ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_31197 | Heredeiros da Crus, Dakidarría, Ruxe-Ruxe ou Def con Dos son algunhas das referencias que poderemos atopar no Armadiña de Combarro do 25 ao 27 de agosto. | O 25 de agosto, sexta feira, estará protagonizado por bandas exclusivamente galegas, desde Heredeiros da Crus, Dakidarría ou Brinkadelia, até Blues do Pais, Uxía Lambona e a Banda Molona, e a batucada Os Queimatasas de Poio. O sábado enriba do palco estarán Talco, Def Con Dos, Ruxe-Ruxe, The Skarnivals, Bala, Kitai, Leo Arremecághona, Carla Green & The Demons, DeLombaos, Fanfarria Taquikardia e Pinguela. O domingo será un día máis dedicado ao público familiar, con The Soul Breakers, Armadiña Kids, relatorios, embarcacións tradicionais, teatro, circo e clown. Durante a presentación do festival, Luara Currás, presidenta da ACDeM Armadiña recordou as orixes do festival e fixo un percorrido desde aquela primeira edición, onde o festival se definía coma un proxecto humilde e pequeno, até a actualidade, no que é un dos festivais musicais máis salientables das Rías Baixas. Recordou que para chegar ata o punto no que se atopa foi indispensable a constancia, o empeño e, sobre todo, o traballo dos membros da asociación, así como tamén o apoio das administracións públicas e dos propios veciños da aldea de Combarro. |
NOS_35061 | 15 mulleres asasinadas no que vai de ano, 2 delas na Galiza. Máis que suficiente para despregar unha completa batería de medidas contra os feminicidios, afirma Ana Pontón, que realizou esta segunda feira unha conferencia de imprensa monográfica sobre o asunto. Denunciou que, en incumprimento da lei, a Xunta aínda non convocou as axudas do salario da liberdade. | "Arrepiante" foi o adxectivo con que Ana Pontón cualificou esta segunda feira a escalada de feminicios no que levamos de 2017. Arrepiante é tamén, considerou a portavoz nacional do BNG, a inacción dos gobernos español e galego perante esta nova vaga de actos de terrorismo machista. "Que pasaría se en apenas dous meses asasinasen 15 deputados ou deputadas? Como reaccionaría a sociedade e, sobre todo, como reaccionaría o Goberno central e o Goberno galego ante eses 15 crimes? Con minutos de silencio? Con declaracións rituais de condena? Seguro que non", afirmou Pontón nunha comparecencia informativa decorrida no Parlamento galego. A dirixente soberanista subiu o ton da súa declaración e, con vehemencia, acrescentou: "se [para loitar contra estes crimes] hai que declarar un estado de excepción, que se declare, pero non podemos ver como inevitábel que exista violencia contra as mulleres". Perante este estado de cousas, o BNG propón unha reformulación das políticas contra a violencia machista que comece por admitir o fracaso das instrumentadas até agora. "Se [para loitar contra estes crimes] hai que declarar un estado de excepción, que se declare" Nese sentido, puxo en destaque que -de acordo co último Informe da Lei de Prevención e Tratamento da Violencia de Xénero- 40 por cento das solicitudes de ordes de protección -1.564 en 2015- foron desestimadas. Hai máis: as denominadas pulseiras de afastamento só foron autorizadas en 22 casos de 930 ordes de protección, apenas 2,4 por cento, enfatizou Pontón. Denunciou a líder nacionalista que "as mulleres están a ser asasinadas con ordes de afastamento e mesmo en lugares onde deberían estar protexidas polos poderes públicos, como hospitais ou residencias de terceira idade". É por isto que o BNG formula dúas propostas concretas para a súa aplicación imediata: A implantación das pulseiras de afastamento a 100 por cento dos agresores nos casos en que as vítimas teñan unha orde de protección (na Galiza por volta de mil). A substitución do actual sistema de valoración de riscos, un programa informático (VIOGén) que neste momento estaria a rexeitar 40 por cento das solicitudes de orde de protección A tamén portavoz do grupo parlamentar do BNG denunciou que a estas alturas de 2017 a Xunta aínda non abriu a liña de axudas ás vítimas da violencia machista, coñecidas como o salario da liberdade. Pontón demandou un aumento das partidas destinadas a este capítulo, apenas 5 millóns de euros, e lembrou que esa contía está por debaixo do que a Xunta gasta en manter a Cidade da Cultura ou en persoal de gabinete. Lembrou aínda que o Pleno do Parlamento galego aprobou a pasada lexislatura, precisamente a iniciativa do BNG, que o salario da liberdade debería estar disponíbel durante todo o exercicio orzamentario. |
PRAZA_614 | Medio cento de persoas pasaron a noite pechadas na Casa do Concello, despois de que o alcalde suspendese o pleno municipal no momento en que se debatía o Informe de Mínimos presentado pola asociación Ponte Solidario para analizar a situación de "emerxencia social" da localidade. | Todo comezou na noitiña do martes, durante o celebración do pleno municipal. Nese momento a asociación Ponte Solidario ía presentar unha moción para o seu debate no Pleno, o Informe de Mínimos, unha análise da situación "de emerxencia social" que -denuncian- vive o Concello de Ponteareas, cun número crecente de persoas vivindo na pobreza e sen ver cubertas as súas necesidades básicas de alimentación, vivenda ou vestido. O informe tamén denuncia a ausencia de políticas sociais a nivel local e propón unha serie de medidas de choque, coma un comedor social, un banco de alimentos, un roupeiro municipal, cheques escolares ou accións para o acceso a unha vivenda digna e contra a pobreza enerxética. Durante o Pleno, representantes de Ponte Solidario propuxeron, xunto cos grupos da oposición, a creación dunha Mesa Social aberta á participación de colectivos sociais para o cumprimento dos acordos da moción e o seguimento das axudas de emerxencia social. Porén, PP e ACIP votaron en contra. A oposición presentou entón unha emenda para axustar esa Mesa Social ao que o goberno municipal alegaba como necesario para cumprir coa legalidade e poder votar a favor. Porén, nese momento o alcalde da localidade, Salvador González Solla, suspendeu o pleno, "sen máis explicacións que unha mirada cara outro lado", denuncian dende a asociación. Os colectivos e persoas que forman parte de Ponte Solidario decidiron entón ficar no interior do Salón de Plenos, para pasar aí a noite. Quixeron con este xesto chamar a atención da cidadanía sobre a falta de diálogo amosada polo grupo de goberno e tamén sobre a importancia e a urxencia das problemáticas sociais que denuncian e que analizan no seu Informe de Mínimos: "Os problemas de Ponteareas só se arranxan tratándoos coa importancia que merecen", sinalaban, Pasadas as dez da mañá deste mércores as ao redor de 50 persoas que pasaron a noite pechadas na Casa do Concello abandonaron o lugar. Manuel, un dos membros de Ponte Solidario, destaca que o obxectivo era "visibilizar" este problema e deixar claro que esta acción é "o comezo", "non imos parar ata conseguir os nosos obxectivos", engade. "Presentamos unha emenda, coa que eles non contaban, e daquela decidiron suspeder o pleno. Nós queriamos un órgano de traballo aberto e plural e eles querían unha mesa pechada", explica. "Quedaron retratados: non queren unha mesa social aberta, non queren a participación dos colectivos, nin que o problema se visualice nin darlle información á xente, non queren unha comisión aberta porque hai moita xente que cre que os servizos sociais deben ser horizontais e non verticais", di. "Quedaron retratados: non queren unha mesa social aberta, non queren a participación dos colectivos, nin que o problema se visualice nin darlle información á xente" O 27 de marzo está convocada unha asemblea cos todos os colectivos que apoian este documento e todas as persoas que queiran participar, na que se decidirán as accións que se levarán a cabo para acadar o obxectivo inmediato: constituír unha mesa social aberta que debata a situación, as necesidades e as medidas urxentes a adoptar. Ademais, Ponte Solidario levará de novo a súa proposta ao pleno, con algunhas correccións para salvar algúns defectos de formas aos que o goberno municipal de Ponteareas se agarrou para evitar votar a favor da súa constitución. A iniciativa de Ponte Solidario está apoiada por distintas forzas políticas (BNG, EU, Podemos, PSdeG-PSOE, CxG, NOS-UP), sindicatos e entidades sociais (PAH, Federación de Anpas, Asociación de emigrantes retornados a Asociación de Veciños Ribadetea ou a Coordinadora das Marchas da Dignidade). A asociación atende directamente 65 familias sen recursos na localidade. O Informe de Mínimos O 27 de marzo está convocada unha asemblea cos todos os colectivos que apoian este documento e todas as persoas que queiran participar, na que se decidirán as accións que se levarán a cabo para constituír unha mesa social aberta Nas 13 páxinas do Informe de Mínimos elaborado por Ponte Solidario destácase que "non só é a conxuntura macroeconómica a que mantén na pobreza a estas familias, senón a ausencia a nivel local dunha política social que posibilite que estas poidan ver cubertas as súas necesidades máis primarias e gozar dunha calidade de vida aceptable". Por este motivo, propoñen unha serie de accións que -consideran- deben ser urxentemente postas en marcha polo Concello: Un Comedor Social co fin de garantir a provisión de almorzo, xantar e cea a aquelas persoas con ingresos insuficientes para custeala por se mesmas. As persoas destinatarias serán aquelas cuxos ingresos non superen o SMI. Un Comedor Escolar que subministre todas as comidas do día aos e ás menores de 18 anos. Un plan para a Subministración de Produtos Perecedoiros, a través de convenios co pequeno comercio ou da entrega de vales mensuais ás familias sen recursos. A Correcta xestión do actual Banco de Alimentos. Un Banco de recursos de uso infantil Un Roupeiro Municipal Medidas contra a Pobreza enerxética, asumindo o Concello as facturas daquelas familias que, tendo ingresos mensuais por debaixo do SMI e/ou en risco de desafiuzamento ou exclusión social, se vexan imposibilitadas en asumir este custo Medidas para o acceso a unha vivenda digna, coma a posta en marcha dun banco de vivendas municipal a disposición destas familias ou a creación de Cooperativas de Vivenda. Iniciativas de formación e emprego dirixidas especialmente aos colectivos máis desfavorecidos, por exemplo na agricultura ou no sector forestal, impulsando a creación de cooperativas e Sociedades Anónimas Laborais ou fomentando a cooperación coas Comisións de Montes do Concello Cheques escolares e clases de apoio para garantir un acceso en igualdade á educación Mellorar os recursos en saúde, en especial a atención en saúde mental. Descarga aquí o Informe de Mínimos de Ponte Solidario (.pdf) |
NOS_43666 | Fontes do sector aluden á "improvisación" e falta de achegas tecnolóxicas da Xunta para ficar no chanzo de seguridade máis baixo. En consecuencia, a nivel global non se ampliarán horarios nin se chegará ao 75% da capacidade dos negocios. | Dado o apoio do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ao uso do Certificado Covid como medida de control para evitar contaxios do coronavirus no ocio nocturno, este sector xa podería comezar a traballar coas novas pautas esta mesma fin de semana. No entanto, segundo recolle Europa Press, ese permiso aínda non poderá ser aproveitado. A norma acordada entre a Xunta e parte do sector do lecer nocturno contempla dous niveis de seguridade en función das medidas de control para evitar contaxios. O máis elevado permite a apertura até as 4 da madrugada e completar até o 75% da capacidade de cada local, pero polo de agora hai que pospor ese paso do chanzo máis básico ao que permite traballar para máis clientela e nun horario estendido. Así, este alude á "improvisación" da posta en marcha das medidas para aclarar por que non poden dar un paso polo que levaban meses agardando. Fontes do sector confirmaron a Europa Press que hai "rotura de stock" nos sistemas de medición do CO2 (uns específicos para pubs e discotecas, que non serían os mesmos que os do resto da hostalaría). Compromiso pendente Ademais, advirten de que aínda "non contan coa aplicación que a Xunta se comprometeu a deseñar para a lectura dos certificados europeos de vacinación, o cal tamén serviría para realizar o rexistro de clientes de forma automática". Sen estas medidas, xunto con outros requisitos como a incorporación de sinalización específica, explican que en apenas unhas horas non se poden adaptar ás medidas que esixe o novo protocolo de covid-19, que negociaron co Goberno galego pero que até a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) bis á primeira hora da tarde desta sexta feira non coñecían na súa totalidade en detalle. De feito, vaise pedir unha moratoria en certas medidas. Adaptarse ao que indican as licencias Neste contexto, o BNG rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento para instar ao Executivo galego a que permita que os locais, de hostalaría e de ocio nocturno, se acomoden aos horarios que figuran nas súas licencias de apertura. Defenden que sería unha decisión boa sempre que se cumpran as medidas do novo protocolo. O portavoz de Emprego e Turismo, Daniel Pérez, entende que o escenario é novo e que os niveis epidemiolóxicos son baixos. Ademais, "os índices de vacinación son moi altos, cunha maioría da poboación galega coa pauta completa". |
NOS_44893 | Antón Gómez-Reino, portavoz da coalición, sinala que Galiza "podería enfrontarse a esta crise con moitas máis garantías" de non ter recortado o orzamento para a atención primaria na última década. | Galicia en Común-Anova Mareas pon o foco nos recortes na atención primaria dos Gobernos de Alberto Núñez Feixoo. O seu portavoz, Antón Gómez-Reino, sinalou nesta quinta feira que o país "podería enfrontarse a esta crise con moitas máis garantías se Feixoo non tivera recortado un 21% o orzamento sanitario para atención arimaria". Gómez-Reino, que recibiu o alta após pasar o coronavirus na casa, reiterou a necesidade de que a Xunta dedique "todo o esforzo investidor necesario" para "reforzar" o sistema público de saúde, e insistiu en que se os hospitais galegos "acaban colapsando pola epidemia da COVID-19 boa parte da responsabilidade será de Feixoo, que leva anos recortando o orzamento sanitario". Así, o portavoz da coalición manifestou que ese recortes tamén afectaron á oferta de camas hospitalarias: "Na Galiza había 10.434 camas cando Feixoo accedeu á Xunta. Hoxe son 900 menos. Se en 2009 a oferta hospitalaria era de 3,53 camas por cada mil habitantes, hoxe non chega ás 3,14. A terceira peor cifra de todo o Estado". Asemade, Eva Solla lembrou que "neste decenio de Feixoo, a sanidade pública galega mantivo varias folgas: na atención primaria e nos puntos de atención continuada (PACs), contra a amortización de prazas, polas deficiencias no 061...". "Agora enfrontamos unha situación de crise na que a sanidade pública ten que xestionar e facer fronte ás graves consecuencias e deficiencias que provocaron os recortes, que afectan en definitiva á calidade da atención da nosa saúde", aseverou Solla. O "alicerce" do sistema sanitario público Na mesma liña, Martiño Noriega resaltou o traballo que desde a atención primaria se leva adiante "non só no combate desta pandemia do coronavirus, senón para previr calquera tipo de doenza" e defendeu este servizo "como o alicerce do noso sistema de saúde público porque é o máis próximo á cidadanía e o máis efectivo". Noriega referiuse a que "a defensa da atención primaria e protestar contra o seu deterioro foi a principal motivación da última multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública na Galiza, o pasado 9 de febreiro". E por isto sostivo que "non se entende que Feixoo continúe a insistir nos seu enfraquecemento, facendo o contrario do que debería facer: dotar de recursos á atención primaria, non retirar os residentes estas semanas, organizar e coordinar mellor o servizo, derivarlle o seguimento e control domiciliario dos doentes de coronavirus mediante o programa Telea, entre outras medidas, e deixar de pensar na propaganda dos hospitais de campaña". Desta maneira, desde a coalición comparten as afirmacións da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), que vén de advertir que "se a atención primaria non asume o seu protagonismo na crise do coronavirus, o sistema sanitario poderá colapsar antes do previsto". |
NOS_50464 | O presidente da Xunta fai un balanzo positivo destes seis meses de lexislatura, mentres En Marea, PSdeG e BNG denuncian o "desgoberno" e a "sumisión" do executivo galego perante Madrid. | O Parlamento acolleu esta cuarta feira a última sesión de control ao presidente deste período da lexislatura, un debate no que Feijóo defendeu a súa xestión ("É o mellor semestre desde que son presidente") ao tempo que disparaba contra a oposición co habitual cargamento de argumentos que o presidente emprega nas sesións de control: desde o legado do 'bipartito' até Venezuela. A sesión comezou cunha queixa formal de Ana Pontón (BNG) pola decisión do presidente da Mesa de acumular preguntas da oposición, o que implica, dixo, "desvirtuar a sesión de control". O primeiro en intervir na quenda de preguntas foi o portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que convidou Feijóo a rachar relacións institucionais con Fomento, un ministerio que "despreza o parlamento galego". Ana Pontón tamén criticou o "segundo veto vergoñento" do PP a debater no Congreso o traspaso da AP9 mentres Rajoy reserva os millóns que fagan falla para resgatar as radiais madrileñas. Ferroatlántica, a emigración xuvenil, a greve de transporte ou o financiamento. Para a portavoz nacionalista, o balanzo de curso de Feijóo merece como nota "un suspenso como unha catedral". Luís Villares (En Marea) cargou tamén contra a xestión do presidente da Xunta, á quen acusou de "desgoberno" e de ter para Galiza como único plan "o inmobilismo". "Nunca me sentín tan feliz de ser presidente de Galiza como agora", respondeu Núñez Feijóo ás críticas. "É o semestre con máis noticias positivas para Galiza desde 2008", engadiu, para a seguir tratar o tema do veto a AP9. Nin unha crítica para o ministro de Fomento ou a presidenta do Congreso polo veto a debater esta transferencia. A cambio, criticou reiteradamente BNG e PSdeG por, afirmou, vetar a transferencia no pasado. Feijóo acusou tamén BNG e En Marea de se poñer da lado da patronal na greve de transporte e bateu contra a oposición por se dedicar a "facer ruído". Non como el, que como exemplo do seu interese e preocupación polos galegos dixo que "estamos do lado dos galegos que son expropiados e secuestrados en Venezuela". |
NOS_34587 | O Produto Interior Bruto (PIB) no noso país foi de 20.399 euros por habitante. Case 2.000 euros menos que a media do Estado español e 6.000 por baixo da media europea. | O Produto Interior Bruto por habitante en Galiza foi en 2013 de 20.399, segundo os dados ofrecidos esta fin de semana polo Instituto Nacional de Estatística. Iso supón 1.880 euros menos que a media do Estado español (22.279 euros). A diferencia é maior se a comparación é coa media da Unión Europea, 6.100 euros superior (28.500) por habitante ao PIB de Galiza. O medre real do PIB en Galiza foi negativo (-1%) en 2013, outro dato que amosa o impacto da crise. Desde o inicio da crise o PIB por habitante no noso país foi descendendo. En 2009 era de 20.423 euros. DE feito, o actual dato galego (20.399), está no nivel que o Estado español tiña hai oito anos, en 2006 (22.400 euros por habitante). Concellos Dos 314 concellos existentes en Galiza só 44 superan en Produto Interior Bruto (PIB) por habitante a media galega, que é de 20.400 euros. Unha cantidade sensibelmente inferior, un 8,4% menos, que a media estatal, que foi de 22.279 euros en 2013. Un total de 270 municipios, logo, fican por baixo ou como moito igualan o PIB. Segundo os dados do Instituto Galego de Estatística, hai por volta de 60 concellos onde o seu PIB por habitante é menos da metade da media galega, é dicir, por baixo dos 10.200 euros. |
NOS_38890 | División no Goberno estatal após desouvir a ministra as peticións de dimisión. Paz Esteban (CNI), pola súa parte, comparecerá esta quinta feira polas presuntas espionaxes nunha sesión que decorrerá a porta fechada. | A ministra de Defensa, Margarita Robles, apoiou esta cuarta feira a directora do Centro Nacional de Intelixencia (CNI), Paz Esteban, de quen dixo que "está a ter que aguantar estoicamente" imputacións que, segundo asegurou, "non se corresponden coa realidade". Robles respondeu así na Comisión de Defensa do Congreso dos Deputados ás críticas pola presunta espionaxe a líderes independentistas co programa Pegasus e insistiu en rexeitar as acusacións "sen base probatoria" ao centro de intelixencia, que "non se pode defender" polo secreto legal que rexe as súas actuacións. "O CNI ten un deber de secreto e é moi cómodo que alguén diga que o CNI fixo algo", lamentou, apuntando que a súa directora dará todas as explicacións necesarias esta quinta feira ante a Comisión de Gastos Reservados, que decorrerá a porta fechada. Neste contexto, reivindicou que os tribunais de Xustiza son os que dirimen as responsabilidades e animou a acudir a eles a toda persoa que pense que foi vítima dun delito. A ministra Robles xustifica a espionaxe: "Que ten que facer un Goberno cando alguén declara a independencia?" Así, lembrou o que fixo o Goberno a respecto da espionaxe ao seu propio teléfono móbil e ao do presidente, Pedro Sánchez. Ademais, obviou a quen piden a súa dimisión, como veñen solicitando BNG, ERC e outras forzas políticas nas últimas datas, e sostivo que ela é unha "servidora pública" que cre nos tribunais e a presunción de inocencia. Institucións "serias e fiábeis" Robles insistiu en que os funcionarios traballan "nos destinos máis variados", de forma "anónima" e sen buscar "publicidade". "A Unión Europea sabe que España é un país serio, con institucións sólidas, fiábeis e cun compromiso inequívoco co Estado de Dereito, e que todos os servidores públicos actúan só e exclusivamente conforme a legalidade", reivindicou. "Iremos aos tribunais porque non hai nada que ocultar", dixo Robles Neste senso, garantiu que o Goberno acudirá aos tribunais sempre que for preciso, xa que, dixo, "nunca hai nada que ocultar". A ministra subliñou que non acepta "especulacións" nin acusacións "sen probas". "Non vai poder ninguén coa fortaleza das persoas de lei que cumpren coa legalidade e que están en todo momento arrimando o ombreiro nun acto de xenerosidade e non na descualificación permanente ás institucións", aseverou. "Tolerancia cero" con estes delitos A respecto do informe de Citizen Lab que desvelou a presunta espionaxe a varios líderes independentistas, Robles rexeitou as "elucubracións" baseadas no informe "dun laboratorio", en referencia ao devandito organismo. Aliás, fixo fincapé en que as escoitas ilegais sen autorización xudicial non son só politicamente rexeitábeis, senón que constitúen "un delito con maiúsculas" cuxa persecución corresponde aos tribunais. PSOE, PP e Vox botan abaixo a comisión de investigación sobre a espionaxe con 'Pegasus' "Tolerancia cero cos delitos, tolerancia cero coas escoitas ilegais sen autorización xudicial e apoio máximo aos xuíces —repetiu en varias ocasións—. Aquí algúns queren un escándalo porque lles vai ben para tapar outras cuestións, pero isto é un delito, que é moito máis grave; vaiamos aos tribunais". División no Goberno Pola súa parte, o deputado de Unidas Podemos (UP) Pablo Echenique instou Robles a "asumir responsabilidades políticas ao máximo nivel" polo que considera o "maior escándalo da historia recente", nunha situación que hoxe, dixo, é "insostíbel". A ministra replicou lembrando que "todo o Goberno ten acceso" aos informes do CNI. |
PRAZA_10974 | Os colectivos feministas apelan á participación nas mobilizacións convocadas para o mércores en numerosas vilas e cidades galegas | As principais institucións galegas manifestaron este martes a súa repulsa ante o triplo asasinato machista de Valga con concentracións e minutos de silencio ante as súas sedes. O Parlamento, a sede central da Xunta en San Caetano, a subdelegación do Goberno central en Pontevedra e numerosos concellos foron o escenario destas convocatorias.Os colectivos feministas apelan á participación nas mobilizacións convocadas para o mércores en numerosas vilas e cidades galegasEstas mostras de condena dos crimes e de solidariedade coa familia das mulleres asasinadas chegan mentres Valga comezou xa as xornadas de loito oficial e na véspera das mobilizacións convocadas para este mércores, día 18, polos colectivos feministas en numerosas vilas e cidades galegas. A Marcha Mundial das Mulleres continúa a actualizar a listaxe de todas as convocatorias, que pode consultarse nesta ligazón. |
PRAZA_14276 | O Goberno de Feijóo é o primeiro da historia autonómica en non lograr traspasos de competencias | "Comezaron pedindo, e obtiveron, o apoio unánime do Parlamento para demandar máis de 70 competencias ao Estado (...). Finalmente se pregaron á falla de sensibilidade para con Galicia dun Goberno socialista que, ao mesmo tempo que lle realizaba 35 novos traspasos a Andalucía ou 26 a Cataluña, apenas conseguiron máis que 12 acordos para Galicia". No ano 2009 o PPdeG describía deste xeito no seu programa electoral o escenario do autogoberno galego tras tres anos e medio de mandato da coalición de PSdeG e BNG. Socialistas e nacionalistas só lograran doce transferencias, moitas delas consistentes en "acordos sen contido", reprochaban os conservadores."Falaban de involución autonómica pero o tempo pon a cada un no seu lugar", abondaban, nun contexto no que "sendo certo que conforme se vai avanzando cada vez quedan menos competencias por transferir (...), o abano de temas pendentes esixe un esforzo negociador adicional". Catro anos despois, o panorama mudou notablemente, ata o punto de ter o contador do autogoberno cun número notablemente máis baixo, a cero, sendo a primeira lexislatura da historia autonómica que finaliza sen ningunha competencia nova.Daquela os conservadores galegos "reafirmaban" a súa "intención de negociar co Estado" para "negociar a ampliación competencial de Galicia" e, ademais, "demandar do Estado medios adicionais" para financiar correctamente cada transferencia. "Trátase -evidenciaban- de conseguir negociar con éxito o traspaso das competencias ou avanzar en fórmulas de coparticipación na decisión". Neste contexto o PP establecía doce ámbitos prioritarios aos que reclamaría estender o autogoberno no caso de retornar ao poder. A ordenación do sector pesqueiro, a investigación oceanográfica, os portos, a ordenación do dominio público márítimo terrestre, a meteoroloxía ou os aeroportos eran algúns dos ámbitos que tratarían de poder gobernar sen pasar por Madrid.O PP reprochou que o bipartito só lograse 12 competencias; na súa investidura, Feijóo comprometeuse a "continuar" as demandas do Goberno de PSdeG e BNGUnha vez gañadas as eleccións, no seu discurso de investidura Alberto Núñez Feijóo fixou tamén posición na materia. "O Goberno vaille dar continuidade ás demandas competenciais que (...) o Goberno bipartito presentou perante a Administración do Estado na pasada lexislatura", afirmou dende a tribuna do Parlamento. Tras esa declaración de intencións inicial o máximo responsable da actual Xunta en materia de relacións co Estado despois de Feijóo, o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, establecía unha axenda de prioridades composta por dous paquetes de transferencias pendentes. O primeiro incluía as tres competencias pactadas en 2008 polo daquela vicepresidente, Anxo Quintana: museos, bibliotecas e arquivos estatais, bolsas de estudo e Inspección de Traballo. A continuación, aseguraba, a Xunta negociaría dez máis: a titularidade das autoestradas AP-9 e AP-53, obras hidráulicas, dominio público hidráulico, ordenación pesqueira, meteoroloxía, investigación oceanográfica, titulacións e tarxetas naútico-pesqueiras, inspección e vixilancia pesqueira, ordenación do dominio público marítimo-terrestre e persoal de Xustiza. Neste contexto foi no que se celebraron as comisións bilaterais Galicia-Estado entre a Xunta e o Goberno do PSOE, reunións que non tiveron tradución en incremento do autogoberno por, segundo o gabinete de Feijóo, o bloqueo do equipo de José Luis Rodríguez Zapatero. Por este motivo, tras o cambio de cor política en La Moncloa polas eleccións de novembro de 2011, o propio Rueda asegurou que mantería a súa "actitude firme, comprometida e realista co avance do autogoberno" porque "redunda na mellora da xestión pública". Por este motivo a Xunta, sinalaba o conselleiro, "lle trasladará ao novo Goberno de Madrid a posición que mantivo dende sempre, baseada "nun maior autogoberno desde a responsabilidade e a lealdade". Unha vez chegado o final do partido, o marcador segue a cero. |
PRAZA_15641 | A achega destas fontes caeu seis puntos con respecto a 2014, nun contexto de maiores dificultades para a produción solar e eólica. O pasado ano, ademais, a luz encareceuse un 5,3%, segundo FACUA, 46 euros para un fogar medio | A política enerxética do Goberno de Mariano Rajoy, moi criticada dende o sector das renovables, comeza a pasarlles factura a estas fontes. A achega conxunta da enerxía eólica, solar e hidráulica foi en 2015 do 37,1% do total, unha cifra moi importante, pero case seis puntos inferior á de 2014 (42,8%) e cinco puntos por debaixo da de 2013 (42,3%). Interrúmpese polo tanto unha tendencia de crecemento, que fixera ascender o peso destas enerxías, que en 2011 era do 32,8%. En 2015 a eólica perdeu máis dun punto, e a hidráulica máis de catro, gañando peso pola contra a enerxía xerada polo carbón (a máis contaminante), que en dous anos pasou de representar o 14,6% a ser xa o 20,3%. A coxeneración e os ciclos combinados tamén gañan unhas décimas. Dende o sector das renovables lémbrase a "decidida aposta" que dende o Goberno de Mariano Rajoy se fixo do gas, o "incremento da presión impositiva sobre os produtores de enerxías renovables" e "o recorte dos ingresos que estos percibían por kilovatio hora xerado". "Todo isto traduciuse nunha crise sen precedentes do sector e na fuxida dos investidores, que deixaron de estar interesados en investir en instalacións renovables en España", engaden. 2011 2012 2013 2014 2015 Nuclear 21 22,1 21,2 22 21,9 Carbón 15,5 19,4 14,6 16,4 20,3 Eólica 15,9 18,1 21,2 20,3 19 Hidráulica 11,5 7,6 14,2 15,5 11 Coxeneración 11,9 12,6 12,4 10,3 10,6 Ciclo combinado 18,8 14,1 9,5 8,5 10,1 Solar fotovoltaica 2,9 3 3,1 3,1 3,1 Solar térmica 0,8 1,3 1,8 2 2 Térmica renovable 1,7 1,8 2 1,9 2 Procedencia da enerxía xerada en España em %. Fonte: Red Eléctrica Española Suba do 5,3% do prezo da luz Por outra banda, o prezo da electricidade incrementouse nun 5,3% en 2015, segundo cálculos de FACUA. A factura mensual dun fogar medio pasaría dos 72,84 euros de 2014 aos 76,67 euros do ano pasado, un incremento de 3,83 euros ao mes, que supón 45,96 euros anuais. Nos catro anos de lexislatura, dende o 2011, o prezo incrementouse nun 16,2%, ao redor de 500 euros anuais para un fogar medio. FACUA lembra tamén que boa parte deste aumento se debe ao feito de que as comercializadoras eléctricas -sobre todo as ligadas a grandes corporacións- aproveitaron a eliminación da Tarifa de Último Recurso, que liberalizou o mercado, para ampliar no último ano a súa marxe de beneficio nun 30%, segundo sinalara en novembro a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia nun informe sobre a supervisión do mercado. |
NOS_29776 | O agro galego estaba, antes de xurdir a actual situación de emerxencia sanitaria, exixindo melloras urxentes para que non desapareceran as súas explotacións. Coa chegada da COVID-19 e o estado de alerta pasou a ser un dos colectivos imprescindíbeis para manter o abastecemento da poboación. As medidas que se tomaron até o momento por parte da consellaría de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura non semellan ir parellas ás necesidades do sector. | A primeira preocupación estes días para as explotacións gandeiras e agrícolas galegas é unha cuestión administrativa fácil de solucionar mais que se non se atalla podería ter graves consecuencias sanitarias. "Nunha situación excepcional tería que haber medidas especiais", asegura a Nós Diario Miguel Méndez, labrego e técnico do Sindicato Labrego Galego (SLG). Este sindicato vén de rexistrar un escrito dirixido á Axencia Tributaria (AEAT) no que lle pide "unha ampliación extraordinaria do prazo das declaracións e autoliquidacións correspondentes ao primeiro trimestre do exercicio 2020 para as actividades agrícolas e gandeiras" de maneira que se poidan presentar "conxuntamente coas declaracións e autoliquidacións do segundo trimestre do exercicio, sendo o remate do prazo 20 de xullo". Méndez explica que este trámite é presencial pola falta de medios telemáticos na inmensa maioría das explotacións polo que en poucos días os desprazamentos e o perigo de contaxio por esta razón sería moi grande. O secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García, cre "innecesario" expoñer a poboación por este motivo. Asegura a Nós Diario que "se a consigna é illarse na casa non ten sentido obrigar agricultoras e agricultores, moitas de avanzada idade, para que veñan ás nosas oficinas neste estado de alarma". O "disparate" de Medio Rural De decisións que se poderían tomar a outras que se tomaron. O peche dos mercados locais e as restricións cara ao agro anunciadas pola consellaría de Medio Rural e publicadas no Diario Oficial da Galiza (DOG) non sentaron nada ben ás organizacións agrarias. "É un disparate", asegura Manuel Dacal, coordinador da Federación Rural Galega (Fruga), a Nós Diario. Enumera os anuncios contraditorios dos últimos días que dan unha idea "de descoordinación e descontrol" nas autoridades. Miguel Méndez, do SLG, explica que os mercados poderían estabelecer protocolos, ao estar ao aire libre, "moito máis seguros que os que teñen agora mesmo os supermercados que non deixan de ser espazos pechados". Afirma que "vai ser un golpe moi forte para a xente que traballa en ecolóxico e traballa a venda directa". Méndez tamén discrepa da prohibición de non de traballar o autoconsumo a máis de 500 metros do domicilio. "Ou nos menten e o virus está no aire ou non se vai contaxiar alguén que vaia a súa finca", asegura, "no rural é fácil manter as distancias", engade. Outra vez o prezo do leite A situación de emerxencia sanitaria extrema que vivimos semella non modificar a ambicións dalgunhas empresas que comercializan leite galego. Desde Fruga denuncian malas prácticas estes días por parte do sector. "A algún gandeiro se lle pediu que baixara até 3 céntimos o prezo do leite por parte de Leite Celta nos contratos, algo inxustificábel agora mesmo", relata a Nós Diario desde esta organización Elías Somoza, "se hai uns contratos asinados o lóxico que se prorroguen polo estado de alerta", engade. Sobre esta situación Roberto García, de UUAA, asegura a Nós Diario que o acordo que teñen coas industrias é que como para recoller o leite ten que haber un contrato asinado, segundo a actual normativa, "empregaremos un contrato de adhesión transitorio até retomar de novo a negociación", en todo caso nunca baixando os prezos". Asegura que "é certo que pode haber determinadas empresas que ante a ausencia da posibilidade de presión e mobilización na rúa aproveiten", mais engade que "cando pase esta situación sinalaremos esas industrias publicamente e terán o reproche moral do conxunto das consumidoras e consumidores". |
PRAZA_10020 | A nova entidade busca o "desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade" no movemento cooperativo galego e rachar, tamén alí, o "teito de cristal". | O pasado martes, Compostela acolleu a presentación de Nós, As Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia. A entidade nace co obxectivo do "desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade" no importante movemento cooperativo galego. "As mulleres doitan organizar e traballar nunha explotación agraria pero á hora de participar en actividades da cooperativa, delegan en homes"Impulsado no seo de Agaca (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), a axente de Igualdade de Xénero neste colectivo, Ruth Rodríguez, explica a Praza.gal como xurdiu a iniciativa. "Levamos moitos anos traballando en visibilizar o papel da muller titular dunha explotación agraria na esfera pública; sacala da esfera privada, onde adoita organizar e traballar pero da que non sae á hora de participar en actividades da cooperativa, ás que non vai e para as que delega no marido ou nun fillo", relata. Nós, As Mulleres nace, segundo di, para "darlles un pulo" a estas mulleres, para servir de "punta de lanza" a partir da cal teñan esa "importantísima e necesaria visibilidade pública", esa importancia que "si teñen no privado pero que non se traslada fóra". Segundo datos de 2017 do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agroalimentario, o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres, sobre un total dunhas 27.800. No entanto, os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina. "No noso ámbito, ao igual que noutros sectores, tamén hai teitos de cristal. Coa creación da asociación pretendemos que as mulleres participen nos órganos de dirección das cooperativas e, á súa vez, participe tamén Nós, As Mulleres", explita Ruth Rodríguez, que aclara que poderán formar parte "mulleres dos órganos de administración ou do cadro de persoal de entidades socias de Agaca, socias designadas de entre o colectivo de mulleres que formen parte das entidades e, en calidade de colaboradoras, persoas xurídicas socias de Agaca e organismos públicos e privados". A nova entidade centrará moito o seu labor en "apoderar" as mulleres e na "conciliación da vida laboral, familiar e persoal e a corresponsabilidade"Tras unha "moi boa acollida" na presentación, as 40 persoas participantes tiñan a misión de "espallar a nova" de que Nós. As Mulleres está nacendo e impulsar a asociación das representantes das cooperativas que forman parte de Agaca. As traballadoras, ademais das directivas, serán "clave", explica Rodríguez, porque Nos. As Mulleres pretende "traballar moito na conciliación entre vida persoal, laboral e familiar e, por suposto, na corresponsabilidade, porque sen ela conciliar non é posible". "Queremos xuntar as actuais directivas, con potenciais directivas, socias e traballadoras, sempre apoiadas por técnicas de Agaca especializadas", insiste. Entre as actuacións previstas, hai moitos e en diferentes ámbitos, moitas co obxectivo de "apoderar as mulleres e darlles confianza e competencias". Así, trataranse habilidades sociais como falar en público ou a aprendizaxe de competencias empresarias básicas de xestión de explotacións, márketing ou finanzas. Tamén formación e capacitación familiar e unha especial atención á "visibilización" e loita contra a violencia de xénero e a discriminación sexual."As mulleres deben perder o medo a participar, a decidir, a ser parte da empresa e entrar nos órganos de decisión, neste caso das cooperativas"O pasado martes, durante a presentación da nova entidade, José Montes, presidente de Agaca, destacou a importancia de traballar para que as "xeracións que veñen non teñan que reivindicar a igualdade de xénero que aquí estamos reivindicando". Pola súa banda, Dolores Calvo, vogal de Agaca e vicepresidenta de AMCAE convidou as mulleres a "perder o medo a participar, a decidir, a ser parte da empresa e entrar nos órganos de decisión, neste caso das cooperativas". Mentres que Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade da Xunta, considerou "fundamental conciliar vida familiar, laboral e tempo de ocio ao que temos dereito, sen sentirse culpable". Entre as accións xa programadas pola asociación atópanse un obradoiro de Apoderamento de mulleres socias de cooperativas con sesións formativas e visitas a cooperativas. |
NOS_1908 | Co 94,64% do voto escrutado a illa caribeña non confirma aínda o cambio de gobernador mais apunta a que o 61.23% prefire a opción da incorporación como outro estado máis dos EU. | Porto Rico non ten aínda decidido o seu futuro, co 94,64% dos votos escrutados, polo axustado do resultado entre o Partido Popular Demócrata de Alejandro García Padilla e o Partido Nuevo Progresista de Luis Fortuño. O cambio no goberno desta illa do Caribe, agora mesmo Estado Libre Asociado aos Estados Unidos, podería levar tamén consigo a mudanza na súa relación territorial cos EUA na votación paralela, non vinculante, que se realizou tamén na xornada de onte. As cifras das eleccións xerais A Comisión Estatal de Eleccións (CEE) aínda non confirmou que formación política gañou estas eleccións xerais e que optaban ao posto de gobernador. Segundo os datos facilitados esta mañá, cun 95,56% escrutado (1570 mesas electorais de 1643 existentes) recolléronse un total de 1.805.615 votos d@s 2.347.513 inscrit@s. As candidaturas máis votadas serian as de Alejandro García Padilla (PPD) con 863,783 votos (47.84%), Luis Fortuño (PNP) con 849,888 votos (47.07%), seguidos de Juan Dalmau Ramírez (PIP) con 45,508 votos (2.52%), Rafael Bernabe (PPT) con 17,194 votos (0.95%), Arturo Hernández (MUS) con 9,973 votos (0.55%), Rogelio Figueroa (PPR) con 6,268 votos (0.35%) e Outr@s con 13,001 votos (0.72%). A Comisión Estatal de Eleccións (CEE) aínda non confirmou que formación política gañou estas eleccións xerais e que optaban ao posto de gobernador. As cifras da opción territorial Segundo datos facilitados pola Comisión Electoral de Porto Rico, co 94,64% dos votos escrutados, o 53.97% da poboación (920.991 persoas) non esta conforme coa actual relación territorial con Estados Unidos fronte aos que si o están, un total de 785,373 votos. Da porcentaxe que votou mudar a situación 791.486 votantes (o 61.23%) prefire a opción da incorporación como outro estado máis dos EU; o ELA soberano obtivo 429.881 votos (o 33.26%); e a a ndependencia conseguiu 71.210 votos (o 5.51%). |
NOS_5536 | Continúa a practicar a dupla linguaxe o PP a respeito da transferencia da AP9 a Galiza, no país votan unha cousa e a contraria en Madrid. Lembremos que o Parlamento galego aprobou no seu día, tomando como base unha iniciativa do BNG, unha proposición de lei nese sentido. | A Comisión de Fomento aprobou esta cuarta feira unha proposición non de lei de En Marea en que se demanda a transferencia da AP9 a Galiza. A iniciativa tivo o apoio de PSOE, ERC, PNV, Compromís e EH Bildu, 20 votos en total. Votárona en contra PP e Cs, 17 parlamentares. A parlamentar de En Marea Alexandra Fernández foi a encarregada de defender a proposición non de lei. Na súa intervención, advogou mais unha vez por que o Goberno estatal erga o veto que impide a tramitación no Congreso dos Deputados da proposición de lei do Parlamento galego. Fernández cuestiona a utilidade da "comisión de seguimento" sobre o asunto proposta polo PP: "Dubidamos que resolva os problemas, porque o principal impedimento é que a AP9 está convertida nun tapón para a cohesión do territorio e para a dinamización socioecónomica polos altos custos da peaxe". Nas últimas datas produciuse un significativo pronunciamento a prol da transferencia, o do novo presidente da patronal galega. |
NOS_52508 | Helicópteros, furgóns de antidisturbios, controis policiais nas estradas... un forte dispositivo das Forzas de Seguridade toma a contorna do castelo par evitar protestas, principalmente dos 'prefrentistas' | O Castelo de Soutomaior é o sitio tradicionalmente querido por Rajoy para marcar o inicio do curso político. Tamén neste 31 de agosto, onde se van dar cita o presidente español, o galego, ministros, cargos populares... e tamén ducias e ducias de axentes das forzas de seguridade. Desde horas antes do inicio oficial do acto do PP había controis nas estradas, antidisturbios a controlar o paso, helicópteros a sobrevoar a zona, furgonetas policiais... un despregamento digno do Belfast dos 70. E todo para acalar e evitar a presenza de protestas e manifestantes, sobre todo d@s preferentistas, aos que se prohibiu achegarse a menos dun quilómetro do castelo. Haberá ampliación |
PRAZA_3081 | O pleno municipal aproba por unanimidade honrar o ex-técnico, que dará nome a unha rúa e á Cidade Deportiva da Torre. O ex-adestrador dá as "grazas eternas" pola "desmedida xenerosidade con aquel rapaz de Arteixo que emigrou á Coruña co soño de facer feliz a afección de Riazor". | "Monchiño, non facía falta", dille Arsenio Iglesias no seu comunicado de agradecemento ao xornalista Moncho Viña, un dos impulsores dunha iniciativa que acaba co apoio unánime do pleno do Concello da Coruña ao seu nomeamento como fillo adoptivo da cidade. Unha frase e unha actitude que resume a forma de ser do ex-xogador e ex-adestrador do Deportivo, que dará un nome a unha rúa e á Cidade Deportiva da Torre tras a aprobación da medida por parte de todos os grupos políticos municipais. Todos os grupos políticos aproban por unanimidade honrar a Arsenio Iglesias, que dará nome a unha rúa e á Cidade Deportiva da TorreNon houbo debate no pleno. Non o hai arredor de Arsenio Iglesias na Coruña. Todos os portavoces municipais destacaron a figura do mellor "embaixador oficioso" da cidade, como dixo a alcaldesa Inés Rey. "Non hai A Coruña sen Arsenio", dixo, parafraseando a canción d'Os Diplomáticos de Monte Alto que rende homenaxe ao ex-adestrador, tributo que tamén lembrou a concelleira do BNG, Avia Veira, para destacar a galeguidade do ex-técnico, sinalado tamén como "filósofo de Arteixo", como destacou o portavoz da Marea Atlántica, Iago Martínez antes dun aplauso tamén unánime. Nun comunicado, publicado na páxina web do Deportivo, Arsenio dá as "grazas eternas" a todos os deportivistas e coruñeses "pola súa desmedida xenerosidade con aquel rapaz de Arteixo que un bo día de 1951 emigrou á Coruña co soño de facer feliz a afección de Riazor". "Este recoñecemento que recibo faime pensar que nalgún momento o conseguín", di Arsenio Iglesias, que di que aínda se pregunta moitas mañás por que merece "tan inmenso agarimo" e co que "xa estaría pago máis que dabondo". "É un 'hat trick' como aqueles que facía Bebetiño, acordádesvos?", di Arsenio respecto da tripla homenaxe que lle concede o Concello da Coruña"Penso que se trata dunha decisión tremendamente xenerosa cara á miña persoa e dun gran recoñecemento que merecerían –e, con toda seguridade, antes ca min mesmo– outros xogadores e adestradores do club da miña vida, o Real Club Deportivo", resume o ex-adestrador, que destaca o feito de que, á vez, sexa nomeado fillo adoptivo, ademais de poñer nome a unha rúa e a unha instalación municipal. "É un hat trick como aqueles que facía Bebetiño, acordádesvos?", di. A iniciativa comezou cunha recollida de sinaturas impulsada polos xornalistas Moncho Viña, Alfonso Hermida e Adrián Menéndez, que acabou por desembocar na decisión que agora toma o pleno. "Esa cidade deportiva e esa futura rúa non serán a cidade deportiva Arsenio Iglesias nin a rúa Arsenio Iglesias, senón a cidade deportiva e a rúa do deportivismo, un sentimento que naceu hai 113 anos nesta cidade e que xamais morrerá", di o ex-técnico respecto das honras recibidas. |
NOS_15673 | Un roteiro ao longo da beira do río Tea, polos concellos de Ponteareas e Salvaterra de Miño. | Unha ruta un pouco longa para camiñar, uns 14 quilómetros pola beira do río Tea polos concellos de Ponteareas e Salvaterra (case 18 quilómetros se a facemos completa desde a praia da Freixa, en Ponteareas, ao parque da Canuda, en Salvaterra), excesiva para facer de ida e volta, polo que é moi aconsellábel procurar un transporte para volver ao punto de partida, pero ideal para un paseo en bicicleta ao que axuda un piso de bo firme, regular e case chan, ao que hai que engadir que, no traxecto que nós fixemos, só hai que cruzar un par de estradas locais con pouco tráfico. Paraxe: O Condado / Concello: Ponteareas e Salvaterra do Miño / Dificultade: Baixa / Percorrido: 14 quilómetros (lineais) No percorrido, que facemos por un camiño con longos tramos á sombra das árbores da ribeira e doutros espazos arborados de áreas anegábeis e terreos forestais próximos ao río, movémonos dentro do espazo protexido como LIC/ZEC Río Tea onde, ademais dos valores naturais, imos atopar varios puntos de interese -a maiores dos que a hora, a sorte, ou a casualidade teña a ben ofrecernos-, gozaremos de tres pontes medievais de mérito, catro praias fluviais con áreas de lecer -que tamén teñen acceso por estradas locais- e outros lugares polos que achegarse á auga ao pé de pequenos areais. Facemos o camiño río abaixo, saíndo da ponte dos Remedios e levando á dereita a corrente, hoxe calma, silandeira e transparente, cunha auga tan clara e un fondo tan limpo que deixa ver canto hai dentro e debaixo dela, característica que é aproveitada para realizar unha actividade pesqueira tradicional, única e propia da contorna do Tea: a pesca da lamprea desde as estacadas, unhas estruturas que se arman cada tempada, entre os meses de febreiro e maio, para a captura destes peixes que, polas súas especiais características, precisan ser collidos en datas e con métodos que están prohibidos para a pesca do resto das especies (hai que aproveitar as noites da época na que remontan a corrente en busca dos lugares onde deixar postos os ovos dos que sairá a seguinte xeración, e capturalos con fisga porque non se alimentan mentres suben polo río, e despois de pór os ovos, morren). Neste tramo final do seu curso, o Tea é un río calado, un río que só ten voz cando cae polos vellos atrancos que, en tempos, conducían a auga a mover os rodicios verticais das aceas, das que aínda se conservan algúns restos. E co que imos vendo e camiñando pasan os quilómetros e as horas até que, despois de cruzar por debaixo da ponte da estrada de Salvaterra ao Porriño, saímos ao pé da ponte de Fillaboa onde damos por rematado o percorrido, que tamén podemos seguir uns 500 metros máis abaixo para ver como o Tea deixa a súa auga no Miño, onde se abre en dous para formar a illa de Fillaboa. |
NOS_54191 | A Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro para as últimas horas do día. | O vento deixou fortes refachos á primeira hora da mañá desta quinta feira en diferentes puntos do país, onde chegaron a alcanzarse máis de 100 quilómetros por hora tanto en zonas da costa como do interior. Os valores máximos captáronse no alto do Xistral, en Muras, e en Penedo do Galo, en Viveiro, onde arredor das 9 horas os medidores de Meteogalicia rexistraron refachos de 115 e 114 quilómetros por hora. Aliás, o vento superou os 100 quilómetros por hora noutras zonas como Vimianzo, Carballeda de Avia, Cuntis e Lira (Carnota). Toda a costa galega fica en alerta laranxa desde a cuarta feira por un temporal que, alén de fortes ventos, tamén está a deixar importantes ondadas, que roldaron os catro metros de altura en Cabo Silleiro (Baiona). Así o reflicten as boias de Portos da Galiza, que tamén captaron ondas de case cinco metros en puntos mar adentro fronte á costa da Coruña e de Vigo. Parques fechados Ante a situación de alerta por temporal, o Concello da Coruña decidiu fechar ás persoas visitantes a Torre de Hércules e a zona de interpretación que circunda o monumento coruñés. En Santiago, os parques tamén ficarán fechados ante as previsións de ventos que poden oscilar entre os 70 e os 80 quilómetros por hora. Máis de 1.000 raios caeron na Galiza nunha noite de treboada con ventos de até 100 quilómetros por hora Aviso laranxa A dirección xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro para as últimas horas do día nas provincias da Coruña e Pontevedra. Este fenómeno meteorolóxico adverso, segundo informa o Goberno galego, deixará ventos de forza 8 no sur e suroeste, así como mar combinado con ondas de até 6 metros no oeste, suroeste e noroeste do litoral coruñés e pontevedrés. Por isto mesmo, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, de diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade para realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Durante esta mesma xornada, Meteogalicia mantén activado un aviso amarelo por fortes xeiras de ventos na montaña de Ourense, logo de desactivarse arredor de mediodía na montaña de Lugo e na comarca da Mariña. Xornada desta quinta feira Xa para esta quinta, haberá tamén avisos amarelos tanto por vento como por choiva en boa parte da Galiza e case todo o día. No mar, Meteogalicia activará a alerta laranxa entre as 6 horas da mañá e 15h nas Rías Baixas, desde as 6 até a medianoite na Costa da Morte e desde as 12 até a medianoite na costa noroeste. Aliás, haberá alerta laranxa por ondas de até 5 e 6 metros entre as 12 e a medianoite nas Rías Baixas e na Costa da Morte; mentres que na zona da costa noroeste activarase este aviso laranxa ás 18 horas até as 00h. E por ondas de 4 a 5 metros activarase tamén o aviso amarelo entre as 6 e as 12 horas. A respecto do aviso amarelo por choiva, por máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas, activarase ás 9 horas en case toda a provincia da Coruña (oeste, interior e suroeste), mentres que comezará ao mediodía no interior de Pontevedra. |
NOS_19935 | Hai un Colón xenovés, un Colón corso, un Colón francés, un Colón inglés pero tamén un Colón portugués, vasco, catalán, para algúns nado en Barcelona e para outros nas illas, español, reclamando a súa paternidade Andalucía, Extremadura ou Aragón, e mesmo grego ou armenio. A reivindicación da galeguidade de Colón foi iniciada nos anos finais do século XIX polo pontevedrés Celso García de la Riega. | As dúbidas sobre a orixe de Cristovo Colón, consecuencia da vontade do interesado por agochar o seu pasado e da ausencia de documentación definitiva sobre a súa terra de nacemento, ten favorecido a aparición de diferentes teses que reclaman nacionalidades diversas para o mariño. Estamos diante dunha controversia que nalgúns casos arrastra séculos e que mantén unha grande actualidade como demostra a abondosa bibliografía que segue a xerar a cuestión e os vivos debates no ámbito historiográfico. A reivindicación da galeguidade de Colón, iniciada nos anos finais do século XIX polo pontevedrés Celso García de la Riega, está ligada ao achádeo por parte do investigador e de Casto Sampedro de diferentes documentos que acreditaban a presenza en Pontevedra dunha xinea Colón e mesmo dun Cristovo ao longo do século XV. Á marxe das motivacións ideolóxicas, estamos diante dun españolista militante enfrontado ao rexionalismo galego dirixido por Murguía, do propio contexto político, un estado sacudido pola crise provocada pola perda das colonias e necesitado de referencias imperiais, a tese rieguista fornecía unha explicación coherente e unha base documental sólida. Non tardaría a "Real Academia de la Historia" en impugnala, afirmando que se fundamentaba en documentación falseada polo autor. Porén á volta dos anos 70, sometidos os escritos a un fondo estudo conforme ás novas técnicas, ficou confirmada a súa autenticidade. [Podes ler a peza completa no Sermos Galiza 269, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
PRAZA_10559 | A ex-alcaldesa, á que o presidente encargou hai un mes reconstruír o PP na cidade, farao desde ese cargo público no que substitúe a Ignacio López-Chavez, que agora vai a Competencia. O Consello tamén aproba cambios en Portos e Promoción Laboral. | A ex-alcaldesa, á que o presidente encargou hai un mes reconstruír o PP na cidade, farao desde ese cargo público no que substitúe a Ignacio López-Chaves, que agora vai a Competencia. O Consello tamén aproba cambios en Portos e Promoción Laboral.Como vén sucedendo desde hai unha década despois de eleccións de todo tipo, o Goberno galego segue a servir para recolocar en postos públicos dependentes da Xunta a cargos do PP en función das necesidades do partido. Tras a derrota sufrida polos populares nas municipais en Vigo, o Consello da Xunta decidiu este xoves nomear a Corina Porro, ata agora presidenta do Consello Económico e Social, nova delegada do Goberno galego en Vigo, onde hai un mes foi posta por Feijóo á fronte do PP local para tentar reconstruílo. Na delegación substitúe a Ignacio López-Chaves, agora nomeado presidente da Comisión Galega da Competencia. O Consello tamén aprobou cambios en Portos de Galicia e na Dirección Xeral de Promoción Laboral.Tras as municipais de 2015 Feijóo xa recolocara na Xunta a cargos do PP que perderan os seus postos públicos locais, como José Manuel Rey Varela ou Diego Calvo. O mesmo ocorreu o pasado ano con populares que perderon os seus postos tras a caída do Goberno central de Mariano Rajoy. E á inversa, o propio Feijóo recoñeceu que debilitou o Goberno galego co obxectivo de que o PP puidese recuperar cidades que controlaba a esquerda, algo que non conseguiuFeijóo salientou este xoves a longa traxectoria de Porro e como polo feito de ser ex-alcaldesa da cidade é "coñecedora das súas necesidades"Agora, tras o afundimento do PP en Vigo ante Abel Caballero e a dimisión da candidata e presidenta local da formación, Elena Muñoz, Feijóo dálle á ex-alcaldesa Corina Porro a delegación da Xunta na cidade para que a compaxine coa reconstrución do partido, tarefa que xa lle encomendara hai un mes e malia que Porro asegurou que non volvería á política local. Feijóo salientou este xoves a longa traxectoria de Porro e como polo feito de ser ex-alcaldesa da cidade é "coñecedora das súas necesidades".O posto de Porro no CES queda de momento baleiro "o menor tempo posible", segundo dixo Feijóo este xoves. Preguntado pola posibilidade de que a persoa elixida sexa a ex-presidenta do Parlamento de Galicia Pilar Rojo, Feijóo limitouse a dicir que ten "un currículo interesante" pero que "de momento non hai ningunha comunicación ou conversa con ningunha persoa". "A partir do luns empezamos a falar diso", dixo. Desde que deixara a Cámara galega, Rojo era deputada no Congreso pero nas últimas eleccións xerais foi recolocada nas listas do PP ao Senado, onde non logrou o escano ao que aspiraba pola provincia de Pontevedra. Tampouco foi Rojo a elección do PP galego para os dous escanos por designación autonómica aos que tiña dereito e que aproveitou para recolocar na Cámara alta aos seus fracasados candidatos en Ourense e Vigo, Jesús Vázquez e Elena Muñoz. Porro será a cuarta delegada da Xunta en Vigo desde que Feijóo creou o posto en 2009 como contrapoder de CaballeroPola súa banda, Porro substituirá na delegación de Vigo -será a cuarta delegada desde que Feijóo creou o posto en 2009 como contrapoder de Abel Caballero- a Ignacio López-Chaves, antigo compañeiro de goberno local que a reemplazou á súa vez cando ela deixara en 2011 a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo. López-Chaves chegou á delegación da Xunta en 2015 e agora é á súa vez o elixido para cubrir o posto de presidente da Comisión Galega da Competencia, que ten carácter temporal e no que o seu antecesor, Francisco Hernández, levaba tempo co mandato caducado.Pablo Casal será o novo director xeral de Orientación e Promoción Laboral, posto que deixou baleiro o agora portavoz do PP en Vigo, mentres que en Portos de Galicia Susana Lenguas substitúe a José Juan DuránO Consello da Xunta tamén cubriu este xoves o posto de director xeral de Orientación e Promoción Laboral, que estaba baleiro desde que hai un mes o seu anterior titular, José Alfonso Marnotes, o deixara para facerse cargo da portavocía do PP no Concello de Vigo. A súa elección para ese posto malia ir no número 20 da lista do PP ás municipais obrigou a que 16 compañeiros que o precedían renunciasen a tomar posesión. O novo director xeral será Pablo Casal Espido, ata agora secretario xeral do Igape. Os cambios este xoves chegaron tamén a Portos de Galicia, cuxo presidente desde 2011, José Juan Durán, é substituído por Susana Lenguas Gil, ata agora no sector privado. |
NOS_3002 | O 71% das persoas consultadas consideran que o primeiro ministro escocés se impuxo con clareza ao portavoz unionista de Better Together, Alistair Darling, a quen só viu vencedor o 29% da audiencia. Os dados tíranse dun inquérito realizado por The Guardian. | En xeral, a impresión é que Salmond soubo levar o debate ao terreno que máis lle interesaba, o das políticas sociais e moi nomeadamente o da defensa da sanidade pública, ameazada de privatización polos planos do goberno tory. A vitoria de Salmond reforza as opcións do campo independentista no referendo de autodeterminación axendado para o 18 de setembro. Nun momento determinado do duelo dialéctico, Darling viuse obrigado a dicer que el como político laborista non partilla os planos privatizadores de David Cameron, mais Salmond retrucoulle que o seu partido se aliou cos conservadores -fortemente contestados en Escocia- para facer parte da plataforma unionista Better Together. A vitoria de Salmond reforza as opcións independentistas no referendo do 18 de setembro O primeiro debate, realizado o 5 de Agosto, pivotara basicamente arredor da cuestión de se Escocia podería manterse ou non dentro da libra esterlina, e os inquéritos concederon a victoria a Darling. Daquela, o inquérito realizado por The Guardina dera a vitoria do portavoz de Better Together por 56% a 44%. Os argumentos Darling baseou a súa mensaxe en que Escocia pode gañar autogoberno en materia fiscal e de servizos sociais e ao tempo non perder a seguranza e estabilidade que, ao seu xuízo, lle confire a pertenza ao Reino Unido. Salmond, por súa parte, defendeu que Escocia é unha nación próspera e que a independencia lle permitiría preservar aos seus cidadáns dos efeitos desastrosos decorrentes das políticas fiscais neoliberais, ao tempo que garantiría a desnuclearización do país. |
PRAZA_6453 | Este martes ofrecerá os detalles das fases Abrente -na que as marcas rexistradas poderán exercer o seu dereito preferente para solicitar un dominio- e Carreira -na que calquera persoa ou entidade poderá poxar por un dominio- | O pasado 24 de xullo presentábanse en Compostela as primeiras 93 webs con dominio .gal, as denominadas pioneiras. Eran as primeiras de moitas, abrían un camiño que, seguindo os prazos previstos pola ICANN, tería que percorrer varias fases e procesos. Entre elas as que nos vindeiros días se van abrir: Abrente (sunrise) e Carreira (landrush). Será en decembro cando chegue a derradeira fase, a fase aberta, na que calquera poderá rexistrar un enderezo de forma inmediata. Este martes os responsables da Asociación Puntogal ofrecerán na Coruña, na sede da Real Academia Galega, os detalles destes procesos, nun acto no que intervirán Manuel González, presidente da asociación, Edita de Lorenzo Rodríguez, directora xeral, e Xesús Alonso Montero, presidente da RAG. A fase Abrente ten como obxectivo "protexer dominios de interese público", pois nela "entidades públicas e privadas poderán exercer o dereito preferente de solicitar o seu dominio", que lles corresponde por tratarse de marcas rexistradas. Pola súa banda, a fase Carreira é aberta e nela o público xeral poderá acceder aos "enderezos que non teñan dereitos preferentes", poxando "por direccións especialmente atractivas". En decembro será a quenda para a fase aberta, "na que todo o público poderá acceder ao dominio sen restricións". Na web Dominio.gal ofrecerase toda a información para poder realizar os rexistros e tamén as condicións que debe cumprir unha páxina para poder epmregar o dominio .gal. Os sitios web co .gal deben ter un contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento. Así o obriga a candidatura do .gal aprobada por ICANN. |
NOS_13526 | Convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya baixo o lema 'Democracia e liberdade' | Esta segunda feira, 26 de marzo, haberá concentracións en oito cidades e vilas galegas para denunciar a vaga represiva en Catalunya, coa detención de líderes independentistas como exemplo máis destacado. As concentracións convócaas a Plataforma Galiza con Catalunya baixo o lema 'Democracia e liberdade'. Lugar e hora: Vigo. Farola de Urzáiz. 20:00 horas A Coruña. Subdelegación do goberno. 20:00 horas Ferrol. Praza Amada García. 20:00 h. Ourense. Subdelegación do goberno. 20:00 h. Compostela. Praza do Toural. 20:00 h Pontevedra. Praza Peregrina. 20:00 h Lugo. Praza maior. 20:00 h. Burela. Praza Mariña. 20:30 h. |
NOS_8426 | A moza do Barbanza saltou unha distancia de 14,55 e queda a nove centímetros do récord estatal | Este domingo, Getafe acolleu a celebración do Campionato de España Absoluto de Atletismo. A competición rexistrou a mellor marca persoal da atleta galega Ana Peleteiro, que estirou o seu salto até 14,55 metros, só nove centímetros por debaixo do récord do Estado español, que até agora ostenta Carlota Castrejana. A ribeirá, que xa gañara a medalla de bronce no Mundial de pista cuberta de Birmingham, foi aumentando os seus rexistros durante o campionato estatal. Pasou dun primeiro salto de 14,39 até 14,45 nun segundo intento. Foi na terceira tentativa na cal chegou até eses 14,55 metros que a sitúan nunha posición favorábel de cara ao campionato europeo de Berlín, que terá lugar no próximo mes de agosto. Na mesma proba de triplo salto, a segunda praza correspondeu a Patricia Sarrapio, que rexistrou un salto de 13,92. O bronce, pola contra, foi para María Vicente, campioa de Europa Sub18 que completou un intento de 13,67. |
NOS_105 | Os municipios comezan a suspender actividades como os mercados semanais ou o Carnaval en previsión de que as limitacións anunciadas hoxe pola Xunta poidan adiarse no tempo. Pontevedra, por exemplo, renuncia á tradición e anuncia o indulto do loro Ravachol. | Os gobernos das grandes cidades e dos pequenos municipios non están tardando demasiado en reaccionar ás medidas anunciadas polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para intentar controlar a expansión da pandemia. Xa advirten de que vai ser un "golpe durísimo" para os negocios, especialmente para a hostalaría, e reclaman do Goberno galego unha liña de subvencións acelerada. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destaca o bo comportamento da veciñanza porque esta cidade queda nun nivel "medio-alto" de restricións e non no máxico risco. No entanto, pide á cidadanía que non deixe as precaucións porque hai que procurar "a tendencia á baixa nas cifras" sen esquecer que detrás hai persoas. En calquera caso, o feito de que en Lugo na hostalaría poidan ter até o 30% da capacidade quer dentro, quer fóra (nas terrazas) non tranquiliza a Méndez. Nesta "nova realidade" a comezar o venres volven verse prexudicados "sectores fundamentais" polo que exixe á Xunta "que poña xa medidas enriba da mesa para paliar esta situación". O seu homólogo en Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, apunta a un "golpe durísimo" tendo en conta que a cidade vai estar en risco extremo, é dicir, só se poderá habilitar o 50% da terraza pero bares e restaurantes terán fechado o interior. Malia non cuestionar a decisión do Goberno galego e do comité clínico, amósase preocupado pola situación económica. Polo momento, promete retirar unha taxa aos locais de hostalaría no trienio 2020-2021-2022, xa que a chegada da emigración á cidade "no Nadal" supuxo un incremento dos contaxios "moi forte". Mudanza do Entroido En Pontevedra, sendo precavido polo que poida seguir pasando, o Concello vén de anunciar que suspende todos os eventos que formarían parte do Entroido. Así, mesmo decidiu indultar ao loro Ravachol, unha figura fundamental nestas festas. A concelleira de Festas, Carme da Silva, comentou que traballan nunha nova programación "que terá como fío condutor a memoria histórica do carnaval na rúa". Localidades máis pequenas Noutras localidades máis pequenas, como pode ser Culleredo -na área metropolitana coruñesa e até o de agora fechado perimetralmente con A Coruña, Arteixo e Cambre- tamén hai avances. O rexedor, José Ramón Riobóo comunicou que cando estean en vigor as novas medidas advertidas hoxe aumentarán os controis nas entradas e saídas do municipio, para sancionar aquelas que non teñan a debida xustificación. En Ames quedan suspendidos os mercados ambulantes dos sábados, que decorrían en Bertamiráns. En O Rosal, pola súa parte, propoñen á Consellaría de Sanidade que faga un cribado masivo dada a alta incidencia do coronavirus. |
PRAZA_13043 | O Reperkusión pechou este sábado tres días de concertos e moito máis: malabares, trapecio, clown, mercadiño, acampada... O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos e de máis de tres horas de duracións en cada caso. Galería con imaxes de Brais Seara no interior. | O Reperkusión pechou este sábado tres días de concertos e moito máis: malabares, mercadiño, acampada... O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos, e de máis de tres horas de duracións en cada caso. Máis de cinco mil persoas gozaron cada noite, ademais, con Kiril Dzajkovski, Funky Style Brass, Os Tres Trebons, El Canijo de Jerez acompañado por Tomasito, Russkaja, Dubioza Kolektiv, Bohemian Betyars, Funkombo, La Troba Kung-Fú, Festicultores Troupe, Gambeat Experience ou Dj Karim. O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos, e de máis de tres horas de duracións en cada caso Noutros puntos do recinto situáronse o escenario de día, polo que pasaron unha ducia de grupos galegos, como Terbutalina, Pé de Boi, Chotokoeu, Güintervan, Quando Vand, La Vaga Banda... E tamén o domo, unha espectacular estrutura de ferro na que se situaba a carpa da Escola de Circo dos Muchachos, que serviu no Reperkusión como espazo para o X Encontro de Circo, con actuacións de trapecio, equilibrismo, maxia, clown e malabares. Ademais, polas rúas de Bemposta houbo o mercadiño de artesanía, instrumentos e alimentación. Por tres días, Bemposta recuperou a que foi a moeda de curso legal da Cidade dos Muchachos e no festival as bebidas cobráronse de novo en "coronas". |
NOS_54938 | O Castro Valente, un recinto fortificado situado no cumio do monte homónimo en Padrón, na beira sur do río Ulla, constitúe o terceiro elemento desta índole máis grande do terrotorio galego. Con todo, é un deses xigantes descoñecidos que o proxecto Castelos no aire trata de comprender mellor, cunha escavación durante esta semana. | Un grupo de investigadoras do proxecto Castelos no aire e do grupo Síncrisis da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Compostela, dirixidas por Mario Fernández-Pereiro, en colaboración coa empresa Tempos Arqueólogos realizan esta semana unha campaña no Castro Valente, Padrón. A intervención deu comezo onte e explorará un deses xigantes fortificados descoñecidos. "É o terceiro elemento fortificado máis grande que se conserva agora mesmo na Galiza, xusto por baixo da Mullara de Lugo e dun xacemento seguramente contemporáneo que está no monte Aloia, ao carón de Tui", explica Fernández-Pereiro a Nós Diario. A monumentalidade chama a atención -"estamos falando de 11 hectáreas fortificadas"-, porén, non existe practicamente información sobre este xacemento. "Eu comecei a traballar nel na miña tese de doutoramento, facendo prospeccións de campo e intentando desenvolver unha perimetría do lugar", di Fernández Ferreiro. Foi así que atoparon tellas de época romana. Falando con Manuel Gago, o investigador atopou referencias do século XIX no que se describía o lugar cunhas trinta torres, varias portas... "Estaba moi ben conservado hai 100 anos", resume. A dinámica do xacemento encaixa nun proxecto de investigación máis amplo que xa levou a Fernández-Pereiro a traballar noutros lugares, como Valencia do Sil (Valdeorras) este mesmo ano. O que conecta estas fortificacións é o estudo da transición do Imperio Romano á Alta Idade Media, un período de turbulencias no que chegan os pobos xermánicos. Neste contexto, Fernández-Pereiro enténdeas como a "pegada construtiva das comunidades locais da Gallaecia do momento, dirixidas por esas elites, para ver como se vai solucionando a súa vida". Serían puntos de defensa e control de zonas, refuxios temporais para a poboación... Mais todo isto son hipóteses, pois este aínda é "o cuarto xacemento que se escava desta época na Galiza". A escavación no Castro Valente súmase a outras similares no Faro de Budiño (O Porriño) ou no Castelo de Portomeiro (Val do Dubra), nos que se conseguiu "documentar dúas fases diferenciadas de ocupación e novos datos sobre a produción cerámica altomedieval", di José Carlos Sánchez-Pardo. A intervención É a primeira se fai unha campaña no Castro Valente, se ben vai ser ínfima considerando as dimensións do monumental sitio. Tendo isto en conta, "é moi difícil ir a tiro fixo", admite o arqueólogo. A zona noroeste é a mellor conservada, polo que escolleron esa parte. "As acacias marcan o límite da muralla perfectamente", di o director. Os traballos inclúen un par de sondaxes para explorar a técnica construtiva ou a cronoloxía, entre outros aspectos. Farán tamén "probas de Carbono-14, se somos capaces de recuperar algo datábel". Aliás, atoparon preto dous potenciais puntos que semellan restos de estruturas, nos que farán sondaxes exploratorias de 3 por 3 metros. Este sería o primeiro paso dunha intervención máis grande. Conservación da muralla A muralla, coñecida como 'A Cerca' pola veciñanza das parroquias próximas, atópase "nalgúns puntos moi ben conservada, con case un metro ou metro e medio de altura, mentres que noutros está bastante arrasada por pistas forestais". Na parte oriental impacta á vista a presenza dun cortalumes que a arrasou case por completo. De facto, o equipo estaba presente na zona cando se reabriu a devasa, algo que se fai cada cinco ou seis anos. Traballaban na outra punta do Castro Valente e escoitaban máquinas, sen darlle importancia. Ao día seguinte, cando chegaron á área, viron a desfeita. Aínda que puxeron unha denuncia, foi sobresida por falta de probas, conta o investigador. Alén desta, outras pistas máis pequenas destruíron partes localizadas da muralla. Con todo, o peor problema de conservación é a nivel vexetativo. Por unha banda, toda a superficie intramuros está cuberta principalmente por unha plantación de piñeiros que rebrotou logo de ter ardido. Pola outra, o monte está "infestado de acacias", o que supón "unha invasión brutal" e ofrece ademais problemas coas raíces. "Parece ser que as introduciu un garda forestal hai tempo, porque lle parecían bonitas", relata Fernández-Ferreiro. Como calquera xacemento entre 1.000 e 1.500 anos (hipoteticamente) acusa tamén consecuencias do abandono e espolio de pedras para facer casas. Castelos no aire Botar adiante un proxecto coma este non é doado. Castelos no aire finánciase grazas a unha bolsa da Deputación da Coruña, outorgada a Fernández-Pereiro. Para esta escavación contan ademais coa colaboración do proxecto "Territorio e Poder Monástico na Idade Media. Unha aproximación comparativa", liderado por José Carlos Sánchez-Pardo e financiado pola Consellaría de Cultura. Igualmente, o director da intervención destaca o apoio das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Castro Valente, Barreiras, Morono e Bandín; e do Concello de Padrón. |
NOS_44983 | Os traballadores da subcontrata que realiza este servizo, Pacholo SL, concentráronse diante do Parlamento. A greve será ininterrumpida desde o 23 deste mes até o 11 de xaneiro. | Os traballadores de Pacholo SL farán unha greve ininterrumpida desde o 23 de decembro ao 11 de xaneiro. Esta empresa é a subcontrata encarregada de transportar os residuos sólidos urbanos entre as plantas de transferencia e as instalacións de Sogama e o vertedoiro de Areosa. O protesto está convocado polo sindicato maioritario, CIG. As demandas son, entre outras, que o cadro de persoal sexa fixo e que se garantan e respeten unhas mínimas condicións de saúde laboral, algo de especial importancia posto que os traballadores "están en contacto permanente con riscos bacteriolóxicos e por realizar un transporte especial por estrada". A UTE formada por Copasa, Renfe e Logirail foi adxudicataria deste servizo no concurso de Sogama. Subcontratárono a Pacholo SL o transporte por estrada destes residuos sólidos. "É un exemplo de como as subcontratas supoñen máis miseria e peores condicións de traballo para os traballadores", afirman desde a central nacionalista. Caixa de resistencia Dado que a previsión de duración da folga é de 20 días, desde a sección sindical da CIG indican que xa se adoptaron medidas para poder apoiar economicamente os traballadores. Por iso, "os cartos que lle corresponden aos traballadores afiliados ao sindicato, da caixa de resistencia, vanse pór ao dispor de todos os traballadores que participen na folga para que a poidan soportar". |
NOS_51871 | Houbo unha vez no "fondo de Galicia, bretemoso e labrusco" -en palabras de Cabanillas- un rapaz "encrequenado de corpo, pero de alma luminosa, fermosa e libre, que foi grandísimo poeta cantándolle ao seu can, a unha gran cova, a un muíño… cantando ao amor e á soidade; cantando á vida, doído, pero contento de vivir, aínda con tantas mágoas". Así presenta Xulio Xiz o escritor Fiz Vergara Vilariño na fotobiografía sobre el que vén de editar Galaxia, asinada por Yago Rodríguez Yáñez. | Vergara Vilariño nacera en Santalla, Samos, no ano 1952. "Montañas de rotunda fermosura espállanse por valgadas e leiras inscritas no silencio, anainadas polo río Lóuzara, que abrolla nun bosque de abondosos castiñeiros. Semella lóxico que este val, agochado entre montañas, influíse na produción do futuro poeta", escribe o autor desta fotobiografía. En 1961 diagnostícanlle unha doenza de carácter dexenerativo -distonía muscular- e en 1967 comeza a súa estadía no Instituto Nacional de Reeducación de Inválidos, que considerará o seu "cárcere". Malia a súa inclinación inicial pola química, acabará dedicándose en exclusiva á literatura, grazas, segundo Rodríguez Yáñez, á intervención da súa profesora de terceiro de Bacharelato, Araceli Rodríguez. A súa poética iniciarase baixo os presupostos do chamado "socialrealismo". Despois, seguirá, segundo subliña Rodríguez Yáñez, "denunciando a violencia e os abusos caciquís" ao tempo que afonda na "soidade e angustia vital", dous dos grandes temas da súa obra. O seu primeiro libro publicado será Pra vós, título de carácter "colectivo e proletario". Houbo unha vez un rapaz "encrequenado de corpo, pero de alma luminosa, fermosa e libre, que foi grandísimo poeta", sinala xulio xiz Máis tarde virá Encontro cos tiburós, obra que o propio autor rexeitará máis adiante, mais que amosa "evolución con relación ós códigos da poesía social" dos que partira. En 1976 publica Orfo de ti en terra adentro, canto á tristura, a angustia existencial e a soidade. Un ano despois participa no colectivo Cravo Fondo, co que edita o poema Muller de ser e soño i espiga, que o propio autor consideraba o seu mellor poema de amor. En Poeta muiñeiro á deriva volve á "desesperanza sen remedio", segundo Rodríguez Yáñez, xunto coa soidade, a chamada ao amor ou o propio amor traspasado aos obxectos cotiáns. A soidade Con Nos eidos da bremanza gañará o Premio Galiza da Crítica e afondará na temática da soidade e da procura infrutuosa do amor, volvendo aparecer algúns dos seus símbolos máis presentes, como o muíño e a Fonte da Cova. No libro de sonetos Pastora de sorrisos chega o achado do amor, co ton intimista e social que caracteriza a súa poesía. O carácter intimista maniféstase tamén en Animal sen fel, exaltación da ideoloxía franciscana e estoica da existencia. Ademais do estudo da súa literatura e da presentación dos feitos fundamentais da súa vida -que se recollen tamén nunha cronobiografía- a fotobiografía de Yago Rodríguez achega, entre o seu material gráfico, algúns debuxos como a caricatura de Siro ou un retrato de Margarita Rodríguez Yáñez no que Vergara Vilariño posa con Manuel María e Xesús Alonso Montero, quen recibiu con entusiasmo a obra do poeta desde Pra vós. Con Manuel María editou Encontro cos tiburós na colección Val de Lemos, aínda que o propio editor aconselláralle agardar antes de publicar este libro. Tivo relación con Manuel María, Paco Martín, Darío Xohán Cabana... Outros poemarios de Fiz Vergara tiveron problemas para chegar ao público. "No novo traballo de Fiz" -explica Rodríguez Yáñez en referencia a Nos eidos da bremanza- "repousa unha sensibilidade que non sempre foi comprendida de xeito adecuado". Pastora de sorrisos pasou sen éxito por varios premios literarios antes de ser editado por Sons Galiza Libros. Sobre este poemario, Manuel María salientará a "perfección" dos seus sonetos e, en xeral, o seu dominio formal, coa súa "singularidade" e "orixinalidade". O poeta tivo relación, ademais de con Manuel María, con outros escritores como Paco Martín, Darío Xohán Cabana, Xavier Rodríguez Barrio ou Claudio Rodríguez Fer, como amosan algunhas das imaxes recollidas na fotobiografía de Galaxia. Porque na Lóuzara Xabreira -escribe Xulio Xiz no limiar deste libro- "vivía un poeta inmenso, que tiña un fato de amigos literatos namorados do seu idioma e poesía, que querían formar parte do seu mundo, aínda que sabendo que o aparente mundo reducido, o mundo físico de Fiz, tiña dentro del outros mundos que, tanxencialmente, se afincaban en Lóuzara, pero sen límites no inmaterial". |
PRAZA_7495 | Os profesionais da hostalería reclaman unha política aeroportuaria "de estado" para Galicia despois de que os tres aeródromos galegos rexistrasen pouco máis da metade dos pasaxeiros que moveu a terminal do Porto durante 2012 | O aeroporto Francisco Sá Carneiro, no Porto, moveu durante 2012 un total de 6.050.094 pasaxeiros e pasaxeiras. Malia á profunda crise económica de Portugal, coas finanzas intervidas, o aeródromo portuense non só mantivo o seu tráfico, senón que mesmo o incrementou lixeiramente, nun 0,8%, a respecto do ano anterior. O conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, considera "sorprendentes" as cifras da terminal portuguesa. Aínda que asegura que non é comparable o que acontece aun lado e ao outro da raia -"a comparación non é homoxénea", di- admite que cómpre unha "reflexión" e apunta que a falta de xestión conxunta dos tres aeroportos galegos pode ter algo que ver co feito de que, mentres Porto sobre, Lavacolla, Alvedro e Peinador desplómanse. No mesmo período en que o Sá Carneiro rexistrou máis de seis millóns de pasaxeiros os aeroportos de Galicia non chegaron aos sete millóns entre os tres. Concretamente, rexistraron 3.868.783 movementos de persoas, unha cifra que se antolla raquítica fronte á do competidor portugués, non só por ser ser inferior, senón por ser o resultado de pronunciadas caídas. Así, o groso deste tráfico ten orixe e destino en Compostela, 2.194.611 pasaxeiros que amosan a potencia da terminal compostelá a respecto das súas dúas competidoras internas, pero que supoñen un 10,9% menos que hai un ano. Pola súa banda, A Coruña e Vigo mantéñense en niveis semellantes de tráfico e de caída: os 845.452 pasaxeiros de Alvedro supoñen un 16,5% menos que en 2011 e os 828.720 de Vigo, un desplome do 15,1%. Os tres aeroportos galegos xuntos moveron en 2012 pouco máis da metade dos pasaxeiros que rexistrou Porto Isto prodúcese nun escenario no que, ademais, o aeroporto que actúa como locomotora do sistema aeroportuario galego, Lavacolla, presenta unha oferta de voos que noutros países sería propia de terminais secundarias pola preeminencia das compañías de baixo custo. Non en van, durante 2012 o 49,4% do tráfico aéreo en Santiago veu da man da aeroliña irlandesa Ryanair. Este dato non é menor non só por condicionar o futuro da infraestrutura aos avatares desta empresa, senón tamén polo perfil de turistas que se achegan ao país a través dela. É aquí onde entra un dos múltiples temores do sector turístico, que nestes días dá a voz de alarma por enésima vez a través das entidades que aglutinan os profesionais da hostalería. A última en saír á palestra é a Asociación de Hostalería de Compostela, que comezaba a semana reflectindo que a demanda hoteleira na capital galega caeu en máis dun 44% durante 2012 ou, o que é o mesmo, rexistrou as cifras máis baixas dende o Xacobeo 2004. Aínda que factores como a crise económica non son menores o responsable de comunicación desta entidade, Aser Álvarez, non dubida que a situación é tamén resultado da ausencia dunha xestión aeroportuaria axeitada. Porto é a mellor mostra de que Galicia precisa unha "estratexia aeroportuaria de estado", di. Os hostaleiros cren que Galicia precisa unha "estratexia aeroportuaria de estado" En toda a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal o Sá Carneiro é xa o aeroporto de referenica e, fronte a isto, reclama, cómpre unha "promoción intelixente" de Galicia que na súa opinión debe ter a Compostela como cidade "cabeceira" e, en todo caso, non debe ser o resultado de varias estratexias descoordinadas entre si. Só desta maneira, afirma, se poderá reverter a tendencia de peches temporais ou permanentes de establecementos hoteleiros e, polo tanto, evitar que o sector turístico sexa tamén un novo factor que sume nomes á nomina das oficinas de emprego. Para comezar, conclúe, a Xunta debería comezar por nomear unha persoa "con coñecemento e experiencia" para dirixir a nova Axencia de Turismo de Galicia. |
PRAZA_2772 | ENTREVISTA Antón Louro, deputado do PSdeG-PSOE entre 2004 e 2009, salienta a importancia do traballo parlamentario e anticipa as tarefas principais que a cámara resultante das eleccións do 20D terá que enfrontar na vindeira lexislatura: "Hai que facer unha reflexión profunda da España que queremos para o século XXI" | Antón Louro (Lira, 1952) desenvolveu a súa actividade política practicamente en todos os ámbitos posibles: Subdirector xeral de Cultura (1989-90), concelleiro e tenente de alcalde en Pontevedra, deputado no Parlamento galego (1997-2004), deputado no Congreso (2004-2009) e delegado do Goberno (2009-11). Analizando a súa traxectoria xa cunha certa distancia temporal, salienta a importancia do traballo parlamentario e o labor realizado polos representantes socialistas en Madrid e anticipa as tarefas principais que a cámara resultante das eleccións do 20D terá que enfrontar na vindeira lexislatura: "Hai que facer unha reflexión profunda da España que queremos para o século XXI e da España que ten que cambiar xunta". "Dende o Congreso dos Deputados observas a política dende unha posición privilexiada" Como valoras o teu paso polo Congreso, tanto a nivel persoal como político? Dende o punto de vista persoal foi unha experiencia moi interesante. Dende o Congreso dos Deputados observas a política dende unha posición privilexiada e descobres que os cambios que se van producindo teñen alí o seu punto de partida principal. Cando no Congreso se redacta e aproba unha lei coma a Lei de Igualdade ou a Lei da Dependencia, estás facendo cambios profundos na sociedade española, cambios que inflúen en como viven os cidadáns e cidadás. E para as persoas que nos dedicamos á tarefa de representar os cidadáns e cidadás, isto é o máis importante. "Tocoume ser o coordinador dos deputados e senadores galegos entre 2004 e 2008. Foron anos de reivindicación para Galicia, anos moi frutíferos" Entre a actividade que levaches a cabo, hai algún tema ou acción da que te sintas especialmente satisfeito? Eu tiven ocasión de ser portavoz de Cultura do Grupo Socialista e isto levoume a ter que ser ponente de diversas leis, entre elas unha moi importante para o mundo da cultura, como é a Lei de Propiedad Intelectual. Tiven que traballar moito esa problemática e despois tiven que defender a lei no pleno do Congreso. É unha gran satisfacción que a un o fortalece dende un punto de vista político, persoal e tamén intelectual. Se teño que concretar que foi aquilo que me produciu máis satisfacción, seguramente sería o ser ponente en catro ou cinco leis do mundo da cultura. E, despois, outra liña de traballo que desenvolvín ten que ver con Galicia. A min tocoume ser o coordinador dos deputados e senadores galegos entre 2004 e 2008. Foron anos de reivindicación para Galicia, anos moi frutíferos. O presidente Zapatero deulle un enorme impulso ás infraestruturas e aos equipamentos de Galicia. Sen este presidente comprometido con Galicia, e cun grupo de deputados comprometidos con Galicia e co Plan Galicia, hoxe non teríamos moitas cousas que temos: o eixo atlántico de alta velocidade, a A8, portos exteriores de Ferrol e A Coruña..., un volume de investimentos moi importante. "Deputados galegos no Congreso houbo moitos, algúns foron máis produtivos e outros non o foron tanto. Eu respecto a todos, nacionalistas e non nacionalistas, de esquerdas e de dereitas, todos contribuímos en certa medida" Como deputado que representou a Galicia no Congreso, que opinas do discurso que tende a identificar unicamente esta representación cos deputados e deputadas nacionalistas? Paréceme un discurso ridículo, con todos os respectos. Deputados galegos no Congreso houbo moitos, algúns foron máis produtivos e outros non o foron tanto. Eu respecto a todos, nacionalistas e non nacionalistas, de esquerdas e de dereitas, todos contribuímos en certa medida. Hai que recoñecer a quen estivo na avanzadilla dos cambios e do proceso de modernización que en España e en Galicia se deu nun tempo determinado. Conseguimos que Galicia se enganchase a ese tren de modernización. O traballo que se fixo por Galicia entre 2004 e 2011 hai que recoñecerllo aos deputados que estaban detrás del. Eu, por exemplo, recoñezo a colaboración dun deputado do BNG como é Paco Rodríguez. Estaba moi atento aos asuntos de Galicia; era nacionalista, pero podía non selo. Eu non son nacionalista e tamén estiven moi atento a eses asuntos. É moi distinto o día a día no traballo parlamentario cando se forma parte dun grupo de goberno e cando se está na oposición? Son dúas posicións distintas. Os que temos vocación política o que queremos é gobernar, para cambiar as cousas. Non se pode estar mirando a paisaxe mentres outros fan as políticas contrarias ao que ti cres que é xusto. Por iso é importante gobernar, gañar as eleccións. Para poder facer leis e iniciativas que cambien e melloren a vida das persoas. Hai quen está cómodo na oposición. Quen estea en política por gañar un soldo, pois moi ben, na oposición gáñase un soldo. Pero quen está en política para cambiar o mundo, quere estar no goberno. "Quen estea en política por gañar un soldo, pois moi ben, na oposición gáñase un soldo. Pero quen está en política para cambiar o mundo, quere estar no goberno" Como ves as eleccións do 20D, un comicios moi distintos aos que vivimos nos últimos 30 anos en España? Estamos nunha campaña electoral definida pola incerteza. Vivimos outras campañas nas que todo o peixe estaba máis vendido. Hai catro forzas políticas que teñen opcións de estar ocupando posicións de goberno, temos un escenario aberto onde caben distintas posibilidades. A política cambiou bastante, pero os que levamos un certo tempo nisto si que lembramos escenarios algo máis semellantes. Por exemplo, nas primeiras eleccións estaba o PSOE, estaba o PCE, estaba UCD e estaba unha dereita minoritaria, como era AP. Imos ver o que resulta o 20 de decembro. Eu creo nas opcións que ten o Partido Socialista e as opcións que ten Pedro Sánchez para chegar á Presidencia do Goberno. Haberá que falar e haberá que facer unha política de alianzas que veremos despois do 20D. "Temos que perfeccionar o modelo territorial que nos demos, temos que conseguir que os distintos pobos de España se sintan cómodos e realizados neste proxecto que é España" Que grandes retos deberá asumir na vindeira lexislatura o Goberno e o Congreso que saian das eleccións do 20D? Na próxima lexislatura hai 3 ou 4 cousas que temos que facer. Primeiro, resolver a crise económica e minorar as consecuencias sociais desa crise, creando emprego. Esa ten que ser unha prioridade do Goberno que saia do 20D. Despois, obviamente, este país ten serios problemas de corrupción, dos que deriva unha crise institucional profunda, e iso hai que combatelo con todas as armas do mundo. A política non pode ser o santuario da corrupción, senón que debe ser o santuario da transparencia e do bo facer. Ademais, temos que perfeccionar o modelo territorial que nos demos, temos que conseguir que os distintos pobos de España se sintan cómodos e realizados neste proxecto que é España. Así como hoxe dicimos que hai que construír Europa, creo que se España non existise a estariamos construíndo, pero construiríamos unha España diferente da que temos. Hai que facer unha reflexión profunda da España que queremos para o século XXI, e da España que ten que cambiar xunta. España está aí para resolver os problemas da xente. Todos estes temas pasan por unha reforma constitucional e esta reforma hai que abordala dende a propia Constitución. Calquera outro experimento, eu non o vexo. Eu creo nas leis e a política faise dende a lei, a política non se fai sen respectar os cidadáns e sen respectar o ordenamento xurídico que se deron para convivir. |
PRAZA_19598 | Se todo o mundo fose como Nuñez Feijoo poderiamos seguir aparcando en María Pita ou no Obradoiro, Pontevedra non sería a cidade que é hoxe, o mesmo con Allariz | Na última visita a Porto, por turismo, atopei nalgunhas das rúas mais céntricas da cidade uns pasquíns pegados nas paredes: "Make Porto podre again". Non era preciso ler o longo texto que seguía ao lema para saber do que falaban. A miña primeira viaxe a Porto foi en setembro de 1985. Porto fora a primeira parada dun periplo que nos levou ata Coimbra e Lisboa e que recordo como unha aventura. Era a primeira viaxe que facía ao "estranxeiro", tamén para os amigos e amigas que compoñían o pequeno grupo. Pasaron mais de 30 anos e aquela cidade mudou. Hoxe Porto é un destino turístico moi coñecido, unha cidade na que cada día hai mais turistas e cada día, tamén, hai menos cidadáns. O enorme cambio de Porto é similar ao que aconteceu, e está a acontecer, en non poucas cidades. Dez anos despois daquela visita a Porto visitei Praga, corría o ano 1995, e aquela era unha cidade en transformación. Volvín hai pouco, en 2015. A cidade histórica é a mesma, e o número de turistas tense multiplicado varias veces. Da primeira viaxe impresionoume a cantidade de actividades de carácter cultural que se producían todos os días días, os mercados de artistas… da segunda viaxe gardo o mellor recordo de telo feito na mellor compañía posible, é a vez o recordo, ben distinto, dos estridentes locais de masaxes tailandeses e outros negocios onde os turistas centroeuropeos agardaban quenda para meter os pes nuns acuarios onde uns peixiños lles comían as peles… itioterapia é o nome científico. O turismo é unha actividade económica que ten uns indubidables efectos positivos, pero negar que, cando se rebasan uns límites, pode ter un efecto francamente negativo é negar a realidade. Como actividade económica o turismo pode desenvolverse segundo diferentes modelos. Non é o mesmo o modelo turístico suízo ou austríaco, ou o de determinadas zonas da costa francesa ou italiana, que o modelo que o franquismo impulsou na costa mediterránea española ou mesmamente en lugares máis próximos a nós como Sanxenxo. Como noutros sectores económicos, a oferta que fas condiciona o tipo de demanda que vas recibir. Un sector turístico de baixo nivel, que só compite en prezos, atraerá un tipo de turista determinado, tamén de escasa capacidade adquisitiva, o que a súa vea reforzará unha oferta sustentada en traballadores de baixa cualificación, en precario e con salarios baixos. O turismo como actividade económica, tamén social, debe pensarse, e planificarse dentro dun marco xeral mais amplo. Unha actividade turística excesiva, concentrada nun espazo reducido, remata co resto de actividades e usos. É nestas circunstancias cando o que antes era un espazo vivo, un espazo social, acaba converténdose nun ermo, un parque temático, onde a sociedade non existe. A proliferación de locais de venda de souvenirs "made in China" nos arredores da catedral son un exemplo moi gráfico. O alcalde de Santiago de Compostela sacou á palestra fai unhas semanas a necesidade de pensar sobre a fixación dunha taxa turística que financie accións que permitan facer unha verdadeira política turística (que non é exactamente un deixar facer ás forzas do mercado) á vez que o recadado contribúa ao mantemento do patrimonio cultural que converte á capital de Galicia nun polo de atracción. A idea da taxa, como ven di o propio alcalde, non é nova. En 14 países europeos existe taxa turística, dunha ou doutra forma… en París, a cidade mais visitada do mundo, dende 1994. A pesares de que as diversas asociacións hostaleiras bramaron contra a idea, co consabido argumento de que tal taxa sería un golpe mortal ao turismo, a verdade é que non existe ningún dato contrastado que faga pensar que o feito de crear unha taxa turística afecte negativamente ao número de visitantes. Non ten acontecido así en lugares como a citada cidade de París, e tampouco en Amsterdam, ou en Nova York, ou en Berlín, nin en Roma… Eu mesmo, aínda que non sexa exemplo de nada, aínda falta a primeira vez que escollo un sitio a onde ir en función de si existe taxa turística ou non. As afirmacións do ramo da hostalaría teñen a mesma solidez que aquelas outras que enarboraron contra as peonalizacións das rúas comerciais das cidades, contra a peonalización dos centros históricos. Os argumentos sempre foron os mesmos: a xente ia deixar de mercar, estaban abocados ao peche… as mobilizacións sucedéronse, en calquera cidade… en Lugo, en Pontevedra, en Coruña… Estou seguro que tamén se cuestionou, no seu momento, que a Praza do Obradoiro deixara de ser un aparcamento, como foi durante tanto tempo. Martiño Noriega pon sobre a mesa un debate que é preciso dar. A taxa turística ten que ver co modelo de turismo, que á sua vez ten que ver co modelo de cidade que se quere para Santiago. É un debate necesario. É tamén un debate valente, un debate que pode dar un responsable político que mire con "luces longas", pensando no futuro da cidade e de quen a habitan, hoxe, e tamén mañá. Un debate que pode dar un alcalde que quere converter en realidade a cidade soñada. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo apresurouse a zanxar o tema. Recordemos que a regulación turística corresponde á Xunta de Galicia. Este debate a Núñez Feijoo non lle interesa, tal e como corresponde a un político de "luces curtas". A Núñez Feijoo non lle interesa facer realidade unha Galicia soñada. Os seus soños non teñen que ver con Galicia por moito que se vexa obrigado a tentar autoconvencerse, os seus soños céntranse nunha soa cousa: el mesmo. A Núñez Feijoo o único que lle interesa é aquelo que lle poda reportar votos a corto prazo, interésalle so aquelo que poda rendibilizar de inmediato… pensar a longo prazo a fin de contas so trae problemas, dirá el. Se todo o mundo fose como Nuñez Feijoo poderiamos seguir aparcando en María Pita ou no Obradoiro, Pontevedra non sería a cidade que é hoxe, o mesmo con Allariz. Con Núñez Feijoo Galicia é un país ao que se lle prohibe soñar, que é o mesmo que un país sen futuro. |
NOS_52746 | Mentres continúa a investigación, a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS Coruña) pediu loito oficial pola vítima do brutal crime. Continúan abertas todas as liñas sobre a motivación, mais a que ten máis forza entre a cidadanía é a do móbil LGTBifóbico polos insultos que proferían contra Samuel durante a agresión. | A última hora desta cuarta feira transcendeu que as tres persoas detidas como presuntas autoras do asasinato do mozo Samuel Luiz a fin de semana na Coruña non coñecían de nada á súa vítima. A muller e os dous homes de 20 a 25 anos arrestados na terza feira pola Policía Nacional -que non descartou facer máis detencións- eran amigos entre si, como xa se agardada dado que segundo as amigas de Samuel as primeiras persoas foran chamar máis para propinar a malleira mortal. No entanto, as primeiras investigacións indican que non coñecían de nada ao mozo ao que mataron. Loito oficial En paralelo aos avances que se van dando no caso, a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS) solicitou ao Concello da Coruña que decrete loito oficial pola morte do mozo de 24 anos asasinado no sábado pola malleira en grupo na que puideron participar até 12 ou 15 persoas. Mediante un comunicado, a organización mostrou a súa confianza en que o traballo de investigación dos corpos policiais "sirva para levar os responsábeis ante a xustiza". "Este asasinato non pode quedar impune e desde ALAS e o seu observatorio faremos canto sexa necesario para que así sexa", sinalou a asociación. Investigación O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asegurou que, "de momento", non hai conclusións sobre o móbil do "irracional" e "miserábel" asasinato. "O que nos trasladou o delegado do Goberno [José Miñones] é que as investigacións policiais continúan, que de momento non temos conclusións sobre o móbil ou a causa". A líder do BNG, Ana Pontón, reiterou a "petición de que se investigue até as últimas consecuencias un asasinato tinguido de homofobia" e que ten provocado enorme conmoción social. Pola súa banda, a ministra de Igualdade, Irene Montero, condenou o "asasinato homófono de Samuel" e remarcou que "o que che gritan cando te matan si que importa [en relación ao "ímoste matar, maricón de merda" que lle berraron a Samuel os seus asasinos]" á vez que pediu "non normalizar nin branquear" o discurso da extrema dereita. Aliás, a fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, asegurou que se chegará até o final na investigación e "que se van analizar todos os aspectos para determinar a cualificación xurídico-penal" do asasinato de Luiz. |
NOS_32518 | Continuamos coa serie de voces a prol da greve feminista deste 8M. | Estudante e responsábel de Organización de Erguer, Iria Figueroa non dubida en segundo en responder á pregunta de se vai secundar a greve xeral de mulleres do 8M: "Claro". Un paro que se convoca non só a nivel laboral mais tamén no ensino, nos coidados e no consumo. "Todas as mulleres debemos secundar a convocatoria do 8M, é unha oportunidade de alzar todas a voz, de denunciar, e de reclamarmos unha sociedade distinta". Iria lembra que existen unha serie de explotacións, discriminacións e violencias polo feito de ser muller. No eido laboral, social, e tamén no estudantil. "Hai un teito de cristal, somos maioría no ensino superior mais a nivel de cátedras, responsabilidades… somos minoría". Coa greve estudiantial do 8M as estudantes fan parte activa da loita das mulleres. Un paro no que tamén queren reivindicar que na universidade os estudos contemplen a perspectiva de xénero", ou ben denunciar "a feminización de certos estudos (de coidados, artes…) e a masculinización doutros (como as carreiras técnicas)". |
PRAZA_4389 | Agora é o momento de recoñecer a utilidade da Xeografía como disciplina pola súa capacidade técnica e seu compromiso social e ambiental. A planificación territorial é mais necesaria que nunca en este aspecto os xeógrafos e as xeógrafos temos moito que dicir (análise de riscos, paisaxe, despoboación, infraestrutura verde ou mobilidade sostible, desenvolvemento de cartografías temáticas, etc). | O coronavirus converteuse no mellor test de estrés do territorio, poñendo en evidencia tódolos problemas das nosas cidades e vilas. Moitos xeógrafos e xeógrafas xa levaban alertando das fraxilidades das nosas urbesA chegada do Coronavirus converteuse no mellor test de estrés da nosa sociedade e por extensión do noso territorio, poñendo en evidencia tódolos problemas das nosas cidades e vilas. Aínda que ninguén foi capaz de previr esta crise concreta, moitos académicos entre eles moitos xeógrafos e xeógrafas xa levaban alertando das fraxilidades das nosas urbes. Sen embargo, a pesares dos efectos tráxicos do Coronavirus, esta pandemia pode darnos unhas excelentes leccións para mellorar as nosas cidades e vilas. Risco de avellentamento demográficoO excesivo avellentamento das sociedades occidentais fai que sexamos especialmente vulnerables ás crises sanitarias. Unha estrutura moi envellecida, coma a nosa, crea fortes tensións nos servizos sanitarios e sociais, que por desgraza foron fortemente desmantelados no período de crise financeira. Europa e en especial Galicia enfrontase á bomba ou suicidio demográfico, unha ameaza que pode minar a sostibilidade dos servizos públicos, tal como os coñecemos.Dende a Xeografía levamos anos alertando do despoboamento territorial que xa non é un problema soamente rural senón que xa está afectando as nosas vilas e cidades. O saldo vexetativo (diferenza entre nacementos e mortos) de Galicia tanto nos espazos urbanos como rurais é negativo, pero nos espazos urbanos compensábase por un saldo migratorio moi positivo. Por desgracia, o poder de atracción das vilas e cidades galegas minguou considerablemente. Agora as áreas urbanas que máis medran deben ou seu crecemento a fagotización de concellos limítrofes como Narón de Ferrol, Ames de Compostela, etc. O coñecemento da dinámica e estrutura demográfica dos distintos barrios e parroquias que conforman os concellos permitiranos planificar os servicios e dotacións necesarios para a sociedade actual e futuraAs cidades tampouco son homoxéneas, con grandes diferenzas na súa estrutura poboacional. A antigüidade e custo das vivendas, así como os servicios próximos ás mesmas varían a distribución da poboación. As zonas cun maior avellentamento tenden coincidir cos barrios máis antigos, como os cascos vellos, mentres as zonas cun maior dinamismo demográfico debido a xuventude da poboación soen concordar ca periferia urbana. Estas diferenzas demográficas presentan necesidades moi diferentes, pero rara vez se xestionan de xeito singular. O coñecemento da dinámica e estrutura demográfica dos distintos barrios e parroquias que conforman os concellos permitiranos planificar os servicios e dotacións necesarios para a sociedade actual e futura.As institucións deben darse conta do grave problema que supón a sangría de habitantes e trazar estratexias para revertelo. Entre estas estratexias están o aumento dos servizos públicos (garderías), a estabilidade laboral, acceso a vivenda da poboación máis nova nas cidades, etc. Barrios pouco complexosNos últimos anos as vilas e cidades favoreceron barrios e zonas urbanas monofuncionais, dándolle unha enorme fraxilidade as mesmasNos últimos anos as vilas e cidades favoreceron barrios e zonas urbanas monofuncionais, dándolle unha enorme fraxilidade as mesmas. Os barrios máis complexos social e economicamente presentan unha maior fortaleza para superar as crises. Pola contra en Galicia seguen medrando e favorecendo desenvolvementos monofuncionais, por exemplo urbanizacións residenciais ou grandes complexos comerciais e ocio. Esta zonificación das cidades demanda un maior número de desprazamentos motorizados. O aumento de fluxos tanto en número como en distancia favorece unha maior dispersión da enfermidade, o que se evidenciou ca pandemia do Coronavirus nas grandes cidades. Moitas persoas infectadas cruzaban a cidade para satisfacer as súas necesidades diarias (traballo, comercio, ocio, etc.). Estes planteamentos ademais de favorecer a expansión da enfermidade, reducen a calidade de vida dos seus habitantes. Esta tendencia comeza a trocar en Europa onde se está promovendo o crono-urbanismo. Esta aposta consiste en deseñar e fomentar a cidade, tendo en conta os ritmos da cidadanía. Un exemplo é a proposta de París que pretende que tanto os servizos públicos coma os privados fundamentais para a vida diaria estean a menos de 15 minutos a pé ou en bici. Existen outros modelos similares como a veciñanza a 15 minutos de Ottawa (Canadá) ou as supermazás de Barcelona. A solución é deseñar barrios cunha certa autonomía para ser máis eficientes e mellorar a calidade de vida. Autonomía estratéxicaEsta tendencia comeza a trocar en Europa onde se está promovendo o crono-urbanismo. Esta aposta consiste en deseñar e fomentar a cidade, tendo en conta os ritmos da cidadaníaA crise do Covid-19 evidenciou a falla de tecido industrial en Galicia e por extensión España para abastecerse de bens tan básicos como as máscaras. A maior parte dos subministros médicos viñan da fábrica do mundo que é China. A dependencia externa de produtos básicos fai necesario un cambio na estratexia non só galega senón estatal. A decadencia do sector industrial e agrario do noso país a favor do sector turístico- hostaleiro fíxonos máis vulnerables do que pensamos. En Galicia, coma no resto de España, apostouse moi forte por o sector turístico, provocando unha excesiva dependencia. O Coronavirus alertou a toda a sociedade deste erro estratéxico do noso país. As fortes denuncias da xentrificación dos cascos históricos (A Coruña, Compostela, etc.) por distintos colectivos, evidenciouse coa explosión da pandemia. As rúas do casco vello de Compostela, por exemplo, estaban practicamente desertas. Nel a maior parte dos establecementos están orientados aos turistas e o número de residentes é moi baixo, xa que a maior parte vivendas tamén están pensadas para a acoller a quen ven a pasar uns días á cidade. Dende Europa xa se está levantando a voz sobre este erro. Mostra diso foron as declaracións do primeiro ministro portugués, onde remarca a necesidade dunha reindustrialización de Europa. Un argumento impensable fai poucos anos. A fenda dixitalA decadencia do sector industrial e agrario do noso país a favor do sector turístico- hostaleiro fíxonos máis vulnerables do que pensamosA pandemia obrigounos a limitar o contacto persoal abocándonos a realizar gran parte das nosas xestións de xeito telemático Pero a realidade foi que moitas destas tarefas (educación online, compras online, etc) non se puideron facer debido as deficiencias da rede ou á ausencia de servicios adaptados.. O teletraballo foi outro dos procesos que acelerou o Coronavirus, pero as deficiencias da rede uníuselle que gran parte das empresas non están adaptadas a esta maneira de traballar, dificultando considerablemente a xornada laboral na casa. Unha boa infraestrutura de conexión xunto cunha boa adaptación do tecido empresarial e institucional crearía grandes oportunidades como o teletraballo, a formación a distancia ou o emprendemento. Ademais sería un gran aliado do despoboamento no rural, xa que permitiría certos empregos cualificados no rural. As cidades non están feitas a escala humanaUnha boa infraestrutura de conexión xunto cunha boa adaptación do tecido empresarial e institucional crearía grandes oportunidades como o teletraballoAs cidades galegas nos últimos anos adaptáronse máis ao coche que ás persoas. O automóbil é o principal dono do espazo público das nosas cidades, ca única excepción de Pontevedra onde se devolveu o protagonismo aos peóns.O Covid-19 obrigou a que teñamos un certo distanciamento social, algo relativamente difícil en moitos barrios, con beirarrúas estreitas que dificilmente pasan dúas persoas. Os días da corentena e coas rúas baleiras podíase apreciar o desequilibrio do espazo destinado aos peóns e aos vehículos. Algunhas cidades é vilas para favorecer o distanciamento social, restrinxiron carrís de circulación ou aparcadoiros. Pero este problema non é coxuntural á pandemia senón que é un problema estrutural, onde o espazo público para a peóns é máis reducido do que imaxinabamos. Conciliación da biodiversidade e desenvolvemento urbanoAs cidades galegas nos últimos anos adaptáronse máis ao coche que ás persoasA conciliación da biodiversidade e as áreas urbanas demostrou ser beneficioso para a saúde humana e do medio ambiente. A maior biodiversidade das cidades e das súa contorna fainas máis resistentes ás condiciones adversas.A simplificación dos ecosistemas, reducindo o número de especies e por tanto procesos ecolóxicos, aumentaron os riscos a nosa saúde. O 70% das enfermidades infecciosas emerxentes os últimos 40 años proceden de animais que se transmitiu ao ser humano, entre as que destacan enfermidades como o Covid-19 ou o Ébola.Por tanto, as cidades deben fomentar a biodiversidade interna e externa. Os bens que necesita a cidade non poden ir en detrimento da degradación do ecosistema. Con este fin, débense protexer a fauna e flora autóctona e revexetar con especies propias de ecosistemas. Por desgracia é bastante habitual, a eliminación da vexetación da flora local e a substitución por especies que pouco o nada teñen que ver o hábitat da zona. Os riscos forman parte das nosas cidadesAs cidades deben fomentar a biodiversidade interna e externaA pandemia amosounos que as cidades non son tan seguras como pensabamos que existen máis riscos dos que pensamos pero por sorte, a maior parte deles pódense prever e por tanto evitar. Na actualidade existen multitude de riscos xa detectados e denunciados polos expertos (inundacións, ruído, contaminación, cambio climático, etc.), que non se están tomando coa seriedade necesaria. O Cambio climático é un dos principais riscos que se vai enfrontar a sociedade, e faise preciso que as institucións (locais e autonómica) xa comecen a implantar medidas de mitigación porque desta vez non poderemos dicir que non nos avisaron. O futuro xa non vai ser o que eraA planificación territorial é mais necesaria que nunca en este aspecto os xeógrafos e as xeógrafas temos moito que dicirO Coronavirus vainos a levar a unha "nova normalidade" e da nosa man está decidir se queremos que sexa mellor ou peor. Se queremos crear cidades e vilas máis resilientes e sostibles teremos que volver a poñer as persoas e medio natural como centro da planificación. Agora é o momento de recoñecer a utilidade da Xeografía como disciplina pola súa capacidade técnica e seu compromiso social e ambiental. A planificación territorial é mais necesaria que nunca en este aspecto os xeógrafos e as xeógrafas temos moito que dicir (análise de riscos, paisaxe, despoboación, infraestrutura verde ou mobilidade sostible, desenvolvemento de cartografías temáticas, etc). |
NOS_22565 | A decisión de Sanidade de estender a todos os municipios do Estado de máis de 100.000 habitantes restricións de movemento e actividade cando superen os 500 casos de incidencia acumulada nos últimos 14 días, permite observar máis de perto os criterios empregados pola Xunta para impor os seus propios límites en localidades moito máis pequenas. O Goberno galego dá a coñecer as regras de xogo, pero non divulga de forma directa os datos que precipitan as súas decisións. | O Ministerio de Sanidade converteu esta semana a taxa de incidencia acumulada de 500 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días no indicador de referencia para aplicar medidas de restrición social máis severas. O obxectivo, frear o avance do novo coronavirus. Ese limiar que o ministro Salvador Illa ofreceu inicialmente á Comunidade de Madrid para limitar a mobilidade en determinadas áreas do seu territorio acabouse estendendo ao resto do Estado após o envite da presidenta Isabel Díaz Ayuso, quen avogou por trasladar a todos os municipios de máis de 100.000 habitantes as mesmas condicións que o Executivo de Pedro Sánchez quería impor para Madrid. Así, a pasada terza feira, ambas as dúas Administracións alcanzaron un principio de acordo sobre os criterios que mostrarían onde e como aplicar novas restricións. Uns principios que permiten confinar Madrid pero que Sanidade concedeu impor con carácter xeral en todo o territorio estatal como pedía o Goberno de Ayuso, quen, por certo, acabou por opoñerse a aplicar as medidas aprobadas no Consello Interterritorial de Sanidade tamén co voto en contra da Galiza, Catalunya, Andalucía e Ceuta. Os criterios do Estado Segundo recolle o Boletín Oficial do Estado do primeiro de outubro, as limitacións de actividade, reunión e mobilidade fixadas por Sanidade afectarán ás cidades de máis de 100.000 habitantes que cumpran tres criterios: unha incidencia acumulada por riba dos 500 casos nos últimos 14 días, unha taxa de positividade das PCR realizadas superior a 10% e unha ocupación das Unidades de Coidados Intensivos de máis de 35%. Tres condicións que a estas alturas da segunda vaga da Covid-19 só reúnen os 10 municipios madrileños de máis de 100.000 habitantes: Madrid, Móstoles, Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Leganés, Getafe, Alcorcón, Torrejón de Ardoz, Parla e Alcobendas. O prazo estabelecido polo Goberno para acatar a resolución do Consello Interterritorial, de obrigado cumprimento mesmo para quen votou en contra das medidas, rematou a pasada medianoite. E malia que finalmente, Díaz Ayuso asegurou que respectará a norma de maneira estrita, tamén consumou o recurso da orde ministerial ante os tribunais, como dixo que faría. Na práctica, máis aló das tirapuxas entre a Administración do Estado e a Comunidade de Madrid, a norma é a mesma para todo o Estado e obriga a todos os concellos de máis de 100.000 habitantes que superen os tres indicadores marcados por Sanidade a limitar a mobilidade da súa veciñanza, as reunións sociais e a capacidade de comercios, bares restaurantes, lugares de culto e instalacións deportivas, entre outros estabelecementos. Os criterios galegos Na Galiza, só tres cidades teñen unha poboación tan alta: A Coruña, Vigo e Ourense. A Xunta vén de levantar as restricións específicas que pesaban sobre na Coruña para igualalas coas do resto do territorio. A decisión do comité clínico responde ao feito de que "as taxas acumuladas a tres, sete e 14 días baixan a respecto das dúas semanas anteriores e aalcanzan, ademais, valores que están xa por debaixo da taxa acumulada total da Galiza a tres, sete e 14 días", uns valores que a Consellaría de Sanidade non divulga de forma directa, mais que si figuran en informes elaborados por outras fontes a partir dos datos trasladados pola propia Administración e que o Ministerio de Sanidade sitúa en 111 casos por cada 100.000 habitantes. O Goberno galego non ofrece os datos concretos que emprega para decretar novas restricións a nivel galego, comarcal ou municipal, mais ante a orde de Sanidade para actuar nas grandes cidades en caso dun avance descontrolado do novo coronavirus, Alberto Núñez Feixoo sinalou a improvisación e a falta de precisións con que foron elaborados os criterios, "deseñados" de forma concreta para Madrid, e non para exportar a outros territorios. Neste sentido, Sanidade defendeu que "a liña de traballo que vén desenvolvendo o comité clínico de expertos segue os mesmos criterios, tanto para concellos de poucos habitantes como para as grandes cidades da Galiza, incluídas as de máis de 100.000 habitantes". De aí que considere "incompleta" a proposta do Estado, que obvia indicadores como "a vulnerabilidade, a porcentaxe de positivos sobre corentenados, a presión hospitalaria ou a situación das urxencias". Restricións na Galiza E malia a importancia destes datos para tomar decisións que afectan directamente á cidadanía, a Xunta non comunica as cifras que usa para limitar a actividade e os desprazamentos de determinadas localidades; ademais de defender para Galiza criterios máis estritos que tratan de impor nas áreas de Madrid con maior incidencia de coronavirus, que si poden acceder en aberto aos detalles da súa evolución epidemiolóxica por municipios e distritos. O 6 de xullo, a Xunta confinou ao redor de 71.000 persoas veciñas de 14 municipios da Mariña cunha incidencia de 155 casos por 100.000 habitantes. A finais de agosto, aínda co ocio nocturno e dos centros de día fechados A Coruña, a suba de casos activos de coronavirus en Lugo levou a Xunta a activar medidas restritivas, máis extremas no barrio da Milagrosa. No pico máis alto a incidencia acumulada chegou a superar os 600 casos por 100.000 habitantes, segundo recolle un auto xudicial do 25 de setembro no que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza ratifica as medidas impostas por Sanidade no municipio, á vista das cifras alcanzadas nas semanas previas trasladadas pola Asministración. Xunta acaba de decretar medidas máis severas para a cidade despois de manter Verín e sumar o Barco de Valdeorras á lista de localidades con medidas especiais. "No informe de seguimento observouse que o número de casos segue ascendendo, alcanzando a taxa acumulada unha cifra que supera os 600 casos por 100.000 habitantes. Nos últimos 14 días produciuse unha incidencia global en toda a comarca de 218,6 fronte aos 254,8 da semana anterior, destacando a maior taxa concentrada en Lugo cunha cifra de 241,2 casos". Ás portas do San Froilán, e xa por baixo dos 200, segundo fontes do Concello, as limitacións en eventos, bares e xuntanzas mantéñense ante o risco de incremento de reunións e festas familiares que poidan agravar a situación, moi complicada na área sanitaria de Ourense, onde a Xunta acaba de decretar medidas máis severas para a cidade despois de manter Verín e sumar o Barco de Valdeorras á lista de localidades con medidas especiais. Neste caso, a Administración tivo en conta a alta incidencia acumulada nunha poboación de 14.000 persoas mais tamén o número de focos activos e o número de PCR positivas entre os contactos estreitos dun caso confirmado", o que leva ao Sergas a afirmar a necesidade de "non santificar" a taxa acumulada como único criterio. |
PRAZA_14989 | Piden que "se tomen con urxencia as medidas necesarias" para evitar "situacións tan crueis" como o novo suicidio dunha muller en Barakaldo xusto antes de ser desafiuzada da súa vivenda. | A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, esixiulle este venres ao Goberno "que se deixe de acenos propagandísticos e actúe dunha vez contra os criminais bancarios que están levando a moita xente á morte", logo de coñecerse outro suicidio dunha persoa, neste caso unha muller de Barakaldo, xusto antes de ser desafiuzada da súa vivenda. Anova, pola súa banda, instou a que "se tomen con urxencia as medidas necesarias para evitar situacións tan crueis" e asegurou que a "desesperación e sufrimento que día a día sofren centos e milleiros de persoas debe rematar". "A desesperación e sufrimento que día a día sofren centos e milleiros de persoas debe rematar" A deputada nacionalista do BNG anunciou tamén que a súa formación "pide a comparecencia urxente" do ministro de Xustiza en Comisión Parlamentar e do presidente do Goberno no Pleno do Congreso "para que expliquen as medidas urxentes que van tomar para parar os desafiuzamentos hipotecarios" e para preguntar tamén se "se teñen previsto tomar medidas de apoio económico e social ás vítimas desta criminalidade bancaria". O BNG pide a "comparecencia urxente" do ministro de Xustiza e de Rajoy para que expliquen as medidas urxentes que se tomarán para parar os desafiuzamentos Ademais, Olaia Fernández Davila esixiulle ao Executivo que "se deixe de acenos propagandísticos, e que tome medidas contundentes dunha vez, porque os afectados polos desafiuzamentos hipotecarios levan reclamando medidas para parar esta inxustiza dende hai anos e os gobernos non fixeron nada". Tal e como lembra o BNG, calcúlase que nos últimos dous anos executáronse no Estado español uns 400.000 desafiuzamentos e prevese que se executarán uns 250.000 máis nos próximos anos. Anova, a través dun comunicado, lembrou tamén que o seu portavoz, Xosé Manuel Beiras, "puxo o dedo na chaga durante a campaña cando dixo que determinadas políticas e recortes en Sanidade matan". "Desgrazadamente, temos un novo exemplo de que isto é así", concluíu. Por outra banda, o BNG amosou o seu apoio á cadea humana que o pasado xoves evitou un desafiuzamento en Moaña. "O noso total apoio ás accións cidadás para evitar estas accións criminais dos bancos", subliñou Fernández Davila. |
NOS_8492 | Con O que precede a caída é branco, a escritora Oriana Méndez vén de ser gañadora do XVII Certame de Poesía Concello de Carral. | Por unanimidade, o xurado do certame de Poesía Concello de Carral optou nesta XVII edición polo libro de Oriana Méndez titulado O que precede a caída é branco. O xurado destaca a coidada linguaxe ,a unidade da obra e o singular peche dos poemas. "A autora crea un espazo lírico cheo de luz e establece numerosos xogos metaliterarios con diferentes escollas plásticas e artísticas. Así mesmo debemos destacar o traballo de tensión-distensión poética e o ritmo", recolle a acta do xurado que outorgou por unanimidade a XVII edición do Certame de Poesía Concello de Carral á escritora Oriana Méndez coa súa obra O que precede a caída é branco. A unidade do libro, a coidada linguaxe e a construción con peches de especial solidez dos poemas son algúns dos valores que tivo en conta á hora de escoller a obra de Méndez entre as 36 presentadas un xurado composto por Dores Tembrás, Olga Patiño Nogueira e Eli Ríos, baixo a presidencia da Concelleira de Cultura, Isabel López Pérez, coa secretaría do técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. A autora recibirá o premio -dotado con 2000 euros- no acto que terá lugar o 30 de maio, na Casa da Cultura de Carral, no marco da programación das Letras Galegas, no que tamén se presentará a obra gañadora da pasada edición, Cronoloxía da urxencia de Dores Tembrás, membro nesta ocasión do xurado do certame. Oriana Méndez iniciouse na creación literaria no comezo do século, coa participación en publicacións e recitais colectivos, entre eles, o libro Xuro que nunca volverei pasar fame das Redes Escarlata, das que forma parte alén de entrar na antoloxía Novas de poesía. 17 poetas da Fundación Uxío Novoneyra publicado o pasado ano. Como autora individual ten publicado Derradeiras conversas co Capitán Kraft e cero na editorial Galaxia. |
PRAZA_13506 | No conxunto do Estado español, seis meses foron dabondo para desfacer o mito da solvencia gobernativa da dereita española. Os galegos, pola experiencia do goberno Feijoo xa sabíamos da súa ineficacia, malia que a Xunta desfrute, polo menos, da capacidade de comunicar os nulos resultados da súa xestión, que mesmo lle está vedada a Rajoy. | No conxunto do Estado español, seis meses foron dabondo para desfacer o mito da solvencia gobernativa da dereita española. Os galegos, pola experiencia do goberno Feijoo xa sabíamos da súa ineficacia, malia que a Xunta desfrute, polo menos, da capacidade de comunicar os nulos resultados da súa xestión, que mesmo lle está vedada a Rajoy. Que lles pasou aos Gobernos galego e español? U-la razón da súa ineficacia? O primeiro motivo é a fonda desconfianza que o novo PP mantén fronte á política, que substitúe por pura ideoloxía Que lles pasou aos Gobernos galego e español? U-la razón da súa ineficacia? O primeiro motivo é a fonda desconfianza que o novo PP mantén fronte á política, que substitúe por pura ideoloxía. Se Fraga sabía usar do seu Poder, Feijóo descoñece as potencialidades do autogoberno como arma. Velaí a razón pola que Galicia perdera moito máis emprego industrial e por conta propia dende abril do 2009. Canto a Rajoy, pérdelle o seu reducionismo mental e fáltanlle os reflexos e a cultura política para tentar consensuar as súas medidas e para abordar a recesión dende o punto de vista das persoas comúns. Nótaselle abondo ao pontevedrés, por outra banda, que escoita sempre as mesmas opinións e móvese sempre nos mesmos circuítos sociais. Esta ineficacia dos Gobernos galego e español maniféstase adubiada coa súa innata tendencia á división social. Diríase que o novo PP pensa que o seu obxectivo nos Gobernos non é resolver os problemas, senón agravárllelos aos non adictos. O novo PP presenta aos cidadáns como responsábeis da crise e bota lume para avivar determinados conflitos sociais no canto de buscar a mediación e a resolución dos mesmos. O corolario da súa ineficacia e das súas tendencias sectarias á división social é o seu carácter deconstrutor O corolario da súa ineficacia e das súas tendencias sectarias á división social é o seu carácter deconstrutor. O novo PP racha o consenso social da transición (que reflicte no Estado o acadado na Europa despois do 1945) e anda a desmontar, con máis ou menos intensidade, a sanidade, a educación, os servizos sociais públicos, máis tamén a lingua e identidade galegas e as políticas de promoción do crecemento. A Arrincadeira O sábado celebrouse na Coruña a V Asemblea da Irmandade Xurídica Galega O sábado celebrouse na Coruña a V Asemblea da Irmandade Xurídica Galega. Denunciouse, outravolta, a insólita situación do galego na xustiza demandando, como facía o defunto maxistrado Carballal Pernas (homenaxeado nesta edición) a necesidade de que os maxistrados e xuíces coñezan a nosa lingua para exercer no noso País. |
NOS_4614 | O poeta, profesor e columnista Ismael Ramos fíxose co Premio de Xornalismo Lueiro Rey pola elección unánime do xurado, formado por Ramón Nicolás, Carme Vidal, Ramón Rozas e Carmen Carreiro. | O xurado da V edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, do Concello de Fornelos de Montes, escolleu o artigo Mentres tanto dáme a man do poeta, profesor e columnista Ismael Ramos como a obra merecedora do galardón este 2022. O texto, publicado por Nós Diario tanto en formato dixital como en papel, incide dunha maneira literaria e en primeira persoa no problema da violencia que se exerce na actualidade contra o colectivo LGTB. Ramos recolleu onte o premio en Fornelos, agradecendo a confianza do xurado e parabenizando o concello por esta iniciativa. Nunha entrevista en Nós Diario publicada estes días, Ramos apuntaba que o texto premiado "é un texto vivencial. Cando un traballa con ese material é case imposíbel que non entre en xogo esa matiz literaria ou esa maneira de querer contar as cousas. Ao procurar contar algo acaba por entrar en xogo esa idea de crear unha historia e un determinado ambiente. Para min o máis importante é esa parte vivencial, o que hai da vida no texto". A deputada de Lingua María Ortega reivindicou o uso xeral do galego nos medios na entrega do V Premio Lueiro Rey de Xornalismo e quixo subliñar a necesidade de que a lingua do país aborde tódalas temáticas e non só as relacionadas co propio idioma ou a cultura. Así mesmo, destacou a calidade literaria do texto do gañador da quinta edición, Ismael Ramos, e tamén da súa "soberbia" intervención de agradecemento no acto de hoxe relatando vivencias persoais, da que asegurou que, despois de escoitala, "só cabe o silencio para que as súas palabras resoen nas nosas cabezas" |
NOS_13083 | Até o 31 de decembro, Galiza disporá 885.000 doses contra a gripe en perto de 900 puntos de vacinación que inclúen residencias, hospitais e centros de saúde. | Galiza iniciou esta segunda feira, a campaña de vacinación contra a gripe. Por primeira vez será secuencial e compatíbel coa administración da dose de reforzo contra a Covid que aprobou o Ministerio de Sanidade para a poboación maior de 70 anos. Como é habitual desde 2018, o primeiro colectivo con acceso ás vacinas da gripe é o do persoal sanitario, que durante esta semana ten a posibilidade de recibir a súa dose no propio centro de traballo. A partir do día 25 a campaña contra a gripe abrirase ao resto da poboación. Mais será de forma gradual para darlle cobertura á poboación máis vulnerábel e evitar o desabastecemento que o ano pasado obrigou a cancelar numerosas citas por falta de vacinas en moitos centros de saúde. En 2020, a Covid elevou a demanda da vacina da gripe. Moitas persoas sas reclamaron antes do previsto e mesmo por primeira vez a súa dose contra este virus estacional, o que deixou sen picada e á espera a moitas persoas de risco dos grupos albo de menos de 65 anos. Este ano, Sanidade mantén o chamamento xeneralizado a protexerse fronte á gripe, pero faino nun contexto distinto, con máis de 93% da poboación maior de 11 anos vacinada contra a Covid, a pandemia baixo control e unha campaña antigripal en catro fases con catro datas chave. 18 de outubro Arranca a campaña de vacinación do persoal sanitario, tanto do Sergas como de centros privados, co obxectivo de superar 75% de cobertura tras 74,6% do ano pasado, 23% máis que en 2019. 25 de outubro Incorpóranse á campaña as persoas de 65 anos ou máis, que o ano pasado alcanzaron unha cobertura de 71,66%, 11,24% máis que en 2019. A partir da vindeira semana tamén se poderán vacinar as persoas institucionalizadas de maneira prolongada en residencias de maiores ou centros de atención á discapacidade, así como o persoal traballador destes centros. 15 de novembro A campaña amplíase. A partir desta data están chamadas a se inocular as persoas de entre 60 e 64 anos, as persoas menores de 60 con patoloxías de risco, mulleres embarazadas, crianzas prematuras de entre seis meses e dous anos, persoal de servizos esenciais ou de exposición laboral. 29 de novembro Comeza a última fase da campaña antigripal coa incorporación de conviventes de persoas de risco e o resto da poboación albo. En calquera caso, a unión de novos grupos á vacinación contra a gripe non fai supor o feche dos anteriores, polo que se van solapar até o remate da campaña, o 31 de decembro. Cita previa obrigaroria A Galiza investiu este ano 5,3 millóns de euros na compra de 885.800 doses contra a gripe, só 5% máis das adquiridas en 2020. A vacina, advirte a Consellaría, é a medida principal para evitar a enfermidade, as súas complicacións, o risco de hospitalización e a morte. Por iso aspira a superar as 843.469 doses administradas o ano pasado en perto de 900 puntos de vacinación activos de novo en residencias, hospitais e centros de saúde, os que haberá que acudir con cita previa. Vacina contra a gripe e fronte á Covidp ara maiores de 70 A campaña da gripe será gradual co fin de impulsar a protección da poboación fronte á influenza mais tamén co obxectivo de reforzar a cobertura das persoas maiores de 70 anos contra a Covid. "Sempre que sexa posíbel", incidiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, o Sergas fará coincidir as dúas picadas. Outorgará prioridade ás maiores de 80, con máis de seis meses desde a segunda dose. Segundo confirmou Sanidade a Nós Diario, nos próximos días informarán do protocolo específico en caso de dobre picada, dado que aínda se descoñece se deben ser as doentes quen reclamen a súa cita ou se será o Sergas quen as convoque e onde. Chegado o día, levarán a terceira dose contra a Covid mais a da gripe. No seu caso, a trivalente, indicada para maiores de 65. Ademais desta, usaranse outros dous tipos de vacina: a tetravalente, indicada para menores de 65, e a de alta carga tetravalente, para persoas de mais de 60a nos ingresadas en residencias de maiores. |
PRAZA_12332 | India e China levan ao cumio dos BRICS que terá lugar a finais deste mes a proposta conxunta de crear unha alternativa ao Banco Mundial (BM) e ao Fondo Monetario Internacional (FMI). De confirmarse a participación dos demais socios (Rusia, Brasil e Sudáfrica) asistiriamos a toda unha revolución na hexemonía das institucións que desde hai máis de cincuenta anos son controladas polos países máis ricos. Segundo o que transcendeu da iniciativa, o banco orientaríase ao financiamento exclusivo de proxectos nos países en desenvolvemento e actuaría cunha axenda propia e alternativa no marco da cooperación Sur-Sur. | India e China levan ao cumio dos BRICS que terá lugar a finais deste mes a proposta conxunta de crear unha alternativa ao Banco Mundial (BM) e ao Fondo Monetario Internacional (FMI). De confirmarse a participación dos demais socios (Rusia, Brasil e Sudáfrica) asistiriamos a toda unha revolución na hexemonía das institucións que desde hai máis de cincuenta anos son controladas polos países máis ricos. Segundo o que transcendeu da iniciativa, o banco orientaríase ao financiamento exclusivo de proxectos nos países en desenvolvemento e actuaría cunha axenda propia e alternativa no marco da cooperación Sur-Sur. Os BRICS teñen urxido nos últimos tempos un maior poder de voto no seo das institucións financeiras globais á vista da nova realidade das súas economías Os BRICS teñen urxido nos últimos tempos un maior poder de voto no seo das institucións financeiras globais á vista da nova realidade das súas economías. EEUU controla o 17 por cento dos dereitos de voto no FMI e pode vetar calquera decisión relevante. Na práctica, apenas se incrementou o voto dos emerxentes de forma marxinal. Tamén reclaman unha reforma non traumática e progresiva do sistema monetario internacional que exprese a nova arquitectura económica mundial coa conseguinte substitución do dólar por unha nova moeda internacional de referencia baseada no modelo dos Dereitos Especiais de Xiro do FMI. Coa mirada posta na redución da dependencia do dólar, China está a internacionalizar o reminbi e segundo uns cálculos efectuados por Dow Jones citados polo WSJ, a proporción das reservas chinesas investidas en dólares pasou do 74 por cento en 2006 ao 54% en xuño de 2011. China está a internacionalizar o reminbi e segundo uns cálculos efectuados por Dow Jones citados polo WSJ, a proporción das reservas chinesas investidas en dólares pasou do 74 por cento en 2006 ao 54% en xuño de 2011 A reforma das estruturas interna do FMI e do BM, o outorgamento de máis dereitos aos países en vías de desenvolvemento, unha mellor distribución das responsabilidades e dos liderados, unha supervisión financeira máis estrita ou un sistema mundial de alerta, son demandas que os BRICS, actuando desde unha posición claramente diferenciada dos países desenvolvidos, veñen formulando con diferente intensidade pero escasa aceptación. Cando Strauss-Kahn foi relevado no FMI, China apuntou a necesidade de ter en conta outras distribucións nas máximas responsabilidades pondo fin ao esquema de reparto herdado da guerra fría. En abril debe ser relevado Robert Zoellick á fronte do Banco Mundial. Os BRICS volveron á carga, pero a quen mais se cita nalgunhas quinielas é a Hillary Clinton. Lagarde, directora xeral do FMI, vén de anunciar o nomeamento do chinés Jianhai Lin á fronte da secretaría do Fondo, quizais anticipando unha pírrica compensación Lagarde, directora xeral do FMI, vén de anunciar o nomeamento do chinés Jianhai Lin á fronte da secretaría do Fondo, quizais anticipando unha pírrica compensación. Pero a axenda do FMI para os próximos anos está marcada pola necesidade de socorrer ás economías europeas. Non é esa a principal preocupación dos BRICS que poden tirar proveito da actual crise para reducir o poder político e económico de EEUU e outras potencias aliadas. Se non é posible desde dentro serao virando en redondo. Segundo datos publicados polo centro de análise estadounidense Diálogo Interamericano, só China prestou en 2010 un total de 37.000 millóns de dólares a América Latina, máis que o outorgado conxuntamente polo BM, o Banco Interamericano de Desenvolvemento e o Banco Export-Import de Estados Unidos. Os BRICS poden tirar proveito da actual crise para reducir o poder político e económico de EEUU e outras potencias aliadas A nova alternativa podería estar debullándose. Falta saber se detrás dela existe non só un contra poder senón mesmamente outro discurso realmente alternativo. |
PRAZA_19007 | ENTREVISTA O vigués Juan Rodríguez, afincado en Granada dende hai doce anos, é un dos coordinadores do libro colectivo Cartografía de la Ciudad Capitalista, que analiza os procesos de transformación urbana de nove cidades do Estado español. | "A preeminencia das lóxicas neoliberais esixe que calquera intervención urbana sexa produtiva economicamente, erixíndose os sectores empresarial e financeiro como auténticos protagonistas na ordenación e xestión do territorio e, en ocasións, tamén da orde política e normativa". O libro colectivo Cartografía de la Ciudad Capitalista (Grupo de Estudios Antropológicos La Corrala), publicado hai uns meses tras unha exitosa campaña de crowdfunding, analiza os procesos de transformación urbana recentes de nove cidades do Estado español: Barcelona, Tarragona, Mallorca, Valencia, Murcia, Madrid, Sevilla, Cádiz e Granada (en vindeiras edicións barállase a incorporación de análises sobre urbes galegas). Procesos nos que "a cidade deixa de planificarse como espazo para habitar e oriéntase máis á conformación dun produto, á creación dun obxecto de consumo non produtivo a través do desenvolvemento e a renovación urbana". A cidade como elemento de mercantilización e tamén como espazo dunha loita de clases. Constitúe o cuarto libro monográfico publicado por La Corrala sobre esta temática, tras Aprendiendo a decir No. Conflictos y resistencias en torno a la actual forma de concebir y proyectar la ciudad de Granada, Transformación urbana y conflictividad social. La construcción de la marca Granada 2013-2015 e ¿Por qué no nos dejan hacer en la calle? Prácticas de control social y privatización de los espacios en la ciudad capitalista. O vigués Juan Rodríguez Medela, afincado en Granada dende hai doce anos, é un dos coordinadores da obra, que esta semana presentou en Vigo e A Coruña con grande éxito de público, confirmando a importancia central e crecente que os conflitos urbanísticos, a loita polo espazo público ou as reflexións sobre as políticas de vivenda, mobilidade ou comercio teñen para os movementos sociais. "O centro neurálxico do capitalismo xa non é o estado-nación, é a cidade, e a súa forma de transformarse é absorber os procesos de acumulación de riqueza que alí ocorren. A cidade xa non é un medio de produción, senón un produto en si mesma" "Importancia crecente para a política dos movementos e para a política, en xeral", destaca. "O centro neurálxico do capitalismo xa non é o estado-nación, é a cidade, e a súa forma de transformarse é absorber os procesos de acumulación de riqueza que alí ocorren. A cidade xa non é un medio de produción, senón un produto en si mesma. Todos os procesos que conforman o capitalismo concéntranse alí, e por iso mesmo tamén é un elemento central para os movementos sociais: a cidade non é o urbanismo, senón que é ese marco no que se concentran todas as loitas, non só polos recursos, senón tamén pola capacidade de decidir o que ocorre nos nosos barrios", di. A cidade ordenouse sempre, desde as primeiras planificacións urbanas, de acordo aos intereses do poder económico e político. De igual xeito, Lefebvre concibía o urbanismo como unha ideoloxía ao servizo do poder e unha ferramenta de control da poboación. Pero, á vez, a cidade é o escenario primordial de loita política e de xeración de modelos alternativos. "Identificar as posibles alianzas de forzas que poden formarse no seo dos movementos sociais urbanos ou entre os movementos populares máis en xeral e que poderían sentar unha base para avanzar sutilmente nun proceso de planificación que puidese facilitar o desenvolvemento das forzas favorables ao cambio", lemos no libro. Unha idea que reitera Juan Rodríguez: "A experiencia recente amosa que os movementos se veñen concentrando en responder a eses procesos agresivos de transformación urbana, en resistir. Pero agora necesítase ir máis alá, proxectar esas loitas, non só resistir, senón tamén crear alternativas. Estamos nese proceso de transición, e penso que unha boa parte dos movementos sociais e colectivos se decataron desta necesidade de construír esa alternativa. Confluír, vertebrar, converxer, son conceptos que veñen soando dende mesmo antes do 15M, aínda que o 15M lle deu unha maior apertura e amplitude a este discurso. E aí están agora todas as experiencias municipalistas, que foron e son unha aposta electoral, pero tamén unha aposta de organización social". "Os movementos véñense concentrando en responder a eses procesos agresivos de transformación urbana, en resistir. Pero agora necesítase ir máis alá, proxectar esas loitas, non só resistir, senón tamén crear alternativas" Nestes procesos xoga un papel fundamental a participación. "Pero unha participación real. Ata agora o que moita xente experimentou con respecto á participación é que a ti a institución che pregunta a túa opinión e despois a institución fai o que lle dá a gana. Hai que transformar iso, hai que dar oportunidades reais, encher de sentido esa participación, crear corresponsabilidade e permitirlle á xente que, informada, poida decidir", sinala. Os procesos de transformación urbana, hoxe "Segundo o principio xeral do crecemento do sistema capitalista en virtude do cal este 'é un sistema que non pode existir sen crecer', a cidade capitalista necesita continuar crecendo e renovándose", dise na introdución da obra. En que fase estamos, nun contexto post-crise no que aínda están presentes os efectos do estoupido da burbulla inmobiliaria? Juan Rodríguez alerta de que os grandes sectores económicos en ningún momento deixaron de moverse e de tomar posicións, "actuando en relación co solo como se actúa cun mercado de futuro", díxose na presentación coruñesa. "Cando o mercado está estancado lévanse a cabo todos os procedementos necesarios: a compra de terreos e as modificacións normativas. E cando volva a bonanza, o único que hai que facer é construír e vender" "Houbo sectores aos que a crise non lles afectou e que polo tanto nunca deixaron de ter unha gran dispoñibilidade económica. É inxenuo pensar que a crise económica freou a especulación urbanística ou que non se producen movementos estratéxicos", di. "Ou recualificacións do solo, pois isto non se trata só dun tema empresarial, senón que afecta tamén a todos os niveis da administración", engade. "Iso segue ocorrendo e é perigoso, porque moita xente pode estar desprevida e pode pensar que nun tempo así ese tipo de accións son menores. Cando o mercado está estancado lévanse a cabo todos os procedementos necesarios: a compra de terreos e as modificacións normativas. E cando volva a bonanza, o único que hai que facer é construír e vender", advirte. A batalla entre o público e o privado "O predominio da función de consumo sobre a de espazo de socialización fai que as rúas e prazas deixen de ser entendidas como espazos para o desenvolvemento da comunidade e véxanse unicamente como obxecto de explotación económica" O libro analiza unha dinámica, que se reproduce en todos os lugares, de avance do privado fronte ao público: "podemos observar un proceso de privatización, tanto de edificios públicos reconvertidos en hoteis como de prazas (...) así como servizos de transporte, de recollida de lixos ou de abastecemento de augas, por pór algúns exemplos. Na cidade capitalista todo espazo é obxecto de ser rendibilizado". "O predominio da función de consumo sobre a de espazo de socialización fai que as rúas e prazas deixen progresivamente de ser entendidas como espazos fundamentais para o desenvolvemento da comunidade e véxanse unicamente como obxecto de explotación económica", engádese. "Estas regulacións o que fan é tentar xerar un perfil de cidadán moi concreto, que se autocensura. O maior perigo é ese: naturalizar eses límites e eses comportamentos" "O público deslexitímase, preséntase como algo non rendible, e baixo esa lóxica promóvese que empresas privadas vaian asumindo máis e máis funcións e servizos. E iso afecta tamén ao espazo público, comenzado pola ocupación que levan a cabo as terrazas dos bares e restaurantes", explica Juan Rodríguez. "A iso temos que sumar as novas leis de regulación do espazo público e as ordenanzas cívicas sobre convivencia cidadá, precedidas pola coñecida como lei antibotellón, que tamén contribúen a delimitar quen pode ocupar o espazo público e de que forma", engade. "A Lei Mordaza é un paso máis nese senso. Agora a xente xa non ten medo a que chegue a policía e malle nela, senón que ten medo a que a grave e lle chegue unha multa. Isto o que fai é que a próxima vez esa persoa opte por non manifestarse ou por axeitar o seu comportamento ao establecido pola norma. No fondo estas regulacións o que fan é tentar xerar un perfil de cidadán moi concreto, que se autocensura. O maior perigo é ese: naturalizar eses límites e eses comportamentos", conclúe. A cidade dos megacentros comerciais Outro dos aspectos nos que afondan algúns capítulos do libro é no efecto que tivo a proliferación dun novo modelo baseado na instalación de megacentros comerciais nas aforas das cidades Outro dos aspectos nos que afondan algúns capítulos do libro é no efecto que tivo a proliferación dun novo modelo baseado na instalación de megacentros comerciais nas aforas das cidades. Efectos que non só atinxen ao tecido comercial dos barrios, senón tamén aos hábitos de mobilidade e mesmo á construción de novas infraestruturas de conexión. O efecto é que se pasa "de concentrar nos barrios todo o comercio e servizos necesarios para facer habitable un determinado territorio (cidade compacta), a unha cidade na que case para calquera cousa que queiramos facer temos que desprazarnos, xeralmente en vehículo a motor, principalmente privado (cidade dispersa)". "A cidade dos centros comerciais presenta un modelo urbano rexido polo dominio do capital, onde se exacerban as tendencias globais cara á formación dun precariado urbano, a desregulación, a oligarquización dos usos do espazo e o tempo e a privatización da vida", sublíñase. Xentrificación non é un nome de señora Finalmente, no libro detállanse varios procesos de xentrificación que tiveron lugar ou están tendo lugar en cidades españolas, con ciclos de transformación urbana -sobre todo nos centros históricos- nos que os seus habitantes previos son progresivamente desprazados pola chegada de novos poboadores, dun nivel adquisitivo elevado, nun proceso no que se van encarecendo as propiedades e substituíndo o tecido comercial previo. Estas situacións, ademais, parten dun abandono e deterioro previo que leva a que os veciños e veciñas sofran condicións habitacionais deficientes. Neste senso, a obra denuncia que "o urbanismo postmoderno, máis preocupado pola rehabilitación e polos pequenos proxectos, despraza a poboación dos centros urbanos, desencadeando procesos de xentrificación e de museización. A mercantilización da propia esencia da cidade, que implica o recurso do turismo, esténdese e en moitos casos convértese no único sentido da urbanización". O libro complétase cunha serie de contidos que se poden consultar nunha web creada especificamente, na que se ofrecen vídeos con intervencións realizadas polo colectivo Left Hand Rotation para denunciar procesos de xentrificación en Bilbao, Xixón, São Paulo, Valencia e Rotterdam. "As cidades non só son edificios, non só son decorados, as cidades créanas as súas xentes e as formas de relacionarse entre elas. Iso é o que crea esa singularidade" Na obra sinálase a este respecto que a xentrificación afecta "á memoria colectiva barrial, imposibilitando a reconstrución do pasado e provocando a perda da identidade local. "Que é o que lle dá sentido e valor a unha cidade? As diferentes formas de vivir que nela existen, a poboación que alí vive, a que conserva a memoria do barrio", salienta Juan Rodríguez, que engade que "as cidades non só son edificios, non só son decorados, as cidades créanas as súas xentes e as formas de relacionarse entre elas. Iso é o que crea esa singularidade". "Con outro tipo de estratexias para crear singularidade ao final acaban parecéndose todos os lugares. Porque estas estratexias pasan por ter unha ponte de Calatrava, ter un Guggenheim ou un MACBA ou calquera elemento que hoxe está de moda pero que se cadra mañá xa non o estará. E a orixinalidade de cada cidade se terá perdido", conclúe. |
NOS_58566 | Continúa a avaliación pormenorizada dos efectos da vacina por parte dos organismos internacionais. | A Axencia Europea do Medicamento (EMA) continúa "firmemente convencida" de que os beneficios da vacina de AstraZeneca contra a Covid superan os riscos e polo momento non atopou "indicios" que demostren que os casos de trombose rexistrados estean relacionados coa administración. Así o asegurou hoxe a directora xerente da EMA, Emer Cooke, nunha conferencia de prensa en que explicou que o organismo está a avaliar "en profundidade" os casos detectados para determinar se efectivamente están relacionados coa vacina de AstraZeneca ou é unha "coincidencia". Actualmente traballan con expertos hematólogos e coa Axencia Reguladora de Medicamentos e Productos Sanitarios do Reino Unido (MHRA) para ofrecer unha conclusión definitiva esta quinta feira. Non obstante, Cooke repetiu a mensaxe que a institución trasladou xa en varias ocasións desde que a semana pasada varios países informaron sobre casos de trombose en persoas inoculadas previamente coa vacina e unha ducia deles, entre estes Alemaña, Francia, Italia e España, paralizasen temporalmente a vacinación. Estas suspensións podería atrasar o prazo ao que se comprometeu a Comisión Europea, de inmunizar 70% da poboación adulta antes de rematar o verán. Porcentaxes similares Tamén a OMS mantivo hoxe unha reunión para analizar "máis a fondo" a seguridade da vacina. A organización dixo estar en "contacto estreito" coa EMA e anunciou que esta semana haberá "máis noticias" ao respecto. Ao igual que a axencia europea, a OMS insistiu en que "non hai razón para non usar" o fármaco. "Hai persoas que morren todos os días, polo que é normal que haxa persoas que fosen inmunizadas e morran. Os informes dispoñíbeis até agora non estabelecen unha relación directa cos trombos xa que a porcentaxe se observou tamén entre a poboación xeral", dixo a pasada sexta feira. Queixas polo reparto Por outra banda, os xefes de Goberno de Austria, Bulgaria, Eslovenia, República Checa, Croacia e Letonia ─estes dous últimos de maneira virtual─ pediron logo dun cume conxunto un "mecanismo de corrección" na distribución de vacinas á UE. O grupo enviou unha carta á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e ao presidente do Consello Europeo, Charles Michel, onde solicitan un mecanismo distinto para repartir as vacinas entre os Estados. Porén, tras ser preguntado polos xornalistas acerca de máis detalles, o primeiro ministro austríaco, Sebastian Kurz, recoñeceu que a situación "non é fácil de resolver" e evitou dar respostas concretas, informou a axencia de noticias austríaca APA. Kurz leva semanas denunciando que a Comisión Europea non está a ter en conta o criterio poboacional na distribución. Ademais, criticou os Estados da UE que fixeron adquisicións de forma bilateral, como Hungría e Eslovaquia, situación que comparou cun "bazar de vacinas". Pola súa banda, o primeiro ministro búlgaro, Boyko Borisov, criticou o incumprimento das farmacéuticas e remarcou que seguiron os consellos chegados de Bruxelas á hora de non comprar "vacinas rusas ou chinesas". Sputnik V Neste sentido, o director do centro ruso Gamaleya, Alexander Guintsburg, afirmou onte que a vacina rusa que producen, a Sputnik V, protexe contra a variante británica do SARS-CoV-2. Con todo, precisou que os exames que se levaron a cabo até agora son "experimentais". |
PRAZA_16172 | Piden a Fomento medidas contra o ruído e prazos concretos para que a autoestrada agora ampliada que ven pasar xunto ás súas casas ademais poida serlles útil tamén a eles Isto son os enlaces 'orbital' e de Teis que piden Santiago e Vigo na AP-9 HEMEROTECA | Fomento certifica que a inauguración de Rande deixa obras pendentes en Chapela por máis de 11 millóns | Isto son os enlaces 'orbital' e de Teis que piden Santiago e Vigo na AP-9 HEMEROTECA | Fomento certifica que a inauguración de Rande deixa obras pendentes en Chapela por máis de 11 millóns A ampliación da AP-9 na súa entrada a Vigo ao seu paso pola ponte de Rande e os barrios urbanos de Chapela (Redondela) e Teis (Vigo) foi inaugurada polos presidentes Rajoy e Feijóo o pasado 30 de decembro. Porén, varias obras consecuencia desa ampliación non están rematadas, e non o estarán ata dentro de varios meses. Un mes despois da inauguración oficial, acelerada pola concesionaria para poder subir as peaxes canto antes, este sábado varios centos de veciños e veciñas da zona afectada concentráronse para esixir ás administracións celeridade e prazos concretos. Piden a Fomento medidas contra o ruído e prazos concretos para que a autoestrada agora ampliada que ven pasar xunto ás súas casas ademais poida serlles útil tamén a eles O propio Ministerio de Fomento admitiu en decembro, dous días antes da inauguración, que ten obras pendentes de realizar na zona por uns 11 millóns de euros, entre reposición de camiños afectados pola ampliación da autoestrada, actuacións para reducir o ruído do tráfico e, fundamentalmente, para construír noutro lugar un colexio ao que a nova calzada se achegou tanto que as familias temen pola seguridade do alumnado. As protestas veciñais xa fixeron que se construíse un muro de formigón entre o colexio e a autoestrada a xeito de protección, e mesmo que dez días despois da súa inauguración Fomento restrinxise parcialmente a circulación por un dos carrís de nova construción pola súa proximidade ao centro escolar. Pero a solución definitiva non chegará ata que se remate a construción do colexio noutro lugar, que Fomento aínda vén de licitar agora e que a veciñanza xa asume que non estará rematado para o comezo do próximo curso escolar. Os afectados tamén critican que a AP-9 carece de pantallas de protección fronte ao ruído malia discorrer ao longo de máis de seis quilómetros por unha contorna completamente urbanizada. Colexio de Chapela que será trasladado tras levantarse un muro de formigón para protexelo do tráfico da autoestrada ampliada [Google Street View] Concello de Vigo por unha banda e Fomento e Xunta por outra atribúense de xeito mutuo a responsabilidade de redeseñar a AP-9 na súa entrada á cidade Ese carácter urbano dos barrios de Teis e Chapela, no pasado separados de Vigo pero hoxe completamente integrados na cidade, motiva outra das reclamacións veciñais, que conta co respaldo do Concello. A de facer que neses quilómetros finais de entrada a Vigo a AP-9 se converta nunha vía urbana con accesos hoxe inexistentes (á altura da rúa Bos Aires ou incluso antes, no lugar denominado Torres de Padín) que permitan acceder a ela en Teis e Chapela para dirixirse ao centro da cidade e así liberar de tráfico as conxestionadas rúas deses dous barrios. Porén, o proxecto está estancado porque Concello de Vigo por unha banda e Fomento e Xunta por outra atribúense de xeito mutuo a responsabilidade de deseñar eses novos accesos. Á espera de contar con eses novos accesos, Xunta e Fomento veñen de acordar suprimir a peaxe para os condutores no enlace máis próximo á zona, o de Redondela, a varios quilómetros de distancia, pero a cambio de subir as peaxes aínda máis no resto da autoestrada nunha contía que aínda non determinaron. Os veciños piden prazos concretos para esa supresión da peaxe así como que se acelere a construción dos novos enlaces que permitan que a autoestrada recentemente ampliada que agora vén pasar xunto ás súas casas ademais poida serlles útil tamén a eles. Tamén rexeitan que a supresión da peaxe en Redondela a teñan que pagar o resto de usuarios da vía. |
PRAZA_3255 | "Queremos que contribúa a aumentar a dinámica cultural de cada unha das cidades que integran esta asociación transfronteiriza", di o alcalde, Ricardo Río | "Queremos que contribúa a aumentar a dinámica cultural de cada unha das cidades que integran esta asociación transfronteiriza", di o alcalde, Ricardo RíoO Altice Forum Braga acolle este sábado día 8, ás 21.30 horas, a apertura oficial da VI Capital da Cultura do Eixo Atlántico, cerimonia que irá seguida dun concerto da banda galega SondeSeu e do portugués Daniel Pereira Cristo. A entrada é de balde ata encher o aforo do recinto e as entradas poden ser recollidas no propio lugar entre as 9 e as 18 horas de Portugal. Previamente, o venres a entidade que integra as principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal renovará os seus órganos de funcionamento.Braga sucede a Vilanova de Gaia Viana do Castelo, Ourense, Matosinhos, Vila Real e Santa Maria da FeiraA Capital da Cultura do Eixo Atlántico é acollida cada dous anos por unha das cidades da eurorrexión e pretende impulsar as conexións culturais entre os dous lados da fronteira. En anos anteriores a celebración recaeu en Vilanova de Gaia, Viana do Castelo, Ourense, Matosinhos, Vila Real e Santa Maria da Feira.A programación prevista para este ano inclúe 52 eventos de cultura urbana, artes plásticas, música, teatro, cine, fotografía ou encontros sectoriais do mundo da culturaDesta volta o alcalde de Braga, Ricardo Río, salienta o seu desexo de que "sexa un momento de afirmación da nosa identidade e contribúa a aumentar a dinámica cultural de cada unha das cidades que integran esta asociación transfronteiriza". A programación prevista para este ano inclúe 52 eventos de cultura urbana, artes plásticas, música, teatro, cine, fotografía ou encontros sectoriais do mundo da cultura.O concerto inaugural deste sábado unirá sobre o escenario o traballo de recuperación e modernización de músicas e instrumentos tradicionais do portugués Daniel Pereira Cristo e os galegos SondeSeu . |
PRAZA_16552 | O propio PP destaca a aprobación de medidas políticas e "reformas legais" sobre igualdade entre homes e mulleres. En Marea, PSdeG e BNG anuncian propostas para loitar contra a fenda salarial ou a discriminación laboral por mor da maternidade HEMEROTECA | Feijóo cre "unha falta de respecto" considerar que as manifestacións feministas do 8M foron "políticas" | HEMEROTECA | Feijóo cre "unha falta de respecto" considerar que as manifestacións feministas do 8M foron "políticas" "Pensar que isto foi unha manifestación política é unha falta de respecto e un grave erro cara ás mulleres que nos dixeron que aínda non se conseguiu a igualdade". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resumía deste xeito o pasado venres a súa postura tras as masivas mobilizacións feministas que o pasado 8 de marzo culminaron unha xornada de intensas manifestacións e folga feminista. O que nalgúns foros foi lido como un cambio de postura de Feijóo non foi máis ca unha reiteración dun chamamento que xa realizara noutras ocasións; así o fixo en 2016, esixindo "non politizar" a loita contra a violencia machista, ou no marco do 8M do 2017, cando nun acto de partido reclamou "loitar pola igualdade" sen "politizar os problemas das mulleres". O propio PP destaca a aprobación de medidas políticas e "reformas legais" sobre igualdade entre homes e mulleres Igual que nesoutras ocasións, inmediatamente despois da petición pública de non ligar igualdade de xénero e política chegou o anuncio de novas iniciativas que, no ámbito do Parlamento galego, abordarán a cuestión mediante iniciativas obviamente políticas. Sucederá pola banda da oposición, pero tamén do propio PP. Non en van, o seu voceiro na Cámara galega, Pedro Puy, lembraba que o propio Parlamento xa acadou acordos neste ámbito no pasado e que o seu propio grupo "xa ten rexistrado novas iniciativas" políticas nas que defende, por exemplo, "reformas legais para que a Xunta poida defender os dereitos das vítimas de violencia de xénero" nos procesos xudiciais. Do mesmo xeito, avanzou, os conservadores serán favorables a equiparar no futuro os permisos de maternidade e paternidade para o persoal da Administración. En Marea resalta que xa defendeu en pleno propostas concretas contra a fenda salarial e advirte de que o PP terá "a oportunidade demostrar se o seu compromiso coa igualdade é real" no vindeiro pleno Dende a banda esquerda o voceiro de En Marea, Luís Villares, advirte de que a mobilización feminista é a mello rmostra de que cómpren "políticas" ao respecto e ademais, que estas sexan "políticas reais, non de xesto" en ámbitos como o "control" da fenda salarial. Neste sentido, lembra as iniciativas defendidas por esta formación no último pleno do Parlamento para, por exemplo, reclamar que o Consello Galego de Relacións Laborais estude e faga explícita a fenda salarial, iniciativa defendida pola deputada Paula Vázquez Verao, ou a proposta de creación de prazas de persoal experto en igualdade no sistema educativo, promovida por Ánxeles Cuña e tamén, lembra, rexeitada polo PP. No vindeiro pleno En Marea concretará estas propostas nunha moción que, resalta Villares, dará ao PP a "oportunidade demostrar se os seus compromiso coa igualdade son reais ou de contrabando". O PSdeG promove un "plan de incentivos específicos para o retorno ao emprego despois da maternidade" Medidas políticas son tamén as reclamadas dende os grupos da oposición tras o éxito da mobilización do 8M. Neste sentido, o voceiro do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, anuncia tamén iniciativas para instar o PP e o propio Feijóo a que "pasen das musas ao teatro, das promesas aos feitos". Alén da "retórica", resalta o socialista, o PP tamén "ten o DOG", polo que a súa formación instará a promover xa esa equiparación de permisos por nacemento ou adopción de fillas e fillos, así como "un programa de incentivos específicos para o retorno ao emprego despois da maternidade" ou "revisar a presenza da muller nos postos directivos de empresas públicas" dependentes da Xunta. O BNG propón un plan con tres medidas contra a fenda salarial "que poden ser efectivas en dous meses" A reclamación de medidas concretas para responder á pregunta de "e agora, que?" tras o éxito da "xornada histórica" do 8M chega tamén pola banda do BNG. "É o momento de estar á altura", resalta a vicevoceira do Bloque no Parlamento, Olalla Rodil, quen especifica que "dentro dos acordos a impulsar, o BNG fai unha tripla proposta centrada na loita contra a desigualdade salarial con tres medidas que poden ser efectivas en dous meses". Así, detalla a deputaad Noa Presas, o Bloque promoverá "incorporar á normativa sancións a empresas" por "discriminación salarial" de xénero e, paralelamente, promover a "transparencia salarial, con información desagregada por niveis salariais, pluses e complementos, que é onde radica o fondo da discriminación". Este paquete de medidas, explican, completaríase coa realización de "auditorías salariais nas empresas" con cadros de persoal superiores ás 50 persoas "para detectar situacións de discriminación" de xénero, "tal e como recomenda a Unión Europea". |
NOS_29077 | O renovado Celta do Chacho Coudet sae do pozo do descenso após gañar ao Athletic en Bilbao (0-2) nun gran partido dos celestes. Na Segunda, o Lugo apañou o seu cuarto empate consecutivo ante o Mirandés e, na categoría de bronce, Pontevedra e Dépor empataron, mentres que Rácing e Compos golearon Celta B e Coruxo. | A figura do adestrador de fútbol arrastra un perpetuo sambenito que o converte en culpábel de todo canto malo pasa en calquera equipo. Por iso, aínda que os problemas poden estar noutra área do club, cando as cousas se torcen as directivas sempre optan pola mesma solución: cesar o técnico. Non obstante, esta medida ás veces funciona, malia que en poucas, moi poucas, tanto como está a acontecer no Celta de Vigo. A chegada de Eduardo Coudet logo do despedimento de Óscar García cambiou por completo a face dun conxunto que hai pouco máis de dúas semanas ocupaba a última posición da Liga. Esta xornada conseguiron gañar ao Athletic de Bilbao por 0-2 en San Mamés na segunda vitoria consecutiva da 'era Chacho', que reafirma as boas sensacións do triunfo ante o Granada da semana anterior e mesmo do seu partido de debut ante o Sevilla, a pesar da derrota (4-2). As múltiples variantes tácticas -perante o Athletic o preparador arxentino empregou até tres sistemas- e a solidez defensiva tanto no medio como atrás son as chaves dun novo Celta no que, a pesar de que o de Moaña continúa a un nivel estratosférico, por fin parece superada a Aspas-dependencia, e a contribución ofensiva de xogadores como Nolito, Denis, Mina ou mesmo Mallo -que anotou o primeiro tanto ante o Athletic- descárgao de carrexar con todo o peso do ataque. O Lugo segue empatando A única escuadra galega na Segunda División sumou un novo empate, o cuarto seguido, esta vez na casa do Mirandés (0-0). Os albivermellos seguiron padecendo a mesma falta de gol dos últimos encontros, mais, como apunta o propio Mehdi Nafti, o club "non paga por ser vistosos, senón para ser competitivos", e o Lugo continúa na zona media da táboa e acumula tan só dúas derrotas desde a súa chegada. Tres derbis e dúas goleadas Na Segunda División B, os seis equipos galegos da categoría enfrontáronse entre eles nun triplo derbi: Pontevedra-Deportivo (1-1), Celta B-Compostela (0-3) e Rácing de Ferrol-Coruxo (4-0). Con estes resultados, os branquiazus conservan o liderado e os granates baixan até o terceiro posto, pero seguen na zona alta dunha cabeza da Liga caracterizada pola extrema igualdade e da que xa están moi preto tanto Rácing de Ferrol como Compos. |
PRAZA_16471 | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu no Comité Nacional "apoio e orientación" a toda a militancia socialista para que o partido sexa o "mellor instrumento" para o cambio en Galicia | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu "apoio e orientación" a toda a militancia socialista para que o partido sexa o "mellor instrumento" para o cambio en Galicia e poida "facer fronte" aos gobernos da dereita nas vindeiras eleccións municipais. Aos catro meses de asumir as rendas do PSdeG, Gonzalo Caballero aproveitou a primeira reunión do Comité Nacional do PSdeG en dous anos para chamar á unidade, tender a man ás bases e chamalas a construír un "exercito de cambio" de cara a estes comicios locais. "Eu son un instrumento político ao servizo do partido e tedes que axudarnos a que este instrumento sexa o mellor para cambiar Galicia", dixo ante os 300 socialistas que acudiron á cita en Santiago. Nela estiveron os catro secretarios provinciais da formación ou alcaldesas como a de Lugo, Lara Méndez. Quen non estivo foi o rexedor vigués, Abel Caballero, aínda que si xente da súa confianza. Caballero reivindica o PSOE como esquerda nas municipais fronte á dereita e aos "problemas de xestión dos partidos que emerxeron doutras forzas de esquerda" Caballero instou a todos os presentes a "pór a organización a funcionar" de cara ás municipais para as que cre que "os socialistas son a referencia" fronte a "os gobernos da dereita que non conseguen consolidarse cando chegan" e ante os "problemas de xestión" dos que "emerxeron doutras forzas da esquerda". "O Partido Socialista é a esquerda en Galicia e en España", reivindicou Caballero, para advertir de que "só cando o PSdeG foi capaz de liderar un proxecto alternativo houbo cambio en Galicia". Por iso cre que o novo PSdeG, construído "con orgullo", sexa a alternativa que Galicia necesita" ante un goberno autonómico que a fai "ir a menos". "A tarefa do gran xestor Feijóo deixa unha Galicia que vai a peor", lametnou o líder socialista, que acusou o presidente da Xunta do "desmantelamento da sanidade". Así, reclamou que o PSdeG dea "unha resposta de esquerda e socialista" para Galicia que se sustente en grandes eixos como a necesidade dunha política económica activa, medidas efectivas para o medio rural, así como unha política social que reduza as desigualdades. |
NOS_20043 | A igrexa de San Salvador de Escuadro, no concello de Silleda, érguese con dignidade nun cómaro da comarca do Trasdeza. Rural, de orixe medieval e receptora de todas as influencias culturais, xeosociais e estilísticas que cabe agardar nun núcleo cerne dun territorio. Unha parroquia cativa e lonxeva que nos recibe con monumentalidade e tímpano simple no iconográfico, mais rico na plasticidade rítmica. | Románico e barroco, os estilos da nosa identidade. O carácter vernáculo do barroco e o internacionalismo do románico que atopa á Galiza da Baixa Idade Media nun dos seus mellores momentos históricos. Ambos con Compostela como gran foco. O románico e o barroco son sinxelos de detectar no edificio principal desta parroquia de Silleda. Combinación estilística habitual na nosa xeografía. O lugar de Escuadro atópase centrando o río do mesmo nome que transcorre desde a fermosa fervenza de Ferveda até a desembocadura do afluente no río Toxa. Un río, o Toxa, que ten como protagonista románico o mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. E é aí, na documentación do Mosteiro de Carboeiro, onde atopamos a primeira mención que coñecemos sobre a nosa freguesía. Estamos a finais do século XI, o abade Alfonso, reitor na época de esplendor do mosteiro, dá a Dona Urraca e Raimundo de Borgoña un territorio na "freigresía de Sancto Salvador de Esquadro". Cruce de influencias O documento de 1096 fálanos dunha fábrica anterior ao programa decorativo que é xa plenamente románico e recibe influencias que o sitúan no século XII. O cruce de influencias vén do propio mosteiro de Carboeiro, da proximidade ao foco da catedral compostelá, da pertenza á diocese de Lugo e do influxo dos obradoiros itinerantes comarcais. Estes obradoiros son os verdadeiros responsábeis da difusión estilística románica, que coa premisa das ansias uniformadoras das ordes monásticas e a eficiencia construtiva da repetición de modelos espallan polo territorio a mensaxe de vasalaxe á espiritualidade e ao poder. San Salvador comparte características con outras igrexas de orixe medieval da súa contorna, porén observamos que foi a que máis cambios sufriu na súa morfoloxía orixinal. A intervención barroca provocou unha fonda transformación responsábel do seu aspecto actual. O barroco respectou a disposición da portada románica e mesmo a resaltou con ese frontón semicircular alongado por unha liña a modo de imposta que lle dá digno eco ao tímpano e arquivoltas inferiores. As fornelas que franquean o conxunto da porta non son moi habituais no ámbito rural mais atopámolas tamén no propio mosteiro de Carboeiro, en igrexas como San Miguel de Goiás en Lalín ou en San Martiño de Dornelas, en Silleda. As fornelas de Goiás están rematadas por un cordón axadrezado a modo de arquivolta que vai repousando nunha liña de imposta con cimacio resaltado que ata os tres vans. As fornelas de Dornelas, como as de Escuadro, carecen de decoración. Os paralelismos coa veciña Dornelas permitiu deitar luz sobre unha data aproximada de execución do programa escultórico en San Salvador. San Martiño presenta unha epígrafe que fixa a cronoloxía en 1171, coherente cos motivos estilísticos de ambas as igrexas. A sobriedade tamén parece ser a norma común nas portadas baixomedievais da comarca. Un abucinamento pouco pronunciado e moita marxe para a decoración xeométrica e vexetal. Escuadro saúdanos con dúas parellas de columnas entregas rematadas por capiteis decorados con motivos vexetais, agás o exterior dereito no que, malia a erosión da pedra, podemos intuír dous cuadrúpedes enfrontados. Solución similar á da portada de San Pedro de Ansemil, tamén en Silleda. En San Salvador aprécianse con claridade os cimacios da beira norte que están impostados cara ao muro e deixan ver unha cadea floral. Nesa mesma liña de imposta arranca cada unha das arquivoltas. Son dúas arquivoltas de medio punto lixeiramente peraltadas. Están resoltas con bocel na aresta e unha decoración de botóns florais no intradorso e na rosca. A chambrana de remate está animada por un taqueado do que non se abusa na nosa portada, malia ser un dos grandes motivos decorativos da época. Impulsado polo Camiño de Santiago, vai ter unha reinterpretación e gran difusión na Galiza, de tal xeito que chega a estabelecer unha subtipoloxía de seu. Segundo Pita Andrade, as primeiras manifestacións do taqueado danse na catedral compostelá e en San Martiño de Mondoñedo no século XI, mais un século despois ten unha presenza acusada en toda a Galiza, especialmente no ámbito rural. As características deste subtipo galego son as que se manifestan en San Salvador; entre 5 e 8 filas de tacos cuadrangulares en medio relevo. O tímpano, único na zona O tímpano desta porta occidental é o único conservado desta e das igrexas da contorna antes mencionadas. Está apoiado sobre dous batentes que xunto co capitel exterior sur son as únicas concesións á iconografía figurada de toda a arquitectura. Estas figuras de carácter apotropaico coidan dos nosos templos escorrentando os malos espíritos e impedindo que pasen o limiar da igrexa. Non é estraño no arciprestado do Trasdeza concretamente, e en toda a diocese de Lugo en xeral, que estes batentes coidadores representen animais domésticos que poden chegar a resultarnos mesmo tenros. No caso de Escuadro, temos no batente norte un cánido con volutas a modo de melena, no batente sur as orellas pontiagudas en sinal de alerta delatan un felino (fig. 8). Ningún dos dous animais ten un aire amábel, pola contra están amosando os caeiros ameazantes. Porén é habitual que os animais domésticos que atopamos nos batentes sexan vacas que semellan sorrirnos, como é o caso dalgúns exemplares da Ribeira Sacra lucense, ou a veciña Santiago de Taboada, tamén en Silleda. Os batentes están percorridos no seu perfil por un festón afuracado. Este tipo de festón forma parte primordial do repertorio decorativo de Escuadro. Vémolo no perfil dos batentes e vémolo tamén a maior escala perimetrando o tímpano. A orixe e difusión dos arquiños lobulados volve ter a Compostela -en concreto as portadas xelmirianas de Pratarías e o Paraíso- como foco, pero o certo é que esta arquitectura simulada é profusamente utilizada na Idade Media cristiá, mais tamén musulmá e, como nos advirte Torres Balbás, cun raizame común na evolución das veneras que remataban os nichos romanos. Os lóbulos do tímpano non se limitan ao festón de arquiño, tamén os vemos xogando co baleiro na parte do lintel centralizado por unha roseta de oitos puntas. Solución que fai do tímpano de San Salvador unha peza de grande interese pola súa coidada plasticidade na que xoga cos elementos xeométricos e vexetais, co oco e o macizo, creando un ritmo de calidade estética notábel. Cruces de tetraquetras A cruz acompañada por dúas rosetas son as trazas que dirixen a musicalidade xorda da nosa peza. Musicalidade que toca unha melodía autóctona. Xa desde que Castelao recompila as súas cruces de pedra da Galiza nos viñemos fixando nesta tipoloxía que moitas voces relacionan coas denominadas nacións celtas e cos símbolos de nos entrelazados atopados nos nosos castros e petróglifos. Mais o certo é que a proxección universal de trisqueis, hexasqueis ou tetrasqueis non se pode comparar coa magna presenza galaica das cruces de tetraquetras diagonais enlazadas por unha circunferencia. Como di o de Rianxo: "Non acadan a dar ideia cabal, nin aproisimada, do moito que alí hai". En efecto, o físico e matemático Manuel Regueiro calcula que esta cruz está presente case no 50% dos templos románicos galegos, sen poder achegarmos unha cifra real polas que se perderon. Regueiro estabelece tres variantes de ecuacións paramétricas e advirte que a súa presenza é moito menor fóra de Galiza. Cabe, pois, reflexionar non só sobre a súa simboloxía, que a ben seguro ten un carácter sacralizador, senón sobre a súa intencionalidade dentro da programística da curia compostelá que tentou asentar un núcleo de poder na Galiza dos séculos do románico. Necesidade de renovación Durante o ciclo de Nadal a igrexa de San Salvador vese presidida por un Nacemento aos pés do altar. A implicación da veciñanza encargada destas tarefas dá boa conta da vitalidade e necesidade de renovación que percorre a historia destas igrexas rurais. A peza do altar é outra testemuña desas remodelacións. Un friso historiado no que vemos unha escena dun banquete. No exterior da igrexa, ancorado no muro do edificio lindeiro polo norte atópase a continuación da peza do altar. Trátase dunha última cea acompañada por animais domésticos aos pés dos asistentes e un San Roque amosando as súas feridas. Os dous elementos falan de cronoloxía moi posterior á fábrica románica. Foron atopadas a mediados do XX xunto con outro friso durante os traballos de retirada do recubrimento de morteiro. As dúas primeiras escenas forman parte do ciclo da Paixón, a terceira do ciclo da infancia cunha detallada fuxida a Exipto. As lagoas do programa iconográfico fan barallar a posibilidade de que fosen reempregadas como material de recheo nos labores de remodelación, ampliación do testeiro e feche de ocos laterais. No presbiterio, volvemos ter o motivo decorativo do festón de arquiños na liña de imposta que percorre os laterais, moito máis evidente no muro da epístola. Nese mesmo muro, unha pequena credencia volve repetir o esquema do tímpano semicircular, esta vez só con arcos como decoración. Esta liña de imposta tamén se risca na igrexa de Santa Baia de Losón, en Lalín, cunha epígrafe que redunda na data de 1171. A nave única rectangular con coro alto aos pés vese rematada no exterior pola contundente torre campanario barroca. No perímetro baixo dos perpiaños atopamos unha serie de inscricións entre as que chaman a atención uns símbolos ilexíbeis na beira dereita do frontispicio. Por todo o perímetro cruces riscadas subliñan o carácter do camposanto que está circunvalando o templo. No extremo do vértice norte a nosa antefixa ou cruz cumial, movida do seu emprazamento orixinal, que nas igrexas pontevedresas adoita ser o centro do testeiro da ábsida cun agnus dei sostendo a cruz cumial, o noso símbolo universal do románico galego. |
NOS_8859 | O poeta Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931), unha das voces centrais da poesía española contemporánea, compartirá escenario con Dores Tembrás (Bergondo, 1979), autora de referencia entre as últimas promocións de poetas galegas. A sesión, o vindeiro 19 de febreiro na Coruña, será un dos pratos fortes do ciclo Poetas Di(n)versos, que dirixe a escritora Yolanda Castaño. | Mais antes, a vindeira segunda feira 22 de xaneiro, a ensaísta, narardora e tamén poeta María Xosé Queizán (Vigo, 1939) dirá os seus versos canda Fatena Al Ghorra (Palestina, 1974), e unha das autoras segundo a organización "máis recoñecidas da lírica" do seu país, exiliada en Bélxica. A tempada invernal de Di(n)versos) concluirá a segunda feira 19 de marzo coa lectura do poeta dominicano Frank Báez (Santo Domingo, 1978), "unha das voces máis estimulantes e persoais da poesía centroamericana". Canda el estará Lois Pérez (Lugo, 1979), cuxo Long Play (2017) é un dos libros de poemas máis comentados dos últimos tempos na poesía galega. O ciclo, comisariado pola poeta Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) e dependente da Concellaría de Culturas da Coruña, atinxe o seu noveno ano consecutivo. Todos os recitais serán ás oito e media no auditorio do Ágora, onde estarán á venda os libros das poetas participantes. |
NOS_14422 | O Baxi, pola súa parte, ten pé e medio en Segunda | Un derbi galego absolutamente fratricida certificou a permanencia do Ensino de Lugo un ano máis na máxima categoría do baloncesto estatal a costa dun Baxi Ferrol que ten pé e medio na Segunda. O encontro, que rematou cun 72-63 a prol das lucenses, supuxo a primeira vitoria do Ensino nun derbi no que vai de tempada, pois anteriormente caera tanto na primeira volta como na final da Copa Galiza. Lamentabelmente para os intereses da escuadra da cidade departamental, foron fallar cando máis precisaban do triunfo, e iso que no terceiro cuarto chegaron a enxugar case totalmente unha desvantaxe que chegou a ser de 14 puntos e que reduciron a tan só tres, máis as locais acabaron por imporse. Logo deste resultado, o Durán Maquinaria Ensino pasa de mirar cara á permanencia a soñar cuns play-off polo título aos que aínda pode aspirar matematicamente, pois está empatado a 11 vitorias con Spar Gran Canaria -oitavo clasificado- e só conta cunha menos que Movistar Estudantes de Madrid (12). No caso do Baxi Ferrol, os seus seis triunfos en 27 partidos -que os sitúan de fechacancelas cando só quedan tres xogos por disputar- obrigan a pensar que a permanencia pode ser aínda matematicamente posíbel, mais sería unha desas grandes sorpresas que o deporte depara moi de cando en cando. Xornada redonda no baloncesto masculino Redonda como unha pelota. Así foi a xornada para o baloncesto galego na Liga ACB logo de que Monbus Obradoiro gañase Bitci Baskonia (98-91) e Leite Río Breogán fixese o propio con Hereda San Pablo Burgos (105-96). Ambas as escuadras axudáronse mutuamente, pois a formación burgalesa pelexa coa da capital da Galiza pola salvación e a vasca coa da cidade da Muralla por un posto no play-off ligueiro. Con todo, o que destacou o técnico celeste, Veljko Mršić, foi que con este "espectacular" resultado -que ten un sabor especial por conseguilo ante Paco Olmos, quen abandonou a entidade galega por un contrato máis suculento en Castela- o Breogán "está salvado". A esa meta tamén aspira o Obradoiro, e, como manifestou o seu adestrador, Moncho Fernández, "de seguir co mesmo carácter e compromiso" parece factíbel alcanzala. |
NOS_45932 | O último balanzo da EPA sitúa a Ferrol cunha taxa de paro do 30%, catro décimas máis que no trimestre anterior | Unhas horas despois de se divulgar a última EPA, a CIG presentou unha batería de propostas conducentes á creación de emprego en Ferrolterra "a curto prazo". Os secretarios comarcais da central, Manel Grandal e Xesús Anxo López Pintos, convidaron a sociedade civil da comarca a participar non só no acto co que culminará a campaña "Amarra o teu futuro" –unha cadea humana que unirá o 13 de decembro os dous extremos da ponte das Pías, que une Fene con Ferrol-, senón tamén na asemblea aberta que se realizará a vindeira semana co obxectivo de recibir máis ideas e propostas coas que "atallar o cancro que padece esta comarca", segundo Grandal. No programa de acción directa do sindicato nacionalista, o sector naval ocupa o lugar preeminente e, de feito, explicaron os voceiros do sindicato, "ha ser o motor sobre o que se constrúa a necesaria diversificación industrial da comarca". Así, volven reclamar a construción do dique flotante argumentando que "os proxectos xa están feitos e só habería que dar a orde de poñelo en marcha", a entrada da Xunta no consello de administración de Navantia e dotar de persoal especializado o estaleiro de Fene para que poida entrar con garantías no sector civil cando remate o veto, o vindeiro 31 de decembro. CIG reclama que se dote de persoal especializado o esteleiro de Fene para preparar con garantías o fin do veto á construción no sector civil As medidas no sector enerxético son parte importante da proposta da CIG: reclamar a Endesa que faga os investimentos necesarios para se adaptar á nova directiva de emisións ambientais, acadar unha tarifa galega para a industria e desenvolver en toda a súa potencialidade o sector eólico, paralizado por Núñez Feijóo en 2009. Investir en rehablitación e mellorar a rede de transporte –mellorando a conexión ferroviaria con A Coruña e establecedto rutas de transporte público urbano para conectar os polígonos industriais- son outras medidas, ás que a central nacionalista engade a rexeneración da ría para duplicar o número de empregos actuais. |
PRAZA_12656 | César Santiso é o unico concelleiro de Esquerda Unida na Coruña, grazas ao éxito electoral acadado nas últimas municipais, nas que obtivo o 6% e ficou a unha ducia de votos do segundo edil. Transporte público, participación cidadá, touradas e desempregos son os eixos da súa acción no Concello. Audio no interior | César Santiso é o unico concelleiro de Esquerda Unida na Coruña, grazas ao éxito electoral acadado nas últimas municipais, nas que obtivo o 6% e ficou a unha ducia de votos do segundo edil. Transporte público, participación cidadá, touradas e desempregos son os eixos da súa acción no Concello. Estades satisfeitos co labor realizado nestes primeiros meses en María Pita? É posible levar adiante as vosas propostas ou fiscalizar a acción do Goberno cunha maioría absoluta do PP? A democracia tamén é aritmética, e neste caso a aritmética é negativa para a esquerda. O Partido Popular ten maioría absoluta e eles deciden o que aceptan e o que non. Aínda así consideramos que, se cadra por ser unha forza nova que entramos con novas forzas e ideas, estamos conseguindo introducir algunhas propostas que estaban no noso programa. Hai que ter moita vontade de diálogo e ás veces pasar por riba das lóxicas partidarias. Porque hai problemas dos cidadáns que se resolven por sentido común. E se o Partido Popular fai algo ben, dirémolo. "As forzas políticas que queiran transformar a realidade o primeiro que deben facer é empoderar a cidadanía" E fixo algo ben? Como valorades a xestión de Negreira? A valoración é moi negativa, comezando porque non se está facendo nada para resolver o principal problema que temos: o desemprego. Negreira -e o PP en xeral- entrou no goberno dicindo que ían crear postos de traballo e que ían reactivar a economía, e non fixeron nada. E ademais non se decataron aínda de que o problema está no actual modelo produtivo, baseado na construción e na especulación, que temos que cambiar e do que PP e PSOE son culpables. Temos que apostar por outra economía, máis sustentable, máis respectuosa coa natureza e os recursos, consciente do fin da era do petróleo. Tampouco avanzamos nada na participación cidadá. A cidadanía debe rearmarse, empoderarse, iso é fundamental. As forzas políticas que queiran transformar a realidade o primeiro que deben facer é empoderar a cidadanía, e iso non o fan nin o PP, nin o PSOE nin o BNG. O PP na Coruña fixo todo o contrario: non aplicou normativa de participación cidadá e creou os concelleiros de barrio, unha estrutura caciquil que o que fai é facer favores, bloquear a participación e limitar o papel das asociacións veciñais, ás que benefician ou non en función da súa afinidade política. Dá a impresión de que en Esquerda Unida puxestes un especial empeño na relación con colectivos sociais e veciñais, e que se cadra aí estivo a clave do voso ascenso electoral... Á esquerda pásalle moitas veces que está demasiado concentrada buscando as solucións globais aos problemas, e esquece o contacto cos problemas locais. Está moi ben pensar nas solucións globais, pero debemos aplicarnos o lema ecoloxista de pensa en global, actúa en local. Hai que estar nos barrios e nas rúas e non só nas mobilizacións. E así levamos traballando varios anos, e seguimos facendo as asembleas de barrio, e alí o que se decide o levamos ao pleno do Concello. "A Negreira non só lle falta un plan de emprego, senón que lle falta un plan para todo" Como valorades a política de mobilidade e trasporte público do Concello? A Negreira non só lle falta un plan de emprego, senón que lle falta un plan para todo. Como toma decisións como eliminar o carril-bus sen un estudo completo das necesidades. Non podemos gastar cartos públicos, que son de todos, sen unha planificación. Toda acción en mobilidade ten que ser produto, ademais, consensuado con veciños, comerciantes, colectivos ecoloxistas, expertos... Así como noutros asuntos non é así, neste tema o goberno municipal está pechado ao diálogo. Ademais, a situación empeora por un contrato moi inxusto polo que o concello lle dá varios millóns de euros ao ano á empresa concesionaria, que tivo 3.5 millóns de euros de beneficios o pasado ano. Hai que levar a cabo un Plan de Mobilidade, para dar máxima prioridade ao transporte público, e reducir o prezo, para facelo máis atractivo. E por último, construír aparcadoiros disuasorios. "Como pode o PP defender os recortes en servizos sociais, sanidade e ensino e apoiar as millonarias subvencións ás touradas?" Galicia, mellor sen touradas vén de presentar, co voso apoio, máis de 15 mil sinaturas pola eliminación das subvencións do Concello aos espectáculos taurino. Acadarase o obxectivo? Acadar 15.500 sinaturas en tan pouco tempo é espectacular, case un dez por cento do electorado. Por exemplo, o manifesto a favor dos touros conseguiu mil firmas. Que a cidadanía coruñesa está en contra das touradas é evidente, e iso vese nas bancadas baleiras, apesar de que regalan as entradas. Como pode o PP defender os recortes en servizos sociais, sanidade e ensino e apoiar as millonarias subvencións ás touradas? Con cartos das familias traballadoras, o Concello está subvencionando as butacas da elite. "A mobilización ten que ser constante ao longo do tempo e creo que imos ser capaces de darlle a volta a esta situación" Está habendo unha reacción cidadá fronte á xestión que se fai da crise? O éxito da folga xeral pode ser un indicador diso? A folga foi un éxito, foi moito máis masiva que as anteriores. E iso que estabamos nunha situación moi difícil para facer folga, e os traballadores e traballadoras foron moi valentes. Eu tamén son sindicalista e recibimos moitas chamadas para que fosemos facer piquetes en empresas que ameazaban co despedimento a quen non fose traballar. Un dos lemas de EU nas xerais era Democracia ou mercados, e a xente está comezando a velo. E tamén está comezando a ver que hai esquerdas e esquerdas, a xente está comezando a diferenciar onde está a esquerda real e onde unha pseudoesquerda que durante moito tempo nos tivo amordazados. Iso estámolo vendo todos os días, a xente cada vez se achega máis a Esquerda Unida, como se viu en Andalucía recentemente. A xente ve que ou reaccionamos ou estamos perdidos. A mobilización ten que ser constante ao longo do tempo e creo que imos ser capaces de darlle a volta a esta situación. |
NOS_9252 | A liña Ourense-Santiago-A Coruña foi apresentada falsamente como Ave en decembro de 2011, na súa inauguración. Nela, xa con Rajoy na Moncloa, estiveron presentes, por seren responsábeis do seu deseño e execución, Álvarez Cascos e José Blanco. | Na conferencia de imprensa posterior ao consello da Xunta desta quinta feira, Feijóo dixo literalmente: "Se cada vez que hai unha novidade, temos que intentar levar ao Parlamento a dor das vítimas para botalo enriba dun partido político que estivo xestionando e deseñando esa vía nese momento, dende logo, comigo que non conten". Reférese ao PSOE e, en concreto, ao ministro José Blanco. Oculta Núñez Feijóo as responsabilidades do PP na concepción e deseño da liña Santiago-Ourense, en orixe obra de Álvarez Cascos. No seu momento o PP non só non o ocultaba, senón que até convidou o ex ministro ao acto de inauguración dunha liña que foi falsamente apresentada como AVE (non o é polas condicións da infraestrutura, co mantimento dun trazado -o de entrada a Santiago, coa curva de A Grandeira na que se produciu a catástrofe- con ancho de vía ibérico e non internacional). En realidade, as responsabilidades políticas salpican o PP e o PSOE por igual. Oculta Feijóo as responsabilidades do PP na concepción e deseño da liña Santiago-Ourense O proxecto inicial Santiago-Ourense foi encarregado en decembro de 1999 e aprobado definitivamente en abril de 2003. Foi nesa data cando ficaron definidos o trazado e as características básicas de seguranza. A fase de construción desenvolveuse cos ministros do PSOE Magdalena Álvarez e José Blanco. Foi nesta etapa cando se tomou a decisión de non instalar o ERTMS na curva de A Grandeira. Voto negativo, abstención Precisamente iso -que as responsabilidades atinxan por igual a PP e PSOE- é o que explica que estes partidos políticos se teñan oposto -o PP co voto negativo, o PSOE coa abstención- a que se constitúa a comisión de investigación no Parlamento galego que teñen demandado BNG e AGE. Feijóo, até agora ausente no asunto, ao que non se ten escoitado unha palabra de petición de responsabilidades nen a Renfe nen ao Adif, reapareceu en escena cun ataque ao PSOE, pouco meditado e que deixa moito flancos libres para o contra-ataque. O PSdeG-PSOE cualificou de "gravísimas" as palabras de Feijóo e pediu unha rectificación. |
PRAZA_14618 | O candidato á reelección reúnese con representantes do persoal da factoría ao termo dun mitin en Foz para asegurar que o ministro de Industria xa asinou a orde para manter o prezo da electricidade para as plantas da multinacional metalúrxica | A boa parte dos mitins do PP nesta campaña só se pode acceder con convite. Protestas como as das persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas dan lugar a que os conservadores extremen os controis, especialmente se asisten dirixentes estatais como Mariano Rajoy. Nese caso, o despregamento policial é tal que mesmo se poden dar eventualidades como a do pasado sábado na praza de touros de Pontevedra, onde un estreito colaborador de Alfonso Rueda tivo serias dificultades para superar o veto policial que lle impedía acceder ao recinto. Este xoves en Foz quen recibiu aos populares foron os traballadores de Alcoa, que aproveitaban a presenza na Mariña de Alberto Núñez Feijóo para reiterar a reclamación que veñen mantendo dende hai meses: unha tarifa eléctrica para grandes consumidores que garanta a continuidade das factorías da multinacional metalúrxica en Galicia. E despois de tanto tempo tiveron resposta. Nun acto electoral. Mentres na porta da sala onde se celebraba o mitin uns setenta traballadores de Alcoa reclamaban solucións no interior Feijóo debullaba un dos piares da súa campaña, a "herdanza do PSOE". "O Goberno do PSOE deixou a deber 24.000 millóns de euros en enerxía", asegurou, en referencia ao coñecido como déficit tarifario, e agora "se permiten o luxo de meter medo aos traballadores de Alcoa dicindo que a empresa vai pechar". "Non só non vai pechar, senón que vamos a facer que o problema de Alcoa sexa vender aluminio pero en ningún caso producilo", asegurou, xusto antes do golpe de efecto. Ese peche, proclamou ante os seus partidarios, non se producirá porque a electricidade vai seguir tendo "o mesmo prezo" para a factoría -non subirá" e "está asinado polo ministro de Industria, e vóullelo dicir a continuación [aos traballadores] para que se preocupen só de vender aluminio". Setenta traballadores de Alcoa protestaban ante o mitin do PP, no que Feijóo asegurou que a orde para a tarifa eléctica xa está "asinada" Unha vez culminado o debate, no que o líder conservador chamou a "encher as urnas para formar a gran coalición con Galicia" e non con "nacionalistas, socialistas nin comunistas", producíase esa xuntanza co persoal de Alcoa. Despois de que o titular de Industria, José Manuel Soria, visitase as fábricas apenas dous días antes do inicio da campaña, Feijóo ratificáballes aos traballadores que a orde para manter o prezo da enerxía está garantida e as incertezas, polo tanto, solucionadas. Tras o encontro con Feijóo o presidente do comité de empresa, José Luis Combarro, arrefriaba a euforia xa que, advirte, aínda lles resta outra xuntanza que non é en absoluto menor: coa dirección da empresa, para que esta explique se considera "competitiva" a solución que lle ofrece o Estado. Cómprelles saber ademais se Alcoa manterá non só a súa actividade, senón tamén os postos de traballo -Alcoa xa aplicou un ERE durante o cal recibiu unha subvención de 850.000 euros da Xunta-. O anuncio de Feijóo era respostado case simultaneamente dende Monforte, onde o candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, participaba tamén nun acto electoral. Incrédulo coas promesas de Feijóo a causa de anteriores "enganos", o socialista explica que a única vía "para resolver o de Alcoa é o Boletín Oficial do Estado", que é "onde hai que escribir a tarifa para rebaixarlle o custo da enerxía para esta empresa, que lle dá vida ao 35% da riqueza da provincia" de Lugo. "Este Goberno está xogando con Alcoa; contra as mentiras, votos", reclamou. |
NOS_44562 | A deputada socialista Rocío de Frutos afirma, nunha conversa no Galicia por Diante da Radio Galega, que se enterou "polos medios" da súa destitución pola xestora da portavocía adxunta da Comisión de Emprego. | A xestora do PSOE decidiu afastar das súas reponsabilidades no grupo socialista no Congreso español a deputados que considera "próximos" ao ex-secretario xeral socialista, Pedro Sánchez. Unha das afectadas por esta medida de Ferraz é a deputada ourensá Rocío de Frutos, a quen a xestora retira da portavocía adxunta da Comisión de Emprego da Cámara baixa española. A decisión non sentou nada ben á parlamentar, que entrevistada no Galicia por Diante da Radio Galega, afirma que se enterou da medida adoptada pola xestora "polos medios". "Estou indignada", dixo, "hai que tratar ás persoas con respecto e humildade". Mesmo advertiu ao PSOE que "se pon trabas no meu traballo parlamentar denunciarei ao partido por acoso". "Son do PSOE mais por riba de todo represento a miña provincia, Ourense", asegurou Rocío de Frutos en declaracións á radio pública galega. "Se o PSOE me pon trabas no meu traballo parlamentario denunciarei ao partido por acoso" @RociodeFrutos— Galicia por Diante (@GxDRadioGalega) 18 novembro 2016 |
NOS_34561 | O PP leva meses intentado botar balóns fóra pola estafa financeira, pero a declaración no Parlamento do ex director xeral de Política Financeira confirma que foi a Xunta de Fraga quen avalou as subordinadas | Malia os obstáculos que a oposición asegura que está a poñer o PP para o seu desenvolvemento, a comisión parlamentaria que investiga o desastre das caixas galegas xa empeza a deitar luz sobre algúns aspectos. Por exemplo, a comparecencia do ex director xeral de Política Financeira da Xunta entre 1997 e 2004, José Álvarez Cobelas, confirmou que a Administración autonómica que presidía Manuel Fraga autorizou "dúas ou tres emisións" de obrigacións subordinadas das antigas caixas de aforro que agora forman parte da monumental estafa financeira que afectou a milleiros de galeg@s. Comezou o calote co PP no poder -e mesmo durante un tempo con Feijóo como conselleiro- se ben o ex director xeral negou que os gobernos de Fraga tivesen que ver coa emisión de preferentes, xa que estas non eran da súa competencia. "Coas subordinadas, o cometido da Xunta residía en verificar que se cumprían os requisitos establecidos na lei do mercado de valores, que permitía unha liberdade de emisión", explicou a preguntas da oposición. Pola súa banda, tamén compareceu na Comisión o profesor universitario de Economía Aplicada Ángel Vilariño Sanz, que afirmou que o das caixas foi "un problema de xestión" e defendeu a creación dunha banca pública após as preguntas nese sentido de BNG e AGE. |
NOS_26786 | O Tribunal comunitario establece tamén que os interinos teñen dereito a cobrar indemnización ao finalizar o contrato. | O Tribunal de Xustiza Europeo vén de ditaminar que fixar unha indemnización diferente para traballadores fixos e temporais, como establece a lexislación española, vai contra a normativa europea. O TXE defende que se equiparen as indemnizacións de ambos os dous colectivos de asalariados, algo que non acontece actualmente. A indemnización para os traballadores fixos é de 20 días por ano traballado e para os temporais de 12 días. Os interinos non teñen dereito a compensación algunha. Galiza ten unha taxa de temporalidade do 25%. A media europea non chega ao 15%. O Tribunal Europeo vén de tombar eses criterios nunha sentenza. Defende que se equipare a indemnización e, ademais, que os interinos teñen dereito a compensación. Algo que choca coa lexislación española, onde se establece que a finalización dos contratos de interinidade non dan dereito a cobrar indemnización, dereito que si teñen outros temporais, como os de obra ou por servizos. Equiparar á baixa Os sindicatos temen que se dea unha equiparación á baixa. Se Bruxelas di que hai que equiparar indemnización de fixos (20 días por ano traballado) e temporais (12 días), se opte por establecer a compensación para todos en 12 días. A resolución do TXE prodúcese a raíz dunha denuncia presentada por Ana de Diego, que foi contratada en 2003 para cubrir un posto de traballo no Ministerio de Defensa que correspondía a unha liberada sindical. Nove anos despois, en 2012, perdeu o emprego e decidiu recorrer aos tribunais. Galiza, líder europea en temporalidade A decisión do tribunal europeo ten especial importancia en Galiza, que ten unha taxa de temporalidade (porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados) á cabeza de Europa. Ao peche de 2015 esa taxa en Galiza sitúase xa nun 25,5% mentres a media europea andaba no 14% (de cada 100 traballadores, 14 en contrato de caráter temporal). A temporalidade en Galiza supera a de países golpeados fortemente pola crise, como Portugal (21,5%) ou Grecia (11,7%). Só Polonia, cun 28,4%, ten unha temporalidade laboral máis alta que Galiza. En Galiza había a 1 de xaneiro de 2016, un total de 812.300 asalariados, dos cales 207.100 teñen contrato temporal por 605.000 con contrato indefinido. |
NOS_413 | As xogadoras coruñesas teñen un partido decisivo contra o INEF Barcelona, líder actual da liga estatal (este domingo, 12 horas, campo Feixa Llarga). | As coruñesas do CRAT xogaranse este domingo en Barcelona a posibilidade de pasar á historia deste deporte. Após a súa clara vitoria da semana pasada diante das tamén catalás do Gotics R.C. (100-0), a equipa de Rogelio Sabio ten a posibilidade de gañar a un dos rivais directos polo título, o INEF Barcelona. A xornada anterior as tres equipas que loitan polo premio de levarse o título na División de Honor venceron con claridade os seus partidos. Se as galegas impuxeron o seu bo xogo non quedaron atrás as do INEF Barcelona (venceron en Girona ao G.E i E.G.,10-65) nin a do Olímpico Pozuelo R.C (ao C.R. Majadahonda, 10-64). Faltan dúas xornadas para que finalice a tempada e unha vitoria das galegas daríalles moitas posibilidades de vivir unha última xornada de infarto. O INEF Barcelona, actual campión, xoga co factor campo e as galegas, subcampioas o ano pasado, demostraron nos últimos partidos que van a máis. O treinador do CRAT, Rogelio Sabio, pensa na vitoria partido a partido, "gañar en Barcelona xa é un aliciente", e agarda dar a sorpresa. Lidera a clasificación o INEF Barcelona con 24 pontos (223-45), seguido do Olímpico Pozuelo con 21 (231-56) e en terceiro lugar o CRAT Universidade da Coruña con 20 (255-56). |
NOS_1364 | Aumentan as persoas ingresadas en UCI e o número de vítimas mortais é 581. | Galiza rexistra un total de 2.819 casos activos por coronarivus, segundo o último informe publicado pola Dirección Xeral de Saúde hoxe, o que supón 239 casos. As Unidades de Coidados Intensivos contan con tres pacientesmáis ca onte e un total de 37 persoas ingresadas, mentres que 226 están en unidades de hospitalziación e 2.556 doentes son atendidas nos seus domicilios. A incidencia da COVID-19 na poboación continúa a ser maior na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Hai 541 positivos por coronavirus. A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten 155 casos activos. En tanto, a de Coruña e Cee suma 669 casos; a de Lugo, Monforte e a Mariña, 179; a de Vigo, 626; a de Compostela e o Barbanza, 451 e a de Ferrol, 128 casos activos. Polo de agora, na Galiza hai un total de 6.561 persoas curadas, rexistrándose 581 falecementos. O número de PCR realizadas é de 108.081. Centros de anciás Do total de casos en residencias, Sanidade detalla que permanecen 838 casos activos, 547 entre as usuarias e 291 entre o propio persoal. Dos falecementos rexistrados na Galiza relacionados coa COVID-19, 259 corresponden a usuarios e usuarias dos centros de maiores. |
NOS_29938 | As nacionalistas tiñan previstos diferentes encontros. | O BNG decidiu suspender os actos de pre campaña da fin de semana. Antes da decisión, A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a súa formación acatará "calquera proposta" que conte con "aval científico" sobre a realización das elección galegas e que "se considere que sexa necesaria para frear a crise do coronavirus". "Nós imos estar ao que nos diga a ciencia. Isto é unha cuestión moi importante", manifestou en declaracións aos medios, que considerou que "a cuestión chave" é "salvagardar" e "pór por diante sempre a saúde das persoas". Ademais, Pontón, que mostrou o seu desexo de non aventurar unha resposta que poida dar pé a interpretacións que xeren "máis incerteza", agradeceu que Núñez Feixoo recollese "a proposta que fixo o BNG" para que haxa un encontro entre todos os partidos para abordar a situación. |
NOS_15168 | Servizo de Atención ao Cliente da empresa respondeulle a un cliente que lles contactou en galego que só atenden consultas escritas en español, e que "non son quen" de traducir o seu correo. | A Mesa pola Normalización Lingüística fixo pública esta sexta feira a queixa dunha usuaria de Canal + a quen o Servizo de Atención ao Cliente non atendeu polo feito de falar galego. Esta clienta, afirma a MNL, púxose en contacto con Canal +, a través do correo electrónico do seu Servizo de Atención ao Cliente, para informar dun problema co servizo que tiña contratado. Tras dous meses agardando, a muller afectada volveu insistir solicitando unha contestación, ante o que o Servizo de atención ao cliente de Canal + respondeu literalmente: "Sentimos informarle de que desde nuestro Centro de Servicio al Cliente sólo nos es posible atender las comunicaciones realizadas en español. No nos ha sido posible realizar la traducción de su escrito por lo que le rogamos que nos lo vuelva a enviar en español para poder atender su consulta." Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, ironizou sobre o que considerou unha escusa ridícula: "Resulta curioso que unha empresa como Canal +, que presume na súa publicidade de estar na vangarda tecnolóxica, non só non teña persoal capacitado para atender correctamente a súa clientela galega, senón que nin sequera saiba utilizar unha ferramenta tan sinxela como Google Translator para traducir un correo electrónico dunhas poucas liñas". "Non é críbel que aínda non se enteraran da cantidade de tradutores automáticos de calidade que en liña e mesmo de maneira gratuita traducen sen problema un correo electrónico do galego para o español", sinalou o presidente da Mesa, mais insistiu en que "o normal e desexábel é que as empresas contraten para os seus Servizo de Atención xente capacitada para entender oralmente e por escrito aos clientes na lingua que falan, e poder ofrecer así unha atención de calidade", "hai moitas galegas e galegos que poderían realizar eficazmente ese traballo". |
NOS_11755 | Tres equipos: Celta, Deportivo e Lugo. Dúas dinámicas: a gañadora dos coruñeses e a perdedora de vigueses e lucenses. Un obxectivo: escapar dos postos de descenso. Os conxuntos galegos en Primeira e Segunda División teñen este domingo unha oportunidade de ouro para conseguir tres puntos que poderían ser vitais para salvar a categoría. | Tres equipos: Celta, Deportivo e Lugo. Dúas dinámicas: a gañadora dos coruñeses e a perdedora de vigueses e lucenses. Un obxectivo: escapar dos postos de descenso. A xornada para os conxuntos galegos en Primeira e Segunda División preséntase como unha oportunidade de ouro para conseguir tres puntos que poderían ser vitais para salvar a categoría. Abre fogo o Real Club Deportivo cun encontro no Estadio de Santo Domingo ante o Alcorcón mañá ás 12 horas. Os coruñeses buscan a súa sétima vitoria consecutiva, unha cifra que non acadan desde a tempada 1999/2000, na que se proclamaron campións de Liga. Fernando Vázquez, aínda coa importante baixa de Sabin Merino, permanecerá fiel ao sistema 5-4-1 que tan bos resultados lle está dando ao equipo, e todo apunta a que Claudio Beauvue substituirá o atacante vasco. O seguinte en saltar ao terreo de xogo será o Club Deportivo Lugo, que recibe no seu domicilio ao Elche mañá ás 18.15 horas da tarde. Ante a preocupante situación do equipo na táboa, os seareiros levan toda a semana mobilizándose para apoiar o equipo tanto nas redes sociais como nos adestramentos, e agárdase que o Anxo Carro presente un ambiente de gala. Finalmente, e tan só 15 minutos máis tarde do inicio do encontro na cidade das murallas, Balaídos acolle o encontro entre Celta e Sevilla. Os celestes levan varios partidos presentando mellores sensacións, mais o gol continúa a resistírselles. Aí é onde entre a fichaxe estrela da escuadra viguesa neste último mercado invernal, o atacante internacional ruso Smolov, pretendido polo Manchester United e que apunta á titularidade. |
NOS_56212 | Unha das voces máis poderosas da poesía galega, Marta Dacosta, achega as súas impresións no VeñanMáis5 desta cuarta feira. | -Como avalías o estado actual da cultura galega?-Amordazada. Como a lingua. Impedida de mostrarse en todo o seu esplendor. A crise, o ive, o mercado, a lexislación... Porque no primeiro que penso é no goberno galego que acumula subterfuxios para non apostar realmente pola nosa cultura, mesmo como PIB, e iso mentres vemos como se dilapidan euros e máis euros en fundacións e actividades culturais que nin nos representan, nin se expresan na nosa lingua. Con todo, hai unha fenda de luz a través daquelas institucións que son responsábeis e pulan pola nosa lingua e a nosa cultura. -Que evolución agardas da cultura galega a cinco anos vista?-Teño a certeza de que o movemento asociativo vai seguir traballando arreo e vai darnos a oportunidade de gozar de toda a diversidade cultural en que o noso país é tan rico. O movemento asociativo foi e é fulcral para a nosa cultura. E ten futuro, el é o que nos sostén e nos fai medrar. Nada sería de nós sen as entidades de carácter nacional ou local que, ao longo do país, dinamizan a nosa cultura. E como son optimista, sei que este traballo intenso, que xa atopa apoios decididos nalgunhas institucións, acabará por mudar a quen ten as máximas responsabilidades e así poderemos iniciar un futuro vizoso para a cultura galega. -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -Agardo e desexo que amplíe a súa proxección e os produtos que publica. É un referente a día de hoxe en canto a xornalismo cultural. E esa referencialidade agardo que se consolide de cara ao futuro. Agardo e desexo que conte co capital necesario para ser cada vez un medio máis importante no noso país. |
NOS_28792 | Antonio Reigosa, escritor e un dos principais investigadores da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral, súmase ao abano de colaboradoras e colaboradores de Nós Diario en papel. Na súa contracapa e cada día, achegará a sección "Micromitos" para coñecer a simboloxía que agochan as lendas. | En que vai consistir Micromitos? Chámolle micro porque se trata dun espazo breve, non pola importancia do mito, claro. No tempo que dure falarei un pouquiño de todo: mitos, chamémoslle cultos, mitos relixiosos, lendario asociado ás fontes, ás covas... Hai un amplísimo catálogo. Tratarei que sexa ameno e tamén divulgativo, que se entenda que simboloxía hai detrás e se ten algunha conexión con algunha literatura culta. O propósito é poñer a lectora e o lector nun panorama que á volta dun tempo lle permita percibir unha mitoloxía popular como é, coherente, simbolicamente moi potente Como imos ver na sección que é a mitoloxía popular? Enténdoa como algo que é fundamental na cultura, básico, simbolicamente é a súa expresión máxima posíbel e sobre todo se nos referimos a ela desde o popular. É como o oxíxeno, que nos é común a todas as galegas e os galegos. Na sección tratarei de que haxa un panorama amplo no que estean os seres míticos principais pero cunha casuística, por exemplo, que se saiba quen son as mouras pero ao tempo, dentro do mundo moura hai unha variedade enorme de arquetipos: a moura nova, a moura caníbal... O propósito é poñer a lectora e o lector nun panorama que á volta dun tempo lle permita percibir unha mitoloxía popular como é, coherente, simbolicamente moi potente e que ademais é unha axuda para coñecer a contorna. Onde radica para vostede a importancia do mito ou da lenda, por exemplo? Estamos a falar de imaxinario, non é un ben material patrimonial, aquí decatarse da singularidade é moito máis complicado e a xente tamén percibe que houbo e aínda hai certo prexuízo fronte á mitoloxía popular en boa parte debido á doutrina da igrexa. Pero aínda así, e aí radica a súa importancia, a inmensa maioría da xente ten algunha referencia ou algunha curiosidade sobre a mitoloxía popular. Toda vida humana ten tres cuestións chave: quere saber de onde vén, quen había antes e que pasará despois, e de aí a mitoloxía da morte tan importante na Galiza. Trátase de algo exclusivamente imaxinario pero é posíbel porque colectivamente creamos unha serie de figuras, de seres, de medos... que lle dan unidade á cultura popular. Hai unha coincidencia que determina os imaxinarios. A mitoloxía da morte na Galiza ten unha forza que non ten noutras partes Cal é a situación da nosa mitoloxía? É propia ou universal? O substracto sobre o que se constrúen as mitoloxías é universal porque responde a esas preocupacións básicas de todos ser humano, en todo tempo e en todo lugar. Logo veñen as peculiaridades culturais, por exemplo, non ten a mesma forza a mitoloxía da morte no que foi secularmente un cabo do mundo, unha Fisterra, que noutros territorios nos que non hai esa proximidade física a un finisterre. A mitoloxía da morte na Galiza ten unha forza que non ten noutras partes e que a iguala a toda a beira atlántica, máis alá doutras cuestións históricas as culturas celtoatlánticas teñen esa conexión unhas coas outras que non teñen igual, por exemplo, con África aínda que nos preocupe o mesmo. Como conservamos ese patrimonio? Sempre, o que forma parte da cultura popular, mantense mentres ten función, sentido para a xente. Evidentemente hai un conflito entre o mundo académico ou presuntamente culto e o popular, no primeiro a mitoloxía é menos importante ou non é transcendente pero, sen dúbida, dino sen darse conta de que precisamos espazos imaxinarios para vivir, sexan de tipo relixioso, ou mitolóxicos, ou froito dunha longa tradición, ou creados polo cine ou a televisión. Os intereses cambian en función das circunstancias persoais ou do grupo social pero a mitoloxía popular existiu e segue a existir. Se deixa de existir un castro esquecerase todo o que se sabía na contorna sobre as mouras, os tesouros... pero noutros lugares haberá unha mitoloxía popular asociada a esa contorna. |
PRAZA_12471 | O presidente da Xunta desvela un proxecto dotado de 30 millóns de euros para beneficiar a 44.000 parados só un día antes do 29-M, un plan que a oposición considera "outro titular para chamar a atención". O PSdeG recórdalle que a iniciativa "equivale unicamente a 55 euros ao mes por cada beneficiario". | Feijóo anuncia un novo plan de emprego para o mesmo día da folga xeral. A Xunta aprobará no Consello deste 29-M un novo proxecto, o Plan 500, dotado con 30 millóns de euros e que pretende beneficiar a 44.000 desempregados e desempregadas galegas, tal e como anunciou o presidente Núñez Feijóo, que aclarou tamén que a iniciativa prevé priorizar aos concellos con máis de 500 veciños en paro (o 30%) e promover a "cooperación e unión" dos municipios restantes para acceder aos fondos. A oposición ve neste anuncio outro "titular flamíxero para chamar a atención" xusto a un día da folga e o líder dos socialistas, Pachi Vázquez, recordoulle que a súa iniciativa supón "680 euros ao ano e 55 euros ao mes" por beneficiario. O plan de emprego prioriza os concellos con máis de 500 veciños desempregados O presidente da Xunta fixo este anuncio noutro pleno quente e xusto un día antes da folga xeral logo das duras críticas da voceira nacionalista, Ana Pontón, que censurou a política económica da Xunta e a súa "incapacidade" para deter a taxa de desemprego en Galicia. O secretario xeral dos socialista, Pachi Vázquez, instouno a abandonar "a súa política de resignación e fatalista" e pediulle que se sumase un plan dotado con 150 millóns de euros que pretende xerar 25.000 contratos para mozos. "Se ten vostede un plan, presénteo", retrucou Feijóo, quen se reafirmou en que Galicia está "mellor" que o conxunto de España. O xefe do Executivo galego insistiu en botar a culpa do elevado paro en Galicia ao "escenario deixado" polo Executivo de Zapatero e ás políticas "apoiadas e compartidas polo PSdeG e o BNG". De cara ao paro xeral convocado polos sindicatos, o xefe do Executivo amosa "todo o respecto" para os cidadáns que o apoien, pero matiza que os socialistas "non merecen ese respecto". "O PSOE non representa os traballadores porque debaixo desas pancartas haberá unhas siglas que significan 5 millóns de parados e o maior déficit de Europa, esa é a maior burla ao PSOE desde a súa fundación", dixo. Feijóo: "Os cidadáns que apoian a folga merecen respecto, pero o PSOE non o merece" Ademais, tamén volveu cargar contra o BNG polo seu apoio aos socialistas. "Non me volva culpabilizar do desemprego existente en Galicia logo da pésima xestión laboral e lexislación laboral dos socialistas que vostedes apoiaron nos últimos oito anos, responsabilíceme se quere a partir de agora", díxolle Feijóo a Ana Pontón. |
NOS_45137 | O obxectivo, a organización dunha Assembleia Nacional Galega que non estaría dirixida a "construír espazos de confluencia eleitoral nen a posicionarse face os existentes". | Relanzar Galiza pola Soberanía -unha plataforma que desde hai uns meses non ten actividade- para acabar organizando unha Assembleia Nacional Galega. Ese é o obxectivo que persegue un grupo de 16 mulleres independentistas que acaban de lanzar unha sorte de manifesto intitulado Construírmos Soberanía ao que tivo acceso Sermos e para o que peden adhesión nas Redes. Na opinión das impulsoras desta iniciativa, a GpS ten que voltar a se pór en andamento porque -embora teñan aparecido "novos axentes políticos" e se teñan elaborado "táticas inéditas" (en alusión á existencia do Encontro Cidadá pola Marea Galega e da Iniciativa pola Unión)-, os motivos que deron lugar ao nacimento de Galiza pola Soberanía "continúan vixentes". Toda a información sobre este asunto tela ao teu dispor no número 161 de Sermos Galiza, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa. |
PRAZA_4894 | En xuño celebrarase en Celanova e Cartelle o I Festival Internacional Carlos Velo, un encontro de cinema centrado en curtametraxes, de ficción e documentais, sobre o mundo rural. Falamos cos seus responsables, Aser Álvarez (Arraianos) e Inés Vázquez (Lareira POP) | En xuño celebrarase en Celanova e Cartelle o I Festival Internacional Carlos Velo, un encontro de cinema centrado en curtametraxes, de ficción e documentais, sobre o mundo rural, e organizado polas asociacións Lareira Pop e Arraianos. A iniciativa quere ser tamén "un punto de encontro para os profesionais do sector audiovisual e un espazo para o debate e a reflexión creativa sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural" e busca promover a creación e o desenvolvemento de proxectos artísticos, sociais, culturais, económicos e obras audiovisuais que xiren arredor do medio rural e do seu futuro. O encontro reivindica, así mesmo, a figura e o legado do cineasta de Cartelle Carlos Velo, "velaí o punto de partida do proxecto, reivindicando a obra deste gran cineasta como sinal de identidade do novo cinema galego, un home con fondas raizames e con vocación universal, que é a filosofía do propio festival", destacan os seus organizadores. "Velaí o punto de partida do proxecto, reivindicando a obra deste gran cineasta como sinal de identidade do novo cinema galego, un home con fondas raizames e con vocación universal, que é a filosofía do propio festival", destacan os seus organizadores Ademais das curtametraxes a competición, haberá proxeccións de obras audiovisuais fóra de concurso. E os seus organizadores están considerando tamén a incorporación de actividades complementarias, como palestras, debates, obradoiros e mesas redondas, "coa idea de darlle ao Festival un sentido global a través de aproximacións multidisciplinares a un mundo rural que esmorece". Afirman estar "moi sorprendidos" pola recepción e interese espertado por un festival que aínda non foi presentado oficialmente (esta presentación está programada para 15 de marzo, no Centro Educativo e Comunitario de Arraianos, nun monte comunal de Celanova). "Xa levamos máis de 12 traballos inscritos. O rural é futuro", destacan. "O rural é futuro" Aser Álvarez (Arraianos) e Inés Vázquez (Lareira POP), destacan que "a recuperación da memoria e do patrimonio material e inmaterial debe orientar o desenvolvemento económico" Os seus responsables, Aser Álvarez (Arraianos) e Inés Vázquez (Lareira POP), destacan que "a recuperación da memoria e do patrimonio material e inmaterial debe orientar o desenvolvemento económico" e sinalan que "nunha cultura cada vez máis audiovisual, o documental é un xénero moi útil para amosar, por exemplo, que outro mundo rural é posible, para recuperar o patrimonio material ou inmaterial, así como para contribuír a xerar un intercambio interxeracional que non é doado conseguir sen estas ferramentas e linguaxes". Aser Álvarez e Inés Vázquez salientan que "o mundo rural é a esencia da cultura galega" e que "nese sentido, o rural aparece, en maior ou menor medida, no audiovisual galego, como parte integrante da nosa realidade como pobo, aínda que con certa tendencia a velo como algo exótico". Lembran que "nos anos 20 a Sociedad de Amigos del Campo dedicouse a percorrer Galicia e a filmar curtas sobre a vida cotiá da xente das aldeas, que hoxe posúen un gran valor. Despois están tamén os traballos de Carlos Velo, Xocas e Toni Román, e pouco máis". "O rural aínda ten moito camiño por percorrer da man deste emerxente audiovisual galego, un camiño moi prometedor e cheo de posibilidades. Porque o rural é o futuro, polo menos no noso país" "Actualmente botamos en falla un achegamento máis natural e contemporáneo ao mundo rural, afastado de lugares comúns ou estereotipos. O rural é visto por algúns como algo do pasado, ligado á xente maior. Mais no rural hai hoxe outras realidades interesantes, xermolos de futuro e de dignificación dunha forma de vida que é parte esencial da nosa identidade. E o rural aínda ten moito camiño por percorrer da man deste emerxente audiovisual galego, un camiño moi prometedor e cheo de posibilidades. Porque o rural é o futuro, polo menos no noso país. Ou é así ou deixaremos de ser país", engaden. Carlos Velo "Carlos Velo foi un de tantos valores intelectuais que Galicia perdeu pola guerra e que nunca chegou a recuperar como debera" "Carlos Velo posiblemente sexa o mellor cineasta da historia de Galicia", afirman con rotundidade: "Desafortunadamente non tivo a oportunidade de desenvolver a sua carreira cinematográfica en Galicia, pois a causa da Guerra Civil exiliouse en México, mais en México tamén formou a toda unha xeración de documentalistas moi potentes e alí rodou filmes tan extraordinarios como Torero ou Pedro Páramo. En México é considerado un director nacional". Subliñan que"en España e Galicia ficou esquecido até os anos 80, cando a súa obra foi recoñecida por unha nova xeración de críticos e profesionais da comunicación como pioneira e de grande interese didáctico, artístico e mesmo científico. Carlos Velo foi un de tantos valores intelectuais que Galicia perdeu pola guerra e que nunca chegou a recuperar como debera". Miguel Anxo Fernández conta a este respecto que "de non ter acontecido o drama histórico que o levou ao exilio, a súa curtametraxe Galicia afirmaríase como o punto de partida dunha cinematografía nacional galega de riscos propios e diferenciados, ao marxe da produción cinematográfica convencional". |
PRAZA_3987 | Cómpre a creación dunha plataforma cívica o máis ampla posíbel que agrupe ás forzas políticas, sindicais e sociais, incluíndo a persoas en paro e pensionistas, por unha saída á crise que beneficie ás clases populares | Están en marcha o que chaman uns pactos como os da Moncloa, asinados en 1977, e como daquela os obxectivos están claros: que o gran capital e a banca manteñan os seus beneficios e, por outra parte e a nivel político, consolidar unha monarquía moi desprestixiada despois de saír á luz pública novos casos de corrupción. E todo isto presentado baixo unha etiqueta atractiva: medidas para a reconstrución económica e social.Comezou o teatriño. O PP semella que non quere eses pactos, atrasa as reunións con Sánchez, pero todo forma parte dunha gran farsa para saír con forza nas futuras negociacións. O problema de fondo e a pregunta do millón é a seguinte: de que "reconstrución" estamos a falar? Trátase de que continúen cos seus negocios e privilexios os de sempre, ou de aproveitar esta crise provocada pola pandemia do covid-19 para poñer en marcha medidas económicas e sociais que favorezan á inmensa maioría da poboación, nomeadamente á clase traballadora e autónomos?Despois dos da Moncloa, xa vivimos outros pactos sociais cos resultados coñecidos. Cando en 2008 se iniciaba unha crise, PP e PSOE seguiron os ditados da Troika e en 2011 puxéronse de acordo no que sempre dixeron que era moi difícil ou case imposíbel: a reforma da Constitución; e coa modificación do artigo 135 puxeron o diñeiro do Estado ao servizo do capital para pagar a débeda pública antes que as necesidades da xente. A banca foi rescatada con máis de 60.000 millóns de euros, pero a inmensa maioría da xente non foi rescatada porque non recibiu axuda. O Goberno de Zapatero asinaba a reforma das pensións en xaneiro de 2011 con CCOO, UGT, CEOE e CEPYME: unha ampliación da idade de xubilación até os 67 anos e unha diminución das futuras pensións polo cálculo que se fai, tendo en conta os últimos 25 anos cotizados e non os 15 como até ese momento.Chamoume a atención o artigo de Carlos Candel, que titulaba: No quiero volver a la "normalidad" (eldiario.es, 11-4-2020), que facía referencia a algunhas das características da situación actual, que entrarían dentro desa "normalidade": "educación segregada, precariedade da sanidade; inmigrantes con medo, como inimigos; destrución da biodiversidade; guerras e explotación, desigualdade e inxustiza". Eu tampouco quero regresar a esta situación, que se repite desde hai moitos anos: as tres principais empresas eléctricas (Iberdrola, Endesa e Naturgy) tiveron uns beneficios de 4.986 millóns de euros en 2019. O beneficio dos sete principais bancos foi en 2019 de máis de 13.000 millóns de euros: Santander, 6.515 millóns de euros; BBVA, 4.830 millóns; Caixabank, 1.705; Sabadell, 768; Bankinter, 551; Bankia, 541 e Abanca 405 millóns de euros. Todas elas están a presionar para que os novos pactos non toquen os seus beneficios.A "normalidade" hoxe son os miles de millóns de euros que Facenda deixa de ingresar. O economista Manuel Lago lembraba o artigo 31 da Constitución: "todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto, inspirado nos principios de igualdade e progresividade" (Cartografía da estafa fiscal. La Voz de Galicia, 3-12-2019). Esta é a realidade, que lembraba o economista:España deixa de ingresar anualmente 90.000 millóns de euros por fraude, elusión ou enxeñaría fiscal. As empresas máis grandes deberían pagar o 25 % dos seus beneficios no imposto de sociedades, pero foi de apenas o 6 % no 2017, a banca o 3 %. E as grandes construtoras o 0,6 %. Segundo un informe da propia Axencia Tributaria, 27 multinacionais españolas que facturaron en conxunto 111.000 millóns de euros e gañaron máis de 25.000 millóns apenas pagaron 60 millóns no imposto de sociedades, o 0,3 % dos seus beneficios. Das 35 empresa do IBEX, 30 teñen 850 sociedades filiais en paraísos fiscais.No 2017 o 85 % da recadación do IRPF ten a súa orixe nas rendas do traballo. Hai máis ricos, que pagan menos impostos porque hai unha estratexia para acabar coas figuras tributarias que gravan a riqueza: o imposto sobre o patrimonio e o imposto de sucesións.Desfiscalización dos grandes patrimonios que tamén chegou a Galicia porque para 2020 se rebaixa a tarifa do imposto de patrimonio, que só pagan os que teñen un patrimonio superior a 700.000 euros, e modifícase o imposto de sucesións, de forma que unha persoa que reciba unha herdanza de ata un millón de euros de cada un dos seus proxenitores estará exento de tributación. Mentres, un asalariado con 1.500 euros ao mes paga o 25 % no IRPF.Perante esta situación hai dúas saídas: acordo cimentado, fundamentalmente, no goberno do PSOE, PP e patronal, para que todo siga igual e que a crise a paguen os de sempre. Nunha pregunta, perfectamente amañada, xa se encargou o CIS de difundir que case o 90% están a favor desta alternativa.Outra opción é que o goberno (PSOE-Podemos) co apoio dos partidos que aprobaron a investidura de Pedro Sánchez (ERC, Bildu, BNG, Compromís etc,) e dun amplo movemento sindical e social poñan as bases para un cambio en profundidade: frear os recortes sociais, a privatización ou precarización de servizos públicos e as políticas de recentralización; recuperación dos miles de millóns de euros do rescate bancario; nova política fiscal progresiva e redistributiva que grave as grandes fortunas e as grandes empresas; camiñar cara a un novo modelo produtivo, nacionalización das grandes corporacións dos sectores estratéxicos da economía como o financeiro, comunicacións, telecomunicacións ou enerxético. Estas foron algunhas das propostas que Néstor Rego, deputado do BNG, fixo chegar a Pedro Sánchez para unha saída "social e xusta á crise".Estamos ante un tema que pode marcar a política nos próximos anos. Se trunfa a primeira saída, coa participación do PP e o apoio de Podemos, haberá moitas dificultades para derrotar ao PP mas eleccións ao Parlamento Galego dentro de seis meses. Por outra parte, se Podemos se desmarca e non participa nun pacto social coa dereita, podería haber unha crise de goberno e unha nova convocatoria de eleccións xerais.Concretando en Galiza, cómpre a creación dunha plataforma cívica o máis ampla posíbel que agrupe ás forzas políticas, sindicais e sociais, incluíndo a persoas en paro e pensionistas, por unha saída á crise que beneficie ás clases populares. Por outra parte, considero urxente a creación dun movemento unitario das pensionistas galegas, tomando como referencia o proceso en Euscadi; todo isto respectando a existencia de diversas organizacións de pensionistas dos sindicato e outros movemento existentes. É posíbel esa unidade cun programa básico. Non se pode continuar con distintas convocatorias na mesma cidade, con reivindicación semellantes, case o mesmo día, e con asistencia en cada unha delas de 50-100 persoas. |
PRAZA_4038 | O PP, que pode bloquear calquera proposta, vén xustificando que Feijóo só comparecese unha vez desde o principio da crise | O PP, que pode bloquear calquera proposta, vén xustificando que Feijóo só comparecese unha vez desde o principio da criseOs catro grupos parlamentarios da oposición veñen de formular unha proposta conxunta de reactivación parcial da actividade parlamentaria mentres non se celebren as eleccións galegas. Desde a súa convocatoria o pasado febreiro, despois frustrada polo coronavirus, a Cámara está disolta e nela só opera a deputación permanente, órgano con funcións reducidas e controlado polo PP no que agora a oposición quere aumentar a súa actividade con comparecencias semanais do presidente Feijóo e dun conselleiro mentres dure o estado de alarma e posteriormente con maior cadencia. A proposta, que se ampara no aval do servizo xurídico do Parlamento a que a oposición poida seguir controlando o Goberno, queda en mans da maioría absoluta dos populares que lles dá capacidade de veto na deputación permanente.O acordo, que lle foi avanzado este domingo ao presidente Feijóo feito público este luns por PSdeG, Galicia en Común-Anova-Mareas, BNG e Grupo Mixto, formado este último por En Marea, contempla dúas fases: mentres dure o estado de alarma ditado polo Goberno central e a emerxencia sanitaria decretada pola Xunta, e unha vez superadas esas dúas situacións e ata a celebración das eleccións. Nas dúas fases a proposta contempla reunións semanais da deputación permanente, na primeira con comparecencias semanais do presidente e dun conselleiro ou conselleira "por acordo dos grupos parlamentarios" e na segunda fase con comparecencias de Feijóo cada dúas semanas e dun conselleiro ou conselleira nas semanas intermedias.O servizo xurídico do Parlamento condicionou a ampliación das funcións da deputación permanente ao "consenso das forzas políticas"Para a primeira fase mentres dure o estado de alarma a oposición propón tamén que cada grupo poida formular cada semana unha proposición non de lei, proposta de tipo político do Parlamento ao Goberno que non ten carácter executivo. Durante a segunda fase ademais desa proposición non de lei semanal por grupo tamén habería tres interpelacións a outros tantos conselleiros ou conselleiras que darían lugar a mocións posteriores co mesmo carácter non executivo. Ademais, nesa segunda fase habería nove preguntas por sesión aos membros do Goberno galego -tipo de cuestionamento máis breve que as interpelacións- que se repartirían entre os grupos políticos segundo os criterios establecidos para os períodos ordinarios do Parlamento.A proposta conxunta da oposición para ampliar a actividade da Cámara prodúcese despois de que o servizo xurídico do Parlamento avalase hai dez días que se poidan ampliar as súas funcións, especialmente as de control a través de preguntas ao Goberno, durante este período extraordinario. Porén, o informe xurídico condicionaba ao "consenso das forzas políticas" a presentación de iniciativas como as proposicións non de lei" das que subliñaba que facilitan o "debido e efectivo control e impulso da actividade do Goberno ata que se constitúa a nova Cámara galega".Tanto Feijóo como o conselleiro de Sanidade só compareceron unha vez no Parlamento en máis de mes e medio desde o inicio da crise sanitariaCon eses condicionantes, é a maioría absoluta do PP, que controla a deputación permanente, a que decidirá sobre o que se faga. Ata o momento os populares veñen xustificando que a Xunta está a dar sobrada conta da súa actuación argumentando que outros gobernos autonómicos comparecen menos nas súas respectivas cámaras malia que só a galega e a vasca están disoltas tras convocarse eleccións. Feijóo de momento compareceu unha única vez, o 26 de marzo, e hai uns días anunciou que o volverá facer unha segunda antes de que remate abril. Tamén o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu nunha única ocasión, o pasado mércores, seis semanas despois do inicio da crise.Feijóo tamén ten nas súas mans a decisión sobre a data na que se celebrarán as eleccións unha vez que o Goberno central levante o estado de alarma. Así o establece o decreto que desconvocou os comicios previstos inicialmente para o 5 de abril, que se limita a establecer que a nova chamada ás urnas realizarase "no prazo máis breve posible" cando estea "levantada a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria", esta última competencia do propio Goberno galego. |
NOS_30711 | A Xunta non impulsa unha candidatura única entre Vigo e A Coruña. En 2010 os concellos de Vigo e A Coruña contaban cunha proposta conxunta que pasou o primeiro corte para acceder a ser sedes do Mundial. | "Creo que é un erro a actual estratexia de dividir as sedes de Vigo e A Coruña para aspirar a acoller partidos do Mundial en 2030". Así de contundente amósase o que fora concelleiro de Deportes de Vigo en 2010, Xabier Alonso, en relación á estratexia actual que segue a Xunta da Galiza para que algúns partidos dese campionato, se a candidatura conxunta Portugal-Estado español é a escollida ao final, pasen por Balaídos e Riazor. Balaídos e Riazor queren acoller o Mundial Ibérico Fala con Nós Diario da experiencia que tivo ao preparar un proxecto que "non competía coa Coruña, senón que ía da man". Na cidade herculina daquela era edil de Deportes Xoán Martínez Caxigal que aínda lembra como "eramos as cidades as que negociabamos coa Federación Española de Fútbol, mesmo transmitindo as melloras que tiñamos que realizar nos estadios". A intervención directa da Xunta, neste caso a través da Vicepresidencia, a cargo do coruñés Diego Calvo, e da que depende Deportes, semella seguir outros camiños. Pasaron os anos mais ambos os edís -do BNG- tiñan clara a estratexia. "Non era a primeira vez que ambas as cidades acollían un Mundial, xa acontecera en 1982 e funcionou distribuíndo os partidos entre ambas as sedes", sinala Alonso, que apunta que "a proposta pasou o primeiro corte e ben podería ser definitiva se o Mundial de 2018 fora para a península". En conversa con Nós Diario, Caxigal conta que "foron as cidades as que se tiveron que comprometer coas autoridades deportivas españolas e da FIFA, e conseguimos entrar nesa primeira fase de selección de estadios". Remodelación de Balaídos e Riazor Para "convencer" que os estadios de Balaídos e Riazor podían ser sedes doutro mundial de fútbol non chegaba coa memoria de 1982 e tiñan que presentar proxectos de remodelación actualizados e aprobados por ambos os Gobernos municipais. No caso de Riazor a proposta contaba cun orzamento de 170 millóns de euros que se empregarían non só no campo de fútbol senón en remodelar toda a súa contorna. "Queriamos mellorar a participación que tiveramos en 1982 cando en realidade eramos unhas subsedes nas que participaron seleccións de menor peso". A proximidade con Portugal, segundo Caxigal, non xogaba a favor e tampouco os procesos de ampliación de estadios como o de San Mamés en Bilbo. As pistas de atletismo de Balaídos, sumidas no abandono no medio dun conflito PP-PSOE Na sede viguesa contaban cun ambicioso proxecto de remodelación que consistía na construción dun novo estadio con capacidade para 40.000 espectadoras e espectadores que se levantaría nos terreos do actual campo. O plan contemplaba a remodelación da pista de atletismo e a recuperación do paseo do río Lagares. "Era moito máis económico que o actual e, ademais, recuperaba o río e non os remendos como os que están a facer agora", critica Alonso. Explica que entre as súas singularidades estaban "unha gradas que se podían gardar en caso de non precisar máis ocupación no campo e que mereceron recoñecementos internacionais de arquitectura". Para o ex responsábel de Deportes de Vigo, a situación actual non é moi optimista e cre que "a Xunta non está traballando ben" polo que ve lonxe de Balaídos outra oportunidade semellante. |
NOS_16422 | Impulsada pola CIG. Vídeo no interior. | A Federación de Servizos da CIG porá en marcha unha campaña de mobilizacións para rexeitar a "modificación unilateral das condicións de traballo imposta por Inditex ao persoal das tendas". O sindicato indica que a dirección da compañía téxtil negouse a dar marcha atrás na súa decisión na xuntanza celebrada esta mañá na Inspección de Traballo a raíz das denuncias presentadas pola CIG. A central sinala que Inditex modificou o pasado día 18, "de forma unilateral e dun día para outro", os horarios do persoal de tendas en todo o Estado, decisión que incluíu tamén as traballadoras que teñen redución de xornada por coidado de crianzas, o que supón un ataque directo contra o dereito de conciliación da vida laboral e familiar. ". Isto supón para o sindicato unha modificación substancial das condicións de traballo coa que, afirman, Inditex "pretende recuperar os cartos que non aforrou ao non aplicar un ERTE á conta dos dereitos das persoas traballadoras e da conciliación da súa vida laboral e familiar". "En consecuencia, o persoal do grupo propiedade de Amancio Ortega queda sen día libre, límite de tardes e librada de fin de semana, "e nin sequera poderán gozar en moitos casos do descanso semanal mínimo que establece a lei". Máis grave aínda consideran a decisión de incluír nesta modificación a todo o persoal que goza de concreción horaria por conciliación da vida laboral e familiar, e que en moitos casos logrou este dereito tras reclamacións xudiciais. As traballadoras denuncian o feito de que "sempre sexamos nós, as empregadas das tendas, as que pagamos as consecuencias, porque estas medidas non se aplicaron por exemplo en loxística ou na central". |
NOS_8446 | As forzas políticas do país reclaman por unha banda apoiar as medidas que asuma a Unión Europea e pola outra a "neutralidade activa" do Estado e o impulso da vía diplomática. | A "operación militar especial" emprendida por Rusia en Ucraína para "protexer as persoas [de fala rusa] que foron obxecto de abuso e xenocidio", e máis para "desnazificar" o país e frear a expansión da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), que os Estados Unidos cualifican de "ataque non provocado e inxustificado", recibiu onte a atención das forzas políticas e institucións galegas. Por parte do Goberno, integrado por membros do Partido Popular, o vicepresidente Alfonso Rueda transmitiu "a solidariedade co pobo ucraíno", así como o apoio "á posición do Executivo estatal e á Unión Europea nas actuacións que se levan a cabo en resposta ao ataque que se produciu". Unha posición que ratificou o presidente, Alberto Núñez Feixoo. Ao tempo, a líder da oposición e voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, rexeitou "de forma contundente os bombardeos en Ucraína", e exixiu "que se retome a vía diplomática, porque a diplomacia é a vía para poder solucionar este conflito", enviando a súa solidariedade coa poboación ucraína, xa que será "quen pague as consecuencias". Nesa liña, reclamou que sexan organismos como a Organización das Nacións Unidas ou a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa as que dirixan "no marco da diplomacia" unha "solución estábel e duradeira", que só pode comezar cunha "desescalada militar". O primeiro paso, apuntou Pontón, é "a retirada das tropas rusas e un compromiso da OTAN de frear o seu avance cara ao leste", recuperando os "acordos de Minsk con garantías de todas as partes de que se van cumprir". Con respecto á presenza de efectivos militares españois navais e aéreos nos países limítrofes con Rusia, como parte do despregue da OTAN, o principal partido da oposición exixiu ao Goberno estatal unha posición de "neutralidade activa", acompañada da retirada das tropas na zona, destacando que se o Estado español quere axudar a resolver o conflito ten que "apoiar e reforzar a vía diplomática". Desde o Partido dos Socialistas de Galicia tamén transmitiron a súa solidariedade coa poboación de Ucraína e a "defensa dos valores democráticos que encarna a Unión Europea". O secretario xeral da formación, Valentín González Formoso, destacou a "tristura de volver ver en Europa os horrores da guerra", acusando Rusia de "estar obsesionada con volver a 1919, aínda a costa de ver morrer persoas". Con todo, agarda que a "Unión Europea demostre ser unión e europea", resolveu. |
PRAZA_7631 | Competir em mercados abertos é o signo dos tempos. A fatal atracçom do aeroporto Sá Carneiro sobre os viageiros galegos, é um bom exemplo. Um autêntico escándalo para a viçosa raça dos patriotas aeronáutico-locais e inexplicável desatino para a Junta da Galiza que nom termina de compreender comportamento tam insolidário e anti-espanhol, apenas desculpável polo inequívoco liberalismo que revela. Crucial contradiçom esta entre patriotismo e liberdade que haverá que elevar -como eles gostam dizer- à FAES. | Embora o comércio nom tenha boa imprensa entre as gentes da escrita ou da milícia, é de todos sabido que constitui um poderoso agente de progresso. Nom fai falta lembrar casos como os de Veneza ou Antuérpia. Antuérpia bem dito, o Antwerpen neerlandês convertido em Anvers polos franceses e adoptado daí ao espanhol como Amberes. Sem sairmos de Antuérpia, é dali de onde procede o Tríptico do Espírito Santo, táboa de princípios do século XVI conservada nesse velho bairro de mareantes, arménios e judeus que é Sam Pedro de Miragaia, na foz do Douro, ao pé mesmo da cidade do Porto mirando a Gaia. Quanto e a quem compramos, quanto e a quem vendemos é assunto do maior interesse porque achega claves certas da nossa capacidade económica e o nosso potencial de desenvolvimento Comerciamos muito com o exterior -quero dizer, de Pedra Fita para lá- compramos bens e serviços necessários para as nossas empresas produzirem e investirem e para o para o próprio consumo da cidadania galega. Os mercados de bens e serviços -será bom deixá-lo claro nos tempos que correm- pouco tenhem que ver com os mercados financeiros que é a troca febril de activos e passivos financeiros cujo descontrolo, manipulaçom e paroxismo especulativo tanta desventura está provocando. Comprámos parafusos ou ferramentas bascas, laranjas de Valência, enchidos cataláns ou salmantinos e ordenadores japoneses e vendemos parte da nossa produçom por aí fóra: carne e vinho, roupa, produtos da madeira, turismo, mas também carros, alumínio, energia, produtos petrolíferos. Quanto e a quem compramos, quanto e a quem vendemos é assunto do maior interesse porque achega claves certas da nossa capacidade económica e o nosso potencial de desenvolvimento. A nossa balança comercial é deficitária: 29,8 - 31,8 = -2,0 mm, é dizer, 3,5% do nosso PIB. Um nível contodo tolerável: um 96,5% de suficiência para atender a nossa demanda interna nom está nada mal Repassemos os factos. O produto galego do ano 2010 (o PIBpm) foi de 57 mm euros que teve como contrapartida rendas sociais equivalentes, tanto salariais (26,6 mm) como empresariais e de autónomos (25,3 mm) às quais é preciso somar os impostos que gravam os produtos, principalmente o IVA: 5,1 mm. Somando ao produto gerado, 57 mm, a totalidade as importaçons efecutadas, 31,8 mm, obtemos a oferta disponível: 88,8 mm euros no 2010. A contrapartida da oferta agregada é, naturalmente, a demanda agregada constituída por dous elementos, a demanda interna (consumo e investimento): 59,0 mm, e as exportaçons: 29,8 mm. Em total 88,8 mm euros, novamente. Se ponderamo agora importaçons e exportaçons deduzimos de imediato que a nossa balança comercial é deficitária: 29,8 - 31,8 = -2,0 mm, é dizer, 3,5% do nosso PIB. Um nível contodo tolerável: um 96,5% de suficiência para atender a nossa demanda interna nom está nada mal. De onde provenhem as nossas importaçons, aonde vam as nossas exportaçons? Como xa conhecemos o valor absoluto de ambos fluxos, será prático responder em percentagens sobre os mesmos. Dos 31,8 mm importados no 2010 procede de Espanha (57,0%), da zona euro (18,8%) e do resto do mundo (pensemos agora na pesca, no alumínio, no petróleo e no gás), 24,2%. Os 29,8 mm exportados se dirigem a Espanha (49,9%), à zona euro (34,4%) e ao resto do mudo (15,7%). Enquanto Galiza e o País Basco mantenhem saldos comerciais negativos de considerável dimensom com o resto de Espanha, Catalunha beneficia-se dum confortável saldo positivo Pode surpreender a marcada gravitaçom da nossa economia em torno ao mercado espanhol como fonte de fornecimentos e de destinos. O fenómeno nom é contodo anormal. Tem o seu fundamento no carácter sub estatal da nossa economia. O mesmo acontece com o resto de CC.AA. incluídas Catalunha e o País Basco. Vale a pena apontar assi e todo algum traço diferencial. Enquanto Galiza e o País Basco mantenhem saldos comerciais negativos de considerável dimensom com o resto de Espanha, Catalunha beneficia-se dum confortável saldo positivo. No 2010, o saldo comercial com o resto de Espanha foi de -3,26 mm para Galiza, e de -6,12 mm para o País Basco mas foi +6,43 mm para Catalunha, claramente positivo. É talvez por este motivo polo que o Instituto de Estatística de Catalunha gosta de apresentar o saldo comercial com o resto de Espanha em forma de pudoroso saldo de ajuste complementário aos movimentos comerciais com o estrangeiro. A estatística -o seu nome alude a um Estado que fai contas- tem, como todo, a sua estética. Interessa destacar a identidade dos nossos autênticos parceiros comerciais na zona euro: estes som França e Portugal. França concentra o 47% das nossas exportaçons dirigidas à zona euro e o 42% das importaçons desta área; Portugal o 22% das exportaçons e o 26% das importaçons. O saldo com ambos países, como também com o conjunto dos países do euro, é amplamente favorável a Galiza. O privilegiado nexo comercial com França tem umha explicaçom específica: Citroën. O nexo com Portugal tem carácter genérico: é um produto natural do continuum económico-social que nos une O privilegiado nexo comercial com França tem umha explicaçom específica: Citroën. O nexo com Portugal tem carácter genérico: é um produto natural do continuum económico-social que nos une. Em 2009 o tráfico diário Espanha ↔ Portugal superou ligeiramente os 96.000 veículos diários: 88,5% turismos e 11,5% de veículos pesados, camions e buses. Bom, a fronteira galega concentrou o 38% de este tráfico: 38.850 veículos diários1. Escusado lembrar que o peso da economia galega no conjunto da espanhola nom supera o 5,5%. Terám-se convertido ao reintegracionismo os veículos ligeiros e pesados que sulcam as nossas estradas? Competir em mercados abertos é o signo dos tempos. A fatal atracçom do aeroporto Sá Carneiro sobre os viageiros galegos, é um bom exemplo Competir em mercados abertos é o signo dos tempos. A fatal atracçom do aeroporto Sá Carneiro sobre os viageiros galegos, é um bom exemplo. Um autêntico escándalo para a viçosa raça dos patriotas aeronáutico-locais e inexplicável desatino para a Junta da Galiza que nom termina de compreender comportamento tam insolidário e anti-espanhol, apenas desculpável polo inequívoco liberalismo que revela. Crucial contradiçom esta entre patriotismo e liberdade que haverá que elevar -como eles gostam dizer- à FAES. |
PRAZA_14472 | O tema da pobreza e das desigualdades, así como outros problemas de carácter colateral identificados na inseguridade cidadá ou na corrupción e anquilosamento burocrático e administrativo, seguirán a ser os temas de maior relevancia cuxa solución identificarán a viabilidade de calquera proxecto político e electoral a nivel nacional. Un cambio que comezou co proceso impulsado por Chávez a partir de 1999 e que, inevitablemente, parece consolidarse na emerxencia de novos actores e liderados políticos. Así pode explicarse porqué as eleccións do 7/O si evidenciarán un cambio na política e na sociedade venezolana. | Venezuela acometerá o próximo 7 de outubro unhas eleccións presidenciais que, unha vez mais, defínense como decisivas. Neste sentido, estes comicios denotan escenarios abertos que focalizan basicamente nas perspectivas dunha nova reelección presidencial para un Hugo Chávez que de novo comparece como candidato presidencial tras aprobarse en febreiro de 2009, vía referendo popular, unha reforma constitucional que permite a reelección indefinida. A diversidade de tendencias políticas existentes nas enquisas de opinión pública semellan outorgarlle o favoritismo electoral a Chávez e unha nova reelección Como vén sendo habitual cada vez que se presenta un proceso electoral, a atención informativa cara Venezuela focalízase en acentuar a perpetua polarización social e política existente no país desde que o proceso "bolivariano e socialista" impulsado por Chávez chegara democraticamente ao poder en 1999. A grandes resgos, a diversidade de tendencias políticas existentes nas enquisas de opinión pública semellan outorgarlle o favoritismo electoral a Chávez e unha nova reelección, aínda que algunhas delas estiman esta vitoria por unha marxe menos abafante e mais axustada en comparación con eleccións anteriores. Existe un "chavismo sen Chávez"? Así e todo, unha ollada sucinta ao acontecer político venezolano aborda unha diversidade de perspectivas e escenarios a futuro, os cales identifican un paréntese inédito de cara a estes comicios. O principal ten que ver co futuro de Chávez non só dende a perspectiva política senón polo seu estado de saúde. A certificación a mediados de 2011 dun cancro aparentemente controlado provoca expectativas políticas de todo tipo dentro do "chavismo", especialmente orientados a observar se os comicios do 7/O serán os últimos nos que concorra Chávez como candidato. Como en anteriores citas electorais, a campaña electoral 2012 confirmaría a inexistencia dun "chavismo sen Chávez", unha noción (ou ficción) reproducida dende diversos sectores, principalmente opositores. Practicamente non existen dúbidas de que o presidente venezolano é o verdadeiro motor e impulsor deste proceso, ratificado por un innegable carisma e enerxía que, incluso, mobilízase con matices de carácter mesiánico e relixioso, un aspecto moi arraigado nas clases populares venezolanas. Este liderado consolídase nunhas clases populares que se configuran como un actor histórico e que eríxense aparentemente como un invariable bastión social de apoio ao "chavismo" Este liderado consolídase nunhas clases populares que se configuran como un actor histórico e que eríxense aparentemente como un invariable bastión social de apoio ao "chavismo". Un liderado e un carisma que vese fortalecido pola consolidación de diversos programas sociais gratuítos cara as clases populares, un cometido de reivindicación popular que vese igualmente sometido a diversas críticas polo seu presunto carácter clientelar e polas denuncias de corrupción emanada deses e doutros programas de goberno. Por tanto, e desde a perspectiva electoral e política, non se observa a emerxencia dun liderado interno capaz de contrarrestar a Chávez. Velaí os dilemas (e os non menos temores) establecidos dentro do "chavismo" no caso de verse politicamente atenazados ante eventuais problemas de saúde de Chávez de cara a un novo período de goberno ata o 2019. A crítica mais recorrente dende diversos sectores mais á esquerda do "chavismo" teñen que ver coa escasa "institucionalización" do proceso revolucionario e da aínda inacabada conformación de "unidades de vangarda" Aquí aparecen diversas tendencias dentro do "chavismo" que deben tomarse en conta, principalmente de cara ao futuro do proceso e ante a eventualidade de ausencia de Chávez. A crítica mais recorrente dende diversos sectores mais á esquerda do "chavismo" teñen que ver coa escasa "institucionalización" do proceso revolucionario e da aínda inacabada conformación de "unidades de vangarda" que permitan garantir a viabilidade do proceso no eventual caso de que Chávez xa non estea ao fronte. O dilema non semella, por tanto, limitarse a aspectos de líderes ou candidaturas senón da instrumentalización dun proceso de cambio consolidado institucional e socialmente. Este aspecto tórnase estratéxico ante os retos que se presentan para a futura presidencia de Venezuela despois do proceso electoral do próximo 7/O. A campaña electoral 2012 de Chávez segue a enfocar o seu discurso en aspectos basicamente ideolóxicos, orientados na construción do socialismo, nas ideas de "nación" e "patria" e na polarización como motor de apoio electoral, ao descualificar aos seus adversarios políticos como "candidatos da burguesía", "da ultradereita" e "dos EUA". Pero a realidade actual aborda outra perspectiva de cambio dentro do propio "chavismo". Se ben a base social do "chavismo" segue a respaldar este discurso, as súas prioridades comezan a observar cambios, algúns deles orientados a aspectos relativos á eficacia da xestión pública: mellora dos servizos públicos, mecanismos de maior participación popular, seguridade cidadá, garantía da cobertura social estatal, beneficios económicos, etc. As súas prioridades comezan a observar cambios, algúns deles orientados a aspectos relativos á eficacia da xestión pública: mellora dos servizos públicos, mecanismos de maior participación popular, seguridade cidadá Pode por tanto considerar que unha inédita "masa crítica revolucionaria" estea asentándose nas capas sociais do "chavismo", configurando un novo actor político a tomar seriamente en conta a mediano prazo. A eventual emerxencia deste novo (ou novos) actor(es) político(s) dentro do "chavismo", así como a necesidade de atraerse o apoio de diversas capas da clase media, permite ao goberno de Chávez impulsar un discurso onde tente equilibrar a súa vocación ideolóxica manifestada na concreción do socialismo con outras medidas de carácter mais pragmático e ata tecnocrático. Por tanto, e mais que un proceso de verticalización do poder e sen menoscabar que a polarización social e política segue a ser o seu resgo mais distintivo, o escenario político actual en Venezuela manifesta unha heteroxeneidade e horizontalidade de tendencias, actores e perspectivas que inevitablemente implicarán maiores cambios a futuro. É factible un cambio na oposición? Esta realidade e as súas perspectivas implican diversas tensións que afloran cada vez que se presenta unha conxuntura electoral. No caso actual vese particularmente confrontado pola opción opositora emanada dunha candidatura que se esforza por atribuírse simbolicamente un liderado mais vigoroso e alternativo, identificada no seu lema dun "novo camiño" que, basicamente tenta disputar votos ao "chavismo" nos seus bastións tradicionais, sendo estas as clases populares. Deste modo, a presunta unidade opositora acicalada en mans da Mesa de Unidade e na candidatura de Henrique Capriles Radonski constitúe, igualmente, un dilema para a oposición, en particular ante os escenarios políticos post-electorais que se presenten, e mais ante a perspectiva dunha nova reelección para Chávez. Tentando afastar ese pasado "golpista" a campaña de Capriles Radonski focalízase en dous aspectos no que a xestión de Chávez vese constantemente confrontada e criticada. O principal ten que ver coa inseguridade cidadá A imaxe da candidatura de Capriles Radonski igualmente implica un proceso de tensións e contradicións. A súa mocidade (40 anos) e prolífica e exitosa carreira política (elixido sucesivamente desde 1998 como deputado, constituínte, alcalde e gobernador) lle configura unha vantaxe electoral que, ironicamente, contrasta coa súa evidente implicación no golpe contra Chávez en abril de 2002, cando era alcalde do municipio capitalino de Chacao, e particularmente polo seu asalto á embaixada de Cuba e na detención policial de membros do goberno de Chávez asentados no seu municipio. Tentando afastar ese pasado "golpista" e igualmente sen menoscabar un discurso de descualificación do seu adversario, depositario do "modelo comunista" e da "ditadura perfecta", a campaña de Capriles Radonski focalízase en dous aspectos no que a xestión de Chávez vese constantemente confrontada e criticada. O principal ten que ver coa inseguridade cidadá, o tema de maior preocupación social na Venezuela actual, moi visiblemente por riba da polarización social e política. A gravidade deste panorama vese traducida cunha imparable e elevada taxa de homicidios que, en 2011 superou as 17.000 vítimas mortais. A impunidade xudicial e a ineficacia policial igualmente alentan este panorama de inseguridade. A maioría desas vítimas son civís e principalmente provenientes das clases populares que apoian ao "chavismo". Paralelamente, o tema penitenciario vense constituíndo nun serio problema para o goberno, tomando en conta as rebelións internas en diversas cárceres do país nos derradeiros meses. O outro aspecto no que se enfoca a campaña electoral de Capriles Radonski ten que ver coa economía e, particularmente, coa situación da propiedade privada, principalmente polas tensións emanadas desde as clases medias e altas ante a consolidación do modelo socialista impulsado por Chávez. Este escenario xera tensións aínda que o proceso de nacionalizacións e estatizacións impulsado por Chávez principalmente desde 2007 non semella constituír un proceso global que afecte a toda a poboación venezolana. A tenor do mercado petroleiro internacional, Venezuela ven vivindo unha bonanza económica nos derradeiros anos que coloca no centro de atención diversos aspectos A tenor do mercado petroleiro internacional, Venezuela ven vivindo unha bonanza económica nos derradeiros anos que coloca no centro de atención diversos aspectos. Un deles considera que os elevados ingresos permiten manter os programas sociais do "chavismo" ao mesmo tempo que permitiu a emerxencia dunha nova elite socioeconómica, coloquial e ata despectivamente denominada "boliburguesía", que xera diversas tensións tanto entre as bases do "chavismo" como nas clases medias opositoras. Por outra banda, e a pesar de que estes elevados ingresos económicos por mor da bonanza petroleira permitiron o ascenso de diversas capas sociais ao mesmo tempo que fortaleceu a elites emerxentes sinaladas dende diversos sectores como depositarios de mecanismos de corrupción administrativa, este panorama contrasta cos problemas de xestión gobernamental en áreas como as infraestruturas, escenario onde as críticas comezan a intensificarse ante diversos problemas na finalización de obras públicas e pola ineficacia doutras xa realizadas. Un aspecto chave se tomamos en conta que nesta campaña electoral, o tema da vivenda eríxese como un baluarte fundamental do programa de desenvolvemento establecido por Chávez para o período 2013-2019. Seguindo coa oposición venezolana, resulta necesario calibrar e ponderar ata qué punto a súa conformación actual asevera un cambio político. Os sectores opositores a Chávez seguen consolidándose nas clases medias e altas, aínda que cunha determinada inserción nalgunhas porcións das clases populares fatigadas pola erosión do discurso "chavista", en moitos aspectos excesivamente ideoloxizado. A aparente certificación dunha unidade opositora fraguada nos comicios lexislativos de 2010 (onde retornou con forza á Asemblea Nacional) e no actual proceso electoral presidencial (trala designación da candidatura de Capriles Radonski tras unha votación democrática en febreiro pasado) pode dalgunha forma denotar un cambio de perspectiva opositora, moito mais orientado a confrontarse politicamente dentro dos canons da institucionalidade democrática, aparentemente evitando "coquetear" con vías alternativas fora da lei. Non obstante, diversos sectores oficialistas seguen a identificar presuntos plans de sabotaxe por parte de sectores opositores máis radicais. Estas denuncias afloraron nalgúns sectores "chavistas" tras a explosión da refinería de Amuay en agosto pasado, que deixou decenas de civís mortos e constituíu no peor accidente da industria petroleira venezolana. Estas tensións afloran aínda mais no actual marco de polarización política e electoral. Pulsando unha "nova Venezuela" A emerxencia de novas formas de participación política e, principalmente, a consolidación a nivel de discusión pública do tema da pobreza e das desigualdades socioeconómicas como o verdadeiro problema que obstaculiza o desenvolvemento nacional Nun contexto internacional marcado polas tensións e cambios de diversas intensidades, onde os centros de poder seguen a manifestar toda serie de presións contra gobernos de carácter mais progresista e incluso "antisistema", cobra relevancia non só a pervivencia do modelo de cambio impulsado por Chávez senón que o presidente venezolano acometa unha nova reelección que, eventualmente, lle garante a presidencia ata o 2019. Deste modo, Chávez achegaríase a dúas décadas no poder, consolidado por diversos procesos democráticos. Non obstante, os retos afirman un panorama distinto a mediano e longo prazo, moi probablemente traducido polo indubidable feito de que en Venezuela operouse un visible cambio social desde que Chávez chegara ao poder en 1999. A emerxencia de novas formas de participación política e, principalmente, a consolidación a nivel de discusión pública do tema da pobreza e das desigualdades socioeconómicas como o verdadeiro problema que obstaculiza o desenvolvemento nacional, son os dous factores que identifican ata qué punto cambiou Venezuela nestes derradeiros anos. Por tanto, o tema da pobreza e das desigualdades, así como outros problemas de carácter colateral identificados na inseguridade cidadá ou na corrupción e anquilosamento burocrático e administrativo, seguirán a ser os temas de maior relevancia cuxa solución identificarán a viabilidade de calquera proxecto político e electoral a nivel nacional. Un cambio que comezou co proceso impulsado por Chávez a partir de 1999 e que, inevitablemente, parece consolidarse na emerxencia de novos actores e liderados políticos. Así pode explicarse porqué as eleccións do 7/O si evidenciarán un cambio na política e na sociedade venezolana. |
NOS_20606 | Máis un número do semanario en papel que sae do prelo. Desta volta, focamos a ollada no masacre de Gaza e trémosche poemas inéditos de Ánxel Fole. Xa podes facerte con el na nosa loxa. | O exército israelita repregou as súas tropas da Faixa de Gaza após decretarse unha tregua de 72 horas. A saída do exército sionista deixa 1.829 persoas asasinadas, 450.000 deslocadas e máis de 9.000 feridas. Neste número do Sermos Galiza tentamos explicar as razóns desta nova agresión, que vén a se sumar ás operacións militares desenvolvidas en 2008-09 e 2012-13. Aliás, debruzámonos nas razóns que levaron o goberno de Benjamin Netanyaju a lanzar máis unha ofensiva contra o territorio palestino. Tamén en Internacional, achegámonos até Catalunya onde están a preparar a Diada'14 para que contan xa con máis de 3.000 voluntari@s. Aliás, na 'Semana en Imaxes' repasamos algúns dos acontecementos ocorridos desde o último número do Sermos e debullamos algunhas das cuestións de maior actualidade como a decisión da Comisión europea pola que rexeita a construción do dique flotante en Ferrol. Nas páxinas de Galiza comentamos a sentenza do Tribunal Supremos a respeito da concesión de Ence na Ría de Pontevedra. Sálvase Allariz da crise do comercio? En 'Comunidade Sermos' falamos con Olga Ferreiro, a xerente da Asociación de Comerciantes. Outro concello é o que visitamos na sección de Cultura, o de Mondariz Balneario que defende o seu patrimonio, os históricos xardíns, diante da ameaza da especulación. Publicamos poemas inéditos de Ánxel Fole O verán é tempo excepcional para a lectura e por iso o noso semanario ofrece un conxunto de textos que pagan ben a pena. En primeiro lugar, unha descuberta, dous inéditos de Ánxel Fole atopados no arquivo de Ben-Cho-Shey, dúas composicións satíricas dunha faceta pouco coñecida do autor. O primeiro discurso en galego de Murguía sorprenderanos pola súa contundencia e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Guillerme Vázquez asina un texto no que comenta un dos debuxos de Castelao. A triatleta Aída Valiño fálanos na nosa contraportada. As catro mans de Babaluva na nosa sección infantil e o monte Alba como espazo para visitar neste tempo de sol son outras das nosas seccións que, coa axenda, os pasatempos e as críticas para un Sermos Galiza tamén acaído para este agosto. Por non falar do noso Caderno de Agosto... Todo no número 108 porque Sermos Galiza tamén sae no verán. |
NOS_41329 | Nun xuízo simbólico, o pobo bolivariano levou até o banco d@s acusad@s o programa electoral do candidato Henrique Capriles, que fala de máis impostos e menos orzamento para políticas sociais. As medidas lembran aqueloutras aprobadas en 1989 e que deron lugar ao 'Caracazo', unha maré de revoltas populares que se saldaron con centros de persoas mortas | No banco d@s acusad@s, o programa de goberno da oposición, tachado de ser "unha oferta enganosa, a máis neoliberal presentado en América Latina nos últimos 30 anos". Organizacións e movementos sociais de Venezuela xulgaron "o paquetazo neoliberal" presentado por Henrique Capriles, candidato da dereita que se enfronta a Hugo Chávez nas eleccións presidenciais do 7 de outubro. Así as cousas, as medidas económicas achegadas por Capriles como baza electoral para chegar ao goberno bolivariano foron comparadas neste xuízo popular coas contempladas no 'Caracazo' de 1989, posto en marcha polo daquela presidente Carlos Andrés Pérez, e que falaba de recortes no orzamento destinado ás políticas sociais; do incremento dos impostos e do prezo da gasolina; liberalización dos prezos; suba das facturas de teléfono, auga, electricidade e gas; e de colocar o país baixo a lupa do Fondo monetario internacional. Medidas que lembran as que azoutan estados como o grego, o portugués ou o español a día de hoxe, e que daquela en Venezuela trouxeron como consecuencia unha maré de revoltas populares que se saldaron con centos de mort@s. Oficialmente, o goberno de Pérez recoñeceu 279. O número exacto aínda se descoñece. Segundo se deu conta na sala do xuízo, colocada no Teatro Teresa Carreño de Caracas, o programa da dereita supón "un atentado contra os dereitos do pobo venezolano". Os paralelismos máis rechamantes coas medidas que desembocaron no 'Caracazo' teñen que ver co modelo de produción petroleira, axustada ao pensamento neoliberal e con elevadas cotas de produción que xeren sobreoferta no mercado internacional --o que se traducirá na baixa do prezo por barril-- e na redución de financiamento destinado a programas sociais. |
NOS_57310 | O executivo liderado por Mariano Rajoy desenvolverá esta reforma demandada polas Nacións Unidas. | A ministra de Sanidade, Ana Mato anunciou en comparecencia de imprensa após a xuntanza do Consello de Ministr@s que o goberno español elevará a idade legal de consentimento sexual até o de agora fixado nos 13 anos. Segundo Mato, o obxectivo da mudanza encamíñase a "evitar abusos sexuais e loitar contra a pederastia". Neste senso, o executivo abrirá un período de debate e consulta entre os grupos parlamentares e as organizacións e asociacións dedicadas á infancia. Malia que a ministra de Sanidade non avanzou cal será a idade que defende o goberno, esta podería situarse nos 16 anos habida conta que será a idade fixada para o casamento legal entre persoas menores de idade. Ana Mato: "Para este goberno o aborto é sempre un drama" Até o momento, o Estado español atópase entre os que recollen unha idade máis baixa no seu ordenamento xurídico a respecto das relacións sexuais consentidas, xunto co Vaticano (12 anos) e Italia (14 anos). A reforma vén a cumprir coa vontade expresada polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón mais tamén cos anceios das Nacións Unidas que demandaron en 2007 a elevación da idade cando menos até os 15 anos. Inquirida pol@s xornalistas a respecto de se estas modificacións veñen a se sumar á anunciada polo ministro de Xustiza que (re)penalizará o aborto a través da derrogación da Lei aprobada polo goberno socialista, Ana Mato limitouse a responder apuntando que para o executivo de Mariano Rajoy "o aborte é un drama" en todas as ocasións. Aliás, asegurou estar a traballar en medidas de axuda á maternidade e de prevención de embarazos non desexados porén, o silenzo segue a ser a tónica xeral do goberno español arredor desta cuestión. Desde o anuncio ao comezo da lexislatura en que Ruíz Gallardón asegurou que sería o seu ministerio o que desenvolvería a reforma, aínda non se presentou ateproxecto de lei. |
NOS_2776 | Bruxelas pon fin á disputa legal con AstraZeneca. Ambas as dúas acordan a entrega das vacinas que faltan en tres prazos. O último finaliza o 31 de marzo de 2022. | A Comisión Europea anunciou esta sexta feira que chegou a un acordo coa farmacéutica AstraZeneca para a entrega aos Estados membros das doses da súa vacina contra a Covid-19 que aínda non se repartiran. Desta forma, pon fin á disputa legal que ambas as partes tiñen aberta desde hai meses. 200 millóns de doses a repartir Nun comunicado, o Executivo comunitario explicou que o laboratorio anglosueco terá que distribuír aos socios comunitarios 60 millóns de doses entre xullo e o final de setembro, outros 75 millóns antes de que finalice o ano e 65 millóns máis antes do 31 de marzo de 2022. Estas cifras, sumadas aos 100 millóns de unidades que AstraZeneca repartiu entre os Estados membros desde o inicio da campaña até finais de xuño fan un total de 300 millóns de doses, o número acordado no contrato que Bruxelas asinou coa farmacéutica. Segundo a Comisión Europea, este acordo "pon fin ao litixio pendente ante o tribunal de Bruxelas". Agora, detalla a institución, comunicarase aos países do bloque "un calendario regular de entregas" e aplicaranse "bonificacións limitadas" en caso de novos atrasos. "O acordo de hoxe garante a entrega á UE por parte de AstraZeneca dos 200 millóns de doses que faltan", resumiu a comisaria de Saúde do Executivo comunitario, Stella Kyriakides. Enfrontamento A UE e a farmacéutica AstraZeneca manteñen desde hai meses un enfrontamento que derivou nunha denuncia polos atrasos do laboratorio para distribuír aos países europeos doses da súa vacina contra o coronavirus. O Executivo comunitario levou o laboratorio ante a Xustiza belga co apoio de todos os Estados membros para exixir a entrega de todas as doses con carácter urxente, pero ademais abriu outra fronte sobre o fondo da cuestión coa intención de que os tribunais sentenciasen que AstraZeneca incumprira as disposicións contractuais. Fin do litixio O tribunal de Bruxelas que asumiu o primeiro caso fallou que AstraZeneca parecía incumprir o contrato, pero ordenou á firma entregar unha cantidade moito menor que o que reclamaba o bloque. Ambas as partes reivindicaron gañar, o lado europeo porque obrigaba ao laboratorio a entregar doses e o segundo porque a Xustiza non lle exixía distribuír os 300 millóns de vacinas xa en setembro. O acordo fecha desta forma o litixio entre a UE e a farmacéutica, polo que non haberá finalmente unha sentenza que se pronuncie sobre o fondo do asunto e aclare se AstraZeneca incumprira o contrato cos seus atrasos. |
NOS_26908 | Os bombardeos do exército israelí mataron 21 persoas na franxa e 4 israelís morreron polos proxectís lanzados desde Gaza. Tel Aviv retomou estes días os denominados 'asasinatos selectivos'. | Autoridades de Israel e de Gaza acordaron un cesamento do fogo, medida que entrou en vigor ás 3:30 hora galega na madrugada desta segunda feira, para poñer fin á violencia desta fin de semana e que deixou 21 palestinos e 4 israelís mortos. O exército de Israel bombardeu diversos puntos da Franxa e unidades terrestres de carros de combate despregáronse perto da fronteira. Gaza leva anos sometida a un bloqueo por terra, mar e aire por parte de Israel e que converte este territorio, segundo denuncian colectivos de defensoras dos dereitos humanos, no cárcere ao ar libre máis grande do mundo. Aliás das 21 persoas mortas, os ataques israelís tamén provocaron 140 feridas e destruíron 60 vivendas, para alén de danar outros 540 inmobles. Atacaron tamén instalacións que albergaban diversos organismos e mesmo as oficinas da televisión pública turca en Gaza. No marco deses ataques o exército de Israel retomou as operacións de 'asasinatos selectivos', e mediante este método matou un gazatí de 34 anos de idade que acusaba de entregar diñeiro iraniano a organizacións palestinas que o goberno israelí cualifica de terroristas Tel Aviv xustificou o ataque das súas forxas armadas á Franxa no seu dereito á autodefensa contra os proxectís lanzados desde Gaza contra Israel e que causaron 4 mortos, feridos e diversos danos materiais. |
QUEPASA_613 | Traballadores das fábricas farán unha concentración pacífica este sábado ás portas da Casa da Cultura mentres o Comité se reúne co Conselleiro de Industria | Día activo esta fin de semana no seo de Ferroaltántica. Por un lado, moitos traballadores achegábanse a Sabón para compartir a concentración que os compañeiros da fábrica do grupo en Arteixo realizaban para garantir os postos de traballo, e para esixir unha Tarifa Eléctrica para as industrias electrointensivas. Ademais, a cita serviu para fixar posturas de cara á mobilización que se realizará este luns 1 de abril, para darlle a "benvida" á ministra de Industria, Reyes Maroto, en Santiago de Compostela. Asemblea nas fábricas Ademais, o Comité celebraba sendas asembleas nas fábricas de Brens e Dumbría para analizar o mutismo da dirección e a falta de información sobre o ERTE. Os traballadores amosaron o seu malestar polo desconcerto que xeneran os calendarios de aplicación do ERTE, así como da xornada que se está a facer a día de hoxe sen aínda estar vixente o expediente de regulación. Os traballadores protestan por non saber que días teñen que ir traballar nin que turnos teñen que facer. Por outro lado o Comité pediu permiso para poder tomar as medidas oportunas de presión para extraer un compromiso real e de futuro de arranque dos fornos que están parados. O Comité sinala que serán medidas de presión "vistosas" pero que non influirán aos traballadores, é dicir, que non implicarán xornadas de folga. Na vindeira reunión tomarán decisións concretas. Concentración este sábado Tamén quedou aprobado na asamblea de facer unha concentración pacífica para o sábado día 30, ás 19:00h, coincidindo coa visita do Conselleiro de Industria a Cee, mentres está reunido con Comité de empresa na Casa da Cultura. Novas do co conflito #Ferroatlántica 27-03-19: O Parlamento únese para defender aos traballadores de Ferroatlántica sen danar á empresa. 26-03-19: O mutismo de Ferroatlántica segue encendendo ao Comité. 13-03-19: O Comité de Ferroatlántica pídelle a López Madrid que veña a negociar o ERTE á Costa da Morte. 02-03-19: Concentración ás portas de Brens e reunión en Madrid. 28-02-19: Novas negociacións, concentracións e denuncias tensan aínda máis o conflito Ferroatlántica. 26-02-19: "Non asinamos o acordo pero conseguimos frear a versión máis dura do ERTE". 25-02-19: O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica. 22-02-19: A dirección de Ferroatlántica non só se nega a arrincar os fornos, senón que se formula ampliar o ERTE. 22-02-19: O Conselleiro confirma que se Ferroatlántica para outro forno rescatará a concesión das centrais. 20-02-19: A CIG esíxelle a Ferroatlántica a reactivación dos fornos para continuar negociando. 15-02-19: O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE. Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros. Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado. 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica. 05-02-19: "O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade": 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee. Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica. Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss. Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica: Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña. Xaneiro 19: "O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa". Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica. Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica. Xaneiro 19: "Fornos apagados, todos parados". Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica. Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica. Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social. Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica. Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección. Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica. Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado "Acordo Marco". Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables. Novembro 17: "A gran mentira" do Plan Industrial de Ferroatlántica: 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria. 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas |
NOS_34644 | A Xunta incumpre a súa propia lexislación –decreto do 25 de marzo de 2013- no que o agrupamento familiar é a circunstancia con máis peso no baremo estabelecido para a primeira escolarización. | A Xefatura Territorial de Educación comunicou hoxe a unha familia ferrolá que o seu fillo de tres anos non poderá escolarizarse no mesmo centro ca súa irmá maior ao non ser quen de resolver o conflito provocado pola vixencia do convenio de cesión co Ministerio de Defensa asinado no ano 2000. Deste xeito, a Xunta incumpre a súa propia lexislación –decreto do 25 de marzo de 2013- no que o agrupamento familiar é a circunstancia con máis peso no baremo estabelecido para a primeira escolarización cando a demanda supera a oferta de prazas. O problema para esta e outras cinco familias con fillos xa matriculados no CEIP Isaac Peral remóntase ao mes de abril, cando ficaron excluídas da lista provisional de admitidos en 4º de Infantil -3 anos- ao copar os fillos de militares as 44 prazas -25 por unidade, coa reserva de tres para nen@s con necesidades especiais- dispoñíbeis. No citado convenio co departamento castrense, o Ministerio de Defensa pon como condición que todos os fillos de militares teñen prioridade de acceso. Logo de descartar crear unha terceira unidade –habería solicitudes dabondo para facelo- Educación prometeu en xuño que estas seis familias terían os dous fillos no Isaac Peral. Para poder cumprilo decidiu ampliar a ratio a 27 alumnos por aula, unha posibilidade que contempla o decreto de 2013 en circunstancias especiais. En concreto fala da opción de incrementar o alumnado nun 10%, isto é, dúas prazas e media. Nesa "media" está o "quid" da cuestión. O xefe territorial explicoulle onte ao pai que el non pode aumentar a ratio e que ten que ser o consello escolar quen o solicite, un xeito de proceder "ilóxico", segundo o proxenitor afectado, "que nos fai pensar que está tratando de eludir a súa responsabilidade traspasándolla a unha instancia inferior". |
NOS_12526 | Hoxe comeza Novos Cinemas, cuxa quinta edición terá lugar entre o Teatro Principal e o Museo Provincial de Pontevedra até o domingo, ademais de complementarse online na plataforma Filmin. Mais non imos debullar aquí o seu programa, senón unha face menos visíbel que materializa tanto como este o seu compromiso coa creación novel. Trátase dun LAB no que participan cinco proxectos en diferentes estadios de desenvolvemento, dous deles de directoras galegas: 'Patarinos', de Zeltia Outeiriño e 'Vin a noite que nunca se acaba', de Helena Santín. | Arrinca hoxe o festival Novos Cinemas en Pontevedra, que se prolongará ao longo de toda a semana. Na súa aposta nas novas creadoras, o evento promove un LAB co gallo de xerar un área de análise, estudo e asesoramento pormenorizado dos proxectos seleccionados de realizadores e realizadoras noveis. Con isto promóvese o encontro entre cineastas e axentes cualificados e especialmente sensíbeis a filmes de natureza independente. A finalidade é que as obras poidan adaptarse, co maior grao de operatividade e funcionalidade, a uns mercados en constante mutación. Dentro dos proxectos escollidos nesta edición do LAB atópanse dúas futuras longametraxes galegas dirixidas por dúas mulleres: Patarinos, de Zeltia Outeiriño, e Vin a noite que nunca se acaba, de Helena Santín. A estas súmanse A cara do sol (Francia, España, México, Marrocos), de Cristóbal Álvarez; O mal do século (Arxentina), de Nicolás Suárez; e Unha canción que mata (Italia, Kenia), de Mo Scarpelli. Dous relatos de desarraigo Santín propón unha longametraxe de ficción protagonizada por Rosa, quen tras a morte do irmán viaxa á súa Galiza natal para facerse cargo da casa e das vacas de quen era o último habitante da aldea, deixando atrás unha cidade á que sente que non pertence. Con isto a cineasta achégase a temas como "os recordos e a memoria individual e colectiva", no marco dun país baleirado e nun territorio que se move entre o mítico e o fantástico. Aínda que Santín naceu en Barcelona, a familia materna é de Lobios e ela adoitaba pasar os veráns alí. A medida que foi medrando decatouse de como esa sorte de aldeas estaban morrendo e quixo visibilizar esta situación. "Non hai medios para que a xente moza poida quedar e traballar alí", comenta. A súa avoa inspira este filme, que pretende ademais homenaxear a veciñanza da zona. Outeiriño participa cun documental que a leva a colocarse ela mesma como obxecto fílmico: para vencer o desencanto vital que sofre, Zeltia regresa á terra e rebusca na memoria do seu tío Antonio Outeiriño, un artesán téxtil galeguista e homesexual que viviu intensamente nos anos 80 en Ourense. A historia, que naceu no marco do posgrao de Documental Creativo da Universidade Pompeu Fabra (Barcelona), agroma case como "unha necesidade" fronte a unha situación de crise e "desarraigo que me leva a mirar cara á Galiza e reelaborar as relacións coa cultura ou a familia", explica a cineasta. Aquí xorde con forza a figura do seu tío, da que lembra con "especial intensidade" malia ser cativa como enchoupaba a toda a súa familia dese "entusiasmo creativo". Aínda que morreu sendo ela moi nova, converteríase nun referente ao tornar adulta. "Sempre tiven a idea de facerlle unha homenaxe fílmica", admite. No proceso, Outeiriño foise colocando cada vez máis no centro, ao decatarse de que "o motor da viaxe era eu". A desenvolver a súa propia personaxe tamén a animaron as dúas produtoras do filme: Silvia Fuentes (Sétima, Galiza) e Mireia Grael (Ringo Media, Catalunya). Mulleres directoras, aínda unha anomalía Chama a atención que os dous proxectos seleccionados sexan xustamente de mulleres, cando como aínda lembraba a semana pasada Nós Diario, a raíz das xornadas "Fóra de Plano. Mulleres no cinema", a porcentaxe de filmes dirixidos por elas é crítica e varía por xéneros: 24% en documentais, 16% en ficción e un tráxico 0% en animación. Outeiriño considera que é "máis difícil reafirmarse e sacar a túa voz", así como "superar todas as trabas, inseguridades ou autocensuras". Gostarías de seguir coa lectura? Vai polo Nós Diario á libraría ou quiosque máis próximo ou mércao na nosa tenda online. E prepárate para futuras informacións de interese tramitando a subscrición agora mesmo! |
PRAZA_16792 | A mudanza aumentou o catálogo das finalidades terroristas, incluíndo "calquera delito" que busque "subverter a orde constitucional" ou "desestabilizar" institucións | Terrorismo sen armas. A detención por rebelión e terrorismo contra unha activista dos Comités de Defensa do Referendo (CDR) nunha investigación secreta da Audiencia Nacional este martes xerou alarma entre partidos soberanistas, xuristas e defensores dos dereitos humanos. O sustento formal da investigación atópase na reforma do Código Penal de 2015 que seguiu ao pacto antiterrorista acordado polo PP e PSOE. En concreto, a reforma do artigo do Código Penal aumentou, no seu artigo 573, o catálogo das finalidades terroristas, incluíndo non só os atentados violentos para provocar un estado de terror na poboación, senón ademais "calquera delito grave" co obxectivo de "subverter a orde constitucional", así como "desestabilizar" o funcionamento de institucións políticas ou estruturas económicas ou sociais do Estado ou obrigar aos poderes públicos "a realizar un acto ou a absterse de facelo". A mudanza aumentou o catálogo das finalidades terroristas, incluíndo "calquera delito" que busque "subverter a orde constitucional" ou "desestabilizar" institucións Foi tipificado ademais o delito de desordes públicas, o de sedición e o de rebelión como terrorismo en caso de cometerse por unha persoa "amparada" por unha organización terrorista. Desta forma, o terrorista podería non ser unicamente o integrante dunha banda terrorista, senón o autor dos delitos que tivesen as finalidades do citado artigo 573. Para o avogado de Molins&Parés Marc Molins, a definición de terrorismo no Código Penal é excesivamente ampla. Pero non só iso: "A cuestión non é unicamente de amplitude na definición do delito, senón tamén da forma de aplicación". Neste sentido, o avogado lembra que "todas as normas penais esixen unha aplicación restritiva e adecuada ao principio de proporcionalidade". "O reto do Estado de Dereito é concretar unha aplicación restritiva e consecuente da lei penal e non desbordar o sentido das normas. Tense que acreditar que os actos investigados constitúen un delito grave causalmente orientado a romper a orde constitucional ou alterar a paz pública. Ningunha outra finalidade, de mera protesta ou de solidariedade, encaixaría co delito de terrorismo. No actual escenario, a hipótese do acto terrorista é, como mínimo, discutible" asevera Molins. "Por desgraza, en Barcelona, Catalunya e o resto de España gardamos na nosa memoria máis recente e sabemos o que é un acto terrorista. E as protestas dos CDR non o son" Ademais do problema lexislativo en canto á definición de terrorismo, a letrada do centro Irídia Anaïs Franquesa tamén pon énfase na súa aplicación por parte dos xuíces, neste caso, o maxistrado de reforzo do xulgado de instrución 6 da Audiencia Nacional Diego de Egea. A criterio de Franquesa, a investigación debería basearse, en primeiro lugar, nun exame dos feitos e de se os cortes de estradas e levantamento de barreiras que os CDR impulsaron durante a operación retorno de Semana Santa están amparadas polo dereito á manifestación. De exceder este límite, engade Franquesa, poderíanse investigar penalmente as accións dos CDR, pero en todo caso por desordes públicas. O dereito á manifestación, entre outros límites, contempla a obrigación de comunicar o percorrido e os responsables das marchas. "O corte de estrada non se produce porque si, senón que entra no dereito democrático da protesta política", abonda a letrada, que afea á Audiencia Nacional a "instrumentalización e desnaturalización do dereito penal para criminalizar a protesta" dos CDR. Franquesa lembra ademais que "por desgraza, en Barcelona, Catalunya e o resto de España gardamos na nosa memoria máis recente e sabemos o que é un acto terrorista. E as protestas dos CDR non o son". "E evidentemente, tampouco son rebelión, porque cortar unha estrada non é un alzamento público nin violento", engade. Unha cualificación "desproporcionada" que chegará á comisaria de Dereitos Humanos Pola súa banda, o Síndic de Greuges, Rafael Ribó, asegurou que atribuír aos CDR delitos como terrorismo e rebelión é unha cualificación "manifestamente desproporcionada e contraria ao principio de legalidade" e anunciou que o porá en coñecemento da nova comisaria europea de Dereitos Humanos, Dunja Mijatovic, e os órganos competentes en dereitos humanos das Nacións Unidas. Un dos indicios nos que se baseou a detención foi unha nota de audio sobre obxectivos de protestas que non se chegaron a producir Un dos indicios que, por agora, se coñece contra a detida é un audio que ela mesma difundiu nas redes de mensaxería no que sinalaba presuntos obxectivos estratéxicos das protestas, que non se chegaron a producir. "Se podemos parar o porto, sería brutal, porque deixamos sen abastecemento ás illas Baleares, os chineses cabreríanse, tamén hai moitas mercadorías; por exemplo, a Seat, que leva os coches en barcos, e todo o que é entrada de mercadorías da Península e sur de Europa", sinalou a detida. No marco da operación, denominada Cadera (palabra que inclúe as iniciais CDR), a Garda Civil rexistrou a vivenda da detida en Viladecans (Barcelona), de nacionalidade española, onde atoparon documentos sobre o acuartelamento do instituto armado en Barcelona, ademais dunha axenda, cartelaría, unha memoria externa, un computador e teléfonos móbiles. Nin rastro de armas letais coas que provocar pánico e terror da poboación como nun acto terrorista ao uso. |
NOS_2866 | Enviados como se fosen destacamentos de guerra. Na súa saída rumo a Catalunya, Gardas Civís foron despedido por familiares e amizades con cánticos entre o chovinismo e o racismo. | O envío de novos destacamentos militares a Catalunya (a Garda Civil é un instituto armado de carácter castrense) está a ser percibido pola sociedade catalá como unha ameaza que inevitabelmente evoca os sucesivos episodios históricos de ocupación do país por forzas armadas españolas (o último após os bombardeamentos sufridos por Barcelona durante a guerra civil). "A por eles" e "eu son español, español" foron os cánticos cos que se despediron unidades da Garda Civil que partiron esta segunda feira de distintas cidades do Estado rumo a Catalunya. Os destacamentos do instituto armado vanse despregar co obxectivo de impedir a realización do referendo. Non se coñece ningunha manifestación de cargos do Ministerio de Interior de reprobación destas expresións de chovinismo anti-catalán. Guardia Civil spanish militarized police departure against Catalonia. "A por ellos". @realDonaldTrump @amnesty @UN @JulianAssange @SOSRacis pic.twitter.com/2sd1varmJ4— Solidaritat (SI) (@solidaritatcat) 25 setembro 2017 |
NOS_37555 | É o monte Penide unha penechaira de certa extensión, situada no alto das parroquias de Candeán, Chapela, Trasmañó, Cedeira, Negros, Cabeiro e Vilar. | Este planalto uniforme non posúe picos salientábeis, é como unha illa chá afastada doutros montes, rodeada pola depresión meridiana polo leste, a ría de Vigo polo noroeste, e que cae ao Fragoso cara ao sur. Porén, as súas ladeiras teñen máis de 400 metros de desnivel, os mesmos que a súa altitude. Estas características fan que sexa un lugar moi visitado e doado de acceder e camiñar ou percorrer en bicicleta. Paraxe: Monte Penide / Concello: Vigo e Redondela / Dificultade: Baixa /Percorrido: 9 quilómetros Os principais atractivos son unha gran cantidade e variedade de vestixios arqueolóxicos e as magníficas vistas que ofrece sobre o entorno. A sinalización de moitos destes fitos, así como a existencia de áreas de lecer, fará proveitosa a visita. Hai múltiples accesos aos montes veciñais que fan parte do Penide desde as parroquias citadas. Malia a existencia dunha pista asfaltada que atravesa a chaira de sur a norte, propoñemos unha ruta circular a pé, con desvíos, que parte do parque forestal do Vixiador, en Candeán. Desde a cantina do Vixiador accedemos á gran mámoa que hai no alto, escavada e sinalizada hai máis dunha década, rodeada de árbores caducifolias. Podemos coller polo GR-53 até o souto da Chan de Loureiro, onde viramos á esquerda e subimos pola estrada que vén de Vilar de Infesta. Logo de baixar e chegar ao cruce de Cabeiro, seguimos de fronte, e aos 500 metros damos coa mámoa do Rei, de grandes ortóstatos visíbeis. Abandónase o asfalto e séguese a pista recta da Chan da Cruz, que conta con ducias de mámoas a unha e outra beira, nunha das maiores concentracións da Galiza. Baixando á dereita hai unha fonte de abondosa auga e de seguirmos a descender chegariamos ao castro de Negros, con excelentes vistas sobre Redondela e o val do Maceiras. Sen facermos este desvío, topamos outro cruzamento que seguimos de fronte. Estamos perto do Coto S. Vicente (hai uns petróglifos nun camiño á esquerda, a cen metros), pero, sen subir, arrodeámolo por completo en sentido contrario ás agullas do reloxo. Ao atopar de novo unha pista asfaltada damos co parque forestal de Cedeira, que ten vistas á ría de Vigo, desde Cíes á enseada de San Simón, e tamén aos petróglifos de Chan da Lagoa. Seguimos pola pista asfaltada á esquerda, e ao pasar as casas do alto de Trasmañó, nunha zona de moitas corticeiras, collemos á esquerda e pouco antes de volver á mámoa do Rei tomamos a pista á dereita. Podemos seguir o regato Fondón até o seu nacemento, no punto de partida do Vixiador, para completar o itinerario. O Fondón atravesa todo o monte Penide, e ao ser terreos moi chans ten vellas lagoas colmatadas, que forman xunqueiras onde é posíbel atopar a orballiña (Drosera rotundifolia). |
NOS_6123 | Corbyn gañou o pulso contra as elites dirixentes do seu partido, saudosas do centrismo de Tony Blair, e acaba de revalidar a lideranza do Labour, cun apoio até maior do que aquel co que chegou no seu día a dirixir o partido. | Corbyn obtivo 313.209 votos, o 61,8 por cento dos emitidos, mentres o candidato da ala centrista do partido, Owen Smith, ficou en 193.229, o 38,2 por cento. O apoio das trade unions e da grande maioría das bases -dun partido que ten incrementado nos últimos anos a súa afiliación, até chegar ao medio millón de militantes- garantiu o suceso de Corbyn e reforzou a súa aposta en situar o Labour en posicións claramente á esquerda do blairismo. Corbyn ten en contra o 81 por cento do grupo parlamentar laborista, que mesmo chegou a aprobar unha moción de retirada de confianza ao seu líder (172 parlamentares votaron a favor da súa renuncia, apenas 40 a prol da súa permanencia). Os críticos forzaron esta nova consulta interna da militancia, da que o veterano líder de 67 anos sae claramente vitorioso. Corbyn chegou a líder do partido co 59 por cento do voto. Desta volta obtivo o 61,8 por cento. Os críticos cuestionan o esquerdismo de Corbyn -en realidade, un retorno ás esencias da socialdemocracia- co argumento de que se afasta das zonas máis tépedas do eleitorado, ás que empurraría cara ao Partido Conservador. O candidato alternativo, o centrista Owen Smith, en ningún momento deu conectado co sentir maioritariamente esquerdista das bases do Labour. Owen Smith postulouse como eventual recambio de Corbyn após se producir un auténtico motín no goberno na sombra (cabinet shadow) de Corbyn, do que demitiron varios membros após acusar o líder do partido de non defender con suficiente convicción a permanencia de UK na UE durante o referendo do brexit. Os críticos cuestionan o esquerdismo de Corbyn -en realidade, un retorno ás esencias da socialdemocracia- co argumento de que se afasta das zonas máis tépedas do eleitorado, ás que empurraría cara ao Partido Conservador. Os partidarios de Corbyn contra-argumentan que o blairismo está esgotado porque non é quen de mobilizar arredor do Labour as bases tradicionais do partido, nomeadamente a clase traballadora, seducida en parte nos últimos anos polo dereitista UKIP. |
PRAZA_19346 | Os locais de hostalería de Padrón ofrecerán o 24 de febreiro este caldo humilde cuxa elaboración relataba a escritora no seu poema 'Miña casiña, meu lar'. A Fundación Rosalía anima a "todo o país" a celebrar o 180º aniversario da escritora xantando este prato. | "E na miña horta pequena / unhas coles fun catar. / Con un pouco de unto vello / que o ben soupen aforrar, / e ca fariñiña munda, / xa tiña para cear. / Fixen un caldo de groria / que me soupo que la mar; / fixen un bolo do pote / que era cousa de envidiar". Con estes versos no seu poema 'Miña casiña, meu lar', Rosalía de Castro explica como facer un caldo humilde mentres relata os problemas diarios para a supervivencia e ante a precariedade. Os locais de hostalería de Padrón ofrecerán o 24 de febreiro 'Caldo de Gloria' nos seus menús Este mesmo o caldo será o que todos os locais da hostalería de Padrón farán o vindeiro 24 de febreiro co gallo do Día de Rosalía. Ofrecerán este prato logo da iniciativa da Fundación Rosalía, que convida "a que todo o país faga o propio nas súas casas e nos restaurantes" e "acompañándoo coa lectura de poemas rosalianos" no día do 180º aniversario da escritora. A iniciativa foi presentada este venres por Anxo Angueira, presidente da Fundación, e pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Cousa, que estiveorn acompañados polos cociñeiros Benigno Campos e Merchi Rodal, do programa Larpeiros da TVG, que serán os encargados de preparar o Caldo de Gloria na Casa de Rosalía o propio 24 de febreiro. A Fundación Rosalía anima a que "todo o país" celebre o 180º aniversario de Rosalía ucn 'Caldo de Gloria' en casas e restaurantes A Fundación destaca que quere homenaxear a Rosalía lembrando o poema 'Miña casiña, meu lar' de Follas novas, onde "unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir". "Vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra, consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote", destacan. "No seu triunfo sobre a desventura e a pobreza, ao pé da quentura da lareira no seu fogar, está tamén a lección de como con case nada o ser humano é quen de sobrevivir e ademais ser feliz", insisten. "Queremos que Galicia lembre a Rosalía no seu día compartindo en lugares públicos ou no ambiente familiar este caldo dos humildes, un caldo para celebrar tamén a nosa cultura gastronómica popular", di a Fundación, que lembra que na súa web poderase atopar máis información sobre como participar no #CaldodeGloria tanto un particular como un restaurante. |
NOS_43780 | BDS-Galiza e Rumbo a Gaza organizan un acto en Bueu con motivo da visita. Será na Praza de Massó o 31 de maio. | O grupo de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel (BDS) na Galiza, Paias@s en rebeldía, Cultura Activa e Rumbo a Gaza organizan esta fin de semana unha gala de apoio á Flotilla da Liberdade aproveitando que o buque Marianne atracará no porto de Bueu o 30 de maio. A partir das 13h e até o serán diversas actuacións saudarán a campaña marítima que visa rachar o bloque que atinxe a Faixa de Gaza, tamén o mediático. Neste senso, artistas de toda Galiza poñerán o seu grao de area para apoiar as persoas que formarán a tripulación do barco. Neste senso, será Peter Punk quen dea comezo á xornada no mediodía a quen, por volta das 19h se sumará a Treboada Ameaça de Bombo cun pasarrúas. A partir das 20h do domingo 31, a Praza de Massó encherase de música e humor da man de Uxía + Narf, a Banda de Gaitas Manxadoira, o espectáculo 'Nabiza Girl' de Isabel Risco, Najla Shami, Pandeiromus, Lucia Novas e Circo Chosco. |
NOS_50600 | Pisa a fondo o acelerador o Estado e os seus aparatos represivos contra o Govern e a maioría dos integrantes da Mesa do Parlament por ter aprobado o decreto de convocatoria do 1-O e ter permitido a tramitación da Lei do Referendo, respectivamente. A Fiscalía, ás ordes do Goberno Rajoy, entende que o presidente da Generalitat e a totalidade do seu Govern poderían ter cometido un delito de malversación de fondos públicos, ilícito penal que pode comportar penas de prisión. | A asinatura do decreto de convocatoria do referendo faría incorrer a Puigdemont e Junqueras -presidente e vicepresidente-, ben como á totalidade dos consellers, nun delito de "desobediencia, prevaricación e malversación de caudais públicos, no mínimo". Os dous primeiros ilícitos penais non envolven penas de prisión, a malversación, si. A desobediencia e a prevaricación decorrerían do facto de ter convocado un referendo tido por ilegal polo Tribunal Constitucional. As querelas contra o Govern e contra a maioría da Mesa do Parlament -4 parlamentares de JxSí e un de Catalunya Sí que es Pot- apresentounas esta sexta feira a Fiscalía Xeral do Estado -cuxo titular é nomeado directamente polo Goberno español- perante o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, o órgao xurisdicional que investigará os feitos obxecto da denuncia. O fiscal xeral do Estado entende que "os responsábeis da Generalitat" estarían a conculcar "a Constitución e o propio Estatuto de Autonomía" e a "desobedecer frontalmente os reiterados pronunciamentos do Tribunal Constitucional" contra a convocatoria do referendo. A querela contra os membros da Mesa, a diferenza da dirixida contra os integrantes do Govern, non comportaría penas de cadea, ao só lles imputar os delitos de desobediencia e prevaricación. A Fiscalía pide aos Mossos que adopten "as medidas necesarias" para impedir a "organización e celebración" do referendo Mais a acción da Fiscalía non fica aí. Na súa querela contra o Govern tamén pide que se ordene aos corpos policiais, incluído os Mossos d'Esquadra, que "adopten as medidas necesarias para impedir a promoción, organización e celebración do referendo ilegal". Entre as medidas coercitivas cuxa aplicación demanda o MInisterio Público áchase tamén o fechamento das webs institucionais sobre o referendo, o apercebimento aos meios -públicos e privados- para non aceitaren anuncios sobre a consulta e unha instrución expresa ás alcaldesas e alcaldes para non cederen locais con vistas á ubicación dos colexios eleitorais. |
NOS_50572 | Augas de Galiza propón unha sanción de até 30.000 euros. | Explotaciones Gallegas S.L, principal accionista de Cobre San Rafael, é obxecto dun novo expediente sancionador por parte da administración galega, desta volta por verter augas residuais ao río Brandelos á altura da corta mineira de Bama. Así o manifesta a asociación Aldea Viva, á que a administración informou desta medida. A mineira xa recibiu unha sanción de 20.000 euros o pasado mes de setembro polo desbordamento da mesma balsa. "Os informes analíticos confirman a afectación ao curso fluvial, constatando un importante aporte de metais pesados", indica Aldea Nova. O río Brandelos recibe constantemente as augas da balsa mineira sen que Exga, propietaria dos terreos, tome medidas ao respecto, denuncia a asociación. "A empresa está a cometer un neglixencia grave que se mantén no tempo". A asociación ambientalista considera que esta nova sanción é un "golpe duro" ao mineiro de Touro-O Pino e lembra que en apenas medio ano é a terceira sanción que recibe. |
PRAZA_9452 | O documento é unha irresponsabilidade por parte dos xestores do sistema sanitario público galego. É ambiguo e non concreta nada | O 20 de febreiro, a Consellaría de Sanidade, co señor Almuiña á fronte, presentou a quen foron invitados pola propia Consellería, o borrador de propostas para o novo modelo de Atención Primaria. Se hai un mes o señor Feijoo dicía que "temos o mellor modelo sanitario do mundo", agora presenta nada menos que 175 obxectivos para "melloralo". O documento é unha irresponsabilidade por parte dos xestores do sistema sanitario público galego. É ambiguo e non concreta nada. Marea a perdiz para que nada cambie. É pouco participativo e dunha baixa calidade técnica; explícome:Non dá prazos nin número de prazas a ofertar. Non fala de cartos, e o propio Almuíña recoñeceu que "o dos cartos verase despois". Despois do que?O documento é unha irresponsabilidade por parte dos xestores do sistema sanitario público galego. É ambiguo e non concreta nadaNon fala de investir cartos para que se cumpra a Lei de Garantías (impulsada polo PP en solitario e en contra de todos). Así, seguirán sen cumprirse os prazos de consulta, de probas diagnósticas e de intervencións cirúrxicas, e os doentes seguirán sendo desprazados á sanidade privada e as lista de agarda serán cada vez peor.Tampouco fala de derrogar a Modificación da Lei Galega de Saúde que quita as Áreas Sanitarias e as súas Xerencias. Obxectivo 1.1.1: "crea a Subdirección Xeral de Atención Primaria (AP) dependente da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria". Pero os profesionais de Atención Primaria queremos unha Xerencia Única de Atención Primaria, en pé de igualdade coa Atención Hospitalaria e con orzamento propio que se achegue ao 25% nos vindeiros 3 anos. Fálase de potenciar a atención a domicilio, pero sen medios, transporte ou persoas. Totalmente ambiguo.Obxectivo 1.1.2: "Crea unha Dirección de AP en cada Área Sanitaria". Pero o que fai falla é que cada Área debe ter o seu Xerente de Atención Primaria, en pé de igualdade co Xerente de Atención Hospitalaria. Obxectivo 1.2.1: "Crea unha Comisión de AP de Área (que non existe na modificación da Lei Galega de Saúde), formada polos xefes de servizo". Todos nomeados a dedo e sen interlocución co resto do sistema.Obxectivo 1.2.3: "Nomea un Coordinador de Servizo (e non di de que?) e di que se fará cargo "dos labores de enfermaría".Obxectivo 1.2.4: "Reducir as cotas dos profesionais en cargo directivo": pero non falan de quen se fará cargo deses doentes.Obxectivo 1.3.4: "Na OPE do 2019 incrementarase o número de oferta de prazas de 2018". Sen unha soa cifra concreta.Obxectivo 1.3.9: "Realizar un estudo sobre a reestruturación do persoal dos PAC". Levan un ano negociando e continúan en folga, por que será?Obxectivo 2.4.1: "Habilitar o acceso de prescrición en IANUS aos profesionais dos centros concertados". É dicir, non só levar os pacientes á privada-concertada, tamén a prescrición. Máis privatización.Obxectivo 3.2.2: "Obrigar os médicos de hospital a realizar todos os actos que competen á súa actuación". Un bo punto, non se facía así antes?Os profesionais temos un horario de 37,5 horas semanais e debe cumprirse. Terán que mellorar os contratos do persoal substituto para que regresen os que marcharonObxectivo 3.4.3: "Cobertura de ausencias". Isto é importante: os profesionais temos un horario de 37,5 horas semanais e debe cumprirse. Terán que mellorar os contratos do persoal substituto (Precarias pola Atención Primaria) para que regresen os que marcharon. Se llelo facemos nós, estaremos sempre na mesma; que contraten persoal con estabilidade e salario digno!Cando se fala no obxectivo 3.5. e 3.6. de "Reordenar as cotas dos profesionais e os fluxos de traballo". Isto é un despropósito: cargar de traballo os profesionais, á marxe xa do seu traballo, sen pensar en dar condicións dignas nos novos contratos e estabilidade laboral.No obxectivo 4.4, no que se refire aos MIR, vemos unha hipocresía manifesta: que fixo a Consellaría do PP cando gobernaba o PP? Nada. E agora lémbrase de pedir máis prazas pero sen preparar as Unidades Docentes, o que fai imposible que o sistema poida asumir ese incremento.Obxectivo 5.4.2: o tema do "Consello Asesor de Pacientes" é outra hipocresía. Eliminaron o Consello de Saúde de Galicia e os Consellos de Saúde de Área e crearon este CAP que non serve para a participación social, política, sindical, das entidades relacionadas ca saúde.No último obxectivo, o 6.10, fala dun "orzamento específico para a AP, a curto prazo: suficiente e adecuado", pero non di nin canto nin cando, que é o relevante.Resumindo: Inconcreción e ambigüidade total. Falta dun plan consensuado coas organizacións políticas, sindicais e sociais, para pensar na Sanidade do futuro e que o que veña a gobernar este tema tan importante, non o faga pensando na sanidade privada e en desmantelar o ben máis preciado que temos, que é a saúde.O vindeiro día 27 de febreiro, volverá xuntarse a Coordinadora Galega de Atención Primaria (que aglutina máis de 1.000 profesionais neste momento) e valoraremos o documento, tendo nun horizonte próximo a convocatoria de folga na Atención Primaria. |
PRAZA_8597 | Venceu na segunda votación por só dous votos de diferenza e logo do empate rexistrado na primeira. Aposta por crear "un clima de concordia" e pide "traballo" a todos os académicos. | Xesús Alonso Montero xa é o novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O catedrático vigués foi elixido este sábado polo plenario da centenaria institución, que tivo que por primeira vez decidirse entre dúas candidaturas, a encabezada polo gañador e a que lideraba o xa ex tesoureiro Manuel González. Nun ambiente de división e coas forzas moi igualadas, finalmente foi a lista considerada de renovación, e encabezada polo veterano escritor, a que se impuxo a unha candidatura continuísta que reivindicaba o legado do ex presidente Méndez Ferrín. Foron necesarias dúas votacións. Na primeira delas, rexistrouse un empate a doce votos (houbo un voto en branco), mentres que na segunda -na que xa non contaban os votos por correo- a candidatura de Alonso Montero venceu por só dous apoios de diferenza (12 fronte a 10) e unha abstención. Unha situación inédita que chega logo da dimisión de Ferrín -que se ausentou do plenario xunto a algún outro membro- e tras as críticas que unha e outra candidatura verteron sobre a rival. Así, a nova executiva queda composta por Xesús Alonso Montero (presidente), Henrique Monteagudo (secretario), Andrés Torres Queiruga (vicesecretario), Rosario Álvarez Blanco (tesoureira) e Margarita Ledo Andión (bibliotecaria-arquiveira). Alonso Montero chamou ao "traballo" dos académicos e á procura "da concordia" Foi un debate "de ideas", segundo Montero, que dorou case dúas horas e media e na que ambos os dous candidatos presentaron os seus programas. "Agora o que pretendemos é un clima de concordia logo da situación anómala que supuxo que, por primeira vez en máis de cen anos, a RAG tivese que celebrar eleccións", dixo o novo presidente, que compareceu aompañado da súa nova executiva. "Se non hai concordia, non se traballa", insistiu, tras apelar á "altura de corazón e cordial que teñen" todos os académicos. "Precisarase concordia e entusiasmo e a min é ao primeiro que me vai facer falta o entusiasmo, pola miña idade e porque vivo en Vigo, non na Coruña", engadiu, tras asegurar que a súa condición "marxista" é a que lle fai poñer "por riba as institucións públicas e o ben común". "Estou aquí polo ben público", asegurou Alonso Montero. "Para que viva e floreza a nación galega, o bo funcionamento da Academia é fundamental", di Así, instou "aos colegas" da Academia para que todos "traballen" para que "viva e floreza a nación galega". "Para que viva e floreza é necesario que funcionen todas as institucións, pero sobre todo a nosa, a Academia", dixo. Manuel González cre que Alonso Montero ten "o desafío" de "buscar a concordia" pero non prevé unha ruptura na RAG Pola súa banda, Manuel González deulle "os parabéns" a Alonso Montero, que revelou que o perdedor abrazouno xusto antes de que dese o seu discurso de agradecemento ao plenario. "Agora deberá buscar un proxecto común que sexan quen de ilusionar", engadiu o xa ex tesoureiro, que asegurou que a súa "colaboración" coa RAG "vai ser a mesma". Ademais, cualificou de "normal" o "proceso democrático" desenvolvido na centearioa institución. "Non houbo nada fóra do normal", aclarou, tras insistir en que agora "o desafío é buscar a concordia", aínda que cre que a Academia "non quedará rota". Manuel Rivas, xa antes de entrar no plenario, avogou por "que haxa paz" e por evitar "unha dialéctica de amigos e inimigos". En canto aos membros da candidatura de Alonso Montero, que agora formarán a nova executiva, ningún deles ve risco de ruptura na RAG e aseguran que "a tensión" creada pola carreira electoral "desaparece agora". "Agora entramos nunha etapa de destensión", insisten. O programa para o futuro da RAG Alonso Montero e a súa executiva afrontará agora unha "situación complexa" na RAG, tal e como recoñeceu no programa que foi presentado este sábado no plenario. "Estamos convencidos de que a institución pode e debe saír reforzada desta situación", di o catedrático vigués, que se propón "harmonizar as distintas posicións, escoitando a voz a todos, promovendo o diálogo para buscar o acordo desde o maior respecto ás distintas sensibilidades e evitando os partidismos e as exclusións". Malia que Alonso Montero negara a necesidade da presentación dun programa -"o programa son os propios estatutos da RAG", dixera-, finalmente si presentou ante o plenario unha serie de propostas nas que inclúe a necesidade de "mellorar a xestión da institución, facéndoa máis profesional e transparente, tanto de portas a dentro como de portas a fóra" e na que insiste na "plena independencia" da Academia. "Cómpre un novo equipo, con ideas frescas e un talante aberto e integrador, capaz de dar pulo á institución", di o programa da lista gañadora "Cómpre un novo equipo, con ideas frescas e un talante aberto e integrador, capaz de dar pulo á institución", chega a recollerse no programa, no que se aclara, en clara referencia ás acusacións vertidas polo ex presidente Ferrín e por membros da candidatura de Manuel González, que a Academia "nunca será absorbida por outra institución nin formará parte dun hipotético organismo superior que aglutinase institucións próximas a nós pola súa índole ou área de actividade". Ademais, advirten que "de ningunha maneira" poden admitir "nin descualificacións nin marxinación de persoas". "Hai que crear as condicións axeitadas para que as posicións de cada quen se poidan expresar con enteira liberdade, coa garantía de que todas as posturas serán respectadas e todas as achegas serán valoradas", di Alonso Montero. "A RAG somos todos", insiste. "É urxente establecer protocolos e criterios de contratación claros", propón A folla de ruta do equipo do novo presidente tamén fai referencia ás contratacións que tanta polémica levantaron nos últimos meses e cre "urxente" establecer "protocolos e criterios de contratación claros para satisfacer as súas necesidades, en caso de contratación de persoal fixo ou eventual, incluídos bolseiros", así como "reorganizar o traballo procurando a súa distribución equilibrada". Así, Alonso Montero ve "fundamental" conseguir a "profesionalización da xestión". "As prioridades serán a elaboración dunha relación de postos de traballo e a consolidación do cadro de persoal", expresa no seu programa. Do mesmo xeito, apostan por que o plenario estea "informado en todo momento de cantas actuacións se acometan e de cantas medidas se tomen respecto da proxección pública da institución, pero tamén de cantas afecten á organización do traballo, administración interna, dotación de recursos, e en xeral de todo o que se refira á gobernanza da institución". "Cómpre, pois, unha racionalización do organigrama da institución, que debe responder a unha organización eficiente tendo en conta as prioridades de traballo", insisten, ademais de asegurar "unha estimación interna de necesidades e de recursos dispoñibles, cun plano a curto e medio prazo, establecendo prioridades e obxectivos realizables, e elaborando os correspondentes orzamentos, que deben ser aprobados polo plenario, igual que as contas e os balances". HABERÁ AMPLIACIÓN |
NOS_48831 | O portavoz parlamentar permanece hospitalizado no Hospital Clínico de Santiago. | O portavoz do Partido Popular (PP) no Parlamento galego, Pedro Puy, sufriu unha indisposición durante o debate de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta. Segundo informaron fontes do grupo parlamentario popular, tratouse dun "episodio cardíaco adverso", motivo polo que foi evacuado en ambulancia até o Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Fontes próximas á familia confirmaron a Nós Diario que se tratou dun infarto. Alfonso Rueda, escollido presidente da Xunta cos votos do Partido Popular Unha vez no complexo hospitalario, foi atendido pola Unidade de Hemodinámica, que lle aplicou o tratamento correspondente. Tras iso, quedou hospitalizado na Unidade de Coronarias, á espera de examinar a súa evolución. O popular comezou a sentirse mal sufriu após intervir na segunda sesión do debate de investidura. O deputado e vicesecretario de Organización Territorial do PP, Miguel Tellado, foi quen substituíu Puy na segunda quenda de intervencións dos portavoces parlamentarios. Mensaxes de apoio das tres formacións Despois de que o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, comunicase ao pleno o sucedido, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi a primeira en intervir, e mostrou o seu desexo de que "se recupere pronto e quede nun susto". Tanto Miguel Tellado como o candidato Alfonso Rueda expresaron o seu apoio a Pedro Puy e instaron a que fose só un "susto". Na mesma liña, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, expresou a través da súa conta de Twitter o desexo dos socialistas para unha "pronta recuperación", ao xa non ter quenda de intervención na Cámara. |
NOS_11463 | Os escenarios de vida dunha escritora axudan a explicar a súa obra. E viceversa. Algo así defende a xornalista Montse Fajardo, autora de O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a mestra que escribía libros (Concello de Pontevedra). "Intentei pescudar na súa vida e ao pescudar na súa vida, comprendes moi ben a súa obra", di Fajardo. | María Victoria Moreno (Valencia de Álcantara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005) chegou á cidade onde morreu en 1963. Alí atopara traballo o seu primeiro marido. Ela preparaba oposicións. Aprobaríaas dous anos máis tarde, o que a levaría a unha decisiva estadía en Lugo. Pero volveu ás ribeiras do Lérez en 1967. Agás un pequeno período en Vilalonga, xa nunca abandonaría Pontevedra. "As chiscadelas á cidade e á súa xente son continuas nos seus libros", explica a Sermos Montse Fajardo (Vilagarcía de Arousa, 1973), "pero sobre todo aparecen as persoas, antes que Pontevedra". Pon un exemplo: "Carlos Godoy era o director do instituto Torrente Ballester e o seu amigo. Sempre contaba que quixera ser bombeiro. En Guedellas de seda e liño (1999) sae Carlos Godoy, xefe de bombeiros". Tamén na súa célebre Anagnórise (1988) aparece unha profesora que fuma e conduce moi ben. Na mencionada Guedellas..., unha rapaza que se relaciona con alguén que consume drogas. A tentación autobiográfica irrompe así, aos anacos, disfrazada. Non é o caso das súas pezas poéticas, compiladas postumamente por Xavier Senín en Elexías de luz (2006). "O libro de poemas contén o pregón en verso que preparou para a Feira do Libro da cidade [a comezos dos 2000]", relata Fajardo, "e é unha loa total á nova Pontevedra de Lores, a esa Pontevedra humanizada e o peonil". A Moreno prestáballe a expulsión do automóbil do casco vello pontevedrés. Era a maneira que tiña de se atopar con veciñas e amigas e pararse a botar unha parrafada. Como parrafadas botaba no escalón de Ulises que dá título ao traballo de Montse Fajardo. A expresión ten correspondencia real: no barrio de Campolongo, nos anos 80, María Victoria Moreno adoitaba pasear a cadela. "Xuntábase con nenas e nenos aos que lles mercaba larpeiradas e cos que sentaba nunha escada para lles contar a historia de Ulises", lembra a xornalista, para quen a anécdota encerra elementos de categoría: "Era quen de converter calquera lugar nunha aula e dar clase en calquera lugar. Engaiolaba os alumnos". A memoria da autora de Diario da luz e da sombra (2004) non se esvaeceu por entre as rúas do seu lugar de adopción. "Non a coñecín, pero 12 anos despois, moitos dos seus estudantes aínda se emocionan e choran ao falar dela", expón Fajardo, "impresionoume moito o viva que está". Dunha maneira semellante á súa obra, da que a autora do Escalón de Ulises rescata Onde o aire non era brisa (2009). "Foi traducida por Xavier Senín, porque é unha versión da súa primeira novela, Alcores de Donalvar, escrita en castelán en 1969 e gardada nun caixón. É un canto contra o caciquismo", reivindica, "que reflicte a tristura da posguerra e a España caciquil. É literatura para adultos". Despois de explorar a "Pontevedra dos afectos", Montse Fajardo tamén volveu á escritura de Moreno. Talvez porque, como dicía o viúvo de Moreno, Pedro Ferriol, e lembra a xornalista, "o mellor xeito de coñecela é ler os seus libros". |
NOS_21969 | A economía galega sufriu con forza o impacto da crise derivada da COVID-19. Tanto é así que o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, cre que "tomará dous anos" chegar aos niveis de riqueza previos a marzo. Con todo, é optimista e pensa que a Galiza tardará menos en recuperar o terreo perdido que a medida estatal. | O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, non quixo mollarse onte cando lle preguntaron polas súas previsións económicas para Galiza no presente ano. O directivo foi cauto e preferiu agardar "á evolución do segundo semestre" para dar unha cifra da caída do Produto Interior Bruto (PIB) galego como consecuencia da crise da COVID-19. "O crecemento será negativo. Non vai ser distinto ás outras economías do mundo", aínda que vaticina que a contracción "será menor" polo peso do sector exportador e polo feito de que o sector servizos, incluído o turismo, está baseado no consumo doméstico, "que sairá favorecido". Con todo, volver aos valores previos ao inicio da pandemia "tomará dous anos", apuntou. Escotet participou onte na presentación telemática do primeiro informe do Observatorio Abanca by Ieside, Termómetro da desescalada, no que a entidade analiza a evolución do consumo a partir de datos anónimos de compras efectuadas con tarxetas bancarias. De feito, destacou a "tendencia inequívoca" cara a un maior uso deste medio de pagamento, que se viu impulsado durante a crise polo seu emprego "activo" nas canles dixitais. Segundo os datos recompilados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 24 de maio de 2020, a caída da actividade comercial na fase de confinamento foi de 41%, unha cifra que foi medrando até representar 93% do total nas últimas semanas do proceso de desconfinamento. Para Escotet, os datos de recuperación de consumo das últimas semanas son "un bo síntoma que oxalá logremos manter". Neste sentido, indicou, en liña co que apuntaba hai uns días o Foro Económico, que "un rebrote podería ter efectos moi adversos" na economía. Alimentación e farmacia Entre as súas conclusións, o informe destaca o "cambio abrupto na estrutura do consumo das familias" xa que durante o confinamento o gasto en alimentación pasou de supor 31,5% a 70,2% da cesta da compra, é dicir, aumentou case 40% entre o 13 de marzo e o 2 de maio. O mesmo aconteceu co consumo de produtos farmacéuticos. Se antes da crise sanitaria este sector supuña 2,6% da cesta da compra, durante o confinamento subiu até 4,9%, sobre todo cando en abril chegou material de protección a estes estabelecementos. Despois, a partir da fase 1, o gasto diminuíu até representar 4,3% do consumo familiar. No extremo contrario están os gastos de ocio e as compras no comercio polo miúdo. As restricións de mobilidade fixeron caer a actividade de lecer "de maneira drástica" na terceira semana de marzo, tal e como apuntou Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca. Antes do inicio da crise, o lecer representaba 8,5% da cesta da compra. Após a declaración do estado de alarma, caeu até 1,1%, e despois do 4 de maio conseguiuse recuperar só até 2,2% e segue "representando niveis moi baixos", engadiu Botas. Pola súa banda, o comercio polo miúdo experimentou "unha redución importante" do seu peso no consumo. Nos meses previos á pandemia supuña 33,7% do consumo das familias, unha cifra que diminuíu até 13,2% nas semanas de confinamento e que, desde que se permitiu a súa reapertura, recuperou parte do terreo perdido, até conformar 26,9% deste gasto. Para Abanca, isto indica un "repunte intenso" da actividade deste tipo de comercios e doutros estabelecementos especializados, como poden ser os aparcadoiros, as máquinas de vending, a telefonía ou os talleres de automoción. Impacto nas contas Igual que co PIB, Escotet non se atreveu a dar cifras do impacto que a COVID-19 podería ter nas contas da banca e nas ratios de mora. Neste senso, lembrou que no primeiro trimestre, a entidade provisionou 78 millóns de euros para facer fronte ao custo de risco e as posíbeis alzas na mora. "O impacto é asumíbel e perfectamente potábel" para as cifras de Abanca. Tamén incidiu en que a entidade que preside dispón de "máis de mil millóns de euros" de caixa e que a vocación de crecemento orgánico mantense, xa que é "a maneira máis intelixente de xerar eficiencias". EuroBIC, o seguinte en caer. |
NOS_33154 | J.R.G.G ten antecedentes por violencia machista. | A Policía detivo a última hora desta quinta feira en Madrid a parella da muller asasinada no seu domicilio na Coruña, segundo precisaron a Europa Press fontes da Subdelegación do Goberno. J.R.G.G, de 49 anos de idade, ten antecedentes por violencia machista en relación a outras dúas mulleres. O corpo da muller, de 52 anos, foi atopado polo seu fillo antes das dúas da madrugada cando este regresou do traballo. Foi el quen alertou a Policía Nacional, que se desprazou ao lugar dos feitos. Pouco despois comezou a procura da parella da vítima, de 48 anos. A muller rexentaba unha panadería na zona do Birloque onde se produciron os feitos, en concreto no quinto piso do número cinco da rúa Juan Darriba, onde residía. Tanto veciños como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, ratificaron que entre a parella, que, segundo algúns residentes na zona levaban poucos meses xuntos, houbo unha discusión en días previos. |
NOS_1095 | Ocupará a cadeira vacante tras o pasamento de Xosé Luís Franco Grande (Tomiño,1936 – Vigo 2020) | Ana Boullón Agrelo é profesora do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, adscrita ao Instituto da Lingua Galega, e unha investigadora de referencia no campo da antroponimia galega, unha das súas liñas de investigación principais xunto á toponimia, a edición de textos e a lexicografía. En 2012 foi elixida académica correspondente e dende entón é membro do Seminario de Onomástica da RAG, aínda que a súa colaboración coa Academia se remonta aos anos 90 do século pasado. É tamén membro de varias asociacións científicas e presidiu a Asociación Galega de Onomástica, na que segue a formar parte do equipo directivo. A académica electa ten publicado textos medievais non literarios e estudado a transmisión textual da Crónica de Iria; e tamén é coautora de diversos dicionarios, tanto de nomes persoais e de apelidos como de léxico común e especializado. Formou parte, entre outros, dos equipos que promoveron ferramentas informáticas en liña para o estudo do léxico medieval (Dicionario de dicionarios do galego medieval) e planificou xunto a Xulio Sousa a Cartografía dos apelidos de Galicia), esta última por encarga da Real Academia Galega. Na actualidade, tamén por encarga da RAG, está a coordinar a elaboración do Dicionario dos apelidos galegos, que se atopa en fase de revisión; e a posta en marcha da Guía dos nomes galegos, que estará dispoñible na páxina web da Real Academia Galega e coa que público poderá facer pescudas sobre os nomes propios. Con anterioridade, dirixiu o equipo que elaborou Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (RAG, 2016) e foi coordinadora de distintas edicións da Xornada de Onomástica Galega, que a Academia celebra anualmente dende 2016. Ana Boullón presentou os seus traballos en máis de corenta encontros estatais e internacionais, dende a Universidade de Santiago de Compostela e outras universidades españolas ata as de Bahia, Leipzig ou Torino; realizou estadías nas universidades e Oxford, Trier e Queen Mary (Londres) e colabora como consultora en proxectos de investigación do Brasil e dos Estados Unidos, ademais de participar en diversos proxectos estatais e internacionais. As súas achegas abranguen ademais outras publicacións orientadas á divulgación, faceta que cultiva tamén con colaboración periódicas no Portal das Palabras ou no espazo O Seminario de Onomástica responde. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.