ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_28221 | 78 nomeamentos en ano e medio, ese é o rexistro do Consello Xeral do Poder Xudicial en funcións, que desiste de levar o conflito co Goberno do Estado ao Constitucional despois de ver limitada a súa capacidade de seguir facendo nomeamentos que marcarán o Poder Xudicial nos vindeiros anos. | Até ben entrada a noite da cuarta feira, o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) non rematou unha xuntanza que se estendeu ao longo do día, na que avaliaron a resposta ás medidas do Goberno do Estado para limitar as súas capacidades mentres se atopa en funcións. Finalmente, as oito vogais -todas elixidas no seu día a proposta do Partido Popular- que buscaban levar o conflito ao Tribunal Constitucional non conseguiron o apoio do resto de maxistradas. Porén, si foron quen de aprobar un texto crítico co Goberno do Estado para enviarlle á Comisión Europea como parte do informe sobre o Estado de Dereito 2021. No informe, ao que tivo acceso Europa Press, o CXPX sinala que a reforma lle restaba atribucións e critica a vía lexislativa pola que se aprobou a reforma, o que os levou a encargar un informe técnico. No tempo que o CXPX actual, acordado cando o PP ocupaba o Goberno do Estado, leva en funcións, desde decembro de 2018, realizou até 78 nomeamentos en postos chave que até dentro de varios anos non será posíbel modificar. Cando se aplicou a reforma da lei do Poder Xudicial do 29 de marzo, cualificada por parte do CXPX como unha invasión das súas competencias, o órgano de goberno da xudicatura pretendía encher os sete postos vacantes do Tribunal Supremo, unha instancia responsábel de sentenzas como a que mantén os e as presas políticas catalás na prisión. Nas propostas que foron rexeitadas, que obrigaron o presidente do CXPX a convocar o pleno extraordinario, defendíanse dúas vías. A primeira consistía nun conflito de atribucións, unha medida que se aplica cando un dos poderes do Estado, neste caso o Xudicial, considera que outro órgano, como o lexislativo, lle usurpa as súas funcións. A segunda opción sobre a mesa era acudir ao Defensor do Pobo para que presentase un recurso de inconstitucionalidade, dado que o CXPX non pode entregar esta clase de iniciativas. Desde esta quinta feira, integrantes de dúas asociacións xudiciais levan a cabo unha campaña en redes para pedir a PSOE e PP que cheguen a un acordo canto antes coa finalidade de renovar e despolitizar o Goberno do Poder Xudicial. |
NOS_18883 | O xulgado deixa sen efecto as medidas preventivas adoptadas a respecto dos 11 investigados nesta peza da Pokemon que atinexe ao Concello de Compostela, entre os que figuran os exalcaldes do PP Gerardo Conde Roa e Ángel Currás. | O Xulgado de Instrución número 1 de Compostela decretou esta quinta feira o sobresemento provisional e arquivo das actuacións relacionadas cunha das pezas separadas da operación Pokemon remitida polo Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, e na que estaban investigados dous exalcaldes do Partido Popular, Gerardo Conde Roa e Ángel Currás, que acabaron dimitindo na mesma lexislatura dando o bastón de mando finalmente a Agustín Hernández. Da mesma maneira, o xulgado acordou deixar sen efecto as medidas preventivas adoptadas a respecto dos 11 investigados, entre os que tamén se atopaban outros edís populares como Albino Vázquez e o socialista Bernardino Rama. Precisamente, en xaneiro tamén se arquivou a peza referida ao suposto financiamento irregular do PSOE local, no que estaba investigado Rama. A causa que quedou arquivada agora abriuse por presuntas irregularidades cometidas por concelleiras e persoal funcionario do Concello de Santiago hai dúas lexislaturas. Imposíbel saber a "liña de investigación" A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Compostela asegura no auto que, após examinar a documentación, resúltalle imposíbel "determinar con exactitude que feitos delituosos se atribúen a cada un dos sospeitosos", así como "coñecer a liña de investigación" levada a cabo en Lugo, tal e como informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A maxistrada lembra no auto que recibiu a causa en maio de 2018, catro anos despois de que a instrutora de Lugo, Pilar de Lara, se inhibise ao seu favor, en 2014. Entón rexeitou facerse cargo do caso, pero en febreiro de 2020 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia atribuíulle a competencia. A maxistrada de Santiago, Ana López-Suevos, explica que durante os catro anos que pasaron desde que se decretou a inhibición da causa até que a recibiu, en Lugo continuáronse practicando dilixencias. Por iso, considera que o Xulgado de Instrución número 1 de Compostela "atópase imposibilitado para coñecer cal é o obxecto da causa, pois tanto os feitos como os delitos poden descartarse, ou confirmarse, ou mesmo ter engadido outros novos, así como o número e identidade dos posíbeis sospeitosos, aínda que non foran formalmente imputados". A xuíza insiste en que procesalmente "se actuou co criterio contrario á lóxica de tramitación", pois sostén que en lugar de levar a cabo unha breve instrución e inhibirse ao xulgado de Santiago, o que se fixo foi ditar un auto de inhibición, pero seguiuse instruíndo a causa catro anos máis en Lugo. "Total indefensión" dos investigados No auto tamén resalta que aos denunciados se lles causou unha "total indefensión", á vez que lembra que estiveron sometidos "a medidas preventivas que restrinxiron a súa liberdade persoal". A maxistrada afirma que se lles ocasionou "incerteza e angustia" aos investigados "por atoparse inmersos nun proceso xudicial do que resulta imposíbel determinar con exactitude que feitos delituosos se lle atribúen a cada un deles". |
NOS_4845 | Os actos decorrerán a primeira cuarta feira do mes, comezando hoxe, nun encontro convocado na praza de Cervantes ás 20 horas. | A Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas promove este 2022 en Compostela un 'Círculo de Silencio', un acto que se desenvolverá a primeira cuarta feira de cada mes e que busca "lembrar e denunciar" de forma pública as "continuas mortes que provocan as políticas de migración e refuxio dos países da Unión Europea". O acto desenvolverase todos as primeiras cuartas feiras de mes, coincidindo neste caso co Día de Reis, na Praza de Cervantes, ás 20.00 horas. Este encontro simbólico de denuncia durará 20 minutos e cumprirá coas distancias e normativas que estabelecen as autoridades sanitarias. Esta iniciativa xa a leva a cabo noutras cidades. Ao longo deste 2022 a asociación promoverá unha campaña estatal, 'Regularización xa', de recollida de firmas para unha iniciativa legal para a regularización das persoas migrantes. Demandas co colectivo As principais demandas da asociación viran ao redor da derrogación da actual Lei de Estranxeiría e a súa "substitución por unha lei que respecte os dereitos humanos das persoas migrantes", ademais de novas políticas nas fronteiras españolas "que eviten mortes". A entidade denunciou que ao longo do 2021 morreron 4.404 persoas tentando chegar ás costas españolas, o que supón un 103% mais que en 2020, e correspóndese cunha media de doce mortes diarias. |
NOS_27463 | O secretario de organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, reivindica a idea federal do Estado da súa formación. | O secretario xeral de Esquerda Unida e concelleiro pola Marea de Vigo, Rubén Pérez, defende un "equilibrio" de todas as formacións de cara a configurar unha coalición para os comicios galegos e fai valer o papel dos partidos. Cal son as dificultades que están atopando nas negociacións? Isto é a plasmación do que é en si a construción dos espazos de unidade popular. Os partidos teñen os seus procesos internos e iso é fácil, o difícil é facelo con moita máis xente. Levamos moitos anos traballando con estas marxes e hoxe todas estamos de acordo en que as coalicións electorais representan pluralidades e ninguén fala de partidos instrumentais. Creo que é normal que non esteamos de acordo en todo, o asunto é buscar un equilibrio. Temos xa unha experiencia previa e agora trasládanse reflexións a este proceso. Entón, hai acordo de todas as partes en facer a coalición? Si. Aí cada un ten que decidir a súa estratexia. Esquerda Unida decidiu non ocupar o espazo do municipalismo e deixar traballar as mareas locais; e cremos que esta vez tócalle ás organizacións políticas de implantación galega ter un proxecto de país. Mais se non é un problema de nomes é un problema de que se recoñeza o espazo do soberanismo e das mareas? Eu tamén quero que se recoñeza que hai organizacións políticas que temos un proxecto federal e que non somos nacionalistas. O que temos que facer é conxugar esas dúas cuestións. Aquí hai que redefinir o que queremos construír porque tivemos unha experiencia fracasada no político, e non no electoral, que foi En Marea. O lóxico é que cada unha teña a súa correlación política, se defina a si mesma dentro deses espazos e que entre todas busquemos unha pluralidade. Como valoran o chamamento á unidade de varias mareas locais? Eu non nego a lexitimidade de moitas desas mareas, pero negar a lexitimidade de Marea Atlántica ou de Compostela Aberta paréceme, canto menos, un pouco temerario. |
NOS_2900 | Pasaron case tres anos desde que se declarou oficialmente a presenza da couza guatemalteca na Galiza. Os primeiros sinais que chegaban desde Neda, Ferrol e Narón estendéronse con velocidade até afectar máis dunha trintena de concellos. Agora –cando esta praga que devora as patacas parecía delimitada nas comarcas da Mariña, Ferrolterra e Ortegal– veñen de detectarse novos casos en Muxía. | A praga da couza guatemalteca avanza na Galiza sen que as medidas de control tomadas pola Xunta e o goberno central consigan freala até o de agora. Case catro toneladas de patacas foron destruídas desde que foi localizada no país, mais sen exterminala. Con milleiros de persoas produtoras e particulares afectadas no interior de Lugo e da Coruña, baixo a prohibición de plantar o tubérculo ou en risco pola proximidade da praga, a couza guatemalteca mantén a súa ameaza sobre a pataca galega. Detectada a finais de 2015, o último episodio da praga da couza coñeceuse estas semanas. As sospeitas dun particular, que enviou as patacas a analizar, permitiu poñer o foco no municipio de Muxía. "Non está pegado a ningún dos concellos afectados, localizados na Mariña, Ferrolterra e Ortegal. Estamos falando de que saltou todo Bergantiños. Despois de todo o que pasou, o grave é que aínda hoxe estea sen controlar", salienta o coordinador da Federación Rural Galega (Fruga) en Lugo, Elías Somoza, que considera este feito un indicativo claro de que "as medidas están fallando". A Xunta intensificou os controis tras confirmarse a súa presenza en Muxía, o concello número 33, sobre a que estabeleceu unha zona tampón de cinco quilómetros. Descarta polo momento outros concellos afectados na Costa da Morte, e non alcanzou tampouco as dúas zonas con Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galiza, Bergantiños e A Limia. Mais a inquietude vai en aumento entre as produtoras e produtores do país. Tanto para os xa afectados, que teñen que esperar dous anos e confiar en que pasado ese tempo fique erradicada a praga, como para quen ten a súa actividade en concellos próximos. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 293, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_2606 | Corenta anos despois da morte de Franco, galegos e galegas que exercían o compromiso coa loita antifranquista lembran en Praza como viviron aquel 20 de novembro e os tempos posteriores nun tempo en que a ditadura deixara deostado o exercicio da política. Pilar García Negro: "O 20-N non cambiou moito a situación, que era máis complicada para o nacionalismo" Francisco Cerviño: "O franquismo deixou na xente o medo a facer política" María Xosé Queizán: "A esquerda pensaba que, coa liberación proletaria, ía vir soa a da muller" Suso Díaz: "A democracia chegou grazas á mobilización dos traballadores" | Pilar García Negro: "O 20-N non cambiou moito a situación, que era máis complicada para o nacionalismo" Francisco Cerviño: "O franquismo deixou na xente o medo a facer política" María Xosé Queizán: "A esquerda pensaba que, coa liberación proletaria, ía vir soa a da muller" Suso Díaz: "A democracia chegou grazas á mobilización dos traballadores" "Usted haga como yo y no se meta en política". O célebre 'consello' co que o ditador Francisco Franco pretendeu aliviar o desacougo do director do xornal falanxista Arriba, Sabino Alonso Fueyo, preocupado polas presións que recibía das diferentes familias da ditadura, ficou para a historia como un resumo do desdén, desprezo e mesmo medo pola política que o réxime inoculou na sociedade. Corenta anos despois da morte do militar que, tras rebelarse contra o Goberno da II República, impuxo un réxime baseado no terror e sustentado na eliminación física da oposición, algunhas das persoas que en Galicia desobedeceron a Franco e si se meteron en política lembran as sensacións daquel 20-N, as súas esperanzas, os seus desexos e tamén os seus medos. Galegas e galegos como Pilar García Negro, Francisco Cerviño, María Xosé Queizán ou Suso Díaz traballaban politicamente contra a ditadura dende cadansúas posicións, sempre na esquerda. Eran mozas e mozos que aquel xoves de novembro agardaban escoitar, un día máis, o parte do "equipo médico habitual" que trataba a agonía do ditador. De médico, precisamente, exercía naquela altura o exdeputado do PSdeG Francisco Cerviño, que con 30 anos compatibilizaba o traballo no hospital da Coruña coa militancia na clandestinidade, a mesma que lle fixo compartir sorrisos cómplices aquela mañá cun compañeiro radiólogo que, ligado a Comisións Obreiras, lle confirmou co seu xesto que Franco morrera na cama, pero morrera. "Estabamos desexando que morrese canto antes", evidencia Cerviño, para quen aquela xornada implicou o inicio dunha "esperanza" que, no entanto, non supuña abandonar as "precaucións" no exercicio da actividade política. "Os antifranquistas eramos unha minoría", lembra. Quen non percibiu cambios inmediatos co que os franquistas chamaban "hecho biológico inevitable" foi Pilar García Negro, que se dirixía aquela mañá a facer as prácticas na súa autoescola de Lugo cando se cruzou con "masas de rapazas e rapaces" cuxos profesores os mandaban para a casa dende ao escola ao saberen da nova. "Os antifranquistas eramos unha minoría" Con 22 anos García Negro aínda non militaba en organizacións políticas como ERGA, nas que si participaban persoas do seu entorno, pero xa estaba claramente "posicionada" e por iso nas semanas e meses seguintes continuou a vivir cunha mestura de "precaución e medo" todo o vinculado ao activismo político. "A morte de Franco non mudou en absoluto esa sensación, tampouco nos meses posteriores", lembra. Menos aínda nas organizacións que "non comungaban con rodas de muíño" no proceso da Transición. Por todo isto, por exemplo, as asembleas partidarias e sindicais continuaron celebrándose de xeito "totalmente clandestino, coa sensación de que podía pasar calquera cousa en calquera momento". "A morte de Franco non mudou a sensación de precaución e medo" Tamén María Xosé Queizán lembra a clandestinidade á que xa estaban "afeitas" as mulleres galegas que, a partir de 1975, lanzaron a loita feminista no país. Cando finou o ditador ela tiña 36 anos e unha bagaxe militante que implicaba dúas batallas: contra a ditadura e contra os prexuízos que atopaba nuns partidos de esquerda que "falaban do inimigo principal, que era a ditadura e o capitalismo, e daban por suposto que a liberación da muller ía vir soa". "Falar de sexo, de matrimonio, de fillos... Era considerado antirrevolucionario" nunhas organizacións cuxas cúpulas, "como agora", eran netamente masculinas aínda que houbese un número notable de mulleres en, por exemplo, "o sindicalismo, sobre todo nos sectores máis feminizados, como o conserveiro". No seu caso pasou da militancia da Unión do Povo Galego "ao feminismo, sen ningunha organización política máis". "Fálase dos líderes e de conversas por riba, e esquécese a gran mobilización dos traballadores, que foi o que fixo que teñamos democracia". Do traballo sindical fala tamén Suso Díaz, o ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia, quen en 1975, con 31 anos, tamén "brindou, se non con champán, cando menos con clarete" ao coñecer que Franco falecera. "Que Franco morrese era algo fundamental" e a alegría "non era pola morte dunha persoa, senón unha alegría política porque era decisivo para desaparición da ditadura". O relato da Transición, lembra Díaz, fala moio "de líderes políticos e de conversas por riba", e menos" da gran mobilización dos traballadores, que foi o que fixo que teñamos democracia". A esquerda na que el militaba xa daquela "quería a ruptura, non a reforma", pero "todo depende da correlación de forzas que teñas" e por iso "houbo que pactar". Ficaron moitas materias pendentes, como introducir cambios profundos na Policía ou na Xustiza, lembra. Así e todo, Díaz desbota "botarlle a culpa" só ao sucedido na Transición: "despois pasaron moitos anos e as cousas non se solucionaron". 40 anos de desmemoria, especial en eldiario.es |
NOS_58260 | As autoridades sanitarias decidiron que os centros retrocedesen á primeira fase do plan de reactivación das residencias após o brote detectado na comarca, con once casos positivos. A Deputación de Lugo anunciou que tamén o farán os centros da Fonsagrada e de Pol. | A nai de Manuel López é usuaria dunha residencia de maiores na área sanitaria de Lugo, Monforte e a Mariña. O seu fillo recibiu hoxe unha chamada do centro, na que lle explicaron que este debía retroceder de novo á primeira do plan de reactivación das residencias deseñado pola Xunta da Galiza. "Vólvense restrinxir as visitas a unha por semana, eu xa pedira permiso para ir ver a miña nai", conta López. Esta medida, segundo indican fontes da Consellaría de Política Social a Nós Diario, esténdese a todos os centros residenciais da comarca. Trátase dunha medida de precaución, salientan desde Política Social, solicitada polas autoridades sanitarias ás residencias da Mariña. Estas fontes destacan que se trata dunha decisión "puramente preventiva, pois neste momento non hai ningún caso detectado nos centros". "Desde que entrou en vigor o plan de reactivación das residencias, na altura na que Galiza pasou á segunda fase do desconfinamento, non se tomara unha decisión similar que afectase todas as residencias dunha determinada zona", din. A Deputación de Lugo, titular dos centros de Ribadeo ou Trabada, anunciou que tamén as residencias de Pol e da Fonsagrada tamén retrocederán a primeira fase do protocolo da Xunta. "Cremos que debe primar a prudencia e a anticipación sempre que estea ao noso alcance, por iso tomamos esta decisión para minimizar o risco de contaxio e protexer ós nosos maiores", explicou nun comunicado o peputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón. Nestes intres, segundo as probas realizadas esta quinta feira, na Mariña confírmanse outros tres casos positivos de persoas afectadas por COVID-19, o que eleva a 11 o número total do brote inicial detectado en Xove pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ademais das restricións das visitas a unha semanal da familiar ou persoa de referencia, o protocolo permite ás residentes pasear pola contorna do centro se este conta con espazos verdes, mais non abandonalo. Tamén están permitidas as actividades individuais e en grupo con dez integrantes como máximo, sempre que garden as distancias de seguridade e mais a hixiene de mans. O plan recolle que cada etapa terá unha duración mínima de quince días. |
NOS_18199 | El-Rei toma nota dos avanzos nas conversas entre o PP e o PSOE e convoca unha nova rolda de contactos cos portavoces das forzas políticas para os días 24 e 25. | Co calendario na man, o presumíbel é que a primeira sesión da nova investidura sexa a quinta feira 27 de outubro. Ese día Rajoy non será investido porque non contará con maioría absoluta. O seu nomeamento podería chegar na segunda sesión, a se realizar os días 29 e 30, se finalmente o PSOE decidir no seu comité federal absterse nesa votación definitiva. O 31 de outubro é o día tope. De se chegar a el sen ningún candidato investido, a disolución das Cortes Xerais do Estado sería imediata e as eleccións ficarían convocadas para o 18 de decembro. Ese escenario é o menos probábel. Neste momento ninguén pon en dúbida que o PSOE entregará no mínimo as 11 abstencións que Rajoy precisa para un novo mandato na Moncloa. |
NOS_35880 | A venda abortada da compañía deixa as traballadoras nun limbo | "Enfadadas e desamparadas". Con eses dous contundentes adxectivos describe a operaria de Isidro 1952 Cristina Xestal a situación das 225 traballadoras da compañía con sede en Cambre. A venda abortada da firma ao empresario Carlos García Martín colocou o cadro de persoal nun limbo sobre o que a dirección non informa. Así o denuncia Xestal en declaracións a Nós Diario. Este xornal púxose en contacto coa empresa, dedicada ao procesado de peixe, mais non obtivo a súa versión. Hai oito días Pablo García-Gascó, propietario e presidente de Isidro 1952, comunicou á representación sindical que García Martín adquiría a compañía. A pasada cuarta feira desdicíase e explicáballe á presidenta do comité de empresa, Olga Rodríguez, que a operación ficaba anulada. "Iso é o último que sabemos", expón Xestal, delegada pola CIG, "ninguén nos di nada. Estamos nunha incerteza total, pagando unha liorta sobre a que ninguén nos dá unha explicación. Déixannos nun limbo e estamos moi decepcionadas". Máis alá do silencio da aínda dirección da empresa, tampouco a Xunta se ofreceu a mediar. "Nin os concellos en que hai instalacións da compañía. Nada, ninguén se pon en contacto connosco". A maiores, Isidro 1952 adebeda ás traballadoras os salarios de decembro, unha paga á parte de novembro e xa contan con non cobraren tampouco xaneiro. "Seguimos indo aos nosos postos. Sácase pouco traballo, porque tampouco entra materia prima", expón Cristina Xestal. A compañía solicitou a administración concursal. En teoría, o prazo para presentar a documentación remataba onte, 24 de xaneiro. "En función de se a empresa remite ou non a información requirida, nomearanse as administradoras concursais, cuxa designación podería adiarse até a primeira semana de febreiro", afirma a CIG nun comunicado, ao tempo que pide á dirección "a maior dilixencia na entrega da documentación para canto antes poder comezar coas actuacións concursais e dotar de amparo legal as traballadoras e os traballadores". Entrementres, o sindicato reclama que a dirección de Isisdro 1952 non aplique nin ERE nin modificación das condicións laborais e salariais. Transformación: de Isidro de la Cal a Isidro 1952 Isidro 1952 foi a mutación da histórica Isidro de la Cal. En 2016 a compañía saíu así dunha crise de débeda que ameazou a continuidade empresarial. Foi cando tomou as rendas Pablo García-Gascó. A nova cúpula incorporou liñas de produto -incluída a que anunciaron como "a maior planta de sushi" do Estado español-, e renovou a imaxe de marca. A distribución de pescados e pratos elaborados, a acuicultura e a loxística conforman os tres apartados principais do negocio. A sede atópase no polígono industrial Espírito Santo de Cambre. "Quietas e paradas na fábrica non podemos seguir. É un sen vivir", lamenta Cristina Xestal, "a dirección non se reuniu co comité nin cos traballadores para explicarnos se imos cobrar ou non". E contra esta parálise e a falta de informacións, pensan xa en convocaren máis mobilizacións. |
PRAZA_2553 | O fotógrafo Gabriel Tizón acompañou durante semanas os milleiros de persoas que foxen da guerra en Siria. O resultado é o Proxecto Muros, que se exporá en Ferrol este mes e se editará en forma de libro en decembro. | "Coñecín un home que me contou que tiña un cancro moi grave, que llo diagnosticaran había uns meses e que lle quedaba pouco tempo de vida. Pregunteille se pensaba que pagaba a pena o sufrimento que estaba a padecer, este camiños. E díxome que si, 'eu busco terme respecto a min mesmo, non quero morrer debaixo dunha bomba, quero morrer dignamente, quero morrer tranquilo'. As pequenas historias son universais. Cada pequena historia reflicte moi ben o que está pasando". O fotógrafo Gabriel Tizón acompañou nas últimas semanas as persoas que están a cruzar Europa fuxindo da guerra en Siria. De Serbia a Austria e tamén na illa grega de Lesbos. As fotografías e as historias que foi coñecendo nese percorrido compoñen o Proxecto Muros, que se poderá ver en forma de exposición no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol nas vindeiras semanas e que se editará en forma de libro en decembro. A obra está composta por imaxes e polos relatos escritos polos refuxiados e refuxiadas en primeira persoa, unha forma de coñecer a súa situación dende a perspectiva dos seus protagonistas, para sentilos con proximidade e para que estean presentes, ante o risco de ser esquecidos unha vez superado o breve tempo no que encheron as portadas dos medios. Os beneficios do libro, que segue recollendo financiamento colectivo, irá destinado aos propios refuxiados autores dos textos. Tizón realizou tamén un pequeno documental na Illa de Lesbos, contando o día a día, as historias cotiás que debuxan a relación entre os habitantes da illa e os recén chegados. A exposición do Proxecto Muros poderase ver na Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol nas vindeiras semanas e editarase en forma de libro en decembro "A decisión de marchar alí xurdiu do enfado, da rabia, de que estaba pasando algo que non acababa de entender", di Tizón. "Durante días, coa miña compañeira Rocío Botana, estivemos con eles, camiñando, durmindo, falando, tentando retratalos. Dende o cotián, aínda que o que están a vivir sexa algo moi pouco cotián", explica. "Volvín a Galicia. Creo que foi un acerto, para ter un pouco de perspectiva sobre o feito. A segunda viaxe foi a Lesbos, onde seguen chegando máis de mil persoas diariamente", di. "O que máis me chamou a atención foi o grandes persoas que son, a súa educación, o seu saber estar, a pesar de que lles están poñendo multitude de trampas cada día. Están dando un exemplo de dignidade como persoas. Son persoas que teñen que camiñar miles de quilómetros en contra da súa vontade, ningunha delas o fai por pracer, ningunha delas quere ir a ningún país europeo, o que queren é vivir no lugar de onde eles son", destaca. Tizón afirma que "para min hai un problema na propia palabra: refuxiados. Para min un refuxiado é unha persoa que, en contra da súa vontade, a quitan da súa casa. Hai refuxiados entre nós dende hai moito tempo. Cando un banco desaloxa unha persoa da súa vivenda e esa persoa ten que ir durmir a un caixeiro, esa persoa é un refuxiado. Os nosos veciños africanos tamén son refuxiados". Continúa: "Para min son persoas. Nunca coñecín a ningunha persoa que chegara nun caiuco que fose feliz. Nunca coñecín a ninguén que fose feliz pagando 6000 euros por chegar a Europa nun caiuco, cando eu pago 400 por vir en avión dende o mesmo sitio". "O que máis me chamou a atención foi a súa educación, o seu saber estar a pesar de que lles están poñendo multitude de trampas cada día. Están dando un exemplo de dignidade como persoas" "A situación escapóuselle das mans a Europa. É indignante, están xogando con algo moi perigoso. Que catro ricos provoquen millóns de pobres tiña que provocar unha situación coma esta. Son millóns de persoas. Eles non teñen nada que perder, só lles queda buscar onde poder vivir e teñen que buscar un lugar. Hai unha gran desinformación: non só son sirios, están camiñando persoas de máis de 20 países distintos. Todo o mundo está esgotado, con fame, con frío, está morrendo moita máis xente da que se está dicindo", alerta. "Estase a falar de todos menos deles. Fálase das novas medidas de Merkel, fálase das novas leis internacionais, fálase de números, coma se fosen rabaños de gando. Pero son persoas, cada unha coa súa historia", denuncia. "Nunca coñecín a ninguén que fose feliz pagando 6000 euros por chegar a Europa nun caiuco, cando eu pago 400 por vir en avión dende o mesmo sitio" "É certo que os que están alí son nunha gran parte persoas dun certo nivel económico. Están camiñando arquitectos, médicos, mestres... Pero hai que ter coidado con ese discurso, hai que estar no terreo para entendelo. Tamén hai moita xente pobre que lle pide cartos aos seus veciños para poder facer esta viaxe, asentarse en Europa e dende alí ir axudando dende a distancia. Iso pasa en Siria e leva pasando tempo en moitos países africanos", explica. Salienta igualmente que esta é probablemente "a primeira migración online". "Eu vin como un grupo de 15 mil persoas, sabendo que lles ían cortar o paso por un camiño, deron media volta e colleron outra ruta", destaca. Como está sendo a reacción da sociedade europea? "Sae o mellor e o peor de toda a xente. Vin persoas que deixou os seus traballos para ir levar unha botella de auga, e vin persoas que os desprezan totalmente", relata. "Tamén en España. Sempre digo que hai que ter moito coidado coas modas, porque sabemos que duran pouco. A famosa foto do neno da praia ou as famosas imaxes da patada da xornalista danme moitísima rabia, porque patadas coma esa hai moitas cada día, e non se fala delas. E nenos que morren na praia hai moitos, e non se publican fotografías deles. E despois resulta que o pai que foi zancadilleado pola xornalista é recibido en España, danlle un traballo nun equipo de fútbol, e parece que a conciencia do Estado xa está limpa, cando leva moito tempo incumprindo os dereitos humanos en Melilla. E non hai reacción por iso", critica. Relatos en primeira persoa "É certo que os que están alí son nunha gran parte persoas dun certo nivel económico. Tamén hai moita xente pobre que lle pide cartos aos seus veciños para poder facer esta viaxe, asentarse en Europa e dende alí ir axudando dende a distancia" "Para min as persoas son as protagonistas" -destaca- "Son textos escritos por eles, en primeira persoa, nos que eles contan quen son, de onde veñen, as razóns polas que tiveron que abandonar a súa casa; outros falan máis do camiño que están percorrendo agora; outros falan máis dos seus soños, do que esperan do futuro, do que cren que vai a súa vida cando cheguen a algún lugar". "Os beneficios van ir para os autores dos textos, o que pode ser unha pequena axuda para eles. Pero creo que máis importante que iso pode ser a presenza que teñen, a súa identidade, que o mundo saiba quen son estas persoas", explica "Preguntábanme se pensaba que eles poderían ser uns bos veciños. E eu dicíalles que si, que se cadra algún non, pero da mesma maneira que hoxe xa teño algún veciño que non é precisamente moi agradable. Eles teñen medo da seguinte nova de turno, que é que un refuxiado roubou unha tenda, téñenlle medo a iso, ao enfoque que se lle podería dar a iso. Como sociedade somos o que somos, o que facemos e dicimos", engade. "Sae o mellor e o peor de toda a xente. Vin persoas que deixou os seus traballos para ir levar unha botella de auga, e vin persoas que os desprezan totalmente" "O mundo non atopou nada de sagrado na abstracta nudez dun ser humano", escribiu Hannah Arendt hai xa algunhas décadas. Referíase á escasa axuda que no remate da Segunda Guerra Mundial recibían algúns colectivos de expatriados que o perderan todo, que quedaran varados no medio de Europa. Máis de medio século despois a situación repítese, coa migración de centos de milleiros de persoas. Os dereitos humanos son unha abstracción e os seres humanos non poden esperar que eses dereitos os protexan, a menos que a abstracción se concrete en dereitos efectivos. A protección dos dereitos que os seres humanos temos en cando humanos decote depende dunha fronteira, xeográfica e simbólica, que separa a cidadáns e estranxeiros. O humano e o inhumano. Dúas pequenas historias Nas semanas que estivo acompañando os refuxiadas, tanto en Lesbos coma no centro de Europa, Tizón foi relatando o percorrido a través das redes sociais. Algúns deses relatos tamén amosan pequenos fragmentos do día a día tan difícil destas persoas. Con momentos moi duros pero tamén, ás veces, con espazos para a esperanza. "Son textos escritos por eles, en primeira persoa, nos que eles contan quen son, de onde veñen; outros relatan máis o camiño que están percorrendo agora; outros falan máis dos seus soños, do que esperan do futuro" "Escribo desde Roszke, fronteira entre Hungría e Serbia. Onte pecharon a fronteira para prohibir o paso dos refuxiados; os que ían chegando eran desviados directamente a autobuses da policía onde os trasladarían a algún lugar, ninguén coñecía o seu destino. Baleiraron os campamentos para metelos en autobuses onde estiveron moitas horas e sen saber que farían con eles. Despois de moito camiñar e buscar estaban tirados nas vías na estación de tren, a media noite, completamente esgotados. Alí estiveron horas antes de subir a un tren sen saber onde os trasladaban, preguntaban pero negábanse a contestarlles. Polo que sabemos van enganados cara á fronteira con Austria para ser soltados á súa sorte. Unha muller, despois de estar todo o día encerrada, preguntaba case como agradecida se tiña que pagar o billete..." "Como case sempre, hoxe chegaron moitísimas barcas cheas de persoas, pero hai apenas dúas horas unha delas chegou repleta de bebés e mulleres. Axudamos a baixalos porque aquí non sempre se fan fotografías, moitas veces hai que meterse na auga para baixar sobre todo bebés e anciáns por falta de voluntarios, como é lóxico. Pero nesta embarcación viña unha muller de 23 anos embarazada á que axudamos a baixar, e cando a pousamos na beira a sorpresa foi que comezou a gritar e púxose de parto. Entón a miña compañeira Rocío xunto a dúas mozas voluntarias conseguiron despois dunha hora interminable sacar a un bebé precioso, xunto coa colaboración de parte do equipo de Prol-activa Serveis Aquàtics, equipo de rescate de Badalona que están a realizar un labor fantástico. Foi como unha especie de milagre, choramos e rimos, pero anima a seguir" Galería de fotografías Vídeo con algunhas das imaxes dos refuxiados en Lesbos Documental "Lesbos, a illa que non flota" |
PRAZA_13432 | O líder do Encontro Irmandiño coida que tras a asemblea que o Novo Proxecto Común celebrará o 14 xullo pódese "estar en condicións de presentar unha alternativa electoral" na que tamén participe CxG sobre a base de que cómpre "un movemento" cidadán, "non un partido" | As comparecencias de Xosé Manuel Beiras ante a prensa non son para as présas. O portavoz nacional do Encontro Irmandiño levaba dende comezos da primavera sen porse ante os micrófonos e as cámaras. Malia estar "moi falangueiro polo país adiante" en diversas xuntanzas con membros da súa formación e das asembleas do coñecido como Novo Proxecto Común (NPC) explica que considerou necesario afastarse un chisco dos focos para que "ningún comportamento" seu "puidese interferir no proceso de construción dunha alternativa política" baseada "na identidade do pobo galego como nación" e "na esquerda". "O protagonismo", di, tivo que ser nas últimas semanas para as "máis de corenta asembleas" que xa funcionan en diversas localidades e comarcas de Galicia e só agora, tras a constitución dunha "coordinadora", a comezos de xuño, e a convocatoria dunha "asemblea constituínte" para o 14 de xullo unha "aparición" súa está, ao seu xuízo, "carente de calquera tipo de connotación nin de suscitar ningún tipo de suspicacia". El, di, participa "como cidadán" no proceso e ten, polo tanto, "algo que dicir". Dende as súas últimas aparicións públicas non foron poucos os avatares na constitución desa posible nova alianza política, os máis importantes, o desmarque do Encontro Irmandiño do ritmo das conversas con Máis Galiza, Acción Galega o Espazo Ecosocialista, organizacións que veñen de dar lugar á plataforma Compromiso por Galicia (CxG). Pero, malia ás tensións xurdidas sobre o protagonismo que deberan ter as direccións dos grupos e as propias asembleas Beiras non desbota a "confluencia" ou, precisa, a "reconfluencia". "O feito de que existan grupos políticos con máis ou menos base, teñan un corpo social real ou potencial, teñan unha base de afiliación máis ou menos grande... na medida en que existen, é necsario que dialoguen se están polo labor de chegar a un final feliz", sinala. "Eu sigo estando absolutamente a prol disto" e, sen prexuízo de que as conversas "non deben interferir na dinámica fundamental", a das asembleas, o nacionalista amósase convencido de que CxG "pode confluír perfectamente coa asemblea, se tamén é un proceso asembleario". "Non imos perder o tren das eleccións autonómicas, con independencia daquilo para o que poidan valer" Non cre Beiras que o feito de apostar por unhas asembleas "cidadás" que deben dar lugar "a un movemento, non a un partido" faga que o ritmo de creación dunha nova forza sexa "máis lento" nin que impida chegar ás próximas eleccións autónomicas, "con independencia do valor que se lles dean" a eses comicios. Ben ao contrario, ve "claro" que "a partir do 14 de xullo se está en condicións de crear unha alternativa electoral", "aínda que non sexa" nesa propia xornada, "non teñen por que participar na asemblea, ten que ser un proceso aberto". "Eu podo falar por min e polo que percibo, e estou convencido de que estaremos en condicións de presentarnos ás eleccións", afirma, nun contexto no que, admite, aínda existen "incógnitas" sobre a confluencia e, polo tanto, tameń "un risco" o "fraccionamento" das "alternativas". "Nós, e dígoo como Encontro Irmandiño, estamos a prol de impedirmos un fraccionamento na medida que sexa posíbel". "Queremos impedir a fragmentación e por iso apoio as mensaxes da coordinadora de asembleas e a miña disposición á interlocución", abonda. "Non imos perder o tren das eleccións autonómicas, con independencia daquilo para o que poidan valer" porque, ilustra a xeito de hipérbole, "ao mellor nin as hai", dado un contexo no ámbito do Estado no que non hai "garantías de que o actual Goberno dure máis dun ano". "Que probabilidades hai de que aquí haxa un rebentón que faga desta unha situación análoga á de Grecia?", pregúntase. Espectro ideolóxico da nova forza e cartel electoral "Eu non creo que eu sexa, en principio, un candidato a nada, porque non me estou preocupando diso para nada" Pero, será posible achar puntos en común entre posturas ideolóxicas afastadas, máis aínda despois de diferir no proceso de constitución da nova forza? Beiras coida que si e emprega para isto unha referencia "histórica". Nas eleccións autonómicas de 1989, lembra, "Coalición Galega afundiu electoralmente" e "o 50% dos seus votos viñeron ao BNG". "Inmediatamente despois, integrouse no BNG unha forza política de centro galeguista que nacera en Coalición Galega, o PNG". Iso, di, serviu que o "acordeón" do Bloque puidese "ir ampliando cara ao centro sen deixar un espazo libre á esquerda". Malia esa referencia, advirte, isto non quere dicir que a nova forza vaia ser unha fronte. "Non ten nada que ver". "A fronte é un deseño, un movemento é algo que acontece na sociedade civil e non na instancia política". Neste caso, di, os partidos non son "os tractores do proceso político", senón que ese papel o xoga "a cidadanía en marcha". Despexado o interrogante da posible confluencia malia ás diverxencias previas, da bancada da prensa xurdiu de novo unha das preguntas máis reiteradas nos últimos meses. En caso de que ese movemento tome forma de opción electoral, cal sería o papel de Beiras? Estará, once anos despois, a súa faciana de novo nun cartel electoral? "Eu non creo que eu sexa, en principio, un candidato a nada, porque non me estou preocupando diso para nada", asegura. "Se eu tivese a pretensión ou a vocación, en vez de estar facendo o choio que estou facendo, estaría cun directorio para montar o estaribel necesario; nunha peana, como o santo levado ás romarías, pero non a pé". Pero, descártase? "Eu non pecho a porta a nada", responde. |
PRAZA_7761 | Máis de 20 manifestacións percorreron Galicia nun día de folga xeral contra a Lomce con gran seguimento nas principais cidades. Educación critica os convocantes e pídelles que volvan ao "diálogo". | Éxito na xornada de folga xeral no ensino de Secundaria e Bacharelato en Galicia. O paro convocado, entre outros, pola Liga Estudantil, os Comités e o Sindicato de Estudantes -este último xa desde o pasado martes- deixou sen case actividade a maioría dos centros públicos do país, onde tamén se rexistraron 25 manifestacións que xuntaron milleiros de mozos protestando contra a Lomce e os continuos recortes en Educación que leva aplicando o Goberno do PP. Malia todo, o conselleiro de Educación da Xunta, Jesús Vázquez, cualificou a folga de "erro" e instou os convocantes a "non confundir nin enganar" a cidadanía". Jesús Vázquez acusa os convocantes de "enganar a cidadanía" Segundo os primeiros datos das organizacións estudantís, o seguimento do paro no ensino medio nas principais cidades acadou o 90%, aínda que foi menor nas áreas rurais. En canto á folga nas universidades, cuxos alumnos estaban convocados tamén a apoiar as protestas, as cifras sitúanse nun 70%, aínda que con seguimento desigual e moito máis acusado na de Santiago de Compostela. "Menos sobres e máis educación", berraron os estudantes Entre berros de "menos sobres e máis educación", "a Lomce é a lei do opus dei" ou "esta reforma ímola parar", milleiros de estudantes saíron ás rúas das principais cabeceiras de comarca de Galicia para amosar o seu rexeitamento a unha reforma educativa que cualifican de "elitista, recentralizadora e ideolóxica" e que contou co apoio de varios representantes da oposición parlamentaria en diversas cidades. As urbes volveron acoller as maiores mobilizacións, especialmente as de Santiago, A Coruña e Vigo, e en todas elas se reclamou tamén a dimisión do ministro José Ignacio Wert. Así e todo, a Xunta volveu censurar a mobilización. "É un erro e é incongruente que os que abandonan a mesa convoquen a protesta", asegurou, no entanto, o conselleiro en referencia ás negociacións da Lomce, tamén coñecida como Lei Wert, e que recibiu tamén as críticas do profesorado e das asociacións de pais e nais. Así, Jesús Vázquz chamou a recuperar o "diálogo", xa que, ao seu entender, o que se persegue coas protestas "son outras cuestións". "As formas de actuar non son as correctas", asegurou respecto da actitude dos sindicatos estudantís. HABERÁ AMPLIACIÓN |
PRAZA_6678 | Galicia acolle concentracións contra o Tratado Transatlántico de Comercio que os EUA e a UE negocian ás agachadas desde hai meses e que é sinalado pola esquerda, entidades sociais e economistas como unha ameaza para os dereitos sociais e laborais de Europa. | O TTIP, o Tratado Transatlántico de Comercio que están negociando Estados Unidos e a UE dende hai meses, é sinalado por entidades sociais, economistas e forzas políticas de esquerda como unha ameaza os dereitos sociais e laborais existentes en Europa e tamén para certos sectores, por exemplo para a produción agrogandeira. Neste sábado, ao abeiro do Día Europeo de Acción contra o TTIP, varias mobilizacións celébranse en centos de cidades en todo o continente. En Galicia, Ferrol, Ourense e Compostela acolleron xa pola mañá concentracións que se complentarán coa da Coruña da tardiña e cunha charla informativa que se celebrará en Pontevedra á tarde. Ferrol, Ourense, Compostela e A Coruña acollen mobilizacións contra o TTIP que se espallan por toda Europa Malia a masiva oposición de moreas de colectivos e organizacións de esquerda, a Xunta xa deixou claro a semana pasado que só ve vantaxes e "oportunidades" na sinatura deste tratado. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo, respondera así no Parlamento a unha pregunta da deputada Tereixa Paz (BNG), sinalando que o tratado "non supón unha ameaza". "Está ben claro que este tratado vai na liña de favorecer o comercio Transatlántico. Esta é unha negociación 'win-win'. Ou gañan as dúas partes ou non se aproba o tratado". Gamallo defendeu que o TTIP representa "unha oportunidade para moitos sectores" da economía galega e que por exemplo vai favorecer a exportación de viños galegos aos Estados Unidos, ou os sectores textil, a automoción ou o conserveiro, grazas á redución dos aranceis. O director xeral xustificou, ademais, o escurantismo e a falta de información que dende hai un ano caracteriza a estas importantes negociacións. Para Gamallo, "na fase na que nos atopamos esíxese certa reserva na xestión de información, non porque haxa nada oculto ou nada pernicioso", senón porque se quere evitar "detallar cales son as auténticas liñas vermellas", pois esa información beneficiaría a outra parte e "devaluaría as contrapropostas europeas". "O TTIP é unha gravísima agresión que se está a negociar de xeito escurantista e que antepón os intereses das grandes multinacionais aos dereitos fundamentais das persoas", denuncia AGE Para AGE, o TTIP é eunha "gravísima agresión que se está a negociar de xeito escurantista e que antepón os intereses das grandes multinacionais aos dereitos fundamentais das persoas pasando por riba da propia lexislación dos países". O tratado vai incluso máis alá xa que no caso de que algunha das leis aprobadas polos distintos países supuxera que determinada empresa non puidera desenvolver a súa actividade polos riscos sanitarios, medioambientais o calquera outra cuestión, "a empresa podería solicitar unha indemnización millonaria polas supostas perdas que suporía non desenvolver a súa actividade nese país, indemnización que tería que pagar a cidadanía a través das arcas públicas estatais". "O TTIP é un atentado á democracia", asegura o BNG O BNG, pola súa banda, alerta tamén de que o TTIP contitúe "un atentado á democracia", que antepón o interese das transnacionais aos da cidadanía, con graves riscos para os servizos públicos, "susceptibles de ser privatizados" e para os dereitos laborais. Entre outras cousas, o tratado inclúe un capítulo sobre "protección de investimentos", que lles outorga aos investidores dereitos para demandar os Estados cando consideren que algunha decisión democrática -realizada por institucións representativas e para o interese xeral- poida ter impactos negativos nas súas ganancias presentes ou futuras. Ademais, a formación nacionalista anunciou xa a presentación dunha moción contra o TTIP nos concellos galegos coa intención de declarar os concellos municipios "insubmisos e libres do TTIP, defendendo os servizos públicos básicos para a solidariedade e redistribución social". As nacionalistas tamén perseguen solicitar do Ministerio de Administracións Públicas "o seu apoio a todas as iniciativas dirixidas a manter o carácter público dos servizos básicos, instar o Ministerio de Economía a que solicite que se faga pública toda a documentación en relación ao tratado, con base no Regulamento 1049/2001 da Unión Europea, e exixirlle ao Ministerio de Economía a suspensión das negociacións do TTIP". |
NOS_38983 | O líder socialista defendeu nun acto en Compostela as iniciativas ambientais do Goberno español e propuxo apostar polo bosque autóctono. | O PSdeG reivindicou este sábado o "galeguismo verde" dos socialistas, co exemplo da xestión do Goberno español, fronte ao " ecopostureo" que atribuíu á Xunta e a "outras formacións" que defenden verbalmente a aposta ambiental pero despois "non" o reflicten cos seus votos diante o impulso de normas como a lei de cambio climático. O seu lider, Gonzalo Caballero, remarcou nun acto en Compostela as iniciativas impulsadas polos socialistas e comprometeuse a tratar de impulsar "un gran pacto galego verde" chamado a "renatularizar" Galiza, co foco especialmente posto nas cidades, e que incorpore non só aos partidos, senón "a todos os axentes económicos e sociais", e a todas as administracións. Avanzou que, á marxe das iniciativas xa presentadas no Parlamento galego e outras institucións, nos vindeiros meses realizaranse actos e seminarios nos que se poderá ratificar "o compromiso verde" do PSdeG e evidenciar que, fronte ao "ecopostureo" do que acusou á Xunta, en relación á redución do orzamento reservado a medio ambiente, existe "unha alternativa ambiental" no plano político autonómico. Durante a súa intervención defendeu a necesidade de protexer a biodiversidade galega e incidiu na necesidade de impulsar unha transición ecolóxica xusta. Sobre ese tema defendeu a xestión do Goberno que dirixe Pedro Sánchez fronte ao PPdeG, "delegado das empresas enerxéticas", que lidera Alberto Núñez Feixoo. "A ver se na Galiza somos capaces de afrontar un modelo equilibrado", apelou. Aposta polo bosque autóctono Segundo Caballero, o Goberno español "lidera" a axenda ambiental do país fronte a quen "se pon de perfil ou se opoñen" a apoiar leis como a de cambio climático. Entre as prioridades que puxo riba da mesa salientou a de "renatularizar as cidades". Tamén considerou chave apostar pola protección do bosque autóctono, incidir na reciclaxe, defender a biodiversidade da fauna e flora, protexer os ríos, e impulsar modelos de xeración de enerxía alternativa sostibles fronte a un modelo económico do PP que "vai sen rumbo". "E necesitamos acordar e pactar as bases do modelo eólico para que o desenvolvemento chegue aos concellos e non só enriqueza ás empresas", dixo, antes de defender a loita contra o cambio climático, así como protexer a paisaxe e coidar os parques naturais, en cuxa xestión outorgou "un suspenso" á Xunta. |
NOS_55727 | A acampada perante a sede da Xunta mantense nas festas, cos cerqueiros apoiados por quendas solidarias dos bombeiros da Coruña e a visita do grupo de teatro máis antigo de Galiza. | Este 24 de decembro o campamento do cerco fronte a sede da Xunta cumpre 64 días. Mariñeiros, armadores e as súas familias agurantaron a pé de tenda nestes dous meses chuvia e frío para exixir un reparto xusto da cota que garanta un futuro para un sector que en Galiza son por volta de 150 barcos e case 1.500 mariñeiros, para alén de empregos indirectos. Canda esta acampada, os barcos do cerco permanecen amarrados a porto, sen faenar: dous meses sen ingresos. Esta noiteboa o campamento do cerco mantense en pé, ao igual que en nadal e en anovello. 18 mariñeiros do cerco pasarán este 24 nas tendas. Embora a conversa desta semana entre as partes (conversa que se produce após dous meses de campamento e moitos máis de mobilizacións e protestos), as tendas seguen no seu sitio e esta noite cerqueiros volverán durmir nelas. Iso si, e como xa anunciaron, non faltará unha tradición galega para a cea: o bacallau con coliflor. Tamén haberá carne e algo de marisco Nestes días de festa, bombeiros da Coruña están a facer quendas voluntarias para relevar no campamento os mariñeiros. Para esta noite do 24, os acampados xa teñen preparadas diferentes actividades. Entre elas, pendurar en Eu apoio o cerco vídeos e mensaxes. Na xuntanza entre Acerga -representante da maioría do sector- e Cerqueiros Galegos houbo un primeiro paso de achegamento. Mais Acerga mantén o campamento porque os motivos que orixinaron estes meses de protestos seguen vixentes. Até que se lles dea unha garantía de solución a un conflito que, lembran, vén do reparto inxusto das cotas, as tendas seguirán fronte San Caetano. Demandan máis cota para Galiza e que esta se reparta con criterios liñais e non históricos. Este domingo, o campamento recibirá máis unha visita especial, a de Teatro Airiños, a compañía teatral máis veterana de Galiza, con 82 anos de existencia. |
NOS_1487 | Naceu e criouse no lugar de Laxedo, na parroquia de Covelo, que integra o termo municipal da Lama. Aínda que a súa profesión é a de programador, vén de sacar, coa axuda da Asociación de Veciños de Laxedo e da Comunidade de Montes, o libro de recollida de toponimia que deu en titular Os lugares da memoria. Neste pequeno volume, Xosé Lino recupera e sitúa no mapa nomes de lugares, fincas, outeiros... de toda a parroquia. Un labor que se incorporará ao proxecto Galiza Nomeada, da Real Academia Galega. | En que consiste 'Os lugares da memoria'?É un libro que se fixo para conservar os recordos das nosas nais e dos nosos pais, dos nosos devanceiros, para que quede, como unha fotografía, que cando falta unha persoa pode permanecer aí para sempre. Fíxeno para que a xente que chegue nun futuro teña unha referencia do que foi, porque a vida esa xa non se vai repetir nunca. É unha obra que mostra que a xente lle dá un nome aos lugares, nomes que denotan un uso, e trata de preservar a nosa identidade contando o que se viviu para saber de onde vimos. É un exercicio de memoria. Que metodoloxía seguiu para realizar este proxecto?Empecei pouco a pouco, como un traballo de formigas. Recollendo datos que me daba a miña avoa, ía anotando nunha libreta nomes de sitios, cantigas dela... Iso foi xa hai 15 anos, pero hai dous anos púxenme máis en serio, xa tiven que falar con moita máis xente de toda a parroquia. Foi un traballo individual pero tiven moita axuda de todas aquelas persoas que colaboraron comigo dándome nomes para recoller. A asociación tamén me axudou cando o libro saíu do prelo, a presentalo, a distribuílo... Non se limitou á súa aldea, fíxoo extensivo á parroquia.O traballo comeceino na miña aldea, coloquei todas as propiedades nun mapa e fun coloreando as parcelas por nomes. Foi a parte que máis traballo me levou, e que seguramente diferencia Laxedo doutros lugares. Pero finalmente estendín o traballo a toda a parroquia porque non só me interesa a toponimia da miña aldea senón tamén a das aldeas dos arredores. Por exemplo, hai un Outeiro de Oregho, no que a gheada sitúa a súa orixe no século XVII. Aínda que a orixe dos topónimos é máis complicada de coñecer, como a Porteliña das Estrelas, a Ribeiriña do Ceo, o Outeiro dos Contos... Hai moitos lugares con nomes especiais. Mais 'Os lugares da memoria' non é simplemente un mapa.Non, o que eu fixen foi situar o lugar nun mapa, na zona concreta que corresponde e coa toponimia axeitada. Nalgún caso realicei unha descrición, ben do topónimo ben de vivencias da veciñanza nese lugar. Agora esas zonas xa non se utilizan, en moitos casos, pero antes o seu nome denotaba o seu uso comunitario. Coñece Galiza Nomeada? De feito, estou en contacto con Vicente Feixoo, de Galiza Nomeada, e estamos a ver de incorporar na aplicación os topónimos, pero é un traballo inxente así que estamos a ver se é posíbel importar os meus datos e axilizar o proceso. De onde lle vén a querenza pola toponimia?Vénme da vida que levei de neno. Meus pais tiñan vacas e eu ía con eles e coñecía o nome de todas as fincas polas que pasabamos, a montaña xa a descoñecía máis, pero interesábame moito conservalo para o futuro. Que ten agora entre mans?Estou a ultimar un novo libro, que está en fase de corrección. Recollo a vida que levaba a xente antes, con algo de costumismo. Falo de como facían o pan, como traballaban, cal era a arte da zona, que no noso caso era a cantaría e tiña bastante importancia, recompilo a mitoloxía da zona, as cantigas... O outro día falaba cun veciño que se emocionaba porque estaba moi orgulloso daquela vida e de contala, e gustáballe que alguén recollese todo iso. Estou a falar de xente que vivía aquí nos anos 50 e 60 e que agora está emigrada. Unha obra individual con múltiples achegas"O libro en sí fíxeno eu" di Xosé Lino Vidal, que quere engadir que "a asociación de veciños e a Comunidade de Montes puxeron os medios e as ideas para publicalo". Ademais, a listaxe de agradecementos vai desde os veciños "Reinolo, Sito, Xerardo da Vincurada, Mirucho, Chidra, Pepiño, Inés, Manuel de Inés Lola, Sieiro, Felisa, Leo, Rosa de Melia, ás do Pelete até a xente da Fírveda, Esther da Vincurada, Ana Fernández, Manuel Bugallo, Jose Santomé, Iñaki e Darío de Barbeira.", asegura Lino. |
NOS_51090 | Non haberá medidas da Xunta para facer fronte ao aumento da inflación —9,6% na Galiza— e ás súas consecuencias sobre o tecido económico e en miles de galegos. Na sesión de control ao presidente no Parlamento, Alfonso Rueda argumentou que o Goberno galego carece de competencias e puxo toda responsabilidade no tellado do Executivo español. | A crise derivada da inflación ten enfronte unha Xunta sen competencias para lle facer fronte e un Goberno español que non toma as medidas necesarias. Este é, a modo de resumo, o argumentario que expuxo o presidente galego, Alfonso Rueda, na sesión de control do Parlamento á pregunta do BNG sobre que estaba a facer o Executivo galego para paliar unha suba de prezos ("47% en aceite, 33% nos ovos, 14% no pan, sube o combustíbel a luz...", debullou a portavoz nacionalista Ana Pontón) que "afoga miles de galegos". Rueda afirma que os "problemas" no Sergas "adoitan ser puntuais e non continuados no tempo" Pontón e Rueda protagonizaron onte na Cámara un intenso tête à tête coa crise como pano de fondo. "Os galegos e galegas somos 9,6% máis pobres e somos dos territorios do Estado onde hai salarios e pensións máis baixas", expuxo a líder da oposición, que enumerou a suba de prezos nestes meses contrapoñéndoos ao aumento de 3% dos salarios "nos 140 convenios colectivos asinados até maio". Dificultades cada vez máis crecentes para pequenas e medianas empresas, para as familias, para os traballadores e pensionistas para as que volveu reiterar as propostas do BNG: incremento de pensións non contributivas e da cuantía da Risga, aumento de axudas aos sectores produtivos e imposición de impostos ás eléctricas. Facer fronte a Madrid Rueda afirmou que "coincidía" na "diagnose" que facía o BNG da situación. Mais até aí chegou o presidente. "Pídennos cousas para as que saben que non temos competencias", reprochoulle a Pontón. "Envolven todo na estrela vermella e iso non soluciona nada", acrecentou. En paralelo a esta liña argumental —"a Xunta carece de competencias"— o presidente engadiu a de "dirixir ben o tiro", en palabras do propio Rueda, sobre as responsabilidades: ao Goberno español. Aí "tendeu a man" a Pontón para, dixo, "defender todo o que lle interesa a Galiza", intereses entre os que citou desde os fondos Next Generation até as competencias en litoral ou as eólicas. Rueda reivindica o "bilingüismo cordial" e Pontón lémbralle a súa asistencia a unha protesta contra o galego "Tende unha man baleira", respondeulle Ana Pontón, "nunca fala das súas competencias", apúntase á política da "propaganda, de botar balóns fóra e dicir non a propostas como a dunha tarifa eléctrica galega". Non gostou Rueda da resposta da portavoz do BNG. "Tendo a man e nunha soberbia moi característica, non responde", queixouse. O presidente acusou os nacionalistas de "ser moi bravos coa Xunta pero moi dóciles con Madrid". "Suar a camiseta da Galiza" Pontón volveu baixar o debate a rente da crise que padecen miles de galegos. "Teñen 11.600 millóns de euros de orzamento e din que non poden facer nada ante a crise?", preguntou. Lembrou que en 2021 ficaron sen executar 1.000 millóns de euros Xunta e que poderían ter bo destino para un plan contra a crise. "Señor Rueda, súe a camiseta da Galiza", emprazouno a portavoz nacionalista, "a Galiza necesita un Goberno, non xente quentando unha cadeira". Álvarez pide correxir a política sanitaria A sanidade tamén estivo presente na segunda xornada do pleno, após unha primeira xornada marcada pola comparecencia do conselleiro Julio García Comesaña. O portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Luís Álvarez, reclamou a Alfonso Rueda unha "corrección" da política sanitaria nos dous anos que fican de mandato. "Estamos pagando hoxe os recortes de onte", denunciou o socialista, que acusou o Sergas de promover o dumping sanitario: "Volven aos tempos en que para complementar salarios ofrecíase casa e carbón", en referencia á oferta de aloxamentos no verán para médicos en Sanxenxo. O presidente, ao igual que o conselleiro de Sanidade na xornada anterior, negou o "colapso" da Atención Primaria e dixo que o problema non era o orzamento, senón a falta de persoal. |
PRAZA_9870 | Nun informe publicado a pasada semana, aposta tamén por limitar a velocidade a 20 km/h no interior dos barrios e só incrementalo a 40 km/h nas vías que comunican distritos, normalmente de dous carrís por sentido. Reclama aos concellos medidas para "unha pacificación real do tráfico" | O Ministerio do Interior anunciou o pasado mes de decembro que ao longo deste ano 2019 a velocidade máxima para circular nas vías urbanas quedará reducido a 30 quilómetros por hora nas rúas dun só carril por sentido e a 20 km/h naquelas vías de plataforma única, sen diferenza de nivel entre a calzada e a beirarrúa (na actualidade o máximo xenérico é 50 km/h). Só se manterá o actual límite de 50 km/h nas rúas que teñan dous carrís ou máis por cada sentido da circulación. A única excepción serían as vías que comunican os distritos das grandes cidades, normalmente de dous carrís por sentido, onde a velocidade podería acadar os 40 km/hEn xaneiro entrou xa en vigor a redución do límite de velocidade de 100 a 90 km/h nas estradas convencionais e está aínda pendente a aprobación da limitación nas vías urbanas. Porén, aínda non hai data para a limitación a 30 Km/h nas cidades.A semana pasada a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) aprobou un informe de recomendacións que aposta por esta limitación da velocidade máxima no interior das cidades (grandes, medianas e pequenas) a 30 km/h. Ademais, recomenda que no interior dos barrios a velocidade máxima permitida sexa de 20 km/h. "Os itinerarios dentro do barrio non requiren gran velocidade porque o desprazamento non é moi amplo. Unha maior velocidade non fai máis que rebaixar moi levemente o tempo empregado (3 km a 30 km/h percórrense en 6 minutos e a 20 Km/h en 9 minutos)", explica a a FEMPSó nas vías que sirvan para desprazarse entre uns distritos e outros nas grandes cidades (normalmente de máis dunha vía por sentido) a velocidade máxima se poida incrementar a 40 km/h. "Nas cidades intermedias e as pequenas cidades a velocidade máxima podería ser 30 Km/h, agás nas autovías urbanas", engade.Recomenda que no interior dos barrios a velocidade máxima permitida sexa de 20 km/hO informe da FEMP destaca que "os ciclomotores, motocicletas e os automóbiles, eléctricos ou de motor de combustión, consomen moito espazo no seu desprazamento, aparcadoiro e na configuración das dimensións da calzada; acadan altas velocidades; consomen moita enerxía respecto dos modos sustentables de desprazamento e non xeran unha cultura de mobilidade solidaria". E aposta, polo tanto, por "xerar espazos máis seguros para o peón" e pos potenciar "modos sostibles de mobilidade urbana", tanto os desprazamentos a pé e en bicicleta, como o transporte público ou os vehículos de mobilidade persoal motorizados (patinetes, bicicletas...).As medidas anunciadas por Interior e que apoia a FEMP (e a maior parte da poboación, segundo as enquisas) buscan este obxectivo, tendo en conta que cada día entran nas cidades galegas ao redor de 800.000 coches e que nos últimos anos se multiplicou o número de accidentes con vítimas nas vías urbanas de Galicia, que pasaron de 565 en 2011 a 1.770 en 2017.A FEMP realiza neste informe outras recomendacións concretas relacionadas co uso dos espazos peonís (beirarrúas, parques e rúas peonís) e tamén coas novas regulacións sobre os vehículos de mobilidade persoal, motorizados ou non (patinetes, patíns, segways...). Cando os vehículos de mobilidade persoal (patinetes, segways...) están motorizados non poden circular en ningún caso polos espazos para peónsO informe defende que cando estes vehículos de mobilidade persoal están motorizados, estes non poden circular en ningún caso polos espazos para peóns, compartindo o espazo das rúas cos demais vehículos. E cando non sexan motorizados (patíns...), a súa velocidade debe ser semellante á dos peóns. Os vehículos de mobilidade persoal tamén poderán circular polos carrís-bici, recomenda a FEMP, pero só a 20 quilómetros por hora como máximo. En todo caso, nos carrís-bici as bicicletas non eléctricas terán prioridade sobre o resto de vehículos (patinetes, segways, bicicletas eléctricas...).A FEMP recomenda que os Concellos leven a cabo accións para conseguir "unha pacificación real do tráfico"O informe tamén recomenda que os Concellos leven a cabo accións para conseguir "unha pacificación real do tráfico". A FEMP sinala que "as medidas de acougado de tráfico, para ser eficaces, deben contar cun deseño do viario adecuado, ser controladas e o seu incumprimento sancionado" e engade que "as infraestruturas deben achegar seguridade e subxectivamente así ha de ser percibida". |
NOS_10231 | Antonio Reboredo (Raposa) é o autor de 'Friaxe', un libro a medio camiño entre a banda deseñada e o libro ilustrado que elabora unha lectura persoal e desde o presente de 'Os himnos á noite', un dos clásicos do romanticismo alemán máis temperán, asinado polo escritor e filósofo Novalis, que viu a luz en 1800. | Friaxe é o primeiro traballo que publica Raposa, sinatura tras a que se atopa Antonio Reboredo. O ilustrador presenta con Demo Editorial esta obra a medio camiño entre a banda deseñada e o libro ilustrado, que se ergue sobre Os himnos á noite, de Novalis, traducidos por Yolanda Castaño. Trátase dunha obra que apareceu en 1800, se ben a súa elaboración sería nos anos previos, e se convertería nun clásico. Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como Novalis, foi un escritor e filósofo alemán, representante do Romanticismo temperán. As súas verbas nestes "himnos" espremen o denominado "idealismo máxico" do romántico, permitíndolle a unión mística con Sophia, a súa amada, falecida aos 15 anos. Desde unha inicial veneración da luz pasa a unha comprensión da superioridade da Noite, asociada ao descoñecido e misterioso, pero tamén ao máis auténtico. "Inaugura un culto á noite que non existía en Europa até o momento", explica Reboredo. Apareceron varias versións deste rexistro, parte en prosa, parte en verso, case como cartas, polo que unha aura de misterio rodea a propia publicación. A Reboredo chamáballe a atención empregar unha fonte "tan escura e que ten tanto tempo". O libro xa fora traducido ao galego hai por volta de 15 anos por Espiral Maior, mais esta nova achega constitúe unha relectura desde a actualidade, na que as ilustracións de Raposa dialogan co texto orixinal. Vólvese así case unha sorte de material "bilingüe" na que palabra e imaxe alternan como "dous raís" que "non buscan competir". Os debuxos, así, "falan e teñen elocuencia por si mesmos", asegura Raposa, que nesa independencia considera máis oportuno entendelo como un "acompañamento" do orixinal, pero sen tratar de traducir literalmente o que expresan as palabras. Ciencia ficción Para facer esta adaptación Raposa acudiu á ciencia ficción, o que mellor encaixaba para traer ao presente o discurso de Novalis. Desde a súa ollada xorden referencias de xénero, as crises de guerra ou mesmo o colonialismo. E é que debuxa coa idea de que se Novalis vivise na actualidade falaría tamén doutras cousas. Sen querer reinterpretalo nese senso, aí é onde traballan precisamente as imaxes, no nivel da relectura. Estilisticamente, o traballo de Raposa bebe do cómic clásico de ciencia ficción, con debuxos cun toque kitsch, con moito ornamento, algo que a Reboredo lle parece máis interesante de cara a debuxar el mesmo e tamén para esas persoas lectoras "que pasan máis tempo do que deben nunha páxina". Aliás, nalgúns casos copia fotografías. Raposa sinala que cando se basea nestas lle gusta a ambigüidade de que se note a referencia, pero que non sexa unha imitación fiel, senón que incorpore algo máis. O 'doom' como o romanticismo de hoxe Reboredo é arquitecto, e forma tamén parte da banda Cruzeiro, que axiña sacará á luz un novo álbum. No grupo el tamén se ocupa da parte gráfica. De feito, o traballo do álbum ten para el algunhas analoxías co de Friaxe. "O doom é o romanticismo de agora", comenta, conectando a escuridade desta rama do metal que, con todo, é para el máis "popular" e non tan fechada como outras, cunha mestura de barroco, morte ou ciencia ficción soviética que encaixan co universo de Novalis. |
NOS_14293 | Un novo caso particular por de relevo os recortes na sanidade pública galega. Ante a falta de medio de transporte, a filla tivo que trasladado no coche particular seis horas despois de recibir a alta médica. A afectada louva o traballo das e dos profesionais do hospital pero critica duramente os medios materiais do servizo, que impiden unha atención axeitada ás e aos enfermos. | Unha usuaria do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denuncia a reducida estrutura do servizo de ambulancias no centro polas noites. Prefire manterse no anonimato porque pensa que este problema afecta a moita xente, mais detectouno despois de pasar horas agardando porque o seu pai fóra trasladado á residencia tras recibir a alta médica. A afectada explica que onte á noite, as 22.00 horas, o seu pai foi dado de alta no Clínico após ingresar pola mañá para que lle realizaran distintas probas. Á hora de marchar, solicitou unha ambulancia para o desprazamento pois o home é "case ao 100% dependente" e non se pode mover por si só. Tiveron que agardar dúas horas na zona de Observación até que lles comunicaron que "só hai dúas ambulancias operativas para todo o hospital na modalidade nocturna". "Unha para persoas Covid-19 e outra para as "limpas", como as denominan", engade. Segundo puido saber a dispoñibilidade de transporte é así desde antes da pandemia, pero agravouse con ela polo feito de que hai un vehículo reservado unicamente para infectadas polo virus. Unhas horas despois, acompañada do seu proxenitor cun estado de saúde "moi delicado", a moza volveu preguntar pola ambulancia e explicáronlle a organización estabelecida no centro hospitalario para utilizar a ambulancia. Sen comida "Primeiro van as e os doentes que se derivan a outros centros hospitalarios e logo os que van a residencias ou á casa, pero se polo medio xorden outras persoas que teñen que ser trasladadas de hospital, nunca hai tempo para o resto", revela en conversa con Nós Diario. Nin durante o seu ingreso nin despois o paciente recibira nada de comer. A pesar de ser "unha persoa diabética, entre outras graves patoloxías", intentou improvisar unha cea co que teñen as máquinas de venda. Ao final deu cunha enfermeira coñecida que lle buscou algo máis apto para a dieta, se ben non puido fornecerlle da medicación do varón. Farta de agardar nunha situación moi incómoda para a persoa que fora dada de alta, ás catro da mañá (seis horas despois de solicitar a ambulancia), contou con persoal sanitario para levar ao pai até o coche propio e axudarlle a entrar como puideron. Por iso, a denunciante agradece o traballo das e dos profesionais sanitarios do CHUS pero rexeita a organización das ambulancias, que ve froito dos recortes na sanidade pública. De feito puxo unha reclamación no hospital e pensa en novas formas de denunciar a situación padecida. "Os enfermos dependentes non son refugallos que se poidan acumular ciscados nunha cama á espera dun servizo que non chega", remarca, lembrando que un cambio de rutinas tamén pode ser moi malo para o estado destas persoas. |
NOS_1310 | A confrontación das unidades de autodefensa curda popular (YPG) e o ISIS pon en evidencia o papel doutros actores sobre o terreo, entre eles, Turquía. | Para comprender o que está a acontecer en Kobane é preciso remontarse ao comezo do conflito sirio. Esta cidade --de maioría curda-- foi, após estourar a guerra, liberada polas Unidades de protección curda popular (YPG). Desde hai dous anos desenvolve un proxecto político transformador que se sitúa no cerne da situación xeo-política actual. Kobane constitúe un dos tres cantóns autónomos que conforman Rojava --ou Curdistán sirio: Afrin, Kobane e Djezireh. Habitada por volta dunhas 50 mil persoas antes de comezar o asedio, neste territorio convive poboación curda, árabe-musulmá e cristiá-armenia ou asiria. Un proxecto político transformador e popular Desde a súa liberación, Rojava representa un modelo de democracia popular baseada na autoxestión dos seus tres cantóns e cun réxime de goberno alicerzado en asembleas populares, multiculturais e multirrelixiosas. Segundo explica o escritor e investigador Pepe Escobar nun artigo publicado por Rebelion.org, "os tres máximos funcionarios" de cada territorio "son un curdo, un árabe e un cristián asirio ou armenio e, polo menos, un dos tres ten que ser unha muller. As minorías curdas teñen as súas propias institucións" e nelas respéctanse os seus idiomas. Aliás, consellos de mulleres e xuvenís despréganse por toda Rojava xunto coas propias milicias. Rojava representa un modelo de democracia popular baseada na autoxestión alicerzada en asembleas populares, multiculturais e multirrelixiosas No decorrer do conflito sirio, a forza política maioritaria, o Partido da Unión Democrática (PYD) --rama siria do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK)-- mantívose á marxe dos dous grandes bandos. Ese feito permitiulle avanzar na unificación da Rojava e na posta en andamento do seu propio proxecto político e territorial. Un proxecto que visa desafiar a "hexemonía do sistema capitalista de nación-estado" para alén da propia Rojava, como explicou o activista curdo, Kenan Kirkaya, nun artigo publicado no portal de información Gündem. O simbolismo de Kobane para o ISIS A existencia deste proxecto político é o que tornou a Kobane nun obxecto máis simbólico que estratéxico para o Estado Islámico (ISIS), unha organización yihadista e suní que xurdiu de entre as tropas rebeldes erguidas contra o réxime de Bashard Al-Assad e financiada como parte da "resistencia siria", durante un tempo, polos propios Estados Unidos. O ISIS ou EI visa a constitución dun califato que abrangue territorios árabes de maioría musulmá que pretende unificar baixo o mandato de Abu Bakr al-Baghdadi, o 'califa'. O asedio sobre Kobane non responde a un interese xeo-estratéxico para o ISIS. Un feito que foi sinalado mesmo polo secretario de Estado dos EUA, John Kerry, causándolle importantes críticas. Kobane é un territorio fundamentalmente agrario, sen grandes infraestruturas e, sobre todo, sen petróleo. O interese do ISIS reside no simbolismo da cidade. O asedio sobre Kobane non responde a un interese xeo-estratéxico para o ISIS, senón simbólico. Queren "escravizar" ou "masacrar" o pobo, nomeadamente as mulleres Até o momento as Unidades de protección curda popular (YPG) venceron sobre o terreo ás milicias do ISIS. A vitoria máis sonada foi a liberación da poboación yazadí asediada pol@s islamistas no Monte Sinjar. A grande imprensa occidental coreou os logros das bombas lanzadas polo exército estadounidense, mais foron as guerrillas curdas as que conseguiron franquear o cerco do Estado Islámico e abrir unha vía de saída para milleiros de familias desta minoría relixiosa siria. O obxectivo do ISIS é, pois, "masacrar" e/ou "escravizar" --como afirmaron en diversas comunicacións difundidas através da rede-- a poboación curda e, nomeadamente, as mulleres. Trátase en boa medida dunha limpeza étnica e relixiosa dos territorios que arrasan. E, ao mesmo tempo, elas tórnanse nun importante símbolo da resistencia curda ao conformaren milicias feministas que combaten na primeira liña de fogo. Coñécense como Milicias Estrela YPG --Unión de Mulleres Libres. O medo de Turquía a un Curdistán unido Porén, non combaten unicamente contra o asedio do ISIS. O pobo curdo loita simultaneamente contra un duplo inimigo: Turquía. A difícil situación que atinxe Kobane desde hai máis de 40 días débese en boa medida ao rexeitamento de Ankara e do goberno de Erdogan a permitir a entrada de axuda humanitaria, armas e máis milicias curdas desde Turquía. No entanto, a súa actitude non é nova. Turquía mantén fechada a súa fronteira para o pobo curdo, no entanto, actúa desde hai anos como coador para a yihad Ao longo dos últimos dous anos, desde o estourido do conflito sirio, a fronteira turca tornouse un coador para a yihad. Desta maneira Erdogan non só move as súas fichas no taboleiro interior sirio, senón tamén a respeito do Curdistán. O temor a que o proxecto político-territorial que representa Rojava poida dar azos á loita pola liberación nacional do pobo curdo en Turquía e o Iraque, preocupa máis a Ankara que o propio ISIS. Porén, esta arma ten un dobre gume e é que a caída de Kobane e con ela dos demais cantóns de Rojava poderían significar o fin do proceso de negociación iniciado entre o Partido dos Traballadores de Curdistán (PKK) e o goberno turco, o que significaría o re-inicio da loita armada, até o momento paralizada. Polo de agora, Turquía relaxou minimanente a súa postura e permitíu a entrada de milicias curdas procedentes do Iraque, através das súas fronteiras. Un feito que, cando menos, axudará a frear o avanzo do ISIS e a permitir que o proxecto dun pobo curdo libre e unido poida sobrevivir. |
NOS_44664 | Moara Crivelente (Marília, Brasil, 1987), representante na Europa do Partido Comunista do Brasil esteve na Galiza para falar de Brasil baixo o Governo Bolsonaro, perspectivas da esquerda dentro do Foro Internacionalista que organiza a UPG. | Quem é Jair Bolsonaro? Ele tem uma longa carreira como deputado, foi capitão no Exército. Tem uma ficha bastante duvidosa como militar, mas ele se valeu disso durante os seus mandatos como deputado para se colocar como um militar que procura reordenar a política e colocar ordem no Brasil. Ele tem uma agenda regressiva, tanto nos costumes quanto na política e também na economia. Foi mais famoso na época do impeachment da presidenta Dilma Roussef, do golpe de estado de 2016, quando no seu voto -sem argumento nem humanidade- homenageou um dos chefes da tortura da ditadura militar, o general Brilhante Ustra, que inclusive monitorou o programa de tortura do que foi vítima a presidenta Dilma Roussef. Ele é um defensor da ditadura militar, que é o regime que gostaria de reinstaurar no Brasil. Alguns dizem que é precisamente para isso que ele trabalha. Então é uma pessoa completamente avessa a qualquer valor democrático, contrário ao valor e respeito dos direitos civis e políticos. Ele vai-se estabelecendo assim num período de crise bastante profunda no Brasil, e se colocou como uma alternativa praticamente anti-sistêmico tanto à esquerda quanto à direita mais moderada. Que estava a acontecer no Brasil para o Bolsonaro se tornar presidente? Nós vimos dum processo relativamente longo no Brasil de avances democráticos e socioeconômicos bastante importantes. Um processo de consolidação bastante conflituoso e cheio de contradições que se mostram no tempo todo. Um país muito desigual, com uma concentração de renda brutal. E essas foram as principais prioridades no Governo Lula-Dilma, os principais desafios que eles afrontaram: a redistribuição da renda e a inclusão social, e o fortalecimento também do papel do Brasil como um ator internacional relevante que desse prioridade para temas de soberania, mas também de integração regional e de estabelecimento de cooperação com outros países que não são as potências ocidentais. Desde 2013-2014 vinha-se manifestando no Brasil um descontentamento com a desaceleração do crescimento econômico. As elites já estavam bastante insatisfeitas com o fato de terem perdido privilégios nesse projeto de integração socioeconômica. Milhões de pessoas foram tiradas da miséria e de repente começaram a frequentar os aeroportos e as mesmas faculdades que os filhos das elites. Isso gerou animosidade nessa classe. E num processo de crise, a classe média que foi sendo criada durante o período de crescimento avantajado no Brasil também viu os direitos que eles foram conquistando desacelerando também. Nesse período, a direita investiu muito na culpabilização da esquerda como incompetente e como corrupta por causa dalguns escândalos de corrupção. Escândalos que foram trazidos à tona justamente por causa do esforço dos Governos Dilma-Lula, impulsando a investigação para o julgamento desses crimes. Mas a direita se aproveitou disso e também do descontento social para colocar o foco contra a esquerda nesse processo e, principalmente, sobre pessoas específicas como a Dilma e o Lula, que acabavam personificando o que era a esquerda para eles. A direita criou um processo difamatório da esquerda que deslegitimou a política em geral Já em 2014, nas eleições presidenciais a presidenta Dilma venceu. Só que já foram umas eleições controladas. A direita também criou um processo bastante difamatório da esquerda em geral e tentou a todo custo no Parlamento impedir o Governo da presidenta Dilma. Criava situações e votações de propostas de lei bastante controversas -nós chamávamos pautas-bomba-, que eram processos mais desestabilizadores do que realmente propostas específicas. Eram mais para dificultar o Governo do que avançar alguma coisa. Quando a Dilma venceu essas eleições esse contexto foi agravado. A direita já mostrava que não aceitava a continuidade dos Governos do PT (no que nós participamos também como PCdoB). Criou toda essa condição para uma desestabilização que levou não só a deslegitimação da esquerda, mas a deslegitimação da própria política diante dos olhos da população. Para a população nesses discursos mais extremistas, simplórios e superficiais, a política é corrupta em si. Então, todo candidato que se mostrasse anti-sistêmico ou que dizia que vinha para organizar e limpar a casa, como é o caso de Bolsonaro, acabou ganhando força. Um processo similar ao que se está a dar nos EUA com o Donald Trump... Como o Trump, o Bolsonaro não tem nenhum pulimento político. Diz o que vem na cabeça, é um populista... em fim, eles acham isso engraçado. E no Brasil, parte dessa elite e dessa classe média, sem um excesso de patriotismo, de nacionalismo, acabou por adoptar esse discurso do Bolsonaro de que o objetivo era seguir os passos dos EUA. Bolsonaro chegou a ser filmado batendo continência à bandeira dos EUA. Cada vez que ele se encontra com o Donald Trump... falta-lhe chorar de emoção. Na fotografia que ilustra o cartaz do relatório (quinta-feira, em Compostela, sexta-feira, em Vigo) pode-se ler 'Brasil: emprego, democracia, soberania e diversidade'. Não há estas coisas atualmente no Brasil? No Governo de Bolsonaro essas são palavras praticamente proibidas. Apesar de se colocar como uma força patriótica, as manifestações que o levaram ao poder, de se vestir de verde e amarelo... como se isso fosse demonstração de patriotismo deles... Ele é de todo menos patriótico. A soberania para ele realmente é algo que vai dificultar a entrada de investimentos no estrangeiro, que vai -não com essas palavras- mas dificultar o objetivo dele que é servir os EUA. As primeiras medidas desde o Governo de Michel Temer, depois do golpe contra a presidenta Dilma Roussef, foram a abertura e a entrega de empresas estratégicas do Brasil para o capital financeiro internacional. Das primeiras coisas que o ministro de Exteriores do Governo de Michel Temer fez -no período interino no que a presidenta estava só suspensa, não ainda derrubada- foi receber representantes de empresas petrolíferas estrangeiras, principalmente estadunidenses, mas não só para começar a repartir a Petrobras, que é uma empresa estratégica do Brasil não apenas de exploração, mas também de transformação de petróleo para exportação e consumo interno. Isso é uma mostra entre muitas outras de que o fortalecimento da soberania não é mesmo prioridade do Governo, nem do Bolsonaro, nem era do Michel Temer. Por exemplo, são cerca de 120 empresas públicas que estão sendo desmontadas. A Petrobras mesmo está sendo facejada em várias áreas para ser explorada por capital internacional ou privado. É um processo de entrega das riquezas do país e das empresas mais estratégicas que demonstram que a prioridade realmente é entregar o país e não devolvê-lo de forma soberana. Com o Bolsonaro voltou a fome, uma mazela que o Brasil tinha superado A respeito do desemprego, estamos em cerca de mais de três milhões já. Também, além desse número, tem o número de subutilização da força de trabalho, de pessoas que já não procuram trabalho por falta de perspectiva. Tem o aumento da pobreza e da miséria. A volta da fome que já era uma mazela que nós tínhamos superado durante os Governos anteriores... várias das conquistas que nós tínhamos alcançado. E a diversidade? A diversidade? Um presidente racista, machista... para ele os direitos humanos são coisa da esquerda comunista, que para ele é um termo pejorativo. Os direitos humanos para ele é -perdão da palavra- vagabundagem, como lhe chamam no Brasil. Coisas de gente que não trabalha, que só beneficiam do Estado. Também a falta de proteção das comunidades indígenas quilombolas, formadas por ex-escravizados, que na época da escravidão no Brasil fugiram e estabeleceram comunidades de resistência. Hoje ainda existem comunidades remanescentes dessas. Para ele as terras indígenas e as comunidades quilombolas desvirtuam o projeto nacional -na cabeça dele- de ordem e de integração. Ele considera que as terras indígenas têm de ser abertas para a exploração por mineradoras, que os habitantes das comunidades quilombolas são gente que não gosta de trabalhar, que não serve para nada. Em fim, ele comparou num dos seus discursos uma destas pessoas com um boi, em termos de pesagem de gado. A visão dele dessas pessoas é de eliminação. Como se explica a viragem ideológica da última década na América Latina? Assim como no Brasil, outros governos da América Latina tiveram por muito tempo Governos de esquerda ou de centro-esquerda, progressistas, que também procuravam uma integração regional, de solidariedade e respeito à soberania entre eles; e de integração social. Mas, assim como no Brasil, também a direita se aproveitou de vários momentos de crise que possibilitaram essa volta deles. E por aí vai. Ainda sobramos com a esperança da Bolívia, da Venezuela, de Cuba... A primeira coisa que fazem os Governos da direita é que se voltam para os EUA Muitos destes novos Governos a primeira coisa que fazem é que se voltam para os EUA. Por exemplo, Macri está abrindo as portas da Argentina para a instalação de bases militares; o Brasil também está discutindo esse tema, e os EUA têm a quarta frota -que eles reativaram coincidentemente ou não na época em que o Brasil descobriu petróleo-; Colômbia, que já é por si soa uma grande base militar dos EUA... tudo para cercar a Venezuela. São movimentações que vão mostrando que o avance progressista dos projetos de integração regional, de fortalecimento da democracia na América Latina não interessam nada aos EUA. Correción: Por un erro na redacción orixinal facíamos Partido Comunista do Brasil parte do PT, cando son partidos diferentes. |
PRAZA_20602 | A entidade que difunde a "memoria e obra" do ditador tramita a axenda de apertura do BIC, cuxo réxime incumpre sistematicamente a súa familia. A Xunta lembra que a lei "non establece nada" sobre que ese labor o faga "un ou outro tipo de entidade" e a CRMH cualifica o feito de "inmoral" | "Tiene plaza el día 1 de agosto a las 3, pero para las 11 está bastante lleno ya. El día 2 está libre, pero llame cuanto antes porque en agosto nos vamos de vacaciones". Esa é a resposta que este xoves recibía calquera interesado en visitar o Pazo de Meirás o vindeiro mes chamando ao teléfono que a Xunta facilita a través da súa web de Turismo. Quen hai detrás? "La Fundación Francisco Franco. Puede llamar sin compromiso para reservar, pero sólo para los dos primeiros días de mes y para los dos últimos", explica o interlocutor. A Fundación Francisco Franco xestiona desde hai dous meses as visitas ao Pazo de Meirás Desde hai xa dous meses aproximadamente, é esta entidade fascista -que ten como "obxectivo prioritario a difusión da memoria e obra de Francisco Franco", segundo explica na súa páxina web- quen xestiona as visitas a este Ben de Interese Cultural (BIC). Descubriuno hai xa tempo a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que confirma agora unha situación que, como destaca, "non é ilegal" pola condición administrativa na que se atopa o Pazo, "pero si inmoral, claro". Esta mudanza na xestión das visitas chega logo de que a Xunta abrise un expediente á familia Franco por obstaculizaren o réxime mínimo de visitas que marca a lei -catro días ao mes- logo de que o antigo teléfono se mantivese inactivo durante semanas, tal e como denunciaron diversas administracións e entidades o pasado mes de febreiro. Coa ameza dunha multa máxima de 6.000 euros para a acomodada familia do ditador por parte do Goberno galego, os Franco delegaron a elaboración da axenda para visitar o inmoble na Fundación que, entre outras actividades, gaba o golpe de Estado, promove denuncias contra os concellos que retiran simboloxía fascista dos seus rueiros ou programa actos e misas en homenaxe a militares golpistas. A Xunta advirte que nada pode facer: "a Lei do Patrimonio Cultural non establece nada ao respecto de que as visitas se xestionen a través dun ou outro tipo de entidade" Con todo, nada pode facer a Administración para evitar casos coma este mentres o réxime legal da xestión do BIC sexa o actual. "O Pazo de Meirás é un BIC de titularidade privada, polo tanto son os propietarios quen se deben encargar de cumprir co mandato legal de abrilo ao público de forma gratuíta, así como do seu mantemento", aclara a Consellería de Cultura, que lembra tamén que "a Lei do Patrimonio Cultural non establece nada ao respecto de que as visitas se xestionen a través dun ou outro tipo de entidade". Ao tempo, desde a Xunta cren que "cómpre aclarar" que a Consellería "non achega" na actualidade "ningunha cantidade económica á familia ou ao Pazo nin para xestionar as visitas, nin para a seguridade nin para absolutamente nada". Xa hai unhas semanas, Carmen Martínez-Bordiú, neta do ditador Franco, advertía nunha información de El Economista que "agora" quen se "encarga de organizar as visitas é a Fundación Francisco Franco, e non hai problema ningún". A xestión mudou logo das advertencias da CRMH, do Concello de Sada e da Xunta, tras semanas sen que o anterior número de teléfono dese sinal. Para Fernando Souto, presidente da CRMH da Coruña, a situación é que "unha fundación cuxo obxecto social parece ser o de minar os fundamentos da democracia española está xestionando un BIC, propiedade ilexítima da familia do ditador e obtida a través do espolio e a extorsión, que se dedican ambas -a fundación e o espazo secuestrado- a glosar a figura do máximo responsable do xenocidio cometido no Estado durante a guerra civil e a posguerra". A CRMH repara en que "unha fundación que mina os fundamentos da democracia xestiona un BIC propiedade ilexítima dos Franco" A CRMH lembra que o Pazo chegou ás mans do ditador logo "dun espolio ao pobo a través de expropiacións de terras, subscricións populares obrigatorias e espolio de recursos do Estado durante catro décadas". Ademais, recorda que o grupo de traballo formado pola Comisión e outras entidades xa recompila documentación e apoios para "conseguir a devolución do inmoble ao público". Tamén advirte que a Fundación Francisco Franco "honra a memoria do ditador, emite pronunciamentos contrarios ao cumprimento da legalidade da Lei de Memoria Histórica" ou premia cargos públicos que non retiran simboloxía franquista por "defender a memoria do Caudillo". "Fan apoloxía da figura clave no xenocidio franquista, un insulto ás institucións democráticas e en especial ás vítimas daquel xenocidio", insiste. Ademais, lembra que durante o Goberno de Aznar, a devandita institución recibiu axudas públicas para proxectos de arquivo por un valor duns 150.000 euros en só tres anos. "A fundación fai apoloxía da figura clave no xenocidio franquista, un insulto ás institucións democráticas e en especial ás vítimas" Para Carlos Babío, investigador, impulsor dun traballo sobre o espolio do público durante o franquismo e membro do grupo de traballo, "a legalidade non sempre vai man da moralidade ou da ética". "Que unha fundación coma esta poida xestionar un BIC é legal porque o Estado español decidiu que a memoria fascista fose legal", engade. "Levamos décadas asistindo á protección e blindaxe da propiedade dos Franco por parte das institucións públicas en mans do Partido Popular", insiste a CRMH, que xunto con outras entidades fará unha denuncia pública da actual situación. Ao tempo, lembran que o Pazo de Meirás, malia ser convertido en BIC, viu como "houbo un incumprimento flagrante e continuado do seu réxime de visitas". Foron moreas as denuncias da imposibilidade de visitar o inmoble, en especial cando a familia do ditador o emprega como lugar de vacacións no mes de agosto. Desta vez, á residencia só se pode acceder os dous primeiros días de mes e os dous últimos, tal e como aclara a Fundación que gaba o golpe de Estado, a mesma á quen os descendentes do ditador pensaban ceder a titularidade do Pazo a finais dos anos 70, algo que finalmente non saíu adiante. Desde hai xa anos, os Franco cumpren cada pouco coa tendencia familiar de pasar por riba do marco legal vixente, unha opción que lle sae barato dabondo á familia do ditador. Os seus herdeiros seguen a gozar do Pazo de Meirás como residencia privada case 80 anos despois da súa incautación e ignoran recorrentemente as escasas obrigas que impón a súa condición de BIC, fundamentalmente no que atinxe á obriga de abrilo ao público un mínimo de catro días ao mes. Poucos despois de que unha delegación do Parlamento constatase no histórico edificio que, cando se producen, as visitas ao público "omiten" o relato histórico ligado á ditadura, a Xunta confirmou que a sanción á que se enfrontan os Franco por obstaculizaren a apertura terá un impacto irrelevante na súa saneada economía: un máximo de 6.000 euros. O expediente continúa aberto á espera de resolución. Investigacións recentes cifran o patrimonio dos herdeiros do ditador nuns 500 millóns de euros |
PRAZA_14774 | O texto demanda unha lei de transparencia e acceso á información pública e "erradicar a precariedade laboral dos periodistas". Foi realizado polo Foro de Organizacións de Xornalistas, do que forman parte o Colexio de Xornalistas, o Sindicato de Xornalistas e as agrupacións de periodistas de CC.OO. e UGT. | "Chamamos a todas as forzas políticas, administracións públicas e asociacións representativas dos medios privados para que contribúan con responsabilidade a preservar o dereito da cidadanía a dispoñer de información de calidade e salvagardar un valor esencial da democracia". O Foro de Organizacións de Xornalistas, do que forman parte o Colexio de Xornalistas, o Sindicato de Xornalistas e as agrupacións de periodistas de CC.OO. e UGT. vén de publicar o Manifesto en defensa dun xornalismo ao servizo da cidadanía, que se presentará este venres en Madrid. O texto demanda unha lei de transparencia e acceso á información pública. Ademais chama a "preservar os medios públicos de comunicación" As organizacións asinantes instan o Goberno "a que tome conciencia de que o afundimento da prensa afecta directamente os alicerces da democracia, a cuxa construción no noso país contribuíron con exemplaridade os medios de comunicación e os seus traballadores". E denuncian que "os despedimentos, o empeoramento das condicións laborais, as ofertas de traballo escravistas e os peches de medios nos últimos anos están causando un grave deterioro da calidade informativa, limitan a independencia dos xornalistas e debilitan o compromiso da prensa coas liberdades". O texto demanda unha lei de transparencia e acceso á información pública. Ademais chama a "preservar os medios públicos de comunicación" e reclaman que "non deben ser analizados desde a visión da rendibilidade económica senón da rendibilidade social que deben dar". Tamén lles piden aos cidadáns que non esquezan "o grao de responsabilidade dos políticos no deterioro da credibilidade dos medios públicos coas súas estratexias de control da información e co nomeamento de representantes nos consellos que non responden os esixibles perfis de independencia". Piden "examinar coidadosamente todos os expedientes de regulación de emprego do sector da comunicación que se presenten" Piden igualmente "erradicar a precariedade laboral dos periodistas" e explican que "esta precariedade e inseguridade laboral está impedindo que os informadores poidan desenvolver con independencia de criterios o seu labor de mediadores da información veraz á que ten dereito a cidadanía". Consideran "urxente un plan de axudas á prensa, que debe estar condicionado ao mantemento do emprego; un plan destinado a impulsar proxectos innovadores, non unha vía de financiamento de recortes laborais e salariais". Por iso piden "examinar coidadosamente todos os expedientes de regulación de emprego do sector da comunicación que se presenten". Manifesto en defensa dun xornalismo ao servizo da cidadanía (.pdf) |
PRAZA_18995 | O escultor Uxío Souto ten 21 anos cando realiza a escultura Druidesa. Nela o artista presenta a unha heroína pagá, dunha presenza sabia, identificada coma "Galiza nai e señora sempre poderosa e forte……". | Tan só tí, soedade agreste, asilo és dos bardos digno! Queixume dos pinos (1886). Eduardo Pondal. O escultor Uxío Souto ten 21 anos cando realiza a escultura Druidesa. Nela o artista presenta a unha heroína pagá, dunha presenza sabia, identificada coma "Galiza nai e señora sempre poderosa e forte……". A súa estética proxecta diferentes mensaxes nunha soa imaxe, coma un cadro cubista a nivel simbólico. A súa actitude, graza e significación fan dela unha obra senlleira. Non é de estrañar que na crítica da revista Céltiga datada o 25 de novembro de 1927, engadan o comentario de cando recibiran a súa fotografía da man de Camilo Díaz Baliño: "De los labios y del corazón de todos salió esta exclamación: ¡Preciosa! La miramos y la remiramos, cada vez más admirados, de su finura, de su hieratismo imponente, de la belleza de sus líneas y sobre todo de su hálito de misticismo tan gallego, tan céltico como nuestro espíritu". E é que como escribe Vicente Risco nas entregas de Mitteleuropa en Nós, "a impresión da beleza impresionante fica sempre". O rostro da Druidesa é un dos aspectos mais relevantes desta escultura. Trátase dunha face ovalada cadrada, con carácter en canto a morfoloxía pero ao mesmo tempo, dulcificada pola forma das súas faccións. As cellas son delineadas e arqueadas. A boca pequena está en liña ca nariz recta, destacando mais aínda os grandes ollos, que están pechados. A queixada, polo contrario, aparece saínte rompéndose a proporción. O longo cabelo cae suavemente sobre a fronte para rematar nunha forte ondulación. É louro. (Algúns dos guechos aínda están pintados coas tonalidades louras orixinais). O cabelo libre, sen recoller e sinuoso, outórgalle unha marcada expresividade, mentres os ollos pechados indican un intenso estado de abstracción e conciencia, en pleno alcance dun nivel superior. O corpo da sacerdotisa é dunha constitución feminina atlética: proporcionada, dinámica e forte. O seu estómago está redondeado, unha característica física real que o artista non elimina nin estiliza. (Distánciase así dos corpos femininos idealizados da beleza clásica grega, canon das normas académicas de Arte, así coma da habitual caracterización clasicista das druidesas como a Norma (1831) de Giovanni Bellini). Sen embargo a escultura actualmente non mostra a mesma fisionomía que cando se cicelou. As fotografías publicadas en 1926 mostran os brazos cunha musculatura mais visible, o busto máis exuberante. Aínda que hoxe ás súas mans pequenas lle faltan os polegares, poden admirarse os dedos longos e finos, mentres a pel posúe un ton natural acorde coa cor da materia esculpida. E as voluptuosas curvas confírenlle unha sensualidade que se ve acentuada pola propia vitalidade da madeira. A súa estética leva a prensa a publicar artigos tan admirativos coma agudos, coma El Eco de Santiago, que no seu número do 20 de agosto de 1926 di dela: "Digna de aplauso antójasenos la atrevida escultura en madera policromada, "Druidesa" de Eugenio Souto". A sacerdotisa non loce pendentes, colares, broches, brazaletes ou aneis. Porta unha coroa, de estilo naturalista, engarzada con follas frescas de hedra nun verde escuro. Está ensamblada co fío da ramaxe. Está definida por unha rica ornamentación nas follas, especialmente na caluga, de tal forma que a coroa na parte frontal non distrae do rostro, concentrando toda a atención na expresión facial. En combinación co tocado o velo queda cinguido a cabeza e descende maxestosamente, outorgándolle á Druidesa unha presenza venerable. Un velo suma estilo e simbolismo. Neste caso trátase dunha tea pesada pero dun corte impecable. Cae recta dende a cabeza ata os seus pes, cun corte nos laterais que fai énfase no seu longo, sinalando o carácter ritual da sacerdotisa. O efecto da caída do velo é moi elaborado, destacando a silueta da Druidesa mentres a súa punta descansa suntuosamente no chan. A sacerdotisa viste un pano branco a altura das cadeiras atado nun nó. O seu corpo non está reprimido nin oculto por un traxe ou unha prenda. Vai descalza dando un paso cara adiante, mentres que o outro pe queda lixeiramente atrás. O precedente mais próximo a súa caracterización é a druidesa Velléda, inmortalizada por Chateaubriand en Os Mártires (1809). No libro X o escritor describe a profetisa da seguinte forma: Ela pasou moi preto de min ser verme. A súa estatura era alta; unha túnica negra, curta e sen mangas, que apenas servía para cubrir o seu espido. Ela levaba un fouciño de ouro suspendido dun cinto de bronce, e estaba coroada cunha rama de carballo. A brancura dos seus brazos e da súa pel, os seus ollos azuis, os beizos rosas, os seus longos cabelos louros que flotaban despeiteados, sinalaban a filla dos galos, e en contraste a súa dozura, o seu porte audaz e salvaxe. Ela cantaba cunha voz melodiosa verbas terríbeis, e o seu peito descuberto baixaba e erguíase coma a escuma das olas. Pero a Druidesa de Souto, a diferenza da Velléda de Chateaubriand, non leva consigo un fouciño de ouro e tampouco viste de negro senón de branco, igual que os druídas retratados por Díaz Baliño. É unha rapaza consagrada que tras subir os chanzos do altar, sitúase a fronte do mesmo e dispón as súas mans sobre el. O chan e a anta nos que se atopa son dunha estrutura masiva, de textura deformada e, estando soa, a enerxía que emite resulta aínda mais extraordinaria. O lume sobre a ara mantense acendido no instante na que a Druidesa establece un diálogo entre entes telúricos e celestes. Trátase dun acto de invocación no cal mantén os brazos abertos, coas palmas abertas cara arriba en sinal de total recepción. Ara Gael. 1930. Camilo Díaz Baliño. Segunda versión. A primeira versión de 1922 publicouse en "A Nosa Terra" o 25 de Xullo de 1922 e "La voz del campo" o 19 de Agosto de 1923. A atmosfera que envolve a Druidesa xera críticas de arte reveladoras; un artigo de Antón Fraguas publicada o 8 de outubro de 1927 en El Pueblo Gallego di dela que se trata dunha "talla en madera representando una sacerdotisa que implora auxilio del numen protector, mientras el fuego sagrado va lentamente consumiendo en el altar los restos de la víctima sacrificada". Nese aspecto esta imaxe transmite a mesma mensaxe de ansia de liberdade que obras coma Ara Gael (1922) de Díaz Baliño, sendo capaces de reverter sutilmente as connotacións bárbaras asociadas aos rituais celtas. Esta perspectiva está vinculada a visión nacional dos celtas cultivada por influentes artistas, escritores e pensadores que producen unha nova iconografía na arte, a prensa, a literatura, a política e o deseño gráfico. O mesmo periódico comenta que o "lugar preferente en las obras de Uxío Souto son los asuntos de la mitología de nuestros primitivos antepasados. Exaltando su alma de artista aquellos misteriosos sacrificios que canta Cabanillas en sus versos: Hai una longa pedra con misteriosos riscos onde e sona que en tempo os druídas adiviños cando a lúa na chea se espallaba no río ofrecían os dioses sangrentos sacrificios". A composición desta escultura está construída nun eixe simétrico vertical ascendente, cun predominio da imaxe frontal. A súa base é rectangular. A pedras conducen a superficie da anta, o que debuxa un cuadrángulo. Estas pedras están en harmonía coa posición das mans, que polo xesto dos brazos ata a cabeza, establece un triángulo. A cabeza, ao estar botada cara atrás, acentúa o movemento ascendente alongándose mais alá da propia escultura. Isto transfírelle a obra un aire aínda mais sacro, acorde coa súa personalidade dual coma Sacerdotisa e Matria. A Liberdade guiando ao pobo (detalle). 1830. Eugène Delacroix. Técnica: Óleo sobre lenzo. Medidas: 260 cm x 325 cm. Museo do Louvre. É significativo que Souto sume na figura da Druidesa varias clases de identificacións. A súa figura suma ser unha persoa real e alegoría, polo que a fai herdeira de imaxes ao estilo de "A Liberdade", pintada por Delacroix en A Liberdade guiando ao pobo (1830, Museo do Louvre) e coma icona celta, líder e nai ten os seus precedentes en obras coma a escultura de Boudicea e as súas fillas, realizada entre 1856 e 1883 e exposta en 1902. Boadicea e as súas fillas. Realizada entre 1856 e 1883. Instalada en 1902. Thomas Thornycroft. Westminster Bridge Road, xunto o Palacio de Westminster, Londres. Souto engadiulle outra dimensión: a da personificación nacional. A linguaxe artística destas figuras fai alusión a motivos iconográficos representativos, unha vestimenta, unha ambientación e un xesto. No seu caso a Druidesa aparece no intre de facer un chamamento, coroada de carballo, espida e situada nun anta como altar. É unha líder espiritual que desprende sensibilidade, rixo, paz, desafío, fermosura e liberdade. Unha percepción reforzada polas verbas gravadas aos seus pes: "Galiza nai e señora sempre poderosa e forte……", inspiradas no poema "Galicia" do libro Vento mareiro (1915) de Cabanillas no capítulo Da terra asoballada. Nestes versos ("¡Galicia! Nai e señora/sempre garimosa e forte;/preto e lexos; onte, e agora/mañán…na vida e na morte!"), Souto recolle os primeiros versos nos que introduce trocos importantes; "Galicia" pasa a ser "Galiza" e en lugar de "garimosa", escribe "poderosa". De forma cerimoniosa o artista emprega o termo "nai" coa interpretación de creadora, principio e alimento e "señora" cun senso de soberanía. Mais o contexto artístico, a linguaxe visual e as ideas nos que se concibe esta obra -en termos de Atlantismo, Celtismo, Terra e Matria- virán a continuación nun segundo traballo. María Callas en "Norma". 1964. Opéra/Garnier, París. Escena do primeiro acto da ópera de Bellini. Dirección musical: George Prêtre. Dirección de escena e ambientación: Franco Zeffirelli. Callas sempre coidou a caracterización dos seus personaxes; nesta Norma porta unha coroa metalizada con follas de loureiro prateadas. Leva un traxe longo de jersey de seda de cor branco crema, pregado, de varias pezas; escote de corte baixo e moi pregado, cinta cor xeo fixada baixo o escote ata o ombreiro e cintura axustada. A saia exterior é de muselina branca pregada cun cordonciño prateado no borde. Viste a xogo unha enagua interior a ton, de crina e tafetá branco sen ornamentación. O traxe acompáñase cun cinto abullonado e adornado con fío metálico prateado, bordado con pasamanería, trenzas laterais e nós bordados na parte central. Para completar o conxunto viste unha capa asimétrica de veludo azul pizarra embelecida con motivos florais e foliáceos, con fondo prateado e bordes metálicos, e un cinta en zigzag con pasamanería de fío de prata. Deseño de Marcel Escoffier, realizado polo Atelier Karinska. Colección Opéra National de Paris. Conservado no Centre national du costume en scéne. |
NOS_26591 | A sociedade dependente do Ministerio de Fomento non respecta os dereitos lingüísticos | A empresa pública Enaire, a sociedade dependente do Ministerio de Fomento dedicada á xestión da navegación aérea no Estado, promove un expediente a dúas empregadas que prestan o seu servizo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago Compostela por utilizar o galego na comunicación cos seus superiores, no marco das súas responsabilidades como representantes sindicais da Confederación Intersindical Galega (CIG). O anuncio de Enaire prodúcese tras recoñecerlle a Inspección de Traballo a estas traballadoras o dereito a empregar o galego "como lingua cooficial" e obrigar a empresa a atendelas. Segunda sinala a Nós Diario o representante da federación de transportes da CIG, Inácio Pavón, "desde o pronunciamento da Inspección de Traballo a dirección de Enaire tomou directamente a decisión de non responder os nosos escritos. A única resposta é solicitar que llos traduzamos para poder contestalos. A situación chegou a tal punto que neste momento dúas delegadas da CIG teñen aberto un expediente onde se lles acusa, nada menos, que de acoso laboral ascendente". "A quen pretende convencer a dirección de Enaire de que non poden descifrar o galego para atender as nosas solicitudes?", sinala Pavón, quen cuestiona "que unha empresa gaste diñeiro público nun despacho de avogados privado para investigar traballadoras e non teña medios para atender unha solicitude por estar escrita en galego" e "incumpra abertamente as resolucións da Inspección de Traballo". A Mesa pola Normalización Lingüista xa ten denunciado estes feitos diante do máximo responsábel de Enaire, o ministro de Fomento, José Luis Ábalos. A entidade en defensa da lingua solicita a Ábalos que "Enaire" corrixa esta situación e cumpra a lexislación que protexe os dereitos lingüísticos da cidadanía galega". Tamén o insta a realizar "as oportunas pesquisas sobre o grao de incumprimento do ordenamento legal vixente en materia de normalización lingüística, por parte de Enaire". "Xa nos diriximos a Ábalos e ao responsábel de recursos humanos de Enaire para que se corrixa esta situación", afirma a Nós Diario o presidente da Mesa pola Normalización Lingüista, Marcos Maceira, quen lembra que a "decisión está atentando contra o artigo segundo da Declaración Universal dos dereitos humanos e contra o dereito a traballar e vivir en galego. Non é tolerábel que unha empresa pública se poña á cabeza de destrución dos dereitos lingüísticos". |
NOS_39488 | Núñez Feixoo, cun PP cada vez máis recentralizador e escorado á dereita para competir co electorado de Vox, volve tirar de lemas para tentar manter a frote a imaxe dun PP galego, acuñando agora novo temo: unha Galiza "española pero galaica". | Na súa intervención este sábado no Congreso Provincial do PP da Coruña, que reelixiu Diego Calvo para liderar o partido neste territorio, o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, avogou por unha Galiza "española pero galaica". O mandatario apelou a xente nova, á que hai que atraer á política co obxectivo de "servir e non servirse". O fundamental, dixo, "é non consentir que se equiparen as mentiras e as verdades, porque iso produce unha deterioración na sociedade, algo que en España empezou xa hai uns anos". Feixoo asegurou que "gañar é difícil", para o que hai que "dialogar con todos", tamén cos que non lles votan, aos que fixo un chamamento. O titular da Xunta cre que moitos votantes do PSOE están desencantados "cun partido socialista que se converteu no partido sanchista" e con que "os que queren dividir España estean no propio Goberno". A vitoria, recalcou, pasa tamén por convencer os que votaron o BNG "porque pensaron que tiña patente para defender Galiza e agora son conscientes de que Galiza non se protexe copiando o independentismo vasco e catalán, nin sendo cómplices necesarios do desprezo de Pedro Sánchez a Galiza". Incide nos malos resultados das municipais Para abordar as próximas eleccións galegas, Feixoo recorreu a unha comparación futbolística e afirmou que, aínda que non tiveron bos resultados a nivel municipal, mellorarán grazas a congresos como o deste sábado. "O Depor vai subir, aínda que non fixese as cousas ben", dixo o titular da Xunta, que comentou que na Coruña están "afeitos" a que o balón "pegue o poste e salga fóra", como ocorreu en Ferrol nos últimos comicios. "Perdemos unha liga así", comentou. Posíbel pugna en Compostela entre Mayo e Berea O médico compostelán Fernando Mayo reuniu na sexta feira nunha cea nun hotel da Sionlla case 200 afiliados do PP de Santiago, ante quen reivindicou a súa intención de tentar dirixir a formación local "non por ser o mellor candidato" se non porque considera que "carecer de ataduras, ser libre e independente economicamente" pode levar "a que o seu futuro proxecto e o de todos poida chegar a bo termo". Aínda que o conclave local aínda non está formalmente convocado, os movementos na capital galega xa empezaron. Xa hai semanas, Mayo deu os primeiros pasos para tentar articular unha candidatura e mantivo diversos encontros con militantes do partido. Se finalmente presenta candidatura, en fronte podería ter o presidente da xestora local, Borja Verea. Alto cargo con Alberto Núñez Feixoo na Xunta (foi secretario xeral técnico da Consellaría de Economía) até que entrou de cheo na area da política local. Verea aínda non oficializou a súa intención de dar o paso, aínda que tampouco o negou. Iso si, este sábado chamou á unidade interna e agradeceu a confianza que depositou nel o seu presidente provincial, Diego Calvo, ao elixirlle como un dos catro vicepresidentes que o acompañarán na nova etapa do partido na dirección provincial coruñesa. |
PRAZA_15720 | ENTREVISTA A Illa de Arousa debaterá este xoves unha moción que pide a retirada do Anteproxecto de Lei de Acuicultura. Nas vindeiras semanas farano outros concellos. Falamos con Xocas Rubido, voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) | O pleno municipal da Illa de Arousa debaterá este xoves unha moción, proposta pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), que insta á Consellería do Mar á retirada do Anteproxecto de Lei de Acuicultura. Tamén o farán nas vindeiras semanas Vilanova de Arousa (luns 25), Cambados (xoves 28) e A Pobra do Caramiñal (28 de xaneiro). O texto incide nas críticas xa expresadas por esta entidade e pola maior parte do sector acuícola e marisqueiro, e denuncia que a lei "foi elaborada de costas á realidade e aos intereses das persoas que viven do Mar de Galicia". Sinala que "ningún sector do mar está conforme coa Lei porque entende que está deseñada para desmantelar os sectores produtivos primarios, e empobrecerá as comarcas costeiras" e alerta de que "a lei está deseñada para implantar a peixicultura intensiva a escala industrial e vai autorizar todo tipo de especies a cultivar, incluso foráneas ou exóticas, que poderían acabar sendo invasoras do medio natural". "Non nos negamos a que apoien a acuicultura real deste país, que é o mexillón, pero é que non o apoian. Os únicos problemas que padece o mexillón derívanse da neglixencia da administración á hora de coidar as nosas rías" Xocas Rubido, voceiro da PDRA, destaca que "o modelo de acuicultura que propón a Xunta non é sostible ambiental e socialmente". Lembra a importancia económica que sector marisqueiro e bateeiro ten en Galicia, 33 mil empregos, cun peso no PIB dos concellos de boa parte do litoral superior ao 20%. O sector do mar representa o 4% da produción total da economía galega. Tamén é un sector estratéxico na economía local polo emprego que induce en diversas actividades en terra. A moción que se debaterá subliña así mesmo que "á importancia económica do sector do mar únese ao valor social que adquire nos municipios costeiros, xa que ten a capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, o que o converte nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios". "É un modelo moi intensivo en capital e tecnoloxía e moi escaso en man de obra. En Noruega a acuicultura, líder en toda Europa, só xera 5.900 postos de traballo, moitísimos menos dos que hai en Galicia" O proxecto presentado polo Goberno galego ten aspectos positivos? Hai que poñer en marcha mecanismos para desenvolver un sector cunha innegable capacidade de crecemento? "Podes estar de acordo en que a acuicultura é un sector en crecemento en todo o mundo. Ben, pero que é a acuicultura en Galicia hoxe? O 95% é mexillón. Nós podemos estar de acordo en potenciar o mexillón", sinala Rubido. "Hai moitos modelos de acuicultura. En Asia, por exemplo, é moi diversa, coexistindo grandes, medianos e pequenos produtores. Pero a Xunta está falando do modelo europeo e o modelo europeo é, esencialmente, o noruegués. É un modelo moi intensivo en capital e tecnoloxía e moi escaso en man de obra. En Noruega a acuicultura, líder en toda Europa, só xera 5.900 postos de traballo, moitísimos menos dos que hai en Galicia relacionados coas actividades extractivas. Onde vai esa riqueza? A grandes empresas, a accionistas...", explica. "Non nos negamos a que apoien a acuicultura real deste país, que é o mexillón, pero é que non o apoian" -denuncia- "Os únicos problemas que padece o mexillón derívanse da neglixencia da administración á hora de coidar as nosas rías. Cantos anos levamos agardando que se saneen correctamente as nosas rías?". "Nós levamos tempo denunciando o deterioro da produción nas rías. Especialmente na Ría de Arousa, que ten o 68% de todas as bateas de Galicia, e o 45% das mariscadoras. Estamos falando dunha ría tremendamente produtiva, e que está na actualidade en declive, e está en declive pola deixadez de quen ten a responsabilidade de velar polo medio ambiente e pola produción acuícola", conclúe. "Hai xogadas por detrás. Pódese estar fomentando unha sensación de que hai que ir abandonando o barco, creando un escenario no que se desvaloriza o prezo das bateas" Este mesmo xoves Diario de Arousa publica as declaracións do presidente del Consello Regulador do Mexillón, Francisco Alcalde, que denuncia que trala Lei de Acuicultura se agocha un "pelotazo" e acusa Juan Maneiro -secretario xeral da Consellaría do Mar- e a "xente moi cercana" a el de "manexar información privilexiada sobre o articulado" da lei, mercando con prezos á baixa bateas de ostra que despois poderían multiplicar o seu valor. Rubido dálle validez a estas acusacións, e sinala que "hai xogadas por detrás. Pódese estar fomentando unha sensación de que hai que ir abandonando o barco, creando un escenario no que se desvaloriza o prezo das bateas". Efectos no medio "Os nosos produtos do mar son ecolóxicos, son de produción natural. Pero carecen desa cobertura e dese valor engadido, que dende a PDRA reivindicamos, porque estamos perdendo un diamante en bruto" Rubido sinala tamén as diferenzas existentes en termos medioambientais, de saúde e calidade alimentaria entre a produción acuícola industrial e a produción natural que na actualidade de leva a cabo nas actividades extractivas e nas bateas. "Afecta tamén á calidade dos alimentos e á saúde de toda a poboación. Os nosos produtos do mar son ecolóxicos, son de produción natural. Pero carecen desa cobertura e dese valor engadido, que dende a PDRA reivindicamos, porque estamos perdendo un diamante en bruto", di. "Ten, ademais, unha distribución moi horizontal, que é a que eles se queren cargar", engade. "Os custes medioambientais do modelo que propón a Xunta son moi superiores aos do mexillón. O detrito que deixa o mexillón é completamente orgánico e degrádase perfectamente. A acuicultura industrial, a pesar dos avances dos últimos anos, segue utilizando antibióticos e producindo degradación no medio", sinala. "Está tamén o perigo de que esas novas especies escapen e se crucen coas especies que temos aquí. Que lles pregunten aos noruegueses en que estado está o seu salmón salvaxe", di. Unha oposición crecente á lei "A pota está fervendo, hai moitas ganas de botar abaixo a lei. A xente non está por reformala, están por eliminala. Son eles os que nos están marcando o camiño" "Sabemos que hai malestar nos alcaldes do PP dos concellos costeiros, que xa expresaron as súas críticas, polo impacto electoral que tivo para eles a presentación deste proxecto", destaca. "Na Illa os concelleiros populares van apoiar a moción, e en Vilanova non sei se aprobarán a moción pero en todo caso están en contra da lei e van pedir que se devolva", di. "Hai unha gran movemento dentro do PP, que non sei que proporción pode representar ou que capacidade e forza pode ter, que vai pedir que a lei a metan nun caixón ou a paralicen. Se non o fan, sería un suicidio político para eles nestas zonas", engade. "Ogallá noutras zonas de Galicia se autoorganicen, para poder traballar todos xuntos e conseguir que non se aprobe esta lei" Rubido advirte de que "acabamos de comezar e non imos parar. A xente está cada vez máis mobilizada. Nós levamos anos reuníndonos e estamos vendo como nos últimos meses, dende que comezou este conflito, cada vez máis xente vén ás asembleas e cada vez está máis preocupada e con máis propostas", salienta. "A pota está fervendo, hai moitas ganas de botar abaixo a lei. A xente non está por reformala, están por eliminala. Son eles os que nos están marcando o camiño", comenta. Nas vindeiras semanas presentaranse máis mocións e os representantes do sector levarán a cabo novas formas de mobilización. "Ogallá noutras zonas de Galicia se autoorganicen, para poder traballar todos xuntos e conseguir que non se aprobe esta lei", destaca Rubido. Descarga aquí a moción que se debaterá nos concellos (.pdf) |
PRAZA_10486 | Nas negociación con DO para reter o poder na Deputación de Ourense, clave para que o PP poida chegar a 2020 con aspiracións reais de manter a Xunta, o baltarismo demostrou unha década despois de que Feijóo tentase derrubalo que é quen de chegar a sobrevivir politicamente mesmo mais que o actual presidente galego | Hai agora dez anos, en xuño de 2009, aínda non transcorreran os cen días de graza de Alberto Núñez Feijóo na Xunta. O líder do PPdeG era xa observado como o barón territorial que recuperara a Xunta para o seu partido e que ademais brindara a Mariano Rajoy unha vitoria electoral clave para a súa supervivencia política tras perder por segunda vez contra o PSOE de Zapatero. Foi naquel 2009 cando o equipo de Feijóo impulsou a operación coa que, unha vez reconquistada a Xunta, pretendeu acabar co baltarismo desartellando a manobra de José Luis Baltar para situar ao seu fillo á fronte da presidencia provincial do PP de Ourense para despois facer o mesmo na Deputación provincial. O aparello do PPdeG e mesmo do PP central promocionaron un candidato alternativo ao proceso congresual provincial, Juan Manuel Jiménez Morán, na altura alcalde de Verín, que acabaría caendo por 723 a 423 votos. Aquela fora, sobre todo, a primeira e máis sonora derrota política de Feijóo e os seus afíns, que xa non puideran facer nada por evitar, dous anos despois, que Baltar pai legase a Baltar fillo tamén o poder na Deputación.En 2009 Feijóo pretendeu desartellar a sucesión baltarista e acabou sufrindo unha sonora derrotaO bastón de mando da Deputación que Baltar volveu erguer este venres foi, precisamente, o que o baltarismo viu en risco tras as eleccións municipais do pasado 26M. Tras un axitado mandato na contorna do PP de Ourense temíase a perda de ata dous deputados provinciais que os fixesen baixar do limiar dos 13 que marcan a maioría absoluta na institución que a familia controla dende 1989. E así sucedeu. Baltar quedou con 12 e a aritmética da nova corporación dáballe dúas alternativas para reter o poder: pactar con Ciudadanos (1 escano), que se alimentou de escindidos do propio PP para as municipais, ou facelo con Democracia Ourensana (2 escanos), o partido local que fixo do antibaltarismo unha das claves do seu crecemento.O barón ourensán puido actuar dende o convencemento de que a cúpula de Feijóo non o ía frear pola independencia do PP de Ourense e pola necesidade do PPdeG de conservar a Deputación para afrontar as eleccións galegasO PSdeG, primeira forza no concello da capital provincial -9 de 27 edís- e segunda da Deputación -9 de 25 deputados- ofreceu o que chamou un "pacto pola rexeneración política para poñer fin ao caciquismo dos Baltar", que na Deputación pasaba por unha complexa maioría na que confluísen PSdeG, DO e, tamén -e ao mesmo tempo- BNG e Ciudadanos. Para explorar esa posibilidade o líder dos socialistas na provincia e candidato á alcaldía de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, mesmo puxo sobre a mesa a posibilidade de alternárense no poder cos de Jácome, cuestión que non era pacífica sequera dentro do propio PSdeG.Pero, alén dos movementos do PSdeG, a maquinaria do PP estaba a pleno rendemento. O discurso oficial da dirección do PP galego limitouse a reiterar a doutrina da "lista máis votada", asegurando que "deixaría gobernar" aos socialistas no Concello se eles facían o propio con Baltar na Deputación. Unha posibilidade tan remota como a de que Baltar non xogase todas as súas cartas para reter o poder. O barón ourensán podía actuar dende o convencemento de que a cúpula de Feijóo non o ía frear por dous motivos. Un, a absoluta autonomía -ou mesmo independencia- da franquía ourensá do PP a respecto da dirección galega. O outro, a case igual de absoluta necesidade de conservar a Deputación de Ourense para que a estrutura do baltarismo non esfarelase e con ela, o celeiro de votos ourensán, clave para poder chegar a 2020 con aspiracións reais de manter a Xunta.A política ourensá ferveu durante as dúas semanas que transcorreron entre a confirmación da perda da maioría absoluta na Deputación e o anuncio do acordo con Democracia Ourensana. Dese fervedoiro emerxeu un pacto rubricado por Baltar e Jácome, noutrora inimigos, que implicaba outorgar a alcaldía de Ourense ao líder de Democracia Ourensana -terceira forza da corporación, cos mesmos 7 edís que o PP, pero menos votos- a cambio de salvar o baltarismo na Deputación. Os insultos que ambos se dedicaran pasaran a ser cousas do pasado. "Agora" a relación é "excelente". Falan "todos os días" e mesmo "pode" que intercambien memes cos seus teléfonos móbiles, declarou Baltar a Onda Cero. Os dous bipartitos estaban feitos.Baltar logrou impoñer a súa lei cuns beneficios colaterais para o PPdeG que fan que agora, mesmo máis que no derrubamento frustrado de hai unha década, fique claro que o baltarismo pode sobrevivir politicamente a FeijóoNese intercambio Baltar sacrificou sen gran dor ao ex-conselleiro Jesús Vázquez tras catro anos de exercer a precaria alcaldía que Feijóo lle encomendara conseguir e Jácome fixo o propio co seu antibaltarismo. A cambio, Jácome logrou a alcaldía que desexaba e Baltar, a presidencia da Deputación, pero tamén algo máis: o compromiso de que Democracia Ourensana non volva presentarse ás eleccións autonómicas, a comezar polas de 2020. Baltar logra deste xeito evitar que uns cantos milleiros de votos a DO poidan, nun escenario axustado, restarlle escanos autonómicos ao PP de Ourense, os cales á súa vez adoitan ser claves para que o PPdeG reteña a maioría absoluta no Parlamento de Galicia. Baltar salvou o seu momento máis crítico e logrou impoñer a súa lei cuns beneficios colaterais para o PPdeG que fan que agora, mesmo máis que no derrubamento frustrado de hai unha década, fique claro que o baltarismo é quen de durar politicamente máis que o propio Feijóo. |
NOS_28673 | Medidas adoptadas polo Estado non teñen en conta a especificidade da frota galega, con milleiros de embarcacións de baixura | Neste ano está previsto que entren en vigor unha batería de normas e decretos aprobados polo Goberno de España e que están a xerar unha forte oposición no sector do mar galego. Limitacións á faena, como a que prohibe navegar a máis dunha milla da costa a aquelas embarcacións que carezan de balsa, son vistas como unha "irresponsabilidade", en palabras dun patrón maior da Barbanza, polo que supón de perxuízo para a frota galega. Lembran desde o sector que en Galiza gran parte das embarcacións de baixura teñen menos de 10 metros de eslora e por tanto non poden levar esa balsa. E se a estas se lles prohibir faenar a máis dunha milla da costa impediríalle traballar en caladoiros e postas onde o fan habitualmente: "Ou sexa, que en Madrid decidiron que temos que quedar en porto e non poder traballar", sentenciaba un mariñeiro da Pobra. "Isto non é como Andalucía, Cantabria ou Cataluña, aquí hai moito barco pequeno que non pode levar esa balsa, que exixan outras cousas equivalentes para garantir en seguridade, mais non iso porque non podemos, ou vannos pagar eles un barco máis grande?". Con todo esta non é a única medida que se aplicará en breve e que o sector ve con preocupación, como a norma que prohibe vender as embarcacións a aquelas persoas que as someteron a un proceso de regularización (pór de acordo a realidade do barco cos datos que figuran no rol). Un proceso que afectou principalmente ás embarcacións galegas. "Só poden deixarse en heredanza, e se un non ten fillos que queiran ir ao mar?" preguntaba no seu momento o patrón maior de Ribeira, José Pérez. E aínda hai outra norma máis adoptada polo goberno español que prexudica a frota galega especialmente. @s titulares de embarcacións regularizadas non poderían acollerse a subvencións. E a maioría destas embarcacións son galegas. Xa que logo, imposibilitan a pequenas e pequenos armadoras e armadores de embarcacións de baixura regularizadas a poderen acceder a achegas económicas (para modernizaren o barco, cumpriren coas medidas de seguridade,...) cuxa ausencia lles impide facer fronte a eses custos. |
NOS_12684 | A multinacional danesa fechou onte sen acordo as negociacións do ERE que afecta 115 traballadores e traballadoras e comprométese a escoitar ofertas pola planta até final de 2022. | O prazo de negociación do ERE de Vestas en Chavín (Viveiro), que afecta 115 traballadores e traballadoras, rematou esta segunda feira con denuncias do comité de "mala fe" por parte da empresa nas conversas. A multinacional danesa non accedeu a ampliar o prazo até final de ano, como pedían desde o comité e as Administracións. Será nesa data cando a empresa feche as portas da instalación fabril, xa que só garante a continuidade da actividade até 31 de decembro deste ano. Un ano máis, até finais de 2022 é o prazo que ofrece Vestas para que as partes atopen un posíbel investidor interesado en continuar coa actividade industrial da planta de Chavín. Para este fin contratou LHH, compañía á que outorgou o mandato de identificar a un investidor "e que xa traballa estreitamente con KPMG, consultora á que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) encomendou a mesma tarefa", así como con Invest in Spain, pertencente ao Ministerio de Industria. Sen novas propostas Ao rematar a xuntanza desta segunda feira, o comité de Vestas emitiu un comunicado no que lamenta que a empresa "non presentase novidades" respecto á súa última proposta, que pasa por reconverter a planta nun centro de operación e mantemento para máis de 20% do persoal, a recolocación do resto dos empregados e empregadas noutras instalacións de Estado español e a creación dunha bolsa de emprego. Agora, desde o comité, que cualificaron a xuntanza como "tensa", agardarán a ver a resposta das Administracións ante a "mala fe" coa que está a executar este proceso Vestas. Polo de pronto, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, lamentou que a empresa "non respondese as expectativas" que se estabeleceron entre a propia multinacional, a Xunta e o Ministerio de Industria para atopar unha solución á situación da fábrica de Viveiro, ao tempo que criticou que a empresa "non transmitise a súa vontade" de ampliar a negociación para poder "atopar algún tipo de saída" para os traballadores. Vestas anunciou en setembro o feche da fábrica de Viveiro a finais de 2021 xunto coas factorías de Lauchhammer (Alemaña) e Esbjerg (Dinamarca) no marco dun axuste de produción por causas operativas condicionadas polo mercado. |
PRAZA_17763 | O Goberno de Rajoy mantivo como obrigatorios estes "suplementos territoriais" durante o ano 2013, pero nunca foron cobrados; as eléctricas acudiron aos tribunais e o Supremo deulles a razón. A suba galega é a máis avultada do Estado HEMEROTECA | O gasto dos fogares galegos no recibo da luz disparouse un 60% na última década O BNG censura que a Xunta "mentise" coa suba da luz: "Grazas ao PP, pagaremos a factura máis cara do Estado" | HEMEROTECA | O gasto dos fogares galegos no recibo da luz disparouse un 60% na última décadaO BNG censura que a Xunta "mentise" coa suba da luz: "Grazas ao PP, pagaremos a factura máis cara do Estado"A inminente suba da luz en Galicia para compensar as principais compañías eléctricas por pagaren impostos adicionais no ano 2013 xa ten cifras, e as galegas son as máis avultadas do Estado. O incremento roldará os 16 euros durante un ano, segundo calcula o novo Ministerio para a Transición Ecolóxica, obrigado polo Tribunal Supremo a culminar un incremento no recibo eléctrico que ten a súa orixe en varias decisións do Goberno de Rajoy recorridas polos xigantes do sector ante os tribunais.Como veu informando Praza.gal, un dos primeiros paquetes de recortes aplicados polo Executivo central do PP en 2012 para "garantir a estabilidade orzamentaria e o fomento da competitividade" converteu en en "obrigatorios" os "suplementos territoriais" no recibo da luz. Isto é, un recargo adicional naquelas comunidades autónomas que aplicasen impostos propios ao abeiro da lei do sector eléctrico do ano 2007. No caso galego estes tributos son o canon de saneamento, o imposto sobre contaminación atmosférica, o imposto sobre o dano medioambiental dos encoros e, sobre todo, o canon eólico creado pola Xunta tras a chegada de Alberto Núñez Feijóo ao poder.O Goberno de Rajoy mantivo como obrigatorios estes "suplementos territoriais" durante o ano 2013, pero nunca foron cobrados; as eléctricas acudiron aos tribunais e o Supremo deulles a razónEsta obrigatoriedade foi eliminada apenas un ano despois na nova lei do sector eléctrico e ademais, en 2015, o Tribunal Constitucional considerouna contraria á Carta Magna española. No entanto, o precepto estivera en vigor durante o ano 2013, pero o Goberno central non aplicou nese ano a compensación ás eléctricas polos impostos autonómicos. Varias delas, encabezadas por Gas Natural Fenosa, acudiron á Xustiza e o Tribunal Supremo deulles a razón en 2014. O pasado abril o alto tribunal emitiu un novo auto instando o antigo Ministerio de Enerxía a aplicar xa a suba, á que a Xunta se negara en diversas declaracións políticas.As empresas son compensadas, no caso galego, por tributos como o canon eólico ou o imposto sobre o dano medioambiental dos encorosDado que, segundo advertiu o Supremo, os responsables do Ministerio poderían ter que asumir consecuencias legais en primeira persoa, o departamento agora dirixido por Teresa Ribera iniciou xa o trámite da orde para "executar integramente as sentenzas". O documento, en trámite de información pública ata finais de agosto, detalla que os gobernos autonómicos xa coñecen o "impacto económico" que esta situación terá "na factura dos consumidores" e que, no caso da Xunta, a Consellería responsable "achegou información" sobre o cobrado polos devanditos impostos.A suba galega é a máis avultada do EstadoCon esta información sobre a mesa o Ministerio conclúe que o recadado pola Xunta cos impostos ás eléctricas noa no 2013 ascendeu a 34,7 millóns de euros, aos que cómpre engadir 2,97 millóns máis en concepto de xuros polo atraso en compensalas. Resultan así 37,7 millóns de euros, o maior importe do Estado, só semellante ao de Castilla y León, que quedou en 31,2 millóns. Unha vez aplicados todos os criterios que marca a normativa o Ministerio calcula que nunha "factura media anual dun consumidor doméstico", na contorna dos 600 euros, o recargo ascenderá a 15,75 euros para a poboación galega, uns 1,32 euros ao mes.Neste contexto, o Ministerio admite que a vaga expansiva destas sentenzas xudiciais será diferente en función do punto do Estado que se trate e que, daquela, "os consumidores terán que soportar distinto custo na súa factura en función da comunidade autónoma na que se atopen". Así e todo, matiza, "o impacto será moi reducido" porque está "acoutado no tempo", xa que "a medida só afectou ao ano 2013". As forzas da oposición galega viñeran advertindo de que este incremento se ía producir, mentres que a Xunta se limitou durante meses a reiterar que non compartía a medida e que por iso a recorría. |
NOS_38746 | Foi o debut da selección galega masculina Sub21, que disputou un partido en Ourense contra o combinado estatal. | A selección galega masculina Sub 21 de hóckey disputou un partido amigábel este domingo 17 de outubro no renovado campo de Mariñamansa (Ourense), contra a selección española masculina +40. O combinado estatal estivo a fin de semana realizando un 'Stage' de preparación na cidade de Ourense. O equipo español iniciaba con este partido a súa preparación de cara ao Campionato Mundial de Nottingham (Reino Unido), que terá lugar en agosto de 2022. Na convocatoria do combinado galego entraron xogadores dos clubs CH Albor, CSA Ourense e CH Barrocás. O acceso ao público foi gratuíto e a asistencia ás instalacións estará condicionado aos protocolos actuais. O partido rematou con derrota galega (2-3) e foi un encontro "moi desputado", segundo a Federación Galega de Hóckey no que os xogadores galegos renderon a un moi bo nivel malia a derrota. |
NOS_27175 | A Praça da República de Viana do Castelo é palco hoje sábado de uma ação de apoio aos Estaleiros Navais e aos seus trabalhadores sob o lema "A Construção Naval não pode morrer", com a presença de Mário Soares, Marisa Matias, Ana Gomes, Pedro Abrunhosa, entre outros. | A partir das 16 horas na Praça da República de Viana do Castelo realiza-se a iniciativa "A Construção Naval não pode morrer" que terá a presença de Mário Soares, Marisa Matias ou Ana Gomes, e associações locais, regionais e nacionais e conta com o apoio da Câmara Municipal de Viana do Castelo e, evidentemente, dos trabalhadores dos Estaleiros Navais de Viana do Castelo. O objetivo é repudiar o anunciado encerramento dos ENVC e o despedimento dos atuais 609 trabalhadores, decidido pelo ministério da Defesa, e a subconcessão dos terrenos e das infraestruturas da empresa ao grupo Martifer. A ação prolonga-se pela tarde, com atuações de mais de trinta associações locais de caráter social, cultural e desportivo e intervenções políticas de vários quadrantes. Além do ex-presidente e das eurodeputadas, estão confirmadas intervenções dos atletas e campeões Manuela Machado e Rui Sousa e do músico Pedro Abrunhosa. Estão também confirmadas presenças de deputados como Carla Cruz do PCP e Gabriela Canavilhas do PS, e ainda fortes delegações sindicais da UGT e da CGTP, assim como os representantes do Instituto Politécnico de Viana do Castelo e da Associação Empresarial de Viana do Castelo. Estão igualmente previstas declarações de trabalhadores e antigos trabalhadores e da Comissão de Trabalhadores dos ENVC, assim como de representantes da Assembleia Municipal, das quarenta freguesias do concelho e de clubes e associações locais, que se juntam com manifestações diversas. "Estamos todos unidos nesta causa nacional. O país não pode permitir que esta empresa sucumba e esperamos em Viana do Castelo por todos os que acreditam que vale a pena lutar por uma empresa estratégica e por este setor", disse à Lusa o presidente da câmara, José Maria Costa. |
NOS_7087 | Navegan perante o noso litoral máis buques con cargamento de risco que no ano en que afundiu o Prestige (2002). As competencias en seguranza marítima continúan en mans do goberno central. | Ás 15.10 do 13 de novembro de 2002 foi o punto de partida dos días agónicos que precederon o afundimento do Prestige. Nese momento, un forte estrondo deu paso ao escoramento do buque, do que comezaba a saír fuel. Apenas cinco minutos após, solicitábase a axuda dos servizos de resgate. O barco atopábase a unhas 28 millas do cabo Fisterra. O 19 de novembro de 2002 o petroleiro afundiu e provocou a maior catástrofe ecolóxica na historia da Galiza e, con ela, unha inmensa mobilización social e política que desembocou na plataforma Nunca Máis. Naquel ano, 2002, circularon polo Corredor de Fisterra 12.446 buques que transportaban materias perigosas, denominación que engloba produtos como hidrocarburos, gas, materiais tóxicos ou produtos corrosivos, entre outros. O 'erro' en só un deles -0,008% do total- provocou un dos maiores sinistros marítimos de Europa. En 2017 foron algo máis de 12.700 os buques con cargamento de risco que navegan fronte ás nosas costas. Son 254 buques máis que no ano do Prestige. Embarcacións que, como denunciaban desde hai tempo colectivos da defensa do medio ambiente como a Plataforma en defensa da Ría de Arousa, entre outras, son "bombas de reloxaría potenciais". "Bombas de reloxaría potenciais" Así pois, unha media de 35 barcos con mercancías perigosas a bordo pasa fronte ás costas do noso país cada día. Unha ratio que poucos territorios teñen que soportar. Os hidrocarburos continúan a ser a principal mercancía que eses buques 'perigosos' transportan na s súas adegas. Unha das decisións adoptadas após o desastre do Prestige foi a de habilitar catro carrís de navegación (antes había dous) no Corredor do Atlántico, fronte a Fisterra: a 21,7 millas (40 quilómetros); 28,3 millas (52 Qm); 35,5 millas (65 quilómetros) e 39,5 millas (73 Qm) das nosas costas. Dazasete anos despois do desastre do Prestige, Galiza continúa a carecer das competencias necesarias para afrontar un accidente das características do Prestige. A falta de medios e toma de decisións en Madrid impedirían actuar coa axilidade que requiren as actuacións de emerxencia. Así, e aínda que cada ano pasan pola costa galega un nutrido número de mercantes, con mercadorías perigosas, o Goberno central non contempla o traspaso das competencias en materia de seguranza marítima a Galiza. |
NOS_45706 | O segundo dos requisitos, que polo menos tres persoas da unidade familiar dependan economicamente da persoa que solicita a prestación, cumprirá para recibir os 50€ a maiores. É dicir, para cobrar 450€ cómpre que tampouco a parella reciba ingreso ningún | Maquillada con expresións como "axudar a quen máis o precisa", "que ninguén quede sen a asistencia do estado se ten necesidades perentorias" ou "medidas de carácter social para quen sofre serias dificultades", a comparecencia realizada perante a prensa esta sexta feira, após o Consello de ministr@s, por Soraya Sáenz de Santamaría acompañada da titular de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, pintou para a protección por desemprego un panorama ben distinto do que este sábado se publica no BOE --Boletín oficial do estado--. Debullamos de seguido os puntos que o Goberno español esqueceu comentar ao redor dun programa, o Prepara, de seis meses de duración e que fora prorrogado xa outras dúas veces. Desta volta, a prestación caducará o vindeiro 15 de febreiro de 2013. O Goberno español anunciou unha esmola de 50 euros para "situacións de maior necesidade". Dicimos esmola porque a subida, de 399 a 452 euros, aplicarase naqueles supostos en que @ solicitante teña polo menos tres --e non dúas, como sinalou Sáenz de Santamaría-- persoas ao cargo, pois a súa parella non deberá recibir ningún tipo de ingreso. É dicir, unha unidade familiar composta como mínimo por catro persoas --a que pide a prestación e as tres que viven ao seu cargo-- recibirá un subsidio de 452€. Para o resto dos casos, a axuda será de 399€ ao mes Quen reclame os 400€ deberá demostrar que buscou traballo remunerado durante un mínimo de 30 días desde que deixou de cobrar a prestación por desemprego. Por exemplo, acreditando empregos cunha duración de días ou poucas semanas, dos que non se derive dereito a cobrar o paro. A persoa terá que figurar inscrita en programas de formación, e en itinerarios profesionais (IPI). O "compromiso do parado na procura de emprego" vixiarase namentres se beneficie do subsidio Para poder cobrar, a unidade familiar deberá ter uns ingresos inferiores aos 481€ por persoa, o 75% do salario mínimo interprofesional. Por exemplo, nunha casa partillada por unha parella, dúas crianzas e a avoa, para sabermos se alguén ten dereito ao subsidio a tenor deste requisito do Goberno español habería que dividir os ingresos d@s cinco entre @s cinco, e o resultado ser inferior a 481€. Esta exixencia afondará na dependencia económica das mulleres, pois habitualmente é o home o que traballa fóra e, por tanto, o que ten ingresos. Outro suposto, o dunha moza ou dun mozo a quen se lle concede a prestación do 16 de agosto en diante --as medidas aprobadas na sexta feira non teñen carácter retroactivo--, mais que volve á casa para non pagar un alugueiro, poñamos por caso: ficaría excluíd@ do programa de superar a renda familiar os 481€ por persoa De non existiren cargas familiares, só accederán á prestación desempregad@s de longa duración: @s que leven 12 dos últimos 18 meses sen teren un traballo remunerado Quen solicite a prestación dos 400€ --ou 452€-- deberá achegar asemade un certificado emitido pola Xunta de Galiza ou polo Goberno local "onde se faga constar a percepción ou non" de todos os subsidios que estiveren a recibir tanto a persoa que pide a axuda como o resto de integrantes da unidade familiar. A este respecto, a ministra Fátima Báñez especificou que daquela farán parte todas as persoas que habiten unha vivenda, incluidas as crianzas menores de 26 anos ou con diversidade funcional, así como as avoas e os avós. Até o de agora, os ingresos dest@s últim@s non se tiñan en conta á hora de botar as contas para conceder este tipo de prestaciónsNOTA: a imaxe que acompaña a información é de Iván López |
NOS_58237 | As empresas editoras galegas, vascas e catalás reuníronse a pasadas quinta e sexta feiras en Valencia no marco de traballo do Galeusca. Coincidiron en reivindicar plans integrais de fomento da lectura nos que participen todos os axentes sociais: familia, escola, sector do libro… | O 16 e 17 de xuño tivo lugar en Valencia o encontro de traballo Galeusca, que reuniu as editoras galegas, vascas e catalás. Concluíron que é necesario difundir plans integrais de fomento da lectura no que participen todos os axentes sociais implicados, como a escola, bibliotecas, familias… "Deben participar de forma activa e responsábel na implantación efectiva de hábitos de lectura", sinala a organización a través dun comunicado. Amais da necesidade de implantar plans de lectura, unha das cuestións que máis interese suscitou nos dous días de debate tivo a ver co libro dixital. As persoas participantes, segundo asegura a organización, manifestaron a súa incerteza ante este novo modelo de negocio. Aliás, no Galeusca apostouse nunha maior colaboración entre as empresas editoras, partillando experiencias e estratexias; en darlle maior visibilidade á edición nas linguas propias das tres nacións; en difundir contidos de máxima calidade e en instar as Administracións públicas á racionalización do IVE cultural e a adoptar medidas contra a piratería. As editoras comprometéronse a avaliar de maneira periódica os modelos de préstamo dixital e avogaron por estabelecer un maior diálogo e implicación de todos os sectores da cadea de valor do libro coas administracións públicas. O obxectivo pasa por implantar políticas culturais efectivas que poñan en valor o libro e a lectura como principais elementos dinamizadores dos procesos culturais. Galiza acollerá o Galeusca 2018 Na xuntanza tamén se decidiu a sede do vindeiro Galeusca, que terá lugar en 2018 en Galiza. Será a Asociación Galega de Editores (AGE) quen se encargue de organizar a novena edición, en colaboración coa Associació d'Editors del Pais Valenciá, a Euskal Editoreen Elkartea e a Associació d'Editors en Llengua Catalana. As tres asociacións agrupan máis de 200 empresas, cuxa produción anual supera os 12.500 títulos en galego, vasco e catalán. |
NOS_34338 | O país, que superou con éxito a primeira vaga, está a sufrir unha emerxencia nesta segunda, batendo rexistros de contaxios e de falecementos nos últimos días. | É o coñecido como unha "profecía autofrustrada" ou "dilema do profeta", unha predición que unha vez realizada é a propia causa de que no se cumpra. Exemplo práctico: os danos oculares nunha fábrica de montaxe van en aumento, decídese estabelecer o uso de gafas de protección, os accidentes diminúen drasticamente durante décadas até que se opta por retirar a obrigatoriedade de usalas porque, "que necesidade hai delas se ninguén perde un ollo desde hai anos?". Outro exemplo máis próximo: unha pandemia provocada por un novo virus ameaza con causar numerosas mortes e o colapso do sistema sanitario, as autoridades deciden estabelecer duras medidas restritivas para frear a súa expansión e o risco fica minimizado, até que se reflexiona que "o perigo non era tal, o virus non é tan grave e realmente as restricións non son necesarias". Advertíao ─profetizábao─ Christian Drosten, director do Instituto de Viroloxía do Hospital Charité de Berlin, pouco antes de Alemaña iniciar o proceso de desconfinamento tras a primeira vaga da Covid-19. "Neste momento, estamos a ver as UCI medio baleiras en Alemaña. Isto é porque comezamos cos diagnósticos antes e a unha grande escala, e freamos a epidemia", sinalaba nunha entrevista para o xornal The Guardian. "A xente estase a queixar de que reaccionamos esaxeradamente, e hai unha presión política e económica para a volta á normalidade", afirmaba Drosten ─un dos expertos que en 2003 identificou o virus do SARS─ e poñíalle nome á situación, a esa profecía autofrustrada: un "paradoxo da prevención" que segundo el se instalara na sociedade alemá e que tería graves consecuencias no futuro. "Preocúpame que o factor de reprodución comece a medrar de novo e que teñamos unha segunda vaga". Era o 26 de abril. Dúbidas sobre o virus Máis de oito meses despois os datos danlle a razón. Tamén as autoridades. Lothar Wieler, director do Instituto Robert Koch de Enfermidades Infecciosas (RKI), a axencia do Goberno alemán responsábel do control de enfermidades, afirmou esta semana que o éxito en frear o virus durante a primeira vaga levara moitas persoas a cuestionar a gravidade do coronavirus. Nunha conferencia de prensa na quinta feira, Koch advertiu que ese "grande éxito" inicial está a provocar que agora non se estean a seguir as regras de distanciamento físico e os períodos de corentena. As autoridades sanitarias alemás contabilizaron onte 432 vítimas mortais e 23.449 contaxios ─643 máis que hai unha semana e 1.403 máis que na quinta feira─. Segundo datos do RKI, o récord de novas infeccións alcanzouse o 20 de novembro, con 23.648 positivos, e o de falecementos esta mesma semana, na cuarta feira, con 487. Foi precisamente nese día que o Goberno federal e os länder (Estados federados) acordaron estender as restricións até o 10 de xaneiro, con centros culturais, bares e restaurantes fechados, e coas reunións nas casas limitadas a cinco persoas de até dúas unidades familiares. O director do RKI dixo estar seguro de que "a medida que se dean máis casos, cando a xente o vexa entre os coñecidos" haberá maior respecto polas normas. Porque segundo Wieler, hai xente que non coñece ninguén que se contaxiase coa Covid, o que dificulta tomar consciencia da dimensión da pandemia. Mesmo, dixo, hai quen nega que o coronavirus exista. Chamouno un "paradoxo da prevención". |
PRAZA_19580 | A Cámara galega presenta os materiais didácticos cos que, a través da popular familia, tentará "espertar o interese dos máis novos sobre os valores democráticos" | Dos libros pasaron á televisión e ademais de contarnos historias da súa vida cotiá leváronnos por múltiples recunchos do país, cantaron e bailaron con Novedades Carminha, Ataque Escampe, The Homens ou O Sonoro Maxín e agora chegan ao Parlamento. Os personaxes da familia d'Os Bolechas, creada por Pepe Carreiro, son dos máis populares entre a rapazada, á que de agora en diante tamén lle explicarán como funciona a Cámara galega e que é o que alí se debate e decide. Uns catro centenares de nenas e nenos acudiron este venres ao Pazo do Hórreo para coñecer de primiera man a sede do lexislativo e estrearen os materiais didácticos editados pola institución coa imaxe da popular familia. Na parte alta da escalinata principal do recinto, a que só se emprega nas solemnidades, os convidados foron recibidos polo presidente, Miguel Santalices, membros da Mesa e dos grupos, pero tamén polos protagonistas da xornada: Carlos, Loli, Pili, Braulio ou Sonia. Mesmo Tatá, o bebé da familia, tivo o seu espazo na tribuna dende a que deputadas e deputados defenden as súas propostas. Todos os colexios de Infantil e Primaria de Galicia van recibir un capítulo da serie d'Os Bolechas ambientado no Pazo do Hórreo para "espertar o interese dos máis novos sobre os valores democráticos" Estes materiais didácticos servirán para orientar o alumnado dos centros educativos que se acheguen ao Parlamento dentro do programa de visitas escolares, pero tamén sairá do propio recinto. Así, todos os colexios de Infantil e primaria do país "recibirán en soporte dixital un capítulo da serie d'Os Bolechas ambientado no Parlamento" co que se "tratará de espertar o interese dos máis novos en relación cos valores democráticos e o papel central do Parlamento". Este material complementarase cun espazo na web do Parlamento. "Entrastes pola porta que só abre cando veñen persoeiros importantes", saudou ás nenas e nenos o presidente da Cámara quen lles explicou que no lexislativo galego se toman decisións que os atinxen tamén a eles, "como os colexios, as materias de estudo, a lingua, os hospitais ou os centros de saúde". "Estamos encantados de que veñades ao Parlamento", asegurou, nun contexto no que a Presidencia di querer "potenciar, especialmente entre a comunidade escolar" o devandito programa de visitas guiadas. |
PRAZA_18848 | Dende o comité de folga cifran nun 87% o seguimento da mobilización deste 22 de decembro, que obrigou a emitir o especial da lotaría do nadal sen apenas recursos propios. A reivindicación do persoal foi visible nas conexións con algunhas das administracións premiadas | Despois de que a folga de 24 horas do pasado día 19 lograse mudar a programación habitual da CRTVG e tras un novo venres negro, o trixésimo primeiro, o persoal mobilizado nos medios públicos galegos tiña convocada para este sábado unha nova mobilización. Neste 22 de decembro a folga desenvolveuse só durante a mañá coa intención fundamental de condicionar a emisión do sorteo da lotaría do Nadal na Televisión de Galicia e na Radio Galega para así facer visible o conflito. E o persoal dá o obxectivo por logrado.Dende o comité de folga cifran nun 87% o seguimento da mobilización deste 22 de decembro, que obrigou a emitir o especial da lotaría do nadal sen apenas recursos propiosDende o comité de folga cifran nun 87% o seguimento da mobilización, fixada das 8 da mañá ás dúas da tarde. Durante esas horas, aseguran, "nas instalacións da CRTVG en San Marcos e nas delegacións" os postos de traballo "baleiros" eran abondosos e, no caso da TVG, o especial da lotaría foi emitido, pero en circunstancias ben distintas ás habituais. A canle pública "emitiuna en sinal compartida da FORTA", a rede que comparten as televisións autonómicas de todo o Estado, pero cunha "mínima personalización da TVG, só un comentarista en Madrid" e sen grafismos propios. Pero alén o impacto da folga tamén atinxiu ás conexións en directo cos puntos de Galicia nos que tocou a lotaría -este tipo de coberturas son realizadas na TVG, en boa medida, por persoal de produtoras privadas contratadas pola corporación pública-."Non nos tocou a lotaría, pero grazas a ela puidemos contarlle á xente que estabamos en folga", sinalan. Non en van, nas conexións realizadas pola TVG e tamén por outras canles foi evidente a presenza do persoal en folga, con pancartas deseñadas para a ocasión simulando billetes de lotaría que foron perfectamente visibles durante as conexións. "Non sempre nos van poder silenciar", sintetizan.A reivindicación do persoal foi visible nas conexións con algunhas das administracións de lotaría que repartiron premios da lotaría do nadalAs organizacións sindicais "agradecen" o apoio recibido nunha xornada de folga na que "temían" que "a dirección tentase suplir" a carencia de persoal "solicitando á audiencia documentos gráficos a través das redes sociais para que a retransmisión se vise menos alterada". Por iso realizaran "un chamado á cidadanía para que apoie á folga non achegando vídeos ou fotografías á CRTVG sobre a incidencia do sorteo da lotaría".Como nas anteriores xornadas de folga, o obxectivo desta mobilización é frear o que consideran un proceso de "desmantelamento dos medios públicos", con "sucesivas decisións que van en detrimento da encomenda de servizo público coa que foron concibidos". Entre as medidas que reclaman figura a "recuperación da produción propia interna, con programas de servizo público" como os debates políticos ou os programas de reportaxes de actualidade, unha "estrutura de persoal axeitada" e "a erradicación da manipulación informativa co cumprimento da lei de medios e o cesamento da exteriorización indiscriminada de produtos e servizos".Unha vez concluída a folga dende o colectivo Defende a Galega xa se avanza a intención de continuar cos venres negros. "Seguimos no noso empeño de denunciar o que non se pode permitir nos medios públicos", advirten. |
NOS_40568 | Sobe a tensión entre ambos Estados logo de que o Goberno dos EUA anunciase represalias polo suposto ataque informático de Pyongyang contra Sony Pictures, cuxa autoría non está clara. | O presidente de Estados Unidos, Barack Obama, autorizou novas sancións contra Corea do Norte e os seus oficiais como "primeiro aspecto da resposta" de EUA contra o ataque informático presuntamente realizado por Pyongyang contra o estudo Sony Pictures en resposta á película 'A Entrevista', malia que non existen probas definitivas da responsabilidade deste goberno na actuación hacker. "Estas accións están motivadas polo noso compromiso a responsabilizar a Corea do Norte da súa conduta irresponsable e desestabilizadora", declarou o secretario do Tesouro Jacob Lew. "Estas sancións foron adoptadas baixo a autoridade dunha Orde Executiva do presidente para illar aínda máis ás entidades norcoreanas", engadiu. Compañías de seguridade dubidan da autoría que o FBI apunta a Corea do Norte Ademais, outros dez individuos foron obxecto de sancións, entre eles representantes norcoreanos en África do Sur, Rusia e Irán. O comunicado do Tesouro limítase a informar da autorización das sancións e non menciona a forma que adquirirán. Varias compañías de seguridade informática de Estados Unidos manteñen a día de hoxe que a autoría de Pyongyang non é tan clara como cre o FBI. Corea do Norte négaa e recorda que tamén foi atacada informaticamente nas últimas semanas. Os EUA acusan a Pyongyang de realizar prácticas que a propia Administración norteamericana realiza masivamente, como no seu día revelou o xornal británico The Guardian ao publicar que o erario público estadounidense financia a empresas como Microsoft, Google, Yahoo e Facebook para colaboraren nos programas de espionaxe da Axencia Nacional de Seguranza dos EUA. |
NOS_38428 | Abascal na Coruña advirte que España non se discute, senón que se defende até as últimas consecuencias fronte calquera intento independentista. Ás portas do mitin concentrouse máis dun cento de mozas e mozos con bandeiras de Galiza e lemas antifascistas e feministas. | Santiago Abascal achegouse á Coruña para participar do mitin da organización de ultradereita. Fóra do auditorio recibiuno máis dun cento de mozas e mozos que portaban bandeiras de Galiza e entoaban lemas antifascistas e feministas. O presidente de Vox, Santiago Abascal, participou do acto que o seu partido de ultradereita organizou en Palexco, na cidade da Coruña, no marco da campaña electoral do 28A. Desde alí chamou á defensa dunha España unida enchendo as urnas de votos para a súa formación, e cualificou a Galiza de rexión entrañábel da nación española Advertiu que "España nin se vota, nin se negocia, nin se discute, deféndese até as últimas consecuencias" fronte calquera intento independentista. Non ficou curto en críticas a Sánchez, Feixoo e Rivera, e advertiu que "España nin se vota, nin se negocia, nin se discute, deféndese até as últimas consecuencias" fronte calquera intento independentista. Berraron mensaxes como "Fascismo nunca máis" e "Galiza ceibe, poder popular" Máis dun cento de persoas, na súa maioría mozas, congregouse ante Palexco para recibir a Abascal con proclamas e eslóganes antifascistas e feministas. As persoas manifestantes ondearon bandeiras da Patria Galega e berraron mensaxes como "Fascismo nunca máis" e "Galiza ceibe, poder popular". A policía antidisturbios situouse todo o tempo ante as mozas e mozos que se concentraron contra a presenza da ultradereita. |
NOS_13231 | Olaxonmario e Neeumátiko manterán encontros en centros de ensino. | Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, as tres universidades públicas galegas e a Deputación da Coruña, retomarán nesta edición o seu programa de xuntanzas formativas en diferentes espazos sociais e educativos. Abre o prazo de inscrición dos Premios Youtubeiras, que incorporan unha nova categoría O obxectivo desta iniciativa é impulsar a "capacitación, o achegamento ás novas xeracións e o intercambio de coñecemento no seo da comunidade creadora na rede". O primeiro destes encontros terá lugar o vindeiro 22 de outubro no espazo Apego de Santiago de Compostela. Baixo o título de 'A megacolab', a xuntanza estará dirixida polo grupo Ginko -formado por María Lobo e Roi Guitián. A sesión estará centrada na "comunicación e creación colectiva coa idea de tecer rede e xerar colaboracións no futuro". Asesoramento fiscal A seguinte xuntanza, que decorrerá de maneira telemática o 1 de decembro, orientará os creadores e creadoras de contidos dixitais en cuestións relacionadas co asesoramento fiscal. 35 finalistas aspiran a gañar os V Premios Youtubeiras Neste caso, a profesional do sector Paloma López Retorta, será a encargada de responder as dúbidas que trasladen as persoas asistentes sobre "facturación, contabilidade e outros trámites administrativos". Encontros en centros educativos Por outra parte, a organización dos Premios Youtubeiras destacou onte nun comunicado de prensa a aposta por achegarse á mocidade nos seus centros de ensino. Olaxonmario triunfa na 5ª edición dos Premios Youtubeiras Escolas e institutos de Ames, Moaña, Pontevedra e Santiago son os puntos escollidos para que Olaxonmario e Neeumátiko presenten o proxecto de Youtubeiras ao estudantado. Ademais, tanto Mario Brión como Nee Barros -premio Youtubeiro 2021 e premio Calidade Lingüística 2021 respectivamente-, darán a coñecer diferentes canles que participarán na edición deste ano dos Premios Youtubeiras. |
NOS_9652 | O candidato republicano ás presidencias estadounidenses, Mitt Romney, comezou a súa xira na procura do voto xudeu, un dos lobbies de maior influencia nos EUA, xunto coa Asociación nacional do rifle (NRA). | Na súa visita a Israel o candidato republicano, Mitt Romney, mantivo as posicións tradicionais de calquera candidato á Casa Branca e defendeu os intereses israelís tanto nos territorios palestinos como na rexión. A existencia dun importante lobbie xudeu nos EUA, con influencia entre o electorado, leva en campaña electoral os candidatos á presidencia de xira por Israel na procura de se amosaren "máis sionistas que nunca". Mitt Romney reuniuse co primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu e asegurou, segundo os seus asesores, a súa intención de apoiar Israel se decidise empregar a forza co obxectivo de deter o suposto programa militar de Irán. Os EUA, tradicional aliado exterior de Israel, manteñen unha estreita relación diplomática, económica e militar co estado sionista. O candidato mesmo dixo recoñecer Xerusalén como a súa capital lexítima. As autoridades palestinas acusan a Romney de "espallar o extremismo, a violencia e o odio", pois as súas declaracións "premian a ocupación e a agresión" promovidas por Israel desde a súa creación como estado en 1948. Segundo o secretario xeral da Organización para a liberación de Palestina, os estadounidenses deben deixar de procurar o voto xudeu en detrimento dos "dereitos do pobo palestino". |
NOS_29639 | O dirixente brasileiro acada a Presidencia do país nun xornada electoral protagonizada polos incidentes causados por partidarios do candidato de extrema dereita. | O ex presidente do Brasil e candidato do Partido dos Trabalhadores (PT), Luiz Inácio Lula da Silva, obtivo este domingo unha histórica vitoria na segunda volta das eleccións presidenciais do país suramericano. Lula ou Bolsonaro: O Brasil decide o vindeiro presidente Con 99,99% do voto escrutado, Lula da Silva recibiu o apoio máis de 60,3 millóns de brasileiros e brasileiras, 50,9% dos votos. O seu adversario, o ultradereitista Jair Bolsonaro, obtivo 58,2 millóns de papeletas, 49,1% restante. O novo dirixente 'carioca' xa estivera perto de obter a vitoria na primeira volta dos comicios presidenciais, desenvoltos o pasado 2 de outubro, nos que quedou a menos de dous puntos de alcanzar a maioría absoluta. A "resurrección" de Lula da Silva A vitoria de Lula da Silva nestas eleccións do Brasil está marcada polo seu previo paso polo cárcere, acusado un presunto caso de corrupción do que foi exculpado polas irregularidades no proceso xudicial. Arrinca a campaña electoral no Brasil: Lula avantaxa Bolsonaro nas enquisas O candidato do Partido dos Trabalhadores conseguiu sobreporse á campaña de desprestixio organizada pola ultradereita política, xudicial e mediática do país -"Fun vítima da maior mentira xurídica contada en 500 anos de historia do Brasil", chegou a afirmar-, converténdose no novo presidente dos brasileiros e brasileiras. Precisamente, estas foron as primeiras declaracións de Lula da Silva após ser oficial a súa vitoria. "Gobernarei para 215 millóns de persoas. Hai un único país, un único pobo, unha gran nación", manifestou. O xiro progresista en Suramérica impulsa Lula Sobre a campaña organizada para encerralo en prisión e evitar que se presentara á reelección, o novo dirixente explicou que se considera "un cidadán que viviu un proceso de resurrección. Intentaron soterrarme vivo e aquí estou". No entanto, Lula centrou o resultado dos comicios na "vitoria dun gran movemento democrático" por enriba de partidos e "intereses persoais". Bolsonaro garda silencio, por agora O actual presidente, Jair Bolsonaro, non se pronunciou aínda sobre a vitoria de Lula da Silva. Neste sentido, o presidente do Tribunal Superior Electoral, Alexandre de Moraes, desvelou aos medios brasileiros que falou cos dous candidatos antes de anunciar os resultados, e asegurou que a súa oficina non ve "ningún risco real de contestación". Unha deputada de Bolsonaro persigue pola rúa a punta de pistola a un simpatizante de Lula Porén, durante a xornada electoral do domingo vivíronse numerosos incidentes protagonizados polas forzas bolsonaristas que dan a entender que o candidato da extrema dereita non aceptará polas boas a súa derrota nas urnas. O máis grave dos episodios tivo como actor fundamental a Policía Federal do Brasil, posicionada con Bolsonaro e acusada de ser parte importante da detención irregular de Lula da Silva. En total, denunciáronse case 600 operacións policiais para intentar dificultar o voto nos territorios brasileiros nos que o candidato do PT tiña maior número de apoios. Uns incidentes que numerosos xornalistas internacionais que cubrían a xornada electoral non dubidaron en cualificar como "intento de golpe de Estado" do aínda presidente. Lula busca gañar o electorado do sueste do Brasil para alcanzar a Presidencia O propio Bolsonaro mostrou en númerosas ocasións as súas dúbidas sobre os resultados dos comicios, a medida que os inquéritos lle daban cada vez menos opcións de reeditar o seu mandato á fronte da Presidencia do Brasil. |
PRAZA_18382 | Co portugués tamén temos unha chea de falsos amigos, mais como a lingua irmá non ten unha relación diglósica coa nosa o perigo daqueles constitúe só un problema de má comprensión ao lermos en portugués, partindo da premisa errónea de crermos que dada a estreita relación de ámbalas linguas toda palabra igual ou parecida ten o mesmo significado. | En Lingüística denomínase "falso amigo" á palabra dunha lingua que é igual ou parecida a outra doutro idioma, quer na pronuncia, quer na escrita, pro cuxos significados son diferentes. A maioría das veces ese parecido provén de teren ámbalas palabras unha mesma orixe etimolóxica, mais a evolución en cadanseu idioma fixo que derivasen en significados distintos: gl. carreira e oc. carrièra (rúa), gl. carreiro e ct. carrer (rúa), gl. débil e fr. débile (insensato), gl. doente e ct./oc. dolent (mao), gl. dona e ct. dona (muller), gl. femia e fr. femme/oc. femna (muller), gl. gustar/gostar e it. gustare (probar), gl. hostal e oc. ostal (casa), gl. lume e ct. llum/oc. lum (luz), gl. milagre e ct. mirall/ar. mirallo (espello), gl. montar e fr. monter (subir), gl. poxar e ct. pujar (subir), gl. raro e fr. rare (escaso), gl. saír e fr. salir (lixar) e it. salire (subir) etc. O problema particular do noso idioma é cando os falsos amigos do castelán pasan ao galego, converténdose en castelanismos semánticos, que ben usurpan os significados orixinais, ben engaden innecesarios sinónimos Noutras ocasións, as menos, trátase simplemente dunha mera coincidencia fonética ou gráfica entre as dúas linguas empregadas, por exemplo (palabra foránea – tradución galega pro palabra similar galega – tradución foránea): año (castelán) – ano (galego) pro año (gl.) – cordero (es.), burro (italiano) – manteiga (gl.) pro burro (gl.) – asino (it.), cama (catalán) – perna (gl.) pro cama (gl.) – llit (ct.), lupa (it.) – loba (gl.) pro lupa (gl.) – lente d'ingrandimento (it.), manche (francés) – manga (gl.) pro mancha (gl.) – tache/souillure (fr.), montone (it.) – carneiro (gl.) pro montón (gl.) – mucchio (it.), niño (es.) – neno (gl.) pro niño (gl.) – nido (es.), pau (ct.) – paz (gl.) pro pau (gl.) – pal (ct.), sable (fr.) – area (gl.) pro sabre (gl.) – sabre (fr.) –nótese o gl. xabre = area grosa–, subir (fr. e it.) – sofrer/soportar (gl.) pro subir (gl.) – monter (fr.) e salire (it.), tor (alemán) – porta (grande) (gl.) pro torre (gl.) – turm (al.) etc. Son ben coñecidos os falsos amigos que a lingua inglesa leva consigo prós falantes de linguas romances, pois aínda que tamén proceden do latín teñen significados diferentes ós da maioría destes idiomas, así: abstract (resumo) diferente de abstracto, actual (real, verdadeiro) diferente de actual, american (estadounidense) diferente de americano –pra este concepto úsase a expresión: person from the Americas–, apology (desculpa) diferente de apoloxía, arm (brazo) diferente de arma, cult (seita) diferente de culto pro sect (culto) diferente de seita, exit (saída) diferente de éxito –para este concepto úsase "sucess" coma no portugués: sucesso–, genial (amábel) diferente de xenial, large (grande) diferente de largo, library (biblioteca) diferente de libraría, mark (mancha, pegada) diferente de marca, misery (sofremento, pena) diferente de miseria, morose (xardesco, taciturno) diferente de moroso, sensible (asisado) diferente de sensíbel etc. E por lóxica son abundantes os falsos amigos que hai entre os idiomas dun mesmo grupo lingüístico, no noso caso o das linguas romances, na maioría dos casos por unha evolución diverxente do significado dende o étimo latino, nunha ou en ámbalas linguas comparadas. Por tanto, é unha mera cuestión de aprendizaxe do correcto significado destas palabras tan semellantes ás nosas cando as lemos ou escoitamos. O problema particular do noso idioma é cando os falsos amigos do castelán pasan ao galego, converténdose en castelanismos semánticos, que ben usurpan os significados orixinais, ben engaden innecesarios sinónimos. Esta perversión tamén incide no galego literario, supostamente moitísimo máis coidado có oral, segundo comprobo decontino nas miñas leituras. Velaquí algúns exemplos: O castelán "arroyo" comparte orixe co galego "arroio" pro os seus significados, aínda que próximos, non son iguais: a forma castelá é "un regueiro ou regato con auga case continua", mentres que a galega é "un regato non permanente formado polas chuvias", mais a forma galega aparece moitas veces co significado castelan, é dicir, como sinónimo de "regato" ou "regueiro". A "caña" castelá desprazou na práctica o coloquialismo galego de igual forma pro de significado diferente: a palabra galega designa "a augardente" mentres que a castelá denomina "un vaso (cónico, alto e estreito) de cervexa". Por isto quen pedía antano unha caña nun bar, pedía "un vaso de augardente" pro hoxe pide "un vaso de cervexa". Galego e castelán comparten o substantivo "grado", do latín "gratus", cos significados de "vontade ou gusto" segundo o contexto, mais o castelán tamén ten outro "grado", do latín "gradus", pra indicar "nivel ou rango", onde o galego ten a palabra "grao" prós mesmos significados. A semellanza do castelán fai que moitos falantes usen o "grado" castelán onde deberían empregar o "grao" galego. O verbo "pinchar" ten nidios signifocados diferentes en galego e castelán. En galego ten tres significados: abater unha árbore polo pé, saltar por riba de algo, e dar saltos; mentres que a forma castelá tradúcese ao galego por "picar". Con todo, o significado castelán cóase no galego producindo un falso sinónimo de "picar". O coloquialismo castelán "polvo", como sinónimo de "coito", falso amigo absoluto do noso "polbo", avanza impoñéndose sobor dos coloquialismos galegos de igual significado: "foguete, canivete, ferrete ou guichada". E ese siginificado sexual seica ten moito que ver coa substitución de "polbo" polo castelanismo "pulpo". Hai un "rato" castelán que non é "roedor, peixe nin dispositivo dunha computadora", únicos significados galegos desta palabra, mais comeza a ser frecuente no noso idioma desprazando as verbas autóctonas de igual significado: "anaco, bocado, cacho ou pedazo". A nosa lingua distingue claramente entre os substantivos: "roca" e "rocha", mais o primeiro coincide coa tradución castelá do segundo: "roca", e usa "rueca" pra denominar o primeiro. A introdución da forma castelá no noso idioma –tamén admitida, aínda que preterida, polo diccionario RAG– rompe a distinción tradicional por mera copia do castelán. Co portugués tamén temos unha chea de falsos amigos, mais como a lingua irmá non ten unha relación diglósica coa nosa o perigo daqueles constitúe só un problema de má comprensión ao lermos en portugués Temos dous adxectivos referidos á cor en serio perigo de desaparición por mor dos seus dous falsos amigos casteláns: "rojo" e "rubio"; o primeiro equivale ao noso "vermello" e o segundo aos nosos "louro/loiro" ou "roxo". Mais a interferencia das formas castelás fai que a miúdo se use en galego "roxo" como sinónimo de "vermello" e "rubio" como de "louro/loiro ou roxo"; aínda que o significado xenuíno de "roxo" sexa "cor que vai do dourado ao avermellado" e de "rubio/roibo" "cor vermella ou avermellada". Co portugués tamén temos unha chea de falsos amigos, mais como a lingua irmá non ten unha relación diglósica coa nosa o perigo daqueles constitúe só un problema de má comprensión ao lermos en portugués, partindo da premisa errónea de crermos que dada a estreita relación de ámbalas linguas toda palabra igual ou parecida ten o mesmo significado. O cal é un erro maiúsculo, como a seguir se comproba (palabra portuguesa – tradución galega pro palabra galega similar – tradución portuguesa): apenas – soamente pro apenas – mal, balão – globo pro balón – bola, balcão – mostrador pro balcón – varanda –e gl. varanda – pt. balaustrada–, carro – coche pro carro – carroça –e gl. carroza – pt. carruagem–, cravo – caravel pro cravo – prego, escova – cepillo pro escoba – giesta, fraco – feble pro fraco – magro, jantar – cea pro xantar – almoço –e gl. almorzo – pt. pequeno-almoço–, lá – alá/aló pro la – lã, motorista – condutor pro motorista – motociclista, oficina – taller pro oficina – escritório –e pt. talher – gl. cuberto–, roxo – violeta/morado pro roxo – ruivo –e gl. rubio/roibo – pt. vermelho–, sótão – faiado/faio pro soto – cave, vago – vacante pro vago – folgazão etc. Ademais hai unha chea de "falsos amigos parciais", porque aínda que conserven a acepción que coincide co significado galego, teñen outra principal ou máis usual que non, así (palabra portuguesa coa súa acepción usual – tradución galega pro palabra galega similar – tradución portuguesa): apelido – sobrenome pro apelido – sobrenome –nótese a inversión dos significados–, criança – neno pro crianza – criação, desenho – debuxo pro deseño – design, esquisito – raro/excéntrico pro exquisito – delicioso, estufa – invernadoiro pro estufa – fogão, farol – faro pro farol – candeeiro, galheta – vinagreira e aceiteira pro galleta – bolacha, loja – tenda pro loxa –estábulo, propina – pago de matrícula pro propina – gorjeta, salsa – perexil pro salsa – molho –tamén sinónimo galego: mollo–, teto – teito pro teto – teta/teto/mamila, vaso – testo pro vaso – copo etc. Como se pode ver os "falsos amigos" non reciben a súa denominación impunemente, mais conviría que seguisen nos seus idiomas e non entrasen no noso. Publicidade |
PRAZA_6448 | Verdegaia presenta as súas alegacións ao documento, presentado pola Consellaría de Medio Rural este verán, e que terá vixencia no período 2014-2020. Pide unha "transformación das prioridades" que "poña o rural no centro" | Verdegaia presentou esta semana as súas alegacións ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para o período 2014-2020, que a Consellaría de Medio Rural fixo público o pasado mes de xullo. O PDR é o documento marco que adapta as políticas da UE e os seus fondos de axuda, como os FEDER, e deseña as liñas básicas de actuación da Xunta no eido rural. A organización ecoloxista amósase moi crítica con algúns aspestos do PDR, sinalando que no texto se atopa "unha visión sobre o territorio e comunidades rurais que consideramos parte do problema e non da solución". Para Verdegaia "falta no PDR unha análise detida e sistémica das características do mundo rural a nivel cultural, social e ambiental", así coma "unha reflexión fonda sobre a crise que está a padecer, que é moito máis que demográfica". Critica tamén que este PDR é "un documento tinxido dunha visión urbanita sobre o que é e debe ser o rural" e pide "unha transformación real das prioridades do noso sistema político e económico que poña ao rural no centro", e que ademais "valore o seu potencial de futuro nun modelo de desenvolvemento diferente e que afronte dunha vez os graves problemas derivados do consumismo tecnolóxico-industrial e a urbanización do mundo como son o esgotamento de recursos, a saturación de residuos, a crise climática e o crecemento das desigualdades". Verdegaia pide "unha transformación real das prioridades do noso sistema político e económico que poña ao rural no centro", e que ademais "valore o seu potencial de futuro nun modelo de desenvolvemento diferente" Verdegaia critica a escasa participación das comunidades: "o PDR non inclúe fórmulas de participación das comunidades rurais na elaboración, posta en marcha ou avaliación das súas medidas, para alén de mecanismos burocráticos mínimos como esta propia fase de exposición pública". "O PDR non inclúe fórmulas de participación das comunidades rurais na elaboración, posta en marcha ou avaliación das súas medidas" E tamén que o texto está dominado por unha "visión economicista sobre o rural", de xeito que "as medidas que contempla o PDR están moi enfocadas á creación de empresas no rural con maior capacidade para xerar beneficios e seren competitivas". Para a entidade, "a creación de empresas no rural pode non ser negativa en si mesma, pero habería que manexar con coidado este tipo de políticas" pois "a UE, a través da PAC, leva décadas pulando pola redución da poboación rural, a especialización e concentración da produción e a súa maior vinculación ao mercado internacional". Medidas que supoñen "a degradación do medio rural", facéndoo "máis vulnerable aos mercados globalizados", e alterando "o delicado equilibrio entre produción de alimentos e medio natural". De igual xeito, denúnciase que en todo o texto non se fai referencia ao concepto de soberanía alimentar, nin tampouco "unha visión de xénero sobre a situación da muller no rural", pois "as mulleres no rural sofren cando menos unha dupla discriminación por seren mulleres e labregas", o que se reflicte no acceso á titularidade das fincas ou ás pensións agrarias. Para Verdegaia no texto óbviase a soberanía alimentar, as visións de xénero ou o benestar animal Vedegaia demanda tamén "unha visión máis fonda sobre os problemas do medio natural nos espazos rurais" e critica que o documento obvia problemas coma os monocultivos de eucalipto e piñeiro, os incendios forestais, "ou a presión sobre o territorio producida dende o ámbito máis urbano, por exemplo coa construción de infraestruturas viarias". Critícase igualmente que o documento tamén deixa de lado o benestar animal. Verdegaia lembra que "centos de miles de animais están expostos a sufrimentos evitables nos procesos de produción de alimentos" e que "estes animais teñen dereitos que hai que respectar", sinalando que "o mínimo sería evitar todo sufrimento innecesario, tanto na cría, condicións de vida e alimentación, como no seu sacrificio". |
NOS_6390 | O president deixa claro que "a marcha atrás non é unha opción", en referencia ao dereito a decidir. De se impedir polo Estado español poder consultar á cidadanía, o mandatario catalán di que non se pode descartar a DUI: Declaración unilateral de independencia, malia que "non é o noso marco ideal". | Artur Mas, president da Generalitat de Catalunya, non descarta a declaración unilateral de independencia se desde o Estado español se impide que a cidadanía catalá exerza o seu 'dereito a decidir'. Non é a DUI (Declaración Unilateral de Independencia) "o noso marco ideal", recoñece Mas, "nin o mellor, nin o que queremos", mais non descartan facelo. E esa declaración prodúcese no día en que Crimea vota en referendo sobre o seu 'status' nacional. Recoñeceuno o presidente catalán durante a súa participación nun dos encontros de El Periódico (os políticos reúnense e sométense ás preguntas de 10 cidadáns). Aclarou que a DUI sería a última opción. Mais que o que non se pode de ningunha forma é "dar marcha atrás" no proceso impulsado pola cidadanía de Catalunya polo seu dereito a decidir. Por dicilo nas súas propias palabras: "A marcha atrás non é unha opción". "Para a convivencia, ir votar non é perigoso, non poder votar si o é" "Este proceso non está a rachar a convivencia en Catalunya" Artur Mas negou que o proceso soberanista estea a rachar a convivencia en Catalunya. "O que si poría en perigo a convivencia é que o pobo catalán chegue á conclusión de que non se lle deixa votar para decidir o seu futuro, porque iso é o mesmo que negar a súa existencia. Para a convivencia, ir votar non é perigoso, non poder votar si o é". Mas apuntou a que a vía ideal sería un pacto con Madrid (como o de Escocia e Londres) para poder realizar a consulta. Mais indicou que "dous non dialogan se un non quer, e nestes momentos non hai dous porque un non quer". Se non hai acordo co goberno español para ese referendo do 9 de novembro, Mas detalla a folla de ruta: crear unha lexislación catalá de consultas populares que dea cobertura a ese referendo. Hai moita xente que vive a independencia "como un tema patriótico, identitario, cultural, histórico...mais o tema de se Catalunya ten estado é basicamente dispoñer de instrumentos ou non telos" Se aínda así desde o Estado español se empregan e adoptan medidas para impedir esa vía, "haberá que ver se usamos o marco legal das eleccións, que poderían ser anticipadas ou non" E despois? "Non podemos descartar a declaración unilateral de independencia". Simple cuestión identitaria? A preguntas dos cidadáns, Artur Mas sinalou que coa independencia "estamos a falar basicamente de instrumentos, non de esencias identitarias. Hai moita xente que vive a independencia como un tema patriótico, identitario, cultural, lingüístico, histórico...mais o tema de se Catalunya ten estado é basicamente dispoñer de instrumentos ou non telos". |
NOS_56863 | O debate sobre a unidade da illa gaña peso e apoios na República, rachando unha 'apatía' de décadas. | Durante décadas, na República de Irlanda houbo certo 'cansancio', mesmo fastío, a respecto do debate sobre a reunificación da illa. Mais xa non. A fin das décadas de guerra aberta no 'norte' e o proceso de pazo e, máis actualmente, o 'Brexit', fan que o debate volva ter espazo e interese para importante sectores da sociedade irlandesa. Así, e segundo recolle Innisfree1916 a maioría dos cidadáns da República de Irlanda votaría hoxe a favor da reunificación da illa se se convocase un referendo, segundo unha recente enquisa no o Sunday Business Post. O inquérito especial de 10 preguntas profunda nas actitudes cara á cuestión nacional entre os habitantes da República. O 60% votaría a favor fronte a 25% que o faría en contra da reunificación da illa, é dicir, que os seis condados que actualmente están baixo soberanía británica pasen a facer parte da República: un único país. Iso si, os apoios á Irlanda unida caen se a reunificación implicase pagar impostos máis altos: nese caso, só o 41% dos votantes estaría a favor, mentres que o 43% estaría en contra. Iso si, os apoios á Irlanda unida caen se a reunificación implicase pagar impostos máis altos As persoas enquisadas tampouco están dispostos a facer concesións os 'unionistas' no marco dunha Irlanda unida, segundo revelou a enquisa. Só 27% dos enquisados estarían dispostos a cambiar a bandeira tricolor da República de Irlanda por unha nova bandeira que representase a unidade irlandesa, mentres que 59% estaría en contra. Tampouco aceptarían cambiar outros símbolos nacionais: 52% oponse a que Amhrán an bhFiann (A canción do soldado) deixase de ser o himno nacional, fronte 35% que estaría a favor. Igualmente, os enquisados rexeitaron abrumadoramente a idea de que Irlanda se reincorporase á Commonwealth británica: 58% en contra da proposta e 23% a favor. O SF gañaría as eleccións A enquisa tamén repasa o apoio dos diversos partidos políticos. O Sinn Féin de Mary Lou McDonald volvería gañar as eleccións na República de Irlanda co 33% dos votos, ampliando a súa vantaxe sobre os partidos que hoxe gobernan en coalición. O Fine Gael do vice primeiro ministro Leo Varadkar (conservador e non nacionalista) quedaría en segunda posición con 22%, mentres que a Fianna Fáil do primeiro ministro Mícheal Martin (liberal e nacionalista) debería conformarse cun 15%. En febreiro pasado, unha enquisa de LucidTalk para o Belfast Telegraph,situaba o Sinn Féin como a forza máis votada en Irlanda do Norte, cun 24% dos votos. |
PRAZA_801 | O ato de homenagem a Carvalho Calero deste ano em Ferrol, foi um ato triste. Vários comentários escuitados de conversas diferentes coincidiam em fazer umha trágica analogia entre o estado da casa natal do polígrafo ferrolano e a situaçom da língua no país | Há um poema do mestre Carvalho Calero que leva esse título. Os versos som de um fatalismo sobrecolhedor. Ninguém pode abstraer-se da realidade da morte. Tudo, a vida dos animais e as pessoas, a existência dos objetos, tem um final. "Cansam os deuses de felizes ser", chega a dizer o poema. Talvez sejam estas as horas nas que estejamos a assistir ao final da língua galego-portuguesa na Galiza? Talvez sejam estas as horas nas que estejamos a assistir à nossa própria extinçom como povo? O ato de homenagem a Carvalho Calero deste ano em Ferrol, foi um ato triste. Vários comentários escuitados de conversas diferentes coincidiam em fazer umha trágica analogia entre o estado da casa natal do polígrafo ferrolano e a situaçom da língua no país. Com efeito, o prédio onde foi dado a luz o brilhante político, lingüista, literato e pedagogo, sofreu nos últimos anos um deterioramento muito rápido. E as últimas três décadas, para a língua galega, forom de queda livre em termos absolutos. Podem-se fazer mais analogias. Ferrol. A cidade que viu nascer ao Carvalho. O quê é que fica do bairro da sua infáncia? Nom por acaso eu optei por lêr naquele ato o poema número 5 da segunda parte do poemário "Reticências" ("Ponte no ar", é que leva por título essa seçom do poemário) na que Dom Ricardo fala de entrar em Ferrol para regressar à sua rua Sam Francisco, e encontrar-se lá com a criança que foi. Já daquelas perguntava, o quê é que ficaria daquele mundo. A casa de Carvalho Calero desaparece, em fatal harmonia com a sua contorna. Ferrol desfai-se do seu passado, para renunciar ao futuro. Para quê recordar a Carvalho Calero, para quê recordar os assentamentos que historicamente forom conformando Ferrol? Para quê recordar o que Ferrol foi? Enfim...todo termina mal! Ferrol, em vida de Carvalho Calero (viveu entre os anos 1910 e 1990) ainda era umha cidade galega, praça militar importante para o exército espanhol por um lado e, polo outro, um ponto de concentraçom importantíssimo de proletariado industrial devido à atividade dos estaleiros. Estaleiros hoje praticamente enmudecidos. Dizia Carvalho Calero naquele poema, que atravessaria a ponte das Pias, se os operários de Astano nom a tinham cortada. E que, se a ponte estiver cortada, colheria o caminho velho, em direçom a Neda (já daquelas se fazia notar o declínio do setor naval ferrolano) Se hoje o Carvalho se dispuxesse a atravessar no carro a ponte das Pias, nom acharia nengum corte de tráfico protagonizado por trabalhadores de Astano. Dizia também que desceria, umha vez na cidade, pola rua de Sam Francisco e se encontraria com o menino que foi a brincar ao pé da casa. Nom sei quantas vezes poderá o Carvalho realizar esse percurso, desde Compostela a Ferrol, passando polas Pias, metendo-se no centro da cidade e descendo pola rua do seu lar de infáncia, encontrando sequer algum resto do que fora a sua casa...talvez enquanto algumha parede incompleta continue em pé, o espectro do Ricardo criança ainda se poida ver, difusamente, a brincar e correr polas proximidades. Talvez o Carvalho o contemple saudoso desde o carro que passa fugazmete para se diluir naquelas horas que já nom som deste mundo, que apenas regressam da mao da imperfeita e caprichosa lembrança. O único que, parcialmente, me reconforta é pensar que cada ano, por finais de Março, o Carvalho, se decide passear por Ferrol, poderá ver que pessoas de geraçons posteriores recolherom o seu legado e o reivindicam. Isso sim, numha cidade destroída, desolada e num país com umha situaçom desesperada. E eu pergunto de novo...todo termina mal? Todo terminará mal, se deixamos que desde fora nos ditem o destino. Se permitimos que nos continuem a dizer que nom podemos produzir, porque nom somos competitivos (o mesmo argumento para produzir barcos do que para produzir leite, quê curioso) ou que a nossa língua ( a nossa maior obra como coletivo humano e a que nos fai galeg@s) nom serve para o mundo moderno. Darwinismo neoliberal, que nos apaga do mapa, que nos condena. Que nos nega a memória para nos cortar o futuro. |
NOS_16191 | A asociación ecoloxista 'Salvemos Cabana' faise eco de informes científicos e datos de especialistas que confirman que "todo desaconsella un proxecto ao descuberto" | Investigacións científicas e datos de especialistas "confirman" que a posíbel reapertura da mina de Touro-O Pino tería un "impacto negativo sobre a cunca fluvial do Ulla e a contorna da ría de Arousa". A alerta parte da asociación ecoloxista Salvemos Cabana, que afirmou nun comunicado que eses datos constatarían que a reapertura deste proxecto mineiro ao descuberto "podería supor unha problemática engadida en caso de accidente a grande escala" e que a restauración de canles afectadas pola antiga explotación "vai resultar unha tarefa extremadamente difícil para a que non existen solucións máxicas como a instalación de plantas de tratamento". Metais pesados e contaminación O colectivo fai referencia a un estudo da investigadora Rosa Calvo a canda outros autores, realizado en 1991, cinco anos despois do feche da mina. Nel recóllese o "lamentable" estado das augas superficiais e subterráneas da zona, intoxicadas con metais pesados como zinc, cobre e níquel que sumados a outros compostos coma os sulfatos "non son tolerábeis" para a vida animal, o recreo e o abastecemento humano. O traballo de investigación advirte que "a influencia sobre augas freáticas e contaminación de acuíferos faise especialmente evidente nas análises realizadas en pozos, fontes e augas de traída de núcleos rurais". Durante o traballo de campo na zona da mina levaron a cabo a recollida de 22 mostras de auga en diferentes puntos. Desas 22, só dúas eran susceptíbeis de se poder "beber directamente", mentres que 17 delas foron catalogadas directamente como "non potabilizábeis". Grave risco de toxicidade O estudo fai referencia a unha influencia negativa "nos solos situados nas marxes fluviais, nos que aparecen signos evidentes de contaminación", mais nos recursos hídricos, "cun gravísimo risco de toxicidade" que se trasladou máis aló do río. Para Salvemos Cabana esta situación ten un impacto significativo na bacía do Ulla e, en consecuencia, na ría de Arousa, como demostran investigacións posteriores. Sinala o colectivo un traballo de Ricardo Prego e outros investigadores sobre a presenza de metais no esteiro do Ulla que constatou a presenza de elevados niveles de cromo, cobre, manganeso, níquel e zinc, dando por sentado que a orixe dalgúns destes metais pesados "debe de ser o transporte fluvial" desde os depósitos existentes na mina de Touro. "Todo desaconsella un proxecto ao descuberto" Ante o interese de Atalaya Atalaya Mining por reactivar a mina de Touro-O Pino malia o carpetazo da Xunta e unha falta de restauración crónica da contorna, a asociación de defensa ambiental volve por de manifesto os resultados destes estudos para alertar sobre o perigo dunha reapertura. "Todo" desaconsella o reinicio dun proxecto ao descuberto. Para o colectivo, nin "o uso das mellores técnicas dispoñíbeis a nivel mineiro" nin a "filosofía de vertido cero" poderían evitar, en caso dun posíbel accidente a gran escala, "un desastre ambiental sen precedentes na Galiza". |
PRAZA_2245 | Aquel armário só se abriu para o teu corpo já sem vida. E ali estivo teu corpo dous dias, Silvina, naquel armário que quixo dar-te em morte o que nom te dera em vida. | Olhavas aquel armário e sentias um desejo irreparável de que te resgatasse de todo Olhavas aquel armário quando precisavas acobilho, quando o monstro aparecia, justo polo mesmo caminho, polos mesmos olhos, nos que noutros momentos agromava o amor, a paixom ou as migalhas de alegria. Umha alegria que axinha passou a ser só alivio, e logo, um longo e lousado silencio tenso. Olhavas aquel armário e sentias um desejo irreparável de que te resgatasse de todo, daquela vida, dos paus, dos gritos, da vergonha... meter-te naquel armário e meter a cabeça entre as maos... e que o tempo parara, e que te deixaram em paz. Descansar, descansar até do sol, descansar del, descansar do horror... Aquel armário nunca se abriu para ti... Nunca atopaches um armário para ti... Nem quando estiveste ante o juiz, nem quando estiveste nos médicos..., nem quando fuches ao salom a amanhar o cabelo, onde maquilharom as pegadas do monstro. Aquel armário só se abriu para o teu corpo já sem vida, vida roubada no último arrebato da fera que bramia, polo mesmo caminho que saiam os beijos e as caricias. E ali estivo teu corpo dous dias, Silvina, naquel armário que quixo dar-te em morte o que nom te dera em vida. Sodes moitas. Refugiadas fugindo do país do amor-trampa. Refugiadas entrando na terra do esquecimento. Sodes moitas Sodes moitas. Refugiadas fugindo do país do amor-trampa. Refugiadas entrando na terra do esquecimento. Sodes moitas. Um mar de refugiadas de feridas abertas, de ossos rotos, de colos esganados, de carne desgarrada... Sodes moitas, derrotadas nesta guerra. Sodes moitas, e nom chega um só coraçom, nem partido em mil anacos, para ter-vos. * Silvina, foi assassinada em Vigo, o 4 de outubro de 2015 |
PRAZA_14873 | A Xunta limita a actividade dos establecementos caseiros nos que se serve viño da colleita acompañado de alimentos. De agora en diante deberán aplicar o IVE, facer facturas e dispoñer de libro de reclamacións. | Clandestinos e da casa, como a caña de herbas que destila o parente dun parente ou o licor café da avoa dunha veciña. Así funcionaron ata agora os furanchos, isto é, os locais habilitados en casas particulares inicialmente concibidos para consumir o viño excedente da propia colleita acompañado de alimentos caseiros. Durante anos moitos furancheiros e furancheiras foron ampliando os seus negocios, manténdoos abertos boa parte do ano e servindo moito máis que o viño da casa e un petisco para acompañar. Pero iso semella ter os días contados, cando menos sobre o papel e en virtude dun decreto que vén de aprobar a Xunta. Hai xa case unha década que os sector hostaleiro comezou a mirar cara a San Caetano reclamando que se lles puxese couto aos furanchos: vían competencia desleal nesta caste de paraísos fiscais das paparotas, libres de impostos e tamén de rexistros ou miramentos sanitarios. Xa o Goberno bipartito comezara o diálogo co sector da restauración e cos representantes dos furanchos para atopar unha solución, labor que continuou o actual gabinete cun decreto que trae consigo o arrecendo da polémica. Os furancheiros xa non poderán abrir cando queiran, non poderán servir o viño como lles pete nin tampouco ter unha variedade infinita de manxares. Por non poder, xa non poderán nin cobrar a ollo. Os furanchos só poderán abrir tres meses a elixir entre o 1 de decembro e o 30 de xuño e deberán emitir facturas Atendendo ao decreto que este xoves pasou polo Consello da Xunta ningún furancho poderá funcionar se o seu propietario non regulou "a totalidade do seu viñedo no Rexistro Vitivinícola de Galicia". O viño, que deberá ser servido directamente do pipote, terá que consumirse nun local que cumpra "coa normativa vixente relativa ás normas de hixiene" e á "protección contra incendios e fronte ao tabaquismo". Con estes requisitos na man o furancho poderá abrir as portas, previa presentación dunha declaración responsable que comprobará o Concello que lle corresponda e na que deberá figurar "o período en que pretenden funcionar": só tres meses a elixir entre o 1 de decembro e o 30 de xuño. O municipio, pola súa banda, elaborarán un Rexistro de Furanchos. Pero as restricións chegan tamén ao menú. Nos furanchos "poderan ofertarse un máximo de cinco tapas", tamén reguladas por decreto, a saber: "táboa de embutidos e queixos, pementos variedade Padrón, orella-chourizo, zorza-raxo, costela, ovos fritidos, sardiñas-xurelos á brasa, bandullo-feixoada, tortilla de patacas, empanadas-empanadiñas e croquetas", informa a Xunta. Á hora de pagar a clientela deberá poder dispoñer dunha factura "que detalle os prezos" -terán, polo tanto, que aplicar o IVE- e solicitar unha folla de reclamacións, se así o considera oportuno. Ademais, o ramallo de loureiro que adoita identificar estes os furanchos agora será máis ca unha tradición, deberá figurar "nun lugar visible". E, por se acontecen accidentes, cada furancho deberá contar co seu seguro de responsabilidade civil. Arrecende a polémica. |
NOS_22559 | As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UXT denuncian o recorte de dereitos laborais que persoal esencial durante a crise da COVI-19, dependente da Consellaría de Política Social, sofre desde o ano 2012. | "Pola recuperación dos dereitos recortados dende o ano 2012". Baixo este lema, os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT mobilizan o persoal empregado público que traballa nos centros de atención directa a usuarios dependentes da Consellaría de Política Social para defender as súas reivindicación laborais. Os representantes das traballadoras censuran que a Administración galega se negue a devolverlles os dereitos suprimidos desde o ano 2012 mais tamén que rexeite sentarse a negociar a recuperación das perdas laborais acumuladas durante os últimos oito anos. Demandas Por iso, de forma conxunta, anuncian un calendario de mobilizacións que se vai prolongar durante o mes de xuño para reclamar "unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade, o incremento de prazas públicas e de xestión directa, a recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados, a transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa, a posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria mais a mellora das condicións laborais". Os sindicatos cuestionan que, no canto de devolverlle ao persoal das residencias de maiores, dos centros de menores e de centros de atención á dependencia que durante a crise sanitaria do coronavirus "actuou desde o primeiro momento con máxima dedicación e compromiso para intentar frear a afección da pandemia", a Consellaría de Política Social demostrou "unha actitude impositiva e autoritaria" mantendo os recortes nas súas condicións laborais. CIG, CCOO, CSIF e UXT chaman a concentrarse cada quinta feira do mes de xuño entre as 11.00 a 11.30 horas diante de tódolos centros de atención directa a usuarios da Consellería de Política Social. |
NOS_50794 | Reproducimos aquí un interesante post de Xoán Costa do seu blogue A baloira dos días. | Tal día como o de hoxe, 3 de xaneiro do ano 1115, 900 anos van xa alá, a raiña Dona Urraca, totius Gallecie imperatrix como ela gostaba de asinar, estando en Palencia por cuestións de goberno do reino, doa á igrexa de Compostela o Mosteiro de Camanzo, a igrexa de Merza e a metade da terra de Montes. Este entendemento con Xelmírez, aliado necesario unhas veces e inimigo desprezativo outras, puxo esta muller, e con ela Galiza, no centro da historia europea da primeira metade do século XII. Unha Galiza que tomaba decisións e que estaba ben relacionada no contexto europeu do momento. Mais a figura de Dona Urraca non foi ben tratada nin pola historia nin pola literatura. Descrita como muller ambiciosa e sen moral,as múltiples loitas entre Urraca e os seus familiares (esposo, irmá, fillo), cos nobres, co clero, foron o contexto idóneo para conformar a visión tan negativa que recibimos desta muller, raíña de Galiza, a través dunhas fontes históricas moi parciais. Igual un día a TVG fai unha serie sobre o papel desta muller na historia da Galiza. Como fixo a española, a TVE, coa súa raiña Isabel O maltrato procedente do rei cóntanolo ela mesma: "Vinme forzada a seguir a disposición e arbitrio dos grandes, casándome co cruento, fantástico e tirano rei de Aragón. O cal, non só me deshonraba con torpes palabras senón que moitas veces o meu rostro foi manchado polas súas suxas mans e golpeado polo seu pé". O sufrido na revolta burguesa de Compostela cando, segundo se conta, sitiados na catedral Xelmírez foxe disfarzado de mendigo e a raíña se enfronta, a peito descuberto, cos seus agresores, cóntanolo Jerónimo de Zurita: "Cóllena e arroxándoa ao chan nunha lameira, lanzándose sobre eles como lobos, fan farrapos os seus vestidos, até tal punto que, cos peitos para abaixo, quedou no chan co corpo desvergoñadamente espido e á vista de todos. Chegou o bispo onde xacía a raíña na lama, pisada polas turbas dos agresores e véndoa tan feamente espida e prostrada, transido de dor, pasou e seguiu camiño" Vaia unha lembranza para ela. Igual un día a TVG fai unha serie sobre o papel desta muller na historia da Galiza. Como fixo a española, a TVE, coa súa raiña Isabel. |
NOS_18691 | O Goberno español avanza na reforma do sistema de pensións coa aprobación no Congreso das Deputadas das recomendacións da comisión do Pacto de Toledo, que saen da Cámara baixa sen rexistrar modificacións, após ser rexeitados todos os votos particulares emitidos polos distintos grupos da oposición. | Despois de moitos anos de intentos infrutuosos, a reforma das pensións está un chanzo máis preto. Hoxe o Congreso das Deputadas aprobou as novas recomendacións do Pacto de Toledo sen tomar en conta as consideracións dos distintos grupos políticos da oposición, polo que só se lle deu luz verde ao ditame que saíu da comisión o pasado 27 de outubro cos votos de PSOE, PP, Unidas Podemos, Cidadáns, Junts, PNV e Coalición Canaria. Esquerra Republicana e EH-Bildu optaron por absterse e Vox votou en contra. Coa votación desta quinta feira culmina un proceso iniciado en 2016 para renovar as recomendacións, que databan de hai máis dunha década, de cara a unha reforma de pensións que garanta a sustentabilidade do sistema. As cotizacións sociais seguirán a ser a base dese renovado sistema, mais o texto recolle a necesidade de apostar en "mecanismos innovadores", coa vista posta na dixitalización da economía, para aumentar os ingresos e garantir o seu financiamento. Outro dos aspectos máis destacados das recomendacións aprobadas no Congreso é a eliminación do sistema dos denominados gastos impropios, que a partir de 2023 serán integramente sufragados con cargo aos Orzamentos Xerais dos Estado español, e non das contas da Seguridade Social. Rexeitados todos os votos particulares Porén, o debate xirou arredor doutras cuestións, como a xubilación anticipada ou os plans complementarios de pensións. Estes e outros temas estaban recollidos nos votos particulares ás recomendacións presentados polos distintos grupos con representación parlamentaria. Os únicos que non presentaron foron o PSOE, Unidas Podemos, PNV e Junts, que se deron por satisfeitos co aprobado na comisión. Por contra, o PP, Esquerra Republicana, Ciudadanos, EH-Bildu, Más País-Equo, Compromís e o BNG presentaron os seus, todos eles rexeitados nas votacións telemáticas avanzadas pola presidenta da Cámara, Meritxel Batet, no Pleno. PP e Ciudadanos suxerían modificacións no capítulo dedicado aos plans de pensións privados. Concretamente, os populares pedían apoiar os mecanismos de aforro individual con máis incentivos e non "eliminar" nin "reducir" as deducións fiscais. Ciudadanos, pola súa banda, aínda que non chegaba a mencionar o sistema de 'mochila austríaca', recomendaba unha modificación para que o sistema fose compatíbel con este modelo de achegas, que se acumulan durante a vida laboral e que poden ser rescatadas en caso de desemprego ou para complementar a xubilación. A formación laranxa presentara un segundo voto dedicado a propoñer máis incentivos á xubilación activa e a acabar con toda penalización sobre a pensión, e aumentar os incentivos para sentar "as bases dun verdadeiro sistema universal de previsión social complementaria da Seguridade Social dirixido a todos os traballadores en activo, por conta propia e allea, durante toda a súa vida laboral". Máis emendas O resto de grupos foron máis xenerosos na súa lista de peticións. Así, Esquerra e EH-Bildu esixían no seu voto particular moitas máis modificacións. Entre outras cuestións, apostaban en derrogar as reformas laborais e de pensións dos gobernos do PP, a supresión de todo o punto dedicado aos sistemas complementarios, propoñían como referencia para as pensións mínimas 90% do salario mínimo, que a xubilación por encima dos 65 anos sexa voluntaria, 'destopar' a base máxima de cotización, calcular a base reguladora da pensión nos mellores 20 anos e a condonación por parte do Estado español da débeda contraída pola Seguridade Social en base aos gastos impropios asumidos por esta nos últimos anos. No caso de Más País-Equo, a formación de Íñigo Errejón defendía no seu voto unha redacción máis comprometida coa eliminación das penalizacións a toda persoa xubilada de forma anticipada que tivese cotizado 40 anos ou máis, fixando unha nova pensión en función da base contributiva e anos cotizados. Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), que se abstivo na votación final, tamén presentara un voto particular cunha batería de cuestións que consideraba lesivas para os intereses dos galegos e das galegas e que, ao igual que aconteceu co resto de propostas, non quedaron recollidas no texto final. Entre elas figuraba a recuperación dos 65 anos como idade legal de xubilación fronte aos 67 actuais, que as pensións mínimas non fosen en ningún caso inferiores a 60% do salario medio, poder elixir os dez mellores anos de cotización no momento de calcular a contía das pensións, ou eliminar o tope das bases máximas de cotización para que as persoas que máis cartos gañan contribúan en maior medida ao mantemento do sistema. Estas propostas ían na liña das da CIG, que exixía tamén a derrogación das reformas lexislativas de 2011 e 2013, así como a transferencia á Galiza da xestión do réxime económico da Seguridade Social, entre outras peticións. Así pois, o Goberno español conta xa coas directrices para modificar o sistema de pensión e rematar con algunha das eivas que poñían en risco a sua viabilidade. Outra cousa será facer que as galegas non sexan as pensións máis baixas de todo o Estado. |
PRAZA_6839 | Informes contidos no sumario da presunta rede de cursos falsos salientan que a "única actividade" das entidades de Crespo era a "caza de cartos públicos" sen impartir os cursos subvencionados mediante unha "farsa" asociativa e contactos con "relevantes cargos políticos". Infografía no interior | "Un sistema organizado e coordinado para conseguir fondos públicos, falseando requisitos, condicións e documentos con tal fin, e unha vez obtidos estes fondos, malversándoos con pactos ilícitos para o seu reparto e posterior uso privativo". Así resume a Unidade de Delincuencia Económica e Financeira (UDEF) da Policía a base da Operación Zeta, a presunta trama de "fraude premeditada" de subvencións e contratos públicos que, supostamente, tiña como núcleo as empresas e asociacións do empresario coruñés Gerardo Crespo. Esta "operativa ilícita" xirou "permanentemente en torno a unha fraude premeditada" baseada en "falsidades" que, para os investigadores, estivo facilitada en boa medida pola "inacción no control" por parte das Administracións públicas, tanto das estatais como, especialmente, da Xunta. A investigación do caso ten coñecemento desta "comisión de condutas fraudulentas de natureza penal", que dá por "plenamente confirmadas", tras a denuncia de dúas ex empregadas da Confederación de Autónomos y Profesionales de España (CAYPE). Segundo consta no sumario do caso, a cuxo contido tivo acceso Praza Pública, o caso estoura non pola actuación do Goberno galego ante a Fiscalía, como está a suxerir o presidente da Xunta nos últimos días, senón pola exposición "dun conxunto de irregularidades" observadas por estas persoas "na obtención e xustificación de subvencións públicas" que levou os axentes ata o grupo Azetanet, encabezado por Gerardo Crespo. A Policía detectou unha "inacción no control" da correcta execución das subvencións Con estas primeiras pezas sobre a mesa os seguintes pasos servíronlle á UDEF para considerar que Crespo "xestionaba un conxunto de fundacións ou asociacións de defensa de autónomos discapacitados", supostamente sen ánimo de lucro, que realmente tiñan como "única actividade seren solicitantes e beneficiarias directas de subvencións". Os cartos públicos eran solicitados por entes como a Fundación para El Desarrollo de la Empleabilidad (FUNDEFO), Asociación de Empresarios Discapacitados de Galicia (AED Galicia) ou Asociación de Trabajadores Autónomos Discapacitados de España (ATRADE), entre outras. Os picazos telefónicos, din os axentes, amosan como Crespo "daba ordes aos seus empregados para crear novas entidades asociativas ficticias" que estaba, en última instancia, baixo a súa "permanente supervisión". O 'modus operandi' Neste contexto, as siglas dunhas e outras entidades eran, practicamente, o de menos. Sempre segundo os informes contidos no sumario, as organizacións sen ánimo de lucro que presidía Crespo obtiñan subsidios para a formación e, acto seguido, as súas propias empresas "executaban de maneira subcontratada a formación subvencionada", o que para a Policía é unha "clara contravención" da lei de subvencións. Este xeito de proceder era "un medio de alimentar a actividade do grupo empresarial" de Crespo "e por tanto, o seu patrimonio final", toda vez que "todos os ingresos dunhas e outras ían á mesma caixa". Como CAYPE, resaltan, "estas entidades non tiñan ningunha actividade asociativa". O seu "verdadeiro propósito" era "a caza de cartos públicos". O "verdadeiro propósito" da trama era "a caza de cartos públicos" sen impartir os cursos subvencionados Xunto a este circuíto entre empresas e asociacións de Crespo figuran outras pezas da suposta trama: os "clientes externos". Trátase de entidades receptoras de subvencións para a formación, que a contrataban coas empresas de Crespo. Estas, pola súa banda, devolvíanlles unha parte do que inicialmente lles cobraban, toda vez que non lles prestaran "servizo ningún". O que ía e viña eran, en todo caso, cartos públicos, se ben as "devolucións" tiñan formas diveresas: "en metálico", coa "emisión de facturas falsas" ou en "dádivas de distinta especie" que chegaban ata o 50% do total da subvención, o que "lle permitiría a Gerardo captar clientes receptores de substanciosas subvencións periódicas e a estes, a obtención de importantes cantidades económicas procedentes inicialmente do erario". E, quen eran estes clientes? Asociacións de autónomos como CAYPE, onde comezou todo, A Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), a Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia, a Asociación de Hostelería da Provincia da Coruña, a Federación de Clínicas Privadas ou "sindicatos como USO Galicia". A trama puido medrar, din os axentes, porque "todos os clientes que executaban subvencións con Azetanet recibían devolucións ilícitas". De todo isto derivaba o "enriquecemento" de Crespo e o medre dos cartos gardados na súa "caixa B", alcumada polo empresario como "a KGB". Unha "farsa" asociativa sen control A Policía chega a estas conclusións, entre outras vías, a través das conversas telefónicas intervidas aos presuntos líderes da trama, "en moitas ocasións tan explícitas que non deixaban marxe para a interpretación". Así, pore xemplo, Crespo e os seus colaboradores, como o presidente de CAYPE, Eliseo Calviño, e o presidente de FEAGA, Francisco Pérez Bello, "recoñecen abertamente que as asociacións de autónomos" que recibían "decenas de millóns de euros" eran "unha montaxe ou unha farsa" e que "mentían como un cosaco". Así, por exemplo, nesas conversas menciónase "a falta de auténticos autónomos asociados" a estas entidades, unha carencia que se cubría coa "compra de bases de datos de autónomos a empresas de Internet" ou o "uso de sedes ficticias". Para chegar con fluidez ás autoridades Crespo utilizaba, supostamente, ao coñecido como Pachi Lucas, amigo de Feijóo Para poder cometer este "múltiples ilícitos penais" a Policía ve fundamental o recorrente contacto entre Gerardo Crespo e "relevantes cargos políticos". Nas escoitas, di a UDEF, Crespo "recoñecía que a Administración autonómica nunca lle controlara a execución dos seus cursos" ata marzo de 2012 cando, coa investigación xa en marcha a raíz da denuncia das dúas empregadas, Traballo lle "revogou cinco plans integrais de emprego". As relacións de Crespo cos políticos tiñan a "finalidade de facilitar a concesión de cursos e subvencións ou o levantamento de trabas ás mesmas", así como o "presunto amaño de procedementos de adxudicación negociados". Para chegar con fluidez ás autoridades, di a investigación, Crespo apoiábase en boa medida en Francisco Ramón de Lucas, coñecido como Pachi Lucas, empresario madrileño imputado no caso que supostamente recibía "un diñeiro pola práctica de xestións" e que, segundo detallou El País, é amigo persoal do presidente da Xunta. |
NOS_30490 | O PDeCAT ten un presidente e un líder. Pero non son as mesmas persoas. O presidente é David Bonvehí. O líder, Carles Puigdemont. As teses do president no exilio prevaleceron no congreso decorrido esta fin de semana. Liquidou a súa oponente orgánica, a ex presidenta da formación Marta Pascal, e abriu o camiño para a integración da antiga Convergència, na próxima primavera, no movimento socio-político do que el será máximo referente, a Crida Nacional pola República. | A Crida Nacional é un movimento co que Puigdemont tenciona superar os marcos electorais da antiga Convergència e disputar así o liderado do espazo soberanista a unha ERC que volta a encabezar as enquisas (tamén o fixo antes das catalás do pasado 21D, en que finalmente foi derrotada pola mínima por Junts per Catalunya). Sería, alén de máis, unha plataforma cun perfil máis nidiamente rupturista do que o PDeCAT, formación que acolle correntes de opinión máis partidarias de relaxar as tensións co estado. Ese sector —liderado por Pascal e no Congreso por Carles Campuzano—foi o que selou o apoio do partido a Sánchez na moción de censura a Raxoi, un movimento que non contou co nihil obstat do líder no exilio. O Congreso entrega o poder orgánico a Puigdemont. Bonvehí, o antigo número 2, é un home da súa máis absoluta confianza. Pilotará —conxuntamente cos presos soberanistas do PDeCAT e co exiliado en Alemaña Lluis Puig— o comité de coordenación que estudará a eventual integración do partido na Crida. O que votou o Congreso a este respecto é que as e os militantes da formación si que deberán selo ao vez da nova plataforma. Mais o que vaia acontecer co PDeCAT en si mesmo —todas as hipóteses están abertas, mesmo a súa disolución— é aínda unha incógnita. A baixa participación da militancia marcou a cimeira. Na votación da nova dirección —que alcanzou 65 por cento de apoios fronte a unha candidatura crítica feita a fume de carozo, que obtivo 28 por cento dos sufraxios— apenas tomaron parte 2.230 das e dos afiliados do partido, por volta do 15 por cento dos 15 mil que en teoría constitúen a súa afiliación. Nos debates centrais da asemblea votaron menos de 1.000 afiliadas e aí rupturistas e posibilistas selaron un empate. Destarte, a emenda a prol de materializar a República catalá "de forma inmediata" foi rexeitada —415 votos en contra, 406 a favor— en tanto que a proposta para, caso de a negociación co estado fracasar, ir a unha vía independentista unilateral foi aprobada con 363 votos afirmativos e 350 negativos. Corrección: Na versión inicial desta información aparecía mal redixido o nome do novo presidente do PDeCAT. Foi grazas ao comentario dun lector que reparamos no erro. |
NOS_23939 | Nun encontro con veciñanza na capital galega, o deputado nacionalista Néstor Rego criticou a "hipocrisía" do presidente da Xunta da Galiza pola súa postura "hiperrreivindicativa" sobre a demora do AVE cando a responsabilidade de parar as obras "de maneira irregular" en 2016 e 2017 foi do PP, denunciou Rego. | Na capital galega conversou na mañá deste sábado, 25 de xaneiro, o deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, con veciñanza compostelá sobre os "avances conseguidos polo Bloque no acordo co PSOE" para a investidura. Contrapuxo Rego os logros acordados coa actitude do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, a cal cualificou Rego de "inacción". Xunto a responsábeis institucionais e militantes do BNG, o deputado nacionalista na Cámara Baixa avanzou que a súa formación continuará cunha campaña de divulgación do acordo en diferentes puntos da Galiza para dar a coñecer á cidadanía un acordo que permitiu "desbloquear" algúns dos problemas sociais e económicos e colocar "Galiza no mapa" no debate político sobre a "cuestión nacional, os dereitos do noso país e a capacidade para decidir sobre o seu futuro". Para Rego, o acordo tivo unha "magnifica valoración" entre a cidadanía, así como tamén o está a ter o "papel do BNG no Congreso dos Deputados" e a necesidade de contar cunha forza nacionalista como o BNG que "non se somete a ningunha directriz allea aos intereses do noso país", aseverou. Do acordo aos feiitos Rego recalcou que "agora é necesario pasar do acordo aos feitos e ver os resultados dos compromisos asumidos polo Goberno central" para mellorar a calidade de vida e benestar das galegas e galegos. Dentro dos compromisos, engadiu, algúns son urxentes como os referidos á transición xusta para As Pontes e o estatuto da industria electrointensiva. A solución aos problemas das e dos emigrantes retornados coa facenda española, as modificacións da lei de violencia de xénero, a bonificación do cento por cento para usuarias recorrentes na AP-9, están en función da negociación dos orzamentos, asegurou. Nesta liña anunciou Rego que o obxectivo do BNG será acadar unhas contas que reflicten as partidas necesarias para o cumprimento do acordo. Por outro banda, asegurou que o BNG continuará reclamando as melloras nas infraestruturas ferroviarias e o pagamento dos cartos que o Estado adebeda a Galiza. Neste sentido, emprazou Feixóo a reclamar "pola vía política e xudicial" a débeda e cualificou de "lamentábel" que o presidente da Xunta non tivera actuado antes. En relación á última demora na chegada a Galiza do AVE, Rego explicou que polo de agora se coñecen algunhas das causas que provocaron o retraso. "Os Gobernos do Partido Popular durante catro anos executaron menos de 50% dos investimentos e nos anos 2016 e 2017 paralizaron as obras do AVE, de maneira irregular, segundo o propio Tribunal de Contas", denunciou o deputado nacionalista, quen subliñou que aí está unha das principais causas desa demora. |
NOS_4206 | A parroquia estradense de Sabucedo agarda milleiros de visitantes para a Rapa das Bestas após a pandemia. | A primeira fin de semana de xullo, o municipio da Estrada está marcada pola realización da Rapa das Bestas na parroquia de Sabucedo. Esta festa popular, alén da propia recuperación da tradición que se transmitiu entre xeracións, é todo un acontecemento festivo que reúne a milleiros de persoas. Nesta ocasión, a volta á normalidade, tras dous anos sen facerse polas circunstancias sanitarias da pandemia, engaden outro elemento máis para que moitas persoas se acheguen até a comarca de Tabeirós. Regresa con forza a Rapa das Bestas de Sabucedo A Rapa das Bestas, declarada de interese turístico internacional, terá este ano, se cadra, unha maior repercusión nos medios de comunicación xa que conta con máis de medio cento deles acreditados, algúns internacionais de países como Corea do Sur, Estados Unidos ou China. Tres curros, concertos, gaiteiros e verbenas A extensa programación do evento comezou esta pasada quinta feira coa Gala na honra das aloitadoras e os aloitadores. Onte abriu o día unha misa á San Lourenzo, patrón de Sabucedo, e a saída desde o Celeiro na procura das bestas. A volta con elas ao feche realizouse pola tarde para dar inicio á parte máis lúdica. A oferta musical iniciouna, tamén onte, o Rapasons. Nel actuaron Treixadura, O Caimán do río Tea, Combo Calada e Zënzar, que prolongaron até a madrugada as celebracións da primeira xornada. Para este sábado está prevista a baixada das bestas desde o feche e até Sabucedo (12 horas) coa entrada cara as 14 horas. Pola tarde no propio curro actuará a Agrupación Folclórica Tequexetéldere (18.30 horas) e dará inicio o primeiro curro (19 horas). Ao remate haberá música cos Gaiteiros Airiños de Caldelas e terá lugar o concerto de Mekánika Rolling Band (21 horas). Rematará a xornada cunha verbena popular no Campo do Medio (23 horas) coas orquestras Miramar e América S.L. Sermos Galiza: Peste, bestas e relixión en Sabucedo O domingo a maña comezará coa actuación de Clara Pino e Pablo Vidal (11.30 horas) e o segundo curro (12 horas). Ao remate actuarán de novo os Gaiteiros Airiños de Caldelas e os Festicultores Troupe (14 horas). Xa pola tarde, haberá un festival de música no palco da fonte (16.30 horas) coa actuación das Pandereteiras do Val de Quireza, Peter Punk, Blues do país e Lucía Azurmendi Grupo. Fechará o día unha verbena no Campo do Medio (23 horas) coa orquestra París de Noia. A última xornada, a segunda feira 4 de xullo, terá lugar o terceiro e último curro (12 horas) tamén coa actuación dos Gaiteiros Airiños de Caldelas. |
NOS_28746 | "Por suposto que os podemos voltar a bombardear [as e os cataláns]", dixo o xornalista no seu programa de radio. Se non se fai é por culpa "do lixo de goberno que temos". "España ten 70 mil policías, 90 mil gardas civís e 50 mil soldados perfeitamente armados que por suposto poden tomar Barcelona en 5 minutos", tronou. | "Claro que temos avións para bombardear. Por suposto. Outra cousa é que a casta política prefira que se destrúa España antes de utilizar lexitimamente a forza", dixo Jiménez Losantos en alusión a unhas declaracións de Puigdemont en que o president afirmaba que o Estado español xa non podía bombardear Catalunya como no pasado. |
NOS_11026 | O Parlamento sueco emite un informe polo que agardaba o Goberno de Magdalena Andersson que sostén que o ingreso na organización militar "reduciría o risco de sufrir un ataque de Rusia". | Se na quinta feira o Goberno de Finlandia facía público o seu desexo de incorporarse á OTAN, esta sexta foi a quenda de Suecia. O Parlamento deste país emitiu un informe que conclúe que a adhesión "reduciría o risco de sufrir un ataque ruso". No caso de que Suecia quedase fóra da Alianza, sostén o documento, "non tería as garantías de seguridade que implica ser membro" e que supoñen "un risco máis baixo de accións unilaterais" por parte da Federación Rusa. Este informe non fixa unha posición concreta sobre a entrada na organización militar; porén, o Goberno sueco, que lidera Magdalena Andersson, estaba á espera das súas conclusións para dar o paso definitivo, como xa fixeron os seus veciños finlandeses. O domingo o Partido Socialdemócrata —actualmente no poder— anunciará a súa posición definitiva, e na segunda feira decorrerá un debate extraordinario na Cámara sueca sobre esta cuestión, polo que aí podería producirse a confirmación. Finlandia quere unirse "sen demora" Nna mañá desta quinta feira o presidente de Finlandia, Sauli Niinisto, e a primeira ministra, Sanna Marin, emitiron un comunicado conxunto no que salientaban que o ingreso na OTAN "fortalecería a seguridade de Finlandia e Finlandia, como membro, fortalecería toda a alianza de defensa". Finlandia confirma o seu ingreso na OTAN: "Debemos solicitalo sen demora" "Finlandia debe solicitar a adhesión sen demora. Agardamos que os pasos aínda precisos a nivel nacional para alcanzar esta solución sexan dados rapidamente nos vindeiros días", subliñaron. Rusia avanza "represalias de carácter militar" O Ministerio de Exteriores ruso apuntou esta quinta feira que a adhesión de Finlandia á Alianza Atlántica desencadearía "represalias de carácter militar-técnico e doutro tipo". "Ingresar na OTAN tamén será unha violación directa das obrigacións legais internacionais de Finlandia, principalmente o Tratado de Paz de París de 1947, que establece a obrigación das partes de non entrar en alianzas nin participar en coalicións contra un deles", advertiron, nun anuncio que sería extensíbel tamén a Suecia. |
NOS_50790 | Hai catro procesados a raíz daquel desafiuzamento, acusados de ''desobediencia e resistencia grave''. A plataforma fala de atestados "completamente falsos". | Stop Despexos de Compostela trasladou unha queixa forma perante o Valedor do Pobo pola que lle solicita que active unha investigación "imparcial, autónoma e independente" sobre a actuación decorrida en setembro pasado no desafiuzamento dunha familia en Aríns (Compostela) e pola que hai catro persoas procesadas. Esta plataforma achega vídeos e imaxes de televisión que, inciden, desminten a versión policial do acontecido naquel día, e afirman que os atestados policias foron "falseados". Na queixa presentada no Valedor pídenlle que impulse unha investigación que "determine responsabilidades" sobre o que considera "detención ilegal" naquel despexo de B.González, que actuaba como 'mediador' da familia -. Tamén pide ao Valedor que solicite ao Parlamento dados sobre cantas persoas teñen sido sometidas a "procedementos administrativos sancionadores con resultado de sanción por diferentes subdelegacións desde o 2010". O caso de Brais González - que é quen presenta a queixa en nome de Stop dDespexos- vai para alén do das outras persoas denunciadas. No día do despexo, o activista foi nomeado mediador pola familia de Aríns, a comisión xudicial e o propio mando da policía española que dirixía o operativo policial. Porén, malia a súa condición, rematou placado por axentes antidisturbios e detido. Segundo o atestado policial redactado con motivo da súa detención, González foi "sacado" da finca na que se localiza a morada de Carlos e María após terse negado a abandonala cando lle foi requirido polos axentes. O informe policial asegura que Brais González opuxo unha "activa" e "forte" resistencia chegando mesmo a "golpear cos cóbados" aos axentes razón pola que tería sido detido. Un relato policial "falso" Porén, na denuncia presentada por Brais González asegúrase que "nada do relatado se axusta á realidade" e para o demostrar achega como probas dous vídeos gravados naquela xornada polos programas Correo TV e España Directo [minuto 53:10]. |
NOS_14968 | Chegan máis discos para o Nadal: pola banda do tradicional, ademais dos novos traballos de Ialma e Radio Cos, Os Carunchos presentan o seu sexto disco, 'Cantares'. E pola banda do jazz, Xan Campos trae 'ESD'. | Mañá mércores preséntase no Aturuxo de Bueu 'ESD', o novo traballo do pianista e compositor de jazz, Xan Campos, froito da súa experimentación con teclados con efectos e sintetizadores. Este disco marca unha notoria diferencia cos seus anteriores proxectos ('Ida e Volta', 2007; 'Orixe Cero', 2011; 'Ectropía', 2014), e condúcenos a sons máis eléctricos, ao jazz-rock e á psicodelia dos anos 70. Xan Campos é un dos pianistas de jazz máis recoñecidos do panorama musical actual, pero nesta ocasión decide deixar a un lado o seu instrumento, o piano acústico, para explorar novos sons cun resultado transgresor e moi orixinal. "Este traballo nace da curiosidade por outros instrumentos e por outras posibilidades tímbricas. O jazz non é un estilo musical, é unha forma de entender a música, e aí ábrense as portas a moitas novas experiencias", explica el mesmo. Máis aló das reminiscencias ao jazz-rock dos 70, o disco non pretende unha volta ao pasado, senón "explorar outras ferramentas para plasmar a nosa personalidade musical, que ten moito de jazz, pero tamén doutros estilos". Neste proxecto Xan Campos aposta por un cuarteto sen baixo, pero con dúas guitarras, Virxilio Da Silva e Wilfried Wilde; batería, Iago Fernández, e o propio Xan nos teclados. Sexto disco d'Os Carunchos O sexto disco d'Os Carunchos, 'Cantares', preséntase en directo o vindeiro día 30 de novembro en Gondomar, no centro cultural de Vincios. Logo de 22 anos de andaina, dan a coñece estes 17 novos temas nos que "coma sempre, móvenos a necesidade primaria de facer e compartir música galega para o baile e a festa, así como ofrecer a nosa pequena achega ao repertorio gaiteiro. Melodías cantadas ao redor (unha vez máis) da poesía popular, de letras propias e, máis que nunca, nadas da necesidade de musicar aos poetas. Rosalía, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes están presentes en temas pendurados dos fíos trenzados da nosa tradición musical. Quere ser humilde resposta, o pago ao inmenso amor á nosa cultura e lingua que estes e outros autores espallan en poemas". |
NOS_26403 | As Illes Balears veñen de confirmar que son territorio libre de vespa velutina. Os primeiros exemplares desta especie invasora apareceron en 2015 e, deseguida, comezaron a actuar. A súa estratexia contra a especie invasora baseouse no trampeo, na vixilancia e na retirada de niños, unha fórmula insuficiente para o caso galego. | "Galiza e as Illes Balears non teñen nada que ver", sentencia de primeiras Xesús Asorei, voceiro da Asociación Galega de Apicultura (AGA). Malia merecer todo o seu recoñecemento, a loita contra a avespa asiática que levaron a cabo nas illas mediterráneas e que lles valeu para se declarar como o primeiro territorio europeo en eliminar esta especie invasora, non se pode comparar coa que se desenvolve na Galiza. Os resultados non van ser os mesmos porque as condicións, nunha zona e noutra, son moi diferentes, así como a expansión da propia velutina. Unha praga atlántica "Esta especie atopou na Galiza un territorio moi propicio. Necesita moita auga e humidade, xa que logo, aquí estendeuse moi ben como praga fronte á presenza limitada que se deu nas Balears, moito máis secas", explica Asorei. Non hai color, recalca. E sinala como exemplo a cantidade de niños que se citan nun caso e noutro para pór en marcha un plan de erradicación eficaz. "Nas Illes Balears actuaron moi axiña, cando o número de niños estimados non chegaba sequera ao medio cento. Na Galiza falamos xa de perto de 100.000" salienta o portavoz dos apicultores galegos, quen pon o acento no carácter "atlántico" dunha praga que entrou na Península Ibérica por Francia no ano 2010. "Entón avanzou pola cornixa cantábrica até alcanzar Galiza en 2012. E hoxe reina desde Inglaterra até Lisboa, nunha franxa onde atopou o seu niño ecolóxico máis favorábel". Localización de niños A estratexia balear, estabelecida no momento en que detectaron os primeiros exemplares de velutina en 2015, consistiu na creación dunha rede de trampeo, na vixilancia estreita dos cebos, na busca activa de niños coa colaboración cidadá e na retirada manual dos niños localizados. Un modelo que non se desmarca da experiencia galega pero que bate cun escenario totalmente distinto, tanto pola abundancia da especie como pola calidade da paisaxe. Neste momento non se pensa en eliminar a velutina, senón en reducir a súa poboación para diminuír o dano que causa na saúde e na produción "Sería moi interesante avanzar na localización de niños, pero non hai un sistema infalíbel para dar con eles. Agora no outono vense moitos, pero non ten sentido eliminalos porque xa é tarde", di Xesús Asorei. O método de observación e seguimento da velutina que desenvolveron nas Illes Balears para localizar o seu paradoiro, póndolles alimento e trazando unha ruta visual até os niños, mesmo coa axuda de prismáticos "é inviábel na Galiza", engade. "Aquí perderíamos a pista da velutina aos 10 metros. Temos moitos arboredos e regatos. Sería un traballo moi exhaustivo, impensábel para un campo de acción tan amplo como o noso". Investigación As achegas da Administración, trampas atraentes na primavera para capturar raíñas, de 2,3 millóns de euros no verán para a retirada de niños a través de Seaga, "tampouco son suficientes". "Cando chegou a avespa asiática restáronlle importancia e agora, en termos do que é a praga, os resultados apenas teñen impacto" no control dunha especie exótica que constitúe "un grave problema social e medioambiental, porque á parte de abellas, as velutinas cazan outros moitos insectos polinizadores imprescindíbeis para a conservación da biodiversidade". Así, conclúe Asorei, "o que nos queda é a investigación. Neste momento non se pensa en eliminar a velutina, senón en reducir a súa poboación para diminuír o dano que causa na saúde e na produción". Mediante a loita biolóxica, a implicación da UE e unha mellor coordinación dos esforzos que se fan a nivel local. |
NOS_16656 | O Real Decreto 96/2014 dá a estes estudos superiores unha 'equivalencia' á titularidade de grao mais non se adscriben ás universidades. E iso supón non poucas consecuencias: desde homologacións de títulos fóra do Estado español a opción a bolsas. | Milladoiro, en Ames (concello lindante con Compostela) acolleu este sábado o nacemento da Asemblea Aberta cidadá pola integración das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario.galego. Un nome que, xa de por si, é toda unha declaración de obxectivos e intencións. Esta asemblea nace no marco das loitas, mobilizacións e iniciativas que desde hai meses desenvolven alumnado, profesorado e comunidade das ensinanzas artísticas superiores paara que se lles recoñeza como graos. Nas universidades privadas si que se ofrecen graos e posgraos nesas ensinanzas artísticas, co que o alumnado dos centros públicos está claramente discriminado. Demandan que "haxa unha converxencia real" con Europa neste campo pois, agás o Estado español e Italia, as ensinanzas superiores de Arte dramática,Conservación e restauración de bens culturais,Danza,Deseño, ou Música, "están integradas, ou están adscritas, ao sistema universitario de cada país".Xa que logo,son ensinanzas universitarias de pleno dereito. E a isto engádese un elemento máis. Nas universidades privadas si que se ofrecen graos e posgraos nesas ensinanzas artísticas, co que o alumnado dos centros públicos está claramente discriminado. O Real Decreto 96/2014 aprobado recentemente polo goberno español sitúa o Título de Grao Universitario e o Título Superior de Ensinanzas Artísticas Superiores no nivel 2 de cualificación.Mais a equiparación ou equivalencia de nivel dos títulos no Estado español non implica equivalencia ou equiparaciónde títulos a nivel europeo. E os títulos de ensinanzas artísticas superiores que se outorgan en Europa, agás España ou Italia, en tanto títulos universitarios,levan a denominaciónde" 'Bachelor of Arts' (que non poderán levar os do Estado español). Prexuízos A Asemblea aberta lembra que a non equivalencia automática de titulación, que si teñen os graos co seu sumplemento europeo ao título, vai ser prexudicial para os alumnos. Por exemplo, terán que validar os seus títulos, co investimento que iso supón en tempo e cartos. Por iso, a Asemblea defende a adcripción. Porque así resolverase un problema en beneficio de tod@s: "alumnado, profesorado, ensino, a sociedade..." |
PRAZA_6105 | O Colectivo de Mulleres Cineastas espalla o documental elaborado na mobilización na que o pasado 1 de febreiro persoas de todo o Estado rexeitaron a contrarreforma da lei do aborto que impulsa o Goberno central. Filme íntegro no interior. | Nas últimas semanas de 2013 dende Asturias as integrantes da Tertulia Feminista Les Comadres, xunto coa asociación Mujeres por la Igualdad de Barredos, decidiron que non abondaba con indignarse en pequenos círculos pola contrarreforma da lei do aborto que preparaba o Goberno de España. Por iso decidiron berarrllo ao Executivo de Mariano Rajoy indo ata Madrid. E así o fixeron. Elas e milleiros de persoas de todo o Estado que, impulsadas por organizacións feministas, plataformas polo dereito ao aborto e movementos como a asociación galega Ve-la luz, se uniron ao Tren da Liberdade. A "forza e valor para loitar e decidir" que percorreu as rúas da capital española naquela xornada ficou plasmada neste filme documental que, elaborado polo Colectivo de Mulleres Cineastas a través do traballo desinteresado de máis de 80 profesionais, pretende ser unha peza máis na loita polos dereitos das mulleres e contra as restricións de liberdades que abandeira o ministro Ruiz-Gallardón. |
PRAZA_20025 | O Goberno galego limítase a indicar que "aplicará a lei" con "transparencia" tras a solicitude formal da compañía de Villar Mir, que esgrime un informe de dous profesores da USC para asegurar que Augas de Galicia "non pode negarse" ás súas pretensións Toda a oposición esixe á Xunta explicacións e veto ás pretensións de Villar Mir Ferroatlántica pide permiso para vender as centrais e alerta da destrución de emprego se non o obtén | Toda a oposición esixe á Xunta explicacións e veto ás pretensións de Villar Mir "Nunca". Foi a rotunda explicación que o director xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, ofreceu hai apenas un ano, o 21 de abril de 2016, ao ser preguntado no Parlamento a respecto dos plans de Ferroatlántica, que viña de tornar en Ferroglobe pola fusión coa estadounidense Globe Speciality Metals, para segregar as súas actividades de ferroaliaxe en Cee, Dumbría e Sabón das centrais que explota nos ríos Xallas e Grande como paso previo á venda das hidroeléctricas. Tahoces, visiblemente molesto, asegurou que quen o cuestionaba, o daquela voceiro do BNG, Francisco Jorquera, estaba a "equivocarse claramente e con rotundidade" sobre unha "separación" que, afirmaba, non se ía producir. Dende este xoves a Xunta ten sobre a mesa a petición formal de segregación e o Goberno, polo momento, evita avanzar cal será a súa postura. O director xeral de Enerxía limitouse este venres a afirmar o "compromiso" da Xunta "cos postos de traballo" O propio Tahoces tiña este venres cita no Parlamento para responder varias preguntas, unha delas formulada polo Bloque a respecto da enerxía fotovoltaica. No entanto, a voceira da formación en materia industrial, Noa Presas, instou o director xeral a deixar o Regulamento "nun segundo plano" e aclarar a postura gobernalmental a respecto da petición de Ferroglobe, toda vez que se producira escasas horas antes. Tras acusar a parlamentaria de ter escasa "seriedade" por non "cumprir as normas" Tahoces proclamou o "compromiso absoluto" do Executivo "co mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial" e coa "transparencia" sobre "todo o que aconteza neste tema tan sumamente importante para Galicia". Hai un ano Tahoces viu "innecesaria" a alerta porque "nunca houbo tal segregación nin nunca a haberá" A intervención do alto cargo difire en boa medida da de abril de 2016, cando entre chamados á "prudencia" considerou "innecesario" alertar sobre algo que non ía pasar. "En Ferroatlántica desenvólvense e se seguirán desenvolvendo dúas actividades industriais de xenito simultáneo: a fabricación de ferroaliaxes e a produción de enerxía eléctrica a través de sete centrais nas concas dos ríos Xallas e Grande". "Son -resaltou- dúas actividades que se están a desenvolver simultaneamente por parte dunha mesma empresa, Ferroatlántica S.A., empresa que existiu, existe e seguirá a existir sen ningún tipo de dúbida" e, "polo tanto, continuará o desenvolvemento en Galicia destas dúas actividades". "Nunca houbo tal segregación nin nunca a haberá", remachou. Informe esgrimido por Ferroglobe Mentres a Xunta opta polo perfil baixo na transmisión de información a respecto desta delicada operación -o persoal afectado reclama unha xuntanza co conselleiro Francisco Conde e, na propia comisión parlamentaria, En Marea reclamou "o traslado urxente de toda a documentación"-, a empresa está a facer todo o contrario. Así, horas despois de facer pública a solicitude divulgou un comunicado sobre un "informe que veñen de elaborar" dous catedráticos de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, José Luis Carro e Luis Míguez Macho, no que, afirma, ambos profesores conclúen que a Xunta "non podería lexitimamente negarse" a autorizar a segregación, porque "incorrería en arbitrariedade" ao non existir motivos "dabondo" para negarse. A empresa divulgou un informe de dous profesores da USC para argumentar que a Xunta "non podería negarse" a autorizar a segregación Sempre segundo a versión da empresa ese "ditame" indica que se "produciu un cambio substancial das circunstancias" nas que o Goberno de Manuel Fraga "se apoiou nos anos 90 para a prohibición da segregación", xa que "as razóns de interese público esgrimidas daquela, manter as fábricas de ferroaliaxes sosténdoas sobre a produción eléctrica" xa "non subsisten", toda vez que "o resultado de explotación crecente" das fábricas de Cee, Dumbría e Sabón "permite soster que a súa viabilidade non se atopa na precariedade" que padecían daquela. A cláusula que impide a segregación, engade, "foi produto dunha decisión discreacional" que "limita as facultades de organización empresarial". Outro informe da UDC avalou hai apenas un mes a prohibición da segregación nos termos actuais O informe ao que alude a nota de Ferroglobe chega apenas dous meses despois da publicación doutro, tamén procedente do ámbito universitario pero xusto no sentido contrario. Foi o solicitado á Universidade da Coruña polo comité de empresa de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas e asinado por Carlos Aymerich, ex-deputado e profesor titular de Dereito Administrativo. Aquela análise consideraba que a autorización dunha venda por partes chegaría a implicar un "delito de prevaricación administrativa", ademais de resaltar que a prohibición da separación "persegue un interese público lexítimo, o mantemento do emrpego e da actividade industrial na Costa da Morte" que "non limita de forma desproporcionada a liberdade de empresa". Neste sentido, a análise xurídica de Aymerich indica tamén que, ao contrario do apuntado pola empresa, a prohibición de segregación é compatible coa lei do sector eléctrico de 2013 e engade tamén dúas advertencias. Se a Xunta chegase a suprimir a prohibición estaría a aprobar unha "alteración substancial" das concesións que implicaría a súa "extinción", coa "conseguinte reversión á Administración galega" das centrais. Adicionalmente, se Ferroglobe abandonase a actividade de ferroaliaxes, iso sería "un suposto de caducicade das concesións" e a súa "reversión gratuíta" á Xunta, concluía. Manifestación contra a segregación e venda das centrais / CIG O persoal anuncia mobilizacións ante a "operación especulativa" O informe da UDC é, precisamente, ao que alude o comité de empresa de Cee e Dumbría para reclamar explicacións á Xunta e advertila de que todo o que non sexa manter a prohibición da segregación será "unha ilegalidade, unha decisión nula de pleno dereito". Nun comunicado emitido este venres a representación do persoal acordou "levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias", ademais de formular a devandita petición de xuntanza, como parte das medidas contra a "operación especulativa" que Ferroglobe, di, pretende lograr a través de "mentiras". "Cando Villar Mir adquiriu o complexo as actividades xa estaban unidas" e así seguiron porque "o TSXG e o Supremo" denegaron a segregación, resaltan "Cando di que solicita o retorno ao estado orixinal das concesións", di o comité, deberan "lembrar" tamén que "a concesión dos aproveitamentos hidráulicos estivo sempre vinculada á produción de ferroaliaxes", polo que "volver ao estado orixinal sería recuperar os ríos como estaban hai 100 anos, sen saltos de auga nin encoros". "As únicas razóns polas que as fábricas se instalaron en Cee e Dumbría foi a presenza dos ríos e a produción de electricidade" e "cando o Grupo Villar Mir adquiriu o complexo industrial en 1992 as actividades xa estaban unidas". Así continuaron, resaltan, aínda que a empresa "litigou pola vía xudicial para conseguir a segregación", denegada "tanto polo TSXG como polo Supremo". |
PRAZA_16670 | O BOE publica o anuncio que fai oficial a solicitude de transmisión do Ducado de Franco a Carmen Martínez-Bordiú. En virtude dun decreto ditado polo rei en 1975 e nunca derrogado, pode herdalo sen pagar nada DOCUMENTO | A transmisión do Ducado de Franco, ante a Fiscalía por iniciativa da ARMH | DOCUMENTO | A transmisión do Ducado de Franco, ante a Fiscalía por iniciativa da ARMH O falecemento o pasado decembro de Carmen Franco, única filla do ditador e de Carmen Polo, puxo en marcha o que se prevé como complexo proceso para a transmisión dunha substanciosa herdanza. A finada exerceu durante décadas como cabeza dunha familia que, segundo investigacións recentes, chegou a acumular un patrimonio duns 500 millóns de euros, así como un importante entramado empresarial. Na herdanza de Carmen Franco hai elementos rechamantes como o Pazo de Meirás ou a coruñesa Casa Cornide, pero tamén un título nobiliario co que quere quedar a súa filla, Carmen Martínez-Bordiú Franco, que vén de iniciar os trámites ao respecto. O 27 de novembro de 1975, apenas unha semana despois da morte do xeneral golpista, o Boletín Oficial do Estado publicaba o decreto polo que o novo rei concedía a Carmen Franco Polo o título de "Duquesa de Franco, con Grandeza de España". A intención de tal honra era dar "mostra" do "real aprecio" da Coroa cara á filla de Franco, que tamén era marquesa de Villaverde por vía matrimonial, e salientar as "excepcionais circunstancias e merecementos que nela concorren". O mesmo decreto estipulaba, asemade, que tal "mercé nobiliaria" recaía en Carmen Franco, pero tamén nos seus "fillos e descendentes". Neste sentido, estipulaba que o título estaría "exento de dereitos fiscais na súa creación e na primeira transmisión". Este decreto nunca foi derrogado, polo que o dereito establecido nel segue vixente e Carmen Martínez-Bordiú disponse a exercelo. Decreto co que Carmen Franco obtivo o título de duquesa de Franco unha semana despois da morte do seu pai en 1975 O procedemento estipulado polo agora rei emérito en 1975 é o que vén de activar Martínez-Bordiú neste 2018. Así o fai oficial este 26 de marzo un anuncio publicado no propio BOE pola División de Dereitos de Graza e outros Dereitos, dependente do Ministerio de Xustiza. Ese anuncio certifica que a neta do ditador "solicitou" ser a sucesora no Ducado de Franco "por falecemento da súa nai, dona Carmen Franco Polo" e abre un prazo de 30 días para que, conforme á actualización realizada en 1988 dun real decreto de 1912, "poidan solicitar o conveniente os que se consideren con dereito ao referido título". Se non existen esas reclamacións, Martínez-Bordiú herdará o ducado sen pagar nada. Anuncio da transmisión do ducado a Carmen Martínez-Bordiú Este título é un dos máis rechamantes pero, así e todo, non é a única distinción nobiliaria vixente en España concibida para homenaxear cargos da ditadura ou membros da familia de Franco. Non en van, unha trintena de herdeiros franquistas manteñen os títulos nobiliarios que concedeu directamente o ditador. |
NOS_797 | Piden un segundo referendo de autodeterminación. | O pasado mes de maio por volta de 80.000 persoas tomaban parte en Glasgow nunha manifestación pola independencia de Escocia e a favor da convocatoria dun novo refrendo de autodeterminación. A xigantesca marcha, convocada por All Under One Banner', superou todas as expectativas, mesmo a dos organizadores, que contaban con reunir 40.000 persoas. Nas anteriores edicións, a afluencia estivera por volta de 20.000. Esas 80.000 persoas na manifestación de Glasgow veñen de ser superardas agora pola manifestación independentista, tamén convocada por All Under One Banner, e que decorreu en Edimburgo: 100.000 asistentes, segundo a organización. Neil McKay, coordenador da entidade convocantes, afirmou que a intención é manter este tipo de mobilizacións de cara a agrupar e ampliar o movemento independentista ao tempo que pular por un novo referendo. Este movemento pula pola convocatoria dun novo referendo de autodeterminación en Escocia ao entender que o 'Brexit' no que apostaron nas urnas a maioría dos ingleses, mais non dos escoceses, cambiou as tornas. Confían en que ese referendo independentista teña lugar antes de 2021. |
PRAZA_14879 | O festival chantadino fai dez anos cun cartel completamente bravú. Ademais da banda liderada por Xurxo Souto, actuarán Rastreros, Os Papaqueixos, Cuchufellos e Liviao de Marrao. | O Castañazo Rock celebra o seu décimo aniversario e faino cun cartel que cheira a bravú. Destaca sobre todo o regreso outravolta dos Diplomáticos de Monte-Alto. No seu concerto do 20 aniversario xuraron solemnemente non volver xuntarse ata que pasaran outros dez anos. "Pero as promesas solemnes están para incumprilas", din, e non habia mellor ocasión que o aniversario do festival chantadino, sobre todo porque o Castañazo forma parte ineludible da traxectoria da formación coruñesa. Pero haberá moito máis. Ademais da banda liderada por Xurxo Souto, no mercado gandeiro de Chantada actuarán Rastreros, Os Papaqueixos, Cuchufellos e Liviao de Marrao. Será este sábado 3 de novembro a partir das nove da noite. E con prezos populares: 12 euros por anticipado -até este venres- ou 18 euros en taquilla. As persoas que non poidan estar en Chantada este sábado poderán ver o concerto integramente a través de internet Nesta nova xuntanza estarán Xurxo Souto (voz), Rómulo Sanjurjo (acordeón), Guni (guitarra), Mangüi (baixo) e Viascón (batería). Grazas ao acordo acadado coa empresa Dubidá o concerto será gravado para a súa distribución en plataformas dixitais. Deste xeito as persoas que non poidan estar en Chantada este sábado poderán ver o concerto integramente a través de internet. Haberá actividades durante todo o dia. Dende xogos infantis, billarda, cantos de taberna, até xogos bravús: lanzamento de boina, arrebolamento de ourizos, corrida de leiteiras ou movemento de marcos. |
NOS_17958 | Delas Fest ten por subtítulo 'Festival Feminista de Arte Contextual e Urbana'. É o primeiro festival destas características en Europa e chega agora á súa segunda edición. Desde o 24 de agosto até o 20 de setembro os concellos de Compostela, Teo, Ames e Brión acollerán intervencións artísticas, obradoiros de mural e grafitti e xornadas de análise e creación colectiva. Falamos de todo isto con Clara R. Cordeiro, responsábel de xestión cultural en 7H Cooperativa (empresa creadora do Delas Fest) e coordinadora do festival. | —En que vai consistir esta segunda edición do festival? De entrada cambiamos o formato, o ano pasado fixemos todo nunha semana e vimos que era necesario dotar de máis protagonismo o traballo en cada un dos concellos, para que tamén as persoas que participan poidan desprazarse. Agora é un festival de 4 semanas, unha para cada concello: Compostela, Ames, Teo e Brión, que se incorpora este ano, e en cada un dos concellos vaise realizar unha intervención artística por parte dunha das convidadas. Estas accións sempre comezan logo dunha conversa con colectivos ou asociacións veciñais e culturais sobre o contexto no que se vai intervir. Outros dos eventos do festival son os obradoiros, o ano pasado fixemos 2 en Compostela e este ano mudamos e facemos tamén un en cada un dos concellos que participan, de maneira que en cada concello hai como mínimo unha intervención e un obradoiro. E como feche temos a xornada que se celebra na Cidade da Cultura de Compostela, un encontro máis informal entre distintas artistas da arte urbana galega. —Nun contexto de pandemia como o da Covid-19, canto custou chegar até aquí? Evidentemente a Covid-19 cambiou completamente todos os plans. Por exemplo, o festival inicialmente estaba previsto para xuño. Tentamos priorizar sempre que se mantivese o cartel de artistas co que contabamos pero a realidade fainos traballar continuamente na incertidume porque en calquera momento podemos mudar algo. Estamos moi pendentes das medidas sociosanitarias para poder garantir a seguridade de todo o proxecto e de todas as participantes e así cousas que antes eran moi sinxelas agora son moito máis complicadas. A improvisación e o espírito lúdico teñen moito máis traballo detrás. —E que hai da cuestión económica? Como se xestiona o Delas? A nivel orzamentario tamén mudou completamente. Xa viamos que ía ser unha edición máis complexa porque o ano pasado contabamos cunha axuda da Deputación da Coruña a través da convocatoria de Proxectos Singulares, á que só te podes presentar unha vez, co cal xa sabiamos que non podiamos contar con ela. Tiveramos moito patrocinio privado na edición anterior e estabamos preocupadas por se iso se podería manter este ano e ese foi o motivo de participar nunha campaña de micromecenado da que quedamos moi contentas, onde contamos coa participación de case 400 persoas. Tamén temos o apoio dos 4 concellos participantes e as colaboracións de Cuarto Pexigo, para o aloxamento das artistas, empresas como Montana e Ibersa fornécenos de pinturas... Sen eles sería imposíbel realizar esta edición porque a arte urbana é cara, os materiais son caros e nós queremos pagarlles a todas as persoas involucradas no festival, ademais das artistas. —Como se presenta o futuro do festival? E o da cooperativa 7H? Somos optimistas, senón non emprenderiamos no artístico, na participación cultural e na inclusión social na Galiza. Estamos contentas porque aínda que co micromecenado non chegamos ao óptimo, e sabiamos que era case imposíbel, foi moi fermoso todo o apoio que recibimos nesta situación economicamente tan complexa para todas. Así que se fomos capaces de organizar esta edición con todo en contra, nun escenario menos apocalíptico ou postapocalíptico deberiamos ser capaces de seguir sobrevivindo. E tamén somos realistas, isto implica moito traballo, moito esforzo e non vai ser fácil en ningún momento, pero a nosa idea é seguir porque consideramos que o noso traballo é necesario tanto na parte artística, coma na feminista ou na da inclusión social e a resposta sempre é positiva. |
NOS_54117 | O prezo medio do litro de gasolina fica esta semana no nivel máis baixo desde finais de febreiro, mais encher o depósito é hoxe 15 euros máis caro que hai xusto un ano. | En plena 'Operación saída' da Semana Santa, os carburantes deron unha pequena alegría ás persoas que optaron polo vehículo particular para os seus desprazamentos. Segundo os datos do Boletín Petroleiro da Unión Europea, o prezo medio dos carburantes baixou lixeiramente esta semana en relación coa anterior. En concreto, a gasolina caeu 1,43% e o diésel, que se mantén máis caro que a gasolina por terceira semana consecutiva, moderouse 2,06%. No marco da bonificación de 20 céntimos por litro que entrou en vigor o pasado 1 de abril para todas as persoas consumidoras, o prezo medio do litro de gasolina sitúase esta semana nos 1,59 euros, o seu nivel máis baixo desde finais de febreiro. No caso do diésel, que consolida o 'sorpasso' á gasolina, o seu prezo retrocede até os 1,613 euros o litro, o nivel máis baixo desde principios de marzo. O prezo da gasolina subiu 40% nun ano A medida do Goberno español no marco do plan de medidas urxentes para mitigar os efectos da guerra en Ucraína, da que o Estado asume 15 céntimos do desconto e as grandes petroleiras un mínimo de 5 céntimos adicionais, logrou o seu obxectivo de aminorar a carga económica para as familias. Os descontos estarán en vigor, en principio, até o vindeiro 30 de xuño. Porén, pese a esta baixada, o prezo medio de gasolina e diésel para estas datas será 20,91% e 36,81%, respectivamente, máis caro que na mesma semana de 2021. Así, o enchido dun depósito de 55 litros de gasolina custa agora ao redor de 87,45 euros, uns 15,12 euros máis que na mesma semana do ano anterior. No caso do gasóleo, o enchido dun depósito de 55 litros ascende a uns 88,72 euros, o que representa 23,87 euros máis que hai un ano. |
NOS_52191 | O historiador Xosé Estévez lembra a esta muller, orixinaria vasca, que veu a Galiza fuxida mais que ficaría no país onde casou e tivo dous fillos, un deles, Manuel M. Murguía. | O balbordo inmediato de novas políticas, económicas, electorais, bélicas etc., sexan internacionais, estatais, nacionais ou locais, agacha baixo o mesto veo da marxinación outras coma os actos celebrados polo Fato Cultural Daniel Castelao de Pasaia e o Concello de Oiartzun sobre a persoalidade de Concha Murguía Egaña, nai de Manuel M. Murguía, os días 18, 19 e 20 de febreiro deste ano 2016. Domingo Murguía e a súa filla Concha fuxen cara Galiza en 1823 por mor da invasión dos 'Cen mil fillos de San Luís' ordenada por Fernando VII Concha Murguía Egaña, era filla do organista da Igrexa de San Estevo de Oiartzun, Domingo Murguía, de vella estirpe fidalga orixinaria de Astigarraga, lugar de sona polas sidrerías. Concha naceu o 29 de Xaneiro de 1806 no antigo hospital, onde moraban seus pais nunhas dependencias anexas. Hoxe o edificio é Biblioteca e Casa de Cultura de Oiartzun. Con nove anos trasladouse a vivir a Tolosa, pois o pai conseguira a praza de organista da Igrexa de Santa María na antiga capital foral de Guipúscoa. Por iso, algúns historiadores como Vicente Risco sitúan con erro evidente o seu nacemento na vila tolosarra. Nela militará o pai no partido liberal-fuerista abandeirado polo Conde de Villafuertes, D. Ladislao Zabala. A invasión dos "Cen Mil Fillos de San Luis" en 1823, a pedido do incompetente e voluble rei Fernando VII, remata co Trienio Liberal e impón de novo o Absolutismo. Domingo Murguía e a súa filla Concha fuxen cara Galiza. A filla ficaría e o pai volvería a Tolosa onde morreu pobre e doente, acollido na casa do Conde de Villafuertes. Concha casou co boticario Xosé Martínez e finou dun ataque ao corazón en Santiago en 1854, onde foi soterrada. O matrimonio Martínez-Murguía tivo dous fillos. Un deles, Manuel M. Murguía (1833-1923), foi un dos primeiros ideólogos do nazonalismo galego, farturento polígrafo, historiador, investigador, etnógrafo, novelista e primeiro presidente de Real Academia Galega. Casou con outra grande do Rexurdimento Galego, Rosalía de Castro, a quen empuxou a escriber e publicar libros como "Cantares Gallegos", no que ela mesma advirte no limiar o influxo dun vate vasco, Antonio de Trueba. Manuel M. Murguía recoñecería de xeito explícito que encetou a amar a patria Galega ó ver como a súa nai amaba a lonxana Patria Vasca, Terra, "na que nin se teme nin se mente". Manuel M. Murguía xace nunha humilde e descoidada campa no fondal do cemiterio coruñés de san Amaro na compaña do seus fillos Ovidio e Amara. O 11 de novembro do 2000, día de San Martiño, a Irmandade de Centros Galegos de Euskadi e as Asociacións Culturais "Daniel Castelao", de Pasaia, e a "Rosalía de Castro", de Baracaldo, solicitamos da Deputación Foral de Guipúscoa e do Concello de Oiartzun a celebración dunha homenaxe a Concha Murguía. Ambas Institucións responderon afirmativa e xenerosamente da man de Luis María Bandrés, deputado de Cultura, e Xavier Iragorri, alcalde de Oiartzun. Colocouse na Casa de Cultura unha fermosa placa, conforme ca monumentalidade do lugar, en galego e éuscaro cas seguintes verbas:"Nesta casa naceu Concha Murguía Egala (1806-1854), nai de Manuel M. Murguía, berce do nazonalismo galego". As dúas institucións sufragaron tódolos actos e a edición dun libro da miña autoría sobre a estirpe vasca de Manuel Murguía. Dende aquela efémeride celebramos tódolos anos por estas datas unha homenaxe a Concha Murguía. Este ano, os días 18,19 e 20 de febreiro, celebraremos os seguintes actos os día 18 e 19: Unha conferencia deste servidor encol de Manuel María e Euskal Herria e un recital poético musicado,vasco-galego, con poemas de Manuel María e Joseba Sarrionaindia. O día 20 será a grande homnenaxe con ofrenda floral e intervencións orais da concelleira de Oiartzun, Iosune Cousillas, de ascendencia cormeán, e de Xosé Estévez. Manuel M. Murguía recoñecería de xeito explícito que encetou a amar a patria Galega ó ver como a súa nai amaba a lonxana Patria Vasca Con estes actos acreditamos na solidariedade vascogalega e coincidimos en subliñar que dende unhas pequenas patrias, como a vasca e galega, pódese admirar a grandeza do universo, pois a súa riqueza atópase na variedade e non na uniformidade. Moitos galegos, que residimos en Euskal Herría, non esquecemos a nosa patria orixinaria nin a nosas raigañas, pois perderíamos a nosa identidade e sen ela non se pode andar polo mundo. Somos a semellanza das árbores. Abrimos solidariamente as polas ós ventos da patria éuscara, pero o toro témolo ben chantado na nación fisterral. Amamos sinceiramente esta patria adoptiva vasca que nos agasallou con fogar, agarimo, traballo e familia e apuntalou en nós a conciencia e a fachenda de sermos galegos de nación, arredando seudocomplexos de inferioridade. Dende o 11 de novembro do 2000 tódolos anos en febreiro os corazóns dos oiartzuarras e dos galegoseuskadianos latexan co mesmo ritmo da fraternidade, porque unha filla esgrevia do pobo arrolou no berce a un dos iniciadores do Rexurdimento da dignidade da nación galega, que coñece como ninguén o aguillón das traxedias, entre elas a emigración, denunciada decote polo noso bardo nacional, Manuel María, quen nos agasallou con don da súa inesquencible palabra. |
NOS_35762 | O BNG camiña cara ás eleccións ao Parlamento europeo facendo gala de ter sido a forza política que fixo que Galiza existira no Parlamento europeu na última lexislatura. Ao tempo, lamenta que a súa inicial oposición á UE se confirme cos datos dos sectores produtivos galegos, arrasados. Aposta agora, en palabras de Xavier Vence, na presenza de Galiza noutra Europa. | Antes da entrada do Estado Español na UE, o BNG adiantou os efectos negativos que se producirían, en especial, nos sectores produtivos. Case trinta anos despois e diante dunhas novas eleccións europeas, a fronte nacionalista dedicou unha xornada de debate e análise a facer balanzo. Fíxoo en Pontevedra e cun título xa abondo elocuente: "A Unión Europea non é a solución. É o problema. Hai alternativa ao espolio de Galiza". Os dados amosan, analisa o BNG, que as políticas comunitarias arrasaron a pesca, o agro ou a industria, confirmando a palabra de orde clásica de que "Mercado Común Europeu/Ruína do pobo galego". Con esta xornada de análise e debate, a formación nacionalista iniciou o proceso de preparación do seu programa electoral e debuxou a súa alternativa política fronte ás políticas que se impoñen a través da UE. Galiza existiu na Eurocámara polo BNG O voceiro nacional, Xavier Vence, puxo en valor diante dun auditorio do Pazo da Cultura, cheo, que o BNG chega ás eleccións "cos deberes feitos", demostrando que é a "forza útil deste país, traballando arreo para levar ao Parlamento Europeo a voz dos intereses de Galiza, a voz dos sectores económicos, dos movementos ecoloxistas e sociais, a voz da dignidade do pobo". Galiza existiu na Eurocámara, dixo Vence, porque o BNG estaba alí. Acadar presenza en Europa, por medio dunha coligación de forzas "nacionalistas de esquerda, galegas e doutros territorios do Estado" é o obxectivo co que a fronte nacionalista traballa cara á unhas eleccións nas que está en xogo construír un novo modelo co que o BNG aposta por "máis Galiza noutra Europa, unha Europa dos pobos, verdadeiramente democrática, social, xusta e respectuosa coa diversidade". "Os fondos europeos recibidos por Galiza desde 2007 e ata 2020 será unha contía inferior aos 9.000 millóns de euros que nos custou a todos e todas as galegas resgatar NGB", sinalou Vence, poñendo á vista a discriminación que Galiza sobre nas políticas comunitarias. "Independizarnos do pensamento único" Por súa parte, o presidente da Fundación Galiza Sempre, Guillerme Vázquez, situou o debate que, a seguir, debullarían boa parte das persoas participantes con argumentos por sectores. "Independicémonos do pensamento único e seremos imparábeis", dixo Guillerme, unha das frases que prendeu no auditorio repleto do Pazo da Cultura, preparado para construír un argumentario de cara ás próximas eleccións que afonda no defendido pola fronte nacionalista desde os inicios". O eixo sobre o que se asentaba a xornada afondaba así nas mesmas razóns que levou ao nacionalismo a partillar desde xa antes da entrada do Estado Español na UE das mobilizacións na defensa dos sectores produtivos. A primeira parte do debate puña sobre a mesa o balance de resultados, datos que falan de "aniquilación" de emprego e ruína dos ámbitos de produción do país, como alertaban xa antes do ingreso na UE. Ruína nos sectores produtivos en datos En 1986, antes da entrada no MCE, o emprego na Galiza era o 9% do Estado, antes da crise, só o 6%, apuntou o economista Bernardo Valdês, ao tempo que situou en medio millón de postos de traballo os que supuxo a entrada na UE para os sectores produtivos galegos. Lembrou que "só o nacionalismo de esquerda foi crítico co nacemento da UE". Nun contexto "dun capitalismo en plena ofensiva" situou Manuel Mera á UE, espazo na que as multinacionais "substitúen aos exércitos". Máis sectores sobre os que a UE pasou o rolo foron analizados no debate do BNG. O secretario de Organización, Bieito Lobeira, definiu o país como o das mellores condicións de todo o continente para a pesca. Tamén é o que máis produción e postos de traballo perdeu no sector logo da entrada na UE. "Recibimos millóns de euros da UE si, pero para despezar a nosa frota. Europa subvenciona o desmantelamento", dixo Lobeira para quen mesmo a conserva, que representa o 85% da produción europea está seriamente ameazada coa normativa actual. Soberanía, reivindicou, de novo, Lobeira tamén para a defensa da nosa pesca. Dúas de cada tres explotacións agrarias desapareceron desde a integración na UE, cunha redución do 25% para a actividade do campo e unha baixada dun 85% en poboación agraria. Galiza non cobre agora as súas necesidades alimentarias no ámbito agrario, mentres o marco europeo determina a destrución da agricultura galega. Os datos que puxo sobre a mesa o economista Edelmiro López Iglesias deixaron en evidencia o efecto da apisoadora europea sobre o sector agrario que, contra a idea que se difundiu durante tempo, "recibe en axudas da PAC menos da metade do que lle corresponde por peso produtivo". A situación viuse agravada, de maneira especial no caso da cota láctea ou o forestal, ao aplicar "a Xunta e o Parlamento políticas que agravaron as decisións da UE e do Estado, por acción ou omisión". Tamén o balance do sector industrial mostra como a UE foi determinante na perda de emprego na Galiza. "En Ferrol a taxa de actividade é do 44%, dez puntos por baixo de Galiza. Ese é o futuro se non revertemos as políticas da UE e o Estado Español", dixo o membro do Consello Nacional Francisco Rodríguez quen cifrou en 13.000 postos de traballo os que se perderon no sector naval. "Non houbo reconversión, houbo desmantelamento", afirmou. "Somos periferia da periferia. Imos camiño de ser un país no que teremos prohibido producir todo", denunciou Francisco Rodríguez. Tampouco á lingua e a cultura atopou valedores na UE. A profesora da UDC e ex deputada do BNG Pilar García Negro falou da "represión das linguas arrasadas no continente europeo" como mostra do poder "asimilador, xerarquízante e homoxeneizador". A soberanía tornouse, outravolta, como única saída tamén para a lingua: ""Aspiramos a que o galego sexa o idioma oficial do Estado galego e teña presenza propia en Europa", apuntou Pilar García Negro. Mulleres e dereitos, co xugo A deputada do parlamento galego Carme Adán reparou na pobreza feminina para analizar as políticas de xénero da UE. "Tiveron un nesgo de clase importante que ten que ser posto en cuestión", sinalou ao tempo que denunciou a volta cara ao patriarcado que estamos a vivir, coa imposición de "discursos natalistas e da volta ao fogar das mulleres". Nese mesmo sentido se posicionou Alba Nogueira para quen a UE fracasou na construción dun espazo común de dereitos sociais. "Temos dúas lousas: o Estado español e unha Europa decadente no social", apuntou nunha mesa na que Aymerich afirmou que "a falta de dereitos sociais e democráticos en Europa é xenético, culmina con Mastritcht". "A UE foi quitando as carautas. A primeira a da cohesión e os dereitos sociais", engadiu o avogado Héitor López de Castro para quen, pola súa natureza, a UE é un "buraco negro das soberanías nacionais". Lembrou o fracaso de todos os intentos de que as nacións sen Estado participasen na UE de maneira directa. "Nós queremos Europa, mais libre do secuestro do Capital", concluiu. A eurodeputada que loitou contra os freos A UE non é "das dúas velocidades, senón de múltiples freos", destacou a que foi eurodeputada Ana Miranda para quen o descrédito ao respecto da UE "en Galiza é moi maioritario". Perdida, ao seu ver, a esperanza para os pobos, o proxecto de UE dista moito da defensa dos dereitos sociais e dos pobos. "O BNG fixo da súa presenza en Bruxelas un escano ao servizo do pobo galego, dando voz a quen non a ten", afirmou Miranda. "Esiximos a refundación de Europa baseándose na soberanía dos pobos e no dereito de autodeterminación", concluíu a deputada Rosana Pérez. |
NOS_45612 | O persoal de Seaga denuncia as precarias condicións laborais e económicas que padece ao tempo que critica a "nefasta política" en materia de prevención e extinción de lumes. | A finais do mes de xaneiro o sector do cerco levantaba o campamento que, durante 3 meses, levantaran ao pé de San Caetano, sede administrativa da Xunta, para pedir un reparto xusto de cotas para a frota galega. Tres meses nos que, recoñecían, non tiveron nin o mínimo sinal de diálogo por parte dun presidente da Xunta cuxo despacho non distaba moito máis de 200 metros do lugar onde estaba o campamento dos mariñeiros. Agora, ese espazo no que acamparan os cerqueiros, vén de ser ocupado polo campamento do persoal de Seaga, que permanecerá até esta sexta feira ás portas de San Caetano, procurando que a Xunta escoite e atenda as súas demandas. Unhas peticións que poden resumirse en dúas: poñer fin á precariedade laboral e salarial do persoal de Seaga e dar un cambio de rumo á pol´çitica forestal. No que vai de 2016 os incendios calcinaron 15.000 hectáreas de monte. Entre 2011 e 2015, queimaron 92.000 hectáreas de monte. O secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, e o presidente do comité de empresa de Seaga en Pontevedra, Josafat Puente, deixan claro que "non vai haber paz no Servizo de Protección e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) até que non se solucione a problemática laboral existente en Seaga". Denunciaron a política forestal do Partido Popular, así como o dispositivo de extinción e loita contra os incendios. "O operativo da Xunta é un caos, xa que se poden atopar nos montes galegos para tarefas de extinción máis de 11 entes de diverso tipo: medios propios da Administración autonómica, Concellos, Tragsa e Natutecnia, entre outros". Demandan así un cambio nas políticas para o medio rural e unha nova política forestal e que se unifique o servizo nun único dispositivo público "no que se garantan condicións laborais dignas para todos os traballadores". |
NOS_32817 | A Deputación de Lugo presenta a mostra "Xela Arias. A poesía do retrato" con fotografías de Xulio Gil. | O proxecto expositivo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo "Xela Arias. A poesía do retrato" presentouse na xornada de hoxe no Pazo de San Marcos (Lugo). Trátase dunha mostra composta por textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001, que se complementa cun catálogo. A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético. Esta mostra amplíase até as 53 no catálogo que a acompaña. As fotografías retratan a poeta Xela Arias posando con determinación e sen artificios para o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. "Hai moi poucas fotografías que sexan roubadas, que sexan do doméstico, en xeral, son fotografías que recollen posturas ou posados nos que ela controla a imaxe que quere transmitir", sinalou o autor na presentación. Tamén aludiu ao proxecto poético Tigres coma cabalos como "precedente da relación artística entre ambos". Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, indicou que esta é "unha fórmula explosiva que responde á vontade de sacar a poesía de Xela Arias á rúa; de sacar o lector da cadeira, como ela mesma ten dito e feito a través de recitais e doutras intervencións que achegaban a poesía a linguaxes e públicos diferentes". A mostra viaxará por diversos concellos A exposición comezará o seu percorrido polas comarcas do nordeste do país, o día 1 de maio, en Sarria, a localidade natal da autora, e estará instalada en paneis distribuídos polo centro da vila até o día 20. A continuación a mostra viaxará á cidade de Lugo, o 21 de maio; a Chantada, o 22 de xuño; Monforte de Lemos, 9 de xullo; Viveiro, 3 de agosto; e a Ribadeo chegará o 27 de agosto, onde quedará até o día 27 de setembro. |
NOS_14755 | Tradicións e orixes semellantes ás do noso carboeiro | A recuperación dunha figura coma o Apalpador ten que ser un traballo colectivo e acompañado do coñecemento doutras tradicións similares e as súas orixes. Porque da man dos apalpadores e personaxes dese estiño na tradición do nadal podemos dar unha volta polo mundo, como lembran desde sitios como apalpador.gal. Angulero É un pescador que vive no mar dos Sargazos e que vén no Nadal a Asturies para pescar angulas. Cos diñeiro que obtén da súa venda, merca xoguetes e lambetadas a nenas e nenos. Este personaxe naceu hai pouco máis dunha década en l'Arena, no concello asturiano de Sotu'l Barcu da man asociación cultural Garabuxada, que quería unha figura propia de nadal para esta zona. Esteru Esteru é un personaxe cántabro e asturiano con moitas similitudes ao Olentzero vasco e o Aplapador galego. Fai xoguetes de madeira e repárteos acompañado do seu Burru. Segundo parece, fixo parte da tradición perdida e narrada por un par de persoas de Comillas que lembraban o mito ao que se lle xuntaron logo outras lembranzas por Cantabria adiante até Asturias. El Tientapanzas Tientapanzas ou Tientapanza é un personaxe exclusivo da cidade sevillana de Écixa que se recuperou no ano 2004 e que, segundo as lembranzas dos maiores da vila, apalpaba as barriguiñas das nenas e nenos para logo informar as Reis Magos de se estaban mantidos e que eles lles levasen ou non os agasallos. Os propios ecixanos recoñecen nel ao Apalpador e cren que a tradición vén da repoboación que fixeran os Reis Católicos con galegos logo da conquista da zona. Olentzero O Olentzero é toda unha institución no nadal de Euskal Herria, onde na gran maioría das comarcas nin Papá Noel nin os Reis Magos poden competir con el. Estivo prohibido polo franquismo e a súa recuperación comeza con certo pulo a finais dos anos sesenta, sobre todo en Lesaka e Iruña. Sempre de txapela, sempre con saco e calzando abarcas, as máis das veces co farol e de blusón, a súa presenza é múltiple . Jólasveinar En Islandia hai unha curiosa e única tradición, son trece personaxes Jólasveinar ou Yule Lads, unha especie de trasnos, que veñen un cada día dende o 12 ao 24 de decembro, van marchando un a un do 25 de decembro ao 6 de xaneiro, cada un pasa na vila 13 días e o único día en que están todos é o 24. Krampus Krampus, é un curioso personaxe orixinario dos Alpes austríacos que leva unha máscara con cornos, vai cuberto de pel e adoita levar chocas. Cagão Para rematar, e se ben pouco ten a ver co noso Apalpador, unha personaxe propia dalgunhas rexións do nadal portugués é o cagão ou cagador, moi semellante ao caganet catalá. |
NOS_9528 | Comprobouse que se presentaron solicitudes para afiliarse ao PP de Vigo que incluían a domiciliación das cotas en contas bancarias cuxos titulares non eran eses solicitantes nin ninguén da súa familia. | A Comisión organizadora do XIII Congreso Local do PP de Vigo denunciou supostas irregularidades en solicitudes de afiliación ao partido, nas que se facilitaba unha conta para domiciliar as cotas que non se correspondía coa da persoa solicitante, senón que o titular é o ex conselleiro e senador, Javier Guerra, que se postula para optar á presidencia local do partido nese congreso (que será o próximo 18 de decembro). Así o trasladou nun comunicado este comité, encargado de garantir a transparencia do proceso electoral dese conclave e asegurar a súa neutralidade. No devandito comunicado, a organización desvelou que a Secretaría de Organización da sede estatal do partido informa da detección de varios intentos de afiliación irregulares nas últimas semanas. "Resulta que en dezanove solicitudes de afiliación figuraba como titular da conta de domiciliación da cota, a mesma persoa, o vicepresidente da xestora do Partido Popular de Vigo e posíbel candidato, Javier Guerra Fernández" Así, comprobouse que se presentaron solicitudes para afiliarse ao PP de Vigo que incluían a domiciliación das cotas en contas bancarias cuxos titulares non eran eses solicitantes nin ninguén da súa familia. "Resulta que en dezanove solicitudes de afiliación figuraba como titular da conta de domiciliación da cota, a mesma persoa, o vicepresidente da xestora do Partido Popular de Vigo e posíbel candidato, Javier Guerra Fernández", informou a comisión organizadora. Así mesmo, detectáronse irregularidades similares noutras 16 solicitudes de afiliación, nas que constaban como titulares da conta de domiciliación "persoas que, nalgúns casos, ostentan postos de representación do Partido Popular no Concello de Vigo". A organización do congreso local advertiu que a aceptación desas solicitudes de afiliación "podería supoñer unha alteración do censo de afiliados do Partido Popular, coas consecuencias que iso ten nun proceso de celebración dun Congreso Local", polo que se decidiu denegar esas peticións, ao contravir os estatutos e regulamento de afiliación e baixa do partido. "Os feitos descritos obrigan a extremar a prudencia e a vixilancia nos casos nos que se permita abonar cotas de afiliación impagadas, co fin de cumprir estritamente as normas", abundaron desde o comité organizador, á vez que aseguraron que hai "constancia fidedigna" e "documentación" que acredita estas irregularidades. O congreso local do PP vigués enfrontará, se non hai sorpresas de última hora, á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o ex conselleiro e senador, Javier Guerra Á vista do sucedido, este órgano acordou nunha reunión nas últimas horas ratificar o censo electoral para o congreso, que é o que estaba pechado ao 20 de xullo de 2021, sen permitir a participación no conclave a persoas afiliadas despois desa data. O congreso local do PP vigués enfrontará, se non hai sorpresas de última hora, á delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o ex conselleiro e senador, Javier Guerra, que mostraron publicamente a súa intención de optar a presidir o partido en Vigo, e mesmo de ser candidatos á alcaldía nas eleccións municipais de 2023. A delegada da Xunta estivo arroupada nos seus actos por 'veteranos' do PP vigués, como o ex alcalde, Manuel Pérez, ou o ex portavoz municipal, Chema Figueroa. Javier Guerra, pola súa banda, conta no seu equipo con cargos 'populares' como a senadora e ex presidenta local do partido, Elena Muñoz; o portavoz do PP no Concello, Alfonso Marnotes; ou o deputado Diego Gago. |
NOS_35744 | O Tribunal Supremo deu luz verde á medida acordada pola Xunta da Galiza en agosto que esixía o certificado Covid para acceder a bares e discotecas na Galiza, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) tombara a medida. | "O beneficio que proporciona a medida, respecto da redución significativa dos contaxios, é moi superior ao sacrificio que comporta a esixencia de presentar a documentación para o acceso ao local". Así xustificou o Tribunal Supremo a esixencia do certificado Covid na hostalaría. Desta maneira, a sección cuarta da sala do contencioso-administrativo do alto tribunal avala a decisión da Xunta da Galiza após tombarlla o TSXG. Entende que a medida é "idónea, necesaria e proporcionada". "Non se ve ningunha medida que resulte máis acaída para salvagardar a vida e a saúde dos cidadáns nese tipo de locais", continúa o Supremo na sentenza que estima o recurso da Xunta contra o auto do TSXG que rexeitara a medida. A sentenza indica que a exhibición do pasaporte Covid non vulnera o dereito á igualdade, pois non se produce discriminación entre aqueles que están vacinados e os que non o están. "Lembremos que a documentación reviste unha tripla modalidade, que resulta alcanzábel a todos, de modo que quen non quere mostrar se foi ou non vacinado, tendo en conta o carácter voluntario da mesma, pode presentar o resultado da proba PDIA ou o test de antíxenos, e desde logo o certificado de recuperación da Covid-19 se pasou a infección", recolle o texto. A Sala rexeita tamén que esixir o pasaporte Covid vulnere o dereito á intimidade e asegura que non pode esgrimirse a prevalencia deste dereito fronte ao dereito á vida e á protección da saúde pública. "É certo que se trata dunha información médica, pero as connotacións que impón a situación de pandemia, o carácter masivo da vacinación e a solidariedade que comporta a protección e axuda entre todos, devalúa a preeminencia da intimidade neste caso", subliñan os maxistrados. O tribunal tamén descarta a vulneración do dereito fundamental á protección dos datos persoais cando o que se estabelece, para entrar no interior dun determinado local, "é a mera exhibición, é dicir, ensinar ou mostrar a documentación en calquera das tres modalidades esixidas". A sentenza recolle os informes achegados pola Xunta que poñen de manifesto a abundancia de datos científicos que avalan que a única medida eficaz posíbel para proceder á apertura dos locais de lecer que proporcione un alto nivel de protección para a saúde pública é a implantación do denominado pasaporte Covid, "pois só ela pode diminuír considerabelmente o risco de contaxio nos devanditos establecementos". Lembra que a Xunta non a implantou de forma indiscriminada en todo o territorio, senón que estabelece unha sorte de mapa que gradúa a incidencia da pandemia en cada lugar e os diversos niveis de restrición segundo a gravidade da incidencia da Covid-19 nos diferentes municipios. |
PRAZA_1869 | O Día da Galiza Mártir homenaxea a figura de Alexandre Bóveda e lembra as case 5.000 persoas asasinadas polos franquistas no país. | "Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar) condéname". Ás cinco e cuarto da madrugada do 17 de agosto de 1936 Alexandre Bóveda dirixíase así ao seu irmán a través dunha carta, a derradeira da súa vida. Poucas horas despois sería asasinado polos franquistas, que catro días antes escenificaran a súa disposición a fusilalo no que presentaron como un xuízo por traizón. A data do asasinato de Bóveda é conmemorada cada ano -aínda que sen o apoio do Goberno galego- como Día da Galiza Mártir e serve non só para lembrar a figura do político galeguista, senón a de todas as persoas que sufriron a represión franquista en Galicia.Calcúlase que só durante os anos que formalmente durou a Guerra Civil española, de 1936 a 1939, os executores do golpe de Estado contra a II República española mataron en Galicia case 5.000 persoas. Segundo a base de datos máis completa ao respecto, a do proxecto interuniversitario Nomes e Voces -cuxo peche propiciou a Xunta en 2012 ao retirarlle o apoio- en apenas catro anos os franquistas e quen os apoiaban asasinaron 4.699 persoas en territorio galego.Calcúlase que case 5.000 persoas foron asasinadas polos franquistas en GaliciaAs forzas que despois sustentarían unha ditadura de case 40 anos revestiron de legalidade e formalidade xudicial apenas o 30% dos casos. Así, fronte aos 1.458 homes e 8 mulleres que perderon a vida por impórselles unha pena de morte atópanse as 3.233 persoas -3.161 homes e 72 mulleres- documentadas como "mortes extraxudiciais". Entre esta tipoloxía maioritaria atópanse os denominados "paseos", isto é, a persecución casa por casa tras o golpe franquista que remataba, as máis das veces, co asasinato na tapia dun cemiterio ou nun monte máis ou menos afastado, aínda que coa suficiente publicidade como para infundir terror na poboación. En Nomes e Voces chegaron a documentar máis de 1.800 paseos.A maior parte das persoas asasinadas polos franquistas eran persoas máis ou menos anónimas, se ben a represión foi executada cun aquel exemplarizante sobre quen destacaran pola súa actividade política e social no ámbito do galeguismo ou da esquerda durante os anos da República. Así, por exemplo, dous días despois do asasinato de Bóveda na Caeira, en Poio, os sublevados facían o mesmo en Cacheiras co tamén galeguista Ánxel Casal, alcalde de Santiago e vicepresidente da Deputación da Coruña.Políticos, activistas sociais, artistas ou xornalistas foron vítimas de fusilamentos e outros tipos de morte violenta nuns anos nos que a represión tivo tamén outras formas, dende o encarceramento ao exilio forzoso pasando pola perda do posto de traballo. Así, por exemplo, calcúlase que unhas 3.000 das 5.000 persoas que chegaron a militar no Partido Galeguista sufriron o acoso policial ao seren cualificados como "subversivos", segundo datos da formación que actualmente ostenta as históricas siglas.Primeiras homenaxes tras a reparación oficial a BóvedaAs homenaxes a Bóveda no septuaxésimo noveno aniversario do seu asasinato son as primeiras que se realizan tras a expedición da declaración oficial de "reparación e recoñecemento persoal" por parte do Goberno de España, asinada o pasado 14 de xullo polo ministro de Xustiza, Rafael Catalá. Nesta declaración, formulada ao abeiro da Lei de Memoria Histórica, o Goberno central recoñece que Alexandre Bóveda "sufriu persecución e violencia" por "razóns políticas e ideolóxicas" e que o seu fusilamento foi "inxusto", polo que o histórico galeguista ten dereito á "reparación moral". Esta é a mesma reparación que xa recibiron postumamente outras persoas asasinadas polo franquismo, caso por exemplo de Moncho Reboiras, asasinado pola Policía en 1975, a quen o recoñecemento lle chegou en 2009.A falta dun acto da Xunta, o centro institucional das homenaxes é o acto organizado na Caeira polo Concello de PoioEste é o marco no que se conmemora un Día da Galiza Mártir que, a falta dun acto oficial do Goberno galego, ten o seu centro institucional na homenaxe organizada polo Concello de Poio na Caeira, perante o monumento que lembra onde foi asasinado Bóveda. Neste acto, apoiado tamén polo Concello de Pontevedra, prevese que estean presentes líderes políticos como o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. Formacións como Anova ou Compromiso por Galicia lembraron tamén nos últimos días a importancia do Día da Galiza Mártir e do propio Bóveda, cuxa figura foi reivindicada tamén nestes días por concellos como o da Coruña, que participou nos actos da Fundación Alexandre Bóveda, ou o de Santiago, que lembra neste 17 de agosto a Alexandre Bóveda e tamén a Ánxel Casal.Base de datos do proxecto Nomes e Voces |
PRAZA_7106 | Dous anos despois de favorecer a desaparición do programa socioeducativo que funcionou durante máis de tres décadas por consideralo innecesario o Goberno galego organiza cursos para as persoas que abrirán "casas niño", o proxecto para atender nenos e nenas en domicilios particulares. | A finais de 2012 a Xunta sentenciaba definitivamente a Preescolar na Casa. Despois de apostar, no seu programa electoral de 2009, polo "apoio" a este proxecto educativo que, afirmaban daquela, estaba sendo "afogado" polo bipartito, o Executivo de Alberto Núñez Feijóo abocouno ao peche. Fíxoo cunha retirada de axudas que si continuaban chegando dende o Goberno central e a Deputación de Lugo e ratificouno ao rexeitar no Parlamento a iniciativa lexislativa popular que pretendía salvar o proxecto fundado polo sacerdote Antonio Gandoy en 1977. Dous anos despois o gabinete de Feijóo fai circular as primeiras achegas económicas para o que podería ser considerada a súa propia versión de Preescolar na Casa, as denominadas casas niño, que comezan recibindo uns 160.000 euros. Incluídas no cuestionado Plan de Dinamización Demográfica -tramitado no Parlamento en apenas catro horas-, as casas niño son, segundo a Xunta, unha "nova fórmula para a conciliación no medio rural" cunha vocación, a priori, puramente asistencial, toda vez que consiste no acollemento de nenos e nenas de 0 a 3 anos durante determinadas horas "no propio domicilio" das persoas que se inclúan no proxecto, obviando en boa medida, polo tanto, a dimensión comunitaria ou pedagóxica. Con este obxectivo a Consellería de Benestar vén de iniciar os trámites para contratar unha empresa privada que imparta formación para "futuros profesionais das casas niño". Benestar disponse a organizar catro cursos para que persoas de Lugo e Ourense coiden nenos e nenas dende os seus domicilios O que a Xunta se dispón a contratar son, concretamente, dous cursos na provincia de Lugo e outros tantos na de Ourense. As accións formativas terán que ser impartidas por persoas tituladas en pedagoxía, psicoloxía, mestres ou técnicos en educación infantil, persoas licenciadas ou diplomadas "no ámbito sa nitario" ou persoas cunha licenciatura ou diplomatura "no ámbito da xestión e administración de empresas", así como con experiencia profesional en atención á infancia ou a docencia. No entanto, o alumnado, que será seleccionado "a través das oficinas de emprego", só terá que ter rematada a ESO e "estar en disposición de crear unha Casa Niño no seu fogar", no caso do curso de capacitación integral. No de capacitación complementaria si terán que esta titulados en educación infantil, pedagoxía, psicopedagoxía, psicoloxía ou equivalente. Ambos curso inclúen contidos como saúde infantil, desenvolvemento cognitivo e motor, habilidades sociais, xogo ou autoemprego. O primeiro terá unha duración de 400 horas e o segundo, 175. As persoas que os realicen poderán recibir nenos e nenas nas súas casas se no seu ámbito de influencia non hai unha escola infantil ou un punto de atención á infancia. A Xunta e o PP defenderon e favoreceron a desaparición de Preescolar na Casa argumentando que o seu labor ficara obsoleto Esta formulación da atención á domicilio contrasta co argumentario ofrecido dende o PP e dende o propio Goberno para defender a liquidación de Preescolar na Casa. "O rural de hoxe non ten nada que ver co de hai tres ou trinta e catro anos", defendía Beatriz Mato a finais de 2012, argumentando ademais que "son moitos anos como para saber autoxestionarse" sen "dependencia de ningunha administración". Na mesma liña, a parlamentaria Marisol Piñeiro considerou que Preescolar na Casa xa non era necesario, toda vez que a súa existencia só se xustificaba no contexto dun rural sen "rede viaria", sen escolas infantís ou cun acceso "moi limitado aos medios de comunicación". Mentres o Goberno se dispón a financiar estas casas, persoal e persoas achegadas a Preescolar na Casa tentan manter vivo o proxecto e o espírito do traballo feito durante tres décadas a través da asociación socioeducativa Antonio Gandoy. Dende esta nova entidade preservan o labor desenvolvido e desenvolven novas accións socioeducativas. Paralelamente, a propia Consellería de Benestar reclámalle á desaparecida Fundación Preescolar na Casa a devolución dunha axuda de 422 euros. |
NOS_34419 | As diversas proxeccións publicadas nas últimas semanas avanzan un empeoramento das condicións económicas para o ano vindeiro. Neste liña, a Airef apunta a un escenario recesivo na Galiza en 2023. Asemade, as perspectivas do BBVA colocan o país á cola do crecemento no Estado español. | As previsións para 2023 apuntan a unha caída na actividade económica en relación a 2022. Malia as diverxencias das proxeccións no referido ao alcance da crise para o vindeiro exercicio, todas elas partillan un escenario económico máis complicado que nesta anualidade. A este respecto, o Instituto Galego de Estatística (IGE) e a Xunta da Galiza prognostican un descenso do Produto Interior Bruto (PIB) a 1,7%. A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (Airef) reduce estas expectativas a 0,6%. Porén, nun traballo publicado onte, a Airef dá por descontado que o Estado español entrará en recesión técnica no primeiro trimestre de 2023. O Estado español, ás portas dunha nova crise O servizo de estudos do BBVA presenta tamén unhas proxeccións moi pesimistas para Galiza. Segundo recolle no seu informe do mes de outubro, o PIB non vai medrar na Galiza en 2023, subindo no conxunto estatal en 1,8%. Nesta liña, os economistas do BBVA colocan o país á cola do Estado en crecemento económico, co PIB a 0%, sendo superado polo resto das comunidades autónomas, nunha listaxe que encabeza Balears cun aumento de PIB de 2,3%. Asemade, estas estimacións sitúan Galiza en recesión no primeiro trimestre de 2023, cunha caída do PIB de arredor de 1%. O economista e colaborador de Nós Diario Marcelino Fernández Mallo sinala que "á vista do funcionamento dos compoñentes do PIB, parece lóxico que se no vindeiro ano hai crecemento, este vaia ser minúsculo". Neste sentido, explica que "o crecemento do PIB está marcado pola demanda interna, o investimento privado e o sector exterior. Parece claro que o sector exterior vai contraerse, como adiantan os datos que chegan de Alemaña, a demanda interna vai caer polo crecemento da inflación e pola diminución das rendas e o investimento privado vai ir para abaixo". Sector exterior Mallo destaca que "as proxeccións fanse en base a modelos econométricos e en moitos casos non hai unha análise fonda". Nesta liña, non se atreve a dar unha explicación definitiva respecto do "peor comportamento" da economía galega, tal e como apunta o servizo de estudos do BBVA, mais preocúpalle "o funcionamento do sector exterior da economía galega, moi ligado ao téxtil e ao automóbil, bens de consumo de carácter prescindíbel, polo que as súas vendas están chamadas a caer en toda Europa". Asemade, non descarta "unha caída maior do consumo interno, ao atoparse máis alta a inflación na Galiza que no Estado". Demanda interna A profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela María Cadaval entende que o escenario económico de 2023 está marcado pola "incerteza" e o "arrefriamento económico" e avanza que "se en 2022 xa se notou a caída da demanda interna, para 2023 vaise percibir unha baixada no sector exterior". ANÁLISE | As economías familiares con menos recursos, as máis castigadas, por Natividad López Gromaz A este respecto, lembra que "no segundo trimestre de 2022 a demanda interna só representou 0,1% do PIB galego, significando o sector exterior 4,2%". Nesa dirección, destaca que "a demanda interna vaise seguir repregando e a demanda externa tamén vai caer. Abonda con pensar no peso da industria do automóbil no sector exterior, un produto cuxo consumo vai descender, para darnos conta da baixada do sector exterior en relación con 2022". Cadaval salienta que "a economía galega e española aínda non recuperaron os niveis anteriores á pandemia, algo que si aconteceu na zona euro, polo que unha vez que se chegue a esas cifras a caída do crecemento vai ser máis forte". Na mesma dirección, non lle sorprende "un peor comportamento da economía galega que da española, algo que xa se observou no segundo trimestre deste ano, cando o PIB galego ficou en 4,4%, lastrado polo consumo interno, e o estatal chegou a 6,8%". Á economista da Universidade de Santiago de Compostela María do Carme García Negro non lle sorprende un escenario recesivo para o vindeiro ano. Afirma que "se nos guíamos polos prognósticos agoreiros dos servizos de estudo dos grandes bancos, o cariz económico inmediato semella moi escuro. Malia que non hai nada que estea escrito, sería de ilusos pensar que após dous anos de pandemia, onde a produción estivo paralizada, con caídas do PIB de máis de dous díxitos, tería que acontecer case que un milagre para que non se producise ningún desaxuste". García Negro apunta á responsabilidade nesta crise "da política monetaria do Banco Central Europeo (BCE)", que "non semella a máis axeitada para dar unha resposta á crise dos 27, dadas as súas desigualdades previas". Os tempos da crise na Galiza María do Carme García Negro explica que "hai un elemento para a Galiza moi importante", ao presentar "un xeito diferente de sentir a crise". Nesta dirección, indica que o país "é menos sensíbel ao comezo da crise, nótase con certo atraso e tarda en máis en producirse a recuperación". |
NOS_6987 | O Manifesto Língua Solidária roda neste mes de maio pola rede. En facebook creouse un grupo para se adherir a el. | Son moitas as iniciativas para promover a nosa língua que se botan á rúa nestes días. Unha delas circula por facebook e é o Manifesto Língua Solidária que busca apoios a través da rede. O manifesto ten forma de poema cos seguintes versos: Manifesto Língua Solidária Contra o declínio das vozes língua solidária. Contra o final dos tempos língua solidária. Contra a barbárie do ouro língua solidária. Contra o esquecimento de nós língua solidária. Contra os impérios língua solidária. Contra o privilégio língua solidária. Contra a ignorância língua solidária. Contra a loucura da morte língua solidária. Contra a cegueira, o poder língua solidária. Contra a mentira, a baixeza língua solidária. Língua solidária contra o roubo. Língua solidária contra o assédio. Língua solidária contra as armas. Contra o silêncio, língua solidária. Língua solidária de nós, língua solidária. Galiza, maio de 2012 |
NOS_3687 | O pleno do Parlamento rexeita cos votos do PP e a abstención do PSOE solicitar o cese do director xeral de Enerxía e Minas, investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental | O Parlamento Galego volveu debater a situación de Ángel Bernardo Tahoces, o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta que se atopa investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental en relación coa explotación mineira de Lousame. A iniciativa de solicitude de cese de Tahoces e de "carpetazo" ao proxecto mineiro de Touro-O Pino foi presentada nunha moción polo deputado de En Marea Antón Sánchez, foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e a abstención do PSdeG. Alberto Núñez Feixoo xa declarara a semana pasada que consideraba excesivo substituír a Tahoces. Antón Sánchez esixiu o cese do director xeral de Enerxía e Minas pola súa política "tolerante coa contaminación" O deputado Antón Sánchez esixiu o cese do director xeral de Enerxía e Minas pola súa política "tolerante coa contaminación e cunhas explotacións que puxeron en risco a saúde das persoas", feitos que salientou se están a investigar polo xulgado de Noia a raíz da xestión no caso da mina de San Fins, en Lousame. Nese sentido, Sánchez acusou no pleno do Parlamento a Tahoces de axudar as empresas no súa tentativa de demostraren que as balsas de residuos abandonadas non pertencen á explotación, coa finalidade de que sexa o pobo galego quen pague por medio dos seus impostos a recuperación das balsas en lugar de facelo as empresas que as contaminaron, sinalou. O deputado reclamou tamén un modelo de explotación sustentábel fronte o actual "que destrúe emprego e destrúe futuro", polo que esixiu que se desbote a reapertura da mina de Touro, así como tombar a lei de depredación. ' Mini' denunciou os agravios que a Xunta comete contra Galiza a cambio de defender os intereses capitalistas O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Xosé Luís Rivas ' Mini' denunciou os agravios que a Xunta comete contra Galiza a cambio de defender os intereses capitalistas, cuestión que amosa, segundo denunciou, a existencia de políticos "estratexicamente situados para eliminar os obstáculos das empresas para acceder ás concesións". Así mesmo, acusou ao goberno de Feixoo de estar xogando a alongar os tempos co cese de Tahoces cando hai sobre a mesa acusacións de "presunta prevaricación ambiental", ausencia de controis, balsas "ameazantes", e actividades de "espolio e de rapiña" por parte de empresas que "non deixan lucro e hipotecan o futuro". Mini espetou ao PP que defende o "todo vale nos negocios" e as prácticas "de marcado corte colonial" que se aplican en Galiza. Abel Losada esixiu incrementar o control ambiental Abel Losada defendeu que desde o PSdeG non cuestionan a minería e a industria, senón que as súas esixencias van encamiñadas cara a incrementar o control ambiental para evitar casos de "abandono de funcións" como o de Touro e ao mesmo tempo garantir a dispoñibilidade das materias primas necesarias a través dunha actividade menos disruptiva. Moisés Branco Paradelo defendeu que todos os proxectos son tramitados con rigor Pola súa banda, o deputado do PP Moisés Branco Paradelo defendeu que todos os proxectos son tramitados con rigor e garantías técnicas e ambientais, lembrando a Lei de Minaría aprobada "polo bipartito" en 2008. |
NOS_28811 | Cidades e vilas acollen esta cuarta feira actos de rexeitamento e crítica á Lomce, convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. | A oposición e rexeitamento á Lomce segue a se escenificar máis unha vez nas rúas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (Pgdep) convocou para este 4 de xuño unha manchea de actividades e iniciativas a desenvolver en varias cidades e vilas do país. Música, teatro, poesía... as 'armas' para facer fronte a unha lei "españolista, privatizadora e claisista" tomarán as rúas a partir das sete da tarde. Mais hai un chamamento a que antes, ás 12:00 horas, en todos os centros de ensino do país se dea lectura a un manifesto contra a Lomce. Xa polo serán, están programadas diversas actividades a partires das sete (ás oito en Ferrol) Onde e quen Vigo MARCO (rúa do Príncipe). Zanfoneiros Sen Fronteira Quen cho dera Estudantado e profesorado anti-LOMCE Laura Quintillán O tear de Llerena Marta Quintana Tino Baz Suso Cortegoso Pepe Carreiro Celso Parada Santiago Praza do Toural. Participan: Alonso Caxade (mestre e músico) Brais Fernandes e Sabela Dávila "Feito a propósito" Ferrol. Praza do Himno Galego Participan: Miguel Neira (música) Grupo de teatro de Medulio O mago Fiz Lectura de poemas a cargo do alumno Daniel Amarelo Alumnado do Conservatorio Xan Viaño A Coruña. Performance reivindicativa no Obelisco Carballo. Concentración na Praza da Concello Cee . Concentración Praza 8 de Marzo Lugo. Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta (Ronda da Muralla) Ourense. Concentración na Praza de San Martiño Pontevedra. Concentración na Praza da Peregrina |
NOS_52374 | Cerna recolle nun comunicado a iniciativa da deputada do Grupo Mixto e lembra que o Goberno galego "foi restituído" tras repoñer o presidente da Xunta altos cargos cesados para concorrer polo PP nos comicios. | Un escrito dirixido hoxe á Mesa do Parlamento Galego pola deputada do Grupo Mixto Paula Vázquez Verao, e difundido nun comunicado por Cerna, insta ao organismo a restitución "plena" da Cámara galega. Vázqez Verao apuntou que a resolución da Xunta Electoral acerca dos vindeiros comicios galegos indica que non se trata dunha suspensión temporal do proceso, senón que o presidente tería que proceder a unha nova convocatoria. Os servizos xurídicos da Cámara galega, segundo lembra Verao, ditaminaron nun informe que no actual período na Deputación Permanente, o órgano de garda após a disolución do Parlamento, pódense "admitir determinadas iniciativas", se ben non pode asumir as funcións de "Parlamento sen Parlamento". No documento achegado á Mesa do Parlamento, a deputada argumenta que a anulación do proceso electoral aprobada pola Xunta Electoral debera ter suposto a anulación da disolución do Parlamento. Cerna cualifica de "fraude democrática" o "privar á cidadanía da súa institución representativa por tan amplo período de tempo". A organización recorda que o Goberno galego "foi restituído", repoñendo o presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feixoo, aos altos cargos que foran previamente cesados para concorrer polas listas do Partido Popular aos comicios. Así, Vázquez Verao esixiu a mesa que se considere que debe ser "restituída" a Cámara galega, axeitando as sesións e traballos da mesma á emerxencia sanitaria así como ver restituída a súa capacidade a presentar iniciativas. |
NOS_4814 | O exministro de finanzas de Reino Unido e agora editor do diario Evening Star, declarou nunha entrevista da BBC este 11 de xuño que Theresa May "está no corredor da morte e só queda saber canto tempo lle queda". | George Osborne, destacado membro do Partido Conservador e no seu día aspirante a líder da fomación, declarou na entrevista que a campaña da actual primeira ministra desfixera o seu traballo e o de Cameron. Os erros no proceso eleitoral atribúeos directamente a May e, en troca, exculpa de toda responsabilidade o maior estratega do partido, Lynton Crosby, quen, dixo, no pasado ten dirixido campañas exitosas. Canto á hipótese de Boris Johnson ser o relevo de May, Osborne afirmou que o ministro de exteriores británico está en permanente campaña por ser o líder do partido. Como editor do Evening Star, George Osborne criticou duramente as actuacións de Theresa May durante todas as eleccións. |
NOS_25677 | A directiva do Pontevedra Club de Fútbol, dirixida por Guadalupe Murillo, anunciou mediante un comunicado o despedimento do técnico Carlos Pouso, transcorridos pouco máis de tres meses desde a súa contratación. O seu substituto será Jesús Ramos. | A directiva do Pontevedra Club de Fútbol, dirixida por Guadalupe Murillo, anunciou mediante un comunicado o despedimento do técnico Carlos Pouso, transcorridos pouco máis de tres meses desde a súa contratación. Unha negativa xeira de resultados, na que os granotas só foron quen de conseguir 3 de 24 puntos posíbeis, sentenciou ao técnico biscaíño. O clube pontevedrés falou da "necesidade" de que se produza un "cambio" na dinámica do equipo, e para iso apuntou que o mellor é que o xa ex adestrador deixase de dirixir o equipo. Pouso seguirá vinculado ao Pontevedra desenvolvendo "outras funcións" sen especificar até final de temporada, e provisionalmente o seu substituto será Jesús Ramos. |
NOS_26208 | O Mentireiro, un local que acaba de abrir no número 12 da rúa Beiramar, na Coruña, acolle a mostra "As Atochas resiste!", unha perspectiva colectiva e feminista do maltratado barrio da cidade. | A exposición inaugúrase esta terza, 21 de agosto, ás 20.30, "con cachelos, polbo e surpresas…". Nela, oito mulleres, a partir dun obradoiro que tivo lugar no mes de xullo, desenvolveron as súas olladas sobre o barrio coruñés das Atochas. O grupo 'Mulheres e Fotografia' achega "micropaisagenes dos espaços degradados, prédios em ruinas junto a construçoes de última ordem, mulheres maiores, bares antigos, pintadas, praças impessoais junto a recunchos cheios de personalidade". A escola de verán de fotografía para mulleres, co lema "Troca o medo por curiosidade!", serviu para achegar coñecementos técnicos e empoderar as mulleres que participaron nel. A través de tres sesións, os sábados 14, 21 e 28 de xullo, aprendeuse a ollar imaxes e construíren as propias, coñecementos de fotografía, e a particularidade das imaxes de mulleres ou feitas por mulleres, desde unha perspectiva feminista. |
NOS_27156 | A Coordinadora Galega de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas convoca unha manifestación en Tui este sábado para condenar a represión que están a sofrer as víctimas deste calote en forma de sancións e multas "inxustas e arbitrarias". | Unha manifestación percorrerá Tui este sábado, 21 de xuño, a partir das 11:30 horas para denunciar "a represión que estamos a sofrer as vítimas do calote das preferentes e subordinadas". A mobilización está convocada pola Coordinadora Galega. Queren evidenciar que ao longo destes meses este colectivo veu padecendo unha longa lista de multas e sancións gubernativas. "Son sancións manifestamente arbitarias e inxustas que só poden ser entendidas coma un intento do Goberno do PP de amedrentar ao colectivo e coaccionar a estas persoas para que cesen nas súas protestas pacíficas". As persoas afectadas iniciden en que a partires do segundo semestre de 2013, "logo da sinatura do Memorando de entendemento coa UE e o Goberno español sobre supervisión financieria, onde con consentemento do Goberno español os afectados polas preferentes terán que sufragar unha quita dos seus aforros", comeza o ciclo de represión contra o colectivo. "Coincidindo a súa vez coas declaracións do Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que tacha á Plataforma do Baixo Miño de Comando Radical ás ordes dun sindicalista con antedentes coa función de facer política en contra do Partido Popular". |
NOS_26417 | Varios medios locais informaban na tarde da quinta feira, logo das dúas explosións mortais nas inmediacións do aeroporto da capital do Afganistán, que a filial de Estado Islámico no país reivindicara o ataque. Os Gobernos, que xa advertiran nas horas previas da ameaza, tamén traballan con esa hipótese. E o tempo para a evacuación esgótase. | Estado Islámico Provincia Khorasan (ISIS-K). Ese é o principal sospeitoso da dobre explosión suicida producida na quinta feira, 26 de agosto, nas inmediacións do aeroporto de Kabul, onde nas horas previas ─segundo os medios locais e axencias internacionais sobre o terreo─ reinou o caos ante a desesperación das numerosas persoas que buscan fuxir do Afganistán talibán. Un portavoz do movemento islámico confirmou á canle de TV árabe Al Jazeera que serían un total de 13, entres estas crianzas, as persoas falecidas como consecuencia das dúas bombas. O principal hospital de urxencias da cidade informou en Twitter de que os feridos serían polo menos 60. Un dos atacantes fíxose estourar na porta principal de entrada ao aeroporto de Kabul; o outro, ante o Hotel Baron, próximo ao aeródromo. Segundo informacións de oficiais do Goberno ruso recollidas por Sputnik, tamén se terían producido disparos. Dúas fontes de oficiais estadounidenses citadas pola CNN aseguraron que se cría con case toda certeza que ISIS-K era responsábel do ataque, aínda que a última hora desta quinta feira (hora galega) sinalaban que seguían a traballar para confirmar esta hipótese. Condena talibán O Pentágono emitiu un comunicado confirmando que entre as persoas falecidas hai varios militares estadounidenses. Non especificou o número, mais os medios do país norteamericano cifrábano en catro marines. Os talibán condenaron o ataque, salientando que se producira nunha zona controlada polo Exército dos EUA. "Axiña a situación no aeroporto se resolva e as forzas estranxeiras marchen, non volverá haber este tipo de ataques. É pola presenza de tropas estranxeiras que este tipo de ataques suceden", declarou Abdul Qahar Balkhi, dirixente talibán, á TV turca Haberturk. Varios países pediron á poboación nas horas previas ao ataque que non se achegasen ao aeroporto ante o alto risco. Porén, ducias de miles de persoas seguían amoreadas nos arredores agardando unha oportunidade. Mesmo tras as explosións. Os expertos militares aseguran que haberá máis. A filial afgá de Estado Islámico, que cualifica os talibán de apoucados ISIS-Khorasan e os talibán levan en guerra entre eles desde hai anos. Tras tomaren o poder no Afganistán o pasado 15 de agosto, estes últimos comprometéronse en varias ocasións cos países veciños e con outros actores internacionais a que farían todo o posíbel por para manter os primeiros baixo control. O escenario da evacuación, porén, é o soñado para a actuación do ISIS-K, que se viu reforzado nos últimos meses pola liberación masiva de presos realizada polos talibán nas localidades que ía conquistando. Grandes concentracións de xente, tropas e avións dos EUA e da OTAN son un obxectivo ideal para os ataques suicidas dos militantes do ISIS-K, moitos deles antigos militantes talibán. ISIS considera que os talibán traizoaron a fe islámica ao negociar en Doha cos EUA. E tamén, que son brandos de máis aplicando a sharia. |
PRAZA_17941 | Estariamos así diante dunha importante descentralización do sistema tributario español, actualmente moi centralizado, que abriría a porta a unha mais que notable ampliación do espazo fiscal autonómico. | Se atendemos a unhas recentes declaracións da Ministra de Facenda (María Jesús Montero) sobre a intención gobernamental de aumentar a participación das Comunidades Autónomas na recadación de impostos poderíamos pensar que o novo goberno español (PSOE) quere poñer fin as incoherencias e desequilibrios que, nos derraderos tempos, caracterizaron o sistema de financiamento autonómico. Benvidas sexan as novas intencións especialmente se camiñan na dirección tanto de aumentar a autonomía e a corresponsabilidade financeiras das CCAA como de incrementar a equidade e suficiencia do sistema. Nembargante, a teima por manter o teito de gasto, un gasto que se manifesta claramente insuficiente, sementa algunhas dúbidas sobre o alcance de aquelas intencións xa que, como vimos todos estes anos, esa opción fiscal neoliberal leva ás comunidades autónomas á soster unha loita polo reparto duns fondos insuficientes cando o que se precisa é incrementalos substancialmente. Dado que en España os recursos financeiros con que conta unha comunidade autónoma repártense entre impostos, transferencias niveladoras e subvencións o financiamento autonómico e a política fiscal aparecen así intimamente avencellados. Impostos e transferencias, quen deben cubrilo financiamento dos servizos de carácter básico, que ao longo dos anos tiveron en Galicia unha evolución dispar xa que mentres houbo un incremento relevante dos ingresos por tributos (entre un 35% e un 45%) deuse unha caída non menos importante dos ingresos por transferencias (entre un 32% e un 50%). Un incremento do peso dos ingresos por tributos que si ben supuxo unha maior autonomía fiscal non foi quen de evitar unha caída nos ingresos públicos do 12,5%. Neste marco aumentar a participación das Comunidades Autónomas na recadación de impostos suporía incrementar notablemente a autonomía e a corresponsabilidade fiscal de comunidades que dependen tanto da xestión dos impostos propios como da participación nos impostos cedidos. Un grande avance na descentralización fiscal que sería maior si ademais tal participación na recadación de tributos vai acompañada da posta en marcha dunha auténtica Axencia Tributaria Autonómica que sexa quen tanto de corresponsabilizarse da xestión tributaria no territorio galego como de coordinarse eficazmente co Axencia Tributaria española. Estariamos así diante dunha importante descentralización do sistema tributario español, actualmente moi centralizado, que abriría a porta a unha mais que notable ampliación do espazo fiscal autonómico. Pero para camiñar realmente na dobre dirección dunha maior autonomía e corresponsabilidade fiscal das comunidades autónomas e unha maior equidade e suficiencia do sistema de financiamento autonómico non basta con aumentar a participación das Comunidades Autónomas na recadación de impostos. Para conseguir tales obxectivos fiscais é necesario ademais proceder a unha profunda reforma fiscal que sexa quen tanto de reducir a elevadísima fraude fiscal como de eliminar o actual desequilibrio no tratamento fiscal entre as rendas do traballo e as rendas de capital. Velaí unha reivindicación política que deberan liderar as esquerdas galegas a carón das propostas do Ministerio de Facenda. Non só aumentar a participación da Comunidade Autónoma Galega na recadación de impostos senón tamén avanzar decididamente na descentralización do sistema cara unha maior participación da administración autonómica na xestión tributaria. Unha maior participación para que será preciso tanto contar con maiores competencias fiscais como con unha meirande capacidade de seguimento e control dos suxeitos declarantes para así ter unha maior participación tanto na loita contra a fraude fiscal como na procura dun sistema que presente un maior equilibrio no tratamento fiscal das rendas do traballo e do capital. Participación moi importante xa que, por caso, na loita contra a fraude fiscal as administracións autonómicas gozan de mais vantaxes dada a súa maior proximidade e coñecemento dos suxeitos pasivos. Medidas fiscais desta natureza permitirían aumentalos recursos propios e reducir o moi elevado grado de dependencia financeira de Galiza. Unha dependencia financeira -vía transferencias directas quen, a súa vez, dependen dos Orzamentos do Estado- que limita enormemente a capacidade política da Xunta de Galicia para poñer en practica políticas públicas que tanto procuren o pleno emprego como o desenrolo do estado de benestar. Obxectivos xa de seu moi castigados polas durísimas políticas de axuste fiscal que a actual Xunta de Galiza, con A. Núñez Feijoo ao fronte, ven aplicando en Galiza nesta última década. Políticas austericidas que sumadas a citada dependencia financeira contribuíron decisivamente a disparar a débeda pública de Galiza. Unha situación que demanda urxencia na reforma do actual sistema de financiamento autonómico. Retrasala á vindeira lexislatura –como ven de anunciar o presidente Pedro Sánchez- non debería ser aceptable para a esquerda galega. Retrasar a reforma do sistema de financiamento autonómico e retrasar, especialmente para comunidades como Galicia, a procura de obxectivos como o pleno emprego, o desenrolo do estado de benestar e o equilibrio territorial. Publicidade |
PRAZA_20747 | A representación ecoloxista no Padroado do Parque Natural advertiu do quebrantamento do cupo de visitantes ante representantes do Goberno galego. Estes colectivos lamentan a "obsesión" de Medio Ambiente "por ter cada vez máis visitantes" sen avaliar o seu impacto A Xunta tenta aplacar cunha xuntanza o anoxo da hostalaría viguesa polo caos en plena ría | A Xunta tenta aplacar cunha xuntanza o anoxo da hostalaría viguesa polo caos en plena ría "A polémica polo turismo desordenado nas Cíes pon de manifesto o que levamos denunciando: que a normativa de cupos de visitantes é incumprida de maneira sistemática por certas navieiras sen que ata o momento se tomase ningunha medida seria". Algunhas das principais organizacións do movemento ecoloxista galego -Adega, APDR, FEG, A Ría non se Vende, Salvemos Monteferro, Verdegaia e Voces polo Litoral- veñen de acoller a controversia xerada pola masificación nas viaxes ás Illas Cíes a través da venda irregular de pasaxes como unha ratificación das súas propias denuncias. Estas organizacións, lembran, puxéronlle cifras hai case tres anos en presenza da Xunta ao quebrantamento do cupo de 2.200 visitantes máis 800 campistas diarios e o Goberno, lamentan, optou por ser "morno" ata agora. Esa advertencia, explican estas organizacións nun comunicado conxunto, produciuse o 23 de outubro de 2014. Nesa xornada celebrouse a undécima xuntanza do Padroado do Parque Nacional Maríatimo-Terrestre das Illas Atlánticas, o órgano de "participación da sociedade" na xestión deste espazo natural, no que sentan a Administración pública e tamén entidades como universidades, confrarías de pesca, concellos ou os propios grupos ecoloxistas. Naquela xuntanza, que segundo informou ese mesmo día o Goberno, estivo "presidida" pola daquela directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, "un dos dous representantes do Movemento Ecoloxista" advertiu de que as navieiras estaban a pasar por riba do límite de turistas. A representación ecoloxista no Padroado do Parque Natural advertiu do quebrantamento do cupo de visitantes o 23 outubro de 2014 ante representantes do Goberno galego Concretamente, advertiron de que "a media de visitantes ás Illas Cíes durante o mes de agosto de 2013 era de 2.708 persoas" ao día, atendendo ao balance turístico que facilitara a propia Xunta. Esta cifra "constataba o exceso de cupo rexistraro durante algúns días dese período no arquipélago", advertiron na xuntanza encabezada pola alto cargo do Goberno galego. Pero "o director-conservador do Parque Nacional, José Antonio Fernández Bouzas, sacoulle importancia a este dato, negando ningún tipo de exceso de cupo", afirman. Esta advertencia, resaltan, uniuse ás múltiplas "denuncias por exceso de cupo", unhas 120 dende 2011 entre as cales "ningunha superou a contía de 12.000 euros" aínda que, como admitiu Medio Ambiente nos últimos días, "poderían impoñer ata 200.000 euros e mesmo a retirada temporal da concesión". Plans turísticos sen "ningún estudo" previo nin Plan Reitor Os grupos ambientalistas lamentan que Medio Ambiente "manifeste a obsesión por ter cada vez máis visitantes" sen avaliar o seu impacto Neste contexto, as organizacións ecoloxistas reprochan non só que no parque cundise "a relaxación xeneralizada no cumprimento da normativa", senón que ademais a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, fixese públicos plans que "lonxe de parecer realizadas" pola titular do departamento medioambiental da Xunta, "semellan ter sido efectuadas" pola responsable de Turismo, din en referencia á aposta por "superar a barreira dos 400.000 visitantes ao Parque". Cando Mato trazou ese obxectivo, en febreiro de 2016, "non propuxo ningunha iniciativa rigorosa de estudo da capacidade de carga do espazo natural, senón que volveu manifestar a obsesión por ter cada vez máis visitantes anuais", sen ter en conta que "todas as medidas de xestión" dun Parque coma este deben "supeditarse" á súa conservación. Se algunhas navieiras "dobraron o número permitido" de billetes foi porque a Xunta "non exerceu un control estrito que impedise a venda fóra do circuíto legal", din Partindo da base de que "unha das causas da masificación das illas está na liberalización do transporte marítimo", as organizacións ecoloxistas din "alegrarse" de que "por fin o problema saia á luz pública e se comecen a tomar medidas adicionais para impedir" uns incumprimentos que, resaltan, non son culpa "unicamente das navieiras, ás que non parece importarlles matar a galiña dos ovos de ouro", senón tamén das "autoridades", polo seu desleixo. Se algunhas navieiras chegaron a "dobrar o número permitido" de billetes foi por que dende a Xunta, lamentan, non se exerceu "un control estrito que impedise a venda fóra do circuíto legal", algo que "debería ser moi sinxelo co actual desenvolvemento tecnolóxico". Así, advirten, Medio Ambiente non tería que chegar a provocar "episodios como o do pasado domingo", con centos de persoas "obrigadas a volver a terra por exceder o cupo". Alén destas medidas máis ou menos puntuais e de controis máis rigorosos o movemento ecoloxista lembra que un dos problemas deste Parque segue a ser a ausencia dun Plan Reitor de Uso e Xestión, que estes mesmos grupos "levan máis dunha década solicitando" e que o propio Goberno admitiu como "fundamental" no ano 2009. A lei pola que en 2002 se aprobou a declaración das Illas como Parque Nacional, lembran, fixaba un prazo dun ano para a aprobación deste plan, polo que "só a neglixencia máis absoluta pode explicar" que non estea elaborado e en vigor. "Agardamos -conclúen- que o acontecido estes días sexa o inicio dun cambio de rumbo". |
NOS_24136 | As empresas recomendan planificar as compras ao longo do ano. | O aumento dos custos da electricidade e do gas para os fogares da Galiza está a propiciar que as familias busquen alternativas para o aforro á hora de quecer as súas vivendas. Así o corrobora a Nós Diario Juan Garrido, xerente de Lignus, unha empresa afincada en Caldas de Reis que se dedica á distribución a nivel galego de pellets en sacos e a granel. Provedores de leña advirten da dificultade de cubrir a crecente demanda na Galiza A demanda "está a concentrarse toda nun mesmo período", explica o xerente de Lignus, "o que xerou unha importante problemática para o abastecemento nos últimos dous meses", continúa. "As compras preténdense facer todas no mesmo período, antes de que chegue o frío, e as empresas están pasando apuros para cubrir toda a demanda", afirma o representante de Lignus. "É certo que houbo un incremento na demanda, mais o problema máis importante é que se quere cubrir toda xunta, o que xera atrasos nas entregas", reitera Garrido. "Estamos atendendo entre 15 e 20% máis de pedidos que o normal, pero isto débese a que non estamos atendendo o total da demanda, temos unha capacidade de subministración que non nos permite aumentar por riba desa cota", sinala. "Non temos suficiencia para atender todo o volume de pedidos que nos entran a diario, polo que traballamos coa clientela de sempre e ese 15 ou 20% a maiores, fóra de aí estamos desbordados", afirma Garrido. "A demanda disparouse de tal forma que se está xerando unha crise de nerviosismo no mercado que provoca que haxa interrupcións na subministración e atrasos". "Os nosos prazos de entrega estaban entre os cinco e dez días, agora mesmo eses tempos aumentaron até unha espera de 15 días", explica o xerente. A cidadanía galega paga a luz 124% máis cara que a poboación portuguesa "O aumento dos custos da electricidade provocou que se multiplicase case por catro os custos de produción para os fabricantes de pellets, chegando mesmo a ter que parar as fábricas", afirma Garrido. Por outro lado, di, "os custos de distribución tamén se incrementaron de forma importante derivados dun prezo do gasóleo que aumentou 80% con respecto ao comezo do ano". Todos estes factores, unidos tamén á suba do prezo da madeira, provocou que o valor do pellet se disparase no mercado, "ao redor de 60% no que vai de ano". Desbordado o mercado galego das calefaccións A concentración da demanda nunha época concreta do ano tamén se está facendo notar no mercado das calefaccións. Segundo afirma a este xornal Alejandro Fuente, xestor de Ecolume, unha empresa de chemineas afincada en Lugo, "xa hai entregas para o ano que vén, temos pedidos adiados até marzo e abril de 2023 comprando agora o aparato", explica Fuente. "Se hai xente que quere algún dos aparatos que teñen máis rotación no mercado, é probábel que se encontre con algún problema para conseguilo este inverno", afirma o xestor. "Calma e previsión" Garrido e Fuente coinciden na mesma mensaxe, precisamos "calma e previsión" no mercado. Desta forma, piden tranquilidade ás persoas consumidoras, hai capacidade para cubrir a demanda anual, mais no futuro cómpre que haxa máis previsión na planificación das compras, evitando situacións que rematan por saturar as empresas, explican. Bruxelas propón estender o modelo ibérico do tope ao gas A Comisión Europea propuxo esta terza feira que o modelo da 'excepción ibérica' que permite aos Estados español e portugués pór un teito ao prezo do gas utilizado para xerar electricidade se estenda ao resto da Unión Europea (UE) cun tope de entre 100 e 120 euros o Mwh, un límite máis suave que a media de 60 euros do marco ibérico. Bruxelas estima que a medida derivaría nun beneficio neto de 13.000 millóns de euros para o conxunto dos Estados da UE. Bruxelas estuda estender a 'excepción ibérica' a toda a UE e aforrar 13.000 millóns de euros "Sumar este mecanismo por encima do tope inframarxinal produciría un beneficio neto de aproximadamente 13.000 millóns de euros sobre os 70.000 millóns do tope inframarxinal", apunta o documento que o Executivo comunitario remitiu esta terza feira aos Estados membros no marco das negociacións para intervir o mercado enerxético. |
PRAZA_16046 | Os peritos de parte din que non era precisa a análise integral de riscos do AVE Ourense-Santiago que xuíces e o experto independente da causa botan en falta. Un dos peritos di que un regulamento non foi cumprido como tal senón que as súas esixencias se aplicaron a través doutro procedemento. | Adif, a empresa pública xestora do AVE Ourense-Santiago na que se produciu o accidente de Angrois, vén de entregar no xulgado dúas peritaxes de parte para avalar a súa tese de que non era obrigatorio realizar unha análise integral de riscos da liña, avaliación que si botan en falta os xuíces e o perito independente da causa. O ex-director de Seguridade na Circulación de Adif Andrés Cortabitarte é o principal imputado na causa pola ausencia desa análise integral de riscos. As peritaxes chegan ao xulgado despois de que varios técnicos da empresa pública Ineco declarasen que Adif non lles pediu avaliar os riscos de toda a liña Ourense-Santiago senón só ata uns 300 metros antes da curva de Angrois, onde o 24 de xullo de 2013 descarrilou un tren Alvia provocando 80 mortes. Isto é, aínda que Adif avaliase os riscos, esa análise non foi supervisada por Ineco como organismo externo independente. Os peritos de parte din que non era precisa a análise integral de riscos do AVE Ourense-Santiago que xuíces e o experto independente da causa botan en falta As dúas peritaxes agora entregadas por Adif no xulgado están asinadas por Antonio Puyol, enxeñeiro industrial dedicado á avaliación da seguridade no sector ferroviario, e Esther Mateo, directora de instalacións da propia Adif. Os dous coinciden en indicar que a seguridade no sistema ferroviario está fragmentada entre diversos responsables, incluídos os maquinistas, e que Adif actuou de xeito correcto na liña Ourense-Santiago malia permitir que non houbese (e mesmo que fose desconectado) ningún sistema automático que frease os trens no caso dun erro humano como o ocorrido. Un dos peritos di que un regulamento non foi cumprido como tal senón que as súas esixencias se aplicaron a través doutro procedemento Segundo Puyol, a aplicación do regulamento europeo que establece como avaliar a seguridade "non sería preceptiva no momento da posta en servizo [da liña Ourense-Santiago] debido ao avanzado estado de desenvolvemento das obra". E engade que "aínda no suposto de realizarse unha EIR [Avaliación Integral de Riscos] involucrando a todos os subsistemas estruturais, os resultados non serían diferentes" e, ao seu ver, o risco dun accidente por despiste do maquinista como o que ocorreu sería "un suceso de frecuencia incrible". Puyol si admite que ese regulamento europeo si sería aplicable ao subsistema de control, mando e sinalización (CMS), porque sufrira un cambio entre o seu deseño inicial e o que finalmente funcionou, pero desbota que ese incumprimento fose importante porque di que as esixencias dese regulamento foron aplicadas igualmente a través doutro procedemento. Un dos peritos admite que non se cumpriu cun regulamento europeo pero di que as súas esixencias se aplicaron doutro xeito Pola súa banda, Mateo, cargo intermedio de Adif, di que a súa empresa "actuou de acordo cos procedementos que incorpora o Sistema de Xestión da Seguridade" e que a liña foi executada "de acordo coas normas técnicas que eran de aplicación a cada subsistema", matizando que un tipo de análise de riscos, o denominado Hazard Log ou rexistro de riscos, "só é preciso no caso do subsistema de Control, Mando e Sinalización, e así se fixo". Peritaxe dunha directora de Adif que di que só era precisa unha estimación de riscos do subsistema de control, mando e sinalización, non do conxunto Adif salienta a importancia das peritaxes co argumento de que eses dous expertos son persoas que se dedican precisamente á avaliación da seguridade das liñas de Adif Xunto con esas dúas peritaxes de parte, Adif entregou ao xulgado un escrito no que pide que sexan tidas en conta e os seus autores chamados a declarar. A empresa pública salienta a súa importancia co argumento de que eses dous expertos son persoas que se dedican precisamente á avaliación da seguridade das liñas de Adif. Estes escritos veñen de ser trasladados ao resto de partes polo xuíz instrutor, xunto con outros dous nos que a aseguradora de Renfe (QBE) e o avogado do maquinista se pronuncian de xeito dispar sobre a posibilidade de que a operadora poida retirar xa o tren Alvia do almacén no que se atopa. A aseguradora non ve ningún obstáculo pero o avogado do maquinista lembra que a Axencia Ferroviaria Europea ten dúbidas sobre ese material rodante. É precisamente un ditame pendente de emitir por parte da Axencia Ferroviaria Europea un dos elementos fundamentais para determinar se Adif cumpriu ou non coa normativa en materia de análise de riscos. |
NOS_31200 | A organización sindical nacionalista visitou os territorios palestinianos de Xerusalén Leste e Cisxordania como parte dunha Misión Sindical Internacional artellada pola Federación Xeral dos Sindicatos de Palestina. | A Confederación Intersindical Galega (CIG) tomou parte dunha misión internacionalista de solidariedade co pobo sahariano. A través do seu responsábel de relacións internacionais, Ramón Boán, a central sindical nacionalista --xunto con ELA (Euskal Herria), CSN (Quebec) e CUT (Brasil)-- visitaron as cidades de Ramallah, Nablus, Tubas, Qabatia, Qalquiya, Belén e Hebrón situadas nos territorios de Xerusalén Leste e Cisxordania. Embora as autoridades israelís impediren que a delegación internacional puidese entrar na Faixa de Gaza, a misión de solidariedade reuniuse con representantes políticos e sindicais palestinian@s e visitaron algúns centros de traballo en que viron, asegurou ao seu regreso Ramón Boán, como "o nivel de desemprego é altísimo" e as condicións de traballo continúan precarizándose. O pobo palestiniano, asegurou Boán, "continúa na resistencia mais as condicións son cada vez peores". Os representantes das tres organizacións sindicais indicaron que foron testemuñas dos "efectos devastadores da política de asoballamento, apartheid e bloqueo que o estado israelí exerce de múltiples maneiras sobre a poboación palestina", entre elas as construcións de asentamentos ilegais no territorio de administración palestiniana ou a edificación do muro de separación. Desde a CIG, o secretario de Relacións internacionais alertou de que poderiamos estar "asistindo á paulatiba e irreversíbe desaparición da lexítima aspiración a construír un estado palestino libre e independente", en boa medida, porque "a Cisxordania é hoxe un arquipélago de áreas dispersas con difícil conexión entre elas" o que torna inviábel, asegurou Ramón Boán, "construír na práctica un Esado palestiniano con continuidade territorial". |
NOS_20735 | Esta taxa actualizouse o pasado 1 de xaneiro e a súa suba afecta uns 250.000 vehículos en todo o Estado español, segundo precisou Moncloa. | O Goberno estatal cifrou esta segunda feira nuns 250.000 os vehículos que, malia seren adquiridos en 2021, serán entregados ás persoas compradoras este ano e veranse afectadas, en consecuencia, pola suba do Imposto Especial sobre Determinados Medios de Transporte, máis coñecido como imposto de matriculación, pola súa adaptación á nova normativa europea sobre emisións contaminantes, en vigor desde o pasado 1 de xaneiro. Así o recoñece nunha resposta rexistrada no Congreso ao deputado de Foro Asturias, Isidro Martínez Oblanca, que preguntara ao Executivo polo alcance desta suba impositiva entre aqueles compradores que mercaran o pasado ano un vehículo, mais cuxa entrega non chegara antes do remate de 2021. Martínez Oblanca destacaba na súa pregunta como milleiros de persoas se viron afectadas polo atraso provocado pola crise de subministracións, principalmente semicondutores, e a escaseza de materias primas, que está a afectar de forma significativa a industria do automóbil. Na súa resposta, o Goberno precisa que o incremento no imposto de matriculación segundo as emisións de dióxido de carbono (CO2) do vehículo aplicarase aos compradores que reciban os seus vehículos novos en 2022, aínda que formalizasen a súa adquisición o ano pasado. "Segundo as primeiras estimacións, calcúlase que o número de vehículos nesta situación ascende a uns 250.000", concreta o Executivo na súa resposta. Todo iso tras a entrada en vigor o pasado 1 de xaneiro da actualización dos treitos de emisións, a partir do protocolo de emisións WLTP, máis estrito que o anterior (NEDC), que rebaixa o número de modelos exentos do abono desta taxa. A suba estaba prevista para mediados do ano pasado, mais, tras forzar a oposición unha mudanza legal para compensar o incremento, o Goberno aceptou unha rebaixa temporal do imposto para prorrogar esta suba ao 1 de xaneiro de 2022. Desde esa data, aqueles modelos que emiten menos de 120 gramos de CO2 por cada quilómetro percorrido non pagan o imposto de matriculación. Porén, os vehículos que emiten entre 121 e 159 gramos de CO2 pagan 4,75% deste imposto, e 9,75% abónano aqueles clientes con automóbiles que emiten entre 160 e 199 gramos de CO2. O último treito está destinado a aqueles vehículos que expulsan máis de 200 gramos, cuxos propietarios deben abonar 14,75% da taxa. |
NOS_15972 | A organización da cadea humana pola independencia que percorrerá Catalunya de norte a sur o 11 de setembro quer conseguir a "mobilización máis multitudinaria da historia dos Países Cataláns" | Assemblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural anunciaran hai uns meses que o 11 de setembro unha gran cadea humana percorrería toda Catalunya sumando centos de milleiros de persoas pola independencia nacional. "A mobilización máis multitudinaria da historia dos Países Cataláns e das máis importantes de Europa", sinalaron. O prazo para se anotar nesta cadea humana pola independencia abriu hai dúas semanas. Nese tempo, máis de 125.000 persoas anotáronse para participar na mesma. Unha avalancha de inscricións que xa provoca que haxa tramos da cadea humana que estean completos e non se poda participar neles. "Que o mundo mire ese día a Catalunya para que vexa cal é a vontade maioritaria e democrática do pobo catalá" Evidenciar a maioría pro-independencia A cadea humana unirá cidades e vilas de Catalunya, desde El Pertús (nos Pirineos) a Alcanar (lindando con Valencia). @s organizador@s inciden en que con esta iniciativa, o que se procura é "evidenciar a existencia dunha maioría social favorábel á independencia" , así como implicar á clase política "en que de os pasos precisos ara atinxir un estado propio". |
PRAZA_9335 | Ou o Tribunal Supremo recoñece que foron vulnerados os dereitos fundamentais dos líderes independentistas xulgados ou vaino facer despois o Tribunal de Estrasburgo, subliñaron os letrados a modo de aviso no inicio do proceso | A máxima instancia europea á que pode recorrer un cidadán convencido de que a Xustiza do seu país vulnerou os seus dereitos, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Estrasburgo, erixiuse este martes como unha figura omnipresente na primeira sesión do xuízo polo referendo celebrado en Catalunya o 1 de outubro de 2017.Tanto os avogados que optaron por unha exposición máis técnica como os que se decantaron por salpicar a súa intervención de alusións políticas, a xurisprudencia do TEDH foi un recurso constante que sitúa a Estrasburgo como o auténtico fin de traxecto da causa contra os 12 líderes políticos e sociais que sentan no banco do Tribunal Supremo.Ou o Tribunal Supremo recoñece que foron vulnerados os dereitos fundamentais dos líderes independentistas xulgados ou vaino facer despois o Tribunal de Estrasburgo, subliñaron os letrados a modo de aviso no inicio do procesoO momento procesual era propicio. A primeira sesión estivo dedicada por completo ás cuestións previas das defensas, isto é, as demandas de retirar probas, de petición de incorporar outras ou directamente de nulidade da causa. Para pedir esa nulidade e que non se celebre o xuízo, os avogados defensores recorreron unha e outra vez á vulneración dos dereitos fundamentais que cren que sufriron os seus clientes.Ou o recoñece o Tribunal Supremo ou vaino facer despois o de Estrasburgo, subliñaron os letrados nas súas intervencións a modo de aviso para o tribunal que preside o maxistrado Manuel Marchena. O TEDH non entrará a xulgar se os feitos do outono soberanista catalán son un delito de rebelión, como si fará o Supremo, senón que valorará se na instrución da causa ou no xuízo se vulneraron dereitos fundamentais.Para defender a súa tese, os avogados defensores acudiron principalmente á instrución do xuíz Pablo Llarena, o maxistrado que utilizou a primeira persoa do plural para, en dous autos, cualificar o proceso soberanista como "a estratexia que sufrimos". "Non é un erro, é alguén escribindo aquilo que sente. É razoable que os acusados dubiden da súa imparcialidade", afirmou Jordi Pina, avogado dos ex-consellers Jordi Turull e Josep Rull e do que fora presidente da Asemblea Nacional Catalá (ANC) Jordi Sànchez.Non só as defensas aludiron a Estrasburgo. O maxistrado Marchena, citando a xurisprudencia do TEDH, acordou dobrar o tempo que permite a corte para que os letrados defendan a conculcación de dereitos, pasando de 15 a 40 minutos.As defensas estenderon as dúbidas sobre a imparcialidade non só ao xuíz instrutor senón ao que redactará a sentenza, isto é, o maxistrado Marchena. A súa baza neste caso é o WhatsApp que escribiu o portavoz do PP no Senado, Ignacio Cosidó, no que alardeaba de que con Marchena presidindo o Supremo os conservadores controlarían "desde atrás" a Sala do Penal. A letrada de Carme Forcadell, Olga Arderiu, chegou a citar unha sentenza en inglés do TEDH na que o tribunal europeo lembrou que a Xustiza "non só debe ser imparcial senón parecelo".O avogado de Cuixart foi o que enumerou máis vulneracións de dereitos, toda vez que as acusacións contra el están baseadas en manifestacións e protestas na rúaDo mesmo xeito que o seu escrito de defensa, a intervención de Benet Salellas, avogado do presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, foi a que enumerou máis dereitos supostamente vulnerados. Non en balde, a acusación contra el non se basea en gastos ou o impulso do 1-O desde o Govern (Cuixart nunca foi conselleiro nin deputado), senón en manifestacións e protestas como o 20-S en Economía ou as marchas da Diada, que a xuízo da Fiscalía son unha presión e unha ameaza de violencia para promover a independencia. Por contra, a defensa enmárcaos no exercicio dos dereitos á liberdade de expresión, reunión e manifestación."O mundo dos dereitos humanos está moi atento a este xuízo", lanzou Salellas ao tribunal. O letrado tamén cargou contra a Fiscalía polo fragmento do escrito de acusación no que se expón que o presidente de Òmnium alentou a violencia por dirixirse aos manifestantes ante a conselleria de Economia coa lema 'Non pasarán'. "Chegouse a criminalizar unha lema con tanto peso", dixo Salellas, en referencia á simbólica frase de oposición ao fascismo.O "vodevil procesual"As distintas investigacións xudiciais sobre o proceso soberanista centraron outro capítulo das cuestións previas. Especialmente vehemente foi o avogado de Oriol Junqueras e Raül Romeva, Andreu Van dean Eynde, que denunciou o "vodevil" procesual formado polas causas do xulgado de instrución 13 de Barcelona, o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC), a Audiencia Nacional e o Supremo.O avogado de Junqueras e Romeva coida que a división das causas vulnera o dereito á defensa, porque a Fiscalía pode acceder a todos os documentos e as defensas, nonA criterio de Van dean Eynde, a división de causas vulnera o dereito á defensa e á igualdade de armas entre acusados e acusacións, xa que a Fiscalía é parte en todas as causas e pode acceder a todos os documentos, pero as defensas non. Van dean Eynde tamén cargou contra as declaracións de políticos do PP, Ciudadanos e o PSOE que deron por condenados aos acusados antes do xuízo.Incluso a defensa do ex-conseller Santi Vila, que se desmarcou por completo do resto de ex-consellers na organización do 1-O, denunciou que non se respecta o seu dereito ao xuíz predeterminado por lei, xa que a causa tería que xulgarse no TSJC e non no Supremo ao ter lugar os feitos en Catalunya.Diferenzas políticasO coro afinado que formaron as defensas para denunciar vulneracións de dereitos fundamentais renxeu cando entraron no feitos obxecto de xuízo. Como xa expuxo no seu escrito de defensa, Pau Molins, avogado de Vila, lembrou que o ex-conseller dimitiu pola súa oposición á Declaración Unilateral de Independencia (DUI) que aprobou o Parlament o 27 de outubro de 2017. E Mariano Bergés, letrado da ex-consellera Dolors Bassa, pediu que conste como proba do xuízo un certificado do Diario Oficial da Generalitat de Catalunya (DOGC) para acreditar que a DUI non se chegou a publicar de forma oficial.En xeral, as defensas centraron as súas intervencións en reclamar a protección dos seus dereitos no ámbito estritamente xurídico. Só Van dean Eynde engadiu afirmacións de claro contido político, citando tamén a Constitución Española que os seus clientes están acusados de vulnerar. "A Constitución impide criminalizar a disidencia política", resolveu.AO VIVO | Retransmisión do xuízoRetransmisión en directo das sesións do xuízo. Sinal institucional fornecido polo Tribunal Supremo. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.