ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_29824
Revisamos o ordenamento xurídico español en relación coa interrupción voluntaria do embarazo.
O ministro de Sanidade español, Alfonso Alonso, avanzou nunha entrevista concedida a RNE a pasada semana que o seu partido (PP) promoverá unha mudanza lexislativa máis ampla que a obriga de contaren con autorización familiar as menores de 18 anos. Segundo Alonso, "ten que quedar claro" que "o aborto non é un dereito". Neste senso, o proceso que se abre esta terza feira no Congreso español para modificar a Lei para a Interrupción Voluntaria do Embarazo e de saúde sexual e reprodutiva, podería incorporar novas reformas pola vía das emendas que introduciría cambios noutros artigos do texto. Así o avanzaba o diario El Mundo que, citando fontes do Partido Popular, apuntaba cara ao artigo 3.2 da lei como posíbel obxectivo da forza política maioritaria. Este punto refírese ao recoñecemento do "dereito á maternidade libremente decidida" como parte da "liberdade, intimidade e autonomía persoal" das mulleres en relación coa súa "saúde sexual e reprodutiva". Esta terza feira, o Congreso debaterá e votará a toma en consideración da proposición de lei presentada polo Grupo parlamentar popular A modificación podería, así pois, supor a supresión do artigo ou a redacción dun novo que contente a ala antiabortista do Partido Popular --maioritaria-- e os sectores conservadores que representa, a comezar pola Igrexa católica. Após a toma en consideración, esta terza feira (14 de abril) da proposición de lei rexistrada, os grupos parlamentares, tamén o PP, poderán presentar emendas que deberán ser debatidas e votadas no Congreso e no Senado. Neste percorrido lexislativo o grupo popular podería incorporar novas mudanzas como xa fixo na reforma do Código Penal, da Lei de Seguridade Cidadá ou da Lei de Enxuízamento Criminal. A dúbida está en se solicitarán ou non un procedemento de tramitación de urxencia (abreviado) que podería significar a aprobación da reforma no mes de xuño. Porén, o aborto constitúe un dereito segundo o ordenamento xurídico español? O aborto no Código Penal Malia a aprobación da Lei para a Interrupción Voluntaria do Embarazo (2010) o aborto mantívose, con modificacións, no Código Penal --agás no derogado artigo 417 no que se especificaban os supostos permitidos pola lei de 1985. Así as cousas, permanece punido polos artigos 145 e 145 bis nos que se prohíbe a súa práctica "fóra dos casos recollidos pola lei" que o regula. Desta maneira, logo da aprobación da Lei 2/2010 e como disposición final primeira múdase a Lei Orgánica 10/1995 do Código Penal para punir a quen "produza o aborto dunha muller, co seu consentimento, fóra dos casos permitidos pola lei". Isto é, para alén das 14 primeiras semanas de xestación. Este feito tería como consecuencia unha pena de "prisión dun a tres anos e inhabilitación especial para exercer calquera profesión sanitaria ou para prestar servizos doutra índole públicos ou privados, por un tempo dun a seis anos". Esta pena podería ser ampliada pola xustiza de se realizaren fóra dunhas instalacións "acreditadas". Rafael Catalá: "Non hai un dereito ao aborto como tal" A lei prevé, aliás, a condena da muller que "producise o seu aborto ou consentise que outra persoa o causase" prevendo un castigo "con pena de multa de 6 a 24 meses". Destarte, púnese as equipas médicas que practiquen un aborto naqueles casos que, aínda sendo previstos na lei, non cumpran cos procedementos e prazos dispostos na mesma como informar a muller a respeito dos "dereitos", "prestacións" e "axudas" existentes ou "sen ter transcorrido o período de agarda contemplado na lexislación". Neste caso as mulleres non serán penadas. O propio ministro de Xustiza, Rafael Alcalá, sinalou, logo das declaracións de Alfonso Alonso, que "non hai un dereito ao aborto como tal" no ordenamento xurídico español senón que este foi despenalizado primeiro atendendo a unha serie de tres supostos (malformación, violación, prexuízos físicos/psicolóxicos para a nai) en 1985 e, con posterioridade, no prazo das 14 primeiras semanas de xestación (2010).
NOS_25113
Con motivo do seu 18 aniversario, Dakidarría está a preparar o seu próximo disco, que sairá a comezos do 2022. Recentemente, a banda vén de estrear o single do novo álbum, Un pobo de artistas, que reúne máis de 70 artistas galegas. Falamos con Gabriel Reigosa, vocalista do grupo.
Como nace Un pobo de artistas? Creo que vén do confinamento máis duro. Cando estivemos pechadas na casa, escollemos unha canción e adaptámola ao formato "dende a casa". Fomos sumando distintas artistas e fixemos como con Terra, unha cousa similar a esta. Nese momento foi cando comezamos a construír o novo disco e naceu a idea. Seguir polo camiño que Dakidarría sempre elixiu, o da colaboración, apoio mutuo e sumar entre todas para visibilizar a escena musical galega, sobre todo agora que estamos nun momento no que hai moita calidade e variedade e que había que poñelo en valor. Foi doado reunir tantas artistas? Sinxelo non foi, hai unha loxística detrás importante, pero penso que a mensaxe calou moi ben. Preocupámonos de falar coas bandas unha a unha e de explicarlle todo. Creo que de aí veu o éxito, de facer partícipe á xente e que entendesen que non ía ser unha canción máis, senón unha peza de todas. Un tema feito polos músicos e músicas do país para nós mesmas e para poñernos en valor. O día foi máxico. Foron moitos meses pechadas, facendo poucos concertos ou diferentes aos que pretendiamos. Ademais de non ver o público, tamén nos faltaba ver as compañeiras e estar xuntas. Ao final, facemos unha vida en común, detrás do escenario tamén hai historia e vivimos moitas cousas. Iso tamén o botabamos en falta e é algo que se falou ese día, poder conversar un anaco e volver a estar xuntas. Foi unha xornada inesquecíbel. En febreiro do 2022 sairá o seu novo disco, Colaxe. Que imos atopar nel? O nome do disco non é casualidade. Este 2021, aínda que o disco sairá no 22, facemos 18 anos como banda. Para celebrar esta maioría de idade comezamos a compoñer un disco dende a distancia, cando o confinamento. Somos unha banda con moita xente e decatámonos de que estabamos a facer cancións de todos os estilos que nos influenciaron ao longo destes anos. En Colaxe podes atopar temas que recorden aos primeiros discos, cunha temática máis punk e crúa, mais tamén pezas que te leven á última etapa, onde xa introducimos elementos de músicas urbanas, como pode ser o hip hop. Sempre vai estar presente esa base punk, mais hai unha mestura destes 18 anos e desas influencias que que nos trouxeron ata o que somos hoxe en día. Titulámolo Colaxe porque con eses pequenos anacos de música que lle fomos roubando ao planeta construímos o que é hoxe a sonoridade de Dakidarría. Como afectou a marcha de Xavi e Simón? É un cambio importante. As vidas de cada un seguen un camiño e ao parar o ritmo ao que viñamos acostumados descubrimos outros xeitos de vida. Os nosos ritmos de vida evolucionaron e iso fixo que agora, ao querer retomar, nos atopásemos con realidades diversas dentro do grupo. As circunstancias vitais fan que Xavi, que levaba tres anos con nós, agora non poida continuar e Simón un tanto do mesmo. El si que é fundador do grupo e ficamos un pouco máis orfos, mais son finais de ciclo. Agora hai unha reestruturación interesante da banda, aproveitamos este momento para incluír algunha persoa máis que vai reforzar certos aspectos musicais. Irémolo desvelando pouco a pouco. Cal cre que é a situación actual do panorama musical galego? Precisamente vén bastante a conto con este tema. Hai uns anos era impensábel esta realidade musical na Galiza, onde existen bandas cantando en galego e en estilos moi diversos. Tempo atrás, o galego estaba un pouco máis relegado ao folk ou ao punk e era máis complexo atopar outras vertentes musicais. Hoxe en día hai galego en todas as músicas, e, aínda que é bastante inexplicábel polo mal camiño que leva o idioma ultimamente, na música si que está funcionando.
NOS_1183
O PIB galego fecha o primeiro trimestre do ano en negativo, pero o descenso é o menor desde o inicio da pandemia.
Aínda que timidamente, a economía galega comeza a dar signos de recuperación. Onte, o Instituto Galego de Estatística (IGE) daba a coñecer os datos do produto interior bruto (PIB) correspondentes ao primeiro trimestre do ano. O indicador marca unha caída de 2,9% en relación co mesmo período do ano anterior, que non ten por que ser negativa. Precisamente, un dato desa melloría é que o descenso rexistrado no primeiro trimestre foi o menor desde o inicio da crise da Covid-19, xa que en 2020 as reducións foron máis significativas (3,8%, 18%, 6,2% e 7,6% no primeiro, segundo, terceiro e cuarto trimestre, respectivamente). Ademais, o IGE compara dous períodos moi diferentes: o primeiro trimestre de 2020, con xaneiro e febreiro aínda coa dinámica previa á crise e marzo marcado polo inicio do confinamento, fronte ao de 2021, coa terceira vaga limitando a actividade en boa parte do país e cun mes de marzo que marca a volta á normalidade. De feito, en taxa intertrimestral ─comparando o primeiro trimestre de 2021 co último de 2020─, o PIB galego mantívose sen variación, mentres que a economía española caeu 0,5%. En comparación cos datos estatais, a diminución rexistrada nos tres primeiros meses do ano é 1,4 puntos inferior á da media de territorios do Estado español e mellora 4,7 puntos con respecto á taxa interanual do cuarto trimestre na Galiza. Comportamento sectorial O feito de que o dato do PIB rematara o trimestre en negativo ten moito que ver co gasto dos fogares e institucións sen ánimo de lucro ao servizo dos fogares, que experimentou un forte descenso, de 6%, en parte como consecuencia das restricións á mobilidade entre concellos durante os primeiros meses do ano e o fechamento do comercio e a hostalaría en boa parte do país pola terceira vaga da Covid-19. Na mesma liña, a demanda interna caeu 3,1%, tanto en termos interanuais como intertrimestrais. No que atinxe á formación bruta de capital, tamén se reduciu, 1% en comparación co primeiro trimestre de 2020, aínda que subiu 1,2% en relación co cuarto trimestre do pasado ano. No extremo oposto, as exportacións, impulsadas polo bo comportamento da automoción, aumentaron 2,1% intertrimestral e 4,8% interanual, do mesmo modo que as importacións, que aínda que baixaron 3,5% intertrimestral, medraron 4,7% nun ano. Haberá que ver como inflúe no segundo trimestre a crise dos microchips, que está a golpear na actividade do Grupo Stellantis e as auxiliares da automoción, principais impulsoras do crecemento das exportacións. No que respecta á oferta, a industria foi o único sector que rexistrou crecemento, 1,2% sobre o primeiro trimestre do ano pasado. Pola contra, a construción retrocedeu 6,3%, os servizos diminuíron un 3,4%, e o primario (agricultura, silvicultura, gandaría e pesca) descendeu 3,1%. En canto ao emprego ─ medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo─, os datos de contabilidade trimestral do IGE constatan unha caída de 7% no primeiro trimestre, mais destaca a subida de 2,4% na construción.
NOS_58394
Luís Villares (Lugo, 1978), xuíz en excedencia, irradia optimismo cando encetamos o terzo final da campaña. Atende o Sermos por telefone desde a caravana eleitoral da Marea, perto de O Barco de Valdeorras. Dá por sorpassado o PSdeG e vai directo a polo PP.
-Co sprint da campaña xa no horizonte, que balanzo fas destes días e que receptividade social están a ter as propostas da Marea? -Estamos moi satisfeitos deste primeiro tramo, porque estamos percibindo moita ilusión na xente que se achega aos mitins, moi superior á que houbo noutras campañas eleitorais cos precedentes da coligazón de En Marea e, desde logo, está a funcionar moi ben ter un partido político único, con base exclusivamente no noso país. Estase a facer moi ben a integración de todas as mareas municipais no proxecto nacional galego, estamos tendo moi bon retorno deste novo proxecto político. -Dis que a xente xa percibe En Marea como un partido...? -Si, si, si, absolutamente. Existe unha implicación do que até agora eran as mareas municipais como proxectos de carácter municipalista e a integración no proxecto político da Marea está sendo moi positiva, porque a xente está traballando moito máis ilusionada que até este momento. -Estaslle a prestar moita atención aos inquéritos? -Non, para nós os inquéritos son sucesivas receitas de cociña coas que facer un álbum de Master Chef ou diría máis ben de Larpeiros, por ser un programa galego, non? Non lles concedemos ningunha credibilidade e, polo tanto, a enquisa que nos vale, igual que ao resto da xente, supoño, é a do día 25. O que estamos a dicer é que desfruten destas [reférese ao PP] porque non van ter outra vitoria. De feito, en anteriores comicios, de ámbito municipal, por exemplo, os inquéritos dábanlle 3 a Compostela Aberta e ao final foron 10, así que cremos que non se pode medir a potencia eleitoral da Marea. -E ves perto o sorpasso ao PSdeG? -Home, nós estamos articulando un espazo de hexemonía social e, polo tanto, en coherencia con isto, queremos acadar tamén a hexemonía política. Polo tanto, o sorpasso [ao PSdeG] nós dámolo por feito, o que estamos disputando é o sorpasso ao PP. Estamos disputando a hexemonía política ao Partido Popular en Galiza, colocarnos como unha auténtica alternativa de goberno, seria, solvente, en clave de país. Cremos que estamos en condicións de o acadar. E está a chegar ben a mensaxe á xente, a pesar das dificuldades que poñen os medios de comunicación públicos, estamos a chegar ben por outras vías. -En troca, nas recentes xerais de xuño viuse que o PP mantén bastante ben a súa fortaleza eleitoral. A que o atribúes? -Non me vou poñer agora a analisar as eleccións do 26 de xuño, como comprenderás. En todo caso, nós temos unha diferenza esencial con relación ao 26X, non?, temos un partido político que foi capaz de aunar todos os esforzos de toda a unidade popular en Galiza e cremos que iso nos coloca nun escenario cualitativamente diferente. Isto non é unha coligazón, isto vai moito alén dos partidos que no seu momento formaron unha coligazón. Isto vai moito máis aló dunha suma de mareas, é unha sinerxia política conxunta que, ademais, integra a afiliación individual, é algo que até agora non existía en todo este movimento e, polo tanto, a implicación que estamos tendo e a potencia eleitoral disto está por medir e non se parece nada á oferta que a Marea como coligazón facía para o 26 de xuño. -Nos ambientes nacionalistas é frecuente ouvir a crítica de que na cuestión nacional o programa de En Marea é moi parecido ao do PSdeG? Que tes a dicer a isto? -Ben, non sei se o PSOE defende un proxecto nacional para Galiza. Nós si. Nós consideramos que Galiza é unha nación. E, polo tanto, a nosa proposta programática é gobernar en clave de nación. Non sei se esa é a proposta do PSOE. -Sabes que a orixe desa impresión é a énfase que nalgunha entrevista tes posto ti na cuestión de que o actual Estatuto non foi aínda inteiramente desenvolvido... -Si, iso é verdade, o actual Estatuto ten pendente aínda a comarcalización de servizos en todo o país, ten pendente o desenvolvimento dunha policía integral para Galiza, o réxime de transferencias do artigo 150 [da Constitucion española de 1978] poderíanos prover das competencias en seguridade marítima, en inspección de traballo, en portos de interese xeral. Nós temos claro que neste momento o exercicio do noso poder como nación significa un bon goberno para este país, non?, e o que non nos parece que debemos facer é fiar todas as nosas propostas programáticas á superación dun marco xurídico político. Primeiro, porque ese marco xurídico político está por acabar de expandir e, en segundo lugar, porque neste momento é necesario exercer esas competencias en clave de país. E iso é o imediato. Fiar un bon goberno a unha modificación estatutaria é enganar a xente porque non se vai poder facer no curto prazo. Nós apresentámonos ás eleccións do 25S para gobernar a Xunta a partir do 26 de setembro. A partir daí, evidentemente hai outras axendas de reforzo do autogoberno para o medio e para o longo prazo. Pero desde logo para o día 25 non podemos basear a nosa oferta eleitoral simplesmente en dicer que superamos o marco político xurídico. Sería irrealista. Sería enganar a xente. "Que se fechen as escolas ou que se prohíba o galego nas matemáticas no ensino non é un problema de autogoberno, é un problema de mal exercicio do autogoberno" -Esa superación do marco político situaríala, pois, no medio prazo? -A superación de momento non pode vir máis que cando se produza o esgotamento do modelo actual e entendemos que isto aínda non se produciu porque aínda faltan competencias por exercer e desenvolver. Segundo, hai competencias que se exerceron, pero non se fixeron en clave de país. Que se fechen as escolas ou que se prohíba o galego nas matemáticas no ensino non é un problema de autogoberno, é un problema de mal exercicio do autogoberno, é un problema de non crer no país, de querer exterminar o país. O que é necesario é recuperar o autogoberno e exercelo en clave nacional. -Sodes un partido, mais sodes un partido moi recente, moi novo. Sería este factor, o da condición moza da nova organización, o que explicaría a demora que tivestes á hora de apresentardes o voso programa eleitoral? -Non, en absoluto. A apresentación do programa responde a unha posición estratéxica, é dicer, de ir debullando contidos concretos, fomos primeiro debullando de forma sectorial, logo fixemos a apresentación conxunta, nunha estratexia de campaña. -Que razón lle darías a unha persoa indecisa para que finalmente apañe a papeleta de En Marea? -Daríalle dúas razóns básicas. A primeira, que nós garantimos un goberno alternativo ás políticas antisociais e de sufrimento do PP, e segunda, que a xente pode confiar en min e no proxecto da Marea como os que imos acabar radicalmente coa corrupción institucional e imos meter a xente no caldeiro, se fai falta. É evidente que non se pode seguir así. Nós garantimos que imos levantar todas as alfombras que sexan necesarias para rexenerar este país. -Que se xoga Luís Villares o 25S? -Pois o mesmo que o resto de galegas e galegos. A oportunidade de ter un goberno e un país máis xusto. -Acabas de chegar á política institucional, pos data de caducidade a túa presenza no Parlamento? -Ben, o propio código ético de En Marea prevé unha presenza máxima de 8 anos nas institucións e, polo tanto, ese é o meu teito.
PRAZA_12935
Falamos con Raimundo Viejo, Manuel M. Barreiro, Antón Fernández de Rota, David Rodríguez, Antón Gómez-Reino e Víctor Sampedro sobre a evolución do movemento, as perspectivas actuais e as estratexias que no futuro debería adoptar a cidadanía crítica na procura dunha política transformadora e unha saída alternativa da crise económica.
Cando estamos próximos de celebrar o aniversario das primeiras manifestacións convocadas polo movemento, procuramos a opinión de media ducia de voces, coñecedoras dos movementos sociais e das dinámicas políticas da esquerda e dos movementos autónomos, para que reflexionen sobre a evolución do 15M nestes últimos meses, as perspectivas perante as manifestacións deste sábado e os retos de futuro da cidadanía crítica. Falamos con Víctor Sampedro (catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política e activista social na Tabacalera de Lavapiés), Manuel M. Barreiro (analista político, editou o pasado ano o libro A novísima dereita e nós), David Rodríguez (deseñador, poeta, que vén de editar en Estaleiro Editora a compilación de textos políticos Retomando a palabra), Antón Gómez-Reino (activista, membro da Rede de Dereitos Sociais ou da Rede Robin Hood), Raimundo Viejo Viñas (profesor de Ciencias Políticas na UPF) e Antón Fernández de Rota (antropólogo social e membro dos colectivos Universidade Invisíbel e Zoopolitik). En xeral, todos coinciden en que os motivos para saír á rúa para pedir cambios de fondo na política e na xestión económica son moito maiores que hai un ano: "Debaixo da cinza hai lume: a ofensiva do Partido Popular contra o Estado de benestar ou a crise de lexitimidade das elites políticas seguen a favorecer a combustión social", di Manuel Barreiro, que engade que "a folga xeral abriu un novo ciclo de mobilizacións que favorece a converxencia de esforzos e activismo". Manuel Barreiro engade que "a folga xeral abriu un novo ciclo de mobilizacións que favorece a converxencia de esforzos e activismo" Pola súa banda, David Rodríguez cre que se ben as condicións obxectivas están claras, hai que comprobar se se dan as subxectivas para que as mobilizacións sexan masivas: "a mobilización do 12M servirá para saber se o que sucedeu hai un ano foi froito dunha conxuntura na que o efecto novidade xogou un papel moi importante ou se hai unha corrente de fondo na cidadanía capaz de vencer ao medo e á incertidume que toda situación de crise xera na poboación". Para Antón Gomez-Reino, "é umha auténtica incógnita saber o que pode suceder o sábado", en función do incremento das causas obxectivas e dun certo desgaste do 15M que fai que "a cidadanía em geral seja hoje menos permeável as propostas mobiliçadoras ao movemento indignado". Cre que a nivel estatal é probable que "a resposta seja boa nas grandes cidades, especialmente em Barcelona, onde a vaga mobiliçadora está máis avançada dada a contestaçom as políticas de recurtes do governo CIU". Victor Sampedro e Raimundo Viejo apuntan, pola súa banda, que o Goberno tentará crear situacións de tensión e violencia para deslexitimar as mobilizacións. Un ano de movemento Despois de doce meses de mobilizacións, hai unha certa perspectiva para analizar o movementos de indignación e valorar o seu asentamento e evolución. Para Barreiro, "o 15-M manifestouse nos últimos meses como unha corrente subterránea, desapareceu dos focos informativos, pero revalorizouse con un fermento da sociedade civil". De igual xeito, Sampedro salienta que "o 15M é puro movemento e, por tanto, non acepta ningunha forma de estancamento" e afirma que "o peor que podería ocorrer sería que IU ou UPyD (non digamos o PSOE) patrimonializasen este inmenso capital social en forma de votos". Sampedro destaca, ademais, o traballo realizado polo movemento en cooperación con outros colectivos: "dende hai un ano lanzou unha rede de autoaxuda para os desafiuzamentos, cooperativas, medios auto-xestionados... Fixo xurdir e soubo converxer coas mareas verde (educación), azul (auga), branco (sanidade), violeta (feminismo)". En opinión de Antón F. de Rota, o 15M deu "unha verdadeira lección de estratexia sen estratega, ou sen máis estratega que esa multitude en rede" En opinión de Antón F. de Rota, o 15M deu "unha verdadeira lección de estratexia sen estratega, ou sen máis estratega que esa multitude en rede" Para Raimundo Viejo, "o 15M nom é um movimento", senón que "é um acontecimento que relança a política de movimento" e afirma que "o 15M nunca se constituirá como fronte de massas de um partido de avangarda; nunca satisfará os ideologemas de modelos organizativos desfasados. O 15M é a expressom política de umha nova composiçom técnica de classe". David Rodríguez é máis cauto e opina que "o 15M segue a ser o que foi: un movemento social que mostraba de xeito inarticulado o fartazgo cun estado de cousas. O que é moi probable é que neste ano se dese un proceso de aprendizaxe en moitos e moitas das participantes no mesmo". Para Gómez-Reino, "o 15M tem pervivido, impregnando aos movementos com um recordatorio a necesidade de ser inclussivos, horizontais, amplos e plurais que sigue absolutamente vigente", porén, "no que tem que ver a identidade (elemento central num movemento político para gerar consensos e agregaçom) creio que tem perdido a batalha e a día de hoje, a identidade 15M está parcialmente estigmatizada polas contínuas campanhas de intoxicaçom do poder", polo que "o 15M ja nom é especialmente valioso como elemento invocador". Fernández de Rota afirma, pola súa banda, que un dos principais acertos dos e das indignadas foi "responder á crise económica formando un movemento pola democracia, puido ir máis aló do problema dos recortes orzamentarios e reformas laborais encorsetadas nos lindes da estado-nación", o que levou a que a democracia "non soamente volva suscitar preguntas, senón que volveu a se converter en perigosa para os gobernantes". A relación con outros colectivos En opinión de Manuel M. Barreiro, a relación entre o 15M e outros colectivos transitou entre o receo inicial e a procura de converxencias e salienta que na actualidade hai unha "axenda de defensa do común, do público e da da igualdade de oportunidades como capital social a conservar, que é un punto de encontro para amplos sectores e activistas da sociedade civil". Sampedro fai fincapé en que "a militancia insubmisa, ecoloxista, feminista, internacionalista e alterglobalizadora atopou nas prazas unha nova xeración de activistas" e converxeu "con mozos socializados en Internet: o único espazo que lles deixaran". Na actualidade hai unha "axenda de defensa do común, do público e da da igualdade de oportunidades como capital social a conservar, que é un punto de encontro para amplos sectores e activistas da sociedade civil" David Rodríguez lembra que estes receos continúan e pon como exemplo a manifestación dos traballadores do naval convocada en Vigo para o mesmo sábado 12; a este respecto cre que se debe aumentar a cooperación e a converxencia: "estes novos movementos deberían, con toda a actitude crítica que queiran pois están totalmente lexitimados para iso, redescubrir a tradición de esquerdas da que, por moito que non sexan conscientes, proveñen". Mentres, para Antón F. de Rota, "os partidos equivócanse ao ver neste movemento una mero colectivo de potencial votantes, ou peor aínda, o inimigo a combater. Eles son, neste momento, a única esperanza democrática". O futuro Barreiro salienta que as manifestacións do día 12 serán fundamentais para "recuperar visibilidade" e facer unha demostración de forza En canto ao futuro, as opinións diverxen un chisco. Barreiro salienta que as manifestacións do día 12 serán fundamentais para "recuperar visibilidade" e facer unha demostración de forza e engade que "non basta con indignarse. O 15-M ten que pensarse como un catalizador de procesos". De igual xeito, David Rodríguez cre que o movemento debe ter clara "a estratexia que se debe seguir para disputar o poder", pois "un movemento cuxo obxectivo sexa unicamente o de erixirse en consciencia crítica, sen vontade de loitar polo poder, acaba por diluírse e ten, a longo prazo, a batalla perdida". Raimundo Viejo apunta a este respecto que "o reto é nom caer na tentaçom de perfeicionar o mando actual, de saber producir instituiçons que nom rematem sendo integradas aos desenhos institucionais das democracias liberais". E Sampedro cre que o reto debe ser "escapar da cooptación política e empresarial, manter a capacidade de apelación masiva e seguir xerando redes autoxestionadas de resistencia, protesta e propostas" e conclúe "se invertemos a orde anterior, mellor que mellor". Finalmente, en opinión de Fernández de Rota, "non deberiamos contentarnos con só saír da crise. Os indignados impélennos a responder ao medo e á desesperación, xerando unha potencia democratizante". Para Antón Gómez-Reino, "o desafío presente orbita em dous sentidos que, de partida, podem parecer antagónicos: Por umha parte a necesidade de profundiçar espaços de autonomía e pola outra a necesidade de entrar em litigio polo poder político, convencional e sistémico, desde o que artelhar um muro de contençom ante o tsunami liberalizador".
NOS_21269
O rexedor sadense volveu exixir a xunta que incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás", para outorgarlles ao conxunto de bens mobéis a protección BIC.
O Concello de Sada vén de anunciar a súa intención de sumarse á demanda presentada polo Estado español contra a familia do ditador Francisco Franco para exixir a titularidade de 564 bens do Pazo de Meirás. Sada volve reclamar ao Estado a "inmediata" demanda de titularidade dos bens móbeis de Meirás A petición foi presentada no xulgado de primeira instancia nº 70 de Madrid, encargado de levar o caso, alegando que o Concello é parte interesada e ostenta as competencias "en materia de urbanismo, protección do patrimonio cultural e turismo". A mediados de setembro, o Concello de Sada xa exixira ao Estado español a "inmediata" presentación da demanda de titularidade dos bens móbeis do Pazo de Meirás. Un xulgado da Coruña permite aos Franco retirar bens do Pazo de Meirás "Ante o risco de que poidan retiralos, provocando a perda da integridade patrimonial e cultural do sitio histórico", desde o Goberno local instan o Executivo estatal a presentar a demanda da titularidade, "que debería incluír a solicitude de medidas cautelares que impidan a retirada dos bens que o Estado non reclamou". Valoración do alcalde de Sada O alcalde de Sada, Benito Portela, aplaudiu a decisión do Estado español de interpor esta querela á que se adhire o Concello e instou outras administracións "para facer o propio", facendo especial fincapé na Xunta da Galiza. O Concello de Sada volve urxir a modificación do BIC do Pazo de Meirás para salvagardar o seu patrimonio Portela tamén reclamou ao Goberno galego que "mova ficha e incoe o expediente de modificación de Ben de Interese Cultural do Pazo de Meirás", para outorgarlles ao conxunto de bens mobéis a protección BIC.
NOS_10345
"Firen a sensibilidade da xente que se achega á catedral". A Igrexa revóltase contra a exposición do artista Ramón Conde, organizada polo Concello de Compostela, e, en nota de prensa reclama respecto polo "sentido do pudor" das persoas que visitan o templo.
A peza "Os discípulos" que se mostra no balcón da Casa do Cabido é das que máis perturban á Igrexa. Situados en distintos espazos públicos, de maneira visíbel nos do Pazo de Raxoi e San Xerome no Obradoiro e o Cabido e o Museo das Peregrinacións en Praterías os corpos espidos de grande tamaño e dun intenso realismo provocaron unha singular protesta do cabido compostelán que se fixo pública en forma de nota de prensa na que as autoridades eclesiásticas desvincúlanse da mostra e especifican que a Casa do Cabido -onde se pode ver "Os discípulos"- non pertence a súa propiedade. O cabido afirma que a exposición "O Poder" de Ramón Conde está a producir queixas da veciñanza, de turistas e peregrinos e que os seus homes nus "firen a sensibilidade" daqueles que se achegan á catedral xa que a maior parte das esculturas instaláronse en dúas prazas que son accesos ao templo, o Obradoiro e as Praterías. "A liberdade de expresión debe respectar determinadas normas e espazos para un diálogo frutífero entre arte, cultura, sensibilidade relixiosa e sentido do pudor que anima a boa parte das persoas que se achegan á catedral de Santiago", din no comunicado. A mostra poderase ver até o 28 de setembro. O dominio da natureza no Obradoiro e o da sociedade nas Praterías son os dous eixos da exposición de Conde nos espazos públicos de Compostela con pezas como "David e Goliat", "O liderado" ou "Os discípulos".
NOS_48911
A comunidade veterinaria reclama un papel activo no mantemento da saúde pública mundial baixo o paraugas do enfoque One Health, que defende unha única saúde humana, animal e mediambiental.
"A resposta ante a Covid-19 está sendo moi decepcionante", afirma Gonzalo Fernández Rodríguez, decano da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no campus de Lugo, e profesor da área de Sanidade Animal. O seu desencanto está en sintonía co malestar expresado pola comunidade veterinaria practicamente desde o inicio da crise provocada polo novo coronavirus. "Desde o punto de vista do enfoque One Health -unha única saúde- non se está facendo as cousas ben. Este concepto considera a saúde das persoas e dos animais en relación co medio ambiente", explica, unha perspectiva que avoga por un tratamento multisectorial e interdisciplinar da saúde pública que "aquí non se está a ter en conta" advirte. A resposta ante a Covid-19 está sendo moi decepcionante. Os veterinarios defenden a súa contribución ao mantemento da saúde pública mundial e pon como exemplo outros países onde fan valer a súa experiencia. "O Fernando Simón alemán é veterinario, pero o importante é que alí integraron este colectivo nos equipos de traballo a canda farmacéuticos e biólogos, entre outros perfís. Estamos ante un problema complexo que non ten unha solución simple". A resposta, di, vai ser complicada e precisa unha visión multidisciplinar. Experiencia previa "En veterinaria estamos afeitos a traballar con enfermidades de colectivos, sobre todo en animais de produción. Doenzas que se transmiten entre os propios animais, entre granxas, e que se poden mover dunha zona a outra, polo traslado de vacas ou porcos". Neste sentido, sinala o decano, a comunidade veterinaria acumula unha grande experiencia. Coñece ben os sistemas de control para movementos nacionais e internacionais, como definir un confinamento ou como se debe facer unha vixilancia activa. "En veterinaria temos moito traballo feito neste sentido", organizado e regulado en boa medida a nivel europeo. "En cambio, nesta pandemia as medidas de control, clasificación e mobilidade varían en cada país", salienta. A única forma de loitar contra este tipo de doenzas é pensar no risco de infección, non tanto en casos enfermos. Con todo, Gonzalo Fernández pon o acento no risco de contaxio. "Máis que con enfermidades, estamos acostumados a traballar co risco". Así, a única forma de loitar contra este tipo de doenzas nas que non só contaxian os individuos que teñen síntomas senón tamén os que non os teñen, asevera, "é pensar no risco de infección, non tanto en casos enfermos". Un enfoque que fortalece a prevención, e que o experto en enfermidades infecciosas sinala como o único válido para "ir por diante do virus". Análises de risco E o risco varía en función dos espazos, das persoas, dos movementos e da forma de transmisión. "A chave está na vixilancia activa, na análise dos sitios e dos mecanismos de contaxio para detectar o risco de infección antes de que apareza, sen esperar a que aparezan os síntomas. Só así se poden tomar as medidas adecuadas". Cómpre traballar desde a vixilancia activa para detectar o risco de infección antes de apareza. Nas granxas, asegura Fernández, sobran experiencias. "Traballamos para que o virus non entre, e se entra, para que se disemine. En veterinaria temos verdadeiros especialistas en bioseguridade que poderían ser moi útiles". E apunta outro exemplo, o pasaporte de inmunidade. "Nunca se usou porque non funciona. Non elimina o risco".
NOS_30381
Iniciouse en até 5 focos diferentes.
Un incendio en Viana do Bolo, comarca de Viana, que se atopa activo, arrasa 210 hectáreas, segundo a actualización desta mañá de sexta feira da Consellería de Medio Rural. O lume, iniciado ás 20:28 horas desta quinta feira na parroquia de Vilardemilo, rexistrou até cinco focos diferentes no seu comezo, polo que este departamento apunta a unha "clara intencionalidade". No seu control traballaron os medios acumulados de: catro helicópteros, catro avións, 10 motobombas, 20 brigadas, dúas pas e seis axentes. Desta forma, xa é o de maior superficie arrasada nesta campaña de alto risco na Galiza, ao superar --con datos provisionais-- as 144 hectáreas calcinadas no incendio de Verín (comarca de Monterrei), que permanece estabilizado --aínda sen control--. Neste último traballaron 10 helicópteros e nove avións, entre outros. 1 de xullo principiou a campaña de alto risco de incendios. Fíxoo cun conflito laboral aberto entre a Xunta da Galiza e mais o persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) e cun mínimo de 133 Concellos sen os correspondentes e obrigatorios plans de prevención contra os incendios aprobados.
NOS_55670
Un emigrante galego, Bernardo Bargo Gómez, foi no inicio do século XX unha persoa moi coñecida entre as policías de varios países de Iberoamérica. A súa rebeldía confrontárao coa sociedade do tempo en que viviu. Primeiro como un home humilde que cometía pequenos delitos; máis adiante como rebelde consciente e militante anarquista. En todo momento e lugar, un desconforme, un inadaptado.
Ao longo das dúas últimas décadas do século XIX, o médico e criminalista italiano Cesare Lombroso desenvolveu as súas teorías sobre a delincuencia. Entre as súas teses destacaba a que asumía a existencia dos chamados criminais natos, que se correspondían con aquela parte do corpo social constituída por persoas especialmente propensas para conductas desviadas da norma e polo tanto executoras de feitos constitutivos de delito. Unha vez adoptada esta categoría, Lombroso teorizou sobre a existencia de caracteres definitorios deses criminais natos, entre os cales estaban tamén algúns trazos fisionómicos que pertencían en exclusiva aos criminais natos. O propio Lombroso foi aínda un pouco máis alá ao incluír entre os criminais natos os anarquistas, teorizando sobre a existencia de caracteres innatos entre os activistas revolucionarios que na altura recorrían ao atentado ou á acción violenta. Moi pouco tempo despois da publicación da obra Os anarquistas (1894), en que Lombroso expón estas ideas, o vigués Ricardo Mella asumiu a refutación das súas teorías. O teórico libertario galego decatouse dos negativos efectos que as teorías lombrosianas terían sobre o movemento anarquista, tanto a nivel de opinión pública como de xustificación para a acción represiva do Estado, xa de por si abondo expeditiva. En 1895 comezou a escribir a súa refutación do criminalista italiano e finalmente, en 1896, Ricardo Mella publicou Lombroso e os anarquistas (1896) co obxectivo declarado de dar a batalla desde o campo das ideas á obra do médico e criminólogo italiano. Nunha liña semellante á de Mella, o anarquista italiano Pietro Gori emprendeu en Buenos Aires a súa propia refutación das teorías lombrosianas. Gori tiña unha sólida formación xurídica (estudara Dereito e a súa tese doutoral fora A miseria e o delito), polo que dirixiu o seu campo de actuación cara ao ámbito científico, profundizando nos traballos da chamada escola italiana do dereito penal, que poñía o acento nas circunstancias sociais como factor esencial para a formación do delincuente. Malia a súa condición de exiliado, Pietro Gori conseguiu facerse un lugar entre a intelectualidade arxentina e promoveu a edición da revista fundacional do positivismo criminolóxico arxentino: a publicación Criminología Moderna, que comezou a súa andaina en novembro de 1898. A vocación científica da publicación era evidente, xa que contaba cunha extensa nómina de colaboradores estranxeiros, maioritariamente italianos, entre os que figuraban Enrique Ferri ou o propio Cesare Lombroso; de entre os colaboradores locais destacaban os doutores José María Ramos Mejía e José Ingenieros, que se fixo cargo posteriormente da dirección da publicación. A intención de Gori non era unicamente a de refutar o ataque ao anarquismo que fixera Lombroso; ao estabelecer as condicións socio-económicas como o factor clave para a aparición da criminalidade, estaba ligando o seu pensamento criminolóxico ás súas ideas anarquistas sobre a supresión da propiedade e o estabelecemento dunha sociedade sen clases para a resolución do problema social. Nos meses de xaneiro e febreiro de 1900 Criminalogía Moderna contaba cunha orixinal colaboración do emigrante galego Bernardo Bargo Gómez. O curioso da súa participación na revista consistía en que nos dous artigos que publicou baixo o título de "Documento humano", era o propio Bargo o que daba conta da súa vida para colocarse como un caso de estudo para a antropoloxía criminal. Nos artigos Bargo contaba a historia de como caeu na criminalidade polas carencias educativas e as situacións de miseria que tiña padecido, e como saíu dela nun proceso de rexeneración social da man do coñecemento da socioloxía e das ideas anarquistas. Bernardo Bargo nacera no lugar de Lugo, en Toxosoutos-Lousame, o 22 de abril de 1870, no seo dunha familia campesiña. Na súa localidade natal asistiu á escola até os 15 anos, en que foi expulsado a consecuencia das faltas de asistencia como resultado da súa participación nos traballos agrícolas coa súa familia. Pouco despois, embarcou con pasaporte falso cara a Buenos Aires, a onde chegou o 27 de novembro de 1887. Na capital arxentina desempeñou varios oficios nos que non conseguiu estabilidade polas súas carencias no ámbito educativo e falta de experiencia profesional. Aos poucos, comezou a cometer pequenos roubos e a estreitar tratos con persoas do mundo da delincuencia; como consecuencia, entrou na cadea por vez primeira en 1888, por un roubo de galiñas. Os anos que seguiron foron un ronsel de episodios de pequena delincuencia, vida na marxinalidade e tropezos coa xustiza. En 1890 Bernardo era un dos primeiros clientes da Oficina Antropométrica de Identificación da Policía de Buenos Aires, creada en maio de 1889. Esta oficina respondía as novas tendencias na investigación policial, entre as que destacaba pola súa novidade o chamado bertillonage (polo policía francés Alphonse Bertillón, o seu iniciador): a creación de ficheiros fotográficos de delincuentes que servisen como base de datos para a comprobación de antecedentes. Esta novidosa técnica conectaba en parte coas teorías lombrosianas, pois as fichas fotográficas policiais incluían toda unha serie de datos de caracterización fisionómica que permitían a análise antropomórfica que propoñía o criminalista italiano para distinguir os chamados criminais natos. O propio Bargo lembraba que pouco despois pasaba tamén pola Oficina Antropométrica de La Plata, mellor instalada que a de Buenos Aires, onde ademais de fotografías tomáronlle tamén as pegadas dixitais. Na altura de 1895, comezou a facer lecturas sobre temas de socioloxía e anarquismo, e comezou a falar delas aos seus coñecidos; o propio Bargo recoñecía que naquela altura aínda non o facía con moito fundamento. Tamén denunciou na prensa arxentina algúns episodios de brutalidade policial que tiña padecido. Se antes era coñecido polo alcume de "El galleguito", rapidamente comezou a ser coñecido tamén como "El anarquista". Naquela época tomou contacto coa publicación anarquista La Protesta Humana e foi probabelmente a través dela como contactou con Pietro Gori. Malia que a súa vida tiña cambiado totalmente e estaba abandonando os ambientes marxinais e o mundo da delincuencia, a finais de 1899 foi novamente detido por unha antiga denuncia no departamento de policía de La Plata e desde alí asinaba aqueles apuntes autobiográficos para Criminalogía Moderna. Malia os esforzos de Mella e Gori, e a singular contribución de Bargo, as teorías de Lombroso constituíron parte da andamiaxe das novas leis represivas aprobadas para a persecución do activismo sindical e social por todo o mundo. En novembro de 1902, o Parlamento arxentino aprobaba a Lei de Residencia, que outorgaba ao Goberno amplos poderes para decretar, sen tutela xudicial, a expulsión de inmigrantes que "comprometan a seguridade nacional ou perturben a orde pública". E a lei aplicouse de inmediato para tentar rachar o ciclo de mobilizacións obreiras que culminaran coa gran folga xeral do 22 de novembro. Nas seguintes semanas comezou unha deportación masiva de militantes anarquistas. Non son poucas as obras que lembran a deportación no vapor Reina María Cristina dun grupo de dez militantes libertarios, entre os que estaban entre outros os galegos Adrián Troitiño e o xornalista Julio Camba; mais pouco se sabe de que o 8 de decembro de 1903 partía no vapor Espagne outro grupo de seis expulsados, entre os que ía tamén Bernardo Bargo Gómez. Aínda que Bernardo Bargo Gómez é un completo descoñecido na súa terra, en tempos as forzas de policía, a opinión pública, e mesmo unha parte da comunidade científica de Iberoamérica, tiveron noticia do seu tránsito por Arxentina, México e o Brasil Desde Barcelona, Bargo foi conducido preso primeiro até A Coruña, e despois a Santiago. Unha vez en liberade estabeleceuse na Coruña, onde viviu en San Roque e comezou a traballar facendo cestos, mais o seu carácter rebelde non tardou en topar novamente coa xustiza. En xullo de 1903 foi detido por se negar a descubrirse diante dunha procesión na praza de María Pita e comezou contra el un proceso por perturbación do culto católico; a súa situación complicouse con outra denuncia por atentado, ao respostar a unha agresión dun vixilante do cárcere, e tamén polo feito de ter pendente aínda cumprir o servizo militar. Nos inicios de 1904 aínda estaba na cadea, e sen que haxa constancia de cando foi posto en liberdade, si que sabemos que en canto puido Bargo puxo mar de por medio e marchou novamente da Galiza, vivindo en México polo menos desde febreiro de 1905 até abril de 1910. Neste período traballou como profesor nunha escola nacional en Ixtlán del Río, perto da costa do Pacífico, e colaborou co xornal anarquista coruñés Germinal, co que mantiña correspondencia a través do xastre anarquista José Sanjurjo, con quen mantivera amizade nos tempos do seu paso pola Coruña. Mais tampouco en México atopou a paz que buscaba, pois padeceu a persecución dos clericais locais, que promoveron a súa detención e o seu cesamento no posto de mestre, polo ensino laico que levaba adiante na escola. Neses anos Bargo tentaba tamén retomar o contacto cun irmán seu, Roque Bargo, do que tiña noticias de que traballaba como camareiro en La Habana; o xornal anarquista cubano ¡Tierra! publicou varios chamados seus pedindo novas do seu irmán, mais finalmente a Sociedad de Dependientes de Café informouno no mesmo medio que se o seu irmán estaba en Cuba, non estaba asociado ao sindicato do seu gremio. Na década de 1910 a súa vida parecía definitivamente ligada ao ensino laico, aínda que sempre estivo marcada pola vixilancia das autoridades dos diversos países onde tentou estabelecerse: novamente probou sorte na Arxentina, mais o expediente que tiña non favoreceu a súa integración; por segunda vez, Bernardo Bargo foi expulsado cara a Barcelona o 20 de xaneiro de 1912; da capital catalá foi para A Coruña en abril do mesmo ano. Nesta época hai constancia da súa participación en conferencias tanto en Barcelona, na Sociedad de Cultura Racional, como en Compostela, onde falou sobre a organización racional do traballo. En maio de 1914 padeceu unha nova detención en Chiclana (Cádiz), cando se dirixía á localidade de Paterna (País Valenciá), onde ía facerse cargo dunha escola racionalista. As últimas novas sobre a súa traxectoria aparecían pouco despois no Brasil, primeiro como colaborador do xornal O Operario de Sorocaba no final de 1912. Máis adiante seguimos a súa historia por unha nova detención en São Paulo no outono de 1914. A prensa brasileira informaba que por unha denuncia fora detido na pensión onde se aloxaba, e posteriormente foron comprobados os seus dados no Gabinete de Identificação de Rio de Janeiro: o departamento da policía carioca informou telegraficamente que Bernardo Bargo Gómez figuraba nos seus rexistros, reflexando unha detención anterior en xaneiro de 1913 e transmitindo un voluminoso expediente da Sección de Investigación da policía de Buenos Aires, que informaba de que tiña usado os nomes supostos de Ignacio Álvarez, Manuel Laré, Roque Gutiérrez e Ignacio González, de que era chamado polos alcumes de "El galleguito" e "El anarquista" e de que fora detido nunha decena de ocasións na década de 1890 e noutras dúas ocasións no ano 1911, que fora deportado da Arxentina en decembro de 1902 e novamente en xaneiro de 1912. Finalmente, a derradeira nova que temos do noso protagonista é que resultou detido en São Paulo en agosto de 1917 nunha confusa operación policial en que se mesturaba a folga xeral cunha redada nos ambientes da pequena delincuencia. Despois a súa vida perdeuse na néboa… Aínda que Bernardo Bargo Gómez hoxe é un completo descoñecido na súa terra, en tempos as forzas de policía, a opinión pública, e mesmo unha parte da comunidade científica de Iberoamérica tiveron noticia do seu tránsito por Arxentina, México e Brasil, camiñando sempre nunha fina liña que circulaba entre a militancia libertaria, o ensino racionalista e o delito común.
NOS_44756
A asociación ecoloxista Adega pon a disposición da comunidade educativa unha selección de recursos didácticos elaborados pola organización, útiles, tanto para docentes como para o alumnado e tamén para familias, para orientar a formación en cuestión ambientais desde o fogar durante o período de corentena.
A listaxe de materiais inclúe iniciativas de conservación, custodia do territorio e temáticas como a contaminación, o aforro e a eficiencia enerxética, a xestión adecuada dos residuos domésticos ou a observación e o estudo da biodiversidade. Todos estes materiais están vinculados aos diferentes proxectos que ADEGA desenvolve como Proxecto Ríos, compostaxe caseira e comunitaria, Proxecto Cerna, Charcas con Vida, Lixo Mariño, Living River ou Especies exóticas invasoras. Para obter este material, Adega convida profesorado, nais ou paia a subscribirse ao envío dos contidos a través do correo electrónico [email protected] coa indicación "solicitude de material didáctico". A organización ecoloxista chama a aproveitar estas semanas de confinamento para facer introspección e reflexionar sobre como nos estamos a comportar co medio ambiente e co patrimonio colectivo, e como podemos contribuír, sobre todo desde o plano individual, a combater dentro da nosa comunidade outra grande crise á que nos enfrontamos, como é a crise climática ou ecolóxica global.
NOS_13745
O galego é a oitava vítima dos ataques terroristas de Londres.
Ignacio Echeverría é a oitava vítima dos atentados terroristas de Londres na pasada fin de semana. Após varios días de incertidume sobre o seu estado e paradeiro, Ana, a irmán de Ignacio, confirmou nas redes sociais que "Ignacio non sobreviviu ao momento do atentado". Engadiu, ademais, que até a sexta feira non poderá recibir o corpo. Este mozo de 39 anos de idade traballaba en Londres no banco HSBC. Naceu en Ferrol e viviu nas Pontes de García Rodríguez até os 18 anos. O sábado volvía de patinar canda uns amigos cando presenciou o intento de acoitelar unha muller. Os seus acompañantes fuxiron mais el intentou axudar a vítima. Cando os compañeiros volveron, viron o seu corpo no chan mais non puideron achegarse a el.
NOS_28752
O letrado Pablo Viana foi entrevistado na 'Radio Galega' a pasada semana. Ao comité intercentros da CRTVG desconcértalle "que unha semana despois a dirección da empresa non emitise ningún pronunciamento nin adoptase ningunha medida ao respecto".
O comité intercentros da CRTVG vén de lamentar, a través dun comunicado, o "silencio" da corporación de medios públicos da Galiza a respecto da entrevista emitida a pasada semana ao avogado Pablo Viana, que pediu cariño para Santi Mina e do que asegurou que tivo unha "mala noite". Viana pasou polos micrófonos do programa 'Zona Mixta' da Radio Galega na cuarta feira: "Isto foi unha mala tarde, unha mala noite, unha mala bebedeira; un erro. E por outro lado hai xente que se aproveita de que enfronte teñen a Santi Mina", dixo. "Desconcerta que unha semana despois a dirección da empresa non emitise ningún pronunciamento nin adoptase ningunha medida ao respecto", sinalan, ao tempo que reivindican como "urxente" e "necesaria" a elaboración dunha "guía ou libro de estilo con criterios claros que inclúa normas precisas e concretas para o tratamento nas informacións e programas da CRTVG da perspectiva de xénero e a violencia machista". O Celta aparta Santi Mina dos adestramentos após ser condenado Reclaman, aliás, a creación da figura da "editora en igualdade de xénero" e a formación dos profesionais da corporación neste ámbito. "Así o evidencia o papel xogado polo presentador do programa, que non só non soubo reaccionar e evitou recriminar as graves declaracións do letrado", censuran. O enfoque "errado" da entrevista, aseguran, "deu pé á valoración xenérica da sentenza por parte de Pablo Viana, máis alá da repercusión estritamente deportiva e a posterior deformación dos feitos probados e culpabilización da vítima". "A responsabilidade social corporativa non pode ser só un slogan comercial, mais un compromiso real e decidido coa igualdade e a tolerancia cero coa violencia de xénero", engaden desde o comité intercentros. As investigacións forenses reforzan a versión dunha presunta agresión sexual cometida por Santi Mina A dirección da CRTVG, subliñan, "debe asegurar que os profesionais dos medios públicos cumpran con este compromiso social esencial, para o que precisa investir nun plan ambicioso de sensibilización e formación, tanto básica como especializada, progresiva e permanente, de todo o seu persoal en igualdade de xénero e contra as violencias machistas". O persoal representado no comité tamén urxe a retirada da devandita entrevista da web da CRTVG e as súas canles dixitais, xa que o contido da mesma, salientan, "non pode ter cabida nos medios públicos galegos". [Esta información foi editada ás 19.04 horas tras atribuír, por erro, ao avogado de Pablo Viana a defensa legal de Santi Mina no xuízo sobre o caso de abusos sexuais]
NOS_57535
O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo acaba de finalizar unha nova intervención arqueolóxica na 'Cibdá' de Armea, no concello de Allariz, cunha estimación de superficie escavada de 300 metros cúbicos.
A Cibdá de Armea, un xacemento de orixe romana ocupado arredor do século I despois de Cristo e abandonado no III, xunto co Forno da Santa e o núcleo de Santa Mariña de Augas Santas converte a zona nun segundo casco histórico do concello de Allariz. Representantes municipais, encabezados pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, visitaron esta terza feira o xacemento na compaña de representantes da Universidade de Vigo e da Xunta, como o decano da Facultade de Historia, Julio Prada; o xefe de Servizo da Área de Arqueoloxía da Xunta, Roberto Pena; a xefa territorial da Consellaría de Cultura en Ourense, Sandra Quintas, e o director das escavacións, Adolfo Fernández. Allariz celebra o décimo aniversario das escavacións na Cibdá de Armea Os traballos no xacemento desenvólvense desde hai 12 anos mediante un convenio de colaboración entre o Concello de Allariz e a Universidade de Vigo e contan co financiamento da Xunta da Galiza e da Deputación de Ourense. Esta nova intervención comezou a mediados do mes setembro da man dun equipo de seis persoas, dirixido polo arqueólogo Adolfo Fernández, que traballou na ampliación da superficie escavada, a cal se estima que é de 300 metros cadrados. Segundo indicou o Concello de Allariz, nesta escavación atopáronse restos de edificacións romanas, así como vidro, cerámica e metais que actualmente están a ser analizados na Universidade de Vigo. A Cibdá galaico romana de Armea A campaña realizada rematou a escavación da Domus Norte onde se atoparon os seus muros exteriores, tamén outras estancias e diferentes zonas como adegas ou habitacións. Ademais, tamén se descubriu unha nova casa cun patio central, "o que indica a importancia deste asentamento romano do século I, con edificacións de dous pisos, que fai da Cibdá de Armea un referente a nivel arqueolóxico", sosteñen desde o Concello. O director da escavación, Adolfo Fernández, explicaba nunha entrevista a este xornal que a Cibdá Armea é un espazo habitacional romano, mais non un castro. No remate desta campaña, Fernández asegurou que o traballo na domus "abre un futuro novo de intervencións en zonas diferentes do poboado nas seguintes campañas". Adolfo Fernández: "A riqueza dos elementos arquitectónicos de Armea poderían indicar unha sociedade podente" Atopan unha estela funeraria de 2.000 anos Entre as pezas atopadas, o equipo destacou a descuberta do cumio dunha estela funeraria de 2.000 anos, o que indica a existencia dunha necrópole na Cibdá onde se enterraba a poboación de Armea, pero que aínda non está localizada. Roberto Pena, xefe de Servizo da Área de Arqueoloxía da Xunta da Galiza, agradeceu que se contara coa súa participación nun proxecto tan ilusiónante e que tan bos resultados está dando". Redescubrindo o xacemento de Armeá O director da intervención arqueolóxica informou de que nos próximos días comezarán os traballos de restauración e consolidación do escavado e, durante o resto do ano e até a próxima intervención de campo no xacemento, levarase a cabo un traballo de procesamento e catalogación de datos no laboratorio de arqueoloxía.
NOS_34665
CGT denuncia "falta de prazas" e pide un aumento de trens no eixo atlántico.
O sindicato a Confederación Xeral do Traballo (CGT) denuncia "falta de prazas" as sextas feiras e domingos debido á demanda de estudantes e tamén "a primeira hora da mañá" entre Vigo e Santiago/A Coruña, polo que pide un aumento de trens no eixo atlántico. Para iso, o sindicato remitiu unha carta ao xerente do servizo público de Renfe Viaxeiros na que solicita un aumento dos servizos ferroviarios. En concreto, refírese a situacións como as derivadas da demanda de estudantes, a apertura do centro comercial de Vialia na estación de Urzaiz o próximo día 30 e o incremento previsíbel tamén para o Nadal polas luces que se instalan na cidade olívica. E é que, segundo advirte CGT, Renfe "aínda mantén suspendidos trens que circulaban antes da pandemia". Desde o ano 2005 no que Adif inicia a súa actividade, tras a segregación de Renfe en dúas entidades, a perda de persoal foi unha constante, segundo denunciaban desde o propio persoal a comezos deste ano. A nivel estatal ás 224 baixas pola creación de Adif Alta Velocidade e as 844 do transvasamento da canle de venda a Renfe Operadora, hai que sumar a perda de 2.359 persoas traballadoras no período 2005-2020, das cales un 90% pertencían ao persoal operativo. Para os próximos anos, e cun persoal cunha idade media de 56, no período 2021-2024 prevese a baixa de 2.337 persoas traballadoras. "Perdeuse dous terzos do cadro de persoal", explicaba daquela a Nós Diario o presidente do comité de empresa de Adif na Coruña, Pedro Cano. A falta de persoal de Adif ten unha repercusión especial na Galiza, segundo sinalaba Juan Sánchez, da CGT. "A nosa estrutura ferroviaria precisa duns estándares de mantemento moito máis importantes, con máis horas que noutros territorios", indica, "temos vías moi vellas como a liña do Miño, a do interior de todo Lugo e a falta de cadro de persoal nos equipos de mantemento da infraestrutura ferroviaria é grave".
NOS_11817
A elección da foto gañadora está nas túas mans. Entra na páxina de facebook de Sermos Galiza, faite seguidora ou seguidor se non o es xa e, até o 3 de xullo, dálle ao "gústame" naquela fotos que queiras votar.
Comeza a semana de votacións do concurso "Sermos no obxectivo". Hoxe publicamos as fotos participantes neste álbum na páxina de facebook de Sermos Galiza. Até o 3 xullo poderán ser votadas, premendo no "Gosto" baixo a imaxe, coa condición de que a persoa que emita o seu voto sexa, ou se faga antes, seguidor ou seguidora da páxina. As fotos poderanse etiquetar e compartir pero só contarán os "Gosto" rexistrados na páxina de facebook de Sermos Galiza. Os resultados daranse a coñecer o día 15 de xullo. Os premios son os que seguen: subscrición dun ano de balde para quen obteña máis "gústame"; subscrición de balde todo un semestre para a que quede en segundo lugar, e subcripción gratuíta durante tres meses para o autor ou autora da terceira imaxe con máis "gústame". Con esta iniciativa, Sermos Galiza quere festexar o número 100 do seu semanario, que chegou aos quiosques no mesmo día que o concurso foi convocado, o 12 de xuño. Foron, en total, 27 as fotos que se presentaron, de estilos e en contextos diversos mais todas co elemento común requerido, o noso semanario, que podemos ver xunto á torre Eiffel, no estudo dun pintor, xunto ás cacharelas na noite de San Xoán, acompañando ao café, intentando ser lido por un gatiño ou unha cadeliña, ou cumprindo coas máis diversas e sorprendentes funcións. Todas elas amosan o que quizais sexa un dos máis importantes papeis de Sermos: o que desempeña no noso día a día.
NOS_34519
A Academia Galega do Audiovisual comunica que, dadas as novas restricións que entran en vigor esta terza feira, a entrega de galardóns adíase até o 10 de abril.
A Academia Galega do Audiovisual anunciou esta tarde que os XIX Premios Mestre Mateo quedan adiados até o mes de abril como resposta ás novas restricións que estipulou a Xunta pola evolución da pandemia que empezarán a aplicarse hoxe. "Consideramos que é a decisión máis responsable que podemos tomar, nun momento de crise sanitaria como o que estamos a vivir", explicaron desde a Academia. "Se a situación sanitaria o permite", a institución prevé anunciar as candidaturas finalistas o 10 de marzo. Así, a gala de entrega prevese para o 10 de abril. No entanto, a mudanza obrigada pola Covid-19 non afectará a estrutura do evento nin a cuestións que xa estaban fechadas como que a dirección estará a cargo do director teatral e actor Tito Asorey. A humorista e actriz Lucía Veiga encargarase de presentar o espectáculo, que poderá ser seguido a través da TVG. "Realizaremos novos anuncios sobre as actividades que acompañarán aos XIX Mestre Mateo cando a data estea próxima ou se se producise algunha novidade", engadiron as mesmas fontes. Os galardóns contan co apoio do Concello da Coruña, a Deputación, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da CRTVG.
NOS_42865
Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Esta semana visitaremos Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía de Arousa.
Sermos Galiza continúa o seu percorrido ao longo da Galiza para dar a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Até o 31 de xullo, necesitamos sumar 3 mil subscricións (non se aboará nada até 2019) co fin de facer realidade o diario o ano que vén. Con este obxectivo, e para resolver as dúbidas e recoller suxestións, Sermos Galiza segue a presentar o proxecto por todo o país. Así, o martes, día 26, visitaremos Vilalba da man do IESCHA, ás 20.30 horas na Casa da Cultura, onde intervirán Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA; Darío Xohan Cabana, escritor, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza. Tamén o martes, 26, e ás 20.30 horas estaremos en Marín, convidados pola A.C. Almuinha. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal e tomarán a palabra Mariola González, activista cultural; José Antonio Pazos, profesor, e Xoán Colazo, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. O mércores, día 27, ás 20.30 horas visitaremos Monforte convidados pola A.C. Castelao. A presentación será no Centro do Viño da Ribeira Sacra (rúa do Comercio, 6) e intervirán Ramón Rodríguez Vázquez, presidente da agrupación; Lois Dieguez, escritor, e Xoán Costa, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Á mesma hora, tamén o mércores, decorrerá o acto de Verín, convocado polo Foro Monterrei na Casa da Cultura, onde tomarán a palabra o escritor Alberte Blanco e a membro do Consello de Administración de Sermos Galiza Ruth Reza. O xoves, día 28, ás 20 horas estaremos no Multiusos do Barco de Valdeorras. Un acto que contará coas intervencións de Manuel Agra Vilar, profesor, e Roberto Vilameá Ponte, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Media hora após, o xoves, encetará a presentación de Foz, convocada pola A.C. A Pomba do Arco na Librería Bahía (Avenida da Mariña, 42). Falarán Xabier Grandío, membro da Pomba do Arco; Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, e Xoán Costa, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. O venres ás 20.30 horas comezarán as presentacións de Sada e de Vilagarcía de Arousa. En Sada convoca a A.C. Irmáns Suárez Picallo na Terraza e tomarán a palabra o historiador Manuel Pérez Lourenzo e Xurxo Souto, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. En Vilagarcía a presentación terá lugar no local do Faiado da Memoria, entidade organizadora, na praza da Ravella, 27, 1º. Falarán Xosé Castro Ratón, activista cultural; Antón Mascato, editor, e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza. Ás 21 horas do venres estaremos no Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira, convidados pola A.C. Afonso Eanes e pola A.C. Os Gazafellos do Val. Intervirán Belén Bouzas, integrante da A.C. Afonso Eanes; Xan Solo, membro da A.C. Os Gazafellos, e Manuel da Cal, membro do Consello de Administración de Sermos Galiza. Os últimos actos de presentación terán lugar en Carnota, o sábado, día 7 de xullo, ás 20 horas no salón de actos do concello, na Laracha, o sábado, 14 de xullo, ás 20 horas no local da Asociación Veciñal O Campo da Feira de Paiosaco.
NOS_35241
Aseguran "non gostar nada" da visita do presidente da Xunta a Madrid e denuncian que este se dobregue aos intereses de Génevo en troca de defender os de Galiza.
A visita de Alberto Núñez Feijóo a Madrid non foi moi ben acollida pol@s nacionalistas. Neste senso, o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, asegurou que desde a organización frontista non "agardamos nada" da xuntanza que desenvolverán ambos os dous líderes e denunciaron que perante "problemas que afectan a sectores económicos básicos" o presidente da Xunta de Galiza "actúe como un mero escudeiro en Galiza do señor Rajoy" en troca de defender os intereses d@s galeg@s. Neste senso, para @s nacionalistas "para pór estes problemas sobre a mesa" e que estes "sexan resoltos de maneira positiva" precísase outra actitude e non a que mantén Alberto Núñez Feijóo. Os escándalos que salfiren ao PP, volven ao ParlamentoO voceiro parlamentar do BNG anunciou que volverán inquirir ao presidente do executivo galego polos casos de corrupción que afectan diversos cargos públicos do Partido Popular e demandan a Núñez Feijóo que "asuma as súas responsabilidades" como presidente do PPdeG pois, asegurou Jorquera "para alén da retórica" o líder do executivo galego "non fixo nada para perseguir a corrupción". Neste senso, Francisco Jorquera lembrou que a Audiencia Nacional vén de fixar vínculos entre a trama Gürtel e a suposta financiación en negro do Partido Popular e exixe que Núñez Feijóo deixe de botar balóns fóra e dea explicacións polos escándalos de corrupción que están a ser investigados e que afectan ao seu partido en Galiza. Aliás, salientou o nacionalista, Núñez Feijóo "ocupou altos cargos desde o 91" ao tempo que "Crespo era vocal de Portos [en representación da Xunta] cando Feijóo era conselleiro de política territorial". Feijóo non cesou a Crespo, cerebro da Gürtel. O que fora secretario de Organización do PP galego non sería afastado do seu cargo até a chegada do goberno bipartito.
PRAZA_12083
O ministro Luis de Guindos anunciou que as familias con todos os seus membros activos en situación de desemprego poderán acollerse á dación a través dun cambio de lei. Pero a lexislación non se vai mudar e as propostas do Executivo non son vinculantes
As entidades bancarias sométense ao código de bo goberno corporativo ou crean departamentos de responsabilidade social, pero nada impide que teñan sociedades en paraísos fiscais ou que teñan unha política de comunicación ben opaca. Agora os bancos e caixas van ter outro código de conducta, non vinculante, co que o Goberno pretende suavizar as condicións hipotecarias que padecen millóns de familias en España. O ministro de Economía, Luis de Guindos, elevou esta iniciativa a rango de lei cando só será un catálogo de recomendacións. A lei será modificada para cambiar unha definición: a do colectivo en exclusión social A nota de prensa do ministerio di o seguinte: "Economía anuncia medidas para solucionar el problema de los desahucios". O Goberno central apunta, asemade, que o que propuxo esta mañán Luis de Guindos foron "cambios normativos" de cara a solucionar os desfiuzamentos. Pero non será así. A lei será modificada para cambiar unha definición: a do colectivo incluído no limiar de exclusión social. Nesta situación estarán as unidades familiares con todos os seus membros en paro e cuxa vivenda obxecto de execución sexa primeira e única residencia. "En todo caso, estableceranse as cautelas necesarias para evitar situacións de abuso ou fraude". De Guindos misturou o cambio normativo (dunha definición) coa problemática da dación en pagamento Isto é, a comparecencia de De Guindos misturou o cambio normativo (dunha definición) coa problemática da dación en pagamento. Este segundo aspecto non se modificará por lei. O Partido Popular xa votou en contra, durante a pasada lexislatura, de varias mocións que solicitaban a implantación desta posibilidade, existente nos Estados Unidos. "Recóllese tamén a posibilidade de permitir a dación como medio liberatorio da débeda para os mesmos casos de exclusión social. Haberá un período de carencia para o desaloxo da vivenda que podería situarse en dous anos, prorrogable en determinadas circunstancias, nos que o debedor satisfaría unha renda á entidade", apunta a nota oficial do Ministerio. Nada que ver, xa que logo, co titular que se coñeceu este mediodía. En calquera caso, este código de boas prácticas será de adopción voluntaria.
NOS_41411
O día despois do debate a 4, Pilar Cancela quixo mostrar cercanía con Podemos, de quen dixo partillar "máis identidade programática" que con outras formacións. No entanto, invocou a "cifra máxica" dos 176, a maioría absoluta. Se non a reúnen con Podemos, o PSOE continúa a pensar no pacto con Cs.
Cancela -candidata número 1 por A Coruña ao Congreso, presidenta da xestora do PSdeG e persoa da confianza de Pedro Sánchez- esforzouse por situar o seu partido nunha posición central no taboleiro: "Non imos pactar, nen imos apoiar nin imos permitir que exista un goberno do PP, de xeito tallante (...) mas tampouco imos pactar con independentistas que rachen o modelo constitucional", dixo aos meios antes de pasear, na compaña do portavoz socialista no Congreso Antonio Hernando, pola compostelá praza de Abastos. A única condición para que un pacto de esquerdas puidese callar, enfatizou, é que sumen a maioría absoluta da cámara, sen que fose preciso o concurso das forzas soberanistas A dirixente do PSdeG moveuse no marco do argumentario do seu partido. Xustificou o pacto con Cs en que ambas son "forzas do cambio", mais a seguir mostrou maior afinidade ideolóxica con Podemos. A única condición para que un pacto de esquerdas puidese callar, enfatizou, é que sumen a maioría absoluta da cámara, sen que fose preciso o concurso das forzas soberanistas, algo que, salientou, non aconteceu após o 20D. Para Cancela, o que resulta incoherente é que Podemos reclame agora o apoio do PSOE caso de este partido ficar na terceira praza cando a formación morada "votou co PP" para evitar no seu momento que Sánchez pilotase o que chamou "o goberno do cambio".
PRAZA_1962
O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa presidencia, reformada por efecto do novo regulamento parlamentario.
O oficialmente denominado como debate de política xeral e popularmente coñecido como "debate do estado da autonomía" ou "da nación" é unha das escasas ocasións nas que a atención mediática e -en menor medida- cidadá vira cara ao Parlamento de Galicia. As sesións que compoñen este debate son, a priori, as politicamente máis relevantes xunto ás do debate de orzamentos. O vindeiro mes de outubro o lexislativo galego acollerá o vixésimo segundo debate de política xeral da historia da autonomía e xa é practicamente seguro que no 2016 non o haberá, así como en ningún outro ano no que se celebren eleccións autonómicas. A comezos do pasado agosto o Parlamento aprobaba o seu novo Regulamento, que saíu adiante cos votos dos grupos popular e socialista. O novo texto que rexe o funcionamento da Cámara inclúe referencia explícita aos debates de política xeral, que institúe con periodicidade anual, aínda que deixando fóra os anos electorais. "Con carácter anual -di o novo texto- o pleno celebrará o debate sobre política xeral da Comunidade Autónoma de Galicia". "Non haberá lugar a celebrar este debate cando no mesmo ano a Cámara investise o presidente ou presidenta da Xunta de Galicia". A lei coa que se modifica o Regulamento da Cámara implicaba a reforma doutro texto normativo, a lei reguladora da Xunta e da súa Presidencia. Esa modificación, publicada este venres no Diario Oficial de Galicia, blinda definitivamente a persoa titular da xefatura do Goberno de ter que comparecer nun debate deste tipo en ano de eleccións: "A Xunta solicitará anualmente no Parlamento, ao comezo dun dos períodos de sesións, a celebración dun debate de política xeral. Non haberá lugar a celebrar este debate cando no mesmo ano a Cámara investise o presidente ou a presidenta da Xunta", reproduce. O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa Presidencia, reformada polo novo regulamento do Parlamento Unha interpretación literal desta nova regulamentación implicaría que o debate de política xeral non puidese celebrarse despois das eleccións. Así, por exemplo, se os comicios son en outubro non habería lugar unha sesión deste tipo en novembro ou decembro -. Esa celebración sería, por outrabanda, practicamente imposible, dados os prazos da investidura. No entanto, unha amplicación un chisco máis ampla do texto permitirá, por exemplo, que en 2016 o actual presidente non teña que someterse a un debate destas características por ser o derradeiro ano da lexislatura e, polo tanto, estar previsto que se produza a elección e nomeamento dun novo presidente ou presidenta da Xunta. Así as cousas, no hipotético caso de que Alberto Núñez Feijóo non fose o candidato do PP nos vindeiros comicios, evitaría a defensa da súa xestión ante a oposición xusto antes de que outra persoa sexa o cartel electoral dos conservadores.
NOS_34739
A cantidade foi depositada por un total de 18 persoas.
A sección segunda da Sala do Penal acordou a liberdade provisoria de Rosalía Iglesias, muller de Bárcenas, una vez que depositou os 200.000 euros fixados para saír de prisión. A cantidade foi depositada por un total de 18 persoas. O auto xa foi remitido á prisión de Soto del Real. Agora, Iglesias ten como medidas cautelares a retirada do pasaporte, presentarse cada 15 días perante o xuíz e a prohibición de saír do Estado español. O extesoureiro do PP Luis Bárcenas e a súa muller, Rosalía Iglesias, mantiveron un encontro na prisión de Soto del Real ao pouco de entrar ela no cárcere, o que xerou malestar en sindicatos de funcionarios de prisións por entender que era algo "moi excepcional".
NOS_41865
Anunciaron a súa adhesión á folga convocada polos Comites Abertos e a Liga Estudantil galega para o 6 de febreiro.
A Plataforma galega en defensa do ensino público vén de facer un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que rexeite os plans do goberno galego que "reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa" a través do Anteproxecto da Lei de Mellora de Calidade Educativa (LOMCE). En conferencia de imprensa Elvira Lomba, presidenta das ANPAs de Lugo, anunciou a convocatoria de concentracións nas sete cidades galegas para o vindeiro día 31 de xaneiro a partir das 19:30 h. e a realización de debates e conferencias en todas as comarcas da Galiza. "Pediremos dos claustros dos centros que se posicionen sobre as medidas que pretende aprobar este goberno". Aliás apoian a folga convocada polos Comités e a Liga para o día 6 de xaneiro. Lomba denunciou que "o goberno galego non contou con nós para a realización desta lei polo que non estamos dispostas a aceptar a súa aprobación". Entre as accións que levarán a cabo está unha recollida de sinaturas nos centros contra a súa aprobación, "para darlle unha proxección máis social". Anxo Louzao, secretario xeral de CIG-Ensino, criticou na comparecencia diante dos medios de comunicación o segundo anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e os recortes que figuran no borrador dos orzamentos presentado polo goberno galego para 2013. "O preámbulo quedou maquillado neste segundo anteproxecto mais contén principios mercantilistas ortodoxos, afóndase máis na confesionalidade na relixión e recolle a españolización do noso ensino". Recortes no profesorado O secretario xeral de CIG-Ensino tamén denunciou a "actitude de imposición e falta de negociación e manifesta que 200 prazas de Infantil e Primaria son absolutamente insuficientes se consideramos que desde 2009 a destrución de emprego acadou os 3.000 postos de traballo". Segundo datos achegados por este sindicato a destrución de emprego aumentou ao non substituír as xubilacións "máis de 1.000 postos en 2011 e ao redor de 1.000 o ano pasado". por este motivo Louzao asegura que "o conselleiro minte cando afirma que dá as cifras posto que o 10% de crecemento non conta coa redución posterior a 2009".
NOS_14386
Dez xornadas, oito partidos, positivos na Covid-19, unha corentena... cando a situación para o Parrulo Ferrol de fútbol sala aparentaba non ter trazas de mellorar demostrou que segue vivo derrotando na casa o UMA Antequera e reengánchase de novo á loita pola permanencia após ser dado por morto.
Parafraseando o doutor Frankenstein no clásico cinematográfico de 1931, "está vivo!". Cando ninguén contaba xa con el a estas alturas de campionato, o Parrulo Ferrol de fútbol resucitou e logrou o seu primeiro triunfo ligueiro ante o Universidade Málaga (UMA) Antequera (6-3) logo de oito partidos sen coñecer a vitoria. O inicio dos galegos foi tan desastroso -sumou tan só dous empates e cinco derrotas en sete encontros- que parecía xa desafiuzado na loita pola salvación a pesar de estares aínda nunha fase inicial da competición. Non obstante, como o monstro de Frankenstein, ou Lázaro, levantáronse e non é que andasen, senón que correron, pelexaron e marcaron goles como nunca esta campaña para lograr sumar de tres en tres por vez primeira. Desde o mesmo comezo do partido a escuadra ferrolá monopolizou o control do balón, superando sen dificultades a presión dos seus rivais, conseguindo nos dous primeiros minutos de xogo adiantarse no marcador por 2-0 grazas a senllos tantos de Iago Rodríguez. O BeSoccer CD UMA Antequera cambiou entón radicalmente o seu estilo de xogo, adiantando as súas liñas e provocando que o gardameta local, Víctor Espíndola, tivese que realizar varias intervencións de mérito, que non foron abondo para evitar que Alvarito recortase distancias cunha falta directa no minuto cinco. Co partido completamente tolo, o Parrulo mantivo a concentración, non baixou os brazos e conseguiu grazas a Miguel un terceiro tanto, estabelecendo o 3-1 co que se chegaba ao tempo de descanso. Unha vez reanudado o encontro continuaba a tónica favorábel aos intereses galegos, pois Ique marcaba o 4-1 logo dunha maxistral asistencia de Adri que practicamente sentenciaba o duelo. Con todo, foron quen de aumentar a vantaxe até 6-1 da man de Isma e do propio Adri, quen transformou un claro penalti cometido por Raúl Canto sobre Miguel, quen recibiu un forte empurrón dentro da área. Corría entón o minuto 37 e parecía que o partido remataría así, mais a lóxica relaxación levou a que case sobre a sirena os andaluces recortasen distancias até estabelecer o 6-3 definitivo. Estes tres puntos non son suficientes para que o Parrulo abandone a posición de fechacancelas, mais queda a só un punto da permanencia, e podería dicir adeus aos postos de descenso se consegue derrotar un irrecoñecíbel Fútbol Club Barcelona, penúltimo clasificado, o vindeiro domingo 22 ás 19 horas no Palau Blaugrana. O Burela cae co El Pozo A situación do Burela Pescados Rubén, o outro representante galego na Liga Nacional de Fútbol Sala, é bastante máis tranquila que a do Parrulo Ferrol, a pesar de caer derrotado na última xornada co poderoso El Pozo Murcia (2-1). Empezou moi ben a escuadra da Mariña, sorprendendo o porteiro do El Pozo no minuto tres de partido. Giasson gañou a pugna polo balón na banda das filas murcianas e serviullo a Pitero, quen converteu logo de sortear Juanjo. Mesmo minutos despois o pau evitou o que puido ser o segundo tanto dos laranxas. Paradynski conseguiu a igualada a cinco minutos para o descanso, cazando un rexeitamento do pau desde o saque de curruncho, aínda que a estratexia a punto estivo de dar o segundo para os galegos no último minuto, cun remate de Javi Rodríguez que marchou fóra por moi pouco. Lamentabelmente para os seus intereses, Paradynski anotaría o segundo e definitivo tanto da vitoria para un Pozo Murcia que adianta así un Burela Pescados Rubén que ocupa a sétima praza con 12 puntos, aínda que a tan só tres do terceiro clasificado, Jimbee Cartagena.
NOS_22061
Máis de medio milleiro de sinaturas de traballadoras e traballadores da CRTVG reclaman á dirección do ente público o "inmediato arquivo" do expediente disciplinario aberto contra a presentadora Tati Moyano. "Cómpre proceder á súa rehabilitación pública e profesional", afirma o comité intercentros nun comunicado.
562 sinaturas significan que a maioría do cadro de persoal da compañía -na actualidade conta con arredor de 950 persoas- entende que a dirección, encabezada por Alfonso Sánchez Izquierdo, "está a someter a compañeira Tati Moyano a un proceso exemplarizante e sen precedentes na historia dos venres negros". A Dirección de Recursos Humanos da CRTVG abriu o expediente o pasado xullo en base a unha estraña e inaudita acusación contra Moyano: maquillarse cos medios da televisión pública para presentar unha gala benéfica contra o canco. Nese acto, ao que asistía o presidente da Xunta, a presentadora defendeu "a pluralidade dos medios públicos de Galiza". O comité intercentros, que agrupa a representación sindical da radio e da televisión públicas galegas, asegura que "a apertura do expediente é unha represalia irracional e unha persecución da dirección da CRTVG ás xornalistas que non comungan coa liña informativa da canle pública" e súmase á petición dos 562 asinantes. A manifestación en defensa dos medios públicos do pasado 8 de setembro foi un punto de inflexión nas mobilizacións continuadas que, desde hai meses, realizan as emrpegadas e empregados da CRTVG. Os #VenresNegros contra a manipulación informativa e control que o PP exerce sobre a empresa pública son das máis vistosas e constantes.
NOS_11482
En Diluvio a aposta polos ritmos de fusión xa é completamente decidido: sintetizadores, percusión electrónica e guitarras cobran protagonismo envolvendo unhas letras ateigadas de conciencia social e de reivindicación da identidade feminina e galega.
Escribir arredor dun disco sobre o que todo o mundo ten xa unha opinión -principalmente a xente que non o escoitou- resulta complicado. Un fenómeno social como o que se creou arredor das Tanxugueiras ten implicacións que inflúen dunha maneira ou doutra na recepción, provocando que, ao final, a música non sexa máis que unha escusa sobre a que proxectar o xuízo que cada quen se fixo sobre o novo traballo do trío. Diluvio / Tanxugueiras / Calaverita Records / 2022 / Doce pezas / 16,95 euros É especialmente difícil, ademais, porque as tres mellores bazas de Diluvio -"Midas", "Figa" e "Terra"- foron os tres adiantos empregados como artillaría no medio da vehemencia que se deu durante as eliminatorias para Eurovisión, as tres pezas que mostraban unha transición que este disco, dalgunha maneira, termina de confirmar. O sinxelo escollido para promocionar o disco, "Fame de odio" non resulta tan descritivo do seu contido como calquera desas tres cancións xa coñecidas, e talvez a potente "Arica" daría mellor a medida do que Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro queren alcanzar co seu terceiro álbum. Mais iso resulta secundario ante o que realmente se xoga aquí: a consolidación dun estilo propio que as separa das pandereiteiras que comezaron sendo. Os anteriores Tanxugueiras e Contrapunto eran discos dun grupo de música tradicional cuns toques de modernidade que lle achegaban atrevemento e descaro á súa música. En Diluvio a aposta polos ritmos de fusión xa é completamente decidido: sintetizadores, percusión electrónica e guitarras cobran protagonismo envolvendo unhas letras ateigadas de conciencia social e de reivindicación da identidade feminina e galega. E o realmente interesante é que a nova raíña non suplanta a antiga: a raíz segue presente. Non se trata dun cambio, senón dunha metamorfose que permite estabelecer pontes entre a orixe e o destino. E un tema como "Sorora" está aí para lembrar de onde partiu todo. Andamos a voltas coa identidade e -por moito que pareza extemporáneo a estas alturas- hai un movemento que leva unha parte da música galega a un lugar onde se asume que o moderno e o propio non son incompatíbeis. E Tanxugueiras está pelexando por liderar esa corrente ou, polo menos, por facer relevante o seu discurso dentro dese devir. A conmoción que causa Diluvio é menor do que provocou Contrapunto, pero porque o impacto se dilatou durante meses. Se puidésemos obviar todo o ruxerruxe que precedeu a súa saída ao mercado, decatariámonos de que é un traballo arriscado e valente, e que resulta imprescindíbel que a música galega contase cun disco destas características.
PRAZA_20854
Os peches perimetrais individuais atinxen aos 60 concellos en nivel máximo de restricións e mais ás 3 cidades que quedan en nivel alto: Vigo, Pontevedra e Lugo. A hora de peche máxima para o comercio pasa a ser as 21:30
Apenas unha semana despois de erguer os peches perimetrais para propiciar encontros no día de Reis e cando transcorreron pouco máis de dúas do levantamento destas limitacións de mobilidade nas celebracións de Noitevella e Aninovo, o Goberno galego frea de vez a desescalada emprendida xusto antes da ponte da Constitución. Faino co que, a efectos prácticos, é o paquete de medidas máis estrito dende o desconfinamento da primavera do pasado 2020.Os peches perimetrais individuais atinxen aos 60 concellos en nivel máximo de restricións e mais ás 3 cidades que quedan en nivel alto: Vigo, Pontevedra e LugoDende este venres, 15 de xaneiro, todos os concellos de Galicia pasan a estar no nivel alto ou máximo de restricións, segundo o esquema de medidas vixente en Galicia dende comezos de decembro, aínda que con algunhas variacións. Ademais, nos 313 municipios, o toque de queda abeirado no vixente estado de alarma adiántase das once ás dez da noite e seguirá finalizando ás seis da mañá seguinte.Na xornada en que o país bate un novo récord de positivos rexistrados en 24 horas -con máis de mil por primeira vez-, o presidente da Xunta anunciaba que dende as cero horas do venres un total de 60 concellos pasan a estar en nivel máximo de restricións, o que implica -entre outras medidas- peche perimetral individual e cesamento ás seis da tarde da actividade hostaleira, que terá que limitarse ás terrazas. O servizo a domicilio segue sen límite de horario. Tamén supón limitar a 4 as reunións de persoas non conviventes.Alén das restricións da hostalería, o Goberno galego confirma que nos municipios en nivel alto volverán ter que pechar as salas de xogo e apostas. Ademais, nos centros comerciais a capacidade queda restrinxida ao 30% e a permanencia en espazos comúns, prohibida.Concellos de nivel alto e outras restricións xeraisO Goberno galego inclúe tamén nos concellos con peche perimetral as tres cidades ás que, polo momento, deixa fóra do nivel máximo de restricións, situándoas no alto: Lugo, Pontevedra e Vigo. Non obstante, adianta Feijóo que no caso pontevedrés e vigués non é descartable o ascenso ao nivel máximo por mor da súa situación epidemiolóxica. Subliña Feijóo que, coas novas normas, algo máis do 60% da poboación galega se sitúa en concellos baixo peche perimetral e, practicamente a metade, en municipios co nivel máximo de restricións.A hora de peche máxima para o comercio pasa a ser as 21:30Nos demais concellos de nivel alto de restricións, este xa non implica peche perimetral, concreta o presidente da Xunta, e pode haber movemento entre eles sen máis limitacións que as xerais. Entre esas limitacións xerais para o conxunto de Galicia destaca un novo límite para o peche de todos os establecementos comerciais nas 21:30, en consonancia co adianto do toque de recollida ás dez da noite. Ademais, resalta Feijóo que o peche perimetral de Galicia continúa sen mudanzas e que o Goberno galego pasa a incluír como "recomendación" algunhas directrices como "que se recupere ao máximo o teletraballo" ou pedir que nos domicilios particulares só estean persoas conviventes.Esa directriz sobre os encontros en domicilios privados queda en recomendación porque, evidencia Feijóo, a Xunta non ten competencias para vetalos ou intervir neles, "lamentablemente". Nesta liña, o xefe do Executivo galego insta a non "trasladar" a actividade que habitualmente se realiza nos bares ás casas particulares. A petición, subliña, non é outra que non saír da casa agás para actividades "esenciais", denominación na que inclúe acudir ao traballo ou á escola ou a unha cita médica. Sobre os centros sanitarios, ademais, as visitas hospitalarias quedan limitadas a unha persoa por doente, como xa se fixera en anteriores momentos da pandemia."A interacción social do Nadal era actividade de risco"Como nos días previos, Alberto Núñez Feijóo encadra o novo paquete de restricións nuns "datos que confirman o que previamos" como consecuencia dos encontros das festas do Nadal, Aninovo e Reis. A Xunta, mantén, "sabía" que "a interacción social vinculada ao nadal era unha actividade de risco" se implicaba "reunións fóra das contornas familiares". Por iso, defende, o seu Goberno levantou os peches perimetrais "exclusivamente para facilitar" reunións entre familias.A Xunta prevé que a necesidade de "máxima prevención" se prolongue, cando menos, ata "mediados de febreiro""A terceira vaga que sofren practicamente todas as rexións europeas e a maior parte dos Estados está tamén afectando a Galicia e iso obríganos a todos a afrontar a situación coa máxima responsabilidade"; di Feijóo, quen expón que "probablemente", a necesidade da "máxima prevención" continúe, cando menos, ata "mediados de febreiro". "Se actuamos como o imos facer, poderiamos adiantar o pico" da nova vaga pandémica "a finais de xaneiro ou á primeira semana de febreiro" pero se non, asegura que o comité clínico calcula un "pico" máis forte a finais de febreiro e unha "ocupación hospitalaria que podería chegar aos niveis de abril".Afirma Feijóo que a Xunta non "ignora" que estas novas medidas implican "efectos durísimos para determinados sectores, moitos empregos, negocios e o futuro de centenares de familias" e por iso, di, o Executivo ultima novas liñas de apoio á hostalería, onde presenta as novas limitacións como "inevitables". "Non hai máis contaxios nos bares que nas reunións familiares" e mesmo "pode haber menos", pero "se temos que elixir entre unha UCI colapsada e os bares pechados, a nosa obriga moral, ética e política é que as UCI non se colapsen", mantén.
NOS_20407
Presentou a renuncia o mesmo día en que o PP rexeitou debater no Parlamento sobre o seu cesamento, tal e como pedían os grupos da oposición. Levaba no cargo desde o 2007 e concluía o mandato dentro de dous meses
"Na data de hoxe presento a miña renuncia ás funcións que desempeño como Valedor do Pobo por designación do Parlamento de Galiza". Con estas palabras, e tan só unhas horas despois de que o PP apoiase coa súa maioría absoluta que Benigno López rematase o seu mandato de cinco anos, o alto comisionado presentou a súa demisión no Hórreo despois da marea de críticas que lle caeron enriba polas declaracións en que apostaba por unha "suspensión temporal" da aplicación da Lei de Dependencia e amparaba os recortes emprendidos desde Madrid, cualificándoos de "imprescindíbeis, xustos e necesarios". Así, aínda nesta terza feira, o PP rexeitou a inclusión dun debate no pleno do Parlamento para discutir o cesamento de López, tal e como o pediran os grupos da oposición, deixando claro que a postura da formación conservadora será "oporse" á saída do alto comisionado, de quen defenderon que cumpriu co seu labor estatutario. Mentres, PSOE e BNG puxeron sobre a mesa dúas posibilidades para axilizar o cesamento, que pasaban por incluír un punto na orde do día do vindeiro pleno --PSOE-- e por facer o propio na Comisión de Peticións --BNG--. Porén, a Mesa do Parlamento --o órgano reitor onde contan con representación todos os grupos-- decidiu que non se convocaría "de momento" a devandita Comisión que reclamaba a formación frontista. Benigno López, que deixa o seu cargo a tan só dous meses de finalizar o mandato, foi nomeado en 2007 por unanimidade dos tres grupos parlamentarios, a proposta do PSOE. As apelacións ao esforzo da cidadanía por afrontar as tesoiradas nos dereitos sociais contrastan con algunhas das decisións que tomou á fronte desta institución, como a compra dun carro oficial de alta gama que custou case 63.000 euros dos 70.800 que estaba disposto a gastar, segundo informou a prensa española uns días despois das polémicas declaracións do xa ex Valedor. No que respecta ao orzamento con que contaba a institución, este era un 8.5% maior que antes do nomeamento de López, dispondo neste ano de 2.027.945 euros, 157.000 máis que hai cinco anos. O soldo do Valedor superaba os 70.000 euros brutos ao ano.
NOS_44627
Só xorden árbores se medran as raizames. Os capilares subterráneos expándense polo poemario até tomalo, como se espallan as redes e todas as producións das que tecen, ás veces na escuridade, sabendo que son tamén para outras. A estrutura divídese en apartados dedicados a unha tecelá, desde Louis Bourgeois até Sojourner Truth, Emma Goldmann, Malala ou Rosalía de Castro, das que se inclúe unha cita no comezo.
Cada poema recolle un fragmento desa cita que a autora converte en doa dunha nova cadea. A cada chanzo ábrese outra fiestra coa que interactuar, situada ao lado dos elos tecnolóxicos, como os códigos QR desde os que vemos videopoemas, até os enderezos YouTube desde os que o diálogo, como acontece na sección dedicada a Kate Millet, incorpora o paralingüístico, mesmo nas anotacións que xorden cando se preme a pausa. Árbores no deserto / Rosalía Fernández / Rial / Galaxia / 2020 / 124 páxinas / 15 euros No libro, como no pensar, prima o movemento: "a rotación terrestre polo eixo da vertical que trazan as túas ideas, do cranio aos pés". Todo está en órbita. Amósano as escollas léxicas e o ritmo. Gravitan os corpos celestes e os corpos das mulleres, aínda que as obriguen a andar "co uniforme / da fila india". Conxúgase o orgánico, a forza natural do torrente, cunha vontade de cosmoloxía. Existir e explicarse. Porque por riba da especie, para ser muller imponse o coñecemento. Na obra aparecen moitas respostas á pregunta rosaliana (de Castro) sobre a identidade das que din que teñen alma de muller. Non obstante, a imposición da pescuda, como lle acontece a María Zambrano, e o impedimento paterno para ser determinadas cousas, fan que agrome o ser reflexiva: "medroume dentro a filosofía, / último auxilio das exiliadas". Ver doutro modo estimula o especulativo, mais tamén a creación. O Producir na terra e o producir na arte, xa que ser muller non deixa de ser outro tipo de produción. Tamén producir cos materiais que se usaron antes. A intertextualidade faise solidaria, como amosa unha sorte de cadáver exquisito racionalizado que parte de pasaxes da obra de Virginia Woolf. Outra malla máis onde se mesturan as voces en primeira persoa de singular coas voces proxectadas desde o nós, desde todas as árbores da fraga. No medio do rumor, desta danza pensada desde a cadencia do poema, é imposíbel non imaxinar o movemento de autora escenificando mentres declama: "A túa voz compón / a música / dos meus labios / re-ci-tán-do-te". O mellor sería introducirse neste bosque sonoro escoitando e vendo a Rosalía, unha experiencia magnética. Mentres agardamos a ocasión, paga a pena a lectura.
NOS_44025
O Concello quere talalas aproveitando a reforma do vial, unha medida que tamén conta con apoios na veciñanza. Outros limiaos e a Sociedade galega de historia natural posiciónanse en contra e piden que se procuren alternativas.
O Concello de Xinzo de Limia quer aproveitar a reforma da Avenida de Celanova para talar as ringleiras de árbores que existen nas marxes do vial, apelando a cuestións de seguridade e á demanda de parte da veciñanza. Porén, contra a corte posicionouse a oposición, parte da sociedade limiá e colectivos como a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHM), que presentou un escrito perante Concello e Consellaría. No mesmo, pide que se conserven estas árbores centenarias e que aducir motivos de seguridade vial para a tala non ten sentido. A veciñanza está a recoller sinaturas de apoio a un manifesto no que se insta o goberno local, PP, a que procure outras solucións que non pasen pola tala destas árbores. Defenden que as árbores forman de sempre do deseño e planificación de vilas e cidades. E que a súa importancia non se limita a unha cuestión estética mais que teñen múltiples funcións, desde reducir a contaminación até dar sombra e regular a temperatura. "Non se pode entender a Avenida de Celanova sen esas árbores que plantaron os noso devanceiros", afirman, ao tempo que advirten que unha vez que se talen as árbores non hai posibilidade de volta atrás. Por iso, emprazan o Concello a procurar alternativas.
NOS_35297
A cámara aprobou unha proposición non de lei do grupo socialista instando á Xunta para que aplique un plan de choques para autónomas, autónomos e pemes ligados ao sector da hostalaría.
O Pleno do Parlamento galego aprobou esta cuarta feira unha proposición non de lei do grupo socialista para reclamarlle á Xunta un plan de choque con axudas directas para autónomas e autónomos, ademais de pequenas e medianas empresas (Pemes) ligadas ao sector da hostalería. Desde o PsdeG reclamouse a acción do Goberno galego para apoiar a este sector que conta na Galiza con 21.000 estabelecementos e rexistrou unha caída da actividade de 66,3%. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, lamentou a "ausencia sistemática" da Xunta neste tema. O socialista cre que a hostalaría "necesita dun plan específico de reactivación, un plan inmediato que evite o seu definitivo afundimento". Francisco criticou a actitude do executivo galego que fía o apoio ao sector no "esforzo descomunal" do Estado español con prestacións a autónomos e o pagamento dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), mentres concellos e deputacións teñen mudado as súas prioridades orzamentarias para atendelos. Neste sentido, apoiou a proposta das deputacións de dedicar 1% dos orzamentos para rescatar a hostalaría. Críticas a Feixoo Para o PsdeG, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, está "instalado na propaganda institucionalizada" e preocupado de "inocular falsidades" contra as que non haxa vacina, como "cando falan de que cada hostaleiro recibiu 2.000 euros de axudas directas". Criticou que o goberno galego "non conta a verdade nin cando vai ao médico" e subliñou que "os anuncios hai que facelos no Diario Oficial da Galiza, e aí é onde hai que ver as axudas reais para o sector".
PRAZA_6166
O Ateneo Ferrolán conmemorará en decembro o centenario do seu nacemento cun Congreso e actos de homenaxe. Nena prodixio, líder esquerdista, activista do feminismo e da educación e a liberación sexual, foi asasinada pola súa nai con 19 anos de idade.
O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. A súa nai, Aurora, ferrolá, trasladárase pouco antes á capital do Estado para que Hildegart desenvolvese alí todos os plans que para ela tiña en mente. Nena prodixio (aos 18 anos licenciárase xa en Dereito e comezara os estudos de Medicina e Filosofia e Letras), líder esquerdista (militante do PSOE con moito predicamento entre a mocidade até a súa expulsión en 1932), activista do feminismo e da educación e a liberación sexual, foi asasinada pola súa nai con 19 anos de idade. O Ateneo Ferrolán conmemorará en decembro o centenario do seu nacemento cun Congreso e actos de homenaxe. Os actos queren lembrar a súa figura dende distintos ámbitos: "ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración", destaca o Ateneo. O Congreso, ao que as investigadoras e investigadores poderán presentar as súas propostas até o 15 de setembro, vaise celebrar en Ferrol nos días 6 a 8 de decembro. Ao tempo, nos días da celebración do Congreso, vanse organizar dúas exposicións (unha biográfica e a outra bibliográfica) e realizaranse así mesmo actividades culturais relacionadas coa figura de Hildegart, para concluir cun acto de homenaxe á pensadora e activista social. "Malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuír de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX" Sobre a súa persoa téñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigación. Porén, en moitos deles tende a facerse máis fincapé no seu tráxico final, na relación coa súa nai ou no deseño vital que esta elaborara para a súa filla que na propia figura, obra e pensamento de Hildegart. "Como consecuencia", sinálase dende o Ateneo, "a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos". Cen anos despois do seu nacemento, engaden, "tentamos lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade". Conclúen que "malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX". Moito máis que o 'proxecto' doutra persoa Como destaca a historiadora Rosa Cal no texto publicado no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega, Hildegart "foi a obra real das ideas preconcibidas da súa nai, Aurora Rodríguez Carballeira". Pero foi moito máis ca iso. En só 19 anos de vida, ademais de acadar unha brillante formación, desenvolveu unha intensa actividade política, na esquerda e no feminismo, e iniciou a publicación dun importante pensamento teórico, nomeadamente no campo da educación e a liberdade sexual. Defendeu o divorcio, a anticoncepción e a liberación feminina de toda clase de tabús e prohibicións sexuais e consideraba que este conflito superaba en importancia a todas as revolucións que coñecera a humanidade Aos 22 meses xa lía e con tres anos tocaba o piano a catro mans con ela e fixo o seu primeiro escrito: unha carta para o pai. Hildegart nunca coñeceu a seu pai, que foi simplemente unha figura biolóxica escollida pola súa nai para poder quedar embarazada. Con 14 anos rematou os seus estudos secundarios, dominando francés, inglés, alemán, portugués e italiano. Como destaca Rosa Cal, "a actividade era febril, non paraba e se non puido gozar da infancia tamén ía camiño de perder a xuventude. A programación implacable da nai impedía calquera tempo de dolce far niente ou de divertirse cos rapaces ou rapazas da súa idade. O seu era ler e ler, preparar mitins, escribir artigos e libros". Con 15 anos Aurora afilia a Hildegart á UGT e ao PSOE, e pouco despois a aínda adolescente comeza a publicar con frecuencia artigos en El Socialista, Heraldo de Madrid e La Libertad. Comezou a amosarse moi crítica co propio Partido Socialista: "o problema estaba en que sempre lle parecían poucos os cambios, pedía máis e máis, que se cumprisen as promesas electorais e que non virasen os responsables nin se deixasen levar polo socialenchufismo", destaca Rosa Cal. En 1932 foi expulsada do PSOE e afiliouse ao Partido Federal Republicano. Pero a súa actividade máis destacada desenvolveuna no ámbito do feminismo e da educación e liberdade sexual. En 1932 créase a Liga Española pola Reforma Sexual, presidida polo doutor Gregorio Marañón, e Hildegart é escollida secretaria. A Liga pola pola Reforma Sexual pedía "iguais privilexios e obrigas para homes e mulleres en canto á súa vida sexual", a "liberación das relacións maritais da dominación da igrexa" ou "a comprensión científica das variacións na constitución sexual (intersexualidade) e unha correspondente actitude racional, por exemplo, cara a homes e mulleres homosexuais". En 1932 créase a Liga Española pola Reforma Sexual, presidida polo doutor Gregorio Marañón, e Hildegart é escollida secretaria Hildegart defendeu o divorcio, a anticoncepción e a liberación feminina de toda clase de tabús e prohibicións sexuais e consideraba que este conflito superaba en importancia a todas as revolucións que coñecera a humanidade. Publicou múltiplos textos, entre eles a monografía La rebeldía sexual de la juventud, que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación. De igual xeito, en ¿Se equivocó Marx? realizaba unha lectura feminista e máis próxima ao anarquismo da obra do alemán, e moi crítica co seu partido. Mantivo unha extensa correspondencia con personalidades europeas da época, entre eles con H. G. Wells, ou Havelock Ellis, de quen era tradutora. O deterioro da relación entre Hildegart e Aurora era profundo, principalmente polo avance da paranoia da nai, cada vez máis incapaz de controlar a vida da súa filla. Hildegart intentou varias veces separarse dela, ao que a nai respostaba con ameazas de suicidio. Cando viu que a súa filla se apartaba do seu proxecto e dela, decidiu destruíla. Cando Hildegart durmía, disparoulle tres tiros na cabeza e un no corazón. Máis información sobre Hildegart no Álbum de Mulleres do CCG Entrada dedicada a Hildegart na Wikipedia
NOS_15104
O movemento feminista responde con mobilizacións perante o que podería ser máis un crime machista, en Arbo. O xulgado de instrución ordenou prisión sen fianza para o presunto asasino.
Mentres a investigación continúa aberta e focada no ex-compañeiro de Beatriz Rodríguez, A.D., o feminismo galego convocou para esta segunda feira (6 de xullo) senllas concentracións na Coruña, Compostela, Vigo, Ourense e Ferrol. Será ás 20h e visan amosar, máis unha vez, o rexeitamento social á violencia machista. "Non xustifiques, non silencies a violencia machista", é o lema elixido para a convocatoria que axiña se moveu através das redes sociais. Polo de agora o xulgado nº3 de Ponteareas, que instrúe o caso, mantén detido a A.D., como sospeitoso do asasinato de Beatriz Rodríguez e Sergio Rodríguez. Os corpos destas dúas persoas foron atopados no interior dun vehículo no serán do sábado en Arbo. Á espera dos resultados científicos das pesquisas desenvolvidas pola Garda Civil as autoridades apuntan a un novo crime por razón de xénero. Neste senso, após prestar declaración xudicial durante 3 horas o xulgado nº3 de Ponteareas ordenou o ingreso en prisión sen fianza do presunto asasino mentres continúan as investigacións. Beatriz e Sergio foron soterrados o domingo. Lugares das concentracións (20h): Compostela. Porta do Camiño. Coruña. Obelisco. Ferrol. Praza do Concello. Ourense. Perante a estatua da castañeira, perante a Subdelegación do goberno español. Vigo. No MARCO.
NOS_8744
Un instituto de Rianxo reivindica o papel da educación á hora de "manter o monte vivo" e libre do lume.
A vaga de incendios que está a afectar a Galiza desde o pasado mes de xullo constata que non se están a desenvolver de maneira correcta os dispositivos de prevención de lumes deseñados pola Xunta. Rueda recoñece erros na política da Xunta contra os incendios Neste sentido, o instituto IES Félix Muriel, do concello de Rianxo, vén de recuperar un proxecto educativo, lanzado en 2019, para pór de manifesto a "necesidade" da "formación medioambiental" á hora de avanzar nas políticas de prevención das lapas. "A xente nova debe aprender a manter o monte vivo para poder recibir o testemuño de mans dos seus maiores que xestionan as comunidades de montes", explican desde o instituto nunha nota de prensa. Brigadistas alertan da necesidade de realizar tarefas de prevención de incendios todo o ano Un dos docentes do centro estudantil, Rafael Saco, puxo en marcha este proxecto interdisciplinar, "baseado na aprendizaxe como servizo á comunidade", para dar visibilidade á importancia de levar a cabo estratexias de prevención durante todo o ano. Documental Como parte da iniciativa, un grupo de alumnas e alumnos que cursaban 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) no ano escolar 2020-21 participaron na realización dun documental sobre as vagas de incendios que afectan cada ano a Galiza, e en concreto a zona de Rianxo. Rafael Saco: "Debemos seguir vinculando a educación coa situación medioambiental" Esta peza audiovisual, guiada polo produtor Marcos Gallego, céntrase no nacemento do proxecto impulsado polo docente Rafael Saco, ademais de falar con persoas implicadas nos distintos ámbitos do sector forestal para que propuxesen solucións á problemática do lume. A curtametraxe, nomeada Monte Vivo, está dispoñíbel na plataforma Vimeo. Entre outras distincións, foi premiada no FICBueu 2021 e recibiu o Galardón do Ateneo Cineduca 2022. Varias organizacións suman forzas nunha alternativa ao Plan Forestal O documental tamén recolle as propostas das persoas entrevistadas, que van desde responsábeis de comunidades de montes até ecoloxistas, para dar un uso diferente ao monte galego que permita manter viva a contorna rural do país.
NOS_46458
As comunidades afroamericanas inventaron, no inicio do século XX, unha das músicas populares máis espalladas e mutantes do planeta: o jazz. Os seus cen mil fillos e fillas chegaron tamén a Galiza. E ao Morrazo, unha das portas de entrada hai xa catro décadas. Moaña e Cangas celebran estes mes cadanseu festival dedicado ao xénero.
O de Cangas é o máis veterano do país. Aínda que este 18 de agosto comezará a súa edición número 22, o certo é que ten 40 anos de idade. Para conmemoralos, "a organización do Canjazz recuperou un dos primeiros carteis do festival, o de 1981, rexuvenecido para a ocasión". E contarán con músicos de primeiro nivel, como o pianista Abe Rábade, que a terza feira 20 de agosto presentará Doravante, o seu último disco. Antes, concretamente o domingo 18 de agosto, os portugueses Rita María e Filipe Raposo inaugurarán o certame no Eirado do Costal. A sesión vermú da segunda feira correrá a cargo de O'PO-llective, "laboratorio ambulante". Á noite será a quenda de André Fernandes, guitarrista e "representante destacado da escena portuguesa". Joris Relofs, clarinetista holandés será o encargado da sesión vermú da terza feira, na Capela do Hospital. O Maikel Vistel Quartet tocará a cuarta feira, 21 de agosto, na sesión vermú, na Taberna Cambika. E o guitarrista polaco Szymon Mika porá o ramo ao Canjazz no Eirado do Costal. Non, en realidade, xa que o Chiringo de Massó acollerá, a partir das 00.00 horas acollerá a cantante e produtora suíza Miss C-Line. Será o derradeiro concerto do festival. No arboredo da XunqueiraA escasos sete quilómetros, en Moaña, pero unha semana antes será a terceira edición do Festival de Jazz de Moaña. O 13 e o 14 de agosto, terza e cuarta feira, actuarán no arboredo da praia da Xunqueira Andre Carvalho Group (13 de agosto, 21.30 horas) e Kurt Rosenwikel Standards Trio (13 de agosto, 22.45 horas). A noite rematará cun jam session. Ao día seguinte, o festival comezará de mañá, ás 12.30 horas co Antonio Otero Quartet. Ás 21.30 horas será o Xan Campos Trío o que toque e ás 22.45 horas, o Mayte Alguacil Quartet. O Jazz de Moaña rematará, de novo, cunha jam session.
PRAZA_15339
O colectivo alerta de que a Lei de Normalización "pode ficar en papel mollado" co proxecto de Wert e lembra que "para que non haxa cidadáns de primeira e de segunda", deben crearse "as condicións que permitan vivir en galego coa mesma normalidade que o fai unha persoa castelanfalante".
Prolingua vén de difundir nas súa páxina web un texto de valoración do proxecto de reforma educativa do ministro Wert que, parafraseando o Manifesto Comunista de Marx, comeza dicindo que "un zombi percorre o sistema educativo español: o zombi do franquismo". O texto sinala que "que o castelán e a primeira lingua estranxeira pasen a ser materias troncais e as outras linguas do Estado, coma o galego, pasen a ser consideradas materias de especialidade, é algo moi grave e de especial transcendencia" e bota man do Estatuto para lembrar que "mal que lles pese o galego é a lingua propia de Galicia e o castelán a oficial do Estado, e que as dúas serán cooficiais". "Procedeuse a restarlle presenza social e legal á lingua galega, amparándose sempre en vergoñentas apelacións á liberdade, unha liberdade de pacotilla que só beneficia aos que mandan" Denuncia tamén que "en Galicia temos un goberno que non só declara un acordo pleno cos contidos presentes na LOMCE; por riba, o presidente Feijoo atrévese a manifestar o orgullo de que o sistema implantado en Galicia sirva de guía para os plans do ministro Wert" e lembra que se "enviaron ao lixo as liñas marcadas no Plan Xeral de Normalización, que impulsara o último goberno de Fraga Iribarne, con Núñez Feijoo como vicepresidente, e procedeuse a restarlle presenza social e legal á lingua galega, amparándose sempre en vergoñentas apelacións á liberdade, unha liberdade de pacotilla que só beneficia aos que mandan". Prolingua alerta de que "mesmo a Lei de Normalización Lingüística pode ficar en papel mollado, co aplauso fervoroso dos redutos negacionistas" O texto conclúe que "para que non haxa cidadáns de primeira e de segunda, deben crearse as condicións que permitan vivir en galego coa mesma normalidade que o fai unha persoa castelanfalante" e advirte de que a reforma educativa dificultaria o obxectivo de que os galegos e galegas fosen competentes nas dúas linguas. Prolingua alerta finalmente de que "mesmo a Lei de Normalización Lingüística pode ficar en papel mollado, co aplauso fervoroso dos redutos negacionistas". Por ese motivo chama "o conxunto da sociedade galega" a facer pública a oposición a unha lei "que nos devolve á década dos setenta, que ameaza a liberdade lingüística dun amplo sector da cidadanía, que condena a lingua galega a usos residuais e folclóricos e que, esencialmente, busca arrasar coa vitalidade que a cultura galega no seu conxunto ten".
PRAZA_4814
O xuíz Moreno dá o primeiro paso para sentar no banco dos acusados a Fernández Gayoso, Pego, Rodríguez Estrada, Gorriarán e García de Paredes. Acúsaos de administración desleal ou alternativamente de estafa.
O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno deu este xoves o primeiro paso para sentar no banco dos acusados os ex directivos das caixas galegas polas súas millonarias indemnizacións. O maxistrado vén de emitir o auto polo que probablemente se abrirá xuízo oral contra o ex co presidente de Novacaixagalicia e ex presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e contra outros catro antigos directivos como José Luis Pego, ex director xeral adxunto executivo; Javier García de Paredes, ex responsable do grupo inmobiliario; Gregorio Gorriarán, un dos xestaores da oficina de integración; Óscar Rodríguez Estrada, así como o avogado Ricardo Pradas. O xuíz Moreno, que dá agora un prazo de dez días ás partes para recorrer, ve indicios de delito por administración desleal ou alternativamente de estafa. O xuíz acusa os ex directivos de administración desleal ou alternativamente estafa por percibir as súas millonarias prexubilacións O maxistrado acusa os antigos cargos da caixa resultante da fusión de Caixa Galicia e Caixanova de percibir con abuso das súas funcións prexubilacións millonarias, de entre uns 700.000 euros e os 7,7 millons de euros. O titular do Xulgado Central de Instrución número dous aclara no auto que as modificacións nos contratos fóronlle ocultadas ao consello de administración, primeiro ao da entidade viguesa e logo ao de Novacaixagalicia. O xuíz entende que había un plan estudado para recibir tales cantidades aínda que recoñece que os contratos si foron dotados co coñecemento do consello. Moreno lembra que os altos directivos coñecían a "dificilísima" situación patrimonial da caixa, porque xa solicitara un segundo apoio do FROB, "enganando" así o consello de administración coa axuda de Gayoso. "O abono das indemnizacións supuxo en conxunto arredor dun 10% do patrimonio da entidade", lembra o maxistrado "En setembro de 2011, Gayoso, con plena ignorancia do consello de administración da caixa, aprobou e liquidou os importes correspondentes aos desistimientos unilaterais realizados por Pego, Gorriarán e Rodríguez Estrada", engade o maxistrado, que asegura que "o abono das indemnizacións por cesamento voluntario por un importe total de 18,94 millóns de euros supuxo en conxunto arredor dun 10% do patrimonio da entidade". Logo, José María Castellano, tras ser nomeado presidente de NCG, liquidou a indemnización de García de Paredes "en crenza de que se axustaba á realidade". As indemnizacións liquidades nese momento foron de 7,73 millóns de euros para Pego; 5,7 millóns para García de Paredes; 4,8 para Gorriarán e 691.000 euros para Gorriarán. Gayoso non percibiu esas indemnizacións, pero está acusado por autorizalas para os seus compañeiros. No auto aclárase que os procesados acordaron mellorar os seus contratos, para o que contaron coa colaboración do avogado Ricardo Pradas, outro dos que terá que ir a xuízo. O maxistrado Moreno decidiu, porén, sobreseer a causa contra Mauro Varela, ex co presidente da caixa fusionada, así como desimputar a Alfonso Zulueta, Salvador Fernández Moreda e Pilar Cibrán.
NOS_55494
Denuncia que a violencia contra as mulleres procede dun sistema "que tolera e consinte" agresións, inxustizas e desigualdades contra elas polo simples feito de delo.
"Na última década, 45 mulleres foron asasinadas en Galiza, 55.000 presentaron denuncias por maltrato e cada día rexístranse a denuncia de tres violacións. A manada é o sistema" é o lema da campaña do BNG polo 25 de novembro 'Día internacional contra a violencia machista', unha palabra de orde coa que denunciar que a violencia contra as mulleres procede de todo un sistema "que tolera e consinte que as mulleres non teñan garantidos os seus dereitos e sexan agredidas polo mero feito de ser mulleres". Para o BNG, o sistema actúa como manada "cada vez que emite unha sentenza na que se cualifica de maltrato ocasional o intento de estrangular a unha muller, cada vez que se lle obriga a 212 nais a deixar aos seus fillos e fillas cun maltratador, cada vez que se nos cuestiona por como imos vestidas ou por como nos comportamos, aí hai unha manada", sinalou Olalla Rodil, viceportavoz parlamentar. Con esta campaña, o BNG tamén quere incorporar o espírito de loita e denuncia expresado na manifestación histórica do 8 de marzo protagonizada polas mulleres, que volveron tomar as rúas en protesta por unha xustiza "patriarcal e machista". Entre as propostas do Bloque está destinar 1% dos orzamentos da Xuntaa combater a violencia de xénero. A formación nacionalista tamén considera urxente "cambios profundos nun sistema xudicial machista, patriarcal e –como estamos a ver estes días-, absolutamente corrompido e dirixido desde atrás polos partidos estatais". Igualmente, crear unha unidade específica contra a violencia machista na Dirección Xeral de Xustiza encargada de facer cumprir a lexislación en materia de violencia machista e xulgados de violencia de xénero en todas as cidades.
NOS_48112
Segundo a plataforma convocante, máis de 2.500 persoas desprazáronse desde Galiza até a capital do Estado para sumarse a unha manifestación multitudinaria -pero inferior á do ano pasado- que pediu unha Folga Xeral.
As Marchas da Dignidade reuniron decenas de miles de manifestantes no centro de Madrid, nunha mobilización de gran resonancia á que se sumou unha multitude chegada desde todo o Estado malia que as primeiras estimacións sinalan que a convocatoria non alcanzou as dimensións do ano pasado. Varias columnas partiron de distintos puntos de Madrid para reunirse na praza de Colón. Unha delas foi a galega, que -segundo a organización- desprazou decenas de autobuses e reuniu a algo máis de 2.500 persoas, entre as que se viron bandeiras nacionalistas galegas, republicanas españolas ou anarquistas. Na mobilización participaron representantes de formacións como Anova, Esquerda Unida ou Marea Atlántica, así como o sindicato CUT. Outras centrais do Estado como CGT, CNT ou SAT tamén foron visíbeis na protesta. Bandeiras nacionalistas galegas, republicanas españolas e anarquistas compartiron espazo nas rúas de Madrid A masiva manifestación estivo sometida a un forte dispositivo policial e lanzou entre as súas consignas a da convocatoria no Estado español dunha Folga Xeral o próximo 22 de outubro. O lema principal, e o máis coreado polos asistentes, foi o de "Pan, Traballo e Teito". As críticas á Banca, ao PP e o PSOE e á Troika tamén se escoitaron polas rúas de Madrid
NOS_21130
Compostela acolle este sábado unha mobilización nacional do sector do mar galego contra as políticas da Xunta. Os convocantes agardan reunir 30.000 persoas.
Trinta mil persoas. É a cifra que calculan os convocantes da mobilización nacional do sector do mar que este sábado se dará cita en Compostela baixo o lema "A prol do sector do mar". "Un mar de xente", como ironiza Juan Ordóñez, mariñeiro. Unha gran manifestación que nin o recuar da Consellería do Mar esta semana asegurando que retiraba a lei de acuicultura conseguiu frear. Porque, como lembra José L. Rodríguez, de Asoar-Armega, frota de artes menores; non é un protesto só contra esa lei senón contra a política da Consellería do Mar durante estes anos. En menos dunha década Galiza perdeu o 20% da súa fota pesqueira. E en sectores como o marisqueo a pé, destruiuse o 41% do emprego nese mesmo periodo Convocan a mobilización confrarías, agrupacións de mexilloeiros, mariscadoras, colectivos de frota artesanal, plataformas ambientalistas e sociais, asociacións de veciños, sindicatos... Con representantes deles falamos para a reportaxe que a dupla páxina publicamos neste Sermos Galiza nº184. Así, Xaquín Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, manifestábanos que esta manifestación "non é o ponto e final, é o ponto e seguido" do movemento das xentes do mar contra as políticas lesivas. Andrés García, da asociación de armadores do cerco, explicábanos que "temos un goberno cuxo único plan pasa por se desfacerr dfe canta máis fota mellor". Ou Carme Iglesias, mariscadora que opina que esta manifestación tiña que se ter feito "hai xa uns anos" para evitar estar no actual escenario. Representantes das entidades que convocan e apoian volveron comparecer esta semana para poñer os puntos sobre os íes. O protesto reúne unha serie de demandas comúns: que non se volva retomar o proxecto de lei de acuicultura, revisión das taxas e cotas de pesca, fin dunha política que prima o despezamento da frota, loita contra a contaminación e a mortandade no marisco, combate da fraude de que se venda como galego produtos do mar (mexillón, ameixa...) que non é,.... O manifesto será lido polo actor e humorista arousán Carlos Blanco.
PRAZA_9634
As vítimas reclaman nun recurso de apelación que o ex-xefe de Seguridade de Renfe siga investigado polo accidente do Alvia ao considerar que é tan responsable da falta de avaliación de riscos na curva do accidente como o cargo de Adif que continúa imputado. Piden tamén volver imputar outro responsable do Adif e a declaración como testemuña do xefe de Seguridade ferroviaria da UE
Antonio Lanchares foi ata setembro de 2018 director de Seguridade na Circulación de Renfe. Cando dimitiu estaba investigado -antiga imputación- na causa xudicial polo accidente de Angrois, no que morreron 80 persoas e outras 144 resultaron feridas o 24 de xullo de 2013. O xuíz investigábao porque consideraba que tanto Lanchares como o seu homólogo no Adif, Andrés Cortabitarte, reduciran a seguridade dos trens Alvia na curva de Angrois sen avaliar correctamente o risco dun descarrilamento como o que finalmente aconteceu.As vítimas reclaman que o ex-xefe de Seguridade de Renfe siga imputado ao considerar que é tan responsable da falta de avaliación de riscos na curva do accidente como o cargo de Adif que continúa como investigadoPero esa argumentación do xuíz Andrés Lago Louro mudou o pasado decembro, cando propuxo formalmente pechar a instrución do caso para ir a xuízo. Mantivo como imputados ao maquinista e a Cortabitarte, pero non a Lanchares. Vítimas do accidente tentaron cun recurso que o ex-xefe de Seguridade de Renfe continuase imputado, ademais doutro cargo de Adif, pero Lago Louro desestimouno. Agora procurarán que sexa a Audiencia Provincial da Coruña a que atenda esta petición.Nun recurso de apelación datado no 19 de marzo, a cuxo contido tivo acceso Praza.gal, a representación legal da Plataforma Víctimas Alvia 04155 tenta rebater as razóns do xuíz para retirar a imputación a Lanchares. Lago Louro, lembran, di que "a competencia" do ex-xefe de Renfe estaba limitada "exclusivamente ao material rodante", o tren, e "a formación do maquinista". Pero ao seu xuízo non é así. Proba disto, exemplifican, e que o aviso sobre a falta de seguridade na curva de Angrois lanzado polo xefe de maquinistas de Ourense un ano e sete meses antes do accidente foi dirixido a responsables de Renfe e que o "máximo responsable" en materia de seguridade era Lanchares.A plataforma de afectados polo sinistro do Alvia reclama tamén no seu recurso manter como imputado ao subordinado de Cortabitarte que foi imputado como colaborador nas decisións do seu superiorTanto as normas internas da empresa pública como a normativa europea en materia ferroviaria, agrega o recurso, atribúen ao departamento de Seguridade que encabezaba Lanchares as facultades de "realizar a identificación de perigos e avaliación de riscos" e "velar polo cumprimento das medidas de control do risco e controlar a súa eficacia". Esas directrices foron "incumpridas", razoa a representación legal das vítimas , que se apoian no criterio da UE para subliñar que a avaliación de riscos non era só competencia de Adif. Cando, en xuño de 2012, Lanchares pediu a Cortabitarte permiso para desconectar o sistema de control constante da velocidade ERTMS a bordo dos trens Alvia porque daba fallos -non foi reparado e posto en servizo ata agosto de 2014-, salientan, "sabían e aceptaron que non se efectuara a máis mínima avaliación do risco", iso supón incumprir a normativa e daquela, ambos mandos deben continuar imputados, conclúen.No mesmo recurso a plataforma de vítimas reclama tamén que continúe a ser investigado Fernando Rebón Sartal, xerente de Seguridade na Circulación de Adif para o noroeste da Península no momento do accidente que estivo imputado como colaborador nas decisións do seu superior, Cortabitarte. Dado o seu cargo, sinalan, cando a liña Santiago-Ourense foi dada de alta para comezar a funcionar, tería que "supervisar ou, cando menos, revisar que se cumprise a normativa" en materia de seguridade.As vítimas piden tamén que sexa aceptada a declaración como testemuña de Christopher Carr, xefe da área de Seguridade da Axencia Ferroviaria EuropeaO recurso conclúe coa reclamación de que sexa aceptado no proceso o testemuño de Christopher Carr, xefe do departamento de Seguridade da Axencia Ferroviaria da UE, organismo moi crítico coa actuación de Fomento en todo o vinculado ao accidente de Angrois. O xuíz non aceptou a súa declaración porque no sumario xa constan os informes da propia Axencia, pero as vítimas sinalan que o feito de que Carr "xa emitise a súa opinión por escrito non é motivo para non citalo a declarar". "Por esa regra de tres, non se debería tomar declaración a ningún dos peritos" do caso, pero "declararon todos", lembra. Como xa indicou ao desestimar os recursos das vítimas, do maquinista e de Adif, o instrutor agarda polo resultado destas apelacións na Audiencia da Coruña para determinar o destino final da investigación. Se son rexeitados, pechará o procedemento e proporá ir xa a xuízo.
NOS_4343
O mantra oficial de Londres é que o referendo de independencia de 2014 tiña o carácter de ser "único nunha xeración". O independentismo busca nas eleccións ao Parlamento escocés de hoxe unha maioría ampla para exixir unha segunda consulta, o indyref2. A líder do SNP, Nicola Sturgeon desbotou a vía catalá, mais non, recorrer na xustiza.
O Partido Nacional Escocés (SNP) aspira a lograr a maioría absoluta nas eleccións ao Parlamento que se desenvolven hoxe no país. Maioría que está en 65 escanos. Actualmente conta con 61 e goberna co apoio dos Verdes ─tamén independentista─. A posíbel incursión do ex líder do SNP, Alex Salmond, á fronte da súa nova formación, Alba, podería dar unha "supermaioría" (o obxectivo con que este se presentou) ou todo o contrario. Os medios locais non están seguros e case todas as enquisas coinciden en que a absoluta para o SNP baila no gume dunha navalla. A última, publicada por The Scotsman (centrodereita, favorábel ao 'Non' en 2014), mesmo reflicte que a formación de Sturgeon podería perder dous escanos. Con todo, os Verdes sumarían nove representantes (agora contan con cinco) dos 129 de Holyrood, metonímico da Cámara escocesa. Se ben é certo que nas últimas semanas, ao ritmo que avanzaba a vacinación no Reino Unido, o apoio nas enquisas á independencia rexistraba un lixeiro retroceso, o 'Si' nun hipotético indyref 2 continúa a ser maioritario ─aínda que o apoio ao 'Non' non baixa de 45%─. En 2004, a cidadanía escocesa votou (55-45%) a favor de manter a súa adhesión de máis de 300 anos ao Reino Unido. O SNP cre que un apoio maioritario hoxe suporía un mandato popular para exixir outra consulta, que Londres mantén ─aferrándose a unhas palabras de Salmond en 2014─ que só se pode dar unha vez por xeración. E canto é isto? Alister Jack, secretario de Estado británico para Escocia (equivalente ao delegado do Goberno español en Galiza), nunha entrevista na BBC en novembro, cifrouna en "25 ou 40 anos". "O que está claro é que nin son seis anos nin dez", dixo. No último debate electoral, Sturgeon sostivo que non convocará un referendo de forma unilateral. Mais tanto ela como o SNP insisten en que darán a batalla legal se Londres teima en se opor. Gales camiña cara a un bipartito Tamén Gales elixe hoxe o seu Parlamento ─o Senedd─, que desde a devolution (o "Estatuto de Autonomía" galés) de 1999 está liderado polo Partido Laborista, tamén no Goberno nestas máis de dúas décadas. Precisamente ao "espírito de 1999" apelou Adam Price, o líder do Plaid Cymru (socialdemócrata). Daquela, o partido nacionalista foi segundo, con 17 representantes, por 28 dos laboristas. Nos últimos comicios, de 2016 ─como en Escocia, son cada cinco anos─, os laboristas fixéronse con 29 escanos dos 60 da Cámara. O apoio do deputado dos Liberal Demócratas e de un independente permitiulles gobernar. O Partido Conservador foi segundo con 14 e os nacionalistas do Plaid Cymru, terceiros, con 11. Tras a marcha de tres deputados tories, contan agora cada un co mesmo número de escanos. Segundo a última enquisa, publicada por ITV ─principal TV privada británica─, os laboristas lograrían 25 asentos, os conservadores 17, e os nacionalistas 15. Este resultado podería levar a un bipartito entre primeiros e terceiros. O Plaid Cymru prometeu un referendo de independencia antes de 2030. O alcalde laborista de Londres, preto da súa reelección Gran Bretaña vive hoxe unha "súper quinta feira electoral". Ademais das parlamentarias en Escocia e Gales, tamén se desenvolven eleccións locais en Inglaterra. Estas inclúen o voto para a conformación das corporacións municipais de 143 concellos; a elección directa de 13 alcaldes das principais cidades e áreas metropolitanas, incluída Londres; e a designación dos 25 membros da Asemblea da capital inglesa. Tamén se elixen ─en Gales e en Inglaterra─ 39 comisionados policiais, os encargados de coordinar os distintos corpos de seguridade e de bombeiros a nivel rexional. Os comicios á Asemblea londiniense comparten o mecanismo de elección que se usa nas parlamentarias escocesas e galesas, un sistema mixto ou de dobre voto: un para elixir os representantes ─individuos─ pola circunscrición e outro para elixir os representantes ─partido─ pola rexión. Precisamente a este segundo voto é que apelou Alex Salmond na presentación do Alba para logra unha "supermaioría" independentista. En Londres, o alcalde desde 2016, o laborista Sadiq Khan, avantaxa nas enquisas o seu principal rival, o conservador Shaun Bailey. A última, de YouGov, daba un resultado de 43%-31%. Debido ás medidas pola Covid-19, o reconto electoral en todos os comicios non dará comezo até mañá, e é previsíbel que os resultados finais non se coñezan até a fin de semana.
NOS_39727
Arredor de 5.000 persoas, reuníronse este sábado, 30 de novembro, fronte ao recinto do hospital comarcal de Verín para protestar pola decisión do Sergas de pechar o paridoiro, a partir desta segunda feira, e suprimir o servizo pediátrico.
«Maltrato sanitario do rural», así cualifican os miles de veciños da comarca de Verín e das bisbarras da contorna que este sábado, 30 de novembro, se mobilizaron contra o peche do paridoiro no Hospital de Verín e a supresión do servizo pediátrico. Desde as 17 horas, arredor de 5.000 persoas, reuníronse fronte ao recinto do hospital comarcal do municipio para mostrar o seu rexeitamento á decisión do Sergas de suprimir, a partir desta segunda feira, 1 de decembro, o servizo de partos. A manifestación, tal e como explicou aos medios de comunicación a secretaria da Comisión delegada de Verín, Iolanda Domínguez, xa estaba convocada de antes. Non obstante, indicou que o anuncio do paridoiro supuxo «o golpe» definitivo para «saírmos á rúa a denunciar o desmantelamento do noso hospital e de toda a sanidade pública». «Os servizos públicos básicos non poden rexerse por criterios políticos nin económicos», reiterou Domínguez. «O Sergas non está a ter en conta a distancia, a dispersión nin a idade das nosas veciñas e veciños», engadiu. Ademais, din temer que a supresión do paridoiro sexa só o comezo e consideraron que de non se frear a situación «axiña seguirán anestesia, cirurxía e outras especialidades». Peche dentro hospital Ante a falta de comparecencia, segundo denunciaron, do xerente do hospital de Verín, Miguel Abad, e do conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, reiteraron a súa decisión de iniciar un peche indefinido no hospital, tal e como anunciaran a pasada sexta feira. «De non existir unha resposta axeitada a esta concorrida manifestación e este domingo pecha o paridoiro e non hai servizo de pediatría, o luns, a partir das 8 horas, estaremos pechados no hospital os traballadores, as nais, os fillos e toda a poboación en xeral», avisou Domínguez. «Estrangulamento do rural» «Feixoo escoita, o rural está en loita», foi un dos cánticos que máis se corearon. Porque, precisamente, o «estrangulamento do rural» foi unha dos argumentos comúns a todos os presentes, entre os que estaban números representantes políticos, que tamén coincidiron en denunciar que se trata dun «acto de violencia institucional contra as mulleres». Entre as formacións representadas, alén de integrantes da Marcha Mundial das Mulleres, estaban todas as da oposición no Parlamento e tamén representantes do PP de distintos Concellos de Verín e das comarcas contorna.
NOS_18961
CIG-administración denuncia que máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas. "Apártase ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes"
No Instituto Galego de Consumo, no que traballan 28 empregad@s públicos, hai entre 15-16 asistencias técnicas. Asó o denuncia a CIG-administración. A central sindical nacionalista afirma que se afasta ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes. A xestión ordinaria e información sobre as reclamacións e arbitraxes das efíxoa nun primeiro momento Eulen, "onde traballa de apoderada a irmá de Feijóo", e despois SERVIGUIDE, mediante encadeamento de varios contratos menores. Nestes contratos aparece unha anulación, unha declaración de deserto e unha adxudicación final de 3 meses por 40.000€ nun contrato menor formalizado o 1 de marzo. A CIG indica que 14 de xuño publícase no DOG un anuncio de contratación urxente de servizo de apoio á tramitación de expedientes de arbitraxe de consumo relacionados coa comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas. O importe deste novo contrato sería de 150.593,94 € sen IVE e o prazo de execución sería de 9 meses. "Un prazo de execución de 9 meses cando se supón que os traballos de arbitraxes rematarán a mediados de agosto!?".
NOS_46303
Paranormal, ademais de ser o título do novo disco de Alice Cooper, que fai o número 27 da súa carreira, e sen dúbida o propio roqueiro de Detroit. Cooper, aos seus 69 anos segue mantendo o ritmo regular de edición de novos álbumes e sen deixar de pisar os escenarios.
O pai do shock rock, irrompe cun novo traballo puramente guitarreiro e no que se volve a ser capa de non sonar repetitivo co mesmo estilo que leva a facer preto de 50 anos de carreira. Claro queda que a súa voz xa non é a mesma que antes, e que este álbum non é Welcome To My Nightmare nin tampouco é Trash, pero que é claramente un disco de Alice Cooper. Nos 10 temas do disco, notamos como a forza recae nas guitarras de Strauss e Henriksen co que Cooper deixa claro cal é o espírito deste traballo ao facer dos riffs cheos de glam rock a súa bandeira. A apertura do disco con Paranormal é un increscendo de sensacións no que Cooper deixa entrever o seu aire máis setenteiro, que vai cobrando forma a medida que vai avanzando, divertindo pero sen sorprender. A falta de sorpresa é unha das tónicas que achamos neste plástico. Ben por tratar de demostrar, cousa que consegue, que é un artista que segue ao pé do canón e en plena forma, non é quen tampouco de arriscar un pouco na proposta. O primeiro tema que chama a atención é Fireball, o terceiro corte, onde achamos unha produción bastante retro no que a voz de Cooper fica afogada en segundo plano dunhas harmonías propias dos oitenta nas que as guitarras xogan ao seu antollo. Achamos que o seguinte tema é Paranoiac Personality, que o fora xa o sinxelo elixido como adianto. Pode que sexa o mellor tema do disco, composto como cuns ritmos claramente marcados tratando de darlle forma dun novo himno que cante a parroquia co puño en flor en cada directo. Fallen in Love, conta coa colaboración do guitarrista de ZZ Top, Billy Gibbons o que fai que impregne co seu estilo todo o tema quitándolle protagonismo a o propio Cooper, que recupera con Dynamite Rock, outro dos temas destacados do disco pola súa potencia e garra roqueira que invita a moverte sen poder evitalo, ao mesmo xeito que fai con Rats. Deixando claro que o rock é o estilo que máis lle presta. O resto de pezas, malia non ser malos temas, tampouco son temas que transmitan algo que chame a atención, pero son os encargados de manter a liña do álbum sen dar paso ao aburrimento. Especial mención merece o segundo CD que contén 8 bonus tracks, 6 deles gravados en directo e 2 deles, gravados en estudio con Alice Cooper Band orixinal. Trátase de Genuine American Girl e You An All Your Friends e son o verdadeiro motivo para facerse con este disco. Aquí achamos ao verdadeiro Alice Cooper, o que nos namorou con Welcome To My Nighmare e tratou de aterrarnos nos seu directos. Dúas verdadeiras xoias. Un novo disco de Alice Cooper que sen dúbida gustará aos seus máis fieis seguidores, mais que non pasará á historia. Serve para demostrar que Cooper segue vivo, facendo o que sabe facer e listo para seguir percorrendo os escenarios de todo o mundo co seu espectáculo de shock rock. Alice Cooper nas redes. Twitter, facebook e web. Listaxe de temas CD I Paranormal Dead Flies Fireball Paranoiac Personality Fallen In Love Dynamite Road Private Public Breakdown Holy Water Rats The Sound Of A CD II Genuine American Girl (coa Original Alice Cooper Band) You And All Of Your Friends (coa Original Alice Cooper Band) No More Mr. Nice Guy (live in Columbus)
QUEPASA_617
Os Sénior continúan o seu camiño cara a máxima categoría do volei estatal
Non puido ser. O Volei Dumbría quedou ás portas do título do Campionato Galego Xuvenil. Un feito que non desmerece a impresionante campaña dos de Gurutz Larrañaga. Os costeiros desprazábanse ata Boiro con todas as esperanzas, que aumentaban tras vencer nas semis ao Cñub Vigo Voleibol, por un rotundo 3-0. Pero na final se toparon cun cadro local, impacable nos últimos instantes, que deixou o título na casa. O Boiro tivo un pelín de sorte nos puntos decisivos dos dous primeiros sets, levando así un 2-0 que foi demasiada lousa para os costeiros, rematando a final cun 3-0 (25-23, 28-26 e 25-16). En todo caso, o orgullo dumbriés quedou ben alto. Os Sénior continúan o seu camiño cara a máxima categoría O Volei Dumbria pechou a temporada regular no Conco Mentres, no Conco disputábase un partido sen historia, entre dous equipos que xa non se xogaban nada, aínda que ambos equipos querían despedir a tempada cunha vitoria. Ao final os dumbrieses levaríanse o partido ante o Badajoz Extremadura impoñéndose por 3-1 con parciais de 17-25, 26-24, 25-21 e 25-15. En ambos equipos os adestradores tiraron de xogadores menos habituais para afrontar este último partido e dar minutos aos que durante o ano gozaron de menos minutos. Tras un set de zozobra, e un segundo set no que houbo que esperar ao último instante, os xogadores de Luís Alberto Fernández sairían máis concentrados e pelexarían por sumar os 3 últimos puntos da tempada diante da súa afección e sumar a cifra histórica de 50 puntos. Encabezados por Sergio Bruque e Néstor González en ataque levaríanse os dous últimos sets por 25-21 e 25-15 e despedirían esta gran tempada na súa casa á espera de xogar a fase de ascenso a SM. rmación Resultados e clasificación da SuperLiga 2.
NOS_54641
O Comité Europeo de Dereitos Sociais acepta varias das alegacións presentadas pola CIG
O goberno español non acata os compromisos adquiridos ao ratificar a Carta social europea en 1980, en materias tan relevantes como a redución de accidentes de traballo, a contía dos subsidios por desemprego e rendas de inclusión ou a igualdade de trato en materia de prestacións familiares. Denúnciao o sindicato CIG: o Estado español está a incumprir varios preceptos da Carta social europea segundo un relatorio elaborado polo Comité europeo de dereitos sociais, organismo independente, que fai parte do Consello de Europa. As conclusións do Comité Europeo de Dereitos Sociais, feitas públicas en Estrasburgo o polo seu presidente, Giuseppe Palmisano, teñen o valor de xurisprudencia e poden invocarse directamente perante os tribunais internos, explica a central nacionalista. "O Comité conclúe que a frecuencia dos accidentes é demasiado elevada como para considerar que o exercicio do dereito á seguridade e á hixiene no traballo está garantido no Estado español" Os informes anuais sobre o cumprimento da Carta son elaborados coa información que achega o goberno do Estado e coas observacións das organizacións da sociedade civil. Nesta ocasión as únicas alegacións foron as formuladas pola asesoría xurídica da CIG, que contou coa colaboración do profesor Xosé Manuel Carril, da Universidade da Coruña. Entre as vulneracións da Carta Social Europea comprobadas polo Comité, destaca a insuficiencia de medidas para reducir o número de accidentes de traballo, que aumentou no período de referencia, nomeadamente nos sectores da agricultura e os servizos, salientando o aumento do número de vítimas mortais e non mortais. A partir do estudo de datos estatísticos e da comparación coa incidencia noutros estados membros da Unión Europea (UE), o Comité conclúe que a frecuencia dos accidentes é demasiado elevada como para considerar que o exercicio do dereito á seguridade e á hixiene no traballo (artigo 3.2 da Carta) está garantido no Estado español. Subsidios por desemprego e rendas de inclusión, insuficientes En relación co dereito á seguridade social, recoñecido no artigo 12.1 da Carta, o Comité estima as alegacións formuladas pola CIG ao declarar que o subsidio por desemprego para persoas sen cargas familiares (426 euros ao mes en 2015, 80% do IPREM– se sitúa por baixo do 40% da renda mediana dispoñíbel (1.112 euros ao mes, segundo os datos de Eurostat). Esta contía non se considera suficiente para dar cumprimento aos compromisos internacionais subscritos. O Comité Europeo de Dereitos Sociais constata o que para millóns de persoas é unha evidencia diaria: deixar a saúde ou a vida no traballo é un perigo certo e constante O Comité chega a unha conclusión semellante en relación co dereito á asistencia social (artigo 13.1 da Carta) e as rendas de inclusión, como é o caso da Risga en Galiza. A maioría das comunidades autónomas condicionan o dereito á renda ao cumprimento de requisitos que son incompatíbeis coa situación de necesidade que pretende atender, como son a esixencia dun período mínimo de residencia na comunidade autónoma ou dunha idade mínima de 25 anos. O Comité constata tamén a infracción do artigo 12.4 da Carta, que recoñece o dereito á seguridade social ás persoas que se desprazan entre os estados membros do Consello de Europa. En concreto, declara que é excesivo o requisito de residencia de máis de dez anos para percibir unha pensión non contributiva de xubilación, que se esixe aos cidadáns de estados que ratificaron a Carta Social Europea, mais non fan parte da UE ou do Espazo Económico Europeo (UE máis Islandia, Liechtenstein e Noruega). Outra das materias que foi obxecto de observación por parte da CIG foi o dereito á protección social das persoas idosas (artigo 4 do Protocolo Adicional), de especial relevancia dada a situación demográfica do noso país. O Comité constata que o Estado non adoptou ningunha medida lexislativa para loitar contra as discriminacións por razón de idade e non facilitou a información necesaria para tomar unha decisión en relación coas pensións non contributivas, a prevención ao maltrato, os servizos e asistencia social e sanitaria e as residencias de maiores. Valoración da CIG "O Comité Europeo de Dereitos Sociais constata o que para millóns de persoas é unha evidencia diaria: deixar a saúde ou a vida no traballo é un perigo certo e constante. O incremento continuo dos accidentes de traballo é a mostra máis dolorosa da caste de subemprego que xeran as políticas do Goberno español e nomeadamente as súas reformas laborais. A pregoada recuperación económica tradúcese para a clase traballadora non só en temporalidade, precariedade e baixos salarios: tamén paga o seu tributo en vidas humanas".
NOS_20204
Publicamos a seguir o editorial do número 270 do semanario Sermos Galiza, disponíbel xa na loxa e nos pontos de venda habituais.
Unha revolución democrática como a catalá cuestiona a legalidade do ente político -neste caso o Estado español- que pon obstáculos ao libre desenvolvimento dun direito democrático elemental, a autodeterminación. Desde Gandhi ou Mandela sabemos que as leis, cando inxustas, cando ilexítimas, deben ser desobedecidas, nomeadamente se atentan contra a vontade de millóns de persoas, como acontece neste caso. Destarte, a declaración de independencia é un acto lexítimo dun Parlamento en plenitude das súas funcións. É, alén do máis, o cumprimento dun mandato eleitoral, non só do referendo do 1-O, senón das eleccións catalás -que foron plebiscitarias- de setembro de 2015. A declaración de independencia é un acto lexítimo dun Parlamento en plenitude das súas funcións. É, alén do máis, o cumprimento dun mandato eleitoral E fronte a iso, que fan os poderes executivo e xudicial españois? Perpetrar un golpe de Estado. Violar a súa propia legalidade, a súa propia Constitución e o seu propio código penal: o 155 non faculta ninguén para disolver un Parlament e os cargos por rebelión só se poden apresentar contra quen utilizase a violencia. E en Catalunya os únicos episodios violentos tiveron como protagonistas os corpos represivos do Estado. [Este editorial fai parte do Sermos270, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]
NOS_57506
A alcaldesa madrileña non descarta o cese da concelleira de Cultura e considera "de rigor excesivo" a decisión xudicial de mandar prisión os dous titereteiros.
Un espectáculo de monicreques – dos que na tradición española se coñecen como 'Títeres de cachiporra'- en Madrid acaba cos dous titereteiros presos e sen fianza, acusados de "enaltecemento do terrorismo", e cunha polémica política e mediática das que só adoitan darse onde hai unha alta concentración, real e simbólica, de poder político e mediático. A raíz da polémica esta segunda feira compareceu a alcaldesa, Manuela Carmena, que anunciou que o Concello vai iniciar unha investigación interna para depurar responsabilidades. "É un erro moi grave e ten que haber responsabilidades", dixo a rexedora, que se ben amosou o seu apoio a Celia Mayer, concelleira de Cultura, tamén deixou a porta aberta á súa saída: "É importante ver se pode seguir, ou quere seguir". "É un erro moi grave e ten que haber responsabilidades" Carmena anunciou que o Concello mantén a denuncia contra os titereteiros, unha querella por incumprimento de contrato, e cualificou a representación da obra de "inadecuada, inaceptábel, violenta e deleznábel". Nesta fin de semana, varios concelleiros de Ahora Madrid, a formación do goberno madrileño, asinaron un manifesto pedindo actuacións a prol dos titereteiros detidos. Carmena considera que a decisión de encarcerar os dous titereteiros é "de rigor excesivo" e que "socialmente" non se entende. Avogados dos titereteiros A defensa dos dous detidos presentou un recurso perante a Audiencia Nacional pedindo a liberdade dos titereteiros. Sinalan que a obra que representaron é "unha sátira humorística por carnaval", que debe ser interpretada desde o punto de vista do humor e, xa que logo, sen capacidade de "incitar ao odio, a violencia...". A defensa dos dous detidos presentou un recurso perante a Audiencia Nacional pedindo a liberdade dos titereteiros Os avogados no seu recurso fan un repaso pola historia do teatro e os monicreques, ben como da literatura ou o cimena, para falar da utilización da violencia na arte e da liberdade de expresión. A defensa asegura que de seguir os criterios empregados polo xuíz Moreno (que enviou a prisión sen fianza os 2 artistas), "a maioría dos creadores deste país" serían enxuizados.
NOS_11559
O acto terá lugar o 21 de xullo na sede da Real Academia Galega e nel participarán dez poetas de distintas xeracións que recitarán e comentarán poemas da escritora e académica.
A Real Academia Galega renderá a homenaxe a Luz Pozo Garza cun acto literario e musical que se realizará na sede da institución o día do seu 95 aniversario. Con este acto, a RAG quere agasallar, en palabras de Víctor F. Freixanes, a "unha das voces máis excelsas, orixinais e vibrantes das nosas letras contemporáneas". No acto dez poetas de distinta xeración recitarán e comentarán textos da autora. Os escritores participantes serán: Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Olga Novo, Pilar Pallarés, Olga Patiño, Eva Veiga, Marilar Aleixandre, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño e Manuel Rivas. A escolma dos textos foi realizada para a ocasión nun opúsculo coordinado pola académica Olivia Rodríguez, condutora literaria da celebración. A soprano Patricia Rodríguez Rizo e o Cuarteto Cimarrón encargaranse da parte musical do acto interpretando Tres cancións para Rosalía, unha adaptación musical de tres poemas de Luz Pozo Garza do compositor Gabruel Bussi. Luz Pozo Garza, referente no panorama literario galego, incorporouse á Real Academia Galega como membro en 1950 e é numeraria da institución dende 1996. Poeta dende moi nova, o amor e a sensualidade son constantes na súa obra. "Se por algo se caracteriza a súa poesía é pola súa luminosidade carnal e espiritual dunha poeta metade erótica e metade mística", afirma Claudio Rodríguez. Tanto como poeta como ensaísta, crítica literaria ou inclusive editora, a achega de Luz Pozo Garza ao noso país é incalculábel. En palabras de Olivia Rodríguez, "é hoxe imposible facer poesía, crítica, música ou deseño gráfico en Galicia sen reflectir algo da potencia poética de Luz Pozo Garza".
PRAZA_11193
A Xunta opina sobre a sentenza do Supremo que "culmina unha resposta medida" ao "desafío" independentista nunha declaración institucional aprobada no Consello que inclúe críticas veladas ao PSOE por "pactar" con forzas independentistas
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves unha declaración institucional sobre o conflito catalán, que foi lida posteriormente polo propio presidente Feijóo, na que o Goberno galego asume como postura oficial propia varios dos argumentos que nos últimos días está a empregar o PP, desde pedir ao Goberno central que non descarte "ningunha medida" ata criticar que os socialistas "gobernen" cos independentistas.Non é a primeira vez que o Goberno de Feijóo emite unha declaración institucional sobre a situación en Catalunya. Xa o fixo dous anos antes dos feitos do outono de 2017 que vén de xulgar o Supremo, cando en outubro de 2015 o Parlament catalán aprobou unha declaración a favor da independencia e a Xunta respondeu cunha declaración institucional "en defensa do Estado das Autonomías" que publicitou a través de anuncios en prensa.Como hai catro anos, a Xunta volve emitir unha declaración institucional sobre a situación en Catalunya e nela asume como postura do Goberno galego varios dos argumentos da dirección do PP, entre elas as críticas ao PSOEDesta volta, a nova declaración institucional da Xunta emítese, segundo sinalou o propio Feijóo, non pola sentenza do Supremo senón "con motivo dos disturbios" posteriores que se están a rexistrar en Catalunya. O propio texto céntrase en presentar a Galicia, e o Goberno da Xunta, como antítese do que está a ocorrer alí, asegurando que "Galicia é unha comunidade estable, unha comunidade centrada", facendo así unha identificación entre as supostas virtudes que Feijóo se atribúe a si mesmo e o seu partido con toda Galicia.A declaración do Goberno galego proclama que "non parece compatible pedir aos independentistas que condenen a violencia e ao mesmo tempo gobernar con eles", en referencia velada a acordos do PSC en institucións locais catalásNo texto que leu o presidente sinálase que "España vén de superar unha nova proba" e que a sentenza do Supremo "culmina unha resposta medida" ao "desafío" independentista. E a continuación asume diversos argumentos que vén empregando o PP nos últimos días para criticar a actuación do Goberno central e o PSOE en Catalunya. A declaración di, por exemplo, na liña do manifestado este mércores polo presidente do PP, Pablo Casado, tras reunirse co presidente Pedro Sánchez, que "ningunha medida prevista na legalidade democrática debe ser descartada". Igualmente, a declaración institucional critica abertamente que "non parece compatible pedir aos independentistas que se condene a violencia e ao mesmo tempo gobernar con eles", en suposta velada referencia ao acordo de PSC e JxCat na Deputación de Barcelona.A declaración chega a referirse, para condenalos, a feitos concretos rexistrados en Barcelona como "a imaxe dun neno escapando das lapas nos brazos do seu pai", amosada este mércores por varios medios de comunicación.
PRAZA_11390
Freire Chico pide desculpas, "lamenta profundamente" o ocorrido e aclara que os menús sinalados foron "substituídos" en menos de media hora e que leva a cabo investigacións internas á marxe das da Xunta
Freire Chico, empresa de cátering que serviu a comida que tería provocado reaccións alérxicas o pasado mes de outubro e este martes 5 de novembro nalgún alumnado de varias escolas infantís da rede Galiña Azul, asegura que retirou "en menos de 25 minutos" os alimentos sospeitosos, que foron "substituídos por un menú de emerxencia, o que evitou unha maior propagación" do problema. Freire Chico aclara que retirou "en menos de 25 minutos" os alimentos sospeitosos, que foron "substituídos por un menú de emerxencia"Así o aclara a empresa nun comunicado no que "lamenta profundamente" o ocorrido en entre 15 e 20 escolas infantís das 99 ás que serve comida diariamente. A compañía asegura tamén que "ten adoptado, de forma inmediata, todas e cada unha das indicacións que lle foron requiridas tanto polas autoridades sanitarias como polo órgano de contratación do servizo". Ademais, di que xa emprendeu "liñas de investigación propias tendentes a aportar luz sobre as causas que provocaron os feitos", tanto nesta semana como no episodio de hai varias semanas. O pasado martes, alumnado de entre 15 e 20 escolas infantís da rede pública da Xunta volveu padecer reaccións alérxicas. Pequenos e pequenas sufriron ronchas na cara e arredor da boca despois de consumir crema de cabaza e brócoli e polo con macarróns en centros da Galiña Azul de Cangas, Betanzos, Oza-Cesuras, Carral, Cambre, Fene, Ares, Oleiros (en dúas instalacións) ou Culleredo, entre outros. Foi o segundo episodio en poucos días nesta rede escolar tras o ocorrido en varios centros con outra reacción alérxica sufrida por varios cativos ao consumir palometa entre o 18 e o 21 de outubro. Alumnado dunhas 15 escolas infantís sufriu reaccións alérxicas tras consumir un dos menús da empresa, tal e como acontecera o pasado mes de outubroA Xunta aclarou axiña que eran casos "illados e leves" aínda que "intolerables" e abriu unha investigación, tamén na empresa responsable. Ademais, esixiu alimentos de proximidade nas escolas infantís, polo menos ata que se aclarase o ocorrido, un aspecto que non foi valorado para adxudicar os comedores no prego de condicións administrativas do contrato dos provedores do servizo. Tampouco no apartado das condicións técnicas do contrato referido á "calidade dos produtos". Agora, Freire Chico explica no comunicado que xa contratou "gabinetes especializados nos ámbitos da seguridade alimentaria (laboratorio, consultas epidemiolóxicas e dermatolóxicas), e investigacións internas a través do departamento de calidade, que seguen o seu curso". Ademais, está a tomar medidas "a diario" entre as que se inclúen "a confección de menús restritivos xornada a xornada, consecuencia deste proceso de investigación interna".A compañía aclara que serve unha media diaria de 8.000 menús en centros de traballo, comedores escolares, residencias ou eventos, entre estes 3.800 destinados a pequenos e pequenas das escolas infantís."Desde o comezo da nosa actividade nestas escolas, a materia prima foi sempre fresca, produto fresco,medida que a nosa empresa adoptou consciente da importancia determinante que esta elección tiña para un colectivo tan sensible", aclara. Freire Chico contratou "gabinetes especializados nos ámbitos da seguridade alimentaria" e leva a cabo investigacións internasFreire Chico agarda que "á maior brevidade posible se teñan atopado e dado a coñecer as causas efectivas que teñen provocado estes inaceptábeis episodios" e se poida "poñer fin de forma concluínte a esta alteración da normalidade que viña presidindo a nosa actividade". Ademais, amosa a súa "máxima preocupación polas crianzas e familias afectadas" e insiste en presentar ante elas as súas "máis sinceras desculpas polos prexuízos" que a súa actividade lles puidese ter ocasionado.
PRAZA_2224
A secuencia de feitos completa da negativa do PPdG para asumir o custo do tratamento das persoas presas é a enésima mostra do comportamento antisocial do PP.
A secuencia de feitos completa da negativa do PPdG para asumir o custo do tratamento das persoas presas é a enésima mostra do comportamento antisocial do PP. Un comportamento que está a chegar a uns extremos, que antisocial se lle empeza a quedar curto para merecer o apelativo de psicópata, con actuacións como a de a semana pasada, negándose a que a Xunta cumprise a sentenza xudicial que lle esixe que custee os medicamentos das persoas presas con Hepatites C. O Xulgado baseouse no principio "periculum in moura". Un nome complexo, pero un concepto ben sinxelo, que neste caso tradúcese a que debe outorgarse prevalencia ao dereito á saúde A historia comeza fai xa case un ano, cando o Xulgado do Contencioso-administrativo Número 1 de Santiago, en auto ditado en peza separada de medidas cautelares (387/14) impoñía á Xunta de Galicia a obrigación de facerse cargo dos tratamentos ata que se resolvese o litixio. As medidas cautelares foron solicitadas por Institucións Penais, organismo co que a Xunta non se pon de acordo sobre cal dos dous debe custear o tratamento. O Xulgado baseouse no principio periculum in moura. Un nome complexo, pero un concepto ben sinxelo, que neste caso tradúcese a que debe outorgarse prevalencia ao dereito á saúde, do que é titular calquera interno (como calquera persoa), cedendo polo tanto o interese económico da Xunta, posto que en caso de ditarse sentenza favorable á súa reclamación finalmente, Institucións Penais podería repoñerlle o custo. Pero como se repón o dano á saúde, que pode chegar á morte, dun enfermo sen medicación? O máis triste, é que o caso chegou ao contencioso-administrativo despois de que o Sergas nin sequera contestase a Institucións Penais cando esta a instou a correr cos gastos O máis triste, é que o caso chegou ao contencioso-administrativo despois de que o Sergas nin sequera contestase a Institucións Penais cando esta a instou a correr cos gastos. A resolución á petición de II.PP desestimouse por silencio negativo, o que significa que, podendo contestar e polo menos acelerar o comezo do proceso xudicial, a Xunta deixou durante meses a cuestión aparcada ata que esta resolveuse negativamente polo prazo legal. A Xunta, tras o auto de medidas cautelares, en lugar de cumprilas e preservar a saúde das persoas presas, recorreu ante a Sala correspondente do TSXG. Esta, en sentenza do 20 de maio deste ano, ratificou a sentenza do Xulgado Número 1 de Santiago, desestimando a totalidade do recurso do SERGAS e impoñéndolle as costas. A sentenza é tan clara que unha persoa que xamais lese unha, entenderíaa perfectamente. O TSXG subscribe a tese do periculum in moura, ratificando punto por punto o razoamento do Xulgado santiagués. Pois ben, a Xunta seguiu negándose a subministrar de forma xeral os medicamentos. Tense constancia de que tres persoas internadas en Pereiro de Aguiar o recibiron, pero pouco máis. Este dato, tendo en conta que un 20,3% dos presos padecen Hepatites C, é paupérrimo, comparable ao 24% dos cárceres exipcios. Máis sanguento aínda é a situación cando se sinala que o 26,3% das persoas afectadas están coinfectadas de VIH. A Xunta seguiu negándose a subministrar de forma xeral os medicamentos. Tense constancia de que tres persoas internadas en Pereiro de Aguiar o recibiron, pero pouco máis No último pleno, o PSOE presentaba unha Proposición Non de Lei absolutamente de sentido común. A PNL buscaba que o Parlamento Galego instase á Xunta a acatar as medidas cautelares ditadas canto antes, deixando de poñer vidas en perigo. Pero unha vez máis o PP usou a súa maioría absoluta para dar as costas á sociedade, impoñendo a súa desapiadada lóxica mercantilista. Por suposto, hai que felicitar ao PSOE pola proposta. Non hai ningún problema en apoiar as súas medidas cando van a favor da xente, e non dos ricos, como a súa negativa para subir o IBI ás grandes superficies no municipio de Madrid, impedindo a súa aprobación. Oxalá se comportasen igual cando son apoio de goberno que cando son oposición. Foi un exemplo de crueldade refinada con pracer de quen a executa, exactamente a segunda acepción de "sadismo" segundo a Real Academia Cando o PP cometeu a infamia de rexeitar a PNL, membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C marcharon do hemiciclo mentres chamaban "sádicos" aos parlamentarios do PP. Segundo a RAE, non lles falta razón. O de onte foi un exemplo de crueldade refinada con pracer de quen a executa, exactamente a segunda acepción de "sadismo" segundo a Real Academia. Cando se ve a estes sádicos (como diría Gramsci, "que o escoiten ata a náusea") actuar deste xeito, é imposible non sentir unha mestura de noxo, tristeza, desesperación e rabia. Tamén é imposible non lembrar dúas frases. A primeira é o celebérrimo "quen combata a monstros, debe temer converterse nun deles" de Nietzsche. A segunda é da compañeira Irene Montero, e poucas veces cobra tanto sentido como neste caso. A loita é pola vida.
NOS_34978
"Non hai nada que celebrar e si moito que loitar" foi o lema co que Galiza Nova reivindicou este 12 de outubro a soberanía nacional para o país. Fíxoo cunha bandeira da patria xigante e cun mosaico en que se podía ler a palabra independencia.
Compostela acolleu na mañá desta cuarta feira un acto simbólico convocado por Galiza Nova para reivindicar a soberanía nacional para Galiza. A formación nacionalista sinala que o Estado español nos condena "á dependencia e á miseria" e denuncia que se empeña en "anular con todos os seus medios a nosa identidade nacional". Alberte Mera: "A autoorganización do pobo galego, sen dependencias nin tutelaxes, é o único camiño para a emancipación nacional" As mocidades do BNG denunciaron que nos atopamos diante dun sistema "totalmente corrompido" en que a constitución "é amparo legal das accións máis socialmente inxustas que estamos a padecer". Na mesma liña, o secretario xeral da formación advertiu de que "as políticas do capital levadas a cabo polos gobernos español e galego están centradas unicamente no beneficio das grandes multinacionais e no empobrecemento xeneralizado do pobo". Alberte Mera subliñou que "a autoorganización do pobo galego, sen dependencias nin tutelaxes, é o único camiño para a emancipación nacional". Campaña en defensa dun emprego digno Co acto realizado con motivo do 12 de outubro, Galiza Nova puxo de manifesto que "non é tempo de celebracións, senón de denuncia". Por iso anunciou a posta en marcha dunha campaña en defensa dun emprego digno. Desta maneira, a mocidade nacionalista denuncia "as políticas neoliberais e nefastas do goberno español que hipotecaron o noso futuro e nos condenaron á emigración, a un 55% de desemprego xuvenil e aos traballos máis precarios".
PRAZA_8847
Xabier Rábade ofrece en Elos e Canelas algunhas pinceladas sobre as primeiras xornadas dunha Volta a Italia na que a partir deste sábado os favoritos comezarán a marcar diferenzas.
Xabier Rábade ofrece en Elos e Canelas algunhas pinceladas sobre as primeiras xornadas dunha Volta a Italia na que a partir deste sábado os favoritos comezarán a marcar diferenzas. Antes de que se comezara a disputar, xa había rebumbio sobre as posibilidades de Nibali e de Wiggins. Empezou a gran carreira italiana e na segunda etapa, Sky gañaba unha contrarreloxo que lle facía ao inglés levar 17" de vantaxe fronte os máis serios contrincantes. Así víase corroborada a idea de que os cascos azuis ían despregarse para dominar o Giro e brindarlle un paseo triunfal a Sir Bradley. Mais na cuarta etapa houbo erros impropios dun equipo tan calculador como Sky: unha caída facía a Wiggins perder os segundos que acumulara de vantaxe. Evidentemente, dezasete segundos nesta altura nunha volta de tres semanas e coas características do Giro, pouco contan. O importante desa etapa foi que o vixente campión do Tour quedou cortado, sen posibilidade de reincorporarse á liza da etapa. Malia este problema, Sky dominara a ascensión da principal cota do día polo que Henao e Urán xogaron as súas propias cartas para intentar levar un triunfo de etapa que foi para Battaglin, italiano de 23 anos que esperta interese e esperanza. Como pode estar tendo tan mala sorte Wiggins? Hai algún rumoroso de que tal vez sexa unha táctica do propio ciclista que quere mandar un recadiño co seu descontento aos xefes de equipo Na sexta etapa, Wiggins pinchou e logo volveu verse involucrado nunha caída, na que entre moitos outros tamén estaba Nibali. Para evitar que a carreira quedara partida, Sky mandou aos seus homes aminorar o ritmo permitindo que o grupo de caídos se reincorporara ao pelotón. Como pode estar tendo tan mala sorte Wiggins? Hai algún rumoroso de que tal vez sexa unha táctica do propio ciclista que quere mandar un recadiño co seu descontento aos xefes de equipo. Veremos como van evolucionando as cousas ao longo de maio. Cav aproveita as oportunidades Despois duns meses nos que Cav e os seus compañeiros de Omega Pharma-Quickstep parecían andar un tanto descoordinados, ao manés estalle cundindo o Giro. Suma dúas vitorias en menos dunha semana de competición. O podio desta edición foi estreado por Cavendish que se impuña na volata a Viviani (Cannondale), igual que fixo na etapa que acabou en Margherita di Savoia. Despois duns meses nos que Cav e os seus compañeiros de Omega Pharma-Quickstep parecían andar un tanto descoordinados, ao manés estalle cundindo o Giro. Suma dúas vitorias en menos dunha semana de competición Despois da espantada de Petachi en Lampre, OPQS tentouno para incorporalo ás súas filas e que así servira de lanzador de Cavendish, pero a UCI vetou a posibilidade. En Italia parece que deron coa clave idónea para o manés co resistente Jerome Pinau e o superclase Gert Steegmans. Este último xa deu moitas mostras da súa enorme valía traballando en clásicas de lastrado para Boonen, Cav non pode estar en mellores mans, e non deixa perder a oportunidade. O nove de maio, grazas ao labor de Steegmans, Cavendish rematou coa vitoria. Foi un triunfo de Omega Pharma-Quickstep nunha data moi especial para eles: cabodano do compañeiro Wouter Weytandts que perdía a vida no Giro de 2011. O Giro é sinónimo de sorpresas Nas notas máis curiosas cabe destacar que por primeira vez un corredor chinés chegaba ao Giro. É Chang Ji (Argos-Shimano) e aínda que se retirou despois da quinta etapa, xa fixo historia. As vindeiras etapas non dan tregua ao pelotón, un percorrido rompepernas o venres 10, a crono individual do sábado 11 que se albisca como unha das etapas decisivas para os máximos candidatos á victoria final Os percorridos do Giro son verdadeiramente fermosos, unha gran maneira de promocionar ao país transalpino. Unha das máis belas etapas foi a de Cosenza-Matera, moi emocionante no deportivo e na que Degenkolb daba un pasiño importante na súa carreira ao gañar tras o nerviosismo e caos dunha caída fronte a meta. O ciclismo italiano sabe que ten que sacar tallada do Giro, así Sky deulle un triunfo ao novel Puccio, Battaglin puxo o foco da atención sobre o modesto Bardiani CSF Inox e por iso Viviani non lle da un respiro a Cav nas volatas, sempre atrás da súa roda procurando gañarlle. Ata Paolini debutaba e conseguía reter xornada a maglia rossa. E…aínda quedan dúas semanas para seguir disfrutando do Giro! As vindeiras etapas non dan tregua ao pelotón, un percorrido rompepernas o venres 10, a crono individual do sábado 11 que se albisca como unha das etapas decisivas para os máximos candidatos á victoria final e domingo 12 de maio con duras ascensións no tramo central da etapa.
NOS_27595
Outro ano máis, neste caso de 2018, os datos oficiais remarcan que a fenda salarial continúa a ser unha das maiores eivas do noso mercado laboral. Outra sería a diferenza de soldos segundo o posto no que se traballe. Este último aspecto chega a distorsionar de maneira evidente a media dos ingresos que entran nos fogares.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) deu a coñecer esta quinta feira os resultados definitivos da Enquisa de Estrutura Salarial (EES) referidos ao ano 2018. Segundo este organismo, os datos sinalan que o soldo medio anual subiu 3% en 2018 na Galiza en relación co ano anterior, até alcanzar os 22.244,59 euros, a cifra máis elevada polo menos desde 2008. O salario medio anual a nivel do Estado español sería máis elevado e chegaría aos 24.009,12 euros por traballadora ou traballador no ano 2018, o que significaría 1,5% máis que o ano anterior. A enquisa deste organismo segue a reflectir a evidente desigualdade en salarios que existe entre mulleres e homes. Os datos indican que, malia ascender un 3,8% en relación ao ano anterior, as mulleres cobran 19.543,17 cando os homes, cun aumento de 2,1%, cobran 24.826,91 euros de media. Unha diferenza de 5.283 euros (21,8%) que equivalería a dous meses e medio de soldo. Redución mínima na fenda salarial A redución salarial na fenda foi mínima. A nivel estatal os salarios das mulleres creceron a maior ritmo (2%) que os dos homes (1,3%). Así, a ganancia media anual dos homes foi de 26.738 euros ao ano, mentres que a das mulleres supuxo 78,6% desta contía, con 21.011,89 euros, 21,4% menos que a dos homes. Esta diferenza de salarios redúcese se se consideran situacións similares como o tipo de contrato ou a ocupación. Se se compara a ganancia ordinaria por hora traballada, a diferenza salarial entre mulleres e homes é de 11,3%, fronte a 14% existente en 2014 e 15,3% de 2010. A enquisa tamén pon en evidencia que o número de mulleres que gañaron menos de 16.000 euros en 2018 foi maior que o de homes. A partir desta cifra, o número de mulleres que percibiu cada nivel salarial foi sempre inferior ao dos homes con ese mesmo salario. Enerxía, soldos altos, e a hostalaría, os máis baixos As actividades económicas con menor remuneración salarial en 2018 a nivel estatal foron a hostalaría (14.345 euros), outros servizos (16.374 euros) e actividades administrativas e servizos auxiliares (17.176 euros). Pola contra os sectores con maior salarios foron a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (51.237 euros), actividades financeiras e de seguros (45.034 euros), industrias extractivas (33.990 euros), información e comunicacións (33.117 euros) e Administración Pública (29.824 euros). Relacionado con este dato está que os salarios máis altos figuran nas direccións e xerencias que presentaron en 2018 un salario anual de 54.341 euros, o que representa unha retribución 126,3% superior á media. Pola contra, os salarios máis baixos son para as traballadoras e traballadores de ocupacións elementais, con 15.163 euros anuais, e para o persoal dos servizos de restauración e comercio, con 17.047 euros. Na comparativa co ano anterior, o salario medio aumentou en todas as actividades menos en información e comunicacións, onde baixou 1,6%; subministración de enerxía (-1,5%); hostalaría (-1,3%) e actividades inmobiliarias (-0,2%). Os maiores aumentos salariais viñeron da man das actividades artísticas e de entretemento (+4,6%) e industrias extractivas (+4,4%). Alén diso, a enquisa rebela que as traballadoras e os traballadores a tempo completo tiveron un salario medio de 28.070,00 euros, 2,6% superior ao ano anterior. Pola súa banda, o salario a tempo parcial aumentou 4,6%, até os 11.171,49 euros. Os soldos máis altos en Euskal Herria Na listaxe de territorios do Estado español con maiores soldos Eukal Herria mantén o primeiro posto en salarios altos con Euskadi á cabeza (28.470,9 euros anuais) e Nafarroa en terceiro lugar (26.364,7 euros). Pola contra os salarios son os de Estremadura (19.947,8 euros). Galiza estaría en décima posición.
NOS_55959
A Xunta informou hoxe de que nos centros educativos galegos xa hai 3.639 casos de coronavirus activos. Ademais, permanecen fechadas oito instalacións e 160 aulas a maiores. Tamén creceron os grandes focos nas residencias de maiores.
O reflexo do que sucede nos centros sanitarios galegos, con picos extremos de contaxios da Covid-19, está nos centros educativos ou nas residencias. No primeiro dos casos, a Consellaría de Educación informou esta sexta feira dun novo máximo de persoas infectadas ao chegar estas ás 3.659. O nivel de casos activos implica xa o fechamento de oito colexios e escolas. En concreto, son as escolas infantís Praia Xardín de Boiro, Friol, Taboada, Viveiro, Riós, a Unitaria de Forcarei e a de Cáritas en Tui. Ademais, quedou temporalmente inutilizado o centro Miño de Ourense.Ao facer a análise por zonas, os casos soben en todas as áreas sanitarias, aínda que os da Coruña concentran o maior número de positivos (995 e 35 aulas clasuradas). A situación vai en paralelo á evolución epidemiolóxica da contorna.O IES Manuel Murguía conta con 27 positivos, o CEIP Ponte dos Brozos con 25 e o CEIP de Arteixo con 23, son algúns dos máis afectados. Na Coruña, por exemplo, destacan o CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha con 24 casos e unha aula pechada e o Liceo A Paz con 27, e o CPR Eiris con 24. Na zona de Vigo hai 674 casos activos, 57 aulas e 1 escolas infantís pechada, entre os que destacan o CEP Altamira de Salceda de Caselas, con 20 casos; o IES San Paio de Tui con 16; o CPR Plurilingüe Santiago Apóstolo e CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas,con 13 e 14 positivos, ou o CPI dá Cañiza con 22. As infraestruturas do ensino da área compostelá rexistran 547 contaxios e 12 aulas e unha escola fechada. O CPR Plurilingüe La Salle con 16, o IES Antonio Fraguas Fraguas con 21, o CEIP Plurilingüe Monte dous Postes e o CPR Plurilingüe San José de Cluny, ambos con 14 positivos, son os que contan con máis casos. Así mesmo, os colexios da demarcación de Pontevedra contan con 438 positivos, 18 aulas e un centro fechado. Os puntos de maior incidencia son o CEIP Plurilingüe Cruceiro rexistra 25 contaxios, o CEIP Viñas e o IES de Poio, que presentan 17 e 16 casos. A situación nos xeriátricos Nas residencias a situación tampouco mellora. A aparición de 12 novas contaxiadas no centro Mi Casa de Ferrol e a suma de nove persoas na DomusVi de Carballo son só algúns exemplos do que foi o parte desta xornada. A Consellaría de Política Social tivo que informar de 452 residentes co coronavirus, ao igual que 264 traballadores. No primeiro caso hai 29 instalacións afectadas coa DomusVi Carballo, a Quercus de Leiro e a Nosa Señora do Carme de Sarria como as que teñen peores resultados con 77, 68 e 57 enfermas respectivamente. No que se refire aos cadros de persoal, os peores gromos son na DomusVi Carballo (31) e a Paz e Ben de Tui (21). Aliás, nos centros de atención á discapacidade hai 152 doentes, a grande maioría na Pai Menni de Betanzos.
NOS_9488
Activistas comunitarios,campesiños, indíxenas, sindicalistas, ambientalistas, integrantes do movimiento Lgbt, para alén de activistas polos dereitos humanos ou a restitución das terras. Os dados foron revelados por un informe presentado no Parlamento británico por 'Xustiza para Colombia'.
Non acapara portadas de xornais nin aperturas nos noticieiros mais a violencia en Colombia contra o activisto político e social sobrepasa o concepto de 'guerra suxa' para entrar de cheo no que algunhas ONGs e colectivos cualifican de "exterminio". Esta semana presentouse perante o Parlamento británico o informe 'Silenciados: o asasinato de activistas políticos en Colombia". Elaborado pola organización inglesa 'Justice for Colombia', no documento recóllese como 534 activistas foron asasinados entre 2011 e 2015, un promedio de dous asasinatos por semana. Antioquía (94 activistas executados) e Cacuca (59) foron os departamentos máis golpeados por unha violencia que se deu en 26 dos 32 departamentos colombianos e da que responsabilizar os grupos paramilitares de extrema dereita. O informe presentouse nun acto organizado por varios congresistas que fan parte do grupo parlamentar 'Amigos de Colombia' e que avoga polo proceso de paz no país latinoamericano. A información recompilouse grazas á información, probas e dados achegados por 5 organizacións colombianas: O Centro de investigación e educación popular (Cinep, da Compañía de Xesús), polo sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), pola ENS, polo movemento socio-político de esquerdas 'Marcha Patriótica', e por 'Somos defensores', colectivo de avogados polos dereitos humanos. Activistas comunitarios, sindicalistas, ambientalistas, defensores do colectivos LGBT, indíxenas... foron e son albo dos ataques e da violencia por parte de grupos paramilitares e de 'escadróns da morte'. Durante anos, diferentes ONGs denunciaron as conexións deste tipo de organizacións violentas co Estado colombiano.
NOS_18888
A organización frontista designará as persoas que encabezarán as listas das 7 cidades antes do Día da Patria 2018, asegurou a líder do BNG nunha entrevista en Radio Galiza-SER.
O único fixo neste momento na nómina dos candidatos do BNG nas cidades é Miguel Anxo Fernández Lores. "O alcalde de Pontevedra é un grande alcalde. Así o avalan durante todos estes anos non só os votos das veciñas e dos veciños, senón tamén o recoñecimento a nível estado e a nível internacional dun proxecto de cidade que é modélico", afirma Pontón, daí que considere que "é moi boa noticia que [Lores] teña esa disposición de seguir contribuíndo para o avanzo de Pontevedra e o fortalecimento do BNG". A respeito das cabezas de lista das outras cidades, Pontón pon en destaque que para o BNG neste momento o prioritario non é tanto pensar nas persoas como nos proxectos a desenvolver. "Nós no que estamos a traballar é no deseño de proxectos, falando con distintos sectores sociais... O importante é termos un proxecto sólido con que nos apresentarmos. E logo as persoas xa as iremos vendo", acrecentou e a seguir, esclareceu que "haberá nalgúns lugares en que repetirán os candidatos que temos neste momento, mais tamén vai haber sorpresas noutros". As municipais, en todo caso, "son moi importantes para todo o mundo", recalcou a líder nacionalista. "O BNG demostra, cando lle deixan gobernar, que ten un proxecto que funciona" e nese sentido apelou "o noso escaparate" -dixo en alusión a Pontevedra- mais tamén invocou o exemplo de concellos "doutro tamaño máis pequeno" que, da man de gobernos municipais do BNG, "foron capaces de se modernizar e de avanzar". Concellos, citou, "como Carballo, como Tomiño, como Bueu, como Rianxo...". "Hai un caudal importante e hai un recoñecimento de que o BNG, cando goberna, goberna ben, goberna ao servizo das maioría sociais e consegue transformar os nosos concellos", subliñou.
NOS_33488
O Veleiro 'Estelle' arribará a diferentes portos europeos nunha campaña que contará coa presenza de persoas solidarias galegas co pobo palestino
A solidariedade é a tenrura entre os pobos. Escribiuno Pablo Neruda e estano a demostrar estes días @s impulsor@s e participantes na III Frota da liberdade, iniciativa impulsada por Rumbo a Gaza e que, co apoio de colectivos e persoas de diferentes países (entre eles, Galiza), procura a defensa dos dereitos do pobo palestino. O veleiro 'Estelle' partiu do norte de Europa e, ao longo das vindeiras semanas, navegará pola costa do vello continente, arribando en diferentes cidades para desenvolver actos e actividades de diverso tipo (palestras, concertos,...) en que a situación dos territorios ocupados por Israel será de novo denunciada. Dentro de esta xira, o 26 de agosto, o 'Estelle' chegará a Donosti, en Euskal Herria, onde unha pequena frota de embarcacións con bandeiras palestinas lle dará a benvida. A tripulación será recibida no concello de Donosti (que, ese día, izará a bandeira de Palestina) e nas Xuntas Xerais de Gipuzkoa. A expedición continuará despois até Bermeo, onde desembarcará para, en caravana, desprazarse á emblemática vila de Gernika. Gernika era, precisamente, o nome do barco que participou na II Frota da liberdade e que foi 'secuestrado' en Grecia pola policía, impedíndolle chegar a Gaza. Unha delegación galega estará en Euskal Herria para levar unha mensaxe de solidariedade da Galiza ao pobo palestino. BDS Neste 2012 cúmprense sete anos da campaña BDS, que traballa polo boicot, os desinvestimentos e as sancións a Israel como medida de presión cidadá para poñer fin á ocupación de Palestina. En xullo de 2005 unha ampla coalición de colectivos palestinos lanzou a campaña BDS Global contra Israel apelando ás "persoas con consciencia en todo o mundo para impor amplos boicots e desenvolver iniciativas de desinvestimento e sancións contra Israel" como medida de presión para acabar coa cada vez máis sanguenta limpeza étnica do pobo palestino.
NOS_34119
O Servizo de Atención Primaria asegura, a través dun comunicado, que as e os enfermos non só chegan por mor da Covid-19, senón polo atraso das citas nas especialidades, o illamento e a falta de mobilidade da poboación maior da comarca. Igualmente, recordan que a veciñanza ascende en verán e que están a traballar poñendo en risco tanto a saúde das pacientes como a das e dos profesionais sanitarios.
O Servizo de Atención Primaria de Vimianzo, do que dependen o propio concello de Vimianzo pero tamén os de Camariñas e Zas segundo destacan, denuncian que están a atender cada vez máis doentes cun "déficit de recursos" e un "déficit de persoal pola falta de cobertura dos permisos". Indican que están sobrecargados ante unha poboación que se sente mal atendida e piden solucións a Administración. "A Atención Primaria é a primeira peza de contacto co sistema sanitario, debera ser unha peza fundamental e ter recursos tanto humanos coma materiais suficientes, incluíndo EPI, para desenvolver esta labor tan importante, non solo asistencial senón tamén de promoción e educación para saúde con garantías de calidade pero lamentablemente isto non está sucedendo porque non contamos con eses recursos necesarios que requiren inversión por parte das administracións públicas", afirman desde un departamento do que dependen tanto os centros de saúde como os Puntos de Atención Continuada (PAC) de zona. Desde o seu punto de vista cada vez é máis habitual facer a súa labor con "coberturas deficitarias" e recordan que a veciñanza medra exponencialmente no verán polo turismo e a visita das e dos galegos na emigración. Mais "ao mesmo tempo, van diminuído os recursos para poder atender axeitadamente a estes pacientes". A preocupación é especialmente elevada porque a carga de traballo é maios do agardado. As sanitarias explican que non se debe unicamente ao impacto do coronavirus, senón ás súas consecuencias no sistema de atención ás doentes. "A Atención Primaria queda sen atender e isto súplese coa enorme dedicación e traballo dos profesionais sanitarios (médica e enfermería) e de administración e servizos, o cal xa non se sostén máis", lamenta, ao tempo que advirten: "Os que imos enfermar, somos nós". Pediatría e un rural pouco atractivo No comunicado tamén ccritican a falta de atención pediátrica na comarca de Soneira porque só hai unha profesional para atender ás crianzas de toda a comarca. "Levamos anos vendo como en Pediatría os recursos que hai, quédanse nas cidades, deixando o rural sen estes profesionais, ou con profesionais, que ante a gran sobrecarga asistencial, deciden abandonar estes centros de saúde", recriminan. Ante esta situación exixen á Consellaría de Sanidade que se atendan as necesidades e que se facilite o traballo no rural, pois polo de agora "cando ás compañeiras que se lle ofrece un contrato nunha zona rural se lle está ofrecendo máis distancia dende os seus domicilios, máis horas de xornada laboral anual, poboación máis dispersa e envellecida e menos recursos, é lóxico que prefiran traballar en áreas máis urbanas que nas nosas".
PRAZA_7627
Denuncian que o goberno da cidade o "despropósito" no reparto de espazos, o intento de arrebatarlle o seu local e as "ameazas" que sofren algunhas asociacións para que non utilicen o centro.
Os traballadores do Ateneo Ferrolán denuncian "as manobras de acoso que está a facer o goberno de PP no Concello de Ferrol" e que, segundo asegura, poden "por en perigo" os seus postos de traballo. Por todo isto, exixen o alcalde da cidade "que poña fin a tal despropósito", logo de levar meses denunciando o intento da administración local por arrebatarlles o local. Nun comunicado, aclaran que estando recepcionadas as obras de rehabilitación da sede do Ateneo, o alcalde e o seu goberno "inventou un reparto de espazos no edificio" que ocupa o Ateneo Ferrolán dende hai 30 anos en exclusiva, "sen ter en conta e descoñecendo a superficie do inmoble". Logo de ter ido a votación a pleno municipal, o Goberno pretendía que se repartise o espazo coa SAF e a Asociación de Veciños Zona Centro, pero pasado un mes, súmase ao reparto a Sociedad Filarmónica Ferrolana que, segundo din os traballadores do Ateneo, "nin sequera tiña coñecemento nin tiña solicitado" a súa ubicación, que está prevista no lugar proxectado para a cafetería do centro e que terá que ser aprobado noutro pleno. "Reclamamos que devolvan as chaves a esta entidade para poder acceder ao noso traballo pola porta de diante" "Non entendemos toda esta liorta na que teima o goberno do PP, provocándonos unha inseguridade ante o que acontece, e reclamamos se devolvan as chaves a esta entidade, que nos mesmo entregamos á empresa construtora, e poder acceder ao noso posto de traballo pola porta de diante", din. Así mesmo, exixen "a devolución do patrimonio desta entidade que é de todos" para poder así "traballar con normalidade". Do mesmo xeito, os traballadores do Ateneo denuncia tamén "que algunhas asociacións que pretenden facer actividades culturais no Ateneo Ferrolán están sendo ameazadas telefonicamente para que non utilicen este espazo". Por iso, acusan o alcalde José Manuel Rey Varela e o goberno do PP de" estar xogando cos postos de traballo" que advirten que "seguirán defendendo".
NOS_49518
A organización galeguista decidirá nunha Convención electoral nacional esta fin de semana os criterios programáticos sob os que pivotará a súa candidatura ás europeas e a fórmula coa que concorrerán aos comicios do mes de maio. Entre as opcións con máis posibilidades estaría a coligación co PNV.
A militancia de Compromiso por Galicia está chamada esta fin de semana a decidir cal será a fórmula coa que a organización galeguista concorrerá ás eleccións europeas. Das dúas opcións baralladas pola formación liderada por Xoán Bascuas --unha "alternativa de país" e a coligación co PNV-- todo apunta a que a opción máis viábel será a de conformar unha candidatura xunto coa organización basca. E é que a candidatura unitaria galega embora "non ser desbotada", sinalou o secretario xeral de Compromiso en conversa con Sermos Galiza, semella non chegar a porto pois, "as condicións" de que se chegue a producir "son abrumadoramente complicadas", indica. No entanto, explica Bascuas, "non hai ningunha proposta feita por parte da dirección" e "será a militancia a que decida". Porén, o PNV xa fixo público o nome da persoa que encabezará a súa listaxe electoral ao Parlamento europeo. A que foi presidenta da Cámara basca, Izaskun Bilbao, xa foi candidata nas eleccións de 2009 e conta co apoio d@s tamén soci@s da formación jeltzale, Coalición Canaria. Desde Compromiso, Xoan Bascuas insiste en que "corresponde agardar" á Convención nacional do sábado 25 de xaneiro para saber se finalmente a organización galeguista se coligará c@s nacionalistas basc@,s mais de antemán, sinala, "a cabeceira de lista non sería un problema". CxG aposta en "máis Europa" Aliás, a Convención debaterá "os criterios programáticos" sob os que posteriormente se artellará o programa. Neste senso, son dous os eixos arredor dos que pivota a proposta presentada polo Consello Político de CxG e que foi pendurada no web da organización: unha "voz propia" para que Galiza conte con representación directa no Parlamento europeo e a aposta nunha "Europa con maior capacidade política". Face a desafección cidadá cara ás institucións europeas, Compromiso propón "máis Europa" no seo dun "outro modelo" de UE. Para a formación galeguista, o actual "non resulta útil" polo que debe ser reorientado. Apostar nunha política que vise "a reactivación económica" e "abandone o dogma da austeridade" ou unha "Europa que poña couto aos grandes poderes financeiros" son algúns dos criterios que a militancia de Compromiso debaterá este sábado (25 de xaneiro) en Padrón.
PRAZA_16142
"A única forma de parar esta reforma inxusta é a mobilización masiva", di SOS Sanidade, que lembra o precedente da retirada da lei de acuicultura grazas ás protestas. A plataforma e a oposición ven na redución de áreas o inicio do "desmantelamento" dos hospitais comarcais, que a Xunta nega Galería de imaxes das concentracións ENTREVISTA | Xosé María Dios: "O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento"
Galería de imaxes das concentracións ENTREVISTA | Xosé María Dios: "O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento" O proxecto da nova Lei de Saúde que se tramita dende mediados de decembro no Parlamento por iniciativa da Xunta leva meses a acumular protestas na súa contra, especialmente nas comarcas afectadas por unha das súas medidas máis controvertidas: a supresión das áreas sanitarias da Mariña, O Salnés, Monforte e O Barco de Valdeorras. Este precepto, aseguran os colectivos contrarios ao proxecto, trae consigo un novo "ataque á sanidade pública" e un reforzamento das derivacións de pacientes a centros privados xa facilitada pola lei de garantías sanitarias de 2014. Este é o pano de fondo da "gran mobilización" que, a través da plataforma SOS Sanidade Pública, se prepara para o vindeiro 4 de febreiro en Santiago, unha protesta que foi alentada este mércores con máis dunha ducia de concentracións por todo o país. "A única forma de parar esta reforma inxusta é a mobilización masiva", di SOS Sanidade, que lembra o precedente da retirada da lei de acuicultura grazas ás protestas Unha das comarcas máis activas no rexeitamento desta norma nos últimos meses, a da Mariña, foi tamén unha das mías activas nas concentracións previas. Aínda que a convocatoria a nivel galego só prevía unha protesta en Burela, ante o Hospital da Costa, as mobilización estendéronse tamén por centros de saúde de Foz, Barreiros, Ribadeo, San Cibrao e Burela. "Pretenden borrarnos do mapa como área sanitaria" para "provocar unha perda de camas e servizos nos hospitais comarcais", acusan para cargar contra unha reforma que, no caso mariñao, vai ter como "grandes beneficiados aos hospitais privados da cidade de Lugo", din. "A única forma de parar esta reforma inxusta, insolidaria, xeradora de desigualdade e que afectará a toda a sanidade galega" é "a mobilización social masiva", lembraron na concentración de Burela. Cómpre recordar, sinalan, os efectos que "a mobilización masiva e contundente" chegou a ter noutro polémico proxecto lexislativo do Goberno do PP, a lei de acuicultura, que chegou a retirar entre numerosas protestas. Concentración no hospital do Salnés / Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés O hospital Lucus Agusti, en Lugo, o Hospital de Monforte e o Hospital do Salnés foron tamén escenarios de concentracións durante a mañá, previas ás organizadas para o serán na Coruña, Ribeira, Ferrol, Santiago, Ourense, O Barco, Pontevedra e Vigo. En todas elas SOS Sanidade pon como exemplo os "colapsos das urxencias hospitalarias" nos últimos días, en plena campaña da gripe, como mostra duns "recortes" no sistema sanitario que agora, sinalan, se enfronta a unha nova "ameaza" tras a posta en marcha e desenvolvemento regulamentario da devandita lei de garantías. SOS Sanidade, sindicatos e oposición parlamentaria alertan dun "desmantelamento dos hospitais comarcais", que a Xunta nega A Lei de Saúde, advirte a plataforma, "desmantela os hospitais comarcais" e teima na "centralización do control" da asistencia, ademais de "perpetuar as Estruturas de Xestión Integrada que someten a Atención Primaria ás xerencias hospitalarias en detrimento da promoción, prevención e atención próxima da poboación". Entre os prexuízos da futura lei SOS Sanidade cita tamén a "privatización da formación e a innovación sanitaria", así como a "limitación da participación social no control da sanidade pública galega". As tres forzas da oposición parlamentaria galega reiteraron este mércores o seu apoio e asistencia ás mobilizacións, rexeitadas con contundencia dende a Xunta e o PP. Tras reducir nas últimas semanas a importancia das mobilizacións tanto o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, como o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, atribúen a intereses partidarios o conxunto da mobilización. Mostra disto, esgrimiu Feijóo durante a sesión de control deste mércores no Parlamento, é que a Xunta prevé construír unha vintena de centros de saúde nos vindeiros anos. Texto da nova lei de saúde
NOS_29596
A aplicación recibiu máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar nomes do territorio da súa contorna.
Galiza Nomeada, a aplicación posta en marcha pola Real Academia Galega e a Xunta para a recolleita colaborativa da microtoponimia, recibiu dende a súa posta en marcha o pasado 20 de decembro máis de 600 solicitudes de persoas interesadas en rexistrar e xeorreferenciar nomes do territorio da súa contorna. En apenas dous meses, os usuarios e usuarias introduciron na plataforma máis de 4.000 topónimos de montes, leiras, fontes e mesmo penedos ou rochas da costa en 140 dos 313 concellos galegos, "un traballo colectivo de gran valor que amosa a boa recepción cidadá que está a merecer a plataforma". Alén de compartir os nomes da terra e identificalos sobre a imaxe aérea do territorio galego dispoñíbel na plataforma, usuarios e usuarias tamén achegaron audios coa súa pronuncia ou con lendas asociadas, e fotos de elementos de interese cultural como cruceiros, muíños, capelas, fontes ou pontes existentes na súa zona de traballo. Unha vez validada esta información pola Real Academia Galega, calquera persoa poderá consultala entrando na ficha de cada topónimo no visor de Galiza Nomeada. En canto ao traballo compartido polas persoas rexistradas, salientan as contribucións individuais dende Rianxo, onde a colaboradora Susana Silva achegou máis de 630 topónimos, e dende O Irixo, con máis de 509 topónimos incluídos por Xulio Dobarro. Destacan ademais achegas colectivas como os 1.025 topónimos xeorreferenciados en Silleda polo profesor Xoán Carlos García Porral mais o alumnado do IES Pintor Colmeiro. Os máis de 4.000 microtopónimos que se incluíron no que vai de ano súmanse aos máis de 6.000 que durante a fase de probas da aplicación achegaron colaboradores como Alberte Reboreda, que documentou 2.150 en varias parroquias dos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Cercedo Cotobade; Ana Bravo, que recompilou 635 nas parroquias de Isorna e Leiro, en Rianxo; ou Rocío Romar, que identificou medio milleiro na parroquia de Baio, no concello de Zas, e noutras parroquias do concello de Malpica. En total, os microtopónimos rexistrados a través de Galiza Nomeada son xa 10.273, dos cales a gran maioría, uns 9.000, xa foron validados lingüisticamente polo equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega que coordina e revisa este traballo. Todos estes nomes da terra súmanse aos topónimos de entidades de poboación do Nomenclátor de Galiza e aos máis de 430.000 rexistrados polo Proxecto Toponimia de Galiza (2000-2011) —que se centrou na recollida da microtoponimia—, de tal maneira que a cifra de topónimos recompilados actualmente supera os 482.445.
NOS_21135
A inminente extradición a México do ex director xeral de Pemex, Emilio Lozoya, impulsa un proceso xudicial no que se avaliarán os distintos proxectos levados a cabo pola petroleira mexicana, entre eles a compra do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, que permitiu realizar a promesa feita ás portas da súa reelección en 2012.
En maio de 2012, un exultante Feixoo anunciaba un principio de acordo coa petroleira mexicana Pemex que permitiría salvar o sector naval galego, afogado pola ausencia de proxectos. Falábase entón dunha frota de remolcadores, un investimento de 310 millóns de euros e 2,6 millóns de horas de traballo nos estaleiros galegos que garantían o mantemento de 2.500 postos de traballo no sector. Ademais, Feixoo anticipaba que a petroleira estaba a estudar a súa posíbel implantación no porto exterior da Coruña, que sería a súa base de operacións en Europa. Na foto, os protagonistas eran o propio presidente da Xunta e o director xeral de Pemex naquela época, Juan José Suárez Coppel, investigado en México pola compra da compañía de fertilizantes Agro Nitrogenados, os mesmos que catro meses máis tarde, en plena precampaña electoral, anunciarían a construción de dous floteis nos estaleiros de Navantia Ferrol e Barreras, en Vigo, que non serían adxudicatos até 2014. Pero un cambio presidencial en México mudou os protagonistas da historia. En decembro de 2012, Emilio Lozoya tomaba o relevo de Suárez Coppel como director xeral de Pemex. Entón, as encargas, cuxos contratos a Xunta se negaba a amosar aludindo á súa confidencialidade, non estaban aínda garantidas. O propio Feixoo viaxaría en abril de 2013 a México para facer seguemento da "alianza estratéxica" ─que non contratos─ da Xunta con Pemex. Alí foi recibido, entre outros, polo propio Lozoya, que só un mes despois anunciaba a compra de 51% do estaleiro Hijos de J. Barreras, unha operación valorada en 5,1 millóns de euros coa que a petroleira esquivaba a obriga de someter a encarga dos floteis a un concurso público aberto. Baixo sospeita Esa operación, a da compra de Barreras por parte de Pemex, é unha das que investiga a Fiscalía mexicana, e un dos motivos polos que o Ministerio Público do país azteca solicitou a extradición de Emilio Lozoya, detido o pasado mes febreiro en Málaga. Lozoya, que vén de acatar a orde de extradición ditada por México, foi quen materializou todas as promesas que fixo Feixoo nos meses previos á súa reelección en 2012, mais o presidente da Xunta atribúe todos os méritos a Suárez Coppel, e remite ás fotos de 2012 para evitar dar máis explicacións. De feito, o propio Feixoo declinou comparecer no Parlamento após coñecerse a nova da detención de Lozoya. "Está documentado en todas as hemerotecas e foi Suárez Coppel quen firmou comigo dous floteis", insistía Feixoo na súa defensa. Tamén argumentaba que as investigacións sobre Lozoya xiraban ao redor de "algo relacionado con Brasil, no con Galiza", máis desde o país azteca emerxía o seu nome na prensa, xunto co da súa asesora Mar Sánchez Sierra. Agora, coa comparecencia ante o xuíz de Emilio Lozoya, a Fiscalía tratará de demostrar as supostas irregularidades nunha operación, a da compra de Barreiras, que, gústelle ou non a Feixoo, foi a que permitiu que os floteis se construísen finalmente na Galiza e as súas promesas preelectorais non quedasen tan só en fume.
NOS_5326
Maurizio Catellan é italiano. É artista e pensa que a provocación e a irreverencia deben formar parte, de cando en vez, da nosa maneira de observar o mundo.
Maurizio naceu en Padua en 1960. Autodidacta. Comezou deseñando mobles, pasou á fotografía e máis tarde á escultura. En 2012 conseguiu vender por 17,5 millóns de dólares, nunha das poxas organizadas pola Christie's, unha estatua de cera e resina, criada en 2001 e titulada El na que se mostra Hitler representado do tamaño dunha crianza, de xoellos, coas maos entrelazadas e dando a idea de se encontrar a rezar. Entre as súas obras máis coñecidas está La Nona Ora, de 1999, unha escultura en cera do papa Xoán Paulo II aplastado por un meteorito. O título está tirado dos evanxellos, do momento en que, na cruz, Cristo exclama nun grande berro: Éloï, Éloï, lemasabakhtani! O que se traduciría por: Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?. O grito foi na hora nona, isto é, as tres da tarde.A súa exposición en Varsovia provocou non só escádalo mais a retirada da obra e o cese da directora do museo. La Nona Ora foi vendido en 80 mil dólares e posteriormente revendido por 3 millóns. Agora Catellan volta á provocación cunha sanita de ouro perfectamente funcional, chamada America, e instalada no quinto andar do Guggenheim. A idea do artista é que todos os visitantes do museo usen a sanita como se fose a da súa casa, sen importar o feito de ser ouro. Iso si, á porta do baño está sempre un policía para garantir que ninguén leva unha lembranza da obra. Normalmente nos museos a relación dos visitantes coas obras é a de manter unha considerábel distancia, a de sermos espectadores e non tocar nada. Mais Catellan quere exactamente o contrario e, como afirma no site do museo, "será un test para esta peza" pois a relación que o público establece coa peza "forma parte do xogo" De onde tira Catellan a idea? Xa hai tempo que Catellan anda interesado nos retretes como obxecto. Fixo pesquisas e xuntou unha considerábel colección de fotografías. Mais, aínda que non se diga, o centenario do urinario que, en 1917, Duchamp transformou en A Fonte está presente como elemento de inspiración, moito máis cando se van facer os cen anos daquela peza que cambiou de raíz o mundo da arte contemporánea, a pesar de se tratar dun urinario que Marcel Duchamp compra nunha tenda de obxectos domésticos e que posteriormente asina co seudónimo de R. Munt no seu estudio. Porque Catellan, non o esquezamos, ten un grande sentido da publicidade e, sobre todo, da oportunidade. Nancy Spector, a comisaria desta exposición, escribe no catálogo que America "fecha un círculo trangresivo" que Duchamp abriu hai xa tempo. Claro que a trangresión na arte ten alcanzado límites que nos parecen xa de difícil superación. Catellan, non o esquezamos, ten un grande sentido da publicidade e, sobre todo, da oportunidade. Non esquezamos que en 1961, Piero Manzoni, nun retrete calquera de Italia, recolleu os seus propios excrementos, encheu con eles 90 latas de metal e etiquetounas coas palabras Merda de Artista en italiano, francés, inglés e alemán: Merda d'artista, Merde d'artiste, Artist's shit y Künstlerscheiße. Logo vendeu as latas a peso segundo a cotización do ouro nese día e hoxe están nas máis famosas galerías de arte do mundo, entre elas o Museu d'Art Contemporani de Barcelona, o centro Georges Pompidou de París, a TATE Gallery de Londres e o MOMA de Nova York. En 2007 vendeuse un exemplar en 124.000€. E que pensa o artista deste retrete de ouro que, case 100 anos despois de A Fonte de Duchamp expón o Guggenheim de Nova York baixo o título América? Que simboliza este retrete de ouro macizo de 18 quilates? El di que "os excesos do mercado da arte"
PRAZA_20359
A entidade reúne este luns a súa xunta de accionistas para repartir beneficios e salienta a súa "estratexia enfocada en todo momento cara a solidez e a prudencia"
A xunta de accionistas de Abanca reúnese este luns ás nove da mañá na sede de Afundación na Coruña para, entre outras cousas, aprobar as súas xa coñecidas contas anuais correspondentes a 2016, con 334 millóns de euros de beneficio neto, e aprobar o reparto de beneficios. Pero este domingo, pouco máis de dúas semanas despois da compra do Popular-Pastor polo Santander, e en plena polémica por unha nova redución do tecido bancario galego, a entidade emitiu un comunicado no que presume de "compromiso coa contorna". A entidade reúne este luns a súa xunta de accionistas para repartir beneficios e salienta a súa "estratexia enfocada en todo momento cara a solidez e a prudencia" A entidade, herdeira das desaparecidas caixas de aforros e comprada a finais de 2013 polo grupo venezolano Banesco, que lidera Juan Carlos Escotet, ao Estado por 1.003 millóns de euros, contía que xa pagou antes do previsto, salienta que "en materia de rendibilidade, Abanca alcanzou un resultado acumulado de 1.485 millóns de euros en tres anos". O banco tamén presume de ter "un dos mellores perfís financeiros do sector en España" e de que "afronta o seu futuro como unha das entidades máis solventes do sector, cunha calidade de carteira por encima da media, e con cotas de mercado en ascenso en todas as liñas de negocio" grazas á súa "estratexia enfocada en todo momento cara á solidez e a prudencia". Abanca salienta que é a única entidade financeira que conta con oficina en 86 municipios de Galicia, "o que supón evitar a exclusión financeira de máis de 180.000 habitantes" En plena polémica sobre a concentración do sector bancario en Galicia e a posible desaparición de máis oficinas alí onde coincidan as do Popular-Pastor e o Santander, Abanca salienta a súa "proximidade ao cliente" e "o noso compromiso coa nosa contorna". "O compromiso coa contorna é para Abanca un elemento inseparable da súa actividade de negocio, especialmente en Galicia", di, e engade a continuación que "Abanca é a única entidade financeira que presta servizo con oficina permanente en 86 municipios galegos (e noutros 8 a través de oficina móbil), o que supón evitar a exclusión financeira de máis de 180.000 habitantes".
PRAZA_4723
Beatriz Figueroa relata a súa experiencia de loita contra o cancro e a exclusión. Falamos con ela no Día Internacional contra esta enfermidade.
O 4 de febreiro é o Día Mundial contra o Cancro. No barrio vigués de Coia, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, ten lugar unha mobilización para denunciar que "as persoas que sofremos esta doenza estamos espidas, temos que ter unha especial protección socio-económica". Así o denuncia Beatriz Figueroa, a convocante e coa que conversou Praza Pública para coñecermos máis de perto o seu percorrido persoal, de loita contra esta enfermidade e as Administracións "que nos exclúen e invisibilizan". "Caer enferma estando na situación de desemprego é duramente castigado, non teñen en conta se traballaras antes ou non, e despachante cunha tarifa plana de 426 euros, o 80% do IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples vixente)" expón con dureza Beatriz. Sen pais, sen parella, sen ningún outro ingreso e baixo o teito dunha vivenda hipotecada, ten que sobrevivir esta avogada e xornalista viguesa, mentres loita contra o cancro, e é por iso que "decidín mobilizarme e facer que se escoitase a miña voz". "Non procuro solidariedade, senón xustiza social" A historia de Beatriz está cargada de dor, resistencia, e é tamén unha loita con vontade colectiva de mudar a actual situación das cousas: "non procuro solidariedade, senón xustiza social, porque o que a min me aconteceu pódelle pasar a calquera". Un duro camiño desde o 2011 No mes de marzo de 2011, a Beatriz diagnosticábanlle cancro de mama, despois de perder o seu traballo e dunha depresión. Beatriz pasa dúas veces polo quirófano, maio de 2011 e maio de 2012, por un proceso de quimioterapia. Tamén relata que, cando esgotou a prestación por desemprego, solicitou o pago directo ao INSS por incapacidade temporal. "Cando recibo a resolución e son consciente da dureza á que me terei que enfrontar, prométome a min mesma que algún dia faría pública esta situación e daría difusión ao lema que sentía moi dentro de min: o Sergas cúrate e o INSS e o INEM mátante á fame". Malia ter cotizado máis de 20 anos, unha vez rematada a prestación, está institucionalizado na Administración que o 80% do IPREM (426,00 €) satisfai as "necesidades de vivenda, alimentación e vestido", polo que son incompatíbeis outras axudas económicas complementarias, así que esta é a única axuda que recibe. Amais, polo "medicamentazo", non está exenta do pago do 40% dos medicamentos. Folga de fame Beatriz apostou por levar adiante unha folga de fame do 21 de maio ao 21 de xuño do 2013, que os médicos lle aconsellaron deixar polo seu feble estado de saúde. Beatriz estivo en folga de fame do 21 de maio ao 21 de xuño Saía deste xeito da súa soidade, do illamento da enfermidade ás rúas de Vigo, expúñase a graves riscos, pero rachaba o silencio sobre a doenza, utilizando a rede para contactar con moitas outras persoas, dando a coñecer o seu caso e explorando novas vías para facer chegar a súa voz. Rematar a folga de fame foi só un punto e seguido na súa mobilización polos dereitos das persoas con cancro. Proposición non de Lei e recollida de sinaturas Beatriz decidía dar un xiro na súa denuncia, e lanzaba no mes de xaneiro de 2014, na Plataforma Change.org, unha iniciativa para recoller sinaturas a prol dunha proposta lexislativa, elaborada polo catedrático de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo, Jaime Cabeza. Subliñan nela que a Lei Xeral da Seguridade Social ten que ser modificada para outorgar unha protección especial ás persoas doentes de carcinoma e que "nos confira unha seguridade xurídica e económica". Esta proposta foi tramitada como proposición non de lei e proposición de lei pola deputada do BNG Olaia Fernández Dávila, o 4 de decembro no rexistro do Congreso dos Deputados, e está previsto que sexa debatida neste mesmo mes. Un longo camiño En poucas semanas pasará de novo polo quirófano para recuperar a mobilidade que perdeu coa reconstrución dun dos peitos e a extirpación doutro Beatriz reflexiona mentres nos despedimos sobre o longo camiño que aínda lle queda por percorrer, como todo mudou desde que soubera que tiña cancro, desde que se nomeou o que lle acontecia. Actualmente está en tratamento para evitar unha nova recaída e nas próximas semanas pasará de novo polo quirófano, para recuperar a mobilidade que perdeu coa reconstrución dun dos seus peitos e a extirpación doutro. Tamén está á espera do xuízo, previsto para o mes de outubro, e que resolverá a súa petición para que se recoñeza a prestación de incapacidade permanente. "Hai un antes e un despois aínda que te recuperes. Transforma a túa vida, mesmo a ollada, no físico e no subxectivo. Os tratamentos son moi invasivos. Teño 48 anos e osteoporose, as unllas, o cabelo... Hai que gañar a batalla, e ao que aspiro é a que só teñamos que loitar pola nosa saúde, e non ter que pelexar nos xulgados e contra as administracións. Temos que ser moitas as persoas que xuntemos a nosa voz, e dese xeito mudaremos o recoñecemento e protección social que deberiamos ter. Teño esperanza."
PRAZA_15063
Creará un fondo social de vivendas en aluguer para os que perdern a súa vivenda. As familias numerosas, as que teñan fillos menores de tres anos e os debedores en paro sen prestación tamén poderán acollerse a esta paralizacion durante dous anos.
O Goberno aprobou este xoves no Consello de Ministros un decreto lei cunha serie de medidas para paliar os efectos dos desafiuzamentos. Para iso, anunciou a creación dun fondo social de vivendas en aluguer para desaloxados (cuxa cota non se especificou na rolda de prensa), aproveitando o parque de casas sen vender, e estableceu os criterios de vulnerabilidade para evitar o desafiuzamento. Iso si, a Lei Hipotecaria, de momento, non se reforma. Os desafiuzamentos paralizaranse durante dous anos para aqueles que non superen os 19.170 euros anuais A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou que se aprobaron medidas clave, que se entenden como as "máis urxentes" para responder a "razóns humanitarias". Segundo isto, os lanzamentos paralizaranse durante dous anos para os que non superen os 1.597,53 euros mensuais, é dicir tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (532,51 euros) e un total de 19.170,36 euros anuais, cuxa cota hipotecaria supere o 50% dos ingresos netos e ademais tamén quen cumpra algunha destas condicións: familias numerosas ou con menores de 3 anos de idade; unidades monoparentais con polo menos dous fillos menores ao seu cargo; con persoas que por enfermidade estean incapacitadas para traballar ou con discapacidade maior ao 33%; debedores en paro e sen prestación por desemprego ou estar en supostos de violencia machista. Entre estes criterios, non entrarían os tráxicos casos de Granada e Barakaldo. Entre os criterios aplicados polo Goberno non entrarían os tráxicos casos de Granada e Barakaldo "A dación en pago xa estaba no código de boas prácticas", dixo o ministro de Economía, Luís de Guindos, "pero falta desenvolvelo". "Escollemos uns colectivos suficientemente importantes que durante dous anos, sen custo, poderán permanecer na casa". En canto ao acordo frustrado co PSOE, a vicepresidenta Sáenz de Santamaría recoñeceu que "eran perentorias estas cuestións urxentes, pero hai cuestións importantes que hai que modificar, aínda que con menos urxencia, como as sociedades de tasación". E engadiu: "Hai que ser moi consecuentes coa nosa traxectoria anterior, e pídolle ao PSOE que sexamos consecuentes co que pedimos agora, porque somos partidos de Goberno". Ademais, segundo a vicepresidenta, non se podía "esperar a unha reforma en bloque como pedía o PSOE, porque había que tomar medidas urxentes". "Escoitamos á rúa, pero temos que tomar as medidas que como Goberno son as máis axeitadas en momentos de crise" Sáenz de Santamaría di que "escoitamos á rúa, pero temos que tomar as medidas que como Goberno son as máis axeitadas en momentos de crise polo déficit, a débeda pública, o sistema financeiro e as reformas estruturais que abordamos". A UE advirte a España que debe consultarlle para cambiar a lei O Goberno español debe consultar á Comisión Europea e ao BCE e solicitar asesoramento ao FMI antes de modificar a normativa sobre dasfiuzamentos, porque as novas medidas poderían ter un impacto no saneamento do sector financeiro e os obxectivos fixados pola eurozona no rescate á banca. "A Comisión Europea e o Banco Central Europeo non ten que autorizar as medidas,pero ambas as dúas institucións teñen que ser consultadas previamente e solicitar o asesoramento técnico do FMI", segundo informaron fontes comunitarias.
NOS_31489
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra critica as declaracións da senadora do PP, Pilar Rojo, á que acusa de mentir nunha pregunta ao Goberno do Estado español sobre a adhesión dos terreos que ocupa a celulosa á Autoridade Portuaria de Marín.
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) denuncia un "novo chanzo na carreira popular pola ilegalidade e a fraude" no que a Ence se refire. O colectivo lamenta así as declaracións da senadora do PP, Pilar Rojo, sobre a adscrición dos terreos que ocupa a factoría á Autoridade Portuaria de Marín. Malia que os membros do colectivo din saber que "se trata dunha estratexia que o PP" está a levar "a todos os niveis institucionais que pode", din non saír do "asombro polo descaro que agochan". Atendendo ao que transcendeu nestes días, falan da pregunta de Rojo na que interrogou ao Goberno do Estado español para que aclare "sen rodeos, se vai estudar a viabilidade da adscrición dos terreos, tal e como comprometeu a ministra Teresa Rivera durante a reunión que mantivo en Madrid co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo". Ao respecto do seu discurso, a APDR asegura que se atreveu "a terxiversar, como xa fixeran con anterioridade Feixoo e Rueda, o contido do informe" que fixo o Consello Consultivo da Galiza. Puntualiza que, supostamente a senadora empregou esta estratexia "ao afirmar que ese informe garante o mantemento da fábrica no seu actual emprazamento e o mantemento dos postos de traballo". "Ence non ten cabida en terreos portuarios" "Deixando de lado que se trabuca ao falar dos "terreos de Ence" cando se trata de terreos públicos ocupados pola empresa, debemos indicar que non somos quen de saber se o seu comportamento -e a propia formulación da pregunta- responde máis a unha actitude cínica ou ao seu grado de ignorancia sobre o tema", comenta a plataforma. Así, aclara que nin Feixoo pediu ao Consultivo ese estudo sobre as posibilidades de que os terreos nos que está a celulosa pasen á titularidade do Porto de Marín nin o organismo emitiu información ao respecto. "Así pois, mente a senadora do PP cando di que hai un informe favorábel e unánime" desta institución. Aliás, a APDR opina que para adscribir os terreos á Autoridade Portuaria, antes debería saír Ence dos mesmos porque "unha empresa destas características, coa lei na man, non ten cabida en terreos portuarios". E debería saber que para adscribir eses terreos ao Porto, tería que terse producido previamente a saída de Ence dos mesmos, xa que unha empresa destas características -coa Lei na man- non ten cabida en terreos portuarios.
NOS_46449
O pleno do Parlamento europeo mostrou na terza feira o seu apoio maioritario á aprobación do Certificado Covid da UE ao entender que facilitará as viaxes dos turistas europeos vacinados, con anticorpos ou cun test negativo recente. Moitos eurodeputados lamentan a falta de claridade por parte dos Gobernos estatais en canto ao uso que se lle dará e critican que as PCR non sexan gratuítas porque cren que discrimina a quen non estean vacinados.
A Comisión Europea, por boca do seu comisario de Xustiza, Didier Reynders, instou as autoridades estatais a iniciaren "desde xa" a emisión de certificados nos países xa preparados a nivel técnico, para evitar riscos de colapso cando arrinque formalmente en xullo. O novo documento, en formato dixital ou físico, gratuíto e multilingüe, está chamado a reactivar o turismo dentro da UE porque os vinte e sete comprométense de saída a non impoñer corentenas ou test adicionais en destino aos titulares deste título, que acreditará que foron vacinados, teñen anticorpos ou un test negativo. Na Galiza xa existe un "pasaporte Covid" que dá fe da vacinación. PCR de pagamento No debate decorrido durante a primeira sesión que o pleno se reúne en Estrasburgo (Francia) desde que se declarou a pandemia na UE hai máis dun ano, os eurodeputados acolleron con satisfacción a creación do certificado, mais houbo críticas á falta de gratuidade das probas PCR, que na Galiza custan entre 120 e 150 euros en laboratorios privados. "A liberdade de movemento dependerá da situación económica das persoas e iso é discriminatorio", criticou durante o debate a eurodeputada finlandesa da Esquerda Silvia Modig, nunha mensaxe de malestar que comparte a maioría da Eurocámara. A Eurocámara tiña no seu mandato para negociar o Certificado Covid cos vinte e sete esixir a gratuidade das probas de PCR ou antíxenos -máis baratas- que fosen vinculadas á emisión do documento, xa que consideran que doutra maneira habería diferenzas entre quen é vacinado de maneira gratuíta e quen ten que pagar un test para poder viaxar. Finalmente non se logrou esta esixencia, pero houbo un compromiso de destinar máis fondos á compra de probas diagnósticas para reducir o seu prezo e asegurar que fosen "asequíbeis" en todos os países da UE.
NOS_48456
O concello pontevedrés en que o PP goberna con maioría absoluta, rexeitou incialmente a proposta da oposición que exixía a supresión do recoñecemento de maneira inmediata após as súas declaracións machistas, porén asegura que "estudará", a través da apertura dun expediente, esa posibilidade.
O concello pontevedrés de Valga abre un expediente con que podería retirar o título de 'fillo predilecto' a Castelao Bragaña após as súas declaracións en que aseguraba que 'as mulleres, como as leis, están para seren violadas'. O que foi a figura máis forte do Partido Popular na diáspora e presidente do Consello Xeral da cidadanía española no exterior durante dous mandatos, podería ficar sen o título de honra que lle foi concecido en 1998 na súa vila natal, Valga (Pontevedra), após a apertura dun expediente por parte da equipa municipal. Bragaña foi nomeado 'fillo predilecto' da vila en 1998 O concello, gobernado polo Partido Popular, rexeitou inicialmente as propostas achegadas polos grupos municipais do BNG e PSOE, que exixían a retirada inmediata do título a José Manuel Castelao Bragaña poucos días despois de se coñeceren as súas declaracións na xuntanza do Consello en que ía ser re-elixido presidente. As palabras do 'popular' axiña fixeron ferver as redes sociais en que se exixía a súa dimisión. Asemade, os principais partidos políticos da oposición, tanto na Galiza como no Estado español, demandaron ao Partido Popular que expulsase das súas filas a Bragaña e exixiron unha desculpa pública en nome do partido, algo que nunca aconteceu. Porén, o pleno do concello de Valga accedeu finalmente a abrir un expediente en que estudar a situación e valorar a posibilidade de que lle sexa retirada a consideración de 'fillo predilecto'. No entanto, Bragaña goza de recoñecemento honorífico tamén noutras vilas galegas como Negreira ou A Estrada.
NOS_49055
Amaiur denunciou no Congreso a existencia de indicacións en museos públicos do Estado loubando a Franco. "É todo un insulto", sinala o deputado abertzale Jon Iñarritu
Ensinar a foto dun preso independentista galego que aínda non foi sentenciado nin condeado é "enaltecemento do terrorismo". Sábeno ben media ducia de mozos de Ourense que tiveron que pasar pola Audiencia Nacional por saír nun lip-dub con fotos de pres@s galeg@s. Mais que nun museo público haxa carteis, sinalizacións e inscricións do propio museo no que cualifiquen a Francisco Franco de 'Héroe de España' non é, en absoluto, reprobábel. Así o entende o goberno central do Partido Popular. No Museo do Exército en Toledo exhiben unha máscara mortuaria de Francisco Franco. E no cartel identicativo do mesmo puña: 'Héroes de España'. Demandar explicacións Amaiur pediu explicacións ao goberno español a través dunha pregunta no Congreso. A resposta do executivo presidido por Mariano Rajoy foi curta mais clara e contundente: "O cartel faise cun criterio historiográfico e museistico". Para o deputado abertzale Jon Iñarritu, esa clarificación non é máis que "apoloxía fascistas" aliás dun "insulto ás vítimas e unha ilegalidade". Mais Iñárritu presentara toda unha serie de preguntas na súa iniciativa parlamentar que ficaron sen resposta por parte do goberno español. Cuestións como "Considera o goberno do Estado que Franco é un heroe de España?" ou: "Por que seguir nomeando Franco como" Generalísimo "? E finalmente: "Por que a ditadura fascista de Franco agora recibe o nome de goberno? E non ditadura" Escusas do goberno español "Non é a primeira vez que o goberno español dá escusas para non retirar símbolos franquistas", dixo Iñárritu ao xornal Gara.
NOS_50169
A formación galega acturá a canda outras 13 artistas a finais de xaneiro no Benidorm Fest, preselección do Estado español para o Festival de Eurovisión 2022.
O Benidorm Fest xa ten cartel completo e está formado por 14 artistas entre as que se atopan Tanxugueiras. A finais de xaneiro actuarán na localidade alacantina cun tema titulado 'Terra'. Segundo informa RTVE, o ente público decidiu ampliar as candidaturas para a selección do tema que representará España en Eurovisión de 12 a 14 cancións "dada a calidade das propostas das 886 recibidas durante o proceso e a fin de ofrecer o maior espectáculo musical". "Levamos unha liña de traballo moi rigorosa, onde valoramos a autenticidade, a innovación, universalidade das candidaturas, a tolerancia de todo tipo de xéneros musicais, a paridade, e todo iso dunha maneira moi transparente", explicou a xefa da delegación española Eva Moura na presentación do cartel. Entre as propostas escollida, a de Tanxugieiuras. O grupo atende así a aposta das e dos eurofanáticos, que nunha das plataformas máis importantes sobre o festival, elixíronas como as gañadoras grazas á canción 'Figa'. Foi o primeiro paso, o que as animou a confirmar a súa candidatura ao Festival de Benidorm, recuperado para elixir a representación estatal a este concurso a través das redes sociais. Terra Tanxugueiras serán as primeiras en levar un tema nunha lingua que non é o castelán. Como seguidoras do certame internacional, están "moi agradecidas a toda a xente que nos votou e que nos deu ánimos para presentar un tema", declararon nunha entrevista concedida a este xornal. Sobre a decisión final de continuar a aventura cara a Eurovisión, Aida Tarrío recoñece que "é un espazo ideal para amosar a calidade cultural e musical que temos na Galiza. Contribúe a impulsar a música en galego e sobre todo a normalizar as linguas cooficiais. Ao final, non deixan de ser outras linguas como o castelán e é preciso normalizar esas situacións para que, por exemplo os nenos e nenas, non se avergoñen de falar o galego, o catalán ou o euskera". E sobre o tema que elixiron para competir e estar en Eurovisión 2022, 'Terra': "É un tema en galego, con pandeiretas, coa nosa sonoridade e cos nosos ritmos, todo o que somos nós, o que bebemos da nosa cultura e da nosa música tradicional. Non é un tema 'popeiro', é un tema de raíz, como somos nós". Benidorm Fest Ademais de Tanxugueiras, no Benidorm Fest tamén actuarán: Azúcar Moreno, Blanca Paloma, Chanel, Gonzalo Hermida, Javiera Mena, Luna Ki, Marta Sango, Rayden, Rigoberta Bandini, Sara Deop, Unique, Varry Brava e Xeinn. A respecto desta escolla, desde RTVE salientaron que se "deu peso a artistas de éxito no noso país, a novos talentos, e tamén ás cancións.
NOS_23231
O presidente da Xunta respalda o presidente da Deputación de Ourense e asegura que "non" escoitou as gravacións publicadas por eldiario.es.
"Quería que o señor Baltar delinquise e o señor Baltar non delinquiu". Así se pronunciou Feijóo, ao remate do Consello da Xunta, a respeito da muller que denunciou o presidente da Deputación por lle ter ofrecido un posto de traballo a cambio de manteren relacións sexuais. O xefe do executivo galego converte a vítima en verdugo e sinala que a muller "pretendía" que José Manuel Baltar cometese un delito após a denunciante asegurar que o presidente da Deputación provincial se "aproveitou" da súa situación económica para trocar sexo por un emprego na institución. "O que se pretendía por parte da denunciante non aconteceu", espetou. Feijóo: "O que se pretendía por parte da denunciante non aconteceu" Porén, Alberto Núñez Feijóo nega ter escoitado as gravacións publicadas por eldiario.es e nas que, entre outras cuestións, Baltar recoñecería ter capacidade para mudar notas en procesos selectivos. "O transcrito" pola imprensa, que recoñece si leu, asegura que "non di iso". O presidente do goberno galego instou a respectar a "presunción de inocencia" de José Manuel Baltar e a "ver como evoluciona esa denuncia e cal é a decisión da Fiscalía" para se formar unha "opinión" do acontecido.
NOS_26955
Diferentes plataformas amosaron o seu malestar porque a titular de Transición Ecolóxica convocara a unha reunión ás empresas do sector das renovábeis sen contar tamén coa veciñanza. Así, movilizáronse na contorna da ría do Burgo para pedirlle atención ás súas demandas.
A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, visitou a Galiza esta quinta feira para falar con empresas do sector eólico e as enerxías renovábeis e levou unha clara imaxe da oposición á explotación dos recursos naturais por parte dunha boa parte da cidadanía. Malia que a política falou de que as renovábeis son unha "oportunidade" para o país. Por iso, sentou a debater o futuro industrial deste sector con empresas que pertencen ao mesmo. Porén, entidades sociais xurdidas nos últimos meses para defender distintos concellos dunha posíbel invasión dos eólicos, criticaron que non se lles convidase a dar o seu punto de vista nese encontro. Tanto é así que ao saber que Ribera estaba na comarca da Coruña saíron nunha marcha improvisada para facerlle chegar o seu descontento polos plans que hai para o país. A convocatoria colleu ás plataformas por sorpresa, mais o colectivo Aldeas libres de macroeólicos tivo uns minutos de conversa coa responsábel da carteira de Transición Ecolóxica. Nunha conversa pausada e respectuosa xunto á Ría do Burgo -que foi outra das visitas na axenda oficial-, trasladaron que a cidadanía está aberta a sentar e falar do asunto. No entanto, deixáronlle claro que neste momento moitas persoas senten "vulnerados os seus dereitos a vivir tranquilos no rural, na aldea". A priori, Ribera abriu a porta a manter unha reunión coa parte social afectada polos eólicos para atopar "un encaixe" para ambas partes, empresas e veciñanza. Unha residente en Culleredo mesmo lle entregou unha carta para que lera no avión. Sector pesqueiro Por outra parte, a representante do Goberno español rexeitou a sensación de "temor" á eólica mariña que existe no sector pesqueiro. Segundo a súa opinión, o que se pensa desas infraestruturas en alta mar e do dano que poden facer á pesca "non se corresponde coa realidade". Por exemplo, sobre os proxectos que se estudan no Cantábrico comentou que "deberán ser moi probabelmente flotantes" de forma que as estruturas poderán desprazarse.
PRAZA_17240
A repressão revaloriza a La Polla Record's, ao rock radical basco e ao punk. Porque La Polla caminha em paralelo a essas duas linhas que se encontram na sua trajetória de maneira necessária e geram uma interação muitas vezes polêmica, mas real.
Quando um tem muitos anos de música às suas costas, vai deixando atrás referentes; o que acontece é que no momento menos esperado surge um acontecimento que revaloriza aquilo que consideravas superado. A repressão revaloriza a La Polla Record's, ao rock radical basco e ao punk A repressão revaloriza a La Polla Record's, ao rock radical basco e ao punk. Porque La Polla caminha em paralelo a essas duas linhas que se encontram na sua trajetória de maneira necessária e geram uma interação muitas vezes polêmica, mas real. A começos dos anos oitenta em Euskal Herria aparecem bandas de rock em cada recuncho de cada localidade. Eskorbuto em Barakaldo, MCD em Bilbau, Potato em Gasteiz, Barricada e Tijuana in Blue em Iruña...e num povo que se encontra quase na raia entre Araba e Nafarroa, La Polla Record's. Por citar só algumas. La Polla nasce concretamente no ano 79, quando a morte de Sid Vicious converte aos Sex Pistols em lenda e marca um antes e um depois no punk. Quando nasce La Polla, The Clash é uma banda estandarte do rock mais político em Londres e bandas como Agnostic Front ou Ramones dão os seus primeiros passos no mítico CBGB neoiorquino. Por contextualizar. Se há um facto que poderia marcar o particular antes e depois do rock radical basco é o encarceramento de Eskorbuto pelo seu polêmico tema "ETA" Se há um facto que poderia marcar o particular antes e depois do rock radical basco é o encarceramento de Eskorbuto pelo seu polêmico tema "ETA". Um lê a dia de hoje a letra desse tema e até lhe parecerá ingênua, mas é real que lhes custou uma temporada entre barrotes aos seus autores. Isto somado ao silenciamento mediático a respeito deste fenômeno social, político e musical converteu o material destas bandas numa espécie de fruta prohibida não apenas para o pessoal que gosta do punk...realmente converteu-se na canção protesto da penúltima década do S. XX ocupando o lugar que nos anos setenta tiveram os cantautores. La Polla Record's foi um grito contra o autoritarismo e as contradições daquela sociedade que saia de uma ditadura autocrática para meter-se pela via em falso da constitução de 78, onde a igreja católica continuava a mandar demasiado, onde o exército condicionava a vida dos jovens obrigando-os a entregar um ano da sua existência, onde a heroína introduzida pelo aparelho de estado para financiar a guerra suja contra a esquerda abertzale levava vidas a diário. As letras de La Polla não deixavam convencionalismo social, instituição ou poder fáctico sem satirizar. Plagiavam melodias de temas conhecidos de bandas da primeira new wave e o punk britânicos, como Buzzcocks ou The Boys e acrescentavam letras em espanhol aludindo a factos e situações perfeitamente identificáveis pelo seu público. Provavelmente é a banda punk em espanhol mais influinte no mundo, já que tem fães em todo o estado espanhol e a América Latina. Hoje o frontman indiscutível de La Polla é vocalista de Gatillazo. A minha opinião particular é que Evaristo Páramos é um dos melhores letristas do rock em espanhol; de facto o rock em espanhol não anda sobrado de bons letristas. Poderia dizer que "Barrio conflictivo" de Barricada e "Cucarachas" de Leño são das poucas músicas do rock em espanhol que poderiamos considerar hinos. Mas a ironia e o humor incissivos do Evaristo são inigualáveis. Depois há letras mais raivosas como "Salve" ou "La Tortura" que se enquadrariam na categoria dos "temas para cantar com o punho em alto". Tanto antes os shows de La Polla como hoje os shows de Gatillazo vão tingidos invariavelmente da atitude provocadora e a incontinência verbal do Evaristo. Isto foi assim desde os começos, durante décadas. Ao amparo da "Ley Mordaza", acabam de identificar e provavelmente multar (ignoro se há algum precedente) ao Evaristo Páramos. Há tempo que se leva dizendo: há trinta anos as letras de Cicatriz, MCD, Distorsión, Eskorbuto, La Polla, Vómito...diziam o que diziam de uma maneira explícita, sem metáforas nem nada parecido. E numa tarde-noite de Maio de 2018 aparece a Guardia Civil num festival e identifica e denuncia ao Evaristo, ao parecer não pelo conteúdo das suas letras, mas porque chamou aos polícias "filhos da puta" desde o cenário. Por muito que o motivo oficial for esse, eu intentando olhar mais aló dos factos pontuais, não posso evitar pensar que se quer fazer cair o peso da "Ley Mordaza" com caráter retroativo sobre alguém que é todo um símbolo para muita gente, ainda que não saia nunca na televisão. Que isto não vai parar aquí, e que irão a por Evaristo e a por outros. Era visto que este dia tinha que chegar. É demasiado tempo escutando aquilo de "Somos los nietos de los obreros que nunca pudísteis matar" E se julgam ao rock radical basco julgam a todos os que no seu dia tivemos nele uma referência musical e, nalgum caso, mais aló do musical. Julgam aos que tivemos em "Generales anormales" de Distorsión todo um hino anti-militarista, em "Squatters" de MCD um alegato em favor da okupação ou em "Terrorismo policial" de RIP um berro anti-repressivo. Era visto que este dia tinha que chegar. É demasiado tempo escutando aquilo de "Somos los nietos de los obreros que nunca pudísteis matar". Publicidade
NOS_20164
Rexistráronse esta sexta feira nas peaxes de Santiago e Pontevedra, afectando aos vehículos que se dirixían cara as Rías Baixas.
A Xunta quería evitar que se repetirán as imaxes do pasado verán con longos atascos nas peaxes galegas. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, advertiu a Audasa, concesionaria da AP-9, de que o bo tempo previsto durante a Semana Santa presaxiaba novos atoamentos. E así foi malia o aviso. Durante esta sexta feira, rexistráronse retencións nas peaxes de Sigüeiro, en Santiago, e de Curro, en Pontevedra, segundo informou a Dirección General de Tráfico (DGT) á axencia Europa Press. As retencións foron de menor intensidade que o pasado verán, mais non se descarta que na operación retorno volvan a rexistrarse. Os atascos afectaron aos vehículos que se dirixían dende o norte do país cara as Rías Baixas. Producíronse na entrada a Santiago, á altura do quilómetro 54, e no desvío cara a vía do Salnés, no quilómetro 119. As retencións foron de menor intensidade que o pasado verán, mais non se descarta que na operación retorno volvan a producirse. Audasa tomou medidas ante as peticións da Xunta e reforzou o persoal este período festivo, segundo defende a concesionaria da Autopista do Atlántico. Cuestión que non foi suficiente para garantir o tráfico fluído nas peaxes galegas.
PRAZA_18971
O presidente da Xunta e a ministra para a Transición Ecolóxica coinciden en apostar por máis parques pero aseguran que serán respectuosos co territorio
O presidente da Xunta e a ministra para a Transición Ecolóxica coinciden en apostar por máis parques pero aseguran que serán respectuosos co territorioO presidente Feijóo fixo coincidir a visita este xoves a Galicia da ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, coa divulgación por el mesmo tras o Consello da Xunta dun informe sobre a execución en 2021 e as previsións para 2022 das compensacións aos concellos polo impacto dos parques eólicos. O publicitado polo Goberno galego permite confirmar que este ano os cartos que se repartirán os concellos serán similares aos de cada ano durante a última década, uns 11 millóns de euros, a metade dos 22 millóns que vén recadando a Xunta cada ano desde 2010 malia que neste tempo hai medio cento de parques eólicos máis por toda Galicia. A divulgación do balance do fondo de compensación ambiental ao que se destina o canon que pagan os eólicos polo seu impacto chegou nunha xornada na que tanto o presidente como a ministra, en diversos actos xuntos ou por separado, insistiron en que Galicia debe acoller máis parques pero garantindo que serán respectuosos co territorio, cuestión que diversas sentenzas veñen poñendo en cuestión nos últimos anos. A ministra mantivo na mañá deste xoves un encontro con representantes de diversas ramas da industria eólica, pero as plataformas de afectados polo sector, molestas pola falta de interlocución, acabaron facéndose escoitar cunha protesta noutro acto de Ribera pola inminente dragaxe da ría do Burgo. A ministra insistiu en varias ocasións nas súas varias declaracións públicas deste xoves que o desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia será respectuoso co territorio e coas persoas.Segundo Feijóo tanto o Estado como a Xunta "queremos facer o mesmo, queremos facer parques eólicos cumprindo a lexislación ambiental"Ribera referiuse tamén especialmente á eólica mariña, apelando a "traballar" coas confrarías, críticas coa falta de planificación do Goberno español, para analizar os seus temores que, dixo, non se corresponderían coa realidade.Pola súa banda, o presidente Feijóo, que se reuniu con Ribera a primeira hora da tarde en Santiago, asegurou que as dúas administracións "queremos facer o mesmo, queremos facer parques eólicos cumprindo a lexislación ambiental".
NOS_50627
A ex presidenta, destituída por um impeachment promovido pela direita brasileira, sai em defesa do líder histórico do PT, condenado em primeira instância a nove anos de prisão por um suposto delito de corrupção e lavagem de dinheiro.
O PP tem dois referentes indiscutíveis. Um, Dilma Rousseff, foi expulsa da presidência da República por um impeachment, um golpe político que levou ao poder Michel Temer, investigado agora por corrupção. O outro é o líder histórico, o sindicalista Lula da Silva, que acaba de ser condenado a nove anos de prisão por supostamente ter desviado dinheiro da pública Petrobras para a compra e reforma duma morada, um triplex. Dilma não hesitou em sair em público a defender a quem foi seu mentor político. "Lula é inocente. E o povo brasileiro saberá democraticamente resgatá-lo em 2018", disse a ex presidenta, convicta de que o dirigente do PP, que encabeça as sondagens, ganhará as próximas eleições presidenciais. A ex presidenta afirma que Lula foi condenado "sem provas" e seguindo um "roteiro pautado por setores da grande imprensa". A condenação do líder do PT seria, a olhos de Dilma, uma "flagrante injustiça e um absurdo jurídico" que "envergonha o Brasil". A ação do juiz Sérgio Moro contra Lula seria mais um indício de o Brasil está a viver um "Estado de Exceção". "O país não pode aceitar mais este passo na direção do Estado de Exceção. As garras dos golpistas tentam rasgar a história de um herói do povo brasileiro. Não conseguirão", acrescentou.
NOS_19250
Falamos co presidente da Plataforma en defensa da Ría de Arousa, PDRA, sobre o Real Decreto impulsado polo goberno español en funcións e que xerou a frontal oposición dos diferentes sectores do mar.
A PDRA, en representación de confrarías e de asociacións e colectivos de mariscadoras, mariñeiros e bateeiros, solicitou a retirada do Real Decreto de Ordenación do espazo marítimo que elaborou o goberno español en funcións. Falamos con Xaquín Rubido, Xocas, sobre o que considera un movemento para, entre outras cuestións, facilitar o desembarco nas rías galegas dos intereses de grandes multinacionais. "Os nosos sectores produtivos do mar non os consideran de interese xeral, os proxectos dunha multinacional, si", afirma. A PDRA e organizacións de diferentes sectores do mar responderon con rapidez a un Real Decreto do que apenas había información e que se puxo a exposición pública no verán. Vistes as orellas ao lobo? Este Real Decreto quer fixar un marzo do espazo marítimo que prioriza os intereses das grandes multinacionais sobre os dos sectores produtivos galegos, con todo o que iso supón e pode implicar, que non é pouco, polo que é unha cuestión que merece atención por todos, polo que nos pode afectar No concreto, en que afectaría? Por resumilo, calquera proxecto dunha multinacional para o mar en Galiza que fose cualificado como interese xeral tería prioridade sobre todo o tecido dos sectores do mar galegos, sen importar que supuxese un prexuízo ou dano á actividade destes, que fican nunha posición totalmente subordinada. Debemos ter presente unha cousa: até o de agora non se protexeu por lei, como interse xeral, os nosos sectores produtivos. Mais si que gozan desta protección proxectos e plans das grandes multinacionais, eses si que poden gozar da cualificación de interese xeral. Proxectos de, por exemplo, psicicultura para a costa de Galiza. Que unha liña de alta tensión atravese unha aldea de Galiza pode ser considerado de interese xeral e hase facer porqque si. Mais protexer sectores produtivos que representan emprego, asentamento de poboación, iso non é de interese xeral. Do que se trata é de que nas nosas rías non primen os intereses das multinacionais Nas alegacións pedides, entre outras cuestións, que se prioricen os sectores do mar fronte a proxectos de prospeccións na costa. Mais, é algo posíbel a curto prazo que haxa prospeccións? - Na medida en que os recursos tradicionais son máis escasos e as tecnoloxías avanzan faise máis viábel procurar novos recursos no mar, coa pegada e consecuencias que iso vai ter. É algo, as prospeccións, que a medio prazo, por non dicir a curto prazo, imos ver como se van ir facendo realidade. A propia estratexia de crecemento azul da Unión Europea establece as liñas básicas para que o océano sexa escenario deste tipo de actuacións e actividades. Non estamos, pois, perante unha quimera, é un risco que está aí. Fronte a iso que é o que propoñedes? Hai que protexer legalmente os sectores produtivos tradicionais do mar galego. Hai argumentos de abondo para iso: polo traballo que xeran, porque fixan poboación, porque son actividades ambiental e socialmente sostíbeis, porque teñen moita marxe de desenvolvemento... Do que se trata, ao fin, é de que nas nosas rías, na nosa costa non acadben primando os intereses das multinacionais. Están a defender intereses totalmente alleos a Galiza A Xunta impulsou unha Lei de Acuicultura que tiveron que paralizar pola forte rexeitamento do propio sector, manifestación multitudinaria incluída. Credes que agora intentan introducir, desde o goberno español e con este RD, os mesmos obxectivos que tiña aquela lei do executivo galego? Desde logo é a mesma música, mais procede doutro lugar, neste caso o goberno central. Queren dar facilidades a esas actividades das que falabamos antes, de piscicultura intensiva, de explotación intensiva dos recursos do mar.. nun espazo que non está abandonado, no que xa se desenvolven desde hai moito tempo outras actividades, que están asentadas e fan parte da propioa contorna, as dos sectores produtivos galegos. E cando ambos os dous intereses chocan, xa sabemos quen sae gañando...
NOS_20179
A cifra apenas descende en dúas, mentres o número de lanzamentos practicados tamén ficou perto do dato de 2021: 447 fronte a 465.
O número de lanzamentos practicados na Galiza no primeiro trimestre de 2022, segundo vén de informar o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) nun comunicado, experimentou un descenso de 3,9% en comparanza co mesmo período do ano anterior. Deste modo, pasaron de 465 a 447, dos cales 84 foron consecuencia de execucións hipotecarias (22 menos), mentres outros 351 deriváronse da Lei de Arrendamentos Urbanos e os doce restantes foron por mor "doutras causas", segundo reflicte o informe 'Efectos da crise económica nos órganos xudiciais', publicado esta segunda feira. As execucións hipotecarias iniciadas na Galiza entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo de 2022 practicamente non mudaron a respecto do mesmo período de 2021. Así, nos tres primeiros meses deste ano presentáronse 191 procedementos para exixir o pagamento das débedas garantidas por prenda ou hipoteca ao acredor; o ano anterior, 189. As cifras desmenten o alarmismo da Xunta: a 'okupación' cae 31% desde 2019 No conxunto do Estado español presentáronse 6.410, o que supón un descenso de 12% en comparanza co primeiro trimestre do ano precedente, ao tempo que os lanzamentos executados, pola contra, aumentaron en 1%. No que atinxe ás demandas por ocupación ilegal, neste período rexistráronse nos xulgados galegos un total de 29, fronte ás once dos tres primeiros meses de 2021. Na Galiza contabilizáronse, en consecuencia, 1,1 demandas deste tipo por cada 100.000 habitantes, mentres a media estatal ficou por riba, cun dato de 1,6. Sociedades mercantís Segundo esta mesma estatística, no primeiro trimestre do presente ano formuláronse 102 concursos de acredores, isto é, unha repunta de 3% a respecto de 2021. Aliás, na Galiza contabilizáronse neste período oito expedientes de sociedades acollidas ao artigo 64 da Lei Concursal, dúas menos que as presentadas nos primeiros meses do pasado exercicio.
NOS_19114
O filme de Ignacio Vilar -que está a ser un grande suceso nas pantallas do país- sérvenos de excusa para adentrarnos nas múltiples lecturas que A Esmorga, de Blanco Amor, dá de si, dende a crítica social até as febras psicolóxicas. Todo neste A Fondo, disponíbel aquí.
A Esmorga viuse durante tempo limitada por unha ollada que a reducía a novela tabernaria ou a lecturas valleinclanescas. Adentrámonos, neste A Fondo, en múltiples maneiras de ver, ler e gozar de A Esmorga, dende aquelas que inciden na vertente psicolóxica e nos conflitos de identidade (nacional, sexual e de clase) até aqueloutras que inciden na crítica política e social no contexto dun país colonizado e unha lingua minorizada. Vari@s expert@s e divulgadores na obra de Blanco Amor fannos de guía: dende os escritores Manuel Rei Romeu (coordenador deste A Fondo), Xosé M. Millán Otero, Luís Pérez e Francisco Rodríguez, até a profesora da Western New México University Pilar Rus Gascón. María Xosé Queizán, que vén de presentar unha novela moi ligada a A Esmorga, A boneca de Blanco Amor, fálanos, en entrevista para o suplemento, do autor ourensán, a quen coñeceu persoalmente. "Era un home torturado pola significación social que tiña a súa homosexualidade. Reprócholle a culpa que tivo niso", expón Queizán, quen nos desvela os motivos que a levaron á sua última novela, que xira ao redor da muller-boneca que desencadea o tráxico final de A Esmorga. Nas marxes sexuais, sociais e políticas "Todo o que lle falta á novela teno o filme. E o que poidamos botar en falta no filme, teno ben matizado a novela", afirma Manuel Rei Romeu, nun artigo no que destaca a universalidade da historia que en A Esmorga se conta, así como a densidade humana da relación entre as personaxes principais e a riqueza dos escenarios, tanto no que ten que ver coas paisaxes como co patrimonio monumental. "A Esmorga viuse durante tempo limitada por unha ollada que a reducía a novela tabernaria ou a lecturas valleinclanescas. Adentrámonos, neste A Fondo, en múltiples maneiras de ver, ler e gozar da obra" "A Esmorga de Ignacio Vilar ─afirma Francisco Rodríguez─ alén de triunfar dentro, vai sorprender fóra precisamente pola modernidade das relacións psicolóxicas dos tres personaxes". Son, na súa actitude afectivo-sexual, arquetipos de valor universal, que van da orientación heterosexual até a bisexual e homosexual. Sitúanse, pois, ás marxes, tanto das identidade normalizadas no sexual, como pola discriminación de clase a represión institucional que sofren nunha sociedade colonial. Nesta última cuestión incide Pilar Rus Gascón, autora dunha tese doutoral sobre Blanco Amor, quen fai un paralelismo entre a situación socipolítica galega e a chicana, contexto no que desenvolve na actualidade o seu labor docente: "A Esmorga, sen dúbida, pódenos servir aos nuevomexicanos como mostra do que aquí sucede, incluíndo os diálogos bilingües entre o xuíz e O Castizo". Millán Otero, así mesmo, delata as influencias que latexan en A Esmorga da novela realista rusa. O soño de Blanco Amor O escritor Luís Pérez achéganos á actividade de Eduardo Blanco Amor como guionista. Descóbrenos que a posta en escea de A Esmorga no cinema galego era un vello soño do autor, tal e como amosa nunha carta escrita en 1977, o mesmo ano no que, por imperativos da época, A Esmorga foi levado por primeira vez á gran pantalla, máis en castelán.: "algún día farémola na Galiza autónoma, con cartos nosos e actores feitos por nós e no noso idioma, cuios dereitos reservei".
NOS_28236
Fruga reclama a intervención pública e a creación inmediata dunha interprofesional láctea galega perante a "chantaxe" de LAGASA e Logística Alimentaria de non recoller leite a sete cooperativas de Lugo e A Coruña.
A negativa das industrias LAGASA e Logística Alimentaria a recoller leite a sete cooperativas de Lugo e A Coruña obrigou, segundo a FRUGA, á moitas producións socias das sete cooperativas afectas a ter que vender o seu leite a prezos que non chegan a 0,20 cts por litro. A FRUGA, que vén de convocar unha asemblea aberta para abordar este asunto o vindeiro día 2 de maio ás 11 horas no Hotel Palacio de Lalín, insiste na urxencia de creación dunha interprofesional galega como marco de negociación. "Chantaxe" da industria As cooperativas afectadas son primeiros compradores co cal a súa función é vender cisternas de leite ás industrias lácteas co cal, a medida, está a conducir a unha nova baixada do prezo do leite, o que supón, segundo o sindicato agrario, "unha chantaxe das industrias baixo a ameaza de deixar de recoller a súa produción". Segundo afirman, algunhas as producións socias das cooperativas están xa a vender o leite a menos de 0,20 céntimos o litro. "O goberno galego a dia de hoxe, está a vender o sector lácteo galego, non sabemos a quen, nin a cambio de que, xa que noutras comunidades do estado español, están a falar de aprobar un plan lácteo, como é o caso de Castela-León, en cambio os gandeiros galegos non existimos na axenda do señor Feijoó, somentes para facer algunha foto en vésperas de eleccións", denuncian desde Fruga para quen a propia ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño "insultou" a gandeiros e gandeiras ao dicir que "non sabían negociar".
NOS_37102
Ceivar convoca para as vésperas do Día da Patria a tradicional 'Cadea humana pola liberdade', iniciativa que neste 2016 chega á súa IX edición.
Ceivar convoca para o 24 de xullo unha nova edición, e van nove, da 'Cadea humana pola liberdade', o acto solidario que, con punto de partida na Praza de Galiza de Compostela, percorre diferentes espazos da cidade para reivindicar a liberación dos presos independentistas. Unha iniciativa na que as persoas participantes, por volta dunhas 300 nas últimas edicións, unen as súas mans para marchar pola zona vella reclamando, en palabras da entidade organizadora, " a repatriaçom das independentistas presas, a suspensom das estratégias de extermínio carcerário". Desde a marcha de 2015 houbo, sinala Ceivar, unha escalada represiva que se concretou en operativos como a 'Operación Jaro', ordenada pola Audiencia Nacional e que provocou a detención de nove independentistas e a ilegalización de facto de 'Causa Galiza'.
NOS_31580
O secretario xeral do PSdeG considera que o alcalde de Becerreá "ten un expediente de solvencia que o fai merecedor" do cargo.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, será o candidato socialista para presidir a Deputación de Lugo malia que o BNG, co que negocia un pacto de goberno, rexeitou a elección do rexedor por encontrarse imputado. "É certo que temos aberto un espazo de diálogo con outros partidos políticos para renovar todas as corporacións provinciais, mais o candidato do PSOE é Manuel Martínez", certificou Besteiro, en declaracións recollidas por Europa Press. O líder dos socialistas galegos asegurou que Martínez "ten un expediente de solvencia que o fai merecedor" do cargo e pediu "respecto persoal e institucional". Descartou porén que este extremo impida alcanzar "un acordo plenamente democrático" e "un compromiso mutuo" dos partidos para gobernar a próxima lexislatura nos entes provinciais. Veto "caprichoso e antidemocrático" Besteiro acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de vetar de forma "antidemocrática" a súa designación como senador provincial. "É un bloque sen sentido, un aprazamento caprichoso que di moito de quen o fai", manifestou o secretario xeral do PSdeG. Cuestionou así "os valores democráticos" de Feijóo por ser "capaz de vetar algo que non ten precedentes na historia autonómica deste país". Sinalou o atraso de tres anos na renovación do Consello de Contas, que considerou responsabilidade do presidente galego.
PRAZA_2313
2naFronteira están a presentar o seu novo disco, Son de Nós, unha homenaxe aos poetas das Irmandades da Fala e da revista Nós.
2naFronteira -Carmen Penim e Maurizio Polsinelli- estrean Son de Nós, o seu novo disco, homenaxe aos poetas que escribiron na revista Nós. O dúo, coñecido polo seu anterior traballo, con poemas de Díaz Castro, baseouse na súa "afinidade estética e ideolóxica" co proxecto de Nós. Aínda que o seu discurso non queda atrapado nos tópicos, que tamén os hai, sobre esta cuestión. Xa fixerades un disco con poemas de Díaz Castro. Pero en realidade musicades poemas desde o voso primeiro traballo… Si. Comezamos, no primeiro disco, con poemas meus e de Lorca, Góngora e Garcilaso. Vivamos en Italia entón. No 2013, ao volver a Galicia, publicamos Alma, no que musicamos clásicos coma Curros ou Rosalía e contemporáneos coma Manolo Rivas, e dous poemas de Pessoa e outros dous de Lorca, dos seus seis poemas galegos. Cando empezamos a traballar cos poemas de Díaz Castro non pensabamos en facer un disco, pero ao final si que o foi… No 2014, cando estabamos con Díaz Castro, xa tiñamos dous poemas de Otero Pedrayo musicados. Na presentación do disco en Ourense, o presidente da Asociación ProCentenario Nós 2020 interesouse polo noso traballo con Otero Pedrayo. Foi el quen nos suxeriu que fixeramos un disco con poemas da revista Nós. E que atopastes nela para convertelo en disco? Intelixencia e liberdade. Eran xente cosmopolita pero arraigada na terra. Fomos escollendo poemas… Do cosmopolitismo con raíces de Nós fálase bastante. Mais en realidade, nun país de emigración que traía o que vía en América, a música sempre foi así, non? E agora é raro atopar artistas que non digan que fan mestura, fusión, que son eclécticos… Claro. E moitos músicos, de antes e de agora, para vivir tocaban en orquestras, que fan moita música de latinoamérica. Sempre foi a casa común da música, esa mestura. É difícil facer algo "puro" hoxe. O que pasa é que si é verdade que non queremos que nos encaixen en esquemas. Eu fago o que fago. Ti ves velo, se queres, sen prexuízos. E despois xa me dis o que é para ti. É iso. E como se fai unha escolma entre tantos poemas? Con que criterios? Houbo que reducir moito porque era inabarcable. A metade do traballo que fixemos tivo que quedar fóra do disco. A ver se facemos un segundo disco para 2020. Unha cousa que tiña clara é que tiña que haber algunha muller. Francisca Herrera era a única que escribía na revista. Pero os seus poemas non me convenceron moito. Busquei máis, a través dun amigo, nunha antoloxía e quedei abraiada da fondura coa que escribía. Despois escollemos poemas de Blanco Amor, -a verdade é que eu faría un disco só con obras del-; de Pepe Velo, -é impresionante que escribise un poema como Alcipré' con 17 anos-; do galego-arxentino Luís Bernárdez; de Bouza Brey e de Carvalho Calero. E de Otero, que xa citei. Quedei abraiada da fondura coa que escribía Francisca Herrera Pois son poetas ben distintos, de diferentes épocas. Blanco Amor e Otero Pedrayo, por exemplo. Afecta iso moito ao teu traballo como compositora? Son moi distintos, si. Mesmo se poderían facer varios discos, en orde cronolóxica. Pero nós somos músicos que nos autoproducimos: non podemos facer tal cousa. De todas maneiras, o que cambia o meu traballo non é tanto o estilo ou a época do autor, como se o texto respira cultura popular ou non. Porque mudan os ritmos, as rimas… Nós forma parte do que nos conformou. Pero ademais de atrás é bo mirar para adiante. Que nos di Nós sobre o noso presente e sobre o que nos agarda? Pois penso que é un referente imprescindible e pouco recoñecido. Nós mostrounos o camiño a seguir e aínda non percorremos nin a metade. Son os anos 20, e é abraiante a maneira na que falan da nosa cultura. O orgullo que senten, a falta absoluta de complexos. Acusáronos de elitistas, pero sentían moito aprecio pola cultura da xente común. O que pasa é que eran xente dunha sabedoría extrema… E eu creo que temos que seguir por ese camiño, sen exclusivismos, integrándoo: o popular e o culto, vendo a Galicia no mundo… É habitual, nese sentido, que se opoña o galego ao universal. Como se o galego, o minoritario, o minorizado, fose unha sorte de apartado diferente do "universal", que sería o normal fronte ao raro. Que pensas diso? Creo que xa non temos nada que demostrar a estas alturas. A min interésanme moito as músicas minoritarias. Hai músicos turcos, libaneses… que enchen auditorios. E non se lles ocorre pensar que non poden facer o seu porque non vende. Se ti cres de verdade no teu e o pos no escenario con convencemento, funciona. O que pasa é que por aquí seguimos a ter certa inseguridade. Certa falta de confianza. Que non tiña a revista Nós. E iso nótase nos prexuízos. Eu, por exemplo, son un produto galego típico: vivín na emigración, tiven a inquietude de formarme fóra… E a miña música é tan galega como a de quen toca a gaita. Teño moitas influencias distintas… A miña música é tan galega como a de quen toca a gaita Como o jazz e a clásica. É que eu o que quería era ser unha diva do jazz. (Ri). E escoito moita clásica e contemporánea. O voso proxecto é piano, voz e harmonio. Sen máis complicación. Pero Sons de Nós non soa só a iso. Non. Temos a colaboración de Pablo Rodríguez (guitarra española); Carmen Gallego (Nyckelharpa e violín); Segundo Grandío (contrabaixo); César Loureiro (zanfona); Paulo Nogueira (percusión) e Leandro Deltell (batería). Tamén tes un libro de poemas. Si, pero non me considero poeta. Escribo cancións. Admiro moito a xente que escribe boas cancións. É máis difícil que musicar poemas. Nese sentido, hai toda unha "tradición contemporánea" de musicar poemas na música galega. Penso nos cantautores… Música e poesía sempre estiveron ligadas na cultura clásica. Na ópera, por exemplo. E sempre funcionou. Na música máis popular -rock, pop-... tamén, e moi ben. E eu estou moi contenta de que haxa grupos de rock, por exemplo, que musiquen poemas. Son profesora e aos meus alumnos póñolles Astarot por exemplo… Nos 70 houbo cantautores moi comprometidos coa nosa cultura aos que lles debemos moito. Xente coma Fuxan os Ventos, Luís Emilio Batallán… Nos 70 houbo cantautores moi comprometidos coa nosa cultura aos que lles debemos moito Pero ese tempo pasou. A política está presente na música, pero doutra maneira. Ás veces, mesmo te sorprendes de como fala agora xente que nos 70 participou daquilo. Parece como que hai medo a definirse, que se quere que te asocien a unha cultura máis aséptica. Eu creo que o que pasa é que aquí nunca houbo unha tradición democrática. Hai retrocesos na firmeza coa que se reivindica o noso lugar no mundo. Se cadra somos demasiado prudentes. Non vexo ese ambiente de compromiso que houbo no pasado. Parece que se prefire a indefinición. O cal non significa que teñas que definirte como de tal partido político. Eu tampouco o fago. Es de Ourense. Fuches a Italia para estudar? Nacín en Covas (Os Blancos) e pasei os primeiros anos da miña vida en Meaus, no Couto Mixto. Pasei a infancia en Holanda e despois volvín e estudei en Santiago. Entre 2007 e 2013 vivín en Italia, onde estudei canto (lírica e jazz) e formei o dúo con Maurizio Polsinelli. Sempre fun moi inquieta. Marchei para Italia, traballei dando clases de español e alí comecei a estudar canto, que era o que realmente quería. Antes só estudara de maneira autodidacta. Agora estudo con Laura Alonso. Algo máis? Teño outro proxecto, sobre as mulleres na guerra. Parte da guerra civil española, pero a idea é o sufrimento das mulleres na guerra, en xeral. A historia das mulleres guerreiras, que sobreviviron, que nos deixaron unha herdanza. E eu creo que se nos unimos e saltamos certos prexuízos, a forza da comunidade, do colectivo, fará que todo vaia mellor. Quero que sexa un libro-disco. Con poemas doutras mulleres e meus.
PRAZA_15766
Ten ata as 20 horas deste martes para presentar proposta e loitará "ata o final" polo grupo galego. De persistir a negativa, busca un grupo plurinacional coas confluencias, sendo o confederal a última opción. A coalición rexeitou a oferta do PSOE de aumentarlle os recursos dentro do mixto
En Marea apura os prazos para rexistrar a súa proposta para organizarse no Congreso. As 20 horas deste martes é o límite fixado pola Cámara Baixa para presentar as solicitudes e a formación galega aínda non ten unha decisión tomada. "Será un día moi longo", advirten fontes da coalición, conscientes da resistencia dos partidos maioritarios da Mesa, que manteñen o seu veto ao grupo propio. Ademais das continuas conversas entre as diversas formacións de En Marea, deputados galegos manteñen tamén contacto constante con representantes de En Comú Podem e Compromís-Podemos, ademais de con Podemos. PSOE, PP e Ciudadanos manteñen o argumentario de que a reivindicación das coalicións galega, catalá e valenciana só agocha un intento do partido de Pablo Iglesias de multiplicar a súa voz e negan calquera posibilidade. Desde as diferentes confluencias búscanse xa alternativas, pero manterán ata última hora a súa reclamación de grupo propio. En Marea só ten tres opcións: grupo propio, grupo plurinacional coas confluencias ou grupo confederal dentro do de Podemos "Seguiremos pelexando polo grupo propio ata o final", aseguran fontes de En Marea. Esa é a primeira opción: presionar ata última hora pola reivindicación coa que se afrontaron as eleccións xerais. A segunda, formar parte dun "grupo plurinacional" xunto aos representantes de En Comú Podem e Compromís, tal e como se prevé no Senado, pero na Cámara Alta, segundo adiantou o SER, o PP ten previsto imposibilitar tamén este grupo de "nacións sen Estado. Esa mesma alternativa para o Congreso fora tamén rexeitada polo presidente do Congreso, Patxi López e negada polos socialistas cando Mónica Oltra, líder da formación valenciana, ofreceulles que prestasen deputados ás confluencias para formar os seus grupos ou, en última instancia, tan só un parlamentario para conformar ese grupo plurinacional. Este mesmo martes, a vicepresidenta do Goberno valenciano insistiu nese grupo con todas as confluencias incluídas como a mellor opción alternativa. Podemos presiona para reclamar un grupo confederal das "forzas do cambio" que impediría o recurso ao Constitucional de En Marea A última alternativa é a "confederal", unha especie de subgrupo que Pablo Iglesias ofrece ás confluencias dentro do grupo de Podemos e que desde a formación galega tan só contemplan como derradeira opción no caso de que se pechasen todas as portas. Pero o partido morado insiste nesta posibilidade, conformando -e presentando a solicitude- dun único grupo confederal que xunte todas as "forzas do cambio". Chamaríase Podemos-En Comú-Compromís-En Marea e non habería disciplina de voto, polo que as confluencias non estarían obrigadas a respectar as directrices de Podemos e poderían votar autonomamente. Desde En Marea insístese, precisamente, en que é o PSOE quen con máis decisión fecha calquera opción e que a súa postura "é a determinante". "Hai máis reticencias no Partido Socialista que no PP", advirten fontes da coalición, sabedores tamén de que Pedro Sánchez ve na formación morada e nas coalicións unha ameaza para liderar unha alternativa progresista no Estado. "Hai máis reticencias ao grupo propio de En Marea no PSOE que no PP", advirte a coalición galega Implica o veto do PSOE ao grupo propio unha negativa definitiva das coalicións e de Podemos a apoiar a Pedro Sánchez nunha futura investidura? "Nin se trata ese tema; os socialistas non queren falar diso... Sorprende que si o fagan de portas cara a fóra cando con nós só trataron a problemática dos grupos", din fontes de En Marea, desde onde insisten en que "non é unha cuestión de cartos nin recursos, senón de iniciativa política e de representación galega no Congreso". Segundo fontes de En Marea, o PSOE ofreceu ás diferentes coalicións unha alternativa: situarse no grupo mixto e configurar alí "unha ficción xurídica", un subgrupo para elas. Ofrecéronlles mesmo incrementar os seus recursos económicos -neste caso si-, pero os espazos de confluencia rexeitárono insistindo en que non era cuestión de cartos senón de "representitividade e iniciativa". "Sorprendeulles, claro", engaden as mesmas fontes, que lembran que incluírse no grupo mixto supón pasar "de falar cada semana a falar unha vez ao ano". O PSOE ofreceu ás confluencias integrarse no grupo mixto e configurar alí un subgrupo, mesmo dándolles máis recursos económicos "Eu sei que non é unha cuestión nin sequera de cartos, pero hai que ir ao sentido común e o Regulamento di que non pode haber grupos distintos de forzas que non se enfrontaron entre si", recoñeceu o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, na entrevista en Praza. Desde En Marea e o resto de confluencias insisten en que aludir ao regulamento cando o PSOE cedeu deputados a ERC e DiL para que saltasen un claro incumprimento demostra dúas varas de medir. Atrancos para o recurso ao Constitucional Ademais, En Marea insiste que todas as consultas xurídicas realizadas danlles a razón e coinciden nos argumentos a favor que xa explicara no seu detallado informe o profesor de Dereito Administrativo na UDC e ex deputado, Carlos Aymerich. "Cantas máis facemos, máis nos din que temos razón", insisten, tras advertir que no caso de que se lles negue o grupo propio, esgotarán todas as vías. A primeira delas é a posibilidade que lles dá os tres días de alegacións do Congreso, polo que poderían presentar a súa solicitude de grupo propio e agardar logo á resposta. En Marea anunciara xa que presentaría tamén un recurso ao Constitucional, pero esa vía quedaría invalidade se Podemos opta por non reclamar ante a Mesa os grupos propios para as confluencias. E esa é a opción dos de Iglesias de non ter un compromiso por escrito que permita un plan B no caso de que se manteña o veto. "Ao non haber petición formal de catro grupos, non se podería exercer a reclamación", aseguran fontes da negociación a este diario. Desde a contorna da formación galega non se desbota tampouco algún tipo de mobilización para reivindicar o seu dereito a ter voz propia no Congreso.
NOS_51857
Segundo cálculos da propia Xunta, dun cadro de persoal de 19.900 persoas, case 4.900 son interinos e temporais.
O Estado ou a Xunta meten a zoca, e non pouco, á hora de avaliar o persoal temporal que traballa na función pública galega. O goberno central cifra nun 4%o persoal temporal que traballa na administración galega, excluídos docentes e Sergas. Unha porcentaxe baixa, seis puntos porcentuais por baixo da media das administracións autonómicas do estado español e que sitúa Galiza nun lugar de privilexio, sen apenas temporalidade no sector público, o que contrastaría co máis de 26% de temporalidade que se rexistra no mercado laboral galega, o índice máis alto de Europa canda Polonia. Porén, a Xunta, máis realista, cifra esa temporalidade nun 24,5%, 20 puntos porcentuais máis que o estado. "Sobre uns efectivos de 19.898 persoas hai un total de 4.875 interinos e temporais, o que supón unha taxa de temporalidade do 24,5% moi afastada do 4% sobre a que negociaron e acordaron CCOO, UGT e CSIF" co ministerio de Montoro, como indica CIG-Administración.Unha porcentaxe de temporalidade que no que atinxe a persoal laboral aumenta até o 37%
PRAZA_13244
O director xeral de Mobilidade obvia os datos de tráfico aéreo e as orientacións de Aena, destinadas a minimizar os aeródromos menos rendibles, e asegura que é "unha oportunidade" contar con tres aeroportos con pouca distancia entre eles
"Apriorismos e localismos que non conducen a ningures". Estes son, para a Xunta, os únicos obstáculos que teñen por diante os tres aeroportos galegos para conviviren e seren rendibles. En pleno debate a nivel de Estado sobre o futuro dos aeródromos de futuro incerto, especialmente aqueles de menor dimensión, o director xeral de Mobilidade acudía este martes ao Parlamento para responder unha pregunta do PP sobre "o balance do número de pasaxeiros" nas tres terminais durante 2011, "a situación do actual sistema aeroportuario e do modelo de xestión elixido pola Xunta para acadar a súa competitividade". E Miguel Rodríguez Bugarín deixou claro que non haberá variacións, tampouco se os plans de Aena e Fomento seguen a liña de recortar, minimizar ou mesmo pechar os aeroportos que custan máis do que renden. Para o alto cargo da Consellería de Infraestruturas resulta "difícil xustificar a defensa dun aeroporto en detrimento dos outros dous" se non se fai por criterios estritamente localistas. Isto, asegura, ficou demostrado no antigo Comité de Rutas, propiciado polo anterior Goberno central e no que, asegura, foi precisamente o "localismo" o que provocou que "non se puidese impulsar" dende A Coruña, Santiago e Vigo unha política aeroportuaria única para o "destino Galicia" isto, é para realizar o que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resumira a comezos de lexislatura como "un único aeroporto, tres terminais". O director de Mobilidade coida que só o "localismo" permite "xustificar a defensa dun aeroporto en detrimento dos outros dous" Malia ás caídas de tráficos e pasaxeiros dos últimos meses o titular de Mobilidade ve un "futuro certo" para a pervivencia conxunta de Lavacolla, Alvedro e Peinador nun conxunto no que, asegura, a dirección de Aena Aeropuertos e o seu propio persidente, José Manuel Vargas, defenden que "non ten sentido pechar aeroportos unha vez que xa foron construídos, aínda no caso dos aeroportos pequenos". Polo tanto, conclúe, "con máis razón está asegurada a continuidade dos tres aeroportos de Galicia". Tampouco lle vale a Bugarín unha reformulación da política aeroportuaria asentada na gran proximidade entre as tres terminais unidas pola Autoestrada do Atlántico. Para isto o director xeral viaxa verbalmente ata Normandía, que "conta con cinco aeroportos, tres dos cales se sitúan nun radio de cincuenta quilómetros". "Non imos ver na proximidade dos nosos aeroportos a orixe dos seus males". Ben ao contrario, asegura, ter tres aeródromos en pouco máis de 150 quilómetros é "unha oportunidade", que permite atraer "máis viaxeiros potenciais" e mesmo competir con Sá Carneiro, no Porto. "Debe avanzarse cara á consecución dun sistema aeroportuario de Galicia, cun sistema de voos dentro dun mercado liberalizado", abonda. Non obstante, malia a esa aposta pola "liberalización" o responsable de Mobilidade avanza que "esta mesma semana" a Xunta "presentará o plan de campañas de promoción turística para potenciar e promocionar os aeroportos de Galicia".
PRAZA_16520
O proxecto que busca plantar 10.000 árbores autóctonas neste monte veciñal de Lousame é finalista nun certame internacional de accións medioambientais, no que os e as internautas poden votar ata o 23 de marzo. A iniciativa gañadora recibirá 30.000 euros.
O pasado mes de xaneiro botou a andar nos montes veciñais de Froxán un proxecto para transformar dez hectáreas de monte ateigadas de eucaliptos nun bosque de árbores frondosas autóctonas, a través da plantación dunhas 10.000 novas árbores. Nos dous últimos meses xa se plantaron case 3.000 árbores frondosas autóctonas, en substitución de eucalipto e acacia, grazas ás achegas de 370 madriñas que apoiaron unha campaña de micromecenado e de máis de 200 voluntarias que participaron nas plantacións. A iniciativa foi agora escollida como finalista nun certame internacional de accións medioambientais, promovido pola European Outdoor Conservation Association. Entre 150 proxectos foron seleccionados 14, entre os que está a repoboación de Froxán. Calquera persoa pode colaborar para facer realidade o proxecto co seu voto a través da páxina da entidade ata o día 23 de marzo, día no que pechan as votacións. Desde a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, promotora da iniciativa xunto co Monte Veciñal de Froxán, destacan que "ter chegado a este punto é un gran logro de por si, e ademais pon en destaque todo o traballo feito durante os últimos meses e anos". O proxecto pretende ampliar ata as 20 hectáreas a superficie de actuación e ademais restaurar un hábitat natural prioritario de turbeiras. no caso de que a candidatura de Froxán resulte gañadora, os traballos iniciaranse este mesmo verán continuando durante os dous próximos anos O resultado da votación, na que participan candidaturas de Chile, Perú, Colombia, Honduras, Camboia, Borneo, Benín, Sudáfrica, Mozambique, Bosnia, Grecia e Reino Unido, daráse a coñecer ao final de abril e, no caso de que a candidatura de Froxán resulte gañadora, os traballos iniciaranse este mesmo verán continuando durante os dous próximos anos. O proxecto pretende ampliar ata as 20 hectáreas a superficie de actuación e ademais restaurar un hábitat natural prioritario de turbeiras. Desde as entidades promotoras agradécese a colaboración de toda a xente que se anime a votar e a compartir a campaña coas súas amizades e redes. O pasado ano Froxán converteuse na primeira Área Conservada por Comunidades Locais e Pobos Indíxenas (ICCA) recoñecida polas Nacións Unidas no Estado e este mes de febreiro foi galardoada co Premio Osíxeno á mellor actuación ambiental. Podes votar aquí pola repoboación dos montes de Froxán
PRAZA_19008
Un xuíz da Coruña declara nulo a cláusula do contrato de Vodafone que establecía cobrar polo desbloqueo do terminal unha vez finalizado o período de permanencia nan compañía.
Unha sentenza xudicial pon freo aos cobros xeneralizados que as compañías telefónicas levan a cabo por liberar o teléfono móbil no caso de que quixese ser utilizado cun contrato dunha empresa diferente á que se adquiriu. O ditame do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña estimou a demanda interposta pola Fiscalía, Adicae e particulares contra Vodafone e declarou nula por ser abusiva esa cláusula, tan habitual, relativa ao desbloqueo dos aparellos. O xulgado estimou a demanda interposta por Fiscalía, Adicae e particulares contra Vodafone por cobrar por liberar os terminais A demanda colectiva contra Vodafone centrábase no cobro de case 10 euros por desbloquear e liberar os móbiles logo de finalizar o período de permanencia na compañía. É a cláusula 8 dos seus contratos, onde a empresa aclaraba que "en caso de que o cliente adquira un terminal asociado ao servizo de Vodafone, o seu uso estará limitado ao devandito servizo" e na que engadía tamén que "no suposto de que o cliente estivese interesado en desbloquear o terminal, deberá seguir o procedemento de desbloqueo vixente en cada momento" e que establecía na súa web. A sentenza do xuíz, do pasado mes de novembro, considera nula esa condición xeral da cláusula 8 dos contratos por liberalizar os móbiles e establece que "unha vez finalizado o período de permanencia, ou con anterioridade de terse abonado a cláusula penal ou se están cumprindo as obrigas derivadas do contrato, o cliente debe ter a posibilidade de utilizar libremente o terminal". O xuíz establece que o cliente debe ter a posibilidade de utilizar libremente o terminal unha vez finalizado o período de permanencia O ditame do maxistrado, ademais, establece que a sentenza debe aplicarse a todos os clientes que xa tivesen contratado o servizo móbil con Vodafone, así como aos futuros contratos, e condena a compañía a devolver as cantidades cobradas, incluídos os impostos. Ao tempo, o xuíz acordou unha multa coercitiva á compañía de 5.000 euros por cada día por cada día que, pasados dous meses desde a sentenza, non puxese fin ás condicións da cláusula declaradas nulas. O ditame senta un precedente importante nun sector, o da telefonía, moitas veces denunciado por condicións que se consideran abusivas para os clientes. Na súa demanda, a Fiscalía acusaba a Vodafone de impoñer unha limitación técnica aos seus terminais "que impide empregalos con outras compañías operadoras e restrinxe a posibilidade de destinalos a outros fins".
NOS_25966
Os traballadores pertencían a unha empresa auxiliar da compañía enerxética, que xa anunciou a apertura dunha investigación e dixo lamentar "profundamente" o ocorrido.
Dous traballadores dunha empresa auxiliar que participaban en tarefas de mantemento nunha das unidades de conversión da refinaría de Repsol na Coruña, actualmente en parada programada, foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) por mor dun accidente laboral no que inhalaron gases. Fontes do ámbito laboral da factoría consultadas por Europa Press explicaron que ambos os dous foron atendidos in situ polos servizos médicos e un recuperouse case de inmediato. Con todo, foron evacuados ao hospital para analizar o seu estado. Falece un traballador de 22 anos nun accidente laboral en Padrón Segundo a información facilitada ao 0112 Galiza, o sinistro está vinculado cun escape de gas "controlado e illado", remarca o servizo de emerxencias, nunha zona da planta que estaba nunha parada técnica programada. Ademais, o 112 ratificou que non existe risco para a poboación. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galiza foi informado do suceso contra as 11.15 horas, polos servizos de emerxencias da industria, que mobilizaron un equipo interno de seguridade para atender os afectados. Investigación de Repsol Tras o acontecido, Repsol emitiu un comunicado no que confirma o accidente e que os dous traballadores pertencen a unha empresa auxiliar. Asegura lamentar "profundamente" o sucedido e espera a pronta recuperación dos feridos. Aliás, está "en permanente contacto coa empresa auxiliar" para ofrecerlles "todo o seu apoio". Morre un traballador en accidente laboral no Porto de Marín Tamén indica que foron informadas as autoridades competentes e que a compañía abriu unha investigación para aclarar as causas do accidente.
PRAZA_7988
Antes as presións recibidas polo Partido Pirata de Suecia, a plataforma pasa a aloxarse no ancho de banda que lle proporcionan os partidos pirata de Noruega e Catalunya.
A industria ameazara con tomar accións legais contra o Partido Pirata en Suecia por delictos contra os dereitos de autor por proporcionarlle a The Pirate Bay o ancho de banda necesario para o seu funcionamento durante os últimos tres años. É por iso que este martes a plataforma de distribución de contidos opera dende os servidores dos partidos piratas de Noruega e Catalunya. The Pirate Bay foi saltando de país en país nos últimos anos, cambiando cada certo tempo para eludir a presión dos gobernos. En 2010 por vez primeira pareceu atopar unha localización segura grazas ao amparo do Partido Pirata Sueco. Porén, hai uns días a formación política recibiu unha carta do grupo antipiratería sueco Rights Alliance, que o ameazaba con tomar medidas legais contra o partido. A dirixente da formación Anna Troberg, declarou ao xornal Svenska Dagbladet que a industria audiovisual conseguiu "cortar dun golpe" The Pirate Bay, pero que no seu lugar naceron dúas máis, coma se fose unha hidra. O portal mudou o seu nome por un día e pasou a chamarse The Hydra Bay. A páxina TorrenFreak apunta que a plataforma escolleu España e Noruega como destino porque os dous países representan dous extremos da loita das administracións contra The Pirate Bay. Noruega é un dos lugares que máis loitou contra a web, mentres que España practicamento non houbo accións contra ela. A pesar da aprobación da lei Wert-Sinde, a lexislación española segue sendo máis permisiva que a de outros países en relación con enlace e intercambio de arquivos.
NOS_39113
En 2021 matriculáronse 25.419 automóbiles, dos que 9.138 eran híbridos ou eléctricos, que experimentan unha repunta de 42% a respecto do exercicio anterior.
As matriculacións de automóbiles na Galiza situáronse en 25.149 en 2021, o que supón unha caída de 17,4% a respecto de 2020, un ano no que se superaron as 30.000 vendas. Esta caída contrasta co incremento de 1% que se produce en España, onde se matricularon 859.477 unidades en 2021, aínda que está lonxe dos 1,26 millóns de unidades de 2019, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), (Faconauto) e vendedores (Ganvam). O descenso no país é o terceiro maior entre os territorios do Estado, só por detrás da Rioxa (-19%) e Euskadi (-18,3%). O incremento medio a nivel estatal explícase polo aumento de 15,5% de vendas en Madrid, xa que a maioría dos territorios experimentan retrocesos en 2021. De tal forma, as vendas na Galiza quedan nunha cota de 2,9% do global do mercado estatal, cando en 2020 supuñan 3,6%. No tocante só ao mes de decembro, vendéronse 2.607 turismos, 37,1% menos, unha das maiores baixadas no Estado. Caen os vehículos de gasolina e gasóleo, mais soben os eléctricos Os vehículos de gasóleo son o que padecen o maior descenso en vendas nos concesionarios galegos en 2021, 43,3% menos. Se en 2020 se acadaron as 9.764 matriculacións, en 2021 só foron 5.538. Tamén hai unha diminución acusada nos vehículos de gasolina matriculados (-26,7%) até quedar en só 10.473 en 2021. Porén, dispáranse 42,8% as matriculacións na Galiza de vehículos híbridos e eléctricos. Foron 9.138 en 2021 (6.397 en 2020), unha cifra que se aproxima xa aos datos de vehículos de gasolina.
PRAZA_9983
A circunspecta olhada centro-europeia de Küng, temperada na reflexom teológica e a ética kantiana da paz universal prefere fugir do sádico patetismo do corpo macerado pola tortura, da piedade barroca que impregna ainda a crença cristã em Espanha
Há Cristos definitivamente mortos na história da arte. Cristos sem ressurreiçom possível. O artista apresenta-nos a aflitiva imagem de um cadáver prestes à irremediável descomposiçom. Imagens desacougantes para o observador que, escándalo intolerável para o crente.O paradigma pode ser Cristo morto na tumba, de Hans Holbein o Novo (1497-1543) ou o cadáver hirto da Lamentaçom sobre Cristo morto de Andrea Mantegna (c. 1431-1506), ambos jazentes e lacerados, ou talvez ainda a tenebrosa crucifixom nocturna do Tríptico de Isenheim de Matthias Grünewald (1475-1480). Quase coetâneos os três, testemunhas do tránsito da consciência medieval para a renascentista, no tempo de Martim Luther e Erasmo de Roterdám quando a fé medieval contendia com o livre arbítrio e a servidom em terra alheia com a incipiente liberdade do burgo. Três estampas memoráveis do ocaso da resurreiçom gloriosa no chumbo terreal da carniça sem transcendência.O Cristo morto na tumba de Holbein mostra um cadáver jazente sobre um sudário encerrado numha urna ajustada ao corpo sem vida; o rosto contraído pola dor, olhos e boca abertos, caixa torácica proeminente, epigástrio afundido. No meio e meio do corpo cadavérico a mão direita denegrida estica o ossudo dedo meio como incapacitado para se fechar em paz. O pungente expressionismo da imagem sugere um cadáver recém-baixado da cruz com signos de extremo sofrimento. Um lívido jogo de luz matizada em sombras acentua o dramatismo da cena. A imagem transtornou Dostoievski: aquele despojo torturado nom podia ressuscitar!A cena prévia a este Cristo jazente bem poderia ser a do crucificado de Isenheim de Matthias Grünewald. Observamos um Cristo torturado sobre umha tosca cruz, os braços dilacerados tensionam extremamente os dez dedos que se abrem como gadoupas, o epigástrio tensionado, os pés cruzados sobre o madeiro parecem sangrar ainda. Á direita, Maria, de velo branco e rosto lívido parece abater-se cara atrás amparada por Sam Joám. Ao pé mesmo da cruz, Maria Madalena implora com as mãos cruzadas em alto. Na predela do tríptico contemplamos o piedoso descendimento ao sepulcro do corpo perfurado de feridas. A imagem sobre a cruz proclama a inumana dor do justiçado.A Lamentaçom sobre o Cristo morto de Mantegna expom o corpo jazente em extremado escorço com a planta dos pés em primeiro plano. O corpo está coberto de cintura para abaixo com um pano sabiamente enrugado onde destaca sem falso pudor o vulto do sexo, com a cabeça ao fundo ornada de abondosa cabeleira. Pálpebras serenamente fechadas, corpo branco, marmóreo. À direita Maria, Joám e Madalena somem-se em discreto pranto contido. A encenaçom sugere serenidade frente ao inevitável. A figura, rotundamente escultórica, arquitectónica quase, parece fugir do patetismo. Poderia ser um cadáver exposto para dissecçom num Teatro Anatómico clássico como o da Universidade de Bolonha.O interminável poder evocador do Gólgota ultrapassa séculos de arte e piedade ante a morte incompreensível. Há quadros onde a cor e o patetismo gestual alcançam cimos insuperáveis. Pensemos no maravilhoso descendimento de Van der Weidem, vestes sumptuosas, lágrimas a fio, figuras desvairadas quebradas pola dor. Em outros, a intensidade da dor torna-se equilibrada serenidade como no Cristo de Velázquez que comovia Unamuno.Fôrom as três imagens de Holbein, Grünewald e Mantegna as que atraírom a aguda visom analítica de Júlia Kristeva no seu ensaio clássico sobre a depresom: Sol negro. Depresom e melancolia1. Umha penetrante incursom na tristeza canibal "que nos morde o coração", como na emocionanteTirana Saudade de José Afonso. O capítulo quinto de Sol negro, titulado "O Cristo morto de Holbein", disseca o perdurável impacto do quadro na atormentada sensibilidade de Dostoievski. A imagem retorna no romance O idiota quando o príncipe Mischkin — um inocente, transunto da alma cristã de Dostoievski — exclama ante umha reproduçom do quadro da Holbein: Este quadro pode fazer perder a fé a mais de um!Conhecemos a data e circunstáncias em que Dostoievski bateu com o quadro de Holbein no museu de Basileia e no repentino fascínio que sobre ele exerceu sobre o escritor. Em 1867, recém-casado com Anna Grigorieva Snítkina, a quatro meses apenas de tê-la conhecido, Dostoievski decidiu refugiar-se em Europa fugindo do monte de dêvedas e compromissos que o perseguiam. Dous anos depois nascia no seu exílio europeu a sua primeira filha que apenas ia viver três meses, sumindo o casal em profundo abatimento. Dostoievski debatia-se naquele tempo contra o europeísmo niilista, personificado em Turgueniev e Herzen, que desafiava abertamente as suas conviçons eslavistas e cristãs. Começa a trabalhar no Idiota como arquétipo moral cristao, doente de epilepsia, por sinal, como o ele próprio.O acidental encontro do romancista com o Cristo de Holbein, vem pontualmente recolhido na monumental biografia de Joseph Frank. Foi por mediados de agosto de 1867, recém-chegado o casal a Genebra, Fiódor e Anna desviam-se a Basileia para visitar a catedral e o museu. Foi ali onde Fiódor tropeçou com o Cristo jazente de Holbein, o impacto foi imediato e a turbaçom experimentada permanente. Conta-o Anna no relato biográfico daquelas jornadas: "Fiódor apaixonou-se completamente com a imagem, e no seu desejo de perscrutá-lo acercou umha cadeira ao quadro e temim que nos fossem multar como aqui costumam". A visom do jazente emergirá no Idiota como um abuso intolerável: "...umha imensa, implacável e embrutecida besta... umha máquina... esmaga e devora um grande ser ...digno de toda a terra, que acaso fosse criada unicamente para ele"2. O sem sentido da morte definitiva de Cristo devastou a atribulada fé cristã que Dostoievski tentava defender contra o ateísmo revolucionário que impregnava a intelectualidade russa coetánea.Outros som os tempos neste primeiro quartel do século XIX em que vivemos. A pós-verdade líquida, a crise do grande relato, o ocaso do relato cristão, amortecérom o escandaloso magistério do crucificado impotente e a sua insolente inoportunidade que figera exclamar o Grande Inquisidor dos Irmaos Karamazov: porquê vês molestar-nos?Relemos Hans Küng, o mais razoável teólogo do século XX e porventura o mais impregnado de cultura humanística. Tomamos Ser cristão3, a sua brilhante apologia do relato cristão perante "o repto dos humanismos modernos". Na página 146 topamos com umha alusom ao estarrecente pesadelo de Jean-Paul Richter onde o Cristo ressuscitado, interpelado pola multidom dos mortos de todos os cemitérios confessa desconsolado nom ter achado a Deus depois de ter sondado o cosmo inteiro:— Cristo, nom há Deus? — Nom há, respondeu.No capítulo dedicado ao sofrimento vital na sua autobiografia intelectual O que eu creio4, volta Küng a repensar na cena da crucifixom. O grande teólogo suíço confessa que preferiu um impassível ícone grego para presidir o seu escritório antes que um dolorido crucificado. Era também a escolha dos primeiros cristãos lecciona-nos. Nom há representaçons do crucificado antes do século V, os primeiros cristaos preferiam imaginar o Cristo como um inocente pastor, nom como um despojo de justiçado. Só o gótico tardio, como em Grünewald, cede ao fascínio do suplício injusto. Arrenega Küng da ética cruzada e opom-lhe a própria resistência de Jesus arrastado ao suplício.Como Kierkegaard, como Unamuno, Dostoievski nom concordaria com a olhada humanista, do teólogo, contrária á morbosa exaltaçom da dor. Estas três grandes testemunhas cristãs prefeririam com certeza a provocaçom da primeira carta de Paulo aos coríntios: "enquanto os judeus pedem milagres e os gregos sabedoria, nós anunciamos o Cristo crucificado, escándalo para os judeus, loucura para os pagaos". A circunspecta olhada centro-europeia de Küng, temperada na reflexom teológica e a ética kantiana da paz universal prefere fugir do sádico patetismo do corpo macerado pola tortura, da piedade barroca que impregna ainda a crença cristã em Espanha: a teatralidade de Semana Santa como parábola da dor de viver e da morte antecipada dos desaparecidos. Dos finadinhos, como dizemos em Galiza com insuperável piedade polos que já nom estám.1 Julia Kristeva, Sol negro. Depresión y melancolía, Monte Ávila Editores, 1991, Caracas. Reeditada por Wunderkammer Editorial, 2017, Barcelona.2 Joseph Frank (1997): Dostoievski. Los años milagrosos, 1865-1871, Fondo de Cultura económica, México.3 Hans Küng (1996): Ser cristiano, Editorial Trotta, Madrid.4 Hans Küng (2011): Lo que yo creo, Editorial Trotta, Madrid
NOS_14148
A Corporación Radio Televisión de Galiza destina cada vez maiores porcentaxes dos seus orzamentos a programas de produción externa, ao tempo que privatiza material técnico ou as conexións en directo dos informativos. Desde hai anos, sindicatos e cadro de persoal veñen alertando do SEU desmantelamento. E as contas da Xunta de Galiza para 2020 continúan ese vieiro. Eis un estrato da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza.
O 10 de decembro de 2018 persoal da Corporación de Radio Televisión de Galiza (CRTVG) realizou unha folga de 24 horas. Desde hai case 75 semanas as traballadoras acoden cada sexta feira vestidas de negro, nun loito que é tamén un SOS pola televisión pública baixo o lema #DefendeaGalega. A paralización do desmantelamento do medio público, a fin da manipulación e da censura son reclamacións que artellan a súa protesta. Os orzamentos da CRTVG previstos para 2020, cun aumento da contía destinada a programas externos, e a grella presentada para outono amosan que a directiva pulan en sentido oposto. Analizámolos. Externalización Raquel Lema forma parte do comité intercentros do ente público. "Habería que facer moita memoria para listar os programas que foron eliminando ou os postos técnicos que non repuxeron, baixo distintas escusas", afirma, en declaración a Sermos Galiza. En 2012 un estudo da Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas (FORTA) situou a TVG como a televisión pública do Estado co maior nivel de externalización. Daquela 64% da grella delegábase a empresas privadas. Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral desde 2009, defendeu o dato ligándoo ao papel do ente público como "xerador de riqueza cara a contorna audiovisual galega". Lema contrapón a postura do persoal: "Para nós supón tirar recursos públicos, entendemos que a CRTVG poida ser motor da industria audiovisual do país, pero hai programación que ten que ser reservada aquí". Seis anos despois do estudo de FORTA, en 2018, a porcentaxe da produción externa aumentou, supoñendo 68% da programación. Ese ano a CRTVG destinou 25,6 millóns de euros á compra de producións alleas, contía que ascende a 27,8 millóns no borrador de 2020. O consello de administración terá un custo en 2020 de 375.ooo euros, algo que en palabras da deputada do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña «sae moi caro aos galegos». Actualmente a CRTVG produce directamente os programas Zig Zag, Vivir o mar, O Agro, Labranza, Vivir aquí, O Parlamento e os informativos. "O caso do Agro foi moi polémico, foi recortado en moito tempo", lembra Lema. En setembro, o comité intercentros denunciou que o aumento de programas propios que anunciara a directiva ficara fóra da pantalla e das ondas. "No marco da folga cualificábannos de esaxerados, defendendo que estaba practicamente lista a produción dun late night, dirixido a público dos 30 anos, e dun programa diario infantil. Practicamente dábano por feito, pero non temos noticia de que se estea traballando neses programas", expón a representante do comité. A produción dun programa dirixido ás crianzas, destaca Lema, é precisa para atender un público orfo, sen substituto do Xabarín, que marcou unha "época dourada". "A principal misión da CRTVG é promover o uso e normalización da lingua galega, se non empezamos a ofrecer debuxos en galego á rapazada é imposíbel que no futuro vexan televisión pública", afirma. D este xeito, o "desmantelamento do medio" que denuncian sindicatos e persoal continúa. Non só coa eliminación de contidos propios, senón tamén con medidas que tamén suscitaron críticas como a decisión de modificar o Diario Cultural da Radio Galega, cuxo contido diluíuse na información diaria. Precisamente neste espazo participaron profesionais, Ana Romaní e Anxo Quintela, que recibiron sendos Premios Nacional de Xornalismo Cultural en 2018 e 2019. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_14707
Arteixo acolleu a palabra de 21 poetas nun recital que tamén contou coa música de Bieito Romero e que serviu para acompañar a nova publicación do libro mariñeiro de Xosé Iglesias.
Baixo o título de Cuadrante de Sombras, a Taberna A Baiuca de Arteixo acolleu o pasado sábado unha xuntanza poética que celebraba a saída da segunda edición do libro Transfusión Oceánica (Ed. Caldeirón) do mariñeiro Xosé Iglesias, que participou do acto xunto a outras vinte poetas sumando así 21, como as pezas que compoñer o volume, que foron todas recitadas xunto a outras da autoría de cada participante, sumando así dúas horas de palabra que tamén foron acompañadas polos sons de varios músicos, entre eles Bieto Romero, de Luar na Lubre. O acto honrou así un libro de poemas que ten no mar a súa razón de ser posto que é obra dun patrón de baixura e ex-embarcado ao Gran Sol que mesmo recita os seus textos namentres faena e diante dunha cámara de vídeo e logo os sube á rede. Entre as persoas que participaron nun evento conducido polo poeta e editor Paco Souto estaban escritores e escritoras como Tati Mancebo, Miguel Mato, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Rivadulla Corcón ou Ramiro Torres