ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
QUEPASA_368 | Cee traballa a igualdade polo 8 de marzo dende as escolas./ul | O pleno de Cee ratifica o apoio á mobilización feminista do 8 de marzoCos votos a favor de BNG, PSOE e IxCee, a abstención do PP e o voto en contra do ex edil socialista Modesto Rivas, saíu o pasado venres aprobada unha moción municipal presentada polo BNG de apoio á reivindicación feminista do 8 de marzo. O Concello ceense recoñece así o apoio ás mobilizacións galegas e nacionais do 3 de marzo, e a folga do 8 de marzo de 2019. Ao mesmo tempo a moción manifesta "a desaprobación da Xunta de Galiza por ter actuado de forma incorrecta vulnerando o dereito fundamental de folga diante do pasado 8 de marzo de 2018 e non ter impulsado unha rectificación das súas políticas, que contribúen á permanencia da desigualdade". Ademais, a corporación ratifica "o seu compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial canto a violencia machista, o dereito ao aborto e a permisividade ou legalización dos ventres de aluguer". |
PRAZA_1084 | Tras o expediente aberto a dúas candidatas de Amoeiro, a Xunta Electoral terá que resolver sobre demandas semellanes en Sandiás ou Vilardevós. O PSOE alerta en Xinzo do sospeitoso aumento de solicitudes de voto por correo. | A Xunta Electoral ten traballo en Ourense. As denuncias por intentos de manipulación de voto ou presións a anciáns na provincia acumúlanse nos últimos días. E xa hai un expediente sancionador aberto, o que teñen dúas candidatas do PP de Amoeiro logo de que o PSdeG da localidade denunciase a través de vídeos as prácticas irregulares con persoas da terceira idade e impedidas nunha residencia. O PP responde á denuncia en Amoeiro cunha querela criminal contra o alcalde que advertiu da manipulación do voto O expediente abriuse por "tentativa de manipulación do voto" nunha residencia de anciáns e por "presións" cara a outra persoa maior que recibe asistencia domiciliaria. E o PP reaccionou anunciando unha "querela criminal" contra o candidato socialista e alcalde de Amoeiro, Rafael Rodríguez Villarino, "por obstrución á xustiza e simulación de delito". Ademais, tamén presentará unha demanda contra a directora da residencia de maiores que aparece no vídeo difundido polo PSOE e asegura que xa se "retractou" dalgunha das súas acusacións. Pero esta non foi a única denuncia nin parece que será a última coa que se atope a Xunta Electoral na provincia de Ourense. O candidato da Agrupación de Electores de Sandiás, Felipe Traveso, tamén presentou unha denuncia no xulgado de Xinzo contra a alcaldesa, Concepción Méndez (PP) por presunto delito electoral cometido coa colaboración de empregados do Concello. Segundo a demanda, teríase amedrentado os veciños, obrigándoos a solicitar o voto por correo para despois introducir eles mesmos a papeleta. A alcaldesa de Sandiás tamén foi denunciada por un presunto delito electoral ao presionar os veciños para que solicitasen o voto por correo É o voto por correo o que máis polémica está creando. En Vilardevós, o PSdeG tamén presentou unha denuncia contra unha candidata do PP no Concello, María Aurora Pérez, por -presuntamente- terse apropiado da documentación entregada por un carteiro na casa sun veciño dunha parroquia que xa solicitara este tipo de opción para votar. Os socialistas falan mesmo de "persecución" aos carteiros da zona e explican que, neste caso, a candidata número 7 do PP en Vilardevós entrou na casa deste veciño que solicitara o voto por correo para e "substraeu o sobre que contiña a documentación para cubrir o voto". Foi o propio implicado o que denunciou o caso á auxiliar de Axuda no Fogar que lle presta servizo na casa para que chamase á candidata popular e lle devolvese a documentación. Os socialistas denuncian que unha candidata do PP substraeu o voto por correo dun ancián na súa propia casa O PSdeG teme que esta situación se estea a producir noutras moitos lugares onde o PP exerce un "férreo" control sobre os veciños e pide á Fiscalía e á xustiza que actúen. Así, a candidata socialista en Xinzo, Elvira Lama, advirte tamén do elevado número de votos por correo solicitados no concello, moito maior ao doutros anos, e alerta da manipulación que permite esta modalidade no caso de persoas anciáns, impedidas e que apenas poden saír da casa. |
NOS_37671 | O nome da poeta galega dá nome á estrela HD 149143 e o río que atravesa a capital galega ao planeta HD 149143 b grazas a milleiros de votos en todo o mundo nunha votación online. | Rosalía de Castro e o Río Sar son os claros vencedores da votación online para elixir o nome dunha estrela e dun planeta, dentro do proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). Baixo o nome 'NameExoWorlds', asignouse a cada estado, máis de 110 en total, un sistema formado por unha estrela e un planeta que a orbita para que se lles dese un nome a través da participación cidadá. No caso do estado español, votouse entre unha ducia de propostas sendo as gañadoras (entre os máis de 34.000 votos) Rosalía de Castro e Río Sar. Desde agora, a estrela HD 149143 e o seu planeta HD 149143 b. A proposta naceu da Agrupación Astronómica Coruñesa IO. Esta parella de nomes obtivo na votación exactamente 13.413 votos, máis dun 39% do total. Unha estrela amarela e un planeta xigante gaseoso O sistema 'Rosalía de Castro' e 'Río Sar' atópase na constelación de Ofiuco (o encantador de serpes). A estrela até o de agora coñecida como HD 149143, forma parte do catálogo Henry Draper de estrelas, compilado a principios do s. XX pola astrónoma Annie Jump Cannon e colaboradoras do Observatorio de Harvard (EUA). É unha estrela amarela anana (de tipo espectral G0), similar ao sol, e que está a 240 anos-luz da Terra. O exoplaneta HD 149143 b, desde agora 'Río Sar', foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Franza) coa técnica de espectroscopia Doppler ou método de velocidade radial. É un planeta de tipo xigante gaseoso, e a súa masa é, como mínimo, 1.33 veces a de Xúpiter. |
NOS_45225 | A Garda Civil vén de deter, coincidindo coas eleccións estatais, o rapeiro Pablo Hasel cando voltaba de participar nunha homenaxe ao preso galego Paco Cela, que estivo no cárcere 32 anos pola súa militancia no Grapo acusado de "pertenza a organización terrorista". | A Garda Civil executou a orde de detención contra o rapeiro Pablo Hasel este domingo en Castellón, cando se voltaba de participar nunha homenaxe ao preso galego Paco Cela, quen saíu da cadea após 32 anos de condena, a pasada quinta feira. Segundo o avogado Diego Herchhoren, a orde de detención contra o rapeiro, que foi trasladado á comisaría de Vinaroz, ten a ver coa entrega dunha citación xudicial. Acúsano de lesionar un xornalista de TV3 e de participar nunha pelexa tumultuaria na Universitat de Lleida en 2016. Hassel fora condenado a dous anos e un día de cadea pola Audiencia Nacional por enaltecemento do terrorismo por "inxurias e calumnias contra a Coroa". Posteriormente, reducíranlle a condena a nove meses. En 2014 foi tamén condenado por enaltecemento do terrorismo e reabríronlle unha pena de dous anos de cárcere polas letras das súas cancións. |
NOS_4570 | A organización fala de 100.000 asistentes a unha mobilización que amosou o rexeitamento á Lei Wert e apostou polo modelo educativo catalá, tamén entre berros a favor da independencia. | Milleiros de persoas, unhas 25.000 persoas segundo a Garda Urbana de Barcelona e 100.000 segundo a organización, mobilizáronse este sábado en Barcelona nunha manifestación en defensa do modelo educativo catalán na escola e contra a aplicación en setembro da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce). Con carácter festivo e baixo o lema 'Para un país de todos, decidimos escola catalá', saíron da praza Tetuán e finalizaron no paseo Lluís Companys, fronte ao parque da Ciutdadella. Durante a marcha puidéronse ver pancartas con lemas como 'Defendamos a escola catalá', así como de apoio ao mestre mallorquín Jaume Sastre, que leva 38 días en folga de fame en apoio ao modelo lingüístico catalán. O colectivo convocante, a plataforma Som Escola cualificou a implantación da Lomce como "unha ameaza real e unha ofensiva en toda regra". Segundo a organización, a mobilización celebrada é "a proba palpábel de que a escola non está soa, e que a sociedade considera que é un elemento moi propio e trascendente". Entre cánticos como 'Independencia' e 'Todos somos escola' e apupos contra o ministro de Educación, José Ignacio Wert, @s manifestantes expresaron na rúa "que están a prol dunha escola pegada ao país". |
NOS_33080 | A enquisa do Belfast Telegraph apunta a unha importante caída do unionista DUP, o partido que liderou a política nos seis condados durante décadas. | O Sinn Féin sería a candidatura máis votada en Irlanda do Norte de se realizar agora eleccións nestes seis condados da illa baixo dominio británico. Este escenario, que é o que prognostica a enquisa de LucidTalk para o Belfast Telegraph, suporía un punto d einflexión na historia política e social de Irlanda do Norte desde a 'partición'. A sondaxe indica unha importante caída do DUP, que deixaría de ser primeira forza en beneficio do Sinn Féin e mesmo vería en perigo manter a segunda praza, pois a lista 'Alliance' disputaríalle ese posto. O republicanismo irlandés gañaría as eleccións cun 24% dos votos, segundo este traballo. Lograría así conseguir o que estivo a piques de acadar nas eleccións de 2017, cando ficou a unhas décimas e 1 deputado de vencer nos comicios. O Sinn Féin gañando en Irlanda do Norte é algo que nin Londres nin, moito menos, o unionismo máis recalcitrante desexen. Mais o Brexit e a xestión que se está a facer del no 'Ulster' está a levar a parte do unionismo a posicións máis extremas, pagando o DUP a factura. Así, o DUP (Partido Democrático Unionista, dereita) caería até 19% dos votos, pero boa parte dos apoios que perde van dar ao TUV, a escisión que o DUP sufriu en 2007 e que se move en coordenadas aínda máis extremistas, de dereita dura. Alliance sería terceira forza (18%), coa súa aposta intercomunitaria e centrista. O SDLP, socialdemócratas e pro unidade irlandesa; tería 13% e a seguir, con 10% dos votos, situaríase o centro dereita unionista do UUP. People Before Profit (de ámbito irlandés, nado dunha confluencia de activistas e formacións como a trotskista Partido Socialista dos Traballadores) e o Partido Verde moveríanse nun abano de apenas 2% dos votos. |
NOS_44160 | Foi o único candidato para encabezar a listaxe que agora se elixirá por votación. | O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, será o candidato da Marea Atlántico ás eleccións municipais de maio. Á espera de ser refrendado polas persoas que integran o movemento político coruñés, Ferreiro foi o único nome que saíu da xuntanza decorrida esta terza feira (28 de febreiro) ao non se presentaren máis propostas no prazo estabelecido. Neste senso, o xurista foi presentado como un candidato de "consenso". Após o acordo alcanzado na persoa que se candidatará á Alcaldía de María Pita, a Marea Atlántica enceta un proceso de votación para elixir as persoas que integrarán os restantes postos da candidatura e que terá lugar os días 7 e 8 de marzo. Até o de agora déronse a coñecer só os nomes de tres das persoas que se candidatan, Alberto Lema (Anova), Silvia Cameán (Esquerda Unida) e Sonia Sainz (Compromiso), embora escollérense 12. Esta tarde a Marea fará públicos os nomes das restantes persoas. A candidatura completa será presentada o 12 de marzo. Un mes despois darán a coñecer o programa electoral que continúan a elaborar. |
PRAZA_18597 | A XXX Cimeira Ibérica sáldase con declaracións protocolarias en materia de infraestruturas, loita contra o lume e impulso ao ensino bilingüe Adif inicia a electrificación do treito de Tui que faltaba para conectar coa mellora portuguesa do tren ao Porto Dez Cimeiras Ibéricas na Meseta, oito en toda a Eurorrexión e só dúas en Galicia | Adif inicia a electrificación do treito de Tui que faltaba para conectar coa mellora portuguesa do tren ao Porto Dez Cimeiras Ibéricas na Meseta, oito en toda a Eurorrexión e só dúas en Galicia Antes do 30 de abril de 2019 un grupo de traballo creado polos gobernos de España e Portugal deberá propoñer medidas concretas para loitar contra o despoboamento ao longo da raia fronteiriza. Esa é unha das medidas máis concretas acadadas este mércores na XXX Cimeira Ibérica celebrada en Valladolid, saldada cunha longa declaración conxunta chea de boas intencións para o futuro pero con poucas concrecións prácticas tapadas en parte tanto pola boa sintonía persoal que se esforzaron en amosar o presidente Pedro Sánchez e o primeiro ministro António Costa como pola presenza nas axendas mediáticas de Madrid e Lisboa de conflitos internos que pesaron máis que os problemas da raia. A declaración final da Cimeira Ibérica acolle con "satisfação" os "progressos coordenados" para a modernización da liña ferroviaria do Porto a Vigo A Cimeira "toma nota" das conclusións acadadas nunha reunión previa da comisión de seguimento to Tratado de Valencia sobre cooperación transfronteiriza entre España e Portugal na que diversas administracións e institucións con presenza directa sobre o terreo incidiron na necesidade de mellorala pensando nas necesidades reais da cidadanía que vive na raia. A declaración institucional emitida este mércores polos dous gobernos recolle o reto e fixa o 30 de abril como data para dispoñer de conclusións a respecto de que facer para mellorar a vida na raia e frear o seu despoboamento. Río Miño na súa desembocadura entre A Guarda e Caminha / POL En materia de infraestruturas, no ámbito de Galicia e o Norte de Portugal a declaración amósase compracente e acolle con "satisfação" os "progressos coordenados no desenvolvimento tanto das ligações ferroviárias quanto das rodoviárias". Nomeadamente, sinala unha das conexións clave e saúda "o franco desenvolvimento das obras de modernização e eletrificação do troço Nine/Viana do Castelo/Valença (fronteira)", isto é, a electrificación que resta da banda portuguesa do tren Porto-Vigo, e mais "o começo das obras relativas aos três projetos que compreendem a eletrificação" de Tui-Guillarei, iniciada recentemente. Educación, incendios, medio ambiente O primeiro ministro de Portugal e o presidente do Goberno de España, na Cimeira Ibérica / Borja Puig - Goberno de España Alén das conexións viarias e ferroviarias, ambos Executivos asumen -ou, cando menos, declaran asumir- "compromisos" en materia educativa que atinxirían directamente á Xunta no desenvolvemento da lei Paz-Andrade para o fomento do portugués nas aulas. Os gabinetes de Sánchez e Costa afirman que van "apoiar" as "experiências educativas em zonas transfronteiriças com a participação dos sistemas educativos de ambos os países e a participação das comunidades educativas regionais e locais, as escolas, os professores e as famílias, para promover a educação bilingue". "No âmbito da cooperação em matéria de incêndios florestais os dois países sublinharam a necessidade de intensificar os contactos e partilhar atuações conjuntas" O documento final da Cimeira Ibérica fíxase tamén nun dos aspectos que máis atinxen á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e sobre o que o Eixo Atlántico -entidade transfronteiriza que agrupa concellos de ambas beiras da raia- vén poñendo o foco dende hai anos. "No âmbito da cooperação em matéria de incêndios florestais -resalta o documento-, os dois países sublinharam a necessidade de intensificar os contactos e partilhar atuações conjuntas tendo em consideração a próxima Estratégia de Prevenção de Incêndios Florestais". Ligado ao medio ambiente, a Cimeira tamén concluíu a necesidade de coordinárense máis na avaliación ambiental de "todos" os proxectos "com eventuais impactos ambientais transfronteiriços". Nun sentido semellante, asegura que colaborarán máis en ámbitos tecnolóxicos ou en aspectos como a interconexión eléctrico. Declaración final da XXX Cimeira Ibérica |
PRAZA_14978 | Ao longo do pasado ano remitíronse dende os teléfonos dos membros do Senado máis de 15.000 sms "especiais", empregados en servizos como as descargas de música ou os concursos televisivos | É unha das institucións máis cuestionadas do Estado e a súa reforma é unha das materias que semellan permanentemente adiadas. A Constitución establece que é a Cámara de representación territorial e ata o momento nunca chegou a actuar como tal; dubídase da súa utilidade e, en tempos de duros recortes, cada vez son máis as voces que se preguntan por que cómpre seguir achegando recursos públicos para o Senado. Mentres isto acontece a Cámara Alta continúa a súa actividade normal, tamén no que atinxe á contratación administrativa, desta volta no tocante á telefonía móbil. Para realizar este contrato a Presidencia da institución tivo que elaborar un prego de condicións no que detalla o uso que as súas señorías lles dan aos seus teléfonos. E nel fica reflectida a tendencia dos senadores e senadoras cara aos servizos de tarificación máis elevada. O custo do uso de liñas especiais, entre chamadas e SMS, rolda os 55.000 euros Segundo consta neste documento ao longo do ano 2011 o Senado tivo contratadas 440 liñas móbiles de voz e datos coa compañía Vodafone, das cales 300 son de "perfil tipo 1" -o senado ten 266 membros-, con acceso a un servizo telefónico completo e de datos e as restantes, de "tipo 2", con funcións máis limitadas. Entre os dous perfís os teléfonos da institución acumularon ao longo de 2011 un total de 17.754 chamadas a "servizos de tarificación adicional", isto é, liñas como as comezadas por 901 ou 902. Estas chamadas prolongáronse durante 49.920 minutos o que, tendo en conta o custo deste tipo de chamadas -uns 49 céntimos o minuto, máis o establecemento de chamada duns 15 céntimos, máis o IVE-, dá lugar a un gasto de 32.000 euros. Pero os servizos de tarificación especial empregados dende os móbiles do Senado non foron só de voz. A mesma documentación recolle a abundancia de mensaxes curtas (SMS) "especiais", as consideradas premium, que foron emitidas dende estes teléfonos. Concretamente, estas SMS que utilizan servizos como as descargas de música, os xogos ou os concursos televisivos, entre outros, foron utilizadas en 15.857 ocasións, o que suporía un gasto de arredor de 22.400 euros -as tarifas da compañía sinalan que o importe destas mensaxes é de 1,20 euros máis IVE-. Deste xeito, é posible concluír que, entre chamadas e mensaxes, a tarifa telefónica do Senado engordou nuns 55.000 euros só pola utilización de servizos de tarificación especial. Características dos novos teléfonos A empresa adxudicataria terá que renovar todos os móbiles do Senado "aos 24 meses dende o inicio do contrato" Estes datos recóllense nunha documentación que tamén inclúe os requerimentos que o Senado fai para a súa nova contratación de telefonía móbil. Entre eles figura que as 300 liñas de "perfil 1" seguirán tendo acceso a "teléfonos 901 e 902", así como servizos de sms, mensaxes multimedia e tráfico de datos "mínimo garantido" de 500 megas por liña "sen limitación de velocidade". Estas prestacións ofreceranse en "terminal smartphone de gama media/alta" -por exemplo, un Iphone- que estará "enfocado a un uso preferentemente profesional". "Este tipo de terminal deberá ir acompañado" de, cando menos, "cargador, auriculares, cable de conexión a PC e memoria flash ou SD de 8 Gb". Para o perfil "tipo 2" o Senado pide servizos máis simples, non especifica que requira acceso a liñas 902 e limita o consumo de datos a 150 megas mensuais. Os terminais tamén terán "prestacións básicas", enfocadas "principalmente a un uso telefónico, aínda que poida realizar conexións con datos para acceso a Internet e sincronización do correo electrónico do Senado". Ademais disto a empresa adxudicataria do contrato terá que poñer á disposición do Senado "un stock mínimo dun 5% de terminais de cada un dos tipos previstos", isto é, 15 móbiles "tipo 1" e sete de "tipo 2" para "permitir a substitución rápida ou activación de novas liñas". Ao tempo, a Cámara reclama tamén que os licitadores "contemplen nas súas propostas un plan de renovación tecnolóxica baseado na evolución dos terminais ofertados ou doutros de características similares ou superiores" que "estean no catálogo da empresa, sen que isto teña un coste engadido". "En todo caso", advirte, "como mínimo procederase á renovación total dos terminais, a petición do Senado, aos 24 meses dende o inicio do contrato". |
PRAZA_16738 | A conselleira Ángeles Vázquez pon o ramo á comisión parlamentaria de incendios pedindo "non demonizar ningunha especie" e condenas máis duras para as persoas que prenden lume, en contra do criterio da Fiscalía | No mesmo día no que se coñece que o Comité Científico do Ministerio de Medio Ambiente resolve que o eucalipto é unha especie invasora e que é recomendable a súa erradicación, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, insta a "non demonizar ningunha especie como máxima responsable dos incendios". Fíxoo na súa comparecencia, que pechou este mércores a rolda de intervencións na comisión parlamentaria para o estudo e análise da política forestal e da vaga de lume. Ángeles Vázquez cre que "non ten sentido demonizar ningunha especie" e lembra que "en Ourense non hai eucaliptos" Vázquez asegurou que "non ten sentido demonizar ningunha especie" á hora de buscar as principais causas dos incendios. "O monte non arde só, de feito tres de cada catro incendios son intencionados, e o lume non entende de especies", engadiu a conselleira, que lembrou que na intensa vaga de incendios do pasado mes de outubro mesmo "arderon xardíns en zonas urbanas, como en Vigo". Ademais, destacou que a provincia de Ourense é sempre unha das máis afectadas polas lapas "e alí non hai especies pirofíticas como os eucaliptos". As declaracións da conselleira chegan logo de que se coñeza a intención do Plan Forestal de aumentar en 25.000 hectáreas a extensión dos eucaliptos no país. E tamén de que o informe elaborado pola Fiscalía destacase a intensidade e perigosidade da nova tipoloxía de incendios e que reparase, precisamente, no feito de que moitos dos focos xurdidos en Vigo fosen provocados por partículas incendiarias que voaron centos de metros ou quilómetros. "Restos de eucalipto e piñeiro", advirten os investigadores, que acaban prendendo lume en zonas "onde non existe este tipo de vexetación". A conselleira lembra que en Vigo mesmo "arderon xardíns" pero o informe da Fiscalía advirte de que eran "restos de eucalipto e piñeiro" ardendo os que provocaban eses incendios A conselleira destacou que as excepcionais condicións climatolóxicas daqueles días de outubro foron claves na gravidade dos incendios pero advertiu de que "non se pode falar só de neglixencias" cando hai persoas "que en época de alto risco usan o lume para queimas". Desde os grupos da oposicion, tanto BNG como PSdeG e En Marea censuraron a "falta de autocrítica" da conselleira e lembráronlle que, malia a evidente existencia de incendiarios, "se non hai combustible, o monte non arde". "É mentira que haxa tramas, como reitera o informe da Fiscalía, pero si hai demasiado combustible e desordenación", advertiu o deputado do Bloque, Xosé Luís Rivas, Mini, que asegurou que se Ourense arde tanto é "porque está abandonado, malia non haber eucalipto". "Os incendios débense a causas estruturais que nin previmos nin atallamos", insistiu o socialista José Antonio Quiroga, que reincidiu na ausencia de "autocrítica" que tamén recriminou Paula Quinteiro, de En Marea. Vázquez rexeita as teses da Fiscalía ao volver usar o termo "terroristas" e ao pedir condenas máis duras, en contra do criterio de Suanzes Pero a conselleira, na segunda quenda de intervención, insistiu en centrar nos "incendiarios" o debate. "Oxalá estivesen moitos máis condenados e ogallá as condenas puidesen ser maiores e as investigacións permitisen que estean onde teñen que estar os que non o están", destacou, en contra da tese expresada polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, que non apostou por endurecer as penas ao considerar "suficientes" as que xa existen. "Chámenlle incendiario, terrorista ou malvado, dáme igual, pero non ten perdón por parte de ninguén. É terrorista? Non sei se o é, pero desde logo esa persoa ten que ser condenada. Canta maior condena, moito mellor", insistiu. "Por que hai máis incendios cando sopra fortemente o vento?", preguntouse Ángeles Vázquez. "Para facer o maior dano posible", contestou. Ademais, Ángeles Vázquez insistiu nas bondades do Plan Forestal e no seu consenso, debullou moreas de medidas da Xunta para a loita contra os incendios e anunciou "cambios moi importantes" no servizo de prevención e defensa para que "siga sendo un referente", pero advertiu de que as novidades coñeceranse nos vindeiros días. |
PRAZA_3200 | Entre os puntos que expón o proxecto están o troco de territorios, a renuncia ao dereito ao retorno da poboación refuxiada, a división de Xerusalén, a impunidade do goberno israelí ou a delineación do currículo escolar palestino | A promesa de Balfour do 2 de novembro de 1917 aseverou o compromiso británico de establecer "un fogar nacional [non estado] para o pobo xudeu". Foi unha misiva do entón secretario de Asuntos Exteriores británico, Balfour, ao representante da comunidade xudía británica, Rothschild. Foi, á vez, unha declaración de intencións sobre Palestina, que pasaría de ser dominada dunha forza ocupante a outra. En 1917 asentáronse as bases para crear un estado á medida dun poder europeo sobre un territorio non europeo, obviando a presenza e os soños da vasta maioría que xa residía no territorioAínda que a devandita declaración advertía que non se faría nada que puidese "prexudicar os dereitos civís e relixiosos das comunidades non xudías existentes en Palestina", asentáronse as bases para crear un estado á medida dun poder europeo sobre un territorio non europeo, obviando a presenza e os soños da vasta maioría que xa residía no territorio, como declarou o pensador palestino Edward Said.Amais do control estratéxico, ao consentir que Gran Bretaña quedase preto do canal de Suez, a declaración permitía crear alianzas entre británicos, estadounidenses e rusos, pois animaba os gobernos a permanecer na guerra (a primeira guerra mundial) mentres non se lograse o obxectivo. Mentres, na terra disputada, Palestina, mandato británico de Palestina, dende 1920 ata 1948, os primeiros levantamentos deron paso á catástrofe, a Nakba, a definitiva declaración de independencia do estado de Israel.A promesa de Trump do 28 de xaneiro de 2020 apuntala o acordo estadounidense de planificar, co estado de Israel, o futuro do estado palestino. O encontro entre o primeiro ministro israelí, Netaniahu, e o presidente estadounidense, Trump, é un trazado de ideas que invita a esquecer as acusacións que existen entre ambos dirixentes e unha estratexia política de Netaniahu de cara á repetición, por terceira vez, das eleccións ao parlamento israelí. A vitoria moral do líder israelí, que anima así a seu pobo a manterse unido e con orgullo, convida a un fracaso fronte ao pobo do seu principal rival, Grantz. Deste xeito, alén de asegurar a permanencia na memoria colectiva, semella gañar votantes grazas a esta medida patriótica e unilateral que presenta como unha gran concesión para o pobo palestino e un proxecto de paz sen precedentes.Entre os puntos que expón o proxecto están o troco de territorios, a renuncia ao dereito ao retorno da poboación refuxiada, a división de Xerusalén, a impunidade do goberno israelí ou a delineación do currículo escolar palestinoEntre os puntos que expón o proxecto están o troco de territorios, a renuncia ao dereito ao retorno da poboación refuxiada, a división de Xerusalén, a impunidade do goberno israelí ou a delineación do currículo escolar palestino. Encanto á primeira, a transferencia de terreos deixaría Palestina como un arquipélago de illotes rodeados de estradas que comunican os diferentes asentamentos que hai espallados por Cisxordania. As cidades, vilas e aldeas palestinas quedarían unidas, como ata o de agora, por vías de enlace controladas polo exército israelí, mais con maior lexitimidade. Unha medida positiva, segundo o chamado acordo do século, xa que conxelaría a expansión dos asentamentos e permitiría achegar Gaza a Cirxordania, por medio dunha ponte ou dun túnel.Segundo o acordo, "os irmáns árabes teñen a responsabilidade moral de integrar [os refuxiados palestinos] nos seus países, igual que os xudeus se integran no estado de Israel". Noutras palabras, o estado de Israel seguirá absorbendo todo aquel xudeu que queira establecerse no país, mais impedirá que regresen a e os que antes o habitaron.A oferta de estado palestino proxectado por Trump e Netaniahu muda a realidade palestina e reivindica a necesidade dunha protección nin solicitada nin do gusto da súa xente, que quere ser libre e decidir sobre as súas terrasXerusalén occidental pasaría a ser a capital oficial de Israel e Xerusalén oriental seríao de Palestina. Con todo, dita división non permitiría deixar a mesquita de al-Aqsa nin a súa contorna, onde vive a maior parte da poboación árabe de Xerusalén, da parte palestina. Así e todo, o plan apunta esta idea como unha gran concesión, xa que amais diso permitiríase que a beira árabe de Xerusalén recibise o nome de al-Quds, como xa é coñecida a cidade en árabe.Outra das propostas do acordo e que Palestina se absteña de denunciar o estado de Israel contra a Corte Penal Internacional e que acepte a revisión do seu currículo escolar, que será aprobado por Israel e Estados Unidos. En definitiva, a oferta de estado palestino proxectado por Trump e Netaniahu muda a realidade palestina en canto á lexitimación das actuacións e reivindica a necesidade dunha protección nin solicitada nin do gusto da súa xente, que quere ser libre e decidir sobre as súas terras. |
PRAZA_16422 | O texto susténtase nunha suposta diferenza entre lingua "oficial" e lingua "cooficial", cuxa "protección" serviu para "romper o espazo de liberdade que é o Estado español", di. Reduce o coñecemento dos idiomas diferentes do castelán a un "mérito" cuxa valoración os parlamentos autonómicos non poderían fixar "de maneira libre" HEMEROTECA | A estrea de Ciudadanos en Galicia: Contra "la Junta" e a "galleguización" | HEMEROTECA | A estrea de Ciudadanos en Galicia: Contra "la Junta" e a "galleguización" Despois das declaracións, o texto articulado. Ciudadanos aproveitou o seu bo resultado electoral do pasado 21D en Catalunya e as non menos favorables expectativas demoscópicas no conxunto do Estado para recuperar nas primeiras semanas do ano un dos eixos esenciais do ideario co que naceu como partido de ámbito catalán: a cruzada contra as leis que dende a fin do franquismo protexeron e impulsaron os idiomas oficiais diferentes do castelán. O partido de Albert Rivera vén de rexistrar no Congreso a que denominou "lei de garantía da igualdade no acceso e promoción no emprego público sen discriminación por razóns lingüísticas", un plan que, no caso galego, tería o efecto práctico de abrir a porta da Administración a persoal que non entendese o galego. Ciudadanos canaliza o proxecto como unha proposición de reforma do Estatuto Básico do Empregado Público. É unha lei de apenas cinco artigos e catro páxinas nas que dúas delas son dedicadas á exposición de motivos, isto é, á aposta política por tras da mudanza, sustentada nunha suposta diferenza entre lingua "oficial" e lingua "cooficial" nas comunidades autónomas con máis dun idioma. "A lingua", proclama o texto, "foi considerada nalgúns casos como un instrumento para romper" o "espazo de liberdade que é o Estado español" e esta lei pretende recompoñelo. O texto susténtase nunha suposta diferenza entre lingua "oficial" e lingua "cooficial", cuxa "protección" serviu para "romper o espazo de liberdade que é o Estado español", di "Coa escusa da protección para superar a persecución durante a ditadura" foi "permitida" a "discriminación positiva", afirma a proposta, pero "na actualidade a situación é radicalmente distinta". "Nalgunhas comunidades", asegura sen citar fonte ningunha, "o coñecemento e a utilización da lingua cooficial -di en referencia aos idiomas que non son o castelán- acada o 90% da poboación". É por iso que cabe concluír que "o obxectivo da denominada normalización" xa está "alcanzado" e cómpre "recuperar a normalidade do artigo 3 da Constitución", o que establece a obriga de coñecer o castelán e o dereito a usalo, así como a oficialidade das "demais linguas españolas" en cadanseus territorios. A lei de C's asegura, sen citar dato ningún, que "a situación actual non xustifica a discriminación positiva" e advirte de que os parlamentos autonómicos deben perder a capacidade de fixar "de maneira libre" a ponderación da lingua como "mérito" nas oposicións A "protección" do galego, do euskera ou do catalán foi "pervertida", asegura a lei de C's, ata lograr a "ruptura do espazo de liberdade dos españois", tamén no emprego público. Por iso, mantén, é "imprescindible" que coñecer o idioma "cooficial" -o distinto do castelán- nunca sexa considerado un "requisito" para acceder ao emprego público, senón só un "mérito" a valorar "en función da natureza do posto ou emprego de que se trate". Aínda que a proposta non achega baremo ningún polo que valorar ese "mérito", si inclúe unha advertencia. Aínda que "a lingua segue sendo cooficial", os parlamentos autonómicos deben perder a capacidade de fixar de "maneira libre" canto se valora en cada proceso selectivo. "Se así fose", ficaría "frustrado" o "obxectivo perseguido". "A situación actual -abonda- non xustifica a discriminación positiva". Comunicados de Ciudadanos en 2008 e 2009 sobre a lingua galega e a manifestación contra o ensino en galego á que se sumara Rivera A modificación do Estatuto do Emprego Público Sempre sen se referir a cifra ou limiar de valoración ningún, Ciudadanos explica que a súa intención é fixar, adicionamente, "outro límite" na normativa que regula o acceso ao emprego público, o da "valoración proporcionada" da lingua como "mérito", xa que "non pode ter a mesma valoración se se trata dun emprego para un servizo de atención telefónica" que "se o é para levar a cabo operacións cirúrxicas". A orientación, acrecenta, é acabar cun "requisito" que "fractura España" á hora de acceder ao emprego público. A norma para acabar co "requisito" que "fractura España" obriga a derrogar calquera "valoración desproporcionada do coñecemento lingüístico" mesmo como mérito, aínda que non especifica a que se refire con "desproporción" No caso de saír adiante esta reforma, a lei do Estatuto do Empregado Público considerará "discriminatoria calquera disposición ou medida adoptada por unha Administración" que "supoña que o coñecemento dunha lingua cooficial" é "requisito para o acceso á promoción do emprego público", di, sempre identificando "cooficial" como idioma distinto do castelán. "Igualmente, considerarase discriminatoria a valoración desproporcionada do coñecemento lingüístico como un mérito sen atender á realidade social do coñecemento da lingua na comunidade autónoma ou sen concorrer razóns adecuadas, necesarias e suficientes" en relación co posto de traballo, agrega, aínda que non identifica o xeito en que se medirá ese "coñecemento" nin tampouco a "desproporción". Se saíse adiante, a vaga expansiva da proposta chegaría á lei galega da función pública e mesmo a disposicións da lei de normalización e do Estatuto de Autonomía Esta proposición de lei, que agora inicia a súa andaina no Congreso, traería ademais consigo a derrogación inmediata de calquera normativa vixente que fixe a necesidade de, no caso de Galicia, entender o galego para poder traballar, por exemplo, na Xunta ou nun concello. Entre a normativa que tombaría o plan de Ciudadanos estaría a actual redacción da lei da función pública de Galicia, na que se establece que o persoal que opte a un posto público terá que realizar un exame específico de galego se non conta cun certificado oficial -o CELGA- que acredite que o coñece. Esta reforma, unha das primeiras medidas adoptadas polo PP en 2009 tras o seu retorno á Xunta, tombou a determinación adoptada polo Goberno de coalición de PSdeG e BNG, que introduciu a obriga de realizar cando menos un exame redactado en galego para que as persoas que optasen a un posto na Administración demostrasen que o entenden dentro do seu ámbito profesional. A proposta de Ciudadanos, así e todo, tamén considera excesiva a actual regulamentación e a súa vaga expansiva estenderíase a outras normas como a lei de normalización lingüística ou o propio Estatuto de Autonomía no que atinxe á plena oficialidade do galego e ao "dereito" da cidadanía ao "uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración no ámbito territorial da comunidade autónoma". |
NOS_14877 | Na Papeleira de Brandía. C.B.R tiña de 45 anos de idade. | Un traballador faleceu na madrugada desta cuarta feira en Compostela nun accidente laboral que tivo lugar na Papeleira de Brandia ao ficar atrapado nunha máquina industrial. Segundo informou o 112 Galiza, o operario falecido quedou atrapado nunha máquina industrial uns minutos antes das 5:00 horas desa cuarta. Os servizos sanitarios de urxencia alertaron o 112 do ocorrido, após o que se solicitou a intervención dos Bombeiros de Santiago e da Policía Nacional e Local. Ademais, pasouse o aviso á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago. Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago desbotaron empregar o material de excarceración para liberar o home, ao atoparse accesíbel. Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal sanitario realizou manobras de reanimación cardiopulmonar a C.B.R., de 45 anos, que faleceu no punto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias. Un total de 27.941 accidentes laborais con baixa en xornada laboral na Galiza durante 2018. Tres sinistros cada hora. O ano pasado morreron en accidentes de traballo 50 persoas no noso país, o que supón 16% máis que en 2017. Naquel ano perderon a vida en accidente laboral 43 persoas. Son dados do avanzo publicado polo Issga, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza, organismo autónomo mais adscrito organicamente á Consellaría de Traballo. |
NOS_42589 | A Federación Galega, satisfeita coa decisión de "dar continuidade" a cobertura de Xogade que, non obstante, pasará ser prestada por outra compañía. A FGF levanta a suspensión de xogar partidos e de adestrar, que afectaba a 31.000 nenos. | A reunión da mañá desta segunda feira entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol finalizou con acordo e, seguramente, cunha Xunta a suspirar de alivio malia ter que recuar. Segundo notifica a FGF, "chegouse ao acordo de que o fútbol seguiría dentro do programa Xogade". Isto é, que esta modalidade deportiva seguiría dentro do seguro médico, do que nun principio ficaba excluído por ter moitos practicantes e moitas lesións e accidentes. Mais a FGF decretou que esta segunda feira non había nin partidos nin adestramentos das categorías entre prebenxamín e cadete por non haber seguro que os cubrira: 31.000 nenos sen xogar. E obrigou á Xunta a mover ficha. O acordo atinxido entre ambas as dúas partes implica un cambio de compañía aseguradora (Zurich Insurance). A Federación decidiu levantar a suspensión de xogar. Cómpre sinalar que desde a Xunta o que se pretendía era dar á FGF unha achega de 300.000 euros e que a Federación contratase por si propia un seguro,á marxe do Xogade co que a administración pública cobre ao resto de modalidades deportivas. A Federación negouse a esa vía e afirmou que conlevaba o 'copagamento' pois 300.000 euros non chegaban. |
NOS_17894 | A setenza feita pública esta terza feira pola Audiencia provincial absolve os tres sindicalistas condenados a tres anos de cadea e non admite recurso. | O ditame da Audiencia Provincial é claro, as persoas que foran condenadas a prisión pola súa participación na folga de comercio e alimentación desenvolvida en 2009 en Pontevedra fican absoltas de todo cargo e non se admitirá recurso algún. Marcos Cadórniga, un dos sindicalistas da CIG condenados que tomaban parte da folga de fame iniciada hai dez días perante a Audiencia Provincial, asegurou en declaracións a Sermos Galiza que se atopan "contentos persoalmente e tamén polas familias" após coñeceren o contido da sentenza publicada esta mañá. Porén, asegura que "o problema segue aí" e que continuarán "adiante coa campaña denunciando a represión" que están a padecer os sindicatos, pois foi o estado, a través da fiscalía, quen os denunciou a eles. "Nós non imos parar", asevera o sindicalista argüíndo que malia seren absoltos "a represión" segue a aí. Neste sentido, as concentracións convocadas para esta terza feira nas principais cidades galegas mantéñense, sendo a de Pontevedra a que acollerá o acto central. BNG, congratúlase pola absolución O BNG, a través do seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, expresou "os nosos parabéns aos tres sindicalistas absoltos esta mañá pola Audiencia de Pontevedra da sentenza xudicial, que os condenaba a tres anos de cárcere por defenderen os dereitos dos traballadores". Vázquez pediu que "esta sentenza da Audiencia de Pontevedra sente un precedente para que se deixe de criminalizar a defensa dos dereitos dos traballadores e, en definitiva, a defensa dos dereitos democráticos máis esenciais". |
NOS_46711 | O partido independentista lanza unha consulta nacional coa vista posta nas eleccións de 2016. As enquisas apontan a que podería ser segunda forza, co 20% dos sufraxios. | Plaid Cymru quenta motores de cara ás eleccións que Gales (Cymru) realizará o 5 de maio de 2016 para escoller as e os deputadas da súa Asemblea lexislativa. Unha cita á que o partido independentista vai concorrer cunha "folla de rota" na que prime a defensa dun auto-goberno como paso previo a camiñar cara á independencia mais, sobre todo, cun programa centrado na defensa do emprego e a sanidade e ducación públicas. Segundo informa 'Nationalia', a folla de rota do Plaid Cymru procura facer fonte ao que cualifica de "16 anos perdidos de autonomía para Gales". Nos comicios de 2011 o partido independentista lograra 11 escanos dun total de 60, gañando os laboristas as eleccións ao obter 30 escanos. Mais as enquisas dan un aumento do Plaid Cymru para a cita de maio, onde podería obter por volta do 20% dos votos e pasaría desputar o segundo posto ao Partido Conservador. Os inquéritos apontan unha nova vitoria laborista (23-35% dos sufraxios) e unha importante irrupción do dereitista UKIP, entre o 11 e o 15% dos votos. |
NOS_14151 | 'Que nom te silenciem' é o lema escollido para a 32ª edición do evento, que decorre este sábado en Salvaterra. | Concertos, poesía, exposicións, audiovisuais, palestras, artesanía e desporto encherán Salvaterra de Miño hoxe sábado, 1 de setembro, nun Festival da Poesía do Condado que concentrará todo o seu programa nunha soa xornada. "Embora este ano reducimos a un só dia o festival, compensarémolo cunha ampla e variada programación que, como sempre, terá a música e a poesía como o seu eixo central", indicaban hai uns días desde a organización do festival, que este ano escolleu 'Que nom te silenciem' como lema. O Festival da Poesía do Condado, cunha longa traxectoria ás costas, volve reafirmar a súa consciencia política a través da reivindicación na que centra cada edición. "É un festival que leva 32 edicións, e as xeracións anteriores xa usaban estes lemas para que os poetas creasen poesía en torno a estes temas", explicaba Xocas Lorenzo, membro da SDC Condado -entidade organizadora-. Programa: Exposicións (dende as 9 da mañá, nas Covas de Dona Urraca) Maite Davila: pintura Gisela Cames: collage e poesía Xiana Quintas: fotografía Poesía: Berta Dávila, Antón Blanco, Elvira Ribeiro, Nolim Rodrigues, Claudia Pato, Verónica Martínez Delgado, Manuel Darriba, Anmdrea Nunes e María Rosendo. Recitais poético-musicais Three Thin Things, con 'Instances' vietcong Nacho O´Jarbanzo, Tanja Haupt e Manuel Rivas con 'Cen mil estorniños' Palestra: dereitos e liberdades Antom Santos (expreso independentista), Fernando Branco (Esculca), David Fernández (CUP) e Ses (cantautora) Teatro .Grupo de teatro infantil 'Ata sempre' coa obra 'Xogando ao xadrez' Limiar Teatro coa adaptación da obra 'Anagnorise' Concertos Sondarúa, Donicelas, Habelas Hainas, Rebeliom do Inframundo, Banda Xangai e Sacha na Horta. Ademáis: mesa redonda sobre a situación política actual no Estado español, campionato de billarda, futbol gaélico … 'Sermos O Diario Galego' estará presente nesta edición cun posto onde dará a coñecer o proxecto. |
NOS_30111 | A deputada que deixa AGE considera "penoso" que os líderes de Anova pidan "perdón" por levala na lista e abre a porta a coalicións entre forzas nacionalistas. | Chelo Martínez considera "penoso" que os dous portavoces de Anova, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, pidan "perdón" por tela levado na candidatura de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), formación pola que foi elixida a deputada, que agora pasará ao Grupo Mixto após de que Cerna, a corrente da que fai parte, deixase Anova. "Non son ningunha delincuente, non son Bárcenas, non estou metida en ningún caso de corrupción, simplemente opino distinto", resolveu Martínez, nunha entrevista en Radio Nacional de España. "Non son Bárcenas, non estou metida en ningún caso de corrupción", afirma a deputada Ademais, a deputada (que se sentiu dentro de AGE "estigmatizada con pouca elegancia") falou dunha posíbel alianza de Cerna co BNG para as municipais, acordo que non descartou ao referirse a "alianzas puntuais". "Dentro do nacionalismo galego coincidimos moito", admitiu, aínda que pediu que "as cúpulas cedan o control das organizacións". |
PRAZA_891 | O partido impón os debates municipais tan só cos candidatos con representación municipal malia as propostas abertas dalgún dos seus líderes locais. O Colexio de Xornalistas propón organizar os cara a cara, pero os populares xa van dan man de asociacións locais de prensa nalgunha localidade. | O BNG presenta os formigueiros, unha rede de voluntariado para o 24M A dirección dos conservadores teima na aposta por "limitar" os debates, pero abre a porta a excepcións Debates si, pero baixo as súas condicións e cos partidos participantes limitados a aqueles que teñan representación municipal en cada unha das cidades. O PPdeG lanzou o pasado mércores unha proposta conxunta dos alcaldables das sete urbes galegas para a celebración de debates electorais cos candidatos das outras formacións. Foi a través de Twitter e nun formato semellante, aínda que con matices que quedaron en nada. Mentres uns candidatos populares limitaban esta proposta a debates con candidatos de partidos "dos grupos municipais" ou "con representación no pleno", outros, como José Manuel Rey Varela, de Ferrol, ou Agustín Hernández, de Compostela, non excluían ningún rival ou aclaraban que a súa era unha convocatoria "aberta a todos". Pero fontes do PPdeG deixaban claro a Praza que a iniciativa non era para nada persoal de cada líder local, senón unha estratexia conxunta limitada "aos partidos con representación municipal". Argumentan que sería complicado establecer un límite de participantes e que sen un criterio "poderían incluírse tamén formacións como a Falange ou os antitaurinos". O PP aclara que a proposta de debates é unha estratexia conxunta limitada aos partidos con representación, algo que Feijóo avalou xa A estratexia é clara e o propio Feijóo avalouna este xoves. Con esta proposta, quedarían fóra non só formacións emerxentes como Ciudadanos, que botou atrás as súas candidaturas en Ferrol e A Coruña pero que a mantén noutras cidades, pero sobre das diferentes mareas e plataformas cidadás, moitas delas cunha importante expectativa electoral, como no caso de Compostela Aberta en Santiago ou da Marea Atlántica coruñesa. PSOE e BNG coinciden en reclamar debates que recollan "todas as sensibilidades, teñan representación ou non" e mesmo candidatos populares como Agustín Hernández e o lucense Jaime Castiñeira semellan dispostos a non ventar a ninguén. Pero o presidente da Xunta teno claro. Segundo di, hai candidatos das cidades que "aínda non se coñecen" e alianzas "que se forman unha semana e se desfán na seguinte". Por iso, mantén o seu "criterio incontestable" de que sexan só as formacións con representación munnicipal as que participen nos debates. "Sería difícil atopar local para que todos estivesen representados, porque podería haber dez ou quince listas, líderes e programas e non sei se iso será moi útil para os cidadáns", insistiu. Feijóo propuxo que o PP debatese cun único representante da "coalición oculta" que "quere que o PP non goberne mesmo gañando" Ademais, Feijóo criticou que todos os partidos agás o seu "pretenden que o PP non goberne aínda gañando as eleccións", polo que vería "lóxico" mesmo que os candidatos populares debatesen cun único representante "desa coalición oculta". O presidente da Xunta obvia a Ciudadanos e tamén a plataformas como a Marea Atlántica, que é apoiada por ata seis partidos e na que un deles, EU, conta con representación municipal e xa delegou a súa participación no debate a través do candidato de confluencia. O Colexio de Xornalistas propuxo organizar os debates, pero o PP de Lugo ou da Coruña van da man de asociacións de prensa locais Ao tempo, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) ofreceuse a todas as formacións políticas para organizar os debates baixo criterios xornalísticos e sen condicionantes. Algúns dos candidatos do PP xa amosaran a súa disposición a participar neles e nalgunha localidade mesmo os populares mostraran a súa receptividade ao CPXG hai xa varias semanas, antes mesmo de que o partido lanzase a proposta conxunta en todas as urbes. Pero as condicións agora cambiaron. Ao tempo, asociacións de prensa locais, como a da Coruña, apuraron a facer a súa propia proposición para "organizar, coordinar e moderar" o debate proposto polo PP e que limitaba os participantes. En Lugo, o candidato popular Jaime Castiñeira tamén propuxo que fose a asociación da prensa local a que organizase o cara a cara. |
PRAZA_15904 | Unha aplicación desenvolvida por Manuel Borobio, arquitecto e investigador da USC, permite comparar nunha ollada as imaxes aéreas tiradas polo exército estadounidense en 1956 e o actual aspecto deses espazos | Entre marzo de 1956 e setembro de 1957, o servizo cartográfico do exército dos Estados Unidos levou a cabo un voo fotogramétrico que cubriu todo o territorio español. Tratábase dun proxecto militar, que continuaba unha iniciativa semellante levada a cabo en Italia. Esas imaxes, dunha gran calidade, foron dixitalizadas no ano 2011 (un total de 60 mil fotogramas), o que permitiu a súa utilización pública a partir de entón. Xa en 2012 a Xunta colgou no seu portal de Descarga de Información Xeográfica as imaxes do voo americano correspondentes a Galicia. O arquitecto Manuel Borobio, membro do grupo de investigación Ambiosol de cartografía de solos e paisaxe da USC, vén de montar unha aplicación que permite, nunha ollada, observar as fotografías aéreas de Galicia de 1956 e as actuais (servizo de mapa base de ESRI), a través da popular ferramenta de cortina entre imaxes. Ademais das funcionalidades de xeoposicionamento básicas, zoom e a posibilidade de procura por topónimo, a aplicación incorpora as de transparencia de capa, marcadores e as de medición. A aplicación tamén se pode usar en dispositivos móbiles, nos que é posible aproveitar as posibilidades do GPS. A comparación instantánea entre unhas e outras imaxes amosa os importantísimos cambios experimentados pola xeografía e a paisaxe galega dende 1956, xusto cando van facer 60 anos do inicio destes voos do exército estadounidense. Podemos ver o extraordinario crecemento experimentado por algunhas cidades, como Compostela (e núcleos anexos como Bertamiráns e Milladoiro). Tamén o aspecto previo que presentaban espazos hoxe ocupados por infraestruturas coma a ponte de Rande ou a autoestrada AP9. Ou a transformación experimentada por lugares coma As Pontes de García Rodríguez, daquela sen central térmica, mina ou a actual lagoa. Tamén podemos observar o evidente cambio sufrido polo litoral galego nas últimas décadas. O autor da aplicación xa advirte de que os mapas tardan un chisco en cargar, debido á deficiente optimización das bases de datos cartográficas nas que se apoia. O voo americano e outras fontes cartográficas O coñecido como voo americano utilizou seis avións Beechcraft RC-45 con sede no aeródromo de Getafe (Madrid), que montaban cámaras Fairchild T-11 de gran formato para fotografía aérea e lentes Metrogon de 6 polgadas. Empregaban un negativo de 70mm, ofrecendo unha boa definición. As imaxes, un total de nove mil, compostas polos 59 mil fotogramas conservados en 617 bobinas, amosaban unha superficie duns 40 quilómetros cadrados cada unha Os voos fotogramétricos realizados entres 1956 e 1957 constitúen unha das varias series de ortofotos nas que podemos consultar o aspecto que presentaba o territorio no pasado. O primeiro realizouse entre 1929 e 1930 na Conca do Segura. Posteriormente, o exército norteamericano levou a cabo tres proxectos (1945-46, 1956-57 e 1967-68), sendo os seguintes (a partir de 1973) executados directamente polo Goberno español. Accede á aplicación |
NOS_12777 | En poucas semanas chega unha nova edición do Resurrection Fest, que se converteu nun dos mellores festivais a nivel europeo de rock, metal e punk. A cita deste ano, volvera a encher Viveiro de metalheads chegados de todos os puntos de Europa, para desfrutar de catro días nos que pasaran 100 bandas distribuídas polos 4 escenarios cos que este ano contará o festival. Con tal cantidade de bandas, agás na warm up party, é imposíbel non ter que elixir entre ver unhas e outras, así que, se tes algunha dúbida, estes son para min os imprescindíbeis que non deberías perderte. | O sábado 8 é o derradeiro día do Resurrection Fest 2017, e remata, como non podería ser de outro xeito, ao grande. Este día chega cargado de grandes bandas, moitas delas que, sen selo, ben poderían ser cabeza de cartaz. Pola gran calidade das bandas deste día, ocorre tamén que os solapes son máis dolorosos que en días anteriores e a decisión de ver a unha ou outra banda pode depender de múltiples factores. Outro detalle importante a ter en conta este día é que Pentagram caeron do cartel, xa que tiveron que suspender a xira polos problemas coa xustiza do seu líder Bobby Liebling e que serán substituídos por Ufomammut. Se hai unha banda que tiña moitas ganas de volver a ver en directo, eses son Rancid. Hai 21 anos da última vez que os vin nun dos mellores directos de punk que lembro. Daquelas era o seu primeiro concerto no estado e viñan coa xira do seu terceiro álbum, …And Out Come The Wolves! mais agora, estarán en directo como unha banda xa consolidada e co seu novo traballo, Trouble Maker, con poucas semanas de vida baixo o brazo. Esta, se a memoria non me falla, será a terceira visita da banda á península e a primeira a Galiza. Sería un sacrilexio perdelos. Os suecos Sábaton,son outro dos pratos fortes deste sábado e ben poderían ser tamén cabeza de cartaz. A banda vén a Viveiro co seu espectáculo completo e traen ganas de sacar os tanques ao escenario. Puidemos ver un adianto do que nos espera no Hellfest deste ano e a cousa promete. Serán 75 minutos de power metal e batallas das que probabelmente predominarán temas do seu último traballo The Last Stand. Os suecos Sábaton son outro dos pratos fortes deste sábado e ben poderían ser tamén cabeza de cartaz A banda de Death Metal melódico Arch Enemy é outra das propostas imprescindíbeis para este día. Teño especial interese por ver a súa nova vocalista, Alissa White-Gluz, defenderse en directo. O seu último traballo War Eternal de 2014 foi a presentación de Alissa ás voces en substitución de Angela Gossow. En plástico defende a moi bon nivel os temas, veremos que tal se lle dá o repertorio da banda, aínda que estou seguro que non defraudará e a súa voz gutural fará as delicias de Viveiro. Obituary, de cuxo último traballo faleivos hai unhas semanas, tamén estarán presentes neste día e case fechando o festival a continuación de Sabaton. Estes popes do death metal presentarán o seu disco homónimo no que Tardy volve a demostrar que ten unha das voces máis poderosas do xénero. Teño especial interese por ver a súa nova vocalista, Alissa White-Gluz, defenderse en directo Para os amantes do black metal, non fai falla presentar so míticos Mayhem. A banda coa historia máis controvertida do black metal, como xa vos contara hai uns meses, e que tocaran íntegro o seu histórico álbum de 1994, De Mysteriis Dom Sathanas. Tanto se che gusta este xénero coma se non, non podes deixar de pasarte polo Chaos Stage para velos, xa que esta é unha de esas bandas que hai que ver canto menos unha vez na vida. Un dos solapes máis duros deste día o de Agnostic Front con Mayhem. Os estadounidenses son un dos nomes propios na historia do hardcore. Con 37 anos de historias nas súas costas, o seu último traballo foi editado no 2015 baixo o nome de The American Dream Died no que en pouco máis de 27 minutos concentraban 16 trallazos de hardcore e crossover. Os suecos Adhesive, volveron a reunirse este ano na súa formación orixinal após a súa separación en 2002. O motivo desta xuntanza non é outro que facer unha xira para recadar fondos para os doar a asociacións de axuda aos refuxiados e as vítimas dos conflitos. Se ver a esta banda de novo nos escenarios descargando todo o seu punk rock é de por si un luxo, o motivo da súa reunión fai case unha obriga estar na súa actuación. Todos os meus respectos para Mathias, Micke, Geir e Robert. Un dos solapes máis duros deste día o de Agnostic Front con Mayhem Hai pouco máis dun mes falábavos do novo traballo de Mantar titulado The Spell. Este dúo xermano que non para de sorprender a cada traballo estará presente no Desert Stage. Probabelmente o feito de que a banda se solape coa actuación de Lords of Black, pode que non lle leve todo o público que merecesen, aínda así eu recomendo que non vos perdades a oportunidade de velos en directo, seguro que vos enganchan. Finalizado este día, remata a edición deste ano do Resurrection Fest. Agardemos que o tempo acompañe xa que a calidade das bandas están garantidas, ben como a diversidade de estilos. Un ano máis, Galiza será o corazón do metal cun festival que non para de medrar e que se fixo un espazo no panorama europeo. RESURRECTION FEST NAS REDES WEB: http://www.resurrectionfest.es/ FACEBOOK: https://www.facebook.com/resurrectionfest/ TWITTER: @ResurrectionESP |
PRAZA_19608 | Este 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down. Falamos con Juan Martínez, presidente de Down Compostela, entidade que este luns entregou os seus premios. Ensino integrador, oportunidades de emprego e o recoñecemento de dereitos básicos -coma o voto- eixos das súas demandas. | Down Compostela entregou este luns pola noite os seus premios anuais, na véspera do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra este 21 de marzo. Na gala, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos, e á que asistiron o presidente do Parlamento galego e o alcalde de Santiago, recoñeceuse o traballo e a implicación do Colexio Divino Maestro, da empresa Xade (que xestiona o Multiusos Fontes do Sar) e de Carmen Barbeito (activista voluntaria na propia entidade) para "favorecer a integración educativa, laboral e social" das persoas con Síndrome de Down. "A inclusión no sistema educativo ordinario durante os últimos anos foi fundamental para que hoxe, os nosos fillos, estean en condicións de traballar e de presentarse a unhas oposicións" Nestes ambitos -o ensino, o emprego e a integración na sociedade en termos xerais- centra a asociación a súa actividade ao longo do ano. Precisamente no ámbito educativo, as entidades que traballan con persoas con Síndrome de Down amosan a súa preocupación ante os efectos da aplicación da LOMCE tal e como está deseñada, e reclaman a súa modificación para que estes nenos e nenas non sufran unha exclusión. "A inclusión no sistema educativo ordinario durante os últimos anos foi fundamental para que hoxe, os nosos fillos, estean en condicións de traballar e de presentarse a unhas oposicións. Por iso preocúpanos, e moito, que se produza un retroceso no noso sistema educativo neste sentido", sinala Juan Martínez, presidente de Down Compostela. Con todo, Martínez amosa o seu optimismo, froito das conversas que manteñen con grupos políticos e administracións, e cre que finalmente este punto da LOMCE será modificado, ao igual que está sucedendo con outros aspectos polémicos. "Para nós a clave é o mantemento destes alumnos no sistema educativo ordinario, que é o que nos últimos anos trouxo éxitos e bos resultados", reitera. Outro aspecto fundamental é o do emprego, no que si parece haber mellores noticias. "Estamos satisfeitos coa resposta que están dando os empresarios, no sector privado, que están dando cada vez máis oportunidades", sinala Juan Martínez. "E, igualmente, celebramos que a Xunta por primeira vez convoque unhas oposicións específicas para persoas con discapacidade intelectual, algo que levabamos anos reivindicando". Habitualmente, o 10% das prazas reservábanse xa para persoas con discapacidade. "Pero nós sempre pedimos que unha parte se reserve para persoas con discapacidade intelectual, que doutro xeito estarían en desvantaxe coas persoas con discapacidade física ou sensorial", sinala. "Outras administracións xa o fixeron, a Deputación de Pontevedra xa leva dúas convocatorias, o mesmo que o Ministerio de Administración Pública. E esperamos que o resto das administracións sigan o mesmo camiño", engade. No último ano, saltou á palestra a denegación do dereito ao voto a Mara, unha moza compostelá de 20 anos cunha lesión cerebral. Finalmente o Tribunal Constitucional evitou pronunciarse sobre a cuestión, creando un precedente sobre unha cuestión que afecta a case cen mil persoas con discapacidade intelectual en toda España, privadas da posibilidade de votar. "Xa a ONU lle tirou das orellas a España no 2011 e 2013 pola privación do dereito a voto. E neste caso mesmo a vicepresidenta do tribunal emitiu un voto particular. A solución é tan fácil como que os políticos se poñan de acordo e cambien a lei electoral. E se hai que pasar un exame, pois pasémolo todos, igual que hai exame para sacar o carné de conducir", di Juan Martínez. "Se nos fixamos nas diferenzas, imos levantar muros entre nós, imos crear castas e guetos. Pero se facemos fincapé na tolerancia, o que faremos será aproveitar as cualidades de cada un para construír unha sociedade mellor" No seu discurso, Martínez animou a toda a sociedade a "cambiar a mirada" sobre a Síndrome de Down. "Aínda que avanzamos moito, aínda quedan pasos que dar, e moi importantes. A maioría dependen de que queiramos facelo. Cambiemos a nosa mirada, e ese camiño será moito máis fácil", dixo. "É o mesmo que pasa con outras cuestións: hai países e sociedades máis tolerantes e outros menos. Se nos fixamos nas diferenzas, imos levantar muros entre nós, imos crear castas e guetos. Pero se facemos fincapé na tolerancia, o que faremos será aproveitar as cualidades de cada un para construír unha sociedade mellor", conclúe. A gala Na entrega dos premios destacouse a oportunidade dada por Xade a moitos mozos e mozas para traballar no Multiusos Fontes do Sar, o bo labor educativo do Colegio Divino Maestro ("Son estudante de ESO no Divino Maestro. Os nosos profes buscan formas para que todos poidamos aprender xuntos", sinalou David Aldrey, un alumno do centro) e, igualmente, a actividade durante anos de Carmen Barbeito ("unha muller grazas á cal puidemos realizar proxectos tanto para os pequenos da nosa fundación como para os que xa nos estamos formando no ámbito laboral"). Despois, o Grupo de Teatro Down Compostela presentou un avance do seu nova obra de teatro: Arturo, Arthur, Artur. A estrea da mesma será o próximo 17 de xuño no Salón Teatro. Baixo a dirección de Loitas Herrador, o Grupo de Teatro Down Compostela representou xa oito obras. De igual xeito, o mércores, 22 de marzo a empresa Cenor organiza un partido solidario no que xogadores do Obradoiro, Compostela e Santiago Futsal disputarán un torneo no que veremos a xogadores de baloncesto xogar ao fútbol e viceversa. O torneo disputarase en o polideportivo de Santa Isabel ás 20 horas e o prezo da entrada é de 5 euros. Todo o diñeiro recadado será entrega a DOWN COMPOSTELA para financiar os seus proxectos. |
NOS_9262 | O tribunal dá a razón á Deputación de Pontevedra e obriga ao Goberno galego a restaurar o edificio, ademais de correr coas custas procesais. | O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) condenou a Xunta a restaurar o Pazo de Lourizán, no concello de Pontevedra, despois de que o Goberno galego incumprise os convenios asinados coa Deputación de Pontevedra para levar a cabo as obras de conservación do edificio. A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo emitiu unha sentenza o pasado 1 de febreiro na que obriga á Administración galega a desenvolver os traballos, xa que "non se evidencia a imposibilidade de execución das obras". Con esta resolución, o TSXG dá a razón á Deputación de Pontevedra, estimando o recurso que presentou a institución provincial o 30 de xullo de 2019 para que o Goberno galego adoptase as súas responsabilidades, dando así cumprimento ao acordo do pleno provincial que ordenou o inicio inmediato de accións legais dada a inacción da Xunta cos compromisos adquiridos. A sentenza baséase aos termos estabelecidos nos convenios de cooperación (1991) e aproveitamento (2000) asinados por ambas as dúas administracións, tal e como sempre defendeu a Deputación. Custos procesais A sentenza do TSXG tamén impón á Administración galega as custas procesuais e deixa claro que "non hai ningunha dúbida sobre a obriga da Administración galega de efectuar as obras de conservación do pazo de Lourizán". No texto, o tribunal afirma que "está acreditada a existencia da obriga, a cargo da Administración galega, de efectuar as obras de conservación necesarias para o mantemento da zona nobre do actual conxunto, e de que dita obriga está sendo incumprida" cando "non se evidencia a imposibilidade de execución das obras". Pola súa parte, a Xunta respondeu á sentenza do tribunal afirmando que as obras de conservación xa están en marcha. |
NOS_16120 | Máis de 2.500 crianzas e adolescentes viven baixo a tutela os coidados do sistema público de protección. Son menores que non contan cun fogar familiar seguro onde crecer nin co apoio que representa a familia para a maioría da cativada. Nada ten que ver con que sexan máis conflitivos, pouco traballadores ou menos estudos que o resto, prexuízos cos que baten a diario e que queren atallar dando conta da súa realidade. 'Non nos xulgues' é o nome da campaña que busca acabar co estigma da mocidade tutelada da Galiza, unha iniciativa que vén de lanzar a ONG Igaxes. | A finais de 2020, na Galiza vivían 1.921 menores tutelados pola Xunta e 650 en réxime de garda, segundo os últimos datos dispoñíbeis facilitados pola Consellaría de Política Social. Son crianzas e adolescentes cuxos proxenitores ou titores perderon temporalmente a patria potestade ou solicitaron a garda e coidado dos seus fillos e fillas ante a imposibilidade de facerse cargo do seu benestar. Violencia familiar, abandono, incumprimento ou incapacidade para atender as obrigas básicas de alimentación, escolarización ou atención sanitaria, problemas de adicción ou saúde mental graves. Son algúns dos factores de desamparo que poden conducir á suspensión da patria potestade, unha atribución que, chegado o caso, asume o sistema público de protección, que se fai cargo do coidado integral das crianzas, comezando por buscarlles un lugar de residencia. Ten prioridade que a rapazada poida quedar a vivir cun parente próximo, coa familia extensa. Mais esta opción non sempre existe. Nese suposto, a Administración explora a vía das familias de acollemento alleas. En total, unhas e outras goreceron o ano pasado 1.359 crianzas. Como dentro do sistema de protección hai máis nenos e nenas que familias de acollida, as que non teñen acceso a unha (1.212 menores en 2020) acaban nun centro de menores ou nunha vivenda tutelada, onde mozos e mozas no limiar da maioría de idade conviven de forma autoxestionada grupos sempre baixo a presenza dunha figura educativa. 'Non nos xulgues' Así, quen chega a vivir nun centro de menores, nunha vivenda tutelada ou cunha familia de acollida, faino porque non goza dun fogar adecuado de seu. Non son menores máis conflitivos nin menos estudosos ou traballadores que o resto, explican desde a ONG Igaxes, que vén de lanzar unha campaña contra o estigma que carga e discrimina a xuventude tutelada. 'Non me xulgues' é o nome desta iniciativa cuxa orixe se remonta seis anos atrás. "Entón, había unha moza que vivía na residencia tutelada de Vigo. Lembro que tras asistir a unha entrevista de traballo comentou que lle dixeran: 'como é que estás nun centro de menores se non tes cara de mala?'. Carlos Rosón, director de Igaxes, rememora aquel episodio para pór de manifesto unha "percepción" do sistema de protección e dos menores tutelados que aínda persiste en parte da sociedade. "É obvio que ningunha crianza elixe a familia na que nace, pero algo tan evidente condiciona moitas veces o futuro da rapazada porque a familia non pode, non sabe ou non quere exercer a parentalidade". Nese caso, advirte Rosón, "é necesario facer algo tan radical como separar os nenos e nenas das familias" para protexelas dunha situación de desamparo. Só 1% das persoas extuteladas logra chegar á universidade Unha vez dentro do sistema de protección, crianzas e adolescentes inician un proceso de desenvolvemento integral baixo a tutela da Administración. "Cando chegan a nós, o que temos que facer é preparalos para a vida autónoma", apunta o director de Igaxes, dez anos antes da idade media de emancipación do resto da mocidade, na contorna dos 29 anos. "Na Galiza temos un dos sistemas de autonomía máis avanzados do Estado, que nos permite traballar coa rapazada até os 21 anos e, en casos excepcionais, até os 25". Nese paso cara a vida independente, entre as moitas dificultades que atopan, afirma, están os prexuízos, "a consideración de que son mozas e mozos problemáticos, cando a única mochila que arrastran é a da ausencia da familia e da rede social de apoio". O estigma dos prexuízos É o denominador común que observa entre a poboación menor tutelada Eduardo Barca, psicoterapeuta infanto-xuvenil. "Percorren máis sós unha etapa tan difícil como a infancia ou a adolescencia, e isto dificulta a experiencia en función do carácter da persoa e das circunstancias que vivira". Teñen que facer fronte a realidades moi dolorosas, "miradas, comentarios, actividades que implican unha familia que non está presente". É complicado, insiste, porque a xestión desa percepción allea pode comprometer a propia identidade e aguzar o estigma que deixan etiquetas que os tachan de "raros, agresivos ou conflitivos", que senten desde cativos. A ausencia de familia e as carencias na infancia multiplican por seis o risco de fracaso escolar, sinala Barca, quen cuestiona, ademais, a desprotección e a falta de axuda que moitas veces atopan as persoas tuteladas ao facer os 18 anos. "Só 1% das persoas extuteladas logra chegar á universidade porque a súa prioridade é sobrevivir. Interrompen os estudos para buscar traballo e conservalo", e non caer na exclusión social sen unha casa familiar á que volver. A súa realidade é un segredo a voces que estes días gaña presenza na redes sociais e nas rúas de medio cento de localidades galegas a través da campaña "Non nos xulgues". Unha iniciativa que busca erradicar o estigma da mocidade tutelada a través do seu propio testemuño. Monse, Diógenes e Francesca deron un paso adiante para compartir a súa historia conscientes dos prexuízos que cargan e que os discriminan. "Expóñense, mais fano no seu nome e no de moitas compañeiras e compañeiros que atravesan a mesma situación, para facer visíbel a súa realidade", salienta Carlos Rosón. |
PRAZA_13350 | Os traballadores advirten de reivindicacións aínda máis contundentes se o Goberno non dá marcha atrás no recorte de 200 millóns a un sector que leva anos esmorecendo e que loita por renovarse ante unha produción custosa e deficitaria pero estratéxica e básica na economía de varias comarcas. | "Esta reivindicación non será a última; as seguintes serán máis contundentes". Con esta advertencia abandonaron os mineiros este mércores o Congreso dos Deputados logo de ser desaloxados por exhibir camisolas alusivas ao conflito que leva días enquistado, sobre todo en León e Asturias. Peches nos pozos, concentracións, corte de estradas e vías do tren, sabotaxes, manifestacións... Case vinte días acumulan de conflito as comarcas mineiras do norte peninsular, á espera dunha resposta positiva do Goberno, que non chega. O propio ministro de Industria, José Manuel Soria, advertiu que continuará "literalmente" co plan de peche das concas mineiras e que, segundo lembra, foi "elaborado polo anterior Goberno" e remitido a Bruxelas en agosto de 2011. De feito, o Executivo aclara que o plan socialista asegura que "a 1 de xaneiro de 2019 non ía quedar aberta nin unha unidade de produción de mineiría do carbón que tivese recibido axudas". Os mineiros protestan pola decisión do Goberno de recortar en 200 millóns as axudas directas ao sector Ante este negro panorama, os mineiros atópanse agora, e co Goberno do PP, cunha redución en 200 millóns de euros das axudas directas á produción do carbón español até o 31 de decembro deste ano. Os mineiros queiman os seus últimos cartuchos antes da aprobación definitiva dos Presupostos Xerais do Estado (PGE) a vindeira semana, o que confirmaría un recorte que ameaza con destruír emprego e explotacións mineiras en comarcas enteiras. "Sería a morte da mineiría", din os sindicatos. De non acadar acordo ningún (e non parece probable), o Executivo sabe, por boca dos propios implicados, que o conflito se endurecería aínda máis e daría lugar "a unha loita á desesperada". Os mineiros advirten dunha "loita á desesperada" se os PGE confirman o recorte a vindeira semana Sería, quizais, demasiado para un Goberno que sabe da contundencia das loitas dos mineiros polos seus dereitos. Nestes últimos días puido comprobar xa a dificultade para aturar unhas protestas duras e nas que, sobre todo, prevalece a unidade de acción. Todo, malia que o conflito fose invisible para moitos medios a pesar da parálise que sofren algunhas comarcas asturianas e leonesas desde hai máis de dúas semanas. A situación do sector A extracción de carbón, en realidade, é moi custosa e deficitaria. No entanto, a mineiría sempre foi considerada un sector estratéxico, ao prover aos estados dunha fonte de enerxía propia, o que sempre xustificou a subvención á súa produción. Desde hai case trinta anos, o sector recibe axudas da UE e o peche de todas as explotacións non rendibles estaba prevista para hai dez anos. Porén, a dependencia de moitas comarcas das minas e a inutilidade dos plans para o emprego alternativo non fixo máis que ampliar as prórrogas. Pero coa crise no seu peor momento, o PP decidiu prescindir de 200 millóns dos 324 previstos para a mineiría do carbón neste ano, unhas axudas directas que deberían seguir recibindo, en máis ou menos cantidade, até 2018 tras unha prórroga de catro anos a partir de 2014, ano no que se contaba con deixar de subvencionar o carbón. Os investimentos feitos por algunhas empresas para facelas rendibles non abondaron. Saben que o recorte das axudas veríanse obrigadas a pechar. Tanto os ecoloxistas como as grandes eléctricas coinciden ao rexeitar a produción de carbón español. Os primeiros porque non entenden que se intenten reducir as emisións de gases contaminantes mentres se subvenciona a mineiría dun carbón que, ademais no caso do estatal, é máis caro, máis contaminante e menos calorífico que outros. No caso das segundas, porque debido a un Real Decreto están obrigados a consumir a maior parte do mineral español, algo que os prexudica a aquelas centrais que empregan carbón importado. As grandes compañías aseguran que unha tonelada de carbón español costa 30 euros máis que o importado, algo que os sindicatos negan. No entanto, Hunosa, empresa estatal dedicada á extracción e explotación do carbón, asegura que o consumo deste mineral crecerá un 65% nas vindeiras décadas e advirten da súa necesidade en tempos de crise. As súas reservas sobrevivirán, disque, un século despois das de petróleo e gas no Estado. Ademais, lembran que investidores como Warren Buffet ou Bill Gates amosan cada vez máis interese por compañías do sector coa esperanza dun proxecto que permitíra capturar e almacenar o CO2 para facer deste mineral algo limpo. Malia todo, a mineiría segue esmorecendo. Nos últimos vinte anos, pasouse dos 45.000 traballadores no sector aos 4.000 actuais, aínda que o emprego directo adoita dobrar as cifras de persoas dependentes das concas mineiras, especialmente en Asturias. O conflito seguirá aberto. En loita por 200 millóns de axudas que, como lembran os sindicatos, son equivalentes ao custo de 20 quilómetros de AVE. O próximo 18 de xuño, hai folga xeral nas concas mineiras. Será unha proba de lume. |
NOS_8878 | A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués. | Na catedral de Santiago hai un Panteón Real. Nel están as tumbas, entre outros, de dous reis de Galiza, pai e fllo, respectivamente: Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230). Nados, educados e co centro do seu poder aquí, simbolizan unha etapa de esplendor en todas as ordes. Fernando II viu acabado o Pórtico da Gloria, esa portentosa obra artística, dirixida polo Mestre Mateo e realizada polo seu taller, coa colaboración económica real. Aínda vinte e tres anos máis tarde (1211) , o seu pai, Afonso VIII, presidiría a solemne consagración do templo. A protección da música e da poesía, á que os dous reis eran afeccionados, provocaría unha eclosión do uso literario do galego-portugués, da que os Cancioneiros son mostra. Os dous reis, e de forma especial Afonso VIII, concederon foros a numerosas vilas do interior e da costa, impulsando así o comercio e a organización de concellos. Reinando Fernando II, o Papa Alexandre III emitiu a bula Regis Aeterni que estabelecía os anos que se podía gañar o xubileo peregrinando a Santiago por camiños que eran itinerarios de comercio. O Reino contaba coas cecas de Santiago, Lugo e A Coruña para bater moeda. A estratexia política dos dous reis foi casar con princesas portuguesas. Fernando II, coa súa curmá Urraca, flla de Afonso Henriques, coa que terá ao seu sucesor Afonso VIII. O Papa, aducindo proximidade de parentesco, excomungounos, obrigando a romper o matrimonio. Afonso VIII casou tamén con princesa portuguesa, Tereixa Sánchez, flla maior de Sancho I de Portugal, coa que terá un varón e dúas mulleres. De novo a intervención papal, instigada polo rei de Castela, obrigou á disolución tras os esposos seren excomungados e interditos os reinos de Galiza e Portugal... Ningún dos dous reis, sendo os máis poderosos da Península, eran favorábeis a lanzar cruzadas co amparo do Papa contra o mundo musulmán. Isto non fxo máis que aumentar a hostilidade de Roma contra eles, especialmente contra Afonso VIII. Morto en Sarria, o 24 de setembro de 1230, foi soterrado na catedral compostelá. Deixou ben fxada a sucesión (Tratado de Baroncelli con Portugal), nas súas fllas con Tereixa (o primoxénito Fernando infelizmente morrera), Dulce e Sancha. Tratábase de escorrentar a opción castelá que representaba o seu fllo, tamén de nome Fernando, habido coa súa segunda muller, Berenguela de Castela. Infelizmente unha serie de alianzas e presións colocaron como rei de Galiza ao que vai ser coñecido como Fernando III "el Santo". |
NOS_56723 | O 2021 foi un ano moi especial para o atletismo galego. Medallas e primeiros postos que se lembrarán no futuro. | O atletismo galego viviu un ano espectacular. Desde a Federación Galega de Atletismo lembran nun comunicado a primeira medalla olímpica lograda polo atletismo galego de mans de Ana Peleteiro cuxo salto de 14.87 m. logrado o día 1 de agosto en Toquio quedará xa enmarcada en lugar preferente na historia do deporte galego. Ademais, tamén nunha cita internacional, escribíase outro dos grandes momentos da nosa historia ao lograr Adi Iglesias a medalla de ouro nos 100 m. e a de prata nos 400 m. nos Xogos Paralímpicos o que representaría a mellor das maneiras posibles de celebrar os 100 anos de constitución da Federación Galega de Atletismo neste 2021. Paralelamente a estas medallas, Adrián Ben e Belén Toimil xunto a Susana Rodríguez e Gustavo Nieves no equipo paralímpico, acudían a esas mesmas citas logo de encabezar as listaxes oficiais do Estado español tanto nos 800 m. como no concurso de peso respectivamente no que, ademáis, Belén lograba un marabilloso récord nacional con eses 18.80 m. Mención especial ten a presenza da xuiza Dolores Rojas nestes Xogos Olímpìcos cuxa actuación representan a súa terceira designación olímpica (Atenas, Londres e Tokio) Tampouco debemos esquecer a Carmela Cardama cos seus resultados e na súa primeira posición no ranking dos 10.000 m. e segunda nos 5.000 m. A súa gran actuación ven acompañada polos excelentes rexistros no concurso de lonxitude na que tanto Jean Marie Okutu como Leticia Gil continuán ocupando postos importantes na súa modalidade, ao igual que Saleta Fernández en altura e a as xavelinistas Lidia Parada e Carmen Sánchez sen esquecer a Tariku Novales nas probas de ruta. A marcha sigue deparando alegrías ao noso atletismo. Antía Chamosa lograba outro dos grandes momentos da tempada ao acadar o bronce no Campionato de Europa Sub23 de Tallin, destacando tamén neste sector Daniel Chamosa, Carmen Escaríz e Juan Manuel Morales neses postos de honra do raking nacional absoluto Non hai que deixar pasar por alto o gran número de atletas que desde as categorías Sub23 ata a Sub14 continúan ca súa gran progresión e evolución, e no que os concursos afianzan a súa importancia no noso deporte. Nomes como Irene Gómez, Marta Neira, Blanca Pereira e Marta Hermida en martelo, Diauo Diallo e Alba Cuns en triplo; Xiana Lago en peso; Antía Otero, Nuno Castro, Ivanna Carolina Román e Paula Piñón en xavelina, comezan e continúan dando alegrías ao noso deporte a nivel nacional e mesmo internacional. Non menos importante son tamén os numerosos talentos emerxentes nas distintas probas que revitalizan e actualizan modalidades como o caso de Belén García e David Vicente nos valos, Jacobo Soler nos 400 m., ou de Ainhoa Reparaz e Antía Pernas nos 100 m. O deporte máster tamén tivo no ano 2021 unha destacada actualidade e presencia nos distintos Medios de Comunicación. Sen lugar a dúbidas este foi o ano de Pepín Rioseco e de Esther Pedrosa entre os cales lograban sumar nada menos que un total de ¡dez récords do mundo! convertíndose nos dous grandes referentes europeos e mundiais do ano nas súas categorías. Futuro ilusionante Un fututo moi ilusionante está por vir da man de xovencísimas atletas cun talento innato e excepcional que dan mostras día a día da súa gran calidade. Xela Martínez é o gran estandarte desta nova xeración que ven con moita forza e onde xunto á lucense atópanse, entre outros, atletas da calidade de Alex Sierpes, Sabela Castelo, Antía Otero, Nuno Castro ou Aleksandra Kostenko marchadora esta última que conta con todo o noso apoio e forza de cara a solucionar a súa estancia definitiva no país. |
NOS_17486 | Con motivo do Día de Rosalía de Castro, que se celebra o 24 de febreiro, descubrimos o simbolismo que aniña en tres imaxes icónicas: velaí a "santiña", a líder dun pobo e a muller intelectual. Velaí a fotografía de Luís Sellier, o debuxo de Antonio Portela e o óleo pintado por Modesto Brocos. Hai moitas visións, moitas imaxes dela, pero estas son as tres Rosalías que hai. | O retrato de Luís Sellier é a única fotografía da madurez, cando menos a única que conservamos. Pois velaquí tamén a foto oficial, non só por ser a que o propio Murguía chanta nas obras completas da escritora, editadas en Madrid a partir de 1909, senón porque é unha fotografía que a propia Rosalía agasalla a amigos e admiradores. Velaquí a idea dunha muller modesta, humilde, toda dozura e amabilidade e, como todo retrato, contou co consentimento da retratada para compoñer unha pose que transmite esa idea da muller perfecta para a sociedade patriarcal do século XIX. Nada que ver con aquela Rosalía que escribe e publica tres manifestos feministas... Porque Rosalía e Murguía non querían asustar máis do necesario, querían escribir e vender a súa obra. A fotografía non deixa de ser tamén outra captatio benevolentiae, un recurso para predispoñer o público no seu favor, como o que a escritora utiliza nos limiares a Cantares gallegos e Follas novas, como sinala o profesor Anxo Angueira. Porque a clave do retrato de Sellier é a cabeza ladeada. Cando redactaba estas liñas lembrei unha chiscadela que faciamos en Pontedeume cando rapaces. Deitábamos a cabeza e preguntábamos: "Quen son?" Don Pedro, dicían todos decontado. Don Pedro Casteleiro era o severo crego da parroquia que nas misas e procesións compoñía sempre unha estampa de impostada humildade. É Darwin, no seu libro As emocións no home e nos animais, 1872, quen relaciona o aceno de baixar a cabeza para indicar afirmación co feito de parecer máis baixo, é dicir, non ameazante e, daquela, mostrarse submiso ante os demais. A Rosalía de Sellier condicionou tamén a recepción da obra da escritora, como evidencia Azorín O aceno de deitar a cabeza estaba xa codificado na tradición pictórica occidental do retrato. Un grupo de profesores italianos publicou un estudo que analiza retratos entre o século XIII e o XIX, concluíndo que onde máis cabezas deitadas aparecen é nos retratos dos relixiosos e nos das mulleres. Para rematar é moi ilustrativo visitar un blog popular de autoaxuda e ler os comentarios sobre a linguaxe corporal: "Ladear a cabeza é nunha muller o signo máis inequívoco de rendición, de afecto sincero, de interese, de querer interesar". Este retrato de Rosalía condicionou tamén a recepción da súa obra. En el gesto, en la inclinación de la cabeza, Azorín viu "un sentimiento suave, de resignación y conformidad con el espectáculo del mundo...". –véxase "Rosalía de Castro", ABC, 18 de xaneiro de 1914−. Velaí a Rosalía da melancolía, a chorona, a nai agarimosa, a santiña. É quizais nun día de 1872 cando Rosalía bota a andar desde a súa casa da rúa do Príncipe da Coruña e nalgún lugar da Pescaría entra na Fotografía de París. Luís Sellier indícalle a pose que cre máis axeitada, ela debe manter o aceno uns segundos, e mentres o fotógrafo descobre o obxectivo da cámara para a toma, a muller lembra aquela carta que lle escribira ao seu marido −16 de decembro de 1861−: "Si yo fuese hombre, saldría en este momento y me dirigiría a un monte, pues el día está soberbio; tengo, sin embargo, que permanecer en mi gran salón, sea!". A Rosalía de Portela Pero aqueles galegos que non debían nin querían chamarse españois, concibiron outra Rosalía. Velaí o poeta Alberto García Ferreiro nas páxinas de La Patria Gallega anunciando xa outra muller en 1891: "Cantora que altiva / coa branca bandeira / da nosa Galicia / risoña e trunfante / na vanguardea iba". Once anos despois, en 1902, xorde a Rosalía de Antonio Portela (18651927), como ben descubriu Lois Rodríguez. Resultou que non era unha fotografía, como moitos supoñían, senón unha idealización moi ben trabada por un fotógrafo e debuxante, discípulo de Sellier e de Isidoro Brocos. Portela constrúe deliberadamente un auténtico ideograma. Mantén os trazos fundamentais do retrato tirado por Sellier pero realiza nas faccións da escritora unha verdadeira operación de cirurxía estética, logrando unha face máis atractiva. Ademais Portela viste a escritora con gabán masculino. Imaxinamos a Rosalía de Sellier sentada, a de Portela está de pé. Velaí unha Rosalía erguida, "risoña e trunfante" como quería o poeta. Na imaxe aparece ladeada, pero non é a cabeza que se abaixa, non hai submisión, é todo o corpo o que se inclina para reforzar o parecido coa fotografía tirada por Sellier. O acabado esvaído imita tamén a fasquía das fotografías. É probabelmente un debuxo ao carbón, pero non se sabe, a peza orixinal, realizada para o Centro Galego de Madrid, perdeuse. Coñecida só por reproducións en branco e negro, creouse a confusión e chegou a considerarse unha fotografía, a vera icona da nosa escritora. A convicción forma parte da expresión e desde logo Antonio Portela é un convencido "rexionalista". A súa Rosalía é a líder dun pobo. Esta é a fonte para a ilustración do selo español de 1968, do billete de 500 pesetas de 1979 ou mesmo do doodle de Google no aniversario do nacemento da escritora, en 2015. A Rosalía de Portela foi popularizada pola impresión do retrato nas Obras completas editadas por Victoriano García Martí en Aguilar, desde a primeira edición de 1944 até a actualidade. A Rosalía de Brocos Velaí o cadro que se pode ver hoxe na Casa de Rosalía, cedido pola Deputación da Coruña, unha obra aínda pouco coñecida. Só cando Gala –a derradeira filla viva de Rosalía– enferma e as visitas se achegan ao seu leito, na súa casa da rúa de San Agostiño da Coruña, o cadro aparece á vista do público. Así o conta Juan Naya Pérez en "El final de una estirpe...". De seguro que aquel cadro non foi do agrado da familia e por este motivo non se pendurou na sala de estar desta morada. É o único cadro para o que Rosalía posa. Cóntao o propio Modesto Brocos (1852-1936), quen di que en 1880 se despraza ás Torres de Hermida de Lestrobe onde mora Rosalía. Non é unha encomenda, Brocos quere pintar a súa amiga, á que admira, que é unha escritoria galega recoñecida. O artista ten xa a habelencia, a experiencia e o coñecemento para retratar a escritora e para ela elixe unha pose case idéntica á dos seus catro autorretratos. Non pinta unha muller convencional, pinta unha igual. No encadre en tres cuartos, o artista recolle toda a fisionomía da modelo, non quere edulcorar as súas faccións, Modesto practica o realismo. A escritora olla directamente o observador e aparece serena e segura de si, recha pero non arisca. Mesmo así esta non é a muller que Murguía cre que debe proxectar para que a escritora sexa querida. Non é altiva, nin arrogante, pero tampouco é unha doce e plácida dona. É o retrato dunha muller intelectual galega. Teño para min que esta vai ser a Rosalía do porvir, pero tal como o Falcón maltés aquel, todas tres Rosalías son da materia da que están feitos os soños. |
PRAZA_9399 | Boa parte das actividades da Semana de Rosalía en Compostela sitúanse nos barrios do Ensanche e Conxo, en cuxa contorna naceu Rosalía de Castro | Rosalía na súa cidade e barrio natais. Ou, o que é o mesmo, en Santiago e concretamente no barrio do Ensanche, onde se atopa a Praza de Vigo, en cuxa contorna estaba o Camiño Novo, no antigo Concello de Conxo, onde naceu Rosalía de Castro. O Concello compostelán connmemora neste 2019 o 182º aniversario do nacemento da poeta coa Semana de Rosalía en Compostela, un programa de actividades que chegará a finais de mes e que implica o propio consistorio, pero tamén ao tecido hostaleiro e comercial do Ensanche e Conxo.O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e mais o seu homólogo da asociación veciñal Raigame, Xosé Manuel Durán, presentaron este martes xunto ao alcalde compostelán, Martiño Noriega, unha programación rosaliana "pensada para reivindicar a figura de Rosalía e os seus vencellos con Santiago". De aí, detalla o rexedor, que se procure "facelo coa participación da cidadanía, do tecido asociativo, dos colexios, das persoas maiores e do público infantil".Boa parte das actividades da Semana de Rosalía en Compostela sitúanse nos barrios do Ensanche e Conxo, en cuxa contorna naceu Rosalía de CastroUnha semana cultural dedicada a Rosalía en colexios da cidade, poemas para as persoas que fagan as súas compras en comercios do Ensanche, degustacións do Caldo de Gloria en locais de hostalería ou mostras e debates sobre a obra rosaliana na rede Rede de Centros Cívicos figuran tamén nun programa que inclúe lecturas escenificadas de textos da autora. Correrán ao cargo da actriz Ana Ponte e o actor Diego Freire en sete dos centros cívicos.Senllos concertos de Amancio Prada na Igrexa de San Fernando e de Uxía no Centro Cívico Aurelio Aguirre, ambos o día 23, son outros dous dos actos previstos dunha semana de Rosalía que terá o propio 24 de febreiro como xornada central. O día comezará cunha ofrenda floral ante a escultura dedicada a Rosalía na Praza de Vigo en conmemoración do seu nacemento e outra, na emblemática estatua situada na Alameda dende hai máis dun século. Un acto institucional no Hostal dos Reis Católicos dará paso, xa na tarde, aos actos previstos na Casa da Matanza, en Padrón. |
PRAZA_7546 | Os casos de presunta corrupción mesturados con conflitos internos ensombrecen o congreso autonómico do PP, que comeza este sábado coa ausencia de Rajoy. Alfonso Rueda recuncará como secretario xeral | Hai poucos actos políticos máis plácidos que un congreso do PP cando este partido está no Goberno. Sucedeu, por exemplo, en 2009. Alberto Núñez Feijóo viña de lograr a Presidencia da Xunta e a cita congresual converteuse nunha caste de longo mitin post electoral. A aclamación ao líder foi case total e, á marxe desta, as escasas novas que saíron da cita foron o nomeamento dun voceiro da formación ou momentos máis ou menos anecdóticos protagonizados por Mariano Rajoy ou Manuel Fraga. Este era o plan dos conservadores galegos para o cónclave que inician este sábado en Lugo: tras unha nova vitoria autonómica, novo congreso de aclamación, desta volta coa única incógnita de se Alfonso Rueda recunca ou non como secretario xeral. Pero a sombra dos presuntos casos de corrupción en Galicia e no Estado e a mestura destes con liortas internas están a ensombrecer a cita. No roteiro marcado polos conservadores figuraba que ás poucas horas do inicio do congreso o que se falase en torno a el fose, esencialmente, que Feijóo estaba a repetir unha vez máis a estratexia de non revelar ata o último momento a designación dos seus cargos subordinados, neste caso da secretaría xeral e tamén da portavocía, toda vez que Antonio Rodríguez Miranda, flamante secretario xeral de Emigración, abandona este posto. Pero nos primeiros días do ano o alcalde de Santiago, Ángel Currás, foi reclamado pola xuíza Pilar de Lara para declarar como imputado no caso Pokémon. A implicación xudicial non preocupa neste caso excesivamente entre os dirixentes conservadores, convencidos de que o rexedor compostelán non incorreu en ilegalidades. O que si desacouga é que a imputación de Currás serviu para darlle un bo meneo á caixa de bombas na que se converteu o grupo municipal do PP, cun alcalde con cada vez menos apoios. O enfrontamento é tal que ata o propio Rueda se viu obrigado realizar un chamamento á orde e, o que é menos habitual, a facelo en público. Os casos de presunta corrupción e a súa mestura con liortas internas ensombrecen un congreso concibido para aclamar a Feijóo Pero a de Santiago non é a única nube negra que pairará sobre o pazo de feiras de Lugo. Nin sequera a máis importante. A outra virá do sur, concretamente de Ourense, e ten o apelido que máis eleccións lle axudou a gañar a Feijóo, pero tamén o que máis dores de cabeza lle deu no que á vida interna do partido se refire. Poucos días despois de coñecerse a imputación de Currás saía á luz a asunción por parte da Fiscalía da querela presentada polo PSdeG polas máis de cen contratacións realizadas na Deputación de Ourense a escaso tempo do congreso provincial do partido en 2010, no que José Luis Baltar foi substituído no liderado por Manuel Baltar. A admisión a trámite da querela por parte do xuíz púxolle a Feijóo en bandexa a oportunidade de forzar a baixa de militancia de Baltar pai, a quen lle desexa "toda a sorte posible", e de advertir a Baltar fillo de que a dirección autonómica pode artellar unha nova operación para tentar derrubar o baltarismo. Pero todo isto non impedirá que Manuel Baltar tome a palabra en Lugo nin que a súa imaxe apareza alén do Padornelo vinculada á de Feijóo. E co panorama galego nada escaso de turbulencias as informacións publicadas polo diario El Mundo devolveron ao primeiro plano da actualidade a un dos presuntos protagonistas da trama Gürtel, o ex tesoureiro do PP e antigo senador por este partido, Luis Bárcenas. Os máis de 20 millóns de euros supostamente agochados en Suíza e os cartos en negro presuntamente recibidos durante anos por altos cargos conservadores non afectan -a priori- directamente ao PP galego pero si o desestabilizan, toda vez que Feijóo é considerado un dos baróns con máis peso na formación. O propio presidente da Xunta ocupouse de cargar con dureza contra Bárcenas ante as cámaras pero, así e todo, esta fin de semana o cónclave galego aparecerá mediaticamente ligado ao escándalo, especialmente cando apareza en escena María Dolores de Cospedal, representante da dirección estatal no evento. Ao contrario do sucedido en 2009, Mariano Rajoy non acudirá. Fronte a estes ventos e mareas a mensaxe oficial que o PPdeG tentará transmitir é que os relatorios que van aprobar no congreso "redundan nas políticas iniciadas por Feijóo", xa que a súa militancia non "aprecia a necesidade de xuros significativos na doutrina do partido". Ademais, subliñarán a aprobación dos seus estatutos, que "identificarán o galeguismo de Fraga como referente do partido". Ademais, renderanlle homenaxe ao ex presidente no seu primeiro cabodano. |
NOS_23076 | Quéixanse de que a xunta reitora da Comunidade de montes presionase para unha votación a man alzada este mesmo domingo após achegar argumentos pouco transparentes, como a suposta creación de emprego ou que, de non vender, as terras serán expropiadas pola forza. Os protestos saldáronse con tres persoas detidas | Estaba previsto que a decisión se tomase este domingo. Unha votación a man alzada deixaría constancia da vontade da Comunidade de montes de Cabral de lle vender as súas terras ou non llas vender á empresa Eurofund Investments para a construción dun centro comercial e de ocio no marco do proxecto baptizado como Porto Cabral. Porén, a veciñanza, un importante número de comuneir@s e colectivos agro-ecoloxistas que se opoñen á superficie comercial obrigaron a suspender unha xuntanza ordinaria da organización por entender que a xunta reitora pretendía "impoñer" a votación sobre unha decisión da cal moit@s non contan coa información suficiente. Os protestos saldáronse con tres persoas detidas, opositoras ao proxecto, que serán postas en liberdade á tardiña. Nos últimos días agromaron máis voces críticas do centro comercial. Os sindicatos CIG, CC OO e UGT pronuciáronse na sexta feira, facendo público o seu rexeitamento e subliñando o dano que este tipo de superficies carrexan para o pequeno e mediano comercio, así como que as contratacións serán "maioritariamente precarias e a tempo parcial, con salarios que non permitirán vivir dignamente". Así as cousas, após varias horas de debate, a reunión suspendeuse e foi convocada unha asembleia aberta a toda a parroquia que se realizará antes doutra xuntanza, desta vez extraordinaria, da Comunidade de montes. A votación farase mediante voto en urna e non a man alzada, como estaba previsto facer. Conseguíronse así os tres obxectivos principais que perseguían @s detractor@s do proxecto Porto Cabral: adiar a votación, que sexa en urna e que primeiro se informe á poboación. Quéixanse de que a xunta reitora non transladase argumentos veraces aos e ás comuneir@s, amparándose na suposta creación de emprego e tamén na expropiación forzosa no caso de que a veciñanza non venda. |
NOS_49764 | O presidente mantén o seu discurso desta cuarta feira, no que na recepción da 'Derradeira leición do mestre', obviou calquera referencia á represión fascista e Alexandre Bóveda. Fronte a isto, unha iniciativa impulsada polo debuxante Kiko da Silva chama a reivindicar esta sexta feira en Pontevedra "o verdadeiro significado" do óleo debuxado por Castelao. | Nin un paso atrás. Feixoo nin se arrepinte nin rectifica o seus discurso desta cuarta feira na que na recepción da 'Derradeira leición do mestre' obviou calquera referencia á represión fascista e Alexandre Bóveda. O óleo emblema da resistencia galega contra a barbarie fascista está en Galiza é, para o presidente da Xunta, un cadro e ponto. Como podía representar un bodegón ou unha paisaxe. Esta quinta feira, e após o Consello da Xunta, Feixoo mantívose na mesma liña. "Castelao é de todos, non é propiedade dos nacionalistas", dixo. Nese 'todos' o presidente semellaba querer abranguer tamén todo aquilo que era (é) antagónico do rianxeiro: desde os que 'desculpan' o franquismo até os que impoñen a España unitaria. O presidente mesmo apuntou a que o nacionalismo 'avanzara' na forma das súas críticas, referíndose ás manifestacións e enfrontamentos de xuño de 1984, na traída dos restos de Castelao a Galiza. Verdadeiro significado Nestas últimas horas abundaron as críticas e reproches a Feixoo polo seu discurso na recepción do óleo de Castelao. Críticas que chegan non só desde formacións políticos senón tamén de agrupacións culturais, plataformas sociais e colectivos de memoria histórica. O debuxante Kiko da Silva anunciou que esta sexta feira vai estar no Museo de Pontevedra "pintando en directo unha versión de 'A derradeira leición do mestre' de Castelao, para reivindicar o verdadeiro significado da obra e facer honra ao representado nela: Alexandre Bóveda. O goberno da Deputación de Pontevedra súmase á a esta promovida polo ilustrador KikoDasilva. A presidenta Carmela Silva e o deputado de Cultura Xosé Leal,ademais doutros representantes provinciais, asistirán ao acto que terá lugar mañá ás 12.30 horas na sala Castelao do Museo de Pontevedra como protesta pola manipulación e censura realizada sobre o cadro por parte do presidente da Xunta Núñez Feixoo. Imaxe interior: Día da Patria de 1984. Manifestación do BNG baixo o lema 'Castelao, sen manipulación'. Fundación Terra e Tempo |
NOS_47858 | Máis un número do semanario saído do prelo. Falamos coa veciñanza que se levanta contra o proxecto de reabrir unha mina en Touro, entrevistamos Carlos Babío e Manuel Pére, aurores de 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', conversamos co sociólogo Ramón Grosfoguel, lembramos a expulsión dos deputados nacionalistas do Parlamento de Galiza en 1982, falamos con Marilar Aleixandre e publicamos un adianto editorial de 'A Filla do Minotauro'... todo isto e máis xa na nosa loxa. | Desta volta as veciñas e veciños da antiga mina de Touro están avisados e fóronse organizando para resistiren. Saben que o que queda despois da mina é terra perdida e máis lixo. Nos anos oitenta, cando fechara a vella explotación, empezaron a mirar para o campo. E queren seguir vivindo del nunha paisaxe que ameazan os intereses dunha gran compañía e certa convivenciadas autoridades. 'Touro. Desta vez non' "Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos ao redor do pazo de Meirás". Carlos Babío, quen leva máis de 20 anos investigando ao redor do espolio do pazo de Meirás, e Manuel Pérez, historiador, son os autores de 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', obra editada pola Fundación Galiza Sempre que vén de chegar ás librarías. Afondamos no seu contido cos autores. O 3, 4 e 5 de decembro de 1977, máis de 20 mil tractores trancaron as estradas da Galiza en protesta contra a cota empresarial agraria e o réxime autonómico. 40 anos despois recuperamos a memoria daquela mobilización e da oposición das labregas e labregos galegos á cota empresarial. Acompañamos esta peza de Cilia Torna cunha reportaxe fotográfica daquela xornada de loita realizada en Navia de Suarna por Xesús Méndez. 'Galiza contra a cota empresarial'. Hai 35 anos produciuse un atentado contra a democracia no Parlamento da Galiza. Un episodio sen precedentes: a aplicación dunha norma con carácter retroactivo para danar un movimento político. O lance -a obriga neofranquista de xurar a Constitución de 1978 como unha profesión de fe relixiosa- saldouse coa expulsión dos tres parlamentares do BNPG-PSG. '23-11-1982, crónica dun ataque á democracia'. 'Feijóo compite no terreno de Ciudadanos'. As enquisas mostran un escorregamento unionista do eleitorado. Entrevistamos Ramón Grosfoguel, sociólogo portorriqueño que exerce de profesor asociado na Universidade de California en Berkeley. Mais, sobre todo, é unha das voces de maior relevo internacional na análise do fenómeno colonial e neocolonial cunha perspectiva netamente antiimperialista. Conversamos con el, analizando a situación de Galiza, abordando o procés independentista en Catalunya e reparando na necesidade dunha segunda independencia descolonizadora para América Latina. "Eu vexo Galiza como unha realidade neocolonial". Oito anos após o golpe contra o presidente Zelaya as forzas progresistas logran a maioría dos votos. 'A esquerda volve ao goberno de Honduras'. '21D, o plebiscito inevitábel sobre a República catalá': a precampaña electoral visa que, para alén da formalidade, os comicios non son "autonómicos. Bruxelas quer aproveitar a saída do Reino Unido para reformar os fondos europeos impulsando un cambio de prioridades: apárcase a cohesión social e territorial para apostar en defensa e seguridade. Todo isto nun marco no que haberá un 16% menos de ingresos nas arcas comunitarias. Os fondos estruturais para Galiza, no albo. 'Bruxelas saca a tesoira en Galiza'. En Análise debullamos os orzamentos para 2018. 'Marilar Aleixandre, a primeira Raíña Lupa'. Como dicía o referente da literatura infantil e xuvenil galega, Agustín Fernández Paz, os libros que tamén pode ler a xente moza non exclúen a xente adulta como lectoras e lectores. O premio Raíña Lupa, certame convocado pola Deputación da Coruña para premiar este tipo de obras, vén de galardoar a autora Marilar Aleixandre. Esta madrileña de nacemento mais galega de corazón únese así á listaxe de autores merecedores desta distinción, onde se contan escritores como o propio Fernández Paz ou Antonio Reigosa Carreiras. Chega a cita máis esperada do ano no ámbito da cultura, o Culturgal, que neste 2017 fai o seu décimo aniversario. Sen dúbida, é este o proxecto coa rede máis ampla de colaboradoras e colaboradores institucionais, asociativos e empresariais. O Culturgal conmemora os seus dez anos cunha edición que presenta dúas novidades: a maior presenza da cultura portuguesa e a participación das artes plásticas contemporáneas. 'Culturgal, na súa edición máis especial'. E neste número, as colaboracións e achegas de Xoán Costa, Francisco Castro, Luz Darriba, Nachortas e Tokio, Colectivo Xea, Iolanda Gomis, Mario Regueira, Andrés Castro, Manuel Xestoso. |
NOS_40258 | Con motivo do Día das Letras Galegas, 'Sermos Galiza' edita un número especial sobre Florencio Delgado Gurriarán, o poeta e activista homenaxeado este ano. O monográfico 'O poeta da resistencia no exilio', de 40 páxinas, nunha coidada edición, publícase este sábado día 14, canda o Nós Diario por só tres euros. | O semanario Sermos Galiza explora as dúas vocacións de Florencio Delgado Gurriarán —a poética e a política— cun especial de 40 páxinas que recolle distintas visións sobre unha personalidade caracterizada polo compromiso, ben desde a acción cívica e política, ben desde a actividade literaria. Dúas facetas inseparábeis que se entrecruzan constantemente e que converten Delgado Gurriarán, o homenaxeado polo Día das Letras Galegas de 2022, nunha das personalidades máis atractivas e representativas dunha parte da nosa historia na que aínda queda moito por afondar. O especial de Sermos Galiza non pretende dar conta dunha traxectoria que precisaría de varios volumes para ser considerada con xustiza, mais si chamar a atención sobre certos aspectos da vida e da obra de Florencio Delgado Gurriarán que poden iluminar os pasos básicos dun percorrido vital que recolle varias das constantes históricas da Galiza de mediados do século XX. Así, Miro Villar resume a contribución de Gurriarán a través de Saudade e de Vieiros, un exemplo da afervoada defensa da lingua e do ideario galeguista que sempre mantivo o poeta ao longo da súa vida. De igual maneira, o crítico e historiador da literatura Xosé Ramón Pena afonda nalgúns aspectos da poesía mexicana do autor. Débora Álvarez Moldes, pola súa banda, reconstrúe os vínculos da poesía de Gurriarán coa súa terra natal de Valdeorras. Reportaxe de Débora Álvarez. A xornalista Cristina de la Torre dará a súa visión sobre a recuperación contemporánea da figura do autor homenaxeado este ano, mentres que Montse González conversa co cantautor Anxo Rei, o primeiro divulgador da súa poesía. Finalmente, Manuel Xestoso entrevista a Ricardo Gurriarán, parente e principal biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, para dar unha visión de conxunto da vida do autor. O especial venderase conxuntamente con Nós Diario o vindeiro sábado 14 de maio. As 40 páxinas ao prezo de sempre do semanario, tres euros xunto ao teu exemplar do xornal. Nos quiosques e puntos de venda habituais e na loxa. Se non es subscritora ou subscritor, non dubides en adherirte. |
NOS_56258 | O Comité Noruegués galardoa a filipina Ressa e o ruso Muratov. | Os xornalistas Maria Ressa, filipina, e Dimitri Muratov, ruso, foron recoñecidos co premio Nobel da Paz que concede cada ano o Comité Noruegués, polos seus esforzos para salvagardar a liberdade de expresión e o xornalismo independente e, por extensión, a democracia e a paz. O xurado recoñeceu a súa "loita valente" tanto nas Filipinas como en Rusia, mais tamén os describiu como un exemplo dos xornalistas que traballan en "condicións cada vez máis adversas". "Sen liberdade de expresión nin de prensa, será difícil promover a fraternidade entre nacións, o desarme e unha mellor orde mundial", engadiu. Ambos representan dous medios especialmente sinalados nos seus respectivos países, xa que Ressa participou en 2012 na fundación do portal Rappler, crítico co Goberno de Rodrigo Duterte e con actuacións como a súa "guerra contra as drogas", investigada pola Fiscalía do Tribunal Penal Internacional (TPI). "O número de mortes [nestas operacións policiais] é tan alta que a campaña parece unha guerra contra a propia poboación do país", apunta o xurado nas conclusións, onde describe a Ressa como "unha incansábel defensora da liberdade de expresión". De feito, hai varias causas abertas tanto contra ela como contra o seu medio. Anna Politkovskaya Muratov, pola súa banda, lanzou en 1993 Novaya Gazeta, un xornal independente que perdeu ao longo da súa historia seis xornalistas, asasinados. Unha destas vítimas foi Anna Politkovskaya, de cuxa morte precisamente se fixeron 15 anos na quinta feira. Novaya Gazeta é "o xornal máis independente de Rusia", "cunha actitude crítica co poder", sinalou o xurado, encomiando a "integridade profesional" da redacción e a capacidade para facerse eco de informacións que doutra forma non se publicarían, como casos de corrupción, de violencia policial ou de fraude electoral. O Comité Noruegués do Nobel recalcou que "un xornalismo libre, independente e baseado en feitos serve como protección fronte aos abusos do poder, as mentiras e a propaganda" Mikhail Gorbachev É o primeiro Nobel da Paz ao xornalismo desde 1935, cando o gañou o alemán Carl von Ossietzky tras revelar o plan secreto de rearme alemán no período posterior á I Guerra Mundial. Muratov é o primeiro ruso en gañalo desde Mikhail Gorbachev en 1990. O líder soviético contribuíu co diñeiro dese galardón ao lanzamento de Novaya Gazeta. Nunha breve mensaxe, o Kremlin felicitou a Muratov, a quen cualificou de "valente". |
NOS_29390 | O Festival Imaxina Sons chega ao seu décimo aniversario, unha década dándolle swing á cidade que conmemoran cunha exposición na Casa das Artes e o programa de concertos e actividades que abre o pianista Marco Mezquida. | Dez anos conmemora Imaxina Sons como festival de referencia de jazz e, para celebralo, a Casa das Artes abre até o 27 de xullo a exposición "Vigo ten swing", un repaso á unha cidade musical tomada polo jazz. O programa de concertos e actividades inaugúrase esta quinta 26 de xullo co pianista Marco Mezquida, "músico do ano", en 2011, 2012 e 2013 segundo a Asociación de Músicos de Jazz Música Moderna de Cataluña. Xunto ao contrabaixista sueco Marko Lohikari e o batería arxentino Carlos Falanga o trío que puxo a andar Mezquida hai cinco anos, ofrecerán o primeiro dos concertos no Auditorio Municipal do Concello, na Praza do Rei. O programa do festival desenvolverase até o 5 de xullo en distintos espazos da cidade. Cunha edición especial para conmemorar o seu décimo aniversario, o jazz feito na Galiza terá unha especial presenza en Imaxina Sons e, neste sentido, o pianista Alberto Conde presentará o seu proxecto Human Evolution Music Project (sábado 28), gravado en Portugal nun encontro cos sons da India. O grupo Sumrrá (quinta feira 3), prepara un proxecto especial no que colaborarán o guitarrista Alberto Cereijo (Os Suaves), a cantora flamenca Iria Peña e o cuarteto de corda vigués Suelen Estar Quartet. A experimentación terá o MARCO como escenario que acollerá, entre outros ao francés Pierre Bastien (segunda feira 30) recoñecido mundialmente pola súa orquestra de autómatas e o catalán Xavi Lozano (terza feira1), creador de sons a partir de obxectos cotiáns. Os concertos ao aire libre ofrecerán a oportunidade de ver ao gran trompetista Dave Douglas (sábado 5), co proxecto Riverside Quartet, xunto co baixista Steve Swallow, clave no jazz dos anos sesenta. O pianista cubano que trunfa nos EUA, Alfredo Rodríguez ofrecerá tamén un concerto en Imaxina Sons a quinta feira día 4. A programación completa do festival pódese consultar na súa páxina www.imaxinasons.com ou en www.vigocultura.org Celebrar dez anos Unha mirada á historia recente do jazz na cidade é o obxectivo da mostra "Vigo ten swing". A data que inicia o relato expositivo é o 16 de xuño de 2005 na Casa das Artes de Vigo na que se inaugurou a exposición fotográfica Sons Imaxinarios. Imaxes reais, de Carmen Llussá e Javier Nombela, e a actuación dos guitarristas Chema Saiz e Santiago de la Muela. O propio festival e tamén os músicos, os locais e as formacións que fan de Vigo unha cidade do jazz son os protagonistas desta exposición que se remite tamén á historia anterior aos dez anos de Imaxina Sons, con especial referencia ao Festival Internacional de Jazz de Vigo dos anos oitenta, impulsado por Xuventudes Musicais. |
PRAZA_6771 | Falamos con Henrique Torreiro, que hai uns días recibiu o Premio Ourense de BD, que en boa medida recoñeceu a todas as persoas que hai máis de vinte anos botaron a andar as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense | O pasado sábado Henrique Torreiro recibiu o Premio Ourense de BD, que outorgan o Concello de Ourense, a Xunta de Galicia, o Campus de Ourense, a Librería Sindicato del Cómic e a Asociación Proxecto Benito Losada para distinguir as máis importantes iniciativas e traxectorias dentro do panorama da banda deseñada galega. Non foi un premio máis. O preio Torreiro representa en boa medida o recoñecemento ás persoas (encabezadas por el mesmo e polo lembrado Benito Losada) que puxeron en marcha e impulsaron as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense dende 1992, ás que agora, despois duns anos dunha certa parálise, se lles quere dar novo pulo. Como se destacou durante o acto de entrega do galardón, durante anos Torreiro realizou un inmenso labor para consolidar o forte e solidario sentimento de comunidade entre todos os actores e participantes da historieta en Galicia, os vencellos pioneiros que artellou coa banda desenhada portuguesa e a súa reivindicación da importancia do fanzine nunha época en que a autoedición non tiña os medios nin a difusión actuais, convertendo a mostra e catálogo anual da Expofanzines nun referente a nivel internacional e o Fanzine das Xornadas nunha das publicacións mais lonxevas e relevantes en lingua galega. As longo destas case dúas décadas, converteuse nun dos grandes embaixadores da BD galega e nun gran mentor para as novas xeracións de comiqueiros "O premio, desde a miña perspectiva, vai para todas as persoas que estiveron nalgún momento implicadas na organización das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense" Que significa para ti este premio? Como dixen no propio acto de entrega, non podo entender o premio como algo estritamente persoal, e creo que se me outorga en representación de todo o que ten sido a primeira época das Xornadas, agora que entran nunha nova etapa. Así pois, o premio, desde a miña perspectiva, vai para todas as persoas que estiveron nalgún momento implicadas na organización das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense: desde o propio Benito Losada e o Frente Comixario ata o resto de membros do Colectivo Phanzynex e Óscar Iglesias, sen esquecer tampouco o persoal da Casa da Xuventude. Pensar que até hai ben pouco eu estaba no bando dos que outorgaban este mesmo premio non me deixa velo tampouco doutra forma... Que significan as Xornadas de BD para Ourense, sobre todo para a afección á banda deseñada na cidade? É difícil contestar a iso obxectivamente, tendo estado dentro da organización das Xornadas. Non obstante, cando se crearon, en 1989, eu só era un modesto fanzineiro que non tiña nada que ver con elas (comecei a colaborar na súa segunda edición), polo que de entón si podo dar unha visión externa; daquelas, ao meu círculo de amigos pareceunos incrible que en Ourense puidese facerse un evento, por pequeno que fose, relacionado coa banda deseñada, de tan minoritaria que criamos que era a nosa afección. Como tantas cousas, a presenza das Xornadas acabou sendo asumida cos anos pola cidade como algo natural, como parte do seu calendario cultural, e cónstame que o número de visitas ás exposicións sempre foi elevado, pero hai que dicir tamén que para outras actividades (mesas redondas, presentacións) sempre tivemos un público moi escaso, e ese é un dos asuntos que está a cambiar nesta época: coa normalización do cómic (especialmente a través da aceptación do concepto da novela gráfica, mais non só), vai creándose un núcleo de público que nutre este tipo de actos. Quero pensar que nese lento proceso de normalización algo tiveron que ver as dinámicas xeradas desde as Xornadas, que agora se poden ver beneficiadas pola aparición destes públicos interesados non só nas obras senón tamén nos autores e os editores. "Como anécdota, o mesmo feito de que se diga banda deseñada en galego débese a Benito, que recoñecía que recollera a idea dunha aparición do termo en A Nosa Terra uns anos atrás" Cando lle debe a BD a Benito Losada? A verdade é que moito. Como anécdota, o mesmo feito de que se diga banda deseñada en galego débese a Benito, que recoñecía que recollera a idea dunha aparición do termo en A Nosa Terra uns anos atrás. El comezou a empregalo nos concursos da Casa da Xuventude de Ourense dos anos oitenta, e de aí pasou tamén ás Xornadas; xa hai tempo que figura nos dicionarios galegos como termo asentado, xunto a cómic. Ese sería un detalle mínimo da importancia de Benito. El sempre tivo moito interese en dar apoio a artes que non tiñan aínda suficiente presenza ou recoñecemento social. Sempre dicía que facer unha exposición de fotografía, algo absolutamente normal na actualidade, era algo pouco menos que inconcibible cando el chegou a Ourense, e aí está o Outono Fotográfico. Algo así pasaba cos cómics. El era afeccionado aos cómics, pero tampouco era un especialista; porén, grazas ao seu impulso foron adiante moitas iniciativas moi dirixidas a crear caldos de cultivo. Puña todas as facilidades para os encontros que se desenvolvían na Casa da Xuventude e congregaban a boa parte do que hoxe consideramos os grandes nomes da banda deseñada galega. Como sempre digo, non é que Benito organizase todo, senón que, como bo xestor, deixaba que organizasen os directos implicados e el dedicábase a facilitarlles as cousas. E ademais era desas persoas que axitaba culturalmente o seu redor propoñendo ideas, a ver se callaban: por exemplo, el foi o que nos dixo o primeiro ano "E por que non organizades unha exposición de fanzines?", algo que, chamándonos Phanzynex, nin se nos pasara pola cabeza... Non sei como sería a banda deseñada galega hoxe sen Benito, pero a que existe agora ten moito que agradecerlle polo impulso que el proporcionou no momento en que era máis necesario. As Xornadas perderon algo de forza nos últimos anos. Que se pode facer para devolverlles a forza e a proxección que deben ter? Déronse moitas circunstancias ao mesmo tempo: as Xornadas xa acusaban a necesidade de cambios, novas perspectivas e mesmo novas estruturas organizativas hai uns anos, mudanzas que o equipo coordinador xa non eramos capaces de levar adiante (dalgunha forma, tocárase o teito en moitos sentidos). Despois da desaparición de Benito, sucederon unha chea de cambios moi rápidos e moi importantes: as Xornadas pasaron de ser organizadas e sustentadas pola Casa da Xuventude (que cambiou de forma de funcionamento, e mesmo de nome) a ser desenvolvidas por unha asociación (Proxecto Benito Losada), primeiro coa coordinación de Óscar Iglesias, e agora coa de Anxo López (o fillo de Benito) e o equipo da libraría Sindicato del Cómic. Entendo que a rapidez dun cambio tan forte non permitiu aínda unha volta á normalidade, ou se se quere a unha nova normalidade, pero o desenvolvemento de actividades innovadoras e ao tempo moi afíns ao espírito orixinal das Xornadas fai que o panorama que se abre sexa esperanzador. Falo de actividades como o Au/Ou (dedicado á autoedición, algo que nos leva dalgunha forma ás Expofanzines, cuxa última convocatoria data de hai dez anos) ou o Combate de Debuxantes, que procura o compoñente lúdico e de mestura de disciplinas que sempre caracterizou os programas das Xornadas ourensás. Agora está nas súas mans conseguir asentar todo isto e levalo máis alá. E non hai que esquecer que a convocatoria do Premio Benito Losada de Banda Deseñada está tamén a facer un labor moi importante ao descubrirnos a xente tan sorprendente como Cristian Fojón, Xulia Vicente ou Alicia Jaraba. "O desenvolvemento de actividades innovadoras e ao tempo moi afíns ao espírito orixinal das Xornadas fai que o panorama que se abre sexa esperanzador" Como valoras a actual saúde da banda deseñada galega, tanto a nivel de creación como de publicación? Agora mesmo a banda deseñada galega está mellor ca nunca, e non parece que a cousa vaia quedar así, nin moito menos. Temos moitísimos autores a triunfar polo mundo adiante (caso de Emma Ríos, José Domingo ou David Rubín, ademais de clásicos como Prado ou Daspastoras), mais a cuestión é que non se dedican simplemente a traballar para o estranxeiro, senón que seguen implicados cos mercados editoriais locais; é o caso doutros autores como Jacobo Fernández, o dúo Iván Suárez/Inacio (na serie Castelao) ou o formado por Manolo Poy e Miguel Fernández (O fillo da furia, O ano do cometa), a crear novas propostas sen descanso. E por riba, as novas xeracións veñen pisando moi forte: aos citados gañadores dos premios Benito Losada podemos unir experimentadores como Los Bravú ou Dani Xove. Por se fose pouco, estou seguro de que multitude de nomes máis ou menos clásicos aínda darán máis dunha sorpresa importante. Non esaxero se digo que deixo unha gran cantidade de xente no tinteiro nesta limitadísima lista de nomes. No campo da publicación, temos editoras consagradas á BD, como Demo Editorial ou El Patito, e moitas outras están a se introducir pouco e pouco, mais firmemente, na edición de novela gráfica, a pesar dos momentos difíciles do mercado da edición (pola crise económica e polas crises estruturais globais do sector). Digo sempre (e espero non equivocarme) que afortunadamente hai moitos pasos dados que será difícil volvelos atrás. Hoxe por hoxe, a BD galega segue en alza, e o que se albisca no horizonte é aínda máis prometedor, se couber. E, ollo, nin o máis optimista esperaría isto, non digo xa en 1989, senón mesmo na década de 2000. "Hoxe por hoxe, a BD galega segue en alza, e o que se albisca no horizonte é aínda máis prometedor, se couber" En Galicia hai afección, grandes e recoñecidos autores, algúns eventos de peso (Viñetas, Xornadas...), por que parece custar tanto que se consolide unha publicación periódica (tras os peches de Retranca, Oink e outros...)? Como dicía, o mundo editorial está cada vez máis complicado (pola saturación de material e a interminable concentración levada a cabo polos grandes grupos empresariais, por resumilo dalgunha forma), aínda que por sorte a BD e outras publicacións gráficas conseguen, como poden, ir facéndose oco. No caso en concreto das publicacións periódicas esa complicación faise xa extrema, e máis se falamos dos medios limitados con que podemos contar no ámbito galego. Ademais, hai un cambio de tendencia claro entre o público, e son momentos en que apenas quedan cabeceiras dedicadas ao cómic ou ao humor gráfico, non só en todo o ámbito estatal, senón tamén noutros países. Contar cun público fiel, que se lembre de comprar o seu exemplar cada novo número, ou que se subscriba, é cada vez máis difícil, e se falamos dun mercado tan reducido como o galego, aínda máis. Talvez a solución agora mesmo estea nas publicacións estritamente dixitais (de momento nunha fase que podemos cualificar de totalmente experimental), como o caso da revista Orgullo y Satisfacción, montada polos autores que saíron de El Jueves, e por iso cómpre observar con moito interese a experiencia que acaba de poñer en marcha Jano coa revista O Botafumeiro, ateigada de bos autores como el mesmo, Manel Cráneo, Guitián e Leandro, Berto Fojo, Martín Romero ou Ana Santiso, e recuperando gozosamente (aínda que só sexa con ilustracións e non con BD) a Fernando Ruibal. |
NOS_53336 | O Observatorio Eólico afirma que ofrecen "prezos ridículos e períodos de carencia de dez anos pretendendo obter dereitos exclusivos sobre todas as terras dos propietarios de montes." | O Observatorio Eólico de Galiza (OEGA) denuncia que nos últimos meses está a constatar a chegada "de intermediarios buscadores de rendas que, sen teren proxecto eólico, pretenden asinar contratos con condicións inaceptábeis" para as comunidades rurais:" prezos tan baixos que se poden cualificar de ridículos; dereitos exclusivos sobre todas as terras do propietario, e non só sobre as que conforman o parque eólico; períodos de carencia que chegan aos 10 anos, etc". Como exemplo deste tipo de situacións o Observatorio sinala unha proposta en Verea e Celanova para un pagamento de 1.000 euros/MW; e outra proposta na Rúa e Quiroga de servidumes con pagamento unha única vez. "Xunto a esas posicións moi especulativas encóntranse outras que obedecen a unha maior responsabilidade social por parte das empresas. Na actualidade as mellores ofertas sitúan o pagamento medio arredor dos 3.600-3.800 euros por MW instalado, moi lonxe das cifras irrisorias ofrecidas polos novos intermediarios detectados nos espazos rurais de Galiza". OEGA lembra as recomendacións: non ter presa para asinar o acordo; buscar toda a información para entender o tipo de negocio que queren desenvolver na localidade; tentar establecer alianzas con outros propietarios, co concello e con organizacións profesionais e sociais; negociar conxuntamente con todos os propietarios afectados. O Observatorio Eólico indica que é defensor dos contratos de arrendamento ou contratos de dereito de superficie, fronte á expropiación ou á compravenda, para vincular as terras eólicas cos parques eólicos. "A experiencia indícanos que o alugueiro rende maiores beneficios para as comunidades rurais. Pero ollo, hai que ler a letra pequena e sobre todo tratar de adoitar estratexias colectivas para buscar as mellores condicións". |
NOS_51262 | O fundador de Inditex ingresou o pasado ano 621 millóns de euros en alugueiros a través de Pontegadea. | Amancio Ortega vén de aflorar o seu patrimonio inmobiliario, que supera ao de grandes firmas do sector como Merlin ou Colonial. O Grupo Pontegadea, a través do que o empresario canaliza os seus investimentos, gañou o pasado ano 1.778 millóns de euros, 14,7% máis, cun patrimonio inmobiliario valorado en 15.163 millóns de euros, o que o consolida como o principal operador do mercado inmobiliario español. Pontegadea facturou o pasado ano 2.261 millóns de euros, 18% máis, dos que 1.640 corresponden aos dividendos de sociedades participadas ─fundamentalmente Inditex, da que controla 59.29%, máis tamén de Telxius e Enagás─ e os 621 millóns de euros restantes ao negocio inmobiliario. O grupo, que tamén comprometeu 268 millóns de doazón a Fundación Amancio Ortega, investiu o pasado ano 2.065 millóns en adquisicións de novos inmóbeis, en liña co seu obxectivo de investir 2.000 millóns de euros. Os Estados Unidos de America (EUA) concentran os principais investimentos, entre os que destacan a compra dos complexos Troy Block e Arbor Blocks, en Seattle, e o 815 de Connecticut Avenue, en Washington D.C. En Europa, onde se atopa localizado 61% da súa carteira, tamén realizou compras, sendo especialmente relevante a do edificio que alberga a sede de The Post. Segundo explica o Grupo Pontegadea nas súas contas, "non se teñen identificado efectos adversos significativos, aínda que este factor podería afectar potencialmente a ingresos por arrendamento e dividendos. De feito Inditex xa anunciou unha rebaixa de 60% do seu dividendo, o que impactará directamente nas contas da patrimonial de Amancio Ortega. Reordenación societaria Con posterioridade ao feche do exercicio, Pontegadea realizou varias operacións societarias para simplificar a súa estrutura. Neste senso, a filial Pontegadea España absorbeu a sociedade Grilse, propietaria de activos inmobiliarios no Estado español, igual que fixo Pontegadea Inversiones coa súa filial Pontegadea 2015, que ostenta as participacións financeiras. Por outra banda, realizou unha escisión parcial de Pontegadea Inversiones en favor da nova sociedade Pontegadea GB 2020, que agrupa os activos inmobiliarios en Reino Unido. |
NOS_22959 | Os efectivos de busca avistaron a aeronave nunha zona 'inaccesíbel'. | O Servizo Operativo de Extinción de Incendios Forestais de Andalucía, (Infoca), vén de informar que os servizos despregados na busca da avioneta anti incendios desaparecida esta cuarta feira confirmaron o falecemento do seu piloto, Santiago Durán. Efectivos da Garda Civil e dos Bombeiros localizaron a primeira hora da tarde a avioneta nunha zona de difícil acceso no municipio zamorano de Porto, no límite con Ourense. Retoman a busca da avioneta desaparecida esta cuarta feira cando voaba á altura de Zamora Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno español, os efectivos de busca avistaron a avioneta nunha zona inaccesíbel de Porto, polo que até o lugar van desprazar efectivos do Greim, o Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil. A avioneta, un monopraza Thrush 710P con matrícula EC-MXL, atopábase realizando un voo a pasada cuarta feira desde as 11.35 horas entre a base de Doade (Sober) e a base de Córdoba, pero as malas condicións climatolóxicas fixeron que o piloto decidise regresar ao punto de partida. A chuvia e a néboa seguen a impedir o despregamento de medios aéreos na busca da avioneta desaparecida en Zamora O último contacto mantívose ás 12.30 horas dese mesmo día. A compañía puxo en coñecemento das autoridades o incidente de forma inmediata e activouse a busca. O avión colabora con Medio Rural na campaña de incendios, mais non se atopaba en tarefas de extinción durante o voo no que desapareceu. Tarefas de busca Á primeira hora da mañá desta sexta feira reiniciáronse as tarefas de busca por terra da avioneta entre as provincias de Ourense, Zamora e León e o norte de Portugal. A baixa visibilidade por mor do clima dificulta os labores de busca da avioneta desaparecida en Zamora No amplo dispositivo despregado na Galiza, alén de medios da Garda Civil, participan axentes forestais da Consellaría do Medio Rural, entre outros corpos. Aliás, buscouse polos municipios zamoranos de Hermisende e Lubián, cun dispositivo "evidentemente terrestre". En canto aos medios aéreos, na mañá desta pasada quinta feira si puido saír o helicóptero Pegasus da Garda Civil, pero tivo que quedar inmobilizado en Lubián dadas as circunstancias meteorolóxicas. |
NOS_56805 | "Porcocan", o último disco de Esquíos, pódese descargar de balde na súa páxina web. É a homenaxe da banda ao seu vocalista, falecido hai un mes. | "Non tiñamos pensando nin "De broma" poñelo noso ultimo disco en descarga de balde por motivos varios, pero como o que máis queremos é que o traballazo que fixo Moro no mesmo chegue a máxima xente posible" resolveron permitir o acceso libre a "Porcocán", o último disco da banda punk rock-rock-garaxe Esquíos. "Porcocán" é o cuarto disco do grupo da Estrada e o terceiro no que participaba Miguel Castro, vocalista que faleceu de maneira repentina hai un mes, cando se estaba a presentar o seu novo traballo. Despois de "Un tipo normal" e "Éche o que hai", "Porcocán" fora financiado a través de crowdfunding e a banda estaba a facer a súa presentación por escenarios e festivais. Desde o 25 de xuño no que un lazo negro na súa web mostraba o loito pola morte de Miguel Castro, a banda só moveu agora a súa páxina oficial, cun novo post no que Esquíos -nome tamén do seu primeiro disco- engaden o enlace para a descarga gratuíta de "Porcocán". |
NOS_25662 | De 3.527 prazas vacantes producidas nestes anos cubriron só 818. | Desde o 2010 na sanidade pública galega producíronse 3.527 vacantes, prazas e postos que existían e que fican sen cubrir por decisión da administración pública, producindo así unha merma importante no cadro de persoal que ten efectos directos na calidade asistencial. A Xunta anunciou a reposición do cen por cen desas vacantes, mais ese compromiso non se traduce na realidade. "En total, o goberno galego produciu 3.527 vacantes e só recupera 818, "esquecendo" un total de 2.709 prazas, o que resulta "absolutamente insuficiente para atender as necesidades do sistema e a calidade na atención aos doentes", denunciou no Parlamento a deputada socialista Noela Blanco. A parlamentar explicou que a redución de persoal laboral, estatutario e funcionario ten ascendido ata un total de 5.820 empregados públicos que son substituídos "no mellor dos casos por persoal contratado en precario, cando non son amortizadas as prazas ou cubertas por empresas privadas para suplir as carencias xeradas polo propio goberno". |
NOS_2421 | O presidente da Xunta dixo confiar en que Alcoa actúe "con coherencia" e de "boa fe". Así o explicou ante os medios de comunicación nunha visita a outra empresa, neste caso de Lugo. | Alcoa debería seguir aberta. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, volveu defender esta segunda feira que o goberno galego non "contempla ningunha posibilidade que non sexa manter aberta" a factoría situada en San Cibrao. É unha consideración que xa trasladou máis veces desde que comezou o conflito entre a multinacional e o cadro de persoal pola decisión da primeira de botar o feche á fábrica de aluminio de Cervo. Para defender as súas palabras, Feixoo lembrou aos medios que "o auto do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza é moi claro e acredita que parar as cubas podería supoñer o fechamento definitivo e a disolución da compañía". No entanto, para o político o momento fundamental deste proceso vai ser cando se coñeza a sentenza sobre o ERE que Alcoa presentou e que debería ser publicada en decembro. "Ese fallo vai ser clave" para o futuro da factoría (e dunha boa parte do emprego) na Mariña. "Nós agardamos de Alcoa que actúe con coherencia, de acordo co auto do Tribunal Superior; que actúe de boa fe para poder transferir a propiedade a unha compañía que estea disposta a xestionala e o Goberno central e a Xunta traballamos nese escenario", comentou, confiando novamente no grupo empresarial a pesar dos cambios que tomou. A semana pasada, contou, houbo un encontro entre as partes, para intentar facer ese traspaso de mans. Porque "España precisa aluminio primario e onde se fai é na Mariña". |
NOS_15064 | A palestra decorrerá esta cuarta feira na Facultade de Historia da Universidade de Compostela. | Independentistas detidos na 'Operación Jaro', o operativo ordenado pola Audiencia Nacional e que implicou a detención da dirección nacional de Causa Galiza e a suspensión de actividades da organización, explicará en Compostela a situación actual do proceso. Será esta cuarta feira, a partir das 19:00 horas, na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela. A defensa de Causa Galiza recorreu en febreiro perante a sala do penal da Audiencia Nacional o auto do xuíz Eloy Velasco polo que reiteraba a suspensión de actividades da organización independentista, por un ano e prorrogábel. O avogado Guillerme Presa confirmaba daquela que solicitaran "a nulidade do auto", tanto por cuestións de forma como de fondo. |
NOS_51362 | Nunha data como o 1º de maio, cómpre non esquecer as condicións dos traballadores e traballadoras arredor do mundo. Moitos medios de comunicación destacaban hai unhas semanas que un colectivo traballador de Amazon nos Estados Unidos rexeitou ter representación sindical. As novas eran unánimes en cualificar como sorpresa o resultado da votación. Porén, o realmente sorprendente sería que tivesen éxito. As normativas laboral e sindical e a potente "industria antisindical" estadounidense fan que moi raramente se consiga o recoñecemento dun sindicato no lugar de traballo. De feito, entre 2000 e 2018, unicamente o 9,8% dos intentos realizados resultaron positivos. | Nos Estados Unidos non existe unha lei, a modo de Estatuto do Traballador, que regule de modo xeral a actividade laboral. A idea central de todo o tecido lexislativo laboral é a de que non pode haber obstáculo nin normativa que "dificulte o comercio no territorio nacional". Os sindicatos foron, e son aínda en bastantes casos, considerados como entes que violan ese principio. Até 1935 non houbo unha lei federal que recoñecese o dereito de sindicalización para a totalidade da clase traballadora e, en 1947, a presión patronal conseguiu que a lei fose regresivamente modificada. O resultado é a existencia dunha tupida rede de normativas laborais de moi distinto ámbito territorial, profesional e funcional que fragmenta exorbitadamente a clase traballadora dificultando enormemente o exercicio dos poucos dereitos laborais recoñecidos. Unha das derivacións desa filosofía é o estabelecemento e vixencia da "doutrina do emprego á vontade das partes", que sacraliza a relación individual empresario/traballador como relación entre iguais. Segundo esta doutrina, o empresario pode rescindir o contrato de traballo en calquera momento, por un bo motivo, un mal motivo ou sen motivo. Amparados polo "emprego á vontade", o empresariado pode, sen motivo nin previo aviso, despedir sen liquidación ou indemnización, reducir o salario, cambiar a cobertura das prestacións, alterar o horario, limitar as horas traballadas e modificar as tarefas e funcións dos seus empregados. Para a Corte Suprema, o "emprego á vontade" é fulcral nunha economía de mercado porque defende os intereses de cada parte e maximiza a liberdade de ambos. As estatísticas públicas mostran que na modalidade contractual do "emprego á vontade" encontrábanse, no ano 2020, entre o 89% e o 92% da clase traballadora nos Estados Unidos. O procedemento, as dificultades da proba e o alto custe económico do litixio inviabilizan o exercicio real dos dereitos do traballador aínda que a lei os protexa. Algúns Estados introduciron restricións impedindo a discriminación nas condicións de traballo ou no despedimento por motivos de raza, orixe nacional, xénero, idade, relixión, embarazo, situación familiar, discapacidade... mais son máis teóricas que reais pois mesmo neses estados o despido libre continúa a ser norma xeral. Nos xuízos por saltar as restricións é o traballador quen ten que demostrar o incumprimento do empresario, e non este o que debe probar a licitude do despido. O procedemento, as dificultades da proba e o alto custe económico do litixio inviabilizan o exercicio real dos dereitos do traballador aínda que a lei os protexa. Os sindicatos nos EEUU En 1956 a taxa media de sindicación nos Estados Unidos atinxiu o valor máximo: o 33%, sendo o 40% do sector privado e o 60% do sector público. No ano 2018, a taxa era de 10,7%, a gran maioría empregados públicos, mentres os traballadores industriais están practicamente desorganizados (só o 6,1% de sindicalización). Quen está nun centro de traballo non sindicalizado gaña, como media, o 20% menos que o traballador representado polo sindicato. A diferenza é do 34% para as mulleres, do 3% nos servizos públicos, do 52% na construción e do 68% nos servizos. As tácticas antisindicais gozan dunha case total impunidade que explica que cada vez haxa menos traballadores sindicados, cando 57 millóns de estadounidenses declararon en repetidas enquisas que se unirían a un sindicato de ter a oportunidade. A rede protectora da seguridade social é ridícula: unha asistencia sanitaria moi incompleta e condicionada para os máis pobres (Medicaid) e maiores (Medicare) e unha xubilación mínima simbólica. Iso é todo, non existe realmente Sistema Nacional de Seguridade Social para a saúde e a vellez nos EEUU. O esencial xógase na negociación colectiva en cada empresa, pois dela deriva a ampliación da cobertura de saúde e xubilación. Resultado: o 81% do persoal traballador de empresas sindicalizadas ten un plan de pensións empresarial, caendo esta taxa para o 47% nas empresas non sindicalizadas. Se as vantaxes de contar con representación sindical son tan evidentes, por que a clase traballadora estadounidense "rexeita" maioritariamente tela na súa empresa? En realidade, un 64% manifesta a súa simpatía polos sindicatos pero só unha ínfima parte se afilia ou vota a favor de crear un sindicato na empresa. Esta situación paradoxal explícase pola confluencia de tres factores: lexislación sindical moi restritiva, cultura empresarial rexamente antisindical e potente industria especializada en abortar o sindicalismo. A isto engádese o feito de que as tácticas antisindicais gozan dunha case total impunidade que explica que cada vez haxa menos traballadores sindicados, cando 57 millóns de estadounidenses declararon en repetidas enquisas que se unirían a un sindicato de ter a oportunidade. Non hai nos EEUU o dereito individual universal de sindicación, pois están excluídos, entre outros, os centos de miles de traballadores da agricultura e o persoal directivo ou supervisor de calquera nivel dentro da empresa. Así, unha persoa traballadora agrícola, supervisora dunha cadea de montaxe ou enfermeira xefa de planta non poden sindicarse. Tampouco existe o dereito de calquera sindicato a actuar en calquera empresa. Todo isto reforzado no feito de que EEUU é un dos escasos países que non ratificou ningún dos Convenios Internacionais de Traballo máis importantes. Un informe da American Rights at Work sobre a sindicalización na área metropolitana de Chicago mostra que o 30% dos empresarios manteñen unha belixerancia absoluta fronte aos intentos de crear sindicatos nas súas empresas. Impunidade empresarial Unha cultura de case impunidade permea gran parte das leis e prácticas laborais dos EEUU. A lexislación permite ao empresariado facer campaña contra a sindicación nas súas empresas durante todo o proceso de decisión. Un informe da American Rights at Work sobre a sindicalización na área metropolitana de Chicago mostra que o 30% dos empresarios manteñen unha belixerancia absoluta fronte aos intentos de crear sindicatos nas súas empresas. O repertorio de accións implementadas vai desde a propaganda antisindical ás manobras legais para alongar as etapas do procedemento, pasando por informes negativos, despido de traballadores prosindicato, reclasificación en categorías excluídas da representación sindical... O mesmo informe asegura que o 49% ameazou con fechar ou deslocalizar a súa actividade se o persoal traballador elixía crealo. Os activistas do sindicato só poden reunir as e os traballadores ou distribuír propaganda sindical fóra de horas de traballo e fóra da empresa, mais o empresario ten acceso a eles no seu lugar de traballo, recorrendo a tácticas continuas de intimidación. Se a pesar de todo os e as traballadoras conseguen crear o sindicato, o empresariado pode atrasar a negociación do convenio e invalidar todo o proceso. Para o cadro de persoal, a aplicación real do dereito do traballo é moitas veces unha entelequia. Hai empresarios que actúan directamente contra os intentos de crear unha sección sindical nas súas empresas, mais a maioría contrata unha das moitas empresas que se dedican a combater e eliminar os sindicatos. Segundo varios estudos, o 85% dos empresarios confrontados a unha campaña sindical recorreron a eses profesionais. A potente "industria antisindical" estadounidense move uns 4.000 millóns de dólares ao ano co obxectivo único de abortar calquera iniciativa de implantación sindical. Consultarías, bufetes de avogados, psicólogos da industria e firmas de xestión de folgas son as catro patas nas que se sustenta o negocio. Aínda que estas empresas experimentaron unha caída por causa de os sindicatos diminuír en forza e número -en gran medida como consecuencia do "éxito" do traballo desenvolvido por elas mesmas- continúan desempeñando un papel importante no sistema de relacións laborais. A finais da década de 1990 comezaron unha progresiva internacionalización das súas actividades mediante a exportación do modelo a Europa, Latinoamérica e Asia. Un efecto non menos importante do espallamento internacional da "industria antisindical" é a súa contribución á difusión do dogma ideolóxico neoliberal segundo o cal os sindicatos son institucións anticompetenciais que reducen drasticamente o rendemento económico das empresas, algo que non se pode permitir nunha economía aberta; en consecuencia, os empresarios teñen o dereito e mesmo a obriga de oporse á sindicalización. O caso de Bessemer, Alabama Bessemer, unha das vilas máis pobres de Alabama, con 27.000 habitantes de poboación maioritariamente negra e altísima taxa de paro, recibiu como un agasallo do ceo en marzo de 2020 a apertura dun centro de clasificación e distribución de Amazon. No Estado de Alabama, a empresa ten outros sete centros de traballo, totalizando uns 9.000 empregos. A respecto das medias nacionais, Alabama ten superior taxa de desemprego e inferior taxa de sindicación. Amazon, o segundo maior empregador dos EEUU, dá traballo en 800 centros a unhas 950.000 persoas nos 50 estados, ningún deles con representación sindical. Un primeiro intento de sindicación en Delaware en 2014 foi cortado de raíz. O de hai unhas semanas en Bessemer é o segundo, tamén fracasado, aínda que o sindicato anunciou que recorrerá o resultado polas "interferencias legais" da empresa. Unha vitoria en Alabama tería sido un paso de xigante na implantación sindical en Amazon. A hostilidade de Amazon cara aos sindicatos non é un segredo; como moitas outras empresas contrata consultoras antisindicais e despide empregados que mostran inclinación sindical. No que destaca é no uso da intelixencia artificial para rastrexar a produtividade dos seus empregados, analizando as emocións dos traballadores a través das súas redes sociais, das entoacións das súas voces ou mesmo das expresións dos seus rostros... métodos que crearon un malestar persistente que chegou a un punto crítico coa crise sanitaria. Con todo, a mensaxe máis efectiva nunha das vilas con maior desemprego de Alabama consistiu en insinuar un futuro feche da empresa, co conseguinte despedimento de preto de 5.900 persoas –1.500 son fixas- por "non poder facer fronte ás exixencias sindicais". Con esta tradición de belixerancia antisindical, non é de estrañar que utilizase todos os métodos ao seu dispor para frustrar a tentativa de sindicalización: consultarías antisindicais, distribución de follas "informativas", cartaces por todas as partes incluíndo os aseos, aumento dos ritmos de traballo nos sectores nos que traballadores prosindicato chamaban a votar afirmativamente, convocatoria individualizada a todo o persoal para comentar as vantaxes de traballar en Amazon, reunións "informativas" colectivas por sectores aludindo a "inevitábeis perdas de vantaxes laborais" se se unen a un sindicato... Con todo, a mensaxe máis efectiva nunha das vilas con maior desemprego de Alabama consistiu en insinuar un futuro feche da empresa, co conseguinte despedimento de preto de 5.900 persoas –1.500 son fixas- por "non poder facer fronte ás exixencias sindicais". E todo sen que o sindicato poida acceder ás instalacións da empresa para falar cos traballadores, desmontar a campaña patronal e debater as súas propostas. O principal argumento utilizado en público? "Ningún sindicato vai mellorar as condicións laborais de Amazon. Xa estamos dando o máximo. Pagamos aos nosos traballadores menos cualificados 15,30 dólares (12,67 euros) por hora, máis do dobre do salario mínimo -7,25 dólares- en Alabama, e ofrecemos, entre outros beneficios, un seguro de saúde competitivo". Nas votacións, feitas por correo, houbo 738 votos favor (12,56%) e 1.798 en contra (30,60%); non votaron 3.340 ( 56,84%). A derrota numérica foi absoluta. O obxectivo, conseguir que o Rwdsu (Retail, Wholesale and Department Store Union), sindicato nacional do sector da distribución de mercadorías, crease unha sección sindical pioneira nun centro de Amazon, non se logrou. En palabras de Janice Fine, profesora de Dereito do Traballo na universidade Rutgers, a votación produciuse "no Estado máis duro (Alabama), na empresa máis ruín (Amazon), no peor momento (en plena pandemia)". Non obstante, o proceso iniciado en setembro de 2020 por Darryl Richardson, o empregado afroamericano de 51 anos que se reuniu secretamente nun hotel cun dirixente do Rwdsu, é tamén un importante triunfo político dos sindicatos e un forte golpe contra a política laboral e sindical non só de Amazon, senón tamén dos GAFA (Google, Apple, Facebook e Amazon): a ala esquerda do Partido Demócrata esforzouse en espallar socialmente o intento de sindicación, mesmo provocando sesións no Congreso para debater a política antisindical de Amazon; actrices e artistas de Hollywood posicionáronse publicamente a favor; algúns grandes medios de comunicación, algo inaudito, apoiaron a reivindicación sindical. E todo isto porque a elección deixou de ser unha cuestión interna de Amazon para converterse nun cuestionamento público do antisindicalismo dos GAFA ou dos Walmart, empresas que están levando ao límite da sofisticación psicolóxica e tecnolóxica os métodos da súa implacábel obsesión antisindical. Dereitos Son moi numerosas as leis que dificultan en extremo o exercicio dos escasos dereitos laborais nos EEUU. É, por citar só unha, o caso da folga, que non é un dereito constitucional -como tampouco o son o dereito á sindicación nin á negociación colectiva- senón que está simplemente recoñecido e protexido por lei, quedando excluídos dese dereito varios grupos de traballadoras e traballadores, tanto do sector privado como do público. Os colectivos que non teñen dereito a sindicarse (entre eles o sector agrícola) tampouco o teñen a participar nas folgas. Nalgúns sectores como o ferroviario ou o transporte aéreo, declarar folga está suxeito a un previo, longo e complexo proceso de mediación que non raramente desemboca na suspensión temporal do dereito á folga. A maiores, o empresariado ten dereito a facer novos contratos para ocupar o posto de traballo de quen participe na folga mentres esta dure. Convenios A vía para que un sindicato poida actuar nunha empresa e negociar un convenio colectivo é complexa. Un mínimo do 30% do persoal ten que solicitarlle á empresa, individualmente, a realización dunha votación na que se decida se queren ou non representación sindical. Superado este trámite, procédese a delimitar a "unidade de negociación", que decide quen son os votantes e se vai ser a totalidade da empresa ou do centro de traballo ou só unha parte a que terá representación sindical e posibilidade de contar con convenio. Unha vez delimitada, procédese a efectuar a votación mediante voto individual, secreto e non obrigatorio. Se hai máis dun sindicato optando a representar ao colectivo traballador, no voto hai que indicar tamén que sindicato se escolle. De ser positivo, o sindicato máis votado convértese en representante e negociador exclusivo, pois só se admite un sindicato por empresa ou centro de traballo.A partir dese día, dáse un ano de prazo para negociar un convenio. De non conseguilo, o sindicato deixa de representar as e os traballadores e o proceso tería que comezar de novo. O 45% dos sindicatos implantados nunha empresa por primeira vez non conseguen negocialo. |
PRAZA_3363 | A conxunción das políticas de "green deal" e os obrigados recortes, son un dobre mortal para a economía de Galicia. Non porque non teñamos potencial, senón porque Feijoo leva 10 anos a velas vir e administrando no canto de xestionar, que é ben distinto. | Trala saída do Reino Unido, sopran fortes ventos de axuste no gasto e axudas da Unión Europea. Os orzamentos dos seguintes sete anos teñen que facerse sen contar coa aportación do que era o segundo Estado membro en achega de fondos á UE. A isto súmase o necesario cambio de paradigma na acción política europea, en relación ás políticas de New Green Deal e á firme decisión da Comisión de centrase nun novo modelo produtivo máis verde. Esta transición, é obvio, costa moitos recursos en dúas direccións, fomentar o cambio e compensar o sistema. O obxectivo seguir sendo competitivos no medio de eses dous bloques mundiais: o americano de Trump e o Comunismo-capital chinés. Unha loita da que acaba de ser vítima, por certo, a Mobile de Barcelona, para satisfacción de VOX, moi gustoso de impulsar boicots. Pero iso é outra historia.A conxunción das políticas de "green deal" e os obrigados recortes, son un dobre mortal para a economía de Galicia. Non porque non teñamos potencial, senón porque Feijoo leva 10 anos a velas vir e administrando no canto de xestionarA conxunción das políticas de "green deal" e os obrigados recortes, son un dobre mortal para a economía de Galicia. Non porque non teñamos potencial, senón porque Feijoo leva 10 anos a velas vir e administrando no canto de xestionar, que é ben distinto. Os recortes encamiñados aos fondos de cohesión e tamén ás axudas na PAC significan que Galicia vai pasar unha época de axuste e precariedade para a que a Xunta do PP non fixo nada máis aló de prometer un rural novo con campañas bonitas, no que por certo cada semana quedamos sen poboación, nunha das nosas aldeas. Galicia é rexión en transición para o período 2021-2027 o que é boa nova por poder optar aos fondos de cohesión pero aínda está por ver como afecta o Brexit nos recortes. No relativo á PAC, o dato do posible recorte dun 10% ou máis é unha seria ameaza ao noso campo porque 3 de cada 4 explotacións dependen das axudas para a súa rendibilidade. Galicia leva recibidos 900 millóns nos últimos 5 anos. A situación é grave e mentres o PP e o PSOE calan ás ordes das directrices das súas sedes de Madrid, a PAC non so importa en Galicia, e iso é moeda de cambio, para aquelas rexións con máis votos.No relativo á PAC, o dato do posible recorte dun 10% ou máis é unha seria ameaza ao noso campo porque 3 de cada 4 explotacións dependen das axudas para a súa rendibilidadeO que certamente é un desasosego é que a política europea, sempre a longo prazo, é predicible e dende a nosa administración non se fixo nada en relacións aos posibles cambios que estaban por vir e que son un duro golpe a Galicia. Non se traballou a posibilidade de potenciar o noso rural con calidade, dende a Xunta non se activaron outras medidas en busca de especialización e mesmo en aproveitar as políticas verdes no noso beneficio. Xuntamos esta realidade e a emerxencia industrial das nosas empresas e o panorama é bastante pouco esperanzador, mais aínda temos tempo se somos quen de gobernarnos sen dependencias.Non escapa á esta parálise política o PSdG de Gonzalo Caballero, non é un tema menor que Nadia Calviño, ata onte responsable europea do orzamento, tiña datos moi importantes para que Galicia estivese un paso adiante nas decisións que permitiran respostas mellores ao envite, pero seguro que en Ferraz non estaban moi dispostos, iso que en Galicia no PSOE teñen un think tank ... ideaGalicia lle chaman. |
NOS_55671 | A prensa deportiva especializada continúa a invisibilizar a situación da muller e dos equipos femininos na Galiza. Desta idea parte a publicación 'DesLIGAte', da Universidade da Coruña, que verá a luz en papel para o mes de marzo. A súa crítica vai máis alá e toca o papel que teñen as federacións e os clubs. | Son numerosas as iniciativas que buscan visibilizar a muller na nosa sociedade e un dos eidos no que, se cadra, facía máis falta, era o deporte. Por este motivo a oficina para a Igualdade de Xénero e a Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña (UdC) pensaron encaixar nunha publicación de prensa propia o retrato actual da situación que viven as nosas deportistas. A proposta recollérona no mes de novembro, coincidindo co Día Internacional contra a Violencia Machista, as entidades Atalaia Social e Arabías Sociedade Cooperativa Galega, coordinadoras do proxecto. Non obstante, non será até este mes de marzo, por cuestións relacionadas coa pandemia da Covid-19, que verá a luz DesLIGAte, impresa e distribuída por todo o campus universitario coruñés. Prensa deportiva e violencia machista "A idea foi traballar as violencias machistas que se reproducen no deporte, mais tomando a estética e a linguaxe da prensa deportiva común", explica a Nós Diario unha das responsábeis da publicación, Beatriz López. No proxecto son críticas cos medios deportivos habituais por reproducir "titulares que invisibilizan o papel das mulleres e que perpetúan valores sexistas ademais de continuar coas barreiras de xénero para as mulleres deportistas", sinala. Para a súa confección crearon un consello de redacción e procuraron a colaboración de entidades como a asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) e medios de comunicación especializados, coa participación de As Nosas. A modo de "xogo" introduciron contido feminista para "dar voz ás mulleres que están practicando deporte agora na Galiza e chegan moi alto, traspasando todas as barreiras e os obstáculos". Federacións e clubs silencian a situación Unha das conclusións á que chegaron desde este proxecto foi que a grave situación pola que pasan as deportistas galegas implica toda a sociedade e, no terreo puramente deportivo, as federacións e os clubs. "Hai un obstáculo que é persoal, que deriva tamén do proceso de socialización e de educación no que estamos inmersas desde nenas e que ten moita incidencia na práctica deportiva", explica López, "como comezamos a practicar deporte desde pequenas afecta á construción do papel que nós desenvolvemos no deporte", engade. Desde o equipo coordinador do proxecto non dubidan da responsabilidade que teñen as federacións e os clubs. "Exercen un papel invisibilizador que reproduce desigualdades, tanto a nivel económico como a nivel de recoñecemento, ademais de verse en moitas ocasións como silencian casos de violencia sexual moi flagrantes que suceden no deporte", asegura López. Por este motivo, agardan coa distribución da publicación impresa "crear no alumnado do campus unha conciencia feminista sobre o que está pasando no deporte no día a día". Experiencias en deportes diversos En DesLIGAte reuniron artigos de análise con entrevistas moi variadas coa idea de tocar moitos deportes e experiencias. Nesta publicación, que será de número único sen continuidade, falan a consultora feminista especializada vasca Ainhoa Azurmendi, sobre o ámbito deportivo, e a investigadora Manuela Vázquez Coto, en relación aos espazos de xogo e a súa ocupación polos nenos e o fútbol. Pon voz explicando as súas experiencias as xogadoras de Brigantia Rollers Derby, a atleta Paula Mayobre, a corredora de rallys Ruth Ortega, a patroa de traiñeiras Carme Veiga, a xogadora de fútbol gaélico Raquel López ou a karateka Cristy Tojo. A publicidade é testemuñal, non remunerada e busca tamén visibilizar os equipos. |
NOS_23902 | Centrais como as galegas CIG e CUT ou as vascas ELA e LAB apoian o documento, dado a coñecer ás portas da Diada, e no que se denuncia a "represión"do Estado español e pídese "respecto" para a "vontade do pobo catalán". | Un manifesto apoiado por 15 centrais sindicais defende, ás portas dunha nova Diada, o dereito á autodeterminación de Catalunya ao tempo que aponta a que o "conflito político aberto" co Estado español só pode resolverse dando a voz ao pobo catalán para que poida decidir "libremente o seu futuro político". Estamparon a súa asinatura no manifesto as galegas CIG e CUT, así como ELA, LAB, Intersindical Valenciana, Intersindical Canaria, CSC, IAC, o SAT andaluz, Colectivo Unitario de Trabajadores, ESK, CSI, a Coordinadora Obrera Sindical catalá, STEILAS e STEI. "Como sindicatos somos conscientes de que a loita da clase traballadora de Catalunya polas liberdades é unha loita central para romper coa monarquía e os restos de franquismo que non foron eliminados durante a transición", indican no documento. Ademais, critican a vaga represiva do Estado Español contra diferentes sectores do movemento para a autodeterminación de Catalunya, e que ten a súa máxima expresión nos presos políticos e exiliados. "En ningún caso pode ser a vía da prohibición, a represión ou a xudicialización a resposta que dea o Goberno do Estado Español aos desexos de liberdade do pobo catalán", conclúen. |
NOS_54475 | A presidencia provincial do PP que Diego Calvo e Alfonso Ruedan optan a manter na Coruña e Pontevedra é crucial nun partido que aínda conserva un forte peso dos territorios, pois, como marca a tradición, os pasos e relevos nas estruturas provinciais sinalan o futuro do PP galego. | Logo do congreso que o PP galego realizou en xullo, que rematou coa reelección de Alberto Núñez Feixoo como presidente do partido, os populares encaran agora os congresos territoriais onde se designarán as catro presidencias provinciais do PP. Todo indica que se seguirá a optar polo continuísmo, pois as candidaturas presentadas esta semana para as presidencias provinciais son as das catro persoas que na actualidade ostentan o cargo: Alfonso Rueda en Pontevedra, Diego Calvo na Coruña, Elena Candia en Lugo e Manuel Baltar en Ourense. Salvo un xiro inesperado dos acontecementos, fontes populares descartan que haxa candidaturas alternativas, alén de que nalgunhas zonas como na da Coruña ou Pontevedra o proceso para presentarse xa expirou. O posto que optan por manter é crucial nun partido que aínda conserva un forte peso dos territorios, pois, como marca a tradición, os pasos e relevos nas estruturas provinciais sinalan o futuro do PP galego. Por iso, ante un Núñez Feixoo que segue sen desvelar se volverá ser candidato á Presidencia da Xunta en 2024, todas e todos os aspirantes a relevalo son conscientes do peso que no PPdeG teñen as estruturas provinciais e que un paso atrás na dirección do PP podería significar a perda de todas as posíbeis papeletas na sucesión de Feixoo. O máis destacado na carreira sucesoria é o candidato á reelección da presidencia provincial do partido na Coruña, o deputado Diego Calvo, que goza da confianza de Feixoo e o beneplácito de Pablo Casado. De feito, en febreiro foi a cara pública do PPdeG en Madrid, cando defendeu no Congreso a transferencia da AP-9 xunto a Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG). Parece que Calvo está a desbancar na carreira ao vicepresidente da Xunta e líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, eterno candidato nas quinielas. Actualmente estaría máis afastado de Feixoo e os malos resultados do PP en Pontevedra non o axudan. Aínda que non están nas quinielas, Elena Candia consolida o seu peso ante un Feixoo que a deixou como deputada "rasa" no Parlamento e sen posto na Xunta pese a ter encabezado a candidatura de Lugo. Quen tamén estaría fóra da carreira sucesoria é Baltar, aínda que calquera candidato a relevar Feixoo tería difícil éxito sen contar co apoio do único varón que fica no PPdeG e único presidente dunha deputación. |
PRAZA_19042 | O proceso de reestruturación das antigas Caixanova e Caixa Galicia foi o cuarto do Estado que máis custou ás arcas públicas, segundo un informe do Tribunal de Cuentas que eleva a máis de 60.000 millóns o custo acumulado da reestruturación bancaria en España. | Unha factura de máis de 9.000 millóns de euros. Ese é o importe total do custo que para as arcas públicas supuxo o rescate das antigas Caixanova e Caixa Galicia e o posterior saneamento financeiro da resultante Novacaixagalicia. Así o vén de ratificar nun informe o Tribunal de Cuentas, que analiza os recursos comprometidos durante o período 2009-2015 e que destaca o galego, con 9.159 millóns, como un dos "procesos que supuxeron maior custo" -concretamente o cuarto maior- tras o de CatalunyaBanc (12.676 millóns), BFA/Bankia (12.347) e a CAM (11.065). O rescate das caixas galegas foi o cuarto que máis lle custou ás arcas públicas, con máis de 9.000 millóns O acumulado dos recursos públicos empregados no proceso de reestruturación bancaria situouse ao peche de 2015 en 60.718 millóns de euros, segundo o Tribunal de Cuentas, unha cifra que non pode considerar definitiva polas vendas futuras das participacións do Estado nas entidades nacionalizadas ou a evolución das garantías outorgadas na venda doutras entidades, que "poden provocar un incremento ou unha diminución de devandito importe". O informe do Tribunal de Cuentas destaca como os apoios financeiros concedidos polo FROB e o FGDEC (Fondo de Garantía de Depósitos de Entídades de Crédito) no rescate das caixas galegas ascenderon a 9.052 millóns e 802 respectivamente. Logo, colocouse o 2,6% do capital de NCG propiedade do FROB por 71 millóns a empresarios galegos -polo que varios deles acabaron litigando nos tribunais ao considerarse estafados- até que chegou a apresurada poxa. Despois desta, Banesco fíxose co 88,3% do capital, o que reportou 1.003 millóns, 783 para o FROB e 291 para o FGDEC. Os recursos públicos comprometidos no proceso de reestruturación das caixas galegos foi de máis de 12.000 millóns Foi, en total, unha achega definitiva de 8.780 millóns no caso das caixas galegas, 8.269 millóns correspondentes ao FROB e 511 ao FGDEC, e ao que hai que engadir eses recursos públicos aínda vixentes, que elevan esa custo público acumulado total aos 9.159 millóns, segundo ese Informe de fiscalización do proceso de reestruturación bancaria. De feito, o total dos recursos públicos comprometidos globalmente no proceso de reestruturación das caixas galegas ascende a case 12.280 millóns (10.796 no caso do FROB e 1.484 no caso do FGDEC) e a un total de 122.122 millóns no caso de todo o proceso a nivel estatal. Deles descóntase o obtido pola venda da entidade resultante da fusión ou outras garantías outorgadas na venda e non realizadas aínda. Ademais, no seu informe de fiscalización, o Tribunal de Cuentas critica algunhas das decisións adoptadas polo fondo de rescate español xa que, agás en dous casos -un deles Novacaixagalicia- non aprobou un procedemento que establecese as regras básicas a aplicar en cada unha das vendas de entidades de crédito. |
PRAZA_10002 | O pasado verán os populares votaron contra a destitución da Valedora pola sentenza que viu desvío de poder e arbitrariedade no outorgamento dun posto a unha sobriña de Fraga. Desta volta abstivéronse, pero o resultado é o mesmo: Milagros Otero continúa no posto | Milagros Otero poderá continuar exercendo como Valedora do Pobo a todos os efectos por tempo indefinido. Os votos do PP veñen de librar a Otero da destitución por segunda vez en oito meses. Como o pasado xullo, os grupos da oposición forzaron un pleno para cesala polo outorgamento dun posto na institución a María Puy, sobriña do falecido presidente Fraga e irmá do voceiro parlamentario do PP, que segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se produciu de xeito "arbitrario" e con "desvío de poder".O pasado verán os populares votaron contra a destitución da Valedora e desta volta abstivéronse; o resultado é o mesmo, Otero continúa no postoDespois de que o Tribunal Supremo desbotase o recurso formulado por Otero contra a sentenza do alto tribunal galego, a Valedora puxo o seu cargo "á disposición" do Parlamento. Pero fíxoo cunha fórmula non contemplada na lei que regula a institución polo que, como confirmaron os servizos xurídicos da Cámara, esa renuncia formalmente non existiu. Foi por iso polo que En Marea, PSdeG e BNG activaron o mecanismo parlamentario que permite aprobar a destitución por maioría reforzada -cando menos, 45 votos-. O pasado verán o PP votou en contra e este luns abstívose. O resultado, a efectos prácticos, é o mesmo: Otero continúa.Nunha sesión impregnada pola vaga expansiva das eleccións xerais, o primeiro proceso electoral no que o PP non foi primeira forza en Galicia dende a súa fundación, a voceira popular neste debate, a deputada Paula Prado, non aforrou ataques á oposición. Pero tampouco aforrou críticas máis ou menos abertas ao Tribunal Superior e aos medios de comunicación.O PP considera que a Valedora xa "asumiu a súa responsabilidade" e rexeita que deixe o posto ata que haxa acordo sobre as persoas que a substituirán a ela e ao seu adxuntoA Prado resúltalle "sorprendente" que o TSXG sentenciase que as bases para a adxudicación da xefatura de servizo que inicialmente recaeu en María Puy "estaban feitas ad hoc para unha candidata" pero "despois, non anulase a base". "É sorprendente", reiterou nun discurso no que censurou que os grupos da esquerda reiterasen a "matraca" da "condena, da prevaricación, da delincuencia", cando este foi un proceso administrativo e non penal. Prado critica tamén que houbese medios de comunicación que se referisen a unha "sentenza" para informar do pronunciamento do Supremo, cando non foi tal -tratábase dunha providencia-.Alén da crítica xeral, o PPdeG considera que Milagros Otero xa "asumiu a súa responsabilidade" poñendo o cargo "á disposición". Pero "se renunciase" decontado, "a institución quedaría descabezada", toda vez que os populares non están dispostos a que quede transitoriamente á fronte da institución o adxunto á Valedoría, Pablo Cameselle, nomeado no seu momento a proposta do PSdeG, a quen o PP sinala como responsable deste caso.En Marea, PSdeG e BNG reiteraron a necesidade de que Milagros Otero deixe de exercer como Valedora do Pobo"Polo tanto, negociemos", conclúe Prado. "Se queren que [Milagros Otero] non siga, esta mesma tarde podemos negociar un nome" para remudala a ela e outro, para substituír o adxunto, advertiu. En calquera caso, a abstención na votación permite que Otero continúe a exercer e a devandita negociación pode prolongarse por tempo indefinido.Antes da intervención de Prado os tres grupos da oposición xa anticiparon que o PP volvería salvar da destitución á Valedora, a quen a vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, atribuíu condutas propias da delincuencia, afirmación pola que o presidente do Parlamento a apercibiu formalmente. Para a socialista Patricia Vilán, a Valedora representa "todo o que rexeitaron as galegas e galegos co seu voto" o 28A pero o PP, censura, segue "na realidade virtual que sae na TVG. Dende En Marea o seu voceiro, Luís Villares, coida que o PP debera ter conta que cómpre aclarar se están "cos corruptos ou coa democracia". Otero segue no seu posto. |
NOS_653 | O de Marrocos é un dos Gobernos sinalados pola investigación xornalística. | O presidente de Francia, Emmanuel Macron, ordenou a apertura dunha investigación sobre a suposta espionaxe contra xornalistas, activistas e políticos, el incluído, a través do software Pegasus, de fabricación israelí, segundo informou esta cuarta feira o primeiro ministro francés, Jean Castex. Castex reiterou nunha entrevista concedida á cadea de televisión TF1 que "se os feitos se demostran, son graves". "É necesario que analicemos isto de forma máis precisa debido á potencial gravidade [para saber] cal é a realidade e o grao de 'infección'", manifestou. "O presidente da República ordenou toda unha serie de investigacións. Sería irresponsábel pola nosa banda falar destas cousas sen saber exactamente a situación e as medidas que poderían ser levadas a cabo pola nosa banda", remachou o primeiro ministro. Fontes do Executivo francés confirmaron na terza feira que as autoridades cambiarían os teléfonos móbiles do presidente e a seguridade destes dispositivos configurouse da maneira "máis restritiva posíbel" ante as sospeitas de que puidese ser espiado por axentes estranxeiros. Así mesmo, a Fiscalía francesa anunciou a apertura dunha investigación despois de que varios medios de comunicación revelasen o pasado domingo que varios xornalistas do diario dixital Mediapart, como Lénaïg Bredoux e Edwy Plenel, están entre os máis de 180 profesionais da comunicación espiados en todo o mundo a través deste software, accións que serían levadas a cabo de forma encuberta por diversos Gobernos. "Campaña maliciosa" O de Marrocos, un dos sinalados por esta suposta espionaxe, rexeitou tamén na xornada de hoxe as acusacións e denunciou unha "campaña mediática" contra Rabat, á vez que reclamou que se presenten "probas tanxíbeis" sobre a súa participación nestas actividades. A investigación sobre esta ferramenta está a cargo do consorcio de medios Forbidden Stories, con sede en París, que asegura que as probas foron obtidas dos propios teléfonos a través dunha análise forense realizada polo laboratorio de seguridade da organización Amnistía Internacional. Rabat indicou nun comunicado que existe unha "campaña mediática enganosa, masiva e maliciosa" contra o país. |
NOS_49402 | O BNG opúxose e pediu o galardón para @s traballador@s por ser "quen están a loitar pola sobrevivenza do sector". A CIG cualifica o acordo de "indecente e ofensivo" coa clase traballadora. | O Concello de Vigo concedeu a medalla de ouro da cidade ao empresariado do naval. O máximo distintivo do municipio gobernado en minoría por Abel Caballero (PSdeG-PSOE), outorgarase por vez primeira sen unanimidade ao contar co voto en contra do BNG. A fronte nacionalista rexeitou que a patronal fose obsequiada co galardón e propuxo entregarllo aos e ás traballador@s, opción que non foi aceptada nin polo PSOE nin polo PP. Tanto o BNG vigués como a Unión Comarcal da CIG de Vigo cadraron, en sendos comunicados, na pertinencia de lle conceder a medalla da cidade @s traballador@s do naval pois, sinalan, "son quen segue a loitar pola supervivencia do sector". Así mesmo, a central sindical nacionalista asegurou que o acordo acadado por PP e PSOE --que tildan de "consenso indignante"-- supón unha "manipulación" e "distorsión" do que está a acontecer na bisbarra desde hai anos, ao "proxectar a imaxe falsa de que o sector está en fase de recuperación". Ao fechamento de numerosas empresas e a aplicación de Expedientes de Regulación de Emprego nos cadros de persoal das que se manteñen abertas, hai que sumar a falta de carga de traballo dos estaleiros que os mantén apenas sen actividade. Neste senso, para a CIG-Vigo concedérenlle a medalla da cidade á patronal do sector naval é "indecente" e "ofensivo" para @s traballador@s que visa, sinalan, "encubrir as responsabilidades políticas, por acción ou omisión" tanto do PSOE como do PP no esmorecemento da construción naval na cidade olívica. |
NOS_5074 | A Praza do Obradoiro de Compostela acolle esta sexta feira, ás 20:00 horas, unha concentración silenciosa contra o racismo. O sábado está prevista unha protesta en Vigo. | O asasinato de George Floyd continúa a ter resposta en todo o mundo, non só en estados Unidos. Unha resposta que tamén hai na Galiza. Esta sexta feira, 5 de xuño, ás 20 horas na compostelá Praza do Obradoiro haberá unha concentración silenciosa. "O noso obxectivo é denunciar a brutalidade racista da policía e amosar publicamente que as vidas das persoas negras importan. Axeonllarémonos durante nove minutos en memoria de George Floyd e de tódalas persoas negras que foron asasinadas pola policía en España e no mundo", indican as convocantes nun comunicado. Tamén apontan que a acción ten que respectar ras normas de seguridade Covid-19. Polo tanto, advirten, en todo momento será obrigatorio o uso dunha máscara. "Cada participante manterá unha distancia de polo menos dous metros coas outras persoas presentes. Poderanse usar carteis individuais. Pancartas (e calquera outro obxecto de uso compartido) estarán prohibidas". "O racismo non é un problema alleo, existe tamén na Galiza. SOS Racismo Galizao demostra no seu último informe anual: "O total de casos de discriminación ou vulneración de dereitos acontecidos na Galiza no ano 2019 e recollidos polas OID ascende a un total de 135, o que supón un grande incremento respecto aos casos rexistrados en 2018 (96) e en 2019 (70)". O sábado está convocada unha protesta similar en Vigo, ás 20:00 horas e fronte ao Marco |
NOS_28115 | A demanda de atención psicolóxica ou psiquiátrica por casos de gravidade está a aumentar na Galiza, mais tamén o fan as listas de espera do Sergas. Os profesionais da pública deben atender nunha xornada de sete horas o mesmo número de pacientes que nunha privada ao longo dunha semana. | "90 minutos. O tempo que dura un partido de fútbol, mais distribuído ao longo de doce meses". Esa é actualmente a duración do tratamento psicoterapéutico que moitas persoas reciben a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Advírteo, en conversa con Nós Diario, o psicólogo clínico do sistema público e secretario de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza (COPG), Carlos Losada. Segundo o último informe difundido polo Sergas, a día 30 de xuño de 2021 había na Galiza 1.952 persoas en lista de agarda para seren atendidas a través dos servizos de psicoloxía ou psiquiatría —o Goberno galego ofrece unicamente a cifra global e non diferencia entre ambas as especialidades, malia ter solicitado dita información este xornal—. Trátase dun incremento de 47% a respecto do anterior rexistro, con datos do segundo semestre de 2020, cando había 1.321 persoas en espera. Tamén medrou o tempo medio que un ou unha doente debe agardar antes de acudir á primeira consulta psicolóxica ou psiquiátrica: 37,8 días (+3). "En cada unidade de saúde mental hai dous psiquiatras, un psicólogo clínico e unha enfermeira especialista", explica Losada, polo que cómpre supor que a espera é maior no servizo de psicoloxía, ao contar con menos profesionais. Aliás, apunta que "os psiquiatras realizan esencialmente un control farmacolóxico e as revisións son breves; non fan psicoterapia". Así as cousas, para o secretario de Psicoloxía e Saúde do COPG, os datos ofrecidos polo Sergas non reflicten a realidade: "Refírese unicamente á primeira consulta, mais entre unha e outra cita poden pasar até cinco ou seis meses dependendo da área sanitaria e do centro, xa que a carga de traballo vai en función das derivacións que fai o médico da Atención Primaria". Isto sucede porque, mentres nas clínicas privadas os profesionais deciden non aceptar novos doentes por mor do incremento da demanda até liberar cadansúas axendas e poder ofrecer un tratamento continuado e efectivo, no sistema público priorízanse as primeiras consultas a fin de desconxestionar as listas de agarda. "É unha forma de varrer por baixo da alfombra sen solucionar o problema de raíz", lamenta. Aínda así, o tempo de espera para a primeira consulta oscila, en función da área sanitaria, "entre os dous e os cinco meses". As sesións, que deberían durar entre 50 e 60 minutos cada unha para seren realmente efectivas, "non chegan á media hora". "Moitas e moitos psicólogos teñen unha carga tan alta de traballo que priorizan os casos máis graves para atendelos fóra do tempo asignado para consultas nas súas xornadas laborais. Ás veces na pública hai que despachar 12 pacientes en sete horas, mentres na privada esa cantidade atenderíana ao longo dunha semana", engade Carlos Losada. Un servizo "maltratado" Baixo o punto de vista do psicólogo clínico, a súa especialidade é a máis "maltratada" polo Sergas "coa excepción da Atención Primaria, que está moi saturada pola pandemia". Neste senso, salienta que as listas de agarda de psiquiatría e psicoloxía clínica no seu conxunto volven estar nos niveis de 2019. "O pasado ano baixaron moito, porque debido á pandemia fechou a Primaria e non había médicos para valorar ás e os doentes e non se fixeron moitas derivacións", explica. Malia que o Sergas vén de reforzar o servizo coa contratación dunha corentena de novos efectivos, "segue a ser insuficiente". Así mesmo, Losada lamenta que algúns dos reforzos fosen temporais: "Co estado de alarma chegaron máis profesionais, pero logo quitáronse nalgunhas unidades de saúde mental, coa conseguinte sobrecarga de traballo para os demais". Aumentan os casos graves Desde que comezou a pandemia, Carlos Losada non percibiu un notábel incremento da demanda de servizos de atención psicolóxica a nivel global, "mais si de persoas con casos de maior gravidade". Isto acontece, sobre todo, entre as persoas máis novas: "Temos moitos intentos de suicidio. As e os mozos son moi vulnerábeis, e unha intervención psicoterapéutica a esas idades pode marcar a diferenza entre poder levar unha vida normal ou medrar cunha serie de conflitos. Falamos de rapaces que viviron a crise de 2008, viron como os seus país perdían o emprego ou tiñan traballos precarios e debían pasar máis horas fóra da casa...". A este respecto, cre que o sistema "non está pensado para a mocidade" e ten grandes eivas para abordar as súas problemáticas, e lamenta a "excesiva culpabilización" dos mozos durante a pandemia. "É preciso redeseñar o sistema" O psicólogo Carlos Losada salienta que o sistema das unidades de saúde mental "foi deseñado na década de 1970", polo que considera preciso sometelo a unha renovación completa para poder ofrecer un servizo eficiente ás persoas doentes. "Todo o demais son pequenos parches", di. |
NOS_54301 | A Internacional Progresista denuncia o risco dun "golpe" de Lenín Moreno. | "O 7 de febreiro, o pobo do Ecuador exerceu o seu dereito constitucional a elixir un novo presidente, vicepresidente e Asemblea Nacional. Os resultados foron claros: unha gran vitoria en primeira volta para Andrés Arauz, Carlos Rabascall e a súa Unión pola Esperanza (UNES)", comeza o comunicado emitido pola Internacional Progresista, organización global de esquerdas, lanzada por The Sanders Institute e DiEM25, cuxos responsábeis son o estadounidense Bernie Sanders e o grego Yanis Varoufakis. O ministro de Finanzas heleno entre xaneiro e xullo de 2015 é precisamente un dos asinantes do texto, que tamén subscriben intelectuais como Noam Chomsky, Adolfo Pérez Esquivel ou Slavoj Žižek, ademais de políticos e activistas a nivel individual e organizacións de todo o mundo. "Agora, estase a producir unha reacción violenta contra a democracia. As forzas reaccionarias ─tanto dentro de Ecuador como en todo o hemisferio─ están a dirixir unha campaña sucia e deshonesta para eliminar a Arauz, atrasar as eleccións e previr a formación dun bloque progresista, indíxena e feminista", denuncian no escrito. O propio Arauz, dauphin do ex presidente Rafael Correa, denunciou esta mesma semana unha tentativa de atrasar a segunda volta das eleccións, logo de a Fiscalía dar a coñecer que pretende recoller o contido dixital da base de datos que administra o sistema informático electoral co fin de facer unha auditoría deste dispositivo. Reminiscencias de Bolivia Para a Internacional Progresista "non hai ningunha evidencia de fraude" que "xustifique" un reconto de votos. E advirten: "Vimos as consecuencias das denuncias de fraude infundadas no golpe contra Evo Morales en novembro de 2019 e dicímoslle ao CNE [Consello Nacional Electoral ecuatoriano], á OEA [Organización de Estados Americanos] e ao Departamento de Estado dos EUA: estamos vixilantes". E poñen un nome sobre a mesa: "Facemos soar a alarma: o Goberno de Lenín Moreno [actual presidente do Ecuador] está a preparar un golpe en contra da democracia". Por outra banda, cargan contra a "campaña sucia" desde Colombia, onde a revista Semana publicou que a Internacional Progresista facilitara un préstamo entre as forzas guerrilleiras do ELN en Colombia e a campaña de Arauz. |
NOS_30100 | Os actos en lembranza á reconciliación franco-alemá despois da II Guerra Mundial escenificaron a unidade entre ambos gobernos en materia económica. As diferentes posturas sobre a saída da crise na UE son só de calendario. | "@s europe@s estamos unidos pola nosa felicidade". Calquera podería subscribir esta frase mais quen a dixo e o contexto en que xurdiu dan pé a unha análise algo máis complexa. Angela Merkel, a primeira chanceler alemá, pronunciouna o pasado sábado diante do presidente francés François Hollande na clásica conmemoración anual de amizade na localidade de Ludwingburg. A ceremonia oficial, con aniversario engadido, onde se recupera cada ano a data que marcou a reconciliación franco-alemá, serviu para esceneficiar a recobrada unidade de acción franco-alemana, unha alianza outrora determinante na orientación das políticas anticrise da UE, baixo a fórmula do que se deu en chamar "Merkozy" --en alusión á boa avinza entre Merkel e o daquela Presidente francés, Nicolás Sarkozy. A primeira e segunda economía da UE teñen ritmos diferentes mais un obxectivo común. Nos actos do 50º aniversario os dous mandatarios falaron do futuro d@s europe@s e quixeron deixar claro que a postura é común. O cambio de goberno en Francia, e en teoría de "sensibilidade" cara a formación doutra Europa, non se notou A primeira e segunda economía da UE, o denominado "motor" da relación entre os Estados que a conforman, teñen un ritmo diferente mais un obxectivo común. Hollande asegurou que unha das prioridades sería a tan perseguida "estabilidade". Para o mandatario francés as accións a levar a cabo pasan por un control dos bancos e crear unha nova estrutura de gobernanza para a UE. Merkel, polo seu lado, non negou a posibilidade de realizaren "cambios" nun futuro mais serían unhas modificacións feitas "a modo". A chanceler alemá, que exixira medidas moi rápidas nos casos de Grecia, Portugal e o Estado español, reclamou en Ludwingburg tempo para que a UE asuma os cambios demandados por Hollande. Unión bancaria No foco está a posibilidade dunha maior integración bancaria a nivel europeo. Alemania recela da "unión bancaria" para protexer os intereses particulares da súa banca. De ceder finalmente, farao poñendo novas condicións, impondo de xeito definitivo a tese neoliberal da austeridade. Dese xeito Merkel daría por superado o aparente disenso que agromou ao xurdir voces --entre elas a de Hollande-- que apuntaban a unha revisión dos seus ríxidos criterios, que xeneran un impacto moi negativo nas maiorías sociais, para favorecer o crecemento e manter un mínimo nivel de cohesión social. Intereses privados, problemas públicos No acto de Ludwingburg tamén estivo presente o tema do proxecto de fusión de dous xigantes da aeronáutica e da defensa, o grupo franco-alemán EADS e o británico BAE Systems. A estratexia empresarial a ese nivel podería afectar aos dous gobernos e mesmo chegar a ter importancia para a UE. Ambos gobernantes saben que teñen que acadar unha postura común en tres semanas, data na que se podería formar o primeiro imperio económico aéreo e superar ao actual da norteamericana Boeing. |
NOS_49213 | O partido da semana no fútbol galego non está no interesante Celta-Cádiz que fechará a xornada na Primeira División. Tampouco o foi o Lugo-Ponferradina de hoxe, non. O prato estrela é o choque máis agardado pola afección viguesa, que verá como o eterno rival, o Deportivo da Coruña, se enfronta co seu conxunto filial este domingo ás 17 en Riazor. | Durante anos e anos, cada vez que as cousas ían mal para o Celta, nas bancadas de Riazor escoitábase un retranqueiro "o ano que vén, Celta-Dépor B!". E viceversa, por suposto. De feito, a primeira vez que a piques estivo de facerse realidade este escenario foi en 2009, cando os vigueses evitaron o descenso a Segunda División B grazas a dous milagrosos tantos de -quen se non- Iago Aspas nos minutos 80 e 89 do último partido de Liga ante o Alavés. Máis dunha década despois da primeira gran xornada de gloria do de Moaña foi o Deportivo quen descendeu á categoría de bronce, pero a diferenza do acontecido cos celestes en 2009, todo o circo xerado polo 'Caso Fuenlabrada' e a Liga de Fútbol Profesional na última xornada de campionato arrebatoulle a opción de pelexar pola salvación nos terreos de xogo en igualdade de condicións cos seus rivais. Sexa como for, a realidade é que o domingo ás 17 horas un Estadio de Riazor cun público limitado a 1.000 espectadoras asistirá a un choque entre Dépor e Celta B, que para o técnico branquiazul, Fernando Vázquez, non é un derbi: "Para min o derbi é co Celta, non co seu filial, este é un equipo máis que vai vir a Riazor". O de Castrofeito definiu os celestes como un conxunto "alegre e despreocupado, que xoga ben, con velocidade e calidade", e para contrarrestar estas virtudes traballou durante a semana o xogo ofensivo, a gran eiva do Dépor neste inicio de campionato. Antes do encontro gardarase un minuto de silencio en homenaxe a José Fernández Sánchez 'Paseiro', que faleceu a pasada cuarta feira con 92 anos de idade. Dianteiro deportivista durante dúas etapas diferentes a finais dos anos 40 e principios dos 50, chegou a ser máximo goleador da Segunda División na tempada 1947/48, na que o Dépor conseguiu o ascenso. Coruxo-Pontevedra A mellor definición do Coruxo-Pontevedra, que se desenvolverá tamén o domingo -aínda que un pouco antes, ás 12 horas da tarde-, é a de "derbi opacado". Os do Lérez chegan sen o sancionado Charles, mais coa intención de levar os tres puntos para tratar de retomar o liderado en caso de que o Dépor non consiga derrotar o Celta B, mentres que o Coruxo tratará de retomar a senda da vitoria iniciada hai dúas semanas fronte ao Guijuelo e de esquecer a dolorosa goleada (4-0) apañada hai sete días ante o Rácing de Ferrol. Os Diaños Verdes, propulsados por ese resultado, agardan prolongar a xeira de triunfos no campo do Guijuelo (hoxe ás 17.30 horas), un dos equipos máis frouxos da categoría, pero que se fai forte cando xoga na casa. Finalmente, un Compostela que leva sen coñecer a derrota desde a primeira xornada recibe no Vero Boquete á outra gran revelación do campionato, o Zamora (hoxe, 19.30 horas). Non hai dúas sen tres O irrecoñecíbel Celta de Eduardo 'Chacho' Coudet terá que pasar por enriba do quinto clasificado, o sorprendente Cádiz, para conseguir a súa terceira vitoria consecutiva após superar Granada e Athletic de Bilbao nos seus dous últimos compromisos. O choque, que se desenvolverá na vindeira segunda feira, 14 de decembro, ás 21 horas -cousas de Tebas-, será moi especial para un antigo ídolo celeste, o veterano centrocampista Augusto Fernández, chave na impresionante vitoria dos andaluces ante o Barcelona a pasada xornada ligueira. Previsibelmente, o técnico arxentino repetirá o once inicial co que tan bos resultados está conseguindo. Así, formarían Rubén Blanco na portaría; Hugo Mallo, Murillo, Araujo e Olaza en defensa; Renato Tapia, Brais Méndez, Denis Suárez e Iago Aspas -con total liberdade- no centro do campo, e arriba Nolito e Mina. |
NOS_56204 | Rusia denuncia bombardeos e varios intentos de tomar a planta xusto no día no que o equipo da OIEA que inspeccionará a central de Zaporiyia chega ao lugar. | A misión do Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA), avalada pola Organización das Nacións Unidas, chegou onte á central nuclear de Zaporiyia, no oblast homónimo, controlada polas tropas rusas desde marzo no contexto da guerra en Ucraína. Após avaliar a situación e inspeccionar a planta e os riscos asociados, está previsto que fique no lugar unha representación permanente que minimice o risco dun potencial desastre nuclear, alertara o director xeral da OIEA, Rafael Grossi, que lidera a misión no terreo. Ao longo da xornada, rexistrouse unha importante actividade militar na zona. Autoridades municipais de Energodar, a localidade na que se sitúa a instalación, denunciaron ataques de artillería na central e nos arredores de Vasilievka, onde a OIEA tiña fixado o seu punto de encontro, denuncian. Vladimir Rogov, do consello rexional, informou da morte de tres persoas polos ataques, incluída unha crianza, que provocaron danos en edificios residenciais e dúas colas infantís. Asemade, estes bombardeos provocaron a desconexión dun dos reactores do complexo nuclear. Ademais, o Ministerio de Defensa ruso trasladou que dous grupos de sabotaxe ucraínos de 60 persoas cruzaron ás 6 horas da mañá o río Dniéper e trataron de tomar o control da planta, acabando por ser abatidos pola aviación rusa. Unha hora despois, o Ministerio ruso aseverou que efectivos ucraínos intentaron cruzar o río a poucos quilómetros da central nuclear, denunciando que "a provocación do réxime de Kíiv ten como obxectivo perturbar" a misión da OIEA, que naquel intre se atopaba de camiño á central. A súa chegada atrasouse ao reter o Exército de Ucraína durante tres horas a comitiva, indicou un voceiro da OIEA ao Washington Post, o que obrigou a que o propio Grossi tivera que negociar cos militares ucraínos para que lles permitiran o paso. Porén, o responsábel rexional de Kíiv, Oleksandr Starukh, sostivo que o atraso produciuse por "razóns de seguridade", aducindo que Rusia estaba a atacar as inmediacións e a ruta cara á central nuclear. Malia que algúns medios chegaron a informar de que a misión fora suspendida, Grossi insistiu en que continuaría. Ofensiva ucraína en Khersón No oblast de Khersón continúa a ofensiva anunciada por Ucraína hai uns días, procurando romper as liñas das tropas rusas en cando menos catro puntos, segundo recollen medios especializados, e teríano conseguido polo menos nun, á altura de Davydiv Brid. Ao tempo, os expertos debaten aínda cales son os obxectivos reais da operación, a máis importante iniciada por Ucraína nos últimos meses, por unha banda, reitérase que pode ser a cidade de Khersón, con todo, a CNN fixo público que, por consello dos Estados Unidos, os obxectivos do ataque son limitados. En todo caso, as autoridades ucraínas volveron facer un chamamento á poboación do leste e do sur do país para que abandonen os seus fogares antes da chegada do frío polo avance previsto dos combates. Gazprom corta a subministración de gas á francesa Engie Despois de reducir esta semana a subministración de gas natural á enerxética francesa Engie por "desacordos na aplicación dalgúns contratos", a rusa Gazprom anunciou onte que cortou a subministración "por non recibir a totalidade dos pagos do gas entregado en xullo". Amais, hoxe remata o mantemento do Nord Stream 1, que obrigou a fechalo tres días. Berlín sinalou que varias empresas tiveron que parar polos prezos da enerxía. |
NOS_24206 | Os colectivos Fiadeiras, Rede feminista, Verdegaia, Sindicato Labrego e Feminismos Compostela veñen de organizar unhas xornadas ao redor dos ecofeminismos e baixo o lema '(Re)pensando a vida'. Falamos cunha das organizadoras | No mesmo libro en que defende que O natural é político, Teresa Moure define feminismo e ecoloxismo como "dúas manifestacións dun mesmo movemento": a rebeldía en contra de toda lóxica de dominio. Tal movemento chamaríase, xa que logo, ecofeminismo e ao redor del integrantes das organizacións Rede feminista galega, Fiadeiras, Feminismos Compostela, Verdegaia e o Sindicato Labrego argallaron para esta fin de semana unhas xornadas en que partillarán coñecementos. O éxito da convocatoria foi tal que nin el@s o contaban, e as 50 prazas de que dispuñan axiña se cubriron. Falamos cunha das organizadoras, Rosalía Balboa.Pregunta: (Re)pensando a vida. Foi o lema que escollestes. Cómpre ver isto que chaman crise como unha oportunidade? Resposta: Por suposto! A lóxica que nos levou a esta crise, inimiga da vida, ten que ser a oportunidade para repensarmos outros discursos. E nesa oportunidade cómpre aproveitar as experiencias das mulleres, pois a división sexual do traballo, que as leva a empregar moito tempo en tarefas que preservan a vida, outorgóulles coñecementos privilexiados sobre a natureza e a contorna.P: Feminismos, ecoloxismos, labreg@s... vénseme á cabeza a loita pola soberanía alimentar. Até que punto é importante esta conquista, por exemplo, nun País eminentemente rural como o noso?R: É fundamental, para o pobo galego e para calquera pobo do Mundo. Porque tal soberanía implica sosteñibilidade, abastecérmonos a nós propios, mantermos o control sobre o que producimos e arrebatarlle ese poder ás multinacionais. P: No programa figura un obradoiro sobre mascunidades. Deconstruír esas manifestacións do poder é tamén parte da loita feminista?R: Hai un debate dentro do propio movemento. Na miña opinión, se non fai parte desa loita ten que, polo menos, camiñar á par. Neste obxectivo que nos marcamos, repensar un outro Mundo sostíbel, demanda botar abaixo a masculinidade tradicional para que poidan tamén participar daquel.P: Após todo o que vimos de falar, é posíbel un feminismo que non sexa 'eco'?R: Non o é para min. Podería darche moitas razóns mais hai unha moi simple que exporei parafraseando a Alicia Puleo: o feminismo ten unha vocación internacionalista, quere liberar a todas as mulleres, tamén aquelas que están a pagar o noso modelo de crecemento e a nosa maneira de consumir. Quen ten unha conciencia feminista reclama unha conciencia ecoloxista: o que aquí se lle chama progreso ten consecuencias noutros lugares do Mundo, nomeadamente para as mulleres. |
NOS_39428 | Será a próxima terza feira, 1 de marzo. Abordarán temas como o concerto vasco ou o modelo 'Ikerbasque', que "converte Euskadi nun referente en I+D+i". | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, viaxa o vindeiro martes, 1 de marzo, ata Vitoria para manter un encontro co lehendakari Íñigo Urkullu, nunha reunión que servirá para abordar asuntos como o concerto vasco ou o modelo 'Ikerbasque', que "converte Euskadi nun referente en I+D+i". Trátase da primeira reunión institucional entre ambos e terá lugar na sede do Goberno vasco. Sobre a mesa, estarán asuntos como o papel das forzas nacionalistas no contexto do Estado, o concerto económico como modelo nun momento no cal se debate o financiamento autonómico e o papel da administración pública para impulsar a ciencia e o coñecemento, en que Euskadi "é un referente". Así mesmo, segundo informaron fontes da organización nacionalista galega, a portavoz nacional do BNG tamén aproveitará para "intercambiar valoracións" co presidente vasco sobre a situación política actual. Non en balde, a crise interna aberta no Partido Popular abre tamén un panorama de mudanza na Galiza e precisamente, a vindeira teza feira, o PP reúne a súa xunta directiva para convocar o congreso extraordinario que podería levar o mandatario galego Alberto Núñez Feixoo á presidencia do partido e, posteriormente, a propiciar unha substitución na Xunta. Esta reunión, a primeira co lehendakari, prodúcese tamén nun contexto no cal o BNG afirma estar, en palabras da propia Ana Pontón, "en disposición de disputarlle a hexemonía ao PP" na Gañiza e co firme propósito da dirixente nacionalista galega de "ensanchar" as bases do Bloque, como así proclamou na pasada XVII Asemblea NAcional da formación celebrada en novembro de 2021. Axenda A axenda que a líder nacionalista manterá en Euskadi tamén inclúe un encontro cos máximos responsables da asociación Ad Concordiam, que promove o coñecemento e a difusión do sistema vasco de financiamento, encontro en que participará o presidente e deputado de Facenda e Finanzas da Deputación Foral de Biscaia, José María Iruarrizaga, e o deputado xeral de Biscaia, Unai Rementería. Na delegación do BNG estará a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, e Rubén Cela, da área de relacións exteriores da Executiva Nacional do BNG. |
NOS_46769 | Os municipios de Altafulla e Arbúcies foron os últimos en se sumar a ese pronuciamento que prepara o camiño rumbo a independencia. | Xa son 85 os concellos que se declaran "territorio catalán libre". O 8,5% do total. Os municipios de Altafulla e Arbúcies, de 4.776 e 6.713 habitantes respectivamente, foron os últimos en se sumar a ese pronuciamento que sobarda o carácter simbólico. A declaración supón facer transitoria a asunción da lexislación española mentres o governo e parlamento cataláns non dicten novas normas no exercicio da plena soberanía. A iniciativa coloca o poder municipal nunha fase preparatoria da eventual proclamación dun Estado catalán. Sant Pere de Torrelló foi o primeiro concello en adscribirse a esa definición. O seu pleno acordouno o pasado 3 de setembro, decidindo tamén converter en día laborábel o 12 de outubro, día da Hispanidade. Aliás, a cifra seguirá a se incrementar dado que o 60,1% dos concellos de Catalunya, 569 de 947, integran arestora a Associació de Municipis per la Independència, a rede de entidades locais que promoven os dereitos nacionais e o exercicio do dereito de autodeterminación. Os 85 concellos do "territorio catalán libre" A seguir recollemos a relación de concellos que se declararon "territorio catalán libre" e a data en que o acordaron: Sant Pere de Torelló (3 de setembro de 2012) Calldetenes (3 de setembro de 2012) Cervià de les Garrigues (6 de setembro de 2012) Marçà (10 de setembro de 2012) La Bisbal del Penedès (10 de setembro de 2012) Premià de Dalt (10 de setembro de 2012) Arenys de Munt (13 de setembro de 2012) Bolvir (15 de setembro de 2012) Vic (17 de setembro de 2012) Tortosa (17 de setembro de 2012) Seva (17 de setembro de 2012) Argentona (17 de setembro de 2012) Celrà (18 de setembro de 2012) Ullastrell (19 de setembro de 2012) Sant Llorenç de Morunys (19 de setembro de 2012) Vallfogona de Ripollès (20 de setembro de 2012) Collbató (20 de setembro de 2012) Sant Jaume de Llierca (20 de setembro de 2012) Valls (21 de setembro de 2012) Vilablareix (21 de setembro de 2012) Orpí (21 de setembro de 2012) Carme (21 de setembro de 2012) Tavèrnoles (24 de setembro de 2012) Cruïlles, Monells i Sant Sadurní de l'Heura (24 de setembro de 2012) Navàs (24 de setembro de 2012) Sant Andreu de Llavaneres (24 de setembro de 2012) Sant Gregori (24 de setembro de 2012) Els Prats de Rei (24 de setembro de 2012) Sant Julià de Vilatorta (25 de setembro de 2012) Ripoll (25 de setembro de 2012) Manlleu (25 de setembro de 2012) Vidreres (25 de setembro de 2012) Igualada (25 de setembro de 2012) Sarrià de Ter (25 de setembro de 2012) El Perelló (25 de setembro de 2012) Vilafranca del Penedès (25 de setembro de 2012) Sant Julià de Ramis (25 de setembro de 2012) Canet d'Adri (25 de setembro de 2012) Deltebre (26 de setembro de 2012) Tona (26 de setembro de 2012) Prats de Lluçanès (26 de setembro de 2012) La Garriga (26 de setembro de 2012) L'Ametlla del Vallès (26 de setembro de 2012) Porqueres (26 de setembro de 2012) Sant Vicenç de Torelló (26 de setembro de 2012) Montblanc (26 de setembro de 2012) Esterri d'Àneu (26 de setembro de 2012) Arenys de Mar (26 de setembro de 2012) Argençola (26 de setembro de 2012) La Vall d'en Bas (26 de setembro de 2012) Alcarràs (27 de setembro de 2012) Les Borges del Camp (27 de setembro de 2012) Jorba (27 de setembro de 2012) Fornells de la Selva (27 de setembro de 2012) Linyola (27 de setembro de 2012) Sant Antoni de Vilamajor (27 de setembro de 2012) Sant Martí de Tous (27 de setembro de 2012) Alella (27 de setembro de 2012) Cassà de la Selva (27 de setembro de 2012) Palau-Solità i Plegamans (27 de setembro de 2012) Canet de Mar (27 de setembro de 2012) Collsuspina (27 de setembro de 2012) Sant Esteve de Palautordera (27 de setembro de 2012) Cardedeu (27 de setembro de 2012) Els Hostalets de Pierola (27 de setembro de 2012) Bellvís (27 de setembro de 2012) Puig-reig (27 de setembro de 2012) Santa Eugènia de Berga (27 de setembro de 2012) Balaguer (27 de setembro de 2012) Casserres (27 de setembro de 2012) Torrelles de Llobregat (27 de setembro de 2012) Sant Celoni (27 de setembro de 2012) Les Borges Blanques (27 de setembro de 2012) Montgai (27 de setembro de 2012) Castelló d'Empúries (27 de setembro de 2012) Móra d'Ebre (27 de setembro de 2012) Flaçà (27 de setembro de 2012) Les Franqueses del Vallès (27 de setembro de 2012) Fontcoberta (27 de setembro de 2012) Santa Eulàlia de Ronçana (27 de setembro de 2012) L'Ametlla de Mar (28 de setembro de 2012) Sant Martí Sarroca (28 de setembro de 2012) Sant Joan de les Abadesses (28 de setembro de 2012) Altafulla (29 de setembro de 2012) Arbúcies (29 de setembro de 2012) |
NOS_40025 | As vistas iniciáronse esta segunda feira e continuarán o día 19 e o 21 no xulgado do penal de Fontiñas, na capital galega. | Os xulgados de Fontiñas, en Compostela, acolleron esta segunda feira a primeira das vistas do xuízo contra o coordinador de seguridade do aeroporto de Santiago, polo acoso continuado que padeceron varias traballadoras. Un acoso, sinalan desde a CIG, que padeceu tamén o delegado desta central, após denunciar a actitude machista e o trato denigrante ao que estaban sometidas. Segundo explicou Roberto Alonso, do sindicato nacionalista, as traballadoras "tiñan mesmo que informar ao xefe das súas menstruacións para que puideran ter un relevo no posto de seguridade e poder ir ao baño". "Tiñan ademais que pedir permiso para ir ao baño tanto as traballadoras como os traballadores e moitas veces se lles denegaba so pretexto de que non había relevos, cando realmente no aeroporto de Santiago hai un colectivo bastante grande, de máis de 40 persoas en seguridade, e non tería por que haber ningún problema". Alonso lamentou que se tardara practicamente seis anos en que se celebraran as vistas do xuízo. Un tempo que considerou "completamente insufríbel para as vítimas de acoso", porque "moitas delas estiveron de baixa por trastornos ansioso-depresivos, esgotando períodos máximo dun ano e medio, tendo que incorporarse e ver alí ao acosador continuar con todo o respaldo tanto das empresas como da administración pública, porque o aeroporto de Santiago é unha empresa pública". Diante dos xulgados de Fontiñas realizouse una concentración coincidindo coa primeira das vistas do xuízo. |
NOS_34778 | O Sindicato de Enfermería (Satse) está a presentar denuncias nas distintas Inspeccións de Traballo, Seguridade Social e de Servizos por "vulneracións" das Administracións sanitarias da normativa e protocolos para atención do coronavirus. Advirte do "grave risco" no que se está a poñer ás profesionais, ao non se lles facilitar os equipos de protección individual (EPI) necesarios para traballar de forma segura ao entrar en contacto con paciente. | Satse, "tras constatar numerosas situacións de falta do material de protección adecuado", está a dirixirse á Inspeccións de Traballo e Seguridade Social a través das súas secretarías territoriais para reclamar que se investiguen os feitos denunciados en cada caso e que se adopten con urxencia as medidas pertinentes para garantir os dereitos dos equipos profesionais, así como do resto da poboación. Nos seus escritos de denuncia, subliña que a falta do material de protección supón un "claro incumprimento" das normas ditadas até o momento polas Autoridades estatais e territoriais, así como un "grave atentado" contra o dereito á saúde e a integridade física e psíquica das profesionais e doutras persoas da súa contorna, como pacientes, familiares ou persoas do contorno laboral. O sindicato avanza ademais que está estudandoa posibilidade de recorrer á Fiscalía para que investigue en cada territorio as posíbeis responsabilidades penais no caso de que o "grave problema da falta de material de protección" non se solucione de maneira inmediata. A organización lembra que as profesionais sanitarias atenden todas as alertas de persoas con sospeita de infección pola COVID-19, xa sexa nos hospitais, en centros de saúde, noutros centros sanitarios e sociosanitarios e en domicilios particulares, polo que consideran que é "obrigatorio" que conten cos equipos de protección individual necesarios e suficientes a fin de mininizar "ao máximo" o risco para a súa saúde e de terceiras persoas en contacto e de evitar expandir o virus. Como advirte o sindicato, a falta deste material causou até o momento perto de 6.500 contaxios entre profesionais da sanidade a nivel estatal. Neste sentido, Satse reclama ao Ministerio de Sanidade que ofreza datos de contaxios por categorías profesionais, ao ter "fundadas sospeitas" que a maior parte de casos corresponden con prefesionais da enfermaría. Como sinala, a porcentaxe de profesionais contaxiados (13%) supera aos casos de Italia (8%) ou da China (4%), o que, aos seus ollos, constata "unha menor protección e seguridade que noutros países tamén gravemente afectados pola pandemia". Neste sentido, considera "absolutamente imprescindíbel" que se fagan as probas ao conxunto de profesionais da sanidade. |
NOS_40096 | Javier López Madrid non é un novato nas historias de corrupción. Xenro dun dos maiores oligarcas do Estado -Villar Mir-, dispuxo no seu momento de acceso aos cartóns black na súa calidade de conselleiro de Bankia e é íntimo da familia real, até o punto de Letizia se ter referido a el familiarmente como "compiyogui". Acaba de ser detido no curso da Operación Lezo. Como presidente de Ferroglobe, impulsaba a venda das centrais hidroeléctricas do grupo na Costa da Morte. | Javier López Madrid (Madrid, 1964) foi detido na noite da quinta feira por efectivos da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil no marco da chamada Operación Lezo, unha acción policial que se desprega arredor do presunto desfalco de fundos públicos no Canal de Isabel II de Madrid. Segundo as pesquisas realizadas polo xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco, López Madrid tería pago comisións ao ex presidente da comunidade autónoma de Madrid, Ignacio González, tamén arrestado, pola adxudicación dunha obra. En concreto, González tería recibido 1,4 millóns de euros dunha conta en Suíza de OHL México, empresa da que López Madrid tamén é conselleiro e que -segundo o declarado por Francisco Correa, chefe da Gürtel- financiaba o PP a cambio de concesións de obras públicas. Mais na cena galega López Madrid é sobre todo o presidente de Ferrogloble, o xigante que se conformou a partir da fusión de Ferroatlántica e a empresa norteamericana Globe Speciality Metals e do que é presidente desde xaneiro de 2017. É o Grupo Villar Mir, liderado polo sogro de López Madrid, quen controla o holding con 57 por cento das accións, mentres que os parceiros norteamericanos deteñen 43 por cento restante. Ao fronte de Ferroglobe, López Madrid impulsa o proxecto de venda das centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica xestiona nos ríos Xallas e Grande, vinculadas por unha concesión da Xunta coas fábricas de ferroaleacións de Dumbría e Cee. A representación das e dos traballadores na costa da morte alega que as fábricas deixarían de ser competitivas se se venden as centrais, mais Ferroglobe quer facer caixa para en teoría financiar un proxecto no polígono de Sabón, a construción dunha planta para a produción de silicio solar. A chave do asunto pasa por Monte Pío. E aquí é onde temos unha curiosa implicación política. É a Xunta quen debe autorizar -como demanda López Madrid- ou bloquear -como piden as e os traballadores de Ferroatlántica na Costa da Morte- a venda das centrais. Pois ben, agora López Madrid está nun calabozo e a presión política sobre Feijóo para que non satisfaga os seus desexos vaise incrementar exponencialmente. En todo caso, non é este o primeiro proceso xudicial que afronta o xenro de Villar Mir, que xa foi condenado no seu día a 6 meses de prisión (non entrou na cadea por carecer de antecedentes) por un delito continuado de apropiación indebida polo uso do cartón black en Bankia. |
NOS_8187 | O monolito dos 'Mártires de Anguieiro' apareceu esta fin de semana luxado de verde e coas siglas Vox por riba dos nomes dos veciños asasinados no lugar o 28 de agosto de 1936. | O 28 de agosto de 1936 once veciños de Cangas, afiliados a diferentes organizacións de esquerdas como CNT, Partido Socialista ou as Xuventudes Unificadas; foron 'paseados' en Anguieiro, na estrada que une a vila canguesa con Bueu. Eran mariñeiros, canteiros e albaneis, de entre 16 e 46 anos, aos que os golpistas non perdonaron a súa defensa da democracia. Só en Cangas os golpistas asasinaron medio cento de persoas. Esta fin de semana o monumento en homenaxe e lembranza a estes veciños asasinados foi atacado: apareceu pintado de verde e coas siglas VOX por riba dos nomes dos 'paseados'. O ataque xerou un profundo malestar na localidade, nomeadamente entre a asociación pola memoria histórica 28 de agosto, que cada ano organiza un acto ao pé do monolito. Non é este o primeiro ataque que se produce na Galiza contra monolitos ou monumentos que lembran a asasinados polo franquismo. A memoria das vítimas da represión franquista é un dos albos preferidos da extrema dereita en Galiza. Aí está o ataque ao monumento á memoria das persoas represaliadas do Morrazo na Cruz de Maceira, que apareceu en agosto de 2014 pintado coa bandeira española e a aguia imperial e a lenda "los perdedores fuera de España". As pintadas foron realizadas o día despois da celebración dun acto de exaltación falanxista na Igrexa vella de Marín. Non foi este o único caso, en outubro de 2017 foi atacado en Volta da Moura, Tui, o monumento que homenaxea as veciñas e veciños asasinados polo franquismo. Esnaquizaron a placa que lembraba as vítimas e botaron pintura verde sobre os nomes das persoas asasinadas. En xullo de 2017 esnaquizaron o monumento aos carrilanos asasinados polo fascismo en 1936. A placa en Campobecerros na que se lembraba e homenaxeaba a estes obreiros asasinados foi atacada. En febreiro de 2011 a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica denunciaba a aparición de "pintadas fascistas" na placa do cemiterio de Lavadores de homenaxe a represaliados polo franquismo. "Non é a primeira vez que acontece", denunciaban desde este colectivo. En xullo de 2007, e por terceira vez en menos dun ano, foi atacado en Cerdedo o monumento dedicado a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias, traballadores e militantes da CNT asasinados o 13 de agosto de 1936. Desta volta arrincaron a placa en lembranzados asesinados. Os nomes do Terror A partir desta terza feira, 3 de novembro, publicarse canda Nós Diario o colecciónábel Os nomes de terror. A publicación, que se vai distribuír co xornal da terza a sexta feiras ao longo dos meses de novembro e decembro recolle 34 traballos sobre os verdugos nos primeiros anos do franquismo. O coleccionábel onta coa participación de 23 autoras e autores de diversas xeracións e procedencias. Algúns deles fan parte das primeiras fornadas que comezan a estudar a represión en diferentes comarcas da Galiza a comezos dos anos 80, outros destacan pola súa mocidade, uns proceden do ámbito académico e outros do ámbito social. A publicación, coordinada por Dionisio Pereira, Eliseo Fernández, Xosé Ramón Ermida e Xoán Carlos Garrido, ten entre os seus colaboradores Xosé Álvarez, Carlos Meixome, Antón Mascato, Xesús Torres, Carlos Nuevo, Edelmiro Cerredelo, Xavier Moure, Manuel Pazos, Celso Milleiro, Xosé Novas, Fernando Vidal Collazo, Manuel Monge, Xosé Ramón Paz Antón, Manuel Pérez Lorenzo, Xabier Buxeiro, Rafael García, Mateo Martínez, Ana Cabana e Susana Aríns. |
NOS_56833 | Deriva é un libro medido, de palabra axustada, en que a voz poética se enfronta ao seu pasado familiar, á súa contorna, á desparición dun mundo. Con el a poeta e filóloga Regina Touceda (Cuntis, 1999) gañou a edición número 32 do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. | Touceda fora accésit do IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro. En maio de 2018 foi unha das seis autoras escolmadas por Carlos Callón en Seis poetas que comezan, especial do semanario Sermos Galiza que acollía ademais poemas de Arancha Nogueira, Carlos Lixó, Jorge Durán, Belén Senín e Serxio Abalo. O premio Pérez Parallé diríxiese a autoras e autores inéditos en libro. Está dotado con 2.500 euros e a publicación da obra distinguida en Espiral Maior. Entre as poetas que o gañaron están Mario Regueira, Xiana Arias, Susana Sánchez Aríns ou Jesús Castro Yáñez. O xurado da súa 32ª edición formárono as escritoras Lorena Souto, Elvira Ribeiro e Daniel Salgado. |
NOS_54941 | As e os atletas do país participarán na competición deportiva malia o boicot diplomático anunciado polo Goberno de Joe Biden. A China reclama que superen "a súa mentalidade ao estilo Guerra Fría" e a súa intención de "crear divisións e provocar a confrontación". | A última hora da segunda feira nos Estados Unidos (madrugada na Galiza), a secretaria de prensa da Casa Branca, Jen Psaki, confirmou o boicot diplomático aos Xogos Olímpicos de Inverno en Beixín (China), que decorrerán en 2022. Así e todo, aínda que ningún alto cargo do país norteamericano se desprace até o evento, as e os seus atletas poderán participar baixo a súa bandeira tanto nos XXOO como nos Xogos Paralímpicos. Psaki xustificou a decisión nas supostas violacións dos dereitos humanos cometidas pola China en contra do pobo uigur, na provincia de Xinjiang, e sostén que con esta medida pretenden amosar que non queren "contribuír á fanfarra do xogo". Asemade, aseverou que están á espera de que outros Estados anuncien a súa decisión nos vindeiros días e semanas, argumentando que non optaron polo boicot total para non penalizar as e os deportistas estadounidenses. Na rolda de prensa tamén advertiu ao sector privado que ten que "tomar decisións sobre as súas prácticas", así como que "sexa plenamente consciente e opere con toda a información con respecto ao que está a acontecer". A resposta das autoridades chinesas non se fixo agardar, pouco despois do anuncio a misión do país asiático na Organización das Nacións Unidas publicaba un comunicado no que solicitaba aos EUA que superen "a súa mentalidade ao estilo Guerra Fría" e a súa intención de "crear divisións e provocar a confrontación". Ao tempo, cualificou o boicot de "farsa política". O éxito da cita deportiva "non recae na asistencia duns cantos altos cargos de varios países", incidiu Liu Pengyu, da embaixada da China en Washington. Política e deporte Esta terza feira, o voceiro do Ministerio de Exteriores, Zhao Lijian, reclamou aos EUA que "deixen a política fóra do mundo do deporte" e alertou de que Beixín "tomará todas as medidas necesarias". Zhao considerou que o "plan para tratar de obstaculizar a organización dos XXOO fracasou e leva a unha perda de autoridade moral e credibilidade" dos norteamericanos. No que atinxe ás relacións bilaterais, que se atopaban nunha pequena fase de desxeo despois da xuntanza a mediados de novembro entre Joe Biden, presidente dos EUA, e o mandatario chinés Xi Jinping, Zhao asegurou que implicará "danos" no diálogo e na cooperación mutua. Após a Organización do Tratado Atlántico nomear a China como o seu principal rival, sumado a Rusia, multiplicáronse as campañas mediáticas contra os dous países. Este boicot diplomático estaba sendo pedido polos dous partidos dos EUA nas últimas semanas. Porén, o Goberno chinés nega as acusacións sobre a situación en Xinjiang, e relata que se atopan inmersos nunha loita contra grupos terroristas que actúan na rexión, destacando que as condicións dos dereitos humanos no territorio son mellores por exemplo que en lugares como a base militar de Guantánamo, onde encerraron a varios uigures. Unha democracia enferma Ao transcender a noticia, os xornais chineses publicaron duros artigos en contra da medida. O South China Morning Post proclamou que a "democracia foi a escusa para que os EUA avancen e manteñan a súa hexemonía", unha democracia que definiu como "enferma" pola militarización das forzas policiais, un sistema de prisións corrupto e brutal, o racismo sistémico e a politización da xustiza. Unha decisión inédita desde os XXOO de 1980 A última ocasión na que os Estados Unidos tomaron unha decisión semellante foi nos XXOO de Moscova en 1980, cando efectuaron un boicot completo prohibindo aos seus deportistas a participación e xustificándose na colaboración militar da Unión Soviética en axuda do Goberno afgán durante a guerra civil. Isto provocou un boicot da Unión Soviética e de boa parte dos países do campo socialista nas vindeiras olimpíadas, que decorreron en Los Angeles (EUA) en 1984. Thomas Bach, presidente do Comité Olímpico Internacional, defendeu que a entidade tamén é "politicamente neutral nesta cuestión". |
NOS_8100 | O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia publicou as bases para participar nun certame de composición que ten como protagonista ese instrumento. Ademais dun premio en metálico, a obra gañadora estrearase en concerto, da man da Real Filharmonía da Galiza o vindeiro ano. | O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o único festival da Galiza e do noroeste da Península Ibérica que ten como protagonista este instrumento, publicou esta pasada terza feira na súa páxina web as bases do I Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, un certame que nace ao abeiro do festival coa intención de promover e ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra. Rodrigo Romaní e Bea Martínez presentan 'Illas', un álbum do confinamento O galardón, que contará cunha achega económica de 2.000 euros para a composición gañadora desta edición, suporá a estrea da obra, en concerto, da man da Real Filharmonía da Galiza o vindeiro ano. As bases do certame A convocatoria abriuse este 18 de maio e o prazo de presentación remata o 23 de decembro. Está aberto a compositoras e compositores de calquera nacionalidade e sen límite de idade. Un xurado internacional, conformado por arpistas, directoras e directores de orquestra de recoñecido prestixio, será o responsábel de valorar e premiar as creacións, nas que se terán en conta, entre outros aspectos, a proposta creativa; o tratamento da técnica e da escritura para arpa; a coherencia, proporción e equilibrio no traballo técnico; ou o equilibrio entre dificultade e resultado musical. Rodrigo Romaní volve a Avilés de Taramancos no seu cuarto disco Ademais, o tribunal valorará positivamente aquelas obras con referencias á música ou á cultura galega. Cada compositora ou compositor poderá presentar unha soa obra, que deberá ser orixinal e inédita, polo que non poderán participar pezas creadas froito dun encargo remunerado, premiadas noutro concurso ou que fosen interpretadas anteriormente en concertos ou actos públicos. A nova composición será de tema libre, deberá estar escrita para arpa e orquestra (sen medios electroacústicos) e poderá ter unha duración de entre 10 e 15 minutos. |
NOS_23157 | A pandemia de Covid-19 non evita que arredor de 60 países manteñan vivos conflitos armados, algúns deles sufriron os seus peores días en 2021. | Case un terzo dos 193 Estados que compoñen a Organización das Nacións Unidas (ONU) teñen algunha clase de conflito armado en marcha no seu territorio, a entidade identifica até 63 países con necesidades de axuda humanitaria, imprescindíbel para a supervivencia de 274 millóns de persoas en 2022. Ningunha destas guerras comezou ao longo deste ano, porén, tampouco se prevé que a curto prazo sexa posíbel pór fin a ningunha delas, algunhas, como acontece no caso do Baluchistán, esténdense máis de seis décadas. Afganistán O país asiático centrou boa parte da atención mediática durante o verán, ao anuncio da retirada das tropas dos Estados Unidos (EUA), que lideraran a invasión do país en 2001 na que os talibán foran derrocados, sucedeulle a conquista do débil Estado creado polos estranxeiros, que en poucas semanas voltou a mans dos xihadistas. O 15 de agosto, antes incluso da retirada definitiva dos EUA, os talibán entraron en Kabul, a capital, comezando coa persecución dos colaboradores das forzas invasoras e impulsando unha nova lexislación especialmente restritiva en contra das mulleres, criticada até por Paquistán, o seu principal aliado. Non obstante, os combates continúan na provincia de Panshir, onde se asenta a denominada Fronte de Resistencia Nacional, liderada polo ex vicepresidente afgán, Amrullah Saleh. Baluchistán A rexión de Paquistán na fronteira tripartita que comparte con Afganistán e Irán protagoniza desde a independencia do país en 1947, con lindes paquistanís e indios marcados polo Reino Unido, a loita pola autodeterminación do pobo baluchi. Máis de 500 persoas faleceron este ano a raíz dos combates que principalmente enfrontan as Forzas Armadas de Paquistán co Exército de Liberación de Baluchistán, mais que tamén afecta Irán, onde vive parte do pobo. A pesar dos recursos cos que conta (gas natural, ouro, cobre, petróleo e uranio) mantense como unha das zonas máis empobrecidas dos dous Estados. Ao norte de Paquistán e a India tamén permanece activo o conflito en Cachemira, que loita pola súa autodeterminación. Etiopía O país africano atópase no peor conflito desde 1991. O empeño do presidente Abiy Ahmed por tomar a rexión de Tigrai (na fronteira con Eritrea) a finais de 2020 e acabar coa influencia da Fronte Popular para a Liberación de Tigrai (TPLF) na política federal, derivou nunha guerra civil aberta na que após os primeiros triunfos das Forzas Armadas, os tigriñas foron quen de recuperar a meirande parte do seu territorio entre xuño e xullo. Amais, trataron de acabar con Abiy dirixíndose cara á capital, Adís Abeba, en coalición con outras forzas armadas, ataque que foi finalmente repelido polo Goberno federal despois de declarar en novembro a emerxencia en todo o país e reclamar á poboación que se sumara ao Exército. A situación deixa nove millóns de persoas en risco de fame e acusacións de limpeza étnica do pobo tigriña por parte de Abiy, que anunciou que polo de agora non voltarán a entrar en Tigrai. O Iemen O país de Asia Occidental sufre a peor catástrofe humanitaria do planeta, a ONU salienta que 24 dos 29 millóns de habitantes do territorio precisa asistencia humanitaria, deses, 16,2 millóns están en condicións de fame extrema. O conflito comezou en 2014 coa toma da capital, Saná, por parte do movemento huti, despois do intento do presidente Abdrabbuh Mansur Hadi de prolongar durante un ano máis o seu mandato. Para devolver o seu aliado ao poder, Arabia Saudita lidera unha coalición militar que, coa axuda de mercenarios, busca derrotar os hutis, apoiados á súa vez por Irán. A pesar dos constantes bombardeos e das vítimas civís provocadas polos sauditas, os hutis continúan avanzando e tomaron hai uns días a gobernación de Marib, no centro do país. África central e occidental O xihadismo é o principal motor bélico no centro e occidente do continente africano, un conflito presente en Alxeria, Chad, Malí, Burkina Faso, Níxer, Tunisia, a República Democrática do Congo, Uganda, Nixeria, Somalia ou Camerún. A cabeza destes movementos atópanse Al Qaeda e Estado Islámico, aos que están afiliados a meirande parte dos grupos armados na zona, como Boko Haram, o Grupo Salafista para a Prédica e o Combate, Al-Shabaab ou as Forzas Aliadas Democráticas no Congo. Resto do mundo Amais dos referidos, outros conflitos armados están a desenvolverse nestes intres no planeta, como é o caso da loita do pobo kurdo, repartido sobre todo entre os Estados de Turquía, Irán, Iraq e Siria. Neste último territorio, a guerra civil diminuíu a súa intensidade ao recuperar o Goberno de Bashar al-Assad a maioría do territorio, porén, países como Turquía e Israel seguen intervindo no conflito apoiando as forzas xihadistas en contra do Executivo recoñecido internacionalmente. Tamén no Sáhara Occidental continúan os combates despois da ruptura do alto o fogo con Marrocos en 2020. E outro tanto acontece en Palestina, que soportou en maio unha xeira de ataques de Israel con milleiros de feridos e aproximadamente 250 mortos, tras as protestas para evitar que os palestinos foran desaloxados de Xerusalén leste, ocupado polos israelís. |
PRAZA_18918 | As fendas de xénero na carreira investigadora, as súas derivadas educativas e laborais e o seu reflexo na comunicación científica centran a cuarta edición das xornasdas científicas que impulsa a Deputación da Coruña, do 13 ao 15 de xaneiro no Pazo de Mariñán e no MUNCYT | O programa de xornadas científicas A luz da ciencia que promove a área de Patrimonio da Deputación da Coruña comeza 2022 coa súa cuarta edición e faino cunha reflexión sobre o pensamento científico e a ciencia da man de investigadoras de diversos eidos. Co Pazo de Mariñán (Bergondo) e o MUNCYT da Coruña como escenarios, as científicas reflexionarán do 13 ao 15 de xaneiro sobre as fendas de xénero que aínda existen na carreira investigadora, as súas derivadas educativas e laborais ou os enfoques da comunicación científica.A primeira xornada (xoves 13 ás 18h en Mariñán) terá como protagonistas a Mireia Colom e Susaina Figuera, da Fundación Catalana per a la Recerca i la Innovació, que abordarán a "didáctica das ciencias experimentais e a segregación nas formacións científicas nas aulas. Reflexiónarán, neste sentido, sobre "a necesidade de fomentar a vocación científica" entre as estudantes e a importancia que, para facer, ten a visibilidade das referentes femininas no eido científico.O día 14, tamén no Pazo de Mariñán (18h), as relatoras serán varias integrantes da Rede Galega de Investigadoras: María de la Fuente, experta en nanotecnoloxía; Elena Lendoiro, toxicóloga e investigadora postdoutoral na USC; Vanessa Valdiglesias, bióloga e Mellor Investigadora Moza de Europa segundo a Sociedade Europea de Xenómica, e mais Zulema Varela, bióloga experta en enxeñaría ambiental. As fendas de xénero na carreira investigadora, as súas derivadas educativas e laborais e o seu reflexo na comunicación científica centran a cuarta edición das xornasdas científicas que impulsa a Deputación da Coruña, do 13 ao 15 de xaneiro no Pazo de Mariñán e no MUNCYTNo seu caso, abordarán a lexislación en materia de investigación e os máis recentes debates ao respecto en Galicia. Tamén tratarán a realidade laboral das científicas, os teitos de cristal que persisten no sector, o coñecido como Efecto Matilda e o papel que nestes eidos xogan os medios de comunicación.Esta cuarta xeira das xornadas A luz da ciencia finalizará no MUNCYT o sábado, día 15 (11:30) coa sesión sobre divulgación, comunicación científica e xénero. Maite Vence, da empresa especializada en turismo científico Observer e Paula Sánchez, científica do grupo de investigación xenomas e enfermidades e impulsora do proxecot divulgativo Ciencia e tal, falarán xunto á ilustradora Isa Loureiro sobre a fenda de xénero na divulgación e as medidas que poden paliala.Sinala o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas, que a vocación da iniciativa A luz da ciencia é "achegar a ciencia á sociedade dun xeito accesible" e "tratar temas de interese para o conxunto da cidadanía". Nesta liña, resalta, é "abordar a situación de desigualdade de xénero que se observa nas disciplinas do ámbito da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas é de xustiza". Para participar nas xornadas cómpre realizar a inscrición previa -de balde- a través do sitio web da Deputación da Coruña. |
NOS_47733 | Considera a Fernández Gayoso e outros catro antigos dirixentes de NCG responsábeis de varios delitos, entre eles fraude. Ademais, solicítalles a devolución de 18,9 millóns de euros. | A Fiscalía Anticorrupción pide 3 anos de prisión para o ex-presidente de Novacaixagalicia (NCG) Fernández Gayoso, outros catro antigos dirixentes da entidade e un avogado por presuntos delitos de apropiación indebida e alternativamente estafa, os que acusaba de se asignar prexubilacións millonarias malia a difícil situación de NCG, informa Europa Press. A Fiscalía considera como responsábeis da estafa o director xeral de NCG, José Luis Pego, o ex-director xeral adxunto executivo, Javier García de Paredes; o ex-responsábel do Grupo Inmobiliario, Gregorio Gorriarán, e un dos xestores da oficina de integración, Óscar Rodríguez. Aliás, asegura que Férnández Gayoso e o letrado Ricardo Pradas actuaron como cooperadores necesarios. Que devolvan os cartos Ademais solicita a estes seis acusados a devolución de 18,9 millóns de euros, cantidade que se asignaron fraudulentamente, indica fiscalía, nas súas pensións de xubilación e unha multa de 75.000 euros. As fiscais Concepción Nicolás e Pilar Melero concretan que Pego se asignou 7,7 millóns, Rodríguez Estrada 691.261 euros, Gorriarán 4,8 millones e García de Paredes 5,6 millóns. No escrito provisional de acusación, Anticorrupción precisa, indica EP, que os 4 altos directivos acordaron "movidos pola clara intención de obter un importante beneficio patrimonial, introducir diversas melloras nos contratos de alta dirección que garantiran a liquidación e rendas vitalicias futuras no caso de producirse a súa previsíbel saída da entidade crediticia tras a fusión". |
NOS_24293 | Cualifica de "construtivas" as conversas con Ucraína en Istambul. | O Goberno de Rusia anunciou nesta terza feira que "reducirá drasticamente" as súas operacións militares contra a capital de Ucraína, Kíiv, e a cidade de Chernígov tras unhas conversas "construtivas" con Ucraína na cidade turca de Istambul. O viceministro de Defensa ruso, Alexander Fomin, explicou que a decisión busca "aumentar a confianza mutua e crear as condicións necesarias para novas negociacións co obxectivo final de asinar un acordo" coas autoridades ucraínas. Así, explicou que a decisión se debe tamén a que "as negociacións sobre os preparativos para un acordo sobre a neutralidade e o status non nuclear de Ucraína, así como a entrega de garantías de seguridade a Ucraína, están a avanzar cara á práctica". "Partimos da base de que as decisións chave serán adoptadas en Kíiv e que se crearán as condicións para un maior traballo formal", destacou Fomin, tal e como recolleu a axencia rusa de noticias Interfax. O xefe da delegación rusa nas negociacións en Estambul, Vladimir Medinski, tamén recalcou que as conversas foron "construtivas" e agregou que a delegación rusa recibiu de parte dos seus homólogos ucraínos "unha posición claramente formulada para lograr un acordo", segundo informou a axencia rusa de noticias TASS. "Recibimos propostas de Ucraína para a súa consideración. É unha postura claramente formulada", dixo. Pola súa parte, Mikhailo Podoliak, asesor da Presidencia de Ucraína e parte da delegación do país, resaltou que Kiev propuxo un acordo sobre garantías internacionais que pasaría por "un referendo en que todos a cidadanía cidadáns expresaría a súa posición". "Tras iso, procederíase á ratificación por parte dos Parlamentos dos países garantes e do Parlamento de Ucraína. Isto é chave. Debemos lograr o apoio da sociedade para que o acordo realmente sexa creado", explicou, segundo informou a axencia ucraína de noticias Unian. Crimea e Donbás Podoliak salientou que o asunto da península de Crimea, anexionada en 2014 por parte de Rusia, é un asunto separado nas conversas, aínda que recalcou que Kíiv propuxo manter relacións bilaterais para fixar o status de Crimea e Sebastopol durante un período de 15 anos. A proposta inclúe a exixencia de que Rusia non use a forza para resolver o asunto neste período. Ademais, dixo que a situación nas repúblicas de Donetsk e Lugansk "discutiríase no marco de negociacións entre os presidentes de Ucraína e Rusia". |
NOS_5347 | A lei española prohíbe a publicación de inquéritos nas vésperas do día das votacións. Mais a lei española non vigora nen en Andorra -onde El Periódico publica as sondaxes do tramo final de campaña desde 2008- nen en Escocia. The National -o rotativo independentista escocés- publica agora os inquéritos que veu difundindo até o momento en Catalunya ElNacional.Cat. O último tracking aponta leves alteracións nas distintas forzas, mais as tendencias de fundo non varían. Cs continúa en cabeza e a maioría absoluta indepe é posíbel. | O último tracking de Feedback -que, ao entrar en vigor a prohibición de inquéritos no Estado na última semana de campaña, ve a luz en Escocia- sinala unha lixeira queda dos apoios de Cs e un aumento das opcións das dúas forzas soberanistas -ERC e Junts per Catalunya- que continúan á caza da formación liderada por Inés Arrimadas. Destarte, e a respeito da última mostra do inquérito, Cs cede apenas unhas décimas de voto (pasa de 24,06 por cento a 23,96) mas esa levísima queda podería levar aparellada a perda dun escano. O prognóstico agora sería 31-33 (face o 32-33 da anterior sondaxe). En troca, ERC progresa -falamos tamén en termos de apenas décimas- e escalaría até 20,11 por cento desde o 20,73 previo. En escanos, podería gañar un asento no Parlament (de 30-31 a 30-32). É algo máis sustancioso -meio ponto- o chouto que dá JxCat, a formación liderada por Carles Puigdemont, que se empoleiraría até 19,48 por cento (18,99 anterior), coa perspectiva de aumentar un escano (entre 27 e 29 no tracking anterior, entre 28 e 29 agora). A diferenza en percentaxe de voto entre ERC e JxCat é cada vez menor e apenas alcanza 1,25 por cento. A cuarta praza continúa a ser para o PSC de Miquel Iceta, embora a marca socialista tamén acusa un lixeiro retroceso. Neste momento obtería 14,11 por cento e entre 18 e 20 escanos (face os entre 19 e 20 da mostra demoscópica precedente). Caen tamén as dúas formacións que pelexan pola quinta praza: a CUP -8,05 por cento, entre 9 e 10 escanos face os 10 que lle outorgaba o último inquerito- e Catalunya en Comú Podem -6,82 por cento, o pior resultado da serie, entre 8 e 9 actas (11 no actual Parlament). Non hai discusión sobre quen fechará a clasificación o 21D: o PP de García Albiol, ancorado en 5,65 por cento, o que equivale a entre 5 e 7 escanos. Case cinco pontos a favor do bloco independentista face o conglomerado do 155 Aquí os números son diáfanos. As formacións partidarias dun Estado catalán independente sumarían 48,64 por cento, case un ponto máis que o sumado en 2015 (47,74 por cento). Os valedores do 155 (Cs, PSC e PP) ficarían en 43,72 por cento, case cinco pontos menos. A distribución dos votos nos distintos distritos eleitorais podería producir o paradoxo de o independentismo superar en percentaxe de voto os resultados de 2015 e, en troca, non alcanzar a maioría absoluta obtida con comodidade naquela altura (72 escanos, a suma de JxSí -62- e a CUP -10). A explicación desa aparente contradición -e sempre a falta dunha análise demoscópica demorada- remite para dous fenómenos: en 2015 ERC e PDeCAT ían xuntos -o que en xeral ten premio de acordo co funcionamento da Lei d'Hont- e, por outra banda, o aumento da participación -previsto en todos os inquéritos- daríase sobre todo en Barcelona, o que en teoría favorecería as opcións unionistas. |
NOS_3860 | No encontro, que se debruzará sobre o estado do mercado inmobiliario na Galiza e as dificuldades para a xente ver materializado o dereito ao acceso a unha vivenda digna, van tomar parte, entre outras persoas, a ex conselleira de Vivenda do bipartito, Teresa Táboas. | Teresa Tábaos foi no período 2005-2009 unha das catro persoas que, en representación do Bloque Nacionalista Galego, asumiron funcións de goberno durante o chamado bipartito, o executivo de coalición entre a formación soberanista naquela altura liderada por Anxo Quintana e o PSdeG que daquela encabezaba quen sería titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Na súa calidade de arquitecta e boa coñecedora do sector na Galiza, Táboas —que nos últimos anos veu realizando a súa actividade profesional en México—reaparecerá na escena pública ao coprotagonizar este sábado unha xornada de En Marea baixo o título xenérico de "A Vivenda, máis aló do mercado. Un dereito efectivo". O acto terá lugar no salón Galicia do Hotel Santiago Apóstol, segundo informa o partido instrumental nun comunicado de imprensa. Alén de Táboas, e entre outras persoas, participarán na xornada a profesora de Dereito Administrativo da USC, Alba Nogueira; o director de Planificación e Procesos Operativos de Vivenda, Medio Ambiente e Planificación Territorial do goberno vasco, Mario José Yoldi Domínguez; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños (BNG); o concelleiro de Espazos Cidadás, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais do concello de Santiago, Jorge Duarte (Compostela Aberta); ben como os profesores de Xeografía e Historia da USC e de Arquitectura da UDC, Rubén Lois e Xosé Anxo Carreira, respectivamente. |
NOS_8403 | Logo de celebrarse o Día de Rosalía de Castro a pasada cuarta feira, as homenaxes á escritora seguen a sucederse. Anxos García é a promotora de A rosa incandescente, unha curtametraxe que fai un percorrido pola súa figura e que se estreou o sábado pasado no auditorio municipal de Chantada. | Como nace esta iniciativa? O xerme da idea xurdiu no meu traballo, dentro deses retos que temos as profesoras de comunicar mellor unha cuestión ao alumnado, neste caso, a figura de Rosalía de Castro. No marco da celebración do seu día ocorréusenos facer un percorrido pola súa obra cunha lectura guiada pola propia escritora. Logo chegou o confinamento e tiven tempo para madurar a idea e facer un guión cinematográfico. Deillo a ler a algunhas persoas, gustoulles e comezamos a valorar en serio facer a curtametraxe. É unha idea que se converte nun soño. En que se centra a curtametraxe? Non temos a intención de contar a vida de Rosalía, pero si transmitir certos aspectos que nos parecían interesantes. Demostrala como unha muller botada para adiante, moi rompedora na súa época, que escribiu cousas que para os seus contemporáneos deberon de ser bastante sorprendentes. Foi forxándose a si mesma como unha figura valente, sen medo a dicir o que pensa e o que sente. Máis que a Rosalía lánguida, represéntase unha muller que toma as súas decisións, con valentía, o que lle crea problemas de incomprensión e de rexeitamento no medio social no que se move, xa que está dominado por mentes masculinas que non están polo labor de tratala como a unha igual. Escápaselles en todo momento do que para eles tería que ser unha muller e mesmo unha muller literata. Non se deixa dominar nin polas conveniencias nin polos intereses económicos. Pasouno mal tamén e quixemos mostralo, esa persoa que ao final da súa vida é como se se sentise acurralada pola incomprensión, pola enfermidade e polos problemas económicos. Entón, a ollada feminista tamén está presente. Desde o primeiro momento. Os primeiros textos que ela escribe son moi feministas. Sempre ten esa visión e esa conciencia de que ela é unha muller e que o camiño que quere transitar non está preparado para as mulleres, é un traxecto que lle vai resultar moi complexo. Desde o seu primeiro ensaio, Lieders, está claro que ela o entende perfectamente e o asume con valentía. Como foi o proceso de gravación? Cando comezamos esta viaxe tiñamos moitas incertezas, porque o audiovisual é moi caro. Eu tiña claro que ía por todas e que se non ía haber diñeiro das institucións, ía pór dos meus aforros. Logo tivemos a xenerosa axuda do Concello de Chantada. Todas as persoas que estaban inmersas no proxecto conectaban co guión e coa idea, sentíanse parte disto. Dunha maneira ou doutra, querían estar aí, con moita xenerosidade pola súa parte. Iso penso que se nota, a paixón que lle puxemos todos. Foron tres días moi intensos no Pazo de Sabadelle, que é un lugar que encaixaba moi ben co mundo rosaliano. A contorna, as carballeiras, os prados que hai arredor. Coidamos moito os detalles, que dan moito carácter á curtametraxe. Para nós é algo que ofrecemos ao país. Estas imaxes, sons... son parte da nosa cultura, con isto queremos transmitir o que somos e de onde vimos. Esa Galiza xa non existe, pero existe porque está presente na súa obra, en cada lectura vólvese activar. En cada nova visión do filme queremos que se active de novo esa Galiza de Rosalía. A que se debe a escolla do título? A rosa é unha flor belísima, a metáfora incesante da poesía occidental como a beleza, a xuventude, a fugacidade do tempo tamén... O de incandescente ten que ver coa paixón que ela lle puxo a súa obra e á súa vida. A súa capacidade de transmitir os seus sentimentos, pero tamén os da colectividade da que forma parte. Rosalía está aínda incandescente, aínda arde para nós. Non é cinza, é unha obra que perdura e que está viva. Ten moito que dicirnos e moitos valores que son perfectamente válidos para o mundo que nos tocou vivir. |
NOS_53372 | A poeta malagueña Mª Victoria Atencia vén de gañar o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. En 23 edicións, é a primeira poeta nacida en territorio español e a cuarta muller que recibe o premio. Atencia editou en 1987 o libro-poema "Saudade" no que dialoga con Rosalía. O poema está publicado en galego-portugués, lingua á que chegou por medio de Guerra da Cal. | Aos libros Ex Libris, Marta & María, El umbral ou o recente Las iluminaciones. Antología y poemas inéditos habería que engadir o singular poema-libro titulado "Saudade" e publicado en galego-portugués, por tradución de Ernesto Guerra da Cal. A edición á que temos acceso foi enviada nese mesmo ano pola autora a Xoán Costa, daquela director da revista Agália na que saíra o artigo "Seis poemas galegos de García Lorca" da súa autoría. Como García Lorca, Mª Victoria Atencia tamén ía ter o seu "poema galego", desta volta en versión recoñecida de Ernesto Guerra da Cal, o amigo da nosa lingua do autor de Granada. O poema chámase "Saudade" e nel, a poeta conversa con Rosalia de Castro, como se aprecia no verso "Em Padrom dir-me-ás de cada flor o nome". O breve ensaio da escritora que ía ser publicado no número 9 da revista "Agalia" fora solicitado por Ricardo Carvalho Calero a quen define, en carta enviada en xullo dese mesmo 1987 a Xoán Costa como "moi querido amigo". O texto referíase á "imaxiñería" de Lorca nas súas composicións galegas. "Saudade" en conversa con Rosalía Na carta ao entón director da revista da AGAL, Atencia explica que "Saudade" é un antigo poema, xa publicado en libro, que foi verquido ao galego-portugués polo tamén "moi querido amigo" Ernesto Guerra da Cal. "Co ilusionado consentimento do mesmo fixen (ou, a dicir verdade, fixo o meu home) unha brevísima edición onde, desde a composición tipográfica até o papel todo é artesán e manual", explica, desta alfaia editorial na que ela propia é autora da elaboración do papel. A poeta fai o envío á volta da recepción no seu domicilio dos exemplares dunha revista da que, como Nós, dicía, servíanlle para ir "coñecendo ao fin o verdadeiro alcance do reintegracionismo ortográfico querido na Galiza". María Victoria Atencia (Málaga, 1931) é a cuarta muller en gañar o Reina Sofía despois da cubana Fina García Marruz, a peruana Blanca Varela e a portuguesa Sophia de Melo. Na nómina dos Raiña Sofía atópase o poeta nacido en Ourense José Angel Valente, José Hierro, Mario Benedetti, Pere Gimferrer, Nicanor Parra, Sophia de Mello Breyner, Caballero Bonald, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, Ernesto Cardenal ou Nuno Júdice. SAUDADE A janela abre a um mar gris prata, com seu barco,e nesta sala há música de Haendel e Corelli.Revejo a tua tristeza, amiga Rosalia.Se pudesses ceder-me teu correlato justode saudade, eu podia librar-me deste pesoe aos poucos ir subindo as tuas altas ternuras.Que resseco este ar e a tua terra, que húmida!Em Padrom dir-me-ás de cada flor o nome.Conferiremos épocas e releremos cartas,vasculharei sem fim todas as tuas gavetas.Deixa que o teu espelho me mostre a minha imageme não falte ao meu canto a palavra precisa. |
NOS_32827 | Hadrián Mosqueira Pazos, detido a comezos de xaneiro baixo a lei antiterrorista, declarou que "nunca chegou a tocar" nin a bolsa nin os explosivos que a garda civil dixo que levaba enriba. O atestado policial ao que tivo acceso a defensa sitúa a hora do arresto nas oito do serán, e non de madrugada | O dispositivo policial de vixilancia con que detiveron o veciño de Ames Hadrián Mosqueira Pazos, 'Senlheiro', saltou máis de 30 veces "ao paso de veciños do lugar e de animais" antes de que prenderan o mozo, segundo consta no atestado policial redactado após a detención e ao que tivo acceso a defensa."Por que lle apareceu a garda civil a el e non nas outras ocasións? Porque estaban a agardar a que pasase un independentista", augurou en conversa con este xornal o avogado Borxa Colmenero. Segundo indicou o letrado, o operativo, con infravermellos e cámaras de vixilancia, levaba montado desde setembro, cando ubicaron nese mesmo monte o xornalista Carlos Calvo, a quen vincularon, ao igual que aconteceu con Mosqueira Pazos, coa organización Resistencia Galega para seguilo e arrestalo finalmente en Vigo. Desde aquela atópase en prisión preventiva, e o seu caso fica baixo segredo de sumario.Probas de ADN para demostrar que "nunca tocou" os explosivosNa súa declaración perante o xuíz Fernando Andreu, Mosqueira Pazos sinalou que o día do seu arresto, o 8 de xaneiro, paseaba polo monte dos Batáns, a 500 metros da súa casa, no lugar de Quistiláns, e non levaba nada enriba. O atestado da policía, se ben non confirma este testemuño, tampouco di que Senlheiro camiñase coa bolsa cando foi detido. Así, os termos metálicos que a imprensa puxo na súa man, reproducindo un comunicado do Ministerio de Interior, terían sido localizados no interior dunha casa en ruinas. O independentista declarou que "nunca chegou a tocalos" e para corroborar as súas palabras accedeu a que se lle practicasen as correspondentes probas de ADN, cuxo resultado demorará aínda varias semanas. O mesmo documento policial, ao que tivo acceso o avogado da defensa, sitúa a hora do arresto por volta das oito do serán, e non "de madrugada", tal e como se difundiu na imprensa. Desde ese momento e até o día seguinte ás doce do mediodía, cando o levaron ao seu domicilio para proceder co rexistro, "paseárono polo monte e ameazárono, mais el non declarou nada", tal e como informou Colmenero a este xornal. O xuíz levantoulle a incomunicación antes de lle tomar declaración Malia ficar incomunicado ao lle aplicaren a lei antiterrorista desde o momento da detención, aproveitou a presencia de familiares e amizades diante da casa para berrar que o torturaran no monte. "Efectivamente, durante a declaración perante o xuíz ratificouse no que dixera daquela, mais especificou que as torturas foran psicolóxicas e sinalou que remataran coa denuncia pública", subliñou o letrado. Así as cousas, Hadrián Mosqueira estivo incomunicado tres días, até que prestou declaración no xulgado central de instrución nº4 da Audiencia Nacional española, cuxo titular, Fernando Andreu, accedeu a lle levantar a incomunicación antes de ouvir o seu testemuño, polo que o independentista tivo a posibilidade de se entrevistar primeiro co seu avogado e de leren o atestado policial. Segundo matizou Colmenero, Andreu rachou deste xeito co procedemento habitual que se segue cos e coas pres@s vinculadas ao independentismo, e que atopa amparo na lexislación antiterrorista, e aplicoulle tamén o denominado 'protocolo Garzón', en virtude do cal tivo acceso a un médico da seguridade social. "Tampouco é habitual que se aplique", indicou, tal e como teñen denunciado colectivos en defensa dos dereitos e das liberdades, como Esculca. "Cando as detidas son mulleres si que se aplica, curiosamente", acrecentou Colmenero, e exemplifica as súas palabras co acontecido con dúas mozas detidas en decembro de 2011 tamén baixo a lei antiterrorista e que foran transladadas a un ambulatorio de Vigo. Ambas as dúas quedaron en liberdade sen cargos. A defensa non descarta a liberdade baixo fianza nos vindeiros mesesSegundo a información que manexa a defensa, Mosqueira Pazos tiña todas as comunicacións intervidas e, malia revisar o seu contido e os documentos requisados no rexistro domiciliario, a policía non tería atopado información algunha que xustifique a súa estadía no cárcere. Informou o avogado que, de acordo co que se desprende da información da imprensa masiva, a policía buscaría unha segunda persoa relacionada con estes feitos, encargada de deixar na casa do monte os explosivos cuxa manipulación se lle atribúe a 'Senlheiro'. Porén, aínda que o segredo do sumario xa se levantou, "aínda non podemos ter acceso a todo o proceso", polo que para a defensa é "moi difícil" poder contrastar as probas. Malia isto, de se confirmar a declaración ofrecida por Senlheiro cos resultados obtidos das probas de ADN practicadas, Colmenero non descartou a liberdade baixo fianza nos vindeiros meses, situación en que se atopan desde decembro Julio Saiáns e Héctor Naya 'Koala'.NOTA: as imaxes que acompañan esta información foron tiradas da páxina Colectivo de apoio a Senlheiro, na rede social Facebook |
NOS_1409 | Precisa de, cando menos, 2.500 sinaturas para superar o seguinte paso é chegar á Cámara galega, onde os deputados de PP, BNG e PSdeG deberán votar a favor, en contra ou absterse. | A plataforma Vía Galega vén de anunciar que xa comezou co proceso de recollida de sinaturas para que o Parlamento galego debata a súa proposta de Proposoción Non de Lei que recoñeza o "dereito, interese e necesidade" das seleccións deportivas galegas a competir en eventos e torneos internacionais. A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada por Vía Galega o pasado 30 de marzo foi admitida a trámite pola mesa do Parlamento galego, segundo explica nun comunicado. Presentan unha proposta no Parlamento para recoñecer o dereito das seleccións galegas a competir en torneos internacionais Agora, precisa de, cando menos, 2.500 sinaturas para superar o seguinte paso é chegar á Cámara galega, onde os deputados de PP, BNG e PSdeG deberán votar a favor, en contra ou absterse. Entre os integrantes da comisión promotora desta iniciativa, destacan a subcampioa Estatal junior de Decatlón, Alba Cuba Dorado; a primeira muller árbitra de balonmán en Europa, Cristina Fernández Piñeiro; o responsábel de Deportes de Nós Diario, Héctor Pena Taboada; ou o coordinador da Federación de Peñas do C.D. Lugo, Román Sánchez Basteiro. Proposta de Vía Galega De ser admitida a trámite e posteriormente aprobada a proposta de Vía Galega, o Parlamento instaría a Xunta a "tomar as medidas necesarias para que "a Galiza teña o dereito a competir coas súas seleccións deportivas absolutas a nivel oficial e internacional en todas as modalidades, categorías e disciplinas deportivas". Tamén recolle a petición de que "os nosos e as nosas deportistas poidan competir baixo a bandeira galega e exhibila cando soben ao podio", ademais de que "se conformen seleccións galegas femininas e masculinas en todas as categorías e disciplinas deportivas". Héctor Pena: "A muller leva o peso dos logros no deporte galego" Por último, a proposta incide en que "se galeguice o deporte e se promova a normalidade lingüística neste ámbito", e que "se impulse a igualdade de xénero mediante a participación da muller na práctica do deporte e coa conformación de seleccións e competicións femininas". |
NOS_810 | Queremos Participar dá por suposto que a Coordenadora Nacional de En Marea será "plural e representativa da base". | Na mesma nota de imprensa en que anunciou a apresentación dunha impugnación aos resultados provisorios das primarias, a candidatura Queremos Participar realiza unha distribución dos postos a cubrir na Coordenadora Nacional, o máximo órgao executivo da confluencia. Segundo as súas estimacións, e aplicando a proporcionalidade pura á que apelan no seu recurso, a dirección de en Marea ficaría constituída por seis membros de Máis Alá, tres de Somos Quen e dous de Queremos Participar. Neste cadro QP reservaría a Luís Villares o papel de "árbitro dunha coordenadora moi plural e representativa da base de En Marea". Cumpre lembrar a este respeito que QP defendía a candidatura de Villares como portavoz único, condición que lle negarían ao ex xuíz as persoas e colectivos (liderados por Marea Atlántica) que o acompañan na lista oficial. A outra candidatura crítica, Somos Quen -encabezada polo parlamentar Davide Rodríguez (Anova)- tamén querería converter o voceiro parlamentar no único órgao unipersoal da confluencia. Que di o regulamento das primarias sobre a constitución da Coordenadora Nacional? Pois que "a Coordenadora Nacional será elixida polo Consello das Mareas tendo en conta a proporcionalidade dos resultados das candidaturas apresentadas ao Consello de Mareas, atendendo a criterios de paridade, eficacia e non remuneración" (artigo 5, ponto 5). Segundo isto, a executiva da Marea tería de reflectir dalgunha maneira ("tendo en conta...") os resultados proporcionais das primarias, co cal Máis Alá tería maioría absoluta no órgao (obtivo o 58,66 por cento dos votos), mais tería de partillar responsabilidades orgánicas con Somos Quen (25,26 por cento) e Queremos Participar (16,08 por cento). Aliás, o regulamento di algo máis, no mesmo artigo 5 en que se especifican os requisitos para apresentar unha candidatura: que as listas deben explicitar no seu Documento Político unha proposta de composición da Coordenadora Nacional. Pois ben, só Máis Alá apresentou esa proposta, argumento de carácter exclusivamente formal que pode ser agora alegado pola candidatura oficial para copar todos os postos da Coordenadora. O asunto soborda claramente o debate xurídico e vaise ter que resolver na area política. Certo é que formalmente no documento de Queremos Participar non se especifica unha proposta concreta de Coordenadora, mais tamén é verdade que si se fai unha distribución de responsabilidades, o que implicitamente aponta a que esta candidatura desexaba participar na dirección da confluencia. As responsabilidades que propón Queremos Participar son as seguintes: Portavocía única (Luís Villares), Programa, Acción Social, Acción Feminista, Acción e Participación Democrática e Cidadá, Relacións Sociais, Relacións Institucionais, Acción Cultural, Organización, Finanzas, Comunicación e Redes. Somos Quen non entra a facer un reparto tan exhaustivo de responsabilidades, mais si aponta a que a Coordenadora debe ter unha permanente que "deberá ser elixida por consenso entre todos os integrantes de En Marea", o que obviamente dá pé a pensar que esta corrente defende un órgao de dirección plural e non monolítico. Proclamación de resultados De por parte, o Comité Eleitoral proclamará esta tarde (18 h) os resultados definitivos das primarias, coa atribución dos postos obtidos por cada unha das candidaturas no Consello de Mareas. Segundo puido saber Sermos, o Comité Eleitoral aínda non concluíu a súa deliberación sobre a impugnación apresentada por Queremos Participar. |
NOS_30547 | Catorce xornadas após, os coruñeses logran unha vitoria que os aproxima ao soño da permanencia en Primeira División. | Un gol de Luis Alberto e outro de Mariño en propia porta valéronlle ao Dépor os ansiados tres puntos que non viu durante 13 partidos consecutivos. O partido comezou co dominio dos xogadores locais, que non eran quen de estrear o marcador. O gol chegou cando restaban tan só dous minutos para o descanso. Grazas a unha xogada maxistral de Lucas Pérez, Luis Alberto batía o meta do Levante. Fallou no primeiro remate a porta, mais anotou co rexeite, tombando o porteiro visitante. Na segunda parte percibiuse o espertar do Levante. Os visitantes empataban no minuto 50 grazas a un tanto de Rossi, que provocaba un tremor na loita pola salvación. O tanto do Levante animou o conxunto valenciano, que tratou de ir a pola vitoria. O Dépor veuse arriba no tramo final do encontro até que atopou o segundo tanto. Así, a cinco minutos para o final, un centro pasado desde a dereita foi rematado por Luis Alberto. Mariño interceptou o lanzamento de primeiras pero o esférico deu en Lucas Pérez. O balón deu no pau e rebotou en Mariño antes de entrar na rede. Con este triunfo, o Dépor fica con 36 puntos e supera os 35 cos que rematou a Liga na pasada campaña, cando logrou a permanencia na máxima categoría. RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Fernando Navarro, Luisinho, Fayçal Fajr (Oriol Riera, min. 83), Pedro Mosquera, Borges, Cani (Fede Cartabia, min. 66), Luis Alberto e Lucas (Álex Bergantiños, min. 88). Levante UD: Mariño, Lerma, Feddal, Medjani, Juanfran (Cuero, min. 86), Morales (Rubén, min. 81), Simao, Verza, Verdú, Rossi (Casadesús, min. 77) e Deyverson. Goles: 1-0 Luis Alberto (min. 43); 1-1 Rossi (min. 50); 2-1 Mariño, en propia meta (min. 85). Árbitro: Vicandi Garrido (c. vasco). Amoestou Lerma (min. 33), Simao (min. 69), Oriol Riera (min. 88), Verza (min. 90) e Luis Alberto (min. 90). |
NOS_5492 | O propietario de Electricidade Carlos procedeu ao despedimento do cadro de persoal da empresa por ir á folga, alegando que se ausentaron do seu posto de traballo, xa que segundo o seu parecer a folga é ilegal | O dono de Electricidade Carlos, ubicada en Ordes, despediu todos os traballadores da empresa por ir á folga. O empresario alega que se ausentaron do seu posto de traballo, posto que a folga, considera, é ilegal. Desde a CIG-Metal negan rotundamente que a folga fose ilegal, posto que a convocatoria "foi presentada no tempo e forma que marca a normativa vixente". Os únicos que non recibiron a carta de despedimento foron os cinco empregados que nestes momentos se atopan no expediente de regulación temporal. O delegado de persoal da CIG, Ovidio Castenda, xa adiantou que o persoal afectado vai recorrer a decisión do empresario co obxectivo de que se recoñeza a improcedencia do despedimento. "Cremos que esta é unha medida de presión para intimidar aos traballadores/as e que nega o noso dereito á ir á folga", valoraba Castenda, quen entende que con esta medida o empresario tamén quere evitar as mobilizacións do persoal e a visualización pública deste conflito. Protesta Os traballadores de Electricidade Carlos iniciaron unha folga o pasado 28 de xaneiro en demanda do cobro das débedas salariais que a empresa mantén con eles, e que nalgúns casos ascende xa a máis de 11.000 euros. Os traballadores teñen vixente dende maio do pasado ano até o próximo abril un ERE suspensivo rotatorio, polo cal cada un dos 20 operarios permanece no paro durante catro meses, o único período no que cobraron puntualmente un salario. O obxectivo alegado polo propietario para xustificar esta regulación, sinala Castenda, era aliviar os problemas económicos da empresa aproveitando que non tiña que facer fronte ao pago de parte das nóminas, "mais o único que conseguiu foi agravar o problema". |
PRAZA_17625 | Persoal dos medios públicos mobilízase no seu oitavo 'venres negro' para esixir o cumprimento "íntegro" da lei que regula a compañía. "Valentía? Por favor! Eu si que podería falarlles de valentía noutras circunstancias históricas", retruca Sánchez Izquierdo á oposición no Parlamento Feijóo sentencia que a "manipulación" na CRTVG rematou coa súa chegada á presidencia | Feijóo sentencia que a "manipulación" na CRTVG rematou coa súa chegada á presidencia A axenda parlamentaria adoita situar nos venres as comparecencias do director xeral da Corporación Radio Televisión de Galicia na comisión da Cámara dedicada aos medios públicos. Isto provocou este 13 de xullo que, outra volta, Alfonso Sánchez Izquierdo acudise ao lexislativo cadrando cun novo 'venres negro', o oitavo no que persoal da Televisión de Galicia e da Radio Galega se mobiliza con reivindicacións como o cumprimento "íntegro" da lei de medios do ano 2011 ou a fin do que, afirman, é un control gobernamental da información. Fíxoo para presentar a memoria "sobre a execución da función de servizo público" da CRTVG durante o pasado ano. Nos dous meses que xa duran as protestas con este formato -centrais sindicais e comité intercentros xa desenvolveran diversas accións anteriormente-, persoal que participa delas vén alertando dun "crecente mal clima laboral que está a xerar a dirección" precisamente, polas propias mobilizacións e a súa transcendencia pública, especialmente intensa dende que os dous presentadores do Telexornal Serán anunciaron a súa renuncia a continuar conducindo este espazo na vindeira tempada como mostra de discrepancia co devandito control informativo. Todas estas circunstancias foron reprochadas dende as bancadas da oposición a Sánchez Izquierdo, que novamente restou relevancia ás reivindicacións e deu a lei por amplamente cumprida. Traballadoras da TVG e da Radio Galega en Ourense, durante o oitavo 'venres negro' / Defende a Galega Persoal dos medios públicos mobilízase no seu oitavo 'venres negro' Despois de que, no nome do BNG, a deputada Noa Presas subliñase os 'venres negros' como un exercicio de "valentía" do persoal que os secunda, o director xeral amosouse especialmente contrariado. "Pero vamos, valentía; valentía?", preguntouse. "Non", resolveu a continuación. Se acaso, asegura, tratarase da "expresión pura e democrática" dunha reivindicación que, ao seu xuízo, é "respectada absolutamente" dende a dirección da empresa pública. "Pero, valentía? Por favor; eu si que podería falarlles de valentía noutras circunstancias históricas". "Valentía, por suposto que si", retrucou Presas, quen lembra que "non todos os traballadores son fixos" e "aínda que non te poidan despedir, hai moitos outros mecanismos para ter consecuencias" por estas mobilizacións. Tamén o persoal mobilizado manifestou o seu rexeitamento ás verbas do director xeral nas horas seguintes ao debate. Sánchez Izquierdo: "Valentía? Por favor! Eu si que podería falarlles de valentía noutras circunstancias históricas" Tamén discrepa o director xeral do xuízo da parlamentaria do Bloque a respecto da "dimisión" dos condutores do Telexornal Serán, Tati Moyano e Alfonso Hermida. "Permítanme un mínimo rigor conceptual", apelou Sánchez Izquierdo. "Non dimiten, poden renunciar ás súas tarefas, pero non dimiten" e ademais "eses ambos traballadores seguen na súa tarefa a data de hoxe". Ambos anunciaran que así o farían ata despois do verán. Unha lei de medios "moi cumprida" Traballadoras de produción e redacción de programas, no oitavo venres negro / Defende a Galega O director xeral admite que aínda non foi creado o Consello de Informativos contemplado na lei, se ben advirte de que "non é o bálsamo que vaia garantir a calidade" Tanto Presas como Ánxeles Cuña, de En Marea, e mais Luis Álvarez, do PSdeG, aludiron nas súas intervencións á necesidade de que, como pide o persoal mobilizado, a lei de medios do ano 2011 sexa cumprida integramente e, nomeadamente, sexan aplicados preceptos do texto como a aprobación do Estatuto Profesional e a posta en marcha dos Consellos de Informativos. "Dá a sensación de que unha lei que non se cumpre", pero "é unha lei moi cumprida" agás "tres aspectos clave" dos que só un é responsabilidade súa, di, a aplicación da figura do contrato-programa, atrasada por cuestións fiscais, alude. Tanto o Estatuto como o Consello, resalta, é competencia do consello de administración e en calquera caso, advirte, o Consello de Informativos "non é o bálsamo que vaia garantir a calidade dos contidos" dos Telexornais. Así e todo, admite concordar con que "é posible outra televisión". Sánchez Izquierdo ofreceu a súa visión da compañía nun contexto no que, novamente, a oposición o acusou de avalar a inxerencia do Goberno galego e o escoramento da liña informativa prol do PP. Esta a cusación foi rexeitada tanto pola voceira popular na comisión, María Antón, como polo propio director xeral, aludindo a Televisión Española, onde según Sánchez Izquierdo se "albiscan" uns "pasos certamente inquietantes". Este venres, precisamente, o persoal de RTVE mobilízase no que polo momento será o seu último 'venres negro' ao estar xa fixado o prazo para a renovación dos órganos da compañía por concurso público. Presas (BNG), lembra cando o PP reclamou en 2006 un listado de participantes no desaparecido faladoiro 'Hai Debate!': "Alguén imaxina un debate coma ese na CRTVG en 2018?", pregúntase Antón aludiu tamén -como fixo Feijóo esta mesma semana- á etapa do Goberno de PSdeG e BNG como exemplo de manipulación informativa. A nacionalista Presas retrucou a esa alusión co "exemplo" dunha resposta escrita da CRTVG no ano 2006, co bipartito na Xunta, na que "o Goberno contestaba ao señor Diego Calvo", actual vicepresidente do Parlamento polo PP, que reclamara unha relación completa de persoas participantes no desaparecido faladoiro Hai Debate!, un coloquio en prime time sobre temas de actualidade. "Alguén imaxina que en 2018 poida haber na CRTVG un debate cun membro do Goberno, forzas da oposición e representantes sindicais, e ademais con público?", cuestionou. "O pasado está aí e co tempo -afirma- poderemos facer memoria do que era un compromiso coas liberdades democráticas" fronte ao actual "dexenere", afirma. Persoal de edición de vídeo da CRTVG, no inicio do oitavo venres negro / Defende a Galega |
NOS_46772 | As cifras que deu a coñecer o Instituto Galego de Estatística (IGE) estes días confirman unha situación delicada para a economía galega. Sectores como a automoción e o téxtil demostraron certa debilidade e dependencia nun mercado internacional moi volátil como o actual. | Galiza cae en exportacións de bens en 2019. Segundo datos publicados esta pasada quinta feira polo Instituto Galego de Estatística (IGE), o noso país exportou por valor de 22.196 millóns de euros o pasado ano, o que supón unha caída de 2,9% respecto ao ano anterior, 2018. Extraído desta mesma estatística, a situación galega é diferente a outros territorios que si incrementan as exportacións, como é o caso de Catalunya e Aragón que están no podio da listaxe. Galiza estaría de última a carón de Castela e León e Andalucía. Este descenso contrasta co incremento de 1,8% nas exportacións no conxunto do Estado español, que lograron un novo récord, con 290.089 millóns de euros en vendas. O peso da Galiza nas exportacións do Estado descende dúas décimas e pasa a supoñer 7,7% do total, unha das peores evolucións entre os diferentes territorios. Malos datos para o téxtil e a automoción Por sectores, as exportacións de combustíbeis na Galiza son as que lideran a diminución en 2019 (-1,4%), seguidas de vehículos (-1%), prendas de vestir (-0,6%) e aparellos eléctricos (-0,6%). No outro extremo, houbo un aumento nas vendas de embarcacións (+0,6%). En relación ao destino das exportacións Galiza continúa a ter unha excesiva dependencia de Europa. Neste sentido os datos do IGE sinalan que o noso continente é o destino de 75,2% do mercado exterior, con Francia e Portugal como principais países destinatarios. O proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea tamén afectou ás exportacións galegas a ese país. O factor Brexit deixouse notar cun retroceso nas vendas de 6,6% en 2019. No lado contrario os maiores aumentos porcentuais na exportación estarían en países como Malta (+113,5%), Luxemburgo (+61,5%), Indonesia (+39,6%) e a China (+27,5%). As importacións galegas aumentaron en 2019 Se as exportacións baixaron en 2019 non foi o caso das importación que tiveron a tendencia contraria e subiron na Galiza un 4,2% en comparación con 2018 chegando a un importe de 19.814 millóns de euros. Este aumento é catro veces maior que o do Estado español (+1%). O sector do automóbil é o que conta cun maior avance (+1%). En relación ás cifras mensuais, as exportacións no mes de decembro na Galiza tiveron un aumento de 18,4% (liderado polas vendas do sector do automóbil), que serviu para paliar a redución do ano. As importacións elévanse 8,1% de forma intermensual. Buscar novos mercados Algúns sectores, como o do metal, levan tempo tratando de buscar novos mercados para evitar a dependencia actual en determinados países. Nunha recente xornada en Vigo, Iria Santamaría, do Departamento de Comercio Exterior da Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime), expuxo que a metalurxia, a automoción, e a pesca son os sectores máis afectados. Outro tanto pode acontecer, nas cifras deste ano, coa situación na China polo coronavirus. E a solución diante desta circunstancia está na busca de novos mercados. |
NOS_25890 | A denuncia realizárona en San Caetano as organizacións Foro galego da inmigración, SOS Sanidade pública, Médicos do mundo e a Asociación galega de medicina familiar. | "A exclusión sanitaria das persoas inmigrantes é unha fronteira invisíbel", denunciou o Foro galego de inmigración nunha acción reivindicativa realizada esta terza feira perante os edificios administrativos da Xunta de Galiza, cadrando coa celebración da Semana de loita contra as fronteiras. Canda SOS Sanidade pública, Médicos do mundo e a Asociación galega de medicina familiar presentaron no rexistro de San Caetano unha denuncia en que fan constar "as vulneracións" no acceso á asistencia sanitaria que sofren as persoas inmigrantes na Galiza. Así as cousas, para alén de exixiren a derrogación do RD 16/2012, aprobado polo Goberno español e que afectou máis de 9.000 cidadás e cidadáns no noso País, o voceiro do FGI, Miguel Fernández, queixouse tamén das eivas do Programa galego de protección social á saúde pública, posto en marcha pola Xunta mais que "non evitou a perda fundamental do dereito á saúde". Na denuncia rexistrada, os cinco colectivos sinalan as "importantes limitacións" que ten a medida da consellaría de Sanidade, que cualifican de "parche" con carácter "graciábel e transitorio". Ao fío, Miguel Fernández alertou da exixencia de 183 días de empadroamento que estabelece para poder gozar dun dereito fundamental, así como a dificultade na difusión da información que provocou que "non chegase aínda a todas as persoas ás que debera". Aliás, afastou dos centros de saúde moit@s afectad@s pola exclusión por "medo" a non seren atendid@s. Reclamou, neste sentido, unha difusión "clara" que permita cubrir o conxunto da poboación ao que vai dirixido. |
NOS_20480 | Na Galiza rexistráronse máis de 400 delitos de odio entre 2013 e 2020, dos cales máis da metade —230- foron por racismo e xenofobia e, principalmente, pola orientación sexual e identidade de xénero da vítima. Unha situación que nestes anos padeceron máis de 200 persoas, segundo os datos do Ministerio de Interior español, que recoñece que non todas estas situacións e delitos se denuncian. | O Consello de Ministras e Ministros da pasada terza feira analizou o II Plan de acción de loita contra os delitos de odio 2022-2024. Informábase no Consello que en 2021 as Forzas de Seguridade investigaron 1.802 posíbeis delitos de odio no Estado, 530 máis que cinco anos antes, o que representa un incremento de 41,6%. No informe non se desagregan os datos por territorios, o que si está dispoñíbel para os rexistros de 2013 a 2020, este último publicado recentemente, e que permite coñecer cal é a situación na Galiza. Neses sete anos rexistráronse polas autoridades na Galiza máis de 400 delitos de odio, sumando os que corresponden a ataques por orientación sexual e identidade de xénero (130), e por racismo e xenofobia (99) máis da metade: 230 delitos, o que representa seis de cada dez. Os datos indican que, como media, cada 12 días hai un delito destas características no país. O discurso do odio espállase pola Galiza: medran as agresións contra o colectivo LGBT+ As vítimas Máis de 200 persoas foron vítimas no período mencionado de delitos racistas ou pola súa condición sexual. No último ano rexistrado, 2020, esta situación sufrírona 24 persoas, unha media de dúas por mes. Houbo, segundo o informe de Interior correspondente a ese exercicio, 19 vítimas de delitos de racismo e xenofobia e 5 por identidade de xénero ou orientación sexual. Neste segundo caso constátase un descenso notábel a respecto de anos anteriores. En 2014 houbo 43 destes delitos e en 2013 foron 44. A respecto do racismo e xenofobia a cifra mantívose desde 2013 ao redor dunha decena ao ano, se ben houbo exercicios onde se rexistraron até 19, como foi en 2018. Asasinatos, malleiras e pintadas con ameazas Os datos correspondentes a 2020 hai que interpretalos, ademais, sen perder de vista que foi un exercicio marcado pola pandemia, con confinamento incluído, o que implicou un descenso nas cifras de delitos e criminalidade en todos os niveis. En 2021, houbo varios exemplos na Galiza de como este tipo de violencias volvían: o asasinato de Samuel na Coruña, unha parella homosexual golpeada na mesma cidade, pintadas homófobas na casa dun veciño de Cabo de Cruz que pendurou da xanela unha bandeira do orgullo, pintadas de "maricón muerto, abono para mi huerto" nun instituto de Lugo, unha muller trans agredida en Compostela… Tres anos e medio de internamento para os menores detidos polo asasinato de Samuel Luiz Variedade de causas Os delitos de odio non abranguen só aqueles referidos á raza ou procedencia dunha persoa ou á súa orientación sexual. Tamén se rexistran delitos por 'anticiganismo' (houbo catro entre 2019 e 2020, os dous anos onde esta categorización se aplicou por primeira vez. Un dos mía frecuentes son aqueles producidos por ter a vítima algunha discapacidade mental e ou física: houbo 58 casos rexistrados desde 2013 até 2020, con anos nos que a media era máis de un por mes, como nos exercicios 2014 e 2015. |
PRAZA_17411 | Alfonso Hermida e Tati Moyano presentan a súa dimisión por "discrepancias coa liña informativa" e no medio das protestas do persoal contra a "manipulación informativa" e pola creación do Consello de Informativos. Deixarán o espazo no vindeiro outono. O xornalista xa abandonara o seu posto á fronte do informativo en 2012 | O xornalista xa abandonara o seu posto á fronte do informativo en 2012+INFO | A cúpula da TVG retruca con desconcerto á dimisión dos presentadores do TelexornalAlfonso Hermida e Tati Moyano, xornalistas do Telexornal Serán da TVG, presentaron o pasado venres a súa dimisión como presentadores do espazo por "razóns profesionais" e "discrepancias coa liña informativa". Así o adiantou este martes a sección do sindicato CUT na Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e o confirmou Praza.gal con fontes do persoal dos medios públicos galegos. Hermida e Moyano continuarán presentando o Telexornal durante este verán e ata que comece a nova temporada de outono na TVG, momento no que deixarán o seu posto. A noticia non foi recibida con excesiva sorpresa pola xefatura de informativos nin pola dirección do ente público, conscientes das diferenzas que mantiñan ambos presentadores coa deriva que gran parte do persoal dos medios públicos leva denunciando desde hai tempo. Tampouco intentaron facer nada por convencelos para que reconsiderasen a súa decisión, que era firme e meditada.Hermida e Moyano abandonan o Telexornal Serán por "razóns profesionais" e "discrepancias coa liña informativa" do espazoSegundo fontes do persoal, o "día a día na redacción" e o feito de que os dous xornalistas non dubidasen en amosar o seu malestar coa liña informativa e o xeito de tratar as novas por parte da xefatura fixo que a decisión fose agardada. Só quedaba saber cando se produciría. Ademais, fontes dos órganos de dirección da compañía pública din extraoficialmente que a CRTVG xa tiña pensado prescindir dos dous presentadores pola baixada de audiencia no Telexornal Serán. A comunicación da dimisión destes dous recoñecidos profesionais, con anos de experiencia na TVG, chegou no mesmo día no que boa parte do persoal mobilizábase no cuarto Venres Negro, unha iniciativa na que os profesionais dos medios públicos galegos apoian as reivindicacións dos seus compañeiros da TVE, denuncian a "manipulación informativa" que din sufrir na televisión e na radio galegas e reclaman xa a creación dun Consello de Informativos.As diferenzas de criterio entre Hermida e Moyano e os dirixentes da CRTVG eran evidentes e palpables desde hai tempo. Ademais, ambos os dous non dubidaron en situarse na vangarda das reivindicacións das catro xornadas de Venres Negro nas que o persoal vestiu de loito e difundiu a través das redes sociais as súas reclamacións e imaxes con vestimenta moura. "Insistimos na nosa demanda duns medios públicos distintos. É difícil, pero por nós non vai quedar", publicaba Hermida nese día 15 na súa conta de Twitter, cunha mensaxe semellante á que xa expresara no resto dos días de mobilización. Tamén Tati Moyano difundiu en varias ocasións o seu apoio ás denuncias de manipulación. Non é a primeira vez, ademais, que Alfonso Hermida denuncia, mesmo publicamente o control político sobre a CRTVG. Hai anos, durante a xornada de folga en contra da reforma de lei dos medios públicos galegos, dirixiu un informativo reivindicativo presentado na praza do Toural de Compostela. O sindicato CUT aplaude "a súa dignidade, tan necesaria nestes momentos""Disque teñen xente de sobra para poñer a cara pola manipulacion sen cuestionarse constantemente os contidos, como intentaron facer Alfonso e Tati. Grazas, compañeiros", publicaba a CUT, sindicato que anunciou que neste vindeiro Venres Negro aplaudirá "a súa dignidade, tan necesaria nestes momentos". "A ver a quen atopan para substituír estes profesionais con dúas décadas de experiencia, que seica un informativo pode conducilo calquera", insistiu. Este diario intentou por varios medios obter a vesión da CRTVG respecto da marcha dos dous xornalistas, pero finalmente declinou facer comentario ningún. O Comité Intercentros da CRTVG entregou ao director xeral máis de 550 sinaturas do persoal reclamando que non se supriman os informativos locais da RGA dimisión dos dous presentadores chega tamén no medio de continuas protestas de boa parte do persoal da CRTVG. Neste mesmo martes, o Comité Intercentros da CRTVG entregou ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, máis de 550 sinaturas de traballadoras e traballadores da Compañía coas que "demandan a continuidade dos informativos locais na Radio Galega" e que a dirección decidiu suprimir a partir do 9 de setembro. Tamén solicitan, ademais, "o reforzo das delegacións territoriais, mermadas de persoal e sen técnicos de control, para ofrecer a información de proximidade con maior calidade". Porhíbenlle o paso a persoal da RTVE a San MarcosSegundo indica o Comité Intercentros, a entrega das sinaturas coincidiu cunha xuntanza prevista en San Marcos entre o devandito comité e o de empresa provincial da Compañía de RTVE en Galicia. Segundo denuncia, a dirección de Recursos Humanos "non permitiu a entrada dos sindicalistas" dos medios públicos estatais, polo que o encontro tivo que realizarse "na porta do edificio", unha decisión que, din, "é a primeira vez que se produce" e que relacionan coas mobilizacións que se veñen producindo nas últimas semanas e que reclaman tamén que non se elimine o programa Diario Cultural, da Radio Galega, que deixará de ser un espazo independente desde o vindeiro outono. "É intolerable, propio doutros tempos nos que non se respectan os dereitos sindicais máis elementais", denuncia o comité da RTVEAdemais, o comité de empresa de RTVE na provincia da Coruña explica que eles mesmos recibiron unha notificación da directora de Recursos Humanos da CRTVG denegándolles o paso ás instalacións de San Marcos, un feito que consideran "intolerable, propio doutros tempos nos que non se respectaban os dereitos sindicais máis elementais". "O que buscaban con estas actitudes totalitarias era impedir o normal desenvolvemento das nosas competencias", aseguraron, logo de criticar a "vulneración a liberdade sindical". "Lonxe de amedrentarnos, isto énchenos de razóns para seguir loitando pola recuparación dos dereitos, entre outros, o que este martes intentou cercenar a dirección da CRTVG", rematan. |
PRAZA_15976 | GALERÍA DE IMAXES | Concentracións en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo lembraron á moza cuxo cadáver apareceu hai uns días en Rianxo e denunciaron a violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres O Colexio de Xornalistas pide tratar o asasinato como violencia machista e "non sumar dor" á familia O asasino confeso de Diana Quer era o "principal sospeitoso" dende hai máis dun ano | O asasino confeso de Diana Quer era o "principal sospeitoso" dende hai máis dun ano Seis concentracións convocadas en Compostela, Vigo, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo lembraron este martes a Diana Quer, cuxo cadáver apareceu hai uns días en Rianxo tras meses de investigación, e denunciaron o "terrorismo machista" e a violencia exercida contra as mulleres polo feito de ser mulleres. Baixo a chuvia e co acompañamento nos máis dos casos das iluminacións de nadal que aínda presiden os centros das cidades galegas, as convocatorias realizadas polo movemento feminista galego reclamaron "desnormalizar todas as violencias machistas" e unha implicación real de todas as administracións -con recursos e accións decididas- para loitar contra os feminicidios. Lembrouse que neste caso Diana Quer foi vítima dun "maltratador ademais reincidente no seu terrorismo machista" e subliñouse que casos coma o desta moza non figurarán nas estatísticas de violencia de xénero, pero que están motivados e sustentados polo mesmo patriarcado que tamén afecta a outras situacións vitais. "Porque todas somos Diana e queremos que se superen todas as posibilidades de caer nas violencias machistas a mans de maltratadores cara ás mulleres dun xeito aberrante e intolerablemente normalizado na nosa sociedade", concluíuse nunha das concentracións. |
NOS_49080 | Laura Romero defínese como ilustradora, urban sketcher e música. A visibilización das mulleres é un aspecto fundamental na súa obra e coas ilustracións realizadas sobre Inés de Castro e Lupa Pérez de Traba participa do proxecto Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza de MAOS Innovación Social. 'Nós Diario' incluirá o sábado 17 de setembro unha cartilla para conseguir este cartafol de ilustracións. As lectoras e lectores poderán cubrila cos cinco cupóns que se distribuirán co xornal entre o 20 e o 24 de setembro e entregala no quiosco. | —A súa formación está ligada ao mundo da arte, por que decidiu especializarse na ilustración?Sempre tiven moi claro que quería estudar Belas Artes, pero o certo é que durante os meus estudos nunca me centrei na ilustración. Sempre prioricei a pintura, até que deixou de interesarme por varias razóns, entre elas o lento do seu proceso. Foi así como descubrín a inmediatez do urban sketching, e, pouco despois, empurrada pola música, a ilustración. —Cales son os seus referentes, tanto no mundo da arte como fóra?O meu primeiro recordo de muller ilustradora é o de Pilarín Bayés. Non é unha referente estilística, pero desde logo é unha referente. O meu estilo bebe moito de Eric Carle: busco ese efecto collage, contornos definidos pero imperfectos, esaxeracións… Despois, fóra do mundo da ilustración, inspíranme moito as mulleres músicas pioneiras, a súa forza por abrir camiño nun mundo onde, de entrada, non eran moi benvidas. —Hai algún proxecto que supuxera un punto de inflexión na súa traxectoria artística?Si: Músicas Galegas Ilustradas. É un proxecto persoal que comecei en 2017 para visibilizar o papel das mulleres na música galega. Primeiro, con ilustracións. Despois veu un libro, Ferreñas & Rock and Roll. Actualmente estou traballando nunha serie de gráficos onde analizo a participación de músicas en diferentes festivais e eventos galegos, baixo o cancelo #MáisMulleresNosEscenarios. —Dar visibilidade ás mulleres é unha constante nos seus proxectos e ese protagonismo feminino é un dos fíos condutores do Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza, que supón colaborar nun proxecto como este?É necesario visibilizar por fin a historia das mulleres, e máis cando falamos de Historia, xa que as protagonistas femininas que coñecemos comunmente contámolas cos dedos das mans. Estou moi agradecida de poder achegar o meu lapis a este proxecto, xunto a catro compañeiras que admiro. Iria Fafián, ilustradora: "A María Castaña ilustreina como unha labrega de presenza potente e cun facho ardendo na man" —De entre todas as mulleres que podía elixir, por que ilustrar Lupa Pérez de Traba e Inés de Castro?A Inés de Castro elixina porque quedei fascinada coa súa historia e mito despois de colaborar con MJ Pérez no seu documental Inês, aquilo que nos une. A Lupa Pérez de Traba ilustreina por simple descoñecemento dunha figura que habitou perto de onde eu vivo agora. —Que é o que máis lle gustou de traballar ao redor destas mulleres?Poder darlles un espazo no presente dalgunha maneira. Ademais, é moi divertido poder imaxinar o seu aspecto a partir das representacións que chegaron até os nosos días. —A música é parte fundamental en moitas das súas obras, tamén está presente neste proxecto dalgunha forma?Si, no caso de Inés teño presente a banda sonora que MJ compuxo para o seu documental. O rostro das mulleres do Reino da Galiza, da man de 'Nós Diario' —Neste momento, que ten entre mans? Algunha novidade profesional sobre a que nos poida falar?En breves comezarei a ilustrar dous libros, dos que polo de agora non podo falar moito… Ando tamén a intentar crear conciencia empregando o cancelo que mencionei antes, #MáisMulleresNosEscenarios, máis alá das redes sociais e da web… |
NOS_48406 | O Resurrection Fest abre desde esta sexta feira e durante esta fin de semana a súa versión online nunha edición virtual e reducida a 12 horas de programación en streaming onde se repasará a historia da cita viveirense a través de concertos, documentais e entrevistas. As sesións, que comezarán ás 21 horas e que se repartirán entre a sexta feira e o sábado, poderán seguirse a través de Facebook e Youtube. | "Nun ano catastrófico, non podiamos estar sen ofrecer algo á xente que nos apoia. Non sería responsábel pola nosa banda pasar 24 meses sen ofrecer algo á xente que nos segue mes a mes", sinalou onte un dos responsábeis da cita online, Esteban Girón, en declaracións a Europa Press. Para el, "as dificultades están no ADN do festival, porque a primeira edición suspendeuse". O mesmo ocorreu, aínda que por diferentes motivos, con esta XV edición, que vendeu nun día todas as entradas e que "parecía que ía ser a mellor na historia do Resurrection". "Chegou unha pandemia mundial e levou por terra o traballo deste ano e os froitos de todo o esforzo acumulado", lamenta o tamén guitarrista de Toundra. Girón recibiu en marzo a encarga por parte do director de Bring The Noise, Iván Méndez, que se perfilou ao longo do confinamento. "Vai haber actuacións de grandes artistas, entrevistas, algunhas delas inéditas e outras que fixemos durante estes anos, extractos dos mellores concertos do festival e outros que gravaron bandas desde estudos...", adianta o organizador. Entre as entrevistas inéditas cóntanse unha a Trivium e outra a Parkway Drive, mentres que Angelus Apatrida foi unha das bandas que gravou para este festival virtual. O programa tamén inclúe un documental da TVE, gravado en 2019, outro de Parkway Drive e un terceiro feito polo xornalista Jon Sistiaga. O documental do Resurrection Fest afronta os maiores fitos desde o nacemento deste encontro, da man duns mozos que o montaron para levar a Viveiro a súa banda favorita, Sick Of It All. Entre os nomes que pasaron polo festival ao longo dos anos destacan tamén as de Slipknot, Parkway Drive, Slayer, Kiss, Scorpions, Rancid, Bad Religion ou NOFX. Así, o fío narrativo é a historia desde 2006 até 2020, "un traballo bonito nun momento de desesperanza e de incerteza total", indica Girón. A iniciativa terá, ademais, unha parte solidaria, xa que a recadación dos packs de camisetas e pulseiras irá dirixida á Cruz Vermella e destinada ás persoas afectadas pola Covid-19, xunto cunha campaña de doazóns. |
NOS_48787 | Eliseo Fernández (Ferrol, 1967), historiador que ten investigado a Guerra Civil e a II Guerra Mundial en Galiza, fálanos do contexto que explica estes documentos do MI6 sobre o nacionalismo galego que el mesmo deu a coñecer a través de Sermos Galiza. | - É este o primeiro documento que se coñece da espionaxe sobre o nacionalismo galego?- Non sei se hai máis, pero é o primeiro que se ten publicado, aínda que xa desde antes había documentos dese estilo, pois no contexto da II Guerra Mundial hai un traballo de espionaxe e contraespionaxe relacionado co tema do wolframio en Galiza e Portugal, e ao mesmo tempo politico arredor da oposición a Franco, como apoio aos aliados e logo tamén pola parte soviética, co traballo que facía o Partido Comunista. - No nacionalismo o tema da CIA é case un mito. Falouse moito, novelouse incluso, pero que probas hai?- Realmente o tema da espionaxe en Galiza non está demasiado investigado, porque os arquivos -tanto británicos como americanos- tenden a desclasificarse con bastante rapidez, sobre todo en temas que a eles lles afectan moi pouco, como o tema de Galiza. Entón eu creo que é posible que haxa máis documentación, o que pasa é que require a viaxe a Londres ou a Estados Unidos. Eles estaban traballando coas forzas políticas que había na Galiza para preparar o terreo por se había algún cambio e por se eles quixeran impulsar ese cambio. - A relación de colaboración do exilio vasco cos americanos é coñecida, pero no caso do nacionalismo catalán e galego, houbo algunha estratexia neste sentido?- O que había era no galeguismo de interior, con Piñeiro á fronte, polo menos contacto aínda que eu creo que tamén colaboración. Os consulados británicos deron apoio á parte da oposición ao franquismo que estaba máis ao seu lado, que era o Partido Galeguista de Piñeiro, os socialistas e a CNT. Entón si que aí pode haber información sobre iso. Pero xa despois no contexto internacional está menos documentado porque seguramente tamén o PG no exterior tiña menos relación cos aliados. - Ademais da información colleitada, coñécese algunha inxerencia dos servicios secretos nestes anos en Galiza?Eles traballaban en base aos intereses. Os ingleses apoiábanse na oposición antifranquista para conseguir información sobre o tema do wolframio e sobre os nazis. E unha vez que se empeza a debuxar o tema da Guerra Fría, cos americanos e cos ingleses por un lado e cos soviéticos polo outro, empezan outro tipo de contactos que teñen que ver con todos os movementos con respecto á posibilidade de que houbese unha restauración republicana ou mesmo monárquica derrocando Franco logo da IIGM. Eles estaban traballando coas forzas políticas que había na Galiza para preparar o terreo por se había algún cambio e por se eles quixeran impulsar ese cambio. A finais da IIGM probablemente tivesen medo de que o Partido Galeguista se achegase ás posicións da Unión Soviética e podía haber un certo interese en atraelos e ter un control para ver que pasaba con esa loita de tendencias. - Esta información era proporcionada fundamentalmente por socialistas e CNT, non?- Dáme a impresión de que todo o que era a colonia inglesa na Galiza, todos os que estaban na minaría como Alfred Burne, ou Estanislao Durán, das liñas trasatlánticas inglesas, consulados, etc. e toda a xente que viña aquí facer negocios, ao mesmo tempo informaban os seus gobernos sobre cousas moi diversas. E logo habería xente que facía espionaxe de verdade, pero non hai moita información. Tanto uns coma outros utilizaban xente de partidos e sindicatos para conseguir información. - Vese no informe que tiñan moi controlado Castelao. Tiñan verdadeiro interese no nacionalismo galego ou era un control suave para controlar o que estaba a pasar?- Eles querían controlar as posibilidades de que houbese un cambio e para iso precisaban ter a máxima información posible de cada partido, de que pé coxeaban, cara onde ían, etc. A finais da IIGM probablemente tivesen medo de que o Partido Galeguista se achegase ás posicións da Unión Soviética e podía haber un certo interese en atraelos e ter un control para ver que pasaba con esa loita de tendencias. Ao final, o que pasou en todos os partidos e organizacións é que había moita diferenzaentre as organizacións do interior e as do exilio. |
NOS_10604 | Após centralizar as compras de medicamentos e conceder a adxudicación á empresa privada Servicio Móvil, a consellaría de Sanidade bota agora balóns fóra e di que o desabastecemento se debe "a un problema de distribución alleo" á Xunta. | No Hospital da Costa, os e as médicas teñen que pedir os medicamentos duns departamentos a outros porque a farmacia está desabastecida desde finais de decembro, cadrando coas datas das festas de inverno. A xerencia do centro público recibiu varias reclamacións de facultativ@s após se veren na obriga de interromper algúns dos tratamentos pautados ao non haber fármacos. Sermos Galiza contactou cun traballador do hospital. Alfonso Lourenzo --identidade fiticia-- dixo que "temos constancia de que se deu orde de que a partir do 20 de decembro non se fixera pedido de ningún tipo de material. Non sabemos por que. Imaxino que para cadrar as contas a final de ano". Ao lle pediren explicacións ao Sergas, a resposta foi descarregar a responsabilidade na adxudicataria da central de compras, a empresa privada Servicio Móvil. "Débese a un problema de distribución alleo a nós", explicou a Xunta. Porén, é a Xunta a encargada de velar polo cumprimento das condicións estabelecidas no contrato, tamén no relativo aos prazos dos repartos. "O que está a acontecer é un exemplo de que privatizar servizos mingua a calidade da asistencia que prestamos", subliñou Lourenzo, acrecentando que "é tamén un exemplo de que o principal prexudicado é o paciente". A vaga que deixou un cura do hospital ao se xubilar, cuberta de inmediato Con todo, e malia non teren fármacos, no Hospital da Costa os dous capeláns que prestan asistencia relixiosa e que están en nómina da consellaría de Sanidade manteñen a periodicidade habitual das visitas. A xubilación dun deles non causou alteración ningunha porque o Sergas, que mantén para o persoal sanitario unha taxa de reposición do 10%, cubriu a vaga de maneira inmediata. É dicir, de se xubilaren 100 sanitari@s, a Xunta contrataría unicamente 10. Aconteceu isto nos centros de saúde de Cervo, Xove e Ribadeo, onde as vagas médicas que deixaron as xubilacións non se cubriron. No hospital público de referencia da comarca da Mariña escasean os medicamentos mais, como conclúe Alfonso Lorenzo, "sen cura non quedamos nin un só día". A consellaría de Sanidade gasta 50.000 euros ao mes en capeláns. |
PRAZA_2805 | Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo: conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns | Nesta campaña electoral os candidatos non falan da saúde. E deberían. O PP para informar do que fixo cos servizos sanitarios e os demais para pedir explicacións. A sanidade pública é un elemento básico do Estado de benestar; desde que o PP accedeu ao poder sufriu o maior ataque da súa historia. Nestes catro anos aplicaron con rigor unha estratexia destinada a desmantelar o sistema sanitario público para crear espazos de negocio ás empresas afins e ás grandes multinacionais do sector. A primeira medida nesa dirección adoptouna o PP nada máis chegar ao poder central. En abril de 2012 (tres meses despois da toma de posesión) publicou no BOE o funesto RDL 16/2012 -o que fai sospeitar que ese texto xa estaba escrito cando Rajoy prometía nos mitins que non tocaría a sanidade nin as pensións-. Esa norma introduciu copagos en sanidade, excluíu medicamentos do financiamento e excluíu persoas da sanidade pública: aos inmigrantes e ás persoas que teñen estancias no estranxeiro superiores a 90 días. Este apartheid sanitario é unha decisión inxusta, inhumana, perigosa e inútil: non produce ningún aforro económico e provoca un enorme sufrimento persoal e colectivo -ademais de significar un risco para a saúde pública-. Esta lei atopouse, desde o principio, coa oposición de moitos profesionais -que fixemos obxeción de conciencia-, e de todos os grupos políticos (excepto Cidadáns). O goberno central aplicouse con rigor neste retorno ao pasado. Levounos a un tempo preconstitucional: as persoas xa non temos dereito á atención sanitaria pola nosa condición de cidadáns senón en canto esteamos asegurados. O dereito á sanidade volve estar condicionado pola cotización previa. Mentres tanto as CCAA no seu poder continuaron coas políticas xa iniciadas anos atrás: recortes e privatizacións. A diminución do gasto sanitario nas CCAA chegou ao 21% e pasou do 6.8% do PIB en 2008 a representar o 5.9% en 2013. En 2015 o sistema sanitario público ten 55.000 traballadores menos (con menos salario, peores condicións laborais e maior precariedade -10.300 médicos/as e 6.500 enfermeiros/as fuxiron ao extrenjero-) mentres as empresas sanitarias conseguiron manter e ata aumentar os seus beneficios a costa dos orzamentos públicos. Numerosas áreas relacionadas coa sanidade (limpeza, cociña, mantemento, loxística, tecnoloxía, etc) pasaron a mans privadas (en concesións para anos, o que fai máis difícil o seu rescate) e, ademais, xa sabemos -por un informe da FADSP- que a construción de novos hospitais mediante a colaboración público-privada incrementou o custo, o nivel de endeudamento e favoreceu a corrupción; moitos deses centros teñen problemas legais e os novos gobernos das CCAA estudan fórmulas para rescatalos. Todas estas medidas non son consecuencia da crise, non son equivocacións nin decisións tomadas en contra da súa vontade: obedecen a unha estratexia deseñada polo PP (en connivencia cos grandes lobbys sanitarios) durante os anos de oposición e aplicada agora con todo rigor en busca dun obxectivo: conseguir que a saúde sexa un negocio e non un dereito dos cidadáns. Por iso, no seu último mes de mandato, o goberno de Rajoy aprobou (procurando pasar desapercibido) tres iniciativas de gran importancia na política sanitaria e que poden condicionar o futuro do sistema público. Aprobaron a desgravación fiscal para os seguros privados (unha medida moi demandada polo sector), asinaron un acordo con Farmaindustria para garantir o gasto farmacéutico ligándoo ao incremento do PIB e recorreron e paralizaron a decisión do novo goberno valenciano de devolver o dereito á atención sanitaria aos inmigrantes sen papeis. O que pretenden con estas decisións é deixar o futuro atado e ben atado -tal como fixo Franco-, para que os próximos gobernantes non teñan máis remedio que seguir o camiño trazado. Haberá que buscar fórmulas para evitar ese destino. A saúde dos nosos fillos e dos nosos netos depende diso. |
NOS_57426 | A escuadra galega terá que loitar con outros 13 equipos de todo o Estado. | A Liga Nacional de Roller Derby, que reúne 14 conxuntos procedentes de practicamente todos os territorios do Estado español, contará neste 2022 con representación galega da man do Team Galiza, unha sorte de selección galega oficiosa que axunta as patinadoras galegas máis indómitas. Aínda que até o mes de maio non se coñecerán os equipos que disputarán fase final, o Team Galiza xa coñece os seus rivais na fase inicial do torneo: Roller Derby Reus, La Güestia Roller Derby Asturies e Destroyer Kinkis, escuadra conformada por deportistas procedentes de Cáceres e Salamanca. Deste modo, o Team Galiza estréase nunha competición que ten como característica principal o feito de estar integramente organizada e xestionada polas propias patinadoras. 140 anos de historia A patinaxe na Galiza ten 140 anos de historia, é o roller derby é unha das modalidades máis recentes e con máis éxito na actualidade. Trátase dun deporte de contacto no que dous equipos compiten sobre patíns nunha pista normalmente ovalada para sumar o maior número de puntos posíbeis, que se obteñen cando a anotadora de cada conxunto é quen de superar a liña defensiva do cadro contrario. "O roller derby é un deporte moi reivindicativo, moi feminista e que defende os dereitos LGTBQ" Ademais, trátase dun deporte "reivindicativo, moi feminista, e que defende os dereitos LGTBQ", como explica para Nós Diario Rosa, xogadora do equipo de Roller derby As Brigantias da Coruña. |
PRAZA_18908 | Semella que hai agochados intereses escuros. Vexo que se fixo con moita présa a intervención xudicial e o concurso de acreedores. Son da opinión de que non son as débedas as que xustifican o peche da Casa de Galicia | Non hai ser moi espelido para determinar que a actual directiva non xestionou axeitadamente e tampoco é ningunha sorpresa que se reciba con absoluta indiferencia por parte do goberno nacional o peche dunha mutualista que ten máis de 40.000 sociosComezo o ano con fonda tristeza. Por desgracia, a asociación galega máis forte do mundo [a CASA DE GALICIA de Montevideo] está a piques da súa desaparición xa que entrou en cesamento de pagos. Aínda que moi apenado non vou quedar caladiño. Non quero ser cómplice dunha desfeita que ten autores. Quero dicir que hai responsables directos e indirectos. Non hai ser moi espelido para determinar que a actual directiva non xestionou axeitadamente e tampoco é ningunha sorpresa que se reciba con absoluta indiferencia por parte do goberno nacional o peche dunha mutualista que ten máis de 40.000 socios.Cando se elixiu o actual presidente non quixen comentar nada. Coido se debe ser coidadoso coas críticas e por suposto que non corresponde ser negativo antes dun tempo de actividade no seu cargo. A min non me gustou que unha persoa identificada co sector político máis lamentable do país [o pachequismo] fose quen collese o temón da moi importante CASA DE GALICIA. Quixen convencerme de que a súa ideoloxía neoliberal non ía ser un freo para o mantemento da mutualista e ata pensei que habería bo entendemento coas autoridades do goberno de coalición presidido por Lacalle Pou. Semella que hai agochados intereses escuros. Vexo que se fixo con moita présa a intervención xudicial e o concurso de acreedores. Son da opinión de que non son as débedas as que xustifican o peche da Casa de GaliciaNon sei eu pero semella que hai agochados intereses escuros. Vexo que se fixo con moita présa a intervención xudicial e o concurso de acreedores. Son da opinión de que non son as débedas as que xustifican o peche da CASA DE GALICIA. Non pode ser porque o que se debe ten realmente solución. Hai ingresos mensuais para estructurar un calendario de pagos e de amortizamento das débedas e tamén hai patrimonio de abondo para garantizar o pagamento. Aquí mesmo en Galicia, poderíase obter un préstamo de 5 millóns de euros para saldar as débedas máis urxentes (ABANCA) e tamén a Xunta de Galicia ou sexa, nós, os galegos, que apoiamos se destine unha axuda de emerxencia a fondo perdido.Quero pedirlle aos socios e traballadores que se manifesten e que non sexan cómplices dunha trangallada organizada por coimeros para entregar o suor dos vellos emigrantes unha empresa privada de sanidade que estea manexada polos noxentos Fondos-VoitreQuero pedirlle aos socios e traballadores que se manifesten e que non sexan cómplices dunha trangallada organizada por coimeros para entregar o suor dos vellos emigrantes unha empresa privada de sanidade que estea manexada polos noxentos Fondos-Voitre. O importante é que non calen a boca e que defendan o patrimonio social para honrar a memoria dos suadores fundadores que deixaron en herdanza un fogar onde sandar en irmandade as feridas físicas e as espirituais.Pídolles que investiguen e que convoquen reunións e que formen unha PLATAFORMA DE AFECTADOS. Non esquezo que en Montevideo hai moitas asociacións de emigrantes que aínda non abriron a boca e así non imos a ningures. Hai que loitar e comprometer a deputados, senadores, ediles municipais, PIT-CNT para berrar forte que A CASA DE GALICIA NON SE PECHA. |
NOS_3434 | A portavoz nacional do BNG aludiu a unhas declaracións do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que amosaba o seu "optimismo" ao asegurar que ao longo do estío o 70% da poboación galega estará vacinada. O PPdeG defende a súa "dificilmente cuestionábel" xestión. | O BNG vén de advertir á Xunta de que debe ser "realista" pois será "difícil", senón imposíbel, alcanzar a inmunidade de grupo a finais do verán tal e como anunciaba hai uns días o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. O representante do Executivo galego indicaba o día 19 que tomaba con "optimismo" a campaña de inoculación, pois agardaba que o 70% da cidadanía galega estivera vacinada contra a Covid-19 ao longo do estío. Mais, desde o punto da portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, cumprir con ese compromiso "non vai ser posíbel" e o que fai o Executivo é dar "falsas esperanzas" á poboación. Por iso, instou á Xunta a "dicirlle aos galegos a verdade", fiel á "realidade". Ademais, engadiu, ten que haber máis "transparencia" no reparto das doses entre as áreas sanitarias porque denunciou que, até o de agora, é "desigual". De cara ás próximas semanas, recomendou estar "moi atentos ao que está a pasar" no resto de Europa, onde se detecta o inicio dunha cuarta onda da epidemia. Así insistiu ao Goberno de Alberto Núñez Feixoo en que manteña "a máxima responsabilidade e precaución" coas restricións que vaia estipulando. Respaldo das médicas e negativa do PPdeG Este discurso da nacionalista foi secundado pola Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. O seu voceiro, Lorenzo Arementeros, alertou de que no ritmo actual esa inmunidade non se acadará até o verán de 2022. Se ben destacou que o número de vacinas que van chegar é maior do previsto, "queda moi lonxe do que tería que ser unha vacinación masiva". En calquera caso, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, apoiou a xestión de García Comesaña fronte ás críticas do BNG. "É dificilmente cuestionábel" pois, ao seu entender, "informa con absoluta transparencia". Ademais, prevé unha aceleración do ritmo en canto cheguen máis vacinas. |
NOS_10314 | Son os resultados dunha sondaxe realizada por GFK á pé de urna con 14.400 enquisas en 120 colexios electorais da Galiza para CRTVG. | [En actualización] O PP podería perder a maioría absoluta e BNG pasaría a ser segunda forza, sobrepasando o PSdeG. Son os datos principais da enquisa de GFK para a CRTVG realizada a pé de urna en 120 colexios electorais e con 14.4000 enquisas. A sondaxe sinala que PP obtería entre 37 e 40 escanos (a maioría absoluta está en 38), BNG 19-22, PSdeG (entre 12 e 14) e Galicia en Común, 2. Nin Marea Galeguista, nin Ciudadanos nin Vox obterían representación, segundo este traballo. PP obtería 44,7% dos votos, por baixo do 47,6% que logrou hai catro anos. BNG atinxiría 25,9%, porcentaxe notabelmente superior ao 8,3% que obtivo en 2016. PSdeG, sempre segundo este traballo, lograría 15,9% (2 puntos menos que nas anteriores eleccións galegas) e Galicia en Común obntería 5,7%. Este espazo político, baixo a marca En marea, atinxiu en 2016 máis de 19% dos votos. Marea Galeguista tería 1,6% dos apoios nas urnas, Vox 2% e Cs un escaso 0,9%. Por provincias Na circunscrición da Coruña, PP tería entre 12 e 14 deputados e deputadas (en 2016 tivo 13), BNG entre 7 e 8 (lograra 2 hai catro anos); PSdeG 4-5 (5 en 2016) e Galicia en Común, 1 (En Marea atinxira 5 deputados en 2016). Na de Lugo, PP 7-8 (8 hai 4 anos), BNG 4-5 (en 2016 lograra 1), PSOE 2 (1 menos que os 3 de 2016). Na circunscrición ourensá: PP 7-8 (9 en 2016), BNG 3 (1 hai catro anos), PSdeG 3 (2 en 2016) e En Marea atinxira 2 daquela. Na de Pontevedra: PP 10-11 (11 en 2016), BNG 6-7 (2 en 2016), PSdeG 4-5 (4 en 2016)e Galicia en Común 1 (En Marea obtivera 5 hai catro anos). Máis enquisas Enquisa GAD3 para ABC: PP obtén maioría absoluta e BNG segunda forza. O Partido Popular gañaría as eleccións galegas con 47,9% dos votos e entre 40 e 42 escanos, segundo a enquisa de GAD3 para o diario ABC. A segunda forza política sería o BNG co 21,5 por cento dos votos e 16 a 18 escanos. Pola súa banda, PSOE con 16 escanos e o 19,9 por cento sería a terceira forza política. Finalmente, Galicia en Común-Anova Mareas quedaría en 2 escanos e 4,3 por cento dos votos. De por parte, Sondaxe indica que PP lograría 42 dos 75 representantes no Parlamento da Galiza, BNG tería 15, PSdeG 14 e Galicia en Comçún, 4. |
PRAZA_6805 | Dilma Rousseff chega a esta segunda volta das presidenciais cunha pequena vantaxe nas sondaxes sobre Aécio Neves. Dous modelos económicos, dúas maneiras de entender o país enfróntanse nas eleccións máis igualadas e polarizadas dos últimos anos. | 143 millóns de brasileiros e brasileiras están chamadas ás urnas este domingo na segunda volta das eleccións presidenciais, posiblemente as máis igualadas e polarizadas no que levamos de século. Dilma Rousseff (PT) e Aécio Neves (PSDB) defenden dous modelos económicos, dúas maneiras de entender o presente e o futuro do país. A actual presidenta chega, á vista da maior parte das sondaxes, cunha pequena vantaxe A actual presidenta chega, á vista da maior parte das sondaxes, cunha pequena vantaxe. Os estudos publicados por Vox Populi, Datafolha e Ibope outórganlle á petista unha diferenza de 8, 4 e 6 puntos, respectivamente, no voto válido. Porén, o último traballo publicado pola pequena empresa MDA presenta a Neves como gañador por apenas un punto de marxe. No blogue Notícias do Brasil, Xoán Carlos Lagares destaca que o ambiente previo a esta segunda volta das eleccións presidenciais destacan "as ruas e as redes ardendo por causa do ódio antipetista" e "uma empolgante reação da esquerda para deter a possível vitória do PSDB". As opcións de Neves baséanse no estancamento económico que vive Brasil, no incremento da inflación, e nos varios escándalos de corrupción asociados co Goberno do PT, que marcaron parte da campaña electoral Rousseff obtivo un 41,59% dos votos no primeiro turno, por 33,55% de Neves que, con todo, conseguiu o apoio entusiasta para esta segunda volta da candidata do PSB, Marina Silva. Con todo, semella que a igualdade da enquisas e a posibilidade certa de que o PSDB retornase ao poder conseguiu mobilizar unha parte importante de voto de esquerda desencantado coas políticas de Dilma Rousseff. Rousseff amósase confiada na vitoria e mesmo destacou no derradeiro mitin da campaña que percibía "unha especie de xiro", "vi algo diso nas rúas nestes días", afirmou. As opcións de Neves baséanse en boa medida no estancamento económico que vive Brasil, no incremento da inflación, e nos varios escándalos de corrupción asociados co Goberno do PT, entre eles os relacionados con Petrobras, que marcaron parte da campaña electoral. "Vou apostar pola meritocracia, abonda de nepotismos petistas", destacaba nunha entrevista recente. Porén, a pesar da ralentización do crecemento económico, as enquisas amosan que o pobo brasileiro é optimista con respecto á situación económica. O desemprego caeu por debaixo do 5% e o 44% dos cidadáns cren que a situación económica mellorará e só un 15% pensan que irá a peor. Dende a esquerda lémbrase a negativa xestión de Fernando Henrique Cardoso, último presidente do PSDB, que incrementou notablemente as desigualdades no país A inflación, iso si, sitúase en taxas anuais do 6,5%. A receita de Aécio Neves para combatela son as tradicionais fórmulas neoliberais. "A vitoria do PSDB creará un novo entorno de tranquilidade entre os investidores e empresarios que actuará para reducir a inflación", afirmou esta semana. Dende a esquerda lémbrase a negativa xestión de Fernando Henrique Cardoso, último presidente do PSDB, que incrementou notablemente as desigualdades no país, e alertan de que Neves só promete un retorno a aquelas fórmulas. De feito, Arminio Fraga, presidente do Banco Central durante o goberno de Cardoso, sería con toda seguridade o ministro de Facenda nun hipotético goberno de Neves. Fraga xa advertiu esta semana de que aposta por "liberar os mercados das amarras do Estado" e apostou por tomar medidas "impopulares" para controlar a inflación. The Economist e Shell xa deron o seu apoio entusiasta ao candidato "por ser quen vai volver falar cos mercados financeiros". Lagares destaca que "o PSDB e seu candidato representam claramente a volta à receita neoliberal, de arrocho salarial, recorte nos gastos públicos, desemprego e juros altos para beneficiar os detentores da dívida pública" Xoán Carlos Lagares destaca igualmente que "o PSDB e seu candidato representam claramente a volta à receita neoliberal, de arrocho salarial, recorte nos gastos públicos, desemprego e juros altos para beneficiar os detentores da dívida pública. O mercado reage com entusiasmo aos anúncios de medidas impopulares do candidato da oposição, não esconde o seu gozo a cada indício de uma possível volta atrás na política econômica petista". Pola contra o PT promete afondar en proxectos sociais e investir en educación, ofrecendo un certo xiro á esquerda para renovar a confianza dos e das electoras. Porén, terá que facelo, en caso de vitoria co obstáculo dunha Cámara de Deputados e un Senado conservador e fragmentado. En entrevista con Praza, Zé Roberto da Silva (membro da Direção Nacional do MST, que pediu o voto para Rousseff), alertaba hai uns días de que "a elección de Aécio Neves suporía a hexemonía do capital financeiro e das empresas transnacionais do agronegocio na nosa economía". Lagares destaca que "o governo do PT resolveu incentivar o consumo, continuar e aprofundar os programas sociais de distribuição de renda, regular o mercado de trabalho em áreas ainda desprotegidas, e incrementar o investimento público em infraestruturas e serviços. Desse modo, chegamos a 2014 com o Brasil fora do mapa da fome". "Tal política econômica permitiu que a crise mundial, esse tsunami, chegasse ao Brasil, como dissera tão galegamente o presidente Lula, com a força de uma marolinha", engade. O MST, como outros movementos sociais, ofrece un apoio crítico "Para avanzar nestas mudanzas será necesario reforzar a alianza entre o Goberno do PT e as organizacións sociais, xa que o Congreso vai aínda máis conservador do que era" O MST, como outros movementos sociais, ofrece un apoio crítico: "hai moito aínda que mellorar: necesitamos melloras estruturais, necesitamos avanzar na reforma agraria, resolver problemas no transporte urbano, mellorar aínda máis a educación... A sociedade e as forzas sociais esixímoslle ao Goberno do PT máis mudanzas", e recoñece a dificultade engadida dunhas cámaras lexislativas que xiraron á dereita: "Para avanzar nestas mudanzas será necesario reforzar a alianza entre o Goberno do PT e as organizacións sociais, xa que o Congreso vai aínda máis conservador do que era". A este respecto Lagares destaca a forte presión mediática contra os gobernos petistas e o apoio indisimulado á oposición do PSDB: "A imprensa golpista ficou anos tentando nos fazer crer que vivíamos um momento ímpar de corrupção no país, alimentando um ódio nada sutil contra os beneficiários dos programas sociais (Bolsa Família e Cotas para negros nas universidades, fundamentalmente) e vigiando qualquer movimento progressista". Rousseff terá que se enfrontar, no caso de gañar, a unha oposición máis forte e que, nalgúns casos, adquiriu un certo ton racista e clasista, censurando o forte apoio que o PT recolle nos estados máis pobres do país e entre a poboación con menores ingresos e os e as votantes de razas distintas á branca. Por poñer un exemplo, no primeiro turno o PT impúxose en 15 estados, sobre todo no norte do país. Mentres, o PSDB gañou no sur, cun apoio moi forte no estado de São Paulo, no que obtivo o 44,22% dos votos, por un 25,82% do PT. Rousseff terá que se enfrontar, no caso de gañar, a unha oposición máis forte e que, nalgúns casos, adquiriu un certo ton racista e clasista, censurando o forte apoio que o PT recolle nos estados máis pobres do país Lagares tamén comenta estas visións clasistas e comenta que "a ascensão social dos miseráveis não apenas encareceu o serviço doméstico, como também afetou gravemente a identidade dessa classe social habituada à desigualdade, que não foi educada para conviver em condições de mínima civilidade com as classes subalternas". "As coisas eram muito mais fáceis quando, cristãmente, podiam sentar um pobre à mesa na noite de Natal", conclúe con retranca. Lagares tamén fai referencia ás dificultades para o transporte público: "As barreiras para a mobilidade urbana, em cidades imensas, cheias de grades e de cancelas, com transporte público ruim e caro, criaram espaços que não se comunicam". Lagares sinala que o PT errou en non completar algunhas reformas de fondo na estrutura social brasileira: "Educar essa nova classe trabalhadora, democratizar a mídia, reformar o sistema político, reformar o sistema tributário" Xoán Carlos Lagares conclúe lembrando aquela frase de Lula da Silva, que se defendía dalgunhas críticas afirmando que "o PT estava sendo punido por seus acertos e não por seus erros". Lagares concorda parcialmente, mais sinala que o PT errou en non completar algunhas reformas de fondo na estrutura social brasileira: "Educar essa nova classe trabalhadora não para o consumo de serviços, mas para a reivindicação de direitos; democratizar a mídia, e tirar das cinco famílias que possuem os grandes jornais e canais de televisão o poder de decidir a agenda política do país; reformar o sistema político, com o apoio dos cidadãos conscientes que não deixam de demandá-lo, das forças progressistas e dos movimentos sociais; reformar o sistema tributário, provocando uma distribuição de renda mais profunda e duradoura". Idiotas populistas e gente diferenciada, uni-vos! (Xoán Carlos Lagares), no blogue Notícias do Brasil |
NOS_43348 | A dirixente de Esquerda Unida relativiza a importancia do conceito soberanía. "Non hai soberanía", afirmou. "Galiza non é soberana nen España é soberana. Somos pouco menos que un protectorado alemán". | Yolanda Díaz ofereceu unha conferencia de imprensa esta cuarta feira e foi interpelada a respeito da forma de concorrencia da súa organización ás eleccións europeas. A dirixente de EU emprazou o BNG a que se una á frente ampla de esquerdas pola que advoga a formación liderada por Cayo Lara. "Non son tempos de sectarismos, senón de xenerosidade". Como pretende persuadir IU o BNG de que se una a unha coligación por ela liderada? Pois, a xulgar polas declaracións de Díaz, apartir da minimización do conceito soberanía. Por que loitar pola soberanía galega se tampouco España é soberana?, vén argumentar a vice-portavoz parlamentar de AGE. Díaz xa dixera no seu momento nun mítin con Syriza: "Se seguides co soberanismo [en alusión ao BNG], é que non vos enteirades de nada" Non é a primeira vez que a dirixente, militante do PCE, marca distancias a respeito dun principio ideolóxico chave para o nacionalismo. Nun mítin realizado en Madrid na compaña de Syriza, atacou o BNG nestes termos: "Se seguides co soberanismo, é que non vos enteirades de nada". |
NOS_12544 | Ecoener, a próxima firma galega de renovábeis en salir a bolsa, suma dous ex ministros populares ao seu consello de administración. | As portas xiratorias, ao igual que fan as pas dos seus muíños, non deixan de virar nas empresas de renovábeis galegas e, como acontece nos parques eólicos, só o fan nunha dirección. Os últimos políticos en sumarse á lista de cargos das compañías enerxéticas galegas son dous ex integrantes do Consello de Ministros de Aznar: Ana Palacio, a que fora ministra de Exteriores, e Eduardo Serra, que ocupara a carteira de Defensa. Ambos os dous ex ministros do PP formarán parte da equipa directiva de Ecoener, a firma coruñesa presidida por Luis de Valdivia e que prepara xa o seu inminente salto ao parqué, previsto para o vindeiro 30 de abril. Xunto a eles, segundo figura na circular de saída a bolsa aprobada a semana pasada pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), estará Carlos González-Bueno, que tamén exercera como subsecretario de Estado nos gobernos de José María Aznar ─primeiro para o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e despois para o de Industria e Enerxía─ e como director da Oficina Española de Patentes e Marcas. Os tres ex políticos formarán parte como dominicais dun consello de administración no que tamén haberá outros cinco independentes: Inés Juste, Juan Carlos Ureta, María Eugenia Girón, Fernando Lacadena e Dean Tenerelli. Xunto a eles estarán Luis de Valdivia e Fernando Rodríguez, presidente e vicepresidente da compañía, respectivamente, en calidade de conselleiros executivos. Tras os pasos de Greenalia Ecoener será a segunda compañía galega de renovábeis que cotice en bolsa. A diferenza da súa predecesora, Greenalia, que desembarcou no Mercado Alternativo Bursátil (MAB) en decembro de 2017, vaino facer no mercado continuo, onde figuran outras cotizadas galegas como Adolfo Domínguez, Grupo San Jose, Inditex, Pharmamar ou Pescanova (os accionistas minoritarios de Nova Pescanova). Precisamente, Greenalia foi outra das compañías que tirou da bolsa de ex altos cargos do PP para encher o seu consello. Primeiro, co nomeamento do omnipresente Antonio Couceiro, ex conselleiro de Industria con Manuel Fraga e, posteriormente e non sen polémica, co da ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, que exerce, ademais de como conselleira, como responsábel da fundación da compañía e tamén da súa división de Responsabilidade Social Corporativa. Camiños comúns No caso de Greenalia e Ecoener, a estratexia de ambas as empresas sitúa as Illas Canarias como un territorio chave na súa expansión. Ecoener ten xa varios parques eólicos nas illas, mentres que Greenalia aspira a levantar alí o primeiro parque eólico mariño da súa carteira de renovábeis. Igual que Ecoener e Greenalia, os novos conselleiros da firma capitaneada por Luis de Valdivia tamén teñen camiños comúns. Ana Palacio e Eduardo Serra non só compartiron mesa no Consello de Ministros de Aznar, tamén o fan na actualidade no consello doutra compañía galega, Pharmamar, onde ambos os dous contan ademais con participacións accionariais. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.