatos e candidatas que substituirán o actual mandatario, Aníbal Cavaco Silva. Un dos dados importantes será o nivel de abstención, pois nas pasadas eleccións parlamentares, que tiveron lugar no outono, chegou ao 43%, a maior en 40 anos. O xefe de Estado, que pode vetar leis, convocar eleccións e mesmo disolver a Assembleia da República As eleccións presidenciais teñen unha especial relevancia en Portugal dadas as competencias das que goza o xefe de Estado, que pode vetar leis, convocar eleccións e mesmo disolver a Assembleia da República. Así, a figura presidencial desenvolve un papel c lave tanto no campo político como no institucional –é a máxima autoridade do Estado e o comandante Supremo das Forzas Armadas. Do que non dispón é do poder lexislativo nin executivo porque lle corresponde ao Parlamento e ao Goberno. Quen son os dez candidatos? As eleccións deste domingo son as que teñen o maior número de aspirantes da historia. E é que dez foron os homes e as mulleres que lograron entregarlle ao Constitucional 7.500 sinaturas, o principal requirimento esixido. Os dez candidatos e candidatas son Marcelo Rebelo de Sousa, Sampaio de Nóvoa, Maria de Belém, Marisa Matías, Edgar Silva, Paulo de Morais, Vitorino Silva, Henrique Neto, Jorge Sequeira e Càndido Ferreira. O favorito a gañar as presidenciais advertiu xa de que non disolverá a Cámara aínda que o executivo socialista de António Costa incumpra o programa de consolidación orzamentaria que a sexta feira presentou en Bruxelas.
NOS_49640
Alén dunha manchea de apelidos que serán abordados nestas liñas, trataremos aquí os "máis" galegos de todos: Galega, Galego e Galegos. A forma feminina está na actualidade desaparecida, aínda que fican varias referencias nos documentos antigos. Por outra banda, ademais de facer mención do gaiteiro Raúl Galego queremos lembrar aqueles trobadores do noso país que estiveron ao servizo do duque de Arjona (1388-1430). Segundo Íñigo López de Mendoza, o marqués de Santillana, son os seus nomes: Afonso de Moraña e Xoán de Gaioso.
Sen dúbida, tal e como se escribe o topónimo Gaioso tamén se debería grafar o apelido. Tres son os lugares que levan tal denominación, localizados en San Martiño do Pino (Cospeito), Santiago da Peroxa (no concello do mesmo nome) e San Cristovo do Eixo (Compostela); así como un par de parroquias de Outeiro de Rei, en concreto San Tomé e Santiago de Gaioso. Como apelido, este é ben antigo, pois incluso o propio Marqués de Santillana –Íñigo López de Mendoza– sinala o seguinte sobre o Duque de Arjona (1388-1430): "Al muy magnífico duque don Fadrique, mi señor y mi hermano, plugo mucho esta ciencia, e hizo asaz gentiles canciones y decires, y tenía en su casa grandes trovadores, especialmente a Fernán Rodríguez Portocarrero, y Juan de Gayoso, y Alfonso de Moraña". Xa desde o medievo é habitual ver escrito tal apelido con "y" no canto de "i", como se percibe neste breve fragmento. Un texto do 26 de xullo de 1536 reza así: "Sepan quantos esta carta de arrendamiento vieren como yo, Fernando López de Gayoso, vezino de la çibdad de Orense, y procurador (...) que soy del señor don Juan de Gayoso, clérigo del beneficio terçia parte syn cura de San Biçenso de Noal (...)". Na actualidade máis de 2.100 persoas empregan este apelido, que se rexistran en 62 municipios, entre outros os de Begonte, Portomarín, Paradela, Laza, Taboada, Coirós e Monterroso. O significativo é que só se usa co "y" final e se desbota a forma que resulta máis axeitada e normativa. Afonso 'Gayoso' Frías (1905-1970) foi membro da comisión de cultura do Consello da Galiza Entre as persoas que ao longo do século XX se apelidaron así cómpre facer mención de Afonso Gayoso Frías (1905-1970), escritor de varias obras literarias, entre elas Galeguidade (Humor, saudade e patria). En 1936 funda a Federación Campesiña Provincial de Ourense do PCE e, logo do golpe de Estado franquista, pasa a formar parte do 4º Batallón da 1ª Brigada do Exército Popular Republicano. Da súa biografía tamén debemos destacar que foi membro da comisión de cultura do Consello de Galiza. Queremos tamén facer referencia ao presentador da TVG Xosé Manuel Gayoso Bonigno, máis coñecido por Gaioso. Continuando coa listaxe de apelidos, quizais os máis galegos de todos os nosos apelidos sexan os que así tamén se designan, Galego e Galegos. Superan o número de 6.800 persoas as que os empregan, ben na variante propia, Galego, ben nas castelás Gallego e Gallegos. A primeira das formas abunda polas Somozas, Cerdido, Agolada, Moeche e Cabanas; a segunda, por Vilardevós, Taboadela, O Incio, Folgoso do Courel e Sarreaus; e a última só se rexistra na Coruña e Ferrol. Un destacado gaiteiro e investigador do noso país, nado en Agolada, é Raúl Galego García. Este persoeiro –"O gaiteiro nubeiro" que di chamarse– formou parte do Ballet 'Rey de Viana'. Cinco son as freguesías denominadas Galegos: San Martiño de Galegos (Frades), San Miguel de Galegos (Lalín), Santa Mariña de Galegos (Láncara), Santiago de Galegos (Navia de Suarna) e Santa María de Galegos (Riotorto). Porén, tamén existe máis dunha ducia de entidades de poboación con este nome. No plano histórico, un dos topónimos rexístrase no Tombo de Celanova; en concreto, nun documento que data do ano 968, onde a descendente da casa real galega dona Elvira, sobriña de San Rosendo, lle entrega ao mosteiro de Celanova as vilas de Galegos e Requeixo (villa Gallecos cum Rekeiso). En relación co apelido e na forma propiamente nosa, vemos a existencia dunha "donna Elvyra de Gundiaens et don Pay Galego" que deberon fundar a capela de Santo André na catedral de Ourense, segundo documenta un texto do 12 de agosto de 1358. Un século atrás, e antes de 1275, Domyngo Galego goza dunhas viñas nos dominios do mosteiro de Montederramo. Outrora tamén se usou a forma en feminino, mais non queda rastro na onomástica persoal contemporánea. Porén, facilitamos unhas liñas dun texto do 28 de abril de 1551 que confirma a súa existencia: "(...) nós, Fernando de Angulo, abad del monesterio de San Martino de la çiudad de Santiago (...) otorgamos e conoçemos por esta presente carta, que aforamos e damos en aforamiento (...) a vós, Álvaro Galego, que estades presente, y a Branca Galega, vuestra muger ausente, vezinos de la felegresía de San Fiz de Loys (...) el nuestro casal que se dize da Cruz, syto en la felegresía de San Fiz de Loys". Elvira, sobriña de San Rosendo, cita no ano 968 as vilas de Galegos e Requeixo Moito menos estendido é o apelido Galiñáns, usado unicamente na forma castelanizada Galiñanes por preto de 640 persoas. Escóitase este antropónimo nos municipios de Cambados, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Meis e unha ducia máis. No que se refire á toponimia, só se localiza un lugar así denominado en San Miguel de Lores (Meis). Lindeiro con este concello é o de Meaño, e sobre estas terras existe un texto –do 5 de maio de 1509– polo cal se coñece que a familia Galiñáns é padroeira da freguesía de San Xoán de Meaño. Un dos seus parágrafos di así: "In dey nomine, amén. Sepan quantos este público instrumento vieren como en la parrochial iglesia de San Juan de Meaño (...) en presençia de mý, el escripvano e notario público (...) paresçieron ende presentes Pero de Galiñaas, el viejo, e Pero de Galiñaas, el moço, e Luýs de Paaços, e Pero Blanquo, e Fernando Nabeyro (...) que son todos los feligreses e parrochianos de la dicha yglesia". Fernando Cabeza Quiles sinala que Godoi pode proceder do antropónimo xermánico que se rexistra como 'Goto' en latín Aínda menos habitual que o anterior é o apelido Gasamáns. Este recóllese só en seis municipios, en tres dos cales aparece coa forma castelanizada Gasamanes (concretamente en Pontecesures, Valga e Silleda) e os restantes na normativa (en Compostela, Ames e A Coruña). En concreto, será no concello de Ames, e xustamente na parroquia de San Lourenzo de Agrón, onde localicemos unha entidade de poboación así denominada. Existe un expediente conservado no Arquivo do reino de Galiza, con data do ano 1665, no que Xoán de Gasamáns está en conflito con Xácome Alegre por mor do oficio de mordomo pedáneo da xurisdición de Budiño (O Pino). Entre os documentos procedentes do Hospital dos Reis Católicos consérvase un testamento de 1807 pronunciado por "Francisca Freire, viuda de Miguel de Mayo, hija lexítima de Pedro Freire y Francisca Gasamáns, su muger, difuntos, vecina de la parroquia de Santa María de Urdilde". Non lonxe un do outro fican os únicos dous lugares galegos chamados Godoi, ambos estradenses e situados nas freguesías de San Xoán de Santeles e Santa Cristina de Vinseiro. Ademais, un rego coa mesma denominación, afluente do Ulla, discorre polas proximidades desta última parroquia. Con respecto a tal topónimo, Cabeza Quiles sinala que detrás del "está probabelmente o antropónimo medieval de orixe xermánica que se rexistra como Goto en latín". Pouco máis de 400 persoas o empregan como apelido, a maioría con "y" no canto de "i" no seu remate. É significativo nos concellos de Cotobade, Esgos, Castrelo de Miño, San Cristovo de Cea, Rois, Fornelos de Montes, Mos, A Estrada e doce municipios máis. Porta este "nome de familia" polo ano 1433 o escudeiro das Fragas (Campo Lameiro) Xoán de Godoi, que lle afora a Fernán de Sevil (veciño de San Miguel de Arca) o lugar de Nodar, sito nesta última freguesía. A vinculación do antropónimo co topónimo certifícase, por exemplo, nun arrendamento do 3 de novembro de 1541 polo cal o cóengo Gómez Rodríguez de Casal de Raros, tenencieiro da tenza de Tabeirós, autorízalle a "Juan de Godoy, labrador, vezino e murador de la felegresía de San Juan de Santeles (...)" a que explote "la mytad del lugar e casal que de dize de Godoy, syto en la dicha felegresía". Queremos achegar, así mesmo, uns breves extractos dun pergameo asinado en Vigo o 8 de setembro de 1509. Segundo o recollido nel, "Johan de Godoy, morador enna freyguesýa de San Pedro de Matamãa" afóralle a "Constança Rodríguez de Verdozi[do], moradora enna villa de Pontevedra", o lugar "da Torre Bella e con as herdades de Parada i Fins, e con súas bynas, e casas, e herdades, e montádegos, e resíos rotos e por ronper, e entradas e saídas (...) que está sito enno couto de Tanoryo". Cabeza Quiles considera que do antropónimo xermánico 'Gaudila' proviría a denominación Goiáns Avanzando nas explicación cómpre sinalar que do topónimo Gudianes (rexistrado no Tombo de Toxos Outos por 1176) e Goyaes (na mesma fonte documental un ano máis tarde) ha derivar a denominación Goiáns. Novamente Cabeza Quiles, mergullado nestas lides, sinala que igual este topónimo procede do antropónimo xermánico Gaudila e, así, da vila Gaudilanis proviría Goiáns. Cinco son os lugares que actualmente levan este nome nas terras de Boiro, Brión e Carballo, e catro son as parroquias así denominadas: Santo Estevo de Goiáns (Carballo) e San Sadurniño de Goiáns (Porto do Son), San Miguel de Goián (Sarria) e San Cristovo de Goián (Tomiño). Actualmente, a forma Goyanes (castelanizada) hai algo así como 800 persoas na Galiza que a usan como apelido, de forma significativa en Samos, Sarria, Láncara, Bóveda, Carnota e 20 municipios máis. Do 5 de abril de 1537 data unha escritura de compravenda pola que o labrego Alonso Martiño (de San Xiao de Luaña) lles vende a "Juan de Vargo e Taresa de Bargo, vuestra muger, vezinos de la felegresía de San Justo de Tojos Outos, e a vós, Juan de Goyaas e Orraca de Cavanelas, vuestra muger, vezinos de la felegresía de Santa María d'Ordilde (...) los dos terçios enteramente del lugar, e casar y molino que se dize de Goyás, sito en la felegresía de San Giao de Luana (...) por preçio e quantía de ocho ducados de horo". Coa mesma etimoloxía estaría o topónimo Goiás, rexistrado en Lalín (San Miguel de Goiás) e nas parroquias de Santiago de Toubes (A Peroxa) e Santiago de Vilouriz (Toques). O apelido, só recollido na forma castelanizada Goyás no concello da Guarda, conta con 43 persoas que o usan. Porén, este "nome de familia" non deixa de ser o mesmo có anterior, e así se comproba ao contrastarmos un preito que o tesoureiro da catedral, Vasco da Fraga trae con "Juan Mariño de Goyás" polo ano 1562 e unha carta de pagamento de Bernaldo de Luaces relacionada cos bens de "Juan Mariño de Goyáns".
NOS_49842
A CIG-Saúde mobilízase contra a sobrecarga de traballo nos centros de saúde e a falta de persoal, que obriga a uns poucos profesionais a soportar a carencia de recursos. As protestas non cesan.
O Rosal, A Guarda, Ribeira, Compostela, O Salnés, Lugo, Burela. As mobilizacións do persoal de Atención Primaria volvéronse espallar nas últimas horas por varias localidades galegas "as pretensións da Consellaría de que o persoal traballe a custo cero", afirma a CIG-Saúde. Segundo denuncia o sindicato, encargado de promover as protestas, a Administración está obrigando ás profesionais a que "incrementen a súa xornada para facer fronte á sobrecarga de traballo" que hai nos centros de saúde e "poder dar cobertura ás prazas vacantes que o Sergas non dá cuberto". A CIG-Saúde advirte que a situación na Atención Primaria neste momento "é insostíbel" pola falta de traballadores e traballadoras, nomeadamente de persoal médico e de enfermaría, froito das políticas de persoal que aniquilaron estes postos de traballo. A isto súmase que hai outras categorías nas que malia existir suficientes profesionais nas listas de contratacións, "o Sergas négase a contratalas, como no caso de PSX, traballadoras sociais, odontólogas, fisioterapeutas, matronas, TCAEs e farmacéuticas, entre outras". Planificación e retribución Neste contexto, di, a Consellaría de Sanidade "obriga forzosamente as profesionais a que incrementen a súa xornada para facer fronte así á sobrecarga de traballo e garantir a atención sanitaria". Pero un incremento de xornada, subliña a CIG-Saúde, "ten que estar organizado e planificado, porque o persoal non pode estar á disposición permanente do Sergas". Engade que a prolongación da xornada ten que ter a súa correspondente retribución. "O Sergas non pode pretender que o persoal traballe gratis. E ten que recoñecer a penosidade na prestación de traballo en quendas de noite ou en domingos e festivos a todas as profesionais", o que significa que tamén debe ser pagada. Listas de agarda Insiste o sindicato en que este incremento da xornada ten que estar dirixida a eliminar as listas de agarda e a normalizar as axendas "porque non pode haber axendas con 80 citas diaria". A CIG-Saúde considera "impresentábel que unha Administración que ten a responsabilidade de garantir o dereito a que a poboación reciba unha prestación sanitaria de calidade, maltrate as profesionais que seguen a traballar día a día para minimizar os efectos dos recortes na sanidade". E pregunta: "en que gasta a Xunta o diñeiro público e os fondos Covid?". Mesa sectorial Por todo isto, CIG-Saúde reclama ao Sergas convoque de inmediato unha reunión da Mesa Sectorial para abordar as condicións laborais e retributivas de todo o persoal que incremente a súa xornada e as condicións do persoal médico. "Non hai que crear máis categorías profesionais", aseveran. "Só hai que dignificar as existentes e pór en valor o traballo da Atención Primaria". A táboa reivindicativa da CIG Saúde conta dunha ducia de propostas entre as que inclúe formación, axendas reducidas, calendarios de traballo estábeis, xerencias propias de Atención Primaria e maior dotación de profesionais especializadas. Do Rosal á Guarda Medio millar de persoas concentráronse esta cuarta feira no Rosal contra o desmantelamento da Atención Primaria no concello. Láianse do feche do centro de saúde de San Miguel e da perda do servizo de pediatría mais da matrona, carencias que deixan a veciñanza sen recursos asistenciais e que a obrigan a desprazarse. Á Guarda, por exemplo, onde esta quinta feira, coincidindo coa xornada de mobilizacións, se incorporaron aos seus postos só dous médicos dos oito previstos no cadro de persoal do centro de saúde. Dous médicos para unha poboación de 20.000, calcula o persoal xa que o seu centro é o de referencia para a poboación de Oia e do Rosal que requira unha atención urxente.
PRAZA_13647
Sete de cada dez fogares galegos con familiares en situación de dependencia teñen que asumir, total ou parcialmente, reiterados desembolsos económicos para facerlle fronte ao seu coidado
As prestacións da Lei da Dependencia están a piques de sufrir unha importante retallada. A vindeira semana o Ministerio de Sanidade sentará na mesma mesa con todas as comunidades autónomas para endurecer o acceso a estes servizos públicos, creados hai apenas un lustro e que dende os gobernos central e galego veñen sendo cualificados, con máis ou menos intensidade, como "insostibles". Poucos días antes de que o departamento que dirixe Ana Mato cargue de incerteza, cando non de temores, a persoas dependentes e ás súas familias, o Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de culminar unha completa radiografía do problema no país, deténdose non só nas cifras absolutas de mulleres e homes que precisan ou reciben unha prestación, senón tamén nas súas características concretas, así como nas dos seus coidadores e nas carencias que sofren estes. O 79% dos máis de 94.000 dependentes reciben os coidados que precisan dalgún membro do seu fogar É precisamente unha ollada detida sobre as persoas que coidan dos seus familiares en situación de dependencia a que pode permitir elaborar un bosquexo do grao de incidencia nas prestacións públicas que estipula a lei. O 79% dos 94.251 dependentes rexistrados en Galicia recibía en 2011 coidados dalgún membro do seu fogar. A estes engádenselles o 27% que son atendidos por parentes non residentes no mesmo domicilio pero que non reciben remuneración ningunha. Ambos casos contrastan co 16,7% que teñen garantida a atención por parte dalgunha Administración pública. Esta preponderancia dos familiares nos coidados ten un efecto colateral que, as máis das veces, pasa desapercibido entre as grandes cifras: o impacto que o labor de coidado ten na saúde e no benestar das persoas que o exercen. Segundo os datos recompilados polo IGE, case o 63% dos coidadores viron afectada a súa saúde por atender a persoas dependentes. Esta cifra é unha media no conxunto da poboación que, desagregada, segue confirmando que a atención á dependencia ten rostro feminino. Nas coidadoras os problemas de saúde chegan ao 67% e nos coidadores, quedan no 53%. Intimamente ligado co esforzo en forma de traballo que implica ter que se facer cargo dunha persoa que non se pode valer por si mesma está o esforzo económico. Nun contexto no que dende todas as Administracións se asegura estar a primar a prestación de servizos -residencias, centros de día, asistencia no fogar- fronte á asignación de axudas económicas, os indicadores do Instituto de Estatística amosan ás claras que, ademais dun problema social, de saúde e mesmo afectivo, a dependencia é tamén unha seria dificultade para as familias galegas en forma de cartos. O 63% das persoas que atenden dependentes aseguran que ese labor influíu negativamente na súa economía familiar. A este indicador súmaselle outro aínda máis clarificador: en 7,2 de cada 10 fogares a atención á dependencia supón algún tipo de gasto. Nomeadamente, o 55,22% -case 50.000- dos fogares con persoas dependentes ao cargo asumen "a totalidade dos gastos" da asistencia e só teñen algún tipo de axuda o 17,77%. Mentres, os que declaran que ter unha persoa dependente ao cargo "non lles supón gasto" quedan no 27%. Menos persoas para atender, pero durante máis horas Diminuíron as persoas que precisan un máximo de dúas horas diarias de coidados Estes indicadores chegan nun contexto no que, sempre segundo os datos do IGE, en Galicia hai menos persoas en situación de dependencia que hai catro anos, pero precisan máis atención. Así, en 2007 a enquisa de condicións de vida cifraba os dependentes en 100.860 persoas, mentres que en 2011 deixa o número en 94.251. Non obstante, diminuíron as persoas que precisan un máximo de dúas horas diarias de coidados, pasando do 14% ao 10% do total e incrementaron as que necesitan de tres a seis horas -do 21% ao 31%- e ás que lles cómpren 18 ou máis horas, do 14,58% ao 15,68%. Con estes datos na man o IGE conclúe que 3.788 persoas en situación de dependencia "reciben menos horas de coidados das que necesitan". Dentro deses horarios de atención resulta tamén especialmente ilustrativo o módulo da enquisa que se detén no tipo de coidados que precisan as persoas atendidas. Así, é posible coñecer que máis do 30% dos dependentes sono de maneira "completa" para efectuar con normalidade o seu aseo persoal, máis do 60% necesitan apoio "moderado ou completo" para vestirse e case un 40% para "levantarse, deitarse e permanecer de pé ou sentado". Datos completos da enquisa
NOS_22192
Xa está aquí #onosoderbi. Faltan minutos. Todos os derbis son especiais, mais este, se é especial por algo, é polo seu dramatismo. Depor e Celta -último e penúltimo na táboa clasificatoria- paséanse polo gume da navalla. Non hai permiso para fallar, nomeadamente no caso da equipa branquiazul.
Deportivo e Celta volven, sete anos despois, xogar un derbi en primeira en Riazor. Un acontecemento que comezará en minutos (21:45. Marca TV) e que mobiliza a milleiros de galeg@s. #Onosoderbi xa é TT nas redes sociais desde media tarde. O ambiente, inmellorábel. Axiña a bola correrá polo campo, e con ela as esperanzas de celtistas e deportivistas, conscientes do moito que se xogan neste partido. Se o ollarmos cunha focaxe exclusivamente resultadista, o Deportivo xógase máis do que o Celta en Riazor. Dito doutro xeito: unha derrota do combo de Fernando significaría o virtual adeus á Primeira División e unha visita aos infernos de desenlace incerto, dado o estado comatoso en que se achan as finanzas do clube coruñés, en suspensión de pagamentos. O Celta ten máis marxe de erro, a que lle dá os 6 pontos cos que avantaxa ao seu eterno rival norteño. 6 pontos son 2 partidos. 2 vitorias. Distancia insalvábel? Non cando faltan 11 xogos por se disputar. Mas a leitura é moi outra se reparamos en que o Deportivo só foi quen de conseguir 3 vitorias nos 27 primeiros capítulos do campionato.Fernando e Abel foron polo rego no outro partido, no que se disputa nas conferencias de imprensa. Apelos á intensidade. A importancia dos pontos en xogo. Fernando tentou tirar presión aos seus argumentando que tampouco o encontro é eliminatorio mentres as matemáticas digan o contrario (se o Deportivo descender non será pola falta de optimismo do treinador de Castrofeito). Todas as cartas están sobre a mesa. Ambas equipas coñécense de máis e tampouco é que teñan demasiados ases na manga. Abel xogará coa ansiedade dos branco azuis e fiará todo á inventiva de Aspas. Fernando agarda que Riazor desequilibre e encoméndase a que as estatísticas son favorábeis á súa equipa nos últimos confrontos directos (2 vitorias a pasada tempada en Segunda División, un empate nesta en Balaídos na primeira volta).Que onces se verán as caras sobre o relvado cando o árbitro asubíe o comezo do xogo? Hai algunhas dúbidas sobre o tapete. Na beira norteña, non é seguro que Marchena estexa en condicións de retornar ao eixo da zaga, o que daría opcións a Insua de ser titular (se así for, sería o único galego en liza de inicio nos branco azuis). Silvio ou Ayoze sería a outra incógnita a esclarecer no flanco esquerdo. Na beira sureña, e polo visto durante os treinamentos, Abel manexa dúas opcións para a liña de tres cuartos: ou Orellana, do que se agardaba un maior rendimento, ou o sempre afouto e enérxico De Lucas.Así as cousas, Deportivo e Celta formarán con:Deportivo: Aranzubía, Silvio, Marchena, Aythami, Manuel Pablo, Abel Aguilar, Juan Domínguez, Gama, Pizzi, Valerón e Riki.Celta: Javi Varas, Jonny, Túñez, Demidov, Roberto Lago, Oubiña, Pranjic, Augusto, De Lucas, Bermejo e Iago Aspas.Árbitro: Velasco Carballo (Madrid).Todo pronto, pois, para #onosoderbi, unha tempada máis.
NOS_28028
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, nega que o liderado de Pablo Casado estea en dúbida, polo menos no que el coñece. Ademais, di que non preguntou por Bárcenas e o seu suposto vínculo con Mariano Rajoy.
O seu pensamento non está en marchar a Madrid. Iso é, polo menos, o que asegura o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sobre o seu futuro político. Malia as teorías que apuntan ao seu recambio para Pablo Casado, non é rotundo mais di que tampouco ten as aspiracións postas en dirixir o Partido Popular a nivel estatal. Ante as preguntas dos medios esta quinta feira, Feixoo afirmou que "non" aspira a substituír a Casado e que a pregunta "é un clásico" ao igual que a súa resposta. O seu nome volveu a entrar con forza nas apostas polos malos resultados dos populares nas eleccións á Generalitat. A pesar disto, incidiu en que non lle costa que exista "ningunha discusión" sobre o liderado do partido por parte deste último. Na súa opinión é a Casado a quen lle "corresponde liderar o partido que preside" até que sexa preciso. "Non hai ningunha discusión ao respecto, polo menos que eu coñeza. Non hai ningunha novidade. O presidente do partido é o presidente do partido", remarcou. Respecto de que Pablo Casado amosou interese por saber os vínculos dos ex presidentes Mariano Rajoy e José María Aznar co ex tesoreiro Luís Bárcenas, máis ante as últimas acusacións ao primeiro, Feixoo dixo que non lle "consta para nada". "A min non me fixo preguntas e non creo que teña dúbidas ao respecto", finalizou, fechando o tema. Aliás, sobre as súas posíbeis diferenzas coa presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, lembrou que ela aclarou que unhas manifestacións feitas non estaban vinculadas a Feixoo.
NOS_19944
O presidente da Xunta apurou un comunicado explicando a súa versión dos feitos. Afirma que ignoraba as actividades delituosas do seu acompañante, malia que por aquela altura xa o prenderan en dúas ocasións por traficar con tabaco
Era de madrugada cando polas redes sociais comezou a se mover o adianto da capa coa que o diario español El País sairía este domingo aos quiosques: unha fotografía do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agarrado ao volante do barco dun histórico contrabandista, Marcial Dorado, daquela capo do tabaco e hoxe encarcerado por narcotráfico. Segundo a versión do xornal, houbo unha xuntanza previa con Feijóo en que este ofreceu a súa versión dos feitos. Malia todo, tamén de madrugada ficou xa estaba pendurado no portal web do PPdG un comunicado asinado polo titular do Goberno galego en que sinala que descoñecía a actividade delituosa do seu acompañante de embarcación. Naquela altura, Dorado fora prendido xa en dúas ocasións, en 1983 e en 1990, noutras tantas operacións contra o negocio ilegal do tabaco. A imaxe publicada é de 1995. Anos despois da súa relación co mandatario galego foi detido por narcotráfico e cumpre unha condena de 14 anos de cárcere. Segundo o relato que ofrece o xornal de Prisa, cando Feijóo coñeceu o contrabandista tiña 34 anos e era o número dous da consellaría de Sanidade, ocupada por José Manuel Romay Beccaría na Xunta que presidía Fraga Iribarne. Feijóo marchou a Madrid un tempo, mais a amizade co narco mantívose e cando voltou a Galiza para dirixir o Insalud o testaferro de Dorado, Manuel Cruz, chófer na Xunta, levou o actual presidente do PPdG e do Goberno galego en repetidas ocasións á mansión que o contrabandista posuía na Illa de Arousa. Entre 1995 e 1998 Feijóo visitou outras propiedades de Dorado e chegou a navegar a bordo do seu iate insignia, o 'Oratus', que foi intervido anos máis tarde nunha operación contra o blanqueo de diñeiro. O narco prendérono en outubro de 2003 en relación cun cargamento de seis toneladas de cocaína. Feijóo recoñece indirectamente que sabía dos negocios de Dorado No comunicado que fixo público, o presidente da Xunta sinala que "rompín o contacto con esta persoa, por indirecto que fose, cando tiven coñecemento de que mantiña causas abertas coa Xustiza". Porén, cando subiu na embarcación en que se tomaran as fotografías Dorado fora prendido en dúas ocasións. Así mesmo, di El País que o xefe do Executivo galego "confiou na palabra dos amigos comúns que lle aseguraron que Dorado xa non se dedicaba ao contrabando de tabaco". Logo Feijóo si sabía que o dono do barco en que paseaba fora contrabandista. Tamén recoñece o presidente da Xunta que sabía da existencia das fotografías, desde 2004, cando foron requisadas durante un rexistro da casa de Marcial Dorado. Malia negar calquera relación económica con el e calquera influencia nas súas decisións como cargo público, recalcando que "todas as veces que cadrei con esta persoa foi nun contexto de lecer", Feijóo di ter sufrido ameazas de que as imaxes se filtrarían á imprensa. Na comunicación oficial que fixo pública non atribúe tales ameazas, mais si que o fixo, segundo El País, na conversa que o xornal mantivo con el previa á publicación das fotos: "asegura que dirixentes do PSOE o ameazaron con difundir as imaxes se o PP non baixaba o ton dos ataques" durante a campaña electoral de 2009. Nos mesmos días o PP si fixo circular unha fotografía en que o daquela vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, descansaba a bordo do iate do construtor Jacinto Rey. Rajoy chegara a pedir a súa demisión. "Feijóo e o narcotráfico andan aí, aí" En febreiro de 2011, cando lle preguntaron en rolda de imprensa ao secretario xeral do PSdG, Pachi Vázquez, por unha información publicada tamén polo diario El País relacionada co ex delegado territorial da consellaría de Medio Ambiente en Pontevedra, Evaristo Juncal, quen tería vendido empresas a contrabandistas e capos históricos do narcotráfico na Galiza, Vázquez respostou que "Feijóo e o narcotráfico andan aí, aí". As fotos de Rajoy nun barco de narcos En marzo de 2011 outra imaxe dun líder político a bordo dun barco propiedade do clan Os Caneos, implicado no tráfico de drogas, deu moito que falar. Publicárona Xornal de Galicia e Público. Fora tomada o 19 de maio de 2009, dous días antes de que arrincase a campaña para as eleccións europeas e o fotografado era Mariano Rajoy. O PP explicou que se trataba dun acto político "improvisado" un día antes de arrincar a campaña e alegaron que non tiñan coñecemento de que o 'Moropa', nome do iate, fose propiedade dos narcos. Acrecentaron que "era o único barco que había no peirao" e que unha persoa que quería unha imaxe con Rajoy "suxeriu que era boa idea tomala alí".
NOS_55761
A última versión do navegador achega novidades
Mozilla xa puxo a disposición para a súa descarga a versión en galego do navegador web Firefox 12 para Windows, segundo informa o portal Código Cero. Segundo esta web, o Firefox 12 achega novidades como que "permite o salto de liña no atributo de título, mellora a función de busca dentro das páxinas ou que os enderezos web pegados no xestor de descargas iniciarán a súa descarga de xeito automático".
NOS_23304
Lucía Noia, creadora do proxecto Actividade física adaptada para mulleres que se atopan nun proceso oncolóxico, explica no que consiste o programa e as melloras que supón para as participantes. Noia expón que a iniciativa non consiste só na actividade física, senón que tamén se imparten charlas e clases nas que as propias mulleres poden falar, expresárense e aconsellar ás súas compañeiras. Ademais, Noia asegura que as mulleres non deben ter medo a participar, pois as actividades están adaptadas a cada persoa.
Avante Pouca En que consiste o proxecto?Este proxecto foi o meu Traballo de Fin de Grao e levouse a cabo en colaboración co concello de Oleiros e coa Universidade da Coruña. Cando o concello difundiu o programa chamouno Móvete máis e entrou no primeiro plan de igualdade. O traballo consistiu en facer un programa adaptado a mulleres con calquera tipo de cancro para tratar de mellorar as súas vidas. O único requisito para participar era que pasasen por tratamentos oncolóxicos e que tivesen a aprobación do médico ou médica para realizar exercicios de actividade física. A súa finalidade era conseguir que estas mulleres se sentisen mellor fisicamente, pero tamén crear un grupo entre elas para que socializasen e tivesen alguén con quen falar. Persoalmente, descoñecía por completo a enfermidade, por iso me pareceu unha oportunidade perfecta para aprender do tema e intentar mellorar a situación da muller neste ámbito. Penso que é moi necesario, e nesta situación aínda máis. En xeral, sempre se adoita cuestionar a feminidade e, neste caso, os modelos estereotípicos están a perseguilas constantemente: cos tratamentos perden o cabelo, cambian de peso, etc. Con este traballo logramos, dalgunha forma, contribuír ao empoderamento destas mulleres. O proxecto non consiste só na actividade física, senón que impartimos clases, dámos charlas e xuntámonos para falar entre nós. Estas mulleres non se coñecían antes do programa e, realmente, estanse a axudar moito entre elas. Avante Media Que tipo de actividades fan?Creamos dous grupos para estabelecer dúas intensidades. Elas mesmas poden elixir en que grupo prefiren facer a sesión do día dependendo da enerxía coa que se atopen. Na intensidade media-baixa adoitamos facer ioga, exercicios de mobilidade e actividades lixeiras. No grupo de intensidade media-alta facemos outro tipo de adestramentos, como rutinas de forza con gomas elásticas, pilates, etc. O obxectivo é que elas se sintan cómodas e que marchen cunha sensación agradábel para a casa. Vemos que as mulleres están moi agradecidas e que os beneficios que lles achegan este tipo de actividades son como un medicamento máis para elas. Asisten sempre que poden porque notan que melloran. Había algunha que viña incluso o día seguinte de pasar por unha sesión de quimioterapia. O programa dura 18 semanas, de setembro a xuño. Este ano supón a terceira edición e realmente vemos que interesa. Comezamos con 11 mulleres, pero ao ano seguinte xa eran 28. Actualmente, non son tantas pola Covid, pero seguimos coas clases ao aire libre. Penso que si pode ser un proxecto que perdure no tempo. Ademais, cómpre engadir que o concello de Oleiros aceptou moi ben a actividade desde o comezo e foi este quen me proporcionou os materiais e quen puxo o pavillón á miña disposición. Avante Toda Que plans hai de futuro en relación ao proxecto? A idea é intentar que o proxecto nos leve a un doutorado. Esa é a miña perspectiva. Metinme tan de cheo no tema que lle comecei a dedicar moitas máis horas das previstas. Traballei moito, pero con gusto, motivoume enormemente e notaba que me completaba. Eu sempre quixen contribuír dalgunha maneira á sociedade. Penso que os coñecementos non poden quedar nun ordenador, hai que poñelos en marcha, e iso foi o que eu fixen. Ademais, sería moi interesante crear unha rede de programas deste estilo por toda a Galiza. As mulleres que queren participar non deben ter medo ás actividades físicas que preparamos, pois están adaptadas a cada persoa.
NOS_49965
Concentrouse en Mondoñedo, onde estiveron vixiados por una mplo dispositivo policial. "Puxéronsenos impedimentos para exercer a nosa liberdade de expresión", denunciou Anxo Louzao.
O IES San Rosendo de Mondoñedo acollía esta terza feira a inauguración oficial do curso escolar, acto que contou coa presenza da raíña Leticia Ortiz e o ministro de Educación. Na localidade da comarca mariñán concentráronse varias ducias de persoas, convocadas pola CIG-Ensino, para denunciar os recortes no ensino público e exixir a derrogación da LOMCE e a eliminación das reválidas. Anxo Louzao, secretario nacional da CIG Ensino, denunciou "os impedimentos que se nos puxeron para exercer os dereitos á liberdade expresión, xa que se nos obrigou a cambiarnos de lugar e se nos identificou a todos e a todas malia que tiñamos solicitado o permiso para concentrarnos. É unha mostra máis de como coa lei mordaza intentan acalar todas as protestas e as voces discordantes contra a LOMCE e a política educativa do PP" As persoas concentradas lembraron a insubmisión ás reválidas de 3º e de 6º de primaria o curso pasado, cando o 80% das familias non mandaron aos seus fillos e fillas a realizar estas probas. Un bo exemplo do rexeitamento que xera na comunidade escolar esas probas e a LOMCE, consideran desde o sindicato nacionalista. "A situación preséntase moito máis complicada este curso pola implantación das reválidas de 4º ESO e de 2º Bacharelato, que no caso desta última, vai ser a proba de acceso á universidade, cando a esta altura non se coñecen nin as características, nin o deseño, nin o seu contido", explicou Anxo Louzao. O fechamento neste curso de 64 unidades e 13 escolas no ensino público mentres que se crean 38 unidades máis na privada tamén é outra das denuncias realizadas pola CIG-Ensino. Imaxes: @onosolar e @susobermello
NOS_20510
As asembleias d@s traballador@s do agro estudan se se levanta o paro nas entregas de leite e se acepta a palabra da consellaría do Medio Rural, que puxo riba da mesa o compromiso de que o prezo do litro fose subindo até cubrir, en xaneiro, os custos de produción. Boa vontade no sector cara a desconvocar o paro á espera de coñecer canto cobrarán, sempre advertindo de que "as mobilizacións pódense retomar"
Os sindicatos con representación no sector leiteiro chegaron a un principio de acordo coa Xunta, a industria e a distribución que podería culminar no levantamento do paro na recollida do leite. Comprometeuse o Executivo galego a velar por que o prezo do litro do leite vaia subindo desde os 29 céntimos actuais até que, en xaneiro, @s gandeir@s cobren máis do que lles custa producir. Estamos a falar dun prezo de "trinta e bastantes céntimos por litro", tal e como explicou Xosé Ramón Cendán, do Sindicato Labrego, pois neste momento "non pagamos nin as facturas" ao estar o prezo do penso moi por riba do que lles pagan polo leite. Tal situación derivou nunha "quebra técnica" de moitas explotacións, ao se elevaren os custos "máis dun 30%". Segundo sinalaron as centrais agrogandeiras, esta quinta feira entregaraselles un documento cos compromisos alcanzados, compromisos que xa foron transladados aos e ás gandeiras nas asembleias que se celebraron durante a noite e na mañá desta quinta para sometelos a consenso. Desde Unións Agrarias, Roberto García falou dun prazo duns dez días transcorrido o cal, "de non ver avances" volverían suspender as entregas de leite. Ao igual que Xóvenes Agricultores, aplaudiu a "boa vontade" manifestada pola Xunta, e subliñou que "co novo paquete a Administración ten mecanismos" para porlle freo ás pácticas abusivas da industria. SLG: "A imposibilidade de pactar prezos colectivos é unha trampa para os produtores"Porén, desde o SLG, a secretaria xeral Isabel Vilalba manifestou o seu descontento polo proceder seguido, pois "ás asembleias chegou xa a idea de que o paro fora desconvocado sen que elas o valorasen, cando é dos gandeiros de quen ten que partir a decisión". Explicou Vilalba que a consellaría mantivo primeiro unha xuntanza con representantes da industria, na procura dunha folla de ruta que posteriormente foi socializada cos sindicatos nese preacordo que agora chegará por escrito. Acrecentou Xosé Ramón Cendán que nese documento non aparecerán os prezos, pois a Comisión nacional da competencia impide pactar prezos e asinar acordos colectivos. Tal limitación "é unha trampa" contra @s produtor@s, na cal se escuda a propia consellaría para non dar cifras. Con todo, tamén esta central valorou de xeito positivo a xuntanza mantida, aínda sendo conscientes de que "até onde nós queremos seguro que non se vai solucionar" o conflito leiteiro. Os termos do acordo achegado pola Xunta "teñen que ser valorados polo sector, e necesitamos garantías de que se vai cumprir, máis aló das palabras". Ao igual que Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias, tamén o Sindicato Labrego manifestou boa vontade na liña de desconvocar o paro, non sen antes por riba da mesa as "desconfianzas" que gardan respecto da industria e a advertencia de que as mobilizacións "sempre se poden retomar".Fruga: "Ninguén nos transladou nada"Pola súa banda, a Federación rural galega --Fruga--, que non tomou parte das negociacións coa Xunta ao non ser parte convocante da folga de entregas, queixouse de que "non se nos transladou nada desa xuntanza". Manuel Dacal informou de que a organización ten "unha conversa pendente coa consellaría", mais tal encontro non ten data aínda fixada, á espera da confirmación do departamento que dirixe Rosa Quintana. Namentres, "queremos coñecer o principio de acordo e reservámonos a posibilidade de emprender algunha acción clarificadora do que significa iso".Insistiu Dacal en que "a pelota está do lado da consellaría" e que cómpre estabelecer as regras do xogo e sinalar que papel cumpre cada parte nese xogo. Ao seu entender, a Xunta "ten que actuar como árbitro". Após coñecer os termos do pacto, o paso seguinte será debatelo nas asembleias. "Se a maioría dos gandeiros apoiase unha folga nas entregas de leite, nós apoiariamos o sector". Porén, Dacal puxo en dúbida "a unanimidade" coa que o paro foi convocado.
NOS_29338
Por volta de 300 tractores manteñen o bloqueo sobre o Carrefour da Coruña, que xa acumula 12 días. Tamén a superficie desta empresa en Lugo é albo dos protestos.
As mobilizacións e protestos que os gandeiros galegos retomaron o pasado día 10 para exixir que repercutise nos produtores -tal e como estipulaba o acordo acadado en setembro- a suba do leite ao consumidor que fixeran outros elos da cadea, segue avante. Os gandeiros non están dispostos a recuar e nestes días xa lograron "vitorias": que Eroski e Lidl aceptasen as demandas dos produtores. Estes seguen vixiantes e afirman que de non cumprir co acordado, os tractores volverían bloquear estas cadeas. A Plataforma en defensa do sector lácteo galego é a entidade que apoia as mobilizacións. Mais agora no albo quen está é Carrefour, coa que esta segunda feira teñen unha xuntanza. Máis de 300 tractores bloquean o Carrefour da Coruña, nun protesto que acumula xa doce días de duración. Ademáis, tamén se procedeu a bloquear o Carrefour de Lugo (Anxo Carro). A intención é que a multinacional gala acepte o que xa asumiron Lidl e Eroski, que a suba do leite ten que repercutir no gandeiro. Non hai intención nos produtores en cesar nas mobilizacións. Céntranse agora no Carrefour mais lembran que aínda hai áreas que seguen sen asumir os acordos. Dia, Gadis, Alcampo... Imaxe: Revista afriga
NOS_22717
Son 11 poemas de fasquía breve pero ecos amplos, extensos. Investigan no cotián, pero nun cotián concreto e determinado. Carne da minha carne é a nova obra de Susana Sánchez Aríns, poemas do pan e da cociña da aldea. "pousar o pano branco / e deixar levedar // o milagre da massa multiplicada", escribe no poema, como un haiku, fermento.
A editorial Apiario publica Carne da minha carne dentro da súa colección de plaquettes Pan de Abella, con deseño gráfico de Noa González Caamaño. "Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa) calcula a 'aritmética do grão' e os brazos que sosteñen o mundo", afirman desde editora, "o doméstico amósase como símbolo que ha de marcar o eu poético". Esta "caligrafia milha", como indica a editora, asenta na elaboración do pan, columna vertebral da obra. E no traballo das mulleres. "certificar o prodígio / de manter a camada / um outro dia", remata o pão e os peixes. "Nestas páxinas trázase o camiño que vai do íntimo ao comunal", engaden en Apiario. Este mesmo ano, Sánchez Aríns tamén deu ao prelo Tu contas e eu conto (Através, 2018), un volume mixto de narracións e poemas. Antes, na mesma casa, apareceran Seique (2015) -unha indagación a tumba aberta na memoria da represión- e os poemas de A noiva e o navio (2012). [de]construçom (Espiral Maior, 2009) e Aquiltadas (Estaleiro, 2012) completan a súa obra.
PRAZA_12398
Asisko Urmeneta é o autor do álbum de banda deseñada Gartxot, sobre o que se realizou o filme de animación que se estrea este venres en Compostela.
Asisko Urmeneta é o autor do álbum de banda deseñada Gartxot, sobre o que se realizou o filme de animación que se estrea este venres en Compostela. A película proxectaráse nos cinemas Compostela de Santiago a partir do venres 23, en eukera con subtítulos en galego. Está baseada nunha narración que o escritor Arturo Campión publicou en 1917 apoiándose nunha antiga lenda do Val de Salazar, Navarra, sobre os bardos dos Pireneos, e constitúe unha reivindicación do dereito a crear en lingua vasca. Como xorde a idea de converter Gartxot nun filme de animación? Creo que me entendes se che digo que Euskadi non é un país normalizado. A lenda de Gartxot escribiuna Arturo Campion, escritor e político moi descoñecido, que se fosemos un país normalizado sería un líder nacional. A min nunca me gustou o cómic didáctico, pero no seu día pensei que sería importante popularizar esta historia e a propia obra de Campion, e por iso saquei o cómic. Nunca dubidamos de que o álbum e a película a tiñamos que facer en euskera, que para min é un plus. Creo que é importante saber quen somos, e iso é o que facemos con Gartxot, e o que traemos a Galicia. "No resto do Estado a recepción da crítica foi moi boa, agás unha, que chamou moito a atención, que nos acusaba de atacar a Igrexa" O filme estreouse con éxito en novembro no País Vasco. Como está sendo a acollida fóra? Acabamos de saír fóra de Euskalherría, onde é certo que tivemos una acollida moi boa, tanto de crítica como do espectador de a pé. En Catalunya, onde a distribuímos tanto no circuíto comercial coma noutro tipo de espazos, non tivo moita repercusión, hai que dicilo. E en cambio, no resto do Estado a recepción da crítica foi moi boa, agás unha, que chamou moito a atención, que nos acusaba de atacar a Igrexa. En setembro editaremos o DVD, e no DVD haberá opción de subtítulos en galego, catalán, corso, aragonés, asturiano, bretón, kurdo, bereber..., etc. É importante para nós, e representa a nosa estima á diversidade. A película reproduce a atmosfera particular do álbum de banda deseñada orixinal, sobre todo nas figuras humanas. Foi un efecto buscado? En xeral, na película quixemos crear unha atmósfera especial en todos os elementos, que se puidese identificar co século XII. Esa forma que teñen as caras no álbum orixinal, con moitos escorzos, causoulles aos animadores moitas dificultades. Tamén as paisaxes teñen un tratamento moi coidado. E mesmo na lingua utilizada, traballamos por usar unha lingua comprensible, pero distinta ao euskera moderno, tentamos recrear unha lingua vasca medieval. "A distribución é complicada e hai moitas obras que facemos alí que seguramente nunca chegarán a Galicia" Como valoras a situación da banda deseñada e do cinema de animación en Euskadi? A distribución é complicada e hai moitas obras que facemos alí que seguramente nunca chegarán a Galicia. Por exemplo, eu teño a camiseta dos Crebinsky, pero a película non chegou alí. Xabiroi é o máis destacable do que se fai en Euskadi, aínda que as temáticas están un chisco restrinxidas, ao ter que limitarnos a ser politicamente correctos, por ser editado pola rede de ikastolas. Creo que non hai tanta cousa, e estamos quedándonos un pouco descolgados. Gústame moito o cómic político que se está facendo en Francia, tanto sobre cuestións locais, ou sobre a realidade de lugares de Palestina. Eu mesmo en Gartxot falo do século XII, pero gustaríame facer e ler cómics que falasen do que pasa en Euskadi. Como vai ser o percorrido de Gartxot por Galicia? Facemos dous tipos de distribución, un circuito on en salas comerciais e un off en centros sociais, asociacións... Por exemplo no País Vasco norte, en Francia, aínda non temos a licencia de exhibición, así que toda a distribución é off. Polo de agora en Galicia comezamos nesta sala, pero estamos abertos a proxectar o filme en calquera lugar, a xente só ten que pedilo. O que nos interesa é a difusión. Web de Gartxot
NOS_39365
Unha comunidade de artistas urbanos e urbanas creou, en 2019, a Liga de Graffiti, na que participa xente de todo o Estado español e que ten por obxectivo achegar esta arte ao público xeral. Na edición deste ano, tomou parte o graffiteiro lucense Nesui, que alcanzou a terceira posición entre un total de 54 participantes. Conversamos sobre os seus inicios no mundo do graffiti, sobre a súa participación na liga e mais sobre a súa concepción estética e filosófica da arte urbana.
Avante Pouca De que maneira chegou a formar parte da Liga de Graffiti de 2020? O presidente da liga contactoume e propúxome participar este ano, facíalle ilusión que eu tomase parte porque coñecía o meu traballo, explicoume un pouco o proxecto e resultoume atractivo. Era un programa no que non me tiña que involucrar excesivamente, é dicir, deixar de lado os meus outros proxectos, e ao mesmo tempo recibía unha boa promoción. Así que participei. Sinceramente, sabía que podía conseguir estar entre as primeiras posicións pero non esperaba quedar terceiro a nivel estatal. Como chega Nesui ao mundo da arte urbana? No mundo graffiti empecei no ano 2004 ou 2005, a través da música rap... Facendo sinaturas dunha maneira máis clandestina, máis underground. E pouco a pouco fun evolucionando. Agora teño traballos de todo tipo: ilustración, cómic, mural impresionista, surrealista... Pero si que é certo que estou a tentar especializarme un pouco no retrato, nese hiperrealismo, porque é o que máis me gusta, no que me sinto máis cómodo. Aínda que se pode dicir que son bastante polifacético, o que desexo, o que quero, é caracterizar o meu traballo e que se recoñeza. Avante Media Por que se decide polo mural de grandes dimensións? Esa vía dáseche cando xa tes certo recoñecemento, non é que optes por ela. Eu gozo o mesmo facendo un traballo dun metro por un metro que nun muro de 16 metros. O que pasa é que esta última posibilidade non a tes todos os días, así que cando se che facilita o traballo de gran formato é cando xa contas cunha traxectoria. Aínda que para min é practicamente o mesmo si hai unha diferenza, e é que o traballo grande dáche máis publicidade e chegar aí, que che propoñan iso, é síntoma de que traballaches ben o resto de formatos, porque para iso teñen que facilitarche grúa, plataforma, moito material... Simplemente, véxoo como o resultado de ter feito ben as cousas antes. Si opta polo retrato hiperrealista de xente coñecida. Desde un punto de vista estético é moito máis fácil conseguir unha boa foto de alguén famoso para retratalo. Co tempo un vira máis puntilloso e quere que a foto teña unha calidade, que a sombra caia dunha maneira... A xente con certo nome adoita ter fotos boas e máis variedade, un abano máis amplo para seleccionar o retrato a reproducir. Iso desde o punto de vista máis estético, e desde o punto de vista conceptual, intento retratar xente que me motiva, que me representa ou que sinxelamente quero facerlle unha homenaxe, como foi o caso de Kobe Bryant. Avante Toda Que o move a facer graffitis e que cre que lle achegan á paisaxe urbana? A motivación principal é a superación persoal, creo que é o que me moveu sempre, o fondo, a substancia. O graffiti formou parte da miña vida e fíxome medrar en todos os aspectos. Desde tratar con xente da rúa, vagabundos, a tratar co alcalde dunha cidade... Desde ser o mozo dos recados a ser un home de negocios... Desde o punto máis baixo até o máis alto da sociedade. O graffiti á cidade dálle vida, cada vez as urbes son máis monótonas e máis homoxéneas, téndese a construír dunha maneira máis gris, máis asfalto, e uniforme, pero o graffiti é unha expresión artística que reflicte a sociedade. E logo, eu podo facer o retrato dun actor pero cada un interpretará como queira, haberá xente que non o coñeza e verao dunha maneira distinta a alguén que si. Cada un interpreta dunha maneira distinta,
NOS_34562
A Audiencia Nacional absolve o maior dos Mossos d'Esquadra Josep Lluís Trapero, acusado primeiro de rebelión, logo de sedición e depsois de desobediencia polo seu papel no proceso independentista de Catalunya do 1 de outubro de 2017.
A Audiencia Nacional absolveu na tarde desta terza feira, 20 de outubro, o maior dos Mossos d'Esquadra Josep Lluís Trapero, acusado primeiro de rebelión, logo de sedición e despois de desobediencia polo seu papel no proceso independentista de Catalunya do 1 de outubro de 2017. Tamén absolve os ex xefes políticos da policía catalá César Puig e Pere Soler e a intendente Teresa Laplana. Segundo medios cataláns, a sentenza absolutoria conta co apoio de dous maxistrados e co voto particular contrario da presidenta de la Sala Penal, Concepción Espejel. A decisión non é firme, pois cabe recurso, e vai en contra da postura do Ministerio Fiscal. E é que a Fiscalía comezou acusando a cúpula dos Mossos por rebelión, pero na fase final do xuízo rebaixou a súa acusación contra Trapero e os ex xefes políticos a sedición, seguindo o criterio marcado polo Tribunal Supremo na súa sentenza contra os líderes do procés. Así mesmo, os fiscais expuxeron como alternativa unha condena por desobediencia, que tampouco foi acollido polo tribunal da Audiencia Nacional que entende que se debe absolver aos catro.
NOS_36052
Ambas entidades sinalan que a Xunta non ten a mínima vontade de modificar ou derrogar un decreto que, denuncian, está a "eliminar o galego do ensino".
"Decepcionante", en palabras de Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e "profundamente decepcionante e preocupante" para Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino. Así resumen a reunión de case unha hora que na tarde desta segunda feira ambas entidades mantiveron con Román Rodríguez, conselleiro de Educación. "Non amosaron vontade algunha de cambiar" a actual liña para co galego no ensino, lamentou Maceira mentres que Anxo Louzao considera que a actitude da Xunta para co noso idioma non pode definirse de "desleixo" senón como ""agresión". A reunión é froito do feche que A Mesa e CIG-Ensino protagonizaron o pasado 1 de febreiro na sede de Secretaría Xeral de Política Lingüística. A primeira xuntanza en sete anos. Ambas entidades acudían a esta cita coa intención de expoñer ante o conselleiro a situación de "marxinación" e "eliminación" que o galego sofre no ensino. Unha situación que se agravou polo 'cócktel' decretazo + Lomce. Finalizada a reunión, na que tamén estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ambos os dous coincidiron en sinalar que a Xunta non tiña vontade algunha de mover un dedo para cambiar a situación. Como moito, unha circular aos centros, unha medida que A Mesa e CIG consideran totalmente insuficiente sen contido real Anxo Louzao anunciou que continuarán coa campaña na defensa do galego na educación, unha campaña no marco da cal desenvolven iniciativas como unha recollida de sinaturas. Marxinación A "combinación explosiva" de Lomce e decreto de plurilingüismo, tamén coñecido como 'decretazo', sitúan a presenza do galego no ensino secundario por baixo do 15%. Unha situación, denuncian desde CIG-Ensino e A Mesa pola Normalización Lingüística, que "vulnera a legalidade nacional e internacional". As modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias da ESO, consecuencia da aplicación da LOMCE, supoñen unha "nova e acrecentada" discriminación do galego respecto á contemplada no decreto 79/2010. Este decreto estabelecía as materias que se debían impartir en lingua galega e en lingua castelá na ESO, cun total, nos catro cursos, de 25 horas en lingua española e 24 horas en lingua galega. Porén, agora o alumnado de ESO terá 31 horas en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se cursa ensinanzas académicas. Esta distribución horaria dá como resultado que na ESO o alumnado reciba 13 horas menos de docencia en galego que en español, na modalidade de ensinanzas aplicadas, e 10 menos nas académicas. En declaracións recollidas por Europa Press, o conselleiro afirmou que "temos constancia de que existe un equilibrio no uso das dúas linguas. É a importancia que tivo este decreto para normalizar en equilibrio e con garantías no ensino as nosas línguas oficiais".
NOS_12917
O movemento feminista galego e os sindicatos convocan para esta segunda feira, 8 de marzo, ducias de mobilizacións, descentralizadas, en espazos abertos e con medidas de seguridade, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.
O feminismo galego, nucleado ao redor da plataforma Galegas8M, convocou os seguintes actos para a próxima segunda feira, baixo o lema "Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!" A Coruña: praza das Cigarreiras / Praza de María Pita, ás 17 horas Oleiros: praza de Esther Pita, ás 19.30 horas Ferrol: ponte nova, ás 19.30 horas Ribeira: praza do Concello, ás 19 horas Compostela: manifestación desde a praza 8 de Marzo, ás 18 horas, e treboadas pola cidade desde as 11.30 horas Ponte Caldelas: alameda e praza da Fonte, ás 18 horas Vilagarcía de Arousa: praza de Galiza, ás 20 horas Vila de Cruces: praza do Concello, ás 12 horas Lalín: desde o Qm 0, ás 12 horas Vigo: praza dos Cabalos, ás 18 horas Barreiros: praza do Concello, ás 20 horas Burela: praza do Concello, ás 20 horas Cervo: Casa da Cultura / IES Marqués de Sargadelos, ás 12 horas Ribadeo: aparcadoiro da Avenida da Galiza-Concello, ás 12 horas Foz: avenida da Mariña, ás 12 horas Xove: centro cívico, ás 16.30 horas Viveiro: xardíns, ás 17.30 horas O Valadouro: praza de Santa María, ás 19 horas Lugo: praza de Santa María / Horta do Seminario, ás 20 horas Baamonde: praza de Baamonde, ás 20 horas Vilalba: praza da Constitución, ás 12 horas Cospeito: praza Maior de Muimenta, ás 17 horas Xermade: praza do Concello, ás 10 horas Ourense: cruce de Xoán XXIII-CHUO, ás 17 horas Allariz: campo da Barreira-Praza do Concello, ás 18 horas A Gudiña: diante do Concello, ás 12 horas Vilaboa: marcha en bicicleta desde a residencia de maiores ás 16 horas e concentración en Riomaior ás 19 horas As Pontes: diante do concello, ás 12 horas Monforte: praza da Compaña, ás 20 horas Chantada: praza de Santa Ana, ás 19 horas Catoira: diante do Concello, ás 20 horas Boiro: diante do Concello, ás 20 horas Noia: diante do Concello, ás 19 horas Fisterra: praza 8 de Marzo, ás 20 horas Tamén organiza mobilizacións a CIG, sindicato que convocou un folga de 24 horas de mulleres para a xornada da segunda feira e que se suma aos actos convocados por Galegas8M. A Coruña: Marcha 1, con saída da Torre de Hércules ás 11.30 horas / Marcha 2, con saída da Casa do Mar, ás 11.15 horas / Marcha 3 con saída da praza de Vigo ás 11.30 horas e Concentración na praza de Pontevedra ás 12 horas. Carballo: saída do local da CIG ás 11.30 horas e concentración na praza do Concello ás 12 horas. Cee: concentración na praza 8 de Marzo ás 12 horas Ferrol: local da CIG ás 11 horas e concentración na praza de Armas ás 12 horas As Pontes: praza do Concello ás 12 horas Compostela: Concentración 1 no centro comercial As Cancelas ás 11 horas / Concentración 2 na Xunta da Galiza ás 11 horas / Concentración 3 na praza da Galiza ás 11 horas / Concentración 4 no CHUS ás 11 horas Ribeira: praza da Porta do Sol ás 12 horas Pontevedra: Marcha 1 saída desde a praza do Hospital ás 11.15 horas / Marcha 2 saída do peirao das Corvaceiras ás 11.15 horas e concentración na praza da Ferraría ás 11.15 Vilagarcía: Marcha 1 desde a avenida de Cambados ás 12 horas / Marcha 2 desde a rotonda Ramal ás 12 horas e concentración na praza da Galiza ás 12 horas O Grove: Saída de Rons ás 12 horas e concentración na praza do Corgo ás 12.30 horas Cambados: praza do concello ás 12.30 horas Lalín: praza da Torre ás 12 horas A Estrada: manifestación con saída da praza do Mercado ás 12 horas Bueu: diante do concello ás 12 horas Cangas: diante do concello ás 12 horas Moaña: diante do concello ás 12 horas Vigo: cruce de Gran Vía con Urzáiz ás 12 horas Redondela: concentración na rotonda do Mercadona ás 12 horas O Porriño: concentración na rotonda das Angustias ás 12 horas A Guarda: concentración na praza da Guía ás 12 horas Burela: concentración diante do Hospital ás 12 horas Lugo: concentración na Ronda da Muralla, diante do edificio multiusos da Xunta ás 12 horas Ourense: manifestación con saída desde a Avenida de Pontevedra ás 11 horas Verín: concentración na praza do Concello ás 12 horas Ademais, convocou folga de mulleres de 24 horas a CUT, que chama a participar nas concentracións de Galegas8M. CCOO e UXT, que optaron por non convocar greve, organiza baixo o lema "Por que non somos iguais?" concentracións ás 12 horas do 8 de marzo nas súas sedes da Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén hai convocatorias como a do Concello da Pobra, cunha caravana feminista. O circuíto iniciarase ás 20:00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros
PRAZA_9264
Hoxe, na Galicia do século XXI, aínda temos que desprendernos de moitos prexuízos e aprender daquel cego ourensán de tan longa visión, aprendendo da súa humildade, da capacidade de conexión cos máis desaxidos
Hai persoas que, aínda sendo cegas, teñen unha clarividente visión de futuro. E o caso de Valentín Lamas Carvajal, un ourensán que devolveu ao idioma galego a condición de lingua apropiada non so para as relacións persoais senón para a comunicación escrita. En 1876, nun país onde o 95 por cento da poboación utilizaba unha lingua proscrita, cuns índices de analfabetismo tremendos, e unha poboación rural dominante, Lamas Carvajal co seu Tio Marcos da Portela, fixo do primeiro xornal en galego un auténtico best seller que triunfaba en todas as feiras do país, imprimindo ata 4.000 exemplares, e prolongando por máis de 12 anos o seu éxito.Un xornal que conectaba perfectamente coas súas preocupacións como campesiños, sintonizaba cos seus intereses, e utilizaba a sátira máis descarnada e a parodia como elementos de rebeldía contra o caciquismoO Tio Marcos, un labrego con chispa, personaxe extraído do Padre Sarmiento, era unha publicación popular, dirixida a eses sectores maioritarios na Galicia do século XIX, sen acceso a unha cultura non xa de elites, senón básica. Un xornal que conectaba perfectamente coas súas preocupacións como campesiños, sintonizaba cos seus intereses, e utilizaba a sátira máis descarnada e a parodia como elementos de rebeldía contra o caciquismo e, principalmente, na figura encarnada por Bugallal, nunha sociedade esmagada por un centralismo terrible. Sempre había un paisano que o mercase e ilustrase aos demáis coa seu lectura pública.O salto de Valentín Lamas Carvajal cara unha publicación periódica en galego e de tal éxito, hai 150 anos, sorpréndenos hoxe mesmo. Nunha sociedade como a galega que superou boa parte dos seus problemas de atraso secular, pero que non é quen de dar o paso definitivo para a dignificación do idioma propio. Aínda hoxe carecemos dunha estrutura de medios e de publicacións impresas en galego con calado suficiente.Aparte da súa labor poética, a experiencia xornalística de Lamas comezara anos atrás coa publicación da revista La Aurora de Galicia, coa súa implicación no semanario El Heraldo Gallego e posteriormente en el Eco de Orense. Seguro que este coñecemento interno dos medios, para un home que tiña mesmo que ditar os seus artigos -case sempre a un dos seus fillos que o formateaba para a imprenta-, serviu de preparación para o seu gran proxecto pioneiro da prensa galega. Estamos ante un ser comprometido co país, dotado dunha excelente visión como xornalista, que utiliza a súa facilidade versificadora e o seu sentido do humor para conectar cun público ávido de que, por fin, alguén lle de a razón, recolla os seus sentimentos e os reforce a través da letra impresa, na mesma lingua que eles falan e que poucas veces se materializa na escrita.De Lamas Carvajal sorpréndenme moitas cousas. El utiliza a técnica xornalística da entrevista: preguntas cortas seguidas dunha resposta, para formular todo tipo de problemas e situacións coas que se atopa un labrego do século XIX, gobiado polas rendas, endebedado cos usureiros, abocado a unha vida imposible ou mesmo á emigración incerta cara América. Preguntas simples e respostas frescas que, coma os versos de Rosalía, quedaban nas mentes campesiñas e eran reproducidas unha e outra vez.Hoxe, na Galicia do século XXI, aínda temos que desprendernos de moitos prexuízos e aprender daquel cego ourensán de tan longa visiónComo punto forte do seu proxecto xornalístico, Lamas introduce a peza por entregas, como acontecía nas mellores publicacións da época coa literatura de cordel, publicando como un cadernillo do Tío Marcos da Portela o Catecismo do Labrego, o primeiro éxito da literatura galega que coincide co momento de maior expansión do periódico. Novamente, Lamas Carvajal innova, utilizando con respecto e admiración a máis pura técnica eclesiástica da repetición de conceptos directos e fáciles de entender, como no Catecismo católico, de tanto calado popular. Iso si, dándolle unha dimensión civil, a un novo credo social que, como os dez mandamentos, habían de chegar con forza a unha Galicia irredenta.Hoxe, na Galicia do século XXI, aínda temos que desprendernos de moitos prexuízos e aprender daquel cego ourensán de tan longa visión, aprendendo da súa humildade, da capacidade de conexión cos máis desaxidos, para dunha vez rematar un proxecto que 150 anos despois aínda está moi lonxe de ser realidade: Unha Galicia con medios propios e en idioma galego. Toda unha lección a de Lamas Carvajal.
NOS_24137
José Ramón Otero é o candidato á alcaldía de Pontevedra pola coalición Podemos-Esquerda Unida-Son en Común, en competencia coa Marea de Pontevedra. Poñen de relevo que contan cun programa fondamente social e comprometido coa xente. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.
Que supuxeron estes catro anos no concello de Pontevedra? Foron unha continuade das anteriores lexislaturas onde o goberno local continuou desenvolvendo o seu modelo de cidade, deixando de lado cuestións que baixo o noso punto de vista son urxentes de abordar porque son os principais problemas que enfronta a cidadanía. Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía actual? Hai cuestións importantes que non estiveron no centro das políticas do concello, como son as políticas sociais. Pontevedra é a última cidade de Galiza en canto a gasto social por habitante e iso ten que mudar. Precisamos ampliar a cobertura social e as políticas que coidan da xente. Hai cuestións importantes que non estiveron no centro das políticas do concello E o traballo realizado polo seu partido no municipio? A irrupción de Podemos supuxo un antes e un despois no panorama político. De feito, durante estes anos estivemos traballando na construción da organización e nos distintos procesos electorais, e a nivel municipal coñecendo as problemáticas que afectan a nosa cidade, traballando na elaboración de propostas alternativas e acompañando as distintas loitas sociais. Cal considera que é a principal necesidade no seu concello? En primeiro lugar o incremento das políticas sociais, de conciliación e coidados, como poden ser a posta a disposición de prazas en escolas de 0 a 3 anos, a atención a persoas maiores, programas de coidados, políticas para abordar a soidade non desexada de persoas maiores ou políticas de igualdade. Urxe un parque de vivendas municipal en réxime de alugueiro para combater a burbulla Por outra banda urxe un parque de vivendas municipal en réxime de alugueiro para combater a burbulla, defender o dereito á vivenda e a emancipación da xente moza. Ademais, é necesario unha aposta decidida pola mobilidade sustentábel, a posta en marcha de transporte público e a creación de carrís bici. E, por suposto, un plan de mobilidade que mellore a convivencia entre as distintas formas de tráfico e transporte como as e os peóns, a bici, os patíns... e que á vez sirva para coidar do planeta. Daquela tamén é prioritario avanzar na transición enerxética cara ás enerxías limpas e a eficiencia enerxética. Unha cuestión fundamental na nosa acción política e o noso programa é a recuperación da ría para a cidadanía Ademais, unha cuestión fundamental na nosa acción política e o noso programa é a recuperación da ría para a cidadanía, que ten que ser integral, incluíndo o espazo marítimo e o terrestre, e mentres avanzamos cara a iso, debemos ir poñendo en marcha actuacións que permitan a cidadanía desfrutar do seu río e da súa ría. Nós propoñemos a construción dun bulevar ao longo da ría, coa recuperación dun areal en Lourizán. En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará no novo mandato se está no goberno? Sen dubida, para todos, para todas nós, o primeiro é poñer a vida da xente no centro, polo tanto, as políticas de índole social parécennos as máis urxentes de instaurar.
NOS_37191
Madrid e Galiza lideran a porcentaxe de horas extras ilegais no estado.
No 2015 realizáronse no estado español un total de 327 millóns de horas extras. Unha media de 6,3 millóns á semana. Desa cantidade semanal, a maior parte (por volta de 3,5 millón) non se retribúen. Nun con cartos nin con tempo de descanso. Algo que se fai só en 2,8 millóns de cada 6,3 millóns de horas de exceso de xornada que se realizan á semana. Son datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) e as conclusións son evidentes: o 56% das horas extras que se fan no estado español non se pagan. Ou sexa, perto de 183.120.000 horas anuais sen retribuír. Ese 56% de exceso de xornada que non se paga supón un aumento considerábel a respecto do que a propia enquisa e estudos marcaban no 2008. Daquela, esa falta de retribución afectaba ao 32% das horas extras realizadas. Estamos falando de 24 puntos menos. Coa crise, e así se recolle nun estudo elaborado por Comisións Obreiras a nivel estatal, deuse unha redución nas horas extras. Mais non en todas as horas. Reducíronse as pagas mentres que as non retribuídas non varían. Así, de 2008 a 2015, "con dous millóns menos de traballadores continúan a se realizar un volume similar de horas extras non pagas, ao tempo que as compensadas reducíronse á metade". Un documento sobre esta cuestión, elaborado polo PSOE no 2014, situaba Madrid e Galiza mo os dous territorios do estado español con maior porcentaxe de horas extras ilegais: 14,6 e 13,6% respectivamente. Unha porcentaxe sensibelmente superior á de Catalunya, Euskadi ou Nafarroa, que andaban polo 4%. No que atinxe a Galiza, no 2015 realizáronse 655.286 horas extras e no exercicio anterior, 2014, foron 643.872, segundo a EPA.
NOS_19266
Na madrugada desta quinta feira, 15 de abril, falecía un residente logo das alertas dadas pola familia sobre o rápido deterioro que padeceu desde o seu ingreso na residencia DomusVi de Monforte e despois de pediren que fose enviado a un hospital. O caso recorda ao de Carmen Barreiro, que saíu de DomusVi Monforte após dous meses de estadía con síntomas de desnutrición e con úlceras de importantes dimensións en varias partes do corpo.
O residente falecido na madrugada deste 15 de abril tiña 90 anos. Lembrouno en Twitter o presidente da federación de asociacións de familiares de residentes REDE, Paulino Campos: "Avó de 90 anos mal tratado en DomusVi Monforte, entrou andando hai mes e medio, perdeu mais de 10 kilos e esta mañá perdeu a vida despois da atragoarse co seu vómito, sen médico nin enfermeiras e sen ser atendidas as peticións da familia de derivación hospitalaria". Abuelo de 90 años mal tratado en DomusVi Monforte; entró andando hace mes y medio, perdió más de 10 kilos y esta mañana perdió la vida 🌹 después de atragantarse con su vómito, sin médico ni enfermeras, y sin ser atendidas las peticiones de la familia de derivación hospitalaria pic.twitter.com/wgwa7dPa71— Paulino Campos (@PaulinoCampos7) April 15, 2021 O residente foi ingresado o pasado 11 de marzo na residencia DomusVi Monforte, centro concertado coa Xunta. Segundo relatou a súa neta en Facebook, Iria Collazo, nun emotivo relato, o seu avó tiña unha demencia severa pero o seu corpo estaba forte. Ao longo de marzo o ancián foi adelgazando progresivamente, mais na residencia quitábanlle importancia á perda de peso. "Caía da cama e non o levantaban do chan até o día seguinte. Saíronlle feridas nos pés e ninguén nos sabía dicir a que eran debidas. Deixou de andar. Deixou de terse dereito nunha cadeira. Comezou a ter picos de 500 de glucosa. Deixou de falar por teléfono. Deixou de contar historias", escribiu a neta en Facebook denunciando o trato que o seu avó recibiu. "Pedimos que o derivaran a un hospital. Consideraron que non era necesario. Cando xa non cremos máis escusas e decidimos pagar unha ambulancia para sacalo dese lugar, dixéronnos que estaba ingresado de urxencia no Hospital Comarcal. Atragoárase mentres lle daban de comer e foi dous días despois cando por fin decidiran informarnos e ingresalo debido á pneumonía que iso lle provocara". Continúa Collazo sinalando que estes "días de reclamacións, denuncias e burocracia absurda coñecín xente que está traballando día e noite para conseguir que os nosos vellos reciban unha atención de calidade e uns coidados dignos. É xente que quere cambiar este sistema brutal que no século XXI aínda condena aos anciáns ao abandono máis absoluto e ás familias (ás mulleres, sempre ás mulleres) a seren presas dun cárcere que as leva canda aos seus familiares á enfermidade mental e física, ao deterioro, á culpa. Eu quero axudar a esa xente". O caso recorda ao de Carmen Barreiro, que saíu do mesmo centro de maiores de Monforte de Lemos após dous meses de estadía con síntomas de desnutrición e con úlceras de importantes dimensións en varias partes do corpo.
NOS_14201
Santi Mina, ex dianteiro do Celta formado na canteira celeste, vestirá a camisola do Valencia despois de que ambos os clubs acordaran a venda do dianteiro galego de 19 anos.
O futbolista galego Santi Mina, un dos xogadores de maior proxección do Celta, vestirá a próxima temporada a elástica do Valencia, despois de que ambos clubs acordaran a venda do dianteiro, de 19 anos, por 10 millóns de euros, cantidade fixada na cláusula de rescisión. O xogador saído da canteira do Celta debutou en Primeira División con tan só 17 anos en febreiro de 2013 no partido contra o Getafe e durante a temporada 2014-2015 marcou un total de sete goles na Liga BBVA e 2 goles na Copa do Rei. Fica para a lembranza o pokér de goles -catro goles nun mesmo partido- que asinou na pasada temporada ante o Rayo Vallecano nun partido memorábel en Balaídos. Nun comunicado de prensa, o Celta agradécelle a Santi Mina o seu rendemento nos anos en que defendeu a camisola celeste "con entrega e sacrificio, desde as categorías inferiores até o primeiro equipo" e deséxalle o maior dos éxitos na súa nova etapa. "Estou coma nun soño, chegar a un gran club como o Valencia tan novo non é fácil, sei a responsabilidade que teño", sinalou o ex xogador celeste á chegada á súa nova cidade. O dianteiro, tal e como recolle unha nota de prensa do seu novo club, tamén tivo palabras de agradecemento ao Celta, "deixo un club que mo deu todo" e lembrou "a afección celtista que me fixo sentir moi feliz". Pola outra banda, o Celta anunciou hoxe que vén de adquirir o 35% dos dereitos federativos de Nolito, uns dereitos que até o de agora non lle pertencían. Deste xeito, o club vigués salienta que o dianteiro andaluz pasa a ser propiedade do Celta a todos os efectos.
NOS_48105
O grupo parlamentar nacionalista reaxe contra as limitacións impostas e presenta o duplo de iniciativas das permitidas. "Galiza ten máis de 50 problemas", din. Todas as forzas da oposición visan achegar unha "alternativa" de goberno ao PP.
BNG, AGE, PSdeG e PP presentaton esta cuarta feira as súas propostas de resolución que serán debatidas en sesión plenaria. O grupo parlamentar do BNG rachou coas restricións impostas en Xunta de portavoces por PP e AGE e levará á Cámara 100 iniciativas. "Galiza ten máis de 50 problemas" afirmou a deputada Ana Pontón "e nós temos máis de 50 solucións". @s nacionalistas instarán a Xunta a frear o proceso de venda de Nova Galicia Banco para iniciar a súa conversión nunha entidade financeira pública. Asemade, propoñen unha reforma fiscal "máis progresiva" que grave "as rendas máis altas", as grandes superficies e as grandes empresas fronte a proposta anunciada polo presidente no debate sobre o estado da nación, coa que din, o PP só "quere tapar a medida regresiva" que supón a suba dos carburantes. Pola súa banda, desde AGE presentarán unha proposta de resolución --anunciou Yolanda Díaz-- para a supresión do denominado "céntimo sanitario" ao entenderen que procura "gravar a cidadanía con impostos indirectos". Aliás, a coligación electoral súmase á iniciativa do Bloque e proporá a parálise da venda de NGB e a "construción dunha banca pública". En troca, desde o PSdeG defenden a venda da entidade mais a súa territorialización en Galiza. Asemade, Méndez Romeu anunciou que a súa formación elevará unha proposta de resolución que poña fin aos re-pagamentos farmacéuticos. Unha renda básica e despexosBNG e AGE presentarán senllas propostas de resolución encamiñadas á creación dunha renda de garantía social ou básica destinada a "garantir recursos económicos a quen careza deles", sinalou Ana Pontón, á que engaden @s nacionalistas unha "prestación complementaria" dirixida ao aloxamento. Neste senso, @s nacionalistas exixirán a paralización "inmediata" dos expedientes de desafiuzamento en curso e a aprobación da "dación en pagamento" cando o "debedor actou de boa fe" e constitúe a primeira residencia. Completan a batería de propostas presentadas polos grupos parlamentares a demanda dunha tarifa eléctrica galega; un novo modelo de financiamento para Galiza e o freo do re-pagamento nos fármacos de prescrición hospitalaria, xunto á retirada da LOMCE e do decreto do plurilingüismo, o reintegro dos seus aforros ás persoas estafadas polo calote das preferentes ou a defensa dos dereitos reprodutivos das mulleres, entre outras. Ditadura franquista e Resistencia GalegaPola súa banda o PP centrará as súas propostas na presentación dunha iniciativa de resolución que visa a "condena explícita do terrorismo", indicou o vice-voceiro do grupo, Román Rodríguez. Asemade, proporán a reprobación daqueles representantes públicos que "xustifiquen os crimes e asasinatos durante o franquismo". @s populares --que rexeitaron en múltiples ocasións a reprobación dos seus cargos públicos por estes motivos-- abandeirarán esta quinta feira unha proposta mil veces negada á oposición. Tamén así, desde o partido maioritaria presentarán unha proposta para a redución do número de representantes na Cámara galega, unha iniciativa defendida polo Partido Popular desde 2012.
PRAZA_14511
PPdeG, PSdeG, BNG, AGE e CxG celebraron os seus primeiros actos pedindo o voto para o 21-O. Feijoo promete que na vindeira lexislatura Galicia pasará "dos axustes ao crecemento". Mentres, Pachi Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas chaman por un cambio na Xunta con críticas aos recortes.
Galicia está en campaña. Despois de máis dun ano de especulacións a respecto dun posible adianto electoral, finalmente o pasado 27 de agosto o actual presidente, Alberto Núñez Feijóo, ratificaba que, por terceira vez consecutiva, o Goberno galego non esgotaría a lexislatura. Non o fixo Manuel Fraga en 2005, que convocou en xuño os comicios que deberan celebrarse en outubro; tampouco Emilio Pérez Touriño, pasando a marzo os comicios que tocaban en xuño. Por último, Feijóo emulou os seus antecesores e tamén fixo expirar o seu mandato case cinco meses antes de tempo, o maior adianto da historia autonómica. Ás 00:00 horas deste venres arrincou unha carreira electoral que desembocara no vindeiro 21 de outubro, no que 2,7 millóns de cidadáns e cidadás están chamados ás urnas. Deles, case 400.000 forman parte do denominado censo de residentes ausentes (CERA), un voto emigrante que por primeira vez é rogado -a participación tivo que ser solicitada previamente-, un requisito legal que desplomou a participación, a cal ficou no entorno do 5%. Ás urnas poderanse achegar por primeira vez un total de 82.284 persoas, as que cumpriron 18 anos dende 2009. O 21-O nos colexios electorais haberá ata vinte e seis forzas políticas que, con maiores ou menores posibilidades, optan a entrar no Pazo do Hórreo. A metade destes partidos e coalicións concorren nas catro circunscricións nas que se divide o sistema electoral galego, catro provincias nas que cómpre acadar o 5% dos sufraxios para lograr cando menos un escano no Parlamento. As principais organizacións que concorren aos comicios abriron a campaña coa tradicional pegada de carteis nas súas múltiples vertentes. A maioría elixiron Compostela para iniciar a campaña; só o PSdeG decidiu que a súa axenda comezase fóra da capital, levando ao seu candidato, Pachi Vázquez, á cidade de Vigo. As primeiras mensaxes Feijoo promete que na vindeira lexislatura Galicia pasará "dos axustes ao crecemento" e reivindica que "Galicia está mellor que os outros territorios do Estado". Mentres, Pachi Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas chaman por un cambio na Xunta con críticas aos recortes. Pachi Vázquez pediu o voto para presidir "un goberno de progreso en Galicia que lle cambie a vida á xente" e que sexa a "barreira" á política neoliberal do PP. Pola súa banda, Jorquera afirmou que "con Feijoo só gañaron os poderosos" e denunciou que "non se pode lembrar un de Galicia só nas eleccións" en alusión ao lema do PP. En Compostela Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz fixeron un chamamento á "rebelión cívica" para "desaloxar os bárbaros do PP do goberno e loitar por un futuro para Galicia". E Compromiso salientou que os partidos tradicionais "representan máis do mesmo e non aportan absolutamente nada novidoso".
QUEPASA_833
"As polignais dos parques eólicos Orzar e Tornado ocupan o equivalente a 3.300 campos de fútbol" Piden ás alcaldías afectadas que se impliquen na tramitación destes parques e aleguen. Berdoias tamén acolleu outra concentración
Este sábado a Praza do Concello de Carballo acolleu a primeira das Xornadas informativas da recén constituída Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terraarredor do novo Complexo Eólico da comarca. As entidades medioambientais, as encargadas de informar á poboación ante o silencio das administracións, puxeron o foco nos proxectos promovidos polo Ministerio de Transición Ecolóxica (por ser de máis de 50MW) na zona: os de Orzar, Tornado, de Pedrabante e Berdoias. Unha sesión para denunciar "o sobredimensionamento das poligonais dos devanditos parques eólicos", que provoca a "fragmentación territorial e paisaxística sen precedentes na Costa da Morte". Lamentan ademais que implican unha clara "perda da biodiversidade e o aumento de enfermidades asociadas a esta, como o incremento de zoonosis. Ademais supón unha fragmentación evidente das explotacións madereiras, forestais e agro –gandeiras da Costa da Morte". E poñen un claro exemplo: "As poligonais dos parques eólicos Orzar e Tornado impulsados por Greenalia, xa con unha tramitación algo máis avanzada que os dous últimos, abranguen unha superficie de case 59 Km2 (Carballo ten unha superficie total de 186,1 Km2), o equivalente a 3.300 campos de fútbol profesionais ubicados entre os municipios de Carballo e Tordoia. " En relación ao parque eólico Berdoias impulsado por Iberdrola, contempla a instalación de 17 muíños que acadarían unha altura aproximada de tres veces a catedral de Santiago e con 270 apoios que precisaría para estender a liña de evacuación ao longo de 11municipios. Ademais a poligonal desta parque acada ao medio do océano Atlántico e por enriba de toda a fachada litoral de Muxía e Camariñas entre o Cabo Vilán e o Cabo Touriñán. As entidades levaron modelos de alegacións para que a veciñanza os asinase Implicación dos Concellos A Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra pide ás Alcaldías afectadas, especialmente á de Carballo, que se impliquen na tramitación destes parques e aleguen, como o fixeron o resto das Alcaldías de Galicia como as da Comarca do Deza, que se sacudiron de enriba os parques estatais polos prexuizos que irrogaban para os seus respectivos territorios.Máis xornadasAs xornadas informativas que está a desarrollar a Coordinadora Bergantiñá continuarán o vindeiro sábado día 15 de maio, a partir das 17 horas na praza do concello de Carballo, para continuar informando sobre as problemáticas concretas de cada parte e asesorar ás persoas afectadas. Concentración en Berdoias View this post on Instagram A post shared by ADECOM (@adecom.gal) Así mesmo, a ADECOM (que estará a vindeira semana en Carballo), co apoio de veciños e veciñas de Berdoias concentráronse no adro da igrexa da parroquia de Berdoias para pedir sinaturas para impedir a construción do Parque eólico Berdoias. A promotora deste parque é Iberdrola Renovables, S.A. e afectará aos municipios de Vimianzo, Muxía e Dumbría principalmente. Novas sobre eólicos Organizan unhas xornadas informativas para analizar o impacto do Complexo Eólico da Costa da Morte. 8 colectivos constitúen a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra contra a "pandemia eólica". O BNG propón en Mazaricos cambiar o modelo eólico de Galicia. INFORME: O novo impulso eólico propón 39 novos proxectos na Costa da Morte. P.E. Pedrabante: O cuarto megaparque promovido polo Ministerio.
NOS_21874
A Biblioteca Xohana Torres é un proxecto que sitúa o libro galego xunto aos máis belos libros de literatura que se poden atopar no mundo editorial de calquera país europeo e que lle dá á obra de Xohana Torres un templo para a súa lectura e o seu goce
Temos a certeza de que Xohana Torres viviu con enorme ilusión o proxecto editorial da reedición da súa obra e mesmo o traballo creativo até os últimos días da súa vida grazas á súa fonda amizade con Pepe Puga, que soubo como editor darlle a esta escritora o lugar que lle correspondía nas letras galegas e facer cos seus textos literarios algunhas das edicións máis coidadas e fermosas que coñecemos dentro da historia do libro galego. Puga xa demostrara o interese en editar a Xohana Torres coa atención que a poeta merecía cando publicou Ferrol, corazón de navío, aquel libro que saíu en 2001 en Edicións A Nosa Terra, fermosamente ilustrado por Xan Carballa e con introdución de Carme Vidal e do propio Pepe Puga, un título que tamén sería posíbel -cómpre dicilo aquí- grazas ao compromiso de Xaime Bello coa cultura galega desde a Alcaldía de Ferrol. Mais o maior acontecemento bibliográfico relativo a esta escritora chegaría en 2016 coa xoia que abriu a Biblioteca Xohana Torres, Elexías a Lola, xa baixo o selo de Engaiolarte Edicións. Elexías a Lola / Xohana Torres / Engaiolarte / 2016 / 72 páxinas Como en todo o que publica esta pequena editorial, detrás dese novo título estaba non só a potente figura de Lola e a poesía dunha autora extraordinaria, senón a intelixencia, a paixón e a finísima sensibilidade duns editores como Xan Carballa e Pepe Puga, a calidade dos materiais utilizados para a impresión e a exquisitez no coidado final da edición, en definitiva, todo o que se precisa para facer do libro un verdadeiro obxecto artístico. E tras ese primeiro título dun proxecto felizmente aínda en marcha sae á luz en 2017 Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e Ritos, e xa ultimamente, en 2020, a reedición de A outra banda do Iberr e Un hotel de primeira sobre o río, aqueles dous textos teatrais que se publicaran nos anos sesenta en Galaxia e que inexplicabelmente nunca foron levados ao escenario dos nosos teatros por ningunha compañía profesional galega. A Biblioteca Xohana Torres é un proxecto que sitúa o libro galego xunto aos máis belos libros de literatura que se poden atopar no mundo editorial de calquera país europeo e que lle dá á obra de Xohana Torres un templo para a súa lectura e o seu goce. Aquelas persoas que aman o libro non só polo valor do propio texto literario, senón tamén polo deseño, a encadernación e a calidade do papel e da impresión, teñen sempre nos libros desta editorial viguesa unha auténtica alfaia. Un tras outro, os libros de Xohana Torres que nos ofrece Engaiolarte Edicións resístense a ser colocados nos andeis da biblioteca, porque son libros para acariciar, para contemplar, para gozar co tacto e coa vista. Delicatessen bibliográfica para lectoras e lectores de espírito exquisito.
PRAZA_8048
A contía media da prestación contributiva é de 818,4 euros en Galicia, a terceira máis baixa de todo o Estado.
Case o 37% dos parados galegos (36,8%) non ten cobertura de desemprego. Os últimos datos facilitados polo Ministerio de Emprego sinalan unhas taxas de cobertura por desemprego cada vez máis baixas e que se sitúan no país en niveis mínimos do 63,18%. Segundo aclara UGT-Galicia, no mes de xaneiro había na comunidade autónoma 90.184 beneficiarios de prestacións contributivas, 67.183 de subsidio e 11.843 de renda activa de inserción, o que fai un total de 169.210 beneficiarios de prestación de desemprego. Uns 100.000 galegos que perderon o traballo non cobran prestación ningunha en Galicia Exceptuando as máis de 20.000 persoas que están a buscar o seu primeiro traballo en Galicia, son perto de 100.000 os cidadáns que perderon o traballo e que non están a cobrar prestación ningunha, o que segundo UGT nos conduce "a tensionar cada vez máis a sociedade que está a soportar xa moita xente en situación de exclusión social e a moita ás portas dela". "É unha realidade desoladora á que se lle engade un goteo continuo de emigración cara ao exterior", destaca UGT A situación aínda é peor en Galicia se temos en conta que a contía media da prestación contributiva por desemprego é de 818,4 euros, a terceira máis baixa de todo o Estado e a máis de 50 euros da media de España, situada nos 864,6 euros mensuais. "É unha realidade desoladora á que se lle engade un goteo continuo de emigración cara ao exterior, sobre todo, dos máis mozos, e unha pirámide de poboación cada vez máis envellecida", destaca UGT, que reclama que a Xunta non sexa "allea á realidade" ante un "difícil e nada optimista futuro".
NOS_29937
Denúnciao a CIG, que cualifica de "desprezo" cara aos centros públicos da Xunta a escolla de Fabiola García dunha residencia de maiores privada.
Fabiola García, nova conselleira de Política Social en substitución de Rey Varela, celebrou este 1 de outubro 'Día do Maior' cunha visita á residencia de maiores Domusvi de Ribeira, o que lle é reprochado desde a sección sindical da CIG en Política Social na provincia da Coruña. O sindicato nacionalista lamenta e critica que a conselleira escolla un centro de maiores "privado" para esta celebración e que a primeira visita do seu mandato a unha residencia sexa a "unha privada", o que considera un "desprezo" para as residencias públicas da propia Xunta. .A nova consellería debería empezar o seu traballo por coñecer os centros que dependen dela directamente e deixar as visitas aos centros privados "Fabiola Garcia, debería hoxe estar de visita nunha das residencias de maiores que ten a Xunta. Podía pasar a coñecer mesmamente a Residencia de Oleiros, a de Volta do Castro en Santiago de Compostela ou a de Caranza en Ferrol, en calquera delas é a súa responsabilidade dar solución aos graves problemas de falta de persoal e medios coas que están a desempeñar o seu traballo os auxiliares de enfermeria, o persoal de limpeza, o de cociña, enfermeria, ordenanzas, etc. A nova consellería debería empezar o seu traballo por coñecer os centros que dependen dela directamente e deixar as visitas aos centros privados para o persoal de inspección de servizos socias, que seguro que atoparian moito traballo e actas de infracción que levantar", indícase no comunicado. A residencia de maiores de Ribeira fai parte de Domusvi, a nova marca lanzada por Geriatros a finais de 2017. No Estado español xestiona case 25.000 prazas en 163 residencias de anciáns e de atención diurna. Aliás do Estado español, ten centros en Francia e China.
NOS_49606
Foi a publicación máis popular na Galiza dos anos iniciais da I Restauración. Fundada e editada en Ourense polo escritor, poeta e xornalista Valentín Lamas Carvajal, vai vivir tres etapas durante a súa longa existencia, mantendo en todas elas un compromiso sen concesións coa cultura e a lingua galegas. Situada en posicións de avanzada social, na liña da corrente social protonacionalista da que fixo parte, destacou pola crítica ao réxime político da I Restauración borbónica, cuestionando a súa ausencia de calidade democrática, concretada na denuncia ao caciquismo, e combateu as inxustizas contra os sectores populares do país, exemplificada na defensa dos labregos como fracción maioritaria das clases traballadoras.
"Ós meos compañeiros de monteira" Eiquí me tedes tan prantado como Dios me deu, co-ista cara de home de ben, pois é necesairo que sepiades que eu son un gallego enxebre; tan enxebre cal os do sigro dazasete, que gastaban monteira e calzós de rizo. Non son dos gallegos dagora que parés teñen vergonza de levala na testa trocándoa (vállachos xudas) por un mal chapeo de palla, que máis ben se asemella a unha cunca de de come-lo caldo. Fólgome moito de vervos tan garruleiros e con tanta saúde. Eiquí me tedes, disposto a botar un parrafeo convosco. Eu son o Tío Marcos da Portela, veciño da Granxa fai moitos anos, dono dalgúns eidos, dalgúns bacelos que me dan de dous a tres olas de viño no ano, que repartido con cencia, chégame dabondo pra botar un neto, cando fan algunha millora na nosa terra de Galicia; (acórdome ben que botei catro no mesmo día en que souben que us cantos gallegos amantes das súas grorias tomaran o acordo de celebrar no segundo centeário do Nacimento do P. Feixóo, us Xogos Frorales), son polo tanto un home merecente de ser escoitado; amigo de chamar as cousas polo seu verdadeiro nome, falador como moitos, honrado como poucos e defensor do nosos lenguaxe como ninguén. Quero botar algúns parrafeos cos gallegos, porque os estimo moito e cobizo decote o voso ben. Quero, que cando veñades á feira, decamiño que mercades o pantrigo, merquedes tamén unha distas follas, e dempois, cando cheguedes ó lugar llas deades a leer a cantos máis millor. Eu son un aldeano de moita paz e non teño mentres de rifar con naide. Si levo iste pau na man direita, é por causa dos graxos de Ourense, que teñen dende longos tempos, a mala costume de baternos cada lombeirada, que nos esboiran as monteigas, non, pois como se metan comigo non lles irá ben! Escoitádeme, pois, que vos falo do que vos convén ter na mamoria. Non solo falarei eu, sinon que tamén me axudarán algús que botan cada parrafeo que dá xenio escoitalos, según iredes vendo co tempo. Por hoxe quedaredes satisfeitos con saber as miñas intencións, que abofé son craras coma a auga e cal o sol locentes. Cobizo que non haxa un curruncho na nosa pátrea, onde non se oia o noso brando e melodioso lenguaxe, limpo das misturas doutras lenguas; nos fiadeiros, nas romaxes, nos parrafeos coas mozas, nas cantigas, en todo, e necesario que resprandeza a nosa fala: isto tedes que comprir ó pé da letra, si é que tedes o nobre anhelo de conseguir a prosperidade dista adourada rexión, botando asina os novos cimentos dun porvir che de groria. Cobizo que haxa máis unión entre vosoutros, (dáme noxo decilo) en ves de andar a paus nas romaxes como facedes os dos povos cos outros, fora millor e máis saudabre pra o aadiantamento dos vosos intereses morales e materiales, que vos axuntásedes tódolos días de festa, xiquera fose unha hora, pra falar do que vos convén, pra leer algunha cousa que vos sirviría de instrución, pra discurrir, pensando moito e con acerto, o medio de millorar os cultivos, de facer mor e máis produtiva a cría do gando, i outras cousas que vos fan falta pra que podeades vivir máis desafogados. Mentras non fagades isto, non vos matedes por darlle voltas ao conto, pois solo asina trocaredes de sorte. Cobizo que haxa máis amor ó traballo, e menos nugalláns que queren vivir a conta doutros, valendose de pedir un anaquiño de pan de porta en porta, e xuntar algúns ichavos, pra poñer vacas a medro, (os de Santa Mariña do Monte, teñen a palabra). Os señores abades deben poñer mao forte nisto. Vergonza dá ver homes que teñen terras que traballar e forza para facelo, polas calles do povo, finxíndose enfermos, improrando caridade, cus ollos de carneiro morredizo, sendo asina que se atopan bos, e dispostos a botar carreiras, como lebres. Isto é un dos males que nos afrixen, e temos o deber de precurar darlle sin perda de tempo, polo mesmo que é moita consideración un remedio fixo. Cobizo, en fin, que todos traballemos xuntos e con ánsia polo noso ben: que precuremos espertar diste sono que nos vai matando pouquiño a pouco. De canto vos falo, e de moitas cousas que polo de agora gardo pra min, (que nunca foi ben falalo todo dunha vez) iremos botando algús parrafeos nas follas que irán siguindo si é que a Dios lle ten conta deixarme vivir neste valle de bágoas e sofrimentos. Agora falemos doutra cousa, pois xa vexo que o diaño de Antón das Curaxeiras, está rabexando por botar un parrafeo comigo: iste mozo é moi sabido e falandeiro. Escoitemolo un pouquiño. - Vos dias Tío Marcos, polo que acabou de latricar, conezo que ven vosté cos millores deseios pra nosa terra i entón penso que non irei fora de camiño, si lle pergunto algunhas cousas que quixera saber a cencia certa: por exempro, en que estamos co ferro-carril da Cruña? A min dixéronme que facía falta nas estaciós un crego e un ciruxao.–Home, seica o demo anda solto, cando recordas unha cousa deixada da mao de Dios xa fai catro anos polo menos. Certas custiós hai que deixalas por non andar a paos con moitos galopís que non fan máis que limparnos os cartos. - Pois eu non teño ise xenio, nin sempre gardo a pacencia na faltriqueira, asina e, que pra desafogar a mala idea que lles teño, compuxen istes ringuilós pra que vaian levando que contar. Diaños coa Empresa do Noroeste,que fai dez anos pras miñas contasque están facendo que fan a víado noso ferro-carril, i agora, dempis que os cartos nos foi levando,vennos dicindo pra fin de contas,que non ten cartos, que non ten creto;que é necesario lle dea máis prorrogas,e que os barullos que hai en Galicia,en pé non deixan cousa con cousa,e sempre asina, dálle que dálle,minte que minte, chora que chora;Diaños che leven a tal Empresa;Seica nos queren come-la broa? Outro tanto, sin porlle nin quitarlle coma, digo da de Ourense a Vigo, pois fan unha boa parexa. - Ben, home, ben; ti xuzgas que fixeche unha gran cousa, pois velaí tes como vives enganado. Os argallás e pousafoles a quen lembras, ouvirán o que falas, como quen oi ouvear os lobos de lonxe. Iste sempre veu sendo outro mal pra Galicia: fálase moito e non se fai nada. - E que quere que fagamos nós? - Poñerse de acordo, formar un corpo e facer unha ben posta Exposición ó Goberno de Madril onde se canten as verdades do barqueiro, e nada máis, pois logo todo irá vindo polo seu camiño. Namentres non fagamos isto, non adiantaremos nin pouco nin moito. - Dígame, Tío Marcos. Eu farei ben en mercar unha copra das que venden escritas en castellano, nas feiras? - Sendo boas, podes mercala; doutro modo, fuxe delas como do demo. As copras que hoxe andan vendéndose, non valen nin migalla. Eu lin nus papés que facía moito dano nas aldeas e aconsellaba un escritor mui sabido, que se lles fixese guerra a morte. - Entón, dende hoxe non volvo mercar outra. - E farás ben, porque o mesmo escritor mercou mil reás delas difrentes, e non atopu xiquera unha que poidera chamarse boa. - Vaia, astra o día vintedous que botemos o segundo parrafeo, encárgovos con moita ansia que non se vos esqueza canto falamos niste. No que ven fareivos rir un pouco con moitos contos que sei. (Parrafeo primeiro, 7 de febreiro de 1876) Pra remate da festa ahí vos deixo istes versiños da Rola de Galicia,Rosalía de Castro I Si á vernos, Marica, nantronte viñerasÁ festa do Seixo na beira do mar,Ti riras, Marica, cal nunca te richesDebaixo dos pinos do verde pinar. — Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousasChistosas pasaron! que rir toleiron!Relouca darriba, relouca dabaixo,Iñamos, viñamos y ó bombo... pon.... pon. — As cóchegas brandas, as loitas alegres,Os berros, os brincos, os contos sin fel,Todiños peneques, alegres todiños.....Y a nosa Señora detrás do tonel. II. Coitada! que festa brandida perdeche!.....Cantáras, bebéras, dormíras, y asíNun feixe miráras rolar xuntamenteMociños e vellos daquí par' ali. — Coa vista trubada, cos ollos dormentesSorrindo, comendo, pifando é ainda mais,Qu' apertos, qu' olladas tan chuscas trocabanAs nenas de xenio c' os mozos de Cáis! — Debaixo dos ricos pareauguas de sedaQu' abertos formaban tamaño rodel,Todiños chispados, qué cousas decian!Y á nosa Señora detrás do tonel. III. Mais ela decote tan grave e soberba,Tan fina de oído, tan curta de mans,Xordiña quedára, falando por sete,Con probes e ricos, con porcos é cans. — Meu amo folgado de tanta largueza,Que n'era costume na dona tal ver,Tamén ¡miña xoia! saltando da burra,¡Pin! ¡pan! río arriba botouse á correr. — Y á dona sorría con ollo entraberto,Comendo castañas e viño con mel.....¡Que festa, Marica!..... Todiños peneques.....Y á nosa señora detrás do tonel. __________________________ (Parrafeo oitavo, 22 de maio de 1876) Xornalismo de masas O 7 de febreiro de 1876 arrancou a experiencia de prensa en galego máis duradeira do século XIX. Malia que O Tío Marcos da Portela tivo unha nova xeira entre 1917 e 1919, baixo a dirección de Xavier Prado Lameiro e o impulso da Irmandade da Fala de Ourense que, en boa lóxica se consideraron herdeiros da experiencia anterior por facer parte da mesma tradición ideolóxica, as dúas etapas das primeiras décadas da I Restauración gardaron importantes diferenzas con esta terceira na temática e na orientación. Así, no primeiro período, publicáronse 430 números entre 1876 e 1880 e novembro de 1883 e decembro de 1889. O Tío Marcos da Portela non se explica sen a figura do seu impulsor e director, Valentín Lamas Carvajal. Escritor e xornalista nado en Ourense en 1849, formou nas filas do movemento rexionalista, designación empregada na altura para denominar o que hoxe coñecemos como nacionalismo, significándose polas súas iniciativas periodísticas e literarias. Director alén de O Tio Marcos d'A Portela, de El Heraldo gallego e de El Eco de Orense, é autor dunha ampla obra poética, con volumes como Dez cartas ôs gallegos, Espiñas, follas e frores, Saudades gallegas, A musa das aldeas, e, tamén, en narrativa, destacando dentro desta Catecismo do labrego, volume dunha gran divulgación e influencia na Galiza do seu tempo. A man de Lamas Carvajal está detrás de boa parte das pezas e contidos de O Tio Marcos d'A Portela. Malia que nas páxinas do xornal colaboraron os autores galegos máis recoñecidos do momento, como Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Francisco Añón ou Marcial Valladares, as catro e despois oito páxinas da publicación, primeiro quincenal e despois semanal, dependeron en boa medida do editor e director que baixo diversos pseudónimos elaborou o groso das informacións. Ao tempo, Lamas Carvajal foi o responsábel do nome do xornal, tomado dunha figura histórica, cuxo nome real foi Marcos Peralba, un veciño de Monteporreiro en Pontevedra, protagonista das coplas galegas de frei Martín Sarmiento. Os contidos da publicación estiveron na liña da corrente social protonacionalista da que fixo parte o editor. O semanario acolleu novas de actualidade con opinión, nun periódico eminentemente reivindicativo que amosou uns obxectivos ben definidos de defensa das maiorías sociais galegas, concretada nos labregos, do idioma e da cultura propios do país e da Galiza como realidade diferenciada. Neste contexto destacaron as críticas ao caciquismo, como cerna do réxime político da I Restauración, aos abusos do poder, á fiscalidade abusiva concretada nos consumos, a miseria dos sectores populares ou a emigración, como expresión dun problema estrutural da Galiza. O Tío Marcos da Portela foi a primeira tentativa de erguer un xornalismo de masas en galego. A este respecto, José Antonio Durán sinalou como a publicación chegou a vender até 4.000 exemplares, unha cifra que non acadaron no momento ningún outro xornal galego, mudando as canles de distribución, cunha importante presenza nas feiras para chegar ao público popular mais tamén cun levado número de asinantes, tanto no país como nas comunidades emigradas, destacando o importante números de lectores entre os galegos de Cuba.
PRAZA_18000
A responsable de Sanidade recibira pola tarde o apoio de Pedro Sánchez, pero a revelación que unha parte do seu traballo de máster foi plaxiado precipitou a súa marcha. A nova ministra de Sanidade será María Luisa Carcedo, ata o de agora Comisionada contra a pobreza infantil.
Carmen Montón dimite. A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social anunciou no serán deste martes a súa renuncia polas irregularidades do seu máster en estudos de xénero da Universidade Rei Juan Carlos, reveladas por eldiario.es. A política valenciana marcha despois de resistirse e tratar de defenderse asegurando que non todos os casos son "iguais", nunha referencia a Cristina Cifuentes e Pablo Casado. Moncloa xa anunciou que a súa substituta será María Luisa Carcedo, ata o de agora Comisionada para a loita contra a pobreza infantil. A renuncia prodúcese a mesma tarde na que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, saíu en defensa de Montón asegurando que "está a facer un gran traballo e vaino a seguir facendo" A renuncia produciuse a mesma tarde na que o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, saíu en defensa de Montón asegurando que "está a facer un gran traballo e vaino a seguir facendo". O cambio de estratexia en Moncloa prodúcese despois de transcender que a ministra copiou parte do seu traballo de fin de máster (TFM) da Wikipedia e de artigos atopados en internet. O contido do seu TFM, avanzado pola Sexta, e ao que tivo acceso eldiario.es, revela o motivo polo que Montón se negou en todo momento a distribuír ese documento, a pesar das peticións dos xornalistas. Nas horas previas ao desenlace, Montón tentou descargar a responsabilidade das irregularidades do seu máster na universidade. Pero as explicacións da ministra non foron do todo convincentes para unha parte relevante do Goberno e do PSOE. A pesar de que Moncloa asegurou inicialmente que as súas explicacións foron "claras, amplas e transparentes", no círculo de Pedro Sánchez vían a situación insostible. A revelación de que as súas notas foron manipuladas despois de que rematase o máster aumentaron a súa debilidade. A ministra socialista optou por presentar a súa dimisión un día despois de que eldiario.es publicase a información sobre as irregularidades do seu máster e tras asegurar que contaba co apoio do presidente. O cambio de estratexia en Moncloa prodúcese despois de coñecerse que a ministra copiou parte do seu traballo de fin de máster (TFM) da Wikipedia e de artigos atopados en internet Montón superou cunha nota media de 8,43 un Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero na universidade pública Rei Juan Carlos no curso 2010/2011, a pesar de que o comezou cando a metade das materias xa finalizaran. Entón era deputada e portavoz de Igualdade do PSOE. Nas súas explicacións públicas ante os medios, a política valenciana asegurou que cursara os estudos a distancia, a pesar de que ese máster era exclusivamente presencial. Ademais, as súas notas foron manipuladas despois de que o máster concluíse. Trátase da segunda dimisión no Goberno de Pedro Sánchez en tres meses de xestión. O pasado 13 de xuño Màxim Huerta dimitiu como ministro pola polémica da súa fraude con Facenda, poucos días despois de tomar posesión do seu cargo.
PRAZA_16433
GRÁFICOS INTERACTIVOS Dende o inicio da crise pecharon unhas 1.700 explotacións ao ano, segundo o IGE, a maioría de pequena dimensión. Un 35% das cabezas de gando bovino atópanse xa en granxas cun máis dun cento de animais.
O ano 2003 foi o último ata o momento no que Galicia rematou con máis explotacións de gando bovino que o anterior. Daquela rexistrábanse no país case 67.700, unhas 4.200 máis que no ano previo. Dende aquela comezou unha senda descendente que se asentou durante a crise económica. Dende 2008 pecharon, de media, unhas 1.700 explotacións cada ano, tal e como veñen ratificar os datos divulgados polo Instituto Galego de Estatística correspondentes ao ano 2017. No entanto, o ritmo de peches non é homoxéneo: as que máis desaparecen son as máis pequenas e as meirandes, as de máis de 100 vacas, son as únicas que incrementan o seu número. Dende o inicio da crise pecharon unhas 1.700 explotacións ao ano, segundo o IGE, a maioría de pequena dimensión No considerado ano de inicio da crise económica, 2008, o IGE reflectía que Galicia contaba con algo máis de 49.000 explotacións bovinas. O ano 2017 rematou cunhas 34.400, isto é, practicamente 15.000 menos. O ano con máis peches deste período foi o 2010, no que desapareceron máis de 2.100 granxas e o que rexistro umenos foi o 2017, con algo menos de 800. No pasado 2017 o instituto estatístico sinala que deixaron a súa actividade 1.929 explotacións. Unha ollada en perspectiva amosa ás claras que seguen sendo as explotacións máis abondosas, as de unha ou dúas vacas, son as que máis pecharon nestes anos, cunha redución de máis de 5.500 entre 2008 e 2017. No mesmo período abandonaron a actividade unhas 2.800 granxas de entre 10 e 20 vacas e arredor de 2.500 de entre 5 e 9. Mentres, as algo máis de 3.500 explotacións con entre 50 e un cento de cabezas de gando reducíronse moito máis levemente e as de máis de 100, incrementáronse. Na actualidade cóntanse en Galicia 583 granxas máis de entre 100 e 200 vacas que no inicio da crise e as que superan as 200 seguen sendo minoría, pero son 283 máis que hai unha década, cando non chegaban ás 160. Aséntase así a tendencia á concentración dos algo máis de 960.000 bovinos das explotacións galegas en granxas cada vez maiores e a tendencia á desaparición das pequenas explotacións familiares con unha ou dúas vacas que, así e todo, seguen a ser unha de cada cinco. As segundas máis numerosas continúan sendo polo momento as de 10 a 20 vacas e as terceiras, as de entre 5 e 9. As de máis de 100 vacas son, polo momento, un 5% do total de explotacións pero nelas xa se acumulan 335.559 dos 960.413 vacas, bois e touros rexistrados na actualidade. Daquela, un 35% das cabezas deste tipo de gando xa se atopan nestas grandes explotacións.
NOS_41547
En delcaracións á Radio Galega, Elena Muñoz asegurou que o executivo galego non acudirá ao Fondo de Liquidez Autonómica "neste ano 2013".
Nunha entrevista concedida esta sexta feira á Radio Galega, a titular de Facenda, asegurou que a Xunta de Galiza foi quen de situar nos mercados financeiros "toda a débeda para este ano" --1.400 millóns de euros autorizados-- o que desbota, en verbas da propia conselleira, a necesidade de acurdiren ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA). Muñoz reiterou --como xa o fixera o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo-- que as condicións coas que as entidades financeiras están a emprestar crédito ao executivo galego permite que "Galiza neste momento, a día de hoxe", asegurou a conselleira, "non acurda ao FLA neste ano 2013". No entanto, desde a Xunta continúan a manter o posicionamento marcado polo presidente quen abría a porta á posibilidade dun rescate sempre que as condicións que ofrecese o Tesouro público, fosen "mellores para o interese de Galiza".
NOS_20228
O grupo Inditex podería rexistrar por primeira vez números vermellos nos seus resultados trimestrais. A COVID-19 estaría detrás desta situación, anómala para a multinacional fundada por Amancio Ortega. Mais esas cifras negativas poderían acompañar durante meses moitas das súas provedoras.
As tendas do grupo Inditex volven pouco a pouco á normalidade, e con elas os centos de firmas que traballan para o xigante téxtil con sede en Arteixo. A aparente normalidade dos estabelecementos comerciais contrasta coa realidade das empresas provedoras e auxiliares das mesmas, que aínda están a pagar as consecuencias do feche de fronteiras e a paralización de proxectos no exterior. A multinacional téxtil galega logrou salvar o envite da crise derivada da COVID-19 no emprego, mais viuse obrigada a deixar na casa o seu persoal de tendas, que ve agora, após a volta a normalidade, como a multinacional lle impón uns horarios que impiden a conciliación, unha decisión "unilateral" que motivou varios actos de protesta ante os estabelecementos por parte das traballadoras. O problema é que as empresas que prestan servizos ao xigante da moda non dispoñen do mesmo músculo financeiro que a multinacional para facer fronte a unha situación adversa, que en moitos dos casos supuxo a parada total da súa produción e a aplicación de medidas laborais cun alto custo para as traballadoras afectadas. Sen proxectos no estranxeiro A maior parte das empresas que traballan para Inditex na Galiza optaron polos ERTE por causa de forza maior para afrontar esta situación, que manterán en moitos dos casos mentres estea vixente o estado de alarma. E non son poucas as que teñen pensado estendelos máis aló desa data por causas produtivas. O grupo Cándido Hermida, a firma que dota de mobiliario as tendas de Zara, é unha desas empresas galegas afectadas pola caída da actividade do xigante téxtil. A compañía ten activo un ERTE para as oito empresas que integran o grupo que afecta a case 500 persoas. A súa intención é estendelo até final de ano ante a imposibilidade de retomar proxectos que tiña en marcha fóra do Estado español. Esta mesma semana, as traballadoras e traballadores da compañía, que ten no grupo fundado por Amancio Ortega a súa principal clienta, dirixíronse nunha misiva ao fundador da compañía para reclamar a súa mediación no conflito que manteñen coa actual directiva, á que acusan de pretender modificarlles a xornada laboral para reducir aínda máis os seus salarios. O parón dos proxectos está tamén detrás do delicado momento que atravesa outra das firmas que realizan traballos de carpintaría para Inditex. A caída da produción de Malasa, con sede en Cerceda, deixa "ao borde do desmantelamento" dúas empresas auxiliares, segundo denuncian desde o sindicato CIG. Trátase de Carpintería e Barnizado Real e Montaxes Nobre, que suman preto de 200 persoas nos seus cadros de persoal. Son subcontratas, pero realizan os seus proxectos nas propias instalacións de Malasa, para a que traballan en exclusiva. Mais os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) de extinción non quedan só nas auxiliares. Noa Madera Creativa, filial de Malasa, tamén prevé recortar á metade o seu cadro de persoal dous anos após a súa adquisición, unha operación que, como apuntan desde a CIG, parece estar máis xustificada na carteira de clientas (con Adidas entre elas) que na forza laboral da compañía. Da lista de empresas galegas afectadas polo 'parón' de Inditex non escapa a firma de montaxe de estruturas Caamaño, outro dos históricos provedores de Inditex e responsábel dos escaparates das súas tendas, activou un ERTE por causa de forza maior ao pouco de decretarse o estado de alarma. Agora, o grupo que integran empresas como Neograf, Hydracirte, Caamaño Sistemas Metálicos, Metalvedro, Metales y Muebles Especiales y Syca e que suma 700 empregos directos, prepara un segundo ERTE, desta vez por causas económicas. Tamén en servizos Tamén hai empresas de servizos que desenvolven o seu labor nas instalacións da multinacional en Arteixo, como Servilimpsa Samsic, que se encarga da limpeza e desinfección do almacén de Zara, que anunciou un ERTE para 77% do seu cadro de persoal. A situación desta empresa súmase a outras contratas da compañía encargadas do mantemento ou dos servizos de tinturaría industrial, que tamén propuxeron ERTE a causa da pandemia. Inditex fechará previsibelmente o primeiro semestre en números vermellos, unha situación na que están moitas das empresas que dependen do xigante da moda e que podería desembocar en máis recortes laborais, despedimentos e mesmo feches. Primeiro trimestre en números vermellos Inditex tiña acostumadas as persoas investidoras a presentar beneficios trimestre tras trimestre. Mais a crise derivada da COVID-19 pode provocar unha situación até agora descoñecida. Segundo o departamento de análise do Banco Sabadell, o grupo téxtil presentará por primeira vez en case 20 anos, desde que saíu a Bolsa en 2001, un resultado trimestral negativo. Os números vermellos entre febreiro e abril acadarían, segundo estas previsións, os 243 millóns de euros, un dato que contrasta cos 734 millóns de beneficio do mesmo período do exercicio anterior. No seu primeiro trimestre fiscal, as vendas consolidadas da multinacional galega terían caído 39% polas medidas de confinamento realizadas a nivel global. Para facer fronte a esta situación, a compañía xa anunciou durante a presentación de resultados unha provisión de 287 millóns de euros que cubrirá en parte esas perdas.
NOS_54909
A xurisprudencia leva uns anos deixando claro que non se pode penalizar coa retirada da prestación de desemprego a unha persoa por non declarar esta un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres é beneficiaria desa prestación. Porén, o Servizo Público de Emprego continúa a penalizar estas casos, cando non se declaran, coa retirada da prestación, obrigando as persoas afectadas a iniciar un longo proceso xudicial.
O Servizo Público de Emprego (SEPE) está a cancelar as prestacións de desemprego a persoas beneficiarias do mesmo polo feito destas non declarar no prazo legal un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres reciben esa prestación. Unha decisión con efectos moi graves (perda da prestación) para a persoa afectada, que en moitos casos non sabe que está a ser obxecto dunha resolución da administración que pode reverter nos xulgados. De feito, aquelas persoas, as menos, que optan pola vía xudicial ven como a xustiza acaba dándolle a razón aos seus intereses. "Desde hai uns anos hai xurisprudencia suficiente que indica que por un ingreso puntual ou mínimo non declarado non se pode retirar a prestación a esa persoa", explica o avogado Alberte Rodríguez Feixóo, que leva varias causas por este motivo. Porén, e a pesar de existir esa xurisprudencia, a administración continúa a retirar a prestación de desemprego cando se dan este tipo de casos. Por que? "Podemos dicir que é como unha especie de rapina", sinala o avogado lucense, apontando que a porcentaxe de persoas afectadas que van recorrer esta decisión é mínima. "Cantas van ao xulgado? 10, 20, 30%? Gran parte das afectadas non teñen capacidade económica para iso ou nin sequera saben que poden ir á xustiza". As que non dan o paso, ganancia para a administración. Os que si o dan, advirte o avogado, deben armarse de paciencia pois o proceso pode levar varios anos. Casos variados Unha rapaza que estaba a cobrar o paro e que dúas noites foi traballar puntualmente a unha discoteca. Ingresou por volta de 200 euros que non declarou no prazo de 15 días. Ao ter a administración coñecemento, procedeu a cancelarlle a prestación, ficando sen dereito a paro. Un xornalista tamén no desemprego, cobrando a prestación á que tiña dereito após varios anos cotizados. Mentres está no paro responde un encargo puntual dunha revista para facer unha reportaxe. Os ingresos desa peza non os declara no prazo de 15 días e o SEPE decide suspenderlle a prestación. Fica sen ela. Rodríguez Feixóo explica que o 'castigo' aplicado –perda da prestación- é totalmente desproporcionado á falta cometida. "Non se pode retirar ese dereito a unha persoa por situacións dese tipo", advirte. Se a contía deses ingresos puntuais fose notábel, superando o que se percibe por paro, "poderíase retirar a prestación un mes, por exemplo, mais non toda e definitivamente". "Un interese económico que supera o principio de legalidade" Hai, pois, afirma o avogado, "un interese económico detrás [desta decisión da administración de retirar a prestación] que supera o principio de legalidade". Como evitar verse nesta situación? A lei, explica, marca que cando tes algún ingreso extra mentres cobras a prestación debes de notificalo nun prazo de 15 días, explicando ben a contía, de onde procede…"
NOS_4413
O nivel de alerta 3 por cianobacterias nas augas do encoro das Conchas aconsella prohibir o baño e as actividades acuáticas en dúas localizacións de Bande e Muíños desde hai semanas. O BNG Celanova-Baixa Limia censura a falta de contundencias das Administracións locais á hora de informar a veciñanza e acusa a Xunta de non comprobar se se cumpren as recomendacións sanitarias.
O BNG Celanova-Baixa Limia denuncia a desidia dos Concellos de Bande e de Muíños á hora de informar a veciñanza da contaminación do encoro das Conchas e do risco que supón para a saúde entrar en contacto coas augas afectadas polas cianobacterias. Colectivos ecoloxistas levan semanas advertindo do elevado reconto deste microorganismo nas análises realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, uns resultados que activan a recomendación de prohibir o baño mais calquera actividade en contacto coa auga contamina. Porén, asegura a formación nacionalista en Celanova e a Baixa Limia, os Concellos de Bande e Muíños "están a incumprir coa súa obriga de informar suficientemente aos bañistas sobre o risco de utilizar as augas do encoro das Conchas, especialmente nas praias de Porto Quintela e Mugueimes, onde a afluencia de turistas é notábel este mes, cando hai unha alerta sanitaria pola detección de espumas e natas de cianobacterias cunha alta probabilidade de efectos adversos para a saúde". Falta de control Esta última advertencia é recorrente nos últimos tres comunicados emitidos pola Consellaría de Sanidade os días 6, 13 e 20 de agosto, departamento que tampouco "fixo nada por comprobar se se cumpren as súas recomendacións", sinala o BNG. Neste sentido, apunta que nin sequera velou pola colocación dos carteis que deben advertir os bañistas, "que, por outra banda, vai sen logo que identifique o organismo público que emite esa alerta". Así, precisa tanto nas áreas recreativas de Porto Quintela (Bande) como de Mugueimes (Muíños) "os bañistas están a facer un uso normal das augas sen que ningunha autoridade, nin Xunta nin Concello, o impida, como é a súa obriga para garantir a saúde da poboación". Neglixencia O BNG Celanova-Baixa Limia considera unha neglixencia grave por parte das Administracións ao entender que están a incumprir a normativa galega. Un nivel 3 de alerta pola presenza de cianobacterias nas augas exixe "levar a cabo accións inmediatas para evitar o contacto coas espumas e natas de cianobacterias e/ou coas súas toxinas, polo que as indicacións serán absterse do baño e doutras actividades que impliquen contacto coa auga do encoro". Desleixo informativo O Concello de Bande colocou en Porto Quintela o cartel que recomenda Sanidade, "mais nun lugar pouco visíbel, sobre un cartel de 'Prohibido fumar' de dimensións moito maiores que o cartel de alerta sobre as augas", moi perto dun lugar máis accesíbel onde "se mantén un cartel que indica que a calidade das augas de baño é excelente", precisa. No caso do Concello de Muíños, o desleixo e aínda maior, precisa o grupo nacionalista. "Non hai ningún cartel de alerta en Mugueimes. E no punto de información habilitado xunto á zona de acampada e praia, "os propios empregados municipais recoñecen que non hai aviso público ningún á vista dos bañistas, mentres diante deles a xente, familias enteiras, se bañan tranquilamente nas Conchas". Presión gandeira O BNG Celanova-Baixa Limia salienta nun comunicado as consecuencias ambientais dunha década de contaminación provocada pola presión gandeira sobre as augas do Val do Limia, "un efecto que a Xunta tardou case unha década en recoñecer e para o que aínda non arbitrou solución ningunha". "Cada verán, a saúde das usuarias e o usuarios das Conchas, moitos deles turistas que descoñecen o problema endémico do encoro, ponse en perigo, e invariabelmente a resposta das autoridades é a mesma: facer como se non pasase nada e mirar para outro lado mentres nenas e nenos, familias enteiras, se bañan nesas augas inconscientes do risco", conclúe; polo que urxe as autoridades a pór todos os medios necesarios para informar e vixiar as zonas afectadas co fin de protexer a saúde das persoas.
PRAZA_11619
O Movemento Galego polo Clima, do que participan as principais organizacións ecoloxistas do país, sumouse á mobilización que abre o Cumio Social, o encontro de organizacións ambientalistas internacionais que transcorre paralelo á COP 25
O Cumio do Clima tamén son xestos e imaxes. Dende o feito de situar na axenda informativa a cuestión da emerxencia climática mesmo antes das eventuais decisións que os gobernos participantes poidan tomar ao respecto na súa recta final ata a multitude de actividades paralelas, con experiencias de institucións e entidades de todo o mundo contra o quecemento global. E tamén a mobilización cidadá, como a que este venres sacou ducias de miles de persoas ás rúas de Madrid no inicio do coñecido como Cumio Social, que discorre paralelo á COP25 da ONU con milleiros de voces contra o cambio climático, entre elas tamén as galegas.O Movemento Galego polo Clima, do que participan as principais organizacións ecoloxistas do país, sumouse á mobilización que abre o Cumio Social, o encontro de organizacións ambientalistas internacionais que transcorre paralelo á COP 25Máis de 500 colectivos ambientalistas de todo o mundo sumáronse á mobilización que abre un encontro que sempre transcorre paralelo ás COP. Na súa organización están implicados desta volta entidades como Alianza polo Clima, Alianxa pola Emerxencia Climática, colectivos chilenos como Cumbre de los Pueblos, Sociedad Civil por la Acción Climática y Minga Indígena -o cumio íase celebrar inicialmente en Chile- ou Fridays for Future, o movemento xurdido en torno á activista Greta Thunberg, tamén presente entre un xigantesco despregamento mediático.A comitiva galega nesta mobilización global estivo canalizada a través do Movemento Galego polo Clima, a plataforma na que participan máis de oitenta colectivos e organizacións non gobernamentais do país, entre elas as principais asociacións ecoloxistas como Adega, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción ou Greenpeace Galicia. A fin da produción enerxética a través do carbón, un modelo forestal máis sostible ou unha mobilidade máis respectuosa co planeta protagonizan unhas reivindicacións galegas que tamén estarán presente durante o cumio alternativo. Porque este, resaltan dende o Movemento, é "un problema global polo que se actúa localmente".O Movemento Galego polo Clima trasladou á manifestación e ao Cumio Social o seu decálogo reivindicativo, que comeza por unha esixencia: que Goberno central, Xunta e Administracións locais "comecen a dicir a verdade e asuman a emerxencia climática como un grave problema para o conxunto da sociedade, da biodiversidade e do mantemento do clima". Este, advirten, non é "un novo nicho de oportunidades económico-empresariais".O decálogo do Movemento Galego polo Clima comeza por unha esixencia: "Que Goberno central, Xunta e Administracións locais "comecen a dicir a verdade e asuman a emerxencia climática como un grave problema para o conxunto da sociedade"Neste sentido, e alén de declaracións -o propio PP dixo asumir no Parlamento a declaración de emerxencia climática en Galicia", cómpre que estas veñan acompañadas de "medidas reais e efectivas de emisións de gases de efecto invernadoiro". Nesa eliminación, resaltan, as administracións teñen que "ser un exemplo" e "non dar por perdida a batalla contra a mudanza climática, fomentando propostas de adaptación ao incremento da temperatura por riba dos 1,5 graos centígrados, din.Ningún destes compromisos será tal se non están "amparados coas súas correspondentes partidas orzamentarias", subliña o Movemento Galego polo Clima, que sitúa en primeira liña da súa reivindicación o compromiso público, tamén económico, na "loita efectiva contra os distintos focos de contaminación dos ecosistemas, maiormente as emisións de CO₂". Non en van, entre as pancartas da comitiva galega destacaban as que reclamaban o peche da central de carbón das Pontes e o consecuente compromiso dos gobernos ao respecto.Un "cambio na política forestal como medida para previr os incendios, que serán máis graves polo cambio climático", "maior eficiencia no uso da auga, que será máis escasa cando máis necesaria é" ou "unha política agraria que favoreza a soberanía alimentaria con base a produtos de proximidade e sustentábeis" destacan tamén nun decálogo que, asemade, se fixa na política de vivenda. Os gobernos, subliñan, deberan promover con máis intensidade a "construción e rehabilitación de vivendas con conceptos bioclimáticos e de consumo nulo para adaptación non só ao cambio climático, tamén á escaseza de enerxía. Todo isto, advirten, pasa tamén necesariamente pola "educación ambiental" non só na escola, senón no conxunto da sociedade.
NOS_43656
Foi o Goberno municipal o encargado de organizar a viaxe que desprazou 110 veciñ@s até Salamanca para escolleren as reses que se van tourear en xuño, cadrando cos festexos do San Xoán
O Concello de Sarria volverá destinar diñeiro público a un espectáculo taurino neste concello cadrando cos festexos do San Xoán. Os touros deste ano virán de Salamanca, segundo unha viaxe realizada o 7 de abril e programada polo Concello, que fletou dous autocarros para levar 110 veciñ@s á localidade española, onde 'escolleron' os animais que se torturarán en xuño. Cada persoa pagou 10€ para contribuír cos gastos do desprazamento. Perante estas informacións, colectivos como a plataforma abolicionista Galiza mellor sen touradas, a organización xuvenil Galiza Nova ou o centro social Mádia Leva, que levan anos rexeitando as corridas de touros ao as considerar "un dos costumes máis bárbaros que existen" dediciron organizarse colectivamente e crear a Plataforma Sarria Libre de Touradas. O obxectivo é claro: exixir ao goberno municipal que retire "calquera tipo de axuda, subvención ou patrocinio a esta actividade". A través dun manifesto que procura sinaturas, a recentemente creada Plataforma rexeita as touradas amparándose en que non fan parte "nin da nosa cultura nin da nosa idea de respecto aos animais". Acrecentan que, nun contexto en que os recortes aos dereitos laborais e sociais da poboación están á orde do día, finanzar as touradas "é un insulto á cidadanía". Por derradeiro, os colectivos que fan parte desta iniciativa reclaman para Sarria unha oferta de lecer "que aposte pola educación en valores" e amose, por parte do Concello, "unha clara defensa" da cultura do País. Liberdade de voto no PP Ao fío, Galiza mellor sen touradas reclamou ao PPdG que permita a liberdade de voto d@s deputad@s conservador@s no Parlamento galego, ao igual que fixo o PSdG, "un exercicio de hixiene democrática" que lles permita posicionarse a respeito da iniciativa abolicionista presentada polo Bloque e contará co apoio de AGE. Apelando ás "diferentes sensibilidades" que exiten neste partido, o colectivo abolicionista ofrécese a lle mostrar a cada parlamentar os gastos que as corridas de touros supoñen ás arcas públicas en municipios como Padrón, Sarria ou A Coruña e enfatizan que, "de lle facermos caso aos estudos sociolóxicos", na Cámara galega "non debera haber ningún deputado taurino". Así as cousas, a proposición de lei que defenderá en pleno a formación frontista vai destinada a modificar a Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, coa finalidade de "prohibir as corridas de touros e os espectáculos taurinos que inclúan a morte do animal e a aplicación de pica, banderillas ou estoque". En definitiva, erradicar as touradas do territorio galego, como ten acontecido en Catalunya ou Franza, pois tampouco na Galiza existe "tradición taurina" e a realización desta actividade corresponde a unha tentativa de "homologación e asimilación cultural".
NOS_49602
Obama e Cameron ditan xa sentenza -sen o aval de ningún tipo de investigación independente- e preparan unha acción militar, segundo The Guardian.
O ministro de Asuntos Exteriores de Irán, Mohammad Javaz Zarif, afirmou, en declaracións á televisión pública do seu país, que o goberno sirio comunicou a Teherán a súa intención de permitir aos inspectores da ONU que visiten as áreas supostamente afectadas polo ataque con armas químicas denunciado pola oposición siria a cuarta feira 21 de Agosto. Un portavoz iraniano dixo onte que Teherán está convencido de que o ataque foi perpetrado polas forzas opositorias sirias. Siria tamén informou de que achou, nunha zona controlada polos rebeldes, un armacén cheo de armas químicas. "Estamos en contato permanente co goberno sirio e eles téñenos asegurado que nunca usaría un armamento tan inhumano e que terían a maior cooperación cos inspectores da ONU visando mesmo que visiten as áreas afectadas", teríalle dito Javad Zarif á ministra de Exteriores italiana, Emma Bonino, segundo os meios de comunicación iranianos. Mentres, segundo informa The Guardian, David Cameron e Barack Obama mantiveron onte unha conversa telefónica por espazo de 40 minutos na que terían acordado a preparación dalgunha acción de carácter militar contra Siria. Quer os EUA quer o Reino Unido consideran probado que o ataque do 21 de Agosto foi perpetrado por forzas gobernamentais sirias, embora ningún organismo independente teña desenvolvido até o de agora ningunha investigación sobre os feitos. Irán e Rusia, en troca, atribúen o uso das armas químicas ás forzas opositoras sirias, armadas por Washington e das que fan parte milicias de Al Qaeda.
NOS_39116
O álbum "Meu Canto" co que Uxía conmemorou os seus 25 anos na canción foi o escollido como gañador ao mellor traballo de música de raíz nos Premios da Música Independente. A artista está a preparar o espectáculo Melodía secreta de Galiza e Brasil, de Villa-Lobos a Chané que estreará o próximo día 9 de xullo.
A cantante Uxía resultou gañadora co seu álbum "Meu Canto" dos premios organizados pola Unión Fonográfica Independente, segundo o resultado dunha votación popular sobre os traballos seleccionados por un xurado de profesionais do sector musical. O premio súmase ao da Opinión á Mellor Artista que a cantante recibiu no mes de maio, galardóns que recibe como "un alento moi forte, é como se o vento soprase a favor e nos impulsase a percorrer máis portos, máis escenarios presentando este traballo gravado en Brasil e editado por unha independente (Fol Música)" destacou no acto de entrega do premio.Recibe o recoñecemento Uxía a poucos días da presentación do seu novo espectáculo que levará ao Teatro Principal de Compostela dentro do Festival Vía Stellae. Con Melodía secreta de Galiza e Brasil, de Villa-Lobos a Chané, xuntarase a voz de Uxía de novo coa guitarra, o cavaquinho, a viola e a percusión de Sérgio Tannus, o violoncelo de Jed Barahal e o piano de Christina Margotto nun novo encontro de sons galegos e brasileiros que a artista con tanta enerxía promove.
PRAZA_17634
CRÓNICA | O Tribunal Supremo decidirá se a Valedora do Pobo pode seguir no cargo mentres Feijóo continúa deixando as responsabilidades políticas en mans dos tribunais e a oposición acepta a Paula Prado como interlocutora neste eido. Por Anxo Lugilde. O mito de Albor e a habilidade do PPdeG para coidar o seu pasado
O mito de Albor e a habilidade do PPdeG para coidar o seu pasado O Tribunal Supremo (TS) decidirá se a Valedora do Pobo pode seguir no cargo despois de facer o que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considerou unha cacicada. Trátase da tradución á linguaxe coloquial das expresións xurídicas de "desviación de poder" e "arbitrariedade" que segundo a máxima instancia xudicial galega concorreron na designación por parte da titular do cargo, Milagros Otero Parga, da súa amiga e filla do seu mestre académico, María Puy Fraga, como xefa de administración desta institución, unha das de maior rango da estrutura autonómica e encargada, precisamente, de velar pola defensa fronte ás administracións dos dereitos e liberdades dos cidadáns, incluídos os dos outros aspirantes a esa praza. O Tribunal Supremo decidirá se a Valedora do Pobo pode seguir no cargo mentres Feijóo continúa deixando as responsabilidades políticas en mans dos tribunais e a oposición acepta a Paula Prado como interlocutora neste eido A aposta de Feijóo de trasladar ao TS a resolución sobre o futuro de Otero Parga, en función de como resolva o recurso contra a sentenza do TSXG, supón a confirmación de que nada cambiou na Xunta no que atinxe ás responsabilidades políticas ante a corrupción despois da moción de censura que derribou a Rajoy, filla das condenas da Gürtel, nin tras a dimisión do ministro Màxim Huerta o mesmo día que estoupou o escándalo das súas irregularidades fiscais. Nada mudou neste eido, como tampouco no da oposición, que, aínda que seica agora si o intenta un pouco, segue sen espertar do que xa vai para unha década durmindo no pazo do Hórreo ante o Goberno de Feijóo, sen que se noten as vitaminas que lle dá ao centro-esquerda o gabinete de Sánchez en España, nin o en evidencia que ficou o presidente da Xunta co seu frustrado proxecto de suceder a Rajoy. Esa posición da oposición no limbo é o segundo elemento destacado que deixou o debate do pasado martes no Parlamento da proposta de En Marea, PSdeG e BNG para destituír a Milagros Otero como Valedora do Pobo, que o PP rexeitou á espera do que dite o TS. A iniciativa, promovida inmediatamente despois de que se coñecese a sentenza que anulaba a praza de María Puy Fraga, sobriña do expresidente da Xunta e fundador do PP e irmá do portavoz parlamentario popular, amosa o que semella ser un intento de espertar, de poñer fin á sensación de orfandade que sente polo menos unha parte significativa dese 45,2% dos votantes que apoiou o centro-esquerda nas eleccións de 2016 e que asiste abraiada ao espectáculo continuado de que Feijóo aplique o seu rolo, como se representase el só case o 100% e non o 47,6% dos sufraxios sen que apenas se escoite algún laio, en tempos de abafante control informativo. A oposición consentiu, sen sequera unha protesta, participar nun debate sobre as responsabilidades políticas derivadas da corrupción coa persoa que mellor encarna no Parlamento a súa negación, a deputada do PP Paula Prado del Río Pero a tentativa ficou niso e pouco máis, porque a oposición aceptou, sen sequera unha protesta, participar nun debate sobre as responsabilidades políticas derivadas da corrupción coa persoa que mellor encarna no Parlamento de Galicia a súa negación, a deputada do Partido Popular Paula Prado del Río. Autora da frase de que Vendex, unha das principais empresas da trama corrupta da Operación Pokémon, "sin hacer nada, hace un regalo de la hostia", Prado librouse da imputación que tiña grazas á súa condición de aforada, pois o TSXG arquivou o caso, mentres que aínda estaría aberto se continuase no xulgado de Lugo no que correspondía. Iso ocorría mentres o PP de Feijóo consideraba tan negativos os aforamentos que ata anunciara unha irrealizable reforma do Estatuto de Autonomía para eliminalos. Mais iso non é o relevante, senón que as responsabilidades políticas obrigaban a Paula Prado a deixar a vida institucional, tras ser gravadas frases súas que amosaban unha carencia dos valores éticos esixibles para representar a cidadanía nunha democracia avanzada. Naquel momento era portavoz do PPdeG, cargo que deixou un tempo despois, substituída por un Miguel Tellado que puxo en valor o seu traballo, xa que Prado era moito máis eficaz no seu papel de castigar a oposición. Pasou ao Senado en 2015 e volveu ao Parlamento galego en 2016, no que segue actuar como voceira popular nos asuntos da área de Presidencia. A oposición nos seus escanos na constitución da Cámara nesta lexislatura [Parlamento de Galicia] Que tería pasado se En Marea fose representada no debate sobre a destitución de Milagros Otero pola outra Paula, Quinteiro, a deputada que apelou á súa condición de parlamentaria nunha liorta nocturna coa policía? Que tería pasado se En Marea fose representada no debate sobre a destitución de Milagros Otero pola outra Paula, Quinteiro? Trátase da deputada que apelou á súa condición de parlamentaria nunha liorta nocturna coa policía e que, aplicando o nivel de esixencia ética que di ter o seu partido, Podemos, debería deixar a Cámara, como reclama a dirección de En Marea, afín a Luís Villares, e rexeitan a formación morada, a maioría dos deputados e destacados dirixentes deste conglomerado que deslexitimaron a consulta na que as bases pediron a súa renuncia. O PP montaría todo un escándalo, pois esta semana lembrou o caso Quinteiro o mesmo Feijóo que encarga a Paula Prado falar de responsabilidades políticas, a pesar de que o caso da popular acadou unha maior magnitude, tanto polo posto que tiña como polo contido das súas afirmacións e por non haber dúbidas sobre o sucedido, aínda que a gran maioría dos principais medios de comunicación lle dese moita máis importancia ao da representante de Podemos. A oposición non dixo ren sobre o moito que significaba a presenza de Prado no debate sobre o futuro da Valedora. BNG, PSdeG e En Marea poden aducir que o PP non permitiu que houbese quenda de réplica, mais sabían perfectamente quen ía representar os populares, que falaban de últimos. Os grupos do centro-esquerda seguiron o seu guión como se nada pasase, cunha intervención contundente do xuíz en excedencia Luís Villares, que estaba no seu campo, un suxestivo xogo de palabras do nacionalista Mini Rivas para sinalar que a Valedora actúa como "conseguidora" e un esforzo da socialista Vilán por tentar compensar o pecado orixinal do PSdeG, que en 2015 aceptou a Otero Parga, malia que levaba anos na Radio Galega gabándose de ser do PP. As posicións do PP adóptaas Feijóo persoalmente, e o que fixo foi manter a liña dos últimos anos, lonxe de cando na oposición facía rodar cabezas: agora deixa todo en mans dos tribunais, como pasou co caso de Baltar II O feito de que fose Prado a portavoz, como xa o fora cando se tratou o caso de Otero Parga na comisión, amosa tamén que era teatro a suposta intriga sobre a decisión que ía tomar o grupo do PP o martes, antes do pleno, sobre se apoiaba ou non a Valedora, como se os deputados populares tivesen capacidade para fixar unha determinación desta clase. Ese tipo de posicións adóptaas Feijóo persoalmente, aínda que escoitando algúns colaboradores, como poden ser Puy e Rueda. E en realidade o que fixo foi manter a liña dos últimos anos, lonxe de cando na oposición facía rodar cabezas. Agora deixa todo en mans dos tribunais, como pasou co caso de Baltar II, gravado recoñecendo que prometera un posto na deputación en troques dunha relación sexual, e no dos sucesivos alcaldes populares caídos en Santiago. O Tribunal Supremo non só ten que decidir sobre se acepta o recurso da Valedora contra a sentenza do TSXG, o que está dentro das súas funcións, senón tamén sobre as responsabilidades políticas de Otero Parga, o que non ten nada que ver co seu cometido xudicial. As estatísticas indican que, co novo sistema de casación, é difícil que o TS admita a trámite o recurso e máis aínda que modifique a sentenza na que o TSXG afirma que Otero Parga fixo unha cacicada en favor da súa amiga María Puy Fraga. O mito de Albor e a habilidade do PPdeG para coidar o seu pasado -> SEGUIR LENDO
NOS_54128
O Sergas informa de que realizou máis de 3.000 probas de detección do coronavirus entre as profesionais que puideron ter empregado estas máscaras distribuídas polo Ministerio e posteriormente retiradas por ser defectuosas.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou 76 casos positivos entre os 3.055 test realizados a profesionais sanitarias que utilizaron as máscaras defectuosas, retiradas polo Goberno español, do fabricante Garry Galaxy. Así o afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, esta terza feira nunha rolda de prensa telemática, na que explicou que se realizaron 3.055 test ás profesionais que empregaron esas máscaras "compradas polo Goberno estatal" que, lembrou, "posteriormente notificou que tiñan deficiencias". "Dos 3.055 que testamos hai 76 profesionais que deron positivo, a maioría asintomáticos e en illamento domiciliario", explicou Feixoo, quen admitiu que "sorprendeu moito o problema das máscaras defectuosas". "O que fixemos foi facer un test para comprobar cantas profesionais se contaxiaron como consecuencia desas máscaras", abundou. O titular da Xunta apuntou que "pode haber risco a unha complicación posterior". A respecto diso, o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, asegurou que o Sergas avaliou "á inmensa maioría" do persoal que usou as máscaras de protección retiradas do fabricante Garry Galaxy e incidiu en que "quen ten que estar illado neste momento o sabe". Riscos laborais no Sergas O Sergas vén de convocar de maneira urxente á Comisión central de saúde laboral para esta sexta feira cun único punto na orde do día: "actuacións e medidas ante a crise sanitaria provocada polo SARS-COV-2". Mais os sindicatos critican que no que vai de abril non houbo outras convocatorias para transmitirlles información da situación. O sindicato FeSP-UXT denuncia que "a Consellaría de Sanidade non informa da afectación de persoal sanitario e non sanitario, nin das medidas para detectar ou previr dita afectación". "Os datos fíltranse aos medios de comunicación, e facilítanse nalgunha xerencia, pero non permiten acreditar os totais da Galiza, nin por centro de traballo do Sergas", aseguran nun comunicado. FeSP-UXT demanda que esta reunión normalice a situación e que "cese o ocultismo e a vulneración" dos dereitos de representación das organizacións sindicais. Así mesmo, o sindicato incide en que se descoñece "a situación de persoal mobilizado desde a atención primaria a atención especializada, persoal que rota constantemente entre distintos servizos (incluso pasa de atender a pacientes diagnosticados de COVID-19 a pacientes con outras patoloxías) sen que se lles realicen probas para determinar que non son portadores da enfermidade".
NOS_7913
A federación de ensino da CIG alerta da necesidade de atender a saúde mental de alumnado e docentes e solicita á Xunta medios para abordar o problema. Pola súa parte, a comunidade educativa de Redondela lanza unha iniciativa que exixe especial atención aos procesos emocionais da mocidade.
CIG-Ensino vén de advertir que a situación sanitaria vivida nos últimos tempos puxo de manifesto e agravou "a necesidade de atender os aspectos relacionados coa saúde mental da comunidade educativa". Segundo a central sindical, a saúde mental xa viña sendo unha preocupación do profesorado moito antes da pandemia polas "situacións de falta de convivencia, violencia, inseguridade, intolerancia ou non respecto entre iguais" experimentadas nas aulas. Agora mesmo, tendo que atender "as funcións de orientación e de asesoramento a través da titoría, o ensino virtual, a propia formación, o exceso de burocracia, a necesaria coordinación e unha docencia directa" é necesario "que a administración poña o foco na saúde mental do persoal docente e do alumnado", demandan. En febreiro de 2021, a Consellaría de Educación anunciou a posta a disposición dos centros educativos dun Plan de Benestar Emocional. Porén, a sensación que existe neste momento entre o profesorado, afirma CIG-Ensino, é que non existen recursos para afrontar todos os problemas aos que se enfronta cada día nas aulas. Máis aínda, carecendo de formación psicosocial e de ferramentas de intervención específicas neste eido. As iniciativas como a "Rede de acompañamento e orientación persoal e familiar da Galiza (RAOGAL)", posta en marcha neste curso, "son de moi dubidosa utilidade e non serven para dar resposta ás problemáticas que se dan nos centros educativos tal e como nos trasladan desde os departamentos de orientación", sinala a federación sindical do sector. En troques, apostan por destinar fondos Covid á xestión deste problema en función das necesidades que dos centros educativos, pois "a utilidade dos mesmos estaría máis que garantida nun plan de actuación real e individualizado". Así mesmo, diante da actual carga de funcións, CIG-Ensino insta á Consellaría de Educación "a que estabeleza como prioridade levar a cabo actuacións concretas relacionadas coa saúde mental" do persoal docente. Iniciativa da comunidade educativa de Redondela Pola súa parte, a comunidade educativa dos IES de Redondela vén de dar a coñecer a iniciativa Pola saúde mental da nosa mocidade, que exixe especial atención aos procesos emocionais da mocidade.
PRAZA_6531
O PP accede a apoiar unha iniciativa do PSdeG que insta o Goberno a aplicar as previsións da lei dos medios públicos, cuxos primeiros preceptos tiñan que estar en vigor dende xuño de 2012.
O 2 de novembro de 2011 o pleno do Parlamento aprobaba a lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia cos votos do PP e tamén do PSdeG, que encetara o proceso en febreiro do ano anterior logrado sacar adiante unha proposta de reforma da lei de creación da CRTVG en aras da "pluralidade" e da "desgobernamentalización". O 17 de decembro dese ano a lei entraba en vigor e, como informou Praza, a mediados de 2012 xa estaba incumprida. Agora, case tres anos despois, o Parlamento vén de aprobar o "cumprimento inmediato" das previsións desta norma. O texto aprobado en 2011 fixaba prazos moi claros para o despregamento da nova lei. Así, o 17 de xuño do ano seguinte tiñan que estar nomeados por maioría cualificada do Parlamento o novo director ou directora xeral da radio televisión pública e tamén o novo consello de administración. Ese era o mesmo prazo para que a Xunta elaborase "o primeiro mandato marco" da nova RTVG, o documento que establecerá "os obxectivos xerais da función do servizo público que debe cumprir a corporación" e que tamén está supeditado á aprobación de dous terzos ou dous quintos da Cámara. Tampouco foi aprobado. Neste escenario, o único trámite realizado ata o momento foi, en agosto de 2013, a autorización da Xunta para a fusión de dúas das empresas da actual CRTVG, Televisión de Galicia S.A. e Radiotelevisión de Galicia S.A, operación indispensable para o cumprimento de todas as demais. Ante este enorme atraso o promotor inicial da lei, o PSdeG, elevou este mércores unha iniciativa ao pleno do Parlamento ao considerar, en verbas do seu voceiro, José Luis Méndez Romeu, que "tres anos máis tarde e despois de moitas promesas a lei é un monumento ao engano do presidente Feijóo" e amosa que "as verbas do presidente nada valen". Romeu: "Tres anos máis tarde a lei é un monumento ao engano do presidente Feijóo" "A pregunta é obvia: ten algún sentido pactar co Goberno?", di Romeu, que atribúe as dilacións á vontade do PP de manter os medios públicos como un "espello máxico" que "incumpre gravemente" a súa obriba de "ofrecer información veraz e plural" por mor duns "directivos que cercenan a autonomía dos xornalistas para ofrecer unha visión sesgada" ditada, en última instancia, polo propio presidente. Esta, acusa, é a "ilusión dun país irreal", dunha "propaganda gobernamental" que sería imposible se a nova lei, a mesma que impediría, por exemplo, que no pasado xuño Feijóo aparece nos informativos da TVG "once veces máis tempo que o señor Gómez Besteiro", líder do PSdeG. O PP asegura que "trata de cumprir" a lei, cuxas primeiras previsións tiñan que entrar en vigor en xuño de 2012 Pola banda do resto da oposición o BNG, que non apoiou a actual lei por vela unha "ameaza para o futuro dos medios públicos", considerou a través de Montse Prado que o PP non ten "ningunha intención de poñer en marcha" a norma ata que "pasen os envites electorais" e Juan Fajardo, de AGE, alertou do "surrealista" que é "vir debater que se cumpra a lei", ao tempo que chama a atención sobre que, se as novas normas xa estivesen sendo aplicadas, Alternativa tería que sentar no consello de administración do ente. "Ao mellor temen que, como pasou no Parlamento" ese órgano "deixe de ser un balneario", sinala. Ante estas reclamacións o voceiro do PP, Agustín Baamonde, botou man da súa proverbial retranca para negar as acusacións de manipulación informativa, que lle atribúe ao bipartito e, á marxe disto, deu en asegurar que o seu partido ten "fidelidade absoluta" ao aprobado e "tratamos de cumprilo". O que aprobaron executar en seis meses "require unha cantiade de medidas de orde administrativa, laboral e mercantil que complican extraordinariamente o proceso" pero, aínda así, di, o PP vota a favor da iniciativa do PSdeG porque "cumprimos o que prometemos". "Está ben que o voten para non dar exemplo de desobediencia civil", retrucou Romeu, quen advirte de que o país "soporta unha televisión de partido que despreza a lei e engana" con novas tratadas "non por xornalistas independentes, senón por gabinetes ao servizo do PP".
NOS_23789
A freguesía celeste estivo imperial. Case 25.000 persoas nas bancadas. A torcida deuno todo para empurrar a un Celta que non estivo moi inspirado, salvo o lampexo de última hora do xenio Aspas. O Athletic, como xa fixera en Riazor, deixou imaxe de equipa excelente, mas moi piadosa perante o arco rival.
O Athletic puxo o fútebol e as ocasións -até dúas bolas á trave e, sobre todo, a inenarrábel oportunidade de Aduriz só na área pequena, esa clase de erros que inmortalizan un futbolista de se producir nos grandes eventos-, mentres o Celta nunca acabou de entrar en xogo, bloqueado pola presión, engruñado pola importancia dos pontos en disputa, demasiado desaparecido Borja Oubiña, con Iago Aspas como único argumento para desequilibrar. Nos primeiros 20 minutos de xogo, a equipa de Bielsa foi descaradamente polos tres pontos. Con desborde polas alas -Munianín e Susaeta- e unha extraordinaria mobilidade de todos os seus efectivos, o Athletic monopolizou a bola e abeirou o gol en varios lances. O Celta só existiu no primeiro acto cando comezou a operar a sociedade Krohn-Delhi-Iago Aspas. Mágoa para os locais que fose demasiado intermitente. Moi pouca bagaxe para furar o muro branco e vermello. O Celta aínda está vivo e con opcións. En boa parte grazas ao alento de Balaídos e a que posúe un futbolista distinto. Iago Aspas O 0-1 co que o encontro chegou ao intervalo (m. 42, De Marcos) era un resultado francamente xusto, e agoiraba na segunda parte penalidades para os de Abel Resino, atuídos, sen fluídez. E, con efeito, o Athletic puido golear no segundo acto. Un balón á trave, unha espléndida cabezada de Aduriz magnificamente conxurada por Javi Varas, e unha excelsa combinación pola banda dereita con delicadísima asistencia de Muniaín ao pau corto, á beira da área pequena, por onde apareceu só o dianteiro donostiarra. Só precisaba darlle un empurronciño na dirección a gol. Só pór a chuteira e marcar. Balaídos contivo a respiración. Era a derrota segura. Mas incribelmente Aduriz fallou. Aí o Celta comezou a crer que tamén desta safaría. Balaídos aumentou a presión. O Athletic acusou o golpe. Orellana deslizou un pase ás costas da zaga do Celta e por aí se escorreu Iago Aspas. O futbolista de Moaña ten aquilo do que carece a inmensa maioría dos seus colegas de profisión. Ten o que hai que ter. Xenio. Gol. Co 1-1, o Celta suma 31 pontos, con 4 xogos por disputar. Continúa na zona de descenso, mas aínda está vivo e con opcións. En boa parte grazas ao alento de Balaídos e a que posúe un futbolista distinto. Iago Aspas. Celta: Javi Varas, Jonny, Jonathan Vila, Túñez, Bellvís, Oubiña, Madinda. Augusto (Toni, min.75), Álex López (Orellana, min.60), Krohn-Dehli (Bermejo, min.62) e Iago Aspas Athletic Club: Iraizoz, Iraola, San José, Ekiza, Aurtenetxe, Gurpegui, Iturraspe (Ibai, min.58), De Marcos, Susaeta, Muniaín e Aduriz (Llorente, min.75) Goles: 0-1, min.42: De Marcos; 1-1, min.83: Iago Aspas Árbitro: Velasco Carballo, do comité madrileño. Cartóns amarelos para Jonathan Vila, Gurpegui, Iraola e Muniaín Balaídos. 24824 espectadores .
PRAZA_15960
A tese de doutoramento de Comba Campoy analiza O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas a través do caso de Barriga Verde nos anos 40 e 50 en Galicia. Falamos con ela sobre a polémica xurdida pola detención de dous titiriteiros en Madrid
Barriga Verde foi o títere (de luva) por excelencia en Galicia durante o século XX, percorrendo da man da familia Silvent feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60. O pasado venres Comba Campoy defendeu na USC a súa tese de doutoramento, que analiza O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas a través da actividade de Barriga Verde na postguerra. A súa investigación analiza como os espectáculos de títeres serviron para canalizar e expresar de xeito público as críticas, desexos e frustracións de boa parte da poboación da época. Falamos con ela sobre o espectáculo da familia Silvent, a función dos monicreques como medio de denuncia social e sobre a detención en Madrid -casualmente o mesmo día da defensa da tese- de dous dos integrantes da compañía Títeres desde Abajo, acusados de enaltecemento do terrorismo por representa a obra La bruja y don Cristóbal, na que a un dos personaxes a policía lle coloca unha pancarta co texto "Gora Alka-Eta" para tentar incriminalo. Barriga Verde, instrumento de crítica A barraca da familia Silvent percorría festas e romarías de toda Galicia, fundamentalmente no verán: o San Froilán de Lugo, a Ascensión de Santiago, a Peregrina de Pontevedra, María Pita da Coruña e o Corpus de Ourense, entre outras moitas. Barriga Verde está moi presente no imaxinario colectivo de varias xeracións de galegos e galegas, deixando na fala popular expresións como "Morreu o Demo, acabouse a peseta" (unha peseta é o que custaba a entrada ao espectáculo). Porén, deixou moi escasas referencias escritas, e co paso das décadas o seu recordo foi esvaecendo, fixado unicamente nas lembranzas daqueles e daquelas que o viran en directo. Dende hai uns anos un grupo de persoas, integradas dende o 2013 na Asociación Cultural Morreu o Demo, traballan en distintos eidos para recuperar a memoria deste personaxe e dos propios titiriteiros. Comba Campoy é unha das súas integrantes, dirixindo as súas pescudas, sobre todo, ao valor político deste personaxe e desta tradición. "Os títeres e outras expresións de cultura popular serviron e poden seguir servindo para vehiculizar ese descontento, esa forma de pensar diferente dos grupos dominados" A partir de estruturas e fórmulas fixas (e comúns a outros territorios europeos), entre elas os golpes de cachiporra, Silvent conseguía atraer a atención do auditorio incorporándolles aos diálogos dos personaxes elementos de actualidade e sucesos de tipo local. Barriga Verde era sempre o protagonista, dotado de intelixencia e picaresca fronte ás demais figuras, secundarias. "Valéndose de expresións da cultura popular, a poboación expresaba, de xeito poucas veces perceptible para as autoridades, o seu descontento coa orde de cousas imperante", nun proceso que autores como James Scott denominan infrapolíticas das subalternas, de xeito que "en sociedades tradicionais e baixo situación de represión, o pobo utiliza determinadas técnicas e expresións culturais para criticar a realidade", explica Campoy. No contexto de represión e pobreza da postguerra, as feiras e festas padroais eran unha vía de escape á dura realidade, e nelas artistas ambulantes -entre eles os titiriteiros- ofrecían expresións culturais que escapaban do control da ditadura. "O réxime miraba con receo aquelas expresións que sobardaban o seu control, mais permitíaas porque desprezaba a súa influencia. A fin de contas, duraban o que un sorriso", afirma Campoy. "Os títeres e outras expresións de cultura popular serviron e poden seguir servindo para vehiculizar ese descontento, esa forma de pensar diferente dos grupos dominados. Iso si, habería que preguntarse quen nos recoñecemos como subalternas, hoxe en día", destaca. Nunha escena típica da obra o protagonista bate en representantes da Igrexa, en soldados ou en policías, unha acción crítica que cobra especial importancia no contexto de represión propio da postguerra. Campoy analiza o xeito en que o espectáculo se apropiaba de tácticas propias da oralidade coma o anonimato ou a ambigüidade. "O espectáculo de Barriga Verde conseguía incrustar tan eficazmente esa crítica que moitas veces as autoridades franquistas nin se daban de conta. Si constan algunhas amoestacións verbais, con orixe no cura da parroquia", comenta. "Non había textos escritos. Había unha estrutura básica e en moitos casos improvisábanse os diálogos a partir de temas de actualidade", explica. Nunha escena típica da obra o protagonista bate en representantes da Igrexa, en soldados ou en policías, unha acción crítica que cobra especial importancia no contexto de represión propio da postguerra O proxecto de recuperación de Barriga Verde iniciado hai anos polas persoas que conforman a Asociación Cultural Morreu o Demo conseguiu xa parte dos seus obxectivos, recompilando e difundindo importantes materiais e información sobre estes títeres. A este respecto Campoy concorda nos éxitos acadados mais sinala que o terceiro grande obxectivo sería "a socialización, que é o que nos falta: conseguir que a sociedade galega se identifique con Barriga Verde como un referente vivo, como unha forma de facer teatro de títeres incómoda ao poder". "No proceso de reactivación e recuperación do personaxe non debe perderse ese compoñente antiautoritario do espectáculo. Non é doado, pero é posible que cousas coma as que están sucedendo en Madrid nos axuden a poñer o foco nese aspecto e a que esa identificación sexa máis efectiva. Estas detencións reafirman o potencial subversivo das marionetas", destaca, engadindo que "chama a atención como é nun contexto democrático cando estes títeres son perseguidos". "Parte do noso traballo era recuperar esa tradición, amosar que está aí. Pero agora é a sociedade galega a que se ten que reapropiar do espectáculo, facelo seu e se cadra darlle unha volta, mesmo cambiando o soporte, utilizar a Barriga Verde nas redes sociais como un símbolo daquelas outras cousas que se queren dicir", conclúe "Incomprensión" coa tradición cultural dos títeres A propia Asociación Cultural Morreu o Demo, que traballa pola recuperación do títere tradicional galego, difundiu un comunicado no que, ademais de amosar a súa "preocupación" polas detencións, lamenta "a aparente incomprensión do público" partes da obra que "fan parte desde hai séculos do acervo cultural popular de toda Europa e que semella que, polo seu descoñecemento, xeran rexeitamento en parte do público actual". A entidade destaca que Don Cristóbal é unha obra que se representa "desde hai máis de 200 anos en todo o territorio español", con "escenas como algunhas das que se puideron ver en Madrid". Sinala igualmente que en moitos países da nosa contorna, como Francia, o Reino Unido, Italia, a República Checa, Holanda ou Alemaña "son habituais e publicamente recoñecidas representacións con contidos semellantes" e que mesmo en Londres "existe un día dedicado especificamente a Mr Punch onde se representa e celebra de xeito multitudinario e ante nenos e maiores esta obra (con aforcamentos e golpes incluídos) como unha parte destacada da cultura nacional". A asociación conclúe que parte da polémica se produce en boa medida "pola redución dos títeres a un espectáculo para crianzas que vivimos desde hai décadas" cando en realidade "estes entretementos desempeñaron durante moitos anos unha función catárquica para as clases populares e se dirixían a espectadores de todas as idades". "No proceso de recuperación do personaxe non debe perderse esa compoñente antiautoritaria. Non é doado, pero é posible que cousas coma as que están sucedendo en Madrid nos axuden a poñer o foco nese aspecto" Tamén o cre así Comba Campoy: "Chegouse a un punto, na actualidade, no que os títeres foron convertidos nun espectáculo unicamente infantil, case cunha función de canguro, para deixar alí os nenos". "Pasou xa con Barriga Verde nas representacións que hoxe en día realizan Viravolta e Alacrán. Afortunadamente non houbo denuncias, pero si críticas dalgúns pais e nais e mesmo cartas ao director en xornais queixándose de que se programe un espectáculo para nenos e nenas tan violento e soez. E é porque non se entende o contexto do espectáculo", di. Unha expresión cultural común a outros territorios "Pasou xa con Barriga Verde nas representacións que hoxe en día realizan Viravolta e Alacrán. Afortunadamente non houbo denuncias, pero si críticas dalgúns pais e nais e mesmo cartas ao director en xornais" A figura de Barriga Verde adopta en Galicia a mesma función que noutros territorios de Europa, durante séculos, adoptaran títeres populares, dándolles voz ás reivindicacións e preocupacións das clases populares. Barriga Verde é cultura popular absolutamente inserida na tradición galega, pero ao mesmo tempo forma parte dunha tradición máis ampla, de dimensión (cando menos) europea. "Hai moi poucas diferenzas no repertorio, nos trazos de carácter, entre o noso Barriga Verde e o Don Roberto do norte de Portugal, pero é igualmente curmán de Pulcinella, Punch ou de Polichinelle, atopamos expresións culturais moi semellantes en todo o continente. Non entendo como as institucións europeas non repararon en que teñen aí un exemplo perfecto dunha cultura europea", destaca Campoy. "Posiblemente sexa unha figura universal, porque atopamos elementos semellantes en Asia, no norte de África, nos mamolengos do Brasil", engade. Web do proxecto Barriga Verde Comba Campoy: Títeres e resistencia (.pdf) Comunicado da Asociación Cultural Morreu o Demo
NOS_36689
O sábado 24 de marzo, a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia puxo a disposición de rapazada e coidadoras de crianzas unha liña telefónica de primeiros auxilios emocionais. Conversamos con Ricardo Fandiño, integrante de Aiseia e coordinador dos casos, quen recorda: "No confinamento hai un nesgo evidente de clase que hai que ter en conta".
-Por que decidiron poñer en marcha o programa e como funciona? No momento en que se comunicou que o confinamento ía ir máis alá de quince días -nós que traballamos con rapazada e crianzas- démonos conta de que a súa situación nas casas podía dar lugar a dificultades de convivencia, problemas no acceso a material escolar etc. Somos un grupo amplo de dezaseis persoas: psicólogas, traballadoras sociais, educadoras sociais, unha enfermeira. Un número de coordinación (622245545) filtra as chamadas e deriva ao profesional máis convinte para atender á demanda. -É posíbel detectar situacións de violencia no fogar, ou de especial vulnerabilidade, a través dun servizo telefónico? Estamos particularmente atentos, mais non atopamos esa casuística. Na coordinación témolo moi en conta, os posíbeis casos de violencia de xénero ou exercida cara menores. Son problemáticas que xeralmente se detectan na escola, nos servizos médicos, e que nestes momentos non son de tan fácil acceso, co cal si que é un problema que nos preocupa. Cremos que pode haber unha maior invisibilización destas problemáticas na corentena e que é necesario estudar en profundidade, unha vez finalice, o que está a acontecer estes días. Nas adolescentes hai unha grande inquedanza polo futuro académico -Que vos comentan as adolescentes que contactan co servizo? -Antes que nada, quero puntualizar no confinamento hai un nesgo evidente de clase que hai que ter en conta. Non é o mesmo estar confinado nunha casa con xardín que nun piso onde un adolescente non ten espazo de intimidade, un cuarto propio. Ademais, damos por feito que todos teñen acceso a internet, pero moitas das tarifas de datos dos seus móbiles esgótanse rápido. Non todas teñen wifi e perden a conexión. Iso preocúpalles porque nestes días precisan a interacción coas súas amizades. Ademais, hai unha grande inquedanza polo futuro académico, co aprazamento de exames ou a incerteza sobre a selectividade. -Tamén atenden as chamadas de coidadoras de crianzas, cales son as súas principais dúbidas? -As dúbidas das nais son de varios tipos, como as que teñen que ver con reaccións que perciben nas crianzas e que lles chaman a atención. Máis tristeza, por exemplo. Pero tamén problemáticas máis específicas, como a perda do control dos esfínteres, dúbidas sobre nenos ou nenas con trastorno de espectro autista, ou problemas de convivencia, que se dan tamén nas adolescentes, que xa se detectaran antes do confinamento, pero que se agudizan neste tipo de circunstancias. Respecto ás adolescentes, céntranse no uso masivo das pantallas ou maior tendencia ao illamento. Hai casos de problemas de convicencia que se agudizan neste tipo de circunstancias -Que recomendacións ofrecedes para as familias con adolescentes? Nestes momentos cremos que o uso das pantallas, de moita actualidade, pode ser unha solución temporal para eles que lles permite interactuar entre iguais. Pero recomendamos que parte do tempo que lles dediquen sexan na compañía de adultos. Por que? Para que non só fiquen enganchadas en canles que teñan que ver coa poboación adolescente, que saian da autorreferencialidade dun mundo exclusivamente adolescente. Que compartan xogos, que analicen criticamente as noticias coa súa familia. E tamén compre facer propostas que para que compartan as súas inquedanzas culturais con toda a familia. En todo este movemento dos balcóns, das ventás, no que se canta ou aplaude, hai cazoladas...bótase de menos que haxa máis produción cultural adolescente. Por que non adolescentes cantando trap nos balcóns? -Italia permite que as crianzas saian a rúa de forma controlada. Debería adoptarse esta medida tamén no Estado español? -Penso que neste debate hai unha cuestión de temporalidade, flexibilidade e tamén de responsabilidade das familias. Unha cousa é un confinamento a curto prazo, quince días estendidos a catro semanas. Outra, un escenario a medio prazo. Temos que valorar que hai unha problemática de saúde xeral que é a COVID-19, mais non é a única a ter en conta. As crianzas precisan dunha interrelación, unha actividade, estar ao sol. Somos favorábeis a que as crianzas podan dar pequenos paseos, estase facendo coas mascotas. As crianzas precisan dunha interrelación, unha actividade
PRAZA_13446
O cumio internacional acollerá, con notables ausencias e escasas expectativas de éxito, debates ao redor da chamada economía verde, un concepto moi criticado por colectivos ecoloxistas, que denuncian que se encamiña cara á mercantilización dos recursos naturais. En paralelo, desenvólvese en Río até o sábado a Cimeira dos Pobos, cunha axenda alternativa.
O propio nome de Rio+20 (en referencia ao cumio que en 1992 quixo, sen éxito, sentar as bases do desenvolvemento sostible) supón o recoñecemento dos fracasos das cimeiras anteriores. Os acordos de Rio92 ou de Kioto ficaron en papel mollado, e atendendo a eses antecedentes, ás notables ausencias (Obama, Merkel, Cameron) nesta nova xuntanza, e ás diverxencias existentes entre os gobernos do Norte e os dun Sur cada vez máis empoderado, as expectativas neste Rio+20 son moi limitadas. E non será porque un cumio deste tipo non sexa necesario, nin polo empeño posto polo Goberno brasileiro na súa organización, nin pola súa dimensión (participan 86 xefes de Estado e Goberno, máis de 50 mil persoas en total). Pero os receos son moitos. Na xornada de apertura dos debates unha estudante neozelandesa, Brittany Trilford, realizou en alto a pregunta que moitos desexaban formularlles a eses xefes de Estado, e aos representantes das grandes corporacións reunidos en Río: "Viñeron para salvarnos ou para salvar a súa imaxe?". Trilford engadiu: "vostedes teñen 72 horas para decidir o destino dos nosos fillos. O cronómetro está a contar, tic, tac, tic, tac". A FAO declarou oficialmente que Río+20 será a derradeira oportunidade para comezar a solucionar o problema do cambio climático no sistema alimentario. O obxectivo declarado do cumio é sentar as bases da chamada economía verde Porén, o obxectivo declarado do cumio é sentar as bases da chamada economía verde, algo que xa se fixo explícito no documento oficial de debate, O futuro que queremos, un texto de consenso pero sen propostas concretas que ademais orienta as negociacións no sentido da profundización do modelo de mercantilización da natureza e o medio ambiente. O elemento clave da economía verde é a valorización económica e a transabilidade dos chamados servizos ambientais, ofertados de balde pola natureza, como a dispoñibilidade de auga, alimentos e plantas medicinais, a captura de carbono, a regulación climática, a prevención de desastres e até se menciona á cultura e o coñecemento de pobos indíxenas. O debate central, segundo Ignacio Ramonet, estará "entre o concepto de economía verde que defenden os voceiros do neoliberalismo, e o de economía solidaria" O obxectivo é fixar unha axenda global para garantir a sustentabilidade ambiental e tamén reducir a pobreza e promover a igualdade social. O debate central, segundo Ignacio Ramonet, estará "entre o concepto de economía verde que defenden os voceiros do neoliberalismo, e o de economía solidaria, promovido polos movementos que cren que sen a superación do modelo actual de desenvolvemento predatorio, baseado na acumulación privada de riqueza, non haberá preservación ambiental". O propio comisario de Medio Ambiente da UE, Janez Potocnik, criticou a "falta de ambición" do texto base do cumio e afirmou que "ainda que existen cousas boas neste texto, falta a ambición necesaria para o desenvolvemento sustentable e para unha economía verde global". E iso que a posición oficial de Potocnik e da UE no seu conxunto é de apoio aos discursos a prol da economía verde, "unha oportunidade para transformar eses desafíos en postos de traballo, para sacar as persoas da pobreza, para alimentar os nosos fillos, ao mesmo tempo que reducimos a presión sobre o medio ambiente e nos recursos". Rousseff dixo que a "transferencia das industrias contaminantes do Norte para o Sur trouxo empregos pero deixou unha pesada carga sobre o medio ambiente" Na primeira xornada do Cumio tamén foi crítica Dilma Rousseff, presidenta do Brasil, desta volta coas posicións dos países desenvolvidos. Rousseff dixo que a "transferencia das industrias contaminantes do Norte para o Sur trouxo empregos pero deixou unha pesada carga sobre o medio ambiente". A líder brasileira denunciou o incumprimeto das promesas de financiamento para que os países en desenvolvemento se adaptasen a un crecemento menos daniño para o planeta. Críticas á economía verde Esther Vivas, nun artigo recente publicado en Altermundo, afirmaba que "a nova ofensiva do capitalismo global por privatizar e mercantilizar masivamente os bens comúns ten na economía verde ao seu máximo expoñente. Xustamente nun contexto de crise económica como o actual, unha das estratexias do capital para recuperar a taxa de ganancia consiste en privatizar os ecosistemas e converter o vivo en mercadoría". Vivas conclúe: "Agora, vinte anos máis tarde, quérennos "vender a moto" da economía verde como saída á crise económica e ecolóxica. Outra gran mentira. A economía verde só buscar facer negocio coa natureza e a vida. Trátase da neocolonización dos recursos naturais, aqueles que aínda non están privatizados, e busca transformalos en mercadorías de compra e venda". De igual xeito, Nicolo Gligo, director do Centro de Análise de Políticas Públicas da Universidade de Chile, cre que "os resultados de Río+20 serán mínimos. Teño a soa expectativa de verificar como os contubernios entre os intereses dominantes se inxenian para evadir os temas ambientais de fondo". Para el, a economía verde é "outro cabaliño de Troia que vén substituír termos desgastados e inoperantes. A proposta de economía verde, no canto de quedar en declaracións fachendosas, debería profundar sobre o tema das transnacionais que dominarían esta economía". O Cumio dos Pobos En paralelo ao cumio de Rio+20 desenvólvese o Cumio dos Pobos, que comezou a pasada semana na cidade brasileira baixo o lema En defensa da vida e os bens comúns, a xustiza social e ambiental, contra a mercantilización da natureza e a economía verde En paralelo ao cumio de Rio+20 desenvólvese o Cumio dos Pobos, que comezou a pasada semana na cidade brasileira baixo o lema En defensa da vida e os bens comúns, a xustiza social e ambiental, contra a mercantilización da natureza e a economía verde. O Cumio dos Pobos está estruturado en tres eixos: a denuncia das causas estruturais da crise, as falsas solucións e as novas formas de acumulación do capital; o impulso ás solucións reais e os paradigmas alternativos dos pobos; e a construción colectiva da axenda, campañas e mobilizacións comúns máis aló de Río+20. De feito hai quen analizou positivamente a celebración do cumio oficial non polas decisións que vaia tomar, senón por sinalar "un momento importante para os movementos de masas para unirse e forxar unha visión dun mundo desexado e establecer claramente o tipo de futuro que non queremos", en palabras do nixeriano Nnimmo Bassey. "Asistimos a un novo ataque aos bens comúns onde quen saímos perdendo somos o 99% e o noso planeta" Os críticos co cumio oficial denuncian que se busca "crear o que poderiamos chamar unha nova gobernanza ambiental internacional que consolide a mercantilización da natureza e que permita un maior control oligopólico dos recursos naturais". Está en marcha unha campaña, chamada Rio+171, moi activa no twitter co hashtag #Riomas17, para denunciar "a fraude medioambiental". Segundo Esther Vivas, "asistimos a un novo ataque aos bens comúns onde quen saímos perdendo somos o 99% e o noso planeta. E especialmente comunidades indíxenas e labregas do Sur global, coidadoras dos ecosistemas, quen serán expropiadas e expulsadas dos seus territorios en beneficio das empresas transnacionais que procuran facer negocio cos mesmos".
NOS_12221
O home que controlou durante 29 anos a entidade do norte quedou libre das condenas de prisión polas millonarias indemnizacións a directivos na fusión das caixas galegas, malia percibir a contía máis elevada de todo o Estado. Desde a súa saída, a familia Méndez multiplicou os seus investimentos coa xubilación de ouro do patriarca. Uns negocios que revelamos no Sermos Galiza 231, á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto da información.
José Luis Méndez López era e é un home intocábel. Á fronte de Caixa Galicia, o seu poder estendíase de maneira omnímoda polo país até converterse nun dos xestores máis lonxevos das caixas de aforros do Estado. Durante 29 anos dirixiu a entidade do norte baixo os seus designios, rodeado da súa familia, que ostentaba altos cargos, até a desaparición e posterior fusión das caixas galegas. Unha saída que evitou a súa condena pola Audiencia Nacional, que vén de enviar a prisión catro dos directivos de Novacaixagalicia por acordar indemnizacións millonarias. Marchou Méndez no momento oportuno, deixando tras de si unha Caixa Galicia en quebra. Decidiu abandonala despois de que o Banco de España certificara o enorme buraco financeiro da entidade e a insolvencia da mesma, apartándoo da posibilidade de liderar a polémica fusión das caixas. Pero non o fixo de balde. Mediante un contrato blindado, conseguiu un retiro dourado pese o seu papel central na desfeita bancaria: unha indemnización de 16,5 millóns de euros, a maior das contías percibidas por un alto cargo das caixas de aforros do Estado. Saíu en setembro de 2010 entre eloxios e agradecementos do seu consello, que defendía a súa indemnización como compensación a tres décadas de traballo e da que, supostamente, tería renunciado a parte do que lle correspondía, pois segundo o contrato podía ocupar o cargo até os 70 anos. A xubilación de ouro do ex-director xeral, que presumía de ter convertido unha caixa provincial nunha das principais caixas do Estado, coñecíase o mesmo día en que os responsábeis de Novacaixagalicia anunciaban que a obra social da entidade era "insostíbel" e que os despedimentos eran "inevitábeis". [Podes ler a información íntegra no Sermos Galiza 231, á venda nos quiosques e na nosa loxa]
NOS_1600
Creba: "restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra até a costa". Actualmente, sinónimo de lixo. A tradición das crebas existe na Galiza desde sempre. Porén, hoxe en día, nas crebas só se atopan moreas de plásticos e residuos que contaminan a costa.
Na Galiza hai unha gran tradición de recoller todo o que trae o mar, sexa lixo ou sexan tesouros. A isto, comunmente coñécese como"ir ás crebas". Principalmente, esta actividade realizábase ao longo da Costa da Morte dada a gran cantidade de naufraxios que se producían pola zona, mais sempre houbo crebeiros e crebeiras, en maior ou menor medida, por todo o litoral galego. A cultura oral trouxo até os nosos días, a través da comunicación interxeracional, contos e historias realmente impresionantes sobre as cousas que chegaban ás praias galegas. Aínda que o máis habitual fose a recollida de madeira, a marea tamén trouxo mercadorías ben curiosas que a veciñanza da zona non dubidou en aproveitar, como as laranxas que cubriron o mar de Corrubedo en 1917, ou os botes de leite condensado que chegaron ás costas galegas, os cales, segundo se conta, foron confundidos con pintura branca, de maneira que aquelas persoas que decidiron aproveitar para pintar as súas casas con ela, pasaron unha boa temporada entre moscas. Tamén é coñecida a foto da muller cargando na cabeza unha impresora Xerox na costa de Carballo, ou os enormes cargamentos de tabaco que encheron gran parte da Costa da Morte. Cómpre recordar tamén o barco de vapor que transportaba xoguetes, encallado no ano 1910 preto da zona de Corrubedo, cuxa historia recuperou Manuel Rivas na súa novela O Lapis do carpinteiro: "[...] aquel foi un naufraxio moi especial. O barco chamábase Palermo e ía cargado de acordeóns. Mil acordeóns embalados en madeira". Todos estas historias están recollidas no Catálogo de Naufraxios da Galiza, unha investigación realizada por Rafael Lema. O tema das crebas chamou a atención dun gran número de persoas, galegas ou non, que se achegaron á costa para comprobar se as lendas que escoitaban eran certas. O escritor ourensán Francisco Xosé Fernández Naval foi un dos curiosos das crebas que, namorado polas historias que se contaban pola zona, asentouse na vila de Carnota. "O mundo das crebas é un mundo fantástico", non dubida en afirmar Fernández Naval, quen engade que "agora só se vai ás crebas para buscar leña que queimar, é certo que a xente segue a atopar cousas curiosas, pero hoxe en día xa non hai a necesidade que había daquela". Unha necesidade que se recolle á perfección na película Crebinsky, de 2011, dirixida por Enrique Otero, na que dous irmáns viven do que trae o mar. Porén, hoxe en día estanse a perder estas historias das crebas porque case todo o que chega ás praias galegas, en vez de seren tesouros como naquela altura, resulta ser, case na súa totalidade, lixo. Cada día as ondas deixan na beira plásticos de todo tipo, botellas, bolsas, bidóns, así como restos de redes, de madeira e elementos contaminantes diversos. A raíz da cantidade de lixo que enche as nosas praias e que aumenta cada ano, diferentes asociacións e artistas decidiron recoller estes restos para construíren esculturas ou realizaren pezas artísticas que, por unha parte, axuden a limpar a costa galega e, por outra, poidan darlles unha segunda vida a todos estes obxectos aparentemente inservíbeis. Os membros do grupo RetoqueRetro, conformado por un escultor, Javi Serantes, unha mestra, Ana Lee, e unha bióloga, Isa García, realizan esculturas con diferentes formas, principalmente de animais costeiros, a partir do lixo que recollen nas praias galegas. Os tres membros integrantes decidiron xuntar os seus coñecementos en cadansúa materia para promocionar a reciclaxe con fins artísticos, e levan traballando na idea desde o ano 2012. Porén, non foi até o pasado 2020 cando naceu RetoqueRetro como Asociación de defensa da Arte e do Medio Mariño. Actualmente, a asociación tamén leva a cabo exposicións coas pezas que crea, imparte obradoiros e charlas de concienciación, e colabora con outras agrupacións e organizacións, como Mar de Fábula, de Camariñas, que ten como principal obxectivo limpar as praias ao longo do ano. Os residuos que acaban no mar están a destruír un dos ecosistemas máis valiosos que temos na Galiza. Agora toca ir ás crebas, mais dunha forma e cun obxectivo diferente: limpar, reciclar e crear Esta asociación sen ánimo de lucro, coa finalidade de chamar a atención da cidadanía, organiza obradoiros de creación artística e artesanal nos que se dan pautas para reutilizar os materiais plásticos seleccionados do total de residuos recollidos, da mesma forma que os do grupo RetoqueRetro. Ambos os dous colectivos, xunto con outros participantes, xa teñen levado a cabo varios encontros sobre o lixo mariño e naufraxios, así como numerosas actividades con centros escolares, con asociacións xuvenís como a de Comarea de Muxía, e encontros para a recollida de lixo en diferentes praias pola zona da Costa da Morte, principalmente. A última exposición realizada na Galiza sobre as obras resultantes do lixo mariño foi a organizada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), no pasado mes de novembro. A mostra, "A alquimia do lixo: unha viaxe desde a fealdade á beleza", contou coa colaboración da asociación Mar de Fábula e a agrupación RetoqueRetro, e o seu principal obxectivo era a concienciación sobre a contaminación mariña. A mostra desenvolveuse en dúas salas de exposición, unha situada na Senra, en Bergondo, e outra na Casa da Cultura Vila Concepción, en Cambre. As obras resultantes dos obradoiros creativos son realmente curiosas e moi diversas, tanto máscaras, como composicións de diferentes pezas, esculturas con varios tamaños... Semella unha forma interesante de limpar as praias, darlle unha visión creativa ao lixo que se atopa nelas é, á vez, concienciar a poboación da necesidade de coidar o noso mar. A tradición das crebas foi mudando ao longo dos anos do mesmo modo que o fixeron os nosos costumes e o consumismo exacerbado propiciado pola sociedade capitalista na que vivimos. Os residuos das grandes manufacturas que acaban no mar están a destruír un dos ecosistemas máis valiosos que temos na Galiza, polo que este tipo de iniciativas semellan imprescindíbeis para axudar a reverter a situación de preocupante contaminación na que se atopa a costa. Agora toca ir ás crebas, mais dunha forma e cun obxectivo diferente: limpar, reciclar e crear.
PRAZA_18484
A empresa que dirixiu o ex-ministro tiña que realizar un estudo de viabilidade sobre a implantación dos seus propios materiais nos buques. Antes de asinar o contrato o Ministerio xa sinalara como "prioritarios" os mísiles, cuxa adaptación adiou o encargo aos estaleiros ferroláns O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés O PPdeG culpou ata esta semana a Sánchez de paralizar a construción de fragatas en Ferrol
O Goberno do PP freou a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa de Morenés O PPdeG culpou ata esta semana a Sánchez de paralizar a construción de fragatas en Ferrol María Dolores de Cospedal formalizou un contrato de 9,5 millóns de euros para que unha empresa do sector armamentístico redactase un informe sobre as vantaxes e riscos da implantación dun tipo determinado de mísil na futura construción das fragatas F-110. A empresa elixida, onde o anterior ministro Pedro Morenés fora alto executivo, para elaborar o documento que avaliase os mísiles era a principal interesada en asegurar que o armamento non ofrecía riscos e que a súa incorporación aos buques da Armada era idónea, xa que optaba á adxudicación do Ministerio. "Non é normal pedir unha análise de riscos á mesma empresa que serve o produto que se somete a xuízo", asegura un ex-alto cargo do Ministerio A compañía, MBDA, é un xigante multinacional dedicado á fabricación de proxectís pesados e tivo ao ex-ministro Morenés como presidente da súa filial en España, xusto antes da súa entrada no primeiro Goberno de Mariano Rajoy. Con Morenés á fronte do Ministerio, os dispositivos de MBDA foron cualificados por Defensa como "opción prioritaria" para a súa implantación nos buques de guerra. Dous anos despois, e fronte á oposición da Armada segundo fontes do Exército, Cospedal decidiu encargar o estudo que despexase dúbidas sobre a selección do provedor de Defensa a un dos dous aspirantes que aspiraba a vender o armamento. Fontes do Ministerio consultadas por eldiario.es cualifican o contrato como "profundamente irregular". "Non é normal pedir unha análise de riscos á mesma empresa que serve o produto que se somete a xuízo", asegura un ex-alto cargo do Ministerio, con responsabilidades no pasado na avaliación e compra de material militar. De Cospedal, con mandos da Armada na Escola Naval de Marín / CC BY-SA-NC Ministerio de Defensa Segundo os expertos consultados, o "habitual" neste tipo de situacións é buscar a un terceiro sen intereses directos na adxudicación para realizar a avaliación sobre as ofertas e a integración dos mísiles. Este tipo de encargos adoitan realizarse a empresas de enxeñaría para que analicen vantaxes e desvantaxes do material dunha compañía coa que asinan un contrato de confidencialidade. O estudo evidencia a teimosía que o Goberno de Rajoy mantivo durante dous anos, atrasando a posta en marcha do proxecto previo á construción das fragatas en Ferrol Con todo, Cospedal encargou esa tarefa de análise -a través dun procedemento negociado e sen publicidade de nove millóns de euros que incluía un só pagamento fixado para 2021- a unha das dúas aspirantes a ese millonario contrato. Ningunha outra compañía asistiu como competidora. A data oficial de formalización do acordo foi o 28 de decembro de 2017. O estudo encargado polo Ministerio de Cospedal evidencia a teimosía que o Goberno de Rajoy mantivo durante dous anos para que fosen os mísiles de MBDA os que finalmente se instalasen nas fragatas F-110. Eses dous anos de discusión coa Armada, contraria aos mísiles da empresa de Morenés e partidaria de fornecerse dun consorcio internacional que xa financiaba o Ministerio de Defensa, atrasou a posta en marcha do proxecto técnico, previo ao comezo da construción das fragatas F-110. Pendente de revisión O Goberno de Sánchez prevé ter que pagar cando menos unha parte dos 9,5 millóns pactados coa ex-empresa de Morenés na etapa de Cospedal Ao tratarse dun acordo adoptado a finais de 2017, o Goberno de Sánchez podería ter que abonar parte ou a totalidade dos 9,5 millóns de euros pactados no seu día. A pesar de que os mísiles da empresa de Morenés quedaron desbotados co cambio de Goberno, Defensa podería ter que cumprir as súas obrigacións contractuais coa ex-empresa do ministro. "Realizáronse os traballos sen finalizar e o contrato está en fase de liquidación. Hai que valorar en que porcentaxe", aseguran fontes de Defensa a eldiario.es. O equipo que dirixe Margarita Robles recoñece que haberá que pagar a parte do traballo que se realizou, aínda cando a súa utilidade sexa nula para o desenvolvemento das fragatas que Navantia espera empezar a construír en Ferrol. O Executivo está a analizar os resultados do informe para tentar sacar utilidade dalgunha das conclusións que conteñen as súas páxinas: "Está a analizarse a súa posible utilización para outros fins", aseguran desde o ministerio. Uns 7.000 empregos pendentes das F-110 en Ferrolterra A construción das fragatas supón un investimento de 4.000 millóns e carga de traballo para unha década en Ferrolterra A construción das Fragatas F-110 supón un investimento de 4.000 millóns de euros e carga de traballo aos estaleiros ferroláns durante polo menos unha década. O contrato para a súa construción aínda non se asinou aínda que o senador do PSOE Angel Mato asegurou este mércores que ese contrato estará listo para a súa rúbrica antes de que finalice o ano despois de que este verán se desbloquease por fin a elección do mísil e desbotasen a anterior empresa de Morenés. Os cálculos que baralla o Ministerio aseguran a creación de 7.000 postos de traballo directos e indirectos na comarca de Ferrolterra, unha zona moi castigada pola reconversión naval nas últimas décadas, asociados á construción dos buques. Deles, 1.300 empregos serían directos, 2.000 asociados á industria auxiliar e outros 3.500 empregos indirectos xerados por outros subministradores.
NOS_17776
On the road é o título da exposición comisariada por Gloria Moure e producida polo departamento de Turismo para conmemorar os 800 anos da peregrinaxe de San Francisco a Compostela. Só as partidas de produción publicadas no diario oficial ascenden a 800.000 euros, aos que hai que sumar outras non publicadas e a reforma do Pazo Arcebispal para albergar a mostra que superou os 600.000 orzamentados.
A mostra On the road supón o regreso de Gloria Moure a Galiza, a que fora directora do Centro Galego de Arte Contemporánea despois do breve paso de Antón Pulido. A xestora de arte volve, como en tempos da consellería de Pérez Varela, cun grande proxecto expositivo, un dos de maior dimensión orzamentaria mais, desta volta, á marxe do centro de arte que ela dirixiu e tamén da Cidade da Cultura onde recalaron nos últimos anos as mostras de maiores dimensións. No entanto,, On the road coincide con unhas e outras en estar promovida desde o departamento de Turismo, como en tempos do Xacobeo, e ao igual que as grandes producións do Gaiás. On the road é un dos eixos centrais cos que a Xunta quere conmemorar os 800 anos da chegada de San Francisco a Compostela, mais os números que a propia Axencia de Turismo fan público distan moito da rigorosa austeridade que predicaba o monxe. Só os concursos que o departamento dirixido por Nava Castro publicou no DOG ascenden a 800.000 euros e neles non aparecen conceptos como o propio logotipo da conmemoración, que a Xunta encargou ao artista Antón Lamazares, un dos protagonistas da mostra e coñecido pola súa defensa do "franciscanismo" na arte, desde o uso do cartón ás pinturas titanlux. Só na produción do catálogo, a Xunta inviste 56.750,00 euros, sen contar o IVE nun concurso que se adxudicou a Edicións Polígrafa, o selo da propia Gloria Moure que inclúe o libro no seu catálogo editorial. Chama tamén a atención que na ficha da edición non aparece en ningún momento que se trata dunha produción pagada pola Xunta de Galicia e todo fai indicar que é unha edición do propio catálogo de Polígrafa. O propio Antón Lamazares, o artista galego que máis se acopla á filosofía franciscana -el mesmo foi seminarista no convento de Herbón, dato que cita habitualmente- e que ocupa un lugar destacado na mostra, desaparece na ficha editorial preparada pola empresa de Moure. Na web de Polígrafa o prezo de venda do catálogo é de 39 euros e só aparece o ISBN de edicións en castelán e inglés. Só na produción do catálogo, a Xunta inviste 56.750,00 euros, sen contar o IVE nun concurso que se adxudicou a Edicións Polígrafa, o selo da propia Gloria Moure Non é esta a única partida destinada á coidadora da exposición. O DOG publica tamén outra destinada á "elaboración do catálogo" polo que se adxudican á propia Gloria Moure 21.966, 94 euros. En transporte de obras e seguro cravo a cravo Turismo inviste, 149.917, 77 euros e na montaxe 133.700, ambas sen o imposto do valor engadido que é un 21% para estes conceptos. Para atención, sustento e desprazamento dos correos, propietarios de obra e artistas reservan 131.267,06 euros e 291.317,18 teñen como obxecto a vixilancia e atención ao público. O DOG non recolle, entre outras, as partidas destinadas á produción de obra exclusiva ou, pomos por caso, para a actuación no cemiterio de Bonaval onde se pintaron os nichos nunha instalación artística temporal. Volver á opulencia de cando a crise non existía Para On the Road acondicionouse o Pazo de Xelmirez con máis dos 600.000 euros orzamentados co obxectivo de acoller a exposición de 44 obras que trouxo de novo a Compostela algúns dos nomes da arte contemporánea que tiñan protagonizado sonadas exposicións individuais do CGAC no tempo de Gloria Moure. Nomes como Marcel Broodthaers, Christian Boltanski, Giuseppe Penone, Féliz González-Torres, Kounellis, Giovanni Anselmo ou Joseph Beuys evocan aínda os tempos no que o CGAC era un centro privilexiado nos orzamentos da Consellería de Cultura. Na historia do CGAC queda memoria da destitución de Gloria Moure por parte do PP coa acusación do exceso de gastos e tamén a defensa de artistas que mostraban a oposición ao cese da directora que asinou as exposicións de maiores orzamentos do centro.
PRAZA_16379
Villares pregunta expresamente na Cámara pola campaña que publicou en xornais impresos e o presidente elude responder, pero contraataca acusando a En Marea de facer propaganda HEMEROTECA | Así xustifica a Xunta o gasto de 77.000 euros en publicar como publicidade a declaración de Feijóo sobre os incendios
HEMEROTECA | Así xustifica a Xunta o gasto de 77.000 euros en publicar como publicidade a declaración de Feijóo sobre os incendios Tras a vaga de incendios do pasado 15 de outubro a Xunta gastou un mínimo de 77.000 euros en publicar nunha ducia de xornais impresos galegos e estatais unha páxina enteira de publicidade coa súa tese sobre o suposto "terrorismo" que estaría detrás do lume. Este mércores, despois de que o fiscal de Medio Ambiente avanzase que non atopa ningunha trama incendiaria, En Marea preguntou de xeito expreso ao presidente Feijóo no Parlamento de Galicia sobre esa campaña publicitaria. Porén, Feijóo eludiu responder, contraatacou acusando a En Marea de facer propaganda e ratificouse en que os incendios foron produto do terrorismo. Xa no avance por escrito presentado hai uns días na Cámara sobre o tema da súa pregunta En Marea indicou que pretendía preguntar ao presidente Feijóo pola súa "política de propaganda". E así o fixo este mércores o seu voceiro, Luís Villares, que inquiriu sobre ese gasto concreto en publicidade. Villares preguntou tamén se, despois de que o fiscal negase a existencia de tramas, a Xunta vai "facer outra campaña institucional pagada para desmentir esa información". O portavoz de En Marea sentenciou sobre a orixe dos incendios que "non hai trama, o que había era unha tremoia do PP para ocultar a súa propia incompetencia", para preguntar finalmente: "Cre vostede que con propaganda pode borrar o seu fracaso como gobernante?" Villares pregunta expresamente na Cámara pola campaña que publicou en xornais impresos e o presidente elude responder, pero contraataca acusando a En Marea de facer propaganda Porén, en ningunha das súas dúas intervencións o presidente deu ningunha explicación ao respecto. Polo contrario, acusou a En Marea de propaganda e volveu atribuír á Fiscalía, como xa fixo o pasado xoves, as sospeitas desa suposta "trama incendiaria" que agora ninguén é quen de demostrar. Feijóo mesmo insinuou que coas súas críticas Villares está a favorecer aos incendiarios: "alá vostede a quen protexe", dixo. Antes da pregunta deste mércores que Feijóo se negou a responder, o Goberno galego xa respondera por escrito unha pregunta formulada tamén por escrito formulada polo BNG sobre esa mesma campaña publicitaria sobre os incendios. Na súa contestación a Xunta dicía que aquela páxina publicitaria sobre a súa tese de "terrorismo incendiario" informaba da existencia de axudas aos afectados. Igualmente, xustificaba que se elixiran medios en papel e non outros argumentando que o texto publicado era demasiado longo para o que se adoita ler en internet. "O que había era unha tremoia do PP para ocultar a súa incompetencia", di o voceiro de En Marea ao presidente, que volve adxudicar á Fiscalía a tese da trama incendiaria Feijóo tamén dixo este mércores que "non é necesaria unha trama para cometer un acto de terrorismo, pódese cometer de xeito individual sen conectar con ninguén". A esa afirmación Villares retrucou lembrando que o presidente defendeu que as vítimas dos incendios fosen tratadas como vítimas de terrorismo pero salientou que a Xunta non o fai así nas indemnizacións que preveu para elas. Villares salientou que a lei estatal prevé indemnizacións de 200.000 euros en caso de falecemento por terrorismo e de 500.000 euros en caso de gran invalidez, mentres que as axudas establecidas polo Goberno galego para os afectados polos incendios son de 75.000 euros tanto para os casos de morte como de incapacidade absoluta. Leiceaga pregunta por obras públicas e Feijóo responde criticando a organización do PSOE "Non teña dúbida de que no caso de que o AVE non chegue a Galicia o próximo ano o primeiro que se vai levantar aquí a dicilo son eu", asegurou Feijóo Proceder similar ao empregado para non responder a Villares foi o que empregou o presidente para contestar a pregunta que lle formulou o portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga. O socialista pediu ao presidente unha explicación polo que considera un "castigo" do Goberno central cara Galicia en materia de investimentos en infraestruturas. Pero a resposta de Feijóo foi a de empregar os dous primeiros minutos dos tres con que contaba para criticar a organización interna do PSOE. Sobre a cuestión pola que era preguntado, houbo que agardar á segunda quenda de intervencións para que o presidente volvese reiterar que "o AVE chegará a Galicia o próximo ano, non teña dúbida de que no caso de que o AVE non chegue a Galicia o próximo ano o primeiro que se vai levantar aquí a dicilo son eu".
PRAZA_19538
Medio Ambiente ultima o envío ao Parlamento da nova lei de protección dos animais, que di buscar o "máximo nivel de protección" e evitar o "maltrato", pero exclúe os espectáculos taurinos do seu ámbito de aplicación.
"É unha batalla gañada", unha vitoria da que só se descoñece o momento concreto en que acontecerá. Hai case media década A Coruña acollía unha conferencia internacional pola abolición da tauromaquia na que os abolicionistas amosaban a súa esperanza sobre a fin das touradas nunha das cidades que era símbolo da resistencia destes espectáculos a desaparecer grazas, fundamentalmente, ao apoio directo ou indirecto dos cartos públicos. Cinco anos despois a retirada dos fondos do Concello provocou que as touradas coruñesas sexan, como en case toda Galicia, un evento do pasado, un espectáculo residual do que no último ano só houbo catro mostras pero que a Xunta se resiste a prohibir. Tampouco o fará coa lei de protección dos animais que, tras ser aprobada polo Goberno como anteproxecto hai máis dun ano, a Consellería de Medio Ambiente prevé remitir proximamente ao Parlamento. Segundo a conselleira Beatriz Mato, a previsión do gabinete de Alberto Núñez Feijóo pasa por remitir á Cámara no actual período de sesións -daquela, non despois de mediados de xullo- o proxecto de Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia. Como xa advertira o propio presidente, a norma exclúe dende o propio título os espectáculos taurinos, pero tamén o fai no articulado. Así, o artigo 2 do anteproxecto advirte de que ningún dos preceptos da nova norma "será de aplicación aos animais que sexan obxecto de regulación específica" e cita, "entre outros", aos "animais empregados en calquera espectáculo taurino, incluídos os encerros". A futura lei buscará o "máximo nivel de protección e benestar dos animais" e admite que o maltrato "non significa só violencia extrema", pero deixará fóra as touradas Producirase así o paradoxo de que, se é aprobada sen cambios, as touradas non se verán afectadas en absoluto por unha lei que inclúe entre os seus fins "acadar o máximo nivel de protección e benestar dos animais", atendendo á súa "condición de seres vivos dotados de sensibilidade", así como "compatibilizar o benestar dos animais co seu desfrute e mantemento polas persoas", di o anteproxecto. A lei tamén marcará como obxectivo "sensibilizar" para que a cidadanía sexa consciente de que "maltratar" un animal "non significa só violencia extrema", senón tamén "someter os animais a condicións hixiénicas e sanitarias moi cuestionables" ou o seu "emprego en espectáculos prohibidos ou noutros nos que non é posible garantir o cumprimento dunhas condicións mínimas de benestar, com ocorre nos espectáculos circenses". Catro touradas en todo o ano Galicia avanza cara a este contraditorio panorama nun contexto no que a propia Xunta admite o esmorecemento práctico dos espectáculos taurinos, agás contadas excepcións como a da praza de Pontevedra ou a tourada que se prepara para o vindeiro xuño no Páramo. Na liña do avanzado nos sucesivos anuarios estatísticos do Ministerio de Cultura, o Goberno galego reflicte o devalo das touradas no país nos últimos anos, proceso acelerado dende as últimas eleccións municipais, coa fin dos apoios públicos por parte de institucións como o Concello da Coruña ou a Deputación de Pontevedra. Así, nunha recente resposta parlamentaria a unha batería de iniciativas de En Marea a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia detalla que os 9 espectáculos taurinos celebrados en 2014 pasaron a sete en 2015 e só catro en 2016. A Xunta escúdase nos concellos para evitar a prohibición e argumenta que forman parte da "oferta cultural tradicional" nalgunhas localidades En resposta ao mesmo grupo o Goberno non só deixa claro que non prevé prohibir as touradas, senón que ademais traslada a responsabilidade sobre a súa celebración aos concellos, que poden promovelas e decidir apoialas ou non, pero carecen de competencia para prohibilas. "A realización deste tipo de espectáculos ou actividades insírese no exclusivo ámbito de decisión dos gobernos locais e algúns concellos de Galicia adoitan incluílas como parte da oferta cultural tradicicional dentro da programación dos festexos locais ou patronais", indica outra resposta da Vicepresidencia, que se escuda no "principio de autonomía local" para esquivar a prohibición duns eventos aos que, resalta, "non concede subvención ou axuda ningunha". Neste escenario, cabe agardar que a única decisión da Xunta a respecto das touradas nos vindeiros tempos sexa a referida a limitar a presenza de menores de idade nas mesmas. Na liña do acordo acadado no Paralmento, o Goberno ratifica que ve "necesario regular o acceso" deste sector da poboación a "determinados" eventos. Esa regulamentación, avanza, chegará na próxima lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Sancións a espectadores en Pontevedra A Policía tramitou catro sancións a espectadores das touradas na praza pontevedresa polo seu "comportamento" Cando entre en vigor a nova norma continuará, daquela, sen haber impedimentos legais para a celebración de touradas como as que aínda sobreviven na praza de touros de Pontevedra, ás que se refiren especificamente as devanditas iniciativas parlamentarias. Na súa resposta o Executivo explica que no período polo que preguntou En Marea (2010-2016) "non se iniciou ningún expediente sancionador na feira taurina de Pontevedra relacionado coa autorización" para a celebración do evento "ou no que atinxe ao desenvolvemento do espectáculo propiamente dito", pero si houbo algunhas sancións ao público. Nomeadamente, a Vicepresidencia certifica que, "con base nas denuncias formuladas" pola Policía, nese período "tramitáronse catro expedientes sancionadores por infraccións relacionadas co comportamento dalgúns espectadores que presenciaban o espectáculo". A Xunta, lembra a resposta, controla "estas actividades" en aspectos como "as condicións de seguridade da praza, a idoneidade do equipo material e persoal médico ou as certificacións veterinarias sobre a adecuación das condicións hixiénico-sanitarias".
NOS_6902
Despois de ver que o dúo funcionaba coa longa xira de Sede de Mal, os actores Xabier Deive e Luís Iglesia regresan ao teatro con Filosolfando, unha comedia que se preestrea esta sexta feira día 14 en Pontedeume.
A preestrea de Filosofando será esta sexta feira día 14 ás 20.30 na Casa da Cultura de Pontedeume, a estrea oficial a seguinte, día 21, na Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee. Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia volven subir a escea cunha comedia escrita e dirixida por Avelino González, producida por Boneca Lareta e distribuída por Culturactiva. A obra, que e preestrea en Pontedeume esta sexta feira ás 20.30 horas, preséntase como "continuación natural" de Sede de Mal, á maneira de reflexión partillada entre os dous protagonistas, desta volta, sobre "o lado menos sensato", dunha vida da que xa afondaron na súa parte escura. O tema central das súas conversas será "a existencia", a partir do célebre aforismo de René Descartes: "penso, polo tanto existo". Filosolfando aterra nos escenarios co aval das máis de 50 funcións e 10.000 persoas de público da súa antecesora que asistiron á obra que xuntaba aos dous coñecidos e populares actores, os dous con longas traxectorias e puntos en común como, por exemplo, a serie Matalobos.
NOS_55750
Mantense a alta preocupación pola situación dalgúns encoros, en niveis moi baixos a pesar de que aínda restan varias semanas para que as precipitacións volvan enchelos, advertiu a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.
Varios encoros da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil teñen "datos alarmantes" dos seus niveis de auga, aseverou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que recoñeceu que o "13% ou 15% de ocupación" nalgúns casos está a provocar "unha alerta social". "Permitir baixar do 20% é irresponsábel porque aínda quedan semanas para que a auga chegue aos encoros de forma continua", explicou Vázquez, que salientou que "falamos de baixadas de nivel que están causando unha preocupación importante no Goberno". Os encoros sobre os que a Xunta da Galiza amosa maior preocupación son os de Portas, Cenza (ámbolos dous en Vilariño de Conso), Salas (Muíños) e Belesar (entre Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín). Os dous primeiros non superan o 15% da capacidade, cifras que non atinxiran en todo 2020, mentres que Salas e Belesar están arredor do 30%, un nivel de auga que non acadaron o ano pasado até finais de outubro. O das Portas, que explota Iberdrola, é o que ocupa a maior atención por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, revelaron esta segunda feira, ao ser o segundo con máis capacidade da institución. O nivel actual dificulta que os hidroavións carguen auga no caso de incendios forestais. Hai catro días, a Confederación reclamara "responsabilidade" a Iberdrola e Naturgy, as concesionarias das infraestruturas, mentres que o Goberno do Estado abriu un expediente informativo ás empresas. O sábado, era a Xunta da Galiza a que anunciaba que fará un seguimento da evolución dos caudais para, eventualmente, exixir responsabilidades ás compañías eléctricas privadas. O ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, titular destes encoros, "tería que ter previsto estes casos e fixar niveis mínimos de ocupación", apuntou Vázquez. "Preguntámonos cales son os niveis mínimos na Confederación e cando foi a última comisión do nivel dos encoros", continuou a conselleira, que incidiu na diverxencia entre a normativa galega e estatal, "a Xunta estabelece un nivel mínimo de ocupación do 20%, e, antes de chegar a ese número, ten que haber autorizacións previas".
NOS_43414
O número de persoas desempregadas no noso país sitúase agora mesmo en 150.602, 20.176 parados e paradas menos que hai un ano (-11,81%).
O número de persoas paradas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego da Galiza descendeu en 2.734 persoas, 1,78% menos, segundo datos publicados esta cuarta feira polo Ministerio de Traballo e Economía Social. O número de persoas desempregadas no noso país sitúase agora mesmo en 150.602, 20.176 parados e paradas menos que hai un ano (-11,81%). Mulleres e servizos: o paro baixa en 1.173 persoas na Galiza no mes de marzo A Galiza é unha das autonomías do Estado español onde menos descendeu o paro en abril, coas Illas Baleares á cabeza, onde caeu 15,31%, seguida de Andalucía (-4,07%). Na Coruña o paro baixou en 1.427 persoas en abril, até 59.363 desempregadas, mentres que en Lugo creáronse 409 postos de traballo, quedándose con 14.248 parados. En Pontevedra, o número de persoas desocupadas baixou en 947 persoas, até 59.633. Ourense foi a única provincia na que creceu o desemprego, con 49 parados máis, 17.358 persoas en total. Do total de 150.602 persoas desempregadas na Galiza, máis de 58% son mulleres. Por franxas de idade, destaca que 4,2% son persoas de menos de 25 anos de idade. Valoración da CIG O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria da CIG, Paco Sío, afirmou que os datos non son "para nada positivos". Sío sinalou non entender a "euforia" que está a amosar o Goberno español e o Ministerio de Traballo, xa que o emprego creado é "case exclusivamente" estacional ligado aos servizos, mentres que sectores como o primario ou a construción rexistraron descensos do paro "testemuñais" e na industria mesmo medou o desemprego. Reforma laboral, o contido e as formas En relación á defensa da reforma laboral que o Executivo estatal fixo nas últimas horas, o sindicalista manifestou que se están a deixar ver "de maneira preocupante" algúns efectos "preocupantes". Neste sentido, subliñou que a contratación temporal está a ser substituída pola parcialidade do emprego, sinalando que este tipo de contratos e os fixos discontiinuos "supoñen xa 60% dos contratos indefinidos que se rexistran". Datos "espectaculares" A vicepresidenta do Goberno español e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou que os datos de desemprego no conxutno do Estado español foron "espectaculares". "Aínda que o Estado español ten un grave problema estrutural de paro, temos que recoñecer cando as cousas van ben. A reforma laboral cambiou o paradigma de contratación no Estado, e iso non é pequena cousa", engadiu.
NOS_51944
A Lei de concordia que substituirá a Lei de memoria histórica en Castela e León ou a paralización do anteproxecto de lei para garantir o principio de igualdade de trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero son só algunhas das medidas que Vox promove, e que pretende levar a cabo no resto do Estado español.
Agora que a entrada da extrema dereita nun Goberno do Estado español por primeira vez desde o franquismo é unha realidade, PP e Vox comezan a mostrar en Castela e León o modelo que queren estender ao resto do Estado. Antes das eleccións, e durante todo o proceso negociador para conformar un Executivo, o candidato de Vox en Castela e León, Juan García-Gallardo, deixou moi clara a postura da súa formación: lexislar contra a lei de violencia xénero, a lei de memoria histórica e os "chiringuitos de xénero", as asociacións LGTBI que pulan por dotar de protección as persoas do colectivo. Feixoo adopta o discurso de Vox e considera agora a violencia vicaria "violencia intrafamiliar" En materia de violencia de xénero, o discurso do presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, durante o debate de investidura, puxo de manifesto un cambio de rumbo que xa iniciou hai unhas semanas o presidente estatal do PP, Alberto Núñez Feixoo. Os populares xa adoptan como seu o termo "violencia intrafamiliar ou doméstica", empregado por Vox, e que dilúe a violencia de xénero e todas as súas vertentes, como a violencia vicaria. Algo semellante ocorre coa memoria histórica. En Vox teñen claro que a súa presenza no Goberno de Castela e León pasa si ou si pola derrogación da Lei de memoria histórica da autonomía. Algo que Mañueco aceptou para evitar a repetición electoral. Lei de concordia Desta maneira, a extrema dereita pretende aprobar unha Lei de concordia que, se ben non pode contradicir o marco estabelecido pola Lei de memoria histórica estatal, si pode marcar un antes e un despois con cambios substanciais nesta materia. Segundo Vox, a súa proposta pretende "rematar co sectarismo" da Lei de memoria histórica que "promove o odio e o enfrontamento entre españois". A súa intención é que a nova lei homenaxee "todos os caídos na Guerra Civil, con independencia do bando no que loitaran". É dicir, a lei permitiría rendir recoñecemento a persoeiros franquistas que participaron activamente no proceso de represión da poboación civil e das institucións democráticas de Castela e León. Vox cargará desde o Goberno de Castela e León contra a Lei de violencia machista e o decreto de memoria Non é a primeira vez que Vox presenta unha lei deste estilo. A finais de 2021, o Parlamento andaluz xa debateu unha proposta da extrema dereita semellante. Naquel momento, o Partido Popular optou por absterse, evitando así que saíse adiante. Algo que nesta ocasión semella que non ocorrerá. De consumarse a aprobación desta Lei de concordia, o PP non será a primeira formación en abrir a porta á extrema dereita nun Executivo autonómico ou estatal, senón que tamén será o primeiro partido político do Estado español en aceptar dar un paso atrás en materia de memoria histórica. Reaccións á Lei de concordia A entrada de Vox no Goberno de Castela e León e a súa proposta de Lei de concordia xa provocaron a dimisión "irrevocábel" do presidente do Consello Asesor da Memoria Histórica, Ángel Hernández, tal e como detallou ao diario dixital Público. Segundo explica, esta situación deixa en punto morto iniciativas como o mapa de fosas comúns de Castela e León, desenvolto pola Universidade Burgos, e que agora podería rematar "nun caixón". Un paso atrás na protección do colectivo LGTBI Outra das primeiras decisións adoptadas polo novo Goberno de Alfonso Pérez Mañueco foi a paralización do anteproxecto de lei para garantir o principio de igualdade de trato e de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Vox axita o discurso de odio na Cámara e recorda ao PP que o sostén en Gobernos Este anteproxecto, que xa estaba listo antes de que o PP decidise convocar comicios en Castela e León de maneira anticipada, prohibía as "terapias de aversión" ou reorientación sexual, atendendo así as demandas de expertos do Comité de Dereitos humanos de Nacións Unidas (ONU), que considera esta práctica como tortura. Outra das medidas que estabelecía era a imposición dunha sanción económica de até 3.000 euros por infracción leve cando se "emitisen expresións vexatorias contra as persoas pola súa orientación sexual".
NOS_28320
Poucos como Zeca Afonso reuniram as qualidades de cantautor de intervenção social, maravilhosa voz de registo doce e claro, construtor de inúmeros textos e melodias, facilidade para ajeitar a cada letra a música mais própria, natural e à vez em linhas de modernidade.
Alguns nomes são imortais, ou ficam para sempre, que é o mesmo. Dias atrás, a propósito do Zeca, dizia-se que a arte nunca morre, e são os artistas que morrem, o qual é uma verdade relativa, pois da beleza, a meu ver, fica polo menos o nome, como da rosa, quer seja a rosa de Eco ou a de Yeats. E é assim que o nome de José Afonso –também conhecido polo diminutivo familiar Zeca Afonso– já tem um lugar na história como um dos artistas de maior relevo nos anos 60, 70 e ainda nos 80. Poucos como ele reuniram as qualidades de cantautor de intervenção social, maravilhosa voz de registo doce e claro, construtor de inúmeros textos e melodias, facilidade para ajeitar a cada letra a música mais própria, natural e à vez em linhas de modernidade. O amigo Xico de Carinho, figura essencial nas relações do Zeca com a Galiza, deu unidade a um ato nutrido de música, palavra e emoção Sempre seguimos o seu rasto, sendo para nós uma inquestionável referência, e é por isso que nos comprazeu participar, o passado 25 de novembro, na apresentação do livro José Afonso. Todas as canções, agora reeditado pola Associação José Afonso (AJA). Um livro de enorme interesse que já conhecíamos desde a primeira edição em 2010, com transcrições musicais, prefácio, notas e índices de Guilhermino Monteiro, João Lóio, José Mário Branco e Octávio Fonseca. O evento foi no espaço sempre acolhedor de Portas Ártabras, introduzido por Felipe Senén e com a presença e a palavra do Guilhermino Monteiro, vindo desde o Porto, assim como do Henrique Marques e o António Pimenta por parte da AJA. O amigo Xico de Carinho, figura essencial nas relações do Zeca com a Galiza, deu unidade a um ato nutrido de música, palavra e emoção, intervindo com as harmónicas nas canções que interpretamos, à vez que contava histórias pouco divulgadas. A imagem mais antiga que do Zeca fica em mim é a do disco Venham mais cinco, que ouvíamos entre livros e apontamentos universitários, e de um modo especial aquele concerto no pavilhão de Riazor em 1976, quando o regime franquista continuava sem Franco e dous anos depois da revolução dos cravos. Falamos com ele a pé de palco e contou-nos os problemas na alfândega ao passar com a sua filha. Igualmente lembro os seus comentários sobre o diferente estado de cousas aqui e em Portugal, onde já se superaram imagens como as que estávamos a viver naqueles momentos: bandeiras e faixas com slogans políticos diversos, a polícia armada (os grises) à espreita para intervirem violentamente, e de repente a gente desce das bancadas até diante do palco, com as faixas e as bandeiras. Era o momento de cantar Os vampiros. Sempre tenho a dúvida de se entre os músicos estava o Vitorino, mas o certo é que estiveram dez minutos a repetir o refrão "Eles comem tudo, eles comem tudo..., e não deixam nada", a gente entretanto a dançar, a bater palmas, numa atmosfera inquietante, supondo acaso que os grises não iam bater no público enquanto durasse a canção. O primeiro português a quem contei isto, muitos anos depois, foi o amigo Carlos Mendes Pereira, em Vila do Conde. Agora gosto de o contar aqui.
NOS_57895
O IBBY apuntou con tiro certeiro. Dúas obras editadas en Galiza que contan xa con distintos premios incorpóranse as súa listaxe de honra. Son Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais) e a edición de Kalandraka con tradución de Carlos Acevedo dos Contos por teléfono de Rodari.
Na categoría de escritores, Marcos Calveiro consigue o recoñecemento do IBBY pola súa obra "Palabras de Auga", libro afortunado que naceu despois de gañar o Premio Merlín en 2012 e foi tamén recoñecido co Fervenzas literarias. Catro edicións leva tirado Xerais do libro de Calveiro, unha historia de aprendizaxe da vida e do mundo que nos leva a África da man de Amadou, da tribo dos Kimba. O IBBY faille lugar tamén na súa lista de honra a outra libro editado na Galiza. Trátase de "Contos por teléfono" de Gianni Rodari, editado por Kalandraka con tradución de Carlos Acevedo, desta volta na categoría de tradución. O libro recibira xa o Premio Isaac Díaz Pardo en 2011, da Asociación Galega de Editores polas ilustracións de Pablo Otero. Referencia internacional na Literatura Infantil e Xuvenil, tomar parte da listaxe de honra da organización internacional IBBY supón, ser seleccionado como as mellores obras e reverte nunha difusión internacional promovida polo propio organismo. O IBBY distribúe 2.000 exemplares do catálogo entre os participantes do seu congreso e en actividades da organización en distintos países do mundo, difunde a listaxe na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e deposítase nos centros dedicados á literatura de novos lectores.
NOS_37050
A Asemblea Galega contra o Lume propón 10 medidas para un combate" eficaz" contra os incendios. Impulsan, aliás, unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a estas propostas. Consideran que ano tras ano as vagas de incendios que asolan Galiza mostran o fracaso da política forestal da Xunta, polo que achegan medidas para cambiala
Dende 1988 até hoxe en Galiza, e segundo datos oficiais, producíronse máis de 100.000 incendios forestais que queimaron máis de 500.000 has. de monte, das que preto de 200.000 eran arboradas. Desde 1995, hai uns 10.000 incendios ao ano, un incendio por cada 2 Km2 de superficie forestal –a media estatal é dun incendio por cada 25 Km2. En Galiza, co 7,7 % da superficie forestal española teñen lugar o 45% de todos os incendios, estando un 30% da superficie forestal afectada. "As accións destes 25 anos demostráronse insuficientes e erradas" na loita contra os incendios Todos estes datos son ofrecidos pola Asociación Galega contra o Lume (AGL), integrada por unha ducia de colectivos ambientalistas, cidadáns e sociais de Galiza. Veñen de elaborar un documento no que propoñen dez medidas "de país" para un combate eficaz contra os incendios forestais. Consideran que "as accións que tras máis de 25 anos se veñen tomando polos distintos gobernos, case que sempre do Partido Popular, demostráronse e demóstranse insuficientes e sobre todo erradas". Por iso fan un chamamento a cambialas. Outra política forestal é posíbel Entre as medidas propostas, desde combatir o despoboamento do rural ou pular por unha "nova política forestal que promova a multifuncionalidade do monte", até "promover o incremento dos montes públicos e reforzar o papel das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común". "Hai que combatir o despoboamento do rural, promover a multifuncionalidade no monte, pular por outro ordenamento rural,..." Tamén figuran entre estas dez propostas a profesionalización dos equipos de prevención, detección, extinción e rexeneración nos incendios; ou ben promover un "ordenamento territorial acorde coas características do noso país, no que o monte ocupa uns 2/3 do territorio e coa maior densidade de núcleos de poboación de Europa" Apoio da cidadanía A AGL activou unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a este proxecto, procurando implicar á cidadanía na necesidade de levar a un cambio no rumbo do modelo forestal que segue o actual goberno galego.
NOS_35730
Alongar a base social do BNG e situar en 2024 o nacionalismo na Presidencia da Xunta por primeira vez na historia. Eis os ambiciosos retos que se marca Ana Pontón, que esta fin de semana resultou reelixida portavoz do Bloque con 99% de apoio no marco da XVII Asemblea Nacional da formación nacionalista.
—Na Asemblea Nacional incidiu en alongar a base social do BNG. É un obxectivo que xa se ten formulado noutras ocasións mais como ten pensado conseguilo?É un reto colectivo, da organización. Nós facemos unha reflexión: o BNG ten que ser unha forza maioritaria e se queremos poder levar adiante unha transformación do país necesitamos reforzar a organización e chegar ás maiorías sociais. O primeiro é marcarnos iso como meta; o segundo é facer estes anos un traballo de acercamento aos sectores máis dinámicos da sociedade e que teñan confianza en nós para poder liderar o país, porque ese é un paso necesario para logo poder seguir avanzando en retos máis estratéxicos que o nacionalismo non pode perder de vista. —A formulación que figura nos relatorios de República Galega xoga a favor ou en contra dese obxectivo de alongamento? O BNG é unha forza política que se algo a define é ser nacionalista. En 1982, cando se funda o BNG, hai un debate sobre o propio nome do Bloque. A decisión é que a definición de nacionalista apareza nas siglas para que haxa clareza na sociedade galega a respecto da alternativa que representamos. E se algo está nos nosos principios é a defensa da Galiza como nación, do seu dereito a poder decidir o futuro e a ter o máximo poder político que poidamos. Pero tamén entendemos que eses son procesos dinámicos que non se solucionan en un día, por tanto é fundamental que o BNG teña claros os seus principios e a súa orientación estratéxica, pero tamén termos a certeza de que para poder avanzar nesa dirección hai que ir dando pasos tácticos. E o primeiro é que poidamos chegar a unha maioría social no país e termos confianza en que iso é posíbel. Se nos concibimos como unha forza que só pode aspirar a unha parte moi pequena da sociedade galega estaremos autolimitándonos. Creo que somos un proxecto con capacidade para poder chegar á maioría da Galiza. —Dixo que o presidente da Xunta está nervioso. Pensa que o PP ve posíbel un Goberno do BNG?Sinto que desde as eleccións están obsesionados co BNG e fan uns ataques que parece que están desesperados. É moi ridículo que nun debate tan importante como o de Política Xeral o presidente da Xunta se lance a tentar desacreditarme falando dunhas supostas carpetas do instituto ou cando en plena pandemia lanzou unha ofensiva tamén para tentar desacreditarme. Penso que eles son os primeiros conscientes de que nas eleccións galegas se moveu o taboleiro e de que cada vez hai máis xente que mira o BNG como unha alternativa na que detrás hai organización, proxecto e fortaleza para poder construír unha alternativa real fronte ao PP. Temos o reto histórico de conseguir que por primeira vez este país teña unha Presidencia nacionalista. Temos que deixarnos a pel para facelo posíbel. —Feixoo preguntoulle polo forro da súas carpetas de estudante. Mais, que levaba dentro delas?Seguramente apuntamentos, era moi estudosa. Pero xa llo dixen nese debate, máis que preocuparse do forro das miñas carpetas ten que preocuparse dos que se forran a costa da Galiza. —Falou con Valentín González Formoso?Non tiven ocasión. Esta última semana foi moi intensa pola Asemblea Nacional. En calquera caso, o BNG e o PSOE na Galiza son dúas forzas diferentes que no ámbito municipal e provincial temos acordos para garantir unha alternativa ao PP. Seguirei mantendo relación de cordialidade e respecto e entendendo tamén cales son as mensaxes que a cidadanía lance nas urnas. —Na clausura estiveron ex dirixentes do BNG como Anxo Quintana ou Teresa Táboas, e mesmo de Podemos, como Carmen Santos. Que lle dixeron?A verdade é que ao remate da clausura houbo moi pouco tempo. Agradezo moito a todas as persoas que nos arrouparon nesta asemblea, a militancia e as persoas que sen ser militantes se achegaron e as que quixeron demostrarnos o seu aprecio e respecto participando da clausura. É importante que a sociedade galega saiba que temos as portas abertas a todas as persoas que levan a Galiza na cabeza e no corazón e comparten con nós que precisamos un proxecto propio sen subordinacións nin sucursalismo madrileños. E ese proxecto é o BNG. —Aludiu na clausura ás mulleres do BNG que a precederon. Tivo que sortear barreiras máis altas que os seus compañeiros?É evidente que a política é un mundo moi masculino onde as mulleres teñen máis barreiras. Que no BNG teñamos menos mulleres militantes que homes é un síntoma da desigualdade e é un problema político para o BNG que debemos abordar como unha cuestión de primeira necesidade.Temos que cambiar unha parte da nosa cultura política para incorporar dunha maneira máis efectiva os valores que se asocian ao feminismo: o diálogo, a empatía, escoitar, acordar, pois ás veces non se trata tanto de gañar senón de convencer e xerar sinerxías na organización. Son valores que nos van axudar a construír un BNG máis forte. Hoxe o BNG é unha referencia, con mulleres en postos de responsabilidade, pero detrás hai o traballo anterior de moitas mulleres e hai que recoñecelo e, sobre todo, hai que empoderar as mulleres en política e na sociedade. O reto de traducir o sentimento de país en voto nacionalista "Na Galiza hai un sentimento de país e de ser galegas e galegos moi forte", sinala Ana Pontón, situando como reto que o BNG sexa "o catalizador" dese sentimento en termos políticos. "Temos que ter confianza en que podemos chegar a eses sectores e a maneira de facelo xa a definimos hai anos". A ese respecto apunta ás teses da Asemblea Nacional de 2016, en que resultou electa por primeira vez como portavoz nacional. Neses textos, lembra, apélase "a ser pedagóxicos no discurso" para que se entenda "de que estamos a falar cando falamos de soberanía". Nese sentido, incide en ligar a soberanía con elementos prácticos: "desde o espolio enerxético ás causas da emigración galega", falando do "que xera na Galiza o feito de que decidan por nós en Madrid en contra dos nosos intereses".
NOS_487
Publicamos a seguir un artigo de Mario Outeiro, portavoz do BNG no Concello do Corgo, sobre o recente falecemento de X. Enrique Casanova, accionista e asinante de Sermos Galiza.
Ao escribir este artigo sinto unha sensación agridoce. A tristura de desobedecer a un amigo que non gustaba de gabanzas e moito menos públicas, pero a responsabilidade de honrar a un dos persoeiros máis significativos do Corgo a nivel social, político e forestal das últimas décadas e de espallar a súa loita para exemplo da cidadanía. Se algúns adxectivos permiten definir a súa traxectoria, eses serían a bondade e a xenerosidade; porque Enrique era un home da reducida estirpe dos BOS e XENEROSOS, e porque ao longo da miña vida poucas persoas tiven diante da talla humana do compañeiro que acabamos de perder. A maiores, el era a personificación da pureza e a transparencia que a todos os que participamos na política se nos debe esixir. O día seguinte do seu pasamento, pero no 1936, referendábase nas urnas, e case dun xeito unánime, o Estatuto de Galiza. Estou seguro de que se tivese a oportunidade de estar presente nun día da historia do país sería ese. Todo un pobo berrando clamorosamente os principios que el defendeu durante toda a súa vida. Unha xornada histórica para Galiza tristemente borrada, vinte días despois, polo levantamento franquista. Xustiza social e amor por un pobo Porque a Quique movíao a xustiza social e a liberación do pobo galego. Dúas coordenadas que facían que a súa única casa política fose a do Bloque Nacionalista Galego. Unha xustiza social que pasou a ser toda unha obsesión dende o comezo da crise económica e o amor por un pobo, Galiza, que ía máis aló dos seus sinais identitarios e que se materializaba en todos e cada un dos seus cidadáns. El tiña moi claro que ambas cuestións nunca poderían ir separadas e que o benestar social só podería chegar nunha nación liberada. Para as xeracións máis novas, Enrique era corgués. Coñecémolo afincado no Val de Gomeán, pola súa traxectoria política, non en van, encabezou as candidaturas do BNG do Corgo no 1999, no 2003 e no 2007, e colaborou activamente nas campañas do 2011 e 2015 nas que foi de segundo. En 16 anos de concelleiro fixo unha oposición construtiva, facendo de intermediario útil coas institucións gobernadas polo BNG (Xunta e Deputación) para conquerir melloras importantes para o concello, trasladando os problemas das veciñas e veciños ao pleno, votando sempre co Corgo por diante aínda que o resultado dese voto non fose electoralista, organizando actos informativos e participando nun ambiente de respecto e cordialidade entre a corporación que debería ser exportable a todas as cámaras de participación política. Oxalá o exemplo de Enrique sexa o espello no que nos miremos todas e todos nesta lexislatura que comeza. "Mais Quique non era un político 'dos do ego subido'. Sempre tivo claro que era un peón no taboleiro. Unha persoa discreta, humilde e traballadora pola causa" Mais Quique non era un político "dos do ego subido". Sempre tivo claro que era un peón no taboleiro. Unha persoa discreta, humilde e traballadora pola causa. Nunca acaparou, nin ansiou cargos, todo o contrario! Traballou dun xeito incansábel para rodearse de xente nova que se decidise a tirar do carro cando as circunstancias o permitisen. Era dos que intentaba por todos os medios que medrara a herba ao seu redor. Tamén o coñecemos como activista social na compaña da súa dona, Chelo Vázquez, xa que foi inspirador e membro fundador da activa Asociación Cultural Arumes do Corgo, que cumpre no mes de outono dez anos de vida, do Centro de Estudos do Corgo ou do Club de Atletismo Arumes-Área 10. Tamén escribiu na revista Corga os seguintes artigos: "Fórmulas de propiedade comunal dos montes do Corgo" (2010), "A fervenza. Reserva da biosfera" (2012) e "Pontes históricas do Corgo" (2013). Pero a faceta que transcendeu dos límites xeográficos corgueses foi a de Axente Forestal, unha vocación convertida en profesión na que deixou os seus folgos e a vida. Durante máis de catro décadas traballou con rigorosidade polos nosos montes e foi respectado exemplo para os seus compañeiros sendo con maiúsculas o claro significado da función pública. É máis que obvio que Quique deixa un baleiro irreparable na vida municipal do Corgo en moitos ámbitos, mais Enrique non era corgués, era de Rubiás, e a súa traxectoria debe ser unha referencia para todas e todos os que tivemos a sorte de nacer neste concello. Marchou envolto na estreleira mentres o himno de Galiza rachaba o respectuoso silencio de Rubiás. Tamén levou consigo un Sempre en Galiza, o seu libro de cabeceira e unha fonte limpa e clara na que bebemos os nacionalistas coma el. Varias persoas coincidimos en lerlle o primeiro capítulo do Adro xa que este era un fragmento que definía á perfección a súa personalidade. Enrique tiña unha visión da realidade política profunda, rigorosa, realista, global e sobre todo práctica, fóra do común. Non era nin un "farsante, nin un coitadiño", foi como dicía Castelao, "un home de verdadeira fe nos ideaes que predica e con coraxe para remediar as desventuras do pobo". "Que a túa forza mentres viviches sirva de guieiro para todas e todos os que te coñecemos e que quedamos orfos/as" Estimado Quique, como "pai político", fuches un dos dous fieis lectores dos meus artigos semanais e polo tanto comentarista dos mesmos. Estou seguro que este non, non sería do teu agrado, síntoo! Tómao como modesto homenaxe dun compañeiro de partido, e pese a iso, amigo (nos tempos que corren, é importante aclaralo). Que a túa forza mentres viviches sirva de guieiro para todas e todos os que te coñecemos e que quedamos orfos/as. Se a morte non te roubara tan axiña estou seguro que non pedirías nin necrolóxicas, nin flores para o teu funeral deixaríasnos, como bo mestre, traballo e máis traballo polo Corgo e por Galiza. P.D. Por expreso desexo da súa viúva, gustaríame trasladar o agradecemento polo apoio ofrecido por centos e centos de persoas durante esta triste fin de semana.
NOS_15572
Xulio Carballo (A Coruña, 1978) é licenciado en Filoloxía galega e Teoría da literatura comparada. Doutor en Estudos lingüísticos e literarios de galego e portugués, vén de publicar Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-1979 (Xerais, 2019), obra que bebe da súa tese. Conversamos con Carballo, que cada mes publica no semanario Sermos Galiza unha columna sobre a actualidade da banda deseñada galega, sobre o pasado, o presente e o futuro do cómic. Eis un extracto da entrevista publicada no número 337 de Sermos Galiza.
Por que unha historia da banda deseñada na Galiza da década dos setenta? Non é que fose unha escolla primeira. A miña intención cando comecei a tese de doutoramento, que é de onde vén o libro, era facer unha historia da banda deseñada galega desde o comezo até o final, desde os precedentes á época actual. Comecei investigando polos anos oitenta e cando collín os setenta deime de conta de que había unha cantidade de material, que eu descoñecía, moi importante e que era un material abondo como para realizar unha tese. Esta é a época dos pioneiros e onde se dan as primeiras expresións en case todos os ámbitos e formatos da banda deseñada. Aparece o que se coñece como primeira historieta de Xaquín Marín, O Emigrante, en 1971; aparece a primeira revista de cómic galega, A Cova das Choias, en 1973; aparecen os primeiros grupos de autores de cómic, como O Grupo do Castro; Fusquenlla ou o primeiro fanzine, Xofre, en 1979 no marco final desta etapa. En que medida a produción neste período está determinada polas circunstancias do réxime franquista e até que punto o desenvolvemento da banda deseñada está ligada á loita contra a ditadura? A banda deseñada estivo ligada desde o comezo a un afán de loita contra a ditadura e posuía un carácter antiautoritario, galeguista, e até mesmo nacionalista, que xa imprimira desde o principio Raimundo Patiño. Nas súas entrevistas, comentaba que quería reconverter os mal chamados medios de comunicación de masas, que lle chamaban ao cómic, en liberadores. El concibía o cómic como unha arte que chegaba moi facilmente ao pobo e que servía moi ben non só como ferramenta artística senón liberadora, de poder transmitir as mensaxes e as ideas que tiñan. Por exemplo, nese aspecto, destaca O home que falaba vegliota, onde vemos claramente a mensaxe e a expresión desta época. O vegliota, un idioma dálmata, tiña xa só un falante e é o trasunto do galego. Esta peza mural foi exposta en Madrid e ter usado o galego en vez do vegliota podería implicar problemas. Vemos como afrontaban a censura de diversas maneiras. Igualmente o Grupo do Castro deixaba entrever nas súas obras frases como "abaixo o réxime", mais facíano dunha maneira que só se podía entrever. Luís Esperante, nas Historias dunha vella descoñecida, publicadas en El Ideal Gallego, puña esa personaxe levantando o puño ou cunha bandeira galega. Cal foi a achega e contribución de Raimundo Patiño ao cómic na Galiza? A súa achega xa non vén só das obras que fixo, como O home que falaba vegliota, cómic mural en doce pezas que é unha verdadeira xoia artística. Alén das primeiras obras, en que foi pioneiro, el sobre todo foi animador e divulgador da banda deseñada. Foi quen conseguiu que Xaquín Marín comezase a producir cómic, porque daquela facía á pintura e quería dedicarse á estampa popular galega, mais Raimundo Patiño dixéralle que a súa arte era moi secuencial, que contaba unha historia e que necesitaba escorala á banda deseñada para contar o que tiña. Cando os homes do Grupo do Castro viron exposta en Madrid O home que falaba vegliota quedaron tan profundamente abraiados que decidiron montar o colectivo e poñerse a traballar en cómics para ser expostos. Realmente, foi un guieiro nesa época para as demais persoas e o seu compromiso queda fóra de toda dúbida. El quería crear unha arte que chegase a este cómic para ser exposto, porque editar era caro. Coas exposicións, podía difundir mellor e chegar a máis xente. Esas exposicións percorreron toda Galiza por medio das asociacións culturais que xurdiran nesa época. Nas súas viaxes quixo explorar unha Galiza distópica, no futuro, el dicía que quería ser pesimista adrede para amosar un espello deformante onde a xente vise como a realidade da actual Galiza era o suficientemente preocupante e caótica. Afirma na súa investigación que podemos considerar O emigrante de Xaquín Marín, publicada na revista Chan en 1971, como a primeira historieta en galego. Que significa esta obra e este autor na historia da banda deseñada? Significa o inicio da pretensión de crear unha banda deseñada galega, conscientemente. Si que temos algunha tiras precedentes, o que chamabamos francotiradores, os soltos. Aquí comeza o autoconsciente de querer crear unha banda deseñada galega propia, cunhas premisas propias. Unhas ganas de crear arte en galego e con temas referidos á nosa sociedade e ás nosas inquedanzas. O emigrante recolle todo isto, non temos unha obra que busque o chiste fácil. Preséntanos a emigración como un drama, onde esta persoa que emigra volta nun coche fúnebre, nun cadaleito. Iso xa marca como se vai desenvolver a banda deseñada, cun carácter propio, porque Xaquín Marín non bebe de ninguén, e recolle as preocupacións da terra nese momento. Ás historietas que publicou na revista Chan eu chameilles "O ciclo da fame" porque todo vai arredor da consecución da comida e da superviviencia do home e da muller galega, e todo xira sobre iso. Son as temáticas da época: a emigración, a loita ecolóxica, a loita pola cultura galega, etc. [Podes ler a entrevista íntegra no número 337 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_2230
Argüe que o número de vehículos é "un 40% inferior" que o previsto nos contratos polo que inxectará 7 millóns de euros ao ano.
As empresas concesionarias das autovías do Sanlés, Barbanza e Celanova serás regatadas pola Xunta con diñeiro público. Así o confirmou o presidente da Xunta após o Consello da do 26 de decembro. A decisión do goberno suporá o pagamento de 7 millóns de euros ao ano, a repartir entre as tres. Unha medida que visa evitar a declaración de "quebra" das entidades e a responsabilidade patrimonial que lle derivaría da mesma ao executivo galego e que Feijóo cifrou en 189 millóns de euros. Esta nova partida orzamentaria destínase á denominada 'portaxe encuberta'. Un mecanismo de pagamento que inclúe os xuros polo custe de construción das autovías máis unha porcentaxe por cada vehículo que transita en calidade de 'canon' por mantemento. Sendo que en 2013 o tránsito foi un 40% inferior ao previsto, as concesionarias din sofrer polos baixos gaños e exixen á Xunta que inxecte máis diñeiro público a modo de compensación. Feijóo afirmou na súa comparecencia de imprensa que a medida suporá un "aforro" de 114 millóns de euros", mais isto só se producirá de se alcanzaren os "limiares máximos" previstos para o tránsito até 2035, ano en que finaliza o contrato asinado coas concesionarias.
NOS_46523
A mostra inaugurarase a próxima sexta feira día 4 de novembro e poderá visitarse até o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta 'Sombras atlántica. Retratos da arte galega', unha exposición na cal o fotógrafo Anxo Cabada se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte na Galiza nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase a próxima sexta feira día 4 de novembro e poderá visitarse até o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. 34 artistas A exposición reúne retratos en branco e negro de 34 artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia na Galiza. As fotografías foron tomadas co mesmo pano de fondo, como un escenario teatral que homenaxea os primeiros fotógrafos e que serve para dar coherencia ao conxunto de imaxes da exposición, que se relacionan entre si. Manuel Buciños: "Desde que a bosquexo, a escultura non sae das miñas mans até que está lista para entregar" Na mostra encóntranse persoas creadoras que despuntaron nos 70, como Silverio Rivas, Jorge Castillo ou Manuel Buciños, e que pertenceron ou se vincularon ao grupo Atlántica, que na década dos 80 contribuíu a reactivar as artes plásticas na Galiza e darlles presenza no exterior. Naquelas xeracións a visibilidade de mulleres artistas era reducida, algo que se buscou mudar, sendo que na mostra case a metade dos retratos son de mulleres artistas, como Almudena Fernández Fariña, Mónica Alonso, Carme Nogueira ou Pamen Pereira. Anxo Cabada, fotógrafo e profesor Anxo Cabada: "Existe un enorme abandono, como se a cultura xa non tivese vida" Anxo Cabada, fotógrafo e profesor, é natural de Sabucedo (A Estrada) e leva catro décadas fotografando o territorio galego en proxectos nos que abordou diferentes temáticas como mar ou as vilas galegas.
NOS_18362
O presidente do comité de Alu Ibérica na Coruña insta as Administracións a tomar decisións para retomar a actividade na planta, xa que, do contrario, o ERTE sería "un disfrace" para un ERE.
O Comité de Empresa de Alu Ibérica na Coruña vén de comunicar que o administrador xudicial que se ocupa nestes momentos do proceso de intervención das plantas da Coruña e Avilés -por unha orde da Audiencia Nacional- está a estudar a posibilidade de presentar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) ante a falta de liquidez para asumir as cargas salariais. A representación das e dos operarios mantivo hoxe un encontro coa Administración Xudicial e o avogado que xestiona a parte xurídico-laboral, Miguel Taboada, na que se lle puxo sobre a mesa "un escenario moi grave". "Non atoparon liquidez nas contas que estiveron revisando, máis aló dos pagos que estiveron a realizar da paga extraordinaria de xullo e o mes de agosto", afirman fontes do comité nun pequeno comunicado de prensa. En consecuencia, e tan só uns días despois de que se decidira a paralización total da actividade da industria situada no polígono de A Grela (A Coruña), o interventor temporal -polo menos de seis meses da compañía- "avanzou que non ve posibilidade de realizar o pago da nómina do mes de setembro co que hai" nas contas bancarias. Así, segundo avanzan, a Xustiza estaría estudando "presentar un ERTE nunha ou dúas semanas para non seguir incrementando a débeda da empresa e garantir así ingresos aos traballadores". Despois de ser nomeado a finais de xullo, o xestor xudicial tiña o encargo de facer un informe sobre a situación financeira real nun máximo de dous meses. Cabe destacar que no proceso previo de investigación por parte da Audiencia Nacional e cando se anunciou a primeira intervención, as responsábeis de Alu Ibérica (do Grupo Riesgo) garantían que tiñan actuado con total transparencia e que non era preciso actuar desde fóra. Non queren un disfrace Para o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, o ERTE sería unha resposta "lóxica" á "critica" situación na factoría de aluminio. Porén, insistiu na intervención da planta por parte das Administracións. Neste senso, López Corbacho instou os responsábeis políticos a "tomar decisións". "Se non se fai nada, é un disfrace, é un ERE", dixo o responsábel sindical, que incidiu na necesidade de "activar" a planta e retomar a actividade, para o que é preciso que as Administracións se poñan "a traballar". " Hai que activar a planta e facer un plan de futuro", recalcou. "Temos todas as promesas do mundo, pero tamén incumprimentos, non só de Risco, Parter e Alcoa", apostilou en alusión ás Administracións.
PRAZA_800
Só demostramos empatía cando identificamos a imaxe das vítimas coa nosa propia, cando o medo chama á nosa porta, e baixo a aparencia da solidariedade subxace o egoísmo para compadecernos de nós mesmos.
A proximidade con Francia podería explicar o impacto que o atentado de París tivo no noso país, e a indiferenza que en xeral nos provocan os que diariamente acontecen en Iraq. Pero, é só unha cuestión de distancias quilométricas? No ano 2007, 33 universitarios eran asasinados en Virxinia, a ampla cobertura informativa deste suceso trouxo ata as nosas pantallas centos de análises políticas, de imaxes daquel suceso, e ata os aniversarios daqueles asasinatos seguen aínda hoxe, oito anos despois, captando a atención dos medios. Pola contra, hai uns días, un atentado terrorista sesgaba a vida de 147 estudantes da universidade queniana de Garissa, e a noticia víase desprazada polas boas temperaturas durante a Semana Santa, e polos índices de ocupación hoteleira. Os mesmos pouco máis de 6000 km sepárannos de cada un destes lugares, pero no referente aos nosos sentimentos, a cidade africana parece con respecto á americana, situada a anos luz das nosas fronteiras. Hai uns días un atentado terrorista sesgaba a vida de 147 estudantes da universidade queniana de Garissa, e a noticia víase desprazada polas boas temperaturas durante a Semana Santa Así pois, prefírese falar de temas acontecidos en occidente, que relatar en profundidade os sucesos doutras zonas do planeta, quizais porque todos, medios de comunicación, políticos, e cidadáns, somos culpables de levar resignándonos décadas, e considerando parte da idiosincrasia do continente africano a fame, a miseria, e a violencia que o azoutan; mirando para outro lado ante o espolio ao que sometemos os seus recursos naturais; e condeando ao inmobilismo a millóns de persoas ao normalizar a situación de pobreza extrema na que se atopan. Ata o Presidente do Goberno confunde dous países que se atopan a miles de quilómetros de distancia un doutro, porque que máis dá que se trate de Nixeria ou de Kenia, se os dous están no "continente esquecido", nas antípodas da nosa realidade. Só demostramos empatía cando identificamos a imaxe das vítimas coa nosa propia, cando o medo chama á nosa porta, e baixo a aparencia da solidariedade subxace o egoísmo para compadecernos de nós mesmos Só demostramos empatía cando identificamos a imaxe das vítimas coa nosa propia, cando o medo chama á nosa porta, e baixo a aparencia da solidariedade subxace o egoísmo para compadecernos de nós mesmos. Aconteceu co ébola, e seguirá pasando ata que asumamos que todas as vidas teñen o mesmo valor, calquera que sexa a súa raza, relixión, ou lugar de nacemento.
NOS_17995
Sondagem da 'Eurosdgm' do mês de junho para diversos meios lusos dam o 37% dos votos a Partido Socialista, o 13% a CDU (a coaligaçao liderada polo PCP) e 8% o Bloco de Esquerda
O Partido Socialista e a CDU (Coligação Democrática Unitária) são as únicas forças políticas a subir na sondagem da Eurosondagem do mês de junho para medios de Portugal como o Expresso e a SIC, conseguindo mesmo o valor mais elevado dos últimos dois anos. Os socialistas obteriam o 36,9% dos apoios (un 0,9% máis que na anterior enquisa) mentres que a coaligaçao do Partido Comunista Portugués, a CDU, teria o 13% (un aumento tambem do 0,9%). O Bloco, porem, teria o apoio do 8%, un 0,8% menos que na sondagem anterior. Na inversa, e na semana em que se assinalam os dois anos da vitória eleitoral de Passos Coelho, o PSD e o CDS/PP continuam a descer nas intenções de voto. Os social-demócratas teriam o 24,8% dos sufrágios, uma queda do 1,1%. O CDS/PP perdería o 0,7% dos apoios e obteria o 7,7% dos votos. Quanto à popularidade dos líderes políticos, o cenário é: António José Seguro (Partido Socialista) e Jerónimo de Sousa (Partido Comunista Portugués) a melhorarem no indíce de aceitação dos portugueses quanto à sua actuação.. Greve Geral Por outra banda, os sindicatos CGTP e UGT entregaram esta sexta-feira os pré-avisos para a greve geral de 27 de junho. Arménio Carlos, secretario-geral da CGTP, explicou as três razões que o fazem antecipar uma grande participação dos trabalhadores ao protesto. Em primeiro lugar, muitos dos trabalhadores que votaram no PSD e CDS "já perceberam que esta política beneficia os grandes grupos económicos e financeiros e penaliza os trabalhadores. Segundo, porque "as pessoas já perceberam que esta greve vai procurar avançar com propostas para os problemas do país" e, em terceiro, porque esta greve é também "pela defesa da dignidade", disse o secretário-geral da CGTP aos jornalistas.
NOS_31428
O Corredor Atlántico parte de Alxeciras con destino Francia, para conectar con toda a potente e imprescindíbel rede transeuropea de transporte de mercancías, que leva até o norte do continente. Pasa polo centro de Portugal para se desviar cara á meseta castelá e desde alí (con 'ramal' a Madrid) tirar cara a Burgos e Euskadi e pasar entón os Pirineos. Galiza fica totalmente á marxe dun nodo fulcral no deseño europeo do transporte de mercadorías. Por que? A responsabilidade hai que procurala máis en Madrid que en Bruxelas. Escribimos sobre este corredor no Sermos Galiza 242.
"Quen non estea na rede transeuropea de transporte de mercancías que se prepare para ser un cero á esquerda". A afirmación atribúese a Siim Kallas, estonio e ex-comisario europeo de Transportes, e debería preocuparnos. Nomeadamente porque Galiza non está agora, nin se agarde que estea, nesa rede de conexión para potenciar o transporte de mercancías no vello continente e que vai desde Alxeciras até o extremo norte de Europa. E Galiza non está embora o Estado español presentase a Bruxelas un 'Corredor Atlántico' que, canda o 'Corredor Mediterráneo', constitúe proxectos que logran millóns e millóns de euros de fondos europeos, vía programa Conecta Europa, que consagran Madrid como emporio radial. Ficar fóra deste esquema supón, indica o economista Luís Ordóñez, que "Galiza vai estar desconectada dos principais correctores europeos, afondando na súa condición periférica". Un malestar e preocupación que partilla Alberto González, un dos impulsores da Plataforma para o impulso da loxística no Noroeste, que naceu recentemente como lobby para inserir esta esquina peninsular nesa rede de transporte: o trazado actual implica "unha marxinación" e unha "desconexión", o que terá consecuencias, e non pequenas. Mais esta situación non é produto dun malfado nin dun meigallo, senón de decisións políticas concretas. En febreiro deste ano o Ministerio de Fomento excluía o noroeste da Península dos fondos da Unión Europea para o Corredor Atlántico. Na proposta remitida por este departamento do Estado a Bruxelas para solicitar financiamento de Conecta Europa non figuraban as demandas galegas. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 242 do Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]
PRAZA_12756
A actriz Lucía Regueiro denunciou as subvencións que reciben as touradas mentres que as artes escénicas sofren recortes, ao tempo que a concelleira de Cultura, Ana Fernández, afirmaba que "teñen cabida como espectáculo, igual que a danza ou o teatro" e que "non será o PP" o que acabe coas tourades na Coruña.
O portavoz da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, Rubén Pérez, realizou este mércores unha valoración moi crítica sobre a decisión municipal de rescindir a subvención da feira taurina, anunciada a pasada semana, ao manter o Concello a cesión gratuita do Coliseum que en 2011 supuxo perdoar ao redor de 117.000€ en taxas municipais por utilización das instalacións municipais. A concelleira de Cultura Ana Fernández afirmou na Cadena Ser que "non será o PP o que remate coa celebración das touradas na Coruña" Precisamente esta mañá a concelleira de Cultura Ana Fernández afirmou na Cadena Ser que "non será o PP o que remate coa celebración das touradas na Coruña", ao tempo que non descartou "outras formas de apoio" con cartos públicos á feira taurina. Sería a través da cesión gratuíta do Coliseum e o pago do seu acondicionamento para o evento. Fernández afirmou que "a feira ten seguidores na cidade" e que "ten cabida como espectáculo igual que a danza ou o teatro". A este respecto, a actriz Lucía Regueiro criticou que se comparen as artes escénicas coa tauromaquia e chamou a atención sobre a situación das axudas para a produción de obras, en clara oposición ao financiamento dos festexos taurinos e a súa promoción por parte das institucións públicas. "As artes escénicas están desaparecendo", dixo e sinalou a unanimidade do sector contra os espectáculos taurinos, por ser actividades violentas, e ás que poden acceder menores de idade, que resulta "sangrante". A actriz Lucía Regueiro criticou que se comparen as artes escénicas coa tauromaquia e chamou a atención sobre a situación das axudas para a produción de obras, en clara oposición ao financiamento dos festexos taurinos e a súa promoción por parte das institucións públicas Finalmente, o portavoz da plataforma chamou a atención sobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena o Concello da Coruña a indemnizar unha empresa taurina por un contrato de organización e explotación de festexos destas características mal otorgado no ano 2005, que terá un impacto de cando menos 200 mil euros para a caixa municipal. Pérez presentou así mesmo a campaña DINEROXTOROS, que ofrecerá información diaria sobre o uso de cartos públicos para financiar festexos taurinos na cidade herculina, divulgando datos contidos nos expedientes que forman parte do contrato de explotación da feira taurina do periodo 2009-2011, o último en vigor. Pérez sinalou que "se non hai diñeiro público, non hai touradas na Coruña".
NOS_42564
Para a líder do BNG, é "inconcebíbel" que non haxa unha xuíza substituta para manter aberto o xulgado de violencia sobre as mulleres da Coruña durante o mes de agosto. Pontón participou esta quinta feira na campaña de recolla de asinaturas posta en marcha pola formación nacionalista contra o encerramento.
Pontón non compra a escusa economicista -Xustiza alegou falta de fondos- como xustificación do encerramento do xulgado durante o mes de agosto. Ese argumento non é de recibo cando, denunciou, o goberno central "acaba de incrementar en máis de 7.000 millóns de euros os fondos para a compra de armamento militar". Para a dirixente nacionalista, quer o goberno central quer o galego están a demostrar que o combate contra a violencia machista non fai parte das súas prioridades. Destarte, deplorou que "a carta de apresentación do Pacto contra a Violencia de Xénero no Estado sexa o feche dun xulgado durante os meses de verán". Desde o BNG, enfatizou, "non imos ficar calados e caladas e facemos unha chamada a toda a sociedade para se involucrar na denuncia desta situación". Alegou a líder do BNG que o encerramento do xulgado da Coruña está a causar o adiamento na luz verde ás ordes de afastamento "e hai vidas que dependen destas medidas", recalcou. Pediu a implicación da Xunta no asunto. O goberno galego é responsábel, argumentou, porque "nen reclama nen presiona", pese a que no mes de xaneiro todas as forzas políticas presentes no Pazo do Hórreo exixiron "máis recursos para os xulgados e mellorar a asistencia xudicial".
PRAZA_13439
O Executivo aposta por un cambio que piden os traballadores na asemblea xeral celebrada este mércores na Coruña
A Xunta aposta tamén pola conversión de Novacaixagalicia nunha fundación de carácter especial, algo que ve "un paso necesario", tal e como reclaman os traballadores, aínda que aclarou que esa iniciativa deberá xurdir "dos propios implicados". Foi a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, a que amosou a súa postura a favor, xusto antes da asemblea xeral ordinaria da entidade, que se celebraba aínda este mércores á noite, onde os traballadores da obra social pediron a transformación nunha fundación de carácter especial. Muñoz considera que esta conversión é "necesaria para o desenvolvemento futuro da caixa galega". Respecto aos prazos, apuntou que aínda non foron definidos. A asemblea xeral convocada onte, e presidida por Mauro Varela, celebrábase en segunda convocatoria a partir das 18 horas e a ela asistiron a metade das 320 persoas convocadas. Nela debatíase tamén sobre as remuneración e indemnizacións dos altos directivos, así como da proposta dos traballadores para a conversión de Novacaixagalicia nunha fundación especial "para adaptarnos aos novos cambios e renovación nos órganos de goberno para afrontar un futuro viable". Á xuntanza non acudiu a CIG, ao considerar que os membros do consello directivo deberían ter dimitido e disolto a entidade. Ademais, preguntada polas informacións sobre posibles recortes de persoal e oficinas en Novagalicia Banco, a conselleira de Facenda lembrou que se trata dunha "empresa privada" sobre a que a Xunta non ten ningunha competencia. En todo caso, trasladou o apoio do Goberno galego á continuidade de Novagalicia Banco "en solitario" porque permitirá "manter moitos postos de traballo". Así, avogou por que a entidade conte cun proxecto "en Galicia" que sexa "viable e solvente" e "orientado ao sistema financeiro galego e á permanencia dos maiores postos de traballo".
NOS_40668
Unha fotografía aérea das illas Alvedosas (Soutomaior) gañaba o premio National Geographic no certame H2Ocean. O seu autor é Abraham Rosendo (Breikus), quen, sorprendentemente, non se dedica á fotografía como medio de vida. Con todo, como bombeiro forestal, a súa práctica en continuo contacto coa natureza inflúe de maneira evidente na súa obra.
Non se dedica profesionalmente á fotografía. Cando e como apareceu a súa paixón por este campo? Si, desde 2015 téñoo como hobby, non é un traballo. Decidín dedicarlle tempo a temas de fotografía que realmente me gustan, aínda que non saque cartos con iso. Comecei saíndo a dar un paseo. Teño 30 anos, pero levo metido no mundo da fotografía como cinco só, non me vén de cativo. De feito, foi algo que apareceu de súpeto. Gosto de facer sendeirismo e sempre ía co móbil por aí tirando fotografías. Logo decidín dar un paso máis e mercar unha cámara réflex. Pasaba por un momento de baixón cando comecei a interesarme polo que ocorría a través dos obxectivos das cámaras. Con todo, está desenvolvendo varios proxectos, non? Estou cun proxecto fotográfico de mariñeiros tradicionais na costa galega, comezando na miña vila, Arcade. Cando teño tempo intento levalo a cabo. Tamén estou facendo un documental, xa de vídeo, acerca do río Verdugo, que trata das tradicións que se manteñen ao longo de todo o cauce, retratando lugares ben conservados e outros estragados pola man do home. Por que optou pola imaxe das illas Alvedosas? O concurso trata dos océanos e de ecosistemas mariños. Penso que na ría de Vigo temos un entorno moi importante e, xa que estaba co proxecto de fotografía dos mariñeiros, quixen mostrar unha parte do que somos. Quería ensinar a beleza desas illas porque é un lugar moi relevante da ría de Vigo. Porén, aínda que as vemos todos os días, case non nos decatamos de que están aí. Considero que é unha zona moi interesante pola presenza de aves, bivalvos... A xente de Arcade vive e traballa nesas zonas, é algo que deberiamos de conservar e darnos conta de que lle estamos a facer moito dano. Os mariñeiros traen decote bolsas de lixo da nosa ría. Entendo que asume o seu traballo cunha vontade de denuncia ambiental. Por suposto, é un dos piares que me levan a facer todo isto. Impórtame moito o medio ambiente e estou comprometido con intentar denunciar o que se está a facer mal nese eido, especialmente nesta zona, porque é onde vivo. Levo indo ao río toda a vida, bañándome nas praias de Arcade, e ver o que se está a facer non me fai sentir ben. Por iso sae de min a denuncia ambiental, como deberían facer todas as persoas, e xa que teño a posibilidade de facer fotografías que poidan impactar á xente e facerlle pensar, elixo enfocar o meu traballo nesa dirección.
NOS_503
Organizadas pola CPDT, reúne diferentes voces sobre unha cuestión que ligan con novos conceptos dos dereitos humanos.
O Centro Social A Gentalha do Pichel, en Compostela, acolle o 25 e 26 deste mes unhas xornadas orhanizadasd pola Coordenadora para a prevención e denuncia de tortura (CPDT) nas que se debullará a necesidade de redifinir o concepto de tortura que ten a ONU. A CPDT é unha plataforma formada por case 50 colectivos entre os que se encontra Esculca. Desde a organización explican que nestas xoernadas "o obxectivo é aprofundar no debate teórico co propósito de atinxir unha definición mais precisa, unificada e útil sobre tortura e malos tratos que transcenda a definición establecida pola ONU. O debate xirará á volta dos conceptos de sofrimento, intencionalidade, finalidade e non ser consecuencia dunha sanción legal. Após a reflexión, pasarase á aplicación das categorías teóricas a casos concretos e cuestións prácticas". ProgramaDía 25. (sexta-feira) 17:00 horas: 'Critérios sócio-políticos'. Toman parte Ignacio Mendiola (autor de 'Habitar lo inhabitable') e Jorge del Cura (coordenador da CPDT). DIA 26 (sábado). 10:00 horas. 'Critérios xurídicos': José Luis Galán (ALA) e Fernando Blanco (Esculca). 12:00 horas. 'Critério do sofrimento da vítima' : Pote (SalHaketa Bizkaia ) e Oihana Barrios (Jaiki Hadi)
NOS_44111
O certame de músicas internacionais comezará o próximo 23 de setembro. A organización destaca que volve cunha "edición renovada e multidisciplinar" na que haberá 30 propostas dos dous lados do Atlántico.
O festival Maré, de músicas e artes atlánticas, volve na súa nova edición do 23 ao 26 de setembro. A cita que decorre en Compostela será, segundo a organización, a "mais ambiciosa en propostas musicais e artísticas das dúas beiras do Atlántico". Malia as dificultades para conseguir un cartel internacional dadas as circunstancias sanitarias actuais, a programación contará con máis de 30 propostas culturais "diversas", o que vai deixar o país "no epicentro da vangarda creativa mundial". Polos diferentes escenarios do Teatro Principal, o Auditorio da Galiza, a praza da Quintana e o parque de San Domingos de Bonaval -estes dous últimos sumados nesta ocasión- pasarán artistas emerxentes que non paran de acadar éxitos como De Verto e tamén outras propostas xa consagradas como Davide Salvado, Maria Arnal i Marcel Bagés, Bia Ferreira, Nación Ekeko ou Mad Professor. Chegarán creadoras e creadores de máis de 10 estados e países diferentes. Así, aliás a achega galega ao cartel, haberá representación de Catalunya, Portugal, Brasil, Mozambique, Arxentina, Sáhara Occidental ou Colombia, entre outros. Do Estado veciño chegará un amplo grupo de participantes e mesmo haberá programación especial en Rádio Pessoas. O plurilingüismo, sinal de identidade "No festival maré 21 soarán melodías pop, soul, blues, música electrónica, experimental, rap, dub, reggae ou folk e outras músicas de raíz escritas e cantadas en diferentes linguas con preferencia polas minoritarias e minorizadas: do mambara ao guaraní, o chopi timbilia –o idioma do lema do festival, Warethwa (avante)–, pasando polo catalán, inglés crioulo ou galego, ademais do portugués e o español", destaca a organización. "O plurilingüismo é unha riqueza cultural inmensa, e linguas como o galego, o catalán ou o guaraní e outras crioulas van estar presentes neste festival", destaca o promotor Vítor Belho. Entradas e abonos "As capacidades máximas están deseñadas en función da situación actual, pero estanse a producir conversas entre o sector e a comisión de seguimento, e esperamos que nos próximos días poidamos comunicar que este será un dos primeiros festivais que se achega á tan desexada normalidade", remarca Belho. As entradas e os abonos para o evento xa están dispoñíbeis na páxina web mare.gal e nas redes sociais do certame.
NOS_39924
O paso adiante do Ministerio que dirixe Reyes Maroto levou o comité de empresa da planta de San Cibrao a desconvocar a manifestación prevista para este domingo en Lugo.
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de notificar ao comité de empresa de Alcoa San Cibrao a unha reunión coa titular do departamento, Reyes Maroto, a próxima terza feira, 29 de xuño. Segundo explican os representantes dos traballadores nun comunicado, o chamamento de Industria levounos a desconvocar a manifestación prevista para este domingo en Lugo. Con esta decisión, os traballadores queren evitar verse "utilizados como escusa á hora de tentar chegar a unha solución" ao conflito que arrastra xa máis dun ano de incerteza, desde que Alcoa anunciou a súa intención de executar un despedimento colectivo que, no entanto, foi anulado posteriormente pola xustiza. Posíbel venda Ademais da reunión entre o comité e a ministra do día 29, o mércores 30 está convocada unha nova reunión multilateral sobre a situación da factoría e a súa posíbel venda. Esta é a segunda ocasión na que se impulsan as negociacións para tentar vender a planta de aluminio da Mariña a un terceiro. A primeira, no outono pasado, terminou frustrada. Agora, a presenza ou non da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) como mediadora na operación foi un dos puntos chave nos que estaban en desacordo a compañía e o Goberno. Esta discrepancia garda relación coa sentenza condenatoria que acaba de ditar a Audiencia Nacional sobre Alcoa tras a venda das factorías da Coruña e Avilés. Este feito, segundo a empresa, condiciona a súa situación en España, ao pór en evidencia, ao seu xuízo, as dificultades de vender unha planta inviábel desde o punto de vista "estrutural". Pola súa banda, os traballadores remarcan que a fábrica de Cervo xera beneficios.
NOS_42276
As e os cabezas de lista das sete formacións que participarán no debate desta noite despexan as súas axendas para preparar a fondo as súas intervencións no debate desta segunda feira ás 21.30. Só Gonzalo Caballero, aspirante do PSdeG, participará nun acto electoral pola mañá.
Durante a xornada de hoxe as e os aspirantes á Presidencia da Xunta da Galiza dedicaranse a fondo a preparar a súa intervención do único debate electoral da campaña. Só o candidato do PSdeG, Gonzalo Caballero, mentres que aspirante polo BNG, Ana Pontón, comezou a traballar no debate o pasado sábado. Debido as limitacións que impón a pandemia, con mitins e actos cun público moi reducido, aumenta a importancia do único debate que se retransmitirá a partir das 21.30 horas na TVG e mais na RG. Máis aínda se se ten en conta que as enquisas devolven unha alta porcentaxe de votantes indecisos, 31,6% segundo o CIS, que as e os aspirantes tratarán de mobilizar de cara a cita coas urnas o 12 de xullo. Os e as candidatas dos "grupos representantivos" que participarán serán serán Alberto Núñez Feixoo, polo PP; Gonzalo Caballero, do PSdeG; Ana Pontón, polo BNG e Pancho Casal, da Marea Galeguista. En representación de los grupos "significativos" van Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común; Beatriz Pino, de Ciudadanos; e Ricardo Morado, de Vox. O debate artellarase en catro bloques: Galiza e a COVID-19, xestión, nova normalidade e reconstrución; políticas económicas, industriais, orzamentarias e fiscais; políticas sociais e de benestar, educación, sanitarias e modelo institucional, pactos, gobernabilidade e encaixe da Galiza no Estado. PPdeG: datos para defender a súa xestión Alberto Núñez Feixoo, presidente e candidato a revalidar a súa cuarta maioría, emulando o seu precedesor Manuel Fraga, prepárase para un encontro no que terá ante si os seis aspirantes que cuestionarán a súa década como líder do Executivo galego. Fontes do PPdeG din que o popular procurará rebater "con datos" as críticas que poida recibir do resto de forzas. Como leva facendo desde que alcanzou a Presidencia, Feixoo defenderase "como aposta segura e coñecida fronte a unha posíbel coalición das esquerdas". Porén, se ben nas súas intervencións públicas prevalece a crítica, Ciudadanos e Vox xa tenderon a súa man a Feixoo caso de que os populares precisen dos seus apoios na Cámara galega e para frear o avance do nacionalismo, que tamén amosan as enquisas. PSdeG: desmontar o relato de Feixoo Gonzalo Caballero tamén alixeira a axenda, mantendo un acto pola mañá, mais despexando a tarde. A súa estratexia, din fontes do partido, pasará pola confrontación aos datos de Feixoo con información que desmonte o seu relato, amosando como o Goberno do PPdeG foi un "fracaso" nestes últimos once anos. As mesmas engaden que o candidato trasladará aos galegos que hai "unha alternativa" da que o PSdeG é líder. Os socialistas lembran que as políticas de Feixoo deixan Galiza con 70.000 empregos menos de cando chegou e lamentan que a configuración do debate non permita valorar e contrastar comparar propostas ao participaren até sete forzas políticas distintas. "Feixoo non quere debater, prefire dicir que todo está feito e que non hai nada máis que facer, pero quero dicirvos que o voto é un poder fundamental", asegurou Caballero onte en declaracións aos medios de comunicación dirixíndose ao electorado progresista. Galicia en Común: achegar propostas O candidato de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, prepara desde onte a tarde a súa participación no debate electoral xunto co seu equipo de campaña. Unha cita que consideran "feita a medida" de Núñez Feixoo e cun formato orientado "a enxalzar a súa figura". Desde a candidatura avanzan que Gómez-Reino achegarase ao debate en "termos propositivos", mais destacando que "non houbo nin unha medida positiva" nos once anos de Núñez Feixoo ao fronte da Xunta. O propio candidato lamentou o domingo que o único debate entre cabezas de lista "non o decidise quen tiña que telo feito, que eran os profesionais da CRTVG, senón que saia da Consellaría de Propaganda que ten Feixoo". BNG: en clave galega Sen actos programados na pasada fin de semana e coa axenda en branco até hoxe ás 21.30, Ana Pontón é a candidata que máis tempo dedicou a preparar a súa intervención. Como xa fixera en 2016, a nacionalista estuda a fondo cada unha das intervencións no debate, que considera clave nesta campaña para mobilizar o voto e para achegarse a un electorado máis amplo. No debate Pontón centrarase nas propostas que veñen artellando a campaña do BNG, outro "modelo de país" cunha política en clave galega e abrindo a porta a que, por primeira vez, unha muller ocupe a presidencia do país.
PRAZA_7381
Francisco Solano, da Asamblea de Cooperación pola Paz, forma parte da xunta directiva da Coordinadora galega de ONGDs. Denuncian que o feito de que no 2013 non saian novas convocatorias de proxectos vai significar a paralización da cooperación exterior galega.
Francisco Solano, da Asamblea de Cooperación pola Paz, forma parte da xunta directiva da Coordinadora galega de ONGDs. Denuncian que o feito de que no 2013 non saian novas convocatorias de proxectos vai significar a paralización da cooperación exterior galega. En total a Dirección Xeral de Cooperación Exterior e coa UE reducirá un 38 % os fondos previstos para 2013 en materia de cooperación ao desenvolvemento. Ficará nun 0,05% do orzamento total, unha porcentaxe que se sitúa moi lonxe do 0,7% comprometido para 2017 por todos os partidos que asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza. O malestar entre as ONGDs galegas é máximo, sobre todo despois de que o PP prometese na campaña electoral que o orzamento mesmo se incrementaría. Nas vindeiras semanas levarán a cabo accións de protesta e queren que o tema se debata no Parlamento. De momento xa solicitaron entrevistas cos partidos con representación parlamentaria para que esta tesoirada se trate no debate sobre os orzamentos. Solicitaron entrevistas cos partidos con representación parlamentaria para que esta tesoirada se trate no debate sobre os orzamentos Que consecuencias vai ter esta medida? A efectos prácticos isto significa que moitos proxectos que continuaron antes do 2012 non van poder continuar. As accións de cooperación son sempre a longo prazo, aínda que traballemos con proxecto anuais ou bianuais. E o feito de que no 2013 non saian novas convocatorias de proxecto significa cortar toda esa planificación de traballo. Ademais, tampouco hai convocatorias de educación para o desenvolvemento e as entidades que traballamos neste campo imos ter moitos problemas para seguir realizando o noso traballo. Sorprendeuvos a decisión? "A efectos prácticos isto significa que moitos proxectos que continuaron antes do 2012 non van poder continuar" A crise non é escusa para recortar en políticas sociais, tendo en conta ademais que o PP prometeu en campaña electoral incrementar o orzamento para a cooperación ao desenvolvemento. É certo que hai comunidades autónomas nas que o recorte foi maior. Pero a Xunta non pode presentar iso como desculpa: ten que cumprir os seus compromisos coa axuda ao desevolvemento. Con este recorte o obxectivo do 0,7% semella máis lonxe ca nunca? A cooperación galega o momento no que máis se achegou a ese 0,7% foi no último ano do goberno bipartito, cando o orzamento foi do 0,11%. Dende entón foi sempre para abaixo: pasamos a un 0,08%, despois a un 0,06% e agora a un 0,05%. É unha tendencia preocupante aínda que a Dirección Xeral nos di que hai que confiar que a cifra non baixará máis. Os tres partidos galegos con representación parlamentaria en 2010 asinaron o Pacto Galego contra a Pobreza no que se comprometeron a dedicar o 0,7% en 2017. Máis que algo simbólico é unha meta máis que razoable. Hai moitos países que xa chegaron a ese obxectivo e nós imos cara atrás. Os recortes están afectando moi duramente as vosas entidades. Como está a situación neste momento e como se presenta o 2013? "Seguramente non comunicamos de forma adecuada o traballo que realizamos e por que o realizamos. Non conseguimos que callase na sociedade o discurso sobre as causas que fan necesaria a axuda ao desenvolvemento" Todos os esforzos que as ONGDs dedicamos a profesionalizarnos e toda a capacidade operativa da que nos dotamos para realizar unha axuda ao desenvolvemento de calidade foron reducíndose. Houbo ONGDs galegas que pecharon, outras entidades estatais pecharon as súas delegacións en Galicia e a meirande parte das organizacións xa realizaron un ou varios EREs para poder sobrevivir á crise. Pensades que a sociedade valora o voso traballo suficientemente? Cremos que o noso traballo si se valora. Pero tamén facemos autocritica: seguramente non comunicamos de forma adecuada o traballo que realizamos e por que o realizamos. Non conseguimos que callase na sociedade o discurso sobre as causas que fan necesaria a axuda ao desenvolvemento. Por iso unha parte da poboación xustifica os recortes para este sector.
PRAZA_796
O presidente da Xunta di nunha entrevista radiofónica que o seu partido non "fixo" o seu financiamento "de forma correcta" vinte e catro horas despois de tombar a solicitude de comparecencia do PSdeG sobre as contas dos conservadores e a suposta caixa 'B'.
"Un erro". Os titulares de múltiples medios de comunicación inzáronse ao longo da mañá deste mércores co nome do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo foi un dos primeiros convidados do novo programa das mañás da emisora Onda Cero e, en resposta ao xornalista Carlos Alsina, admitiu "erros" no financiamento do PP ao longo do tempo. A nova impactou de cheo na axenda informativa estatal por chegar en plena crise interna dos conservadores e mentras seguen en marcha os procesos xudiciais pola trama Gürtel e o caso da 'caixa B' do partido, no que o xuíz Pablo Ruz dá por demostrado que os populares se beneficiaron de fondos chegados por canles ilícitas. No entanto, as declaracións producíronse tamén menos de 24 horas despois de que o PP se negase a que Feijóo comparecese no Parlamento de Galicia para dar conta, precisamente, do financiamento do partido. Na xornada do martes os populares fixeron valer a súa maioría absoluta na Xunta de Portavoces da Cámara para tombar a solicitude formulada polo PSdeG para que Feijóo dese conta "dos feitos recollidos no auto do xuíz Ruz no que se refire ao financiamento do Partido Popular de galicia e o papel" que tivo nel Pablo Crespo, ex secretario de organización do PPdeG e presunto número dous do entramado da Gürtel. Para os socialistas as conclusións de Ruz "poñen en cuestión a credibilidade e a integridade" do PP, que "silencia o debate aínda que o propo Crespo fose no seu día subordinado a Feijóo", toda vez que era membro do consello de administración de Portos de Galicia cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial, e por iso cumpría a comparecencia. O PP tombou este martes a solicitude de comparecencia formulada polo PSdeG Cando non transcorrera nin un día enteiro tras o veto Feijóo si accedeu a falar do financiamento do seu partido, pero na radio. Ao ser cuestionado polos erros da formación nos últimos anos o titular da Xunta deu en admitir que "o noso financiamento do partido foi, claramente, unha fórmula" que derivou "nun grave erro". Isto, di, "probablemente" sucedeu "por un baleiro legal" que o Estado español no seu conxunto ten "pendente" subsanar". En calquera caso, admite sen dar máis detalles, "non o fixemos de forma correcta" e isto "ten poucas dúbidas". "Tivemos persoas que utilizaron as siglas do partido para enriquecerse", engade, e iso "custounos e aínda nos vai custar moito sufrimento e moitas dúbidas sobre a honorabilidade dos cargos que neste momento diriximos o partido". Feijóo di agora que o PP non "fixo" o seu financiamento "de forma correcta" A coincidencia no tempo do veto á comparecencia e da reflexión presidencial a respecto dos devanditos erros sementou a indignación na oposición galega. O primeiro grupo en pronunciarse ao respecto foi AGE, que a través dun comunicado "esixe" que Feijóo "compareza de xeito inmediato" para dar conta deses "erros". A xuízo da vicevoceira da coalición, Yolanda Díaz, resulta "urxente" que Feijóo "explique no Parlamento cales son concretamente eses erros" que "tamén afectan ao noso país, xa que as contas do partido en Galicia tamén están implicadas no suposto financiamento ilegal". "Ponse de manifesto non só a falla de vergoña do presidente, que fala sen rubor de erros de financiamento obviando a súa responsabilidade", di Díaz, "senón tamén a total falta de respecto á cidadanía, negándose unha e outra vez a comparecer". Outros vetos O deste martes non foi, en calquera caso, o primeiro veto do PP a unha comparecencia de Feijóo sobre o financiamento do partido en concreto ou, en xeral, sobre casos de presunta corrupción que poidan afectar á formación conservadora. Ben ao contrario, dende o comezo da lexislatura autonómica producíronse, cando menos, sete negativas. Así, en febreiro de 2013 bloquearon a solicitude do PSdeG para que Feijóo falase da "presunta corrupción" do seu partido e en marzo, unha petición idéntica asinada conxuntamente por toda a oposición. En xullo do mesmo ano AGE e BNG querían que Feijóo falase especificamente sobre o "presunto financiamento ilegal" do PP e este volveuno impedir. En setembro de 2014 os socialistas volveron preguntar exactamente o mesmo e o resultado foi tamén idéntico. En outubro do mesmo ano o PSdeG volveu reclamar que Feijóo falase de financiamento e suposta corrupción, nese caso a respecto da trama Zeta, e o veto produciuse igualmente.
NOS_30803
As críticas ao aluguer pagado polas eléctricas aos propietarios dos terreos onde se instalan eólicos é unha constante. Segundo os datos fornecidos polo Observatorio Eólico, representan entre 1,1% e 2,4% da facturación do parque. As contías ofertadas nos últimos anos son aínda inferiores.
Os termos dos contratos entre os propietarios dos terreos e os operadores eólicos responden a tres modalidades. Así, naqueles acordos onde se paga mediante unha porcentaxe da facturación, os propietarios dos terreos perciben unha parte dos beneficios da instalación eólica previamente determinada nos acordos contractuais. Actualmente só dúas compañías optan por esta opción na Galiza: EDP (Enerxía de Portugal) e Endesa, a filial da italiana de Enel, retribuíndo a primeira aos propietarios con 2,75% da facturación e a segunda con 3%. O pago en función da potencia eólica instalada na superficie da parcela é a fórmula máis habitual na Galiza. Nesta modalidade de pago para o acceso aos terreos, a retribución vai estar condicionada directamente polo número de aeroxeradores e a potencia unitaria dos mesmos que se atopen na superficie obxecto do contrato. Segundo o Observatorio Eólico da Galiza "para os casos coñecidos de parques eólicos en funcionamento e levando esta modalidade a un pago unitario que permita comparar os contratos, os extremos sitúanse entre os 1.250 e os 7.500 euros/megawatt". A este respecto, o portavoz de Ventonoso, José Antonio Diéguez, afirma que "o prezo medio por megawatt instalado sitúase entre 2.000 e 5.000 euros/megawatt". O pagamento por superficie ocupada baséase na ocupación dos terreos que se orixina a partir do proxecto eólico. Nuns casos pode existir un pago anual unitario por unidade de superficie afectada para todo o terreo, sen diferenciar entre as distintas afeccións existentes, noutros a opción é un pago por superficie anual diferenciada, en función da clase de afección dos terreos. Neste sentido, o Observatorio Eólico da Galiza destaca que os pagos por este modelo móvense para o primeiro suposto "entre un mínimo de 0,03 euros e un máximo de 0,61 por metro cadrado" e para o segundo entre "8,73 euros metro cadrado polo pleno dominio de superficie de aeroxeradores até os 0,003 euros metro cadrado de servidume por gabias e cables". Diéguez denuncia que "as eólicas pagan cada vez menos polos terreos". Neste sentido, critica a lexislación galega que "favorece o dereito á expropiación das empresas" e advirte da situación de indefensión dos donos dos terreos. "Teñen a Galiza pillada e están obrigando a xente a asinar. Nas expropiacións pódente espoliar pero é mellor chegar a elas a que che queden cos terreos por nada", indica Diéguez a Nós Diario. "Hai unhas poucas empresas que pagan aos propietarios unha porcentaxe do que produce o parque pero a maioría dos contratos das eólicas son de dereitos de superficie, que habitualmente vén afectando a finca completa", afirma Diéguez, que considera que "os contratos de superficie son auténticas trampas para os propietarios, até o punto de que nalgúns casos se fixan cláusulas que obrigan a reservar dereitos a favor das empresas en terreos que non son obxecto do contrato". "As condicións son peores" O economista da Universidade de Vigo e responsábel do Observatorio Eólico da Galiza, Xavier Simón, coincide coa opinión de Diéguez. "As condicións para os propietarios hoxe son peores que no pasado", ten afirmado a Nós Diario, apuntando que nos contratos que teñen revisado no último ano no Observatorio, a petición dos propietarios, non atopan ningunha oferta que mellore as condicións medias dos contratos actualmente vixentes. "As empresas eólicas argumentan as baixadas sinalando que lles reduciron as axudas públicas, porén a súa produtividade mellorou de forma evidente como consecuencia dos avances tecnolóxicos", sinala. Os estudos efectuados polo Observatorio Eólico da Galiza conclúen que, en relación á facturación dos parques eólicos, "os importes anuais percibidos polos propietarios oscilaron entre 1,1% e 2,4% no período que vai en entre 2002 e 2018". Na mesma liña significa que "na modalidade de pagamento por porcentaxe de facturación os propietarios dos terreos perciben unha porcentaxe que en xeral comeza en 1,5% os primeiros 10 anos e sitúase en 4% os seguintes anos de duración do contrato, normalmente de 30 anos". Unha das causas dos baixos prezos fixados nos contratos entre os propietarios dos terreos e os operadores eólicos está no "contexto de forte asimetría entre as partes". Esta explicación formulada desde o Observatorio Eólico da Galiza parte "do moito coñecemento do mercado e moita información, por parte dos promotores. Pouca información e poucos recursos, por parte dos propietarios".
QUEPASA_314
Este martes hai xornada de doazón na unidade móbil
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios de nivel básico. A acción formativa impartirase no Edificio Multiusos de Santa Comba en horario de 15:30 a 20:00 horas dende este xoves 5 ata o vindeiro 12 de agosto, e está formulada para profeisonais da agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector. O curso -que contará cunha duración de 27 horas repartidas en seis xornadas de tarde- centrarase en que os agricultores consigan unha formación adecuada para realizar tratamentos fitosanitarios nas súas explotacións sen emprego de persoal auxiliar e, á súa vez, en capacitalos para obter o carné de aplicador de nivel básico, necesario para exercer esta actividade a nivel autonómico e estatal. Así, ao longo da acción formativa non só se tratarán os distintos produtos fitosanitarios e os métodos de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación, senón tamén os riscos derivados do seu uso tanto para o medio ambiente como para as persoas, xunto cos equipamentos e EPIs (Equipos de Protección Individual) axeitados para o seu emprego. Así mesmo, trataranse cuestións como as pragas dos cultivos e as técnicas adecuadas para o seu control, ademais de especificar produtos fitosanitarios ilegais. Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico [email protected]. Tamén poden chamar ao número 881 997 483 para máis información. Feira do Automóbil e Agrícola A Asociación de Empresarios prepara unha reunión paera este xoves para estudar a posibilidade de facer unha Feira do Automóbil e Agrícola. DOAZON
PRAZA_14306
Valentín Carrera vén de presentar en Lugo 'As eleccións xerais do 20N na rede', unha obra na que analiza a campaña dos últimos comicios estatais en Galicia nos medios 'online'. O escritor e xornalista afonda nesta entrevista nos retos dos políticos ante unha nova comunicación en Internet á que cre que aínda non están afeitos os partidos tradicionais.
Valentín Carrera (Ponferrada, 1958) vén de presentar en Lugo As eleccións xerais do 20N na rede (Edicións Lea), un libro electrónico na que analiza a campaña dos últimos comicios estatais en Galicia nos medios online. O escritor e xornalista afonda nos retos dos políticos ante unha nova comunicación en Internet e non dubida en cualificar as campañas dos partidos tradicionais como "rancias", tras advertirlles que se non reaccionan "poden perder a batalla dos medios alternativos". Como xorde esta obra? Nas municipais de maio de 2011, eu e mais a miña compañeira Yolanda del Campo fixeramos un libro no que analizabamos o tratamento da campaña na prensa en papel tradicional, aínda que tamén abordamos algo o que ocorría na Rede. Daquela, aínda pensabamos no soporte tradicional, pero todo rachou coa irrupción do 15M, un movemento que rompeu todas as prácticas da campaña política. Este cambio estoupou nas mans dos candidatos, dos partidos e da sociedade... Foi unha bomba de reloxería nas redes sociais. "O 15M rachou todas as prácticas da campaña política e estoupou nas mans dos candidatos e dos partidos" E cambiaron o obxecto de análise... Poucos meses despois convocáronse as eleccións xerais e xa era tal a transformación que nin pensamos en fixarnos na prensa en papel. O modelo tradicional quedou ultrapasado e ficou obsoleto. Por iso, esta obra céntrase nos medios en Internet, nos blogs de referencia, no Facebook ou no Twitter. Intentamos monitorizar e seguir todo o que puidemos durante aquela campaña e o resultado é esta obra de 200 páxinas. Non é imposible seguir toda unha campaña en Internet? É imposible monitorizar todo o fluxo da información que hai e por iso hai que facer unha creba e unha lectura selectiva. O libro está centrado nas redes, pero Internet é como unha fervenza na que nos mergullamos cun pequeño coador para seleccionar, obviamente dun xeito subxectivo pero honesto, e coa intención de que o lector teña unha idea aproximada de como se fixo a campaña na Rede. Hai cousas boas e cousas malas, como sempre. "Que o perfil social non o leve o propio candidato é non entender a filosofía do Twitter ou do Facebook" Están os políticos preparados para as campañas en Internet e nas redes sociais? Os políticos aínda non navegan polas redes, son náufragos. Todos o somos, pero se cadra eles moito máis porque aínda non tomaron Internet e as redes sociais en serio. Teñamos en conta que durante a campaña do 20N había destacados políticos que non tiñan perfil nin en Facebook nin en Twitter ou que o fixeron de présa antes das eleccións ou que eran manexados por membros dos seus equipos e non por eles mesmos. Que os perfís nas redes sociais non sexan manexados polo propio político é un dos principais erros? Non é o mesmo, obviamente. Iso é non entender a filosofía do Twitter nin das redes sociais. Nalgúns casos houbo falta de sinceridade e noutros moitos un uso demasiado interesado, cando as redes non son permeables como moitos políticos pensan. As redes filtran nesa terrible fervenza de tweets e posts porque o lector sabe perfectamente o que quere e o que rexeita. O twitter publicitario perde inmediatamente o seu efecto e iso téñeno que ir notando nos partidos políticos. Houbo excepcións, porque si houbo candidatos que fixeron unha aposta sincera pola rede e que si interactuaron cos seus lectores, pero foron os menos habituais. Que os perfís sociais de Rubalcaba e Rajoy se actualizasen mentres debatían en directo é un síntoma do mal uso das redes? Ese tipo de cousas son un síntoma do mal feito. Os estados maiores dos partidos teñen moi pouca axilidade na súa comunicación e a inercia acábaos levando de novo polo camiño equivocado. Estamos vendo nesta precampaña electoral en Galicia que os candidatos viaxan a América ou continúan cunha morea de promesas electorais, unha práctica que nestes tempos de Twitter instantáneo é moi rancia. Empregar as redes para comunicar cousas rancias non implica que deixes de ser rancio. É así. "As campañas rancias, aínda que se fagan en Twitter ou Facebook, seguen sendo rancias" Son as campañas electorais rancias? As campañas rancias, aínda que se fagan en Twitter ou Facebook, seguen sendo rancias. As redes abriron o debate, pero os partidos seguen facendo a súa comunicación en Internet de forma vertical, de arriba cara a abaixo, sen ter en conta que a cualidade principal da Rede é precisamente iso, que é unha rede onde non hai un punto dominante. Aínda non aprenderon. Os políticos teñen que mudar a conduta. A rede transpira o que os políticos fan e é moi transparente Ao final é moi complicado enganar a todo o mundo todo o tempo. De verdade cre que son tan importantes as redes sociais nunha campaña electoral? Creo que nas redes vaise disputar unha boa parte da campaña, especialmente para os partidos pequenos. Ás formacións máis humildes, as redes sociais permítenlles facer un boca-orella moi efectivo sen necesidade de investir moitos cartos. Os pequenos partidos estano facendo bastante ben, pero nos partidos galegos queda moito por aprender... Que lles queda por aprender? Os políticos seguen instalados nunha comunicación vertical que é moi cuestionable. Os partidos semella que non se dan conta que cando un vai a un mitin ou escoita unha intervención dun político, acabará tuiteando dunha maneira intuitiva cousas que o partido non quere escoitar, pero isto é así. E pasa con máis cousas. Mentres nun congreso dunha formación se transmite unha liña oficial, no Twitter o discurso vai por outro lado. "Os partidos deben decatarse de que xa non controlan a mensaxe e que deben entrar na conversa e participar; se non o fan, están fóra" Daquela, avanzaron algo os partidos galegos? Non vexo cambios nin no PP, nin no PSdeG nin no BNG. Deben decatarse xa de que eles non controlan a mensaxe e que deben entrar na conversa, participar... Se non o fas, estás fóra. Nos partidos máis grandes tardará máis en chegar esta mudanza, pero é certo que nos máis pequenos hai máis axilidade porque teñen máis asumida a importancia de Internet. Pero Galicia é un país con moita poboación envellecida sen acceso a Internet nin uso de redes sociais... É evidente que hai moitos xornais tradicionais en papel que chegan a un sector determinado da poboación, pero tamén é verdade que a xente de 30 anos para abaixo xa non le periódicos. Ou chegas á xente nova a través do móbil, o Ipad e o ordenador, ou non chegas. Para chegar á terceira idade válenche moitos medios tradicionais, pero non cos máis mozos. Ademais, cada vez hai máis xente de máis de 40 anos que se está pasando á prensa dixital e que opta por informarse nas webs ou nas redes sociais. Os hábitos están cambiando. Poden decidirse as eleccións polo maior ou menor influxo dos partidos na Rede? Os partidos non poden desprezar ese público de Internet porque poden perder a batalla dos medios alternativos. E aí, como recoñecen os partidos, tamén se pode perder un voto que pode determinar que se gañe ou non un escano. Hai partidos que seguen a cultivar a prensa tradicional como se estivesemos nos anos 80 e fano porque non saben desenvolverse neste novo mundo, no que hai que estar moi áxil e coas antenas abertas. Non vexo os nosos políticos preparados aínda, sinceramente.
NOS_16714
O primeiro barómetro cultural do Consello da Cultura Galega sobre o impacto da pandemia na industria cultural deixa datos para a preocupación.
O impacto da pandemia da Covid-19 na industria cultural galega é preocupante. Mídeo o Consello da Cultura Galega (CCG) nun informe, o seu primeiro barómetro cultural sobre as consecuencias da crise do coronavirus na industria cultural do noso país. Máis de 300 empresas dun universo total de 1318, distribuidas nos diferentes ámbitos temáticos da cultura, participaron no informe realizado polo Observatorio da Cultura. As empresastrexistraron unha caída da facturación de máis dun 50%, un 6% dos traballadores e traballadoras xa foron despedidas e un 10% poderían perder o seu emprego nos vindeiros meses. Ademais, catro de cada dez empresas culturais terán dificultades para afrontar o pagamento de impostos e seguros sociais. O ámbito máis afectado, en case todos os aspectos, é o das artes escénicas, incluídas as musicais. Estes algún dos dados do informe, recollidos en Cultura Galega. As entrevistas amosaron que 48,5% das empresas culturais galegas tivo que cesar a súa actividade a causa do estado de alarma ás que se lle engadiu un 5,3 % que tamén tiveron que facelo por razóns técnicas e operativas. No sector das artes escénicas e musicais, esta cifra incrementouse até 82,4%. Durante esta situación, un 38,6% das empresas solicitaron un ERTE, con maior frecuencia nas artes escénicas e no sector do libro e a prensa. Unha vez rematado o estado de alarma, no momento de realización da enquisa, só desenvolve unha actividade normal o 43,2% das empresas culturais. A caída de facturación provocada pola crise sanitaria é superior ao 50% nos primeiros meses do ano, pero para o 37,6% das empresas a redución foi mesmo superior ao 75%. De novo, é no sector das artes escénicas onde un maior número de empresas (un 68,5%) estiman caídas da facturación de máis do 50%. As empresas con volumes de facturación por debaixo dos 150.000 euros son as que agardan maiores reducións. 9,2% das empresas culturais realizaron despedimentos. O máis habitual foi despedir a 1 ou 2 persoas (un 64,3 % das que realizaron este procedemento) pero un 10,7% tiveron que despedir a máis de 10 persoas. O 17,8% das empresas prevén facer máis recortes nos vindeiros meses. En función das previsións indicadas, calcúlase que as empresas culturais barallan despedir ao 9,4% do persoal contratado antes da crise. Son as empresas de artes escénicas, de novo, as que máis prevén a realización de despedimentos (un 25,5%). As políticas públicas As empresas suspenden aos tres niveis da Administración (estatal, galega e local), se ben a administración mellor puntuada é a estatal (4,54), seguida da autonómica (3,86) e a local (3,12). Entre as medidas reclamadas para reactivar o sector, as máis citadas son as axudas directas ou as subvencións a fondo perdido (45,2%) seguidas da supresión ou rebaixa de impostos ou seguros sociais (40,9%) e das axudas fiscais (40,5%).
NOS_19991
Unha xornada do Consello da Cultura Galega (CCG) lembrarán a primeira emisión dunha programación radiofónica estábel en galego desde a BBC de Londres.
"Ás 23:45 horas do 14 de abril de 1947 comezaba a primeira programación radiofónica estable en galego, unha xanela aberta á difusión da lingua e da cultura galegas en pleno franquismo desde a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC de Londres", así describe o Consello de Cultura Galega a primeira emisión radiofónica en galego, no Galician Programme. "Damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega": 73 anos da primeira programación radiofónica estábel en galego Para lembrar este fito histórico, a CCG organizou unha xornada centrada na radifusión en galego, catalán e éuscaro na BBC, que decorrerá o vindeiro 21 de xuño no Pazo de Raxoi. O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, salientou que "as emisións en lingua galega dende a BBC de Londres son un capítulo sobranceiro e moi significativo da estratexia do galeguismo para estar presente no espazo internacional da comunicación logo da desfeita que significou a Guerra Civil española". Programa da xornada A xornada comezarán o 21 ás 10 horas. Ás 10.30 horas decorrerá a primeira palestra, moderada polo coordinador desta iniciativa, Xulio Ríos, titulada Radiodifusión exterior, franquismo e Guerra Fría. Participarán a cineasta Margarita Ledo Andión e o xornalista de Radio Nacional de España e historiador Luis Zaragoza Fernández. A seguinte palestra terá lugar ás 12.30 horas, A BBC e as súas emisións exteriores, moderada por María Xosé Porteiro, e coa intervención do correspondente da BBC Guy Hedgecoe e a xornalista multimedia e analista de datos e estratexia en YouTube para o departamento de Desenvolvemento Dixital do Servizo Mundial da BBC Inma Gil Rosendo. "Damos comezo ás nosas transmisiós en língoa galega" Xa na sesión de tarde, ás 16.30 horas, Tino Santiago moderará a palestra As emisións en catalán e éuscaro na BBC, na que participarán o doutor en Ciencias da Comunicación e director do programa "L'altra ràdio" de Radio Nacional de España Cinto Niqui Espinosa e a doutora en Historia Contemporánea e profesora titular da Universidad de Deusto Leyre Arrieta Alberdi. Finalmente, ás 18.30 decorrerá a palestra As emisións en galego na BBC. Moderará a directora de Nós Diario, María Obelleiro, e intervirán o catedrático de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio Afonso Vazquez-Monxardín e o catedrático honorario de Filoloxía Inglesa na Universidade da Coruña Antonio Raúl de Toro.
NOS_33412
A comisión amosou o seu "rexeitamento máis absoluto" polas cancións escoitadas nos últimos dous encontros do Betis e instou a RFEF a fechar o campo "de forma parcial".
Após máis de dúas semanas da primeira ocasión en que os 'Supporters Gol Sur' --ultras do Betis-- corearon retrousos en apoio a Rubén Castro, procesado por un violencia machista, a comisión antiviolencia --dependente da Comisión estatal contra a violencia, o racismo e a intolerancia no deporte-- acordou esta cuarta feira (25 de febreiro) amosar o seu "rexeitamento máis absoluto a comportamentos nun estadio de fútbol que xustifican a violencia machista". Antiviolencia referiuse así aos cánticos que apoiaban o deportista e batían contra a súa ex-compañeira após esta denunciar ter sido agredida --mesmo sexualmente-- por Castro. «Rubén Castro alé, Ruben Castro alé, no fue tu culpa, era una puta, lo hiciste bien», resoou no Villamarín contra o Girona (21 de febreiro) e no encontro contra o Ponferradina no Toralín (9 de febreiro). Antiviolencia presentará unha denuncia perante a Fiscalía ao considerar que os cánticos poden ser "constitutivos de delito" Neste senso, a comisión propuxo á RFEF o fechamento parcial do campo de fútbol a modo de sanción e de acordo co fixado no Regulamento interno e Código disciplinario deste organismo. "Tales condutas de siareiros son merecedoras de condeas tanto a nivel individual de quen as realiza como do clube respecto de quen son seguidores". Aliás, solicita ao Betis que achegue todas as probas que consiga recompilar a respeito dos responsábeis dos cánticos --unha investigación en curso tamén por parte da oficina de deportes da Policía española. O obxectivo de antiviolencia é denunciar perante a Fiscalía uns feitos que, din, poderían ser "constitutivos de delicto". A decisión de antiviolencia devén da denuncia presentada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).
NOS_11959
A idea foi anunciada por Alfonso Rueda e espallarase aos municipios de todo o estado após ser ben acollida pola dirección do partido en Madrid.
A dirección do Partido Popular de Galiza acordou esta segunda feira abrir o debate, din, a respeito da mudanza lexislativa anunciada por Mariano Rajoy e que visa rematar cos gobernos de coligazón. Mais non o fará nas rúas, nen nas prazas, senón através dunha moción tipo que será presentada nos concellos de todo o país. A moción defende que a lista máis votada goberno sen posibilidade dunha coligazón após as eleccións A proposta d@s populares, explican nun comunicado de imprensa, visa preguntar "sobre a proposta de que goberne o candidato á alcaldía máis votado". Neste senso, Alfonso Rueda afirmou que o obxectivo desta iniciativa "é que o voto dos cidadáns se vexa reflectido nos resultados e que non sexan arranxos de despacho entre listas perdedoras que moitas veces, por moi poucos votos, impediron que votara a lista gañadora". Así, propoñen que após alcanzar unha determinada porcentaxe de votos favorábeis acceda de maneira directa á alcaldía a forza política que os obteña ilegalizando calquera coligazón postelectoral que, actualmente recolle a lei. Desde o PP aseguran que esta iniciativa "xa a levaba o PPdeG no seu programa electoral" polo que se ergueron en defensores da proposta anunciada por Rajoy e tomaron a iniciativa. A idea deseñada pol@s populares galeg@s foi ben acollida desde Madrid que, din, remitirá a todos os concellos do estado a moción.
NOS_15742
O sector crítico que lideran Luís Eyré e López Rico submeterá a referendo a hipótese de abandonar a formación integrada en AGE que lidera Beiras e gaña forza a idea de que se constitúa nunha nova organización cuxos pactos poderían ser distintos aos de Anova.
Unha escisión de peso ameaza a Anova após a asemblea que tivo lugar a semana pasada e na que o sector oficial de Mariño Noriega e Xosé Manuel Beiras se impuxo ao crítico, organizado en Cerna (logo de que pouco antes a FOGA abandonara a organización) e que ficou con apenas dous representantes na dirección, o que -como se esperaba en moitos ambientes- abre a porta á marcha daqueles que están representados por Luís Eyré ou Mario López Rico, nunha corrente que consultará ás súas bases esta semana sobre a súa posíbel marcha. A decisión saberase o vindeiro domingo, pero sábese que a corrente é favorábel ás Mareas pero non ao pacto fixo con Esquerda Unida e está por ver se pode achegarse ao BNG Segundo o comunicado que fixo público Cerna este sábado logo dunha xuntanza en Compostela: "Na práctica da radicalidade democrática someteremos a votación mediante referendo telemático entre toda a militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político. As preguntas que se trasladarán á militancia serán: "Está de acordo en que Cerna abandone Anova?". "Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político?". O referendo realizarase entre a quinta feira, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna, nunha consulta que indica que podería gañar a opción de organizar outra forza nacionalista, favorábel ás Mareas, pero non tanto aos pactos estábeis con Esquerda Unida e que mesmo podería chegar a acordos co BNG, aínda que as posturas seguen distanciadas e primeiro terá que pronunciarse a afiliación de Cerna.
PRAZA_17127
Na derradeira xornada do evento, que comezou o pasado luns, están programadas máis de 25 actividades en toda a vila.
A 19ª edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) concluirá este domingo cunha intensa programación tanto no Multiúsos da Xunqueira como nas rúas, con máis de 25 actividades en toda a vila. Durante os sete días de duración do Festival, que comezou o pasado luns 14 de maio a organización espera sumar máis de 35.000 espectadores e espectadoras. A programación comezará ás 11:45h no Peirao de Cesantes coa ruada participativa 10.000 leguas de viaxe pola vila, na que todos os cativos e cativas están convidados a ir disfrazados de animal mariño para acompañar a un submariño xigante na busca de tesouros. No camiño, que pasará pola Avenida de Mendiño, escolas e Ribeira, ata chegar ao concello, irán aparecendo distintas sorpresas para que os máis pequenos coñezan unha parte fundamental da nosa historia. Dende as 12 horas, maiores e pequenos poderán xogar na Pista da Xunqueira con Los amigos de Crusó, unha instalación con 21 xogos automatizados dos cataláns Toc de Fusta, que pechará ás 14 horas e volverá pola tarde en horario de 17 a 20:30 horas Ás 12:30 horas, Alauda Teatro, de Castela e León, escenificará na Praza do Concello a obra Cristóbal Purchilena. Xa en horario de tarde, o peruano Hugo Suárez transformará as distintas partes do seu corpo en títeres de carne e óso no espectáculo Body Rhapsody, que realizará ás 17:30 horas e ás 20 horas no Campo da Petanca. O danés de Alex Manionettes encherá a rúa Salgueiral de fíos co seu Mr Barti ás 17:30 horas e ás 19:30 horas, mentres que Mutis Teatro, de Castela e León, ofrecerá Maleta: misión espacial secreta na Casa da Torre ás 19 horas. Os Xardíns da Alameda albergarán ás 19:30 horas o espectáculo Ghop! de Teatro ao Cubo, unha proposta de circo de rúa coa estética dos antigos circos ambulantes que combina malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia. Ademais das actividades de rúa, o Multiúsos da Xunqueira acollerá as dúas derradeiras representacións de sala desta edición. A primeira delas, dirixida a público infantil, é Pum Pum! dos galegos de Baobab Teatro, que terá lugar ás 17 horas. Ás 21 horas, Títeres Etcétera de Andalucía, clausurará a XIX edición do Festival coa derradeira función de sala, El Alma del Pueblo. Unha experiencia teatral a medio camiño entre a conferencia, o cine documental e o especáculo de monicreques. Tamén no Multiúsos, pero na Sala de Exposicións, os visitantes poderán percorrer os 35 anos de traxectoria de Tanxarina na mostra preparada para a efeméride, vendo teatriños de fíos, sombras e luva, así como os monicreques que acompañaron á compañía local nas súas xiras internacionais.
NOS_51855
Ante o incremento da demanda do ourizo de mar Paracentrotus lividus, con preto de 700 toneladas de capturas anuais na Galiza, o proxecto de investigación Ocimer vai estudar a optimización do seu cultivo. Atende as nosas preguntas Estefanía Paredes, investigadora do grupo EcoCost da Universidade de Vigo e responsábel do Servizo de Preservación Funcional de Organismos Mariños da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) do Centro de Investigación Mariña.
Cal e o obxectivo principal que persegue o proxecto? Estudar o cultivo do ourizo de mar tanto fóra do medio marítimo, nunha planta de acuicultura, como a extracción directa da costa. Unha das ramas do proxecto estuda como maximizar o cultivo no laboratorio, obter a maior cantidade de cría que podería despois traspasarse ao mar para sementar nas zonas de captura igual que se fai coa ameixa, que se sementa nas praias para logo recollela. Tamén queremos saber cantos destes ourizos chegan á talla de captura e cales son os tamaños nos que poderiamos transferilos desde o laboratorio ou desde a planta. Ocimer ten tres liñas, unha delas a de repoboación, non? Un dos nosos obxectivos é saber se nós repoboásemos unha zona con xuvenís de ourizos de mar, cantos poderían chegar a talla de adulto. Para iso, a nosa idea é marcar individuos xuvenís, xuntalos, para o que colaboramos coa confraría de Cangas que nos facilitou un espazo na zona. Como non se fixo nunca, temos que determinar como marcalos. Unha vez que se liberen no medio levaremos a cabo recapturas para ver se medran, como de axiña, e se poderían capturarse e venderse. No que atinxe á parte de cría, como se enfronta o traballo? En realidade, o que se consome do ourizo é a gónada e a calidade inflúe moito no valor no mercado. Por iso queriamos saber se cunha dieta específica, individuos extraídos do mar nunha época que non é a máis idónea, se poderían acondicionar e pór a punto para a venda. Esta industria pode ser sustentábel? Podería selo perfectamente, sempre e cando saibamos todo o que debemos sobre a especie. Agora mesmo, na Galiza non se extrae unha cantidade que sexa preocupante, pero en Europa, a maior parte das peixarías foron decaendo en capturas porque o recurso se estaba a esgotar. O que nós queremos é achegar información para que iso nunca chegue a pasar aquí. Temos unha marabilla de recursos mariños e estamos bastante acostumadas a que todo o que sae do mar se pode comer. Porén, cando facemos disto un negocio e queremos que sexa sustentábel temos que preocuparnos por outras cuestións. Non é só que estea rico, senón que ademais debemos poder facelo ao longo do tempo, que sexa sustentábel para a especie e para a xente que vai a vivir do recurso, asegurando que sempre haxa unha seguinte xeración.
PRAZA_8668
O referente xuvenil de Compromiso por Galicia celebra esta fin de semana a súa primeira Asemblea Nacional ordinaria, na que Paulo Carlos López deixa a secretaría xeral
"Reconectar coa mocidade", especialmente coa máis "agredida polas políticas de Feijóo e do PP". É un dos retos cos que Balbina Gándara (Vimianzo, 1988) asumirá o vindeiro sábado en Compostela secretaría xeral da Mocidade Nacionalista Galega, o referente xuvenil de Compromiso por Galicia. Gándara encabeza a única lista que se someterá á votación da primeira Asemblea Nacional ordinaria da MNG, unha candidatura "baseada nun equipo" e en criterios como o "xénero, o territorio" ou a súa capacidade de "adaptarse ao traballo" que vai ter que levar adiante. Gándara, que substituirá no cargo a Paulo Carlos López, explica en conversa con Praza Pública que unha das súas apostas é "facilitar que volva haber unha boa comunicación" da formación coa xente nova. "Queremos recuperar a ilusión, que a mocidade volva ser protagonista", explica, e para iso "debemos ter unha organización forte a nivel interno" que sexa quen de desenvolver "moito traballo na rúa, con esa mocidade á que non lle deixan ter perspectivas de futuro" porque "nos obrigan a marchar ou a aguantar, sufrindo todo o que nos boten". Dende o convencemento de que "non é certo o lugar común de que á mocidade non lle interesa á política", Gándara coida que "o que falla" no é que a mocidade non sinta "indignación" pola situación actual ou "ganas de sair á rúa". "O que falla, ao noso modo de ver, é o instrumento" para "mudar as cousas". Non existe ata o momento, coida, "unha boa interacción entre a mocidade e as organizacións políticas xuvenís". Isto, di, é o que tentará a nova dirección da MNG. "Apostamos por CxG porque é a forza nacionalista e galeguista que de verdade integra a mocidade" A nova secretaria xeral da MNG tentará levar adiante este proxecto tamén coa vista posta na evolución futura de Compromiso por Galicia, partido co que a organización xuvenil vai "revisar e actualizar" o seu protocolo de relación na propia asemblea. "Nós apostamos por Compromiso porque é a forza nacionalista e galeguista que de verdade integra a mocidade e empatiza con ela, que a quere máis que para cuestións de intendencia", afirma. Con CxG como "referente" a MNG tamén analizará o "período de reflexión" que vive o nacionalismo e as eventuais colaboracións con outras forzas. "Non nos imos aventurar a facer futuribles" e "analizaremos o debate cando sexamos requiridos". En calquera caso, subliña, "o noso referente é Comrpomiso e veremos tamén como actúa" neste ámbito. Ademais de renovar os cargos internos a asemblea servirá tamén, informa a MNG, para que "asociacións do ámbito cultural, deporetivo, estudantil, sindical, de emprendemento ou do lecer" expoñan "as súas problemáticas específicas de xeito directo, tendo nós oportunidade de entrar en contacto cunha sociedade moi rica, plural e diversa no ámbito xuvenil". O secretario xeral saínte pechará simbolicamente a candidatura encabezada por Gándara.
NOS_51171
O Consello de Ministras deixa de novo no caixón a aprobación do decreto que abarata a factura enerxética das industrias electrointensivas.
Intranquilidade nas empresas galegas, que levan meses agardando. E parece que desta vez tampouco vai ser. O Consello de Ministras de onte volveu deixar no caixón o Estatuto do Consumidor Electrointensivo que reclaman firmas con presenza na Galiza como Alcoa e Celsa, ou as galegas Ferroatlántica e Megasa. Parecía que a súa aprobación ía ser inminente en canto houbese novo Goberno en Madrid. Cando menos, o anterior Executivo de Pedro Sánchez escudábase na interinidade para non sacalo adiante, pero xa van catro reunións do novo gabinete ministerial (una delas extraordinaria) sen que se aprobe o decreto que permita a estas empresas reducir os seus custos de produción grazas a unha factura eléctrica máis barata da que xa desfrutan as industrias electrointensivas radicadas en Alemaña ou Francia. Alí, o prezo da enerxía é sensibelmente inferior, o que as fai moito máis competitivas que as galegas. As vantaxes do estatuto Precisamente, o modelo destes países é o que pretende replicar o Estado español. O secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, anunciou recentemente que as tres medidas principais que contemplará este novo estatuto, que conta xa co plácet de Bruxelas, serán a redución de até 85% na parte fixa do recibo que pagan as empresas para financiar as renovábeis e a produción eléctrica fóra da Península Ibérica, a incorporación de compensacións nos custos indirectos do CO2, que irán con cargo aos orzamentos xerais do Estado, e incentivos para a contratación de enerxía a longo prazo. As previsións do Goberno español pasan por sacar adiante o novo estatuto este mesmo mes. Ás empresas, namentres, apuran os seus últimos folgos para non marchar ou fechar pola súa falta de competitividade.
NOS_7431
O presidente da Xunta de Galiza participou, xunto con outros altos cargos do PP, na convocatoria do ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, nun acto "en defensa da Constitución" no que manifestou que a española é "a nai de todas as bandeiras".
A praza de María Pita da Coruña acolleu un acto "en defensa da Constitución e en apoio aos cataláns constitucionalistas" que congregou un máximo 300 persoas. Promovida polo ex alcalde Francisco Vázquez, coñecido polo seu antigaleguismo, a organización pedía levar bandeiras españolas e vetaba as galegas nunha concentración paralela á convocada polo ultraespañolismo en Catalunya, todo na mesma semana en que unha froiteira resultaba agredida por un antinacionalista na propia Coruña por vender peras procedentes de Catalunya. Entre os asistentes estaban numerosos políticos en activo do Partido Popular como o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo; a concelleira coruñesa Beatriz Mato; o deputado Gonzalo Trenor ou o secretario Xeral do PP, Miguel Tellado. Alí tamén se puido albiscar políticos conservadores xa retirados, como a tamén convocante Nona Inés Vilariño, ex deputada da Unión de Centro Democrático (UCD), ou Ángel, o antidisturbios ferido nas protestas de Barcelona. Feixoo "lamenta" que Sánchez non se unise aos españolistas En declaracións aos xornalistas, Feixoo lamentou que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, non aproveitase a súa presenza na cidade herculina -para participar nun acto do PSOE- para asistir á concentración e reivindicar "a Constitución, a liberdade, a convivencia e a nación española". Ademais, sinalou que "sería bo que algúns políticos actuais escoitasen máis a Vázquez que a Torra e máis aos constitucionalistas que aos independentistas". Pola súa banda, Francisco Vázquez reinivicou a "vixencia" da Constitución española, manifestou que a bandeira española "é a nai de todas as bandeiras", e apelou á "honra" como nación de España.
NOS_57921
Basagoiti notificou á empresa a súa decisión "irrevocábel" e demitir do posto de conselleiro independente. Posuía o 0,006% dos títulos da multinacional
Antonio Basagoiti, ex-presidente de Banesto e Unión Fenosa, demite como conselleiro de Pedscanova, unha decisión "irrevocábel" que notificou á multinacional. Unha decisión que adopta días despois de que o xulgado decidise que todo o consello de administración da firma tiña que dar un paso atrás e que a xestión de Pescanova quedase en mans da administración concursal e CNMV. No inicio da crise de Pescanova, varias entidades financeiras acredoras recoñecían sotto voce que gostarían de ver Antonio Basagoiti, conselleiro de Pescanova dese 1996, no sillón que ocupaba Fernández de Sousa. Pescanova presentou esta semana un recurso de reposición ante o Xulgado número 1 de Pontevedra contra o auto polo que se afastaba da xestión da empresa ao consello de administración, por entender que non valora axeitadamente as "gravísimas consecuencias" que se derivarían desta decisión
NOS_32164
A Valedora do Pobo acata a resolución da TSXG, mais teima en que non houbo trato de favor no nomeamento da irmá do portavoz do grupo parlamentar do PP, Pedro Puy. En declaracións á imprensa, o presidente da Xunta dixo que a valedora ten que dar explicacións no Pazo do Hórreo.
A valedora non comparte o sentido da resolución do TSXG —que anula o nomeamento da xefa de servizo de persoal da institución que ela preside—, mais tampouco precisou se a vai recorrer. Todas as forzas da oposición piden a renuncia da valedora, mentres Feixóo, interpelado ao respeito pola imprensa no curso dun acto partidario, co candidato ás primarias do PP García Hernández, defendeu o criterio de que Otero debe ir ao Parlamento a dar explicacións sobre o asunto. En todo caso, si enfatizou que a sentenza do TSXG "non é aínda firme". "A Valedora do Pobo pode recorrela ou non recorrela", dixo. O líder do PPdeG marcou distancias coa valedora e, nese sentido, lembrou que foi nomeada polo Parlamento e non polo goberno galego. "Debería dar explicacións no Parlamento galego porque foi o Parlamento quen a elixiu", dixo.