ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_24329
O PSOE aprobou na mañá do sábado a proposta de candidaturas para o Congreso e o Senado pola Coruña. Unha lista que encabeza a xa deputada Pilar Cancela. Tamén deu luz verde ás candidaturas das municipais da Coruña, Compostela e Ferrol.
A deputada Pilar Cancela recunca como candidata do PSOE pola Coruña, seguida do avogado e vicesecretario do PSdeG, Pablo Arangüena, e da concelleira nas Pontes Montserrat García. Completan a lista Diego Taibo, Natividad González, Jesús Fernández, Beatriz Domínguez e Miguel Ángel Paz. Aliás, os candidatos ao Senado pola Coruña son Antón Vázquez, Julio Vázquez e Obdulia Taboadela. Así o aprobou na mañá do sábado o comité provincial do PSOE, que tamén confirmou as listas das municipais na Coruña –onde Inés Rei aspira á Alcaldía– e Compostela –con Xosé Sánchez Bugallo– co 89% dos votos e Ferrol –con Ángel Mato– por aclamación. Candidaturas municipais Seguen Inés Rei na candidatura ás eleccións municipais da Coruña o ex deputado José Manuel Laxe Tuñas; a actual portavoz do PSOE en María Pita, Yoya Neira; Juan Ignacio Borrego Vázquez; Eva Martínez Acón; Francisco Dinís Díaz Gallego; María Esther Dolores Fontán Prado; Juan Manuel Díaz Villoslada e Diana María Sobral Cabanas. En Compostela acompañan Bugallo Mercedes Rosón; Sindo Guinarte; Milagros Castro; Gonzalo Muíños; Marta Abal; José Manuel Pichel; Noa Díaz, Javier Fernández e Esther Pedrosa. En Ferrol seguen a Ángel Mato María Jesús Deus Trasobares; Antonio Golpe Díaz; Eva Martínez Montero; Julián Reina Villalón; Ana Lamas Villas; Rafael Fernández Beceiro; Estefanía Gómez García; Gerardo López Castrillón e Ana Beceiro Mosquera.
NOS_52199
Ademais dos danos materiais e ambientais, os fogos provocan outros danos na saúde das persoas nas zonas que viviron os incendios. A pneumóloga Cristina Martínez apela á responsabilidade individual no cambio climático para impedir prexuízos perdurábeis no tempo.
A vaga de incendios que desde a quinta feira 14 de xullo deixou unhas 32.000 hectáreas calcinadas ademais dos danos materiais e provocan outros prexuízos perigosos para a saúde. A pneumóloga e coordinadora da área de Medio Ambiente da Sociedade Estatal de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica, Cristina Martínez, explica a importanci para a saúde persoal de protexerse do fume dos incendios. Alertan de que cos incendios hai risco de que algunhas especies non recoñezan o clima autóctono Segundo esta especialista, este tipo de fume contén partículas que son moi nocivas para a saúde, fundamentalmente para a respiratoria aínda que, segundo apunta a doutora, algunhas investigacións indican que tamén podería afectar á saúde cardiovascular. O risco é aínda maior cando se trata de persoas vulnerábeeis, sobre todo aquelas que presentan enfermidades respiratorias crónicas previas. Neses casos, unha exposición prolongada podería mesmo dificultarlles respirar. Algúns dos síntomas Nunha fase inicial e para a poboación os síntomas máis habituais sentir proído de ollos, caída de bágoas, esbirros, irritación de gorxa ou a tose irritábel. Esta especialista fai fincapé en prestar especial atención ás persoas enfermas que necesiten coidados específicos e "acudir ao médico ao menor empeoramento dos síntomas". Óscar Carrete, voluntario nos labores de extinción: "Moito posto de mando avanzado e isto é un caos, importámoslles un 'nabo' ás Administracións" A respecto de como a inhalación de fume pode chegar a afectar o noso organismo, a pneumóloga incide nas moitas variábeis que entran en xogo: desde o tempo de exposición e proximidade ao fogo, pasando polas propias características do lugar onde se produza e até o que sexa que estea a arder. Problemas co paso do tempo A doutora amosa a súa preocupación pola afectación do aire a longo prazo. Mentres se trate de feitos puntuais, "accidentes", contaminacións "illadas", "non teñen por que producir unha afectación importante o resto do tempo", asegura Martínez. A cuestión agora é se se cumprirán os prognósticos que vaticinan incendios moito máis voraces e destrutivos, impulsados en gran parte pola acción do cambio climático sobre a terra. Denuncian a falta de motobombas e que só "dous ou tres brigadistas" teñen que atender un incendio A pneumóloga apela ao deber individual que cada un ten sobre este proceso. Na opinión desta doutora, pequenas accións poden supor un impacto positivo. "Hai unha porcentaxe de responsabilidade individual para mellorar isto. Condutas saudábeis como evitar usar tanto o automóbil, coller o transporte público e mesmo aumentar os desprazamentos a pé non só mellorar a calidade do aire, tamén a nosa saúde", argumenta. Ademais da concienciación, a facultativa alude á prevención Ademais da concienciación, a facultativa alude á prevención. Respecto deste último aspecto, recomenda o uso de máscaras se é necesario saír á zona contaminada pero, sobre todo, evitar a exposición. Xa no interior dos fogares lembra non ventilar a casa -contrariamente á tendencia de moitos- e asegurar na medida do posíbel portas e xanelas para que o aire do interior non se contamine. Con todo, a doutora é partidaria das evacuacións preventivas e a súa utilidade para preservar a saúde. Prexuízos na saúde mental Evitar, neste caso, danos na saúde física pode causar prexuízos na saúde mental das persoas desaloxadas. Varios centos de persoas saen á rúa contra a xestión dos incendios por parte da Xunta Os propios medios de emerxencias destinados ás zonas afectadas polos incendios son conscientes da importancia do apoio psicolóxico para aquelas persoas que perderon parte ou todas as súas posesións e para aquelas que, evacuadas pola proximidade das lapas, viven co temor de que lles ocorra o mesmo.
PRAZA_13315
Faltan a verdade Rajoy e Guindos cando din que o crédito ás entidades financeiras vai ser incondicionado en termos macroeconómicos e fiscais. Pode que Rajoy non saiba ler inglés, pero o comunicado é inequívoco: o Eurogrupo confía que España intensifique o control do seu déficit e desequilibrios macroeconómicos e continúe nas súas reformas fiscais, laborais e estruturais e vixiara de preto para acadar estes obxectivos xa no vindeiro semestre.
A vice oficial negaba enfaticamente, canda o ministro Soria, a evidencia de que o Goberno pediría na tarde o rescate financeiro. Coincidían co xornal de Pedro J Ramirez, que non so rexeitaba no seu editorial do sábado a inminencia da solicitude do rescate, senón que acusaba a xornalistas e políticos europeos de tecer rumores, contra a evidencia dun Eurogrupo convocado de urxencia para as 16 horas por videoconferencia que, evidentemente, non se ía xuntar para falar da Eurocopa de fútbol. A iniciativa do pedimento de rescate non foi española, senón do Eurogrupo A iniciativa do pedimento de rescate non foi española, senón do Eurogrupo. O Goberno Rajoy apostaba, antes da crise de Bankia, polos instrumentos aprobados en febreiro e abril ( R.D. 2 e 18/2012) e pola poxa das entidades participadas polo FROB. Despois de descubrir a catástrofe Bankia barallou a posibilidade de financiala con débeda pública até que a falla de recursos do FROB fixo evidente que habería que pedir o rescate financeiro. Mais Guindos e Rajoy querían agardar a que fose inevitábel en termos de caixa. Porén o Eurogrupo impúxolle ao Estado español o pedimento inmediato dos fondos, co obxecto de previr as consecuencias para o euro da conxunción entre o posíbel trunfo electoral de Syriza na Grecia e a imposibilidade española de se financiar a xeito. Faltan a verdade Rajoy e Guindos cando din que o crédito ás entidades financeiras vai ser incondicionado en termos macroeconómicos e fiscais Faltan a verdade Rajoy e Guindos cando din que o crédito ás entidades financeiras vai ser incondicionado en termos macroeconómicos e fiscais. Pode que Rajoy non saiba ler inglés, pero o comunicado é inequívoco: o Eurogrupo confía que España intensifique o control do seu déficit e desequilibrios macroeconómicos e continúe nas súas reformas fiscais, laborais e estruturais e vixiara de preto para acadar estes obxectivos xa no vindeiro semestre. Por que este engano, srs. Rajoy e de Guindos? Se con ler en inglés na paxina web da Comisión Europea somos quen a descubrilo. Somos menores de idade, por acaso? A arrincadeira: NG Banco e as preferentes A recapitalización xerará novas posibilidades para enfrontar financeiramente as inevitábeis sentenzas e laudos arbitrais futuros a prol dos titulares das preferentes O rescate financeiro contribuirá a viabilizar o futuro autónomo de NG Banco e moito mais se esta entidade capta, nesta nova conxuntura e antes do 30-S, investidores privados internacionais que afasten mais a nefasta idea da absorción por Bankia. Asemade, a recapitalización xerará novas posibilidades para enfrontar financeiramente as inevitábeis sentenzas e laudos arbitrais futuros a prol dos titulares das preferentes.
NOS_54914
Cinco dos Estados máis pequenos presentes na ONU exixen de China, Rusia, Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos que se absteñan de usar o seu poder para frear medidas contra os xenocidios, os crimes de guerra e os crimes contra a humanidade
A Asemblea Xeral de Nacións Unidas analiza pedir aos cinco membros permanentes do Consello de Seguranza --Estados Unidos, China, Francia, Gran Bretaña e Rusia-- que se absteñan de usar o seu poder de veto "diante de medidas a prol de acabar cos xenocidios, os crimes de guerra e os crimes contra a humanidade". A resolución, promovida por Costa Rica, Xordania, Liechtenstein, Singapura e Suiza --que están entre os menores Estados da ONU--, explica que as ríxidas políticas "impiden" que as reunións do Consello teñan "unha acción eficaz". Mais as grandes potencias non se dan por aludidas e xa anunciaron que descoñecerán a iniciativa. A votación na Asemblea, de 193 membros, está prevista para esta fin de semana. É este o principal órgano de deliberación e de formulación de políticas. A representación dos cinco estados considera que non lle corresponde á Asemblea facer tales recomendacións ao Consello de Seguranza. A iniciativa conta con forte apoio de organización non gobernamentais, como a Coalición Internacional para a Responsablidade de Protexer e a Coalición polo Tribunal Penal Internacional (CICC). De saír adiante non será vinculante, mais o impacto político que tería "sería tremento", tal e como recoñeceu o coordenador da CICC, William Pace, quen salientou que "se a Asemblea Xeral adopta a resolución e o Consello de Seguranza implementa as 20 recomendacións será un dos avances máis importantes neste último". Pace engadiu que poderían "salvarse millóns de vidas e evitar un monte de guerras e revoltas nos vindeiros 30 anos". Entre as peticións dos cinco Estados 'menores' está a de exixir dos cinco 'maiores' que expliquen as razóns para recorrer ao veto.
NOS_31153
Nunha entrevista no diario ABC, o titular da Consellaría de Cultura, Educación e Univesidade, Román Rodríguez, avanza un curso escolar 2021-2022 "máis parecido á situación pre-pandemia". Ademias carga contra a Lomloe, defende o ensino concertado, o proxecto de universidade privada de Abanca e o decreto do plurilingüismo.
O conselleiro Román Rodríguez repasa nunha entrevista concedida a ABC os principais asuntos de actualidade que afectan ás súas grandes áreas de xestión: Cultura, Educación e Universidade. A piques de finalizar o actual curso escolar, marcado polas restricións derivadas da pandemia, o titular de Educación amósase "satisfeito" cos resultados acadados "cun 100% de presencialidade e unha porcentaxes de afectación acotadas". Curso escolar Así, ademais de facer un "balance positivo" recalca o desenvolvemento "normal" das aulas nun contento excepcional que a partir de setembro obrigará a manter algunhas restricións. Sen chegar a concretar como se vai desenvolver o vindeiro curso, Rodríguez avanza un período de "transición que nos oriente á normalidade". O protocolo está por concretar, e asegura que vai atender as recomendacións do comité clínico, mais anuncia un recorte das restricións que podería coincidir coa vacinación da poboación menor de 16 anos. "Oxalá, gustaríanos, daría moita máis seguridade", afirma o conselleiro, quen aventura "unha normalidade máis parecida á situación pre-pandémica" grazas á vacinación masiva da poboación adulta. Lomloe Preguntado pola diferenza de criterios entre territorios á hora de titular o alumnado con materias suspensa, Román Rodríguez carga contra a Lomloe. "É unha desigualdade que deriva dunha mala lei", que favorece "sistemas de avaliación que van contra a motivación do alumnado e a cultura do esforzo", base do modelo galego, di. O conselleiro de Educación avoga por reducir ao mínimo o impacto da lei Celáa na Galiza á que acusa de pór en perigo a educación especial. "Faremos o que teñamos que facer para defender o modelo educativo galego", asevera. Ensino concertado Sobre a continuidade e a "protección" do ensino concertado, Rodríguez defende a "liberdade educativa", os concertos e "decisión libre das familias" e neste sentido, a compatibilidade da ensinanza pública e concertada. "Temos concertos blindados até 2023", afirma, para recalcar que a aposta pola educación pública do seu Goberno "non implica renunciar á concertada". "Queremos o alumnado teña as mesmas oportunidades nun sistema e noutro". Universidade privada de Abanca O titular de Educación defende a "legalidade" do proxecto de universidade privada de Abanca, cuxa tramitación se aprobou no Parlamento cos únicos votos a favor do PP. Baixo o seu punto de vista "aporta liberdade de elección" e ofrece novas "oportunidades" ao alumnado sen chegar a representar unha ameaza para as universidades públicas. "Non teñen motivos para albergar medo", conclúe. Ribeira Sacra Tras o 'non da Unesco á Ribeira Sacra, o conselleiro de Cultura non esconde que a "dureza" dun informe que os "sorprendeu". Mais entende que este paso atrás "daranos a oportunidade de demostrar a Ribeira Sacra ten uns valores excepcionais e universais que a fan merecedera de ser Patrimonio da Humanidade". Neste sentido asegura que "non está nada perdido" malia a "complexidade" que supón, agora, "demostrar que as presas modificaron a paisaxe e que conforman parte da Ribeira Sacra". Lingua Sobre o decreto do plurilingüismo, Rodríguez asegura que está "demostrado que funciona" e que facilita a competencia oral, escrita e lectora do alumnado nas linguas cooficiais. Despreza as chamadas de atención do Consello de Europa e nega calquera problema arredor da lingua baixo o argumento de que Galiza é "o territorio con linguas cooficiais con maior porcentaxe de uso entre a xente moza". "As persoas falamos as linguas que queremos e usámolas nos momentos que eliximos", afirma para desacreditar a inmersión lingüística e reafirmar o modelo galego. Meirás "Non ten xustificación que despois de seis meses aínda teñamos isto sen resolver". Rodríguez tamén repasou a actualidade sobre o Pazo de Meirás e a próxima apertura dos xardíns mais non do interior das Torres. O titular de Cultura deposita a responsabilidade no Goberno do Estado a quen acusa de xerar "frustración" no público. Sobre a ampliación da declaración BIC para dar cobertura aos ben do inmóbel, asegura que "a Xunta non ten problema en facelo" mais terá ques e o Estado quen reclame a propiedade dos bens pola vía civil.
NOS_39159
En Cociña do País, o autor convida ás e aos lectores a gozar das súas propostas para estas festas. Atoparás esta reportaxe ao completo e moitos máis contidos de interese no caderno 'Gozar' que sae publicado mañá xunto co Nós Diario.
O frío xa está aquí, os días rematan cedo e as luces de cores adornan as rúas de vilas e cidades: xa é Nadal, e comer podería ser case un sinónimo. Ceas e xantares con familiares, amizades e colegas do traballo ateigarían o almanaque nestas datas na antiga normalidade. Este ano as circunstancias serán diferentes, mais aínda así, todas dun modo ou doutro acabaremos ao redor dunha mesa. A miña intención con este artigo é que sentedes a xantar comigo e presentarvos algunhas ideas, máis ou menos novidosas, para que desfrutedes nestas festas. O menú de hoxe inclúe entrantes, primeiro, segundo e sobremesa. Bon proveito! Entrantes Para comezar abrimos o viño, un albariño do país ben fresquiño, e sobre o mantel, algunhas das lambiscadas deste noso xantar virtual. En primeiro lugar, poderemos gozar duns pequenos canapés de paté caseiro. Foi feito con anchoas e atún pasados polo batedor xunto con ovos e pementos do piquillo. Para os entrantes é moi sinxelo, rápido e ten un gosto moi agradábel. Ao seu carón temos uns petiscos de masa follada e rulo de cabra, cubertos cunha liña de coulis de froitos vermellos. O coulis entre doce e acedo combina á perfección coa intensidade do queixo de cabra. A continuación, chegan á mesa os entrantes quentes: o primeiro é un pasteliño de porros e zamburiñas. Unha tortaleta salgada moi semellante a unha quiche e con todo o sabor e aroma que lle dan as zamburiñas. O segundo, uns espetos de cebola morada, langostinos e peixe sapo mariñado, acompañados dunha maionesa caseira de alfábega. O peixe sapo foi mariñado nun mollo con zume e reladura de limón, xenxibre, allo e aceite e logo empregouse este mesmo mollo para regar os espetos mentres se facían ao forno. A combinación cítrica do mariñado co peixe e o toque de alfábega da maionesa consegue unha explosión de sabor no noso padal ao mesturalos. Tanto os espetos como as tortaletas son estupendas como entrante pero tamén ficarían moi ben se os quixésemos cociñar de primeiro prato. Primeiros Logo dos petiscos xa podemos entrar en materia. De primeiro, o ideal sería comer un peixe ou marisco. A chave na orde é sempre ir pouco a pouco e colocar os sabores máis intensos ao final. De non ser así, un sabor máis forte, como o da carne asada ao comezo, non deixaría apreciar sabores máis suaves como o do peixe. Eu tráiovos como primeiro prato unha cremiña de nécoras. Esta crema faise con langostinos, nécoras e un rustrido de porro, cebola, cenoria e tomate. Engadímoslle caldo de peixe e tamén un fumet feito coas cabezas dos langostinos refogadas. Despois trituramos todo e pasámolo por un coador chinés para eliminar restos de cunchas. O resultado é unha crema con moi boa textura e cun gran sabor a marisco, é dicir, exquisita. Unha alternativa ao anterior prato para quen non sexa moi amigo dos froitos do mar podería ser o bacallau. No país veciño teñen mil modos de preparalo pero un dos máis populares é asado, cunha cama de pataca cocida e cuberto cun mollo de cebola confeitada, allo, aceite e pementa. Se queres descubrir como continúa este menú vai mañá a polo caderno 'Gozar' que sae publicado co Nós Diario. Tamén podes facer a compra na nosa loxa online. Non perdas ningún segredo de como gozar Galiza por quedar sen algún caderno; fai a subscrición!
NOS_57169
O alcalde de Santiago desminte as informacións dun xornal da capital e asegura que non houbo "denuncias formais" polo contido das mensaxes.
Cando comezou o confinamento en moitas vilas e cidades galegas semellaba que tamén quedaba fechada a posibilidade de expresarse en público. Case por casualidade xurdiron iniciativas en varios lugares do país que tiñan en común a plataforma pola que chegaban á xente. Cidades como Compostela ou Vigo, mesmo en vilas como O Porriño empregaban as paredes de edificios e unha proxección como canle de expresión aberta. En Compostela a iniciativa levárona desde a rúa Concheiros, no barrio de San Pedro, a escola Unitaria. Cada noite, logo dos aplausos en agradecemento ao persoal da sanidade pública, mensaxes de todo tipo enchen a fachada dun dos edificios. Con retranca e humor tratáronse estes días temas que van desde a política á relixión. Hai uns días o xornal da capital comezou unha cruzada contra esta actividade pedindo a actuación policial polas "denuncias" realizadas por veciñas e veciños. Esta segunda feira o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, desmentía esta circunstancia preguntado por Nós Diario. "Non hai ningunha denuncia formal, se alguén entende que hai unha violación dos seus dereitos, o que debe facer é formular a denuncia correspondente", explicaba. Deixaba o asunto "nunha anécdota" e sinalaba que "o exercicio da liberdade de expresión debe ser respectado".
PRAZA_8980
O informe pericial da USC advirte de que os números son "conservadores" e cifra as perdas no sector pesqueiro en 400 millóns e en 500 no sector turístico.
Os danos causados pola catástrofe do Prestige ascenden a preto de 4.400 millóns de euros no conxunto do litoral do Estado afectado, dos cales uns 2.400 correspóndense aos provocados en Galicia. Eses son os datos ratificados pola Fiscalía nunha nova vista do xuízo sobre o sinistro do petroleiro e que presentou a profesora titular de Análise Económica da Universidade de Santiago María Loureiro a través dun estudo ante o tribunal da Audiencia Provincial. Os danos, segundo o informe encargado pola Fiscalía, ascendería aos 4.400 millóns, 2.400 deles en Galicia Foi froito dun informe pericial (Custo económico e ambiental ocasionado polo afundimento do Prestige) encargado pola Fiscalía e que aclara que a cantidade chegaría aos 4.442 millóns de engadirse os danos no litoral francés. Este é o documento sobre o que o Ministerio Público basea unha petición de indemnizacións de máis de 4.400 millóns, dos que o o Fondo Internacional de Indemnización de Danos por Contaminación de Hidrocarburos (FIDAC) xa abonou ao Estado español 114, destinados sobre todo ás compensacións ao sector pesqueiro. Malia as elevadas cantidades, o perito da Fiscalía deixou clara na presentación do informe que as cifras son "moi conservadoras" e que poderían incrementarse substancialmente. Ademais, aclara que os cálculos fanse a medio prazo, entre 2002 e 2006, porque "non hai suficiente base científica e académica para establecer unha estimación a longo prazo". As perdas no sector pesqueiro ascenden a 400 millóns e no sector turístico a 500 María Loureiro destaca que as perdas no sector pesqueiro, especialmente en Galicia pero tamén no resto de territorios afectados, ascende a máis de 400 millóns de euros, 205 derivados do propio accidente e uns 200 millóns máis pola caída da reputación e imaxe dun sector ao que lle afectaron as caídas de prezos durante anos. A profesora da USC cifra tamén a perda no sector acuícola en 48 millóns e defende que o sector industrial perdeu polo accidente do petroleiro 71 millóns, ademais do transporte marítimo, que foi afectado cunhas perdas de 3,78 millóns. "Cando un territorio, como é o caso de Galicia, é altamente dependente dun sector como a pesca, sofre un impacto moi grande que é moi difícil de cuantificar", aclarou. A experta autora do informe advirte de que as cifras son "conservadoras" e de que os gastos en atencións aos danos na saúde poden incrementarse No entanto, o informe pericial da Fiscalía sitúa as maiores perdas no sector turístico, un total de 500 millóns, dos que 236 corresponden ao turismo interno e o resto ao internacional. O documento tamén cuantifica os danos en saúde e en atencións aos voluntarios que limparon as praias en 5,5 millóns, aínda que advertiu de que, neste apartado, o gasto podería ser moito máis elevado, porque, transcorrido o tempo, están a detectarse enfermidades supostamente relacionadas coa catástrofe. Por último, a experta da USC indicou que as reclamacións por danos civís acreditados ascenden a 1.446 millóns e o resto contabilízase no achegado de danos ambientais. Logo da súa exposición ante o tribunal, o letrado dos FIDAC Mike Garteiz cuestionou a metodoloxía utilizada para a elaboración deste informe, que cualificou de "inchado" e subliñou que as cantidades reclamadas son "desproporcionadas". Este avogado sinalou que na elaboración deste informe non se tiveron en conta cuestiones anteriores ao accidente, como vedas ou mareas vermellas. Ademais, insistiu en que as cantidades adiantadas polo Estado español deberían ter carácter indemnizatorio e descontadas da posterior repartición dos fondos pendentes, mentres que o perito referiuse a elas como meras "axudas sociais".
PRAZA_20115
MAPA INTERACTIVO | O novo secretario xeral foi o máis votado en 159 centros de votación dos 190 habilitados, pasou do 90% dos sufraxios en 34 e chegou a alcanzar o 100% en dez municipios. Os apoios a Díaz centráronse naqueles concellos con rexedores afíns á presidenta andaluza. GRÁFICOS INTERACTIVOS | Resultados das primarias do PSOE por concello
GRÁFICOS INTERACTIVOS | Resultados das primarias do PSOE por concello A vitoria de Pedro Sánchez nas primarias do PSOE foi rotunda en Galicia. Unha análise en detalle dos datos por centros de votación así o demostra. Das 190 mesas nas que votaron case 8.300 militantes -houbo lugares nos que se unificaron nunha mesa varios concellos-, o que xa fora secretario xeral venceu no 84%, mentres que Susana Díaz obtivo a vitoria no 15% e Patxi López non superou o 1%, co triunfo en tan só dúas localidades: Brión e Paradela. Pedro Sánchez venceu no 84% das mesas electorais das primarias socialistas: 159 fronte ás 29 de Díaz e as 2 de Patxi López Pedro Sánchez venceu en case todos os concellos e na inmensa maioría das mesas electorais. En total, foi o máis votado en 159 dos centros habilitados, fronte aos 29 nos que o superou Susana Díaz. Ademais, pasou do 90% dos sufraxios en 34 mesas e chegou a alcanzar o 100% nun total de dez municipios: Mondariz e Mondariz Balneario -cuxos militantes votaron na mesma urna-, Salceda de Caselas, Salvaterra, Parada de Sil, Antas de Ulla, Bóveda, Padrón, Rois e San Sadurniño. Entre os concellos onde Sánchez obtivo máis de nove de cada dez votos destacan algúns importantes como Viveiro, Ribadavia, Pontecesures, Pontecaldelas, Arteixo, Arzúa, Neda, Corcubión, Culleredo, Fene ou Fisterra. Os datos corroboran unha vitoria que en Galicia cuadriplicou o triunfo xeral no Estado e que acantoa a vella garda do PSdeG, a gran derrotada ao acumular a inmensa maioría de apoios de Susana Díaz. O 66% dos sufraxios obtidos polo novo líder do PSOE a nivel galego foi superado amplamente en moitísimos concellos, vencendo ademais nas sete grandes cidades. Ao debullar os datos, compróbase tamén a relevancia das afinidades de alcaldes ou importantes cargos ou ex-cargos socialistas en determinados concellos, principalmente naqueles poucos onde venceu Susana Díaz. Así, foi na mesa electoral de Oroso, onde votaron tamén os militantes do Pino e Touro, a única onde gañou a presidenta da Junta. O rexedor da localidade é Manuel Mirás, vicepresidente da xestora e afín á dirixente andaluza. No resto da provincia, e a excepción de Brión onde venceu López, Pedro Sánchez resultou claro gañador. En moitas das poucas localidades onde venceu Díaz, os seus alcaldes fixeron campaña ao seu favor En Lugo, pola súa banda, Susana Díaz venceu en Becerreá -onde é alcalde e afín a ela o vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez-; Palas de Rei (terra natal do ex-ministro José Blanco), ademais de en Castroverde, Cospeito, Foz, O Incio, Monterroso, Navia de Suarna, e Samos. Mentres que en Paradela foi Patxi López o triunfador, Pedro Sánchez anotouse o triunfo no resto de municipios, destacando a importante vantaxe obtida en Folgoso do Courel, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Riotorto, Monforte ou Viveiro. Na provincia de Ourense, Susana Díaz obtivo o apoio maioritario dos militantes nas mesas de Amoeiro -cuxo alcalde Rafael Villarino foi un dos seus apoios públicos durante a campaña-, O Carballiño -terreo do ex-conselleiro Pachi Vázquez e con rexedor como apoio público-, ademais de en Castrelo do Val, Celanova e Xinzo. No resto, Sánchez foi o maioritario. Pola súa banda, Pontevedra foi tamén terreo claramente sanchista nas votacións do domingo. Venceu con claridade en Gondomar, Lalín, Marín, Pontecaldelas ou Pontecesures, ademais daqueles centros de votación de pequenas localidades onde chegou a alcanzar o 100% dos votos. Susana Díaz venceu en Cambados, Catoira, Vilaboa ou Meis por escasa diferenza, acadando maior vantaxe en localidades como Caldas de Reis, Cambados ou Silleda, estes dous últimos concellos rexidos por alcaldes que amosaron publicamente o seu apoio á presidenta da Junta de Andalucía.
PRAZA_2033
As industrias lácteas permanecen bloqueadas por terceiro día consecutivo e a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo acusa a "concelleiros e militantes activos" dos populares de "tentar que nos pelexemos, a ver se marchamos". Mentres, a Xunta defende o preacordo de Madrid. A presión gandeira logra os primeiros xestos da industria e da distribución cos prezos 21 millóns de litros bloqueados en tres días
A presión gandeira logra os primeiros xestos da industria e da distribución cos prezos 21 millóns de litros bloqueados en tres días Unha semana despois do inicio da tractorada de Santiago e cando xa transcorreron dous meses dende que comezaron a intensificarse as protestas gandeiras, o sector vive entre o cansazo e a indignación que segue a alimentar as protestas contra os baixos prezos do leite. As grandes concentracións de vehículos agrícolas en Compostela e Lugo foron substituídas dende o pasado venres polo bloqueo das 15 industrias lácteas do país, que agora se completarán con protestas selectivas nos centros de distribución. A loita continúa e no seo da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego o malestar non está provocado só por quen paga o produto por baixo do prezo do custo, senón tamén por quen tenta "desmoralizar e dividir os gandeiros". Ese papel, aseguran, está a xogalo o PP. A renuncia a continuar coa mobilización por parte grupo que se erixira en líder da tractorada de Lugo evidenciou a pasada fin de semana o seu desmarque e demostrou, a xuízo do representante da Organización de Produtores de Leite e voceiro da plataforma, Anxo Escariz, o que "dixemos dende o primeiro día". Abonda, di, con "coller o listado" de "representantes dos concellos" que son núcleo deste grupo e "son concelleiros do PP e militantes activos do PP, os mesmos que carrexan xente para as eleccións. Ou non nos coñecemos todos, ou nacemos onte?", pregúntase. Anxo Escariz: "Son concelleiros e militantes activos do PP, os mesmos que carrexan xente para as eleccións" "No canto de afrontar o problema lácteo", lamenta, "o PP dedícase a dividir, a desmotivar, a desmoralizar" e a "tentar que nos pelexemos, a ver se marchamos", afirma Escariz. Segundo o voceiro da Plataforma moitos dos gandeiros que participaron na tractorada de Lugo "quedaron coa cabeza destrozada despois de estar unha semana escoitando manipulacións", entre elas, cita, acusacións contra os sindicatos ou a propia plataforma. Proba disto, ilustra, é que "cando a conselleira non tivera a dignidade de recibir a Plataforma", abondou con que a chamase "ese paracaidista de Lugo", en referencia a Roberto López, voceiro dese colectivo, para que Rosa Quintana acudise á tractorada. Xusto despois, critica, o colectivo instou a "darlle un voto de confianza" á Xunta. Rueda aplaude a decisión de Lugo e defende o preacordo O vicepresidente insta os gandeiros a "sumarse" ao preacordo e coida que "algúns están entendendo de que é o momento de aproveitar as vantaxes" Mentres continúan as protestas o Goberno galego veu defendendo durante a fin de semana a necesidade de que o sector se sume ao preacordo formulado a pasada semana en Madrid e, por extensión, abandonen as mobilizacións. Segundo o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a decisión do grupo de Lugo, así como o feito de que a asociación de cooperativas AGACA se desvinculase da plataforma, é a mellor mostra de que "algúns están entendendo que agora é o momento de aproveitar as vantaxes que ten que todos se puxesen de acordo en cuestións fundamentais". "Refírome á industria distribución e produtores", subliña o número dous de Feijóo, para quen "é o momento" de que os gandeiros mobilizados "sumen" e se adhiran ao pacto. "Eu convido os da Xunta a que fagan o que estamos facendo nós: falar cos gandeiros e ver o ánimo que teñen", retruca Ascariz, quen afirma ademais que un bo número dos gandeiros que marcharon de Lugo o sábado "reflexionaron sobre o que pasou e ven que as medidas de presión" como o bloqueo ás industrias "son totalmente efectivas". Por este motivo, advirte, mentres non haxa garantía de prezos por riba do custo de produción continuará o bloqueo ás factorías e "imos actuar sobre a distribución no momento en que decidamos".
NOS_29735
A Federación rural galega ten clara a responsabilidade da Xunta no baixo prezo do leite galego
A Pastoriza acolleu esta quinta o primeiro dos actos que a Federación rural galega (Fruga) vai desenvolver ao longo do país no marco da campaña en defensa do sector lácteo galego. Para a organización, a importancia e peso tanto no emprego como na riqueza que xera, deste sector no rural da Galiza obriga a actuar na súa defensa, "exixindo responsabilidades" da situación do mesmo. A federación considera que no sector lácteo hai unha serie de variábeis de difícil control, tal e como pode ser o prezo dos cereais nas lonxas que marcan o prezo mundial debido ao estado das regras do mercado hoxe en día. Mais tamén sabemos que hai outras accións que se poden tomar para equilibrar os beneficios do conxunto do sector lácteo que xa foron postas en marcha e que sabemos que son efectivas, xa que contribúen a aumentar o prezo do leite en orixe. Nesta liña, lembran que na consellaría do Medio Rural do anterior goberno adoptáronse medidas como a creación da Mesa do leite, o Observatorio lácteo galego, a implantación do mercado homologado ou a posta en marcha do banco de terras da Galiza (Bantegal). O desmantelamento por parte do actual goberno do PP deses instrumentos implicou que en Galiza o prezo do leite sexa o máis barato do estado, cando na anterior lexislatura ese prezo superaba os do seu contorno.
PRAZA_16063
Os nosos insolidarios descendentes mantiveron unha actitude pasiva –agás uns poucos loitadores que se espetaron contra o muro parcial xudicial macrista-- e colaborativa co interventor. As ordes recibidas teñen o obxectivo de facer negocio coa propiedade inmobiliaria
Que a maioría da colectividade galega na Arxentina apoie ao presidente Macri non debe facernos esquecer aos que mantiveron a súa dignidade Que a maioría da colectividade galega na Arxentina apoie ao presidente Macri non debe facernos esquecer aos que mantiveron a súa dignidade. Quero dicir que non é de galegos ou descendentes honrados a sumisión a unha seita de nigromantes que reparten globos amarelos. Antes das eleccións enchían as redes sociais con ataques constantes ao goberno de Cristina Fernández. As expresións destes siareiros non eran orixinais. Repetían as insensateces que saían dos coimeros da mafia mediática mercenaria. O seu escaso razoamento ía na liña de criticar o que chamaban "política". O seu candidato era un contrabandista. Claro que estes infelices emigrantes vían nel a un mago das apócemas máis baratas e efectivas. Aquel falabarato di exactamente o que queren oír. Estupendo. Agora os dólares do grasa peronista da esquina van ser meus. Alegría. Vou poder ver televisión sen que amolen con cortes para informar da inauguración dun novo hospital ou universidade. Estes votantes son os responsables de que o hospital do Centro Galego de Bos Aires estea agora mesmo apreixado por media ducia de voitres financeiros asociados ao carancho local don Mauricio. Estes votantes non se moveron para buscar unha solución. Non lle presentaron ningunha proposta ao seu marabilloso goberno. Non quixeron molestar ao ministro de Saúde. Estes votantes son os culpables de que veñan do exterior a roubar o patrimonio suado en máis dun século de esforzos. Son indignos. O noso nobre sangue na diáspora non inclúe aos que autorizan a estafa en beneficio privado. O goberno de Macri non quixo facer unha condonación de débedas. Os nosos ingratos descendentes non usan o cerebro para pedir que o hospital sexa nacionalizado. O goberno negaríase e entón o que corresponde é un acordo asembleario de doazón do hospital para servizo da cidadanía arxentina. Os nosos insolidarios descendentes mantiveron unha actitude pasiva –agás uns poucos loitadores que se espetaron contra o muro parcial xudicial macrista-- e colaborativa co interventor. As ordes recibidas teñen o obxectivo de facer negocio coa propiedade inmobiliaria Agora temos a esquina de Belgrano e Pasco asulagada nunha escura trapallada. Os nosos insolidarios descendentes mantiveron unha actitude pasiva –agás uns poucos loitadores que se espetaron contra o muro parcial xudicial macrista-- e colaborativa co interventor. As ordes recibidas teñen o obxectivo de facer negocio coa propiedade inmobiliaria. O encargo do interventor non é sobre a continuidade da mutualista de asistencia médico-hospitalaria. A quen lle importa os empregados e os socios? Imos ver que vaise buscar un acordo con Ribera Salud, empresa denunciada judicialmente en Valencia (Modelo Alzira). Imos ver que o 50% desta empresa é propiedade de Centene Corporation de St. Louis-Missouri. Os accionistas maioritarios de Centene son: Vanguard Group; BlackRock; Price (T. Rowe) Associates; State Street Corporation e Ameriprise Financial. Habería que pararse un pouco a pensar aínda que os macrigaitas son máis de berrar. Se dicimos que BlackRock posúe máis de 5 billóns de dólares en activos financeiros e que é o primeiro accionista no Santander e no BBVA e o terceiro no Sabadell (propietario, por certo, do outro 50% de Ribera Salud a través de Aurica XXI-BS Capital) haberá que sospeitar sobre a existencia dun enorme xacemento de petróleo no subsolo do Centro Galego. A pregunta que se deberían facer os socios e empregados é se estes moi poderosos fondos de investimento están preocupados pola atención médica nunha sociedade mutualista da capital arxentina A pregunta que se deberían facer os socios e empregados é se estes moi poderosos fondos de investimento están preocupados pola atención médica nunha sociedade mutualista da capital arxentina. Non sei onde está o beneficio de pagarlle cada mes o salario a mil empregados. Hai que ser moi pasmón para crer o conto de que Centene Corporation vai investir nun país que xa foi baleirado por Macri e os seus cómplices no equipo de goberno. As contas non saen. Ninguén me vai convencer de que tivo lugar un acontecemento milagroso e que agora os voitres escuros do norte son, no sur, doces pombas ou fermosas andoriñas. A apócema narcotizante de don Mauricio envelenou a moitos dos nosos descendentes. Aceptaron fortes doses de egoísmo para fortalecer o seu resentimento contra dos máis desfavorecidos. Os noutrora solidarios emigrantes perderon a súa identidade. Non aceptan que foron manipulados e non queren pedir perdón. A saída da seita macrista non é doada. Hai que ser valente é recoñecer que deben abandonar, canto antes mellor, o consumo de envexa e rancor. Non semella boa cousa ter que ler The Wall Street Journal para saber se no hospital do Centro Galego aínda manteñen abertas as consultas de cardioloxía, endocrinoloxía e traumatoloxía. Eu confío na singradura das andoriñas viaxeiras pois escollen sempre o roteiro máis axeitado. Os voitres financeiros case non voan e só se moven cando ulen un cadáver. Podo asegurar que volverán de Bos Aires sen nada no peteiro xa que alí non hai ningunha prea. Sei que a forza espiritual dos devanceiros non deixará esmorecer aquela lareira de irmandade.
NOS_7317
De "discreta". Así cualificou a Federación Galega de Tríatlon a actuación das e dos deportistas galegos no Campionato de Europa, que se disputou en Xenebra e no que Gómez Noya e Pablo Dapena tiveron que retirarse.
A Federación Galega de Tríatlon informa nun comunicado da actuación "discreta" das e dos deportistas galegos no Campionato de Europa que se disputou en Xenebra (Suíza). E é que na proba sénior, Javier Gómez Noya, que partía como favorito, e Pablo Dapena tiveron que retirarse. Na proba junior, Inés Santiago rematou na posición 25ª e Andrés Cendán na 47ª. Gómez Noya saíu da auga xa moi atrasado e no inicio da bicicleta sufriu unha caída que o obrigou a cambiar a roda e que lle provocou unha perda substancial de tempo. Na carreira a pé, tanto Gómez Noya como Pablo Dapena pagaron o esforzo realizado e tiveron que abandonar. Finalmente, David Hauss (Francia) proclamouse campión de Europa cun tempo de 01:52:55, mentres que segundo clasificado foi o suízo Sven Riederer (01:53:13). Na categoría júnior tampouco houbo boas novas para o tríatlon galego. Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) rematou na 25ª posición, nunha proba que foi gañada pola alemá Laura Lindemann, que está a participar en probas das Word Series. Na categoría masculina, Andrés Cendán foi 47º, mentres que Ignacio González (andaluz que milita no Arcade Inforhouse de Santiago) quedou na segunda posición, a só un segundo do campión de Europa júnior, o alemán Lasse Lührs.
NOS_44818
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade o Plan Único 2021, de apoio aos concellos, cun orzamento inicial que pasa dos 47,2 aos 64,6 millóns de euros e que incorpora unha partida especial de 14 millóns destinada especificamente a atender gastos sociais extraordinarios municipais derivados da pandemia.
"Eses 14 millóns destinaranse a gasto social para atender os colectivos que máis o necesitan e non deixar a ninguén atrás na saída da crise", salientou o seu presidente, Valentín González Formoso, quen quixo destacar o incremento orzamentario, de 37%, e quen sinalou que o resto dos fondos do plan "destinaranse a investimentos que axudan a reactivar a economía, crean emprego e melloran os servizos e infraestruturas dos 93 concellos". Pola súa banda, o vicepresidente, Xosé Regueira, valorou que, nun ano no que se precisará un grande esforzo das Administracións para contribuír á saída da crise provocada pola pandemia, a Deputación da Coruña "responde ás urxencias" cun plan "que medra 22 millóns e que ademais ten en conta a situación económica e social extraordinaria que van ter os concellos". "Estamos diante do Plan Único máis cuantioso para un momento difícil, o que é unha boa noticia non só para os concellos, que van poder planificar os seus orzamentos, senón tamén para os sectores económicos, que van ver como a Deputación segue facilitando capacidade de investimento e liquidez para pagar a provedores que traballan coas administracións locais", indicou Regueira. Tamén esta sexta feira, o pleno da Deputación coruñesa aprobou o orzamento de 2021, que ascende a 184,5 millóns e que saíu adiante co voto a favor do PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños, e coa abstención do PP. "É o orzamento máis social da historia da Deputación", sinalou o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira. As contas inclúen un incremento das partidas na área social, que pasan de 11,8 a 27,4 millóns de euros, ao que se suman outras medidas como a contratación de 300 profesionais na área sanitaria ou un aumento de 14 millóns para servizos de axuda a persoas dependentes e de emerxencia social para os concellos, segundo destacou o Goberno do ente coruñés na presentación do documento. "Plan de rescate" En Pontevedra, o pleno da Deputación de hoxe evidenciou a división entre o Goberno –PSOE, BNG– e a oposición que exerce o PP sobre as responsabilidades e competencias das distintas administracións nas axudas aos sectores estratéxicos máis afectados pola pandemia de Covid-19. O grupo socialista presentou unha moción, que foi aprobada cos votos do BNG, na que se pedía á Xunta "un auténtico plan de rescate" coa "reprogramación de partidas" para constituír un "apoio firme" á hostalaría. O PP emendou a iniciativa, para reclamar que a Deputación lance o seu propio plan de axudas. Por outra banda, en Lugo, a xunta de goberno da Deputación aprobou onte a adxudicación da prestación básica dos servizos do futuro centro de maiores de Castroverde, por un millón de euros, en dúas anualidades. Segundo anunciou a portavoz do Goberno, a socialista Pilar García Porto, tanto esta residencia como a de Pedrafita do Cebreiro botarán a andar o ano vindeiro.
NOS_47851
A unha semana do pleno que elixiu Elena Candia como presidenta da Deputación grazas a o deputado Manuel Martínez ter decidido non apoiar o candidato do seu partido, o PSOE de Lugo continúa nunha encrucillada na que Besteiro xoga o seu futuro político que, a todas vistas, continúa nas mans do alcalde de Becerreá.
Desde a pasada cuarta feira, día no que Manuel Martínez rachou a disciplina de partido votando por si propio en primeira volta e en branco en segunda e entregando a presidencia da Deputación a mans do PP, os movementos que se deron no PSOE diríxense cara ao alcalde de Becerreá. PSOE cara Martínez, mais non viceversa. Non só non foi expulso do seu partido despois de ter cometido o que se entende como falta grave senón que entrou a formar parte do grupo do PSOE na Deputación e mesmo deu a súa primeira rolda de prensa na sede local do partido. A dirección que conduce Besteiro semella, con estes episodios, focarse cara ter a Martínez de man para, como xa anunciou, tentar chegar a unha situación propicia para unha moción de censura que lle devolvería o poder do ente provincial. Para o secretario xeral do PSdG-PSOE non está en xogo só o goberno da Deputación senón o seu futuro político e a posibilidade, cada vez máis mermada, de chegar como cabeza de cartel ás vindeiras autonómicas. Se a dirección do PSOE provincial se encamiña a convencer a Martínez de que depoña a súa actitude, todo apunta a que o alcalde de Becerreá non se moveu nin un centímetro da súa posición. É dicir, a situación estaría neste momento no mesmo punto que a véspera do pleno no que o PP volveu á presidencia da Deputación de Lugo co deputado que fai a maioría absoluta encirrado no seu desexo de ser máximo dirixente do organismo provincial malia estar imputado, condición que impide o pacto que lle daría o poder ao seu partido. "Se a dirección do PSOE provincial se encamiña a convencer a Martínez de que depoña a súa actitude, todo apunta a que o alcalde de Becerreá non se moveu nin un centímetro da súa posición". Manuel Martínez está imputado desde 2014 e hai mesmo quen xa aventura que a resolución xudicial será a que aclare o futuro político da Deputación de Lugo. Malia iso, no horizonte non hai data aínda para que a situación do alcalde se incline pola libre absolución ou polo encausamento, o que o levaría ao banco dos acusados. Mais, mesmo no caso de que se arquivase a causa que sería , en principio, o que máis favorecería a posibilidade de que puidese optar nunha votación á presidencia da Deputación, son moitas xa as voces que defenden que o martinazo mostrou que non era unha persoa acaída para o cargo. Despois de moitos anos -estivo xa na oposición a Cacharro, anceiando a presidencia da Deputación- e de ter tomado unha decisión como a de permitir o goberno do PP antes de non ser el quen ocupe o cargo, non parece indicar que a posición sexa fácil de mover. E nesa condición teimuda persoal pode radicar o futuro político de Besteiro para quen a Deputación de Lugo é o único centro de poder que podería controlar, sendo que, mesmo no caso de se chegar a pactos de goberno con presidencias socialistas, a de Pontevedra e A Coruña non estarían baixo o seu control no partido. Besteiro necesita a Deputación porque é o único instrumento que lle garante o poder do partido en Lugo a través dos alcaldes e a única ferramenta que lle permitiría seguir a xogar no taboleiro da política galega. A súa carreira fíxose na Deputación e a súa lideranza depende tamén dela e, para iso, Martínez continúa a ser a peza chave. O ascenso de Besteiro nace no propio organismo provincial, cando se erixe no cargo político do PSOE que máis orzamentos manexaba. Despois das eleccións municipais, o PSOE saíu reforzado na provincia mais o revés da perda da deputación sitúa o secretario xeral nun momento especialmente vulnerábel no que tería que manobrar ao xeito para conseguir non sucumbir canda o goberno da Deputación. "O ascenso de Besteiro nace no propio organismo provincial, cando se erixe no cargo político do PSOE que máis orzamentos manexaba". O martinazo fixo tamén aflorar os conflitos dentro do PSOE de Lugo con tres familias que mantiñan as formas, mais que agora mostran con claridade as súas tensións. Por unha parte, estaría o grupo fiel a Besteiro que xiraba arredor da propia Deputación, logo o conxunto de alcaldes que apoiou Manuel Martínez e fixo que gañase as primarias fronte ao secretario provincial Santín e, finalmente, o círculo que xira arredor deste último. Neste taboleiro, dous homes fortes do partido en Lugo, José Blanco e o ex-alcalde da capital, Xosé López Orozco, sitúanse tamén fronte a Besteiro, mesmo hai xa quen apunta á posibilidade da aterraxe do ex-ministro que aparecería como salvador en tempo de crise. Besteiro perde, Feijóo tamén Agora, se Besteiro perde no aceso panorama político de Lugo, tampouco queda en mellor situación o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que perde poder relativo nun partido que viu como a cor azul desaparecía do mapa municipal da provincial, quedando só no goberno de Vilalba de entre os concellos de máis de 10.000 habitantes e Castro de Rei e Outeiro de Rei nos de máis de 5.000. Coa chegada do PP ao goberno de Lugo, Feijóo atópase con dúas presidencias provinciais que non están da súa parte no partido. A filiación de Manuel Baltar é xa ben coñecida, do bando no que Feijóo non se posicionou e ao que venceu na súa carreira cara á Xunta. Por parte de Elena Candia, a ninguén se lle escapa en Lugo a súa relación con Barreiro -que se enfrontou a Feijóo co apoio de Cacharro e Baltar pola candidatura antes de pactar con el ao saberse perdedor- e co propio Cacharro, resucitando un poder territorial que creu ter vencido. Entre tanto, o PP de Elena Candia está a dar mostras de que entrou na Deputación para ficar. A anulación, tan só uns días despois de ser elixida presidenta, dun programa cultural xa presentado -da área do BNG- e a eliminación do secretario do organismo -presentada como dimisión-, home de confianza de Besteiro, apuntan a que a loita por se manter promete ser dura.
PRAZA_15503
Estudantes, investigadores e PAS irrompen na reunión do Claustro da universidade convocado na Facultade de Medicina para debater os orzamentos de 2013 e Juan Casares decreta a súa suspensión até nova convocatoria.
A tensión crecente que a Universidade de Santiago vive nos últimos meses estoupou hoxe coincidindo coa celebración do Claustro da institución. O reitor Juan Casares, cuxa xestión é moi criticada por docentes, estudantes, investigadores e PAS, anunciou a suspensión do Claustro até nova convocatoria despois de que ducias de persoas de todos estes colectivos da comunidade universitaria irrompesen na xuntanza que se celebraba na Facultade de Medicina. Ás nove e media estudantes, investigadores e PAS convocaran concentracións ás portas da reunión para trasmitirlle ao reitor a súa critica á súa xestión, e despois dunha hora de protestas e presión finalmente decidiron entrar no Claustro e paralizalo. A Mesa do Claustro acordou reunirse proximamente para fixar unha data para continuar a sesión. Juan Casares abandonou a sala entre apupos e berros de "no próximo Claustro terás visita", mentres os estudantes que viñan de ocupar o lugar comezaban unha asemblea para debater que estratexia seguir na súa protesta. Piden a dimisión do reitor. Juan Casares criticou "o atropello e insultos para a institución e para os representantes nese órgano de goberno" e considerou a actuación dos protestantes "un comportamento fóra de todas as normas de respecto ao sistema democrático practicado por un grupo de persoas que, en absoluto, representan o sentir da comunidade universitaria". O reitor da USC e a comunidade universitaria manteñen un pulso que hoxe está a vivir unha das súas xornadas clave. A USC celebraba reunión do seu Claustro co obxectivo fundamental de aprobar as contas de 2013 e as liñas estratéxicas de programación plurianual. Porén, os colectivos +Ideas, Universidade Aberta, Comités e A Trabe anunciaran que pedirían a retirada dos Orzamentos a través de senllas emendas, pois ao seu xuizo é "imposible" a partir do texto presentado "os obxectivos orzamentarios" da institución e a "realidade de ingresos e gastos". Outras das críticas estaba referida á falta de autonomía universitaria da institución e a Liga Estudantil, pola súa banda, considera que o actual equipo non xa está lexitimado para presentar "propostas vellas". Tamén se pide o cese da xerente, Lourdes Batán, moi criticada pola súa xestión no proceso de negociación laboral que busca implantar as medidas de aforro esixidas polo Goberno central, dende o incremento da xornada laboral, a redución dos días de asuntos propios ou o desconto salarial para os traballadores e traballadoras que sufran baixas por enfermidade. A autonomía universitaria é outro dos conceptos clave, despois de que na xunta de goberno da pasada semana os grupos críticos coa xestión do reitor abandonasen a reunión que acatou a anulación da convocatoria de prazas docentes imposta pola Xunta e marcou o procedemento a seguir para futuras convocatorias, sempre dependentes da autorización do Goberno galego. A xestión de Casares Long conseguiu unir na súa contra a docentes, estudantes, investigadores e PAS. E de feito eran varios os actos de protesta convocados ás portas do Claustro. O obxectivo era, alén de que as votacións resulten nun sentido ou noutro, facer ver o malestar xeral da comunidade universitaria da USC. Na tardiña do martes unha asemblea na que participaron todos os colectivos debateu distintas estratexias de protesta para a xornada de hoxe e non se descartaba a retirada dos seus representantes do Claustro ou outras accións máis contundentes coma a paralización da propia xuntanza. O malestar crecente contra a xestión do actual equipo reitoral levou os colectivos concentrados a forzar a suspensión do Claustro para facer patente a situación de crise institucional que vive a USC e presionar a Casares para que mude a súa politica Outras propostas defendían a participación no Claustro, no que Juan Casares non ten en absoluto garantida a maioría, pois se o órgano votaba en contra das propostas o actual reitor atoparíase nunha situación de gran debilidade. Nesta lexislatura universitaria o seu equipo aínda non foi quen de aprobar proposta ningunha de orzamentos ou programación plurianual. Porén, o malestar crecente contra a xestión do actual equipo reitoral levou os colectivos concentrados a forzar a suspensión do Claustro para facer patente a situación de crise institucional que vive a USC e presionar a Casares para que mude a súa politica. Neste senso o colectivo de PAS A Trabe considera "que é importante defender o debate e a toma de decisións nos poucos órganos de participación dos que dispón agora a comunidade e así estábamos dispostos a facelo nesta oportunidade". Porén, salientan que "a conduta antidemocrática da xerenta durante o inexistente proceso de negociación provoca a mobilización dos nosos compañeiros e compañeiras" e que "a situación que se deu no interior do claustro é froito da incapacidade do reitor e da súa equipa para chegar a acordos cos colectivos afectos e coa comunidade en xeral, cedendo na defensa da autonomía universitaria e preferindo acatar as ordes dunha Dirección Xeral da Consellaría de Facenda en vez de buscar solucións non traumáticas para o conxunto da universidade".
NOS_26475
As crónicas da época relatan que, antes de morrer, Rosalía de Castro pediu a quen a acompañaba: "Abride a fiestra, que quero ver o mar". Estaba na Casa de Matanza, en Padrón. Abride a fiestra é xustamente o nome escollido pola fundación que coida e difunde o legado da poeta para a primeira edición do seu festival, o 14 e o 15 de xullo.
Na primeira xornada, sábado, o programa centrarase na subida en dorna polo río Ulla. Embarcacións tradicionais -dornas, galeóns, gamelas, bucetas, botes e gamelas- remontarán o curso fluvial entre Valga e Padrón. Organizado en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa da Arousa, o acto chámase Inchadiña Branca Vela. Rematará na Casa de Rosalía coa actuación de Habelas Hainas. Mais, como en toda festa, no Abride a fiestra hai un "día grande". Será o domingo, 15 de xullo, data da morte de Rosalía de Castro en 1885. "Celebraremos unha unha xornada de portas abertas na Matanza, Rosalía en Festa", indican desde a fundación. Actuacións musicais, unha feira con "produtos rosalianos" e visitas guiadas servirán de escusa. De amosar ángulos inéditos e inauditos da escritora e a súa casa en Padrón encargaranse profesoras especialistas como Pilar García Negro ou Manuel Lourenzo Baleirón, o académico Xosé Luís Axeitos ou a música Mercedes Peón. O deseñador Pepe Barro, experto nas imaxes da poeta- ou Carlos Dacal, investigador da horta da Casa da Matanza, tamén ofrecerán os seus coñecementos aos presentes. Haberá, igualmente, a oportunidade de ver as históricas imaxes da Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos (1951). Este foi unha das primeiras convocatorias públicas do galeguismo despois da Guerra Civil. Contará cun comentarista de excepción, porque estaba alí: Xosé Manuel Beiras. A vertente escénica cubriraa o espectáculo de monicreques A viaxe de Rosalía, de Larraitz Urruzola, e mais a visita especial para a infancia dirixida pola actriz Mónica Caamaño a xeito de Rosalía e co acompañamento musical de José Luís de Pico Orjais. As poetas Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos e Paula Antía Rei lerán a súa obra. Cinta Adhesiva, o proxecto musical da poeta Silvia Pena, e as improvisadoras orais Alba María e Xairo d'Herbón, moveranse entre a música e a palabra. Na música quedan Margarita Viso e a Coral Padronesa. Abride a fiestra, tamén como calquera festa, contará cunha xornada de véspera. A sexta feira 13 de xullo inaugurarase Rosalía e o Carril, no Museo do Ferrocarril en Carril (Vilagarcía de Arousa). Á noite dramatizarase o poema Quero ver o mar, recrearase "a derradeira viaxe en lancha que fixo Rosalía desde á praia á estación" e tocará Najla Shami. A Fundación Rosalía de Castro organiza o festival Abride a fiestra. Nel colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Deputación da Coruña, o Concello de Padrón, e as empresas Vermús Petroni e adegas Paco & Lola.
NOS_53948
Após a publicación do último traballo de Motörhead, Clean Your Clock, gravado en directo, pensei que non volvería a escribir nada encol dun traballo da banda. Despois da morte de Lemmy, estaba implícita o desaparecimento dunha das bandas máis cañeiras e carismáticas no panorama roqueiro. Pero o destino gardaba unha xogada e Lemmy deixóunos un derradeiro agasallo inédito que aparece neste novo álbum chamado Under Cöver.
Under Cöver é un traballo que recolle 11 versións feitas por Motörhead e gravadas entre 1992 e 2015, e que serven tamén como termómetro da liña vital da banda durante eses anos. Aliás, deixa claro cales eran os gustos musicais do trío, que por outra banda, nunca deixou de facer en versión nos seus directos coma homenaxe a esas bandas, máis grandes ou pequenas que lles converteron no que foron. A apertura do disco elixido é Breaking The Law¸ un emblemático tema de Judas Priest que Motörhead, gravou en 2008. Este tema aparecera orixinalmente no disco Hell Bent Forever: A Tribute To Judas Priest, cuxa portada contiña un dos erros máis sonados da historia, xa que empregaron a tipografía de Iron Maiden, na vez da dos Judas Priest. E podo dicir, a risco de que os deuses do metal me castiguen, que case me gusta máis esta versión que a orixinal. Todos sabemos ben dos gustos da banda polo punk, non en van lle compuxeron un tema adicado aos Ramones, chamdo R.A.M.O.N.E.S., tanto que xa no ano 2000, no álbum We Are Motörhead incluíron a versión de God Save The Queen, dos Sex Pistols, que é o tema que continúa. Como é lóxico, non podía faltar unha versión dos Ramones, que non é outra que o Rockaway Beach, que gravaron no ano 2002 para o disco tributo Ramones Forever. Un dos temas no que a banda se sente coma peixe na auga. No ano 2014, Motörhead participou no disco homenaxe a Ronnie James Dio titulado This Is Your Life. Neste disco grabaron xunto a Biff Byford, vocalista de Rainbow, a versión de Strastruck que aparece neste plástico. En 1992 Motörhead editara o seu álbum March or Die, que incluía esta frouxa versión do Cat Strach Fever de Ted Nuget. Este disco fora editado após do exitoso 1916 e para moitos non foi o disco agardado. De March or Die¸ está tamén extraído o tema Hellraiser, que foi a banda sonora da película Hellraiser III e que foi escrito xunto a Ozzy Osbourne e Zack Wylde e orixinalmente gravada por Ozzy Osbourne. Twister Sister é outra das bandas homenaxeadas. Amigos e fans, esta versión do Shoot 'em Down foi gravada 2001 para o disco homenaxe Twisted Forever. Co mesmo motivo gravaron en 2005 a versión de Metallica Whiplash, versión coa que pechan o disco e sen dúbida é unha das máis potentes deste traballo pola súa forza. Malia isto, a banda nótase que se divirte máis coas versións que inclúen dos Rollin Stones. A primeira é Jumpin' Jack Flash, que apareceu por primeira vez como bonus track da reedición en 2001 do álbum de 1993 Bastards. O segundo tema dos Stones non podía ser outro que Sympathy for the Devil, que foi gravado en 2015 para o que foi o seu disco de estudio, Black Magic. Pero a cousa non queda aí, xa que se está ben recoller temas espallados por compilacións case desparecidas e outros álbumes da banda, para que fora un verdadeiro agasallo, falta algo. E ese algo especial, ese agasallo, non é outro que a versión do Heroes de David Bowie, inédita até o momento e da que Lemmy se sentiu especialmente orgulloso. Gravada no 2015 nas sesións do Black Magic, ficou fóra do álbum, algo que escoitando o tema é incomprensíbel. Un tema que lle fai xustiza a Bowie e que probablemente estean hoxe cantando xuntos no paraíso do rock and roll. Un disco que xunto con Clean Your Clock é o broche final para a carreira dunha das mellores bandas que pisaron os escenarios. Simplemente imprescindíbel. Motörhead nas redes Web: www.imotorhead.com Facebook: www.facebook.com/OfficialMotorhead/ Twitter: @myMotorhead LISTAXE DE TEMAS 1. "Breaking the Law" (Judas Priest) 2. "God Save the Queen" (Sex Pistols) 3. "Heroes" (David Bowie) 4. "Starstruck" (Dio) 5. "Cat Scratch Fever" (Ted Nugent) 6. "Jumpin' Jack Flash" (The Rolling Stones) 7. "Sympathy for the Devil" (The Rolling Stones) 8. "Hellraiser" (Ozzy Osbourne) 9. "Rockaway Beach" (Ramones) 10. "Shoot 'Em Down" (Twisted Sister) 11. "Whiplash" (Metallica)
NOS_53812
A aviación israelí bombardeou durante o mes de agosto 100 obxectivos de Hamas en Gaza, mais os ataques á poboación maniféstanse en forma de bloqueo económico. Tamén en Cisxordania, que se mantén á espera dos acontecementos sobre a adiada anexión, as forzas armadas continúan a estabelecer a súa lei de forma expeditiva.
Tanques israelís e avións de combate, helicópteros de combate e outras naves aéreas levaron a cabo ataques contra aproximadamente 100 obxectivos de Hamas en toda a faixa de Gaza nas últimas tres semanas, en resposta ao lanzamento de globos con explosivos, segundo comunicaron nas últimas horas as Forzas de Defensa de Israel (Tzahal, no acrónimo en hebreo polo que son popularmente coñecidas as forzas armadas). O anuncio fíxose despois do acordo de cesamento das hostilidades alcanzado a comezos desta semana entre Israel e Hamas coa mediación de Qatar. O pacto para deter a violencia ao longo da zona fronteiriza tamén incluíu a reapertura inmediata da zona pesqueira de Gaza, que o Goberno de Tel Aviv bloqueara, así como os pasos fronteirizos. O avance nas negociacións produciuse a medida que o número de casos de coronavirus no acosado enclave palestino continúa a aumentar cada día, ameazando con outra crise humanitaria nunha zona que xa carece de acceso regular á electricidade e á auga potábel, entre outros efectos do bloqueo ao que o Estado de Israel somete Gaza. Tres meniños mortos Esta mesma semana, tres menores palestinos morreron no campamento de refuxiados de Nuseirat, a dez quilómetros ao suroeste da cidade de Gaza, como consecuencia do desabastecemento de electricidade que provoca ao bloqueo israelí. Segundo recolle The Times of Israel, a familia dos meniños dixo que, mentres estaban sós, se producira un incendio na casa en que vivían polo uso de candeas como fonte de luz. Candos os proxenitores chegaron, as lapas devoraban a vivenda, mais os bombeiros tardaron unha hora en chegar e tampouco tiñan fontes de auga para sufocar o lume. Na véspera do falecemento dos tres nenos ─de 5, 3 e 1 ano de idade─, o coordinador humanitario da ONU para os territorios palestinos ocupados, Jamie McGoldrick, manifestaba que o Estado de Israel "debe levantar inmediatamente" as sancións impostas a Gaza e permitir a entrada de artigos esenciais. "O deterioro observado nas últimas semanas na faixa de Gaza é moi preocupante", sinalou, en referencia ás restricións impostas durante a recente escalada. "Israel limitou a transferencia de certos bens ao enclave costeiro bloqueado, reduciu a zona de pesca permitida e impediu as entregas de combustíbel, incluído o facilitado pola ONU para a única central eléctrica de Gaza", manifestou McGoldrick, e engadiu: "O 24 de agosto confirmáronse os primeiros casos da Covid-19 fóra das instalacións de corentena", algo que marcaba "un importante deterioro da situación sanitaria". Vídeo viral A actuación das Tzahal tamén se deixa notar en Cisxordania. Nas últimas horas fíxose viral nas redes sociais un vídeo que mostra un soldado israelí tirando ao chan a Khairi Hannoun, un manifestante palestino de 60 anos, mentres outros militares levantan os rifles e increpan a un grupo de fotógrafos de noticias que retrocedan. Ademais, escóitase o disparo dun proxectil, aínda que non está claro se foi unha granada de atordamento ou un gas lacrimóxeno. Cando finalmente o ten inmobilizado é que o soldado coloca o xeonllo sobre o pescozo do manifestante mentres lle pon os grillóns. Hannoun dixo que estaba con ducias de manifestantes na aldea de Shufa, perto da cidade ocupada de Tulkarm, protestando contra os plans israelís de confiscar 80 hectáreas do terreo para construír un parque industrial. "Os soldados israelís golpeáronme con forza e un deles apertoume o xeonllo contra o pescozo durante uns minutos", agregando que "fiquei quedo para evitar máis presión no pescozo, mais a xente sacoume". "Uns cantos anciáns manifestámonos, pensando que os soldados non nos atacarían, mais estabamos trabucados. Atacáronnos como matóns", afirmou Hannoun en declaracións a Haaretz. "Teño 60 anos, que lle podo facer eu a un soldado armado? Mais, para o oficial na escena, son unha ameaza, e en cuestión de minutos comezou a atacarme brutalmente", afirmou e preguntado polo paralelismo coa morte de George Floyd, dixo: "Así me sentín, sentín que estaba afogando". As Tzahal, pola súa banda, sinalaron que "os vídeos nas redes sociais son parciais, fortemente editados e non reflicten os violentos disturbios nin a violencia contra as tropas [israelís] que ocorreu antes da detención", salientando que os manifestantes lanzaran pedras e atacaran os soldados. Ao respecto, as forzas palestinas locais explicaron que ducias de manifestantes sufriran a inhalación de gas lacrimóxeno despois de as forzas israelís usaren munición real, con disparos na dirección dos concentrados.
NOS_22313
Un acordo aprobado neste verán no Consello de Ministros que asigna ao Ministerio de Defensa toda a responsabilidade de ''planificación, control, dirección e execución'' leva ao comité a pedir unha reunión urxente. A CIG tema as consecuencias da medida aprobada "en período de vacacións e pouco menos que a escondidas".
O Consello de Ministros do goberno español aproveitou o período de verán para aprobar un acordo polo cal, afirma a CIG, se asigna ao Ministerio de Defensa "a responsabilidade da planificación, dirección, control e execución das políticas necesarias para o fortalecemento e consolidación do sector industrial da defensa". A central nacionalista entende que isto non debe pasar desapercibido "nin para o Comité nin para o conxunto do cadro de persoal". Por que? Pois porque segundo a sección do sindicato nesa empresa "parecen apuntarse intencións de orientar a Navantia a ser unha empresa exclusivamente militar" sen entrar na construción civil. Esta sospeita parte de que en dito acordo dise textualmente:"Liderará a acción de goberno en relación cos procesos de reestruturación e consolidación desta a nivel nacional e internacional." e "este acordo adóptase en atención á importancia do sector industrial da defensa dende o punto de vista estratéxico, industrial e tecnolóxico e da súa achega á economía e tendo en conta, por outro lado, o ámbito competitivo no que se ten que desenvolver este sector no futuro." Esta orientación sería contraria á aposta pola fin do veto a Fene, a construción do dique flotante -a que o PP xa renuncia abertamente-, a potenciación do sector de reparacións para o eólico que defenden os sindicatos. O Comité xa solicitou unha xuntanza urxente para que se lles informe e explique o acordo do Consello de Ministros e as súas posíbeis consecuencias.
PRAZA_11117
O socialista desembarcou este sábado en Galicia participando como presidente nun foro na Toxa no que cargou contra o independentismo e como candidato nun mitin xunto a Abel e Gonzalo Caballero no que lanzou todo tipo de compromisos
O socialista desembarcou este sábado en Galicia participando como presidente nun foro na Toxa no que cargou contra o independentismo e como candidato nun mitin xunto a Abel e Gonzalo Caballero no que lanzou todo tipo de compromisosUnha transición ecolóxica xusta, un novo sistema de financiamento autonómico, defensa do sector agroalimentario contra o proteccionismo estadounidense, apoio ao rural... Foron só algunhas das numerosas promesas que lanzou este sábado en Vigo nun mitin de precampaña o candidato socialista ás xerais do 10N, Pedro Sánchez. Unhas horas antes, actuando como presidente do Goberno en funcións, Sánchez participaba nun foro organizado na Toxa polo grupo hoteleiro Hotusa no que cargou contra as "falacias e mentiras" do independentismo, ao que instou a asumir o seu "fracaso". Nun e noutro lugar Sánchez apelou á estabilidade política, para a que se presentou como o mellor garante. Pola mañá Sánchez, como presidente, aseguraba na Toxa que quen gaña unhas eleccións non pode impoñer o seu programa senón acordalo con outras forzas ao tempo que quen perde non pode bloquear "o que as urnas lles negaron", pedindo implícitamente apoio a todo o arco parlamentario. Pola tarde esas verbas convertéronse en críticas directas tanto a Podemos, do que volveu dicir que non sería un socio fiable co que gobernaría tranquilo, como á dereita pola deriva que, dixo, está a ter cara a posturas extremistas. Nesa liña, Sánchez lembrou a sentenza do Supremo que permite ao Goberno exhumar os restos de Franco do Val dos Caídos e, tras as acusacións de Vox ás trece rosas, citou un por un os nomes desas mulleres fusiladas pola ditadura.Sánchez tamén respondeu na súa intervención ao anuncio realizado este mesmo sábado polo líder de Ciudadanos, Albert Rivera, de que agora estaría disposto a facilitar a investidura do socialista. Este dixo que non lle pide o seu apoio a "un partido que pacta coa ultradereita" senón só "que non bloqueen" a formación de Goberno.Na súa intervención, un día antes de que este domingo o candidato do PP, Pablo Casado, celebre un acto en Oleiros centrado na industria, e tras varias xornadas con noticias negativas nese eido en Galicia, Sánchez comprometeuse co sector e en particular coa situación xerada polo anuncio de peche da central das Pontes. "Dígolle ás Pontes que o Goberno de España aprobará unha transición ecolóxica xusta", asegurou Sánchez, sen concretar máis. "Vendo o resultado electoral que ten Abel, eu non pido tanto", dixo Sánchez sobre o alcalde de VigoAntes de Sánchez no mitin de Vigo interviron o alcalde, Abel Caballero, e o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta o próximo ano, Gonzalo Caballero. O primeiro, amosando páxinas do Boletín Oficial del Estado (BOE), enumerou diversos estudos encargados polo Goberno central nos últimos meses de futuras e longamente prometidas infraestruturas para a cidade para asegurar que todas elas estaban a ser desbloqueadas por Sánchez. O segundo, pola súa banda, centrou o seu discurso en pedir a mobilización dos votantes socialistas e cargar contra as políticas da Xunta de Feijóo. Na súa intervención posterior Sánchez prometeu a Gonzalo Caballero o seu apoio para arrebatar a presidencia da Xunta a Feijóo e, á inversa, agradeceu a Abel Caballero os resultados dos socialistas na cidade. "Vendo o resultado electoral que ten Abel, eu non pido tanto", dixo.
NOS_36841
O Consello de Ministr@s dará luz verde ao anteproxecto de reforma da lei do aborto. O PP anuncia que se axusta ao recollido no seu programa electoral mentres o movemento feminista advirte que inundará as rúas polo dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo.
A data de presentación do anteproxecto de reforma da lei do aborto foi aprazada até en catro ocasións. Do seu contido pouco se soubo agás algúns dados inconcretos que foi avanzando nas súas declaracións públicas o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón. A súa carteira, foi finalmente a escollida polo goberno de Mariano Rajoy para desenvolver un novo instrumento xurídico que regule a interrupción do embarazo que, moi probabelmente, deixará de ser voluntaria. O texto que será proposto polo Ministerio de Xustiza, conta co apoio dos colectivos pro-vida e a Conferencia episcopal que demandan desde o trunfo electoral do PP un endurecemento lexislativo á interrupción do embarazo. Derrogar o aborto voluntario (tamén en menores de idade) Os puntos quentes da reforma sitúanse principalmente en dous dos elementos máis controvertidos (segundo o Partido Popular) da lei aprobada en 2007 polo daquela goberno de Zapatero. A posibilidade de que as mozas puidesen abortar de maneira voluntaria --e sen consentimento familiar-- a partir dos 16 anos e a posibilidade de o faceren libremente nun prazo de 14 semanas. Segundo @s populares, este marco normativo --impulsado polo movemento feminista a nivel estatal-- non garantía "o dereito á vida" d@s non nad@s e debía ser derrogado. Con esa premisa se presentaron ás eleccións de 2011 e, máis de dous anos despois, aprobarán en Consello de Ministr@s unha nova lei. Supresión dos supostos de malformación e prexuízos para a muller Ora ben, todo apunta a que a reforma non ficará na derrogación deses dous artigos da lei, senón que prevé, retrotraer a regulación do aborto para alén da primeira lei de supostos de 1985. Neste senso, Alberto Ruíz Gallardón avanzou que a nova norma non permitirá que o suposto de "danos psicolóxicos" para a muller se converta no que considerou como un "caixón de xastre". Neste senso, a vontade do executivo español é que tales prexuízos deban ser acreditados polos servizos sanitarios. Segundo o ministro español, esta mudanza procura que as mulleres non "entendan como un pretexto" os danos que o embarazo lles puider ocasionar e, polo tanto, obrigará a que "cumpran e acrediten" tales prexuízos --indicou nunha entrevista concedida ao diario conservador La Razón. Así mesmo, o anteproxecto de reforma suprimirá tamén o suposto de discapacidade ou malformación do feto como un dos preceptos para poder abortar de maneira voluntaria. Desta maneira, suprímese o suposto do aborto euxenésico recollido na anterior lei de 1985, en favor, asegurou o ministro de Xustiza, "da vida" pois esta, entende Gallardón, "non é unha concesión graciosa" e constitúe un "dereito inalienábel". O movemento feminista revírase contra a reforma e chama á mobilización Desde a Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto denuncian que a modificación da lei vixente prevista polo executivo español suporá "volver a un tempo onde as que podían economicamente viaxaban estranxeiro para abortar" mentres que as mulleres das clases populares, con menos recursos económicos, "o facían clandestinamente" e sen garantías sanitarias. Na actualidade, a Organización Mundial da Saúde (OMS) cifra en 47.000 o número de mulleres que anualmente falecen por mor de abortos clandestinos. Aliás, o organismo internacional advertíu a ministro de Xustiza que reformar o actual marco normativo e "restrinxir o aborto, só provoca máis mortaldade materna". Así mesmo, o movemento feminista critica con dureza que reforma prevista supoña "unha nova volta á minoría de idade para as mulleres" ao precisaren do permiso "dun ou dunha profesional" ou do "titor ou titora legal" no caso de seren menores de idade "para poder interromper a súa xestación". Tamén así, alertan desde a Platafoma, a re-penalización do aborto instaurará de novo "a caza de bruxas no século XXI" en relación a aquelas mulleres e profesionais que practiquen un aborto. De igual maneira, sinalan, estas persoas poderán ser perseguidas após as denuncias presentadas por terceiras persoas. Desde a Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto, convocan mobilizacións nas cidades do país coincidindo co anuncio do goberno e chaman a toda a cidadanía a secundalas na defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.
PRAZA_17621
A organización xuvenil UMG, mocidades da UPG, organización hexemónica do nacionalismo galego, celebrou o sábado 7 de xullo de 2018 o seu XVII congreso nacional na cidade de Pontevedra.
A organización xuvenil UMG, mocidades da UPG, organización hexemónica do nacionalismo galego, celebrou o sábado 7 de xullo de 2018 o seu XVII congreso nacional na cidade de Pontevedra. O título do Congreso era "Organizando a revolución, liberando a Patria Galega". Procederon á elección do seu Secretario Nacional, e fixaron como as próximas liñas de actuación fortalecer Galiza Nova, o BNG, e en especial concentrar a súa actuación no ámbito estudantil galego a través da súa organización Erguer. O Congreso da organización xuvenil hexemónica do nacionalismo galego foi tacañamente divulgado pola prensa galega. Ao día seguinte á súa celebración, os diarios galegos dedicaron páxinas enteiras a falar dos golfiños, das avispas velutinas e doutros insectos. Das festas subvencionas polo erario público en xeral, e polos concellos en particular. Igualmente comunicaron interesantes actividades realizadas con galos asados e garavanzos a 30 graos centígrados; e non faltaron reportaxes sobre as bondades do sol no mes de xullo. Non parece moi normal que a prensa non destaque un feito político que ten importancia para o devir do nacionalismo galego, e por iso, para a política en xeral. A UMG, do mesmo xeito que a UPG, considera que Galicia é unha nación colonizada sendo o responsable, e por iso o inimigo, a burguesía monopolística española. Os seus principios ideolóxicos e políticos son as doutrinas de Marx, Engels e Lenín. Por iso defínense como comunistas e patriotas, e propugnan como meta a alcanzar a nacionalización da banca, dos medios de produción nunha Republica Galega Socialista. Os seus principios organizativos son os propios do leninismo e por iso, o centralismo democrático. A finalidade última da UMG é ser escola de cadros para a continuidade do Partido, a UPG. Considerables creadores de opinión insisten nun discurso repetitivo, e monótono: o comunismo morreu. Desde que naceu o marxismo, fai mais de 150 anos, ao Comunismo xa o deron por morto; pero parece lóxico pensar que mentres exista Capitalismo vai existir Comunismo. Por iso, falar da desaparición do Marxismo, máis que unha realidade é un desexo, dado que a existencia do movemento comunista en Europa e en Galicia, é un feito. En Alemaña Die Linke están en progresión e aumentando os seus apoios electorais a pesar da discriminación da prensa e medios de comunicación alemáns. Discriminación lóxica, dado que illan a un inimigo real e poderoso, unha alternativa ao sistema existente. E atacar ao inimigo é o lúcido en Política. Con todo, aqueles que negan validez ao ideario Comunista, non dan unha resposta ou solución aos problemas existentes na realidade económica actual e Capitalista. Así, Faro de Vigo, o día 20 de xuño 2018 publicaba "O Foro Económico advirte da "gravidade" de perder 10.000 mozos activos nun só ano. Reclama medidas específicas para "reverter" a situación -Avisa de que a fase expansiva non se traslada a "calidade" no emprego". E continuaba o artigo: "Baixar os salarios para reducir os custos pode ser unha tentación para unha empresa. Con todo, se a estratexia xeneralízase, "todos acabamos tendo un problema de demanda e de inestabilidade política e social". Así o advirte o director do Foro Económico de Galicia, Santiago Lago, para urxir a alcanzar "grandes acordos sociais" para mellorar a calidade do emprego. "Se tes emprego de calidade, tes xente que queda, xente que ten fillos", alega, e engade que o mercado de traballo "é fundamental", por exemplo, para frear a emigración de mozas". Así, desde o ano 2014, "comezo da recuperación económica", a poboación activa galega con idades comprendidas entre 25e 34 anos descendeu en case 66.000 persoas, o que supón unha caída do 22%" E iso a pesar de que a economía galega crece por décimo trimestre consecutivo a ritmo igual ou superior ao 3 por cento, o que o convertería no terceiro mellor dato de crecemento prolongado de toda a serie histórica- non se está trasladando ao mercado de traballo na mesma medida". Atendendo á anterior reportaxe, a mocidade galega preparada non ten traballo, a mocidade galega preparada emigra, e o traballo que existe é pobre, precario e parcial, a tempo parcial. ¿Cal é a solución a esta realidade?. Os xestores do sistema desde logo non a poñen en funcionamento. É por iso lóxico que algúns mozos opten por doutrinas políticas alternativas. O normal de toda a vida. É curioso que ante esta realidade social e económica da mocidade galega, alguén expoña que as doutrinas comunistas, ou outras, non teñen futuro ou que están moribundas. Se o que o anuncia crello, está nun erro moi grave. Se o capitalismo, e o liberalismo segue avanzando e depredando á sociedade europea, acrecentando as contradicións do sistema, o natural é que se cren alternativas políticas para eliminar esas contradicións existentes. Se non triunfan as doutrinas alternativas existentes, creásense outras doutrinas. Así é a política desde o inicio, e será ata o fin do home. E iso é o que acontece na principal potencia europea, Alemaña. É curioso que nos informen do que ocorre nunha cova de Tailandia, país capitalista por excelencia. E se os tailandeses así o elixen, pois non hai nada que alegar. Pero que a maioría da opinión pública galega descoñeza que Die Linke (os comunistas de Alemaña), goberna en coalición en Turingia, Brandeburgo e Berlín, só é consecuencia de que se oculta esa realidade aos cidadáns galegos. E non se pode discutir que é un fenómeno político a destacar que os comunistas gobernen neses estados alemáns. E se os alemáns así o elixen, pois non hai nada que alegar. É obvio que as ideas comunistas teñen mala prensa liberal e capitalista. Todas as doutrinas anticapitalistas, Fascismo, Tradicionalismo, Anarquismo, etc, son descualificadas polo sistema capitalista. É o normal e lóxico. A maioría da poboación é iletrada en canto á doutrina de Marx ou Engels. E toda persoa cun televisor visionó centos de reportaxes, informativos e cinema, deostando dita doutrina. Os viquingos ten cornos, o comunismo ten cornos e o guapo é o capitalismo. Moi simple e moi eficaz. O mesmo ocórrelle ao fascismo, Tradicionalismo, ou Anarquismo, etc. A Política sempre existirá na sociedade humana, ou existirá o Político, no sentido de Julien Freund. O mundo do Político é un continuo devir, un perpetuo circular de réximes e doutrinas que loitan, vencen e posteriormente son derrotados, unha loita de elites se atendemos a Gaetano Mosca ou a Vilfredo Federico Pareto. Unha loita de clases se atendemos a Marx. Afirmaba Julien Freund que non hai política sen inimigo E "quen escribe se proscribe". Tal vez sexa ese o motivo de non informar do congreso da UMG. Publicidade
NOS_28230
España, que no derradeiro cuarto do século XVIII era o imperio máis extenso da terra, establece en 1764 unha compañía de correos marítimos reais dependente do Estado, con porto base na Coruña, de onde sairía un barco a primeiros de cada mes co obxectivo de intercambiar mercadorías e correos co porto da Habana. Transcorridos tres anos, faríao periodicamente cada dous meses, cos surxideiros platenses de Bos Aires e Montevideo. Un deses correos reais, a fragata La Cantabria, con base no porto herculino, perderíase na costa galega causando unha gran traxedia…
Da fragata bautizada como La Cantabria, correo real español baixo o reinado de Carlos III, sabemos que terminou de construírse nos estaleiros de Bilbao en 1771 e que portaba 8 canóns como armamento. A súa primeira viaxe realizouna saíndo ao mar do porto da Coruña, o 15 de xuño do mesmo ano da súa botadura, con destino a Bos Aires, estando ao mando da nave o brigadier Cosme Bringas Careaga, nado en Portugalete e veciño da Coruña, casado con Ramona de Llano a cal sería pensionada á morte do seu home pola empresa de Correo Marítimos que tamén axudaría pecunariamente outras viúvas e orfos doutros membros falecidos da tripulación no naufraxio. Na derradeira das súas tornaviaxes, La Cantabria, sairía do porto de Montevideo o 1 de febreiro de 1773. Cando a nave está perto da costa galega os seus vixías pasan varias xornadas de garda apostados nas cofas do barco de tres paus de arboredo, na alerta do avistamento de terra cegados pola mesta brétema. A situación empeora e a cerrazón e tal que seu capitán ordena estar alerta e manterse á capa para evitar embarrancar na costa. Finalmente, La Cantabria colidiu cos baixos de As Quebrantas, embarrancando posteriormente na punta do Corno, a carón do Cabo Vilán, no lugar coñecido como Coenda: "Junto al peñasco de tierra firme que se dice el Villano." Son as oito da noite do 20 de febreiro de 1773. Dos 57 tripulantes e pasaxeiros que ían a bordo só se salvaron 6 mariñeiros. Entre os falecidos, estaba o Gobernador das illas Malvinas, Miguel de Bernarani, xunto a dous criados seus. Catorce cadáveres recibirían sepultura nos camposantos da zona. A situación empeora e a cerrazón e tal que seu capitán ordena estar alerta e manterse á capa para evitar embarrancar na costa Unha historia rechamante recolleita polo mestre de Camelle, José Baña Heim, na súa magna obra: Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufragios, e que correu de boca en boca entre a veciñanza da vila de Camariñas e da súa contorna, foi a que contaba como o capitán de La Cantabria, Cosme Bringas, fora atopado xa cadáver deitado na costa aínda termado fortemente á roda do leme da súa nave. No folio nº 103 do libro parroquial da igrexa de San Xurxo de Camariñas, anotouse o que segue: "Año de 1773. Día 21 de febrero. Bartolomé Fernández marinero artillero, Cosme Bringas Capitán de la fragata, José de Fraga, Thomas de Nieves Contramaestre". Noutros dous folios aparecen as partidas de defunción de outros once tripulantes identificados coma: "de la fragata nombrada La Cantabria, correo de S.M. de La Coruña a Buenos Aires que de vuelta de Monte Video naufragó en el sitio denominado Coenda término de ésta parroquia la noche del veinte de febrero que con toda la tripulación pereció excepto seis marineros". Dende a cidade da Coruña foron enviados membros tanto da Facenda Real como dos propios Correos Marítimos, para tentar recuperar toda a mercadoría posíbel da fragata afundida que consistía en trinta zurróns de moedas de prata e ouro, 16.000 pezas de coiro, abundante mobiliario e enxovais dos seus distinguidos pasaxeiros. Peóns, mariñeiros e buzos, que descenderon a pulmón aos seus restos, traballarían na rescate tanto dos efectos persoais da pasaxe e tripulación, coma na recuperación do cargamento, do cal extraéronse: coiros de reses, dezaoito peles de tigre americano, peles de lobo mariño, lá de vicuña, lá natural, mobles, baúis e a totalidade dos trinta zurróns que contiñan os caudais. José Antonio López, administrador dos Correos Reais na Coruña, informaría aos seus superiores da recuperación da valiosa mercadoría. O noso patrimonio inmaterial redescubre o pecio Esquecido este naufraxio case que no decurso de dous séculos e medio, no mes de novembro de 2014 e grazas a Carlos San Claudio Santa Cruz, tiven a sorte de poder entrevistar na súa propia casa da Coruña ao seu tío, José Luis Santa Cruz Rojo, máis coñecido por Pocholo Santa Cruz, fillo do mítico e pioneiro empresario do salvamento marítimo e chatarreiro, José Santa Cruz López. Pocholo herdaría a empresa familiar, e casualmente, catro meses antes de que finase tiven a sorte de que me contase o que segue… Na zona de Coenda, lugar que abrangue dende A Virxe do Monte até o cabo Vilán, entre o final da década dos cincuenta e principios dos sesenta do século pasado, Manuel Pasantes Romero, pai na época do Axudante de Mariña do porto de Camariñas, frecuentaba os pequenos e illados areais desta zona para apañar ameixas, cando atopou un lingote dourado duns 50 quilos convencido que era de ouro. Fitou ben ao seu redor e entre a area e os bolos, semellaba que descubrían os restos dun antigo naufraxio. O lugar onde este home fixera o achádego, está actualmente situado a carón da gran piscifactoría que hai aos pés do faro do cabo Vilán. Manuel, o achador do lingote, contactou cunha persoa da súa confianza para contarlle o acontecido e saber a súa opinión ao respecto. Este home traballaba para Cerdeiras, a famosa familia posuidora da conserveira do mesmo nome que está á entrada da vila de Camariñas e que na época que estamos a narrar, tamén se dedicaba ao negocio do despece de barcos tendo sociedade con varios veciños de Camelle. A equipa de mergulladores extraeu unha tonelada de lingotes de cobre a un metro de profundidade, practicamente en seco O chatarreiro non soubo gardar o segredo que Manuel lle confiara e, pensando tamén que o lingote atopado poidera ser de ouro, vendo que o seu descubridor non remataba por desvelarlle o lugar exacto do achádego, púxose entón en contacto cos Gaitos de Camariñas que eran cinco irmáns que vendían a Cerdeiras anacos de chapa e metais que eles atopaban espallados pola costa, procedentes dos numerosos barcos afundidos neste litoral, para ver se eles eran quen de descubrilo. Mais sería finalmente Pocholo Santa Cruz, o que facendo valer os seus contactos na zona, descubriría o lugar onde se atopaba o naufraxio, navegando de noite co seu barco do ferro. Cando os seus buzos se mergullaron, atoparon a carón da ribeira o que semellaban ser os restos dun antigo pecio de casco de madeira do que sobresaían da area uns madeiros denegridos que aínda deixaban ver nalgunhas partes, unhas pranchas de forro do casco cubertas de chumbo. Esa mesma noite a equipa de mergulladores extraeu unha tonelada de lingotes de cobre a un metro de profundidade, practicamente en seco. Debaixo dos que sacaron estes, aínda quedaban outros tantos. Ao seguinte día apareceu polo lugar o sentinela do posto de carabineiros de Camariñas, mandado por un parente de Pocholo Santa Cruz que era natural de Mugardos, extraendo este na marea baixa, algúns lingotes máis do pecio. O cobre que se mantivera cuberto pola area estaba impoluto, sen a pátina de óxido verdosa que o cubre en contacto coa auga salgada, de aí a confusión de Manuel Pasantes cando o atopou crendo fielmente que era de ouro. Como a bola do descubrimento ía medrando, o señor Ferro, Comandante de Mariña en Camariñas, decidiu dar aviso ao almirantado da Armada para que esta devolvera o favor á vila facéndolle un lavadoiro público ou algunha outra obra necesaria para a súa veciñanza. A Armada remataría confiscando todos os lingotes extraídos por Pocholo Santa Cruz Días despois, cando se presentou en Ferrol a comitiva encabezada polo Señor Ferro e Pocholo Santa Cruz, na compaña de Manuel Pasantes, sería este último quen lle contaría ao Auditor de Guerra en persoa, a historia do lingote descuberto. Lembraba Pocholo con gran retranca o que aconteceu entón e como reaccionou o militar… ergueuse da súa cadeira e, paseniño rodeou a mesa dirixíndose até Manuel achegando a súa faciana á del, dicíndolle: "Es usted un gran español, pero un imbécil!". A Armada remataría confiscando todos os lingotes extraídos por Pocholo Santa Cruz, vendéndoos ao peso e facendo o propio cos que aínda quedaban no pecio, a onde enviou días despois un barco para extraelos. Pocholo Santa Cruz enterouse posteriormente, por informacións dos mandos da propia Armada española que o navío afundido procedía de América, sendo o destino do rico cargamento de lingotes de cobre que levaba a bordo a ceca de Segovia. Pocholo Santa Cruz, antes de acudir á Armada, tamén atopou nos restos dese pecio tortas de níquel e de prata que gardou para si. Aínda existe no monte a fochanca escavada entón polas autoridades militares para vixiar o pecio de posíbeis espoliadores. Este impresionante relato lévame a pensar que dito naufraxio é o correo real español La Cantabria que, tras tocar nos baixos de As Quebrantas e, de seguro facéndose unha importante vía de auga, foi a embarrancar na costa de Coenda a carón do cabo Vilán, constituíndo o seu naufraxio unha das peores traxedias marítimas acontecidas no século XVIII no noso país. O canón de Guispert Manuel Guispert cursa unha solicitude ao rei español Carlos III con data do 27 de abril de 1773, asinada na Coruña, na que pide participar nos beneficios que poidan salvarse do naufraxio da fragata La Cantabria co seu invento, o canón de Guispert, un trebello para o mergullo que remataría por desbotarse por informe desfavorábel do Comisionado do naufraxio. A explicación do funcionamento do invento é a que segue: "Explicación que manifiesta el proiecto y uso del cañón representado en este plano. Este cañón que deberá ser de latón, bien cerrado por sus puntas, tendrá la longitud que necesite, según fuere la profundidad, que halla en el parage donde se coloque. Para su uso, requiere esté el día sereno, y el mar en bonanza, pues si hubiera marejada, hallándose la tierra inmediata, romperían las olas con ímpetu, y no podría sostenerse en el persona alguna. Al fin de que no se rompa al tiempo de su manejo por algún accidente, y también para darle la gravedad que necesite, se le pondrán algunos hilos de alambre tirados en la parte exterior de su longitud, y sujetos con otro que los irá envolviendo. La parte A queda siempre fuera del agua, y por ella se comunica el aire al que se halle en C, desde dónde podrá pedir lo que necesite, y manifestar quanto descubra, para venir en conocimiento de lo que deba practicarse; pues dicho cañón no es más que una bocina. Es evidente que un volumen de agua igual a la magnitud del cañón, será de mucho más peso, por razón del aire que contiene, y en este caso violento moverlo hacia el profundo del mar pero proporcionando su gravedad de suerte, que siempre la parte sumergida, sea igual en peso, a un cuerpo de agua del mismo volumen, quedará con ella en equilibrio: por consiguiente su movimiento a qualquiera dirección es muy fácil, logrando con esto camine el hombre por donde quiera. Toda la dificultad de su uso, consiste solo, en tener bien unida la boca a la del cañón en C, de tal modo, que por allí no entre agua, lo que será fácil; si por medio de unhas bendas acondicionadas, se le sujeta la cabeza, pudiendo desatarse estas quando quiera venir arriva. La Fig. E, representa un corcho, en cuyo centro se halla la comunicación con G, para que pase por ella el cañón, y tenga libre movimiento, subiendo aquel, y bajando, según lo ejecute el agua, por causas de las olas, quedando siempre el cañón vertical, sin admitir agua en la parte A. En caso que sucediera esto último por qualquiera parage, bajando al lugar inferior B, y cubriendo hasta D, la comunicación al aire, queda libre la otra que se halla en F, dando fuerza al mismo tiempo en los dos brazos del cañón."
NOS_22618
No semanario que atoparás este sábado nos quiosques, acompañado do Nós Diario, tamén poderás coñecer un pouco máis á autora Lupe Gómez e descubrir os trazos da nova arquitectura.
O Sermos non para polo Nadal e o primeiro número do ano abre cunha batería de imaxes do traballo no mar. En concreto, en "O paradoxo do percebe", Cláudia Morán e Brais Lorenzo levarán ás e aos lectores até Corme. No medio das pedras e da bravura do mar explicarán esa dicotomía que é arriscar a vida para ter a posibilidade de gañala. Esa é a realidade das e dos percebeiros da Galiza, unha sorte de superheroes que loitan contra os elementos. A xornalista Montse Dopico encárgase dunha entrevista que titula "Lupe Gómez. Memoria e terra", que vai acompañada dunhas fotografías tomadas por Arxina. A escritora de obras como Caracois en Belvís ou Silabario fala da súa traxectoria e da realidade actual da literatura. Iago Valverde opta por explorar a arquitectura que sae dun estudo novo. En "Müller e Feijoo. Obra contrextual" os técnicos contan algúns dos seus segredos á hora de pensar e desenvolver un proxecto. Despois de tanto cultivar a mente, será a quenda de cultivar o corpo canda o Colectivo Xea. Da man de Xan Colazo, Mon Daporta e Adela Leiro poderán descubrir máis da Serra da Faladoira na sección Andar e Ver. Tampouco faltarán no semanario as análises dos libros do momento por parte de Mario Regueira e Manuel López Foxo. Irene Pin e Iván Varela abren á mente a novas apostas musicais e Andrés Castro debulla o cinema que se pode ver estes días. Ademais, Carlos L. Bernández amosa chaves da arte e Cilia Torna pescuda nos mapas. Tampouco faltan á súa cita de cada sábado os pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Se queres gozar de todos estes contidos só tes que procurar o Nós Diario e o Sermos que estará nos quiosques ou na nosa loxa online este sábado. Porén, para evitar esquecementos, a recomendación é facer neste momento a túa subscrición!
NOS_46919
Xa non queda persoal diplomático nin militar en Kabul. O atentado desta quinta feira nas inmediacións do aeroporto da capital do Afganistán acelerou a saída de varios países.
O Goberno estatal concluíu esta sexta feira a súa misión en Afganistán. O persoal que permanecía coordinando o operativo de retirada e evacuación de cooperantes españois, colaboradores afgáns e das súas familias xa se atopa en Dubai e está previsto que aterren esta tarde, contra as 16.45 horas na base aérea de Torrejón de Ardoz, segundo informaron fontes gobernamentais. Os dous avións A400 procedentes de Kabul aterraron en Dubai arredor das 7 horas deste 27 de agosto. Nestes últimos voos viaxan 81 españois que aínda permanecían en Afganistán, persoal da embaixada e militares, ademais de catro militares portugueses e 85 colaboradores afgáns do Estado, Portugal e a OTAN. Evacuación O operativo do Goberno estatal conclúe a súa misión en Afganistán tras evacuar unhas 1.900 persoas, cooperantes afgáns e familiares, de España e doutros países, como Estados Unidos ou Portugal, da Unión Europea, da ONU, da OTAN e o persoal da embaixada en Cabul, informou o Goberno nun comunicado. O regreso dos talibán a Kabul precipitou a saída masiva de cidadáns afgáns do país ademais de esperas esgotadoras nas inmediacións do aeroporto de Kabul de centos de familias que finalmente quedaron ás portas. Dobre atentado O atentado desta quinta feira con dúas bombas suicidas en Kabul, perto da terminal de capital afgá, acelerou a marcha de varios países dese territorio. Alemaña, Francia, Italia e Países Baixos, entre outros, suspenderon as evacuacións ante a falta de seguridade para iniciar a súa saída de Afganistán. Segundo o último balance, o dobre atentado en Kabul, cuxa autoría apunta ao Estado Islámico Provincia Khorasan (ISIS-K), deixa polo menos 95 persoas mortas e outras 150 feridas.
PRAZA_5069
Os mariñeiros do cerco conseguen que a Xunta os reciba e defenderán nunha reunión con Rueda o reparto liñal das cotas para todas as especies. Mentres, Feijóo responsabiliza a Zapatero do conflito da frota galega.
A Praza Roxa de Compostela era no serán deste martes unha mestura de indignación, loita e desesperanza. Un heteroxéneo grupo humano formado por mariñeiros, armadores e parte das súas familias agardaba pola liberación dos catro traballadores detidos tras os enfrontamentos cos antidisturbios da Policía Nacional. Nunha das marxes da praza Andrés García, voceiro da Asociación de Armadores e unha das caras visibles da mobilización, lamentaba que a súa loita chegase por fin ao titulares pero non para explicar os problemas da frota galega, senón para recoller as violentas cargas policiais. "A noticia non é un colector queimado ou catro porrazos, parece mentira", di, convidando a poñer o foco en que "os mariñeiros, por primeira vez na historia, estamos na rúa para reivindicar o noso traballo". "Só queremos que a nosa maneira de vida siga cara a adiante" e isto implica poder seguir a pescar. "Non somos guerrilleiros nin nada, somos traballadores" e ademais, "honrados". "Se non fosemos honrados iríanos mellor", ironiza, xusto despois de confesarse "abatido e indignado", como a maioría dos seus compañeiros. "Só queremos que a nosa maneira de vida siga cara a adiante" Minutos despois a praza estouraba en berros, desta volta de ledicia, para recibir os catro mariñeiros detidos durante a mañá. Mario, un deles, explicaba como os antidisturbios "entraron no bar" no que se refuxiara durante a carga e "leváronme a min só". "Non te resistas", conta que lle dicían. "Como me ía resistir se tiña catro policías encima?", pregúntase, ao tempo que explica que el foi un dos que estivera advertindo os seus compañeiros máis exaltados de que "non tirasen botellas". Isaac, pola súa banda, quitaba a camisola para amosar as marcas dos porrazos nas súas costas e berrar por "un reparto xusto" das cotas de pesca. Porque esta, como lembraba Andrés García, é a cerna da cuestión. Un reparto baseado en dereitos históricos e non en barcos Ese reparto ao que aludían Isaac e Andrés é o que se bosquexou nunha xuntanza no Ministerio de Agricultura o pasado 20 de decembro. Segundo ese principio de acordo a flota vasca poderá quedar co 48,6% da xarda do Cantábrico, Galicia co 24,8%, Cantabria co 23,6% e Asturias, co 3%. O acordo non satisfacía en exceso os profesionais de Galicia, que o rexeitaron por completo ao coñecer a letra pequena, isto é, o que lle tocaría finalmente a cada barco. Esta distribución, explican dende a asemblea de Portosín, implica que un porto como o de Malpica, con 14 barcos, quede con 92 toneladas de xarda e 846 de xurelo mentres que o vasco de Getaria, con só dous barcos máis, disporá de máis de case 1.400 toneladas de xarda e 2.200 de xurelo. Proposta de reparto de cota de xarda (Fonte: asemblea de Portosín) Cota Barcos Tripulantes Cota en Kg. Cota por tripulante Cantabria 24,03% 44 615 1.857.759,3 3.020,75 A Coruña 15,11% 78 705 1.168.154,1 1.656,96 Lugo 2,19% 8 90 169.308,9 1.881,21 Pontevedra 7,57% 67 585 585.236,7 1.000,40 Gipuzkoa 38,89% 47 705 3.006.585,9 4.264,66 Bizkaia 9,22% 22 330 712.798,2 2.159,99 Asturias 3% 11 130 231.930 1.784,08 A distribución que defende o Goberno central e contra a que loita a frota galega baséase nos datos históricos de capturas de entre 2002 e 2010, un período no que os barcos galegos apenas faenaban no Cantábrico porque as cotas das que dispuñan en augas galegas eran dabondo. "Antes a historia era nosa, non das frotas do cantábrico, porque quen pescaba a xarda éramos nós", subliña o voceiro dos armadores, quen reitera que a proposta galega non é outra que un reparto "liñal" da metade da cota do cerco tanto para a xarda como para o xurelo e a outra metade, baseándose en criterios como o número de barcos e tripulantes e os dereitos históricos de cada embarcación. A frota galega defende un reparto liñal das cotas Estas reivindicacións serán as que poñan sobre a mesa os mariñeiros na súa xuntanza co Goberno galego, encontro que lograron concertar tras regresar na mañá do mércores á sede do Parlamento. Tras rexeitar atoparse coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, por denominalos "vándalos", o Executivo comunicoulles a través do voceiro de pesca do PP, José Manuel Balseiro, que o vicepresidente Alfonso Rueda estaba disposto a recibilos.
NOS_20774
A obra subiu á escena hai máis de trinta anos. A compañía leva en funcionamento máis de oitenta. "Celtas sen filtro", con texto de Ferrín, volve representarse da man de Airiños de Asados, Rianxo, subindo o pano para dous fitos do teatro galego.
Son dous fitos da historia do teatro galego. "Celtas sen filtro", obra de Xosé Luís Méndez Ferrín, chegou en 1983 á escena da man da compañía Teatro, con dirección de Eduardo Alonso sendo unha das obras de referencia no teatro dos oitenta. Airiños de Rianxo é a compañía máis antiga en funcionamento, creada hai máis de oitenta anos e que conta neste momento con tres grupos e máis de cincuenta persoas que ensaian todas as semanas. "Celtas sen filtros" de Airiños é así un acontecemento que volve a Rianxo este sábado día 7 de febreiro e se representará o domingo 8 en Valga e o 28 en Noia. "O texto caeu nas nosas mans e pareceunos estupendo. Como directora permitíame un teatro menos de salón xa que pasea por moitos espazos. Facer un clásico era, por outra parte, todo un reto", di Esther F. Carrodeguas, directora da compañía. Petroleo na catedral de Santiago O "Celtas sen filtro" de Airiños "actualiza" a temática daquela outra obra estreada nos anos oitenta. "Trouxemos aos nosos días aquel feito que consistía en que o petróleo saia polas pedras da catedral, substituímos o tempo dos oitenta polo noso presente e o noso é un teatro máis popular que o que facía Artello", explica a directora. A obra implica a 18 actores e actrices e unha nena que participa tamén na montaxe. Na parte técnica, a directora e un iluminador completan o cadro da obra. O sábado 7 volven a casa, a Rianxo, onde se estreou, o concello no que Airiños é unha referencia e forma parte da biografía familiar de moitas das súas casas. "Ensaiamos en Asados, de onde é un núcleo grande das persoas participantes. O teatro está moi arraigado, lévano como bandeira. Sempre se fixeron obras corais e arredor do teatro xérase moito movemento. Existe un singular sentimento de pertenza e a xente está interesada en que Airiños continúe, que prolongue a súa longa historia", defende a directora, convencida da boa idea de que a obra "oitentera" estreada no 83 teña agora nova vida co Cadro Artístico Airiños.
PRAZA_1607
A Plataforma galega pola profesionalización dos servizos sociais denuncia a subsitución de dúas traballadoras especializadas por funcionarios sen formación específica na xestión da RISGA. A CIG critica que a Xunta trate como "simples expedientes administrativos" a cidadanía
O 15,75% dos e das habitantes da provincia da Coruña son pobres, o 22,27% atópanse en condicións de pobreza ou exclusión social (con graves carencias materiais ou en familias sen ingresos), unhas 224.750 persoas pertencen a familias con carencias materiais e ao redor de 74.031 en fogares con carencias materiais severas (non poden permitirse comer carne ou peixe cada dous días ou manter a casa a unha temperatura axeitada). Aproximadamente 2.532 (datos de 2013) perciben a RISGA (Renda de integración social de Galicia). A pesar desta situación, en abril do pasado ano a Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña iniciou o proceso para desmantelar a Unidade de Tramitación Administrativa da Risga na provincia, como denunciou a CIG naquel momento. Na unidade realizaban o seu labor de forma continuada dúas traballadoras sociais (unha delas dende hai 14 anos), "ás que se lles comunicou de xeito imprevisto que tiñan que abandonar o seu posto e trasladarse a outros servizos", denunciaba o sindicato. A CIG criticaba que o Goberno galego trate como "simples expedientes administrativos" as cidadás e cidadáns que acoden a estes servizos, "sen importarlles se son atendidas e atendidos por persoal especializado" A CIG criticaba que o Goberno galego trate como "simples expedientes administrativos" as cidadás e cidadáns que acoden a estes servizos, "sen importarlles se son atendidas e atendidos por persoal especializado". "estamos ante outro pasiño máis na inexorábel remodelación da atención dos servizos públicos que pretende facer a Xunta: o abandono dos servizos públicos en mans de xestores privados", engadía o sindicato. Uns meses despois traballadores e traballadoras sociais e usuarios e usuarias presentaron ante a Consellaría máis de dúas mil sinaturas, demandando a reposición do persoal especializado que fora trasladado. Na súa denuncia sinalaban que "a falta deste persoal experto en servizos sociais afecta á atención, seguimento, valoración, intervención e coordinación administrativa na resposta social e pública "que debe de ter a grave e delicada situación persoal e familiar que tanta xente esta a atravesar nestes tempos". Máis dun ano despois do traslado do persoal especializado, a Consellaría de Traballo e Benestar vén de suprimir as prazas de traballadoras sociais e expertos en servizos sociais da Unidade Técnico Administrativa da Risga (UTA), segundo denuncia a Plataforma galega pola profesionalización dos servizos sociais (Proserso). A Plataforma subliña que nos últimos meses a Consellaría fixo "oídos xordos" ás críticas lanzadas polos profesionais do traballo social sobre o prexuízo que esta situación lles provoca aos usuarios e usuarias dos Servizos Sociais, "mantendo na xestión da prestación a un grupo de funcionarios que carecen da formación precisa para realizar este trámite". A Consellaría de Traballo e Benestar vén de suprimir as prazas de traballadoras sociais e expertos en servizos sociais da Unidade Técnico Administrativa da Risga (UTA) Algúns dos grandes problemas que presenta a RISGA teñen que ver coa súa xestión e aplicación, con atrasos na súa tramitación que en moitos casos superan os seis meses e con claras eivas de coordinación entre as distintas administración. En 2013 foron denegadas un 41,27% das solicitudes e entre aquelas que si foron aceptadas houbo importantes atrasos na tramitación dos expedientes: 2,7 meses de media na administración local e 5,8 meses na administración autonómica. En 2013 foron denegadas un 41,27% das solicitudes e entre aquelas que si foron aceptadas houbo importantes atrasos na tramitación dos expedientes: 2,7 meses de media na administración local e 5,8 meses na administración autonómica O informe Por unha RISGA efectiva, realizado a partir de entrevistas con 74 profesionais e beneficiarios, alertaba dos atrasos na súa tramitación e de que na actualidade "se deixa fóra a novos perfís de solicitantes derivados da crise económica actual: parados de longa duración e afectados pola precaridade laboral", unhas denegacións que provocan "incerteza e desánimo" na poboación, levando a que "moitos beneficiarios potenciais non a solicitan porque non saben que teñen dereito ou porque presupoñen que non lla van conceder". O informe criticaba tamén a "mellorable" comunicación entre as distintas administracións e departamentos, sinalando que semella existir unha "aparente desconfianza entre os distintos niveis da Administración e cos demais organismos e entidades participantes". Así mesmo, afirmaba que os e as profesionais non están aínda instruídas nin formadas sobre os cambios que introduce a nova Lei de Inclusión.
PRAZA_19202
Dende o 1 de xaneiro todas as localidades están obrigadas a contratar persoal con habilitación nacional para este posto. O vicepresidente da Fegamp pide que se derrogue a norma, mentres que Xunta ou a Deputación de Lugo apostan por flexibilizala e adiar a súa aplicación.
Todo comezou en Sarria. A pasada semana a vila lucense foi noticia polo risco -comunicado pola súa alcaldesa- de que o Concello non puidese realizar pagamentos (nin nóminas, nin a provedores) pola carencia dun tesoureiro ou tesoureira de habilitación nacional, esixido agora por lei, e cuxa contratación estaba sendo bloqueada polo PP. Finalmente, no pleno municipal do pasado xoves aprobouse a creación da praza (toda vez que os edís populares e non adscritos abandonaron a sala). O problema de Sarria solucionouse, pero aínda que esta localidade dera a voz de alarma, a situación reprodúcese na meirande parte dos concellos galegos O problema de Sarria solucionouse así, pero aínda que esta localidade dera a voz de alarma, a situación reprodúcese na meirande parte dos concellos galegos. A Lei 18/2015 obriga a todas as localidades a que a funcións de tesourería sexan exercidas por un funcionario ou funcionaria habilitadas polo Ministerio, algo que anteriormente só era esixido aos municipios de máis de 20 mil habitantes, mentres que no resto o labor dependía doutros traballadores e traballadoras do concello. Dende a entrada en vigor da lei houbo un período de prórroga que finalizou este 1 de xaneiro, momento no que a obriga afecta a todas as localidades. CC.OO. sinala que menos do 13% dos 313 conta con esta figura e lembra que neste momento "non hai abondos habilitados estatais" para cubrir todas as prazas A maior parte dos concellos galegos está neste momento incumprindo a lei. CC.OO. sinala que menos do 13% dos 313 conta con esta figura e lembra que neste momento "non hai abondos habilitados estatais" para cubrir todas as prazas que por mor desta lei son obrigatorias nos máis de 8 mil municipios de toda España. Moitas localidades pequenas sinalan que non poden facer fronte ao custe que xera a creación desta praza (uns 60 mil euros ao ano), ou que deberían detraer ese gasto doutras partidas que consideran máis importantes. Nos últimos días creceu en administración de moi distinto signo político, partidos políticos e sindicatos a oposición a esta norma. Este luns o vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Cervo, Alfonso Villares (PP), apostou por derrogar a norma impulsada hai dous anos por Cristóbal Montoro. Villares afirmou que as funcións do tesoureiro poden ser realizadas polo secretario ou polo secretario-interventor nos de menos de 5.000 habitantes. O vicepresidente da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares (PP), apostou por derrogar a norma impulsada hai dous anos por Montoro De igual xeito, este martes o Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a proposta do Goberno Provincial para cubrir os postos de tesoureiros nos concellos de menos de 20.000 habitantes, instando o Ministerio de Facenda a "convocar as prazas suficientes de secretaría, secretaría-intervención e intervención e tesourería" e propoñendo que as funcións de tesourería en concellos con menos de 5.001 habitantes poidan ser exercidas por funcionarios de carreira que presten servizos na administración local sen necesidade de habilitación nacional. Así mesmo, pediuse establecer un réxime transitorio na aplicación da norma mentres non exista persoal suficiente para cubrir a este persoal, así como estudar, en colaboración coas Federacións de Municipios e Provincias, a prestación do servizo de tesourería en concellos de menos de 20.000 habitante, "atendendo a criterios de sustentabilidade financeira e xestión dos recursos públicos en clave social". Xunta e Deputación de Lugo pide que os concellos de menos de 5000 habitantes queden exentos e que no resto se flexibilice a aplicación da norma Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que se reuniu con representantes dos colexios oficiais de secretarios, interventores e tesoureiros de Galicia, comprometeuse a pedirlle a Cristóbal Montoro que modifique a norma ou que cando menos adíe a súa aplicación, eximindo da obriga aos concellos de menos de 5 mil habitantes (dous de cada tres en Galicia). Na proposta de Rueda, as localidades entre 5 e 10 mil habitantes poderían mancomunar a contratación dun tesoureiro de carreira que prestase o servizo en varios deles. E, finalmente, aqueles de máis de 10 mil habitantes si que estarían obrigados a contar con esta figura. Así mesmo, Rueda pediu "unha maior implicación das deputacións, que teñen que crear servizos de asistencia técnica en cada provincia, sobre todo para asistir aos concellos máis pequenos".
PRAZA_10149
Os aspirantes galegos de PP, PSOE, BNG, En Marea, Unidas Podemos e Compromiso ao Parlamento Europeo responden sobre cales serían as súas liñas de traballo no caso de obter escano e a súa visión da política comunitaria
Os aspirantes galegos de PP, PSOE, BNG, En Marea, Unidas Podemos e Compromiso ao Parlamento Europeo responden sobre cales serían as súas liñas de traballo no caso de ter escano e a súa visión da política comunitariaAs eleccións europeas que se celebran conxuntamente coas municipais do próximo domingo 26 de maio son de circunscrición única de ámbito estatal, pero nelas tamén hai candidatos galegos, sexa porque forman parte de partidos estritamente galegos que se presentan en coalición con outros do resto do Estado ou porque os propios partidos de ámbito estatal os sinalan como a cota galega das súas listas. Praza Pública quixo coñecer a visión sobre a política comunitaria e as liñas de traballo que seguirán no caso de obter escano dos candidatos galegos máis representantivos das principais forzas políticas, aos que remitiu un cuestionario:Francisco Millán Mon (PP), eurodeputado desde 2004, aspira a revalidar o escano no número 8 da lista que encabeza Dolors Montserrat.Nicolás González Casares (PSOE) dá o relevo como cota galega a José Blanco no número 8 da lista liderada por Josep Borrell.Ana Miranda (BNG), eurodeputada en dúas etapas desde 2012, concorre no número 5 da lista que o BNG comparte con ERC e Bildu baixo o nome Agora Repúblicas.Lidia Senra (En Marea) é eurodeputada desde 2014 por AGEe, e agora aspira a revalidar como número 2 de Compromiso por Europa, a lista que En Marea comparte con Compromís.Vanessa Angustia (Esquerda Unida) foi senadora e agora é a número 10 da lista de Unidas Podemos cambiar Europa.Juan Carlos Piñeiro (Compromiso por Galicia) é o número 3 da Coalición por unha Europa Solidaria, encabezada por PNV e na que participa CxG.Dos múltiples ámbitos de traballo en que pode participar un eurodeputado, sexan temáticos (Política Agraria Común, Política Pesqueira Común, etc.) ou orgánicos (comisións sectoriais, delegacións para as relacións con outros ámbitos xeográficos, elaboración de informes ou opinións, etc.), en cal aspira a participar no novo Parlamento Europeo e por que o considera relevante para Galicia?"Un só deputado non pode estar nas vinte comisións da Eurocámara, de aí a importancia de pertencer a grupos grandes; na última lexislatura Galicia non tivo un eurodeputado do PP, tivo dezaseis"Millán Mon (PP): Galicia xógase moito nestas eleccións europeas. Hoxe en día, as decisións que determinan o futuro dos nosos gandeiros, da nosa frota pesqueira, do noso sector industrial ou do noso financiamento non se toman soamente en Santiago e Madrid, senón sobre todo en Bruxelas e Estrasburgo. Por esa razón na próxima lexislatura gustaríame continuar coma membro da Comisión de Pesca e seguir traballando polos intereses de todo o sector pesqueiro galego, e da industria transformadora e conserveira. Loxicamente, un só deputado non pode estar nas vinte comisións do Parlamento Europeo. De aí a importancia de pertencer a grupos grandes con capacidade de influencia. Nesta última lexislatura Galicia non tivo un eurodeputado do PP, tivo dezaseis, porque todos os eurodeputados populares exerceron de galegos cando tocou defender os intereses da nosa comunidade. Penso na miña colaboración con Luis de Grandes cando houbo que traballar pola inclusión de Galicia no Corredor Atlántico, con Esther Herranz na reforma da PAC ou con Ramón Luis Valcárcel cando conseguimos que se aprobasen emendas para que o envellecemento da poboación teña máis peso no reparto dos fondos estruturais. No eido non lexislativo, gustaríame continuar coa promoción europea dos Camiños de Santiago, en particular tendo en conta a proximidade do Xacobeo 2021.González Casares (PSOE): Desde a miña humildade como probable representante no Parlamento Europeo o único que teño claro é que vou defender a Galicia, o meu país, e a miña máxima preocupación serán os seus sectores produtivos. Para min resultan moi relevantes todos os asuntos do agro, da pesca, pero tamén o relacionado coas infraestruturas, a política enerxética e tamén creo que temos que levar a Bruxelas a situación forestal de Galicia e a evidente substitución dos nosos bosques por un monocultivo sen control.Miranda (BNG): Para o BNG é moi importante ter voz propia galega na Eurocámara, porque para nós Galiza é unha nación que ten que estar en todos os foros onde se decidan temas que non afecten. Mesmo coa nosa posición crítica coa UE máis europeísta coa defensa da Europa dos Pobos, é crical que Galiza conte con escano de seu no Parlamento Europeo. Demostramos, e dígoo con humildade, a utilidade, e creo que é especialmente importante estar nas Comisións de Pesca e Agricultura, para defender os intereses galegos nas negociacións dos fondos e a defensa dos nosos intereses; mais tamén na Comisión de Peticións, pola posibilidade que permite de levar temas moi diversos, desde a petición sobre as rías galegas até o caso do Alvia, pero tamén o problema das preferentes, da megaminaría, da sanidade pública, das pensións, dos mariñeiros galegos en Noruega, dos emigrantes retornados, da falla de pluralidade da RTVG, etc. O escano do BNG ten sido moi útil para estas plataformas para ser seu altofalante na Eurocámara. Mais como eurodeputada, caractericeime por estar defendendo cuestións galegas en todas as comisións onde se debatera un tema do país ou un tema de relevancia, xa fora na comisión de transporte para defender emendas do Corredor Atlántico, na de política rexional para defender que se incluíra o criterio demográfico e a loita contra o despoboamento, na de medio ambiente e saúde, de liberdades como a devolución do Pazo de Meirás ou a indecente posición da Europa fortaleza coas persoas refuxiadas; ou na de comercio internacional co TTIP; na de igualdade coa violencia de xénero e a a conciliación; na de educación e cultura na defensa da educación pública, de programas para a lingua galega, etc. Senra (En Marea): Todos os temas que se tratan no Parlamento Europeo son importantes para as mulleres, as persoas asalariadas, labregas, pescadoras, autónomos, en definitiva para todas as persoas traballadoras, por eso tratarei de facer un seguimento do maior número posible de comisións, independentemente de se formo parte delas ou non.Angustia (Unidas Podemos): O reto de Unidas Podemos Cambiar Europa está en asumir a responsabilidade de achegar e abrir espazos, ata o momento pechados. O reto de saber que o noso traballo está en Galicia, polo que é vital trasladar as demandas directas da cidadanía coa fin de evitar que sexan os poderosos os que tomen as decisións e continúen a agravar as desigualdades que vivimos. Temos que poñer a Europa ao servizo da xente. Iso é a nosa prioridade. Dos ámbitos que mencionas, a clave é falar do modelo produtivo que queremos, do cambio de políticas en torno ao mundo rural, da industrialización, dun modelo de recursos enerxéticos sostibles que garantan emprego de calidade, sostibilidade fronte ao cambio climático, a recuperación da soberanía dos pobos e acabar coa fenda laboral: temos que seguir con forza a revolución feminista. Piñeiro (CxG): Evidentemente no eido das cuestións que afectan a Galicia, PAC e PPC. Pero tamén é prioritario as relacións con América do Sur e a lusofonía, sendo prioritario o galeguismo global, e a xente da diáspora. O Brexit vaise producir ou non? E que gaña e que perde Galicia con el?Millán Mon (PP): Non me atrevo a facer ningunha predición sobre o Brexit, xa que semella que nin sequera a señora May sabe ben que vai pasar. Si creo que o Brexit é unha mala nova para todos, tamén para Galicia. As incógnitas que nacen da retirada británica da Unión Europea afectan aos miles de galegos que residen no Reino Unido, ás empresas exportadoras e, en particular, á nosa frota faenando en augas británicas. Tamén afecta aos orzamentos da Unión Europea, xa que o Reino Unido é un contribuínte neto. En canto ás oportunidades para Galicia, é certo que o Brexit pode deixar unha Unión Europea máis cohesionada e que alcance acordos en materias sociais de xeito máis sinxelo."Co Brexit Galicia podería gañar nalgunhas áreas industriais como naval e automoción, pero non vai compensar o que pode perder na pesca. É malo para Galicia, para toda Europa e ao meu parecer para o propio Reino Unido"González Casares (PSOE): A decisión de abandonar a Unión Europea é una decisión soberana do Reino Unido, polo tanto non estou en condicións de responderlle se se vai producir ou non visto o sucedido ata agora coa imposibilidade da clase política británica para aprobar o acordo de saída acadado entre a Unión e o Goberno británico, ou mesmo cando volve a cobrar impulso a posibilidade dun segundo referendo. O que si está claro é que ninguén gaña coa saída do Reino Unido, primeiramente os propios británicos, non en van o propio Banco de Inglaterra ven de estimar o impacto en 800 millóns de libras por semana desde o referendum. Galicia podería gañar nalgunhas áreas industriais como naval e automoción pero non vai compensar o que pode perder na pesca. O Brexit é malo para Galicia, para toda Europa e ao meu parecer para o propio Reino Unido.Miranda (BNG): É difícil saber se o Brexit se vai producir, hai incerteza. Pero si podo dicir que teño dirixido diversas iniciativas á Comisión Europea sobre a preocupación do Bloque a respecto do impacto en Galiza da saída do Reino Unido da Unión Europea, tanto no que se refire á libre circulación das persoas -que pode afectar a máis de 40.000 galegos e galegas, mesmo fun a Londres este ano dúas veces para estar con galegas e galegos, a maioría xente moza emigrada-, como as súas consecuencias nos sectores produtivos galegos, como poden ser especialmente na pesca e o téxtil, en moitos servizos. O Goberno galego estivo ausente do tema e a verdade, tiven que interpelar varias veces ao Comisario Barnier no Pleno de Estrasburgo. En todo caso, é moi relevante o acordo adoptado na Eurocámara no mes de marzo para que se respecte a estabilidade das actividades pesqueiras para capturar as cotas xa asignadas. Que os barcos galegos poidan seguir pescando en augas do Reino Unido con independencia da resolución do Brexit aporta tranquilidade ao noso sector pesqueiro. Mais creo que é a oportunidade de reformar o principio de estabilidade relativa, que xa lastra a pesca galega dende o 1986. A discriminación xa ven de alí. Feijoo comprometeuse a denuncialo no Tribunal de Luxemburgo, e vaia, todo foron palabras.Senra (En Marea): Como todo o mundo sabe, houbo un referendum no que o Reino Unido decidiu saír da Unión Europea. Hai un proceso de negociación entre a Unión Europea e o Reino Unido para unha saída acordada. Polo de agora non hai acordo pechado. Canto ao que perde ou gana Galiza, vai depender dos acordos que se negocien entre a Unión Europea e o Reino Unido. Eu agardo que tanto a Xunta de Galicia, como o Goberno do Estado non acepten ningún acordo que nos prexudique, porque o máis habitual neste tipo de negociacións é que só se teñen en conta os intereses das máis grandes empresas en contra da pequena e mediana empresa, dos traballadores e traballadoras, da pesca artesanal e a pequena escala e dos labregos e labregas.Angustia (Unidas Podemos): En primeiro lugar, temos que respectar profundamente as decisións soberanas que os pobos toman sen ningún tipo de intervención externa. Se finalmente Reino Unido decide irse da UE, pedimos varias cousas. A primeira, que se protexan os postos de traballo dos traballadores transfronteirizos, que afecta directamente a España pola fronteira compartida con Xibraltar. E, no caso galego, sería imprescindible manter as relacións comerciais. Reino Unido é o cuarto importador de produtos do campo español, tamén do galego, polo que solicitamos que se deixe a demagoxia no terreo político e a belixerancia e que a UE colabore para manter o futuro de produtoras e produtores que dependen de acordos para a comercialización de produtos para o Reino Unido. Piñeiro (CxG): O Brexit coido que non ten cambio, vai ser. Galicia é dentro do estado a máis afectada, pola pesca e a poboación Galega alí. Gañar non gañamos nada significativo, mais pode ser unha opción para seguir facendo Europa. A UE non acaba de ter un discurso común en materia de migracións e refuxiados mentres Galicia segue afondando no seu devalo demográfico. Que política comunitaria sería a adecuada nese eido para Galicia?Millán Mon (PP): O devalo demográfico non é só un problema de Galicia, senón tamén doutras moitas rexións españolas e europeas. Necesitamos políticas ambiciosas a todos os niveis para facer fronte a este importante desafío. En maio de 2018, no debate sobre o Marco Financeiro Plurianual, tiven a oportunidade de reclamarlle á Comisión que as rexións que se enfrontan ao envellecemento ou ao despoboamento reciban máis fondos europeos para asumir os esforzos investidores que implican estas tendencias. Tamén nesta lexislatura presentei xunto con Ramón Luís Valcárcel unha batería de emendas aos Regulamentos de fondos estruturais para que a loita contra o despoboamento sexa un obxectivo da política de cohesión europea. No que respecta ao reto migratorio, esta é unha cuestión moi complexa. O Partido Popular Europeo aposta por profundar a cooperación e o investimento nos países de tránsito e orixe, impulsando un verdadeiro "Plan Marshall" para África. O noso candidato a presidir a Comisión Europea, Manfred Weber, quere incluso un Comisario para África. Nun espazo sen fronteiras interiores, como Schengen, necesitamos tamén unha política europea de inmigración e asilo. Desgraciadamente, a reforma do Regulamento de Dublín está a resultar especialmente dificultosa. De xeito paralelo, é necesario reforzar os recursos humanos e materiais da Axencia Europea de Fronteiras (Frontex). González Casares (PSOE): Unha puntualización inicial. Se cara a algún lugar hai que dirixir o malestar pola carencia dunha política común en materia de migracións e refuxiados non é tanto cara ás institucións comunitarias como cara a determinadas capitais nacionais, porque, por exemplo, cando durante a crise derivada dos conflitos de Siria e Libia a Comisión Europea propuxo un sistema solidario de reasentamento dos refuxiados chegados por milleiros ás costas europeas, foron países como Hungría ou Polonia os que dinamitaron tal posibilidade e se negaron a acoller refuxiados. Cadaquén, polo tanto, que asuma a súa parte. En todo caso unha inmigración ordenada pode axudar a paliar o noso gran problema demográfico. Urxe, polo tanto, que Europa adopte una estratexia sobre o cambio demográfico e que integre as consideracións demográficas en todas as políticas da Unión. É esencial que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional priorice a loita contra o desafío demográfico a fin de desenvolver estratexias integradas que permitan facer fronte ao declive demográfico e incrementar o atractivo destes territorios para a poboación e para os investimentos.Miranda (BNG): Desde o BNG rexeitamos a concepción da Europa fortaleza. Pola contra, queremos unha Europa solidaria e máis humana, e precisamente acoller as persoas refuxiadas, respectando os seus dereitos e a súa dignidade. Unha Europa que loite contra o racismo, o odio e a xenofobia. É vergoñento que o Mediterráneo sexa un gran camposanto de persoas que foxen das guerras, das violacións, da miseria e non pase nada. Guerras que se libran coas armas que venden os Estados Membros, por certo como as vendidas polo Estado español a Arabia Saudita para matar nenos en Iemen. Perdeuse a empatía coas persoas, e por iso síntome orgullosa de estar ao lado das persoas refuxiadas, de ir no Open Arms, aos campos de refuxiados de Idomeni e Calais e ter denunciado dende a Comisión de Liberdades do Parlamento esta vergonza dos Estados e da propia UE.Senra (En Marea): Eu creo que a política en materia de migracións ten que partir de que ningunha persoa é ilegal e ten que enmarcarse plenamente no marco dos Dereitos Humanos, e ademais a Unión Europea ten que deixar de ser parte do problema, ten que sacar as súas mans (multinacionais e intervencións) dos países do sur e permitir o desenvolvemento destes países para beneficio dos seus pobos. Eu creo que a política de migración non ten que facerse en función dos intereses de ningún país, senón respectando os dereitos das persoas migrantes, empezando por non obrigar a ningún pobo a migrar masivamente contra a súa vontade, por eso hai que parar o saqueo de África, a imposición de acordos como os acordos de partenariado ou as intervencións militares para apropiarse dos seus bens.Angustia (Unidas Podemos): A UE destina moitos recursos ao control de fronteiras e ás deportacións, aínda que o que temos que facer é levar a cabo procesos de integración e medidas que, tal e como dis, poden ser moi importantes para paliar o devalo demográfico. Nós non temos ningún conflito de nacionalidade, senón un conflito de clase dentro da UE. Mellorar as políticas migratorias pasa tamén por garantir os mesmos dereitos da cidadanía comunitaria ás persoas migrantes: libre mobilidade, mesmos salarios, mesmo acceso ao traballo... entre outras. "Galicia precisa man de obra e Europa precisa un plan para África"Piñeiro (CxG): O medible non é cuestionable, Galicia coa nosa demografía precisa de man de obra, xa incluso para coidar os maiores. Europa precisa facer un plan para África, axuda en orixe e ordenar a chegada conforme á necesidade. O saneamento das augas segue a ser unha tarefa pendente en Galicia. Cada certo tempo, a UE ameaza con sancións, pero estas nunca chegan ao argumentar o Estado que as obras van avanzando. Ameaza moito e sanciona pouco a UE?Millán Mon (PP): A Xunta de Galicia ten un compromiso claro coa mellora e conservación da calidade da auga e está contribuíndo eficazmente ao saneamento das rías. Desde o ano 2009 o esforzo de investimento foi moi importante, mobilizando máis de 1.100 millóns de euros en saneamento e abastecemento que se traduciron na construción de 45 novas depuradores, con capacidade para dar servizo a 1,7 millóns de galegos e galegas. Entre todas estas actuacións cabe destacar a EDAR do Lagares en Vigo, que cun investimento de 208 millóns de euros é unha das obras civís hidráulicas máis importante da última década en Europa. Celebro que a Comisión Europa non impuxese sancións, o que quere dicir que non é necesario. Na última comunicación da Comisión ao Parlamento da que dispoño, en 21 de setembro de 2018, a Comisión trasladou que o tratamento de augas residuais en Galicia cumpre actualmente cos parámetros contidos nas Directivas europeas. González Casares (PSOE): Tal e como eu o vexo, o importante de poder impoñer sancións polo incumprimento da normativa europea é que esa potestade serve para forzar aos Estados a cumprir tales normativas se non queren ser sancionados. Porque as sancións non son unha fin en si mesmas, senón un medio para lograr o obxectivo principal, que é lograr o saneamento das augas. Todos sabemos que temos un problema nas rías pero tamén nos ríos do noso interior, neste comezo de tempada de pesca fluvial hai que lembrar que os pescadores quéixanse ano tras ano das poucas troitas que hai nos ríos e a Xunta de Galicia con fondos outorgados non é quen de executalos.Miranda (BNG): Efectivamente, o saneamento das augas en toda Galiza é unha materia pendente. Que no século XXI aínda haxa casas con pozo negro en lugar de que o saneamento chegue a todos os puntos é unha deixadez política. Este é un tema que ocupou moito do traballo do BNG na Eurocámara e por iso levamos anos desenvolvendo iniciativas na Comisión de Peticións, organizando delegacións que comproben o estado do saneamento e percorrendo as rías e os ríos galegos. Dito isto, probablemente ao Estado até agora compénsalle máis pagar as sancións da UE que acometer o saneamento integral das augas. Estamos pagando 36000 euros diarios, é escandaloso. Nós non queremos multas queremos saneamento integral e que se cumpran os compromisos. Recentemente puiden descubrir, seguindo no caso da Ría do Burgo, despois de 2012, que o Estado non pediu os fondos europeos para o dragado. Por iso Galiza ten que ter un escano de país que fale destas problemáticas directamente. Senra (En Marea): Eu creo que as sancións aínda que cheguen, as administracións páganas con fondos públicos, é dicir pagámolas as persoas contribuíntes, por eso nós defendemos que a sanción ten que consistir en obrigar a realizar o saneamento."É grave que a UE non teña capacidade de unificar lexislacións para garantir, por exemplo, dereitos humanos e, por outra parte, sancionar a estados membros que os incumpren" Angustia (Unidas Podemos): O afastamento de políticas desenvolvidas ou de normativas da Unión Europea teñen unha comprensión bastante escasa e, nalgúns casos, totalmente equivocada das cuestións territoriais. Cuestións tan sinxelas como é a ordenación dun territorio o a capacidade de recursos dun territorio, iso debería de revisarse. Se a UE ameaza moito e sanciona pouco? Evidentemente. É un mecanismo útil para a cuestión social e inútil para territorios para eles considerados "periféricos"; porque teñen unha comprensión escasa ou nula do territorio; porque as políticas non son desenvolvidas de forma participada e tamén é inútil un marco que está lonxe de coincidir coa cohesión social, e iso implicaría normativas e acordos e, mentres non sexa un instrumento útil, nunca se vai poder establecer un marco de sancións. É grave no caso das políticas de auga, pero tamén noutras, xa que non ten capacidade de unificar lexislacións para garantir, por exemplo, dereitos humanos e, por outra parte, sancionar a estados membros que os incumpren. Piñeiro (CxG): Considero que os mecanismos da unión son axeitados, a sanción quere dicir que o mal está na orixe, non é o camiño. Dende CxG apostamos polo control e a visión previa, a sanción é que está mal e non ten solución.A Comisión Europea ten aberto un novo procedemento de infracción a España por seguridade ferroviaria derivado do accidente de Angrois e as eivas que puxo en evidencia. E a Eurocámara deu voz e preocupouse polas vítimas antes que o Congreso dos Deputados ou que o Parlamento de Galicia. Adoita dicirse que Bruxelas está moi lonxe para a cidadanía, pero á vista dese caso, o afastamento xeográfico dos órganos de goberno ou de participación democrática facilita a súa independencia?Millán Mon (PP): O tráxico accidente de Angrois e a dor das vítimas sénteno todos os cidadáns e todas as institucións galegas e españolas. Dito isto, o que me parece prioritario neste caso, que está neste momento sub iudice, é respectar a independencia xudicial e os tempos da xustiza. González Casares (PSOE): Creo que se impón a prudencia cando estamos a falar dun accidente que se cobrou tantísimas vidas, que truncou a vida de tantas persoas e cuxa investigación xudicial segue aberta nos xulgados de Santiago. Os prazos da xustiza a veces son demasiado longos e iso desde logo non axuda a paliar a dor das vítimas e os seus familiares, pero debemos ser respectuosos coa actuación da xustiza. Dito isto, non me doen prendas en sinalar que as institucións españolas probablemente non estiveron á altura da dilixencia debida: creo que se o Congreso dos Deputados tivera aberto moito antes a comisión de investigación parlamentaria iso tería axudado non só a dar as explicacións debidas por parte dos responsables técnicos e políticos, senón que tería axudado a impedir que se xerara calquera sombra de dúbida sobre o accidente. Lamentablemente, non se pode volver atrás, pero si creo que casos coma este demostran que en absoluto as institucións comunitarias son ese monstro administrativo alleo e afastado dos intereses dos cidadáns."No caso de Angrois a única esperanza de acadar a verdade e a xustiza só provén de Europa, e en concreto do traballo do BNG"Miranda (BNG): Neste terrible caso é evidente que a única esperanza de acadar a verdade e a xustiza só provén de Europa, e en concreto do traballo do BNG no Parlamento Europeo. Demostrámolo levando ás vítimas a Bruxelas en 2015, en reunión coa Comisión, un ano despois conseguindo que a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) emitira un informe que confirmaba a falla de independencia na investigación do accidente e que se centrara só no maquinista e non na falla de control de riscos, logo en sucesivas reunións coa Comisaria de Transporte, sempre sensible cara as vítimas. Demostrámolo tamén presentando en xullo de 2017 denuncia contra o Estado por incumprimento da normativa europea en seguridade ferroviaria, que motivou a apertura de procedemento de infracción contra o Estado español en xaneiro de 2019. Non creo que a independencia pola que vostede me pregunta teña tanto que ver co afastamento xeográfico como por un xeito de proceder máis democrático e transparente do que as institucións galegas e españolas teñen moito que aprender polo menos no que foi referente a este caso, onde se non fora pola acción europea do BNG a dia de hoxe estaba só centrado no erro do maquinista e non na causa de fondo, que é que non se fixo control de riscos na curva de Angrois por querer inaugurar rápido. Senra (En Marea): Pode haber algún caso concreto no que desde algunha das institucións europeas se mova algo, pero temos moitos exemplos nas institucións europeas de falta de transparencia e de conflitos de interese que impiden que se tomen as decisións máis adecuadas como foi por exemplo a renovación da comercialización do glifosato.Angustia (Unidas Podemos): Á Unión Europea nunca lle resultou difícil resaltar os incumprimentos de normativa comunitaria que teñen os estados membros. O problema é a inoperatividade das institucións europeas para garantir que iso se resolva. Non hai ningún tipo de mecanismos que garanta unha lexislación, uns marcos comúns, que permitan que este tipo de cuestións non poidan pasar nos estados membros. Por que non se pronuncian as institucións nacionais? Pois por outra cousa moi sinxela: non é que teña moita vontade a Unión Europea e moi pouca España, é que a UE non ten ningún tipo de responsabilidade por non ter ningún tipo de institucionalidade real pero, sen embargo, Partido Popular e Partido Socialista si teñen ambos responsabilidades no desastre de Angrois. Piñeiro (CxG): Non é certo que Bruxelas estea lonxe, CxG traballa co PNV, neste caso algo aportamos. Por exemplo, cando a vaga de lumes CxG puxo a voz do noso país ese mesmo luns no europarlamento. O tema é coñecer os mecanismos, Europa ten que ser o Estado. Cando obteña o escano, canto e que tipo de traballo desenvolverá vostede en Galicia ou en Bruxelas e Estrasburgo?Millán Mon (PP): Como é lóxico, os asuntos que ocuparán a miña mesa de traballo dependerán das circunstancias, pero a miña prioridade sempre será defender os intereses de Galicia en Europa, en estreita cooperación cos meus compañeiros de delegación. A aprobación do Marco Financeiro Plurianual para o período 2021-2017 e os seus Regulamentos, a reforma da PAC e as consecuencias do Brexit serán cuestións fundamentais para Galicia na próxima lexislatura. Tamén continuarei defendendo os intereses de todo o sector da pesca galego, en estreita colaboración coa Xunta de Galicia, co Consello Galego da Pesca e cos sectores afectados. A loita contra o declive demográfico é un desafío que estará sempre presente na miña mesa de traballo. Con vistas ao Xacobeo 2021, a promoción dos Camiños de Santiago no marco europeo será outra das miñas prioridades, un labor que desenvolverei tanto en Galicia como no marco do Intergrupo antes citado. A defensa dos dereitos humanos nos países latinoamericanos onde tanta emigración galega hai, coma Cuba ou Venezuela, é outra das cuestións de atención prioritaria para min. Por outra parte, estarei moi atento ás negociacións do acordo de asociación e comercio entre a UE e Mersocur, que me gustaría puidese concluírse este mesmo ano 2019. Por último, prestarei especial atención a cuestións que afectan á educación, á cultura e á xuventude, tales como o reforzo da dimensión europea no ensino ou o impulso ao programa Erasmus+.González Casares (PSOE): Pois mire, a miña residencia seguirá sendo Lalín, o meu eixo de traballo e vida serán Lalín e Bruxelas. Pode soar a bravuconada de lalinense orgulloso, pero creo que cos pés na terra, en continuo movemento desde o centro de Galicia cara a todos os puntos da nosa xeografía e estando na realidade dos problemas do país podo axudar máis á miña terra. En canto a cantidade, só podo dicirlle que o meu esforzo vai ser máximo e teño unha gran capacidade de traballo. Para min é un reto persoal, moi ilusionante e de primeira orde. Teño vocación de servizo público, pois levo mais de 20 anos traballando así, antes como enfermeiro da sanidade pública e neste tempo da miña vida onde me sitúa a política.Miranda (BNG): Coma sempre, entrega total, traballo intenso, perseverancia, ser ponte dos temas galegos nas institucións comunitarias, levar directamente aos diversos sectores, plataformas, colectivos a Bruxelas. Ter unha incidencia directa coa Comisión e en todas as comisións parlamentares nos temas que defendemos no programa, e loitar polo noso como nación. Ríome porque o alcume de madame Galice é tamén pola perseverancia nesa defensa. Ficou claro que o escano do Bloque é útil, solvente, eficaz para Galiza e digo isto humildemente, partindo de resultados e activismo, oxalá sexa isto valorado e apoiado co voto. No que a min respecta, todo o mundo sabe que vivo entregada ao traballo polo meu país e a diversas causas da humanidade, son anos de servizo público ao meu país en Bruxelas, en distintas fases, non todas visibles nen bonitas, mesmo no persoal, traballando en etapas e coalicións diversas como asistente, como deputada, no grupo parlamentar, unha experiencia e uns contactos internacionais que quero que sirvan para que Galiza avance e para transformar a nosa realidade e sobre todo para seguir pondo a Galiza como nación alí e no mundo. Como eurodeputada, sumando as lexislaturas pasada e a actual, estiven menos de 3 anos de escano, ou sexa, non é a mesma situación de igualdade que un eurodeputado ou eurodeputada cun escano completo de 5 anos, co que a concentración de temas nun cuarto de tempo oficial é a única maneira de poder defendelos. É evidente que a posibilidade de acción, repercusión e incidencia política non é a mesma con escano que sen el. Oxalá o BNG academos nestas eleccións un escano de 5 anos porque sería bo para o país, como cando o tivemos no 1999 co gran Camilo Nogueira. Senra (En Marea): Pois seguirei traballando como fixen durante estes cinco anos, combinando o traballo nas comisións e nos plenos coas reunións por todo o país para recoller as preocupacións e problemáticas derivadas das políticas e decisións comunitarias para levalas ás institucións europeasAngustia (Unidas Podemos): Unha das primeiras medidas imprescindibles é a actuación activa no debate sobre a futura PAC e a loita pola derrogación do paquete ferroviario para acadar unha rede de transporte público, vertebrado e de calidade para galegos e galegas. O meu compromiso cos colectivos cos que estes anos traballei, revalídase de xeito inmediato para continuar o traballo en cada espazo, institucional ou non, que eu ocupe. Doutra banda, tamén é unha reivindicación histórica dende Izquierda Unida-Esquerda Unida, en cada lexislatura do Parlamento Europeo, defender que todas as linguas oficiais dun Estado da Unión Europea sexan realmente linguas oficiais da UE. O meu compromiso será acadar a igualdade para a nosa lingua, expresarnos na mesma en sede parlamentaria, dispoñer na mesma toda a documentación e que a cidadanía que participe dos espazos da UE que o desexe faga uso dela, tamén para que eu poda usala tal e como fixen ata o agora dende o Senado.Piñeiro (CxG): Pois teño claro que dar conta periódicamente en Galicia, unha vez o mes. O traballo en Bruxelas e Estraburgo vai ser poñer unha axenda Galega na eurocámara, ao servizo dos galegos e as súas reivindicacións.
NOS_2212
O portavoz do BNG no Congreso das Deputadas considera fundamental o fomento do consumo dos produtos do mar, frescos e saudábeis por parte do Goberno do Estado e da Xunta da Galiza.
O portavoz do BNG no Congreso das Deputadas, Néstor Rego, solicitará medidas concretas para apoiar ao sector do mar polas perdas ocasionadas nesta situación excepcional pola crise do coronavirus. O deputado considera fundamental o fomento do consumo dos produtos do mar, frescos e saudábeis. "É necesario que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta da Galiza se comprometan a realizar campañas que favorezan o consumo de peixe fresco", manifesta Néstor Rego nun comunicado. Rego mantivo esta terza feira unha reunión telemática con varios representantes do sector pesqueiro da Mariña entre os que se encontraban Basilio Otero, presidente da Federación Provincial de Confrarías e da Federación Nacional de Confrarías; Eduardo Miguez, xerente do Porto de Celeiro; Miguel Neira, xerente de ABSA; Sergio López, representante da OPP-07; e Tito Sixto, presidente de Adexmar. Tamén asistiron ao encontro virtual, por parte do BNG, a responsábel comarcal e alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o tenente alcalde de Foz, Francisco Xavier Fanego; o responsábel de política municipal e organización, Antonio Veiga; a portavoz municipal en Viveiro, Miriam Bermúdez; e o portavoz municipal de Burela, Mario Pillado. Caída nos prezos As nacionalistas trasladan a "profunda preocupación do sector pesqueiro polo descenso da venda de peixe e a gran caída dos prezos como consecuencia da redución da demanda, especialmente polo cesamento da actividade na hostalaría e restauración". Isto incide na redución dos ingresos, mesmo dos barcos que mantiveron a actividade por ser considerada esencial, polo que o sector reclama medidas de apoio e axudas polo lucro cesante que compensen esas perdas. O deputado nacionalista solicitará ao Goberno do Estado a atención ás reclamacións do sector e especificamente as modificacións que foran necesarias para que sexan de aplicación o uso dos fondos da Unión Europea, como o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca), para que persoas afectadas pola crise xerada como consecuencia da emerxencia sanitaria poidan percibir axudas que lles permitan sobrevivir e garantir os seus dereitos como profesionais do mar, até que se se dean as condicións para desenvolver a actividade con normalidade. Pescadores: colectivo sensíbel Por outra banda, o BNG solicitará que se resolvan canto antes as dificultades actuais para o traslado de tripulacións e trasladará a petición do sector de declarar os pescadores como un colectivo sensíbel. Así, Rego solicitará medidas de protección e seguridade como o abastecemento de tests de detección da COVID-19, "necesarios para poder embarcar con garantías e para poder realizar os relevos nas frotas que se encontran, ou teñen que entrar a porto, en terceiros países". "É fundamental que os barcos vaian equipados de máscaras, luvas e termómetros, ao ser material necesario para intentar garantir que non haxa contaxios nas frotas que operan en caladoiros afastados nos que os tripulantes están maior tempo confinados e sen posibilidade de asistencia médica inmediata", abundou o deputado.
PRAZA_9623
As incidencias nos trens de Media Distancia de Renfe que provocaron atrasos superiores aos 30 minutos pasaron de 61 a 180 en tres anos en Galicia con especial impacto na liña Vigo-Ponferrada, a que máis deteriorou o seu servizo en todo o Estado
É relativamente frecuente que salten aos titulares da prensa e ás redes sociais queixas de persoas usuarias do tren que, por diversas incidencias, acaban chegando ao seu destino máis tarde do previsto ou tendo que agardar moito máis do esperado na estación para montar no tren polo que agardan. Lonxe de ser unha cuestión subxectiva, os datos confirman que o que a empresa pública Renfe considera "incidencias destacables", as que provocan demoras superiores á media hora, aumentaron notablemente nos últimos anos nas súas liñas de Media Distancia. No caso de Galicia, ata triplicárense.As incidencias que provocaron atrasos superiores aos 30 minutos pasaron de 61 a 180 en tres anos con especial impacto na liña Vigo-Ponferrada, a que máis deteriorou o seu servizo en todo o EstadoAo fío das protestas polos reiterados incidentes nas liñas ferroviarias de Extremadura o PP formulou no Congreso preguntas a respecto do número de incidencias nas liñas de Media Distancia de todo o Estado nos últimos tres anos. O resultado global indica que este tipo de problemas aumentaron un 80%. Pero no caso galego o incremento foi moito maios: as incidencias que dan lugar a atrasos de máis de 30 minutos nas liñas de Media Distancia aumentaron practicamente un 200%, de 61 en 2016 a 180 en 2018.Este tipo de incidencias aumentaron en todas as liñas galegas de Media Distancia que transcorren por Galicia neste trienio agás na Ourense-Santiago-A Coruña, na que cadran as vías e trens máis novos, e na que une A Coruña e Ferrol, na que o incremento de servizos é unha demanda veciñal constante. O groso do incremento de incidencias concéntrao a liña Vigo-Ourense-Ponferrada que, como reflicte a información publicada por eldiario.es, foi a que maior aumento de incidencias concentrou en todo o Estado. Pasou de 7 en 2016 a 91 en 2018 nun traxecto no que ao mal estado da liña se engade o deterioro dos poucos trens que circulan por ela en traxectos de Media Distancia.O segundo maior aumento de grandes atrasos nas liñas ferroviarias de Media Distancia que circulan por Galicia rexistrouse na liña Vigo-ValençaO segundo maior aumento rexistrouse nunha das liñas que maior atención concentrou neste tempo, a que une Vigo con Valença do Minho, que agarda dende hai anos por melloras xa notablemente avanzadas pola banda portuguesa no marco dos traballos de modernización da Linha do Minho, que chega ao Porto. Foi nesta liña, que Renfe comparte con Comboios de Portugal na que se produciu o accidente ferroviario do Porriño en setembro de 2016.A continuación sitúase a liña da Coruña a Vigo, con e sen paradas en Santiago -os datos son agregados- e, tras ela, unha das que segue a manter un moi notable atraso tanto en infraestruturas como en trens, a da Coruña a Lugo e Monforte. Mentres, no tren A Coruña-Ferrol e no Ourense-Santiago-A Coruña as incidencias reducíronse, segundo os datos de Fomento.Representantes do persoal ligan o incremento das incidencias á antigüidade dos materiais e á falta de mantemento e persoalO persoal da empresa pública atribúe este notable incremento das incidencias no conxunto do Estado a tres factores: falta de mantemento, falta de persoal e obsolescencia dos materiais. Enrique Ramos, membro do Comité Xeral de Empresa polo Sindicato Ferroviario, explica a eldiario.es que nas liñas con peores datos "estamos a falar de trens de media distancia que teñen 25-30 anos". Isto, detalla, provoca frecuentemente que non existan pezas de recambio para aquelas que se van estragando, o que deriva en que sexa habitual recorrer a pezas de trens xa retirados da circulación para obter material de remuda.Ramos sinala ademais as carencias de persoal e mantemento. "Os traballadores reivindicamos que se aumente o persoal. No momento en que isto ocorra aumentarán os recursos para o mantemento, e que determinadas avarías poidan ser reparadas a tempo", resalta.
NOS_5066
Era o único candidato que se presentaba para o cargo de máximo dirixente da central. Tamén repite responsabilidades na Comisión Executiva con 10 postos, fronte aos 4 colleitados polo outro aspirante, Eusebio Justo
O que foi secretario xeral de Comisións Obreiras en Galiza, Xosé Antonio Sánchez Aguión, repetirá no cargo ao ser a súa a única candidatura presentada ao congreso que a central sindical realizou nesta sexta feira, convocado baixo o lema Respostas fronte á crise. Obtivo o 70,3% dos votos, 173 en total. Sánchez Aguión venceu tamén nas votacións para a Executiva, ao imporse a opción que presentou por 166 apoios (10 postos) á liderada por Eusebio Justo Santos, que colleitou 59 apoios (4 postos). Cómpre sumar tamén 169 votos en branco e 4 nulos, segundo informou o propio sindicato nun comunicado de imprensa.Formarán a Comisión executiva, xunto a Sánchez Aguión, Mabel Pérez Simal, Manuel González Ríos, Maica Bouza Seoane, Francisco Carrera Pérez, Adela Poisa Baños, Jesús Castro Baamonde, Ascensión Esteban Ceballos, José Antonio Vilar González, Juan Martínez García, Machús Fernández García, Eusebio Justo Santos, Pilar Seoane Vázquez, Jaime López Golpe e Emilia Lamas Seoane.
NOS_7018
Propostas concretas do BNG xa para as materializar na próxima campaña. A formación nacionalista vai levar unha iniciativa ao Parlamento para suprimir o mailing e estabelecer debates a dupla volta nos meios de titularidade pública. Anunciouno Ana Pontón.
Suprimir o envío postal das papeletas ás moradas das galegas e dos galegos representaría un aforro para o erario público por volta dos dous millóns de euros, de acordo coa estimación feita pola equipa técnica do BNG: O BNG propón ou ben unha modificación pontual da lei eleitoral galega ou ben un acordo político entre os distintos grupos. Unha reforma de maior alcance ficaría para a próxima lexislatura, informou a formación frontista a meio dun comunicado. A supresión do mailing, explicou Pontón en conferencia de imprensa, "permitiría reducir en gasto inútil" e, aliás, "conseguir que a imaxe da carretaxe sexa dunha vez por todas parte do pasado". Canto aos debates, o BNG quer un encontro "a dobre volta" entre as persoas que optarán á presidencia da Xunta, o cal sería un formato novidoso quer na Galiza quer no Estado. Un debate por semana de campaña. Propón tamén o Bloque que debatan as e os números 1 por cada provincia e que se realicen aínda entrevistas en profundidade ás candidatas e candidatos a lideraren o goberno galego. "Os medios públicos, que pagamos entre tod@s, non poden estar ao servizo de Feijóo, senón ao servizo do dereito dos galegos e galegas a estar informados. O democrático é que haxa debates en horario de máxima audiencia na TVG e non en horario infantil, e tamén invita a reflexionar comprobar como nas últimas convocatorias electorais os medios privados fan máis debates que os públicos", salientou Pontón.
NOS_28340
O Congreso aprobou a Lei Orgánica para a Regulación da Eutanasia cos votos en contra do PP e Vox. O texto contou co apoio de 56% da Cámara e agora vai ao Senado. Néstor Rego, deputado do BNG, lembrou a loita do galego Ramón Sampedro, pioneiro na reivindicación deste dereito
A Cámara Baixa deu luz verde á Lei Orgánica para a Regulación da Eutanasia, cos votos en contra do PP, a navarra UPN e Vox. O texto contou co apoio de 56% da Cámara (198 votos a favor, 138 en contra e dúas abstencións) e agora continuará a súa tramitación no Senado. De a lei saír finalmente avante, a eutanasia poderá levarse a cabo a pacientes que a soliciten e que se atopen nun contexto de "padecemento grave, crónico e imposibilitante ou enfermidade grave e incurábel, causantes dun sufrimento intolerábel". Esta persoa solicitante deberá ter a nacionalidade española ou residencia legal ou certificado de empadroamento que acredite un tempo de permanencia en territorio estatal superior a 12 meses; ter maioría de idade e "ser capaz e consciente no momento da solicitude". A lei indica que de o paciente estar consciente, deberá solicitar a eutanasia dúas veces por escrito (ou por outro medio que deixe constancia se non pode escribir) en dous documentos separados por 15 días, facendo patente que non é "resultado de ningunha presión externa". Obxección de conciencia Despois da primeira solicitude, a médica ou médico responsábel informará a persoa solicitante sobre o seu diagnóstico, posibilidades terapéuticas e resultados esperábeis, así como dos posíbeis coidados paliativos existentes, asegurándose de que comprende a información que facilita. Logo, o paciente deberá confirmar a súa intención. Aínda así, despois da segunda solicitude debe haber unha nova reunión entre ambos. Será este médica ou médico quen autorizará o proceso, após pedir a opinión dun facultativo formado no "ámbito das patoloxías que padece o paciente" pero que non sexa do seu "mesmo equipo médico". Ademais, a comisión de avaliación autonómica (cuxa formación está especificada tamén na norma) deberá elixir dúas persoas expertas (unha delas xurista) que avalíen o caso. Ambas as expertas deben estar de acordo na súa decisión, se non, será o pleno da comisión quen a tome.Pilar Vallugera, deputada de ERC, advertiu de que o control desta comisión vai supor un "calvario" para quen solicite a prestación de axuda a morrer. Aliás, o texto recolle que as e os profesionais sanitarios "poderán exercer o dereito á obxección de conciencia", un reparo que "deberá manifestarse anticipadamente e por escrito". A loita de Sampedro na Galiza dos 90 ve a luz "Hoxe damos un paso decisivo que se fixo esperar demasiado tempo provocando un sufrimento innecesario", dixo onte o deputado do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, desde o atril do Congreso para recordar que "foi na Galiza onde se deu unha gran batalla por este dereito por parte de Ramón Sampedro, o primeiro caso que chegou ao Tribunal Supremo". Mais Rego tamén recordou que "as persoas valentes que o axudaron a pór fin á súa vida en 1998 foron perseguidas xudicialmente". Durante o trámite da lei, o BNG presentou emendas para evitar que os requirimentos para garantir que se trate dunha decisión libre e consciente non imposibiliten na práctica exercer o dereito. Así mesmo, pediron "que ningún organismo teña a ultima palabra sobre se a persoa reúne ou non condicións, xa que entendemos que se trata dun dereito persoal e intransferíbel", dixo Rego. Así mesmo o nacionalista tamén presentou emendas para que a eutanasia se realice na sanidade pública e que ningún profesional se poida negar a facilitala alegando obxección de conciencia. A dereita española oponse A ex ministra de Sanidade e deputada do PSOE, María Luisa Carcedo, impulsora da iniciativa, reprochou que "a dereita sempre encerelle" en batallas apocalípticas" durante a tramitación deste tipo de leis e, "pasado un tempo asuma" estes avances e "pasado outro tempo os practique". O representante do PP, Ignacio Echániz, acusou o PSOE de aprobar esta norma "frívola" en lugar de optar pola "alternativa" dos coidados paliativos que, segundo el, "encaixa no sentir maioritario dos españois". Echániz chegou a cualificar a lei de "derrota" e "fracaso" do "sistema sanitario" e da "sociedade". A deputada de Vox, Lourdes Monasterio, afirmou que a lei "quebranta o dereito á vida" e anunciou que a formación ultraespañolista recorrerá no Tribunal Constitucional.
NOS_26946
"As direccións de boa parte das compañías, que levan días resistíndose a adoptar esta decisión, negocian agora a aplicación de ERTE", sinalan desde a CIG-Industria.
As principais empresas do sector galego da automoción están a paralizar a actividade ao non poder garantir a seguridade dos seus cadros de persoal como consecuencia da crise sanitaria provocada polo coronavirus, así o constata a Confederación Intersindical Galega (CIG). Desde a CIG-Industria sinalan que "as direccións de boa parte das compañías, que levan días resistíndose a adoptar esta decisión, negocian agora a aplicación de ERTE" nas súas plantillas. "A maioría das empresas auxiliares da industria do automóbil atopábanse á espera do que facía finalmente PSA Citroën, o seu principal cliente, que hoxe mesmo detivo a liña de produción", engaden. O sindicato refire que PSA estivo intentando gañar tempo dende o primeiro momento, implementando medidas de seguridade que o comité de empresa considerou insuficientes, polo que solicitou a paralización da actividade e instou a Inspección de Traballo a que velase polo cumprimento das directrices fixadas polo Goberno estatal para loitar contra a COVID-19. Finalmente, a empresa con sede en Vigo aceptou a paralización ás 14 horas desta terza feira da súa produción na liña principal. "A previsión inicial é que a fábrica permanecerá pechada até o vindeiro 27 de marzo e a empresa habilitará un teléfono de contacto para que os traballadores e as traballadoras poidan ter información mentres dure a parada. Ademais, estabeleceuse que o persoal que durante estes días de corentena dea positivo en coronavirus terá que poñelo en coñecemento da empresa", explica a CIG-Industria nun comunicado a respecto de PSA Citroën. As auxiliares paran Pola contra, recollen que na empresa Faurecia Asientos de Galicia, con sede en Vigo, foi o propio comité de empresa, a través das delegadas de prevención, quen paralizou a actividade o domingo ao non garantirse a seguridade do persoal. O protocolo da empresa incluía a limpeza dos postos e de maquinaria, desinfección, medidas para evitar que coincidisen as quendas de entrada e de saída, pero non se garantía a distancia mínima recomendábel entre as persoas para evitar contaxios, segundo se explica na nota da CIG. Así que a representación das traballadoras decidiu paralizar a actividade en base ao artigo 21 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, que estabelece que se poderán tomar as medidas oportunas e mesmo abandonar o posto de traballo cando non se garanta a seguridade das traballadoras. En base a isto, a maior parte do persoal das distintas quendas optou por non acudir ao seu posto de traballo, polo que a fabricación viuse afectada. De feito, segundo conta a CIG, Citroën tivo que montar vehículos cun só asento para evitar ter que parar a súa liña un de produción. O comité de Faurecia mantén os contactos até que a empresa cumpra coas medidas. A CIG traslada que outras empresas, como Plastic Omnium, en Redondela, ou Lear, no polígono de Valadares, tamén paralizaron a actividade esta terza feira ás 14 horas. Grupo Copo tampouco produce, e está a negociar un ERTE co comité. Ao igual que Copo Galicia, que esta cuarta feira comezará a negociar un ERTE, aínda que neste caso traballa unicamente a quenda de mañá; a de tarde e a de noite xa non producen desde hoxe mesmo. A empresa Denso remata tamén nesta terza feira de traballar, polo que a partir de mañá paralizará a actividade. O mesmo sucede con Gestamp, co traballo paralizado e en plena negociación dun ERTE. Por outra banda, en GKN Driveline, en Vigo, e en Treves Galicia, en Pontevedra, están a negociar coa representación do persoal tanto a maneira de paralizar a actividade como a presentación dun ERTE, segundo informa a CIG-Industria. No caso da industria da automoción en Ourense, a decisión de Citroën precipitou tamén os acontecementos e as principais compañías auxiliares optaron por paralizar a actividade e iniciar a negociación de ERTE. Como sucedeu en Megatech, Hispaplasti, Incalplast e Gaesa, tal e como recolle a CIG no seu comunicado, que contempla que Faurecia pare esta terza feira e que en Rodríguez López, dedicada á fabricación de ambulancias, trabállese cun un estrito protocolo de seguridade. Desde a CIG-Industria reiteran, tal e como denunciou esta terza feira o secretario xeral do sindicato, que "se seguen sen se adoptar as medidas necesarias para que todo o mundo poida quedar na casa, xa que non se dispón dos medios para que as traballadoras que teñan que ir traballar poidan facelo coas necesarias medidas de seguridade". Ademais, afirman que "as empresas que están ofrecendo o teletraballo non garanten unhas condicións mínimas de respecto aos dereitos laborais e, en moitos casos, incluso baixo a obriga de poñer a traballadora gratuitamente todos os medios materiais para o desempeño do traballo no domicilio". Desta maneira a CIG critica "que a Policía e o Exército se estean despregando para labores de control social máis que para garantir que non haxa a actividade laboral, agás onde é obrigatoria, e que esta se desenvolva coas medidas oportunas de seguridade, nomeadamente nos sectores máis sensíbeis como o de alimentación, SAF, residencias, etc".
NOS_3733
Regresa a este espazo natural do concello de Ribadeo o costume de amorear pedras creando figuras. O Goberno local xa puxo en coñecemento da Xunta que moitas persoas están a realizar esta práctica prohibida.
Levantar fitos con cantos rodados na praia das Catedrais é a nova moda dalgunhas e dalgúns visitantes a este espazo natural situado en Ribadeo. Nunha tempada de verán na que as baixadas á area están controladas pola cita previa -xa se puxera en marcha antes da pandemia-, pouco está a importar volver a prácticas que poñen en risco a conservación dun dos lugares naturais máis destacados da Galiza. A aparición das torres de pedra foi denunciada por algúns particulares pero tivo especial alcance a mensaxe de José Angel (@tocamates) en Twitter, que se preguntaba o por que de levar a cabo estas prácticas. Vista a atención que se lle prestou, mesmo pediu á xente que non mova "nin pedras nin plantas nin nada na natureza". E a súa advertencia rematou por chegar ao Goberno local de Ribadeo. Após ter coñecemento da edificación como novo divertimento nas Catedrais, o alcalde, Fernando Suárez, remitiu unha misiva ao Servizo de Conservación da Natureza dependente da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Volver a concienciar "Esta pasada fin de semana tivemos constancia de que unha problemática que críamos desaparecida nas nosas praias volvíase a dar", destacou o rexedor ao falar das Catedrais. "Volvemos a detectar que visitantes deste espazo natural protexido, cuxo acceso está a ser controlado pola Xunta nesta tempada estival, realizan figuras mediante o amoreamento de pedras existentes no lugar", engadiu. Neste sentido, Suárez subliñou que foi unha moda que tivo certo éxito hai uns anos até que se lle puxo fin pero "polo que parece, de novo é necesario tomar medidas". "Entendendo que estas circunstancias correspóndense en maior medida coas competencias do seu servizo, desde o concello pedirémoslles aos socorristas que na medida do posíbel trasladen aos usuarios deste espazo a prohibición de seguir con esta práctica", avanza ás responsábeis de Conservación. En todo caso, como non é o cometido principal destes profesionais, o alcalde invita á Xunta da Galiza a actuar en consecuencia. "Solicítaselles que tomen as medidas que consideren necesarias para corrixir esta problemática, a través dos seus axentes medioambientais, carteis, información do persoal regulador do acceso á praia, etc", finaliza na carta. Fauna e flora Malia que este tipo de prácticas cos cantos poidan semellar inofensivas, ao longo dos últimos anos distintas expertas na materia teñen advertido do dano que, o que parece un xogo, causa nos espazos naturais. Sen ir máis lonxe, mover as pedras pode significar destruír un hábitat, dificultar o crecemento de determinada flora ou entorpecer o tránsito da fauna por un lugar concreto. Por iso tamén nas redes sociais pídese responsabilidade a aquelas persoas que acudan ás Catedrais ou a calquera outra praia. Porén, hai que ter en conta que espazos coma o de Ribadeo están protexidos e o número de accesos está regulado precisamente para evitar o deterioro da paisaxe que forneceu o traballo do mar.
NOS_17016
José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza, Óscar Rodriguez Estrada, Ricardo Pradas e Julio Fernández Gayoso foron condeados a 2 años de prisión pola Audiencia Nacional.
O Tribunal Supremo confirmou a pena de dous anos de prisión que impuxo a Audiencia Nacional aos 5 ex-directivos de Novagalicia Banco (NGB) polas indemnizacións por prexubilación e outros conceptos (por importe de 22 millóns de euros) que se outorgaron a si propios modificando os seus contratos de alta dirección en 2010. O TS considera "exiguas" as condenas mais recoñece que non pode incrementalas porque ningunha das partes as puxo en cuestión á alza. Cando se aprobaron estes contratos xa comezara o proceso de fusión das caixas galegas que deu lugar a NGB e reclamaran 1.162 millóns de euros ao FROB para superar a situación de inviabilidade de Caixanova e Caixa Galicia. José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza e Óscar Rodríguez Estrada (lpara os que se prepararonas prexubilacións millonarias) e Julio Fernández Gayoso (ex-presidente de Caixanova) y o asesor xurídico Ricardo Pradas Montilla, condeados á misma pena como cooperadores necesarios do delito. O propio Supremo cualifica de "desproporcionada" a pena mais non por exceso mais polo,exiguo das penas embora "a gravidade das condutas".
NOS_24800
O PP, única formación con representación municipal que vota en contra do recoñecemento. Argumentan que a corporación á que se lle renden honras "fora elixida de maneira pouco democrática"
Nos últimos días, as novas referidas á memoria histórica supuxeron verdadeiros couces a lei aprobada en 2007, ao render honras a persoas destacadas no levantamento militar fascista de xullo do 36 e dos anos de ditadura que viñeron despois. Porén, o Concello de Bueu e a asociación de amigos Johán Carballeira vén de aprobar en pleno o recoñecemento institucional para a corporación municipal que gobernaba cando se produciu o golpe de Estado de Franco, cos votos a favor do BNG, o PSOE e a concelleira non adscrita. O PP votou en contra. Desde a formación conservadora falan de "pouca documentación", e din que a corporación que será honrada "fora elexida de maneira pouco democrática". Saíron apupad@s da casa consistorial, pois no pleno estaban presentes familiares das vítimas. Así as cousas, os concelleiros represaliados e asasinados pola ditadura pasarán a ser fillos predilectos ou adoptivos de Bueu. Entre as persoas que serán distinguidas figura quen daquela ocupaba a alcaldía, José Gómez de la Cueva --Johán Carballeira, xornalista e poeta, para alén de rexedor e militante do PG--, quen pasou unha tempada encerrado en San Simón e foi asasinado en Monteporreiro o 17 de abril de 1937. No seu caso o nomeamento será de fillo adoptivo xa que, a pesar de vivir sempre en Bueu, naceu en Vigo. O ex rexedor foi asasinado, a mesma sorte que correron outros catro edís: o tenende de alcalde Francisco Piñeiro Barreiro, e os concelleiros Francisco Escáneo Franco, Francisco García Villanueva e José de la Torre López. Na cadea --perpetua-- acabaron José Bernárdez Santaclara e Francisco Padín Novas, que pasarán a ser fillos predilectos. E a distinción de membros honoríficos concederáselle ao resto de homes que daquela integraban a corporación municipal bueuense --Ramón González Soliño, Manuel Casaleiro Pereira, José Estévez Villar, José Rodríguez Estévez e Ramón Pastoriza Gestido-- e o tesoureiro do Concello, 'Ricardito' Gómez Buceta, que foi apresado e paseado. O seu corpo non apareceu nunca. Haberá unha mención para tod@s @s veciñ@s que, á marxe dos cargos políticos, sufrisen a represión durante os anos da ditadura. A intención da Asociación de amigos de Johán Carballeira, pola que levan loitando cinco anos e que finalmente irá adiante, é recordar --pasar máis unha vez polo corazón-- a figura "de quen sufriu as consecuencias dolorosas, incluso perdendo a vida, pola defensa decidida das liberdades". No expediente presentado pola Comisión de cultura lembra os dous consellos de guerra realizados, nos que se impuxeron penas de morte a 26 bueuenses. Tamén foron paseados cinco veciños cando intentaban fuxir do calabozo, o tenende de alcalde e o tesoureiro do Concello.
NOS_46053
O debuxante Alfredo López, Tokio, presentará en Viñetas do Atlántico a súa segunda novela gráfica, A causa do crime (Demo Editorial), unha historia policial na que se retrata o Vigo dos anos oitenta. Colaborador de Sermos Galiza desde o primeiro número, Tokio iniciouse nese mesmo tempo e nesa mesma cidade no mundo da banda deseñada.
-A causa do crime, a súa nova novela gráfica, remite ao Vigo dos oitenta. Como nace a historia? -Trátase dunha historia pensada e debuxada no 87 á que só lle fixen cambios. É unha historia policiaca ambientada na cidade de Vigo, nun entorno urbano no que coinciden cuestións musicais, sindicais e políticas que se vivían naquel momento. -O primeiro cadriño é un concerto de Siniestro Total de 1984 e o libro conta con banda sonora. Que papel xoga a música nesta obra de banda deseñada? -Comeza cun concerto de Siniestro e remata con outro dos Resentidos. Mais non é un retrato do Vigo da movida, senón do que se vivía na cidade naquel febreiro de 1984 previo á primeira manifestación que o sindicalismo galego fixo en solitario. A reconversión naval vívese con intensidade. A música está moi presente e, de feito, o libro levará un enlace para acceder aos temas que son case a banda sonora da historia. -Vostede é testemuña en primeira persoa dese tempo? -Naquel momento estaba publicando en revistas e quixen facer unha historia máis longa. Decidinme polo xénero policíaco ambientado no que estaba vivindo entón. Non tiña daquela unha participación política e sindical intensa porque estaba estudando, mais convivía con todo aquilo. Tense falado sectorialmente e eu quería representar o conxunto da cidade. Podería facer unha historia só sindical ou política, mais trato de recoller a fotografía múltiple da cidade nese momento. Estábase a construír non só no cultural, senón tamén no sindical e no político. -Daquela os proxectos parecían agromar por toda parte e desde hoxe dá a impresión dunha grande enerxía, con grupos poéticos, musicais, nas artes plásticas... -Deuse unha grande positividade. A primeira exposición de banda deseñada, poño por caso, fíxose nese 84 en Artes e Oficios. Logo desapareceu mais seguiu en Ourense e naceron iniciativas como o Frente Comisario e moitos autores que veñen daquel tempo. Moitas cousas que están en marcha agora tiveron alí o seu inicio. -Vostede estaba xa naquela primeira exposición? -Estaba. No Colexio Universitario de Vigo fixéramos unha exposición pegando debuxos nas paredes e tivo repercusión. De repente, un profesor de Artes e Oficios foina ver e organizou a mostra con dez ou doce autores. -A súa idea era entón dedicarse profesionalmente á ilustración? -Na Universidade comecei a traballar en ilustración científica. Tiven unha bolsa e participei no catálogo de fauna ilustrada do Museo Científico de Madrid. As opcións de publicar banda deseñada eran moi limitadas. Só A Nosa Terra sacaba unha páxina de banda deseñada, mais non había máis. Os fanzines desapareceran. -Esa tradición síntese na súa outra novela, Cabana de Balieiros. Impregna a súa obra? -Alí recollera unha serie de experiencias, do estudo de mamíferos mariños... Esta, aínda que saia agora, é anterior. O meu interese na ecoloxía vese reflectido e supoño que continuará no futuro. -Que posibilidades ofrece a banda deseñada para transmitir ideas? -Como medio de expresión, infinitas. A min interésame porque podo contar e ilustrar a historia. Outros traballan con guionistas mais non é o meu caso. Permite que o público se achegue a estes discursos. -O seu cadriño forma parte de Sermos Galiza desde o inicio. Que supón esa presenza no xornal? -Empecei en A Nosa Terra a publicar en xornais. A tradición existe desde hai tempo. A xente ía ver a prensa para atopar o debuxo de Castelao e el xa segue unha tradición que existía. Os debuxantes e humoristas na prensa teñen carácter revolucionario, mesmo algúns, como na Alemaña nazi, foron asasinados. Teñen que aportar ese revulsivo. O debuxante precisa facer as ilustracións con bisturí, plasmar a realidade e que o público se sinta incómodo. Cando abres o xornal provoca un impacto inmediato, máis que o texto. -Proxectos como Demo, El patito ou Garaxe Hermético falan dun bo momento do xénero? -Se o comparamos co pasado é moito mellor. As persoas que faciamos antes banda deseñada eramos heroes. Agora hai máis autores, escolas de formación gráfica... A banda deseñada sobreviviu polo impulso dos creadores e a existencia case suicida dalgúns editores. Esta entrevista apareceu no Sermos106, publicado a 24 de xullo de 2014
NOS_36241
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza considera que o acordo do Consello da Xunta para ese megaparque debe suspenderse mentres non se actualice a declaración de impacto ambiental (DIA) nin se xustifique o uso "pretendido pola Xunta".
As obras do megaparque que se constrúe na Serra do Oribio, e que xeraron un forte rexeitamento de colectivos sociais, veciñais e ambientalistas, veñen de ser suspendidas provisionalmente polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). O alto tribunal considera que esas obras deben de ser suspendidas mentres non se actualice a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) de 2005 e mentres que a Xunta non xustifique a prevalencia do uso "pretendido pola Xunta". Salvemos O Iribio valora de forma moi satisfactoria o auto do Tribunal porque "recolle todos os argumentos esgrimidos por este colectivo para impugnar o acordo da Xunta agora suspendido". Tal e como denunciou a plataforma, o Tribunal advirte que a DIA do proxecto, aprobada en agosto de 2005 pola Consellaría de Industria do goberno en funcións de Manuel Fraga, non contempla os cambios das circunstancias tecnolóxicas, enerxéticas e ambientais, ou normativas que se sufriron desde aquela e que agora deben terse en consideración para a autorización do parque. Neste senso, explican, o auto fai fincapé na disposición legal vixente que prohibe a instalación de novos parques eólicos en zonas da Rede Natura recollida no artigo 23 do Decreto 37/2014 polo que se aproba o Plan Director da Rede Natura. A Serra do Iribio forma parte desta rede de espazos naturais protexidos e está declarada ZEPVN e ZEC (Zona de Especial Conservación) Ancares-Courel. A decisión do TSXG prodúcese após varias denuncias presentadas por colectivos ambientalistas. En setembro a Plataforma Salvemos O Iribio urxe o TSXG a paralizar as obras do parque eólico nesta serra do Courel. Inciden en que esta serra está nun espazo natural protexido como ZEC e ZEPVN Ancares-Courel e Rede Natura, zona de campeo do Oso Pardo, especie en perigo de extinción, e área recoñecida como Ben de Interese Cultural (BIC) Camiño de Santiago.
NOS_1740
O candidato de Ourense, David Bruzos, e a candidata e voceira de Galicia en Común no Congreso, Yolanda Díaz, mantiveron esta segunda feira unha xuntanza con representantes das traballadoras do sector téxtil en Ourense, onde se atopaban con traballadoras de firmas como Adolfo Domínguez, Téxtil Lonia, Aspol ou Autoneum, entre outras.
"Non podemos esquecer que hai alternativas ao modelo social precario da miseria, que agora mesmo se está a impor, e iso intentamos traballar desde o noso grupo", explicou Yolanda Díaz, resaltando que o sector téxtil "non ten problemas económicos» e «pode e debe mellorar as condicións das traballadoras". Ademais, Díaz, número un da lista por Pontevedra, lembrou que "estamos ante un sector moi afectado pola reforma laboral, e o PSOE non vai derogala. É moi grave para as traballadoras, porque lles afecta directamente na precarización do emprego e no desenvolvemento da xornada laboral". Galicia en Común propuxo no Congreso unha Lei de traballo co-responsábel, que beneficiaría directamente a estas traballadoras para que o seu posto de traballo "se adapte á vida e non á inversa". Segundo incidiu a deputada, esta Proposición de Lei, que non chegou a debaterse pola breve lexislatura, aborda directamente a cuestión da conciliación. Pola súa banda, David Bruzos dixo que "falar de téxtil no Estado é falar de Galiza, pero estamos diante dun colectivo feminizado con condición laborais moi precarias", e pediu que "o 10-N se mobilice todo o mundo, porque estamos diante dunha situación adversa e prevese un novo plan de axuste, a nosa proposta é clarísima: o axuste ten que darse por arriba, non poden ser as traballadoras as vítimas de novo".
NOS_3962
O xornalista Cristian López e o fotógrafo Felipe Carnotto, enviados espaciais de Sermos Galiza, contan desde a fronteira entre Grecia e Macedonia a traxedia dos refuxiados. Unha reportaxe desde o terreo e que non deixa indiferente. Podes adquirilo xa na nosa loxa.
"Malek Khawan traballaba nunha organización non gubernamental de axuda a persoas refuxiadas. Hoxe é unha delas". Así arranca 'Un éxodo masivo percorre Europa', a reportaxe que o xornalista Christian López e o fotógrafo Felipe Carnotto, enviados especiais de Sermos Galiza, fan desde a fronteira entre Grecia e Macedonia. Tres páxinas de xornalismo a pé de terreo para nos contar con palabras e imaxes a historia dos refuxiados. Homes, mulleres e crianzas anónimas que están a protagonizar un verdadeiro éxodo. Acompaña a reportaxe un artigo de Thyerry Meussan, presidente-fundador da 'Rede Voltaire': 'A falsa crise dos refuxiados'. A loita dos gandeiros por un prezo xusto para o leite segue a ser tratada no SG. 'A semana na que os gandeiros bloquearon a industria oara defender o leite galego' é a dupla páxina na que falamos con gandeiros e representantes de organizacións agrarias sobre a nova fase na que entra o proceso. Teresa Moure e 'Ostrácia' Entrevistamos a escritora Teresa Moure e publicamos en exclusiva un adianto editorial de 'Ostrácia', a súa nova novela, que vai ser publicada por Através Editora. "O Amor escríbese en maiúsculas e o amor é entrega". Non é a única entrevista. Conversamos como Manuel González Moreira, da Plataforma Galega en Defensa da Sanidade Pública. "Había un proxecto público para o hospital de Vigo que están a ocultar". Conversamos tamén con Rober Amado, foto-xornalista que vén de tirar do prelo un traballo de investigación sobre as tráxicas consecuencias do amianto na comarca de Ferrol. "Hai persoas que non saben que están afectadas". Outra entrevista que podes ler neste número do semanario é a Pela del Álamo, cineasta e director de Cortocircuito. "O novo cinema galego está moi vivo, aínda que en breve deixará de ser novo'. En Viaxes na Miña Terra viaxamos até a illa de Bensa, na Ría de Arousa, da man do colectivo Xea. En Internacional deitamos a mirada sobre as eleccións gregas, que decorren este domingo 20. Falamos delas en 'Grecia, unha campaña de perfil baixo'. Conservas, Edwire Renée Dro e Familia Ferro En 'Traballadoras da conserva exixen un convenio digno'. A conserva galega representa o 90% da produción do sector no conxunto do Estado e o 80% do persoal. Porén, as condicións laborais e salariais continúan reguladas baixo un convenio de ámbito estatal. 'A asemblea da ACB decide xa sobre o ascenso en diferido do COB'. Os clubes, entre eles o Obradoiro, deben ratificar o preacordo alcanzado entre as partes a semana pasada. E en 'Edwige Renée Dro': a escrita na perspectiva do compromiso'. Se pensarmos en escritora africana, menor de 40 anos, con produción en francés e inglés, crítica co papel das potencias Occidentais en África, o resultado é Edwige-Renée Dro. En 'Cen anos de amor aos zocos na familia Ferro'. "Hoxe Eferro fabrica 4.000 pares de zocos ao ano, emprega a oito persoas e é unha referencia da artesanía".
NOS_33800
O actual director, García-Abadillo, decidiu non publicar unha dura misiva de Pedro Jota contra o presidente do goberno español".
A ruptura entre García-Abadillo, actual director de 'El Mundo', e Pedro J. Ramírez, fundador do diario e direcor do mesmo durante un cuarto de século, é total. E sen ningún tipo de secretismo, pois a desavinza e enfrontamento coceuse nas páxinas do propio xornal a través de opinións e contra-opinións. Ademais da prebe que a iso lle deu ruxe-ruxe, novas e filtracións a través das redes. O actual director expulsou a Pedro J. das páxinas do Mundo, impedindo publicar o domingo o artigo do ex-director (titulado 'El estafermo`) e moi duro co presidente español, Mariano Rajoy. Casimiro ameazara a principios desta semana con marchar de 'El Mundo' se Pedro Jota seguía a publicar no diario. A guerra chegou a tal punto que Unedisa pide medio millón de euros a Pedro Jota polo que entende de ruptura do 'acto de lealdade'. Pedro J. Ramírez colgou a carta censurada por 'El Mundo' nas redes sociais. Unha carta máis que dura contra Mariano Rajoy, na que ataca duramente a súa inacción e o perigo que iso supón. Nun parágrafo mesmo afirma: "Se se repartían sobresoldos, el poñía a man, collía a caixa de puros e mañá máis; se se cobraban mordidas, el recibía o doante, falaban de fútbol e mañá máis; se o tesoureiro millonario víase en apuros xudiciais, mandáballe mensaxiños de apoio e mañá máis".
NOS_45312
O director do diario basco GARA, Iñaki Soto, apunta nunha entrevista concedida a Irmandade TV que a manifestación decorrida o 11 de xaneiro nas rúas de Bilbo debuxa unha "fronte democrática" cara á resolución do conflito político basco artellada arredor "dos dereitos humanos, a resolución do conflito e a paz" face a posición do Estado español que, di, "non ten un plantexamento construtivo". Vídeo no interior.
Irmandade TV desprazouse a pasada semana até Euskadi para recoller as reaccións ao comunicado feito público polo Colectivo de Presos e Presas Bascas (EPKK) e, tamén, con motivo da mobilización convocada na defensa dos dereitos d@s pres@s baixo o lema Tantaz Tanta (Gota a Gota). Esta segunda feira, a canle de televisión vén de publicar a primeira das entrevistas realizadas concedida polo director do diario basco, GARA. Iñaki Soto conversa co director de O Debate, Aurélio Lopes, arredor da manifestación decorrida polas rúas de Bilbo o 11 de xaneiro a poucas horas de se producir. Para o xornalista a participación na mobilización xa se albiscaba como a "máis grande que viviu o país desde a Transición" habida conta, sinala, que "os convocantes representan a maioría política e social de Euskal Herria". Neste senso, indica Soto, a convocatoria --finalmente apoiada por EH Bildu, PNV, Geroa Bai, ELA e LAB-- debuxa unha "fronte democrática" e supón "un paso adiante" perante "unha demanda social" que exixe dos partidos políticos acordos en resposta ao que coidan é "un ataque tan grave" aos dereitos políticos como a prohibición por parte do xuíz da Audiencia Nacional española, Eloy Velasco, da convocatoria inicial. As máis de 130.000 persoas que asolagaron a rúa Autonomía e as súas adxacentes o pasado sábado, apunta Iñaki Soto, reflicten a "imaxe da xente que se posiciona" a prol dunha "solución" ao conflito político en Euskal Herria artellada arredor "dos dereitos humanos, a resolución do conflito e a paz" face, apunta, aquela --en clara alusión ao Estado español-- "que non ten un plantexamento construtivo" e continúa ancorada "na unilateralidade".
NOS_43698
As axudas da Deputación de Pontevedra destinadas á posta en valor do patrimonio marítimo e á promoción da cultura mariñeira chegan por primeira vez a proxectos relacionados cos ríos no interior. Dúas asociacións do Deza porán en marcha proxectos de musealización.
Fomentar a recuperación de bens de interese que integran o patrimonio relacionado co mar e os ríos e preservar e divulgar a súa riqueza e singularidade. Eis o obxectivo das liñas de subvencións da área de Patrimonio da Deputación de Pontevedra destinadas a entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a posta en valor do patrimonio marítimo fluvial. Vinte e unha entidades recibirán axudas desta liña para a Recuperación e Posta en Valor do Patrimonio Marítimo Fluvial, que por primeira vez concede fondos para proxectos de musealización relacionados cos ríos e non só vencellados á recuperación do patrimonio e embarcacións costeiras. Concretamente, dúas asociacións da comarca do Deza van recibir este 2022 unha inxección económica de máis de 6.000 euros para pór en valor o patrimonio marítimo fluvial do país. Trátase dos colectivos Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón de Codeseda e a Asociación Etnográfica de Codeseda, ambos de Lalín, que foron incluídos entre as 21 entidades beneficiarias da liña de axudas impulsada pola deputada de Patrimonio María Ortega. No caso da Asociación de Amigos do Museo Etnográfico 'A Casa do Patrón' de Codeseda, a axuda ascende a 4.755,30 euros, e destinarase á restauración do muíño de regueiro de Entre Ríos. Trátase dun antigo muíño de regueiro de cubo soterrado, propiedade de 16 herdeiros, unha verdadeira xoia cuns 200 anos de antigüidade na ribeira do río Asneiro, afluente do Deza. A Asociación Etnográfica de Codeseda, pola súa parte, porá en marcha un proxecto para restaurar e consolidar os principais aparellos etnográficos utilizados tradicionalmente na pesca marítimo-fluvial na Galiza, tanto existentes en almacén, como de nova incorporación ao Museo 'Casa do Patrón'. Tamén se pretende realizar a montaxe dunha nova sala monotemática de exposición permanente, creando un espazo a tal fin nas instalacións actuais. O obxectivo deste espazo, segundo a asociación, é "crear unha fermosa exposición de homenaxe e posta en valor dos preto de 1500 quilómetros do accidentado litoral galego". Estes traballos insírense nunha liña que ofrece axudas para intervencións realizadas sobre construcións e instalacións de terra (almacéns, fábricas, estaleiros, lonxas, casetas de pesca, embarcadoiros e pesqueiras...), mostras da arquitectura industrial e popular marítimo fluvial na provincia, para seren reconvertidas en espazos culturais. As dornas toman as augas das Rías Baixas Restauración do 'Piueiro' Mais existe outra liña de axudas que se dirixe a traballos de rehabilitación en embarcacións co fin de recuperar o seu carácter orixinal ou de manter elementos estruturais que permitan o mantemento da embarcación. Así, máis de 10.000 euros destinaranse a restaurar o volanteiro guardés Piueiro, unha embarcación tradicional da zona transfronteiriza con Portugal propiedade da Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais O Piueiro da Guarda. Trátase dunha embarcación de 12,22 metros de eslora total, sen cuberta, propulsada a vela e manualmente mediante remos, que conta cunha vela latina de 85 metros cadrados, suxeitada por un mastro de 12 metros e unha botavara de 10 metros. A súa construción levouse a cabo grazas á recompilación de documentación e arquivos dispoñíbeis nas zonas costeiras de Baiona até Povoa de Varzim (Portugal). Actualmente, o Piueiro ten un papel fundamental para dar a coñecer unha parte da historia mariñeira da Guarda e para que todas as persoas visitantes que se acerquen a vila poidan visitar e mesmo realizar rutas pola zona costeira. Acolle rutas marítimas pola costa, participa nas Festas do Carme, e tamén na homenaxe a Rosalía de Castro, entre outras actividades. Outras recuperacións Na comarca do Salnés, varias entidades recibiron máis de 74.000 euros para restaurar nove embarcacións que se destinarán á promoción da cultura mariñeira. Na comarca do Morrazo, dúas asociacións van recibir este ano case 16.500 euros para poñer en valor o patrimonio marítimo da zona recuperando o galeón Eliseo (1908) e o bote xeiteiro e polbeiro Os Galos. Da mesma forma, o Club Mariño A Reiboa de Poio e a Asociación Remare Insieme de Pontevedra tamén recibirán un importe semellante para a restauración de dúas embarcacións tradicionais na comarca de Pontevedra que se destinarán á promoción da cultura mariñeira en diferentes ámbitos: o galeón Luisa III e a traiñeira Os-Tras. "O proxecto de Staffan Mörling foi pangalaico": Bueu lembra e homenaxea o sueco que namorou de Ons
PRAZA_13183
Jordi Iparraguirre é o director da Fundació Puntcat. Estivo en Compostela para participar na presentación oficial da candidatura galega para contarmos cun dominio de primeiro nivel
Jordi Iparraguirre é o director da Fundació Puntcat. Estivo en Compostela para participar na presentación oficial da candidatura galega para contarmos cun dominio de primeiro nivel Que beneficios trouxo o .cat para Catalunya? Ten bastantes vantaxes, en distintos ámbitos. A primeira é a visibilidade internacional: daste a coñecer simplemente polo uso do mail ou da existencia dunha web. E funciona nunha dobre dirección: daste a coñecer en todo o mundo e tamén todo o mundo se decata de que existe unha realidade que é Catalunya, que se expresa nunha lingua determinada e que ten uns intereses específicos, e así é como se dirixen a ti. Iso pasa mesmo con grandes multinacionais, que empregan o .cat para difundir os seus produtos aquí e dirixirse mellor aos seus clientes. Pequenas empresas ou comercios sentían que estarían máis próximos aos seus clientes e aos cidadáns co .cat A un nivel particular tamén tivo unha influencia grande no usuario final; decatámonos de que moita xente que nunca pensara ter un dominio en Internet pois decidiu abrilo para ter un .cat, e tamén o fixeron pequenas empresas ou comercios: sentían que estarían máis próximos aos seus clientes e aos cidadáns co .cat que co .es ou o .com. Outras vantaxes teñen que ver co orgullo de comunidade: é un activo tecnolóxico que conseguimos entre todos e que funciona ben. Ás veces parece que tiramos pedras sobre o noso tellado e que facemos todo mal e os de fóra fano ben. Pero neste caso o .cat espertou un orgullo de traballo ben feito. Como vedes dende fóra a candidatura do puntogal? Cres que temos posibilidades? Eu creo que si. O puntogal baséase nun modelo de funcionamento que está probado e que funciona, hai consenso político en Galicia, toda a sociedade está de acordo. Nos últimos anos falouse moito dos dominios lingüísticos e culturais, e así como o puntcat funciona tamén vai funcionar o puntogal e outros. Na ICAAN decatáronse de que existían este tipo de comunidades e de era unha demanda real. Tardará o que tarde en aprobar a candidatura, porque os procesos do ICAAN son lentos, pero o puntogal vai existir e vai funcionar ben. Na ICAAN decatáronse de que existían este tipo de comunidades e de era unha demanda real Puntcat abriu un camiño, en certa forma, logo? Si, foi un grande éxito, en termos cuantitativos e cualitativos. Tivemos só catro desputas por dominios en seis anos, iso é pouquísimo comparado con outros. Funcionou ben e non deu ningún problema. Mesmo a ICAAN comezou a falar ultimamente da necesidade de priorizar este tipo de dominios culturais, porque son pequenos e funcionan ben.
PRAZA_10518
Os xornais que comentan o filme aducen, sutilmente, sen entrar en fonduras, que a causa do desastre foi a ineptitude soviética. Disimulan así a natureza monstruosa da produción de enerxía nuclear
Despois da desolación colectiva, Svetlana Alexiévich escribe coas palabras que fican. Non son para adornar. Aporta os datos das traxedias soviéticas como se fose unha auxiliar forense. As frases son como sucesións de tixolos cementados sen recebar. Non se preocupa polo estilo e descoñece o artificio.Os xornais que comentan o filme aducen, sutilmente, sen entrar en fonduras, que a causa do desastre foi a ineptitude soviética. Disimulan así a natureza monstruosa da produción de enerxía nuclearA serie televisiva Chernobyl rematou agora. Mantén a fidelidade á obra de Alexiévich na radiografía que fai do sistema administrativo e político, podre, incapaz; da xestión do accidente; mesmo da importancia da catástrofe para a posterior disolución da URSS. Tamén da dimensión apocalíptica: durante unhas horas foi posíbel que a metade de Europa ficase sen seres vivos. O balanzo da serie é moi positivo, mais perde rigor cando inventa anécdotas bobas para captar espectadores: as vítimas sangran (nos accidentes nucleares non se sangra); un helicóptero cae para o núcleo da central e bastantes máis.Os xornais que comentan o filme aducen, sutilmente, sen entrar en fonduras, que a causa do desastre foi a ineptitude soviética. Disimulan así a natureza monstruosa da produción de enerxía nuclear. The New York Times insiste en que foi o peor accidente da historia e borra de paso o rastro de Fukushima, onde un reactor permanece acendido porque a humanidade carece de medios técnicos para apagalo. Os vertidos flúen ao océano Pacífico desde o día do tsunami, pero a eléctrica TEPCO necesita normalizar de novo as outras centrais nucleares do Xapón. O deus Diñeiro demanda adoración permanente. Vozes de Tchernóbil. A História Oral do Desastre Nuclear. Esvetlana Alexijevich.Chernobyl. Miniserie. Craig Mazin. Outras obras de Alexiévich:A guerra não tem rosto de mulher. (Sobre a muller soviética na II Guerra Mundial)Rapazes De Zinco. (Sobre a Guerra de Afganistán).
NOS_973
O home matouna e despois suicidouse. Outra muller está ferida grave após ser apuñalada á porta do despacho do avogado que lle levaba o divorcio
Máis unha muller asasinada no Estado español pola violencia machista. Desta volta os feitos aconteceron en Xaén, onde un home de 43 anos matou a súa compañeira, de 55 anos, e despois suicidouse. A parella xa non mantiña a convivencia, mais o home desprazouse até a casa dela para a asasinar. A muller tiña alertado en reiteradas ocasións á garda civil mediante chamadas telefónicas en que daba conta dos maus tratos aos que era submetida pola súa ex parella. Con esta son dúas as mulleres asasinadas nesta semana, após un policía matar a parella do seu irmán en Girona por mediar nunha rifa coa súa parella, a quen apuñalou tamén e deixou ferida grave. A semana pasada mataron catro. En total, o terrorismo machista deixou 27 mortas no Estado español no que vai de ano, unha delas na Galiza, Helena, asasinada en Lugo o 28 de marzo. Acoitelada á porta do avogado que lle levaba o divorcio Alén das mortas, a violencia de xénero foi a causa de que haxa outras dúas mulleres feridas de gravidade, todas esta semana. Nesta quinta feira, día 30, unha muller foi acoitelada na porta do despacho do avogado onde amb@s viñan de realizar xestións relacionadas coa demanda de divorcio que ela interpuxera.
PRAZA_8965
Ve "con normalidade" que haxa candidaturas alternativas e rexeita o pacto social porque "vai acompañado de cesión de dereitos aos traballadores".
A CIG celebra esta fin de semana o seu VI Congreso Confederal, no que o actual secretario xeral, Suso Seixo, optará á reelección no seu cargo, á espera de que se presenten ou non candidaturas alternativas e críticas coa dirección, algo que cre que entra dentro da "normalidade" e que algún grupo de afiliados xa anunciou, coa súa intención de postularse á dirección. Seixo opta á reelección e ve "con normalidade" que se presenten candidaturas alternativas A cita será a vindeira fin de semana, os días 25 e 26, e Seixo destaca que o "habitual" nestes congresos é que se presenten tres ou catro candidaturas, cuxa presentación remata este xoves. Ata daquela, o secretario xeral descoñece se serán "unha ou cinco" as alternativas que se postulen, algo que "non preocupa en absoluto" á actual dirección. "A CIG está centrada en estar máis homoxeneizada pro dentro para dar resposta ás demandas dos traballadores", resumiu. De feito, Seixo destacou a unidade da CIG na resposta ante os conflitos e lembrou que no sindicato hai diferentes correntes "que teñen interese en ter representación", unha pluralidade que reivindica, malia a que a central "está moi unificada por dentro". A CIG chama a organizarse para combater o actual modelo económico Baixo o lema É necesario, é posíbel. Organización, loita, soberanía, o congreso comezará ás 9 horas do sábado e as candidaturas presentaranse entre as 19.30 e as 20 horas, logo de que se debatan os diferentes documentos. Será xa o domingo cando se produzan as votacións, entre as 10 e as 11, das que sairá a nova Executiva Federal, a Secretaría Xeral e a Comisión de Garantías. Ao congreso acudirán 25 delegados internacionais; así como 540 delegados electos por estruturas e delegacións, 136 do Consello Confederal e outro seis da Comisión de Garantías. Pero neste congreso haberá moito máis. A CIG prevé debater a resposta ás medidas adoptadas polo Goberno, como a reforma laboral, ou aos conflitos derivados da fraude das preferentes e dos desafiuzamentos. Ao tempo, analizaranse as alternativas que a central nacionalista propón para loitar contra a crise e contra o desmantelamento dos servizos públicos e do tecido produtivo ou o drama do paro. Para Seixo, o PP aplica medidas "antisociais e natiobreiras" e é necesario "garantir os dereitos básicos". Por iso, o secretario xeral da CIG chamou a organizarse para combater o modelo actual no que "as decisións son tomadas por institucións con falta de control por parte da cidadanía e controladas polo poder financeiro". O sindicato cre que o cambio pódese lograr con "loitas espontáneas". "Hai que estar organizado", dixo, tras reivindicar que "a organización e o sindicato" son "máis necesarios que nunca". A CIG rexeita o pacto social porque "sempre vai acompañado de cesión de dereitos dos traballadores" "Só con loita e mobilización é posible o cambio", sostivo Seixo, que rexeitou un pacto social entre sindicatos, patronal e goberno porque "sempre vai acompañado de cesión de dereitos dos traballadores". Tamén reivindicará a CIG a soberanía de Galicia, en oposición a "unha centralización enorme do poder económico e político". A comunidade, protestou, ten "carencias importantes en competencias" e considerou que nestes momentos é "fundamental" reclamar máis capacidade de decisión.
NOS_29957
A 12ª edición do Culturgal ofrece unha radiografía do panorama da cultura galega, achegando á cidadanía as principais novidades e tendencias. Sermos Galiza escolma as propostas que atoparán os visitantes do Pazo da Cultura. Eis un extracto da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza 374.
Máis un ano, os principais axentes da cultura da Galiza danse cita no Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar o Culturgal. Da sexta feira 29 de novembro ao domingo 1 de decembro, perto de 15.000 visitantes percorrerán as máis de cen casetas que a compoñen, procurando un petisco do que compón a oferta anual en materia de cultura. Cun cartaz que pon a énfase nas novas tecnoloxías, a proposta do Culturgal para 2019 chega cunha nova montaxe que lle dá a «volta» á distribución espacial dos últimos anos, estruturando cinco espazos: infantil, carpa, foro, libro e cinema. O lema «Dálle unha volta á feira!», para alén de evocar este cambio, incide no público como protagonista do evento. Diferentes espazos A carpa acollerá numerosas actuacións musicais, entre as que destacan os retornados Dios Ke Te Crew ou a estrea do Contrapunto de Tanxugueiras. Pola súa banda, Fran Amil presenta Popsía, traballo que verá a luz o vindeiro 2020 adaptando a ritmo de pop, swing e folk, poetas da nosa tradición, desde o Medievo até a actualidade. O compositor pontevedrés Ángel Paz exporá Rostros Invisibles, un disco de rock feminista que adapta a obra Invisibles na que Montse Fajardo recolle os testemuños de sete mulleres vítimas da violencia de xénero. A literatura atopará o seu espazo de encontro entre autoras e público, prestando atención aos premios, novidades e lanzamentos a curto prazo. As mulleres ocupan un papel relevante na produción do ano, desde a antoloxía de María do Cebreiro, Herba de Namorar, pasando pola publicación recente de Ninguén dorme, de Rexina Vega ou Agosto, o último poemario de Miriam Ferradáns, marcan algunhas das presentacións máis prometedoras. Así, destacan tamén as conversas entre escritoras, como a que enfrontará Gonzalo Hermo e Berta Dávila. No marco do papel, Culturgal acollerá a estrea do número cero de Nós Diario o sábado 30 de novembro ás 13 horas coas intervencións de Xoán Costa, María Obelleiro e Guadi Galego. O espazo do cinema escolmará o mellor do audiovisual do ano, entre o que non pode faltar a proxección de O que arde. Nun adianto do que veremos «proximamente nos cinemas», Culturgal contará cun pase do Eroski Paraíso, de Chévere, previo á súa estrea en salas o vindeiro 13 de decembro. Haberá tamén un encontro arredor de María Solinha, novo filme de Ignacio Vilar, coa presenza das actrices Grial Montes, Laura Míguez e Mabel Rivera. Crianzas protagonistas O Culturgal segue a súa liña dunha programación para todos os públicos, con especial atención aos intereses das de menor idade. Neste senso, xa adiantaban o novo espectáculo de Talía Teatro, Lambetadas, no que María Ordóñez e Diego Rey empregan o clown e técnicas do teatro dos obxectos para a «concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva». Pola súa banda, Barafunda correrá ao cargo de varias actividades, entre as que se atopan Un mar de burbullas, espectáculo con pompas de xabón para xogar coas emocións. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 373 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] O Culturgal pode visitarse sexta feira 29 e sábado 30 de novembro de 11 a 21 horas e domingo 1 de decembro de 11 a 20 horas.
NOS_28712
Milleiros de persoas botáronse de novo á rúa para reclamar que continúe aberto o paridoiro do Hospital Comarcal de Verín, emulando un funeral pola desaparición desta unidade.
Cumprida unha semana da masiva manifestación en Verín pola supresión do paridoiro, continúa por sexto día o peche de profesionais e veciñanza no hospital. As mobilizacións transcorreron no sábado 7 de decembro dun xeito especial. De loito e portando un cadaleito, milleiros de persoas asistiron ao funeral polo "hospital" convocado ás 17 horas na praza maior de Verín. A manifestación foi anunciada a modo de necrolóxica, asinada "con premeditación, nocturnidade e perfidia". Desde o humor, a veciñanza quixo reivindicar o desmantelamento dos servizos públicos que están a sufrir, rezando pola súa alma e agardando "a súa pronta resurrección". Conscientes de que non é un feito illado, dedican as pregarias aos "irmáns Hospitais Comarcais, ausentes pola mesma enfermidade". As persoas manifestantes tamén se lembraron daquelas que están "ausentes por culpabilidade no acto da morte: Feixoo, Almuña, Rubial, Abad e os xefes dos Servizos de Obstetricia e Pediatría do CHUOU". Milleiros de persoas en Verín de loito polo peche do paridoiro. "Somos xente de pobo pero non somos parvos" #Verinnonsepecha pic.twitter.com/F99TUkxV7y— E (@Kamchatka_e) December 7, 2019 A protesta levou o ataúde até a estrada de Laza, nos lindes do propio complexo hospitalario, defendendo o dereito de acceso á sanidade no rural. Os manifestantes pediron repetidamente durante o enterro a dimisión do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, que o pasado 11 de maio de 2019 declaraba nun mitin electoral que non pecharían o complexo: "Estou farto de tantas mentiras. O hospital de Verín, mentres eu sexa presidente, será un gran hospital". Unha mobilización unitaria SOS Sanidade Pública anunciou este sábado 7 de decembro que vai celebrar un encontro a vindeira segunda feira día 9 en Verín para apoiar as mobilizacións e peches en contra da decisión de suprimir o paridoiro. Será ás 17.30 horas no auditorio da vila, aberto a toda a cidadanía. O obxectivo, afirman, é "mostrar a solidariedade coa área de Verín das numerosas organizacións que veñen loitando desde hai anos na defensa do sistema sanitario público galego". Tamén procuran "valorar o desmantelamento dos hospitais comarcais galegos tras a reforma da lei galega de sanidade, destinada a recentralizar o sistema". Neste censo, proporán unha mobilización "unitaria" contra la política "de privatización" da Xunta, que se anunciará noutra reunión o día 12 de decembro en Compostela, "onde se valorará tamén o resultado da negociación da reforma da Atención Primaria e a situación de Povisa". As declaracións da sociedade de pediatría "responsabilizan publicamente dos sucesos que poidan acaecer ás embarazadas e bebés", declara o Defensor do Paciente Sumando apoios O seu non é o único apoio que están a recibir profesionais e veciñanza. Para alén dos movementos feministas, o Defensor do Paciente manifestou hoxe a súa inquedanza a respecto das "perigosas" declaracións da Sociedade de Pediatría consonte á "inviabilidade" do paridoiro, pois "responsabilizan publicamente dos sucesos que poidan acaecer ás embarazadas e bebés, xa que parece obvio que se poñen do lado da administración esquecendo un perigo latente, na distancia dunha hora para parir". "Estas manifestacións non son propias dos que deben velar non polos recortes senón pola seguridade de nai e bebés", recalca o comunicado remitido aos medios.
NOS_18409
O concelleiro de Obras de Nigrán e 4 persoas vencelladas a 2 empresas entre as arrestadas. A 'Operación Patos', relacionada con concesións públicas de zonas verdes, continúa aberta. Entre as dependencias ás que accederon os axentes estaría, segundo EP, o despacho de Rafael Louzán na Deputación pontevedresa.
Unha operación dirixida polo Xulgado nº7 de Vigo en institucións públicas de diversos concellos galegos, e que continúa aberta, leva polo de agora 5 persoas detidas, unha delas concelleiro de Obras en Ponteareas. O operativo, denominado Patos, non ten vínculo coa Pokemon, se ben se está a desenvolver en relación a concesións públicas. Ademais do edil detido, J.A. Álvarez, tamén se arrestou a 4 persoas relacionadas coa empresa privada. Están acusados de presuntos delitos de prevaricación, suborno a funcionari@s, tráfico de influencias e falsidade documental. Os axentes están a requisar contratos de mantemento de zonas verdes, de saneamento ou mesmo de construción de campos de fútbol O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) informa de 17 rexistros realizados, tanto en moradas particulares como en locais vencellados á empresa Cespa SA, Eiriña S.L. e os seguintes organismos oficiais: delegación da Xunta en Vigo, Deputación Provincial de Pontevedra, concellos de Pontevedra, Vigo, Santiago, Ourense, Nigrán e Ponteareas,Consorcio do Casco Vello de Vigo e a Autoridade Portuaria de Vigo. Entre as dependencias ás que accederon os axentes da Policía Nacional estaría o despacho do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.
NOS_54360
A diagnose de situación do sector lácteo galego non podía ser máis evidente: grupos empresariais con sede fóra da Galiza lideran a facturación e non son quen de crear emprego estábel ao non apostar pola transformación no noso país. Cando se está a debater o emprego de fondos europeos para a recuperación pola crise da pandemia, a Xunta non ten na súa axenda apoiar un gran grupo lácteo propio.
O sector lácteo galego atópase desde hai anos nunha situación de forte debilidade estrutural en relación á súa industria. A súa importancia económica e social, fundamental para manter a poboación nun rural cada vez máis baleiro, non se traduce nunha rede empresarial propia senón todo o contrario: máis de 50% dos ingresos desta industria no noso país concéntranse en empresas con sede social no estranxeiro. Os datos achegados na Estratexia de dinamización do sector lácteo galego 2020-2025 presentada pola Consellaría de Medio Rural constatan esa dependencia. Nese documento, con datos de facturación e emprego de 2018, o Grupo francés Lactalis e a portuguesa Lactogal suman entre ambas uns ingresos, a partir das súas instalacións en Vilalba e Pontedeume respectivamente, de 970,9 millóns de euros, cando o total dos ingresos do sector sería de 1.830,3 millóns de euros. As empresas galegas mellor posicionadas por ingresos serían as Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) con 253,6 millóns e Leite Río con 133,6 millóns de euros. Segundo o informe ambas serían as únicas en aparecer entre as maiores industrias do Estado español, a primeira no posto 17 e a segunda no 16. En terceiro lugar estaría Aira, O grupo de coooperativas iniciado en 2018 coa fusión de Agris, ICOS, Cogasar, Coelplan e AIRA, con 126 millóns de ingresos. Diferenzas entre facturación e emprego Os ingresos e o emprego están fortemente concentrados na grande e mediana empresa: no segmento lácteo achegaron en 2017 un 96,5% da facturación e o 88,6% do emprego. Nas queixarías, as micro empresas só achegan o 15% da facturación e o 22% do emprego. Máis acusada é a concentración de ganancias: en ambos os segmentos, un 10% de empresas suman case todos os beneficios. As diferenzas na creación de emprego tamén son importantes, sendo menor nas que máis ingresos teñen, Lactalis e Lactogal, que contan con 731 traballadoras e traballadores cando entre as empresas galegas CLUN, Leite Rio e Aira sumarían 781. Falta de transformación dos lácteos galegos A finais de 2019 había 7.142 explotacións leiteiras na Galiza, segundo os datos do Fondo Estatal de Garantía Agraria (FEGA). Entre elas produciron 2,8 millóns de toneladas de leite ese ano, o que representa 38,6% de todo o leite producido no Estado español. Aínda así, só transforma 51,7% do leite recollido, 1,4 millóns de toneladas. A potencialidade no eido produtivo non vai parella ao seu desenvolvemento económico e social. No estudo sinálase que entre os problemas máis importantes do sector salienta principalmente a debilidade do tecido industrial, "especializado en derivados simples de escaso valor engadido, orientados ao mercado estatal e a incapacidade de transformar na Galiza todo o leite que se produce". Esta sería unha das razóns, segundo o informe, que "explicaría en boa parte os baixos prezos que reciben os gandeiros galegos polo leite". Potenciar a entrada de grupos estranxeiros Diante desta situación o informe, avalado por Medio Rural, non indica como unha actuación prioritaria o apoio ao desenvolvemento dun gran grupo lácteo galego, unha das demandas das principais organizacións agrarias do noso país. De cara ao período que abrangue até 2025, e no apartado para a industrialización do leite, sinala como negativo e, polo tanto, subsanábel, "a escasa ou nula presenza dalgúns dos principais grupos empresariais da industria láctea española ou de multinacionais con presenza no Estado español, como Danone, Grupo Pascual, Grupo García Baquero, Reny Picot (ILAS), Schreiber ou Iparlat".
PRAZA_12503
Hai moito porno en Internet, pero non hai tanto sexo escrito, e escrito ademais con estilo e coidado, e aínda menos en galego. Falamos con Nela Bernal, autora do blog A fervenza do Sur.
Hai moito porno en Internet, pero non hai tanto sexo escrito, e escrito ademais con estilo e coidado, e aínda menos en galego. Falamos con Nela Bernal, autora do blog A fervenza do Sur. Naceu hai uns meses, como consecuencia do peche de Galicia Hoxe, onde a propia Nela publicaba un blog de sexo. E o proxecto foi crecendo, paseniño, até que hai unas semanas, o Compostweets deulle unha celebridade que ela non agardaba. Por que decidiches abrir o blog? A Fervenza do Sur naceu coa triste morte do Galicia Hoxe. Nunha primeira etapa, desde xuño do 2010 ata o verán de 2011, encaixouse na sección de blogues do GH baixo o nome de O punto GH. Coa desaparición en papel do xornal e a consecuente ruptura da miña relación laboral con dito medio, iniciouse un novo camiño para este meu espazo, rebautizado como A Fervenza do Sur e que resposta a unha clara intención por normalizar o sexo en todas as súas vertentes, lexítimo e legal por suposto, e libre de etiquetas, xéneros e tabúes. Porque hai tantas formas de entender o sexo como persoas no mundo, por presencia, exceso, ausencia, carencia ou rexeitamento o sexo vai con nós durante toda a nosa vida. Non me cansarei de repetilo. É un aspecto tan vital como o comer ou o durmir, un ámbito que preocupa e toca moi de preto, pero que ao mesmo tempo se mantén moitas veces agochado. Non se trata de ir ao exhibicionismo, pero si cara á normalización. E sempre desde o respeto. "Internet ofrece sexo ao alcance dun simple clic, sen verse na necesidade, como xa apuntei nalgunha ocasión, de acceder ás agochadas ao último, e escuro, recuncho do videoclub. E paréceme boa cousa" En Internet hai moito porno pero pouco erotismo? É certo. O porno é a visualización máis explícita do sexo. E paréceme bo que o haxa. Coa aparición de internet contamos cun interminable escaparate de contidos X á carta, con auténticos macrobuscadores como porn.md nos que atopar cáseque calqueira cousa que te poidas imaxinar respecto do sexo. Escribes cunnilingus, orgy ou cum e inmediatamente tes un amplo menú de videos de balde. Sexo ao alcance dun simple clic, sen verse na necesidade, como xa apuntei nalgunha ocasión, de acceder ás agochadas ao último, e escuro, recuncho do videoclub. E paréceme boa cousa. Ao mesmo tempo, e como ben apuntas, o erotismo é xa un capítulo máis minoritario pero que considero que esperta tamén un crecente interese. Por razóns como a simple búsqueda de praceres sutís ou precisamente porque nos podemos atopar colapsados pola ampla oferta de videos X, que deixa ao porno en situación de risco: a de perder a capacidade de sorpresa, a emoción do inaccesible. Atopo que os lectores fervenceiros agradecen que o blogue aborde con ese toque sutil ou menos explícito as sexperiencias narradas. E é de agradecer, por suposto. Onde está a fronteira? Cando o morbo ou a insinuación se converte en porno ou se fai sexo explícito? Unha pregunta complicada polos matices que agocha. En termos xerais, poderíase pensar nunha clasificación atendendo a ese carácter explícito que comentas acertadamente. Isto é, por resumir, que se hai carne, se se ven pollas, conas ou penetracións en primeiro plano falamos de porno. Unha visualización menos explícita, sen ir ao detalle, quedaría en erotismo. Pero, como todo na vida, é moi relativo. E vai moi acorde á evolución social, coas súas variantes de aceptación e censura. Houbo momentos na historia nas que o simple feito de asomar un nocello chegaría ao nivel de porno. Un exemplo quizais esaxerado, pero bastante exemplificador de como son as propias conciencias sociais as que impoñen a etiqueta de porno-non porno. A liña é moi moi delicada. Tanto que penso que a clave xa non estaría hoxe no explícito das imaxes dun filme, por exemplo, senón na porcentaxe desas imaxes sobre o total da gravación. Un polvo explícito nunha película non a converte en porno. Unha película a base de polvos explícitos si o é. Pero repito que con moitísimos matices e non menos excepcións. "O propio Totó García se confesa sorprendido das fortunas que amasa o mundo do porno en tempos de crise" Dis que todo o mundo pensa no sexo, tamén para rexeitalo. É o que move o mundo? Tanto como mover o mundo... quizais sexa unha afirmación un tanto atrevida ou ambiciosa de máis. O que si move son moitos cartos, e o propio Totó García se confesa sorprendido das fortunas que amasa o mundo do porno en tempos de crise, con cifras que mesmo superan ás rexistradas con carácter previo á actual e difícil coxuntura económica. Mover o mundo? Non sei. Ás persoas de xeito individual desde logo que si. Como dicía antes, o sexo é un aspecto esencial nas nosas vidas, tanto que a súa carencia ou ausencia crea verdadeiras dificultades para desenvolver as nosas personalidades ou levar unha vida normalizada. Quen voluntariamente decide deixar de lado a súa sexualidade, a súa vida carnal, tamén ten unha relación co sexo, tamén lle deu unha importancia no sentido de que tomou unha decisión trascendental con respecto a el. En todo caso, o instinto está aí, por moito que o agochemos ou que o manipulemos, e a súa xestión nun ou noutro camiño (o do rexeitamento ou o do exceso, por polarizar) causa efectos redicais nas persoas, nos individuos, en cada un de nós. "Dervirtualizarme ante algúns lectores reais e outros moitos potenciais era un risco, porque nada teño que ver coa muller espida e subida ao balcón da Fervenza" Como foi o recibimento no Compostweets? Moitas miradas indiscretas? Foi inmellorable. Pranteime aló arriba, na mesa, cun sexo modesto no peto, os nervios atacándome o corpo enteiro, as miñas mellores intencións e un obxectivo claro: ser sincera tanto nas miñas intencións como no que é a realidade práctica do blogue. Fun aló co sentimento de quen se vai presentar a un tribunal para ser xulgado. Coma nun exame. Dervirtualizarme ante algúns lectores reais e outros moitos potenciais era un risco, porque nada teño que ver coa muller espida e subida ao balcón da Fervenza. Ía frustrar moitas expectativas. Pero aledoume comprobar que a audiencia se amosa máis interesada no contido do blogue, no que poida eu ofrecer sen xulgar e o meu aspecto físico. Foi un alivio. E unha ledicia ver as cariñas sorrintes dos oíntes durante a presentación. Sentinme moi cómoda e moi ben acollida. Débolle ao Compostweets que a Fervenza sexa hoxe máis coñecida, hai un antes e un despois do blogue. De feito aquí estou, sendo entrevistada por Praza Pública. Que privilexio! Algunha anécdota agradable (ou todo o contrario) como autora da Fervenza do Sur? Algunha cousiña desagradable solventada rapidamente e que nin sequera merece ser mentada. Estou encantada coas boas cousas que me está aportando. Os seguidores son o verdadeiro motor fervenceiro. Recibo saúdos matinais, pequenos agasallos en forma de mensaxes de ánimo, algún que outro video, ideas inspiradoras, colaboracións, mostras de interese... Cando unha ofrece un proxectiño modesto como este e recibe a cambio tanto apoio e agarimo non pode facer outra cousa que agradecelo. Toda interacción a través do blogue ou as redes sociais é un verdadeiro pracer. "Hai un factor xeográfico e social que pode limitar as opcións ou a apertura de mente fronte ao sexo" Como é a relación dos galegos e galegas co sexo? Algún factor diferencial? Hai tantas formas de vivir o sexo como persoas no mundo, cada un ten a súa propia relación, sexan galegos ou da China. Non creo, de entrada, que o feito de ser galego sexa en si mesmo un condicionante á hora de experimentar ou desenvolver a propia sexualidade. Con todo, si hai un factor xeográfico e social que pode limitar as opcións ou a apertura de mente fronte ao sexo. E a ver se me explico ben. Galicia é un país moi rural, e matizo que isto é algo que me namora, e como tal é complicado que estea ao nivel de grandes –e uso grandes en termos de tamaño, non de valoración- urbes como Barcelona á hora de referírmonos a actitudes abertas cara ao sexo. Non falo de censura senón de ambientes nos que a oferta ou o debate sexual, por exemplo, nin ten espazo nin interesa. "Galicia ofrece moitos e moi pracenteiros orgasmos de enxebrismo. Un bo cocido un domingo de inverno, unhas filloas á pedra, un licor café pre ou poscoital, unha boa paisaxe verde e húmida..." Que diferenza hai ao escribir sobre sexo en galego? Considero o galego unha lingua moi rica en sexualidade, é moi sinxelo facer que unha idea teña matices sexuais cando se expón en galego. É doce, intensa e moi sonora, e ten palabras fermosísimas e sexualmente moi gráficas. Fervenza, sen ir máis lonxe. Ademais, a terriña ofrece moitos e moi pracenteiros orgasmos de enxebrismo. Un bo cocido un domingo de inverno, unhas filloas á pedra, un licor café pre ou poscoital, unha boa paisaxe verde e húmida... A lista é interminable. Entrevistaches a Totó García dándolles a posibilidade aos teus lectores de preguntar directamente. Próximos/as entrevistados/as? Non me gustaría dar nomes porque todo estará por confirmar. Pero gustaríame tocar moitos paos na temática sexual. Quizais a visión feminina –e galega- do mundo porno, algo relacionado coas relacións sexuais con impedimentos ou tocar o ámbito sanitario. E non digo máis, que logo todo se sabe :)
PRAZA_16567
Xunta, RAG, Consello da Cultura e CRTVG presentaron as numerosas actividades para a celebración decidada a autora.
Exposicións, xornadas académicas, edicións especiais, espazos televisivos, actividades e recursos lúdicos e mesmo eventos deportivos forman parte da extensa programación para a celebración do Día das Letras Galegas dedicado a María Victoria Moreno. A Real Academia Galega (RAG), a Xunta, o Consello da Cultura Galega e a CRTVG presentaron esta mañá as iniciativas que desenvolverán e que veñen especificadas neste dossier. Xunta, RAG, Consello da Cultura e CRTVG presentaron a extensa programación para a celebración das Letras Galegas dedicadas a María Victoria Moreno O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; e a directora adxunta da CRTVG, Rosa Vilas, presentaron as iniciativas nun acto no que tamén participou o viúvo da escritora. Pedro Ferriol agradeceu á RAG a decisión de dedicarlle o Día das Letras Galegas á súa dona e a implicación doutras moitas institucións, asociacións e escolas na celebración desta festa. "O agradecemento é sincero, porque pensamos que de verdade merece esta homenaxe, xa que nestes anos houbo un certo silencio [arredor da súa figura]", dixo. "Pensamos que de verdade merece esta homenaxe, xa que nestes anos houbo un certo silencio [arredor da súa figura]", di o viúvo da autora "Unha muller adiantada ao seu tempo, sempre comprometida coas causas xustas e identificada coas clases máis desfavorecidas, ademais dunha pioneira da literatura infantil e xuvenil en Galicia", definiuna o home, que lembrou a súa defensa da lingua galega xa durante a ditadura. "Algúns dos seus libros foron censurados. Abriu cuns amigos unha libraría na que se vendían e lían obras prohibidas polo réxime e no seu labor a prol da lingua impartiu moitos cursos clandestinamente. Foi, en resumo, unha defensora da lingua galega e por iso acabaron por retirarlle o pasaporte e facer rexistros na súa casa e na libraría", contou. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, salientou tamén a importancia da obra de María Victoria Moreno, dirixida sobre todo a "un público especialmente relevante e novidoso dentro da realidade galega dos últimos trinta anos", o infantil e xuvenil. E valorou "a memoria histórica que se pode recuperar" a través da figura homenaxeada. Freixanes mostrouse convencido de que a escolla de María Victoria Moreno como protagonista do vindeiro 17 de maio amosará unha vez máis o dinamismo social que se mobiliza arredor desta data capaz de "integrar e converter a lingua nunha festa e, ao mesmo tempo, nunha reivindicación". A RAG levará o acto central das Letras Galegas ao Teatro Principal de Pontevedra, o primeiro destino de María Victoria Moreno Así, a RAG levará o acto central do Día das Letras Galegas ao Teatro Principal de Pontevedra, o primeiro destino de María Victoria Moreno cando chegou como docente a Galicia en 1963 e a cidade na que estableceu a súa residencia. A autora será tamén a protagonista do proxecto Primavera das Letras, o espazo web da Academia que fornece as familias e o profesorado de recursos lúdicos e didácticos pesados para os nenos e nenas de infantil e primaria. Desde o Portal das Palabras da institución e a Fundación Barrié tamén será recordada con contidos especiais. Ademais, a vida e a obra da escritora e docente tamén serán o eixo da exposición itinerante comisariada polo ilustrador e humorista gráfico David Pintor, María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes. A mostra da Xunta percorrerá once localidades a partir da última semana de abril. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega publicará unha edición especial de Mar adiante e celebrará o 16 de maio en Pontevedra o Concerto das Letras, coa estrea dunha composición de Miguel Matamoros sobre un texto da homenaxeada. Desde a CRTVG estase traballando, entre outros contidos, nun especial biográfico da escritora para a televisión e a Radio Galega traballa nunha programación especial que abranguerá todo o 17 de maio.
NOS_43391
A quinta edición do Concurso de Micro-relatos de OZOCOgz xa ten gañadoras.
Unha vez lida a totalidade dos micro-relatos, o xurado emitiu o seu veredicto. E a gañadora do primeiro premio é Susana Villamor Prieto grazas ao relato "Un superheroe", presentado co pseudónimo Argalladas. O premio é unha camisola da marca OZOCOgz e unha estancia para dúas persoas unha noite na Aldea Rural Pazos de Arenteiro (Boborás). Como finalista ficou Cruz Martínez co texto "Um topo, um evadido", baixo o pseudónimo Dorinda Blake, que se fará cunha camisola e un lote de libros. As bases deste particular premio establecen un máximo de 140 palabras por relato, que debe estar escrito en lingua alega e tratar o tema da memoria histórica. Nesta quinta edición, formaron parte do xurado as escritoras Iolanda Zúñiga e María Solar, os escritores Alfonso Láuara e Francisco Castro, ademais da gañadora da pasada edición do concurso, Susana Gnález Lago, ademais de varios representantes de librarías de todo o país.
PRAZA_3782
O líder do PSdeG cre que o Executivo central "practica un exercicio de responsabilidade" fronte a formacións que buscan o seu derrubamento.
"O Goberno central practica un exercicio de responsabilidade nun momento no que o sistema sanitario está ao límite e xa saturado en comunidades"O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou este mércores o apoio do seu partido ao Goberno de Pedro Sánchez pola decisión de paralizar toda a actividade empresarial non esencial para frear a expansión do coronavirus. Ademais, censurou que forzas políticas "irresponsables" opten polo "acoso e derruba" contra o Executivo central."Non hai economía sen saúde, a saúde é o prioritario e o Goberno practica un exercicio de responsabilidade nun momento no que o sistema sanitario está ao límite e xa saturado en comunidades", dixo quen considera "necesaria" a medida.Ademais, Caballero amosou a súa "lealdade" tamén coa Xunta coas medidas contra a Covid-19, o que contrapuxo a quen pretende "derrubar o Goberno de España, en lugar de entender que o país vive unha situación de crise sanitaria histórica". "Quen así actúa non está á altura das súas responsabilidades políticas", insistiu. Preguntado pola posibilidade do traslado de pacientes dunhas comunidades autónomas a outras, Caballero aclarou que, de haber sistemas sanitarios colapsados, será preciso tomar "decisións" que dependerá do Goberno central que, como lembrou, xa dixo "con claridade" que analiza todas as opcións.
PRAZA_8576
A débeda dos municipios galegos aumentou case un 20% en apenas un ano. Todas as cidades incrementan a súa débeda agás Pontevedra, Lugo e Ourense, mentres 58 concellos non deben nada
A reforma das Administracións locais que prepara o Goberno central promete revolucionar os concellos. Sobre o dogma da austeridade e o equilibrio orzamentario os gobernos dos municipios ven con temor como a lupa do déficit se pousa sobre o funcionamento diario do ente público máis próximo á cidadanía. O gabinete de Rajoy prevé unha férrea disciplina orzamentaria e, en boa medida, baleirar de contido os concellos de menores dimensións. Neste contexto, unha ollada ás contas municipais permite realizar unha radiografía da cuestión, así como do comportamento dos diferentes concellos en plena crise económica. Un bo indicador para este exercicio son as cifras de débeda pública de cada Administración local que cada ano publica o Ministerio de Facenda. Segundo os datos desta estatística os concellos galegos incrementaron o seu endebedamento nun 19,8% entre 2011 e 2012 e os que máis débeda acumulan son A Coruña e Santiago. Aínda que o Goberno central carga boa parte do peso da súa reforma nos pequenos municipios son as grandes cidades, como era de agardar, as que acumulan o groso da débeda. Dos 773,5 millóns de euros que resultan de sumar a débeda de todos os municipios do país máis do 46% corresponde ás sete cidades xunto con Vilagarcía de Arousa. Así e todo, o comportamento financeiro das grandes urbes non foi o mesmo en todos os casos. Así, unha ollada cara a atrás permite coñecer que no último ano A Coruña e Santiago non só se mantiveron á cabeza do endebedamento, senón que ademais o incrementaron. No caso coruñés, a suba foi do 9,3% ata chegar a 79,5 millóns e en Compostela a débeda é de 63,8 millóns, un 9,5% máis que ao remate do ano anterior. Tamén Ferrol rematou 2012 con máis débeda que en 2011 -un 7,8% máis, ata os 32,5 millóns- e a Vigo aconteceulle o mesmo, con 55,7 millóns de euros que supoñen un 21,15% máis, o maior incremento da Galicia urbana. Pontevedra, Lugo e Ourense reducirón a súa débeda durante 2012 Fronte ao medre das débedas coruñesa, compostelá, viguesa e ferrolá atópanse as restantes tres grandes cidades, que minguaron a súa débeda viva entre 2011 e 2012. Dos tres gobernos municipais que reducen débeda o que o fixo nunha porcentaxe menor foi Ourense, que pasou de 48 millóns a 47,8 -unha redución do 0,5%-. A seguinte cidade que máis reduciu o seu endebedamento foi Lugo, que finalizou o pasado ano con 39,6 millóns de euros, case un 6% menos que no ano anterior. O maior recorte de endebedamento atópase, segundo os datos de Facenda, no Concello de Pontevedra, que coa súa redución do 14% queda con 20,5 millóns de débeda, a menor cifra das sete cidades que a deixa tamén por baixo de Vilagarcía, cuxo goberno local acumula 21,2 millóns de débeda. Á marxe da Galicia urbana hai ata cinco vilas medias que superan os 10 millóns de euros de débeda segundo a mesma base de datos oficiais. Neste caso están Viveiro (14,7 millóns), Sanxenxo (13,9), Cangas do Morrazo (13,4), Narón (11,9) e Mos (11,4). Na banda media, entre os 5 e os 10 millóns, están municipios como Culleredo (9,3), Poio (8,8), Ribeira (6,8) ou Ames (5,4). A continuación, por riba do millón de euros atópanse as contas municipais de concellos como Allariz (4,7 millóns), Vilalba (4,3), Lalín (4), Teo (3,08), Monforte (2,6) ou O Barco de Valdeorras (1,8). Por baixo deste nivel están concellos na súa maioría de pequenas dimensións e que van dende casos como os 993.000 euros de Vedra ou os 793 da Mezquita ata os 13 millóns de Chandrexa de Queixa e os 7 de Pazos de Borbén. Cincuenta e oito concellos galegos non teñen débeda pública Neste contexto de estreiteces económicas hai case unha sesentena de concelllos que afrontan a treboada financeira e a devandita reforma local sen térense que preocupar polo endebedamento, cando menos de momento. Son, concretamente, 58 concellos que segundo o Ministerio teñen cero euros de débeda pública. Nesta situación atópanse Abegondo, Aranga, Arteixo, Boimorto, A Capela, Cerdido, Cesuras, Coirós, Dumbría, Irixoa, Mañón, Muxía, O Pino, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, Touro, Trazo, Vilarmaior, Zas, Becerreá, Cervantes, O Corgo, Xove, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela, Barbadás, Beade, Carballeda de Valdeorras, Cenlle, Coles, Leiro, Manzaneda, Melón, A Merca, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Punxín, San Cibrao das Viñas, A Teixeira, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilar de Barrio, Vilardevós, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, Mondariz-Balneario, As Neves, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro e Valga.
NOS_43007
As políticas de apertura da música clásica levan a eventos tan sorprendentes como un concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo boirense Diego García, con Julián Hernández, de Siniestro Total, como cantante solista.
Este é o segundo concerto da tempada de música clásica de Afundación. O recital, composto por obras de Musgrave, Antheil e Gruber, terá lugar o xoves 22 de outubro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). Julián Hernández é cantante, guitarrista e compositor de Siniestro Total, pero é máis descoñecida a súa versión clásica: gañou numerosos concursos internacionais de piano, entre eles, o Queen Elisabeth Competition de Bruxelas en 2007. Outro dos protagonistas da noite será Diego García, nado en Escarabote, e un dos directores de orquestra mozos de Europa con máis proxección. Estudou dirección orquestral, piano e canto na cidade alemá de Dresde e recibiu o premio da Fundación Herbert von Karajan (Berlín). Desde o 2013, a Real Filharmonía de Galicia conta con el como principal director convidado, e ademais é o director titular da Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo. Está moi solicitado como director invitado en toda Europa e América.
NOS_425
O libro editado por Sermos Galiza e escrito por Ramón Ermida será presentado na Feira do Libro de Foz esta sexta feira.
Esta sexta feira (19 de agosto) presentarase en Foz o libro 'Mortos por amor á terra' editado por Sermos Galiza con motivo do 80 aniversario do golpe de estado de 1936. Será en Foz ás 21 horas na Praza Conde de Fontao, no Porto, e contará coas intervencións de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza; Ramón Ermida, autor da obra, e Xosé Ramón Pacios, presidente da histórica asociación cultural mariñá Pomba do Arco. O acto, enmarcado na Feira do Libro, afondará no coñecemento da represión do nacionalismo na comarca da Mariña mais tamén no papel que este xogou na provincia de Lugo, considerada por históricos dirixentes como "o Ulster galego", lembra Ermida en conversa con Sermos Galiza. "Era a provincia máis adversa, onde era máis difícil a penetración do nacionalismo", unha tendencia que, no entanto, comeza a reverterse a partir de 1935. A provincia de Lugo foi considerado por dirixentes como Castelao como o Ulster galego polas dificultades que tivo o nacionalismo para se introducir na sociedade luguesa Após o golpe de estado fascista de 1936 a vaga represora focaríase naqueles espazos onde se organizou unha maior resistencia rexistrándose fusilamentos e paseos no Ourol, Viviro, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova e Ribadeo. Na presentación, Ermida debullará polo miúdo os protagonistas da nosa historia como Xavier Soto, escritor, amigo íntimo de Manuel Antonio e concelleiro fusilado. Tamén, Balbino Cerveira, fusilado en 1937 após ter sido alcalde de Viveiro. Pedro Penabad Rei, natural de Muras, aforcado en Sevilla en xuño de 1937 ou Modesto Vilar Ínsua, presidente da primeira agrupación guerrilleira galega, tamén asasinado, entre outros. Porén, tamén se repasará a traxectoria de mulleres como Cristina Pol Díaz, militante do Partido Galeguista e unha das grandes renovadoras pedagóxicas galegas, secretaria do Seminario de Estudos Galegos, desterrada en Ávila. Unha oportunidade para coñecer polo miúdo a historia do noso país e do nacionalismo galego que terá lugar tamén, entre os meses de agosto e setembro, noutros puntos do país como A Coruña, Lalín, Bueu, Compostela e Ourense, logo da presentación de Ferrol, o pasado día 16 e tamén no Festigal o 25 de xullo.
NOS_22735
Estudante de Tradución na Universidade de Vigo, Sabela Bará é un dos novos nomes da permanente que foi elixida na asemblea de Galiza Nova realizada o pasado domingo. O nacionalismo é, ao seu ver, o proxecto que beneficia ao país e a súa mocidade.
-Como sae Galiza Nova do proceso asembleario que rematou este domingo? Reforzada, sen dúbida. En toda a asemblea vivimos un proceso participativo e con moitas intervencións de crítica construtiva. O peche este domingo foi na mesma tónica e desa xuntanza saímos con moito ánimo para continuar a traballar no desenvolvemento da organización e o nacionalismo. -A mensaxe máis repetida é a de sumar forzas da mocidade mais o vento semella non zoar a favor... Por parte das forzas sistémicas hai unha vontade e intención de anular o nacionalismo e afastalo da mocidade mais para nós é imprescindíbel que os mozos e mozas recoñezan nos obxectivos de Galiza Nova a mellor maneira para cambiar a sociedade. Nós somos eles e elas, é dicir, os nosos problemas, as situacións que vivimos son as dos mozos e mozas deste país e por iso a proximidade, a afinidade ten que ser máxima. Para Galiza Nova é a maneira de contaxiar ilusión para defender un proxecto que é bo para o país e tamén para a súa mocidade. -O desemprego é un dos problemas fundamentais da mocidade. É prioridade para Galiza Nova? O desemprego e a emigración como consecuencia foron temas de debate nesta asemblea. Unha boa parte da mocidade está marchando do país por falta de saídas laborais e para nós é fundamental que podamos ter traballo na nosa terra, que haxa esperanzas para as mozas e mozos galegos no seu país. A defensa do noso país, da nosa lingua e a nosa cultura conduce tamén cara á ese obxectivo. En Galiza Nova vivimos esa situación no día a día e confiamos na forza do nacionalismo para desenvolver as nosas potencialidades para un futuro mellor, con postos de traballo na nosa terra. -Decidiron tamén intensificar o traballo nas comarcas. Está na liña do que se leva facendo nos dous últimos anos. O traballo directo, coa mocidade de cada comarca, é fundamental para ampliar a organización. Incrementar o traballo no día a día, estar á beira dos problemas que ten a mocidade galega -que tamén son os nosos- e buscar camiños para a súa solución é a maneira de afianzar Galiza Nova nun momento de descrédito da política e vontade de anulación do discurso comprometido co país. -Vostede é un dos novos nomes da permanente de Galiza Nova. Que supón esa responsabilidade? Pois seguir adiante no proxecto no que levo militando dous anos. Decidín entrar en Galiza Nova porque estou certa de que podemos optar a un futuro mellor e, por iso mesmo, asumo agora unha maior responsabilidade formando parte da permanente. Con gran ilusión e ganas de traballar para sumar novas forzas ao nacionalismo.
NOS_17684
Varios informes de Augas da Galiza feitos públicos esta semana pola rede entran en contradicións polos emitidos por técnicos da Dirección Xeral de Minas e entregados á ONU ou a Comisión Europea. ContraminAcción acusa ao Goberno galego de tratar de desacreditar as alegacións de entidades ecoloxistas.
A Rede Contra a Minaría Destrutiva da Galiza, ContraminAcción, denunciou onte que a Dirección Xeral de Minas da Xunta da Galiza "mentiu" nos informes achegados desde 2017 a Organización Mundial das Nacións Unidas, a ONU, e a Comisión Europea sobre a mina de San Finx, no municipio de Lousame. Nos documentos negábase a contaminación por metais pesados procedentes da explotación ou o uso mineiro de dúas presas abandonadas, que segundo os técnicos da Administración eran presas hidroeléctricas. Un informe de Augas da Galiza feito público polo colectivo vén de avalar as súas acusacións. Contaminación Os colectivos ecoloxistas aseguran que a Fiscalía de Medio Ambiente ten coñecemento da contaminación por metais pesados en San Finx desde a década dos 90. Augas de Galiza solicitou asistencia técnica á Universidade da Coruña para avaliar a calidade das augas da contorna de San Finx, entregando como base un informe dirixido polo profesor emérito da USC, Felipe Macías. En 2019, avaliación do grupo de investigación Aquaterra puxo en evidencia a contaminación por metais pesados consecuencia da actividade mineira e valorou como insuficiente e inconsistente a metodoloxía empregada por Macías. O propio organismo da Xunta constatou en 2017 a contaminación causada en Noia pola mina de San Finx. En xaneiro realizou medicións pola área, tras as cales determinou que se superaban os niveis legais de metais pesados até a 1.500 metros da explotación. Presas con residuos Un informe emitido por Augas da Galiza en febreiro de 2019, feito público pola propia rede esta semana, evidencia que as presas abandonadas forman parte da mina de San Finx e solicita a súa demolición e a restauración ambiental da zona na que se atopan. Colectivos ecoloxistas e veciñas viñan denunciando o seu abandono. Porén, cando en 2009 se inicia o proxecto de reactivación da mina de Lousame as citadas presas ficaron fóra dos plans de restauración e explotación. En 2016 o director de Augas de Galiza solicitou á concesionaria Tungsten San Finx S.L. o inicio das obras de conservación da presa de maior envergadura. A compañía negouse, obxectando que se situaba fóra dos terreos da mina. Dado que as alegacións presentadas por diversos colectivos ambientais arredor das irregularidades do proxecto facían referencia ás presas, Augas da Galiza resolveu investigar a súa orixe e usos analizando a súa propia documentación histórica. Paralelamente, os colectivos cursaron unha petición perante o Comité da Convención de Aarhus, de acceso á información, participación pública na toma de decisións e acceso a xustiza en temas ambientais, e outra ante a Comisión Europea. No curso das investigacións a Administración galega aportou distintos informes. Os remitidos por técnicos da Dirección Xeral de Minas en xaneiro de 2019 negaron que as presas estivesen ligadas á explotación e negaron a contaminación na área. ContraminAcción asegurou onte nun comunicado que a documentación emitida pola Administración galega tiña como obxectivo "desacreditar as denuncias das asociacións ecoloxistas"
PRAZA_13525
A organización celebrará un Plenario o día 8 de xullo, uns días antes da AN, que terá lugar o 14. Salienta que "a idea da soberanía comeza a situarse no debate político"
A organización realizou este martes un chamamento a participar na Asemblea Nacional constituínte, que terá lugar o vindeiro 14 de xullo. Previamente, Causa Galiza celebrará un Plenario, o día 8. Neste senso, Aurélio Lopes afirmou que "desde o minuto cero, Causa Galiza estivo presente e alimentando este proceso. Fixémolo porque considerábamos positva a creación dunha frente plural, situada no nacionalismo e na esquerda". E engadiu que "o elemento fulcral para nós era posicionarse ante o fin de ciclo histórico, situando o novo movemento político en posicións superadoras da vella estratexia autonomista, que nós sempre denunciamos". Causa Galiza salienta que "a idea da soberanía nacional de Galiza comeza a situarse no debate político", tanto nestas asembleas coma nalgún dos partidos que compoñen o BNG Causa Galiza salienta que "a idea da soberanía nacional de Galiza comeza a situarse no debate político", tanto nestas asembleas coma nalgún dos partidos que compoñen o BNG. Para Aurélio Lópes "era fundamental que o movemento político se situase tanto ideoloxicamente como organizativamente por un proxecto superador da estratexia e do modelo organizativo do BNG" e engadiu que "cremos que os documentos que van a debate nas comarcas son claramente superadores da vella estratexia autonomista. Formulan sen nengún tipo de ambigüedade como obxectivo político a independencia deste País e a necesidade de exercer a autodeterminación". De igual xeito, José Antom Maceiras valorou "positivamente" que a "UPG deu un aparente xiro soberanista" e considerou que "foi debido en grande parte ao traballo realizado polo movemento soberanista e independentista que condicionou a grande parte do nacionalismo". Con todo considerou que non fica clara "se esa soberanía significa nengunha dependencia con España". Lopes afirma que "o Estado é consciente do proceso de acumulación de forzas en favor da soberanía que se está a dar en Euskal Herria e Catalunya. Temos que facer os deberes en Galiza para conectar con ese tren" En relación co contexto estatal, Lopes afirma que "o Estado é perfectamente consciente do proceso de acumulación de forzas en favor da soberanía que se está a dar en Euskal Herria e Catalunya. Temos que facer os deberes en Galiza para conectar con ese tren soberanista. A Asemblea Nacionalista do 14 de Xullo é unha boa oportunidade".
NOS_7162
CxG aínda non decidiu con quen irá ás eleccións do vindeiro mes de maio, se ben afirma teren explorado diversas vías. A respeito da política galega lamenta "a imaxe" que se está a dar do Parlamento após o conflito xurdido tras a marcha de Calviño a Dinamarca. "As relacións entre Anova e Esquerda Unida", di, "coido que pasan por un momento delicado".
O líder de Compromiso por Galicia recoñece que a súa formación aínda non decidiu con quen concorrerá ás eleccións ao Parlamento europeo. Após explorar diversas vías, asegura, "mais sen negociar con ninguén", será a súa militancia a través dunha convención a que determine "os criterios programáticos e a "política de alianzas". O secretario xeral de CxG critica que as demais forzas políticas nacionalistas "non fixeran un movemento" por se aproximaren á proposta lanzada pola organización galeguista en relación cunha "candidatura de país" ás europeas. Mais declina posicionarse en relación ás dúas grandes candidaturas que se están a artellar. Bascuas non aclara se optarán finalmente polo bloque soberanista en que se integrará o BNG nen se participará da 'fronte ampla non excluínte' deseñada por Izquierda Unida e Anova. Podes ler a entrevista completa no número 74 de Sermos Galiza. Xa á venda nos quiosques do país e na nosa loxa.
PRAZA_13577
Un empresario de Allariz converte o baixa da súa casa nunha pequena fábrica na que produce unhas 4.000 botellas mensuais
Unha cervexa galega, feita en Galicia e etiquetada en galego. O pasado venres presentouse publicamente na praza de Abastos de Allariz este produto elaborado na Portela de Airavella, no concello ourensán. É unha cervexa de produción artesanal e que leva por nome Dama Alaricana, na honra do lugar de onde procede, xa que aínda que importa cebada de malta de Alemaña e lúpulo dos Estados Unidos, Alemaña e Inglaterra, emprega a auga que chega dos montes da Portela de Airavella. Darío Conde é o empresario que se lanzou a unha aventura coa que pretende ofrecer "un produto natural e de calidade" empregando o líquido que xa se emprega para a fabricación do coiro, cando esa pequena zona de Allariz se dedicaba á fabricación dos curtidos. Importa cebada de malta e lúpulo pero emprega a agua que chega dos montes da Portela de Airavella Dama Alaricana é unha cervexa de alta fermentación, que polo momento, venderase en Allariz e en Ourense capital, aínda que tamén está pensado que se distribúa nalgúns bares de Xinzo de Limia. Co paso do tempo non se descarta que o produto supere as fronteiras da provincia ourensá, aínda que os seus promotores xa aclaran que apostan máis pola calidade que pola cantidade. A produción media mensual será de 4.000 botellas de 33 centilitros. Esta microcervexaría comezou a agromar cando o seu creador, Darío Conde, empezou a elaborar a bebida na casa tras aprender a produción artesanal da cervexa nunha reportaxe televisiva. Mercou a máquina necesaria e, tras fabricala para consumo propio, optou por converter o que era unha afección nun negocio a pequena escala que agora comeza a súa andaina. O baixo da súa é a pequena fábrica. Os que puideron probala falan dunha cervexa de sabor suave e refolgos afroitados, de cor torrada e alma queimada. Disque é ideal para acompañar un queixo potente e perfecta para beber ben fría.
NOS_5894
O pasado día 26 de marzo escribiuse un novo capítulo na historia da recuperación da billarda coa disputa da edición inicial da Súper Copa, que tamén foi a primeira ocasión na que a TVG retransmitiu un evento desta histórica modalidade na que se proclamou gañador Andrés Garrido, Che (Moscoso, Pazos de Borbén, 1983).
O pasado sábado A Coruña acolleu a Súper Copa, un grande evento televisado por vez primeira a través da sintonía da Televisión da Galiza (TVG) que evidenciou o crecemento da disciplina desde a constitución da Federación Galega de Deporte Autóctono (FGDA). Como viviu a súa vitoria no histórico certame? Foi algo sorprendente, pois competía con Ricar e Xan Rodiño, que son dous gañadores natos neste xogo, dúas persoas que non permiten un erro, pero nesta ocasión foron eles os que fallaron, algo difícil de ver. Tiña a competición unha aura diferente á dunha data calquera na Liga Nacional? Por suposto, non tiñan nada que ver. Non era o ambiente festivo doutras veces, no que falas con todo o mundo... aquí era algo distinto, aínda que eu persoalmente non sentín máis presión que nun aberto calquera. Onde está o límite ao crecemento que está a vivir a billarda? Cuestión difícil de responder. Polo de agora é un xogo no que se non empeza a anotarse máis xente corre o risco de esmorecer de novo e chegar a un punto de volver quedar en algo residual. Eu son dos que opina que nunca se deberían dar premios económicos, en cartos, para que non se enrareza o ambiente, pero tamén son consciente de que hai xente que opina o contrario, de que os premios económicos axudarán a que isto se converta nun deporte máis rapidamente. Eu penso que así estamos ben, e que as pequenas promocións ou axudas para materiais e desprazamentos, que agora que estamos baixo unha federación pode empezar a habelas, xa serían un incentivo bastante interesante. Penso que a billarda non se debe converter nunha competición na que o único que importe sexa gañar. Vostede pode achegar unha dupla perspectiva, como xogador de billarda de primeiro nivel e como mestre. Como está sendo o achegamento da rapazada á billarda? Varios alumnos meus viron verme esta fin de semana e quedaron moi sorprendidos. Cando hai achegamentos escolares, que normalmente teñen lugar porque hai mestres de Educación Física que queren ensinarlle á rapazada xogos de aquí, gústalles. O problema é que nas cidades normalmente non hai espazo para poder xogar. A billarda ten a súa aplicación curricular, á parte da lúdica, pois pode empregarse en matemáticas para medir distancias, facer aproximacións mentais... é marabillosa. Facendo memoria... no seu caso particular, cantos anos leva practicando a billarda e como foi a súa introdución na disciplina? Eu xogaba de pequeno, porque son do rural, do interior de Pontevedra, e ensináronme a xogar á billarda cun pau calquera. Non había competicións, só xogabamos entre amigos, como un entretemento máis. Logo, tempo despois, coñecín Xan Rodiño e a raíz de aí entrei de novo en contacto coa billarda tras moitos anos, e até hoxe. E xa movendo o foco cara ao futuro. Chegaremos a ver unha selección galega de billarda? Pois non che sei (ri). Houbo un intento de ir xogar a Eslovaquia, pero o que son campionatos internacionais nesta modalidade non hai, pois en Eslovaquia por exemplo xógase dun modo distinto ao que se fai aquí na Galiza, que á súa vez é diferente de como se xoga en Catalunya. Agora, persoalmente a min non me interesa a competición internacional, a miña visión da competición é un pouco light, por dicilo dalgún modo.
PRAZA_10043
Nas eleccións estatais deste 28-A os votos das opcións progresistas acadaron no noso País un 54,75 %, fronte o 43,8% dos votos do tripartito de dereitas.
Nas eleccións estatais de 1977 o centro-dereita de UCD e AP (precedente do PP) obtivo case un 67% dos votos, reducidos no 1979 ao 62,37% . No 1982 o PSOE obtivo un resultado histórico no Estado (202 sobre 350 deputados, con máis do 48% dos votos), mais na Galicia obtivo o 32,83%, semellante ao 32,17% do 28-A. Nesta conxuntura histórica Galicia marcou toda unha excepción, xa que UCD, AP e CDS achegaban aínda case o 58% dos votos.A cousa mudou, cos seus altos e baixos, máis ou menos dende as xerais de 2004 e autonómicas do 2005, nas que xa se acadou unha maioría progresista. Marcou un fito nesta evolución continua, neste senso, a crise do Prestige e o fenómeno de mobilización de Nunca Maís. Nas eleccións estatais deste 28-A os votos das opcións progresistas acadaron no noso País un 54,75 %, fronte o 43,8% dos votos do tripartito de dereitas. Os votos a Vox acadaron só o 5,2%, a porcentaxe máis baixa de todo o Estado logo das de Catalunya, Euskadi e Nafarroa. Mais en Madrid as tres dereitas sobardan o 53,46% (case o 14% para Vox), en Castela e León son o 57,25%, en Castela a Mancha o 55,45% (destes Vox acada o 15,3%),en Aragón o 51,67%, na Extremadura o 50,54%, en Murcia o 61,62% (con Vox a rentes do 19%). Andalucía e o País Valenciano, próximos ao 48,5% dos votos tripartitos ou as Illes Balears e Asturies, cun 45,6% manteñen un voto de dereitas ben máis alto ca o galego, só diminuido nos catro territorios de clara presenza soberanista ou territorial: outravolta Catalunya Euskadi e Nafarroa e máis as Canarias.Canto á achega do galeguismo político, é indubidábel que os seus 113.500 votos ( case 94 mil o BNG, case 18 mil En Marea e uns 2.700 CXG) explican tanto os baixos resultados da extrema dereita como o meirande predominio progresista en comparanza con outros territorios. Mais tamén chama a atención sobre a relevancia relativa acadada polos partidos de esquerda estatal (PSOE e UP). Certo é que a conxuntura do 28-A non será a das autonómicas ou municipais. Mais o galeguismo haberá actualizar a súa mensaxe e alargar a súa base social para lle amosar á cidadanía a súa utilidade para garantir o seu benestar. Será entón cando poida recoller, de xeito estábel no futuro, boa parte dese voto emigrado á esquerda estatal.
PRAZA_6003
O Foro Cívico Progresista, colectivo cidadán acabado de nacer en Ourense, rexistrou ante notario a 'predición' de persoas que se ían facer coas prazas de auxiliar administrativo neste concello ourensán. A única que non acertaron correspondeulle a unha antiga candidata do PP.
O Concello de Pereiro de Aguiar, gobernado dende 1987 por Eliseo Fernández (PP), convocou cinco prazas funcionariais de auxiliar administrativo en agosto de 2013. As bases desa convocatoria espertaron suspicacias nalgunhas das persoas que querían optar ás prazas e, tras varios recursos de reposición, foron modificadas en setembro do mesmo ano, pasando de ser un concurso-oposición a unha oposición composta por catro exercicios para os que cumpría estudar corenta e cinco temas. En febreiro de 2014 anunciouse a composición do tribunal, presidido polo xefe de Recursos Humanos da Deputación ourensá, e o día 15 dese mesmo mes 150 persoas tentaron superar o exame. Só 28 o lograron e, neste punto, un colectivo cidadán, o Foro Cívico Progresista, formulou un reto: adiviñar quen serían as persoas que lograrían as prazas. E veñen de ter un éxito do 80%. Un día antes da realización do segundo exercicio, o 28 de marzo, o FCP acudiu a un notario para, cunha importante dose de retranca, oficializar o seu augurio. "Mediante asistencia técnica contratada ao gabinete astrolóxico de Xan dro Rei -ironizaban- tivemos acceso a espíritos omniscientes capaces de presaxiar os resultados futuros e así os manifestamos ante notario", que expediu a acta que acompaña esta información. O exame realizouse, o tempo pasou e o pasado día 24 o Boletín Oficial da Provincia publicou os resultados das oposicións, convertendo a predición do Foro Cívico Progresista nun éxito practicamente rotundo. "Xa temos resposta ao noso enigma, xa sabemos quen son agraciadas do proceso selectivo para ser funcionario para toda a vida no Concello de Pereiro de Aguiar, acertamos catro de cinco", anunciaron. Así, unha ollada á acta notarial e ao BOP amosa que a diferenza entre ambas listas é dun único nome. "A quinta escapóusenos por pouco" malia ser un nome doado: María del Pilar Conde "ía na candidatura do alcalde para as eleccións municipais do 2007", sinalan. Con este augurio na man o Foro dirixiuse "a 470 dos 475 opositores inscritos nas devanditas oposicións", á "maioría silenciosa que ten que aturar que se rían de nós": "é posible que moitos dos que vos presentastes acabedes aprobando algunha oposición pero, case seguro, será fóra de Ourense" e non por ser "os menos preparados", senón por ser "os que menos amigos tedes". A predición parte do Foro Cívico Progresista, creado para "sinalar co dedo" as "relacións de poder" en Ourense Para este colectivo, cuxo voceiro, Javier Rey, foi presidente da Casa da Xuventude ourensá entre 2004 e 2007, esta é a primeira experiencia dun obxectivo claro: "sinalar co dedo a inxustiza e o descaro co que se opera na nosa provincia". Trátase, abonda Rey, de "pór de relevo o xeito en que se desenvolven as relacións de poder na provincia, caracterizadas pola falta de transparencia" e "a ausencia absoluta de respecto á cidadanía", nun contexto no que "todo depende de a quen coñeces e do qeu che deben". Este ecosistema político foi o que levou un grupo de "persoas con traxectoria no movemento asociativo" e "de esquerdas" unhas "con militancia e outras, non", a pór en marcha unha iniciativa que pretende "canalizar as inquedanzas e indignacións de quen, sendo maioría, están humillados por uns poucos, como as decenas de opositores que se presentaron a este proceso". Web do Foro Cívico Progresista
NOS_45814
Desde o ano 2002, a base militar situada na baía de Guantánamo converteuse nunha prisión sen precedentes edificada á marxe do propio dereito estadounidense. Malia que Barack Obama anunciou en xaneiro de 2009 que fecharía no prazo dun ano a cadea, tres anos despois o Congreso dos EUA vén de aprobar unha emenda con que prohibe o traslado dos prisioneiros cara a territorio estadounidense.
A base militar de Guantánamo data de comezos do século XX (1903) cando foi alugada pola administración de Theodore Roosevelt ao goberno de Cuba. Malia que desde o triunfo da Revolución (1959) o goberno de Cuba considera a existencia da base militar na baía, territorio cubano ocupado, os Estados Unidos emprégana desde 2002 como prisión de alta seguridade onde destinan a "prisioneiros acusados de terrorismo" na súa maior parte procedentes de Afganistán. Porén, a propia xurisdición estadounidense, a través de senllas sentenzas promulgadas polos tribunais do país, poñen en cuestión a legalidade da prisión e as prácticas que nela desenvolven os militares. En 2006 un informe da ONU exixía o "fechamento inmediato" de Guantánamo Obama anunciaba o seu peche en 2009 Neste sentido, en febreiro de 2006 un informe elaborado pola Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas exixía "o fechamento inmediato" do centro ao asegurar que nel se sometía a tortura aos detidos. No documento emprazaba a administración estadounidense a trasladar aos presos a cadeas estadounidenses ou a liberalos; ao tempo que denunciaba os procedementos empregados nos interrogatorios, entendidas polos EUA como "tácticas de interrogación reforzada". Asemade, o informe denunciaba violacións do dereito internacional ao negárselles ás persoas encarceradas, entre outras cuestións, o dereito de habeas corpus e a un procedemento xudicial ordinario. En 2009 Obama asinaba o seu encerramento, porén após tres anos da promulgación da norma a prisión continúa activa. A creación da prisión fóra do territorio estadounidense, permite ao goberno dos EUA, desenvolver prácticas fóra da xurisdición dos seus tribunais, que fican excluídos da investigación ou tramitación dos casos levados a Guantánamo. Así as cousas, a emenda aprobada a pasada semana polo Congreso dos EUA procura impedir que os presos sexan derivados a cadeas estadounidenses e procura adiar o encerramento da cadea. A senadora republicana, Kelly Ayotte --que presentou e defendeu a emenda-- argumentou a súa proposta argüíndo que tiña por obxecto evitar que "os terroristas procuren acceso aos dereitos que lles outorgarían as cortes" estadounidenses. A disposición foi aprobada por 54 votos a favor e encamíñase a impedir que o departamento de Defensa empregue fondos para re-ubicar os reos en penitenciarías federais. Cuestión que contradí a vontade expresada polo presidente dos EUA, Barack Obama, en 2009. No seu primeiro mes de mandato, Obama asinou unha orde executiva pola que ditaba o encerramento da prisión --nun prazo dun ano-- após converter a promesa nunha idea forza durante a campaña electoral. Porén, en decembro de 2011 promulgaba unha outra lei mediante a que autorizaba a detención militar indefinida sen xuízo para "sospeitosos de terrorismo". Aliás, após tres anos da sinatura do seu peche, Guantánamo continúa funcionando co 171 persoas detidas, moitas delas sen seren postas aínda a disposición xudicial.
PRAZA_14972
PPdeG e PSdeG amósanse en contra da reforma consensuada polos seus partidos en Madrid hai pouco máis dun ano e apostan por eliminar o voto rogado tras a elevada abstención nos últimos comicios autonómicos. "Non creo que sexa difícil chegar a un acordo", di o secretario xeral de Emigración.
Hai pouco maís dun ano, PP e PSOE impulsaron unha nova lei electoral que modificaba tamén a normativa do voto emigrante. Os dous grandes partidos estatais acordaron a implantación do voto rogado no exterior, o que implica a obriga de solicitar expresamente a participación nos comicios, e coa que se procuraba engadir garantías e credibilidade ao cuestionado voto da emigración, especialmente en Galicia. PP e PSOE queren cambiar a Lei Electoral logo da elevada abstención (96%) no voto emigrante nas últimas eleccións autonómicas Agora, PP e PSOE en Galicia apostan por volver cambiar a lei pouco máis dun ano despois. O motivo: a escasa participación da emigración nos últimos comicios autonómicos, onde a abstención na diáspora superou o 96%, votando uns 13.000 electores dun total de case 400.000 que conforman o Censo de Residentes Ausentes (CERA). A obriga de solicitiude do voto fixo que tan só algo máis do 3% da diáspora participase nos comicios, fronte a media de entre o 30 e o 40% que adoitaba facelo co anterior sistema e que recibiu críticas e denuncias que incluso demostraron que ata persoas falecidas chegaran a exercer o dereito a voto. Santiago Camba, secretario xeral de Emigración -que deixará o seu cargo axiña para incorporarse á Embaixada en Arxentina-, teno claro. "Os partidos estaban avisados desde Galicia e sabían que as consecuencias podían ser estas", asegura, tras intentar xustificar o voto favorable do PP a unha Lei Electoral que agora se quere volver modificar. "O PP a nivel estatal era reacio a aprobar esta norma, pero na procura dun consenso cedeu no tema do voto exterior e estas son as consecuencias", engade o que foi principal cargo da Xunta na emigración durante os últimos anos. "PP e PSOE estaban avisados desde Galicia e sabían das consecuencias do voto rogado", di Santiago Camba Marisol Soneira, voceira de Emigración do PSdeG, aclara tamén que desde a federación galega do partido sempre houbo voces críticas á implantación do voto rogado. "Os que cuestionamos esta modificación sempre fomos os mesmos e ao final demostrouse que tiñamos razón; as garantías non se conseguen instaurando o voto rogado porque o único que fai isto é restrinxir o dereito dos emigrantes; o que houbo foi dificultades para votar", explica. "O que hai que facilitar nunha democracia consolidada como a española é que a xente vote e que o seu voto teña garantías, por iso sempre fun crítico coa parte da Lei Electoral referida ao voto exterior; para cambiar unha lei hai que pensar antes as graves consecuencias que pode ter ese cambio", insiste Santiago Camba, que lembra que malia que máis de 30.000 persoas pediron o voto, algo menos de 13.000 o exerceron. "Os correos funcionan mal, a información é escasa e os prazos son curtos", xustifica. PSdeG e PPdeG amósanse claramente en contra dunha modificación consensuada por PSOE e PP en Madrid Xa que logo, PSdeG e PPdeG amósanse claramente en contra da decisión tomada por consenso hai pouco máis dun ano polos seus partidos desde Madrid e apostan por chegar a acordos para volver modificar a lei e facilitar así o voto emigrante. "Se o PSOE está concienciado de que se cometeu un erro, e tendo en conta que a lei se aprobou tendo eles maioría no Congreso, imaxino que non será difícil chegar a un consenso para modificar a norma", di Santiago Camba. Pola contra, Marisol Soneira coincide tamén na necesidade de cambios, pero veo "máis complicado". "Xa se conseguiu que o voto emigrante fose irrelevante e se cadra o PP ten medo a un castigo electoral", manifesta a deputada socialista, que afirma que "moita xente do PP estaba en contra da Lei Electoral", pero "non Feijóo, que a aceptou convencido de que o PSOE sería o gañador dos comicios no exterior". As bases para un novo cambio están postas. O PSOE xa presentou no Congreso dos Deputados unha proposición para modificar a lei electoral e eliminar o voto rogado, aínda que isto requiriría un gran pacto entre os dous partidos. Ademais, a principios de ano o PP aprobou unha proposición dos socialistas galegos no Parlamento para abrir un debate sobre a modificación da norma. O propio Feijóo vén de recoñecer en Arxentina a súa intención de variar a lei para acabar cos problemas do voto rogado. O PSdeG aposta por unha circunscrición electoral no exterior coa que os emigrantes escollerían representantes propios Agora, ambos os dous partidos están dispostos a afrontala, pero as diferenzas están no sistema de voto que habería que instaurar. O PSdeG insta a crear unha circunscrición electoral no exterior, un modelo semellante ao italiano, para que os emigrantes teñan os seus propios candidatos e representantes electos. "Sería de xustiza histórica, unha forma de recoñecer a quinta provincia galega", asegura Marisol Soneira, que se pregunta se "de verdade o PP quere ir á raíz do problema". "Que os residentes ausentes voten o mesmo día que nós, que o reconto se faga alí no exterior con garantías e que elixan os seus representantes", insiste Soneira, que cre que "non se pode confiar o dereito a voto a servizos de Correos doutros países que, ademais, en moitos casos nin tan sequera son estatais". No PP están dispostos tamén a facilitar o voto na emigración, ben sexa a través dos consulados ou outras institucións, pero con seguridade e incluso instaurando opcións telemáticas. Non son tan favorables á creación dunha circunscrición electoral propia para os emigrantes. Se así o desexan, e se chegan a un acordo, PP e PSOE non terán difícil cambiar de novo a Lei Electoral, aínda que terán que aturar as críticas de quen considera inapropiado modificar unha norma que foi aprobada hai pouco máis dun ano e que, precisamente, buscaba maiores garantías para o exercicio do voto no exterior. Desde AGE e BNG xa deixaron claro que estes novos intentos no cambio da lexislación responden ao intento de favorecer os intereses dos dous grandes partidos, mentres outros aspectos da normativa electoral permanecen inalterables desde hai tempo malia as continuas críticas.
PRAZA_12413
Agustín Fernández Paz recolleu hai só uns días o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano por Non hai noite tan longa, e xa a está a traballar na que será a súa próxima novela. En pouco tempo chegará tamén ás librarías a súa obra As fronteiras do medo, só uns meses despois de publicarse Fantasmas de luz. Por algo é considerado un dos nosos escritores máis prolíficos, ademais dun dos máis recoñecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino.
Agustín Fernández Paz recolleu hai só uns días o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano por Non hai noite tan longa, e xa a está a traballar na que será a súa próxima novela. En pouco tempo chegará tamén ás librarías a súa obra As fronteiras do medo, só uns meses despois de publicarse Fantasmas de luz. Por algo é considerado un dos nosos escritores máis prolíficos, ademais dun dos máis recoñecidos e respetados polo seu compromiso coa lingua, a cultura e o ensino. En que está traballando agora? Pois estou na fase de documentación dunha nova novela, ambientada entre os anos 61 a 69. O certo é que quedei abraiado ao lembrar todo o que pasou nesa década. Desde a independencia das nacións africanas, ata a carreira espacial, a loita polos dereitos civís en Estados Unidos, a primavera de Praga, o maio do 68.... Agora fáltame atopar datos concretos sobre música e outras cousas que quero introducir. Non me fío da miña memoria: prefiro sempre enchouparme da época, do contexto, antes de escribir. Iso axúdame a darlle verosimilitude ao que conto. Daquela decantouse pola mesma xeración da que fala en Non hai noite tan longa: a dos que foron novos nos 60. Non exactamente. Na nova novela haberá un rapaz que vive coa súa familia nunha cidade pequena, e que no ano 61 terá só 4 anos. Esta familia realiza unha actividade clandestina, polo que teño que documentarme tamén sobre iso, supoño que a través dos arquivos do PC. "Todas as familias felices parécense unhas a outras, pero cada familia infeliz ten un motivo especial para sentirse desgraciada" En Non hai noite tan longa Gabriel enfróntase ao pasado da súa familia, republicana e anarquista. Como o facía a protagonista de Noite de voraces sombras, cos seus tíos galeguistas represaliados... Si, tamén en Corredores de sombra a protagonista investiga o pasado da súa familia. Toda familia é única. Todas as familias felices parécense unhas a outras, pero cada familia infeliz ten un motivo especial para sentirse desgraciada, di Tolstoi en Anna Karenina. É normal que eu volva aos anos 50-60 porque son parte da miña vida. "Non teño ánimos para escribir un ensaio, e a novela permíteme tratar con maior liberdade os temas dos que quero falar" A verdadeira protagonista de Non hai noite tan longa é, porén, a miseria moral daquela sociedade. Corredores de sombra fora presentada tamén como un thriller moral, con elementos de novela negra, coma esta. Non teño ánimos para escribir un ensaio, e a novela permíteme tratar con maior liberdade os temas dos que quero falar. E unha cuestión que sempre me interesou moito é a sensación de estafa que ten a miña xeración. Porque tivemos unha infancia e unha mocidade moi castradora. No ámbito cultural, eu vin agora películas de Godard que non puiden ver de mozo, e escoitei cancións que non puiden escoitar entón porque estaban censuradas. Na sexualidade a represión imposta pola Igrexa católica era moi forte... A represión ía máis alá da política, estendíase á vida cotiá, e iso é o que quixen contar na novela. Exemplos desa miseria moral son os pais de Berta, que obrigan a súa filla violada a calar. Ou o pobo que lle dá as costas ao pai de Gabriel, encarcerado por un delito que non cometera. A imaxe que nos dá dos 60 é dura e crítica. Nada que ver coa idea de apertura que se nos quixo transmitir sobre a época de Fraga como ministro de Información e Turismo. Eses exemplos que escollín eran suficientes para contar o que quería. Pero na realidade foi moito peor. É certo que os anos 40 e 50 foran peores. Nos 60 e 70 mellorou o nivel de vida, chegou o turismo... pero non debemos esquecer os estados de excepción dos 60, por exemplo, ou a censura, ou que as últimas condenas a morte se produciron pouco antes de morrer Franco. Foi unha época poliédrica, na que ao lado da loita obreira e estudantil, ou os cambios na Igrexa, se mantiña unha represión ás veces máis sutil e ás veces igual que a anterior. Os 60 non foron uns anos felices de liberdade como se nos quixo facer crer. Ao lado da música, da televisión, dos pantalóns de campá e dos guateques seguía a represión. "Os 60 non foron uns anos felices de liberdade como se nos quixo facer crer. Ao lado da música, da televisión, dos pantalóns de campá e dos guateques seguía a represión" Hai un tema que trata moito nas súas novelas, que é o medo e a súa forza sobre as persoas. Só que desta volta non son medos infantís nin adolescentes. Neste libro, ademais, o único elemento fantástico é a pantasma do pai que se lle aparece a Gabriel. O meu próximo libro, que acaba de saír pero aínda non está distribuído, titúlase As fronteiras do medo. Pero estes son medos literarios, os medos atávicos que temos os seres humanos. Os medos de Lovecraft ou Poe. Os medos de Non hai noite tan longa son distintos, porque parten da realidade e non da fantasía. É certo que me gusta mesturar nas novelas realidade e fantasía. E que nesta o elemento fantástico é esa aparición, que non queda claro se é unha pantasma ou unha proxección da mala conciencia de Gabriel, que deixara a súa familia. Na novela asistimos ao proceso de reconciliación de Gabriel consigo mesmo, e dalgún xeito coa súa vila, non si? Si consigo mesmo, a través da asunción do que é e de onde vén. Volve achegarase a súa irmá, e tamén á súa sobriña. Eu non diría que se reconcilia co seu pobo. Si é certo que admite que houbo xente que, polo contexto que lle tocou vivir, actuou de forma mesquiña e covarde. Xa ten unha idade na que é quen de mirar con máis indulxencia todo o que pasou. Decátase de que houbo xente que consentiu, e tamén xente que resistiu como puido... Milucha simboliza a muller que foi quen de superar a represión sexual imposta polo réxime. A irmá de Gabriel procura a liberdade ao seu xeito. É habitual que nas súas novelas as mulleres non se comporten como mandan os roles tradicionais. Teño moitas protagonistas femininas, que desenvolven roles afastados dos tradicionais, si. É unha mostra da miña simpatía coas reivindicacións das mulleres, ademais dun reflexo da propia realidade: en No corazón do bosque o pai está en paro e é amo de casa. Iso era se cadra menos habitual que cando escribín o libro, pero agora pasa máis. "Moitas cousas que ocorren agora teñen as súas raíces nos anos 60. Só hai que mirar os apelidos do poder político e financieiro, e fixarse nas coincidencias" A novela opón dous tempos: os anos 60 e o 2002. Con que obxectivo? Pois mostrar como moitas cousas que ocorren agora teñen as súas raíces nos anos 60. Só hai que mirar os apelidos do poder político e financieiro, e fixarse nas coincidencias. Son os descendentes dos que xa eran a mesma elite nos anos 50. Non é casualidade que presentase a Fonsito como director dun banco, nin que mostrase a connivencia da súa familia co franquismo. Daquela época veñen as fosas dos represaliados, ou os bebés roubados..., e moitas outras cousas, para ben e para mal. Nalgunhas cousas si houbo unha regresión respecto á súa xeración. Como mostra a reforma laboral. Non teñen tamén sensación de estafa respecto da actualidade? Diso falo precisamente en Fantasmas de luz, o libro que publiquei despois de Non hai noite tan longa, aínda que o escribira antes. A reforma laboral supón unha marcha acelerada cara ao século XIX, unha regresión nos dereitos conquistados con tanto esforzo. Nos 60-70 estabamos mellor, pero tampouco hai que esquecer toda a emigración que houbo a Europa entón. Ou que CC.OO. era ilegal. E si que continúa esa sensación de estafa e frustración. Se miramos por exemplo ao ensino. Toda a vida pelexando por unha escola diferente, e agora hai que volver empezar, coma no mito de Sísifo. Diminúe o profesorado, eliminan a atención á diversidade, sobrecargan aos docentes, meten máis alumnos por aula... Pero nunca hai que perder a esperanza, porque a nosa desesperanza é o que queren os que pretenden someternos. Na foto da portada de Non hai noite tan longa sae Rosa Parks. Martin Luther King escribiu sobre ela. O Movemento polos Dereitos Civís dos Estados Unidos ten aínda moito que ensinarnos: a defensa firme dos propios dereitos, sen violencia... "Nunca hai que perder a esperanza, porque a nosa desesperanza é o que queren os que pretenden someternos" En Fantasmas de luz homenaxea o cinema, coma en Amor de quince anos, Marylin. E fala de exclusión social, coma en O meu nome é Skywalker. Por que? Pois tanto Fantasmas de luz coma O meu nome é Skywalker partiron dun conto que escribín para un libro do IGADI, Invisible. É o que nos trae a globalización neoliberal: exclusión, desigualdade. En Amor de quince anos xa tratei o tema do cinema, pero agora é máis evidente. Cada libro é un mundo, e eu non escribo cun plan determinado. Pero si hai conexións entre eles, claro. "Todo produto cultural de calidade, -e aquí témolos como en calquera outro país,- tería que ser apoiado, como fan en Islandia..." Acaba de recoller o premio da Asociación Galega de Editores á mellor obra de fición do ano. Non deben quedar moitos premios literarios que non gañase. Só rexeitou o Premio da Cultura Galega como un xeito de protesta contra a política lingüística e cultural do Goberno. Parece que o tempo lle deu a razón máis aínda, non si? Os premios sempre son importantes. O da escrita é un oficio solitario, e os premios son un recoñecemento que axuda a ter máis lectores e máis visibilidade. O da Asociación Galega de Editores veu ademais alén de distincións segundo a idade dos lectores. Non hai noite tan longa podería estar nunha colección de xuvenil: eu non o escribín dunha maneira distinta. O que pasa é que parte dos lectores seguen a ter prexuízos sobre a literatura infantil e xuvenil. En canto aos premios, algo de recoñecemento polo meu traballo haberá, pero tamén hai unha parte de sorte, de azar. O Premio da Cultura Galega rexeiteino polo que xa se sabe, e agora xa non hai nin Consellaría de Cultura. O que hai é unha vontade explícita de baleirar de contido a autonomía, o autogoberno, o que teña que ver coa nosa cultura e a nosa identidade. A batalla tan teimuda do goberno contra a lingua fai que se perciba con desconfianza a cultura: que se nos vexa como sospeitosos. E isto é o contrario do que debería pasar. Todo produto cultural de calidade, -e aquí témolos como en calquera outro país,- tería que ser apoiado, como fan en Islandia...
NOS_49382
Após a súa alianza para a conformación da Mesa do Congreso, Ciudadanos e o PP intercambian xa papeis para dar forma ao orzamento do Estado para 2017. As contas estarán moi condicionadas pola hipotética sanción da UE por desvío do déficit en 2015. Todo indica que Rivera e Rajoy teñen un acordo de fondo que contempla a investidura.
Non ten moito sentido político negociar uns orzamentos se non estás disposto a colaborar activamente na conformación da maioría parlamentar que lles podería dar viabilidade, así que a maior parte das e dos analistas políticos concordan en que o bloco do centro-dereita estatal podería alcanzar un acordo. Os 169 escanos que PP e Cs reúnen votarán previsibelmente por Rajoy na segunda volta da sesión de investidura, prevista para a primeira semana de agosto. Ciudadanos formalmente está aínda atada pola decisión da súa Executiva (voto negativo na primeira votación, abstención na segunda) mais os seus últimos movimentos políticos indican que a formación liderada por Rivera se move con rapidez cara ao si ao candidato conservador, Mariano Rajoy. Porén, fontes do partido laranxa afirmaron á SER que as conversas sobre os orzamentos non teñen nada a ver coa investidura, que son simplesmente para "adiantar traballo" e que a súa posición continúa a ser a marcada pola executiva. En todo caso, eses eventuais 169 escanos de PP máis Ciudadanos -que poderían ser 170 contando co asento de Coalición Canarias- son, porén, insuficientes se o resto da cámara, 180 parlamentares, votasen contra a investidura. O certo é que a votación da Mesa da Cámara abre certas xanelas de oportunidade para o partido conservador, que obtivo até 179 votos (isto é, 10 sufraxios máis dos que suman Cs e PP) na escolla dos membros do órgao de goberno da cámara, non así da súa presidenta, Ana Pastor, que ficou cos 169. Os 10 apoios a maiores terían vindo de CC, PNV e o Partit Demòcrata Català. Dalgúns deputados, non de todos, segundo revelou Rafael Hernando, portavoz do grupo parlamentar do PP. A posición pactista do PNV -menos enfrentado co PP do que os soberanistas catalás- dábase por descontada, mais que contraprestación agarda obter o PDC en troca deses apoios? Todo indica que a contrapartida sería o nihil obstat da maioría da Mesa do Congreso (PP máis Cs) á constitución do seu grupo parlamentar, conformación que apresenta problemas de legalidade ao non cumprir o requisito regulamentar da percentaxe de votos (o 15%) nen nas circunscricións de Barcelona e Tarragona nen no conxunto de Catalunya. O cenario ideal para Rajoy de cara á investidura sería dispor dos 5 escanos do PNV (co cal tería 175, un menos que a maioría absoluta) e contar coa abstención dos 8 de PDC. Sería máis que suficiente para ser investido, pois os votos en contra ficarían en 167. Mais a operación non está en absoluto garantida. O PNV está ás portas dunhas eleccións en Euskadi e o movimento do PDC cara á abstención podería causar tensións internas co seu socio de Junts pel Sí ERC. Destarte, os ollos do PP continúan postos no PSOE. O partido de Rajoy considera que se se apresenta con 170 escanos, a só 6 da maioría absoluta, o Partido Socialista ten moi difícil xustificar un veto que podería desencadear unha nova convocatoria eleitoral. O problema para o PP é que, segundo algunhas fontes, Pedro Sánchez continúa a contemplar como hipótese a formación dunha maioría alternativa. Ao PSOE non lle vén mal que os últimos pasos do PP estean a normalizar os pactos -tácitos ou implícitos- coas formacións nacionalistas. Nunha reunión a porta fechada do grupo parlamentar socialista realizada esta segunda feira, Sánchez dixo que compría tirar do limbo os 17 escanos soberanistas catalás (9 de ERC, 8 do PDC), o que foi interpretado como un indicio de que o secretario xeral do PSOE está disposto a o intentar na eventualidade de finalmente Rajoy non obter a confianza maioritaria do Congreso.
NOS_40322
Entre todos os membros do Parlamento europeo suman até 18 millóns de euros á marxe do salario oficial, segundo a oficina de Transparencia Internacional da UE. Entre eles, os galegos Millán Mon e José Blanco.
O 53% d@s deputad@s europeos son pluri-empregad@s, segundo se tira das declaracións de actividades d@s 750 parlamentari@s publicadas por Transparencia Internacional da UE e recollidas por Diagonal. Segundo este estudo, o 53% dos membros do Euro-parlamento teñen actividades adicionais aos seus cargos. Entre tod@s ingresan entre 6 e 18 millóns de euros anuais por riba dos seus ingresos oficiais como deputad@s europe@s. O que foi candidato do PP nas eleccións europeas de maio, Arias Cañete, recoñece 12 actividades extra-parlamentarias polas que ingresa entre 5.000 e 10.000 euros mensuais. Como lembra Diagonal, en total hai 5 deputad@s do Estado español (2 do PP, 2 de UPyD e 1 do PSOE) que gañan máis de mil euros mensais á marxe dos 8.000 euros brutos ao mes e á marxe das dietas. D@s galeg@s destaca Pepe Blanco (PSOE), que ten 3 actividades extra-parlamentares polas que ingresa entre mil e cinco mil euros mensuais. Millán Mon recoñece só unha (que lle reporta até 500 euros mes).
PRAZA_4600
Xosé Abad estreou hai unhas semanas na Coruña o seu documental A pegada dos avós, no que afonda en varios personaxes que sufriron a represión franquista, pero faino a través da investigación e as reflexións dun grupo de adolescentes. Proxéctase este venres en Ferrol
Xosé Abad está presentando o seu máis recente documental, A pegada dos avós, un filme que afonda nas historias e nas vidas de varios represaliados galegos polo franquismo, pero coa novidade de que o relato está contado, en certa maneira, a través dos ollos dunha xeración moi afastada do sucedido naquelas décadas. Son un grupo de adolescentes, estudantes dun centro de secundaria da Coruña, os que entran en contacto cos protagonistas, investigan sobre a súa vida e reflexionan sobre os acontecementos que viviron. A ollada nova destes rapaces e rapazas axuda a achegar as historias cara ao presente, como lembranza de que moitas desas feridas nunca se borraron ou foron pechadas en falso: "O termo de memoria histórica está mal aplicado, porque é un asunto de actualidade. E con esta revisión que fan os rapaces e as rapazas, deixan claro que é un asunto de actualidade e que aínda está por resolver", destaca Xosé Abad, que xa en 2009 fixera con O segredo da Frouxeira unha intensa aproximación á Guerra Civil e a posterior represión. "O termo de memoria histórica está mal aplicado, porque é un asunto de actualidade. E con esta revisión que fan os rapaces e as rapazas, deixan claro que é un asunto de actualidade e que aínda está por resolver" No filme cóntanse as historias, por exemplo, de Mariquiña Villaverde, cuxo pai foi "paseado", ou a de Gabriel Toimil, fillo de Amada García, fusilada xusto despois de traelo ao mundo. Tamén se poden ver entrevistas a Baltasar Garzón, Manuel Rivas, o presidente da CRMH Fernando Souto e o historiador Emilio Grandío. A experiencia non deixou indiferentes os mozos e mozas: "Cada un ten a súa historia e cada tivo reaccións distintas, pero creo que en xeral a todos lles impactou moito todo o que estaban investigando e a reacción común a todo foi a de 'como podía eu vivir ignorado todo isto que sucedeu aquí?'", destaca Abad. "Cando pasaban polo lugar no que foi fusilada a nai de Gabriel Toimil, no Castelo de San Felipe, pensaban: 'cantas veces teño pasado eu por este lugar e non sabía nada?'". "Os rapaces van medrando en coñecemento, van medrando politicamente, algo que nin remotamente pensaran antes", engade e conclúe: "o documental sorprende e tamén anima, porque achega unha nova ollada sobre un tema que parecía que querían enterrar, pero que queda demostrado que non se pode enterrar". O filme, que se estreou antes do nadal na Coruña, poderá verse este venres a partir das oito da tarde na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol, nun acto organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática e por Fuco Buxán. Será o comezo dunha xeira de proxeccións que o levarán por todas as cidade galegas e, posiblemente, Madrid e Barcelona. Un camiño que completará un longo proceso de produción que tivo que superar moitos obstáculos e pelexar por acadar o financiamento necesario. "O documental sorprende e tamén anima, porque achega unha nova ollada sobre un tema que parecía que querían enterrar, pero que queda demostrado que non se pode enterrar" Hai ano e medio dábamos conta en Praza da campaña de crowdfunding que finalmente recadou máis de seis mil euros que, xunto co esforzo de todas as persoas que realizaron o filme (que deixaron moitos salarios sen cobrar) permitiu chegar a este resultado final. "Unha película coma esta é custosísima, e nunca recuperaremos o tempo e os cartos que investimos, a través da capitalización dos nosos salarios", salienta Xosé Abad, que afirma que con O Segredo da Frouxeira e A Pegada dos Avós pechou "un ciclo" e que, polo momento, non pensa en facer ningún outro traballo sobre a guerra civil. "Será moi importante o desenvolvemento que poida ter esta película, que creo que se pode estender moi ben, a través do boca a boca. É importante para que se espallen todas as cousas que se contan no filme, e tamén para pagar algúns soldos ás persoas que traballaron nel", di.
NOS_29892
Durante 2015 o Ministerio do Interior rexistrou no noso país 3.524 mobilizacións, ás que engadir as 36 prohibidas. A conflitividade laboral continua a ser o principal motor das mobilizacións.
O Anuario do Ministerio do Interior recolle que na Galiza houbo ao longo de 2015 un total de 3.524 manifestacións, cifras ás que hai que engadir as 36 que a institución española tipificou como 'prohibidas'. O que non implica que non se realizasen. Foron, logo, unhas 10 manifestacións diarias de media as que durante o ano pasado decorreron en Galiza. Unha cifra que sitúa o país entre os máis conflitivos do Estado en canto a mobilizacións. Aliás, cada 10 días tivo lugar unha mobilización prohibida por Interior. Os sindicatos son os responsábeis do 45% das manifestacións A temática laboral está na convocatoria de 1.489 das 3.534 manifestacións que se realizaron durante 2015, o que supón o 42% do total. Non cabe dúbida de cal é a principal motivación no noso país deste tipo de protestos. Ora ben, non é o único. No anuario do Ministerio do Interior tamén se rexistran quen son os que convocan as mobilizacións en Galiza. Os sindicatos encabezan ese rexistro, sendo responsabeis de 1.602 das 3.542 manifestacións, o 45%. A seguir figuran as 'asociacións cidadáns', que convocaron 1.574. Neste mesmo capítulo, os comités de empresa e traballadores están na convocatoria de 126 manifestacións durante ese ano no noso país, os partidos políticos en 99, as asociaciacións ambientalistas en 79 e as de estudantes, en 29. Os denominados polo departamento dirixido por Fernández Díaz como 'grupos independentistas' chamaron a 11 manifestacións, case unha por mes. Descenso? As 3.524 manifestacións rexistradas en 2015 supoñen un descenso a respeito das 3.777 do exercicio anterior, 2014 e ás 4.670 do 2013. Mais é unha porcentaxe que se mantén moi por riba do nivel de manifestacións que había nos anos duros da crise, como foi o 2012, no que houbo 2.213 mobilizacións. En 2011 non chegaron a 1.500. Durante 2015 en todo o Estado español houbo 32.904 manifestacións. Xa que logo, as que tiveron lugar na Galiza (con menos do 6% da poboación e das persoas asalariadas no conxunto estatal) supoñen perto do 10 por cento do total.
NOS_7708
A Xustiza condena ao Sergas a pagarlle a unha enfermeira eventual o salario de até 31 días festivos e de fin de semana cando a contrataba só de segunda a sexta feira. O tribunal observa "discriminación" a respecto do persoal fixo.
A contratación temporal do Sergas segue a dar que falar. E non só entre o colectivo eventual do Servizo Galego de Saúde, tamén nos xulgados, onde o Sindicato de Enfermaría denunciou varios casos de discriminación e privación de dereitos a traballadoras que levan varios anos encadeando contratos sen acceso a descanso, baixas ou vacacións; desposuídas de períodos de alta, cotización e salario que lles pertencerían. Así, o xulgado contencioso administrativo número 2 de Ourense vén de condenar o Sergas a pagar o salario correspondente a 31 días de traballo a unha enfermeira eventual que contrataba de segunda a sexta feira e daba de baixa as fins de semana e os festivos, aducindo que "neses días concretos non hai actividade nos centros de saúde". Esta situación, recolle a sentenza, prolongouse durante os anos 2015, 2016 e 2018. A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense daba de alta a enfermeira cada segunda feira e suspendía a súa contratación cada sexta para encadear un novo compromiso laboral á semana seguinte. O Sindicato de Enfermaría denunciou o caso ante Inspección de Traballo, que obrigou ao Sergas a dar de alta e cotizar pola traballadora durante eses períodos de perda. Agora, o xuíz determina, ademais, que deberá abonar estes intervalos, en total 31 días. Actuación reprobábel "A actuación da Administración no só afecta ao dereito ao descanso da recorrente e supón unha discriminación a respecto dos traballadores fixos que realizan as mesmas horas de traballo efectivo e, con todo, permanecerían dados de alta e cobrando tamén polos días festivos ou fins de semana, senón que constitúe una actuación altamente reprobábel da Administración, que implica que lle resulta moito máis vantaxoso acudir á contratación de carácter temporal que cubrir as prazas con persoal fixo mediante o correspondente concurso, dado que dese modo estaría eludindo o pago de, polo menos, 8 días ao mes, aos que os traballadores terían dereito", recolle a sentenza. No mesmo texto, o xuíz titular do contencioso administrativo número 2 de Ourense incide en que a diferenza doutros casos "non se trata dunha contratación en días soltos o para distintos centros de saúde, senón de contratos encadeados nos que a única finalidade da Administración é aforrar o pagamento das fins de semana e festivos, escatimando non só as sumas correspondentes aos traballadores, senón o dereito a un descanso retribuído".A sentenza recoñece un menoscabo dos dereitos desta enfermeira eventual, en sintonía cunha denuncia recorrente por parte do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, moi crítico coa precariedade do traballo eventual do Sergas. Neste sentido, tamén se ten pronunciado o Tribunal Supremo, que nunha sentenza de xuño de 2018 estabeleceu que "non poderá tratarse os traballadores con un contrato de duración determinada dunha maneira menos favorábel que aos fixos polo mero feito de ter un contrato de duración determinada, a menos que se xustifique un trato diferente por razóns obxectivas". Desde Satse aseguran que detrás desta han vir outras sentenzas. "Temos ás portas catro xuízos máis contra a contratación fraudulenta e o abuso do Sergas das enfermeiras eventuais. Inspección de Traballo abriu a caixa de pandora. Se cotizas por un traballo tes que cobrar por el, e á inversa", sabendo, inciden, que ese pago tamén "é polo descanso" que seguen a escatimar.
PRAZA_1731
O sindicato critica que o Goberno galego tente culpar outras administracións do sucedido en Ferrolterra e alerta da escaseza de persoal na Consellaría para cumprir a súa finción de vixilancia sanitaria das augas de consumo humano e de baño
Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, asegurou este luns que o seu departamento decidiu "tomar as rendas da situación" ante a "falta de reacción" do Concello de Ferrol na crise de saúde pública que durante tres días deixou sen auga potable a 150 mil persoas na comarca. O Sergas "non podía permitir que pasasen días sen tomar decisións", afirmou. Porén, este mércores CIG-Autonómica vén de lembrarlle publicamente a Mosquera que "a vixilancia sanitaria das augas de consumo humano e de baño son competencia da Consellería de Sanidade", polo que "non é aceptábel que a conselleira tente responsabilizar a outras administracións do que son as súas obrigas". CIG-Autonómica lémbralle a Mosquera que "a vixilancia sanitaria das augas de consumo humano e de baño son competencia da Consellería de Sanidade" O sindicato destaca que a Consellaría ten á súa disposición para este fin "o corpo de Farmaceúticos Inspectores", un total de 71 funcionarios e funcionarias "para atender a totalidade das praias do país, ríos, pozos, o programa de prevención e control sanitario da prevención da Lexionelose e demais funcións que entran dentro dos seus deberes cos cidadáns e cidadás". A CIG denuncia "a falta de interese da Xunta en todo o que ten que ver coa sanidade ambiental" e manifesta o seu "asombro" de que "non se teñan producido máis casos de alertas sanitarias". Sobre todo, tendo en conta o que considera "reducido número" efectivos humanos "para a inmensidade das tarefas de vixilancia da sanidade ambiental encomendadas ao corpo de inspección farmacéutica". O sindicato considera que con estes medios é "imposíbel que a Consellería de Sanidade poida garantir un nivel sequera mínimo de calidade no control dos riscos ambientais, cun corpo de funcionarios e funcionarias que non daría nin para estabelecer gardas na maioría dos centros dende os que realizan as súas funcións se tivesen intencións de facelo". E alerta de que as fins de semana son un momento "especialmente sensíbel" á aparición de problemas sanitarios, posto que son "días nos que tampouco se realizan traballos de vixilancia, porque non se estabeleceron gardas, xa que terían que destinar maior dotación orzamentaria á Sección de Sanidade Ambiental". O sindicato considera que con estes medios é "imposíbel que a Consellería de Sanidade poida garantir un nivel sequera mínimo de calidade no control dos riscos ambientais" O sindicato critica, así mesmo, que este corpo de inspectoras e inspectores padece "dende a súa creación no ano 2006" unha "discriminación retributiva respecto doutros corpos de inspección da mesma administración, e inclusive da mesma consellería". E demanda "a ampliación da partida orzamentaria destinada á Sección de Sanidade Ambiental, de xeito que mellore a vixilancia da saúde dos cidadáns, mediante a ampliación dos efectivos para que estes poidan levar á práctica o sistema de calidade e auditoría estipulado, así como ver cumpridas as súas demandas de equiparación salarial con outros corpos de inspección". Comezan as investigacións Tanto o Concello de Ferrol coma a Xunta iniciaron xa os procesos de investigación Tanto o Concello de Ferrol coma a Xunta iniciaron xa os procesos de investigación que buscar dirimir as causas que levaron á contaminación da auga e a súa ineficiente e tardía comunicación ás administracións responsables e á cidadanía. O Goberno local solicitoulle xa a Emafesa as análises de trihalometanos dos últimos catro anos para comprobar se nos últimos meses había xa unha tendencia ascendente nos niveis que permitise prever a situación á que se chegou. Así mesmo, o alcalde Jorge Suárez demandoulle formalmente á empresa a convocatoria inmediata dunha xunta para constituír o novo consello de administración de Emafesa, xa coa presenza do goberno municipal saído do 24M. Este martes continuou o tirapuxa político entre o Goberno ferrolán por unha banda, e Xunta e PP pola outra Por outra banda, este martes continuou o tirapuxa político entre o Goberno ferrolán por unha banda, e Xunta e PP pola outra. Mentres Beatriz Sestayo (PSdeG-PSOE) acusou á Xunta de actuar con "absoluta irresponsabilidade" e de aparecer unicamente "para crear caos e alarma", o popular Miguel Tellado reiterou a súa acusación a Jorge Suárez de "ocultar durante máis de dez días a crise da auga, permitindo que durante todo ese tempo os ferroláns estiveran recibindo nos seus domicilios auga que non era apta para o consumo humano", na liña do afirmado pola conselleira Rocío Mosquera e outros membros do Goberno galego.
NOS_10120
Impulsado por Vía Galega e coa participación de28 músicos e artistas. Vídeo no interior.
A Plataforma Vía Galega presentou o himno "Galiza, un Pobo, unha selección" que conta con 28 persoas que puxeron a súa voz e música, de maneira desinteresada, "para reivindicar o dereito a contarmos coas nosas seleccións nacionais en todas as disciplinas deportivas e a participar en competicións sen limitacións baixo a nosa bandeira", explicou Anxo Louzao, un dos portavoces desta plataforma. Na rolda de prensa de presentación deste himno estiveron Bieito Lobariñas, membro do grupo Zurrumalla e autor da música e letra do himno deportivo "Galiza, un Pobo, unha selección"; Tamara Martínez, membro do grupo Os Residuos Atractivas e autora dos arranxos das voces; Cosme Pombo, membro do grupo musical Airiños do Fiouco; e Anxo Louzao. Esta iniciativa de Vía Galega vén a sumarse a toda unha batería de actos, exposicións e difusión de publicacións que se están desenvolvendo por toda Galiza enmarcadas na campaña "Galiza, un pobo, unha selección", que está a ter unha grande acollida e interese. "Trátase dun himno deportivo para reivindicármonos como nación e identificarnos cos nosos símbolos e cánticos", sinalou Anxo Louzao. "Esiximos da Xunta que procure os medios para formar seleccións nacionais en todos os deportes porque lle corresponde e é a súa obriga pórse ao fronte para acadar as plenas competencias para competir oficialmente e internacionalmente", engadiu. Así, lánzase esta composición que condensa e sintetiza os obxectivos e reivindicacións desta campaña, "con enerxía, contundencia e emoción". "Un canto para fortalecérmonos como nación que apela os nosos sinais de identidade colectivos e incentiva a nosa autoestima", indicou, "só nos queda pedir que se difunda por toda Galiza e pase a ser un cántico que resoe en todos estadios, canchas e eventos deportivos". Pola súa parte, Bieito Lobariñas destacou a coordinación e implicación para agrupar voces e músicas de 28 artistas que prestaron o seu apoio incondicional a este proxecto, co traballo de arranxos de Nacho Álvarez e de Tamara Martínez. "Primeiramente fíxose a letra da canción sobre as ideas-base do que se pretende, seguindo o esquema da copla tradicional galega e, a continuación, gravouse a melodía básica a ritmo de alborada", explicou.
NOS_49502
Galiza mantén un ritmo de máis de 200 novos contaxios detectados cada día.
Nova xornada de suba de contaxios da Covid-19 na Galiza. Por cuarto día consecutivo, os casos activos aumentan até situarse en 2.977 (38 máis que na xornada anterior, isto é, que os novos diagnósticos superaron ás altas). Por áreas sanitarias, os positivos só descenden na área de Lugo-A Mariña-Monforte, até os 205 (-10), mentres que no resto soben. A de Vigo fica á cabeza con 843 (+20), seguida da área da Coruña-Cee, con 729 (+1). En Pontevedra-O Salnés hai 469 casos (+3); en Compostela-O Barbanza, 346 (+7); en Ourense-Verín-O Barco, 265 (+2), e en Ferrol, 120 (+10). No tocante aos contaxios detectados por todo tipo de probas, nos datos deste sábado súmanse ao cómputo 204 novos casos de coronavirus, dos cales 181 foron confirmados cunha PCR. Deste modo, a taxa de positividade cae até 2,3%, por baixo das cifras da sexta e a quinta feira. Así mesmo, a Consellaría de Sanidade vén de notificar dous novos pasamentos, polo que o cómputo global ascende a 2.381 vítimas mortais. Redúcese a presión asistencial Porén, a nota positiva da xornada é a baixada na ocupación dos hospitais galegos, deixando un total de 146 internamentos en planta (-10) e 43 nas unidades de coidados intensivos (sen cambios). Por áreas sanitarias, tres das sete ven reducido o número de ingresos. É o caso da Coruña, onde se rexistran un total de 55 (-9), dos que nove (-1) están en críticos. O mesmo acontece na área de Pontevedra, con 21 persoas hospitalizadas (-4), cinco delas na UCI (sen cambios); e na de Lugo, con 11 doentes (-1), dos que catro (sen cambios) fican en coidados intensivos. Aliás, a cifra de ingresados mantense estábel nas áreas de Ourense (27 hospitalizados, 10 deles críticos) e Ferrol (11 ingresados, dos cales hai dous en coidados intensivos). Finalmente, onde si aumenta levemente a presión hospitalaria é na área de Vigo, con 40 ingresados (+3), aínda que non hai novidades na UCI, con oito; e en Compostela, con 24 pacientes Covid (+1), dos que cinco (+1) están en estado crítico.
PRAZA_16146
A veciñanza comezou a decatarse de que as novas plantacións estaban a secar os solos, a imposibilitar outro tipo de cultivos e a eliminar irreversiblemente o bosque autóctono.
Wundanyi é unha vila no rural de Kenya. Atopámola entre outeiros ondulados, maioritariamente verdes e húmidos grazas a unhas condicións climáticas envexadas no resto do país, máis seco e árido. A beleza das inmediatas montañas Taita converte a Wundanyi nun punto de paso e de destino para viaxeiros e sendeiristas, a maioría deles chegados do estranxeiro. Alén destas novas dinámicas, a veciñanza de Wundanyi conserva do pasado unha forte tradición agraria que se traduce hoxe nun profundo coñecemento do seu territorio e unha fermosa identificación coa súa paisaxe. Wundanyi foi testemuña dos fortes cambios políticos acontecidos na era post-colonial. Tras un desartellamento forzado das terras comunais, o Estado fracasou en primeira instancia o intento de nacionalizar a propiedade no espazo rural. Coa chegada da década de 1980 e un panorama económico internacional cada vez máis liberalizado, o Goberno, aconsellado por institucións internacionais, reorientou as políticas de propiedade da terra cara a un proceso de privatización controlado. Comezaban os desexados inicios do desenvolvemento. Wundanyi viu chegar o capitalismo moderno e con el os intereses de empresas forestais estranxeiras. Inducidos polo novo modelo económico imposto dende o Estado, os propietarios mudaron os seus cultivos. As hortas transfórmanse en monocultivos difusos dunha árbore allea ao ecosistema local, pero moi rendible. A nova especie comezou a abastecer os petos con máis rapidez do que o facían as hortalizas, o que permitiu a moitas familias construír unha nova casa nas aforas da vila. A miraxe do progreso parecía tomar corpo. Wundanyi viuse rodeada axiña das novas plantacións. Durante anos estas non xeraron moito conflito social, convencidos como estaban da súa bondade, a ollos vistos. Mais hai relativamente pouco tempo a veciñanza comezou a decatarse de que as novas plantacións estaban a secar os solos, a imposibilitar outro tipo de cultivos e a eliminar irreversiblemente o bosque autóctono. Aquela miraxe de progreso amosaba a súa verdadeira faciana, ata entón oculta. A frustración aumentou desde entón, pero o certo é que, a pesar dela, a realidade pouco ou nada mudou na paisaxe ferida de Wundanyi. Mais que ninguén se alarme. Estamos a falar só de Wundanyi, unha pequena cidade perdida entre outeiros en terras kenyanas, aló na pobre e atrasada África. Nada que ver, en fin, co que poida acontecer neste noso recuncho, verde e húmido tamén, da vella e culta Europa. Publicidade <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad15c27c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=ad15c27c&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=332&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad15c27c' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=332&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=ad15c27c' border='0' alt='' /></a>
NOS_18568
O texto vai ser submetido á consideración do Consello Nacional este sábado 30 de xaneiro.
O relatorio do BNG a debate na súa XV Asemblea Nacional estrutúrase en tres blocos. O primeiro, a xeito de limiar, analisa a situación xeral. O segundo é unha tese de estratexia política. Fecha a ponencia unha tese de organización. Repensar o proxecto nacionalista -"actualizar o software", di literalmente o relatorio, ao que tivo acceso Sermos Galiza- é unha das ideas vertebradoras do texto. O BNG, de acordo con esta tese, formula o propósito de esta XV Asemblea Nacional ser o limiar dunha "nova etapa", con "cambios de estratexia" e "novas propostas de actuación". Esta nova etapa tería como pórtico a XV Asemblea Nacional, mais non ficaría aí. O BNG lanzaría neste conclave unha nova iniciativa de diálogo coa sociedade galega, que leva como nome xenérico Iniciativa Máis Alá, título que remite á "rebeldía, ruptura e vangardismo que inspirou o Manifesto Máis Alá, publicado o 28 de xuño de 1922 por Manoel Antonio e Álvaro Cebreiro". A Iniciativa Máis Alá decorrerá ao longo dun ano, ao termo do cal o BNG realizará unha nova asemblea nacional para avaliar o proceso Máis Alá tería como obxectivos socializar o debate sobre "a estratexia a seguir polo BNG", obter elementos de análise "sobre a percepción social" que existe na Galiza arredor da fronte nacionalista e "definir colectivamente as liñas mestras que permitirán abrir unha nova etapa no proxecto político do nacionalismo". Será o novo Consello Nacional o que lance a iniciativa, nun prazo non superior aos dous meses a contar a partir do momento en que se constitúa o novo órgao de dirección do Bloque. Despregarase através de asembleas abertas, grupos de discusión, socialización nas redes sociais, espazo web. E decorrerá ao longo dun ano, ao termo do cal o BNG realizará unha nova asemblea nacional, a decimosexta, para avaliar o desenvolvimento do proceso e para tirar conclusións a respeito do rumo que debe seguir o nacionalismo galego. O debate, por tanto, está aberto e ten vocación de abranguer o maior número de voces posíbeis. Quen son os destinatarias e destinatorios desta iniciativa? Pois "todas aquelas persoas que se sintan nacionalistas, soberanistas, independentistas, galeguistas ou simplesmente compartan, como galegas, a necesidade de a Galiza ter un instrumento político netamente soberano, sen dependencias de forzas políticas estatais e que actúe na defensa dos dereitos políticos da nosa nación". A iniciativa xorde da toma de conciencia por parte das persoas autoras do relatorio de que "o BNG ten que repensar a súa acción e o seu discurso político e adaptalo a unha sociedade que experimentou moitos cambios políticos, sociais e demográficos". A XV Asemblea Nacional do BNG vai decorrer o 28 de febreiro e loxicamente estará moi marcada polo calendario eleitoral, a escasos meses dunha nova convocatoria, neste caso ao Parlamento da Galiza. Destarte, a forma concreta de concorrencia a este proceso eleitoral será un dos temas estrela do conclave. A este respeito, o relatorio comeza por constatar "o fin do ciclo do Partido Popular" e a existencia dunha "vontade de cambio e de mudanza" entre "amplos sectores do noso pobo". Perante ese cenario, a aposta é clara: o BNG debe "oferecer ao pobo galego unha alternativa política nacionalista e de esquerda que sexa determinante no novo escenario político". No "plano político-eleitoral" o BNG aposta nun proxecto nacionalista autónomo, "sen subordinarse a ningunha forza estatal" O Bloque optaría, por tanto, por reafirmar a existencia "no plano político-eleitoral" dun proxecto nacionalista autónomo, "sen subordinarse a ningunha forza política estatal". E que di o relatorio sobre a súa hipotética relación coa Marea galega? Isto: "O BNG entende que as alianzas de IU, Podemos e Anova son lexítimas e respeitábeis, mais encarnan outro proxecto diferente ao noso". A existencia de proxectos estratéxicos distintos non debería ser vista como un problema, máis ben ao contrario: "As diferenzas e a pluralidade política son valores democráticos e desde o BNG non debemos contribuír á dilución da nosa alternativa ou a un proceso que na práctica derive en cambiar o vello bipartidismo por un novo bipartidismo". O relatorio chama a "desterrar o derrotismo", "estimular a autoestima colectiva" e "confiar no noso pobo". "Debemos optar por unha estratexia eleitoral autónoma que non subordine a nosa alternativa a forzas estatais e que preserve unha alternativa necesaria para mudar a realidade de Galiza", acrecenta. "O BNG entende que as alianzas de IU, Podemos e Anova son lexítimas e respeitábeis, mais encarnan outro proxecto diferente ao noso" O obxectivo eleitoral que se marcan as teses a debate é nidio: ter unha "presenza significativa" e contribuír á derrota do PP, entendida esta non como a derrota dunha sigla, senón como a posta en andamento dun "cambio real na Galiza". Nese cambio, o BNG, sempre nunha perspectiva post-eleitoral, sitúa o campo dos "diálogos" e dos "acordos", concebidos como "valores democráticos que vimos practicando e que deben ser o noso sinal de identidade". Votos particulares Segundo puido saber Sermos Galiza, dous votos particulares -partidarios de estabelecer coligazóns "técnicas" e "en pé de igualdade" coas forzas da Marea- foron formulados a este relatorio: un asinado pola integrante do Consello Nacional Alba Nogueira e outro da autoría conxunta das deputadas Carme Adán e Tereixa Paz. As teses, após seren avaliadas este sábado polo Consello Nacional, pasarán a ser debatidas e emendadas nas asembleas comarcais, entre o 3 e o 15 de febreiro.
NOS_51771
Helena Domínguez traballou e colaborou en varios medios de comunicación galegos (Vieiros, A Nosa Terra, Radio Galega) e tamén en gabinetes de prensa privados en Barcelona. Dirixe desde outubro de 2005 a publicación 'A Micro Pechado', voceiro da asociación de Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya, ERGAC é algo máis que unha publicación asociativa.
Como definirías A Micro Pechado (AMP)É unha publicación galega que se fai en Catalunya con perspectiva catalá. Ten dous obxectivos fundamentais: cubrir a actualidade da comunidade galega en Catalunya e outra servir de ponte entre as dúas culturas. Interésanos todo o que teña que ver con Catalunya que se desenvolva na Galiza e todo o que teña que ver con Galiza que se desenvolva en Catalunya, sobre todo a nivel cultural.Mais hai outras publicacións galegas en Catalunya...Ningunha. Só as dos centros galegos que agora tamén están mal porque o papel é caro, estamos en crise, e case ningunha entidade galega en Catalunya mantén unha publicación con periodicidade regular. Coido que a única é a de Cornellà con Lúa nova que é anual e o Centro Galego que retomou Alborada. Mais son publicacións internas de cada entidade. Falan das actividades que fixo o centro, as fotos... e A Micro Pechado pretende ser unha publicación de información xeral que sae cada dous meses.En A Micro Pechado escribiu xente moi diversa?Sempre tivo cabida toda a intelectualidade galega en Catalunya, como Basilio Losada, Helena González, Camilo Valdehorras, Xosé Aviñoa... xente sobre todo vencellada á universidade. 'A Micro Pechado pretende ser unha publicación de información xeral que sae cada dous meses' Como se relacionan os programas de radio e a publicación escrita?A principal sinerxia prodúcese cando hai concertos e espectáculos. Imos gravar entrevistas para a radio que logo se aproveitan para o AMP. Tamén serve para darlle cohesión aos programas. Actualmente só hai un mais cando hai varios o nexo de unión é a propia publicación. Nela informamos dos horarios e seccións. É unha canle de comunicación de ERGAC cara a fóra mais tamén de xeito interno. Hai que ter en conta que somos un colectivo de xente que traballa en rede. Non temos unha sede, un local. Neste sentido o AMP funciona como plataforma de cohesión.A Xunta ten en conta a vosa achega de difusión do país en Catalunya?As liñas de axudas da Xunta que hai no noso caso son a través da Secretaría xeral de emigración e nós, realmente, o máis apropiado sería que estivesemos en contacto coa Dirección xeral de política lingüística ou a consellaría de Cultura. En Emigración promociónase a axuda social, sobre todo en América. ERGAC e o AMP quedou sempre un pouco á marxe. Aínda así durante o goberno anterior da Xunta había un premio especial para medios de comunicación galegos do exterior, unha liña específica; dela conseguimos uns fondos dos cales aínda hoxe tiramos.
NOS_15805
Desagravio e homenaxe ás vítimas, condena da impunidade e derrogación da Lei de Aministía do 77 e protesta contra a apoloxía do franquismo. Son os tres eixos do acto que o próximo día 13 de outubro a Iniciativa Galega pola Memoria organiza en Montecubeiro, escenario dunha das masacres do 36.
En Montecubeiro, no concello de Castroverde, terá lugar o domingo día 13 ás 12.30 da mañá o acto nacional de homenaxe e dignificación das vítimas do franquismo que organiza a Iniciativa Galega pola Memoria, ao pé do monolito no que se lembran ás 15 persoas asasinadas en 1936. A IGM organiza este acto "diante das repetidas actuacións de apoloxía e enaltecemento do franquismo ocorridas nos últimos tempos" que, ao seu ver, son consecuencia da Lei de Amnistía do ano 1977 "que pon no mesmo nivel a vítimas e a verdugos" e permite que que manifestacións como as dos alcaldes de Baralla ou Beade queden impunes. Piden, por iso, a derrogación da lei e a condena dos actos de enaltecemento do franquismo. No acto de Montecubeiro intervirán o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, o representante da área d Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e o escritor e profesor Claudio Rodríguez Fer como representante da Iniciativa Galega pola Memoria. O ex-director da Unesco e presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza pechará o turno de intervencións nun acto que contará tamén coa voz e a música de Mercedes Peón.
PRAZA_5529
Nun comunicado acusa a directora de Turismo de Galicia, de "mentir" cando promete "garantir que a fortaleza seguirá sendo pública" co proxecto de dedicar o seu núcleo a un hotel de luxo explotado, en principio, por Paradores.
O conflito aberto polo proxecto da Xunta de Galicia de converter o Castelo de Monterrei nun establecemento hoteleiro de luxo xestionado por Paradores segue aberto. E semella que a intervención pública hai uns días de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que buscaba responder as críticas lanzadas por expertos e entidades sociais, non fixo máis que reafirmar os argumentos destas críticas e redobrar a mobilización na súa contra. Castro prometeu que a Xunta "non privatizará o castelo de Monterrei", e baseou esta afirmación en que a xestión deste futuro hotel de catro estrelas se fará a través de Paradores, unha empresa pública. Porén, dende a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei contestáronlle de inmediato sinalando as contradicións no seu discurso, pois na mesma intervención Nava Castro deixou a porta aberta a que o actual Parador de Turismo de Monterrei (situado fóra do castelo, a tan só 200 metros) pois ser xestionado por un operador privado. "Non está sendo xestionado o Parador de Verín pola mesma empresa pública pola que nos garanten que o castelo seguirá en mans do Estado?", afirma a plataforma nun comunicado, no que manteñen a súa crítica a que "pase a mans privadas" un castelo que é "un edificio público restaurado con cartos de todos". Semella que a intervención pública de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, que buscaba responder as críticas lanzadas por expertos e entidades sociais, non fixo máis que reafirmar os argumentos destas críticas e redobrar a mobilización na súa contra A Plataforma sinalou unha vez máis a incoherencia de investir unha importante suma económica na conversión en hotel de luxo do núcleo da fortaleza, habendo un outro Parador en funcionamento, deficitario, e que ten que pechar catro meses ao ano por falta de demanda. Instaron a Nava Castro, polo tanto, a solucionar este problema de demanda no actual Parador, no canto de crear un novo. Castro, ademais, baseou a necesidade de construír un novo establecemento na falta de prazas hoteleiras en Verín, que obriga a moitos visitantes -afirmou- a buscar aloxamento en Portugal. "Hai máis de 600 prazas e demostrouse que son demasiadas", din dende a Plataforma. "Non se pode hipotecar o castelo e ceder á súa privatización por un día puntual de tempada no que Verín non conte con prazas hoteleiras suficientes", conclúen. Oposición á ocupación do núcleo da fortaleza "Non se pode hipotecar o castelo e ceder á súa privatización por un día puntual de tempada no que Verín non conte con prazas hoteleiras suficientes" Na súa intervención Nava Castro asegurou que o 83% do castelo de Monterrei seguirá sendo visitable cando se convirta en Parador, unha afirmación de que foi cualificada de "mentira" pola Plataforma. "Para chegar a esa porcentaxe incluíu espazos exteriores, viais, rampas de acceso e demais superficie do entorno monumental", din. De igual xeito, o arquitecto Xerardo Seoane Fidalgo, integrante do Foro Monterrei que xa hai unhas semanas amosara a súa posición contraria ao uso privado da fortaleza, destaca nun artigo que o máis grave do proxecto impulsado pola Xunta é a ocupación do núcleo do castelo: "Este núcleo é a esencia do recinto do Castelo e o que caracteriza a fortaleza. Dado o seu carácter de Praza Pública —Monterrei é como unha pequena cidade— se se altera o seu uso público, transformando o núcleo monumental nun hotel, todo o conxunto se vería desnaturalizado e perdería o seu carácter". "Se se altera o seu uso público, transformando o núcleo monumental nun hotel, todo o conxunto se vería desnaturalizado e perdería o seu carácter" Seoane apunta a alternativa de, no caso de querer construír un novo establecemento hoteleiro en Monterrei, de rehabilitar algunha das edificacións anexas á fortaleza, fóra do seu núcleo, ou mesmo de construír algunha nova, nalgún dos terreos baleiros que existen no recinto: "Se o conxunto se formou a través dos séculos, por que no século XXI non pode facerse unha achega arquitectónica á fortaleza que contribúa a engrandecer o seu patrimonio en lugar de actuar desnaturalizando a súa esencia? Existen moitas intervencións no patrimonio nacional nesa liña, como pode ser o caso de Olivenza e o de Alburquerque, entre outros". Ademais, salienta que "o novo uso proposto non é afortunado—non dubidamos da calidade do proxecto nin dos materiais a empregar—, pero resulta difícil de crer que o establecemento teña a categoría de catro estrelas cando practicamente carece de ventás". E lembra que no decreto de cesión do edificio do Estado á Xunta de Galicia en 2010, non se prevía un uso hoteleiro e que "agora preténdese cambiar o acordo de cesión para introducir o uso hoteleiro e, en concreto, para un Parador de Turismo. O concepto de Utilidade Pública e interese social, aínda que é bastante aberto, non o é tanto como para facer un hotel á beira doutro que non funciona", afirma. Destaca que "chama poderosamente a atención o feito de que se proxecte unha actuación reversíbel, é dicir, que se poida desfacer sen danar o edificio, o que nos dá unha idea da ilusión e expectativas de futuro con que a Xunta de Galicia acomete as obras". E conclúe que "a adaptación do Palacio dos Condes e da Casa Reitoral para un Parador de Turismo é un acto autoritario, que se intentará encubrir dentro da máis estrita legalidade, como ocorreu sempre". Críticas de José Luis Cuerda "A adaptación do Palacio dos Condes e da Casa Reitoral para un Parador de Turismo é un acto autoritario, que se intentará encubrir dentro da máis estrita legalidade, como ocorreu sempre" A oposicion ao proxecto hoteleiro chegou mesmo dende o director de cinema José Luis Cuerda, que ao saber da situación que ameaza a integridade da fortaleza, pediu a través dun comunicado remitido á Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei que "ninguén poña sus torpes poutas avarentas e delitivas" neste monumento. Cuerda sinalou ademais que "alguén con malicia, ocultamento e na crenza de que posúe poder omnímodo anda violentando as entranas do castelo de Monterrei para, desprezando a súa historia e as leis, convertelo nun inútil establecemento hoteleiro".
PRAZA_5622
Creo que esa entrevista, se González actuou efectivamente como analista e portavoz desa gran operación política, revela dúas cousas: o preocupados que están ese cártel de poderes que domina España e tamén que non se pon límites para actuar. Presionan e presionarán o que faga falta para conseguir os seus obxectivos por encima da vontade da cidadanía.
Hai un par de semanas ninguén apostaría a que unhas eleccións europeas fosen unha verdadeira proba; con todo, non cesan de brotar incidencias desde o ventre do sistema político español e o cheiro e a cor desas supuracións indican a gravidade dos danos. Merece unha verdadeira reflexión a montaxe do Ministerio do Interior, a persecución de mensaxes en Twitter con expresións rabiosas contra o Goberno e o seu partido Paradoxalmente, a nota máis rechamante e sanguenta é o asasinato dunha dirixente do PP a mans de dous militantes do mesmo partido. Con todo, nesa morte resoou inmediatamente na sociedade o eco de toda a violencia que se foi almacenando nos últimos tempos. Políticas económicas e sociais que son verdadeiras agresións a persoas, nalgúns casos puros roubos e noutras agresións físicas utilizando as policías, violencia constante que latexa no debate político e na sociedade na vida diaria e nas conversas. Merece unha verdadeira reflexión a montaxe do Ministerio do Interior, a persecución de mensaxes en Twitter con expresións rabiosas contra o Goberno e o seu partido. Vemos que non se perseguen as constantes ameazas ou expresións semellantes desde a dereita, nunca fixeron caso das denuncias de Pilar Manjón, quizá o seu erro foi non afiliarse ao PP para que a escoitasen, unha violencia homicida constante para calquera que disinta da ideoloxía oficial. O terrorismo foi a gran panca para atacar a Zapatero, á esquerda e aos nacionalismos periféricos e agora, como non, é a gran coartada para criminalizar a disensión. Con todo, a operación tamén delata un medo real a ese rancor que se vai almacenando e que se pretende conxurar dese modo infantil. Só a complicidade dos medios de comunicación, e do PSOE co seu silencio, sosteñen o goberno dun partido probadamente corrupto Pero algo que sobrevoa ominosamente (aterrará no medio da campaña?) é o coñecemento de que existe outra conta en Suíza dunha figura importante do PP, unha conta millonaria con diñeiro tan negro que o propio banco desconfía da súa procedencia. En calquera momento pode saltar un nome a algún medio descontrolado e golpearanos unha nova labazada de merda. Só a complicidade dos medios de comunicación, e do PSOE co seu silencio, sosteñen o goberno dun partido probadamente corrupto, salvar a situación esixe simular cegueira ante o elefante que se ten diante e actuar coma se este fose un estado de cousas normal (o colmo do descaro e a estupidez é que alguén se atreva a chamar despectivamente a algún país república bananeira. Un pouco de respecto, as repúblicas bananeiras son países serios ao lado desta España de Rajoy). Constantemente óense e lense desautorizacións da vontade de votantes que desexan votar outros partidos Pero o que desvela a gravidade dos danos do sistema político desta restauración democrática é o papel de Felipe González e as súas declaracións o pasado domingo (El Objetivo en La Sexta). Deixemos de lado a valoración das enquisas preelectorais e o que auguran e se existe un esborralle, retroceso ou, como apunta El País, un repunte do bipartidismo, o que é evidente e lóxico é un desapego dunha parte de votantes cara a eses dous partidos e ante iso o único democrático é aceptalo. Con todo, constantemente óense e lense desautorizacións da vontade de votantes que desexan votar outros partidos, seica non son partidos legais?, e sacódense pantasmas de inestabilidade, inseguridade e etc. se resulta un parlamento diferente ao actual dominado por eses dous grandes partidos. Parece moi real que nos atopamos ante unha gran operación para combater a vontade da cidadanía, unha operación da que non coñecemos os seus límites. Até onde están dispostos a chegar? O que é moito máis grave, parece moi real que nos atopamos ante unha gran operación para combater a vontade da cidadanía, unha operación da que non coñecemos os seus límites. Até onde están dispostos a chegar? Desde hai semanas, ante o evidente desgaste do bipartidismo monárquico debido á corrupción, á xestión da crise económica por gobernos dos dous partidos, ao descrédito da Monarquía e, dun modo moi agudo, ante a demanda dos cataláns de decidir o seu futuro, fálase dunha operación fraguada na corte entre os poderes económicos, mediáticos e políticos para conducir a situación actual. Hai referencias desta operación política máis ou menos detalladas aquí e alí. Na citada entrevista a González este pareceu portavoz deses intereses, referiuse á coalición alemá, criticou por inoperante o que chamou "dispersión do voto" e salientou a súa vontade de que o partido socialista participase nun goberno de concentración co PP "se o país necesitase sumar forzas para enfrontar unha crise, que non é unha crise, que non é a crise que vivimos, que xa é durísima..., é unha crise de definición do país". Fálase dunha operación fraguada na corte entre os poderes económicos, mediáticos e políticos para conducir a situación actual É interesante, en si mesmo, o papel político que se arroga González. Desaparecido Suárez, desactivado Aznar e perdido o seu predicamento, e con Zapatero ao carón someténdose ás decisións do seu partido, aparece coma se fose o único pai da patria e un demiurgo que emerxe nun momento de crise total. Con iso González agrava aínda máis a situación política non deixando monicreque con cabeza ao descualificar como dirixentes tanto a Rubalcaba como a Rajoy: "Sabe o máis preocupante para todo o mundo o que é? Que ninguén sexa capaz, con credibilidade, de dicir en vinte minutos que quere facer con España para o próximos dez anos". Para comprender ata que punto González fala en serio é necesario lembrar ou coñecer como chegou ao poder no medio da crise de estado e o golpe que tombou a Suárez A descualificación completa de Rajoy, nada menos que o actual Presidente do Goberno, non é moi apropiada en alguén que presume de sentido de estado pero o que fixo con Rubalcaba revela que non hai límites nesa operación, están dispostos a apartar a uns e outros, que foron elixidos respectivamente pola cidadanía e polos militantes. Para comprender ata que punto González fala en serio é necesario lembrar ou coñecer como chegou ao poder no medio da crise de estado e o golpe que tombou a Suárez. Respecto diso hai dous momentos clave naqueles meses, a manobra ao redor de Armada para crear un goberno de concentración de todos os partidos, exceptuados vascos e cataláns, e a reunión que convoca o Rei inmediatamente ao golpe na Zarzuela cos representantes dos partidos, exceptuados novamente vascos e cataláns. A experiencia de Felipe González educouno en menosprezar a vontade cidadá, preteritada pola vontade dos poderosos. Os argumentos, xa se sabe, son o sentido de estado, a responsabilidade e o que faga falta. Presionan e presionarán o que faga falta para conseguir os seus obxectivos por encima da vontade da cidadanía Creo que esa entrevista, se González actuou efectivamente como analista e portavoz desa gran operación política, revela dúas cousas: o preocupados que están ese cártel de poderes que domina España e tamén que non se pon límites para actuar. Presionan e presionarán o que faga falta para conseguir os seus obxectivos por encima da vontade da cidadanía. Non sabemos todo o que se move na sombra nesa corte dos milagres pero, sen dúbida, debe preocupar a quen crea na democracia.
NOS_49998
A formación presentou na Coruña as persoas integrantes das súas candidaturas a Congreso e Senado.
En Marea presentou este sábado na Coruña a súa candidatura para as eleccións xerais. As integrantes das listas que a formación presentará aos comicios do 28 de abril para o Congreso e o Senado déronse cita no Parrote para escenificar oficialmente o inicio da precampaña. "É o tempo da esperanza para o noso país, e con ese obxetivo En Marea presenta unha candidatura ao Congreso e ao Senado que quere acompañar ese tempo de esperanza, ilusión e futuro", manifestou Luis Villares, portavoz da organización. "En Marea quere postularse como unha forza política que sexa decisiva para un futuro que ten que ser necesariamente máis democrático, máis social e máis inclusivo", dixo, subilñando que "somos unha forza cidadá que non se subordina aos partidos políticos clásicos, que non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos". Esa é, acrecentou, "a nosa oferta electoral, o noso contrato social, o noso compromiso co conxunto da sociedade do noso país e co cal agardamos un apoio maioritario nas eleccións do 28 de abril".
NOS_29011
Inhabilítao provisionalmente tamén como deputado da Cámara por ter empregado o seu cargo para "avergoñar, intimidar parlamentares, colaboradores, avogados e axentes públicos" para "obstaculizar e demorar as investigacións" da Lava-Jato.
Eduardo Cunha (PMDB) foi suspendido por orde do Tribunal Supremo do Brasil provisionalmente do seu cargo como presidente do Parlamento e tamén como deputado da Cámara. O político está a ser procesado xudicialmente no marco da Operación Lava-Jato por presuntos delitos de corrupción. Será substituído por Waldir Maranhão, do Partido Progressista, tamén imputado O que é unha das principais figuras promotoras do proceso de destitución (impeachment) contra a presidenta do Brasil, Dilma Rousseff, foi afastado das súas responsabilidades por orde do xuíz instrutor do caso, Teori Zavascki, e logo de que a Fiscalía o solicitase documentando até 11 casos nos que tería usado o seu cargo para "avergoñar, intimidar parlamentares, colaboradores, avogados e axentes públicos" para "obstaculizar e demorar as investigacións", segundo recolle o diario portugués Publico.pt. No lugar de Cunha asumirá a presidencia da Cámara Waldir Maranhão, do Partido Progressista, investigado tamén por corrupción. A decisión xudicial fai caer o que previsibelmente se tornaría no número dous de Michel Temer se finalmente a destitución de Rousseff vai adiante.
PRAZA_959
ENTREVISTA Manel Cráneo conversa con Palavra Comum sobre a banda deseñada, a ilustración, a creatividade e unha morea de proxectos de futuro.
O debuxante Manel Cráneo reborda creatividade. Nesta conversa con Palavra Comum fala devagar sobre a banda deseñada, a ilustración, a o proceso creativo e a morea de proxectos de futuro que ten en mente. Que supoñen para ti a ilustración e a banda deseñada? Son dous medios diferentes que veño practicando durante máis de dúas décadas. O primeiro que penso en comparativa é que un pode ser un excelente autor de banda deseñada e ao tempo un pésimo ilustrador de libros e viceversa, calquera que domine medianamente ben as dúas disciplinas sería xa un autor versátil.A ilustración é un dos meus oficios básicos e a banda deseñada a miña paixón. O primeiro deume de comer moitos anos e do segundo podería morrer de fame sen problema. Está mellor valorada economicamente a ilustración que a BD: é lamentable se temos en conta que a BD supón un enorme sacrificio e iso só o sabemos os que facemos ámbalas dúas cousas. Creo que a banda deseñada é unha arte maior, onde un ten que dirixir toda unha orquestra. É un medio onde non é suficiente debuxar, hai que escribir, argumentar, planificar dentro duns parámetros de narrativa visual, dirixir actores de papel e moito máis. Un bo autor de BD está obrigado a manexar moitos elementos dispares con total afinación para montar o crebacabezas que supón orquestrar unha novela gráfica.A ilustración tampouco é algo doado se realmente o fas ben, hai unha tendencia a chamar ilustrador a calquera que debuxa cousas para un libro, pero desde a miña perspectiva non todo o mundo que se fai chamar ilustrador chega a desenvolver o traballo conceptual que tal misión merece. No sector editorial, na actualidade, hai moito debuxante pero non tanto ilustrador. Debuxar é algo que pode facer calquera, ilustrar non. Como é o processo de criação, no teu caso? O meu proceso creativo parte sempre do caos, como a creación do cosmos. En calquera lugar e momento pode estalar o Big Bang e a partires dese momento inicial, onde flúe unha pequena idea, deixo que iso vaia madurando, fermentando, expandíndose ao seu propio ritmo, como faría calquera universo. Isto cando fago banda deseñada especialmente e sobre todo no proceso de escritura. Hai vinte anos cuspía historias sen deixalas madurar. Por unha parte sinto ter perdido a frescura que che dá a espontaneidade, pero a cambio creo que os meus guións gañaron en profundidade. Durante anos estiven facendo historias curtas e agora estou máis centrado en álbumes e novelas gráficas, necesito máis espazo e tempo para desenvolver as miñas historias. Onde sigo sendo moi espontáneo é na miña faceta musical e noutras disciplinas onde non hai que cinguirse a unha historia e a linguaxe é máis abstracta. Na banda deseñada é máis complexo chegar ao modo de abstracción que che permite a música, alomenos desde a miña visión persoal. Cal consideras que é, debe ou pode ser a relación entre as diversas artes? Como valoras as túas experiencias nesta liña? "As relacións interdisciplinares deberían de ser algo a fomentar desde o propio sistema educativo. Eu mamei cinema, humor, teatro, literatura, cómics, música de todo tipo…" Todas as relacións son posibles se partimos da creatividade. As relacións interdisciplinares deberían de ser algo a fomentar desde o propio sistema educativo. Eu mamei cinema, humor, teatro, literatura, cómics, música de todo tipo… desde a infancia, por iniciativa propia, por algúns amigos e colegas e sobre todo pola miña nai. E nacín nunha rúa de barrio, nunha época na que a delincuencia xuvenil estaba de moda, pero iso non me afastou da cultura; reforzou a miña actitude rebelde, que é o primeiro que ten que ter un artista. Case todas as miñas mellores influencias culturais veñen da experiencia persoal e non da experiencia educativa. É moi importante que aprendamos que a mesma explosión creativa que ten un músico tena tamén un científico ou un escritor, e é un síntoma moi común na infancia que, ao cabo do tempo, se esfuma se non sabemos potencialo. A creatividade é o fío común, o que relaciona entón directamente todas as canles creativas. A esencia da creatividade é a mesma sempre, e dependendo da educación que levemos e das tendencias persoais de cada un, esta pódese enfocar por diversos e moi diferentes roteiros, desde a que aplicou Albert Einstein á ciencia ata o que aplica un clown cando fai o seu espectáculo. Eu aplícoa a todo na vida, sen excepción, e iso é o que fixo que ao cabo de anos nacese un proxecto tan aberto e ambicioso como é Planeta Mincha ou que puidese sobrevivir disto durante máis de dúas décadas. Que referentes creativos tes? Cales reivindicarías por seren pouco recoñecidos aínda? En conexión coa miña forma de ser e as miñas múltiples inquedanzas e interminables gustos, os meus referentes de cabeceira non poden ser outros que os que xa antes fixeron o mesmo ca min, non cinguirse a un lapis e un papel ou a unha guitarra e quedaren aí especializados. Castelao ou Leonardo da Vinci, por citar dous grandes exemplos universais da creatividade multidisciplinar, son referentes indiscutibles para min pero non tanto por cuestións de estilismo ou estética, senón pola súa apertura ao mundo da creatividade sen se cinguir a unha soa modalidade. Poesía, pintura, debuxo, deseño industrial, pensamento, literatura, música, filosofía, artesanía, cociña, etc. Creo que independentemente de que logo nalgúns campos te desenvolvas con maior ou menor éxito, é importante experimentar todas as plataformas posibles para o desenvolvemento creativo, sen medo nin limitacións. Intentan caparnos desde a mesma escola e xa mesmo desde que nacemos. Creo que homes do Renacemento, como da Vinci, foron os primeiros en potenciar a multidisciplinariedade ou alomenos os primeiros en facer deste xeito de ver a vida e a creación, algo visible, tanxible e transcendente no tempo. Como valoras a situación da ilustración e a banda desenhada hoxe? "O mercado editorial non axuda porque está baseado nun sistema de consumo capitalista que mira máis pola cantidade que pola calidade" Como anotaba antes, a nivel profesional a ilustración ten moitas máis alternativas e está mellor valorada economicamente a día de hoxe. A banda deseñada, na meirande parte dos casos, faise máis por paixón que como medio de subsistencia. A nivel artístico o panorama é impresionante, pero logo iso non se traduce en industria, os números non acompañan e as institucións non potencian. O mercado editorial tampouco axuda porque está moi mal argumentado e baseado nun sistema de consumo capitalista que mira máis pola cantidade que pola calidade, entre outras moitas carencias que eu lle vexo. Iso daría para outra entrevista completa. Que camiños estéticos e de comunicación das creacións á sociedade estimas interesantes para a ilustración hoxe, nomeadamente no que atinxe ao contacto co público? Agora mesmo están aparecendo cada vez máis proxectos interactivos e que relacionan off line e on line. Internet é xa unha das vías principias xa que a imaxe agora mesmo ten un peso inmenso en materia de comunicación. A xente consume en internet máis imaxes que palabras e isto está certificado. Por outra banda, estanse dando moito proxectos multidisciplinares que mesturan música e ilustración en directo, concertos ilustrados, robótica e arte, novas tecnoloxías e grafismo, etc; que converten a arte do debuxo en espectáculo abrindo a outro tipo de alternativas aos autores gráficos, que durante anos estivemos debuxando agochados nunha cova. Temos moitas alternativas a día de hoxe e imos ver cousas fantásticas neste aspecto, no presente e nun futuro inmediato. Todo isto depende tamén da amplitude de visión dos propios autores. Nunca tantas vías e ferramentas tivemos e xamais tantas canles de información coma hai agora, iso só pode ser favorable para as mentes creativas. Fálanos da tua experiência com Demo Editorial… Partiu da sémola da autoxestión. Nun momento dado decido facer todo eu mesmo e autoedito, coa colaboración de Euroeume, Os lobos de Moeche. O cómic converteuse nun éxito e comezan a chegar ofertas doutros autores. Non era a miña intención facerme editor pero, como todo na miña vida, fluiu naturalmente. Tiña a experiencia da década dos 90 como fanzineiro, pero a nivel profesional partía de cero como editor. Isto foi en 2009 e desde entón levamos publicado algo máis dunha vintena de cómics de máis dunha ducia de autores galegos, e en lingua galega. Descubrimos novos valores como Miguel Cuba, Manolo L. Poy, Miguel Fernández ou Tomás Guerrero e rescatamos vellas glorias, como no caso de Tokio. Empezamos coa crise e seguimos vivos, algo estaremos facendo ben. O mellor de todo é o orgullo de estar apostando polos nosos autores e descubrindo novos valores. Xerando desde Galiza é horrible ver que houbo autores galegos que foron descubertos fóra e algúns nunca foron publicados en lingua galega. O proceso lóxico, agora mesmo, debe ser producir aquí e logo vendelo fóra. Podería falar moito e con detalle sobre este anos de editor en Demo pero de novo volvemos ter materia para outra entrevista máis. Que proxectos tes e cales gustarías chegar a desenvolver? Estou sempre con moreas de proxectos na grella. Agora mesmo veño de editar Destino Hërgüss, un proxecto composto por unha novela gráfica ambientada no Planeta Mincha, con BSO propia, na que mesmo algúns personaxes do propio cómic interpretan as súas cancións. A historia compleméntase con informacións adicionais en internet (blog e web), a demo dun videoxogo e unha morea de merchandising e varias cousas máis. O proxecto máis completo que fixen polo de agora, mais xa están chegando outros máis multidisciplinares aínda. "O que máis me gustaría chegar a desenvolver é o primeiro parque temático de Planeta Mincha, só preciso moitas hectáreas de terreo e millóns de euros" En 2015 seguirei xerando novos proxectos de Planeta Mincha, sen deixar de seguir experimentando novos formatos. Simultaneamente estou a facer tres novos proxectos de banda deseñada de ambientación histórica e a maiores disto teño en marcha multitude de proxectos en diferentes liñas: estou traballando con músicos, fotógrafos, artesáns, cinema de animación e proxectos de dinamización cultural. Teño xa catro empresas dadas de alta e fago de todo. O meu lema é: "se non hai traballo invéntase". E estouno petando con esa filosofía de vida. Ora ben, o que máis me gustaría chegar a desenvolver é o primeiro parque temático de Planeta Mincha, só preciso moitas hectáreas de terreo e millóns de euros, algún investidor forte. O resto xa o teño todo porque son consciente de que soñar é gratis e soñei un planeta enteiro que daría para moitos parques temáticos, probablemente máis molóns e coherentes que os de Disney. Tírame do carallo que me chamen tolo por dicir estas cousas: tolos son os que cren que nada é posible.
NOS_43165
O servizo postal paralizara o reparto ao entender que as mensaxes impresas nos sobres podían vulnerar dereitos.
"Los separatistas del BNG invitan a un grupo terrorista a su mitin en Santiago", "El país vasco proporciona ideología de género a los futuros maestros". Estes son dous exemplos das mensaxes impresas nos sobres electorais de Vox para as eleccións do 12-X na Galiza e Euskadi. Correos decidiu non repartir eses sobres por entender que as mensaxes que figuraban vulneraban dereitos fundamentais e invocando o artigo 16 do regulamento que lles prohibe enviar material que implique esas vulneracións. Porén, a Xunta Electoral Central ordenou desbloquear a propaganda electoral de Vox para as eleccións vascas e galegas, despois de estudar e rexeitar a decisión de Correos. A Xunta Electoral Central concluíu que Vox non viola ningún dereito e que, por tanto, a propaganda ten que ser distribuída para garantir os seus dereitos políticos e o seu acceso en igualdade á competencia electoral do 12 de xullo.
NOS_25844
Os 28 anteproxectos de contratos para 1.206 liñas de autobús son para o BNG "resultado dun deficiente traballo de campo e conteñen numerosos erros e carencias". Así o demostran, ao ver do deputado Luís Bará, as alegación presentadas polos concellos afectados. E con estes cos que o nacionalista pide "diálogo" de cara a elaborar un plan de transporte por estrada "adaptado á Galiza do século XXI".
Entre os "erros" detectados por Bará atópanse o estabelecemento de paradas inexistentes ou a creación de itinerarios imposíbeis -con direccións prohibidas ou rúas peonís. "Ponse de manifesto un xeito de proceder apresurado e chafalleiro das empresas contratadas pola Xunta de Galiza", denunciou esta cuarta feira. Ademais, entende o parlamentario nacionalista, os anteproxectos son "continuístas, limítanse na maior parte dos casos a reagrupar liñas existentes e unificar o transporte escolar e as liñas regulares para reducir custos". Non inclúen, engade, "análise polo miúdo de cada área nin un proceso de participación e diálogo cos axentes sociais e institucionais implicados". Sindicatos e patronais do ramo tamén criticaron "as carencias dos estudos económico-financeiros" dos novos contratos. Mais para o BNG hai un "problema de fondo": a concepción do plan. "É moi pouco ambicioso e non ten en conta a realidade actual do país nin a necesaria coordinación e interdependencia entre diferentes modalidades de transporte, como a bus-tren". As mudanzas que propón Luís Bará teñen a ver con "dous ámbitos complementarios": "Unha estratexia e lei de mobilidade sustentábel" e "un verdadeiro plan de transporte público por estrada froito dun amplo proceso de participación".
NOS_28666
O relixioso compartiu protagonismo co futbolista -pois este último estaba de aniversario- levando o apelido a converterse nun dos temas máis comentados en Twitter durante algunhas horas.
O Congreso deu onte un paso máis cara a consecución de que a eutanasia sexa legal no Estado Español. Cos votos en contra de Vox, O PP e a formación navarra UPN deuse un pulo á Lei Orgánica para a Regulación da Eutanasia. Con 198 votos a favor e 138 en contra non era inesperado que xurdiran as diferencias de pareceres tamén nas rúas e nas redes sociais. Para mostra unha curiosidade: o trending topic de Twitter co cardeal Cañizares como tema de moda. Malia que a normativa ten un camiño por diante e debe obter a aprobación do Senado, entre outras fases, ao saber o resultado da votación o polémico cardeal impuxo que as bandeiras ondearan a media asta e que os edificios relixiosos de Valencia amosen lazos negros en sinal de rexeitamento. O arzobispo solicitou idéntico comportamento ás e aos seus fieis, co que o debate non tardou en xurdir nas plataformas sociais levando o cancelo #Cañizares moi alto nos asuntos a tratar. Se ben é certo que coincidiu co aniversario do porteiro de fútbol do mesmo apelido e a atención foi compartida, a reacción do cardeal trouxo todo tipo de comentarios. "O neno Cañizares, cando fixo a primeira comuñón... Son os mesmos da TV13 e o seu principal obxectivo é o fascismo. Eu nunha a vin pero, segundo informacións, son fachas, foron axudantes do ditados de 1939 e seguen. Unha preciosidade de demócratas!", indicaba unusuario nunha mensaxe bastante incendiaria. Outra persoa reflexionaba sobre a decisión preguntándose por que non se fan mostrar de dor "polas vítimas inocentes en manos de pederastas eclesiásticos! Hai que deixar de sufragar a estes vividores!". "Encántame a situación. Xa está ben de dicirlle aos demáis, no nome de Deus con toda a cara ademais, o que podemos ou non podemos facer. Estos non entenden máis que de diñeiro e poder. Moi lonxe da mensaxe do seu líder", engadía outra comentarista. Mesmo houbo quen mirou a hemeroteca para falar doutras consideracións pasadas de Cañizares como que "o de violar nenos non era tan grave". No entanto, tamén tivo defensores. "O que fixo o cardeal Cañizares, deberían facelo en toda España", sostiña unha persoa noutro comentario. Mentres a catedral de Valencia escribía que a misa deste domingo do arzonispo vaise destinar a "rezar polas familias e en defensa da liberdade educativa".
PRAZA_17310
Este venres, véspera do Día Internacional dos Arquivos, convócanse concentracións en todas as cidades galegas en demanda de mellores medios para os arquivos existentes, a contratación de máis traballadores e traballadoras para poder levar a cabo as súas funcións e mellores remuneracións "adecuadas ás súas responsabilidades"
Este sábado 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos. Na véspera desta conmemoración o persoal dos arquivos galegos convoca concentracións ante os seus centros de traballo, unha mobilización impulsada pola APTAX (Asociación Profesional de Arquiveir@s da Xunta de Galicia) que terá lugar ás 12 horas e que incluirá a lectura dun manifesto. Reclaman mellores medios para os arquivos existentes, a contratación de máis traballadores e traballadoras para poder levar a cabo as súas funcións e mellores remuneracións "adecuadas ás súas responsabilidades". Denuncian que Galicia está a cola do Estado en canto ao recoñecemento e condicións laborais do persoal dos seus arquivos e reclaman unha equiparación coa situación dos seus compañeiros e compañeiras noutros territorios. Están convocadas concentracións no Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura), no Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña), no Arquivo Histórico Provincial de Lugo, no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, nos arquivos centrais das consellerías (Santiago de Compostela), nos arquivos territoriais de Pontevedra, Vigo e Lugo e nos arquivos xudiciais. As mobilizacións contan co apoio de Anabad-Galicia. Demandan a contratación de "máis arquivistas, cunhas remuneracións adecuadas ás súas responsabilidades" e reclaman a posta en marcha de "máis arquivos" e a achega de "máis medios e infraestruturas para os que xa existen" Subliñan que os arquivos "son patrimonio da cidadanía" e "configuran a nosa identidade e a nosa memoria". "Nese patrimonio teñen que ter voz e presenza todas as persoas polo que se deben conservar documentos que acheguen todas as miradas, todas as visións: a perspectiva das mulleres, das minorías, dos colectivos racializados", destacan. O persoal dos arquivos fai fincapé igualmente en que "desenvolvemos un traballo fundamental para conservar o patrimonio, para conformar a memoria e para a gobernanza dos territorios", polo que demandan a contratación de "máis arquivistas, cunhas remuneracións adecuadas ás súas responsabilidades", reclaman a posta en marcha de "máis arquivos" e a achega de "máis medios e infraestruturas para os que xa existen". E, finalmente, esixen que "as administracións cumpran as leis de arquivos".
NOS_11226
Centos de persoas manifestáronse en Compostela en solidariedade cos presos e a presa independentistas que van ser xulgadas en Madrid o 24 e 25 deste mes baixo a acusación de pertenza a Resistencia Galega.
Unha manifestación mostrou o apoio a Maria Osório, Antom Santos, Eduardo Vigo e Roberto Rodrigues, independentistas que van ser xulgados os próximos días 24 e 25 na Audiencia Nacional de Madrid e que se enfrontan a unha petición de 64 anos de prisión. Responderán aos cargos de pertenza á organización terrorista, tenza de explosivos e falsificación de documentos. Máis de trinta organizacións sociais e política asinaron tamén un manifesto solidario que se pode apoiar tamén na rede como unha mostra máis de apoio aos catro independentistas. Partidos políticos, colectivos sociais e sindicais apoian o manifesto no que se denuncia a "excepcionalidade xurídica a que estám submetidos os cidadáns galegos Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues e Antom Santos presos sem se celebrar o seu juízo desde há ano e meio e dispersados a centos de quilómetros dos seu slugares de residência". Mostran da mesma maneira a solidariedade coas familias por estaren a sofrer os efectos da dispersión. Manifestan tamén a preocupación polo "impulso político" que adiviñan no xuízo desenvolvido por unha Audiencia Nacional que, ao seu ver "responde a directrizes políticas e carece das mínimas garantías jurídicas exigíveis, como já denunciárom organizaçons de direitos humanos e instáncias internacionais". Sería, ao seu ver, "unha estratagema do Estado para abrir as portas á criminalizaçom do soberanismo, facilitando detençons, ilegalizaçons e o agravamento do já de por si agudo déficit democrático que suportamos". "Organización Terrorista" As organizacións asinantes do manifesto sinalan como unha grande preocupación a posibilidade de que a Audiencia Nacional ditamine "a existéncia dumha "organizaçom terrorista" na Galiza da que supostamente fariam parte os processados e a processada Maria Ossório". Consideran que se trataría dunha "estratagema do Estado para abrir as portas à criminalizaçom do soberanismo, facilitando detençons, ilegalizaçons e o agravamento do já de por si agudo déficit democrático que suportamos". Asinan o manifesto trinta colectivos e entidades, entre ellas Agir, Causa Galiza, Ceivar, Frente Popular Galega, Federación Rural Galega, Galiza Nova, GalizaLivre, Isca!, Liga Estudantil Galega, Mulheres Nacionalistas Galegas, Movemento pola Base, Nós-Unidade Popular, Rede Feminista Galega ou Siareiras Galegas.
NOS_58427
Os traspasos de locais en hostalaría e comercio aumentaron 35%.
Rúas de cidades e vilas galegas repiten acotío unha mesma imaxe: escaparates de estabelecementos comerciais fechados. A crise derivada da pandemia da Covid, sumada á elevada inflación, en cifras nunca antes vistas, está a provocar unha importante detracción do consumo que golpea especialmente a sectores como o comercio e a hostalaría. Isto tradúcese na práctica no feche de centos de locais comerciais, unha tendencia que xa vén de lonxe, pois agudizouse no comezo da década pasada co feche de sucursais bancarias polos diferentes procesos de concentración levados a cabo no sector. Hoxe hai na Galiza máis de 7.000 baixos baleiros, segundo revela un informe elaborado pola Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), que tamén inclúe o factor demográfico, pois sinala que algúns destes locais, após a xubilación das súas antigas persoas arrendatarias, non se volven alugar. As cifras desmenten o alarmismo da Xunta: a 'okupación' cae 31% desde 2019 Outro aspecto sobre o que chama a atención Fegein é que o dinamismo si entende de xeografía. Así, nas cidades galegas estabilízanse ou crecen levemente as novas aperturas, mentres que son os municipios de interior e máis pequenos os que levan a peor parte. "A actual situación económica e sanitaria, sumado a un auxe sen precedentes do circuíto de comercialización en liña, agravará os feches no comercio e hostalaría-restauración nos próximos meses con especial incidencia nos municipios de interior e máis pequenos", alerta o presidente de Fegein, Benito Iglesias. Dúas realidades Ourense (+8,3%), Vigo (-2,2%) e A Coruña (+5,8%) son as cidades galegas con máis locais baleiros na actualidade, con 1.300, 1.075 e 900 inmóbeis, respectivamente. Este exceso de oferta explica en parte que os prezos dos alugueres baixasen levemente en todas as áreas metropolitanas galegas, sendo Vigo e A Coruña as que menores baixadas rexistran. De feito, a federación fala dunha Galiza "de dúas velocidades", cunhas áreas que avanzan e aglutinan 80% da oferta e demanda, e outros case 300 municipios onde a demanda queda reducida ao núcleo máis céntrico e só representa 20% do total. Principais ocupantes En xeral, a restauración, o téxtil e as actividades de alimentación son os sectores que concentran a maioría das operacións de locais comerciais, sendo as rúas céntricas as máis demandadas. Nos últimos meses, a hostalaría, con moitos negocios arrastrando aínda as consecuencias dos feches e restricións pola pandemia, protagoniza moitas destas operacións. Tanto é así que no primeiro trimestre do ano aumentaron 35% os traspasos nos sectores de hostalería, restauración e comercio, como tamén se incrementaron "considerabelmente" os conflitos nos pagamentos do aluguer entre arrendadores e arrendatarios, apuntan desde Fegein. Con todo, para as persoas propietarias, manter un local comercial fechado representa uns gastos medios anuais de 3.000 euros. Por iso, desde a patronal inmobiliaria aconsellan polos en aluguer ou á venda a prezo de mercado, para que poidan sacar rédito por eles e que non estea sen actividade. A Xunta aposta en facilitar a conversión de locais en vivendas A pesar de que a Galiza ten, como lembran desde Fegein, a maior porcentaxe de vivendas baleiras de todo o Estado español, a Xunta anunciou a súa intención de modificar as normas de habitabilidade para facilitar a conversión de baixos baleiros en vivendas. Para iso, segundo explicou a conselleira Ángeles Vázquez en sede parlamentaria, este cambio na norma pretende salvar certas cuestións que "non facían posíbel" que os baixos se convertesen en vivendas. Nese sentido, puxo como exemplo "a protección de vistas" e o espazo que hai que deixar para poder considerar vivenda. Con todo, Vázquez sinalou que esta modificación non se pode realizar "de maneira indiscriminada". Por iso tenderán a man aos concellos para que sexan estes os que indiquen as zonas exentas desas proteccións.
PRAZA_4554
A asociación galega maniféstase xunto a outros colectivos ante o Ministerio de Xustiza contra a insuficiente amparo que as vítimas da violencia machista reciben das administracións e acusa a medios e partidos políticos de "invisibilizar" o problema.
A asociación Ve-la Luz leva a súa loita a Madrid e espállaa polo resto do Estado. Na loita contra a "desprotección das mulleres maltratadas e dos seus fillos" por parte das administracións, a agrupación con sede na Coruña liderou esta mañá unha mobilización fronte ao Ministerio de Xustiza para volver denunciar que o sistema non protexe dabondo as vítimas da violencia machista e que, na súa opinión, tanto os medios como as formacións políticas "invisibilizan" o problema. Foi unha xornada reivindicativa máis dun colectivo que leva días en Madrid participando en diversos coloquios e xuntanzas e que contou co apoio doutros movementos cidadáns como o 15M ou os yayoflautas. Ve-la Luz lidera unha mobilización ante o Ministerio de Xustiza na que denuncian que o sistema non protexe o suficiente as vítimas da violencia machista Ve-la Luz espalla agora a súa loita logo de dúas folgas de fame de varias das súas activistas -a última de case un mes e finalizada o pasado 4 de xaneiro e á que se uniron varios grupos máis en España- nas que solicitaron unha "protección real" para as maltratadas e os seus fillos, pedindo medidas para que, no caso de que haxa indicios de violencia de xénero, se suspendan as visitas e se impida o acceso destes supostos maltratadores á custodia dos nenos, así como que, de haber condena firme, se lle retire a patria potestade e se suspenda o réxime de visitas ao pai. Non acadaron boa parte das súas reivindicacións, pero si que o Parlamento galego se comprometese a crear unha comisión de investigación sobre a situación real das vítimas e nas que elas terán voz Gloria Vázquez, presidenta de Ve-la Luz, foi de novo a voceira das reivindicacións en Madrid, onde volveu denunciar que as mulleres "non atopan protección suficiente para poder presentar denuncias" e insistiu en que moitas veces son "desacreditadas". Segundo ela, "o sistema non convida a que as mulleres dean un paso adiante" e, ademais, as maltratadas adoitan "entrar nun circuíto no que se atopan cunha trampa mortal". "O sistema non convida a que as mulleres dean un paso adiante; acaban entrando nun circuíto que é unha trampa mortal" A portavoz da asociación galega non dubida en acusar a Policía e a Guarda Civil de, en moitas ocasións, "negarlle ás mulleres o dereito a poñer unha denuncia" ou mesmo "sesgar" esas denuncian. Gloria Vázquez advirte da "normalización e desculpa" de actos violentos, pero tamén da "falta de medios" das forzas de seguridade, ou incluso da "ideoloxía machista" que prevalece na Benemérita. Lembrou tamén que de cada cen denuncias persentadas por violencia de xénero, 61 son arquivadas, así como que a Lei Integral contra a Violencia de Xénero non conta cos medios necesarios para que sexa aplicada ou que as maltratadas teñan que pagar as taxas xudiciais. "As mulleres non poden saír do círculo da violencia", engadiu Gloria Vázquez, que xunto con outra compañeira mantivo en Madrid xuntanzas coa secretaria de Igualdade da Comisión Executiva Federal do PSOE, Purificación Causapié, e cun representante do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, ademais de coa delegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Blanca Hernández. Ve-la Luz cre que ela mesma "é consciente" da situación, pero acúsana de "non poñer medidas efectivas" para arranxar estes problemas. Ve-la Luz mantivo xuntanzas con varios colectivos, incluída a delegada do Goberno para a Violencia de Xénero Do mesmo xeito, Ve-la Luz volveu solicitar protección para os fillos das vítimas, xa que "un maltratador non pode ser máis que un proxenitor, pero non un pai", lembrando que moitas mulleres perden a custodia dos nenos tras denunciar. Gloria Vázquez tamén insistiu na "invisibilización" da violencia machista por parte de políticos e medios de comunicación, unha denuncia que levan tempo facendo. Ademais, aseguran que, segundo os seus cálculos, foron 63 as vítimas de violencia de xénero no Estado en 2013, e non as 48 que indican as cifras oficiais. As protestas de Ve-la Luz chegan logo do terrible asasinato machisa dunha muller e a súa filla en Cervo e polo que xa hai convocadas diversas concentracións en Galicia. Con estas dúas mortes, son xa catro as asasinadas no conxunto do Estado neste 2014.
NOS_40169
Trece anos desta iniciativa promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia para que a planta de gas marche da Ría.
Máis un ano, e xa van trece, ducias de persoas tomaron parte na Marcha a pé contra Reganosa que convoca o Comité Cidadán de Emerxencia, unha iniciativa que mantén viva a demanda de que a planta de gas se traslade fóra da Ría de Ferrol. A marcha a pé arrancou en Caranza e após unha breve parada de descanso, como é tradicional, no Pote, en Maniños, srematou na Asociacións de Veciños O Cruceiro de Mehá, onde tras breves intervencións do Coordinador, Manuel R. Carballeira e da Presidenta da AA. VV. Luz Marina Torrente, as asistentes, disfrutaron de petiscos e convivio. "Para salvar a Ría e a via, Reganosa ten que estar fóra" foi o lema escollido para a Marcha que decorreu este ano. Ao longo destes anos houbo varias sentenzas contra Regonsa, como a do Tribunal Supremo que anulaba plan de emerxencia exterior. En 2016 a Xunta converteuse no segundo maior accionista de Reganosa despois de pagar 8,9 millóns de euros por unha parte das accións de Gasifica, entidade na que están asociados os grupos enerxéticos Gas Natural Fenosa e Unión Fenosa Gas.
PRAZA_1375
A participación é un dos conceptos máis enunciados por moitas das candidaturas que concorreron ás eleccións do 24M, que propoñen distintos mecanismos para facilitar procesos deliberativos cun papel destacado para a cidadanía. Falamos con Xaime Subiela, consultor público e analista
A participación é un dos conceptos máis enunciados por moitas das candidaturas que concorreron ás eleccións do 24M. Ao abeiro das demandas de democracia real e doutros conceptos necesariamente ligados, coma a transparencia ou a deliberación, nos programas dos recentes comicios municipais xurdiu como prioridade a constitución de consellos sociais locais, de foros cívicos, a aprobación de regulamentos de participación cidadá, a convocatoria de consultas, a realización de plenos abertos ou a promesa da elaboración de orzamentos participativos. "Non me interesa tanto a participación como fetiche como a cultura política que a participación esixe" A cuestión agora é se esas promesas van devir en realidades, e -sobre todo- se os instrumentos e mecanismos de participación recollidos na normativa van ter unha aplicación real. "Non me interesa tanto a participación como fetiche como a cultura política que a participación esixe", destaca Xaime Subiela, analista político e consultor público en temas relacionados coa participación cidadá. De feito, o regulamento de participación cidadá de Ferrol (aprobado inicialmente en 1986 e reformado en 1998), que funciona como modelo para moitas normativas semellantes aprobadas en Galicia nos últimos anos, apenas foi aplicado na lexislatura 2007-2011, bloqueando o goberno de José Manuel Rey Varela todas as disposicións nos últimos anos. Unha boa mostra de que máis que a ferramenta importa o seu uso. "O papel aguántao todo" -di Subiela- "Hai moitas cousas que soan ben e que parece que teñen que estar no discurso e nos programas, pero non teño claro que moita xente sexa consciente de que significa esta historia". "A participación ten varias dimensións. Unha refírese a ter estruturas e órganos de participación. Pero a min interésame máis o que ten que ver co estilo de goberno, coa maneira de comprender a acción pública", engade. "A participación é o factor central de innovación política neste momento. Os movementos que poden permitir que determinadas cousas aparezan como novas teñen que ver fundamentalmente coa implicación da cidadanía" "Hai que ter coidado con identificar a existencia de determinados órganos ou estruturas con que exista participación" -explica- "Que ti teñas tres consellos de participación e algo ao que lle chamas orzamento participativo pode ser mesmo un elemento de desnaturalización da propia participación. Hai lugares nos que eses órganos están bloqueando a participación, porque acaban sendo espazos burocratizados e que non actúan e, ademais, son elementos que queiman a participación real". "Á inversa" -conclúe- "pode haber lugares nos que a participación é extraordinariamente informal e non existen eses fetiches, pero onde si hai dinámicas enormemente implicativas da sociedade". "Non é só que a xente opina, senón que a xente decide. Hai que ser capaces de construír un proxecto compartido nesa decisión" Para Xaime Subiela, "a participación é o factor central de innovación política neste momento. Os movementos que poden permitir que determinadas cousas aparezan como novas teñen que ver fundamentalmente coa implicación da cidadanía". "Hai un elemento de rexeneración democrática moi claro neste momento: todo o que ten que ver coa transparencia, cos códigos éticos, cun goberno limpo, que non rouben, etc., todo iso é moi importante e ponse en primeiro plano, porque temos un referente negativo atroz, que é a corrupción. Neste momento, polo tanto, a lóxica da transparencia é central" -comenta- "Pero todo iso ten un percorrido curto: sabemos que é o que non queremos, e queremos algo distinto, pero creo que o factor que pode propoñer algo alternativo ao que existe é fundamentalmente a participación, comprender que a acción pública ten que contar cos cidadáns. A participación é o que máis nos pode permitir establecer unha proposta innovadora que valide este proceso, o que nos permite facer algo distinto que atravese outras formas de facer". A participación como proxecto compartido Subiela subliña que "a participación ten unha dimensión de diálogo e de deliberación: falamos en común e decidimos en común. Non é só que a xente opina, senón que a xente decide. Hai que ser capaces de construír un proxecto compartido nesa decisión". E relega a un segundo plano a celebración ou non de consultas ou referendos, menos importantes -defende- que o conxunto do proceso deliberativo: "É importante que a xente poida decidir sobre determinadas cousas, por exemplo a través dun referendo, pero creo que o central da participación é ese construír en común. E iso quere dicir xerar consensos sobre determinados cousas sen que iso implique necesariamente a lóxica da votación. Hai unha especie de fascinación pola democracia directa, que entende que todo é votable. Pero máis importante que iso é entender a sociedade como un proxecto compartido que hai que facer en común. E aí a clave é o diálogo e chegar a acordos estratéxicos". "A participación non opera só no plano da lexitimación das políticas públicas. Ten que ver con que o diálogo permite que as decisións sexan mellores decisións, permite acertar máis, que as decisións sexan máis afinadas" O analista defende as vantaxes da participación máis aló do seu maior carácter democrático ou xusto, sinala que a participación facilita o labor de goberno, axudando a tomar mellores decisións, e cunha máis eficaz aplicación: "A participación non opera só no plano da lexitimación das políticas públicas. Ten que ver con que o diálogo permite que as decisións sexan mellores decisións, permite acertar máis, que as decisións sexan máis afinadas". "Non só debe haber debate e participación previamente á acción, senón tamén ao longo do seu desenvolvemento" Para Subiela a participación implica "trasladar unha cultura política profunda á acción". A través da participación "a cidadanía é protagonista, non é o obxecto sobre o que se actúa, senón que é o elemento que participa na conformación do que se debe facer, no desenvolvemento do que se debe facer e na avaliación e valoración do que hai que facer". "Non só debe haber debate e participación previamente á acción, senón tamén ao longo do seu desenvolvemento", comenta. "Se en algo tan básico coma a realización dunha pequena obra nunha parroquia ti implicas os veciños e veciñas, non só aproveitas o seu coñecemento e os fas partícipes dunha decisión, ao ser eles os que priorizan esa acción sobre outras, senón que eles tamén se comprometen no seu desenvolvemento e coidado, fanse corresponsables do seu éxito", pon como exemplo. "A participación amplía as capacidades" -di Subiela- "Se ti es capaz de dialogar coa sociedade para levar a cabo unha serie de actuacións, iso permite que ampliemos o que podemos facer, que ensanchemos a capacidade do público". "O público non é só o espazo propiedade ou competencia do Concello ou do Estado, poden ser tamén todos os espazos das asociacións, os espazos comúns. Se se establece unha cooperación institucións-sociedade, iso ensancha o que podemos facer. E iso ten un punto máxico, permite facer outras cousas. É un campo por explorar", propón. "Se se establece unha cooperación institucións-sociedade, iso ensancha o que podemos facer. E iso ten un punto máxico, permite facer outras cousas" De igual xeito Subiela defende o papel dos traballadores e traballadores encargados de aplicar as decisións adoptadas por unha institución, un colectivo -di- cuxa voz e cuxa experiencia deben ser tidas moi en conta: "É moi relevante tamén o papel que cumpren os traballadores e traballadoras que van aplicar esas políticas. Esta vertente profesional é moi relevante". As metodoloxías, importantes A participación pode beneficiarse da existencia e popularización de ferramentas dixitais, que fai máis accesible e transparente a información e máis doado o diálogo e a comunicación en varias direccións. "Hai que asociar estas novas formas de facer ao mundo dixital e á modernización administrativa. E facendo fincapé nesta política 2.0 non só na accesibilidade, senón tamén na transparencia, nunha dimensión interactiva e construtiva. É un mundo aínda sen explorar, con moita potencia", di Subiela. Subiela alerta contra o perigo ou as tentacións dos partidos "a contaminar os espazos participativos" Subiela alerta contra o perigo ou as tentacións dos partidos "a contaminar os espazos participativos". "Nos espazos de participación deben primar as lóxicas sociais, aínda que estean tamén as alternativas políticas", subliña. "Se o mundo mareas considerámonos representantes do conxunto da cidadanía, iso pode ter un efecto perverso. As mareas non deben entender estes espazos participativos como instrumentos para ratificar decisións adoptadas noutros espazos cidadáns, senón que deben alentar a participación", alerta. "Os espazos institucionais de participación deben ir moito máis aló do que é a Marea Atlántica, por poñer un exemplo, e deben ser concibidos de forma respectuosa e democrática e non de forma instrumental", engade. "As formas son importantes, e as metodoloxías son importantes. A idea de que a participación equivale a espontaneísmo paréceme que é o máis desastroso, porque a xente acaba por queimarse" "Fai falla cultura democrática de facer. A xente debe ser consciente de que participa en algo común e que non é utilizada en beneficio dunha determinada tendencia", salienta. E conclúe que "as formas son importantes, e as metodoloxías son importantes. A idea de que a participación equivale a espontaneísmo paréceme que é o máis desastroso, porque a xente acaba por queimarse". "A innovación pasa por aí, pola participación, porque iso é o que permitirá que agrome ese concepto gradilocuente que sempre manexamos: a intelixencia colectiva. E tamén esas outras cousas ás que apelamos e que moitas veces non sabemos moi ben o que significan, coma o empoderamento" -conclúe- "Todo iso ten que ver con que a xente vexa de forma práctica que hai cousas nas que ten capacidade práctica de decidir e que con que a sociedade teña iniciativa autónoma. Trátase de resocializar a política e de repolitizar a sociedade". Propostas de participación, en todas as candidaturas "Todo iso ten que ver con que a xente vexa de forma práctica que hai cousas nas que ten capacidade práctica de decidir e que con que a sociedade teña iniciativa autónoma. Trátase de resocializar a política e de repolitizar a sociedade" Moitas novas formacións políticas, coma as mareas e outras candidaturas de confluencia, fixeron da participación cidadá unha bandeira, e consecuentemente recollen nos seus programa numerosas propostas neste senso. Pero estas promesas de maior participación non son un monopolio seu e tamén enchen os programas doutras candidaturas. Na Coruña, por exemplo, a Marea Atlántica propón orzamentos participativos: "Faise necesaria que a participación municipal se asente na propia dinámica e proceso de conformación do Orzamento, escoitando as demandas cidadás, das asociacións, das entidades e colectivos. E non só para propoñer senón tamén para decidir e controlar". Tamén unha "descentralización administrativa e participativa en Distritos Barriais" e a "activación do Consello Social da Cidade". Ou o "establecemento dun sistema de referendos veciñais para cuestións de especial transcendencia" e a modificación do Regulamento Orgánico Municipal, "facilitando a participación directa dos veciños nos plenos". En Santiago, tamén Compostela Aberta aposta nas primeiras páxinas do seu programa por "reverter a orde establecida mediante unha transformación democrática do Concello, co fin de ir poñendo os piares dunha forma de gobernar diferente, asentada na garantía de dereitos de cidadanía para os veciños e as veciñas de Compostela, así como fundamentada nos principios da democracia participativa". En concreto, propón a aprobación dun novo Regulamento de Participación Cidadá, que recolla o dereito á información, á iniciativa ou á consulta popular ou referendo. Tamén quere crear unha delegación de participación cidadá, unha Oficina de atención cidadá, un Consello municipal de cidadanía, así coma consellos e asembleas de distrito, consellos sectoriais e observatorios de participación, ademais dunha Asemblea do Concello, "a máxima estrutura de participación cidadá". En Ferrol, Ferrol en Común destaca o seu obxectivo de "gobernar coa xente e non para a xente", facendo fincapé na "participación da veciñanza nas decisións do goberno a través do Regulamento de Participación Cidadá e os Orzamentos Participativos", a creación de "asembleas de barrio e sectoriais", a configuración "aberta" do "grupo municipal" e a convocatoria de "plenos mensuais como asembleas abertas á cidadanía", que serán precedidos de asembleas abertas da propia formación. En Pontevedra, o BNG defende no seu programa "a ampliación, extensión e regularización normativa dos consellos territoriais de parroquias e barrios, para avanzar na participación real dos veciños na vida municipal e na corresponsabilidade entre administración e administrados". Así mesmo, promete "dar un salto adiante" na democracia directa e na participación social, aumentando as asembleas veciñais e creando tamén consellos sectoriais. De igual xeito, en Lugo o PSdeG-PSOE propón aprobar unha nova Ordenanza de Participación Cidadá "que regule os mecanismos de participación veciñal e dos diferentes colectivos na confección e execución dos orzamentos participativos", a creación de consellos parroquiais na zona rural ou a instauración da figura do Concelleiro 3.0, "que facilitará a participación cidadá na toma de decisións sobre os asuntos estratéxicos municipais máis transcendentes a través de Internet". Que contén o regulamento de participación cidadá? Son moitos os concellos galegos que contan con regulamentos de participación cidadá Son moitos os concellos galegos que contan con regulamentos de participación cidadá: Ourense, A Estrada, Vigo, Lugo, Fene, Carballo, Corcubión, Cambre, Compostela, A Coruña, Narón, Betanzos, Marín, Silleda, A Capela, Vilagarcía... Máis ou menos amplos, máis ou menos avanzados ou actualizados, mellores ou peores, dotan as administracións locais e á veciñanza dunha serie de órganos e instrumentos de información e participación que non sempre se aproveitan ao máximo nivel. En realidade, case todos se parecen moito na súa letra, incidindo na idea de que máis importante que o seu contido é a súa aplicación real. O regulamento de participación cidadá de Ferrol funcionou durante moito tempo como exemplo e modelo. Aprobado inicialmente en 1986 e reformado en 1998, adaptándose á lexislación sectorial relativa ás administracións locais, tivo o seu momento de aplicación práctica entre 2008 e 2011, coa posta en marcha dos distintos espazos de participación e a primeira experiencia piloto de Orzamentos Participativos, en 2009. Nese tempo, destaca o seu limiar, "naceron sinerxias entre as asociacións e novas iniciativas municipais", dotando "de lexitimidade e de eficiencia as intervencións públicas". O regulamento de participación cidadá de Ferrol funcionou durante moito tempo como exemplo e modelo O regulamento ferrolán recoñécelles aos cidadáns e cidadás unha serie de dereitos (información, petición, iniciativa popular, intervención no Pleno, consulta popular...) e desenvolve órganos e mecanismos para garantilos: consellos sectoriais, asembleas de barrio, foros cívicos, consello da veciñanza... Introduce, igualmente, a figura do Defensor da Cidadanía. Ademais, recolle a posibilidade de presentar iniciativas populares (presentando as sinaturas do 10% do censo), a convocatoria de consultas (se o solicita o 5% do censo). Así mesmo, a norma fai fincapé na transparencia e o dereito da veciñanza á información (imprescindible para a participación e a deliberación), introducindo cuestións relacionadas co acceso aos arquivos e documentación municipal ou á existencia dunha radio municipal ou dunha revista editada polo Concello.
NOS_25249
A embarcación de Tirán ten o mellor preparador, segundo a votación de adestradores de embarcacións vascas, galegas e cántabras. El di que é un recoñecemento a todo un equipo.
Dani Pérez é o mellor adestrador de traiñeiras. Un título que lle outorgan os seus propios compañeiros, pois foi elexido polos adestradores das 12 traiñeiras que compiten na ACT, onde voga a elite do banco fixo. O técnico da traiñeira de Tirán-Pereira foi recoñecido esta fin de semana en Bilbo, nun acto ao que asistiron máis de 700 persoas, como mellor adestrador da temporada 2013. Os de moaña fixeran ese ano un temporadón, acabando quintos e gañando varias bandeiras. Dani Pérez mostrouse sorprendido e ilusionado con este galardón, segundo declarou a Faro de Vigo, destacando o alto nível dos preparadores das embarcacións da ACT. Pérez destacou, aliás, que ese premio era un recoñecemento ao traballo colectivo do Clube Tirán, cun patrón de embarcación (David Álvarez) entre os mellores da ACT. Para rápidos, os de Sestao; para afección, os de Portugalete Na gala da ACT que decorreu en Bilbo entregáronse varios pemios e galardóns, ademáis do de mellor adestrador, que veu para terras galegas. A traiñeira de Kaiku foi premiada como a máis rápida (ademáis de levar o galardón aos mellores patróns). A embarcación de Portugalete levou o premio á mellor afección mentres que a de Zumaia á mellor canteira.