ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_14167 | Frank "O irlandés" Sheeran foi un asasino a soldo da mafia italo-americana da costa este dos EUA que aprendeu o oficio servindo en Italia durante a Segunda Guerra Mundial. Agora que é vello lembra a súa vida marcada pola súa participación activa dentro da familia Bufalino e a amizade que tivo con Jimmy Hoffa, líder sindical e activista que desapareceu misteriosamente a finais de xullo de 1975. | Desde a década dos 90, Martin Scorsese acostuma a que as súas longas de ficción non duren menos de dúas horas. O irlandés chega as case tres horas e media. Resulta curioso que, nos tempos que corren, nos que a inmediatez e o ritmo machucón mandan, un filme tan extenso, por riba dirixido a unha plataforma streaming (aínda que se estreara en cinemas), consiga que pase coma un suspiro... Pero claro, a maioría do equipo técnico e artístico que está detrás ten, desde hai tempo, unha praza reservada no Olimpo do sétimo arte. Steven Zaillan (Óscar por A lista de Schlinder) adapta a novela de non-ficción escrita polo fiscal e investigador Chalres Brandt titulada: Escoitei que pintas casas. Recolle as memorias de Frank Sheeran, un matón da mafia italo-americana que executaba os traballiños encomendados pola familia Bufalino e que tivo unha participación activa na misteriosa desaparición de Jimmy Hoffa. Frank Sheeran (Robert de Niro), alcumado "O irlandés", é un tipo honesto ao que non lle custa obedecer ordes. Mentres exercía de transportista fixo boas migas con Russell Bufalino (Joe Pesci), o xefe da mafia de Pittston, Pennsylvania. Pronto se gañou a confianza da familia e comezou "pintar casas" (matar) e tamén a "facer traballos de carpintería" (desfacerse dos corpos). Pouco tempo despois labrou unha grande amizade con Jimmy Hoffa (Al Pacino), o poderoso líder sindical do sindicato de camioneiros. Ao luxo de contar con Pacino, de Niro e Pesci xuntos, hai que sumarlle a presenza de Harvey Keitel (Taxi Driver), Anna Paquin (O piano), Jesse Plemons (O vicio do poder) ou incluso Steve van Zandt "Little Steven", o guitarrista da E-Street Band de Bruce Springsteen. Espectacular. A historia comeza nun asilo onde "O irlandés" pasa os derradeiros anos da súa vida. Alí comeza rememorar a súa apaixonante vida de matón a soldo. Scorsese desprega entón un enorme flash-backs alternado con flash-forwards e máis flash-backs dentro de flashbacks. O quebracabezas vai tomando forma compoñendo un fascinante drama épico sobre a mafia tan profundo e brutal como apaixonante e divertido. Para dar credibilidade aos saltos temporais, recorreron á maxia de Industrial Light & Magic (ILM) para adaptar os rostros dos actores e actrices a cada período temporal no que se desenrola a acción. O acabado visual é absolutamente brillante, en parte tamén, porque Scorsese fixo fincapé para que a actuación corporal fose acorde coa idade que representaban en cada ocasión. Os departamentos de maquillaxe e perruquería deben estar a tremer... Após O lobo de Wall Street, Scorsese volve contar con Robbie Robertson para a banda sonora e, por suposto, con moitos e moitas do seu círculo de confianza: a fantástica montaxe de Thelma Schoonmaker (3 Óscars con Scorsese por Toro salvaxe, O aviador e Infiltrados); a espectacular fotografía do mexicano Rodrigo Prieto (Silencio, O lobo de Wall Street); ou a deseñadora de vestiario Sandy Powell (gañadora de 3 Óscars, un con Scorsese por O aviador e nomeada por Gangs of New York e A invención de Hugo). Após do da Roma de Cuarón, salta á palestra outro filme "orixinal de Netflix" cunha morea de papeletas para optar a varios Óscars. Gañe ou non, a plataforma streaming xa ten asegurada publicidade e cartos para poder seguir con esta estratexia, que lle vai tan ben, de producir un ou dous filmes bos ao ano (neste caso "excelente") e o resto de oferta cinematográfica cubrila con medianías e filmes de recheo. Visto o visto quizais o trato non sexa tan malo... The Irishman (EUA 2019, 209 min.) Director: Martin Scorsese Guión: Steven Zaillian Fotografía: Rodrigo Prieto Música: Robbie Robertson Elenco: Robert De Niro, Al Pacino, Joe Pesci, Harvey Keitel, Anna Paquin, Jesse Plemons, Bobby Cannavale, Ray Romano, Kathrine Narducci, Stephen Graham, Jack Huston, Domenick Lombardozzi, Steven Van Zandt |
PRAZA_1593 | A nova presidenta da Deputación de Lugo segue a estela de Feijóo e anuncia a poxa do coche oficial do seu antecesor. Ao chegar á Xunta o PP organizou unha venda de 20 vehículos e só conseguiu colocar tres. | Ata hai pouco máis de media década os coches oficiais e o seu uso estiveran, agás contadas excepcións, fóra do debate político galego. Foi nos tempos previos á durísima campaña de 2009 cando o equipo de Alberto Núñez Feijóo converteu o parque móbil do Goberno galego en campo de batalla electoral como parte do argumentario segundo o cal PSdeG e BNG converteran a Xunta nun "sultanato" onde se gozaba sen taxa nin mesura de "luxos asiáticos". Tras lograr a maioría absoluta Feijóo escenificou o capítulo final da súa cruzada automobilística organizando unha poxa de coches oficiais marca Audi que tornou en fiasco. No entanto, outros cargos populares seguiron a liña do xefe de filas cando lles tocou chegar aos gobernos, convertendo os coches no seu particular pazo de inverno; fíxoo Carlos Negreira no Concello da Coruña e agora faino Elena Candia na súa sorpresiva chegada á presidencia da Deputación de Lugo. A guerra do PP contra os coches oficiais en xeral e contra os Audi en particular comezou, ante un estupefacto e case paralizado bipartito, no outono de 2008. Daquela os conservadores lanzaron acusacións tan diversas como que o vicepresidente da Xunta contaba cun "minibar" no seu vehículo -resultou ser unha pequena neveira conectada ao chisqueiro do vehículo- ou que o presidente gozaba dun "coche fantástico" de 400.000 euros por ser "un novo rico". O "sultán de Monte Pío", dicían daquela os populares, gozaba dun vehículo "superior" ao de "Merkel, Sarkozy" ou "Obama". Aquela, afirmaban, era a mellor mostra do "despilfarro do bipartito", ao que, no medio da paixón electoral, chegaron a acusar de dotar o automóbil da polémica con "mísiles". Ao chegar á Xunta o PP escenificou a súa cruzada automobilística amosando o Audi do anterior presidente cuberto polo po Ao chegar á Xunta chegou a posta en escena. A Consellería de Presidencia convocou á prensa e conduciuna aos garaxes de San Caetano. Alí amosou unha longa ringleira de vehículos marca Audi, case todos mercados en tempos de Fraga, nalgún dos cales se desprazara Feijóo nos seus tempos de vicepresidente e conselleiro. As estrelas da inusual exposición eran os tres blindados do model A8, os dous de Fraga e tamén o mercado en tempos de Touriño, que o gabinete popular amosou coas portas abertas e cuberto cunha grosa capa de po sobro a que un xornalista escribiu "se vende - véndese" para completar o cadro. O Goberno sacou a poxa pública 20 vehículos e só conseguiu colocar tres Tras a pirotecnia política chegou a realidade. Os A8 blindados foron permutados por 12 turismos Citroën para diversos usos e acabaron á venda nun concesionario compostelán que é provedor habitual da administración autonómica. Os outros 20 foron obxecto dunha poxa pública coa que a Xunta prevía recadar máis de 300.000 euros pero na que obtivo apenas 30.000, toda vez que só conseguiu colocar 3 dos vehículos. Un deles mercouno un policía local de Santiago ao saber que se trataba do coche que usara Feijóo como conselleiro. Os outros dous adquiriunos un profesional do sector da compra e venda de vehículos. Algúns dos Audi que a Xunta non conseguiu vender foron saíndo aos poucos dos garaxes ao incluílos como parte do pagamento doutras adquisicións. No entanto, segundo do censo máis recente do parque móbil, elaborado na primavera de 2014 para renovar o contrato dos seguros, cinco anos despois da batalla automobilística aínda seguían en San Caetano nove destes Audi, que a Xunta evitou usar mentres, no entanto, foi adquirindo outros coches. Negreira e Candia reproducen a operación de Feijóo Na liña de Feijóo, pouco despois de chegar ao poder no Concello da Coruña o PP amplificou tamén o que noutras Administracións, caso da estatal, é un mero trámite. Así, expuxo na Praza de María Pita sete Audi -cinco mercados con Francisco Vázquez como alcalde e dous, da etapa de Javier Losada-. O papel exercido por Rueda na Xunta foi, no caso coruñés, para o concelleiro Julio Flores, que amosou os vehículos como mostra de que "o anterior bipartito decidiu gastar o diñeiro público nos seus luxos", mentres que o PP decidía renunciar aos coches oficiais "para rebaixar a débeda que deixou de herdanza o bipartito a todos os coruñeses -A Coruña foi a única cidade galega que aumentou a súa débeda durante o pasado mandato municipal-". A última que, ata o momento, se une ás poxas de vehículos é quen, cando menos de momento, é a nova presidenta da Deputación de Lugo. Aos poucos días de chegar ao poder grazas ao alcalde socialista de Becerréa, Manuel Martínez, o equipo de Candia conduciu os xornalistas aos garaxes do Pazo de San Marcos para amosar o coche oficial do anterior presidente, o socialista José Ramón Gómez Besteiro, e anunciar que, como Feijóo, ten intención de poxalo. Faino porque este vehículo, di, é demasiado "luxoso" e porque custou 100.000 euros en 2008. Ao anunciar a decisión Candia obviou, non obstante que o coche foi adquirido para substituír o Jaguar no que se desprazaba Francisco Cacharro Pardo, mercado na década anterior por 84.000 euros. |
NOS_8209 | Xosé Lois Carrión González leva moitos anos traballando de diversas maneiras na recuperación da memoria democrática galega. Fundador e directivo da asociación Amigos da República de Ourense, coleccionista de autocolantes políticos ou custodio dos arquivos de seu avó, o primeiro concelleiro nacionalista de Ourense, Leuter González Salgado. Precisamente dese fondo procede o número 139-144 da revista Nós que se distribuirá como agasallo con Nós Diario o vindeiro 31 de decembro. | Que destacaría dos contidos e das sinaturas do numero 139-144 da revista Nós do que Nós Diario publicará o facsímile? En primeiro lugar, penso que debe ser o número con máis páxinas de todos, dos 132 en total que se editaron. Corresponde a medio ano, de xullo á Nadal do 35 e teoricamente é a mediados do 36 cando se vai distribuír. Isto debíase aos problemas económicos que constantemente tiña a revista. Que non se difundise é, tristemente, a principal característica deste número. Ademais é un número case monográfico porque a asociación de escritores da Galiza rendeu homenaxe a Ánxel Casal, quen ademais era promotor da mesma asociación, era o xerente de Nós e ademais fundador da editorial. Tamén é curioso que, neste derradeiro número, dúas persoas das que van morrer asasinadas, como son Ánxel Casal e Modesto López Teixeiro, teñen un vínculo: o número está dedicado a un deles e o outro contribúe cunha colaboración. O mais curioso, e que nunca cheguei a comprender, é o primeiro capítulo da novela O sorrirde Daniel, de Otero Pedraio, unha novela que eu, sinceramente, a día de hoxe non sei se unicamente fixo esta premier do primeiro capítulo ou se tirou despois mais cousas... mais recoñezo a miña total e absoluta ignorancia a este respecto. É case "lóxico" que fosen contra a editorial Nós, porque ademais da revista Nós, practicamente todas as asociacións da Fronte Popular tiraban alí as súas publicacións Fala de Ánxel Casal e Modesto Teixeiro, que colaboraban neste número e foron asasinados e incluso poderíamos falar tamén neste mesmo número doutras persoas que correron exactamente a mesma mala sorte e que tamén colaboraron como Víctor Casas ou mesmo Díaz Baliño (nun artigo con Bouza Brei). Como foi a represión contra a revista Nós e contra as xentes de Nós, os colaboradores da revista? Eu non faría moitas diferenzas entre a xente de Nós e a xente do Partido Comunista ou o Partido Socialista. O fascismo, loxicamente, o que non quería en fronte era xente que pensase, que fose libre nas súas decisións... entón, tan pronto se dá o golpe de Estado -que na Galiza triunfa axiña, quedando tres ou catro puntos de resistencia, até agosto mais ou menos- pois para min é case "lóxico" que fosen contra a editorial Nós, porque ademais da revista Nós, practicamente todas as asociacións da Fronte Popular tiraban alí as súas publicacións, entón é o sitio onde van directamente arramplar con todo, tirar con todo, e desaparece. Aínda que Ben Cho Shey dicía que foran queimar máis, eu creo que queimarían os exemplares, as publicacións, pero as instalacións... eu penso que non foi así. En relación ao que estaba a falar formulaba dúas direccións e sobre elas queríalle preguntar, antes de falar sobre o que aconteceu coa editorial e o que foi o asalto ao local... Tamén hai unha parte que é a represión dos colaboradores da revista. Incluso aquí había persoas ideoloxicamente distintas: non era o mesmo ideoloxicamente, por poñer un caso, Víctor Casas ou un dos irmáns Canal, por exemplo. O que quería que nos contase é como foi a represión contra a xente da revista Nós. Eu entendo que a represión contra a revista Nós seguiu o mesmo sistema de persecución que executaban en todas partes. Como dicía o número 1 da revista, dentro de Nós había todo tipo de xente; esta xente era distinta ideoloxicamente e estaban na sociedade con distintas responsabilidades. E foron a por eles directamente. Hai aquí unhas 11 ou 14 persoas de Nós que son asasinadas, segundo esa relación elaborada por Ben Cho Shey, relación na que curiosamente estaba Alexandre Bóveda, cando Bóveda realmente, a menos que me equivoque, non escribe ningún artigo en Nós. Pero el inclúeo dentro da relación dos homes da revista, xunto con Johan Carballeira, con Díaz Baliño, con Buxán, con Quintanilla... ...ou con Blanco Torres. Exactamente. A revista Nós non é una revista política. É política no sentido de que fala de imitar o independentismo de Irlanda por exemplo, pero a nivel práctico político... Por exemplo, o 14 de abril de 1931 a revista non dá unha resposta á proclamación da República... Sabemos que practicamente todos os colaboradores eran republicanos, pero Nós era unha revista cultural. Como revista política non responde a siglas ningunhas. A min o que máis me estraña é que o 14 de abril e nos meses posteriores non haxa referencia ningunha de celebración pola chegada da República, ou polo menos que se diga que chegou a República... É algo eu nunca cheguei a entender pero, en fin, terían os seus motivos. Algo significativo deste número da revista Nós é precisamente que non foi distribuído, que coñezamos a día de hoxe hai só dous exemplares, un custodiado no arquivo da Deputación, o dos fondos de Ben Cho Shey, e outro custodiado pola súa familia. Podería explicar que pasou con este número, porque non se distribuíu, cal foi a causa? Eu supoño que foi por un problema económico, da mesma forma que xa pasara co número 22-23 en Pontevedra, que durante dous anos non se distribuíu por esa mesma razón. Ao chegar a finais de 1935 habería un problema económico. Eu inclínome por esa explicación: faltaba diñeiro para a distribución. Todo o que se puidera adiantar socialmente desapareceu e Nós -igual que outras moitas publicacións do Estado- foi quen pagou. E o malo é que non pagou só a revista, senón tamén a xente que escribía nela. E logo vén o 36. Claro, vén o 18 de xullo, empeza a represión e a situación comeza a ser nova para todos. Comezou, como dicía Celso Emilio, unha longa noite de pedra, e todo o progreso que se fixera neses cinco anos mal contados da República retrocedeu a pasos axigantados. Todo o que se puidera adiantar socialmente desapareceu e Nós -igual que outras moitas publicacións do Estado- foi quen pagou. E o malo é que non pagou só a revista, senón tamén a xente que escribía nela. Sabemos actualmente da existencia de dous exemplares. Ben Cho Shey comentou como lle chegara a el a revista, por medio do cóengo Xesús Carro, que dera entrado na sede da editorial Nós antes de que sacaran as cousas para queimalas. Sabemos que se perderon outros moitos orixinais, o propio Fole falaba do seu libro Auga Lizgaira, que xa estaba feito. A pregunta é, como chega a mans do seu avó, Leuter González Salgado, este número? Sinceramente, non teño nin idea. En principio había só un número que se salvara, o de Ben Cho Shey. Dos 132 exemplares editados eu teño 126, só seis desapareceron nestes 90 anos, despois de cambios de casa, de marchar de Ourense a Vilamarín. Se cadra, nalgunha viaxe a Santiago, a finais do 35, decidiu collelo... ou está tamén a posibilidade de que llo dese Ben Cho Shey. Eu sempre o vin na casa pero non lle dera a importancia que tiña, eu pensaba que me faltaba o derradeiro número, e unha tarde preparando cousas de Nós, decateime de que o tiña. Para alguén que non saiba quen foi Eleuterio González Salgado, que lle diría del? Sen dúbida ningunha, para min era un dos bos e xenerosos dos que fala o noso himno. O chamado por don Ramón [Otero Pedraio] "o noso Leuter". Foi en primeiro lugar galeguista. Foi un mestre, foi alumno destacado de don Vicente Risco -porque foi amigo del e incluso colaborador, cando estivo na Sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos. Foi militante das Irmandades da Fala e do Partido Nazonalista Republicano de Ourense, membro da mesa presidencial da Asemblea constitutiva do Partido Galeguista como secretario; redactor de distintas publicacións da época -ademais de Nós, A Nosa Terra, Heraldo de Galicia, La Zarpa... E despois, nos anos 40, un dos coordinadores, xunto con Paco del Riego, dos traballos que se incluían na emisión galega da BBC. Tamén foi, no ano 31, o primeiro concelleiro do Partido Galeguista e deputado provincial. Foi membro do Comité do Ferrocarril da Coruña e membro fundador da Caixa de Ourense. Unha cousa da que el presumiu era de ser presidente da Cruz Vermella durante cinco anos e até o golpe de Estado de 1936. Deu clases en distintos colexios de Ourense e na provincia e, no ano 38, foi obrigado a marchar de Ourense xunto coa súa familia a Vilamarín a dar clases deica o 45. Nese ano deixa o ensino e entra na empresa privada de transportes. Polo seu labor educativo e divulgador, Francia concedeulle en xullo do 36 o diploma da Real Academia de Francia e a correspondente condecoración, que gardou sempre con gran cariño. Participou tamén en iniciativas culturais, como a creación de Galaxia, e políticas, como a do Partido Socialista Galego. Titular da Agrupación Cultural Auriense... Eu sempre dixen que a morte do meu avó, o 29 de marzo do 77, foi unha putada, porque o Estatuto estaba a ser tramitado en Madrid durante eses días e el morre exactamente un día antes da legalización do seu partido, o PSG, e soamente por un día non viu legalizado o partido ao que pertencía. Desde o ano 1936 non puidera ver o seu partido nesa situación de legalidade. Estamos diante dunha das persoas chave do galeguismo ourensán de antes de 1936, o primeiro concelleiro nacionalista da cidade, un colaborador central da revista Nós o discípulo predilecto de Risco, un resistente contra o franquismo. Pesa moito ser neto dese home? Para min é un verdadeiro orgullo que proclamo aos catro ventos, claro e sonoro, "son neto de Leuter González Salgado". Ademais, estoulle moi agradecido porque, nos dezanove anos que vivimos xuntos, eu só vin un home dialogante, cariñoso, bo e xeneroso, sen ningún rancor. Para min, a maior mostra de grandeza que me deu foi o 20 de novembro do 75, cando morre o ditador: podía ter montado unha festa e o único que dixo foi "por fin marchou", e seguiu coa súa vida normal, sen máis. O único que sinto cara a el é agradecemento, a herdanza que me deixou é de agradecer, non soamente os libros, tamén as súas amizades: coñecelas é unha verdadeira riqueza. A súa relación familiar con Leuter permitiulle coñecer, entre outros grandes vultos da xeración Nós, a Ramón Otero Pedraio, que recordo garda del? Eu souben cos anos que era un patriarca da cultura galega, un escritor... pero para min era don Ramón, un amigo do meu avó. Un home que me collía no colo no Castromil de Ourense a Santiago e que era quen de irme contando historias toda a viaxe. Cos anos souben quen era, o que escribira... Grazas ao seu avó tamén puido coñecer outras persoas do galeguismo. Ademais de don Ramón, a quen lembra vostede especialmente? Pois especialmente a Bieito Fernández, a Cesáreo Saco López de Monforte e tamén a Paco del Riego. Curiosamente, os tres eran tamén militantes do PSG. Paco foi o primeiro depositario na legalización, Bieito tamén depositario do partido e Cesáreo foi incluso concelleiro por Unidade Galega en Monforte. Esta é unha andaina na que me metín con moitos máis, afortunadamente, e creo que algún día poderá escribirse unha historia verdadeira. Dalgún xeito, vostede é tamén unha persoa de Nós, no sentido aquel que dicía don Ramón. Ademais dos seus compromisos sindicais, políticos, culturais, é tamén unha persoa que ten traballado moito na recuperación da Memoria Histórica en Ourense. En que medida lle marcou a vostede a relación coas persoas que coñeceu a través do seu avó, as persoas que sufriron a represión? Eu chego á memoria precisamente polo meu avó, por Otero, por Xocas, por Cuevillas... porque xusto cando o pasamento do meu avó, atopei entre os papeis o resgardo dun xiro postal a favor do xefe do tribunal de responsabilidades políticas da Coruña. O meu avó, xunto aos outros galeguistas, pagaban multas de distintas contías por ter militado no PG e tamén polo seu quefacer antes do 18 de xullo; falamos do ano 77. Cando vin aquel papeliño que sacara A Nosa Terra con motivo do pasamento de Castelao... Toda esa xente que non era culpábel de nada, o normal sería que se soubese a realidade. A esta xente castigárona non por facer nada malo e isto é algo que eu non acababa de entender e que cos anos desembocou no compromiso coa recuperación da memoria democrática. Escribo do tema o que podo, son cofundador da Asociación de Amigos da República, e son testemuña viva e presencial das primeiras escavacións feitas no Estado e das primeiras probas de ADN feitas na Galiza. Coido que foi Cicerón quen dixo algo así como que "a vida dos mortos está na memoria dos vivos". Non se trata de reescribir a historia, manipulala e moito menos de abrir feridas, simplemente trátase de dicir a verdade. Se non a explicamos estamos a matalos de novo, o mínimo que podemos facer polas vítimas do franquismo é que non morran de novo. Esta é unha andaina na que me metín con moitos máis, afortunadamente, e creo que algún día poderá escribirse unha historia verdadeira. Falar con vostede de memoria histórica necesariamente obriga a falar doutra parte do seu compromiso coa memoria, que é a súa colección de autocolantes Que pode dicir desa colección? Se ti coleccionas selos ou vitolas dos puros, pois é moi interesante, pero se coleccionas autocolantes, pois que cousa máis rara [risas]. Eu comecei no ano 75 e eramos varios coleccionando, faciamos intercambios... Aínda que pareza pouco serio é unha forma de recuperar a memoria. Son adhesivos políticos, sindicais, principalmente do Estado, de Portugal e de Francia. Teño arredor de 40.000 autocolantes. O mais antigo é un do Partido Galeguista do tempo da República. Despois hai moitos das décadas de 1960 e de 1970 e agora xa hai menos pero segue a haber. Na Galiza existe un nivel de coleccionistas moi bo e se alguén quere doar algún que teña será moi ben acollido, e estará moi ben coidado no meu arquivo histórico. Quen non chora non mama! [risas]. Gustaríame concluír esta entrevista agradecéndolle a Nós Diario o esforzo por facerlle chegar á cidadanía galega o facsímile do derradeiro número de Nós. O meu único mérito foi gardar algo que pertencía ao meu avó. E daquela, entendo esta edición como unha homenaxe a Eleuterio González Salgado. |
NOS_55450 | O ministro de Xustiza lembrou, porén que o indulto é unha medida de gracia e, polo tanto, individual. | O ministro de Xustiza español, Ruiz-Gallardón, dixo esta segunda feira que vai estudar as peticións de indulto d@s 4 sindicalistas galeg@s condenados a prisión: Carlos, Serafín, Tamara e Ana. Unhas declaracións feitas após se reunir cos secretarios xerais dos sindicatos CCOO e UGT, que lle transmitiron a Gallardón esta solicitude. Gallardón sixo que vai estudar estes casos mais lembrou que o indulto era unha medida de gracia, polo tanto con estudio de cada caso individual, e que a Constitución española non permite que a política de indultos sexa "colectiva". Segundo recollen as axencias españolas, desde os dous sindicatos mencionados tamén se trasladou ao ministro a súa preocupación polo aumento de xuízos e condenas a traballadores por participar en piquetes e folgas. Gallardón negou que houbese indicacións de actuar nese sentido, lembrando que o artigo (315.3 do Código penal) que os sindicatos sinalan como 'responsábel' é de 1995. |
PRAZA_2020 | O presidente da Xunta teima en identificar o movemento soberanista catalán unicamente co actual titular da Generalitat e sentencia que "Mas ten as mesmas posibilidades de declarar a independencia" ca el en Galicia. | En novembro de 2010, en vésperas das eleccións catalás, Alberto Núñez Feijóo acudiu a Barcelona como o barón autonómico máis á alza dentro do PP. Coa daquela candidata do seu partido á Generalitat, Alicia Sánchez-Camacho, e mais con Antonio Basagoiti, que dirixía o PP vasco, asinou o que deron en chamar "el pacto de la pluralidad, de la libertad, de la unión y del orgullo de sentirnos catalanes, gallegos, vascos y españoles". Fixérono no Saló del Tinell, o lugar no que, en 2003, PSC, ERC e ICV asinaran a súa coalición de goberno e acordaran non pactar cos populares. Cinco anos despois de proclamar que Catalunya ía "á deriva" por mor do soberanismo, o presidente da Xunta volveu este sábado ao mesmo escenario para facer campaña, agora a prol do controvertido Xavier García Albiol. Xunto a outros dirixentes territoriais do PP o presidente da Xunta proclamou a súa adhesión a García Albiol, "que demostrou que sabe xestionar e xestiona", e cargou con dureza contra a candidatura de Junts pel Si na figura do actual titular da Generalitat e número 4 da candidatura unitaria, Artur Mas. Menos de vinte e catro horas despois de que milleiros de persoas ateigasen a Meridiana de Barcelona para reclamar a independencia o líder da dereita en Galicia teima en identificar o movemento soberanista unicamente con Mas, a quen dá en situar como "inimigo" de Catalunya porque "confundiu as súas ambicións persoais coas prioridades do seu pobo", afirma. Feijóo advirte a Mas de que "ten as mesmas posibilidades ca min de declarar a independencia, ningunha" A xuízo de Feijóo a aposta por declarar a independenica é sinónimo de que Mas considera "que está por riba da lei". Iso, asegura, supón oviar que "os momentos máis escuros de Catalunya" producíronse cando "se situou na ilegalidade e no incumprimento da lei". Neste sentido, o líder do PPdeG asegura que apostar polo independentismo supón querer "enfrontar" o pobo catalán, se ben esa aspiración, augura, nunca chegará a cumprirse. Artur Mas, proclama, "ten as mismas posibilidades de proclamar a independencia ca min" en Galicia, isto é, "ningunha". Así as cousas, minutos despois de que a presidenta da Comunidad de Madrid, Cristina Cifuentes, proclamase que o actual goberno catalán é "corrupto e sectario", Feijóo aconsella ao electorado de Catalunya que "non permita" ter "un presidente que lles diga aos seus cidadáns que son menos ca el, porque non é certo". "Cremos en Catalunya, sentímola parte de nós, cremos na súa autonomía e nese Estado autonómico obtido entre todos por riba de calquera mal goberno puntual", afonda o xefe do Executivo galego. Todo isto, conclúe, ficará garantido se goberna García Albiol, cuxa candidatura, asegura, "sabe que por riba do interese partidista está o xeral". A Diada do 27-S, por Arturo Puente en eldiario.es |
NOS_54750 | Un gol de Giovanni dos Santos no desconto deixa o Celta a 4 pontos da liña de salvación. O combo celeste foi superior na segunda metade, mas a falta de acerto e as decisións arbitrais -dous penaltis non pitados- determinaron o desenlace. | O Celta está aí porque comete erros inapresentábeis na élite. Neglixencias defensivas que te condenan ante un rival que se está a xogar a vida coma ti. Iso aconteceu no desconto, cando os nervos dos futbolistas están destrozados, xusto cando máis ocasións de gol se xeran. Aí chegou un agasallo en forma de gol que pode significar a sentenza definitiva para o combo celeste. Antes diso, o Celta estivo en todo momento no partido e, nomeadamente na segunda parte, foi superior aos locais. Non é vantaxismo, mas non podemos escreber sobre os últimos xogos dos celestes sen nos referirmos ao grande ausente. Con Iago Aspas o Celta non ten punch ofensivo, mas é quen de inquietar o rival por certo virtuosismo barroco e por certa capacidade de inventiva. Sen Iago Aspas o Celta é só unha equipa voluntariosa, que quere, que se ofrece, que até é intenso, mas que non sabe, que non está á altura da empresa. O árbitro tamén xogou. Fíxoo con descaro a prol da equipa da casa. Demasiado lastre para os celestes ter tamén o xuíz en contra. O gol de Giovanni dos Santos deixa o Celta a 4 pontos do Granada, o decimoséptimo clasificado do campionato, o primeiro dos que sobreviven por abaixo. Xa se esgotan os cualificativos e a fácil retórica -partido a vida ou morte, próximo macht ball, paseando á beira do inferno...- e arrepía o stress que deben estar a experimentar os futbolistas de Abel, mas o vindeiro encontro, na casa co Zaragoza, ditará definitva sentenza. |
PRAZA_17245 | A Coruña e Santiago anuncian que abandonarán o comité de rutas se o Goberno galego non achega fondos e Vigo reclama 23 millóns | A coordinación dos tres aeroportos galegos seguirá a esperar. A reunión que este xoves mantiveron en Santiago representantes do Goberno central, a Xunta e os concellos da Coruña, Santiago e Vigo saldouse sen achegamentos nas posturas que veñen mantendo cada unha delas. Nela o Goberno galego reclamou a elaboración dun estudo sobre o impacto que terá o AVE sobre os aeroportos, análise que supostamente a Xunta xa realizara en varias ocasións anteriores e que evidencia novamente a incapacidade do departamento autonómico de Mobilidade, centrado no transporte por estrada e con carencias notables en materia ferroviaria ou aérea. A Coruña e Santiago anuncian que abandonarán o comité de rutas se o Goberno galego non achega fondos e Vigo reclama 23 millóns Á reunión deste xoves anunciaran a súa asistencia tanto a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, como o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, pero a última hora, ao ter coñecemento de que os concellos estarían representados por concelleiros e non polos seus alcaldes, enviaron a outros cargos inferiores. Así, foi o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, o cuarto que pasa por ese posto desde que goberna Feijóo, quen anunciou que antes de que a Xunta se implique máis na xestión dos aeroportos galego precisa contar cun estudo sobre o impacto neles da próxima chegada do AVE, á vista de que o 30% das conexións galegas son con Madrid. Estudos similares foron anunciados en sucesivas ocasións desde polo menos a etapa do bipartito (a propia conselleira socialista de Política Territorial, María José Caride, fixera a súa tese doutoral sobre os efectos do AVE na intermodalidade). Posteriormente, o presidente Feijóo leva repetindo de xeito periódico en discursos a necesidade de que Galicia aproveite a chegada do AVE e reformule outros modos de transporte. En 2013 a Xunta chegou a anunciar a contratación dun plan estratéxico do sistema aeroportuario galego ao tempo que Fomento elaboraba un documento similar. Pero nada se soubo do seu contido. A Xunta subvencionou durante varios anos rutas aéreas ao principio do mandato de Feijóo pero agora di que non se debe pagar ás compañías privadas Pola súa banda, os concellos de Santiago e A Coruña reclamaron á Xunta unha maior implicación na coordinación e mellora das conexións dos aeroportos galegos e lembraron que son as administracións locais, malia carecer de competencias, as que están a encargarse da cuestión. Por iso, avanzaron que deixarán de acudir ás reunións do Comité de Rutas se a Xunta non se implica economicamente. Ao tempo, o Concello de Vigo puxo sobre a mesa a súa reclamación do que considera unha débeda histórica de 23 millóns de euros da administración autonómica con Peinador. O Goberno galego xa avanzou que non contempla achegar cartos para a mellora das rutas aéreas dos aeroportos galegos xa que entende que non se debe subvencionar ás aeroliñas. Porén, a Xunta si subvencionou liñas aéreas durante varios anos ao principio do mandato de Feijóo. |
NOS_12308 | A maioría dos tratamentos precisos para unha axeitada saúde bucodental non están cubertos polo sistema sanitario público. En palabras do economista Albino Prada, "a non cobertura pública explica en boa medida que para a clase baixa os seus atributos de calidade bucodental sexan peores que para a clase alta". | O economista e especialista en políticas de saúde Viçent Navarro sinala que "a dentadura é o espello da clase social á que se pertence". Nese sentido, apunta que "o número de caries e dentes ausentes no Estado español entre os nenos da clase traballadora non cualificada sexa sete veces superior, por exemplo, ao número de caries e dentes ausentes das familias burguesas ou pequeno burguesas". Navarro destaca que "as clases sociais máis desfavorecidas presentan maiores niveis de caries e necesidades de tratamento periodontal e menores índices de restauración. As persoas cun menor nivel socioeconómico perciben un peor acceso aos servizos odontolóxicos e utilízanos máis frecuentemente ante problemas agudos que de forma preventiva" e responsabiliza disto a que "a prestación de servizos dentais no Estado español é fundamentalmente privada, ademais con tendencia crecente". OMS A propia Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece que "unha porcentaxe elevada das enfermidades orais e dentais na Unión Europea está determinada polas desigualdades socioeconómicas entre os Estados membro e, en cada un destes, entre homes e mulleres, así como por grupos sociais en función dos seus ingresos, educación, ocupación, idade e lugar de residencia das persoas afectadas e pola falta de acceso a unha atención sanitaria oral integral". A saúde dental é unha boa radiografía da situación económica dunha sociedade. Neste sentido, resulta preocupante a panorámica recollida na Enquisa Europea de Saúde 2020, o estudo de referencia nesta materia elaborado pola Comisión Europea cada seis anos, que ofrece unha visión do estado bucodental dos galegos e galegas moi problemática. A Enquisa Europea de Saúde destaca que en 2020 402.500 residentes na Galiza padecían caries, 1.788.000 extraeran pezas dentais ao longo da súa vida, 1.622.000 tiñan algún dente ou moa empastado, 360.000 sangraban polas enxivas ao pasar o cepillo, 130.900 contaban cunha peza que se lles movía e 1.313.400 carecían de dentes ou moas que non foran substituídas. A falla de recursos económicos A falla de recursos económicos para sufragar os servizos de odontoloxía está detrás desa situación. Segundo reflicten os datos da Enquisa Europea de Saúde 2020, nesa anualidade 359.800 galegos e galegas non puideron acudir ao dentista por carecer de medios económicos para facer fronte ao pago das prestacións sanitarias que precisaba. A fenda económica déixase notar, segundo o estudo, na frecuencia da asistencia ao dentista. Así, a Enquisa Europea de Saúde 2020 indicaba que 284.400 residentes na Galiza acudiran á consulta do odontólogo nos últimos tres meses e 922.900 no último ano. Porén, 1.134.400 galegos e galegas afirmaban non ter recibido asistencia dental no último ano e 18.700 non ter acudido ao dentista en toda a súa vida. |
NOS_3274 | O líder d@s socialistas galeg@s promete "reunións co líder da oposición" se chega á presidencia da Xunta e acusa ao PP de pasar "por unha grave crise de credibilidade". | O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, desexa un maior diálogo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segundo afirmou nunha entrevista na Cadena Ser. "Se eu fose presidente do Goberno galego reuniríame periodicamente cos xefes da oposición", remarcou Besteiro, que se amosou "disposto" a manter un encontro con Feijóo, aínda que puntualizou que busca unha "reunión de traballo" e non unha para "facer fotos". Besteiro defende as aspiracións municipais de Orozco e Pachi Vázquez malia a súa situación xudicial Besteiro sostén que, após o Debate sobre o Estado da Nación, o titular da Xunta "non foi capaz" de marcar unha "folla de ruta" para o futuro. "As cousas que di o PP xa non se creen", sentenciou o tamén presidente da Deputación de Lugo, xusto antes de subliñar que a formación gobernante "ten un problema serio de credibilidade", percepción que, ao seu xuízo, "vai seguir crecendo ata as eleccións de 2016". Así mesmo, Besteiro defendeu a Pachi Vázquez -investigado pola Fiscalía sobre presuntos enchufes na súa etapa como alcalde do Carballiño- e a López Orozco, que volverá presentarse en Lugo malia estar imputado na Operación Pokémon. |
NOS_29406 | O equipo vigués recibe o domingo ao Rayo e o herculino o sábado ao Zaragoza, un rival directo pola permanencia. Mentres, o CD Lugo viaxa a Elx para facer fronte ao líder da Segunda División | Celta e Deportivo son conscientes de que non teñen marxe para errar. E esta fin de semana é unha boa oportunidade para demostralo. Os coruñeses (pecha-cancelas, 23 puntos) reciben este sábado o Zaragoza (Riazor. 20:00 horas), que vai de 17 na táboa, con 27 puntos, un rival directo pola permanencia. Unha vitoria do Depor, aliás, tamén beneficiaría o Celta (24 puntos). O equipo do norte de Galiza chega a este encontro coa moral que lle deu gañar o Mallorca (2-3). #Xuntosconseguirémolo e #Pódese A afección deportivista está disposta a levar o seu equipo en volandas até unha nova vitoria. Asumiron como propio a palabra de orde #Pódese e confían na permanencia. Pola súa banda, a armada celtista ten unha cita o domingo en Balaídos (12:00) co Rayo Vallecano (noveno clasificado). Após empatar con todo un Barça, o Celta quere deixar claro ante o equipo madrileño que non está disposto a baixar os brazos e se render. #Xuntosconseguirémolo é o HT que as Tropas de Breogán levan con orgullo na loita por se manter en Primeira. A vindeira cita do Celta, após a do domingo co Rayo, é co Mallorca, Pola súa banda, e se ben coa permanencia en Segunda aínda non amarrada de todo mais moito máis tranquilos que coruñeses e vigueses, está o CD Lugo. O Lugo viaxa até Elx para se enfrontar o líder de Segunda. Vai coa moral que dá o 4-0 que lle endosou ao Xerez, e consciente do que lle queda por diante. Após o partido co Elx ten citas co Alcorcón (segundo na táboa), Girona (quinto), Vilareal (cuarto), Barcelona B (noveno) e Almería (terceiro). Así pois, un final de tempada do máis complicado. |
NOS_3708 | Damasco critica que Estados Unidos queira presentar como "información fiábel" de ataques químicos o que son "fotos inventadas de internet" e que non achegue proba algunha Máis unha vez, o goberno sirio solicitou da ONU "un compromiso" para procurar "un ha solución política" á crise. | O representante especial de Siria ante as Nacións Unidas solicitou o secretario xeral desta organización internacional que "asuma as súas responsabilidades" na crise e traballe para evitar unha agresión internacional dos EUA ao país árabe. Bashar al Jaafari empraza á ONU a implicarse na procura dunha "solución política" á crise, despois de que Barack Obama anunciase públicamente que Estados Unidos ía intervir militarmente en Siria. "Quen agora aposta por unha intervención armada é o mesmo que rexeitou a proposta siria de decembro de 2003 para limpar Oriente Próximo de armas de destrución masiva" Al Jaafari pide á ONU que evite o "absurdo" uso da forza fóra do marco da lexitimidade internacional e que manteña o seu papel para garantir a paz e soberanía dos pobos. O representante sirio quixo desmentir de forma rotunda que o goberno árabe utilizase "xamáis" armas químicas durante este conflito. Neste sentido, lembrou que foi o executivo sirio "quen, desde un primeiro momento, pediu a investigación deste ataque", do que responsabiliza aos opositores. "Queremos saber quen foi" "Siria, como estado, como pobo e como goberno ten interese nacional en desvelar os feitos relacionados coas denuncias de uso de armas químicas» indicou o representante sirio. Engadiu, ademais, que quen agora aposta por unha intervención armada, en referencia a EUA, "son os mesmos que rexeitaron a proposta siria de decembro de 2003 para limpar Oriente Próximo de armas de destrución masiva". "Falsidades" O embaixador sirio acusou a EUA de disfrazar como "información altamente críbel" un conxunto de "fotos inventadas en Internet" e defendeu unha investigación que determine responsabilidades dos ataques |
NOS_14797 | Un dos feridos é o marido da falecida. | Unha muller faleceu e catro persoas máis resultaron feridas de diversa consideración após caer unha árbore sobre o público que asistía a un concerto na localidade de Mondariz-Balneario. Así o confirmou a Europa Press o rexedor deste municipio, José Antonio Lorenzo, quen explicou que o concerto, nunha zona axardiñada próxima ao hotel balneario, estaba a chegar ao seu fin, pasadas as 21:00 horas, cando, por razóns que se descoñecen, unha árbore de gran tamaño caeu sobre parte do público que presenciaba o espectáculo. Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, Protección Cicil, Bombeiros do Porriño e Bombeiros de Ponteareas. Pablo Araújo, dos bombeiros de Ponteareas, comenta que, cando chegaron, só encontraron unha persoa falecida baixo a árbore e que "a liberación foi laboriosa, polo peso e o diámetro da árbore, de 10 metros de alto e 1,50 de diámetro". José Antonio Lorenzo explicou que, cando se montou o equipo de luces e sons para o evento, "ninguén observou nada anormal" con respecto a esa árbore, que fixese presaxiar que estaba en mal estado, fendida ou con perigo de vir abaixo. |
PRAZA_3265 | Imagino nesta sociedade contemporânea de identidades culturais múltiplas, um novo galeguismo atualizado, abertamente abrangedor e republicano, que incorpore a pessoas de origens forâneas, mesmo que se expressem inicialmente noutras línguas | A Galiza passou nas últimas décadas de país rural a ser principalmente urbano. Mesmo ao que parece os galegos e galegas infelizmente deixaram de usar de jeito maioritário a sua língua própria. O ideal de uma democracia de labregos e mareantes que tinham os galeguistas no passado e, se calhar, outros galeguistas no presente, os dos anos setenta e oitenta, em forma de fantasia ou ilusão de verem um país de lareiras acesas mas moderno, fica cada vez mais longe de ser cumprido. Agora muitas dos traços identitários galegos estão em perigo, porque também o atual Estado espanhol, teimosamente uniformador, liquidador e recentralizador, apresenta uma influência ideológica em nós que nunca foi tão abafante.Um galeguismo ou nacionalismo galego clássico, de teorização alemã, étnico-cultural e fitcheano, assentado exclusivamente no "volkgeist", no tradicional espírito do povo, não parece ser o mais oportuno e rendível para estes temposVivemos no acelerado mundo contemporâneo em sociedades muito massificadas, diversas e miscigenadas, influídas pela globalização mediática, nas que a residência permanente da população nativa num espaço se torna mais díficil e às que chegam inúmeras pessoas doutras terras. E com as tendências demográficas atuais e com a ideologia espanholista, na sua expressão nacional-católica mais conservadora, em expansão, convertida em moda pelos meios, não resulta estranho imaginar nos próximos anos uma Galiza povoada em boa medida por pessoas de origens forâneas, que se exprimam só em castelhano e, o que é ainda pior, com uma cosmovisão política e social, tão mesetária como própria de tempos pretéritos.Um galeguismo ou nacionalismo galego clássico, de teorização alemã, étnico-cultural e fitcheano, assentado exclusivamente no "volkgeist", no tradicional espírito do povo, não parece ser o mais oportuno e rendível para estes tempos. Não se trata com certeza de renunciarmos à língua e à identidade galega, mas sim de reivindicarmos e promovermos um galeguismo moderno, transversal e inclusivo, que seja exponente na Galiza de democracia, de liberdade e de republicanismo.Penso naqueles e naquelas galeguistas republicanos urbanos das Irmandades da Fala da Crunha de começos do século passado, para mim a etapa mais criativa, produtiva e transcendental do galeguismo na sua história. Penso especialmente naquelas mulheres da Agrupamento Republicano Feminino da Crunha dos anos trinta, em Amparo López Jean, em Elvira Bao, em Maria Miramontes, feministas, republicanas e galeguistas, que trabalharam sem sossego pela ilustração, emancipação e o progresso das mulheres e dos homens da Galiza.Penso naqueles e naquelas galeguistas republicanos urbanos das Irmandades da Fala da Crunha de começos do século passado, para mim a etapa mais criativa, produtiva e transcendental do galeguismo na sua históriaImagino, pois, nesta sociedade contemporânea de identidades culturais múltiplas, um novo galeguismo atualizado, abertamente abrangedor e republicano, que incorpore a pessoas de origens forâneas, mesmo que se expressem inicialmente noutras línguas, para tratar de constituir com todas elas uma ativa comunidade social e política que seja democrática, livre e emancipatória.Porém, outro nacionalismo, como o espanhol, que não reconhece publicamente a sua existência, no entanto é comprovadamente expansivo, supremacista castelhano, muito conservador na ideologia, monárquico e nacional-católico, na sua versão mais conhecida -a única que parece existir-, ainda que se disfarce agora com um pretenso "constitucionalismo", não pode ocultar na prática o seu marcado cariz identitário e reacionário. Esse nacionalismo vergonhoso, que desde Felipe V, o primeiro rei bourbon espanhol, pretende a uniformização e a centralização, causante do perpétuo problema territorial, originou como defesa perante ele que aparecessem e continuem muito vivos o galeguismo, o catalanismo e o basquismo.Pode-se assegurar sem sombra de dúvida que na periferia se encontram até à data as pessoas com menores preconceitos culturais e políticos e com maior espírito de diálogo e de acordo, e os movimentos sócio-políticos mais democráticos e avançados do Estado espanhol. O galeguismo, por exemplo, como movimento político e cultural libertador, não só defendeu as essências da Galiza, a sua harmoniosa e útil língua galego-portuguesa, uma das grandes do mundo, senão sempre lutou com generosidade pela democratização real da sociedade, pelas liberdades e pelos avanços sociais. E constituiu nos últimos três séculos uma das partes mais democráticas, ilustradas, dinámicas e solidárias da sociedade galega. Não temos, portanto, motivos razoáveis para uma baixa autoestima, para a timidez e a insegurança. Como também, como é lógico, não os tem o povo catalão, do que, a diferença de nós, dessa realidade é muito consciente.Imagino nesta sociedade contemporânea de identidades culturais múltiplas, um novo galeguismo atualizado, abertamente abrangedor e republicano, que incorpore a pessoas de origens forâneas, mesmo que se expressem inicialmente noutras línguasDesde um centro intolerante oferecem-nos mais monarquia, mais nacional-catolicismo e uma sociedade hierarquizada e encapsulada no tempo. Têm algo motivador e em verdade atraente as ideias que nos vendem todos os dias desde a chamada "caverna mediática" que não seja uma volta ou uma permanência no passado mais rançoso? E nós, desde aquí, para os galegos de origem e os novos galegos imigrantes incorporados, ao nosso, a difundir respeito pelas pessoas, línguas e culturas, a semear ilustração, liberdades, diálogo, profundização da democracia, republicanismo, laicismo e europeísmo, e um projeto de sociedade mais em consonância com o deveria ser o século XXI. Da comparação mais objetiva, sem dúvida que saímos ganhando. E isto haverá que repetí-lo todas as vezes que sejam necessárias até que se veja e se saiba por todos e todas. |
PRAZA_19302 | Vén de saír á rúa esta revista, que se define como "contracultural" e que dá espazo a temas vinculados ao underground artístico: música, tatoo, cinema, antropoloxía, entre outros | Vén de saír á rúa o primeiro número de Nin pólvora nin magnolias, unha revista (ou fanzine) que se define como "contracultural" e que dá espazo a temas vinculados ao underground artístico: música, tatoo, cinema, antropoloxía, entre outros. Segundo o colectivo editor, o fanzine "nace para facer de contrapunto á liquidez" -citando a Bauman- "que non fixo unha excepción á hora de abordar o underground". Buscan, nese senso, "ter algo tanxible, duradeiro, con reminiscencias a un pasado reciente e onde esa neutra aldea global, que fai que o ocio sexa idéntico en calquer latitude do occidente capitalista, fique por uns intres esquecido". "Vimos do mundo do punkrock e dos fanzines. Dende o limiar vociferamos a nosa filia aos sons dos 77 e todo o que significa" Explican que "vimos do mundo do punkrock e dos fanzines. Dende o limiar vociferamos a nosa filia aos sons dos 77 e todo o que significa. E significou un movemento que se bifurcou en mil camiños: o activismo, a rebeldía, a roupa, as drogas ou ser antidroga, o vinilo, ligar, a rúa, os instrumentos musicais, o DIY que é o concepto de soberanía no noso, as pelexas, a política, o veganismo…istes e outra manchea de conceptos teñen unha vinculación directa ou inderecta co punk e cada un se adheriu, para ben e en moitos casos para mal, ao que gostou. Queremos ser un medio de difusión, non de evanxelización". É unha revista política? "Claro. Non está adscrita a ningún ismo ideolóxico nin é de análise, mais subxace a firme convicción de que o Estado Español é un estado fallido nos seus devires estructurais", responden. No primeiro número fálase de Los Cafres, de Terry Chimes, de surf en Galicia, de Woody Guthrie ou de Os Soprano Nesta primeira edición fálase de Los Cafres, de Terry Chimes, de surf en Galicia, de Woody Guthrie ou de Os Soprano. O primeiro número de Nin pólvora nin magnolias pode mercarse por 3 euros en Compostela (BarTolo, Malas Pécoras, Reixa, Gentalha do Pichel), Ferrol (Fundaçom Artabria), Ourense (Auriense, Rock Club, Secret Bridge), Allariz (Aira das Letras), Vilar de Santos (Arca da Noe), Xinzo (Klan), Lugo (HoGruff, Madia Leva), Vigo (Princesa, Honky Town, Rústiko), Betanzos (Saco), Lisboa (Luis Rattus), Pontedeume (Richi Ricardo Vales) e, proximamente onine en ElBeasto e Hugin e Munin. |
PRAZA_8224 | A organización crea un grupo especial que faga de ponte entre a militancia e o Parlament. Membros do movemento afirman despois da Asemblea Nacional extraordinaria que todo é unha "experimentación constante" | A CUP, unha das grandes sorpresas electorais das pasadas eleccións, celebrou este fin de semana unha Asemblea Nacional extraordinaria para adaptar a organización á nova realidade. En moi pouco tempo, a Candidatura de Unitat Popular multiplicou por cinco a súa presenza nos concellos e, ademais, conseguiu entrar no Parlament con tres deputados. Este aumento de representación é todo un éxito pero tamén leva riscos. E, cando menos hai un, que a CUP considera demasiado perigoso: que o traballo que supón estar no Parlamento hipoteque toda a organización. A CUP é un partido de alma municipalista e moito máis próximo á rúa e os movementos sociais que ás institucións. Pero despois de moitos debates, cando o president Artur Mas sorprendeu a todos anunciando que adiantaba as eleccións, a CUP decidiu que non renunciaría a tentar entrar no Parlament. Como xa pasara nas municipais, os votantes responderon e o ascenso da CUP foi espectacular. Tres deputados. Pero agora o risco é que a dinámica do Parlament e a forza da actualidade arrastre a todo o movemento e o converta no que máis critica: un partido político tradicional. Este aumento de representación é todo un éxito pero tamén leva riscos. E, cando menos hai un, que a CUP considera demasiado perigoso: que o traballo que supón estar no Parlamento hipoteque toda a organización Para evitalo, unha das decisións que tomou nesta Asemblea Nacional é a creación do Grupo de Acción Parlamentaria (GAP), que fará de ponte entre as diferentes sectoriais da CUP e os tres deputados. Deste xeito, a organización separa os dous ámbitos e mantén a súa estrutura de base, xa que calquera militante pode formar parte das distintas sectoriais e, por tanto, pode ter contacto directo co GAP. Cando o movemento conseguiu entrar no Parlament xa creou un grupo similar, pero era provisional. Coa Asemblea Nacional deste domingo o grupo consolidouse e decidiuse que persoas o forman e que tarefas terán. "Todo iso é unha experimentación constante", resumía un membro da CUP, que traballa no Parlament. Unha parte da militancia quería que este novo órgano tivese máis autonomía, de modo que o resto de organizacións que están na órbita da CUP (o que se coñece como Alternativa de Esquerdas) poderían ter máis voz. Finalmente con todo, o GAP dependerá da Comisión Política. A Asemblea Nacional, que se celebrou en Olot (Xirona) e contou con 700 participantes, tamén serviu para renovar o secretariado, que é o encargado de levar á práctica as decisións que toma o Consello Político, que se reúne unha vez ao mes. O novo secretariado, que nun partido tradicional sería a Executiva, fórmano 13 persoas, seis mulleres e sete homes. A diferenza do GAP, onde as comisións sectoriais terán moita influencia, esoutro órgano está moito máis vinculado ás comisións territoriais. Sen TV3 por culpa do traballo No próximo Consello Político, a CUP escollerá as persoas liberadas, é dicir, as que cobrarán por dedicarse á organización. Contando os tres deputados, só haberá dez liberados, unha cifra mínima se se compara co resto de formacións parlamentarias Todos os partidos políticos celebran as súas reunións executivas os luns pola mañá. Isto facilita a tarefa dos xornalistas e permítelles ás formacións, que sempre convocan rolda de prensa, difundir publicamente o que decidiron na reunión. O Telenotícies de TV3, por exemplo, fala cada luns de todas as executivas. Faino por orde de representación parlamentaria, pero despois da quenda de Ciutadans, acaba a noticia. E é que a CUP non se reúne nunca o luns pola mañá e non fai rolda de prensa. "É certo que perdemos visibilidade, pero non nos podemos reunir o luns pola mañá porque nós traballamos e o luns estamos no traballo", explicaba un dos membros do novo secretariado. As reunións celébranse pola noite, que é cando todos os integrantes xa saíron do traballo. Este funcionamento é moi loable, xa que queda claro que os membros do secretariado non usan a política para enriquecerse, pero este militante recoñece que expón grandes retos porque hai moito traballo por facer polo momento político e económico que vive Catalunya e porque a entrada ao Parlament supón un esforzo adicional. No próximo Consello Político, a CUP escollerá as persoas liberadas, é dicir, as que cobrarán por dedicarse á organización. Contando os tres deputados, só haberá dez liberados, unha cifra mínima se se compara co resto de formacións parlamentarias. Un militante da CUP recoñecía que o traballo é moito e que os riscos son elevados pero aseguraba que a solución é moi fácil: "Mentres continuemos fomentando a participación, todo irá ben". |
NOS_6219 | Concentracións ás portas da Subdelegación do Goberno español e das comisarías da policía conmemoraron esta terza o Día internacional das migracións nun País que 70 galeg@s abandonan cada día e onde 10 mil inmigrantes en situación irregular se revolven contra o permiso de residencia que Rajoy regalará a estranxeir@s ric@s | Dicía Fernando Amarelo de Castro, responsábel de Migracións cando na Xunta mandaba Manuel Fraga, que "a emigración era a aventura do pobo galego". Cada vez que o repetía, as persoas que traballaban man a man con persoas inmigrantes erguíanse da mesa e abandonaban as xuntanzas. Os movementos migratorios de hoxe seguen a ter pouco de epopea. Pola volta de 70 galeg@s abandonan cada día Galiza. Na outra cara da moeda, 10 mil inmigrantes en situación irregular ven a súa situación aderezada con persecucións policiais e "identificacións raciais", denuncia o Foro galego de inmigración, namentres o Goberno español se prepara para obsequiar cun permiso de residencia a estranxeir@s ric@s que merquen unha vivenda por valor superior a 160 mil euros. Con este panorama como pano de fondo, Galiza tamén 'celebrou' esta terza feira o Día internacional das Migracións. Centos de persoas concentráronse ás portas da Subdelegación do Goberno central na Coruña e das comisarías da policía en Compostela e Ferrol para dar lectura a un manifesto en que consideran "intolerábel" o estado policial en que viven @s inmigrantes irregulares, cuxa documentación lles é requerida "por criterios raciais" en lugares públicos como as estacións de autobuses ou os centros de saúde. "Racismo institucional", non austeridadeMiguel Fernández quéixase de que "a pesares da nosa insistencia, por sistema realízanse procedementos preferentes que en moitos casos están a supoñer a expulsión efectiva de persoas que só cometen a infracción dunha situación de irregularidade administrativa á que a propia lei lles obriga". Fronte a esta situación, atópanse cunha idea "absolutamente intolerábel" que pretende "vender cidadanía a cambio de investimentos de diñeiro que en moitas ocasións procederá de actividades delitivas, mesmo de trata de persoas". "Esta persecución obedece claramente a criterios políticos", recolle o manifesto do FGI en que denuncian un "racismo institucional" que vén alimentado pola LO 4/2000, apelidada 'de dereitos e liberdades dos estranxeiros', e que tivo o seu precedente nos últimos dous anos do goberno de José María Aznar, cando a poboación inmigrante foi privada dos dereitos á folga, a se asociar, a se sindicar e a presentar denuncias. Fronte ao 'turismo sanitario' que argumenta o Executivo de Mariano Rajoy para por en marcha decretos como o 16/2012, que restrinxe o dereito á sanidade para este colectivo, insisten desde o FGI que quen vén á Galiza faino "para traballar", e recórdanlle ao presidente do Goberno español o custo real só dos billetes de avión para unha persoa que chega dun país do Sur tomando en conta que, por exemplo en Guatemala, cómpren 10 quetzales para xuntar 1 euro. Empregadas do fogar, escravas sociaisParalela a esta situación, colocan riba da mesa "o fortísimo retroceso dos dereitos laborais" d@s traballador@s, nomeadamente daquelas mulleres empregadas do fogar ou coidadoras. Reclaman "flexibilidade" por parte da Administración para que persoas que teñen regularizada a súa situación non perdan o permiso de residencia ao non atoparen traballo. Ao fío, cómpre lembrar que o Goberno de Zapatero estabelecera tamén a exixencia de ter un precontrato laboral dun ano de duración para obter 'os papeis'. Porén, eran outros tempos. O número de persoas no desemprego non superaba as 270 mil na Galiza, e non existía aínda a exixencia de ter uns ingresos que igualen catro veces o IPREM --2.130 euros-- para poder contratar unha persoa inmigrante ou para renovar un permiso de residencia, tamén para crianzas. Así as cousas, a Subdelegación do goberno non renovou autorizacións de residencia en supostos como o dun pensionista que cobra 729€ e o de catro crianzas cux@s proxenitor@s non ingresan ese 400% do Indicador público de renda de efectos múltiples que custa "residir en España", segundo o departamento que dirixe Samuel Juárez e segundo sinalan dous documentos aos que tivo acceso este xornal. |
PRAZA_10023 | O PSdeG-PSOE impúxose na maior parte das rúas das sete cidades galegas. O PP tan só conseguíu ser a forza máis votada nalgúns lugares céntricos (coma o Ensanche coruñés ou o interior da muralla en Lugo) e En Común retivo algúns triunfos en Vigo. Ciudadanos creceu en barrios nos que era forte o PP | Quen gañou no meu barrio? Cal foi o partido máis votado na miña rúa? A información sobre o resultado en cada mesa electoral e en cada sección censal ofrece un debuxo moi detallado das preferencias políticas da veciñanza de cada localidade. Un debuxo que nas cidades galegas se pintou de vermello o pasado domingo, cun absoluto dominio do PSdeG-PSOE, que foi a forza máis votada na maior parte dos distritos das sete urbes.A sua vitoria foi especialmente clara en Vigo, onde se impuxo en practicamente toda a cidade, superando amplamente o 40% en moitas zonas. Tan só algunhas rúas do centro e a parroquia de Oia (onde se impuxo do PP) e tamén unha parte do barrio de Teis (onde En Común foi o máis votado) escaparon do control do PSdeG-PSOE. Ademais de Teis, foron Navia e Coia os barrios nos que En Común acadou un mellor resultado, como se pode ver neste mapa, o que lle permitiu ser a segunda forza máis votada na cidade. O descenso do PP foi tan forte que en catro seccións censais chegou a baixar do 10% dos votos, converténdose na cuarta forza, por detrás mesmo de Ciudadanos.A CoruñaNa Coruña a vitoria socialista foi igualmente rotunda, sendo a forza máis votada en case todas as seccións censais, agás boa parte do Ensanche, Riazor e a Cidade Vella, onde se impuxo o PP. O PSdeG-PSOE superou amplamente o 30% na maior parte dos barrios, dende Monte Alto e a Agra do Orzán, ata as Gaiteira, Os Castros e Elviña e só baixou do 20% nalgunhas zonas da Pescadaría, coincidindo cos mellores rexistros de Ciudadanos.A formación laranxa rozou o 20% nalgúns destes céntricos espazos, o mesmo que nos Rosales, Zalaeta ou San Roque. Mentres, En Común Unidas Podemos tivo o seu mellor resultado en barrios como Novo Mesoiro (onde roldou o 25%), Monte Alto (onde superou o 20%) e Os Mallos ou Os Castros (onde roldou o 20%), aínda que estivo moi loxe dos seus datos de hai tres anos. Mentres, o PP móvese en amplas zonas da cidade entre o 15% e o 20% e só mantén a súa fortaleza doutros tempos nas rúas máis céntricas.LugoEn Lugo a cidade dividiuse dun xeito semellante ao de Compostela: zona rural e centro (a área da muralla) para o PP e o resto dos barrios, as zonas máis poboadas, para o PSdeG-PSOE. En moitas destas áreas residenciais os populares baixan ata case o 20% dos votos, precisamente as zonas nas que máis sobe Ciudadanos, que roza nelas o 15%.CompostelaPSdeG-PSOE e PP repartironse o dominio dos distintos barrios e parroquias da capital de Galicia, unha das cidadas nas que o resultado de ambas as dúas forzas estivo máis igualado. Os populares foron a forza máis votada nas zonas rurais e tamén no Ensanche, mentres que os socialistas impuxéronse en barrios como As Fontiñas, Conxo ou Vite.OurenseO PSdeG-PSOE foi o partido máis votado en case toda a cidade de Ourense, agás algunhas rúas do centro e algunhas zonas periféricas, nas que se impuxo o PP. Os populares sufriron unha derrota histórica motivada polo ascenso dos socialistas, pero tamén polo bo comportamento de Ciudadanos nalgúns barrios, ao igual que noutros lugares da provincia.PontevedraDominio igualmente do PSdeG-PSOE en case toda a cidade de Pontevedra, agás algunha das súas rúas máis céntricas e algún barrio periférico, únicas vitorias do PP. Os populares mesmo chegaron a ser superados por En Común en varios barrios, sobre todo no norte da cidade. |
PRAZA_17918 | As bandas de gaitas que queiran participar no evento (en agosto de 2019) só poderá empregar instrumentos tradicionais e non as coñecidas como "marcianas", adaptación da gaita escocesa. Tampouco se admitirá percusión de alta tensión. | O Festival Intercéltico de Lorient estará dedicado a Galicia en 2019. O certame, que chega á súa edición número 49, celebrarase entre o 2 e o 11 de agosto. A Delegación Galega do festival vén de abrir un período de dous meses para o envío de propostas artísticas, entre as que se elixirán as que representarán a Galicia no evento. Na convocatoria sinálanse unha serie de requisitos para as propostas de Grupos de baile tradicional, Bandas de gaitas e Grupos folk nas que destaca que as bandas de gaitas só poderán empregar instrumentos tradicionais, rexeitando polo tanto o uso de gaitas marciais (tamén denominadas popularmente "marcianas") por ser unha imitación recente das gaitas escocesas. Desbótase tamén o uso das percusións de alta tensión e, ademais, valorarase o coidado do traxe tradicional. O anuncio de que a Delegación de Galicia en Lorient só empregará instrumentos tradicionais galegos foi criticado pola banda de gaitas Lume de Biqueira, que afirma que as bases da convocatoria "discriminan unha realidade musical galega como son as bandas de gaitas con gaitas marciais e percusión de alta tensión". Nesta gaita marcial (ou "de banda"), que adoita estar afinada en Si bemol, o ronquete e o chión colócanse á par do roncón. Este tipo de gaita foi introducida pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense de Xosé Lois Foxo a finais do século XX, xerando dende entón unha gran polémica e o frontal rexeitamento de numerosos sectores da música tradicional. O Colectivo en Defensa da Gaita tense posicionado publicamente en numerosas ocasións en contra da implantación dos modos escoceses no deseño e afinación das gaitas, nas percusións e mesmo nos traxes, "suplantando os nosos propios e autóctonos rasgos de identidade como país e cultura". O colectivo sinala na súa web que "non imos contra os gaiteiros e percusionistas que están sendo partícipes deste gran engano para o proveito duns poucos" e que "non imos contra a innovación, sempre e cando ésta sexa natural (non copiada nin imposta intencionadamente) e respete a tradición (non a destrúa)". Mais si se amosa crítico con "certas persoas que non teñen compromiso nin respeto pola nosa música, infravalorándose e mostrando un incomprensible complexo de inferioridade musical con respecto a outros países". Hai cinco anos foi moi comentada a intervención de Susana Seivane en Luar como xurado no concurso Vai de Gaita, no que participaba un mozo cunha destas gaitas marciais. Seivane cualificou este instrumento como o "cancro da música galega". |
NOS_46260 | Convócana para o 10 de marzo e afectará a todos os centros de traballo na Costa da Morte e a actividade auxiliar. | Os traballadores de Ferroatlántica irán á folga o vindeiro 10 de marzo, unha medida adoptada para protestar contra a teima de Villar Mir de vender as centrais hidroeléctricas. "A convocatoria de folga é a nosa resposta ao anuncio do acordo de venda da centrais hidroeléctricas e o inicio das xestións diante da autoridade bursátil norteamericana. Ante a confirmación de que o Grupo Villar Mir prosegue adiante con esta operación especulativa, bloqueando calquera tipo de diálogo coa representación do persoal", afirman desde o Comité de Empresa A folga, que xa foi rexistrada na Consellaría de Traballo, desenvolverase de 06:00 horas do venres 10 ás 06:00 horas do sábado 11 de marzo e afecta a todos os centros de traballo de Ferroatlántica na Costa da Morte (fábricas de Cee e Dumbría e centrais de Vimianzo e Dumbría). Así mesmo, o paro amplíase a toda a actividade auxiliar que depende de Ferroatlántica. Co gallo do paro de 24 horas tamén está previsto convocar unha manifestación pola tarde, á chaman a participar a toda a cidadanía para amosar "o sentir unánime da comarca fronte ás pretensións do grupo empresarial". |
NOS_20688 | Adif está a traballar este domingo para retirar o vagón dun tren de mercadorías que foi empuxado hai unha semana e que acabou nas augas do río Sil en Carballeda de Valdeorras. | Segundo indica na súa conta oficial de Twitter, este domingo continúan os traballos iniciados o sábado, unha vez obtidos os permisos da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para sacar os catro vagóns que tiraron nesa zona, despois de que un tren de mercadorías descarrilase cando estaba a piques de entrar no núcleo de Sobradelo. 🔸️ #Sobradelo: Continúan las labores de retirada del último vagón en la ribera del Sil. Dichas labores avanzan conforme al plan previsto y con las debidas medidas de protección medioambiental. pic.twitter.com/4KjT26gYmJ— Adif (@Adif_es) August 9, 2020 Nas tarefas para retirar as estruturas, o pasado domingo os operarios empuxaron cunha máquina dous dos vagóns, un dos cales chegou até as augas do río e outro quedou envorcado no terraplén entre a vía e o Sil. Os feitos, recollidos en varios vídeos, provocaron as queixas da Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño Sil, que abriron senllas investigacións. O Goberno galego propuxo só unha multa de 35.000 euros para Adif. O administrador ferroviario presentou un operativo para levar dous guindastres á zona, estabilizar os vagóns e desmontalos para proceder a sacalos do lugar. De acordo coas informacións actualizadas este domingo, está a despezarse o vagón que tiraron até a beira e estase retirando, do mesmo modo que se procedeu coas outras estruturas. |
PRAZA_14526 | A desproporcionada actuación dos antidisturbios contra os traballadores de Navantia que protestaban ante o acto da pegada de carteis do PP na cidade reciben a condena de partidos e sindicatos. En especial denúnciase o trato sufrido polo responsable da CIG na comarca, Xesús López Pintos. | A CIG denuncia a carga policial e a detención Xesús López Pintos, responsable da central sindical na comarca de Ferrol. O Secretario Xeral, Xesús Seixo, manifestou onte ás portas dos xulgados de Ferrol que "o Partido Popular recorre a todos os medios: criminalización da mobilización social, uso da represión e brutalidade dos elementos máis fascistas da policía, manipulación na prensa ou a utilización dos xuíces afíns para tentar desprestixiar calquera oposición activa". O sindicato denunciou ademais que López Pintos sufriu "torturas" na comisaria e xa denunciou estes feitos diante do xuíz, ao que se lle reclamou que abra unha investigación para depurar responsabilidades. Francisco Jorquera declarou que "o dereito á manifestación e á protesta non se resolve pola vía da mán dura" e engadiu que "non son tolerábeis as cargas policiais en democracia". A carga tamén foi criticada este venres dende o acto que Alternativa Galega de Esquerda celebrou en Ourense. Yolanda Díaz afirmou a este respecto que: "Tentan levar todas as mobilizacións ás cadeas. Estamos en guerra". Díaz afirmou que "os traballadores e traballadoras galegas imos parar a súa crise" e que "é o momento de priorizar o rescate dos cidadáns fronte ao bancario". Yolanda Díaz afirmou a este respecto que: "Tentan levar todas as mobilizacións ás cadeas. Estamos en guerra" Os traballadores convocaran unha concentración ás once e media da noite diante do Concello. O obxectivo era ligar a súa protesta e as demandas de carga de traballo e de claridade sobre os contratos promrtidos por Feijoo ao inicio da campaña electoral. A protesta, que se dirixiu principalmente contra o Partido Popular, obrigou o PP a levar a súa pegada de carteis dende a praza de Amboaxe até o Hotel Almirante. A protesta e a cazolada dirixiuse cara ali. Pasadas as doce da noite chegaron os antidisturbios, que ás doce e media cargaron contra os 300 traballadores concentrados. Finalmente, a policia escoltou os políticos populares para que abandonasen o hotel. "Te vas a acordar de esto" Ao chegar á comisaría o sindicalista denuncia que permaneceu esposado máis de dúas horas, un tempo no que, a cada pouco, era golpeado por un policía cunha luva de coiro e unha porra, na cara e no corpo, mentres o insultaba e ameazaba Nun vídeo publicado pola CIG López Pintos relata os malos tratos que recibiu na comisaría e os insultos e ameazas que comezaron no momento da súa detencíón cando os policías lle berraron "te vas a acordar de esto", "eres un mierda" ou "no te vas a volver mover en tu puta vida". O sindicato xa denunciou estes feitos diante do xuíz, ao que se lle reclamou que abra unha investigación para depurar responsabilidades. Ao chegar á comisaría o sindicalista denuncia que permaneceu esposado máis de dúas horas, un tempo no que, a cada pouco, era golpeado por un policía cunha luva de coiro e unha porra, na cara e no corpo, mentres o insultaba e ameazaba. Nese momento a fenda que lle abriran na cabeza botaba moito sangue, que mesmo lle cubría un ollo. López Pintos pedía atención sanitaria, pero denuncia que lle foi negada durante ese tempo. Recoñece que sentiu "medo" e que mesmo lle chegou a pedir "perdón" ao policía "que tiña a idade do meu fillo". Afirma que lle pediu "que considerase que eu podia ser seu pai" pero engade que "me seguiu humillando". "Eu non lle teño medo a nada, pero el ameazábame con partirme os dentes, arrimábame a porra aos dentes e tiña medo de que me desgraciara", afirma. López Pintos di que o que máis lle doeu foi a indiferenza dos outros policias, algún coñecido, que asistian a todo isto sen dicir nada Algúns compañeiros CIG tentaron coñecer o seu estado e non puideron velo. Ao redor das catro da mañá por fin o levaron ao médico. López Pintos di que o que máis lle doeu foi a indiferenza dos outros policias, algún coñecido, que asistian a todo isto sen dicir nada, e mesmo engadian novas ameazas, como "desta non saes". Ás dez da mañá levárono ao xulgado, onde o xuíz lle preguntou o número de placa do policia que o agredira. Pero o policía non tiña o seu número de identificación á vista como marca a lei. López Pintos foi denunciado por "agarrar pola roupa un policia e pegarlle no casco". Engade que a situación "dá medo" e que "esta xente dá a matar". Outras reaccións Pola súa banda, a organización comarcal de Alternativa Galega de Esquerda en Ferrol considera que "a desproporcionada actuación policial, con ensañamento enfermizo co secretario comarcal da CIG, Xesús Pintos, é mostra de ata onde quere chegar o Partido Popular na súa desbocada carreira por sacar dereitos conquistados pola clase traballadora" e afirma que "máis tarde que cedo esas políticas serán bumeráns que expulsarán ao Partido Popular da responsabilidade pública, cortando a correa de transmisión que doblega as políticas económicas e sociais aos desexos do poder financeiro". |
NOS_43519 | Edicións Morgante vén de publicar, nunha edición facsimilar, A torre de Peito Burdelo, un drama histórico de Galo Salinas de 1890 que foi unha das poucas obras en galego representadas a finais do século XIX e que serviu, xunto a outras escritas polos autores rexionalistas, como pioneira dun teatro galego aínda por desenvolver. | "A Betanzos corresponde / pol-o enfamante decreto / entregar doce doncelas: / seis nobres de nascemento / e seis d'o pobo, e-a mais todas / de xentil fermoso aspeuto". Así explica don Rodrigo de Ariza o "tributo das cen doncelas" que habían de pagar os reis cristiáns ao sultán de Córdoba. Segundo a lenda, cinco fidalgos da estirpe dos Figueroa reveláronse contra este tributo e mataron os mouros que viñan recoller as mozas empregando paus de figueira –por ese motivo o escudo de armas do marquesado de Figueroa luciría cinco follas desta árbore–, eliminando así o sometemento da Galiza ao califato de Córdoba. A partir da década de 1880, detéctase nos autores pertencentes ao movemento rexionalista a vontade de crear unha dramaturxia propiamente galega, e o drama histórico ocupaba un lugar destacado na recuperación do pasado na que se mergullaron Existe en Abegondo a Torre de Peito Bordel, o lugar onde, segundo a lenda, concentraban as doncelas antes de envialas a Córdoba. E existe A Torre de Peito Burdelo, un drama en verso de Galo Salinas, publicado en 1891, que ven de reeditar Edicións Morgante en edición facsimilar. Don Rodrigo de Ariza é un dos seus personaxes e, se ben todo o mundo está de acordo en que a lenda é unha fantasía sen sustento histórico, a obra na que se basea mantén todo o seu interese. A partir da década de 1880, detéctase nos autores pertencentes ao movemento rexionalista a vontade de crear unha dramaturxia propiamente galega, e o drama histórico ocupaba un lugar destacado na recuperación do pasado na que se mergullaron despois da derrota política da Revolución do 68 e da Primeira República. Mari Castaña de Emilio Álvarez Giménez, Men Rodríguez Tenorio de Manuel Amor Meilán ou Pedro Madruga de Xoán Cuveiro Piñol, foron algúns dos dramas que rescataban episodios ou figuras históricas para enmarcar os seus argumentos. A Torre de Peito Burdelo facía parte desta corrente, sen a cal non se podería explicar a posterior dramaturxia dos autores das Irmandades da Fala. Adaíl do rexionalismo Xosé María do Carme Galo Salinas Rodríguez foi un dos membros máis radicais do rexionalismo coruñés e unha das figuras esenciais na evolución do teatro galego. Con só doce anos de idade emigrou a Montevideo, onde se dedicou a comercio durante máis dunha década. Á súa volta á Galiza, estableceuse en Pontedeume, vila na que creou unha escola. Mais foi a partir do seu traslado á Coruña cando comeza a desenvolver unha actividade moi ligada ao xornalismo e o teatro e, en xeral, a cultura. Escribe para numerosas cabeceiras galegas e foráneas e funda, en 1895, a Revista Gallega. Semanario de literatura é intereses regionales, autoproclamada "Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña" e publicación de cabeceira do rexionalismo na cidade herculina. Galo Salinas foi o autor da Memoria acerca de la dramática gallega. Causas de su poco desarrollo e influencia que en el mismo puede ejercer el regionalismo, que se pode considerar o primeiro tratado teórico sobre teatro publicado na Galiza. A Revista Gallega contaba na súa redacción con Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy, e entre os seus estreitos colaboradores estaban Manuel Lugrís Freire, Filomena Dato, Sofía Casanova ou Salvador Golpe, todos eles integrantes da Cova Céltica, o faladoiro que se reunía na libraría de Uxío Carré –a libraría Rexional– para tratar temas relacionados co devir do país e que Galo Salinas frecuentaría xunto con outros vultos da cultura da época, desde Murguía e Pondal até Brañas, Curros Enríquez ou Pascual Veiga. Galo Salinas escribiu un bo número de obras teatrais –¡Filla...! (1892), A Fidalga (1904), Alma Gallega (1904), Feromar (1907)...– e, ademais, foi o autor da Memoria acerca de la dramática gallega. Causas de su poco desarrollo e influencia que en el mismo puede ejercer el regionalismo, que se pode considerar o primeiro tratado teórico sobre teatro publicado na Galiza. Igualmente, foi o director da Escuela Regional Gallega de Declamación, o primeiro grupo de tetro estábel de ámbito galego. Malia que a Escola tivo unha vida curta e ateigada de incidentes –debidos, en parte, ao pouco entendemento entre Salinas e Lugrís Freire, que o sucedeu no cargo–, sentou un precedente transcendental no desenvolvemento do teatro galego ao se converter no referente para a creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega creado polas Irmandades da fala en 1919. Teatro para representar A Torre de Peito Burdelo foi unha das poucas obras galegas que chegou a estrearse na época. Só sabemos da estrea de A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, na Coruña, realizada polos afeccionados do cadro de declamación do Liceo Brigantino en 1882, e da obra de Galo Salinas, que se estreou en Betanzos, en 1891, a cargo dunha compañía profesional de zarzuela que tamén a representou en Pontedeume. Precisamente esta experiencia, que non debeu ser especialmente rendíbel no plano económico, foi a que serviu para convencer de que non abondaba con crear unha literatura dramática, senón que era preciso tamén crear compañías que a representasen. |
NOS_56297 | O Goberno español rexeita que médicas e médicos de Cuba cheguen ao Estado español como si está a acontecer en países Italia ou Andorra. | O Executivo español desbota a colaboración de Cuba para loitar contra o coronavirus e non contempla que médicas e médicos da illa cheguen ao Estado español como si está a acontecer en países da Unión Europea como Italia. Tampouco prevé o Goberno de Pedro Sánchez sumar ao cadro de persoal sanitario as e os profesionais de Cuba que residen en España pero están pendentes da homologación do título. En canto ao antiviral Interferón Alfa-2 B que se fabrica en Cuba para reverter os efectos da COVID-19, o Ministerio de Sanidade non está a facer provisión do mesmo, aínda que si o recoñece como un medicamento para usar no tratamento. O propio presidente do Goberno valenciano, Ximo Puig (PSOE), admitía esta semana que estaban a estudar na Generalitat a posibilidade de contratar persoal médico cubano para reforzar o sistema valenciano, mais admitiu que non quería entrar en "ningún tipo de contradición ou conflito" e que buscaba unha interlocución adecuada cos Gobernos de España e Cuba. Quen si solicitou formalmente ao Ministerio de Sanidade contar con persoal médico cubano foi a consellera de Salut do Govern catalá, Alba Vergés. A titular de Sanidade reclamou esta semana realizar "unha homologación exprés" das titulacións deses profesionais para que poidan desenvolver as súas funcións en Catalunya, do mesmo xeito que o fan xa en Andorra ou en Italia, exactamente en Lombardía, gran foco de contaxio da COVID-19 no mundo. Segundo sinalaron medios de comunicación catalás, a posibilidade de recrutar médicas e médicos cubanos púxose sobre a mesa dos gabinetes de crises en Catalunya a principios de esta semana e foi cara a finais da mesma cando se reclamou ao Ministerio de Salvador Illa que se permitise a contratación dese persoal. Ademais de a Italia, Cuba enviou brigadas médicas a outros 13 países, na súa maioría de América Latina, mais tamén de Europa. De feito, un total de 39 profesionais sanitarios cubanos, entre os que se atopan unha ducia de profesionais da Medicina e 27 da Enfermaría, xa están a reforzar o sistema sanitario andorrano.A maiores, outros 30 Estados contan con cooperantes de Cuba para axudar a facer fronte á COVID-19. |
PRAZA_9605 | Os galardóns, impulsados polo COAG, entregaranse o vindeiro 29 de marzo nunha gala que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol | O Colexio de Arquitectos de Galicia deu a coñecer as obras finalistas da XVIII edición dos Premios COAG de Arquitectura, que contou coa candidatura de 155 propostas visadas, executadas e finalizadas entre o 31 de xullo do 2016 e o 31 de xullo do 2018. Están seleccionados un total de 42 obras de novas construcións, rehabilitacións ou reformasO xurado seleccionou 6 obras na categoría de Vivenda, 5 obras en Rehabilitación, 5 en Equipamentos, 6 en Deseño Urbano, Planeamento e Paisaxe, 5 en Obras de Reforma e Interiorismo, 5 en Arquitecturas Efémeras e de Baixo Custo, 5 en Divulgación, Investigación e Deseño, e 5 en Proxecto Fin de Carreira. O Premio á Traxectoria Profesional farase público nos próximos días. Os galardóns entregaranse nunha gala que terá lugar o vindeiro 29 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol ás 20 horas.Entre os 42 finalistas hai vivendas construídas en Compostela, Oleiros ou Baños de Molgas. Tamén rehabilitacións realizadas na Coruña, Moaña, Ferrol, Lugo ou Vedra, destacando por exemplo os traballos no edificio do vello cárcere de Lugo, convertido nun centro cultural, ou na estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra).Os galardóns entregaranse o vindeiro 29 de marzo no Teatro Jofre de FerrolAparecen igualmente un gran número de inmobles dotacionais, como as escolas infantís de A Veigadaña (Mos) ou da Baiuca (A Estrada), así como obras de reformas e interiorismo. E intervencións de deseño urbano e paisaxe, como as levadas a cabo en Outes, Carballo ou Noia. Ou o Proxecto de zonificación e equipamento no Parque de Bens (A Coruña) e o proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade; pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense. |
NOS_290 | A premisa, en base ás declaracións feitas pola OEA e que deu cheda aos partidarios do golpe de Estado, é posta en dúbida polos 126 asinantes dun manifesto no que se inclúen académicas e académicos de universidades de prestixio. | A declaración da Organización de Estados Americanos (OEA) un día despois das eleccións do 20 de outubro, expresando a súa "profunda preocupación e sorpresa pola mudanza drástica e difícil de xustificar na tendencia dos resultados preliminares coñecidos tras o feche das urnas" permitiu que o relato do fraude electoral en Bolivia recibise un gran pulo nos medios e na comunidade internacional e levase mesmo a xustificar o golpe de Estado. Porén, agora, esa premisa é posta en dúbida polos 126 asinantes dun manifesto no que se inclúen economistas e expertas e expertos en estatística de universidades mundiais de prestixio como a de Cambridge, Harvard ou o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. "Non se incluíu evidencia algunha que apoiase esta declaración. Con todo, interpretouse amplamente como unha acusación de fraude, e despois das eleccións tales acusacións tornáronse habituais nos principais medios de comunicación", denuncia o manifesto. O texto, apoiado por gráficos e explicacións técnicas, argumenta que "é doado mostrar con datos electorais, os que están dispoñíbeis publicamente, que a mudanza na vantaxe de Morales non foi nin 'drástica' nin 'difícil de xustificar'". Expoñen que "houbo una pausa no reconto rápido dos resultados das votación —así se chegou ao reconto de 84% dos votos— e a vantaxe de Morales era de 7,9 puntos porcentuais", e que "con 95% do reconto total de votos, a súa marxe aumentara a pouco máis de 10%, o que permitiu a Morales gañar en primeira volta, sen ter que ir a unha segunda". Mudanza "usual" no reconto A respecto, afirman que "non é inusual que os resultados dunhas eleccións teñan un trazo por localización xeográfica" polo que "os resultados poden variar dependendo de cando se conten os votos das diferentes áreas". Ademais, din que a mudanza no liderado de Morales "foi parte dun aumento constante e continuo" na súa vantaxe, "iniciado horas previas á interrupción". O manifesto remata facendo un chamamento á OEA para que retire as declaracións "enganosas" que "serviron como unha das xustificacións máis utilizadas para consumar o golpe militar", ao tempo que condenan o apoio do Goberno dos EUA ao golpe.. |
QUEPASA_135 | Continuamos da man "Asociación Parroquial de Berdoias" e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe seguimos ca serie sobre as construcións de transformación de gran, coas Eiras. | A Eira da Gaia está na Pedra do Frade Mostra do Patrimonio Material da Parroquia de Berdoias:Construcións de transformación do Gran (III): A Eira de Rúa no lugar da Casanova e a Eira da Gaia na Pedra do Frade A Casanova e A Pedra do Frade son dous pequenos lugares da parroquia, ubicados moi pretiño da VÍa Mariana Luso- Galaica. Nas súas aforas, mesmo a carón de cada un deses lugares, están estas dúas xoias: a de Rúa e a da Gaia, dúas pequenas eiras circulares que se nos ofrecen á vista tal que dous "aneis encantados". Os seus chans, nunha perfecta adaptación ó medio no que se ubican, están feitos aproveitando in situ terreos rochosos: no caso da eira de Rúa, procedente dunha soa laxe natural aplanada; e o chan da de Gaia, procedente de tres laxes naturais aplanadas. Os bordos, valados perimetrais das dúas eiras, son de pouca altura e de cachotería. E só no caso do bordo da de Rúa combina, en perfecta harmonía, un tramo de cachotería con outro tramo a base de chantos de pedra. Velaquí dous exemplos de arquitecturas do pan que, por propia vontade dos seus donos, aínda perduran esplendidamente no tempo, ocupando espazos solleiros e ventosos, porque o sol e o vento foron e son sempre imprescindibles para calquera boa eira. Aqui quedan fotografías das eiras de Rúa e da Gaia e mapas dos lugares de A Casanova e de Pedra do Frade coa localización das súas eiras: Mapa das Eiras de Pedra do FradeFoto da Eira da Gaia Mapa das eiras de Casanova Foto da Eira de Rúa Tesouros de Berdoias Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar. |
NOS_13356 | O BNG quere que o Goberno do Estado interpoña unha demanda contra a familia Franco para reclamar a propiedade do Pazo de Meirás, en Sada. Así llo fai saber a portavoz nacionalista ao aínda presidente do Executivo, Pedro Sánchez, nunha carta. | Ana Pontón pide a Sánchez que a denuncia se faga efectiva "antes da convocatoria de eleccións e da disolución das Cortes". "É necesario poñer punto final aos privilexios dos Franco e do franquismo e son para nós unha prioridade que as estatuas do Pórtico da Gloria, a Casa de Cornide e o Pazo de Meirás retornen ao patrimonio público galego", afirmou esta segunda feira en comparecencia de prensa. "Resulta esperpéntico que os bens espoliados continúen en mans dos Franco", asegurou, "isto é un símbolo da continuidade das estruturas de poder da ditadura, unha ofensa á memoria das vítimas do franquismo e da debilidade democrática do Réxime do 78". Ana Pontón lembrou tamén o xuízo ás 19 persoas que entraron en Meirás para reivindicar a súa devolución. Os Franco piden para eles penas de máis de 300 anos. "O BNG sempre se mostrou favorábel á exhumación dos restos de Franco", argumentou en relación ao Val dos Caídos, "pero tamén á exhumación do franquismo presente en moitos vestixios como o Pazo de Meirás". |
PRAZA_2909 | Un novo maxistrado para Familia era unha das demandas dos traballadores e traballadoras dos tribunais da cidade, que iniciaron hai semanas unha serie de accións de protesta. Porén, seguen denunciando o "colapso" e a falta de recursos no Xulgado de Violencia de Xénero | Vigo contará dende xaneiro cun terceiro xulgado de Familia para "desconxestionar e anticipar sinalamentos", ante a situación de "colapso" que fora denunciada nos últimos meses, e que obrigou os traballadores e traballadoras dos tribunais a levar a cabo distintas accións de protesta. Alternativas na Xustiza sinalara que "a situación de colapso dos Xulgados de Familia de Vigo era coñecida por todo o mundo". O xuíz será o que xa está de reforzo apoiado por outros dous funcionarios, que serán achegados pola Xunta. A Xunta aproveitará o piso alugado onde ten a súa sede o xulgado de preferentes, que pechará o día 30, Os xulgados estaban un 178% por riba dos módulos que marca o propio Consello Xeral do Poder Xudicial Os xulgados estaban un 178% por riba dos módulos que marca o propio Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e, por exemplo, no último trimestre seis demandas presentadas no Xulgado de Familia nº 5 se derivaron ao Xulgado de Violencia sobre a muller. Precisamente o reforzo do Xulgado de Violencia de Xénero, outra das grandes demandas dos traballadores e traballadoras dos tribunais, de momento non se levará a cabo. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia descartou achegar máis recursos a este xulgado porque o modulo de asuntos é de 1.100 casos e o máximo estímase en 1.800. "A participación activa dos traballadores foi a clave para lograr alcanzar a creación do novo Xulgado de Familia", sinala Alternativas na Xustiza Alternativas na Xustiza-CUT salientou que "os únicos que tiveron a iniciativa e o valor de denunciar publicamente nos medios de comunicación o colapso e sobre todo de loitar por un Xulgado de Reforzo de Familia para a cidade de Vigo foron os traballadores e os avogados que participaron nalgunha das accións emprendidas" e que "a participación activa dos traballadores, igual que sucedera na loita do Xulgado de Reforzo do Social de Vigo, foi a clave para lograr alcanzar a creación do novo Xulgado de Familia". |
NOS_56482 | A Asociación Galega de Editores (AGE) fai un chamamento é cidadanía e aos poderes públicos para afortalar un sector que está a sofrer a crise de maneira especial. A preocupación é compartida no mundo da cultura na conmemoración do Día Internacional do Libro. | O mundo da cultura está a reaxir diante da crise do sector do libro. Perda de empregos, descenso na produción e mesmo a posíbel desaparición de empresas, son os efectos directos dunha situación que pon en perigo un eixo fundamental da nosa cultura. Varias son as iniciativas que exixen á Xunta que se comprometa cun sector que viu como nos últimos anos descendían en máis da metade as liñas de apoio institucional. A voz en alto chegou do movemento asociativo, da man dun grupo de escritor@s e activistas culturais que botaron a andar un "Manifesto na defensa das editoras en galego" que sumou arredor de cento cincuenta sinaturas individuais e colectivas en só setenta horas que estivo aberta. En tres puntos, o grupo composto por Héitor Picallo, David Otero, Afonso Blanco, Xosé Lois García, Mini e Mero, Xoán Xosé Fernández Abella e Xosé Díaz defendían o "apoio solidario ao sector", difundir a situación na opinión pública e tamén "facer recapacitar a administración pública de que é o seu deber protexer e dinamizar este país desde todos os ámbitos e, evidentemente, desde o prisma cultural", con especial atención ás editoriais. Un grupo de activistas culturais botou a andar o "Manifesto na defensa das editoras en galego" O manifesto correu veloz pola rede e alertou sobre a difícil situación que atravesan algúns selos editoriais, da cal se viña falando nos últimos tempos. "En principio o que queriamos era dar un berro mais o apoio foi sorprendente e así sumáronse escritores, bibliotecarios ou mesmo moita xente das artes escénicas, entre eles a propia Plataforma de Artes Escénicas ou Escena Galega. Urxía sacalo para manifestar o incomodo e agora imos ver cal é o percorrido da iniciativa", comenta Heitor Picallo anunciando unha reunión en breve para o grupo promotor estudar o seguinte paso que cómpre dar. Na Asociación Galega de Editores (AGE), o seu presidente Manuel Bragado ve con bos ollos e agradece que a sociedade civil se comprometa na defensa dun sector que vive momentos especialmente difíciles e que pula por recuperar o posto estratéxico que se recolle na Lei do Libro e a Lectura do 2006. "Ao longo do mes de marzo presentamos a todos os grupos do Parlamento Galego e ao conselleiro e ao secretario de Cultura e Política Lingüística o noso diagnóstico e unha proposta de desenvolvemento estratéxico que marcan a súa folla de ruta", explica Bragado das actuacións que están a levar a cabo diante da grave situación. "A crise é multifactorial, con causas diversas, desde a crise económica, os cambios de modelos coa transformación do dixital e tamén a falta de políticas públicas de promoción da lectura e a normalización lingüística que van afectando a saúde do sector", comenta Manuel Bragado. "Os datos amosan unha redución importante no número de títulos, mais tamén de maneira especial de tiradas. Nos últimos catro anos a edición galega perdeu o 40% da súa tirada" apunta o presidente da AGE. Liñas de actuación da AGE "O conxunto das empresas do sector están a enfrontar enormes dificultades, as máis graves en trinta anos de existencia" sinala o informe da Asociación Galega de Editores que recolle varias liñas de actuación encamiñadas a fortalecer o sector. Reclámase, entre outras cousas, a elaboración dun plan estratéxico para o desenvolvemento do libro, un plan de apoios á rede de librarías ou a creación do Bono Cultura que podería ser empregado de maneira inicial no Culturgal de 2013 coa idea de apoiar o consumo de bens culturais. Manuel Bragado: "Os datos amosan unha redución importante no número de títulos, mais tamén de maneira especial de tiradas" Canto ao eixo de cohesión social, demandan que a lingua galega sexa vehicular na educación non universitaria, ampliación e mellora da rede bibliotecaria, apoio e desenvolvemento das bibliotecas de aula e campañas de lectura. A asociación que representa as editoriais quere tamén que se reforce a proxección exterior do libro galego e, neste sentido, reclama un plan cuadrienal de tradución para o galego, unha oficina de promoción da literatura e o libro no mundo alén da creación dentro do IGAPE dunha sección de industrias culturais que atenda de maneira especial a exportación. Á chamada da AGE respondeu xa no Parlamento o BNG, que a través da súa deputada Ana Pontón presentou dúas iniciativas reclamando vías de diálogo co sector, apoio directo e o cumprimento dos mandatos da Lei do Libro e a Lectura de 2006. Tamén na Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) ven con preocupación a crise do sector. O seu presidente, Cesáreo Sánchez, sinala que "o destino da creación literaria está relacionado coa saúde do mundo da edición. O descenso na capacidade editorial e a desaparición de selos pon en perigo o desenvolvemento creativo, en especial de xéneros menos comerciais como a poesía ou o ensaio". Chama a atención Cesáreo Sánchez sobre o feito de que "o sector editorial galego se construíu con moito sacrificio e cómpre activar todas as medidas posíbeis para promovelo, entre elas, a dotación de bibliotecas, o plan de lectura e dinamización do mundo do libro." As cifras do peor momento dos últimos trinta anos Cos datos na man, a Asociación Galega de Editores (AGE) considera que cómpre reflotar o sector. O recorte dun 60% en compras institucionais para bibliotecas, dun 75% de apoio a materiais didácticos e dun 50% para Grandes proxectos editoriais e traducións desde o ano 2009 aos últimos exercicios computados, xunto co descenso da produción e o negocio, son os datos que se manexan no informe que a AGE presentou recentemente tanto aos representantes da Xunta como aos grupos políticos do Parlamento co fin de poñerlle freo a unha crise que ameaza o sector. "A Xunta recortou un 60% en compras institucionais para bibliotecas, un 75% de apoio a materiais didácticos e un 50% para grandes proxectos editoriais e traducións desde o 2009" Cumpre trinta anos neste 2013 e representa 47 selos editoriais dun sector que multiplicou por catorce a súa produción nas últimas tres décadas, pasando de 187 títulos editados en 1980 a 2.544 en 2010. A AGE manifesta, no entanto, unha situación de caída na produción que ve como en 2011 a edición descende nun 28,88% a respecto do ano anterior, cunha caída en novidades de 18,27%. O cambio tecnolóxico está a se facer notar cun incremento do 211,47% na edición dixital que, con todo, é aínda só do 21,65% fronte ao 78,35% do que se publica en papel, que baixa un 28,25%. 40,36% menos de libro infantil Aínda que o libro infantil e xuvenil e o libro de texto continúan a ser a trabe do sector, destaca no informe a diminución do 40,36% da edición infantil, un dato igual de alarmante que o descenso dun 36,80% en edición literaria. A galega é tamén a lingua en que a edición descende de maneira máis acusada, cun 26,89% fronte ao 0,13% do español e moito peor parada queda diante do aumento do 2,65 % no éuscaro e o 19,67% no catalán. "Na compra de novidades ara bibliotecas, a Xunta baixou dos 1.250.000 euros de 2009 a 500.000 de 2012" Canto á facturación das editoriais, o ano 2011 deixou un saldo de 27,17% millóns de euros, un 19,23% menos que en 2009, "tendencia negativa que se acentúa de forma agresiva en 2012" apuntan na AGE. En número de postos de traballo o sector perdeu o 25% de 2007 a 2011, que computou 236 empregos directos. Abandono institucional O informe de AGE, deixa á vista tamén unha radical diminución nas partidas que a Xunta destina ao apoio do sector, que descenderon en máis da metade. Para a compra de novidades en lingua galega para bibliotecas, baixaron dos 1.250.000 euros de 2009 a 500.000 de 2012, cun recorte do 60% na última lexislatura. Para cumprir o estabelecido pola Lei do libro, a AGE estima que se precisaría duplicar os fondos que a secretaría xeral de Cultura destinou en 2011 a esta partida. Canto aos Grandes proxectos editoriais e traducións de obras, reducíronse nun 50%, entrementres en materiais didácticos a secretaría xeral de Política Lingüística diminuíu nun 75% os investimentos dos últimos catro anos. |
NOS_28364 | Pontevedra acolle o debate do Parlamento de Escritoras sobre liberdades e dereitos civís, con voces da Galiza, Portugal, Euskal Herria e Catalunya. | "Este encontro sirve para abrir un camiño para normalizar nos escritores os debates de contido político", explica Cesáreo Sánchez, presidente de AELG, sobre o Parlamento de Escritoras en conversa con Sermos Galiza. "O escritor non pode ser un estraño á realidade", engade, para apostar na "responsabilidade ética e social" das escritoras e escritores, nomeadamente en contextos onde hai un retroceso en dereitos e liberdades. O Parlamento de Escritores que se desenvolve esta sexta feira e sábado en Pontevedra -co apoio do Concello de Pontevedra e mais do Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro)- debateu, falou e tratou sobre liberdades civís, dereitos nacionais, feminismo, patrimonio, migracións.... Voces galegas mais tamén de Portugal, Euskal Herria e Catalunya, "todas cun común denominador, como a importancia da lingua ou a importancia de construír territorios de creación e de esperanza para os pobos", afirma Sánchez. Houbo chamadas a non caer no derrotismo e apelacións a, desde a propia sociedade, erguer ferramentas e medios sen agardar polas institucións. "E en todo, sempre presenta a importancia da lingua", resalta o presidente da AELG. O Pazo Mugartegui acolleu esta sexta feira as primeiras actividades. Liberdades civís e dereitos nacionais foi a mesa redonda de apertura e nela falaron a ensaísta galega Carme Adán, a narradora vasca Laura Mintegi e novelista catalá Clàudia Pujol. Durante o Parlamento, debates sobre Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade; grupos de traballo sobre feminismos e indentidades, língua e patrimonio cultural; ou medios de comunicación. O Teatro Principal será escenario da "lectura e debate" das achegas dos grupos de traballo e mais un "acto literario e musical" de clausura. Presentado por Aldaolado, nel estarán Manuel Rivas, Antía Otero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Eli Ríos, Xavier Seoane e Rafa Vilar. |
NOS_2439 | O sábado dúas marchas paganas homenaxearán a Vidal Bolaño en Compostela e a Lugrís na Coruña. Rúas e tabernas de Santiago recibirán un ano máis a procesión de Santa Bolaña mentres na Coruña, unha manifestación surrealista e atlántica lembrará o poeta do mar. | O "ritual de viño, festa e teatro no solsticio de inverno", homenaxea a Roberto Vidal Bolaño no remate do ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Coordinada por Carlos Santiago a Procesión de Santa Bolaña percorrerá rúas e tabernas de Santiago este sábado día 21 con "cantos e ladaíñas profanas facendo parada e vía crucis dramático" en distintas tabernas do casco vello da capital. Será a segunda vez que a Santa Bolaña visite tascas e rúas, desta volta, cos textos de autoras e autores como Clara Gayo, Paula Carballeira, Santiago Cortegoso ou Pepe Sendón ademais da recreación dun fragmento da peza de Vidal Bolaño "Caprice des Dieux". Comba Campoy, Marta Pérez, Santiago Cortegoso e Zé Paredes oficiarán de "confrades maiores" das representacións nunha xornada que dará comezo ás 12.30 horas na Libraría Couceiro coa charla "Ulo teatro Popular?", un debate aberto e moderado polo dramaturgo Carlos Santiago. Desde a Asociación de Veciños "As Brañas de Andrés", nos Pelamios, moi preto da casa na que naceu Vidal Bolaño comezará a procesión coa lectura do bando da confraría e as honras musicais de Leo Arrecaghona. A traxectoria continuará pola Costa Vella para visitar o Café Bar Trece, o Xa Chegou, o Bar As Dúas, o Grándola e o Pozo, co fin nun concerto e foliada no Pub Avante. A procesión está promovida pola Candidatura do Povo e outros colectivos sociais e veciñais da cidade. Surreal e atlántica para recibir un novo mural In Nave Civitas, a Asociación Cultural O Mural, o Museo de Belas Artes e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega son as promotoras do IV Día de Lugrís, unha celebración que coordina Xurxo Souto na Coruña. Nesta ocasión, a festa "surrealista e atlántica" ten un motivo engadido de conmemoración xa que a cidade se reencontra cun mural que o pintor do mar realizara na parede da casa dun familiar en Madrid e que chega agora cedido ao Museo de Belas Artes. "Visión da Coruña, 1830" é o título da obra que ten á cidade como protagonista e que será recibida na propia conmemoración. No propio adro do Museo de Belas Artes comezará a xornada ás seis da tarde coa realización dun obradoiro de paraugas pintados para, a seguir, partillar na benvida ao mural coa oda "A Arribada" á que lle dará voz o poeta berciano Rodrigo Osorio. Xa coa noite como compañeira, a partir das oito, as persoas participantes partirán en manifestación "atlántica e surreal" cos paraugas decorados abertos para visitar lugares da vida do artista, murais da súa autoría ademais do graffiti de Outón na rúa Mantelería. A xornada, aberta a cidadanía, rematará ás 9 da noite na praza Sellier co recital poético "A habitación do vello mariñeiro2, na memoria de Urbano Lugrís e co surrealismo como telón de fondo. |
PRAZA_16875 | O Goberno galego defende manter unha postura conxunta con comunidades "aliadas" como Aragón, cuxo presidente se reuniu este mércores con Rajoy | Este mércores os presidentes socialistas de Aragón e Andalucía, Javier Lambán e Susana Díaz, mantiveron senllas reunións co titular do Goberno central, Mariano Rajoy, nas que lle reclamaron que avance xa na negociación dun novo modelo de financiamento autonómico sen agardar a que se resolva o conflito catalán. Este xoves o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, foi preguntado por eses encontros e asegurou que a Xunta aposta por unha negociación multilateral para a que dixo que o Goberno galego está a dotarse de aliados, entre eles supostamente Aragón. Ao tempo, Rueda gardou silencio sobre a posibilidade de que a negociación se inicie sen agardar a que remate o conflito catalán, posibilidade que ata hai uns meses era rexeitada expresamente polo presidente Feijóo. O Goberno galego defende manter unha postura conxunta con comunidades "aliadas" como Aragón, cuxo presidente se reuniu este mércores con Rajoy A reunión de Lambán con Rajoy prodúcese xusto dous meses despois de que o pasado 19 de febreiro o aragonés participase en León, xunto con Feijóo e os presidentes de Castela e León e Asturias, nun encontro no que as catro comunidades apelaron aos "intereses comúns, froito das súas características socioeconómicas, da súa relación de vecindade e dos seus fondos vínculos históricos" para facer fronte común en defensa dun novo sistema de financiamento autonómico. Antes Feijóo mantivera un encontro similar con Castela e León e Madrid, pero este xoves, preguntado pola reunión deste mércores do socialista Lambán, Rueda quixo poñer en valor a busca por parte da Xunta de "aliados" en "comunidades cos nosos intereses, non todas do PP" para "buscar o maior consenso". Así, ao tempo que salientou esa alianza, entre outros, con Aragón, Rueda rexeitou a posibilidade dunha negociación bilateral entre Xunta e Estado. A Rueda tamén se lle preguntou se considera que esa negociación por un novo financiamento, como pide Aragón, debe comezar xa sen agardar polo conflito catalán. "Imos seguir traballando con aliados esternos e cando se teña que abrir esa negociación ter unha postura de firmeza", foi o único que dixo este xoves o vicepresidente galego despois de que hai uns meses a postura expresa de Feijóo fose a de defender a negativa do Gobeno central a abrir o debate mentres persistise o conflito catalán. Un lixeiro distanciamento desde o anterior apoio expreso ao Goberno central que non é o primeiro que se produce nos últimos tempos por parte da Xunta cando hai xa catro anos que se está a incumprir a lei de financiamento autonómico. |
NOS_19968 | Defensa da lingua galega nas bancadas dun espectacular Riazor. | Un Riazor case cheo, nun espectacular ambiente que tamén tivo espazo para a reivindicación da lingua galega nas bancadas -mediante unha faixa no fondo de Maratón-, foi o escenario onde o conxunto coruñés empatou co segundo da táboa, o meritorio Eibar, nun partido con fases moi distintas e que mantén os coruñeses no liderado, pero perdendo ocasións para pechar por fin un ascenso a Primeira para o que seguen sendo favoritos, pero que custará sufrimento até o final. Só sumaron tres puntos dos últimos doce, con tres empates seguidos. Foi superior o Dépor durante a primeira hora do partido, con boas combinacións na zona de mediapunta, onde de novo destacaron Sissoko e un renacido Juan Domínguez e que volveu ter a Ifrán como goleador. Adiantouse o conxunto branquiazul cando apenas se disputaran quince minutos, pero non resolveu as ocasións que tivo e deixou espazo para que o Eibar dese un paso cara adiante, xa na segunda metade. Mal atrás Un novo erro defensivo -común no equipo de Fernando Vázquez nas últimas xornadas- permitiu que o cedido polo Celta Jota Peleteiro levase as táboas ao marcador nunha magnífica xogada de pizarra. O da Pobra enfadou ao público coa súa celebración -que lle custou un cartón- pero a tensión que dominou o resto do encontro non foi aproveitada polo Dépor -ao que lle custou chegar á portería visitante- nin tampouco por un Eibar que dominou e dispuxo dalgunha clara ocasión, pero acabou conformándose cun punto que deixa a ambos conxuntos nos postos de ascenso, a falta de tres xornadas. |
NOS_1785 | Os feitos ocorreron entre 2019 e 2021. | O Xulgado do Penal número 4 da Coruña condenou un profesor da Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña por abuso sexual a oito alumnas. Os feitos tiveron lugar nos cursos académicos 2019-2020 e 2020-2021, durante varias clases e titorías coas agredidas. Reclaman apoio ás mulleres vítimas de abusos sexuais por un médico en Padrón O tribunal condenouno por dous delitos de abusos sexuais e seis delitos continuados de abusos sexuais. Porén, absolveuno doutro dos delitos por abusos a unha das estudantes. A sentenza afirma que o acusado, "de forma voluntaria e consciente", realizou "tocamentos" ás súas alumnas, "sen emprego de violencia e intimidación", con "significado sexual" e "sen o seu consentimento". "Clara posición de debilidade" Tamén sinala que as vítimas atopábanse nunha "clara posición de debilidade" con respecto ao seu profesor, que supuxo a "limitación da súa capacidade para resistirse". Destaca sobre as vítimas, e en relación ao momento en que se produciron os feitos, que sentiron "moita incomodidade, inseguridade, desconcentración, tensión e impotencia". Ana López Suevos: "Moitos delitos sexuais non se denuncian por medo ao proceso xudicial" O acusado foi condenado a penas de multa no canto de prisión, ao entender que "carece de antecedentes penais" e "os feitos, aínda que reprobábeis, non tiveron unha especial gravidade". Así mesmo, deberá pagar indemnizacións ás vítimas por "dano moral". Na súa declaración, o home negou acariciar as alumnas ou realizar outro tipo de tocamento, mais si admitiu nalgún caso tocarlles as costas. Isto atribuíuno a un "xesto habitual" seu. |
PRAZA_12173 | 38 concellos gobernados por Bildu, que agrupan máis de 300 mil persoas, poñerán en marcha nos vindeiros meses esta iniciativa, o cobxectivo de reciclar o 80% dos residuos. A medida, que paraliza o proxecto de construción dunha macroincineradora en Zubieta, esperta as críticas en PP, PSOE e PNV. | En marzo do pasado ano comezaron as obras de construción da planta incineradora de Zubieta, destinada a xestionar os residuos de toda a provincia, particularmente os da capital, Donostia, da que se sitúa a escasos quilómetros. A iniciativa espertou a protesta cidadá, e de forzas políticas como Bildu, Aralar ou Alternatiba, tanto polos prexuízos directos que podía causar na zona, como polo modelo de xestión de residuos escollido, que consegue a recuperación de menos do trinta por cento do lixo, no mellor dos casos. A planta tiña prevista a súa entrada en funcionamento en 2014, pero a vitoria electoral de Bildu nos comicios locais e forais de maio cambiou todo, ao facer co goberno da capital da provincia e das Xuntas Xerais de Guipúscoa. Algúns concellos como Usurbil, Hernani, Oiartzun e Antzuola apostaron de inmediato polo sistema alternativo de recollida porta a porta dos residuos, e a semana pasada uníronse a esta iniciativa outros 34, entre eles Pasaia, Arrasate, Tolosa, Legazpi, Azpeitia, Bergara, Villabona, Zarautz ou Oñati, gobernados por Bildu. Este sistema, fronte á incineración ou a compostaxe, consegue a recuperación do 80% dos materiais e é defendido por distintas plataformas e colectivos en todo o Estado, por exemplo en Catalunya. En Catalunya máis de oitenta concellos xa funcionan con este sistema. A decisión de cambiar incineración por recollida porta a porta provocou xa críticas en PP, PNV e PSOE, que denuncian o "elevado custe", cualifican a medidad de "aventura revolucionaria" e afirman que Bildu pretende implantar "policías que focen" no lixo dos veciños, para comprobar se se separan ben os residuos. Os partidarios do sistema defenden que o sistema é máis eficiente, non só pola maior taxa de recuperación de residuos, senón porque as cidades quedan máis limpas e se recupera espazo público (pola eliminación dos contedores), aumenta a corresponsabilidade dos cidadáns, e, finalmente, diminúe o custe da reciclaxe e aumentan os seus beneficios económicos, polo que o saldo económico final é máis favorables que nos outros sistema. Entre os prexuízos deste sistema está un lixeiro aumento inicial dos custes de recollida (un 20%), que a recollida do lixo ten que facerse nun horario prefixado e que os residuos teñen que permanecer nas casas até a hora da recollida. |
NOS_55260 | Josito Porto é veterano das guerras musicais galegas máis insólitas. Con Korosi Dansas, algún comentarista falou de rock de batea, pero naquela síntese arriscada estaban Sonic Youth e un onirismo salvaxe, os primeros Red Hot Chili Peppers e a reelaboración resentida. Despois fichou nos efémeros Magritte. Agora ofrece o pop delirante de Factoría de Subsistencia, definido polo crítico Fernando Fernández Rego como "música de cansautor". | Amores fraticidas é o segundo disco da Factoría, dispoñíbel na súa páxina de bandcamp. Cun son alicerzado nas guitarras acústicas e a voz principal do propio Porto e mais no acordeón de Sabela Cadal, entrégase a un pop ás veces repetitivo, sempre marciano que o mesmo remite ás músicas xogantinas pero serias de Jaume Sisa ca a uns Kinks de frenopático. A peculiar Histérico foi a canción escollida como sinxelo, cun videoclip dirixido por Jorge Boquete e ecos post punk nas guitarras. |
NOS_27061 | Unha das partidas que se reducen no proxecto de orzamentos da Xunta da Galiza para 2022 é a dedicada á normalización lingüística. A promoción do galego recibe 3 millóns de euros menos que en 2021, ao pasar dos 13 aos 10. | Dos 13 aos 10 millóns de euros. Esta é a redución que sofre a partida destinada a Normalización Lingüística no proxecto de orzamentos que preparou o Goberno galego para 2022. A Xunta dedica 14,4 millóns menos que o bipartito O recorte é aínda maior se se compara a partida das contas do ano que vén coas derradeiras do Goberno bipartito de PSOE e BNG, as de 2009. Daquela, a promoción do idioma propio da Galiza recibía 21 millóns de euros. Unha cantidade que, de repercutirmos o aumento do Índice de Prezos do Consumo (IPC), ficaría en 24,4 millóns. A tesoirada chega apenas quince días despois de faceren público a Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames o estudo que evidencia que "o acceso ao sistema educativo exerce un forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás, moito antes do constatado nos estudos realizados até o momento, centrados maioritariamente na adolescencia". A análise recóllese no Mapa sociolingüístico escolar de Ames, que advirte da perda de 10% das persoas galegofalantes "xa no primeiro contacto co medio educativo na etapa infantil". Unha porcentaxe que, segundo o documento, "vai medrando cos sucesivos cambios de cliclo até cifras extremadamente preocupantes". Só 11% do alumnado de secundaria é galegofalante Ademais de cualificar de "hostil" o ensino para a lingua propia da Galiza, o estudo advirte de que "na secundaria só o 11% do alumnado é galegofalante e outro 11% bilingüe, fronte a un 77% de falantes habituais de castelán, a maioría deles monolingües". Previamente, no mes de abril, outro estudo da RAG, desta vez en colaboración coa Deputación de Pontevedra, sobre a competencia bilingüe do alumnado de 4º da ESO, puña de manifesto que o alumnado galegofalante "domina galego e castelán", mentres que máis dun 35% do castelanfalante ten "unha escasa competencia en galego". O Consello de Europa reprendera o Estado español pola situación da lingua galega no ensino Por outra banda, a redución da partida dedicada á promoción da lingua estaba a fraguarse cando o Consello de Europa reprendeu o Estado español e cando o urxiu a actuar para suprimir as limitacións ao ensino en galego. Foi a finais do mes de marzo. O documento do Consello de Europa advertiu de que a distribución das linguas entre as materias escolares "non é equitativa" e que o galego está presente "só nunha parte dos centros de educación infantil". Tamén alertou da necesidade de incrementar o material didáctico na lingua propia. |
NOS_36522 | Hai as palabras do dicionario e hai as palabras que parece sempre estiveron aí. As palabras que conforman o mapa, físico e non só, da comunidade: topónimos, frases feitas, nomes propios. Destas é das que se ocupará a décima Xornada de Literatura de Tradición Oral, que a Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza este sábado en Lugo. | "Somos singulares porque cadaquén temos reservado un nome e uns apelidos; sabemos onde andamos e vivimos, o lugar que ocupamos no universo", sinalan desde a AELG, "porque pisamos territorios nomeados". "Recuperar e actualizar esa memoria" é o obxectivo expreso dun encontro que contará con expertos en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía. Coa colaboración da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Deputación de Lugo, arrincará ás dez e media da mañá cunha conferencia de Xulia Marqués Valea titulada Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego. O escritor e colaborador de Sermos Galiza Isidro Novo disertará despois sobre "palabras ao ventimperio". Estes dous relatores pecharán a quenda da mañá coa mesa redonda Saber o seu nome sen perder a súa voz, coordinada por Antonio Reigosa. Xa de tarde, María Rosario Soto Arias dedicará a súa exposición á fraseoloxía. O escritor Gonzalo Navaza falará de "toponimia e lendas" e ambos os dous debaterán baixo o epígrafe de O abc do noso ADN simbólico-cultural. A xornada rematará cunha sesión práctica ás sete e media do serán sobre o chamado "latín dos canteiros" en que participarán o investigador Xesús Antón Gulías e os canteiros Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema. "Decidimos evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos como se non, aínda están impresas no noso mapa emocional", conclúen desde a organización, "porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na historia das palabras". Todas as charlas serán no salón de actos da Deputación de Lugo e a entrada é de balde. |
NOS_881 | As do sur da Galiza volven mes e medio despois | Primeiro o Mundial, logo as festas de Nadal... por unha razón ou por outra, a realidade é que o Atlético Guardés leva sen disputar un partido da Liga Guerreiras Iberdrola desde o 17 de novembro, cando empatou (34-34) co Rocasa Gran Canaria no Pavillón Insular Antonio Moreno. Agora, e coas pilas máis que cargadas, as do sur da Galiza regresan este sábado ás 18 horas da tarde para xogar ante Mordevre un compromiso adiado o pasado 23 de outubro de 2021 a causa da disputa da Liga Europea. Deste modo, o conxunto miñoto arranca a competición ligueira unha semana antes que os seus competidores, e faino tendo moi claro o seu obxectivo: sumar todos os puntos en xogo posíbeis para achegarse aos postos europeos. O Guardés afronta este choque coas baixas de Hannah Nunes e Tamires Anselmo Os dous primeiros estarán en liza ante unha escuadra valenciana que ocupa a undécima posición da táboa, inmersa de cheo nunha batalla pola permanencia na que mantén todas as súas opcións intactas. Para as xogadoras dirixidas por Vicent Sos o encontro da Sangriña supón unha oportunidade para subir postos na táboa, misión para a que adoita apostar por un balonmán veloz e atrevido da man dunha mestura entre a experiencia de Celia López ou Helena Martín coa mocidade das prometedoras Lucía Gámez, Matilde Tisató ou Malena Guerisoli. O Guardés, pola súa parte, afronta este choque na mesma situación na que leva todo o curso. As ausencias de Hannah Nunes e Tamires Anselmo xa son recorrentes, polo que o seu técnico, José Ignacio Prades, deberá recorrer de novo ás xogadoras do equipo xuvenil para tratar de suplir a súa falta de efectivos. |
NOS_33087 | É unha boa nova que as institucións aposten por valorizar dunha vez á banda deseñada que moitas veces é considerada unha arte menor ou mesmo un divertimento sen as aspiracións das outras, no cultural, no social e no económico. | Poderiamos recuperar a primeira frase da columna do mes pasado case exactamente. É esta unha Banda deseñada ou un libro ilustrado? Son o mesmo ou son cousas distintas? As diferencias son sutís e certamente complexas, por tanto, quer libro ilustrado, quer banda deseñada, estamos ante un libro magnificamente executado no gráfico. Viveiro 1810, augas mortais / Marcos Ferreiro / Deputación de Lugo / 2021 / 76 páxs. / 14 euros Esta BD conta a historia do importante naufraxio sufrido pola fragata Santa Maria Magdalena e o bergantín Palomo, integrantes da Expedición Cántabra, unha escuadra de vinte e sete buques e máis de dous mil homes formada por buques ingleses e españois que viñan de loitar na batalla de Santoña na guerra contra os franceses no ano 1810. Foron quen de loitar contra as tropas de Napoleón mais non puideron coa forza telúrica da natureza. A traxedia quedou marcada na memoria da vila de Viveiro. O libro está editado en formato apaisado e estruturado en base a unha ou dúas ilustracións por páxina acompañadas de textos de apoio que desenvolven a historia, que é narrada polo asistente do capitán da fragata Magdalena, Blas de Salcedo. O debuxo é de moita calidade, detallista, coidado e preñado de detalles que delatan un traballo exhaustivo na documentación de uniformes, barcos, lugares, e demais detalles históricos. É unha mágoa que non se tivera optado por facer unha BD nun formato máis ortodoxo, máis clásico de banda deseñada tradicional que podería ter dado nun albúm ben fermoso. Aproveitar este suceso do noso pasado para armar unha boa BD de aventuras, iso que tan ben fan os da BD francobelga que sacan o zume de cada feito histórico coma ninguén. A capa, feita a cor, anticipa as posibilidades do que podería ter sido. Un libro interesante polo carácter didáctico e divulgativo máis que polo seu valor como cómic. As páxinas finais ensinan o proceso creativo e de factura das páxinas, un recurso xa habitual mais que sempre se agradece para saber como se teceu a obra e como se foron engarzando os distintos procesos que dan no libro. Finalmente sinalar que ten unha edición excelente cun bo traballo na impresión, papel de calidade e tapa dura. Ademais é unha boa nova que as institucións aposten por valorizar dunha vez á banda deseñada que moitas veces é considerada unha arte menor ou mesmo un divertimento sen as aspiracións das outras, no cultural, no social e no económico. Só hai que mirar as axudas á creación da Xunta de Galiza para as que aínda non existe a BD, pese a termos no país unha das nóminas máis poboadas e interesantes de autores e autoras. |
NOS_37125 | Afirma que este protesto afecta á orde pública e seguridade cidadán. | O secretario xeral da Confederación de empresarios de Lugo (CEL).Jaime López, confirmou que esta sexta feira expira o prazo dado aos gandeiros de Agromuralla que rodean con tractores a muralla de Lugo para que poñan fin a este protesto. De non facelo ou de non obter resposta, advirte, a patronal poría a traballar os seus servizos xurídicos para "estudar as vías de cara a, fundamentalmente, subdelegación do Goberno español para ver se isto pode mantenerse indefinidamente". Argumenta que esta tractorada provoca prexuízos económicos aos comerciantes do centro. López sinala que "o caos" na circulación "pode levar a falta de seguridade, con algún sinistro ou o feito de trasladar a un doente ou un incendio que impida que os camións de bombeiros podan circular con normalidade". Situacións que afectan, sostén á "orde pública e á seguridade cidadá". Por outra parte, desde a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo, non se descarta que os produtores recorren aos tribunais se hai incumprimentos por parte da industria. Entenden que se está a acometer, nos casos nos que a industria non repercuta no produtor ese alza do rpezo aceptado pola distribución, "unha apropiación indebida". |
NOS_53732 | Nas últimas horas rexistráronse 4.043 novos contaxios de Covid-19, aumentando en todas as áreas sanitarias en comparanza cos datos da segunda feira. | O número de pacientes ingresados con Covid en hospitais da Galiza descendeu nas últimas horas até as 701 persoas, das que 45 están en Unidades de Coidados Intensivos e 656 en camas convencionais, o que supón que hai tres enfermos menos en coidados críticos e 33 menos en planta. Todo iso a pesar de que repuntaron os contaxios novos, que volven situarse por riba dos 4.000 casos detectados. Así se reflicte no informe publicado esta terza feira pola Consellaría de Sanidade, no que se reflicte que nas últimas horas rexistráronse 4.043 novos casos de Covid, o que supón uns 1.300 contaxios máis que os notificados na segunda feira. Na área sanitaria de Vigo rexistráronse nas últimas horas 892 contaxios novos; na de Compostela-O Barbanza, 785; na Coruña-Cee, 869; en Pontevedra-O Salnés, 439; en Lugo-A Mariña-Monforte, 426; en Ourense-Verín-O Barco, 421, e en Ferrol, 211. Así as cousas, e descontadas as altas e falecementos, actualmente hai na Galiza 51.561 enfermos con Covid, 2.145 menos que hai un día, e os casos activos minguan en todas as áreas. A de Vigo ten 12.892 casos (832 menos); a da Coruña, 11.223 enfermos (373 menos); Compostela, 9.115 (275 menos); Pontevedra, 5.482 (249 menos); Lugo, 5.365 (208 menos); Ourense, 5.033 (152 menos), e Ferrol, 2.451 (56 menos). Baixa a presión hospitalaria Malia a repunta de contaxios, a ocupación nos hospitais galegos por enfermos con Covid descendeu, con 36 persoas ingresadas menos. Deste modo, permanecen hospitalizados 45 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos e 656 en camas convencionais. A respecto dos enfermos máis graves, as UCI da área da Coruña seguen sendo as que teñen maior ocupación, con 11 pacientes ingresados con Covid (tres menos). Na área de Lugo mantéñense 9 enfermos en coidados críticos; na área de Compostela hai 8 persoas en UCI (unha máis); na área de Vigo mantéñense 6 enfermos en UCI, os mesmos que na área de Pontevedra (onde baixou un); na área de Ourense seguen 4 pacientes en UCI; e na área de Ferrol mantense un enfermo en coidados críticos. A respecto das probas diagnósticas, realizáronse máis de 3,6 millóns de probas PCR (4.748 nas últimas horas), 1,45 millóns de test de antíxenos (5.313 na última xornada) e 1,42 millóns doutros tipos de probas. Segundo informa esta terza feira o Sergas, a taxa de positividade das PCR (o número de contaxios confirmados por cada 100 probas realizadas) sitúase en 14,3%. A OMS fixa un límite de 5 % para dar por controlada a pandemia. Vítimas mortais e altas Desde o inicio da pandemia, recuperáronse da Covid 401.355 persoas na Galiza, das que 6.177 recibiron o alta epidemiolóxica nos últimos días. Por contra, faleceron co virus 2.987 persoas. |
PRAZA_16014 | ENTREVISTA | Francisco Macías dirixe Edicións Positivas e organiza o premio de literatura erótica Narrativas Quentes, que vén de presentar a convocatoria para a súa oitava edición. | Esta semana publicouse a convocatoria da oitava edición do premio de literatura erótica Narrativas Quentes, nacido en 2002 e organizado cada dous anos por Edicións Positivas. Emma Pedreira foi a gañadora da sétima edición con Corazón e demais tripas, engadíndose a unha listaxe de gañadores e gañadoras iniciada por Manuel Lourenzo González (Infidelicidades) e continuada por Alberte Momán (O Lobo da xente), Chelo Suárez (Os Milagres de Cristamar) e Eva Moreda (Organoloxía). Poderán enviarse obras ata o vindeiro 18 de xuño e o fallo do xurado coñecerase o 6 de setembro. "O 6 do 9, 69, xa sabes. Un chiste malo que fixemos", aclara Francisco Macías, Paco Macías, responsable da editorial e organizador do premio. Macías destaca a calidade crecente dos orixinais recibidos na última ocasión (dúas das edicións -en 2006 e 2012- quedaran desertas), e sinala que tamén foi aumentando a cantidade de obras presentadas, ao redor de 15 na última edición. "Non está mal para ser novela erótica en galego", di. E sobre o feito de que as tres últimas gañadoras do certame fosen mulleres, non se amosa sorprendido: "O mundo novo que vén -e sobre todo na literatura- é das mulleres, que son as que teñen a sensibilidade necesaria para escribir este tipo de historias", di. Mudou nestes 16 anos a forma de escribir erotismo, nun mundo no que os contidos sexuais están cada vez máis dispoñibles, á distancia dun clic na rede? "Pode que o efecto sexa que o sexo pasa a ser, sobre todo, imaxe e non literatura. A xente prefire ver máis que ler e o mundo da imaxe parece que pode con todo. A cultura da inmediatez, do visual, está a modificar todo un mundo como é o da literatura", opina Macías. "Se miras os contidos eróticos na narrativa ou en poemarios, ves que o vocabulario que se utiliza é moi escaso" O editor amósase tamén crítico coa "pobreza" do léxico sexual empregado na literatura galega: "Se miras os contidos eróticos na narrativa ou en poemarios, ves que o vocabulario que se utiliza é moi escaso". "Pero non é só unha carencia do galego, sucede en moitísimas linguas e moitas delas máis consolidadas que a nosa, nas que ves que hai un uso moi reducido do léxico erótico" sinala e engade que "un dos proxectos que teño é publicar un dicionario do léxico erótico en galego ou un vocabulario galego do sexo, algo así". Un pouco coma o Trebellas ou Traballas? publicado por Vieiros no ano 2002. "É que é moi difícil escribir erotismo, é un mundo moi complicado para un escritor, é un reto", aclara Macías. "A min sempre me recorda á literatura infantil, que parece moi sinxela, pero se non tes a habilidade ou a sensibilidade suficiente podes facer unha cousa moi ridícula. E co erotismo pasa o mesmo, que podes acabar facendo unha trapallada", remata. "A min sempre me recorda á literatura infantil, que parece moi sinxela, pero se non tes a habilidade ou a sensibilidade suficiente podes facer unha cousa moi ridícula" O editor explica que o premio xurdiu cun triplo obxectivo: "En primeiro lugar naceu porque unha editorial pequena como Positivas ten que buscar os ocos que queden baleiros no panorama editorial galego. E un dos ocos que quedaban era este. Naceu tamén para visibilizar, como se di agora, este tipo de literatura. E, finalmente, buscaba tamén forzar á literatura galega a escribir de certos temas dos que non acostuma falar". "A vida sen erotismo non existe, pero o erotismo está ausente nunha gran parte da literatura galega", subliña. "O erotismo está ausente nunha gran parte da literatura galega" O impulsor do premio vai máis alá e avoga pola desaparición do certame, para non encapsular o erotismo nun xénero estanco: "Eu creo que este premio non debería existir. A literatura erótica non debe ser literatura erótica, debería ser simplemente literatura. Non temos por que construír novelas eróticas, novelas de terror, novelas de acción..., senón que o erotismo debería estar en case todas as novelas, en maior ou menor medida". "O premio debería desaparecer e este erotismo debería pasar ao resto da literatura", conclúe. |
NOS_38993 | O Bloco de Esquerdas pregunta ao Goberno portugués que medidas tomará fronte a "intervención policial desproporcionada" do pasado 28 de marzo en Monção. | A actuación policial contra tres concelleiras do BNG chega ao Parlamento portugués. O Bloco de Esquerdas denunciou ante o Goberno luso a actuación policial do pasado 28 de marzo, cando a Garda Nacional Republicana (GNR) retivo, identificou e agrediu ás edís da fronte nacionalista durante unha protesta na localidade fronteiriza de Monção. "Esta actuación desproporcionada e violenta da GNR contra unha protesta pacífica debe ser investigada e esclarecida", manifestou o Bloco nun comunicado. Por ese motivo, preguntaron ao Executivo que medidas tomará para dirimir o acontecido. "Esta actuación desproporcionada e violenta da GNR contra unha protesta pacífica debe ser investigada e esclarecida", sinala o Bloco. As agredidas foron as concelleiras do Bloque de Salvaterra Patricia Marinho Rodríguez, Eva González Pérez e Xosé Antón Outeiro González. Os feitos sucederon cando trataban de despregar unha pancarta ante o vicepresidente da Xunta, o popular Alfonso Rueda, durante o acto para conmemorar o 20 aniversario da ponte internacional que une as marxes galega e portuguesa do río Miño. Os edís do BNG trataban de denunciar o uso electoralista da Plataforma Loxística e Industrial (Plisán) de Salvaterra-As Neves. Un importante proxecto industrial que leva 14 anos varado e no que se gastaron polo momento 100 millóns de euros. Foi nese momento cando os axentes portugueses apartaron con "violencia" ás militantes nacionalistas. "A actuación policial foi absolutamente desproporcionada, empregando unha violencia innecesaria contra unha protesta pacífica", sinalou o BNG. Unha posición compartida polo Bloco de Esquerdas, que cualificou de inaceptábel a agresión contra cargos electos da Galiza. |
PRAZA_7310 | No acto, que se celebrará este sábado pola tarde no Salón Multiúsos da vila, intervirán o alcalde da localidade, Xabier Oviedo, ademais de Xavier Vence, Cesáreo Sánchez ou Xan Carballa, entre outros. | O pasado 29 de novembro finaba en Salamanca, aos 89 anos de idade, Francisco Carballo, crego, teólogo e historiador. Este sábado 27 a localidade que o viu nacer, Maceda, acollerá unha homenaxe, que comezará ás 17 horas no Salón Multiúsos da vila, a carón do Centro de Día. No acto participarán Xabier Oviedo (alcalde de Maceda), Xavier Vence (portavoz nacional do BNG), Cesáreo Sánchez (presidente da AELG), o xornalista Xan Carballa, o presbítero Manuel Peleteiro, Milagros Calvo (sobriña de Francisco Carballo), Bieito Seara (ex alcalde de Maceda) e o investigador Santiago Prol. Na homenaxe, organizada polo Concello de Maceda, proxectarase tamén o vídeo "Francisco Carballo, sempre no corazón". No acto intervirán o alcalde de Maceda, Xabier Oviedo, ademais de Xavier Vence, Cesáreo Sánchez ou Xan Carballa, entre outros Acumulou unha notable produción literaria, nomeadamente ensaios e investigacións históricas, entre as que destacan A igrexa galega e Historia de Galicia ou as obras sobre as figuras de Alexandre Bóveda, Moncho Reboiras, Xosé Chao Rego ou Martín Sarmiento. Santiago Prol e Xan Carballa, que participan na homenaxe, publicaron en 2002 un libro de Conversas con Francisco Carballo, que permite afondar na súa figura. Recentemente Irmandade TV difundiu unha das últimas entrevistas realizadas ao escritor. Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977, do que foi un colaborador constante. Tamén publicou colaboracións en A Trabe de Ouro e Encrucillada. Mantivo igualmente unha destacada militancia no nacionalismo galego e mesmo chegou a presentarse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia. En 2012 recibiu o premio Bos e Xenerosos que cada año entrega a AELG recoñecendo "o carácter ético da súa obra e o seu compromiso co país" En 2012 recibiu o premio Bos e Xenerosos que cada año entrega a Asociación de Escritoras en Lingua Galega (AELG) recoñecendo "o carácter ético da súa obra e o seu compromiso co país". Nese acto Mercedes Queixas destacou que Carballo "ao longo de máis de corenta anos participou, coa súa investigación histórica e a súa imprescindíbel reescrita, xunto ao seu activismo, en dotar de contidos vertebradores a realidade social e cultural de Galiza, o que o converte hoxe nunha figura referencial para a cultura e a sociedade galega no seu conxunto". De igual xeito, tras coñecer a nova do seu pasamento, Cesáreo Sánchez. presidente da AELG, destacaba que Carballo "foi un home que abriu camiños na investigación histórica de Galicia" e que "incidía en que os galegos e galegas temos que coñecer a nosa propia historia e liberarnos daquela que nos veu imposta dende fóra". |
PRAZA_14772 | A xuíza decreta a nulidade da vista por un erro do fiscal, que quería incluír novos delitos contra algúns acusados co xuízo en marcha. O proceso volve ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación. | O xuízo contra os doce activistas acusados de rebentar a manifestación de Galicia Bilingüe o 8 de febreiro de 2009 foi suspendido e o proceso terá que reaunudarse nuns días. A razón está nun erro do fiscal, que quería incluír novos delitos contra dous dos acusados co xuízo en marcha, o que supoñía sumar un ano más de petición de cadea para cada un. A defensa protestou pola "indefensión" dos acusados. A xuíza do caso ofreceu un aprazamento de dez días, que tamén foi rexeitado, polo que finalmente decretou a nulidade da vista. O proceso volve agora ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación. O proceso volve agora ao xulgado de instrución para que redacte de novo os escritos de acusación Durante toda a mañá varias ducias de persoas concentráronse ante os xulgados de Fontiñas, en Compostela, para apoiar os acusados. Esta concentración sumouse ás celebradas onte á noite en Compostela e Vigo, coa participación de máis de 250 persoas. A mobilización en Santiago percorreu a zona vella da cidade, dende a Praza de Cervantes até a Senra e a Praza Roxa, para rematar na sede do PP en Alfredo Brañas. Durante todo o percorrido berrouse "Na Galiza, En Galego" ou "Defender a lingua non é delito", ao igual que esta mañá diante dos xulgados |
NOS_37784 | A pediatría desmente unha maior incidencia da Covid-19 na cativada a raíz da aparición de novas variantes, unha oportunidade que aproveita tamén para confirmar que o seu papel na cadea de transmisión non é tan importante como se considerou no inicio da pandemia e que tampouco son menos susceptíbeis aos contaxios, senón que se defenden mellor do virus. | A aparición de novas variantes do coronavirus estendeu a idea dunha incidencia elevada e descoñecida da Covid-19 entre a poboación menor de idade, nomeadamente entre as crianzas de até 15 anos. Unha crenza que a experiencia pediátrica desmente e que atribúe á sobreabundacia de información sobre a Covid-19. "Nun contexto de infodemia, a aparición de novas variantes contribuíu a asustar máis a xente, pero o que está a pasar non é algo que non esperásemos", advirte o xefe de Servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, Federico Martinón-Torres, en declaracións a Nós Diario. O máis importante, independentemente de calquera variante, é previr os contaxios O habitual é que os virus muten. "Está na súa natureza. E para mutar necesitan replicarse, e para replicarse precisan infectar. Por iso o máis importante, independentemente de calquera variante, é previr os contaxios", polo que desde o punto de vista individual, da nosa protección, non cambia nada, recalca Martinón-Torres. Sobre as vantaxes biolóxicas das novas variantes "aínda hai debate académico", sinala. "De momento non se puido demostrar que sexan máis graves, nin sequera que algunha sexa máis transmisíbel". E apunta outros factores como o papel dos supercontaxiadores e dos eventos de supercontaxio. "Se unha variante xenética está na persoa adecuada no momento adecuado, pode expandirse moi rápido e non ter nada que ver coa súa capacidade biolóxica". O seu papel na transmisión A día de hoxe, salienta Federico Martinón-Torres, non hai ningún dato que indique que ningunha variante teña maior predilección polas crianzas. "O feito de que haxa máis casos entre a rapazada explícase porque houbo unha repunta xeral dos contaxios e porque na última temporada os cativos estiveron máis nas súas casas, e nas casas as medidas relaxáronse". E isto, di, atende a un feito constatado: "O contaxio nos rapaces é máis probábel no eido familiar que no escolar e a transmisión, máis probábel de adulto a menor, non ao revés". No inicio asumimos que os menores ían ter o papel que xogan na cadea de transmisión noutras infeccións, como a gripe Ademais, a cativada xa non goza da sobreprotección que se lle dedicou no inicio da pandemia. "Entón asumimos que os menores ían ter o papel que xogan na cadea de transmisión noutras infeccións, como a gripe. Por iso se fecharon os colexios e chegaron a ter menos dereitos que os cans". Foi por exceso de celo. Despois, engade, "aprendemos que o papel dos menores de 10 anos na cadea de transmisión non é tan importante, e confirmamos un comportamento exemplar nas escolas, onde os contaxios teñen máis que ver coa actividade social que cos propios coles". O risco cero non existe Neste sentido, o xefe de Servizo de Pediatría do CHUS non pide máis que reforzar as medidas de prevención que xa coñecemos e que "sabemos que funcionan". As crianzas resolven a infección de forma precoz e máis eficaz Mais en caso de contaxio, "a afectación clínica na rapazada é moito máis leve. Son poucos os que precisan atención médica ou ingreso". Con todo, o risco cero non existe. De feito, hai unha síndrome específica: a inflamatoria poscovid que se dá en rapaces maiores, que produce un cadro grave aínda que con boa resposta ao tratamento. E non se infecten menos. Resolven a infección de forma precoz e máis eficaz. "Probabelmente xa no aparato respiratorio superior, sen sequera sintomatoloxía". |
NOS_49420 | Luca Chao, politóloga experta en migracións internacionais, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'. | Un dos erros habituais ao falar de dereitos e dalos por sentado. A súa concepción ahistórica, como se derivasen dunha fonte natural, opaca as loitas que diversos colectivos en diversos momentos levaron a cabo para conquistalos. A reivindicación do dereito á interrupción voluntaria do embarazo ten sido unha loita chave no movemento feminista dende os anos sesenta. Porén, o seu recoñecemento variou tanto nas limitacións impostas como no momento en que se produciu. Coa excepción da pioneira Unión Soviética que legalizaría o aborto no primeiro trimestre de 1920, habería que esperar ata os anos 70 para que a meirande parte dos países industrializados deran este paso. No caso dos Estados Unidos hai que facer referencia á coñecida sentencia Roe v. Wade de 1973, pola que o máximo órgano xudicial estadounidense declarara inconstitucional calquera restrición ao acceso das mulleres ao aborto en condicións axeitadas e de forma legal. Porén, estes días coñecemos, por mor dunha filtración, a intención dese mesmo órgano, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos, de inhibirse no referido á prohibición do aborto. É dicir, que non se trata tanto da prohibición do mesmo, como nalgúns lugares se pode ler, senón de revisar aquela sentencia histórica (que hoxe cualifican de equivocada) e recoñecer a autoridade dos distintos Estados nesta materia, sen inxerencias. Isto é, abrir a porta a que os estados máis conservadores lexislen neste sentido. O aborto sen garantías é a terceira causa de mortalidade materna e provoca cinco millóns de discapacidades evitables ao ano no mundo De ser así estímase que nuns 13 Estados o aborto pasaría a ser ilegal e noutros 12 aprobaríanse importantes limitacións ao mesmo. Cifras que evidencian como se pode ensanchar aínda máis a fenda existente entre uns Estados Unidos azuis-liberais, e outros, vermellos-conservadores, alén de acelerar o turismo sanitario para quen poida pagalo. Sobre a mesa, cando menos, tres aspectos relevantes que non só teñen incidencia no outro lado do Atlántico: — A politización da xudicatura, tan coñecida por estes lares, que permite que quen perda o poder nas urnas trate de lexislar vía tribunal.— A reacción conservadora-machista, centrada en facer retroceder os dereitos das mulleres e todos os dereitos civís conquistados nas últimas décadas.— A tensión entre a descentralización e a garantía de dereitos considerados fundamentais. No Estado español, non foi ata o ano 1985 cando, tras unha forte mobilización feminista, unha lei permitiu o aborto en tres supostos. Vinte e cinco anos despois promulgouse a lei actualmente vixente, que permite o aborto libre dentro das 14 primeiras semanas de xestación, ademais de ampliar ata as 22 semanas de xestación o prazo de interrupción do embarazo por causas terapéuticas. Unha liberalización que o PP, co ex ministro Gallardón á cabeza, tratou de tombar, colleitando unha enorme contestación feminista e precipitando a súa saída do goberno no 2014. Esta mesma semana o Consello de Ministros aprobou o anteproxecto dunha nova lei do aborto que, alén de asegurar a cobertura do seu dereito en todo o territorio, vai permitir a súa práctica a partir dos dezaseis anos sen consentimento paterno. A mesma idade que xa rexía no consentimento sanitario. De aprobarse como está, o recurso interposto polo Partido Popular no Tribunal Constitucional, que leva once anos a espera de resolución, quedará sen efecto ao ser derrogada a norma vixente. O que non impedirá, claro está, un novo intento de boicot político-xudicial ao avance dos dereitos das mulleres. Os datos son claros, a prohibición non evita os abortos, senón que aumenta a súa inseguridade, dificulta o acceso dos colectivos máis vulnerables, e vólveo unha opción unicamente segura para quen ten os recursos suficientes. Practicamente un 50% do total das mulleres en idade reprodutiva viven en países onde o abordo está fortemente restrinxido De acordo coa ONU, o aborto sen garantías é a terceira causa de mortalidade materna e provoca cinco millóns de discapacidades evitables ao ano no mundo. Segundo as cifras de Amnistía Internacional, 90 millóns de mulleres en idade reprodutiva non teñen dereito a decidir sobre o seu embarazo. A elas, súmase o 22% de mulleres en idade reprodutiva que viven en países onde só se permite abortar para salvar a vida da muller e outro 23% en países nos que o aborto só está permitido por motivos sociais e económicos. Isto fai que practicamente un 50% do total das mulleres en idade reprodutiva vivan en países onde o abordo está fortemente restrinxido. Situación que, malia os importantes avances que se están producindo en moitos países de América Latina, parece que vai empeorar. Tal e como recolle o informe A Punta do Iceberg, do Foro Parlamentario Europeo sobre Dereitos Sexuais e Reprodutivos (EPF), nos últimos anos os movementos contrarios ao feminismo, ao aborto e ao colectivo LGBTI non fixeron máis que aumentar. Así, a súa financiación multiplicouse por catro nunha década, pasando de 22,2 millóns de dólares en 2009 a 96 millóns en 2018, logrando estender as rúas redes pola meirande parte dos parlamentos occidentais. |
PRAZA_5408 | Publicamos de xeito conxunto as nove análises de Manuel González que durante as últimas semanas puidestes ler en Praza. O obxectivo fundamental deste artigo é analizar e interpretar a situación actual da economía galega así como presentar unha reflexión sobre os retos aos que se enfronta no futuro inmediato. | Manuel González, profesor da Facultade de Económicas da USC, publicou ao longo das últimas semanas unha serie de análises sobre a estrutura e a situación da economía galega, respondendo á pregunta de "Vivimos mellor ou vivimos peor?". Nestes textos destacou que "a economía galega experimentou profundas mudanzas estruturais nas últimas décadas" e que "a crise económica, primeiro internacional e logo europea, freou un proceso de mellora socioeconómica e de modernización inédito na historia contemporánea do país, pero que non estaba exento de importantes fraquezas". O obxectivo fundamental deste artigo é analizar e interpretar a situación actual da economía galega así como presentar unha reflexión sobre os retos aos que se enfronta no futuro inmediato. Publicamos agora, de xeito conxunto, as nove análises que semana a semana puidestes ler en Praza. Introdución Non fai falla ser un avezado economista nin tampouco un sagaz observador para darse conta de que Galicia e a economía galega experimentaron profundas mudanzas nos últimos 30 anos. As transformacións experimentadas transcorreron en paralelo á consolidación das institucións propias e do proceso de integración Europea, os dous grades cambios institucionais acontecidos logo da chegada da democracia a España. Ao longo destas liñas trataremos de ver cales foron os cambios que se produciron na nosa economía e en que situación nos deixan para afrontar o futuro inmediato. Vivimos mellor ou vivimos peor? O primeiro que compre responder é algo que curiosamente soen esquecer a maior parte dos economistas: Vivimos mellor ou vivimos peor que hai 30 anos?. Responder a esta pregunta non é nada doado pois ao fin e ao cabo encerra aspectos moi diversos e que ademais teñen un carácter fortemente subxectivo. Pero o máis lóxico é tratar de obxectivala botando man dalgún dos múltiples indicadores que se utilizan para medir o nivel de desenvolvemento e benestar dos países e das sociedades. Nós botaremos man do ben coñecido índice de desenvolvemento humano (IDH), usado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e que integra parámetros relacionados coa saúde (esperanza de vida ao nacer), a educación (taxas de alfabetización e de escolarización) e a riqueza (renda per cápita). Se usamos ese indicador, a resposta á pregunta que nos facíamos é sen dúbida positiva pois, tal e como amosan estudos recentes publicados polo IVIE (2013), o IDH galego medrou cerca dun 18% entre 1980 e 2010 e fíxoo, ademais, lixeiramente por riba da media española que a súa vez experimentou un crecemento por riba do da Unión Europea1. Vivimos máis tempo, o cal é mostra de mellores condicións de saúde; temos máis educación o cal nos dá máis oportunidades de progreso e xeramos máis riqueza material. Seguimos amosando menores niveis de desenvolvemento que España e Europa, mais fomos quen de recortar diferenzas nas últimas décadas, aínda que só fora timidamente e sen lugar a dúbidas formamos parte do afortunado club dos países desenvolvidos do mundo. Se, no canto de medir o desenvolvemento humano, nos centramos nun aspecto directamente relacionado co modelo de sociedade como é o da desigualdade e a pobreza, as conclusións son moi parecidas ás anteriores se ben debemos destacar o importante deterioro que se ten producido por mor da crise económica iniciada en 2008. En calquera caso, tal e como xa teñen analizado polo miúdo Gradín e Del Río (2003), entre finais dos anos 70 e finais dos 90 produciuse en Galicia unha clara redución da pobreza e unha mellora da distribución da renda. En termos comparativos Galicia foi quen de recortar as diferenzas respecto a media Española particularmente na segunda metade da década pasada até tal punto que a taxa de risco de pobreza no ano 2011 era do 18,8%, dous puntos inferior que na media Española (INE, 2012). Curiosamente nesa altura aínda non se apreciara no noso país unha agravamento importante, no referido á pobreza relativa, por causa da crise económica e do seu devastador efecto no emprego2. Debemos destacar que as anteriores melloras se produciron en paralelo á asunción e desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia das competencias clave tanto en educación e en saúde, como en diversas áreas de política económica entre as que podemos incluír ás políticas industrias e de innovación. Calquera podería evidentemente afirmar que se ditos servizos se seguiran xestionando e prestando dende Madrid ou, no outro extremo, se Galicia fose un país independente, poderiamos ter acadado as mesmas ou máis melloras en materia de desenvolvemento. Pero o anterior, ademais de non poder demostrarse por ser un contrafactual, non é óbice para afirmar que a medida que o autogoberno de Galicia se foi consolidando e boa parte dos servizos do estado social se xestionaron dende Galicia, o benestar dos galegos experimentou claras melloras. De que viviamos daquela e de que vivimos hoxe? Existe aínda unha imaxe preconcibida da economía galega como unha economía fundamentalmente agraria e pesqueira, escasamente industrializada e cun sector terciario pouco desenvolvido. Pois ben, sen menosprezar a importancia estratéxica do agro e da pesca na nosa estrutura económica, o certo é que a súa achega directa ao emprego e ao PIB é hoxe minúscula. Do mesmo xeito, veremos como a industria en Galicia ten na actualidade un peso superior á media española e non moi dispar ao da Unión Europea. Finalmente, ao igual que tódolos países da súa contorna, a economía galega é hoxe fundamentalmente unha economía de servizos, sector que medrou ao mesmo ritmo que se destruía emprego no sector primario. No ano 1980 algo máis de 475.000 persoas estaban empregadas en actividades agrarias e pesqueiras o que significaba máis dun 40% do emprego total do país. Trinta anos despois eran apenas 82.000 persoas as que traballan nestes sectores o cal representaba un 7,5% do total. A outra cara da moeda represéntana as actividades de servizos que se en 1980 ocupaban a un de cada tres traballadores, en 2010 presentaban unhas cifras que duplicaban ás de 1980, tanto no referido ao número de ocupados como ao seu peso na economía (un 66,3%). Non se produciron grandes variacións nin no volume de ocupados nin no seu peso relativo nos outros dous grandes sectores, industria e construción. A industria pasou de representar un 17,6% do emprego total en 1980 a un 15,7% en 2010 mentres que a construción, logo de sufrir unha expansión hipertrofiada na década dos 2000, tiña en 2010 un peso semellante a 1980, ao redor dun 10% do emprego total. Constitúe esta evolución unha anomalía ou unha particularidade no contexto español e europeo? Rotundamente non. Non experimentamos nas últimas tres décadas nada que non experimentaran antes, despois ou ao mesmo tempo, outros países da Unión Europea. Quizais o trazo máis destacado é a rapidez do proceso de cambio producido, tal e como xa apuntaran no seu momento autores como Fernández Leiceaga e López Iglesias (2000), e que evidentemente tivo consecuencias sobre o modo de vida rural e a faciana do país. En particular, a sociedade galega pasou de ser maioritariamente rural a ser unha sociedade urbana, agudizándose a concentración da poboación (sobre todo da máis nova) na franxa atlántica, xa maioritariamente urbana. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE, INE e Eurostat Unha economía exportadora de bens (pero non de servizos) e que non só depende de Citroën… Galicia é un país exportador de mercadorías. A nosa balanza comercial de bens é claramente positiva, tanto en relación co resto do Estado como en relación ao resto de Europa e só é negativa co resto do mundo (sen contar España nin Europa) pola forte dependencia externa respecto ao petróleo. Visto en perspectiva temporal, tamén podemos afirmar que a entrada no daquela Mercado Común non pareceu sentarlle mal ao sector exportador galego. Se analizamos a evolución da taxa de cobertura (Exportacións/ Importacións x 100) do comercio de bens con outros territorios distintos ao español, podemos observar que se en 1988 existía un déficit comercial claro, na actualidade rexistramos un superávit consolidado. Se nos fixamos exclusivamente no comercio coa UE-27 vemos que, en toda a serie da que dispomos datos, existe un superávit comercial cunha tendencia ademais crecente. Outro dos mitos da economía galega refírese a que Citroën é responsable da maior parte das exportacións galegas. Pois ben, os datos sobre o comercio internacional (sen contar España) matizan claramente esa idea preconcibida. O peso do "sector do automóbil" representaba en 2012 menos dun 20% das exportacións, case doce puntos menos que no ano 1995. Hai que ter en conta ademais que dentro desta rúbrica inclúense as partes e accesorios de vehículos que fabrican as numerosas empresas do clúster vigués da automoción as cales, en moitos casos, nin sequera teñen á empresa francesa como principal cliente. Por outra banda, nos últimos anos asistimos a un auténtico boom da exportación de produtos de confección vinculado ao fenómeno Inditex e a outras firmas que se en 1995 representaban un 5% das exportación en 2012 xa superaban ao sector do automóbil. Trátase dun sector que ademais foi paseniño mudando a súa fasquía pois experimentou un proceso de deslocalización que non por iso significou unha perda de importancia na nosa economía, que seguiu a concentrar as actividades de deseño, loxística e outras, de maior valor engadido. O sector da alimentación, en particular o vinculado cos produtos do mar, constitúe outro dos puntais da exportación galega xunto coa construción naval, se ben esta última amosa unha tendencia máis irregular, condicionada por encargos específicos. Nos últimos anos tamén se foi consolidando certa especialización en bens de equipo e manufacturas diversas, onde destacan os transformados da madeira e do aluminio. A galega é unha economía relativamente máis aberta e máis competitiva que a española, de tal maneira que non só rexistra unha balanza comercial máis positiva que esta última senón que o seu peso no comercio exterior español supera con creces a nosa achega en termos poboacionais ou de PIB. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE Os datos anteriores refírense en todo momento ao comercio exterior de bens e mercadorías mais, que ocorre cos servizos? Tradicionalmente os estudos sobre comercio exterior non consideraban as actividades terciarias debido a propia natureza das mesmas onde o proceso de produción e venda é simultáneo e por tanto a lóxica da almacenaxe e distribución para a súa exportación, propias das mercadorías, non é aplicable. Sen embargo o anterior non sempre é así xa que hai determinados servizos que habitualmente son incluídos nas balanzas comerciais ao ser o cliente residente nun lugar diferente ao da empresa, nomeadamente os servizos turísticos ou os servizos de transporte. Mais a listaxe de actividades terciarias susceptibles de ser exportadas non queda aí e esténdese a un sector cada vez máis relevante nas economías desenvolvidas, non só dende o punto de vista do emprego e o valor engadido xerado, senón tamén da súa contribución á innovación nos territorios onde están presentes. Referímonos en particular aos servizos avanzados a empresas, tales como os servizos de consultoría, enxeñería e asistencia técnica, investigación, servizos informáticos, servizos financeiros, etc. Nese sentido González López (2009) ten indicado que a dinámica de produción e consumo deste tipo de servizos marca unha diferenza entre as (novas) rexións periféricas e as rexións centrais, na medida en que as segundas soen especializarse na provisión deste servizo ás segundas, que rexistran deste xeito un saldo comercial negativo nestas actividades. Nos distintos países europeos, ademais, soen ser as grandes capitais as que concentran este tipo de actividades e xogan ese papel de provedor a outras rexións. O caso galego sería un exemplo desta dinámica tal e como se evidencia no traballo sinalado máis arriba. Neste sentido podemos indicar, a partir de estudos previos e da evidencia estatística existente, que Galicia rexistra un saldo negativo no comercio exterior de servizos e que ese saldo é particularmente negativo co resto do Estado (e moi probablemente, aínda que carecemos de evidencia exacta, con Madrid). Así, as Táboas Input-Output de 2008 publicadas polo IGE (2012), indican que se ben Galicia rexistra un saldo positivo na balanza de bens co resto do Estado, o saldo é moi negativo cando nos referimos aos servizos (case 2.400 millóns de euros ese ano). Esta mesma fonte de datos indica que as ramas onde se situaría ese déficit serían sobre todo os servizos informáticos, os servizos de consultoría e enxeñería diversa, os servizos financeiros, os servizos de publicidade, os servizos de hospedaxe e os servizos aéreos. Efectivamente, se comparamos o peso que teñen estas actividades na economía galega en relación á economía española, e en particular en comparanza coa capital madrileña (e en menor medida con outras autonomías), observamos un inferior nivel de desenvolvemento das mesmas no noso país. Entón, seguimos sendo periferia, si ou non? Dende a publicación do Atraso Económico de Galicia, de Xosé Manuel Beiras, así como de varios traballos do profesor Ramón López-Suevos, a economía galega está ligada ao concepto de periferia económica (diferente do de periferia xeográfica). Os conceptos de centro e periferia en economía están moi vinculados ás teorías do subdesenvolvemento e do desenvolvemento desigual xurdidas a mediados do século pasado, onde se pretendía explicar a situación económica e a capacidade de desenvolverse dos territorios en función da súa inserción na lóxica espacial do sistema económico. Nese sentido, os autores nomeados anteriormente usaron tal conceptualización para remarcar o carácter periférico da nosa economía, naquel entón no marco da economía española, onde as rexións de vella tradición industrial, Euskadi e Catalunya, xunto coa capital Madrileña ocuparían a posición de centro. A economía galega teríase desenvolvido de xeito extravertido (versus autocentrado), atendendo ás necesidades do centro con que mantería unha relación de dependencia e, por tanto, de desigualdade (subministro de man de obra barata, materias primas e mesmo aforro). A maiores, botando man do occitano Robert Lafont, Beiras utilizaba o concepto de colonialismo interior que agravaba aínda máis as condicións da periferia ao carecer as rexións de aparello estatal e ao agravarense os factores de dominio político e cultural sobre os territorios periféricos. Na actualidade os termos centro e periferia seguen sendo comunmente utilizados nas áreas científicas da economía rexional e da xeografía económica, mais nin o respaldo teórico responde ao mesmo que usaron no seu momento Beiras ou Suevos, nin a fasquía que toma a dialéctica centro-periferia é a mesma. Incluso algúns autores e escolas teñen caracterizado como simplista unha análise que pretende resumir a dous polos a complexa relación das economías no espazo. Mais, aínda sendo esta unha cuestión de interese académico moi estimulante para quen lles escribe, non entraremos agora na mesma por ser un debate inconcluso e que soborda o obxecto deste documento. Si destacaremos que unha grande parte dos estudos actuais sobre desenvolvemento rexional se diferencian dos baseados nas teorías do subdesenvolvemento en que estes últimos partillaban un certo determinismo en relación á imposibilidade ou incapacidade dos territorios para mudar a súa situación e desenvolverse (e por tanto á perpetuación da dialéctica centro-periferia). Xa dende finais do século pasado moitos dos traballos máis destacados nesta área baséanse na idea de que cada territorio conta con recursos distintivos, económicos, culturais e institucionais, sobre os que apoiar a súa capacidade de desenvolvemento económico e que é necesario artellar estratexias para activar o potencial de cada un deles. Isto non quere dicir, ao noso ver, que o modo de inserirse na lóxica económica internacional non sexa tamén importante, e moito, pero non ten por que ser unha gaiola de ferro, como amosan os casos de moitas rexións europeas que foron quen de saír dunha situación teoricamente periférica (O Mezzogiorno Italiano, Irlanda, Finlandia, etc). Tendo o anterior en contra, cal sería entón a nova fasquía dos territorios periféricos?. Pois ben, na liña dos estudos do profesor Xavier Vence e un servidor e doutros autores, o mapa económico Europeo estaría "dominado" por unha serie de rexións altamente desenvolvidas do centro e norte de Europa xunto coas capitais dos diferentes Estados europeos, tanto do Norte como do Sul. A verdadeira fronteira económica viría da man xa non da existencia de actividades industriais senón da capacidade innovadora dos territorios, manifestada entre outros trazos nun tecido económico onde predominan as actividades de alta intensidade en coñecemento e tecnoloxía. Pola contra, a periferia Europea –na que atoparíamos a Galicia- estaría integrada por rexións con menor capacidade innovadora e onde dominan, no ámbito industrial, actividades de intensidade tecnolóxica media e baixa así como servizos pouco avanzados e intensivos en man de obra de baixa cualificación (Vence e González, 2009)3. Neste liña discursiva, podemos observar no seguinte mapa que se inclúe no informe elaborado pola Unión Europea (2013), Regional Innovation Scoreboard 2012, que Galicia aparecería entre as rexións de moderada-baixa innovación (isto é, nunha escala de 1º ao 10º sendo o 1º rexión líder en innovación, Galicia estaría no grupo 7º). Este medida da actuación innovadora constrúese como un indicador composto a súa vez por outros que captura aspectos que van dende a cualificación dos recursos humanos, as actividades de innovación das empresas e das universidades e os resultados das mesmas en termos de introdución de innovación, patentes concedidas, etc. Este mesmo informe dá conta dunha lixeira mellora da posición galega entre 2007 e 2011, xa que no primeiro ano ocupaba un chanzo máis baixo na clasificación antedita, o cal ben podería ser resultado do incremento no esforzo en innovación realizado por empresas e administración pública nos anos previos ao estoupido da crise. Mapa 1. Actuación innovadora das Rexións Europeas, 20114 Fonte: Regional Innovation Scoreboard 2012 O noso talón de Aquiles: cada día somos menos e con menor peso especifico A escasa capacidade innovadora é seguramente unha das causas do que posiblemente sexa o principal problema ao que se enfronta Galicia e a súa economía na actualidade e no futuro inmediato. Referímonos a perda de peso demográfico e económico que experimentou o noso país nos últimos anos, proceso que non ten trazas de reverterse no curto prazo. Se en 1981 a poboación galega representaba un 7,5% da poboación española, en 2011 esta porcentaxe caera ao 5,9%. Nunha etapa de crecemento demográfico no conxunto español, en particular nos anos de bonanza económica, Galicia experimentou un estancamento demográfico mesmo despois de remataren os procesos de emigración masiva das décadas dos 60 e 70. Neste período rexistramos unhas taxas de natalidade das máis baixas de Europa e non fomos quen de atraer tampouco poboación emigrante ao ritmo que o facían outros territorios da contorna, o que explica que sexamos tamén unha das rexións máis avellentadas do continente. Este fenómeno, con consecuencias variadas que todos podemos imaxinar, convértese ademais en factor relevante para o devir futuro da nosa economía, toda vez que as relacións causa-efecto entre factores demográficos e económicos teñen unha natureza bidireccional. Outro dos fenómenos demográficos que amosa as eivas da nosa economía é o saldo migratorio negativo entre a poboación máis nova, que conforma tamén a xeración con maior cualificación da historia do país. E referímonos ao saldo migratorio e non ás saídas porque nun contexto onde o mercado de traballo galego está fortemente integrado no español e cada vez máis no europeo, é normal que se incrementen as taxas de mobilidade laboral dentro destes espazos. Sen embargo a saída neta de continxentes máis novos, en particular cara o resto do Estado, significou a perda de aproximadamente 40.000 persoas de entre 16 e 34 anos dende 1992 a 2012. É Madrid, cun 35% do total en 2005, a comunidade que concentra a maior parte da emigración galega no Estado segundo os datos de Blanco e Fernández (2007), aumentando a distancia dese xeito respecto a Catalunya e Eusdadi, destinos tamén tradicionais da emigración galega. A saída de activos cara a capital do Estado é ademais particularmente selectiva e como se apunta nun estudo máis recente realizado por González Laxe et al (2013)5, perto do 40% dos titulados universitarios galegos contratados no resto de España entre 2003 e 2010 dirixíronse a Madrid, unhas 15.500 persoas en termos absolutos6. Este proceso de emigración selectiva ten unha clara lectura económica que entronca con aspectos discutidos anteriormente. Así, non é nada ousado afirmar que boa parte das persoas máis novas que cada ano deixan Galicia ocupa nos lugares de destino, máis cedo ou máis tarde, postos de traballo de alta cualificación en actividades relacionadas cos servizos avanzados e intensivos en coñecemento. O anterior permítenos valorar con máis clarividencia a importancia de mudanzas económicas concretas como as que por exemplo se veñen producindo no sector financeiro galego e español. No forte proceso de concentración que experimentou este sector, non só derivado das forzas do mercado senón tamén por decisións políticas, o noso país perdeu case todas as súas entidades financeiras que foron absorbidas, particularmente en tempos recentes, por entidades españolas. Dende o Banco Gallego ao emblemático Banco Pastor (finalmente non aconteceu o mesmo, por sorte e por agora, con NCG Banco). A gravidade destas absorcións vai máis alá do carácter simbólico da localización dos centros de decisión posto que implican a perda de centos de postos de traballo nas sedes centrais destas entidade e nas empresas auxiliares das mesmas. Empregos de alta cualificación e alta intensidade en coñecemento e que por tanto aportan un elevado valor engadido e que pasan a facelo noutros territorios, particularmente en Madrid e en menor medida en outras rexións desenvolvidas do Estado e nas capitais Europeas. A atracción (e retención) deste tipo de emprego volveuse sen dúbida un factor competitivo claro para calquera territorio, aspecto que deberíamos ter moi en conta no futuro. En definitiva e como vimos en apartados anteriores, nas últimas tres décadas fomos quen de mellorar o noso nivel de vida, mesmo en maior medida que os nosos veciños, tamén acadamos niveis aceptables en canto á competitividade exterior da nosa industria, onde existen exemplos de éxito ben coñecidos. Sen embargo ao mesmo tempo fomos perdendo peso demográfico e tamén económico o cal fai que colectivamente sexamos menos relevantes en moitos outros ámbitos. A crise que mandou parar e que perdura En 2008 estoupaba a crise económica máis importante dos últimos oitenta anos a nivel mundial. As causas da mesma están máis que analizadas así como as particularidades do caso español e en menor medida do galego. Nos anos previos á crise, en particular dende os inicios do novo século, fórase formando unha burbulla inmobiliaria de natureza especulativa en todo o Estado, aínda que sobre todo nas rexións mediterráneas, nas illas Canarias e nas cidades castelás próximas a capital madrileña. Esta burbulla elevou de forma irracional e ilusoria os prezos da vivenda residencial e tivo efectos directos na economía produtiva, manifestados no forte crecemento primeiro, e posterior declive despois, do emprego e o valor engadido do sector da construción e dos servizos inmobiliarios (e outros sectores próximos a estes, tanto secundarios como terciarios). Estabamos, como se amosou nídiamente despois, diante dun crecemento con pés de barro. Só en Galicia o número de ocupados no sector da construción pasou de 98.900 en 1996 a 147.300 en 2007 representando o 20% do incremento total do emprego nese período. Isto é, o emprego na construción medrou o dobre que no resto da economía. Pero a burbulla inmobiliaria só pode considerarse a causa inmediata da actual situación da economía galega e española. Un crecemento desaforado do prezo e o investimento neste tipo de activos só é posible se existe o suficiente crédito dispoñible (e se fai uso do mesmo). Dous son os factores, desde o noso punto de vista, que darían lugar a un elevado crecemento do crédito e finalmente á burbulla inmobiliaria. Un primeiro factor refírese á crecente desregulación do sector financeiro a nivel internacional, o que se ben facilitou o acceso aos recursos financeiros por parte de entidades bancarias e empresas, hipertrofiou o sector e actuou perniciosamente sobre o sistema de incentivos e riscos bancarios (Costas e Arias, 2011). O segundo factor está relacionado coa posta en circulación da moeda única europea, o euro, que acelerou o fluxo de mercadorías e capital dentro de Europa e homoxeneizou as condicións de acceso a créditos nos distintos países da Unión, que sen embargo tiñan economías fortemente heteroxéneas entre si. A crise a nivel internacional semella que foi superada xa a principios da presente década, en boa medida grazas ao empuxe das economías emerxentes e ás actuacións decididas e coordinadas dos grandes bancos centrais, en particular da Reserva Federal americana. Sen embargo, máis alá das pomposas palabras dos líderes mundiais, o certo é que non parece que se tivera feito demasiado por corrixir os problemas de raíz, relativos a desregulación e consecuente hipertrofia do sector das finanzas. Unicamente os acordos recollidos en Basilea III dan conta dun tímido endurecemento das regras de xogo para o sector financeiro, pero insuficiente ao noso parecer para evitar crises futuras. Por outra banda, aquí en Europa a crise non só non foi superada senón que a situación empeorou nos anos seguintes produto das carencias na arquitectura institucional da UEM e, acorde á opinión de numerosos economistas, por causa dunhas políticas excesivamente centradas na austeridade. A situación agravouse especialmente nos países máis afectados pola borracheira de crédito, en particular os do Sul de Europa, xunto con Irlanda. O resultado é ben coñecido, traducíndose nunha caída da produción, nunhas taxas de desemprego inéditas así como nunha grave inestabilidade económica, política e social. En Galicia o número de desempregados no terceiro trimestre de 2013 ascendía a 288.000, un 22,4% da poboación activa, sendo no Estado a taxa de paro 5 puntos máis alta. Aínda así, na altura na que escribimos este capítulo (outono de 2013), se ben non se observa unha mellora clara da economía real, hai indicios que apuntan a que o peor xa pasou e que existen condicións para recuperar a estabilidade perdida. Non é moito, pero é bastante, sobre todo se consideramos que a economía é unha cuestión de confianza e expectativas. Semella que deixamos de estar á beira do precipicio representado pola quebra financeira da economía española, o que constituía un elemento de enorme inestabilidade para toda a UE. Mais nos últimos meses de 2013 a prima de risco reduciuse, a saída de capitais parou e o Estado puido financiarse nos mercados a prezos relativamente razoables. A explicación hai que procurala, ao noso entender, nas respostas timoratas que mal que ben se foron dando a nivel Europeo e, particularmente, en (polo menos) tres decisións chave. A primeira, o xa famoso anuncio do presidente do BCE Mario Draghi en xullo de 2012 que viña a indicar que estaría disposto a actuar nos mercados de débeda soberana dos Estados con máis problemas, a semellanza dos outros grandes bancos centrais. Unha das críticas que con razón se lle viña facendo ao BCE é que estaba imposibilitado por mandato constituínte para a merca de débeda soberana. A decisión dos xestores do BCE, en contra dos desexos alemáns, serviu na práctica para corrixir esa eiva aínda que só fora pola porta de atrás e parcialmente. A segunda, o rescate ao sector financeiro a cargo do Mecanismo Europeo de Estabilidade. Recordemos que este fondo fora creado como resultado dos innumerables cumios europeos e, con grandes limitacións, viña a actuar como algo parecido aos demandados Eurobonos (débeda mancomunada europea) pois rebaixa o custe de financiamento dos países con problemas. Unha liña de crédito de até 100.000 millóns de euros que serviu para poñer couto á principal fonte de problemas da economía española, a insolvencia dunha parte nada irrelevante do seu sector financeiro produto da borracheira de ladrillo dos anos precedentes. A terceira, o paulatino afrouxamento dos límites do déficit público que veu dando un respiro ás economías afogadas polos recortes previos nos orzamentos públicos. Aínda así, todos estes factores son aínda insuficientes para recuperar a economía real por unha simple razón: a demanda interna non levanta cabeza. As familias e o sector privado seguen fortemente endebedados polo que o consumo e o investimento non se recuperan. Mentres, o gasto e investimento públicos non actúan contracíclicamente debido ás receitas de austeridade e a falla de instrumentos a nivel europeo que o permitan, a pesares de que como dixemos a UE se viu na obriga de afrouxar o ritmo da redución do déficit. Só o sector exterior, aínda que insuficiente, se ten comportado de forma positiva na periferia europea, produto da caída dos custes de produción que permitiu soster as exportacións mesmo nun contexto de desaceleración económica. Semella por tanto que se ben saímos da beira do precipicio non veremos unha recuperación sostida e forte nin da produción nin do emprego a medio prazo. Do mesmo xeito, semella que non veremos unha solución definitiva aos problemas de Europa se non se producen avances máis claros no goberno económico da UEM na liña do enunciado polo propio FMI (2013) o cal implica avanzar na unión bancaria e fiscal na zona euro. E como afronta Galicia esta crise? Pois en principio non peor que os territorios da nosa contorna xeográfica máis inmediata, isto é, dos países da periferia europea en problemas. En calquera caso, non ten o noso país salvagardas nin particularidades que puideran evitar unha saída en falso da crise, como tampouco as tivo para evitar os efectos nocivos da mesma sobre a produción e o emprego. Como xa se argumentou máis arriba, esta é agora unha crise fundamentalmente Europea e ese é o marco onde se deben procurar grande parte das solucións. Aínda así, o certo e que o noso país viña mantendo un diferencial positivo en relación ao conxunto Español, tanto no referido á evolución do PIB como do emprego. As razóns deste mellor comportamento están relacionadas ao noso ver con dúas características distintivas da nosa economía, e que terían amortecido o impacto da crise. En primeiro lugar, o menor nivel de endebedamento de familias e empresas, derivado tamén dunha menor expansión da construción civil, e moi probablemente doutros factores de carácter cultural e demográfico. Segundo os datos do Banco de España, o peso da débeda de familias e empresas galegas no PIB era en 2012 o máis baixa do Estado cun 106%, moi por debaixo da media das autonomías que se situaba no 160% do PIB. Se ben isto non se manifesta de forma clara no comportamento do consumo e do investimento privado, o certo é que aquelas autonomías máis endebedadas son polo xeral as que rexistran tamén un maior nivel de desemprego. O segundo factor distintivo do caso galego vén da man dunha maior competitividade exterior que, como xa vimos, maniféstase nun superávit comercial en produtos industriais xa existente antes do estoupido da crise. A pesares destes elementos positivos, a evolución da nosa economía no medio e longo prazo vai depender doutros factores de carácter estrutural e que xa comentamos máis atrás, así como da propia actuación dos poderes públicos de Galicia. Nomeadamente as políticas destinadas á mellora da capacidade innovadora do noso tecido produtivo, que por certo sufriron un claro retroceso comparativo nos últimos cinco anos, semellan clave para a mellora da nosa economía e do noso benestar no futuro inmediato. Innovar cos pés na terra, e pensármonos como centro económico Neste traballo quixemos facer un breve repaso dos principais cambios económicos acontecidos en Galicia nos últimos trinta anos. Comezamos cuestionando algúns dos arquetipos preconcibidos sobre a nosa economía e do país en xeral. Galicia xa non é aquela sociedade rural e agraria de antano e a súa estrutura produtiva experimentou modificacións propias das economías avanzadas da nosa contorna. En todo este tempo e como vimos, fomos quen de mellorar claramente o noso benestar económico e social até o punto de reducir as diferenzas históricas, e nalgúns casos superalas, respecto aos nosos veciños españois e europeos. Do mesmo xeito a nosa industria amósase máis competitiva que a industria española e acadou niveis de diversificación máis elevados dos que comunmente se pensa. Todo isto aconteceu a medida que se producían dous procesos clave dende o punto de vista histórico e institucional e que son en primeiro lugar a chegada e consolidación das institucións propias e do autogoberno, asumindo boa parte da prestación dos servizos do estado do benestar, e en segundo lugar a entrada na actual Unión Europea. Sen embargo, a pesares dos anteriores avances a economía galega segue ocupando unha posición secundaria no contexto español e europeo. Nos últimos trinta anos fomos perdendo peso demográfico e económico o cal ten evidentes consecuencias en moitos outros ámbitos. Deixamos de ser un país pobre e atrasado, pero mantermos trazos dunha economía da periferia europea contemporánea, moi diferentes aos dos anos 60 e 70, pero periferia ao fin e ao cabo. O principal factor que explica esta situación é seguramente a escasa capacidade innovadora da nosa economía e que se manifesta, entre outras evidencias, nunha incapacidade por reter e atraer capital humano de alta cualificación e actividades vinculadas ao terciario moderno. Actividades vinculadas non só aos servizos a empresas máis directamente vinculados coa innovación, como son os os servizos de investigación e desenvolvemento ou os servizos de enxeñería, senón tamén actividades baseadas na creatividade como as propias da industria cultural e outras actividades profesionais. Mais non sería de recibo rematar este traballo coa xa tradicional perspectiva pesimista da nosa economía pois do mesmo xeito que existen fraquezas, existen tamén fortalezas como as que posibilitaron a mellora nestes tres decenios así como oportunidades que debemos aproveitar nos vindeiros anos. Sen ánimo de ser exhaustivo e entendendo que un diagnóstico propositivo para a mellora da economía galega necesitaría un traballo máis profundo, indicaremos varios aspectos que consideramos clave a este respecto. O primeiro refírese á necesidade de innovar a partir do que somos e do que posuímos, que non é pouco. A economía galega non pode competir en sectores de alta tecnoloxía mais si o pode facer en moitos outros nos que temos amosado o noso bo facer historicamente e nos últimos anos. Referímonos, só a modo de exemplo, ao sector da alimentación vinculado ao mar e ao agro, onde é conveniente focalizar unha parte destacada dos recursos de apoio á innovación. A aposta pola diferenciación baseada na vinculación ao territorio e á cultura propia, pero achegando novos formatos de comercialización (mercados de proximidade) e estando atentos ás grandes tendencias do mercado (produtos funcionais, ecolóxicos, etc) debe ser unha estratexia a seguir. Para iso debemos poñer os nosos recursos científicos e humanos ao servizo do tecido produtivo, e moi particularmente ás universidades. É tan só un exemplo pero a estratexia, coas súas particularidades, non debería ser diferente noutros moitos sectores tales como industria da madeira e forestal, a de produtos metálico ou a enerxética, onde a nosa vantaxe competitiva non pode seguir sosténdose case unicamente na dotación de recursos naturais ou en menores custes laborais. Redunda dicir que a implicación das institucións do país, con competencias xa desenvolvidas no ámbito das políticas de innovación, é clave para poder artellar unha estratexia acaída á realidade do noso tecido económico. O segundo factor ten que ver co artellamento interno e coa comunicación do pais co exterior. Como xa vimos, outro dos grandes cambios acontecido en Galicia nos últimos decenios é o da conversión nun país máis urbano onde o dinamismo económico e demográfico se concentra no eixo atlántico. Trátase dunha nova realidade sustentada nun sistema poliurbano e que non parecemos ter ben en conta ao establecer as nosas prioridades en materia de infraestruturas. Neste sentido e a modo de exemplo, chama a atención como dende os instancias políticas, sociais e empresariais se lle presta máis atención á comunicación ferroviaria con Madrid, que non mellora substancialmente as alternativas que xa existen, que á propia estruturación interna. O resultado é que imos tardar practicamente o mesmo en ter unha comunicación de velocidade alta entre as principais cidades do eixo atlántico, no que diariamente se desprazan centos de miles de persoas, que entre algunhas destas e a capital do Reino. Un país onde non existe unha grande cidade, cun mercado de traballo amplo e diversificado que funcione como imán para atraer persoas e empresas asociadas á nova economía, ten que facer da necesidade virtude e converter o noso sistema de cidades pequenas nese polo de atracción. Por iso é esencial reducir os custes de mobilidade interna e racionalizar, dende unha perspectiva global, os de comunicación co exterior. Evidentemente isto atinxe mudanzas importantes na políticas aeroportuaria, onde as instancias políticas se amosan incapaces de artellar unha estratexia que sitúe a Galicia no mapa europeo, e tamén no eido portuario, onde Galicia ocupa unha excelente posición para atraer tráfico de todo tipo a nivel internacional. Rematamos. E facémolo indicando que dende a nosa perspectiva dificilmente imos ser quen de mudar a posición que colectivamente ocupamos no contexto español e europeo se non existe a vontade para facelo. Pode semellar algo obvio pero quen coñeza a realidade política e social deste país sabe ben do que estamos a falar. Parécenos esencial avanzar no autogoberno pero co obxectivo de construír unhas institucións onde prime a transparencia e que sexan quen de garantir a igualdade de oportunidades, lonxe das vellas prácticas de ascenso social. Sabendo o lugar que ocupamos, cómpre reinventármonos a partir do que somos e sobre todo pensarmos Galicia como centro económico e tamén político, aberto ao mundo. Notas: 1- Debido a problemas metodolóxicos, non podemos realizar unha comparanza directa entre o IDH galego, o español e o europeo. Os datos para Galicia proceden dun estudo realizado para o conxunto das CCAA españolas e no mesmo apréciase que Galicia pasa de ocupar o posto 14 no ranking do IDH Estatal en 1980 ao posto 10 en 2010. Por outra banda, os datos do PNUD amosan que España mellorou a súa posición relativa respecto á Unión Europea o cal nos permite afirmar que Galicia tamén o fixo, mesmo en maior medida. 2- A taxa de risco de pobreza é a porcentaxe de persoas que están por debaixo do limiar de pobreza, entendido como o 60% da mediana dos ingresos por persoa (realmente por unidade de consumo das persoas). 3- Non quere isto dicir que as industrias tradicionais non poidan ser innovadoras, se non todo o contrario, e é aí onde seguramente teñamos que poñer a atención nos vindeiros anos en Galicia, senón que a escasa capacidade innovadora maniféstase nunha menor presenza relativa de actividades de media e alta tecnoloxía/intensidade en coñecemento e que demandan man de obra de alta cualificación, necesarios para promover a innovación tamén nas actividades tradicionais. 4- No mapa só se inclúen 4 categorías, se ben no informe estas categorías subdivídense noutras até chegar ás dez sinaladas. 5- González, F; Martín, F e Martín, F. (2013); "Deficiencias estruturais, emigración interrexional e fuga de cerebros: o caso de Galicia" Revista Galega de Economía, 22, 2, 9-30 6- Cómpre destacar o proceso puntual que se produciu na década dos 90 de emigración ás Illas Canarias dun volume nada desprezable e que afectou en particular a cohortes mozas. Dito proceso parou e mesmo chegou a reverterse claramente a partir do ano 2007. Referencias: Banco de España (2013); "Cuentas financeiras de la economía española" Estadísticas. Banco de España Blanco, H. e Fernández, M. (2007); Migraciones y capital humano: el caso gallego. Comunicación presentada no Encuentro de Economía Laboral y de la Educación, 12-13 de Julio de 2007 Costas, A. e Arias, X.C. (2011); La torre de la arrogancia. Políticas y mercados después de la tormenta. Ariel: Barcelona European Union (2012); Regional Innovation Scoreboard 2012. European Commission. DG Enterprise and Industry Fernández Leiceaga, X. e López Iglesias, E. (2000); Estructura Económica de Galiza. Laiovento: Compostela FMI (2013); "Toward a Fiscal Union for the Euro Area", IMF Staff Discussion Note. SDN/13/08 González, F; Martín, F e Martín, F. (2013); "Deficiencias estruturais, emigración interrexional e fuga de cerebros: o caso de Galicia" Revista Galega de Economía, 22, 2, 9-30 González, M. (2009); "Regional differences in the Growth Patterns of Knowledge-Intensive Business Services: an Approach Based on the Spanish case" European Urban and Regional Studies, 16, 1: 101-106 Gradín, C. e Del Rio, C. (2003); "A distribución da renda en Galicia: Balance das tres últimas décadas" Revista Galega de Estudos Sociais, 1, 41-56 IGE (2012); "Marco input-output de Galicia 2008"; Sistema de Contas. IGE INE (2012); "Encuesta de condiciones de vida. Año 2012". Notas de Prensa del INE IVIE (2013); Desarrollo humano en España. 1980-2011. Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas Vence, X. and González, M. (2009); "Regional Concentration of the Knowledge-based Economy in the EU: Towards a Renewed Oligocentric Model?" European Planning Studies. 16: 557-578. Descarga en pdf o artigo completo |
PRAZA_7732 | Armando Requeixo analiza para Praza Esplendor arcano, o seu primeiro libro de versos do poeta coruñes, publicado polo Grupo Surrealista Galego Xalundes, que se estrea como editor con esta obra. | Sabía dende hai tempo do labor poético de Ramiro Torres (A Coruña, 1973) por publicacións como Poseidónia ou Agália, mais sobre todo pola súa moi activa participación en Xalundes, o Grupo Surrealista Galego do que forma parte dende os seus inicios e no que se amosa como un dos máis entusiastas membros. Tan intensa dedicación a esta fe poética explica a aparición de Esplendor arcano, o seu primeiro libro de versos, que é tamén o volume cabezaleiro do propio Xalundes, quen figura como selo editor desta obra, discreta na súa aparencia material, pero acaidamente fermoseada dende a cuberta (velaí a ilustración liminar de Alba Torres Ferreiro) ata o remate (co broche dun poema-epílogo de Pedro Casteleiro). Esplendor arcano é o primeiro libro de versos editado por Xalundes. Discreto na súa aparencia material, pero acaidamente fermoseada dende a cuberta O poemario de Torres é todo el un big bang versal de longo alcance. Polas súas páxinas señorea a escrita cósmica, astral en plenitude. Composicións que saben da materia estelar, as "galaxias interiores", os "múltiplos cometas" e esa "estrela/ perpétua que/ vive sobre/ as sombras das/ casas", a mesma se cadra que aluma esta "brillante cosmogonia" poética. Unha lírica de fusión universal do Eros, territorio propicio á pulsión dos corpos, á cópula solar e unha "arquitetura de artérias/ inflamadas em nós", sempre "poderosamente nus,/ quebrando os/ ossos do medo" ata a víscera última. Tanto desexo, paixón tanta, tiña que ser, por forza, un festival de luminosa dicción, esplendentes verbas, ardentes imaxes e fulgores millenta, o espazo da "irradiação primeira", da "noite fosforescente" e a "espiral candente", un fluír de alquimias, "vibração dos sentidos" que enguedellados en sinestesias e fonosimbolismos rematan na "pura combustão", nas "brasas da saudade", cinzas do volcán e "lava do inapreensível". E no medio dese abismo sideral, erótica desatada de queimadura necesaria, sobrancea o poder da verba, "as runas da língua inicial", unha "cópula das palavras", ou mellor aínda, "o coito das palavras e/ o infinito transformados/ numa inminente cosmologia", esa que determina que "copulamos só/ ante a beleza/ louca do poema". Cosmos, Eros, Verba e, como non, tamén Tempo. Seres que somos da area dos días, "espuma de/ uma idade vindoura", pois ansiámonos na proxección futura, sentíndonos materia temporal que metamorfosea: "transformados/ em ouroboros,/ exalta-se entre nós/ o tempo", porque, a qué dubidalo, "habitamos os sótaõs/ convulsos do tempo". Dacabalo dun moi particular visionarismo literario e aleitando no ubérrimo surreal, este Esplendor arcano de Torres dialoga cos máis variados referentes, tanto de noso coma doutras latitudes Dacabalo dun moi particular visionarismo literario e aleitando no ubérrimo surreal, este Esplendor arcano de Torres dialoga cos máis variados referentes, tanto de noso coma doutras latitudes, polo que non ha resultar difícil emparentar estes versos "poderosamente nus", cheos de "matérias que desaparecem/ no adentro e renascem crateras" cos da lucense Olga Novo; e tampouco estrañará a súa parentela co sideralismo cobregueante dun Herberto Helder, o amatorio cinsento dun Quevedo —que aquí volve lembrarnos amar "até serem pó/ embriagado"— ou o Breton de máis decidido rauto en poemas manifesto como "Nós surreal", por amentar tan só algúns dos compañeiros de viaxe. Ramiro Torres achega neste seu primeiro poemario, Esplendor arcano, unha máis que memorable tarxeta de presentación. As tres seccións nas que se divide o libro ("Campos de visão", "Casa do despertar" e mais "Terra da iminência") están inzadas de textos vibrantes, vitalistas e rebordantes dunha enerxía contaxiosa, imantadora, subxugante, esa estimable literatura que só se dá, como o propio poeta advirte, en campos de luz, materia nevada e baleiro en brasa. |
NOS_39084 | En 1921 fanse cen anos da viaxe que Castelao fixo por Europa grazas a unha bolsa de estudos e durante o que redactou un interesante diario. Ademais da rareza desta literatura confesional no noso ámbito, o Diario 1921 resulta atractivo aos ollos contemporáneos por mostrar un artista que participa do debate sobre a modernidade e que trata de que Galiza non quede á marxe dos grandes temas do seu tempo. Acusado en moitas ocasións de reflectir unha visión conservadora da arte, o diario esixe unha nova lectura que se despoxe de tópicos e que o coloque no lugar que lle corresponde dentro da obra do rianxeiro. | É venres 21 de xaneiro de 1921, e en París vai un día morno. Castelao acaba de chegar á cidade e sae a dar un paseo desde a seu aloxamento, na rue Cujas, até Notre-Dame, a pouco máis de un quilómetro. Logo come nun restaurante chamado L'Ami e decátase de que "sei menos francés do que pensaba". Anota no seu diario: "Teño unha morriña que me fende". Comeza así o relato da viaxe que Castelao fixo por Francia, Bélxica e Alemaña, entre xaneiro e outubro daquel ano –grazas a unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (unha institución creada no marco da Institución Libre de Enseñanza)– para estudar técnicas de gravado e coñecer as tendencias artísticas que se sucedían daquela por toda Europa. Froito desa viaxe foi o diario onde foi recollendo impresións do que visitaba, das obras de arte que ía coñecendo, das vilas e cidades polas que pasaba. O chamado Diario 1921, que se reedita agora, co gallo do centenario da Xeración Nós e da propia viaxe, é un excelente exemplo –raro na nosa literatura– de literatura confesional, íntima, e ao tempo, de crónica persoal e artística dunha viaxe. "O Diario 1921 preséntanos un Castelao moi humano, un home que escribe moi ben e con moita graza mesmo nuns apuntamentos rápidos" explica Seixas Seoane, "O Diario 1921 preséntanos un Castelao moi humano", explica Miguel Anxo Seixas Seoane, historiador e biógrafo do rianxeiro, "un home que escribe moi ben e con moita graza mesmo nuns apuntamentos rápidos, que sente morriña da súa muller e do seu fillo, que ten problemas económicos que non lle permiten ir a todos os lugares que lle gustaría visitar, e cunha grande intuición sobre as cousas que ve. Na Galiza, ata ese momento, non existe ningunha obra escrita en galego destas características, se exceptuamos un diario de Ben-Cho-Sey que permanece inédito e que data de 1918". A arte nova Mais o diario é, sobre todo, un rexistro comentado da arte que pode estudar durante o seu itinerario. A vocación artística de Castelao queda clara nesa aceptación de separarse da súa familia durante nove meses para pescudar no que se estaba facendo nunhas cidades que, naquela altura, estaban a transformarse nos laboratorios onde se destilaba a que sería a arte do futuro: impresionismo, puntillismo, futurismo, cubismo… As vangardas fervían, aínda que non sempre fosen do seu gusto. É xa case un tópico acusar a Castelao de "conservadorismo estético" polos xuízos que emite sobre algunhas obras e tendencias que descobre en Europa, mais o certo é que o de Rianxo xulga todo o que ve cunha grande intuición e, sobre todo, cun enorme respecto polo que contempla: "Eu teño un gran respecto polas cousas que non comprendo, e non me fan rir, porque non comprendo como homes que manexan tan ben as cores fagan tales cousas sen sentilas", anota despois de visitar o salón dos Artistas Independentes. E, malia que rexeita o cubismo, estúdao en profundidade ao longo de toda a viaxe, e mesmo publica varios artigos, en Nós, sobre esta escola. "Do Cubismo digo que me é simpática a intención intelectual", escribe no diario. "Castelao rexeita algunhas das escolas da arte moderna, mais mostra no Diario o seu interese por outras, sobre todo pola estética de raíz popular que estaba presente en moitas tendencias europeas", expón Carlos Bernárdez "O debate sempre se formulou dende posicións moi simplistas e moi afastadas do contexto daqueles anos", alega Carlos Bernárdez, historiador e crítico de arte. "A modernidade é algo múltiple e moi poliédrico, e aínda máis naquel momento. Que a alguén non lles gustase o cubismo en 1921 non é un signo de conservadorismo en absoluto: ao contrario, é un xuízo moi estendido mesmo entre artistas que estaban traballando noutras liñas da arte de vangarda. Castelao rexeita algunhas das escolas da arte moderna, mais mostra no Diario o seu interese por outras, sobre todo pola estética de raíz popular que estaba presente en moitas tendencias europeas: no orfismo, na vangarda rusa anterior ao construtivismo ou no grupo formado arredor dos Ballets Rusos de Sergei Diagilev. O cubismo non era a opción determinante en 1921 e, ademais, xa pasara o seu momento álxido". Seixas Seoane, sinala, ademais, a intelixencia de Castelao ao albiscar aquelas manifestacións da modernidade que poderían encaixar no contexto galego: "Aínda que xa tiña un estilo bastante definido, el conecta nesta viaxe coa cultura europea e busca o que pode aproveitar para traer á Galiza", explica. "Cidades como París ou Berlín convértense, nese momento, en faros que emiten para todo o mundo, e el procura todo aquilo que pode importar, o que pode valer para o contexto galego. A luz que emiten esas cidades está en diálogo cunhas sociedades que teñen un discurso artístico moi distinto ao galego; é unha luz que, se chegase aquí, cegaría. E el vai estudando o que lle permitiría á arte galega acompasarse con eses discursos máis actuais. Ninguén leva unha planta para enxertala nunha terra na que non vai medrar". Así, o rexeitamento dalgunhas desas tendencias vai acompañado de comentarios eloxiosos sobre outras: o futurismo, por exemplo, ou o descubrimento en Alemaña do expresionismo. "En moitas cousas expresionistas nacidas da arte salvaxe atopo unha gran simpatía, quizais porque do salvaxe colleron a inocencia", apunta o 9 de setembro en Berlín. "Supoño que o futurismo lle interesaba por ese aspecto dinámico que había nas súas obras", opina Bernardez, " e por certas connotacións con elementos populares que el xa percibía. E a preocupación ideolóxica polas clases máis desfavorecidas está moi presente no expresionismo alemán e noutras moitas escolas daquela época". "Igual que ten unha grande intuición política que lle deixa ver por onde hai que moverse para sacar adiante o Estatuto", continúa Seixas Seoane, "tamén ten intuición artística para fixarse no que lle pode servir: o imaxinario da pintura primitiva flamenca, a pintura contemporánea rusa (Soudeikine, Gontcharova, Remisoff…), as estampas xaponesas, ou esa celebración do entroido que hai en moitas obras expresionistas e que el fai entroncar coa nosa tradición popular. E tamén é moi práctico: cando coñece o teatro de máscaras, decátase de que pode importalo para disimular a falta de preparación técnica de moitos dos actores e actrices da Galiza, que aínda posuían, na súa maioría, un nivel moi pouco profesional". O propio Castelao deixa constancia dese sentido práctico que lle outorga á súa viaxe nalgunhas das anotacións. Escribe, por exemplo: "Martin (Henri) ten un cadro grande moi decorativo, feito polo procedemento puntillista. Este cadro demostra o interese do puntillismo e a súa aplicación, para min, na pintura escenográfica". É a estilización de todo: parola, mímica, música, pintura, danzas. Son as grandes obras do pobo ou dos grandes artistas sintetizadas e ciceladas despois coma xoias", escribe Castelao sobre o teatro La Chauve-Souris de Nikita Balieff, A pegada na súa obra Non é a única pegada, nin moito menos, que esta viaxe deixa no artista. En París, Castelao coñece o Teatro do Morcego (La Chauve-Souris) de Nikita Balieff, que lle produce unha grande impresión –"É a estilización de todo: parola, mímica, música, pintura, danzas. Son as grandes obras do pobo ou dos grandes artistas sintetizadas e ciceladas despois coma xoias"– que inmediatamente lle inspira varias ideas para "cousas para facer en Galicia". Durante un tempo, Castelao está entusiasmado coa idea de crear aquí un Teatro da Arte e aínda que moitos deses proxectos quedaron irrealizados, a influencia do teatro de Balieff está moi presente na escrita de Os vellos non deben de namorarse. Na súa obra pictórica e gráfica, as pegadas desta viaxe son numerosas: talvez o exemplo máis coñecido é a das láminas da serie Cegos: os meus compañeiros, inspiradas no cadro de Brueghel o vello A parábola dos cegos, que puido estudar no Louvre. Mais existen outras menos célebres como a influencia, sinalada por Xosé Díaz, da artista Käthe Kollwitz –unha pintora, gravadora e escultora alemá cuxas pinturas retrataban a dura vida do proletariado industrial das cidades alemás e dos traballadores do campo– nos albumes Galicia Mártir, Atila en Galiza e Milicianos. Tamén se debe citar o cartel para a campaña a prol do Estatuto de Autonomía que leva a lenda Para que remate esta vergonza. Vota o Estatuto, que toma como base un debuxo realizado nun café de Bruxas e que describe así: "Un paisano (que pode non ser paisano e si o recadador) está zugando o derradeiro sangue dunha vaca que ten a cabeza de caveira. O cadro ha ser grande, de moita simplicidade, ó xeito dos primitivos, de moita cor sen matices". Bernardez subliña a creatividade de Castelao: "Hai un debuxo de Natalia Gontcharova que el di reproducir e que logo serviu para un anuncio do diario Galicia. Mais se o cotexas co orixinal, resulta que non se parece tanto. El reinterpreta a obra da artista rusa dun xeito moi brillante e moi creativo e obtén un resultado máis interesante que o debuxo que inspirou o seu cartel". Non hai dúbida de que a inmersión na arte europea desatou unha treboada de ideas na mente de Castelao. A construción dunha cultura propia "Castelao, ao contrario que outras figuras da súa xeración, foxe do enxebrismo para crear unha cultura propia que estea en liña con outras culturas europeas", sostén Seixas Seoane. "El está moito máis na órbita dos cataláns daquel tempo, que fan unha aposta polo modernismo como forma de entrar na contemporaneidade. Quere importar o que vén de fóra para transformalo en algo propio e despois poder exportalo. A primeira opción cumpriuse: a arte galega púxose á altura dos discursos que se estaban dando en Europa con toda unha xeración de artistas que, en todos os xéneros, renovaron a arte galega: pensemos en Colmeiro, Maside, Seoane, Maruxa Mallo, Luís Seoane, Palacios, Bal y Gay… A parte da exportación foi o que fallou, por carencia dunha burguesía que apoiase aquel proxecto e de institucións que traballasen nas relacións internacionais. Púidose exportar algo a América grazas a achega do exilio, mais non chegou a cristalizar o proxecto tal e como o formulaba a xeración das Irmandades da Fala". "Castelao móstrase no Diario 1921 como o que é, un home da súa época que participa no debate sobre a modernidade", resume Bernárdez. "A modernidade era algo –como o é agora– que se ía construíndo a base de discusións, enfrontamentos e desacordos. As polémicas entre as distintas escolas eran constantes. Curiosamente, na exposición que se pode ver agora sobre Díaz Pardo na Cidade da Cultura exhíbese un libro sobre o teatro soviético que pertenceu a Díaz Baliño e que probabelmente Castelao coñecía porque frecuentaba aquela casa. Sen dúbida, ese libro demostra que aqueles debates tamén se seguían desde aquí. O Diario de Castelao é só a constatación de que a súa xeración non era allea á construción do discurso da modernidade e o seu traballo estaba encamiñado a que Galiza se mergullase nas grandes preocupacións daquel tempo. Creo que é un libro que merece unha relectura atenta para escapar dos tópicos que escurecen a súa recepción". Un observador agudo Quen se achegue ao Diario 1921 tamén atopará múltiplas observacións nos apuntamentos sobre a vida das cidades que delatan a retranca e a mirada agudamente crítica dun autor que, en todo momento, reivindica o humor como unha parte esencial da creación. En Múnic, por exemplo, anota: "Parece que nesta cidade hai aristocracias e que en Berlín, como non tiñan aristocracia, inventaron o militarismo para facer dos militares unhas persoas de alta categoría". E con algo máis de malicia: "Que noxo de españois! Eles, tan patrioteiros como son, non saben deixar endexamais ben posto o nome de España. Cando unha persoa sabe algo de francés di sempre: Bon jour, monsieur. Comment allez vous?; pero cando sabe español di así: coño, carajo e aínda moito máis. E cando os españois ensinan iso non din endexamais o que significa". |
NOS_35951 | Economistas como Manuel Lago ou Edelmiro López ou mesmo técnic@s de Facenda consideran regresiva a nova política tributaria anunciada polo goberno de Rajoy e cren que só beneficia ás clases máis altas. Así mesmo, temen que ao baixar a recadación abrirá a porta a novas reducións de gasto público. | "Imos facer o que sempre quixemos e nunca puidemos: baixar os impostos". Con esa triunfalista declaración -que agocha o feito de que asume que incumpriu o seu programa electoral durante case tres anos- o presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, anunciou a reforma fiscal que vén de aprobar o seu Executivo, que segundo as súas palabras tamén "evitará subir o IVE e permitirá baixar inmediantamente as retencións d@s autónom@s". Todos estes anuncios dentro dun dicurso triunfalista, que dá por feita unha recuperación aínda moi discutida. Tanto como os efectos desta reforma, que ten na rebaixa dos tipos do IRPF a súa medida estelar. Con todo, Manuel Lago, economista de CC.OO en Galiza, ten claro que a reforma é "unha chapuza electoralista, coa que o PP envía aos seus votantes tradicionais a mensaxe de que rebaixa impostos, cando realmente a reforma é máis propagandística que real, as persoas de ingresos medios, que son a maioría, apenas a notarán, si os que máis teñen, namentres que @s máis desfavorecidos xa non tributaban nos campos que agora tocan", explica. Demagoxia "Hai moita demagoxia na reforma", insiste Lago. "Non enfronta o gran problema fiscal do Estado que é de ingresos, polo contrario mesmo os reduce, polo que cabe sospeitar que detrás desta reforma a medio prazo atopémonos con novos recortes, na liña que pide a Unión Europea. E tampouco vai ao problema de equidade, polo que é o 50 por cento da poboación das rendas medias a que achega o 90 por cento dos impostos", afirma, antes de amosar a súa preocupación pola "letra pequena". "No anuncio o Goberno só propagou as que considera virtudes da reforma, pero o luns podemos levar moitas e desagradábeis sorpresas, como o que se está adiantando dunha posíbel pago de IRPF das indemnizacións de despido, que agora están exentas". "Semella unha forma electoralista de gañar tempo en 2015 pero que desembocará en recortes duros en 2016", asegura Edelmiro López Outro economista como o profesor Edelmiro López Iglesias comparte esas opinións e amplía: "Isto en realidade semella unha especie de tempo morto que pide o PP para gañar posicións de cara aos comicios de 2015 na vez dunha reforma realmente necesaria que solucione cuestións como a falta de ingresos para as arcas públicas. É máis, coido que esta reforma acabará provocando fortes recortes de gasto público a partir de 2016", indica. "O anunciado non pensa na gran cuestión fiscal, que é obter maiores ingresos e solucionar temas como a fraude, e polas contas que botei fará subir o déficit, algo que non parece probábel que vaia ser permitido pola Unión Europea e rematará xerando unha redución de gasto público que moito me temo que irá contra a Sanidade e o Ensino. Aliás, en realidade só beneficia ás persoas con rendas maiores a 300.000 euros, ás que se lles aplica unha rebaixa no IRPF de sete puntos, namentres que nas rendas medias case nin se notará, xa que só será de dous puntos", engade. Entre as voces críticas, que son unánimes entre as formacións de esquerda, destacan tamén as que saen dentro da propia Axencia Tributaria ou das súas cercanías. Por exemplo, @s técnic@s do Ministerio de Facenda reunidos en Gestha aseguran que esta reforma fiscal do PP é "regresiva, xa que serán as clases medias as que aturen unha vez máis a rebaixa ás grandes fortunas, atentando así contra a propia Constitución que fala de que cada cidadán debe achegar ás arcas públicas en función da súa capacidade". "A progresividade é a gran prexudicada da reforma ao simplificar de sete a cinco os tramos actuais do IRPF. Só 73.000 contribuíntes serán beneficiad@s, pola contra, os 11,5 millóns de traballadores e pensionistas que gañan menos de 11.200 euros anuais non se verán afectad@s pola rebaixa fiscal da Moncloa", engaden. Alcance limitado "O Goberno, ao non baixar outros impostos que soportan os cidadáns, como o IVE ou os referintes aos Hidrocarburos ou a Electricidade, non pode dicir que rebaixa a presión a tod@s ou falar dunha reforma integral do sistema fiscal senón só parcial", sinala o secretario xeral de Gestha, José María Mollinedo. Pola súa parte, mesmo a Organización Profesional de Inspectores de Facenda do Estado (IHE) considera que a reforma fiscal de Rajoy e Montoro "terá un alcance moi limitado ao non abordar cuestións esenciais". "A reforma participa dun momento político concreto, como a renovación da Xefatura do Estado, onde prima a propaganda", di Manuel Lago E hai tamén unha visión política detrás da reforma fiscal. "Ë obvio que está pensada para maio de 2015, cando o PP se xoga case todo nas eleccións municipais, que se non gaña sería case o mesmo que perder as xerais de cinco meses depois. Por iso fanlle unha chiscadela ao seu electorado, que fabrican ademais nos mesmos días en que se quere vender renovación co cambio na Xefatura do Estado ou mellora económica por parte dos grandes banqueiros nas súas intervencións públicas. Todo forma parte dunha gran operación de propaganda á que, se podo facer unha brincadeira, só lle faltou que a selección española xogase ao fútbol en Brasil", afirma Lago. |
NOS_43087 | Aquelas crueis mortes deixaron unha pegada fonda de emoción e lembranza nos irmáns de sangue e espírito nacionalista Ramiro e Xaime Isla Couto. | O 12 de novembro de 1936 morrían asasinados no piñeiral da Caeira (Poio) Víctor Casas, Xoán Rico, Xosé Adrio Barreiro, Ramiro Paz, Amancio Caamaño, Telmo Bernárdez, Paulo Novás, Luis Poza Pastrana e Benigno Rei Pavón, como ben lembraba o artigo "Víctor Casas, o patriota que pariu Cinta Rei". Aquelas crueis mortes deixaron unha pegada fonda de emoción e lembranza nos irmáns de sangue e espírito nacionalista Ramiro e Xaime Isla Couto. Hoxe queremos traer na súa lembranza dous textos vencellados á familia Isla Couto nos que se fai memoria e xustiza dos irmáns e amigos asasinados: Víctor Casas, Luis Poza e Benigno Rei. O martirio de Víctor Casas reflectiuse no poema "Víctor Casas", escrito por Chita Lamas, esposa de Ramiro Isla, e incluído no Cancioneiro da Loita Galega, publicado baixo o selo do Partido Galeguista en México en 1943. ¡Víctor Casas! ¡Víctor Casas! espello de fidalguía, vida consagrada a reo a exaltación de Galiza. Comenzaches sendo neno e non a abandonarías; no camiño percorrido non tiveches outra guía; nin outra honra ni-arela que a de ser bon galeguista; sen desmaios, sen acougos, sen deixar un soio día de labourar circiamente pola Causa de Galiza. Animador dos que, torpes, sesteaban na preguiza; látego dos que, treidores, por medrar na treidoría, esquecían seus deberes de galegos pra Galiza. Home bon, desintresado, sin a máis leve cobiza, disposto pra o sagrificio, pola Causa de Galiza, E, por isto, que te matan, por isto arríncanche a vida. Por soñares un porvir venturoso pra Galiza, calóñante de treidor -por Galego e Galeguista- os treidores máis treidores que a hestoria toda rexistra. ¡Ata morrendo laboras pola Causa de Galiza! Víctor Casas! ¡Víctor Casas! si, por amar a Galiza, te mataron cal treidor, ¡que bela morte terías! O Ramiro Isla, daquela exiliado en México coa súa dona Chita-filla do agrarista Francisco Lamas e irmá do debuxante e líder nacionalista bonaerense Francisco Lamas-, argalla canda a Florencio Delgado Gurriarán e o resto de membros do grupo Saudade (Arturo Souto, Carlos Velo, Xosé Caridad Mateo) a edición deste Cancioneiro dedicado a Ánxel Casal, a Xohán Carballeira, a Manolo e Pepe Castelao, e a todos os irmáns, e todos os galegos mortos por Galiza. Ramiroben se lembraba desde México de Manolo e Pepe Castelao, os irmáns Insua, mártires do bou Eva, ós que agochara no seu piso da avenida de García Barbón en Vigo antes de morreren suicidados en abril do 1937. O outro retallo de memoria dos mártires do 12 de novembro apareceu durante os traballos de ordenamento dos Fondos Xaime e Ramiro Isla da Fundación Isla Couto. Un textiño manuscrito inédito de Xaime Isla do ano 1946 titulado "Historia pequeniña dun balandro", e rescatado do esquecemento na fotobiografía editada en 2015 pola Fundación Isla Couto e Editorial Galaxia co gallo do centenario do seu nacemento: Xaime Isla. raíz e utopía de Galicia. En maio dese ano, con motivo do 25 aniversario do Concurso Literario "Xaime Illa Couto" organizado polaSociedade Cultural e Deportiva de Raxó e mais o Concello de Poio, a súa Concellería de Culturaeditou con agarimo e coidado un "Caderno para lembrar" no que recolle este texto onde se lembra con saudades a vida na aldea e mar de Raxó dos mozos Benigno Rey, Luis Poza, Clemente Echeverría e Xaime Isla, todos eles vítimas da represión franquista. Mais no texto tamén aparece unha vítima da violencia impune da Garda Civil naquela parroquia de Poio: o Merlo, morto anos despois dunha malleira. Historia pequeniña do balandro "Nace no ano 1934 polo acordo de tres bos amigos. Luisín Poza, Benigno Rey e Clemente Echeverría. Foi bautizado co nome de Katia e fixada a súa residencia en Raxó. Na infancia brincou forte e lixeiro, coas veliñas brancas polas rías de Marín, Vigo e Arousa, sempre cos tres abordo. Mais morreron os dous primeiros fusilados, despois do levantamento do dezaoito de xullo do trinta e seis, e Clemente ficou preso na súa casa, polo que o barco pasou unha triste mocidade, esquecido de todos, na praia de Sinás. Nos veráns do trinta e oito e o trinta e nove, e quizais o corenta tamén, dou unhas poucas bordadas pola ría de Marín, sempre cerca de Raxó, durmindo algunhas noites á beira do trampolín. Mais roubáronlle as velas e trouxo moitos sinsabores, polo que Clemente Echeverría mandou sacalo da auga. E así, o barquiño, fóra do mar, acantoado na praia, foi perdendo as enerxías, exposto aos ventos do inverno e os ardores do verán. Cando xa morría de vellez e de mágoa, visitárono unha tarde de xullo de 1945 os mozos Xan Manuel, Coca, Martín, Xan, Xaime Illa e o seu amo Clemente (un deles, Martín, condecorado despois coa medalla do mérito naval). E como coidaron da súa lembranza do mar, mandárono reparar polo carpinteiro Lorenzo para botalo de novo á auga, xa vello cos sufrimentos mais sempre animoso, un memorable día do mes de agosto do verán do corenta e cinco (pintadiño de branco por Coca e algúns –mais ben poucos- afeccionados á pintura). E deste xeito, coas velas remendadas e cheo sempre de boa xente, ás ordes do Merlo foi o asombro das andoriñas da escola naval e de todos cantos barcos andaban por aquela ría. Si, non hai dúbida que era un asombro, pois aínda que a auga lle entraba polos mil buracos que tiña e que o vento en vez de animalo a correr xogaba con el no medio do mar, nunca aconteceu ningunha desgraza, sempre chegaba ao peirao no mesmo instante de mergullarse. E era xa tan velliño que tardou unha tarde enteira en dar a volta á illa de Tambo! Acabouse o verán e ficou o balandro só, ao coidado do Merlo, soñando na doce abra da Santa Mariña. E unha noite fría e ventosa do mes de xaneiro deste ano, afogouse aí. Morreu a causa dun forte temporal e polos malos tratos do Merlo. As súas pobres madeiras descansan xa para sempre no fondo daquelas tranquilas augas." Se cadra, aínda que a vida e naufraxio do balandro pode interpretarse como unha metáfora do nacionalismo en Galiza tras a Guerra Civil, debemos lembrar o leitmotiv co que Xaime Isla animou e motivou os esforzos de reconstitución do Partido Galeguista: a realización no fracaso, en expresión tomada do filósofo alemán Karl Jaspers. Será precisamente naquel xullo de 1945 en que o balandro milagreiramente volva navegar, cando o Partido Galeguista dea un sinal de reconstitución organizativa no interior coa asemblea de Coruxo, onde Xaime vén sendo nomeado o seu secretario técnico. Nese mesmo ano, o Ramiro actuaba paralelamente como representante do Consello de Galiza en Bogotá e como enlace cos vascos e cataláns, facendo de vez proselitismo da Causa entre o feixe cativo de galegos residentes en Colombia. E estamos ben certos de que nunha beira e noutra do Atlántico, nas súas responsabilidades nacionalistas, os irmáns Isla Couto, sempre gardaron no corazón a memoria dos irmáns e amigos que perderon a vida polo machadazo brutal da Guerra Civil, como os mártires do 12 de novembro de 1936 na Caeira. 1. O médico Luis Poza Pastrana e o mestre Benigno Rey Pavón eran naturais de Pontevedra. Con 27 anos de idade foronxulgados en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Fusilados o 12 de novembro de 1936 na súa vila natal, as súas mortes ficaron rexistradas oficialmente como hemorraxia interna e colapso cardíaco respectivamente. |
PRAZA_16540 | Babic é quizais o máis descoñecido dos xogadores da lendaria escola iugoslava dos oitenta mais, aínda hoxe, posuidor do récord de puntos anotados nun partido oficial en Europa | Varias persoas (bastantes, en realidade) afeáronme nos últimos meses que no primeiro volume do Bestiario do vestiario non aparecese nin unha soa historia relacionada co baloncesto. Teñen razón, naturalmente. Direilles, como lles dixen a eles, que non foi nada premeditado. É certo que servidor non é un gran seguidor do básquet (non se pode andar a todo), e que certa tendencia dos seareiros a reducir todo un deporte a estatísticas, puntos e palabróns en inglés bótame un pouco para atrás; pero tamén é verdade que houbo unha época na que todos os rapaces das Casas Baratas xogabamos á baralla da Liga de Baloncesto e soñabamos con ser tan guapos coma Jordi Villacampa ou tan bestas coma o Tkachenko. Unha vez sentei nun avión ao lado de Corbalán e da emoción non puiden abrir a boca en todo o traxecto. O baloncesto deu, por suposto, grandes bestas dignas de entrar neste caderno. Por exemplo, Zdenko Babic, quizais o máis descoñecido dos xogadores da lendaria escola iugoslava dos oitenta mais, aínda hoxe, posuidor do récord de puntos anotados nun partido oficial en Europa. 144, nada menos. Babic é quizais o máis descoñecido dos xogadores da lendaria escola iugoslava dos oitenta mais, aínda hoxe, posuidor do récord de puntos anotados nun partido oficial en Europa Guiándonos pola cifra, poderíase pensar que o tal Babic era un fenómeno con pulsos telescópicos, pero non é así. Foi un xogador moi discreto do KK Zadar, un equipo naquela altura eclipsado polos potentísimos Cibona de Zagreb e Jugoplastika de Split. Por riba, en 1985 Babic non era precisamente un craque: nunca estivo na selección e nin sequera nas competicións menores era titular. O récord foi froito da rivalidade entre os seus compañeiros e un xogador que, ese si, foi unha estrela con todas as letras: Drazen Petrovic. Simplemente con mencionar a Petrovic veñen á cabeza tanto a súa habilidade para zafarse do defensa e lanzar como a infinita capacidade de provocación que posuía. A temporada 1985-1986 empezara para el da mellor forma posible: facéndolle nada menos que 112 puntos a un rival moi feble que xogara en Zagreb só con xuvenís, e establecendo así a plusmarca continental de anotación. O doce Drazen tiña daquela 21 anos, pero xa lle dera tempo a coleccionar inimigos en todas as pistas de Europa. En Zadar non o tragaban a metade dos baloncestistas e, sobre todo, non o soportaba o adestrador, Vlado Djurovic, co que se encarara estando os dous no Sibenka. O récord foi froito da rivalidade entre os seus compañeiros e un xogador que, ese si, foi unha estrela con todas as letras: Drazen Petrovic Así que Djurovic deseñou un plan para fastidialo: no seguinte partido, unha previa da extinta Copa Korac, o Zadar enfrontábase ao Apoel chipriota, ao que xa venceran na ida case sen necesidade de correr. A idea era facer que todas as xogadas rematasen no mesmo lanzador, para que este encestase todo o posible e superase a marca. Cando o adestrador o propuxo na caseta, os titulares opuxéronse: aquilo era moi porco, mesmo para servir de escarmento a Petrovic. Só houbo un que non se negara: o pobre Babic, que acababa de chegar ao vestiario. Aínda así, Babic comezou o partido no banco, non fosen torcerse as cousas de principio. En canto saíu, os compañeiros empezaron a poñerllas como llas puñan a Fernando VII: anotou de tres, de dous, de un, de lonxe, de cerca, desde a esquerda, desde a dereita; mentres catro xogadores defendían, el quedaba só debaixo da cesta rival, esperando o pase final; meteu 28 triplas, 16 canastras de dous e 28 tiros libres. Foi o día de gloria dun "suplente que acaba de reincorporarse ao equipo tras realizar o servizo militar", contaba con incredulidade en El País outro mito, Pedro Barthe. Tampouco chistou moito o resultado en Iugoslavia. "Fazaña ou chiste?", preguntaba a prensa o día despois. Babic desapareceu moi pronto do panorama deportivo balcánico; a Petrovic, que no decenio que lle quedaba de vida o sería todo, o récord duráralle cinco días. |
NOS_49986 | A Asemblea Nacional aprobou unha iniciativa presentada polo deputado do Partido Comunista de Venezuela, Yul Jabour. | Após anunciar o ex-presidente do goberno español, Felipe González, que integrará a defensa ad honorem de Leopoldo López, a Asemblea Nacional da República Bolivariana de Venezuela, aprobou unha iniciativa que declara González 'persoa non grata' para o pobo venezolano. A decisión prodúcese días antes da chegada de González ao país para iniciar a defensa de López e logo do aumento da tensión entre ambos os dous executivos polas declaracións do ex-líder socialista. Neste senso, o presidente bolivariano, Nicolás Maduro, afirmou que Felipe González carece de "moral para dicir a palabra Venezuela". Na mesma liña, a chanceler vezenolana, Delcy Rodríguez, afrmou con anterioridade que o ex-presidente "non ten facultades" para exercer a avogacía en Venezuela nen "para entrometerse nos asuntos internos" do país. Aliás, o goberno bolivariano acusa a González de estar "comprometido coa dereita internacional" e de estar a inxerir nos asuntos internos do país caribeño. "É un problema de soberanía", apuntan. O defendido de González, Leopoldo López, foi detido en 2014 por delitos vinculados aos actos violentos acontecidos na capital de Venezuela no mes de febreiro do pasado ano. Feitos que precederon as protestas contra o goberno que se prolongaron durante 4 meses e nas que se rexistraron máis de 40 mortes. |
NOS_45565 | As adegas Martín Códax recibirán o premio honorífico da AXE de Pontevedra o vindeiro 10 de marzo. Así mesmo, a cooperativa foi recoñecida como modelo de negocio que aposta con éxito pola igualdade de xénero pola Consellaría de Emprego e Igualdade. | As adegas Martín Códax serán galardoadas co Premio Honorífico da Asociación Xoves Empresarios (AXE) de Pontevedra. A través deste título honorífico, a asociación quere pór en valor o importante papel que desempeñan outras formas xurídicas como as cooperativas dentro do tecido socioeconómico e en concreto das adegas Martín Códax como modelo colaborativo de referencia para a mocidade emprendedora, tanto dentro como fóra do sector. O presidente da AXE Pontevedra, Jesús Rey Rodríguez, destacou a traxectoria das adegas Martín Códax como modelo a seguir polo seu "constante apoio ao mundo da cultura e da hostalaría, mesmo nos momentos máis difíciles para ambos os sectores tras o impacto da pandemia", polas súas "políticas de sustentabilidade" e "as súas boas prácticas en materia de igualdade", e pola súa "forte orientación cara á internacionalización así como o seu exitoso relevo xeracional". O presidente das adegas Martín Códax, Xoán Allegue, declarou, nunha conversa con Nós Diario, que na empresa séntense moi alegres, "pois este premio significa un recoñecemento á nosa organización colaborativa e pon en valor outro modelo de empresa que nós representamos, como son as cooperativas". Neste sentido, o presidente das adegas Martín Códax lembrou a historia de máis de 30 anos da institución e engadiu que desde a dirección da empresa están "moi orgullosos de que os nosos socios máis novos, herdeiros daqueles emprendedores fundadores de finais dos anos 80, sigan investindo cada día en viñedos novos, máis sostíbeis e innovadores, posibilitando así que as nosas adegas sexan cada vez máis competitivas e recoñecidas nos mercados máis esixentes". Así mesmo, Allegue afirmou que "as nosas exportacións, que chegan a máis de 50 países, convértenos en referentes da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas e do viño 100% Albariño". A gala de entrega de premios que outorga AXE Pontevedra decorrerá o próximo 10 de marzo no pazo O Castriño, en Vilagarcía de Arousa. Distinción como modelo de igualdade O de AXE Pontevedra non é o único recoñecemento que nestes días teñen as Adegas Martín Códax. De facto, veñen de ser distinguidas pola Consellaría de Emprego e Igualdade nun acto realizado en Compostela o pasado 22 de febreiro con motivo do Día Europeo da Igualdade Salarial. Neste foro, Martín Códax foi sinalado como modelo de negocio que aposta con éxito pola igualdade de xénero. Esta cooperativa deu grandes pasos desde a súa fundación en 1985 dentro dun ámbito tradicionalmente percibido como masculinizado. Na actualidade, o grupo adegueiro conta cun cadro de persoal formado por 46% de homes e 54% de mulleres, respectivamente. Porén, en 1991, cando a cadro estaba formado por 8 persoas, 75% eran homes e 25% mulleres. A empresa destaca entre os seus principios o respecto da igualdade salarial, a presenza de mulleres en postos de dirección e as medidas de conciliación entre a vida laboral e familiar nun cadro no que actualmente 34% do persoal ten crianzas menores de 12 anos. Asociacionismo nunha terra marcada polo minifundio O presidente das adegas Martín Códax, Xoán Allegue, sinalou a Nós Diario que o éxito da empresa, "con 500 familias en diversas bodegas e ofrecendo apoio a pequenos viticultores", corrobora que "nunha estrutura de minifundios" e a través dun "modelo de organización colaborativa" pódese crecer e ser competitivos no mercado. Este feito, e as distincións obtidas, valorizan as cooperativas, tanto no sector vitivinícola como fóra del. |
PRAZA_17030 | CON VÍDEO | O antigo presidente de Caixanova e NCG admite no Congreso que a colocación de preferentes derivou en "auténticos dramas" pero lígaa, non obstante, á "boa fe" A empresa que estudou a fusión das caixas reitera que non existiu a "auditoría" esgrimida pola Xunta como aval á operación | A empresa que estudou a fusión das caixas reitera que non existiu a "auditoría" esgrimida pola Xunta como aval á operación En xuño de 2013 o que fora presidente de Caixanova e despois copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, tivo que comparecer na comisión de investigación do Parlamento de Galicia sobre a fusión da entidade que el encabezou con Caixa Galicia. O que fora señor da caixa do sur empregara un ton displicente e dedicara boa parte da súa intervención a eloxiar a súa propia xestión ante os membros da Cámara, que o animaran sen éxito a pedir perdón por algúns dos aspectos máis controvertidos dos últimos anos das entidades, como a colocación de participacións preferentes a persoas sen coñecementos financeiros. Case media década despois Fernández Gayoso estaba citado este martes novamente nunha Cámara parlamentaria. Foi no Congreso dos Deputados, na comisión que investiga a crise financeira, á que chegou menos dun ano despois de pasar sete meses no cárcere como resultado da súa condena no caso das indemnizacións millonarias. O antigo dirixente volveu ser xeneroso en eloxios co seu propio labor tanto en Caixanova como antes en Caixavigo, pero empregou un ton ben diferente ao daquela intervención de 2013 e desta volta si deu en desculparse polas preferentes, produtos cuxa venda si volveu ligar, así é todo, á "boa fe". Gayoso admite que a colocación de preferentes derivou en "auténticos dramas" pero lígaa, non obstante, á "boa fe" Como xa manifestara no Parlamento e tamén ante o propio Congreso en 2012, Gayoso admitiu que el sempre estivo "en contra" da fusión con Caixa Galicia porque era partidario da "receita" que "aplicaron todas, a unión entre caixas de distintas comunidades" porque evitaría "solapamentos" e, daquela, medidas "traumáticas" como grandes números de peches e despedimentos. "O Banco de España pensaba o mesmo", asegura, se ben afirma que a unión deu en producirse porque a Xunta non admitiu ningunha outra posibilidade. Tras ser cuestionado por Yolanda Díaz, deputada de En Marea, a respecto das preferentes o ex-banqueiro asegurou que estes produtos supuñan -"en Caixanova", recalcou- unha "cifra modesta", uns 300 millóns de euros "sobre un balance de 30.000 millóns" e foran lanzadas sen "intencionalidade de facer cousas estrañas". No entanto, admite, deron lugar a situacións "dramáticas". "Os empregados non se ían enganar a si mesmos", xustifica o ex-presidente de Caixanova e NCG, quen reitera que era contrario á fusión con Caixagalicia "Sei que deu lugar a auténticos dramas" cando desapareceu a posibilidade de que clientes que as subscribiran non tiñan a posibilidade real de desfacerse delas a partir do ano 2011, isto é, xa coa entidade fusionada. É por iso, afirma, que "inclúe" o acontecido no "perdón de erros" que quixo manifestar ante a comisión. Tratouse, matizou, "erros que puidemos cometer de boa fe", xa que as preferentes tamén foron mercadas por "centos de empregados" da propia Caixanova e "milleiros de familiares". "Os empregados non se ían enganar a si mesmos", agregou. No marco da "autocrítica" engadiu tamén Gayoso desta volta que, mesmo antes a fusión, "tiña que ter tomado medidas moi duras" para garantir a viabilidade futura da entidade durante a crise, tales como pechar oficinas "en vilas pequenas" nas que "perdiamos diñeiro" ou limitar a concesión de créditos. Esas medidas, admite, nunca chegaron nuns anos nos que Caixanova protagonizou unha rápida expansión estatal e internacional, da que o ex-directivo se gabou abertamente. "Acúsome de non ir antes á expansión internacional; as caixas foron moi tímidas na expansión internacional e a banca deunos un baño", dixo. |
NOS_48571 | Entre as actividades de recoñecemento ao cineasta polo 25 aniversario da súa morte haberá un proxecto para crianzas feito en exclusiva polos contadores de Polo Correo do Vento. | O Festival de Cans homenaxea na súa XVII edición o cineasta Chano Piñeiro (1954-1995), con motivo dos 25 anos do seu falecemento. Desde a organización falan do director de Forcarei como "pai do cinema galego contemporáneo, [...] chave na posibilidade de ter un cinema propio en lingua galega". O recoñecemento terá lugar a través de varias actividades transversais ao longo de todo o certame, de 2 a 5 de agosto, que inclúen o propio cartaz coa bicicleta voadora de Caladiño, unha das súas personaxes máis emblemáticas. Cans inaugurará unha rúa "efémera" co nome do director durante os catro días do festival, que se recuperará cada edición. Estarán presentes no acto a quinta feira a viúva do cineasta, Mari Luz Montes, e Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa, que asistirán logo a un coloquio no Baixo de Carlos. O evento, limitado a 25 persoas, rematará coa proxección de Mamasunción, cun subtitulado especial para persoas con discapacidades auditivas. Para crianzas Por último, estrearase o sábado "Chano Piñeiro, vida contada", proxecto creado en exclusiva polos contadores de Polo Correo do Vento, que narrarán para crianzas a vida e as chaves cinematográficas do creador, cun formato que emprega debuxos feitos a semellanza dos que se empregan na preparación das películas, os story boards. As entradas, 25 como máximo, véndense a tres euros. |
PRAZA_3602 | A lexislación do Estado prevé multas para a "desobediencia ou resistencia" ás restricións impostas en emerxencias ou estados como o de alarma | O Real Decreto que activa o estado de alarma tamén inclúe, no seu artigo 20, unha referencia ás sancións por incumprir as medidas en vigor para evitar o espallamento do coronavirus. Concretamente, indica que o "incumprimento ou resistencia ás ordes das autoridades competentes no estado de alarma" -o Goberno de España- será sancionado atendendo á lei que regula esta previsión constitucional, aprobada en 1981.Esa lei, no seu artigo 10, advirte con sancións "segundo o disposto nas leis". Agrega ademais que se o incumprimento vén do funcionariado ou dunha autoridade pública, estes poderán ser "suspendidos de inmediato" nas súas funcións. Mesmo poderían pasar a disposición xudicial e o seu cargo, asumido de feito polo Estado.A lexislación do Estado prevé multas para a "desobediencia ou resistencia" ás restricións impostas en emerxencias ou estados como o de alarmaA cuestión neste punto é a que leis se refire para coñecer as sancións. Como informa Civio, fontes do Goberno de España citadas pola axencia Servimedia remítense á lei de seguridade cidadá, isto é, á coñecida como lei mordaza, aínda vixente nos termos aprobados polo Goberno de Mariano Rajoy. Esa norma establece que é sanción grave, por exemplo, "a desobediencia ou a resistencia á autoridade ou aos seus axentes no exercicio das súas funcións, cando non sexan constitutivas de delito". No caso de que fose así, algo que non queda claro na redacción do decreto, a multa sería de entre 601 e 30.000 euros.Outra norma que podería ser de aplicación neste caso é a lei de protección civil do ano 2015, que cualifica como "emerxencia de interese nacional" aquelas que requiran a aplicación do estado de alarma, excepción ou cerco. Nese caso, o incumprimento de "ordes, prohibicións, instrucións ou requirimentos" das autoridades é considerado "infracción moi grave", sancionada con multas de entre 30.000 e 600.000 euros.Segundo fontes consultadas por Praza.gal, as forzas de seguridade recibiron xa instrucións con indicacións sobre ambas leis. Tamén, asemade, un recordatorio do estipulado no Código Penal sobre os delitos de "atentado contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos" e mais de "resistencia e desobediencia. Neste caso, ás multas engádense tamén previsións de penas e prisión. |
PRAZA_17215 | O filme sobre o líder nacionalista supón o primeiro traballo da produtora OlloVivo, que incluirá tamén un webdoc e que prevé a súa estrea na primavera de 2019. O proxecto "libre e crítico" abre un espazo para apañar achegas cidadás. O líder nacionalista pon en marcha o Obradoiro de Ideas Láncara, que se presenta este martes | O líder nacionalista pon en marcha o Obradoiro de Ideas Láncara, que se presenta este martes Un documental con Beiras. Iso é o que pretende ser a primeira longametraxe de OlloVivo, unha produtora audiovisual constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón. Este primeiro proxecto "libre e crítico" será construído, como aclaran, "integramente con achegas cidadás" e comeza o seu camiño co obxectivo de que o documental se estree na primavera de 2019, momento no que tamén estará dispoñible un webdoc cunha morea de material xerado durante a rodaxe. O documental sobre Beiras é o primeiro proxecto da produtora OlloVivo, constituída por Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón Beiras.Vivir2Veces, así se chamará o filme, abrirá un espazo en Verkami, plataforma de creación colectiva, desde onde aquela xente que queira colaborar "poderá decidir como axudar a construír o proxecto". Segundo a produtora, o documental será unha película "con Beiras" e non sobre Beiras, co que intentará repasar a súa traxectoria seguindo dúas pistas: "os lugares que mellor o identifican e as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas". Todo trenzado cunha das "actividades predilectas" do protagonista: a conversa. Ademais, o documental buscará tamén "o encontro con algunha da xente coa que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa". "Estaba pendente abordar nun documental algo do que é Beiras, cal é a súa vida, cales son as súas vidas" Desde OlloVivo lembran que Xosé Manuel Beiras "é unha das figuras políticas e intelectuais máis destacadas dos últimos 50 anos en Galicia" e un "referente ideolóxico para boa parte do nacionalismo e a esquerda deste país". "Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador… Xosé Manuel Beiras é un e moitos", din. "Con todo, estaba pendente abordar nun documental algo do que é, cal é a súa vida, cales son as súas vidas", insisten os impulsores do traballo. Vivir2Veces from OlloVivo on Vimeo. A produtora, segundo explica, ofrece "a oportunidade de participar de forma activa desde o inicio na construción dun audiovisual histórico e necesario". "Convidámoste a formar parte da súa creación colectiva; poderás recibir recompensas únicas e participar durante todo o proceso de elaboración do proxecto como un máis deste equipo", explica. |
NOS_22273 | Desde o sindicato FAC-USO instan a Consellaría do Medio Rural a presentar alegacións contra estas sancións e reclamar a súa anulación, dado que a situación de emerxencia xustifica o exceso de velocidade. | Estes días é frecuente escoitar polas estradas do país as sereas dos vehículos de emerxencias que acoden ás présas a sufocar os incendios forestais que inzan no monte galego nun verán especialmente afectado, con máis de 42.000 hectáreas calcinadas no último mes. Porén, a ollos da Garda Civil de Tráfico, as emerxencias non son motivo para eludir as limitacións de velocidade. Así o vén de denunciar a Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira (FAC-USO) na Galiza: "Están a chegar aos distritos forestais propostas de sanción, a instancia de Tráfico, por exceso de velocidade, cando acudían ás emerxencias". Desde FAC-USO consideran "moi curioso" que desde os distritos forestais "se estean limitando a identificar o condutor do vehículo, que acudiu, como motobombista, durante a súa xornada laboral, a prestar servizo na loita contra os lumes que durante este verán están a asolar a Galiza, especialmente no pasado mes de xullo". Os incendios cébanse co sueste do país Así, inciden en que a Consellaría do Medio Rural "incumpre, máis unha vez, co persoal do servizo de prevención contra incendios forestais (SPIF), cando realiza simplemente un informe, mais non se presentan nin alegacións á proposta de sanción nin se solicita a súa anulación", malia tratarse dunha situación "xustificada" pola situación de urxencia. Mesmo nalgún caso, lamentan, os axentes de Tráfico teñen indicado ao condutor que a multa é de cen euros, mais que se a abona ao momento baixa á metade. Porén, lembran, "acollerse ao pagamento reducido implica na práctica a imposibilidade de recorrer". "Semella claro que nunha situación de emerxencia, co rotativo posto, cando o condutor circulaba pola autoestrada ou pola autovía para acudir o máis urxentemente posíbel ao lugar do territorio galego que estaba ardendo, resulta xustificábel que se dea traslado aos servizos xurídicos da propia Consellaría para que formulen, en todos os casos, os pregos de descargos correspondentes", engaden. Francisco Díaz-Fierros: "As políticas curtopracistas non serven para o monte" Insisten así desde FAC-USO en que Medio Rural debe formular alegacións e instar a anulación destas multas, ao tempo que salientan que xa denunciaron con anterioridade que se estaba a obrigar o persoal a prolongar a xornada laboral alén das doce horas, imcumprindo o convenio colectivo, con só dous ou tres bombeiros nalgúns casos, "por non ter cuberto as baixas e prazas vacantes". |
NOS_13619 | "Dixéronnos que nos afixésemos a ficar sen 'peonadas', que era unha decisión política que viña de arriba, porque había que compensar a sanidade privada polas perdas ocasionadas pola COVID-19". Nós Diario tivo acceso ao testemuño dunha persoa que participou nunha das reunións convocadas polas xerencias das áreas sanitarias para organizar a actividade asistencial de cara aos próximos meses, nos que se prevé que o peso do sector privado sexa aínda maior do que xa é. | Axudas do fondo autonómico sanitario. Isto é o que pediu esta semana á Xunta da Galiza a patronal da sanidade privada a través da Alianza da Sanidade Privada Española e da Asociación de Hospitais da Galiza (Ahosgal) -que integra os grupos Quirón, HM, Vithas, Povisa, Cosaga e Polusa, entre outros- en compensación polas perdas derivadas da crise da COVID-19. Na Galiza "100% dos hospitais víronse na obriga de contratar persoal adicional, mentres descendían as intervencións cirúrxicas (82%), as probas diagnósticas (77%), as urxencias (75%) e as consultas (68%) pola desprogramación asistencial ordenada polo Sergas", recollen nun comunicado de prensa, no que non se pronuncian a respecto de medidas denunciadas polos sindicatos en empresas como HM, que convidaba os traballadores e traballadoras a coller as vacacións durante o pico da pandemia e a optar por permisos ou suspensións de emprego e soldo. A patronal da sanidade privada calcula que nos dous primeiros meses do estado de alarma, os centros privados perderon o 80% da actividade, o que representa uns 40 millóns de euros. Os últimos datos dispoñíbeis, de Ahosgal, indican que os hospitais privados facturaron en conxunto 326 millóns de euros en 2018. Malia a instrución 6/2020 do Sergas, a Xunta apostou pola instalación de hospitais de campaña -que finalmente non foron empregados- mentres deixaba sen uso as infraestruturas privadas. Calcula que ficaron libres durante o pico da pandemia o 40% das camas e unhas 79 prazas UCI, con posibilidade de sumarlles outras 52. Nesas semanas, falecían en residencias de maiores, sen seren ingresadas, un mínimo de 132 persoas, segundo os datos oficiais fornecidos pola Consellaría de Sanidade. Aínda que a Xunta da Galiza non o confirmou de maneira oficial, xerencias de áreas sanitarias nas que se organiza o sistema galego avisaron xefaturas de servizo para advertilas de que reducirían as peonadas -termo co que se denomina a realización de actividade clínica fóra da xornada ordinaria do persoal sanitario- en quirófanos nos próximos meses. A razón: o incremento das derivacións a centros hospitalarios privados. "Dixéronnos que nos afixésemos a ficar sen peonadas, que era unha decisión política que viña de arriba, porque había que compensar a sanidade privada debido ás perdas ocasionadas pola COVID-19". Así o explica a Nós Diario unha das persoas que participou nunha das reunións convocadas para organizar a actividade asistencial de cara aos próximos meses. "Previamos que se incrementase a actividade polas tardes, debido á parálise que supuxo o coronavirus, mais vemos que xa se están a derivar de forma masiva pacientes a centros privados", afirma esta mesma fonte. O Sergas, preguntado por este medio, eludiu ofrecer a súa versión. As portas xiratorias: PP e sanidade privada A relación do PP coa sanidade privada ten nomes e apelidos. De feito, a carreira profesional do conselleiro de sanidade, Jesús Pérez Almuíña, está ligada a Povisa, onde traballou como coordinador dos servizos de arquivo e documentación clínica e de atención ao paciente. Tamén foi xefe do servizo de recepción e xestión de pacientes e médico nas Urxencias do citado hospital, tal e como informa o seu currículum, que pode consultarse na páxina web do Sergas. A maioría dos hospitais privados que operan na Galiza están en mans de grupos sanitarios foráneos, agás os casos do San Rafael, na Coruña, Juan Cardona, en Ferrol, Cosaga e O Carme, en Ourense, e Polusa e Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo. A accionista de referencia de HM (Hospitales Madrid) é a familia Abarca Cidón, favorecida pola política de concesións dos Gobernos do PP na Comunidade de Madrid. Outro dos xigantes do sector, o grupo Vithas, está tamén presente na Galiza, a través da clínica Nosa Señora de Fátima de Vigo. Ademais, a multinacional alemá Fresenius, primeiro operador sanitario privado de Europa e do Estado español, controla a través de Quirón Salud o antigo hospital Santa Teresa da Coruña e mais o Miguel Domínguez de Pontevedra, a onde o Sergas deriva centos de pacientes da área sanitaria de Vigo. O xefe de Medicina Interna deste hospital pontevedrés é o portavoz do PP no Concello, Rafael Domínguez. Mar Vélez é a directora médica desde 2016, despois de ocupar altos cargos no Sergas. Ocupouse da xestión e coordinación de toda a actividade asistencial da área sanitaria de Vigo de abril de 2013 a novembro de 2015. (Podes ler o artigo íntegro no teu Nós Diario de hoxe, á venda no teu quiosque, libraría, tenda, gasolineira ou na nosa loja) |
NOS_39672 | O alcalde decidiu non contratar brigadas forestais este ano, a pesar de que o municipio contaba con dúas durante o Goberno do BNG. | A Consellaría de Medio Rural vén de informar dun incendio que comezou ás 17.43 horas no concello de Castrelo de Miño e que a esta hora xa arrasou vinte hectáreas de terreo forestal, segundo as primeiras estimacións provisionais. Todos os grandes incendios foron xa estabilizados ou controlados Neste sentido, Nós Diario puido falar cun veciño do municipio que denuncia a "alarmante" falta de medios municipais para facer fronte ás lapas, ao tempo que avisa que o lume está a avanzar "moi rápido" e achégase ás aldeas, o que obrigou a evacuar varias casas de Traveso e Noallo de Abaixo. Otra perspectiva del incendio de Castrelo Do Miño a la llegada de #Brif Laza. Mucha continuidad de combustible, va a ser duro. pic.twitter.com/1miGfCjKBi— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 27, 2022 Segundo explica este veciño, Castrelo do Miño contaba até hai pouco con dúas brigadas de prevención de incendios forestais, contratadas durante o Goberno do BNG. Porén, o actual alcalde, Avelino Pazos Pérez (PP), optou por non contratar este ano ningunha brigada forestal. 25 veciños e un bombeiro forestal con motobomba evitan que o lume arrase a parroquia de Folgoso "Xa non é o que pasa noutros concellos, que a Xunta chega tarde a asinar os convenios das brigadas. Aquí o alcalde decidiu que non era necesario contratar ningunha. Faino todo para borrar calquera medida que levase a cabo o BNG no concello", denuncia este veciño. Motobomba avariada Aliás, o Concello tamén conta cunha motobomba, comprada na época en que a formación nacionalista ocupaba a Alcaldía, pero que agora se atopa avariada. Bombeiros cargan contra unha Xunta "que non estaba preparada" para os incendios "O alcalde explicou no último pleno que había que arranxar a motobomba, polo que nin sequera se atopa na comarca", detallou este veciño a Nós Diario, para despois criticar que o tractor municipal tampouco conta cunha cisterna para poder botar auga ás lapas "porque o alcalde decidiu vendela". "Só contamos cos poucos medios que enviou a Xunta, que non son suficientes", lamenta o veciño. Segundo Medio Rural, están despregados no concello seis avións, catro helicópteros, catro motobombas, oito brigadas, tres axentes, unha pa e un técnico. Óscar Carrete, voluntario nos labores de extinción: "Moito posto de mando avanzado e isto é un caos, importámoslles un 'nabo' ás Administracións" Porén, este veciño denuncia que o Goberno galego non desprazou ningún hidroavión até a zona, polo que os labores de extinción están a ser insuficientes para controlar o incendio que segue a avanzar por Castrelo de Miño. |
NOS_700 | A escuadra olívica despide a Liga cun empate sen goles ante o equipo revelación do torneo. | Acabou a Liga... por agora. O Real Club Celta de Vigo xogou na noite de onte ante o Raio Vallecano (0-0) o seu último partido ligueiro até o próximo 31 de decembro a causa da disputa do Mundial, sendo incapaz de sumar a que tería sido a súa primeira vitoria desde o 2 de outubro. Non obstante, o empate sen goles non é de todo unha mala nova, pois o combinado celeste levaba sen deixar a cero a súa porta, precisamente, desde ese triunfo (1-0) ante o Betis a comezos do mes pasado. Carvalhal, perfectamente consciente dese problema, escolleu de saída Marchesín; Kevin, Aidoo,Unai Núñez,Mingueza,Javi Galán; Renato Tapia, Gabri Veiga, Carles Pérez, Franco Cervi; Gonçalo Paciência. A principal diferenza con respecto ao anticipado nas páxinas de Nós Diario foi a aposta por Cervi en lugar de Fran Beltrán e Carles Pérez por Iago Aspas, esta última obrigada por un pequeno problema físico do dianteiro. Con esa estratexia 5-4-1 Carvalhal pretendeu solucionar as evidentes carencias defensivas do equipo, reforzando a liña cun home máis ao mesmo tempo que xuntaba filas cedéndolle a pelota ao Raio Vallecano coa idea de sacar petróleo nalgún contraataque, algo que case logran Paciência nos intres iniciais do partido e un velocísimo Carles Pérez transcorrido o primeiro cuarto de hora de encontro. Mais, coa excepción deses momentos puntuais, o primeiro tempo foi un monólogo do equipo local, que topou unha e outra vez contra o muro defensivo tecido polo técnico portugués. A reanudación trouxo consigo un aparente desexo do Celta de, canto menos, maquillar unhas estatísticas de posesión que lle eran moi desfavorábeis, mostrando un 62,5-37,5% a prol do Raio durante os primeiros 45 minutos. O xogo combinativo parecía o novo plan, pero pasados 10 minutos ambos equipos recuperaron o statu quo anterior e o madrileño tomou de novo a iniciativa, volvendo encerrar o olívico fronte á súa área, probando sorte infrutuosamente con disparos desde lonxe. Con Iago Aspas no terreo de xogo -en substitución dun activo Paciência- desde o minuto 64 medraron as esperanzas de ver un novo Celta co xenio de Moaña sobre o céspede, pero a afección viguesa tivo que conformarse coas táboas. |
PRAZA_11627 | O seguimento do paro é do 95% e o persoal mobilizouse nun ambiente "crispado e de indignación" contra a empresa tras botar catro persoas aproveitando o aval do Constitucional aos despidos por baixas xustificadas. | As instalacións na Coruña de Extel, empresa de telemárketing subcontrata de Movistar e pertencente ao grupo Adecco, baleiráronse este luns na folga de 24 horas convocada en protesta polos despedimentos "por enfermar" denunciados polo comité de empresa. O seguimento do paro na quenda da mañá foi, segundo delegados sindicais, do 95%, accedendo ao seu posto de traballo unicamente persoas con algún cargo de responsabilidade pero ningunha das que exerce como teleoperadora. O seguimento da folga na quenda da mañá foi do 95%; o persoal mobilizouse nun ambiente "crispado e de indignación" contra a empresaO aval do Tribunal Constitucional ao despedimento obxectivo por faltar un número determinado de días ao traballo, aínda que sexa por unha enfermidade e de forma xustificada, cebouse co sector do telemárketing, un dos máis precarizados. A empresa Extel tirou desta posibilidade agora lexitimada pola Xustiza para despedir catro persoas na Coruña nunha semana, tres delas no mesmo día. A decisión é considerada polo comité de empresa unha "estratexia" da compañía para prescindir de persoal "sen necesidade de ERE e maior conflito". As sospeitas son que estes despedimentos non serán os últimos. De feito, eses despidos chegaron pouco despois de que a empresa decidise mudar un criterio que sempre aplicara. O 25 de novembro, Extel comunicou ao persoal que deixaba de admitir os xustificantes médicos por repouso e que obrigaba a coller baixas de un día. Para os sindicatos con representación, o único obxectivo da medida era "executar despedimentos por absentismo". Catro días máis tarde, executáronse tres despidos de vez en virtude do artigo 52 do Estatuto dos Traballadores. Unhas xornadas máis adiante, outro. Sempre no último día da semana. Coincidindo coa folga, ducias de persoas concentráronse ante a sede da empresa na Coruña. "As nosas vidas son máis importantes que os beneficios destes mangantes", berraban os concentrados, que denunciaban nas súas pancartas a "escravitude laboral" e os "despidos por enfermar" e que sinalaban tamén a Movistar e Adecco. Extel aproveitou o aval do Constitucional aos despidos por baixas xustificadas para botar catro persoas nunha semana"A valoración, tanto da folga como da mobilización, é boa", di Adrián García, delegado de CGT --o sindicato con maior representación--, no medio dun ambiente "crispado e de indignación" coa compañía que, segundo aclara, "non fixo ningún movemento nin amosou intención ningunha de querer falar ou chegar a un acordo". A clave agora, para saber a posición da compañía, será o vindeiro 16 de decembro. Logo de que fosen rexeitados os partes de repouso para xustificar unha baixa, a CGT presentou un conflito colectivo que será resolto no servizo de mediación (SMAC), onde tamén hai convocada unha mobilización que coincide cun paro de catro horas ese mesmo día. O aval do Constitucional ao despido por enfermidadeHai tan só unhas semanas, o Constitucional avalou o despedimento por causas obxectivas en 2016 dunha traballadora dunha empresa que alegou que se ausentara nove días dos corenta hábiles en dous meses consecutivos, máis do 22% das xornadas. Malia ser ausencias xustificadas, agás unha, mediante baixas por incapacidade temporal, o alto tribunal deulle a razón. Aludiu a compañía ao artigo 52 do Estatuto dos Traballadores, introducido coa reforma laboral de 2012. Nel sinálase que son causa de despido obxectivo "as faltas de asistencia ao traballo, aínda xustificados pero intermitentes, que alcancen o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos sempre que o total de flatas de asistencia nos doce meses anteriores alcance o 5% das xornadas hábiles ou o 25% en catro meses discontinuos dentro dun período de doce meses". O sector de telemárketing sufriu en Galicia xa cinco despidos avalados na sentenza do Tribunal ConstitucionalExtel tirou dese artigo e dese aval xudicial para executar catro despidos nunha semana. A final desta, os representantes do persoal na empresa temen que haxa máis e que esa sexa a fórmula que use para "adelgazar" o número de traballadores sen necesidade de aplicar un ERE "nin crear un conflito máis grande". Con todo, o de Extel non foi o primeiro caso. No mesmo sector, a empresa Konecta, con sede en Bergondo, despediu no pasado mes de outubro un delegado sindical de CCOO "por poñerse enfermo", tal e como denunciou o sindicato, logo de aplicar o mesmo artigo 52 malia estaren as baixas xustificadas. "Unha mostra máis do grao de deshumanización ao que nos ten acostumados esta firma", denunciara Comisións. |
NOS_52619 | O fotógrafo coruñés presenta hoxe un filme no que se conta a historia dos irmáns Mayo, uns fotógrafos republicanos coruñeses que tiveron que fuxir a México onde montaron a axencia de Hermanos Mayo. | En realidade, os irmáns Mayo apelidábanse Souza pero puxéronlle de nome á axencia Mayo polas súas simpatías proletarias. Naceron e medraron na Coruña, pero a morte de seu pai obrigounos a ir a Madrid onde remataron dedicándose ao fotoxornalismo. Paco, Cándido e Julio fundaron a axencia ao comezo da Guerra Civil e traballaban fundamentalmente para revistas esquerdistas como Mundo Obrero ou Renovación. Fixéronlle seguimento da actividade política de Dolores Ibárruri, por exemplo, e tiveron ocasión de fotografar a Revolución de Asturias de 1934. Coa derrota da República, os irmáns deciden marchar a México e fundar alí a axencia, onde se converterán nunha referencia nacional. Publican imaxes en revistas internacionais do talle de Life ou Time e reciben importantes galardóns como o Premio Nacional de Xornalismo en 2007. En 1994 doaron todo o seu arquivo, formado por cinco millóns de negativos, ao Arquivo Nacional da Nación. "En México son unha auténtica institución, eran moi queridos", sostén Lobato, quen presenta esta noitiña no Fórum Metropolitano unha fita baseada en 6 horas de entrevista co único dos irmáns que vive, Julio. "Todo partiu dunha exposición de fotografías dos Hermanos Mayo da Guerra Civil. Conseguín traer de México a Julio Mayo con noventa e pico de anos, un tipo cunha cabeza impresionante, e decidín gravalo porque me pareceu unha oportunidade excepcional e histórica ter diante un supervivinte da Guerra Civil que nos fala da súa historia en primeira persoa", explica o fotógrafo. No filme Julio conta "todas as súas peripecias, a Guerra Civil, o exilio en México cando montan a axencia fotográfica Hermanos Mayo. Alí veremos a conversa e todo un percorrido pola Coruña que el viviu. E as fotos da Guerra Civil, eran fotografías que atopei na Biblioteca Nacional en Madrid", remata Lobato. Poden ver o filme na web de Xurxo Lobato ou en Youtube: |
NOS_28690 | Haivos de todo nesta finde. Botádelle un ollo á oferta. | Sexta feira Contacontos ilustrado en homenaxe a Maruxa Mallo Pontevedra Biblioteca Pública Antonio Odriozola 18.00h Sesión de contos e un obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento. Unha actividade en que se celebra o Día da Ilustración. A maleta de Don Attilio Arteixo Auditorio do Centro Cívico Cultural 18.30h Espectáculo de teatro infantil da compañía Viravolta con amores (im)posíbeis entre unha marioneta de luva fina e unha marioneta pobre. Fitness Vigo Rúas de Vigo 18.00h A pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos para interactuar cos transeúntes. Espectáculo teatral da compañía Ibuprofeno Teatro. Sábado I Encontro de Mulleres Repentistas da Galiza Vila de Cruces Auditorio Xosé Casal O encontro nace coa finalidade de destacar a vitalidade actual da regueifa como actividade artística e comunicativa. A xornada inclúe unha asemblea de mulleres repentistas, obradoiro de regueifa feminista, espectáculo de improvisación en verso, homenaxe á brindeira Angelita de Baño e á cantareira e pandereteira Xosefa de Bastavales e unha foliada final. IV Serán Pousos da Area Marín Multiusos do Mercado de Abastos 18.00h Postos de artesanía, xogos tradicionais para crianzas e maiores, serán con orella, chocolate con rosca e queimada co tradicional conxuro. Luar na Lubre Santiago de Compostela Auditorio Abanca 21.00h O primeiro concerto da xira "XXX Aniversario", preséntase con convidados especiais como a Coral de Ruada ou Ismael Serrano, entre outros. Sés Ourense Teatro Principal 20.30h Concerto de presentación do seu cuarto e máis recente traballo discográfico, Opoñerse á extinción, cargado de forza, orgullo e vitalismo. Toda a fin de semana Exposición Correa Corredoira A Coruña Fundación Luís Seoane Aberta até o 21 de maio Exposición en que se ofrece unha retrospectiva da obra de Xabier Correa Corredoira (A Coruña, 1952). A mostra abrangue a súa produción pictórica e amosa un centenar de obras dun artista que formou parte de colectivos como Atlántica ou iniciativas como Gruporzán. Unha figura fundamental para entender a arte e a cultura desenvolvida en Galiza. |
NOS_29359 | O ministro de Fomento ratifica que o goberno español mantén titularidade da autoestrada. Feijóo destaca a importancia do paso mais afirma que a Xunta continuará a demandar o traspaso. | O Estado español non vai soltar a AP-9 e mantén a titularidade da principal infraestrutura terrestre do noso país. Pouco pesou a petición unánime do Parlamento galego de transferencia da autoestrada –unha proposición de lei en orixe do BNG, unha iniciativa que continúa 'vetada' para o debate no Congreso- .O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que esta segunda feira se reuniu en Compostela co presidente da Xunta, anunciou que esta é unha vía de titularidade estatal e polo tanto debe de continuar en mans do Estado. Iso si, acepta que se cre unha comisión bilateral "ao máis alto nivel" entre ambas as dúas administracións, española e galega, para que a Xunta poida participar en decisións sobre a xestión da autovía. "Ese é o compromiso, que nos coordinemos, que as decisións se tomen desde a lealdade e de forma partillada", manifestou o ministro. A previsión do titular do departamento de Fomento é que xa en xaneiro teña lugar unha primeira xuntanza desta comisión, encontro no que se analice a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura. Ana Pontón (BNG) e Luís Villares (En Marea) salientan que Feijóo traizoa o acordo unánime do Parlamento de Galiza ao tempo que evidencia o seu escaso peso político perante o goberno central Feijóo e as bonificacións De por parte, Núñez Feijóo destacou a importancia de que "por primeira vez" haxa unha xestión conxunta Estado-Xunta desta vía, se ben anunciou que o goberno galego non se conforma e vai continuar a demandar o traspaso da titularidade. O mandatario galego destacou o compromiso do Estado, que asume financiar na súa integridade as bonificacións das peaxes de Rande e A Barcala. "Galiza invistiu en bonificacións dunha autoestrada do estado 52 millóns de euros, 6 millóns por ano", laiouse Feijóo. A respecto do AVE, o ministro dixo que existían "dificultades técnicas" dun tramo de 18 quilómetros, deixando no ar a conclusión das obras, prevista para 2018. Tamén anunciou Íñigo de la Serna que agarda poder reunirse coas vítimas do sinistro de Angrois antes de finalizar o presente ano. Reaccións A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegura que a reunión entre o ministro de Fomento e o presidente da Xunta confirma que o Goberno central veta a transferencia da AP-9 malia ser unha reclamación unánime do Parlamento, e que Feijóo acepta ese veto rompendo a unidade no Parlamento e amosando, de paso, "o seu escaso peso político en Madrid". É unha pena que non aproveitara esta xuntanza para dicirlle ao ministro de Fomento que non entendemos desde Galiza como se pode dicir que hai miles de millóns de euros para rescatar unhas autoestradas absolutamente ruinosas –as radiais madrileñas- e, ao mesmo tempo, se nós diga que non hai nin un só euro para rescatar aos galegos e as galegas dunhas peaxes abusivas", alegou. Luís Villares, portavoz parlamentar de En Marea, a decisión de "adiar indefinidamente" a transferencia da AP9 é "un signo de debilidade politica de Feijóo con respecto a Rajoy". Para Villares "o feito de que Feijóo sexa incapaz de facer valer o acordo político do Parlamento de Galiza e da posición unánime do seu país e de comportarse como un verdadeiro presidente de Galiza di bastante pouco del e vai ter que dar moitas explicacións á cidadanía deste país". Para o voceiro de En Marea estase xerando unha situación discriminatoria con respecto a outras autoestradas de Euskadi e Cataluña que si foron tranferidas e é por iso polo que lle pide a Feijóo que empece a exercer de Presidente da Xunta e deixer de ser unha especie de "Delegado do Goberno en Galicia". |
NOS_40125 | Neste novo número do caderno 'Aprender' poderás gozar desta reportaxe sobre as "Lembranzas dun mitin agrarista en Ferreira do Valadouro". Atoparás todos os contidos acompañando ao Nós Diario que agarda este sábado nos quiosques. | Na nómina de líderes políticos e sociais da Galiza da primeira metade do século XX Basilio Álvarez (1877-1843) ocupou un lugar sobranceiro. Este crego ourensán foi o máis carismático dos xefes agraristas, que teimaron por darlle representación política aos labregos galegos, apoiándose na Liga de Acción Gallega, por el fundada en 1910. Destacado xornalista, estivo entre os fundadores do diario católico El Debate (1910), mais foi desde as páxinas de La Zarpa (1920) onde o agrarismo galego atoparía o seu voceiro máis significativo. Non obstante, Basilio Álvarez destacou sobre todo como orador afouto, mesmo incendiario. «Una tormenta con sotana», así o definiu Castelao nunha das súas caricaturas. Nas seguintes liñas imos achegarnos ao mitin que protagonizou, o 2 de febreiro de 1922, en Ferreira do Valadouro. Un bo exemplo da mobilización dos labregos galegos nos comezos do século XX. O detonante do mitin de Basilio Álvarez en Ferreira foi a vitoria dos agraristas nas eleccións locais. En efecto, a comezos de 1922 os agraristas do Valadouro fixéronse cos seis postos de concelleiros que estaban en disputa, e non só iso, senón que o conseguiron a través do artigo 29 da lei electoral –o famoso Carallo 29–, que determinaba que se nun distrito electoral só se presentaba un candidato, non se realizarían eleccións, declarándose electo inmediatamente a persoa que se presentaba. O éxito dos agraristas do Valadouro foi, xa que logo, de grandes proporcións e supuxo unha derrota humillante para Felipe Lazcano, deputado polo distrito de Mondoñedo, pertencente á facción ciervista dos conservadores. Esta vitoria electoral foi a que determinou que Basilio Álvarez decidise visitar O Valadouro. Mais, tamén debemos sinalar unha intervención persoal neste mitin. A relación que o líder agrarista tiña con Ramón Fernández Mato (1889-1980). Este persoeiro, vencellado ao Valadouro por matrimonio, era un dos líderes do sindicato Unión de Labradores del Valle de Oro, ademais dun importante intelectual. Aínda que médico de formación, Fernández Mato consagrou a súa vida ao xornalismo e á literatura. Así, foi o primeiro director do xornal El Pueblo Gallego, propiedade de Manuel Portela Valladares (1867-1952), que podemos considerar como o seu xefe político. No eido das letras destacou como dramaturgo, sendo autor de obras teatrais de notábel éxito na Galiza do seu tempo. Xa que logo, ás tres da tarde do día 2 de febreiro de 1922 Basilio Álvarez chegou a Ferreira, na compaña de Fernández Mato. A praza da vila, lugar escollido para o mitin, xa estaba ateigada de labregos. Antes de comezar o acto, Basilio Álvarez dirixiuse á sede dos agraristas do Valadouro, onde saudou a todas as delegacións convidadas. As tres e media comezaron os discursos, sendo Fernández Mato o primeiro en falar. Afirmou que a recente vitoria electoral dos agraristas era agoiro de futuros triunfos do agrarismo que representaba Basilio Álvarez, en permanente loita contra o caciquismo. Edmundo Estévez, representante dos agraristas de Ourense, foi o seguinte orador. Tras felicitar os camaradas locais pola súa vitoria electoral, puxo os agraristas como símbolo da rexeneración democrática que Galiza precisaba. E, finalmente, chegoulle a quenda a Basilio Álvarez, quen, nun discurso dunha hora de duración, conseguiu acender os ánimos de todas as persoas presentes, resumindo o programa de redención que os agraristas estaban a levar por toda Galiza. Gostarías de seguir descubrindo máis sobre Basilio Álvarez? Só tes que buscar o Nós Diario deste sábado no quiosque ou na nosa tenda online e seguir repasando o caderno 'Aprender'. Non fiques máis sen contidos apaixoantes coma este e fai a subscrición nun momentiño! |
PRAZA_19216 | Hoxe, aquela biblioteca atópase nun edificio novo, un anexo funcional que ocupa unha parte do patio da escola. E deixou, hai moito xa, de chamarse popular. Pola contra, aquel neno segue a bulir nalgún curruncho ben protexido dun home inaparente | Xa fixera os deberes, os da escola local e tamén os da española, así que decidiu saír da casa no Klaraweg para subir pola Schosshaldenstrasse até aquel lugar que o atraía dunha maneira enigmática e o facía tan intimamente feliz. Daquela, hai corenta anos, a Volksbücherei, a biblioteca popular, estaba situada nun semisoto do seu instituto de secundaria. Era un local pequerrechiño, cálido e silencioso, cunha señora calada, cordial e decidida que administraba con eficiencia o sistema de préstamo. Non había computadoras, só uns sobres miudiños de cartón pegados na parte interior das tapas, que contiñan as tarxetas onde a bibliotecaria estampaba as datas de devolución. E alí estaban a esperar: Isaac Asimov, Enid Blyton, Ray Bradbury, Edgar Allan Poe, Jules Verne. As lecturas permitían lidar á vez coa morriña familiar –os pais eran inmigrantes galegos, unha tribo en eterno e estraño retorno– e mais co desconcertante arraigamento natural dos amigos berneses. Mentres voltaba para a casa naquel barrio pequenoburgués cun novo libro na man, o neno sabía que en breve penetraría nun mundo ingrávido, unha esfera luminosa chea de intensidade e paixón. Despois foi a viaxe a Galiza, aquilo que na familia se chamaba a volta, un concepto realmente curioso, porque a viaxe era a un país que en vinte anos, desde comezos dos sesenta, se transformara profundamente. Os maiores atopáronse ao cabo dun traxecto que, pasando por Suíza, que lles dera unha oportunidade pero nunca lles quitara a etiqueta, os devolvía a un lugar que case deixara de existir e que apenas recoñecían. E os fillos, criados en Berna, viaxaron cara a unha terra prometida da cal os pais sempre lles falaran con nostalxia e que foron descubrindo pouco a pouco cunha mestura de sorpresa e fascinación. Co tempo, a aventura da emigración converteuse no gran relato familiar, mentres a nova vida se abría paso: estudos, amor, amizade, proxectos, traballo, éxitos e derrotas. Hoxe, aquela biblioteca atópase nun edificio novo, un anexo funcional que ocupa unha parte do patio da escola. E deixou, hai moito xa, de chamarse popular. Pola contra, aquel neno segue a bulir nalgún curruncho ben protexido dun home inaparente. Segue a moverse con curiosidade e asombro entre realidades disque sólidas, observando con prudencia conviccións, afirmacións, decisións, firmezas. Segue a reparar na insondábel dor que ocultamos con celo e que unha aria de Händel ou unha chanson de Aznavour liberan até que nos desborda. Aínda devece polos sons brancos, pero xa non pode ir buscar un libro á biblioteca popular camiñando pola neve. Aquel barrio queda moi lonxe e as cousas fixéronse complicadas, sen Papá traballando no tea room e Mamá sostendo o mundo e abrigando os fillos. Porén, aquel universo, coa súa pequena biblioteca, aínda sobrevive en recordos cómplices, aínda nos dá sentido e nos lembra que, no medio das turbulencias da vida, hai lugares que nos invitan á beleza, á bondade e á reflexión, a unha abordaxe sosegada e rigorosa do que nos pasa. Os afortunados levamos todos connosco a nosa particular biblioteca de Laubegg. Visitémola acotío, son tempos incertos. |
PRAZA_6720 | A Operación Zeta, que instrúe un xulgado da Coruña, esténdese xa a 61 persoas e indaga se diversas entidades, algunhas sen ánimo de lucro, desviaron axudas públicas para beneficio privado. As empresas do coruñés Gerardo Crespo, entre as investigadas. | Fraude de subvencións, estafa e malversación de caudais públicos, falsidade documental, suborno e blanqueo de capitais. Son os delitos que, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), se investigan no marco da Operación Zeta, o caso da suposta estafa en axudas laborais que investiga un xulgado da Coruña dende finais de 2011 e que derivou na detención de sete persoas. Atendendo ás indagacións policiais, as persoas investigadas manexaron ata 20 millóns de euros públicos a través de entidades aparentemente sen ánimo de lucro que organizaban cursos para persoas desempregadas e actividades semellantes. Parte deses cartos, din, foron parar a petos privados. Estas irregularidades, parte das cales xa foron admitidas pola propia Xunta a través da Consellería de Traballo, foron detectadas pola investigación á empresa Azetanet e á Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, ambas encabezadas polo coruñés Gerardo Crespo, coñecido pola súa vinculación a entidades veciñais de corte conservador e por liderar organizacións para a inserción laboral de persoas con discapacidade. O propio Crespo, segundo o xornal ABC, é unha das persoas detidas, entre as que tamén se atopan persoas ligadas á Federación Galega de Hostelaría e o responsable dunha asociación de traballo autónomo. A investigación remóntase a 2011 e esténdese a 61 persoas Ao longo desta operación, na que xa foron investigadas ata 61 persoas, a Policía foi quen de detectar un xeito de actuar baseado no "posible uso instrumental" das devanditas entidades sen ánimo de lucro, que recibían subvencións de organismos como a Xunta malia seren "presuntamente ficticias na súa actividade, estrutura e/ou asociados". Unha parte dos cartos tería "destino privado". Sombras sobre a Consellería de Traballo A Policía recompilou na Xunta documentos sobre axudas a entidades de Crespo A sombra deste caso paira dende hai tempo sobre Traballo. Así, o pasado 25 de setembro o Consello da Xunta oficializaba o cesamento dun dos homes fortes do departamento de Beatriz Mato, o director xeral Odilo Martiñá, quen un día despois tivo que comparecer ante a Policía para dar explicacións sobre as subvencións investigadas. Os axentes, segundo transcendeu, cuestionaron a Martiñá, entre outros asuntos, pola documentación que recompilaran días atrás na sede da Xunta sobre as axudas recibidas, precisamente, polas entidades dirixidas por Crespo. A figura de Crespo e a súa ligazón con Traballo estivo tamén de actualidade a finais de 2010, cando o alcalde de Oleiros, o independente Ángel García Seoane, levou ante a Fiscalía o empresario despois de que este recibise un millón de euros da Consellería para a organización de cursos. Segundo García Seoane, estas adxudicacións realizáranse "a dedo" e baseáranse na "afinidade co PP" profesada por Crespo. O rexedor oleirense lanzaba estas acusacións despois de que a conselleira Mato fose nomeada Coruñesa del año pola asociación de veciños que dirixe Crespo. |
NOS_42553 | Co curso lectivo a un mes e medio de rematar, o Executivo español fai unha proposta ás autonomías para manter as principais restricións vixentes ao longo do vindeiro ano escolar, entre elas manter a máscara, ventilación nas aulas, quendas para entrar e saír e o contacto telemático das familias co equipo docente. | As persoas maiores de seis anos terán que levar máscara na escola e manter a distancia interpersoal durante o curso 2021-2022, segundo a proposta remitida polo Goberno do Estado aos territorios, que mantén as principais medidas de prevención contra a Covid-19 que xa están a ser aplicadas neste ano lectivo. No documento, elaborado polos ministerios de Educación e Sanidade, modifícase a distancia a que poderán estar sentadas nenas e nenos na aula, dos 1,5 metros deste ano pásase a 1,2 metros entre pupitres, para que poidan entrar máis estudantes e así garantir o carácter presencial do ensino primario, ESO, Bacharelato, FP e Ensino Artístico e Deportivo. A distancia interpersoal manterase excepto nos denominados grupos burbulla. No documento incídese en que esta redución da distancia interpersoal está pensada para reducir a fenda detectada porque en certos niveis, como secundaria, o alumnado asiste ao seu centro en xornadas alternas, cun "impacto na equidade en saúde, nos resultados académicos e en reducir o importante impacto da pandemia no benestar emocional e a saúde mental da poboación adolescente", sinala a proposta. Ventilación Unha das premisas fundamentais que se estenderá no vindeiro curso é a necesidade de ventilación. Aulas, comedor e calquera espazo fechado terán que ventilarse, se é posíbel, de maneira permanente, sumado o contacto mínimo entre distintos grupos. No que atinxe ás quendas de horario para entradas e saídas, manteranse ao longo do ano, así como a relación coas familias por medio de vías telemáticas. Profesorado A proposta do Executivo estatal solicita ás autonomías que manteñan as 35.000 profesionais contratadas como docentes de reforzo durante a pandemia, cando menos nos primeiros meses do curso 2021-2022, despois de coñecerse que varios territorios xa tiñan previsto non contar co persoal de reforzo en canto rematase a crise sanitaria. |
PRAZA_33 | Falamos con Kiko da Silva para coñecer a súa reacción ante o atentado sufrido este mércores por Charlie Hebdo. Adianta que El Jueves debate xa máis de 60 propostas para "facer unha portada o máis valente posible e o máis sentida posible". | "Isto xa non é unha cuestión que atinxa só ao humor gráfico, aos humoristas gráficos ou á liberdade de expresión. Isto é unha volta atrás, a tempos que pensabamos que xa desapareceran, a tempos nos que por dicir algo ou escribir algo podía entrar alguén pola porta a matarte". Kiko da Silva, responsable do Garaxe Hermético, colaborador de El Jueves e ex director da desparecida Revista Retranca, confésase "noqueado" polo masacre de Charlie Hedbo, o atentado contra esta revista esquerdista de humor satírico que este mércores provocou 12 mortos en París. "Estou aínda noqueado, por moitos motivos, primeiro porque a xente que morreu -Charb, Cabu, Wolinski ou Tignous-, son referentes para nós, a algúns coñecémolos e mesmo tiñamos amizade. Ademais, El Jueves nace en boa medida pola influencia de revistas como Hara Kiri ou Charlie Hebdo, cabeceiras referenciais do humor satírico en Europa". Da Silva, colaborador de El Jueves, leva todo o día intercambiando mensaxes co resto do equipo da revista, decidindo que resposta dar ante o terrible ataque. "Estamos traballando na escolla dunha portada de homenaxe, e hai xa máis de 60 propostas enriba da mesa, e queremos facer unha portada o máis valente posible e o máis sentida posible", explica. A revista xa adiantou un breve editorial, pouco despois do atentado, no que salienta que "este crime non hai que circunscribilo a un asunto de viñetas. Equivócanse quen queiran limitar o sanguento atentado a un ataque á liberdade de expresión e á sátira (...) Os mortos e os feridos foron os que nestes momentos nos transmiten os medios de comunicación, pero as vítimas somos todos. Que ninguén o esqueza". Posicionamentos repetidos dende distintos medios de comunicación, por exemplo a Revista Mongolia, que publica a través das redes sociais que "hoxe todos somos #CharlieHebdo e estamos coa liberdade de expresión". E tamén por debuxantes de todo o planeta, que ao longo do día foron publicando ilustracións e mensaxes de apoio, como recolle El Diario. A resposta tamén foi inmediata por parte dos profesionais galegos, como José Domingo, que pouco despois de coñecerse a nova escribía en twitter "Horrible. Viva #CharlieHedbo". Ou David Pintor, que mesmo publicou unha ilustración alusiva. "Nunca unha persoa por opinar de forma distinta merece a morte, e moito menos por facer humor. Se xa nos van privar do humor, xa non nos queda nada", sinalaba Kiko da Silva, afondando na análise que xa fixera hai dous anos, cando a revista fora obxecto dos primeiros ataques por ter publicado unha serie de caricaturas de Mahoma. Da Silva, ademais, sufriu directamente o peso da censura relixiosa nun número especial de Retranca publicado coincidindo coa visita do Papa Ratzinger a Compostela. Porén, o debuxante salienta que o sucedido este mércores en París vai moito máis aló do humor gráfico ou da mesma liberdade de expresión: "Se non fose Charlie, sería outra revista, e se non fose o humor gráfico, sería calquera xornal", e manifesta o seu temor a que "isto poida ser utilizado polos extremistas dun lado ou do outro. Este tipo de accións o que fan é dividir unha sociedade". "É terrible tamén pensando no momento que se está vivindo en Francia, coa presenza da Fronte Nacional ou coa emerxencia de polémicas coa a provocada polo libro de Houellebecq e as alertas pola suposta islamización de Francia", di. "Isto é unha volta atrás, a tempos que pensabamos que xa desapareceran, a tempos nos que por dicir algo ou escribir algo podía entrar alguén pola porta a matarte", conclúe. |
NOS_20522 | Dstitúe o presidente executivo do estaleiro, Douglas Prothero e cesan como membros do consello de administración o avogado Carlos Pérez-Bouzada, Johan Kuitunen e José Ismael Rosado. | A firma de consultoría internacional Kroll decidiu disolver o consello de administración do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras, do que quedou ao mando. Fontes próximas á empresa consultadas por Europa Press confirmaron a destitución do presidente executivo do estaleiro, Douglas Prothero. Ademais, cesaron como membros do consello de administración o avogado Carlos Pérez-Bouzada, Johan Kuitunen e José Ismael Rosado. En concreto, Prothero e os demais cargos que foron destituídos foran nomeados o pasado mes de setembro de 2020 no marco dunha remodelación do consello de administración acometida despois de que ese mesmo verán a filial de Ritz Carlton Cruise Yacht Yardco Ltd (CYYL) adquirise o 100% das accións de Barreras. O pasado mes de maio, o estaleiro vigués anunciou que comezara a saldar a débeda contraída por 58 millóns de euros con entidades financeiras (43 millóns) e a industria auxiliar (15 millóns) pola construción do cruceiro 'Evrima', que en marzo foi trasladado a Santander para traballos de pintura. Posteriormente, a finais do mes de xuño, comunicou a contratación dos servizos da firma de consultoría internacional Kroll para "apoiar e reforzar a estratexia da compañía" de cara a detectar alternativas para "garantir a súa estabilidade e viabilidade". Precisamente, esta consultora quedou ao mando do estaleiro coa disolución do consello de administración. Paralalelamente, a pasada semana, a empresa realizou unha presentación aos sindicatos para unha futura negociación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que se aplicaría ao seu cadro. Así, esta segunda feira realizouse un pleno do comité de empresa (conformado por UXT, con maioría, CC.OO e CIG) para designar a representación dos traballadores na comisión negociadora para o expediente, mais a reunión finalizou sen acordo. |
NOS_36260 | Dado que 2018 será o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, a eurodeputada Lidia Senra apela a impulsar a Vía Nova. Na xornada informativa e de debate organizada polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Senra denunciou as "políticas de abandono e desleixo por parte da Xunta e da maioría de concellos". | "A promoción e conservación da Vía Nova debe formar parte das actividades deste Ano Europeo", defendeu a europarlamentar Lidia Senra na inauguración da xornada "A Vía Nova: Un camiño de Europa", coa que o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reivindica a importancia deste camiño. A deputada do Parlamento Europeo chamou as autoridades galegas a se "poñeren as pilas" e a "aproveitaren" a oportunidade que vai supoñer o feito de que Estrasburgo proclamara 2018 Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Nesta liña, asegurou que fará "todo o que estea nas miñas mans" para que o Parlamento e a Comisión Europea coñezan a realidade da Vía Nova, "analizaremos a situación e apoiaremos todos os esforzos que están a facer diferentes asociacións para visibilizar a Vía e que se coñeza". "Este abandono do noso patrimonio cultural está moi ligado ao abandono do noso medio rural. Parece que aos poderes públicos non lles importa nada nin unha cousa nin a outra" Aliás, Lidia Senra expuxo na inauguración da xornada, da que tomaron parte máis de medio cento de persoas, a necesidade de acabar coas "actuais políticas de abandono e desleixo por parte da Xunta e da maioría dos concellos galegos" e de "impulsar este camiño primitivo que vai desde Braga a Astorga". "Este abandono do noso patrimonio cultural está moi ligado ao abandono do noso medio rural. Parece que aos poderes públicos non lles importa nada nin unha cousa nin a outra. De feito, vemos a diario políticas que pensan cada vez máis en manter as grandes industrias e promover o avance do capitalismo, fronte á defensa do pobo e do rural, que é polo que se debería apostar, xa que ademais de manter vivas estas zonas, contribúe a conservar o patrimonio", sinalou. Intervencións Na xornada da mañá, Davide Pérez López, arqueólogo e vogal de Cultura da Asociación de Montaña Arnau, cualificou a Vía Nova como "un tesouro" e reclamou un "futuro viábel" para este camiño, pois iso significaría dinamizar toda a comarca da Baixa Limia. Tamén tomaron a palabra Santiago Ferrer Sierra, arqueólogo de Valdeorras, pertencente ao Grupo Arqueolóxico Larouco; Manuel García Valdeiras, arqueólogo profesional da Limia; Manuel Rivero Pérez, antropólogo e voluntario social; Marta Delgado González, responsábel de Mira Xurés; Toño Monteiro, escultor e membro da Asociación Medioambiental Xuresianos-Geresianos AXUGE; e Xavier Perdiz, presidente da Asociación de Montaña Arnau, entre outros. Após o xantar, e pasadas as 16h, encetou o percorrido a pé de 3 quilómetros pola Vía Nova, unha forma de reclamar que o camiño sexa declarado Patrimonio da Humanidade. |
NOS_5181 | Mentres que Ontology foi un traballo máis producido, este Contradictio quere achegarse máis á calor da música ao vivo e foi gravado en primeiras tomas. | Hoxe en día Xosé Miguélez é xa parte do patrimonio galego. Algo (alguén) que poderiamos exportar orgullosas, como o licor café ou os grelos. Contradictio (2022) é o segundo disco no que el lidera unha banda. O primeiro foi Ontology (2018) co que gañou o Premio Martín Códax na categoría de jazz e músicas improvisadas, e ambos foron editados por Origin Records (estadounidense). Parece que Miguélez (saxo tenor) non quería limitarse nadiña, e xuntouse con músicos de ben lonxe: co pianista Jean-Michel Pilc (parisiense afincado en Canadá) e cos portugueses Carlos Barretto (contrabaixo) e Marcos Cavaleiro (percusións). Contradictio / Xosé Miguélez / Origin Records / 2022 / 10 pezas / 12 euros Mentres que Ontology foi un traballo máis producido, este Contradictio quere achegarse máis á calor da música ao vivo e foi gravado en primeiras tomas. Ademais, segundo palabras de Miguélez, Ontology tiña unhas composicións máis modernas. Contradictio ten unha creación que se achega máis ao jazz clásico, aínda que nós, na interpretación, non tanto. Outra diferenza fundamental está na instrumentación: no primeiro disco había guitarra, neste hai piano. Chámase Contradictio, en latín, porque se buscaba unha palabra que se entendese en moitas linguas (galego, español, portugués, francés, inglés…). E resalta as diversas linguaxes que eles falan, verbais e non verbais, xa que na música eles abrazan as súas diferenzas como algo moi positivo para enriquecerse uns a outros. Segundo Ontology tiña como fío común unha recollida que Dorothé Schubarth lle fixo á tía avoa de Xosé, neste fai melodías sobre estándares coñecidos de jazz. Por exemplo, coa peza que abre o disco (a miña preferida, por certo), "Meniña": colleu a melodía do tema tradicional galego "Non te namores, Meniña" e colocouno enriba da harmonía dos estándares de "Caravan". A presentación visual do CD físico está a cargo de Paula Solveira e Ana Tenorio e lémbrame moito ao cadro de O camiñante sobre o mar de Néboa de Caspar David Friedrich: a un romanticismo escuro e doloroso. Pero, aínda que a expresiva poida suxerir isto, neste disco hai moita luz. Podemos atopar tanta densidade como minimalismo. Tanta calma coma forza. Tanta luz como sombra. Non podo deixar de mencionar a José Trincado Triqui a cargo da gravación: aló onde aparece o seu nome xa sabemos de antemán que será un traballo ben feito. O que fai que este disco sexa tan guai é a expresividade melódica e harmónica e a fluidez e o contido das composicións. |
PRAZA_15019 | Ángela Merkel di que quedan cinco anos de apertar o cinto en Alemaña. Isto non tería por que preocuparnos en demasía, salvo cando di que os países que ata agora estamos mal, ergo Grecia, Portugal, Irlanda e España, teñen que conter a respiración estes cinco anos. Do que suceda o 14 de novembro, día da primeira folga europea da historia, dependerá que o aire europeo permaneza intacto para as elites que dan en chamar os mercados ou que o aire sexa de todos. | España leva padecendo a crise actual dende o ano 2008, baixando chanzos consecutivamente e de maneira acelerada dende o ano 2010, cando o goberno de Zapatero comezou coa primeira serie dunha longa lista de recortes, acelerada e incrementada coa chegada ao goberno do Estado de Mariano Rajoy. A socialización da débeda privada supón fame para hoxe e morte por desnutrición para o futuro Levamos polo tanto catro anos de eliminación de dereitos laborais, recortes sanitarios, eliminación de servizos básicos, dinamitación do ensino público (beneficiando notoriamente o ensino concertado, segregado e privado), incrementos dos desafiuzamentos e, o que é máis doloroso para a cidadanía, una axuda sen límites para o sector bancario, verdadeiro culpable da situación económica española e da famosa burbulla inmobiliaria. A socialización da débeda privada supón fame para hoxe e morte por desnutrición para o futuro. E chega Ángela Merkel e di que quedan cinco anos de apertar o cinto en Alemaña. Isto non tería por que preocuparnos en demasía, salvo cando di que os países que ata agora estamos mal, ergo Grecia, Portugal, Irlanda e España, teñen que conter a respiración estes cinco anos E chega Ángela Merkel e di que quedan cinco anos de apertar o cinto en Alemaña. Isto non tería por que preocuparnos en demasía, salvo cando di que os países que ata agora estamos mal, ergo Grecia, Portugal, Irlanda e España, teñen que conter a respiración estes cinco anos. E claro, o de quedar sen respirar é doado xa que non temos máis buratos no cinto e a presión de tanto recorte en catro anos fai que o aire que respiramos sexa cada vez menos. A anemia estrutural, de dereitos, salarial, laboral e de dignidade á que estamos a ser sometidos fai que cheguemos a pensar que nos vindeiros copagos que sexan de aplicación inclúan o pago por respirar e, como andamos tan xustiños de cartos nos nosos petos, que ninguén dubide que acabaremos por realizar una apnea dun lustro para satisfacer aos mercados. Do que suceda o 14 de novembro, día da primeira folga europea da historia, dependerá que o aire europeo permaneza intacto para as elites que dan en chamar os mercados ou que o aire sexa de todos O problema está en que toda presión ten un límite, e se a xente non ve una saída, aínda que sexa a longo prazo os cintos poden rachar e esa onda de aire fresco pode percorrer Europa. Exemplo claro de que una mobilización na defensa dos dereitos pode dar lugar a que muden as cousas é o feito histórico de que as Sorayas se xunten para presentar una nova lei de desafiuzamentos antes de que remate o ano dado o conflito xeral provocado pola defensa da cidadanía dos seus intereses e dos intereses dos veciños. Hoxe, un home desesperado mandou saír aos empregados dunha entidade bancaria e plantoulle lume, mañá… será outro día. Do que suceda o 14 de novembro, día da primeira folga europea da historia, dependerá que o aire europeo permaneza intacto para as elites que dan en chamar os mercados ou que o aire sexa de todos. |
NOS_13829 | Unha greve xeral en Ferrolterra coa correspondente manifestación que se realizará ás 12h completarase pola tarde con outras tres mobilizacións convocadas pola CIG en Vigo, Compostela e Ribeira para rexeitar unhas políticas que xeran "fame e miseria" e que elevaron as cifras do desemprego até os níveis máis altos desde 2008 | Cunha taxa de desemprego que se coloca no 32% e con máis de 26 empresas pechadas no que vai de ano, a comarca de Ferrolterra vai á greve xeral esta cuarta feira, 12 de xuño, en sinal de repulsa da situación de "emerxencia social" á que a avocaron as políticas económicas e sociais aprobadas desde os gobernos galego e español, ambos os dous en mans do PP, que son asumidas e executadas ao ditado da Unión Europea e das institucións que a teñen tomada, a coñecida como 'toika': FMI, Banco Central e Comisión europea. Así as cousas, e fronte ás promesas eleitorais incumpridas --ben coñecidas son xa historias como a dos floteis de Pemex, as catro centrais sindicais convocantes --CIG, CC OO, UGT e USTG-- chaman ás rúas para reclamar "solucións urxentes". Á mobilización que sairá ás 12h desde o Inferniño, na cidade departamental, uniranse ao serán outras dúas convocadas pola CIG en Vigo, Compostela e Ribeira. Vigo: contra as políticas que xeran "fame e miseria" Para as 20h e desde Vía Norte está fixado o protesto que decorrerá as rúas da cidade olívica en sinal de rexeitamento a unhas cifras que o secretario comarcal da central nacionalista, Serafín Otero, recordou en rolda de imprensa: a taxa de paro medrou un 24% en catro anos até rexistrar un total de 49.741 persoas, cifra que superaría as 80.000 de contabilizar as estatísticas oficiais o número de moz@s que emigraron e @s desempregad@s anotad@s en actividades formativas. Aliás, os e as traballadoras afiliadas á Seguridade Social descendeu en 30.000 persoas desde 2008. Cada ano, na comarca destrúense por volta de 5.000 empregos. Máis do 50% dos fogares chegan con dificultade a final de mes; máis do 12% chega ampeando. CIG exixe "unha resposta real para frear a demolición da nosa base produtiva" e reclama "unha mudanza radical das políticas para garantir o dereito a producir e vivir dignamente do noso traballo", subliñou Serafín Otero, quen recalcou a postura da central nacionalista en prol dunha folga xeral na comarca a finais de xuño ou comezos de setembro. Compostela, diante dunha situación "dramática" Así cualificou o panorama na comarca o responsábel da CIG-Compostela, Anxo Noceda, recalcando que o panorama vai empeorar ao remate da tempada de verán, cando os e as traballadoras contratadas no sector hostaleiro volvan engrosar as listas do desemprego. Os dados laborais de maio son os segundos peores da serie histórica desde 2007 "lonxe de ver brotes verdes", enfatizou Noceda en referencia ao video eleitoral realizado polo PSOE en xullo de 2009, onde se presentaba un terreo árido en que agromaba unha planta. "Malia o triunfalismo" con que as cifras do desemprego de maio foron presentadas, Noceda recalcou que "estamos diante dos peores datos dos últimos sete anos" e vaticinou que a situación "empeorará a partir dos meses de outubro e novembro, con especial incidencia no mes de xaneiro". Segundo os dados da Enquisa de poboación activa, a capital do País é a segunda cidade con máis paro, cun 27%, só por detrás de Ferrol. Máis de 13.000 persoas procuran emprego nunha localidade que non chega a 100.000 habitantes. A mobilización convocada sairá ás 20h da Praza Roxa. A economía do Barbanza "desaparece do mapa" Da Praza do Peixe ás 20.30h arrincará a mobilización convocada en Ribeira para deitar algo de luz sobre o futuro "negro" que se aveciña para unha comarca onde o tecido produtivo se sustenta na conserva. Deste sector dependen directamente 3.000 postos de traballo, segundo contabilizou o responsábel da Unión local das rías (Barbanza e Muros-Noia), Xan García, quen asegurou que "se non se adoptan medidas a comarca desaparece do mapa, economicamente falando". A externalización de procesos produtivos como a limpeza do peixe tradúcese na Galiza no incremento do desemprego no sector, ao non cumprir man de obra alén da contratada en países como O Salvador ou Guatemala "por salarios que xa podemos imaxinar" e por empresas galegas "que están a recibir fondos públicos". Na carteira da Unión Europea hai un tratado de libre comercio con países do sudeste asiático onde unha operaria de limpeza do peixe cobra 7 euros mensais. "Con esta competencia desleal notamos como as factorías grandes xa non contratan xente nin a tempo parcial nin fixo-discontinuo", subliñou García. A comarca vai camiño das 11.000 persoas desempregadas. |
NOS_43715 | Denuncian que a dirección da empresa aproveita a situación económica xeral para aplicar "recortes nos dereitos" do cadro de persoal. | Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que esta sexta feira, 21, percorrerá as rúas de Chapela en solidariedade coa loita dos traballadores de Pescanova a partir das 20.00 horas. Representantes das organizacións que apoian a manifestación compareceron no Concello de Redondela acompañados do alcalde para manifestar que o conflito laboral que se vive en Pescanova por mor da renovación dos convenios colectivos dos distintos centros de traballo "ten un alcance social e humano moi importante xa que os traballadores ven ameazado o seu futuro dunha forma inxusta".Denunciaron que a dirección aprovéitase da situación económica xeral para aplicar recortes nos dereitos dos empregados/as, "o que constitúe un novo ataque contra o conxunto da clase traballadora". É por iso que trasladan publicamente o seu apoio "moral e efectivo" a todas as reivindicacións do cadro de persoal "A crise que padece a empresa foi creada pola nefasta xestión dos seus directivos/as, mais agora pretenden que os que paguen sexan os traballadores/as; reparten as perdas entre todos, pero cando houbo beneficios non o fixeron", critican. |
NOS_25619 | Máis un ano unha manifestación contra a continuidade de Ence-Elnosa na Ría de Pontevedra decorrerá a cidade e Marín. | Un total de 32 colectivos, entidades, plataformas e asociacións apoian a 'Marcha contra as celulosas' que este sábado, 21 de xuño, sairá das alamedas de Pontevedra e Marín ás 19:30 horas. "Concordamos plenamente co manifestado pola APDR en que as intencións de ENCE e ELNOSA pasan por prorrogar a súa estancia na Ría máis alá de 2018 e que conta coa autorización oculta do Partido Popular". Así mesmo, aseguran os promotores da mobilización, "debemos decatarnos que estas prórrogas supoñen a privatización dun espazo público que debe ser para o desfrute da poboación, fronte ao lucro dunhas empresas privadas que destrúen máis recursos naturais e máis empregos dos que chega a producir coa súa continuidade". |
PRAZA_18405 | A concesionaria da AP-9 aumenta outro 2% as súas taxas promovendo a telepeaxe, pola que xa recibe o 57% dos seus ingresos tras despedir un cento de traballadores na última década Visións discrepantes sobre a suba das peaxes entre os grupos do Parlamento A autoestrada entre Burgos e Euskadi, construída á vez que a AP-9, eliminará as peaxes o 1 de decembro | Visións discrepantes sobre a suba das peaxes entre os grupos do ParlamentoA autoestrada entre Burgos e Euskadi, construída á vez que a AP-9, eliminará as peaxes o 1 de decembroA concesionaria da AP-9 aumenta outro 2% as súas taxas promovendo a telepeaxe, pola que xa recibe o 57% dos seus ingresos tras despedir un cento de traballadores na última décadaO Boletín Oficial del Estado (BOE) publica este martes o Real Decreto aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros que autoriza a Audasa, concesionaria da autoestrada AP-9, a subir as súas peaxes un 2% a partir da próxima medianoite. Poucas horas antes, a empresa vén de publicar un anuncio en prensa no que nada di desa suba senón que publicita o sistema de pagamento con telepeaxe co lema "que nada interrompa o pracer de conducir". A suba actual volverá repetirse en só dous meses incrementada tamén polo habitual aumento da inflación anualO anuncio publicado por Audasa presenta como imaxe de fondo unha fotografía da ponte de Rande tras as súas obras de ampliación, que son un dos motivos da suba de peaxes que se aplicará este mércores. Esa obra así como a ampliación da autoestrada ao seu paso por Santiago, inauguradas por Mariano Rajoy os pasados 30 de decembro e 3 de xaneiro malia que no viaduto e no seu treito de entrada en Vigo aínda segue a haber traballos pendentes, son as responsables dun 1% de suba das peaxes de toda a autoestrada durante os próximos 20 anos. Un aumento contemplado no acordo para a ampliación de Rande asinado polo daquela ministro socialista de Fomento José Blanco e ratificado durante o mandato da popular Ana Pastor, que rexeitaron acometer as obras directamente con fondos públicos. O outro 1% corresponde a un axuste na compensación a Audasa polos vehículos que desde 2013, nunha decisión tomada pola segunda ministra, non pagan as viaxes de volta no mesmo día nos traxectos entre Vigo e Pontevedra.Esta suba volverá repetirse incrementada en só dous meses. O próximo 1 de xaneiro ao habitual incremento das peaxes en función da inflación do último ano haberá que volver sumar a suba do 1% polas obras de Rande e Santiago e outro 0,8% pola compensación das viaxes gratuítas entre Vigo e Pontevedra, polo que en só dous meses a suba pode superar o 6%. De momento, co incremento desta próxima medianoite a viaxe entre A Coruña e Vigo, por exemplo, pasará de 15,50 euros a 15,80 euros. Fronte aos máis de 300 traballadores con que contaba Audasa hai unha década, no primeiro semestre deste ano declaraba contar xa só con 209Son unhas peaxes que, como reflicte o anuncio publicado este martes, a empresa intenta que se abonen principalmente co sistema de telepeaxe, o que lle vén permitindo reducir o seu cadro de persoal. Así, dos 140 millóns de euros que ingresou Audasa por peaxes en 2017, 81 millóns (o 57%) fórono por telepeaxe, fronte a 29 con tarxeta e 31 en efectivo. Como comparación, fronte aos máis de 300 traballadores con que contaba a empresa hai unha década, no primeiro semestre deste 2018 a concesionaria declaraba nas súas contas contar xa só con 209 empregados. Fronte ao actual e outros anuncios similares, Audasa hai anos que rexeita contestar preguntas dos medios de comunicación. |
NOS_31645 | O New York Times contrapón os 'termos pacíficos' de ambos os dous procesos coa ''campaña armada de Rusia en Ucraína''. | A dúas semanas do referendo independentista en Escocia e a dous meses da consulta catalá, o New York Times editorializa sobre o carácter democrático de ambos procesos. Faino cunha intención: contrapoñelos ao que cualifica de "campaña armada de Rusia para punir e desmembrar Ucraína". Mais que o diario de cabeceira para non poucos círculos políticos e económicos considere que as consultas catalá e escocesas non poden ser demonizábeis e considere que son democráticos, non pasa desapercibido. O editorial céntrase no caso escocés, mais tamén fai referencias a Catalunya e Quebec. O NYT pon os referendos nestes países como exemplo de que o debate independentista pode se facer de forma 'enriquecedora' e 'pacífica'. |
NOS_34967 | A través dunha carta, a directora dunha sucursal da Coruña ofrécelle un produto financeiro que lle daría 1.150 euros de intereses por unha aportación de 30.000 ao fillo con parálise cerebral dunha familia que ten esa mesma cantidade en preferente. Os pais tiñan previsto destinar esa cantidade para pagar a estancia nunha residencia. | Con grande indignación recibiron na casa de Juan Luís Lestón a carta da directora dunha sucursal de NGB na que se adxuntaba un cheque publicitario de 1.150 euros que se corresponderían cos xuros que recibirían pola aportación de 30.000 euros para un produto financeiro a prazo fixo. Esa mesma cantidade é a que o pai do destinatario, con parálise cerebral, ten inmobilizado na entidade a prazo fixo e que están a reclamar a NGB desde que o pasado ano souberon que eran vítimas da estafa das preferentes. A redacción da carta da directora da sucursal, destinada ao fillo con parálise cerebral que ten unha conta na entidade, conseguiu remexer á familia que leva xa meses na loita das preferentes, para acceder a uns cartos que tiñan aforrados co fin de asegurar o futuro do fillo. "Ahora más que nunca la palabra es importante. Pero hablar con hechos es mucho mejor", comeza no encabezado dun escrito elaborado integramente en español. "Somos conscientes de que en alguna ocasión no hemos cumplido las expectativas depositadas en nosotros", di a directora, nunha carta que toma forma de comunicación persoal, con letra similar á escrita a man. A sucursal asegura no escrito publicitario que asumen "publicamente o compromiso de ser claros, transparentes e solventes" e adxuntan un cheque-simulacro de 1.150 euros, que serían os xuros que o destinatario recibiría de aportar 30.000 euros a 25 meses, cun tipo de interese nominal de 2,33%. "Más hechos, menos palabras. Permítasenos demostrárselo", conclúe a misiva. O pai do destinatario, titular de accións preferentes por 30.000 euros, contestoulle nunha carta tamén escrita a man, mais en galego, remitida a pasada quinta feira á entidade. Escribe no nome do fillo, xa que el é o representante legal a todos os efectos, e explícalle que a discapacidade do 75% fai que seus pais sexan "os meus pés, as miñas mans e o meu cerebro, teñen que decidir por min", como consta na propia entidade. "Sodes de ferro" "Que casualidade, eses 30.000 € téñenllos vostedes atrapados con preferentes aos meus pais, ese diñeiro estaba destinado a min, para que a súa morte coa miña pequena paga e máis ese diñeiro axudar a pagar unha residencia, e con ese roubo non sei o que será de min", escribe na carta que remitiu á entidade". Despídese igual que o fixera a directora da sucursal, "Pero eu si de verdade. Máis feitos, menos palabras". Remata o escrito cunha nota final: "Sodes de ferro". Desde o pasado setembro, a familia Lestón participa na loita para recuperar os cartos, os 30.000 euros, que teñen inmobilizados en preferentes. Agora vense na obriga de aceptar a quita e continuarán a reclamar, a través dun avogado, o resto da cantidade final. Comenta que o día que recibiu a carta non foi quen de durmir. "Levanteime e púxenme mans á obra e mandeille directamente a carta. Pareceume unha burla, eses mesmos cartos eran os que tiña destinados para o futuro de meu fillo. Andamos mirando o tema da residencia, que son moi caras, e todo se me veu á cabeza", sinala. |
PRAZA_10626 | Hai un ano a xustiza obrigaba á Confederación de Empresarios a devolver medio millón de euros, en parte gastados en "obsequios" nas embaixadas económicas que o Goberno galego lle encargara xestionar en 2010 | Hai un ano a xustiza obrigaba á Confederación de Empresarios a devolver medio millón de euros, en parte gastados en "obsequios" nas embaixadas económicas que o Goberno galego lle encargara xestionar en 2010Hai un ano a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) era obrigada pola xustiza a devolver á Xunta medio millón de euros que gastara sen xustificar na rede de embaixadas económicas que o Goberno de Feijóo lle encomendara xestionar en 2010. Era a constatación xudicial do fracaso da denominada rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia (Pexga), coa que a Xunta deixou a internacionalización da economía galega nas mans dos propios empresarios. O pasado xoves, ao anunciar o inicio da tramitación da primeira Lei de Acción Exterior de Galicia, o propio Feijóo dicía que "o Goberno galego vai seguir abrindo delegacións ou oficinas a través dos empresarios ou de forma directa a través do Igape", o instituto de promoción económica da Xunta que ten as competencias sobre elas.En 2013 a Xunta aseguraba que as oficinas que lle pagaba á patronal no exterior estaban a funcionar con "criterios de máxima eficiencia para procurar facilitar os servizos e apoios en destino previstos cos menores custos posibles"O primeiro Goberno de Feijóo á fronte da Xunta puxo en marcha, a través do Igape, aquela rede Pexga poñendo a disposición dos empresarios só entre 2010 e 2013 ata 18 millóns de euros para que estes abrisen oficinas en Colombia, México, Arxentina, Brasil, Francia, Reino Unido, Rusia, China, Alemaña, Estados Unidos, Marrocos e Turquía. O Goberno galego negouse a detallar cantos deses 18 millóns se gastaran realmente. Pero nun balance do traballo desa rede feito en 2013 nunha resposta a unha pregunta parlamentaria do BNG a Xunta aseguraba que esas oficinas no exterior estaban a traballar con "criterios de máxima eficiencia para procurar facilitar os servizos e apoios en destino previstos cos menores custos posibles". Pero non foi así. Ao tempo que a CEG afondaba nos últimos anos na súa propia crise económica e institucional, a rede Pexga e as relacións da patronal coa Xunta foron deteriorándose, e o Goberno galego foi rebaixando progresivamente a súa achega económica anual ata o punto de que en marzo de 2016 a Xunta esixiu o reintegro de diversos gastos que consideraba inxustificados. A CEG recorreu pero hai agora un ano a xustiza deu a razón ao Goberno galego e obrigouna a reintegrar arredor de medio millón de euros argumentando que os empresarios non foran quen de xustificar a necesidade deses gastos decididos por eles de xeito "unilateral" sen contar coa Xunta. Entre outras cuestións, a sentenza dicía, sobre o gasto en "obsequios" por parte da patronal a través da rede Pexga, que "pese ao esforzo realizado, non se xustifica que foran precisos nin necesarios para a consecución dos obxectivos e finalidade do convenio" entre o Igape e a CEG que puxo en marcha aquelas oficinas internacionais.Feijóo matiza que as oficinas que siga permitindo a nova lei de acción exterior serán "de carácter económico, non embaixadas"Agora, un ano despois daquela constatación xudicial do mal funcionamento dunhas oficinas que a Xunta presentaba como exemplo de eficiencia, Feijóo volve contemplar a posibilidade de "seguir abrindo delegacións ou oficinas a través dos empresarios". Faino ao tempo que, segundo insistiu en varias ocasións durante a súa intervención e co conflito catalán de fondo, a nova lei de acción exterior estará consensuada co Estado e esas delegacións serán "oficinas de carácter económico, non embaixadas" que "previamente se notificarán ao Goberno central". Porén, a Xunta si ten delegacións da propia administración en Bos Aires e Montevideo, as dúas creadas durante o bipartito en 2007 e 2008 pero mantidas por Feijóo con delegados con rango político á súa fronte e denominadas "administración exterior". A nova lei de acción exterior, por outra banda, chega, ao contrario do que adoita ser habitual, despois da aprobación hai tres anos por parte da propia Xunta dun decreto, de inferior rango legal, para regular esa área para a que a oposición reclamaba unha lei. |
PRAZA_14549 | Pachi Vázquez afirma que as súas enquisas revelan que "cada día máis" indecisos se están "pasando ao PSOE". | Pachi Vázquez estivo en Muros, acompañado por Francisco Caamaño, número un socialista pola Coruña. Alí salientou que as súas encuestas revelan que "cada día más" indecisos se están "pasando al PSOE". No mesmo acto Caamaño pediu o voto para o PSdeG-PSOE para "mandar" a Núñez Feijóo, a "cobrar o canon da auga aos marcianos" agora que "a Nasa descubriu que nese planeta "hai auga". O ex ministro de Xustiza lembrou as súas orixes ceensee, e destacou que puido chegar a altos cargos "grazas a políticas socialistas" que lle deron bolsas e facilidades para o acceso á universidade, e advertiu de que "iso é o que está en peigo agora". E engadiu: "Estas eleccións non van de se gaña o PP ou o PSOE, senón de se poderemos seguir sendo todos iguais ou, como hai anos, haberá uns poucos que teñen todo e os demáis estarán abandonados á súa sorte". Caamaño: "Estas eleccións non van de se gaña o PP ou o PSOE, senón de se poderemos seguir sendo todos iguais ou, como hai anos, haberá uns poucos que teñen todo e os demáis estarán abandonados á súa sorte" Pola súa banda o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, salientou en Barro que "o que realmente demostran as enquisas é que unha ampla maioría dos galegos e galegas están enfadados co Goberno e cos recortes do PP e que se eses galegos que queren cambio votan o 21 de outubro a conclusión será ineludible: haberá cambio, e o cambio en Galicia chámase PSdeG". |
PRAZA_15286 | Unha aplicación creada por tres mozos galegos axuda a buscar os mellores furanchos, restaurantes e praias do país a través do teléfono. A guía social de Galicia destaca en vendas en varias plataformas de descargas. | Atopar un bo furancho, recomendar unha agochada e fermosa praia ou dar co lugar exacto desa taberna de aldea con tan boa comida. Para todo isto e para moito máis serve a aplicación para móbiles Imos?, creada por tres mozos artífices tamén das denominadas Galapps, centradas até o de agora na lingua, tales como o conxugador de verbos ConxuGalego ou DiccionarioGalego e TradutorGalego. Agora, este grupo de traballo triunfa con esta nova aplicación que se converte na guía máis xenuína de Galicia á hora de atopar os tradicionais locais do bo comer e do bo beber, pero tamén aqueles establecementos cos que só dariamos preguntando unha e outra vez a veciños. "Imos? xurdiu da nosa propia necesidade, da de seguir atopando novos sitios que adoitamos coñecer grazas ao díxome-díxome ou do boca a boca", resume Sabela Barreiro, licenciada en Belas Artes e unha das creadoras das Galapps xunto a Xurxo Méndez e Juan Porta, do Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña. "Achegamos sitios coñecidos, pero tamén locais pequenos, que están no rural e que non son nin tan accesibles nin tan fáciles de darse a coñecer" "Achegamos sitios coñecidos e de vilas grandes, pero tamén lugares e establecementos pequenos, que están no rural e que non son nin tan accesibles nin tan fáciles de darse a coñecer", engade Barreiro, que exemplifica así as vantaxes evidentes das novas tecnoloxías para cousas tan comúns e poucos tecnolóxicas como tomar un bo viño ou un exquisito caldo. "Atopar restaurantes ou furanchos con boa comida e baratos é así máis doado", resume esta rapaza, que advirte que na aplicación, polo momento, hai identificados máis locais das provincias da Coruña e Pontevedra que das de Lugo e Ourense. "Plataformas como Foursquare poden chegar a restaurantes coñecidos, pero dificilmente van dar conta desa taber agochada nunha pequena aldea" Pero aí é onde aparecen os usuarios de Imos?. Desde a súa activación en agosto, conta con preto dun milleiro de amigos que xa subiron uns cen establecementos. Aí radica o éxito dunha aplicación na que os seus seguidores van recomendando e engadindo lugares, ben sexan furanchos, bares, tabernas ou restaurantes. Algo así como o exitoso Foursquare, pero a unha escala moito máis achegada e enxebre. "Plataformas de carácter internacional poden chegar a restaurantes grandes ou coñecidos, pero dificilmente van dar conta desa boa taberna agochada no carreiro que nos leva a unha aldea pequena", explica Sabela Barreiro. A aplicación é a máis vendida no Appstore na categoría de comida e bebida O éxito é evidente. Na actualidade, esta aplicación de Galapps está situado no número do top de vendas na categoría de comida e bebida a nivel estatal do Appstore, mentres que no Google Play é a sétima máis vendida a nivel estatal. Imos? xa está dispoñible para Android, ademais de para iPhone e iPod Touch con iOS. "A acollida está sendo moi boa", recoñece Barreiro, que destaca que en Galicia, ao igual que en Cataluña ou Euskadi, hai unha forte demanda de aplicacións "propias e na propia lingua". "Máis achegadas á terra e no noso idioma", destaca quen sabe que, no comer e no beber, Galicia tamén é sitio distinto. E tamén é distinto polas súas numerosas praias. En Imos? tamén se recolle información de 900 areais do país, no que supón a maior base de datos deste tipo. Pero a aplicación mellorará aínda máis. "Cambiamos cousas a medida que o usuario fala con nós e nos propón e recomenda cosas; seguiremos vendo as necesidades que ten a xente que confía en nós", conclúe Sabela. |
NOS_48915 | Máis un número na rúa, Entrevistamos Suso de Toro e Pilar Cancela, debatemos sobre ventres de alugueiro ou xestación subrogada, coñecemos os 700 anos de Festa do Boi de Allariz... Todo isto, e máis, xa na nosa loxa. | O último informe do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo atribuía a Galiza o 39% dos casos detectados en todo o Estado no ano 2012, maioritariamente no sector da lousa e as canteiras de granito espalladas polas comarcas de Ourense e Pontevedra con tradición nestes oficios. Hoxe, a lexislación e as medidas de prevención son mellores que as de hai uns anos, mais aínda hai riscos nalgunhas actividades e persisten eivas en materia de seguridade laboral. 'Silicose: unha herdanza envelenada'. A xestación subrogada ou ventre de alugueiro, as propias definicións indican un posicionamento, a debate. A nova entrega da sección 5x2, que Sermos Galiza impulsa para conmemorar o seu V Aniversario reúne Aurora González, da Asociación pola Xestación Subrogada, e Ximena González, activista do movemento feminista. 'Xestación subrogada ou ventre de alugueiro?'. 'No camiño da igualdade sexual'. A sexóloga Martina González Veiga e o enxeñeiro Juan Callón deron co primeiro modelo en 3D dun clítoris a tamaño real. O obxectivo: contribuír a unha mellor realización de operacións cirúrxicas, empregalo como ferramenta educativa e sobre todo, avanzar cara a unha igualdade sexual real. "Estado hai un, mais a plurinacionalidade tamén existe" Recíbeme no seu despacho da rúa do Pino. Após a treboada das primarias, Pilar Cancela, a presidenta da xestora do PSdeG, está tranquila e transmite moita seguranza en si propia, como se o enorme depósito de confianza da militancia socialista na liña sanchista que ela defendía se tivese transformado en azos para a acción. E non di que non á pergunta de se vai optar a ser a líder do PSdeG. "Apresentarme como candidata a liderar o partido? Eu non digo nin que si nin que non". O PSdeG mudou o 21M, o domingo en que Sánchez varreu Díaz nas primarias. Ese día o partido corrixiu o rumo, cara ás bancadas máis á vsúa esquerda. Após o apoio socialista ás pesquisas sobre a traxedia de Angrois, chega agora o respaldo á investigación dos contratos de Villar Mir coa Xunta. 'Novos ensaios de entente na esquerda fronte Feijóo'. 'Temer, na corda bamba'. A presidencia de Michel Temer pode ter os días contados. O mandatario continúa a perder apoios políticos a nivel parlamentar. Cunha desaprobación social de case o 90%, medra a contestación que reclama a súa saída e a convocatoria de eleccións presidenciais anticipadas Catro de cada dez manifestacións convocadas pola dereita son violentas. O mozo Orlando Figuera morreu despois de ser acoitelado e queimado vivo ao ser confundido cun "infiltrado chavista" nunha das marchas opositoras. O dirixente opositor Freddy Guevara chamou publicamente a "unha escalada de presión superior" para este mes de xuño. 'Dous meses de brutal violencia da oposición antichavista'. 'A caída do Pastor-Popular'. O sexto banco do Estado español di adeus após ser mercado polo Santander por un euro. Algo que afecta, e non pouco, a Galiza, onde ten o 20% da cota de mercado grazas á compra en 2011 do Banco Pastor. Por exemplo, na duplicidade de oficinas que preanuncia despedimentos. Ou na 'oligopolización' do mercado financeiro galego. En análise falamos do sistema público de pensións en Galiza. Non falta neste número o Fóra de Serie, con achegas, consellos recomendacións. Falamos con Luis P. Barral, da ILP polos dereitos sociolingüísticos, percorremos o Museo Arqueolóxico da Coruña, co Colectivo Xea imos por terras de Pantón,. Suso de Toro "O meu proxecto de escritor non pode ser sen un estado propio". Suso de Toro anuncia que volve escribir ficción e aló imos onda el, que nos agarda no Instituto Rosalía e nos fai de cicerone por un edificio con corticeiras centenarias con abellas que entran a través da coroa dun dos escudos. Prexubilado e afábel, coma sempre, bota un ollo atrás á súa carreira sen esquecer os marcos que impón o contexto histórico, avaliando éxitos e recoñecendo fracasos. E lembrando o feliz que era cando "facía repartos e ía coa miña furgoneta e co meu can". "Como me gustaba andar arremanghado todo o día. Non me implicaba nada, era marabilloso. Eu cargaba libros como mercadoría. A xente que fala de literatura non se dá conta desa dimensión, pero pesan" [risos]. 'Allariz regresa ao medievo co boi'. Para festa, a do Boi de Allariz! Durante oito días, a capital do Arnoia, cun papel central no Reino de Galiza, regresa ao ano 1317 para levar ás rúas da vila unha celebración de carácter tradicional e popular que, segundo a lenda, ten orixe na conflitividade social entre o colectivo xudeu e o cristián da Baixa Idade Media. E, máis un número, a achega de colaboradores. Xoán Costa, Pilar García Negro, Xavier Queipo, Nachortas e Tokio, Iago Varela, Bea Gómez, Mario Regueira, Andrés Castro, X. Ballesteros, Xosé R. Ermida, Iago Varela. |
NOS_44351 | Vén de presentarse 'Cinema e Muller', promovido pola Deputación de Pontevedra, un proxecto que estreará un filme colaborativo de dez cineastas da provincia, unha mostra de curtametraxes, charlas e un concerto. | 'Cinema e Muller' é un proxecto que nace coa vontade de visibilizar as creadoras do audiovisual, que a pesar do auxe do cinema galego as mulleres só ocupan o 7% dos postos de dirección nos filmes que se producen en Galiza. Na web da proposta fan un mapeo das mulleres realizadoras da provincia (chegan a 70) e inclúen información de cada unha delas. Para abrir o programa haberá dúas sesións de curtametraxes de cineastas galegas. A primeira terá lugar o 11 de marzo no Museo de Pontevedra, e a segunda o día 14 en Vigo, no Auditorio do Concello. Poderán verse filmes de María Ruído, Claudia Brenlla, Margarita Ledo, Lara Bacelom Xiana Gómez, Jaione Cambor, Diana Toucedo e Helena Girón. E a sesión 2 terá lugar o 12 de marzo en Pontevedra e o 15 en Vigo, coas seguintes autoras: As Candongas do Quirombo, Susana Rey, Peque Varela, Clara Sobrino, Begoña M. Santiago, Manuela Elisabeth, Sonia Méndez e Adriana Páramo. 'Visións' O día 16 de marzo en Vigo e o 17 en Pontevedra estrearase 'Visións', un filme colaborativo de dez cineastas da provincia de Pontevedra, no que participaron Eva Calvar, Olaia Sendón, Claudia Brenlla, Sonia Méndez, Diana Toucedo, Carla Andrade, Lara Bacelo, Andrea Zapata, Begoña M. Santiago e Carme Nogueira. E, por último, os días 17 e 18 terán lugar no MARCO de Vigo varias charlas protagonizadas tamén por directoras, artistas e investigadoras galegas, como Margarida Ledo, Marta Pérez Pereiro, Mar Caldas, Anxela Caramés, Carme Nogueira e Renata Otero. Para poñerlle o ramo, o proxecto péchase o 18 de marzo en Vigo, na Praza da Igrexa da Colexiata cun concerto do grupo Cinaadhesiva, coa participación da poeta Silvia Penas, a cineasta Area Erina e os músicos Jesús Andrés Tejada e Pablo Muñiz. |
PRAZA_12463 | "Fasero censura a voz da cultura", "Fasero dimisión", "CDG, solución xa", "censura tras censura, ensaiando a ditadura", "O teatro é noso, non dos morosos". Esas foron algunhas das consignas que hoxe ecoaron polas rúas de Compostela no transcurso da marcha convocada pola recén nacida Plataforma das Artes Escénicas. Centos de profesionais do sector secundaron a "mani-festa-acción" convocada para celebrar o Día Internacional do Teatro na que se reivindicou a importancia cultural das artes escénicas e se denunciaron as súas dificultades. | "Fasero censura a voz da cultura", "Fasero dimisión", "CDG, solución xa", "censura tras censura, ensaiando a ditadura", "O teatro é noso, non dos morosos". Esas foron algunhas das consignas que hoxe ecoaron polas rúas de Compostela no transcurso da marcha convocada pola recén nacida Plataforma das Artes Escénicas. Centos de profesionais do sector secundaron a "mani-festa-acción" convocada para celebrar o Día Internacional do Teatro na que se reivindicou a importancia cultural das artes escénicas e se denunciaron as súas dificultades. Os recortes, os atrasos nos pagamentos e o cesamento de Blanca Cendán, ex directora do Centro Dramático Galego (CDG), foron os grandes protagonistas dun acto que, máis alá das protestas ante a política teatral da Xunta, buscaba tamén concienciar a sociedade da relevancia do sector e os seus atrancos. "Non somos alleos á educación, á sanidade, ao naval. Os golpes da crise tamén nos afectan. Hai que apoiar as artes escénicas e este acto busca visibilizar a situación", sinalou a Praza Salvador del Río, presidente de Escena Galega, quen admitiu que para moitas compañías a situación é "estrema" e que as dúbidas cara ao futuro preséntanse como un dos grandes problemas. "Non somos alleos á educación, á sanidade, ao naval. Os golpes da crise tamén nos afectan. Hai que apoiar as artes escénicas e este acto busca visibilizar a situación" "O grave é a incerteza que temos neste 2012 e que se pode reproducir no 2013. Pedimos un diálogo coa administración, porque é certo que dependemos moito do sector público. Por iso precisamos un diálogo, que non se cambien as cousas dun día para outro e poidamos ter unhas mínimas previsións", sinalou Salvador del Río. "O grave é a incerteza que temos neste 2012 e que se pode reproducir no 2013. Pedimos un diálogo coa administración" Ante esa situación "estrema", a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega, Danesga, a Salas de Teatro Privadas, a Asociación de Festivais de Artes Escénicas (Afearte), Asociación de Ilusionistas de Galicia (Asilga), a Unión de Marionietistas de Galicia (Unima Galicia) a Asociación Alumn@ da ESAD e Asociación de Profesionais do Circo de Galicia (AGAG) crearon --coas achegas e apoios da Asociación de Guionistas, a Revista Núa, Revista Galega de Teatro e a Asociación de Amigos do Teatro- a Plataforma das Artes Escénicas, nova entidade que reúne a gran parte das asociacións do sector e convocante da manifestación de hoxe polo Día Mundial do Teatro. "Este Día do Teatro é unha xornada de sensacións contraditorias, é un día de celebración para as artes escénicas e no que buscabamos visibilizar o noso sector e o único que podemos celebrar é que presentamos a Plataforma das Artes Escénicas", sinalou Antonio Durán Morris, presidente da Asociación de Actores e de Actrices. Os representantes encabezaron a marcha polas rúas de Santiago e leron o manifesto polo Día Mundial do Teatro ás portas do Salón Teatro, despois de que a Consellería de Cultura e Educación denegase o permiso para que o acto culminase na sede do Centro Dramático Galego, cuxa directora, Blanca Cendán, foi destituída o pasado venres. O motivo da citada destitución foi -sempre segundo a versión da propia Cendán- a cesión do espazo as asociacións. "Vémonos obrigados a celebralo na rúa. Iso si, todos xuntos por primeira vez. Quizais é algo que temos que agradecerlle as administracións", ironizou Morris. "Vémonos obrigados a celebralo na rúa. Iso si, todos xuntos por primeira vez. Quizais é algo que temos que agradecerlle as administracións", ironizou Morris "Desmantelamento cultural" O manifesto da Plataforma das Artes Escénicas foi lido polos representantes das asociacións e nel denunciábase a política de austeridade e a xestión cultural do Goberno de Núñez Feijóo. "Vivimos coa pavorosa sensación de estarmos inmersos nun claro desmantelamento cultural, provocado pola falta de ideas e plans de futuro, lexitimado agora coa máscara da crise. E imos calar? Non, non podemos", dixo Salvador del Río, o primeiro en ler o manifesto, ante os aplausos dos asistentes. O documento tamén recollía os obxectivos e intencións da nova plataforma, cuxa meta é aglutinar o conxunto das artes escénicas e visibilizar as súas circunstancias ante o público. "Vivimos coa pavorosa sensación de estarmos inmersos nun claro desmantelamento cultural, provocado pola falta de ideas e plans de futuro, lexitimado agora coa máscara da crise. E imos calar? Non, non podemos" "É o momento de xerarmos unha ferramenta de unidade, unidade dos distintos axentes do sector e unidade entre creadores e público. Xuntos contra aqueles que pretender facer da cultura elite, os mesmos que consideran o traballo un artigo de luxo ou unha vivenda, un privilexio. Porque a cultura nace do pobo e é para o pobo. O outro é espectáculo, circo mediático e bufonada faraónica", sinalaba un manifesto que concluíu cunha arenga colectiva: "Non renunciamos, nin renunciaremos nunca a que a arte, a cultura, transcenda a nosa condición humana cambiando humanidade". Ás portas do Salón Teatro escoitouse tamén o manifesto internacional do Día do Teatro promovido pola Unesco e que este ano redactou o intérprete John Malkovich. Ademais, un voceiro da Asociación de Profesionais do Circo leu un manifesto propio para dar a coñecer a súa asociación, que naceu para ser "unha carpa común" e reivindicar que o circo é "un feito global en Galicia". Varios directores teatrais e actores recitaron fragmentos dos manifestos do teatro galego que cada ano se len nos Premios María Casares e cuxo autor, nesta edición de 2012, será Méndez Ferrín, segundo adiantou Morris. Foi Braxe que pronunciou as críticas máis duras: "Pido a dimisión de toda a imbecilidade que nos goberna. Non podemos permitir que un recén chegado ao mundo de Talía tente rematar con todo" Finalmente, autores como Xúlio Lago ou Lino Braxe, puxeron o broche ás lecturas diante do Salón Teatro con reflexións propias nacidas dende a súa experiencia. Foi Braxe que pronunciou as críticas máis duras: "Pido a dimisión de toda a imbecilidade que nos goberna. Non podemos permitir que un recén chegado ao mundo de Talía tente rematar con todo", proclamou no treito final dun acto que rematou como comezou: Con consignas en contra a Consellería de Cultura e Educación en xeral e contra Fasero en particular. "Fasero dimisión", "Fasero mentiroso dános o que é noso", escoitábase ante un Salón Teatro totalmente pechado. |
PRAZA_10769 | A formación reclama que a Xunta organice un acto oficial para lembrar a Alexandre Bóveda e ás restantes 5.000 persoas que foron asasinadas en Galicia entre 1936 e 1939. O Parlamento galego aprobou xa en 2006 un acordo neste senso, que nunca foi cumprido | Na mañá do 17 de agosto de 1936 Alexandre Bóveda foi executado na Caeira (Poio) polos franquistas. Foi un máis dos 5.000 asasinatos que se calcula que cometeron en Galicia entre 1936 e 1939 os impulsores do golpe de Estado, segundo os datos de Nomes e Voces. Porén, o simbolismo da morte do político galeguista converteu esa data do Día da Galiza Mártir, unha xornada na que dende hai anos se vén lembrando a todas as vítimas do Franquismo no noso país. O franquismo asasinou a 5.000 persoas en Galicia entre 1936 e 1939A conmemoración do día da Galiza Mártir foi instaurada en agosto de 1942 en Buenos Aires pola Galicia do exilio. E todos os anos celébrase un acto institucional e cívico en Poio, diante do monumento á Galiza Mártir, organizado polo Concello de Poio e a Fundación Alexandre Bóveda.Neste senso, o BNG vén de rexistrar no Parlamento galego unha proposición non de lei para Institucionalizar a nivel galego o 17 de agosto como "Día da Galiza Mártir" para honrar a Alexandre Bóveda e a todas as persoas perseguidas e asasinadas polo franquismo no país. Na súa proposta o grupo nacionalista reclama organizar anualmente un acto institucional e crear os Premios da "Galiza Mártir" co obxecto de recoñecer a entidades e persoas con unha traxectoria destacada na recuperación da memoria histórica democrática galega. Solicita así mesmo desenvolver anualmente un programa de actividades para dar a coñecer a vida e a obra de Alexandre Bóveda."Ignorar esta data supón un desprezo absoluto a Alexandre Bóveda e a todo o que simboliza", di Luís BaráO BNG pide tamén que o Estado promova as iniciativas necesarias para a rehabilitación de Alexandre Bóveda e a anulación da sentenza que o condenou a morte. E, igualmente, a anulación de todas as sentenzas, expedientes e sancións ditadas durante a Ditadura contra cidadáns e cidadás galegos por motivos políticos, ideolóxicos, de crenzas, de raza ou diversidade sexual.Luís Bará, deputado do BNG, sinala que "a súa figura e a súa obra deben ser obxecto de recoñecemento, de gratitude e de homenaxe polas institucións galegas, especialmente pola Xunta e polo Parlamento" xa que "está fóra de toda dúbida a achega imprescindíbel da súa xeración, e nomeadamente de Alexandre Bóveda, á causa do autogoberno de Galiza e á aprobación do Estatuto de 1936". "Ignorar esta data supón un desprezo absoluto a Alexandre Bóveda e a todo o que simboliza", engade Bará.Dende hai anos son moitas as iniciativas políticas que traballan por unha reparación oficial da figura de Bóveda e tamén pola institucionalización desta data como unha xornadas de homenaxe e recordo a todas as persoas asasinadas polos golpistas e ás perseguidas pola ditadura posterior. En 2013, a Fundación Alexandre Bóveda iniciou unha campaña neste sentido que se concretou na presentación dunha Proposición non de lei a través da Comisión de Peticións do parlamento galego.Existe un acordo aprobado no Parlamento galego o 26 de decembro de 2006 encamiñado ao recoñecemento da figura de Alexandre BóvedaDe feito, existe un acordo aprobado no Parlamento galego o 26 de decembro de 2006 encamiñado ao recoñecemento da figura de Alexandre Bóveda pola súa participación na elaboración e aprobación do Estatuto de 1936. O acordo incluía a promoción de iniciativas para dar a coñecer e divulgar na sociedade galega os valores éticos e políticos encarnados por Alexandre Bóveda e polos demais compatriotas asasinados e represaliados polo franquismo. E tamén o inicio de xestións perante o Goberno central para a rehabilitación xurídica, persoal e moral de Alexandre Bóveda e a de todas as persoas que foron asasinadas e represaliadas por defenderen a legalidade democrática.De igual xeito, hai dous anos En Marea pediu no Congreso a anulación do consello de guerra de Alexandre Bóveda, solicitando ademais que se declarase a ilexitimidade das condenas e das sancións ditadas por motivos políticos, ideolóxicos ou de crenza na ditadura franquista, anulando todos os consellos de guerra e sentenzas condenatorias. Tamén institucións coma o Concello de Poio, o Concello de Pontevedra e a propia Deputación de Ourense aprobaron acordos plenarios demandando a oficialización da data e a organización de actos encamiñados á rehabilitación pública e política de Alexandre Bóveda e de todas as vítimas galegas da Ditadura franquista. A pesar de que o PP apoiou na Deputación de Ourense estas propostas, a formación a nivel galego e estatal segue a renegar da memoria histórica e da reparación ás vítimas. |
NOS_35837 | Rosalía, de Culturactiva, será a primeira produción teatral en tratar a infancia de Rosalía de Castro. | A obra Rosalía será a primeira produción teatral en pór o foco na infancia da escritora galega. A montaxe céntrase no que considera un momento fundamental para a vida de Rosalía de Castro: a mudanza de Padrón a Compostela. Aínda que xa ten o baúl preparado, a cativa non está certa da decisión. Este é o punto de partida co que Rosalía describe unha nena fantasiosa e rebelde que xa mostra o seu precoz interese pola palabra. Destinada a público infantil, especialmente aquel entre 9 e 12 anos, a obra chegará aos teatros o vindeiro mes de febreiro. Culturactiva produce este espectáculo dirixido por Fina Calleja sobre un texto de Nate Borrajo. A actriz Cristina Collazo asumirá o papel da nena Rosalía, mentres Rocío González interpretará dúas personaxes distintas, a amiga de xogos da protagonista e a súa principal coidadora. Achegar as máis novas á biografía de Rosalía de Castro dunha maneira amena é o principal obxectivo desta produción. A explicación humanizada da vida da escritora procura, ademais, axudar a que no futuro as espectadoras comprendan mellor a influencia da súa experiencia vital na escrita poética. |
NOS_20866 | A titular do xulgado de violencia sobre a muller de Santiago de Compostela, após de recibir declaración este sábado dunha sobrevivinte de violencia de xénero, que relatou malleiras constantes dende setembro de 2021, desconsiderou toda a súa declaración para denegarlle a orde de afastamento. Segundo documentación á que tivo acceso Nós Diario, a xuíza denegou a orde de protección á denunciante argumentando que "non ficaron acreditados un risco obxectivo para a vítima e os feitos acreditados só son constitutivos dun delito leve de inxurias ou vexacións inxustas" | A denunciante relatou no xulgado que desde setembro de 2021 viña recibindo agresións por parte da súa antiga parella. Asemade, testemuñou que a última malleira recibiraa a semana pasada que tras algunha delas acabou por ser abandonada no monte, despois de retirarlle o teléfono móbil de madrugada, sen posibilidade de chamar aos servizos de emerxencias ou sanitarios."Vanche fechar boca" A vítima decidiuse a denunciar unha vez que recibiu unha mensaxe ameazante, sinalando que "vanche fechar boca", na que percibiu xa un risco definitivo para a súa vida. Esta circunstancia da falla de denuncias e asistencias médicas anteriores foi utilizada contra ela pola Xulgadora, para denegarlle a orde de protección. A denunciante acudiu ao xulgado acompañado dunha testemuña que declarou que desde o mes de decembro lle leva aconsellando á afectada que denuncie na policía relatando varias agresións. A testemuña declarou ante a xuíza que a sobrevivinte lle refería os insultos que recibía constantemente por parte da súa exparella, e que até en tres ocasións puido ver persoalmente os mouratóns que a sobrevivinte tiña nos antebrazos e no pulso. Atención hospitalaria A acompañante da vítima asegurou á xuíza que tamén puido ler mensaxes ameazantes e insultantes e que mesmo acompañou á denunciante ao hospital nunha ocasión para ser tratada dos golpes recibidos.A vítima conta con dous partes de lesións do Hospital Clínico que constatan os hematomas e traumatismos craniais, así como as contusións e a tendencia ao pranto cando relata o acontecido. A xuíza rexeitou a orde de protección solicitada polo Ministerio Fiscal. A mesma reclamaba a prohibición de achegarse a unha distancia inferior a 500 metros do domicilio da denunciante, lugar de traballo ou calquera outro lugar que frecuente, así como a prohibición de comunicarse coa mesma por calquera medio, escrito, falado visual directa ou indirectamente. "Unha muller de orixe estranxeira" O avogado da acusación particular, Brais González, sinalou a Nós Diario que "a xuíza, estivo interrogando á vítima sobre cuestións absolutamente improcedentes, como a súa vida privada e temas sen ningún tipo de relación coas malleiras que a vítima denunciou, o que motivou as protestas da representación". Neste sentido, "a acusación particular ten a convicción de que o feito de que a denunciante sexa unha muller de orixe estranxeira afectou de maneira absoluta na desatención ao seu caso, e na denegación da orde de protección. "Este tipo de comportamentos do xulgado de violencia sobre a muller supoñen unha auténtica disuasión para que as vítimas poñan o seu caso en coñecemento das autoridades e un desalento irreparábel para persoas coa coraxe da sobrevivinte que logo de todo un proceso como o desta semana quedan nunha situación de clara desprotección, con risco real para a súa vida", afirmou González. González adiantou que "recorrerá por todos os medios necesarios esta decisión pero advirte que neste caso ademais é precisa unha reacción máis ampla da sociedade no seu conxunto para protexer á denunciante onde a institución a abandona, e especialmente para garantir que a súa voz se tome en serio en todo o proceso que lle queda por vivir". |
NOS_31403 | A CIG avoga pola reconversión das refinarías en bio-refinarías e a aposta nos bio-carburantes de segunda xeración, así como exixir das administracións públicas investimentos nas refinarías. | Delegados de empresas como Masol, en Ferrol; Bioetanol Galicia, en Teixeiro, e a refinaría de Repsol na Coruña, así como outras pertencentes ao sector de carburantes e biocarburantes concentráronse esta quinta feira fronte ao Parlamento da Galiza en defensa dun plan galego no marco do proceso de descarbonización da economía. Os manifestantes aproveitaron, segundo explicou a CIG nun comunicado, o debate que se celebraba esta quinta na Comisión 6ª de Industria e Enerxía dunha proposición non de lei do BNG para a elaboración do citado plan, a posta en marcha de alternativas de reindustrialización e creación de postos de traballo nos territorios afectados. Como é que a Galiza ten un dos carburantes máis caros do Estado? Na concentración coreáronse consignas como "Non hai transición sen investimento", "É demolición, non é transición" ou "Transición Galega Xusta". A respecto desta última, o delegado da CIG Armando Carril lembrou que en xuño de 2021 xa solicitaron tanto á Xunta como ao Ministerio de Transición Ecolóxica "que tivese en conta o sector galego de carburantes e biocarburantes para pór en marcha un Plan galego de Transición Enerxética sen obter, a día de hoxe, resposta". Sobre este plan, a CIG lembrou algunhas das súas propostas como a reconversión das refinarías en bio-refinarías, a aposta nos bio-carburantes de segunda xeración, así como exixir das administracións públicas investimentos nas refinarías para poder levar a cabo a reconversión. "A situación actual está a xerar moita incerteza, xa que os biocarburantes dependen do cereal e o prezo dos combustíbeis tamén afecta as refinarías e, por tanto, engade máis incerteza á que tiñamos sobre a mesa", insiste. É por isto que o delegado da CIG demandou investimentos e que "se tome en serio" un plan de transición que "atenda as protestas da central sindical", xa que "é a única forma de consolidar os postos de traballo e evitar que esta transición enerxética sexa unha demolición dos postos de traballo na Galiza, nun sector tan importante, na pouca industria que hai, que pode afectar máis de 1.000 empregos". "Ou se toman medidas urxentes para enfrontar esta transición ou este sector está abocado ao fechamento", aseverou. A suba dos carburantes podería obrigar a frota galega a permanecer amarrada Recalcan desde a CIG que o sector de carburantes ten un peso suficientemente importante "como para quedar fóra do cambio enerxético verde pola inexistencia de políticas, tanto por parte do Goberno español como da Xunta". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, apuntou que "a fabricación de combustíbeis ten que ser superada", pero non a conta de "cadrarlle as contas ás empresas mentres se destrúen miles de empregos e fican comarcas enteiras na desertización industrial". A CIG defende que non se conceda ningún tipo de fondos públicos nin se outorgue autorización, concesión ou adxudicación de megawatts (MW) a aquelas empresas "que non garantan a continuidade do emprego e non fagan os investimentos precisos nas plantas". En canto ás competencias galegas, sinalan que o plan de transición ten que ter prazos delimitados para a súa aprobación e piden que, paralelamente, se constitúa unha mesa de traballo na que abordar as mudanzas a realizar no sector, "de forma que se evite o ocorrido nas Pontes ou Meirama, onde se impulsan cambios de modelo enerxético sen formular alternativas". |
NOS_36752 | O deputado irlandés John Brady (1973) está en Galiza para participar nunhas xornadas sobre o futuro das pensións que decorren en Compostela, organizadas polo grupo GUE/NGL e a eurodeputada Lidia Senra. Falamos con el da Irlanda post-intervención da Troika, de Brexit ou do papel do republicanismo irlandés no século XXI. | Deputado no Parlamento de Irlanda desde 2016 polo Sinn Féin, onde é o portavoz dos republicanos en Política Social, John Brady está en Galiza para tomar parte nas xornadas 'O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa', organizadas polo grupo de Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), a eurodeputada Lidia Senra e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas. Cal é a situación das pensións na República de Irlanda? O sistema de pensións irlandés sufriu moitos cambios desde 2012, un deles afectou nomeadamente ás mulleres e provocou que 67.000 mulleres pasesen a cobrar pensións moito máis baixas das que viñan recibindo. Entre 2009 e 2015, coa escusa da crise, houbo moitos recortes e isto o que fixo foi empobrecer a poboación irlandesa. Nós somos de esquerdas e non nos desculpamos por iso. Apostamos no común, na xente e niso é no que focamos as nosas políticas Irlanda foi intervida pola Troika, que impuxo recortes non só nas pensións mais tamén noutros campos. Cales foron as consecuencias das medidas aplicadas? Os recortes afectaron moito ao sistema de protección social, cebouse en prestacións e axudas para persoas dependentes, tamén en prestacións que había para axudar a pagar servizos básicos, como a luz. Ademais, impúxose un retraso na idade de xubilación que se fixou en 66 anos e en 2021 será xa de 67 e en 2028 de 68 anos. Foron, logo, moitos recortes, que si que golpearon a poboación e nuns anos, ademais, nos que se destinaron miles de millóns de euros a resgatar a banca. Paradoxalmente, o ministro do goberno irlandés que tivo que impoñer esta política de recortes era membro dun sindicato. Realmente, as persoas que máis sufriron a crise foron as persoas dependentes, as familias monoparentais… E todo iso en que deu? Un incremento notábel da pobreza. Mais e paralelo a estas medidas e políticas de recortes deuse unha resposta da sociedade irlandesa, con participacións masivas comofoi o caso da loita contra o imposto sobre a auga… Efectivamente. O intento de cobrar impostos na auga fixo que houbese unha gran mobilización popular, esa cuestión foi a pinga que rebordou o vaso, a xente estaba xa cansa e farta dos múltiples recortes aplicados e esa loita, en torno á auga, uniu a xente e mobilizou moito. Aí confluímos diferentes partidos, sindicatos, colectivos… Foi un movemento que non ía só contra a suba da auga senón que era contra todas as políticas de austeridade. Esa batalla, a da auga, gañouse, o goberno tivo que retirar a medida. Ao tempo creouse un movemento polo dereito ao cambio, unha plataforma antes das eleccións de 2016 e na que diferentes axentes políticos, sindicais e sociais puxémonos de acordo en torno a unha axenda mínima en torno a dereitos como sanidade, vivenda, educación… unha serie de temas chave para levar ao goberno, confiábase en que se podía gañar, en ter unha maioría de deputados, mais non foi así. Mais iso non significou que este movemento parase, o movemento segue. Os dous partidos tradicionais na política da República (o Fianna Fail e Fine Gael) sitúanse na dereita conservadora un e no centro o outro. Hai marxe para que poida haber en Irlanda unha viraxe cara á esquerda? Eses dous partidos en realidade, se analizamos as súas políticas, non se diferencian. Teñen a mesma axenda e prioridades neoliberais, a mesma aposta no sector privado. En vivenda, por exemplo, propoñen o mesmo,e é confiar e incentivar o sector privado e en Irlanda hai 10.000 persoas sen fogar, hai 4.000 crianzas que non teñen fogar, hai toda unha xeración que non se pode permitir mercar un piso… E o mesmo que na vivenda, tamén noutras cuestións, como sanidade: non hai apenas diferenzas entre Fianna Fail e Fine Gael. Nós non estamos aí, nós somos de esquerdas e non nos desculpamos por iso. Apostamos no común, na xente e niso é no que focamos as nosas políticas. Brexit. Afecta e non pouco a Irlanda, tanto á república como aos seis condados baixo soberanía británica… É un desafío. Non só para Irlanda ou Reino Unido mais para toda Europa. A xente no norte [Irlanda do Norte] votou para non marchar, votou ficar na Unión Europea. E ese voto debe ser respectado. Unha parte dos 'unionistas' tamén votou por ficar. Nós somos críticos con esta Unión Europea e as súas políticas mais a vontade dos norirlandeses expresada no referendo foi ficar. O Brexit vai formularnos moitos desafíos, como se vai xestionar iso? Vai haber que volver aos pasaportes? Vai haber unha fronteira [entre a República de Irlanda e Irlanda do Norte] pura e dura ou algo máis laxo? Como vai afectar isto a toda a Illa? Cal é o papel a xogar polo republicanismo no século XXI, tanto na República como nos seis condados? Creo que o papel a xogar polo republicanismo agora é máis relevante ca en ningún outro momento da nosa historia. Hoxe en día, as decisión tomadas polos líderes irlandeses non están representando o pobo irlandés. Irlanda debería reunificarse, hai que poñer fin a esta división e aí o Brexit pode ser unha oportunidade para avanzar na loita cara a unha Irlanda unida, evidenciando que [Londres] non respeta a decisión da maioría dos norilandeses, hai que facer ver que unha Irlanda nova e unida é moito mellor para o pobo. |
NOS_18583 | O voceiro municipal do BNG, Antón Bao, explica as razóns que levaron ao seu grupo a rexeitar unha rúa para Manuel Fraga en Lugo. "Foi un ministro franquista", asegura o nacionalista, sería "quitar un para pór outro". | O Concello de Lugo prepárase para borrar do seu rueiro os nomes franquistas. A comisión de traballo encargada de implementar estas mudanzas --resultado dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG o pasado mes de outubro-- encetou a súa tarefa non exenta de polémica. Embora decorrer con normalidade e mesmo con consenso o labor de supresión da pegada fascista do rueiro lugués, o Partido Popular propuxo que unha das rúas leve por nome a Manuel Fraga. Desde o BNG, rexeitaron de maneira taxativa a proposta porque, din, "sería quitar un [fascista] para pór outro". Conversamos con Antón Bao, portavoz municipal da organización frontista en Lugo sobre as razóns do seu rexeitamento a unha rúa para o que foi durante décadas presidente do Partido Popular. O BNG impulsou a moción lexislativa que deu orixe á comisión de traballo para mudar os nomes franquistas do rueiro Que está a acontecer co rueiro de Lugo?Desde o BNG hai tempo que estamos a traballar a prol da eliminación dos nomes relacionados coa ditadura franquista das rúas da cidade. Xa no goberno, elaboramos un informe no que se recompilaban e hai tres meses --no pleno do 7 de outubro-- presentamos unha moción para iniciar ese cambio. Unha moción que foi aprobada por unanimidade de todas as forzas con representación no Concello. Neste senso, constituíuse unha comisión de traballo que debía dar cumprimento a ese acordo. Na proposta presentada polo goberno municipal aparecían 8 rúas ás que nós engadimos a Avenida Ramón Ferreiro e que foi aceptada. Após ir propondo os nomes novos [entre os que se atopan persoeiros como Pousa Antelo, Díaz Pardo, Peña Novo --impulsor do Partido Galeguista e secretario do Concello de Lugo-- ou os Mártires de Carral] o problema saltou na última rúa cando o PP propuxo unha para Manuel Fraga. "Seriamos incoherentes se aceptasemos esa proposta cando defendemos a supresión dos nomes do franquismo" Cal foi o conflito?Para a nosa sorpresa o alcalde apoiou a proposta do Partido Popular. Pola nosa banda, desde o BNG opuxémonos porque Manuel Fraga foi ministro franquista. Un ministro que asemade tomou decisións que atentaron contra a vida das persoas e aumentaron a represión do réxime. Seriamos incoherentes se aceptasemos esa proposta cando defendemos a supresión do rueiro daqueles nomes vencellados ao franquismo. Aliás, valoramos positivamente como se estaba a desenvolver o traballo até ese punto. Como actuou o PSdeG?Non sei se esta é unha posición do PSOE en Galiza. É do alcalde. Orozco chegou a recoñecer que non todos os militantes do seu partido concordarían coa súa postura e de feito coido que darán liberdade de voto aos concelleiros. Mais moito me temo que onde vai o alcalde irán os concelleiros. Após ese Congreso onde quixeron dar un verniz de esquerda ao partido, vailles caer a rosa en Lugo [di de brincadeira]. "As decisións de Fraga incrementaron a represión. Sería cambiar un [franquista] por outro" Defenden algún nome alternativo desde o BNG?Había algúns nomes aínda pendentes na proposta, mais non facemos causa de ningún deles agás que nos opomos a que a rúa sexa para Manuel Fraga. Hai moitas propostas que serían aceptábeis como a de Martínez Novo ou a de Fuxan os Ventos. E que dixo o Partido Popular?O PP non dixo nada. Non lle fixo falta, sendo que o alcalde xa defendeu a súa proposta. Con estas mudanzas fica algunha outra rúa por mudar?No noso informe contemplabamos todas as rúas agás que alguén con maiores coñecementos históricos poida informar dalgunha outra. Mais con estas estarían todas e borraríanse do mapa de Lugo todas as rúas con nomes franquistas. Até que decidiron quitar un para pór outro. [Afirma en relación á rúa Manuel Fraga]. |
NOS_31041 | Un dos principais obxectivos do proxecto de Álvarez é "tratar de ensinar recunchos menos coñecidos das urbes e das súas contornas, na procura de crear percorridos turísticos alternativos | Despois de 3 anos de paseos guiados e actividades case sempre en Lugo, o proxecto Guido Guía do turismólogo Guido Álvarez, ábrese este outono a outras cidades galegas baixo a liña de traballo que o guía viña segundo estes últimos anos. Un dos principais obxectivos do proxecto de Álvarez é "tratar de ensinar recunchos menos coñecidos das urbes e das súas contornas, na procura de crear percorridos turísticos alternativos e de paso axudar así á dispersión e desconcentración dos fluxos de persoas que nos visitan". En declaracións a Nós Diario, Guido Álvarez explica que "a idea vén da orixe do meu proxecto como autónomo. Ao pouco tempo pensei en facer paseos alternativos por Lugo e vin que era algo que a moita xente lle interesaba". Un novo piso turístico cada cinco horas Esta maneira de traballar foi, en palabras de Álvarez "chave" para a súa carreira e, ademais, seguía a súa "perspectiva como turismólogo de orientar paseos buscando un turismo ordenado e sostíbel que integre a poboación local no turismo para que non se sintan alleos". Un turismo aberto e equilibrado "Procuro insistir nesta idea de buscar un turismo aberto e equilibrado", asevera Álvarez ao tempo que indica que "este novo proxecto será unha oportunidade de plasmar o aprendido nos últimos anos". Acerca do modelo turístico actual, Guido Álvarez manifesta que lle gusta "que se aposte polo turismo pero está claro que hai que mellorar. En xeral temos moito que aprender sobre planificación turística, xa que o turismo é un ámbito de estudo bastante recente". Guido Álvarez, guía de turismo: "Nin os propios galegos coñecemos a nosa historia, ao contrario do que acontece en Irlanda ou Breizh" O acontecido hai unhas semanas en Santiago de Compostela con situacións de masificación turística na zona vella da cidade, foi algo que tamén abordou Álvarez. Sobre isto, o guía destaca que se trata dunha "alerta para pór as pilas e que evitemos converternos no que foi Venecia en certos momentos". "O turismo sempre vai existir, así que debemos buscar modelos que alivien a concentración de persoas en puntos concretos das cidades", asevera. O turismo en galego é posíbel O propio Guido Álvarez vírase envolto nunha polémica viral, cando algunhas persoas, por redes sociais, o criticaran por facer as guías en lingua galega. A este respecto Álvarez indica que "esas persoas existen e é unha pena, mais cada vez vexo máis xente de fóra á que lle gusta mergullarse na nosa cultura e descubrir o noso idioma. O turismo en galego é posíbel, por suposto". |
NOS_57541 | Fala unha das vítimas das gravacións ilegais no regreso da festa: "Non foi o que esperaba, estiven con moita ansiedade. Foi todo moi raro". | Unha das vítimas das gravacións ilegais durante a festa da Maruxaina en 2019, Paloma Maseda, vén de apremar o xulgado de Viveiro a que conclúa a súa investigación. Maseda, unha das vítimas que xa declararon ante o xuíz, expuxo, após o regreso desta festa de corte mitolóxico en San Cibrao, no concello de Cervo, que esta edición era "moi desexada", aínda que recoñeceu que no seu caso non foi "como realmente pensaba". "Crin que o ía levar moito mellor e non fun capaz de integrarme nesta festa a pesar de estar con toda a miña xente, cos meus amigos, coa miña familia. Non foi o que esperaba, estiven con moita ansiedade. Foi todo moi raro", explicou. A defensa das mulleres da Maruxaina confía nunha resolución "máis xusta" Con todo, aproveitou para felicitar a organización deste ano, xa que houbo "máis baños e moitísima máis seguridade, e tamén se mellorou a limpeza a nivel de rúa". "Era o que se necesitaba tamén", apuntou. Sobre a investigación, Paloma Maseda esgrimiu que están á espera de se "se move un pouco", admitindo que agora no verán a instrución pode demorarse algo. Sexa como for, emprazou a Xustiza a "pór as pilas" neste asunto. "É indignante que transcorrese tanto tempo e siga isto como ao principio". Unanimidade no Parlamento: Gravacións como as da Maruxaina pasan ser violencia machista "Á fin e ao cabo estamos como ao principio [en 2019]. Esperamos que se movan algo e fagan xa o seu traballo", concluíu esta vítima das gravacións ilegais, con imaxes que nalgún caso chegaron a páxinas pornográficas. Até o momento tomouse declaración a case un cento de mulleres que foron gravadas ouriñando de forma furtiva. Quedan aínda unha vintena delas por declarar ante o xuíz de Viveiro. |
NOS_47924 | Os rochos, as gabetas, os arquivos particulares, as caixas arrombadas durante o escuro tempo do franquismo aínda ocultan tesouros. Onte, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, emerxeu un dos máis singulares. Achada na casa da pedagoga Antía Cal e o oftalmólogo Antón Beiras, a monografía O arte e a súa historia, probabelmente datada a finais dos 50, é unha aventura inaudita. | "Na miña opinión, a nosa nai escribiu este libro para min e os meus irmáns", relatou onte na presentación Antón Beiras Cal, "meu pai leuno e quedou abraiado. Pediulle unha versión en galego e axudoulle coas fotografías. Era un gran fotógrafo". O volume, reeditado en formato facsimilar por Laiovento, é unha historia da arte con óptica galega e galeguista que empeza nas cavernas e remata a mediados do século XX con Laxeiro e Picasso. "Está no galego da Xeración Nós, nun galego salvaxe, prenormativo, con Hespaña con h e esas cousas que nos achegan a Roma", afirmou divertido Beiras Cal. E estruturado a xeito de diálogo coa infancia. "A arte é a sinxeleza. Os teus ollos de neno, aínda non cansos das formas..." arrinca un texto que Xosé Manuel Beiras Torrado, sobriño da autora e autor do limiar, definiu como "exercicio de maiéutica socrática en que o narrador fala co cativo". O arte e a súa historia é o produto dunha familia peculiar, de resistentes ao nacional catolicismo, utópicos sen remedio á procura de vías prácticas. Neira Vilas afirmaba que Antía Cal era "unha obra non escrita", lembrou Valentín García, responsábel de Política Lingüística, institución colaboradora na publicación. Tamén citou Alonso Montero: "Na rúa do Príncipe nos anos 50 só había unha parella que lle falase galego aos seus nenos, a de Antía e Antón". Aquela célula galeguista, ilustrada, con simpatías comunistas no caso de Antón Beiras, desprezaba o sistema educativo emanado de 1936. Na súa procura pedagóxica deron en confeccionar este manual, en palabras de Beiras Torrado, exemplo de "humilde heroísmo cívico cultural", unha obra destinada a ningún lector. Polo menos, no tempo en que foi escrita. Beiras, que mantivo unha estreita relación cos seus tíos no Vigo dos anos 50 -referiuse a eles como unha "parella simbiótica"-, explicou ante os asistentes á presentación de Compostela as "brillantes intuicións" de Cal e Beiras. "O arte e a súa historia é un libro que ve o mundo desde Galiza e non desde España nin desde ese topus uranus que é o Consello de Europa", dixo. E que foi redactado por alguén "que non era especialista pero estaba moi informada e, sobre todo, tiña unha gran capacidade de comprensión". O século de Xelmírez e "o esplendor absoluto da arte galega, o románico" son, para os autores da monografía, "exemplo da arte mundial". Eis a perspectiva galega sobre a historia da arte que salientou Beiras, antes de falar de que "a Galiza medieval estaba en sintonía con Europa". "O Pórtico da Gloria finalizouse en 1188". Apoiouse no ensaio de Jacques Le Goff Os intelectuais na Idade Media -"o primeiro Renacemento aconteceu dos séculos antes"- e nos traballos de Georges Duby -que situaba no XII o "o primeiro salto cualitativo da economía europea". O acto de Couceiro rematou cunha invocación da propia Antía Cal, de 94 anos, ao seu compañeiro, morto hai case 50: "Estou botando en falta a quen falta". |
NOS_2797 | O Goberno galego incumpre a súa propia normativa e permite que o persoal médico da Atención Primaria teña que atender até 80 pacientes nun mesmo día, cuestión pola que o sindicato O'Mega vén de demandar á Administración perante o Tribunal Superior de Xustiza. | A síndrome de burnout, ou síndrome de desgaste profesional, é unha doenza propia do ámbito laboral que se dá cando o traballador, ou traballadora, sofre un estado de esgotamento físico e mental que se prolonga no tempo e que, nos casos máis agudos, pode chegar a supor a incapacidade permanente. Neste estado atópase boa parte do persoal médico que presta servizo na Atención Primaria, segundo recolle o sindicato O'Mega, maioritario no sector sanitario, na demanda por sobrecarga de traballo que interpuxo perante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) o pasado 1 de agosto e que deu a coñecer esta terza feira. O'Mega pon o foco en que cada doutor ou doutora ten que atender cada día unha media de 70 pacientes, "con picos no verán de até 80 en zonas turísticas", unha cifra inasumíbel que supón o dobre do permitido pola normativa aprobada pola propia Xunta da Galiza o pasado ano —entre 32 e 40 pacientes—. Sos Sanidade lanza unha ILP en defensa da Atención Primaria A demanda diríxese contra a Consellaría de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e busca a declaración de "conflito colectivo" por mor da situación laboral dos facultativos do sistema público do país. Así, salienta os prexuízos que esta saturación supón para as persoas doentes, "que non reciben unha asistencia de calidade acorde cos estándares deseñados polo propio Goberno galego", e máis para o propio persoal sanitario: "A sobrecarga de traballo implica que se multipliquen as incapacidades laborais e o risco de emitir unha diagnose errónea", advirte o texto. Consultas médicas de tres minutos e medio O sindicato denuncia a vulneración dos artigos 15 e 43 da Constitución española, que protexen a integridade física e psíquica das persoas e o dereito á saúde, respectivamente. "A pesar de posuír unha normativa propia, o certo é que a lei non se cumpre e que os facultativos, de forma reiterada e constante, deben atender consultas de até 80 pacientes nos 300 minutos dos que dispoñen, o que deixa unha media de pouco máis de tres minutos e medio por paciente, tempo absolutamente insuficiente para ofrecer unha asistencia sanitaria de calidade", salientan desde O'Mega. No documento presentado en instancias xudiciais tamén se fai fincapé en que as axendas programadas do persoal médico non se limitan ás consultas no centro de saúde e inclúen tamén visitas a domicilio, reunións clínicas, actos de investigación e urxencias. Sanidade nega "crise" na área de Pontevedra e O Salnés malia cesar o xerente pola presión dos sindicatos Aliás, o sindicato pide ao TSXG que declare probado que o Sergas "vulnera os dereitos dos médicos da Atención Primaria e dos pediatras en materia de integridade física e saúde", subliñando os "incumprimentos en materia de seguridade laboral" que se denunciaron perante a Inspección de Traballo pola situación, especialmente crítica, que se está a vivir na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde a presión sindical obrigou a cesar o xerente, substituído polo ex responsábel do Sergas, José Flores. |
NOS_21150 | Os últimos 30 días foron os mellores en canto a número de visitas na historia de Sermos Galiza. O web recibiu un total de 181.421. | Nos últimos 30 días, o diario dixital Sermos Galiza recebeu a visita de 82.764 usuarios únicos, récord absoluto dun meio que leva na rede desde abril de 2012. O total de visitas foi de 181.421 e o de páxinas vistas, 567.303. Neste mes, Sermos Galiza recebeu visitas dun total de 91 países. Fóra do Estado español, o Reino Unido, con 2.022 visitas, e Portugal, con 1.162, son os países que máis frecuentan este web, que tamén rexistou 890 leituras desde Estados Unidos e 730 desde Brasil. O mellor mes até agora de Sermos Galiza fora maio de 2014. Daquela o web alcanzara 72.862 usuarios únicos e rexistara 174.851 visitas. En páxinas vistas, porén, maio de 2013 continúa a ser o mellor da historia para este meio, ao totalizarse 571.755. Cumpre ter en conta que foi un mes eleitoral -realizáronse comicios ao Parlamento europeu- e esa circunstancia sempre resulta nun maior tráfego de visitas na rede. As distintas pezas informativas elaboradas por Sermos Galiza sobre a morte do seareiro deportivista Jimmy a mans de ultras atléticos atinxiron perto das 90.000 leituras Neste último mes, o foco principal de atención das usuarias e usuarios únicos de Sermos Galiza foron os incidentes do pasado domingo á beira do rio Manzanares, en Madrid, os que resultaron na morte do seareiro coruñés Jimmy, a mans de ultras atléticos. As distintas pezas informativas elaboradas pola redacción de Sermos Galiza sobre o asunto atinxiron perto das 90.000 leituras. A máis seguida foi o artigo de Rodri Suárez Chámase asasinato, que totalizou até agora 57.339 leituras, co que se converte na peza máis lida na historia de Sermos Galiza. O artigo foi un verdadeiro fenómeno nas redes sociais, na Galiza e no Estado, até o ponto de alcanzar as 7.200 partillas en Facebook e ter sido chiado un total de 403 veces en twitter. Á marxe do crime de Madrid, as pezas máis lidas en Sermos Galiza neste mes foron: -Entrevista á voceira de AMI Charo Lopes, sobre a disolución da organización xuvenil, con 5.669 leituras. -A Comunidade de Montes Veciñas sairán á rúa ante o roubo legal que prepara a Xunta, 3.799. -Carlos Morais demite como secretario xeral de Primeira Liña, 3.437. -A ONU concédelle a Pontevedra o premio Hábitat da ONU, 3.081. -Entrevista a Karra Elejalde, actor de A Esmorga, 2.898. -Morre Francisco Carballo, 2.419. |
Subsets and Splits
No saved queries yet
Save your SQL queries to embed, download, and access them later. Queries will appear here once saved.