ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_20220
Os promotores do proxecto, en cuxo primeiro programa colabora Praza Pública, pretenden analizar diversas cuestións de actualidade "dende unha óptica plural, e polo tanto discordante coa oficialidade imperante"
"A Rotonda é unha televisión na rede sobre a actualidade de Vigo, un medio de comunicación humilde e independente cuns obxectivos sinxelos e directos: tratar, en sucesivas voltas de rotonda, temáticas de interese para a cidadanía de Vigo e a súa área dende unha óptica plural, e polo tanto discordante coa oficialidade imperante". Así se presenta A Rotonda TV, un proxecto a través de Youtube e as redes sociais que este mércores comeza as súas emisións cun primeiro debate sobre o AVE e as súas estacións na cidade que conta coa colaboración de Praza Pública. Os promotores do proxecto, en cuxo primeiro programa colabora Praza Pública, pretenden analizar diversas cuestións de actualidade "dende unha óptica plural, e polo tanto discordante coa oficialidade imperante" A Rotonda é produto da iniciativa de profesionais vigueses da comunicación e membros de movementos sociais que botaban en falta un foro de debate sobre a actualidade alternativo as visións impostas polos medios de comunicación dominantes. O seu nome xoga coa proliferación na cidade de rotondas con todo tipo de decoracións e funcionamento, polo que os impulsores da canle ironizan con que todo vigués ou viguesa, "polo tanto amante forzado das rotondas", pode estar interesado neste novo punto de referencia informativo. "Nesta inauguración non haberá dinosetos, nin viños españois, nin políticos con tesoiras", advirten os promotores da canle O primeiro programa da nova canle analizará a situación e o futuro das dúas estacións de tren con que conta agora a cidade mentres agarda pola chegada do AVE coa Meseta e pola prometida estación central intermodal deseñada por Thom Mayne. Sobre estas cuestións debateron, coa moderación de Marta Pérez, o secretario de Organización do Sindicato Ferroviario en Pontevedra, Carlos Costoya; o portavoz municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez; o responsable de acción municipal do BNG en Vigo Xabier Pérez Igrexas; e o xornalista de Praza.gal especializado en infraestruturas David Reinero. Este primeiro programa, gravado e editado hai uns días, actívase para súa visualización na rede na noite deste mércores, coincidindo cun acto de presentación do proxecto aberto a calquera interesado en asistir que se celebrará na Cova dos Ratos (rúa Romil, 3) ás 21.00 horas. Os seus promotores advirten de que na inauguración desta a súa rotonda "non haberá dinosetos, nin viños españois, nin políticos con tesoiras". Ciencia e tecnoloxía en Praza.gal ofrecida por <a data-cke-saved-href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' href='http://taboleiro.praza.gal/delivery/ck.php?n=a9393ebb&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE' target='_blank'><img data-cke-saved-src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' src='http://taboleiro.praza.gal/delivery/avw.php?zoneid=126&cb=INSERT_RANDOM_NUMBER_HERE&n=a9393ebb' border='0' alt='' /></a>
NOS_40022
Soben os internamentos na UCI, mais caen levemente en unidades convencionais. Aliás, nos concellos do Salnés en nivel alto permitirase ampliar as terrazas da hostalaría.
Segundo o último informe publicado pola Consellaría de Sanidade, con datos recadados até as 18 horas da sexta feira, na Galiza repuntan os casos activos da Covid-19 a 9.417 (1.098 máis que na xornada anterior), unha cifra que non se alcanzaba desde o pasado mes de febreiro. A área sanitaria de Vigo concentra o maior número de infeccións activas, con 2.130, seguida de Ourense-Verín-O Barco, con 1.778; Pontevedra-O Salnés, con 1.709; A Coruña-Cee, con 1.517; Compostela-O Barbanza, con 1.137; Lugo-A Mariña-Monforte, con 797, e Ferrol, á cola con 349. Caen levemente os novos contaxios detectados en 24 horas, un total de 1.338 (-4), mais a taxa de positividade das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) continúa en valores elevados, cun dato de 9,7%, por riba do limiar de 5% recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a transmisión vírica. No tocante á presión hospitalaria, baixan levemente os internamentos en unidades convencionais a 79 (-3), mais repuntan na UCI a 20 (+6). Aliás, desde o inicio da pandemia faleceron no país 2.442 persoas, após notificar na sexta feira Sanidade unha nova vítima mortal, un home de 73 anos en Ourense que presentaba patoloxías previas. Ampliación de terrazas nos concellos do Salnés en nivel alto Os concellos do Salnés que actualmente están no nivel alto de restricións —Cambados, A Illa de Arousa, Vilagarcía e Vilanova—, o que implica que a hostalaría só pode abrir a 50% de capacidade nas terrazas, permitirán a estes estabelecementos de forma temporal, co visto bo de Sanidade, ocupar máis espazo da vía pública do que figura nas súas licenzas. Así, poderán dispor máis mesas e alcanzar 100% dos asentos sen vulnerar a normativa publicada no Diario Oficial da Galiza (DOG). Esta medida foi abordada na xuntanza que mantiveron os alcaldes da zona co conselleiro, Julio García Comesaña, após a reunión do subcomité clínico da sexta feira. Pola súa banda, Sanxenxo, que presenta valores de incidencia acumulada superiores, fica no nivel medio, polo que a hostalaría poderá abrir a 30% no interior e permitirase a actividade do lecer nocturno.
NOS_14953
Colectivos educativos, asociacións de pais e nais e tamén da Policía advirten que a medida fará das escolas espazos menos seguros.
O Congreso do estado de Ohio (EUA) aprobou autorizar que o profesorado poidan levar armas de fogo tras unha formación que duraría como máximo 24 horas, sen que o texto lexislativo esqpecifique o período mínimo de formación. A norma aprobada polo Congreso de Ohio, controlado polo Partido Republicano, é opcional, polo que será cada centro educativo o que decida se se acolle a ela, segundo recolle a filial en Cleveland da cadena ABC. Os Estados Unidos sofren o cuarto tiroteo masivo en nove días A lei foi aprobada definitivamente con 54 votos republicanos a favor e 31 votos demócratas e dous republicanos en contra. Até doce congresistas non votaron. Formación Polo menos catro das 24 horas de formación serán "baseadas en escenario" ou exercicios simulados de adestramento sen que se especifique que se poida utilizar armamento real nesta "formación táctica con armas de fogo". Ademais, os usuarios destas armas someteranse cada ano a unha comprobación de antecedentes. Esta nova lei fará que as escolas sexan moito menos seguras A lei inclúe tamén unha revisión anual da formación dun máximo de oito horas e a creación do Centro de Seguridade Escolar e de Crise de Ohio para desenvolver o temario da formación. Até o de agora un mestre debía converterse en axente de paz con máis de 700 horas de formación para poder portar unha arma. Un policía recibe 60 horas de formación sobre armas de fogo, das cales 46 son en campo de tiro. Menor seguridade Grupos como Nais pola Rendición de Contas, Nais Esixen Medidas, a Asociación Educativa de Ohio ou a Fraternal Orde de Policía de Ohio advertiron de que esta nova lei fará que as escolas sexan moito menos seguras. 860 vítimas de tiroteos nas aulas dos EUA desde 2018 Para a Asociación de Armas de fogo Buckeye será o contrario. "Aprendemos co tempo que canto máis rapidamente se ataca un asasino activo, máis vidas se salvan", apuntou un portavoz do grupo, Rob Sexton. Un total de 19 nenos e dúas educadoras morreron o 24 de maio en Uvalde, Texas, polos disparos dun mozo que con 18 anos acabados de facer adquiriu armamento. O caso reabriu o debate sobre a posesión de armas en Estados Unidos.
NOS_38247
John Holloway (Dublín, Irlanda, 1947) vive en México desde hai case 30 anos. Formado como economista, avogado e filósofo, profesor universitario, é un dos máis discutidos pensadores do chamado marxismo autónomo, aquel que nace á calor das loitas operarias na Italia dos anos 60, incorpora elementos libertarios e afirma unha contundente crítica do Estado.
O seu libro Cambiar o mundo sen tomar o poder (2002) foi lido e rebatido con paixón no esteiro do movemento antiglobalización. Teórico e partidario do zapatismo, é ademais un investigador dedicado do Capital de Marx. Entre as súas últimas obras atópanse Dentro, contra e alén do capitalismo: as conferencias de San Francisco (2016) e Unha lectura antiidentitaria do Capital (2018). Esta semana Holloway estivo en Pontevedra para falar de "romper todas as fronteiras" na Semana Galega de Filosofía. Sermos Galiza aproveitou para entrevistalo. Veu a Pontevedra falar de fronteiras. Vostede vive perto dunha das máis tristemente famosas do mundo. Así é. Perto non, como a uns 2.000 quilómetros, pero si, vivo en México. Como se entende a idea, e a materialización, de fronteira desde ese país? Obviamente como algo terríbel. Xusto á volta da casa onde vivo pasan as caravanas centroamericanas que se dirixen ao norte. Agora de maneira moi regular, cada 15 días, cada mes, pasa unha caravana de 500 ou un milleiro de persoas. Escapan da situación en Honduras, en Guatemala... Queren chegar a Estados Unidos. Saen da desesperación en condicións realmente terríbeis. A súa fuxida é en parte resultado do quecemento global que está destruíndo as súas formas tradicionais de cultivo. Tamén escapan do auxe da violencia criminal. Van ter moitas dificultades para chegar. O máis seguro é que se chegan a Tijuana, unha das cidades fronteirizas, estarán alí meses agardando a posibilidade de cruzar a unha entrevista do outro lado. Ou nunca chegarán, porque van caer nas mans dos narcos. É realmente unha situación terríbel. O novo Goberno mexicano está insistindo en que hai que tratar os migrantes con dignidade O cambio de goberno en México e a presidencia de López Obrador significaron algo a este respecto? Eu creo que si. Polo momento. O novo Goberno mexicano está insistindo en que hai que tratar os migrantes con dignidade, non como criminais. E até agora non houbo represión contra eles. Paréceme moi importante, é realmente o que se precisa. Non estou necesariamente a favor das políticas do novo Goberno en xeral, pero neste asunto si. Polo momento está actuando ben. A súa intervención na Semana Galega da Filosofía titulouse Rompamos todas as fronteiras. A última hora mudei o título e decidín presentar un relatorio que se chama Relatorio sen título. Pero claro que si. A idea é que o ser humano debe ir contra as fronteiras, tratar de romper as fronteiras que nos limitan. Non todas son físicas. As físicas pero tamén as conceptuais. Como traballo na universidade, parte da miña preocupación é que van crecendo as fronteiras conceptuais aí dentro. Xa non existe o mesmo espazo para o pensamento crítico por mor dos esquemas de avaliación, por razóns internas da universidade. Vanse estreitando os límites do pensamento. Como se pelexa contra esas fronteiras conceptuais? Cando vexo os migrantes que van cara ao norte e din simplemente: "Non, non ás fronteiras, non aceptamos as fronteiras. Imos facer todo o posíbel para pasar, non imos rexistrarnos legalmente nin nada. Queremos ir onde queremos ir". Nas universidades temos que tomalos como modelo e inspiración, e dicir nós tamén que non imos aceptar estas paredes que nos están poñendo. Imos ir onde nos pareza importante chegar. Imos dedicarnos ao que nos parece importante, aínda se vai en contra dos esquemas burocráticos de excelencia. A fronteiras, en todo caso, non afectan igual ao rico que ao pobre. Non, para nada. Está claro. É un mundo de diferenzas, tamén na práctica de movernos por el. Na conferencia de Pontevedra referiuse ao diñeiro como "o muro máis grande de todos". Si, exactamente. Finalmente é o diñeiro a fronteira máis forte de todas. Se penso nos migrantes, aínda se logran pasar aos Estados Unidos, van enfrontar outro muro moito máis difícil, o do diñeiro. E como todo se mide en termos de diñeiro, van chegar a unha vida moi difícil. Moita xente xa está buscando formas para romper coa dominación do mercado E ese muro, como se bota abaixo? Esa é a gran pregunta. O mundo dominado polo diñeiro, o mundo actual, ten un dinámica que nos dirixe cara á destrución total, cara á extinción moi posíbel da humanidade. A gran pregunta é como romper con iso e non temos unha resposta clara. Antes tiñamos unha fórmula para facer a revolución, pero vemos que as revolucións do século XX finalmente fracasaron e en moitos casos fixeron moito dano. Estamos nunha situación en que non temos unha resposta clara, pero si un desafío enorme: romper co poder dos cartos. Moitísima xente xa está buscando formas de moldear as súas vidas de acordo ao que eles queren e consideran importante. Buscan formas para romper coa dominación do mercado. Sabemos que está difícil, pero a única posibilidade de sobrevivir é ir por aí. Vemos que as revolucións do século XX finalmente fracasaron Hai unha esquerda que entende o Estado, e polo tanto algún tipo de fronteira, como ferramenta para limitar os fluxos de capital e a ditadura do mercado e das finanzas. Creo que non se pode facer así. Depende un pouco, porque non sei exactamente en que está pensando, se nun Estado pequeno, nun grande... Pero finalmente é moi difícil dicir: "Non queremos o capital". Porque polo momento a riqueza existe na forma da mercadoría e do capital. E dicir "non" é difícil para un Estado, porque un Estado é unha forma de organización separada da xente. Para dicir "non" ao capital precisamos pensar noutra forma de organización, máis ben asemblearia, consellista, que involucre directamente a xente. Para dicir "non" ao capital precisamos outra forma de organización asemblearia, consellista Volve unha vez e outra ao Capital de Marx en libros, en conferencias, en artigos. Que di aínda esa obra? O Capital de Marx segue sendo unha obra fundamental. Por unha banda, Marx dinos que a riqueza -e por iso entendo, e el entendía, a riqueza humana, o que poderiamos facer, a riqueza de todos os nosos soños e capacidades, esa riqueza inmensa- existe engaiolada dentro da forma da mercadoría, que é a base do diñeiro e do capital. E no Capital vai desenvolvendo o que implica ese engaiolamento. Amosa que realmente nos leva, xa nos levou, a unha sociedade dominada polo diñeiro e pola dinámica da ganancia, pola busca constante da ganancia. Pero ao mesmo tempo esta riqueza non está totalmente engaiolada. Tamén desborda a súa gaiola. Hai un debordamento constante, unha resistencia constante. A posibilidade de crear outro mundo, a posibilidade de evitar a catástrofe terríbel á que nos levan as dinámicas do capital, depende da emancipación da riqueza respecto do capital. Debemos pensar en como a riqueza, a nosa riqueza, pode saír desta gaiola mortífera. Daquela, O Capital paréceme moi importante, porque formula todo o problema do que está pasando. Por unha banda faino en termos de describir unha dinámica mortífera. Pola outra, ao mesmo tempo, en termos dun potencial enorme para romper con esa dinámica e crear outro mundo. E iso é o que me fascina, o que me parece fundamental para pensar nas posibilidades dun futuro humano. Nota: John Holloway na Semana Galega de Filosofía en Pontevedra este 23 de abril. Foto: Aula Castelao de Filosofía.
NOS_8768
A deputada de Podemos no Congreso asegura que "estamos a tres días de ver o peche do capítulo deste sistema dos vellos partidos do bipartidismo e das políticas contra a xente", durante unha conversa con Luís Villares en Compostela.
Carolina Bescansa aterrou esta quinta feira na campaña galega cun acto en Compostela xunto o candidato de En Marea, Luís Villares, onde sinalou a importancia dos comicios do 25S cuxos resultados considerou van "ter efectos en España pero tamén en todo Europa". A deputada de Podemos no Congreso afirmou "que estamos a vivir un proceso de restauración" que comeza coas eleccións galegas. "Estamos a tres días de pechar en Galiza o capítulo do bipartidismo, da corrupción e das políticas contra a xente", manifestou durante a conversa, moderada pola concelleira de Compostela Aberta, Marta Lois, celebrada na praza do Toural. "O outro día escoitei a Feijóo dicir que era do PP de casualidade, case por accidente, e foi cando pensei que isto vai a pique a toda velocidade", ironizou Carolina Bescansa, segundo recolle a formación en nota de prensa. Bescansa cre que non haberá problemas para chegar a acordos con outras formacións e que as diferenzas son "de matiz". A representante de Podemos mostrouse confiada de que Villares encabece un goberno alternativo despois do 25S e considerou que non haberá problemas para chegar a acordos "sobre o que se ten que acabar e o que ten que comezar" con outras forzas, asegurando que as diferenzas entre elas son "de matiz". Pola súa banda, o candidato de En Marea á Xunta, Luís Villares, centrou a súa intervención nas propostas para combater a corrupción. "En Marea comprométese a levantar as alfombras e poñer a disposición da Xustiza a todos os que roubaron facendo que devolvan todo o roubado. A principal preocupación é recuperar o roubado non só acabar coa corrupción", apuntou Villares. Referiuse tamén ás enquisas, preguntado pola prensa, para rexeitar as previsións das sondaxes publicadas. "Eles teñen enquisas que lles dan un resultados moito peores dos que fan públicos e nós tamén as temos e estamos moi contentos de como vai a campaña", explicou.
PRAZA_15352
A Xunta comprométese a que se deixe de pagar o produto por baixo do prezo de custo a partir de xaneiro.
Pacto importante. Logo dunha hora de xuntanza, os tres principais sindicatos agrarios e a Interprofesional Láctea asinaron un acordo co presidente da Xunta mediante o cal o Goberno galego se compromete a que os gandeiros deixen de ter que vender o leite por debaixo dos custos de produción. Segundo este documento, o Executivo galego será a "garantía" de que as industrias paguen a partir de xaneiro un importe maior ás explotacións a partir de xaneiro. Os tres sindicatos valoraron, tras a reunión, o compromiso da Xunta e, particularmente, o do propio Feijóo, que foi "moito máis aló" que os acordos aos que chegaron industria, distribuidoras e Consellería de Medio Rural hai unha semana. A titular do departamento do Goberno, Rosa Quintana, explicou que o Executivo intensificará a vixilancia sobre a industria e a distribución para impedir que se venda leite a perdas. Xa que logo, evitar que, como ata o de agora, os gandeiras vendan por 29 céntimos o litro, fronte aos 35-36 céntimos que lles permitirían, cando menos, cubrir custos. O Executivo di que intensificará a vixilancia sobre a industria e a distribución para impedir que se venda leite a perdas "Débese aproveitar a capacidade de influxo político e de presión das ferramentas de inspección da Xunta para garantir que se cumpra co compromiso de que partir de xaneiro os prezos se asimilen aos custos", asegurou Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, satisfeito co acordo, pero que advertiu de que na xuntanza deste venres "non estivo nin a industria, nin a distribución, que son os que deben concretar o pacto". Sería aí onde a Xunta debería facer valer o seu poder. Para García, a importancia do pacto reside no feito de que calquera incumprimento del sería tamén "o incumprimento" do presidente Feijóo. Do mesmo xeito, Francisco Bello, líder de Xóvenes Agricultores, destacou tamén a importancia de que o acordo leve "o aval" de Núñez Feijóo, mentres que a responsable do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, advertiu que é "moi urxente" que este pacto "se concrete" xa nos vindeiros días ante a gravidade da situación dos gandeiros. De feito, Feijóo comprometeuse a defender ante o Estado a necesidade de que a futura lei do sector impida claramente á industria e á distribución exercer prácticas que obriguen a vender por baixo dos prezos de custo, así como evitar que o leite se empregue como produto reclamo. "Non quero falar de prezos, pero si dicir que precisamos valorizar o produto; desde a Xunta traballaremos para revalorizar máis o noso produto", resumiu Quintana, que insistiu que arranxar a situación de grave crise das explotacións gandeiras galegas é "unha prioridade" para o Goberno. Entre as medidas acordadas inclúense outras como intentar dispor a disposición dos gandeiros máis hectáreas de terreo para forraxes. Será unha das cuestións que se aborde a partir do vindeiro luns en grupos de traballo nos que tamén estará presenta a Administración. Isabel Vilalba, do SLG, pediu tamén "o apoio" do Executivo galego para que nestas xuntanzas se poidan desenvolver índices que permitan que a conformación do valor do leite se produza de abaixo a arriba -das explotacións á distribución- "para que non sexa ruinioso" para os gandeiros.
NOS_7007
Este marsellés fillo de valencianos, que combateu na batería italiana Carlo Rosselli, morreu aos 101 anos.
Josep Almudéver, o derradeiro brigadista internacional e o derradeiro sobrevivente do campo de concentración de Albatera (Alicante, Valencia), morreu aos 101 anos. Naceu en Marsella, fillo dunha familia valenciana, e tiña a dupla nacionalidade. Vivía en Francia mais pasaba longas tempadas en Alcázar, onde tiña un bo feixe de amigos. Participou na Guerra civil española. Ao comezar a guerra, con apenas 17 anos, alistouse no Exército republicano, no batallón Pablo Iglesias, no que combateu en territorio turolense até ser ferido en maio de 1938. En 2016 recibiu o título de embaixador da Comunidade Valenciana. Nese acto despregou unha bandeira republicana, levantou o puño e negouse a escoitar o himno español Após pasar uns meses no hospital de Lorca, regresou a Valencia disposto a reintegrarse na súa unidade. Ao non conseguilo, pediu ingresar nas Brigadas Internacionais, onde foi aceptado dentro da batería italiana Carlo Rosselli. Alí mantívose até xaneiro, cando os brigadistas asentados na zona Centro foron transportados a Catalunya para a súa repatriación. Pouco despois pasou a Francia, mais Josep volveu a Valencia para proseguir a loita. O 1 de abril de 1939 foi encarcerado no campo de concentración de Albatera. Foi o último sobrevivente coñecido e coa súa memoria axudou o equipo que agora intenta documentalo. "Unha boa parte da historia do campo marchou con el", dixo a Vilaweb Felipe Mejías, o arqueólogo que dirixe o traballo. De Albatera foi trasladado a Portaceli e á prisión Model. Foi condenado a morte por axudar á rebelión, pero a súa condena foi conmutada por 30 anos de prisión. Saíu antes. Até 1946 foi enlace coa chamada Acción Guerrilleira do Leste, vinculada ao Partido Comunista. Cando abandonou a resistencia armada, refuxiouse no Estado francés, onde se relacionou con máis exiliados. Dedicou toda a súa vida a explicar a súa experiencia no campo de concentración e na loita contra o fascismo en escolas e centros de ensino. En 2016 recibiu o título de embaixador da Comunidade Valenciana, como parte dos actos conmemorativos do ano novo de outubro. Nese momento, despregou unha bandeira republicana, levantou o puño e negouse a escoitar o himno español.
NOS_25540
Segundo informou o alcalde, é a segunda tentativa de asasinato machista que protagoniza o home, pois xa fora denunciado pola súa ex-compañeira polos mesmos feitos. Desta volta, após facerlle un corte na xugular e deixala tirada á beira da estrada, suicidouse
Estábel dentro da gravidade. É o estado en que se atopa a veciña do lugar de Loentia, en Castro de Rei, que foi apuñalada na xugular polo seu compañeiro sentimental, quen a deixou tirada á beira da estrada para se suicidar despois. Así conta a veciñanza este novo episodio de violencia machista acontecido na Galiza. O home levaba só uns meses convivindo coa muller agredida e, malia que xa fora denunciado por malos tratos haberá por volta dun ano, cando a súa compañeira era outra muller á que tamén intentou asasinar, o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado (PP), dixo que "foi un feito inesperado" e "unha gran sorpresa para todos os veciños". O rexedor razoou que, "aínda que se vise implicado noutro episodio, ningún espera que poida causar un desenlace deste grao". Acrecentou que "eran dous veciños coñecidos na zona, xente normal e de convivencia pacífica". A muller fica ingresada no hospital universitario Lucus Augusti. O seu estado é estábel dentro da gravidade.
PRAZA_1534
As persoas menores de 24 anos que non marcharon do fogar familiar pero teñen ingresos do traballo reducíronse un 60% en Galicia dende o estourido da crise económica.
Unha realidade traducida en números. A cada vez máis escasa mocidade galega ten serios problemas para emanciparse e abordar o seu desenvolvemento familiar fóra do fogar familiar. Este fenómeno agudizouse co estourido da crise económica que, ademais, empeorou notablemente a capacidade económica destas mozas e mozos que aínda viven cos pais, o que implica, a priori, maiores dificultades para daren o paso de viviren independentemente nun futuro. Así, os datos máis recentes indican que case a metade da mocidade do país que aínda habita cos seus pais non ten ningún ingreso propio, o que supón un incremento de case vinte puntos con relación ao ano 2008. O Instituto Galego de Estatística vén de facer públicos os datos máis recentes da súa enquisa estrutural aos fogares, correspondentes ao ano 2013. Este estudo indica que o 47% das 312.000 persoas de entre 18 e 34 anos que viven cos seus pais non ten ingreso ningún. En 2008, ano sinalado como o do inicio da actual crise, era o 28% da mocidade que vivía cos pais a que declaraba non ter ningún ingreso. Esta carencia de ingresos é aínda máis acusada nas persoas máis novas: entre a poboación de 18 a 24 anos que non marchou da casa familiar quen non teñen ningún ingreso son o 63% do total. Só 1 de cada 5 persoas de entre 18 e 24 anos que vive cos pais ten algún ingreso procedente do traballo Estes datos van acompañados dunha moi notable caída das persoas mozas que non puideron emanciparse pero si perciben algún tipo de ingresos procedentes do traballo. No ano 2007 era case o 60% da mocidade galega que vivía cos pais a que se atopaba nesta situación e, no caso das persoas de entre 25 e 34 anos, case tres de cada catro tiñan algún tipo de percepción económica que chegaba do mundo laboral. O panorama mudou radicalmente coa crise e agora só o 38% destas mozas e mozos teñen algún ingreso do traballo. Se a poboación observada é a de entre 18 e 24 anos, só o 18% ten algunha remuneración salarial, unha caída de vinte e catro puntos a respecto do inicio da crise. Neste contexto, e mentres o peso dos ingresos por subsidios ou prestacións se duplica entre a xente moza, unha foto en perspectiva permite concluír que a mocidade galega emancipada era en 2013, despois de media década de crise, unha minoría cada vez máis minoritaria. Así, se en 2007 ou 2008 a xente nova que vivía cos pais era o 59% do total, en 2013 chegaba ao 62%. Nesta liña, o 47% das persoas de entre 25 e 34 anos aínda non se emanciparan -en 2007 era o 45%- e nove de cada dez mozas e mozos de entre 18 e 24 anos seguían habitando cos seus pais, o que supón un incremento de catro puntos a respecto de 2007. Nos últimos anos o Goberno central recortou axudas e beneficios fiscais á mocidade para o alugueiro de vivenda Isto sucede nun contexto no que algunhas medidas gobernamentais supuxeron novos atrancos para a emancipación xuvenil. Así, por exemplo, unha das primeiras decisións de recorte do Goberno de Mariano Rajoy, a finais de 2011, implicou a supresión da Renda Básica de Emancipación, a axuda de 210 euros que, xestionada polas comunidades autónomas, estaba encamiñada a subsidiar parte dos gastos de alugueiro de vivenda para a mocidade de entre 22 e 30 anos. Do mesmo xeito, na súa reforma fiscal o Ministerio de Facenda eliminou a dedución por alugueiro de vivenda no IRPF para todos os contratos asinados dende o 1 de xaneiro de 2015.
PRAZA_8822
O equipo mariñao proclamarase campión de Liga o vindeiro sábado se gaña na casa ao Atlético de Madrid.
A un paso de converterse en lenda. Así se atopa o equipo feminino do Burela Pescados Rubén, que será campión de Liga o vindeiro sábado se logra vencer o Atlético de Madrid na casa. Será un día de festa nesta localidade da Mariña, de tan só 9.000 habitantes, que presume dun club que é o único en todo o Estado que conta con dous conxuntos nas máximas categorías de fútbol sala. A vitoria dálle o título ás galegas, a derrota e o empate deixa a Liga nas mans das madrileñas Acadada a permanencia do equipo masculino, as rapazas están a só un chanzo de entrar na historia do deporte galego. Será finalmente a partir das 20 horas e retransmitido en directo pola segunda canle da TVG. E será a todo ou nada. A vitoria daralle o título ás galegas, mentres que unha derrota deixaríao nas mans do conxunto madrileño, ao que lle abondaría un empate para depender de si mesmo nunha última xornada na que ao Burela lle toca descansar. Toda a vila e toda a Mariña está preparada xa para unha xornada histórica. A dun club do que é socio un de cada dez habitantes da localidade e cuxo equipo feminino debutou na división de prata hai case cinco anos e fixo a súa estrea na máxima categoría en 2011. Ano e medio despois, pode alcanzar a gloria. "Todo se logra grazas á implicación de moita xente, empezando pola directiva, pero tamén grazas a unha masa social se cadra máis implicada e ao apoio empresarial e institucional; sen os folgos que nos dá a nosa afección e a súa fidelidade, non valería a pena matarse por este proxecto", aseguraba a Praza o presidente, José Ramón González, un dos artífices que podería cualificarse como milagre, pero que é froito do traballo. O equipo laranxa debutou na división de prata en 2011 e ano e medio despois está a un paso do título Traballouse arreo desde que o Cefire, antigo equipo burelao que xa gozara da elite, cambiou a súa localidade pola veciña de Viveiro. Fundouse o actual club en 2001 e, pouco máis de dez anos despois, os rapaces mantéñense na elite e as rapazas están a piques de proclamarse campioas. Mentres, os 200 rapaces que o club move na canteira aseguran o futuro do fútbol sala na localidade. Dirixidas por Javier Pardeiro, o técnico, Jozi, Patri, Dolo, Lucía, Dany, Peque, Maite, Lida, Haydée, Paulita e Silvia xa levan marcados 110 goles nesta tempada, fronte aos 35 encaixados. As redes sociais xa ferven con lemas como #todosaVistaAlegre para animar a afección a acudir a unha pista que ben seguro estará chea. A marea laranxa pode ser a clave para que estas mulleres fagan historia para Galicia, A Mariña e Burela. E calquera eloxio será pouco.
PRAZA_18765
Augas de Galicia está a revisar as Áreas con risco potencial significativo de Inundación, que suman máis 1.240 quilómetros en ao redor dun cento de concellos. A recente morte dunha muller en Viveiro reabriu o debate sobre os perigos das construcións realizadas en zonas inundables. Busca aquí as zonas sinaladas no teu concello.
O pasado 18 de novembro chuvias moi intensas e localizadas produciron unha súbita inundación no barrio da Xunqueira, en Viveiro, que provocaron a morte dunha muller de 82 anos. Con efectos menos terribles outros lugares de Galicia sofren de cando en cando asolagamentos motivados decote por enchentes de ríos e regatos, fenómenos nos que ás veces as augas recuperan un terreo que fora habitualmente seu, espazos que pola súa situación e configuración corren un risco potencial de inundación. As áreas delimitadas suman máis 1.240 quilómetros con risco potencial de inundaciónAugas de Galicia está a revisar nestes momentos as Áreas con risco potencial significativo de Inundación (ARPSIs) da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Os documentos, que aínda se atopan no período de consulta pública, recollen mapas detallados coa situación e extensión destas áreas, e incorporan 41 novas zonas. O obxectivo desta revisión que está a realizar Augas de Galicia é "obter un axeitado coñecemento e avaliación dos riscos asociados ás inundacións e lograr unha actuación coordinada de todas as administracións públicas e a sociedade para reducir as consecuencias negativas".Porto do Son (12), Muros (8), Viveiro (7), Carnota (6) ou Moaña (6) son algúns dos concellos con máis áreas sinaladasEn total, entre as ARPSIs propostas polo departamento dependente da Xunta a as delimitadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Galicia suma máis 1.240 quilómetros de zonas con risco potencial de inundación, un total de 228 áreas distribuídas nun cento de concellos. Algunhas localidades destacan polo gran número de áreas sinaladas na súa demarcación territorial: Porto do Son (12), Muros (8), Viveiro (7), Carnota (6) ou Moaña (6). Ou pola superficie que abranguen: a ARPSI da Terra Chá (entre os concellos de Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Meira, Vilalba, Begonte e Guitiriz) suma un total de 68 quilómetros), a de Monforte (distribuída entre Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón e Bóveda) chega a 59,5, a de Río Ulla e Río Sar (en Padrón) é de 52 quilómetros, a do Porriño (no Porriño, Tui e Mos) supera os 46, e a de Lugo (no propio concello lucense) rolda os 36 quilómetros.Inundacións nos últimos anosNumerosos puntos de todo o país sufriron inundacións nos últimos anos, algúns de forma recorrente. No 2011, por exemplo, houbo desbordamentos no río Umia en Caldas e Portas, do Gafos en Pontevedra, do Lagares en Vigo ou do Sar en Padrón. No 2012 Betanzos, Gondomar e Ponteareas tamén rexistraron situacións de asolagamento. No 2013 volveron desbordarse o Umia en Ribadumia, o Tea en Ponteareas e o Miñor en Gondomar e, de igual xeito, fixérono o Mandeo en Betanzos, o Verdugo en Ponte Caldelas ou o Anllóns en Carballo. En 2014 Padrón, Negreira, Cuntis, Caldas de Reis ou Valga tiveron inundacións, o mesmo que Gondomar, Rois, Viveiro ou CangasXa en 2016 houbo desbordamentos en moito ríos da provincia da Coruña: Ulla (Teo), Tambre (Ames), Furelos (Melide), Xallas (Santa Comba), Sar (Rois), Barcala (Negreira), Bellele (Neda), ou Anllóns (Carballo, Ponteceso e Cabana de Bergantiños). E tamén en Pontevedra: Lagares (Vigo), Umia (Caldas de Reis e Meis), Agra (Moraña), Lérez e Gafos (Pontevedra), Verdugo (Ponte Caldelas), Miñor (Gondomar) e Lugo, nomeadamente o Masma en Mondoñedo e o Landro en Viveiro. Aínda o pasado ano, o Umia en Ribadumia e o Tambre en Pontemaceira tamén deron problemas.ViveiroNo concello de Viveiro contabilízanse un total de 7 áreas de risco: unha costeira de 12 quilómetros de lonxitude, ligada ao efecto de mareas e temporais e outras cinco nas que inflúe a presenza de ríos e regatos, nalgúns casos en espazos costeiros nos que tamén é determinante o efecto da preamar: Río Fontecova, Rego de Trasposta, Pé de Boi, Río Landro, Rego de Loiba e Pedreira. Ademais do recente episodio na zona da Xunqueira (situada nas proximidades do Río Fontecova), no 2014 rexistráronse importantes inundacións no Río Landro. Sada, nova zona de riscoUnha das novas áreas con risco de asolagamento incorporadas foi a de Rego Maior, en Sada. En marzo de 2016 este lugar sufriu unhas fortes inundacións aínda que de forma habitual viña xa rexistrando fenómenos de asolagamento (aínda que de menor importancia) dende hai décadas, sobre todo dende que a expansión da zona urbana de Sada bloqueou a saída natural ao mar de dous regatos que conflúen nunha braña próxima. Cando coincide un episodio de choivas intensas coa preamar, este lugar non escapa das inundacións que afectan a rúas, baixos e vivendas. Así, a área de risco incorpora os treitos dos ríos Maior e da Ponte, desde a súa confluencia na zona das Brañas e ata a súa desembocadura (un total de 600 metros) co obxectivo de "poder planificar a xestión do devandito risco ante futuros eventos de inundación na zona".O efecto do cambio climático e da suba do nivel do marA memoria publicada por Augas de Galicia recolle os efectos do quencemento global sobre os asolagamentos, enchentes e zonas inundables. Destaca, neste senso, que o cambio climático pode incrementar a frecuencia destes fenómenos por por da maior persistencia de chuvias intensas. Porén, engade que a gravidade das inundacións fluviais e pluviais non ten por que se maior."As praias da cornixa cantábrico-atlántica experimentarán retrocesos medios próximos aos 3 metros"Moi diferente é o que pode pasar nas zonas baixas de costa, por efecto da suba do nivel do mar. O texto destaca que "os sistemas costeiros e, en especial, as zonas baixas, desembocaduras dos ríos e estuarios e marismas, experimentarán impactos adversos como a inundación costeira e a erosión debido á subida do nivel do mar e cambios na dirección e intensidade da ondada". Aínda que as proxeccións de marea meteorolóxica teñen un elevado grao de incerteza, a suba do nivel do mar potenciará os eventos extremos de inundación aumentando a súa intensidade e especialmente a súa frecuencia, engade. Así, considerando un escenario de aumento do nivel medio do mar de aproximadamente 6 centímetros no ano 2040, "as praias da cornixa cantábrico-atlántica experimentarán retrocesos medios próximos aos 3 metros". Estes valores de retroceso corresponden unicamente á compoñente de inundación lenta por aumento do nivel do mar, sen ter en conta, os posibles efectos dos eventos extremos.No ano 2040 a poboación afectada por inundación permanente estará en torno ao 2-3% da poboación total da provincia da Coruña en 2008"Ademais, alerta de que "continuarán os riscos e consecuencias sobre o sistema socioeconómico debidas a eventos extremos de inundación". Por exemplo, os portos sufrirán alteracións nas súas condicións de operatividade e o aumento do nivel do mar producirá unha redución xeral no número de horas dispoñibles para realizar as operacións. Finalmente, a Memoria comenta que "considerando escenarios tendenciais para o aumento do nivel do mar e a vulnerabilidade na costa noratlántica, no ano 2040 a poboación afectada por inundación permanente estará en torno ao 2-3% da poboación total da provincia da Coruña en 2008". Consulta aquí as áreas con risco de inundación no teu concello
NOS_22850
A crise deportiva e institucional volve chamar ás portas do Dépor logo de caer ante o filial do eterno rival na última xornada de 2020 na Segunda B. O ano tampouco remata ben para un Pontevedra goleado polo Coruxo, mentres que Compostela e Rácing de Ferrol empataron con Zamora e Guijuelo, respectivamente.
O delirante calendario da Liga de Fútbol Profesional de Javier Tebas impídenos abrir este resumo da fin de semana futbolística galega coa crónica do Celta-Cádiz de hoxe, pois o partido programado para fechar a xornada 13 da Primeira División rematou ben alén das 23 horas da noite, por enriba do horario de fechamento desta edición. Mais aínda no hipotético escenario de derrota ante os gaditanos, á afección celeste non se lle borrará o sorriso provocado pola vitoria do Celta B ante o Deportivo da Coruña en Riazor (1-2). Os branquiazuis son, por historia, orzamento, e teórico nivel do cadro de xogadores, os máximos favoritos de cara a lograr o ascenso de categoría, pero esta dolorosísima derrota resucitou unha inestabilidade que xa parece crónica no conxunto herculino. Se até o de agora, con maior ou menor sorte, o Dépor foi obtendo resultados positivos a pesar das críticas dun sector da afección sobre o nivel de xogo e o conservadurismo dun Fernando Vázquez ao que acusan de non interpretar o fútbol acorde á dimensión do Deportivo no contexto da Segunda B, a derrota ante o filial do Celta sacudiu o sempre revolucionado avespeiro branquiazul, aumentando esa fractura entre o equipo e unhas afeccionadas que denuncian a falta de ambición dos seus tanto dentro como fóra do campo. Non contribúen a deixar atrás esa imaxe de declaracións como as de Borja Galán -"a derrota doe, pero non é para facer un drama- ou Fernando Vázquez, quen a tan só dous días de iniciar a aventura da Copa do Rei ante o El Ejido xa deixou claras as súas intencións de non presentar batalla no torneo do K.O., pois para el "non é unha competición na que nos teñamos que implicar ou deixalo todo no campo, porque é un paripé". Con outra actitude parecen afrontar a Copa tanto Lugo como Ourense CF, que debutan hoxe ante Pulpileño e Leganés ás 18 e 20 horas da tarde respectivamente. Os albivermellos chegan coa motivación extra da vitoria conseguida en Liga ante a Ponferradina (1-0), e Nafti lembrou que "a nivel de agresividade e intensidade" os seus xogadores non ían "baixar o nivel". Pola súa banda, o Ourense recibe no Couto a un dos mellores conxuntos da Segunda División na que será unha data histórica para o modesto conxunto da cidade das burgas.
NOS_37221
O Caderno de Análise A Fondo do semanario Sermos Galiza achéganos á ofensiva neoliberal que coa escusa da crise económica está a aplicar recortes e privatizacións na sanidade.
Coordinado polo médico da sanidade pública, Francisco Vázquez Vizoso, o A Fondo adéntrase na situación da sanidade pública diante da vaga de recortes de dereitos sociais. Na súa presentación, Vizoso desmonta as falacias arredor do sector público da saúde, entre elas, a da mentira de que existe un exceso de empregados e empregadas públicas no Estado español. O tamén médico, Manuel González Moreira achéganos aos modelos e experiencias de privatización da sanidade, o do Reino Unido, o de Valencia e o de Madrid especialmente, o que dá conta do negocio que se move arredor da saúdo e os intereses da privatización. Da historia da privatización no sector na Galiza desde o inicio das creacións das Fundacións no goberno Fraga ocúpase a pediatra do Barbanza María Aurea Rodríguez Blanco mentres Ramón Veras, médico de familia na Coruña, adéntrase na ideoloxía conservadora que guía os recortes. "As asociacións de pacientes non se están a mobilizar abondo contra os recortes na sanidade" afirma Teresa Lord Rodríguez, Presidenta da Asociación Compostelá de Diabéticos, na entrevista que completa o caderno.
NOS_49778
A precariedade laboral e salarial atinxen máis ás mulleres e supón o cobro de prestacións sociais máis baixas que os homes
As estatísticas son claras e apuntan a que a fenda entre mulleres e homes no traballo se agrava. Ás diferenzas salariais e a temporalidade laboral --que segue a ser maior no caso delas-- súmaselle o pagamento de prestacións máis baixas para as mulleres en todas as faixas de idade. Dos 30,2 euros diarios que percibe de media un home desempregado as mulleres só cobran 25,7 euros. O resultado devén dun salario máis baixo e de contratos con condicións cada vez máis precarias. Por faixas de idade, a fenda mantense sendo máis aguda a partir dos 55 anos de idade onde elas cobran até 7 euros menos que eles. Actualmente no Estado español 1.289.200 persoas perciben algún tipo de prestación por desemprego, de entre elas 547.100.
NOS_14870
Xa hai data para as primarias do PSOE lugués. Os máis de 2.000 militantes socialistas están chamados a elixir o vindeiro 3 de decembro un novo secretario xeral que poña fin a interinidade do partido, dirixido por unha xestora após a dimisión hai 2 anos de Xoán Carlos González Santín.
A fenda aberta non ten unha solución doada, dada a ausencia de liderados claros, o cuestionamento dos principais referentes públicos, a necesidade de recolocarse de boa parte dos cadros dirixentes, as feridas abertas durante os anos de Xosé Ramón Gómez Besteiro e unhas expectativas electorais pouco claras. Será un proceso marcado pola división interna, con varios candidatos, condicionado pola derrota e exclusión do besteirismo dos órganos de dirección galegos e no que está por ver a capacidade dos afíns a Gonzalo Caballero para trasladar a nova maioría á provincia. Os resultados do pasado congreso dos socialistas en Galiza contribuíron para fraccionar aínda máis o partido en Lugo. Primeiramente porque introduciron novos factores de inestabilidade, definiron alianzas até entón impensábeis e levaron á confrontación a practica totalidade das agrupacións locais. Un exemplo disto atopámolo no grupo de goberno da cidade, onde a alcaldesa Lara Méndez, persoa de máxima confianza do besteirismo, ficou soa, após avalaren Gonzalo Caballero Ana Prieto, Daniel Piñeiro, Rosana Rielo e Manuel Núñez e apoialo, non de xeito explícito, Miguel Fernández, Carme Basadre e Ana Abelleira, persoas próximas a Xosé López Orozco. Outro tanto aconteceu co presidente da deputación Darío Campos, máximo referente publico do socialismo na provincia e importante activo no sector que promoveu a candidatura de Villoslada, derrotado na práctica totalidade dos concellos do seu partido xudicial e que viu como moitos dos seus compañeiros en tarefas gobernativas apoiaron Caballero. Darío Campos: "Todos fomos besteiristas e agora todos seremos do novo secretario xeral" Non fica nada do besteirismo na dirección galega do PSOE. O grupo afín ao antigo presidente da deputación e secretario xeral do PSdeG ficou excluído quer da executiva quer do comité nacional e federal, órgaos nos que tradicionalmente adoitaban dar acomodo ás correntes críticas. Un destacado besteirista, en declaracións a Sermos Galiza, non dubida en sinalar que "Caballero pasounos a coitelo, incumprindo mesmo os acordos aos que tiña chegado con Pedro Sánchez, onde se recollía a presenza de Xosé Tomé e Miguel Fidalgo no comité federal". Así fican foran da dirección os máis relevantes cargos institucionais do PSOE en Lugo como a alcaldesa de Lugo, de Viveiro ou Monforte ou o propio presidente da Deputación, que non tardou en marcar distancias co pasado, afirmando que "todos fomos besteiristas e agora todos seremos do novo secretario xeral". Mentres, ocupan cadeira na Executiva as persoas enfrontadas ao círculo de Besteiro como a concelleira de Lugo Ana Prieto, a alcaldesa de Sarria Pilar López ou o militante de Paradela Iván Castro. Álvaro Santos, portavoz do PSOE na Deputación de Lugo, é o primeiro aspirante en formalizar a súa candidatura á secretaría xeral. A vontade do concelleiro de Friol por dirixir a organización coñecíase desde facía tempo, tal como sinalamos en Sermos Galiza, contando co apoio decidido das xentes de Besteiro, con Darío Campos á cabeza, se ben nun principio agardábase que suscitaría meirandes consensos. Porén, o resultado do congreso galego mudou de plano a situación, xurdindo dentro do sector do antigo presidente da Deputación, novos nomes que lle poderían disputar o cargo. Neste sentido, deíxase querer o alcalde de Monforte Xosé Tomé, que se ben non anunciou aínda a súa decisión si que confirmou a existencia de militantes animándoo a se apresentar, ou o deputado provincial Pablo Rivera, outra persoa de máxima confianza de Besteiro, que aspira a promover unha suposta candidatura de consenso. As outras familias do partido tamén impulsan as súas alternativas. O sector aglutinado arredor de Susana Díaz e posteriormente a Leiceaga, conformado en Lugo arredor de históricos da organización como Xosé Blanco, Ricardo Varela ou Manolo Martínez, xa fixeron pública a súa vontade de concorrer con candidato propio. Un dos seus voceiros, o polémico alcalde de Becerreá e vicepresidente da Deputación, sinalaba que o seu obxectivo é "volver ás esencias do socialismo que se prostituíu co besteirismo", apuntándose como alternativas o alcalde Castroverde Xosé María Arias ou o dirixente de Paradela e membro da executiva galega Iván Castro, persoa moi próxima a Blanco e a Laxe Tuñas. Os próximos a Caballero, que nun primeiro momento pulsaron as potencialidades dunha lista de consenso, traballan para a secretaría xeral cos nomes do alcalde de Pedrafita Xosé Luís Raposo e da concelleira de Lugo e membro da dirección galega Ana Prieto. Non sería estraño, unha vez finalizada a fase de avais e testado o peso real de cada unha, a confluencia destas dúas alternativas para derrotar ao candidato do besteirismo. Manuel Martínez defende "volver ás esencias do socialismo que se prostituíu co besteirismo" Vivimos o fin do besteirismo. Á derrota na propia fase de recollida de avais en Lugo, onde se situou á cabeza Gonzalo Caballero, á exclusión dos órganos de dirección e a constatación de que non haberá segunda oportunidade para Besteiro na vida pública, sumáselle agora o realiñamento dalgúns dos seus fieis, necesitados de marcar distancias co antigo secretario xeral do PSOE en Galiza. "Nunca estivo tan só", lamentanse algúns dos seus próximos, ao sinalar o abandono de " moitos alcaldes dos concellos de Lugo, principalmente daquelas localidades máis pequenas que foron as máis mimadas por Besteiro, pero tamén de deputados provinciais e de persoas do seu núcleo de confianza promovidos como asesores de cargos de libre designación na corporación provincial". Neste sentido, un bon coñecedor do partido en Lugo, apartado da dirección por discrepancias co antigo secretario xeral do PSdeG, considera "a situación como lóxica, xa que Besteiro articulou o seu grupo desde o poder, sen máis consistencia coa ofrecida polo paraugas da Deputación, e polo tanto con ese material non podía sobrevir a perda do poder".
NOS_27008
A Fiscalía solicitaba 6.500 euros de sanción por un cartaz exhibido nun protesto nesta vila barbanzá. O caso ía ser xulgado na Audiencia Nacional, o que non aconteceu ao alcanzar as partes un acordo.
A abdicación de Juan Carlos I provocou en Galiza e no Estado unha vaga de mobilizacións e concentracións que cuestionaban o sistema monárquico e a prol do dereito a decidir, tamén a forma do Estado. Unha desas accións decorreu na vila barbanzá de Boiro, onde S.M.N exhibiu un cartaz de 'Morte aos Borbóns'. Até o lugar desprazouse unha dotación da Garda Civil, que procedeu a identificala e a imputala por ameazas e inxurias á coroa española, tipificados como delitos. A Fiscalía pedía 6.500 euros de sanción para ella, nun caso que ía ser xulgado na Audiencia Nacional española. Mais un acordo entre ambas as dúas partes evitou o xuízo e fixou finalmente en 380 euros a multa a pagar por esta vilanovesa. Nesa concentración que decorreu en Boiro en xuño de 2014 a Garda Civil identificou a outras dúas persoas, unha de Cabo de Cruz e outra de Palmeira.
PRAZA_1245
As poboacións medianas seguiron a estela das cidades e castigaron co voto ao Partido Popular que, aínda sendo o máis votado, experimenta unha enorme baixada nestes núcleos
As vilas medias foron unha pedra no zapato do PP galego. Se miramos o cómputo xeral de concelleiros o PP baixou de 386 concelleiros a 335 en Lugo, de 592 a 517 na Coruña, de 476 a 372 en Pontevedra e de 544 a 509 en Ourense. Nin sequera o baltarismo impediu que non se mollasen un pouco os mobles nesta última provincia Pontevedra e o bastión lalinenseXosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a 10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actas. Supera así ao PSdeG, con 3 e o BNG e APAC logran 1 acta cada un. Así podería darse un goberno a 4 que desbancaría ao PP do concello do que, por certo, queda fóra o PGD. En Vilagarcía o PP perde o concello ao baixar de 10 a 7. A subida do PSOE de 5 a 8 e a entrada de EU-Son con 3 e o BNG con 2 é suficiente para un apoio na investidura ou, mesmo, un pacto. O Grove volve ser socialista. O PP perde 3 actas e o PSOE sube a 8, co que non lle faría falta ningún pacto para gobernar a terra meca. Nigrán tampouco continúa sendo azul. O PP pasa de 9 a 6, o PSOE de 6 a 7, o BNG mantense en 1 e Son acada 2.Dúas actas foi o que baixaron os populares no Porriño ao pasar de 10 a 8, o PSOE baixou de 5 a 4, o BNG mantívose en 2, Son quedou con 1 e UDDL con 2, polo que os opositores poderían actar. En Ponteareas o descenso de 9 a 7 do PP daríalle a PSOE e BNG marxe para pactar, pois suman 9 actas entre os dous, 4 e 5 respectivamente. Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín. Baixa de 14 actas a 10. Entra con forza Compromiso por Galicia con Rafa Cuíña que consegue 6 actasA oposición tamén poderá explorar gobernos alternativos ao PP en Barro, Caldas de Reis ou Gondomar.Despexadas dúbidas na CoruñaVarios concellos tiñan abertas incógnitas nesta provincia. En Arzúa o equipo de goberno marchaba do BNG tras unha lexislatura convulsa e presentábase como independentes. Así o PP vía unha fiestra aberta para subir os 6 concelleiros que posuían. Porén o resultado final foi de 7 para Alternativa por Arzúa, a escisión do BNG, 4 para o PP, 1 para o PSOE e 1 para CxG. O BNG quedou sen representación. A marcha de Martiño Noriega para Santiago de Compostela tamén supuxo un bo argumento para o PP teense. Porén, tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG. En Teo tras unha desputada xornada, a forza máis votada foi Son de Teo, co relevo de Martiño, Rafa Sisto. Así o resultado foi de 7 para Son de Teo, 7 para o PP, 2 para o PSOE e 1 para o BNG.En Ortigueira o PSOE dálle a volta á tortilla e arrebátalle ao PP o concello. Asi, 7 para o PSOE, 5 para o PP e 1 para o BNG fronte aos 7 do PP e 6 do PSOE da pasada lexislatura. En Fene o PPdeG tamén pode perder o goberno ao conseguir só 7 actas. Así o PSOE e o BNG poderían chegar a 7 cun pacto no que se poderían incorporar EU ou o PDDdeG.Outros lugares nos que a oposición poderá explorar alternativas de goberno son Fisterra, Miño (onde CxG é chave de goberno) ou Ponteceso.O BNG mellora onde gobernaAsí en Allariz o BNG mantense con 9 mentres que o PP perde 1 en favor do PSOE cun resultado de 3 os populares e 1 os socialistas. En Zas o BNG conserva os 8 coa única oposición dos 3 edís do PP.Evencio Ferreiro sube en Carballo un edil e chega así aos 11 mentres que o PP se derrumba de 8 a 5, TEGA 3 e o PSOE 2. En Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medioEn Vimianzo Manuel Antelo deulle unha lección á oposición ao subir de 4 a 8 malia a unha lexislatura complicada con mocións de censura polo medio. O PSOE cae a 1 igual que o PP e TEGA e os independentes conseguen 2 actas. Outra subida importante tamén foi a de Ribadeo onde o BNG subiu de 7 a 10. O PP conserva os seus 4, o PSOE 2 e entra Cidadáns con 1.En Tomiño revalidou goberno e mesmo subiu un edil,co que suman 10 concelleiros e o PP desplomouse ao baixar de 6 a 4.Problemas no baltarismoEn Verín gobernaba o PP desde 1995. Vinte anos despois os populares perden o goberno ante o previsible pacto de PSOE e BNG que sumarían 10 coas súas 6 e 4 actas. Así o PP baixa de 10 a 7.A Rúa tamén marcha das mans do PP co probable pacto entre PSOE e BNG que sumarían 6 fronte aos 5 do PP.Barbadás tamén pode ser gobernado polas forzas que foron oposición en 2011 pois o PP quedou só con 6 e entre PSOE e BNG sumarían 8 con 5 e 3 concelleiros respectivamente.Sorpresas lucensesJosé María González Barcia non volverá ser alcalde de Burela. Os populares pasan de 7 actas a 4. O PSOE gobernará a vila con 7 concelleiros, o PP baixa a 4 e o BNG queda con 2. Guitiriz tamén esvarou das mans populares. O partido de goberno baixou de 6 a 4 polo que o PSOE pode gobernar en solitario coas súas 6 actas. En Mondoñedo o bipartito pode renovar o seu acordo ao sumar 6 actas (3 PSOE e 3 BNG) fronte a 5 do PP. Viveiro pasará a estar gobernada polos socialistas que suben de 6 a 8 mentres que o PP baixa de 6 a 5.Viveiro segue a estar gobernada polos socialistas que suben de 6 a 8 mentres que o PP baixa de 6 a 5.En Lourenzá o concello tamén cambiará de cor. O PP baixa de 6 a 5 e o concelleiro que tiña o BNG pasa ao PSOE, o que lle permitirá ter o goberno con 6 actas. En Mondoñedo o bipartito pode renovar o seu acordo ao sumar 6 actas (3 PSOE e 3 BNG) fronte a 5 do PPXermade terá alcalde socialista ao baixar o PP de 6 a 4. PSOE e BNG sumarían 7 concelleiros, 5 e 2 respectivamente.Tamén houbo sorpresa en Sarria. O PP baixou 2 actas o que podería permitir un goberno tripartito entre o PSOE, CxG e BNG.
PRAZA_16149
A cifra de desemprego é a máis baixa dende 2010, pero hai unhas 85.000 persoas menos a traballar que a comezos da década. O emprego redúcese a un ritmo interanual tres veces e medio maior do da creación e emprego, o que afonda na redución do mercado laboral galego Máis incorporacións ao emprego indefinido que ao temporal e 80.000 persoas a tempo parcial 'á forza'
Máis incorporacións ao emprego indefinido que ao temporal e 80.000 persoas a tempo parcial 'á forza' Galicia rematou o ano 2017 con menos paro e máis emprego que na fin de 2016. É unha das conclusións máis evidentes da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do cuarto trimestre do pasado ano, que reflicte que malia ao leve incremento intertrimestral da poboación desempregada -dunhas 400 persoas, cifra de pouco peso a efectos estatísticos- no país hai 22.100 persoas menos sen traballo que doce meses antes. Neses mesmos tres meses destruíronse 16.700 postos de traballo, o que deixa o balance anual da ocupación nun valor que convida menos ao optimismo que o dato do paro. Son 6.200 persoas máis as ocupadas que hai un ano. Isto implica que o ritmo da redución do desemprego é tres veces e media superior ao da creación de postos de traballo, circunstancia que asenta o mercado laboral galego nun dos seus atrancos máis recorrentes nos últimos anos, intimamente ligado ao problema demográfico do país: é cada vez máis pequeno. O emprego redúcese a un ritmo interanual tres veces e medio maior do da creación e emprego, o que afonda na redución do mercado laboral galego A enquisa de fluxos da poboación activa, derivada da propia EPA, retrata a situación. No remate de 2017 saíron do paro case 72.000 persoas en Galicia, pero entraron nel practicamente 77.000. No entanto, este movemento pola banda do desmprego non se traslada mecanicamente á do emprego: entraron na ocupación algo máis de 52.000 persoas e abandonárona case 67.000. As persoas que faltan son as que deixan de ser poboación activa, isto é, as que xa non computan como poboación que traballa ou está en condicións de facelo; son 16.300 menos que no trimestre previo e 15.900 menos que un ano antes, o que en ambos casos supón un retroceso do 1,3%, tal e como reflicte o Instituto Galego de Estatística. A cifra de desemprego é a máis baixa dende 2010, pero hai unhas 85.000 persoas menos a traballar que a comezos da década Ante este pano de fondo sitúase a devandita desaceleración da creación de emprego mentres a caída do paro gaña intensidade. Unha comparación co acontecido en cada fin de ano dende o inicio da década serve para ilustrar o fenómeno. O ano 2014, no que o número de persoas sen traballo en Galicia tocou teito, foi tamén o primeiro dende o inicio da crise que rematou con menos paro que o ano anterior. O mesmo sucedeu ao ano seguinte, no que o desemprego retrocedeu con máis intensidade -en máis de 41.000 persoas- e, ademais, as cifras de emprego foron positivas, cunhas 32.100 persoas máis a traballar no país. O ano 2016, no entanto, rematou cunha menor redución do paro que o exercicio anterior e a creación de emprego comezou tamén a desacelerar. Doce meses despois, no remate de 2017, a mingua no desemprego volve gañar intensidade, pero o incremento da poboación con traballo segue a frear o seu ritmo. Así, a cifra de desemprego é a máis baixa dende o o ano 2010 no país, pero aínda hai unhas 85.000 persoas menos con traballo. Esta circunstancia lígase directamente co descenso de 16.000 persoas na poboación activa, que ten tres fenómenos na súa orixe: as xubilacións, a redución da poboación moza e a emigración con compensada con inmigración. Galicia entrou na recesión económica co suma de persoas con traballo e a buscar emprego chegando á contorna dos 1,4 millóns de persoas. Unha década a poboación activa galega non é quen de volver chegar aos 1,3 millóns de persoas. Todos estes datos foron acollidos dende o Goberno galego con claro optimismo ao amosaren "que Galicia pechou o ano con 22.100 desempregados menos e con 9.000 asalariados máis un contrato indefinido". Ademais, sinala a Xunta, o "lixeiro" aumento intertrimestral do desemprego, "habitual nos cuartos trimestres", supón un medre porcentual do 0,22%, "moi por baixo" do rexistrado no conxunto do Estado, "do 0,94%. A Xunta agrega ademais que no apsado ano "creceu un 2,24% o número de fogares con todos os seus membros activos ocupados" e caeu en máis dun 5% o número de fogares con todos os seus integrantes sen traballo. A Xunta pon o foco na redución do emprego, pero os principais sindicatos advirten de "ameazas" para o mercado laboral en clave de precariedade e redución de oportunidades laborais A visión dos principais sindicatos do país é ben distinta. A CIG ve na continua perda de poboación activa unha "ameaza para o mercado laboral galego, ata o punto de converterse nun dos seus principais problemas". Esa perda de persoas activas "prodúcese exclusivamente entre a poboación ocupada" e oito de cada dez pasaron á inactividade, "mentres que o resto desaparece do mercado de traballo", o que adoita vincularse ao envellecemento e á emigración. Comisións Obreiras tampouco ve motivos para o optimismo da Xunta, á que ve "incapaz de aproveitar o ciclo económico". A redución da poboación activa demostra "que o noso mercado laboral non funciona", subliña a responsable de Emprego do sindicato, Maica Bouza, quen advirte de que o escaso ritmo de creación de emprego -menos do 0,6%- mentres a economía avanza ata un 3% avanza un escenario futuro de "destrución" de postos de traballo. UGT tamén subliña a caída de poboación activa e pon o foco en que "aínda que baixe o desemprego, a precareidade segue a ser a tónica dominante".
PRAZA_10555
Afeccionados á música da Coruña e de toda Galicia choran a perda do propietario da emblemática tenda do centro da cidade, que leva case 40 anos sendo parada obrigada de melómanos.
A Coruña perdeu este domingo parte da súa banda sonora. Tres xeracións de afeccionados á música quedaron sen un dos referentes na cidade e en toda Galicia. Jaime Manso, propietario de Discos Portobello, faleceu o pasado martes tras non poder superar unha enfermidade, non sen antes anunciar o final e despedirse: "Mis últimos 21 gramos de energía para todos vosotros. Muchas gracias y hasta siempre". Músicos, melómanos ou simples habituais da súa tenda encheron as redes sociais de mensaxes de condolencia e agradecemento a unha figura fundamental na escena musical da cidade desde que en 1980 montou a súa tenda na rúa Cega, unha pequena, peonil e musical travesía –alí se atopa tamén o emblemático Jazz Filloa– perpendicular á rúa do Orzán. Jaime Manso e a súa tenda de discos foiron referencia para calquera afeccionado á música na Coruña nos últimos 40 anosAquel pequeno recuncho ateigado de vinilos foi parada case obrigada de calquera adolescente que empezara a mergullarse no panorama musical nos 80 ou 90. Regresado duns anos en Inglaterra, onde tratou con importantes figuras, Jaime Manso (Betanzos, 1947) montou no centro da Coruña unha tenda que era moito máis ca iso e a onde chegaba importante material de importación, discos inéditos, xoias antigas ou novidades que agora se atopan facilmente por Internet e que daquela aterraban tras algunha viaxe a Londres. O goberno local da Coruña xa propuxo que a rúa onde se atopa Discos Portobello pase a denominarse Jaime MansoMecenas dalgún grupo musical, impulsor da carreira doutros, referencia e amigo para músicos agora triunfantes, Jaime Manso era tamén organizador de viaxes para asistir a importantes concertos fóra de Galicia cando os billetes non dependían dun click. E a súa tenda foi sede imprescindible onde coller pasaporte para os primeiros grandes recitais de tantos mozos aínda imberbes ou gastar os dedos procurando discos e escoitando os seus consellos. O dono marchou pero a súa tenda resiste nunha rúa á que o goberno local da Coruña xa propuxo mudar o seu nome para que pase a chamarse Jaime Manso. A poucos metros da rúa Torreiro, onde hai non moitos anos a multinacional discográfica Virgin montou un enorme espazo que acabou pechando axiña. A tan só uns pasos de Portobello, que aí segue.
PRAZA_13502
O Foro Peinador lanza unha campaña para promover o consumo de marcas e produtos que etiqueten e aposten polo idioma propio no que pretende implicar "ao sindicalismo, ao galeguismo e ao nacionalismo para que sexan congruentes co que defenden"
O Foro Enrique Peinador segue a loitar pola xeralización do uso do galego en todos os niveis empresariais. Logo de múltiples traballos a prol da galeguización das empresas do país, a asociación lanza agora unha campaña dirixida aos consumidores coa que intentará "conseguir a fidelización destes aos produtos etiquetados en galego", así como incentivar os comercios a que "aposten polo noso" nos seus negocios. Así o explica Xosé González, presidente do Foro, que aclara que a campaña -que terá como lema Galicia, cos cinco sentidos. Consumo gustos etiquetados en galego- ten sobre todo "un sentido práctico e pedagóxico" co que se intentará "acabar xa cun pecado grave do sindicalismo, o galeguismo e o nacionalismo do país". "Se xuntamos a todos os afiliados a estes movementos e comprometidos coa lingua xuntamos preto de medio millón de persoas involucrados na defensa destes valores, pero que non sempre son coherentes coas súas ideas á hora de consumir", engade González, que asegura que o que se pretende é "que a xente pregunte, pida e reclame os produtos etiquetados en galego nas súas compras". "A campaña pretende acabar xa cun pecado grave do sindicalismo, o galeguismo e o nacionalismo, que deben ser coherentes ao consumir coa súa defensa da lingua" "A idea é que o consumidor prefira un viño etiquetado en galego, que aposte por un comercio con etiquetaxe e cartelería en galego... En definitiva, que apoie os sectores comprometidos coa lingua porque non sempre a práctica coincide cos ideais", insiste. A cuestión: que as organizacións e as persoas comprometidas coa lingua se impliquen tamén en fomentala no mundo empresarial. "Na medida en que determinados sectores vexan que hai un criterio á hora de elixir os produtos, os demais van apostar tamén polo idioma propio", resume o presidente do Foro Peinador, que xa se reuniu cos secretarios xerais dos sindicatos obreiros e labregos galegos para conseguir o seu apoio e pedir a súa colaboración, que se fará "a través da adscrición á campaña nas webs, de chamamentos e de difusión" e que seguirá o ronsel de campañas anteriores, aínda que intenta ser máis ambiciosa. Os sindicatos obreiros e labregos apoiarán a campaña para fomentar o consumo de produtos etiquetados en galego "A campaña diferéncianos doutros movementos a prol da lingua porque o que pretendemos é que a xente vaia á taberna e pida unha etiqueta en galego e que pida queixo e aposte tamén polos queixos galegos e que respectan a nosa lingua; o que facemos é pedagoxía", aclara González, que reclama "un consumo responsable" co medio ambiente e cos procesos de produción, pero "tamén coa defensa da lingua que se fai noutros aspectos da vida". "A campaña diferéncianos doutros movementos a prol da lingua" A campaña lanzarase arredor do 25 de xullo, Día da Patria, unha data simbólica e na que, como aclara González, "aqueles que van aos mitins da Quintana, do Toural ou aos actos de Rianxo deben ser congruentes co que están escoitando". "Ese día de exaltación da galeguidade ten que ser o comezo dun consumo responsable", pide o presidente do Foro Peinador, que destaca que xa se está a preparar un spot publicitario "que apele á fibra sensible dos galegos". Ademais, o Foro Enrique Peinador, en colaboración coa Deputación de Ourense, celebra este luns 25 o encontro Economía e Identidade. No centro cultural Marcos Valcárcel, este acto, que é itinerante, intenta facer pedagoxía co mundo empresarial galego para deixarlles claro algo tan lóxico como necesario. "A lingua galega non é óbice para que unha firma teña éxito", explica Xosé González, presidente do Foro, que advirte da colaboración destes pequenos cumios coas institucións, xa que son elas "as que teñen obriga de fomentar o idioma propio en todos os ámbitos". "Instamos as adminisracións a que apadriñen determinados encontros de empresarios e sobre todo con aquelas empresas que traballan para a institución", destaca González. O vindeiro luns, no acto estarán presentes responsables de diversas compañías que apostan claramente polo galego e que destacan tamén polo seu éxito empresarial. Grupo Cuevas, Academia Postal, R Telecomunicacións e algún adegueiro, ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación. Precisamente, González anuncia tamén que o vindeiro 7 de xulllo crearase dentro do Foro Peinador unha sección, a Irmandade Galega de Adegas, que xuntará máis de 35 adegas do país comprometidas coa lingua e cos produtos da terra e representantes de todas as denominacións de orixe para facer forza na comercialización do produto.
NOS_2895
O tres mozos maiores de idade investigados pola súa implicación no asasinato de Samuel chegaron na mañá da sexta feira ao Xulgado número 8 da Coruña, onde a xuíza titular estudará se se ratifican as medidas estabelecidas a pasada sexta polo órgano de garda -o Xulgado número 1-, que enviou os tres homes a prisión provisional, comunicada e sen fianza.
O número 8, de garda o sábado 3 de xullo, cando se produciu a malleira mortal a Samuel Luiz, estudará a ratificación da pena de prisión e toma a substitución así do Xulgado número 1, de garda o día que os investigados pasaron a disposición xudicial. O avogado dun dos detidos -sobre o que pesa, ademais do delito de homicidio ou asasinato aínda por determinar, unha acusación de apropiación indebida por levar, supostamente, o teléfono do mozo falecido-, reiterou a "inocencia" do seu defendido. Trátase de José Ramón Sierra, quen se ocupara, ao inicio, da defensa de José Antonio Abuín, O Chicle, condenado polo asasinato de Diana Quer. Sumario Sobre o segredo de sumario e o recurso presentado pola Fiscalía para impedir o seu levantamento, o avogado deste investigado sinalou que é "necesario" que se fagan públicas as dilixencias para poder "defender os detidos con todas as armas". "As comparecencias de hoxe estaban para que os detidos fosen interrogados, pero se non se levanta o segredo de sumario, é perder o tempo. Non podemos defendernos se non sabemos do que se nos acusa", indicou o letrado, que lamentou ademais que se perda o tempo "tanto para demostrar a inocencia dos inocentes como a culpabilidade dos que sexan culpábeis". Esta sexta tan só foron chamados ao xulgado os tres homes detidos maiores de idade. A cuarta detida, unha muller de entre 20 e 25 anos que tamén pasou a disposición xudicial a pasada sexta, foi posta en liberdade condicionada a comparecencias regulares no xulgado. Os outros dous detidos, menores -un deles con antecedentes penais-, foron internados nun centro de menores.
NOS_25815
A UE, como a OMS, inclínase por non acelerar a 'gripalización' da Covid.
Pode que haxa máis vagas, mais as vacinas non nos fallaron. A comisaria de Sanidade da UE, Stella Kyriakides, evitou dar certezas ─"xa vivimos moitas vicisitudes ao longo desta pandemia"─, mais mostrouse confiada na eficacia da inoculación contra a Covid á vista dos datos actuais de mortes. Nunha conversa con xornalistas en Bruxelas, a política chipriota recoñeceu que as vacinas non protexen por completo da infección e da transmisión. "Mais sabemos que en xeral reducen as posibilidades de contaxio e, por suposto, de enfermidade grave", remarcou. De feito, inclinouse máis cara á posibilidade que vén callando na comunidade científica nos últimos meses: a Covid chegou para ficar entre nós. "É pouco probábel que desapareza por si mesma. E até que torne en endémica [...] cómpre protexérmonos e os que nos rodean por medio da vacinación", sinalou. Pandemia vs. endemia Mais que significa que unha enfermidade torne en endémica? Isto acontece cando esta aparece cunha periodicidade regular en certas áreas de acordo con certos patróns estabelecidos. É dicir, que se pode predicir. As pandémicas, pola contra, son as doenzas que se producen en vagas imposíbeis de prognosticar, tras surtos en calquera parte do Planeta. Dentro da UE, o Goberno español foi o primeiro en propor que a Covid pase a ser considerada endémica. Na práctica isto suporía deixar de rexistrar o número de casos e de facer tests ás persoas con síntomas. A suxestión, realizada a semana pasada, está a ser analizada por Bruxelas. Considerar endémica a Covid-19 ─a súa "gripalización", nun paralelismo coa estacionalidade da gripe─ pode funcionar en países desenvolvidos con altas taxas de vacinación, mais para o resto "aínda resta un longo camiño", como lembrou hai unhas semanas Catherine Smallwood, experta en doenzas infecciosas da OMS. Ademais, designar unha enfermidade endémica supón en principio destinar menos recursos para combatela, ao deixar de ser unha "emerxencia para a saúde pública". O Comité de Emerxencia da OMS aconsellou o 14 de xaneiro manter a "emerxencia internacional" (a OMS tecnicamente non declara "pandemias"). "A xente fala de pandemia en oposición a endemia, mais a malaria é endémica, igual que o VIH, e matan centos de miles de persoas, así que endémico non é algo bo, só significa que está aquí para sempre", reflexionou esta semana o director de Urxencias Sanitarias da OMS, Mike Ryan. Risco de saturación Mais se a vacinación evita mortes, cal é o problema? En primeiro lugar, a xigante desigualdade no reparto das vacinas que fai de certos países perfectos caldos de cultivo para o xurdimento de variantes, "unha ameaza constante" para a volta á normalidade e que pode mudar o curso da pandemia rapidamente, segundo Kyriakides. E en segundo lugar ─asegurou─ porque unha menor letalidade non significa unha menor presión sobre os sistemas sanitarios. "Ómicron pode ser máis leve en canto á afectación das infeccións para o individuo, mais en ningún caso debería ser considerada unha variante leve. Continúa a ser un virus perigoso. O peso dos números que estamos a ver é abondo para saturar os sistemas de saúde", explicou. En calquera caso, asegurou que "cada vez está máis claro que os Estados membros que van sufrir máis son os que teñen menores taxas de vacinación". Acordo para facilitar a pastilla anticovid a países sen recursos Un total de 27 de fabricantes de medicamentos xenéricos de 11 países do mundo (Bangladesh, China, Corea do Sur, Exipto, India, Indonesia, Kenia, Paquistán, Suráfrica, Vietnam e Xordania) asinaron esta quinta feira un acordo coa Medicines Patent Pool (MPP), organización apoiada pola ONU, para facilitar o acceso de 105 países con poucos recursos á pastilla anticovid de Merck. Kyriakides referiuse a este medicamento antiviral, o molnupiravir, que elabora o grupo farmacéutico estadounidense. A EMA ten previsto darlle luz verde en febreiro. E xa a vindeira semana chegará a aprobación para o paxlovid de Pfizer. Na actualidade hai cinco remedios contra a Covid no eido da UE.
NOS_25074
O sinistro marítimo na Ría de Vigo, con 3 mariñeiros mortos e 2 desaparecidos, alarga aínda máis a lista de vítimas en accidentes laborais no mar. Un sector que rexistra unha media estarrecedora: un sinistro grave cada 4 días e un morto cada mes.
A Organización Internacional do Traballo (OIT) considera o de mariñeiro como unha das profesións máis perigosas. Ningunha novidade para Galiza, un país onde vida e morte están relacionadas estreitamente co mar. No que vai de ano dúas traxedias (o afundimento en marzo do pesqueiro Santa Ana na costa asturiana e o sinistro desta terza feira na Ría de Vigo) volven traer a primeira liña mediática unha profesión, a de mariñeiro, na que traballan milleiros de galeg@s (Galiza representa o 52% de todo o Estado español). Entre 1994 e 2013 faleceron 314 mariñeiros galegos. Só nos últimos anos, de 2005 até finais de decembro de 2013, 87 mariñeiros perderon a vida. De lle sumar o das traxedias antes citadas ('Santa Ana' e 'Mar de Marín'), a cifra supera os 90 falecidos en menos dunha década. Son dados preocupantes, como teñen recoñecido desde o propio sector, mais recibidos con fatalismo e resignación. Nestes nove anos houbo 12.652 accidentes laborais no sector domar de Galiza. A gran maioría leves (12.000) mais tamén os houbo graves (786) e mortais (87) Entre 2005 e 2013 rexistráronse 12.652 accidentes laborais no sector do mar de Galiza, segundo os informes do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboal (Issga). A inmensa maioría deles, de carácter leve (12.033, o que supón case catro por día). Mais tamén se rexistran sinistros graves. Foron 786 nestes nove anos, unha media dun cada catro días. Nese mesmo período, perderon a vida no mar 87 mariñeiros. Un cada 37 días. Un mariñeiro morto case cada mes. Nomes, anos Na costa hai anos marcados na memoria con nomes de barcos. En Ribeira o 2008 é o do 'Cordero', un arrastreiro que afundiu a 20 millas de Cabo Prior. Un mariñeiro morto e catro desaparecidos. En Burela o ano é o 2005 e o barco, o 'Siempre Casina'. O 2 e febreiro foi a pique fronte a costa de Burela. Seis mariñeiros mortos e dous desaparecidos. E a lista continúa. O 2004 será para sempre no mar o ano de 'O Bahía'. Afundiu faenando perto das Sisargas: seis mariñeiros mortos e catro desaparecidos. En Vigo o 2009 é o do palangreiro 'José Almuiña', naufragado a mil millas o leste das Bermudas. Houbo catro mariñeiros desaparecidos. Mais en Vigo o 2004 é o de 'O Bahía', unha das maiores traxedias do mar galego dos últimos anos. Afundiu o 2 de xuño mentres faenaba perto das Illas Sisargas. Seis mariñeiros mortos e catro desaparecidos. O 2002 en Lorbé (oleiros) é o do 'Meloxeira', que naufragou un 13 de abril na Ría de Coruña, e os seus catro mariñeiros non apareceron malia a intensa búsqueda durante días e días. Mais a lista é interminábel: 'Furacán', 'Hermanos Landrove', 'Nuevo Amoradín', 'Sombriza',... así coma os portos de loito: Portosín, Cariño, Burela, Viveiro... Foto portada: Roupa de augas posta a secar. Fragmento da película 'Mariñeiros', de José Suárez Foto interior: Parte do monumento que en Rianxo lembra os rianxeiros mortos no mar. Entre parénteses, despois de nome e apelido, ano e lugar de falecemento
NOS_29783
Unha concentración na Ponte Internacional clamará desde as dúas beiras do Miño contra o xenocidio ao pobo palestino.
"Paremos o xenocidio sionista. Palestina Vencerá" é o lema da convocatoria que unirá Galiza e Portugal nun berro conxunto contra a masacre na Faixa de Gaza mais tamén contra a ocupación israelita dos territorios palestinos. A concentración foi convocada para o vindeiro 4 de agosto e terá lugar na Ponte Internacional (Salvaterra-Monçao), símbolo da relación entre os pobos galego e portugués. Será ás 19.30 horas -hora portuguesa, 20.30 segundo a que rexe na Galiza- e ten por obxecto denunciar o asasinato de máis de 1.500 persoas en Gaza no marco da ofensiva militar israelita encetada a comezos do pasado mes mais tamén exixir a fin da ocupación sionista en Palestina. Imaxe capa GZ Foto
NOS_30846
A Mesa do Congreso non admite as preguntas do voceiro do BNG para esclareceren de onde saíron os cartos para financiar a cazaría
A Mesa do Congreso d@s Deputad@s censurou parte da iniciativa parlamentaria presentada polo BNG en relación á viaxe de El-Rei a Botswana. En concreto, rexeitou aquelas preguntas que pretendían esclarecer se os gastos derivados do periplo de Juan Carlos para ir cazar elefantes foran cargados ao erario público. O voceiro da formación frontista en Madrid, Francisco Jorquera, rexistrou unha batería de preguntas: "Informou a Casa Real ao Goberno da viaxe do rei Juan Carlos a Botswana o pasado 9 de abril? De ser así, deu a conformidade á viaxe? Coñece o Goberno como se financiou esta viaxe do Xefe de Estado? Foi con financiación privada? En caso afirmativo, o personal de seguridade que acompañou ao rei é o asignado á Casa Real, que está financiado con cargo ao erario público?" Delas unicamente foron admitidas pola Mesa aquelas que se dirixen directamente á xestión do Goberno español. O voceiro nacionalista entende que os gastos da Casa Real "deben rexirse por unha total transparencia, posto que os seus ingresos proveñen dos Orzamentos Xerais do Estado. Ademáis, é o Xefe de Estado e debería informar das dúbidas e cuestións que diversos deputados temos formulado sobre a opaca viaxe a Botswana". Non entende, xa que logo, a "censura" das preguntas referidas a El-Rei. Nesa liña, Jorquera --quen ademais é candidato do BNG á Xunta de Galiza-- quixo saber tamén "por que razón só se recortou un 2% no orzamento destinado á Casa Real cando se reduciu en porcentaxes do 19% o orzamento de ministerios importantes como Educación ou Sanidade?" E reprochou ao Executivo de Mariano Rajoy esta "dupla vara de medir" xa que "é difícil de entender" por parte das maiorías sociais que van ter que asumir o repago farmacéutico, o aumento desmesurado das matrículas universitarias ou recortes en servizos básicos esenciais.
NOS_43509
Pontevedra acolle este sábado e o domingo o XVIII Congreso do PP galego. O conclave, organizado para nomear o sucesor de Núñez Feixoo á fronte do partido, vai servir tamén para devolver aos baróns territoriais o poder real da formación. Así, o futuro do PP estará en mans de Manuel Baltar e Diego Calvo, ademais de en Alfonso Rueda.
A cidade do Lérez recibe esta fin de semana ás 1.246 persoas compromisarias que van participar no congreso do PP galego. A delegación máis numerosa é a pontevedresa, con 387 delegados, que corresponden co territorio con maior afiliación. A continuación sitúase A Coruña, con 352 compromisarios, segunda circunscrición con máis adherentes; Ourense, con 307 compromisarios; e Lugo, á cola, con 200. O carácter extraordinario do conclave limita as competencias do mesmo á elección dos novos órganos de dirección da formación. De feito, o encontro carece de relatorios políticos e organizativos, argumentando as fontes populares consultadas por Nós Diario que "a ausencia de documentos a debate débese a que hai menos dun ano, en xullo de 2021, realizamos un congreso para pór a punto os nosos obxectivos políticos e organizativos". Nesta liña, sinalan que "o esquema do congreso galego é moi semellante ao seguido a nivel estatal en abril de 2022 para proclamar presidente a Núñez Feixoo". O XVIII Congreso significa a formalización dunha nova estrutura de poder interno no partido, devolvendo o control aos 'baróns con mando en praza', como na época de Manuel Fraga, e baseado nun acordo de iguais entre Manuel Baltar, Diego Calvo, Alfonso Rueda e Núñez Feixoo. Precisamente, esta correlación de forzas explica a nova composición do Goberno galego e os nomeamentos dos diversos cargos intermedios da Xunta, onde a pegada de Feixoo e dos baróns é clara. A debilidade de Rueda Alfonso Rueda vai ser escollido o domingo presidente do PP galego, porén, a súa capacidade de decisión vai ser limitada. Unha mostra disto é a foto final do Executivo galego, onde mantén a práctica totalidade dos membros do Goberno que proceden da etapa de Feixoo e a única incorporación nova é o presidente provincial do PP coruñés, Diego Calvo. Nesa liña, agárdase que na nova dirección do partido a cota de Rueda sexa reducida, reservándose unhas porcentaxes semellantes a Baltar e Calvo. Este último xa fixo valer o seu peso na conformación do Executivo. Após ser un dos primeiros dirixentes en cuestionar o proceso de sucesión planificado polo círculo de Feixoo, ten rematado como vicepresidente segundo da Xunta da Galiza, asumindo o groso das responsabilidades que até hai pouco acumulara Rueda. De cara ao congreso prevese a incorporación á dirección dalgúns dos seus fieis, como o antigo alcalde ferrolán José Manuel Rey Varela. A opción Paula Prado A nova secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, non fai parte da cota coruñesa. Malia estar afiliada na agrupación de Compostela, as razóns do nomeamento son moi semellantes ás que pesaron á hora de designar o seu antecesor Miguel Tellado en 2016. Prado é unha dirixente sen poder territorial, polo que non pode ser considerada como rival por ningún dos cadros que poden aspirar a suceder Rueda nun futuro. Se no novo PP, dirixido polos baróns, o poder da secretaria xeral vai ser moi limitado, Prado achega á dirección un perfil 'duro' para confrontar coa oposición, unhas posicións ideolóxicas marcadas e unha liña política escorada na á máis á dereita do PP. Baltar é un gañador seguro no congreso de Pontevedra. As diversas fontes populares consultadas por Nós Diario sinalan que o peso de Ourense vai ser moi relevante na nova dirección. A este respecto, dáse por feito a presenza de persoas próximas ao barón ourensán nos postos chaves do aparato así como algún xesto que deixe claro o peso orgánico do presidente da Deputación de Ourense no equipo dirixente. Feixoo vai continuar mandando moito na Galiza. Á súa responsabilidade como presidente estatal do PP, cuestión chave nunha organización de estrutura vertical, suma a súa ascendencia sobre un número importante de cadros galegos do partido. Un exemplo disto é o Goberno, tanto pola continuidade do seu equipo como polos nomeamentos dos últimos días. Á súa influencia e á da súa responsábel do control dos medios, Mar Sánchez, débese a elección da nova secretaria xeral de Medios, Silvia Valdés. Elena Candia, a gran derrotada A presidenta do PP en Lugo, Elena Candia, é unha das grandes damnificadas do proceso. Fica excluída do Goberno e relegada a substituír a Calvo na Mesa do Parlamento pola súa falla de peso no PP como consecuencia da forte contestación que padece en Lugo, cun sector que cuestiona o seu liderado.
NOS_33342
A Casa das Moas, na zona de Vidán, permitirá reunir as tres escolas que actualmente funcionan en Compostela.
O proxecto Semente de escolas de ensino en galego continúa a medrar e a expandirse, e faino, ademais, en abse ao compromiso da base social que as substenta. Semente Compostela informa que ven a atinxir os avais necesarios para ter un exmpréstito (concedido por Coop57, cooperativa de servizos financeiros) que lle permita adquirir un inmóbel na zona de Vidán que dea acollida ás 3 escolas que actualmente funcionan na capital galega. "Em apenas 15 dias, a base social do projeto educativo reuniu 200 avais necesários, superando o objectivo inicial dos 285.000 euros", manifestan nun comunicado. Os avais conseguidos "superaram as previssons mais optimistas. Graças ao apoio de famílias, de docentes, de pessoas que acreditam noutra Galiza possível, acadáram-se 356.200€ em avais. Um 90% das famílias que na actualidade formam parte da Semente avalarom a operaçom". O empréstimo concedido permitirá sufragar a operación inmobilaria . Nas vindeiras semanas, anuncia Semente, o colectivo lanzará unhaa campaña de crowfounding para recadar os fondos para a reforma do inmóbel A casa de Moas ten unha superfície de 600 metros cadrados repartidos em 3 andares, e cunha finca forestal de 3500 metros cadrados. "Essas dimensons farám possível reunir nesse espaço a todo o alumnado da Semente Compostela, que abarca o tramo dos 2 aos 12 anos."
NOS_38704
O Executivo estatal propón a impugnación ao considerar que a norma galega introduce restricións e limitacións aos dereitos fundamentais que segundo o artigo 81 da constitución española están reservadas a unha Lei Orgánica.
A ministra portavoz, María Jesús Montero, anunciou esta terza feira que o Consello de Ministras acordou interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra a modificación da Lei de saúde de Galiza. O Goberno español preguntara hai unhas semanas ao Consello de Estado sobre a posíbel constitucionalidade desta modificación de lei, e é agora cando o Executivo estatal pronunciouse a favor de presentar este recurso tras o ditame deste órgano. Segundo defende o Goberno español, a norma realiza unha serie de modificacións en medidas preventivas por razóns de protección de saúde pública e do réxime sancionador que recibiron observacións de inconstitucionalidade por parte dos correspondentes departamentos ministeriais. O prazo para a interposición do recurso de inconstitucionalidade finaliza o 26 de maio de 2021. O Executivo estatal propón a impugnación ao considerar que a norma galega introduce restricións e limitacións aos dereitos fundamentais que segundo o artigo 81 da constitución española están reservadas a unha Lei Orgánica. Neste punto, a norma galega "regula pormenorizadamente" os mecanismos extraordinarios para tutelar a saúde pública ante crises sanitarias con respecto á lexislación estatal, "incidindo sobre os dereitos fundamentais dunha maneira que non se pode considerar un mero desenvolvemento da Lei Orgánica estatal". Aquí, poñen de exemplo o artigo 5, que establece entre outras medidas preventivas en materia de saúde pública que Galiza poderá someter "a medidas profilácticas de prevención da enfermidade, incluída a vacinación ou inmunización". Tamén o artigo 7, que engade medidas preventivas en materia de saúde pública, a lei autonómica vulnera a reserva da Lei Orgánica. Así mesmo, o Goberno español tamén cre que serían inconstitucionais as previsións contidas nos apartados 12, 13, 14 e 15, que constitúen o réxime de infraccións e sancións asociado ás condutas reguladas nos apartados 5 e seguintes. Con todo, o Executivo cre que a norma pode vulnerar o artigo 116 da constitución, que regula os estados excepcionais. No marco do estado de alarma, as comunidades ostentan atribucións delegadas que non poden utilizarse para aprobar esta lei ordinaria "coma se fosen facultades correspondentes á xestión ordinaria das súas competencias". Tamén se alega á competencia exclusiva do Estado respecto a as bases e a coordinación xeral da sanidade que recolle a Constitución. Por último, respecto a posibilidade de obrigar os cidadáns a vacinarse, tamén se entende que ademais de afectar a reserva de Lei Orgánica e ao ámbito competencial do Estado, non considera a estratexia de vacinación aprobada polo Consello Interterritorial que recolle que a vacinación será voluntaria.
NOS_6143
O presidente do goberno español asegurouno no Congreso d@s deputad@s en resposta á pregunta formulada pola deputada do BNG, Olaia Fernández Davila. A nacionalista exixiu a retirada do anteproxecto de lei por "involucionista", e "perversa".
A deputada do BNG no Congreso d@s deputad@s, Olaia Fernández Davila, demandou esta cuarta feira (22 de decembro) a retirada do anteproxecto de lei dos dereitos do concibido e da muller grávida polo consideraren "involucionista" e contrario aos dereitos das mulleres. Fernández Davila acusou na súa intervención ao ministro de Xustiza español, Alberto Ruíz Gallardón, de irresponsabilizar ás mulleres cunha proposición lexislativa que pon "en primeiro lugar o ben xurídico a protexer [nascituro]" fronte os "dereitos das mulleres". "As mulleres do único do que somos vítimas", defendeu a nacionalista, "é de ideoloxías fundamentalistas e intransixentes. Queremos ser persoas con todos os dereitos", sentenciou. "As mulleres do único do que somos vítimas", defendeu a nacionalista, "é de ideoloxías fundamentalistas" A parlamentar do Bloque acusou ao goberno español de presentar unha norma caracterizada pola "hipocrisía", "perversidade" e a "dobre moral". "Queren aprobar unha lei que nos retrotrae a tempos en que só podían acceder ao aborto con garantías sanitarias aquelas mulleres con posibilidades económicas" denunciou Olaia Fernández Davila. Unha lei con "puntos controvertidos" Pola súa banda, Mariano Rajoy rexeitou retirar o anteproxecto de lei como lle demandou a deputada nacionalista porque, dixo, este aínda enceta agora o proceso lexislativo que o levará a ser debatido nas Cortes. Neste senso, o presidente do goberno recoñeceu que embora posuír "puntos controvertidos" a norma podería ser "mellorada" coas achegas formuladas polos demais grupos da Cámara. Porén, desde o BNG insisten en que o rexeitamento social e a oposición amosada polas demais forzas políticas --que rexeitan en bloque a reforma-- son suficientes para a tombaren antes mesmo de ser debatida. Rajoy saiu así ao paso, aínda que sucintamente, das críticas que espertou a propota lexislativa mesmo entre un sector da militancia do PP que critica, principalmente, a supresión do suposto de malformación recollida na lei de 1985, esa á que @s populares apelan para aseguraren que a norma de 2010 rachaba co "consenso" existente con anterioridade.
NOS_45763
O cabeza de lista pola Coruña asegura que aquelas persoas que aínda teñen dúbidas poden apostar pola Candidatura Galega sen "renunciar a ningunha das dúas, porque somos garantía de cambio e somos o equipo da casa". Vídeo no interior
Nós-Candidatura Galega enfilou a recta final dunha intensa campaña cara o 20D chamando á mobilización das e dos votantes indecisos. O número 1 de Nós pola Coruña, Carlos Callón, apelou a aquelas persoas que aínda teñen dúbidas entre mudar o goberno do Estado ou optar por darlle voz a Galiza a apostar pola Candidatura Galega "sen renunciar a ningunha das dúas". "Somos garantía de cambio e somos o equipo da casa. NÓS nunca permitirá que a dereita -nin a vella, nin a nova- siga a impor as súas políticas de recortes de dereitos, de privatización de servizos, das políticas que nos empobrecen. E, ao mesmo tempo, somos a garantía de que este país vai ter voz soberana e firme en Madrid", asegurou Callón ante decenas de persoas presentes no mitin que celebrou a formación en Compostela. "NÓS nunca permitirá que a dereita siga a impor as súas políticas e somos a garantía de que este país vai ter voz soberana" O cabeza de lista pola Coruña mostrouse convencido que hai miles de persoas en Galiza que non están dispostas a crer "a milonga de que a solución para o bipartidismo a dous do réxime é un bipartidismo a catro empaquetado desde os estudios de televisión", e salientou nese sentido que o resto de formacións carecen de propostas para o país. "O programa de Podemos menciona dúas veces Galiza, e outros son incapaces de citar unha soa medida", criticou en relación ás dúas forzas estatais emerxentes. Por contra, Callón manifestou que "Nós ten un programa cheo de medidas para Galiza, para cada problema real do país", entre os que destacou a crise do sector gandeiro, a protesta dos mariñeiros do cerco, as precarias pensións galegas ou a emigración xuvenil. "Chámannos soñadoras por aspirar a defender esta terra coas nosas propias forzas, por atrevernos a imaxinar un país con traballo, dereitos e benestar, pois soñemos e demostremos o 20D que volveremos a dar voz soberana a Galiza como durante vinte anos fixo o BNG", proclamou Callón. "Fronte a democracia televisiva, nós defendemos que Galiza exista" O cabeza de lista de Nós pola Coruña tamén participou esta pasada cuarta feira no espazo electoral de Televisión Española, onde compartiu as propostas da Candidatura Galega xunto a outras forzas soberanistas do Estado.
NOS_25625
Os dous países póñense como exemplo de "cooperación" e critican a inxerencia estranxeira nos seus asuntos.
Xi Jinping, presidente da China, e o seu homólogo ruso, Vladimir Putin, xuntáronse esta cuarta feira de maneira virtual para abordar a situación das relacións bilaterais, así como a actualidade a nivel mundial e rexional. As relacións entre Beixín e Moscova son "un verdadeiro exemplo de cooperación interestatal do século XXI", subliñou Putin ao comezo do cumio, salientando que este modelo está baseado "entre outras cousas, en fundamentos como a non intervención nos asuntos internos e o respecto aos intereses mutuos, e a determinación de converter a fronteira conxunta nun cinto de paz eterna e boa veciñanza". Pola súa banda, Xi incidiu en que "o mundo entrou nun período de turbulencias e grandes cambios", con todo, as relacións bilaterais "amosaron unha viabilidade sólida e recibiron un novo alento". Asemade, agradeceu a Rusia o apoio aos "esforzos da China para defender os intereses nacionais chave e oporse enerxicamente aos intentos de crear unha fenda" entre ámbolos dous países. No que atinxe á situación internacional, a axencia Xinhua recolle como o mandatario chinés recoñeceu a Putin que "certas forzas internacionais" estaban interferindo nos asuntos internos chineses e rusos utilizando a "democracia" como escusa, ao tempo que "pisan de forma brutal o dereito internacional" e as "normas recoñecidas que gobernan as relacións internacionais", en referencia aos Estados Unidos (EUA) e á Unión Europea. O asesor da Presidencia rusa, Yuri Ushakov, transmitiu que na cimeira os líderes expresaron a súa preocupación pola actividade dos EUA para "reconfigurar a situación na rexión de Asia-Pacífico", e acusaron os Estados Unidos, Reino Unido e Australia por socavar o equilibrio nuclear e aumentar a tensión na rexión. Outro dos temas que se trataron na xuntanza foi a resposta á pandemia de Covid-19. Con respecto ás relacións comerciais, destacaron que os intercambios comerciais medraron un 31% entre xaneiro e novembro, até os 110.000 millóns de euros. Final dunha era de actuacións arbitrarias Poucas horas antes da xuntanza, o voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores da China, Wang Wenbin, instou a comunidade internacional a investigar os crimes de guerra dos militares dos EUA ao matar civís inocentes en todo o mundo. "A xustiza pode atrasarse, pero non será negada, a era na que os EUA actuaron arbitrariamente no mundo baixo o pretexto da democracia e os dereitos humanos rematou", destacou Wang.
PRAZA_17271
Este domingo celebrouse o Día Mundial da Bicicleta, instituído este ano pola ONU, que reclama un esforzo para o fomento deste medio de transporte e a construción de infraestruturas axeitadas. A Coruña, Vigo ou Lugo teñen en marcha proxectos para incrementar notablemente as súas vías ciclistas este ano e o que vén, o mesmo que a Deputación coruñesa.
Este domingo celébrase o Día Mundial da Bicicleta, unha conmemoración aprobada pola ONU o pasado mes de abril que insta os Estados membros a fomentar o uso deste medio de transporte, impulsando infraestruturas axeitadas para favorecer este tipo de mobilidade sostible. Galicia está aínda moi lonxe doutros territorios no referido ás súas redes de carrís-bici e vías ciclables pero nestes momentos están en marcha un gran número de proxectos que entre este ano e o que vén ampliarán moito o número de quilómetros destas infraestruturas viarias. Algúns dos máis destacados están nas cidades, coma A Coruña, Vigo ou Lugo, pero tamén fóra dos espazos estritamente urbanos está prevista a adecuación de vías para o seu uso seguro por parte de ciclistas. En Vigo está en construción un carril bici entre Samil e Teis que cruza polo tanto toda a cidade. Son un total de 10 quilómetros e supoñen un investimento dun seis millóns de euros. Ademais, dende o Concello prométese que esta actuación (unha rolda circular de 20 quilómetros) será a primeira dunha serie de obras que dotarán á cidade dunha ampla rede, dun 50 quilómetros, da que esta primeira vía será o eixo vertebrador, con varios percorridos secundarios que a complementarán, facilitando a conexión con todos os barios da cidade. Hai ano e medio o vigués Alexandre Mouriño presentou unha proposta de rede de ciclovías para a cidade olívica, como traballo de fin de Master en Arquitectura e Urbanismo na Escola Superior Gallaecia (Vila Nova de Cerveira). Na Coruña tamén se completará este ano o carril-bici que unirá a Mariña coa Ponte da Pasaxe, cunha lonxitude de 5,3 quilómetros e un custo de dous millóns de euros. Ademais, están a piques de rematar as obras do carril-bici que unirá a rúa Ramón y Cajal co actual carril-bici universitario; e tamén será unha realidade a vía que unirá Perez-Ardá con Matogrande. Estes traxectos, que suman uns 9 quilómetros uniranse aos 17 quilómetros de carril-bici cos que xa contaba a cidade e que, principalmente, percorría o litoral entre o Parrote e O Portiño. No 2016 o Goberno municipal presentou o deseño dunha rede de carrís-bici que sumaría un total de 107,2 quilómetros en todo o Concello. A vía que nos vindeiros meses chegará ata a Ponte da Pasaxe conectará cos carrís-bici de Culleredo e Oleiros. Na actualidade a rede de carrís-bici na área metropolitana coruñesa suma xa 78 quilómetros en Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, A Coruña e outros concellos, e están en marcha proxectos en varias localidades para ampliar notablemente estes percorridos. A pasada semana a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou a construción dun carril-bici de 15,2 quilómetros, nunha obra que conta cun investimento de 1 millón de euros financiado nun 80% por fondos europeos. O percorrido atravesará Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Parque Rosalía de Castro, río Miño cara o río Mera e rúa Mazaira e as obras estarán rematadas nun prazo de seis meses. Na actualidade Lugo contaba unicamente con 1,54 quilómetros de carrís-bici. Nestes 15 quilómetros haberá tanto carrís-bici segregados como rúas ciclistas. Nas denominadas rúas ciclistas reducirase a velocidade xenérica a 20 quilómetros/hora para garantir a seguridade. O proxecto tamén contempla aparcabicis e aparcadoiros cubertos; a localización destes aparcabicis será en calzada, substituíndo prazas de aparcamento de coches. Hai dous anos o enxeñeiro de camiños Jesús Martínez presentou unha proposta de 65 quilómetros de itinerarios ciclistas para Lugo. Proxectos da Deputación da Coruña Na actualidade a provincia da Coruña conta cun total de 640 quilómetros de sendas ciclistas e 67,5 quilómetros de carril bici. Porén, estas cifras poderían aumentan notablemente nos vindeiros meses. A Deputación da Coruña está a impulsar tres proxectos para construir 130 nuevos quilómetros de carril-bici, cun investimento total de 11 millóns de euros, dos que sete procederían dos fondos Feder. 30 dos quilómetros que se prevé construír servirán para ampliar o Carril Bici Metropolitano da Coruña nos concellos de Cambre, Carral, Abegondo, Bergondo e Betanzos. Tamén se prevé acondicionar unha vía verde entre Santiago e Cerceda, percorrendo 36,5 quilómetros sobre as antigas vías do tren. Ademais, construiranse 59,6 quilómetros de carrís-bici para conectar 11 faros coas súas localidades máis próximas: Estaca de Bares, cabo Ortegal, punta Frouxeira, punta Nariga, Laxe, cabo Vilán, cabo Touriñán, Fisterra, cabo de Cee, Lariño e punta Queixal. O ente provincial espera que as tres actuacións estean completadas no ano 2020. Máis vías verdes Denomínanse vías verdes os percorridos peonís e ciclistas resultado do acondicionamento de infraestruturas en desuso, principalmente antigos trazados ferroviarios ou estradas sen servizo. Hai unhas 115 en todo o Estado, pero en Galicia só contamos de momento con unha, de 12 quilómetros entre A Pontenova e San Tirso de Abres, percorrendo a fronteira con Asturias. Ademais do proxecto previsto que uniría Compostela e Cerceda, varios colectivos sociais e institucións levan tempo reclamando e traballando distintas opcións. Unha das que está máis avanzadas é a que uniría Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Portas e que conta dende hai anos co impulso dos gobernos municipais das tres localidades. O pasado mes de abril a Deputación de Pontevedra aprobou un investimento de 200.000 euros para apoiar o proxecto, duns 10 quilómetros de lonxitude. Outro proxecto que leva anos sobre a mesa é o dos treitos que unirían Pontevedra e Arcade e o que iría de Vigo a Redondela, que ademais se poderían unir incluíndo unha vía ciclista duns 15 quilómetros de lonxitude, permitindo así ir de Vigo a Pontevedra de forma segura. Pedaladas (Pontevedra), A Golpe de Pedal (Vigo) e As Salinas de Ulló levan anos reclamando a implicación das distintas administracións neste proxecto. Outra das propostas que veñen gañando forza nos últimos tempos é a creación dunha ruta cicloturista en todo o litoral galego, dende Tui ata Ribadeo, un total de 866 quilómetros que ademais se integraría na rede europea EuroVelo. A Coordinadora Galega da Bicicleta, da que forma parte Crunia, A Golpe de Pedal, Arousa en Bici, Composcleta, Pedaladas e Verdegaia, apoia a proposta. EuroVelo xa proxecta un itinerario que percorrería o Camiño Francés a Compostela e que uniría deste xeito Galicia con Francia.
NOS_48512
Mostra en Vigo de todos os autorretratos
A investigación sobre o propio rostro é unha das modalidades máis intensas da pintura, tamén da moderna. Xosé Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996) dedicouse a ela ao longo de toda a vida. Son eu. Dezaioto autorretratos de Laxeiro é a exposición que, desde esta sexta feira e até o 17 de maio na fundación ao seu nome situada en Vigo, percorre a súa práctica no xénero. "Por primeira vez reúnense nunha exposición a totalidade dos autorretratos de Laxeiro coñecidos até a data", sinala a fundación na nota de presentación da mostra, que comisaría o ensaísta e crítico de Sermos Galiza Carlos L. Bernárdez (Vigo, 1958). Pintadas en técnicas diversas, os 18 cadros ilustran a evolución do artista e "a interpretación da propia imaxe". "Compoñen un percorrido excepcional da evolución plástica do artista, mais tamén da evolución do xénero do retrato ao longo do século pasado", engade o texto. Laxeiro fixo parte do grupo dos Novos durante os anos da República canda artistas como Colmeiro, Luís Seoane ou Carlos Maside. A esa etapa pertence a reprodución -o orixinal está desparecido- dun autorretrato a tinta publicado en El Pueblo Gallego ou o de 1945-1935, en óleo sobre cartón e integrado no seu período granítico. "Neste pódense apreciar todas as características do Movemento Renovador da Arte Galega e mais a súa sintonía coas vangardas internacionais como a Nova Obxectividade ou o Retorno á Orde", afirma a fundación. A colección permanente da institución acolle cinco destes 18 traballos. Outros proceden de coleccións privadas. O conxunto da mostra facilita a comprensión de como vai mudando "o problema da autorrepresentación" en Laxeiro, desde "unha fase testemuñal e mesmo de aprendizaxe até un estadio de conflitividade entre a pintura e a súa función representativa e o seu achegamento ao informalismo".
NOS_13546
Esta sexta feira 7 de decembro, a formación nacionalista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias de cara a paralizar a súa venda e conseguir a súa preservación.
A emblemática institución conta no seu haber con patrimonio inmobiliario, artístico e cultural imprescindíbel para Galiza e a súa historia. Neste momento atópase nunha situación agónica, cunha débeda de máis de 1.700 millóns de pesos arxentinos, case 40 millóns de euros. A entidade está intervida polo goberno arxentino e en vías de extinción. Gran parte da débeda vén do propio goberno, posto que moitos dos máis de 1.200 postos de traballo perdidos nos últimos anos foron declarados despidos improcedentes e o Centro suma innumerábeis indemnizacións. É por iso, que tras a viaxe a Arxentina da portavoz nacional, Ana Pontón, e a eurodeputada, Ana Miranda, o BNG presenta unha proposición non de lei para evitar a súa catástrofe financeira. A proposta pasa por contactar coas autoridades arxentinas para que deteñan a venda do hospital e garantan a atención médica de calidade dos actuais socios. O plan de viabilidade podería pasar por facer del un hospital público. Igualmente, pide a condonación das indemnizacións millonarias. Á Xunta pídenlles que interveña da forma que sexa precisa para "preservar o patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial que posúe o CG promovendo un labor de inventariado e control do actual estado de todo este patrimonio". Por último solicitan tamén a declaración de Sitio Histórico da habitación 202 do Centro Galego, onde permaneceu ingresado e faleceu Castelao.
PRAZA_20765
O Bloque acode á Comisión Europea, a Eurocámara e a ONU pola "aberrante utilización e xestión das visitas" ao Pazo por parte da entidade franquista
O BNG denuncia a Fundación Francisco Franco ante a ONU e a Unión Europea. Así o adiantou este luns a súa portavoz nacional, Ana Pontón, acompañada da voceira en Europa, Ana Miranda. A formación nacionalista acudirá á Comisión Europea, á Eurocámara e á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas ante a "aberrante utilización e xestión das visitas" ao Pazo de Meirás por parte da entidade fascista. O BNG acode á Comisión Europea, Eurocámara e ONU pola "aberrante utilización e xestión das visitas" ao Pazo por parte da Fundación Franco As denuncias da fundación ante o Parlamento Europeo e a ONU faranse por "apoloxía do fascismo", tal e como aclarou Miranda, que asegurou que a xestión por parte desta entidade do BIC "atenta contra os valores europeos, os dereitos humanos e a democracia". A ex-eurodeputada asegura que non existe ningún caso semellante en Europa no que unha institución "utilice un espazo para enaltecer os valores e figura do ditador" Franco, tal e como presume este colectivo. Para a política galega, este xeito de actuar é "antidemocrático e mesmo ilegal". "O franquismo segue vivo; a xestión das visitas en Meirás só é a punta do iceberg", di Ana Miranda Miranda cre que, despois da morte de Franco e xa transcorridos 42 anos, "o franquismo segue vivo" e a decisión de que esta fundación fascista siga xestionando o Pazo de Meirás é "só a punta do iceberg". "Non teremos unha verdadeira democracia ata que esta cuestión quede resolta con xustiza, verdade e reparación das vítimas", engadiu. Ademais, Ana Pontón avanzou a posta en marcha "dunha fronte democrática" para iniciar institucional e socialmente a denuncia dunha situación "aberrante" que permite que o franquismo poida converter o BIC de Sada "nun parque temática do fascismo, coa conivencia do Goberno galego e do seu presidente Núñez Feijóo". Pontón acusa a Feijóo e a Xunta de "conivencia" coa familia do ditador Pontón cualificou o que acontece en Meirás de "inconcibible, incompatible coa democracia e supón unha labazada ás vítimas do franquismo e as súas familias" e unha constatación da "conivencia do PP co franquismo no Estado español". A portavoz nacionalista cre que a Xunta conta con instrumentos para evitar o que sucede no Pazo e lembrou que este martes reanúdanse as visitas, polo que "o Goberno galego debe estar atento e parar esta barbaridade". Por outra banda, Pontón avanzou tamén que no inicio do curso político o BNG presentará nos concellos e no Parlamento galego mocións destinadas a devolver o Pazo de Meirás ao pobo de Sada, así como declarar "non grata" a Fundación Francisco Franco e a familia do ditador e iniciar o expediente para ilegalizar esta entidade por facer "apoloxía do fascismo". Ana Miranda lembrou tamén as diversas iniciativas presentadas polo BNG no Parlamento galego e Deputación da Coruña, ás que sumou a denuncia ante o Executivo comunitario a a inclusión na Memoria Histórica activa en Europa dos "crimes da ditadura franquista", que non están incluídos aínda. Ademais, no mes de novembro de 2017, coincidindo cos 42 anos da morte do ditador, o BNG ten previsto celebrar na Eurocámara un encontro con diversas organizacións, asociacións relacionadas coa recuperación da Memoria histórica de Galiza e do resto do Estado así como expertos na ditadura franquista. A pasada semana, a eurodeputada de AGEe, Lidia Senra, puña tamén en coñecemento da Comisión Europea a "apoloxía do xenocidio e a ditadura" que a Fundación Francisco Franco estaría a desenvolver no edificio. Era o segundo escrito que as autoridades comunitarias recibían ao respecto despois do formulado nun sentido semellante a principios de agosto pola propia Ana Miranda.
PRAZA_179
Mofa e Befa mergúllanse no Século de Ouro con 'Bobas e Galegas', a última montaxe de Quico Cadaval. Alberto Ramos conversa con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira
"Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflixir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare. Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a vítima? O inocente teatro clásico español." Con estas palabras, Quico Cadaval presenta Bobas e Galegas, a última montaxe interpretada por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira e que foi seleccionada para abrir o Festival de Almagro 2014 no Corral de Comedias. Trátase dun espectáculo no que o dúo de intérpretes se mergulla no teatro do Século de Ouro, revisitando a autores como Calderón e poñendo o foco no papel dos personaxes galegos na escrita castelá daquela época. Verso, cabaré e máis de 160 almofadas mestúranse nunha obra que agora comeza a xirar por Galicia. Estarán no Teatro Principal de Santiago os días 4, 5, 6 e 7 de febreiro. Despois chegarán á Mostra de Teatro Clásico de Lugo o 21 de febreiro e a Ferrol o 28. Xa en marzo visitarán Bertamiráns (día 13), Oleiros (14), Muros (21) e Noia (28). Que atoparemos nesta obra que se estreou na sesión de apertura dun Festival como o de Almagro? VÍCTOR MOSQUEIRA: É unha obra que ten un pouco de todo. Por un lado ten a Mofa e Befa, esa parte cabareteira que nos caracteriza, polo outro, unha obra de teatro galega costumista polo medio e para rematar ten a parte en verso... "Podemos dicir que é un espectáculo clásico de Mofa e Befa, onde se pretende dar, dende a ignorancia, unha especie de lección" EVARISTO CALVO: En realidade, podemos dicir que é un espectáculo clásico de Mofa e Befa, onde se pretende dar, dende a ignorancia, unha especie de lección. Busca que se poida sacar algo en limpo dalgúns textos literarios e achegar uns poucos datos históricos. Nós seguimos con esa premisa de dar en cada espectáculo unha proporción dun 85% de divertimento e un 15% de información... Porque pensamos que é mellor que chegue pouco a que non chegue nada. [Risos] Moitas veces pasa que, cando te pos a informar a xente, a xente di... pero que carallo é isto, é moi aburrido. [Risos] A ver, ten un carácter didáctico, xa que a tese poderíamos dicir que é o papel dos galegos no Teatro do Século de Ouro. En Calderón, en Lope, no teatro barroco castelán... Isto articúlase ao redor dunha obra costumista coa que se conduce a historia, coa que se vertebra un pouco o espectáculo. Está protagonizada por dous segadores que van perdidos pola Meseta... Mosqueira: "El infierno de los campos castellanos de Castilla..." Calvo: Si, por esa meseta, entre o trigo, cun calor que nin dios e pasando medo de que lles rouben os cartos, esas cousas que lles pasaban aos traballadores desa época... Agora tamén pasa, pero doutra maneira, claro. Mosqueira: Vai todo intercalado. Saímos á escena, somos máis Mofa e Befa. Preséntase unha explicación sobre o verso e que temos un aparello, que é a gorguera, que che permite falar en verso e en castelán. Calvo: Continuamente estamos facendo alusión a que o espectáculo é unha demostración sobre... "Xogabamos co tópico ese de 'Galego que non sabe falar'. Claro que non sabían falar... É que non era o seu idioma!" Mosqueira: Por que eran tan bos os galegos para os oficios servís? A ver, isto foi un encargo do festival de Almagro, que nos permitiu facer unha especia de... como a Outra idea de Galicia, de Murado. Nós falando en castelán para eles, interpretando os segadores que son moi clowns, igual que en Esperando a Godot. A eles era unha idea que lles facía moita coña, xogabamos co tópico ese de "Galego que non sabe falar". Claro que non sabían falar... É que non era o seu idioma! Era xogar con todas esas cuestións, facer humor sobre iso e o público acababa dándolle voltas ás cousas. Isto, agora non deixa de ser a tradución do espectáculo, non o verso. Aquí funcionará doutra maneira. Sobre todo, esa parte. Onde primeiro se viu a obra en Galicia foi no FIOT de Carballo. Como funcionou aquí en comparación con Almagro? Calvo: No FIOT tomárono máis en serio [risos], pero aplaudiron moito ao final. Mosqueira: Eu creo que sorprende, é unha cousa curiosa vernos falar en castelán e en verso, algo que nos custou moitísimo aprender, polo menos a min Calvo: Eu creo que a obra é unha mestura de dúas cousas. Porque para nós tamén é algo moi novo, porque falamos, ademais da cuestión en verso, dun espazo escénico inusual. Está formado por cento e pico almofadas espalladas por aí. En realidade, representan os campos de Castela... E serven para que todo saia desas almofadas. De entre elas xorden os elementos de atrezzo, mesmo diferentes personaxes... Mosqueira: É unha escenografía que se identifica con un ermo. Fíxoa Baltasar Patiño, como a iluminación. As almofadas serven para todo ou case todo, non? Empréganse algunhas, atadas entre elas, para formar un biombo. Nós sempre empregamos ese tipo de elementos, un biombo, ou unha tea, como en Shakespeare para ignorantes, ou un muro de ladrillo que nos axuda a desdobrarnos en moitos personaxes. Calvo: Ademais, case todos os elementos de atrezzo son as propias almofadas, coas que facemos aparellos, tamén fan de bonecos, de cabalos... Mosqueira: O valor que lle deas... Calvo: Ou de balóns de fútbol. Hai almofadas de 1,50 que acaban facendo esa función. Mosqueira: Botas de viño... Unha vez metidos en escena, asimilado o código, xa a xente comprende... Somos perralleiros, seguimos sendo perralleiros con Século de Ouro ou sen el. Nos textos desa época, os galegos moi ben parados non saían... "O galego que faría Salvador Sostres non sería igual ao de Xavier Alcalá... E os dous pertencen ao estado español" Calvo: Dependía das querencias dos autores. E segue a depender... Que sei eu! O galego que faría Salvador Sostres non sería igual ao de Xavier Alcalá... E os dous pertencen ao estado español. Mosqueira: Bueno, de momento... Calvo: De momento, quizais dentro de pouco non pertenza ninguén. .. Como se reflicte na obra esas frases lapidarias do Século de Ouro sobre os galegos... Mosqueira: Facemos referencia, sobre todo, na parte de Mofa e Befa. Falando da estulticia, da debilidade moral... Dicímolas na parte máis cabareteira. Na dos segadores... non tanto, pensabamos facer fincapé, sobre todo con frases como esa de: "Gallega hermafrodita, montón de orujo..." Pero ao final non nos metemos tampouco niso, xa nos parecía da duración exacta... É dicir, falan diso os galegos. É dicir, Mofa e Befa e os segadores, que se chaman Paio e Mendo, aínda que os seus nomes non acaban de saír nunca na escena. Pódense atopar paralelismos con Shakespeare para ignorantes nestas Bobas e Galegas? Calvo: É moi distinto a Shakespeare para ignorantes, é máis semellante a Sempre ao lonxe. Aquí non hai un ponente, senón que hai unha especie de ponencia frustrada... Mosqueira: A raíz de facer o Shakespeare en Almagro, xurdiu esta obra. O Shakespeare gustara moito e Quico [Cadaval], falando con Natalia Menéndez, propúxolle unha idea que el tiña sobre os criados galegos, que era algo que se tocaba moi pouco. E ela dixo que lle interesaba. É certo que unha cousa levou á outra, pero non teñen maior relación. Casa ben o teatro clásico español e o clown? Poden parecer contraditorios... Mosqueira: E sen esquecer esa parte de cabaré que temos nós, Mofa e Befa... O clown é máis da parte dos segadores, de Paio e Mendo. Calvo: Hai pezas, como a da buxiganga que incluímos, que son pezas feitas cun clarísimo carácter humorísticos. Nós intentamos interpretar o que propuña o autor no seu momento e que fique clara a sutileza que hai na comedia do barroco. Porque a verdade, é que tamén eran sutís. Facían as cousas dentro dunha tensión dramática pautada, unha métrica e unha feitura que fan dese teatro moi interesante. Que autores se inclúen na obra? Hai mais Calderón que outra cousa, non? Mosqueira: É que en Calderón xa estaba todo. Despois temos o texto que se lle atribúe a Lope, La estrella de Sevilla, que é de Andrés de Claramonte, que é onde saía o Clarino, un criado gallego sutil que interpreta Evaristo na obra..Lope ao final... Quedou fóra. A verdade, foinos caendo mal. Por que? "Calderón foi o que peor nos tratou, con cousas como iso sobre a muller galega: 'Mitad gorrino, mitad mujer" Mosqueira: Foi o que peor nos tratou, con cousas como iso sobre a muller galega: "Mitad gorrino, mitad mujer" Pero logo arrepentiuse bastante, porque o Conde de Lemos, o que pagou o Quixote... Pois retiroulle a subvención e logo tivo que comezar a facerlle a pelota. A ver, a min gústame Lope, ten cousas moi boas. Tamén pensamos en Sor Juana Inés de la Cruz e ese "Hombres necios que acusáis a la mujer, sin razón..." Pero foron quedando fóra... Pero que quedou logo? Calvo: Quedaron partes de tres pezas de Las visións de la muerte, Los guisados e La Estrella de Sevilla, ademais das décimas de Quevedo. Logo hai unha parte, digamos expositiva ou divulgativa, da que falamos e establecemos unha teoría de por que o amor galante era tan complicado no século de Ouro, porque os amantes tiñan que falar en verso e recorremos a Quevedo para establecer a diferencia dos estilos lingüísticos: o popular, o culterano e o conceptualista. Mosqueira: E a que xa a liamos! [Risos]
NOS_23905
Falamos cunha persoa do cadro de persoal do Complexo Residencial do Meixoeiro (Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes I, en Vigo), que conta con 15 positivos rexistrados no seu interior.
Como cada día, esta persoa –da que non revelaremos nin o nome nin o seu xénero- entra a traballar no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes I, en Vigo, tamén chamado Complexo Residencial do Meixoeiro, centro público dependente da Consellaría de Política Social da Xunta da Galiza. Desenvolve as tarefas de Técnico de Coidados Auxiliares Enfermería (TCAE) e revela a Nós Diario como é a situación no interior dun centro no que no momento da conversa había 15 positivos en COVID-19 detectados, que permanecen illados no interior do centro e para os que existe persoal específico asignado. Ademais, tamén distingue a figura dos denominados "Pre-COVID", que estiveron ou existen indicios de que estivesen en contacto cos positivos, polo que tamén permanecen en situación de illamento. "En xeral hai moitísimo nerviosismo entre o persoal, moito medo, moita intranquilidade, porque non sabes cando e onde vai saltar a lebre", sinala, engadindo que entre o cadro de persoal hai varias baixas "por estrés", xa que "o principio da crise do coronavirus foi moi dura". Porén, móstrase optimista, e agarda que "se incorporen axiña", porque, a pesar de todo, agora a cousa "está máis normalizada". "Os primeiros momentos da pandemia foron moi duros, houbo bastantes problemas, pero agora temos un equipo de emerxencia que conforman o director, o xefe de persoal, a xefa de área asistencial e as coordinadoras que se reúnen a diario e que están en constante contacto coa Consellería de Sanidade", explica. Esta TCAE conta que na actualidade se están facendo as probas do coronavirus –"tanto a residentes como ao persoal"-, e que ela mesma foi unha das persoas que se someteu á proba, no seu caso no Covi-auto instalado no Hospital de Vigo, obtendo un resultado negativo. Sobre o material, afirma que o dan "medio contado", pero logo de superar "os problemas do principio", engade que contan co material "necesario", como "campás, gorros, calzas, batas... e na zona de positivos, os seus EPI". "O maior problema ao que nos enfrontamos agora mesmo é o medo, existe unha psicose a enfermar, hai mesmo xente que treme ante esa posibilidade", conclúe esta persoa traballadora do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo.
QUEPASA_234
A necesidade dunha radiografía do ensino público no rural galego.
Ano a ano nos diferentes concellos da Costa da Morte vanse erguendo voces que falan de peches de unidades escolares, descenso nas prazas de docentes. As familias vemos como nalgún cole curso tras curso se van reducindo unidades e agrupando aulas. Algunha ANPA mobilizase, o alumnado organiza folga tras folga, as direccións dos centros negocian con unllas e dentes cada fin de curso os recursos para o ano seguinte... Con todo, bótase en falta unha análise que dea un panorama real da situación, que ubique e cuantifique o descenso en unidades escolares e prazas docentes nos diferentes concellos da Costa da Morte e nos permita valorar o seu impacto real. As fontes poden ser moitas, pode acudirse aos propios centros, recoller datos das comunidades educativas, mais imos comezar por datos oficiais, polas cifras fornecidas pola propia Consellería de Educación. A partir do ano 2010 a Consellería saca unha orde anual que establece o número de unidades e postos de traballo docentes de cada centro de infantil e primaria. Faremos pois un seguimento das cifras aportadas nas devanditas ordes para ver a evolución de postos e unidades de ensino na Costa da Morte ao longo dos 8 últimos anos. Comezaremos fornecendo as cifras globais para ir debullando logo unha análise máis miúda. Entre o ano 2010 e o 2018 o conxunto de concellos da Costa perderon un total de 69 unidades escolares de educación infantil e primaria e 102 prazas docentes. Unha realidade que bate frontalmente co sentir do artigo 82 da denostada por elitista e segregadora LOMCE: "As administracións educativas terán en conta o carácter particular da escola rural a fin de proporcionar os medios e sistemas organizativos necesarios para atender ás súas necesidades específicas e garantir a igualdade de oportunidades". Nos seguintes gráficos vese a evolución ao longo dos anos: Evolución de unidades e prazas na Costa da Morte (2010-2018) Por Concellos Mirando por concellos, os máis afectados son Mazaricos, que perde 9 unidades e 13 docentes e Muros, que perde unha unidade menos e 17 mestres. Tamén Muxía e Malpica superan a decena de prazas eliminadas. Por Centros Baixando á realidade dos centros, atópanse á cabeza o CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Malpica e o CEIP de Louro, que viron como desaparecían 4 unidades e o dobre de docentes das súas estruturas. Seguidamente atopamos o CEIP de Vimianzo e o CEIP de Vilarmide, en Muxía, que perden tan só un docente menos. Na táboa anexa recóllese o ranking dos 10 centros máis afectados. "Ránking" de centros CENTROS UNIDADES PERDIDAS PRAZAS PERDIDAS CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Malpica. 4 8 CEIP de Louro. Muros. 4 8 CEIP de San Vicenzo. Vimianzo. 4 7 CEIP de Vilarmide. Muxía. 4 7 CEIP Víctor Sáenz. Mazaricos. 4 6 CEIP As Forcadas. Ponteceso. 3 6 CEIP de Pino do Val. Mazaricos. 3 5 CEIP Ricardo Tobío. Muros. 3 5 CEIP Santa Eulalia. Dumbria. 3 5 Que materias sofren máis? En canto ao tipo do docentes, mención especial merecen os especialistas en atención á diversidade e ao alumnado con necesidade específica de atención educativa. Un recorte moi importante pois estes especialistas son pezas clave para lograr, nunha zona por si desfavorecida, o éxito escolar de todo o alumnado e ofrecer unha atención máis especializada alí onde é requirida. Falamos de orientadores e especialistas de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe. Nestas especialidades, ata o ano 2017, contabilízase unha supresión dun total de 15 prazas. No último curso, para a especialidade de audición e linguaxe, revértese lixeiramente esta tendencia, como consecuencia do compromiso da Consellería de aumento da dotación destes profesionais, a nivel galego, a través de figuras itinerantes. Así, créanse no último ano 9 prazas de audición e linguaxe itinerantes, superando as cifras do 2010 nesta especialidade, pero en condicións de atención máis precaria, en canto un profesional itinerante presta os seus servizos en diferentes centros educativos, dificultándose a súa integración nun equipo docente, a continuidade e seguimento axeitado da atención ao alumnado e a creación de prácticas verdadeiramente inclusivas, ao ter o recurso humano dispoñible só en certas franxas horarias. "Dentro do rango" Dende os organismos oficiais sempre poderá esgrimirse o argumento de que as prazas estruturais responden ás unidades contempladas no acordo de "catálogo" e, o número de unidades, ás ratios de alumnado nos centros. Malia que isto sexa así, tal vez facer política educativa debera ir un pouco máis aló de xustificarse na cuadratura dos números e contemplar fórmulas ao servizo de obxectivos estratéxicos para atender á delicada situación da poboación e da escola do rural. E se as relacións causa-efecto non fosen tan unívocas como parecen... Redúcense recursos, unidades e docentes porque baixa o número de alumnado nas escolas rurais, ou tamén baixa o número de crianzas que acoden ás escolas rurais en certa medida por estas situacións de profesorado insuficiente, provisionalidade e rotación continua de parte do que hai, escasos especialistas de atención á diversidade ou unidades de diferentes idades fusionadas con ratios moi elevadas para a diversidade que acollen?Cumpriría botar unha ollada a realidades como o movemento a centros das respectivas vilas ou cabeceiras de comarca de parte do alumnado das escolas dos núcleos rurais que sofren ano tras ano peches de unidades e recurtes de prazas de docentes.
NOS_18658
Non cesa a tensión en San Luis, Missouri, nen os confrontos entre a populación afro-americana e os corpos policiais e militares.
Un outro mozo negro foi morto por disparos da policía en San Luis, Missouri, a non moita distancia do lugar en que o 9 de Agosto foi abatido Michael Brown. Desta volta, segundo a información da policía, o rapaz acababa de roubar nun supermercado e si ía armado, portaba un coitelo. Após a súa morte, a vítima foi identificada como Kajieme Powell. De acordo coa versión dos axentes, o mozo negro, embora lle ter sido requerido, negouse a entregar a súa arma e se colocou a unha distancia dos axentes suficiente para pór en risco a súa integridade física. Os policías dispararon a matar. A comunidade afro-americana voltou a considerar desproporcionada a actuación policial, o que agoira un incremento da tensión. Meios locais informaron onte de que o número de persoas detidas nos confrontos ascende xa a 78 persoas. San Luis, Missouri, está suxeito virtualmente a un estado de excepción, con ocupación das rúas por parte do Exército, en concreto por parte da Garda Nacional, un corpo militar.
NOS_43966
Nós Diario conversa coa Asociación Cultural Segredos de Pantón arredor da recuperación do seu Entroido tradicional, o que nomearon Entroido do Cabe e que neste 2021 vive a súa primeira mostra de traxes, personaxes e testemuños.
Por máis que as restricións derivadas da situación sanitaria que provoca a Covid-19 impidan a realización dos tradicionais entroidos, a actividade non cesa. Mentres a gran maioría prepara eventos en liña, como concursos de disfraces ou obradoiros de elaboración de máscaras, a Asociación Cultural Segredos de Pantón actúa na recuperación dos festexos e dos traxes do seu carnaval. Un evento tradicional pero esquecido que bautizaron como "Entroido do Cabe", pois supón, segundo conta Lucas Vázquez, de Segredos de Pantón, o nexo que comunica os festexos das diferentes parroquias e lugares situados na beira deste río, nos arredores de Pantón, Chantada ou Sober. "Había unha tradición peculiar pero que non estaba recollida", comenta, "o Entroido Ribeirao". "Levamos traballando máis dun ano, recompilando informacións", relata Vázquez, "fixemos traballo de campo, achegámonos a todas as parroquias preguntándolle á xente porta a porta". Entrevistaron a veciñanza para recoller e recuperar os diversos eventos que se realizaban en cada Entroido, e agora publican nas redes os vídeos nos que as testemuñas daquelas festas falan en primeira persoa. "Queremos sacar o martes de Entroido un vídeo onde se nos fale de como se vestía a xente, onde desfilaba... A nosa intención é darlle ese pulo á festa e sacala do esquecemento, porque a pesar de todo non hai por que deixar de coñecer as nosas tradicións e costumes", reivindica Lucas Vázquez. "Os compañeiros da asociación estamos a deseñar os traxes e o domingo de Entroido faremos unha fotografía cada un tamén para subir ás redes, e cando se poida volver á normalidade xa o faremos doutra maneira, pero nunca é mal momento para recuperar o noso patrimonio", recalca. Así, para o día grande da festa, en Segredos de Pantón confeccionan as roupas das personaxes que deben saír ás rúas. "A denominación na aldea de San Romao de Acedre é 'van de branco' e na de San Fiz de Cangas e en San Xoán de Frontón chamábase 'dama e cabaleiro ou mázcaras'", explican. Figuras que visten pulcramente de branco, con roupas delicadas e outras con traxes feitos a base de sabas e de toallas. E xunto a eles, a figura máis "choca", o "farraquín", ou "farramplán", ou "meco" ou, o que é o mesmo, o rei do Entroido, xa que esta figura era a única que tiña permitido saír á rúa nos Xoves de compadres e comadres e tamén era quen "mataba o Entroido", pois á beira do río Cabe non se facía o Enterro da Sardiña, senón que se levaba a cabo A morte do Entroido... a mans do meco. Festexos en liña, ou o Entroido da Covid-19 Os concellos de Lugo ou Compostela, entre outros, trasladaron os seus tradicionais desfiles e concursos de disfraces á redes sociais. A mecánica máis habitual para poder formar parte deste tamén atípico Entroido é a de disfrazarse, fotografarse e subir a imaxe ás redes. Desde Ramirás, a asociación Rebulir rebautiza o seu carnaval engadindo o apelido "in door". E como o nome indica, obradoiros, concursos e mesmo bailes serán transmitidos en liña. E o Museo do Pobo tamén leva a Youtube os seus talleres de máscaras tradicionais, que este ano se dedicarán aos Caretos de Podence, aos Carochos de Riofrío de Aliste e aos Labardeiros e ás Señoritas do Entroido de Toén. En liña os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 19 horas.
NOS_24934
As dúbidas pairan sobre os contratos adxudicados pola Xunta da Galiza sen publicidade e pola vía de emerxencia durante a pandemia. Algún dos beneficiados polo mesmos son a mercantil Prhoinsa, unha empresa ligada á familia da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso. Segundo a deputada do BNG, Montse Prado, por este procedemento o Goberno galego formalizou contratos por unha contía mínima de 96 millóns de euros.
O pasado 31 de marzo, Nós Diario deu conta en exclusiva da relación mercantil entre o Goberno galego e Proyectos Hospitalarios Internacional S.A. (Prhoinsa), sociedade con ligazóns coa familia de Isabel Díaz Ayuso. A este respecto, a Plataforma de Contratación da Xunta recolleu en abril de 2020 a "contratación de emerxencia de monitores de parámetros fisiolóxicos" a Prhoinsa por unha contía de 298.265 euros. A operación, formalizada nun momento crítico da pandemia, efectuouse pola vía de emerxencia, que permitía as Administracións contratar de xeito directo, sen someterse a concurso público. A sociedade vinculada aos Díaz Ayuso non foi unha excepción. Así, por exemplo, Público revela na súa edición de 3 de maio, que tamén se atopan baixo sospeita os contratos formalizados polo Goberno galego con diversas sociedades relacionadas co empresario compostelán José Ramón García González, fundador da tecnolóxica Blusens. García González, cuxo liña fundamental de negocio está no sector do aforro enerxético, tería colocado á Xunta da Galiza, á Comunidade de Madrid e ao Concello de Madrid material sanitario sen homologar por unha contía de 4,8 millóns de euros. A historia repítese con ducias de adxudicacións até sumar un mínimo de 96 millóns de euros. Malia as recomendacións recollidas pola Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación, adscrita ao Ministerio de Facenda, no seu Informe especial de supervisión dos contratos tramitados por vía de emerxencia de 14 de marzo a decembro de 2020, a Xunta da Galiza non achega informes que os xustifiquen, non publica a documentación destes procedementos e non somete a fiscalización os contratos elaborados pola vía da emerxencia en 2020. Auditoría A negativa do Goberno galego a auditar estes contratos xera máis dubidas nas filas de oposición. A este respecto, a deputada do BNG, Montse Prado, que demandou no Parlamento da Galiza información sobre estes contratos, sinala a Nós Diario que "é unha constatación que os contratos de emerxencia foron o ecosistema perfecto para que proliferaran todo tipo de bichería moi habituada a facer uso dos cartos públicos para uso propio. Un aproveitamento só posíbel pola proximidade ao poder, pola facilidade de acceso aos responsábeis políticos". O recurso da Xunta da Galiza ao contratos de emerxencia vulnera o recollido nas recomendacións contábeis para este tido de procedementos. Neste sentido, a Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación considera que a emerxencia non pode xustificar a non fiscalización do diñeiro público e sinala que non pode empregarse como xustificación xeral para as contratacións que se realizaron durante a pandemia.
NOS_56067
O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, visitou esta quinta feira o porto de Celeiro, que vai poder exercer como control fronteirizo para o desembarque e transbordo deprodutos da pesca após a saída do Reino Unido da Unión Europea.
O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, visitou hoxe o porto de Celeiro (na Mariña), un dos puntos que poderá traballar como control fronteirizo de desembarque e transbordo de produtos pesqueiros após a saída do Reino Unido da Unión Europea, e asegurou que o acordo acadado para este Brexit implicou unha limitación do "retroceso" que estaba previsto para o sector pesqueiro. Na súa opinión, o documento para continuar co mercado entre ambos territorios "permite continuar a actividade" da frota, se ben desde o sector na Galiza xa se amosou un claro rexeitamento ás decisións tomadas por sentir que van en contra dos intereses dos pesqueiros do país. No entanto, Planas -que esta sexta feira terá unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo- destacou que "até 2026 o acceso a augas británicas estará garantido". Logo haberá que acadar acordos bilaterais ano a ano. Respecto das cotas e a TAC para o exercicio en curso, co descontento da frota galega, escudouse en que as negociacións foron "particularmente difíciles" e a contrarreloxo co Brexit pero a pesar diso "conseguiuse minorar as propostas de redución da Comisión Europea". Ao seu parecer "ían demasiado lonxe". Aliás, apunta a un gran logro porque a pesca e gañar autonomía implicaba "en termos británicos recuperar a soberanía sobre as súas augas". Así ve un "resultado razoábel" no que se refire á pescada, ao rape e ao gallo, e as baixadas de cota serán compensadas (a priori) con intercambios. "Poderemos manter dunha forma importante nosas capacidades de pesca", remarcou o representante do Goberno do Estado español. Aproveitou a súa presencia no porto pesqueiro para reunirse con representantes do sector, aos que tamén lles falou do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (Fempa) previsto entre 2021 e 2027. España recibirá 1.120 millóns, polo que dixo estar "moi satisfeito".
NOS_530
Torres-Dulce propón querelarse contra o presidente da Generalitat, a vice-presidenta e a conselleira de Educación por desobediencia, malversación, usurpación de funcións e prevaricación.
Eduardo Torres-Dulce ve até catro delitos no comportamento de Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau no 9N. Así o expuxo na Xunta de Fiscais de Sala, nun informe no que sostén que o ministerio público ve indicios de delitos de prevaricación, desobediencia, malversación e usurpación de funcións na actuación do president da Generalitat, a súa segunda e da conselleira de Educación de Catalunya. Cómpre lembrar que a actuación de Torres-Dulce non está sometida á opinión dos integrantes da Xunta de Fiscais de Sala, pois o que eles decidan non é vinculante. Esta Xunta está integrada por 26 fiscais, na súa maioría nomeados na etapa de Conde-Pumpido como Fiscal Xeral do Estado. Estratexia Segundo a cadea Ser, a Fiscalía Xeral sostén que o goberno da Generalitat "en cumprimento do seu designio orixinal de convocar unha consulta materialmente refrendaria sobre o destino político de Cataluña, coa única fin de eludir o control xurisdicional que até entón se lle obstaculizara, adoptou unha nova estratexia: impulsar o mesmo proceso mediante actos xurídicos non formalizados e actos materiais de impulso". O documento citado pola Ser afirma que "as persoas contra as que se dirixe a acción penal dispuxeron fondos públicos para consumar a desobediencia á suspensión facilitando a loxística e todos os medios materiais necesarios para a realización da consulta".
PRAZA_7384
Os socialistas persoaranse como acusación na causa aberta contra o ex presidente da Deputación ourensá. Cualifican de inxustiza social que "centos de ourensáns e ourensás teñen que coller a maleta" mentres outros, por só ter vinculación co PP, acadan empregos na administración.
Os socialistas persoaranse como acusación na causa aberta pola Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense contra o ex presidente da Deputación. Ignacio Gómez, portavoz provincial, fixo fincapé na "inxustiza social" que supón a situación de "prevaricación continuada" que derivou na creación "dun estado clientelar na Deputación de Ourense". Gómez di que "parece claro que centos de cargos públicos e institucionais foron contratados na Deputación", provocando unha "perversión da propia democracia e de resultados electorais". Ambos os dous dirixentes socialistas lamentan que centos de ourensáns e ourensás que "teñen que coller a maleta" mentres outros, "por só ter vinculación co PP disfrutan de soldos de 50.000 euros" O Secretario Provincial do PSdeG-PSOE, Raúl Fernández, sinala neste sentido que, ao contrario que en outras provincias, na de Ourense, "non coñezo ningunha academia que publicite formación para as prazas que saen na Deputación". Ambos os dous dirixentes socialistas lamentan que centos de ourensáns e ourensás que "teñen que coller a maleta" mentres outros, "por só ter vinculación co PP disfrutan de soldos de 50.000€". Raúl Fernández recordou ademais que esta acción da fiscalía ten como punto de partida as denuncias que desde hai 20 anos veñen facendo os socialistas en relación aos métodos de contratación na provincia de Ourense, e máis concretamente nas elevadas o 15 de xuño de 2010. Ignacio Gómez engadiu que o proceso se podería estender tamén ás contratación feitas xa por Manuel Baltar, actual Presidente da Deputación A Secretaria de Organización provincial, María Quintas, anunciou que o PSdeG-PSOE "irá concello a concello, chiringuito a chiringuito, facendo un estudo pormenorizado" para engadir á causa recentemente aberta. Ignacio Gómez engadiu que o proceso se podería estender tamén ás contratación feitas xa por Manuel Baltar, actual Presidente da Deputación. "Algo moi factible", a xuízo do Portavoz socialista, porque "continúa o mesmo modus operandi" de persoas afíns ao PPdeG ou ben inmersas nun "intercambio de cromos, polo que se intercambian postos na deputación a fillos de alcaldes e responsables das mancomunidades a cambio da colocación neses concellos destas persoas".
PRAZA_2421
O Parlamento europeo acordou eliminar as subvencións que os criadores de touro de lidia reciben ao abeiro das axudas agrarias. A decisión debe ser aínda aprobada polo Consello de Ministros de Agricultura da UE. As touradas reciben cada ano máis de 550 millóns doutras administracións.
O Parlamento europeo pronunciouse este mércores por ampla maioría a favor de eliminar as subvencións que recibe tauromaquia a través das axudas agrarias da UE. A emenda dos Verdes aos Orzamentos para 2016, que demandaba expresamente que os cartos públicos das institucións europeas "non se utilicen para apoiar a reprodución ou a cría de touros destinados ás actividades de tauromaquia" e destaca que o actual financiamento viola os convenios de protección dos animais, foi aprobada por 438 votos a favor, 199 en contra e 55 abstencións. Entre os representantes españois, os eurodeputados da Esquerda Plural, Podemos e as forzas nacionalistas apoiaron a eliminación dos subsidios, os do PP votaron en contra e tanto PSOE coma Ciudadanos e UPyD dividiron os seus votos; entre os socialistas, 9 dos 14 representantes defenderon as axudas públicas á gandaría do touro de lidia. A decisión final sobre a continuidade destes subsidios europeos á tauromaquia, que suman ao redor de 130 millóns de euros anuais, corresponde ao Consello de Ministros de Agricultura da UE A decisión final sobre a continuidade destes subsidios europeos á tauromaquia, que suman ao redor de 130 millóns de euros anuais, corresponde ao Consello Europeo (os Estados membros) e ao Consello de Ministros de Agricultura da UE, onde se espera que o Goberno español (coa colaboración de Portugal e, se cadra, Francia) presione os demais países para manter as subvencións. A votación da cámara foi celebrada polos colectivos animalistas e as forzas ecoloxistas. Florent Marcellesi, portavoz de Equo, destacou que "hoxe é un gran día para a defensa do benestar animal e dos dereitos dos animais. A emenda aprobada deixa claro que o Parlamento Europeo, en nome da cidadanía europea, non apoia a tauromaquia nin moral, nin politicamente". A Fondation Franz Weber, a Asociación Animalista Libera e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas amosaron a súa satisfacción pola "cada vez máis contundente mensaxe" que envía a cámara europea. O galego Rubén Pérez, voceiro da campaña #NoMoreFunds, animou a cidadanía a "presionar" para que nas negociacións que agora se inician entre os Estados membros se respecte a decisión adoptada pola maioría parlamentaria. Rubén Pérez, voceiro da campaña #NoMoreFunds, animou a cidadanía a "presionar" para que nas negociacións que agora se inician entre os Estados membros se respecte a decisión adoptada pola maioría parlamentaria Pola súa banda, os criadores, os colectivos protaurinos e algúns medios de comunicación afíns criticaron o resultado da votación. A Unión de Criadores de Toros de Lidia afirma que a emenda aprobada "non ten fundamento legal", polo que -aseguran- "en principio sería rexeitada" polo Consello de Ministros da UE, "xa que os gandeiros de touros de lidia teñen tanto dereito coma calquera outro produtor europeo a recibir as axudas europeas". Nos últimos anos os Verdes tentaran en dúas ocasións a aprobación de emendas semellantes, que non acadaron os votos suficientes. Si o fixeron esta vez, amosando unha clara evolución entre os parlamentarios, cada vez máis contrarios a estas subvencións. En 2010 a proposta foi rexeitada con claridade. O pasado ano a iniciativa tivo máis votos favorables (341) que contrarios (294), pero quedou por debaixo do mínimo de 377 apoios esixidos. Desta volta os 438 votos acadados supuxeron unha maioría clara. A preocupación entre o mundo protaurino é palpable, á vista das declaracións dalgúns colectivos e da posición amosada por algúns medios de comunicación A preocupación entre o mundo protaurino é palpable, á vista das declaracións dalgúns colectivos e da posición amosada por algúns medios de comunicación. O pasado ano, cando a emenda quedou preto de acadar os votos necesarios para ser tida en conta, Mundotoro publicou un editorial no que se laiaba da "discriminación" que -aseguraba- sofren os criadores de touros de lidia e chamaba á mobilización dos sectores protaurinos: "Non se trata só de defender unha actividade lícita e loitar contra os argumentos animalistas para a extinción do touro bravo. Trátase de protexer a igualdade dos homes". Cantos cartos públicos reciben as touradas? A tauromaquia recibe subvencións de practicamente todas as administracións en base a moi diversos conceptos pero os subsidios que reciben os criadores de touros de lidia representan unha das partidas principais. A través dos fondos da Política Agraria Común (PAC), a UE entrega cada ano uns 130 millóns de euros ás empresas gandeiras que crían estes animais para a súa morte nas prazas, como se recolle nun informe presentado en 2013 polo deputado de ERC Alfred Bosch. As subvencións outórganse en función das hectáreas utilizadas por cada explotación e non polo número de cabezas de gando ou outros criterios. Isto beneficia precisamente á gandaría extensiva e, moi especialmente, á cría de touros de lidia, que necesitan, máis que nada, grandes extensións de terreo. A maior parte das achegas de cartos públicos proceden de administracións do Estado Español, máis de 500 millóns de euros cada ano Calcúlase que en España se dedican 540 mil hectáreas de pasto para a cría destes animais. Dado que a PAC paga 240 euros anuais por hectárea, a suma total de subvencións entregadas aos empresarios gandeiros taurinos rolda os xa comentados 130 millóns de euros. Alfred Bosch subliña que se trata dun cálculo "mínimo", sen ter en conta outros elementos e partidas que poderían incrementar esa cantidade. Non son os únicos fondos europeos que recibe a industria do touro en España, aínda que si son os máis importantes. A campaña #NoMoreFunds, dedicada a analizar e denunciar a entrega de subvencións comunitarias á tauromaquia, detalla outras vías de financiamento, coma por exemplo o uso de fondos FEDER para a rehabilitación de prazas de touros en Portugal e España. Ou o pagamento de case un millón de euros procedentes do Fondo Social Europeo á denominada Fundación Andaluza de Tauromaquia para, supostamente, mellorar as capacidades laborais de persoas desempregadas. Os grupos abolicionistas calculan que en localidades pequenas e festexos menores os ingresos privados cobren do 10 ao 50 por cento dos gastos das corridas, pagándose o resto con subvencións públicas A supresión das subvencións agrarias europeas á tauromaquia suporía un gran golpe a unha actividade que mantén boa parte da súa estrutura grazas aos subsidios. Porén, non se debe esquecer que a maior parte desas achegas de cartos públicos proceden de administracións do Estado Español. As cifras que barallan os grupos abolicionistas sitúan a cifra entre os 550 e os 600 millóns de euros anuais (datos de 2010). Nesta cantidade entrarían todo tipo de pagamentos: axudas aos promotores de corridas, compras masivas de entradas, publicidade, dereitos de televisión pagados por canles públicas... Estes informes calculan que as vendas de entradas ou as achegas privadas de todo tipo (publicidade, patrocinios...) pagan ao redor do 66% dos gastos xerados polas corridas de primeiro nivel, en cidades e feiras importantes. Noutro tipo de festexos, en localidades máis pequenas, os ingresos privados irían do 10 ao 50 por cento, cubríndose o resto con subvencións públicas. Como se demostrou no caso da Coruña, onde a retirada este ano da subvención indirecta que viña entregando o Concello supuxo a fin da feira taurina, estes subsidios públicos supoñen o sostén dunha parte importante das corridas e feiras taurinas que se celebran cada ano.
NOS_51231
No ano 2018 Através Editora sacaba o misterioso libro Dixie em Wonderland, asinado por un tal Dixie Fredberg, un dos seus protagonistas que, xunto cunha curiosa nota biográfica nas lapelas confesaba como a obra literaria nin reflectía as súas memorias nin o deixaba de facer.
O 2020 da peste deixábanos, como unha dupla sorpresa, a continuación daquel universo en forma, máis que de segunda parte, de ampliación. Tamén a descuberta do rostro do seu primeiro autor, Óscar Senra Gómez, coñecido como tradutor e agora por un dos debuts máis orixinais da literatura galega dos últimos anos. Sete dias com Elisa / Óscar Senra Gómez / Através / 2020 / 177 páxinas / 12 euros Sete dias com Elisa é, antes que nada, unha visión suxestiva e esforzada na actualización dos tópicos sobre a sociedade galega, moi especialmente dos ambientes que gardan aínda unha fonda conexión co rural. Elisa e Amalia, as súas protagonistas, son dúas señoras entradas en anos que parecen improbábeis protagonistas dunha sorte de road movie que inclúe roubos e intrusións varias, ademais dalgunha fuxida e varias situacións de tensión. Como se Thelma e Louise criasen pitas na periferia rural dunha cidade galega e tivesen tamén todo un contexto particular ao que enfrontarse desde unha complicidade mútua tramada moitas veces con aquilo que non se di explicitamente e tameń con recursos puntuais a outra vida posíbel. Se a sombra do rural galego tende a debuxarse coas liñas da traxedia, nas que a saudade polo seu esmorecemento imparábel ten un protagonismo pouco discutido, hai que agradecer perspectivas como as de Óscar Senra por ofrecer unha visión que non é a idealizada nin a que remite sen alternativas ao pasado. Retos como a presenza dunha inmigración precarizada, que na novela aparece representada por un grupo de rapaces de Ghana, ou a perspectiva da violencia de xénero, que sofre unha das protagonistas, forman parte dunha realidade que segue a tolerar mal a superposición do filtro do mito. Si aflora, porén, a presenza das mesmas vellas opresións baixo novas formas, xunto coa posibilidade da resistencia. Da mesma forma, unha certa ollada irónica moi cedida á interacción dos personaxes e as súas decisións, máis que ao propio narrador, redondean un punto de vista que destaca principalmente pola súa orixinalidade. Dixie Fredberg e algunhas das súas cuestións volven aparecer tamén nesta trama, sen que iso faga obrigatorio coñecer o volume previo, o máis importante de Sete dias com Elisa é, xunto con esa forza do protagonismo feminino, a forza dunha ollada diferente e inesperada.
NOS_191
Mañá 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, instaurado o pasado ano pola Academia Galega de Belas Artes que, neste segundo que se celebra, llo dedica ao rianxeiro.
A Academia Galega de Belas Artes decidiu o ano pasado, que foi dedicado ao Mestre Mateo, que neste 2016 o homenaxeado fora Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuxa candidatura superou a pintores como Laxeiro ou Carlos Maside. A celebración abre mañá 1 de abril coa inauguración cun acto oficial ás 19 horas coa presenza das autoridades no Museo de Pontevedra, e logo procederase á inauguración da exposición 'Castelao artista'. O sábado corresponderalle o protagonismo a Rianxo, a localidade natal do autor, que acollerá ás 12.30 horas un acto público e unha conferencia do debuxante Miguelanxo Prado sobre "Castelao Artista" no Auditorio Municipal da vila. O 1 de abril en Pontevedra haberá un acto oficial e inaugurarase unha exposición no Museo de Pontevedra titulada 'Castelao artista' A Deputación de Pontevedra leva o liderado desta celebración, coa organización de dúas exposicións, e moitas actividades esparexidas pola provincia. Ademais, a Deputación de Lugo tamén acolle teatro, conferencias e obradoiros sobre o tema. Por que o 1 de abril? A imaxe e semellanza do Día das Letras, a Real Academia Galega de Belas Artes escolleu o 1 de abril para homenaxear os artistas galegos en memoria desa mesma xornada do ano 1188, data na que se asentaron os dinteis do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo. O sistema de elección é similar ao da RAG, podendo elixir soamente a artistas que leven mortos un mínimo de 10 anos.
NOS_16108
O comité de folga responsabiliza o director do aeroporto de presións para evitar o paro. Segunda xornada de greve na terminal da capital da Galiza. Os sindicatos falan dun seguimento "masivo" embora os altos servizos mínimos fixados.
"Presións, ameazas e coaccións" por parte do director do aeroporto Lavacolla- Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, para evitar que os traballadores e traballadoras secunden a segunda xornada de paro. Denúnciao o comité de folga, que afirma que esta nova xornada de greve rexistrou un seguimento "masivo" embora estas presións e os elevados os servizos mínimos. "Restauración, Correos, limpeza, servizos de atención a viaxeiras das compañías, papelerías, embalaxes de maletas... e até persoal de autobuses Freire en folga no eroporto de Compostela", informan desde a CIG nas redes sociais. Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario. É a segunda xornada dun paro histórico, porque éa primeira vez que todas as empresas dun aeroporto do Estado se unen para facer folga. "Unha folga xeral no aeroporto de tres días, o 13, o 20 e o 27", anunciaba hai unas semanas Pablo De Prado, representante do comité de empresa en Aena. Pablo é coordinador de programación na compañía que xestiona o aeródromo, a primeira operadora do mundo en número de pasaxeiros. O conflito en Lavacolla-Rosalía de Castro empezou pola cantina que utilizan traballadoras e traballadores, un espazo aparte da cafetería para as viaxeiras e os viaxeiros. O pasado 15 de marzo, recibiron no comité de Aena a notificación de que se ía eliminar o servizo, que os prezos para o persoal de Aena se mantería igual na cafetería, mais non para o do resto de empresas. En Lavacolla as empregadas e empregados do case medio cento de empresas que prestan os diferentes servizos -compañías aéreas, mantemento, alugueiro de coches, limpeza, seguridade...-, a maioría deles, viven instalados na precariedade, denuncian os sindicatos, con carga de traballo en aumento e salarios e dotación de persoal á baixa. E agora, a cantina. A cantina foi o detonador. "Non é xusto que outros compañeiros teñan que utilizar o mesmo servizo que utiliza o público, con prezos máis altos cos que tiñan até hoxe", sinala De Prado. No aparcadoiro tamén hai diferencias. Os de Aena e os de Enaire -a parte de Aena que se ocupa do control aéreo- gozan da gratuidade do servizo; o resto deben pagar entre 20 e 25 euros por día. "Se agora quedan tamén sen cantina, o gasto subiría moito, porque tampouco teñen a opción de saír e buscar un menú barato: abandonar o recinto durante a xornada considerase abandono do posto de traballo". Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario.
NOS_36996
O número de alumnas e alumnos que estudan o idioma propio da Galiza volveu crecer e supera os 1.100. Así o asegurou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Tan importante é o achegamento cultural da Galiza e O Bierzo, como a proximidade lingüística entre ambos territorios. En numerosas ocasións persoas expertas e representantes da poboación teñen asegurado que o galego é un idioma empregado nas zonas de Castela e León limítrofes coa Galiza. De feito, atendendo as palabras desta segunda feira do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, podería existir un novo achegamento da mocidade á lingua galega. Segundo asegurou o representante do Goberno galego, vén de medrar o número de alumnas e alumnos que estudan o idioma do país quer no Bierzo, quer en Seabra. 933 atópanse nas etapas de Educación Infantil e Primaria. Outros 137 están xa nos institutos Así, durante a reunión anual de seguimento do programa de promoción da lingua galega en ambas zonas -un protocolo asinado polos dous executivos territoriais hai 20 anos, explicou que agora os estudantes están en 1.115. Após falar con representantes da Administración leonesa, García aclarou que este curso 32 crianzas máis que o curso pasado solicitaron facer estudos de galego nalgún dos 19 centros educativos adscritos ao proxecto nas dúas comarcas. En concreto, do máis dun milleiro de estudantes da lingua da Galiza, 933 atópanse nas etapas de Educación Infantil e Primaria. Outros 137 están xa nos institutos. Na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada tamén se ofertan clases de galego para preparar desde o nivel máis básico, o A2, até o de especialización, C1. Alí hai inscritas 45 persoas en total.
NOS_57741
O Congreso de Guatemala anunciou hoxe que suspendera o trámite do polémico orzamento para 2021 que descoidaba por completo os servizos sociais. Fíxoo despois das fortes protestas do pasado sábado, nun país golpeado pola pobreza, a desnutrición infantil e a violencia. Males aos que se suman os furacáns e a Covid-19.
O 3 de setembro de 2015, despois dunha longa investigación xudicial e de meses de multitudinarias manifestacións, o entón presidente de Guatemala, Otto Pérez Molina, presentaba a renuncia ao cargo. Presionado polo clamor popular ante a súa involucración nun caso de corrupción, o Congreso retiráralle a inmunidade dous días antes, nunha semana ademais en que estaban convocadas eleccións xerais. "Rematamos con case 30 anos de silencio. Eramos unha sociedade afeita ao silencio pola guerra civil [1960-1996, coa Guerra Fría como pano de fondo]. Iso está a mudar, estámonos atrevendo a dicir o que pensamos, o que sentimos como país, como sociedade, como cidadanía e iso é un gran cambio", sinalaba na altura Gabriel Wer, un dos fundadores do movemento #RenunciaYa, que mobilizou as redes sociais e despois, de forma pacífica, a rúa. Familias enteiras manifestáronse aqueles meses. O pasado sábado de novo a sociedade guatemalteca ocupou o espazo público para mostrar o seu rexeitamento ao Goberno do presidente Alejandro Giammatei (do partido Vamos, de dereita liberal), ao Congreso (de maioría conservadora) e ao que, consideran, un sistema político totalmente corrupto. A protesta diante da sede parlamentaria tornouse violenta. Varias persoas encapuchadas lanzaron fachos por algunhas fiestras e a Policía reprimiu con violencia. Nas últimas horas, informouse da detención de 37 persoas, así como dunha vintena de feridos. Desatención social Foi a aprobación uns días antes, o 18 de novembro, do orzamento xeral para 2021 a isca que fixo prender a manifestación do sábado. O descontento acumúlase na cidadanía, que acusa o Estado de non atender as comunidades vítimas dos furacáns. Hai dúas semanas, Eta deixou medio cento de mortes e a evacuación de 97.000 persoas, segundo a Coordinadora Nacional para a Redución de Desastres de Guatemala (Conred). E hai poucos días, Iota afectou outras 15.000 familias ademais de causar un total de seis decesos. Tamén desespera a poboación o abandono da sanidade, con hospitais sen medicinas e profesionais médicos sen cobrar, mentres os casos da Covid-19 continúan en aumento. E a isto súmase a pobreza e a desnutrición infantil que asolan un país onde o prezo dos alimentos volveu medrar neste último ano. Paradoxalmente, Guatemala é o país coa taxa de desemprego (2,5%) máis baixa de toda América Latina. Isto explícase pola ausencia de traballo formal, que leva as persoas a non o demandar e, polo tanto, a non aparecer nas estatísticas como desempregadas. Non obstante, a Covid golpeou con forza a economía informal e levou á perda de numerosos empregos. Sector privado Precisamente, os recortes no orzamento de 2021 para loitar contra todos estes males enervaron a cidadanía. A maioría dos 99.700 millóns de quetzales (uns 10.800 millóns de euros, 25% máis que o exercicio anterior) están dirixidos á construción de infraestruturas en concesións ao sector privado, mentres que a saúde ou a educación non ven aumentada a súa dotación. Arredor de 60% da poboación dos case 17 millóns de habitantes de Guatemala vive na pobreza. A desnutrición infantil afecta a case 50% dos menores de cinco anos. Son as guatemaltecas e os guatemaltecos boa parte de quen integraban a caravana de migrantes que a finais de 2018 camiñou con destino aos Estados Unidos á procura dunha vida mellor, fuxindo tamén dunha violencia endémica. Á lista de agravios, engádense tamén de novo, como en 2015, acusacións de corrupción. Porén, desta volta a Fiscalía non iniciou polo momento ningunha investigación. E a diferenza de entón, seguindo o ronsel doutras protestas na rexión, algúns dos manifestantes o sábado fronte a sede do Congreso, na capital Cidade de Guatemala, exixían unha asemblea constituínte. Polo momento, conseguiuse que a principal demanda da protesta fose atendida: o Congreso anunciou onte que suspendera o trámite do orzamento e que non o enviará ao Executivo. Agora deberá ser substituído por outro antes do vindeiro 30 de novembro. O Goberno invoca a Carta Democrática da OEA para "promover o diálogo coa oposición" O Goberno de Guatemala anunciou hoxe a invocación da Carta Democrática Interamericana da Organización de Estados Americanos (OEA), para promover o diálogo coas forzas opositoras despois das intensas protestas do sábado. A través dun comunicado, denunciou "actos de violencia que coordinadamente alteraron a paz pública", para "pór en risco a institucionalidade democrática". Algúns sectores da oposición rexeitaron a invocación da Carta Democrática. Consideran que se trata dunha manobra de Giammattei para criminalizar a protesta e cualificaron de "cínico" o presidente, pois "a única violencia" é a que xerou o Goberno contra a cidadanía. Ao respecto, a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH) denunciou o "uso excesivo da forza" por parte das forzas de seguridade.
NOS_48465
Si autoriza pasar megafonía e instalar as faixas. Porén, esta autorización prodúcese logo de que o sindicato tivese que recorrer á vía do contencioso administrativo
A CIG vén de recibir a notificación de resolución do concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia, por delegación do alcalde, das solicitudes de megafonía, colocación de faixas e punto de luz. Respecto deste último aspecto, o Concello informa de que "en relación coa realización do enganche de luz na Praza de Praterías á vista do informado non procede a autorización municipal, pois estaríase a incumprir a normativa legalmente aplicable". O Concello de Santiago de Compostela denega o enganche de luz para a megafonía da manifestación do 10 de marzo, Día da clase obreira galega, segundo denuncia a CIG. O sindicato nacionalista solicitara permisos para megafonía, colocación de faixas e punto de luz. A resposta, que vén de recibir, informa que "en relación coa realización do enganche de luz na Praza de Praterías á vista do informado non procede a autorización municipal, pois estaríase a incumprir a normativa legalmente aplicable". Si autoriza o Concello pasar megafonía e colocar as faixas, mais iso prodúcese logo de que a CIG tivera que recorrer á vía do contencioso administrativo. A central sindical tramitara o pasado día 11 de febreiro a pertinente solicitude de autorización municipal. O xulgado ditou, a 1 de marzo, unha "medida cautelarísima" na que autoriza tanto o megafoneado como a colocación das faixas. Autorización Após ter coñecemento do auto do Xulgado do Contecioso-Administrativo número 2, explica a CIG,, o concello remite a notificación de autorización sen poñer reparo algún ao solicitado. Porén denega o enganche para poder instalar a megafonía na Praza de Praterías, lugar de remate da manifestación, prevista para as 20:00 horas do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, con saída da Praza Roxa. A CIG lamenta "as limitacións ao dereito de manifestación que, de forma continuada, se veñen producindo por parte do Concello de Compostela, e que xa lle supuxo unha merma económica en anos anteriores ao ter que asumir as costas dos xuízos celebrados por este motivo".
NOS_36901
A defensa do patriarca do PP ourensán non consegue o arquivo da causa pola que se acusa ao ex presidente da Deputación de contratar a dedo a 104 persoas, o que o auto define como " indicios racionais de criminalidade"
O capítulo final da longa e discutida carreira política de Jose Luís Baltar terá lugar no xulgado de Instrución número dous de Ourense, onde o ex presidente da deputación provincial enfrontarase á acusación de "prevaricación continuada" após de que un auto xudicial, sen posibilidade de recurso, rexeitara a petición da súa defensa de arquivar o caso ou consideralo unha simple irregularidade administrativa. A circunstancia concreta que sentará no banquiño ao gran barón histórico do PP de Ourense -e pai do actual presidente da Deputación- será a contratación a dedo de 104 persoas A circunstancia concreta que sentará no banquiño ao gran barón histórico do PP de Ourense -e pai do actual presidente da Deputación- será a contratación a dedo de 104 persoas -a maioría relacionadas co seu partido- semanas antes do Congreso provincial de 2010 que gañou Baltar Blanco ante a candidatura de Juan Manuel Jiménez Morán, que contaba co apoio subterráneo de Núñez Feijóo en medio dunha importante loita interna no PP. Presuntamente, coa concesión deses postos de traballo, os Baltar asegurábanse o voto ao seu favor d@s contratad@s. Segundo o escrito do xulgado, "non se pode arquivar o procedemento porque é suficiente con que non se descarte a infracción penal para que o proceso deba continuar (...) non é un auto de procesamento, nin unha sentenza condenatoria, senón que simplemente constata indicios racionais de criminalidade, razoándose convenientemente os feitos punibles e a identificación da persoa imputada. (...) A súa obrigación era formalizar contratos con persoas que reunisen os presupostos necesarios para o posto de traballo ofertado, que terían que ser publicados para facilitar o acceso a calquera persoa, pero o certo é que se limitou a contratar a aquelas persoas que lle viñeron en gana, atentando deste xeito contra o recto funcionamento da función pública". Baltar pai -que se bautizou como "cacique bo", nunha imposíbel definición- si evita enfrontarse a unha posíbel condena de cárcere, xa que o xuíz instrutor, Leonardo Álvarez, desestimou a ampliación das acusacións que pedía o PSOE, que tamén quería incluír as de malversación de fondos públicos e falsidade documental.
NOS_43130
Pretenden denunciar a inacción da Xunta no conflito aberto entre os bateeiros e os percebeiros pola extración da semente
Asociacións e colectivos do sector do mexilón exixiron esta terza feira a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola súa xestión do conflito da semente do mexillón. Tamén anunciaron a convocatoria dunha concentración este sábado en Santiago, que coincidirá coa toma de posesión de Alfonso Rueda como novo presidente da Xunta. O conflito territorial pola cría de mexillón xera división entre produtores e confrarías Pretenden denunciar a inacción da Xunta no conflito aberto entre os bateeiros e os percebeiros pola extración da semente. Ademais da dimisión de Rosa Quintana, exixen tamén a da directora xeral de Desenvolvemente Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo. Bateeiros e percebeiros buscan solucións para traballar de maneira conxunta Acúsanas de xerar "unha problemática que nunca existira en 70 anos de existencia de bateas" nas costas galegas. Neste sentido, culpan a Xunta de deseñar "uns plans que xeran graves prexuízos para o sector e que están baseados nuns informes que nunca puideron ser contrastados". Última proposta da Xunta A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas, Lino Sexto, mantiveron o pasado 22 de marzo un encontro con representantes do sector do mexillón da Galiza no que lle entregaron o borrador de orde elaborado pola Xunta para regular a extracción de semente de mexillón -mexilla- en bancos naturais. Con esa proposta de nova norma, a Consellaría do Mar argumenta que pretende "garantir a explotación sustentábel dos recursos mariños, a adecuación do proceso produtivo ás demandas do mercado, a mellora da trazabilidade da semente de mexillón e a incorporación das últimas tecnoloxías á xestión administrativa desta actividade". O obxectivo, segundo indican desde o Executivo galego, é "seguir analizando o texto co sector e introducir as suxestións e propostas que se consideren oportunas para mellorar a regulación da actividade".
NOS_18179
O doutor Tato Vázquez Lima asume que o sistema empregado na Galiza é "mellorábel" e que hai fallos á hora de controlar aos contactos dos casos positivos. Porén, recorda que o comité só ten un papel asesor e non toma as decisións.
Con independencia do bo facer das e dos profesionais de urxencias, e toda a comunidade sanitaria en xeral, da que falou na súa intervención, o doutor Tato Vázquez Lima recoñeceu hoxe no Parlamento que "existen erros de coordinación" no rastrexo dos contactos dos casos positivos por coronavirus. O presidente da Sociedade Española de Urxencias e Emerxencias (Semes), Tato Vázquez Lima, acudiu a unha comisión da Cámara galega para explicar a situación da pandemia, pois é membro do comité da Xunta para a xestión desta crise. Nesa comisión para a reactivación económica e social após da Covid-19, o facultativo admitiu que o sistema de control dos contactos é "mellorábel". "Nalgúns momentos existen erros de coordinación", asumiu. O comité conta cun documento que marca que o rastrexo de contactos é competencia da Central de Seguimento do Servizo Galego de Saúde (Sergas), máis médicos de Atención Primaria veñen de denunciar que se eles non piden as PCR non se fan. Segundo Vázquez Lima, a Atención Primaria "debe ocuparse dos casos confirmados e os servizos de medicamento preventivo deben controlar os pacientes ingresados e se existe un brote nunha zona do hospital". "Non lle vou a mentir: estou convencido de que é mellorable e que nalgúns momentos existen erros de coordinación", afirmou o tamén xefe de Urxencias do Hospital do Salnés. Así lembrou que o papel do comité asesor é "facer recomendacións" e non decidir as estratexias. "O cumprimento desas recomendacións non é a nosa misión", dixo. Todo iso manifestouno despois de que a deputada do BNG Montse Prado criticase que as restricións impostas polo comité incidan no "ámbito invividual", mentres "case o 80%" dos casos teñen unha orixe "descoñecida" porque "non se está facendo un seguimento" dos contactos. Xunto a isto, denunciou que a Xunta se "nega" a dar datos dos seus rastrexadores.
NOS_12137
Ademais, canda Catalunya, é o territorio onde os viaxeiros consideran que máis se respecta o uso das máscaras de protección.
Os viaxeiros españois consideran a Galiza como o destino máis atractivo do Estado se o que se busca é un destino con pouca saturación turística, segundo o barómetro da consultora Braintrust. Este é un dos factores analizados en relación á seguridade sanitaria. Así, os españois valoran cun 7,87 a súa experiencia co nivel de masificación que viviron na Galiza, por diante de Andalucía (7,74) e Castela e León (7,69). De maneira global, Asturias e Andalucía son as comunidades autónomas que se perciben como máis seguras a respecto da posibilidade de se contaxiaren co coronavirus. Por valoracións, Asturias recibiu 7,97, Andalucía 7,93 e Catalunya 7,77. Factores de seguridade Os viaxeiros consideran que existen tres factores chave á hora de sentir que un destino lles brinda a seguridade sanitaria que na actualidade tanto se busca. En primeiro lugar, a boa xestión das citas previas en tendas, restaurantes e praias, que impide aglomeracións e tempos de espera. Neste sentido, a clasificación por comunidades autónomas estaría liderada por Castela e León (8,13) seguida por Andalucía, Asturias e a Galiza (8). Outro aspecto importante que se valora é o uso de máscaras de protección por parte doutros turistas no destino. A este respecto, as cualificacións colocan Catalunya (8) e a Galiza (7,91) como os dous territorios onde máis se respectou esta restrición segundo os turistas.
NOS_33684
A lista impulsada polo Foro Político -o trípode Anova-Podemos-EU máis as mareas- vaise chamar "En Marea", segundo avanzou SER-Galiza. Fontes consultadas por Sermos Galiza afirman que "é o máis probábel". A incógnita agora é se a lista se confeccionará ou non mediante primarias.
O que fica agora por determinar é o procedimento de escolla das candidaturas. De acordo coas fontes consultadas por Sermos -quer de Anova quer de EU- a premura dos prazos podería levar a que finalmente non se realizasen primarias, embora a realización dunha consulta "aberta á cidadanía" sexa un dos pontos programáticos constitutivos do Foro Político que desde o 16 de outubro integran Anova, as forzas da esquerda estatal e as mareas. A fórmula "En Marea" representaría, de se confirmar, unha cesión de Podemos a esta candidatura. A formación de Pablo Iglesias resolveu nun congreso e posteriormente nunha consulta telemática que iría ás xerais coa súa marca. Destarte, Podemos tería sido sensíbel ás presións de Podemos e as mareas.
NOS_51511
Este 2015 é pródigo en aniversarios musicais. Faise o 50 de Rubber Soul, disco imprescindíbel na evolución de The Beatles, e este 25 de agosto fíxose o 40 do Born to Run de Bruce Springsteen, para o groso da crítica a obra mestra do heroe musical da working class norteamericana.
39 minutos e 22 segundos. 8 cancións. Born to Run apareceu nas loxas o 25 de agosto de 1975. Aquel era outro mundo. O rock era a raíña indiscutíbel entre as músicas populares. O rap nen se podía intuír. Apenas facía 5 anos que se desfixeran os Beatles. O rock norteamericano branco urbano procuraba un referente, en plena decadencia de Elvis. Born to Run veu encher o oco. E a gañar o favor aínda máis da crítica do que do público (e iso que o disco foi un suceso comercial: empoleirouse até a terceira praza no Billboard 2000). Musicalmente, é un álbum de ton barroco, abondo influído polo legado de Phil Spector, o produtor que alcuñou o muro de son característico dos seus traballos con The Beatles. As letras están moi traballadas e remiten para a épica da clase traballadora sobre a que Springsteen alicerzou a súa carreira de vate urbano. 40 anos despois, Born to Run fica como un disco de culto. No futuro que imaxinou Landau Springsteen continúa a reinar e sen herdeiro coñecido En realidade, con Born to Run Springsteen puxo o ramo á profecía auto-cumprida do crítico de rock de Rolling Stone Jon Landau, quen, após asistir por vez primeira a un concerto do músico de New Jersey, escrebeu unha frase que ficou xa na historia da música popular norteamericana "Vin o futuro do rocanrol e o seu nome é Bruce Springsteen". 40 anos despois, Born to Run fica como un disco de culto. No futuro que imaxinou Landau Springsteen continúa a reinar e sen herdeiro coñecido: talvez o problema non está nos roqueiros, senón no propio rocanrol, destronado por músicas como o rap ou o hip hop.
PRAZA_3346
A asociación de Docentes de Portugués anima os institutos a acollerse á convocatoria realizada pola Consellería de Educación, algo que na actualidade só fan o IES San Clemente de Compostela e o CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo. Permite ao alumnado obter o certificado B1 de portugués e realizar estadías e prácticas laborais no país luso
Os centros de FP teñen a posibilidade de ofertar ciclos formativos plurilingües, nos que o alumnado cursa no primeiro ano un módulo non lingüístico en lingua estranxeira, cando menos, podendo chegar ata un terzo das horas totais. Así mesmo, ao longo dos dous cursos do ciclo o alumnado realiza actividades complementarias de formación, cunha duración de 40 horas.Unha das linguas nas que se pode levar a cabo este ciclo plurilingüe é o portugués. Porén, na actualidade só dous centros se acolleron a esta opción. A asociación Docentes de Português na Galiza (DPG) iniciou hai dúas semanas unha campaña de información para que mestres e centros sexan conscientes desta posibilidade e poidan solicitar a súa incorporación para o curso 2020-2021.O alumnado pode obter un certificado oficial de nivel de dominio da lingua portuguesa e, así mesmo, acceder a estadías curriculares contando cunha axuda económica da Consellería ou a través dunha bolsa Erasmus+ Dende DPG destacan as potencialidades e beneficios desta iniciativa, mediante a cal o alumnado pode obter un certificado oficial de nivel de dominio da lingua portuguesa e, así mesmo, acceder a estadías curriculares (FCT) en Portugal, contando cunha axuda económica da Consellería de Educación ou a través dunha bolsa Erasmus+. A entidade ofrécese a asesorar con todos os mestres, mestras e centros interesados en desenvolver un proxecto deste tipo. Será no mes de maio cando a Xunta publique a resolución anual para solicitar ciclos PluriFP no contexto do programa Edulingue, como xa fixo o pasado ano.Estes módulos serán impartidos polo profesorado con atribución docente neles e que, ademais, posúa a habilitación lingüística correspondente ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas. Este proxecto parte do recollido na LOE de 2006, que indica que "a consellería con competencias en materia de educación promoverá accións dirixidas á mellora das competencias lingüísticas do alumnado de formación profesional para favorecer a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos". A experiencia en Compostela e VigoOs dous primeiros ciclos bilingües en portugués foron implementados no IES San Clemente de Compostela e no CIFP Valentín Paz Andrade de VigoOs dous primeiros ciclos bilingües en portugués foron implementados no IES San Clemente de Compostela e no CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo e os dous centros mantiveron o proxecto neste curso 2019-2020. No caso do IES San Clemente impartiu a materia 'Aplicacións Ofimáticas' integramente en portugués e traballando en colaboración cunha escola homóloga de Braga, o AE Carlos Amarante. O CIFP Valentín Paz Andrade escolleu desenvolver en portugués o Ciclo Superior de Deseño de Mobles. Esta escola conta cun auxiliar de conversa, que neste curso pasou de 12 a 16 horas semanais.Varios dos alumnos e alumnas examináronse con éxito do nivel B1 no exame oficial da Universidade de Lisboa e un gran número realizou prácticas profesionais no verán en varias cidades portuguesasAdemais das materias e módulos que deben desenvolver en portugués, os centros deben incorporar unha actividade complementaria obrigatoria de 1 hora á semana e ofrecer unha actividade extracurricular voluntaria de 2 ou 3 horas á semana. Varios dos alumnos e alumnas examináronse con éxito do nivel B1 no exame oficial da Universidade de Lisboa e un gran número realizou prácticas profesionais no verán en varias cidades portuguesas, a través do programa Erasmus+.Mario Viéitez, profesor do CIFP Valentim Paz Andrade, destaca que ficou "super surpreendido e feliz" coa reacción do alumnado ás aulas impartidas en portugués, subliñando que "aprender o português favorece o melhor conhecimento do galego", algo importante nun contexto como o da cidade de Vigo, no que o castelán é a lingua habitual da maior parte da mocidade.
NOS_45884
O PP perdería a Xunta de Galiza se se realizaren hoxe unhas eleccións ao Parlamento autonómico. Esa é a principal conclusión do estudo demoscópico elaborado por Electomania. A esquerda e o nacionalismo poderían formar un goberno alternativo. En estimación de voto, o BNG supera a confluencia de Podemos e Esquerda Unida.
Más noticias para Monte Pío. De acordo co GalaicoPanel (18-A), o PP ficaría en apenas 33 asentos na cámara galega, cunha caída de apoios moi considerábel a respeito das eleccións do outono de 2016. Se daquela a formación de Feixoo obtivo 47,53% dos sufraxios validamente emitidos, desta volta cedería até 10 pontos e tería de se conformar cun magro (para os seus números históricos) 37,4% dos votos. A irrupción de Cs no Pazo do Hórreo, 6,7% dos votos e 4 escanos, non abondaría para a direita reter a maioría absoluta. Polo mesmo flanco, Vox ficaría sen representación, cun discreto 2,9% dos sufraxios, nova mostra das dificultades de aclimatación da extrema direita españolista no ecosistema político galego. Canto ás forzas da oposición, a alternativa a Feixoo estaría claramente liderada por un PSdeG que incrementaría os seus apoios en 7 pontos (do 19,07% ao 26,6%) e que se plantaría no Hórreo con 22 cadeiras. A maioría absoluta das forzas progresistas completaríana BNG e a confluencia de Podemos e Esquerda Unida. Estas formacións empatarían en número de escanos, 8 a 8, mais en votos a máis votada sería o Bloque, cun ponto de vantaxe (11,9% face 10.9%). O estudo, aliás, mostraría o significativo avanzo do BNG (8,36% dos votos en 2016) e a estrepitosa caída da confluencia (en 2016, aliados co villarismo, obtiveran 19,07%). Cabe ter en conta que no estudo se fai unha estimación das hipóteses de voto de Galicia en Común, a marca de Unidas Podemos nas xerais, denominación coa que a confluencia non vai competir nas galegas, pendente da probábel incorporación da Anova de Antón Sánchez. O estudo si que rexista un voto residual para a En Marea de Villares, 1,1% dos sufraxios, apenas unha décima máis que o PACMA e dúas por cima de Compromiso por Galicia. O GalaicoPanel (18-A) é un estudo feito por Electomanía a partir de promedios de enquisas xa publicadas, datos propios e resultados históricos previos.
NOS_11675
O alcalde, Ángel Currás, e o ex-rexedor Conde Roa acompañaron os 7 edís imputados por prevaricación que están a ser xulgados esta segunda feira. Concentracións ás portas dos Xulgados recibiron aos acusados con apupos eberros contra a corrupción.
Santiago de Compostela xa ten a foto da que avergoñarse. Sete membros do goberno local (PP) sentados no banco d@s acusad@s encausad@s por prevaricación. Chegaron ao Xulgado entre apupos e berros de 'fóra corruptos' procedentes da veciñanza que participaba nas concentracións ben do BNG, ben Candidatura do Povo, ben 'Santiago de Corruptela'. Non faltaron os disfraces de 'Pikachus', personaxe da serie 'Pokemon', que dá nome a unha operación na que tamén está ensarillados membros do excutivo local compostelán. O alcalde, Ángel Currás e o ex-rexedor Conde Roa fixeron acto de presenza para apoiar aos sete acusados. Un deles, o concelleiro Juan de la Fuente, dixo estar "tranquilo". A tamén edil, e tamén im putada e tamén do PP, María Pardo optou por se definir como "cabreada". Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Pardo, María Castelao, Francisco Noya e Luis García Bello son os concelleiros do PP para os que se piden nove anos de inhabilitación para cada un. Están acusados de querer pagar con diñeiro público a defensa do seu compañeiro Adrián Varela, edil imputado na trama 'Pokemon' por presunta corrupción. "Hixiene democrática" Na porta dos Xulgados estivo a deputada nacionalista Ana Pontón, que denunciou a situación "vergoñenta" e "indecente" que se estaba a vivir e sinalou as responsabilidades de Núñez Feijóo na mesma, "El dixo no parlamento que se estes concelleiros imputados chegaban a ser procesados, demitirían, mais xa sabemos o que val a palabra de Feijóo". O deputado de AGE Xesús Ron dixo que a foro dos 7 edís sentados no banco dos acusados é "trsite para a democracia" e para Compostela. O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, a preguntas d@s xornalistas, limitouse a sinalar que a imaxe dos edís populares de Compostela no banco dos acusados "nin nos gusta nin é doada". Declaracións Ao longo da mañá van ir declarando os diferentes concelleiros imputados.Unha delas foia voceira do goberno local, María Pardo, que recoñeceu en sede xudicial que "non era o momento administrativo oportuno" para analizar se se cumprían os condicionantes legais para aprobar o pago con diñeiro público da defensa al Adrián Varela, imputadona 'Operación Pokémon'. Pardo mesmo cualificou a decisió como "un error político enorme".Porén, defendeu que era legal. Haberá ampliación
NOS_11518
Adrián Marzoa Otero (Deixebre-Oroso, 1993) é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor libro 'A Represión Franquista na Comarca de Ordes (1936-1939)', a quinta feira achégase en Nós Diario á guerrilla na comarca de Ordes.
O período dunha actividade guerrilleira máis intensa na comarca de Ordes coincide co fundación do Exercito Guerrilleiro da Galiza, porén como foi a resistencia armada na zona nos previos a súa constitución?. Inicialmente os grupos de fuxidos levaron a cabo sobre todo golpes económicos contra os partidarios do fascismo. Tamén numerosos sabotaxes en infraestruturas e vías de comunicación, ou accións propagandísticas. Co tempo foise organizando unha rede de enlaces, apoios e refuxios. A partir do ano 1942, os grupos de escapados dótanse dunha estrutura coa creación da Federación de Guerrillas de Galicia e León. A finais de 1944 xa se crean as Agrupacións guerrilleiras con mandos militares xerarquizados e zonas de actuación delimitadas. O axustizamento de represores fixo parte do repertorio das accións desenvolvidas pola guerrilla no conxunto da Galiza, isto tamén aconteceu en Ordes?. Efectivamente, os represores e colaboradores do fascismo estiveron no punto de mira das accións guerrilleiras. Algúns exemplos dos que temos constancia foron a execución o 6 de xaneiro de 1947 dos falanxistas Antonio Mosquera Aller e Manuel Sánchez Quindimil por un grupo de guerrilleiros liderados por "Foucellas". O 11 de febreiro de 1947 un grupo de guerrilleiros executou en Ordes a José Liñares Rama. Tratábase dun coñecido represor que incluso presumía do elevado número de persoas que asasinara a partires de xullo de 1936. De feito, era alcumado "O 36" ou "O 48", dependendo da fonte da que tomemos o dato. O 15 de febreiro de 1945 unha partida de guerrilleiros acaba coa vida de Manuel López Bello, cabo de Brigadilla de Garda Civil. O 28 de marzo de 1947 é executado Evaristo Vidal del Río, coñecido por estar relacionado cos falanxistas e protagonizar algún incidente contra os seguidores da Fronte Popular de Ordes. Tamén se axustizou ao alcalde de Mesía, José Candal Vieites, o 24 de Novembro de 1947. A todo isto temos que sumar os constantes golpes económicos desenvolvidos contra os afectos ao réxime por parte da guerrilla. "Manuel Ponte converteuse nun líder carismático debido ao seu valor, a súa entrega constante e a súa formación política" Precisamente un dos dirixentes máis destacados da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro da Galiza foi un veciño desa zona como Manuel Ponte Pedreira, que nos pode dicir del?. Manuel Ponte Pedreira, veciño de Abellá en Frades, desempeñou a profesión de xastre e militou en Unión Republicana. A súa resistencia contra o golpe de Estado levouno a pasar 5 anos no cárceres de Compostela e A Coruña. Unha vez en liberdade desenvolve as labores de enlace da resistencia antifranquista. Co tempo pasará a ser xefe do Destacamento Manuel del Río Botana e, tras a caída de "Marrofer", xefe da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia. Baixo o seu liderado, a resistencia armada ao fascismo da IV Agrupación alcanzou as súas máximas cotas. Manuel Ponte converteuse nun líder carismático debido ao seu valor, a súa entrega constante e a súa formación política. Como represalia, a súa muller Maruja Rivas foi deportada a Valladolid. O 21 de abril de 1947 caeu en combate nun enfrontamento coa Garda Civil no Fontao de Abellá en Frades. "Foucellas" foi un guerrilleiro moi popular o que levou a que o seu alcume designara ao conxunto dos guerrilleiros antifascistas, coñecidos como "Os Foucellas" Resulta inescusábel para achegarse á guerrilla na comarca de Ordes a figura de Benigno Andrade García "Foucellas", que destacaría del?. Benigno Andrade García, veciño de Cabruí en Mesía, participou na defensa da legalidade republicana fronte ao golpe militar, rematando por agocharse no monte e en casas de colaboradores para evitar ser paseado. A partires de 1942 organízase na guerrilla, da que chegará a ser xefe da súa V Agrupación en 1947. Finalmente a Garda Civil logra capturalo para, despois de torturas e interrogacións, executalo a garrote vil no cárcere da Coruña o 7 de Agosto de 1952. Foi un guerrilleiro moi popular entre os veciños da comarca de Ordes pola súa valentía e carisma, o que levou a que o seu alcume de guerra se convertese no alcume popular do conxunto dos guerrilleiros antifascistas, coñecidos como "Os Foucellas". Vimos de falar dous dos dirixentes máis significados da guerrilla na zona porén como explica que esa comarca dera un número tan importante de militantes á resistencia armada?. É probábel que boa parte da explicación a atopemos nos precedentes ao desenvolvemento da guerrilla. En Ordes exerceuse unha resistencia ao golpe fascista moi organizada, o que provocou tamén un alto grao de represión, sendo 73 veciños procesados nas causas militares e 13 fusilados. Por outra banda, cando menos 10 veciños foron "paseados", é dicir, asasinados sen que mediara proceso xudicial algún. Todo isto provocou un elevado número de persoas fuxidas ante o medo a ser represaliadas e, posteriormente, a conformación dunha guerrilla altamente organizada. Se investigamos o pasado dalgúns guerrilleiros, atopámonos con que moitos deles pasaron polo cárcere ou formaron parte da Fronte Popular. De feito, nos casos de Manuel Ponte Pedreira, Benigno Andrade García "Foucellas", Manuel del Río Botana e Manuel Pena Camino sabemos que participaron activamente na defensa da cidade da Coruña ou da vila de Ordes contra os fascistas en 1936.
NOS_26398
Fálase moito da cara A das drogas, do consumo en determinados eventos, mais do que non se fala é da cara B, é dicir, da súa composición. As drogas legais e ilegais son unha realidade presente na sociedade e moitas intoxicacións débense ao descoñecemento da composición das substanciais non legais, pois ao non estaren controladas, poden ser adulteradas con elementos que a persoa consumidora ignora. Así o explican desde Asfedro, unha entidade que está a prestar un servizo baseado en analizar as substancias, explicar a súa composición á consumidora e dar información. Este verán prestaron este servizo en diversos festivais e consideran preciso a implicación das institucións para poder mantelo e estendelo, tal e como sinala a Sermos Galiza Xoaquín Bouza, responsábel do proxecto.
As festas e eventos do verán tamén son espazos importantes para o asesoramento, a información e a prevención. Nos últimos anos ampliouse a presenza nestes eventos dos puntos lilas contra as violencias machistas e servizo contra as condutas lgtbifobas na sociedade, co obxectivo de facer das zonas de ocio tamén espazos seguros para todas. Un outro servizo que este ano estivo en diversos festivais galegos é o prestado pola Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro). Esta entidade situou nestes eventos un posto onde, alén de prestar asesoramento oral sobre drogas e repartir dípticos informativos, realizou un servizo de análise para dar a coñecer ás persoas usuarias a composición destas substancias e informalas sobre os efectos das mesmas para, de decidiren o seu consumo, saiban como facelo para evitar intoxicacións e riscos. A asociación ten a súa sede en Ferrol e conta cunha unidade asistencial onde acoden persoas con drogodependencias, un servizo a cargo da comunidade terapéutica e un programa onde se realizan actividades e cursos de inserción no mundo laboral de persoas que padeceron ou padecen drogodependencias. "Partimos de que en determinados contextos hai e seguirá habendo un consumo de drogas tanto legais como ilegais", afirma Xoaquín Bouza Dentro da área de prevención atópase o servizo Educando no Lecer, no cal decorre o programa InfoDrogas que este verán situou o seu posto de asesoramento e análise de substancias nos festivais Resurrection, Pardiñas e Revenidas e na Festa da Auga de Vilagarcía e na do Polbo de Mugardos. "Partimos de que en determinados contextos hai e seguirá habendo un consumo de drogas tanto legais como ilegais", afirma Xoaquín Bouza Leirachá, educador social, técnico de prevención e responsábel deste proxecto en Asfedro. Análise e asesoramento A metodoloxía de traballo está orientada á redución de riscos asociados ao consumo de drogas e para iso, no posto situado nestes festivais, a xente puido levarlles drogas para que as testasen. As e os analistas informan a persoa consumidora de se a substancia que entregaron para testar contén ou non principio activo e nalgún caso, como no da cocaína, poden mesmo averiguar a cantidade aproximada dese principio. O servizo é totalmente confidencial. As analistas informan a persoa consumidora de se a substancia que entregaron para testar contén ou non principio activo "Isto permite poder falar de determinados adulterantes e patróns de consumo que está tendo cada persoa, que coidados cómpre que teña antes, durante e despois de que consuma, e saber tamén se o mestura con outras substancias", sinala Bouza, e engade que achegan "unha información moi obxectiva e non moralista á e ao usuario, para que decida se consome ou non e en que cantidade o fai". Unha das cuestión das que conversan coas persoas usuarias é arredor das substancias coas que mesturan cada droga. "Moitas queren mesturalo con alcol, unha substancia moi banalizada, e que funciona como depresor", expón Bouza, quen alerta sobre o risco existente ao xuntalo con estimulantes como a cocaína. Sobre a adulteración de substancias, Bouza sinala o caso da éxtase. "Moita xente pensa que consome éxtase pero en realidade o que mete no corpo é outra cousa. Con este servizo podemos informar que ten o que van consumir, e se queren consumilo, indicar pautas". "Moita xente pensa que consome éxtase pero en realidade o que mete no corpo é outra cousa" "Máis que a perigosidade da substancia adulterante, o problema está na cantidade. Como falamos dun mercado ilegal, non sabes o que ten. É como se che poñen nunha xerra de cervexa absenta, e ti bebes esa cantidade como se fose cervexa...", agrega Bouza. Demandan a implicación das institucións para manter o servizo Asfedro é a única entidade que na Galiza presta este servizo, e na actualidade procuran ter un punto fixo en Ferrol. "Gustaríanos podelo abrir polo menos nos días previos á fin de semana", di Bouza. Este ano lograron un convenio coa Universidade da Coruña mais só é de asesoramento oral, non poden realizar análise de drogas. Queren camiñar cara ao modelo de Catalunya ou Euskadi, onde servizos coma estes están á orde do día e son as propias institucións públicas e salas de eventos quen as reclaman. "Na Galiza moitos concellos din que non nos precisan porque nesas localidades non se consomen drogas", salienta Bouza. "Queremos dar visibilidade, é unha necesidade, pois a análise e asesoramento contribúe a evitar moitas intoxicacións", declara a Sermos Galiza o responsábel do proxecto.
NOS_14881
O rei español acusa a Generalitat de "deslealdade inadmisíbel" e de "fracturar a sociedade catalá" para "pretender quebrar a unidade de España". E manda unha mensaxe os cataláns que discrepan do 'procés': "Non están sos".
Felipe VI avalou no seu discurso oficial como xefe de Estado desta terza feira o relato do Partido Popular sobre Catalunya. No día en que centos de miles de persoas ateigaban rúas e prazas cataláns contra a violencia policial, o monarca non tivo nin unha soa palabra para o sucedido o 1-O. Nin unha referencia ás persoas feridas, para as cargas ou para a represión. Nin unha apelación ao diálogo, se alguén esperaba que o Estado xogase esa baza. Mais ben o contrario: "É responsabilidade dos lexítimos poderes do Estado asegurar a orde constitucional", dixo. Unha frase que semella amparar a violencia policial do 1-O. Non. O discurso de Filipe VI foi polo camiño da liña dura na que o PP apostou nomeadamente nestas semanas contra o proceso catalán. Mensaxe televisado aos españois no que o monarca sinalou os dirixentes cataláns como únicos responsábeis e culpábeis. De "procurar ilegalmente a independencia de Catalunya", de "vulnerar as normas", de "deslealdade inadmisíbel" ou de "socavar a harmonía" e "fracturar a sociedade catalá". O Borbón acusounos de pretender a "quebra da unidade de España e da soberanía nacional". Mandou unha mensaxe a aqueles cataláns, dixo, que non están de acordo con ese actuar. "Non están sos", afirmou, para reiterar o seu compromiso "como rei coa unidade e permanencia de España". Mentres falaba o Borbón, miles de cataláns e catalás mantíñanse nas rúas, denunciando o vivido o 1-0 e defendendo os dereitos e liberdades públicas e o dereito a decidir. Ignorando soberanamente o xefe dun Estado que non senten como propio.
NOS_17505
Só catro países membros dan prioridade a estes enfermos nos seus plans estatais de inoculación contra a Covid.
Estudos recentes mostran que as persoas cunha doenza psiquiátrica teñen 65% máis de posibilidades de contaxiarse co novo coronavirus. Adicionalmente, as posibilidades de morreren pola Covid-19 son entre 1,5 e 2 veces máis que as dos que non padecen este tipo de enfermidades. Malia estes datos, a estratexia de vacinación na UE a respecto destas persoas fica a criterio de cada un dos Estados membros. Bruxelas aconsella que se dea prioridade aos cidadáns con problemas de saúde que os fagan ser máis vulnerábel ao virus. Porén, trátase dunha recomendación xenérica, e son os Gobernos quen deciden cales son estas doenzas. Unha investigación publicada pola revista médica Lancet Psychiatry onde se analizan 20 Estados da contorna comunitaria recolle que tan só Alemaña, Dinamarca, Países Baixos e Reino Unido recoñecen as doenzas mentais severas (desordes psicóticos, bipolares, depresivos graves, entre outros) como de alto risco, e estabeleceron medidas específicas para estas persoas seren vacinadas canto antes. Nun segundo grupo de catro Estados están España, Letonia, Romanía e Suecia, onde se dá prioridade na inoculación a pacientes ambulatorios con algún tipo de discapacidade, que ─sinala o estudo─ "inclúe posibelmente enfermidades mentais severas". Doenzas prioritarias O informe clasifica as doenzas que cada un dos 20 Estados analizados ten en conta para dar prioridade á vacinación, nun "Nivel 1" ou nun "Nivel 2". As enfermidades mentais son de Nivel 1 en Alemaña, Dinamarca e Países Baixos, e de Nivel 2 no Reino Unido. No resto non están contempladas. Algunhas das principais doenzas para estabelecer a prioridade na vacinación son a diabetes (de Nivel 1 en todos os Estados con datos, agás en Portugal e no Reino Unido, que é de Nivel 2); as enfermidades crónicas de ril (Nivel 1 en todos); as crónicas de fígado (só Nivel 2 en Finlandia, Letonia e Noruega, Nivel 1 no resto); as crónicas de pulmón (só Nivel 2 en Letonia e Noruega); ou as situacións que comprometen o sistema inmunolóxico, como a ausencia de bazo (só Nivel 2 en Alemaña e Letonia). Tamén as persoas que recentemente recibiron un transplante son grupo prioritario na maioría dos países da UE e no Reino Unido. Ao igual que acontece coas doenzas mentais, tampouco as persoas con enfermidades autoinmunes están contempladas na maioría dos plans de vacinación. Só Bélxica, Países Baixos e Romanía (Nivel 1) e Alemaña e Noruega (Nivel 2) as recoñecen como de alto risco e polo tanto quen as padecen son prioritarias á hora de seren inoculadas contra a Covid-19. Si que teñen especial consideración na maioría dos países as persoas con síndrome de Down. Un estudo da Sociedade Española de Medicina Preventiva sinala que teñen un factor de risco similar ao dos maiores de 70 anos. A investigación foi levada a cabo en colaboración coas principais organizacións clínicas e de pacientes de saúde mental dos 20 Estados analizados (todos os da UE, agás Austria, Bulgaria, Croacia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Lituania e Luxemburgo; e con Noruega, Reino Unido e Turquía, a maiores). En calquera caso, as estratexias de vacinación nos 31 Estados da UE e da Área Económica Europea e Reino Unido coinciden ─segundo identificou o Centro Europeo para a Prevención e Control de Enfermidades nun informe en decembro─ en priorizar as persoas de máis idade e os profesionais sanitarios, seguidos polos que contan con enfermidades previas (sen identificar que doenzas).
PRAZA_2737
Coincidindo co inicio da campaña electoral Nova Escola Galega presenta un documento cunha serie de medidas, algunhas inmediatas e outras de longo percorrido, para combater os distintos problemas actuais da educación en Galicia.
Coincidindo co inicio da campaña electoral Nova Escola Galega vén de presentar un documento cunha serie de medidas, algunhas inmediatas e outras de longo percorrido, para combater os distintos problemas actuais da educación en Galicia. A entidade pedagóxica destaca que "estas eleccións teñen un significado especial polo momento político que vive o Estado español e que ten que ver coa renovación das estruturas políticas e mesmo co modo de entender a acción política". "Entraremos nunha lexislatura singular –tamén para Galicia– dado que as decisións que se tomen na próxima lexislatura probablemente terán transcendencia no tempo e un impacto social duradeiro máis aló do seu período de catro anos", engaden. O documento lembra que a acción de goberno "debe contemplar diferentes tempos e prioridades", polo que realiza tres tipos de propostas cun alcance diferente: medidas urxentes "que deberían ser tomadas inmediatamente despois da formación de goberno no comezo de 2016, para evitar males maiores no sistema educativo e coidando que non provoquen unha nova situación de inseguridade e confusión na comunidade educativa a sumar á creada pola caótica posta en marcha da LOMCE"; propostas de política educativa "para establecer na educación un marco legal estable e co máximo consenso posible"; e, finalmente, unha reforma constitucional, que aseguren a consolidación dun novo modelo educativo estable, non dependente do cambio da cor política dos gobernos. Neste senso, co obxectivo de "contar con políticas educativas estables e sostibles", Nova Escola Galega apoia o Documento de bases para una nueva ley de educación. Acuerdo social y político educativo debatido no Encuentro social de debate por una nueva Ley Educativa celebrado o pasado mes de abril. Medidas urxentes Derrogación do calendario de aplicación da LOMCE. Derrogación dos artigos da LOMCE que establecen as probas de fin de curso e de etapa (as reválidas), Derrogación dos artigos da LOMCE que establecen as dúas vías de 4º da ESO, Derrogación das disposicións que teñen que ver coa materia de relixión. Anulación de todas as medidas de recortes e restricións económicas relacionadas coa educación e que atinxen ás reducións do programa de bolsas, aos servizos de transporte e comedor e á conxelación das prazas. Propostas de política educativa Derrogación da LOMCE e deseño dun novo marco legal construído de xeito participado. Redución progresiva dos concertos económicos cos centros privados. Reforzar e planificar a rede escolar no mundo rural. Redución das ratio, formación do profesorado e incorporación de novos profesionais. Revisar o deseño e posta en práctica dos chamados programas bilingües e multilingües, evitando que sexan usados para a selección do alumnado e que limiten o preciso coñecemento científico e a presenza das linguas propias no currículo. Promover unha mellor incardinación das ensinanzas artísticas no marco do sistema educativo. Propiciar a autonomía dos centros de ensino. Propostas de garantía constitucional Garantía constitucional dun mínimo de gasto educativo nos Orzamentos xerais do Estado con relación ao PIB, en concordancia co que é práctica habitual nas sociedades democráticas avanzadas. Inclusión decidida das linguas distintas do español no sistema educativo. Establecemento dun marco de competencias claro e estable. Definición do Estado como laico. Consulta aquí o documento (.pdf)
NOS_28119
A Adoración dos Reis é un dos temas máis habituais na escultura medieval, abundando en relevos de frontais, tímpanos, capiteis, sartegos etc. Na catedral compostelá, aparece nun dos tímpanos de Praterías e, máis tarde, cara ao ano 1200, o modelo iconográfico consolídase grazas ao tímpano que presidía a fachada do coro pétreo do Mestre Mateo. A partir desta peza, os talleres de influencia mateana estenderon, durante o que quedaba de Idade Media, unha tipoloxía que conta, en Compostela, con exemplos ben destacados.
A epifanía nos tímpanos composteláns O tímpano da Adoración dos Magos da fachada do trascoro mateano deu orixe e serviu de modelo para unha tipoloxía que habería de ter destacada expansión nos séculos seguintes. A súa presenza nun lugar tan preeminente como a portada que miraba cara ao extremo occidental da nave principal da catedral, recibindo o impacto directo da luz que penetraba no templo a través do gran rosetón da fachada medieval, formaba parte do programa iconográfico desenvolvido polo Mestre Mateo na parte exterior do coro: a visión da Xerusalén Celeste, a Cidade de Deus á que, no fin dos tempos, segundo o profeta Isaías, "traeranche a riqueza dos Pobos […] veñen de Sabá, traendo ouro e incenso e pregoando encomios a Xavé". Deste xeito, os tres Magos, naquel tempo, representantes dos continentes coñecidos, viñan ser unha sorte de metáfora dos propios peregrinos que, chegados á súa Meta, adoraban a Deus e dábanlle ofrendas a través da intercesión do Apóstolo Santiago. Este encaixe da iconografía na mensaxe do proxecto mateano, centrado na Salvación do Home, así como a celebración na catedral de posíbeis representacións cerimoniais relacionadas coa Epifanía, terminarían por xustificar a presenza da escena no devandito lugar e, por fin, o seu desenvolvemento posterior en lugares vinculados á peregrinación e á cidade de Santiago. Non en balde, cos Magos estariamos ante a personificación dos "primeiros peregrinos" da humanidade. Desta maneira, o tímpano da fachada do trascoro serviría como punto de partida para diversos exemplos que, no caso de Compostela, se foron repartindo, ao longo dos séculos XIII ao XV por diferentes lugares da catedral e do resto da cidade, algúns dos cales chegaron aos nosos días, en moitas ocasións situados fóra das súas localizacións orixinais, permitíndonos levar a cabo un percorrido pola evolución artística do devandito modelo iconográfico. Sinalouse, ademais, que esta presenza de diversos tímpanos dedicados á Epifanía podería estar relacionada coa relevancia alcanzada na época por dita festividade, na que tiñan lugar distintas celebracións que se desenvolvían por toda a cidade, -e de aí a presenza de diversos tímpanos ao longo do seu percorrido–, rematando, con gran solemnidade e participación popular, na propia catedral. A Igrexa da Corticela O exemplo máis antigo e máis próximo ao modelo inicial é o tímpano da Igrexa da Corticela, datado no terceiro cuarto do século XIII, quizais durante o episcopado de D. Xoán Arias, en que se levaron a cabo diferentes actuacións na contorna da catedral. Como acontecía no caso do desaparecido tímpano da fachada do trascoro, atópase sostido por senllas mochetas con forma de anxos que despregan as respectivas cartelas; e a súa escena central formaríase a partir dunha serie de imaxes encastradas na estrutura da peza, coa Virxe María entronizada e coroada, destacada na parte central, co Neno no seu colo, tamén coroado e bendicindo coa súa man dereita. A imaxe de María porta unha gran flor, a modo de cetro, na súa man dereita. No lado esquerdo do tímpano disponse a imaxe de San Xosé, de pé e apoiando o seu brazo dereito sobre un báculo en tau, mentres que, alén, aparece o primeiro dos Magos, en actitude xenuflexa, sostendo a súa coroa coa man esquerda e portando a súa ofrenda coa dereita. Por fin, na arquivolta interior ao lado dereito represéntanse os outros dous Reis, neste caso, de pé e adaptando a súa postura ao espazo dispoñíbel, portando as súas ofrendas nas mans. A escena complétase, na arquivolta exterior, tamén no seu lado dereito, cos cabalos do cortexo dos Magos, do mesmo xeito que sucedía no modelo mateano. No Museo Catedral consérvase unha placa de granito, máis ou menos coetánea desta peza, ou quizais algo anterior a ela, que procedería dun tímpano perdido, unha mostra do importante desenvolvemento que o modelo adquiriu en pouco tempo na catedral compostelá e do éxito da técnica de utilizar placas en relevo independentes para formar os tímpanos, un sistema que veremos repetido, en moitos exemplos, en toda Galiza. Nesta obra, que chegou aos nosos días bastante desgastada –o que impide apreciar moitos dos seus detalles– e que se completaría de igual xeito que o tímpano da Corticela, séguese o mesmo modelo, coa Virxe, entronizada e coroada, cunha gran flor a modo de cetro e, sobre o seu colo, a imaxe do Neno bendicindo. San Fiz de Solovio Seguindo unha orde cronolóxica, o percorrido polos tímpanos composteláns continúa polo que actualmente se atopa situado na fachada da igrexa de San Fiz de Solovio. O epígrafe que presenta na súa base, así como a documentación que se conserva acerca da reforma realizada nesta igrexa nos primeiros anos do século XIX, permiten debuxar a historia deste tímpano. Orixinalmente, e así o suxire o propio epígrafe, transcrito polo profesor Caamaño, + IO(AN)N(I)S : DE BE(N) RECTOR : ISTIUS: ECCL(ES)IE : FUIT : P(RI)NC[I]PIUM ET FIN(I)S : ISTIUS PORTAL(E) : ERA : M : CCC : LIIIII : Q(UO) T(UM) K(A)L(EN)D(A)S A[U]GUST(I), o tímpano estaría destinado ao Pórtico occidental da primitiva igrexa, de onde sería retirado con motivo da referida reforma e colocado nun nicho no muro meridional do templo até o seu traslado e recolocación, na actual portada, en 1955. Así mesmo, o citado epígrafe achéganos información fundamental sobre a data de realización do referido Pórtico, en 1316, e o nome do impulsor e patrón das obras, Xoán de Ben, quen sería o párroco da Igrexa. Ademais, complétase cunha segunda inscrición, situada baixo a base da imaxe de María, que sobresae respecto ao resto, na que se alude ao autor da obra: MAESTRE : F : PARIS ME FEZ, identificado como un posíbel mestre dos talleres ourensáns activos naquel momento. Seguindo a organización do modelo comentado, María, entronizada e coroada, leva unha flor na súa man dereita e sostén coa esquerda o Neno, igualmente coroado, que colle coa súa man esquerda un dos presentes á vez que bendí coa dereita. O lado destro do tímpano está ocupado polos tres Magos, o primeiro deles axeonllado, retirouse a coroa, que sostén cunha das súas mans á vez que entrega ao Neno a súa ofrenda, mentres que os outros dous agardan a súa quenda de pé e en posición frontal, manteñen colocadas as coroas e levan nas mans os seus presentes. No lateral esquerdo, volve aparecer San Xosé, apoiado, de novo, sobre un báculo en tau, mais, neste caso, sentado sobre unha cátedra sen respaldo. Acompaña a imaxe do doante, axeonllado aos pés da figura central e que xunta as mans en actitude orante. Con seguridade, trátase do citado Xoán de Ben. Este feito dota a esta obra dun especial interese iconográfico, xa que é a primeira vez, por estas terras, en que se inclúe na escena a figura do doante, que pasa a formar parte dela co resto de protagonistas; un modelo que, a partir deste tímpano, haberá de ter especial desenvolvemento en toda Galiza. Na liña coa imaxe mariana do tímpano de San Fiz e coa man e procedencia do seu autor estaría a Virxe do Leite que completa a portada da igrexa de Santa María Salomé; unha peza que, aínda que parece algo improbábel á vista das súas características, podería ter pertencido, orixinalmente, a un tímpano da Epifanía, segundo o modelo comentado, e que, tras desligarse do mesmo, terminaría, como imaxe independente, na súa actual localización. Tímpano de dona Leonor Xunto á porta occidental da propia catedral, por tanto, moi próximo ao Pórtico da Gloria, atopábase orixinalmente outro tímpano da Epifanía, case coetáneo do de San Fiz. Trátase do chamado Tímpano de dona Leonor, en alusión a Leonor González, quen en 1323 fundou unha capela para uso funerario da súa familia grazas á concesión obtida do arcebispo Berenguel de Landoria. Esta capela atopábase, como se comentou, no extremo occidental da catedral, xunto ao acceso sur da fachada mateana e a súa portada estaría presidida polo tímpano da Epifanía na que, seguindo o modelo citado anteriormente, a promotora íase representar axeonllada e en actitude orante, no lado esquerdo da peza, baixo a protección de San Xosé, de novo, sentado sobre unha cátedra sen respaldo, apoiado nun báculo en tau e que pousa a súa man dereita sobre a cabeza da doante. O modelo de San Fiz mudou levemente no tempo transcorrido e iso pode apreciarse nalgúns detalles do Tímpano de dona Leonor, caso da actitude do Neno, que xa non recolle o primeiro dos presentes e limítase a dar a súa bendición, ou na forma das ofrendas que portan os Magos, que parecen pequenos incensarios. En todo caso, mantense a frontalidade da imaxe de María, sedente e coroada, cunha flor na súa man dereita; e a disposición dos Reis, o primeiro de xeonllos, adiantando o seu presente e pronto a retirar a súa coroa, mentres que os outros dous van a continuación e permanecen de pé e de fronte ao espectador. Tamén se incorporaron á escena senllos anxos turiferarios, situados en cada unha das esquinas, elementos que terán continuidade en exemplos posteriores. Dúas inscricións na peza, unha na súa base co epígrafe CAPELLA : DONA : LEONOR e outra que percorre os perfís laterais do tímpano co texto, "Capilla de doña Lionor restaurada en 1768", confirman a identidade da figura orante e a procedencia da obra. Como di o segundo epígrafe, a capela foi remodelada con ocasión da construción da fachada barroca do Obradoiro, o que levou consigo a recolocación do tímpano sobre o altar. Previamente, no século XVI, cando se reformara a portada mateana, tamén se actuara nesta capela, que pasou a depender do Deán do Cabido, asumindo por iso o título de Capela do Deán e, seguramente, nese momento, o tímpano foi substituído pola portada renacentista, pasando a protexerse no interior da capela. Por fin, en 1930, a peza incorporouse aos fondos do, entón, recentemente inaugurado Museo da Catedral, onde se expón na actualidade. O exemplo máis antigo e máis próximo ao modelo inicial é o tímpano da Igrexa da Corticela, datado no terceiro cuarto do século XIII Froito dos distintos avatares que viviu o tímpano e da súa localización na fronte occidental da catedral, foi repintado en distintas ocasións, tal e como se evidenciou na restauración realizada no ano 2001. Nese proceso, chegaron a acharse até sete capas pictóricas de diferentes épocas, deixándose á vista, a criterio dos responsábeis da devandita intervención, unha policromía propia do século XVI que garda certa relación coa segunda das capas aplicadas, na mesma época, no Pórtico da Gloria. Nosa Señora de Belén Cara ao mesmo ano de 1323 dátase un segundo exemplo posibelmente relacionado, tamén, coa catedral, aínda que, na actualidade, consérvase no Santuario da Nosa Señora de Belén, na parroquia compostelá de Santa Cristina de Fecha. Manso Porto púxoo en relación co episcopado de Berenguel de Landoria –que, de feito, aparecería representado no reverso da peza xunto a outro personaxe, probabelmente un cóengo da catedral próximo ao prelado– e con algunha das capelas que había do desaparecido Claustro medieval. Tras a derriba deste, a peza quedaría descolocada e, a mediados do século XVIII, pasaría a ocupar o seu sitio actual no citado santuario. O tímpano está labrado polas dúas caras e formaría parte dunha portada, quizás, no referido claustro medieval catedralicio. No seu anverso represéntase, na parte central, unha Virxe dos Reis que segue o modelo xa comentado para os tímpanos composteláns da Epifanía, coa flor na súa man dereita e o Neno no seu colo; os Magos no lado dereito, o primeiro deles en actitude xenuflexa, entregando a súa ofrenda e os outros dous de pé, a continuación. Por outra banda, incorpora, na parte dereita, unha nova escena: a Presentación do Neno no Templo, conformando un programa centrado na Infancia de Cristo que, probabelmente, continuaría na capela á que estaba destinada a peza. Hai, así mesmo, un desproporcionado uso da perspectiva xerárquica na imaxe de María entronizada e o Neno respecto ao resto de figuras e déixase abundante espazo libre de decoración no tímpano, que se completa con senllos anxos con incensarios nas esquinas. En canto ao reverso, represéntase un Calvario, que responde aos modelos góticos do momento, cun orante en cada extremo, no esquerdo, un prelado que, como se comentou, sería o propio Arcebispo Berenguel e, no outro, un presbítero que, igualmente, porta un báculo e que Manso identificou co cóengo Aimerico de Anteiac, home de confianza do Arcebispo. Tímpano de San Bieito Seguindo o modelo iniciado co tímpano de San Fiz e continuado con outros exemplos xa citados, atópase o Tímpano de San Bieito, actualmente reutilizado nun dos altares laterais desta igrexa, onde se acompañou dun relevo da Visitación datado no tránsito do século XV ao XVI. A peza, que debe datarse na contorna dos anos 1330 e 1350, foi realizada con motivo da reforma gótica que se levou a cabo na fachada do templo, sendo retirada dela a finais do século XVIII con ocasión dun novo proxecto neoclásico. O tímpano supón unha certa evolución do modelo, cun arco que se apunta levemente no seu remate e un estilo máis basto nas figuras, cuxa disposición segue a de exemplos precedentes. Incorpórase, ademais, neste caso, un escudo de armas sobre a imaxe do doante, sen dúbida alusivo á súa liñaxe, que debe corresponder ao patrón das obras acometidas, nese momento, en San Bieito e que coincide con outros atribuídos á familia Ulloa. Por último, na súa base, apréciase unha inscrición alusiva ao seu autor e, quizais, á súa data de realización, a cal, pola colocación actual da peza, non é posíbel ler na súa integridade e que transcribiu parcialmente, no seu día, o profesor Caamaño: FIZO : MEST RE …O : ET : O…ES:E… Un último exemplo do estilo ourensán en Compostela e da fórmula evolucionada a partir do modelo de San Fiz, sen novidades nin variacións destacábeis, é o Tímpano de Santa María a Nova, datado en 1397 e que debe o seu nome por ter sido realizado para o convento terciario franciscano así chamado e que se atopaba situado en Mazarelos. Posteriormente, a peza foi reutilizada na fachada barroca, obra de Simón Rodríguez, do que foi Colexio de Exercitantes, edificio que, tras pasar por diferentes usos e reformas, é, na actualidade, a Facultade de Filosofía da Universidade Compostelá. Na base da peza, esténdense motivos decorativos xeométricos entrelazados e, baixo a imaxe da Virxe co Neno, en dous rexistros, a inscrición ERA D(OMI)NI : M : CCC : XC : VII. "Un aire máis popular" Un tempo posterior é o Tímpano da Igrexa de Santa María do Camiño, co que se completa o percorrido iconográfico polas Epifanías de Compostela, derivadas, en último termo, como se comentou, da fachada do trascoro mateano. Do mesmo xeito que os anteriores, foi concibido para presidir a fachada principal e, co tempo, reutilizado noutra localización, neste caso, no primeiro tramo da nave da epístola do devandito templo. Presenta un aire máis popular que o resto e un maior movemento na escena que, por outra banda, mantén a organización dos anteriores, coa Virxe sedente e coroada, co Neno no colo, anxos turiferarios nas esquinas e os Reis Magos no lado dereito e San Xosé e o doante na esquerda. Baixo a figura central, atópase un epígrafe, de dúas liñas, co texto AVE : MARI / A GRAC. E, no resto do lintel, unha inscrición da que só pode verse a primeira parte, ao atoparse a peza embutida no muro: + ERA : DE MIL : ET : CCCCXXV : ANOS VI : DIA / S DABRIL. Por fin, o mesmo esquema compositivo repítese nunha obra, tamén datada na contorna de 1425, realizada para o Convento de Santa Clara e, como o resto de tímpanos, reutilizado en época barroca, neste caso, nunha fonte do claustro do mesmo convento. Con todo, neste caso, á Virxe co Neno que marca o centro do tímpano, acompáñana, aos lados, as imaxes de San Francisco e de Santa Clara, esta xunto a unha monxa clarisa, seguramente, a patroa da obra, posta, no conxunto, baixo a protección dos dous santos fundadores franciscanos. O tímpano da fachada do trascoro catedralicio O proxecto do Mestre Mateo na catedral compostelá contou coa realización dun monumental coro pétreo policromado que serviría para substituír o provisional e sinxelo cadeirado xelmiriano que aparece referido, de forma sucinta, no Códice Calixtino. O coro, fundamental para a liturxia catedralicia, sería, xunto ao Pórtico da Gloria, unha das grandes realizacións do proxecto mateano, completadas con outras intervencións que, ademais de concluír a construción da catedral románica, transformárona para un novo cerimonial, nun templo que, á vez, axuntaba o seu carácter como santuario, tumba apostólica e meta dun camiño de peregrinación, co de sede episcopal e catedral nacional para os reis da Galiza. En todo este gran proxecto, que consagrou para a eternidade a figura do Mestre Mateo, desenvolvíase, ademais, un programa iconográfico unitario, de contido apocalíptico e salvífico que debe analizarse na súa globalidade, a pesar de que varias das realizacións de Mateo acabaron desaparecendo das súas localizacións orixinais, caso da perdida fachada exterior do Pórtico da Gloria ou do propio coro pétreo, derrubado nos primeiros anos do século XVII. Moitas pezas e elementos do coro fóronse recuperando co tempo, entre elas, un relevo con tres cabezas de cabalos que asoman tras un torreón, identificada polos profesores Otero e Yzquierdo como parte do cortexo dos Magos; así como a parte superior dun dosel que acubillaría a imaxe central da Virxe María co Neno nun tímpano, perdido, dedicado á Adoración dos Magos, o cal presidiría a fachada do trascoro. A afirmación dos citados autores, incluída na súa completa investigación sobre o coro mateano, -a cal permitiu coñecer e recuperar esta obra–, sustentábase, ademais de nas posíbeis influencias recibidas polo artista e das pezas similares que, seguindo o seu exemplo, proliferaron na Galiza a partir dese momento, na referencia documental que se conserva sobre a presenza "detrás del coro, so o leedoyro, da parte u que están os tres Reyes Magos". Moitas pezas e elementos do coro fóronse recuperando co tempo, entre elas, un relevo con tres cabezas de cabalos que asoman tras un torreón Para a composición e organización deste tímpano, que se completaría, ao carón, co referido relevo dos cabalos e, ao outro, cunha posíbel Anunciación, os citados profesores tomaron como referencia algúns exemplos posteriores de clara inspiración mateana, entre eles, o Tímpano da Corticela, situado na propia catedral, ou o de Santo Estevo de Ribas de Miño. Deste xeito, a imaxe de María, entronizada e cuberta polo citado dosel, acompañaríase, á súa esquerda, por San Xosé; e alén, por un dos Magos, mentres os outros dous, situados ante a arquivolta, ocultarían o seu arranque e, ao tempo, enlazarían a escena cos cabalos, que irían xusto a continuación. Ademais das citadas pezas, aínda se conservan algunhas máis relacionadas con este tímpano, que ocupaba un lugar preeminente na catedral, concretamente, as ménsulas sobre as que se asentaba, que foron reutilizadas nunha vivenda particular do centro histórico compostelán, e o busto da figura dun profeta, que nos chegou decapitado e que conformaría un dos dous medallóns que enchían as enxoitas do arco que cinguía o tímpano. Deste modo, o tímpano da Adoración dos Magos presidiría a fachada do trascoro, integrado co resto de elementos que o acompañaban e co programa iconográfico desenvolvido polo Mestre Mateo na catedral compostelá; servindo, ademais, de punto de partida para un modelo que, a partir de entón, habería de ter un importante desenvolvemento na súa contorna de influencia.
NOS_57813
Mobilización de CIG e CSIF perante a sede da Xunta de Galiza.
Traballadores do servizo contra incendios da Xunta mobilizáronse esta sexta feira convocados polos sindicatos CIG e CSIF para pedir que se convoque unha OPE (oferta pública de emprego) e denunciar o incumprimento do goberno do Partido Popular no que atinxe a esta oferta do ano 2016 para o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF). Na mobilización participaron deputados do BNG e de En Marea. As centrais exixen cumprimento do acordo asinado en setembro de 2016 entre a Xunta e os sindicatos sobre os bombeiros forestais e a súa segunda actividade onde se recolle a redución da taxa de precariedade ou temporalidade que segundo denunciaron ascende a máis do 40% do dispositivo contra incendios, mediante as correspondentes ofertas públicas de emprego para prazas de persoal laboral, previo a calquera proceso de funcionarización que se puidera acometer neste ámbito. Tamén denunciaron o incumprimento pola Xunta das súas propias publicacións e de alimentar a precariedade na propia administración pública, infrinxindo ademais "o compromiso da publicación das convocatorias de oposición a prazas de persoal laboral no SPDCIF". Agora mesmo forman parte do dispositivo entre 1.800 e 1.900 traballadores, dos que uns 800 non teñen a condición de fixos. De feito, di a CIG, moitos non traballan máis de tres meses en todo o ano o que impide ademais que teñan dereito a cobrar unha prestación por desemprego. Outra parte importante deses 800, traballan un máximo de 9 meses, o que provoca "unha enorme inseguridade laboral e desprotección".
NOS_22060
María Puy Fraga é a irmá do portavoz do grupo parlamentar do PP.
A funcionaria que, segundo unha sentenza do TSXG, obtivo a praza de xefa de Servizo e Administración de Persoal da Valedoría do Pobo por intercesión da titular desta institución enviou esta segunda feira un comunicado á imprensa en que carga contra a resolución xudicial. De acordo co tribunal, María Puy Fraga teríase beneficiado dun "desvío de poder" no que tería incorrido Milagros Otero, quen terá agora que comparecer perante o Parlamento para dar conta do asunto. Os grupos da oposición xa teñen anunciado que submeterán á cámara iniciativas para o cesamento da valedora. A irmá do portavoz do grupo parlamentar do PP pon en cuestión —cunha linguaxe moi coloquial, co uso de expresións tipo "¡Quieto parao Billie! Te pasas de frenada" en alusión ao xuíz—o rigor co que o TSXG produciu a súa sentenza. Nese sentido, pergunta en que se basea o tribunal para afirmar que no concurso non se avaliou "o resto de candidatos". "Eu duns maxistrados agardo rigor, mais a min me deben vostés unha desculpa e respeito polo meu traballo", afirma. Na misiva, non oculta o seu parentesco co portavoz do grupo parlamentar do PP: "Nunca pedí permiso, nen vou comezar a facelo agora, nen a meu pai nen a meu irmán, sobre como levar a miña carreira, incluídas as prazas que pido, cando ou como facer un escrito como este".
PRAZA_16405
A marcha unitaria decentralízase por primeira vez fóra de Compostela e nos vindeiros anos quérese que teña un carácter rotatorio polas distintas cidades do país. A mobilización, que incluirá concertos e un recital poético, ervirá para difundir a folga xeral de mulleres convocada para o xoves 8 de marzo
A manifestación unitaria do feminismo galego terá lugar este ano en Vigo o domingo 4 de marzo. A marcha unitaria decentralízase por primeira vez fóra de Compostela e nos vindeiros anos querese que teña un carácter rotatorio polas distintas cidades de Galicia, co obxectivo de "fortalecer redes entre as mulleres do país e apoiar e amosar a forza do movemento feminista noutros lugares". A mobilización, que incluirá concertos e un recital poético, ervirá para difundir a folga xeral de mulleres convocada para o xoves 8 de marzo. A marcha unitaria decentralízase por primeira vez fóra de Compostela e nos vindeiros anos quérese que teña un carácter rotatorio polas distintas cidades do país, co obxectivo de "fortalecer redes entre e apoiar e amosar a forza do movemento feminista noutros lugares" O percorrido arrincará ás 12 horas dende a Vía Norte (esquina con Urzaiz) e rematará coa lectura do manifesto na Praza do Berbés. Neste lugar está previsto un xantar, un recital poético a cargo de Lupita Hard, Nuria Vil, Elvira Riveiro, Silvia Penas e Marta da Costa, co acompañamento de DJ Señora, e a continuación as actuacións musicais de Su Garrido, As Punkiereteiras e As Ghatas Salvaxes. Tamén haberá un espazo para as crianzas. A organización da manifestación está traballando para poñer a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a Vigo o 4 de marzo varios autobuses en cada provincia, de ida e volta, que serán gratuítos ou a un prezo simbólico. O obxectivo é facilitar que o maior número posible de persoas poida vir sen ter que poñer os seus propios recursos, minimizando tamén a pegada ambiental. Polo de agora, hai previstas máis de 10 rutas con paradas intermedias. A reserva de prazas está aberta ata o martes 27 de febreiro e realízase a través do formulario de transporte que se atopa no blog oficial da manifestación. A marcha terá lugar catro días antes da histórica folga xeral de mulleres convocadas para o 8 de marzo. A folga laboral, de coidados, estudantil e de consumo busca denunciar todas as desigualdades que prexudican as mulleres no terreo laboral, social, familiar ou educativos e tamén elevar a voz contra todas as violencias machistas. Tamén se busca "reflexionar colectivamente sobre que poden facer os homes para mudar esta situación tan inxusta, ante a que todos xa deberían mostrarse en contra, e que non pode limitarse a un único día, senón que o cambio debe continuar máis aló do 8 de marzo", sinala a Plataforma Feminista Galega. A Plataforma lembra que "todas as mulleres que secunden a Folga Xeral Feminista de 24 horas terán cobertura legal para exercer este dereito xa que conta con cobertura legal" A Plataforma lembra que "todas as mulleres que secunden a Folga Xeral Feminista de 24 horas terán cobertura legal para exercer este dereito xa que conta con cobertura legal" tras ser apoiada a nivel estatal polos sindicatos CGT, CNT e a Confederación Intersindical. En Galicia CUT, SLG e SF Intersindical convocan tamén folga feminista de 24 horas e CIG, UXT e CCOO convocan paros de dúas horas por quenda. A entidade puxo en marcha unha web específica na que se pode atopar o argumentario e as principais liñas reivindicativas desenvolvidas polas asembleas feministas que organizan a folga así como materiais para a súa divulgación.
PRAZA_416
A Lei de Racionalización da Administración Local, impulsada en solitario polo PP e recorrida ante o TC, limita a acción política dos gobernos municipais, pero aínda así é moito o que se pode facer dende os concellos, como no mandato que remata demostraron, entre outros, Amoeiro, Riotorto, Teo, Rianxo ou Manzaneda.
A Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, aprobada en solitario polo PP (co apoio de PNV e UPN) e recorrida ante o Tribunal Constitucional, limita moito a acción dos gobernos municipais, sobre todo no que atinxe ás políticas sociais e de emprego e aos investimentos. Esta polémica reforma local estará moi presente nos debates previos aos comicios municipais de maio e, mentres non sexa derrogada, será un factor que determinará a vindeira lexislatura nos concellos. A limitación de gasto e as políticas de austeridade impostas polo Goberno central teñen xa afectado na lexislatura que remata ás posibilidades de levar a cabo unha xestión alternativa dende as administracións locais. Porén, son moitos os Goberno municipais que se teñen distinguido por unha serie de decisións, ben simbólicas, ben de promoción económica, ben de ruptura coas políticas previas en moitos ámbitos, ben de contestación a medidas impostas por outras institucións e que consideraban lesivas para os seus veciños e veciñas. Amoeiro, Riotorto, Teo, San Sadurniño, Rianxo, Manzaneda, Vilar de Santos... son só algúns deles. En decembro de 2013 Rianxo converteuse no primeiro concello que tomaba a decisión de abandonar Sogama ante o incremento nun 34% das tarifas A política de xestión de residuos está tamén chamada a ser un dos temas clave na vindeira lexislatura local, entre outras cousas porque o incremento das tarifas de Sogama ten convertido este servizo nunha partida de gasto cada vez maior nas contas dos concellos. Son moitas as localidades que están barallando alternativas, dende incorporarse a outras plantas xa existentes, coma a de Lousame, instaurar servizos de recollida porta a porta ou crear plantas locais de tratamento e de compostaxe. En decembro de 2013 Rianxo converteuse no primeiro concello que tomaba a decisión de abandonar Sogama ante o incremento nun 34% das tarifas aplicadas pola planta de tratamento situada en Cerceda. Tamén está relacionada cos residuos unha das iniciativas máis novidosas postas en marcha por San Sadurniño: un proxecto piloto de recollida porta-a-porta e de instalación de composteiros caseiros no que colabora ADEGA. Nos últimos meses o Concello de Teo foi dando os pasos necesarios para recuperar a xestión do servizo municipal de augas Outro dos servizos que tamén centrará os debates previos ás eleccións e a xestión posterior é o de auga e saneamento, plenamente de actualidade en Ferrol, por exemplo, e que tamén foi motivo de noticia en Punxín. Nos últimos meses o Concello de Teo foi dando os pasos necesarios para recuperar a xestión do servizo municipal de augas. Na primavera de 2007, pouco antes das eleccións municipais, o daquela alcalde Armando Blanco impulsou a prórroga da concesión do servizo municipal de augas coa empresa Aquagest. O contrato pasaba de expirar en 2009 a facelo en 2029 a cambio, segundo o histriónico rexdor, de 1,7 millóns. En agosto dese ano, xa con Martiño Noriega como alcalde, o goberno local tentou sen éxito revisar o contrato ao considerar que podía ser nulo de pleno dereito, nulidade que o pasado ano avalou o Consello Consultivo. A actuación de Armando Blanco está a ser investigada pola Fiscalía, nun proceso no que están imputadas trece persoas, entre elas todos os edís populares e independentes que aprobaron a prórroga. O proceso de remunicipalización continúa o seu percorrido, a pesar da resistencia de Aquagest. En outubro de 2013 o rexedor de Riotorto anunciou que o seu concello asumiria o financiamento dunha serie de fármacos que o Ministerio de Sanidade decidira que debían ser pagados polos pacientes O BNG adoita facer referencia ao espírito de Riotorto como unha mostra de que é posible realizar políticas diferentes dende os concellos, mesmo dende aqueles de pequeno tamaño e situados na zona rural. En outubro de 2013 o rexedor desta localidade lucense, Federico Gutiérrez, anunciou que o seu concello asumiria o financiamento dunha serie de fármacos que o Ministerio de Sanidade decidira que debían ser pagados polos pacientes. A esta rebelión uníronse de inmediato outras localidades gobernadas por BNG, Anova ou PSdeG, pero tamén algunha presidida polo PP, como Vilanova de Arousa. O obxectivo era "evitar que moitos pacientes abandonen ou queden sen o tratamento axeitado por razóns económicas", como sinalou o propio Gutiérrez. Outros concellos pequenos que destacaron por algunha das súas medidas foron, por exemplo, Manzaneda, que o pasado mes de setembro tomou a decisión de municipalizar o servizo de cociña e comedor do único colexio da localidade. As protestas de nais, pais e alumnado polo peche da cociña e a súa subtitución dun servizo de catering non mudaron a posición inflexible da Consellaría de Educación, e o Goberno municipal, dirixido por David Rodríguez, tomou a decisión de xestionar o comedor escolar a través da contratación dun cociñeiro ou cociñeira. O Concello de Amoeiro foi noticia por varias iniciativas relacionadas coa recuperación da memoria histórica, sobre todo por ter sinalado publicamente toda a simboloxía fascista que aínda existe no concello Ou, por exemplo, o Concello de Vilar de Santos, onde o seu alcalde, Xan Jardón, denunciou publicamente, ante o Servizo de Consumo da Xunta e no Parlamento, un cobro indebido realizado durante anos por Gas Natural-Fenosa. O rexedor sinalaba que a empresa lle debía ao seu concello 58 mil euros por ter cobrado aproximadamente un 20% máis do debido nos últimos cinco anos, ao non aplicar a tarifa de discriminación horaria, un cobro indebido recoñecido pola empresa. Ou, igualmente, o Concello de Amoeiro, que foi noticia por varias iniciativas relacionadas coa recuperación da memoria histórica, sobre todo por ter sinalado publicamente toda a simboloxía fascista que aínda existe no concello, instalando unha serie de placas explicativas do seu significado e dos efectos causados pola ditadura franquista.
NOS_37956
A Casa das Hortas acollerá a VIII edición do Convivio da Cultura Galega, organizada a canda Galiza Cultura, que decorrerá o próximo sábado 2 de outubro. Unha xornada de "celebración" aberta ao asociacionismo de base na que se debaterán as liñas que deben seguir para futuros proxectos culturais.
A Casa-Museo Manuel María vén de presentar a VIII edición do Convivio da Cultura Galega, un encontro aberto ao asociacionismo cultural galego. "O que viña sendo nas edicións anteriores unha romaría ou unha festa popular, dentro da cal se producía un encontro das entidades culturais de base", agora, após acomodárense á nova situación sanitaria, "gaña protagonismo o encontro das entidades culturais sobre o aspecto festivo, que o mantemos", de momento, "nos mínimos", informa Alberte Ansede, da Fundación Manuel María, para Nós Diario. Así, todas as galegas e galegos e entidades culturais están convidadas a participar desta xornada lúdica e festiva, de encontro e recuperación do espírito comunitario. O evento, como vén sendo habitual, desenvolverase entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro de Rei, onde se acollerá as e os participantes a partir das 11.30 horas da mañá do sábado día 2 de outubro. Todo "ao redor da figura do poeta Manuel María, para celebrar a cultura e o traballo de base que levan a cabo as distintas asociacións culturais" no ámbito galego. Programa "O encontro entre as entidades centrarase fundamentalmente na programación do que queda no ano 2021 e no próximo ano 2022", explica Ansede. Mais tamén darán conta daquelas actividades que se levaron a cabo no último ano, entre as que se destaca "corrixir ou compensar a non conmemoración do ano Carvalho Calero", figura homenaxeada co Días das Letras Galegas en 2020, conta para Nós Diario Xoán Carlos Garrido, desde Galiza Cultura. Así pois, "someteranse a debate iniciativas moi potentes para a cultura galega, que van moito máis alá daquelas actuacións que poderían facer cada unha destas entidades de forma individual", valoran. A cita comezará ás 11.30 horas, co encontro de entidades culturais que fan parte de Galiza Cultura, no que se debaterá o programa de actuación para 2021-2022, "con aquelas actividades comúns a todas as asociacións", adianta Garrido. Á mesma hora, para as persoas que non fan parte desta entidade, haberá un roteiro pola contorna do Miño con saída da Casa-Museo. "O roteiro será á beira do Miño, por espazos vinculados á obra de Manuel María", adianta Ansede, unha camiñada por escenarios que se relacionan con vivencias do autor ou con elementos naturais "que gañan presenza na súa obra", di. Xa ás 13.30 horas teñen preparada a tradicional ofrenda floral a Manuel María no cemiterio parroquial de Outeiro, punto no que "confluirán tanto as representantes das entidades como as persoas que acudan ao roteiro". Logo, ás 14 horas, será o xantar de convivencia, que desta volta se desenvolverá na horta da Casa-Museo Manuel María. Deste modo, "en caso de chuvia, haberá zona cuberta para poder desenvolvelo", confirman desde a Casa-Museo. Após o xantar, retomaranse as actividades ás 16 horas coa presentación de iniciativas entre todas as entidades, baixo o lema "Compartir traballos, rendabilizar esforzos". Unha fórmula para "intercambiar experiencias", apunta Garrido. "Máis alá de compartir experiencias", indica Ansede, esta xuntanza "centrarase en intercambiar actividades das diferentes entidades que forman parte de Galiza Cultura". Para pór o ramo á xornada, ás 17 horas contarán cunha pequena actuación musical a cargo de Jásper e Nébeda, tamén na horta da Casa-Museo. Sumar esforzos para alcanzar a "excelencia" "Manuel María foi un soporte fundamental para a cultura de base", comenta Garrido, por iso a Fundación érguese como o punto de encontro idóneo. "Só unha asociación cultural que teña carácter galego, nacional, pode satisfacer determinadas necesidades culturais do país", valora desde a Fundación Manuel María Alberte Ansede. "A programación que se vai presentar", nesta VIII edición Convivio da Cultura Galega, "vai dar boa conta disto porque son iniciativas potentes". "Estamos falando dunha cultura que se está a facer co esforzo voluntario de centos de persoas que cada vez reciben menos apoio da Xunta da Galiza", critica. Segundo Ansede, nos últimos anos retiráronse todo tipo de axudas da Administración galega a actividades e iniciativas culturais: "En todo caso, trasladouse a compra de produtos, que é o Xacobeo. Mais unha actividade cultural deste tipo non está sometida a compra". "É algo inaudito", asevera. Xa que logo, "este labor de cada unha das entidades é moi meritorio e, á súa vez, se se pon en relación coas demais e se se lle dá unha dimensión superior, nós estamos convencidos de que o rendemento do traballo común en Galiza Cultura vai ser importante", conclúe desde a Casa-Museo.
NOS_46542
Por primeira vez na súa historia recente, desde que se completou o trazado entre Ferrol e Tui, Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9, vén de presentar un resultado negativo. No primeiro semestre do ano a compañía perdeu 665.000 euros, mais a caída do tráfico foi superior á rexistrada na facturación.
Despois de décadas a encher os petos cos cartos das galegas e galegos que usan a AP-9 para os seus desprazamentos ordinarios, Audasa, a concesionaria da autoestrada que vertebra Galiza de norte a sur, vén de descubrir o que é perder diñeiro por primeira vez na súa historia. Segundo figura nos resultados semestrais remitidos hoxe por Audasa á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a compañía rexistrou unhas perdas por valor de 665.000 euros entre xaneiro e xuño deste ano como consecuencia da baixada de usuarias. "A forte contracción do tráfico reduciu a facturación do semestre en 34,6% até os 46,7 millóns de euros", explica a concesionaria no comunicado. A pesar da diminución do tráfico, Audasa ingresou máis de 255.000 euros ao día, e iso que a caída de usuarias foi maior que a da facturación. Até xuño, 14.798 vehículos empregaron de media a diario a autoestrada, o que supón 35,99% menos en comparación cos 23.118 que transitaban por término medio no primeiro semestre de 2019. O tráfico diario da autoestrada alcanzou o seu mínimo semestral no mes de abril, durante o confinamento, con 5.440 vehículos. O desconfinamento, segundo resalta Audasa na súa comunicación, "permitiu triplicar a circulación diaria até os 17.971 vehículos, aínda que 28,8% por baixo das cifras de xuño de 2019". Progresión truncada A tendencia de mellora rexistrada en xuño tivo continuidade en xullo. As cifras facilitadas por Audasa a Nós Diario así o confirman. Nese mes, circularon de media ao día 24.736 vehículos, 13,65% menos que no mesmo período do ano anterior. Porén, en agosto, o aumento dos gromos volveu incidir con forza no tránsito de vehículos, que se viu reducido a 24.220 de media, 18,86% menos con respecto aos 29.850 que circulaban de media no mesmo mes de 2019. Con todo, o comportamento da AP-9 foi mellor que o doutras autoestradas de peaxe. Como destaca a propia concesionaria, pasou "de ser a sexta do Estado español en circulación media diaria de vehículos en 2019 á quinta no primeiro semestre de 2020", e continúa por enriba da media. A Covid-19 marca o ritmo A incidencia da Covid-19 está a marcar dun modo determinante a evolución de tráficos nesta autoestrada. Audasa dixo no seu día que non solicitaría compensacións ao Goberno español pola caída de tráfico. De feito, tamén evitou medidas traumáticas en materia laboral. "A pesar da baixada da mobilidade, a actividade da concesionaria foi considerada como un servizo esencial e permaneceu inalterada e sen aplicar expediente de regulación temporal de emprego (Erte) até a data", subliña a compañía, que lembra tamén no seu comunicado algunhas das medidas adoptadas para afrontar o impacto do coronavirus, encamiñadas a preservar a liquidez, así como "un compromiso polo emprego e o fomento do teletraballo". A Covid-19 tamén levou Audasa a priorizar as vías de pago automáticas, segundo indica, "para impulsar a seguridade". No primeiro semestre do ano, e en comparación co mesmo período de 2019, o cobro automático aumentou 5,7 puntos e utilízase xa en 92,4% das viaxes. No mes de xuño, 174.548 vehículos empregaron dispositivos de telepeaxe, segundo datos facilitados pola compañía. No seu balance semestral, a firma que xestiona a AP-9, e que este ano practicou a maior subida de tarifas de toda a rede de autoestradas do Estado español, defende que o prezo medio de peaxe para vehículos lixeiros mantense en 0,116 euros/quilómetro, asegura que está 7,2% por baixo da media estatal. Pendentes do orzamento Mais as peaxes poden baixar moito máis aínda se o Goberno español cumpre co acordo de investidura asinado co BNG. Como explica a Nós Diario o deputado Néstor Rego, están á espera de que se convoque a comisión mixta de transferencias, unha vez tomou posesión o novo Executivo galego, para abordar o traspaso da titularidade da autoestrada. "Agardamos que se convoque en breve, porque é un dos compromisos do acordo de investidura", sinala Rego. Nese documento figuran tamén outras medidas que afectan á esta infraestrutura. Así, o BNG arrancou de Pedro Sánchez un compromiso para bonificar as peaxes ás persoas usuarias recorrentes, asumir os incrementos dos convenios de 2011 e 2013 ou estabelecer a gratuidade do tramo entre Vigo e Redondela. "As bonificacións e demais dependen de que haxa orzamentos. O próximo mes será decisivo de cara a saber en que ámbitos se avanza, que nós contamos que sexa no cumprimento do acordo, que é fundamental", indica Rego. "Nós cumprimos e agora o Goberno e o PSOE terán que cumprir a súa parte", conclúe.
NOS_23109
Así respondía a responsábel de prensa na comparecencia do presidente da Xunta após a xuntanza semanal do Consello de goberno.
O líder d@s populares, que tivo que enfrontar unha rolda de preguntas monotemática arredor das súas fotografías co narcotraficante arousán Marcial Dorado, eludiu pronunciarse a respecto das últimas novidades. O gabinete de imprensa da Xunta impediu a Sermos Galiza que realizase perguntas a Feijóo co argumento de que "xa sabemos o que vas perguntar e, total, xa respostou". Alberto Núñez Feijóo repite desde o pasado domingo a mesma canción. O presidente da Xunta de Galiza nega ter coñecemento das actividades ás que se dedicaba o seu acompañante nas vacacións de 1995 e reitera que a súa actitude supón todo un exercicio de transparencia e saber facer perante a que constitúe a maior crise dos seus anos de goberno. Feijóo di subscribir "palabra por palabra" as súas afirmacións do pasado luns mais tamén as do xuíz Vázquez Taín que contradín a súa versión a respecto da súa amizade con Dorado. Segundo Taín esta teríase prolongado para alén do 2000 Porén, o líder do executivo galego evitou pronunicarse esta quinta feira a respecto das últimas novidades na polémica protagonizada polas súas fotografías co contrabandista e narcotraficante Marcial Dorado. Neste senso, segundo as investigacións do xuíz Vázquez Taín, os pinchazos nas comunicacións telefónicas de Dorado deixaron ver que en 2003 o daquela conselleiro de Política Territoral continuaba a manter a súa relación co arousán. As declaracións do xuíz puñan en entredito as verbas pronunciadas por Núñez Feijóo na comparecencia de imprensa desenvolvida a pasada segunda feira no Parlamento galego, en que aseguraba ter rachado toda relación con Marcial Dorado en 1998 sendo a última vez que coincidiran o enterro do amigo común, Manuel Cruz. Inquirido ao respeito, Nuñez Feijóo asegurou "subscribir palabra por palabra" as súas afirmacións na sé do grupo parlamentar do PP, mais tamén as do xuíz instrutor do caso que levou á cadea ao narco. "O que di o xuíz está escrito", aseverou Feijóo "e eu subscribo palabra por palabra o que dixo". O presidente da Xunta mantiña así a incertidume mais non negaba o dito por Vázquez Taín que situarían a relación de Feijóo e Dorado para alén de 2000. "Xa sabemos o que vas preguntar" "A infamia rematou", repetiu até a saciedade o presidente da Xunta de Galiza, "e cando unha infamia se pecha" indicou, fica a verdade. Alberto Núñez Feijóo quere deixar á marxe o escándalo que o levou ás cabeceiras da imprensa nacional e internacional e dar carpetazo ao asunto que o vincula co narcotraficante Marcial Dorado mais o certo é que aínda deberá responder ás preguntas que os grupos da oposición lle formulen a vindeira cuarta feira en Pleno parlamentar. A esa comparecencia remitiuse o líder d@s populares para eludir as perguntas formuladas por algún(has) xornalistas. Non así Sermos Galiza. A este medio foille imposíbel formulas as súas preguntas --dúas por xornalista-- pois ao entender do gabinete de imprensa da Xunta "xa sabemos o que ides preguntar". O certo é que xa nos fora concedida a quenda de palabra cando sen máis decidiron dar por concluída a intervención do presidente. "O presidente xa respondeu", aseverou a traballadora do gabinete de imprensa presidencial. "Xa sabemos o que vas preguntar" lle espetaron a Sermos Galiza "e, total, xa respondeu" Mais non era así. Sermos Galiza ía inquirir ao líder do executivo galego sobre a información publicada por un diario español a respecto da suposta demisión presentada polo daquela vice-presidente da Xunta a Manuel Fraga. O xornal El Mundo informou nas súas páxinas de que a existencia das fotografías co contrabandista Marcial Dorado e a posibilidade de que estas fosen feitas públicas levaron a Núñez Feijóo a pór o seu cargo a disposición do presidente galego que, no entanto, lle amosou a súa enteira confianza. O que pretendía perguntar Sermos Galiza é por que Feijóo mudou de criterio. Se en 2003 consideraba que existían razóns suficientes para renunciar, por que en 2013 teima en aferrarse ao seu cargo? Cumpre ter en conta que en 2003 Feijóo era conselleiro e, en teoría, debíase ao principio de obediencia ao seu chefe político, que lle pediu que non se fose. Mais hoxe, 2013, o presidente é el. E en teoría non ten ningún superior hierárquico que o poda instar a que continúe no cargo. Serán agora as forzas políticas con representación parlamentar as que desvelen as incógnicas que pairan arredor desta polémica. Existiron contratacións públicas que beneficiaron as empresas do contrabandista como aseguran algunhas formacións políticas? Presentou a súa demisión en 2003 perante o temor de que a publicación das imaxes repercutira na estabilidade do goberno Fraga? Até cando durou en realidade a relación entre o narco e o daquela alto cargo da administración galega?
NOS_23712
Parte da representación sindical destaca que este "servizo público" foi reducindo "os dereitos" laborais desde 2012, o que afectou ao número de empregadas e tamén á calidade da atención. Allea ás críticas, Política Social ofreceu un novo parte de contaxios nestas infraestruturas na que fala dunha pequena baixada.
Representantes sindicais das e dos traballadores das residencias de maiores dependentes da Consellaría de Política Social e, polo tanto, da Xunta, volveron denunciar esta quinta feira o "deterioro" que sufre este "servizo público", aínda máis visíbel en plena pandemia. A crítica coincide nunha xornada na que baixa o total de casos positivos da Covid-19 nestes centros, pero con crecemento dalgúns focos en xeriátricos privados. Os cadros de persoal das residencias públicas da Galiza, a través de Comisións Obreiras e UXT, insisten nesta nova xornada de mobilizacións de protesta (xa suman 28) en que a situación non deixa de ir a peor. "Desde 2012, a Xunta practicou un brutal recorte de dereitos para os traballadores e traballadoras, reduciu a relación de postos de traballo amortizando prazas, que con tempo se ten demostrado que eran moi necesarias para facer fronte a situacións como a actual", resaltan nun comunicado. O empeoramento das condicións laborais e a redución do número de empregadas á súa vez afecta, e moito, á calidade coa que se poden ofrecer estas atencións ás persoas maiores. A representación fala da "interinidade do persoal" que chega ao "50%" e lamenta que moitas infraestruturas do Goberno galego "traballen ao mínimo dos seus efectivos, producindo unha sobresaturación e o aumento nos accidentes de traballo e baixas por enfermidade profesional". Máis accidentes De feito, incluso aseguran que o departamento que dirixe Fabiola García é no que máis sinistros laborais rexistran dentro de toda a Xunta. "Política Social e os seus órganos máximos de persoal non foron nin son capaces, case un ano despois do inicio da pandemia de organizarse de forma homoxénea nos seus centros, reinando a descoordinación e homoxeneización de criterios, dependendo da Xefatura Territorial e aínda dentro destas dependendo de cada centro de traballo as direccións dos mesmos teñen en moitas ocasións que planificar o servizo de xeito autónomo sen contar con un plan deseñado de estruturación do seu persoal" insisten desde as centrais sindicais. Até que non haxa unha solución pensan seguir protestando cada quinta feira. E máis coa afección do coronavirus, que complica o traballo das e dos operarios quer en instalacións públicas, quer nas privadas. A situación en toda a rede De feito, o parte de Política Social de hoxe amosa unha baixada do número de positivos. Hai 399 residentes na rede galega que son positivas por coronavirus e 196 traballadoras que están infectadas. Houbo máis saídas da listaxe que altas, pero hai que ter en conta que no gromo de Mi Casa, en Ferrol, sumaron outras oito usuarias. Así xa son 33 os casos activos. Aliás, na DomusVi Laraxe incrementáronse en 13 os positivos, dando como resultado 37 usuarias enfermas, así como cinco operarias. A baixada máis grande e repentina foi na Quercus de Leiro (18 persoas). Malia todo, seguen a ser importantes os surtos da DomusVi Carballo (63); a San Simón de Teo (15); a Nosa Señora do Carme de Sarria (71) ou a propia residencia de Leiro, con 34 maiores coa Covid-19. Respecto das infraestruturas da atención á diversidade funcional, hay 93 beneficiarias enfermas así como 40 membros das equipas sociosanitarias.
NOS_17230
O Partido Popular apoia a toma en consideración da Proposición de Lei presentada polo BNG a prol da devolución íntegra dos aforros @s estafad@s polas preferentes. Francisco Jorquera "congratúlase" do voto favorábel mais "con cautelas" e á espera de ver "que fan pola tarde no Congreso". Imaxe: Zapa
A Cámara galega aprobou esta terza feira a tramitación dunha reforma lexislativa encamiñada á devolución íntegra dos aforros d@s estafad@s polo calote das preferentes. A iniciativa --presentada polo BNG-- será debatida esta tarde no Congreso español. O voto favorábel do grupo popular foi parabenizado polo portavoz nacionalista, Francisco Jorquera. Porén, o voceiro do Bloque advertiu "a ver que fan pola tarde no Congreso". O calote das preferentes atinxe a 85.000 persoas e máis de 1.800 millóns de euros na Galiza O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade instar ao Congreso español a modificar a lei 9/2012 de reestruturación e resolución de entidades de crédito pola que se aprobou a quita para as persoas estafadas. Segundo o voceiro do Partido Popular, o seu voto favorábel á toma en consideración responde ao seu apoio aos máis de 80.000 aforrador@s que foron "enganados". Desde o Bloque, AGE e PSdeG denunciaron que a Xunta de Galiza e o Partido Popular apoiaran este "timo masivo" que consideraron unha verdadeira "traxedia social". Estafad@s ás portas do HórreoCentos de persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes e subordinadas manifestáronse ás portas do Pazo do Hórreo coincidindo co debate e votación da Proposición de Lei. O portavoz do BNG, Francisco Jorquera lembrou na súa intervención algún dos "dramas persoais" que se agochan tras dos "dados estatísticos", salientou. Aliás, o voceiro nacionalista recoñeceu que a súa familia tamén foi vítima desta estafa logo de que o seu pai abrise unha conta de aforro "a nome do seu neto". Hai poucos días, denunciou Jorquera, advertírolle que "os 600 euros" depositados foran convertidos en participacións preferentes sen lles ser informado. A quita prevé perdas medias do 47% dos aforros para estafad@s das preferentes e do 41% para as subirdinadas Desta maneira Fracisco Jorquera denunciaba "o roubo" empregado polas entidades financeiras para se recapitalizaren "botando man dos depósitos dos clientes". Un roubo, dixo que foi "legalizado" polo Goberno español a través da aprobación da Lei 9/2012 coa que agora "se lles impón unha quita", sentenzou. "Vostedes imaxínanse que no Chicago dos anos 20 e 30 cando os gangsters cometían estafas fosen os gobernos os que sacasen unha lei para chantaxear aos afectados?", preguntouse o portavoz da Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras. "Pois é o que fixeron", denunciou. Os grupos da oposición criticaron con dureza o papel xogado polo Partido Popular "na comercialización" destes produtos financeiros e nas condicións impostas polo memorando de entendemento que sucedeu ao resgate financeiro da banca española e galega. "Os estafados xa saben a estas alturas quen autorizou a súa comercialización e quen ten a competencia para solucionar o problema", advertiu a socialista Carmen Gallego desde o plenario ao tempo que emprazou @s deputad@s populares a se "redimiren" c@s estafad@s apoiando a Proposición de lei presentada polo BNG. O Bloque defendeu a Proposición de lei como unha "necesidade" a prol dunha "solución xusta" para @s estafad@s O debate en MadridO portavoz do BNG, Francisco Jorquera congratulouse do apoio recibido das bancadas populares porén, asegurou facelo "con cautelas" á espera de ver "o que fan esta tarde no Congreso". Para @s nacionalistas, a preocupación exténdese á propia tramitación lexislativa pois, asegurou Jorquera, "non vaia ser que despois queiran desnaturalizala" ou "ralentizar a súa chegada ao Congreso". Neste senso, o portavoz do PP, Pedro Puy, avanzou que no decorrer da tramitación parlamentar o seu grupo introduciría emendas ao texto presentado. O PP votou en anteriores ocasións contra a quita na Galiza mais logo apoiou a súa legalización en Madrid Será esta tarde cando o pleno das Cortes españolas se pronuncie ao respeito en relación coa Proposición de Lei presentada polas deputadas do BNG. A socialista Carmen Gallego avanzou que o PSOE votará a favor da súa toma en consideración. Fica pendente saber se @s deputad@s do PPdeG apoiarán ou non mudar a lexislación a prol da devolcuión íntegra dos aforros ás persoas esafadas. Até o momento, os antecedentes non son favorábeis pois na propia aprobación da Lei 9/2012 a Cámara galega aprobara unha resolución unánime contraria á quita, cuestión que non impediu @s parlamentares do PP votaren a favor da mesma en Madrid. Un exemplo, dixo Jorquera, de que a ausencia de soberanía significa ausencia de democracia.
NOS_2896
As accións simbólicas en defensa da escola en catalán e contra a política españolista do Goberno das Illas Baleares serán obxecto de sanción económica ao entrar esta segunda feira en vigor a Lei de Símbolos. Abalarán entre os 5.000 e os 10.000 euros. Mais as medidas represivas non pararán a campaña reivindicativa da lingua catalá nun territorio clave dos Països Catalans.
A Lei de Símbolos prohibe que se penduren lazos coa "senyera", como os que desde hai meses se poden ver acotío en moitos centros educativos das Illas en defensa do ensino en catalán, ameazado polas políticas españolistas do Executivo de Bauzá. O novo texto legal só recibiu os votos do PP e prevé sancións económicas de até os 10.000 euros. Ten en contra ao conxunto da comunidade educativa. Destarte, o sindicato maioritario no ensino, o STEI, xa ten anunciado que vai apresentar alegacións a un decreto que clasifica como despróposito e, aliás, ten anunciado que vai manter vivo "o símbolo do lazo coas catro barras". A súa intención declarada é a de pendurar lazos coa senyera nos atos oficiais, conmemorativos ou festivos nos que participe. Eventual inconstitucionalidade Segundo informa Vilaweb.Com, o STEI lembra que o lazo coa senyera simboliza a defensa da lingua e a cultura catalás, unha responsabilidade que, salientan, o Estatuto de Autonomía "outorga ao Goberno". Até o Consello Consultivo alertou, durante o proceso de elaboración da Lei de Símbolos, a respeito da eventual inconstitucionalidade deste texto legal. A Lei de Símbolos prohibe que se pendure calquer símbolo que non sexa oficial e, destarte, coloca fóra da legalidade os lazos coas catro barras que as escolas das Illas teñen usado estes meses para denunciar as política anticatalanistas do Govern balear. A Lei dispón multas de até 5.000 euros para as equipas directivas dos centros que non despenduren estes símbolos e até de 10.000 euros para quen os coloque. E dá un prazo dun ano, na súa disposición transitoria, para retirar os que neste momento se achen pendurados.
PRAZA_19359
Os populares rexeitarán este martes a comisión de investigación que defenderán En Marea e BNG no pleno do Parlamento. As vítimas serán recibidas por Rueda en ausencia de Feijóo e aínda agardan pola resposta á súa petición de xuntanza con Rajoy.
O pleno do Parlamento de Galicia rexeitará este martes por cuarta vez a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Angrois. O "non" apoiado pola maioría absoluta de votos do PP unirase aos tres anteriores, da pasada lexislatura, cando esta petición formulada daquela por AGE e BNG e agora, por En Marea e o propio Bloque contou co veto dos populares -formal, nesas tres ocasións, e noutras moitas sen que chegase a votarse- e a abstención do PSdeG. O voceiro conservador, Pedro Puy, ratificou este luns en rolda de prensa unha negativa cuxo efecto o PP tentará amortecer atendendo outra petición da Plataforma Víctimas Alvia 04155: seren recibidas pola Xunta. O principal colectivo de persoas afectadas polo sinistro no que morreron 80 persoas na curva da Grandeira en xullo de 2013 cursou a pasada semana unha solicitude para que, cadrando co debate sobre a investigación na Cámara, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, accedese a recibilas para recoller de primeira man a petición de que apoie dúas investigacións: a política e a técnica, toda vez que a realizada por Fomento non foi "independente", tal e como ratificaron a Audiencia da Coruña e mais a Axencia Ferroviaria Europea. Esa recepción producirase, se ben todo apunta que quen atenderá a Plataforma non será Alberto Núñez Feijóo, senón o vicepresidente, Alfonso Rueda. As vítimas serán recibidas por Rueda en ausencia de Feijóo e aínda agardan pola resposta á súa petición de xuntanza con Rajoy O propio Rueda, que asume durante uns días as funcións do presidente polo nacemento do primeiro fillo de Feijóo -o xefe do Executivo non se acolleu ao permiso de paternidade e, previsiblemente, si acudirá á sesión de control parlamentaria do mércores- sinalaba este luns a preguntas da prensa que a petición "se dirixe ao presidente", pero que será el quen, "como presidente en funcións, reciba a plataforma sen ningún problema". "A nosa obriga é recibilos", di o número dous do Goberno, se ben igual que Puy ratifica que o seu voto á investigación será negativo. A súa resposta adiántase, non obstante, á do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, por quen a plataforma pediu tamén ser recibida sen que polo momento houbese resposta. Tanto Puy como Rueda reiteran que a postura do PP e do Goberno galego é de "apoio" ás vítimas na súa procura da "verdade" sobre o sucedido, se ben o voceiro parlamentario reitera que a Cámara galega "non é o lugar máis axeitado" para investigar o sinistro "se o que pretenden é que se coñeza o que pasou". O procedente, agrega, é demandar ao Ministerio de Fomento un "informe incontrovertido" sobre o descarrilamento, o mesmo que o departamento que agora dirixe Íñigo de la Serna se nega a promover. O PP rexeitou, ademais, abrir a comisión de investigación no Congreso, onde o seu voceiro, Rafael Hernando, cualificou a petición como "miserable" e "absurda". O PP afirma que o Parlamento galego non ten competencias para investigar o accidente, pero o Regulamento establece que é posible abrir unha investigación "sobre calquera asunto de interese público" O argumentario dos populares galegos a este respecto é, en síntese, o mesmo que en anteriores ocasións. Aseguran que o lexislativo galego non pode investigar o accidente do Alvia en Santiago porque carece de competencias para facelo. No entanto, esta afirmación non se corresponde coas normas que rexen o propio Parlamento, toda vez que o Regulamento estipula que será posible "acordar a creación dunha comisión de investigación sobre calquera asunto de interese público". Este foi o precepto no que, por exemplo, se apoiou a investigación sobre o Prestige, que o PP accedeu a abrir e acabou pechando unilateralmente. O Regulamento é, precisamente, o outro piar da argumentación conservadora. A redacción aprobada en 2015 permite que, coa actual composición da Cámara, a oposición poida activar unha comisión de investigación de xeito "automático". Unha soa en toda a lexislatura e, neste caso, co necesario acordo previo de En Marea, PSdeG e BNG. Neste sentido, o voceiro socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostaba o pasado decembro nunha entrevista con Praza.gal por "utilizar esa ferramente en temas que teñan o seu centro nas competencias da comunidade autónoma", pero tamén "no que os tres grupos propoñentes compartamos a visión" e tendo en conta ademais que "non debemos facernos trampas", xa que "o Regulamento permite activar a comisión", pero "a maioría do PP permítelle definir o programa de traballo, os ritmos, os comparecentes e as conclusións". Carta das vítimas a Feijóo
NOS_36577
Bieito Lobeira solicita a dimisión do director xeral dos medios públicos por "non reunir as condicións democráticas necesarias" tras unha comisión que derivou en fortes leas.
A comparecencia parlamentaria do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, converteuse nunha dura lea dialéctica que incluso provocou unha interrupción debido á discusión entre o responsábel dos medios públicos e o deputado nacionalista Bieito Lobeira, que insistiu en que Izquierdo, do que pediu a dimisión, non cumpría coa súa obriga de responder as preguntas dos deputados. Unha das cuestións máis polémicas foi aquela referida ao tratamento que recibe o BNG por parte da Televisión e a Radio galega. Segundo Lobeira, os medios de titularidade autonómica están entregados ao "combate contra o nacionalismo mediante a manipulación informativa". "Resulta patético tal nivel de subordinación e obediencia dos medios públicos á estratexia do PP", engadiu. Na súa resposta, Sánchez Izquierdo ofreceu datos sobre a atención que recibe o Bloque nos informativos da TVG, da radio dixo que era imposíbel de calcular, e chegou a indicar que teñen máis minutos as dúas forzas da oposición parlamentaria -BNG e PSOE galego- que o PP, malia ser este último maioritario. Para os nacionalistas serían sete horas e 44 minutos dende outubro a febreiro, para os socialdemócratas 6 horas e 39 minutos e para o PP algo máis de 13 horas. Porén, o cálculo é enganoso, posto que non inclúe o amplo espazo de tempo que lle adican á Xunta, ao goberno central (ambos do PP) ou aos dirixentes estatais do PSOE. Facendo esa suma, o BNG estaría moi por debaixo das outras forzas e da súa representatividade no país. Na comisión tamén se falou da ocupación de San Marcos por parte dos afectados pola estafa das preferentes, á que a CRTVG respondeu abrindo un expediente informativo contra os traballadores dos medios públicos que intentaron mediar na situación sen evitar a protesta. Izquierdo non se comprometeu a arquivar ese expediente e evitou responder directamente as preguntas de Lobeira, cuxas queixas foron respondidas dende a Mesa coa interrupción da sesión por uns minutos. O BNG tamén se queixou pola manipulación da TVG sobre a marcha convocada polo Comité baixo o lema de "Nin represión, nin manipulación", que tamén estivo presente durante a comisión ás portas do Hórreo. Así, Lobeira pediu a dimisión de Izquierdo "por non reunir as condicións democráticas necesarias para o cargo". O propio Comité Interempresas da CRTVG lamentou que "o director xeral non anunciase a fin da política represiva nin explicase porqué abandonou San Marcos durante a protesta das preferentes e siga sen recibir aos representantes do persoal".
NOS_48562
Irmá Paxaro, de Tamara Andrés, destaca con catro nomeamentos
Xa son públicos os finalistas aos premios Gala do Libro Galego, que recoñecen o traballo do eido editorial en 2019. A Asociación Galega de Editoras, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías da Galiza darán a coñecer as gañadoras da quinta edición o sábado 9 de maio no Teatro Principal de Santiago. A escolma de finalistas ofrece, por categorías, un percorrido pola edición do pasado ano. A decisión do xurado en materia de poesía correrá entre Feliz Idade (Olga Novo), Irmá paxaro (Tamara Andrés) e Un libre favor (Chus Pato). A da narrativa farao entre Carrusel (Berta Dávila), Infamia (Ledicia Costas), Os días felices de Benvido Seixas (Eduard del Castillo) e Seique (Susana Arins). O teatro nomea Atranco no banco (Manuel Núñez Singala), Citizen (Chévere) e Somos os monstros (Paula Carballeira). En ensaio considéranse Castelao. Construtor da nación (Miguel Anxo Seixas), Dentro da Literatura (Suso de Toro) e Educar a través da arte (Vicente Branco e Salvador Cidrás). A mellor divulgación disputarana A que cheiran as cores? (Juan Castro), Ferreñas e Rock&Roll (Laura Romero e Iria Pedreira)e Guadi Galego, pola beira da canción (Pepe Cunha). O libro infantil dubida entre A tartaruga Amodovou (Paula Carballeira), Bicos e non balas (Antonio García), Conexión Macarrón (Ledicia Costas) e Versos e viceversos (Antonio García Teijeiro e J.C. Martín Ramos); mentres o xuvenil inclúe Be Water (Antía Yañez), Irmá paxaro (Tamara Andrés), O asasinato da profesora de xeografía (Pere Tobaruela) e Os corpos invisibles (Emma Pedreira). O libro ilustrado tamén contempla Irmá paxaro (con debuxos de María Montes), Os camiños do vento (Xosé Cobas) e Teño dereitos (Miguel Robledo). En banda deseñada compiten A chaira (Antonio Seixas), Aprende banda deseñada con Fiz (Kiko da Silva) e O bichero IX. Run is life (Luis Davila). Na tradución están nomeados Samuel Solleiro (Frankenstein), Celia Recarei e Carlos Valdés (O conto da criada), María Alonso (O tatuador de Auschwitz) e David A. Álvarez (Pippi Mediaslongas nos mares do sur). O premio ao libro mellor editado será para Atlas da Galicia pequeniña (César Cequeliños e Jorge Campos), Fosforescencias (Lupe Gómez) ou Irmá paxaro. Entre os premios á traxectoria, a mellor Iniciativa Cultural será para 21 días co galego, o Club de Lectura Atochas-Montealto, a Libraría Chan da Pólvora ou o Poemagosto. O de proxecto literario na rede estará entre Biosbardia, Kalandraka TV e Lecturafilia. Por último, no apartado de xornalismo cultural compiten Anxo Quintela, César Lorenzo, Daniel Salgado e María Yáñez.
PRAZA_19623
Leiceaga acúsao de contribuír á "farsa" do Goberno e pide que se oferten máis prazas que a taxa de reposición e que se rematen procesos aínda abertos de anos anteriores Villares acusa a Feijóo de endebedar Galicia por unha "operación de imaxe" persoal
Villares acusa a Feijóo de endebedar Galicia por unha "operación de imaxe" persoal O PSdeG acúsao de contribuír á "farsa" do Goberno e pide que se oferten máis prazas que a taxa de reposición e que se rematen procesos aínda abertos de anos anteriores "En abril a Xunta convocará as oposicións de Educación", anunciou este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento. A data será a mesma en que se veñen convocando cada ano esas mesmas oposicións, cuxos exames se celebran en xuño e as tomas de posesión en setembro, e evidencia que non era necesario ter aprobados os Presupostos do Estado para facelo, en contra do que viña mantendo ata o de agora o PP. Feijóo ampárase en que é posible grazas a un Decreto emitido polo Goberno que permitirá repetir as cifras da convocatoria do ano pasado, 1.043 prazas, pero o PSdeG criticoulle que coa súa negativa a convocalas ata agora contribuíu á "farsa" impulsada polo Ministerio de Facenda. "Se era necesario o decreto, por que non se fixo antes?", preguntoulle Leiceaga "Se era necesario o decreto, por que non se fixo antes?", preguntoulle o portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, para quen o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, "primeiro actuou de pirómano", ao dicir que non podía haber oposicións sen Presupostos, "e logo de bombeiro", ao habilitar agora a posibilidade de que as haxa cun decreto. "Pero non había lume, só fume", criticou Leiceaga. O socialista tamén lle pediu a Feijóo que non se limite a convocar o número de prazas necesario para renovar as xubilacións e baixas do último ano, a coñecida como taxa de reposición do 100%, senón que convoque máis prazas para recuperar os empregos públicos perdidos nos últimos anos. Igualmente, o socialista censurou que a Xunta ten sen rematar ofertas públicas de emprego na administración xeral de anos anteriores, como denunciou hai unhas semanas o CSIF, ata o punto de que das máis de mil prazas ofertadas en 2012, só 43 remataron todo o proceso, o que para Leiceaga evidencia a precariedade da función pública en Galicia. Feijóo asegura que a precariedade no emprego público en Galicia é das menores de España Feijóo argumentou que o seu interese é que as oposicións se convoquen co "cen por cen de seguridade xurídica" e lembrou que as comunidades autónomas que gobernan os socialistas xa anunciaron que non as van convocar. Tamén asegurou que a precariedade no emprego público en Galicia é das menores de España.
NOS_27420
Ante a desigualdade de xénero nalgunhas especialidades finalistas nos Premios Mestre Mateo, profesionais do sector audiovisual galego expoñen en conversa con 'Nós Diario' a actual situación do sector. A secretaria da Academia Galega do Audiovisual, Saamira Ganay, sinala que, a pesar do moito que fica por facer, as cifras de mulleres profesionais van en aumento e destaca unha particularidade galega: contar historias sobre mulleres do ámbito rural.
A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar os premios "Mulleres no foco". Unha iniciativa en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais (CIMA) que ten como obxectivo "pór en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual co fin de mudar as cifras de infrarrepresentación actuais de mulleres no sector". Este desequilibro de xénero está moi presente na Galiza. Se analizamos as finalistas nos Premios Mestre Mateo deste ano podemos observar que en especialidades como Dirección, Dirección de Fotografía ou Son non hai ningunha candidata feminina en contraposición á de Maquillaxe e Peiteado e Dirección de Produción, onde todas son mulleres. Esta desigual distribución tamén se aplica nos datos a niveis xerais. 'Á protagonista subíronselle os fumes' é algo que nunca escoitei dicir dun actor", di Melania Cruz O Observatorio da Cultura Galega publicou en 2019 o estudo A situación das traballadoras dos sectores audiovisual e das artes escénicas na Galiza, onde reflicte que o 42% de profesionais son mulleres fronte ao 58% de homes. Distribuíndo por categorías, en proxectos cinematográficos, vídeos e programas de televisión, as mulleres representan o 48,7% do sector; en creacións artísticas e espectáculos, son o 37,4%; e en programación e emisión de televisión, tan só o 32,1% das profesionais son mulleres. Estas porcentaxes, malia ser baixas, mostran unha tendencia á alza na integración da muller no audiovisual e artes escénicas galegas. O mesmo estudo expón que entre os anos 1980 e 1999, só o 22,2% do sector era feminino, mais aumentou ao longo da primeira década deste século, onde medrou a porcentaxe até un 38,4% e, desde 2010, 45,6% das profesionais son mulleres. Con estes datos, a secretaria da Academia Galega do Audiovisual, Saamira Ganay, destaca unha particularidade da Galiza: a maior cabida de personaxes femininas grazas ás historias de mulleres do ámbito rural. "A ficción audiovisual do país mostra unha realidade máis diversa que a do resto do Estado español e o cine de menor orzamento ofrece unha representación máis equilibrada e fala máis do que lles pasa ás mulleres. Cando baixa o orzamento existen máis posibilidades de contar historias de mulleres producidas por mulleres", sinala en conversación con Nós Diario. Malia isto, Ganay considera que a tendencia no audiovisual segue sen ofrecer diversidade nas personaxes femininas. "Aínda que si hai unha tendencia ao aumento de personaxes femininos, segue a darse moito o 'síndrome da Pitufina', nun elenco masculino o papel feminino simplemente implica interpretar unha muller, non se lle dá un rol máis importante". Historias de mulleres contadas por mulleres Traballando en contra deste último concepto, produtoras como Cósmica, creada por Nati Juncal e Sonia Méndez, priman as historias como a de Luz Fandiño. O documental titulado A poeta analfabeta fala sobre a historia desta poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. "Malia que acabamos de nacer, o noso obxectivo non só é traballar con mulleres, senón tamén sacar adiante proxectos creados polas profesionais", indica Juncal en declaracións ao xornal. A falta desta diversidade feminina no audiovisual galego non só é salientábel na gran pantalla. "Non existen presentadoras no prime time galego que sexan algo máis que un elemento de beleza. Fan falla máis mulleres carismáticas. Temos comunicadores marabillosos que fixeron moito polo noso audiovisual como Gayoso ou Piñeiro, pero está chegando o momento de que outras marabillosas comunicadoras do país ocupen espazos de prime time e programas máis fixos na grella galega, sen, desde logo, deixar de lado os presentadores masculinos", apunta a secretaria da Academia. "A chave, ademais, estaría en que as comunicadoras sexan de todo tipo de mulleres, diversas", puntualizada Ganay. Personaxes masculinos máis emocionais Para a secretaria, esta desigualdade de xénero e o estereotipo feminino imposto polo "patriarcado no que vivimos é un problema social que non só afecta ás mulleres, senón tamén aos homes". "Temos constancia desde a Academia que moitos compañeiros están fartos desas personaxes masculinos que non amosan as súas emocións e que lles gustaría poder desenvolver ese lado máis emocional que non sempre se atopan nas producións", explica Ganay. Protagonista "con fumes" Para a directora e guionista da serie web finalista dos Mestre Mateo Amnesia 3.0 , Irene Pin, o problema do patriarcado "faise notar nos créditos e na representación das mulleres nos discursos audiovisuais, mais isto vai máis aló do noso sector e está claro que é un problema social moi amplo que aínda queda por traballar". Disto é testemuña a actriz Melania Cruz, quen en conversa telefónica con Nós Diario relata un acontecemento de hai tres anos. "Nun proxecto determinado, no que tiña unha escena de cama, pasei bastante tempo sen parte de arriba porque estaban iluminando. Ao non acabar este traballo, e sendo eu unha persoa friorenta, nun momento determinado comentei en voz alta con certo ton humorístico que me estaba a coller o frío. Unha persoa con bastante responsabilidade do equipo respondeu que 'á protagonista xa lle están a subir os fumes á cabeza', algo que xamais escoitei dicir a un actor nunha rodaxe", relata Cruz. En conxunto, estas profesionais destacan que, para poder chegar a alcanzar unha igualdade de xénero no sector, e na sociedade, é precioso moita máis educación en igualdade, desde os niveis máis elementais, que se cumpran as relacións de ocupación de mulleres nas especialidades do sector, que non o teñan tan complicado para poder acceder a cargos de alta responsabilidade e conseguir máis datos sobre a actual situación no audiovisual galego.
PRAZA_17042
ENTREVISTA | Pedro Soares, deputado do Bloco de Esquerda e presidente da Comisión de Medio Ambiente da Assembleia da República, participou este martes na Coruña nun coloquio sobre incendios e política forestal organizado por Marea Atlántica. Antón Sánchez, Xavier Vázquez Pumariño, María García e Helena Martínez completaron a mesa.
Os incendios do pasado ano provocaron un cento de mortes en Portugal, especialmente no mes xuño en Pedrógão Grande. En outubro, ao igual que en Galicia, a vaga de lumes repetiuse, arrasando milleiros de hectáreas de monte. O desastre causou unha gran conmoción no país luso, que impulsou os traballos dunha comisión técnica independente na Assembleia da República que analizou as razóns do sucedido. O Goberno adoptou igualmente unha serie de medidas destinadas a mudar a forma de combater os incendios e incidindo igualmente no propio ordenamento do monte, con características e problemas moi semellantes aos de Galicia. Pedro Soares, deputado do Bloco de Esquerda e presidente da Comisión de Medio Ambiente do Parlamento portugués participou este martes na Coruña nun coloquio sobre incendios e política forestal organizado pola Marea Atlántica. O deputado Antón Sánchez, o biólogo ambiental Xavier Vázquez Pumariño, a concelleira de Medio Ambiente María García e a investigadora especialista en política forestal Helena Martínez completaron o faladoiro aberto ArdeNós. Falamos con el. "En termos de investimento o país vén dedicando moito máis diñeiro ao combate contra o lume que á prevención, tres veces máis exactamente. O foco debería centrarse na prevención e non no combate contra o lume" Que leccións pode aprender Portugal (e tamén Galicia) dos incendios do pasado ano? A consecuencia dos incendios do pasado ano, principalmente en xuño e outubro, formouse a comisión técnica independente, cuxos informes foron moi importantes e moi apreciados pola Assembleia da República, dando orixe a varias iniciativas lexislativas. Hai varias cuestións importantes: a primeira relativa á defensa do monte ante os incendios. Unha das conclusións é que en termos de investimento o país vén dedicando moito máis diñeiro ao combate contra o lume que á prevención, tres veces máis exactamente. O foco debería centrarse na prevención e non no combate contra o lume. Hai tamén un problema relativo á propia calidade do sistema de loita contra o lume: concluíuse que é moi pouco profesional e competente, formado sobre todo por voluntario e incorporando en moi escasa medida a experiencia e coñecemento dos anos anteriores. O combate contra o lume debe apoiarse na previsión e esta previsión ten unhas compoñentes que son claramente científicas: meteoroloxía, coñecemento sobre propagación do lume... E noso sistema incorpora pouco coñecemento. "No relativo ao ordenamento do monte en Portugal a situación está próxima ao caos: temos tres millóns de parcelas forestais diseminadas entre milleiros de pequenos propietarios, cunha dimensión inferior a unha hectárea" O informe da comisión concluíu que existe un problema estrutural, da forma en que está ordenado o monte e o territorio, que facilita que haxa grandes incendios. Como é esta estrutura e como se pode corrixir? Si, no relativo ao ordenamento do monte en Portugal a situación está próxima ao caos: temos tres millóns de parcelas forestais diseminadas entre milleiros de pequenos propietarios, cunha dimensión inferior a unha hectárea. Este monte, así, é imposible de xestionar, porque o ordenamento forestal necesita de escala. Ordenar significa crear áreas de contención dos incendios, introducir entre as masas enormes de eucalipto e piñeiro zonas de especies autóctonas (carballos, sobreiras, castiñeiros...), que teñen un papel moi importante na resistencia e na resiliencia ao lume. "Ordenar significa crear áreas de contención dos incendios, introducir entre as masas enormes de eucalipto e piñeiro zonas de especies autóctonas, que teñen un papel moi importante na resistencia e na resiliencia ao lume" Necesitamos contar con mecanismos de agregación de montes, para gañar escala e poder xestionar o monte con criterios ambientais. Non se trata de eliminar a propiedade, senón de atopar mecanismos asociativos e cooperativos que permitir unha xestión conxunta. Isto, ademais, permitirá mesmo negociar un mellor prezo para a venda de madeira. O principal comprador de madeira, que é a industria da celulosa, prefire negociar con propietarios de parcelas dunha hectárea. Se teñen que negociar cos propietarios de parcelas de seis mil hectáreas, os resultados son moi diferentes. O prezo da madeira en Portugal é moi inferior ao que se paga mesmo en España e isto débese sobre todo á capacidade de negociación dos propietarios Que papel xoga a industria da celulosa? Cal é a súa responsabilidade? En Portugal existe unha Lei de Bases da Floresta dende hai máis de vinte anos. É unha lei moi competente, ben feita, que foi ademais aprobada por unanimidade na Assembleia da República. Pasados máis de 20 anos, non foi acadado ningún dos obxectivos desa Lei de Bases, non foi aplicada. A razón é que a industria da celulosa se converteu no principal actor do monte e a esta industria non lle interesa que haxa unha xestión ordenada do monte. A ela interésalle ordenar os seus propios montes, pero no resto non permitiron -grazas á súa capacidade de influencia política- a aplicación da lei. "Hai masas continuas de eucalipto de varios milleiros de hectáreas, sen ordenamento. esta estrutura era o que lle interesaba á industria, para producir máis" Isto foi moi negativo e creou un problema moi grave: na actualidade a especie máis común en Portugal é o eucalipto, cando hai uns anos non o era, superando mesmo ao piñeiro. Hai masas continuas de eucalipto de varios milleiros de hectáreas, sen ordenamento, e ás veces mesturadas con piñeiro bravo, o que crea un cóctel explosivo. Pero esta estrutura era o que lle interesaba á industria, para producir máis. Isto tamén fixo que se crease a idea no mundo rural de que a única forma de obter rendemento económico era a plantación de eucalipto, o que provocou ao cabo un problema non só ambiental, senón tamén de seguridade para a poboación "Houbo unha subestimación por parte do Goberno relativa ao potencial de desastre que existía no monte portugués. As medidas adoptadas foran moi débiles. Pero os incendios do pasado ano provocaron unha gran conmoción nacional e abriron un debate" A comisión alertaba tamén do efecto do cambio climático que, unido esa estrutura do monte, facía que os incendios fosen moito máis grandes e máis difíciles de apagar... Si. Cando nestas condicións comeza un incendio, non hai forma de apagalo. Tanto ten que teñamos os mellores medios de combate: nun incendio de 30 mil hectáreas coma o de Pedrógão Grande o potencial calorífico é tan grande que cando os medios aéreos botan auga, esta evapórase antes de chegar ao incendio. O problema non é o lume. Hai que ter en conta o clima que temos en Portugal, con influencia mediterránea e estacións secas. Os incendios gañaron dimensión nos últimos anos: son máis grandes, máis fortes e máis graves, máis difíciles de combater. "Dende o Bloco de Esquerda esiximos a aprobación dun paquete de medidas. Dábanse as condicións políticas para facelo, porque por desgraza morreron máis de 100 persoas" Como valora a actuación realizada neste tema polo goberno de António Costa, tanto nos seu primeiro ano de xestión -antes dos incendios do 2017- coma despois, a reacción que tivo ante o desastre? Houbo unha subestimación por parte do Goberno relativa ao potencial de desastre que existía no monte portugués. As medidas adoptadas foran moi débiles. Pero os incendios do pasado ano provocaron unha gran conmoción nacional e abriron un debate. E isto levou a que o Goberno tomase medidas. Dende o Bloco de Esquerda esiximos a aprobación urxente, xa no verán, dun paquete de medidas, que en esencia consistía en comezar a aplicar esa Lei de Bases da Floresta, que tiña máis de 20 anos. Agora dábanse as condicións políticas para facelo, porque por desgraza morreron máis de 100 persoas. Entre as medidas destacaba a contención na expansión do eucalipto, suspendidas as novas plantacións ata o ano 2020. Conseguimos tamén que se retomasen os plans rexionais de ordenamento do monte, que estaban suspendidos dende o ano 2011, e que os seus criterios sexan obrigatoriamente transpostos aos plans directores municipais. De igual xeito, foron creadas entidades que permiten a agregación de parcelas forestais. "O 'longo prazo' era un dos argumentos que se utilizaba para precisamente non facer nada: 'Iso da xestión do monte é moi complicado, imos centrarnos mellor en combater os incendios'" Estas medidas terán efectos inmediatos ou haberá que agardar anos para velos? Moitas destas medidas son necesariamente a longo prazo, deben comezar a aplicarse para ter efectos dentro dun tempo. Sobre todo cando atopamos unha situación tan grande de fragmentación da propiedade forestal. Ese longo prazo era ademais un dos argumentos que se utilizaba para precisamente non facer nada: 'iso da xestión do monte é moi complicado, imos centrarnos mellor en combater os incendios'. Iso sucedeu durante décadas en Portugal. "Estamos nun período de mudanza no que é máis importante que nunca que haxa políticas públicas que impulsen cambios de estratexia no rural" Que política se debe levar a cabo nas zonas rurais para previr os incendios? A nosa zona rural é moi distinta a como era hai unhas décadas e seguirá cambiando. Estamos nun período de mudanza no que é máis importante que nunca que haxa políticas públicas que impulsen cambios de estratexia no rural. Pero en vez desta preocupación pública, o que houbo foi abandono e un despoboamento moi importante dos territorios do interior e un grande envellecemento. Todo isto fai máis difícil enfrontarse aos retos de futuro. É de interese público que os territorios do interior estean poboados, de xeito que haxa persoas que coiden do monte e da paisaxe? Dende o noso punto de vista si é unha cuestión de interese público e polo tanto debe haber mecanismos que favoreza este mantemento da poboación no rural. Por iso, todas as políticas europeas relacionadas co territorio, especialmente a Política Agraria Común, deberían ter en conta as particularidades destes territorios, da parte sur da Fachada Atlántica, con características diferentes ás doutras zonas do continente. E incluír criterios que asegurasen o mantemento da poboación, compensando a esas persoas por esa función de coidado do territorio e da paisaxe. "As políticas europeas deberían incluír criterios que asegurasen o mantemento da poboación no rural, compensando a esas persoas por esa función de coidado do territorio e da paisaxe" Tendo en conta que Galicia e Portugal -ademais da proximidade xeográfica- sofren o problema dos incendios cunhas orixes e circunstancias semellantes, sería positiva unha mellor coordinación e intercambio de experiencias e coñecemento para enfrontar esta situación? Hai semellanzas moi grandes entre Galicia e o norte e centro de Portugal, dende o minifundio ata a gran presenza do eucalipto e do piñeiro. Hai, ademais, unha gran comunicabilidade entre os dous territorios e, de feito, nin o Miño puido deter os incendios, que saltaron por riba. Debe haber unha coordinación e unha articulación moi superior entre as autoridades galegas e portuguesas, tanto no combate contra os incendios coma na propia investigación e no coñecemento do comportamento do lume, da xestión do monte e na prevención.
NOS_52084
A sanidade é o campo no que a oposición está disposta a erosionar o Goberno Feixóo nos primeiros compases do curso político. Após pactar con En Marea e BNG a constitución dunha comisión de investigación sobre a xestión sanitaria do PP, Gonzalo Caballero cargou este sábado contra a Xunta do PP, á que atribuíu a "desfeita" do servizo público.
España avanza con Pedro Sánchez e Galiza sofre os efeitos das políticas conservadoras de Feixóo. Ese é o núcleo central do argumentario do PSdeG, formación que realizou este sábado a súa Comisión Executiva Nacional en Lugo. Non o fixo por acaso, senón como un acto de precampaña das municipais. En declaracións á imprensa, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo a alcaldesa Lara Méndez como referente das políticas socialdemócratas nos concellos. Foi durante ese mesmo encontro coa imprensa cando Caballero aproveitou para anunciar que "os socialistas poñeremos no centro do debate político" a "desfeita" que, ao seu xuízo, ten realizado Feixóo coa sanidade pública galega. Nese sentido, avanzou que a comisión de investigación cuxa abertura o PSdeG pactou con En Marea e BNG se debruzará sobre "os recortes, a privatización e a deterioración da sanidade pública", fenómenos todos estes que resultan "na redución da carteira de servizos" e a mingua de persoal "e de camas". Paradigma das retalladas sería, exemplificou, que en Lugo aínda non se implantase o servizo de hemodinámica durante as 24 horas do día.
NOS_31419
O local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda acolle esta sexta feira 16 de novembro ás 20:30 h a presentación do volume Galiza 1968. A consciencia avivada, nun acto no que participarán María Xosé Bravo, presidenta de Alexandre Bóveda, e os coautores da publicación Pilar Allegue Aguete, Manuel Romero Labarta e Henrique Harguindey Banet.
Segundo sinalan as representantes da agrupación O Facho e da asociación Alexandre Bóveda, "a publicación convoca a unha viaxe pola Galiza que espertaba na noite franquista, recuperando a memoria da rebeldía dunha xeración. A reorganización na clandestinidade das correntes políticas antifranquistas, a posta en marcha dun vizoso movemento cultural dedicado á defensa e divulgación da cultura galega, a revolta dos labregos do Val de Castrelo contra a política hidroeléctrica de Fenosa, as protestas dos universitarios composteláns ou a aparición de Voces Ceibes son algúns dos temas dos que se ocupa o volume". A publicación editada por Sermos Galiza na colección "De Nos" recolle unha serie de traballos dalgúns dos protagonistas directos daqueles feitos, entre os que se atopan Pilar Allegue, Manuel Romero e Henrique Harguindey. Romero e Harguindey, na altura dous mozos que xa tiñan participado na fundación da agrupación cultural O Facho e que militaban na Unión do Pobo Galego, repasan o proceso de conformación do asociacionismo cultural galega e o papel destas entidades no espertar da conciencia galega, así como na creación dun novo estado de opinión sobre a nosa lingua e cultura. O traballo de Manuel Romero e Henrique Harguindey explica o proceso de reorganización na clandestinidade das forzas políticas nacionalistas n´A Coruña. A fundación da UPG na cidade á volta de 1967 de mans de mozos como Juancho Vázquez, Xosé Vázquez "Pepe Ulloa" ou os propios Manuel Romero e Henrique Harguindey, a participación na organización do Día da Patria Galega de 1968, coa presenza dalgúns dos citados e tamén Antón García e Paco Graña, e as primeiras detencións de militantes nacionalistas na localidade, como Juancho Vázquez e Manuel Romero, coincidindo co estado de excepción de 1969, son algúns dos aspectos recollidos na crónica.
NOS_19190
O encontro de estilos e de persoas. O apoio mutuo. A opresión. O simulacro. A liberación. A volta ao esencial. Son algúns dos temas que percorreu a V edición do festival de danza na rúa HerDanza, organizado polos colectivos Cisma e Can Cun Quinqué.
A voz de Mercedes Peón anuncia sempre un acontecemento. Algo potente, difícil de esquecer. E así foi tamén en HerDanza. Para chegar ao lugar axeitado, só había que deixarse levar pola música no compostelán parque de Bonaval. Alí voaba coa súa saia Daniel Rodríguez no seu Conxuro, a primeira das pezas da quinta edición deste festival de danza na rúa promovido por Isabel Sánchez, Xiana Vilas e Leodan Rodríguez. Conxuro é o rito. San Xoán. A conexión do terreal co espiritual. Pura enerxía. Forza. Lume. A peza trata de esconxurar a dor da perda dun amigo de Daniel Rodríguez que foi tamén o seu mestre de danza tradicional. E está formulada como un encontro, un diálogo entre o folclore e a danza contemporánea. Moitas das outras pezas que puideron verse no HerDanza sitúanse nese mesmo lugar: a fusión, a mestura. Territorios híbridos. Libres. Dinámicos. HerDanza incluíu tamén unha residencia de creación no CGAC de Mikel Aristegui, que creou Ouveo Varias das pezas exploraron, tamén, o encontro. Mais non só de estilos. Senón de inquedanzas. De emocións. Así foi en Descansa en min, de Abdiel Vargas e Yaimelys Robaina. Na vida confiamos noutras persoas. "Precisamos un apoio, que pode ser tamén un obxecto", explica Vargas. Nesta obra, un corpo póusase sobre o outro e acouga. Vargas e Robaina son dous bailaríns de orixe cubana. HerDanza volveu xuntar, este ano, profesionais da danza galegos -parte deles emigrados- con outros que viñeron de fóra e escolleron Galiza para vivir. Marta e Remedios Cuba partiron, para a súa peza, do concepto de círculo. Ciclo. Alento vital en continuo movemento. Infinito. "É o ciclo permanente da vida, entre a luz e a escuridade", sinala Marta Cuba. A parte positiva e a negativa. Dous corpos que se intúen, explorándose, nun movemento lento. Até descubrírense a aceptarse, integrando o lado oposto e podendo, despois, camiñar de xeito sincronizado e máis activo, en paralelo. O encontro Un intercambio de roupa simboliza ese encontro. Dous corpos que conseguen entrelazarse. O mesmo ca noutra das pezas do HerDanza deste ano: Dous nunha, de Cía Mai: Lara Munín e Raquel Romero. Dous corpos que, na primeira parte da peza, son un para despois voltar á súa individualidade sen esquecer o entendemento. Do movemento pausado ás dinámicas enérxicas. Nunha coreografía executada con delicadeza e precisión. "Partimos da imaxe do fénix. Un só ser que se vai reconstruíndo de partes", salienta Lara Munín. Desde unha estética moi diferente, abeirada ao xogo, Milagros Bordones e Carlos Jesús García -bailaríns de orixe venezolana- propuxeron unha volta ao esencial en O Aleph, peza montada a partir dun fragmento da obra de José Luis Borges. Sendo o Aleph o principio, o mapa desde o que ollar o universo e as relacións humanas desde o primordial. "O esencial é o sol, a auga, o ceo…", di Bordones. Imaxes do contrario do artificial. Unha chamada polo esencial, fronte ao simulacro, realizou tamén Xián Martínez en Príncipe do vinteún. XXI séculos para seguir agochando, nas redes sociais, o que somos. "A peza" -de notábel calidade técnica- "partiu dunha anterior sobre ese falso optimismo ao que estamos obrigados. Na peza creada para HerDanza baseeime, no xestual, na linguaxe dos influencers, youtubers, nas poses das fotos das redes sociais. Na primeira parte está esa falsa realidade. Na segunda, o abandono desas imposicións", subliña Martínez, que traballa neste momento no País Vasco. A vida real Clara Ferrao e Leodán Rodríguez convertéronse tamén en autómatas, avatares dun mundo virtual en perpetua competición en Solodados. Dous corpos que loitan solitarios, sen saber un do outro, nun campo de batalla ermo. Sempre adestrando. Primeiro a bicicleta. Despois as artes marciais. E máis tarde a descuberta do outro, o encontro nunha vida real posíbel que permite un movemento acompasado, liberado, fluído. A liberación despois da opresión foi tamén o que suxeriu Bernarda, cara de Leoparda, do colectivo Waacking do Fiandón, peza de danza-teatro feita co apoio textual de anacos de A casa de Bernarda Alba de Lorca. "O waacking é un estilo de baile libre, xurdido nos anos 70 na comunidade LGBT. O que nós propoñemos é a liberación desas personaxes femininas de Lorca que viven oprimidas, na escuridade. Nós sacámolas dese espazo para poñelas a bailar a tope…", explica Julia Laport. HerDanza incluíu tamén unha residencia de creación no CGAC de Mikel Aristegui, que creou Ouveo, un "berro", tal como el mesmo a definiu, polo dereito a existir dos artistas, cun texto lido por Miguel Pernas que fala, tamén, de aproveitar a actual crise para a volta ao esencial, para a reflexión "sobre o que somos e en que nos convertemos". O festival acolleu, por último, a presentación do libro O público está aquí, de Sabela Mendoza e Gena Baamonde e un debate entre Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz.
PRAZA_21024
A media diaria de diagnósticos do coronavirus rolda os mil na última semana tras superar os 1.300 a finais de xaneiro, que rematou chegando ás 400 mortes de persoas que contraeran a doenza. O total de persoas hospitalizadas coa COVID semella transitar polo seu pico, pero a presión hospitalaria segue sendo moi elevada e a ocupación das UCI continúa marcando máximos de toda a pandemia
O Servizo Galego de Saúde suma este 2 de febreiro 1.001 novos casos do coronavirus aos seus rexistros, 791 deles diagnósticos mediante proba PCR. Son apenas corenta máis que nas vinte e catro horas previas, cando este cómputo baixou do milleiro por primeira vez dende o 12 de xaneiro. En termos de días naturais a situación é semellante e este martes coñecemos que o pasado domingo, 31 de xaneiro, foi o primeiro con menos de mil novos casos (970) en dúas semanas.A media diaria de diagnósticos da COVID rolda os mil na última semana tras superar os 1.300 a finais de xaneiroAlén das oscilacións puntuais dun día concreto, a tendencia das últimas xornadas é clara. A terceira vaga da pandemia, a que explotou por mor dos contaxios nas semanas das festas do Nadal, Aninovo e Reis, tende a acougar. A media diaria de diagnósticos na última semana segue en descenso e rolda o milleiro tras chegar a superar os 1.400. A tendencia é descendente pero, como amosa o gráfico baixo estas liñas, o número de novos casos detectados segue sendo moi superior que nos peores días da segunda vaga, a única comparable (na primeira, a capacidade diagnóstica era moito menor).Froito deste acougo e tamén do gran número de altas epidemiolóxicas de persoas que se contaxiaron entre finais de decembro e comezos de xaneiro (son xa cinco días naturais seguidos con máis de mil altas), o número de positivos activos por COVID-19 estabilízase na contorna dos 22.000 e a cifra de pacientes que o Sergas considera como "curados" aproxímase aos 75.000.Incidencia acumulada aínda por riba de 700Só queda unha ducia de concellos nos que non se rexistrasen casos novos nos últimos 14 díasCon estas cifras de casos novos, a incidencia acumulada (novos positivos por cada cen mil habitantes) tamén frea. Este indicador a sete días leva varios días en descenso e a 14 transita polo que semella ser o seu pico. Ambos seguen, non obstante, en cifras moi altas, con case 770 casos novos por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas e algo máis de 360 nos últimos sete días [a serie completa pódese consultar nesta ligazón]. Na segunda vaga, a incidencia acumulada a 14 días non chegou aos 340 casos por cada cen mil habitantes e a sete días, o pico non rebasara os 180.O freo percíbese, pero é lento e non é uniforme territorialmente. Só queda unha ducia de concellos nos que non se rexistrasen casos novos nos últimos 14 días e, na banda contraria, uns 180 seguen rexistrando máis de 500 casos novos por cada cen mil habitantes nese mesmo período. Destacan, ademais, municipios relevantes en canto a poboación, de máis de dez mil habitantes, con incidencias por riba de 1.200: é o caso de Poio (2.231), Betanzos (1.723), Arteixo (1.618), Sarria (1.364), Monforte (1.302), Sada (1.272) ou Ponteareas (1.216).No que atinxe ás sete principais cidades, a estabilidade e mesmo lixeiros descensos tenden a ser a liña predominante nun contexto de incidencias acumuladas aínda moi elevadas. É o que sucede nas dúas urbes aínda por riba dos 900 casos novos por cada cen mil habitantes en dúas semanas, Ourense e A Coruña, que dende os últimos días de xaneiro semellan transitar polo seu pico de incidencia nesta vaga. Nese mesmo pico ou meseta semellan atoparse tamén Ferrol e mais Vigo e Lugo, estas dúas con incidencias máis moderadas. No caso de Santiago, a cidade con peor evolución durante o mes de decembro, a tendencia da súa incidencia acumulada é xa lentamente descendente.Novo récord de persoas ingresadas na UCIO total de persoas hospitalizadas coa COVID semella transitar polo seu pico, pero a presión hospitalaria segue sendo moi elevada e a ocupación das UCI continúa marcando máximos de toda a pandemiaMentres as cifras de novos casos tenden a frear, aínda restan -no menos malo dos escenarios- semanas para que os hospitais retornen a un relativo acougo. O total de persoas hospitalizadas con test positivo da COVID-19 semella tamén transitar polo seu pico e o seu incremento a sete días segue freando. Aínda sendo certo todo isto, non o é é menos que as 1.439 persoas infectadas polo coronavirus que precisan hospitalización supoñen unha elevadísima carga que o é aínda máis nas unidades de coidados intensivos. [Máis de 21 persoas enfermas de COVID ingresaron nas UCI galegas cada día da última semana]Os datos deste martes, 2 de febreiro reflicten 253 ingresos de persoas coa COVID nas UCI galegas. Son 11 máis que un día antes, 75 máis que o mesmo día da semana anterior e un novo máximo no que vai de pandemia. No pico da primeira vaga, o pico de ocupación das UCI por persoas afectadas polo coronavirus fora de 177.Por áreas sanitarias, a máis presionada pola alta ocupación hospitalaria ligada á COVID continúa sendo a da Coruña-Cee, con 416 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus, 93 delas na UCI. No pico da primeira vaga, esta área sanitaria non tivera máis de 172 camas ocupadas por pacientes coa COVID. 400 mortes confirmadas en xaneiroO 28 de xaneiro pasa a ser o día con máis mortes da pandemia en Galicia, ao datarse 34 nesa xornadaA explosión de contaxios das semanas das festas segue traducíndose nunha altísima presión hospitalaria e tamén en moi elevados números nos rexistros de mortalidade de persoas que contraeran a COVID-19. O Sergas engade ao rexistro oficial este 2 de febreiro un total de 40 falecementos. Nove corresponden ao 1 de febreiro os restantes 31 decesos, aos días 29, 30 e 31 de xaneiro. Deste xeito, o primeiro mes do ano pasa a sumar 400 mortes oficialmente ligadas á pandemia e a ter o que pasa a ser o día con máis falecementos da pandemia, os 34 datados no pasado día 28.Febreiro comeza, deste xeito, cunha media de 22 mortes diarias na última semana. A terceira vaga xa sumaría en Galicia -tomando como referencia aproximada o 1 de decembro- uns 560 decesos de persoas infectadas en dous meses. Na primeira vaga, de principios de marzo a mediados de xuño, foran 619. O total ascende, polo momento, a 1.815 mortes.Descenso aos poucos da positividade en días marcados polos cribadosTras dúas semanas estancado entre o 10% e o 11%, este indicador rolda agora o 8,7% e todo apunta a que continuará baixandoMentres a terceira vaga aínda golpea con ingresos hospitalarios e mortes, os indicadores que adoitan observarse para tentar anticipar a evolución da pandemia nas vindeiras semanas tamén falan dunha certa tendencia ao freo. É o caso das taxas de positividade das probas PCR (porcentaxe das que dan positivo entre todas as realizadas).Nun contexto marcado pola realización de cribados masivos en diversos puntos do país, o número de PCR procesadas segue sendo moi elevado (de media, máis de 12.000 ao día na última semana) e a positividade media vai descendendo aos poucos. Tras dúas semanas estancado entre o 10% e o 11%, este indicador rolda agora o 8,7% e todo apunta a que continuará baixando. A Organización Mundial da Saúde considera que a pandemia pode darse por controlada nun territorio cando a taxa de positividade rolda o 5%, limiar do que aínda está lonxe tanto o conxunto de Galicia como a maioría das áreas sanitarias.
PRAZA_17070
O secuestro do libro de Nacho Carretero a instancias de Bea Gondar, ex-alcalde do Grove precipitou a estrea da serie de Bambú Producciones, que devolveu ao debate político do país os contactos de dirixentes galegos con contrabandistas e narcos nos anos 80 e 90 ENTREVISTA | "Púxose máis esforzo en coidar a lingua de 'Fariña' do que se ve en moitos produtos actuais da TVG" HEMEROTECA | Cando o Parlamento galego aprobou que os políticos se afastasen dos narcos
O pasado 9 de maio a canle Antena 3 emitiu o último -e, con toda probabilidade, tamén derradeiro- episodio de Fariña, a serie na que a galega Bambú Producciones trasladou e adaptou ao audiovisual baixo a dirección de Carlos Sedes e Jorge Torregrossa algúns dos feitos relatados polo xornalista Nacho Carretero no libro do mesmo título, que á súa vez recompilaba parte do traballo xornalístico que nos anos 80 e 90 deitou luz sobre as redes do narcotráfico galego. O secuestro do libro de Carretero por orde dun xulgado de Madrid precipitou o pasado abril a estrea da produción televisiva. Ambas circunstancias contribuíron a que, non sen controversia, regresasen ao imaxinario público de Galicia algúns dos sucesos máis incómodos da historia recente do país e, con eles, as protestas de persoas e institucións directa ou colateralmente implicados neles.Mostra desta incomodidade foi o propio secuestro xudicial do libro tras dous anos e medio á venda. A medida ditada polos xulgados da localidade madrileña de Collado Villalba foi solicitada por Alfredo Bea Gondar, ex-alcalde do Grove, que previamente denunciara a Carretero por inxurias e calumnias. A demanda de Bea Gondar baséase nunhas poucas liñas do volume editado por Libros del KO, fundamentalmente no treito en que o autor se refire a que foi "procesado en 2001 por un alixo de dúas toneladas de cocaína", pero non á absolución do ex-político pola anulación do sumario que instruíra Baltasar Garzón e o cambio na declaración dun arrepentido. Bea Gondar si foi, así e todo, condenado por branqueo.O secuestro do libro a instancias de Bea Gondar precipitou a estrea da serie de Bambú ProduccionesOs movementos contra Fariña mentres foi só un libro multiplicáronse en diferentes esferas tras o salto á televisión española en horario de máxima audiencia. Tras a emisión do primeiro capítulo con máis dun 20% de audiencia na media estatal -o duplo en Galicia-, o narco Laureano Oubiña anunciaba a través do seu avogado, Manuel Álvarez de Mon, que emprendía accións xudiciais contra a produtora da serie e mais contra Atresmedia por "intromisión na honra" do seu cliente. A razón, unha fugaz escena de sexo do personaxe de Oubiña, interpretado por Carlos Blanco, no primeiro capítulo da serie. Nas semanas seguintes o mesmo avogado anunciaba novas accións contra Fariñano nome do ex-narco arrepentido Manuel Fernández Padín, quen en declaracións a Faro de Vigo asegurou ser vítima de "imprecisións e mentiras graves" no libro de Carretero. Quen delatara ante as autoridades ao clan dos Charlíns amagara tamén con pedir a suspensión da serie televisiva. O procedemento contra a obra de Libros del KO, igual que a demanda de Oubiña contra Bambú, tivo a súa primeira parada nun acto de conciliación que finalizou sen acordo. No caso da produción televisiva a produtora resalta que é unha montaxe baseada en feitos reais, non unha reprodución exacta deses mesmos feitos.Laureano Oubiña e mais os arrepentidos Padín e Portabales emprenderon accións xudiciais contra o libro e a serieTras Oubiña e Padín outro dos protagonistas daqueles anos e, nomeadamente, da investigación e xuízo da Operación Nécora, saíu nas últimas semanas ao paso de Fariña. Tamén con Álvarez de Mon como representante legal outro arrepentido, Ricardo Portabales, asegura estudar accións legais de seu. Segundo un comunicado divulgado polo avogado, Portabales séntese vítima de "falsidades" por mor dalgunhas escenas da serie, xa que por exemplo, afirma, "non é certo que traballase, coñecese ou denunciase" a Sito Miñanco. O mesmo comunicado asegura que Portabales se ofrece a divulgar os feitos "reais" en calquera televisión estatal que lle sufrague o desprazamento e estancia en Madrid se pode ser asistido polo seu avogado na emisión.A vaga expansiva na política (e na televisión) galegaA serie devolveu ao debate político os contactos de dirixentes galegos con contrabandistas e narcos nos anos 80 e 90Pero o éxito de Fariña, libro e serie, non tivo só repercusións pola banda dos narcos, arrepentidos ou non, ou das persoas que se viron implicadas na súa persecución, abeiro ou denuncia social. A publicación e secuestro do libro e a emisión da serie impactou no panorama político galego ao axitar lembranzas dos anos 80 e 90, pero tamén outras máis actuais. Non en van, a produción de Bambú representa feitos que hai tres décadas xa chegaran a ser debatidos no Parlamento galego, como a xuntanza do ex-presidente Fernández Albor con contrabandistas de tabaco fuxidos ao norte de Portugal. Nos seus diálogos transcenden, ademais, circunstancias que pairan sobre o panorama político do país dende o inicio mesmo da autonomía, como as 'malas compañías' de dirixentes políticos da época ou o suposto financiamento de Alianza Popular do que se gaban procesados como Laureano Oubiña.Feijóo tentou zanxar a controversia advertindo de que "unha cousa é un guión televisivo e outra, a realidade"A representación na serie da música do país ou o reflexo da realidade lingüística de Galicia nunha produción en castelán foron tamén asunto de debate nunhas semanas nas que o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se tivo que volver enfrontar, ao fío de Fariña, ao episodio da súa biografía que máis problemas políticos lle causou, a antiga amizade co narcotraficante Marcial Dorado precipitada á luz pública polas fotografías publicadas por El País en marzo de 2013. Nas redes sociais, en roldas de prensa e tamén no Parlamento a oposición galega instou a non esquecer todo o acontecido e o presidente, así como a contorna do PPdeG, insistiron en enmarcar a serie no eido da ficción, simplemente."Hai formacións políticas que fan as preguntas ao presidente en funcións dos guións televisivos", laiábase o pasado abril Feijóo, pero "unha cousa é un guión televisivo e outra, a realidade". A esquerda galega, acusa o titular do Goberno galego, tentou "trasladar un guión televisivo á realidade dos acontecementos daquela en Galicia, volvendo unha vez máis a falsear a realidade e a mentir".O éxito da serie de Bambú xerou receos na contorna da TVGCoas lembranzas daqueles tempos de volta na vida pública do país remataba a vertente televisiva de Fariña, que segundo os datos difundidos pola propia produtora e diversos medios especializados roldou o 40% de audiencia en Galicia durante todas as súas emisións, datos aos que habería que engadir o tamén exitoso seguimento en diferido. Este amplo seguimento e os eloxios recibidos polo equipo técnico e dramático da serie, con moi ampla presenza galega, xerou receos que van alén dos feitos relatados e chegan ao ámbito da Televisión de Galicia, que nos días da estrea de Fariña lanzou unha campaña instando a que a audiencia non coñecese a historia galega por relatos elaborados dende "fóra".O ruxerruxe sobre o malestar na contorna dos medios públicos galegos e dalgunhas das produtoras ligadas a eles incrementouse inmediatamente despois da fin da emisión da serie en Antena 3. "Cóntanme que TVG tomou represalias contra algúns dos actores de Fariña e eu dígome que non pode ser certo... Porque non pode ser certo que iso suceda a día de hoxe nunha tele pública, verdade?", escribía este sábado na súa conta de Twitter o noiés Ramón Campos, produtor executivo de Bambú e un dos principais impulsores da serie.
NOS_16870
O Consello Superior de Deportes (CSD) deulle a razón ao Club Ourense Baloncesto no recurso presentado contra a decisión da Asociación de Clubes de Baloncesto, entidade organizadora da Liga Endesa, de non inscribilo na competición 2015/2016 malia acadar o ascenso de categoría o 2 de xuño nunha histórica final galega no Pazo Paco Paz.
O Consello Superior de Deportes (CSD) deulle a razón ao Club Ourense Baloncesto no recurso presentado contra a decisión da Asociación de Clubes de Baloncesto, entidade organizadora da Liga Endesa, de non inscribilo na competición 2015/2016 malia acadar o ascenso de categoría o 2 de xuño nunha histórica final galega no Pazo Paco Paz. O organismo gubernamental, ao que acudiu o COB logo de que o Tribunal Administrativo do Deporte se declarase incompetente para xulgar o caso, entende que o clube cumpría "o criterio establecido no artigo 8.2 dos estatatos da ACB en todos os seus puntos", incluída a auditoría financeira coa que a Liga xustificara a súa negativa de non inscribir o equipo ourensán na máxima categoría do baloncesto estatal. "A ACB comunicou o 3 de xullo a súa decisión de rexeitar a participación do Club Ourense Baloncesto na competición" Como se lembrará, a ACB comunicou o 3 de xullo a súa decisión de rexeitar a participación do Club Ourense Baloncesto na competición 2015/2016 logo de que a auditoría realizada polos seus técnicos confirmase que a entidade galega estaba en "situación de disolución", un estado contábel ficticio na práctica que, ademais, non tiña en conta, como vén de sinalar o Centro Superior de Deportes, o "activo engadido" que suporía para o patrimonio do clube a prórroga da cesión do pavillón Paco Paz durante 50 anos. Esta medida, que fora comprometida polo presidente en funcións da Deputación de Ourense naquela altura, estaba valorada en perto de 1,3 millóns de euros, co que se revertería, de longo, a situación contábel negativa que os auditores da ACB contemplaban no seu informe. Porén, o acordo entre o clube e a institución provincial non puido asinarse ao coincidir co periodo electoral, co agravante que supuxo a impugnación no Concello de Lobios, que adiou unhas semanas o proceso de constitución das corporacións, incluída a provincial. "A resolución do CSD é "definitiva", mais pode ser recurrida, nun prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-administrativo da Audiencia Nacional" A resolución do CSD é "definitiva", mais pode ser recurrida, nun prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-administrativo da Audiencia Nacional, unha posibilidade que non é completamente desbotábel, como deixou ver a ACB no comunicado que no serán de onte publico una súa páxina web. A "patronal" do básket estatal manifestou a súa "absoluta disconformidade" coa decisión do CSD ao considerala, en primeiro termo, "contraditoria coa normativa establecida nos estatutos e regulamentos da ACB aprobados polo propio Consello Superior de Deportes", e por "xerar unha grave inseguridade xurídica tanto na aplicación das normas de control económico dos clubes como nos procesos de ascensos e descensos". A ACB anunciou tamén que solicitará urxentemente "informes xurídicos" a despachos de avogados expertos en dereito deportivo para "interpretar e aplicar a resolución do CSD". Hai que lembrar, de feito, que a ACB xa admitira a participación do Baloncesto Fuenlabrada, descendido nas canchas, e que a resolución do CSD podería levar a que na Liga Endesa 2015/2016 competisen 19 equipos, dous deles galegos por vez primeira en quince anos.
PRAZA_5239
Vén de nacer Eticom-Som Connexió, unha cooperativa que, seguindo os criterios da a economía do ben común, comezará a ofrecer servizos de telefonía (fixa e móbil) e internet, seguindo o exemplo da comercializadora eléctrica Som Energía
A sociedade organízase, tamén como consumidores. E non só para denunciar acordos ou prezos inxustos, funcionamentos ineficienetes ou situacións de oligopolio, senón creando as súas propias estruturas e redes para dar e darse, de xeito cooperativo, os servizos que anteriormente só emprestaban o sector público e o privado (e nos últimos tempos cada vez menos o primeiro e cada vez máis o segundo). Asi naceu, hai uns meses Som Energia, a cooperativa de produción e comercialización eléctrica que con máis de 13 mil socios en toda España xa constitúe unha alternativa ás grandes compañías eléctricas. E así nace, promovida ademais por algúns dos impulsores de Som Energia, Som Connexió, unha cooperativa que vai comezar a ofrecer servizos de telefonía (fixa e móbil) e Internet. O proxecto uniuse dende o comezo a outro, con obxectivos e filosofía semellantes, Eticom, nacido no laboratorio-incubadora de proxectos Gats en Rubí (Barcelona). E xuntos comezaron a camiñar nun terreo cheo de obstáculos, dominado por xigantes da comunicación como Vodafone ou Movistar e que ademais se atopa nun proceso de concentración empresarial. Outra das eivas tiña que ver coa utilización da rede (sexa móbil ou de fibra óptica), na que Eticom-Som Connexió deberá depender polo momento de Orange (despois de que as restantes compañías nin sequera respondesen á súa oferta de aluguer). Eticom-Som Connexió xorde, en palabras dos seus promotores, "orientada aos valores da economía do ben común, como proxecto colectivo e de participación democrática que se organiza dende o territorio". O proxecto, nacido en Catalunya, pero con socios fundadores en Galicia, Euskadi ou Madrid, ofrecerá prezos máis baratos aos usuarios polo feito, explican, de non cobrar servizos ou elementos accesorios que os consumidores non necesitan nin utilizan. Ademais, por tratarse dunha cooperativa, ofrece un proceso de toma de decisións horizonal e aberto, así como unha meirande transparencia. Falamos con Mercè Botella, de Eticom. E, por suposto, cantos máis persoas participen, mellores servizos e prezos poderán ofrecer. Como nace o proxecto? Cales foron os primeiros pasos? Nace de dúas orixes un pouco distintas. Un equipo (moi reducido) que busca persoas interesadas en atopar solucións para avanzar cara á soberanía no ámbito das telecomunicacións e construír unha solución para cubrir as nosas necesidades de conexión desde a economía do ben común (www.somconnexio.org). E outro equipo, máis extenso, que pretende ofrecer un servizo alternativo á actual oferta das teleoperadoras centrado nas persoas e que poida ofrecer, desde o primeiro momento, todos os servizos que se poidan necesitar (www.proyectoeticom.com). "Tamén temos vocación de despregar infraestrutura propia que se regule segundo a Rede do Procomún (redes de uso e xestión colectiva)" A través de que redes ides operar? Os servizos que utilizan tecnoloxía móbil vanse apoiar na rede de Orange. É o primeiro contrato que conseguimos negociar. Máis adiante xa teremos máis forza para negociar con outros e con outras condicións. O resto de servizos vanse prover utilizando a infraestrutura máis adecuada en cada caso: algunhas de propiedade das grandes operadoras (por exemplo, o cobre basicamente é de Telefónica), outras infraestruturas de operadores máis pequenos que ofrecen servizo máis territorializado e tamén temos vocación de despregar infraestrutura propia que se regule segundo a Rede do Procomún (redes de uso e xestión colectiva). Cales serán os beneficios inmediatos dos socios? O trato de proximidade e personalizado: a maioría de servizos non se comercializarán como "produtos" sino que en función do uso e necesidades da tecnoloxía vaise facer unha proposta personalizada en cada caso para buscar a mellor relación calidade-prezo adecuados ás necesidades específicas de cada un. A transparencia da información, pois os prezos establécense en base a custes. Se á cooperativa un servizo lle custa x, o prezo que se vai establecer será x máis o 25% de marxe para absorber os custes internos e deixar unha marxe de seguridade que se vai reinvestir para despregar infraestruturas e/ou proxectos sociais. "Se á cooperativa un servizo lle custa x, o prezo que se vai establecer será x máis o 25% de marxe para absorber os custes internos e deixar unha marxe de seguridade que se vai reinvestir" Tamén a información e o coñecemento do funcionamento do sector das telecomunicacións para empoderar as persoas na toma de decisións no ámbito das telecomunicacións. De igual xeito, participar colectivamente dun proxecto que pretende, desde un sector, sumarse a un movemento maior que é o de transformar cada dia o mundo coas nosas opcións de consumo. Asi mesmo, construír cada día cos nosos gastos cotiáns o sistema económico que desexamos, máis xusto, máis democrático, máis sustentable, máis solidario e que se constrúe dende o recoñecemento da dignidade de todas as persoas. Por último, deixar de ser cliente dunha teleoperadora, para pasar a ser co-propietario/a, cos dereitos, obrigas e responsabilidades que isto conleva. Que número de socios esperades convencer a curto prazo? Hai un número mínimo para un correcto funcionamento da cooperativa? Pois non o dimensionamos aínda. Pero cremos que nun par de anos é fácil convencer 4.000 ou 5.000 persoas. Non hai un mínimo para poder ofrecer o servizo, pero o potencial de chegar a ser moitos é enorme neste sector porque nos permitirá un avance máis rápido cara ao despregamento de infraestruturas colectivas e o desenvolvemento de proxectos sociais de base tecnolóxica de elevado impacto. "Cremos que nun par de anos é fácil convencer 4.000 ou 5.000 persoas" Falades de "contribuír á redución de residuos tecnolóxicos". De que forma o faredes? Cos tres R: Reducindo, Reutilizando e, cando xa non se poida, Reciclando. Por exemplo, evitar a distribución de aparellos se non é imprescindible (módems, wifis, terminais de teléfono, etc.). Buscar provedores de tecnoloxía que cumpran o máximo de criterios de sustentabilidade. Non estimular a renovación periódica dos terminais, máis ben crear consciencia dos impactos que isto leva. Aproveitar terminais de móbil que para uns xa non cobren as súas necesidades e para outros as cobren totalmente. Este vector de transformación é moi importante pero aínda só está definido. Que parte da nosa actual factura de telefonía é prescindible e non paga o custo real? "Nas grandes operadoras non sabemos nunca o que pagamos nin temos criterio para valorar se é caro ou barato máis que comparando os prezos dun servizo en distintos países, pero non temos referencia dos custes" A instalación de fibra óptica, por exemplo, é unha instalación que non é moi custosa. Se se cablea un barrio e se conectan uns 30 veciños, cada veciño pagaría aproximadamente entre 800 ou 1.000 euros de investimento e tería un servizo de conexión a internet de 1G simétrico a un prezo duns 25 euros. Se se amortiza o investimento nuns catro anos, significa que durante catro anos tes un servizo de 1G simétrico (de subida e baixada) a un prezo duns 50 euros máis IVE e, a partir do ano 5 só pagas 25 euros + IVE polo servizo. As grandes operadoras tiveron que investir cartos para "acoutar con software" o potencial natural que ofrece a fibra óptica (1G simétrico). Deste xeito, canto máis ancho de banda soltan, máis che cobran. Ademais, nestes momentos non hai ningunha operadora que ofreza o servizo de comunicación simétrica, sempre ofrecen máis ancho de descarga que de subida. A asimetría das comunicacións reproducen a asimetría das relacións de poder. Ademais, para ter ADSL na casa só nolo provén cunha liña fixa xeográfica, que non é imprescindible. Por outra banda, o servizo de roaming non ten máis custo que calquera outra chamada. Para evitar pagar estes custos, pódense atopar solucións que aforren os sobrecustes dos desprazamentos a outros países. Así mesmo, cando as operadoras din que che regalan terminais, o wifi, ou o que sexa, en realidade cóbrano co prezo do servizo e na maioría dos casos (especialmente cos contratos de fidelidade) o custo do financiamento é moi elevado (acabas pagándoo moito máis caro). O problema é que, co engano, todos quedan contentos, uns coa idea que conseguiron gratis o terminal de móbil que desexaban e, os outros, obtendo unhas marxes moi por riba do que nos parecería razoable se tivésemos a información. "O panorama do sector cambiará moito nun período curto de tempo, reducíndose a unhas poucas operadoras que acapararán a maior parte do mercado" Ao final, nas grandes operadoras non sabemos nunca o que pagamos nin temos criterio para valorar se é caro ou barato máis que comparando os prezos dun servizo en distintos países, pero non temos referencia dos custes. Poden mesmo pór prezos por debaixo de custo (como están a facer nestes momentos moitos deles) para conseguir máis clientes para logo especular en operacións de venda. O sector está moi inestable nestes momentos. Crese que o panorama do sector cambiará moito nun período curto de tempo, reducíndose a unhas poucas operadoras que acapararán a maior parte do mercado, concentrarase o oligopolio das telecomunicacións.
NOS_1086
O Museo da Catedral de Santiago de Compostela acubilla no seu interior o Panteón Real, que ofrece unha versión deturpada da historia ao negar a existencia do Reino da Galiza e ser suplantado pola denominación de León. "A ocultación do seu recoñecemento histórico foi política e contou co apoio instrumental da Igrexa", explica o investigador Anselmo López Carreira, quen considera que agora "é unha cuestión política e social traballar para restituír a transcendencia histórica deste Panteón Real".
Este museo é un dos centros galegos máis visitados, pois os datos sinalan que 187.000 persoas tiveron acceso en 2016 (20.000 foron escolares) e recibiron información de que no Panteón Real están os sarcófagos dos monarcas de León, como os define a historiografía española, aínda que verdadeiramente se coroaron como "Reis da Gallaecia" segundo figura en documentación e mapas da época. As portas do Panteón Real abríronse ao público en 2003, logo de sete décadas de escuridade, grazas a unha campaña social emprendida pola Agrupación Cultural "O Galo" que retomou en 2007 coa distribución de publicacións para fomentar o seu coñecemento, ademais de reclamar que se incluíse no roteiro de visitas e se velase polo seu estado de conservación. Buscábase recuperar a dignidade deste símbolo nacional, mais aínda é materia pendente. Na actualidade, a entrada ao museo custa 6 euros (4 euros reducida) e está aberto de 10:00 a 20:00 horas. Entre 1157 e 1230 decorren os reinados de Fernando II e Afonso VIII, que ostentaban os títulos de "reis de Galiza e León". Son dous monarcas -ademais da raíña Berenguela, o conde Raimundo de Borgoña, Pedro Froilaz e Xoana de Castro- que están enterrados no Panteón Real da Catedral de Santiago, malia que os letreiros das súas tumbas os definan como "reis de León" e a Afonso VIII o numeren como "Afonso IX" coa intención de incluílo nunha ficticia nómina conxunta de reis de Castela e León. "Os nomes deste panteón aparecen cunha perspectiva españolista ao seren asignados os monarcas galegos con numeracións e rótulos erróneos", en palabras de López Carreira. A información que receben as miles de persoas visitantes do museu é que no Panteón están os restos dos monarcas de León cando en realidade foron corados como "Reis da Gallaecia" É unha mostra máis de como o Reino da Galiza "desaparece da historiografía española por unha cuestión política, no empeño por eliminar a súa existencia da memoria, co apoio da Igrexa que desenvolve un papel ideoloxizador para utilizarse como instrumento político", sinala López Carreira. Así, prodúcese a ocultación deliberada do Reino da Galiza na historiografía oficial española cando está documentado dende o século V até o XIX. Estas inscricións no Panteón Real son un exemplo, xunto cos programas educativos, do afán de agochar as etapas históricas da independencia da Galiza e daquelas que diverxen da unificación e da centralización no proceso para configurar o Estado español, alén de non usar o idioma galego nos paneis informativos. Para López Carreira, isto fai parte da ocultación e da falsificación inseridas no papel desenvolvido pola Igrexa na castelanización da historia de Galiza, en contraste co significado político e de difusión outorgado ao Panteón Real de San Isidoro de León. No Atlas Histórico da Galiza, de José Manuel Barbosa Álvares, con ilustracións de José Manuel Gonçales Ribeira, apréciase ben a extensión do territorio do reino medieval galego, que abranguía León, onde se asentou a capital durante algúns períodos en que determinados monarcas tiveron alí a súa residencia debido ao costume romano de estabelecer nesa cidade o seu asentamento na, daquela, provincia da Gallaecia. A perda dos letreiros orixinais Dende a consagración catedralicia en 1211 queda institucionalizada a "capella dos reis" no brazo norte do templo e, entre os séculos XII e XIII, organizouse este espazo funerario que acolleu cinco xeracións da familia real. O carácter simbólico e espiritual deste panteón dentro do reino serviu para que a Catedral fose unha das principais receptoras de bens e señoríos por parte da Coroa. Como exemplo, no cabodano de Raimundo de Borgoña, Conde da Galiza (no panteón figura como Rei de León e Castela), a súa familia fíxolle a doazón do Castelo de San Xurxo, na aba do Monte Pindo. Este panteón foi trasladado en 1535 da Capela de Santa Caterina a un espazo que foi remodelado no século XVII cunha nova redacción dos epitafios que se conservaron pintados na parede até principios do século XX, cando foi reconvertido na actual Capela das Reliquias. Ademais de se perderen os letreiros orixinais, produciuse o troco dos persoeiros dos sarcófagos de Fernando II e Afonso IX que, probabelmente, aparecen intercambiados no XVII, segundo explica a investigadora Sonsoles García González na obra O Panteón Rexio Compostelán, a perda da memoria. Retornar a Compostela Segundo os dados compilados por García González, as arelas de membros da familia real de seren soterrados neste panteón foron manifestas. "Afonso VII expresou o seu desexo en dúas ocasións, en 1140 e 1143, de recibir sepultura neste Panteón e chegou mesmo a dispor como serían os funerais; porén foi enterrado en Toledo", expón. A súa muller Dona Berenguela recibiu sepultura na Catedral de Santiago en 1149. O Panteón acolleu as sepulturas de cinco xeracións da familia real galega Logo da morte de Afonso VII, en 1157, o reino volveu dividirse entre os seus fillos, Sancho III recibiu Castela e Fernando II León, que retoma a vontade de enterramento no mesmo espazo que a súa nai e avó, xerando a idea de panteón de carácter dinástico e familiar na Galiza enfrontado ao panteón que ocupan o seu pai e irmán en Toledo. "Parece utilizar esta estreita relación coa catedral compostelá como unha maneira de desvincularse desta rama castelá", afirma. Cando o rei faleceu, os seus restos foron trasladados á sede compostelá con certo conflito, xa que a súa muller Urraca López de Haro, nun intento por conseguir o reino para o seu fillo, tratou de impedir que se cumprise a vontade de Fernando II de ser sepultado en Santiago. A pesar das súas intrigas, o primoxénito do rei, Afonso IX, foi corado e trasladou o corpo do seu pai á catedral. Segundo Lucas de Tui, o rei foi disposto "in eclesia Santi Iacobi apostoli circa tumulum matris sue et avi sui comitis Raymundi sepultus est". Un século despois Xoana de Castro, da rama galega dunha liñaxe que se uniu primeiro a López de Haro e logo casou con Pedro I de Castela e ostentou o título de Raíña de Castela, tamén escolleu ser enterrada neste lugar, o máis impoñente espazo catedralicio radicado nun lugar que tiña recoñecida a brillantez cultural, económica e social na Europa occidental. Porque Galiza tivo reis antes que Castela leis.
NOS_58163
Os cartos que levou o rei emérito español a Suíza en 2010 procedían do Sultán de Bahréin
O rei emérito español Juan Carlos I de Borbón levou a Suíza no ano 2010, sendo aínda por tanto xefe do Estado, un maletín cargado de 1,9 millóns de dólares, o que serían ao cambio 1,7 millóns de euros, e entregoullos ao seu xestor en Xenebra, Arturo Fasana. O diario El País revelou na sexta feira, 1 de maio, esta información, sinalando que os cartos llos tería entregado ao Borbón o sultán de Bahréin, seguindo as declaracións realizadas polo propio Fasana no mes de outubro de 2018 ante a o fiscal helvético Yves Bertossa, dentro da investigación sobre varias operacións de branqueo de cartos nas que estaría implicado o ex monarca e que investiga os movementos da fundación Lucum, na cal o rei emérito era o primeiro beneficiario. O fiscal suízo interrogou en 2018 a Arturo Fasana e preguntoulle sobre a orixe dese diñeiro. Berossa preguntou, segundo indica o rotativo estatal, cales "eran as razóns polas que Juan Carlos I recibiu 1,9 millóns de dólares o 7 de abril de 2010 do sultán de Bahréin, diñeiro que se aboou na conta de Lucum no banco Mirabaud". O xestor respondeu que o Borbón era unha persoa apreciada nos países do Golfo. "Volvía de Abu Dabi e veu á miña casa a Xenebra. Quería xantar comigo. Díxome que recibira 1,9 millóns do sultán de Bahréin. Escribín un informe de visitas", que se utiliza para dar a xustificación dun ingreso, "e pedín ao banco se podía entregar o diñeiro. Dixéronme que si". Fasana tamén explicou ao fiscal que a orixe dos 100 millóns de dólares que recibiu en 2008 de Juan Carlos I estaba no monarca de Arabia Saudita e foron ingresados como "doazón" a Corinna Larsen.
NOS_38763
Tres medallas e tres finalistas para Galiza nos campionatos de Gallur, adianto do que pod eser o campionato de Europa de Atletismo.
A presenza galega nos recentes campionatos estatais de atletismo en pista cuberta, que tiveron lugar nas pistas madrileñas do Gallur, resentíronse pola actual situación de pandemia. A baixa participación e unha excesiva extensión das probas polas medidas sanitarias, ademais da friaxe dunhas instalacións sen público, desluciron esta edición. Aínda así, a Galiza volveu con tres medallas e tres postos de finalistas, onde destacou a confirmación da atleta de Mugardos Belén Toimil como nova campioa estatal, após dous lustros de dominio absoluto de Úrsula Ruiz, e a continuidade ascendente de Ana Peleteiro, intratábel no triplo xa no seu primeiro intento, estabelecendo a súa MMT con 14.21 metros, coa que revalidou ouro e campionato estatal. Nesta proba, na categoría masculina, Jean Marie Okutu novamente volveu a ser medallista da proba de lonxitude con 7.68 metros, mais quedando no bronce co que non ratificou o primeiro posto do ano anterior. Chegaron a ser finalistas neste campionato a venezolana con ficha galega Nediam Nori, que quedou en sexta posición na proba de Pentatlon cun total de 3.889 puntos, mais Uxía Pérez Bugarín, quen entraba a última hora para tomar parte nos 3.000 metros e rematar con 10.02.00 no oitavo lugar na segunda semifinal. Por último, como finalista, quedou Adri Ben quen loitaba tanto polo título dos 800 metros como por un dos postos que daban acceso ao europeo de pista cuberta. É de salientar tamén a excelente proba do subcampión estatal Sub23 Álex Barreiro, como sexto na distancia dos 60 valos. Toimil na mellor forma Este ben pode ser o ano de Belén Toimil. A lanzadora galega sentiuse moi cómoda nesta competición e ten a ollada posta no vindeiro campionato de Europa en Pista Cuberta, que acollerá a cidade polaca de Torun entre o día 4 e 5 de marzo. "Quería facer un pouquiño máis, chegar aos 18, pero é o meu primeiro ouro nacional en pista cuberta así que estou moi contenta", aseguraba ao remate da proba xa coa medalla de ouro no peto. "Seguirei traballando e adestrando, síntome moi cómoda e creo que podo facer moi boas marcas", engadía en relación á nova marca que puxo a Federación Estatal de Atletismo para participar no europeo. "A mínima é a máis exixente de sempre, 18,50 metros, é o obxectivo para esta tempada", sinala, unha meta accesíbel no seu estado de forma. Parte importante do que está conseguindo ten como protagonista o seu adestrador, Carlos Burón, co que admite ter "sesións moi intensas de técnica". É consciente das dificultades de chegar a Polonia mais asegura "que o vou loitar, aínda quedan adestramentos".
NOS_7848
As 32 páxinas do semanario traen este sábado ás lectoras e lectores de Nós Diario unha conversa a fondo co actor, narrado e director de escena Quico Cadaval, unha reportaxe sobre as lendas en torno a ciudades asulagadas na Galiza; e un percorrido pola vida de José Castro Branco, 'Apóstol do Naturismo'.
As cidades asolagadas son unha das lendas que máis se repiten ao longo de toda a xeografía galega. O mito maioritario componse, con variantes, sobre o esquema do castigo divino a vilas que lle viran as costas ao cristianismo, mais tamén liga a Galiza coa mitoloxía celta e as augas como porta ao Alén. 'Asolagadas na lenda, as atlántidas galegas' é o título da reportaxe na que nos debruzamos sobre estas lendas e mitoloxía. Malia que leva moi mal a solemnidade, xa se pode dicir que Quico Cadaval é un dos piares do teatro galego. Director de escena, actor, impulsor do movemento de narradores orais que agromou a finais do século pasado… Cadaval xa estaba nas históricas mostras de Abrente en Ribadavia, sorprendeu coa frescura da compañía O moucho Clerc, renovou o Centro Dramático Galego con obras como O ano do cometa, Noite de reis ou A ópera dos tres reás, acompañou Mofa e Befa e integrou Shakespeare ou Martin McDonagh á cultura galega, entre outras moitas cousas. A Mostra de Teatro de Cangas vén de outorgarlle o Premio Xiria ao labor teatral, que recollerá en xullo. Conversamos con el neste número do semanario. "Necesitamos o vizoso do tecido cultural pero tamén unha forte determinación política, e houbo un momento no que se retrocedeu moito neste último aspecto", afirma. 'Un apóstolo do naturismo'. A finais do século XIX, como reacción ás consecuencias negativas para a saúde da sociedade industrial, comezaron a difundirse as teorías naturistas, que propuñan novos hábitos e medidas de hixiene e alimentación como medio para evitar enfermidades. José Castro Branco, natural de Pontecesures, foi toda a súa vida un divulgador do naturismo en Montevideo, Barcelona e Torrent, e influíu en naturistas de toda a Península Ibérica e América Latina. Fervenzas de Parafita O Colectivo Xea lévanos polas Fervenzas de Parafita ou fervenzas de Raxoi, en Valga, na comarca de Caldas de Reis . "Desde o cume do monte Xesteiras a Valga hai pouco máis de 5 quilómetros en liña recta, pero nesta distancia o relevo cae uns 600 metros e os regos que escoan das súas abas cavan fondos vales que nas zonas rochosas ven interrompido o seu traballo e son obrigados a saltar creando numerosos rápidos e fervenzas, nas que nestas datas aínda traen auga abundante. Suavizada a temperatura comezan a florecer as plantas máis madrugadoras e a paisaxe presenta un fermoso aspecto, un bo motivo para facerlle unha visita". Non remata aquí este número do semanario. Oito páxinas centradas na literatura, música, cinema, deseñoe arquitectura achégannos novidades, debullan propostas, informan, propoñen e convidan da man de Mario Regueira, Xulio Carballo, Olga Brañas, Mauro Borrazás, Andrés Castro, Pepe Barro e Lázaro Armental.
NOS_7659
A derrogación no Congreso do decreto para empregar os remanentes municipais por parte do Estado abre de novo o debate sobre a necesidade de empregar estes cartos en políticas municipais encamiñadas a reactivar o emprego e reforzar as medidas sociais para paliar os efectos da crise derivada da Covid-19.
A pasada quinta feira o Goberno de PSOE e Unidas Podemos levaba o seu primeiro revés no Congreso das Deputadas ao ver como non prosperaba o decreto que habilitaba a cesión dos remanentes dos concellos ao Estado, unha decisión que afecta de cheo a viabilidade de moitos entes municipais. En declaracións a Nós Diario, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, afirmou que a non aprobación do decreto para a cesión dos remanentes dos concellos ao Estado español "non é unha boa nova". Na súa opinión, o debate "centrouse moito nos remanentes", mais o decreto tiña moito máis contido. Neste senso, quixo aclarar que "en ningún caso" o texto legal falaba de "confiscación", xa que a cesión dos mesmos era voluntario. O problema está en que após esta decisión os concellos galegos tampouco poderán empregar o remanente de 2019 (uns 800 millóns) para investimentos financeiramente sostíbeis, xa que era unha das medidas contempladas no decreto, igual que a prórroga extraordinaria para executar as actuacións financiadas con cargo ao remanente de 2018 máis aló da data límite de 31 de decembro, e que agora non entrarán en vigor. Isto deixa moitos concellos "con menos fondos dos que tiñan hai dous días", unha situación especialmente grave se se teñen en conta as súas necesidades de liquidez, agravadas pola situación derivada da crise da Covid-19. Varela aposta en "despolitizar o tema" e buscar unha alternativa, como un fondo extraordinario "ou outra fórmula" que permita cubrir estas carencias de liquidez. Da derrogación da 'Lei Montoro' dixo que é unha medida xa reclamada pola Fegamp pero que "leva os seus tempos". Tampouco ten claro, á vista dos feitos, as posturas que defenderían os distintos partidos. Final agardado Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, apuntaba a este medio que o fracaso da proposta "era agardado pola falta de maioría parlamentaria". O rexedor pontevedrés afeou ao Goberno español a súa "falla de vontade" para negociar unha actuación que, ao seu xuízo e ao de máis dunha trintena de municipios de todo o Estado que asinaron unha declaración conxunta, "quitábanos os cartos para investimentos para despois repartilos en función da poboación", unha medida que prexudicaría concellos como o de Pontevedra. "É unha incautación en toda regra, porque ninguén garante que eses cartos, que virían a través dunha previsión orzamentaria, vaian dar liquidez", engadiu. O alcalde nacionalista considera "un cachondeo" a proposta, e máis cando a administración galega e o Estado seguen a aumentar ano tras ano a súa débeda. Segundo Lores, a saída máis rápida sería a derrogación da coñecida como 'Lei Montoro', se non definitiva, cando menos con carácter temporal durante a pandemia. Montoro e a derrogación O propio ex ministro Cristóbal Montoro, impulsor da Lei de Estabilidade Orzamentaria de 2012, que contempla unha regra de gasto que impide aos concellos incrementar o investimento a pesar de que fechen as súas contas con superávit, recoñecía hai uns días nunha entrevista televisiva que "a regra de gasto e a limitación do déficit deberían estar suspendidas". Segundo explicou o ex ministro, chegaría cunha votación no Congreso das Deputadas para suspender a lei durante o tempo excepcional da pandemia, que é unha saída que o propio texto legal contempla. "Eu son un crente da estabilidade económica e orzamentaria, pero isto é unha crise de saúde pública de dimensión social terríbel que produce unha crise económica. Iso as nosas leis preveno, e non entendo por que non se están aplicando", indicaba Montoro. Para Fernández Lores, esta suspensión temporal, sería a solución para que os concellos poidan dispor dos cartos dos seus remanentes para investimentos encamiñados a mellorar a vida dos seus habitantes. O que ten claro é que non vai permitir "que lle toquen o peto ás pontevedresas e pontevedreses".
NOS_8447
As organizacións sindicais CIG, UGT, CCOO, CNT e CUT asinaron o manifesto de Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) contra Israel pola súa postura de asedio ao pobo palestiniano.
"O brutal asedio de Israel a Gaza representa hoxe a máis crítica e urxente de todas as inxustizas israelís contra o pobo palestino que se manifesta en forma de innumerábeis violacións aos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario". Após lembrar as palabras de Nelson Mandela, deste xeito comeza o manifesto asinado polas centrais sindicais da Galiza en apoio á campaña mundial Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS). Inspirada nas accións que se levaron a cabo contra o apartheid sudafricano, a iniciativa quere "acabar coa ocupación colonial e o apartheid en Palestina e cargar a Israel coa súa responsabilidade ante o dereito internacional na procura dunha paz xusta" e traballa co boicot activo nos "investimentos nas empresas que se benefician da ocupación ou da negación dos dereitos da poboación refuxiada". Esta medida realízase após o fracaso doutras que se tomaron a nivel internacional. Os sindicatos galegos comprométense a "denunciar publicamente a todas aquelas institucións e empresas galega que nas súas actuacións antepoñan intereses económicos, políticos ou doutra índole aos dereitos do pobo palestino e colaboren ou lexitimen coa ocupación colonial de Palestina". O caso da USC Sermos Galiza publicou hai uns meses o caso denunciado polo Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca sobre convenios entre a USC e a de Ben Gurion, en Israel. A reitoría galega negouse a mostrar os acordos con esa universidade que descrimina ao alumnado por falar árabe e concede "beneficios especiais" aos soldados israelís que fixeron parte da ocupación de Palestina na denominada 'operación Chumbo Fundido'. Reproducimos o manifesto asinado polas organizacións sindicais: Manifesto dos Sindicatos de Galiza en apoio á campaña mundial Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS) a IsraelEn palabras de Nelson Mandela, a xustiza para o pobo palestino converteuse no "meirande caso moral do noso tempo". O brutal asedio de Israel a Gaza representa hoxe a máis crítica e urxente de todas as inxustizas israelís contra o pobo palestino que se manifesta en forma de innumerábeis violacións aos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario.A sociedade civil palestina, a través do Comité Nacional Palestino (CNP) da campaña de Boicot, Desinvestimentos e Sancións, convocou a todas as persoas de conciencia e ás organizacións da sociedade civil de todo o mundo, a impulsar a campaña de BDS contra Israel. Inspirada na campaña de boicot contra o apartheid sudafricano, esta iniciativa está considerada como o medio máis efectivo de acabar coa ocupación colonial e o apartheid en Palestina e cargar a Israel coa súa responsabilidade ante o dereito internacional na procura dunha paz xusta. A Campaña BDS é unha iniciativa pacífica liderada desde 2005 por organizacións da sociedade civil, partidos políticos e sindicatos que representan a poboación palestina, e que está apoiada por unha rede mundial de entidades que compoñen o movemento de solidariedade co pobo palestino.A Campaña BDS fai un chamamento mundial a establecer medidas de presión contra Israel e evitar as relacións económicas, políticas e empresariais cun Estado que vulnera o Dereito Internacional e incumpre as resolucións da ONU. Esta iniciativa cívica é máis necesaria, se cadra, dada a actitude da Unión Europea e os seus estados membros, que permanecen impasíbeis ante a reiterada vulneración dos dereitos humanos, cívicos e políticos da poboación árabe de Palestina.Por iso, a campaña BDS demanda ao mundo enteiro que boicotee a Israel, as súas institucións e as súas empresas, e tamén que retire os seus investimentos nas empresas que se benefician da ocupación ou da negación dos dereitos da poboación refuxiada.Dado que todas as formas de intervención internacional fracasaron até o momento no seu intento de lograr que Israel cumpra coa lexislación internacional ou que poña fin á represión sobre os palestinos, represión que se manifesta de moi diversas maneiras (asedios, asasinatos indiscriminados, destrución intencionada e o racista muro colonial, etc.).Os sindicatos abaixo asinantes facemos pública a nosa adhesión á Campaña BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións) contra o Estado de Israel, e comprométense a non colaborar coa política de apartheid en Palestina e a ocupación ilegal nos seus territorios.Así mesmo, comprometémonos a denunciar publicamente a todas aquelas institucións e empresas galega que nas súas actuacións antepoñan intereses económicos, políticos ou doutra índole aos dereitos do pobo palestino e colaboren ou lexitimen coa ocupación colonial de Palestina.Finalmente, os sindicatos asinantes deste manifesto decidimos adherirnos a esta campaña porque se basea na defensa dos Dereitos Humanos como universais, indivisíbeis e interdependentes (artigo 30 da súa declaración) e constitúe un medio cívico para cambiar situacións de inxustiza e violencia institucional e avanzar cara á xustiza e a paz. Consideramos ademais unha ferramenta lexítima o impulsar, na medida das nosas posibilidades, a Campaña Global de Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra o Estado de Israel, ata que cumpra o dereito internacional que lle compete en canto a: Finalización da ocupación militar de Palestina. Paralización e destrución do muro de Cisxordania. Fin do sistema de discriminación racial. Levantamento total e definitivo do bloqueo a Gaza. Recoñecemento do dereito ao retorno para as persoas refuxiadas.Galiza, a 8 de xaneiro de 2013.ASINANUGT – Unión General de TrabajadoresCCOO - Comisións Obreiras de GaliciaCIG - Confederación Intersindical GalegaCNT - Central Nacional de TraballadoresCUT - Confederación Unitaria de Traballa
NOS_33161
Na primavera de 1958, Rose Pamphyle vive co seu pai viúvo que dirixe a tenda do pobo. Está destinada a casar co fillo do mecánico pero négase a aceptar ese destino e viaxa á baixa Normandía para unha entrevista de emprego coma secretaria nunha empresa de seguros dirixida por Louis Echard. Malia a desastrosa entrevista Rose posúe un don especial coa máquina de escribir e Louis decide contratala a cambio dunha proposta que non poderá rexeitar.
Ano: 2012 Duración: 111 min. País: Francia Director: Régis Roinsard Guión: Régis Roinsard, Daniel Presley, Romain Compingt Música: Rob D'Orlando, Emmanuel D'Orlando Fotografía: Guillaume Schiffman Reparto: Romain Duris, Déborah François, Bérénice Bejo, Shaun Benson, Féodor Atkine, Miou-Miou SINOPSE Na primavera de 1958, Rose Pamphyle vive co seu pai viúvo que dirixe a tenda do pobo. Está destinada a casar co fillo do mecánico pero négase a aceptar ese destino e viaxa á baixa Normandía para unha entrevista de emprego coma secretaria nunha empresa de seguros dirixida por Louis Echard. Malia a desastrosa entrevista Rose posúe un don especial coa máquina de escribir e Louis decide contratala a cambio dunha proposta que non poderá rexeitar. CRÍTICA Interesante opera prima de Régis Roinsard. Os títulos de crédito son toda unha homenaxe a Saul Bass e unha moi boa apertura que nos invita a pensar noutra época. A película desenvólvese a finais dos anos 50. O vestiario, a ambientación e a pose das personaxes está moi lograda, así coma a música que os acompaña. De feito, parece que estamos a ver unha película desa época. A protagonista é unha mestura entre Audrey Hepburn e Grace Kelly. Trátase de Déborah François, actriz belga vista en "L'enfant" (2005) dos irmáns Dardenne, que foi Palma de Ouro en Cannes. Moi versátil no rol de moza decidida, aínda que algo torpe, que marcha do pobo fuxindo da monotonía. No outro papel protagonista atópase Romain Duris, que xa estivera brillante no "Extranxeiro tolo" (1998) de Tony Gatlif e que aquí métese na pel dun xefe un tanto enchido de si mesmo cunha obsesión un algo peculiar: ser o máis rápido escribindo a máquina. E para obtelo ponse na pel dunha especie de pigmalión que debe ensinar á moza, que posúe un don especial para escribir pero que lle falta moito por pulir para acadar a perfección. Ambos están bastante ben e teñen boa química. A destacar tamén a fotografía de Guillaume Schiffman, que xa participou en "The Artist" (2011, Michel Hazanavicious). Nesta película o fotógrafo logra captar o ton da época apostando por colores saturados, mate e pastel. O director fai unha elegante homenaxe a Hitchcock, cousa que está moi de moda últimamente, cun calco case exacto dunha escena moi coñecida de "Vertixe" e o fai nunha das escenas claves do filme, problemente para darlle máis énfase. A película realmente non ten unha trama moi alá: trata da loita por ser o máis rápido escribindo a máquina. Para iso hai competicións locais, provinciais e ata mundiais. É unha especie de "Rocky" só que os púxiles levan moño e teñen que sentarse coa espalda recta. Realmente se xuntamos a película de boxeo de Stallone cunha versión amable e branca de "Secretary" (2002, Steven Shainberg) xa obtemos "Populaire". O soniquete das teclas das máquinas de escribir antigas inundan a película pero tamén hai tempo para o romance. Está bastante logrado o contraste entre a loita por ser cada vez o máis veloz mentres a vai xurdindo o amor a lume lento. Unha reflexión de que cada cousa leva o seu tempo e que tampouco fai falla ser o mellor para ser o máis feliz. Está ben feita pero non profundiza demasiado en nada e tampouco acaba de acertar de todo ao tratar de dicir algo da sociedade actual a través do retrato machista da sociedade doutra época anterior. Porén non estamos ante unha mala película. O certo e que se deixa ver con moito agrado e deixa unha agradable sensación ao remate. Unha bonita e lixeira comedia romántica á francesa.
NOS_34753
Este sábado, o mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes acollerá unha conferencia concerto na que Andrés Díaz explicará as características que fan de Bartolomé de Olagüe -o compositor compostelán recentemente descuberto polo propio Díaz- unha das figuras máis sobresalientes do Barroco musical da península. O compositor e organista Fernando Buíde interpretará algunhas das obras de Olagüe que perviven.
Foi unha das máis sorprendentes noticias do ano pasado no apartado musical: o musicólogo Andres Díaz Pazos revelaba, no Congreso da Sociedade Española de Musicoloxía, a existencia dun novo compositor galego até entón descoñecido: frei Bartolomé de Olagüe que, ademais, foi autor dunha abundante obra, en relación co que se conserva daquela época. O achado evidenciaba, ademais, que o Libro de Cyfra adonde se contem varios Jogos de Versos e Obras, e outras curiosidades, conservado na Biblioteca Municipal do Porto -unha das principais obras sobre a música de órgano na península Ibérica dos séculos XVII e XVIII- procedía moi probabelmente, da Galiza. Segundo as pescudas de Díaz, Bartolomé de Olagüe era fillo doutro compositor do mesmo nome, de orixe incerta, que exerceu como Mestre de Capela en Santiago de Compostela desde 1651 até 1658. O feito de ser fillo dun clérigo e de ter o mesmo nome que o seu proxenitor escureceu a súa biografía até o de agora. As obras do fillo atribuíanse ao pai, e, malia que moitos estudosos mostraran o seu desconcerto ante características musicais destas pezas que eran moi avanzadas para ser obra dun músico falecido en 1658, non foi até o de agora que o crebacabezas foi resolto: Díaz atopou a partida de nacemento de Olagüe, descubriu que estivo protexido polos músicos da catedral compostelá -compañeiros do seu pai- e logrou trazar as liñas mestras da súa vida: o futuro compositor tomaría os hábitos en Sobrado dos Monxes no ano 1667, onde permanecería até 1707, cando se trasladaría ao mosteiro de Santa Ana, en Madrid, até a súa morte en 1722. É case seguro que foi neses corenta anos de estancia en Sobrado cando compuxo as pezas que aparecen no manuscrito de Porto e que até agora se atribuían ao seu pai. Un novo achado descobre un organista e compositor barroco inédito até a data Conferencia concerto en Sobrado dos Monxes Este sábado, no propio mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, onde Olagüe residiu a maior parte da súa vida e onde compuxo a maioría das súas obras, acollerá unha conferencia concerto na que o propio Andrés Díaz explicará algunhas chaves que sitúan o compositor como unha das figuras máis sobresalientes do Barroco musical da península. Para ilustrala, o compositor e organista Fernando Buíde interpretará algunhas das obras de Olagüe recollidas no Libro de Cyfra do Porto. A investigación de Díaz consolida a idea de que os mosteiros galegos foron centros culturais de enorme importancia no campo musical, cunha relación destacada co norte de Portugal e que, ademais, contaban cun circuíto de creación e transmisión e dun repertorio propios. Ese dinamismo, ligado á actividade da orde cisterciense, móstrase na existencia, en Sobrado, dunha escola de organistas que formaba músicos e cantantes de coro, galegos e portugueses. Sabemos, polo menos, de dous monxes organistas portugueses que estiveron en Sobrado dos Monxes: frei Jacinto Valverde e frei Diego Valverde. Díaz cre moi posíbel que algún deles fose o copista do libro de cifra que acabou no Porto e cuxas composicións pertencen a músicos que traballaron na Galiza. Unha serie documental explora o mundo do órgano na Galiza
NOS_42467
O xurado da V edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, do Concello de Fornelos de Montes, escolleu o artigo Mentres tanto dáme a man do poeta, profesor e columnista Ismael Ramos como a obra merecedora do galardón este 2022. O texto, publicado por Nós Diario tanto en formato dixital como en papel, incide dunha maneira literaria e en primeira persoa no problema da violencia que se exerce na actualidade contra o colectivo LGTB.
Mentres tanto dáme a man Como definiría o seu texto que fuxe dos estereotipos xornalísticos para adentrarse no universo literario e dar a coñecer un tema de actualidade? Como todos os textos de opinión, tal e como eu os abordo, é un texto vivencial. Cando un traballa con ese material é case imposíbel que non entre en xogo esa matiz literaria ou esa maneira de querer contar as cousas. Ao procurar contar algo acaba por entrar en xogo esa idea de crear unha historia e un determinado ambiente. Para min o máis importante é esa parte vivencial, o que hai da vida no texto. As poetas Olga Novo, Lois Pérez e Ismael Ramos na Festa da Palabra de Foz Parte nel dunha experiencia real e persoal? Neste caso é unha realidade propia. Sempre que escribo artigos e tamén cando fago literatura sempre acabo atopando experiencias que me unen con máis xente. Aínda que estean enunciadas por un "eu" son case propiedade, case, dun "eu" colectivo. Neste caso igual. Para min o máis importante non foi relatar unha anécdota concreta que me acontecera a min, senón darlle un ambiente de universalidade, de colectividade. Sobre todo tentar achegar a aquelas lectoras e a aqueles lectores que non están familiarizados co tema, ese medo, ese odio e rabia que contén o tema do texto. Por ese motivo aparece o tema da nai, para sermos conscientes de que os crimes de odio, a LGTBfobia, non é algo que afecta a unha minoría senón que é algo que nos afecta a todos. Os medios de comunicación tratan ben esta cuestión? Nestes momentos existe unha situación de maior visibilidade. Posibelmente porque o colectivo está facendo máis ruído. Iso non quere dicir que os medios de comunicación nos axuden a artellar un discurso ao redor de todo isto. Non é só importante "cubrir" os casos senón sermos quen de artellar un discurso sobre o que hai tras eses casos e que tipo de violencia subxace en todo isto. Non é tanto, e iso aparece no artigo, de como nos tratan por exemplo os medios de comunicación senón de como nos trata a xustiza, o propio sistema. Para min, nese sentido, si que os medios teñen que axudarnos a artellar un discurso que faga visíbel as eivas da propia xustiza, do Estado español e da nosa sociedade en xeral. Neste aspecto queda moito camiño por andar. Ismael Ramos gaña o Johán Carballeira de poesía No artigo critica o papel da xustiza. Non se aplica a lexislación contra os delitos de odio? Acontece en xeral cos crimes de odio, teñen un compoñente fondamente ideolóxico. Non son só mediáticos. Ese mesmo compoñente ideolóxico crea un discurso que acaba chegando á xustiza. Un exemplo clarísimo disto é todo aquel debate sobre se o crime de Samuel Luiz era homófobo ou non. Rematou esvaecéndose ese tema, e en realidade o que aconteceu foi un delito de odio. Cal é a razón de que se discuta se é ou non un delito de odio? Aí é cando a xustiza non é cega, cando o sistema non é cego. O sistema e a xustiza están pensados para a maioría e nós non somos a maioría. Iso marca unha diferenza importante. O artigo non funciona só ao redor do tema da homofobia, realmente funciona ao redor dos delitos de odio. Neles existe un compoñente ideolóxico clarísimo. O feito de que exista ese compoñente ideolóxico inhabilita as ferramentas da xustiza e do Goberno. Fronte a iso temos a nosa voz, da xente, dos colectivos que cada vez que se comete un delito de odio saímos á rúa tecendo unha rede de afectos e de actos en lugares seguros. Artigo completo neste enlace.
NOS_33428
Dá luz verde a unha declaración institucional instando a "non demorar máis" a dragaxe da Ría do Burgo.
O pleno da Coruña aprobou unha moción reclamando a recuperación da Casa Cornide para o patrimonio da cidade e considerando "non grata" a presenza da familia Franco "polo seu empeño en continuar co espolio e manter a propiedade" do citado inmoble. O texto foi presentado polo BNG, coa incorporación de emendas do PSOE, tras unha iniciativa da Comisión en Defensa do Común con respaldo de distintos colectivos veciñais e sociais, ademais doutras formacións, entre elas Marea Atlántica, que como nacionalistas e socialistas votou a favor. O PP, pola súa banda, abstívose. O seu concelleiro, Roberto Coira, cuestionou a conveniencia desta moción agora, ao tratarse dun texto que se ratifica nos acordos plenarios do últimos tres anos e que expón avanzar no proceso para que o inmoble --posto á venda polos Franco-- sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC), así como emprender, no seu momento, as accións legais para recuperar a propiedade. Ao fío desta cuestión, o concelleiro de Marea Atlántica Iago Martínez trasladou o malestar desta organización por entender que non se están dando pasos por parte do goberno local en canto á Memoria Histórica. O edil desta área, Jesús Celemín, defendeu as actuacións a este respecto. "Estamos a traballar nas resolucións do último Consello de Memoria Democrática". Antes deste debate, a alcaldesa deu lectura a unha declaración institucional sobre a Ría do Burgo, na que se insta a "non demorar máis" a súa dragaxe e a súa rexeneración e tamén a "cumprir" cos compromisos de compensacións económicas. Nun pleno, no que se deu luz verde á aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal de xestión de residuos e limpeza viaria, rexeitouse, mentres, unha moción conxunta do BNG e Marea Atlántica sobre as medidas de ordenación urbanística na zona de As Percebeiras. Deste proxecto urbanístico, cuestionado desde as filas do BNG e Marea Atlántica, o concelleiro da Coruña de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, defendeu que reservará un espazo de 22.827 metros cadrados dos 43.941 totais a zonas verdes e de lecer e que se reduce o número de vivendas. Tamén manifestou a intención do goberno local de promover vivendas de protección oficial.
NOS_40417
No último capítulo do coleccionábel de heráldica, que atoparás mañá nos quiosques ou na nosa loxa online, Héitor Picallo analiza a aparición do emblema do Reino da Galiza en distintos recunchos do país durante o reinado de Filipe II. Non perdas a ocasión de gozar debullando esta parte da historia do país.
Durante o reinado de Filipe II o emblema do reino galego foise salpicando por varios recunchos do país, tal e como aconteceu na época do seu pai. Canda este fincáronse brasóns da Galiza en Viveiro e Betanzos, e no reinado do seu sucesor tamén acontecería igual: no Panteón Real da Catedral de Santiago, nos lenzos exteriores da mesma basílica (concretamente na rúa Fonseca), nunha vivenda de Sarandós (Abegondo – A Coruña) etc. Alén diso, dos Austrias menores queda outrosí algún testemuño na Galiza, por exemplo na Maestranza coruñesa, que data da época de Filipe III (concretamente de 1607) e na "Cassa de Ingenio de Moneda", na mesma urbe, con renovadas instalacións dende 1662 (rei-nado de Filipe IV). Os brasóns reais, coa representación nos seus cuarteis dos distintos es-tados, portan as armas da Galiza no centro do xefe, aínda que nunha versión bastante estendida polo noso reino e case nada alén dos Perineos: o cáliz cunha hostia sumada. Desta variante xa teñen escrito non poucos autores, entre eles César Vaamonde Lores dende os Boletíns da Real Academia Galega. Porén, como se indicou ao comezo destes estudos, intentaremos centrar a nosa ollada dende unha perspectiva internacional, non sen iso citar por exemplo un documento calcográfico que se conserva na Real Academia de Bellas Artes San Fernando (Madrid), concretamente nos fondos cedidos por Antonio Correa. Nel, con tales mobles eucarísticos, identificamos as armas reais de Filipe IV, xa que á marxe existe un apuntamento a grafito que indica que se elaborou en 1639. O autor, Bernardo Heylan, que exerce o seu oficio cando menos dende 1616, pertence a unha importante familia de artistas orixinarios de Antuerpen que asentaron as súas vidas en terras granadinas. As armas de Filipe V Carlos II foi o derradeiro membro da Casa de Austria en gobernar os reinos peninsulares dende 1665. Así e todo, Portugal pouco ficou no seu poder, pois aos tres anos de inaugurarse como rei perde eses territorios tan importantes para a súa coroa. Sen descendencia, o seu pasamento chega o 1 de novembro de 1700, polo que accede ao trono o seu sobriño neto Filipe V tras ser proclamado como tal –quince días máis tarde– no Palacio de Versalles. O neto de Luís XIV aparece na Península o 22 de xaneiro do ano seguinte e o 2 de novembro, non se altercados, consegue chegar a Figueres, onde se une en sacramento coa súa curmá María Luisa Gabriela de Saboia, concretamente ao día seguinte na igrexa parroquial de Sant Pere de Figueres (Girona). O monarca aínda non cumprira os 18 anos de idade, ela só contaba con 13. Destes feitos consérvase na Biblioteca Nacional de Francia unha serie de gravados orixinais en augaforte. Un deles recrea a recepción estabelecida entre Filipe V e a princesa María Luisa en Figueres. Porén, interésannos en relación co tema heráldico aquel gravado que leva por título "L'Arrivée de Sa Majesté Catholique Philippe V a Figuéres en Catalogne...". Nel represéntase o monarca montado a cabalo, enfronte do que se grafa un medallón coa efixie da noiva termado por tres anxos. Se queres seguir gozando deste relato histórico merca o Nós Diario desta cuarta feira, no que sairá publicado o último número do coleccionábel de heráldica escrito por Héitor Picallo. Atoparás o xornal nos quiosques ou para a súa lectura na nube entrando nesta ligazón. Evita quedarte sin novas propostas culturais: subscríbete xa!