ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_13321 | Chámase o CarballoInterPlay e celebrarase do 24 ao 27 de abril de 2014. As webseries pasarán dos computadores ao auditorio, nun recoñecemento á creatividade do sector audiovisual que circula pola rede. | Do 24 ao 27 de abril terá lugar o I Festival de webseries de Carballo, o CarballoInterPlay, o primeiro encontro para webseries que nace con vontade de ter continuidade, como mostra e concurso das series producidas para internet. As produtoras ou responsábeis da realización poderán presentar os seus traballos até o 23de marzo e poden competir as series producidas entre os anos 2012 e 2014 e que teñan, cando menos, 3 capítulos emitidos no momento da presentación. Os obxectivos do Festival, promovido polo Concello de Carballo, son os "de apoiar e fomentar a creatividade da xente, apoiar as creadoras e creadores, de visibilizar a cultura que facemos, de apoiar o desenvolvemento da industria cultural", ademais de dar a coñecer a súa vila. O palmarés do festival recolle o recoñecemento á mellor webserie de imaxe real e mellor webserie de animación -dotado con 1.500 euros máis trofeo-, mellor webserie galega -1.000 euros e trofeo- premio do público, -1.000 euros e trofeo- e mellor actriz e actor que recibirán un trofeo como premio. "Carballo quere converterse por uns días nesa rede social, interactiva, mais non virtual, en que fervan ideas, interaccións e comunicacións. Que o virtual se converta aquí nun pouco máis real. Que quen de cando en vez ve unha webserie soa ou só desde o seu computador tamén a poida ver en Carballo, acompañad@ por moita outra xente, nun auditorio", explican desde o Festival, que conta cunha páxina web na que se recollen as bases de participación. |
NOS_8417 | A memoria dos camiños é insondábel. Como cicatrices do territorio, como arterias primitivas. O seu trazado contén historias, voces baixas, fauna desapercibida. "Non se precisa ser un místico para aceptar que certos vieiros vellos son lineais só no seu sentido máis simple", escribe Robert Macfarlane en Corredoira, "igual ca árbores, teñen pólas; e igual ca ríos, teñen tributarios". | Corredoira (Factoría K, 2018, tradución de Xesús Fraga) é o fermosísimo volume, orixinal de 2012, que recolle as exploracións de Macfarlane (Nottinghamshire, 1976), o escritor Dan Richards (Gales, 1982) e o ilustrador Stanley Donwood (Essex, 1968) na costa sur de Inglaterra, na bisbarra de Dorset. "Nestes carreiros, un pode axotar raros pasados. Isto é, no sentido que lle pode dar un cazador a axotar: o de 'escorrentar, espertar aquilo que está oculto", di Macfarlane. "Trátase dunha exploración moi polo miúdo dunha corredoira", explica a Sermos Galiza o tradutor Xesús Fraga (Londres, 1971), "cun punto poético". A erosión e a sedimentación, a insistencia da pegada humana, o relato de persecucións e refuxios, a vida oculta, unha xeografía do íntimo e do colectivo. "A esencia desta corrente literaria ofrece resultados híbridos, con moitas capas", anota Fraga, "entre o ensaio, o apuntamento poético, o libro de viaxes". Mais a viaxe de Corredoira é ao pequeno. Macfarlane evoca dúas excursións distintas, unha en 2004 co seu amigo Roger Deakin, e outra en 2011, despois da morte de Deakin e acompañado por Richards e Donwood. O primeiro encárgase da última parte da obra e o segundo, autor das cubertas dos discos de Radiohead, das ilustracións, tamén incluídas na versión galega. Por equipaxe, a novela Rogue Male (1939) de Geoffrey Household —que transcorre en Dorset—, un mapa, mochila e "unha botella de xenebra de fatóns". "[O poeta Edward Thomas] comprendía que os camiños atravesaban as persoas do mesmo xeito que é ben seguro que tamén cruzan lugares", asegura Macfarlane e velaí unha síntese acaída destas notas poéticas sobre corredoiras. Sobre a tradución Corredoira é o segundo título da colección Vitamina N, de Faktoría K. Foi o propio Xesús Fraga quen propuxo a súa publicación á editorial, logo de citar Macfarlane na presentación dun conto sobre o touro Ferdinando. "Todos debemos ter unha árbore favorita', escribiu nun dos seus libros", lembra, "a Antonio Sandoval [director da colecicón] interesoulle e o director da editorial, Xosé Ballesteros, pediume información sobre o autor". Para pasar ao galego a prosa descritiva, pero lírica do libro de Macfarlane, Richards e Donwood, Fraga topou con certas singularidades, por intres dificultades. O léxico referido a plantas e animais é mesto, abondoso, e iso obrigou o tradutor a pedir axuda. "As mason bees, por exemplo, son un tipo de abella que se traduciría literalmente como 'abellas albaneis", explica, "pero non estaba seguro. Chamei o presidente da Asociación Galega de Apicultura, que me contou que o seu nome aquí é 'alfareiras". Da lectura extremadamente atenta en que consiste unha tradución, Xesús Fraga extraeu conclusións, detectou analoxías. En concreto, que a situación das corredoiras —en inglés holloways— do sur de Inglaterra é semellante á das galegas. "Moitas foron reenchidas con formigón, ou asfaltáronas", di, "o meu avó emigrara a Venezuela en 1955. Cando regresou en 1999 non recoñecía algúns lugares porque botaran asfalto". Na primeira prosa de Corredoira, Robert Macfarlane —cuxos outros libros tamén prestan atención a esta natureza humanizada— enumera palabras para os camiños. No galego de Fraga —"o autor deixoume moita liberdade neste tramo"— soa así: "Camiños montesíos, bravíos, camiños para o gando e as xentes, congostras e canicouvas, carreiros e carrieiras, corgos e corgas, córragos, calellas e canellas, corripas, quenllas e canicostas, regos areentos, esgrevios, lamacentos e albeiros, serventías, pasaxes e pasos, vereas, vieiros, esparas; e tamén: camiños de medos e perigos, camiños de cadaleitos, de cadáveres e mais de fantasmas". |
NOS_1405 | Cuestiona "a que ten chegar" a empresa para que haxa "mala fe" na negociación do ERE: "Teñen que acabar torturándonos tamén?" | O presidente do comité de Alcoa, José Antonio Zan, denuncia que os traballadores están "sós", "abandonados polas administracións", despois dunha negociación de máis de 24 horas sen acordo coa multinacional. A empresa enrócase en parar as cubas e non acceder á venda do complexo da Mariña para evitar o despedimento colectivo. En declaracións esta mañá de cuarta feira, Zan queixouse de que a empresa "escapou" despois de facerlles entrega da acta de desacordo das consultas do ERE --cuxo período de negociación terminou este mércores-- coa intención de volver sobre as 13,30 para volver reunirse, mentres os traballadores levan "secuestrados" unhas 28 horas. "Como poden deixarnos aquí sós", pregúntase Zan, "cunha multinacional que se está rindo do Estado e a Xunta". "Moitas advertencias, moitos ultimátums, pero a empresa segue facendo o que lle dá a gana", censura. "Aquí ten que vir alguén e actuar xa", sentenza. Despois de que a Xunta remitise unha advertencia a Alcoa de que debía desistir do ERE para non incorrer nunha actuación de mala fe, Zan pregunta que situación pode haber de "máis mala fe que esta". "A que teñen que chegar estes? Teñen que acabar torturándonos tamén?", clama. "A que está a esperar o Goberno, a ver se dunha vez aceptamos un ERTE e afundimos A Mariña?", prosegue no seu razoamento. "Deixounos tirados", agrega. Avanzada a madrugada confirmábase o desacordo entre o comité de empresa e representantes de Alcoa nunha xuntanza que se iniciaba as nove da mañá de onte e que continúa aínda, tras máis de 24 horas reunidos. O motivo do desacordo unánime do comité: a pretensión da multinacional de parar as cubas, "unha proposta inasumíbel porque significa a morte da fábrica". Así o explica o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen afirma que "non é de recibo ningún acordo destas características, máis logo de que a empresa rexeitara todas as propostas que se fixeron durante todo o período de negociacións e, nomeadamente, nestes últimos días". |
NOS_19874 | Esta sexta feira hai en Vigo (Praza Eduardo Chao, ás 19:00 horas), unha concentración pola reapertura do Centro Galego de Fotografía (CGF). Un proxecto nado durante o bipartito vigués (2007-2011) e que despois se deixou esmorecer. Publicamos aquí a conversa que o fotógrafo Delmi Álvarez mantén con Vítor Vaqueiro, unha das persoas inspiradoras do proxecto, antigo profesor de fotografía na Universidade de Santiago e na actualidade en situación de xubilado. "Despois de teren un edificio construído, despois de se investir mais de dous millóns de euros nel, despois de disporen dun fondo de mais de 300.000 fotografías de Vigo e Galiza, teñen un edificio destinado a que, no seu exterior, se pinten os grafittis que podes ver e, no seu interior, aos poucos, vaia medrando o estrago", lamenta Vaqueiro. | A finais dos 80 xorde na Galiza un culto pola fotografía e Vigo abandeira coa Fotobienal ese novo movemento cultural promovendo a obra dos artistas galegos que durmían en caixas e dálle igualmente cabida a novos nomes nada ou pouco coñecidos, agás os que asinaban na prensa como fotoxornalistas. Pero é que ademais diso, achegáronnos a autores de alén mar que marcaron ou inspiraron a xeracións enteiras. Persoalmente non podo deixar de lembrar Federico Puigdevall Oliver, uns dos xornalistas que padeceu a persecución da policía e o poder do momento. Aqueles autores noveles que utilizaban película en branco e negro (Valca HH29) asomaban o nariz entre a represión do que quedaba das tebras do posfranquismo e comezaban a documentar o cambio social do país principalmente através da fotografía de prensa tendo como punto de referencia o semanario en papel A Nosa Terra, por onde pasaron diferentes fotógrafos. A Nosa Terra foi unha verdadeira escola de fotoxornalismo, e a fotografía ten unha débeda con ela na auto formación como fotógrafos. Fotoxornalismo, como testemuño evidente do necesario cambio Ese antes e despois que marcou o inicio dunha cultura visual galega viaxou ata converterse nun referente internacional, mesturando os novos autores e os xa consagrados ou coñecidos. Dos primeiros moitos deles desincharon polo camiño como castelos de area ou fume de madeira mollada, deixaron de crear e mudaron a cámara por outros traballos que lles forneceron o que precisaban para seguir sobrevivindo. No século XXI a fotografía de autor en Vigo, e mesmo na Galiza, forma parte do minifundio típico galego espallado polo país ou mesmo coma un barco á deriva que non atopa a terra onde poñer pé e un punto de referencia en común. Na época Fraga a fotoxornalismo entrou nunha fase negra e comezou a extinción de todo aquilo que fora contra o poder establecido. Moitos saíron a Diáspora ou atoparon o seu lugar na nova TVG. Lembro aqueles mozos que viñan ao meu estudo na rúa Pontevedra, debaixo da redacción de A Nosa Terra, para pedir consellos de fotografía antes do exame para cámara de televisión. Desde vendedores de electrodomésticos até amigos con familiares na Xunta que aseguraban tiñan o posto gardado. A Fotobienal viguesa que fora referente mundial ao final viuse mesmo castigada e enviada ao ostracismo. No 2018 o Outono Fotográfico anunciaba o seu peche despois de 35 edicións. Os novos autores No século XXI a fotografía de autor en Vigo, e mesmo na Galiza, forma parte do minifundio típico galego espallado polo país ou mesmo coma un barco á deriva que non atopa a terra onde poñer pé e un punto de referencia en común. A existencia dun centro destas características posibilitaría a conservación e potenciación, con garantías, dun legado que non ten comparanza na Galiza e, que, probabelmente, podería ocupar un lugar de primeira magnitude en Europa Pero o panorama fotográfico galego parece moito máis grave do que percibimos, tendo por diante unha gran muralla que salvar, como é o poder fáctico político e a rabañada que lle aplaude. No caso de Vigo estamos a falar de salas de fotografía pechadas e baleiras nas que noutros tempos colgaron fotógrafos que lle deron nome a cidade. En definitiva, non existe, ou non parece que exista, unha certa esperanza para que a fotografía contemporánea en Vigo volte a ser unha referencia cultural e social, e as salas amosen máis obras de autores, emerxentes, noveles ou con traxectoria, para que o público tamén teña opción e oportunidade de crítica A cultura visual en Vigo Un dos proxectos máis notábeis no ámbito fotográfico foi unha iniciativa do goberno municipal bipartito entre o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego que, entre o ano 2007 e 2011, dirixiu a cidade de Vigo. Foi neste intervalo cando o concelleiro de Cultura Xesús López Carreira, do BNG, reabriu o Arquivo Pacheco, na altura pechado, cuxa coordenación encomendou a Vítor Vaqueiro, e decidiu poñer en pé unha institución que recibiu o nome de Centro Galego de Fotografía. Este ambicioso proxecto foi pensado, entre outras cousas, para conservar as coleccións fotográficas que xa existían, apoiar os novos autores emerxentes e difundir dende Vigo a cultura e o movemento fotográfico da Galiza e que, ao tempo, no noso país se coñecese o mais significativo da fotografía que se fai no resto do mundo. O proxecto, que contou cun orzamento millonario, levouse a cabo cunha remodelación dun edificio no Casco Vello da cidade. Máis, unha vez rematada a obra o proxecto o botaron abaixo, e alí, nunca esquina dese antigo barrio de mariñeiros, segue esperando que alguén o reviva e que poda dar un servizo a cidadanía. Actualmente o exterior do edificio está totalmente abandonado, cheo de pintadas. En verdade, non se pode dicer que o sector político teña un entusiasmo estarrecente pola cultura xa que, segundo el, a cultura non dá votos Con Vaqueiro, unha das persoas inspiradoras do proxecto, antigo profesor de fotografía na Universidade de Santiago e na actualidade en situación de xubilado, falamos unha tarde de finais de verán, precisamente perante o edificio do CGF. Que aconteceu coa Fotobienal de Vigo para que deixara de promover o nome da cidade? Ben, eu podo dicir o que aconteceu, mais o que aconteceu sábelo ti, coma min e como todo o mundo: o concelleiro de Cultura, naquela altura Carlos Príncipe, do Partido Socialista, decidiu suprimir unha actividade cultural que, cos seus acertos e os seus erros, mobilizaba cada dous anos ao pé dunhas trinta mil persoas a visitaren as exposicións, a asistiren aos debates ou conferencias, a desfrutaren e aprenderen o que significa o acto fotográfico e os feitos que o acompañan. Queda por coñecer agora cales foron os motivos que moveron aquela absurda e irracional decisión, mas iso terás que llo preguntar a quen a tomou. Con tantas salas fechadas á fotografía, a Sala dos Peiraos, a Casa das Artes, O museo MARCO, cal é en realidade o problema de base? Onde radica o mal? Eu penso que o problema, como ben apontas, é de base e, antes de mais, debo concretizar que me teño de referir ao sector fotográfico na súa vertente pública, que é quen administra os diñeiros da cidadanía, xa que o sector privado pode facer o que lle pete cos cartos que son seus. Vigo fixo unha aposta forte pola nugalla e o desleixo cultural e, con grande esforzo, conseguiu os seus obxectivos Partindo da afirmación anterior, eu diría que a orixe do problema é dupla e esa duplicidade produce un efecto de retroalimentación que fai que a situación vaia podrecendo devagar. En primeiro lugar están os poderes públicos, Concello e Xunta nomeadamente. En verdade, non se pode dicer que o sector político teña un entusiasmo estarrecente pola cultura xa que, segundo el, a cultura non dá votos (esta afirmación habería que probala) e, polo tanto, nela non paga a pena facer grandes investimentos, como proban os cortes dos últimos anos, que chegan, nalgúns casos ao 70%. E, en segundo lugar, Delmi, ti que es de Vigo como son eu, sabes que, infelizmente, non temos unha cidadanía formada na cultura. Vigo será o que sexa, mais non é unha cidade culta, no sentido que o son Santiago, A Coruña, Lugo, Pontevedra ou Ourense, orgullosas do que son. Isto non é culpa de viguesas e vigueses, senón da historia. Vigo pasa en 100 anos de 13.000 moradores a 300.000, cun incremento de 2.200% o que supón un crecemento anual, sostido durante un século, de 3,2%. Esencialmente constituíuse como unha cidade-taller, onde a preocupación fundamental foi a produción económica, esquecendo que hoxe, e no futuro aínda mais, o sector cultural e o ligado ao lecer van en aumento. Fíxate no proxecto de museos da Coruña, facendo prioritario o sector da Ciencia, Casa das Ciencias, Domus, Casa dos Peixes … etc, e pondo na súa dirección persoas capacitadas. Todo isto, naturalmente, sen esquecer outros camiños, Museu de Belas Artes, San Antón, etc. Olla a situación museística de Compostela e olla agora a rede de museos viguesa, onde se constrúen contedores, como o Verbum, e despois se preguntan os responsábeis que se pode facer con eles, non achando aínda a resposta vinte anos despois. Fíxate: a Fotobienal clausurada, o Centro Galego de Fotografia o mesmo. Concretamente, o CGF que, do meu ponto de vista, é aquel que parte dun material concreto (un fundo de decenas de miles de fotografías) e un proxecto coherente, é aquel a quen se lle fecha a posibilidade de existencia. E perante esta situación, cal é a resposta da cidadanía? Esencialmente, a indiferenza, se facemos abstracción do importante movemento de defensa do MARCO e pequenos colectivos que reiteran a súa protesta. Nese sentido, é didáctico fixármonos en Bilbao. Bilbao era unha cidade porca, o Nervión parecía chocolate e Donostia era como unha aurora boreal en euskera. Mais hai catro décadas os órganos reitores da cidade e de Euskadi decidiron coller o camiño da cultura e quen coñecemos o Bilbao do franquismo non podemos acreditar que mudase no que hoxe é. Daquela Bilbao apostou por converter a cidade nun foco cultural e hoxe esa vertente resulta decisiva. Vigo fixo unha aposta forte pola nugalla e o desleixo cultural e, con grande esforzo, conseguiu os seus obxectivos. O poder político actúa como actúa porque sabe que non existe unha masa crítica mínima disposta a elevar o seu nivel cultural e a esixir unha cidade na que a cultura, non o espectáculo sen sentido, teña o seu lugar. A realidade é dura porque eu non son quen de albiscar un proxecto global de cidade que coloque a cultura como un dos eixos basilares do seu desenvolvemento no século XXI e unha cidadanía disposta a defendelo. E, como penso que o factor económico é o que semella ser o fundamental para a inmensa maioría do pobo vigués, deixo unha consideración: o crecemento das variábeis económicas da Coruña é constante desde o ano 2011 e o de Vigo, á inversa, mostra unha preocupante tendencia ao decrecemento desde hai varios anos. Os sectores responsábeis deberían considerar o papel de Vigo e tracexar un proxecto de futuro no que o vector cultural, por moitas razóns, debería acharse presente. Eu non son quen de albiscar un proxecto global de cidade que coloque a cultura como un dos eixos basilares do seu desenvolvemento no século XXI e unha cidadanía disposta a defendelo Vítor, como xorde este proxecto tan ambicioso de crear unha Institución Fotográfica con sede en Vigo? En realidade o proxecto xorde de forma case natural. En Vigo, como che dicía, existe instalada unha tendencia que consiste en crear unha estrutura física, un contedor, un edificio, como lle queiras chamar e, despois, preguntarse que se pode expor no seu interior. No caso da fotografía, un centro desas características era, e é, imprescindíbel e así o veu Xesús López Carreira e a equipa do BNG que levaba a Concellaría de Cultura. E era imprescindíbel, en primeiro lugar, porque na cidade existen xa ou podían existir coleccións importantes: o fondo de Filippo Prosperi, Candida Otero e a familia dos Pacheco, que abranxe practicamente un século de historia da cidade e que se achega ás 150.000 imaxes. Existe igualmente unha importante colección de obras de Ksado, ao pé dunhas mil, das que descoñezo agora mesmo o seu estado de conservación e entre as cales se achan obras tan notábeis como "A Naiciña". Ademais, fica en Ribadavia a importante colección de Llanos que se debe situar ao pé das cento cincuenta mil imaxes. A isto, que non é pouco, habería que axuntar a colección de fotografía contemporánea do Concello de Vigo, que, se non erro, está por enriba das setecentas imaxes, con autores e autoras tan significativos como Karen Knorr, Ruth Thorne-Thomsen, Joan Fontcuberta, Graciela Iturbide, Susan Meiselas, Allan Sekula ou Antoine D'Agata, por sinalar apenas uns poucos casos —entre unha cincuentena— que me veñen à memoria. Nomes, todos eles, que figuran nas Historias da Fotografia universal. Por outra parte, a existencia dun centro destas características posibilitaría a conservación e potenciación, con garantías, dun legado que non ten comparanza na Galiza e, que, probabelmente, podería ocupar un lugar de primeira magnitude en Europa. Alén da conservación, este centro, e así figura no proxecto fundacional, debería funcionar como un verdadeiro museo, entendendo por tal non unha galería de exposicións, senón un centro de produción de coñecemento, que posibilitase a documentación e catalogación, a investigación, a docencia —dirixida a adultos, a infancia e a centros de ensino— a edición e publicación de materiais —periódicos e non periódicos— que tivesen a ver coa Fotografía, mais tamén con outras disciplinas expresivas, que, conectado coas universidades galegas, puidese facilitar ou xerar unha ampla produción teórica que abranguería desde artigos a teses de doutoramento, que inserise a fotografía galega, clásica e contemporánea, na Historia da Fotografía e esta, á súa vez, no sistema cultural galego, no que existise a posibilidade de cursar estudos regrados, —mestrados, traballos de fin de grao— ou libres, de fotografía, que organizase proxeccións fotográficas, debates, ciclos de conferencias e congresos, que visase a tradución de obras clásicas ou actuais, que contase cunha biblioteca especializada en Fotografía, en resumo que funcionase, como che dicía, como un verdadeiro centro produtor de coñecemento. Un lugar, e non quero seguir debruzándome, que fixese posíbel que moita xente —estou a pensar en persoas brillantísimas, pertencentes ao meu antigo alumnado na universidade de Compostela— non tivese que marchar a Cataluña para cursar estudos superiores de fotografía. Cal eran as características do proxecto? As características conceptuais son as que acabo de sinalar. As características da construción eran as deste edificio que ves ás miñas costas. Se me pides unha maior precisión, concretada en datos, direiche, fiándome da memoria, porque pasaron oito anos desde que o CGF se clausurou, que o investimento foi superior aos dous millóns de euros. Arquitectonicamente falando, o proxecto articulábase en función das bases antes sinaladas e, fisicamente, dispúñase en un soto e tres andares. O soto, o baixo e o primeiro andar tiñan, quero dicir, teñen, non sei porque estou a falar en pasado, unha superficie duns 370 metros cadrados cada un, mentres que o segundo andar é o mais pequeno, ao redor dos 165 metros cadrados. En total a superficie achégase aos 1.300 metros cadrados. Para que te fagas unha idea, a superficie de todas as dependencias (arquivo, laboratorio, corredores, baños, salas de reunión, despachos) do Arquivo Pacheco, situado na Casa das Artes, andará polos 250 metros cadrados, o cal quere dicir que o Centro Galego de Fotografia quintuplica a superficie do Arquivo Pacheco. O proxecto prevé espazos dedicados a almacén, laboratorios, 3 espazos multifuncionais duns 300 metros cadrados en total, que poden traballar como salas de exposición ou de conferencias, un espazo biblioteca, videoteca e hemeroteca, ademais dos lóxicos despachos, salas de reunións, baños, etc. Isto dito así por enriba. Cal foi o motivo ou motivos polos que deitaron o proxecto do Centro Galego da Fotografía en Vigo? Verdadeiramente esa é unha pregunta que me levo facendo hai oito anos e que terías que lle facer á persoa, ou persoas, que son responsábeis do seu feche. Persoas que, despois de teren un edificio construído, despois de se investir mais de dous millóns de euros nel, despois de disporen dun fondo de mais de 300.000 fotografías de Vigo e Galiza, teñen un edificio destinado a que, no seu exterior, se pinten os grafittis que podes ver e, no seu interior, aos poucos, vaia medrando o estrago. A min, sinceramente, escápaseme a lóxica que pode rexer este comportamento. Ignoro como se lle pode furtar a unha cidade a posibilidade de que se sitúe en primeira fila, xa non digo de Galiza, mais do Estado e de Europa no que atinxe o campo da cultura e, concretamente, da cultura fotográfica. Para min resulta incomprensíbel. Todas as imaxes son de D. Álvarez. |
PRAZA_9054 | Puigdemont e catro dos seus conselleiros converten o concepto de exilio nunha trivialidade. Isto forma parte do fenómeno da banalización da linguaxe, igual que as alusións ao golpe de Estado, á ditadura ou aos presos políticos. | A votación do 1 de outubro de 2017En Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista, Coscubiela non acepta que a votación do 1 de outubro sexa un referendo vinculante: case a metade do Parlament está en contra, exclúe unha boa parte da sociedade catalá, non ofrece garantías democráticas mínimas e carece de recoñecemento europeo e internacional. Porén, é un éxito rotundo: loxístico, de participación, de imaxe, de relato.A votación inténtase impedir cunha operación chafalleira que só xera frustración. A torpe violencia policial –non superior, por outra banda, á habitual noutros casos– é utilizada polo independentismo na batalla propagandística; pero tamén demostra que o Estado non é débil. O único fallo que comete aquí o secesionismo, malia ser consciente de que a vía unilateral é imposíbel (alén de non ter apoio cidadán dabondo), é o de non convocar inmediatamente eleccións ao Parlament para capitalizar o triunfo.Independencia. Ou algoO 10 de outubro celébrase un pleno no Parlament para lexitimar a votación do día 1 como un referendo vinculante do cal se desprende un mandato democrático de declaración da independencia e de proclamación da república. Finalmente, o presidente Carles Puigdemont nin anuncia nin deixa de anunciar a independencia, senón que asume o mandato de converter Cataluña nun Estado pero decontado propón a suspensión dos efectos desta declaración. É dicir, segundo Coscubiela: propón suspender os efectos de algo que non existe.Despois, durante o pleno dos días 26 e 27 de outubro, convocado para a declaración unilateral de independencia e a proclamación da república, Puigdemont desaproveita a terceira oportunidade (tras o 2 e o 10 de outubro) de anunciar eleccións autonómicas. Non sería, desde logo, unha decisión fácil de explicar. Puigdemont, abandonado por ERC (o gran competidor do Partit Demòcrata Europeu Català pola hexemonia no espazo secesionista) e concretamente polo vicepresidente Oriol Junqueras (interesado en que sexa Puigdemont quen apande co custo da inviabilidade do unilateralismo), non se atreve a dar marcha atrás e a quedar como un botifler confesándolle o engano da independencia unilateral low cost a unha cidadanía secesionista moi ilusionada, moi forte no plano emocional, pero afectada por unha disonancia cognitiva, instalada nunha realidade virtual que a incapacita para unha reacción racional.A resolución finalmente aprobada no Parlament é unha declaración de independencia que se presenta como efectiva ante a cidadanía e á vez –para eludir a acción dos tribunais– como carente de efectos xurídicos.Cando espertan, o Estado segue aíMentres tanto, o mesmo 27 de outubro, o Senado implementa unha aplicación do artigo 155 da Constitución que para Coscubiela é claramente inconstitucional, dado que excede as marxes previstas no propio artigo e supón a ruptura do pacto constitucional. A modalidade elixida polo presidente Rajoy é intensa no seu contido pero breve na súa duración: destitución do Govern, disolución do Parlament e convocatoria de eleccións. O Estado amosa a súa capacidade de represión.As eleccións do 21 de decembro celébranse nunha situación de absoluta anormalidade e excepcionalidade: convocadas polo presidente do Goberno de España, con Junqueras preso e Puigdemont escapado, consideradas ilexítimas polos partidos independentistas (que, porén, as lexitiman participando nelas), cunha campaña en que se radicalizan as posicións dos bloques. O secesionismo mantén un apoio do 47,5%, con maioría absoluta no Parlament.Junqueras e outros dirixentes independentistas son inxustamente encarcerados. O secesionismo aproveita a prisión preventiva destes líderes para fortalecer o seu relato co argumento de que o sistema xudicial –que para Coscubiela si é independente– carece de garantías e a democracia española de calidade. Os presos están acusados de rebelión, o cal é unha barbaridade xurídica e unha estupidez política. Pero o independentismo recorre á manipulación cando cualifica de persecución ideolóxica a imputación polo reiterado incumprimento de sentenzas, porque si houbo unha clara vontade de infrinxir as resolucións xudiciais.Por outra banda, coa súa fuxida a Bélxica, Puigdemont e catro dos seus conselleiros converten o concepto de exilio nunha trivialidade. Isto forma parte do fenómeno da banalización da linguaxe, igual que as alusións ao golpe de Estado, á ditadura ou aos presos políticos. Un golpe de Estado hóuboo en xullo de 1936 contra a República. Unha ditadura foi o réxime que despois instaurou Franco. E durante esa ditadura houbo auténticos presos políticos e exiliados de verdade. |
NOS_4277 | As obras de ampliación do CEIP Alfonso D. R. Castelao, do barrio de Navia, non concluíron a tempo e o curso principiou cun guindastre de grandes dimensións en medio do patio e sen plenas garantías de limpeza e seguranza para o alunado. | Navia é un dos barrios máis poboados da cidade de Vigo, con máis de 13 mil veciños e veciñas, e conta con máis habitantes que o 80% dos concellos galegos. É tamén un dos ámbitos con poboación máis nova en idade de Galiza e do Estado. Unha realidade social e demográfica que leva anos a chocar coa insuficiencia de recursos e dotacións. A nivel educativo, o colexio do barrio, o CEIP Alfonso D. R. Castelao, precisaba dunha ampliación para dar resposta á demanda de prazas escolares. Despois de moitos anos de reivindicación veciñal a Xunta de Galiza iniciou este ano o proxecto que dotará o centro de 450 novas prazas. No entanto, a falla de planificación por parte do Goberno galego e a demora na execución das obras provocou que as mesmas ficaran inda inconclusas no inicio deste curso. Precisamente a falla de garantías de seguranza e de limpeza, causada polos traballos de construción e remodelación, provocaron a demora de dous días no inicio de curso nese centro. Aliás, o alumnado viuse obrigado en moitos casos a acudir con máscaras protectoras por causa do pó en suspensión que provoca molestias respiratorias. Esta situación xa fora advertida desde semanas atrás por parte da asociacións de nais e pais do centro á Xefatura Territorial de Educación, a alertaren de que cos ritmos que levaban os traballos non parecía factíbel que as obras concluísen a tempo. E así foi. Arestora, varios centos de escolares acoden diariamente ás aulas cun guindastre en medio do seu patio e padecendo unhas condicións deficientes de limpeza. Engádese tamén o perigo que supón que os traballos non se interrompan durante o período lectivo. Isto é, que mentres as crianzas reciben aulas, unha brigada de operarios continúa coas obras de ampliación e mobilizando materiais pesados. As responsabilidades da Xunta A denuncia da ANPA do centro foi recollida polo BNG. O seu responsábel local, Serafín Otero, denunciou a falla de planificación da Xunta e responsabilizou a Delegación Territorial da Consellaría de Educación do "caos" creado. A fronte nacionalista urxiu o Goberno galego a adoptar con máxima celeridade as decisións necesarias para garantir a limpeza e seguranza indispensábeis. "É comprensíbel que ao ver un guindastre desas dimensións a carón dun edificio e cando principia o mal tempo, as nais e pais teman que poida pasar algo grave", alertou Otero. Nese sentido, o Bloque anunciou a súa intención de demandar explicacións sobre este asunto no Parlamento galego. O grupo municipal de Marea de Vigo e máis Esquerda Unida tamén demandaron solucións en termos semellantes. O alcalde da cidade, Abel Caballero, expresou a súa preocupación pola situación creada e ten previsto manter un encontro con representantes da ANPA do colexio para abordar a súa resolución. |
NOS_12126 | É a parte íntima da literatura. O perfil persoal que cada quen retrata de si propio a través de trinta preguntas directas. Despois de achegarnos aos seus manuscritos, o crítico Ramón Nicolás ofrece no seu blog Caderno da Crítica a face interior de escritores e escritoras que responden ao seu particular "cuestionario Proust". | Principal trazo do seu carácter? Que agarda das súas amizades? A súa principal eiva? O seu ideal de felicidade? En que país lle gustaría vivir? A súa cor favorita?. Son algunhas das trinta preguntas coa que escritores e escritoras mostran o seu lado máis persoal, a súa maneira de ser, os medos e desexos e tamén as preferencias que, dunha maneira ou outra, definen as súas personalidades. O crítico Ramón Nicolás bota man neste novo proxecto do seu blog Caderno da Crítica dun método que define como "un pouco inquisitorial e bastante vintage pero, talvez, operativo para ir coñecendo un pouco máis a personalidade das persoas que teñen a ben colaborar e construír tamén esta bitácora compartindo as súas respostas". A cada pouco, Ramón Nicolás publica un dos cuestionarios dos que xa deu a coñecer doce de nomes relevantes do mundo literario galego. A escritora Mª Xosé Queizán iniciou a serie, confesando que o que máis aprecia é a integridade das persoas e que a súa maior eiva é a obstinación. A insubmisión é o trazo que destaca do seu carácter e o seu ideal de felicidade pasa pola igualdade entre as persoas. En prosa, devece por Margarite Yourcenar e en poesía por Eugénio de Andrade. Frankenstein e Antígona son os seus heroes e, na vida real, Rosa Luxemburgo. Odia o patriarcado e o seu lema é a autonomía. O ideal da utopía O máis recente dos publicados é o cuestionario do poeta Claudio Rodríguez Fer, que ten na utopía libertaria o seu ideal de felicidade. A súa heroína é a Antígona de Sófocles e "Poemas" de Emily Dickinson, "Historias de cronopios e de famas" de Cortázar en narrativa. "Un cuarto de seu" de Virginia Woolf, o seu ensaio preferido. Agustín Fernández Paz agarda "afecto e comprensión" das súas amizades e recoñece na indecisión a súa maior eiva. Kafka, Cunqueiro e Valente son as súas devocións literarias e, como era de agardar, Rosa Parks a súa heroína. O estado de ánimo habitual de Fernández Paz é "de agradecemento á vida, ese galano marabilloso". O editor Manuel Bragado aprecia a vontade e a tenrura das persoas e agarda sinceridade e lealdade nas súas amizades. A dispersión é a súa maior eiva e o ideal de felicidade viaxar polo mundo coa súa muller e a súa filla. A Música Popular Brasileira, con Paulino da Viola e Antònio Carlos Jobim á cabeza, son os seus sons preferidos e "O livro das horas" de Nélida Piñón un título que lle entusiasmou dos últimos lidos. A Carlos Reigosa gustaríalle ser escritor. A flor que máis aprecia é a do toxo e como poeta, o seu preferido é Bob Dylan. Sócrates é o seu heroe e o lema da súa vida "inténtao sempre". Ser cego sería a maior desgraza que lle podería acontecer a Xavier Alcalá, un autor ao que as flores lle parecen ridículas e ten na aguia o seu paxaro preferido. Heroes? O Capitán Nemo e Walkíria, dunha novela que anda a escribir. Gustaríalle cantar ben e Vinícius de Moraes é o seu músico preferido. Prodúcelle indulxencia a falta de intelixencia. "Vagariño, que levo présa" "Fai o ben que puderes e evita o mal de que fores capaz" é o lema que rexe a vida de María Pilar García Negro, unha muller que admira das persoas que teñan "en contra o Outro". Confesa devoción por Blanco Amor e Carvalho Calero en prosa e non dubida á hora de escoller "Follas Novas" de Rosalía como o seu libro preferido. Non soporta Pilar García Negro a prepotencia, o clasismo, a humillación cos de abaixo e o machismo, xa sexa patente ou soterrado. Fina Casalderrey dálle demasiadas voltas ás cousas. Sobrevivir a un fillo sería a maior desgraza que lle podería acontecer a esta muller á que lle gustaría ser fada sabia e bondadosa, "con poderes para cambiar algunhas cousas". Ramón Lamote é o seu heroe na vida imaxinaria e seu pai na vida real. Como don gustaríalle ter "o do paraugas amarelo que aparece en "Merlín e familia", e dominar todas as linguas do mundo. "Vagariño, que levo présa", é o seu lema. Que a queiran como ela quere é o que agarda das súas amizades a escritora Begoña Caamaño que ten nun mundo sen inxustizas "cheo de mulleres e homes libres e felices" o seu ideal de felicidade. O país no que lle gustaría vivir sería nunha Galiza liberada e a cor das súas preferencias case se podería adiviñar: lila. Cortázar e Clarice Lispector en prosa, Ana Romaní e Miguel Hernández en poesía, Uxía en música e Frida Khalo como heroína son algúns dos nomes de referencia da autora de "Morgana en Esmelle". Das amizades agarda o escritor e presidente da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias "o respecto mutuo na diferenza de pensamento". A súa ocupación preferida é escoitar os sons da natureza en silencio e, de morrer, gustaríalle que fora cunha xanela aberta ao mar ou ás carballeiras da infancia e rodeado dos seus. ,Safo, Uxío Novoneyra, Pessoa e Eliot son os seus poetas Bach e Bob Dylan os músicos cos que se acompaña. "O entusiasmo, para ben e para mal" "O entusiasmo, para ben e para mal", é o trazo co que identifica o escritor e editor Vítor Freixanes que considera a impaciencia a súa grande eiva. De maior gustaríalle ser escritor e admira calquera novela de Otero Pedrayo e o "Merlín e familia" de Cunqueiro. Non ten nin heroes nin heroínas mais de ter que buscar, escollería a marea solidaria do Prestige. Cultiva o optimismo estratéxico e ten como lema "non te desanimes nunca". Darío Xohán Cabana prefire nin pensar no que sería a súa maior desgraza. O seu heroe é Fidel Castro e odia o fascismo e a Hitler. Gustaríalle cantar ben e lemas, non ten. A obra "Os tres mosqueteiros" é a súa preferida. Ramón Nicolás continúa a publicación de cuestionarios, con respostas variadas e non moitos puntos en común, á marxe de que Galiza é o país no que a maior parte dos autores e autoras prefiren vivir, agora si, máis libre e independente, maiormente. E que lles gustaría ser? Pois escritores e escritoras e queda claro tamén morrer non é, para a maioría, unha actividade de agrado. |
NOS_28860 | A vindeira sexta feira 22 de febreiro terá lugar en Santiago de Compostela a sexta edición da Mostra do Entroido, organizada por centros educativos da contorna de Lamas de Abade. Este ano 2019 estará centrada na figura do cigarrón e o entroido verinés. | Unha comitiva de escolares e cigarróns verinenses desprazarase a vindeira sexta feira 22 de febreiro a Santiago de Compostela para participar na VI Mostra do Entroido que organizan os centros educativos CEIP Lamas de Abade, CIFP Compostela, Aspanaes Duques de Lugo, Escola Infantil Raiola e IES Lamas de Abade. A mostra dará comezo co recibimiento por parte do alumnado da embaixada procedente de Verín composta por cigarróns e persoas disfrazadas que simularán as festas de Compadres e Comadres, así como a Banda de Gaitas do Concello de Verín. Ás 10 da mañá no Salón de actos do CIFP Compostela, Xerardo Dasairas Valsa, autor do libro O entroido en terras de Monterrei (1990), conversará sobre os antecedentes históricos, características e desenvolvemento do entroido de Verín. Ás 11, a comitiva percorrerá a rúa Raiola e achegarase aos diferentes centros a modo de desfile. As actividades rematarán a mediodía, cunha degustación da gastronomía tradicional do entroido elaborada e servida polo profesorado e o alumnado dos departamentos de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias do CIFP Compostela. Todas as persoas participantes serán agasalladas cun despregábel, editado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros organizadores, con textos de Xerardo Dasairas e fotos cedidas polo Concello de Verín. A Mostra do Entroido vén de celebrarse os últimos seis anos coa intención de achegar a escolares e veciñanza asistente ás características máis salientábeis dos entroidos galegos durante unha xornada escolar. A última convocatoria dedicouse ao Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada-Lugo). |
NOS_53246 | O Tribunal de Contas da Unión Europea (UE) presentou esta cuarta feira en Compostela un informe sobre a acción comunitaria contra a pesca ilegal. A pesar de que até 13 Estados se atopan no albo de Bruxelas polas súas deficiencias na loita contra esta práctica, as importacións da UE desde estes Estados seguen a ser de miles de toneladas, o que supón unha competencia desleal contra a frota galega. | O Tribunal de Contas da UE pediu esta cuarta feira en Compostela reforzar os sistemas de control para previr a importación de produtos da pesca ilegal e velar por que os Estados membros apliquen sancións contra esta actividade. Gonzalo Rodríguez: "A pesca europea non cobre a demanda de medio ano" Así o puxo de manifesto Katharina Bryan, xefa do gabinete de Eva Lindström -membro do Tribunal de Contas da UE-, na presentación do informe especial desta institución, titulado Acción da Unión Europea contra a pesca ilegal. A representante do Tribunal subliñou que "se estabeleceron sistemas de control, aínda que a súa eficacia queda minguada polos desiguais controis e sancións aplicadas polos Estados membros". A presidenta do Tribunal de Contas do Estado español, Enriqueta Chicano, resaltou que "a pesca ilegal socava todos os esforzos para regular as actividades pesqueiras e constitúe unha grave ameaza", avisou, antes de cualificala como algo "inxusto para os pescadores honrados". Sistema de sancións No seu informe de 2020 Off the Hook, a Environmental Justice Foundation expón a falta de transparencia no sector pesqueiro mundial como elemento chave que facilita a pesca ilegal. O termo 'pavillón de conveniencia' refírese á concesión da bandeira dun Estado a buques estranxeiros a cambio dun beneficio económico. Os pavillóns de conveniencia non garanten que exista un vínculo xenuíno entre a propiedade e o control do buque por parte do Estado do que se enarbora a bandeira, o que permite aos operadores ocultar a identidade e evitar sancións cando practican a pesca ilegal. Ademais, cando estes Estados non vixían as actividades da frota pesqueira que enarbora a súa bandeira, as insuficiencias dos seus sistemas de control poden atraer operadores dedicados á pesca ilegal. Se a Comisión europea considera que un Estado pode non cumprir as súas responsabilidades na loita contra a pesca ilegal, estabelece un diálogo informal para lograr unha avaliación máis exhaustiva e promover a cooperación. Once meses retido nun país en guerra: Pablo Costas, sen víveres nin auga potábel e abandonado polo Estado Se a cooperación non é frutífera e existen suficientes probas de deficiencias importantes, a Comisión notifica ao Estado que corre o risco de ser identificado como non cooperante, impoñéndolle un cartón amarelo. En caso dun avance insuficiente, a Comisión certifica a identificación como non cooperante, impoñéndolle o cartón vermello. En total, son 13 os Estados aos que a Comisión amoestou cun cartón amarelo ou vermello. Porén, non existe un fundamento xurídico internacional que impida o cambio de bandeira dun buque pesqueiro nin que os buques de terceiros Estados operen na zona económica exclusiva dos amoestados. En consecuencia, existe unha lagoa que limita o impacto económico do sistema de sancións, xa que en ambos os casos, as capturas certificadas poden exportarse á UE. Competencia desleal A UE importou miles de toneladas de peixe no ano anterior á imposición dun cartón amarelo desde varios Estados. Os exemplos máis relevantes son os de Ecuador e Vietnam, cun volume de comercio de 262 e 259 miles de toneladas respectivamente. A pesar do cartón amarelo en 2019 (que aínda segue en vigor), até 5,2% das importación de peixe da UE en 2020 procederon de Ecuador. No caso de Vietnam, co cartón vixente desde 2018, as importacións da UE desde este Estado supuxeron no ano 2020 até 3,4% do total. O palangre perde 50% das súas capturas polo veto de Bruxelas á pesca de fondo Gonzalo Rodríguez, especialista en economía pesqueira da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en conversa con Nós Diario, sinala que estas importacións supoñen unha "competencia desleal" para a frota galega. "Parece razoábel que a UE camiñe cara a un escenario de exixirlle aos importadores internacionais o mesmo que lles exixe aos produtores comunitarios", subliña o economista. "Poderíamos rematar nunha situación na que unha pesca sostíbel como a nosa acabe cunhas dificultades de supervivencia tremendas que neste momento xa existen", afirma Rodríguez, que tamén destaca "as sancións ridículas para as frotas propias" dalgúns Estados da UE. |
NOS_6706 | Datos, mais tamén experiencias en primeira persoa ocuparon a última comisión de reactivación pola crise da Covid-19, por voz da Rede galega contra a pobreza e Cermi Galiza, que representa entidades de persoas con discapacidade, colectivos nos que os efectos da pandemia baten con especial intensidade. | Mulleres, mocidade, infancia. Mais tamén aquelas familias con ingresos máis baixos, con traballos precarios ou de economía informal, nas que en moitas ocasións inciden outros factores de exclusión, como a discapacidade, a monoparentalidade, a violencia machista ou a prostitución, a etnia, a idade e a dependencia, para quen a padece como para quen se encarga de cubrila: mulleres, moitas veces rurais, migrantes ou refuxiadas. A intervención da presidenta da EAPN Galiza-Rede galega contra a pobreza, Eloína Injerto, na comisión parlamentar para a reactivación económica, social e cultural pola crise da Covid-19 puxo esta terza feira no foco os grupos sociais especialmente afectados polos efectos da pandemia e tamén, todo un catálogo de medidas para compensar ese impacto cun obxectivo a longo prazo: reducir á metade a proporción de homes, mulleres, nenos e nenas que viven en pobreza de cara a 2030. "Acadalo é posíbel se se cumpre o requisito de eliminar a aporofobia nas política públicas e seguir tres principios transversais, como son a coordinación, o compromiso en orzamentos e planificacións e un enfoque nas causas e nos dereitos", manifestou a comparecente, despois de debuxar o mapa da pobreza na Galiza previo á Covid, agravado agora pola pandemia: 655.000 persoas, 24,3% da poboación galega en risco de pobreza ou exclusión social en 2019, e 212.00o delas, 7,9% da poboación, en situación de pobreza severa, con menos de 500 euros ao mes, 1.050 euros no caso de fogares con dúas persoas adultas e dúas menores, e "cun deterioro da calidade de vida das persoas en peor situación concluínte segundo todos os indicadores". Emerxencia habitacional Nesta situación, e na convicción de que, como anticipou hai unhas semanas unha declaración institucional do Parlamento galego, "esta crise empobrecerá milleiros de galegas e galegos se non hai compromiso político e orzamentario da Xunta, dos concellos e das deputacións, a representante da Rede galega contra a pobreza fixou no dereito á vivenda a primeira das súas prioridades de actuación. "O elevado gasto en vivenda, nin digna nin accesíbel, funciona como un aspirador de rendas que obriga a priorizar gastos, incluídos os alimentarios, e impide o éxito de procesos medidas de inserción social e laboral", advertiu a experta, quen reclamou toda unha serie de accións para afrontar a emerxencia habitacional. Neste sentido, EAPN Galiza, que engloba 130 organizacións do terceiro sector unidas pola loita contra a pobreza, a exclusión e a desigualdade, demanda a creación dunha comisión parlamentaria sobre a exclusión residencial, que impulse medidas como a erradicación urxente de chabolismo e infravivenda, a implantación plena do Plan para persoas sen fogar 2019-2023, a promoción para o acceso a 40.000 vivendas dignas e accesíbeis en 2023, ou o financiamento de obras de rehabilitación, "penalizando as vivendas baleiras ou perseguindo a infravivenda de alugueiro". Injerto sumou a estas accións a creación dun parque municipal básico de vivenda de emerxencia e de recurso de transición por cada 100.000 habitantes e medidas de prevención dos desafiuzamentos "que aseguren o mantemento da vivenda sen esperar que se produzan impagamentos ou o lanzamento", ademais de actuacións para asegurar a accesibilidade universal, tendo en conta datos que falan de 360.000 persoas con discapacidade residentes en 180.000 fogares con barreiras arquitectónicas. As cifras, tiradas do informe Foessa e correspondentes a 2018, apuntan tamén a 35% da poboación galega en risco de exclusión residencial, 64,9% cando se trata de persoas en exclusión, e 61.400 fogares eran inseguros, 47.400, inadecuados e 189.500 fogares con insalubridade, situación que nesa data afectaba 511.000 persoas na Galiza. As prioridades trasladadas pola presidenta de EAPN Galiza á comisión pasan tamén pola redución "drástica" da pobreza e exclusión infantil, mediante accións como a educación universal de cero a tres anos universal e gratuíta, o despregamento da rede galega de atención temperá para toda a poboación ou o pacto galego da educación inclusiva, que compense desigualdades social, como as provocadas pola crecente fenda dixital. Da mesma maneira, Injerto demandou tamén un acompañamento "estábel e profesionalizado" garantido para as persoas en precariedade laboral ou con maiores dificultades de empregabilidade. "Non calquera emprego protexe da pobreza", concluíu a presidenta da EAPN. Pola compatibilidade da Risga e IMV Prioridade é tamén para a Rede galega contra a pobreza un sistema de garantía de ingresos que cubra as necesidades básicas e os procesos de inserción. "A aprobación do ingreso mínimo vital (IMV) é unha excelente nova, mais a premura na súa elaboración, a escasa coordinación con Gobernos autonómicos, concellos e organizacións e a elevada burocratización fai que a súa implantación sexa escasa", avaliou Injerto. Aos seus ollos, Galiza ten "unha oportunidade única de loita contra a pobreza" se en 2021 se confirma o compromiso do Pleno de investidura de blindar o orzamento da Renda de inclusión social galega, a Risga, resolvendo a súa incompatibilidade co IMV, para complementar os ingresos até os 750 euros, o limiar de pobreza relativa, unha complementariedade que na comisión defenderon o BNG e o PSdeG e rexeitou o representante do PP. |
NOS_23745 | O ex presidente do Goberno estatal cre que o Executivo que dirixe Pedro Sánchez fixo "retoques mínimos" na reforma laboral para "poder dicir que a mudaron e así contentar os seus votantes". | O ex presidente do Goberno estatal Mariano Raxoi asegurou esta quinta feira que o Executivo de Pedro Sánchez fixo "uns mínimos retoques" da reforma laboral que se aprobou durante a súa primeira lexislatura para "contentar" ao seu electorado, o que definiu como un "caso clásico" de "política infantil". "Fíxose unha reforma laboral que funcionou. Creáronse máis de tres millóns de postos de traballo e agora, como había un prexuízo dunha reforma feita polo PP, había que cambiala aínda que no fondo medio Goberno non quería", explicou, nunha entrevista en Trece TV na que sinalou que o Executivo deu "uns mínimos retoques" á lexislación laboral de 2012 "para dicir que" a mudaron e así "contentar" os electores. Ao seu xuízo, este modo de proceder é "a política do tweet" que acompañan de declaracións nas que o Executivo afirma que fai "cousas chulísimas" para a xente. "Fixeron algo infantil que non é propio dun Goberno, que non serve para nada e non conduce a nada. Paréceme moi pouco serio", reiterou. Neste punto, o ex presidente lembrou que se os socios de lexislatura de Pedro Sánchez no Congreso non apoian a súa reforma laboral é porque "non se fixo" o que se anunciou. "Por fortuna", engadiu Raxoi, á vez que recoñeceu que a coalición de PSOE e Unidas Podemos "non o ten fácil" para sacar adiante a norma na Cámara Baixa e recoñeceu, neste sentido, que é "absurdo" que se pida o apoio ao PP. "Ao PP ninguén se dirixiu para o seu entendemento. Xa ten a súa alternativa, a reforma que se aprobou no seu día. É unha lea no que se meteu o Goberno por quedar ben cun sector do Goberno", indicou. Así, Mariano Raxoi defendeu o apoio da patronal á reforma laboral porque, ao seu xuízo, "apostaron no mal menor". "Se non estivesen nese acordo, a reforma sería máis negativa para os intereses de todos os españois (...) Fixeron o que tiñan que facer", insistiu. Trato "inxusto" ao rei emérito Por outra parte, preguntado pola situación do rei emérito en Emiratos Árabes, o ex presidente asegurou que lle parece que foi "inxustamente tratado" e mostroulle o seu apoio porque accedeu á Coroa en 1975 "nun momento de dificultade para España" e "foi capaz de promover unha reconciliación entre españois". Ademais, engadiu que se tivese estado el no Goberno, a saída de Xoán Carlos de Borbón "non se tería producido". |
NOS_31052 | "Non imos elevar a lícita diverxencia política a consideración xurídica", explicou o deputado conservador Román Rodríguez, a respeito dunha proposta defendida polo BNG e que contou co apoio dos outros tres grupos da oposición. | O PP voltou pasar o rodo da súa maioría absoluta no Parlamento galego para impor a súa vontade sobre unha proposición que tiña o apoio dos catro grupos da oposición. Galiza non levará a Lomce perante o Tribunal Constitucional malia recortar as competencias dos territorios con lingua propia dun 45% a un 35% á hora de achegaren contidos ao currículo educativo porque, segundo o deputado conservador Román Rodríguez, a petición dos grupos "carece de fundamentación xurídica" porque a lei española encaixa na arquitectura competencial da Xunta. Di Román Rodríguez (PP) que nengunha norma "tivo nunca tanto apoio" coma a Lomce, que foi aprobada só cos votos a favor do PP e co compromiso de practicamente todo o arco parlamentar do Congreso de a derrogaren "Non imos elevar a lícita diverxencia política á consideración xurídica", espetou Rodríguez, nunha tentativa de lle explicar ao deputado do BNG Cosme Pombo --encargado de defender a proposta-- que "nengunha lei é totalitaria se está aprobada por unha maioría parlamentaria democrática". Aliás, acrecentou que nengunha norma "tivo nunca tanto apoio" coma a Lomce, que foi aprobada só cos votos a favor do PP e co compromiso de practicamente todo o arco parlamentar do Congreso de derrogar a lei no momento en que a formación conservadora non conte con maioría parlamentaria. Segundo os dados que manexa Román Rodríguez, só en tres ocasións e "cando a autonomía era aínda incipiente" se aprobaron achegas en que o Parlamento galego interpuña un recurso de inconstitucionalidade, tal e como no pleno desta terza feira solicitaron todas as forzas da oposición. Cosme Pombo (BNG) alega que a Lomce devolverá as escolas do País á "longa noite de pedra" descrita por Celso Emilio Así, o primeiro en intervir na Cámara galega foi Pombo para defender o recurso de inconstitucionalidade dunha norma que, tal e como sinala a letra da proposición, "foi precedida dunha estratexia demagóxica e descualificadora do modelo educativo, conducindo a manipulacións á mantenta sobre o estado do sistema educativo para acometer unha reforma baseada non en necesidades reais, senón para atinxir obxectivos ideolóxicos e partidistas que nada teñen a ver coa mellora da calidade educativa". Carmen Iglesias (Grupo Mixto) cualificou o texto de "profundamente antidemocrático" Moi ao contrario, o nacionalista advertiu de que a Lomce devolverá as escolas do País á "longa noite de pedra" descrita polo bardo de Celanova Celso Emilio Ferreiro e enfatizou que se trata "dunha lei totalitaria" e que é "letal" para o ensino e para a lingua galega. Após a intervención de Pombo, tomou a palabra Carmen Iglesias, deputada do Grupo Mixto, para denunciar que se trata dun texto "profundamente antidemocrático" pola concepción "mercantil" que translada a respeito da educación, mais tamén pola blindaxe que fai dos concertos relixiosos e privados que segregan o alumnado por razón de sexo. Ramón Vázquez (AGE) pronunciou un "non alto, claro e cheo de carraxe" contra a lei O seguinte deputado en se posicionar contra a Lomce foi Ramón Vázquez, parlamentar de AGE, quen enfatizou o "non alto, claro e cheo de carraxe" do seu grupo. Para alén disto, Vázquez instou o grupo parlamentar que apoia o Goberno galego a "defender o seu marco de competencias" e mellorar a lei, tal e como solicita a comunidade educativa, mais facelo "cara ao ideal da escola pública". Vicente Docasar (PSdG-PSOE) cualificou a Lomce coma "unha perversión carente de consenso" Por derradeiro, o voceiro socialista de ensino, Vicente Docasar, rexeitou o "amplo consenso" do cal falou despois o deputado do PP sinalando que a baptizada coma Lei da Wertgoña naceu "carente de consenso" e é "unha perversión". Recordou que o PSOE a vai derrogar cando a composición do Congreso o permita e adiantou que, polo de agora, van presentar un recurso amparado por outros grupos na cámara española. Porén, o rodo do PP voltou impedir que a vontade da maioría da Cámara galega chegara a termo. |
NOS_32069 | Os socialistas din que Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, mente ao dar os datos e esquece os máis de 150.000 galegos e galegas que teñen asistencia obrigada no centro Povisa de Vigo. | O Secretario Executivo de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, ven de acusar ao Goberno de Feijóo de "rebasar os límites do eticamente permitido" e do considerado como "razoábel" coa nota de prensa publicada polo departamento de Rocío Mosquera sobre a evolución das listas de espera no primeiro trimestre de este ano na Sanidade Pública. Para o responsábel socialista de Sanidade, Feijóo e Mosquera están "mentindo aos cidadáns galegos". Acusa Fernández a Feijóo e a Mosquera de ofrecer os datos sobre os centros do Sergas, "esquecéndose" dos máis de 150.000 galegos e galegas que teñen asistencia obrigada no centro Povisa de Vigo. En termos globais, o Secretario de Sanidade da Executiva dos Socialistas Galegos afirma que, a día de hoxe, hai 350.000 galegos e galegas en lista de espera da Sanidade Pública, segundo os datos oficiais do Sergas. A letra pequenaCando olla a "letra pequena" da nota da Consellería de Sanidade, Fernández López, observa que a lista de espera no 1º trimestre é de 82 días, "6 máis que hai un ano". A lista de cirurxía tamén se incrementa en seis días respecto ao ano anterior, e "11 días máis que cando Feijóo chegou ao Goberno", afirmou. En marzo de 2012, a lista de espera estrutural acadaba os 39.614 pacientes, segundo a web da consellería. Son 600 máis que hai un ano e 5.000 galegos e galegas máis que hai tres anos. "Esta é a realidade e a percepción de todos os profesionais e todos os usuarios do sistema", recrimina Fernádez López á titular de Sanidade, "cada día somos máis os que estamos esperando", continúa. " Esta nota de prensa é un intento de vender fume aos cidadáns galegos". |
PRAZA_20945 | Na política galega da última década houbo unha alerta, agoiro ou chamada de atención que, a forza de ser reiterada e non chegar a virar en realidade, acabou por pasar desapercibida, a xeito de ruído de fondo: "Feijóo marcha a Madrid". Tras lograr a cuarta maioría absoluta Feijóo non renunciou a actuar na escena estatal, senón todo o contrario, mentres na súa contorna máis próxima se producían relevantes movementos | Nalgunhas das adaptacións máis populares da fábula de Pedro e o lobo, a historia consiste en que o pequeno pastor chanceaba coa veciñanza alertándoa de que o lobo estaba a atacar as ovellas malia non ser certo, só por rir deles. Na ocasión en que o ataque do lobo si se producira, os veciños xa estaban tan escaldados que ignoraron a alerta, dando por feito que, como nas anteriores, non era certa. [A obra orixinal conta unha historia diferente]Na política galega da última década houbo unha alerta, agoiro ou chamada de atención que, a forza de ser reiterada e non chegar a virar en realidade, acabou por pasar desapercibida, a xeito de ruído de fondo: "Feijóo marcha a Madrid"Na política galega da última década houbo tamén unha alerta, agoiro ou chamada de atención que, a forza de ser reiterada e non chegar a virar en realidade, acabou por pasar desapercibida, a xeito de ruído de fondo. "Feijóo marcha a Madrid" díxose moitas veces, en referencia ás aspiracións do actual presidente da Xunta na política estatal como líder do PP. Estivo a piques de acontecer, pero o certo é que ata agora, non chegou a pasar. Dende aquela tarde da primavera de 2018 nun hotel compostelán -nunca acabada de explicar por completo- na que Alberto Núñez Feijóo anunciou solemnemente que non optaría a suceder a Mariano Rajoy nun escenario que semellaba concibido para todo o contrario, os agoiros sobre a carreira madrileña de Feijóo foron quedando relegados nos argumentarios do resto de formacións políticas. Entre outras razóns, porque algunhas das líderes que lanzaran tal prognóstico si acabaron chegando a cargos no Estado, caso por exemplo da actual ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na súa etapa como deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE).O argumento rompeu de tanto usalo, relegado ao lugar dos ruídos de fondo. E nisto pasou outra lexislatura, chegou unha pandemia, celebráronse as eleccións máis excepcionais da historia da autonomía e o PP sumou a cuarta maioría absoluta consecutiva con Feijóo -e a Xunta- como máximo emblema e a dirección estatal de Pablo Casado aparecendo apenas o mínimo imprescindible. Tras lograr a cuarta maioría absoluta Feijóo non renunciou a actuar na escena estatal, senón todo o contrario, mentres na súa contorna máis próxima se producían relevantes movementosMalia todo isto e malia ao lema electoral que Feijóo axitou cara a aquel 12X (Galicia, Galicia, Galicia), o xefe do Goberno galego non renunciou, nin de lonxe, a seguirse movendo na escena política española. Ben ao contrario. Dende a confrontación pola xestión da pandemia co Goberno de España do PSOE e Unidas Podemos -antes e despois das eleccións- ata múltiples aparicións en medios de comunicación de ámbito estatal, xa sexan diversos xornais ou populares espazos televisivos matinais. Mentres todo isto sucedía, tamén pasaban cousas na Xunta e na súa contorna. Por exemplo, a creación dunha Vicepresidencia segunda para o conselleiro de Economía, Francisco Conde, con enorme ascendencia dende o círculo máis próximo ao presidente. Pero tamén a remuda de históricos altos cargos veteranos do fraguismo e unha moi significativa mudanza no equipo da Presidencia da Xunta, a de Lucas Martinón, director xeral de Comunicación. Martinón, asesor de referencia de Feijóo dende os seus días de conselleiro e vicepresidente de Manuel Fraga, saíu da voráxine diaria da Xunta o pasado novembro, cara a ningún outro posto no Goberno.Hai quen, dende os corredores de San Caetano, se esforza en lembrar que nestes movementos mediáticos e políticos non hai casualidades, eleccións ao chou -como case nunca os houbo- ou pasos á reserva de pezas clave na contorna de Feijóo. Voces que suxiren que, se cadra, cumpriría reler o conto de Pedro e o lobo polas páxinas nas que a veciñanza oe a voz do pequeno pastor como quen oe chover cando, nesa ocasión, a alerta da chegada do lobo si era realidade. Non vaia ser que haxa demasiados ollos ollando cara a onde non corresponde. Hai voces que se esforzan en lembrar que nestes acontecementos non hai casualidades e cren preciso ollar con atención movementos e palabras como as de Feijóo no mitin con Casado que acabou tendo repercusión polas máscaras e un cribado de PCRXunto a esa lectura, cren, non sobraría tampouco reler as palabras de Feijóo en intervencións como a que pronunciou nun acto de partido, con Pablo Casado, a mediados de decembro na Coruña. Naquel mitin, que acabou tendo repercusión por motivos ben diferentes -un cribado de PCR a todos os asistentes por mor do positivo da conselleira do Mar e peticións de explicacións polos momentos en que Feijóo e Casado se desprenderon da máscara-, o presidente da Xunta falou, sobre todo, en clave estatal. Tanto para cargar con dureza contra Pedro Sánchez ou Pablo Iglesias como para proclamar, ante un Pablo Casado inédito en tarefas de Goberno, que para aspirar a gobernar hai que "acreditar experiencia".Polo momento, calquera movemento orgánico no PPdeG está paralizado aínda que os seus principais cargos, a comezar pola propia presidencia autonómica do partido, xa cumpriron o seu prazo máximo de catro anos -Feijóo foi reelixido por última vez no congreso de maio de 2016-. A finais de 2020, a dirección do partido aludiu á pandemia para situar o conclave nun horizonte indeterminado deste 2021. No interludio, como é habitual, os tirapuxas internos oficialmente non existen alén dalgunha faísca ocasional, como as recentes críticas do alcalde de Friol contra o conselleiro do Medio Rural.Mentres, a nivel estatal, o liderado de Casado tería que volver pasar polo referendo interno en 2022, e xusto despois comezará un ciclo electoral que, se segue os ritmos ordinarios, finalizaría en 2024 cunhas novas eleccións galegas. Todo un mundo, dadas as actuais circunstancias, no que se as manobras exploratorias non frutifican sempre poderá afirmarse que foron moitos os que auguraron que "Feijóo marcha a Madrid" sen chegar a atinar. E, se chegase a suceder, sucedería con menos alertas previas ca nunca. Ninguén quere xa arriscarse a ser Pedro, o que dicía que viña o lobo cando en realidade non viña. |
NOS_35680 | Por décimo segundo ano consecutivo, a Iniciativa Galega pola Memoria honrará as vítimas do fascismo nunha homenaxe nacional. E será na emblemática illa de San Simón, na ría de Vigo, o vindeiro domingo 22 de xullo. Asistirán catrocentas persoas, organizadas nas asociación que compoñen a plataforma. | San Simón, amais de célebre materia poética para o trobador medieval Meendinho, foi un campo de concentración e exterminio en que os franquistas pecharon demócratas de todas as cores: comunistas, anarquistas, socialistas, galguistas, republicanos. Os historiadores calculan que unhas 6.000 persoas pasaron polo lugar, procedentes de zonas próximas de Galiza mais tamén de fóra. A Homenaxe nACIONAL ás Vítimas da Represión Franquista comezará ás doce menos cuarto da mañá do domingo, cunha visita guiada á illa. Sobre a unha do mediodía, o bacto central consistirá nas intervencións dos colectivos adheridos á Iniciativa Galega pola Memoria, nunha ofrenda floral e na interpretación do Himno Galego. A xornada completarase cun xantar xa fóra da illa, no parque carballeira da igrexa parroquial de Cobres (Vilaboa), a partir das tres da tarde. "Cada quen levará a súa comida", avisan desde a organización. Unhas 35 asociacións e colectivos fan parte da Iniciativa Galega pola Memoria, unha federación que funciona desde 2007. Entre os seus principios fundacionais atópanse a condena do franquismo, o recoñecemento explícito da resistencia antifranquista, a esixencia de nulidade dos xuízos franquistas, a derrogación da Lei de Anmistía de 1977 ou a regulación da apoloxía do franquismo como delito. Para acudir á homenaxe do domingo 22 de xullo cómpre poñerse en contacto con algunha das entidades adheridas á Iniciativa pola Memoria, que xestionan as 400 prazas dispoñíbeis. |
NOS_17328 | O prolífico Casares será a estrela dun 2017 no que tamén teremos nova entrega literaria de Suso de Toro, Lupe Gómez, Pedro Feijoo, María Reimóndez ou Anxos Sumai, entre outros. | O protagonista indiscutíbel do ano editorial será Carlos Casares que, alén de escritor e columnista prolífico, foi director dunha das principais editoriais do país, ademais de presidente do Consello da Cultura Galega, así que a casarización será importante. Galaxia, que acolle a inmensa maioría da súa obra, comezará o ano publicando un feixe de obras pendentes co obxectivo de que "estea toda a súa obra ao dispor dos lectores e lectoras". Así, publicará os cinco Toribios (literatura infantil), que se atopaban descatalogados; así como os últimos volumes de Á marxe, que reúne a súa obra xornalística. En febreiro verá a luz tamén un conxunto de relatos e tamén as columnas A delicia de ler. E na primavera chegará unha biografía do ourensán da man de Henrique Monteagudo. A reportaxe, completa, no nº229 do Sermos Galiza, xa na nosa loxa |
NOS_7039 | Reproducimos a seguir un extracto da lección 10 do curso de galego, sobre interferencias sintácticas, que Nós Diario publica hoxe. 'Curso de lingua galega: Mellor uso, máis calidade para o idioma' diríxese a todos os públicos e publícase a diaro nas catro páxinas centrais do xornal impreso. | Introdución De preferencia En todos os casos en que a norma da RAG ofrece varias opcións recomendamos usar de preferencia aquela máis acorde co sistema lingüístico galego portugués. Primeiro, por fomentarmos a aproximación dos usos entre as persoas falantes da Galiza e as dos países da Lusofonía. Mais tamén, e sobre todo, porque teremos a certeza de estarmos a utilizar formas autenticamente galegas fronte a outras en que, en moitos casos, existe a sospeita cando non a certeza de resultaren da presión ou da interferencia do español. Comecemos polo principio. Saudación Nas fórmulas de saudación prefiramos sempre o singular. É a forma máis tradicional, mentres que o plural puido resultar da presión do castelán por se empregaren maioritariamente así nesa lingua: Bo día / Bon día Boa tarde Boa noite Ola A forma Bon é a xeral na maior parte da Galiza (Bloques central e oriental) e tamén a única de uso na norma portuguesa (Bom). O seu uso é a cada día máis frecuente mesmo por falantes do Bloque occidental que a teñen incorporado ao estándar , quer como adxectivo quer como marcador discursivo: "Bon, imos abordar ese asunto". Despedida Nas fórmulas de despedida convén prestarmos atención aos castelanismos e privilexiarmos formas propiamente galegas: Adeus (*adiós) Até logo (*hasta pronto) Até xa Até breve Até sempre Por escrito Comunicacións escritas Nas comunicacións escritas, máis ou menos formais, temos fórmulas propias que convén usar. Para comezar unha carta ou mail: Cara Teresa: Caro amigo: Prezada amiga: Prezado Vítor: Para se despedir: Informais: Un abrazo Unha aperta / Apertas Un beixo Beixos / Beixiños Formais: Cos meus cumprimentos Cos meus mellores cumprimentos Con todo o aprezo Con toda a estima Cal é o nome que damos ao espazo pintado na foto superior? Como conseguilo? As persoas subscritoras, ben en papel ben na versión de acceso na nube, terán á súa disposición, nas páxinas centrais de Nós Diario, desde o 5 de maio, o curso de balde. As persoas que aínda non son subscritoras poden facerse ou ben adquirir o diario en papel nos quiosques e puntos de venda habituais por 1,50 euros de terzas a sextas feiras e por 3 euros os sábados (día en que se inclúe o semanario Sermos Galiza) ou ben mercalo para a súa lectura na nube. |
PRAZA_1813 | As tradicións deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, mais tamén do que esperamos no futuro. Aquelas que están sustentadas na violencia e no aniquilamento non fan máis que perpetuar comportamentos que deben ser rexeitados da sociedade. | "Só nos opoñemos á barbarie, non ao que nos engrandece" respostou un edil antitouradas ao concelleiro de cultura de Ourense que pretendía introducir as touradas nas festas locais, baixo o argumento de que "engrandecerían a cultura galega", reducida, na súa opinión "á gaita e mais á billarda", e atrevéndose a comparar as corridas de touros coas sinfonías de Beethoven. Iso pasou alá polo ano 2000. A ignorancia é desculpábel, non así a estupidez. O caso que acabamos de citar é ilustrativo do valor que os taurinos outorgan ao espectáculo que defenden, mais aló da cerimonia sádica de maltrato que ten lugar nas prazas de touros. Atribúenlle o carácter de arte non só para elevar a categoría do que os demais ollamos como unha secuencia degradante na que se lesiona, mutila e mata un touro indefenso, dotando este rito dunha pátina metafísica e por veces preto do esotérico, que ouvimos dos "entendidos taurinos", comentaristas grandilocuentes e sisudos articulistas que interpretan a destreza dos matarifes tal e como os augures da antiga Roma. Para eles, o problema dos antitouradas é que "non entendemos" as touradas. Non valoraremos o caviar cultural co que se nos agasalla, debido á nosa ignorancia ou á incapacidade para o desfrute. Para eles, somos impotentes. As tradicións deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, mais tamén do que esperamos no futuro. Aquelas que están sustentadas na violencia e no aniquilamento non fan máis que perpetuar comportamentos que deben ser rexeitados da sociedade E se damos mostras de entendemento, entón o problema é de índole política, e aparece, como sempre, un vello adversario, case tan antigo como as touradas: a "anti-españa". Seica pretendemos "politizar" as festas, como se eles non engalanasen con trapos de cores o seu recinto festivo nin fachendeasen dos políticos e empresarios de alta alcurnia que acoden a ver o espectáculo. Pero os anti-touradas debemos ter en conta que as súas argumentacións proceden do campo do emocional, do irracional, co consecuente diálogo de xordos. Ao teren constituído un mito a partir das touradas, que forma parte á súa vez dunha mitoloxía que conciben como parte inseparábel do seu concepto de identidade, identifícannos inmediatamente non como discrepantes, se non pura e simplemente como inimigos que poñen en perigo as súas tradicións seculares. Mais, como lembramos habitualmente, as tradicións deben funcionar como soporte do que nos define e constrúe, mais tamén do que esperamos no futuro. Aquelas que están sustentadas na violencia e no aniquilamento non fan máis que perpetuar comportamentos que deben ser rexeitados da sociedade. Iso é o que tentamos comunicar ano tras ano nesta manifestación. Nós, sabedores de que a mitoloxía desaparece en favor da ciencia, da mesma forma que sabemos que o sistema nervioso do touro padece o sufrimento de forma similar ao ser humano, queremos tamén repasar unha serie de feitos sobre a historia das touradas en Pontevedra. Cando o rei Fernando VI, francés, prohibe as touradas en todo o estado en 1754, os historiadores tentan convencelo de que as orixes das mesmas se remontan "al tiempo de la invención del sagrado cuerpo". Algo similar sucede coas corridas en Pontevedra, que a pesar de constituíren un fenómeno recente tentan levalas ao albor dos tempos. Na época castrexa, así como durante a romanización, o sacrificio de animais estaba ligado ás ofrendas a deuses. Coa cristianización dos ritos pagáns, durante toda a Idade Media atopamos por Europa adiante sacrificios de reses e outros animais en festividades relixiosas, e non é raro que na Galiza da época, en Pontevedra ou Compostela se lanceasen de forma cruel bois durante as festas do Corpus ou en vésperas de San Xoán. A partir dos Reis Católicos, a chegada de correxidores e cargos casteláns na administración favorece que de forma esporádica se lidien touros, como festexo alleo aos costumes galegos da época e que nunca chegou a arraigar realmente no país Xa na Idade Moderna, a partir dos Reis Católicos, a chegada de correxidores e cargos casteláns na administración favorece que de forma esporádica se lidien touros, como festexo alleo aos costumes galegos da época e que nunca chegou a arraigar realmente no país. Temos que recordar que é no século XVIII cando se sistematiza a cría do touro bravo nos ecosistemas das devesas e dítanse as normas do que hoxe é coñecido como "corrida de touros", construíndose as primeiras prazas de touros no reino de España. Pero nin en Pontevedra nin no resto do territorio galego atopamos mención algunha a touradas durante esta etapa, tendo que agardarmos até finais do século XIX para que se constrúan as primeiras prazas. Hai que dicir, ante todo, que en Galiza non existía nin existe a cría de touro bravo, nin o ecosistema adecuado para o facer. A partir do ano 1890 van xurdindo diferentes iniciativas de mans das burguesías locais e dos concellos para construír prazas de touros, aproveitando a chegada do tren a Galiza nesa mesma época, que permitiría o traslado das gandarías desde miles de quilómetros de distancia. Sen dúbida, a corrente ideolóxica que xorde despois da caída do Imperio español, e que tenta afianzar unha cultura uniforme en todo o territorio do estado, dá lugar ao interese pola construción das prazas de touros nesa época como un símbolo mais da cultura que se pretendía como xenuinamente española. A corrente ideolóxica que xorde despois da caída do Imperio español, e que tenta afianzar unha cultura uniforme en todo o territorio do estado, dá lugar ao interese pola construción das prazas de touros nesa época como un símbolo mais da cultura que se pretendía como xenuinamente española A praza de San Roque, mais correctamente chamada das Corbaceiras ou do Campo da Torre, tivo unha versión previa de madeira en 1892, que sería substituída por unha de pedra en 1899. Construíuse a partir de doazóns da burguesía local, e hai que recordar que naquela altura o concello cedeulles gratuitamente aos particulares unha finca que até entón era pública. Alí estendían os mariñeiros as redes para a pesca. Desa etapa datan tamén as prazas de Compostela, en 1897, da Coruña, en 1884 e a de Vigo en 1896. Desas tres prazas a única que permaneceu no tempo foi a da Coruña, derrubada en 1967 por intereses urbanísticos. O feche das prazas dá idea da escaso interese que durante toda esa etapa espertaban as corridas en todo o territorio, mesmo en etapas tan escuras como o franquismo. No caso da única praza de touros que sobreviu finalmente, a de Pontevedra, existía unha única corrida anual durante o verán, até que no ano 1982 os novos empresarios que mercaran a praza decidiron aumentala, aproveitando o turismo xerado polo Mundial de fútbol. Os irmáns Lozano deseñan unha táctica para revitalizar a festa, xunto con empresarios da hostalaría e o apoio das institucións públicas locais daquela época, que vai ser o apoio e axuda económica para formar peñas taurinas. É así como se pasa de unha soa a mais de dez en pouco tempo. Existía unha única corrida anual durante o verán, até que no ano 1982 os novos empresarios que mercaran a praza decidiron aumentala, aproveitando o turismo xerado polo Mundial de fútbol O carácter das touradas vira a festivo, e durante vinte anos, van xurdindo peñas, sobre todo de mozas e mozos, que por mímese, e aínda non acudindo á praza, tan só buscan a diversión polas rúas da cidade, de forma similar á mocidade doutras vilas nas festas do viño ou da auga. Un fenómeno que hai que desligar forzosamente da cerimonia de maltrato animal que se vive dentro da praza. Durante toda esta etapa existiu unha complicidade por parte das institucións locais, mercando ducias de entradas e agasallándoas ou promocionando a festa. Tamén o apoio decidido dos medios de comunicación da cidade, que en base á publicidade das touradas adicaban numerosas páxinas e especiais informativos a cubrir até a última anécdota relacionada coas corridas, revestíndoas dun prestixio tan falso como hipócrita. A partir do ano 2000 o goberno municipal muda, suprime axudas ás touradas, presenza institucional, compra de entradas e as barras nas rúas, provocando unha manifestación pro-taurina até o concello e numerosas pancartas e asubíos na praza de touros. Pero os que politizamos somos os anti-touradas, recordémolo. Cómpre recordar que aquel ano os mesmos que defendían as touradas tamén criticaban a supresión da figura retrógrada da raíña das festas. Unha vez mais, touradas e machismo collidos da man. Ate a actualidade, foi a Deputación de Pontevedra a que deu cobertura institucional e económica ás touradas Ate a actualidade, foi a Deputación de Pontevedra a que deu cobertura institucional e económica ás touradas. A pesar da dificultade para obter os dados, sabemos que nos últimos anos ten financiado a promoción das touradas a través da semana cultural taurina. Patrocina á Coordenadora de Peñas Taurinas e ten contratado bandas de música e charangas para a praza, así como agasallos diversos para os asistentes, como os 8500 panos do ano 2007 ou os 5300 abanicos. En cando menos dous exercicios subvencionan con miles de euros as actividades dunha coñecida peña taurina presidida por un familiar da vicepresidenta da deputación. Unha peña taurina que por certo contempla entre as súas actividades a de peña gastronómica. E fica aínda moito por desvendar agora que a Deputación mudou de goberno, quen se comprometeu a pórlle fin a esta barra libre taurina. Non encanto, os propietarios da praza son multimillonarios que posúen un Imperio Taurino, con numerosas prazas de touros, ganderías e infraestruturas para o negocio dos touros, que como sabemos leva até 500 millóns de euros en subvencións públicas estatais e europeas todos os anos, a través da cría de gando e de axudas directas. Os propietarios da praza son multimillonarios que posúen un Imperio Taurino, con numerosas prazas de touros, ganderías e infraestruturas para o negocio dos touros Dos irmáns Lozano, explotadores do martirio animal, só podemos dicir até o momento que desenvolven unha actividade até o día de hoxe, e por desgraza, legal, eximida pola Lei Galega de Protección Animal que si pena o maltrato a calquera outro ser vivo sen xustificación. Pero pouco podemos agardar dos mesmos gobernantes da Xunta que acoden ano tras ano ás touradas e apoian a barbarie coa súa presenza e declaracións. Mentres tanto, reivindicamos do Concello de Pontevedra un papel máis activo na causa antitouradas. É inexplicábel a tolerancia face a excesiva publicidade que a pé de rúa teñen os paneis metálicos taurinos, auténticas barreiras arquitectónicas nunha cidade aberta para o cidadán. Tamén que evite toda colaboración ou convenio cos propietarios da praza e estude, en virtude da titularidade pública dos terreos onde se asentou primitivamente a praza, un futuro alternativo para a mesma a longo prazo, que para nós pasa pola súa reconversión. Reivindicamos do Concello de Pontevedra un papel máis activo na causa antitouradas. É inexplicábel a tolerancia face a excesiva publicidade que a pé de rúa teñen os paneis metálicos taurinos Estamos lonxe do caso de concellos como o de Padrón que financia directamente as touradas, que aínda así dan perdas todos os anos, mais non por iso debemos de dar un toque de atención ao concello pontevedrés para que atenda as demandas xustas dos antitouradas. A partir de agora, e en base á competencia, esforcémonos en abolir as touradas en Galiza para contribuírmos á causa internacional. Deberemos facer fronte común cos demais colectivos antitouradas que operan no territorio para levar as nosas demandas ao Parlamento e esixir a reforma da Lei de Protección Animal, seguindo os pasos trazados polo Parlament Catalán e abolirmos esta vergoña. Non podemos nin debemos subestimar a nosa capacidade para mudar as cousas. En Vigo, o movemento antitouradas logrou paralizar o intento por construír unha praza hai 10 anos, e os casos xa citados de Catalunya ou das Canarias amosan o camiño. O 8 de agosto ás 20:00 na Praza da Peregrina temos unha cita contra a barbarie taurina! Tamén os casos intencionadamente silenciados da prohibición en Ecuador, Venezuela e Nicaragua. Cada vez quedan menos redutos para a tauromaquia, e son cada vez mais os países que van eliminando do seu ordenamento xurídico o maltrato legal aos animais. Non é unha utopía, por tanto. Pero para logralo, precisamos esforzo, unión e dedicación. O 8 de agosto ás 20:00 na Praza da Peregrina temos unha cita contra a barbarie taurina! Touradas non, abolición! |
PRAZA_5439 | O presidente da Xunta volve empregar a sesión de control para deslizar a posibilidade dun novo encargo para o naval ferrolán mentres o Goberno galego multiplica os actos públicos na comarca, inzadas de promesas | En Ferrol só teñen traballo tres de cada dez persoas. Así o acreditan os últimos datos dispoñibles da Enquisa de Poboación Activa (EPA), a mesma que amosa que a taxa de desemprego entre a poboación ferrolá xa supera a de ocupación apenas cinco anos despois de que ambos indicadores estivesen separados por máis de 30 puntos. O paro galopante é o principal síntoma dos males dunha cidade que ten o maior índice de envellecemento de Galicia e encabeza os rexistros de idade media e taxa de mortalidade do país mentres o seu número de habitantes xa non chega non aos 100.000 nin sequera contando a poboación flotante. Neste contexto, o único que lle chove a Ferrol son as promesas, especialmente para o sector naval. Menos dun mes despois de que unhas dez mil persoas anegasen as rúas ferrolás para denunciar a "dramática" situación da comarca e declararse fartas de "falsas promesas" de "gobernos xordos e cegos" o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou este mércores a sesión de control no Parlamento, con claro ton de balance da súa media década no poder, para afirmar por segunda vez en quince días que os estaleiros de Navantia, os mesmos que desesperan agardando por un dique flotante salferido de medias verdades, poderían construír un novo barco militar. En Ferrol só teñen traballo tres de cada dez persoas e a taxa de paro xa supera a de ocupación Igual que hai dúas semanas Feijóo agardou para realizar o seu anuncio á pregunta da vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, contra quen o presidente desprega unha especial dureza dialéctica. Dada a querencia presidencial por aludir á situación de Andalucía Díaz convidouno a abordar o panorama "dunha comarca en Galicia que supera as cifras de paro andaluzas, chámase Ferrolterra". "Que medidas vai tomar aparte de cargarse o Servizo Público de Emprego?", preguntou. Feijóo asegura que a Mariña Española lle fará un encargo a Navantia, pero non concreta prazos nin orzamento O xefe do Executivo, despois de censurarlle a Díaz que fale de Ferrol como "a miña cidade" -"non estamos de acordo niso de que Ferrol é súa", dixo-, asegurou que mentres a parlamentaria de Alternativa "vive a conta da cidade" el está a "traballar" por ela. E dado que AGE fala "das gradas baleiras do naval" Feijóo dille a Díaz que así foi como "as deixaron vostedes". Agora, di, "hai un flotel e haberá un buque gris", en referencia a "un barco da Mariña Española" sobre o que non concreta prazos ou contías orzamentarias e que tamén foi suxerido hai poucas datas polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Multiplicación de conselleiros na cidade A enésima de promesa de carga de traballo para o naval ferrolán en plena época preelectoral chega nun contexto no que a Xunta procura contrarrestar os malos datos económicos cunha multiplicación de presenzas de conselleiros e outros cargos do Goberno galego na zona. Así, por exemplo, o propio Feijóo acudiu o pasado febreiro a recibir os directivos de Pemex na casa consistorial ferrolá. Nun acto que non lle foi anunciado á oposición municipal o presidente augurou que "quedan poucos meses para que en Ferrol poidamos empezar a construír buques civís e empecemos tamén unha nova época que acredite que este estaleiro é quen de conseguir pedidos para as próximas décadas". O acto festivo das Pepitas converteuse nun aluvión de discursos gabando o compromiso das institucións gobernadas polo PP Na mesma liña, a mediados de marzo o acto de inauguración do novo auditorio da cidade, que as autoridades fixeron cadrar coa festa das Pepitas, converteuse nun verdadeiro aluvión de discursos de responsables do partido do Goberno, a comezar polo alcalde da cidade, José Manuel Rey, e a sua "chamada á esperanza": "Levamos trescentos anos construíndo barcos e queremos seguir facéndoos", proclamou. En ausencia de Feijóo, de viaxe en México, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e o conselleiro Agustín Hernández aproveitaron o acto festivo para glosar asuntos tan pouco lúdicos como o saneamento da ría, o consabido flotel de Pemex, a posibilidade de futuros contratos para Navantia ou mesmo gabanzas á estabilidade do goberno local e aos investimentos da propia Xunta. Especial Pemex en Praza Pública |
PRAZA_6941 | O presidente da Xunta pídelles explicacións aos grupos da oposición pola xestión do bipartito ou da Junta de Andalucía mentres evita aclarar a súa relación co presunto conseguidor da suposta trama corrupta, Pachi de Lucas. Mantén que iniciou a denuncia pero destaca, asemade, que a Xunta "se persoou" no proceso, o que implica que o fixo cando xa se iniciara. | "Quere falar en serio dos problemas que ten Galicia ou quere poñer o ventilador?". Quen pregunta é o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Faino na súa quenda de resposta ao voceiro do BNG, Francisco Jorquera que, como os seus homólogos de PSdeG e AGE, tentou na sesión de control ao titular do Goberno galego, isto é, na quenda de preguntas ao presidente, obter "explicacións convencentes" sobre a trama Zeta e saber se a presunta trama corrupta vai implicar "responsabilidades políticas" no Goberno galego. Feijóo, como en anteriores casos, optou por esparexer as presuntas implicacións entre todas as forzas políticas mentres, non obstante, negou ter "mediador" ningún na rede de Gerardo Crespo. Tanto Jorquera como o socialista José Luis Méndez Romeu e a vicevoceira de Alternativa, Yolanda Díaz, cuestionaron o presidente sobre o destino dos fondos públicos que, segundo a Policía, "cazaba" a rede e, sobre todo, pola súa relación con Pachi Lucas, considerado pola investigación como enlace de Crespo coa esfera política e, segundo fontes consultadas por este diario, amigo persoal de Feijóo. "Pregúntolle polo conseguidor, que era recibido na residencia de Monte Pío, que non é privada, senón oficial; coñecía que estaba a soldo da trama?", cuestionou Romeu. "Quixera que me aclarse as súas relacións co señor Lucas, que ademais de estar en nómina co señor Crespo fixo campañas para o PP", pediu Jorquera. "Gustaríame saber se esa amizade serviu para adxudicar contratos a dedo" ou para "financiar irregularmente, con carácter presunto, ao PP" e para "saquear os fondos dos traballadores e traballadoras", esixiu Díaz. Pero a batería de preguntas pouco máis conseguiu que prender o ventilador que o propio presidente di rexeitar. "Nunca tiven un mediador nin o terei na miña vida; nunca aceptarei que ninguén fale no meu nome en ningún sitio e se o fai, fala a título persoal, en ningún caso respaldado por min", afirma o líder popular sen aclarar, non obstante, se as visitas de De Lucas a Monte Pío relatadas por Crespo foron certas ou non ou "a que se refería", como preguntou Jorquera, a mensaxe enviada polo suposto conseguidor ao empresario coruñés o día das eleccións municipais de 2011 co texto "Comiendo en Beluso, presidente, mar...! Todo bien". A oposición esíxelle ao presidente que aclare a súa relación con Pachi Lucas, considerado 'conseguidor' da trama De mensaxes, pero de correo electrónico, falou o presidente para tentar contrarrestar a chuvia de peticións de explicacións: Feijóo pregunta polos correos electrónicos remitidos por Crespo ao ex conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e ao seu director xeral Pastor Fuenteseca, nos que lles reclama axudas públicas e celeridade na súa resolución tras perder as eleccións de 2009 nun ton idéntico ao que, dous anos despois, empregaría noutros correos ao actual presidente. Do Goberno bipartito lémbrase tamén o xefe do Executivo para pedirlle explicacións a Jorquera por ser "compañeiro durante tantos anos" do ex conselleiro de Industria Fernando Blanco, "que está sendo investigado en relación co señor Jorge Dorribo", presunto líder da trama Campeón. Para AGE reserva outro clásico: "Están vostedes gobernando sobre un feixe de irregularidades dos ERE e dos cursos de formación de Andalucía", onde IU comparte goberno co PSOE: "Vostedes levan moito tempo sendo casta", asegura. Feijóo mantén que a Xunta iniciou a denuncia e subliña, a continuación, que o Goberno se persoou no proceso Alén da expansión de dúbidas sobre a xestión duns e doutros partidos o xefe do Goberno galego mantén o argumentario que o PP vén desenvolvendo durante días, o mesmo que utilizou este martes para negarse a abrir unha investigación da trama Zeta: que a denuncia partiu do propio Executivo. "O resumo principal, que son os feitos, é que esta Xunta inspecciounou, investigou e o puxo en coñecemento do Ministerio Fiscal". O presidente engade, asemade, outra afirmación que sería incompatible co feito de que o Goberno fose o primeiro en denunciar o caso: "Esta Xunta se persoou na causa para defender os intereses dos galegos". As visitas a Monte Pío, o papel do conseguidor, as relacións de Crespo co alcalde da Coruña e outros cargos ou o presunto financiamento do PP con sobres en negro son, para o presidente, "estratexias dos imputados" que "non imos valorar". "Será responsabilidade deles e da súa defensa", resolve. "Viva o respecto, a prudencia e a política con maiúsculas", proclamou para finalizar a sesión. |
PRAZA_20201 | Que o partido mais corrupto de Europa (PP) se estea cargando a Lei da Dependencia débese a razóns políticas e non financeiras | "La Ley de Dependencia no es viable (…) Hay que ir haciendo lo que se pueda (…) Podemos tener el modelo de bienestar que nos permitan nuestros ingresos, nuestros recursos y nuestra actividad económica" (Mariano Rajoy. Presidente do Goberno Español) Un dos sinais de identidade política do PP é a corrupción (auténtica lameira: primeiro e único partido imputado na democracia española, cun elevadísimo número de altos dirixentes igualmente imputados derivado dun inxente número de casos corrupción: Gurtel, Pokemon, Andratx, Arena, Bárcenas, CAM, Campeón, Emarsea, Fabra, Nóos, Palma Arena, Púnica, Baltar, Cela, Campeon, Conde Roa, Retablo.., tal que supoñen un auténtico saqueo das arcas públicas). Outra é a desigualdade reflectida, por caso, na total falta de sensibilidade con aqueles cidadáns, maiormente de rendas medias e baixas, que máis dificultades están atravesando por mor de seren as principais vítimas do austericidio. Unha das evidencias de isto último témola no comportamento do PP coa Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as persoas en situación de Dependencia (2006). Unha lei que buscaba protexer a aqueles/as cidadáns que "por razóns derivadas da idade, a doenza ou a discapacidade, e ligadas a falta ou a perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial precisan da atención de outra ou outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou doenza mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal". Segundo a Encuesta sobre Discapacidades, deficiencias y estado de salud, Galiza é unha das comunidades do Estado español con maior porcentaxe de poboación que presenta algunha discapacidade ou limitación. Segundo outras fontes, o número de persoas dependentes rolda en Galiza as 95.000, que equivalen ao 3,5% da poboación galega: unha cifra respectable como para que os poderes públicos lle presten unha atención relevante dado o número de familias galegas afectadas. Unha cifra como para considerar que unha normativa legal tal que a Lei da Dependencia resultaba moi apropiada para Galiza. Lembremos que a primitiva Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención as persoas en situación de Dependencia (2006) tiña como obxectivos centrais que "a atención ás persoas en situación de dependencia e a promoción da súa autonomía persoal debéranse orientar á consecución dunha mellor calidade de vida e autonomía persoal, nun marco de efectiva igualdade de oportunidades de acordo cos seguintes obxectivos: a. Facilitar unha existencia autónoma no seu medio habitual todo o tempo que desexe e sexa posible; b. Proporcionar un trato digno en tódolos ámbitos da súa vida persoal, familiar e social facilitando a súa incorporación activa na vida da comunidade". Uns obxectivos que se volveron imposibles de acadar por mor das limitacións lexislativas e os recortes orzamentarios aprobados polos sucesivos gobernos de Mariano Rajoy. Así o Partido Popular (PP) , ao pouco de chegar ao goberno (2012), xa deixou ben as claras as súas reais intencións en relación do Lei de la Dependencia e, xa que logo, o papel que a Administración Pública debe xogar na protección das persoas dependentes (R.D. 20/2012) (R.D. 1050/2013) Unhas intencións que se plasmaron en cambios que supuxeron, en termos orzamentarios, uns enormes recortes no gasto público reflectidos moi especialmente nunha moi forte redución da apartación do goberno central –que fontes ben informadas cifran en 3.000 millóns de euros- coa conseguinte deriva da responsabilidade financeira deica as CCAA. Xunto aos recortes orzamentarios o goberno de M. Rajoy (PP) introduciu asemade unha serie cambios normativos que supuxeron grandes limitacións para o acceso das familias con dependentes as axudas establecidas –como por caso no relativo aos recursos destinados a cada persoa en función da dependencia, o aumento e ampliación do copago, a eliminación da retroactividade e a supresión das cotizacións a seguridade social as/os coidadores/as familiares-. Finalmente o que debera ser unha excepción –as axudas familiares: a paga- converteuse en norma -52% dos casos- en claro prexuízo do obxectivo inicial da Lei da Dependencia de crear unha rede pública de servizos pero en beneficio das aseguradoras privadas. Na práctica isto se traduciu –como ben denuncian os informes do Observatorio da Asociación Estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais -nunha enorme mingua e unha grande desnaturalización dos obxectivos iniciais fixados na primitiva Lei da Dependencia. Unha auténtica "demolición" da mesma con consecuencias, en demasiados casos, fatais para as persoas dependentes: fontes do sector calculan que unha media diaria de 90 persoas dependentes falecen sen recibir ningún servizo. Unha realidade que fai que, segundo cálculos moi fiables, nos derradeiros catro anos máis de 125.000 persoas dependentes morreran mentres agardaban percibir unha prestación ou servizo ao que tiñan dereito. Se analizamos o posterior desenrolo da Lei da Dependencia vemos como os feitos deixan ben as claras a anteriormente subliñada falta de sensibilidade do PP cos cidadáns que máis sofren, neste caso as persoas dependentes. Así as evidencias e os datos estatísticos mostrannos como moitas persoas dependentes foron quedando fora do ámbito da aplicación da citada lei e, xa que logo, do dereito a recibir os servizos e prestacións que a Lei da Dependencia ten establecidos. Unhas estatísticas que reflicten como son políticas as razóns que explican os recortes en dependencia tal como demostra o feito de que España está entre os estados europeos que menos gasto público destina a atención as persoas dependentes a pesares de contar con un elevado número de cidadáns nesa situación: se na UE15 o 11,4% das persoas maiores de 65 anos reciben axudas públicas para a dependencia en España a cifra é do 8,1%. Uns recortes que no caso de Galiza fan que o nivel de desenrolo da Lei da dependencia estea no nivel medio de España (6,07 sobre 10) cando, como dixemos antes, Galiza é unha das comunidades autónomas con maior porcentaxe de poboación que presenta algunha discapacidade ou limitación. En relación as persoas dependentes: as persoas beneficiarias sobre o total da poboación potencialmente dependente achéganse ao 6,43% -claramente por baixo da media española: 8,47%, o que a sitúa de 3ª pola cola entre as CCAA-, as persoas que non obteñen grado supoñen o 14,54% entre as persoas ditaminadas -20,09% de media española-, as persoas con dereitos pendentes de atención ("están no limbo") supoñen o 26,16% -para unha media en España do 28,9%-, as solicitudes entre a poboación potencialmente dependente representan o 10,41% -para unha media en España do 15,88%: 2ª pola cola- e o incremento anual de persoas atendidas é do 17,40% -8,72% de media estatal-, cifras que fan que o número de persoas beneficiadas (PIA) sobre o total da poboación en Galicia (1,46%) estea claramente por baixo da media española (1,6%). Unha situación que está relacionada directamente co gasto público destinado a dependencia: Galicia emprega 409,69 euros por persoa dependente –moi por baixo da media española que está nos 554,97 euros: 74%-. Un déficit orzamentario que ten o seu impacto nos servicios e prestacións: o equilibrio servizos/prestacións está en Galiza no 26,33% -o 2º mais baixo de España cuxa media e do 41,73%- e o ratio prestacións/persoas beneficiadas é do 1,12 -1,23 de media española-. Galiza aparece, xa que logo, como unha das comunidades españolas que menos recursos publicos destina a atención as persoas dependentes o que se reflicte nun menor número de persoas beneficiadas e unha peor atención pública as mesmas. Uns recortes que traen en Galiza, como sucede a nivel español, consecuencias dobremente negativas tanto para as persoas dependentes como para o emprego, pois outra das grandes virtudes da Lei de Dependencia é a súa enorme potencialidade na creación de emprego. Unha realidade que, no curto prazo, non vai cambiar para mellor senón que todo indica que de seguir gobernando o PP, tanto en España como en Galiza, a situación das persoas dependentes seguirá a empeorar, pois segueran os recortes. Uns recortes que non están xustificados por que cando o Goberno español e a Xunta de Galicia, ámbolos dous en mans do Partido Popular (PP), afirman que a Lei da Dependencia non é financeiramente viable, MENTEN. Que o partido máis corrupto de Europa (PP), unha corrupción que, segundo a CNMV, nos custa máis de 90.000 millóns de euros cada ano, se estea cargando a Lei da Dependencia débese, como vimos de demostrar, a razóns políticas e non financeiras –hai recursos suficientes-. Débese a que as súas políticas amparan a corrupción e disparan a desigualdade deixando moitas vítimas no seu camiño, como por caso as persoas dependentes. As evidencias son concluíntes. |
NOS_56745 | As rúas de Ribeira foron un clamor en defensa do sector pesqueiro galego. Unha masiva mobilización con presenza de representantes de todo o abano social e político percorreu a localidade para rexeitar a decisión da Comisión Europea de expulsar a flota galega de máis de 40 caladoiros comunitarios. O veto a pesca nesas áreas entre en vigor mañá domingo 9 de outubro. | Ribeira é unha das localidades máis afectadas da Galiza polo decisión da Comisión Europea de excluír á flota galega de 46 caladoiros comunitarias. A medida, que tamén ten unha afección moi importante na flota con base en Vigo e nos portos da Mariña, pon en risco máis de 4.000 empregos no mar e a continuidade na actividade de 200 embarcacións. A este respecto, a Xunta de Galiza estima que pode xerar unhas perdas na economía do país de arredor de 816 millóns de euros. A mobilización reuniu na capital do Barbanza a perto de 4.000 persoas. A maioría deles procedían da propia comarca pero tamén destacou a presenza de mariñeiros chegados do conxunto da Galiza para expresar o seu rexeitamento a medida, entre eles o presidente da Federación estatal de confrarías, Basilio Otero, da Federación galega, José Antonio Pérez e da Asociación de arrastreiro de Ribeira, Ignacio Vázquez. Ao tempo, estivo presente, unha ampla representación sindical e política, formada , entre outros, polo vicepresidenta da Xunta, Diego Calvo, a conselleira de Pesca, Rosa Quintana, o secretario xeral do PSdeG, Valentín Formoso ou a voceira nacional do BNG, Ana Pontón. Basilio Otero Basilio Otero lanzou unha advertencia ao comisario europeo de pesca, encargado de tomar esta decisión, afirmando que "só queremos traballar. Mira ben o que fas". Na mesma dirección, lembrou que os mariñeiros son "os máis ecoloxistas" e significou que "de que o mar estea ben vivimos non só nós, senón tamén as nosas familias e iso non podemos permitir que nolo saque quen non entende a nosa forma de vivir e de traballar". O presidente da Asociación de arrastreiros de Ribeira, Ignacio Vázquez, deixou caer que nos últimos anos apareceron nas zonas nas que traballa a frota galega "outros operadores con intereses enerxéticos" que, engadiu, "teñen un poder de negociación e de financiamento" superior. Neste sentido, fíxose eco da opinión dunha parte do sector que culpa á eólica mariña dos retallos da Comisión Europea á actividade pesqueira. Ana Pontón Pontón, que acudiu a marcha acompañada dun ampla delegación da súa organización sinalou que "os gobernos teñen que actuar e de nada vale vir hoxe aquí a esta concentración se a proposta de moratoria non se pon sobre a mesa de maneira formal para evitar a destrución do noso sector pesqueiro". A dirixente nacionalista chegou a Ribeira após de manter diversos contactos co complexo pesqueiro nas últimas semanas. Precisamente onte, en Celeiro de Viveiro, un dos portos máis golpeados pola resolución europea, indicou que "o sector non precisa escenas de confusión, senón unha defensa clara dos seus intereses ante a Unión Europea, algo que non fixeron nin o Goberno español nin a Xunta". Valentín González Formoso O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, instou ao Goberno galego a acudir a Estrasburgo a dicirlle ao comisario de Pesca que o veto á frota de fondo é "un atropelo" para Galiza. O líder socialista trasladou os seus parabéns ao Goberno do Estado por recorrer a decisión como "unha primeira batalla xudicial" que "ten moito percorrido xurídico por diante". Neste sentido, acusou ao comisario europeo de "ir por libre" e de saltarse o procedemento, non escoitou ao sector, non respectou ao Consello Europeo de Ministros e non cumpriu a normativa comunitaria ao non incorporar ao expediente un estudo do impacto socioeconómico da medida". Paulo Carril O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, sinalou desde a manifestación que "se dea resposta ao clamor unánime da sociedade galega contra esta decisión da Comisión Europea e, no seu caso, se aproben compensacións para todos os afectados, impedindo que esta imposición de cese de actividade nos leve, antes ou despois, ao desguace da nosa flota, mentres non chegan os resultados da presentación dos recursos de anulación contra esta decisión da Comisión". Carril afirmou que o Ministerio de Pesca e a Consellaría do Mar "xa están tardando en tomar a iniciativa para a constitución dunha Mesa Única na que estean representadas todas as Administracións, os sindicatos e as asociacións de armadores para abordar toda esta situación; na coordinación dos recursos legais a interpor; nas medidas suspensivas a reclamar para paralizar a aplicación deste veto; nas medidas políticas e institucionais que os Gobernos deberán demandar ante a UE, pero especialmente en como afrontar todo o tempo que temos por diante até non conseguir deixar sen efecto o veto á nosa pesca". |
NOS_43295 | O Consell per la República chama a "rematar o camiño iniciado en 2017", mentres desde Òmnium instan as forzas políticas a "pór fin ás súas leas internas". | Máis un 11 de setembro a celebrar en Catalunya. Milleiros de persoas participan este sábado dos diferentes actos convocados polo movemento soberanista, nunha xornada que comezou coa tradicional ofrenda floral a Rafael de Casanova, diante do monumento que lembra a súa figura en Barcelona. A este evento acudiron as principais forzas políticas, como Laura Borràs (Junts), lembrou o 90º aniversario do Parlament de Catalunya: "Neste ano, e tamén ás portas do 5º aniversario do 1 de outubro, é importante recuperar o 11 de setembro como un tempo de loita, de reivindicación e de esperanza", dixo. Pola súa parte, Marta Vilalta, de Esquerra, chamou a "pór fin as disputas entre as forzas independentistas" e a "non confundir o inimigo" na loita independentista, a fin de "non debilitar o movemento". (2021) O independentismo volve ateigar as rúas pola Diada Nacional de Catalunya Desde a CUP, Xavier Pellicer instou o Govern a "abandonar a axenda do reencontro, a da estabilización e a da patronal" co Goberno estatal. "Hai que traballar polas necesidades de Catalunya nun momento de crise gravísimo", precisou. A Diada, a ollos de Salvador Illa (PSC), debe tornar nun "día do respecto". O socialista puxo en valor "a sociedade catalá acolledora, que suma e incorpora diferentes maneiras de pensar", ao tempo que chamou o Govern a "gobernar" e non "loitar". Un manifestante independentista, este 11 de setembro, en Barcelona. (Foto: Matthias Oesterle / ZUMA Press) Jaume Asens, de En Comú Podem, urxiu a fin da "xudicialización" do procés: "Que non haxa máis políticos ameazados coa prisión e que esta sexa a última Diada con dirixentes políticos que non poden voltar ás súas casas". Así as cousas, desde o Consell per la República, da man do seu portavoz, Guillem Fuster, instou a "culminar" o proceso iniciado o Primeiro de Outubro: "O que comezou en 2017 non rematou. Toca facelo". O BNG apoia o dereito a decidir do pobo catalán nesta Diada Ciudadanos, Vox e PP ausentáronse desta ofrenda, á que si asistiron desde a Galiza, porén, representantes do Bloque como Rubén Cela ou a eurodeputada Ana Miranda. "O BNG continúa reforzando os lazos co movemento soberanista catalán e amosan o seu apoio ás distintas formacións soberanistas de esquerda que defenden o dereito a decidir do pobo catalán", defenderon as nacionalistas. Òmnium Posteriormente decorreu o acto convocado por Òmnium Cultural, no que o seu presidente, Xavier Antich, criticou as "leas internas" do independentismo e reclamou o "regreso das mobilizacións na rúa". "Non hai estratexia compartida nin obxectivo común", lamentou, ao tempo que instou a recuperar a unión de 2017, cando "Catalunya logrou unha acumulación de poder como nunca antes nos últimos 300 anos", nun movemento do que participaron "axentes moi transversais". Manifestación da ANC Ás 17.14 horas, en homenaxe a aquel ano sinalado da memoria catalá, partirá en Barcelona a manifestación convocada pola Assemblea Nacional Catalana (ANC), na que se espera a participación de milleiros de persoas. |
NOS_29335 | Representan máis de 400 camas, onde se poden realoxar enfermos leves. | O vicereitor de Planificación da Universidade de Santiago (USC), Gumersindo Feijoo, informou que poñen a disposición do Sergas as residencias de estudantes do Campus Vida, que suman 420 camas (30% das que ten o Complexo hospitalario universitario de Santiago). As instalacións dos colexios Fonseca, Rodríguez Cadarso e Monte da Condesa pasarían así a estar a disposición para acoller enfermos ou tamén persoas maiores reubicadas desde residencias. As estudantes que estaban nestas residencias foron realoxadas na residencia do Burgo das Nacións, que non se desbota que poida tamén posta no futuro a dispor do Sergas que a situación xerada polo coronavirus continúa a agravarse. Os hospitais do sistema público de sanidade de Galiza suman 7.524 camas, ás que hai que engadir as 2.285 da sanidade privada. Desde a Xunta estanse a facer xestións para definir hoteis aptos e accesíbeis para asumir hospitalización en caso de ser necesario. "Xa temos contactado coas seis federacións de hostaleiros da Galiza para cotexar as dispoñibilidades dos estabelecementos máis adecuados, tanto por accesibilidade, como por tamaño, distribución e proximidade aos diferentes centros sanitarios máis importantes", precisou o presidente galego esta quinta feira. |
NOS_8804 | Solicitan ao xulgado que se aplique este prazo unha vez conclúa o inventario. | A familia Franco solicitou ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que se pospoña a data do 10 de decembro fixada para a entrega do pazo de Meirás, así como "polo menos dous meses" para retirar os bens desde que finalice o inventario. Fixérono nun escrito remitido ao xulgado en relación á decisión do seu titular de proceder á execución provisional da sentenza pola que se lles condenou á devolución do pazo, unha medida á que os Franco avanzaron que non se opoñerían, de forma "provisional" e á espera de que se resolva o seu recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña. Agora, a súa representación legal sostén que os familiares do ditador venSE "obrigados a entregar un inmóbel de considerábeis dimensións e en cuxo interior hai unha gran cantidade de 'cousas' (bens mobles)" que, lembra, non figuraban na sentenza. Así, inciden en que o fallo, tras a demanda interposta pola Avogacía do Estado, "circunscribiuse ás leiras ou inmóbeis reivindicados". "Sen facerse extensiva nin incluír ningunha sorte de referencia ás cousas ou bens móbeis que houbese -e hai- no seu interior". Ademais de cualificar a data do 10 de decembro como un prazo "notoriamente exiguo", reclaman deixar sen efecto a mesma despois de que o xulgado adoptase unhas medidas cautelares para proceder ao inventario dos bens. Nelas, impídese aos Franco sacar bens ata que o xulgado o autorice. Tras a visita feita pola comitiva xudicial, os técnicos de Patrimonio e os letrados ao inmóbel o pasado 11 de novembro, o xulgado acordou tamén dar un prazo de 20 días naturais, ampliábel, para efectuar o inventario co material de imaxes e vídeos solicitado. |
NOS_52942 | Somos as que loitan por un país sen violencia é o lema da nova campaña da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova con motivo do 25 de novembro coa que queren concienciar a mocidade contra o machismo. | A campaña que con motivo do 25 de novembro, Día internacional contra as violencias machistas, apresentou a organización xuvenil do BNG pular por «dar unha visión moito máis combativa a unha data na que sempre rematábamos relegadas ao papel de vítimas», afirmou Nerea Cazás, responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova. Somos as que loitan por un país sen violencia é o lema da nova campaña da mocidade nacionalista, tal e como adiantou Nerea Cazás, quen esta cuarta feira, 13 de novembro, enviou un escrito en nome da organización ao presidente da Xunta da Galiza co fin de que se cumpra a lei contra a violencia machista aprobada na Cámara galega hai doce anos, e que, segundo denuncia Cazás, está paralizada debido aos recortes levados a cabo polo Goberno do Partido Popular. Segundo sinalou a nacionalista, o contexto actual «é alarmante» debido ao aumento do 28,4% das denuncias por violencia machista. A isto súmanse os seis feminicidios acontecidos na Galiza no que vai de ano. Ademais da carta enviada a Feixoo, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova decidiu aproveitar o contexto estatal para enviar unha carta ao presidente en funcións, Pedro Sánchez, con medidas que deben ser tomadas de urxencia a nivel galego, estatal e con vertente específica na mocidade. «A día de hoxe as mulleres encontrámonos desprotexidas fronte a violencia machista e recortar en recursos dirixidos ás mulleres vítimas de violencia non só perpetúa a violencia machista senón que é violencia en si mesmo» sentenciou Cazás. |
PRAZA_1301 | A xuíza que investiga as múltiples irregularidades na xestión da entidade que rescatou a Xunta hai tres anos imputa o actual membro do Consello de Contas por "presunta malversación de fondos públicos". Marina Castaño tamén foi chamada a declarar. | A xuíza que investiga o caso da Fundación Camilo José Celta vén de imputar o ex conselleiro con Manuel Fraga Dositeo Rodríguez pola súa vinculación co despedimento do que fora director xerente da entidade. Xunto ao actual conselleiro de Contas na área de Conta Xeral, a titular do xulgado de instrución número 2 de Padrón chamou tamén a declarar outras catro persoas, todas elas como "presuntos autores dun delito de malversación de fondos públicos". A xuíza imputa o ex conselleiro no goberno de Fraga e a súa filla, actual directora xerente da Fundación Cela Entre elas está Covadonga Rodríguez, filla do ex membro do goberno da Xunta e actual directora xerente da entidade investigada, así como Marina Castaño, viúva do escritor e neste caso imputada ademais por fraude de subvencións e apropiación indebida. No caso da citación da presidenta honorífica da entidade, a xuíza solicita no auto que acuda presencialmente polo volume da información recollida no sumario. Dositeo Rodríguez, antigo patrono da Fundación entre 2011 e 2014 por petición de Camilo José Cela, xa asegurou que o cesamento de Tomás Cavanna, ex director xerente, foi "validamente aprobado polo Padroado da Fundación e co visto e prace da Xunta". Fíxoo nun comunicado en El Correo Gallego no que debulla todo o proceso que levou á destitución do anterior director. Marina Castaño tamén foi imputada por presunta malversación, fraude de subvencións e apropiación indebida Actualmente, a Fundación Cela pertence á Xunta logo do rescate que levou a cabo hai agora tres anos. A entidade privada, constituída polo escritor nos anos 80 do século pasado para preservar o seu legado e cuxa sede en Iria Flavia permanece aberta dende 1991, pasou a ser integramente pública co obxectivo fundamental de frear en seco o proceso de degradación que viña sufrindo durante os últimos anos, especialmente dende a morte en 2002 do Nobel, momento dende o que a entidade estivo dirixida pola súa viúva, Marina Castaño. A oposición xa daquela criticara o "trato escandalosamente privilexiado" recibido pola fundación, que recibira da Xunta máis de 400.000 euros a través de dous convenios, un de 154.000 euros e outro de máis de 265.000, como solución de urxencia para a súa delicada situación, que a levou á creba tras a desfeita de xestión dos seus responsables. Ademais, e desde aquela, o organismo salvouse ano a ano dos constantes recortes orzamentarios da Administración galega no ámbito cultural. En 2015, ao igual que nos anos anteriores, recibe 257.294 euros das arcas públicas galegas. A Xunta rescatou a fundación, 'nacionalizouna' e manteuna á marxe dos continuos recortes á cultura nos Orzamentos A actual directiva da fundación, Covadonga Rodríguez, fora nomeada a dedo en substitución do xerente de xempre, Tomás Cavanna, e xusto cando a Xunta empezaba a coller o temón da entidade. Foi mantida no posto pola Xunta, tamén desde que a institución se converteu en completamente pública. Unha historia de múltiples irregularidades na xestión De entre as múltiples irregularidades descubertas e investigadas, a última que se soubo foi a dunha entidade ligada a Castaño que se tería quedado co IVE das obras na Fundación Cela. Lengua y Literatura, Agrupación de Interés Económico (AIE), constituida co capital da fundación (ao 80%) e a viúva do escritor (20%), absorbeu o IVE das obras de rehabilitación de dous inmobles pertencentes á entidade que honra o premio Nobel. Concretamente, os traballos nas casas dos canónigos números 5 e 8, que foron subvencionados con fondos públicos. Unha entidade ligada a Marina Castaño tería quedado co IVE das obras na Fundación Cela Non foi a única polémica. As denuncias dos empregados sacaron á luz a irregular xestión da Fundación desde hai máis dunha década. Dennciouse o trato aos traballadores ou o dispendio nos gastos, como o soldo de 10.000 euros ao meso do anterior xerente ou o uso da sede para usos particulares de Marna Castaño ou do daquela director. Todo sen que por aqueles anos, sendo parte do padroado da entidade a Xunta, a Casa Real, a Universidade de Santiago e as deputacións, se fixese nada. O xulgado de Padrón abriu a investigación en xaneiro de 2012 logo de que a Fiscalía de Santiago presentase seis meses antes unha denuncia contra Marina Castaño e Cavanna. O fiscal, co apoio da Axencia Tributaria, levaba meses investigando as actividades económicas dentro da fundación da viúla do escritor e do xerente que ela e Camilo José Cela trouxeran da empresa Ford. Logo de medio ano de pescudas, concluíuse que abría probas dabondo para presentar unha demanda por estafa, apropiación indebida, fraude fiscal e malversación de caudais públicos. En outubro dese 2012, a policía fiscal e a Garda Civil rexistraron a sede da institución e levaron abundante documentación contable e correos electrónicos. O xulgado de Padrón abriu a investigación hai máis de tres anos logo de que a Fiscalía denunciase a Castaño e Cavanna Todo partira algo antes dunha denuncia inicial de Lola Ramos, veciña de Iria Flavia, coa que intentou sacar á luz todas as presuntas irregularidades que Marina Castañño levaba cometendo desde habíai anos. Toda a documentación que achegou, moita dela conseguida a través de envíos anónimos de persoas que coñecían o que se cocía na fundación, foi posta en coñecemento de partidos e persoeiros políticos e administracións. Nela advertíase da presunta creación de sociedades interpostas para aproveitar subvencións e obter millonarias devolucións de IVE que corresponsían á entidade por ser unha institución sen ánimo de lucro. |
NOS_28227 | Desde as diferentes comarcas do país partirán autobuses para facilitar unha afluencia masiva á manifestación convocada por Queremos galego baixo o lema 'En galego día a día'. | Da Coruña a Vigo e de Ourense á Costa da Morte, pasando pola Mariña, Baixo Miño, Ferrolterra ou Barbanza. Das ciudades e comarcas do país partirá una frota de autobuses esta quinta feira, 17 de maio, con destino a Compostela `para participar na manifestación convocada por Queremos Galego. Na web da plataforma hai un apartado específico dedicado a informar deste transporte e a anotarse no mesmo. Unha trintena de autobuses que sai´rán e percorrerán máis dunha vintena de localidades para facilitar a asitencia a unha mobilización que Queremos Galego vaticina que vai ser "masiva" na defensa da lingua propia do país. Festa e reivindicación O 17 de maio a manifestación de Queremos Galego será un acto festivo e reivindicativo. Participarán centos de colectivos e entidades de ámbitos moi diversos que teñen en común a defensa do galego. A manifestación rematará na Praza da Quintana onde a comunicadora e actriz, Nieves Rodríguez, galardoada co premio á mellor comunicadora nos premios Mestre Mateo deste ano polo seu traballo no programa Vaia Troula!, conducirá o acto final. Haberá a lectura do manifesto 'En galego día a día' por persoas destacadas de diferentes ámbitos como a xustiza ou a administración. Actuarán para as miles de persoas Franki e os labregos da linguaxe co rap "Rapea, que a lingua non para" que é o manifesto gañador do Correlingua 2018. Marcos Maceira, voceiro da plataforma, sinalou que a manifestación vai ser un exemplo dunha sociedade, a galega, que consegue manter viva unha lingua "que non só non conta con amparo institucional senón que recibe desamparo e agresividade sistemática" por parte de administración que teñen que apoialo e defendelo. |
NOS_49836 | Só un debate -o deste 13 de xuño- e só con forzas políticas estatais. Iso é todo o que ofrece a campaña das xerais. Contra a exclusión das forzas políticas soberanistas e a presumíbel ausencia da Galiza como tema, ergueu a voz o BNG esta segunda feira. Fíxoo pola vía da parodia: escenificando un debate ao ar libre, Ejpaña a 4, no que estiveron -carautas mediante- os líderes estatais e até a xornalista Ana Pastor. | Iglesias teoriza en Política, Manual de Instrucciones, o documentario sobre Podemos que asina Fernando Aranoa, que a política hoxe xa non se fai nos parlamentos, mais nos platós de televisión. O problema é que con esa lóxica as forzas soberanistas sobran. Contra ese veto organizou esta segunda feira un acto o Bloque Nacionalista Galego. Contra o veto e contra a presumíbel ausencia de Galiza no debate. Nel participaron os sosias dos líderes estatais, mais tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a número un por Lugo, Olalla Rodil, e o cabeza de lista por A Coruña, Carlos Callón. Callón agoirou que os líderes estatais non emprestarán atención aos problemas galegos. "Animo a xente a que collan o cronómetro e vexan cantas veces se fala de calquera dos problemas dos galegos e das galegas", dixo. O seu prognóstico é que "o total de tempo" que dedicarán a Galiza "vai ser cero". Feito este exercicio, o que cómpre será comparar esta ausencia co "tempo que se dedicará aos problemas de Catalunya, Madrid ou Andalucía". "Verán claramente cal é a diferenza", antecipou, o que o levou a concluír que "se o BNG non está, Galiza non está", unha das frases favoritas da formación nacionalista nesta campaña. Tamén aludiu Ana Pontón á exclusión da Galiza do debate. Dixo que o BNG quer coller da man a "todas as persoas" que están "esgotadas de ver como os 4 magníficos desde a televisión só están preocupados polos seus intereses". Nunha apelación á afectividade -a metáfora de coller a man-, a líder do Bloque quixo comunicar que "hai esperanza" e que "esa esperanza na Galiza é o BNG". |
PRAZA_7331 | O presidente da Deputación de Pontevedra e agora máximo dirixente do fútbol galego aposta polo "regreso" da 'Irmandiña' sempre que "non sexa un partido de confrontacións políticas". Nas súas mans está a volta do encontro amigable no vindeiro ano tras seis anos xa de ausencia. | "Eu quero que regrese a selección galega, pero non pode ser un partido de confrontacións políticas". Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra e novo presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF) manifestou este luns na Radio Galega a súa intención de que o combinado galego regrese aos campos no vindeiro Nadal. Pero asegurouno coa boca pequena e poñendo condicións. Fíxoo un día despois de que Cataluña e Euskadi disputasen un novo encontro amigable polas festas e xusto cando se cumpren nove anos da reestrea da Irmandiña naquel enfrontamento ante Uruguai en 2005 en Compostela. Louzán di querer o "regreso" da selección galega pero "sen ser un partido de confrontacións políticas" A selección durou o que durou o goberno bipartito na Xunta. Catro anos e catro encontros con considerable éxito de público e tamén como escaparate deportivo ante o Uruguai, o Ecuador, Camerún e Irán que viñeron acompañados por partidos do combinados feminino e co agromar doutros equipos galegos como o de fútbol sala ou o de baloncesto. "Aquilo foi moi importante para que os seareiros galegos puidesen ver xuntos o seu equipo, pero tamén como importante escaparate para moitos futbolistas e deportistas en xeral, tanto homes como mulleres", lembra agora Santiago Domínguez, daquela director xeral para o Deporte e unha das figuras claves no impulso que se lle deu á Irmandiña. Agora, considera "unha mágoa" que Galicia acumule xa seis anos sen disputar partido amigable ningún e sente certa envexa cando ve como "Euskadi e Cataluña si celebran o seu partido anual". Cualifica de "absoluta falsidade" os argumentos económicos que daba -e aínda dá- o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para negar o partido. Chegou a falar dun gasto de un millón de euros para cada encontro, algo que nega rotundamente Domínguez, que asegura tamén que algúns daqueles encontros deron superávit grazas ao apoio de patrocinadores e que nos outros casos "quedouse practicamente a pre". Santiago Domínguez destaca o éxito que tiveran os partidos da selección galega e nega o argumento de excesivo gasto que deu a Xunta para vetalos O motivo da supresión dos partidos da selección "foi político", recorda o agora concelleiro do BNG en Vigo, que anima a comparar o gasto que tanto a Xunta como outras administracións públicas como as deputacións fixeron nas últimas edicións da Vuelta Ciclista a España. "Unha carreira onde xa non participa equipo galego ningún e nin tan sequera hai un corredor galego que nos represente", asegura. Só por parte do Goberno galego, e co obxectivo de promocionar turisticamente o país, gastáronse case 300.000 euros por unha etapa final en Compostela na última edición. Agora, será Rafael Louzán o que teña que afrontar desde a Federación Galega de Fútbol a organización do partido da selección galega para dentro dun ano. A cor política non debería ser un obstáculo para un acordo coa Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que ten nas súas mans recuperar un encontro que o outro candidato -e derrotado- á presidencia da FGF prometera retomar en 2015. Fernando Vázquez, ex seleccionador galego, era un dos seus principais valedores e apoio á hora dunha organización que quedou en nada. O ex técnico de Compostela, Celta e Deportivo -entre outros- tamén lanzou un órdago ao novo dirixente do deporte rei no país. "Que non se esqueza da selección", manifestou hai pouco. Problemas con xogadores tampouco debería ter. A dificultade para atopar xogadores de primeiro nivel naquela última etapa da Irmandiña contrapóñense agora coa importante cantidade de futbolistas de elite que reúne Galicia tanto en Primeira División como na Segunda, pero tamén en importantes ligas estranxeiras. Xuntando tan só os xogadores galegos de Celta, Deportivo e Lugo daría para unha convocatoria. "Nunca houbo problema político ningún cos partidos da selección" Pero Louzán insiste en que aqueles partidos da selección galega crearan "confrontación política". "Nunca houbo problema político ningún e a xente o único que quería era gozar dun equipo co que se sentía identificado", insiste Santiago Domínguez, que agarda que no décimo aniversario da reestrea do combinado galego poidan volverse xuntar polo Nadal os combinados masculino e feminino defendendo a camisola azul e branca. "E con todos os afeccionados, sexan do Celta, do Deportivo ou doutro equipo, animando a un mesmo conxunto", destaca o que fora director xeral para o Deporte, que lembra que aqueles encontros contribuíran tamén a impulsar unha rivalidade máis sa e menos comprometida entre afeccións rivais. "A xente entende cousas que moitos dirixentes populares non saben ou non queren entender", remata Domínguez, con quen Praza mantivo unha conversa que será publicada completa este martes. |
NOS_470 | O fiscal estuda a instancias da Delegación do Goberno español se hai indicios de delito no Concello de Donosti e Deputación de Gipuzkoa por non "respectar" o dó oficial. | O fiscal superior do País Vasco demandou explicacións ao Concello de Donosti e Deputación de Gipuzkoa (ambas gobernadas por Bildu) por non gardaren o dó oficial polo pasamento o pasado 23 de marzo do ex-presidente español Adolfo Suárez. Juan Calparsoro, o fiscal, investiga a instancias da delegación do goberno español en País Vasco se hai indicios de delito neste comportamento das dúas institucións vascas, pois é, apuntan, un incumprimento dun doo oficial. Calparsoro quere saber, segundo apuntan diversos medios, por que o concello donostiarra e a deputación guipuscoana non izaron a bandeira a medio pau durante os días de doo pola morte de Suárez. O fiscal está á espera das explicacións dodeputado xeral de Gipuzkoa (Martín Garitano) e do alcalde de Donosti (Juan Karlos Izagirre) para determinar se actuaron penalmente ou non. Incumprir un real decreto O delegado español en País Vasco, Carlos Urquijo, foi o que pediu á Fiscalía se o feito de que esas institucións non puxesen a bandeira a medio pau era un incumprimento dun real decreto (que ditaba esa media). |
NOS_27596 | Os ritmos da lóxica produtiva, gañar-gastar-descansar, abocan á vida bipolar casa-traballo ou pronto casa-casa co teletraballo como desculpa. | En toda cidade pode existir unha casa ideal que en lugar dos cuartos nunha mesma vivenda como temos, a integraran diversos espazos dispoñíbeis nos diferentes barrios. Unha casa como suma de cuartos frecuentados para estar ou traballar, sós ou en compañía en función do noso humor e necesidades. Existen mil espazos raros pero perfectamente habitábeis á espera de ser descubertos, sexan legalizábeis ou non. As características desexábeis son moi variadas: uns moi altos e onde até poder anoxarse, outros sen moita luz pero silenciosos para poder estrimear; algúns pequenos pero cunha gran vista afastada e até caixas flotantes. O rango é amplo: desde a máxima apertura para reunirse cuns mínimos gastos compartidos para poder traballar, fabricar, compor ou cociñar; até a intimidade extrema da caverna da creación individual onde non se escribe sen luz artificial. Os seus usos deberan, ademais, ser intercambiábeis, xa que o cuarto que só soporta unha función determinada non adoita ser un bo cuarto. Saír da casa ou escapar da oficina expresan a necesidade constante de cambiar de aires. En menos de 15 minutos, 1 km camiñando ou 4 km en bicicleta cambiariamos de barrio e en moitos aspectos de cidade. Que efecto tería nas nosas vidas habitar esta casa de casas e cantas precisariamos? Doutra banda, a vivenda como a coñecemos, púxose a proba pola pandemia e tentouse usar como oficina, escola ou ximnasio. A falla de amplitude nos espazos interiores ou comúns nos edificios foi evidente. Á súa vez, aumentan as parellas sen fillos ou maiores, persoas soas ou solitarias, que demandan menos cuartos e máis espazo, o que fai pensar na posibilidade doutra forma de habitar máis diversa e, por que non, noutras formas de familia. Os ritmos da lóxica produtiva, gañar-gastar-descansar, abocan á vida bipolar casa-traballo ou pronto casa-casa co teletraballo como desculpa. Esta divina rutina impídenos ver ou que ocorran demasiadas cousas. A vivenda é un dereito, a súa propiedade non. A hipoteca da casa para toda a vida cos seus deprimentes domingos pola tarde é vista por moitos hoxe con arrepío. Este hábitat disperso xurdirá alentado pola necesaria limitación dos alugueiros, a próxima concentración da xornada laboral a 4 días ou a flexibilidade que achega o teletraballo, mellor nun espazo compartido que obrigue a baixar á rúa e ao café e non en illamento caseiro. Ou tamén coa modificación das divisións horizontais existentes para multiplicar usos en terrazas e baixos, ou nas novas promocións en coliving, maximizando os flexíbeis espazos comúns; ou xunto a fórmulas como o cohousing, vivindo nunha mesma gran vivenda por elección eficaz e luxosa, contra o piso especulativo e moi dividido coñecido. A casa de satélites habitados proposta completaríase co fundamental percorrido entre os barrios. Ademais, durante ese camiño e grazas ao noso inmerecido clima e impagábeis bares, moitas veces pénsase mellor. Pois non nos enganemos, como fóra de casa non se está en ningún lado! |
PRAZA_9836 | Xa está en marcha a campaña das eleccións xerais, cun PSOE á alza e cun PP á baixa cuxas principais vías de escape de votos son tamén oportunidade para volver ao poder. Feijóo chama a "unir o voto" da dereita no PPdeG e Caballero insta a "non confiarse". En Común e En Marea eríxense en garantes dunha maioría progresista que pense en Galicia e o BNG pide o voto para "defender Galiza" e "frear a involución" | Dende este 12 de abril está en marcha a campaña electoral das eleccións xerais do 28 de abril. É unha carreira electoral en moitos sentidos, inédita. O feito que nun contexto habitual sería o máis relevante, o anticipo electoral, fica en segundo plano. Son unhas eleccións convocadas polo primeiro Goberno de España emanado dunha moción de censura aprobada nun Congreso xurdido doutras eleccións, as de xuño de 2016, obrigadas pola ausencia de maioría para formar Goberno nos prazos legais coa composición previa, a emanada das urnas en decembro de 2015. E mesturando mitins coa Semana Santa.A carreira electoral comeza co PSOE á alza e cun PP á baixa cuxas principais vías de escape de votos son tamén esperanzas para acabar volvendo ao poderO proceso soberanista catalán, a súa vertente política a transcorrer de xeito paralelo á xudicial con varios dos seus principais dirixentes en prisión foi o pano de fondo do remate da lexislatura e tamén é unha das grandes cuestións da campaña. Posiblemente, tamén das novas Cortes Xerais que as principais sondaxes bosquexan co PSOE de Pedro Sánchez en primeira posición, pero tamén cun PP á baixa para o que as súas principais vías de escape de voto, Ciudadanos e o partido de extrema dereita Vox, son tamén as principais esperanzas para acabar levando á presidencia da Pablo Casado, o seu novo líder.En Galicia as xerais son a primeira cita dun ciclo electoral aínda máis prolongado que no resto do Estado, que non rematará ata os comicios ao Parlamento que tocaría celebrar, agás mudanzas ata agora non previstas, no outono de 2020. Este primeiro asalto electoral chega, atendendo ás sondaxes, cun PP moito menos desgastado que noutros lugares, pero tamén con fugas de voto cara a outras forzas de dereita que poderían amplificar o ascenso do PSdeG.Os socialistas, previsiblemente, pescarán nos caladoiros de sufraxios aproveitados en 2015 e 2016 con éxito por En Marea, daquela coalición electoral. Nesa enésima recomposición do espazo electoral galega confía tamén o BNG para regresar ao Congreso, onde sentou ininterrompidamente entre 1996 e 2011. E todo cun ollo posto no efecto que o 28A poida ter nos concellos que o electorado está chamado a renovar menos dun mes despois.Feijóo clama pola "unión" da dereita no PP e repite "Batasuna"Como en cada elección da última década, sexa do ámbito que for, polo PPdeG concorren as candidaturas correspondentes e, dalgún xeito, tamén Alberto Núñez Feijóo, quen nas últimas semanas navega entre os intentos de manter perfil propio sen discordar do xiro á dereita do seu xefe de filas. No mitin inaugural da primeira campaña en quince anos sen Mariano Rajoy como máximo dirixente -aínda que si participará na campaña galega- os populares galegos xuntáronse nun hotel da Coruña dende o que o presidente da Xunta chamou a "unir o voto" en torno ao PP.O PP asegura ser o "único partido" ao que "lle importa Galicia" e "quere unha España unida"Igual que nas últimas semanas unha das palabras máis repetidas do presidente dos populares galegos foi "Batasuna". Así, co nome da desaparecida formación abertzale, Feijóo identifica os potenciais socios aos que se "debe" Pedro Sánchez, acusa. Fronte a el debuxa a un único partido ao que lle "importa Galicia" e que ao tempo quere "unha España unida", o PP, a "alternativa con solidez" e "libre de imposicións", dixo horas despois de afirmar, dende o atril da Presidencia da Xunta, que está convencido de que "o PPdeG vai gañar as eleccións en Galicia". Se non o fixese sería a primeira vez que non é o máis votado dende a desaparición da UCD.Caballero sinala o PSOE como dique fronte ao "risco da ultradereita"Para o PSdeG a do 28A é a campaña que afronta, a priori, con máis optimismo cando menos dende a perda do goberno da Xunta en 2009. Tamén a primeira con Gonzalo Caballero como secretario xeral. No comezo da campaña en Santiago o líder socialista evidenciou a súa aposta por subir á onda de Pedro Sánchez para aspirar aos seus mellores resultados en Galicia dende os tempos de Zapatero.Caballero: "O vento sopra a favor, pero non nos confiemos""O vento sopra a favor", admite Caballero, pero "non nos confiemos". "O voto ao PSOE é máis necesario ca nunca" porque un "retroceso" nesas expectativas suporía tanto como que Sánchez non dea formado goberno e sexa substituído na presidencia por unha alianza impulsada dende "a ultradereita". "Para seguir progresando, para defender o sistema público de pensións, dar dereitos á clase traballadora, apostar polos dereitos das mulleres", clamou, cómpre unha "mobilización masiva" da esquerda en torno ao PSOE.En Común eríxese en garante de "goberno progresista"Dende Vigo comezou a campaña electoral unha das incógnitas desta carreira cara ao 28A, En Común-Unidas Podemos. Ou, o que é o mesmo, a nova marca da alianza de parte das formacións que nas anteriores convocatorias participaron de En Marea como coalición: Podemos, Esquerda Unida e Equo. Como nos actos de precampaña a cabeza de lista da formación por Pontevedra, Yolanda Díaz, presentou as súas candidaturas como garante dun "goberno progresista" que tamén, asegura, "depende dos resultados en Galicia".Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino aseguran que non será posible un Executivo "ao servizo da maioría" cun pacto do PSOE con C'sA xuízo de Díaz e tamén de Antón Gómez-Reino, cabeza de lista pola Coruña, o voto a Unidas Podemos vai ser clave para que o vindeiro Executivo do Estado estea "ao servizo das maiorías sociais" e "coloque a Galicia" no Congreso. "Temos que derrogar a reforma laboral, loitar contra a precariedade" e afrontar o "reto democrático" de avanzar cara a un Estado plurinacional, di Gómez-Reino. Pero nada disto será posible cun Goberno da dereita, pero tampouco do PSOE se opta por "gobernar con Ciudadanos", advirten.En Marea promete "alianzas de progreso" sen "cheques en branco"Aínda que a marca electoral non é nova, a fórmula de concorrencia de En Marea si é inédita nunhas eleccións xerais. Dende a rúa nova de Compostela o voceiro da formación, Luís Villares, bosquexou no primeiro acto da campaña cal sería o labor da representación de En Marea no Congreso. A súa aposta, di, é que "con En Marea haxa investidura para unha maioría que non deixe ninguén atrás", isto é, unha "alianza de progreso" que ao mesmo tempo se comprometa a "ampliar dereitos" e "fomentar investimentos" en Galicia.Luís Villares subliña a "coherencia" como "o maior aval de En Marea nestas eleccións; temos palabra"A "coherencia", resalta Villares, é "o maior aval de En Marea para estas eleccións xerais". "Por iso pedimos ás galegas e galegos a súa confianza; temos palabra e imos cumprir", afirmou o voceiro de En Marea entre apelacións ao "espírito do 8M e do 15M". Estas eleccións, agregou a cabeza de lista pola Coruña, Ana Seijas, son "cruciais" para "recuperar dereitos democráticos", pero tamén para que "Galicia sexa tida en conta como merece".O BNG chama a "votar con ilusión" para "defender Galiza" e "frear a involución"O comezo de campaña do BNG cara ao 28A tivo, en certo xeito, mensaxes semellantes ao inicio da campaña das eleccións galegas de 2016. Hai "ilusión", asegura Ana Pontón, porque "votar BNG é votar con ilusión a favor de Galiza" porque, se a formación soberanista regresa ao Congreso, vai "condicionar a política do Estado para mellorar a vida dos galegos e galegas", pero tamén defender "os dereitos e as liberdades" fronte á "involución democrática".Pontón amósase segura da "remontada" da man das "persoas, nacionalistas ou non, que queren que este país teña voz propia e forte"O Bloque, sinalou Pontón en Santiago xunto ao cabeza de lista pola Coruña, Néstor Rego, "ofrece un proxecto sólido" e "coa man tendida" a "todas as persoas, nacionalistas ou non" que "queren que este país teña voz propia e forte en Madrid, sen subordinación ás forzas estatais, vellas e novas, que agravian e decepcionan". O BNG está a detectar un "torrente de simpatía" en "aumento" que, afirma, se van traducir nunha "remontada". "O Bloque vai por todas" porque "paga a pena defender unha Galiza sen emigración, unha AP-9 galega libre de peaxes, unhas rías saneadas" ou "un prezo xusto na factura da luz", exemplificou. |
PRAZA_3445 | Pide a quen regrese dunha rexión de risco que manteña a actividade normal e preste atención a posibles síntomas | A Consellería de Sanidade enviou unha circular aos centros educativos galegos na que recomenda evitar as viaxes e intercambios con zonas afectadas polo coronavirus, agás que sexa estritamente necesario. O texto, remitido pola Dirección Xeral de Saúde Pública e ao que tivo acceso Praza.gal, indica que este departamento ten coñecemento de que se realizaron desprazamentos de estudantes de colexios e institutos galegos a Italia, onde varias rexións do norte (Lombardía, Véneto, Emilia-Romaña e Piamonte) están consideradas de risco.A recomendación é manter unha actividade normal e prestar atención a aparición de síntomasA nota di que o alumado e o profesorado que retorne de zonas afectadas debe seguir coa súa actividade normal, pero con atención á aparición de síntomas relacionados coa enfermidade que provoca o coronavirus, a COVID-19. Nese caso, indica, as persoas afectadas deberán poñerse en contacto co 061 ou co 112, que son os teléfonos habituais de atención a emerxencias. A circular pide tamén que os centros que teñan previstas viaxes a zonas de risco ou que recibiran alumnado e profesorado destas rexións sigan as instruccións das autoridades sanitarias, que se poden consultar nas páxinas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e do Ministerio de Sanidade.Na lista de rexións con transmisión comunitaria do virus figuran na actualidade China, incluídas Hong Kong e Macao, Corea do Sur, Xapón, Singapur, Irán e as devanditas áreas do norte de Italia. As persoas que regresen dalguna destas zonas e presenten nos 14 días seguintes síntomas de infección respiratoria como febre, malestar xeral, cansazo, tos o dificultade para respirar deben os teléfonos facilitados, en lugar de ir directamente a un centro sanitario. Ademais, o Sergas facilita un teléfono para quen desexe consultar información xeral sobre o virus: 902 400 116.No Estado español o nivel de risco está considerado moderado. Non se aplican corentenas ás persoas procedentes de rexións afectadas e o Ministerio de Sanidade lembra que as recomendacións xerais para enfermidades de transmisión respiratoria son cubrir nariz e boca ao tusir ou esbirrar, utilizar panos de papel desbotables e lavar as mans con frecuencia. |
NOS_33941 | Abril foi un mes tráxico para para as industrias galegas. Aos nomes de Pescanova, Darty ou Caramelo sumáronse T-Solar, Pórtico, Atento ou Unísono como empresas que neste mes saltaron á información por peches ou despedimentos. A Xunta terá que responder no Parlamento sobre esta destrución do tecido industrial. | En Abril, Darty, que antes era San Louis, anunciou o peche das súas dez tendas que tiñan empregadas a 150 persoas. A empresa de paneis solares T-Solar, con 170 persoas traballando, negocia un ERE extintivo despois de ser creada cinco anos atrás co apoio de 16,2 millóns de euros de axudas do Estado, Xunta e Deputación de Ourense. A marca de confección Caramelo entrou en concurso de acredores co presentación dun ERE. Con 800 persoas traballadoras, Pórtico aplica desde setembro un expediente de regulación temporal de emprego e está a renegociar a súa débeda. A situación continúa a agravarse coa incógnita sobre os postos de traballo de Pescanova, e o grave momento para os cadros de persoal de empresas como Atento que pode supor o despedimento de 142 persoas ou Unísono cun ERE suspensivo para 97 persoas nun sector que está botando empregadas á rúa de forma progresiva. Ausencia de entidades financiaieras Diante desta situación e do que denominan "mes negro" para a economía galega, o BNG a través dos seus deputados Carme Adán e Francisco Jorquera vén de presentar no Parlamento distintas iniciativas para demandar ao goberno da Xunta as medidas que se van desenvolver desde o IGAPE para frear esta situación ademais da valoración da Consellaría de Economía e Industria da destrución do tecido industrial. "A combinación da crise económica coa ausencia de entidades financeiras propias e unha pasividade total por parte do Goberno galego está a ter un resultado desolador na economía e no emprego na nosa terra" sinalan, poñendo como pano de fondo o caso de Pescanova mais facendo tamén relación de empresas que durante estes últimos tempos anunciaron peches, eres ou ertes concursos de acredores, peches e outras situacións que deixan á vista a febleza e o momento crítico que está a atravesar o tecido produtivo. As varias iniciativas rexistradas no Parlamento obrigarán a Xunta a responder na sede institucional ás políticas desenvolvidas para reverter esta situación. |
NOS_11342 | 445.000 persoas non poden pagar o subministro eléctrico mais Feijóo continúa sen pronunciar a palabra "pobreza" nos seus discursos. BNG e AGE lembráronlle ao presidente da Xunta a grave situación pola que atravesan milleiros de persoas mentres o goberno galego continúa a acelerar os recortes sociais e deixa sen executar axudas á emerxencia. | O voceiro do BNG, Francisco Jorquera, esixiu ao goberno galego a inclusión da definición "consumidor enerxético vulnerábel" na Lei de Defensa das persoas consumidoras e para argumentar a urxencia da situación levou ao parlamento os alarmantes datos sobre a pobreza. 445.000 persoas non poden pagar o subministro eléctrico, en total 187.000 fogares que teñen dificultades para abonar as súas facturas. Jorquera pediulle así a Feijóo colocarse "ao lado das persoas" e impida a través da inclusión do concepto de "consumidor enerxético vulnerábel" que as compañías podan cortar a enerxía ás familias en situación de pobreza. Máis cifras: 1.666.000 persoas teñen dificultade para chegar ao fin de mes segundo a enquisa do IGE. "Indecente" cualificou Jorquera que se lle estea cortando a enerxía a familias en situación de emerxencia cando as eléctricas están a rexistrar uns beneficios de máis de 7.000 millóns de euros. Cunha taxa de pobreza enerxética superior á media estatal, o deputado nacionalista lembroulle na sesión de control ao Presidente que a Generalitat xa modificara a lei para se facer cargo das facturas das persoas necesitadas. "Indecente" cualificou Jorquera que se lle estea cortando a enerxía a familias en situación de emerxencia cando as eléctricas están a rexistrar uns beneficios de máis de 7.000 millóns de euros. Volta dos braseiros Braseiros e estufas de leña regresan como fica de manifesto nos varios accidentes rexistrados nos últimos tempos, que lembrou o parlamentario do BNG quen lamentou que o PP votase en contra de todas as iniciativas que presentara o seu grupo para combater a pobreza enerxética. Criticou que non se opte por unha tarifa galega e que se lle poña cada vez maiores impedimentos ao autoconsumo. Para a resposta, Feijóo anunciou a creación dun "ticket enerxético" que estarían preparando as consellarías de Industria e Economía para axuda ás persoas necesitadas. Unha política de beneficencia e non de resposta a unha situación de pobreza crecente foi do que a oposición ao completo acusou o presidente da Xunta. "Vostede recoñece que hai pobreza neste país?, É capaz de pronunciar esa palabra? Que vai facer contra a cada vez maior desprotección social da cidadanía?", recriminoulle a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz ao tempo que denunciou o crecemento da pobreza no país e criticou que a Xunta deixara sen executar o 42% dos orzamentos dedicados ás axudas de emerxencia. "Vostede recoñece que hai pobreza neste país?, É capaz de pronunciar esa palabra?", dixo Yolanda Díaz "Con vostedes, este organismo pasou de 38 millóns de euros a catro millóns", dixo, a respecto do desmantelamento do sistema público de emprego cando 282.000 persoas están rexistradas en situación de desemprego e 14.000 nen@s viven en situación de pobreza. Yolanda Díaz botou man dos datos de Cáritas, da Enquisa de Poboación Activa ou do propio Valedor do Pobo para cuestionar a política de beneficencia de Feijóo fronte unha política social que atalle a situación crítica pola que atravesa o país. |
NOS_35394 | Está formado por retallos diversos, que van desde os grupos neonazis aos libertarios de dereitas, cunha meta común: o colapso do Goberno e do sistema a través dunha guerra civil. Son os 'boogaloo boys', que gañaron presenza coas protestas contra o racismo. Dous dos seus membros acaban de ser acusados de colaborar con Hamas. | "Caballero ahí acaba de entrar Watusi, ese mulato que mide siete pies y pesa 169 libras. Y cuando ese mulato llega al lugar todo el mundo dice: a correr que ahí llego Watusi, el hombre mas guapo de La Habana". Así comeza El Watusi, de Ray Barretto, un dos máis populares temas de boogaloo, o ritmo latino nacido nos EUA a mediados da década de 1960 da mistura de ritmos afrocubanos e de soul e blues estadounidense, nomeadamente o boogie-woogie. Boogaloo, palabra que unha vez representou a fusión de pobos e de culturas, agora ilustra un novo movemento de extrema dereita en auxe desde o inicio das protestas contra o racismo tras a morte de George Floyd. A apropiación deste nome ten máis ingredientes paradoxais: os seus integrantes 'inspiráronse' sarcasticamente no filme de serie B Breakin' 2: Electric Boogaloo, onde un grupo de breakdancers negros tenta evitar, bailando, o derrubo dun centro social. Alén de aspectos folclóricos, a súa expansión comeza a ser preocupante, sinalan as autoridades estadounidenses, que nas últimas horas detiveron dous dos seus integrantes "por conspiración e intento de prover de axuda material a unha organización terrorista estranxeira". Esta organización sería o movemento islámico palestino Hamas. E preocupa a súa expansión, inciden os expertos, máis aínda na recta final dun proceso electoral, os comicios presidenciais de novembro, fortemente polarizado e marcado como nunca desde hai décadas polas tensións raciais. Floyd, catalizador O pasado 29 de maio, catro días despois do falecemento de Floyd, mentres unha marcha pacífica percorría as rúas de Oakland, en California, dous axentes da Policía sufriron un ataque con metralladoras ás portas dos xulgados que gardaban. Un destes faleceu. Desde os medios máis próximos aos postulados conservadores acusouse de estar detrás dos ataques o movemento Antifa, grupo heteroxéneo de organizacións anarquistas e de esquerda radical, moi activo durante as recentes protestas. Mais unha semana despois a Policía detivo o principal sospeitoso, Steven Carrillo, un sarxento da Forza Aérea responsábel do escuadrón Phoenix Ravens, que se encarga de protexer instalacións militares de ataques terroristas. Segundo os investigadores, Carrillo e o seu cómplice facían parte dos boogaloo, amalgama de libertarios de dereitas, de supremacistas brancos e de defensores do dereito a portar armas en preparación dunha segunda guerra civil nos EUA, que arelan, a recorrente "Civil War 2: Electric Boogaloo", que citan humoristicamente. Segundo explican desde o Southern Poverty Law Center ─ONG de defensa dos dereitos civís que combate nos xulgados os grupos racistas─, o movemento nace a comezos de 2019 en 4chan, un popular foro de imaxes en internet que ─relata The Atlantic─ xa dera a luz en 2008 o colectivo de hackers libertarios de esquerdas Anonymous, e tamén fora semente da autodenominada alt-right. Dúas correntes internas Fortemente armados, esteticamente identifícanse polas camisas hawaianas que visten, outro chiste privado saído do foro de 4chan tras a corrupción da palabra boogaloo, convertida en big luau (big, por "grande" en inglés, e luau, polo nome da tradicional festa hawaiana). Unha prenda que, xunto o ton humorístico que rodea a evolución do movemento, lles fixo gañar notoriedade nos medios e atractivo entre a mocidade. O director do Instituto Nacional de Investigación e Educación en Dereitos Humanos, Devin Burghart, explicaba recentemente no xornal USA Today que, a grandes trazos, hai dúas correntes dentro do movemento boogaloo. Por unha banda, estarían os grupos de neonazis e supremacistas brancos que procuran unha guerra racial nos EUA. Estes serían os boogaloo boys orixinarios. Pola outra, estarían os libertarios de dereitas ─principalmente os que portan armas pesadas e visten as camisas hawaianas─, que se unen ás protestas de Black Lives Matter con pancartas contra a Policía e o Goberno. De feito, tres dos seus autoproclamados membros ─os tres ex militares─ foron detidos e acusados de "terrorismo doméstico" no mes de xuño en Las Vegas por alentaren a violencia durante as marchas. Ambas as dúas pólas converxen nun mesmo tronco: a caída do Goberno, o colapso do sistema e o inicio dunha guerra civil que, di Burghart, "cren que solucionará todos os problemas dos EUA". Neste sentido explícase a suposta colaboración con Hamas. Mañá está prevista a vista ante o xuíz dos dous detidos ─de 30 e 22 anos─ que, segundo a fiscalía, "ao pensar que compartían o mesmo desexo de prexudicar os EUA, trataron de unir forzas e prestarse apoio mutuo". |
NOS_36958 | María Montes compaxina o seu traballo nunha clínica veterinaria coa ilustración, onde a figura feminina aparece de forma habitual como protagonista. Este protagonismo da muller tamén está presente no proxecto Cartafol de ilustracións do Reino da Galiza, para o que vén de colaborar con dúas obras. | —Ademais da presenza e protagonismo das mulleres, que outros elementos son imprescindíbeis nas súas obras?Eu diría que tamén os animais, os elementos vexetais, a natureza en xeral… Gústame moito incluír detalles pequenos que haxa que buscar e esconder algunha mensaxe, se hai oportunidade, nalgún elemento da ilustración. —Que ideas a inspiran á hora de realizar as ilustracións?Moitas das imaxes xorden a partir dalgunha lectura, ou de escoitar algunha canción; outras simplemente de camiñar pola rúa e observar a xente que pasa e, outra parte delas veñen de vivencias persoais. Penso moito nunha reflexión dun colega ilustrador, que dicía que a arte ten que reivindicar, e pregúntome que papel ten o que eu fago, que é o que teño que contar eu como autora e creo que teño posto o foco na miña propia conexión coa natureza ou coa esencia de ser muller (tal e como eu a entendo) e supoño que iso será algo que irá mudando co tempo a medida que cambian ou se amplían os meus intereses. Pero tamén hai veces que simplemente busco un fin estético. Laura Romero: "Decidín ilustrar a Inés de Castro porque quedei fascinada coa súa historia e mito" —Está a piques de saír á luz o 'Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza', para o que colabora. Como viviu o proceso deste proxecto?Desfruteino desde o principio. Fíxome ilusión porque admiro moito as compañeiras coas que colaboramos e xa levo moito tempo seguindo o seu traballo. Aprendín (de novo) sobre o Reino da Galiza, que é certo que tiña esquecido case todo desde que o estudara no instituto e apenas recordaba máis que pinceladas sobre as personaxes máis importantes. Gustoume que o fío condutor do proxecto fose indagar sobre a vida de todas estas mulleres e tamén a liberdade coa que puidemos traballar partindo do material dispoñíbel. Aldonça e Sancha escollinas polo feito de seren irmás e teren gobernado xuntas —Elixiu ilustrar a Maior Guntroda Rodríguez e as irmás Sancha e Aldonça, que a levou a escollelas a elas e non a outras figuras?A de Aldonça e Sancha escollina polo feito de seren irmás, porque me parecía moi curioso que gobernasen xuntas e porque me parecía máis interesante á hora de facer unha ilustración. A de Guntroda Maior porque me pareceu toda unha aventura a súa vida, protexendo o príncipe Afonso e agochándose xunto a el e como vivirían a chegada das tropas inimigas para capturalos e, finalmente, vivir a súa coroación. Iria Fafián, ilustradora: "A María Castaña ilustreina como unha labrega de presenza potente e cun facho ardendo na man" —Que foi o que máis lle chamou a atención destas mulleres e como plasma isto nas láminas?A información biográfica da que dispoñemos limítase un pouco a eses datos históricos. Sería unha fortuna ter algunha nota, algunha carta persoal delas, para facernos unha idea de que poderían estar sentindo, ou de trazos da súa personalidade. No caso das irmáns, gústame pensar que estaban moi unidas e que viviron o seu reinado con gran complicidade, por iso as represento xuntas e hai contacto entre elas, ambas baixo a mesma coroa (en lugar de unha coroa para cada unha). A Maior imaxínoa como unha muller cun carácter forte, capaz de loitar e de protexer. A parte que máis me interesa do relato é cando son capturados polas tropas inimigas, e lle arrincan a Afonso dos seus brazos e son prendidos, ambos, xunto cos fillos da condesa, a parte máis de acción. —E agora? Atrévese a falarnos dalgún reto profesional presente ou de futuro?Neste momento, ilusióname moito un libro ilustrado no que estou empezando a traballar e que será publicado en novembro. Ese é o reto no que me vou concentrar agora mesmo, mais para o próximo ano encantaríame poder sacar algo de tempo para dedicarlle a algún proxecto persoal, en especial un ao redor dunhas gravacións que atopei na casa dos meus país, do ano 1992. |
NOS_13145 | A sentenza refírese á pensión de viudedade á que ten dereito a muller e que deberá aboar o Instituto Social da Marina (ISM). | O Tribunal Supremo resolveu o 20 de xaneiro de 2016 recoñecer a situación de violencia machista na que se atopaba unha muller de Vilagarcía de Arousa após ter sido absolto o home en 1995. O pronunciamento do Supremo, que senta xurisprudencia, refírese ao conflito xerado arredor da pensión de viudedade que lle foi negada orixinalmente por non se cumprir os requerimentos legais exixidos polo Instituto Social da Marina (ISM). No concreto, que pasasen 10 anos desde a separación do matrimonio até o falecemento do home. A muller denunciou maltrato psicolóxico durante catro anos en 1995 Porén, unha modificación legal de outubro de 2010 recoñécelle este dereito ás mulleres en situación de violencia machista mesmo cando non se cumpran os criterios temporais. A muller, denunciara perante a Garda Civil en 1995 ter sido sufrido "maltrato verbal" por parte do que era o seu compañeiro "desde hai catro anos aproximadamente" o que derivou nun xuízo de faltas e finalmente nunha sentenza absolutoria. Con posterioridade e após iniciar o proceso de separación, en 1998, a muller, A.O., volve denunciar o home por "ameazas" desta volta contra o fillo e pola que si foi condenado. O home faleceu en 2010 polo que ela decidiu reclamar a pensión de viudedade. Porén, o Instituto Social da Marina (ISM) denegoulla argüíndo que non cumpría co fixado pola lexislación embora A.O. apelar á súa condición de muller en situación de violencia machista. O TSXG di que "as simples denuncias" non son proba de violencia nen tampouco as ameazas ao fillo Neste senso, segundo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) de xuño de 2014 non fica acreditado o maltrato debido á absolución do home en 1995 ao tempo que acrecenta, "as simples denuncias penais perante a policía por ameazas ou agresións, sen ulterior actuación, non son probas propiamente ditas". Aliás, asegura que "a condena por ameazas a respeito dos fillos non constitúe unha situación de violencia de xénero" como tampouco "os informes médicos aportados" nos que se reflite o tratamento psicolóxico e psiquiátrico recibido desde 2005 por un "trastorno mixto ansioso depresivo" por se teren expedido "en base á soa alegación da impugnante", a muller, "en data moi posterior, máis de sete anos, á da separación". Recoñecemento Case dous anos despois e logo de presentar un recurso perante o Tribunal Supremo, a máxima instancia coida que o relato da muller xunto con toda a información e documentación achegada, supoñen "suficientes medios probatorios para que do seu conxunto se deduza que viña sendo vítima de violencia de xénero durante os anos anteriores á súa separación matrimonial e, mesmo, indirectamente durante o propio proceso". Así, o Supremo anula a sentenza do Superior de Xustiza de Galiza e obriga o ISM a aboar a pensión de viudedade. |
PRAZA_609 | A entrada en vigor, en xullo, da nova lei pode implicar a imposición de novas taxas para os servizos que realiza o Rexistro Civil, hoxe gratuítos. Partidos, sindicatos e outras entidades denuncian o "beneficio privado" que implica a reforma | O vindeiro 15 de xullo entrará en vigor a nova Lei do Rexistro Civil, aprobada en solitario polo PP, que consumará a privatización destas funcións, que pasarán a ser exercidas polos rexistradores mercantís. O proceso será gradual e completarase en 2017. A reforma foi iniciada polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, que buscaba desxudicializar o rexistro civil, aínda que o seu plan non especificaba que departamento ou entidade recibiría estas competencias. A medida pode levar consigo, así mesmo, a imposición de novas taxas para os servizos que realiza o rexistro civil, hoxe gratuítos para os e as cidadás, coma as inscricións matrimoniais ou os procesos de cambio de nome A medida pode levar consigo, así mesmo, a imposición de novas taxas para os servizos que realiza o rexistro civil, hoxe gratuítos para os e as cidadás, coma as inscricións matrimoniais ou os procesos de cambio de nome. Os rexistradores mercantís son funcionarios sen soldo do Estado, e os seus ingresos dependen das xestións que realicen. Así mesmo, poden verse obrigados a contratar persoal para a realización das súas novas funcións. Descoñécese aínda se os custes engadidos serán abonados directamente polos cidadáns ou se sairán dunha partida dos orzamentos do Estado. Nestes momentos o Goberno negocia co corpo de rexistradores mercantís as posibles compensacións económicas que recibirían e nos borradores de traballo xa se establecen novas accións de obrigado rexistro que si terán que ser pagadas directamente polos cidadáns. Nas últimas semanas foi crecendo a mobilización de distintas entidades, sindicatos e forzas políticas contra esta medida. Este luns a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Yolanda Díaz, representantes sindicais e traballadores do Rexistro Civil de Vigo cualificaron a privatización deste servizo como unha forma de "facer negocio" e chamaron a "visibilizar" as consecuencias da privatización para os cidadáns, sen descartan a convocatoria de mobilizacións nos vindeiros meses. Díaz pedirá a comparecencia do director Xeral de Xustiza para que explique o futuro deste servizo público. No acto, unha das traballadoras do rexistro vigués subliñou que en Galicia hai tan só cinco rexistradores mercantís, que centralizarán a actividade dos actuais rexistros civís das cidades e dos xulgados de paz. Yolanda Díaz e representantes sindicais cualificaron a privatización deste servizo como unha forma de "facer negocio" e chamaron a "visibilizar" as consecuencias para os cidadáns, sen descartan a convocatoria de mobilizacións nos vindeiros meses Esta mesma fin de semana o deputado de IU Gaspar Llamazares cuantificaba en 1.200 millóns de euros o valor do "espolio" do Rexistro Civil, e o beneficio xerado para o corpo de rexistradores mercantís. Llamazares lembraba a condición de rexistrador do propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy e preguntábase se non debería absterse de tomar decisións que benefician de forma tan importante ao seu gremio. O deputado cualificou a reforma de "arancel expropiatorio" e subliñou que o custe da externalización do servizo é moi superior ao actual, "accesible e barato". De igual xeito, o pasado mes de decembro CC.OO. presentou no Congreso unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir o carácter de servizo público do Rexistro Civil e a súa gratuidade, así coma a confidencialidade e privacidade dos actos da cidadanía. Pola súa banda, Francisco Delgado, presidente de Europa Laica, denunciaba este domingo que "privatizar o rexistro civil" é "un proxecto ideolóxico da política máis casposa" e que ademais dos beneficios económicos para empresas privadas, "a cuestión de fondo ten que ver moito máis co desmantelamento do Estado de Dereito e da laicidade institucional". As críticas chegan tamén do SPJ (Sindicato Profesional de Justicia)-USO, que este luns denunciou en Lalín que a reforma obrigará, por exemplo, aos habitantes desta vila a desprazarse a Pontevedra para realizar as súas xestións. O sindicato distribuíu polas sedes dos xulgados galegos cartaces con necrolóxicas nos que se chora a morte do rexistro civil, despois de 144 anos, seis meses e catorce días de vida, pois foi creado en 1871. O sindicato denuncia que a medida chega "despois de que se investisen máis de 180 millóns de euros en modernizar e dixitalizar" as instalacións xudiciais, e que supón entregarle "o máis grande rexistro de datos persoais" a mans privadas. |
NOS_54663 | Forever in Galicia e Diary of Crosses Green son os dous títulos de Francis Boutle Publishers que se presentarán en Galiza a partir do 15 de outubro. E presentaranse en Galiza porque son obra de Castelao e do poeta Martín Veiga. As versións inglesas, de Craig Patterson e Keith Payne. | A tradución inglesa do ensaio totémico de Castelao -Sempre en Galiza- é produto de 14 anos de traballo de Patterson. Do Diario de Crosses Green (Kalandraka, 2016), último libro de poemas de Martín Veiga (Noia, 1970), encargouse o poeta irlandés residente en Vigo Keith Payne. O tradutor de Castelao xa se ocupara antes da Esmorga (1959), cuxa versión inglesa titulou On a bender (Planet, 2012). Payne, pola súa banda, responsabilizouse da antoloxía Six Galician Poets (Arc Publciations, 2016). Un ciclo de presentacións dará a coñecer ambos os dous volumes no país de orixe dos autores. A segunda feira, 15 de outubro, o editor Clive Boutle, os dous tradutores, Martín Veiga e mais a escritora residente en Reino Unido Eva Moreda debaterán na Facultade de Filoloxía en Compostela. Será ás 12 da mañá. No serán, haberá un novo acto na Libraría Couceiro. A Facultade de Tradución e Intepretación de Vigo acollerá o 16 de outubro ás dez da mañá a mesma mesa de discusión. O Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra, en Pontevedra, será o escenario, o día 17 da presentación de Forever en Galicia, ás 19:00. Que, ao día seguinte, se presentará en Rianxo: ás 12 da mañá haberá un paseo ate a casa de Castelao e ás 20.30, no salón de actos do Auditorio Municipal, unha charla sobre o libro. A sexta feira, 19 de outubro, a presentación do clásico do nacionalismo será en Ourense, no Liceo, ás oito do serán. |
NOS_3064 | [Actualizada 16:45] Xunta decretou nivel 2 de alerta pola proximidade a núcleos poboados. Tasmén decretou ese nivel de alerta no lume de Oímbra. | O parque natural do Xurés, unha das xoias ambientais e paisaxísticas de Galiza, volve estar afectado polos lumes. O incendio forestal que afectou o concello de Muíños reactivouse na madrugada desta terza feira e a superficie afectada supera xa as 150 hectáreas nesa contorna privilexiada. Até a madrugada las lapas afectaran apenas a 2 hectáreas mais reactivouse e avanzaron nestas horas a gran velocidade, superando pola mañá da terza feira as 20 hectáreas queimadas e a primeira hora da tarde ía nas 150. O lume afecta a unha contorna de gran riqueza ambiental e paixaística como é o Xurés, un parque natural que non é a primeira vez que se ve afectado polos incendios. O lume empezou na parroquia de Requiás na tarde da segunda feira. No lugar traballan 14 brigadas, oito motobombas, 2 avións e 2 helicópteros. |
NOS_35954 | A edición deste programa cultural de verán conta nesta edición coa novidade de Cine Social na que colabora o Fondo Galego de Cooperación. | A quinta edición do programa "Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación", posto en marcha pola área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase as segundas, terzas e quintas feiras dos meses de xullo e os primeiros de agosto. As actuacións para as crianzas terán lugar os Mércores Miúdos, ás 18:30 horas, comezando o vindeiro día 4 de xullo coa "Revolución Industrial", do Circo Claxon, e os Xoves de Cultura Aberta, para todos os públicos, terán lugar ás 21:00 horas e arrancan o 5 de xullo con Chévere. Ademais actuarán en Lugo neste programa Carlos Blanco, Quempallou, Os Festicultores e o Mago Martín Varela.Este ano a novidade na programación introduce os Martes de Cine Social, que comezan mañá, 3 de xullo, coa proxección de 14 quilómetros, no salón de actos da Deputación. Este ciclo de cine, no que se proxectarán películas ao redor de problemáticas da sociedade actual, desenvólvese coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación. |
NOS_24301 | Tanto o secretário-geral do PCP, Jerónimo de Sousa, como o líder do Bloco de Esquerdas, Francisco Louçã, reclamaram ao governo de Passos Coelho um compromisso firme e um plano concreto para a reposição dos subsídios de Nadal e Férias. Acusam o executivo português de "jogar com a vida" da cidadania. | A reintrodução dos subsídios de Férias e Natal está a enfrentar o governo de Passos Coelho com as organizações da esquerda portuguesa. O executivo tinha afirmado que os subsídios seriam repostos a partir de 2015 a razão de 25% ao ano, mas em recentes declarações do ministro das Finanças deixou no ar a proposta como uma hipótese de trabalho a depender da situação orçamental.O secretário-geral do PCP denunciou o executivo de Coelho de estar a manter "un projeto de afundamento do país" em que o pedido para a cidadania de pequenos sacrifícios troca em uma realidade de miséria a longo prazo.Também o líder do Bloco de Esquerda, Francisco Louçã criticou as declarações do ministro das Finanças que, a seu ver, tiram ao governo toda a credibilidade. "Hoje já toda a suspeita que as pessoas têm quando alguem nos diz que daqui a sete anos devolverão o que tirámos, se percebe que é quáse dizer no futuro pode ser que sim,pode ser que não, é como se fosse uma lotaria", disse Louçã. . Espera que seja o Tribunal Constitucional que tenha a palavra a respeito do que considera um direito da classe trabalhadora portuguesa. O Bloco de Esquerda vai lutar "pelas sua devolução integral para que o re-equilíbrio das contas públicas não seja feito com a desgraça das pessoas nem com a perda do salário". |
NOS_57492 | Son 56 máis ca onte. As altas acumuladas son 1.841, das que 25 foron nas últimas 24 horas. A cifra de vítimas mortais é 546. | A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, sta terza feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza ascende a perto de sete mil, en concreto 6.947. Deles, 1.667 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 1.325 da de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 407 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, o que supón 10 menos que na xornada de onte, mentres 495 están en unidades de hospitalización e 6.379 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 1.841 altas de pacientes e 546 falecementos. O número de PCR realizadas é de 90.000. Segundo os datos ofrecidos pola autoridades sanitarias, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen 3,5% do total das persoas residentes. O Goberno galego detalla que o número de falecidos en residencias de maiores é de 128, mais 119 en hospitais e centros integrados. En total 247 vítimas mortais. En canto aos casos de coronavirus activos nestas instalacións suman 1.204, das cales 861 son entre as persoas residentes e 343 entre o persoal traballador. |
NOS_42746 | Como recolleu Xaquín Lorenzo Fernández no Cantigueiro Limia Baixa, a andoriña é unha das catro aves que cruzan o mar para vir criar no noso país. A súa chegada de terras afastadas anuncia a primavera e vai encher as casas de sons e alegría. Ben coñecidas nas zonas rurais, adoptaron os humanos como caseiros, e dificilmente imos atopalas aniñando lonxe de calquera infraestrutura que non fora construída por nós. Paxaros ben queridos pola súa locuacidade, voos acrobáticos e por dar boa conta de gran cantidade de insectos, están nun lento declive desde hai anos por varias causas das que aquí falaremos. | O termo hirundo provén do latín que é como se chamaba por aquel entón ás andoriñas. Deste, segundo Francisco Bernis, derivan nomes comúns como o galego ou o catalá. Rustica, do nome científico, débese ao costume de facer os niños nas cortes das casas. Distribución De todas as especies de andoriña é a que ten unha maior distribución, ocupando toda Eurasia, norte de África e norte de América, desprazándose durante o inverno a África, sur de Asia, sur de América, e tamén ao norte de Australia. Na península Ibérica esténdese por toda a xeografía ao igual que na Galiza, sendo unha das máis espalladas das cinco especies de andoriñas que se poden observar no país. Como recoñecelas? Ave moi estilizada e aerodinámica. Femias e machos son moi semellantes en estrutura e plumaxe, diferéncianse por teren elas as plumas exteriores da cola algo máis curtas. As partes superiores, caluga, cara e colar son negras azuladas, coa gorxa e a fronte de cor roxo e as partes inferiores, peito e barriga branco sucio. O peteiro é negro e curto, as patas son escuras e tamén pequenas, o que lles dá un aspecto torpe cando camiñan polo chan á procura de material para o niño. Teñen a cola gallada coas rectrices externas moi longas e con pencas brancas que debuxan unha liña cando a despregan. Nos exemplares xuvenís as cores son máis apagadas e a cola é moi curta. Voz Conta con diferentes voces a andoriña común, sendo moi característico un canto consistente en trinos de longas estrofas co que semella estar de parola e que remata subitamente cun áspero e característico "prrr", que será algo así como un "marcho que teño que marchar". Ten outros chamamentos de alerta ante un posíbel perigo ou depredador que consiste nun agudo "ziviit-ziviit" e tamén sóenselle escoitar outros sons como "ched-ched" ou "viit-viit". Onde atopalas? Especie moi común e asociada aos asentamentos humanos, especialmente ás aldeas pero ausente dos núcleos densos de vilas e cidades, é dicir, ligadas ás poboacións rurais con áreas agrícolas e gandeiras, onde é frecuente observalas alimentándose entre o gando á procura de insectos. Tampouco habitan medios forestais moi densos, nomeadamente masas arboradas de piñeiro e eucalipto. Aínda que é unha especie migradora, algúns exemplares poden ficar no sur da península, mesmo na Galiza existen rexistros xa de andoriña común nos meses invernais, habitualmente asociadas ás masas de auga doce como encoros ou lagoas nas que se alimentan. Durante as migracións dos pasos pre e post nupcial, aló polo comezo da primavera e do outono, pódense observar en grandes cantidades sobre láminas de augas litorais e do interior. Movementos e fenoloxía Como di a peza popular as andoriñas cruzan o mar para pasar o inverno en África. De aló, cara a finais do mes de febreiro, xa veñen de volta e pódense observar os primeiros exemplares polo sur da Galiza, chegando o groso en marzo e abril. Soen chegar primeiramente os machos que se reúnen ao pouco tempo coas femias onde teñen o niño. A migración postnupcial, a que realizan logo de finalizar a cría, prodúcese durante o remate do verán, cara a finais de agosto e comezos de setembro. Obsérvanse formando grupos numerosos antes de emprender a ruta, aínda que algúns exemplares permanecerán até o mes de outubro. Son datas nas que desde a liña de costa podemos avistalas realizando a migración cara ao sur, facendo paradas nas lagoas litorais para repor forzas, alimentarse e descansar creando durmidoiros nos canavais. Feitos que veñen demostrar a importancia da protección e conservación das zonas húmidas nas rutas migradoras das aves. Grazas ao anelamento científico, sábese por exemplo, que moitas das andoriñas marcadas en Portugal pasan o inverno na África Occidental, como así o indican as recapturas de exemplares en Costa de Marfil ou Nixeria. Que comen? Son aves insectívoras que se alimentan do plancton aéreo, entre os que teñen especial relevancia os dípteros, moscas e mosquitos, aínda que completan o seu menú con outras familias de insectos como poden ser formigas voadoras, avespas ou escaravellos de pequeno tamaño. Cazan en voo, e non é difícil observalas a uns centímetros do chan perseguindo as súas presas, zigzagueando e facendo cambios bruscos de dirección. Poden voar a maior altura pero sempre en función da meteoroloxía. Reprodución Como dixemos é unha especie moi ligada ás construcións humanas, tanto que nidifica case exclusivamente en cortes, palleiras, terrazas ou baixo galerías, aproveitando pequenos elementos como cravos ou ganchos de trabes ou vigas para suxeitar o niño. Constrúeno macho e femia nuns dez ou quince días, sempre pegado a unha parede cuberta. Ten aspecto dunha cunca aberta pola parte superior, realizada con pelotiñas de barro, herbas e palliñas que cobren de plumas no interior. Se o niño se conserva en boas condicións dun ano para outro ocúpano novamente facendo pequenos arranxos se son precisos. Soe nidificar illadamente e se non teñen molestias excesivas son fieis ao lugar de cría. Semella que iguais de leais son tamén á parella xa que se trata dunha ave monógama. A construción do niño é unha tarefa laboriosa que precisa de atopar os materiais concretos durante un período de tempo limitado, motivo polo que as primaveras excesivamente chuviosas ou moi secas poden dificultar os traballos. E aínda que as condicións sexan acaidas a tarefa non é pouca. Durante a Segunda Guerra Mundial un prisioneiro da Alemaña nazi chamado Purchon, contou todas as viaxes que unha parella de andoriñas precisou para construír o niño, co resultado dun total de 1.100 desprazamentos de ida e volta. Porén, en función dos materiais, da meteoroloxía, etc. poden chegar ás 5.000 viaxes, as que teña que realizar a parella para completar o traballo. De abril en diante realizan a posta de 3 a 5 ovos brancos apencados de rubio que choca a femia durante quince días. Os polos permanecen no niño de 20 a 22 días e cando poidan voar, pousaranse sobre unha póla ou un cable preto do niño onde serán cebados polos proxenitores con moita frecuencia. Despois xuntaranse en bandos acudindo a lugares con alimento abundante. Soen realizar unha segunda rolada, pero fan entre elas un descanso dunhas dúas semanas. Depredadores. A quen ten medo a andoriña? Entre os principais depredadores están os gatos domésticos e tamén aves de rapina diúrnas como o falcón. Tendencia Atendendo aos datos fornecidos polo programa de seguimento de aves reprodutoras da ONG SEO/BirdLife e analizando o período 1998-2020, a tendencia das andoriñas é de declive moderado. A diminución é debida entre outras causas ao incremento no uso de produtos insecticidas que reduce as presas, sendo especialmente problemáticas na época de cría ao contribuír a minguar o éxito reprodutor. Así mesmo, aínda que antano foi un paxaro moi querido no medio rural, na actualidade destrúense moitos niños por motivos de hixiene ao acumularse baixo eles excrementos, algo que por outra parte ten solución doada, instalando baixo o niño un cartón ou unha táboa. Outra causa non menos importante é o abandono do rural, xa que ao quedar deshabitadas as aldeas, caer as casas e encherse de vexetación perden lugares de reprodución. |
NOS_11625 | A meirande parte dos grandes Concellos galegos teñen cedidos os servizos de abastecemento de auga, recollida de lixo, limpeza viaria ou transporte colectivo, e hainos tamén que confían en mans privadas outros como o alumeado público ou a axuda no fogar. Dedicámoslle a isto o Tema de Primeira do Sermos Galiza en papel. Eis un extracto. | O financiamento dos servizos básicos é a día de hoxe un dos principais retos para o país e os concellos galegos. A crise afectou fondamente á partida de ingresos da meirande parte das administracións locais, con severos axustes nas achegas procedentes das institucións supramunicipais motivados pola falsa crenza de que era nos Concellos onde existía unha maior desviación entre gastos e ingresos e, polo tanto, onde a débeda pública acadaba as cotas máis altas. Porén, o caso de Galiza non pode inscribirse nesa teoría. Os dados da plataforma de información económica do sector público Sielocal desmontan que son as administración locais as que engordan a débeda pública. Para o ano 2013, por exemplo, en plena crise aínda, o endebedamento dos concellos galegos situouse na cola do Estado, con só 255 euros por habitante, un 174% máis que a media, que superaba naquela altura os 700 euros. En Madrid cidade estaba en 1.473 euros por habitante. Superada esa falacia, quedan outros aspectos por abordar que non son menos importantes e que, en maior ou menor medida, están a lastrar as posibilidades de crecemento das economías públicas locais, isto é, as súas capacidades para xestionar os seus propios recursos. As características da poboación galega, coa dispersión máis intensa de todo o Estado –podería estenderse a Europa sen problema ningún-, e cun avellentamento que sitúa o país entre as nacións máis destacadas do mundo, non teñen todo o peso que deberan no sistema de financiamento local que artella o Estado. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 238, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_50429 | A exposición itinerando Invisible Wom@rts poderá visitarse no Auditorio de Galiza de balde até 15 de decembro. Este proxecto, liderado pola institución, proxura dar visiblidade á obra das mulleres artistas, entre a que se atopan catro galegas: Haya Branco (estampadora), Xulia Vicente (ilustración), Teresa Búa e Mery Pais (creadoras dixitais). | Wom@rts é un proxecto liderado polo Auditorio de Galiza que implica organizacións a nivel europeo para promover a presenza igualitaria das mulleres na contorna artística. Entre as iniciativas desenvoltas, destacan as residencias artísticas para as que foron seleccionadas 32 creadoras en tres das cidades implicadas: Avilés, Angoulême e Limerick. Como resultado dos encontros, a mostra itinerante Invisible Wom@rts reúne máis de 50 traballos que toman como punto de partida O segundo sexo, en homenaxe ao ensaio de Simone de Beauvoir, que fai 70 anos. Cada artista afrontou o traballo de maneira diferente, quer xa cunha idea previa, quer deixándose imbuír do diálogo colectivo. As galegas Haya Branco (estampadora), Xulia Vicente (ilustración), Teresa Búa e Mery Pais (creadoras dixitais) foron a nosa representación. Cada participante puxo en relevo diferentes aspectos da obra de Beauvoir. Para Búa, por exemplo, foi fundamental "o corpo", tema que é xa unha constante na súa obra. Marcouna especialmente a definición da infancia e a vixencia de moitas prácticas descritas no libro, así como a menstruación, que "supedita o corpo á especie". Para Branco, ficar cun só aspecto sería moi complexo, porque "o texto abarca moitos eidos", mais a súa obra outórgalle "moita importancia ao uso da linguaxe". Invisible Wom@rts chega a Compostela após pasar por Lituania e Eslovenia. Poderá visitarse no Auditorio de Galiza até 15 de decembro. Para alén da itinerancia de dous anos, como explica Branco, a idea é que non remate aí, senón crear unha base para continuar co proxecto e aproveitar a rede que está tecendo. |
NOS_6535 | No Maus Hábitos - Espaço de Intervenção Cultural intervieram Gonzalo Constenla, Uxía Senlle, Toty Sa´Med, Miguel Araújo, Graça Fonseca e Valentín García. | A união dos projetos aRi[t]mar e o festival Maré, na sua proposta de achega e integração da Galiza nos espaços da lusofonia, fez ontem uma apresentação no Porto. O lugar escolhido foi Maus Hábitos - Espaço de Intervenção Cultural, num ato no que intervieram Gonzalo Constenla, diretor da Escola Oficial de Idiomas de Santiago e responsável do certame aRi[t]mar; Uxía Senlle, diretora artística do Maré; Toty Sa´Med, artista angolano que abre este ano a programação do festival; o cantante português Miguel Araújo; Graça Fonseca, secretária do Agrupamento Europeo de Cooperação Transfronteiriza Galiza Norte de Portugal,e Valentín García, secretário Geral de Política Linguística. Araújo, que interpretou alguns temas no evento, não tem só a segunda canção mais votada no certame, mas a letra ganhadora ("Catavento da Sé", de António Zambujo) é da sua autoria. "Celebrar a irmandade" Na súa intervenção, Constenla explicou que "o projeto aRi[t]mar Galiza e Portugal pretende celebrar a irmandade linguística luso-galaica através da popularização da música e da poesia portuguesas na Galiza, assim como destas artes galegas em Portugal, especialmente no norte do país, e em todos os países de língua portuguesa". Isto, além do certame, traduz-se no uso "didático-pedagógico da música e da poesia" nas aulas, "cuma abordagem inovadora e motivadora no ensino". |
NOS_30006 | Entrevista en Antena 3 TV. Mariano Rajoy dixo que a lei se vai cumprir e que o referendo soberanista do 9 de Novembro non se levará a efecto. "Un referendo onde se pretende pór en cuestión a soberanía do conxunto do pobo español non se realizará", dixo. | O conflito político entre Catalunya e o Estado español foi o tema estrela da entrevista de Mariano Rajoy en Antena 3 TV. Rajoy dixo que si ten un plan para Catalunya. Non pasa nen por aceitar o referendo pactado pola maioría das forzas políticas catalás nen por reformar a Constitución de 1978. O seu enroque é absoluto. O seu mantra, cumprir e facer cumprir as leis vixentes."Aplicarei a Lei e a Constitución española. Ese é o meu plano para Catalunya", dixo taxativamente. O Estado está preparado "para calquer cenario que se poida producir" Está disposto o Goberno español a suspender a autonomía de Catalunya? A este respeito Rajoy mostrouse tallante: o Estado está preparado para "calquer cenario que se poida producir". "Quero dar tranquilidade e seguridade. Non haberá nin independencia nin consulta mentres eu sexa presidente do Goberno de España", enfatizou, ao tempo que puxo en dúbida a sinceridade dos apelos de Artur Mas ao diálogo. Non recusou ter un contacto con Mas, mais si desbotou chamar ao presidente da Generalitat. "Non o chamarei. E menos para discutir sobre unha cousa [a soberanía] que compete ao conxunto do pobo español". |
NOS_13264 | O sector conta cuns 1.500 empregos directos na Galiza e demanda axudas directas ante a falta de ingresos | Decenas de traballadores e prtopietarios de axencias de viaxes manifestáronse hoxe ante o Parlamento galego para mandar un "SOS" e reclamar un plan de rescate específico. En declaracións, a presidenta da Plataforma en Defensa polas Axencias de Viaxes de Galiza, Mar Moreira, alertou da situación "complicada" que viven sen ingresos durante este ano, pero sen "axudas directas" para facer fronte a gastos como alugueres e cotizacións. Así, durante a protesta realizáronse cánticos como 'Queremos traballar e non emigrar', á vez que soaron pitos e bucinas. Ademais de maletas con mensaxes nos que se podía ler 'SOS axencias de viaxe', despregáronse faixas con lemas como Non se pode esixir impostos se prohibes ter ingresos, Sen ingresos desde 2019 e 'Plan de rescate xa!! Salvemos o noso emprego'. Na Galiza hai máis de 600 axencias de viaxes que contan con dous ou tres traballadores cada unha, o que supón entre 1.200 e 1.500 empregos directos, ademais de subsectores que dependen delas como son os guías turísticos e as empresas de transporte, entre outros. "Aquí na Galiza non hai nin un só plan, sacaron bonos turísticos e a nós deixáronnos fóra", pon de exemplo sobre un sector que considera esquecido polas administracións. Neste sentido, o presidente en funcións a nivel estatal da Plataforma Dereitos Axencias de Viaxes, Xabier Pombo, advirte de que "o futuro preséntase negro", pois "non hai expectativas". "Somos o gran descoñecido e a gran pedra no pé das administracións públicas porque non contan connosco para nada", quéixase. Agora, estas pequenas empresas "teñen que renovar os seus seguros de caución e de responsabilidade civil", cun gasto entre 2.000 e 3.000 euros. Por iso, Pombo reclama ao Goberno galego a exención do pago destes seguros, así como "sacar unhas axudas dignas" dirixidas de forma expresa para as axencias de viaxes. Relata que as contas das axencias "están baleiras", unha situación "dantesca" na que "hai compañeiros que tiveron que hipotecar as súas casas para facer fronte". "Se nós fracasamos o turismo cae en picado", resalta. "Nós non é que esteamos a traballar gratis, é que estamos a pagar por traballar. Levamos desde marzo cotizando, pagando salarios, alugueres, gastos das nosas empresas, e o peor de todo é que tivemos que devolver todo o que vendemos en 2019 que estaba para viaxar en 2020", lamenta Pombo. Censura que ás administracións "non lles importa" o que suceda coas axencias, a pesar de ter 68.000 traballadores en toda España e facturar unha media dun millón de euros ao ano por cada empresa. "Non contamos para nada", reproba, a pesar de que "moitas familias" viven deles. En contraposición á falta de axudas a estas pequenas axencias, Xabier Pombo apunta "aos 700 millóns" para o rescate do grupo Globalia, "unha gran empresa que está en venda". Durante a protesta achegáronse até os manifestantes representantes dos grupos como Ana Pontón (BNG) e Leticia Gallego (PSdeG) para trasladarlles o seu apoio. |
PRAZA_15889 | A asociación que agrupa as empresas do sector detectou que Medio Rural pedía máis experiencia aos pilotos que a esixida por un Real Decreto de 2014. O pasado 2015 a Fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricación nos contratos dos helicópteros, sinalados por Contas como exemplo de adxudicacións 'a dedo' | O pasado novembro a Consellería do Medio Rural comezou os trámites da contratación dunha decena de helicópteros para o servizo de extinción de incendios. Obviando as críticas de boa parte do persoal, que reclama un servizo único e a fin das privatizacións, o departamento autonómico abordaba unha operación para as campañas de 2016 e 2017 por un importe superior aos 13 millóns de euros, prevendo ademais posible prórrogas que elevarían o importe por riba dos 36 millóns. A finais de decembro a Asociación Española de Compañías Aéreas de Helicópteros y Trabajos Aéreos (AECA) presentou un recurso contra o proceso baseándose nunha reforma aprobada polo Goberno de España en 2014. E vén de lograr paralizar o proceso. Entre os requisitos estipulados pola Consellería no seu prego de condicións figuraba, por exemplo, que os pilotos das aeronaves terían que contar, cando menos, con experiencia de 1.200 horas de voo totais, 600 "como comandante de aeronave" e 300 en campañas de loita contra o lume. Asemade, indicaba que "os pilotos estranxeiros deberán dominar o castelán" -sen referencia ningunha ao galego- e que terían que contar con determinadas certificacións en vigor, como a "autorización para a realización de operación de extinción de incendios" ou ter a licenza de piloto agroforestal. As empresas advertiron que un decreto de 2014 rebaixou as esixencias en materias como a experiencia dos pilotos Medio Rural baseou estas esixencias nun Real Decreto promulgado polo Ministerio da Presidencia no ano 2010 no que se fixaron regras xerais para contratar medios aéreos de extinción de incendios. Pero AECA advertiu que esas normas foran notablemente relaxadas no ano 2014 polo Executivo do PP con outro Real Decreto co que o Ministerio de Fomento regulou "as actividades aéreas de loita contra incendios e busca e salvamento", entre outros ámbito. Nomeadamente, o argumento de AECA consistiu en tentar impugnar a contratación por, segundo indica a Xunta, "sobrepasar as esixencias legais mínimas" no que atinxe á "experiencia esixida aos pilotos", rebaixada na norma de 2014, e tamén a "condicións de aptitude" como esixencia da devandita licenza de pilotaxe agroforestal ou a autorización específica para esixir incendios. Unha vez examinado o recurso, o director xeral de ordenación e produción forestal, Tomás Fernández-Couto, tivo que admitir nunha resolución do pasado 12 de xaneiro que esta circunstancia é o que a lei considera un "erro non subsanable" nunha licitación, polo que cómpre "deixar sen efecto o procedemento". Antecedentes de opacidade O pasado 2015 a Fiscalía iniciou unha investigación por presunta prevaricación nos contratos dos helicópteros, sinalados por Contas como exemplo de adxudicacións 'a dedo' Así as cousas, Medio Rural desiste do contrato para "subsanar as deficiencias detectadas e iniciar de novo o procedemento que permita unha contratación máis idónea". Esta non é, en calquera caso, a primeira ocasión na que a Consellería recúa nun contrato de helicópteros contra incendios. Así, por exemplo, no ano 2013 o Goberno galego suspendeu o concurso que tiña en marcha argumentando que ningunha das dúas empresas que concorreran cumpría cos requisitos. Tras declarar deserto o concurso adxudicou o servizo por un procedemento negociado á empresa Inaer, frecuentemente no albo das críticas do persoal do sector. Esa contratatación, xunto a outras da mesma área, acabaron o pasado 2015 baixo a lupa da Fiscalía de Santiago por presunta prevaricación. Estes contratos xa foron sinalados, asemade, polo Consello de Contas como exemplo de malas prácticas e do abuso das adxudicacións 'a dedo'. |
NOS_24820 | A revolta e o punk son perigosos para as autoridades. Cando o grupo feminista Pussy Riot cantou na catedral ortodoxa de Cristo Redentor, en Moscova "Nai de Deus, líbranos de Putin", o pasado 21 de febreiro, activaron os mecanismos represores do goberno ruso. Hoxe coñeceuse a sentenza. | O grupo caracterizábase por actuaren con vestidos e medias de vivas cores, co rostro cuberto con 'balaclavas', e utilizando pseudónimos. Herdeiras do Riot Grrrl (movemento punk feminista nado hai décadas nos Estados Unidos), emprendían accións en que a música era un vehículo de protesta no espazo público. O proceso contra elas pola actuación que se pode ver no vídeo arrincou a finais de xullo, coa ausencia de dúas acusadas: a policía prendeu a María Aliójina, Yekaterina Samutsévich e Nadia Tolokónnikova, mais elas negáronse a daren o nome das súas compañeiras. A fiscalía pedía tres anos de cárcere acusándoas de instigaren odio contra o cristianismo ortodoxo, relixión maioritaria en Rusia, obviando o carácter político da súa performance. Mais o pobo ruso non considerou unha profanación este acto: o 65% da poboación, segundo sondaxes do Centro Levada, reclamaba a súa posta en liberdade (unha cuarta parte da poboación pedía penas de prisión). Asemade, espalláronse campañas de apoio en todo o mundo, e diversos persoeiros do mundo da música solidarizáronse co grupo. Finalmente, a xuíza Marina Simova, coñecida pola súa inflexibilidade (só absolveu nunha ocasión en toda a súa traxectoria) condenounas finalmente a dous anos de prisión, malia a posición á contra de Andréi Kurayev, profesor da Academia Espiritual de Moscova, quen afirmou que o cárcere convertería ás mozas en mártires e fomentaría a aparición de imitadoras. Simova acusounas de "accións provocadoras e humillantes nun templo relixioso, que afectaron a un amplo círculo de crentes". Considera que ofenderon os sentimentos relixiosos e que lle faltaron ao respecto a visitantes e sacerdotes. O feito de que non demostren arrepentimento e de que lle dean á súa actuación o carácter que realmente ten, de expresión política de forma artística. A defensa da agrupación xa anunciou que recorrerá a sentenza. Madonna, Björk, o ex Beatle Paul McCartney, Yoko Ono, Sting, Patty Smith, Red Hot Chili Peppers, Faith no More e moitos outros grupos e solistas amosaron o seu apoio a Pussy Riot, nas súas actuacións ou mediante comunicados. Asemade, unha campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma Change xuntaba máis de 110.000 antes de se ditar sentenza. Varias organizacións en defensa dos dereitos humanos, coma Amnistía Internacional, solidarizáronse co grupo punk, considerándoas presas de conciencia. O escritor Grigori Chjartishvili, que asina co pseudónimo de Borís Akunin, exhortara a acudir ao xulgado en solidariedade con elas. E de feito, centos de persoas estiveron aló para as apoiaren (entre elas Serguéi Udaltsov, líder da Fronte de Esquerda), mais tamén activistas ortodoxos, a prol de condenalas. A policía realizou novas detencións durante o xuízo. |
NOS_27354 | A empresa Esteve Teijín estaría a levar a cabo "despedimentos disciplinarios", ademais de non cubrir o cadro de persoal mínimo que estabelece a licitación do Sergas. | A Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO) criticaron o "incumprimento dos pregos de contrato" entre Esteve Teijín e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), nunha licitación para desenvolver tratamentos a domicilio Os sindicatos cifran esta "licitación multimillonaria" en 40 millóns de euros, destinados a aplicar 25.000 tratamentos respiratorios nos fogares das persoas usuarias, e consideran que a compañía está a incumprir sistematicamente o contrato de licitación "para reducir gastos e aumentar beneficios". CIG e CCOO acusan a empresa licitada de ter un cadro de persoal contratado "inferior ao que marcan os pregos de contratación". Tamén denuncian os despedimentos de varios traballadores "por supostas razóns disciplinarias´", así como o feito de que Esteve Teijín non estaría a cubrir baixas nin a conceder permisos. Outro dos puntos do contrato que estaría a incumprir a empresa é o número de vehículos para os tratamentos domiciliarios, "inferior ao acordado". Os sindicatos tamén denuncia que "se están a pautar tratamentos con un maior intervalo temporal dos prescritos polos servizos médicos". Reunión Satse-Consellaría de Sanidade Por outra banda, na quinta feira terá lugar unha reunión entre representantes do sindicato de enfermería Satse Galicia e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Pretenden trasladarlle á Xunta a "preocupante" situación que vive o persoal de enfermaría e de fisioterapia. O sindicato detalla que as persoas traballadoras do sector conviven "cunhas ratios por paciente moi por debaixo da media europea, cunha atención primaria e hospitalaria desbordada, saturada e tensionada, ou coa precaridade dos dereitos laborais e económicos destes profesionais". Nun comunicado, Satse Galicia vencella a "prontitude" do conselleiro en dar resposta á solicutude de reunión do sindicato coa convocatoria de concentracións que ten previsto levar a cabo a partir do vindeiro 10 febreiro, tanto na Galiza como no resto do Estado español. |
PRAZA_16809 | A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias intervencións, algo que non é a primeira vez que sucede no centro vigués. Nova manifestación masiva en Vigo a prol da sanidade pública | Nova manifestación masiva en Vigo a prol da sanidade pública O Sergas suspendeu máis de trinta operacións cirúrxicas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por problemas coa esterilización do material e para garantir a seguridade dos doentes. Foi a aparición dunhas partículas brancas nos colectores nos que se transporta o devandito material o que obrigou a Sanidade a reprogramar as intervencións e a manter tan só as urxentes. A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias operacións O adiamento das operacións foi confirmado pola Consellería de Sanidade logo de que o sindicato CCOO denunciase a suspensión de "numerosas" intervencións por estes problemas. Ademais, asegura que xa se teñen adoptado medidas co obxectio de garantir a máxima seguridade para os pacientes. En total, son máis de trinta (32) as intervencións aprazadas, sete non urxentes previstas o pasado mércores e outras 25, dun total de 103, programadas para este xoves. A Federación de Sanidade de CCOO considera que "non é admisible" que ocurra algo "que se vén repetindo con máis frecuencia da desexada". Ademais, advirte de que estes problemas "non axudan" a diminuír unhas listas de espera que son "as maiores de Galicia". Foi o sindicato CCOO quen denunciou unha situación "que se vén repetindo con máis frecuencia da desexada" Non é a primeira vez que o hospital Álvaro Cunqueiro sofre problemas co sistema de esterilización, que está montado no Meixoeiro. Ao ano da súa inauguración, aínda soportaba varias eivas, criticadas pola xunta de persoal e asumidas pola dirección do Sergas, que recoñecía a suspensión de operacións programadas, obrigando os pacientes a esperar ou marchar cando xa estaban listos para a intervención. Ademais, Sanidade mandou en varias ocasións material a Povisa como medida "transitoria" para arranxar a problemática. Agora, a área sanitaria de Vigo asegura que xa solicitou colectores prestados doutros centros, así como a utilización de bolsas estériles. Mesmo non descarta volver esterilizar o material noutros centros. Con todo, o Sergas lembra que a central de esterilización do Meixoeiro está acreditada coa ISO 9001-2000 e que é o único centro hospitalario que ten ese recoñecemento. Nova manifestación masiva a prol da sanidade pública Manifestación a prol da sanidade pública, este xoves en Vigo / CC BY-NC-SA CIG Os problemas en Atención Primararia "obriga os médicos de familia a derivar ás urxencias a todos os pacientes que non poidan esperar", resalta a Xunta de Persoal A suspensión de intervencións no Cunqueiro por problemas coa esterilización transcendeu na mesma xornada en que milleiros de persoas volveron responder en Vigo a unha chamada de mobilización a prol da sanidade pública lanzada dende a Xunta de Persoal da área sanitaria e co apoio do sprincipais sindicatos. Unha paciente do Sergas foi a encargada de poñer voz a un manifesto que novamente puxo o acento na necesidade de "rescatar a sanidade pública" para que todos os servizos do hospital vigués e a súa contorna de influencia sexan "cen por cen públicos". Os problemas, advirte o colectivo convocante, non se reducen só ao novo complexo hospitalario. "A situación é de tal gravidade" que o persoal médico nos centros de saúde "xa denunciou diante da Xerencia que asisten con preocupación ao deterioro da atención sanitaria que se presta" en Atención Primaria "e indican que esta situación se agravou particularmente coincidindo coa apertura do Álvaco Cunqueiro". "Isto -resaltan- fai que os médicos de familia teñan que derivar ás urxencias hospitalarias a todos aqueles pacientes que non poidan esperar tanto tempo" e mentres, agregan, instalacións como as do vello Meixoeiro seguen "pechadas". |
PRAZA_20106 | As propostas de 16 concellos galegos serán cofinanciadas polos fondos EDUSI cun total de 118 millóns de euros. A Coruña e Ferrol logran 15 e 10 millóns tras ficaren fóra do reparto na primeira convocatoria GRÁFICO | Proxectos galegos nas dúas convocatorias dos fondos EDUSI | GRÁFICO | Proxectos galegos nas dúas convocatorias dos fondos EDUSI Seis de sete. O Ministerio de Facenda vén de facer público o reparto dos 35,6 millóns de euros que corresponderon a Galicia na segunda convocatoria de axudas para Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI), un programa de fondos europeos canalizado a través do Goberno de España que sufraga proxectos dos concellos -ou de varios municipios agrupados- ata o ano 2020. Tras esta segunda quenda catro candidaturas galegas uníronse con éxito ás 12 que xa lograran fondos na primeira, resolta o pasado outubro. Son, en total, 118 millóns de euros que na Galicia urbana chegarán a todos os gobernos locais agás o de Ourense, cuxo plan canalizado a través da Deputación provincial volveu quedar fóra. Case o 70% dos fondos EDUSI asignados nesta segunda convocatoria son captados pola Coruña e Ferrol, que non foran seleccionadas en outubro por non obteren puntuación suficiente, o que deu lugar a fortes críticas por parte de cadansúas oposicións municipais. Desta volta o proxecto coruñés logra os 15 millóns de euros que as axudas fixan como máximo para concellos de maís de 100.000 habitantes. No caso ferrolán, que presentou o seu proxecto Ría de Ferrol, Cidade 2020, xunto ao Concello de Narón, a cantidade que chegará dos fondos comunitarios serán 10 millóns de euros, o máximo para cidade ou áreas urbanas de 50.000 a 100.000 habitantes. A Coruña e Ferrol súmanse deste xeito ás outras catro cidades que xa obtiveran financiamento para cadanseus proxectos EDUSI, todas elas chegando ao límite máximo cofinanciable. Así, o proxecto Vigo Vertical do concello vigués logrou 15 millóns de euros, Pontevedra recibiu 10 millóns para unha nova fase do seu modelo urbano, Santiago captou a mesma cantidade para o seu plan EDUSI e Lugo logrou tamén 10 millóns para o proxecto Muramiñae, centrado en conectar a cidade co río Miño a través da contorna do Carme. As propostas de 16 concellos galegos serán cofinanciadas polos fondos EDUSI cun total de 118 millóns de euros Nesta segunda convocatoria foron tamén seleccionados os proxectos de Ames e Arteixo, con cadanseus 5 millóns de euros. Os seus proxectos de desenvolvemento urbano sostible van ter un financiamento comunitario como o que xa lograran en outubro, na categoría de 20.000 a 50.000 habitantes, as propostas formuladas por Redondela, Ponteareas, A Estrada, Vilagarcía, Ribeira e, cun chisco menos de fondos, Marín e Culleredo. Na banda dos proxectos non seleccionados por non acadaren as puntuacións esixidas -unha "cualificación mínima de 50 puntos" nunha escala de 100, segundo as bases- quedaron desta volta as candidaturas de Cambre, Cangas e Carballo e, xunto a elas, a de Ourense, que tampouco chegou ao mínimo en outubro. A ourensá era a única candidatura impulsada formalmente por unha Deputación, se ben tivo unha participación activa do Concello da capital da provincia en virtude dun acordo "pechado" polo presidente do ente provincial, José Manuel Baltar, co alcalde, Jesús Vázquez, a principios de 2016. O proxecto Conecta Ourense, segundo o avanzado daquela, tería catro eixos: Cidade intelixente, accesibilidade e mobilidade, dinamización turística e conexión e desenvolvemento do espazo metropolitano. O proxecto de Ourense foi promovido pola Deputación e o Concello, que en xaneiro anunciaran "as modificacións que se teñan que facer" para lograr os fondos Tras a primeira negativa o rexedor ourensán anunciou que o seu goberno "falaría" co Ministerio de Facenda para "facer as modificacións que se teñan que facer" e lograr os fondos, que estimaba en ata 19 millóns. Neste sentido, un dos vicepresidentes de Baltar, o tamén concello de Promoción Económica da cidade, Jorge Pumar, sinalaba como "algo natural" a ficar fóra na primeira convocatoria pola "competencia" que existe "nunha convocatoria destas características". "Presentarémonos á segunda fase convencidos de que lograremos os fondos", auguraba entre críticas da oposición. Tras a segunda exclusión a única posibilidade para financiar o plan cos Fondos EDUSI sería unha eventual terceira convocatoria, que o Ministerio non dá por segura. Satisfacción de Ferreiro e Suárez A Coruña e Ferrol logran 15 e 10 millóns tras ficaren fóra do reparto na primeira convocatoria Duras críticas da oposición foran tamén as que recibiran os gobernos da Coruña e Ferrol tras ficaren fóra do primeiro reparto. Neste sentido, o alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, aplaudiu este luns a "moi boa noticia" da concesión dos devanditos 15 millóns. "Fomos quen de mellorar tecnicamente o proxecto que se presentara na primeira convocatoria" que, resalta, "fora aprobado pero quedara sen fondos". "Sempre dixemos que o proxecto era bo e agora ratificámolo", subliñou tras anunciar o inicio do proceso para "incorporar eses 15 millóns ao orzamento municipal". O proxecto EIDUS Coruña, lembra o rexedor, foi presentado baixo o título A Coruña, cidade cercana e, asegura, vai permitir "desenvolver un proxecto de cidade que ten que ver co aproveitamento do espazo público, coa peonalización das rúas, coa mellora dos mercados e a primacía da mobilidade sostible". Pola banda ferrolá o alcalde Jorge Suárez, e mais a edil de Urbanismo, María Fernández Lemos amosaron igualmente a súa satisfacción xa que, indica o rexedor, apenas "tres de cada dez estratexias" presentadas lograron financiamento. Para o goberno local, indica, os fondos EDUSI son unha "inxección de optimismo" para poñer a andar a xunto a Narón o proxecto Ría de Ferrol, cidade 2020, un plan estruturado en seis "obxectivos estratéxicos" entre os que Suárez destaca os plans de emprego "para avanzar máis alá do naval", a potenciación "da candidatura a Patrimonio da Humanidade", un eixo de medidas sociais para "mellorar a calidade de vida" ou medidas para "mellorar o aspecto urbanístico" en áreas como Recimil ou Ferrol Vello. EIDUS Coruña Muramiñae, da Muralla ao Miño Máis Modelo Urbano Pontevedra EDUSI Santiago Ría de Ferrol, cidade 2020 Vigo Vertical |
PRAZA_10665 | Ademais de mestre dos múltiples oficios do titiriteiro -a súa máis coñecida faciana artística-, Kukas é pintor, fotógrafo, escultor, poeta, escenógrafo… Poucos paos lle restan por tocar. | Un home. Uns pinceis –cabeza abaixo-. Unha foto na parede. Un libro -de San Pirolampio- na mesa. Un monicreque deitado sobre os libros. É só –e non é pouco- un retrato de Kukas, feito polo seu amigo Yayo Cabezas. Mais podería considerarse unha moi aquelada imaxe do artista case total que é o retratado: Marcelino de Santiago Viqueira. Ademais de mestre –maese- dos múltiples oficios do titiriteiro -a súa máis coñecida faciana artística- Kukas é pintor, fotógrafo, escultor, poeta, escenógrafo… Poucos paos lle restan por tocar –e algún instrumento musical tamén toca, por certo-.A tradición galega, -de Castelao a Dieste ou Díaz Pardo-, as vangardas de primeiros do XX e un espírito libertario son algúns dos elementos que se amálgaman para conformalo como creador. A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vén de recoñecer a súa compañía, Monicreques de Kukas, co Premio Xiria á Labor Teatral. Que son xa máis de 40 anos desde aquel día no que, falando coa xente da comisión de festas da Feira do Queixo de Arzúa, se comprometeu a montar un espectáculo de marionetas –daquela aínda non se chamaban monicreques- para as crianzas. Porque –saíra naquela conversa-, que había entón en galego para nenos e nenas? A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas vén de recoñecer a súa compañía, Monicreques de Kukas, co Premio Xiria á Labor Teatral'Fabanola e o televexo' –unha crítica a unha sociedade hipnotizada pola televisión- fora a primeira montaxe, o 4 de marzo de 1979 en Arzúa. "O desenvolvemento artístico da miña xeración"- escribe Kukas no catálogo da exposición 'Os Monicreques de Kukas. 20 anos facendo teatro con marionetas', de 2007- "produciuse a trancas e barrancas, entre a improvisación e a aprendizaxe autodidacta, cunha linguaxe que estabamos a inventar aos poucos". No teatro non foi menos, e máis aínda no de bonecos. Eran escasos entón os textos en galego para teatro de tiruleques. E Kukas lanzouse a facelos –uns, todo hai que dicilo, mellores, e outros peores-. Igual que foi aprendendo a manipular e a construír monicreques –antes xa facía máscaras-. Hoxe agradece o galardón da Mostra de Cangas. "Recoñécennos 40 anos de traballo", di. Nun dos xeitos de facer teatro en Galicia que non é, quizais, un dos que colleitan máis condecoracións –simbólicas-. Mais Kukas fora sempre, se cadra, un pouco titiriteiro –no único sentido con xeito da palabra, o de artista nómade e polifacético-. "Con 9 ou 10 anos facía teatro e cine no Seminario Menor", conta. De adolescente facía pantomima e tiña un grupo de teatro afeccionado. Fixo tamén, entón, a súa primeira exposición de pintura. E tocaba a gaita, e escribía, e facía fotos: na súa mocidade, Compostela era un fervedoiro cultural. Era o solpor da ditadura e había tanto por facer… Parte daquela enerxía cristalizou nun grupo "rupturista e vangardista", de cando –palabra de Anxo Rei Ballesteros- "a vangarda non estaba domesticada pola industria cultural"Parte daquela enerxía cristalizou nun grupo "rupturista e vangardista", de cando –palabra de Anxo Rei Ballesteros- "a vangarda non estaba domesticada pola industria cultural". Chamábase Fato de Oniristas Galegos (FOGA) e trataba de "combater a somnolencia" social –palabra, tamén, de Rei Ballesteros, recollida no catálogo do proxecto de Anxo Rabuñal 'O lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989'-. O FOGA –como a Transición, segundo se mire- non tivo, porén, demasiado éxito –admite Rei Ballesteros nesta mesma publicación-, pois de Franco pasouse a Fraga. Mais alí quedaron algúns alicerces para a insurrección contra a cultura oficial que agromaba, e que despois deu lugar á pax cultural fraguiana. O FOGA teceu diálogos co surrealismo, ou co dadaísmo, para, -di hoxe Kukas, "romper con todo o establecido", nun tempo no que había "unha represión moi forte", censura institucionalizada e sistemática… Facían o que entón chamaron happenings, e na actualidade denominaríamos accións ou performances. "Era un arte gamberro, moi besta. Saiamos a rúa para facer o que eran metade cadros, metade panfletos. O obxectivo era que a xente o pasase ben e que reaccionase ante o que estaba pasando", lembra Kukas.Unha arte de vocación irredenta, coma o que facía Kukas tamén fóra do FOGA. Naquel tempo, no tardofranquismo, "e tamén ao principio da democracia, empezaba a facerse unha arte moi oficialista. Había certos artistas, certo tipo de pintura, que eran tratados case como un dogma. E despois iso continuou na Universidade, onde che ensinaban a repintar o que xa estaba pintado", sinala. As pinturas de Kukas –máis expostas ao público en bares ca en galerías ou museos- ateigan a súa casa. Da paisaxe ao bodegón. Do arlequín ao retrato…"Non tes que ter un estilo, unha 'línea' artística. Iso, para min, é unha mentira. Iso será que che falta imaxinación e que tes que acabar copiándote a ti mesmo"A arte –sinala- "ten moitas pólas, e todas as pólas son válidas. Se quero dicir algo político, podo usar máis a figuración ou un realismo fantástico. Se teño que dicir algo íntimo, podo usar a abstracción. Pero a miña pintura cambia. Non quero quedar na monotonía, no aburrimento, porque non se trata de ser un funcionario da arte. Non tes que ter un estilo, unha 'línea'artística. Iso, para min, é unha mentira. Iso será que che falta imaxinación e que tes que acabar copiándote a ti mesmo". "Sempre pintei –dixera momentos antes- "o que me deu a gana". Con diferentes "estilos", aínda que si hai temas que se repiten, que deixa e aos que despois volta… "Fago series", di.Algo semellante acontece coa súa fotografía. Anxo Rabuñal adoita cualificalo como "pioneiro" da fotografía no país. 'Galicia máxica. Foto-pinturas de Kukas' é o título do catálogo dunha exposición que fixera Kukas a finais dos 80, co –efémero- Goberno tripartito. "Eran fotos grandes e coreadas, aínda que no libro saen case todas en branco e negro. Podía ter collido un tema concreto, pero non me apetecía. Por iso hai distintas cousas". Mais o máis relevante é que, cando Kukas e outros –poucos- fotógrafos da súa xeración comezan, a fotografía non gozaba de moita consideración como arte. "Eu mesmo, cando me puxera a estudar fotografía –antes non coñecía as fotos de Man Ray, por exemplo- de repente decatárame que aquilo podía ser arte. Facía exposicións para dar a coñecer a fotografía como arte, e a verdade é que á xente gustábanlle, aínda que tamén che dicían que non meterían un peso niso", salienta.Hai cor, fotomontaxe, distorsión da imaxe… en 'Galicia Máxica'. Pegadas das vangardas históricas. E hai un ollar –sobre todo nas primeiras recollidas neste catálogo- que é o mesmo que mostran parte das fotografías máis recentes de Kukas. Un estudo do detalle. Do fragmento. Do extraordinario do cotián. Do que nin poderiamos ver se non temos os ollos ben abertos. "Gústame a microfotografía. Buscar formas na natureza que son case como antropomórficas", sostén Kukas."Gústame a microfotografía. Buscar formas na natureza que son case como antropomórficas", sostén Kukas. Unha rocha na praia que debuxa unha cara, por exemplo. Facer, en fin, abstracción coa cámara. A partir do que a natureza brinda. "A fotografía antropolóxica está ben para coñecer o noso pasado, e é bonita, pero a min non me interesa. A min gústame pasear e encontrar cousas. Encontrar formas, composicións. Trátase de saber ver, saber mirar. Atopar unha nova forma de ver un elemento. Dicía Man Ray que non ía pintar o que podía fotografar, nin fotografar o que podía pintar. A foto como a memoria no espello, dicía tamén", engade. Da foto coma memoria fala tamén Kukas en 'Galicia Máxica'. E coa memoria –desde outra perspectiva- ten tamén moito que ver o seu traballo cos monicreques. E das máscaras. No que ecoa a tradición carnavalesca galega. "Sempre me gustou moito o Entroido, as caretas, ese mundo fantástico… A máscara é o reflexo da vida: a carauta que levamos… Por iso tamén pinto arlequíns, que son a máscara que ri de nós, da sociedade…", indica. Como anécdota, lembra cando a xente se lle achega para dicir que viu uns fantásticos monicreques en Praga ou Viena. A mesma que nunca vai velos en Galicia. "É que a cultura galega, non toda, pero a cultura oficial, é moi paleta", sentencia. E promete non matar a mensaxeira por reproducilo, se houbese protestas. Non hai problema agora, 40 anos despois, para ver espectáculos de monicreques en Santiago e no resto de Galicia. Mais si o había cando o que quedara dunha tradición galega foran as poucas lembranzas de Barriga Verde e pouco máis. "É que a cultura galega, non toda, pero a cultura oficial, é moi paleta""E grupos de guiñol que viñan facer espectáculos sobre a bruxa, o demo e ao final a bomba atómica que os mataba a todos", destaca Kukas. Quedara, iso si, a tradición das feiras: a muller barbuda, a maxia… A mesma, seguramente, que Díaz Pardo tería presente ao facer os seus cantares de cego. Cando Kukas e os seus compañeiros comezan a facer espectáculos de monicreques, nin a propia palabra foi sempre ben aceptada. "Había a quen 'monicreques' lle soaba mal", di. Tampouco era doado facer teatro en galego. "Unha vez que iamos facer un espectáculo na Coruña en María Pita, acaban mandándonos a un barrio porque en galego alí seica non podía ser", lembra.Co tempo, Monicreques de Kukas foi introducindo novas técnicas –das luvas ás variñas. por exemplo- e elementos en escena, coma os bonecos de verdade: os actores e actrices. Tamén foron mellorando –e seguirán, nun proceso que sempre se pode e se debe perfeccionar- os xeitos de manipulación dos monicreques, introducindo o propio Kukas algunhas innovacións ao respecto –con Baltasar Patiño desenvolveu técnicas novas-. O seu encontro con Paco Peralta foi decisivo na súa aprendizaxe do oficio de creador de monicreques. Mais –xa o lembra el-, a súa compañía –na que o acompaña desde o principio Isabel Rei- non fai só bonecos. Tamén escenografías, por exemplo, ou atrezzos, máscaras e carteis. "O que agora se chama instalacións non son máis que escenografías con bicho dentro, como dicía Xan Cejudo. Con actores, quero dicir", sinala. Como escenógrafo colaborou, entre outros, con Roberto Vidal Bolaño.Kukas traballou moito tamén no seu día na restauración dos cabezudos de Santiago –que tan ben locen agora-, implicándose na súa mocidade na recuperación de festas populares compostelás –o Entroido con caretas e carrozas entre elas-. Bota algo de menos, de feito, o Santiago dos 80, "aquela cultura estudantil tan involucrada na vida social da cidade. Aquí si que houbo unha Movida cultural, máis espontánea que outras ás que lles botaron cartos enriba para manexalas nun determinado sentido. O mundo estudantil perdeuse como referencia para a cidade. Agora está todo institucionalizado", comenta. "Cando se oficializa todo acábase co potencial artístico de Galicia""Todos colaborabamos con todos" – a revista Coordenadas foi un dos froitos daquel intercambio-. "Se había cartos ben, e se non os había, pois tamén. Porque se facían as cousas polo país. E había moita xente válida, en todo. Pero cando se oficializa todo acábase co potencial artístico de Galicia", asevera. Pon como exemplo "despropósitos" coma un CGAC "que non fai cidade" ou os investimentos multimillonarios en macroespectáculos. "Que me dean a min os 100 millóns de pesetas que lle deron a Els Joglars, a ver se non monto un pasarrúas tan bo ou mellor ca o deles".Non había cultura en galego institucionalizada cando Kukas e os seus compañeiros de xeración comezaban a facer teatro. O que había –afirma- era "compromiso". Facíase –resume- "un teatro con conciencia nacional". Non "nacionalista", aclara –e de feito el entón estaba na CNT- senón "feito en Galicia e con alma galega. A universalidade ía de aquí para o mundo, quero dicir, que non era universal porque se copiara aquí o que se estaba facendo no mundo. A arte é universal, e a arte galega é universal", explica, remitindo, aínda sen pretendelo, a Castelao ou Díaz Pardo, coa súa procura da universalidade a partir do propio, porque o propio non é o oposto do universal. Kukas produciu, tamén, moi variados tipos de textos. Dalgunhas propostas didácticas para crianzas a outras máis gamberras –coma a que puido verse no cabaré do último Titirideza-. Mais aí si que fai autocrítica. "No teatro para adultos, nunca fomos tan irreverentes como puidemos ter sido. E aí si que me arrepinto", asegura. Tamén levou a escena textos de Blanco Amor, de Cabanillas –volvendo á tradición galega, tantas veces esquecida, de monicreques-. "É unha parvada" –apunta-"dicir que non hai tradición. Hai textos de Lorca, de Valle-Inclán, de Blanco Amor… E Dieste, Lugrís Vadillo, etc, fixeron marionetas". "No teatro para adultos, nunca fomos tan irreverentes como puidemos ter sido. E aí si que me arrepinto"Da colaboración con institucións galegas –coma o Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, o Consorcio de Compostela, o IGAEM (hoxe Agadic) - e non galegas –coma o Teatro Arriaga ou a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales- saíron espectáculos de maior formato. Nese sentido, un dos máis grandes –e, polo momento, irrealizados- proxectos de Kukas é a creación, en Santiago, dun museo-teatro de monicreques, que sexa ao mesmo tempo un museo da marioneta galeg e un espazo para a produción e a representación de espectáculos. "Nós temos moitísimo material: os bonecos de case 50 montaxes que fixemos, as escenografías, etc. Fixemos unha exposición polos 25 anos no Pazo de Congresos e ocupamos toda a parte de arriba…", asegura. Monicreques de Kukas fai bonecos novos para cada espectáculo. E este é un dos labores –aínda que non o único- nos que Kukas amosa a súa pericia como escultor. "Eu sempre fixen escultura. As marionetas son unha das formas escultóricas máis importantes que existen, xa desde a antigüidade: os Deuses gregos eran esculturas articuladas, na Idade Media fanse esculturas móbiles, no Dadá fanse esculturas móbiles. Unha das función do museo das marionetas debería ser dar a coñecer a marioneta como obra de arte", sostén. Mais Kukas tamén fai escultura, alén dos tiruleques, con distintos materiais, coma a madeira. A libraría Nova Niké, en Santiago, vén de abrir unha exposición de Kukas na que poden verse o seu Retábulo de San Pirolampio, As tres Grazas e As Tres Idades da VidaA libraría Nova Niké, en Santiago, vén de abrir unha exposición de Kukas na que poden verse o seu Retábulo de San Pirolampio, As tres Grazas e As Tres Idades da Vida. Relevos en madeira policromada nos que, como el mesmo di, se mesturan a figuración co simbólico. Como, en xeral, en toda a súa escultura, tamén nos bonecos. Para ser un artista total, ao xeito renacentista, a Kukas faltábanlle quizais a literatura e a arquitectura. Da segunda, a escenografía algo pode ter. E, da primeira, Kukas algo tamén practica, pois escribe poesía –ademais de textos teatrais-. Ten poemas publicados en revistas e un libro de poemas –autoeditado- para nenos e nenas, 'De trebellos, perellos e fedellos". Aínda que fedello, se cadra, non o hai máis ca el. Para celebrar o seu 40 aniversario, Monicreques de Kukas montou o espectáculo 'Arlequina', que puido verse, entre outros lugares, na Mostra de Cangas. "Somos once no escenario, máis dous técnicos. Case parece un espectáculo do CDG, polo tamaño. Son case todos xente que traballara xa con nós", explica Kukas. Membros de Zoar Ensemble, Trécola, Alakrán, e Jorge Casas, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urruzola. Traballo actoral, pantomima, maxia, títeres e música en directo. Un despregue de recursos para contar a historia da marioneta Arlequina, que emprende unha viaxe en compañía dun estrafalario titiriteiro, que é Kukas. E que ten cousas de Kukas. Como unha imaxinación que si se mantén irredenta. Aínda que os tempos mudasen e as cousas non sexan coma as soñou co FOGA. Cando eran novos e non había nin institucións, nin un peso, nin importaba –aínda-demasiado. Mais si moita vontade. Coma agora. Coma sempre. |
NOS_3631 | O pelotón do exército levaba unha orde que lles autorizaba a deter a Mohamed al Mayid, de 4 anos, por ser o presunto agresor dun colono. Nos últimos días, os soldados arrestaron a tres nenos de 9, 10 e 11 anos. | Un pelotón de soldados do exército de Israel irrompeu na escuridade da noite nunha vivenda dun barrio de Xerusalén. Unha operación habitual: Patada na porta, berros, golpes, fusís apuntando a civís...O oficial ao mando do pelotón dirixiuse ao varón máis maior e ordenoulle que enumerase a todos os seus fillos. O pai pregoulle os soldados que collesen leite e cueiros "porque o neno aínda os precisa" Paso seguinte, o mando dos soldados israelitas esixiulle que trouxese á sala a Mohamed, pois tiñan unha orde de arresto contra el, acusado de de agreder a un colono israelita. O pai, nese momento, obxectou que debía haber algún erro pois Mohamed tiña catro anos de idade. O oficial exixiu que o levasen diante súa. O pai de Mohamed, Al Mayid, pregou aos soldados israelís que se o levaban preso polo menos collesen o leite e os cueiros porque o seu fillo aínda os precisaba. Mais non foi necesario, pois nesta ocasión os soldados abandonaron a vivenda sen arrestar o menor. O relato dos feitos foi recollido polos traballadores do Centro de Información do barrio de Silwan. Final feliz? Foi isto un final feliz? Mohamed non foi arrestado. Mais uns días antes os soldados israelís detiveron a Ahmed Dahbour, de 9 anos, Fadi Gafari, de 11, e o seu irman Mohammed, de 10, así coma os xemelgos Mohammad e Abdul Rahman Hijazi. Acusados de guindar pedras contra vehículos militares israelítas. En agosto, o exército de Israel xustificou a detención en Hebrón o translado a un centro de internamento dun neno de 5 anos. No barrio onde trascorreron os feitos, o Exército de Israel procedeu a derrubar o único lugar de lecer infantil que había en toda a a área. Calcúlase que entre 1967 e a actualidade por volta de 200.000 menores palestinios teñen sido detidos polos israelís. Mesmo existe unha prisión, Campamento Offer, departamento número 2 do Xulgado Militar, para nenos. |
NOS_14826 | Euqipos femininos denunciaron e reprocharon eses premios. | A Federación Galega de Automobilismo decidiu cancelar unha competición na que premiaba as condutoras gañadoras con conxuntos de roupa interior deportiva, unha campaña que causou o anoxo e malestar dos equipos femininos. Así, a través do seu perfil da rede social 'Facebook', o equipo Melmac Rally Factory cualificaba estes premios de "falta de respecto cara á muller" neste deporte. Ademais, o grupo de traballo RenovaFGA esixiu publicamente ao presidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA), Iván Corral, a "inmediata retirada" destes premios e as "desculpas pertinentes" por unha promoción "machista e anacrónica" que consiste en entregar aos ás participantes no "Open Gadis- Pecado Orixinal Doas co Motor de Galicia 2022" conxuntos de roupa interior. A Federación Galega de Automobilismo remitiu un comunicado no que informa da cancelación da competición "ante a polémica xurdida" e sostén que "un dos patrocinadores da copa" era o "fabricante galego de roupa feminina de marca Pecado Orixinal", pezas de "calidade e ignífugas aptas para a práctica do automobilismo deportivo". Ademais, despois de que a Federación promocionase a competición co seu nome, Gadis desmarcouse "totalmente" da organización desta proba. En concreto, sinalou que ten "unha colaboración puntual" coa Federación Galega de Automobilismo dentro do seu programa de RSC, como con outras iniciativas de apoio ao deporte. Con todo, deixou claro que non ten nada que ver coa organización desta proba nin cos agasallos da mesma. "Sentimos unha gran repulsa ante o ataque contra a dignidade da muller", sostén. |
NOS_14690 | Un total de 67.169 galegas e galegos atópanse en situación de dependencia, segundo se extrae dun estudo elaborado por Europa Press e publicado na segunda feira. Desa cifra, 5.129 persoas están aínda en listaxe de agarda, á espera de que se tramiten os seus casos e se lles poida asignar unha axuda económica e o prazo medio de tramitación é, segundo o mesmo estudo, de case un ano por expediente. | Na Galiza existen un total de 67.169 persoas dependentes. Delas, 62.040 cobraron algún tipo de axuda durante o mes de outubro e máis de cinco mil, en concreto 5.129, permaneceron en listaxe de agarda para que lles fose recoñecido o grao de dependencia e, polo tanto, sen cobrar ningunha prestación. Son datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en base aos cales, se se realiza unha comparación coas cifras reunidas en 2019, o número de persoas en agarda para recibir a correspondente prestación foi de 2.935 persoas menos; 2.341 se se trata da cifra total de persoas dependentes. Así mesmo, no que se refire ao tempo medio de tramitación de cada expediente de dependencia está fixado, na Galiza, nun total de 342 días. Practicamente un ano enteiro para que se lle recoñeza a unha persoa o "estado de carácter permanente no que se atopan aquelas que, por razóns derivadas da idade, da enfermidade ou da discapacidade, e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas da vida diaria". No relativo á porcentaxe de galegas e galegos dependentes que perciben prestación económica pero que non reciben ningún outro tipo de asistencia, era de 12,06% en decembro de 2019. Segundo recollía Nós Diario a finais do mes de outubro, Galiza situouse en 2019 como o segundo territorio do Estado español que menos investiu en dependencia en relación á súa poboación, cun gasto de 142 euros por cada habitante, segundo os datos achegados pola Asociación de Directores e Xerentes en Servizos Sociais. Esta entidade tamén revelaba que o galego era o territorio que maior porcentaxe de investimento tiña recibido por parte do Estado. Segundo os datos achegados por esta asociación, o gasto público certificado en dependencia ascendía, en 2019, a un total de 382,6 millóns. A loita das máis maiores O sindicato Comisión Obreiras (CCOO) presenta na xornada de mañá, en Compostela, un estudo sobre o modelo de atención á dependencia na Galiza; un traballo centrado nas prestacións ás que teñen dereito as persoas dependentes e nas condicións laborais de quen presta os servizos, nun sector que emprega case 40.000 galegas e galegos. O sindicato lembra que a atención á dependencia tivo unha implantación "lenta, aínda que progresiva", até os recortes de 2012, que "provocaron un retroceso na cantidade e calidade das prestacións e, por conseguinte, nas condicións do emprego", advirten desde CCOO. O Colectivo de Xubiladas, Xubilados e Pensionistas da CIG (Confederación Intersindical Galega) levan anos denunciando a situación dos servizos de atención ás persoas maiores e dependentes. Xa no ano 2017 exixían un incremento das partidas necesarias para solucionar as eivas neste sector e entre 2018 e 2019 recolleron máis de 14.000 sinaturas. Coa pandemia da Covid-19 e a crise sanitaria incrementaron as protestas recollendo como demandas, entre outras, unha dotación e condicións dignas adecuadas para as tarefas dos coidados, ademais de incrementar os orzamentos públicos destinados á dependencia. A lei demorada polo PP En 2006 entraba en vigor a Lei de Dependencia aprobada polo Goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Unha norma que prevía que estas persoas empezasen a cobrar as axudas que lles correspondían antes de xaneiro de 2012, pero o Goberno do Partido Popular (PP) presidido por Mariano Raxoi retrasou esta data até xullo de 2015. Desta maneira, non foi até hai cinco anos que milleiros de persoas, cun grao de dependencia moderado (grao I) ou severo (grao II) se incorporaron ao sistema. |
NOS_1758 | O Cumio municipal do BNG presenta os gobernos dos municipios nos que goberna como "o mellor escaparate" do que pode ofrecer para toda Galiza após as eleccións galegas. | Compostela acolleu o Cumio municipal do BNG, unha xornada de traballo que reuniu a alcaldes, alcaldesas e responsábeis dos gobernos locais nun ano marcado pola cita electoral das galegas. O Bloque anuncia que ese "anel de concellos nacionalistas" vai traballar para conseguir "o cambio real liderado polo Bloque, tendo en conta que son a mellor carta de presentación do que a formación nacionalista poder ofrecer ao conxunto do país". A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, compareceu en rolda de prensa para explicar que "queremos visibilizar o que moitos galegos e galegas viven cada día que é este anel de concellos nacionalistas, o mellor escaparate das políticas innovadoras e transformadoras que o BNG ten para ofrecer ao conxunto do país e que, estou convencida, de que poderemos despregar en toda Galiza este 2020". "É urxente, e imprescindíbel desaloxar o PP da Xunta nas eleccións galegas pero tamén é fundamental que non só cambien as caras senón tamén as", recalcou a viceportavoz parlamentaria. Na comparecencia ante os medios, Secundino García, alcalde de San Sadurniño e portavoz na Fegamp incidiu en que "o mellor escaparate que ten o nacionalismo galego son os concellos gobernados polo BNG, é o mellor exemplo que lle podemos transmitir á cidadanía para que nas próximas eleccións galegas Ana Pontón sexa a presidenta do Goberno galego". Unha das cuestión tratadas no cumio municipal foi o "trato discriminatorio" que implica para os concellos galegos o actual sistema de financiamento, que se traduce en 50 euros menos per cápita sobre a media estatal. "Que Feixóo rectifique e recorra pola vía xudicial a débeda do Estado como leva meses reclamando o Bloque parécenos positivo, pero é insuficiente porque non resolve o problema de fondo que non é outro que un modelo de financiamento que nos discrimina", explicou Rodil. |
NOS_75 | Lugar e hora das concentracións. | A pandemia do coronavirus condiciona, e non pouco, as mobilizacións deste 25N mais non as suspende. O movemento feminista galego volve hoxe tomar as rúas para denunciar a violencia machista e contra a invisibilidade que esta loita esta vivindo durante a crise sanitaria. Diferentes colectivos en diferentes puntos do país convocan concentracións e mobilizacións no Día Internacional contra as violencias machistas. As convocantes chaman, iso si, a respectar as debidas medidas de seguridade. "Que esta pandemia non faga esquecer outras pandemias que sufrimos as mulleres", "Contra a pandemia machista, vacina feminista", "Visibilizarmos o (in)visíbel", "Fronte ás violencias machistas, insubmisión feminista" son algúns dos lemas da xornada deste 25N. Lugar e hora concentracións do movemento feminista A Coruña, concentración 20h no Obelisco As Pontes, concentración 19.30h na Praza do Hospital A Estrada, concentración 20h diante do Concello Ferrolterra, concentración 19h Praza Amada García Carballo, cazolada 19.30h dende os balcóns Catoira, concentración 20h no Adro Celanova, concentración 19h na Praza Maior Compostela, concentración 20h Praza do Obradoiro Lalín, 20.30h concentración KM0. Lugo, 20h diante do Concello Marín, cazolada 20.30h dende os balcóns Miño, concentración 20.30h Praza do Parchís Ourense, manifestación 19h Subdelegación do Goberno San Cosme de Barreiros, 20h diante do Concello Vedra, concentración 20.30h velódromo municipal. Vigo, manifestación 19h saída Vía Norte Vilaboa, 20h diante do Concello Vilagarcía, concentración 20.30h na Praza de Galicia Ademais destas convocatorias, institucións e organizacións sindicais tamén chaman a se mobilizar e expresar o rexeitamento á violencia machista. Un exemplo é a central maioritaria na Galiza, a CIG, que convoca para esta mañá as seguintes concentracións: A Coruña: ás 12h na Delegación do Goberno As Pontes: ás 12h na Praza do Hospital. Compostela: ás 12h no Complexo Administrativo de San Caetano. Ferrol: ás 12h no Edificio da Xunta. Lugo: ás 11h na Subdelegación do Goberno. Ourense: ás 12h na Subdelegación do Goberno. Pontevedra: ás 12h na Subdelegación do Goberno. Ribeira: ás 11:30h na Praza do Concello. Vigo: ás 12h no Edificio da Xunta Vilagarcía: ás 12h no Servizo Galego de Colocación |
NOS_53087 | O actual sistema de financiamento atópase en tempo de desconto. Acordado polo Congreso dos Deputados á volta de 2009 por un período de vixencia de cinco anos e prorrogado desde 2014, a aprobación dun novo modelo semella próximo. Fedea adiántase ao debate cun documento de Ángel de la Fuente. | O debate e aprobación do novo sistema de financiamento está chamado a ser un tema chave no vindeiro período de sesións nas Cortes do Estado. Malia que a vontade das forzas que conforman o actual Executivo estatal de coalición, expresada na campaña das eleccións de 2019, era acometer a reforma do actual modelo na segunda metade de 2020, a conxuntura política obrigou a adiar esta decisión de maneira repetida. Porén, a ministra de Facenda, María Jesús Montero comprometeuse a finais de xullo a ter unha proposta definitiva para finais de ano, mantendo diversos contactos cos seus parceiros parlamentarios para conseguir os apoios necesarios para sacalo adiante. O actual sistema de financiamento atópase prorrogado desde 2014. Aprobado con rango de lei á volta de 2009, cos votos favorábeis do PSOE e coa abstención do Partido Popular, fixa na súa disposición adicional sétima a obrigatoriedade de ser revisado en 2014, porén mantense prorrogado desde hai sete anos. Ao longo deste período, foron moitas as resistencias gobernamentais a acometer este traballo, malia os chamados a realizalo, significándose a resolución da Conferencia de Presidentes de xaneiro de 2017, onde se reclamou "o impulso á revisión do sistema de financiamento autonómico, en aras a culminar co acordo de aprobación dun novo sistema deseñado con criterios obxectivos". A Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), o think tank de cabeceira das empresas do IBEX, vén de entrar na discusión cun informe de Ángel de la Fuente. De la Fuente, director executivo de Fedea, economista neoliberal de predicamento, autor do Sistema de Contas Públicas Territoriais (SCTP) publicadas entre 2011 e 2014 e persoa de referencia do PP en materia de financiamento, propón nun recente traballo titulado La financiación autonómica en 2020: una primera aproximación y una propuesta de cara a 2021 "estabelecer un fondo transitorio de nivelación para complementar o financiamento das comunidades peor financiadas" e proceder de inmediato á revisión do sistema actual baixo novos criterios. O estudo de De la Fuente achega interesantes datos sobre as desigualdades xeradas polo modelo de financiamento e as consecuencias para a Galiza do mesmo. Segundo o informe, que toma como referencia a liquidación do orzamento do Estado de 2019, nesa anualidade, Cantabria é o territorio máis favorecido, tras recibir da caixa común 3.321 millóns de euros de financiamento efectivo por cada un dos seus habitantes, situándose á cola do Estado o País Valenciá, con 2.618 euros por habitante. Precisamente, o Goberno valenciano lidera as protestas contra o actual modelo e urxe a súa inmediata renovación sen agardar polo informe da comisión de expertos do Executivo estatal previsto para febreiro de 2022. Galiza, mal parada A Galiza é un dos territorios do Estado que peor parados saen co sistema de financiamento vixente. Así, De la Fuente sinala que a Galiza recibe 2.846 euros de financiamento efectivo por cada habitante, 475 euros menos por habitante que Cantabria, 364 euros menos por habitante que A Rioxa, 280 euros menos por habitante que Illes Balears, 240 euros menos por habitante que Estremadura, 234 euros menos por habitante que Canarias, 99 euros menos por habitante que Castela e León, 29 euros menos por habitante que Madrid ou 22 euros menos por habitante que Catalunya. Segundo significa De la Fuente no seu traballo, só rexistran un trato máis negativo que Galiza, País Valenciá, con 2.618 euros por habitante, Murcia, con 2.628 euros por habitante, Andalucía, con 2.717 euros por habitante e Castela A Mancha, con 2.833 euros por habitante. A situación complícase aínda máis para a Galiza tendo en conta as variábeis que determinan o custo das prestacións básicas. A dispersión xeográfica encarece os servizos públicos, unha realidade especialmente gravosa para a Galiza, que suma máis da metade dos núcleos de poboación do conxunto estatal. Neste sentido, algúns economistas como Xosé Díaz destacan que "só representa 0,6%, un criterio moi pouco ponderado para o custo real de achegar ao conxunto da poboación os servizos públicos ou as infraestruturas produtivas sociais precisas". O avellentamento da poboación é outro factor que incide de maneira decisiva no custo das prestacións. Os criterios de reparto fixados no modelo de financiamento só outorgan á poboación maior de 65 anos o 8,5%, malia estar acreditado o seu impacto, particularmente, no gasto sanitario e social. As contas de Ángel de la Fuente La financiación autonómica en 2020: una primera aproximación y una propuesta de cara a 2021 non é só o traballo dun dos máximos especialistas en contabilidade territorial. A súa contribución impugna o relato hexemónico do establishment político e académico galego sobre as bondades do actual sistema de financiamento para o país. En definitiva, un debate de natureza polítical, non de técnica contábel. |
NOS_32166 | A Real Academia Galega aprobou unha proposta normalizada e oficial dos nomes das oitenta e oito constelacións recoñecidas pola Unión Astronómica Internacional. | A listaxe, dispoñíbel nesta ligazón, é froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e o equipo composto por Salvador Bará, profesor da área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela; Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; e o físico Dosi Veiga, impulsor de Ceos Galegos. O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, o coordinador do Seminario de Terminoloxía, o académico Manuel González; e o director de Cultura do Concello da Coruña, Rómulo Sanjurjo, presentaron esta quinta feira o resultado deste traballo na Casa das Ciencias. "Tratamos de consolidar unha listaxe de nomes para as constelacións claramente asociados tanto á súa orixe etimolóxica como ao debuxo que definen no ceo" "Esta iniciativa paréceme importante polo que significa de seguir a profundar nos traballos que a RAG realiza a prol da incorporación da lingua galega ao ámbito científico, mesmo colaborando con especialistas e institucións que achegan os seus coñecementos, e aos que agradecemos especialmente o seu traballo", valorou Víctor F. Freixanes. Inicios A humanidade comezou a nomear os grupos de estrelas hai moitos séculos co propósito de se orientar ollando o ceo. Ptolomeo describiu no século II a. C. no tratado Hè megalè syntaxis un total de 48. Doce delas son as zodiacais, que figuran entre as máis coñecidas: Augadeiro, Carneiro, Cangrexo, Capricornio, Xemelgos, León, Balanza, Peixes, Arqueiro ou Seteiro, Escorpión, Touro e Virxe. Entre as outras 36 abondan as que levan nomes de seres mitolóxicos como Perseo, Andrómeda, Hércules, Orión, Dragón ou Boieiro; e doutros animais (Lobo, Lebre, Serpe...) cuxas siluetas tamén serían evocadas pola unión das estrelas que as compoñen mediante liñas imaxinarias. A relación de nomes das constelacións aprobada pola Real Academia Galega inclúe xunto a cada forma galega o seu equivalente latino, o empregado a nivel internacional pola comunidade científica, e a abreviatura correspondente. As designadas con nomes de animais exóticos, como Grou, Tucano, Peixe Voador, Camaleón ou Dourado, constitúen outro grupo de constelacións identificadas na súa maior parte no século XVI por navegantes. No século XVIII, o astrónomo francés Nicolas Louis de Lacaille albiscou as 14 últimas constelacións, para as que escolleu nomes de instrumentos científicos como Escuadro, Telescopio, Microscopio, Octante ou Retículo. A delimitación definitiva foi realizada fundamentalmente polo belga Eugène Joseph Delporte e aprobada pola Unión Astronómica Internacional en 1930. A relación de nomes das constelacións aprobada pola Real Academia Galega inclúe xunto a cada forma galega o seu equivalente latino, o empregado a nivel internacional pola comunidade científica, e a abreviatura correspondente. "Valor normalizador" Manuel González salienta tamén o valor normalizador deste traballo. "Para o galego existían, desde hai certo tempo, distintas propostas, pero careciamos dunha normalizada e oficial. E iso é o que ofrecemos agora, despois dun traballo rigoroso de todas as partes", indica o coordinador do Seminario de Terminoloxía. Salvador Bará, Martin Pawley e Dosi Veiga presentaron unha proposta global cos oitenta e oito nomes á Real Academia Galega, que estudou a través do Seminario de Terminoloxía denominación por denominación. "Tratamos de consolidar unha listaxe de nomes para as constelacións claramente asociados tanto á súa orixe etimolóxica como ao debuxo que definen no ceo", detalla Martin Pawley, que incide igualmente no valor normalizador de traballos coma este. "É fundamental a normalización do uso do galego na comunicación e na divulgación da ciencia", considera. |
PRAZA_12492 | Os afectados polo 'corralito' das antigas caixas galegas trasladan á sede dos medios públicos galegos a esixencia de devolución dos seus cartos, que antes manifestaran polas rúas de Santiago. Vídeo no interior. | Son milleiros e teñen "atrapada" unha parte ou mesmo todos os seus aforros. En total, investiron uns 1.200 millóns de euros, segundo datos da Asociación de Usuarios de Bancos e Caixas, que agora non poden recuperar. Algúns sabían o que mercaban pero outros séntense simplemente "estafados". As persoas afectadas polas participacións preferentes das antigas caixas galegas levan meses esixindo a devolución dos seus cartos e este venres volvérono facer, primeiro cunha manifestación polas rúas de Santiago e despois con outra reivindicación imprevista: nos tres autobuses cos que chegaran á capital galega trasladáronse á parroquia compostelá de San Marcos e alí irromperon na sede central da Compañía de Radio Televisión de Galicia. A súa intención, facerlle chegar directamente á cidadanía a "estafa" da que, din, son vítimas, a través do Telexornal que se emitía neses intres. O perfil do en torno a cento e medio de persoas que percorreron os corredores da sede da TVG non se corresponde coa do vandalismo ou a tan manida fórmula dos "antisistema". Había mozos, xubilados e persoas de mediana idade que, despois da manifestación que os levou ata a sede central da antiga Caixa Galicia en Santiago e ata as inmediacións do Parlamento, desexaban protestar directamente pola cobertura que o seu conflito recibe dos medios públicos. "Roubáronnos os aforros", resumen. O tumulto no interior do edificio, a intención de entrar no plató -perfectamente audible para os espectadores que seguían o informativo- e o, en verbas de fontes presenciais, "lanzamento de fariña" deu lugar a momentos de tensión que se agudizaron coa chegada de ata cinco vehículos da Policía Nacional a San Marcos. Os afectados polas preferentes non chegaron ao plató pero si ata as entrañas da Galega, ata a propia redacción. Con todo, semella que non lograron o seu obxectivo: chegar tamén con amplitude á pantalla da televisión pública. "Comprensión" dos persoal da CRTVG e apoio do BNG A ocupación das instalacións de San Marcos deu lugar reacción ás poucas horas por parte do persoal dos medios públicos galegos, e non precisamente negativa. Ben ao contrario, o Comité Interempresas da CRTVG "comprende as motivacións dos manifestantes" e a súa "indignación pola liña informativa da TVG neste conflito". A protesta, explican, non é máis ca unha consecuencia da "manipulación informativa" dunha dirección "máis empeñada en ocultar todo o que a actualidade ten de conflitivo que en darlle á cidadanía galega a información veraz e plural á que ten dereito". Neste sentido, os traballadores ven no acontecido este venres "o último" episodio "dunha longa serie de manipulacións realizadas pola dirección dos servizos informativos da TVG", a "penúltima das cales puideron ver todos os galegos e galegas nos telexornais que este xoves informaron da xornada de folga xeral". "Todo parecido entre a realidade (milleiros de persoas nas rúas manifestándose de xeito pacífico) e o que emitiron a TVG e a RG é pura coincidencia; xa que só se exaltaron os escasos incidentes que se produciron mentres se minimizou a participación nas manifestacións coa ocultación das imaxes das mesmas", censuran. Por este motivo, o Comité esixe que a liña dos informativos mude cara aos "criterios profesionais" e reclaman a dimisión da directora dos mesmos, Pilar Bermúdez, "que ademais de ser unha das responsables directas da manipulación, chegou a ameazar a algúns redactores, aos que acusou no medio da redacción de 'redirixir aos manifestantes ata o seu despacho", subliñan. Nunha liña semellante, o BNG explicaba, a través dun comunicado, que "comparte a crecente indignación que senten amplos sectores da sociedade galega ante a manipulación informativa da TVG por parte do Goberno do PP". Os nacionalistas ven "evidente" que os medios públicos tentan "minimizar" a "estafa" das preferentes "e as súas consecuencias", nunha liña semellante á información "verdadeiramente escandalosa sobre a folga xeral", "todo isto ao servizo da estratexia política dun PP que comeza perder os nervios ante a crecente contestación social fronte ás súas políticas. |
NOS_36950 | O Consello para a Exploración do Mar pide fechar a pesca de xurelo entre Fisterra e o golfo de Bizkaia durante o ano 2023. | O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, avanzou esta cuarta feira durante o pleno do Congreso que o Goberno español recorrerá ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) o veto á pesca de fondo. O Goberno español recorrerá ante o Tribunal de Xustiza da UE o veto á pesca de fondo Planas manifestou que a decisión da Comisión Europea é "profundamente inxusta para o sector pesqueiro" e que a información científica que sustenta a decisión do Executivo comunitario é "insuficiente e anticuada". "A máis moderna dispoñíbel que estaba sobre a mesa da Comisión non se tivo en conta", asegurou. Así mesmo, afirmou que existe "un problema de equilibrio" neste veto, xa que, segundo o titular de Pesca, "o Goberno español defende a saúde de fondos e mares do océano, pero tense que facer de forma proporcional cos intereses dos pescadores". A Comisión Europea aprobou a 15 de setembro fechar o acceso da frota de arrastre a 87 zonas de protexidas en augas comunitarias do Atlántico Nororiental tras adoptar unha norma á que se opuñan o Estado español e Irlanda, o que na práctica supón vetar a captura de especies en augas con profundidades superiores a 1.500 metros. A decisión afecta a frota galega que faena no Gran Sol. Na sesión de control ao Goberno, o PP reprochou que Planas non sexa capaz de "sumar aliados" para xuntar "unha fronte máis ampla" ou "armar un recurso gañador". "Nunca vostede tivo tanto apoio", asegurou o deputado Joaquín María García Díez, antes de apremar o ministro a que "pelexe a suspensión temporal" do regulamento e que a Comisión "revise a súa decisión". Instan o Goberno a pedir a suspensión cautelar do veto O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, levou unha pregunta á Cámara Baixa sobre a postura do Goberno estatal en relación a este veto e as medidas que tiña pensado levar a cabo. Rego asegurou que a decisión de impor este veto á pesca foi tomada "sen ter en conta o seu impacto socioeconómico e sen levar a cabo as debidas consultas aos sectores afectados". "Un modus operandi que pode sentar un precedente perigoso". O BNG reclama unha "fronte común" contra o veto da UE á pesca de fondo en 87 caladoiros Sobre o anuncio do recurso ante o TXUE, o nacionalista salientou que é unha medida "imprescindíbel" mais "insuficiente", xa que o veto entra en vigor o 9 de outubro. "Hai que solicitar a suspensión cautelar e despregar toda a presión política posíbel", resaltou Rego, que tamén subliñou que é "imprescindíbel" que o Estado adopte medidas compensatorias mentres dure a prohibición de pescar. Nova ameaza á frota: agora sobre a do cerco Esta cuarta feira coñeceuse unha nova ameaza para o sector pesqueiro, xa que o Consello Internacional para a Exploración do Mar (organización que promove e coordina os recursos naturais do Atlántico Norte) recomendou fechar a pesca de xurelo entre Fisterra e o golfo de Bizkaia durante o ano que vén. Alberto Castro, da Asociación de Cerqueiros da Galiza (Acerga), resaltou a incoherencia dunha proposta de recorte da totalidade da pesca de xurelo nunhas zonas nas que as capturas son máis abundantes que en outras nas que non se propoñen ningún tipo de medidas. Rueda, Pontón e Formoso apelan a defender a pesca O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitaron esta cuarta feira o Congreso Internacional de Transformación e Comercialización de Produtos do Mar (Conxemar) no recinto feiral de Vigo (Ifevi). Gonzalo Rodríguez: "A pesca europea non cobre a demanda de medio ano" Rueda subliñou que o Executivo estatal "fixo o que tiña que facer" ao presentar o recurso ante Bruxelas contra o veto á pesca de fondo. Pontón, ademais de exixir a moratoria do veto e, en caso de que non se consiga, axudas compensatorias directas para o sector, apostou por rebaixar a 4% o IVE dos produtos pesqueiros. Pola súa parte, Formoso celebrou o recurso anunciado polo Executivo español e instou a Xunta a "facer o seu traballo" por un cambio na decisión da Comisión Europea, que "preside o PP", lembrou. |
NOS_31560 | O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, amosou o seu rexeitamento a proposta de reformada das pensións formulada por Alberte Núñez Feixoo, que "suporía o empobrecemento de 770.000 galegos e galegas" | Formoso chamou a frear a desvalorización das pensións impulsada por Feixoo. Segundo o líder socialista, a mesma "implicaría que os pensionista galegos se empobrezan nunha medida dun 20%". O dirixente socialista advertiu da proposta do PP de "anular desde o Goberno de España" o modelo de pensións vixentes, pactada de "acordo cos sindicatos, os empresarios e con outras formacións políticas que convalidaron esa reforma do sistema de pensións co voto en contra do PP". O secretario xeral do PSdeG cualificou de "perigosas" as políticas do PP e expresou a súa "franca preocupación" por feitos como que o PP, "por orde de Feixoo", votase no Senado "en contra de que as mulleres neste país puidesen exercer libremente o seu dereito a abortar nas clínicas autorizadas para iso". 'Moita socialdemocracia' A receita do líder socialista "contra ese PP" e "facer moita socialdemocracia e moita pedagoxía nun momento perigoso para as cuestións vencelladas ao sistema de benestar". Nesa dirección, reclamou "contra ese tipo de medidas" facer unha política "ilusiónante, dinámica e comprometida cos alicerces do benestar en España e na Galiza". Formoso apostou por unha estratexia política "onde claramente exerzamos accións propositivas nos diferentes ámbitos" e indicou que "neste proxecto non só imos sinalar os problemas senón tamén achegar solucións". O máximo responsábel dos socialistas avanzou un tempo novo nas relacións co PP após a marcha de Feixoo. Nesta dirección, amosou a amosou a súa confianza en ter "máis interlocución con Rueda que con Feixoo". Rueda "Estou convencido de que así será", aseverou Formoso, "porque se no peor momento para Galiza nos últimos 30 anos -con sectores asoballados pola carestía dos prezos dos combustibles e con empresas paralizadas polo prezo da enerxía- o Goberno non se xunta coas forzas políticas de Galiza a verdade é que eu non vou insistir máis e deixarémolo á súa decisión". O secretario xeral dos socialistas significou que "o diálogo non se pode substituír por roldas de prensa". Nesa liña, contrastou a posición do PP co Pedro Sánchez, "quen recibiu a Feixoo tres días despois de ser elixido novo líder do PP nacional" Formoso apostou polo "intercambio de opinións e o enriquecemento das nosas posicións políticas" e matizou que "non se pode substituír co desprezo a unha formación política que representa 62% poboación galega". |
NOS_37872 | "É unha nova porta aberta á privatización", lamenta a CIG, que lembra que o centro privado ten "titulacións concordantes" coas da pública, cuestión que vulnera a lexislación vixente. | A CIG considera que a entrada da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), que promove Abanca, no consorcio da Axencia de Calidade do Sistema Universitario Galego (Acsug) é "unha nova porta aberta á privatización" na educación superior. Así o denuncia esta segunda feira o sindicato nun comunicado, logo de que a Xunta presentase ante a Mesa xeral de empregados públicos un borrador de decreto para modificar os estatutos da Acsug, co obxectivo de dar entrada á UIE como novo membro. En concreto, o texto modifica o artigo 2 dos estatutos do consorcio de maneira que quede expresamente fixado que, alén da Administración galega e das tres universidades públicas —A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo—, forma parte del esta universidade privada. Isto parte dun acordo do consello reitor alcanzado nunha reunión do 22 de xullo do 2021, polo que a inclusión da UIE neste órgano require desta modificación normativa vía decreto. A respecto diso, a CIG mostra a súa oposición por entender que na Acsug "só deben ter presenza as universidades públicas, con independencia do control que sobre as súas titulacións debe exercer" este mesmo órgano e a Consellaría de Cultura, Educación, FP e Universidades. A central sindical recoñece que non é un "cuestionamiento legal" desta decisión, mais si lamenta o "trato de favor" dado a Abanca coa creación da UIE, que ten "titulacións concordantes" coas públicas, algo que si é "contrario á lei". Así será a universidade privada de Abanca: titulacións repetidas e exclusión do galego Como "exemplo" diso, a CIG lamenta que, mentres as tres universidades públicas chegaron a un acordo de crear os graos de Intelixencia Artificial con 50 prazas en cada unha, a UIE botase a andar neste mesmo curso cun grao en Enxeñería en Sistemas Intelixentes con 100 prazas, unha titulación "claramente redundante". "Onde está o control da Xunta? Onde está o conselleiro de Educación? Que papel se lle dá á Acsug? A privatización dos servizos públicos sempre precisa que desde o poder político haxa quen promova a lei e quen permita a trampa", sentencia o sindicato, sinalando como responsábeis ao ex presidente galego Alberto Núñez Feixoo e ao seu sucesor, Alfonso Rueda. A UIE, parte do Sistema Universitario da Galiza A UIE, como o resto de universidades aprobadas por lei —que tamén recibiu luz verde do Parlamento galego en xullo de 2021—, forma parte do Sistema Universitario da Galiza (SUG) e, por isto mesmo, "debe estar como membro de pleno dereito" tanto na Acsug como no Consello Galego de Universidades, segundo confirman fontes da Consellaría. De feito, a propia lei do SUG, que data do ano 2013, estabelece que nestes dous órganos deben estar representadas todas as universidades constituídas no país, incluídas as privadas. Do Consello Galego de Universidades forma parte, por tanto, o reitor da UIE, que é tamén presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet. A Xunta autoriza, ás agachadas, a Universidade privada de Abanca, que contradí a lexislación galega Aliás, a Consellaría subliña que a universidade que promove Abanca recibiu "o aval" do Ministerio de Universidades, "cos votos a favor de 13 comunidades autónomas", e o seu proceso de creación "cumpriu coas máximas garantías" estabelecidas na normativa galega, que é "máis exixente que a estatal". A respecto das críticas sobre as titulacións que ofrece a UIE, o mesmo departamento subliña que "calquera título oficial de grao ou máster está sometido aos mesmos procesos de verificación", sexan institucións públicas ou privadas, e requiren da aprobación final do Consello de Universidades a nivel estatal. |
NOS_1893 | Impulsar un novo Estatuto para Galiza non depende só do futuro Goberno da Xunta, precisa dunha maioría ampla que estea de acordo no Parlamento | Odesenvolvemento dun novo Estatuto para Galiza, o marco legal básico, precisa dun consenso amplo, dunha transversalidade que nos últimos 11 anos, cos sucesivos Gobernos do PP, resultou imposíbel. "Un novo Estatuto debe ser un punto de encontro no que todas as correntes políticas con forza estean cómodas. Ten que contar coas ideas conservadoras, progresistas e tamén coas máis autonomistas. Neste momento non sabemos se estamos nesas condicións, a última reforma que se intentou, entre 2006 e 2007, frustrouse polo PP", explica Xoaquín Fernández Leiceaga. Para superar a carta legal aprobada en 1981 precísase vontade política. "Vemos que o PP non está polo labor, a Feixoo sóbralle o autogoberno", apunta Antón Sánchez, quen lembra as cero transferencias competenciais do Estado a Galiza co candidato popular á reelección na Xunta. Porén, María Pilar García Negro sinala a "limitación esencial" do Estatuto ao ser outorgado polo Estado e indica a "necesidade fundamental" de mudar a relación estabelecida con España. Pola súa banda, Xesús Palmou ve con bos ollos unha "actualización" da carta legal "como aconteceu en Valencia, Catalunya, Castela e León ou Andalucía. Xesús Palmou: "O Estatuto poderíase actualizar e pór ao día as competencias" Ex conselleiro de Xustiza e do Consello de Contas, deputado polo PP até 2009 "Hai 40 anos que Galiza ten Estatuto e loxicamente hai aspectos nos que hoxe se podería actualizar, pero debe tratar de facerse co acordo de todos os partidos", afirma Palmou, que foi secretario da comisión parlamentar para a reforma do Estatuto que en 2007 non acadou un acordo unánime. O popular non ve a necesidade de desenvolver unha nova carta legal, mais si unha "actualización" que inclúa "pór as competencias ao día", diferentes "aspectos económicos" e modificacións "nos primeiros artigos", así como "pór ao día a estrutura local" do país. Ademais, considera que o momento post electoral "sería bo" para retomar esta reforma "se hai un consenso necesario". Fernández Leiceaga: "Hai que reivindicar o noso papel de nacionalidade histórica" Senador, ex deputado no Parlamento da Galiza e coordinador do programa do PSdeG "Nós cremos que sería moi bo impulsar un Estatuto de nova xeración para incluír fenómenos como a entrada na Unión Europea e as relacións existentes e a emerxencia de novos dereitos sociais que sería necesario reflexar. Un texto que puxese ao día as prescricións estatutarias e tivese en conta a aparición de internet e o pulo das comunicacións dixitais", salienta Leiceaga. O socialista opina que se hai "certa posta ao día da arquitectura institucional do Estado en canto á descentralización", Galiza ten que estar aí para "reivindicar o noso papel de nacionalidade histórica". "O autogoberno hai que renovalo cada certo tempo e nós estamos nesa liña", incide. Pilar García Negro: "Galiza necesita urxentemente outra relación a respecto do Estado" Deputada do BNG no Parlamento galego entre 1989 e 2003 e profesora honoraria da UDC "Galiza necesita urxentemente outra relación a respecto do Estado español no presente. Dunha forma clamorosa desde o punto de vista do financiamento, pois sen autonomía financeira e control fiscal non hai autonomía. E desde un punto de vista lingüístico, para que o galego poida constituírse na lingua normal da Galiza, e económico, para que nós, as galegas e galegos, dispoñamos dos nosos recursos e da capacidade institucional que nos permita actuar a respecto de España, de Europa e do mundo", analiza García Negro, para engadir: "Isto non colleu no Estatuto vixente desde hai 40 anos e dubido moito que colla nun Estatuto futuro, co antecedente da reforma do catalán". Antón Sánchez: "Precisamos máis soberanía e máis autogoberno, é dicir, un maior benestar" Ex deputado de Común da Esquerda e Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento "Creo que Galiza precisa de máis soberanía e máis autogoberno, e isto debería implicar un maior benestar para a sociedade", sinala Sánchez, que ve a idoneidade dun novo Estatuto de Autonomía "sempre que sexa para decidir cousas que agora non podemos". Para o deputado na lexislatura que acaba de rematar esta carta legal debería "garantir uns servizos públicos de calidade" e ser "socialmente avanzado". Neste sentido, apunta que é "fundamental" a "aposta pola soberanía fiscal" e por un "financiamento máis xusto" a respecto do Estado, así como "asumir máis competencias" como o ferrocarril e a capacidade para xestionar a liña de costa, entre outras. |
NOS_17523 | Artur Anselmo, presidente da Academia das Ciências de Lisboa, anunciou para janeiro a publicação do documento 'Subsídios para o Aperfeiçoamento do Acordo Ortográfico'. Retoma-se a polémica pelo lado científico, num campo onde "a política é incompetente". | O presidente da Academia das Ciências de Lisboa, Artur Anselmo, anunciou para o próximo janeiro um documento com o nome de 'Subsídios para o Aperfeiçoamento do Acordo Ortográfico'. Trata de uma proposta de revisão do acordo ortográfico de 1990 baixo o prisma da ciência, em detrimento da política. Anselmo afirmou em declarações ao jornal português Público que o acordo "é um problema científico por mais que nós possamos negociar com forças políticas, sociais, sindicais, na base está a ciência". Desde a Academia das Ciências de Lisboa estão a trabalhar no projeto. "Nós vamos agora publicar em janeiro os 'Subsídios para o Aperfeiçoamento do Acordo Ortográfico'. Estão prontos, foram feitos por uma equipa dirigida por Ana Salgado, na última reunião já tiveram um acordo de princípio, agora vão ao plenário de efetivos." Mas, por enquanto, o acordo ortográfico é um dilema sem resolver. Fazendo finca-pé no ensino, atualmente as normas estão-se misturando devido às grafias duplas, ao que o presidente acrescenta que "o acordo permite essas situações de dúvidas, sendo o órgão de consulta do governo em matéria linguística. A Academia foi consultada em 1990, mas não foi consultada quando um ministro resolveu pô-lo em vigor". A presidenta da Associação de Professores de Português (APP), Edviges Antunes Ferreira, afirmou em declarações a Público que aceita uma "revisão ligeira" do Acordo Ortográfico de 1990 "para não trazer tantos prejuízos, mas nunca anular o AO90". Relativamente ao regresso de algumas consoantes mudas, Edviges Ferreira diz: "nós não concordamos, é muito mais simples escrever conforme falamos do que estarem a perceber ou a decorar, principalmente depois de abolir e estar a escrever de uma determinada forma, estar a voltar atrás". O conflito do Acordo Ortográfico São várias as entidades e associação que não são afins à revisão do AO90. "Pela correspondência que recebo, tenho a sensação de que a Sociedade Portuguesa de Autores, o Pen Clube, a Associação Portuguesa de Escritores, todos estes representantes da escrita em Portugal estão a reagir. E contam-se pelos dedos os escritores que aceitam o chamado acordo ortográfico", afirma Anselmo. Segundo estimativa do Ministério da Educação brasileiro, as mudanças de palavras pelo AO90 apenas afetaram ao 0,8% dos vocábulos do Brasil e 1,3% dos de Portugal No que diz respeito ao que carrega o poder político, o presidente afirmou que "a academia vai fazer uma sugestão e depois vai aguardar ser chamada para participar em reuniões. Isto se o poder político estiver interessado em fazê-lo. Eu tenho a maior confiança no atual Presidente da República", comentou. Ademais, insistiu na ideia de que "neste campo a política é incompetente, e por isso deve ter cuidado de não meter o nariz onde não é chamada. Aqui não é chamada". Uma das causas da controvérsia do AO90 é o fim das consoantes mudas, presentes em várias palavras do português europeu, e que, com o acordo, prepondera a versão brasileira. Por exemplo, actor vira ator e óptimo ótimo. Segundo estimativa do Ministério da Educação brasileiro, as mudanças apenas afetaram ao 0,8% dos vocábulos do Brasil e 1,3% dos de Portugal. Oficialmente, o Acordo Ortográfico em Portugal está em vigor desde 2009. Apesar de ser assinado em 1990 pelos Estados de língua oficial portuguesa, o acordo necessita a ratificação de cada país para que entre definitivamente em vigor. Brasil, Portugal, São Tome e Príncipe e Cabo Verde já promulgaram a decisão. Angola e Moçambique ainda não têm data para ratificar. |
NOS_42215 | Afirmou que no goberno de Feijóo "freouse" a queda de falantes na lingua propia e afirma que as familias "teñen que implicarse" na transmisión do idioma. | Valentín García acudiu esta sexta feira (26 de decembro) ao Parlamento galego para dar conta da política lingüística que está a desenvolver a Xunta de Galiza. Através dunha pregunta formulada pola deputada do BNG, Ana Pontón, o secretario xeral debía explicar o conxunto de medidas que está a deseñar o goberno galego nesta materia e como prevé o executivo dar cumprimento ao marco xurídico en relación coa normalización de usos do galego. Porén, Valentín García só avanzou que en 2015 a Xunta desenvolverá un estudo sobre as competencias lingüísticas da poboación, un proxecto que xa anunciara Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista concedida a unha canle de televisión privada hai uns días. A culpa é do bipartito Na súa comparecencia parlamentar o secretario xeral de Política Lingüística afanouse en debullar os dados publicados polo Instituto Galego de Estatística para recuncar na idea de que "non só" apuntan "cousas más" senón que tamén recollen o incremento das "persoas con máis competencias para falar e escribir en galego" ou o aumento do número de monolingües "por vez primeira desde que se fai este estudo", sinalou. Gacía sinalou que foi "entre 2003 e 2008" onde se producíu a maior queda no número de galegofalantes entre os 5 e 14 anos con "12 puntos" Para Valentín García os dados publicados e que "chamaron poderosamente a atención" a respeito do uso do galego entre as faixas de idade máis novas refírense "aos últimos 10 anos". Gacía sinalou que foi "entre 2003 e 2008" onde se producíu a maior queda no número de galegofalantes entre os 5 e 14 anos con "12 puntos". Neste senso, afirmou que o seu goberno debería "responder" polos "últimos anos" e que, desde esa perspectiva, "o titular podía ser que se frea" a perda de falantes ao minguar "2 puntos" entre 2008 e 2013. Para a deputada do BNG, Ana Pontón, o discurso do secretario xeral de Política Lingüística resultoulle "patético" e acusouno de "descalificar a enquisa" do IGE e responsabilizar o bipartito. "Traficante da verdade" "Pode vir facer as filigranas e pinchacarneiros políticos que queira", sinalou para logo lembrar que desde a chegada de Feijóo á Xunta o goberno "promove a desaparición do idioma" no ensino, nos medios de comunicación, no ámbito da xustiza e tamén na administración pública. "Pode vir facer as filigranas e pinchacarneiros políticos que queira", sinalou Ana Pontón para logo lembrar que desde a chegada de Feijóo o goberno "promove a desaparición do idioma" Pontón denunciou que o secretario xeral non respondese a "catro preguntas" referidas ao Plano de Normalización Lingüística (2004) pois, sinalou, "tirárono ao lixo" e bateu con dureza contra as afirmacións lanzadas polo presidente da Xunta cando asegurou que "a Xunta está preservando o galego". Para o grupo parlamentar do BNG Feijóo tornouse nun "traficante da verdade" que, aliás, atribúe a situación lingüística "ás familias" para negar a "responsabilidade política" do seu goberno. Mais desde Política Lingüística Valentín García recuncou na idea lanzada polo mandatario galego. "Cada vez fálase menos galego na casa", asegurou, ao tempo que avanzou que o goberno galego porá en andamento medidas "para incidir no ámbito familiar" e pular por un maior uso social do galego. Porén, non aclarou en que consistirán estas medidas. |
NOS_24952 | Traballador@s da CRTVG rexeitan a tentativa do director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, de vincular as denuncias de presións na televisión nacional coa negociación do convenio colectivo e subliñan que o caso Bárcenas "só foi a pinga que fixo rebordar o vaso" | En outubro de 2011, un telexornal reivindicativo organizado polo Comité interempresas da CRTVG alertaba desde unha praza de Compostela da precariedade e o control político das informacións que carrexaría a Lei de medios públicos da Galiza, pactada por PP e PSOE e aprobada un mes despois, en novembro. Daquela, o redactor da Radio galega Xan Docampo, ao lle preguntar polas consecuencias do control político do ente público, apuntaba cara á merma da autoestima d@s traballador@s e da calidade do produto, cara a unha imaxe deturpada da televisión e da radio nacionais e cara ao afastamento das súas funcións daquel@s xornalistas "cun nivel de autocensura máis baixo do que lle gustaría á empresa" para encargar as mesmas informacións a empregad@s con contratos en precario. A información interesada do caso BárcenasO texto introduciu melloras reclamadas desde o 2000 polo cadro de persoal, mais foi tamén aproveitado polos dous partidos maioritarios "para a externalización total da pouca produción propia que facemos na casa". Quen así fala é Raquel Lema, militante da CUT e presidenta do Comité interempresas da CRTVG, quen considera que a tentativa do director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, de vincular as denuncias por manipulación coa negociación para o convenio colectivo "é unha perversidade e non é serio". Lema referiuse así ás declaracións de Sánchez Izquierdo na Comisión de control realizada na sexta feira, día 1, no Parlamento galego, onde a deputada do BNG Montse Prado pediu explicacións polas denuncias d@s traballador@s da TVG en que facían públicas as "presións" que chegan de arriba para orientar as informacións sobre protestas sociais e sobre os casos de corrupción en que están implicados partidos políticos. "O de Bárcenas foi a pinga que fixo rebordar o vaso", subliña a representante d@s traballador@s, quen recorda que que o partido do Goberno meta man nas información é unha práctica "que existe desde que naceron a tele e a radio públicas". Sánchez Izquierdo convida a silenciar o control da informaciónUnha mensaxe emitida polos medios públicos nacionais ten un público obxectivo de por volta de 700 mil persoas, dato que os torna nun bocado apetecíbel para as formacións políticas. "Os casos de corrupción en que os imputados son do PP siléncianse e se os imputados son do PSOE saliéntanse máis veces incluso das necesarias", enfatiza Raquel Lema, facendo caso omiso da advertenza de Sánchez Izquierdo. Após negar tal control das novas que se emiten, acrecentou que o cadro de persoal da televisión e da radio galegas non deberan facer públicas as presións que sofren. "Ao contrario. O que lle fai dano á CRTVG non son os traballadores que produran facer o seu traballo en base a criterios de pluralidade e calidade, senón xustamente esa manipulación". Malia remarcar esta cuestión, asegura que antes de enviar á imprensa un comunicado como o que daba conta das "invervencións sobre o seu traballo que reciben a cotío" @s xornalistas da TVG hai unha fonda reflexión detrás por parte d@s propi@s traballador@s. As protestas sociais non teñen sitio no telexornalA CRTVG creouse hai 28 anos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega e revalorizar a Galiza. Porén, manifestacións como as do 17 de maio ou a realizada o 27 de xaneiro contra o decreto do plurilingüismo a duras penas atopan espazo no minutado dos telexornais e dos informativos, ao igual que calquera protesta derivada das políticas impostas polo PP facendo uso da súa maioría absoluta no Parlamento galego. "Consideramos que non se dá como se debe ningunha nova dos conflitos que lle afectan ao Goberno", recalca Raquel Lema. Após facer un chamamento a que se desgobernalice a CRTVG, a traballadora do ente público lanza un aviso: "a televisión e a radio públicas só poden considerarse necesarias se fican libres de manipulación; en caso contrario poderían chegar a ser prescindíbeis". |
PRAZA_3127 | Traballadores de Alcoa, Alu Ibérica ou Ferroatlántica maniféstanse reclaman a normativa que abarate o prezo da enerxía ás súas empresas e garanta o seu futuro. Varios cargos do PPdeG únense á marcha dos sindicatos e cargan contra o Goberno central. | Persoal da industria electrointensiva de diferentes empresas galegas manifestouse este mércores en Madrid, ante os ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica e diante do Congreso dos Deputados, reclamando que se aprobe axiña o prometido estatuto para estas compañías que abarate o prezo da enerxía e garanta así a continuidade de firmas como Alcoa, na Mariña, que ameaza co peche de non atoparse unha solución. Centos de galegos, persoal de Alcoa, Ferroatlántica ou Alu Ibérica, uníronse á mobilización que pide xa o estatuto para a industria electrointensivaArredor dun milleiro de persoas chegaron desde diversos puntos do Estado, moitas delas desde Galicia. Traballadores de diferentes plantas industriais como ArcelorMittal, Acerinox, Celsa ou Sidenor insisten na necesidade urxente dese estatuto para as empresas electrointensivas. Tamén empregados galegos de Alu Ibérica, a herderia das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, da propia Alcoa na Mariña ou de Ferroatlántica, que chegaron en seis autobuses e coches particulares a Madrid logo de viaxar durante toda a noite."Onde está o estatuto?" ou "sen industria non hai futuro" foron algunhas das consignas berradas polos traballadores. Alí recibiron o apoio de representantes políticos de Galicia en Común ou En Marea, pero tamén do PPdeG, que non dubidou en situarse tras as pancartas dos sindicatos nun masivo desembarco de cargos. O deputado no Parlamento galego Diego Calvo, os parlamentarios nas Cortes estatais, Celso Delgado, Ana Vázquez ou José Manuel Barreiro, os delegados territoriais Ovidio Rodeiro e José Manuel Balseiro, alcaldes populares de Cervo, Xove ou O Vicedo e o propio secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, uníronse á marcha que percorreu varias rúas de Madrid. "Seguimos reivindicando un prezo da enerxía competitivo para salvar a nosa industria", dixo este último, tras acusar o Goberno central de "poñer en risco 5.000 empregos en Galicia pola súa negativa a aprobar o estatuto electrointensivo".Varios cargos do PPdeG manifestáronse xunto aos sindicatos e cargaron contra o Goberno de Pedro SánchezA ministra de Industria, Reyes Maroto, amosou nas últimas horas a súa confianza na vindeira aprobación do estatuto, pendente, segundo dixo, duns informes da UE logo de que o Goberno central negociase o contido deste futuro decreto en Bruxelas. Pero os traballadores esixen que se aprobe de vez ante o recorte de incentivos e vantaxes para o sector que ameazan o emprego. Tras a reunión que representantes sindicais mantiveron co secretario xeral de Industria, Raúl Blanco, ambas partes amosáronse optimistas de cara a unha aprobación do estatuto en datas vindeiras. Desde o Ministerio aclárase que faltan tres trámites: un da Comisión Europea, outro na CNMV e un último do Consello de Estado. Mentres, mañá xoves, a Subdelegación do Goberno en Lugo acollerá unha nova xuntanza da Mesa de Traballo Multilateral sobre Alcoa que reúne representantes do Estado, das Xunta, da compañía, dos sindicatos e do comité de empresa. |
NOS_20321 | O sindicato maioritario no ensino afirma que esa norma supón o nomeamento "a dedo" por parte da dirección de até 48 docentes, un por cada centro educativo que conformaría inicialmente esa rede. | CIG-Ensino anuncia que recorre a norma pola cal se regula a creación da rede galega de dinamización da FP dual. O sindicato critica a Consellaría de Educación pola forma en que tramitou a resolución para crear, con carácter experimental, unha rede galega de dinamización da FP Dual. "Sen previa negociación, sen marxe para que se difundira e debatese nos centros de traballo esta medida e coa aplicación dun sistema piramidal de mando que recolle o peor dos Centros Integrados de FP", afirman. A norma supón, manifesta a CIG, o nomeamento a dedo por parte da dirección, "de até 48 docentes, un por cada centro educativo que conformaría inicialmente esa rede". Por iso, o sindicato maioritario no ensino galego presenta un recurso en vía administrativa contra o que considera "un auténtico desprezo ao profesorado de FP e á representación sindical". A CIG-Ensino lembra que desde o principio se opuxo á FP dual en Galiza, pois responde a un modelo pensado "para países con realidades socioeconómicas que pouco teñen que ver coa nosa e que comezou con empresas que usaban o alumnado dos ciclos como man de obra barata e sen ningún tipo de control por parte da administración". |
PRAZA_6327 | Anabad únese ás críticas dos bibliotecarios municipais ao préstamo de pago imposto por un real decreto que "fai recaer o peso da remuneración aos escritores sobre os que máis invisten en cultura e os que menos recursos teñen para facer un sobreesforzo". | O Boletín Oficial do Estado deulle para diante a unha directiva da Unión Europea que establece que toda biblioteca de localidade maior de 5.000 habitantes terá que pagar un canon por libro prestado ou por usuario do centro ás sociedades de autores e editores. O 1 de agosto saíu publicado no BOE este real decreto que implica que por cada libro que se preste (desde 2016) ou cada usuario rexistrado a biblioteca (desde xa) terá que pagar ás asociacións de autores unha cantidade que sairá, obviamente, dos seus fondos e, xa que logo, dos minguados fondos das administracións locais. Os concellos deben pagar cinco céntimos por cada usuario e 16 por cada libro que compren para os seus fondos Os concellos deberán pagar 0,004 euros por cada vez que unha biblioteca pública preste un libro a un cidadán, un concepto que comezará a aplicarse en xaneiro de 2016. Non obstante, e desde xa, as administracións locais terán que pagar cinco céntimos de euro por cada usuario que empregue este servizo cando menos unha vez ao ano. Ademais, e mentes non entre en vigor o pago por obra, deberán pagar 16 céntimos por cada libro que compren para os seus fondos, algo que xa se establecera en 2007 a través dun pagamento total e fixo. Os centros que dependen da Xunta e os nodais líbranse deste novo canon. "É o colmo porque as bibliotecas municipais xa están a ser as grandes olvidadas; traballamos moitísimo a prol da cultura e tan só recibimos golpes a través de orzamentos baixos... E agora isto. A medida é inaxeitada e estamos totalmente en contra", denunciaba a Asociación de Bibliotecarios Municipais de Galicia (ABMG). Agora, é Anabad (Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia) quen denuncia que se faga "recaer o peso do pago sobre os concellos", sendo estes os servizos "máis próximos á cidadanía e que máis invisten en cultura e infraestruturas culturais" e que, contrariamente, "son as que menos recursos dispoñen e que teñen que facer un sobreesforzo sobre os seus minguados orzamentos". "Faise recaer o peso do pago sobre os concellos, os que máis invisten en cultura e os que menos recursos teñen para facer un sobreesforzo" Tal e como lembra tanto a ABMG como Anabad, as bibliotecas "levan anos de caída dos seus orzamentos", polo que "non poden facer fronte a un canon que as vai afogar aínda máis". As dúas asociacións de bibliotecarios agardan ao xeito no que se vai exixir o pago ás administracións locais, pero xa advirten de que, polo momento, o decreto non ten en conta as diferentes realidades dos sistemas bibliotecarios. En Galicia, por exemplo, non hai un carné de usuario único, polo que hai moita xente que é socia de máis dun centro, o que "obrigaría a pagar máis dunha vez polo mesmo usuario". Alén diso, son moitas as bibliotecas que "teñen socios doutros concellos ademais dos do propio", tal e como advirte Anabad. Con este decreto, obrigarase aos municipios a pagar por usuarios que non viven na localidade. Ademais, a nova normativa pode provocar situacións surrealistas, como que a biblioteca que máis libros preste acabe sendo a máis prexudicada e teña problemas para obter os fondos que lle permitan renovar a súa colección, segundo advirten tamén a ABMG. "As bibliotecas con máis fondos e préstamos, a máis prexudicadas" "As bibliotecas que prestan máis servizo e que teñen máis fondos e maior número de préstamo son prexudicadas ao teren que achegar máis por dar un maior e mellor servizo o que repercutirá en que teñen que baixar o seu nivel de calidade e de servizos prestados e mesmo das súas adquisicións", asegura Anabad nun comunicado no que lembra tamén que "nas bibliotecas de menor tamaño e/ou con menores orzamentos pódese dar a paradoxa de que o pago do canon sexa maior que o seu orzamento para adquisicións de obras". "As mellores bibliotecas terán que reducir a súa calidade, os seus servizos e mesmo as súas adquisicións" "Obrígase ás bibliotecas a ter que prestar menos servizos, realizar menos compras e menos préstamos para que os concellos propietarios da biblioteca poidan pagar menos cantidade polo canon", resume Anabad, que cre que "os autores tampouco saen gañando con este canon". A asociación di "crer no dereito dos autores a recibir ingresos por compensación do uso das súas obras", tal e como se recolle na Lei de Propiedade Intelectual, pero considera tamén que iso "non pode ser incompatible coa difusión pública da cultura", algo que tamén beneficia os escritores que ven difundidas as súas obras. "Non se pode facer recaer o peso da remuneración aos autores sobre as bibliotecas municipais, e os concellos, que prestan os seus servizos de proximidade á cidadanía e que promoven a lectura e a cultura", di Anabad, que cre que o Estado debe "establecer coas sociedades de xestión de dereitos de autor un pago único anual polos servizos prestados nas bibliotecas que non obrigue a xogar cos números sobre usuarios inscritos, préstamos realizados e adquisicións de obras". "Non se pode facer recaer o peso da remuneración aos autores sobre as bibliotecas municipais" Ademais, tamén considera que debe ser o Estado e/ou as comunidades autónomas as que "deben facer efectiva a remuneración aos autores sen que recaia o peso nos concellos" e comprométese a apoiar calquera iniciativa para "facer desaparecer ou minimizar o impacto deste canon nas bibliotecas públicas". De feito, xa houbo mocións en varios concellos para situarse en contra desta medida. O pleno do Concello de Foz, por exemplo, rexeitou a nova normativa por unanimidade. En Galicia hai máis de 300 bibliotecas públicas e, aínda que a idea é que o canon non afecte a aqueles municipios de menos de 5.000 habitantes, a situación para vilas e cidades -e canto máis lectores peor- non será doada. Sobre 160 estarán obrigadas a pagar. |
NOS_56429 | A Xunta da Galiza atópase á cola dos Executivos do Estado en investimento en dependencia. A maiores o gasto público neste servizo continúa diminuíndo ano tras ano desde 2009. A asociación estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais suspende una ano máis a xestión na materia do Goberno galego. | Galiza atópase á cola do Estado en investimento público en dependencia. Segundo os datos que vén de facer públicos na xornada desta terza feira a asociación estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais, o conxunto dos Gobernos autonómicos destinaron en 2021 de media ao financiamento deste servizo 79,1% do seu custo total, porén a Xunta só dedicou 67%. Así as cousas, o Goberno galego colocouse de fecha cancelas, nunha clasificación que liderou Euskadi cunha achega de 88%, seguido de País Valencià con 85% e Nafarroa con 84%. Gasto por baixo da media do Estado O gasto medio anual por persoa beneficiaria dunha axuda de dependencia situouse na Galiza no pasado exercicio en 6.758 euros. Os números do país só ficaron por riba de Castela e León con 6.599 euros e de Andalucía con 6.653 euros, colocándose máis unha vez por baixo da media estatal que marcou un investimento de 8.196 euros. Neste sentido, Euskadi con 12.932 euros, Estremadura con 11.814 euros e Nafarroa con 10.541 euros rexistraron os mellores datos, na liña das cifras da anualidade de 2020. A situación é aínda peor tomando como referencia o gasto por persoa potencialmente dependente. Este indicador analiza o investimento público previsto para o conxunto de persoas que reciben a prestación e para aquelas peticionarias da mesma incorporadas nas listas a falta de avaliar i seu estado. Neste caso, a achega da Xunta da Galiza en 2021 foi de 595 euros de media por persoa, unha contribución só maior á de Canarias con 543 euros e moi lonxe da media estatal situada en 1.173,14 euros. Máis unha vez, Euskadi Estremadura e Nafarroa presentaron as mellores cifras. Recortes no investimento público A Xunta da Galiza volveu a reducir nas súas contas de 2021 o diñeiro destinado a dependencia. A este respecto, o informe asociación estatal de Directores e Xerentes de Servizos Sociais sinala que o investimento caeu en 7,23% en relación coa anualidade anterior, só ficando por baixo da Galiza, Canarias con 24,5%, Castela e León con 7,54% e A Rioxa con 7,34%. Nunha porcentaxe semellante, minguou o gasto medio anual por persoa beneficiaria dunha axuda de dependencia cunha caída respecto a 2020 de 7,09%. Os retallos en materia de benestar marcaron a acción do Goberno galego desde 2009. Así, o informe de 2020 da asociación estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais recolle que "o investimento en servizos sociais en 2009 supera os 724 millóns para caer en 2020 a 715", malia que o PIB galego en termos correntes de 2020 é claramente superior a 2009 os recursos destinados a políticas sociais son inferiores. 410 días de espera para a valoración O limitado investimento público da Xunta da Galiza ten o seu impacto na calidade e na xestión dos servizos de dependencia. Así, por exemplo, o Observatorio Estatal para a Dependencia sinala que a 31 de decembro de 2021, na Galiza existían 8.728 casos pendentes de resolución e 410 expedientes á espera de valoración, cun tempo medio de agarda de 342 días para resolver unha solicitude de dependencia. Nesta cuestión obsérvase tamén unha importante fenda coa media estatal, significando en marzo de 2022 a asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais que a "porcentaxe de persoas beneficiarias do sistema de atención á dependencia, sobre o total da poboación potencialmente dependente" é de 8% na Galiza fronte a 9,7% do conxunto do Estado. Mortes O Observatorio Estatal para a Dependencia, elaborado polo asociación estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais, non seu ditame de abril de 2022, recolle que en 2021 faleceron 470 persoas na Galiza estando na lista de espera de dependencia, sen ser atendidas. 395 das mesmas viran recoñecido o seu dereito a recibir unha prestación porén non viran efectuados os primeiros pagos das axudas. As outras 75 estaban a agardar pola resolución de grao. |
NOS_48811 | O Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Concello de Ribadeo organizan a I Feira Feminista de Outono, que terá lugar o sábado 28 de outubro, nunha xornada que acollerá múltiples actividades . | Os obxectivos principais deste proxecto son, entre outros, visibilizar proxectos feministas que se están desenvolvendo en Galiza, poñer en común experiencias e persoas que comparten o feminismo como ferramenta para acadar a igualdade e implicar a diferentes colectivos, mulleres e institucións públicas na difusión da mensaxe da igualdade e do feminismo. A I Feira Feminista contará coa presenza dunha longa lista de entidades e organizacións que traballan con perspectiva de xénero no ámbito social, cultural e educativo en Galiza. Así, estarán nos postos da Praza 8 de marzo a Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Ribadeo, a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, as revistas Revirada e Andaina, diferentes organizacións sindicais, a Marcha Mundial das Mulleres, a Plataforma Feminista Galega, o Comité Lila do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, o Festival Agrocuir da Ulloa etc. Abrirá o programa, ás 12 da mañá, a realizadora e actriz Sonia Méndez cun pregón feminista amenizado polo grupo local de Falapandeireta Erikas e Peluxías e polo grupo de música tradicional A Subela e, ademais dunha degustación de vermús con versos feministas que terá lugar en varios locais da vila antes do xantar, haberá tempo para varios talleres sobre autocoñecemento e sexualidade con Martina González Veiga A partir das 21 horas terá lugar unha Verbena feminista na que Touciño Blúes e as Punkiereteiras pecharán a xornada na Praza 8 de marzo. |
PRAZA_4333 | O anuncio da Consellería de Educación da retirada da proposta feita ás universidades foi recibida con satisfacción por parte das tres principais forzas da oposición galega, e tamén por sindicatos como a CIG, que saudaron a rectificación efectuada pola Xunta nunha medida que fora sinalada como unha ameaza para o sistema universitario público. | O anuncio da Consellería de Educación da retirada da proposta feita ás universidades foi recibida con satisfacción por parte das tres principais forzas da oposición galega, e tamén por sindicatos como a CIG, que saudaron a rectificación efectuada pola Xunta nunha medida que fora sinalada como unha ameaza para o sistema universitario público.O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, afirmou que a "marcha atrás de Feijóo" na "imposición do seu plan de reforma docente" é "unha vitoria da universidade pública galega fronte á falla de rumbo do Goberno do PP". Caballero destacou o "enorme clamor" de "centos e centos de profesores universitarios" que, dixo, "obrigou a Feijóo a retirar o seu plan de reforma docente", feito "pola porta de atrás por actores privados". O secretario xeral do PSdeG-PSOE criticou que a Xunta tentara "impoñer" un plan "feito a correr" e que foi "elaborado por actores privados" sen ter en conta ás universidades públicas galegas, "nun ataque á súa autonomía".De igual xeito, Antón Gómez Reino, candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, salientou que "a mobilización detivo o primeiro paso do PP de Feijóo na busca de privatizar o sistema universitario público galego".O programa "ía supor na práctica era unha diminución do profesorado, unha consolidación e incremento dos recortes xa levados a cabo nos últimos anos e un deterioro clarísimo do ensino universitario", di a CIGPola súa banda, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, interpreta que a retirada da proposta está motivada pola proximidade das eleccións ao Parlamento galego do vindeiro 12 de xullo, pero engade que "xa sabemos que é o que pretenden". A candidata nacionalista afirma que "o 12 de xullo podemos retiralo definitivamente e apostar por reforzar a universidade pública e a ciencia".CIG-Ensino, que foi o primeiro sindicato en denunciar a proposta, felicítase por esta "rectificación" e subliña que se manterá "vixiante ante calquera movemento que vaia nesta liña", engadindo que manterá tamén "a nosa oposición ao proxecto da universidade privada de ABANCA". A central salienta que o programa "ía supor na práctica era unha diminución do profesorado, unha consolidación e incremento dos recortes xa levados a cabo nos últimos anos e un deterioro clarísimo do ensino universitario". |
NOS_26246 | Varios centos de persoas percorreron nesta quinta rúas da Coruña para rexeitaren o peche de Santa Bárbara e na necesidade de apostar pola busca de negocio no ámbito civil. Namobilización tomaron parte representantes do BNG, EU e PSOE | Traballador@s de Santa Bárbara Systems marcharon a pé desde a fábrica de armas até a Delegación do Goberno na Galiza en rexeitamento ao anuncio da multinacional de pechar as instalacións coruñesas e do despedimento dos seus 180 empregados. Manifestantes insisten na viabilidade das instalacións e na necesidade de apostar pola busca de negocio no ámbito civil. O responsábel da CIG, Xabier Rioboo, trasladoulle ao Delegado do Goberno as queixas polas declaracións feitas polo ministro de Defensa, desentendéndose totalmente das decisións de General Dynamics e do futuro das fábricas e os postos de traballo. A multinacional non é unha empresa "ao uso", insisten, xa que conta cun status especial, debido a que o 95% da súa produción é para o Ministerio de Defensa, aséntase nuns terreos que son deste departamento, así como que o Grupo empresarial se estivo lucrando estes anos cos programas de financiamento destinados a Defensa e Industria. "O que non pode facer agora o ministro é escorrer o vulto", asevera a CIG. Igualdade de trato Dende o Comité de empresa volveuse reclamar para a fábrica da Coruña o mesmo trato que reciben as plantas de Murcia e Palencia –para as se está negociando unha saída fóra de General Dynamics-. "Se é necesario transformar o expediente de extinción nun expediente temporal para dar máis tempo e poder buscar unha alternativa, que se faga, pero non é de recibo que A Coruña se nos aplique un trato distinto", denunciou Rioboo. Nesta liña, durante a xuntanza, o persoal botou en cara aos representantes do goberno español e do Concello que permitan ese trato discriminatorio, cando en Murcia e Palencia, tamén con gobernos do PP, se buscan saídas alternativas. "Que pasa, que Galiza sempre ten que pagar os pratos rotos?", inquiriu. Fotos: Oscar Paris |
PRAZA_20938 | A semana do 13 ao 20 de xaneiro foi o período cun maior número de ingresos hospitalarios en Galicia dende maio (687), fronte aos 431 da semana anterior. Tamén a semana con máis ingresos en UCI (113). O incremento no número de contaxios fai prever que continuará o aumento nas hospitalizacións | As últimas semanas Galicia está a vivir os peores momentos dende o inicio da pandemia de Covid-19, só comparable ao das últimas semanas de marzo e primeiras de abril. Nos últimos sete días detectáronse case dez mil novos casos (9.696), moi por riba dos datos da primeira onda (aínda que naquel momento a capacidade de detección era moi inferior). E, ademais, o número de ingresos hospitalarios está a achegarse moito aos indicadores daquelas primeiras semanas. A semana do 13 ao 20 de xaneiro foi o período cun maior número de ingresos hospitalarios en Galicia dende maio(687), fronte aos 431 da semana anterior. Tamén a semana con máis ingresos en UCI (113)O Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) publica todas as semanas un informe da situación da pandemia que recolle o número de persoas que foron ingresadas nos hospitais nos sete días anteriores, ademais doutros indicadores que axudan a comprender os efectos da enfermidade e o xeito en que o sistema sanitario está a responder a ela. Os datos, segmentados por comunidades autónomas, amosan que a semana do 13 ao 20 de xaneiro foi o periodo cun maior número de casos dende o 10 de maio (8.850 positivos, fronte ás 6.631 da semana anterior ou as 5.315 do peor momento da segunda onda).Ademais, foi a semana cun maior número de ingresos hospitalarios en Galicia dende o verán (687), fronte aos 431 da semana anterior. Tamén a semana con máis ingresos en UCI (113, fronte aos 63 da semana anterior). E a semana con máis mortes dende a primeira onda (104, fronte ás 61 da semana anterior).De feito, nas últimas dúas semanas pasaron pola UCI dos hospitais galegos o 24% de todos os pacientes que dende o 10 de maio necesitaron ser ingresados nas unidades de coidados intensivos.Dende o pasado 10 de maio un total de 5.795 persoas foron hospitalizadas en Galicia despois de ter enfermado de Covid-19. Esta cifra representa o 8,3% de todos os casos detectadosDende o pasado 10 de maio (momento en que comezou o proceso de desconfinamento) un total de 5.795 persoas foron hospitalizadas en Galicia despois de teren enfermado de Covid-19. Esta cifra representa o 8,3% de todos os casos detectados, unha porcentaxe superior á que se rexistra no conxunto do Estado Español (5,7%), probablemente consecuancia do maior envellecemento da poboación galega.De igual xeito, 737 persoas foron ingresadas na UCI, un 1,1% do total de casos detectados en Galicia. De novo, a porcentaxe galega está moi por riba da media española (0,5%).Estas porcentaxes veñen manténdose relativamente estables dende o comezo do verán. Porén, si que se detectou nos últimos meses un incremento na porcentaxe de casos que necesitaron hospitalización. Mentres que entre maio e outubro a porcentaxe de pacientes hospitalizados fora do 8,3%, en novembro e decembro a proporción chegou ao 9%. No que levamos de mes de xaneiro a porcentaxe é lixeiramente inferior, por mor do incremento de casos que aínda non se traduciu nunha escalada igual no número de ingresos hospitalarios, que chegará nas vindeiras semanas.Nos últimos meses detéctase un incremento na porcentaxe de casos que necesitan ingreso en UCIAsí mesmo, en cambio, facemos un cálculo en relación cos casos detectados na semana anterior, nos últimos 15 días estamos vendo xa unha porcentaxe de pacientes ingresados por riba do 10%. No que atinxe aos ingresos nas UCI, os datos si que amosan un progresivo incremento dende o verán. Un aumento que no que levamos de xaneiro é aínda maior.Dos 10.000 casos diagnosticados nos últimos sete días, ao redor de 805 serán ingresados nos hospitais galegos. Ademais, 107 necesitarán ocupar unha cama de UCI, o que agravará a actual situación xa saturada nestas unidadesOs últimos datos incluídos polo ISCIII chegan unicamente ata o mércores 20 de xaneiro. Porén, cada día de pasa os indicadores de novos casos e ingresos hospitalarios seguen a medrar en Galicia. Entre o 15 e o 21 de xaneiro detectáronse 9.696 novos casos de Covid-19. Unha parte destas persoas infectadas acabarán necesitando o seu ingreso nun hospital e, entre eles, algúns precisarán ser internados na UCI ou falecerán. Estes procesos de agravamente da enfermidade desenvólvense varios días despois da aparición dos síntomas e do diagnóstico da doenza. Así, pódese proxectar que a semana que vén este incremento no número de casos positivos terán a súa dolorosa tradución en ingresos hospitalarios e tamén en mortes. Atendendo ás medias calculadas polo Instituto Carlos III nos últimos meses (que en realidade son superiores nas últimas semanas), pódese prever que deses 10.000 casos diagnosticados nos últimos sete días cando menos 805 serán ingresados nos hospitais galegos. Ademais, un mínimo de 107 necesitarán ocupar unha cama de UCI, o que agravará a actual situación xa saturada nestas unidades. De igual xeito, Galicia pode sumar 136 mortes máis, que se engadirían á actual traxectoria crecente nas cifras de defuncións. |
NOS_11563 | A atleta de Malpica conseguiu rematar a histórica carreira comunica as cidades gregas de Atenas e Esparta con 247,5 km de percorrido. | A atleta Maite Rojo atópase aínda en Grecia após rematar unha das carreiras máis simbólicas do mundo e tamén unhas das máis duras: a Spartatlón. A proba transcorreu entre Atenas e Esparta e percorreu 247,5 km que a deportista galega realizou en 32 horas e 26 minutos quedando en noveno lugar. Un dos indicadores da dureza desta carreira é que só remataron 175 participantes dun total de 400 que a iniciaron. Joe Cleverley, maratoniano: "Aprender galego foi unha cuestión de respecto" Chegar a conseguir esta fazaña levoulle anos a esta malpicá criada na Coruña. Ela mesma lembra para Nós Diario como se iniciou de adolescente no atletismo facendo pista en carreiras de medio fondo, unha actividade que tivo que deixar cedo e por moitos anos "coa chegada dos estudos e do traballo". Porén, nunca deixou de correr, "algo moi fácil e sinxelo en calquera momento". Cando fai os 40 anos coincide que se inaugura o maratón na súa cidade, A Coruña, ao que se apunta seu irmán, Diego Rojo, nunhas circunstancias que a animaron a volver adestrar e a participar no que se fai no Porto (Portugal). "Comecei a correr media maratón, maratón, trail e as 12 horas en atletismo dentro do calendario internacional", sinala Maite. Daquela, seu irmán comeza a preparar a Spartatlón que corre en 2018 servíndolle Maite de apoio. "Acabei por namorarme e corrín varias probas para clasificarme mais coa pandemia non puiden ir até este ano", apunta. Entre esas carreiras figuran as 24 horas de Auckland (Nova Zelanda) e as 24 horas de Barcelona, onde quedou en ambas as dúas como primeira na categoría feminina. Unha proba especial A Spartatlón non é só unha proba de atletismo e resistencia, tamén é unha competición especial polo seu significado histórico. Segundo o xeógrafo Heródoto, no ano 490 a. C. un mensaxeiro ateniense enviado a Esparta para buscar axuda contra os persas na Batalla de Maratón tardou un día en chegar. En 1982, lembrando a proeza, realizouse unha proba que, ao ano seguinte, abriuse a todo o mundo. "Vén o mellor de todo o mundo, segundo a organización presentáronse deportistas de 65 nacionalidades", sinala Maite. Con ela corría outra galega, a ourensá Elena González, que non rematou a carreira. O Medio Maratón A Coruña 21 regresa dous anos despois "Para participar tiven que adestrar moito e contar con experiencia, aínda que nesta ocasión xente moi boa e que xa gañara a Spartatlón tampouco chegan á meta", indica a corredora malpicá, "nalgúns momentos tes que sacar as forzas de onde non as hai e salvar os momentos puntuais que chegan", engade. Unha das partes do percorrido é nocturno e para manterse esperta relata que estivo unha semana sen tomar café "para que me fixera máis efecto ao tomalo durante a carreira". O feito de manterse esperta e atenta ao trazado da carreira é fundamental, tamén, ao ser en gran parte realizado por estrada e sen cortes de tráfico. Maite é a segunda muller do Estado español en conseguir rematar esta proba en Grecia, con anterioridade conseguírao a vasca Eva Esnaola en 2014. A súa chegada á meta foi moi emotiva ao entregarlle seu irmán unha bandeira galega coa que realizar os últimos metros. "Para min foi todo un privilexio rematala, son unha espartana máis". Unha carreira tamén solidaria coas enfermidades raras Maite Rojo quixo que esta carreira tivera tamén un contido solidario. "Dediqueilla a meu pai e a axudar a que se estude a enfermidade que padece: Dexeneración Cortico Basal (Parkinson Plus)", explica. Por este motivo púxose en contacto coa Federación de Enfermidades Raras (Feder) ao non contar cunha asociación específica e abriu unha iniciativa por internet para recadar fondos para que se investigue. |
PRAZA_10721 | A primeira edición dos 'Seis poemas galegos' de García Lorca saíu do prelo de Ánxel Casal apenas oito meses antes de que os franquistas os asasinasen a ambos. Alvarellos reedítaa nunha edición facsimilar que ademais recompila as fotografías do poeta en varias localidades galegas | Seis poemas e seis mans para selar as ligazóns de Federico García Lorca con Galicia. Os Seis poemas galegos do poeta andaluz condensaron a súa relación co noso país e tornaron, ao tempo, nun antónimo da persecución e asasinato da que foron obxecto o propio Lorca e o seu editor galego, Ánxel Casal. Non sobreviviron moitos dos douscentos exemplares orixinais dunha obra que agora recobra nova vida cunha edición facsimilar que chega este 6 de agosto (19:45) á Feira do Libro da Coruña.A edición facsimilar editada por Alvarellos inclúe ademais unha recompilación das fotografías de Lorca en GaliciaCo aval do Premio ao Libro Mellor Editado na última Gala do Libro Galego, Alvarellos Editora presenta na feira coruñesa unha edición dos poemas galegos de Lorca que non só reproduce aquel libriño saído do prelo de Casal. Tamén inclúe as fotografías do poeta en Galicia e, ao cabo, lembranzas do seu paso por diversas localidades galegas.A propia presentación pretende ser reflexo da relación de Lorca con Galicia. Así, avanzan dende Alvarellos, no acto proxectaranse as devanditas fotografías, "por primeira vez reunidas e comentadas". E ademais "proxectaranse imaxes en movemento de Lorca en Galicia". Nomeadamente, gravacións que o amosan como parte da compañía teatral La Barraca, nun paseo por Vigo ou durante a montaxe dun escenario para unha representación en Santiago. En total, uns dez minutos custodiados na Filmoteca Valenciana.A primeira edición dos 'Seis poemas galegos' de García Lorca saíu do prelo de Ánxel Casal apenas oito meses antes de que os franquistas os asasinasen a ambosA editorial resalta a importancia dos vencellos de Lorca con Galicia. "Foi un gran embaixador da cultura galega" e o galego "foi a única lingua na que decidiu escribir" alén do seu castelán natal. Alvarellos resalta ademais o carácter simbólico da obra, cuxa primeira edición veu a luz co impulso de Casal "oito meses antes do asasinato" de ambos. "Foron moi poucos os exemplares que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36", lamentan, se ben sucesivas reedicións permitiron recuperalos e espallalos. Ata o punto de que "constitúen o libro en galego máis difundido en todo o século XX". O exemplar facsimilar editado por Alvarellos foi elaborado a partir dun orixinal custodiado na Fundación Barrié, na Coruña. A súa edición, abondan, forma parte dunha iniciativa máis ampla da editorial que, con iniciativas como o Día de Lorca en Galicia, pretende divulgar a presenza lorquiana no país. |
PRAZA_12666 | O Ministerio de Fomento asegura que estuda a posibilidade de implantalo no país e fontes da Xunta recoñecen que "desta vez vai en serio". A plataforma Salva o Tren tamén é optimista tras manter varias reunións con dirixentes estatais. | O tren de proximidade achégase a Galicia. O Ministerio de Fomento ten previsto ampliar a extensión da rede deste tipo de ferrocarril durante o presente ano 2012 e estuda xa a posibilidade real de implantar este medio de transporte en Galicia nos vindeiros meses. O secretario de Estado de Infraestruturas, Rafael Catalá, fixo esta afirmación ante a Comisión de Fomento do Congreso tras anunciar un investimento total de 28,5 millóns no tren de proximidade en todo o Estado. A única referencia a Galicia foi esa "posibilidade" de implantar este ansiado medio de transporte no país, o que facía pensar unha vez máis nas incontables promesas incumpridas que sobre este tema se fixeron desde hai anos. Xunta e Estado manteñen reunións desde hai semanas na procura de acelerar a chegada da proximidade a Galicia No entanto, fontes do PP e da propia Xunta de Galicia aclaran a Praza que "a cousa desta vez vai en serio" e incluso recoñecen xuntanzas nos últimos días entre o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, e o secretario de Estado do mesmo ámbito, Rafael Catalá, para avanzar na implantación do tren de proximidade antes de que finalice a actual lexislatura en Galicia. De feito, e segundo as mesmas fontes, o PP presentará varias iniciativas no Parlamento nas vindeiras semanas co obxectivo de acelerar un proceso que semellaba estancado. Será un dos logros do que os populares pretenderán presumir pouco antes das eleccións autonómicas. A plataforma Salva o Tren cre que "desta vez o Goberno si dá o brazo a torcer" Tamén o coordinador xeral da plataforma Salva o Tren, que leva anos loitando pola implantación do tren de proximidade e a mellora das liñas existentes en Galicia, cre que "desta vez, o Goberno semella dar o brazo a torcer". Fernando Gómez estivo presente nas xuntanzas que este colectivo mantivo con representantes de Fomento nas últimas semanas, onde veu unha receptividade inusual ata hai pouco. "Creo que agora si estamos nos inicios dunha noticia que pode ser moi importante", asegura, tras advertir que aínda teñen pendente un encontro coa propia ministra Ana Pastor. "Despois de varios anos, semella que agora si se decataron da importancia que este servizo tería para Galicia, onde é básico contar cun tren de proximidade accesible e útil para a xente de a pé", di, en contraste cun AVE que "non é panacea ningunha". "Son dous modelos complementarios, pero moi diferentes; a alta velocidade está pensada para un colectivo semellante ao que optaría polo avión, con billetes caros e para viaxes longas, pero non dá servizo á xente que precisa desprazarse por Galicia adiante día a día ou habitualmente", remata. Agora o importante son os procesos. A proposta da Xunta será que o Ministerio de Fomento aprobe a creación da xerencia territorial do tren de proximidade de Galicia e que Adif, xunto coa Dirección Xeral de Ferrocarrís, defina as necesidades técnicas das futuras liñas. O seguinte paso sería a transferencia á Xunta das competencias na materia, que serían xestionadas por un ente ferroviario galego. O BNG, que leva anos loitando polo impulso deste medio de transporte para o país, propón desde hai tempo o traspaso do servizo de proximidade á Administración galega, algo ao que Executivo galego non lle ve sentido ata que o Goberno central confirme e defina as liñas ferroviarias. |
NOS_52655 | O Concello de Dodro indica que argumento dado é que non aparece o logo da Xunta no libro premiado en 2019. O Goberno local lembra que ao longo de estes anos en ningunha edición da obra gañadora se incluíu ese logo. | O Eusebio Lorenzo Baleirón é un dos premios de poesía máis prestixisoso da Galiza. Convócase desde 1988, organizado polo Concello de Dodro, e ademais de promover e incentivar a poesía en galego ten como finalidade lembrar e homenaxear o poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, morto prematuramente en 1986. Entre os gañadores deste galardón figuran nomes ben recoñecíbeis das letras galegas, como Helena Villar Janeiro, Estevo Creus, Isaac Xubín, Gonzalo Navaza, Emma Pedreira, Rafa Vilar ou Xosé Miranda, entre outros. O Concello de Dodro vén de anunciar que a Xunta deixa de colaborar con este premio argumentando desde a Dirección Xeral de Políticas Culturais que na publicación do libro premiado en 2019 (Voz do Arqueiro, de Antón Blanco) non figuraba o logo da Administración galega. Un argumento que sorprende no Concello de Dodro, que a través dunha carta remitida á Xunta por rexistro xeral e correo electrónico lémbralle que o logo da Administración galega non figuraba en ningunha obra premiada en anteriores edicións. "Se hai que facelo a partir deste ano, estamos dispostos", acrecentan. Porén, indican desde o Goberno local, non obtiveron resposta malia que xa pasaron dous meses. Subliñan, ademais, que a Concellería de Cultura e Patrimonio está "firmemente disposta" a continuar con este premio de poesía "aínda que a Xunta non colabore". |
PRAZA_2586 | A Xunta apadriña a presentación dunha campaña publicitaria na que se reivindica a rivalidade sá e necesaria entre os dous grandes do fútbol galego a poucos días doutro derbi. "Oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido", reivindica. | "Imposible sen ti". Esa é a mensaxe da campaña institucional que Deportivo, Celta e Xunta de Galicia levan a cabo para pedir concordia e bo ambiente no derbi galego que este vindeiro sábado volverá enfrontar os dous grandes do fútbol galego en Riazor. Na mañá deste mércores presentouse na Cidade da Cultura de Santiago este spot no que se reivindica a necesidade da sá rivalidade para vivir en plenitude o deporte rei. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como coa dos adestradores de ambos os dous clubs, Víctor Sánchez e Eduardo Berizzo, e a dos futbolistas galegos Sergio Álvarez, porteiro do Celta, e Álex Bergantiños, centrocampista do Deportivo. "Oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido" "Din que nos levamos coma cans e gatos... Pois non, levámonos moito peor, pero xa me tardaba". Así comeza o anuncio no que un ancián agarda a chegada de toda a familia para vivir un derbi. "Oxalá non nos falten nunca, porque de todos os partidos do mundo, este é o noso partido", di o protagonista do vídeo, que remata reivindicando unha rivalidade histórica "de case cen anos. "Revoltos si, pero xuntos", acaba. A idea, segundo se explicou no acto, xurdiu dos dous clubs, que xa levaran a cabo iniciativas semellantes como a de que os canteiráns de ambos os dous equipos viaxasen xuntos a torneos celebrados en diferentes puntos do Estado. "O derbi vaino gañar Galicia", asegurou Feijóo, que destacou que o sábado convivirán en todo o país bandeiras e bufandas do Deportivo e do Celta, branquiazuis e celestes, porque esas "son as cores de Galicia", dixo. Durante a súa intervención, o presidente tamén quixo poñer en valor a colaboración dos clubs para transmitir unha mensaxe de unidade como a que se reflicte no vídeo. "Gustaríame que na televisión se puidesen emitir moitos máis spots coma este", reivindicou, despois de lembrar que na maioría das familias galegas se producen imaxes como as que aparecen no vídeo. |
NOS_52107 | Tan complexo como facer un mapa das festas populares é mapear os festivais musicais do país. Medran como cogomelos e hai poucos concellos sen o seu. Pero hai algúns que son xa referencia internacional. | O peor de ir de vacacións fóra do país é perder todo o fervedoiro de festas e festivais que hai de norte a sur e de leste a oeste. E do folc de Ortigueira ao metal do Resurrection pasando polo indie-mainstream de Portamérica ou a proposta delicatessen para minorías de Sinsal. O certo é que co avance da xestión cultural no país cada vez as apostas están máis traballadas e foxen máis do festival masivo con botellón, acampada e psicotrópicos para xente nova. Un bo exemplo é o Sinsal (Illa de San Simón, 21-23 xullo), que levou xa dous premios Iberian Festival Awards e o recoñecemento ao mellor festival de pequeno formato do Estado español nos Premios Fest. Un evento que conta con semellante grao de fidelización que o cartel é segredo e aínda así, esgótanse as entradas -escasas, iso si- nada máis poñérense á venda. Outro exemplo de éxito é o Resurrection Fest (6-8 xullo, Viveiro), un evento dunha música non maioritaria que naceu de forma amadora da man de dous irmáns mariñaos que, once edicións despois, se converteu no máis grande festival do país. E, tamén, recoñecido pola crítica: o ano pasado acadou o galardón ao mellor festival de gran formato nos Premios Fest. Esta fin de semana o cartel estará encabezado por Rammstein, pero por Viveiro xa pasaron xigantes como Iron Maiden, Motorhead ou Bad Religion. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 253, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
PRAZA_7779 | A nova lei que regulará a actividade cinexética permite abatir "depredadores" en zonas nas que está prohibido cazar. Só será precisa unha autorización previa de Medio Rural. | Os terreos vedados de caza xa non serán tal ou, cando menos, non completamente. É o que acontecerá cando culmine o seu trámite parlamentario nova Lei de Caza, que este xoves foi aprobada polo Consello da Xunta en forma de anteproxecto para ser remitido ao Consello Económico e Social e, posteriormente, á Cámara. "Ata agora, nos terreos vedados estaba prohibido cazar", evidenciou ante a prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, encargado de anunciar que "cando se cumprar requisitos de fauna salvaxe, si será posible cazar" nestes territorios. Á espera de coñecer o texto definitivo da norma o presidente da adianta que a reforma está motivada en que, segundo o Goberno, as zonas vedadas á caza "estábanse convertendo en verdadeiras reservas para animais depredadores" e isto, afirma, "supuña uns enormes custos no ámbito da gandaría, a agricultura e a seguridade viaria". Coa nova normativa, explica a Xunta, "permitirase xestionar estes vedados", é dicir, abater animais que viven neles. Só será necesaria unha "autorización" de Medio Rural, departamento que ademais vai "flexibilizar os periódos hábiles" para a práctica do que Feijóo define como "deporte". A Xunta renunciou a rebaixar a idade legal para cazar de 16 a 14 anos, como prevía inicialmente Fronte a este cambio legal, fonte de preocupación e polémica entre os colectivos ecoloxistas, a que finalmente non saíu adiante foi outra das reformas que a Xunta tiña en mente, a rebaixa da idade legal para cazar dende os 16 aos 14 anos. O propio presidente admite que no anteproxecto estaba contemplada esta rebaixa, xa vixente noutras autonomías, se ben "unha reflexión que trasladou oValedor do Pobo" levou a Xunta a "optar por seguir a súa recomendación" e manter "a posibilidade máis restritiva", isto é, que non sexa legal saír cunha arma ao monte ata os 16 anos de idade. Mentres a Xunta gaba a transcendencia social e económica da caza dende os grupos ambientalistas veuse lembrando nos últimos meses que o propio anteproxecto xa "comezou con polémica", por "externalizarse os servizos da súa redacción" a unha empresa privada, tal e como recollía Xabier Bruña en Tripando Terróns, o blog de Praza Pública dedicado ao Medio Rural. "A tramitación -explica Bruña- fíxose só co peso dunha parte dos grupos de interese, as persoa cazadoras", mentres que a Administración "esqueceu que a caza é un recurso máis do medio rural que comparte territorio con outras actividades, polo que é preciso compatibilizar o seu desenvolvemento con outros que se poidan dar no mesmo tempo e lugar". "O texto -critica- parece máis unha encarga das persoas cazadoras que un proxecto de lei impulsado por un Goberno que mira polo interese de toda a sociedade". |
NOS_24607 | A praza para un posto directivo dentro da Axencia de Desenvolmento Rural (Agader) é obxecto dunha denuncia por parte do CSIF. Este sindicato fixo un seguimento de todo o proceso e asegura que beneficiou un ex parlamentario e portavoz do PP no concello do Barco de Valdeorras. Non descartan emprender medidas xudiciais. | "José González Vázquez trata de colocar como persoal directivo o presidente do PP do Barco de Valdeorras, cuxo único criterio de idoneidade é o ser parlamentario do Partido Popular até a pasada lexislatura". Así reza a denuncia que realiza o sindicato CSIF após comprobar como o pasado 23 de decembro de 2020 o Diario Oficial da Galiza (DOG) publicaba a convocatoria dun posto de persoal directivo, denominado subdirector de relacións cos grupos de desenvolvemento rural, para a Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader). O sindicato sospeitou, nun primeiro momento, que nas bases entrase como mérito calquera tipo de formación, mesmo aquela que non é universitaria, e non a específica para o posto a ocupar. No ámbito da experiencia, a valoración é xenérica, mesmo a docente en calquera tipo de centro público ou privado. Por último, e non menos grave, sinalan a falta do requisito lingüístico que, como explica o sindicato, "está expresamente recollido na Lei de emprego público (LEPG) para todos os procesos selectivos, incluídos os procesos de selección de persoal directivo". Neste caso, a diferenza doutras convocatorias similares para postos directivos, as bases da Agader eximían de acreditar o coñecemento do idioma galego, ben a través de contar coa certificación oficial e acreditar a posesión do Celga 4, ben a través da superación da correspondente proba de dominio da lingua propia. O candidato "idóneo" para o posto Desde CSIF fixeron un seguimento de todo o proceso de selección e atoparon que na primeira parte da mesma, a de méritos, quedaba en primeiro lugar un candidato que era portavoz do Partido Popular no concello do Barco de Valdeorras, deputado provincial, delegado da área de deportes e mocidade na Deputación de Ourense, membro do Comité Executivo e do Comité de Dirección do PP de Ourense, así como deputado autonómico até as pasadas eleccións, nas que, a pesar de concorrer na candidatura do PP pola circunscrición de Ourense, quedou fóra do arco parlamentario. Ademais, laboralmente figura como profesor de música para nenas e nenos de 6 a 12 anos, segundo explica no seu blogue persoal. "Para un posto de subdirector, que é o máis alto da carreira administrativa, valorar que deas aulas de música a nenas e nenos de 6 a 12 anos entendemos que non é un mérito", afirma en declaracións a Nós Diario o secretario de organización do CSIF na Galiza, José Sánchez Brunete. A segunda proba, unha entrevista telemática, realizouse a pasada sexta feira 5 de febreiro. "Xa están as puntuacións na páxina da Agader e como era de esperar o que quedou primeiro como candidato foi el", relata este sindicalista. O posto de subdirector de relacións cos grupos de desenvolvemento rural na Agader ten unha retribución bruta anual de 54.151,56 euros. "Unha cantidade sensibelmente inferior ao seu salario como parlamentario (71.899,36 euros) mais infinitamente maior á que percibe como profesor de música en Educación Primaria", sinalan desde o sindicato. O CSIF valora denunciar na Fiscalía "Estamos valorando levar o tema á Fiscalía", asegura Sánchez Brunete, "parécenos moi forte que este Goberno, ben a través da modificación da lei de función pública, ben a través destas convocatorias, converta isto nun negocio de amigos, colocando os seus", engade. Ademais, cre que estas actitudes tensan aínda máis a situación co funcionariado público "nun momento en que as e os empregados públicos estamos sometidos a recortes, onde hai carencia de persoal sanitario, onde hai carencia de camas e faltan cartos". Este sindicalista vai máis alá e denuncia que "o PP usa cargos directivos públicos para colocar xente que quedou sen escano ou sen Alcaldía e iso non pode ser". Cre que "non podemos volver á Administración dos 80 e dos 90", polo que demanda que, desde o Goberno galego, "se falan de profesionalizar a Administración que o fagan e non deixen ocos para colocar a súa xente". Por este motivo desde o CSIF piden que este tipo de postos de responsabilidade estean ocupados por empregadas ou empregados públicos. "É un posto cuxas funcións son eminentemente de persoal público e, de ningún modo, está xustificado o carácter de excepcionalidade para ser cuberto por persoas que non teñan tal condición", din no sindicato. Ademais, CSIF lembra que se van convocar procesos selectivos para todos os grupos profesionais para poder acceder á Administración. "Iso si, en igualdade de oportunidades para todas as persoas aspirantes", agardan. Os trienios de Ethel Vázquez en Eposh O CSIF denunciara en decembro de 2020 a inclusión de cen prazas de funcionarización, conversión de persoal laboral fixo en funcionario, que non se someteron a aprobación no máximo órgano de representación dos traballadores públicos. O persoal laboral fixo beneficiado era de Eposh (Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos), que agora están provisionalmente adscritos ao ente Augas da Galiza. Coa modificación da coñecida como lei de acompañamento dos orzamentos, cobrarán máis en trienios que o funcionariado de carreira. "2.500 euros ao mes fronte a 25 euros ao mes", explica o CSIF, que salienta que favorece a conselleira Ethel Vázquez, traballadora en excedencia da Eposh. |
NOS_54809 | O español continúa a ser amplamente maioritario (71% nos TFG e 69,8% nos TFM). O idioma elixido para facer estes traballos tamén garda relación co usado polo profesorado nas diferentes titulacións. | O español continúa a gañar por goleada na Universidade de Santiago de Compostela en canto a idioma a escoller para facer os traballos de fin de mestrado (TFM) e de grao (TFG). Un peso moi maioritario. Porén, e segundo os dados de O Cartafol (boletín de normalización lingüística da USC), en 2018 houbo un aumento da presenza do galego. Pequeno, leve, lixeiro, mais aumento. O 2018 defendéronse 3.286 traballos de fin de grao na USC en 59 titulacións. A lingua máis utilizada na redacción destes traballos foi o castelán (en 2.408 traballos); a seguir o galego (en 718 TFG). Na primeira realizáronse 71,1% dos traballos cando en 2017 foran 74%. Pola contra, naquel 2017 en galego estaban 21,9% dos TFG e en 2018 foron 25,3%, o que supón 3 puntos máis. O Cartafol indica que "a media dos usos lingüísticos do alumnado nas súas tarefas académicas, como poden ser os TFG, que se representan aquí, é análoga á media dos usos dos docentes." Na defensa oral, os datos varían lixeiramente: úsase menos o castelán (os 2.408 traballos diminúen ata 2.324) e o inglés (de 89 a 76: só os do grao de Lingua e literatura inglesa) e medra o galego (sobe ata os 2.324). Os relacionados coas Ciencias da Saúde son os graos que máis utilizan o español na docencia (por parte do PDI) e nos TFG do alumnado, nuns niveis moi similares: no 96% dos de Medicina, no 93% dos de Farmacia e no 81% dos traballos de fin de grao de Enfermaría. En todas as titulacións en que se leron TFG houbo algún redactado en galego, agás en Enxeñaría Química, con 38 traballos só en castelán. En oito graos houbo un maior número de traballos en galego ca en castelán: Ciencias da Cultura, Xeografía e Historia, Mestre en Educación Primaria e Educación Infantil de Santiago, Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Lingua e Literatura Galegas. Estas seis titulacións tamén son as que máis usan o galego na docencia. En xeral, insisten desde O Cartafol, os usos lingüísticos nos TFG son un espello das linguas utilizadas polo PDI na súa docencia. . Mestrado En 2018 defendéronse na USC 1.086 traballos de fin de mestrado en 133 titulacións. O panorama lingüístico volve estar dominado amplamente polo castelán. Foi a lingua utilizada para redactar 759 TFM e en galego están redactados 278. Isto é, 69,8% e 25,6% do total. En 2017 foran, respectivamente, 71% e 23,5%. DE novo, e como aconteceu nos traballos de fin de grao, aumenta o uso do galego. O pasado curso impartíronse 137 mestrados (incluíndo varias edicións dun mesmo mestrado, especialidades diferentes ou campus distintos). O Máster Universitario en Avogacía (Santiago) foi a titulación en que máis TFM se presentaron, con 54, só un deles en galego e o resto en castelán. En 15 dos 133 máster, ben repartidos por todas as grandes áreas, non se elaborou ningún TFM en galego. Pola contra, nos mestrados en Arqueoloxía, Enxeñaría Agronómica, Estudos Avanzados sobre a linguaxe, Historia Contemporánea; Igualdade, Xénero e Educación; Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial; Servizos Culturais; Xestión Sustentable da Terra e do Territorio, o número de traballos en galego superou ao de castelán. Cómpre lembrar que a USC fomenta o uso do galego en ambos os tipos de traballos, TFG/PFG e TFM mediante os Premios á calidade lingüística, por unha banda, e, por outra, fornecendo os modelos de traballos de fin de grao e de fin de mestrado no noso idioma, que facilitan a súa redacción e que se ofrecen en formato Word e en formato LibreOffice. |
PRAZA_17053 | O goberno de Ferrol en Común logra a aprobación inicial dos orzamentos de 2018 cos apoios de PSdeG e BNG. Vigo e Pontevedra aprobaron as contas a finais de 2017, Santiago e A Coruña no inicio de 2018 e Lugo, en abril tras unha cuestión de confianza | As eleccións de 2015 deron lugar a un panorama marcado pola viraxe de diversos gobernos municipais cara á esquerda e tamén pola ausencia de maiorías absolutas como tónica xeral. Ambas circunstancias manifestáronse nas sete principais cidades galegas cunha soa maioría absoluta, en Vigo, e unha soa alcaldía do PP, en Ourense, e reflectíronse tamén á hora de sacar adiante cada ano un dos proxectos clave para todo goberno, os seus orzamentos. Agás no caso vigués -por motivos obvios- os gobernos urbanos atravesaron numerosos atrancos para aprobar as sucesivas contas e dous deles, o ourensán e o ferrolán, levan todo o mandato a xestionar con orzamentos prorrogados de cadanseus antecesores -2014 e 2015, respectivamente-. No entanto, o pacto orzamentario dos grupos da esquerda do pleno de Ferrol vai deixar Ourense como única cidade con contas herdadas do mandato anterior. Tras un trienio marcado polos desencontros que mesmo deron lugar á ruptura do pacto de coalición entre Ferrol en Común e PSdeG, este xoves o pleno municipal da cidade aprobaba inicialmente as contas de 2018, as primeiras do mandato. Fíxoo cos 12 votos a prol de Ferrol en Común, PSdeG e BNG e outros tantos en contra de PP e Ciudadanos, mentres que a concelleira non adscrita, Esther Leira -ex-FeC- optou pola abstención. O voto de calidade do alcalde, Jorge Suárez, decantou a votación favorable a un proxecto de 69,2 millóns de euros -uns 15 máis que os últimos do PP, os prorrogados de 2015-. Segundo o rexedor, "á fin logramos demostrar á cidadanía que cando hai diálogo e se negocia coa vista posta na rúa podemos chagar a acordos". O goberno de Ferrol en Común logrou a aprobación inicial dos orzamentos de 2018 cos apoios de PSdeG e BNG e o voto de calidade do alcalde O documento orzamentario, que será elevado a definitivo de xeito automático se non existen reclamacións no prazo de exposición pública, incorporou durante o pleno emendas de PSdeG e BNG referidas a, entre outros proxectos, investimentos no mercado de Caranza, a "humanización" de varias rúas, o aparcadoiro gratuíto do compleox hospitalario ou o parque infantil no Inferniño. "É un día de orgullo para Ferrol; estes non son os orzamentos de Ferrol en Común, nin do PSOE nin de ningún grupo político; son para Ferrol, para a veciñanza, e neste ano haberá investimentos importantísimos que suporán un salto cualitativo", asegura o rexedor, cuxo gabinete destaca ademais que na cidade impactarán nos vindeiros meses investimentos como os dos fondos europeos EDUSI que comparte con Narón dentro do proxecto Espazo Atlántico. O resto das cidades Alcaldes e alcaldesa de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago e Lugo, que sacaron adiante os orzamentos nos primeiros meses de 2018 Vigo e Pontevedra aprobaron as contas a finais de 2017, Santiago e A Coruña no inicio de 2018 e Lugo, en abril tras unha cuestión de confianza Ferrol pon así camiño a ser a sexta das cidades galegas que dá luz verde definitiva aos orzamentos de 2018. As primeiras foron Vigo e Pontevedra cos apoios do goberno maioritario do socialista Abel Caballero, por unha banda, e cos votos a prol do BNG e as abstencións de Marea Pontevedra e do PSdeG, pola outra. No inicio do ano sacaron adiante as súas contas A Coruña -con apoios de Marea Atlántica e PSdeG- e mais Santiago -sustentados nos votos de Compostela Aberta e as abstencións de PSdeG e BNG-. No caso de Lugo a aprobación definitiva do orzamento chegou en abril e foi ligada á cuestión de confianza formulada pola alcaldesa, a socialista Lara Méndez, recurso que tamén empregou o coruñés Xulio Ferreiro en 2017; en ningún dos dous casos o PP deu fiado un goberno alternativo, aínda que nas dúas cidades amagou con tentalo. Con este pano de fondo o goberno de Ourense segue a xestionar coas contas prorrogadas dende 2014, xa que o anterior goberno socialista en minoría xa non dera aprobado as de 2015, se ben o equipo do popular Jesús Vázquez ten sobre a mesa dende finais do pasado abril o primeiro proxecto de orzamentos do mandato, unhas contas de 101 millóns de euros -un montante total un chisco inferior ao de 2014, cando foran 103,9-. Esta presentación foi ligada polo goberno municipal á campaña Ourensanamente, ao abeiro da cal Vázquez chama á "responsabilidade" dos grupos da oposición para o que define como "os orzamentos máis sociais da historia de Ourense". O goberno do PP en Ourense presentou en abril o primeiro proxecto orzamentario do mandato, pero os tres grupos da oposición advirten de que non prevén apoialo Así e todo, non semella doado que o goberno do PP en minoría -10 de 27 edís- poida lograr os apoios que reclama. O grupo maioritario da oposición, Democracia Ourensana (8 concelleiros), xa advertiu de que non os vai apoiar e critica con dureza a presentación sobre os orzamentos organizada por Vázquez este xoves ante colectivos veciñais. "Os orzamentos non teñen informes de intervención e a oposición non os vai aprobar e ao tipiño, o alcalde, non se lle ocorre outra cousa que facer un acto de folclore", dixo o partido que encabeza Gonzalo Pérez Jácome. O PSdeG (6 edís), pola súa banda, tamén se desmarca tras a presentación dun centenar de emendas e Ourense en Común (3 representantes) formulou unha emenda á totalidade, e ambas formacións sinalan tamén que o proxecto non conta co aval da intervención municipal. |
PRAZA_15565 | Pois si. Xa é oficial. O 14 de Xaneiro de 2013, o día no que cumpro 60 anos, xubilareime da docencia regrada no IES de Cacheiras, en Teo, logo de, exactamente, 36 anos, 3 meses e 23 días. | Pois si. Xa é oficial. O 14 de Xaneiro de 2013, o día no que cumpro 60 anos, xubilareime da docencia regrada no IES de Cacheiras, en Teo, logo de, exactamente, 36 anos, 3 meses e 23 días. Dito así, parece unha condena. Nada máis lonxe da realidade. Quen me coñece o sabe ben. Amo a docencia, ameina desde o principio, e conservo a mesma ilusión que cando comecei, alá por 1976, nun mes de Setembro, con 23 anos, un pipiolo que quería comerse o mundo, no Colexio de Entrepontes, en Portomouro. A que montamos!. Moito máis que unha inundación das que tiñamos cada ano. Colexio precioso, magnífico deseño, clases hexagonais, mais construído no leito dun río, en clave andaluza, con terrazas por todas partes, unha mágoa. Eran tempos de transición, xa morrera Franco, pero perduraban costumes e hábitos franquistas. Unha directora que pensaba que o colexio era da súa propiedade Eran tempos de transición, xa morrera Franco, pero perduraban costumes e hábitos franquistas. Unha directora que pensaba que o colexio era da súa propiedade. Un inspector dos que abrían o maleteiro do coche para que os pais meteran, sen dar sentenza, boas viandas. E o cambiamos. Vaia si o cambiamos. Lembro unha folga na que convocamos ás familias a unha Asemblea. A entrada e o patio do centro parecían tomadas por tractores. Un pai, moi molesto, á saída, berroume: "A ti había que arrancarche o bigote a pedradas..." quizais fose porque a maioría apoiou a decisión do profesorado. Tempos de transición. Empecei -como mestre e activista sindical- nun mítico grupo á esquerda do PC, de nome prochino, Larga Marcha, e en Información Obreira, organizacións que máis tarde conformarían o Partido do Traballo de Galicia Certo que tiven cinco interrupcións na miña vida profesional. Unha, moi breve, nas primeiras eleccións democráticas, para a campaña electoral polo Frente Democrático de Esquerdas. A segunda, tamén efémera, nas municipais polo Partido do Traballo en Compostela, en 1979. A terceira, máis longa, nos anos '80, como liberado docente, inicialmente no Sindicato Galego do Ensino e a Investigación da CXTG e logo na CIG. A cuarta foi a finais dos anos '90, en Comisión de Servizos convocada por concurso público de méritos, no Seminario de Educación para a Paz. E a última, nas recentes eleccións autonómicas, pechando a candidatura pola Coruña da Alternativa Galega de Esquerda que encabezaban Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz. Nun mítin, con moita sorna, alguén dixo: "A candidatura máis atea a abre Deus e a pecha Dios. Divina e celestial…" A verdade é que empecei -como mestre e activista sindical- logo dunha moi forte aprendizaxe na clandestinidade, nos Comités de Curso, na Universidade de Santiago, nun mítico grupo á esquerda do PC, de nome prochino, Larga Marcha, e en Información Obreira, organizacións que máis tarde conformarían o Partido do Traballo de Galicia. Tempos de compromiso e de risco persoal contra a Ditadura, entre 1972, Amador e Daniel, e 1976, no que aprobo as Oposicións. Anos de estudio na Escola de Maxisterio, nos pavillóns do Burgo das Nacións, hoxe Auditorio de Galicia, de aprendizaxe e de revolta. Asembleas coas luces apagadas, folgas e manifestacións, panfletos e clandestinidade. Lecturas, grupos de discusión, manuais de marxismo, revolución ás portas. Inxenuidade. Pedagoxía do oprimido, Paulo Freire. E as fins de semana, a Vigo, polo ruta Ho Chi Ming, a recoller documentos e directrices, célula obreira, nun Citroën douscabalos que colliamos, o benquerido Roberto Pardo e máis eu, na Rosaleda, coas chaves no borralleiro. Alí quedaba ó regreso, sen saber nunca de quen era. E logo a proletarización. Viva o ditariado da proletadura. Rapaces… Lembro un conflito de enorme envergadura que involucrou practicamente todo 1978, ó profesorado galego e ó alumnado das Escolas de Maxisterio, con peches e manifestacións masivas, contra dos traslados forzosos de mestres para fora de Galicia Dos primeiros anos de docencia lembro un conflito de enorme envergadura que involucrou practicamente todo 1978, ó profesorado galego e ó alumnado das Escolas de Maxisterio, con peches e manifestacións masivas, contra dos traslados forzosos de mestres para fora de Galicia. Aquela batalla, como tantas outras, perdémola. Sen embargo, gañámola para o futuro. Fomos os últimos desprazados. A min tocoume ir, con destino definitivo, ó Colexio Juan del Río Ayala, en Santa Brígida, Las Palmas de Gran Canaria (moito máis lonxe non podían mandarme) onde cheguei ben entrado o mes de Outubro, logo dunha folga durísima e dunha negociación aínda máis difícil co MEC e que rematou no Concello de Santiago de Compostela co daquela Secretario de Estado (ou Director Xeral de Persoal) Matías Vallés. Galicia, obviamente, non tiña aínda competencias en materia educativa. O que vou contar daquela negociación, pouca xente o sabe. Rematada a última reunión negociadora, co compromiso de que nunca máis habería traslados forzosos (como así aconteceu para os mestres que viñeron despois de nós), baixando xa polas escaleiras de Raxoi, o citado Vallés, nun aparte, pasoume a man polo lombo e díxome: "Manuel, no se preocupe, para usted habrá una Comisión de Servicios y no tendrá que marcharse a Canarias". A contestación que lle din non debo reproducila. Uns días despois, chorando, tomaba o avión para Las Palmas. Outros foran antes que eu. Algúns, moi poucos, non se incorporaron nunca ós seus destinos. Non darei nomes. Eu nin quería, nin podía nin debía facelo. Parecíame algo así como alta traizón, logo de liderar aquela durísima loita. Cando volvín de Canarias, no curso seguinte, por Concurso de Traslados, perdín a metade dos puntos que tiña, para entrar no Colexio Progreso de Catoira, onde estiven 6 anos. Boa xente, bóa terra, xa practicando Educación para a Paz, sen sabelo. Logo, no CPI de Viaño Pequeno, en Trazo, a carón de Santiago e, como dixen, para rematar, fugazmente, no IES de Cacheiras. Eses foron todos os meus destinos. Gardo os mellores recordos, sobre todo, do alumnado, das aulas e das actividades extraescolares. Da maioría dos e das colegas. Do seu esforzo e compromiso. Tamén da vida sindical, da participación no agromar e na consolidación do sindicalismo nacionalista galego, na CXTG e logo na CIG, na Federación Internacional de Sindicatos do Ensino (FISE), da miña participación no Congreso de Praga, na FSM (Federación Sindical Mundial) e do seu Congreso de Berlín, onde estivemos representando ó sindicalismo galego, novidade, Humberto Busto e máis eu, uns anos antes da caída do Muro, ou na constitución da Internacional da Educación (IE) en Estocolmo, e desde os anos '80, vinculado activamente co movemento pacifista, Convención polo Desarme Nuclear en Europa, Teachers for Peace, Hague Appeal for Peace, sempre desde a Educación para Paz, co altermundismo, no Foro Mundial de Educación (FME) e nos Foros Sociais Mundiais, outro mundo é posible. E a profunda vinculación con AIPAZ e a Fundación Cultura de Paz, a amizade entrañable con Federico Mayor Zaragoza, logo de deixar a Dirección Xeral da UNESCO, no ano 2000 E a profunda vinculación con AIPAZ e a Fundación Cultura de Paz, a amizade entrañable con Federico Mayor Zaragoza, logo de deixar a Dirección Xeral da UNESCO, no ano 2000. Tremíanme as pernas cando chamou e dixo que quería contar co Seminario Galego e comigo para a súa Fundación. O coñecía de referencias, fora Ministro de Educación con Suárez e logo pola súa personalidade e prestixio internacional, polas magníficas editoriais do Correo da UNESCO, polas cartas e publicacións que mandei a París durante o seu mandato, polo seu extraordinario papel en favor da Cultura da Paz, coa aprobación da Declaración e o Programa de Acción en 1999 na ONU. Canta lucidez, humildade e elegancia xunta. Do mellor que nos ten pasado nestes anos. A celebración en Compostela do FORO 2010, cun Foro Mundial de Educación temático, tres Congresos Internacionais e unha Reunión de Alto Nivel de Nacións Unidas sobre Cultura de Paz, foi a culminación dun esforzo colectivo de moitos anos O inmenso e intenso traballo no Seminario Permanente de Educación para a Paz, desde decembro de 1985 ata hoxe, xa como Seminario Galego, é das experiencias das que estou máis orgulloso, das publicacións, dos libros, das unidades didácticas, creo que 28, nada menos, dos encontros e xornadas, dos cursos de formación, das conferencias e charlas polo país adiante, da promoción e consolidación do Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, dos premios concedidos e recibidos, dos audiovisuais, exposicións, da creación, participación e liderado en movementos sociais como a Coordinadora Galega pola Paz, a Iniciativa polos Dereitos Humanos, ou as nosas contribucións ó Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia e Observatorio Galego, pero sobre todo, das persoas que durante este tempo, o deron todo para o seu desenvolvemento e prestixio, na Directiva ou fora dela. A celebración en Compostela do FORO 2010, cun Foro Mundial de Educación temático, tres Congresos Internacionais e unha Reunión de Alto Nivel de Nacións Unidas sobre Cultura de Paz, foi a culminación dun esforzo colectivo de moitos anos. Galicia foi, por un mes, o centro do altermundismo internacional. Chegou o afogamento institucional e financeiro do Seminario Galego de Educación para a Paz, no que o actual conselleiro, Jesús Vázquez Abad, ten (e tivo) unha responsabilidade principal E chegou a crise, mellor dito, a estafa, o saqueo, o desmantelamento das estruturas de participación políticas e sociais creadas, con tanto traballo, nestes anos. E con ela, o afogamento institucional e financeiro do Seminario Galego de Educación para a Paz, no que o actual conselleiro, Jesús Vázquez Abad, ten (e tivo) unha responsabilidade principal. A súa vontade por asfixiar, anular e invisibilizar o Convenio de Colaboración asinado en tempos de Juan Piñeiro Permuy, e renovado por Celso Currás e Laura Sánchez Piñón, foi decidida. Paulatinamente retirou toda axuda para actividades formativas. Ocultou o papel e as actividades do Seminario. Ignorou as contribucións decisivas ó Plan de Convivencia. Vetouno nos actos e iniciativas organizados pola Consellería en materia de conflitividade e convivencia escolar, de educación ou cultura de paz, dereitos humanos, día escolar pola paz... e imposibilitou a continuidade das súas publicacións e unidades didácticas distribuídas gratuitamente a tódolos centros educativos de Galicia. Por último, anulou a Comisión de Servizos. Non podía facer máis. Pero aquí seguimos. Resistindo. Como tantas e tantas organizacións non gobernamentais da sociedade civil galega, todas as que non son da órbita do PP, nin da Igrexa Católica, nin de caridade ou beneficencia Pero aquí seguimos. Resistindo. Como tantas e tantas organizacións non gobernamentais da sociedade civil galega, todas as que non son da órbita do PP, nin da Igrexa Católica, nin de caridade ou beneficencia. Volven as damas e as mesas petitorias (a medida que desaparecen os dereitos), o Domund e os chinitos… pois esas son as únicas entidades que a dereita máis rancia, mexapías e conservadora de Europa promove e apoia. Non hai máis que ver a TVG para comprobalo. Por iso Monseñor Rouco Varela está tan calado. Aquel que acusaba de adoutrinamento a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, o que chamaba á desobediencia civil, o pancarteiro, hoxe está desaparecido, contento e satisfeito nos seus aposentos, coa relixión católica outra vez avaliable, impoñendo o que teñen que estudar os uns e os outros, aqueles que non a queiran, gozando dos extraordinarios privilexios que conserva, os que ningunha outra relixión ten en Europa, e nun estado constitucionalmente aconfesional, vaia broma, segregando por sexos, recibindo prebendas económicas a mans cheas, en plena crise, cos seus feligreses pasando privacións ou suicidándose por perder os seus fogares, vendo como os mercaderes do templo se forran e aumenta a pobreza, a fame e a exclusión, sobre todo dos máis febles, en silencio atroador. Pero non se pode enganar a todos, todo o tempo... e torres máis altas caeron. |
PRAZA_6209 | A escena vive unha situación de emerxencia. As circunstancias convidan a unidade e por iso a AAAG integrarase en Conarte, a nova confederación estatal para os artistas das artes escénicas. Ademais, o teatro galego está a traballar nun segundo convenio para protexer os dereitos dos profesionais | Unidade perante os problemas comúns. Con esa idea, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) decidiu o pasado mes de xuño incorporarse á Confederación de Artistas-Traballadores do Espectáculo (Conarte), entidade nacida a finais do ano pasado e na que se fusionan as dúas federacións de intérpretes do estado, que engloban a quince centrais sindicais da escena. Conarte naceu nun congreso celebrado no mes de decembro de 2013 grazas a alianza, principalmente, das dúas grandes federacións estatais -FAEE (Federación de Artistas do Estado Español) e OSAAEE (Organización de Sindicatos de Artistas do Estado Español)- e agora a AAAG, que non formaba parte de ningunha destas agrupacións, sumarase ao proxecto mantendo a súa independencia, pero buscando unidade ante as severas dificultades comúns que atravesa o sector. A crise económica, as reformas laborais, o IVE ou os recortes dos apoios institucionais forman parte dunha tormenta perfecta para o sector A crise económica, as reformas laborais, o IVE ou os recortes dos apoios institucionais forman parte dunha tormenta perfecta para o sector. Os seus ventos, segundo recolle o informe sociolaboral de Aisge (Asociación de Artistas Intérpretes Sociedade de Xestión), provocan que o 73% dos actores e actrices do estado non poidan vivir do seu traballo e que o 55% non chegue a cobrar máis do salario mínimo cos seus traballos. Por iso, as dúas grandes federacións estatais decidiron unificar os seus esforzos despois de anos de traballo paralelo. E por iso agora a AAAG decide incorporarse á fronte común. Unidade no caso O Faro Seis meses antes da creación de Conarte, o sector audiovisual enfrontouse ao difícil reto que supuxo O Faro, unha serie promovida por varias produtoras galegas En xullo de 2013, seis meses antes da creación de Conarte, o sector audiovisual enfrontouse ao difícil reto que supuxo O Faro, unha serie promovida por varias produtoras galegas e que sería emitida por gran parte das canles autonómicas, incluída a TVG. A creación de emprego que suporía, lonxe de alegrar no sector, espertou fonda preocupación: corríase o risco de que a produción pasase por alto o convenio colectivo e as condicións laborais mínimas. Diante desta situación, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) respondeu e coordinou a reacción dos profesionais para abortar un perigoso antecedente. Daquela, como agora, as reivindicacións eran claras e pasaban por defender o traballo no sector. "O Faro foi un situación complicada, mais tamén significou un primeiro momento de colaboración e coordinación entre nós e as federacións estatais. A resposta que puxemos en marcha nós para defender o convenio foi un primeiro contacto coas federacións. Despois, estas entidades quixeron convidarnos ao congreso fundacional de Conarte, invitarnos a formar parte", sinala Guillermo Carbajo, secretario da AAAG, para lembrar aquel proceso no que se conseguiría que O Faro seguise adiante respectando os dereitos laborais dos intérpretes. Deste xeito, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia asistiu ao congreso de unificación, celebrado entre o 9 e o 11 de decembro, como convidada, mais adiou a incorporación. De feito, malia a decisión tomada pola súa asemblea no mes de xuño, a entrada en Conarte non será efectiva até o 1 de xaneiro de 2015 por motivos prácticos. Visibilidade e representación A partir dese momento, a AAAG unirase á Confederación e comezará a formar parte dun proxecto colectivo cuxos obxectivos pasan -entre outras cuestións- pola colaboración unificada garantindo a independencia de cada unha das entidades integrantes, a defensa dos intereses dos profesionais escénicos, o desenvolvemento laboral ou a protección das condicións de traballo. Tamén a promoción dos afiliados. Deste xeito, a Confederación busca ofrecer unha serie de servizos conxuntos a nivel do estado. "Neste sentido, Conarte quere contar cun catálogo único a nivel estatal, que permita a visibilización de todos os profesionais e que facilite a consulta e o contacto entre os directores de casting e os actores", sinala Carbajo, que tamén destaca os servizos xurídicos da confederación. Un dos aspectos máis relevantes para os intérpretes galegos á hora de sumarse á unión pasa por superar os atrancos que se presentaban á hora de chegar a algúns espazos de decisión Un dos aspectos máis relevantes para os intérpretes galegos á hora de sumarse á unión pasa por superar os atrancos que se presentaban á hora de chegar a algúns espazos de decisión. "A diferenza do que acontece no teatro, o convenio do audiovisual ten carácter estatal. Por iso sempre foi difícil trasladar a nosa realidade", explica Carbajo. Agora, a través de Conarte, a AAAG estará informada directamente e poderá achegar as singularidades do sector galego á mesa paritaria. Con esta incorporación á Confederación de Artistas Traballadores do Espectáculo, a AAAG pretende afondar no seu esforzo de representación, visibilidade e dignificación do sector en Galicia e participa da unidade, dun obxectivo compartido e común: superar a situación, a tormenta perfecta que sacode as artes escénicas en todas as latitudes. |
NOS_49441 | O TSXG resolverá antes da sexta feira. | O TSXG admitiu a trámite o recurso contencioso presentado pola CIG pola prohibición da manifestación no Foro da Toxa, segundo informa o sindicato. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolverá antes da sexta feira. A CIG tiña previsto desenvolver a mobilización o 1 de outubro, sexta feira, das 10:00 ás 14:00 horas O sindicato presentou este contencioso ante o que considera "unha vulneración do dereito fundamental de expresión e do dereito de manifestación". A subdelegación do Goberno de Pontevedra prohibiu a manifestación convocada coincidindo coa celebración da última xornada do III Foro da Toxa. "Unha mobilización convocada para denunciar ante os seus responsables a estafa dos prezos da enerxía eléctrica; o peche de oficinas bancarias que a Xunta financia con subvencións a caixeiros; e a grave crise económica, industrial e laboral que padece Galiza". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, manifestou a súa indignación ante a prohibición desta manifestación, máis cando en anteriores edicións a mobilización se desenvolveu con total normalidade. Considera ademais "indignante que se deneguen mobilizacións da clase traballadora e que, porén, se autoricen, sen pudor algún, manifestacións fascistas e supremacistas ao longo e ancho do Estado". |
PRAZA_16980 | SPJ-USO xúntase a CUT, CIG e STAJ nunha nova "maioría sindical". As catro centrais piden por carta ao Goberno que convoque o comité de folga para "rematar co conflito esta semana" e din estar dispostos a "interromper a folga" se a Administración ten "vontade de negociación". A Xunta non acode á reunión convocada por tres sindicatos da Xustiza malia a oferta de interromper a folga | A Xunta non acode á reunión convocada por tres sindicatos da Xustiza malia a oferta de interromper a folga Novo xiro no conflito da Xustiza. O sindicato maioritario no sector, SPJ-USO, únese aos tres (Alternativas na Xustiza-CUT, CIG e STAJ) que rexeitan o acordo que fora pactado coa Xunta por catro centrais --incluída a propia USO-- e que foi rexeitado en votación polo persoal. Esta nova reconfiguración no comité de folga non só "reconstrúe a unidade sindical" destas organizacións senón que establece "unha nova maioría sindical" que acepta o resultado da consulta entre os traballadores e advirte de que "a folga continúa ata acadar un acordo que permita rematar o conflito". Ademais, os catro enviaron unha carta á Xunta na que lle piden que convoque o comité de folga para "continuar coa negociación" e na que advirten de que están dispostos a "interromper a folga unha vez constatada que hai vontade de negociación por parte do Goberno". USO, sindicato maioritario na Xustiza, únese a CUT, CIG e STAJ para aclarar que "a folga continúa" e que o preacordo "non remata co conflito" Antes, estes catro sindicatos --SPJ USO, AX-CUT, STAJ e CIG-- emitían un comunicado conxunto que fixeron público na tarde deste mércores e no que queren "deixar claros" varios puntos. Nun deles expresan que "os resultados das votacións do principio de acordo levado ás asembleas por catro sindicatos deixou moi claro que os traballadores da Xustiza galega non consideran que este texto remate co conflito". Xa que logo, e como aclaran no mesmo texto, a folga que este mércores cumpre 85 días "continúa" ata que se acade un acordo que poña fin ao conflito. Ademais, aseguran que con este novo equilibrio de forzas no comité de folga "non só queda reconstruída a unidade sindical SPJ-USO, AX-CUT, STAJ e CIG", senón que "queda establecida unha nova maioría sindical", polo que "instan" o resto de centrais a que se "adhiran a esta maioría". Os catro sindicatos aclaran que "queda establecida unha nova maioría sindical" e instan as outras tres centrais a unirse O pasado venres, os sindicatos USO, UGT, CCOO e CSIF someteron a consulta entre o persoal da Xustiza en Galicia o acordo ao que chegaran en solitario, e á marxe das outras tres centrais, coa Xunta e coa intención de poñer fin ao conflito e á folga que suma case tres meses. Contra todo prognóstico --e entre acusacións e reproches sindicais mutuos-- o non ao pacto que defendían CUT, CIG e STAJ resultou o vencedor por apenas 90 votos. As tensas votacións, os berros de "vendidos" ou "traidores" contra as catro organizacións e os enfrontamentos verbais remataron de vez coa unidade sindical que caracterizara o conflito desde o seu inicio. Agora, co recoñecemento explícito por parte da USO, sindicato maioritario no sector, dos resultados das votacións e da necesidade de "acadar un acordo para rematar o conflito" a pelota queda no tellado da Xunta, máis aínda cando a unión desta central con CUT, segundo sindicato na Xustiza galega, CIG e STAJ outórgalles aos catro unha representación de arredor do 65% fronte ao 60% que supoñían os catro que convocaran a consulta. USO, AX-CUT, CIG e STAJ piden á Xunta que convoque o comité de folga para "rematar co conflito ao longo desta semana" Respecto da carta á Xunta, USO, AX-CUT, CIG e STAJ solicitan á Xunta a convocatoria do comité de folga para negociar e expresan a "responsabilidade" tanto do Goberno como deste comité de folga para "rematar con este conflito ao longo de esta semana" e "evitar maiores prexuízos á cidadanía e comezar canto antes a posta ao día dos xulgados galegos". Os catro sindicatos amósanse dispostos a interromper a folga se a Xunta ten "vontade de negociación" "Co fin de chegar a un principio de acordo e co ánimo de tenderlle a man á Xunta, adiantamos a posibilidade de facer unha interrupción da folga unha vez constatada que hai vontade de negociación por parte da Xunta", din os sindicatos, que aclaran que queren "centrar as negociacións nos puntos que impediron que os traballadores da Xusiza galega aprobaran o texto sometido a votación". Destacan, entre eles, a cláusula de revisión e o plan de recuperaicón do traballa atrasado. |
NOS_8557 | O actual presidente, MIchael D. Higgins, aspira revalidar o cargo esta sexta feira. Ten o apoio das principais formacións irlandesas – de dereita, de centro e de esquerda- agás dos republicanos, que presentan candidata propia. | Esta sexta feira os irlandeses e irlandesas elixirán entre seis persoas candidatas quen será o presidente da República. O actual presidente, Michael G. Higgins, parece que ten todo o vento a favor para recuncar no posto. As enquisas indican que pode superar 65% dos votos e ten o apoio da práctica totalidade do mapa político irlandés: tanto a dereita conservadora de Fine Gael, como a dereita liberal de Fianna Fail, o Partido Laborista, o social-demócrata e incluso o Partido dos Traballadores (marxista, nado das cinzas do Sinn Féin Oficial). Higgins é independente mais sempre estivo vinculado ao laborismo, do que se deu de baixa en 2011 ao ser eleito presidente. Tan só unha formación non quixo facer parte do 'consenso'. É o Sinn Féin, actualmente terceira forza na República – e segunda en Irlanda do Norte-. Os republicanos optan por presentar candidata propia para a presidencia irlandesa. É Liadh Ní Riada, eurodeputada do S.F, gaélicofalante. Filla de Seán Ó Riada, un dos nomes impresindíbeis no folclore irlandés. Nas anteriores presidenciais o candidato republicano, o falecido Martin McGuinness, atinxiu 14% dos votos. Na actualidade, os principais postos de liderato do S.F están ocupados por mulleres, que na República (Mary Lou McDonalds) como nos seis condados baixo dominio británico (Michelle O'Neill). Os outros catro candidatos preséntanse como independentes. Tres son empresarios e unha cuarta é senadora. Nas eleccións desta sexta feira, os irlandeses e irlandesas tamén poderán votar en referendo a eliminación da constitución da blasfemia como delito. |
NOS_26457 | O IES de Becerreá reclama un Bacharelato "digno e sen recorte de materias" para o seu alumnado. | A finais de xullo o IES de Becerreá saberá se mantén a cota de materias e profesorado de cara o curso que vén. O equipo directivo espera a adxudicación de docentes e a autorización da Consellaría de Educación para impartir determinadas materias e ver así as garantías e dificultades coas que baterá o alumnado a partir de setembro. O IES de Becerreá mantén nos últimos anos unha cifra estábel de estudantes, arredor de 120, matriculados nos catro cursos da ESO mais nos dous de Bacharelato. "É o único instituto da comarca, non só da montaña senón tamén de concellos limítrofes, como Baralla", apunta Fernando Cerecedo, director do IES de Becerreá. "Estamos rodeados de CPI que teñen Primaria e Secundaria, pero para o Bacharelato veñen aquí, mesmo de concellos máis afastados como Castroverde e Baleira". A comunidade educativa deste centro vén de fechar un ano intenso de mobilizacións para exixir un ensino digno e igualitario que ofreza as mesmas garantías ao alumnado dos Ancares que ao do resto da Galiza. "O único que pedimos é que os nosos estudantes non teñan que desprazarse porque non se lles pode ofrecer aquí algo que a Consellaría nega". Cerecedo sinala a decisión da Xunta de suprimir o curso pasado Francés como materia optativa máis aló de 2º da ESO ao non xuntar o mínimo de cinco estudantes que esixe a norma. "En centros do rural ese número supón en moitos casos 25% do alumnado, unha porcentaxe moi alta que queda cunha optatividade máis limitada afrontando materias que non teñen maior interese nin continuidade, como é o caso de Francés, que podes empezar en 1º da ESO e rematar en 2º de Bacharelato. E examínaste da ABAU e pondera 0,2 en boa parte dos graos das Ciencias Sociais e Xurídicas". O que xa pasou un ano pode volver a repetirse, advirte o director do IES de Becerreá, que teme futuros recortes en materias propias de modalidade. "De momento non o fan, pero non deixa de ser preocupante que, se temos menos de 5 alumnas -é o caso de Bioloxía en 2º de BAC- temos que pedir autorización para podela impartir". Ensino rural Esta batalla, di, non é exclusiva dos Ancares, sucede en todos os institutos do rural na Galiza nos que "a Consellaría decide en contra dos intereses do alumnado negándolles certas materias. E unha vez que destrúes algo xa é irrecuperábel. É o resultado da política incendiaria da Consellaría, dos recortes, e, sobre todo, da falta de flexibilidade para adaptarse á realidade cambiante dos nosos centros". |
PRAZA_14562 | Mentres que Europa, e España con ela, deslízase pola pendente, América Latina, e Venezuela con ela, está a escalar a montaña. Pero estas aventuras, como as boas historias épicas, son triloxías. Queda a terceira: sentar as bases para que, en calquera escenario, a revolución bolivariana poida dicir que chegou con vontade real de quedar. Hoxe Chávez está fronte a Chávez. E entre eses dous espellos enfrontados ten que reflectirse a si mesmo o pobo. Que non rachara o espello enche Venezuela de reflexos. | Xuíces díscolos, curas comunistas, policías sindicalizados, mesmo fillas metidas profesionalmente a putas, son figuras que sempre molestaron excesivamente aos benpensantes do establishment e aos seus pesebristas ideólogos. Son actores rupturistas que desestabilizan uns escenarios que levan séculos servindo a un mesmo señor. Pero á fin e ao cabo, son de casa. Se a desorde doméstica sobe de nivel e rompe a xeopolítica dese mapamundi onde España está no centro e as Américas son, caídas na cartografía, a nosa herdanza, o espallo vólvese cósmico. Se temos un rei, pensan, que sexa polo menos para que teñamos un imperio. "Como que un zambo está a causar problemas? Outro escravo como Espartaco saíndose de nai? Sáquenmo de inmediato". Chavez gañou 15 eleccións. A última, este 7 de outubro, dez puntos por diante do seu adversario. Todos contra el e nin por esas. E se o truco fose a política? Nada como un militar medio negro medio indíxena, católico fervente e chingador do Vaticano, adorador de Fidel Castro e da Virxe de Coromoto, irrespetuoso do xofre de Estados Unidos e da caspa permanente da política exterior do reino de España, nada mellor digo, que un militar así para vir dicirlle ao resto do continente latinoamericano -e de paso ao mundo-, que nai non hai máis que unha e que a que din nai patria nin é nai nin, visto o visto, pode sequera sosterse como patria. Véndoo en perspectiva histórica, non é estraño que Venezuela concitara tantas iras. Tampouco que haxa tanta xente cunha opinión tan contundente sobre un país que non saberían pór no mapa e sobre un Presidente sobre o que só ouviron chistes Un militar Presidente, Chávez, que lle falou de ti aos Estados Unidos, que veu dicirlle aos latinoamericanos que sós non van poder ser, e que unidos é que van empezar a recoñecerse lonxe as ataduras da historia. Que vén contarlles aos pobos de América que as empresas que obran alí como señores feudais teñen os pés de barro e que non gozan de lexitimidade porque non pagan impostos nin alá nin acá e que bo é domesticalas. Que vén rumorearlles aos dirixentes do Sur que miren con receo as instancias internacionais, empezando polo Consello de Seguridade de Nacións Unidas, que os que se deixan enganar non son antecesores de ninguén. E entre dicir e dicir, escóitase: "por que no te callas?". Pero non basta con mandalo. E, ademais, xa era tarde. Chavez gañou 15 eleccións. A última, este 7 de outubro, dez puntos por diante do seu adversario. Todos contra el e nin por esas. E se o truco fose a política? Véndoo en perspectiva histórica, non é estraño que Venezuela concitara tantas iras. Tampouco que haxa tanta xente cunha opinión tan contundente sobre un país que non saberían pór no mapa e sobre un Presidente sobre o que só ouviron chistes. Pero Chávez, que dúbida cabe, é un ditador tropical, que niso se puxeron de acordo case todos os medios. Porque para facer algunhas afirmacións ler nin sequera é un requisito. O "caso Chávez" é un exemplo de manual de como os medios de comunicación son capaces de crear matrices que constrúen na cidadanía -mesmo na letrada- puntos de vista tan firmes como carentes de báculo. "Sabe vostede algo de Venezuela máis aló de intuír por onde queda?" . "Pois non, e nin falta que me fai". "E sabe algo sobre a súa política social, sobre a súa historia, sobre a súa Constitución?" "Pois menos aínda. Pero mire, non me fai falta ser moi listo para saber que Chávez é un militar golpista, que pecha medios de comunicación, que adestra os nenos e ten o seu pobo nun puño". "E as eleccións onde hai máis liberdade que as que tiveron os gregos?" Oia, jefe, póñame outra copa de Veterano!". Sabe que Venezuela é o segundo país de América Latina en estudantes universitarios? Sabe que é o quinto do mundo? Neste mes que arrinca a universidade, cando son moitas as familias que non teñen os 1400 euros que custa unha primeiro matrícula na universidade pública, sabe a cidadanía española que hai dous millóns trescentos mil estudantes universitarios en Venezuela? Sabe que Venezuela é o segundo país de América Latina en estudantes universitarios? Sabe que é o quinto do mundo? Podemos falar tamén da vivenda social, do medicamento público, da escolarización, dos libros e computadores gratuítos para os estudantes, da liberdade para entrar e saír do país, da liberdade de escribir na prensa un día si e outro tamén que hai que matar a Chávez, do artigo da Constitución que permite revogar o mandato de calquera cargo público, das reformas constitucionais que sempre pasan por un referendo popular. Comparamos coa España de Rajoy ou Zapatero? Estes malditos ditadores... Bastaría botar unha ollada á historia para ver que cada vez que existiu unha gran crise do capitalismo e un país tentou unha vía alternativa, foi demonizado, fustigado, castigado e, en caso de non valer esas medidas, finalmente chegou a invasión ou o sometemento O asunto, pois, é de fondo. Bastaría botar unha ollada á historia para ver que cada vez que existiu unha gran crise do capitalismo e un país tentou unha vía alternativa, foi demonizado, fustigado, castigado e, en caso de non valer esas medidas, finalmente chegou a invasión ou o sometemento. Pasou coa crise de 1876 -proceso que leva á Primeira Guerra Mundial- e a de 1929 -coa URSS e a II República española como estigmas-. De maneira máis próxima, ocorreu coa crise de 1973 -aí é onde hai que entender o desenlace do Chile de Allende- e a crise de 1998-2008 -que é onde aparece a Venezuela bolivariana como referente alternativo e, por tanto, suxeito de demonización-. Dicía Stiglitz que o éxito do neoliberalismo é convencer a xente de que non existía alternativa. E resulta que Chávez dicía que si a había e, ademais, tiña petróleo. Intolerable. Que logo, como sostiña Kissinger, empezan a caer os países como nun dominou... En España viñeron engadirse circunstancias poderiamos dicir "persoais" que terminaron contaminando as relacións políticas entre España e Venezuela. É costume patrio que se un dirixente se leva ben no económico co dirixente doutro país, as relacións entre ambos os países son boas. Fai falta lembrar a Gadaffi e o cabalo que lle regalou a Aznar? Aznar, por certo, que se implicou desde 1998 contra Chávez, axudando a Irene Sáez na campaña electoral que terminaría gañando por goleada o comandante. Felipe González adoraba a Carlos Andrés Pérez desde os tempos en que se estaba inventando o PSOE con diñeiro de flick, de flock e do Caribe. Foi Carlos Andrés quen lle presentou a Gustavo Cisneros, a quen despois lle vendería Galerías Preciados, -expropiadas a Rumasa-, pola atractiva cantidade de 1.500 millóns de pesetas (só o saneamento custou 48.000 millóns de pesetas). Cinco anos despois venderíaas multiplicando a cantidade paga por 25. Hai amizades ben asentadas. Felipe González adoraba a Carlos Andrés Pérez desde os tempos en que se estaba inventando o PSOE con diñeiro de flick, de flock e do Caribe Complementemos engadindo que a comunidade vasca tiña vínculos empresariais igualmente personalizados, a quen non gustou a política de visibilización dos invisibles que puxo en marcha Chávez. Tampouco axudou moito unha universidade que se cría de esquerdas pero para quen os pobres eran un obxecto de estudo e non un suxeito de convivencia. Nin a condición de militar de Chávez, incurso ademais nun levantamento -contra un Presidente corrupto e asasino- que se leu da mesma maneira con que aquí se soubo dos carapintadas arxentinos. Non pouco axudou, para pechar o círculo, un grupo empresarial, cun diario de circulación global, que fixera a súa fortuna coa exportación de libros e os créditos respecto diso Á progresía hispánica non lle gustou nunca a música militar, sobre todo desde que a cota demócrata que nos correspondía foi derrotada polos militares africanistas que logo gobernarían o país durante corenta anos. Non pouco axudou, para pechar o círculo, un grupo empresarial, cun diario de circulación global, que fixera a súa fortuna coa exportación de libros e os créditos respecto diso. A pregunta de Chávez nunca respondida ("por que ten que facer outro país os libros de texto os nosos nenos?") enfadou moito a ese grupo, que usaría o seu diario para, mesmo, celebrar o golpe de estado de abril de 2002 contra Chávez. Un non debe tocar os intereses empresariais que hai detrás das empresas de medios de comunicación. Pero Chávez, insistente, volveu gañar unhas eleccións. E mira que xuntou recursos e medios o candidato opositor. Algo de mérito da xestión de Chávez na vitoria? Parece sensato. No haber chavista -e o seu oito millóns de votos- están, obviamente, os resultados económicos, o incremento do benestar material dunha moi alta proporción do pobo, conquistas no Estado de dereito (con xuíces mesmo encarcerados), maior autoestima nacional e unha sorprendente integración latinoamericana, independencia respecto de Estados Unidos e control soberano sobre as maiores reservas de petróleo do mundo. Tamén a unión cívico-militar, nun continente onde os militares creron ser os árbitros -e a miúdo os xogadores- do devir social. No haber, igualmente, devolver ao socialismo un lugar na axenda política. Un socialismo que xa non intercambia xustiza por liberdade, que xoga sen problema no período de transición coas estruturas do mercado, que sabe que non pode volver confundir o Estado co partido, que non copia modelos, que vai construíndo a través da conciencia dun pobo politizado a idea de que os cidadáns teñen dereitos. Xa non hai nenos na rúa en Caracas. E a xente come tres veces ao día. Estes populistas, que gastan o diñeiro en asuntos sociais. No debe -e o seis millóns de votos da oposición- están as causas que levaron á oposición ao seu mellor resultado desde 1998: a corrupción, a ineficiencia, o burocratismo, o centralismo, a inseguridade No debe -e o seis millóns de votos da oposición- están as causas que levaron á oposición ao seu mellor resultado desde 1998: a corrupción, a ineficiencia, o burocratismo, o centralismo, a inseguridade -moi ligada á estrutura policial herdada, tamén á incursión do paramilitarismo desde a fronteira colombiana e á cultura rentista do diñeiro rápido e fácil- e un liderado que non termina de deixar que o resto da sociedade faga a súa tarefa. Nas eleccións a gobernacións de dentro dun mes, onde Chávez non se presenta, o resultado pode ser adverso. O recoñecemento de Capriles do resultado electoral sitúao como o líder da oposición de cara ao futuro. Algo que non lle van a permitir os vellos partidos aos cales Capriles só lles servía se era capaz de acabar con Chávez. Vargas Llosa, con esa actitude de gangster de baixa estofa que gasta cando decide usar o seu enorme talento para tarefas que non son a literatura, dicíalle a Capriles que se coidase de non ser asasinado por Chávez. Unha vez máis se equivoca Vargas Llosa: de quen ten que coidarse Capriles é dos seus. Ao bolivarianismo, neste novo escenario de vitoria e goberno até 2019, correspóndelle facer crible a súa capacidade de, esta vez si, liquidar os problemas estruturais de Venezuela. E para iso, non hai outra que reforzar o poder popular con certa urxencia. Se fixese isto -aínda que os prazos electorais ao virar a esquina o dificultan- abriríase a posibilidade -agora practicamente clausurada- de frear ese resultado negativo prometido para as eleccións de decembro e que dificultaría o enorme labor exposto e coa que se gañaron as eleccións (sentar as bases para a transición ao socialismo). Estas aventuras, como as boas historias épicas, son triloxías. Queda a terceira: sentar as bases para que, en calquera escenario, a revolución bolivariana poida dicir que chegou con vontade real de quedar Mentres que Europa, e España con ela, deslízase pola pendente, América Latina, e Venezuela con ela, está a escalar a montaña. A enfermidade recargou a Chávez. Estas eleccións foron a segunda parte dese recargamento. Pero estas aventuras, como as boas historias épicas, son triloxías. Queda a terceira: sentar as bases para que, en calquera escenario, a revolución bolivariana poida dicir que chegou con vontade real de quedar. Hoxe Chávez está fronte a Chávez. E entre eses dous espellos enfrontados ten que reflectirse a si mesmo o pobo. Que non rachara o espello enche Venezuela de reflexos. |
NOS_6424 | Permite o uso de TAU-Fluvalinato na Coruña, Pontevedra e zonas forestais da Mariña e O Ribeiro. Adega alerta dos perigos que carrexa nas abellas. | Através dunha resolución asinada polo Ministerio de Agricultura o 8 de abril de 2015, o goberno español autoriza fumigacións masivas de eucaliptais con TAU-Fluvalinato, un pesticida co que a Xunta experimentou o pasado ano dirixido a combater os pulgóns nos cultivos de horta e froiteiras mais que foi empregado para paliar a praga de gorgullo. As fumigacións permitiranse nas provincias da Coruña e Pontevedra para alén dos distritos forestais VI (A Mariña) e XI (O Ribeiro) previa solicitude administrativa que deberá ser presentada con 48 horas de adianto. Na resolución, o Ministerio de Agricultura condiciona as autorizacións a concorreren "circunstancias especiais" polo "perigo impresibíbel" que di representa o gorgullo ao non se poder controlar através doutros "medios razonábeis". Catro meses de fumigacións O período en que se autorizarán as fumigacións iniciouse o 9 de abril e rematará o 6 de agosto. Desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) advirten dos perigos que carrexa o uso deste tipo de produtos para a vida acuática debido á "toxicidade do tau-fluvalinato". "É nocivo, irritante, bioacumulativo e altamente tóxico para a vida acuática", afirman. Neste senso, salientan as repercusións que o seu uso suporá para as abellas de acordo co exposto en diversos estudos científicos. Así pois, Adega alerta ás comunidades de montes, propietarios/as forestais, apicultores/as, labregos/as e veciñanza en xeral que desenvolvan a súa actividade ou moren preto de grandes masas de eucaliptos a estar atentos/as ante esta nova vaga de fumigacións tóxicas. |
NOS_4412 | O Executivo arxelino advirte que deixará de subministrar gas ao Estado español se deriva parte del a Marrocos, logo de que o Goberno de Sánchez prometese "axuda enerxética" a este país e aceptase como "a mellor solución" a proposta marroquí de "autonomía" para o Sahara Occidental, unha cuestión que provocou fondo malestar en Alxer. | O Ministerio de Enerxía alxerino advertiu na cuarta feira ao Goberno estatal de que rachará o contrato de subministración de gas ao Estado se parte do que lle envía é "derivado a outro destino", en referencia a Marrocos, logo de que o presidente español, Pedro Sánchez, se comprometese a reabrir o gasoduto do Magreb, polo que Alxeria enviaba gas a Europa a través deste outro país e que fechou o pasado novembro. Nun comunicado, o ministro de Enerxía, Mohamed Arkab, deixou claro que se parte do gas natural enviado por Alxeria a España ten un "destino que non é o previsto nos contratos" considerarase como "un incumprimento dos compromisos contractuais e, por conseguinte, podería desembocar na ruptura do contrato que vencella Sonatrach [compañía gasista alxerina] cos seus clientes españois". A ministra española para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, dirixiuse na cuarta feira ao Goberno alxerino para notificar a Arkab que a activación do fluxo inverso do gasoduto magrebí será "hoxe mesmo [pola cuarta] ou mañá [por esta quinta feira]". Desde o departamento que dirixe Ribera xustificaron que desta cuestión veñen falando "durante os últimos meses" e recalcaron que "en ningún caso o gas adquirido por Marrocos terá procedencia alxerina". Alxeria manterá o prezo do gas a todos os seus clientes agás ao Estado español Axuda enerxética a Marrocos Como xa fixera o pasado febreiro, cando se anunciou a intención de brindar apoio a Marrocos en materia enerxética, o Goberno estatal defendeu, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que Marrocos pediu apoio para garantir a súa seguridade enerxética e "España respondeu positivamente á súa petición, como corresponde facer con calquera outro socio ou veciño". En concreto, o que pretende Pedro Sánchez é que Marrocos adquira gas natural licuado nos mercados internacionais para desembarcalo nalgunha planta de regasificación no Estado español e logo envialo a territorio marroquí a través do gasoduto do Magreb. Crise entre Alxeria e Marrocos Cómpre lembrar que Alxer rompeu relacións diplomáticas con Rabat o pasado agosto e en novembro procedeu ao fechamento dese gasoduto. Marrocos, alén de perder os 'dereitos de paso' millonarios que ingresaba polo tráfico do gas, viu perigar o seu propio abastecemento enerxético, en especial para os dous ciclos combinados de Tahaddart e de Ain Beni Mathar, que cobren arredor de 10% da produción de electricidade do país. A histórica crise entre Marrocos e Alxeria intensificouse no verán por mor do achegamento do Goberno marroquí ao Estado de Israel e da recrudescencia da ofensiva de Rabat sobre o Sahara Occidental. A este respecto, o pasado mes Pedro Sánchez deu o seu apoio explícito a Marrocos no que atinxe ao futuro deste territorio que Rabat insiste en dominar baixo un marco autonómico. Alxeria chama a consultas o embaixador en Madrid polo apoio de España ao plan marroquí para o Sáhara A pasada semana Alxer pediu "aclaracións previas e francas" por parte do Goberno español antes de enviar de volta o seu embaixador, xa que a confianza foi danada polo respaldo español ao plan marroquí, que Alxeria, como principal valedor da Fronte Polisario, considera unha traizón aos saharauís. E esta fin de semana o presidente do país, Abdelmayid Tebune, asegurou que "o que fixo España é inaceptábel, ética e historicamente" e mostrouse especialmente crítico con Sánchez, a quen responsabilizou da actual situación. "O presidente do Goberno rachouno todo, non España", afirmou. Con todo, o mandatario alxerino asegurou que o seu país cumpriría co seu compromiso de subministración de gas ao Estado español, logo de que a empresa estatal Sonatrach dese aviso de que se poderían subir os prezos, algo que se está a negociar coas empresas españolas. A reacción do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, ás palabras de Tebune provocou un novo cruzamento de acusacións. "Non quero alimentar polémicas estériles", dixo ao ser preguntado ao respecto nunha entrevista radiofónica, pasando a continuación a resaltar que o presidente alxerino deixara claro que a subministración de gas ao Estado está "garantida". |
PRAZA_4074 | Unha vintena de colectivos galegos puxo en marcha hai unhas semanas unha campaña a prol dun "plan de choque que recupere e mellore as condicións de vida de toda a xente e en especial das persoas que antes da pandemia do Covid19 loitaban por sobrevivir e que agora son as máis desprotexidas" | Unha vintena de colectivos galegos puxo en marcha hai unhas semanas unha campaña a prol dun 'Plan de Choque Social', en colaboración con movementos sociais do resto do Estado. Entidades de ámbitos moi diversos -sociais, feministas, ecoloxistas e sindicais- reivindican das distintas administracións "un plan de choque que recupere e mellore as condicións de vida de toda a xente e en especial das persoas que antes da pandemia do Covid19 loitaban por sobrevivir e que agora son as máis desprotexidas".Unha vintena de colectivos galegos puxo en marcha unha campaña a prol dun "plan de choque que mellore as condicións de vida de toda a xente e en especial das persoas que antes da pandemia loitaban por sobrevivir e que agora son as máis desprotexidas"Entre as medidas demandas está o reforzo da sanidade pública mediante a disposición de máis medios materiais e humanos e o fortalecer o coidado das persoas maiores cun sistema público de residencias que integre os centros que agora están en mans privadas.Tamén se lle pide á Xunta e aos Concellos a aposta por un parque de vivenda pública para alugueiro social e un incremento das axudas para o pago do alugueiro daquelas persoas vulnerables ante a crise.No eido laboral, demandan o control da correcta incorporación ao traballo de todas as persoas afectadas por ERTE logo da incorporación do persoal aos seus postos de traballo e a creación a nivel galego dun plan de emprego que afronte as necesidades das persoas desempregadas.Tamén se reclama a activación urxente dunha renda mínima inmediata para quen perdera os ingresos e non perciba ningunha prestación, en tanto en canto non se estableza a renda social básica universal, "que ten que ser o obxectivo central". No referente á presión fiscal demándase a eliminación dos beneficios a grandes patrimonios no imposto de sucesións. Así mesmo, pídese á Xunta que apoie os pequenos agricultores e os mercados locais que venden produtos ecolóxicos. E tamén unha aposta decidida por axudar os autónomos no pago das cotizacións e dos alugueiros de locais. Por último, no que refire ás persoas migrantes, pídese a regularización exprés e a homologación inmediata da súas títulacións nos países de orixe.O Plan de Choque Social está impulsado por Sindicato Labrego Galego, CUT, CGT Vigo, SOS Racismo Galicia, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción Galiza, Fridays For Future Coruña, Fridays For Future Vigo, Amigos da Terra, Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra, Movemento feminista Unitario de Vigo, Verdegaia, ANEGA, Renda Básica A Coruña, Grupos de Apoio Mutuo Coruña, Oficina de Dereitos Sociais de Vigo, Maternidades Feministas Compostela, Anova, Anticapitalistas Galiza ou Marea Atlántica, entre outros colectivos. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.