ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_6136 | O BOE do pasado sábado publicou unha modificación da orde ministerial de cesión do inmoble á Xunta en 2010, que só permitía usos culturais. O Goberno modifica a súa propia orde para permitir o proxecto hoteleiro | Feita alei, feita a trampa. Sobre todo cando as normas poden ser cambiadas nun ou noutro momento a conveniencia da vontade do Goberno ou de intereses privados. En 2010 o Estado central cedeulle gratuitamente á Xunta o Castelo de Monterrei para o seu uso, especificamente, como "centro de divulgación, innovación e promoción da moda, o viño e as augas medicinais da comarca, e restauración e musealización dos edificios e arquivo das tradicións da fronteira e pobos próximos". Os expertos e colectivos opostos ao proxecto de construción dun hotel de luxo no seu interior levan meses sinalando que as condicións da cesión impedían o uso hoteleiro e ilegalizaban o proxecto, fronte á versión ofrecida pola Xunta, que non advertía contradición ningunha. O Goberno central viuse obrigado a modificar a súa propia orde ministerial, cambiando (cinco anos despois) os usos permitidos para o inmoble cedido Porén, semella que algunha contradición si debía existir, e o Goberno central viuse obrigado a modificar a súa propia orde ministerial, cambiando (cinco anos despois) os usos permitidos para o inmoble cedido. O BOE publicaba o pasado sábado a "ampliación do destino previsto na cesión á Xunta de Galicia" co obxectivo de "poder dedicar o inmoble, ademais de aos usos establecidos, á promoción do turismo a través de actuacións concertadas coa administración turística estatal (Turespaña e Paradores de Turismo, SA)". O proxecto, grazas a esta modificación normativa de última hora, segue adiante. Faino a pesar da oposición demostrada por unha parte importante dos e das habitantes dos concellos próximos, de expertos e de numerosos colectivos sociais e culturais. O pasado sábado a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei celebrou unha nova acción de protesta, consistente nun abrazo ao castelo, no que ducias de persoas realizaron unha cadea humana ao redor do recinto. A Plataforma sinala a incoherencia de investir unha importante suma económica na conversión en hotel de luxo do núcleo da fortaleza, habendo un outro Parador en funcionamento, deficitario, e que ten que pechar catro meses ao ano por falta de demanda. De igual xeito, os expertos alertan de que o máis grave do proxecto impulsado pola Xunta é "a ocupación do núcleo do castelo", pois este núcleo "é a esencia do recinto do Castelo e o que caracteriza a fortaleza. Dado o seu carácter de Praza Pública —Monterrei é como unha pequena cidade— se se altera o seu uso público, transformando o núcleo monumental nun hotel, todo o conxunto se vería desnaturalizado e perdería o seu carácter". |
PRAZA_6580 | O próximo obxectivo será encher a Praza do Obradoiro en Compostela como o escaparate necesario no que reflectir ó unísono as distintas loitas conxunturais, locais e sectoriais que propicien a confluencia dunha maré humana de forzas anti-hexemónicas que faciliten un cambio real e auténtico. | O 29-N, último sábado do mes de novembro, a Columna Galega das Marchas da Dignidade dará continuidade á loita encetada coa participación na multitudinaria manifestación estatal do 22 de marzo e logo de arrodear con éxito o parlamento do Hórreo a principios deste verán. O pobo galego desta volta tomará a Praza do Obradoiro de Compostela en consonancia con mobilizacións semellantes que se levarán a cabo noutras nacións e territorios do Estado Español como resposta á situación de precariedade que continuamos a padecer. Previamente o xoves día 6 de novembro haberá manifestacións nas sete cidades galegas para quecer motores baixo o lema "Camiñando cara o 29-N". As razóns que nos botaron á rúa cando comezou este gran proxecto de unidade popular anticapitalista non só seguen vixentes senón que son aínda máis poderosas: Pan, Traballo e Teito. Previamente o xoves día 6 de novembro haberá manifestacións nas sete cidades galegas para quecer motores baixo o lema "Camiñando cara o 29-N" Por outro lado, non podemos nin debemos deixarnos enganar polos novos escenarios da política como os xurdidos a raíz dos resultados das eleccións europeas. Esas coordenadas que vai trazando a vontade popular cos incipientes cambios de ciclo mediante a viraxe na dirección do voto ou a creación de plataformas cívicas de toda índole cómpre xestionalas desde dentro dos propios organismos, cortando de raíz os elementos oportunistas e combatendo calquera interese partidista ou escurantista do tipo que for. É certo que o golpe asestado ó bipartidismo e ó Réxime hai que valoralo como positivo, tendo moito que ver con este movemento iniciado o 22-M. Pero o capitalismo ten unha capacidade colosal de se adaptar e de reconducir o sistema aínda que este estea, en falsa aparencia, indo a pique. Este sistema non morre só, hai que liquidalo. Nesta conxuntura apercíbese claramente o incuestionable valor que adquiren as Marchas da Dignidade dentro da paisaxe socio-política como factor determinante na rúa para asestar un golpe de morte ó bipartidismo sistémico español Velaí temos o caso recente de Escocia, onde un ben recibido recoñecemento ó dereito a decidir foi perturbado pola inxerencia perversa das multinacionais petroleiras e do capitalismo mundial. Ós millóns de euros empregados na contracampaña sumáronselle as ameazas groseiras do goberno británico de quedaren fóra da libra e a andrómena de Durão Barroso relativa á subsistencia imposible fóra da UE. Por sorte, e mal que lle pesase ós EEUU, unha Escocia independente e republicana sería saudada polo BRICS nun panorama mundial que deixou xa de ser unipolar. Mais de momento ese lúcido voto obreiro que avogou pola independencia non foi quen de acabar co bipartidismo do sector conservador e do partido laborista británico. Coas precaucións pertinentes, o "fracaso" (polo momento) do voto de clase escocés debe facernos reflexionar e convencernos aínda máis para fortalecer as nosas posturas ante un inimigo implacable que supera as nosas fronteiras e as do réxime borbónico. Nesta conxuntura apercíbese claramente o incuestionable valor que adquiren as Marchas da Dignidade dentro da paisaxe socio-política como factor determinante na rúa para asestar un golpe de morte ó bipartidismo sistémico español, sen desbotar tampouco outras estratexias de corte frontepopulista que noutros niveis se poidan e se deban ir xestionando. Non nos podemos permitir ser cómplices do sindicalismo da patronal cometendo unha fraude á clase obreira e para as capas populares de Galicia e de todo o Estado Por iso dicimos que o escenario de tendencia progresista aberto tralas europeas é un espellismo se non se condiciona a unha revisión autocrítica e, sobre todo, se non se articula en clave de unidade popular. Non nos podemos permitir ser cómplices do sindicalismo da patronal cometendo unha fraude á clase obreira e para as capas populares de Galicia e de todo o Estado que están a pedir a berros un cambio substancial das estruturas socio-políticas e socio-económicas. Por non falar abertamente dun cambio de sistema que é o que queremos nós e a idea coa que tratamos de persuadir un día tras doutro tanto nos espazos públicos como nos centros de traballo. Seguiremos a soster e a subliñar onde faga falta que non existen as solucións intermedias. A mentira da socialdemocracia xa tocou fondo. E ben o saben en zonas sensíbeis do Leste de Europa que foron das últimas en entrar na UE e son das primeiras en contemplar poder marchar. Ou como interpretar senón as enquisas naqueles lugares, como Hungría, onde se percibe unha tendencia crecente que volve apostar polo sistema socialista? Estamos diante, acaso, dunha mera deriva nostálxica? Do mesmo modo, velaí temos a temible resistencia anti-fascista na Ucraína que, lonxe de ter a cor das democracias occidentais, as milicias populares que combaten o golpista Poroshenko enarboran, máis ben, a bandeira dos soviets mentres protexen cos seus propios corpos as estatuas dos líderes bolxeviques. Canta morriña, non? Pola contra, é precisamente a UE quen mantén, cumprindo o mandado do Imperio contra Rusia, a nazi-fascista Xunta de Kiev que acaba cometendo esas masacres indiscriminadas sobre a poboación civil. É esa actitude hipócrita a que fai da Unión Europea, e do goberno español en particular, estaren deslexitimados en materia internacional cando, na propia asemblea das Nacións Unidas, recoñecen impasibles o dereito de Israel a se defender mentres é o sionismo quen leva por diante 2.000 vidas e quen somete o pobo palestino nese campo de exterminio que é a Franxa de Gaza. Son soamente dous exemplos da atrocidade á que pode chegar o imperialismo. No noso ámbito son moitas as frontes abertas neste sistema en descomposición. A taxa de desemprego (en torno ó 22.3% segundo o Instituto Galego de Estatística), por moito que se manipule e se edulcore coas contratacións estivais, segue a ser unha lacra que atenta contra a dignidade de calquera persoa. Para quen aínda goza dun posto de traballo, a explotación laboral campa á vontade con salarios irrisorios, xornadas interminables, a eliminación de facto da negociación colectiva e o incumprimento xeneralizado da precaria lexislación laboral. Estamos ante unha realidade na que son os propios medios do réxime os que informan de que un 17.2 % da poboación do noso país está en risco de pobreza. Se o acompañamos da privatización progresiva dos servizos elementais fai que nos esteamos a atopar cunha situación dramática na que periga a única comida saudable do día da que dispón unha parte considerable do alumnado infantil. Con todo, e a pesar da preocupación amosada dende as ONGs, o presidente Feijóo atrévese a cuestionalo. Séguese a expulsar a clase traballadora das súas casas. Hai só unhas xornadas participabamos de forma activa na oposición popular a un desafiuzamento efectuado contra unha familia na parroquia de Aríns (Compostela). Cómpre brindarlles a estas persoas toda a solidariedade posible como a que procuramos trasladar ó colectivo de emigrantes no estranxeiro ou ó preferentista. Por sorte, a teimuda insistencia deste último levou nos últimos meses a acadar certos resultados para a xente estafada pola banca. E non esquezamos que se seguen a violar os dereitos democráticos máis básicos ou que temos unha mocidade que segue estando abocada á emigración forzosa ou a pagar unhas abusivas taxas na universidade. Non é de recibo que se continúe a lexislar en contra do interese do pobo e menos aínda que aquí non ocorra nada. Por se fose pouco, o Tratado de Libre Comercio (TTIP) axexa o futuro inmediato das nosas vidas. Un proxecto superior nazi-imperialista que controlaría as nosas economías, o noso medio ambiente, os nosos recursos, a nosa alimentación e, en definitiva, a nosa liberdade. Ímolo permitir? O próximo obxectivo será encher a Praza do Obradoiro en Compostela como o escaparate necesario no que reflectir ó unísono as distintas loitas conxunturais, locais e sectoriais que propicien a confluencia dunha maré humana Por tanto, o próximo obxectivo será encher a Praza do Obradoiro en Compostela como o escaparate necesario no que reflectir ó unísono as distintas loitas conxunturais, locais e sectoriais que propicien a confluencia dunha maré humana de forzas anti-hexemónicas que faciliten un cambio real e auténtico. Fronte a esta realidade de excepcionalidade histórica onde os partidos do réxime executan as políticas da Troika, e diante dunha situación de emerxencia nacional, só cabe unha resposta valente e decidida como a das Marchas da Dignidade na que aínda teñen cabida todas as persoas e colectivos desexosos de acabar co Réxime saído da Reforma Franquista de 1978. Deben saber que aínda están a tempo. A Columna Galega comprácese, xa que logo, en convidar para o vindeiro 29-N a todo o pobo sen excepción, a tódolos sectores sociais agredidos e agrupacións de esquerda anticapitalista do carácter que foren. Facemos un chamamento a aquela xente que aínda non se sumou porque, hoxe, a centralidade dialéctica da nosa soberanía nacional en clave proletaria e de masas pasa pola acumulación de forzas do pobo galego para, como mínimo, debilitar o sistema capitalista e, como máximo, para destruílo. Nesa perspectiva teremos máis cerca o noso lexítimo e ineludible dereito a decidir como nación, así como o modelo social e económico co que nos imos dotar. Daquela, coma sempre, nós optaremos pola independencia nacional e o socialismo. Temos fe no que facemos porque cremos nas posibilidades da loita da sociedade civil. A clase traballadora galega que vinculamos a emancipación social coa nacional estaremos o 29-N no Obradoiro man a man con toda a xente que entende que só a partir da suma de forzas poderemos acabar co drama que estamos a padecer, independentemente do seu perfil ideolóxico, político ou sindical. Marcharemos, máis unha vez, por Compostela os movementos sociais, o sindicalismo alternativo, as agrupacións políticas anticapitalistas á par que multitude de organizacións como as especificamente feministas, ecoloxistas, as que loitan contra a estafa bancaria, as xuvenís, as que representan o estudantado, o mundo da cultura..., seguíndomos a construír a unidade popular. E continuaremos a estar inequivocamente na mesma sintonía que camaradas como David Fernández, Diego Cañamero ou Sabino Cuadra cando sosteñen, sen os complexos propios do pensamento pequeno-burgués, que só apostando pola mobilización unitaria daremos derrubado o capitalismo e acadado os dereitos que como nación lles corresponden ós nosos pobos. A realidade histórica excepcional obriga. |
NOS_35548 | Anabel Gulías, portavoz do Goberno local pontevedrés, cualificou a campaña de "noxenta" e "repulsiva" por "atentar contra as mulleres". | Marea de Vigo e BNG exixiron na mañá desta segunda feira a retirada "inmediata" da campaña antiabortista que a Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) instalou nas marquesiñas e nos 'mupis' —paneis publicitarios— da cidade. Así, nun comunicado, a concelleira de Marea Oriana Méndez asegurou que esta publicidade incumpre o contrato adxudicado polo Concello á empresa JCDecaux, "que impide claramente a presenza de propaganda sexista ou vexadora contraria aos dereitos constitucionais". Por iso, solicitou á concellería de Mobilidade e Seguridade que pida a "inmediata" retirada desta campaña "acosadora dun dereito regrado e absolutamente lícito das mulleres". Na mesma liña falou o concelleiro nacionalista Xabier P. Igrexas, que defendeu que se trata dunha propaganda "reaccionaria" da "dereita ultracatólica" que usa estes paneis para propagar o seu "discurso do odio". Tamén solicitou ao Concello que ordene a retirada desta publicidade. "Vigo ten que configurarse como un territorio libre de todas as violencias machistas", reivindicou Igrexas. Todo iso logo de que a ACdP lanzase unha campaña antiabortista en 33 cidades de todo o Estado español baixo co lema "rezar fronte ás clínicas abortistas está xenial", a fin de manifestarse contra a Lei do Aborto que propón o Goberno estatal. Finalmente, a primeira hora da tarde, o Goberno local deu resposta a esta petición e anunciou a retirada desta polémica campaña antiabortista. Pontevedra tamén rexeita a campaña Outra das cidades escollidas pola ACdP para espallar a súa campaña foi Pontevedra, cuxo Executivo pediu tamén a retirada "inmediata" dunha campaña que a súa portavoz, Anabel Gulías, cualificou de "noxenta" e "inaceptábel" nun "concello feminista". "Trátase dunha mensaxe repulsiva e que atenta contra as mulleres", dixo. A empresa responsábel da xestión dos 'mupis', segundo informou o Goberno pontevedrés, xa confirmou que os paneis serán retirados ao longo da tarde desta segunda feira. |
NOS_47669 | Cos resultados electorais como pano de fondo as forzas da oposición rexeitaron unhas contas que, din, afondan nunha política "inxusta" e "inútil" dun "goberno morto politicamente". | O Parlamento galego aprobou na terza feira (22 de decembro) os orzamentos para 2016. Unicamente cos votos favorábeis do Partido Popular, as demais organizacións con representación parlamentar censuraron as contas nun debate que estivo marcado polos resultados colleitados nos comicios xerais do pasado 20-D. Segundo as forzas da oposición, trátase duns orzamentos que afondan nunha política "inxusta" e "inútil" que situou Galiza "como un país low-cost", asegurou a deputada do BNG, Ana Pontón, para alén de aumentar "as desigualdades", "a pobreza" e "a exclusión social". Pola súa banda, a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, asegurou que se tratou dun "debate carente de sentido" após os resultados das eleccións xerais que deixaron, dixo, unha "nova realidade". Neste senso, instou o executivo de Alberto Núñez Feijóo a "deixar paso" e "disolver" a Cámara. "Aí fóra o país está en pé", aseverou. Pola súa banda, o portavoz do grupo socialista, José Luís Méndez Romeu, criticou --como tamén fixo a parlamentar nacionalista-- que foran rexeitadas todas as emendas parciais presentadas no que tildan como un exemplo da xestión política dun "goberno encastelado", afirmou Pontón. Porén, o voceiro do Partido Popular, Pedro Puy, defendeu as contas deseñadas polo goberno galego asegurando que responden ás funcións dunhas contas públicas. Esta cuarta feira reanúdase a sesión plenaria co debate e votación da Lei de Acompañamento. |
NOS_57263 | Está condenado a tres anos de prisión por agredir un furtivo. Na concentración estiveron presentes varios patróns maiores e rostros coñecidos como o actor Miguel de Lira. | Centos de persoas - máis de mil segundo as convocantes - concentráronse no porto de Lira, Carnota, para apoiar o seu veciño Manuel Antonio Martínez Lustres e pedir o indulto para este percebeiro concenado a tres anos de prisión por unha agresión en 2013 a un furtivo. Veciños e veciñas da localidade, representantes do sector do mar da comarca, de formacións políticas e rostros coñecidos como o actor Miguel de Lira - veciño do condenado e que fixo de portavoz da familia- estiveron presentes na mobilización polo indulto a Manuel de Talelo. Máis de 2.000 sinaturas apoian esta petición. A concentración considera excesiva e desproporcionada a condena a Antonio Martínez. Lembran a actitude violenta dos furtivos e que os danos causados polo condenado xa foron reparados economicamente no seu día. Concello de Carnota, Club Fútbol Lira, Confraría de Pescadores ou asociación Monte Pindo xa se pronunciaron a favor desta petición de indulto. Foi de feito o proio Concello o que,a través dunha iniciativa do BNG aprobada por unanimidade de todos os grupos, iniciou a petición de indulto para este veciño. En 2011 a Xunta retirou o financiamento á Reserva Mariña de Lira, o que supuxo a fin da vixiancia na zona que tivo que pasar a ser prestada polos propios mariñeiros, que foron os que tiveron que facer fronte a un fenómeno como o furtivismo, no que hai persoas que teñen protagonizado episodios violentos. |
NOS_19531 | Boteiros, fulións, cigarróns e pantallas toman o A Fondo, o caderno de análise, desta semana. Dezaseis páxinas adicadas ao entroido galego que acompañan o número 188 do semanario Sermos Galiza. Felipe-Senén, Federico Cocho, Laura R. Cuba, Tamara M. Pastoriza, Flavia Carou e Felipe Castro López achégannos un bocado desta festa ancestral, que mantén tradicións ao tempo que atopa novas formas de celebración na Galiza contemporánea. | As raíces antropolóxicas do entroido, a súa natureza estacional ou a purga colectiva. Todos estes temas son abordados por Felipe-Senén en Entrar no entroido galego, unha introdución a unha das festas mais características do noso país. O Afondo188 apresenta unha viaxe pola xeografía galega: desde o Carballiño a Vilaboa, as máscaras, tradicións e músicas ilustran un Carnaval propio. Após este inicio, o xornalista e grande especialista no entroido galego, Federico Cocho, despeza esta celebración en A gran festa da risa. No seu texto, Cocho amosa a evolución que experimentou esta tradición tanto en zonas rurais como urbanas, así como a súa adaptación aos novos tempos dunha festa identitaria. Laura R. Cuba apresenta unha achega sobre os entroidos de Viana do Bolo e de Verín, puntos chave do carnaval ourensán. Outros epicentros da festa son os de Manzaneda e da Limia, que fan presenza neste número da man da xornalista Tamara M. Pastoriza. Ademais disto, F, Carou trae ás páxinas do A Fondo un anaco do entroido de Cobres, parroquia do concello de Vilaboa, e outro do de Mazaricos, característico polo seu Exército de Panos. Por último, o Oso de Salcedo tamén se fai sitio neste caderno grazas á aportación de Felipe Castro López, co seu artigo O entroido de Salcedo, a rebeldía dun pobo. |
NOS_8770 | Os enfrontamentos entre policía e manifestantes pola morte violenta de George Floyd a mans da policía esténdense por todo o país | A cuarta xornada de protestas pola morte violenta de George Floyd a mans dun axente da Policía de Minneapolis rematou en varias cargas policiais en distintas cidades dos Estados Unidos de América (EUA). Coa consigna Non podo respirar, centos de persoas saíron ás rúas para denunciar un novo caso de brutalidade policial co racismo de fondo. En cidades como Nova Iorque, Os Ánxeles Chicago, Memphis, Houston ou Denver, as protestas, convocadas de forma pacífica, remataron nun enfrontamento entre os manifestantes e a policía, que cargaron con dureza e mesmo deixaron unha nova vítima na cidade de Detroit, segundo informa a CNN. En Atlanta, as manifestantes causaron importantes destrozos, mesmo intentaron atacar a sede da cadea de noticias CNN. En Minneapolis, epicentro das protestas, a xornada violenta da noite anterior, na que houbo saqueos e se lle prendeu lume a unha estación de policía, levou ao Goberno de Trump a mobilizar ao exército e decretar o toque de queda, que non impediu que as manifestantes seguisen cantando as súas consignas. |
NOS_12329 | @s doentes, nomeadamente os crónicos, vense obrigados a "administrar" a súa medicación. | A queda do poder adquisitivo a consecuencia das políticas de axustes promovidas desde os Gobernos do Partido Popular, sumado á introdución do re-pagamento sanitario que obriga @s doentes a cofinanciar os medicamentos, está a deixar as súas primeiras secuelas. Neste senso, farmacéutic@s de toda Galiza advirten da "selección" de medicación que se está a producir após a aprobación do re-pago. "Si que se dá e cada vez máis", asegura Dolores, farmacéutica na cidade de Compostela. Na súa farmacia, localizada no casco vello da capital galega xa son numerosos os casos detectados nos que @s doentes --nomeadamente pensionistas-- "administran a súa medicación" para a axustaren aos seus ingresos. Após a suba aplicada a pasada semana --pola cal @s xubilad@s pasan a pagar doce céntimos máis entre os 8€ e 18€ que xa viñan pagando-- moitas persoas vense con dificultade para financiaren os tratamentos das súas doenzas. "Sobre todo os doentes polipatolóxicos e crónicos", subliña outro farmaceutico compostelán. Farmacéutic@s aseguran que @s doentes "administran a súa medicación" para a axustaren aos seus ingresos A retirada dunha longa listaxe de produtos que deixan de ser finaciados polo SERGAS está a deixar fóra da seguridade social "tratamentos mucolíticos", asegura Ramón, "moi importantes para persoas que padecen EPOC, por exemplo". A enfermidade á que se refire este farmacéutico --Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica-- exixe dun tratamento continuado con inhaladores e tratamentos bronquiais, que xa non son financiados polo seguro. "Van ser máis baratos en urxencias?", ironiza Ramón apelando aos casos que poden verse agravados após unha redución ou parálise no tratamento. Porén, son numerosas as enfermidades que se están a ver afectadas polo re-pagamento sanitario. Neste senso, Dolores sinala que as "tiras de insulina para persoas diabéticas non medicadas con insulina xa non son financiadas". Estas persoas "deben controlar os niveis de azucre de maneira continuada e agora", despois de deixar de ser financiadas as denominadas "tiras do azucre", sinala", "moitos xa non o fan de forma regular", ao que engade "aqueles que seguen tratamento con insulina están moito máis controlados". As pensións máis baixas, sobre todo no rural, eses "catro cafés ao mes" Galiza volveuse situar --máis unha vez-- entre as pensións de xubilación máis baixas do Estado. Concretamente 170 euros por debaixo da media estatal. María Fernández, auxiliar de farmacia no rural de Lugo asegura que son principalmente @s pensionistas coas pensións máis reducidas, as "non contributivas e a antiga agraria", @s que máis sofren o co-pagamento sanitario. "Hai medicación que non deixan de mercar" e apunta cara "aos tratamentos do colesterol, por exemplo", mais si que o fan con outros, advirte. "Unha das nosas veciñas botou máis dun mes sen levar o tratamento para a circulación. Cando volveu foi porque xa non podía pasar máis tempo sen el". "A conselleira di que non coñecen ningún caso", asevera María facendo referencia ás declaracións que Rocío Mosquera facía a un medio de comunicación esta fin de semana. "Podo darllos eu", sentenza. O Partido Popular defendeu desde o comezo o re-pagamento, mesmo asegurando que os oito euros que terían que pagar --inicialmente-- "son catro cafés, un café á semana", dicía o popular José Ignacio Echániz, secretario de Sanidade e Asuntos sociais a nivel estatal. Porén, o certo é que o Instituto Galego de Estatística (IGE) sitúa nun 40% o número de fogares da Galiza en que a principal vía de ingresos son as prestacións, nomeadamente as pensións. |
PRAZA_16382 | A responsable de controlar a transparencia do Goberno galego di que o importante é garantir o dereito de acceso á información, non os "prazos" en que se pode exercer HEMEROTECA | A Xunta oculta contratos por 800 millóns nun ano tras facelos públicos só unha semana | HEMEROTECA | A Xunta oculta contratos por 800 millóns nun ano tras facelos públicos só unha semana O Goberno galego só divulga os seus contratos menores, os que pode entregar a dedo sen pedir ningunha oferta alternativa e que en 2016 sumaron máis de 800 millóns de euros, durante unha semana e despois ocúltaos. Este xoves a Valedora do Pobo, responsable de controlar a transparencia de Xunta, xustificou ese proceder asegurando que o Goberno galego non o fai por "gusto", para admitir a continuación que a propia institución que ela preside divulga os seus contratos menores de xeito indefinido, sen data de caducidade para a transparencia. A responsable de controlar a transparencia do Goberno galego di que o importante é garantir o dereito de acceso á información, non os "prazos" en que se pode exercer Este mércores o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, responsable da transparencia do Goberno galego, entregou á Valedora, Milagros Otero, o informe anual sobre o cumprimento da Administración autonómica das súas obrigas nesa materia. Nas súas intervencións iniciais tanto Rueda como Otero gabaron a transparencia da Xunta cara á cidadanía e salientaron que a galega é das comunidades máis transparentes. A Valedora, que salientou que "a transparencia facilita a ausencia de corrupción", chegou a dicir que os galegos poden "estar tranquilos, satisfeitos e ata un pouquiño orgullosos" da transparencia en Galicia. A Valedora chegou a dicir que os galegos poden "estar tranquilos, satisfeitos e ata un pouquiño orgullosos" da transparencia en Galicia Na quenda de preguntas, á Valedora pedíuselle unha valoración sobre o feito de que a Xunta oculte os seus contratos menores tras divulgalos só unha semana. Otero comezou xustificando que a esixencia que fixa a lei de facer públicos eses contratos "é recente", malia que entrou en vigor hai xa dous anos, en marzo de 2016. A Valedora continuou restando importancia á "forma concreta" en que se fai esa publicación e chegou a dicir que se a Xunta non os divulga durante máis tempo non é por "gusto de ocultar". A Otero lembróuselle que a propia institución do Valedor do Pobo, como fan outras administracións, fai públicos eses contratos de xeito permanente, a través de arquivos de táboas de datos ou mesmo en formato PDF, sen borrar a información á semana de divulgala, como fai a Xunta. Porén, Otero volveu xustificar o proceder da Xunta argumentando que o "volume" dos contratos non é o mesmo e insistindo en que "non é importante o prazo senón garantir o dereito", que admitiu que "haberá que ir estendendo". Durante todas esas xustificacións da Valedora cara ao proceder da Xunta, o vicepresidente Rueda, de pé ao seu lado, gardou silencio. |
NOS_30267 | Tres de cada dez galegas non teñen posibilidade de acceder a velocidades por riba dos 100 Mbps | O último informe da Secretaría de Estado de Telecomunicacións sobre o despregamento da banda larga no Estado español sitúa Galiza á cola de todos os territorios, cunha taxa de cobertura de Internet por ADSL de máis de 2 megabits por segundo (Mbps) inferior a 70%, e que no caso de velocidades de máis de 10 Mbps descende até 52,71%. Compensa un pouco a situación a implantación da rede de fibra óptica, que chega a 56,29% dos fogares galegos. Aínda así, 28% da poboación ─unhas 750.000 galegas─ non teñen posibilidade de acceder a unha rede con velocidades superiores a 100 Mbps, o que lastra a competitividade das familias e das empresas galegas e dificulta moitas tarefas cotiás. Así o denuncia a Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro', unha entidade que aglutina varias federacións e unhas 500 asociacións, e que amosa a súa "profunda preocupación" polo feito de que a cobertura de telefonía móbil e Internet siga a ser "moi deficiente" en numerosos puntos da xeografía galega. Os problemas de conectividade fixéronse, se cabe, máis evidentes durante a crise da Covid. Unha enquisa da Confederación Galega de ANPA revelaba que ao redor dun terzo das familias galegas con fillas ou fillos escolarizados carecían de acceso a redes apropiadas e aos medios necesarios para poder terminar o curso de forma telemática. Tamén son frecuentes as críticas desde o rural, onde as gandeiras e gandeiros sofren un dobre illamento por mor da falla de conectividade. Esta situación é especialmente sensíbel nun contexto no que o sector tende cada vez máis cara a dixitalización dos procesos produtivos e dos trámites coas administracións. Maior implicación das Administracións Segundo o informe da Secretaría de Estado, nas zonas rurais cunha densidade inferior a 100 habitantes por quilómetro cadrado, a xuño de 2020 a cobertura a 100 Mbps chegaba a 63% da poboación, unha porcentaxe que ascendía até 90% se a velocidade obtida eran 30 Mbps. Á vista destes datos, a confederación de asociacións veciñais reclama "un maior e urxente investimento por parte das Administracións" que permita salvar a situación de illamento tecnolóxico na que viven unha gran parte dos galegos e galegas e que lastra a súa competitividade. Neste senso, desde a institución piden aos poderes públicos que antes de actuar tomen conciencia real da situación do problema, xa que, advirten, pode dar lugar a "percepcións enganosas" acerca da cobertura na Galiza. E é que, segundo apuntan desde a entidade veciñal, "pódese confundir a posibilidade de conectarse nunha zona coa posibilidade de facelo en concreto no interior do fogar", e poñen como exemplo as casas tradicionais de pedra, "que supoñen moi boa pantalla para o sinal de telefonía móbil". "O que realmente fai falta é vontade por parte das responsábeis das tres administracións ─concellos, Xunta e Estado─ e dos poderes públicos", insisten desde a confederación de asociacións veciñais, que marca como vías para acadar a tan ansiada solución o incremento do investimento en infraestruturas e a simplificación da burocracia. |
NOS_7381 | Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación Zagatka, vinculada ao rei emérito. | A fiscalía do Tribunal Supremo foi benévola co rei emérito español. O organismo, tale como avanza El Confidencial, enviou unha comisión rogatoria a Suíza para solicitar información sobre o diñeiro que Juan Carlos I escondía alí, mais acoutou a solicitude ao período 2016-2019. Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación Zagatka, vinculada ao rei emérito. Os anos en que se centrou a fiscalía coinciden coa etapa na que o emérito efectuou menos operacións sospeitosas e, por tanto, significa unha renuncia para investigalo por delitos cometidos en exercicios non prescritos. Polo menos un ano fiscal ficaría fóra da comisión rogatoria enviada a Suíza, subliña o citado medio. A solicitude a Suíza enviouse o pasado 24 de febreiro, e trasladouse a Yves Bertossa, o fiscal de Xenebra que investiga desde 2018 a circulación de fondo do rei emérito. Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación Zagatka, vinculada ao rei emérito. Suíza enviou a España a información estrita que pertencía ao período solicitado pola fiscalía do Tribunal Supremo e, por tanto, só enviou documentación de parte das contas bancarias que dependían da Fundación Zagatka (a entidade xestionada polo curmán do rei, Álvaro de Orleans). Concretamente, indica El Confidencial, España só recibiu datos referentes aos movementos de Zagatka no banco Lombard Oider de Xenebra. Porén, as operacións máis 'comprometidas' nas que estaría Juan Carlos I leváronse a cabo entre 2003 e 2015, coas oito contas que a Fundación Zagatka chegou a controlar no banco suízo Credit Suisse de Xenebra. Con estes depósitos, entraron 6,5 millóns de euros de orixe descoñecida e 4,6 millóns de euros máis por unha operación inmobiliaria de OHL no Caribe mexicano que se correspondía a comisións ilegais. Con estas contas tamén se controlaron millóns de euros en accións de multinacionais españolas e europeas. |
PRAZA_8088 | Se o proceso de selección natural está xa nos votos apañados nas furnas, a que perder logo catro anos en oratorias que van a ningures? Se da confrontación de ideas e pareceres nunca sae nada novo e distinto das posicións de partida, a que demos tanto debate e controversia? A Caneiro preocúpalle que a palabra basta e groseira asolague os Parlamentos. A min tamén, pero aínda me quita mais o sono que tanta palabra non valla para nada. | No mundo animal, en aras da supervivencia da especie, as femias non se deixan seducir por un ninguén calquera e só caen rendidas nos brazos daquel macho que resultou gañador na confrontación de forzas e habelencias con outros machos. Como animal que son, eu nunca dubidei de bondade da selección natural e sempre crin na confrontación de ideas e pareceres como fonte xeral de coñecemento e contrastación das propias conviccións, xa fora para perseverar nelas ou para mudalas por outras. Ou porque non tiña mellor cousa que facer, que tamén me ten pasado. E vin con bos ollos a chegada da democracia, xa que me parecía o terreo mais aquelado para xogar este partido. Hoxe, trinta e pico anos despois, teño as miñas dúbidas. Non pola democracia en si, senón polo funcionamento dos aparellos de debate e discusión. Cóntovos. Na miña alma cándida sempre abriguei a esperanza de que o equipo de goberno convencera á oposición nalgunha das súas propostas; ou se deixara convencer tamén de cando en vez Levo xa un ano facendo de concelleiro na miña vila. Vaia por diante que entrei porque algún dos xogadores titulares tiveron que abandonar o campo, por lesión ou polo que fora, e eu tiven que saltar do banquiño. Vaia tamén por diante que non me apaixona o desafío, pero ninguén me puxo unha pistola no peito para ir nunha lista, así que agora non me queda outra que correr e suar a camiseta (isto é un falar, claro). Pero feitas as devanditas reservas, teño que dicir que o tal debate democrático de ideas e pareceres é un conto chino mais. O aparello funciona mais ou menos así: O partido no goberno propón X, os partidos na oposición votan que non; e viceversa, os partidos na oposición propoñen Y, o partido no goberno vota que non. E así unha vez tras outra, ata setenta veces sete. E aínda sabendo de antemán o que vai suceder, porque xa se amosaron as cartas nas comisións previas, acudimos todos ó salón de Plenos e oficiamos a sagrada liturxia do falso debate, as setenta veces sete.. Na miña alma cándida sempre abriguei a esperanza de que o equipo de goberno convencera á oposición nalgunha das súas propostas; ou se deixara convencer tamén de cando en vez. Nada que vai para ningures! Aínda mais, debo confesar que algunhas delas a min convencéronme, pero para non afear o voto dos compañeiros, votei que non canda eles; e quero pensar que algún dos membros do equipo de goberno igual lles pasou outro tanto con algunha das nosas propostas e con igual resultado. Mais aínda, nalgunha das comisións informativas, previas ós plenos, membros do equipo de goberno teñen recoñecido mais dunha vez que lles parecía ben tal ou cal proposta da oposición, pero que ían votar en "clave de partido". E nós, como oposición, cuarta arriba cuarta abaixo, facemos o mesmo. A Caneiro preocúpalle que a palabra basta e groseira asolague os Parlamentos. A min tamén, pero aínda me quita mais o sono que tanta palabra non valla para nada Chegados e este punto, a miña pregunta é: para que gastar tempo particular e cartos públicos en debater en van? Se o proceso de selección natural está xa nos votos apañados nas furnas, a que perder logo catro anos en oratorias que van a ningures? Se da confrontación de ideas e pareceres nunca sae nada novo e distinto das posicións de partida, a que demos tanto debate e controversia? A Caneiro preocúpalle que a palabra basta e groseira asolague os Parlamentos. A min tamén, pero aínda me quita mais o sono que tanta palabra non valla para nada. Xa nesta tesitura, e dando por perdida a capacidade creativa da confrontación, non sería mais eficiente dedicar os cartos da palabra inútil a un potente órgano xudicial fiscalizador da actividade pública que, actuando de oficio e a instancia de parte, visara a actividade de tódalas administracións? Só unha das mais de mil emendas presentadas pola oposición ós orzamentos da Xunta para 2013 (é dicir, un cero coma case nada por cen) conseguiu o voto favorable do partido que ostenta a maioría parlamentaria Falo do debate no ámbito municipal, que coñezo de primeira man; pero penso, agora só de lidas e oídas, que outro tanto acontece no ámbito autonómico e estatal. Só unha das mais de mil emendas presentadas pola oposición ós orzamentos da Xunta para 2013 (é dicir, un cero coma case nada por cen) conseguiu o voto favorable do partido que ostenta a maioría parlamentaria. Canto nos custou ese cero coma nada? Paga a pena? Unha de dúas, ou os listos están todos dun lado ou falla o sistema. E todo me dá que é o sistema o que falla. |
PRAZA_1208 | En Compromiso por Galicia realizamos unhas primarias abertas (as únicas en Santiago) no mes de outubro, ás que concorreron Xosemaría Rodríguez e Xosé Antón López. | O grao de deterioro alcanzado polas nosas institucións fai que sexa raro o partido que non demande un proceso de rexeneración democrática e que se declare disposto a encabezala. O problema non está nas marabillosas declaracións de intencións que se poidan facer, pois en política as palabras soas non xeran iniciativas que logren un funcionamento máis democráticos das institucións nin un mellor benestar da cidadanía, senón na falta de lexitimidade moral de moit@s candidat@s que concorren a estes comicios. Para intentar ilustrar todo isto de xeito máis concreto porei un par de exemplos. O Concello de Santiago representa infelizmente o paradigma do deterioro institucional do que estamos a falar. Tres alcaldes nunha lexislatura, unha lista, a do PP, chea de imputad@s, parálise institucional, despilfarro en obras inxustificables... Pois a solución para a cidade que propón o señor Núñez Feijóo é presentar a Agustín Hernández, isto é, a persoa que foi corresponsable con el mesmo da elaboración da lista de hai catro anos, a dos Conde Roa, Currás, Leis, Espadas, Prado e compaña. Mandaría vostede un pirómano a apagar un incendio? Eu non, pero vese que o señor Feijóo non ten ningún reparo ao respecto. Outra situación de dubidosa lexitimidade para concorrer como cabeza de lista a unhas eleccións atopámola no partido político Compostela Aberta (digo ben, partido político), a marca electoral de IU/PCE, Podemos e Anova. Presentar de candidato á alcaldía alguén que non reside no municipio, que é alcalde doutro Concello e do cal continúa cobrando aínda que non exerza como tal, mentres fai campaña noutro tampouco parece un exemplo de rexeneración. Se o fixese alguén doutra formación en seguida pasaría a ser identificad@ como "casta". Alén disto, o seu proceso de elección tamén non foi dunha gran transparencia que se diga, pois o posto de candidato estaba xa blindado para evitar sorpresas por parte d@s votantes. En Compromiso por Galicia realizamos unhas primarias abertas (as únicas en Santiago) no mes de outubro, ás que concorreron Xosemaría Rodríguez e Xosé Antón López. Puido presentarse e votar calquera residente en Compostela e, de feito, pasaron polas urnas máis de catrocentas persoas. Gañou Xosé Antón e elaborou unha lista, á que teño á honra de pertencer, formada por cualifica@s profesionais de diferentes ámbitos cunha folla de servizos absolutamente inmaculada. Isto é apostar pola rexeneración democrática, o resto son brindes ao sol. Por iso pido o voto para Compromiso por Galicia. Moitas grazas. |
PRAZA_7327 | Realizaron actos informativos ás portas dos hospitais de Vigo e Compostela para demandar do SERGAS a aplicación de Sofosbuvir, eficaz no 90% dos casos, aprobado pola Axencia Médica Europea e incluído na lista de tratamentos financiados pola sanidade pública, pero que se lles está denegando. | Hai unha semana constituíuse a Plataforma Galega de afectados e afectadas pola Hepatite C, que agrupa as persoas que sofren esta doenza en Galicia. Unha das súas reivindicacións máis inmediatas ten que ver coa aplicación dun novo fármaco, o Sofosbuvir (elaborado polo laboratorio Gilead Sciences como Sovaldi), que en xaneiro deste ano foi aprobado pola Axencia Médica Europea, despois de probarse a súa eficacia (moi superior á de calquera outro tratamento anterior) en pacientes con esta enfermidade. As probas indican que o medicamento cura a enfermidade no 90% dos casos e tamén reduce o risco de reinfección do inxerto en pacientes pendentes de trasplante hepático. O Ministerio de Sanidade chegou en setembro a un acordo co laboratorio Gilead Sciences e introduciuno na lista de tratamentos financiados pola sanidade pública. Porén, o fármaco estalles sendo denegado na maior parte dos casos aos e ás pacientes que o solicitan despois de que os seus médicos llo prescribisen. "A administración da medicación está sendo moi limitada, e faise seguindo uns protocolos que fixa o Ministerio pero que aplican as comunidades autónomas", explica Quique Costas, un dos voceiros da plataforma. Os criterios fixados son moi restritivos e xa foron denunciados pola Asociación Española para o Estudo do Fígado. O principal problema parece ser o seu custe (un tratamento de 12 meses rolda os 55 mil euros). Organizacións de enfermos, coma os grupos de afectados pola Hepatite C e o VIH, xa lle demandaron publicamente a Gilead que facilitase gratuitamente o medicamento a través de programas de uso compasivo. Pero en calquera caso, as plataformas de afectados demándalle ao Estado que se faga cargo dun tratamento que pode salvar moitas vidas, máis aló dos argumentos do gasto ou o aforro económico. "É lamentable entrar no debate sobre o custe económico deste tratamento. É como se agora din que non se poden facer quimioterapias porque non hai cartos. Sería un escandalazo", destaca Xulia Alonso "É lamentable entrar no debate sobre o custe económico deste tratamento. É como se agora din que non se poden facer quimioterapias porque non hai cartos. Sería un escandalazo", destaca Xulia Alonso, unha das voceiras da plataforma galega e unha das primeiras persoas a quen a Consellaría de Sanidade lle denegou o tratamento, a pesar de sufrir unha cirrose avanzada. Xulia Alonso destaca, ademais, que "a mensaxe da viabilidade económica desmóntase rapidamente" pois "unha persoa con cirrose descompénsase cada certo tempo, cando o seu fígado colapsa, e polo tanto nós temos que ingresar periodicamente no hospital, ben por hemorraxias dixestivas, ben por encefalopatías e por outras doenzas consecuencia dese colapso do fígado. Eses ingresos son longos e requiren dunha intervención sanitaria que tamén é custosa. Cal é o prezo? 55 mil euros? Hai algunha quimioterapia que custe menos de 55 mil euros? Canto custa un transplante?". "Sempre é máis barato ter a poboación libre de enfermidade que ter que atendela enferma", engade. Xulia Alonso explica que en calquera caso a opacidade do Ministerio de Sanidade fixo imposible polo de agora coñecer o prezo exacto do tratamento: "Fálase dun alto prezo, pero tampouco sabemos exactamente cal é, porque os resultados das negociacións do Goberno con Gilead non son públicos". Critica tamén a falta de resposta por parte dos gobernos español e galego, que gardan silencio ante este problema que afecta a milleiros de persoas: "máis que silencio é desprezo. É unha falta de respecto absoluta cara a un grupo de cidadáns que padecen unha doenza determinada. Antes que enfermos somos cidadáns e cidadás con dereitos. En España hai uns 30.000 persoas con cirrose e o Ministerio négase a recibirnos". "Máis que silencio é desprezo. É unha falta de respecto absoluta cara a un grupo de cidadáns que padecen unha doenza determinada" Cal é a parte de responsabilidade da Xunta neste conflito? O Ministerio fixa un teito de gasto e tamén uns protocolos para a aplicación do tratamento, pero é a Consellaría de Sanidade a que debe responder finalmente ás solicitudes dos e das pacientes. A Plataforma Galega de afectados e afectadas pola Hepatite C denuncia que se está denegando a medicación mesmo nalgúns casos que teoricamente cumpren cos requisitos fixado; noutros casos -denuncian- nin sequera respondeu aínda ás solicitudes. "Nós somos pacientes do SERGAS, polo que o SERGAS e a Consellaría terán que darnos unha solución, terán que ser eles os que discutan co Ministerio", di Quique Costas. O Ministerio fixa un teito de gasto e tamén uns protocolos para a aplicación do tratamento, pero é a Consellaría de Sanidade a que debe responder finalmente ás solicitudes dos e das pacientes A plataforma solicitou unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e tamén pediu entrevistas cos grupos parlamentarios para que se posicionen neste tema. "Hai unha urxencia de tempo para resolvelo. Estamos falando de tempo, dunha situación á que á xente se lle esgota o tempo", destaca Xulia Alonso. "O que lle pedimos ao presidente da Xunta é que se non está de acordo co disposto polo Ministerio, debe intervir, porque ten esa capacidade", engade. "Queremos saber que pensan sobre este tema o presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade. Queremos saber que futuro nos agarda", di Quique Costas. "Queremos saber que pensan sobre este tema o presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade. Queremos saber que futuro nos agarda", di Quique Costas Ademais, na mañá deste luns varios dos seus integrantes realizaron actos informativos ás portas dos hospitais de Vigo e Compostela. Dende a súa constitución, hai nove días, xa se adheriron á plataforma unhas 70 persoas, destaca Costas. As persoas interesadas en contactar coa plataforma poden facelo a través da súa páxina de Facebook ou a través do seu correo electrónico ([email protected]). "Esperemos que máis xente se una, para que poidamos facer máis ruído e presión, para conseguir algo tan simple como que non nos deixen morrer", di. |
PRAZA_14529 | O candidato á reelección asegura non presentarse "contra ninguén" e asegura que non só pide votar a prol do PP, senón que o pide "a favor do crecemento de Galicia" | "Que a realidade non che estropee un bo titular". Esta máxima que resume o que nunca debera acontecer en xornalismo pode ser tamén aplicada a algunhas proclamas de campaña electoral, período no que algunhas das frases lanzadas en mitins e encontros con simpatizantes baten á hora seren confrontados coa realidade, especialmente se son inseridas -conscientemente ou non- entre datos fidedignos. Algo así é o que lle vén acontecendo ao actual presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, dende a propia pegada de carteis. Nomeadamente, a respecto dos cartos que debe o Goberno galego a respecto do resto do Estado e tamén a respecto do que os conservadores atoparon cando comezaron a gobernar. "Galicia ten menos débeda", clamou Feijóo no hotel compostelán no que iniciou a campaña. "Galicia ten menos débeda", reiterou vinte e catro horas máis tarde nun mitin en Carballo. "Galicia fixo os deberes e agora temos menos déficir, menos débeda e menos paro que en España", abondou, para explicar que el e mais os seus conselleiros "fixemos un gran esforzo nos últimos anos para ser a comunidade autónoma máis estable e solvente de España, unha situación que nos facilite dedicar recursos a resolver os problemas dos cidadáns". Pero, Galicia ten menos débeda? En sentido estrito, non. Se ben é certo que a administración pública galega foi a que mellor controlou o déficit público en 2011, non o é menos que a débeda pública, isto é, os cartos que a Xunta pide prestados, subiu exponencialmente dende 2009. Isto é o que reflicten os datos oficiais do Banco de España, dos que é posible tirar que este indicador practicamente foi duplicado en tres anos e medio, pasando dos 3.863 millóns de euros do inicio da lexislatura aos 7.627 que reflectían as táboas oficiais a finais de setembro. Isto significa un incremento do 97% e un récord na historia autonómica. Malia non salientalos nos mitins electorais, os populares si veñen argumentando dende hai meses sobre os porqués deste incremento. Hai tempo que a Xunta, a comezar polo propio Feijóo, insta a non fixar atención nas cifras absolutas de débeda, senón no seu peso no Produto Interior Bruto (PIB) do país. Neste caso, Galicia mantense por baixo do 14,2% no que se sitúa a media estatal, pero a porcentaxe aumenta sistematicamente nos últimos anos. En 2009 este indicador estaba no 8,8% e, no segundo trimestre de 2012, acadou o 13,3%. |
PRAZA_9854 | Dende o 2013 o número de vehículos que pagan por circular na autoestrada aumentou un 16%. En 12 meses o prezo das peaxes incrementouse en tres ocasións: un 1,91% en xaneiro, un 2% en outubro e un 3,51% de novo en xaneiro | O Ministerio de Fomento vén de publicar os datos oficiais de tráfico nas autoestradas no ano 2018, que revelan que a AP-9 incrementou o seu número de usuarios e usuarias nun 2,1%, ata superar a cifra de 24.000 vehículos diarios de media (24.036), a primeira vez que supera este límite dende o ano 2011. O número de usuarios e usuarias creceu un un 16,4% dende o 2013Trátase do quinto ano consecutivo de incremento a pesar dos sucesivos aumentos no prezo das peaxes na autoestrada galega. Dende o ano 2013, un momento no que as estatísticas de Audasa chegaron ao seu punto máis baixo por mor da crise económica, o número medio diario de vehículos que pagan para circular por esta vía aumentou un 16,4%. De seguro que o incremento no número de usuarios e usuarias da AP9, unido ao aumento no prezo das peaxes, se traducirá nun crecemento nos ingresos totais que a autoestrada recibe por este concepto, que no 2017 foron 141 millóns de euros e no primeiro semestre de 2018 uns 66 millóns.O prezo das peaxes aumentou 3 veces en 12 meses: un 1,91%, un 2% e un 3,51%. En total, máis de sete puntosNun período de 12 meses o prezo das peaxes aumentou en tres ocasións. O 1 de xaneiro de 2018 o incremento foi do 1,91%, para compensar a suba do IPC. O 31 de outubro produciuse un aumento extraordinario, do 2%, tralo acordo para levar a cabo as obras de ampliación da Ponte de Rande e para compensar a Audasa polos vehículos que desde 2013 non pagan as viaxes de volta no mesmo día nos traxectos entre Vigo e Pontevedra. Finalmente, o 1 de xaneiro de 2019 produciuse unha nova actualización dos prezos de acordo coa suba media do IPC (+1,71%) mais outro 1,8% para continuar compensando a Audasa polas obras de ampliación en Rande e Santiago e pola gratuidade dalgunhas viaxes entre Vigo e Pontevedra. En total, outro 3,51%.Analizando a variación do tráfico nos meses seguintes as estas subas no prezo, obsérvase un forte incremento en xaneiro de 2018, superior ao 4%, e pola contra un lixeiro descenso en novembro. Porén, estas variacións poden deberse a moitos outros factores, e haberá que observar as evolucións futuras para ver se se manteñen as tendencias. |
NOS_38117 | O presidente da Deputación de Lugo cumpre cos prognósticos e vence con claridade nas primarias consultivas do PSdeG fronte a candidatura de Manel Vázquez. | Tal e como se auguraba, o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, será o novo secretario xeral do PSOE galego após vencer nas primarias consultivas ao alcalde da Illa de Arousa, Manel Vázquez. Substituirá a Pachi Vázquez o lugués, que obtivo o apoio do 77 por cento dos votos, polo 21 do arousán, segundo as primeiras informacións. Fixéronse bos os prognósticos e tamén o apoio case unánime a Besteiro por parte do aparato do partido, circunstancia moi significativa. Besteiro presentouse durante a campaña como un líder "rexenerador" pero moderado, contra o discurso máis esquerdista que lanzou o seu adversario. Outro dato importante da xornada era a participación, "desigual pero razoábel" segundo o secretario xeral saínte, que deixará o seu cargo de forma oficial no Congreso que celebrarán nunhas semanas. Acudiron ás urnas arredor da sesenta por cento da militancia, segundo os primeiros recontos. Gómez Besteiro naceu o 15 de novembro de 1967 en Lugo. É Licenciado en Dereito. Entre 1999 e 2007, foi voceiro do equipo de goberno no Concello de Lugo, Concelleiro de Urbanismo e Deputado provincial. Desde 2007 é presidente da Deputación provincial, onde goberna en coalición co BNG. |
NOS_17428 | O equipo de Galiza que este sábado xoga en Pontevedra coa selección de Curdistán non está só. Centos de siareir@s estarán presentes para apoiar a moito máis que un equipo. Desde Ribadeo até Verín, de Navia a Fisterra, o azul e branco ten cita na cidade do Lérez ao berro que nos une: "Unha nación, unha selección" | "Non me perdín ningún dos partidos da selección galega. Gosto do fútbol, pero gosto máis de Galiza". Anxo, rianxeiro de 32 anos, vai estar en Pontevedra este sábado, no partido contra Curdistán. Non vai ser o único. Desde Bares até Tui, e de Navia até Fisterra, centos de siareir@s acoden á cidade do Lerez a apoiar, máis unha vez, á Irmandiña. Que a Xunta decidise (nunha decisión política) guillotinar unha selección galega non os bota atrás, Todo o contrario. Davide é da Coruña, "De perto do barrio das Flores, pono ben clariño para que se saiba", apunta. Fan "a morte" do Depor. Animadversario do Celta. Mais, apunta, "se metemos un gol (pola selección galega), abrazo para celebralo até a Iago Aspas se está ao meu carón". Un siareiro do Depor recoñece que se a 'Irmandiña' mete un gol "até abrazo a Iago Aspas se o teño ao meu carón" Manuel é da Illa de Arousa, un territorio celtista por excelencia. A peña de afeccionados celestes Carcamáns ten centos de soci@s nun concello que non chega aos 5.000 habitantes. "O selta... diríache que é unha relixión senón fose que son ateo" (risos). Vai estar en Pontevedra, apoiando á 'Irmandiña' e apunta que "tanto ten Celta, Depor, Compos, Pontevedra ou o que sexa... somos tod@s galeg@s e debemos estar aí, que se note". "Isto é moito máis que 11 xogando contra 11 nun campo" Desde Lugo tamén van estar presentes en Pontevedra. Unha delas é Sonia: "O programa é moi interesante. Non é só fútbol. Hai xogos tradicionais galegos, un xantar, concertos...e o partido claro, pero é moito máis que once tipos contra outros once. Temos que estar para defender que somos un pobo, non?". "Hoxe tanto ten Celta, Depor, Pontevedra, Compos ou o que sexa... somos tod@s galeg@s e debemos estar aí, que se note". E desde Verín falamos con Xosé. "Eu son máis de baloncesto que de fútbol. A min o que me gusta é ver ao Obradoiro", salienta este estudante de Historia. Mais vai estar en Pontevedra, "como non", pois entende que "non hai sentido nin xustificación para negar que Galiza teña seleccións de seu que a representen". A súa compañeira María engade, "paso de política, moito. Mais creo que Galiza debería ter seleccións para xogar ao que quixer, como Escocia ou outros". |
NOS_33105 | A portavoz do BNG acusa Feijóo de levar "8 anos pasando olimpicamente de Galiza" e anuncia que presentará un relatorio a todos os grupos para superar o actual marco estatutario e constitucional. | "O noso problema non é que o pobo catalán queira decidir, o noso problema é que se manteña a dependencia de Galiza". A portavoz do BNG quixo centrar o debate do estado da Nación deste este primeiro momento. Fronte a un Feijóo que xogou a baza do proceso que vive Catalunya para enlamar o debate do estado de Nación, Ana Pontón apostou en aclarar o campo de xogo. Hai que falar de Catalunya? Ben falemos de Catalunya. "Solidariedade co pobo catalán", dixo Pontón, criticando un presidente que, dixo, "vén a este debate para rivalizar coa caverna mediática". Mais a nacionalista tiña claro que non se debía caer na arañeira do debate no marco feijoniano. De aí a frase: "O noso problema non é que o pobo catalán queira decidir, senón que se manteña a dependencia de Galiza". O problema do noso país, insistiu Pontón, "é vostede, o centralismo e un réxime corrupto". Porque o que cómpre é pasar páxina e superar o marco actual. Nesta liña, a portavoz do BNG anunciou un relatorio para todos os grupos para dotar Galiza dun "status de nación que lle permita decidir". Sen peso nin poder nin autoridade Ana Pontón reprochou a Feijóo o seu triunfalismo cando, aseverou, "leva 8 anos pasando olimpicamente de Galiza". A nacionalista pasou a enumerar exemplos das consecuencias dese pasotismo: veto AP9, retrasos no AVE ou os 400 millóns de menos para Galiza nos orzamentos do estado, entre outros. E, a seguir, relatou "incumprimentos" que deixaron pegadas nestas lexislaturas con selo popular: Pemex, eólico, lei de dependencia, emprego... "Aínda estamos agardando polas solucións", apostilou. "A realidade non é a zona de confort que vostede ve en Monte Pío". Pontón incidiu así no argumento de que o discurso do presidente galego no estado da Nación estaba desconectado da verdadeira realidade do país, sen termar do que no día a día acontece na sociedade galega. Pontón fixo un repaso pola realidade na sanidade, educación, servizos públicos... unha realidade que bate coas estatísticas oficiais e macroeconómicas. Non hai Galiza no país das marabillas no mandato de Feijóo. Polo que é mester fechar esa porta e abrir outra. "Vostede non foi quen de estar á altura do reto", reprochoulle a portavoz do BNG ao mandatario de Monte Pío. Porén, non hai tempo para pesimismos e derrotismos. "Son tempos de cultivar a esperanza, a unión e confianza nas nosas propias capacidades e potencialidades", explicou. ". A esperanza que están en verbas que marcan a xeracións e xeracións desde Galiza Ceive, Nunca Máis, o Non á Guerra, o Non a Lou ou o 15M". Corrección: na primeira edición desta información aparecía por erro a expresión "estatuto de nación que lle permita decidir" cando en realidade Ana Pontón dixo "status de nación que lle permita decidir". |
NOS_16006 | Os centros achéganse ao milleiro de casos en total. | A escalada de positivos no sistema educativo non remite e os positivos rozan hoxe, día 29, o milleiro de contaxios en centros, institutos e escolas infantís galegas. As autoridades sanitarias cuantifican no mínimo 961 casos nestas instalacións, case medio cento máis que a xornada anterior e que manteñen unha tendencia de incremento constante e alcanzan cifras que superan nun 30% ás rexistradas hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 46 aulas, unha escola infantil en Lugo e un punto de atención á infancia en Boborás aínda que as cifras de incidencia son maiores ás achegadas pola Xunta, que só recolle as unidades e centros clausurados polo Sergas e non outros peches que se producen por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo ante a COVID-19. Neste contexto destaca a área sanitaria de Vigo, que se mantén como o foco principal da incidencia da COVID-19 ao contar con 225 positivos por COVID-19 nos seus centros. A cidade olívica e o municipio de Mos rexistran, ademais, os casos máis graves de contaxios de todo o territorio galego, con dez positivos no CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago e once no Plurilingüe Lareira, respectivamente. As cifras, as máis altas desde o retorno após o verán, preocupan pola evolución ascendente e tamén polas incertezas que xeran respecto ao futuro inmediato da docencia nun contexto que non convida ao optimismo: nunha semana, os casos positivos nos centros de ensino medraron en 50%, desde os 608 que a Xunta notificaba o pasado día 20 aos 914 de onte, e tomando como referencia a última cuarta feira de setembro, a do día 30, a progresión faise máis notoria, ao terse triplicado desde entón o número de casos. Na ligazón externa pódese acceder aos datos de contaxio centro por centro. |
NOS_36038 | A dirixente da esquerda abertzale Maddalen Iriarte foi proposta por unanimidade da mesa política de Bildu como candidata á lehendakaritza. | Logo de que o PNV designase o pasado 13 de xaneiro o actual lehendakari, Iñigo Urkullu, como candidato para revalidar a presidencia do Goberno vasco, é agora a quenda de Euskal Herria Bildu. Na mañá de onte, segunda feira 27 de xaneiro, a mesa política da coalición da esquerda abertzale acordou propor de novo Maddalen Iriarte como candidata a lehendakari nos comicios que, ao igual que a Galiza, Euskadi realizará en 2020. A decisión foi tomada por unanimidade, mais aínda cabe a posibilidade de que militantes se candidaten. Con todo, fica xa descartada a posibilidade de que o portavoz de Bildu, Arnaldo Otegi, sexa o cabeza de lista. Pese a que Otegi continúa inhabilitado até o ano 2021 pola xustiza española, nas pasadas semanas especulouse coa posibilidade de que a coalición o nomease candidato como pulso ao sistema xudicial. O propio Otegi apresentou publicamente a proposta de Iriarte, sinalando que representa a alternativa de Goberno ao PNV. A abertzale, pola súa banda, afirmou estar ilusionada para encabezar de novo o reto electoral. |
NOS_57746 | En menos de 24 horas, estudantes dos cursos superiores de Medicina da USC lograron o seu obxectivo: o compromiso do Decanato de rescatar o máis axiña posíbel a formación íntegra do alumnado en centros hospitalarios. | As protestas do alumnado de Medicina coincidindo co primeiro día do curso universitario deron resultado. Por terceiro ano consecutivo as estudantes de 3º, 4º e 5º iniciaban a súa formación cunha programación limitada pola Covid. Con aulas expositivas semipresenciais e as prácticas clínicas reducidas a 50%. Tras debater o custo formativo destas restricións e confirmar o prexuízo profesional que que ían supor, acordaron comezar o curso cun paro que abrise a porta ao diálogo e a mudar as condicións de cara aos vindeiros meses. Diálogo E a mobilización surtiu efecto. A última hora desta segunda feira, tras se concentrar ás portas do edificio docente Novoa Santos e reivindicar unha formación digna e de calidade, sobre todo en centros sanitarios, en contacto cos doentes e con outros profesionais da medicina, asinaron un acordo co equipo decanal de Medicina para restituir 100% das prácticas clínicas e mellorar a presencialidade nas aulas da facultade. Así, resolveron enviar unha proposta á Secretaría do Reitorado cos cambios necesarios "para que o sistema de semipresencialidade permita unha maior asistencia presencial a aqueles alumnos que o desexen", respectando sempre todas as medidas de seguridade. Ademais, recuperarán 100% das prácticas clínicas, polo que intentarán organizar os horarios de alumnado e profesorado para poder ter, tamén, 100% das prácticas da materia. Fin da folga Segundo explican representantes da Asemblea Aberta de Medicina, isto supón a necesidade de realizar "distintos trámites" que adiará un tempo o inicio das prácticas que xa deberan estar en marcha. O alumnado non se poderá incorporar de inmediato pero poderá recuperar os días perdidos "en períodos vacacionais". Dado que se solucionou a nosa principal preocupación, que era conseguir recuperar 100% das prácticas clínicas, os membros da AAM decidimos, por maioría absoluta, non continuar coa folga", informan a través dun comunicado, no que tamén agradecen a resposta da dirección da facultade ás súas solicitudes. |
NOS_24077 | Un inquérito difundido este domingo polo xornal Ara confirma os datos de sondaxes realizadas nos últimos meses: a consulta gañaríana @s que están a favor dun estado propio, e as dúbidas da poboación xiran ao redor da posibilidade de seren expulsad@s da UE, información difundida polo Goberno español nos medios de comunicacións afíns e que foi refutada pola propia Comisión europea: "a lexislación internacional non di nada que se pareza a iso" | O 50,9% da cidadanía de Catalunya votaría polo 'si' no referendo que CiU e ERC veñen de fixar para 2014, após selar o pacto de goberno. O 29% introduciría un 'non' no sobre, o 10,6 absteríase e o 9,8 manifesta que participaría na consulta, mais que votaría en branco. Os datos, que van na liña dos difundidos nos últimos meses en diversas enquisas, fan parte do inquérito realizado pola empresa Sondea e que o xornal catalán Ara publica este domingo na súa edición en papel. A poboación enquisada respostou tamén ao redor do novo ciclo político que arrinca no país. Seis de cada dez persoas, o 60%, ven con bos ollos o acordo entre Artur Mas e Oriol Junqueras, así como a decisión tomada de que en 2014 o pobo catalán poderá decidir libremente o seu futuro. As dúbidas d@s eleitor@s sementounas o Goberno español, a través de declaracións como as realizadas polo ministro de Asuntos exteriores, José Manuel García-Margallo, quen en máis dunha ocasión dixo que tanto a Catalunya como a Escocia lles cumpriría o apoio unánime dos estados da UE para facer parte dela. A Comisión europea desminte a teima do PP: Catalunya podería seguir na UE se o desexarPorén, foi o propio goberno escocés quen retrucou ao Executivo de Rajoy: "Escocia é parte do territorio da UE e os escoceses son cidadáns da UE. Non hai nada que indique que esta situación teña que mudar após a independencia. Escocia terá exactamente o mesmo trato, dereitos e obrigas que o Reino Unido". A diferencia de Madrid, Londres si autorizou a consulta no territorio escocés, que se realizará en outono de 2014. As palabras de García-Margallo desmentiunas tamén a Comisión europea por boca da súa vicepresidenta, Viviane Reding, sinalando que non existe impedimento algún na Convención de Viena para que un estado novo resultante doutro estado integrado na UE poida ficar dentro dos órganos europeos dos que xa facía parte antes da independencia. "A lexislación internacional non di nada que se pareza a iso", subliñou nun bocado de entrevista publicado en outubro polo Diario de Sevilla e que o PP 'convidou' a non publicar. |
NOS_55539 | Fan parte desta plataforma as galegas Fundación Moncho Reboiras; Fundación Galiza Sempre, Obradoiro de Ideas Láncara e Fundación Terra e Tempo. | O Fórum Soberanista nace como punto de encontro, debate e análise para o soberanísimo de esquerdas da Galiza, Euskal Herria e Catalunya. Un foro integrado por 16 organizacións e entidades e que marca entre os seus obxectivos "o desenvolvemento de iniciativas para a defensa efectiva das liberdades políticas, os valores republicanos. e o dereito a decidir dos pobos". O Fórum estruturouse a finais de 2019 como un lugar de encontro entre as forzas soberanistas de esquerda. Transcorrido un ano de traballo, as 16 entidades que compoñen o Foro constitúense como unha organización. Difundir o pensamento político daquelas persoas e entidades que traballan para a consecución da soberanía das nacións, o progreso social e o afondamento da democracia; ou promover o coñecemento das realidades das nacións sen estado na súa dimensión política, cultural e económica; son algunhas das súas finalidades. O Fórum está inmerso na II Edición da súa Escola Soberanista, esta vez en formato virtual. As entidades integrantes do Fórum Soberanista son: Galiza: Fundación Moncho Reboiras; Fundación Galiza Sempre, Obradoiro de ideas Láncara e Fundación Terra e Tempo. Euskal Herria: Fundación Iratzar, Fundación Ipar Hegoa, Alternatiba Fundaziaoa, Alkartasuna Fundazioa e Manu-Robles Arangiz Fundazioa. Catalunya: CIEMEN, Fundación Irla, Intersindical CSC. País Valencià: Fundación Nexe e Intersindical Valenciana. Illes Balears: Fundación Darder-Mascaró. Andalucía: Grupo de Estudios Diaz del Moral. |
NOS_1990 | Representantes sindicais destacan que na segunda fase só administraron a dose do tratamento contra o coronavirus a médicas e enfermeiras, pero non ao resto das empregadas do Centro Galego de Desenvolvemento Integral ao que se deriva a moitos maiores infectados desde residencias de toda Galiza. | A miúdo parte das e dos usuarios de residencias que falecen pola Covid-19 en Galiza fano nas instalacións do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi) de Compostela, até onde son trasladadas desde os seus xeriátricos de referencia. Como alí as e os residentes van cando son diagnosticados con positivo no virus non poden recibir a vacina, mais o persoal sociosanitario que atende a estas doentes si precisa reducir o risco ao que se enfrontan cada día. No entanto, CIG Saúde Compostela denunciou hoxe que a Xunta obviou ás traballadoras na primeira fase de vacinación, que comezou polos centros de maiores. "Se ben aos residentes, por seren positivos en Covid, non pode administrárselle a vacina, as e os que alí traballan, si terían que estar vacinados. E non é o caso", avisan desde a representación sindical. Insisten en que na quenda inicial "non vacinaron a ningún traballador deste centro" malia ser a que correspondía ás operarias sociosanitarias de infraestruturas similares. A central critica que o Goberno galego presumira da súa boa xestión, cando entenden que ese discurso non se corresponde coa realidade. Cando menos non coa que se vive no Cegadi. Din que foi na segunda etapa, a do persoal sanitario, foi cando lle puxeron a primeira dose do fármaco contra o coronavirus a traballadores do Sergas, "médicos e enfermeiros que derivaron alí. A ninguén máis". O resto do persoal, á marxe É dicir, sempre segundo as súas afirmacións, "o persoal técnico en coidados auxiliares de enfermería que é o que asea aos pacientes, dálles de xantar, múdalles as camas... Como non foi contratado polo Sergas, senón por Política Social, non foi vacinado". O resto do cadro de persoal, entre os que estarían operarios e operarias da limpeza, da cociña e outros servizos tampouco entrou na campaña. "Sacan da manga un centro ao que dotan de persoal, pero pese a traballar con anciáns positivos de residencias de toda Galiza, non entran na primeira vacinación coma o resto de residencias, públicas e privadas, senón que algunha das categorías, tampouco na segunda, porque non traballan para o Sergas", lamenta a CIG Saúde, moi crítica coa xestión da Xunta. Aliás, destacan que os contratos son "totalmente precarios" e que as empregadas deben ser consideradas case "heroínas e heroes" fronte "á improvisación". |
PRAZA_8913 | As Xuventudes Socialistas súmanse ao manifesto impulsado por Queremos Galego e denuncia "os constantes ataques da Xunta de Galicia á nosa identidade" | As Xuventudes Socialistas de Galicia sumáronse ao manifesto impulsado da plataforma Queremos Galego e chamaron a participar na manifestación convocada para este venres. O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, acompañado do secretario de normalización lingüística, Mario Tarrío, animaron a mocidade "a participar nesta gran mobilización na defensa do noso gran símbolo de identidade, como é a nosa lingua". Bouza lamentou que "cando se fala de Galicia só sexa porque emigran os nosos mozos/as máis preparados e mellor formados, como o galego Diego Martínez, recoñecido como o mellor físico de Europa; polas fotos con narcos, polas liortas parlamentaria ou polo galego que debería ser persona non grata de Galicia, o Sr. Rajoy". Os mozos socialistas consideraron que "esta mobilización demostrará novamente que a nosa sociedade rexeita as políticas de desprezo cara á nosa lingua impulsadas polo PP obviando a obriga de defender os nosos dereitos e intereses." Os mozos socialistas consideraron que "esta mobilización demostrará novamente que a nosa sociedade rexeita as políticas de desprezo cara á nosa lingua impulsadas polo PP obviando a obriga de defender os nosos dereitos e intereses" O secretario xeral manifestou que "esta data tan sinalada, na capital galega, moitas persoas diremos alto e claro que esiximos a normalización da nosa lingua propia. Diremos alto e claro que non queremos ser estranxeiras na propia patria". Bouza reivindicou tamén que "falar galego non sexa un crime, senón unha riqueza e un privilexio, ante os claros retrocesos que sofre a nosa lingua polos constantes ataques da Xunta de Galicia á nosa identidade". Referiuse tamén o dirixente socialista ao decreto aprobado polo Goberno da Xunta que "é completamente oportunista e involucionista que o único para o que se fixo foi cuns fins puramente electoralistas, rachando cun consenso de décadas." |
NOS_1160 | A subdirectora xeral de Recursos mineiros reúnese coa plataforma Corno do Monte e recoñece "que non sabe nada da provincia de Ourense e da Limia aínda menos" e que ninguén a informou de que se trataba dunha comarca agrogandeira onde a maior parte da poboación "vivimos das nosas terras" | A Xunta de Galiza puxo riba da mesa unha solución para @s veciñ@s da Limia afectad@s polo proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, no cal a empresa española Minercer propón a explotación a ceo aberto dunha mina de fesdespato. Nunha xuntanza mantida entre representantes da plataforma Corno do Monte contra a mina e a subdirectora xeral de Recursos minerais, María José Mijares, esta última transladoulles a posibilidade "de que merquemos terras noutro lado e nos vaiamos de Xinzo". Corno do Monte, que ten convocadas mobilizacións todos os 27 de cada mes, cadrando co mercado que se celebra na vila, aproveitou que desta volta caeu en sábado e foi máis numerosa que de costume, para transladar as informacións recibidas esta semana, no encontro que mantiveron con Mijares en Compostela. "Non sabe nada da provincia de Ourense nin da comarca da Limia" Segundo sinalou a presidenta e voceira do colectivo, María Díaz, a responsábel da Xunta "non sabe nada da provincia de Ourense, e da Limia sabe aínda menos", tal e como lles tería recoñecido ela propia durante a xuntanza. "Seica non lle dixeron nada de que nós vivimos das nosas terras, nin de cantos somos nin de que producimos", enfatizou Díaz ao remate da manifestación, que xuntou por volta de 200 persoas nas rúas de Xinzo. O bo tempo levou a moit@s agricultor@s a aproveitar para sementar as patacas. Para alén desta 'solución' achegada desde a Xunta, a subdirectora xeral propuxo tamén á veciñanza que procuren fórmulas para conviviren coa mina, prometéndolles "que non vai facer moito ruído, malia que as máquinas traballarán todas as noites". O proxecto de Minercer contempla a creación de "dez" postos de traballo e a cambio desaparecerán "máis de 200", pois nesta zona agrogandeira "hai persoas que, por si propias, teñen xa 20 obreiros contratados". Dos dez empregos que a empresa di que creará, "tres son de alta cualificación e os outros sete xa os trae este señor canda el", polo que nin o argumento do desemprego nin o da perda de poboación se sosteñen. A corporación municipal de Xinzo, PP local incluído, rexeita a mina "En que momento un goberno apoia que unha empresa de fóra veña quitar feldespato, é dicir, baldosas, dun solo agrícola?", pregúntase María Díaz. Con todo, para alén do informe en contra emitido polo Concello e no cal está de acordo toda a corporación municipal, PP local incluído, na Xunta explicaron que sobre os plans de Minercer non foi redactado ningún outro documento en contra, enfatizando a benzón que recibiron de consellarías como Medio Ambiente, Urbanismo e Industria. Como exemplo do que vai acontecer citan o caso de Feldespatos Sarreaus, a poucos quilómetros de Xinzo, un proxecto mineiro subvencionado pola Xunta malia ficar emprazado na ZEPA (Zona de especial protección de aves) da Limia e que foi abandonado pola empresa concesionaria após entrar en concurso de acredores e pechar en 2009. Detrás de si deixou seis bidóns con 1.200 litros de ácido fluorhídrico, un composto químico altamente tóxico e contaminante por contacto ou inhalación que se filtrou aos solos, segundo denunciou o verán seguinte o colectivo ecoloxista Ríos Limpos após descubrir os bidóns polo "cheiro pestilente" que emitían. A mina de feldespato afectará 400 hectáreas de produción agrícola na Limia e conta con outras tantas alegacións en contra presentadas por sindicatos agrarios como o SLG e colectivos ecoloxistas como a Sociedade galega de historia natural, para alén d@s propi@s veciñ@s. O censo catastral da Galiza na Cámara mineira sinala como as oito aldeas que están a facer forza contra a mina (San Pedro de Laroá, Laroá, Fiestras, Seoane, Faramontaos, Moreiras, Paredes e Rebordechá, nos concellos de Xinzo e Trasmiras) son só un bocadiño moi pequeno do pastel para o cal Minarcer solicitou licenza de investigación. Di María Díaz que a empresa española "vai arruinar todo o sur da Limia". |
PRAZA_7484 | PSdeG, AGE e BNG repróchanlle a Jesús Vázquez os recortes e o gasto no Gaiás e o conselleiro subliña que as súas contas "contribúen ao obxectivo irrenunciable de reducir o déficit" | "Eu non che digo que marches, pero aí tes a roupa". Este refrán podería ser aplicable á disxuntiva que a Consellería de Educación lles formula ás universidades galegas tras a presentación dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2013. Despois de que, nos últimos días, as institucións académicas viñesen denunciando a redución duns 20 millóns de euros no seu financiamento estrutural para o novo ano Jesús Vázquez chegou ao Parlamento para asegurar que non está a aplicar nada que non estea "asinado polos reitores". O plan de financiamento de 2010 "recolle cláusulas" que lle permiten aplicar o recorte, polo que as universidades veñen ter dúas opcións: recortarlles os salarios aos docentes ou manter as remuneracións, pero despedir profesorado. Como o resto do orzamento, as contas de Educación "contribúen ao obxectivo irrenunciable de reducir o déficit, cumprindo co teito de gasto", advirte Vázquez. Nesta liña, a dogma do déficit leva a que "a evolución da masa salarial" universitaria sexa "equivalente ao axuste na administración autónómica". Polo tanto, os reitores deben optar: "diminución de efectivos ou retributiva". As condicións "xa foron comunicadas" ás universidades de Santiago, A Coruña e Vigo "e non teñen por que supoñer perda de docentes". Branco e en botella. Non obstante, o conselleiro pide "rigor". Os dirixentes universitarios non deben "atribuírlle á Xunta decisións que corresponden á autonomía universitaria". "Tentan forzar as universidades a despedir persoal?", preguntou retoricamente o voceiro do PSdeG na comisión, Vicente Docasar, para quen a Xunta está "incumprindo o plan de financiamento" ou "cando menos, interpretándoo de maneira torticeira". Do mesmo xeito, o socialista advirte de que no propio texto articulado dos Orzamentos está incluída a que pode ser a nova medida de impacto para o estudantado unviersitario: "Din que a diminución" de cartos públicos "débese ao incremento dos novos prezos de matrícula". Isto, di, "lévanos a pensar en que pensan en incrementar de maneira brutal as taxas" para qe "só poidan chegar aos fillos e fillas de familias pudentes". "Pensan recuperar a perda de financiamento coa suba de taxas?", cuestionou Docasar, que aproveitou a súa segunda quenda de intervención para transmitirlle ao conselleiro preguntas formuladas por diversos representantes da comunidade educativa. O conselleiro de Educación insta as universidades a optar por unha "diminución de efectivos ou retributiva" "É certo" que os fondos universitarios "diminúen 20 millóns como consecuencia da diminución de retribucións e do incremento das segundas e sucesivas matrículas", admite o conselleiro. En todo caso, Jesús Vázquez resolve o contencioso acusando "o Partido Socialista" de "non coñecer os acordos cos equipos reitorais". Ademais, en todo caso, resolve, a Xunta está a "cumprir un Real Decreto". Críticas aos recortes e ao Gaiás A preocupación polos recortes non se cingue á universidade. Así, dende AGE o seu voceiro, Ramón Vázquez, lamenta que Vázquez "semelle máis o conselleiro de Economía, cando o seu labor debera ser partir o lombo pola educación pública". A Consellería de Educación, di está a funcionar como unha "embaixada da barbarie" que o mesmo aplica un "lingüicidio", coa diminución de fondos en Política Lingüística, que elimina profesorado interino en cumprimento da normativa estatal. "Quen vai asumir a responsabilidade se lle pasa algo a un neno nos 15 días que unha mestra de infantil se ten que facer cargo de 50 nenos", pregúntase, para exemplificar a non cobertura de baixas. A oposición censura o contraste entre os recortes ao ensino e as achegas á Cidade da Cultura ou á Fundación Cela A censura aos recortes e o contraste destas estreiteces co "enterramento de millóns de euros" na Cidade da Cultura chegou tamén dende o BNG, representado por Cosme Pombo na sesión. Educación, di o nacionalista, está "no podio dos recortes" do conxunto do Goberno, perdendo "153,6 millóns de euros". Mentres, lamenta, a Xunta si reserva cartos para "unha fundación que era privada, que tiña un buraco enorme" e á que se lle deu "máis dun millón de euros para poñela a flote", en referencia á Fundación Cela. "Aquí si que aparecen orzamentos", reprocha. O conselleiro acusa a PSdeG, AGE e BNG de "afundir a educación coas súas críticas" A petición de explicacións por parte da oposición foi retrucada tando dende o Executivo como dende o PP con apelacións á "responsabilidade" pero tamén á xestión de gobernos autonómicos como o de Andalucía ou de Asturias, omnipresentes no debate, especialmente nas respostas ao grupo de AGE, pola presenza de Esquerda Unida no Goberno da Junta andaluza. Sempre segundo o conselleiro, neste contexto non caben críticas porque "nas comunidades socialistas e progresistas" existen "maiores taxas de fracaso escolar". Mentres, en Galicia, o ensino "é cada vez máis público", asegura, polo que a oposición debe elixir entre apoiar a Xunta ou "seguir afundindo o ensino público coas súas críticas". |
NOS_4357 | A Confederación de Empresarios da Galiza leva nunha situación de inestabilidade décadas. A última sorpresa foi a renuncia do novo presidente, o ourensán José Manuel Díaz Barreiros, tan só dous días de resultar elixido para o cargo. | O conflito é o estado natural da Confederación de Empresarios da Galiza (CEG) nas últimas décadas. A axitada presidencia de Antonio Ramilo na década dos 90 rematou abruptamente á volta de 2000, após descubrirse irregularidades contábeis na entidade e un desfalco de 6,3 millóns de euros. O seu sucesor e antagonista, Antonio Fontenla, iniciou unha nova etapa que se alongou até 2013, marcada, máis unha vez, por dúbidas sobre a xestión financeira, destacando, entre estas, a utilización dos fondos do programa de internacionalización empresarial Pexga para sufragar gastos persoais dos directivos do colectivo. A caída de Fontenla deu paso ao segundo de Ramilo, José Manuel Fernández Alvariño, obrigado a dimitir tras confirmarse contratacións da CEG con algunhas das súas empresas. O fracaso da última tentativa de dotar a patronal galega dun presidente non é máis que outro capítulo desa traxicomedia. A Confederación de Empresarios da Galiza leva desde xaneiro de 2018 na interinidade, após a dimisión de Antón Arias, sucesor no cargo de Antón Dieter e dirixida por unha xestora formada polos responsábeis das organizacións empresariais provinciais, onde actúa como voceiro Antonio Fontenla. Foi precisamente Fontenla quen impulsou a candidatura e promoveu á presidencia o ourensán José Manuel Díaz Barreiros, que renunciou ao cargo só dous días despois de ser elixido, ao coñecerse as queixas da patronal pontevedresa e de varias entidades sectoriais sobre o sistema de votación na asemblea onde o escolleron. Os resultados do último proceso electoral dentro da CEG e a decisión do sector de Fontela de convocar unha nova asemblea para o 15 de xaneiro non fai máis que aumentar a tensión dentro da entidade. As primeiras críticas a esta decisión procederon das asociacións do empresariado pontevedrés, tradicionalmente enfrontado ao sector de Fontela, quen denunciaron que "os órganos directivos son os únicos competentes para convocar eleccións" e criticaron que a convocatoria xurda da "xunta de vicepresidentes, única e exclusivamente un órgano asesor". O pronunciamento deste sector da patronal fíxose público despois de que o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, votase en contra da realización con tanta urxencia dunha nova asemblea. A credibilidade da Confederación de Empresarios da Galiza está baixo mínimos, a súa imaxe, claramente deteriorada, e a súa debilidade é evidente. Tanto é así que a Xunta da Galiza e o presidente Alberto Núñez Feixoo observan con moita preocupación a situación e urxen un cambio de rumbo no colectivo. Ao tempo, desde o Goberno galego consideran prioritaria unha renovación xeracional na CEG que rache co seu pasado e nese sentido apostan pola saída de Antonio Fontenla da entidade. Fontenla, construtor e socio nalgúns negocios da familia do ex alcalde coruñés Francisco Vázquez, está considerado como o auténtico poder na sombra da patronal e impulsor das últimas candidaturas á presidencia do colectivo. O groso dos socios e socias da entidade dan por feito que o novo aspirante a máximo responsábel da CEG vai saír, tamén, do círculo de Fontenla. |
NOS_43524 | O festival celebra os 40 anos de Viravolta e Trécola. | O festival de títeres tradicionais Titiriberia, que se celebra en Rianxo entre o 24 e o 31 de xullo, conmemora este ano o 40º aniversario das compañías Viravolta e Trécola. Un aniversario que se suma ao que recentemente celebraron outras compañías como Os monicreques de Kukas ou Tanxarina. Parece evidente que por volta de 1982 sucederon moitas cousas arredor do teatro de títeres. "Sucedeu o mesmo que noutros campos", explica en conversa con Nós Diario Anxo García, membro fundador de Viravolta Títeres e da Asociación Morreu o Demo, organizadora de Titiriberia. "Había un certo entusiasmo e unha certa esperanza co proceso iniciado despois da morte do ditador. Aquí coincidiu que foi por esas datas cando Tatán [Eduardo Cunha] e outros ex alumnos de Harry Tozer, profesor de construción e manipulación de marionetas de fíos do Institut del Teatre de Barcelona, fundaron Tanxarina e, seguindo o seu exemplo e o de Kukas, fundáronse algunhas compañías das que algunhas quedamos en pé. Mais todos estabamos moi vinculados a esa efervescencia cultural da década de 1980". Tanxarina cumpre corenta anos facendo teatro de monicreques na Galiza Pasados corenta anos, sucederon moitas cousas: algunhas das aspiracións cumpríronse, e outras, non. "Conseguiuse, por exemplo, que a profesión de titiriteiro teña unha certa estabilidade, non toda a que sería desexábel, pero sen dúbida estamos mellor" afirma García. "Tamén existe unha considerábel regularidade nas programacións culturais. Outras obxectivos máis ambiciosos quedaron polo camiño, mais polo menos temos uns mínimos dos que partir". O teatro de títeres, non obstante, segue a estar moi marcado pola percepción popular de que se trata dun xénero para a cativada. "É unha cruz que temos aquí e que non se dá no resto de Europa. É difícil que a xente asuma que hai espectáculos de monicreques que están pensados para adultos e iso condiciona moito o noso traballo. Mesmo ás veces dá lugar a equívocos importantes: lembro algunha vez na que se programaba unha obra sobre o incesto e no público había unha morea de cativos [ri]. Son situacións delicadas que non tería por que darse se houbese máis información e máis pedagoxía". "Creo que si está consolidado e mesmo a administración comeza a velo así", declara Anxo García Titiriberia vai por outras vías e, de acordo coa tendencia europea de recuperar figuras do teatro de cachaporra (Dom Roberto en Portugal, Pulcinella en Italia, Punch & Judy en Inglaterra, Kasper na Alemaña e en Polonia...) céntrase na vertente máis popular do teatro, e consolídase como unha das citas importantes da escena galega. "Creo que si está consolidado e mesmo a administración comeza a velo así", declara Anxo García, "xa que as axudas comezan a ser algo máis relevantes que en anos anteriores. Titiriberia fúndase coa idea de recuperar o títere tradicional galego, Barriga Verde e os Cristovos anteriores. E o festival é so unha parte -aínda que moi importante- dese traballo que realiza a asociación Morreu o Demo, e que inclúe moitas outras actividades, especialmente centrada nos centros educativos". Nesta edición de Titiriberia unha trintena de compañías -das que vinte son galegas, encargaranse de recuperar en Rianxo ese legado do que Anxo García non dubida en afirmar que "é a manifestación máis primixenia do teatro popular, e mesmo atreveríame a dicir que é o feito cultural europeo por excelencia, o único que se estende por todo o continente cunha base cultural moi semellante en todas as partes". AC Morreu o Demo: "Os títeres eran unha fórmula para liberarse" |
NOS_51578 | O ex-presidente da Deputación de Pontevedra e presidente da Federación Galega de Fútbol afirma que sofre unha "persecución sen base". Está acusado polo cobro de alugueres a xeito de pagamento de favores. | "Esta caso existe porque me chamo Rafael Louzán e fun presidente da Deputación de Pontevedra". Así de contundente se expresaba Louzán o pasado 26 de outubro após participar no Xulgado de Cambados nunha vista previa por un suposto delito de suborno relacionado con supostos sobreprezos dos alugueres duns baixos comerciais en Vigo. Dous meses despois, o Xulgado de Instrución nº2 de Cambados acordou a apertura de xuízo oral contra o ex-presidente da Deputación de Pontevedra e actual presidente da Federación Galega de Fútbol. Decisión que tamén afecta á esposa de Rafael Louzán e o ex-deputado do PP Severino Reguera. Louzán considera que está a ser obxecto dunha "persecución sen base" e móstrase convencido de que será absolto. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sinalou que o órgano competente para o enxuizamento é o tribunal de xurado da Audiencia Provincial de Pontevedra. A Fiscalía solicita para Louzán un ano de cárcere, a suspensión de emprego e cargo público durante 2 anos e 3 meses e o comiso dos tres locais, cuxa propiedade partilla coa súa esposa, María Teresa Cores. Para ela a fiscal pide 9 meses de prisión e 14 meses de suspensión de emprego e cargo público por entender que é "cooperadora necesaria" para que Louzán cometese ese suborno pasivo. O ex-deputado do PP Severino Reguera, de por parte, está imputado como presunto autor dun delito continuado de suborno impropio, polo que o fiscal pide para el unha condea dun ano de cárcere. |
NOS_5070 | A fiscalía belga rexeita en segunda instancia a petición do Tribunal supremo español de extraditar ao exconselleiro catalán Lluís Puig. | O Tribunal de Apelación de Bruxelas rexeitou en segunda instancia a euroorde enviada polo Tribunal Supremo español na que se pedía a extradición do exconselleiro catalán no exilio, Lluís Puig. A fiscalía contaba con 24 horas para recorre a sentenza do mes de agosto mais decidiu non facelo por considerar, segundo explicou a defensa de Puig á axencia catalá ACN, "que había "risco de vulneración da presunción de inocencia". Nesta decisión tivo moito peso a resolución do Grupo e Traballo de Detencións Arbitrarias da Organización das Nacións Unidas (ONU). O propio Lluís Puig cualificaba a decisión da fiscalía belga na súa conta de Twitter de "novo ridículo da xustiza española diante de Europa" e preguntaba "que fai falta máis España?". Exixía, ademais parar a "persecución ideolóxica" engadindo que "a loita pola liberdade continúa". Pouco despois de saber desta decisión comparecía en rolda de prensa para amosar a súa satisfacción pola finalización do seu caso. Desde a defensa de Puig valorouse de maneira positiva este paso polo que ten de precedente para outros casos de políticos cataláns no exilio, como o de Puigdemont, Comín, Ponsatí e Meritxell Serret. Contra a represión do Estado español Nun artigo do propio Lluís Puig publicado na revista El Temps o mesmo día de saber a decisión da fiscalía, sinala que beneficia tamén "a todas e todos os represaliados non só do Procés catalán senón a todas as vítimas de todo tipo de disidencia política ou ideolóxica expresada no Estado español". No seu escrito sinala que a decisión da xustiza belga pon en evidencia "o risco de violación dun dereito fundamental com é a presunción de inocencia". Asegura que "admitir que unha persoa coma min non tería un xuízo xusto en España, com non o tiveron Carme e Dolors, os Jordis –Cuixart, Sánchez e Turull-, Josep, Quim, Raül e Oriol, pode resultar unha obviedade para os cidadáns da Catalunya do século XXI mais non o é desde o momento que España, e moi concretamente o Tribunal supremo (...) non se cansa de chamarnos 'golpistas', no mellor dos casos" No artigo explica o valor que tiveron as probas documentais que o seu equipo de avogados presentou no Tribunal belga e que inclúen declaracións de xuíces, fiscais e autoridades políticas españolas "exhibindo sen manías actitudes ditatoriais e demofóbicas" que explican esta sentencia. |
PRAZA_9437 | Un dos principais investigadores sobre o espolio co Pazo de Meirás foi demandado por inxurias polos herdeiros do ditador, que propoñen un acto de conciliación previo ao que o historiador non acudirá. "É unha denuncia contra todo o que se atreva a cuestionar o franquismo", di. | Pouco despois de que un xulgado de instrución de Madrid lles dera a razón en primeira instancia no litixio pola propiedade das esculturas do Mestre Mateo, os netos de Franco interpuñan unha demanda contra un dos principais investigadores do espolio do Pazo de Meirás, o sadense Carlos Babío, xunto a outra decena de persoas e á empresa de comunicación Mediaset. Basean a súa demanda por inxurias e calumnias na emisión, o pasado xullo, dunha reportaxe no programa En el punto de mira da canle Cuatro sobre o patrimonio dos herdeiros do xeneral golpista e "os negocios nos que investiron a súa fortuna".Carlos Babío, autor xunto a Manuel Lourenzo da investigación Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, recibiu un escrito de demanda que fixa como primeiro paso unha conciliación cos netos do ditador fascista en Madrid o vindeiro 25 de marzo. Non acudirá. Que lle queren os Franco?O que propoñen é unha conciliación, que eu chamaría extorsión. Eu non me vou presentar nesa conciliación porque eu non teño nada que conciliar cos Franco. Todo o que manifestei, fixen e dixen está contrastado nun traballo de investigación de moitos anos, onde se tirou de infinidade de fontes documentais e de memoria oral. É moi evidente nesa investigación que a propiedade do Pazo de Meirás foi adquirida, ampliada e mesmo mellorada con procesos corruptos iniciados nunha guerra civil, sen ningunha garantía para os cidadáns e nun contexto de terror e xenocidio. Foi, ademais, completada durante moitos veráns nos que Franco utilizou o inmoble como residencia oficial de Xefe de Estado e alí deriváronse moitos fondos públicos. Desde o Estado ás administracións locais, todo o enguedello administrativo franquista enriqueceu o peto particular dos Franco. "Non teño nada que conciliar cos Franco nin nada do que retractarme; que presenten a demanda civil e demostraremos que viven na absoluta impunidade"Daquela, non se presentará á conciliación do vindeiro 25 de marzo?Nada teño que conciliar e de nada me teño que retractar, ao contrario. Convido os Franco a que presenten a demanda civil e alí nos veremos e alí demostraremos que viven na absoluta impunidade, utilizando ferramentas do Estado español absolutamente inxustas. Non nos esquezamos de que sobre os crimes cometidos polos familiares destes señores pesa unha Lei de Amnistía, o que xa resulta vergoñento. O Estado ten unha lei que fai esquecer os crimes e abusos cometidos nun contexto de xenocidio e persecución pero, aínda por riba, a xustiza española considera a etapa franquista como un período normal e democrático onde os procesos administrativos que emanaban daquela ditadura teñen o mesmo tratamento que os dunha democracia. É o mundo ao revés, algo inaudito, unha inxustiza. Os que tentan recuperar a memoria acaban nun xulgado...As vítimas daquel xenocidio, daquela ditadura, teñen que estar constantemente defendéndose desta xente, o cal é un paradoxo total. Se o miramos desde un punto de vista democrático, estes comportamentos do Estado español non teñen cabida nun sistema de democracia normal. "A democracia española non ofrece ningunha garantía ás vítimas do xenocidio nin aos dereitos humanos"Vistas sentenzas como a das esculturas do Pórtico da Gloria, parece que os Franco están crecidos.Isto ten que ver coa Transición española e como se fixo aquilo. A Lei de Amnistía perdoou ou esqueceu todos aqueles crimes e abusos e a xustiza e os altos cargos seguiron a transitar sobre ese réxime. España virou nunha democracia formal pero nos altos cargos da Administración prevalecen actitudes de consentimento cunha etapa ditatorial, condenada pola ONU, pola Eurocámara e polas democracias do mundo pero que no Estado español recibe rango de normalidade democrática. De normalidade?Non esquezamos que no BOE, emanado pola decisión da Casa Real Española, segue figurando a etapa franquista como un período glorioso da etapa de España. É preciso rachar con iso. Eu convido a que se xulgue isto pero con parámetros democráticos internacionais. A democracia española non ofrece ningunha garantía ás vítimas do xenocidio nin aos dereitos humanos.Que pensou cando leu a noticia sobre a sentenza a favor dos Franco no caso das estatuas de Isaac e Abraham?Como a xustiza española, en primeira instancia, pode tratar un período histórico, de 1936 a 1975, e todos os procesos administrativos que se daban naquela época ditatorial como se fosen emanados en 2019? Como pode ser posible? No momento no que consideras unha ditadura un período normal e democrático, estás faltando ao principio de xustiza internacional. Non se pode tomar isto á lixeira. O franquismo está xulgado no mundo e é inxusto que o Estado deixe á iniciativa particular a normalización democrática porque non fai absolutamente nada para normalizar democraticamente os problemas que ten co seu pasado. E debe facelo xa porque, ademais, cidadáns coma min temos que vernos ante a xustiza por reclamar dignidade, xustiza, memoria e verdade. "É unha denuncia contra min, pero tamén contra todo aquel que se atreva a cuestionar o réxime de Franco"É maís que unha denuncia contra vostede?É unha denuncia contra min, pero tamén contra todo aquel que se atreva a cuestionar o réxime de Franco. Non atopo cualificativos para calibrar o que aquí pasa. Historiadores, defensores da memoria histórica, políticos... Son moitos os que denuncian os vínculos que en certas administracións e mesmo na xudicatura hai co franquismo...O réxime franquista tivo tempo de abondo para asentarse e non esquezamos que tiña unha característica fundamental pola que aguantou 40 anos: era un réxime de elites, gobernado e dirixido polas elites, onde funcionaba un perfecto tráfico de favores que se retroalimentaban. Era unha administración absolutamente corrupta e que, dalgunha maneira, continuou até os nosos días. Son os herdeiros desas elites os que están nos altos cargos das administracións públicas. Non é pouca cousa que os altos cargos da dereita española sexan herdeiros de sangue daquelas elites que gobernaron o Estado mediante unha ditadura xenocida e totalitaria. Manteñen os mesmos privilexios e están en altos cargos da Administración Pública. Se nos queremos poñer unha venda nos ollos, poñámola, pero na sentenza sobre as estatuas de Isaac e Abraham vese claramente o vínculo da xustiza co consentimento, co relato de que a etapa franquista foi normal. Ese é o problema. "Son os herdeiros desas elites os que están nos altos cargos das administracións públicas; a sentenza das estatuas do Pórtico deixa claro o vínculo"Cal cre que é o obxectivo final que teñen os Franco con todas estas denuncias?O que buscan é que calquera cidadán que pretenda cuestionar, denunciar ou reclamar memoria respecto do franquismo non o faga. Meterlles medo, amedrentalos. Ademais, buscan tamén que non se poña en cuestión ese réxime que, segundo eles, tanta grandeza trouxo a España. Ese é o relato, o que indica que a democracia actual é a continuación do réxime fascista. Aqueles que pretendan cuestionar este relato teñen que acudir aos xulgados. É o mundo ao revés. "Os Franco buscan amedrentar a quen cuestiona o franquismo, que non se poña en cuestión o relato que indica que a democracia é a continuación do réxime fascista"Vox, un partido que gaba o franquismo, semella unha opción clara de pacto para PP e Ciudadanos, preocúpalle o auxe da ultradereita e o apoio doutros partidos?Véxoo con moitísima preocupación porque eses partidos xogan á marxe da democracia. Ten moito que ver con esas elites sociais, políticas e económicas que vinculan o franquismo cun proceso normal da Historia. Iso non é compatible coa democracia. Calquera opción política democrática e calquera demócrata debería estar moi preocupado tamén. |
NOS_1435 | O nomeamento decorrerá no pleno municipal do vindeiro 11 de agosto. | O Concello de Dodro vén de anunciar que Rosalía de Castro será proposta para a concesión do título honorífico de maneira póstuma de Filla Adoptiva de Dodro. A Deputación da Coruña entregará o Rosalía de Castro de Lingua en Padrón Será o vindeiro 11 de agosto cando a Corporación vote nun pleno a favor ou en contra da iniciativa, impulsada en abril pola Concellaría de Cultura e Patrimonio de Dodro. Para o Goberno local, "este nomeamento supón un exercicio de xustiza social polo traballo e contribución da poeta na defensa da nosa lingua e cultura galega, pero sobre todo un exercicio de democracia cultural". A Galiza homenaxea a Rosalía de Castro no seu día Sobre a escritura da poeta, a Concellaría de Cultura e Patrimonio destaca que "constitúe un estímulo para a creación cultural, un referente pedagóxico e un emblema identitario para as novas xeracións". Rosalía de Castro en Dodro A autora, figura destacada do Rexurdimento, residiu en Dodro en diferentes épocas da súa vida. Alí naceron en xullo de 1871 os seus xemelgos Gala e Ovidio. Terra de Iria, a terra de Rosalía "Non é posíbel falar de Dodro sen falar de Rosalía de Castro e viceversa, coa autora Dodro aparece na cartografía literaria da Galiza", asegura o Goberno local. Aliás, a poeta redactou algunhas das súas obras no municipio, como Padrón y las inundaciones, El primer loco ou En las orillas del Sar. "A poeta que é todo un emblema da Galiza converteuse ademais na principal embaixadora cultural deste municipio e da súa poboación", subliña o Concello. Sagrario Abelleira: "A luz de Rosalía é inmensa. Cando te achegas a ela, irrádiate" Segundo a Concellaría de Cultura, está previsto que o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, asista ao pleno no que se nomeará Rosalía de Castro Filla Adoptiva de Dodro, e convida a veciñanza do municipio a "compartir un acto tan emotivo". |
NOS_11661 | Sermos Galiza puido entrevistar a Alberto Betancourt, asesor socio – económico do goberno revolucionario de Cuba, aproveitando a súa visita a Galiza. Na nosa pequena conversa, repasamos con el algúns temas de actualidade. | Cuba mantén a sanidade e ensino públicos malia as dificultades económicas provocadas polo bloqueo estadounidense. Como ven as privatizacións e recortes sociais desenvolvidos en Europa coa escusa da crise económica? A nós ningunha nos gusta, estamos convencidos de que esa [a crise] é a consecuencia das políticas neoliberais que se desenvolveron en Europa e é o que non queremos facer nós. Nós queremos preservar as conquistas da Revolución e en Cuba non estamos a facer ningún cambio político, coa reforma económica estamos facendo unha actualización do modelo económico cubano. Os cambios acontecidos en Latinoamérica nos últimos dez anos, coa chegada ao poder de Hugo Chávez, Rafael Correa e Evo Morales, achegan máis o continente ás ideas de Martí e Bolívar? Como non, moitísimo! Hai que lembrar que Cuba estivo illada da comunidade latinoamericana até finais dos 70 -nos que só houbo relacións con Mexico. A partir da creación do ALBA, hai unha situación totalmente distinta. O ALBA non é unha organización típica de integración económica como pode ser o Mercosur; é unha institución que o que busca é complementariedade, cooperación, que busca o tema social. Asemade, hai que mencionar en particular a creación da CELAC -Comunidade de Estados Latinoamericanos e do Caribe, que abrangue as 33 nacións latinoamericanas e caribeñas e da que, por primeira vez, non está participando ningún terceiro país doutra rexión. O golpe de estado no Paraguay, procura que ese proceso transformador non calle? O ALBA para a oligarquía é coma unha urticaria. Xa isto ten o golpe de estado en Honduras, o intento de golpe de estado con Evo Morales, intento de golpe con Correa e agora o do Paraguay. Hai unha declaración do goberno cubano moi forte recpecto a esto, o goberno cubano non recoñece ao goberno do Paraguay e a maior parte dos gobernos latinoamericanos tampouco o recoñeceron. Agora mesmo hai unha cume do Mercosur e o que está convidado é Lugo. |
NOS_6498 | Facturaban por volta de mil millóns de euros. | Núñez Feixoo foi unha das voces que máis alto se alarmaron en 2017 do cambio de domicilio social de empresas catalás a outros territorios do Estado, consecuencia -insitía- do procés. Mais, tiña, e ten, motivos o presidente galego para dar leccións? En apenas sete anos abandonaron Galiza con destino a outras autonomías máis de 800 sociedades. O propio Feixoo é consciente dese problema, focalizado en que gran parte desas empresas deixan Galiza para pasar a ter o seu domicilio en Madrid. De feito, en 2014 o Goberno galego que el preside ordenou á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empre-sas localizadas na Galiza a Madrid, atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos. En total, e segundo os dados de Informe D&B, entre 2013 e o terceiro trimestre de 2019 (os últimos dados publicados), abandonaron Galiza un total de 823 empresas. En todos os exercicios, Madrid foi o destino preferente destas sociedades. Nos últimos anos, 2017, 2018 e 2019, foron máis as firmas que viñeron a se asentar a Galiza das que marcharon: 132 en 2017, 176 en 2018 e 161 nos tres primeiros trimestres de 2019. Entón, non é este un balanzo positivo? Pode presentarse así mais outro dato a ter en conta é o que arrefría ese entusiasmo: o de facturación das empresas. Centos de millóns Se miramos o volume de vendas vemos que as empresas que marcharon da Galiza tiñan moito mellor rexistro que as que entraron. As sociedades que abandonaron Galiza por outros territorios do Estado sumaban por volta de mil millóns de euros, mentres as que viñeron a se instalar represen-tan bastante menos. As 126 firmas que cambiaron en 2019 o seu domicilio da Galiza a outra autonomía supoñían 207 millóns de euros mentres que as que optaron por se asentar aquí procedentes doutros territorios supoñen 81 millóns, o que supón 126 millóns menos. Igual acontece en 2018: as que marcharon, movían 100 millóns de euros; as que viñeron, algo máis de 90 millóns. En 2017 a fenda entre a facturación das que abandonaron Galiza e as que viñeron era de 10 mi-llóns de euros. |
NOS_25198 | Carme Veiga, patroa de traiñeiras durante cinco anos, conta a súa experiencia no deporte e explica en que consiste o seu cargo. Ademais, Veiga tamén expresa a súa opinión en relación ao papel da muller no deporte e reivindica a necesidade da presenza de máis rapazas en postos importantes como o de patroa. Ela incide en que as mulleres "sempre o temos que facer mellor que os homes para poder chegar a certos postos". Con todo, Veiga engade que, nos últimos anos, as mulleres foron logrando máis visibilidade no deporte. | Avante Pouca Cando comeza a participar nas traiñeiras? Comecei en remo hai aproximadamente nove anos e, hai seis, cando fixen os 18, empecei a competir en traiñeira. É un deporte que me encanta, principalmente porque é en equipo, para min iso é o máis importante, pero tamén porque é acuático e a min, que son de Rianxo, chámame moito o mar. É un deporte moi común en Rianxo, Boiro e en xeral practícase por toda a zona das Rías Baixas. Eu comecei nun club rianxeiro, pero non estaba moi contenta e cambiei a outro de Ares. Neste último, o equipo era mellor e os resultados das competicións moi positivos, o que tamén axudou a gozar máis do deporte. Cando fixen os 18 propuxen no meu club ser patroa dunha traiñeira porque presentaba as características precisas para selo, como o peso adecuado e a lixeireza. En que consiste a función de patroa dunha traiñeira? Os patróns e patroas de traiñeiras levan o rumbo, deciden cando virar e animan os demais compañeiros ou compañeiras. Parece un traballo sinxelo mais eu creo que é o posto máis complicado e que supón unha gran responsabilidade. Fun patroa durante cinco anos, desde os 18 até que comezou a pandemia. Coa adversa situación debida á Covid-19, o abandono do club do meu adestrador e os estudos, facíaseme moi complicado continuar. Con todo, espero seguir competindo nun futuro, pero depende da situación de pandemia e de como vaia evolucionando. Avante Media Que importancia cre que ten o feito de que unha muller sexa patroa de traiñeiras? Na miña opinión, penso que as mulleres temos que demostrar moito máis que calquera home. Sempre o temos que facer mellor que eles para poder chegar a certos postos. Ocorre no deporte pero tamén en calquera outro ámbito. Eu fun patroa dunha traiñeira masculina porque na Galiza está permitido que remen os homes e dirixa unha muller, e viceversa. Existen outros lugares nos que non deixan participar en competicións desta forma. Por exemplo, cando gañamos a liga galega e pasamos á ACT, a liga a nivel estatal, eu non puiden participar polo feito de ser unha patroa muller nunha traiñeira de homes. Realmente penso que a presenza das mulleres en cargos como os de patroa poden animar a máis rapazas a participar en diferentes deportes considerados habitualmente masculinos. De feito, nestes últimos anos, aumentou o número de mulleres que comezaron a practicar o remo e a categoría feminina logrou moita visibilidade. Na Galiza non hai moita diferenza entre a cantidade de equipos masculinos e femininos nas competicións de traiñeiras, pero na ACT si: existe 12 equipos masculinos e só catro femininos. Isto é debido a cuestións televisivas. No deporte de remo é moito máis comercial a categoría masculina, como adoita ocorrer. Ademais, as distancias entre ambas as categorías son distintas, as mulleres só percorremos a metade que os homes. Isto último foi igualado recentemente na Galiza e a distancia xa é a mesma, mais na ACT segue a ser diferente. Avante toda En xeral, que opina da situación da muller no deporte? Penso que seguen a existir numerosas inxustizas. No caso do remo, as mulleres adestramos tanto como os homes e non é xusto que haxa tan poucos equipos femininos nas ligas de maior importancia. En xeral as seccións masculinas de calquera deporte sempre están mellor consideradas, tanto social como economicamente, e parece que ninguén está disposto a cambiar isto. Con todo, coido que o papel de muller no deporte si mellorou nos últimos anos e penso que se lle está a dar unha maior visibilidade. |
NOS_2816 | Educación comunicaba esta segunda feira ás familias do CEIP do Calvario (queixas-Cerceda) que o vindeiro curso non funcionaría esta escola. Mais esta parroquia non está dispostas a que o anuncio sexa realidade. Vídeo no interior | Na visita oficial que esta cuarta feira o presidente da Xunta fixo a unha empresa de Cerceda atopou un recebemento que seguramente non agardaba: pais e nais de alumnos esperando por el para lle informar do impacto negativo que supuña o fechamento da última escola unitaria deste concello, o CEIP do Calvario, en Queixas. Non poideron facelo, pois nin Núñez Feijóo nin o alcalde se achergaron até eles, un grupo de familias e crianzas 'custodiadas' en todo momento pola Policía Nacional. As familias querían pedir que esa unitaria seguise aberta. Non por capricho ou comodidade, senón polo que supón en canto a modelo inclusivo de escola e de proxecto educativo integrado na súa propia contorna. "Este tipo de escolas vai encamiñada ao que se está a desenvolver en países, onde a excelencia educativa está máis que demostrada. Isto é unha das razóns, polas cales non podemos deixar de loitar polo futuro deste tipo de ensinanzas. Parécenos un atraso na sociedade actual, acabar con algo que xa existe en España dende hai anos e que se está valorando poñer en funcionamento só agora, en outros países", argumentan nun escrito remitido a Educación. Estas familias poñen o exemplo doutras unitarias en Cereixo (Vimianzo) e Taboada (Carballo), que no seu momento estiveron en perigo de fechamento mais se acordou manter abertas un tempo. Indican que os nacementos destes anos en Cerceda amosan a "viabilidade" desta unitaria nos vindeiros anos. |
NOS_58526 | A portavoz nacional do BNG critica a "autocompracencia" de Alfonso Rueda e preséntase como unha "presidenta coas mans libres" para a Xunta da Galiza. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentouse esta terza feira como a "alternativa" nas próximas eleccións galegas e como "presidenta coas mans libres" para "defender os intereses" dos galegos. "Empezou a conta atrás para o cambio galego. O PP é cada vez máis o pasado e o BNG representa o futuro. Fronte á falta de proxecto e alternativas, o BNG presentará as propostas de goberno para sacar adiante Galiza da maior crise de prezos", proclamou. Na súa primeira valoración após a intervención do candidato á Presidencia da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, Pontón observou "un discurso autocompracente, desapegado dos problemas e sen idea de futuro, que representa o pasado e até isto se notaba nas bancadas do PP, onde había de todo menos entusiasmo". O debate de investidura en cinco chaves Fronte a iso, a dirixente do Bloque, que tendeu a man a todos aqueles que leven a Galiza "na cabeza e corazón", situou "un BNG que representa unha alternativa, que sabe que este país pode saír adiante, pero necesita outras ideas" para, entre outras cuestións, "superar a maior crise de prezos". Pontón, que intervirá a vindeira quinta feira na quenda de grupos parlamentarios, apuntou que alí debullará as alternativas dun goberno presidido por ela, como un plan de 200 millóns de euros para a atención primaria. Rueda enxalza Feixoo Durante o pleno, Alfonso Rueda, reivindicou a figura do presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feixoo, a quen definiu como "un galego exemplar" do que "aprendeu o verdadeiro significado do servizo público". Rueda: "De Feixoo aprendín o verdadeiro significado do servizo público" Ao comezo do debate de investidura, o aínda vicepresidente da Xunta, quen participou dos gobernos de Feixoo desde 2009, asegurou que ao agora líder do PP estatal "non se lle concedeu a fortuna de gobernar en tempos calmos, senón que se curtiu nalgúns dos momentos máis complicados da Galiza das últimas décadas". |
PRAZA_16205 | A natalidade non se fomenta coas esmolas dunha tarxeta benvida, a natalidade foméntase con políticas activas de emprego (non con traballos precarios), favorecendo a conciliación, a corresponsabilidade, con prazas suficientes en escolas infantís (de 0 a 3 anos) e en garderías públicas... | De novo o goberno da Xunta volve amosar nunha campaña institucional o seu nulo compromiso co feminismo. Non aprenderon de tódalas críticas pola campaña polo 25 de novembro ("O mais grande de Galicia non se maltrata"), campaña superficial e chea dunha perspectiva patriarcal do máis rancia na que presentaban as mulleres galegas como "xigantes" que se sobrepoñen a tódalas adversidades, comparándoas cos principais monumentos das catro provincias galegas, como se fosen un obxecto máis, parte do patrimonio material ao que se debera protexer. Agora sacan unha campaña á que denominan "A vida nunca foi tan grande" para o programa de apoio á natalidade, coñecido como tarxeta benvida, na que unha vez máis se desenmascara a súa forma de entender a política neste ámbito. A mensaxe que transmite o vídeo promocional da campaña é totalmente inaceptable: O coidado de bebés é cousa das nais - sempre ledas e dispostas- (no citado vídeo non aparece ningún home), e de nais que dan o biberón ou papillas, como se a lactancia materna non existise. Nesta lexislatura a "gran aposta" de Feijoo polo fomento da natalidade foi e é irrisoria. Lembremos que entregaba unha "Caixa de Benvida" na que se incluían dous cueiros (si, dous!!), unha manta ("made in China"), un disco de cantos de berce (en castelán)... Seica se inspiraron no modelo finlandés, pero debeulles quedar a inspiración a medias, porque en Finlandia, entre outras medidas de conciliación, as axudas por crianza mantéñense ata os 18 anos. Pero volvendo ao vídeo, nunha sociedade que reclama máis corresponsabilidade, onde as tarefas domésticas e de coidado sexan compartidas, nunha sociedade plural e diversa onde as familias non se reducen a parellas formadas por home e muller... ¿A quén representa este vídeo? Non reflicte nin o mundo no que vivimos nin no que queremos vivir!!! A igualdade entre mulleres e homes, a loita contra as violencias machistas, non son temas prioritarios para o Partido Popular, basta tirar un pouco de hemeroteca para darse conta: Pacto de estado contra a violencia de xénero asinado e conxelado sen levar adiante nin a primeira das medidas (claro que a primeira que querían levar a cabo, que o 016 informase e asesorase a homes, incumpría o Pacto, ese é o nivel); respostas do tipo "neso non nos metemos" cando se fala de desigualdade salarial, etc, etc. Neste eido a información, a educación, a sensibilización da sociedade... son esenciais como xeito de prevención, pero con campañas eficientes, con obxectivos claros de fomento da igualdade, non con campañas baleiras coma estas, que o único que fan é afondar no mantemento de estereotipos machistas. Cos/as mesmos/as políticos/as non se poden facer políticas diferentes. A natalidade non se fomenta coas esmolas dunha tarxeta benvida, a natalidade foméntase con políticas activas de emprego (non con traballos precarios), favorecendo a conciliación, a corresponsabilidade, con prazas suficientes en escolas infantís (de 0 a 3 anos) e en garderías públicas... Se quen nos goberna non o entende, ou intencionadamente non o fai, deberan marchar e deixar a quen o faga. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=af4c0f0e&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=340&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=af4c0f0e' border='0' alt='' /></a> |
NOS_6836 | Outro incendio, en Ponteareas, arrasou xa unhas 20 hectáreas. | *Información actualizada ás 20.27 horas Os concellos de Moaña, As Neves, Ponteareas e Negreira rexistran varios incendios forestais esta segunda feira na Galiza, despois de que a pasada sexta feira os servizos de extinción conseguisen apagar o que afectaba Pantón de Ferreira, o único que quedaba activo no país. Que concellos da Galiza afectados polos incendios entrarán na declaración de zona catastrófica? Segundo informou a Consellaría de Medio Rural a Europa Press, o incendio de Moaña iniciouse ás 15.54 horas na parroquia de Meira. Nel traballan polo de agora tres avións, tres motobombas, seis brigadas e dous axentes. incendio en meira 😮💨 pic.twitter.com/pxOoGyQZUa— indicó que le gusta, (@davidtangerine_) August 22, 2022 Aínda que en diferentes imaxes de veciños en redes sociais obsérvase que o incendio está próximo a vivendas, a Xunta non decretou a Situación 2 de alerta até as 17.40 horas. Aliás, este incendio obrigou a cortar a estrada CGCG 4.1 entre os quilómetros 5 e 6, aínda que a Consellaría de Medio Rural confirmou a última hora da tarde que se restabelecía o tráfico na autovía do Morrazo. O incendio de Meira, en Moaña. (Foto: Europa Press) A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, explicou a Europa Press que a parroquia está a vivir unha situación crítica, "cos veciños apagando o lume desde terra" porque "aínda non chegaron os medios". Asegura que non houbo desaloxos porque os habitantes traballan na zona. Denuncian a Xunta perante a Fiscalía por "inacción" durante a vaga de incendios forestais Incendios nas Neves, Negreira e Ponteareas Por outra parte, está activo un lume na parroquia de Batalláns, no concello das Neves. As lapas orixináronse ás 15.52 horas e nel traballan un helicóptero, unha motobomba, dúas brigadas e un axente. Tamén está activo un incendio en Negreira, na parroquia de Aro, desde as 14.25 horas. Até o lugar acudiron para participar nos labores de extinción tres helicópteros, catro motobombas, nove brigadas e un axente. Primeras imágenes aéreas del incendio de Guillade, Ponteareas #IFGuilladePonteareas a la llegada de #Brif Laza. pic.twitter.com/fjKvkitpdJ— Diario de un Bombero (@BrifLaza) August 22, 2022 Por último, a primeira hora da tarde declarouse un incendio na parroquia de Guillade, no concello de Ponteareas. 3 axentes, 6 brigadas, 3 motbombas, unha pá, 4 avións e 7 helicópteros son os efectivos que tratan de apagar un lume que xa queimou unhas 20 hectáreas de maneira provisional, e que obrigou a declarar a Situación 2 de alerta pola proximidade das lapas a vivendas e domicilios. |
NOS_40405 | Sen colaboración dos Estados membros, sen recursos e sen competencias; e, ademais, facendo valoracións con base en datos dificilmente contrastábeis. A 'ombudsman' da UE publicou onte un informe crítico co papel do Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades nos meses iniciais da crise da Covid-19. | A axencia sanitaria da UE está a funcionar cunha importante carencia de datos contrastábeis dos Estados membros sobre a pandemia da Covid-19 e ela mesma non é o suficientemente transparente a respecto dalgunhas das súas decisións. Iso é o que sostén a Valedora do Pobo da UE, a irlandesa Emily O'Reilly, que onte fixo público un informe coas investigacións levadas a cabo durante seis meses sobre a actuación do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC, nas siglas en inglés) durante a actual crise. Para O'Reilly cómpre un maior control público e coñecemento do traballo que realiza esta axencia, especialmente no proceso en marcha de distribución das vacinas contra a Covid. Tamén incide noutra cuestión importante: a necesidade de que se lexisle para outorgarlle maiores competencias e mellorar a súa capacidade de xestionar no futuro crises de saúde pública similares. "O mandato do ECDC prohíbelle a recollida de datos de forma independente, limitando significativamente desta maneira a súa capacidade de avaliar, aconsellar e comunicar nun momento en que a velocidade de resposta era crucial", apunta a ombudsman europea. "Con demasiada frecuencia, as autoridades nacionais resistíronse a facilitar datos completos ao ECDC ou nin sequera responderon ás súas demandas de datos importantes", critica no informe, onde ademais engade que "tampouco contou cunha serie completa de datos sobre hospitais e outros importantes recursos médicos dos Estados membros". A investigación, centrada na fase inicial da crise sanitaria (de xaneiro a abril de 2020), é parte dun estudo máis amplo por parte da oficina da Valedora do Pobo sobre como responderon as institucións comunitarias á pandemia. Segundo esta, nun momento inicial, o ECDC emitiu valoracións positivas ─con data de 24 de xaneiro─ sobre a capacidade dos Estados membros para facer fronte á crise. Porén, "estas valoracións tornáronse axiña obsoletas cando a UE pasou da fase de 'contención' á de 'mitigación'". Nunha entrevista hoxe pola mañá na televisión pública de Irlanda, RTÉ, O'Reilly criticou o "exceso de confianza" do ECDC nos datos do Centro para o Control de Enfermidades da China (CDC). O informe oficial recólleo así: en tanto que o CDC "estaba a informar de tan só un puñado de casos a mediados de xaneiro de 2020, prominentes expertos sanitarios manifestaban publicamente a súa preocupación a respecto dunha transmisión humano-humano a grande escala a 18 xaneiro, con probas (e clarividente consello) a 25 de xaneiro". Desconfianza da sociedade A respecto da transparencia, a investigación tamén detectou "fallas" nas prácticas do ECDC. "Non todos os inquéritos desenvolvidos nas fases iniciais da pandemia da Covid-19 foron feitos públicos", apunta o informe, publicado na web do organismo comunitario. "Tamén é difícil ver se as valoracións sobre aspectos da pandemia foron actualizados. A isto súmase que os intercambios con socios internacionais, por exemplo a chinesa CDC, non se fan públicos". Para O'Reilly, "a transparencia e a rendición de contas deberían ser os alicerces dunha institución que ten o papel de protexer a saúde pública. Debería terse feito moito máis na comunicación coa opinión pública para explicar como e sobre que probas científicas o ECDC elaboraba as súas valoracións". "As crises non só requiren respostas extraordinarias por parte das administracións públicas, mais tamén esforzos extraordinarios para manter a confianza da xente. Agora que os Estados membros se embarcan nuns vitais programas de vacinación, esta confianza pública é esencial e o ECDC continuará a xogar un rol central reunindo e publicando información sobre o proceso de vacinación", apuntou. E finalizou cunha reflexión: "Esta é unha crise sen precedentes, e recoñezo o duro traballo e a dedicación do ECDC durante todo este altamente complexo período. Mais sen novas competencias específicas para asegurar a exhaustividade e a calidade dos datos que recibe das autoridades nacionais, non pode cumprir completamente co mandato que ten de axudar a controlar a próxima pandemia. Isto é agora problema dos lexisladores da UE". O Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades, unha axencia sen recursos O ECDC creouse en 2004 tras o surto do SARS en 2002. Naquela altura, a Comisión Europea advertira que un "gran gromo como unha pandemia de gripe podería ter consecuencias catastróficas". Con base en Estocolmo (Suecia), conta só con 286 empregados e un orzamento anual limitado (60,5 millóns de euros en 2020). Nos EUA, por exemplo, o centro homólogo conta con 10.000 traballadores. Non é algo casual. O propio informe da Valedora do Pobo lembra que se estabeleceu para cumprir cun rol complementario ─de coordinación, recolección de datos e posta en común entre axencias estatais─, e non de liderado, a respecto da loita con enfermidades infecciosas transfronteirizas. Nun comunicado, a directora do ECDC, Andrea Ammon (na imaxe), valorou positivamente as propostas de futuro da Valedora. |
PRAZA_3389 | Todas as partes implicadas nas negociacións dan por pechado o acordo para concorreren en coalición mentres continúan as conversas a respecto dalgúns dos primeiros postos das candidaturas con nomes como o de Martiño Noriega sobre a mesa | Unidas Podemos, Anova e as principais mareas presentaranse en coalición ás eleccións galegas do 5 de abril. Hai acordo e desta volta, sen chegar ao minuto final do prazo legal para a inscrición de coalicións electorais, que rematou ás 23:59 deste 21 de febreiro, aínda que as negociacións dos flocos finais si estiveron preto dese limiar. Este venres ficou pechado nos seus trazos básicos o pacto polo que as formacións que integran Unidas Podemos e mais Anova, así como as principais mareas municipais urbanas, as da Coruña e Santiago, concorrerán en alianza aos comicios do 5A co secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, como candidato á Presidencia da Xunta.Unha vez culminada a consulta á militancia de Podemos Galicia sobre a fórmula de concorrencia, celebrada case ao mesmo tempo que a asemblea de Compostela Aberta e a Rede da Marea Atlántica daban, no serán do xoves, luz verde á confluencia, para este venres aínda ficaban sobre a mesa algúns flocos da negociación. Entre outros, concretar de vez o encaixe das formacións aliadas nalgúns dos primeiros postos das candidaturas ao Parlamento pola Coruña e Pontevedra.Segundo puido confirmar Praza.gal, o acordo pechado este venres atinxe ás listas, pero tamén á conformación dos órganos internos da coalición, nos que preponderará Podemos, e tamén as regras que rexerán o financiamento da alianza. No referido estritamente á candidatura, unha das cuestións pendentes está a ser, no remate das conversas, a presenza ou non nas listas de Martiño Noriega, ex-alcalde de Santiago por Compostela Aberta, responsable de relacións políticas de Anova e un dos principais negociadores da coalición. O seu nome foi manexado mesmo como eventual cabeza de cartel. Tamén como número tres da candidatura pola circunscrición da Coruña. Na contorna de Noriega asegúrase que, na liña do manifestado a pasada semana en declaracións á Cadena SER, "priorizou" a participación de Anova e as mareas "en pé de igualdade" e esta, aseguran, é a razón pola que é altamente probable que mesmo non opte a sentar no Parlamento. A súa presenza final nas listas, así como os equilibrios entre as partes nos postos a priori de saída noutras circunscricións están a ser negociadas, informan fontes coñecedoras das conversas, que non desbotan tampouco a posibilidade dun posto destacado para Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova.Contactos contra o reloxo, a varios niveis e con 'plan b'Os contactos estiveron marcados polos axustados prazos provocados polo adianto electoral e chegaron a estar ao bordo da ruptura. Non en van, fontes coñecedoras das negociacións confirman que Anova abordou como posibilidade máis que real a vía de tecer unha candidatura á marxe de UP xunto a membros das principais mareas municipais. Participantes neses contactos mesmo apuntaban á posibilidade de que, de activarse ese plan b, fose valorada a posibilidade de explorar a participación de En Marea, ata esta semana encabezada por Luís Villares.Boa parte do peso das negociacións asumírono Noriega e Gómez-Reino, se ben tamén participaron neles outros dirixentes, entre eles Beiras e IglesiasSegundo puido confirmar Praza.gal, as negociacións que agora frutifican transcorreron a varios niveis e nelas tiveron un peso fundamental Gómez-Reino e Noriega, que mantiveron varias xuntanzas nos últimos días. Por Esquerda Unida, a principal negociadora foi Eva Solla, coordinadora nacional. Tamén se desenvolveron negociacións nunha mesa con delegacións de dirixentes de cada unha das formacións, sen Noriega nin Gómez-Reino. As mesmas fontes confirman que, ademais, existiu cando menos un contacto telefónico do líder de Podemos e vicepresidente segundo do Goberno central, Pablo Iglesias, con Xosé Manuel Beiras e que nas conversas se implicou tamén Yolanda Díaz, ministra de Traballo e deputada de Galicia en Común no Congreso.Aínda que nas horas previas ao acordo volveu estar publicamente sobre a mesa a cuestión da marca, coa consulta de Podemos á súa militancia a respecto de formaren unha coalición "baixo a forma de Galicia en Cómun", o certo é que nas negociacións tivo máis peso o encaixe das diferentes formacións nas candidaturas. Neste sentido, Podemos defendeu a súa primacía electoral e a súa preponderancia á hora de designar a candidatura á Presidencia da Xunta.A previsión coa que traballan todas as partes é a de obteren, mesmo no escenario máis optimista, unha representación notablemente menor á acadada por En Marea en 2016, cando a candidatura que daquela si aglutinou a toda esquerda rupturista acadou os 14 escanos. De aí a importancia, por exemplo, dos segundos e terceiros postos das listas pola Coruña e Pontevedra. Ligado con isto estiveron tamén as reticencias, pola banda de Unidas Podemos, de situar en pé de igualdade cos partidos a algunhas das principais mareas municipais, especialmente Marea Atlántica ou Compostela Aberta.A nova alianza ten, a priori, un escenario electoral máis complexo que as súas antecesoras, que no seu mellor momento chegaron a acadar o 25% dos votos en GaliciaA nova alianza ten, a priori, un escenario electoral máis complexo que o das súas antecesoras. Excluíndo as eleccións municipais de 2015 e 2019 -nas que a pluralidade de siglas e o feito de que este espazo político non concorrese de xeito homoxéneo en todo o país fai difícil establecer comparacións- dende a primeira experiencia de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) en 2012, como coalición de Anova, Esquerda Unida e Equo, estas formacións chegaron a tocar teito electoral nas eleccións xerais de 2015, cando acadaron o 25% dos votos emitidos en Galicia coa fórmula de En Marea como coalición.De alí en diante, En Marea como partido achegouse ao 20% nas eleccións galegas de 2016 e no ciclo electoral iniciado en 2019, xa con Galicia en Común e En Marea por separado, este espectro político moveuse entre o 12% e o 15% de apoio cidadán, cadrando tamén cunha notable recuperación de votos do PSdeG-PSOE e mais do BNG. |
QUEPASA_652 | Entrevista con Diana Varela Puñal: "Sempre é necesario que a xente lea máis, e particularmente poesía". | Hai pouco vén de presentar o libro "Fisterras Atlánticas" a través da súa Editorial Medulia, e volve estar de actualidade por un premio. A poeta e escritora cormelá Diana Varela Puñal acaba de recibir o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola obra "A conxura". A obra é para adolescentes e nos sumerxe nun mundo "fantástico", cheo de "descricións luminosas" e resolta de "forma maxistral", segundo o xurado, que escolleu a obra entre as 15 presentadas. A entrega do premio, dotado de 1.000€ ademais da publicación da obra, terá lugar o 3 de novembro en Vila de Cruces. |
PRAZA_17100 | O que perde o PP xa non vai, primordialmente, ao PSOE e á abstención senón ao partido de Rivera. E, ademais, a formación laranxa está captando un certo número dos votantes que abandonan a forza que actualmente lidera Pedro Sánchez. Pola outra banda do escenario, Unidos Podemos e as confluencias manteñen, con pouco desgaste, a posición obtida no 2016 | Hai catro anos nos comicios ao Parlamento europeo rexistrouse un resultado inédito: a suma do apoio recibido polo PP e polo PSOE non acadou o 50% dos votos totais emitidos. Abriuse, daquela, un certo debate na opinión publicada a respecto da continuidade temporal dese descenso relevante no peso do bipartidismo. Unha parte significativa das análises afirmaban o carácter anedótico do sucedido naquela cita electoral e prognosticaban un futuro retorno ás tendencias precedentes. As xerais celebradas nos anos 2015 e 2016 confirmaron os indicios de cambio detectados no 2014 para sorpresa dos que seguían vendo, neste fenómeno, un "souflé" con pouco percorrido. O recente inquérito do CIS ratifica a nova estrutura do mapa electoral. A diferenza do que ocorreu nas últimas décadas, hai poucos vasos comunicantes entre os electorados do PP e do PSOE: as perdas que experimentan cada un deles non van reforzar ao contrincante. Nas vitorias de Aznar de 1996 e do 2000 houbo unha evidente transferencia de votantes que antes apoiaran a Felipe González. Algo semellante tivo lugar -nun sentido inverso- cando se produciu o triunfo de Rodríguez Zapatero nos anos 2004 e 2008. A propia maioría absoluta acadada por Mariano Rajoy no 2011 non se explica sen ese movemento circular. Obviamente, ambas formacións tamén perdían votos que ían cara a abstención e, no caso do Partido Socialista, cara IU. Pero había unha indiscutíbel porosidade entre segmentos dos votantes desas forzas. O que debuxan os últimos inquéritos non encaixa nesa lóxica tradicional. A presenza e progresivo medre de Ciudadanos modifica as anteriores transferencias. O que perde o PP xa non vai, primordialmente, ao PSOE e á abstención senón ao partido de Rivera. E, ademais, a formación laranxa está captando un certo número dos votantes que abandonan a forza que actualmente lidera Pedro Sánchez. Pola outra banda do escenario, Unidos Podemos e as confluencias manteñen, con pouco desgaste, a posición obtida no 2016 e non se percibe o coñecido fenómeno do "voto útil" cara o PSOE. Para este partido, a situación é preocupante:a pesar da notábel erosión que padece o goberno de Rajoy e das manifestacións de protesta que se rexistran no tecido social, non é quen de xerar unha expectativa consistente que, ademais, capitalice a importante participación que teñen en varios gobernos autonómicos e locais. Sánchez non sabe como saír do estancamento:o seu pacto de goberno co C's despois das xerais de 2015 neutralizou a credibilidade das críticas posteriores que verbalizou contra Rivera e a súa retórica disposición aos acordos con UP e as confluencias non é quen de agachar a secular resistencia do seu partido a unha alianza en pé de igualdade con outras formacións ubicadas no territorio da esquerda. O momento demoscópico doce que está vivindo Ciudadanos ten unha explicación multicausal: a corrupción estrutural que padece o PP, a polarización derivada da dinámica política catalá e a presenza destacada do factor xeracional no comportamento electoral. A imaxe de Rivera conecta con sectores de votantes do partido de Rajoy -de idades inferiores aos 55 anos- que xa non aturan o catálogo diario de escándalos e que ademais posúen unha identidade nacional española que desexan afirmar fronte á declaración unilateral de independencia que se visualizou en Catalunya. Se ademais, a historia desta forza carece de experiencias gobernamentais importantes que permitan contrastar a distancia que vai das promesas á realidade, pechase o círculo da virtuosa propaganda laranxa. Non é doado facer previsións para os vindeiros meses. En todo caso, semella verosímil pensar que o mantemento do bloqueo político en Catalunya alimentará o potencial electoral de A. Rivera e, xa que logo, facilitará a futura conformación do que sería o primeiro goberno de coalición no ámbito estatal (neste caso protagonizado por PP e C's). Con semellante perspectiva, resultaría complicado imaxinar a continuidade de M. Rajoy na primeira liña da actividade política. Publicidade |
NOS_10667 | Hoxe celébrase en Madrid unha mobilización contra a política do PP convocada polo denominado "Cumio Social" impulsado polas dúas centrais sindicais españolas. No acto poderían anunciar a convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de novembro. | Ás doce da mañá de hoxe terá lugar unha concentración na madrileña Praza de Colón. A mobilización está convocada polo denominado "Cumio Social", unha plataforma estatal contra a política antisocial do PP impulsada por CCOO e UGT. A finalidade da convocatoria é reclamar a convocatoria dun referendo sobre as reformas adoptadas polo goberno de Rajoy. Despois de que CCOO e UGT declinaran a proposta da CIG de convocar unha nova xornada de folga xeral para o vindeiro 26 de setembro, rexeitando fixar unha data polo momento, en ámbitos sindicais manéxase a posibilidade de que as centrais estatais aproveiten a mobilización deste sábado –na que intervirán Toxo e Méndez-- para anunciaren a convocatoria de folga na primeira quincena de novembro. O anuncio, de producirse, sería o corolario ao proceso de mobilización encetado antes do verán, que no noso país se está a desenvolver nun marco de unidade de acción entre as tres principais organizacións sindicais. Pretendería recoller o crecente malestar social contra das políticas de duros recortes emprendida polo Partido Popular. A convocatoria de folga, demandada polo sindicalismo nacionalista desde hai meses, buscaría dar resposta a novas medidas antisociais resultantes de novos axustes nos orzamentos xerais do Estado do vindeiro ano e dun eventual segundo rescate. |
NOS_6100 | Os fármacos serían os que se administran para a varíola común e só se inocularían, polo de agora, aos contactos estreitos de positivos. | O Ministerio de Sanidade anunciou esta quinta feira que está a valorar e analizar distintas opcións terapéuticas para tratar a varíola do mono, tales como antivirais e vacinas, en función da súa viabilidade e efectividade. Sanidade lembra que, ate a data, enviáronse 25 mostras de casos sospeitosos ao Centro Nacional de Microbioloxía do Instituto de Saúde Carlos III para a súa análise, e a Comunidade de Madrid confirmou xa sete. Actualmente, todos os casos sospeitosos que se están analizando presentan un cadro leve. A alerta sanitaria principiou esta cuarta feira no Reino Unido, con catro casos confirmados. Este mesmo día Portugal comunica cinco casos confirmados e uns 20 sospeitosos. A OMS insta a rastrexar e illar os positivos de varíola do mono Alerta sanitaria "De acordo cos procedementos do sistema de alerta precoz e resposta rápida, abriuse unha alerta a nivel nacional, comunicouse ao Relatorio de Alertas a situación e avisouse a todos os actores chave para garantir unha resposta rápida, oportuna e coordinada", afirman desde Sanidade. Como sería a vacina contra a varíola do mono? Actualmente a Axencia Europea do Medicamento non ten ningunha vacina específica autorizada contra a varíola do mono. Porén, o Centro Europeo para o Control e Prevención de Enfermidades (ECDC, en inglés) instou esta quinta feira os países da UE a administrar o fármaco tradicional contra a varíola. "Se hai vacinas contra a varíola dispoñíbeis no país, a vacinación de contactos estreitos de alto risco debería ser considerada despois dun estudo de beneficio de riscos", sostivo o ente comunitario, nun comunicado. Esa vacina tradicional é a que agarda administrar Sanidade, mais non ao conxunto da poboación como no caso da Covid-19, senón, polo de agora, só aos contactos estreitos dos positivos, como recomenda Bruxelas. O Ministerio prepara a compra de miles de fármacos. |
NOS_51792 | A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Viticultura (AGV) escolleu este ano a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro, en Ribadavia, para reunirse e tratar sobre o presente e o futuro deste sector. Nós Diario fala co seu presidente, Roberto Rivas, para afondar nos debates actuais que lles preocupan. | -Como está o sector vitivinícola galego agora, despois de pasar máis de un ano de pandemia? Facendo un repaso por todas as Denominacións de Orixe (DO), sendo un ano complicado, parece que veremos a luz pronto. Sorprendeunos que as adegas galegas fixeran fronte diante da situación de crise con soltura e semella que chegaremos á vendima nuns niveis normais de viño almacenado. As grandes remataron vendendo fóra da hostalaría, en supermercados e a nivel internacional. Esa demanda obrigounas a asinar contratos de moito volume e longa duración e por esta razón tiveron que mercar viño ás pequenas para sacar o produto ao mercado. De todas as DO, a que tivo máis problemas foi a da Ribeira Sacra co pedrazo que sufriu hai pouco, e o resto, máis ou menos, van parellas. Valdeorras, por exemplo, leva anos traballando moi ben os godellos mais con algún problema na venda dos tintos. -Afectáronlle temas como os aranceis que aplicou os Estados Unidos de América ou o Brexit? Parece que o tema dos aranceis rematou dunha maneira positiva e non se aplicarán, polo que axudará a exportar. Dependerá das adegas. Se vendías en supermercados estás nun bo momento e se era para hostalaría é máis complicado. En relación ao Brexit, por agora non temos datos concretos de como afectará ao sector. En todo caso tampouco se aproveitou para abrir mercados novos coa pandemia, tentamos manter os que temos. -Que pasos deberían realizarse para saír desta crise? Hai dous meses presentamos na Xunta as 24 medidas que cremos que deberían ser urxentes e que entrarían dentro dos fondos europeos Next Generation. Algunhas teñen que vir das e dos viticultores ou das adegas e outras que tería que acometer a Administración galega. Hai que afondar na recuperación de variedades, por ser o que nos puxo no mundo. Por exemplo o ratiño ou a tinta serodia de Negueira de Muñiz, que agora está de moda. Temos que poñelas en valor para non seguir apostando unicamente polas variedades albariño, treixadura ou godello. Tamén camiñar cara a unha viticultura máis respectuosa co medio. A Xunta debería facilitar estacións de avisos en todo o país, unha ferramenta moi boa para controlar a sanidade, e tamén recuperar a formación dos centros da Consellaría de Medio Rural como son os de Monforte, Abegondo e Cambados. Alén diso, sería importante recuperar oficios tradicionais como é o caso da cantaría para facer as muras ou a carpintaría para volver aos toneis de castiñeiro galego e deixar os de Francia ou América. -Cara a onde debería ir a viticultura galega? Eu penso que cara á sustentabilidade. Temos que comezar a ter ferramentas que nos permitan depender menos dos agroquímicos. Para un viticultor asumir isto cando perdes unha colleita é complicado e non vale o sistema de proba-erro, pois podería supor o traballo dun ano. Fíxose hai anos para explicar como controlar a couza da vide a través de feromonas e non de insecticidas. Daquela había unhas asociacións que facilitaban un técnico para cada grupo de viticultores para axudalos a tomar este tipo de decisións. Iso desapareceu e cremos que é importante recuperar esa figura. -A nova Política Agraria Común (PAC) terá beneficios para a viticultura galega? Na liña de axudas quedaremos fóra outra vez. Non é positiva para a Galiza porque aquí non temos explotacións dimensionadas como para poder acollernos a elas. Algúns aspectos danme moito medo, como é poder elaborar refrescos vínicos amparados ou desalcolizados. Ademais téndese, sobre todo desde os países nórdicos, a producir viños con cepas híbridas, algo do que na Galiza sempre fuximos. Veremos como remata este tema. |
NOS_47207 | O titular de Economía adianta na sesión de control un cambio na lexislación, mais sen carácter retroactivo | O ministro de Economía, Luis De Guindos, adiantou que o Goberno español modificará a lei atentendo sempre ás disposicións de Bruxelas para evitar que se volvan colocar participacións preferentes de maneira irregular, como aconteceu coas ao redor de 43.000 persoas afectadas no caso de Novagalicia Banco. "Por desgraza, non terá carácter retroactivo", explicou, durante a súa intervención na sesión de control. Non deu máis detalles.Pola súa banda, o presidente do goberno, Mariano Rajoy, defendeu a súa escolla da vía "máis dura e difícil" para saír da crise, argumento que reitera á hora de explicar o último paquete de recortes polo que esta cuarta lle preguntaron os partidos da oposición. Dixo o titular do Executivo central que coas medidas adoptadas o estado creará emprego e superará a débeda pública. Os argumentos non convenceron nas filas da oposición. Cayo Lara --Esquerda Plural--, Alfredo Pérez Rubalcaba --PSOE-- e Josep Antoni Durán i Lleida --CiU-- foron os encargados de interrogar a Rajoy sobre os recortes, pois o presidente español respondeu unicamente tres preguntas. Así, Cayo Lara, abriu a sesión preguntando polos postos de traballo que estima que se crearán até finais de 2013 cun axuste fiscal de 65.000 millóns de euros en dous anos e medio, convencido de que "probábelmente destruirán 200.000 empregos". Acusou a Rajoy de "parir e aplicar a lei do embudo", usando a parte ancha "cos defraudadores" e a máis estreita cos sectores máis vulnerábeis da sociedade. Pola súa banda, o líder do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, pediu que Rajoy detalle os efectos que ten o axuste sobre a economía do estado. "Está a acabar coa rede social dos cidadáns", reprochou, e recomendoulle que, "polo menos", non pase a tesoura polas prestacións das persoas desempregadas "xa que non é quen de crear postos de traballo". Segundo o publicado no BOE do sábado, quen queira percibir a Renda Mínima de Inserción terá que ter traballado --de xeito remunerado-- previamente. Mentres, o voceiro de CiU, Josep Antoni Durán i Lleida, solicitou unha valoración das medidas, entre as que se inclúen as subas do IVE. Botou en cara ao Goberno español non querer partillar cos territorios "os novos ingresos" que chegarán ao subiren o imposto. Preguntou tamén Durán i Lleida polo recorte na prestación por desemprego a supresión da paga extra de decembro para os funcionarios. Extra de decembro para o persoal público que cobre menos de 962€Respecto desta última medida, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, recuperou onte as disposicións publicadas no BOE --Boletín Oficial do Estado-- e matizou que non todo o persoal público perderá a extra. Aquelas persoas que traballen para calquera administración pública que cobren menos de 962 euros ao mes percibirán a paga. Na sesión de control ao Goberno no Senado, Montoro sinalou que esta cantidade representa 1,5 veces o Salario Mínimo Interprofesional (641,4 euros).Segundo o ministro, o número de funcionarios do conxunto das Administracións Públicas que cobrará a paga de decembro sitúase entre 10.000 e 15.000, aínda que precisou que se trata dunha "primeira estimación" á espera de contar co dato exacto dos beneficiarios nas administracións local e autonómica. Galiza: o BNG pide referendoO candidato nacionalista á Xunta de Galiza e a voceira parlamentar do BNG, Francisco Jorquera e Ana Pontón, apresentaron nestes días senllas iniciativas encamiñadas a submeter as medidas aprobadas polo goberno español a referendo. Desde o BNG denuncian que as políticas desenvolvidas polo Partido Popular, procuran "máis centralismo e menos democracia" polo que exixen "a cidadanía debe tomar a palabra". Baixo o pano do "inevitábel" o goberno de Rajoy vén de aprobar a pasada semana, máis un paquete de medidas que se suman aos recortes levados a cabo ao longo destes meses de lexislatura. Para Jorquera, a política de recortes promovida "só provoca máis crise, máis recesión e máis paro", polo que exixíu ao goberno español pór fin á burbulla da débeda. |
NOS_20848 | O líder norcoreano cursou un convite a Moon Jaen In, o presidente de Corea do Sul, para realizaren unha cimeira en Pyongyang. O encontro non sería do agrado dos EUA. | Novo movimento de distensión por parte de Pyongyang, que veu precedido da visita de Kim Yo-Jong, irmá de Kim Jong-un, a Corea do Sul para asistir aos Xogos Olímpicos de Inverno. Precisamente tería sido Kim Yo-Jong quen tería transmitido o convite do seu irmao ao presidente sul-coreano Moon Jaen In. A iniciativa non é novidosa. En 2000 e 2007 o líder norcoreano -naquela altura Kim Jong Il, pai de Kim Jong-un- mantivo cimeiras cos sulcoreanos Kim Dae-jung e Roh Moo-Hyun. Quen olla con receos estas achegas do norte ao sul -tecnicamente aínda en guerra, após un armisticio pór fin en 1953 á guerra de liberación do país contra os EUA- é Washington. A Administración Trump desaconsella a cimeira co argumento de que Pyongyang non se ten comprometido a avanzar na desnuclearización. Kim Jong-un, lonxe de avanzar na dirección que lle apetecería aos EUA, ten declarado recentemente que Corea do Norte é "xa un Estado nuclear por inteiro". En todo caso, os acenos de distensión tiveron como palco a cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos: os atletas do norte e do sul marcharon baixo a mesma bandeira e Kim Yo-Jong apertou a man de Moon Jaen In. Non participou desa atmosfera o vicepresidente norteamericano Mike Pence. Presente no acto, evitou en todo momento calquer achegamento á irmá de Kim Jong-un. |
PRAZA_7856 | O conselleiro di non querer "que a mocidade paque os efectos da crise", aínda que ten previsto recadar seis millóns de euros polo incremento para compensar os recortes. O informe de expertos encargado por Wert critica o sistema de bolsas e a suba de taxas. | O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, asegurou este venres que as taxas universitarias en Galicia non subirán máis para que "a mocidade non pague os efectos da crise". Así o afirmou con rotunidade no Fórum Europa e diante dos rectores das universidades de Vigo e Santiago. "Eles saben cal é a nosa opinión", insistiu. O conselleiro di que non quere que "a mocidade non pague os efectos da crise" Neste curso 2012-2013 en Galicia conxeláronse as primeiras matrículas, mentres que as segundas, terceiras e cuartas matrículas das materias soben entre un 20 e un 90%, aínda que será un incremento progresivo, a razón dun terzo de suba cada curso até o ano académico 2014-2015. O obxectivo era cumprir co decreto aplicado polo ministro Wert pero co mínimo incremento posible, algo que valoraron os reitores, que, no entanto, non tiñan seguro que esta decisión se mantivese para os futuros cursos. Así, o conselleiro Vázquez, aínda que remarcou o "momento moi difícil" da Administración pública, destacou que "é un compromiso" do Goberno galego e dos reitores non realizar máis subas de taxas para que "a mocidade non pague os efectos da crise". "É unha aposta deste Goberno e contou co apoio dos reitores desde o primeiro momento", sinalou, tras engadir que aposta por que as universidades traballen por ser "de excelencia, internacionais e de recoñecemento". A Xunta prevé compensar os recortes cunha achega de seis millóns procedente da suba de taxas, unha cantidade que non se alcanzará No entanto, as contas non cadran. A redución de 22 millóns de euros no plan de financiamento para as universidades galegas dividíase en dous partes. Algo máis de 16 millóns de euros serían un recorte directo, mentres que os seis millóns restantes compensaríanse, precisamente, cos seis millóns que se acadarían de maneira extra coa suba das taxas que paguen os alumnos. Os cálculos de numerosos expertos -máis aínda tendo en conta a diminución en número de matrículas e en créditos matriculados- apuntan que a achega deste incremento no importe alcanzaría, como moito, o millón de euros. "Non é crible", aseguran fontes de colectivos universitarios contrarios aos recortes. De feito, a disxuntiva agora é clara: ou a Xunta reduce a contía prevista do recorte nas universidades galegas ou terá que meter as tesoiras noutros ámbitos se quere cumprir coa súa promesa de redución. As contas non dan. Curiosamente, o PP non presentou emenda ningunha neste aspecto á Lei de Orzamentos da Universidade. |
NOS_44765 | O comité de Vestas estuda demandar á matiz do grupo en Dinamarca por "mala fe" nas negociacións para a venda da planta de Chamín, en Viveiro. | O persoal de Vestas, a menos dunha semana de que a empresa danesa cumpra as súas ameazas e cese a actividade na factoría de Chavín (Viveiro), comeza a endurecer as súas accións co gallo de facer que a multinacional reconsidere a súa marcha ou, cando menos, que facilite unha saída que garanta a actividade e a continuidade dos postos de traballo. A seguinte medida, que será sometida a unha próxima asemblea, podería ser demandar a empresa e mesmo levar á matriz do grupo, con sede en Dinamarca, ante a Xustiza daquel país. Segundo explicou o presidente do comité de empresa, David Mariño, a demanda se interporía co fin de "demostrar a mala fe negociadora que tivo Vestas en todo este tempo", desde que o pasado mes de setembro anunciase a súa marcha. Xunto á ofensiva legal, os representantes dos traballadores e as traballadoras estudarán se retoman as mobilizacións para protestar polo expediente de regulación de emprego (ERE) que afecta as 115 compoñentes do cadro de persoal e polo fechamento da factoría de Chavín. Un expediente que, por outra parte, xa está recorrido e con data prevista para o xuízo, o 20 de xaneiro. O persoal de Vestas estudará se retoma as mobilizacións de protesta Na véspera da Noiteboa, Mariño confesou que os ánimos "están un pouco decaídos [...] mais aquí estamos aguantando o tirón até o final", engadiu. Asume que finalmente haberá feche e engade que "a negación non sirve para nada". "Temos que mirar cara adiante, pensar no futuro e no que nos vén despois do 31", indicou Mariño, ao tempo que recoñeceu que o persoal está "abatido" polo momento no que van perder os seus postos de traballo. |
PRAZA_4302 | Dende hai dous meses só se pode cruzar pola ponte entre Tui e Valença, permanecendo pechados o resto, o que provoca longas esperas e obriga a moitas persoas a dar longos rodeos para poder traballar. | Dende o inicio da crise do coronavirus, a mediados de marzo, todos os pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal permanecen pechados, agás o que comunica Tui e Valença do Minho. As dificultades que dende hai dous meses deben superar moitas persoas que teñen que atravesar a raia para traballar incrementáronse nas últimas semanas, coa reanudación de moitas actividades económica nunha e noutra beira da fronteira.O xoves da pasada semana atravesaron o límite entre os dous países 5.000 persoas, unha situación que provoca longas ringleiras de coches e esperasNese único paso fronteirizo son cada vez máis habituais as extensas ringleiras de coches e camións e longas esperas. Por exemplo, o xoves da pasada semana atravesaron o límite entre os dous países 5.000 persoas, cun incremento do 25% con respecto á semana anterior. Porén, as fronteiras terrestres entre España e Portugal van permancer pechadas, cando menos, ata o vindeiro 15 de xuño, segundo determinou hai uns días o Goberno portugués. "Importa garantir a segurança interna através de medidas adequadas que contenham as possíveis linhas de contágio", sinala a orde aprobada polo Consello de Ministros luso, que engade a posibilidade de "reavaliar" a decisión cada dez días. De igual xeito, España prevé estender o peche de fronteiras ao longo de todo o mes de xuño. O deputado provincial Uxío Benítez, director da agrupación transfronteiriza, advirte de que a situación se está volvendo "insostible", xa que "o territorio do Miño está afogado" pola existencia dun único paso na fronteiraEn resposta a esta situación, este xoves a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Rio Miño e as Eurocidades do Miño acordaron adoptar "medidas contundentes e visibles de protesta" para reclamar a "apertura urxente de pasos na fronteira con Portugal". O deputado provincial Uxío Benítez, director da agrupación transfronteiriza, advirte de que a situación se está volvendo "insostible", xa que "o territorio do Miño está afogado" pola existencia dun único paso na fronteira, lembrando que esta situación "obriga a moitos traballadores e traballadoras transfronteirizos a dar rodeos de ata 200 quilómetros para acudir aos seus postos, coas perdas económicas e de tempo conseguintes". Nos concellos da ribeira do Miño viven case 150.000 persoas, unha cifra que se eleva ás 400.000 tendo en conta a súa área de influencia. Os concellos preparan protestas "que cumprindo os actos autorizados dentro da fase actual da desescalada poñan de manifesto de xeito simbólico e chamativo o malestar"Na xuntanza virtual participaron representantes de Tui, Tomiño, Salvaterra, Vila Nova de Cerveira, Valença e Monçao. Todos eles e elas acordaron iniciar accións de protesta que complementarán as vías administrativas de reclamación xa iniciadas, "fórmulas que cumprindo os actos autorizados dentro da fase actual da desescalada poñan de manifesto de xeito simbólico e chamativo o malestar tanto das e dos dirixentes como da cidadanía afectada", sinalan. Nos vindeiros días convocarase ao resto das cidades da 'raia' para consensuar as medidas de presión. No encontro tamén se alertou dos problemas de "coordinación" entre os corpos policiais de ambos os dous países.Na ultima semana de abril as entidades representadas na AECT realizaron a súa primeira reclamación de que se abrisen máis pasos fronteirizos na 'raia' entre Galicia e Portugal. A AECT reuniuse co delegado do Goberno en Galicia, que tramitou a solicitude de apertura de pasos aos Ministerios de Sanidade e Interior. E, así mesmo, mantívose un encontro co secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) Martín Guillermo Ramírez, que confirmou o traslado da protesta polo peche da fronteira á propia responsable da CE, Ursula Von der Leyen. |
NOS_42921 | A vitoria do independentismo nas eleccións en Taiwán supuxo un xerro de auga fría para as arelas reunificadoras de Xi Jinping. Ademais, a presidenta taiwanesa, Tsai Ing Wen, recibiu o respaldo dos EUA, que pasearon esta sexta feira un dos seus buques de guerra polo conflitivo estreito de Taiwán. | Menos dunha semana despois de que a presidenta de Taiwán anovase o seu cargo tras varrer nas eleccións o candidato pro chino, un buque de guerra dos Estados Unidos deixouse ver navegando a través do estreito de Taiwán. Unha manobra militar que envía a Beijing un claro sinal de apoio a Taipei e que se enmarca na estratexia de Washington para conter a expansión da China na rexión do Indo-Pacífico. O ministro de Defensa de Taiwán informou onte da singradura do navío estadounidense por esta zona de especial sensibilidade, que separa o continente da illa de Formosa, e que é unha continua fonte de tensións. A Mariña dos EUA confirmou a información, e o Goberno da China sinalou que seguira "de perto" os movementos da nave, ao tempo que pediu aos EUA que "tratasen de forma adecuada o asunto de Taiwán sen danar as relacións sino-estadounidense e a paz e a estabilidade no estreito de Taiwán". O portaavións chinés Shandong, navegara por dúas veces polas augas do estreito nos días previos ás eleccións presidenciais e lexislativas en Taiwan do 11 de xaneiro. As dúas Chinas A primeira crise no estreito de Taiwán remóntase a 1954-1955. Foi un breve conflito armado entre a comunista República Popular da China e a nacionalista República da China polo control dunhas illas. En 1949, a Guerra Civil chinesa finalizara coa vitoria da China comunista. O Goberno nacionalista, controlado por Chiang Kai Shek e o Kuomintang, canda máis dun millón de persoas opostas ao Goberno comunista, abandonou o continente e instalouse en Taiwán e outras pequenas illas de arredor. Desde entón, o Taiwán nacionalista autoerixiuse como a auténtica China. Para a China continental, a día de hoxe, Taiwán continúa a ser o seu principal conflito territorial e diplomático, e nunca desbotou a posibilidade de empregar o uso da forza co fin de retomar o control sobre "a illa rebelde" no caso de que declare a independencia. Así foi que, durante as tensións propias da Guerra Fría entre comunismo e capitalismo, o recoñecemento dunha ou outra China foi fonte de conflitos. A política de 'Unha única China' estabelece que hai un único Estado soberano que é a China e que inclúe, entre outros, os territorios de Hong Kong, Macau e Taiwán. Beijing obriga os países que queren manter relacións diplomáticas coa China a recoñecer o seu Goberno como o lexítimo. Fixérono os EUA en 1979, co presidente Jimmy Carter na Casa Branca, despois do avance nas relacións nesa década grazas ao impulso de Richard Nixon. Con todo, conservaron as relacións non-diplomáticas con Taiwán. Na actualidade, manteñen unha política ambigua destinada a manter o statu quo pola vía disuasoria para ambas as dúas partes. Reunificación Un statu quo que a China quere cambiar. A vitoria de Tsai Ing Wen supón un obstáculo no camiño emprendido polo presidente chinés, Xi Jinping, cara á reunificación de "unha única China", e achega Taipei a Washington, que usa o conflito territorial de Taiwán como un contrapeso á política expansiva de Beijing. A presidenta mantén unha posición de enfrontamento coa China continental, unha postura totalmente oposta á do seu rival pola Presidencia, Han Kuo Yu. Un Han que hai un ano contaba con vinte puntos de vantaxe nas enquisas. Para Marola Padín, analista do Observatorio da Política Chinesa, "Tsai reverteu a tendencia grazas á constante reivindicación de Taiwán como país independente de facto e á influencia dos sucesos en Hong Kong". Ademais, apunta outra clave que acabou por lle dar o pulo definitivo: "O discurso do 2 de xaneiro de Xi Jinping, reclamando Taiwán como unha provincia máis da China continental e ameazando con empregar a forza en caso necesario". Un discurso xa coñecido, mais que para Padín cobrou especial importancia pola coincidencia temporal cos comicios en Taiwán. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. |
PRAZA_550 | O filme de Ignacio Vilar é finalista en 16 categorías, o de Alfonso Zarauza en 11, e a serie da TVG en 9. Schimbare, de Alex Sampaio opta a 8 galardóns. Os premios entregaranse na Coruña o vindeiro 11 de abril | A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer este martes os finalistas en cada unha das 25 categorías da edición 2015 dos Premios Mestre Mateo, que se entregarán o vindeiro 11 de abril nunha gala que terá lugar na Coruña, no Palexco. A primeira rolda de votacións dos académicos da AGA situou A Esmorga como a peza que opta a máis premios. A longametraxe dirixida por Ignacio Vilar suma 16 candidaturas, seguida de Os Fenómenos, de Alfonso Zarauza, finalista en 11 categorías. A terceira das obras máis votadas é a serie Serramoura, que conta con 9 presenzas entre os finalistas. O filme Schimbare, dirixida por Alex Sampaio, está presente en 8 das categorías dos galardóns. Os galardóns entregaranse o vindeiro 11 de abril nunha gala que terá lugar na Coruña Os e as finalistas foron anunciados nun acto celebrado no Auditorio Abanca, en Compostela, presentado pola actriz Mercedes Castro e polo actor Ricardo de Barreiro. Este ano a Academia Galega do Audiovisual estreou un novo procedemento de votacións que lles permite aos socios votar en liña, facilitando o sistema de voto e axilizando a súa xestión. Este novo procedemento será o que se utilice tamén para as votacións finais. Ademais das tres longametraxes xa sinaladas (A Esmorga, Os Fenómenos e Schimbare) tamén El Niño competirá polo premio ao mellor filme. A tropa de trapo na selva do arco da vella, Maimiño e Noite de paz? Holy Night! son finalistas na categoría de mellor longametraxe de animación. A viaxe de Leslie, A volta dos nove, Angrois no esquecemento e Funes o inventor da lúa optan ao premio ao mellor documental. E Clases de lo social la webserie, El metodo sueco, Fame webserie e Te quiero, pero son as catro candidatas ao premio ao mellor webserie. Álex Sampayo (Schimbare), Alfonso Zarauza (Os Fenómenos), Ignacio Vilar (A Esmorga) e Miguel Conde e Jorge Saavedra (Serramoura) pelexarán polo premio ao mellor director. Alberto Guntín, Víctor Sierra e Xose Morais (Serramoura), Alfonso Zarauza e Jaione Camborda (Os Fenómenos), Ignacio Vilar e Carlos Asorey (A Esmorga) e Xavier Bermúdez (O Ouro do Tempo) son finalistas na categoría de mellor guión. Antonio Duran "Morris" (A Esmorga), Karra Elejalde (A Esmorga), Luis Tosar (El Niño) e Miguel de Lira (A Esmorga) son candidatos ao galardón ao mellor actor protagonista. E Candela Peña (Schimbare), Lucia Regueiro (Serramoura), Mabel Rivera (Pazo de Familia) e Nerea Barros (O ouro do tempo) son candidatas á mellor actriz protagonista. Consulta aquí a listaxe completa dos e das finalistas (.pdf) |
NOS_12647 | Nun acto que tivo lugar na sede da Real Academia Galega presentáronse o conxunto de actividades que terán lugar ao longo do ano para honrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen se lle dedican as Letras Galegas de 2022. | A Real Academia Galega (RAG) celebrará as Letras Galegas de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) cunha programación que achega propostas para todas as idades que incidirán desde o campo da investigación até o audiovisual. A RAG xa ten activada na súa páxina a sección das Letras Galegas 2022. Neste espazo pódese ler a biografía do poeta e aparecen os primeiros episodios da serie de micropezas 'Polos vieiros de Florencio', da que se estreará cada semana un novo capítulo. Destacaron tamén 'O Portal das Palabras' e a súa nova sección do 17 de maio, onde están dispoñíbeis tres xogos interactivos sobre o vocabulario da poesía de Gurriarán e un 'Allos con bugallos' sobre o léxico dos seus poemas mexicanos. No mes de marzo a RAG presentará en Vilamartín de Valdeorras a última edición do proxecto para o público infantil 'Primavera das Letras' e nunha sesión extraordinaria en Córgomo (Vilamartín), lugar de nacemento do autor, a RAG celebrará o propio Día das Letras Galegas. No outono terá lugar o Simposio das Letras Galegas, onde se presentarán investigacións "con novas miradas" ao universo do autor. A respecto das publicacións, a RAG ten previsto editar o discurso que Gurriarán deixou escrito para o seu nomeamento como académico, que non chegou a producirse; e a entrevista que a antropóloga Dolores Pla lle fixo en México, nunha edición anotada da que se fará cargo Ricardo Gurriarán. O historiador e familiar do homenaxeado tamén será o responsábel dunha antoloxía da correspondencia do autor. Unha figura chave no exilio galego en México As primeiras obras poéticas de Gurriarán viron a luz en 1928 en diferentes xornais e revistas da época. En 1931 xa tiña escrito poemas de interese sociolingüístico e político e críticas en prosa á política caciquil e centralista. En 1934 chega o seu primeiro éxito literario, coa publicación da súa escolma de poesías Bebedeira, editada por Nós. Xa en México, entre outros fitos, participou no desenvolvemento do Padroado da Cultura Galega (1953), berce da revista Vieiros (1959), que codirixiu. A escolla supón a primeira viaxe do Día das Letras Galegas ao exilio mexicano. |
NOS_42267 | Un programa municipal de contacontos na Coruña dirixido a nenas e nenos de 3 a 7 anos ensina a distinguir os comportamentos afectivos saudábeis daqueles que non o son. O obxectivo é combater os abusos sexuais na infancia dotando as cativas e cativos de modelos para comprender o que pasa e xerar alertas. | O Rato Fuco aprende a querer que esta semana xa se representou en catro bibliotecas públicas da Coruña e esta sexta feira 10-N estará na das Roseiras, este sábado na de Durán Loriga e no punto de préstamo de libros de Novo Mesoiro e a segunda feira próxima na da Sagrada Familia é unha sesión de contacontos da compañía Trinque Trinque que interpreta Vanesa Rivas, a actriz que carga o material, monta o escenario, instrúe á responsábel de cada biblioteca para que lle bote unha man no espectáculo, que brinca e aconsella diante da audiencia convertida en Lili Gruyère con fociño e bigotes de plástico. É, alén dun pasatempo nos espazos cálidos das bibliotecas de bairro, un adestramento para o inicio da vida, un candil por se de súpeto se vai a luz cando se está a comezar o camiño e se corre o risco de perder o único tesouro que de certo é noso. Cousas importantes coma esta obra de teatro teñen que ver con políticas públicas intelixentes que se fan cada día nos concellos do país e só aparecen en minúsculos programas de man. Na Coruña foron o Centro de Planificación Familiar e o Centro de Información ás Mulleres, as técnicas municipais, as que convenceron o departamento de Igualdade, que estaba reorganizando as actividades nas bibliotecas infantís e os programas para o ensino, de que sería bon axudar as nenas e nenos a interpretar os afectos e inclinalas cara ao respeito dos demais. "Dar coa proposta axeitada levoulles o seu traballo", di a concelleira Rocío Fraga, "estamos falando de cousas delicadas pero había vontade de tratalas, primeiro porque se detectaron necesidades de atención e necesidade de prácticas de prevención dos abusos sexuais na infancia, e despois porque é unha forma de que nos sintamos cómodas e cómodos co propio corpo e naturalicemos o coñecemento de nós mesmas desde moi novas". O Rato Fuco aprende a querer é unha obra densa e intensa que trata de distinguir as maneiras de querer ben das de querer mal. Conta historias dos seres queridos de Lili Gruyère, familias diversas, familias nos que faltan seres queridos como é natural e tamén hai novos seres queridos. "Sabemos que unha persoa nos quere cando nos trata con cariño e respeito", di Lili Gruyère, e entre escena e escena o público vota si o que se viu foi cariño e respeito ou foron cousas que hai que corrixir. "Esta obra é a parte, digamos, preparatoria", explica Vanesa Rivas, inda con fociño e bigote despois da representación esta quinta feira no Castrillón cun público menos ruidoso que na cuarta feira en Monte Alto. "Falamos de relacións familiares, de parellas, dos segredos bons e dos segredos maos… os que hai que botar fóra, porque nos incomodan, da saúde efectiva… Todo coa intención de responder á pregunta de como saber cando unha persoa nos quere ben, porque ningún menor pode defenderse nin física nin psicoloxicamente dun maior". A sesión remata cun conto de Régis Lejonc, A miña veciña está namorada, unha parábola do amor que rodea o mundo e os namoramentos non correspondidos. Unha indicación sinxela ao respecto. "Estou segura de que todas, nais e pais, avoas e avós, queremos que se fale destas cousas se están ben tratadas", di Vanesa Rivas que explica como a segunda parte, a obra que representará nos mesmos espazos a partir do día 20, Non, aí non, trata directamente dos abusos. A obra xa deu unha volta por algúns colexios. Así que Rivas recolleu reaccións da audiencia. "Comezamos co Baile do Esqueleto falando do pene e da vulva, das zonas íntimas dos nosos corpos dun xeito moi claro, e as nenas e nenos comprenden todo perfectamente". Despois vai un conto de Martina Vanda, Estela, grita moi forte!. "Non temos indicadores precisos para avaliar o resultado deste tipo de programas", sinala Rocío Fraga, a concelleira de Igualdade. "O obxectivo é probar… Probar se este é un plan necesario, se axuda a que as familias rompan certos tabús e se poida falar das cousas sen prexuízos. Veremos…" A primeira sesión, a do Rato Fuco (un dos seres queridos de Lili Gruyère) persegue dotar as nenas e nenos dalgunhas ferramentas que deberán usar para resolver os problemas que se presentarán na seguinte sesión. Utensilios para identificar o perigo e saber cando e a quen pedir axuda. "Non é sempre a papá ou a mamá, hai veces en que o maltrato está aí, no centro do fogar, e terás que recorrer ás túas persoas de confianza…", di Vanesa. Estela, grita moi forte! conta a historia dunha nena que sofre abusos por parte de seu tío. "O que lles explicamos ás nenas e nenos é que cando senten que algo non está ben, que non o agochen, porque quen maltrata xoga moitas veces coa confianza e cos segredos… por iso Lili Gruyère insiste tanto en diferenciar os segredos bons, os que hai que gardar, como cando lle ides dar unha sorpresa a un amigo, dos outros, dos que nos fan dano ou sentir vergoña. Eses hai que contalos, porque ti, nena ou neno pequeno, non es quen de valerte por ti mesma e enfrontarte a ese maior", di Vanesa. "Se te ves nunha situación desas, o seguinte que tes que facer é dicir non. Dicir como lle di Estela a seu tío Anselmo: 'isto a min non me gusta'. Pero seu tío continúa. Entón o que fai Estela é berrar, un berro que ensaiaremos, un berro forte que escoita toda a familia e veñen rescatar Estela". |
NOS_45487 | A entidade ecoloxista Arco Iris presentou a denuncia contra á empresa pola presunta actuación "ilegal" nunha parcela da parroquia de Bermui. Segundo afirma, unha subcontrata da compañía tería actuado "sen ningún tipo de permiso nin coñecemento dos seus lexítimos propietarios". | A asociación Arco Iris presentou esta sexta feira unha denuncia na Fiscalía de Medio Ambiente contra a empresa eléctrica Naturgy por unha suposta corta "ilegal" de árbores autóctonas centenarias no municipio das Pontes. Os feitos sucederon hai tan só uns días, segundo traslada a asociación, nunha parcela particular situada na parroquia de Bermui, no lugar de Castroverde. Unha empresa contratada por Naturgy tería entrado no terreo para cortar diversas árbores centenarias "sen ningún tipo de permiso nin coñecemento dos seus lexítimos propietarios". Os feitos denunciados constan en atestados da Garda Civil e Policía Municipal. Segundo a información facilitada pola asociación, os operarios que acudiron á leira tiñan ordes de cortar árbores cunha marxe de oito metros a cada lado do cableado e deixaron de facelo ante as queixas da propietaria. Arco Iris advirte que a zona afectada "está considerada como de protección rural polo propio Concello" e que entre as especies cortadas hai salgueiros, castiñeiros e carballos centenarios. Aliás, asegura que a actuación da empresa "vulnera varios artigos do Código Penal e atenta contra o patrimonio natural". Naturgy escúdase en "tarefas de mantemento" Pola súa banda, fontes de Naturgy trasladaron que este tipo de tarefas están enmarcadas nos labores habituais e normais de mantemento das liñas de distribución eléctricas, "traballos necesarios para o óptimo funcionamento da rede de distribución, así como para a prevención e defensa contra os incendios forestais". Defenden ademais que UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, realiza as operacións de xestión de biomasa en cumprimento da lei. |
NOS_1395 | Hai 45 anos escribiuse unha das páxinas máis importantes da loita popular e ecoloxista na Galiza. Oito mil persoas persoas, respondendo a unha convocatoria das Comisións Labregas, deron un paso decisivo na paralización da central nuclear proxectada por Fenosa na Galiza. | O 10 de abril de 1977, hai hoxe 45 anos, unhas oito mil persoas manifestábanse en Xove para protestar contra a instalación dunha central nuclear na zona de Regodela. Previamente, máis de 4.000 participantes marcharan a pé dende Videiro, a doce quilómetros de distancia, pola estrada da costa. A comezos de xaneiro daquel ano, as organización sociais e políticas do nacionalismo, agrupadas no que na altura se coñecía como movemento nacional popular galego, convocaron a gran manifestación contra o proxecto de central nuclear, tentando socializar o conflito a nivel nacional. A autorización para a marcha fora denegada polo gobernador civil de Lugo dous días antes, mais os organizadores decidiron seguir co proxectado, sen que se rexistraran, porén, incidentes. No adro da parroquia, tomaron a palabra Manuel Barbeito, veciño das Encrobas que expresou a solidariedade desta localidade coa loita de Xove; Antonio Pernas, membro das Comisións Labregas de Xove; Emilio López Pérez "Milucho", dirixente das Comisións Labregas, e Ramón Valcarce Vega, o "crego das Encrobas". Ao remate da marcha, unha delegación da dirección da UPG, encabezada por Elvira Souto, mantivo unha reunión cos afectados nos terreos onde estaba previsto instalar a central, dirixíndolles a palabra Ramón Múñiz, responsábel do sector agrario daquel partido. No 40 aniversario da Marcha antinuclear de Xove Os militantes nacionalistas desenvolveron un un intenso traballo de informar e concienciar a veciñanza, ao tempo que iniciaban unha campaña de axitación diante dos sectores directamente afectados. A marcha que lexitimou o nacionalismo O conflito remontábase ao ano 1973. Un consorcio conformado por Fenosa, Electra del Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico fixo pública, naquel ano, a súa decisión de instalar na Regodela (Xove) unha central nuclear. As razóns para opoñerse á central nuclear eran de carácter ambiental, de seguridade -o emprazamento da planta situábase enriba dunha falla- e económico, na medida en que reflectía un modelo de desenvolvemento de enclave propio das realidades coloniais. O nacionalismo axiña deixou clara a súa oposición ao proxecto. Os militantes nacionalistas desenvolveron un un intenso traballo de informar e concienciar a veciñanza, ao tempo que iniciaban unha campaña de axitación diante dos sectores directamente afectados. Desde a clandestinidade, organizáronse xuntanzas e asembleas na contorna de Xove. Ao tempo, leváronse a accións de sabotaxe e portestas que, en varias ocasións, remataron con enfrontamentos coa Garda Civil. Chegado o día da marcha, 8.000 persoas convocadas polas Comisións Labregas recorreron os trece quilómetros que separan a Viveiro de Xove. A participación na convocatoria superou as expectativas das organizacións que a convocaran. A resposta popular manifestou a existencia dun estado de opinión decidido a prol da anulación do proxecto e mostrouse decisiva para a paralización definitiva do proxecto da central nuclear, acordada finalmente en 1982. Ademais, constituía un apoio definitivo á alternativa nacionalista e lexitimaba a súa legalización polo pobo, nun momento en que o sistema se empeñaba a manter fóra da lei a alternativa rupturista mentres legalizaba a esquerda reformista. |
NOS_41783 | Os xurados elixiron "Xelís, o guieiro das botellas de mar" de Rosa Aneiros, como Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019; "Os corpos invisibles" de Emma Pedreira Premio Jules Verne de Literatura Infantil, 2019 e "Shanghai a Barcelona" de Amador Castro Premio Xerais de Novela 2019. | Amador Castro, Emmma Pedreira e Rosa Aneiros son os gañadores dos premios Xerais 2019. O anuncio fíxose na mañá deste sábado en Vigo, cidade onde se deu a coñecer quen eran os triunfadores na XXXVIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un. Os xurados escolleron esta semana entre as dez obras finalistas. Premio Xerais de Novela foi para "Shanghai a Barcelona" de Amador Castro. O xurado elixiuna entre as 44 obras que consursaban. Despois da súa última deliberación, o xurado acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema "Tras de min a terra queimada", que, despois de aberta a plica, resultou ser de Amador Castro e corresponde ao título "Shanghai a Barcelona", unha novela sobre a emigración galega a Barcelona. O xurado considera que presenta un orixinal emprego das voces narrativas, fiadas unhas con outras con afán de continuidade; destacando a viveza e naturalidade dos diálogos e a efectiva creación dunha atmosfera abafante ao longo de toda a novela, alén da fusión dun rexistro coloquial nos personaxes cunha linguaxe lírica presente en forma de haikus. Amador Castro Moure naceu en Nandulfe-Chantada e vive dende a súa infancia en Barcelona.Ten publicados dous libros: "Memorias de antes do encoro", 2013 e "Pillabán, pillabán", 2018 Premio Merlín de Literatura Infantil, no que concorreron 28 obras, foi para "Xelís, o guieiro das botellas de mar" de Rosa Aneiros. O xurado destaca a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico. Salienta tamén a presentación do conflito entre tradición e cambio, así como a defensa do pensamento crítico e autónomo e a unión solidaria como medios para solucionar os problemas aos que se enfronta a humanidade. A historia está tecida mediante o uso dun galego de gran riqueza léxica que, con todo, non dificulta a perfecta accesibilidade da lectura. Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. Autorda de obras como "Resistencia" (Xerais 2003); "Veu visitarme o mar" (Xerais 2004); ou a triloxía "Ámote Leo A." Emma Pedreira gaña o premio Jules Verne de Literatura Infantil 2019 con "Os corpos invisibles". Presentáronse 20 obras a este galardón. O xurado salienta a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres. Tamén destacan o tratamento da violencia económica e a loita por ver recoñecidos os logros científicos e intelectuais das mulleres fronte á apropiación que deles fixo o patriarcado ao longo da historia. Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Filóloga, poeta e narradora. Membro da Plataforma de Crítica Feminista A Sega. Forma parte da denominada Xeración Poética dos 90. Entre as súas obras, "Diario bautismal dunha anarquista morta" ou "Libro das mentiras". En 2018 gañou o Premio Xerais de Novela con "Besta do seu sangue". A festa de entrega dos galardóns terá lugar no mes de outubro coincidindo coa aparición dos libros editados das obras gañad |
PRAZA_21020 | Esta Santa Alianza unionista arredor da solución Illa é posíbel na teoría porque o Goberno do Estado non fixo absolutamente nada nin por achegar unha solución á radical inxustiza da existencia dos presos políticos cataláns | Confésolles o meu absoluto abraio. Eu pensaba que nestes tempos de pandemia o importante era a saúde individual e colectiva, como único vieiro posíbel cara a reconstrución económica. Pensaba tamén que sen garantir o dereito á saúde non se podía garantir o dereito de voto e de participación política. O Decreto do Govern suspendendo as eleccións do 14-F tiña como precedentes os Decretos da Xunta de Galicia e do Goberno vasco suspendendo cadansúas eleccións nacionais e, malia ser inédito-como tantas cousas-na historia electoral, constituía a única ferramenta para garantir os dereitos fundamentais á vida e á saúde e o dereito de participación política.Mais estáballes trabucado, porque non había tal. O importante seica é a unidade de España, dogma teolóxico ao que todos os partidos unionistas e elementos do Deep State supeditan os dereitos dos cidadáns á saúde, a votar e, xa que logo, a votar con garantías sanitarias. Velaí que fose obrigado suspender o Decreto do Govern porque o Tribunal Superior de Catalunya (como teño dito unha peza do sistema xudicial español, non integrada no Poder autonómo catalán) considera que votar o 14-F presenta un interese estatal "intenso". Eleccións si ou si, polo civil e polo militar. E se non queres caldo dúas cuncas.O meu erro chegaba tamén a pensar que non era lóxica en plena pandemia a demisión do Ministro de Sanidade para se presentar ás eleccións, cando o vacinamento está a se desenvolver con problemas e só o Estado ten voz e voto na Unión Europea que merca as nosas vacinas. Mais seica non era así, porque Salvador Illa era o candidato elixido non só polo PSC e os Comúns, senón pola propia Vox, que xa anunciara polo seu voceiro estatal o seu voto por Illa cando aínda non se emitira nin o primeiro voto por correo. Velaí outro erro meu, pensaba que a esquerda estatal que dirixe o Goberno do Estado era incompatíbel coa dereita estatal por ese mantra que tantas veces repiten dicindo que o importante é o social. Pois non, todos a votar Illa como todos votaron Colau no seu intre. E saben por qué? Porque o importante para as forzas unionistas non é nin o social, nin a saúde nin a calidade democrática do sufraxio. O importante é a unidade de España, dogma teolóxico unionista a xeito do dogma católico da Santisma Trindade.Esta Santa Alianza unionista arredor da solución Illa é posíbel na teoría porque o Goberno do Estado non fixo absolutamente nada nin por achegar unha solución á radical inxustiza da existencia dos presos políticos cataláns. Nin baseada no dereito de graza nin baseada na despenalización do delicto de sedición, inexistente nos Códigos penais das democracias europeas. Velaí que nin Garriga nin Abascal, nin A. Fernández nin Casado, nin Carricosa nin Arrimadas teñan ningún problema, se se lles da a oportunidade, en elixir cos votos dos deputados a Salvador Illa, o candidato do PSOE de Sánchez, que é quen manda de verdade no PSC.Se a cidadanía catalá, malia todo, rexeita esta Santa Alianza unionista o 14-F cal será a seguinte xogada do Deep State ? Seguerá a ser a esquerda española o lado convexo do lado cóncavo da dereita española? |
PRAZA_7712 | Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela ante a residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. Rexeitan a quita e o canxe por accións e denuncian que o proceso de arbitraxe está paralizado. E esixenlles aos alcaldes e concelleiros do PP nas súas localidades que escollan entre defender os veciños e defender o seu partido. Audios e galería de imaxes no interior. | Até a mesma porta da casa de Núñez Feijoo. A protesta dos milleiros de afectados polas preferentes, despois de meses de mobilizacións, chegou este sábado até Montepío, sede da residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. As plataformas de afectados de afectados da Coruña, do Baixo Miño, do Morrazo, de Bergantiños, de Ferrolterra, da Costa da Morte, de Monforte..., de toda Galicia, desprazáronse nesta ocasión até Compostela no comezo dun mes que pode ser crucial para o desenlace deste conflito. Denuncian que o proceso de arbitraxe está paralizado dende hai uns días, o que atribúen a que o proceso para resolver a situación a través do canxe se está acelerando para cumprir os prazos marcados polo ministro de Economía De Guindos anunciou hai unhas semanas que antes do remate de febreiro estaría concluido o proceso de canxe das participacións preferentes por accións e aplicada a quita correspondente en cada caso, pola que os afectados perderían máis ou menos a metase dos seus cartos. Porén, as plataformas de afectados que este sábado se manifestaron en Compostela rexeitan a quita e o canxe por accións: "Non vai haber quita para nós. Se todos estamos convencidos de que non vai haber quita non a vai haber". E denuncian, ademais, que o proceso de arbitraxe está paralizado dende hai uns días, o que atribúen a que o proceso para resolver a situación a través do canxe se está acelerando para cumprir os prazos marcados polo ministro de Economía. O 23 de febreiro está convocada unha nova manifestación na Coruña, nun momento no que este proceso anunciado estará máis avanzado. A manifestación partiu da Alameda baixo unha chuvia que a acompañou de forma intermitente durante todo o percorrido pola zona vella de Compostela. Na marcha participaron moitos representantes das forzas da oposición, dende Sánchez Bugallo ou Méndez Romeu polo PSdeG-PSOE, Juan Fajardo, Antón Sánchez ou Xabier Ron de AGE, ou Carlos Aymerich, Francisco Jorquera, Guillerme Vázquez ou Carme Adán polo BNG. Escoitáronse os xa habituais berros de "non hai pan para tanto chourizo" ou "politicos e banqueiros, todos ao caldeiro" e as acusación de "ladróns" cada vez que a marcha pasaba por unha oficina de NGB. Pero nesta ocasión máis ca nunca as críticas tiñan como destinatario o Partido Popular. Os afectados denuncian que os populares "fixeron a campaña a conta nosa. Prometéronnos a devolución dos cartos a todos os afectados e afectadas" O manifesto foi lido por Pilar Domínguez, unha muller de 85 anos de Compostela que perdeu os seus aforros. Na lectura, dura e emotiva, pediulle a Núñez Feijoo que se puxese do seu lado: "enchíaselle a boca despois das eleccións dicindo que ía ser o presindente de todos os galegos. Como vai ser o noso presidente cando está máis preocupado por quedar ben diante dos seus xefes en Madrid que por arranxar este latrocinio escandaloso? Señor Feijoo: vostede sabía que se estaba roubando e non fixo nada". E concluíu: "Non nos chegaba con ser estafados polos bancos que agora nons chega o espolio por parte do Goberno. E que non lle boten a culpa a Bruxelas: a competencia para resolver isto é do Banco de España e da CNMV". "Señor Feijoo: vostede sabía que se estaba roubando e non fixo nada" Os afectados denuncian que os populares "fixeron a campaña a conta nosa. Prometéronnos a devolución dos cartos a todos os afectados e afectadas", denuncian que isto constitúe "unha burla aos cidadáns" e conclúen que "din que están aí porque os cidadáns os votaron pero a verdade é que están aí porque nos enganaron". Criticaron con dureza a Feijoo e tamén a Montoro, De Guindos, Rajoy ou Gallardón pero levaron tamén a súa denuncia até o nivel máis local da politica: "aquí hai responsables. Responsable é o señor Feijoo pero é tamén responsable todo aquel que represente o Partido Popular e temos que ir a buscalos a casa se fai falla". "O PP quérenos roubar e non se pode estar a dúas bandas. Os alcaldes e concelleiros do PP deben presentar a súa dimisión. E se non nós temos que obrigalos" Na súa denuncia esixenlles aos alcaldes e concelleiros do Partido Popular nas súas localidades que escollan entre defender os veciños e defender o Partido Popular: "o PP quérenos roubar e non se pode estar a dúas bandas. Os alcaldes e concelleiros do PP deben presentar a súa dimisión. E se non nós temos que obrigalos". |
NOS_52211 | FAGA, (Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales), AAA (Agrupación de Asociaciones del Audiovisual), e o Grupo Interterritorial Igualdad en el Audiovisual 50/50 en 2025 veñen de presentar á Administración central unha batería de propostas que evite o seu afundimento. | O sector audiovisual, representado polos colectivos FAGA, (Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales), AAA (Agrupación de Asociaciones del Audiovisual), e o Grupo Interterritorial Igualdad en el Audiovisual 50/50 en 2025, veñen de presentar á Administración central unha batería de propostas "urxentes" destinadas a evitar o afundimento do sector. As asinantes reivindican a posta en marcha "dunha prestación de desemprego excepcional para as traballadoras e traballadores que non conten coas cotizacións necesarias para acceder a unha prestación ordinaria e que non se encadren Réxime de Artistas", así como a ampliación da prestación extraordinaria por cese de actividade unha vez finalice o estado de alarma. Ademais, entre outras, tamén pretenden que "con carácter de urxencia", se leve a cabo a convocatoria das axudas para o fomento da cinematografía e o audiovisual, así como retomar as axudas á creación de guións cinematográficos. Estas e o resto das medidas propostas xa foron trasladadas e recibidas polo Ministerio de Cultura, á espera dunha data próxima celebrar unha reunión de traballo coas persoas representantes do Ministerio. A proposta xorde trala análise das medidas de apoio ao sector audiovisual establecidas no Decreto-Ley 17/2020 de 5 de maio, tras constatar as diferentes asociacións e agrupacións que as medidas publicadas "non garanten plenamente a efectiva protección da maioría das e dos traballadores do sector". |
PRAZA_5200 | A nova campaña da CTNL, que pretende a "visibilización do uso do galego na comunicación", xunta diferentes personaxes públicas que reivindican que os medios respecten e reflictan en lingua galega as declaracións ou actos públicos que realizan neste idioma. | Fernando Vázquez, Ezequiel Mosquera, Uxía Senlle, Salustiano Mato, Jorge Mira, Federico Pérez, Verónica Boquete, Manuel Rivas, Moncho Fernández, Sés ou María Mera. Son só algúns dos persoeiros que se uniron á campaña que reivindica que os medios de comunicación reflictan en galego as declaracións que fan nesa lingua e que se respecte o idioma que adoitan usar nas súas intervencións públicas. "Transcribir as nosas declaracións en galego é unha esixencia da veracidade informativa, expresa a pluralidade lingüística da sociedade e achega a administración á cidadanía", reivindica o maxistrado Luís Villares, coordinador de Xuíces para a Democracia e outro dos participantes nesta nova iniciativa da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) que foi presentada este martes en Compostela. "Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o idioma do que os medio reflicten" Como cho digo é o nome desta campaña que pretende a "visibilización do uso do galego na comunicación", sendo conscientes os seus impulsores de que "hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o idioma do que os medio reflicten". Non será a primeira nin a última vez que personaxes públicas se queixen de as súas declaracións en lingua galega aparezan logo transcritas en castelán en medios escritos publicados en Galicia. Esa é a tendencia coa que pretende acabar este proxecto da CTNL, que lembra que "cada día son moitas as entidades, asociacións ou concellos que envían notas de prensa en galego, que organizan conferencias de prensa nas que se usa a nosa lingua ou que desenvolven actos en galego que despois son traducidos nos medios e comunicados na prensa noutra lingua". "E o mesmo acontece con moitas persoas que fan declaracións ou conceden entrevistas", destacan. A CTNL convida a persoas ou entidades con presenza pública que se sumen á campaña e soliciten así aos medios que se respecte o idioma das súas intervencións A CTNL convida a persoas ou entidades con presenza pública e que estean de acordo coa súa reivindicación a que se sumen á campaña Como cho digo e soliciten así ante os medios que as súas declaracións na lingua propia sexan sempre transmitidas nese mesmo idioma. Á marxe de numerosos persoeiros do mundo da cultura, do deporte, da universidade ou dos movementos sociais, foron xa varias as entidades que se unirón á campaña como Xuíces para a Democracia, A Mesa, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ou Nova Escola Galega. Ademais, Praza Pública tamén forma parte da xa iniciaiva. "Se respondo en galego, iso debería respectarse, sobre todo se vai destinado a lectores ou ouvintes de Galicia", reivindica o adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, no vídeo da campaña que se presentou n'A Nave do Vidán coa presenza doutros dos persoeiros que apoian a inciativa como María Reimóndez, Mónica Caamaño, Pilar Neira Jorge Mira, Najla Shami, Uxía ou Federico Pérez. Esta nova campaña da CTNL únese a outras como a recente, exitosa e aínda vixente Gústame o galego ou á plataforma de regalos en galego Agasallo. A iniciativa xurdiu, como nos outros casos, do viveiro de propostas normalizadoras da Coordinadora e froito das reclamacións de moitas persoas e entidades "que se queixan do que lles pasa cando fan declaracións ou conceden entrevistas". A iniciativa culminará cunha petición expresa aos medios para que se comprometan cos mínimos reclamados polas persoas e entidades que se adhiran á campaña Así o explica Nel Vidal, presidente da CTNL, que aclara que o obxectivo da campaña é "facerlles ver aos medios que hai esa demanda de xente á que lle gustaría que as súas declaracións, pero tamén os actos que acontecen en galego, teñan reflexo na prensa na nosa lingua". Así, Como cho digo irá xuntando persoeiros e colectivos que reclamen o seu dereito a que as súas expresións sexan transmitidas no idioma no que as fan para, dentro duns meses, "trasladarlles as propostas aos medios e pedir que se comprometan con estes mínimos". |
NOS_11389 | Para a central nacionalista "é mester darlle a esta data o relevo que merece". | A CIG-Ensino aproveitou a mesa sectorial do 10 de febreiro para volver demandar da Consellería de Educación que o Día de Rosalía forme parte do calendario escolar. A proposta baséase, explican desde o sindicato, na necesidade de seguir a difundir "a obra da nosa autora fundacional e, a través dela, enaltecer a nosa lingua e contribuír á súa normalización". Para a CIG-Ensino, "é necesario darlle a esta data o relevo que merece, xa que a figura de Rosalía de Castro contribuíu enormemente á conciencia colectiva de termos un idioma propio e a darnos azos para seguir reclamando o lugar que lle corresponde". A CIG-Ensino anima o profesorado a que apoie esta iniciativa, adoptando resolucións dos claustros ou asinando unha proposta de resolución para reclamar a inclusión do Día de Rosalía no calendario escolar e o carácter público do Panteón de Galegos Ilustres. |
NOS_55675 | O presidente do Deportivo di que as declaracións do ex-adestrador en Arzúa foron ''a pinga que encheu o vaso'' e di que o cesamento foi acordado no consello por unanimidade. | O presidente do Deportivo da Coruña Tino Fernández compareceu ante a prensa na tarde desta cuarta feira para dar a versión da dirección do clube sobre o cesamento de adestrador, Fernando Vázquez. Tino dixo que a decisión de destituir o de Castrofeito, "adoptada por unananimidade no Consello de administración", vén das declaracións en Arzúa. O presidente deportivista dixo que esas declaracións de Vázquez foron "máis unha proba de que non estaba enchufado no noso proxecto". Así pois, "Fernando Vázquez non é a persoa coa que queremos traballar" manifestou, nunha comparecencia na que Tino Fernández mesmo chegou a dicer que desde que finalizara a Liga "só veu unha vez polo clube", ademais de sinalar que "contestaba tarde ao teléfono". O mandatario do RCD Deportivo da Coruña mesmo chegou a manifestar que houbo xogadores que chamaron "para dicir que se son a quinta opción, non veñen". Declaracións feitas ao abeiro das reflexións de Vázquez en Arzúa de que nas fichaxes tiña que conformarse coa quinta ou sexta opción. Tino tamén quixo negar que o cesamento se debese a que Vázquez fose unha fichaxe do anterior presidente, Lendoiro. Ao tempo que recoñecía que aínda non atoparan substituto para o posto do de Castrofeito. |
QUEPASA_1120 | O condutor dun camión tivo que ser excarcerado tras sufrir un envorco en Ponteceso | Pasadas ás 12:00h da mañá un home paraba o seu vehículo en Montesiños, no medio e medio da estrada DP23-03, que une Cee e Muxía. O home, duns 50 anos e natural de Muxía, debeu sufrir un infarto cando viña conducindo. Os primeiros vehículos, que non podían pasar, chamaron inmediatamente ao 112, e xunto con varios veciños comezaron cos masaxes de reanimación cardiopulmonal. Chegou o Policía Local de Cee, que continuou cos masaxes, xunto coa doutora do Centro Médico de Muxía, e a ambulancia do Centro Médico, pero tras máis dunha hora de intensos intentos, foi imposible salvarlle a vida. O suceso provocou unhas colas importantes na estrada, ata que a Garda Civil puido Accidente en Ponteceso Servicio primario en Ponteceso, accidente de tráfico #HEMS #Galicia #Emergencia pic.twitter.com/YUXgepOYj6 — Helico de Santiago (@HelicoSantiago) 10 de xuño de 2019 Pasadas as 10:00h da mañá deste luns 10 de xuño, un camión envorcaba na estrada que vai de Carballo a Ponteceso, ao pasar o polígono empresarial. O condutor do camión, de López Cao, ficou atrapado, polo que está sendo excarcerado coa axuda dos Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso. Ao lugar, ademais da Garda Civil de Tráfico, tamén acodiu o Helicóptero medicalizado de Santiago de Urxencias. |
PRAZA_13946 | O mapa europeo dos recortes culturais, creado por The Guardian, segue crecendo coas achegas dos lectores e amosa que España e Galicia están á cabeza das tesoiradas en estruturas, equipamento e programación cultural. | O pasado 3 de agosto The Guardian presentou unha iniciativa de xornalismo colaborativo consistente na construción dun mapa europeo dos recortes culturais, no que animaban os seus lectores a enviar e publicar os casos que coñecesen de estruturas sen actividade e programacións canceladas ou reducidas por mor dos plans de axuste do gasto. Menos de dúas semana despois o mapa segue crecendo, amosando cunha soa ollada aqueles países nos que a tesoirada está sendo máis dura, e permitindo enumerar aqueles servizos culturais dos que a poboación está sendo privada. En Galicia están documentadas polo de agora un total de doce denuncias O mapa presenta numerosos datos de Gran Bretaña, Alemaña, Italia e o Benelux, pero tamén de España, con ducias de referencias con datos sobre o servizo ou equipamento desaparecidos e a súa localización. En Galicia están documentadas polo de agora un total de doce denuncias, comezando polo programa Preescolar na casa, os equipamientos de educación ambiental da Cmati, ou os recortes sufridos polo Play-Doc de Tui e o Certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Tamén se advirte do peche do Museo Liste en Vigo ou os recortes de fondos no MARCO. En Compostela denúnciase o peche da Sala Nasa e do Centro Cultural Caixanova, asi coma os recortes na USC e no CDG. Finalmente na Coruña criticase o recorte de persoal no Conservatorio Superior de Música da Coruña os recortes de fondos no proxecto de arte urbana MUAU ou os cambios no Teatro Colón. O mapa segue aberto e medrando cada dia coas colaboracións dos lectores. |
PRAZA_18664 | Non convén esquecer que, máis tarde ou cedo, a todos nos ha tocar sermos un deses 31.000 cidadáns que tiveron que afrontar a decisión persoalísima de como xestionar os seus restos mortais | Á memoria de Evan Bingham Scofield (1987-2013) Non, este non é un texto de glosa literaria do famoso romance do Xavier Alcalá. Trátase simplesmente dunha reflexion máis prosaica e directa sobre a actual regulación do destino dos restos mortais humanos, unha vez que o defunto ou os seus causahabentes optan pola incineración en vez da outra alternativa legal válida, a inhumación en lugar autorizado. (Aclaremos: a terceira alternativa, defendida nalgúns países como a única ecolóxica, a "natural burial" ou enterro directo dos cadáveres na terra, é ilegal no reino de España, e constitutivo de infraccion administrativa grave ou moi grave; só Andalucía permite que os concellos autoricen a inhumación directa en terra aos cidadáns de culto islámico, tal e como establece o Corán. A antropofaxia ou a alimentación animal con restos humanos tampouco é alternativa: constitúen actos penalmente perseguibles en virtude do artigo 526 do Código Penal.). Non convén esquecer que, máis tarde ou cedo, a todos nos ha tocar sermos un deses 31.000 cidadáns que tiveron que afrontar a decisión persoalísima de como xestionar os seus restos mortais O asunto merece atención, tanto pola relevancia económica do sector funerario (téñase en conta que de promedio, na Galiza morre cada ano arredor de 31.000 persoas) como pola importancia social que está a adquirir a incineración nos usos funerarios contemporáneos. Non convén esquecer tampouco que, máis tarde ou cedo, a todos nos ha tocar sermos un deses 31.000 cidadáns que tiveron que afrontar a decisión persoalísima de como xestionar os seus restos mortais. Porén, a regulación da incineración segue a ser pouco coñecida, e quizá conveña difundir algunhas das súas carencias e problemas actuais. A isto adicaremos este artigo. Primeiro, os problemas do hardware incineratorio. Fronte a outras comunidades autonómas (por exemplo en Castilla León é obrigatoria a existencia dun crematorio público ou privado nos concellos de máis de 20.000 habitantes), a galega non recolle como servizo público local obrigatorio a existencia de crematorios. Fronte a outras comunidades autónomas, a galega non recolle como servizo público local obrigatorio a existencia de crematorios O Decreto 151/2014, que regula no noso país a sanidade mortuoria, establece apenas que os cemiterios de nova planta ou a ampliación dos existentes deben contar con forno crematorio. Mais, no resto, seguindo a liña liberalizadora da Directiva 2006/123/CE, máis coñecida como Bolkenstein, remite os trámites de instalación e apertura de crematorios de iniciativa privada aos concellos, mediante a técnica da comunicación previa. Isto fai que a instalación e apertura de crematorios caian hoxe dentro da órbita regulatoria urbanística de cada concello. Deste xeito, a súa instalación, lonxe de someterse a unha planificación territorial supramunicipal, fica entregada á iniciativa privada empresarial, fundamentalmente ao potente sector de servizos funerarios, xa liberalizado no ano 1996. Unha radiografía deste sector no noso país (ben que do ano 2008) pode consultarse aquí. Son os concellos, pois, os que poden establecer múltiples restricións tanto por motivos urbanísticos como ambientais, na medida en que os fornos crematorios constitúen unha actividade con evidentes repercusións no medio ambiente que merecen, por tanto, unha zonificación específica (clasificación de solo, distancias mínimas, etc.). Tal é a polémica que permanece hoxe viva en Pontevedra, que deu lugar xa a dúas sentenzas do TSXG (16 de novembro do 2017, e 20 de setembro do 2018), pendentes de casación perante o Tribunal Supremo. O efecto NIMBY ("Not in my backyard"), tan ao uso no noso país, encontra boa aplicación no caso dos crematorios. Porén, o certo é que dentro das posibilidades que ofrece a lei, a incineración pode considerarse a forma socialmente óptima de xestión dos restos mortais, se se quer regular de maneira ambientalmente exixente os procesos de combustión. Do punto de vista sanitario, unha vez combustionados os cadáveres, as cinzas humanas son restos inertes do punto de vista sanitario, o que permite o seu depósito libre, sen necesidade de trámites autorizatorios ou dun control periódico de posibles riscos sanitarios. Do punto de vista da xestión do espazo, a conservacion ou depósito das cinzas demandan moito menos espazo físico e cero formigón. Isto ten moita relevancia na planificación dos nosos cimeterios, se consideramos que, a nivel global, conforme ás últimas proxeccións de poboación mundial da ONU, no ano 2100 agárdase que a poboación mundial ascenda a 11.184 millóns de persoas, fronte aos 7.550 do ano 2017. Agora imos cos problemas do software incineratorio: a perspectiva cultural da práctica social da incineración na Galiza. A cultura tradicional do rural galego leva a que as nosas xentes opten maioritariamente pola lenta putrefacción en nicho concesionado a longo prazo, sexa de titularidade municipal, sexa de titularidade eclesiástica A cultura tradicional do rural galego –mesmo a incrustada nas zonas urbanas– leva a que as nosas xentes opten maioritariamente pola lenta putrefacción en nicho concesionado a longo prazo, sexa de titularidade municipal, sexa de titularidade eclesiástica. Pesan moito os usos cristiás de enterramento. En especial, ten un especial arraigo, nesta planificación mortuoria, a disponibilidade dun nicho no noso cimeterio parroquial. Práctica que se converteu nun nicho –nunca mellor dito–de negocio redondo para a Igrexa Católica, grazas ás facilidades urbanísticas concedidas apartir do 2010 para a ampliación e regularización sanitaria dos cimeterios parroquiais. Un galego fetén quere o seu nicho propio na parroquia dos seus devanceiros, e por iso a propia Igrexa Católica contribúe a manter a sepultura como opción prioritaria para os seus fieis, mesmo recubríndoa dunha actualizada xustificación teolóxica, para manter o seu propio negocio. Perante os desafíos da incineración, o 25 de outubro do 2016 presentouse na Santa Sé a instrución denominada Ad resurgendum cum Christo. A norma, elaborada pola Congregación para a Doutrina da Fe, recomenda "vivamente que se conserve o piadoso costume de sepultar os corpos dos defuntos" (...) "enterrar é a forma máis idónea para expresar a fe e a esperanza na resurrección corporal". Contodo, "Cando razóns de tipo hixiénico, económico ou social leven a optar pola cremación, ésta non debe ser contraria á vontade expresa ou razonablemente presunta do fiel defunto. A Igrexa non ve razóns doutrinais para evitar esta práctica, xa que a cremación do cadáver non toca a ialma e non lle impede á omnipotencia divina resucitar o corpo e polo tanto non contén a negación obxectiva da doutrina cristiá sobre a inmortalidade da alma e a resurrección do corpo". Gerhard Muller e o dominico Serge-Thomas Bonino no Vaticano, durante a presentación do documento sobre cremación e enterramentos Roma teno claro, impíos. Nada de paganismos naturistas! Como era de agardar, achegan as cinzas ás súas sardiñas. Just business... Ora ben, na presentación da Instrución, o Cardenal Gerhard Müller insistiu en que "Se por razóns lexítimas se optar pola cremación do cadáver, as cinzas do defunto, por regra xeral, deben mantenerse nun lugar sagrado, isto é, no cimeterio, ou de ser o caso, nunha igrexa ou nunha área especialmente adicada a tal fin. Non está permitida a conservación das cinzas no fogar. Só nos casos de graves e excepcionais circunstancias, o Ordinario, dacordo coa Conferencia Episcopal ou co Sínodo dos Bispos, pode conceder o permiso para conservar as cinzas no fogar. Para evitar calquer malentendido panteísta, naturalista ou nihilista, non se permite a dispersión das cinzas ao ar, na terra ou na auga ou de calquera outro xeito, ou a conversión das cinzas incineradas en recordos conmemorativos". Roma teno claro, impíos. Nada de paganismos naturistas! Como era de agardar, achegan as cinzas ás súas sardiñas. Just business... En cambio, as normas seculares que pautan a incineración son ben máis abertas. Na Italia, por exemplo, está en vigor a Lei nº 130, sobre cremación e esparexemento das cinzas, do 30 de marzo do 2001, cunha detallada regulación destes aspectos. No noso caso, a norma de referencia non é unha lei, senón o artigo 23 do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, que introduce as dúas seguintes regras referentes ao tempo da cremación e ao depósito das cinzas: A incineración de cadáveres poderase realizar unha vez obtida a licenza de enterramento, despois das 24 horas e antes das 48 horas posteriores ao falecemento, con excepción dos cadáveres conservados, conxelados ou embalsamados, que se rexerán polos prazos previstos no presente decreto. As cinzas resultantes da incineración colocaranse en urnas destinadas para o efecto, no exterior das cales figurará obrigatoriamente o nome do defunto, e serán entregadas á familia ou ao seu representante legal para o seu posterior depósito en sepultura, columbario, propiedade privada ou outro destino compatible coas normas ambientais e sanitarias vixentes. A norma galega é aberta co destino final das cinzas. Mesmo permite esbardallar as cinzas sempre que se faga de maneira compatible coas normas ambientais e sanitarias vixentes Como pode observarse, a norma galega é aberta co destino final das cinzas. Mesmo permite esbardallar as cinzas sempre que se faga de maneira compatible coas normas ambientais e sanitarias vixentes. Máis explícitamente, o artigo 16 do Decreto valenciano de policía sanitaria mortuoria de 2005 establece que "El transporte de las urnas de cenizas, o su depósito posterior, no están sujetos a ninguna exigencia de tipo sanitario, pudiendo ser depositadas en lugar habilitado al efecto en los cementerios o esparcidas al aire libre, con excepción de las vías públicas y demás lugares donde exista una restricción específica". En todo caso, esta apertura permite que cada persoa adapte o destino das súas cinzas conforme ás súas propias preferencias conmemorativas: conservando unha parte nun cimeterio, outra na casa, outra destinándoa a abonar un carballo, outra un pé de tomates, outra a enviálas ao espazo exterior na procura da eternidade orbital...Ou facer como Evan Scofield, o fillo do famoso guitarrista de jazz John Scofield: morto á idade de 26 anos por mor dun sarcoma, deixou como última vontade o desexo de que as súas cinzas fosen esparexidas en certos lugares que visitou durante a súa curta existencia. Un deses lugares foi o faro de Fisterra, onde Evan rematou o Camiño de Santiago no ano 2009. |
PRAZA_4451 | A empresa de Monterroso, fundada en 1968, procesa seis mil toneladas de castañas ao ano. Outras seis empresas competiron polo premio, e resultaron finalistas a gandeiría Quintián, e a asociación de criadores de razas autóctonas de Galicia | A empresa de Monterroso Alibos Galicia é a gañadora da XIV edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, tal e como decidiu o xurado este mércores na sede da Vicerreitoría da USC, no campus de Lugo. Alibos dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente. De feito, procesa en fábrica máis de 6.000 toneladas ao ano, das que 5.000 se destinan ao consumo humano e o resto son para a alimentación de porcos da categoría Selecta de Coren. Alibos dedícase desde 1968 á elaboración de castaña pelada e conxelada fundamentalmente No ano 2010 iniciaron o Proxecto Soutos, a través dun convenio firmado coa Deputación Provincial de Lugo. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende revalorizar o medio rural galego rendibilizando os soutos, os bosques autóctonos, ao mesmo tempo que se loita co despoboamento rural. A través deste proxecto, Alibos firma un contrato cos propietarios dos soutos para proporcionarlles un servizo integral, desde o asesoramento antes da plantación ata a comercialización, pasando polas fases intermedias de plantación profesional e recollida mecanizada. Nestes tres anos, xa son 225 as hectáreas incluídas nese proxecto, 200 de nova plantación e 25 de recuperación do souto. Outros seis proxectos competiron este ano polo Premio Aresa, "todos eles de gran interese para a economía rural galega", como salientou o presidente de Aresa e cofundador do premio, Álvaro Rodríguez Eiras. Outros seis proxectos competiron este ano polo Premio Aresa, "todos eles de gran interese para a economía rural galega" A gandeiría Quintián, que comercializa a súa propia marca de leite fresco pasteurizado a través de máquinas expendedoras, e a asociación de criadores de razas autóctonas de Galicia, Boaga, foron dúas das finalistas, ás que se sumaron catro proxectos de investigación: o de creación de empresas de cultivo de Árnica Montana en Galicia para o abastecemento da industria farmacéutica europea, a cargo de Geneaqua, S.L.; o da veterinaria María Aurora Estrada Fernández, co que pretende a identificación animal por ADN como base para que os produtos cárnicos acaden a trazabilidade total, aumentando deste xeito a seguridade alimentaria; o estudo de Marcos Vázquez Marey sobre as casas de labranza galegas, e o proxecto Viñas Atlánticas, un aplicativo web que se concibe como unha ferramenta ideada para combater enfermidades propias dos viñedos e axudar a optimizar a aplicación de produtos fitosanitarios. |
NOS_24156 | Presentará unha queixa tanto ás institución sanitarias galegas como á Valedora do Pobo. | A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da atención telefónica polo Coronavirus, ao non ofrecer un argumentario na nosa lingua ao persoal que atende as chamadas relacionadas coa pandemia. "As e os teleoperadores que resolven as consultas da cidadanía sobre a enfermidade no teléfono habilitado polo goberno galego, o 900 400 116, teñen obriga de cinguirse a unha serie de puntos informativos que só teñen dispoñíbeis en castelán". As persoas galegofalantes que chamen a este número para cotexar se a súa sintomatoloxía é compatíbel coa enfermidade non serán, polo tanto, segundo mantén A Mesa, atendidas na súa lingua, "o que aumenta a posibilidade dunha comunicación infrutuosa e pode poñer en risco a asistencia sanitaria". A Mesa enviaralle esta queixa tanto ás institución sanitarias galegas como á Valedora do Pobo. A petición en liña da plataforma Queremos Galego ao presidente da Xunta para que "exerza de presidente" e tome todas as medidas necesarias para preservar a integridade e a saúde da cidadanía galega, ofrecéndolle información clara e precisa, na súa lingua, sobre a epidemia do Coronavirus acadou máis de 2500 adhesións en menos de 24h. |
NOS_4870 | O Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza denuncia a decisión do Goberno municipal de manter o exame para esta cuarta feira, 5 de xaneiro, "en plena sexta vaga da pandemia". As persoas opositoras que se atopan en corentena, lamentan, "non terán máis opción que renunciar ao proceso". | O Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza (COTSG) vén de denunciar a convocatoria por parte do Concello de Santiago dun proceso selectivo para esta cuarta feira 5 de xaneiro, "en plena sexta vaga da pandemia" e coa Galiza rexistrando "máximos históricos de incidencia". Trátase, explican desde o órgano colexial, do segundo exame do proceso selectivo da convocatoria para unha listaxe de agarda de traballadoras e traballadores sociais da capital galega. "A pesar de que a convocatoria foi anunciada en maio, non se procedeu á realización do primeiro exame até o pasado 16 de decembro, cando a situación a nivel sanitario comezaba a ser preocupante", sinalan, nun comunicado. Desde o COTSG, tras recibir varias queixas dalgunhas persoas aspirantes, mostran a súa "desconformidade" co feito de que estas bases, "malia atopármonos nunha situación de pandemia", non contemplaron "alternativa ningunha" para as persoas que teñen que gardar corentena e non poden asistir a ese segundo exame, "deixando así como única solución que as persoas participantes contaxiadas queden eliminadas do proceso selectivo". "É esencial que as administracións públicas velen pola saúde da cidadanía, polo que o Colexio de Traballo Social exixe de que neste proceso selectivo e nos seguintes, mentres sigamos na situación epidemiolóxica actual, se inclúan alternativas para as persoas que poidan estar afectadas pola Covid-19 ou persoas de alto risco", inciden. Neste senso, urxen o estabelecemento das "medidas e alternativas oportunas" ante a situación actual, que, salientan, "non é unha cuestión de responsabilidade individual das persoas opositoras, que xa de por si, afrontan un proceso duro e baixo presión". "É unha cuestión de saúde pública da que, por suposto, teñen plena responsabilidade as administracións e deben ser elas as que expoñan alternativas máis alá de que as persoas contaxiadas sexan excluídas do proceso selectivo", conclúen. |
PRAZA_11412 | A presenza feminina no Congreso polas circunscricións galegas é menor que tras o 28A, cando as deputadas galegas chegaron a ser quince, pero segue a ser maioritaria por terceira elección consecutiva | Doce mulleres e once homes representarán as circunscricións galegas no Congreso dos Deputados elixido este 10 de novembro. A presenza feminina é menor que tras o 28A, cando as deputadas galegas chegaron a ser quince, pero segue a ser maioritaria por terceira elección consecutiva.A redución da presenza de mulleres no Congreso débese a tres mudanzas. O segundo escano do PSdeG en Lugo era o 28A para Sonsoles López e desta volta esa posición ocupouna Javier Cerqueiro. Ademais, en Pontevedra o posto que ocupaba Beatriz Pino por Ciudadanos corresponde desta volta para Javier Bas, do PP. Na Coruña, o escano que lograra C's o 28A para Marta Rivera logrouno nesta ocasión o BNG, con Néstor Rego.Catro caras novasAlén do feito de que o PP volva ser primeira forza política en votos, superando en algo menos de sete décimas ao PSdeG no conxunto e Galicia, na representación galega no Congreso hai só catro novidades con relación a abril. Pola banda dos conservadores a única que non recunca é Ana Pastor, agora deputada por Madrid. O seu lugar ocupouno a alcaldesa de Marín, María Ramallo, nova deputada por Pontevedra xunto con Diego Gago e o devandito Javier Bas, que perdeu a alcaldía de Redondela o pasado maio.Pola banda socialista recuncan nove das dez persoas elixidas para representar as circunscricións galegas hai medio ano. A única mudanza é a do mencionado Javier Cerqueiro como número dous por Lugo. A delegación do PSdeG segue a ser, así e todo, maioritariamente feminina, con seis mulleres e catro homes.Por parte de En Común-Unidas Podemos a sua representación mantense malia retrocederen algo menos de dous puntos con relación a abril. Antón Gómez-Reino volve ser deputado pola Coruña e Yolanda Díaz volve ter escano por Pontevedra. O BNG regresa á Cámara Baixa con Néstor Rego, o seu cabeza de lista pola Coruña, que na pasada década ocupara responsabilidades no goberno do Concello de Santiago. |
NOS_49053 | A moción que censurou Raxoi e abriu as portas da Moncloa a Pedro Sánchez deitou dúas evidencias: o soberanismo vasco e catalán decide no estado e para a esquerda española Galiza non existe. Así o ve Xosé Mexuto, director deste diario dixital, nunha nova entrega do seu vlogue. | O soberanismo vasco e catalán foron decisivos non só do ponto de vista aritmético, senón tamén político, porque -argumenta Mexuto- "foron quen de pór na axenda a cuestión nacional. A cuestión vasca e a cuestión catalá". Ao mesmo tempo, o debate evidenciou que para "o centro esquerda e a esquerda estatais, Galiza non existe". "Non existe como nación nen como nada", di o director do Sermos dixital. Demostrárono -alega- quer Pedro Sánchez -que se limitou a dar as grazas a Fernán Vello (En Marea) sen se referir a ningún dos problemas do país colocados por este- quer Pablo Iglesias, quen aludiu á existencia de problemas nacionais no estado: o catalán e o vasco, si, mais sen rastro do galego. Na súa análise, Xosé Mexuto pon en destaque tamén que os 5 escanos de En Marea no Congreso apenas dispuxeron da palabra durante cinco minutos, o que non é senón produto "da peculiar forma de inserción da confluencia galega no grupo chamado confederal de Unidos Podemos". |
NOS_19837 | Portugal vota a palavra do ano 2013 e pode ser "grandolada", "inconstitucional" "pós-troika" ou "irrogável". A Porto Editora promove este concurso de grande suceso na imprensa lusa. | A equipa de linguistas do Departamento de Dicionários da Porto Editora é a responsábel da seleção das finalistas "com base em critérios de frequência de uso e de relevância assumida quer através dos meios de comunicação social e das redes sociais, quer da utilização dos dicionários da Porto Editora nas suas versões online desktop e mobile." Até o 31 de dezembro poderam ser votadas as palavras e a vencedora será anunciada a 3 de janeiro, na Biblioteca Municipal José Saramago, em Loures. A convocatória da Porto Editora tem cada ano um grande sucesso na imprensa portuguesa. As palavras finalistas, acompanhadas da definição da própria equipa são : Bombeiro – Neste verão, os bombeiros portugueses demonstraram uma enorme coragem no combate aos violentos incêndios que destruíram florestas e roubaram vidas. Coadoção – O projeto-lei que possibilita a coadoção por casais do mesmo sexo, apesar de adiado, tem sido alvo de discussão há vários meses. Corrida – As corridas entraram na rotina de cada vez mais portugueses, que participam em número crescente nas muitas provas que são organizadas por todo o país. Grandolada – A grandolada surgiu como uma ação de protesto contra a austeridade e o governo e afirmou-se como tal pela sua originalidade. Inconstitucional – Os sucessivos chumbos do Tribunal Constitucional a várias medidas apresentadas pelo governo em funções incrementou a frequência do uso desta palavra. Irrevogável – Foi desta forma que um ministro definiu a sua demissão que, no entanto, não se concretizou. Papa – É eleito o primeiro Papa latino-americano da história da Igreja católica Romana, o papa Francisco, cujos primeiros meses de papado têm surpreendido. Piropo – Deve o piropo ser considerado como assédio verbal? Este foi um tema debatido por vários setores da sociedade. Pós-troika – Com o fim do programa de intervenção previsto para meados de 2014, a grande preocupação da generalidade dos portugueses é o que se passará a seguir. Swap – Apesar de ser uma palavra estrangeira e da sua especificidade, o vocábulo entrou nas conversas dos portugueses em virtude das notícias sobre esse tipo de contratos. As palavras vencedoras nas edições anteriores foram "Entroikado" (2012), "Austeridade" (2011), "Vuvuzela" (2010) e "Esmiuçar" (2009). |
NOS_40707 | As enemigas eran a herba da pampa e a uña de gato. O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organizou nesta fin de semana unha batida para protexer a flora e fauna da duna de Baltar, en Portonovo. | A invasión de plantas exóticas despraza a flora e fauna da duna e, fronte a iso, arredor dunha quincena de persoas convocadas polo Colectivo Ecoloxista do Salnés puxeron mans á obra para protexer o rico ecosistema da duna de Baltar. Con medios mecánicos, é dicir, sen utilizaren herbicidas, botaron fóra 200 plantas de herba de pampa e boa parte das matas de uña de gato que ameazaban a conservación das especies propias. Membros do CES e dous operarios municipais que participaron na actividade retiraron arredor de trinta sacos de vexetais tirados pola veciñanza, . Na batida contra as especies invasoras, o CES detectou que novas especies comezan a se estenderen pola duna, axudadas polos usos que se dan na praia, "colocación de postos de artesanía sobre a duna, paso de tractores que compactan a area, rozas indiscriminadas e pouco coidadosas..." . Despois da actividade física, o CES fai balance e as recomendacións mínimas para conservar a riqueza da duna de Baltar. Replantar con especies propias e eliminar as invasoras é unha acción básica sen a que será imposíbel conservar a rexeneración realizada por Costas con cartos públicos. Advirten, de todos xeitos, que "este traballo non debería descansar no voluntarismo, senón nun plan técnico e profesional que permitira un esforzo máis continuado e eficiente". Convida, por tanto, as distintas administracións implicadas a se comprometeren coa conservación das especies dunares, non só pola súa beleza mais tamén polo seu valor ecolóxico. "As plantas agarran da area que o vento transporta dende a praia e sen elas a praia iría minguando co tempo" explican desde o CES, despois da xornada de traballo na duna. |
NOS_33150 | Estaba Valcarce, o combativo crego das Encrobas, organizador de labregos e traballadores. Estaba Valcarce, o político nacionalista e de esquerda. Estaba Valcarce, orador inflamado. E logo estaba Valcarce o amigo. A esta última vertente dedican 16 artigos outras tantas autoras do libro Moncho Valcarce, un dos inesquecíbeis. | A obra, publicada pola Deputación da Coruña e pola Irmandade Moncho Valcarce, preséntase na Coruña esta sexta feira, 15 de febreiro, ás 20.00 horas en Portas Ártabras. Tres dos contribuíntes ao volume falarán tamén no acto: Pilar García Negro, Felipe Senén e Xácome Santos. Tamén participará Xosé Ramón Cendán. Santos, secretario da Irmandade Moncho Valcarce, explica os propósitos da obra: "Sen esquecer obviamente a parte política, queremos lembrar esa dimensión máis humana e persoal de Moncho". Que naceu na Coruña en 1935 e morreu na mesma cidade en 1993. "É unha achega máis no camiño de dar visibilidade a unha das persoas que tivo máis importancia e repercusión nos conflitos dos anos 70 e 80", indica unha nota da organización da presentación na Coruña, "e contribuíu á concienciación e sensibilización da nosa sociedade nos últimos anos da ditadura e primeiros da democracia". Amais dos citados, colaboran en Moncho Valcarce, un dos inesquecibles Afonso Eiré, Mero Iglesias, Domingo Martínez Beiro, Emilio López Milucho, Gumersindo Campaña Ferro, Helena Veiguela, Manuel Pazos, Margarita Ledo, Rubén Aramburu, Erminia Estoa, Vitorino Pérez Prieto, Xosé Elías Ramil e Xulio Sacristán, O libro está dedicado, ademais, á memoria do recentemente falecido Ramón Muñiz. Nota: cuberta de Moncho Valcarce, un dos inesquecibles. |
NOS_51162 | Eloy Domínguez Serén (Simes, 1985) vén de recoller no Festival Cinespaña de Toulouse o premio ao mellor documentario pola súa primeira longametraxe como director, No cow on the ice, filme que xa fora recoñecido no Play Doc e en festivais como o de Sevilla e L'Alternativa de Barcelona. | Imaxino que sentirías moita emoción logo das gabanzas que recibiu do xurado o filme... A verdade é que estou moi contento. O xurado destacou que era un filme moi íntimo e honesto, e apreciou moito a flexibilidade e o orgánico que é, pois pasa por diferentes estilos e entra na exploración da linguaxe e mais na relación entre linguaxe e a paisaxe. Ademais, o nivel era moi alto. Competía con filmes notábeis premiados anteriormente en festivais internacionais, mesmo co galego Os días afogados. Cales foron as túas palabras ao recoller o premio? Sempre que se fala da emigración, adóitase tomar a perspectiva de quen marcha e de quen queda, mais hai unha terceira perspectiva que talvez non estea tan presente. É o da comunidade de acollida. E disto falei, porque Toulouse foi exemplar na integración das persoas emigrantes, como tamén o foi México. É un exemplo na acollida de exiliados republicanos españois que, ademais, puideron organizar a resistencia contra o franquismo desde esta cidade. Respírase esa presenza desde cada recuncho de Toulouse. "A película naceu do meu empeño en reivindicar que quería ser cineasta" Que pretendías transmitir con No cow on the ice? A película naceu do meu empeño en reivindicar que quería ser cineasta. Eu acabara de estudar a carreira e atopeime cun panorama co que se atopa a meirande parte dos mozos e das mozas: a falta de perspectivas laborais. E tratei de buscar esas perspectivas laborais en Suecia. Alí desenvolvín unha serie de profesións que non tiñan relación directa coa miña formación, pero, ao mesmo tempo, dicíame a min mesmo "se quero ser cineasta, teño que facer cine". Desta maneira, comecei a gravar todo o que podía ao meu redor. Filmaba esta nova experiencia laboral e vital co fin de que talvez algún día puidese ser un filme. Non sabía, en realidade, se acabaría sendo un filme ou unha experiencia. A estrea do documentario na Galiza foi no Play Doc, festival que tamén gañou. Que se agocha tras o éxito deste filme? Foi marabilloso que na estrea xa resultara premiado. E que tiver a sorte de que o filme fose distribuído no Numax, onde estivo dúas semana en carteleira. Á pregunta que me fas... sempre é máis doado preguntarlle ao espectador. Eu creo que o filme é tan pequeniño, tan fráxil e tan íntimo que talvez cree empatía co espectador. Narra unha historia universal, a dun emigrante que se ten que adecuar a un entorno novo. Penso que calquera persoa que viviu no estranxeiro ten que atravesar unha serie de procesos de adaptación, inmersión e renuncia que, dalgún xeito, están aí e iso pode favorecer que moita xente se sinta recoñecida. "Moitos galegos e galegas teñen familiares no estranxeiro, ou eles mesmos estiveron no estranxeiro, ou os seus fillos estarán... Isto crea moita empatía co espectador" Máxime na Galiza, onde lamentabelmente sabemos do drama da emigración na xente moza... Sen dúbida. A historia de Galiza non se pode comprender sen a dos seus emigrantes. Primeiro tratouse sobre todo a nivel da literatura. De feito, o meu filme recolle algunha imaxe da Historia de emigrantes, de Xosé Neira Vilas. O meus avós emigraron a Holanda. E é algo case cíclico na historia do noso país, mozos que teñen que buscar a vida no estranxeiro. Moitos galegos e galegas teñen familiares no estranxeiro, ou eles mesmos estiveron no estranxeiro, ou os seus fillos estarán... Isto crea moita empatía co espectador. O cinema galego volveu de Toulouse co seu recoñecemento e co de Marta Lado, actriz de Sicixia, como mellor actriz protagonista. Cal é o seu estado de saúde? Había tres filmes galegos en competición: Os días afogados, Sicixia e No cow on the ice. É un momento envexábel, porque desde o 2011, e ano tras ano, hai producións galegas en festivais internacionais de moito prestixio. Falamos de proxectos que se fan con moi poucos recursos e que teñen uns resultados impresionantes. Ano tras ano, na programación de grandes festivais hai sempre cinema galego. |
NOS_31308 | O Borbón comunicou que será o candidato socialista quen teña a encomenda de formar goberno, segundo trasladou o presidente do Congreso, Patxi López. Sánchez di aceptar o "deber" e que iniciará contactos "a partir de mañá" coas demais forzas políticas. Ora ben, rexeitou o apoio das forzas independentistas na súa investidura o que lle obriga a contar cos votos de Podemos e Ciudadanos conxuntamente. | O xefe do Estado español informou oficialmente ao presidente do Congreso, Patxi López, que é Pedro Sánchez (PSOE) a quen propón como candidato á investidura. Desta maneira, Felipe VI dá a pistolada de saída ao proceso marcado pola Constitución de 1978 e no que se estipula o procedemento para desenvolver esta escolla. Aliás, isto supón unha conta atrás e un prazo determinado para chegar a acordos. Segundo trasladou Patxi López, o líder socialista trasladoulle a necesidade de dispor dun "tempo prudencial" para iniciar as negociacións coas demais forzas políticas. Un período que podería abranguer un mes e que o presidente da Cámara baixa está disposto a agardar antes de convocar o pleno de investidura. En comparecencia de imprensa Pedro Sánchez dixo aceptar o "deber" que lle encomendou o monarca con "responsabilidade" e avanzou que iniciará os contactos coas demais forzas políticas, "de esquerdas e de dereitas", na cuarta feira. Sánchez asegura que precisará por volta "dun mes" para chegar a un hipotético acordo de goberno Embora Podemos e Ciudadanos que exclúen mutuamente dun eventual acordo de goberno se o outro está, Pedro Sánchez precisa do apoio de ambas as dúas forzas políticas se quere gobernar. E é que o líder socialista e xa candidato á presidencia do goberno, asegurou que "non" quere o "apoio" dos partidos independentistas (PNV, ERC, DiLl). Este feito complica desde unha perspectiva aritmética as posibilidades de Sánchez quen, no entanto, dixo estar en disposición de falar con todo o mundo. Ora ben, pediu "abandonar os vetos" ás demais forzas e porse a negociar sobre "os problemas" da poboación española "após 4 anos de goberno do Partido Popular". Os eixos arredor dos que levará a cabo as negociacións serán "a falta de oportunidades" no plano económico e laboral; a "desigualdade", a "crise de convivencia de Catalunya" e a "corrupción". O líder socialista rexeitou un eventual apoio de forzas independentistas e mantén a procura dos votos na "esquerda e dereita" españolas O líder socialista desbotou un goberno en solitario asegurando que "non son Rajoy" mais, dixo, "primeiro hai que falar de políticas para ver despois como se materializan os acordos". Desta maneira o secretario xeral do PSOE rexeitou a proposta lanzada por Pablo Iglesias hai 10 días na que lle propuña un goberno de coligazón no que Podemos tivese a vice-presidencia e mesmo 6 ministerios. "Será no para que como responda á pregunta de con quen", subliñou Pedro Sánchez. Rajoy Perto dunha hora antes da comparecencia de Pedro Sánchez quen saía á palestra era Mariano Rajoy. O líder do Partido Popular continúa a non desbotar a súa candidatura á investidura mais di que non o fará en primeira volta por mor da falta de apoios. Esta decisión valeulle as críticas de PSOE e Ciudadanos que o acusaron de "escapismo" e de "ter tirado a toalla". Entre tanto, Rajoy insiste en gobernar co apoio de PSOE e Cs cun executivo encabezado por el propio. Pablo Iglesias e Rivera Pola súa banda, o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, compareceu publicamente poucos minutos após Rajoy para criticar con dureza ao líder do PSOE a quen acusou de ter unha actitude "hipócrita" por non ter "feito nada" durante 10 días desde que lle foi lanzada a proposta de goberno. Porén, Iglesias di que malia a todo continúan coa "man tendida", iso si, se quere formar goberno con Podemos, aclarou, Pedro Sánchez ten que desbotar a idea de que neste estexa Ciudadanos. Algo que tamén sinalou Albert Rivera. |
NOS_5518 | O Sindicato Unificado de Policía insta a Delegación do Goberno e o concello de Santiago a que tomen as medidas precisas para impedir a celebración do concerto programado o 24 de xullo dentro do Festigal 2018. | En declaracións a El Correo Gallego, un portavoz do SUP -o sindicato maioritario na policía española, manifesta: "A Delegación do Goberno e o Concello de Santiago xa deberían ter dado os pasos para prohibir o concerto dun señor que está pendente de entrar en prisión após ter sido condenado polo Tribunal Supremo por enaltecimento do terrorismo, inxurias ao rei e calumnias e ameazas". O SUP tamén critica as entidades organizadoras do Festigal -Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre- por contar con Valtònyc no seu cartaz 2018: "Parécenos unha decisión errónea por parte da organización do festival, que está vinculada ao BNG, un partido político democrático e que sempre respeitou as decisións xudiciais". Valtònyc, con quen falou Sermos Galiza, só estará no Festigal 2018 se os prazos para a súa entrada en prisión así o permitiren. |
PRAZA_11321 | Sanidade gábase dos 1.300 millóns, aínda un 10% menos que en 2009, que supón un 32% do presuposto sanitario segundo a Consellería, unha porcentaxe que a a Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública reduce ao 13% | O pasado martes, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu na Comisión de Economía do Parlamento para explicar os orzamentos do seu departamento de cara ao 2020. En pleno conflito sanitario, con protestas desde hai meses de diferentes colectivos, e coa negociación aberta cos profesionais, centrou o seu discurso no dedicado á Atención Primaria, área onde se acumulan mobilizacións continuas, denuncias de falta de medios e sobrecarga, dimisións de xefes de servizo e unha demanda común de maior achega económica. Almuiña gabouse do aumento no orzamento sanitario e dos 1.300 millóns para a Atención Primaria, aínda 142 menos que nas últimas contas do bipartitoVázquez Almuiña advertiu de que a Xunta destinará á sanidade máis de 4.100 millóns de euros (4.106,9) para o vindeiro ano, "a máis alta na historia da Consellería", e que desa cantidade, o 32%, uns 1.300 millóns, serán para a Atención Primaria. Son, concretamente, 1.294,75 millóns de euros, un aumento do 3,7% con respecto ao dedicado no orzamento de 2019, pero aínda un 10% máis baixo que o dos niveis previos á crise, en 2009, último presuposto do goberno bipartito. Xa que logo, máis dunha década despois, e coa inmensa maioría de profesionais reclamando melloras, o orzamento dedicado á Atención Primaria é aínda máis baixo que daquela, 142 millóns de euros menos. Redondeando, 1.295 millóns fronte aos 1.437 de 2009 malia os cinco últimos anos á alza. O crecemento do gasto en Atención Primaria en 2020 respecto ao deste ano é duns 46 millóns, un incremento que non compensa o perdido na última década por mor dos recortes. En 2015, por exemplo, a diferenza cos cartos dedicados en 2009 era de case un 21% e case 300 millóns menos. "De manter esta tendencia, tardariamos máis de quince anos en alcanzar o 25% do gasto sanitario total", asegura a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), que considera que a diferenza de 142 millóns menos nesta partida con respecto a 2009 "xa o di todo". O Sergas di que dedica o 32% do orzamento sanitario á Primaria; a AGDSP redúceo ao 13% ao incluírse nesas contas o gasto farmacéutico extrahospitalarioPola contra, a Consellería presume de dedicar máis do 30% do orzamento á Atención Primaria, o que suporía cumprir con creces a demanda histórica de superar o 25% que chega de diferentes colectivos, dos profesionais que participan no Consello Técnico creado polo Sergas ou da Asemblea Galega de Áreas Sanitarias (AAS), formada por médicos de centros de saúde. Desde a AGDSP reducen esa porcentaxe a "unicamente o 13,2%" e "contrariamente ao 32,2% que afirma o conselleiro". Os motivos? Segundo advirten, a Consellería inclúe no cómputo global do dedicado á Atención Primaria o gasto farmacéutico extrahospitalario, "imputándolle á Primaria un diñeiro do que non se lucra", como explica Manuel Martín, voceiro da asociación. "Son os trucos de sempre", engaden outros profesionais da entidade, que advirten de que a suba da que presume Almuiña "dignifica moi pouco a situación de partida". "As mentiras da Consellería de Sanidade e do señor Feijóo son evidentes, ata cos seus propios datos", engade a asociación de profesionais sanitarios, que cre que a achega económica á Atención Primaira "mostra o escaso valor que esta Administración outorga ao nivel máis importante para o sistema sanitario, que resolve máis do 80% dos problemas de saúde e que é o responsable da promoción e a prevención da saúde". Ademais, tal e como lembra Manuel Martín, as diferenzas no gasto de persoal "son aínda máis importantes e discriminatorias con respecto a Atención Primaria". "O gasto sanitario hospitalario representa o 66,4% do gasto total e acapara o 71,6% no capítulo de persoal, fronte ao 28,4% do de Atención Primaria", di sobre un "desequilibrio" que, considera, "explica a deterioración dos centros de saúde e o malestar de gran parte dos seus traballadores". Ante esta situación, a AGDSP cre que a "aposta por unha negociación para o cambio e mellora da Atención Primaria de boa parte das organizacións dos equipos de Atención Primaria e dos sindicatos de clase deberá ser correspondida por un cambio radical na actitude da administración sanitaria, que non se reflicte para nada na proposta recollida nestes Orzamentos". "A Atencion Primaria precisa profundos cambios organizativos e funcionais, un importante incremento de recursos", di a AGDSPA entidade cre "necesario" que o Sergas "se comprometa en facer un grande esforzo" para, a través da negociación no Consello Técnico, traballar na ampliación do número de profesionais de persoal médico, de enfermaría, administrativo e sobre todo de novos profesionais (psicoloxía, fisioterapia, traballo social, logopedia ou farmacia clínica. "A Atencion Primaria precisa profundos cambios organizativos e funcionais, un importante incremento de recursos humanos, materiais e orzamentarios, para facer fronte á masificación, aos atrasos na atención, á deterioración da calidade, así como resolver as demandas da poboación con criterios de racionalidade evitando máis medicalización e iatroxenia"."De non ser así", advirte a AGDSP, "a resposta profesional, sindical e cidadá pode alcanzar cotas non vistas ata o de agora". "A man segue tendida, pero ten que haber unha pronta resposta", rematan. |
NOS_18646 | O voceiro nacional do Bloque e o secretario xeral do PSdG-PSOE mantiveron a primeira reunión desde as primarias da formación socialista. Ambos os dous coincidiron en que os seus proxectos políticos "diferentes no nacional e no social" non impedirá "chegar a acordos". | Dous proxectos políticos "diferentes no nacional e no social" non impedirán "chegar a acordos" para atallar o desemprego ou os efeitos dos recortes emprendidos polo Goberno galego. Así o consideraron o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, e o secretario xeral do PSdG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, no primeiro encontro que ambos os dous dirixentes mantiveron desde as primarias realizadas pola formación socialista, cando Pachi Vázquez deixou a secretaría xeral. Nunha xuntanza que cualificaron de "moi cordial", achegaron posturas a respeito do "deterioro crecente" do modelo de benestar e da "perda de peso" que as políticas "recentralizadoras" emprendidas desde Madrid e apoiadas desde a Xunta están a supoñer para a Galiza. "É evidente que temos un proxecto político moi diferente, mais somos forzas que tratamos de nos entender para defendermos aquelas cuestións en que podemos estar de acordo en beneficio das clases populares", subliñou Xavier Vence perante a imprensa. Pola súa banda, Gómez Besteiro manifestoulle a súa "preocupación" polas cifras do desemprego --case 300.000 persoas--, cuestión que o socialista cualificou como "un problema de país". Besteiro recalcou que o PSdG-PSOE "non partilla" o "discurso soberanista" do Bloque, mais acrecentou que "isto non é ningunha novidade". A única soberanía que as dúas formacións van defender é "a das familias, que se está a ver seriamente comprometida", dixo o secretario xeral d@s socialistas galeg@s. A respeito de futuros modelos de goberno en coligación, o voceiro nacional do Bloque deixou claro que "estaba fóra do horizonte" desta primeira toma de contacto entre ambos os dous dirixentes "facer valoracións de escenarios de futuro a anos vista". |
NOS_22375 | O alcalde compostelán considera que "facilita" as negociacións en Compostela para aprobar as contas. Recoñece que o que sucedese na cidade do Lérez "podería condicionar" a situación na capital de Galiza. | Martiño Noriega considera "moi positivo" o feito de que se aprobasen finalmente os orzamentos en Pontevedra, o que se produciu grazas á abstención de Marea Pontevedra, que cambiou o non inicial ás contas presentadas polo executivo do BNG após aceptar este 5 propostas da marea. "A ninguén se lle escapa que a situación en Pontevedra podería condicionar a de Compostela e outros concellos", manifestou esta segunda feira. O acordo "era o que moitos agardabamos na cidade e no conxunto do país". "O feito de que haxa un acordo en Pontevedra BNG e Marea creo que é positivo para o conxunto da esquerda do país e para os concellos que queren poñer en marcha proxectos alternativos", afirmou o rexedor. Noriega confía que en xaneiro os orzamentos de Compostela para 2017 poidan saír adiante. Esta segunda feira mantén unha xuntanza co BNG. Desde o BNG de Santiago sempre se desbotou a posibilidade dun escenario á pontevedresa –coa oposición unida (PP, PSOE, Marea e Ciudadanos) no 'non' fronte aos orzamentos do goberno-. O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela anunciara xa naquela altura que"o BNG non se vai contaxiar da Marea que pactou emendas co PP" |
NOS_50035 | O Concello de Ourense ten convocado para esta quinta feira un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: "solicitar a reprobación da xestión e actitude de Agustín Fernández Gallego como alcalde de Ourense e a súa demisión como membro desta corporación municipal". O BNG decidirá se a reprobación vai adiante, pois o PSdG votará en contra e PP e Democracia Ourensana farano a favor. | O BNG local terá que decidir esta cuarta feira se apoia a Fernández ou vota co PP, que ten xa o apoio d@s súas 11 edís e d@s 2 de Democracia Ourensana. O PSdG votará contra a reprobación. O rexedor xa pediu desculpas en dúas ocasións polos abonos con cargo á asignación do grupo socialista, deixando claro que as críticas do PP se refiren a unha cantidade de menos de 100 euros. Na mesma liña pronunciouse o voceiro do BNG, Xosé Somoza, que convidou o grupo socialista a deixar de lado a crise interna "e enfocar os asuntos importantes para a cidade". O BNG tilda de "fariseo" o PP por queixarse pola compra de alcol para festas do PSdeG por menos de 100 euros cando pola súa parte gastou 10.690 en "paparotas" Non só iso. Somoza tildou de "fariseo" queixarse pola compra de alcol para dúas festas do PSdG cando o PP empregou 10.690 euros en "gastos de representación", é dicir, paparotas entre el@s propi@s ou ágapes coa veciñanza na procura dun apoio político. Pola súa banda, Democracia Ourensana emprega a súa asignación, por volta de 17.000 euros, en pagos a Auria TV, a canle de televisión privada do seu líder, Gonzalo Pérez Jácome. Así as cousas, após pedir desculpas polo gasto realizado, Agustín Fernández solicitou do PP unha oposición "construtiva" e criticou "a ambición" polo bastón de mando do líder d@s conservador@s, Rosendo Fernández, quen mostrou xa a súa disposición a negociar pactos con outros grupos políticos para colocarse á fronte da alcaldía. Nun comunicado de imprensa feito público este sábado, o rexedor socialista sinalou que "non é xusta toda a polémica por un erro puntual e non é razón suficiente para restar credibilidade ao goberno nin a este alcalde, nin moito menos para considerar a demisión de ninguén". |
NOS_5636 | Até hai un par de anos a traxectoria de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988) estaba cinguida á poesía, sen que por iso esta deixase de manter camiños abertos a outros ámbitos. Dan boa mostra diso as referencias musicais dos seus primeiros libros (En clave de sol, 2009 e Átonos, 2012), a perspectiva escénica dunha poesía con lazos dramáticos (Vinte en escena, 2012) ou a proposta performativa que aparece en obras como Contra-acción (2016), obras individuais que se completan con proxectos colectivos, fusións artísticas e colaboracións nas que a presenza e o corpo acaban por tomar un protagonismo pouco habitual. Algo que tamén aparece no ensaio Aulas sen paredes de 2016 e que, dalgunha forma, acaba por filtrarse en Bonus track, o seu primeiro proxecto narrativo, editado por Galaxia. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 293. | Ves dunha traxectoria na que te dedicaches sobre todo á poesía, ás veces con algunha relación coas artes escénicas. Que significa para ti dar este salto á narrativa que fas con Bonus Track? Foi algo bastante natural, poderíamos dicir que foi case como "estender o poema". Non o concibo tampouco como un libro de relatos no sentido convencional ou canónico. É algo que ten un formato de relato pero que para min nace en relación co poético e tamén, en certo sentido, coa performance e con outras artes. Refírome á "extensión do poema" porque penso que este libro parte do diálogo con outras disciplinas. Non se trata de adoptar as regras clásicas da narrativa, senón de coller algunhas delas e tomar outras doutros eidos. Son contos que non encaixarían nunca nos famosos decálogos sobre como construír un relato. Non porque me sitúe nunha confrontación subversiva a respecto deles, senón máis ben porque me relacionei con esas regras desde unha perspectiva lúdica, como nunha especie de xogo. Na obra aparecen Narf, Berrogüetto, Mercedes Peón... Tamén unha certa teoría sobre a música galega, cal é a túa perspectiva sobre isto? Se tivese que definir a miña identidade falaría da lingua, do vínculo afectivo e tamén do musical. E aí hai un abano case infinito, desde a muller que sacha ou fai o liño mentres canta unha canción, no ámbito máis puramente popular, até a vangarda que representa Mercedes Peón, pasando polo pop e todos os estilos que hai no medio. Se tivese que definir os meus principios ético-estéticos podería ilustralos referíndome a Berrogüetto ou a Mercedes Peón e o que representan: temos unha raíz impresionante da que temos que nutrirnos, pero hai vangardas e camiños de experimentación que nos poden abrir xanelas que nos fagan avanzar. Admiro moito esta filosofía, algo que está xa no Máis Alá de Manuel Antonio. Mostrar como se pode pasar do folc ao jazz, ou bater un sacho cunha pedra, samplealo e levalo a Woodstock representan en gran medida a miña idea de país. Pensas que existe unha relación fluída do mundo literario coa música galega? Penso que podería ser máis, aínda que hai casos nos que esa relación funcionou moi ben. Narf foi un exemplo perfecto, tamén A Banda da Loba e algúns grupos e músicos máis. Porén a relación máis prototípica ou á que estamos máis acostumados é que desde a música alguén tome e adapte un poema para facer a canción. Isto é algo que está ben, pero boto a faltar que exista unha colaboración na que os dous ámbitos estean ao mesmo nivel. Hai exemplos disto, claro, penso en Rosalía XXI, en Anxo Angueira con Guadi Galego e Abe Rábade, que denotan que no noso país hai unha maior aposta nisto que noutros ámbitos próximos. Porén, se cadra temos unha perspectiva excesivamente epistemolóxica. Por que non podería eu, desde a literatura, escribir como un músico toca unha peza? Pode que aí haxa algo por explorar. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 293, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_8825 | Os mozos e mozas socialistas conmemoran o día de Europa, este 9 de maio, coa campaña "Non a unha Europa de dereitas. Por unha Europa de dereitos". | As Xuventudes Socialistas de Galicia conmemoran o día de Europa, este 9 de maio, coa campaña Non a unha Europa de dereitas. Por unha Europa de dereitos. Os mozos e mozas denuncian as políticas levadas a cabo na UE "pola dereita conservadora liderada por Angela Merkel e respaldada en España por Mariano Rajoy e o Partido Popular". O seu secretario xeral, Aitor Bouza, advirte de que "a política neoliberal da dereita xera na cidadanía europea desconfianza e desafección polas institucións comunitarias". "Non podemos permitir que Merkel e os seus secuaces acaben co sentimento europeo a base de retallos inxustos que asfixian importantes políticas sociais baixo un trasfondo ideolóxico agochado como suposta austeridade". En relación a estas reducións orzamentarias, o líder das XSG esixiu á "maioría conservadora que dirixe as políticas da Unión Europea" que "cese de afogar aos estados membros marcando obxectivos de déficit sen ter en conta o sentir e as necesidades da cidadanía". "O contexto de crise económica actual non pode servir de escusa para atacar os dereitos adquiridos nos últimos anos", engadiu. Bouza reclamou "un Pacto Europeo polo emprego que aumente as partidas orzamentarias centrándose en países como o noso que conta cunha elevada taxa de desemprego xuvenil". Bouza amosou o desexo da mocidade de "acadar unha Europa unida que destaque pola axuda mutua dos estados membros en prol dos intereses da cidadanía. Temos que constituír un referente dentro da Unión para estender este sentimento atacado polo escepticismo xustificado pola dereita". |
NOS_7975 | Concello e BNG presentarán alegacións a un proxecto que, consideran os nacionalistas, se deseñou ''sen poñer un pé na zona'' | Gas Natural presentou un proxecto para instalar un tanque re-gasificador en Carnota, nunha zona ubicada a 60 metros da escola pública da localidade, segundo vén de denunciar o BNG, que fala de que este plan da empresa tería un "aparente" apoio da Xunta. A formación nacionalista xa indicou que, ao igual que vai facer o Concello, vai presentar alegacións a este proxecto do cal, di, nin concello "nin grupos tiñan a menor constancia". "Chama a atención que o proxecto omite a presenza nas inmediacións dun colexio infantil, o que fai sospeitar que foi redactado desde o despacho e sen poñer nin un só pe a zona para comprobar o que había ou non nas inmediacións", indican @s nacionalistas.. Asemblea veciñal Esta quinta feira, 16 de abril ás 17:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Concello unha asemblea veciñal para informar os veciños de Santa Comba de Carnota o proxecto, a posición do goberno "e tamén escoitar as lóxicas demandas da veciñanza, e ofrecerlles a posibilidade de unirse ás alegacións que o Concello xa está preparando contra a ubicación dunha infraestructura destas características nun lugar tan absolutamente temerario coma pode ser o entorno dun colexio, o centro médico e boa parte dos servizos públicos con que conta o noso municipio". |
NOS_43312 | A nova formación sería, segundo afirman, 'a máis grande dos Països Catalans'. A csúa constitución foi o 4 de xullo e a presentación será en Berga na festa Rebrot. | Despois de catro anos de negociacións entre Maulets, a xuventude independentista revolucionaria, a CAJEI, Coordinadora d'Assemblees de Joves de l'Esquerra Independentista e varios colectivos, como as Assemblees de Joves de Terrassa, Sant Sadurní o Horta, ou o colectivo de mocidade de Sa Pobla (Mallorca) Pinyol Vermell, o 4 de xullo constituíuse 'Arran'. Na asemblea constituínte participaron 36 comarcas e máis de 600 militantes, reivindican Arran com "a ferramenta que responderá de forma radical a todas as agresións que padecemos como mozas catalanas e traballadoras que vivimos nun sistema patriarcal". Segundo informan no seu blogue o seu discurso é claro. Aseguran que son "independentistas e queremos construir o socialismo de base nos Països Catalans, desde unha perspectiva feminista" A súa reivindicación é que "formamos parte da Esquerda Independentista e reivindicamonos como a súa organitzación xuvenil". Arran son independentistas e co socialismo de base nos Països Catalans, desde unha perspectiva feminista Arran"O nome de Arran", explican, "remite á terra e aos segadores que a defenden, porque fala des raigames, da cultura, mais tamén da afección ao noso barrio, vila ou cidade".Arran presentarase públicamente na festa do Rebrot, que se celebrará os dias 12, 13,14 e 15 de xullo en Berga. O acto político que contará coa presenza de todas as organizacións da Esquerda Independentista, será o 14 de xullo. |
NOS_57903 | Porén, segundo os datos facilitados hoxe por fontes da Xunta da Galiza, o colexio cunha peor evolución é o CEIP Fogar de Carballo, onde xa hai 39 casos activos. | Ao igual que as residencias de maiores, os centros de ensino da comunidade son un dos puntos nos que están postas as miradas das e dos especialistas para seguir a evolución da pandemia. Día tras día a Xunta envía un parte de afeccións e os número seguen sendo elevados. Cun global de 1.235 casos activos, a área peor parada en canto a persoas infectadas neste ámbito é a viguesa. Na demarcación educativa de Vigo hai, na actualidade, 342 persoas enfermas (sen contar á xente en corentena por contactos coas doentes) entre alumnado, cadro docente e o resto de persoal destas infraestruturas. A situación implicou o feche de 53 aulas, se ben polo de agora non hai ningún colexio nin gardaría fechado. O peor gromo é o detectado no CPR Plurilingüe El Castro, con 13 positivos. No entanto, a día de hoxe, este non é o maior surto detectado no ensino. Ese atópase no Centro de Educación Infantil e Primaria Fogar, situado no municipio de Carballo, onde se informa dun total de 39 individuos afectados polo coronavirus. De feito, a segunda área educativa con peores estatísticas é a da Coruña. Fican fechados 19 espazos porque a doenza afecta a 270 crianzas, profesoras e o resto de persoal. As outras cinco áreas están en mellor situación e non hai ningún fechamento, pero as cifras seguen a ser elevadas. A terceira zona máis prexudicada é Lugo con 186 enfermas e enfermos, malia que só supuxo a clausura temporal de sete clases. En Compostela, 112 casos implicaron deixar de usar 9 instalacións. En Pontevedra, con 154 casos activos, hai catro aulas en desuso, mentres que en Ourense (95 positivos) e Ferrol (76) foi preciso fechar dúas aulas, respectivamente. |
PRAZA_12749 | Un goberno falto de valor toma decisións con opacidade e disimulo, sen informar escrupulosamente nin entrar a fondo nas cuestións. O Partido Popular (PP) vén de facer isto mesmo coa redución das pensións que supón, de facto, o repago de fármacos por parte dos pensionistas: pois o ingreso por fármacos neutraliza a subida anual, reduce o poder adquisitivo, e sanciona con especial dureza a aqueles dos nosos maiores que peor saúde teñen –e que nunha especie de círculo vicioso son habitualmente quen peor calidade de vida tiveron durante a súa vida laboral. | Un goberno falto de valor toma decisións con opacidade e disimulo, sen informar escrupulosamente nin entrar a fondo nas cuestións. O Partido Popular (PP) vén de facer isto mesmo coa redución das pensións que supón, de facto, o repago de fármacos por parte dos pensionistas: pois o ingreso por fármacos neutraliza a subida anual, reduce o poder adquisitivo, e sanciona con especial dureza a aqueles dos nosos maiores que peor saúde teñen –e que nunha especie de círculo vicioso son habitualmente quen peor calidade de vida tiveron durante a súa vida laboral. O noso cálculo comparativo do antes e o despois do repago farmacéutico para os nosos pensionistas ten como base a pensión media en Galicia, a máis baixa de todas as comunidades autónomas españolas: 692,71 euros ao mes, segundo datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Para a comparación imos usar dous datos relevantes: a subida das pensións do 1% que aprobou o goberno de Mariano Rajoy en decembro 2011 (antes da medida), e o tope máximo de pago para os pensionistas coa renda máis baixa de 8 euros ao mes (despois da medida). Así, vemos que, da pensión media galega actual, 6,92 euros/mes corresponden á subida de 2011, mentres que a medida de repago lles quitará de media aos pensionistas unha cantidade superior a esta cifra Así, vemos que, da pensión media galega actual, 6,92 euros/mes corresponden á subida de 2011, mentres que a medida de repago lles quitará de media aos pensionistas unha cantidade superior a esta cifra. Fagamos unha conta rápida: 6,92 (de subida) menos 8 (de pago farmacéutico) dános -1,08. Ou sexa, a medida de repago lles quita aos pensionistas toda a subida de 2011 máis 1,08 euros cada mes. Se, ademais, temos en conta a inflación -pois a suba do 1% de 2011 non compensaba tampouco o total da suba do custo da vida- vemos que o pensionista medio galego perdeu, nos cinco meses que van dende decembro de 2011 a abril de 2012, un 2% da súa renda mensual dispoñible. O Pacto de Toledo cae en saco roto, por tanto. Non se garante o poder adquisitivo das pensións. Debilítase o principio de solidariedade. Empeórase a equidade do sistema O Pacto de Toledo cae en saco roto, por tanto. Non se garante o poder adquisitivo das pensións. Debilítase o principio de solidariedade. Empeórase a equidade do sistema. Unha medida aparentemente enfocada sómente á atención sanitaria, acada afectando directamente a outro eixe do benestar social: o sistema de pensións. Velaí a difícil arte gobernativa de facer que as cousas parezan unha cousa que, en realidade, é outra ben diferente. Os gobernos covardes actúan a traizón. Velaquí outro acto máis. A ideoloxía do recortar impide pensar en mellorar A ideoloxía do recorte leva a buscar una liña de puntos pola que pasar a tesoira a case calquera parte. O goberno do PP permanece parapetado na redución do gasto sen pensar noutras actitudes e noutras saídas, mellores e máis viables a medio e longo prazo. Quizais porque o rédito político a curto resulta menor, ao mellor porque locen menos e non resultan tan vistosas, quizais porque no inmediato esixe un investimento que a súa ideoloxía non lles permite nin considerar. Estoume a referir ás melloras de xestión. O goberno do PP permanece parapetado na redución do gasto sen pensar noutras actitudes e noutras saídas, mellores e máis viables a medio e longo prazo. Quizais porque o rédito político a curto resulta menor A medida do repago oriéntase aparentemente á redución do consumo farmacéutico, e de feito sabemos que toneladas de fármacos caducan ou se destrúen por falta de uso cada ano. Pero, é o pagar máis a única saída? Curioso resulta, por exemplo, que para males de duración media moi limitada –unha dor de cabeza, todos os formatos de medicamento dispoñibles exceden en moito a duración do tratamento –apenas unhas horas. Entón temos que preguntarnos, ata que punto non pagamos en exceso por medicamentos que dificilmente usaremos completos dentro da súa data de caducidade? Non podería a industria farmacéutica adaptar os formatos á duración media dos males que tratan? Sobrarían tantas menciñas se fixésemos así? Aforraríamos algo? Se estimásemos as cifras das respostas, posiblemente nos sorprenderíamos. Quen di mellorar a xestión a través dunha maior racionalización da industria farmacéutica, tamén di aumentar os ingresos controlando (ou, directamente, suprimindo) os plus salariais do persoal médico Quen di mellorar a xestión a través dunha maior racionalización da industria farmacéutica, tamén di aumentar os ingresos controlando (ou, directamente, suprimindo) os plus salariais do persoal médico, acabar co dobre emprego público-privado do persoal sanitario, modernizar a táboa de prezos públicos dos servizos sanitarios e alugar o seu uso a clínicas ou centros privados, mellorar a xestión dos pacientes mutualistas e doutros réximes distintos ao da Seguridade Social… ¿son o pagar máis ou o recortar as únicas saídas? Claramente, a resposta é non. A mellora resulta unha saída máis sólida, e que resta ineficiencias e mellora a calidade da atención aos pacientes. Todo é querer e poñerse. Claro está. Demasiado caro para ingresar tan pouco Outro aspecto a ter en conta está na desigual distribución do consumo farmacéutico. Quen consume máis fármacos? Quen máis fármacos necesita. Quen precisa de máis fármacos? Quen ten a súa saúde nunha peor situación. Quen se atopa nunha peor condición de saúde? Aquí temos dous factores que inflúen máis ca outros: a peor calidade durante a vida laboral e a maior idade. O primeiro factor é o que explica que a maior parte dos afectados polo repago farmacéutico sexan pensionistas cunha renda inferior aos 18.000 euros anuais –afectados entón polo tope de 8 euros, pois polo xeral a peor calidade de vida laboral corresponde tamén aos salarios e rendas máis baixas. O segundo factor incorpora tamén ás rendas máis altas, pero só na medida en que fan uso do sistema público. A falta de audacia e compromiso ético deste goberno resulta alarmante O resultado de todo isto é un sistema de xestión complicada, cuxo custo non creo compense o que vai ser capaz de ingresar e, sobre todo, as complexas consecuencias sociais que xerará a súa posta en marcha. Pois, aínda que existe un pretendido efecto renda na exclusión de pensións máis baixas e non contributivas, o cupo de sostemento do sistema será aquel das rendas entre o mínimo de subsistencia e os 18.000 euros. Nada alentador se, ademais, reducen o seu poder adquisitivo e afectan directamente ao seu benestar. Deste xeito, este goberno toma unha mala decisión con consecuencias nefastas, mentres seguen pendentes as reformas farmacéuticas e de xestión que garantan a compatibilidade entre a mellora da calidade da atención e o aumento dos recurso financeiros. A falta de audacia e compromiso ético deste goberno resulta alarmante. |
NOS_53375 | A poeta Lúa Mosquetera vén de gañar a III tempada do Poetry Slam Compostela. Na final, que decorreu no escenario do Teatro Principal da capital da Galiza, conseguiu quedar por diante dos outros catro contrincantes, aínda que para ela o Slam está más relacionado coa amizade que coa competitividade. A poesía de Lúa Mosquetera está vencellada profundamente co feminismo e a sororidade, e cre que un cambio efectivo na sociedade para que se apoie o movemento pasa por educar en feminismo de maneira amábel e profunda. | -Agora que xa pasaron uns días, que recorda da final do Slam ? A verdade é que non pensaba que fose gañar. O resultado foi bastante rifado. Desde a quinta posición até a miña só había unha diferenza de cinco puntos. Nun primeiro momento a primeira e a segunda posición quedaron empatadas, e no desempate acabei gañando unicamente por dous puntos. Síntome moi afortunada, porque o nivel desta final era realmente alto. Os cinco finalistas que participamos viñamos de gañar as nosas respectivas eliminatorias, nas que participaban dez poetas, polo que ao final éramos cinco de cincuenta. O que pasa é que coa pandemia, gañei a miña eliminatoria hai dous anos, cando normalmente todas as eliminatorias e a final teñen lugar ao longo do curso. A verdade é que foi moi divertido e moi emocionante. -Cando comezou a interesarse polo mundo da poesía? Sempre me interesou moito a literatura da Galiza, porque eu son filóloga galega. Teño que recoñecer que a poesía como xénero non me interesara nunca. Sempre me gustou máis a narrativa, pero a poesía, quizais polas reticencias que en xeral ten a sociedade por considerala un xénero aburrido, non me chamaba a atención. De feito, comecei a escribir poemas hai só catro anos. Intentei enfocala desde unha perspectiva máis urbana, social e combativa. Cando descubrín os eventos do estilo do Slam, vin que ese era o meu lugar dentro do mundo da poesía. -Cales son os temas que se poden atopar nas súas composicións? Os meus poemas son de temática feminista fundamentalmente. De feito, é unha etiqueta que a xente me pon bastante, e aínda que me encanta, acaba encorsetándome un pouco, porque falo de moitos outros temas. Nos que son feministas, falo da desigualdade e das inxustizas en xeral. Penso que son unha sorte de ataque contra a sociedade heteropatriarcal en xeral. -Adoita competir en certames e eventos como o Poetry Slam Compostela? Non, levo moi mal competir! Non me gusta demasiado. Sinto que cando compites pos a túa obra a disposición do xuízo dos demais, e iso xérame máis inseguridade que comodidade. No caso do Slam, é unha competición moi amigábel. Nel non existe ese sentimento de ser o mellor ou de quedar por diante dos demais. Queda tan contento o que perde como o que gaña. O Poetry Slam reivindica todo o relacionado coa poesía, e a competitividade queda fóra de todo iso, por moi utópico que poida soar. O que si fago é participar en moitos recitais, porque é do que vivo, pero non dentro dos circuítos de competición. -Por onde pensa que pasa o seu futuro como poeta nos próximos meses? Agora mesmo, o próximo é seguir participando en recitais e, ademais, vou ir en novembro a representar á Galiza na competición estatal do Poetry Slam, que vai decorrer na cidade de Zaragoza. A nivel de publicar, no que estou traballando agora mesmo é nunha novela. -Apóiase o suficiente as artistas galegas e as que na súa obra tratan o feminismo? Un rotundo non. Nin apoio nin visibilidade. Supoño que as institucións e organismos oficiais non o fan para non collerse os dedos, porque aínda que son temas necesarios, sempre xeran polémica. As únicas institucións que apostan por estas artistas son as que están vencelladas propiamente coa lingua ou co feminismo. Eu son autónoma, e autoedito todas as miñas obras porque precisamente é difícil que acepten certos temas. Que cambie pasa por educar en poesía e en feminismo dunha maneira amábel, para que sexa atractivo, para que haxa unha verdadeira conciencia da súa importancia. |
NOS_31744 | Ricardo Carvalho Calero residíu en Ferrol apenas vinte e nove anos, de 1910 a 1926, de 1931 a 1936 e de 1941 a 1950, este último período ben espiñento. Os longos espazos de tempo lonxe da súa patria nativa debéronse aos seus estudos universitarios, á expatriación involuntaria a conta da sublevación facciosa de 1936 e á guerra subseguinte, á estadía no cárcere como preso político e, dende 1950, á docencia en Lugo e Compostela. Despois, RCC só visitou Ferrol por cuestións familiares, conferencias, homenaxes, e para, a proposta do BNG á corporación municipal, ser nomeado Fillo Predilecto Enxebre de Ferrol o 7 de xaneiro de 1990 na que foi a última viaxe da súa vida. Previamente, en decembro do 1981 e por man da ferrolá SC Medulio, recibira a primeira homenaxe cando xubilado como catedrático. Noutras entregas seguirá indo, coas súas palabras, o seu Ferrol de 1941 en diante. | 1910-1926 Ferrol: "Ao longo do mar espreguizába-se a cidade. Primeiro fora unha pequena vila de peixeiros, de balcóns pintados de azul; con tabernas, ruas estreitas e un pazo. Logo, o despotismo ilustrado tendeu novas e longas ruas paralelas cortadas por outras ruas paralelas, todas da mesma anchura, e numerou as mazás de casas. Así xurdiu o centro da cidade, con casas de tres pisos e galerías brancas. A cidade estendía-se de leste a oeste, a beira do mar, de sul a norte ficaba en costa. A gente paseaba de leste a oeste. Os estaleiros e os arsenais ficaban afastados da vila por un murallón, e estorbaban á cidade a vista do mar. Só por tres pontos o atingian os que non formaban parte da mariña de guerra ou non traballaban nas construccións navais. Só por tres pontos: tres peiraos. A cidade estaba cheia de mariñeiros e soldados. Os desfiles militares eran moi vistosos, pois había triscórnios, cascos e penachos. [...] Daquela non había automóveis, senón coche de cabalos. Non había condución de augas. Había mulleres que arrecadaban en sellas a auga das fontes, en formosas sellas de aros dourados. As ruas estaban enlousadas con grandes lousas, aínda ficaban soportais nalgúns lugares". (RCC, en O lar de Clara) Ferrol Vello: "Aquilo era un bairro cheio de sonidos de cornetas, cornetas do Parque do Arsenal, e de pregóns populares das vendedoras, principalmente das vendedoras de peixe. Na Praza do Marqués de San Sadurniño, é dicer, na Praza Vella, celebrában-se certos mercados [...]. Entón a cidade, na que dominaba en xeral o elemento militar, os soldados, os mariñeiros, enchía-se de vida campesiña". (RCC, en Fernán-Vello / Pillado Maior, 1986). Serantes: "Pasabamos o verán na aldea. O meu pai ía de mañanciña traballar á cidade. [...] Non víamos o mar dende o val aquel, mais se subíamos, como as veces o fixemos, ao máis alto da liña de alturas que, a unha e outra banda limitaban o val,o mar aparecía perante os nosos ollos, pois realmente estaba moi próximo. Víamos a cidade, coas súas instalacións militares, e, máis alá do murallón, os arsenais e os estaleiros. Noutra dirección unha ancha praia, cunha lagoa litoral" (RCC en O lar de Clara). A Cabana: "Ja esquecín cantos foron os anos que pasámos naquela casa á beira do mar. Viñamos da cidade en coche de cabalos para instalar-nos nela, e volvíamos do mesmo jeito. Era unha viage curta. Mais non o faciamos máis que ao principio e ao fin da temporada. O meu pai, e calquer persoa da familia que tivese que facer unha visita á cidade, cruzaba a ría en lancha de vapor, bote ou buceta. Un pequeno peirao, próximo á nosa casa alugada, servía de base ás embarcazóns que facían a travesía" (ibidem). 1931-1936 "Regresei á miña casa na beira do mar unha vez rematei a carreira de Dereito. Vivía en Ferrol coa miña familia na rua de Sinforiano López, número 183 [...] o meu encanastrado estudo de estudante, nun cuarto piso da rúa Real. O piso tiña por diante dúas trapelas. Contaba con cinco amplias habitacións, unha galería e un miradoiro con cristalaría por tres lados. Dende alí víanse os arsenáis, a ría e, enfrente, 'a outra banda'". (RCC, en Montero Santalha, 1993). s.d.-1932.- "No grupo [Galeguista] de Ferrol andamos a organizar conferencias, contamos con que veñas ti [del Riego] en primeiro lugar, despois Otero, Castelao, López Durá". (RCC, en Vilavedra / Pena, 2006). XI-1932.- "Como saberás pol-a Prensa, xa nos deu Castelao a súa conferenza prometida, e o prestixio do Grupo [Galeguista] continúa medrando". (ibidem). II-1933.- Aos irmáns del Riego, Tenreiro, Aguiar e demais estudantes galeguistas: "Non é a miña situación presente moi a propósito pra invertir o meu tempo en redactar manifestos, pero craro está que desque hoxe recibín a vosa tarxeta, non estudei nin fixen tal que traballar no encárrego. Efeitivamente, agora, ás seis menos cuarto, din por rematada a miña laboura. Ahí vos vai, a volta de correo". (envío do manifesto "Aos escolares, aos Universitarios, aos galegos", (ibidem). V-1933.- "Ando tan enguedellado con cousas do Axuntamento e tantas outras que non dou feito [...] dispoño de moi pouco tempo, non teño vagar nin cartos, como empregado municipal gaño vintecinco pesetas nada máis [...] Sobre o asunto de A. nós levamos camiños distintos, gardádevos de seguilo nos seu excesos. O peor que lle pode pasar ao galeguismo é convertirse nunha xuntanza de esaltados visionarios sen método nen mesura". (ibidem). "En fermosos e lonxanos días primaverás Felipe Bello Piñeiro tecía un monllo de frores no seu xardín do Seixo para a dona que connosco o visitaba. Tamén alí, na beiramar frondente, lía unhas verbas en loubanza dun mozo [o propio RCC en 1933] que ía falar á xente de poesía galega". (RCC, 1953, inédito). VIII-1935.- Mitin en Ferrol: Tivo lugar no Teatro Jofre compretamente cheo. Deu comezo ás dez e media da mañá. En nome do Grupo orgaizador abriu os discursos o irmán Carballo Calero quen pronunciou breves e concretas verbas. Saúda "aos presentes e a todos os xunguidos a nos pol-o común desexo de superar a actual e inxusta orgaización do estado. Iste saúdo -engade- é especialmente agarimoso para os afiliados aos partidos Socialista e Izquierda Republicana, porque estas dúas agrupacións políticas representan no Ferrol a coalición gubernamental que baixo a dirección de Azaña realizou o único ensayo de República que se ten feito dende o 14 de Abril. Os diputados galeguistas nas constituíntes apoiaron as liñas xeraes a obra do bienio. Cara a situación actual o noso Partido adopta unha postura de oposición. O Galeguismo ten un cauce xurídico dentro da Constitución, pero as forzas que gobernan son nemigas d-ise esprito. Non queremos unha República que sexa un mero fetiche oco, senon unha República de contido republicano". (ANT, nº 362, 14-IX-1935). "Todo galeguista de aquela época era auto determinista, consideraba que Galiza era unha nación e que, por tanto, tiña dereito a escoller o seu destino" (RCC en Blanco, 1989). [Artigo patrocinado pola Deputación da Coruña] |
NOS_48857 | As mobilizacións conxuntas de CIG, CCOO e UGT, coinciden cun Consello de ministr@s en que o PP afía máis un paquete de medidas en prexuízo da maioría social | O goberno de Mariano Rajoy volveu de vacacións e reinicia os Consellos de ministr@s onde, sexta tras sexta, se aproban paquetes de recortes e de medidas que inciden en máis agresións sociais e laborais, abren as portas a novas privatizacións ou afondan no desmantelamento e deterioro dos servizos públicos. Para evidenciaren na rúa o rexeitamento a esas políticas antisociais do PP, os sindicatos CIG, CCOO e UXT, realizaron concentracións conxuntas en seis cidades da Galiza. Tras as faixas en que se rexeitaba, máis unha vez, "o saqueo do pobo", as e os concentrad@s denunciaban que a crise está a ser aproveitada polo goberno español para desenvolveren un programa de medidas e actuacións que supoñen un ataque ás conquistas sociais e laborais atinxidas nestas décadas. Lemas como "non faltan cartos, sobran ladróns" ou "a crise social que a pague o capital", foron coreados nas concentracións, nalgunhas como a de Compostela, cortouse o tráfico en partes da Praza da Galiza durante unha media hora Folga xeral A necesidade dunha folga xeral para responder de forma contundente as políticas do Partido Popular ou a defensa dunha banca pública foron outras das demandas expresadas polas e polos concentrad@s. Representantes da CIG sinalaron que "aos sucesivos paquetes de medidas impostos polo PP a golpe de decreto, que até o de agora só teñen provocado máis recesión, máis paro e máis empobrecemento, engadiranse novos recortes xa anunciados para a súa aprobación neste primeiro Consello de ministr@s despois do período vacacional, nomeadamente o endurecemento das condicións para acceder á axuda de 400 €." Medidas que terán aínda consecuencias máis graves para a clase traballadora de se desenvolveren, como está previsto, a solicitude de rescate ao estado a mediados de setembro ou a de atender ás recentes recomendacións do BCE de seguir rebaixando os salarios para aumentar a produtividade. |
NOS_20756 | Só pasaron tres días desde a fin do Nadal e a Galiza xa bate o récord de toda a pandemia con 798 novos contaxios detectados por proba PCR nun só día. Esta cifra supera os 785, a anterior máis alta, que notificara a Consellaría de Sanidade o pasado 1 de novembro, pico da segunda onda. | A Galiza bate o seu propio récord da pandemia con 798 novos contaxios detectados por proba PCR nas últimas 24 horas, unha cifra que pasa dos 785, a anterior máis alta, que notificara o Sergas o pasado 1 de novembro, pico da segunda onda. Segundo consta este sábado, 9 de xaneiro, na web de datos da pandemia da Consellaría de Sanidade, actualizada con cifras das 18 horas da xornada anterior, o crecemento das novas infeccións sostense en todas as áreas sanitarias salvo nunha, a de Ferrol, que baixa a 28 positivos detectados nun día, con 18 menos. En canto ao resto, a área sanitaria de Vigo disparouse até notificar 209 novos contaxios por coronavirus, 143 máis que os do día anterior. A da Coruña-Cee subiu en 47, até os 171; mentres que a de Santiago-Barbanza rexistrou 169 positivos, 30 máis. Tamén se dispararon os contaxios na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, con 87 novos casos confirmados por PCR -soben en 53-; aínda que nas áreas de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e Pontevedra-O Salnés, con 79 e 55 positivos diarios, respectivamente, os ascensos foron máis lixeiros -tan só notificaron catro máis que o día anterior-. Probas PCR A web da Consellaría de Sanidade tamén recolle que, até a data, se realizaron na Galiza un total de 1.168.006 probas PCR, o que permite calcular que nas últimas 24 horas se practicaron 8.390 probas, 2.121 máis que a xornada anterior. Iso si, a taxa de poisitividade das PCR realizadas ascendeu nun punto, até 8,5%, o que significa que a Galiza aínda está por encima de 5%, limiar que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Por áreas sanitarias, tan só a de Ferrol está por baixo deste limiar, con 4,8% de positivos do total de probas realizadas. O resto, salvo Lugo (5,1%), supérano: Ourense (7,2%), Vigo (7,6%), Santiago (7,8%), A Coruña (12,3%) e Pontevedra, onde se disparou (19,2%). Dispáranse os casos activos En canto ao global de casos activos -pacientes que aínda padecen a enfermidade-, disparáronse en 503 e a Galiza contabiliza este sábado 7.392 en total tras subir en todas as sete áreas sanitarias. A da Coruña-Cee continúa como a que ten máis enfermos de Covid-19, con 1.696, tras ascender en 139 nas últimas 24 horas. Séguea de perto Santiago-Barbanza, onde as e os pacientes subiron en 133 até situarse nos 1.650. En Vigo, esta cifra creceu en 108, ata os 1.330 casos activos. Por baixo do milleiro, aínda que tamén experimentaron ascensos, están as áreas sanitarias de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 856 pacientes (+38); Pontevedra-O Salnés, con 724 (+7); Lugo-A Mariña-Monforte, con 699 (+73); e Ferrol, con 437 enfermos (+5). Baixa a presión hospitalaria e mantense na UCI Con todo, a pesar do aumento dos contaxios e os casos activos, a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente no último día ao descender en oito o número de pacientes ingresados en planta, até os 342, aínda que en unidades de coidados intensivos (UCI) a cifra non variou e mantense en 63. En total, a Galiza ten 405 persoas diagnosticadas de coronavirus nos seus hospitais. Desde o principio da pandemia rexistráronse 67.999 casos de coronavirus na Galiza, dos que 59.172 foron altas, 406 nas últimas 24 horas. Así mesmo, a crise sanitaria deixa até o momento 1.441 falecementos no país, despois das últimas cinco vítimas mortais notificadas polo Sergas na tarde do 8 de xaneiro -dúas delas relacionadas con residencias de anciáns-. |
NOS_3213 | A poboación xuvenil gaña de media un salario que roza os 9.500 euros ao ano. A fenda entre o soldo dun varón e unha muller é de 1.700 euros. | A media dos salarios d@s moz@s galeg@s entre 16 e 29 anos é de 9.463 euros/ano. Mais se 'debullamos' a arroba, os números mostran a fenda existente en razón de xénero mesmo no que atinxe ao mercado laboral da mocidade. Así, os mozos teñen un soldo por riba dos 10.300 euros. O das mozas fica nos 8.600. Así pois, 1.700 euros de diferenza entre os ingresos dun home e unha muller en idades entre 16 e 29 anos no mercado laboral galego. O dato non é unha novidade no que supón reiterar a existencia dunhade gran diferenza salarial entre homes e mulleres en Galiza. Mais ten interese polo que constata da persistencia desta fenda tamén entre aqueles e aquelas traballadoras máis mozas. O salario dunha muller galega é, en Galiza, inferior nun 23% ao dun home, o que en termos estatísticos se traduce en que cada ano percibe 4.704 euros menos. Esta era unha das conclusións dos diferentes informes elaborados por organizacións sindicais nos últimos anos. Desiguais até no desemprego Unha diferenza aínda maior en determinados sectores, como os do comercio, a industria, as actividades financeiras ou os medios de comunicación, onde os salarios femininos supoñen apenas o 70% dos masculinos. Outrosí sucede coas prestacións de desemprego, apenas o 82% das percibidas polos home. |
NOS_55401 | O acto reivindicativo, realizado esta cuarta feira perante a consellaría, en San Caetano, serviu como prólogo da greve xeral en contra da LOMCE fixada para o 24 de outubro. | O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, quitou cabazas pola súa xestión e polo apoio que lle brindou á Lei orgánica de mellora da calidade educativa --a LOMCE--, impulsada polo PP desde o Goberno español e aprobada recentemente no Congreso. Así escenificou a Plataforma galega en defensa do ensino público o "moi merecido suspenso" que Vázquez merece "como responsábel dos continuos recortes" que se acometeron desde o seu departamento. Integrantes deste colectivo entregaron no rexistro da Xunta de Galiza unha caixa de cabazas e aproveitaron o acto para denunciar máis unha vez que a norma española, coñecida popularmente como 'Lei da Wertgoña', expulsará das aulas @s fill@s da clase traballadora, afondará na confesionalidade e negará o dereito ao ensino en galego. "É unha lei que nace cos días contados", sinalou en declaracións á imprensa Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino en referencia á LOMCE, recalcando que o texto agrede "directamente corazón do sistema educativo público galego". A acción reivindicativa serviu como prólogo á xornada de greve xeral cnovocada para o vindeiro 24 de outubro e que contará con mobilizacións ás 11.30h nas sete cidades, en Burela, en Vilagarcía, en Lalín, en Cee, en Carballo e en Ribeira. |
NOS_17119 | Cangas acollerá o 28 o arranque da temporada en Galiza, con 19 tripulacións a competir en 3 categorías: A, B e Feminina. | O 28 deste mes arranca en augas de Cangas a Liga Galega de Traiñeiras (LGT), unha temporada que se prolongará ata finais do mes de agosto e que durante esas nove semanas permitirá gozar dun deporte (o remo en banco fixo) polo que milleiros de persoas seguen a manter a paixón. Este ano a LGT vai ter en competición 19 traiñeiras, oito na súa máxima categoría (LGT-A), nove na división B (LGT-B) e dúas na Liga Galega feminina, ratificando que as mulleres teñen moito que dicir no remo, máxime en Galiza, onde só elas foron quen de gañar unha bandeira da Kontxa para o noso país (e fixérono 5 veces seguidas!). Na 'primeira división' competirán as tripulacións de Amegrove, Ares, Cabana, Chapela. Pobra, Mugardos, Samertolameu (vixente campioa) e Vilaxoán. Quinielas? As que se queiran. Mais poucos dubidan en que Samertolmeu vai dalo todo para recuncar o título. Non perder de vista a Amegrove e Chapela. E Vilaxoán, promete. Olliño coa que poden armar dos deste porto arousán. Nove son as traiñeiras que van competir na LGT-B: Vila de Cangas, Esteirana, Rianxo, Cesantes, Bueu, Mecos, Cabo B (denominado Náutico de Boiro), Coruxo e Salgado-Perillo. A temporada de 2013 meteuna a bordo a tripulación de Ares (neste 2014, na LGT-A), sendo o segundo posto para Cabo B e a terceira praza gañándoa os remeiros pobrenses. Mais nesta temporada é digno de destacar que vai haber LGT-Feminina. Serán as traiñeiras de Cabo de Cruz e Samertolomeu de Meira. Competirán en cinco regatas (Cangas, O Grove, A Coruña, Ferrol e unha última que aínda fica por determinar o lugar). |
PRAZA_4424 | A Sanidade Pública Galega precisa dun cambio. Nas vindeiras eleccións temos a oportunidade de facelo. De nós depende. O que está en xogo é o futuro: noso, dxs nosxs fillxs e netxs. Fagámolo posible! | Situémonos nun escenario novo, no que será necesario levar a cabo cambios na organización do Sistema Sanitario Público Galego e especialmente na Atención Primaria (AP). Tanto, nas instalacións dos centros sanitarios, como na forma en que se levará a cabo a atención xs doentes. Para elo, temos que ter en conta os criterios de separación social que son recomendables mentras dure a emerxencia sanitaria; pois ben, os traballos realizados ata agora, no Consello Técnico (CT) de AP de Galicia, nas 16 Comisións Técnicas, polas 206 persoas que formamos parte dél, exiximos que a administración, nos achegue as conclusións, que sabemos están elaboradas por cada Comisión, e facer a valoración final no propio CT (por consenso), para poder definir o proceso que culmine nun Novo Modelo de Atención Sanitaria. (Evidéntemente este será o único camiño e non que a administración siga recavando a opìnión de "expertxs" ou de colectivos de amiguetes do poder). Entre outras moitas cousas descritas nos traballos das Comisións, están as seguintes:Na cuestión das formas telemáticas de comunicación cos Centros de Saúde, o rural galego o ten dificil de implementar, polas características do País (sin acceso a internet en moitísimos concellos). Usarase a cita telefónica previa, e as outras medidas onde se poda, para ser atendidx nos centros sanitarios. Evitaranse as aglomeracións, tanto en salas de agarda, como nos medios de transporte. Que a AP teña acceso a todalas probas diagnósticas en todalas Áreas Sanitarias por igual. Que podamos facer a proba diagnóstica do Coronavirus a todalas persoas que consideremos, sin ter que pasar por ningún filtro previo. Seguir mantendo unha atención preferente ós grupos vulnerables: Diabéticxs, Cardiópatas, EPOC, Inmunodeprimidxs, Oncolóxicxs, etc.Seguir mantendo os dous circuítos de acceso ós centros: un, para pacientes sospeitosxs de Coronavirus e outro para as diferentes patoloxías. Non ter máis de 30 consultas diarias por profesional. Poder ter, 10 minutos mínimo por paciente, si así o considera o/a profesional. Cupos sanitarios de non máis de 1.250 tarxetas sanitarias (o que leva a desdobrar cupos e poñer máis persoal). Substitutxs onde faga falta, sin salarios de miseria, nin múltiples contratos de escravitude e sin condicións de precariedade manifesta. Convocatoria inmediata de todalas prazas vacantes no SERGAS: contactar cos representantes dxs traballadorxs, para facer o censo de profesionais, ver as prazas vacantes e as prazas que é preciso cubrir. Ter prazas MIR, FIR, EIR, PIR, que cubran realmente as necisidades dxs profesionais que fan falta. Seguir mantendo a PREVENCIÓN dende a AP, como principal obxetivo de traballo a curto prazo. Traballo en EQUIPO.Incorporación inmediata de profesionais de novas categorías ós Centros de Saúde: Psicólogxs Clínicxs, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Logopedas,…así se desmedicalizaría moita patoloxía. Poñer, dende a administración, os recursos suficientes ós/ás profesionais de AP que atenden xs pacientes das Residencias de maiores, para minimizar os riscos de padecer enfermidade. Se o centro residencial carece de persoal médico propio, o equipo de AP responsable do centro residencial, realizará o seguimento, para descartar a presenza de novos síntomas nas persoas residentes, e que se poda alertar sobre un caso de infección COVID-19 ou outro tipo de doenza. Hoxe supemos que Rajoy recortou 5.000 millóns de euros para Dependencia na súa lexislatura! según a Asociación Estatal de Directoras y Gerentes de Servicios Sociales. Realización de test válidos de diagnóstico a TODO O PERSOAL SANITARIO XA! Incrementar as camas hospitalarias da rede de xestión pública: segundo os dados feitos públicos en abril do 2020, polo Instituto Galego de Estatística, Galicia conta cun milleiro menos de camas que fai unha década. No orzamento, diminueu en 1.000 millóns de euros dende o 2009; debemos recuperar ese orzamento e compararnos cos países da Unión Europea. No tema do gasto sanitario por persoa, según o informe da Comisión Europea en 2019 (o fai cada 2 anos) no estado español gastouse 2.371 €, frente a 3.700 de Noruega, 3.600 de Alemania, ou 2.884 da UE. Temos que igualar o gasto por persoa en todalas CC.AA e chegar a media europea.Temos que acabar cas privatizacións e recuperar o privatizado: que xs que traballan na privada, NON o podan facer con pacientes da Área Sanitaria onde traballan na Pública, como dí a Lei.A Sanidade Pública Galega precisa dun cambio. Nas vindeiras eleccións temos a oportunidade de facelo. De nós depende. O que está en xogo é o futuro: noso, dxs nosxs fillxs e netxs. Fagámolo posible! |
NOS_2920 | En menos de dous meses a entidade financeira, 'saneada' con centos de millóns de fondos públicos, será subastada polo estado español | NCG Banco obtivo un beneficio neto consolidado de 47 millóns de euros no primeiro semestre de 2013. Unha cifra que contrasta coas perdas por valor de 1.399 millóns de euros rexistradas no mesmo período do ano pasado, segundo comunicou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV). O banco obtivo un beneficio antes de impostos de 67 millóns de euros, unha cifra que, segundo a entidade, "multiplica por sete as previsións do plan de negocio aprobado en decembro de 2012". A marxe de intereses reduciuse un 7,5%, ata os 359,5 millóns de euros, mentres que a marxe básica caeu un 11%, ata os 445,5 millóns. As cifras coñécense cando fican menos de dous meses para que a entidade financeira fique en mans, ben dun banco español 'sistémico'; ben dun fondo de investimento estranxeiro. O estado español, propietario do banco a través do FROB, deixou claro que non vai permitir unha entidade financeira independente |
NOS_50863 | A decisión do PP de pasar á SEPI a compañía leva o servizo de Correos ás portas da privatización, o que pon en grave risco garantir as prestacións no rural galego. A CIG mostrou a súa oposición nunha mobilización en Compostela. | A privatización de Correos pode ter en Galiza, cun hábitat disperso que encarece o reparto e elimina a súa rendibilidade económica, pode levar á desaparición do reparto no rural. A xestión de Correos pasou, a través dos gobernos do PSOE e PP, de ser unha dirección xeral a unha sociedade pública empresarial. O paso seguinte foi a conversión en organismo autónomo para logo formalizar o seu estatus como sociedade anónima. A CIG considera que "cada vez está máis preto a súa definitiva privatización". Correos ten arestora un contrato co estado polo que se compensa o incremento de custo que supón o reparto no rural. "É o Estado quen garante o cumprimento da Lei Postal, que di que toda a cidadanía ten dereito a recibir o correo no seu domicilio, todos os días laborábeis da semana" sinala a CIG. Desta forma, a privatización do servizo suporá pór en grave risco o servizo no ámbito rural. As persoas que neste momento están a realizar o reparto no rural teñen que pór o seu carro ao dispor do servizo as sete horas e media de duración da xornada "e non teñen ningún tipo de beneficio fiscal, nin na compra nin no pagamento de impostos". O sector de Correos da CIG-Administración protagonizou unha mobilización o sábado día 26 en Compostela en protesta pola pretensión de privatización da compañía ademais da reclamación de melloras nas condicións laborais. Queren unha compensación pola prestación do que é un servizo público e universal. Solicitan deste modo que se garanta o emprego estábel alén da actualización das retribucións para recuperar o poder adquisitivo perdido. Estima ademais o sindicato nacionalista que o risco de precarización das condicións laborais é aínda maior unha vez que na comisión de orzamento se anunciou unha diminución de 2.000 persoas empregadas. "Supón o despedimento de 2.000 persoas e a súa substitución por outras a tempo parcial ou fixos descontinuos. Unha situación que sería aínda máis traumática se se privatiza" apuntan. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.