ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_2844 | A CIG alerta de que a oferta pública de emprego convocada pola Xunta é "absolutamente insuficiente" para atender as necesidades do sistema e a calidade na atención ás e aos doentes. Critica tamén os obstáculos que esa situación xera para o persoal sen praza fixa, unhas 36 mil persoas. | Entre o 2011 e o 2015 o SERGAS perdeu 3.527 traballadores e traballadoras, principalmente a través de xubilación. Porén, a taxa de reposición do 10% imposta polo Goberno central en 2010, elevada este ano ata o 50%, limitou moito a contratación de novo persoal que puidese cubrir esas vacantes xeradas. As ofertas públicas de emprego convocadas pola Xunta sumarán unicamente 633 novos traballadores e traballadoras, polo que o sistema galego de saúde perderá case 2.900 prazas. CIG-Saúde vén de presentar un informe no que lle demanda ao SERGAS que "cubra todas as prazas amortizadas desde 2010" e que alerta de que as escasos postos de traballo convocados son "absolutamente insuficientes" para atender as necesidades do sistema e a calidade na atención ás e aos doentes. Por exemplo, dende o 2011 perdéronse un total de 761 prazas de médicos/as, 514 de enfermeiros/as ou 547 de auxiliares de enfermaría. O sindicato conclúe no seu informe que "esta é unha ferramenta perfecta que utiliza o PP para seguir no camiño da privatización da sanidade pública". Dende o 2011 perdéronse un total de 761 prazas de médicos/as, 514 de enfermeiros/as ou 547 de auxiliares de enfermaría Ademais das prazas que se perderon nestes catro anos, María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, lembra que o Plan Mellora de Atención Primaria recollía unha incorporación de 1.049 traballadores e traballadoras de diversas categorías. Un Plan que, denunciou, "quedou suspendido no ano 2009 polo goberno do PP, polo que tampouco se procedeu á cobertura destas prazas". Abuín destacou especialmente a situación que se dá en Saúde Mental, "a máis esquecida e para a que nin sequera hai un plan galego", denunciou. Sinalou, a este respecto, que si había un plan elaborado durante o bipartito que incorporaba 150 profesionais entre psiquiatras, psicólogos/as, enfermeiros/as, traballadores/as sociais e auxiliares de enfermería "e que tamén quedou no esquecemento". Nas listaxes de contratación figuran case 6 mil celadores e celadoras, máis de 7 mil enfermeiros e enfermeiras, máis de 6 mil auxiliares de enfermaría, case 4 mil técnicos sanitarios ou un total de 796 médicos/as de familia Abuín advertiu de que esta situación se vai "agravar no ano 2016", pois a lei de orzamentos "mantén a taxa de reposición, aínda que no seu articulado recolla que vai ser do 100%". "Na letra pequena di que esa cobertura do 100% só vai ser das vacantes xeradas no ano 2015, polo tanto non vai a haber unha cobertura de todas as prazas vacantes producidas entre 2010 e 2014", explicou O sindicato pide tamén "que se identifiquen todas as prazas que están sendo cubertas por persoal eventual que son de duración superior a un ano, aínda que non figuren como prazas do cadro de persoal". En 2014, denuncia a CIG, o SERGAS realizou 100.000 contratos por días. Lembra que nas listas de contratación da Consellaría están inscritas máis de 36 mil persoas, profesionais sen praza fixa, que deben ir encadeando substitucións, sumando en moitos casos moi poucos días de traballo (e de salario) ao ano. Nestas listaxes de contratación do SERGAS figuran, por exemplo, case 6 mil celadores e celadoras, máis de 7 mil enfermeiros e enfermeiras, máis de 6 mil auxiliares de enfermaría, case 4 mil técnicos sanitarios ou un total de 796 médicos e médicas de familia. O persoal eventual do SERGAS subliña non só as súas malas condicións laborais, que están levando a moitos e moitas a buscar traballo noutros territorios, senón tamén o impacto que isto ten sobre a atención sanitaria O persoal eventual do SERGAS, sen praza fixa, vén denunciando a súa situación dende hai anos, subliñando non só as súas malas condicións laborais, que están levando a moitos e moitas a buscar traballo noutros territorios, senón tamén o impacto que isto ten sobre a atención que reciben os usuarios e usuarias do sistema de saúde: "Un persoal estresado e con malas condicións non pode ofrecer unha boa calidade asistencial", destacaba nunha entrevista Mayra Dorribo, representante de Sanitarios Galegos Públicos (SAGAP). "Os contratos por acumulación de tarefas permiten traballar un máximo de 180 días por ano. Non adquires ningún dereito laboral, non tes dereito a vacacións, nin aos días de libre disposición, nin aos descansos obrigados" -destacaba- "Somos moitos os que estamos traballando apenas un par de meses ao ano. Con iso non pode vivir ninguén, a xente está marchando a outros países". |
NOS_30197 | O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra acaba de probar con éxito un tratamento pioneiro cunha paciente de COVID-19 de alto risco que deu positivo por segunda vez. Nós Diario conversa con Adolfo Baloira, xefe de Pneumoloxía e responsábel da atención ás pacientes contaxiadas da área de Pontevedra e O Salnés. | —Cantos tratamentos diferentes teñen probado xa fronte á COVID-19? De súpeto, encontramos cunha enfermidade nova e non sabiamos que facer. Atendemos ao que facían na China, onde tiñan máis experiencia e probaran moitas cousas. De inicio, usamos a hodroxicloroquina. Parecía que podía diminuír a entrada do virus nas células, mais nunca se puido comprobar. Asociado a este tamén empregamos un fármaco que utilizaba contra o virus da sida, xa que se constatou que teñen arredor de 60% de ARN similar e pensouse que podería inhibir o coronavirus. A medida que fomos obtendo información vimos que non servía en absoluto. É máis, tiña moitos efectos secundarios. Aquí, á segunda semana de empezar a tratar o primeiro paciente que nos chegou, o 7 e marzo, xa deixamos de usalo e creo que foi unha das boas decisións que tomamos durante a etapa inicial da pandemia. —Tamén se confirmou que a hidroxicloraquina non axudaba as pacientes con coronavirus. Si, a hidroxicloroquina podía incrementar o risco de ventilación mediante intubación orotraqueal e mesmo aumentar a mortalidade debido a alteracións no corazón. De feito, a Organización Mundial da Saúde suspendeu un ensaio clínico que se estaba realizando ao observar estes perigos. Polo tanto, estabamos empregando fármacos que non eran moi eficaces e que mesmo podían producir danos. Como a azitromicina, un antivírico que tamén se usou e que asociado á hidroxicloroquina, quedou claro que aumentaba o risco de arritmias graves no corazón. Para min o máis importante é que se descubriu que este virus, nalgúns pacientes, podía provocar unha tormenta de citoquinas, unha inflamación explosiva que se producía en poucas horas e encher os pulmóns de células inflamatorias cun risco de mortalidade altísimo. Ao saber isto, o que procuramos foi inhibir algunha destas citoquinas para mellorar as condicións das doentes. Entón, probamos o tocilizumab, un fármaco que inhibe unha destas citoquinas e que á súa vez inhibe a produción doutras. Nós fixemos un uso precoz deste medicamento e creo que tamén foi un acerto, porque doentes que estaban moi mal, en 24 horas obtiñan unha mellora radical. Foi dos mellores que empregamos. —En que momento se empezou a considerar o remdesivir? Faltábanos un medicamento que de verdade actuase contra o virus. Os que estaban en estudo non eran eficaces. Entón apareceu o remdesivir, que se empezara a probar contra o virus do ébola. Ao se frear a epidemia non deu tempo a completar o ensaio, polo tanto, segue a ser un fármaco baixo investigación. Hai un macroestudo mundial para coñecer ben o seu alcance, porque había indicios que facían pensar que podía atarcar o SARS-Cov-2. E foi cando chegou a nós esta paciente que estaba sendo tratada por un linfoma. Deu positivo por coronavirus. Despois de tres semanas démola por curada. Mais fora tratada con rituximab, un medicamento moi eficaz contra tumores como seu que deixan a paciente sen capacidade para producir defensas. Ás dúas semanas de ser dada de alta volveu ter febre moi alta. Despois de tres días veu polo hospital e deu positivo de novo, cunha concentración de coronavirus moi elevada.Ante esta situación de inmunodepresión tan poderosa nunha paciente de alto risco, decidimos arriscar e preparar un cóctel a base de plasma hiperinmune e do único antivírico que parece que ten posibilidades de atacar o virus. —O resultado foi un éxito. Xa o foi o proceso. En só catro horas conseguimos o plasma necesario e, á mañá seguinte, xa tiñamos o permiso da Axencia Española do Medicamento para poder usar o remdesivir coas súas catro doses correspondentes. Despois de dous días na UCI, con boa evolución, a radiografía de control xa non revelaba rastro de pneumonía e en cinco días a PCR foi negativa, cando con tratamentos convencionais tardamos uns 15 en eliminar o virus. Mesmo hai pacientes que tardan 40 días. —Que esperan destes resultados? De entrada parece unha moi boa combinación. Ao usar dous medicamentos de forma simultánea é imposíbel saber cal é o máis importante, mais esta asociación foi efectiva nunha paciente cunha enfermidade grave e unha resposta nula fronte ao coronavirus. A recomendación podería ser para pacientes graves cunha carga viral elevada e con baixa capacidade de defensa, persoas maiores, con sobrepeso, con enfermidades crónicas importantes. A falta dun ensaio clínico, parece unha combinación moi prometedora. Neste momento, unha das mellores que podemos ofrecer a pacientes con doenza grave por COVID-19. Un rebulsivo social, médico e científico Á espera de confirma se a única paciente de COVID-19 ingresada a día de hoxe no Hospital de Pontevedra sufriu unha reinfección ou unha reactivación do virus, que puido quedar latente no seu corpo, Adolfo Baloira asegura que o coronavirus foi "un rebulsivo para o planeta a todos os niveis". "Pasamos bastante dos virus e decatámonos de que somos moi vulnerábeis". Reclama máis investigación neste campo, para anticipar posíbeis problemas, e unha revisión profunda das eivas do sistema de saúde. "Creo se descoidaron aspectos esenciais da sanidade durante os anos da crise: recursos humanos, materias e de estrutura. Cómpre revisar estas carencias porque temos que dispor sempre un pouco máis do que se precisa para atender as necesidades inmediatas. Ten que ser así co fin de poder resolver problemas que nos poñan ao límite das nosas capacidades". |
NOS_15152 | Reivindica a súa presunción de inocencia e asegura que non dispuxo "de material na cantidade, nin en valor" que asegura a Policía Autonómica. | O empresario Javier Conde, detido en relación co roubo de dous millóns de máscaras e outro material nunha nave no Polígono do Tambre en Santiago de Compostela, negou esta terza feira a súa implicación nos feitos e defendeu que "o acceso (a esas instalacións) realizouse sempre con autorización". En declaracións a Europa Press, Javier Conde explicou que "desde 2015" dispón das chaves da nave asaltada, xa que ten estas instalacións "á venda" na súa inmobiliaria en Santiago de Compostela. Conde destacou que ten "por escrito", e así o presentou no xulgado, autorización para acceder á nave. "Teño autorización para entrar e cambiar fechaduras", puntualizou, para matizar que cando a Policía acudiu a ela constatou que alí "faltaba material". Respecto diso, após ser detido e posto en liberdade este sábado "sen fianza" nin medidas cautelares, pero investigado por un delito de roubo con forza, Javier Conde confirmou que "existen unhas dilixencias xudiciais en trámite" nas que se está "defendendo". Conde insistiu en que conta con "autorización por escrito dos propietarios" para acceder a esa nave cuxa venda xestiona na súa inmobiliaria, feito que, explicou, agora "nega a administradora concursal" da mesma. "Presentouse o escrito no xulgado", abundou, para estimar que se deberá "facer unha proba caligráfica" para verificalo. "Pola miña persona non se cometeu ningún delito de roubo, xa que o acceso realizouse sempre con autorización", subliñou Conde. "Nin se dispuxo na cantidade, nin en valor, aos que se fai mención", abundou en relación ao material sanitario subtraído, que a Policía Autonómica valorou nun cinco millóns de euros. |
NOS_55636 | Seis descoñecidos entran a xogar nunha "escape room". O premio por saír de primeiro é de 10.000 dólares. Ao principio todo semella normal, mais axiña se decatan de que non resolver as pistas implica a morte inmediata... para todos. | Os xogos de escape ou escape room son unha modalidade de xogo real nos que un grupo de persoas tentan saír dunha habitación (ou fuxir de algo) antes de que remate un tempo determinado. A graza radica en atopar pistas para ir resolvendo quebracabezas e, normalmente, require da colaboración colectiva de todos os participantes para poder gañar. Atribúese a invención ao director de cine de animación xaponés Takao Kato e a súa expansión mundial comezou en 2015 ata os nosos días. O filme Escape Room toma como premisa este xogo para desenvolver unha historia de terror e intriga onde un grupo de xogadores deberán saír das habitacións se non queren morrer. Xa desde a primeira secuencia sabemos que non o van pasar ben precisamente... Un mozo intenta fuxir dunha habitación que se lle vén enriba pero non o consegue. No pertinente flash back sabemos que ese mozo será un dos seis participantes do xogo mortal. Vaia spoiler... ou non? Sexa como for, importa pouco pois a presentación de personaxes e o posterior desenvolvemento dos seus pasados traumáticos é o suficientemente atractivo e inquedante como para nos manter en vilo até (case) o final. Adam Robitel (Insidious: a última chave) acada unha interesante peza de xénero que toma prestada pinceladas de filmes como Hellraiser, Saw, Destino final, A cabana do bosque, Cube ou A habitación de Fermat... e tampouco trata de ocultalo. Unha achega bastante honesta, e sen pretensións, que só decae no último cuarto cando intenta fiar todo demasiado creando o desconcerto no respectábel con conexións absurdas e innecesarias que desembocan nunha descomunal decepción con ese pobre desenlace feito, basicamente, para comezar unha franquía que xa ten data de estrea... Mágoa. ESCAPE ROOM (Canadá-EUA 2019, 99 min.) Dirección: Adam Robitel Guión: Maria Melnik e Bragi F. Schut Fotografía: Marc Spicer Música: John Carey e Bruan Tyler Elenco: Taylor Russell, Logan Miller, Jay ellis, Tyler Labine, Deborah Ann Woll, Nik Dodani, Yorick van Wageningen, Kenneth Fok |
NOS_55232 | Tres veciños foron xulgados esta quinta feira en Pontevedra a raíz dos protestos contra a estafa das preferentes. Unha concentración solidarizouse con eles. | Xulio Vicente (de O Rosal), Nieves Rodríguez e Míriam Rodríguez (veciñas de Tui) foron xulgados esta quinta feira en Pontevedra pola súa participación en mobilizacións do colectivo de persoas "estafadas" nas preferentes e subordinadas. Ás portas do Xulgado do contencioso-administrativo unha concentración solidarizouse con estes tres veciños para alén de denunciar o que cualifican de "escalada" sancionadora contra este colectivo. A Plataforma do Baixo Miño afirma que as tres persoas xulgadas foron acusadas " sen seren identificados, nin detidos ,nin informados"de causar "desordes graves e organizar concentracións irregulares". E lembran que só nesta comarca hai 20 preferentistas afectados, e máis de 30 citacións xudiciais perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo que este colectivo vai ter que facer fronte nos vindeiros meses. "Levamos pagando xa preto de 17.000 euros euros en sanción administrativas para poder recorrelas agora". |
NOS_52413 | Bruxelas dá finalmente o "si" ao tratado con Canadá. O acordo aínda ten de pasar polos parlamentos nacionais e rexionais. | O Parlamento europeo aprobou esta cuarta feira o acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá, o Ceta, por 408 votos a favor e 254 en contra. O tratado comercial foi asinado a finais de final outubro de 2016, en Bruxelas, após ter sido atrasado pola oposición de Valonia. O Europarlamento aprobouno agora, co que podería se aplicado a partir de abril, mais aínda trá que ser aprobado por parlamentos estatais e rexionais, nun proceso que analistas advirten que poderá levar anos. O acordo comercial comezouse a negociar a comezos de 2009. Foron cinco anos de negociacións. Bruxelas deféndeo como un pacto que vai favorecer Europa mentres que desde sindicatos, organizacións de esquerda e movementos sociais se ten criticado polo que implica: máis poder para as grandes empresas, recortes en dereitos sociais e laborais, primacía das multinacionais sobre as leis de cada país... Gran coligazón A aprobación do Ceta foi posíbel grazas aos votos da dereita e socialdemócratas. A representante do BNG en Europa, Ana Miranda, criticou unha "gran coalición" que "consolida dumping social, medioambiental e vai contra sectores produtivos de Galiza". Lidia Senra, de AGEe, votou en contra do Ceta e argumentouno na defensa "dun futuro para o meu pobo". Criticou que o Ceta puxese "a soberanía dos pobos ao poé das multinacionais", para alén de "`poñer en perigo a nosa vida, a nosa saúde , os nosos servizos públicos". |
PRAZA_19950 | Ana Pontón reúnese cos alcaldes nacionalistas da comarca e demanda ao presidente da Xunha nova reunión cos axentes sociais porque desde a última "pasaron moitas cousas como a imputación de Villar Mir na operación Lezo e o ultimato de Ferroatlántica" | O BNG reclama a Feijóo que volva reunirse cos axentes "políticos e sociais" da Costa da Morte que están contra a venda "ilegal" das centrais do Xallas. A súa portavoz nacional, Ana Pontón, lembrou que desde o último encontro co presidente da Xunta "pasaron moitas cousas" e destacou a imputación de Villar Mir, presidente do grupo no que se inclúe Ferroatlántica, na operación Lezo por presunto financiamento ilegal do PP ou o ultimato que a empresa lanzou ao Goberno galego. Pontón pide a Feijóo outra reunión cos axentes sociais da Costa da Morte porque "pasaron moitas cousas" desde a última Así, Pontón pide "máxima transparencia" e critica que se ignore o comité de empresa "que leva meses petando na porta da Xunta". Por iso, insiste en que moitas cousas mudaron desde a última xuntanza de Feijóo cos alcaldes dos concellos implicados. "Como resposta só vemos un silencio que non axuda a calmar os ánimos senón que introduce máis incerteza sobre o futuro das plantas", dixo tras o encontro cos alcaldes nacionalistas de Carnota, Mazaricos e Zas para visibilizar o apoio do BNG ás demandas do cadro de persoal. O BNG pide "máxima transparencia" logo de que Villar Mir fose imputado por presunto financiamento ilegal do PP "Reúnase de novo con todos os axentes políticos e sociais da comarca e mande unha mensaxe moi clara, a que están esperando miles e miles de persoas en todos os concellos afectados: que as centrais do Xallas nin se venden, nin se segregan", reclamou Pontón, que lembrou qeu Ferroatlántica púxolle á Xunta unha data "límite" para que lle dese esea autorización: o 31 de maio. "Urxe unha posición clara de Feijóo e dicirlle con rotundidade a Ferroatlántica que non fai falta que presente ningún documento de solicitude de autorización ante a Xunta, porque todo o mundo sabe que esa operación só ten como obxectivo que Villar Mir faga caixa coa venda dunhas centrais que son un ben público", insistiu Pontón, que cre que as posibles dúbidas sobre os intereses quedaron despexadas coa imputaicón do empresario. "A operación só ten como obxectivo que Villar Mir faga caixa coa venda dunhas centrais que son un ben público", denuncia o Bloque "Pedimos a creación dunha comisión de investigación que analice todas as concesións públicas ao grupo de empresas de Villar Mir, en particular os expedientes de concesión das centrais", insistiu Pontón. O BNG xa ten rexistrada unha iniciativa con esta demanda que será debatida no pleno parlamentario da vindeira semana. "Consideramos, igual que os traballadores e traballadoras, igual que a veciñanza dos concellos afectados e igual que calquera persoa con sentido común que é unha vergoña que este empresario leve décadas facendo negocio coas centrais, mesmo hipotecándoas para conseguir cartos que despois investiu fóra de Galiza, mentres as fábricas que ten aquí non teñen investimento algún e deixan que se deterioren xogando co pan de centos de familias", concluíu a dirixente do Bloque. |
NOS_34707 | A Coruña é a urbe galega co salario medio bruto máis alto. Por sexos, Compostela é a cidade onde o soldo das mulleres é maior. | As sete cidades galegas teñen un salario bruto medio superior ao galego (16.444 euros anuais), se ben entre ellas existen importantes diferenzas. Entre A Coruña, co soldo máis alto das sete, e Ourense, que ten o máis baixo, hai máis de 3.100 euros de fenda. Son 19.859 euros na cidade herculina por 16.711 na das Burgas. Compostela (19.530 eiuros anuais) e Vigo acompañan A Coruña no podio das tres cidades coa media de salario bruto máis alto. En Pontevedra ese soldo é de 17.870 euros, en Lugo anda nos 17.261 e en Ferrol, 16.722, case o mesmo que en Ourense, que fecha a táboa. Porén, se analizamos eses salarios nas sete cidades por xéneros vemos como a fenda salarial existe en todas elas, sendo Ferrol a que rexistra maior diferenza. Na cidade departamental o soldo bruto medio dun traballador é de 19.372 euros mentres que o dunha traballadora fica nos 13.860 euros, unha fenda de 5.368 euros. A seguir figura A Coruña, onde os homes gañan unha media bruta ao ano de 22.638 euros (os mellor pagos das cidades de Galiza) e as mulleres 17.270. A diferenza é de 5.512 euros. O ranking de desigualdade salarial continúa con Vigo, onde as mulleres gañan unha media de 16.233 euros, o que supón 4.961 euros anuais menos que os seus compañeiros, que están nos 21.194. A cidade olívica é a terceira de Galiza en canto a soldos, tanto para varóns como para mulleres. En Pontevedra esa fenda é de 3.875 euros. Os homes gañan de soldo bruto medio 19.918 euros (cuarta cidade galega con mellores salarios para eles) mentres as mulleres só 16.061 (quinto posto en soldos para ellas). En Lugo e Ourense a fenda é de 2.408 e 2.369 euros respectivamente. Ambas as dúas cidades figuran como últimas entre as sete galegos ao analizar o salario bruto medio que perceben os homes: 18.568 euros Lugo e 17.979 Ourense. As mulleres gañan 16.160 euros na urbe amurallada (cuarto mellor salario para as traballadoras) mentres que fican en 15.610 euros na das Burgas. |
NOS_8785 | A patronal "desatende a maioría" das peticións sindicais, afirma a central maioritaria no sector, CIG. | A negociación do convenio da construción provincial de Pontevedra, que afecta 14.000 traballadores, está a piques de se romper, segundo denuncia a central maioritaria, CIG, que sinala como responsábel da situación á patronal, que non está por atender demandas como a mellora das condicións laborais en materia de subcontratación e garantías no caso de subrogación nas empresas adicadas ao mantemento de estradas e vías férreas. "As reivindicacións deberían ser asumidas porque, en definitiva, o único que pretenden e conseguir determinadas garantías para o cumprimento da lexislación vixente, tan a miúdo vulneradas pola patronal que, en moitos casos, aproveitándose da situación de necesidade de milleiros de traballadores do sector, están a impoñerlles condicións draconianas en materia de xornada e escamoteando salarios", mantén a central nacionalista. O sindicato afirma que a patronal pontevedresa alega impedimentos por parte da Confederación Nacional da Construción, "controlada grandes polas constructoras". CIG xa anuncia que de non variar a súa posición a patronal, non variar a posición empresarial, o sindicato veríase na obriga de iniciar mobilizacións "para desbloquear o actual estado de cousas". |
NOS_9260 | A iniciativa social continúa a rolda de presentacións polo país e presenta novas actividades nas comarcas, entre elas, unha campaña de visibilización da bandeira galega. | Galiza pola Soberanía continúa coa súa andaina. Após conformar grupos locais e comarcais en boa parte do país, segue a desenvolver actividades e campañas á fin de procurar novos apoios e adhesións ao seu manifesto. Neste senso, máis unha localidade galega acollerá a presentación deste proxecto social nado hai case un ano e encamiñado a lograr un estado propio para Galiza. A presentación pública de GpS en Bueu terá lugar o sábado 5 de abril no Centro Social Mar de Bueu e contará coa presenza da escritora, Teresa Moure, e o historiador Xairo Dasairas. No acto, proxectarase o documentario "A proclamación da República Galega en xuño de 1931" e terá tamén un espazo musical do que tomarán parte Mini e Mero. Asemade, o vindeiro 10 de abril, a asemblea comarcal da GpS en Compostela organiza unha charla-coloquio baixo o título "A viabilidade económica dunha Galiza soberana" na que intervirán a profesora de Economía da USC, Maria do Carme García Negro e o catedrático de Economía Aplicada e portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. O acto terá lugar na Biblioteca Ánxel Casal. A palestra visa desmitificar a idea dunha Galiza subsidiada e fornecer de argumentos @s asistentes a respeito das capacidades económicas dunha Galiza que poida decidir sobre os seus recursos produtivos. Para alén dos actos comarcais, GpS está a desenvolver unha campaña de visibilización da bandeira galega que loce xa en distintos muros e emprazamentos do país. |
NOS_45053 | A banda chairega de punk rock foi a elixida após ser a máis votada nas redes sociais e abrirá os concertos do festival o vindeiro 2 de novembro. | Xa hai banda gañadora para un concurso que fixo ferver as redes sociais. Finalmente foron os chairegos Ex-tensión agraria os vencedores entre as 5 finalistas. Así, para alén dos 400 euros de premio en metálico esta banda de punk rock indíxena abrirá os concertos do Castañzo rock e completarán o cartaz xunto a Nao, Lehendakaris muertos, Che sudaka, Bongo botrako e Dakidarría. Ex-tensión agraria participou xunto con 31 bandas máis no concurso de grupos emerxentes organizado pola asociación que desenvolve desde hai once anos este festival en Chantada (Lugo). Unha xornada que comezará a mediodía co 'Chantadillo' e actividades destinadas ás crianzas. Aliás, os cantos de taberna inundarán desde primeira hora da tarde a vila e culminará co tradicional aberto de billarda no mercado do gando onde, após un magosto popular darán comezo os concertos a partir das 21.00 horas. |
PRAZA_18595 | O anteproxecto de reforma da Lomce impulsado polo Goberno central recupera competencias en lingua para as autonomías, prioriza a coeducación, elimina as reválidas e deixa Relixión fóra da nota media. O Parlamento acorda por unanimidade impedir que os colexios con uniforme impoñan o uso da saia ás nenas | O Goberno central socialista anunciou ao pouco da moción de censura que situou a Pedro Sánchez na Moncloa que procuraría eliminar ou modificar os "aspectos máis lesivos" da polémica Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce), tamén coñecida como lei Wert e fortemente contestada pola comunidade educativa e a oposición nos últimos anos. O anteproxecto de reforma da Lomce foi presentado esta semana ao Consello Escolar de Estado e será debatido no mes de decembroLogo de adiantar os principais cambios a afrontar, esta semana foi presentado ao Consello Escolar do Estado un borrador do anteproxecto de lei que reformará a Lomce e que foi feito público pola CIG-Ensino, que segue a apañar achegas do profesorado de cara ao debate que sobre esta proposta se levará a cabo na Mesa Sectorial do Ministerio de Educación o vindeiro 10 de decembro e no propio Consello Escolar o 18. No documento, aínda pendente de modificacións e achegas futuras, o Goberno central aposta por recuperar competencias para as autonomías en materia lingüística, prioriza a educación en igualdade para dar concertos ou deixa Relixión fóra da nota media, entre outras medidas que, en moitos casos, dependerán da aplicación que a Xunta faga da futura normativa. A proposta de reforma recupera competencias en lingua para as autonomías, prioriza a coeducación e deixa Relixión fóra da nota mediaO documento pretende, así, "suprimir a regulación" do uso da lingua galega --e do resto de cooficiais-- e da escolarización asociada a ela que a lei Wert atribuía ao Estado, e deixa que a súa regulación corresponda ás autonomías con idioma propio. A aplicación en Galicia do polémico decreto do plurilingüismo e as modificacións introducidas na carga lectiva de diferentes materias por parte da Lomce fixeran que a presenza do galego nas escolas fose amplamente reducida. Agora, inclúese a opción de que as autonomías decidan o uso do castelán e outras linguas cooficiais como "lingua vehicular". "A tal fin, as administracións educativas fixarán a proporción do uso da lingua castelá e a lingua cooficial como lingua vehicular, así como as materias que deban ser impartidas en cada unha delas, puidendo facelo de xeito heteroxéneo no seu territorio, atendendo ás circunstancias recorrentes", di o texto. Con todo, e tendo en conta a política lingüística seguida pola Xunta, as mudanzas parecen aínda lonxe de aplicarse. O Ministerio pretende priorizar no réxime de concertos os centros que se organicen baixo o principio de coeducaciónO borrador do anteproxecto ten data de 19 de novembro e elimina tamén os artigos da Lomce que consideraban a Relixión unha "materia específica" no Bacharelato, ademais de prescindir do artigo que permitía que computase para a nota media. En Primaria e Secundaria, Relixión deixa de ser unha alternativa á materia Valores Sociais e Cívicos a elección dos pais. Ao tempo, o Ministerio de Educación deixa claro no anteproxecto que priorizará no réxime de concertos aqueles centros que se organicen baixo o principio de coeducación, tratando de evitar a discriminación por xénero e impulsar políticas de igualdade. Así, o borrador advirte de que "nos procesos asociados á obtención e ao mantemento de unidades concertadas, valorarase que os centros apliquen o principio de coeducación" --aulas mixtas de nenas e nenos nas que o proxecto educativo inclúa contidos e criterios de igualdade de xénero-- e aclara que "o acceso de alumnos e alumnas ao ensino será en todo caso equivalente, tanto nas condicións de prestación como nos contidos docentes"."Aqueles centros que non apliquen o principio de coeducación deberán incluír necesariamente no seu proxecto educativo as medidas académicas que desenvolven para favorecer e formar en igualdade", destaca. A lei Wert blindaba o financiamento público dos centros que segregan por sexo e aclaraba que non supoñía unha discriminaciónNa normativa que impulsara o ex-ministro José Ignacio Wert blindábase o financiamento público dos centros que segregan por sexos e mesmo se aclaraba que este modelo "non constitúe discrminación o ensino dierenciado por sexos" e que a estes colexios non se lles podía aplicar "un trato menos favorable, nin unha desvantaxe, á hora de subscribir concertos coas administracións educativas". En Galicia, a coeducación é un dos eixos do vixente Plan de Actuacións para Igualdade nos Centros Educativos de Galicia, un proxecto xestionado conxuntamente pola Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Igualdade. No entanto, unha parte dos centros educativos sufragados con fondos públicos, os concertados, ficaron exentos de teren que priorizar a coeducación grazas á regulamentación que os dota de financiamento ata agosto de 2023, unha orde de concertos que blinda a educación segregada e na que desapareceu a "preferencia" do "principio de coeducación" que si figuraba nas dúas ordes anteriores.O Goberno galego engarouse, xa que logo, de protexer a subvención a colexios que segregan nenos e nenas dunha eventual derrogación da Lomce ou, como neste caso, da súa modificación. Os 58 concertos asignados pola Xunta aos colexios que separan por sexo esténdense ata o 31 de agosto de 2023.A fin das reválidasO anteproxecto do Goberno central, ademais, pon fin tamén ás reválidas e destaca que esas avaliacións externas impostas pola Lomce "non supoñían un medio xenuíno para a mellora da educación, senón que constituían un mecanismo de selección e unha barreira para a promoción". En Galicia, o rexeitamento e o boicot a estas probas foi masivo e o país liderou as protestas contra elas no Estado. Alén disto, a proposta para a reforma da Lomce pretende incluír dúas materias de Filosofía obrigatorias para todo o alumnado de Bacharelato, desfacendo así o veto á que fora sometida esta disciplina. As reválidas "non supoñían un medio xenuíno para a mellora da educación, senón un mecanismo de selección e unha barreira para a promoción"Entre as medidas anunciadas polo Executivo socialista para modificar os "aspectos máis lesivos" da Lomce estaba tamén o de eliminar a "demanda social" como criterio para o planificación escolar. Desaparece esta expresión, que segundo o Goberno podía provocar que a escola pública se considera subsidiaria da concertada."O ensino básico, obrigatorio e gratuíto programarase polas administracións educativas tendo en conta a oferta existente de centros públicos e privados concertados". Esa é a redacción proposta e da que se elimina o de "demanda social". |
NOS_5182 | O 112 atendeu máis de 360 incidencias nas últimas horas. O temporal afecta ao subministro eléctrico e circulación ferroviaria, así como ao tráfico en determinadas estradas. O vento levantou parte das cubertas de Riazor, e obriga a aprazar o partido de hoxe contra o Betis. | O primeiro temporal forte do ano deixa en Galiza unha longa lista de incidencias, máis de 360 nas últimas horas segundo o 112. Lista que pode ampliarse en breve pois esta sexta feira un segundo temporal, provocado polo paso da borrasca perto de Galiza, vai deixar fortes ventos e chuvias que poderán ser moi intensas. Hai miles de fogares que teñen problemas co subministro eléctrico (máis de 8.000 só no concello de Oleiros), a circulación ferroviaria no noso país tamén está afectada, con trens suspendidos e outros que acumulan retrasos. Desprendementos provocados polas chuvias obrigaron a cortar a circulación nalgunhas estradas secundarias de Lugo. A caída de árbores tamén afectou a varias vías. Todo isto nunha xornada marcada, como sinalan desde 4Gotas, polo protagonismo do vento, que acadou refachos de até 182 quilómetros por hora (Lardeira, Carballeda de Valdeorras). En Estaca de Bares andivo na beira dos 170 quilómetros e en Fisterra nos 164. Os efectos deste forte temporal deixaron pegada en Riazor, do que se desprendeu na noite desta quinta feira parte das súas cubertas, afectando a zonas de Xeral e Marathón. Isto obrigou a aprazar o partido que ía desputar esta sexta feira e que enfrontaba o Deportivo contra o Betis. En Muxía tivo que ser desaloxado o IES Ramón Caamaño após desprenderse parte da cuberta. E en Sober suspendéronse as clases no CEIP Virxe do Carme lo mesmo motivo. Desde a Xunta sinalan que se suspenden as actividades exteriores nos centros educativos a partir das 15:00 horas. Mais as incendencias son múltiples en vilas e cidades de Galiza. con danos que van desde o paseo de Sanxenxo até o auditorio de Lalín. En A Guarda o temporal derrubou uns 30 metros do espigón. Onda de máis de 11 metros O temporal tamén bate no mar e rexistráronse ondas de máis de 11 metros. A frota permanece amarrada a porto e sen saír faenar. A alerta vermella na costa esténdese toda esta sexta feira, mentres que o interior do país está en alerta laranxa. As precipitacións tamén foron cuantiosas, recolléndose máis de 45 litros por metro cadrado en Santa Comba e case 44 en Camariñas. |
NOS_55330 | Trátase dun sistema que cómpre ter, ademais da autorización médica, cita previa. | O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias o sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixar deles, e que só se lle realizará as persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven incrementando a súa demanda nos últimos días. O novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva dos hospitais, permite axilizar tempos xa que posibilitan que os cidadáns se despracen en coche ao hospital, e ademais diminúe a utilización dos equipos de protección individual (EPI) xa que mentres cada visita a domicilio supón un cambio de EPI,os profesionais van utilizar un só equipo por quenda de traballo, sen necesidade de cambiarse con cada paciente. Na actualidade xa funciona en Vigo, Ourense e Lugo. Está previsto que mañá comece na Coruña e Pontevedra, e o luns en Santiago e Ferrol. |
NOS_26247 | O sindicato Unións Agrarias non quere que os gandeiros e os tecor (terreos cinexeticamente ordenados) asuman os danos causados polo xabarín. Entende que debe ser competencia da Xunta, á que reclaman reflexión e "un novo marco de relacións" coas afectados. | Segundo o responsábel de desenvolvemento rural do sindicato, Jacobo Feijoo, os xabaríns provocan tres accidentes diarios de tráfico. No último ano, explicou, catro persoas rexistraron feridas de gravidade por ataques do animal. Que, engadiu, "supón un risco moi serio dpara a chegada da peste porcina africana". Para Unións Agrarias, a situación tende a se agravar. Os xabaríns, asegura o sindicato, entra en cidades e espazos naturais protexidos e crea desequilibriosecolóxicos. Tamén lle preocupa ao respecto a falta de relevo xeracional dos cazadores. O Goberno galego, entrementres, prometeu eleborar un censo da poboación do xabarín e menciona a "caza preventiva e o uso da tecnoloxía" entre as maneiras de afrontar a cuestión. |
PRAZA_4284 | Un estudo liderado polo profesor Antonio Salas Ellacuriaga e o xefe de servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Santiago, Federico Martinón Torres analizou case 5.000 xenomas do coronavirus. O equipo sitúa a orixe evolutiva máis recente de todas as cepas actuais de COVID-19, "non antes de novembro de 2019" | Unha investigación liderada polo profesor da USC Antonio Salas e Federico Martinón, xefe de servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario de Santiago, salienta o impacto na pandemia de coronavirus de persoas con alta sensibilidade para transmitir o virus COVID-19, denominadas "supercontaxiadoras". Estas persoas poderían ter provocado entre un terzo e a metade de todos os casos rexistrados no planeta, segundo o equipo, que analizou case 5.000 xenomas do coronavirus recollidos en todo o mundo.O equipo analizou case 5.000 xenomas do coronavirusO equipo, do que tamén forman parte Alberto Gómez Carballa, Xabi Belo e Jacobo Pardo Seco, publicou este xoves os primeiros resultados da súa investigación. Antonio Salas explica que ata agora esta figura do 'supercontaxiador' discutírase nos medios e desde un punto de vista epidemiolóxico "sen outra evidencia", pero que agora esta investigación conseguiu revelar probas da súa existencia. Nalgúns lugares, estas figuras deron lugar ao que os xenetistas denominan tecnicamente como efectos fundadores locais, que se traduciron en brotes epidémicos locais ou nacionais.Os investigadores explican que en España entraron as primeiras cepas do virus que afectaron a case toda Europa "pero a maiores, recibimos unha cepa asiática que apenas entrou en ningún outro país europeo"En palabras do doutor Salas, "este é un paso fundamental para entender o proceso de dispersión do virus; e seranos de grande utilidade para tratar de prever e previr futuros brotes e pandemias, xa sexa de coronavirus ou outros patóxenos con potencial igualmente letal ou mesmo superior". Salas engade que "o escenario en España é un tanto particular no contexto do continente; no noso país entraron as primeiras cepas do virus que afectaron a case toda Europa, pero a maiores, recibimos unha cepa asiática que apenas entrou en ningún outro país europeo; un 'supercontaxiador' pertencente, especificamente, á liñaxe B3a".Antonio Salas, profesor da Facultade de Medicina da USC, afirma que "tiñamos claro que para entender o que estaba a ocorrer nesta pandemia primeiro debiamos facer unha reconstrución adecuada do proceso evolutivo que deu lugar ao virus e as súas distintas versións actuais; unha árbore filoxenética que relaciona todos os xenomas dunha maneira precisa e que é o alicerce fundamental sobre o que bascula case todo o demais". "Tratábase de aproveitar toda a nosa experiencia no campo da evolución xenómica e levala ao terreo do SARS- CoV-2", engade.O traballo sitúa "de maneira precisa" a orixe evolutiva máis recente de todas as cepas actuais "non antes de novembro de 2019"Ademais, empregando simulacións teóricas que se alimentan da variabilidade xenómica observada no coronavirus, o traballo sitúa "de maneira precisa" a orixe evolutiva máis recente de todas as cepas actuais "non antes de novembro de 2019". De igual xeito, os investigadores confirman que a variabilidade xenética do coronavirus "correspóndese ao esperado por un proceso evolutivo natural". Neste senso, conclúen que "os datos non serían compatibles con manipulacións de laboratorio, baseadas exclusivamente en teorías 'conspiracionistas' sen argumento científico". |
PRAZA_20141 | As peticións de dimisión de Mariano Rajoy e do Goberno central foron constantes durante todo o percorrido, ao que se uniu a columna galega, que saíu de Ourense tras xuntar cidadáns de diversos puntos do país | Milleiros de persoas chegadas de diferentes partes do Estado manifestáronse coas Marchas da Dignidade polo centro de Madrid. Os asistentes agrupáronse en diferentes columnas que percorreron a capital ata converxer na praza de Neptuno, entre elas a chegada desde Galicia. A maior parte saíron á primeira hora desta mañá das súas casas para reivindicar Pan, traballo, teito e igualdade nas rúas desta cidade. A manifestación comezou ás 17 horas. A columna "liberdade", que agrupaba os colectivos procedentes de Andalucía e parte de Castilla-La Mancha, percorreu o Paseo do Prado gritando "Mariano Rajoy, a pico y pala", así como "ni un paso atrás, contra los recortes, ¡huelga general!". A galega ía integrada na columna denominada "solidariedade", xunto aos representantes de Euskadi, Navarra, Asturias, Cantabria e Castilla y León. A columna galega xuntouse en Ourense e partiu cara a Madrid en tren para unirse ás Marchas da Dignidade Desde Galicia, foi un tren o que desprazou os manifestantes. Saíu ás 9 da mañá de Ourense e ata aló viaxaron en buses cidadáns desde A Coruña, Compostela, Vigo, O Morrazo, Pontevedra e outras localidades do país. Entre as formacións que se integran nas Marchas da Dignidade do país inclúense varios sindicatos como a CUT, CGT, Sindicato Ferroviario ou Sindicato da Elevación, ademais deSLG, STEG, Anova, FPG, Esquerda Unida, Podemos ou Equo, ademais de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, entre outros. O resto de columnas foron apoiadas por outras organizacións do Estado como o Sindicato Andaluz de Trabajadores, agrupacións do 15M, Izquierda Anticapitalista, Izquierda Castellana, a Coordinadora 25S -convocante das concentracións que chamaban a rodear o Congreso- ou a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). As peticións de dimisión do Executivo de Mariano Rajoy foron constantes durante todo o percorrido Durante o percorrido, as alusións ao Goberno central foron constantes, así como a petición de dimisión do Executivo de Mariano Rajoy. "É un Goberno que non representa os traballadores e que se esquece a quen deberían de servir. Temos un presidente e un Goberno corrupto que debería estar no cárcere", apuntou Andrés Gallego, portavoz do sindicato CGT de Euskal Herria. Desde Galicia, as Marchas advertiron dunha protesta "contra a situación de perda de dereitos fundamentais polas políticas de axuste impostas pola Troika", pero tamén "contra a corrupción que asolaga ao partido no goberno, o Partido Popular". A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, a deputada parlamentaria Magdalena Barahona, o deputado parlamentario, Marcos Cal, o voceiro no Congreso, Antón Gómez-Reino, as deputadas de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz e Ángela Rodríguez Pam, e a senadora de En Marea, Vanessa Angustia, participaron na marcha. |
NOS_53211 | Até o vindeiro 12 de novembro está aberta a votación para poñer nome á estrela HD 149143 e ao planeta HD 149143 b, no marco dun proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu 100 aniversario. | A Unión Astronómica Internacional (IAU), no marco dos actos de celebración do seu 100 aniversario, está desenvolvendo un proxecto baixo o nome de NameExoWorlds, polo cal asigna a cada país un sistema formado por unha estrela e o planeta que a orbita para que lles dea nome mediante a participación cidadá. Ao contrario do ocorrido coa última iniciativa deste estilo, non terá lugar unha competencia entre países, senón que cada un terá a súa estrela e planeta propios que nomear. Así, o sistema designado para o Estado español está na constelación de Ofiuco –o encantador de serpes-, que consta dunha estrela coñecida como HD 149143, que se atopa a 240 millóns de anos luz da terra. Pola súa banda, o exoplaneta é HD 149143 b, e trátase dun planeta de tipo xigante gasoso de, como mínimo, 1'33 veces a masa de Xúpiter. Apertura das votacións vía internet No caso do Estado español, a IAU, a través da súa delegación, recibiu 20 propostas por parte de astrónomos afeccionados e profesionais, así como da cidadanía en xeral, entre as que se seleccionaron doce que cumpren cos requisitos estabelecidos. Entre elas está a aposta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, que propón Rosalía de Castro como nome para o satélite, e o río Sar para o planeta. O membro da agrupación Ío, Martin Pawley, destaca o feito de ser "unha das poucas asociacións astronómicas que está detrás dunha das propostas". Tamén está relacionada con Galiza a dos astrónomos galegos da Universidade Autónoma de Madrid Isabel Rebollido e Asier Castrillo que propoñen Breogán para estrela e o seu fillo Ith para o planeta. As votacións realizaranse a través da páxina web www.nombraexoplanetas.es, e estarán abertas até o vindeiro día 12 de novembro, incluído, mentres que os resultados da votación coñeceranse arredor de mediados do mes de decembro, cando a Unión Astronómica Internacional os faga públicos. |
PRAZA_17670 | O pagamento de créditos e os seus xuros supón o 90% dos 17.700 millóns de gastos futuros que a Xunta xa ten comprometidos, importe que case duplica os orzamentos de cada ano A Xunta aforrou en persoal de residencias de maiores non cubrindo ausencias por baixas e vacacións Uns informes críticos de repercusión limitada ao presentarse en venres de verán e antes de festivos | A Xunta aforrou en persoal de residencias de maiores non cubrindo ausencias por baixas e vacacións Uns informes críticos de repercusión limitada ao presentarse en venres de verán e antes de festivos "Non se apreciaron avances salientables", di o Consello de Contas sobre o incumprimento por parte da Xunta das reiteradas recomendacións de mellora da súa contabilidade e transparencia que lle vén realizando ano tras ano "Non se apreciaron avances salientables". Así valora o Consello de Contas, o ente independente fiscalizador das contas públicas das administracións autonómicas, o incumprimento por parte do Goberno galego en 2016 das súas reiteradas recomendacións de anos anteriores sobre múltiples irregularidades. Este venres o conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entregou no Parlamento os habituais informes anuais sobre as contas xerais da Xunta e os seus entes paralelos, referidos ao ano 2016, no que houbo eleccións autonómicas, así como varios informes temáticos. Tanto no informe sobre as contas xerais da Xunta como no do Sergas, o ente fiscalizador sinala esa falta de "avances salientables" no cumprimento de recomendacións de anos anteriores, que en xeral se resumen na incapacidade de planificar mellor e facer orzamentos máis realistas, malia que o Goberno galego vén gabándose precisamente desas supostas características da súa xestión. Contas critica un ano máis o "uso excesivo" das partidas consignadas para "imprevistos", que o Goberno galego vén empregando de xeito "discrecional" para atender gastos que si deberan ser previstos, fundamentalmente farmacéuticos, que ano tras ano veñen sendo calculadas por baixo do posterior custo real. O pagamento de créditos e os seus xuros supón o 90% dos 17.700 millóns de gastos futuros que a Xunta xa ten comprometidos, importe que case duplica os orzamentos de cada ano O ente fiscalizador tamén recomenda "a precisa planificación dos proxectos ou infraestruturas cuxos obxectivos xustifiquen diferir o gasto a orzamentos futuros, así como do establecemento de límites cuantitativos en función da evolución do aforro". Ese elemento, o gasto xa comprometido para anos futuros, ascendeu en 2016 a 17.746 millóns de euros (12.000 na administración xeral e o resto en entes paralelos), uns 21 millóns menos que o ano anterior. Dese importe total, que case duplica os orzamentos da Xunta de cada ano, sinala Contas, "a carga financeira da débeda, que recolle os pagamentos previstos en concepto de amortización e de xuros, tanto fixos como variables, representa o 89,97% dos compromisos futuros totais" e rexistrou en 2016 un incremento de 329 millóns de euros. Nas contas de 2016 o ente fiscalizador si aprecia melloras en aspectos criticados en anos anteriores como o desprazamento da contabilización de gastos do ano en que se producen ao seguinte, que se reduce a 160 millóns de euros, a maioría no Sergas, ou no risco vivo dos avais outorgados polo Igape, que en todo caso ascende a uns cen millóns de euros. Tamén as modificacións de crédito, isto é, os cambios nos orzamentos anuais cando estes xa están en vigor, reducíronse dunha media do 10% do total dos orzamentos autonómicos dos últimos anos (1.000 de 10.000 millóns) , ao 4,21% en 2016. Contas sinala "carencias nas memorias elaboradas" polos entes paralelos da Xunta e eivas no xeito en que facilita a transparencia No seu informe o Consello de Contas verte tamén diversas críticas ao xeito en que a Xunta lle facilita a información e fala de "importantes carencias nas memorias elaboradas, especialmente nos organismos autónomos e, en menor medida, nas fundacións e sociedades mercantís". Igualmente, no apartado do cumprimento coa transparencia, critica á Xunta que "o xeito de publicar as contas mediante escaneo das mesmas impide calquera sistema áxil de busca e consulta de información". |
NOS_1211 | Os orzamentos para 2014 aplican o 'pensionazo', renuncian a potenciar a creación de emprego e seguen a recortar en dependencia, educación ou I+D+i. Ademais, o Estado recorta nun 27% os cartos de compensación territorial destinados a Galiza. Iso si, conxélase o salario de Rajoy: 6.515,42 euros ao mes. | O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, presentou esta segunda o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (OXE), unhas contas que desde o goberno de Mariano Rajoy estanse a vender nestes días como os da "recuperación". Mais non semella que haxa moitos datos para o optimismo. As contas do Estado contemplan para 2014 que a débeda pública case rozará o 100% do PIB, superando o billón de euros. A cantidade que Galiza recibe do Estado nos fondos de compensación interterritorial cae nun 27,2% Os orzamentos manteñen a aposta pola liña dos anteriores do executivo Rajoy: Hai recortes drásticos (de ate un 46,8%!) en materias como a Lei da Dependencia. OU en Formación Profesional, educación secundaria e escolas de oficios, cunha queda do 7 por cento. A aposta por minguar e recortar vano notar especialmente @s pensionistas, pois para 2014 o goberno central contempla un incremento das pensións do mínimo, o 0,25%. Centos de milleiros de perceptores desta prestación notarán unha queda significativa no seu poder adquisitivo. O IPC subir´ça máis dun 1,5% segundo as previsións. Menos cartos para as autonomías Nestas contas tamén se contemplan menos cartos para as comunidades autónomas (un recorte do 13,6% nesta partida). Cristóbal Montoro non se cansou de afirmar que estes orzamentos son "a única porta" para saír da crise. A listaxe de eidos afectados polos recortes nestes orzamentos para 2014 son de todo tipo: Haberá menos diñeiro para as baixas por enfermidade e maternidade e tamén para loitar contra a violencia machista (-1,5%). Rajoy tamén fai sacrificios O presidente do Estado español, Mariano Rajoy, verá conxelado o seu salario, gañando 6.515,42 euros mensuais. E a casa real española terá en 2014 un 2,3% menos de orzamento, co que deberán chegar a final de ano con 7,77 millóns de euros. Desde a oposición xa sinalan que estes orzamentos supoñen recortar a cantidade de cartos para o gasto público, reducen o poder adquisitivo de salarios e pensións, e deixan máis espidos aos sectores sociais máis desprotexidos. |
NOS_26771 | A manifestación da CIG mobilizou en Vigo até 10.000 persoas, segundo cifras da organización sindical. A choiva non evitou unha resposta masiva nas cidades e nas vilas do país. [Vídeo no interior] | Un Primeiro de Maio multitudinario en toda Galiza. Miles de galegos e galegas mobilizáronse nas principais cidades e vilas perante "o profundo empobrecemento" provocado polas "políticas antisociais" do PP. A choiva coa que se ergueu boa parte do país non evitou unha resposta masiva nas rúas durante o Día Internacional da Clase Traballadora. A manifestación central foi unha vez máis en Vigo, onde até 10.000 persoas se sumaron á protesta, segundo cifras da organización sindical. "Esta situación non é casual, vén para quedarse. Este é o resultado das políticas económicas do PP, que só conseguiron destruír postos de traballo e precarizar o mercado laboral", sinalou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, minutos antes do comezo. Ao berro de "Queremos traballar, e non emigrar" ou "A crise social, que a pague o capital" marcharon durante os dous quilómetros do percorrido. Da mobilización participaron algúns dos colectivos en conflito na actualidade. Como o persoal das subcontratas de Telefónica, en folga indefinida; o corpo de bombeiros da Galiza, contra a privatización do sector; un nutrido grupo de emigrantes retornadas, polo espolio das súas pensións; ou a Plataforma Anti Desafiuzamentos. Gritos que soaron a mañá deste 1 de maio en todo o país. Miles saíron tamén na Coruña, Compostela, Ribeira, Ferrol, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía ou A Estrada, convocadas pola CIG, CC.OO, UGT ou a CUT. Lugo, A Coruña, Ferrol ... #1maio Imaxes @lupeces @ccoogalicia @lugonovo pic.twitter.com/W8ahd4WwDZ— Sermos Galiza (@SermosGaliza) 1 maio 2015 Unha maioría sumida na pobreza Para evidenciar a crítica situación de empobrecemento, incluso entre as persoas que teñen emprego, o secretario xeral da CIG recordou que "o único sector de asalariados e asalariadas que medra é aquel que cobra a metade do salario mínimo interprofesional". Case 200.000 persoas, con soldos de 150 euros, que a confederación sindical suma ás 275.000 desempregadas no país. Cifras que revelan, segundo a central sindical, que hai case medio millón de galegas e galegos en paro. "Este é o tipo de emprego, precario e de baixa calidade, que se está a crear. A cousa vai ben para aqueles que sempre lles foi ben. Para os dirixentes do PP, os seus amigos, para os corruptos, especuladores e defraudadoras. Para as grandes fortunas, que seguen aumentando a súa riqueza, fronte a unha maioría sumida na pobreza", apuntou Seixo, respecto dos anuncios de recuperación económica dos gobernos centrais e autonómico. "Un deserto industrial" "Os nosos principais sectores produtivos continúan un devalar que vai camiño de converternos nun deserto industrial", asegurou Alberto Gonçalves. "Empéñanse en convencernos de que o branco é negro, manipulando, terxiversando e torcendo a realidade. Mentres, os nosos principais sectores produtivos continúan un devalar que vai camiño de converternos nun deserto industrial. A construción naval, a automoción, a pesca ou a construción, actividades fundamentais para a economía e o emprego na nosa comarca e no país, vanse esfarelando lenta e agonicamente", manifestou pola súa banda o secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, durante o discurso final. O acto en Vigo rematou na Porta do Sol ao son da Internacional e do himno galego. E cunha mensaxe de esperanza. "Reverter a situación laboral e social que padece o noso país é posíbel. Pero esixe unha mudanza radical nas políticas do PP. Esta mudanza vaise dar, queiran ou non, porque imos esixir, imos denunciar, imos reivindicar e imos entregar as nosas forzas e o noso alento ata conquistar o noso futuro", sentenciou Gonçalves. |
NOS_10537 | A CIG anunciaba o 27 de xuño a posta en marcha dunha campaña contra a represión sindical no grupo ourensán Coren após o despido dun candidato da central ás eleccións sindicais. Falamos co traballador despedido, José Barros: "Un mércores chamoume Recursos Humanos e pediume que non fose na candidatura da CIG, negueime a aceptar iso e o venres chamáronme para despedirme". | Na Galiza de 2019 a actividade sindical continúa a ser albo de represión ou persecución. Unha práctica que se dá en empresas pequenas, medianas e grandes; que se produce no sector público ou privado; e que coarta e dificulta un dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución. José Barros denuncia que o seu despedimento de Coren foi motivado por facer parte da candidatura da CIG nas eleccións sindicais. O sindicato nacionalista iniciou una campaña de denuncia, con mobilizacións (este día 9, ás 11:00 haberá una concentración Coren Grill na Rúa Eulogio Gómez Franqueira, fronte a estación de tren de Ourense) e con denuncia nos xulgados. Denuncias que o teu despido é como consecuencia de presentarte ás eleccións sindicais pola candidatura da CIG. Eu levaba sete anos traballando como falso autónomo. A loita que fixo a CIG, coas denuncias en Inspección de Traballo, obrigou as empresas a ter que incorporarnos ao cadro de persoal. Traballabas para Servicarne [falsa cooperativa utilizada pola patronal do sector cárnico para ter 'falsos autónomos']? Correcto. O un de agosto de 2018 Coren tivo que pasarnos ao cadro de persoal. Varios compañeiros e compañeiras falamos de meternos na candidatura da CIG para seguir a loitar por mellorar as nosas condicións laborais, sometidas a circunstancias como os ritmos de traballo abusivos. Decidimos dar o paso e mandamos un burofax á empresa notificando a decisión. A raíz diso a empresa xa sabe quen vai na candidatura e foinos chamando un a un. O xefe de Recursos Humanos advertiume: "Ti saberás o que fas e ti decides: estás coa empresa ou contra a empresa" Para que? Pois pedindo explicacións, preguntándolles polas condicións de traballo, e tamén con ameazas e extorsións, e no meu caso, carta de despedimento. No teu caso a xuntanza prolongouse tres horas. Co xefe de Recursos Humanos. Dicíanme que eles non tiñan nada en contra de que eu estivese no comité de empresa mais que pola CIG non. Que se quería fose pola candidatura da empresa de toda a vida. Chegaron a ofrecerme cousas, como unha gratificación que substituíse á antigüidade, que é algo que aos falsos autónomos que nos tiveron que incorporar ao persoal non nos recoñecen, está nos xulgados. Tamén me dicía que estaba ben considerado entre os compañeiros e que sería bo que fose pola candidatura da empresa. Díxenlle que non, que se fose pola candidatura da empresa a xente xa non me tería en estima. Non lle gustou a resposta e advertiume: "Ti saberás o que fas e ti decides: estás coa empresa ou contra a empresa". Ratifiqueime en que seguía coa candidatura da CIG e aí acabou a reunión. Que pasou despois? Dous días após esa xuntanza chámanme outra vez da empresa. Volven preguntarme se me ratifico na decisión de seguir na lista da CIG. Digo que si e despídenme. O motivo que alegan é que compraron unha máquina de 240.000 euros que vai facer o traballo que facía eu. O curioso é que esa máquina vai para onde eu non traballaba. Ou sexa, que estamos perante un despido encuberto por represión sindical. O motivo que alegan para o meu despedimento é que compraron unha máquina de 240.000 euros que vai facer o traballo que facía eu. O curioso é que esa máquina vai para onde eu non traballaba O tema está nos xulgados. Eu presentei unha demanda por despedimento nulo e a CIG denunciou Coren por vulneración da liberdade sindical. Notas solidariedade entre compañeiros e compañeiras, entre a veciñanza de Ourense? Si que a noto, hai moitos apoios de xente de Ourense nas redes sociais, por exemplo. Nos repartos informativos que facemos preguntan e interésanse por saber o que pasou. Nos compañeiros hai medo. A ver, que estamos falando dunha empresa que chegou a advertir a unha parella con fillos que traballaba aquí que ou se borraban da lista CIG ou ían os dous para a rúa. Estamos falando dunha empresa que chegou a advertir a unha parella con fillos que traballaba aquí que ou se borraban da lista CIG ou ían os dous para a rúa Imaxinaches algunha vez verte nunha situación así? Eu son unha persoa que se vexo unha cousa branca non trago con que se me intente facer ver que é negra. Cando estabamos en Servicarne como falsos autónomos querían obrigarnos a facer máis horas das legais e negábame, tiña discrepancias fortes cos encargados, cos xefes do equipo. Eu aí si que pensei que aínda me ían acabar despedindo. Mais por ir nunha candidatura sindical e nunha empresa grande como esta? Nunca. Nunca imaxinei que me podían despedir simplemente por ir nunha candidatura sindical, nunca. Por que tanto interese en que non estea a CIG? Por algo será. Por que pensas ti que é? Naquela xuntanza co de Recursos Humanos eu expliqueille os problemas que entendía había na empresa e que se deberían de solucionar: de ritmos de traballo, dificultades de conciliación familiar, falta de formación, problemas de falla de rotacións en postos de cadea para eviten problemas de saúde... Esa persoa chegou un momento en que me ensinou a lista cos nomes das persoas que ían na lista da CIG e dixo: "Este é o papel que me importa". E mesmo afirmou que ía facer todo o posíbel para que a CIG non tivese candidatura e que se finalmente a tiña non ía haber nin a mínima mellora nas condicións laborais. |
NOS_35522 | Perto de 300 cargos locais participan na xornada de traballo de preparación dos comicios de 2019. A portavoz nacionalista defende a "marca de calidade·" dos concellos gobernados polo Bloque. | Ana Pontón quer que o BNG "saia a por odas e sen complexos" nas eleccións municipais de 2019. Unha cita que o nacionalismo considera fulcral, non só por ser uns comicios nos que se poidan asentar e lograr gobernos para mellorar a vida da veciñanza senón tamén como "primeiro paso para desaloxar o PP da Xunta". Así o expresou a portavoz nacional no encontro que reuniu na capital galega a 300 cargos locais desta formación. "Demostramos con feitos que temos un modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país, que non necesita copiar o que ven de Madrid, un modelo que podemos ver en cada un dos concellos nos que temos responsabilidades de goberno, desde aqueles máis consolidados aos máis recentes, desde Allariz e Pontevedra, a Carballo, Rianxo, Tomiño, Bueu, San Sadurniño, A Mezquita, Castrelo de Miño,...por citar algúns exemplos", argumentou Pontón. A portavoz considera que os concellos gobernados polo BNG son exemplo de transformación en beneficio da maioría social, referentes de políticas de benestar e calidade de vida, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social. "Os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma". As municipais poden ser un punto de inflexión, unha oportunidade "para promover un cambio de ciclo político desde a base", e que o avance do BNG nas eleccións municipais sexa "o primeiro paso de cara a desaloxar ao PP da Xunta". A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais. |
NOS_43573 | Alexis Tsipras parabenizou o líder da dereita, Kyriakos Mitsotakis, pola vitoria electoral do seu partido nas eleccións xerais gregas. Finaliza así a etapa en que Grecia estivo gobernada pola esquerda da Syriza. Con máis da metade dos votos escrutados, todo a punta a unha maioría absoluta para Nova Democracia xa que, a pesar de só adiantar en 9 puntos a Tsipras, o sistema grego premia cun plus de 50 escanos a candidatura máis votada. Logra entrar no parlamento Varoufakis e quedan fóra os neonazis de Amencer Dourado. | Con máis da metade dos votos escrutados a vitoria nas eleccións xerais gregas deste domingo 7 de xullo é para a dereita de Nova Democracia e o seu líder Kyriakos Mitsotakis. O primeiro ministro en funcións, Alexis Tsipras parabenizou xa a Mitsotakis pola súa vitoria coa que finaliza a etapa en que Grecia estivo gobernada pola Coalición da Esquerda Radical Syriza. A pesar de que a diferenza entre ambas forza é inferior a 10 puntos, o sistema electoral grego premia cun plus de 50 escanos a forza máis votada nas urnas. Este sistema pretendeuno cambiar Tsipras mais non deu tempo a aplicar a nova lei nestes comicios polo bloqueo exercido por outras forzas na cámara. Co 56% do voto escrutado a Nova Democracia acadaría o 39,7% dos votos e 158 escanos. Séguelle a Syriza co 31,39% e 86 escanos. O Movemento polo Cambio (o antigo Pasok socialdemócrata) con 8,23% e 22 escanos. O partido comunista KKE acada o 5,33% dos votos e 15 escanos. A ultradereita Solución Grega ten 3,68% dos votos e 10 escanos. Entra no Parlamento o partido internacional de esquerdas liderado por Yanis Varoufaquis (ex ministro de finanzas de Tsipras) ao ser capaz de superar o 3% e consegue 9 deputadas e deputados. Fica sen representación por primeira vez desde 2012 o partido neonazi Amencer Dourado. Os colexios electorais gregos abriron ás 7 da mañá para que as case dez millóns de gregas e gregos chamados ás urnas puideran exercer o seu dereito ao voto nas eleccións xerais ao parlamento heleno. O primeiro ministro Alexis Tsipras convocou os comicios para este domingo 7 de xullo de maneira adiantada, após solicitar a disolución a cámara ao presidente da república, Prokopis Pavlopulos, debido aos malos resultados da Syriza nos pasados comicios europeos e locais. O mandatario grego e líder da Syriza tomou nota desta maneira do fracaso electoral colleitado pola súa formación nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo do 26 de maio e as municipais do 2 de xuño, que deixaron a Coalición da Esquerda Radical (Syriza) nunha complicada situación após ficar case nove puntos porcentuais por detrás da dereita do partido Nova Democracia. A maioría das enquisas daban por feito a vitoria do líder da Nova Democracia, pertencente a unha longa saga político-familiar. O seu pai foi primeiro ministro grego, a súa irmá dúas veces ministra e o seu sobriño é o actual alcalde de Atenas. O obxectivo da Syriza estaba máis ben e marcar a súa posición como primeira forza da oposición e formación de referencia para a esquerda. Con estes resultados, aínda provisionais, Nova Democracia subiría 60 escanos respecto aos logrados en 2015, mentres a Syriza baixaría outros tantos. A socialdemocracia do Movemento polo Cambio subiría 2 e o KKE manteríase igual nos 15, mentres Amencer Dourado perdería os seus 16 representantes. Significada é no campo da esquerda a entrada de DIEM25, a formación internacional impulsada polo ex ministro de finanzas grego Yanis Varoufakis. Varoufakis dimitira após o goberno de Tsipras aceptar as imposicións da troika que foran rexeitadas no referendo convocado polo propio líder da Syriza en xullo de 2015. O ex ministro apresentouse nas pasadas eleccións do 26 de maio de 2019 ao Parlamento Europeo por Alemaña, mais quedou fóra da eurocámara. Agora volve ao Parlamento grego. As enquisas sinalaban que era posíbel que superase o límite do 3% dos sufraxios necesarios para poder acceder, mais descartaban que acumulase todo o voto que prognosticaban que a Syriza ía perder. O Parlamento grego, coñecido como o Consello dos Helenos sitúase na popular praza Sintagma en Atenas (que acolleu as masivas mobilizacións contra a troika) e conta cun total de 300 membros que se elixen por sufraxio directo, universal, secreto e obrigatorio, para un período de 4 anos. O partido máis votado recibe ese extra de 50 dos 300 escanos do parlamento, polo que só 238 escanos son adxudicados en 56 circunscricións electorais. Outros 12 distribúense proporcionalmente a escala nacional, cun limiar do 3% requirido para obter representación parlamentaria |
PRAZA_7620 | Galicia segue nos postos de cabeza nas análises de Transparencia Internacional grazas á lei do ano 2006. A organización considera o de Lugo como o Concello máis transparente dos principais municipios galegos. | A "herdanza recibida". Este é, posiblemente, un dos recursos máis recorrentemente empregados polos principais dirixentes do PP estatal e galego para xustificar todo tipo de medidas en clave de recorte ou restrición. Así, por exemplo, o gabinete de Mariano Rajoy amparou o incumprimento de boa parte do programa electoral co que gañou en 2011 nos datos de déficit "herdados" de José Luis Rodríguez Zapatero e do seu equipo. Do mesmo xeito, Alberto Núñez Feijóo apelou con teimosía ao "buraco" que, aseguraba, "herdara" do Goberno de coalición de PSdeG e BNG, para aplicar as primeiras tesoiradas en Galicia. Así e todo, e aínda dando por boas as explicacións dos dirixentes conservadores sobre o pasado, existen outras herdanzas moito menos apeladas por eles. A presenza de Galicia nos primeiros postos do Estado no referido a transparencia é unha delas. A organización non gobernamental Transparencia Internacional facía público hai poucos días o seu índice de transparencia dos concellos, no que analiza diversos parámetros sobre a relación dos municipios coa súa veciñanza. Na base de datos desta entidade atópase tamén o índice de transparencia das comunidades autónomas correspondente ao pasado ano 2012, exercicio no que un ano máis a Xunta está nos primeiros postos, concretamente no sexto, cunha puntuación de 90 puntos sobre 100 igualada por Castilla y León e só superada por Navarra (91,3), Andalucía (92,5), Cantabria (95), La Rioja (97,5) e Euskadi (97,5). Esta boa puntuación non é nova. Concretamente, o Goberno galego vena recibindo dende 2006, ano da entrada en vigor da Lei de Transparencia e Boas Prácticas, que saída adiante cos votos de socialistas e nacionalistas. O PP consideraba "ridícula" a Lei de Transparencia cando se aprobou en 2006 O Executivo de coalición aprobara a normativa en solitario entre duras críticas do PP, que tiña á fronte a Feijóo dende poucos meses antes. O daquela voceiro popular na Cámara e actual alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, asentaba a posición do seu grupo é que consideraba a norma "ridícula" e insuficiente nos seus preceptos. De feito, abondaba, ben podería ser considerada como a "lei da páxina web da Xunta", caricaturizaba. Á marxe daquel tirapuxa a lei, aínda que ficou notablemente curta en moitos aspectos, puxo en vigor preceptos que ao propio PP lle resultaron incómodos ao regresar a San Cetano. Dende aquela é obrigatorio, por exemplo, facer públicos os salarios de todos os altos cargos do Goberno, pendurar en Internet os convenios que asinan as diversas consellerías e publicar todos os contratos da Administración, tamén os negociados sen publicidade. Lugo, concello máis transparente Unha das limitacións da lei do bipartito é que o seu ámbito de aplicación se cingue só ás institucións autonómicas e non lles afecta a outras entidades, como deputacións e concellos. Deste xeito, os índices de transparencia das entidades locais varían notablemente, tal e como é posible observar no último ránking de Transparencia internacional, no que a organización avalía áreas como a "información sobre a corporación municipal", as "relacións cos cidadáns e a sociedade", "transparencia económico-financeira", "transparencia nas contratacións de servizos", "transparencia en materias de urbanismo e obras públicas" e os "indicadores da nova lei de transparencia" que está a tramitar o Goberno central. Só Vigo e Pontevedra fican por baixo da media de transparencia dos concellos analizados Baseándose neses criterios a organización analiza os 110 principais municipios do Estado, entre eles os das sete cidades galegas. O rexistro estatal está encabezado por Alcobendas (Madrid), con 100 puntos sobre 100, se ben a maior parte das cidades galegas se atopan por riba da media, situada no 70,9. Para atopar o primeiro municipio galego hai que descender ao posto cuadraxésimo terceiro, no que se atopa Lugo, goberno municipal ao que lle corresponde un 86,3. Cerca do concello lugués atópase A Coruña, cun 81,3, Santiago (80), Ferrol (18,8) e Ourense (75). Só quedan por baixo da media os concellos de Vigo e Pontevedra, aos que lles corresponderon unhas puntuacións de 65 e 61,3, respectivamente. Lei de Transparencia e Boas Prácticas |
NOS_51351 | Núñez Feixoo anuncia menos impostos e menos débeda para 2019 e fai un repaso dos seus anos de xestión próximo ao triunfalismo. O seu discurso abalou entre o xefe da oposición a Pedro Sánchez ou o ariete da "España constitucional" contra os independentistas. | Algo máis de dúas horas de discurso déronlle a Núñez Feixoo para falar de todo un pouco: do primeiro Parlamento da autonomía e da transición —"modélica", insistiu en varias ocasións—, de Catalunya e de Castelao, de sanidade e educación, de rebaixas de impostos e redución de débeda, de violencia machista, de lingua galega e lusofonía, de Europa e de España. Como se fose unha lista da compra, repasaba os diferentes capítulos espraiándose nos seus "avanzos" e "progresos" nestes anos. "Galiza non parou nestes 9 anos", dixo. O presidente é veterano nos debates do estado da Nación: leva 10 como titular do executivo aos que hai que engadir aqueles nos que estivo como xefe da oposición. Por iso sabía que había que chegar a esta sesión cun monllo de anuncios baixo o brazo e cunha promesa estrela, aínda que esta non fose novidade. E non o foi: unha baixada de impostos para as familias. Unha promesa que xa realizou en anteriores debates. "Galiza non parou en 9 anos" Vivimos na mellor das Galizas posíbeis, afánase Feixoo por convencernos a todos e todas. Por aí foi boa parte do seu discurso. O país que hai é o posíbel, non hai outro. "A palabra atraso deixou de representarnos", enfatizou. E o discurso foi construíndose en torno a esa idea dunha Galiza que prospera, que avanza e que, grazas a España e Europa, progresa. Feixoo gabouse de ter unha sanidade e unha educación impecábeis, presumiu de descenso de desemprego, incidiu no aumento de número de persoas dependentes beneficiarias. Enumerou aínda actuacións e proxectos desenvolvidos ou a desenvolver en breve en economía, en medio ambiente, en vivenda, infraestruturas ou ordenación do territorio. Non sempre as estatísticas se puxeron de lado do presidente: "Queremos reducir o endebedamento do pobo galego", manifestou, ao tempo que defendía a xestión realizada nestes anos. Porén, en 2018 a débeda pública de Galiza é de 11.545 millóns de euros, que son 7.000 millóns máis que cando chegou ao poder. "Hai 34.000 desempregados menos que en 2009", dixo. Mais cando el chegou á Xunta, xuño de 2009, en Galiza había 162.200 persoas no paro e agora hai 166.320. "Galiza está no bo camiño, xusto ao contrario que o goberno de España" Financiamento e transferencias Son dous dos temas que nos debates de política xeral noutros territorios do Estado teñen o protagonismo que merecen, polo seu peso e importancia no propio autobogerno. Na boca de Feixoo apenas sumaron uns tres minutos no marco da súa intervención de máis de dúas horas. Unha simple mención á "lóxica transferencia" da AP-9 cubriu o trámite á hora de falar de traspasos. Feixóo semella estar cómodo no seu rol como o presidente das cero transferencias para Galiza. No que atinxe a financiamento, anunciou que ía pedir a convocatoria da comisión de presidentes das 17 autonomías para debater unha cuestión que agora si cualifica como "prioritaria" para Galiza. Porén, o modelo de financiamento caducou en 2014, hai catro anos e a voz de Feixoo non se escoitou neste período, coincidinte co goberno de Raxoi en Madrid. Ao igual que a AP-9, o presidente quer exercer agora de valedor nuns temas nos que até o de agora —e mentres o PP gobernaba en Madrid— gardaba silencio. Xefe da oposición "Galiza está no bo camiño, xusto ao contrario que o goberno de España". Feixoo deixou claro desde os primeiros compases da súa intervención que un dos seus propósitos ía ser o de atacar o executivo de Pedro Sánchez, "atado por intereses opacos" e sometidos aos "intereses do independentismo". Feixoo relegaba o seu papel de presidente de Galiza para exercer o de xefe da oposición a Sanchez, no que se sentiu moi cómodo. Toda rebelión contra a "España constitucional é un ataque ao autogoberno de Galiza". "Hai dúas situacións políticas antagónicas: no goberno galego gobérnase e no de España resístese", atacou, a criticar que as políticas socialistas van traer "máis impostos e máis débeda", xusto aquilo que o mandatario galego prometeu que en Galiza van reducir as políticas do PP. Independentismo O ataque ao independentismo e o nacionalismo non é unha novidade nos discursos de Feixoo nos debates de política xeral destes anos. Nisto, como na promesa de baixar impostos, semella que estamos perante unha 'marca da casa' do PPdeG neste tipo de debates. Mais nesta ocasión foi especialmente duro. Acusou a Generalitat de estar en "insurrección permanente" e cargou contra calquera tentación de negociación ou mesmo de afrouxar a tensión do estado sobre Catalunya, a comparar os gobernantes cataláns cos golpistas do 23F. Nesta liña, afirmou que "toda rebelión" contra a "España constitucional" era tamén un "ataque ao autogoberno de Galiza". De feito, insistiu, a "España democrática e constitucional" é a que "garante os dereitos de Galiza". Botou man das Irmandades da Fala ("Galiza, célula da universalidade") para defender unha Galiza española e contrapoñela a un país "fechado" como, insinuou, queren as e os nacionalistas. Mesmo citou Castelao para dicir, dirixíndose aos escanos do BNG, que "Castelao é seu, Castelao é meu, Castelao é de todos" para, a seguir, situar o eixo do autogoberno galego, novamente, en España. "Galiza, Galiza, Galiza", rematou Feixoo o seu discurso, no que se reivindicou como "militante de Galiza". Intervención na que afirmou unha e outra vez que Galiza era a súa única ambición. "Foron moitas especulacións mais estou aquí, en Galiza, si". |
PRAZA_18198 | Un informe pericial constatou numerosas eivas de seguridade nas ambulancias, con sobrepesos en UVI móbiles de até 800 quilos. O Sergas asegura agora que na avaliación encargada polas forzas de seguridade "non se aplicaron os mesmos criterios para a pesaxe uniforme dos vehículos" A Xunta non revisou varios elementos de seguridade das ambulancias e helicópteros sanitarios cando os adxudicou | A policía constatou numerosas eivas de seguridade nas ambulancias do 061 en Galicia. Tal e como adiantou Praza.gal o pasado mes de agosto, un informe pericial encargado polas forzas de seguridade concluíu que en todas as inspeccións realizadas nas 14 áreas de cobertura do transporte sanitario se atoparon irregularidades que afectan a seguridade vial e "aumentan drasticamente" a "probabilidade de sufrir un accidente". O exceso de peso certificado "incumpre a normativa" e provoca importantes riscos para os ocupantes e na condución, que se fai máis "perigosa e impredicible", segundo o documento. Ademais, polo menos nove UVI móbiles circularon durante meses cun sobrepeso de centos de quilos polas estradas galegas. Os vehículos deste tipo inspeccionados no marco dunha investigación xudicial excedían por moito a masa máxima autorizada (MMA) e realizaron traslados de emerxencia con esta grave irregularidade durante moito tempo, nalgúns casos máis de ano e medio, e mesmo con sobrepesos de máis de 800 quilos. Un informe pericial encargado pola policía certificou eivas de seguridade nas ambulancias do 061, con sobrepesos de ata 800 quilos en UVI móbiles Ante aquelas revelacións, denunciadas pola oposición no Parlamento, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 aclarou que as súas ambulancias "contan cun informe pericial de conformidade normativa realizado por un perito independente e imparcial que confirma a seguridade destas unidades asistenciais con data deste ano". Agora, semanas despois, insiste nesta fiabilidade e nos informes favorables dos vehículos onde, engade, "se realizan tamén os controis estipulados na normativa ao respecto", polo que están "desenvolvendo a súa actividade con eficacia e seguridade para os doentes e as dotacións sanitarias". Alén disto, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 considera tamén agora "que non se aplicaron os mesmos criterios para a pesaxe uniforme dos vehículos, xa que ha de terse en conta o número máximo de ocupantes, así como a masa de reserva do vehículo". "É por isto que os pesos rexistrados pola policía xudicial excedían dos pesos máximos teóricos", xustifica a entidade dependente do Sergas, que sinala o sistema de peritaxe das forzas de seguridade como causante deses sobrepesos indicados no informe. O 061 confirma a "seguridade" das ambulancias e di que na peritaxe "non se aplicaron os mesmos criterios para a pesaxe uniforme dos vehículos" Ademais, o 061 asegura que "solicitou ás empresas concesionarias que tiñan que adaptarse ás condicións de peso e seguridade e aplicar unha serie de medidas e actuacións sobre a masa de reserva sempre de acordo cos pregos de prescricións técnicos (PPT)". O informe pericial ao que fai referencia o Sergas, e ao que tivo acceso este diario, forma parte das dilixencias previas --e até hai poucos meses secretas-- da investigación aberta no Xulgado de Instrución número 2 de Santiago por un presunto delito de prevaricación, información privilexiada e tráfico de influencias no concurso da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o servizo de transporte sanitario urxente por 120 millóns de euros ata 2019. Dividido en 14 lotes por áreas xeográficas, once empresas repartíronse as adxudicacións, oficializadas no verán de 2015. Pero un dos empresarios aspirantes denunciou e puxo sobre a mesa supostas irregularidades. Ambulancia do 061 en Galicia / © Xunta de Galicia De aí xurdiu unha investigación que afondou tamén nas posibles irregularidades dunhas ambulancias que, segundo a denuncia, foran equipadas, matriculadas e rotuladas coa simboloxía da Xunta e da Consellería de Sanidade meses antes de que a Administración resolvese a adxudicación e mesmo xa unha semana despois da publicación dos pregos no DOG, en novembro de 2014. Segundo o denunciante, todas as firmas que conseguiron o contrato carrozaron as ambulancias no taller ourensán Rodríguez López --o 95,5% delas-- e no portugués Autos Ribeiro. A policía aclara que as pesaxes realízanse tendo en conta os equipos completos "polo que non haberá que sumar a reserva de masa precisa para os produtos mécidos e técnicos" As inspeccións levadas a cabo pola policía xudicial buscaban comprobar o posible "exceso de peso" nas ambulancias en Galicia e o seu "perigo en canto á seguridade vial, tanto para ocupantes como para viandantes". O informe pericial confirma excesos de peso dalgúns cetos de quilos en todas as analizadas, pero tamén de moitos máis nas UVI móbiles, que terían circulado con esta grave eiva durante meses. O 061 di agora que na pesaxe os axentes non tiveron en conta o número máximo de ocupantes nin a masa de reserva do vehículo. No entanto, no informe a policía aclara que a pesaxe realízase "a criterios do técnico" e que se fai "co equipamente médico fixo e mobil completo, polo que non haberá que sumar a reserva de masa precisa para os produtos mécidos e técnicos". Ademais, advirte de que tamén se realiza co "depósito de combusible cheo" e que, en caso contrario, estímase a cantidade que falta para sumar á tara do vehículo. Por último, asegura que para o "cálculo total do peso do vehículo en circulación a plena carga sumaranse 75 quilos por ocupante en función dos asentos que contemple a ficha técnica, incluída a padiola". Este novo argumento do Sergas ante as eivas nas ambulancias reveladas no informe pericial chega logo de que un tribunal administrativo frease o contrato das aeronaves do 061 porque non comprobou previamente se os pilotos tiñan a titulación requirida. Outra volta na que a Xunta non revisou elementos de seguridade básicos ao adxudicar o transporte sanitario. No caso dos vehículos terrestres, nun proceso que segue a ser investigado en sede xudicial, aínda que a Administración aclara que o procedemento de contratación fíxose "en conformidade ao Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e o establecido no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares". "As resolucións a once recursos presentados ante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais de Madrid foron favorables á Fundación. O tribunal confirmou que se garantían os principios de igualdade, libre concorrencia e non discriminación baseándose nos requirimentos esixidos nos pregos", finaliza. |
NOS_33660 | O Goberno que saia das eleccións do 12-x acumula demandas pendentes para acadar a independencia real da radio e da televisión públicas. | Asituación da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) afecta toda a cidadanía, pois os medios de comunicación públicos son a peza que debera executar o dereito constitucional á información. Defende a Galega fixo cómplice á sociedade das súas demandas e as críticas entre as profesionais apuntan cara ao cumprimento da Lei 9/2011 dos medios públicos de comunicación audiovisual da Galiza. "Sempre houbo problemas cos medios públicos, cun Goberno e con outro. O problema é a visión partidista que ten a estrutura de control do sistema dos medios de comunicación públicos, no que está moi pouco presente a sociedade", manifesta Xosé Ramón Pousa, quen apunta que "hai movementos cívicos que deberan estar presentes", pois "os partidos non poden ter todo o protagonismo". O Executivo que ocupe a Xunta após estas eleccións contará, como recolle Defende a Galega, co reto de deseñar unha programación de servizo público para a tempada 2020/21 na que se inclúan, tanto na Radio Galega como na TVG, programas de análise informativa, debates en horario de máxima audiencia, unha programación infantil máis aló da emisión de series e espazos dirixidos á xente moza. Defende a Galega: "Hai que recuperar as delegacións. Non hai servizo público sen cobertura de país" Colectivo de traballadoras e traballadores en defensa da CRTVG. O movemento Defende a Galega leva 110 semanas facendo pública a súa demanda dunha radio e unha televisión pública independente do poder a través dos 'venres negros'. No manifesto dirixido ás formacións que concorren o 12-x solicitan a "destitución inmediata do actual director xeral da CRTVG" e o nomeamento doutra persoa "seguindo o criterio marcado pola Lei de medios", é dicir, cunha maioría parlamentar de dous terzos. No prazo dun mes desde a formación do Goberno queren activar o Consello de Informativos e recuperar tanto as delegacións de Pontevedra, Ferrol e A Mariña como as desconexións informativas locais suprimidas en 2008. "Non hai servizo público sen cobertura de país", aseguran. Francisco G. Sarria: "Levamos tres décadas falando de despolitizar os medios públicos" Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). "O Colexio ten reiterado aos partidos que concorren ás eleccións que é preciso que aposten por uns medios de comunicación públicos independentes e que garantan a pluralidade", explica Francisco G. Sarria, polo que considera que a relación "debería limitarse a garantir que así sexa" a través da elección dunha dirección xeral por maioría parlamentar consensuada. Para o decano dos xornalistas isto tería que implicar "o desenvolvemento dun Consello de Informativos, así como a posta en marcha dunha autoridade audiovisual independente". "Resulta impropio que levemos a última década con esta 'matraca' e máis de tres décadas falando de despolitizar os medios de comunicación públicos", afirma. Andrea de Francisco: "Urximos a creación do Consello de Informativos e o Estatuto Profesional" Representante do Comité intercentros da Corporación Radio e Televisión de Galiza "Desde o Comité intercentros da CRTVG urximos, como levamos facendo anos, que se cumpra a Lei de medios de 2011 coa creación de órganos fundamentais como son o Consello de Informativos e o Estatuto dos profesionais, ambos garantía da independencia da radio e da televisión públicas", salienta Andrea de Francisco, quen tamén pide que se substitúa ao actual director xeral co mecanismo recollido nesa lei. "As relacións laborais están moi deterioradas, temos moitas negociacións paralizadas e é urxente un proceso de estabilización do persoal. Unha dimensión adecuada do cadro de persoal permitiría recuperar a produción propia", explica. Xosé Ramón Pousa: "Que os medios públicos cumpran os obxectivos para os que foron creados" Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. "De producirse un cambio de Goberno haberá unha expectativa grande a respecto dos medios de comunicación públicos porque houbo tensións entre os propios profesionais nestes anos", sinala Xosé Ramón Pousa, que como decano reclama que a radio e a televisión públicas "cumpran os obxectivos para os que foron creadas": a defensa do idioma e da liberdade de prensa, estar ao servizo de toda a sociedade e ser independentes do poder político. "Iso é o que lle dá sentido á súa existencia", destaca, para engadir que habería que "limitar a monopolización dos medios polo poder". "Ás veces só hai que cumprir a lei, sobre o papel está todo moi delimitado", di. |
PRAZA_5956 | Lucía López Bayo, nova presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, explica os plans de futuro da ONG galega. | Hai agora un mes, a ONG Implicadas no Desenvolvemento celebrou a súa asemblea de socios. Nomeou a xornalista Lucía López Bayo, que leva na organización oito anos, como nova presidenta e despois de ter traballado xa en áreas de comunicación ou fortalecemento nas redes dentro da propia asociación. Agora, explica a Praza os plans de futuro. Cales son os próximos obxectivos de Implicadas? Implicadas leva traballando en Galicia e nos países do sur, principalmente na India, desde hai 16 anos. A organización pasou por diferentes procesos e agora temos unha estrutura estable, tanto en canto a persoal como en canto á sustentabilidade económica. Nesta mesma fin de semana iniciamos un proceso de planificación estratéxica para os vindeiros cinco anos e os obxectivos xerais son consolidar esta estrutura, tamén en canto ao voluntariado que colabora con nós, e traballar máis o eido da sensibilización, de intervir máis nos debates políticos e sociais. "A crise pon de manifesto o que Implicadas leva denunciando anos: o sistema no que vivimos só xera pobreza" Nesta época de crise brutal e recortes, é máis necesaria que nunca esa sensibilización, así como implicarse nos problemas derivados das decisións políticas? As dúas cousas van da man. Estamos nunha situación de crise que pon de manifesto o que hai tempo que vimos denunciando: que o sistema político no que vivimos, dominado polos mercados, non funciona e só xera pobreza aquí en Occidente e nos países do sur. A crise pon sobre a mesa de maneira máis clara isto e a xente veo con moita máis claridade tamén. Isto permítenos seguir poñendo de manifesto todo o que vimos defendendo e tamén achegarnos a máis xente, porque comprende mellor as nosas mensaxes. Vense na obriga de priorizar os proxectos en Galicia sobre os dos países do sur pola crise? Non, non nos obriga a priorizar. Seguiremos na mesma liña pero tendo en conta de que o que facemos aquí en Occidente repercute noutros países. Nós somos responsables do que pasa noutras partes e a xente ten que ser consciente diso. A nosa filosofía de traballo en Galicia procura que a xente poida crear esa conciencia crítica, analizar o que ocorre e actuar de diferentes maneiras, de maneira individual cos seus actos ou participando en organizacións como a nosa. Está a xente máis concienciada? A xente está máis receptiva ás mensaxes porque a crise vén demostrar o que nós levamos advertindo desde hai tantos anos. A xente veo máis claramente porque lle está a repercutir directamente. "A nova lei de subvencións das organizacións provocará que moitas teñan que pechar; as ONG teñen que ser independentes economicamente" Supoño que a concienciación por parte das administracións non é a mesma... Obviamente non. Estanse recortando as axudas á cooperación, hai unha proposta de reforma para a lei de subvencións que vai afectar a todas as organizacións... Desde o terceiro sector xa se está a advertir de que esa modificación, que mete no saco a todo tipo de asociacións, suporía unha maneira de financiarse similar ao das empresas e para as organizacións sociais é imposible traballar así. Moitas delas veranse obrigadas a pechar. Supón iso tamén un problema para Implicadas? En Implicadas, desde hai anos, a nosa metodoloxía de traballo baséase en non depender exclusivamente dos fondos públicos. De feito, en 2013 case o 100% dos fondos foron propios e non tivemos ningunha subvención da Xunta de Galicia. As organizacións teñen que ser independentes economicamente, o que non quere dicir que as administracións non teñan que distribuír os cartos públicos determinados para eses obxectivos sociais. Financiámonos con doazóns, as cuotas dos socios que temos e con actividades de recadación. "O importante para as ONG é traballar ao longo do tempo, ser coherentes e ter credibilidade; así é como terás apoios" En que posición ve as ONG de cara aos vindeiros anos? O importante é o traballo que fan as ONG ao longo do tempo e de maneira coherente. Esa é a maneira de chegar á xente, de ter credibilidade e de ter apoios. Obviamente, as organizacións van ter que se replantexar as súas maneiras de sustentarse, pero non é imposible. Unha das funcións destas organizacións é traballar na socidade civil e lanzas mensaxes que a xente entende, comprende e crean conciencia... As persoas poden ir creando a súa propia conciencia crítica a través das mensaxes que reciben e non creo que os fondos económicos vaian privarnos diso. É máis unha cuestión de traballo continuo e de conciencia. |
PRAZA_13193 | Xa Rafael Argullol pescudou en El fin del mundo como obra de arte a riqueza estética que medra a carón do derradeiro. Repasaba alí a traxedia de Prometeo, a Apocalipse de San Xoán, o Xuizo Final de Michelangelo…, mais se non podemos contar con exquisiteces desta índole, resignarémonos ao caos do mundo financeiro español, pois o declive do Barça tampouco parece plausible por moito que o madridismo soñase tal durante a rolda de prensa do adeus de Guardiola. | Melancholia xa era grande, mais comparado cos seus compañeiros de desfeita o planeta Bankia é monstruoso, e veremos se deixa de medrar. Máis que colisionar contra nós, parece que rematará devorándonos, igual que algún día fará o Sol cando se infle até xigante vermella. Todo se o Rescate non o remedia. Ese Leviatán que tarde ou cedo sempre chega da correa de Alemaña preséntasenos como culminación dun camiño ao abismo e á vez inicio de algo aínda máis catastrófico. Pero falemos claro: queremos que aconteza. Queremos ese espectáculo como nos prestaría ver xente arruinada na bolsa botándose dende as azoteas igual ca no 29. Como xa lle tarda outro 11-S, a televisión sopra nas brasas encantada, e pronostica a hecatombe de xeito cada vez máis emocionante sobre todo nos avances dos telexornais Hai tempo que escoitamos as noticias entregados a un arremedo de paixón sublime, esa que segundo Kant chega a producir sentimentos de "desprezo polo mundo". Como xa lle tarda outro 11-S, a televisión sopra nas brasas encantada, e pronostica a hecatombe de xeito cada vez máis emocionante sobre todo nos avances dos telexornais, onde gozan arreo anunciando as subas da prima de risco (503, 516, 539…) coas súas musiquiñas estilo Armageddon. Xa Rafael Argullol pescudou en El fin del mundo como obra de arte a riqueza estética que medra a carón do derradeiro. Repasaba alí a traxedia de Prometeo, a Apocalipse de San Xoán, o Xuizo Final de Michelangelo…, mais se non podemos contar con exquisiteces desta índole, resignarémonos ao caos do mundo financeiro español, pois o declive do Barça tampouco parece plausible por moito que o madridismo soñase tal durante a rolda de prensa do adeus de Guardiola. Despois das de Grecia, Portugal e Italia, é urxente outra caída estrepitosa para darlle pulo a un tema que corre o risco de perder folgos agora que vai empezar a Eurocopa. O sopapo a España parece ideal porque ademais sería merecidísimo Despois das de Grecia, Portugal e Italia, é urxente outra caída estrepitosa para darlle pulo a un tema que corre o risco de perder folgos agora que vai empezar a Eurocopa. O sopapo a España parece ideal porque ademais sería merecidísimo, e así, a falta de ilustrados patrios devotos do sublime, a Conferencia Episcopal podería polo menos esbardallar sobre a divina providencia, o pecado orixinal e cousas semellantes, no canto de seguir amolando a xente que non fai máis que deitarse cos do seu mesmo sexo e cociñar cristos da súa propiedade en fornos da súa propiedade. En realidade todo é un teatro infame, lamentablemente. Adopte a fórmula que adopte, o rescate non pasará de ser unha desfeitiña capitalista máis, e o seu rebumbio non encherá nin dúas semanas de portadas nos xornais. As súas consecuencias –as que se seguen das excusas macroeconómicas- nada terán que ver con paixóns sublimes, nin catárticas nin doutro signo. Serán penosas e ben prosaicas, e sufrirémolas os de sempre durante bastante tempo. A xigante vermella pasará axiña a enana branca, mais polo camiño terá arrombado con nós, e por se non o saben: ás enanas brancas aínda lles agardan trillóns de anos de vida. Ocaso do capitalismo? Non me fagan rir. |
PRAZA_1313 | O novo indicador para medir o produto interior bruto, elaborado pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, confirma o estancamento da economía galega que xa viña amosando o IGE. | Cambian as cifras, pero non a diagnose. Menos dunha semana despois de que o Instituto Galego de Estatística confirmarse que o estancamento económico co que Galicia rematou o 2014 continuou no primeiro treito de 2015, un novo indicador económico ofrece números distintos para unha mesa fotografía. O produto interior bruto (PIB) do país medra, pero faino a un ritmo inferior á media do Estado, o que non só desmente a reiteradísima afirmación de que Galicia ía ser "unha das primeiras" comunidades autónomas en "saír da crise", segundo a Xunta, senón que nos primeiros compases da suposta recuperación a fenda non fai máis que acrecentarse. A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), o órgano creado polo Estado para vixiar o cumprimento do dogma da estabilidade orzamentaria, vén de lanzar un novo indicador para estimar o PIB das autonomías, o METCAP. Esta nova metodoloxía, indica a institución, incorpora a información que xa difunden o INE e os institutos estatísticas territoriais e combínaos con outros indicadores económicos, o que explica a disparidade de cifras a respecto de, por exemplo, os avances de resultados do IGE. O novo indicador contradí que Galicia poida ser unha "das primeiras en saír da crise", como asegurou a Xunta Partindo desta base a AIReF traza o seu primeiro mapa para retratar o primeiro trimestre de 2015 e nel Galicia figura como un dos territorios cunha economía menos dinámica do Estado. Segundo esta metodoloxía a economía do país medrou nos tres primeiros meses do ano un 2% a respecto do mesmo período do 2014, o que implica que só unha comunidade, Euskadi, estivo por tras (1,9%) e que as 15 restantes estiveron por diante. Nos primeiros postos están as máis turísticas: Catalunya (3,1%) e mais a Comunitat Valenciana e Balears, ambas cun 3,4%. Mapa difundido pola AIReF Galicia sae mellor parada na estimación intertrimestral na que, non obstante, as distancias entre autonomías son moito menores. Así, segundo a AIReF o PIB galego medrou a respecto do trimestre anterior un 1%, o segundo maior crecemento despois de Valencia e idéntico valor que comunidades tan dispares en canto a dimensión e riqueza como Catalunya, La Rioja, Andalucía, Castilla y León ou Cantabria. Estes datos chegan case ao mesmo tempo que os do paro rexistrado, que amosan unha maior baixada relativa do desemprego en Galicia que no Estado, pero tamén unha menor creación de emprego. Asemade, os datos das oficinas de emprego amosan que os contratos indefinidos diminúen en Galicia tanto a respecto do pasado mes como en termos interanuais, mentres que no Estado aumentan. Deste xeito, a contratación temporal é o sustento das cifras de creación de emprego. |
PRAZA_11628 | Rexeita que a empresa promotora se atribúa, ao igual que está a facer o club, a xestión dun monte comunal que antes debería ser expropiado e sacado a concurso | Rexeita que a empresa promotora se atribúa, ao igual que está a facer o club, a xestión dun monte comunal que antes debería ser expropiado e sacado a concursoTras varios anos sen pronunciarse abertamente sobre o proxecto de gran centro comercial que se quere instalar nun monte comunal da parroquia de Cabral, o Concello de Vigo fixo público este domingo un comunicado co que deslexitima os intereses urbanísticos da empresa promotora. Faino cunha argumentación similar á que está a empregar para cargar contra o centro comercial similar que o Celta quere levantar a apenas dous quilómetros, xa no termo municipal de Mos: as empresas promotoras dos complexos, sexa o Celta ou o grupo investidor Intu Eurofund, non poden atribuírse a xestión de espazos que son actualmente montes comunais, que non poden ser vendidos senón só expropiados pola administración que despois só pode concederllos a unha empresa a través dun concurso público.O proxecto de gran centro comercial no monte de Cabral tiña o seu amparo no Plan de Urbanismo municipal aprobado en 2008, que contemplaba que ese espazo puidese ter usos comerciais a cambio, entre outras contrapartidas, de que os beneficios desa operación permitisen executar unha Cidade do Deporte na outra parroquia viguesa de Valadares. O grupo Eurofund, con outros centros comerciais en Zaragoza, Torremolinos, Lisboa ou Madrid, propuxo un gran centro comercial, Porto Cabral, que ao longo da última década desencadeou unha loita na parroquia e na comunidade de montes entre defensores e detractores do proxecto, estes últimos co apoio, entre outros, dos comerciantes de Vigo ou dos sindicatos. Pero neste tempo o proxecto empresarial atopou dous grandes obstáculos: o enfrontamento entre o Concello e o Celta e a anulación xudicial do Plan de Urbanismo.O Concello de Vigo xa alegou contra a cidade deportiva do Celta que non se analizase o seu impacto a nivel metropolitano senón só en Mos por estar nese termo municipalO desexo do principal accionista do Celta, Carlos Mouriño, de que a sociedade anónima deportiva deixase de ser arrendataria tanto do estadio municipal de Balaídos como das instalacións tamén municipais do monte da Madroa na que adestran os seus equipos atopou a oposición do alcalde, Abel Caballero. Balaídos non está en venta, dixo, o que levou ao Celta a ameazar con levarse o equipo de Vigo e lanzar o seu propio proxecto de cidade deportiva nun monte do veciño concello de Mos lindeiro co termo municipal de Vigo. O do Celta é un proxecto apoiado polo PP tanto en Mos como na Xunta que inclúe tamén un gran centro comercial que se levantaría a apenas dous quilómetros do de Porto Cabral e que está aínda pendente de obter os permisos necesarios despois de que varias administracións advertisen do seu impacto. Entre elas, o Concello de Vigo, que reclama que se teña en conta que o complexo tería repercusión en toda a área metropolitana e non só en Mos.Co plan de 2008 anulado, os promotores de Porto Cabral pediron ao Concello o pasado 21 de novembro que tramitase novamente o seu proxecto urbanístico, o que vén de ser rexeitadoPero o obstáculo que agora atopa o centro comercial de Porto Cabral non é só o da competencia desa cidade comercial do Celta, cunha tramitación máis avanzada e mesmo coas obras xa iniciadas no que afecta ás primeiras instalacións deportivas, senón que o Concello de Vigo non atopa encaixe ao proxecto na vía legal aberta de xeito excepcional para paliar a anulación xudicial do Plan de Urbanismo. Aquel plan foi tombado pola xustiza porque a Xunta do bipartito permitiu que non se sometese a unha avaliación ambiental completa senón acelerada. O Concello está a redactar un novo, pero mentres a Xunta impulsou unha modificación legal coa que salvar algúns dos grandes proxectos que contiña aquel documento. Co plan de 2008 anulado, os promotores de Porto Cabral pediron ao Concello o pasado 21 de novembro que tramitase novamente o seu proxecto urbanístico, o que vén de ser rexeitado. O Concello emprega como argumentos para frear a Intu Eurofund os mesmos que usa para cargar contra o centro comercial do Celta en Mos. Que a empresa non é a propietaria actual dos terreos, e polo tanto non pode ser ela a que inste unha modificación urbanística como a que solicita. O Concello de Vigo lembra que os montes comunais só poden ser expropiados pola administración e que esta debe convocar un concurso público para poder entregalos posteriormente a unha empresa. Intu Eurofund non pode atribuírse a xestión dese espazo por "falta de lexitimación", di o Concello na súa argumentación técnica dun xeito similar ás súas declaracións políticas nas que rexeitan que o Real Club Celta Sociedade Anónima Deportiva poida facer o mesmo en Mos."Sorprende", di o Concello de Vigo, "que o solicitante se permita presentar" unha proposta que debera ser de iniciativa pública "e se autonomee, sen ningún concurso público, adxudicatario do hoxe solo rústico""Sorprende", di o Concello de Vigo, "que o solicitante se permita presentar" unha proposta que debera ser de iniciativa pública "e se autonomee, sen ningún concurso público, adxudicatario do hoxe solo rústico de especial protección forestal da Comunidade de Montes de Man Común de Cabral". Ao tempo que rexeita admitir a trámite a petición de Intu Eurofund para Porto Cabral, o Concello di que será o novo plan de urbanismo que está a redactar o que "ordenará e programará as actuacións que a cidade precisa para garantir unha axeitada calidade de vida dos vigueses e viguesas". |
NOS_9110 | A Fundación Uxío Novoneyra (Parada, Folgoso do Courel) acolle mañá sábado, ás 13 horas, a presentación da nova tradución ao galego da obra de Berger, un manifesto da xente labrega, após 11 anos desde a primeira versión. | O tradutor, escritor e xornalista Xoán Abeleira retoma unha nova versión do libro Porca Terra (Pig Earth), a obra que o escritor inglés John Berger publicou en 1979 como primeira parte da súa triloxía Into their Labours, sobre as experiencias da vida labrega europea desde os seus inicios até finais do século XX. Esta versión actualizada chega da man da editora coruñesa a·lenta, continuadora do proxecto manchea, que realizou unha tiraxe de 200 exemplares. Destaca a cuberta de papel feito á man, para o que se reciclaron sabas de algodón e se empregaron auga, amidón de arroz, fieitos e extracto de noz, de maneira que os elementos naturais e os procedementos artesanais están presentes no contido e no continente da obra. |
PRAZA_5911 | Laura Rodríguez Herrera é dende este luns a nova presidenta da Asociación Galega de Editores, en substitución de Manuel Bragado, novo responsable do Culturgal. Falamos con ela dos problemas e retos inmediatos do mundo do libro en Galicia. | Laura Rodríguez Herrera, de Hércules de Ediciones, foi elixida este luns presidenta da Asociación Galega de Editores, nunha asemblea extraordinaria da AGE, celebrada no Consello da Cultura Galega. Rodríguez Herrera, que nos últimos anos viña xa exercendo a Secretaría da Asociación, substitúe Manuel Bragado (Xerais), que dende hai unhas semanas é o responsable do Culturgal. Estará acompañada na executiva da AGE por Xosé Aldea Meizoso, de Ouvirmos, como vicepresidente; Gemma Sesar Ignacio, de Editorial El Patito, como secretaria; e María Jesús. G. Sanjurjo, de Rodeira-Edebé, como tesoureira. Exercerán como vogais Xulio Amigo Estrada, de Editorial Galaxia; Antón Lado Lago, de 2.0 Editora; Benigno Paz Ramos, de Kns Ediciones; Manuel Bragado Rodríguez, de Edicións Xerais, e Francisco Sánchez, de La Voz de Galicia. Destaca que nos últimos anos "mellorouse moito a promoción do mundo galego", e situou o éxito do Culturgal como "un modelo que hai que seguir" A nova presidenta dos editores galegos entende a súas novas responsabilidades como un "reto" e como a forma "de amosar o meu compromiso e solidariedade coas editoras e coa propia asociación". Destaca que nos últimos anos "mellorouse moito a promoción do mundo galego", e situou o éxito do Culturgal como "un modelo que hai que seguir". Ademais, sinalou como obxectivo a consolidación "doutras iniciativas máis pequenas para achegar o libro e o mundo da cultura á xente". "Hai que afianzar a asistencia a feiras internacionais: Frankfurt, Boloña, Madrid, Barcelona, pero debemo definir de que xeito queremos ir ás feiras as editoriais, hai moito campo no que traballar". Tamén se fixa como obxectivo "traballar en coordinación cos outros actores do que se chama agora cadea de valor do libro, cos libreiros, cos distribuidores e coas empresas de artes gráficas" Tamén se fixa como obxectivo "traballar en coordinación cos outros actores do que se chama agora cadea de valor do libro, cos libreiros, cos distribuidores e coas empresas de artes gráficas". "Neste momento de dificultades debemos visibilizar todo o noso traballo, ser didácticos, explicar todo o traballo que leva facer un libro", destaca. E, sobre todo, "temos que traballar en que o noso produto sexa atractivo para o público e teña calidade. Hai público para o libro en galego". En canto ás relacións coas distintas administracións, Laura Rodríguez subliña que "todas as administracións, non só a Xunta, teñen unha responsabilidade co mundo da cultura e co mundo do libro en particular, sobre todo no fomento da edición en galego". Aposta por "manter unha canle de diálogo coa administación" e rexeita as estratexias de "enfrontamento aberto", que neste momento "non funcionan". "As administracións deben apoiar o libro, pero as editoriais non deben depender dela", destaca. Salienta a necesidade, iso si, de que a administración se implique nas solución dos problemas abertos para o libro educativo, coma os novos currículos, ou a plataforma dixital. "Levamos anos traballando na plataforma do libro galego, unha plataforma que sexa atractiva e que poida competir coas grandes plataformas" -di- "pero estamos nun momento tan delicado que é difícil levar adiante iniciativas ambiciosas, de dixitalización de catálogos, libros interactivos ou deseñar webs máis atractivas. É moi caro facelo, e neste aspecto necesítanse axudas da administración". "Estamos nun momento tan delicado que é difícil levar adiante iniciativas ambiciosas, de dixitalización de catálogos, libros interactivos ou deseñar webs máis atractivas. É moi caro facelo, e neste aspecto necesítanse axudas da administración" "Lévanse anos falando de que o libro dixital vai ser o boom, pero o boom aínda non acaba de chegar. O mercado está en constante cambios, debaténdose aínda que dispositivos ou formatos se van impoñer. E nós non estamos en disposición de facer experimentos, por iso seguimos á espectativa. Cada editorial ten estratexias diferentes ante o libro dixital, hai algunha que ten moita oferta, e outras que non se introduciron neste mundo", explica. Nese aspecto, aposta por un impuso á plataforma do libro galego: "ao non estar aínda rematada, hai editoras que non se animan a subir contidos, é un peixe que morde a cola", di, "pero é fundamental que haxa unha oferta sólida para que as bibliotecas poidan ter acceso ao catálogo do libro galego, tamén en dixital". |
NOS_43255 | "A calidade dos viños galegos non é produto da casualidade senón o resultado do gran traballo de viticultores e adegueiros ao longo do tempo", asegurou Ana Pontón. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou esta terza feira a adega Pazo Baión, pertencente a cooperativa Condes Albarei, para coñecer as expectativas do sector. "A calidade dos viños galegos non é produto da casualidade senón o resultado do gran traballo de viticultores e adegueiros ao longo do tempo, que fai que os nosos viños teñan un prestixio consolidado dentro e fora de Galiza, polo que me gustaría trasladar os meus parabéns a todo o sector vitícola", destacou durante o percorrido da man do xerente de Pazo Baión, Xavier Zas. Comeza unha vendima marcada pola seca Pontón trasladou o apoio nacionalista a un sector "clave" para a economía, tanto en termos de creación de riqueza e emprego, como tamén polo que aporta na preservación do territorio e de manter un medio rural vivo, e aproveitou a visita para explicar as propostas da formación a favor do sector vitícola. Neste sentido, a dirixinte do BNG salientou a necesidade de impulsar unha Lei do viño "ambiciosa e integral", que aborde cuestións como a ampliación da superficie de cultivo, o relevo xeracional ou a preservación das castes autóctonas. Pontón fixo fincapé na "limitada superficie de moitas explotación, porque resta capacidade de competir e de medrar". Malestar no viño galego polos aranceis Segundo estudos citados por Pontón, a superficie media por explotación na Galiza está en 0,18 hectáreas, cando a media española é de 1,8. "Temos un 3,5 % da superficie dedicada a viñedos no Estado español, pero en cambio sumamos 200.000 parcelas, o 40 % del total", indicou. Máis propostas Hai que estudar fórmulas que permitan aumentar o tamaño das explotacións, insistiu a portavoz nacional do BNG, porque este factor tamén penaliza a viticultura galega na recepción de axudas. "Por exemplo, na campaña 2019-2020 a Galiza só recibiu 1,1% do total dos 212 millóns de euros distribuídos polo Estado con cargo ao Fondo español de garantía agraria, apenas un euro de cada cen", argumentou. Julio Mourelle: "Os viños galegos deben ser fieis a si mesmos se queren un espazo internacional" Para a nacionalista, é "evidente" que os criterios de reparto prexudican o sector, "xa que favorecen a cantidade e non a calidade", e por iso Pontón demandou que a Xunta "lidere o diálogo co sector" para facer propostas que cambien esta "discriminación" por un reparto equitativo, especialmente de cara ás axudas previstas na PAC estimadas en 202,15 M€ para o período 2023-2027. Tamén puxo sobre a mesa outras propostas a favor do sector, como recuperar as mesas do viño como mecanismo directo e constante de debate e diálogo entre Administración e produtores, cooperativas e adegas. Igualmente; a homologación de contratos con prezos mínimos para a uva, "dando estabilidade ao sector tanto na parte de produción como de comercialización"; e pór en marcha un sistema de financiamento a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para o pago ao contado da uva. O crecemento do sector vitivinícola eleva os prezos da terra no rural galego Finalmente, Pontón apostou por seguir apostando pola innovación e a investigación para continuar na senda da calidade dos viños galegos, "cada vez máis valorados tanto no interior como a nivel internacional". |
NOS_1903 | O chamamento fíxoo o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, na súa intervención na manifestación deste serán en Vigo. | A mobilización máis concorrida das que organizou o colectivo de pensionistas da CIG esta quinta feira en 11 cidades e vilas do país decorreu en Vigo. Ao seu termo, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Paulo Carril -que xa participara durante a mañá na concentración realizada na Coruña- chamou a convocar unha greve xeral cun claro propósito: obrigar o PP a "retroceder" nas súas políticas "anti-sociais e anti-obreiras". Como o pasado 27 de febreiro, a CIG voltou a mostrar o seu músculo organizativo e despregou mobilizacións nas 7 cidades do país, ben como nas vilas de Lalín, As Pontes, Boiro, Cee e Burela. As estimacións da central é que nelas participaron "miles de persoas". A noticia chegou en Vigo, co lanzamento da palabra de orde dunha greve xeral por parte de Carril. Unha mobilización de amplo espectro é a mellor vía, a xuízo da CIG, para "demostrar a nosa disposición de resistencia, de loita pola recuperación dos nosos dereitos e como a mellor defensa ante o deterioro das pensións e ante a próxima reformas das pensións que están a preparar no chamado Pacto de Toledo". Unha greve xeral exitosa podería forzar o goberno do PP a derrogar as súas políticas anti-sociais, isto é, a deixar sen efeito as reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións. No seu discurso, Carril tamén criticou os que cualificou como "teóricos partidos da esquerda", dos que dixo que agora "corren a convocar manifestacións e protestas, pero son incapaces de anular as reformas e as políticas do PP e de Rajoy", embora a formación conservadora estar en minoría no Congreso. |
NOS_2572 | Sermos Galiza inicia a publicación dunha serie de perfís dos principais candidatos e candidatas á presidencia da Xunta de Galiza. Unha coletánea que enceta debullando no currículum de Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia. Nos próximos días verán a luz as reseñas dos cabezas de lista de Ciudadanos, En Marea, PSdeG, BNG e PP. | A actividade política de Xoán Carlos Bascuas Jardón (1970) remóntase á súa mocidade. Após anos de militancia no nacionalismo, quer no ámbito xuvenil (Galiza Nova) quer no propio BNG, Bascuas abandonaba a fronte nacionalista en maio de 2012 após a convulsa asemblea nacional de Amio, logo de ter sido --durante o bipartito-- delegado na Coruña da Consellaría de Vivenda, baixo dirección da nacionalista Teresa Táboas. Á súa saída impulsou a creación de Compromiso por Galicia (CxG). Baixo esa marca concorreu ás eleccións autonómicas de 2012, nas que CxG non superaría o 1% dos votos, recollendo apenas o apoio de 14.586 sufraxios. Bascuas aposta nun galeguismo a medio camiño do soberanismo e o autonomismo. Malia todo, a aposta de Bascuas non se encolleu por ese serio revés electoral. En decembro dese ano CxG celebraba o seu Congreso Fundacional, do que resultaba eleito Secretario Xeral. E máis recentemente logrou concitar un apoio maioritario á súa posición contraria a diluír Compromiso nas mareas, tal e como defendían referentes da formación como Xosé Manuel Pérez Bouza, arestora candidato de En Marea pola provincia de Ourense. Licenciado en ciencias políticas pola mesma Universidade Complutense da que procede o núcleo de dirección de Podemos, é profesor da Escola de Traballo Social da Universidade de Compostela. As persoas que o trataron salientan del o seu talante e actitude, sempre receptiva e serena, disposto a escoitar e dialogar. Un perfil que resulta especialmente atractivo e seductor no ti a ti. No negativo apuntan a súa tendencia á moderación e posicións excesivamente posibilistas. As eleccións galegas do 25S, ás que Bascuas concorre como aspirante de CxG á presidencia da Xunta, son para el e para a súa formación unha proba de lume. O exame que en grande medida determinará se hai espazo, ou non, para consolidar unha opción política de orientación socialdemócrata, profundamente europeísta e que quer representar a cara moderna do galeguismo. Un galeguismo, que o propio Bascuas situaba nunha recente entrevista en Sermos a medio camiño do soberanismo que encarna o BNG e do autonomismo resignado de PSdeG e Marea. O pragmatismo é unha das súas marcas persoais. Para alén das súas conviccións ideolóxicas é capaz de despregar unha proposta política que pivota sobre a centralidade, tentando emular –malia as distancias-- un PNV á galega. |
NOS_34857 | A Consellería de Educación deu a coñecer o número de prazas por especialidade da Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2020 para o ensino non universitario. Era unha demanda urxente das organizacións sindicais, moi críticas coas formas da Administración, co modelo selectivo e coa falta de negociación das especialidades e dos postos ofertados. En total, sairán a concurso 2.036 prazas de novo ingreso. 747 para infantil e primaria, 781 para ensino secundario, 363 para formación profesional e 145 para os corpos de artes, música e idiomas. | A Xunta da Galiza presentou onte na mesa sectorial de educación o detalle das prazas que van ser convocadas en cada unha das especialidades do ensino non universitario no marco Oferta Pública de Emprego prevista para este ano. A OPE incluirá un total de 2.036 prazas de novo ingreso para perto dun cento de especialidades. Segundo as cifras presentadas pola Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional, o corpo de infantil e primaria contará con 747 prazas distribuídas entre oito ramas. Destacan dúas: Educación Infantil e Pedagoxía Terapéutica, con 150 cada unha. O corpo de profesores e profesoras de ensino secundario disporá de 781 prazas repartidas en 35 especialidades, entre as que sobresaen as de Matemáticas, con 97 postos; Orientación Educativa, Xeografía e Historia, e Lingua Galega e Literatura con máis pouco máis de 50, e, por segundo ano, Portugués, con 4 prazas. "Os representantes do profesorado arremeteron contra o actual sistema de oposicións". O profesorado técnico de formación profesional contará con 363 prazas, para un total de 24 disciplinas. Sistemas e Aplicacións Informáticas, con 38; procesos de Xestión Administrativa, con 28, e Equipos Electrónicos, con outras tantas, son as especialidades con máis postos asignados. A maiores, a distribución da Oferta Pública de Emprego presentada pola Administración para educación recolle 30 prazas dirixidas ao profesorado de Escolas Oficias de Idiomas, outras 30 destinadas ao profesorado de Artes Plásticas e Deseño, e 85 máis para o corpo de profesoras e profesores de Música e Artes E. O texto facilitado ás organizacións sindicais non inclúe as prazas reservadas para a promoción interna e o acceso a cátedras, un procedemento independente do que aínda non se coñece o texto da convocatoria "Proposta ampla" O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta, José Manuel Pinal, destacou que se trata dunha proposta "moi ampla e moi esperada por todo o mundo" coa que confían en achegarse a 5% de interinidade no marco do acordo de estabilidade subscrito con varias organizacións sindicais, e que actualmente se sitúa entre 7 e 8%. "A Xunta convoca o máximo que lle permite a taxa de reposición". Pinal asegurou que a Xunta convoca "o máximo" que lle permite a taxa de reposición, ademais de poñer o foco nalgunha das principais novidades: as prazas ofertadas para Portugués e para o corpo de profesoras de Música, se ben, engadiu, a proposta inclúe "moitas prazas novas" e "especialidades nas que había anos que non se convocaba" emprego. Novo modelo selectivo Todos os sindicatos, salvo a CIG Ensino, a organización maioritaria no sector da educación, aplaudiron a profusión da oferta presentada pola Administración galega. Con todo, criticaron por xunto tanto o proceso como a falta de negociación demostrada pola Consellaría de Educación. Os representantes do profesorado arremeteron contra o actual sistema de oposicións. Segundo Suso Bermello, secretario nacional da CIG Ensino, o procedemento selectivo "non está pensado para ter en conta a experiencia". O principal problema, dixo, é a ausencia dun concurso oposición real, o que motiva que moitas prazas queden desertas, 5,4% en 2018 e 7,4% en 2019. "Os tribunais fan unha auténtica criba na primeira parte da oposición (proba práctica e exame teórico) e impiden á maior parte das persoas aspirantes pasar á segunda parte (programación e unidade didáctica), o que evita a baremación dos méritos dos que dispoñen", aclarou. A información completa pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na lectura na nube do diario. |
NOS_51215 | O novo dirixente de Anova afirma que coa súa volta á primeira liña busca "botar unha man tendendo pontes e xerando espazos de combate". | O ex alcalde de Santiago e portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega, rexeitou esta segunda feira falar de "futuríbeis" a respecto de se esta formación podería implicarse activamente no proxecto Sumar, impulsado pola vicepresidenta segunda do Goberno español, Yolanda Díaz. Noriega suxeriu que, neste intre, o camiño de Anova "é outro". Recentemente o ex rexedor da capital galega volveu situarse á fronte de Anova, a organización que impulsou, entre outros, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras tras a saída do BNG en 2012, e esta segunda feira participou na presentación de María Rozas como candidata de Compostela Aberta á Alcaldía en 2023. En declaracións aos medios, Martiño Noriega apuntou que volve á primeira liña a ocupar "outro rol, máis en clave organizativa e de botar unha man", sendo consciente de que el agora está incorporado ao seu traballo como médico, no que desexa continuar. "Pero corresponsabilizado para botar unha man no espazo de Anova e seguir participando tamén no espazo de Compostela Aberta", precisou. Martiño Noriega: "Reactivar un espazo como Anova debe ser visto como positivo" O dirixente de Anova argumentou que, aínda que a sociedade vive "un momento diferente ao da crise económica", enfróntase "con outro tipo de ameazas á democracia", por exemplo "coa chegada da extrema dereita a moitas institucións". Existe, dixo, "un capital político" en Anova e "un patrimonio humano que había que activar". "Como dicía un amigo meu, algo que non é só atribuíbel á política, nestes tempos despois da pandemia e da crise a cabeza di o que hai que facer pero o corpo non acompaña. Pois eu decidín conectar cabeza e corpo e tentar pór en valor referentes de espazos de Anova e da esquerda do país como Xosé Manuel [Beiras], Antón [Sánchez] ou Oriana [Méndez], de moita xente que aporta, e participar nese dique de contención", esgrimiu. "O camiño de Anova é outro" Noriega sinalou que a súa situación persoal é "moi distinta" á de tres anos atrás, e exponse a volta á primeira liña en clave de implicación social mais compaxinando o seu labor político co traballo. "Hoxe tiven que escapar un anaquiño", explicou, e aludiu ás "xornadas maratonianas" nunha sanidade pública que, afirmou, permitiulle "reconectar moito" coa cidadanía. Martiño Noriega volve á fronte de Anova para rearmala ante as eleccións municipais Por iso quere implicarse, para "botar unha man tendendo pontes e xerando espazos de combate". Porén, preguntado sobre se mantivo algunha conversación con Yolanda Díaz, replicou que "como responsábel de Anova, non". Iso si, puntualizou que el ten coa ministra "unha relación como persoa", como ten con "outras moitas" do seu espazo político. E sobre a participación activa en Sumar de Anova, manifestou a súa convicción de que, nestes momentos, "o camiño de Anova é outro", unha vía de "reconstrución" e de reactivar o traballo desde unha perspectiva social e non tanto "en clave electoral", durante os últimos dez anos "no epicentro de todo". "Normalizar relacións" co BNG Deste modo, se ben asegurou que Anova sempre será "responsábel", defendeu que a "prioridade" agora é "facer traballo social". "E logo o tema electoral xa se verá. Nestes momentos estamos centrados nas municipais e participaremos en diferentes candidaturas", explicou, para engadir que sería "absolutamente irresponsábel" falar de "futuríbeis". "Nestes momentos non é un debate aberto e Anova ten agora mesmo outros camiños, ten que reactivar ese traballo fóra do ámbito electoral", dixo Noriega, quen, nunha entrevista con Nós Diario a pasada semana, incidiu na convicción de que a súa formación e o BNG teñen como materia pendente "normalizar as relacións" e "cicatrizar as feridas". |
NOS_16080 | Os Estados membro estarán obrigados a diminuír a demanda de electricidade en 5%. | Vixencia até decembro de 2023 Redución do consumo Taxa de solidariedade Máximo de 180 euros/MWh no pool Outras medidas Os ministros de Enerxía da Unión Europea fecharon esta sexta feira un acordo político sobre as medidas de emerxencia comúns para intervir o mercado eléctrico comunitario. Logo de pouco máis dunha hora de reunión, os titulares de Enerxía dos Vinte e sete adoptaron estas medidas de emerxencia para fixar unha redución obrigatoria do consumo de electricidade de 5% nas horas punta, estabelecer unha taxa de "solidariedade" ás intermediarias de combustíbeis fósiles, como petroleiras, ou redistribuír aos máis vulnerábeis os beneficios extraordinarios das tecnoloxías inframarxinais que vendan a electricidade por riba de 180 euros/MWh. "Creo que hoxe daremos outro paso necesario para xestionar a crise enerxética. A Comisión propuxo medidas para reducir a demanda de enerxía e xerar beneficios", indicou a comisaria de Enerxía, Kadri Simson, á súa entrada ao Consello de ministros de Enerxía da UE. Simson precisou que estes instrumentos "relaxarán a presión nos prezos". Vixencia até decembro de 2023 As medidas, que serán formalmente adoptadas por procedemento escrito a próxima semana, non entrarán en vigor até o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), e a súa aplicación estenderase do 1 de decembro do presente exercicio ao 31 de decembro de 2023, aínda que Chipre e Malta contan con excepcións específicas pola súa condición de illas enerxéticas. En que consiste o real decreto sobre o aforro enerxético? Redución do consumo Así, os ministros de Enerxía subscribiron a proposta de Bruxelas de fixar unha redución obrigatoria de 5% no consumo da electricidade nas franxas horarias de máximo consumo, e unha diminución voluntaria de 10% da demanda de electricidade entre o 1 de decembro de 2022 e finais de marzo de 2023. Sexa como for, corresponderá a cada país introducir as medidas axeitadas para alcanzar os obxectivos de redución do consumo durante este período. "O acordo alcanzado hoxe suporá un alivio para os cidadáns e empresas europeas. Os Estados membro aplanarán a curva de demanda de electricidade durante as horas punta, o que terá un efecto positivo directo nos prezos", indicou o ministro checo de Industria e Comercio, Jozef Síkela. Taxa de solidariedade Aliás, os Vinte e sete pactaron unha taxa de "solidariedade" ás empresas intermediarias de combustíbeis fósiles, como petroleiras, gasistas ou o sector do refino. Esta medida fixará unha "contribución" de 33% sobre os beneficios obtidos até o 31 de decembro de 2023 e que se sitúen 20% por riba da media dos últimos catro anos. O imposto articúlase como unha contribución temporal e o importe recadado destinarase a fogares vulnerábeis, ás empresas máis afectadas e ás industrias electrointensivas. Os impostos temporais aos beneficios da banca e das eléctricas gravarán 4,8% e 1,2% respectivamente Máximo de 180 euros/MWh no pool A terceira das medidas acordadas polos países da UE pasa por estabelecer un máximo de 180euros/MWh ao prezo ao que as tecnoloxías inframarxinais —as que producen electricidade por baixo das produtoras de ciclo combinado de gas como as renovábeis ou a nuclear— poden vender a electricidade no mercado grosista, o denominado pool. Outras medidas O acordo prevé tamén a posibilidade de que os países introduzan modificacións como fixar un limite de prezos máis elevado, utilicen medidas para limitar os beneficios do mercado, estabelezan diferenciacións por tecnoloxías ou apliquen límites aos beneficios no mercado a outros operadores, como os provedores. Aliás, estabelece que estas medidas serán compatíbeis coas implementadas a nivel estatal polos Estados membro se teñen un carácter equivalente, como é o caso do mecanismo de minoración do gas ou o imposto sobre os ingresos das grandes enerxéticas. A cidadanía galega paga a luz 124% máis cara que a poboación portuguesa Con este instrumento, que estará operativo até o 30 de xuño de 2023, preténdese atallar os beneficios extraordinarios destas compañías de electricidade, que se redirixirán a cubrir a factura eléctrica dos colectivos máis vulnerábeis, para o que os Estados membro poderán aplicar as medidas que consideren máis convenientes e incluír certas flexibilidades para adaptarse ás circunstancias de cada mercado. O acordo contempla, así mesmo, que para aqueles países nos que a importación de electricidade é superior a 100% do que produce deberán estabelecer acordos cos países exportadores para compartir os excedentes dos ingresos e deberán fechar estas alianzas antes do 1 de decembro. |
NOS_41322 | O 5 de xullo reivindícase a presenza do colectivo na ciencia. O Día das Persoas LGBT+ na ciencia conmemorouse onte, 5 de xullo, nunha xornada que reivindica o papel dos científicos e científicas do colectivo para erradicar a discriminación que sofren. Ademais, a celebración tamén busca servir de apoio ao alumnado LGBT+ que realiza estudos das ramas científicas proporcionándolles referentes profesionais LGBT+. | Recentemente conmemorouse o Día Internacional do Orgullo LGBT+, que decorre mundialmente cada 28 de xuño co fin de reafirmar un sentimento de orgullo polas diferentes identidades de xénero e orientacións sexuais historicamente oprimidas e marxinadas e coa finalidade de loitar pola defensa dos seus dereitos e pola súa visibilización na sociedade. Nalgunhas cidades, esta celebración do Orgullo amplíase a unha semana ou mesmo a un mes, sendo xa considerado xuño como o mes do Orgullo. Escolleuse este día, 28 de xuño, con motivo dos disturbios que tiveron lugar en Stonewall, en 1969. Desde entón é considerada a data na que por primeira vez o colectivo LGBT+ se uniu para loitar polos seus dereitos nos Estados Unidos. Naquela madrugada do 28 de xuño producírase nun dos bares da zona de Greenwich Village, en Nova York, unha das moitas redadas policiais, tan comúns naquela época, na que se detiñan a todas as persoas que estiveran vestidas como o xénero oposto ao seu. Nesta ocasión, estas persoas non aceptaron identificarse e negáronse a marchar cos oficiais. O pub, denominado Stonewall Inn, resultou ser o epicentro arredor do cal se desenvolveron as numerosas manifestacións e protestas sucedidas ao longo do día do 28 de xuño, algunhas algo violentas, ás que concorreu gran parte da comunidade LGBT+ co fin de defendérense contra os ataques ás persoas "non normativas", provocados por un sistema intolerante coa diversidade. Foi a raíz dos disturbios de Stonewall cando se afianzou o colectivo recoñecido actualmente, que xerou unha repercusión tan grande internacionalmente que, a partir do ano seguinte, 1970, comezaron a celebrarse as primeiras marchas a prol do orgullo LGBT+ nas cidades de Los Angeles e Nova York, ás que se lle sumaron outros lugares de todo o mundo. A raíz destas protestas e destas primeiras manifestacións para reivindicar os dereitos da comunidade, foron xurdindo novos días referenciais para a normalización do colectivo co fin de defender a diversidade en calquera ámbito da sociedade, como o Día da Visibilidade das diferentes cores que forman o arco da vella da bandeira LGBT+, o Día Internacional contra a Homofobia no Deporte, o Día para Saír do Armario ou o Día pola Despatoloxización da Transexualidade, entre outros moitos. Deste modo, naceu o 5 de xullo como o Día internacional do Colectivo LGBT+ no STEM (acrónimo anglosaxón das disciplinas da ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Unha celebración que nace en 2018 Esta reivindicación da presenza da comunidade LGTBI na ciencia comezou a conmemorarse no ano 2018 e está organizada por asociacións relacionadas co colectivo e cos diversos ámbitos científicos, e conta co apoio de organizacións como a Axencia Espacial Europea e co Centro Europea para a Investigación Nuclear (CERN). Coa celebración do 5 de xullo non só se pretende mellorar a situación de traballadores e traballadoras que pertencen ao colectivo LGBT+, senón tamén a do estudantado de calquera rama científica, e defender que as capacidades de cada un e cada unha non dependen do xénero nin da orientación sexual dos científicos e científicas. Ademais, tamén procura buscar referentes do colectivo que traballen en ciencia e crear conciencia para aumentar a diversidade e a inclusión no ámbito científico. Nos últimos anos fóronse dando pequenos pasos cara á igualdade mais aínda totalmente insuficientes. Poucas mudanzas no mundo da ciencia Javier Armentia, creador da web Ciencia LGBT+, asegura nunha entrevista a Servizo de Información e Noticias Científicas (SINC), que "a sociedade está cambiando pero, curiosamente, a ciencia fíxoo pouco". Neste sentido, cómpre destacar os resultados que achegou o autor dun estudo publicado en 2018 na revista científica Science Advances, Bryce Hughes, investigador da Universidade de Montana, que reflicten a discriminación que sofren as persoas do colectivo nas diferentes áreas científicas. As mulleres pertencentes á comunidade LGBT+ non se ven normalmente forzadas a deixar os seus traballos a diferenza dos homes deste colectivo. O investigador explica este paradoxo argumentando que "as mulleres lesbianas ou bisexuais son estereotipadas como 'máis masculinas', mentres que os homes gais e bisexuais son considerados 'máis femininos'". Isto non só constata a discriminación do colectivo LGBT+ na ciencia, senón tamén o machismo arraigado nos ámbitos científicos, dous estigmas sociais de urxente erradicación, ao ser considerada como unha característica positiva a masculinidade das mulleres. Sexa como for, constátase unha moi pequena presenza da muller dentro deste campo, e máis aínda da muller pertencente á comunidade LGBT+. Coa celebración do 5 de xullo tamén se pretende buscar referentes do colectivo que traballen en calquera rama da ciencia e crear conciencia para aumentar a diversidade e a inclusión no ámbito científico A desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres nos diferentes ámbitos do STEM aínda non se reverteu, polo que se volve urxente un posicionamento do mundo científico nun asunto tan relevante como o dos dereitos humanos. O Día do Colectivo LGBT+ na ciencia supón unha celebración recoñecida en numerosos países, entre os que se atopan os europeos, entre eles o Estado español; porén, na Galiza aínda non está moi afianzado, aínda que no día de onte, infelizmente a data coincidiu coas mobilizacións que decorreron en ducias de vilas e cidades para protestar contra o asasinato de Samuel, o mozo de 24 anos asasinado na Coruña, e contra a LGBTfobia. Na Galiza déronse pasos moi importantes no que ao recoñecemento social do colectivo se refire, como o proxecto que recolle os testemuños orais para a elaboración de historias que conformen unha memoria LGBT+ nos museos de Lugo, ou a publicación do libro Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza, unha recompilación de artigos e relatos arredor da Galiza LGBT+. Porén, cómpre seguir avanzando no tema dándolle especial visibilidade a días referenciais como o 5 de xullo. |
PRAZA_9631 | A situación do saneamento de Viveiro esixe dunha serie de actuacións urxentes e resolutivas que deteñan a degradación que está a sufrir a nosa ría. O saneamento e a calidade da auga é primordial non só pola importancia medioambiental e na saúde, tamén para a actividade pesqueira e marisqueira. | O vindeiro xoves, o BNG organizará na Eurocámara unha xornada sobre a "Execución dos fondos europeos para o saneamento de auga en Galiza", e eu Seve Salgueiro, participarei nestas xornadas en Bruxelas representando ao BNG de Viveiro, amosando a nosa preocupación polo perigo de perda dos 2,7 millóns destinados ao saneamento de Viveiro, procedentes dos Fondos FEDER Galicia 2014-2020 debido á súa falta de execución en prazo; e denunciado os reiterados verquidos na nosa ría incumprindo a normativa europea sobre augas residuais.O incumprimento no noso Concello dos obxetivos da Directiva Marco da Auga a das Directivas europeas sobre tratamento de augas resuduais urbanas, levou a UE a denunciar ao estado Español ante o Tribunal de Xustiza en 2010. Isto motivou que o goberno de Feijoo anunciara unha inversión de 5 millóns de euros para a mellora do saneamento en Viveiro, reducidos sen vergoña nen explicacións a 3 millóns en setembro de 2016. Daquela, Xunta e Concello asinan o convenio "Mellora dos sistemas de saneamento e depuración da Ría de Viveiro", que se prevía executar en tres anos. A actuación estaría cofinanciada nun 80% pola UE dentro do "Programa FEDER Galicia 2014-2020", fondos que hoxe están en perigo de perderse.O convenio indica que o Concello ten que dispoñer dos terreos e permisos necesarios para a execución, e o goberno municipal foi incapaz de logralo 2 anos e medio despois: falta de entendemento con Augas de Galiza, trabas de Costas do Estado… foron as razóns expostas polo goberno municipal. Motivos que amosaron algo máis de claridade tras a pregunta no Parlamento Galego da deputada do BNG, Olalla Rodil, no que o Director de Augas de Galiza dí non dispor de autorización de Costas ata que se retire o emisario roto, trámite que debe xestionar o Concello.O grave perxuizo medioambiental e económico que as diferentes administracións están causando a Viveiro e á veciñanza (por outro lado, pagando cánon de saneamento), deberían ser motivo de explicacións sen rodeos. Volver sentar na mesma mesa aos asinantes do Convenio e respostar á veciñanza sen pasarse a pelota: quen ten a culpa do retraso? cando van executar as obras? Que pasa se caduca a financiación da UE? Vaise valorar e reparar o dano medioambiental e económico de anos de verquidos?A situación do saneamento de Viveiro esixe, sen dúbida, dunha serie de actuacións urxentes e resolutivas que deteñan a degradación que está a sufrir a nosa ría. O saneamento e a calidade da auga é primordial non só pola importancia medioambiental e na saúde, tamén para a actividade pesqueira e marisqueira. A actividade do BNG neste asunto foi continuo, rexistrando en xuño de 2017 unha petición de información sobre o estado do convenio asinado por Concello e Xunta de Galiza, sen obter resposta do Goberno Municipal. Ademais de formular cuestións no Parlamento Galego e Europeo, realizouse un mural reivindicativo e unha recollida de sinaturas na que participaron unha treintena de colectivos viveirenses. A miña participación nesta semana nas xornadas sobre a auga no Parlamento Europeo, xunto coa eurodiputada polo BNG, Ana Miranda, será unha nova oportunidade para esixir solucións, amosar as nosa preocupación (e seguro que da maioría da veciñanza), e deixar ben claro novamente que "A RÍA NON É UN VERTEDOIRO". |
NOS_56088 | Hostalaría e lavandarías son algúns dos negocios máis prexudicados polas subas no prezo da luz deste mes de agosto na Galiza. A imposibilidade de mudar os seus horarios e a dependencia continua dos aparellos eléctricos fai que se cuestionen mesmo trasladar o incremento ás persoas usuarias | O prezo medio da luz no mercado almacenista volveu esta segunda feira, 9 de agosto, ter un novo máximo histórico, cun prezo medio de 106,74 euros o megawatt hora e superar, desta maneira, o anterior récord de 106,57 euros que alcanzou o pasado 21 de xullo e superando todos os niveis dese mes e mesmo os picos deste arranque de agosto segundo o operador de mercado eléctrico designado (OMIE). Excepto desde as 15 horas até as 17 horas, o prezo mantívose constantemente por encima dos 100 euros/ MWh, marcando o máximo diario entre as 21 e as 22 horas, cando o prezo da luz foi de 114,07 euros. Hai uns días Nós Diario abordaba a situación da industria galega en relación a estes aumentos nos prezos da electricidade mais non é menor a que están vivindo outros sectores que teñen, entre os seus gastos máis importantes, os que proceden na factura da luz. Hostalaría, salóns de peiteado ou lavandarías son algúns dos máis afectados por contar con aparellos conectados a maior parte do día e fóra do denominado 'período val' en que a tarifa é algo máis reducida. Un atranco máis para a hostalaría A hostalaría conta con moitos gastos fixos mais o da electricidade é un dos máis importantes. Lucía Vázquez, voceira da asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, apunta que é un dos temas que sae con máis frecuencia nas xuntanzas periódicas que teñen. No seu caso tivo que acudir a un xestor enerxético para tentar rebaixar a factura. "Cheguei a pagar 700 euros de luz ao mes e iso que teño unha superficie de 50m2", pon como exemplo en conversa con Nós Diario. En todo caso tampouco atopou unha solución definitiva no mercado eléctrico libre que lle incrementou a última factura. Recoñece que mudou os hábitos no seu estabelecemento "e o que é enfornar elaboracións e preparar sobremesas fágoo na fin de semana ou a última hora da xornada, cando recollo pola noite" por seren os fornos os que máis consumen "e coas neveiras non podemos aforrar e funcionan sempre". As lavandarías frean o seu auxe Outro dos negocios que se ve afectado polo continuo aumento da tarifa eléctrica é o das lavandarías, un ámbito que medrou de maneira exponencial e que viu freada a súa expansión coa chegada da pandemia. Santiago Lorenzo fundou hai seis anos Caballo Blanco en Compostela, unha proposta de autoservizo que medrou neste tempo e que conta na actualidade con 15 locais abertos en nove concellos galegos. "O quilowatt cada día está máis caro e nós dependemos un 75% da electricidade para funcionar, só temos as secadoras funcionando con gas", explica a Nós Diario. Conta con termos eléctricos de 3.000 vatios que conseguen elevar a temperatura a máis de 60º. Con esta situación poden mudar tamén os hábitos da poboación. Polo de agora nas lavandarías que xestiona non notaron un aumento de usuarias e usuarios por estar no verán. "Aínda é cedo para avaliar se mudará, a xente gasta menos roupa", sinala Lorenzo, "penso que se notará máis cando chegue o inverno", engade. O que si observa é que a xente optou por lavar a roupa nos seus domicilios coincidindo cos horarios máis económicos. "Eu mesmo, onde vivo, escoito lavadoras pola noite ou en fins de semana", conta. Máis medidas ademais da baixada do IVE A aprobación no mes de xuño por parte do Goberno español do decreto lei polo que se reducía do 21% ao 10% o IVE viña con letra pequena e restrinxía a súa actuación aos consumidores cunha potencia contratada de ata 10KW. Desde as organizacións de autónomas e autónomos xa anunciaron no seu momento que a baixada beneficiaría a moi poucos negocios e, caso de optar a ela, non sería abondo para compensar a forte suba da factura. Lorenzo recoñece que a baixada do IVE, no seu caso, "algo mitigou" mais os aumentos do último mes leváronse ese pequeno aforro. "Os servizos comunitarios deberiamos contar con outras medidas", opina. No seu caso cre que este tipo de estabelecementos é algo máis que un negocio. "Se a unha persoa se lle deteriora a lavadora pode evitar mercar unha e reducir, en certa maneira, o deterioro do medio ambiente", polo que "se houbera unha rebaixa mesmo poderiamos axustar máis o prezo", entende. No seu caso, conta con manter as tarifas actuais "como cando estabamos en corentena e a facturación baixara un 90%" mais será unha decisión que terán que tomar "chegado o outono". |
PRAZA_17094 | O 16 de maio de 1968 o Pleno municipal adxudicaba o transporte urbano a Vitrasa, que regalou a dez concelleiros xoias valoradas en 170.000 pesetas. A Audiencia de Pontevedra, con Mariano Rajoy Sobredo á fronte, non viu o delito que pedía o fiscal, Cándido Conde-Pumpido Ferreiro, pero dous anos máis tarde o Supremo si considerou que houbera suborno. Isto dicía a súa sentenza. | O 16 de maio de 1968, hai agora 50 anos, a Corporación municipal de Vigo, reunida en Pleno e presidida polo alcalde Rafael Portanet, aprobaba a adxudicación á empresa Vitrasa do novo servizo de transporte urbano con autobuses, que implicaría a desaparición, o 31 de decembro daquel mesmo ano, dos históricos tranvías que desde 1914 artellaran a cidade e as vilas próximas. Tras aquela decisión, dez concelleiros daquela corporación recibiron do conselleiro delegado de Vitrasa diversas xoias valoradas en 169.700 pesetas. A Audiencia de Pontevedra, presidida por Mariano Rajoy Sobredo e con Cándido Conde-Pumpido Ferreiro como fiscal, pais respectivamente do actual presidente do Goberno central e de quen foi fiscal xeral do Estado, absolveu en 1970 aos acusados, pero dous anos despois o Tribunal Supremo revogaba aquela decisión e condenábaos por suborno. Recuperamos aquí o que dicía aquela sentenza do Supremo.O 16 de maio de 1968 o Pleno municipal adxudicaba o transporte urbano a Vitrasa, que regalou a dez concelleiros xoias valoradas en 170.000 pesetasMoitos anos antes da actual aposta de moitas cidades polos metros lixeiros ou os tranvías, cando a área metropolitana de Vigo contaba cunha das mellores redes do Estado dese sistema de transporte, Portanet, alcalde franquista entre 1964 e 1970, considerou que os trens eléctricos eran algo "anacrónico" e que o "moderno" estaba nos autobuses. Segundo o relato dos feitos que fai a sentenza condenatoria do Supremo, o 22 de novembro de 1967 o Pleno do Concello aprobou as bases do concurso para adxudicar "o servizo de transporte urbano colectivo mediante autobuses e microbuses dentro do casco urbano da cidade; presentándose en tempo hábil oito proposicións".Nese concurso, a propia Corporación municipal reservábase a capacidade de adxudicar puntos que se sumasen á valoración técnica das ofertas, para o que se celebrou un Pleno o 16 de maio de 1968 que acordou adxudicar o servizo a Vitrasa. A estrea dos autobuses pensouse para o outono, "pero o señor Alcalde de Vigo urxiu o acto de inauguración do servizo, polo que houbo de ser anticipado ao 28 de agosto, celebrándose, entre outros actos, un banquete ao que concorreron máis de 300 comensais", relata a sentenza.Segundo a sentenza, varios concelleiros "chegaron a consultar co señor Alcalde" a procedencia de aceptar os regalos, "quen sen tomar decisión algunha manifestoulles que na súa opinión o asunto carecía de importancia"Para esas celebracións, o conselleiro delegado de Vitrasa, Juan Gonzalo Álvarez Arrojo, que seguiría a medrar no sector do transporte por estrada, tiña previsto "regalar uns obxectos conmemorativos de tal efeméride, a cuxa fin se puxo en contacto cos xoieiros Hernández Hermanos, cos que tratou da confección dunhas placas, bandexas ou cousas similares, con elementos figurativos alusivos ao acto". Pero ante o adianto da estrea do servizo decidido por Portanet o responsable de Vitrasa "decidiu transformar os obxectos alusivos en pequenos obsequios ás señoras das personalidades participantes no acto inaugural, a cuxa fin adquiriu na xoiería Hernández Hermanos nos días 23 e 26 de agosto diversas xoias por valor de 169.700 pesetas, que en parte foron repartidas entre os concelleiros procesados nos días inmediatos á inauguración e xunto coa invitación á súa asistencia". Segundo continúa o relato dos feitos da sentenza, varios concelleiros "chegaron a consultar co señor Alcalde" a procedencia de aceptar os regalos, "quen sen tomar decisión algunha manifestoulles que na súa opinión o asunto carecía de importancia". Os regalos, segundo a sentenza, oscilaron entre un colar de perlas cultivadas de 17.500 pesetas ata unha pulseira de ouro de 5.750 pesetas.A Audiencia de Pontevedra, con Mariano Rajoy Sobredo á fronte, non viu o delito que pedía o fiscal, Cándido Conde-Pumpido Ferreiro, pero dous anos máis tarde o Supremo si considerou que houbera subornoA Audiencia Provincial de Pontevedra, como relatou daquela o xornal El Pueblo Gallego, xulgou o caso nunha vista oral celebrada o 30 de outubro de 1970 co seu daquela presidente, Mariano Rajoy Sobredo, pai de Rajoy Brey, á fronte do tribunal e actuando como fiscal Cándido Conde-Pumpido Ferreiro, pai de quen logo sería fiscal xeral do Estado entre 2004 e 2012. A Audiencia deu por probados os anteriores feitos, pero na sentenza que pronunciou catro días despois, o 3 de novembro, considerou que non eran constitutivos de delito. Entre outras cousas, os acusados argumentaran que recibiran os regalos despois da adxudicación, que máis tarde votaran en contra de pretensións da empresa ou que o importe das xoias non era tan alto en comparación cos ingresos que xa tiñan. A Fiscalía recorreu a súa absolución e dous anos máis tarde, en sentenza do 5 de maio de 1972, o Tribunal Supremo si considerou que se producira un delito de suborno.Malia a condena por suborno ligada á adxudicación dos autobuses urbanos, a concesión non sería revogada e, tras gañar un novo concurso en 1994, o transporte urbano segue 50 anos despois en mans de VitrasaPara revogar a sentenza previa, o Supremo tivo en conta o tipo de regalos recibidos e que estes se fixeron por seren os agasallados cargos públicos, "pois evidentemente de non ser os procesados concelleiros naquela ocasión do Concello de Vigo nada percibirían". O Supremo tamén lembraba que non constaba que "persoas distintas dos procesados" percibiran tamén regalos no marco da inauguración do servizo de buses e salientaba "o propio monto dos respectivos regalos, que lonxe de ser iguais, como adoita ser norma cando se trata de puros recordos conmemorativos, están coidadosamente seleccionados cualitativa e cuantitativamente segundo o receptor, o que xa acredita a intención que guiaba ao facelo".Os dez condenados polo Supremo, entre os que non estivo o alcalde Portanet, foron suspendidos para ostentar cargo público durante dous anos, multados con cinco mil pesetas cada un e tiveron que entregar as xoias para que fosen poxadas por Facenda. Malia a condena por suborno relacionada coa adxudicación dos autobuses urbanos, a concesión non sería revogada e segue, malia os cambios accionariais sufridos desde aquela e tras gañar un novo concurso en 1994, en mans da mesma empresa, Vitrasa, desde hai agora 50 anos. |
PRAZA_4692 | Un estudo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA) destaca que un 92% das e dos consumidores coñecen estes alimentos, e escóllenos "por saúde, para evitar os pesticidas e polo seu sabor" e "unha vez que os proban son fieis na súa compra". | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA) vén de presentar os resultados dunha enquisa que recolle como ven os galegos este tipo alimentos. A produción ecolóxica certificada medrou de media nestes últimos anos un 7%. "O consumidor deste produto é moi fiel, moi consciente do que quere comer, os vaivéns da economía non implican que baixe o seu consumo", destacan os responsables de CRAEGA. O traballo destaca amosa que o 92% dos galegos coñecen ou oíron falar dos alimentos ecolóxicos, cando esa cifra era no 2010 dun 73%. A produción ecolóxica certificada medrou de media nestes últimos anos un 7%. "O consumidor deste produto é moi fiel, moi consciente do que quere comer, os vaivéns da economía non implican que baixe o seu consumo", destacan os responsables de CRAEGA Preto dun 80% dos galegos di que son produtos que non usan pesticidas químicos, un 70% di que non teñen aditivos nin colorantes, e o 55% considera que son "máis naturais". A cuarta característica coa que se asocian é o prezo, un 35% afirman que son "máis caros". "Os custes de produción encarecen algúns produtos pero noutros casos non é certo, hai produtos certificados no noso consello que son competitivos cos convencionais, como a sidra", explican dende CRAEGA, "os custes débense a que non empregamos substancias que aceleren os crecemento das plantas nin dos animais, as gandarías son producións extensivas con máis tempo e terreo para pastar. A calidade ten un prezo, pero o certo é que vai subindo o número de consumidores e produtos certificados no Consello". Dende 2001 pódense certificar produtos de orixe animal e dende 2009 pódese certificar a acuicultura continental e mariña e a recollida sostible de algas Até 2001 a normativa de certificación de produtos da UE só deixaba certificar produtos de orixe vexetal, iso explica que algúns consumidores asocien que estes produtos teñen todos esta orixe, un 10% dos galegos así o pensa. Pero o certo é que dende 2001 pódense certificar produtos de orixe animal e dende 2009 pódese certificar a acuicultura continental e mariña e a recollida sostible de algas. "E somos unha potencia importante en acuicultura, temos mais de 50 bateas de produción ecolóxica, unha piscifactoría de troita, un parque de cultivo de ameixa e varias empresas que se dedican á recollida sostible de algas", destacan os responsables de CRAEGA. Tamén un 50% pensa que estes alimentos son só producidos artesanalmente, e aínda que é así en moitos casos, "no sector tanto poden traballar pequenas explotacións e grandes empresas, o único que teñen que facer é cumprir a regulamentación", explican. O máis habitual é que o produto co que comece o consumo destes alimentos sexan vexetais, froitas e derivados lácteos, de feito en Galicia prodúcense as tres cuartas partes do leite ecolóxico de toda España. O seguinte grupo de alimentos en consumo son os ovos, doces e carnes. O máis habitual é que o produto co que comece o consumo destes alimentos sexan vexetais, froitas e derivados lácteos, de feito en Galicia prodúcense as tres cuartas partes do leite ecolóxico de toda España No relativo ao punto de compra, detéctase unha baixada de dez puntos na compra nas grandes superficies subindo un pouco as tendas especializadas, pero aínda así case un 60% merca en grandes espazos. Hai que destacar outro dato deste barómetro: existen un 26,3% de marcas brancas de produtos ecolóxicos: "A gran distribución viu que había un nicho grande de mercado", sinalan. Finalmente, cómpre salientar que o 71,6% dos enquisados nunca consumiu estes alimentos nun restaurante. Por iso o Consello traballa nunha campaña de promoción cos restauradores. "Xa temos en Galicia preto de 20 que ofrecen un menú ecolóxico completo, unha demanda que nos facía o sector, que quería diferenciarse e innovar", sinalan Percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia (.pdf) |
NOS_7418 | As máquinas de coser de ducias de fogares galegos puxéronse en marcha após o decreto do estado de alarma. As súas donas tecen máscaras destinadas a veciñas, colectivos vulnerábeis, traballadoras do taxi ou de comercios. Sempre e cando o seu emprego siga certas recomendacións e non implique deixar de lado o lavado das mans ou o distanciamento social, hai expertas que manteñen que o seu uso á hora de facer a compra ou acudir á farmacia pode implicar certos beneficios. | Desde a declaración do estado de alerta e de alarma sanitaria, non son poucas as iniciativas espalladas pola xeografía galega de confección de máscaras caseiras. A primeira dúbida que xorde é a da súa efectividade, xa que se trata de máscaras sen ningunha homologación. Os expertos en medicina preventiva da Universidade de Santiago de Compostela Juan Gestal e Francisco Caamaño recomendan dar prioridade ao lavado de mans, ou ao distanciamento social, fronte ao emprego de máscaras. Nun vídeo compartido en YouTube Beatriz Novoa, profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e codirectora xunto a Antonio Figueras do grupo de Inmunoloxía e Xenómica, comparte algúns dos beneficios destas máscaras feitas na casa. Sempre e cando, precisa, se sigan as correctas normas de uso e hixiene, pois deixalas a un lado baixo unha falsa sensación de seguridade rematará resultando contraproducente. Para comezar, Novoa aclara que as máscaras de tea ou desbotábeis feitas na casa "non protexen fronte ao virus completamente" debido ao ínfimo tamaño das partículas virais. Non obstante, si poden axudar a previr o espallamento das minúsculas gotas de saliva que carretan o coronavirus. As máscaras caseiras deben contar cun oco no que introducir papel de cociña, recheo de cueiros, compresas ou feltro que fan ás veces de filtro. Aquelas persoas que presentan síntomas deben ficar nos seus fogares, non poden saír para facer a compra ou botar o lixo, mais as investigacións arredor da COVID-19 amosan que hai persoas asintomáticas. "Esta é unha protección extra que podemos empregar", xunto aos xa citados lavado de mans e distanciamento social, segundo Novoa. De Miño a Vigo Detrás de Nicanora están as irmás Lúa e Zeltia Mosquera, naturais do concello de Miño. Desde o pequeno obradoiro de confección que argallaron no seu fogar envían máscaras de tea gratuítas a quen as solicite. "Non son evidentemente efectivas na mesma medida que as quirúrxicas e se deben lavar a altas temperaturas, mais debido á alta escaseza destas e que deben ser reservadas para o persoal sanitario, ofrecemos esta alternativa para ir ao supermercado ou a traballar", explican desde a súa páxina de Facebook. Ademais, na páxina a escola de confección La Mapache Escuela, comparten as instrucións para tecer máscaras caseiras e mais para o seu uso. "Son individuais, é moi importante lavalas antes de empregalas a unha temperatura mínima de 60 graos e con xabón", puntualizan. A Organización Mundial da Saúde sinala que é imprescindíbel cubrir ben a boca e mais o nariz, asegurándose de que non fican espazos entre a máscara e o rostro. Tras cada uso, a máscara debe lavarse de novo, desbotando o filtro empregado. Na Coruña, a rede de Grupos de Apoio Mutuo artellada nos barrios puxo en marcha un grupo de Telegram denominado "Cose na Casa". O seu fin é o de "detectar necesidades de máscaras e axudar cosendo, para aqueles que as precisen para facer o seu traballo ou para persoas especialmente vulnerábeis", explica. Conta xa cun total de 65 participantes. Unha delas é Luz, unha veciña de 74 anos que ideou con moito enxeño un método para a súa entrega: Hoxe queremos contarvos a historia da nosa veciña Luz, que participa activamente no grupo #CoseNaCasa Cando comezou a crise quixo axudar e como se lle dá ben coser, entrou neste grupo de costureiras dos GAM. Hoxe, leva feito máis de 40 mascarillas ❤️💜 pic.twitter.com/Q4nTreYOon— GAM_Coruna (@CorunaGam) March 27, 2020 En Vigo, o Colexio Fogar de Formación Profesional pertencente á Fundación Abanca leva desde o 20 de marzo fabricando máscaras. A Cociña Gráfica, como se denomina ao departamento de deseño gráfico, fixo entrega á Xunta da Galiza arredor de 14.000 máscaras sanitarias, segundo informou Europa Press. Ademais, a pasada terza feira fixeron chegar a dúas residencias de maiores unhas 2.000 máscaras. |
NOS_4608 | Representantes da Federación manterán unha xuntanza de traballo en Medio Rural. | Unha delegación da Federación Rural Galega (Fruga) manterá esta cuarta feira unha xuntanza de traballo con representantes da Consellaría de Medio Rural na que exporán a situación de diferentes sectores do agro galego. A reunión responde á petición realizada pola Federación o pasado 14 de xullo co gallo do primeiro aniversario das grandes mobilizacións do sector lácteo de 2015. Segundo informa a Fruga, na xuntanza instará ao departamento da Xunta a dar solucións ás diferentes poroblemáticas e cuestións que hai no rural de Galiza. Enumeran a situación da próxima vendima e os contratos homologados (sector vitícola), os problemas causados pola fauna salvaxe e vias para enfrentálos, os incendios no mundo rural, os distintos criterios que ten a administración para levar a cabo as campañas de saneamentos gandeiro, o antecipo de pagamento da PAC 2016 e a representatividade das organizacións agrarias. |
PRAZA_1412 | A socialista acada os apoios de Lugonovo e BNG, e substitúe no cargo a José López Orozco, rexedor nos últimos 16 anos. En Ourense non houbo sorpresas e Jesús Vázquez (PP) foi investido alcalde, ao votar DO e PSdeG-PSOE os seus propios candidatos. | Este sábado fálase, con xustiza, do carácter "histórico" das investiduras dos rexedores das candidaturas cidadás na Coruña, Santiago e Ferrol, pero a chegada de Lara Méndez (PSdeG-PSOE) á alcaldía de Lugo ten igualmente unha gran significación. En primeiro lugar, trátase da primeira alcaldesa da cidade en toda a súa historia. Ademais, substitúe no cargo o tamén socialista José López Orozco, que ocupara ese cargo durante os últimos 16 anos. Esta mañá Méndez fíxose co bastón de mando grazas aos votos dos oito edís do seu grupo, os tres de Lugonovo e os dous do BNG. Nas últimas semanas estas dúas formación negáranse a apoiar a López Orozco, imputado, esixindo que o PSdeG-PSOE presentase un novo candidato para apoiar a súa investidura. O alcalde saínte fíxose a un lado, facilitando o proceso. Lara Méndez tivo palabras para o seu predecesor ("foi o mellor alcalde de Lugo e un dos mellores de Galicia") e salientou que ser alcaldesa "é a maior honra que pode ter un cidadán desta cidade". A nova rexedora situou a "transparencia e participación cidadá" como metas do seu goberno. Méndez adiantou a súa intención de aprobar nos vindeiros meses unha nova ordenanza de participación cidadá, un consello parroquial e de impulsar a realización de orzamentos participativos. A nova rexedora situou a "transparencia e participación cidadá" como metas do seu goberno No seu discurso Lara Méndez sinalou outras prioridades do seu goberno, coma o emprego, o benestar, as parroquias rurais, o ocio ou as dotacións sanitarias do HULA. "Os retos que temos por diante son moitos e apaixonantes. Pero tamén, debo dicir, que as posibilidades que temos como cidade son infinitas", engadiu. Aínda non está claro se o goberno será exercido en solitario polos socialistas ou se Lugonovo e BNG entrarán nel, unha opción aínda non descartada completamente. Tanto PP coma ACE votaron polos seus propios candidatos. Sen sorpresas en Ourense Rematan oito anos de gobernos do PSdeG-PSOE e Ourense convértese na única cidade galega liderada polo PP Había interese, igualmente, por confirmar o resultado en Ourense, onde finalmente -como se prevía- o popular Jesús Vázquez se converteu en alcalde, ao votar polos seus propios candidatos DO e PSdeG-PSOE. Non houbo polo tanto sorpresas. Rematan oito anos de gobernos do PSdeG-PSOE e Ourense convértese na única cidade galega liderada polo PP. Jesús Vázquez ofreceu "diálogo, transparencia e man tendida" e demandoulle á oposición "firmeza" pero tamén "responsabilidade nos grandes temas", entre eles o PXOM, o AVE ou as infraestruturas termais. O socialista Vázquez Barquero reiterou a súa negativa a chegar a un pacto con Democracia Ourensana porque "Ourense non pode asumir máis esquizofrenias". |
NOS_6043 | A compañía estatal Gazprom detallou que o tráfico de gas volverá cando se arranxen unhas deficiencias técnicas. Pola súa parte, Bruxelas acusou Moscova de empregar "pretextos falaces". | A compañía rusa Gazprom, de titularidade estatal, suspendeu este sábado de maneira definitiva o envío de gas ao centro de Europa a través do gasoduto Nord Stream 1, tal e como xa anunciara onte. Rusia insiste en "non estar interesada" en cortar o envío de gas a Europa Nun comunicado, a compañía explicou que "até que se elimine o fallo no funcionamento dos equipos, o tránsito de gas polo gasoduto Nord Stream queda completamente suspendido". En concreto, Gazprom detalla que detectou unha "fuga de aceite mesturada cun composto de selado nas conexións dos cables dos sensores de velocidade do rotor de baixa e media presión". Este fallo técnico foi detectado na turbina Trent 60, situada na estación de compresión Portovaya, a única que aínda seguía en funcionamento. Tamén se detectaron escapes de aceite noutras partes da infraestrutura, engadiu a compañía de gas. Gazprom volve distribuír gas ruso a Alemaña após 10 días de mantemento no gasoduto Nord Stream 1 Gazprom cortara o subministro a pasada cuarta feira polos labores de mantemento na turbina da estación compresora, e estaba previsto que o subministro de gas fose retomado este sábado. Porén, a detección da fuga de aceite obrigou Rusia a cortar até novo aviso o envío de gas. Críticas en Europa Pola súa parte, o portavoz da Comisión Europea, Eric Mammer, acusou Moscova de empregar "pretextos falaces" para xustificar a suspensión indefinida do envío de gas a través do Nord Stream 1. Alemaña abala entre a súa dependencia enerxética de Rusia e a lealdade á OTAN Esta sexta feira, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, asegurou que "é hora de aplicar un teito ao prezo do gas ruso exportado a Europa". Unhas declaracións que recibiron a inmediata resposta do xefe adxunto do Consello de Seguridade de Rusia, Dimitri Medvedev, que sentenciou que, de adoptarse esa medida, "simplemente non haberá gas ruso en Europa". Von der Leyen engadiu que esta medida sería tomada, con moita probabilidade, a nivel da Unión Europea, xa que os país da institución conseguiron encher os seus depósitos de gas en 80% varias semanas antes do previsto. |
NOS_3275 | A pandemia da Covid-19 agravou as eivas que os colectivos profesionais da Atención Primaria xa viñan denunciando antes da chegada do coronavirus. Reclamaban tempo, recursos e dignidade para atender as súas pacientes correctamente, unhas demandas que manteñen en plena crise sanitaria. O persoal do primeiro nivel asistencial exixe cambios. Unha reforma global baseada nas conclusións do Consello Técnico, paralizadas pola Xunta. Piden recuperar autonomía e dotar os centros de saúde de equipos suficientes e multidisciplinares para unha atención integral das doentes. | A situación da Atención Primaria é crítica. O diagnóstico parte da Plataforma SOS Sanidade Pública, integrada por organizacións políticas, profesionais, sindicais, cidadás, e de usuarias do sistema galego de saúde. "Despois das tremendas carencias que sufriu este servizo tras a crise económica de 2008, consecuencia das políticas de recortes de orzamentos, persoal e equipamento aplicadas polos sucesivos Gobernos de Alberto Núñez Feixoo, a estratexia da Xunta para afrontar a pandemia da Covid-19 non fixo máis que agravar a situación", explica Manuel Martín en declaracións a Nós Diario. A estratexia da Xunta para afrontar a pandemia da Covid-19 non fixo máis que agravar a situación da Atención Prmaria Segundo o portavoz de SOS Sanidade Pública, a estratexia da Administración galega para frear o avance do novo coronavirus baseouse "no feche da actividade dos centros de saúde co argumento de evitar posíbeis contaxios". A actividade da Atención Primaria viuse limitada. "Quedou reducida fundamentalmente á consulta telefónica, tamén nos Puntos de Atención Continuada", dificultando o acceso das usuarias aos centros e aos profesionais da saúde que mellor coñecen a súa historia clínica, persoal e social. Sobrecarga asistencial "A día de hoxe seguimos vendo esperas físicas, na rúa, mais tamén se dan demoras na atención ás pacientes das que non se ofrecen tantos detalles" recalca Martín. Refírese ás listas de espera da Atención Primaria, que afectan tanto ás consultan telefónicas como presenciais. "O colectivo médico comeza o día sempre coas axendas completas. Facemos o posíbel para evitar as listas de agarda, pero debido ao aumento da demanda é inevitábel en moitas ocasións" asegura Esther Mato, xefa de servizo do centro de saúde Monte Alto da Coruña. O aumento da taxa de positividade fai prever unha sobrecarga engadida da Atención Primaria "Desde a ponte de decembro observamos un incremento notábel da demanda por parte das uasuarias. Dunha banda, relacionada co coronavirus, o contacto estreito con casos positivos e a petición de PCR. Doutra, relacionada coa patoloxía respiratoria, que vai a máis despois dun outono moi benévolo. Entón as infeccións víricas diminuíron, pero agora comezan a agramar outras complicación que nos obrigan afinar o diagnóstico e que auguran un inverno longo", asevera Mato. O aumento da taxa de positividade fai prever unha sobrecarga engadida. "O persoal co que contamos é insuficiente e non se substitúe. Uns acabamos suplindo as ausencias dos outros, facéndonos cargo das súas axendas, que poden comezar con 30 citas e acabar perto das 50". Boa parte do traballo diario da Atención Primaria recae na enfermaría, que vén de asumir a execución do plan de vacinación contra o coronavirus É o máis habitual, incide Esther Mato, quen recoñece o cansazo do persoal médico e, en especial, a saturación do persoal de enfermaría. "O esforzo que están facendo é brutal, dentro e fóra dos centros de saúde. Boa parte do traballo diario da Atención Primaria recae na enfermaría: analíticas, curas, control de doentes crónicos. E agora acaban de asumir a execución do plan de vacinación contra o coronavirus", recalca. O colectivo de enfermaría é un dos máis castigados pola inestabilidade e a precariedade laboral. "Pero é un dos valores fundamentais desta crise sanitaria e merece un trato diferente mais unha mellor dotación económica polo labor que vén de emprender, que o Sergas lles compensa unicamente con 500 euros brutos". Atención integral da saúde As profesionais da Atención Primaria defenden a restitución dun servizo esencial dentro do sistema público de saúde. O actual modelo de medicina familiar e comunitaria, destacou Manuel Martín na súa comparecencia no Parlamento galego, no marco da comisión non permanente para a reactivación económica, social e cultural da Galiza, supuxo "unha revolución dentro da medicina xeral ao incorporar a especialización e o traballo en equipo multidisciplinar, ademais dunha concepción integral da saúde que inclúe a promoción, a prevención, a curación e a rehabilitación" correcta dos doentes. Un obxectivo frustrado polo desmantelamento da Atención Primaria agravado pola Covid, sinala o voceiro de SOS Sanidade Pública a este xornal. "A Atención Primaria baséase no contacto directo ente o persoal sanitario a poboación. O feche de actividade e os atrasos rompen ese contacto, que fai desaparecer a principal función deste servizo: a prevención e o diagnóstico temperá, o coidado e a promoción da saúde". Malia cubrir máis de 80% da actividade do sistema sanitario público, recibe só 12% do gasto sanitario total Neste sentido, destaca, hai moitas enfermidades crónica que se deixaron de seguir e outras moitas que non se están a detectar. "Estamos a perder o coidado integral e continuado, o fundamento da Atención Primaria", afirma Manuel Martín, quen sinal dous grandes riscos de se consolidar esta tendencia. "Dunha banda, a externalización da asistencia sanitaria. Cando non se dá unha atención primaria da saúde en tempo e forma, a xente recorre á privada, que pode acabar entrando no nivel máis básico. Doutra, a marxinación da Atención Primaria dentro do sistema público, paralizado tamén a nivel hospitalario, con listas de agardas que a Administración insiste en agochar". Desde SOS Sanidade Pública sinalan, ademais, a escaseza de gasto e persoal que acompaña desde hai máis dunha década o declive da Atención Primaria. O primeiro nivel da asistencia sanitaria só recibe 12% do gasto sanitario O gasto prevista polo Goberno galego para a Atención Primaria é "moi baixo", apunta Martín. "Malia cubrir máis de 80% da actividade do sistema sanitario público, recibe só 12% do gasto sanitario total. E non só non creceu nos últimos anos, senón que diminuíu, polo que se deixou de facer fronte a déficits sanitarios que agora estamos constatando, concello a concello". A irmá pobre "A Atención Primaria segue a ser a irmá pobre do sistema sanitario, malia que por aquí pasa o cen por cento das usuarias, ben antes de acudir ao especialista ben despois. Todo proceso patolóxico pasa pola Atención Primaria, que sumou a pandemia ás dificultades que xa arrastraba de vello", comenta Xosé María Dios, portavoz da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e médico especialista de Atención Primaria no concello de Outes. Dios bota en falta as melloras que vén reclamando desde hai anos, e a falta de iniciativa de quen ten capacidade para levalas a cabo. "Á estas alturas ninguén pon en dúbida o esforzo dos profesionais, que son quen sosteñen a Atención Primaria, mais si hai quen cuestiona se se están poñendo os médicos e as enfermeiras necesaria, se se está informatizando o rural como é debido para conectar os pacientes cos centros de saúde, se se está acabando de veras coa precariedade laboral, cantas son as prazas reais vacantes, por que se seguen fechando centros de saúde? Non se pode dicir que todo pasa pola Atención Primaria cando non recibe orzamento nin recursos", conclúe. Un novo modelo para a reforma da Primaria En abril de 2019 o Servizo Galego de Saúde acordou a creación do Consello Técnico de Atención Primaria, un organismo que se constituíu meses máis tarde para comezar a definir un plan consensuado para a reforma da Atención Primaria. "Viñamos de convocar unha folga en todo o servizo como consecuencia dos recortes e da deterioración que acusaba. Entón reivindicabamos a apertura dunha mesa de diálogo coa Administración, que en menos de 24 horas aceptou a nosa demanda, dando lugar ao Consello Técnico de Atención Primaria da Galiza", lembra Xosé María Dios. Foi, polo tanto, o resultado da rebelión e da presión do persoal sanitario. "O formato escollido non era o que máis nos gustaba. A Xunta creou 16 comisións de traballo nas que participamos máis de 200 persoas. Profesionais, sindicatos, grupos parlamentarios, sociedades científicas... Todas as organización fomos chamadas a participar" e a contribuír a un proceso que se estendeu durante varios meses co fin de achegar conclusións e propostas de cara á consolidación dun novo modelo de Atención Primaria e mellorar a calidade asistencial. "Cada estamento profesional contou co seu propio grupo de discusión". Médicas, enfermeiras, matronas, traballadoras sociais, fisoterapeutas, logopedas, persoal administrativo; ademais doutras destinadas a mellorar a relación da atención primaria e hospitalaria, a intervención comunitaria ou a burocracia. Reactivación "Traballamos moi duro até pór por escrito as conclusión fundamentais que lle entregamos ao Sergas a finais do ano pasado, das que non volvemos saber máis", afirma Dios. Porén, un ano despois, o xerente do Sergas, José Flores, vén de convocar para o 21 de xaneiro unha nova xuntanza do Consello Técnico. Cómpre ampliar o orzamento até 25% do gasto sanitario, acabar coa precariedade laboral e recuperar unha xerencia propia para a Atención Primaria "A situación está mal pero pódese mellorar", advirte Xosé María Dios. "Temos que ser optimistas. Igual non se dan conta pero desde a Administración fixeron algo moi importante. Se deciden atender esas conclusións teríamos un modelo consensuado, sólido e aberto a futuras actualizacións onde se pide ampliar o orzamento até 25% e como acabar coa precariedade en todos os sectores, como combater a sobrecarga, a necesidade de equipos especializados: psicólogos clínicos logopedas, de recuperar os consellos de saúde e a participación cidadá e unha xerencia propia". |
NOS_13119 | Até o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, cuxos profesionais só puideron certificar o falecemento do operario. | Un traballador morreu na mañá desta quinta feira no concello de Sarria, na comarca do mesmo nome, ao sufrir unha caída desde o tellado da empresa Fontecelta Segundo informou o CIAE 112 Galiza, os servizos mobilizados pola central de emerxencias non puideron facer nada pola vida do operario, que faleceu no punto. Un particular chamou á central do 112 ás 09:30 horas solicitando axuda para unha persoa que se precipitou desde o tellado dunha empresa situada no lugar de Céltigos, en Sarria. Até o lugar mobilizouse o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, cuxos profesionais só puideron certificar o falecemento do traballador. Sinistralidade laboral O avance das estatísticas de accidentes de traballo relativos a 2020, que publicou o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), indica que non mellora a situación de sinistralidade que vén padecendo Galiza nos últimos anos. Coa particular situación vivida de pandemia, co confinamento e feche dalgunhas actividades como protagonistas, na Galiza tiveron lugar 24.511 accidentes de traballo con baixa. Deste total, un 90,99% ocorreron en xornada laboral (22.302 accidentes) e o 9,01% restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa (2.209 accidentes). En relación co ano anterior, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral diminuíron un 24,45% e os accidentes in itinere descenderon un 29,27%. Se tratamos o mortalidade, os datos indican que o ano pasado morreron 59 persoas en accidente de traballo (52 en xornada laboral, dúas mortes menos que en 2019, e 7 in itinere). Segundo as estatísticas do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, Galiza rexistrou unha incidencia de 5,31 accidentes mortais por cada cen mil traballadoras e traballadores, mentres que a proporción na media do Estado español foi de 3,27. Na clasificación estatal sería o cuarto territorio con maior índice de accidentes mortais. |
NOS_13232 | O Consello de Contas da Galiza vén de validar a contabilidade electoral dos pasados comicios de xullo das forzas políticas con representación parlamentaria. O PP foi a formación máis gastadora cun investimento de 2.077.811 euros, seguida do PSOE con 1.994.471 euros e do BNG con 450.451 euros. | O pasado 28 de decembro o pleno do Consello de Contas da Galiza aprobou o informe de fiscalización das contabilidades electorais dos comicios ao Parlamento da Galiza de 12 de xullo. A proposta do ente de supervisión da Administración galega non mereceu ningunha alegación das forzas políticas sometidas a control, se ben serviu para constatar as grandes diferenzas nos gastos de campaña entre cada unha delas. Así as cousas, o orzamento para eses comicios do Partido Popular (PP) multiplica case por catro o gasto do Bloque Nacionalista Galego (BNG). O PP declarou gastar na campaña electoral 2.077.811 euros. Segundo sinala o informe do Consello de Contas, a totalidade dos ingresos procederon de axudas institucionais e de achegas do partido, concretándose os gastos en 346.538 euros para "publicidade exterior", 310.037 euros para "publicidade en prensa e radio" e 1.024.473 en "outros gastos", que incluíu, entre outros, a contratación de persoal para a campaña ou a produción dos actos electorais. Ao tempo, os populares destinaron 396.845 euros a "envío de propaganda electoral" aos domicilios, coñecido popularmente como mailing. O BNG dedicou ao proceso electoral 450.451 euros. O groso dos ingresos dos nacionalistas, 351.561 euros, procederon das achegas das cotas extraordinarias dos militantes, correspondéndose o restante con subvencións institucionais. Pola súa banda, a organización gastou 3.811,50 euros en "publicidade exterior", 35.077,15 euros en "publicidade en prensa e radio", 249.183 euros en "outros gastos" e 162.379 euros en "envío de propaganda electoral". Segundo sinalan a Nós Diario fontes da dirección do BNG, unha das razóns que explica a diferenza de 775.335 euros en concepto de "outros gastos" entre populares e nacionalistas é a non contratación persoal para a campaña, realizado de modo case exclusivo por afiliados e simpatizantes. O PSdeG-PSOE destinou 1.994.471 euros aos comicios de xullo. O orzamento cubrírono con achegas do partido e institucionais e cun crédito bancario de 700.000 euros formalizado o 1 de xullo de 2020. Os socialistas destinaron 349.455 euros a "publicidade exterior", 338.322 euros a "publicidade en prensa e radio", 796.166 euros a "outros gastos", 500.324 euros a "envío de propaganda electoral" e 10.616 euros "a gastos financeiros". Neste sentido, membros da executiva recoñecen que os resultados electorais finais, onde a formación ficou por baixo das expectativas previstas, deixou á organización nunha situación financeira complicada ao reducirse as achegas institucionais en función do número de votos. Diñeiro e votos A correspondencia entre o diñeiro empregado na campaña electoral e os resultados finais é diverxente. Neste sentido, o PP cun investimento de 2.077.811 obtivo 42 representantes, polo que cada deputado custou 49.471 euros. Pola súa banda, o BNG, cun gasto de campaña de 450.451 euros logrou 19 actas, polo que cada parlamentario saíu a 23.707 euros. Por último, o PSdeG-PSOE, cun gasto electoral total de 1.994.471 euros, ficou en 14 escanos, polo que o valor de cada electo na Cámara galega alcanzou os 142.462 euros. A diferenza do investido entre ambas as formacións vén marcado polo nivel de externalización da campaña e polo mailing. Así, na pasada campaña o BNG limitou o envío electoral a unha papeleta por cada casa nun soporte de baixo custo, mentres que PP e PSdeG-PSOE remitiron propaganda individualizada en sobre a cada un dos membros da unidade familiar. Neste sentido, volveuse testar, mesmo nunha conxuntura marcada pola pandemia que podía animar a non coller o sufraxio no colexio electoral, o escaso efecto do mailing na conformación do resultado final, algo certificado nas diversas convocatorias coas urnas. |
NOS_50819 | Un "abrazo" a Samil, o populoso areal de Vigo que xunta en agosto a milleiros de persoas, foi a nova mobilización que o persoal de Povisa desenvolveu para denunciar a imposición por parte da empresa dunha redución drástica das condicións laborais. Para o día 19 está prevista a xornada de folga. | O persoal de Povisa entende que é imprescindíbel informar á cidadanía do conflito polo que están a pasar e, para iso, a praia de Samil en pleno agosto é un lugar acaído para que milleiros de persoas de Vigo e a comarca saiban de primeira man da situación. Cinco días antes do día 19 de agosto marcado para a folga, as mobilizacións chegaron ao areal máis populoso de Vigo coa acción que denominaron "abrazo a Samil" Despois da grande pegada de cartaces polas rúas de Vigo e máis a manifestación da segunda feira arredor do hospital, a camiñada pola praia de Samil deixa á vista que o persoal non parará coas súas mobilizacións até conseguiren que a empresa desista de impoñer as condicións que anunciou e que supón entre un 40 e un 52% de rebaixas salariais. A manifestación trasladouse á praia na que un grupo amplo do persoal informaron da ruptura de negociacións para un novo convenio entre os sindicatos e a patronal, que teima en impor a drástica redución de condicións salariais e dereitos consolidados, apoiándose na reforma laboral pola que, ao non haber acordo, impón o convenio provincial de maneira unilateral. O comité de empresa manifesta tamén que a empresa está a empregar distintas manobras co fin de impedir a realización a folga e rachar cos servizos mínimos pactados, situación que foi denunciada diante a Inspección de Traballo. O conflito laboral está a supor grandes inconvenientes ás persoas que están asignadas a Povisa e xa a semana pasada 8,000 sinaturas foron entregadas no Valedor do Pobo. O comité de empresa esixen ao Sergas e á Consellaría de Sanidade que se impliquen e traten de resolver a situación xa que son as principais sufragadoras do complexo hospitalario. |
NOS_1799 | Cada xeración vive a historia en presente. Mais nos anos de Karl Marx (Tréveris, 1818 - Londres, 1883) sobre a terra, esa historia parecía entrar nun feroz remuíño. O capital desenvolvíase violento e vigoroso en Inglaterra. Francia coñecía unha revolución a cada tanto, Comuna incluída. Bismarck gobernaba Alemaña e na América do Norte comezaba a Guerra de Secesión. | Este foi o mundo en que Marx despregou a formidábel enerxía do seu pensamento. A xornalista cubana Paquita Armas Fonseca sintetizou ambos os dous elementos -a vida e a obra- en Karl Marx. O eterno rebelde, que vén de reeditar en galego Laiovento. "Carlos Marx fai 200 anos o 5 de maio de 2018", escribe no limiar escrito para a ocasión, "e digo fai porque segue vivo aínda que el mesmo soltase unha sonora gargallada se alguén lle predixese que dous séculos despois sería un home polémico". O ensaio de Armas Fonseca, versión do orixinal de 1996 Mouro. O eterno rebelde -traballo empregado no ensino-, é sobre todo un ataque contra o dogma. "Todo o que sei é que eu non son marxista', dicía Marx no propio século XIX", lembra, "o corpo teórico desta filosofía estivo en crise desde o seu nacemento, pero nunca foi quebrantado". A nova introdución á obra explica para que serve e para que non serve o marxismo. A xornalista, que nunha entrevista de 2010 facía memoria sobre como lera O Capital aos 14 e non entendeu "nada", desbota o carácter de "recetario" das teses de Marx. Afirma que cómpre saber algo das circunstancias históricas en que pensou e dos seus referentes intelectuais -de Shakespeare a Hegel. E que nin foi un santo nin hai que chegar a el por estradas secundarias: "Hai que entrarlle de fronte, léndoo na súa esencia, repetindo a lectura sobre parágrafos ou páxinas que unha non entende". Porque o autor do Manifesto Comunista é, aínda, crucial para "comprender o capitalismo. Non se poden entender os procesos sociais do século XXI sen os instrumentos que facilitou Marx no XIX". A plusvalía, a dialéctica volta do revés e a defensa dunha prensa "clara, eficaz e directa" cóntaos entre o seus achados fundamentais. "O que sei é que o capitalismo non pode ser o fin da sociedade humana, con toda a súa carga de odio", conclúe a autora o prólogo, datado na Habana o 25 de decembro de 2017. En que cita ao Marx mozo, daquela director da Gaceta Renana, que lle escribía a Arnold Ruge todo un programa de acción e teoría: "Se sigo neste posto é porque considero un deber estorbar a realización das intencións do Poder na parte que a min me toca". |
NOS_30801 | O Movemento Galego ao Socialismo realiza esta fin de semana en Pontevedra a súa II Asemblea Nacional. Falamos con Rafa Vilar, membro da dirección do MGS. "Non nacemos para ser conciencia crítica", advirte, "senón para traballar e para sumar no soberanismo e na esquerda". | 'Construír e Avanzar. Galiza independente e futuro socialista' é o lema sob o que este sábado 13 de decembro decorrerá en Pontevedra a II Asemblea Nacional do Movemento Galego ao Socialismo. Con motivo desta cita entrevistamos Rafa Vilar (Cee, 1968), un dos portavoces do MGS, membro da súa dirección e concelleiro en Compostela polo BNG. -Cinco anos despois do nacemento do MGS (2009) e dous e medio despois da I Asemblea Nacional como avalías, ás portas desta segunda AN, o camiño percorrido polo Movemento? Esa é unha das análises a facer nesta asemblea. Por unha parte imos analizar todo o traballo feito como MGS e tamén faremos unha análise de conxuntura da nosa participación en movementos sociais, na fronte política que é o BNG...No plano máis interno pensamos que esta II AN é máis un paso na consolidación deste proxecto, aumentamos en militancia, medramos. Ademais, asumimos cada vez máis responsabilidades nos nosos ámbitos de actuación, quer na fronte política quer no ámbito sindical, movementos sociais, xuvenil... No seu momento nós xa dixemos que o MGS viña para quedar, e creo que estamos a dar pasos para que esa afirmación, que no seu día podería parecer un 'desiderátum', sexa hoxe unha realidade. O MGS está aí para ficar, para ser unha parte máis do movemento nacionalista, desde unha perspectiva de clase e independentista que nunca ocultamos. "No seu momento xa dixemos que o MGS viña para quedar, e creo que estamos a dar pasos para que esa afirmación, que no seu día podería parecer un 'desiderátum', sexa hoxe unha realidade" -Como foi o proceso de traballo previo a esta II AN? O noso procedemento non é algo estraño no que se fai no nacionalismo, debatemos nas comarcas as teses, é certo que abrindo a porta a simpatizantes en actos do MGS nos que falabamos dos debates a dar nesta asemblea nacional con xente implicada a nivel sindical ou social mais que non é militante do Movemento. Na presentación da asemblea desta fin de semana falabades da necesidade de "consolidar e avanzar a base nacionalista". Como se logra materializar esa declaración de intencións? Que pasos entendes que se deben dar para iso? Nós somos un partido mais actuamos en plataformas amplas: na frente política que é o BNG, a nivel sindical na CIG, a nivel xuvenil, nos movementos sociais, tamén abrindo vías que estaban bastante relegadas como é o plano do internacionalismo. Ou sexa, queremos actuar desde o noso compromiso e con ánimo de ensanchar a base nacionalista. A través do traballo sindical, xuvenil, en movementos sociais... estamos en contacto con xente que, por dicilo así, se move nas lindes do nacionalismo e non milita. O MGS pode achegar xente coa que traballamos en diferentes eidos e que a través de nós se incorporan ao nacionalismo. "Hai xente coa que traballamos en diferentes ámbitos e que a través do MGS se incorporan ao nacionalismo" -Nese acto de presentación destacabades como novidade para esta II AN a intención de "definir polo miúdo un programa político de referencia". Alén das siglas entendiamos que había que perfilar cal é o programa a longo prazo do MGS. Até agora xa viñamos dicindo que eramos unha organización independentista, marxista... E iso require dotarse dunha estrutura teórica que dea acomodo á nosa definición político-ideolóxica. Por tanto presentamos como novidade a esta Asemblea Nacional ese programa a longo prazo de a onde queremos camiñar. Queremos construír a República Galega, mais construíndo o socialismo ao mesmo tempo que se avanza na cuestión nacional. Iso require pasos tácticos mais o punto de chegada hai que telo claro, por iso imos dotarnos dun programa estratéxico do que carecíamos ate o momento, máis alá dunhas coordenadas ideolóxicas. - Esas coordenadas de 'Independencia e Socialismo', como se traducen, máis aló do lema? Hai que ir máis alá do lema. Significa dar pasos, superar o estado de cousas, rachar coas estruturas dominantes do sistema. Nós somos claros. Hai que romper coa Unión Europea, co euro, con estruturas que cualificamos de imperialistas como a OTAN. E tamén hai que romper co Estado español, xa non cabe ningún encaixe posíbel no Estado español, que ninguén procure eses encaixes. Nesa procura xa só deben ficar Durán i Lleida e Compromiso por Galicia. Hai que ir por unha vía rupturista. A estratexia para avanzar debe pasar pola ruptura. "Non cabe ningún encaixe posíbel para Galiza no Estado español, que ninguén perda o tempo procurándoo. Nesa procura xa só deben quedar Durán i Lleida e Compromiso por Galicia" - Que papel cres que debe xogar o MGS, en primeiro lugar no BNG, e en segundo no campo do, por chamarlle así, soberanismo? O papel que viñamos desenvolvendo no BNG era, en primeiro lugar, co-responsabilizarnos do traballo nunha fronte política que é plural e onde teñen cabida diferentes sensibilidades. Mais entendemos que esa fronte política ten que estar situada claramente no soberanismo, abandonando calquera tentativa autonomista como as que houbo no pasado; e esa fronte tamén ten que se situar claramente na defensa das clases populares. É dicer, o discurso transversal que se deu principalmente na 'etapa quintanista' había que superalo. Por tanto, nós estamos comprometidos en avanzar nesa vía de construír un BNG claramente soberanista e na esquerda. E aí achegar o noso traballo político, o noso coñecemento e experiencia en ámbitos sectoriais. En canto ao noso papel no conxunto do soberanismo, aí hai un elemento como é a posibilidade de ir abrindo frontes con outros sectores do campo do independentismo; entendemos que ten que haber vías de colaboración. Ás veces esas vías frutifican e outras non, mais é unha tarefa que no seu día nos marcamos e na que fomos dando pasos. Por exemplo, a nivel xuvenil si que houbo puntos de encontro, aí están as manifestacións unitarias en vésperas do Día da Patria, unha iniciativa da que fomos partícipes a través de Isca. E tamén hai unha terceira achega da que gostaría falar, que é a que ten a ver co diálogo político a nivel internacional. Historicamente o nacionalismo maioritario cometeu o erro de non lle dar moita importancia á cuestión internacionalista. Creo que os últimos tempos amosaron a importancia de ter unhas relacións internacionais consolidadas, fluídas e de cooperación, sobre todo con aquelas organizacións coas que, digámolo así, existe unha maior afinidade, como é a esquerda abertzale ou ben organizacións de Catalunya. Nós aí achegamos o noso traballo. "O MGS está comprometido nesa vía de construír un BNG claramente soberanista e na esquerda" - Que cuestións entendes que habería que reforzar no actual BNG e cales consideras que deberían de ser revisadas ou reformuladas? Nós entendemos que o discurso actual do BNG non é reversíbel. Outra cousa é que haxa intentos de determinados sectores de facelo reversíbel, mais creo que non terían o eco que tiveron no pasado. Iso de volver a posicións autonomistas ou 'centristas'... Hoxe o problema non é tanto de discurso, senón que hai sectores do BNG e algúns localizados no poder institucional local que non teñen tanta convicción nese discurso. E despois hai outra mudanza necesaria que ten a ver con quen proxecta publicamente ese discurso, e isto non o digo focalizándoo no portavoz nacional. Son moitas as persoas que proxectan o discurso do BNG, e algunhas das persoas que hai uns anos proxectaban o discurso de, por dicilo así, 'Estatuto de Nación', hoxe están no discurso soberanista e iso non é críbel. Por iso certa renovación si que vai ser necesaria en canto a caras e perfís dalgunha xente que dá o discurso do BNG, e penso nas localidades e comarcas. Hai que demostrar tamén na imaxe pública que o BNG está situado claramente neses parámetros. E ademais hai que amosar ese discurso con convicción. É un discurso efectivamente duro, que non é asimilábel por sectores importantes da cidadanía galega, mais hai que mantelo, non caben pasos atrás. " Temos un discurso efectivamente duro, que non é asimilábel por sectores importantes da cidadanía galega mais hai que mantelo, non caben pasos atrás" -Mais o escenario social e político mudou moito nestes últimos anos: 15M, irrupción de Podemos, as denominadas 'marés', o éxito do 'cidadanismo'... E están a callar en importantes sectores da sociedade galega – sobre todo na mocidade mais non só- noutrora, por dicilo así, 'próximos' ao nacionalismo mais que agora non ven nel algo atractivo politicamente. Como moverse nese novo escenario desde chaves soberanistas? Creo que hai que analizar ben todos eses fenómenos. Algúns teñen moito de conxuntural, moito. Por exemplo, AGE, que creo que se demostrou que era un proxecto conxuntural. Foi unha burbulla electoral e hoxe está nun punto moito máis baixo que hai dous anos ou cando as eleccións autonómicas. Nin se consolidou organicamente neste tempo nin é quen hoxe de xerar as expectativas que xerou daquela. No caso doutras desas forzas, que por riba teñen o seu centro de gravidade en Madrid, pois neste momento son unha incógnita a respecto do que vai resultar finalmente de aí. Tamén creo que hai un elemento positivo en todo ese escenario que é a politización de sectores que non o estaban, que se crease certo debate político que rachase o esquema tradicional é importante. Mais nós o que temos que facer é traballar a nivel político, traballar a nivel sindical, a nivel social para ser a referencia, para que o nacionalismo sexa a referencia da xente máis rupturista a nivel social, para esa xente que quer mudar as cousas. De feito o nacionalismo galego sempre estivo moi vinculado á rúa, á mobilización social... O nacionalismo ten que procurar recuperar ese pulso e que iso se traduza politicamente. Agora estamos nun momento de bastante efervescencia e iso necesita pousar. Cando pouse, se o nacionalismo ten un discurso coherente e unha práctica coherente con ese discurso, o lóxico é que recolla moita desa efervescencia política que hoxe está situada noutros camiños. E, por outra parte, esas outras formacións non van ter tan doado consolidarse, crear organización non é fácil e iso o nacionalismo sábeo ben, custoulle, pero hoxe ten unha estrutura sólida, con presenza en todo o país, activa... e a ver quen pode conseguir iso! AGE non o conseguiu e Podemos... pois creo que dificilmente o podo lograr. Eu creo que Podemos ten unha serie de déficits derivados de como se está configurando, dentro de dous anos a ver onde está esa opción, é unha incógnita. Polo tanto, nós temos que ter paciencia, porque seguramente o ciclo electoral do nacionalismo despois da ruptura de Amio aínda non acabou... Traballar co máximo de convicción nas ideas, ir alén do institucionalismo, non estar colgados dos resultados electorais a curto prazo... "Creo que hai que analizar ben todos eses fenómenos [en referencia a Podemos, marés, plataformas cidadanistas...]. Algúns teñen moito de conxuntural. Hai que ver que pouso queda" - Unha das citas importantes van ser as eleccións municipais, con novos actores políticos en xogo -sobre todo nas cidades- Como enfoca o MGS estes comicios? Como dicía antes, o BNG aínda non completou o ciclo electoral derivado da ruptura de 2012 en Amio. Mais si vexo que hai polo menos un inicio do que pode ser unha consolidación orgánica. Aquí había desde tertulianos a outras forzas políticas que daban por amortizado o BNG e o Bloque demostrou un plus de resistencia, principalmente porque tiña estrutura, presenza en todas as comarcas do país, é dicer, porque ten unha base real. Tendo isto presente, creo que no proceso das municipais se vai ver que esa base real está aí, e moito me equivoco ou o BNG vai saír das municipais como terceira forza política, foi cuarta nas galegas e foi quinta nos comicios de maio, pero creo que nas municipais vaise ver que por estrutura vai ser a terceira forza neste país. É certo que vai ter que entrar en confrontación electoral cun espazo que hoxe conforman as 'marés', non tanto AGE, que creo que está amortizada. E os elementos positivos que o BNG ten aí é o de ser unha alternativa nacional e non simplemente local, vai cubrir todas as comarcas; ten un discurso e un proxecto para o país, algo que outros non. E outro elemento é que, malia todos os erros que poida haber, onde xestionou o BNG a nivel municipal esa xestión é recoñecida socialmente. Cando goberna o nacionalismo hai outra forma de gobernar, e non é só cuestión de formas, é outro modelo, coa participación da veciñanza. Dito isto, non nos equivoquemos. Insisto en que ese ciclo electoral de despois das escisións aínda se vai notar, sobre todo nas cidades. "Aquí había desde tertulianos a forzas políticas que daban por amortizado o BNG e o Bloque demostrou un 'plus' de resistencia" -Por irmos rematando e clarificando, cal vai ser logo a folla de rota do MGS para os vindeiros anos? Pois seguir co noso traballo nas diferentes frontes políticas e sociais nas que actuamos. Tentaremos tomar a maior iniciativa posíbel e tamén a maior co-responsabilidade posíbel. Nós non nacemos para ser conciencia crítica de nada, a diferenza doutros; esa non é a nosa vocación. A nosa vocación é medrar e ser máis cada vez no traballo e nas decisións das organizacións nas que traballamos e nos implicamos. E así ir avanzando naqueles obxectivos que temos, no soberanismo, nos movementos sociais e na esquerda política. "O MGS non naceu para ser conciencia crítica de nada, a diferenza doutros; esa non é a nosa vocación" - Mais si que hai quen ve o MGS como unha especie de 'Pepito Grillo' ['Grilo Falante' en galego-portugués] do BNG... - Nunca, nós non procuramos iso. E ese papel é moi doado de xogar. E inclusive nunha asemblea se ti vas como 'conciencia crítica' simplemente criticando todo, gañarías simpatías, de xente que ideoloxicamente está lonxe. Repito que nós non queremos iso. Nós temos un discurso claro, sempre dicimos que somos previsíbeis, porque temos ese discurso tan claro e a partir de aí responsabilizarnos do que nos toque. Claro que criticamos cousas que non nos gustan, mais facémolo con lealdade ao BNG e nos ámbitos nos que corresponde facelo. Ese papel de criticar todo abertamente fíxose en tempos por algúns é deteriorou moito o BNG. |
PRAZA_10133 | Feijóo anuncia a aprobación dun plan que inclúe 330 novas prazas e o gasto de 36 millóns neste mesmo ano | A principios deste 2019, Alberto Núñez Feijóo aseguraba que o sistema sanitario público galego era dos mellores de Europa e que o Sergas era vítima de "intereses inconfesables" da esquerda e dunha "premeditada descualificación global". Hai tan só unha semana, nun congreso de directivos sanitarios de todo o Estado, o presidente da Xunta defendía que España e Galicia tiñan a mellor sanidade da historia, pero advertía xa que eran necesarias melloras. Agora, con folgas convocadas na Atención Primaria en Vigo para a vindeira semana, en xuño en toda Galicia e coa revolta en PAC ou no sector de enfermaría, o xefe do Executivo galego chegou ao Consello da Xunta cunha morea de medidas e investimentos millonarios en plena campaña electoral e logo de que a Consellería presentase as súas medidas de mellora despois de recibir achegas de profesionais, colectivos, colexios médicos e sindicatos, cos que o Goberno galego negociou as medidas. Froito desas negociacións, dixo Feijóo, o Executivo presentou este xoves o Plan de Atención Primaria, que segundo as cifras adiantadas, supón incorporar a este ámbito asistencial un orzamento adicional de 102 millóns desde agora e até 2021. Feijóo avanza un novo Plan de Atención Primaria, dotado cun orzamento adicional de 102 millóns de euros até 202117,2 millóns serían destinados a reforzar o cadro de persoal de médicos de familia e pediatras, case 80 a anticipar a reposición de equipamento e reformas en centros de saúde e 5,6 a incrementar o volume das vacinas. Un plan que conta con 200 accións, das que o 40% serían a implantar en seis meses, 33% nun ano e o 27% restante nun parzo de dous anos. Segundo dixo Feijóo, dos 102 millóns, 36 gastaríanse neste mesmo ano. Ademais, "adiántanse 80 millóns en obras e equipos en función da cesión de solo e da Lei de Contratos Públicos", aclarou. De minimizar as protestas e mesmo negar a conflitividade ou a convocatoria de folgas, Feijóo pasa a anunciar unha morea de medidas, a semana e pouco doutra convocatoria electoral. Entre as accións previstas, avanzou o reforzo da Atención Primaria con 330 prazas: 80 médicos de familia, 20 pediatras, 23 docentes para as especialidades de medicina familiar e pediatría, 130 enfermeiros, 20 matronas, 40 fisioterapeutas, 10 traballadores sociais e 4 farmacéuticos. Serían todas novas prazas instauradas, principalmente, a través do novo modelo de contrato de estabilidade aos residentes que acaban en maio a súa formación. O presidente da Xunta anuncia o reforzo da Atención Primaria con 330 prazas"Trátase de dar respostas a retos asistenciais derivados dos cambios sociodemográficos e epidemiolóxicos, e ás demandas da cidadanía e dos profesionais sanitarios", concluíu, tan só unhas semanas despois de que a Xunta recolocase 48 millóns en gasto social "que non pode demorarse" pero que non previra nos orzamentos ou que o conselleiro de Sanidade anunciase que ía triplicar a partida do plan de necesidades para os centros de saúde tras recortar o Goberno galego durante seis anos eses mesmos. fondos. Con protestas masivas na Atención Primaria, nos PAC e na enfermería, Feijóo activa un plan de melloras que está por ver se contenta unha sanidade revolta desde hai moitos meses. |
NOS_9700 | Unha manifestación percorreu este sábado a cidade olívica con motivo do Día do Orgullo. Reivindicación e alegría mesturáronse para defender os dereitos do colectivo LGTBi na convocatoria da Asociación Nós Mesmas. | Música e reivindicación asolagaron neste 28 de xuño as rúas de Vigo. Con motivo do Día do Orgullo, a cidade olívica acolleu unha manifestación que partiu desde a Farola de Urzáiz para concluír na Praza da Pedra. Centos de persoas --arredor de 300 segundo @s asistentes-- tomaron parte na convocatoria lanzada pola Asociación Nós Mesmas e que contou coa participación do grupo de batukada Bloquinho Aperta. Unha mobilización cargada de alegría que decorreu nun ambiente moi festivo mais no que a reivindicación e defensa dos dereitos do colectivo LGTBi estivo moi presente. Ao berro de 'Non somos amigas, comémonos a cona' ou 'Contra o capital poder anal, contra o vaticano poder clitoriano' a comitiva marchou pola cidade con presenza, tamén, doutras organizacións políticas como Galiza Nova, ALEAS-Esquerda Unida ou representantes do BNG, a Marcha Mundial das Mulleres, Xuventudes Socialistas, PSeG-PSOE e mesmo de Amnistía Internacional. Neste Orgullo 2014 o lema elixido foi 'Polos dereitos humanos LGTB'. Neste senso, a xornada focou a súa atención na defensa dos valores de igualdade, liberdade, respecto e o dereito a decidir sobre os corpos. Asemade, denunciaron a situación discriminatoria na que se atopa o colectivo LGTBi a nivel mundial e as mudanzas lexislativas que se están a producir, contrarias á igualdade. A leitura do manifesto editado por Nós Mesmas correu a conta de Beatriz Suárez quen, posteriormente deu paso á festa da man do Dj Pablo Senra. A mobilización de Vigo foi a máis concorrida, porén distintos puntos do país acolleron actos e concentracións co gallo do Día do Orgullo. Palestras, exposicións, obradoiros de auto-erótica, proxeccións, debates... desenvolvéronse ao longo da última semana en vilas e cidades galegas na defensa dos dereitos de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e intersexuais. |
NOS_37783 | O líder socialista galego presentou un vídeo, a modo de mensaxe de fin de ano, cos obxectivos que se marca esta formación para 2022. | O PSdeG fixo público esta sexta feira un vídeo do seu secretario xeral, Valentín González Formoso, cos obxectivos que se marca esta formación política para 2022. O líder socialista galego asegura "facer unha aposta polo benestar dos maiores, a sanidade e a educación pública" no seu vídeo a modo de mensaxe de Fin de Ano. No vídeo, o secretario do PSdG fixo fincapé no recoñecemento aos sanitarios por "o seu traballo inesgotábel e imprescindíbel". Así mesmo, afirmou que as sanitarias e os sanitarios "volveron a mostrar que llo merecen todo" e que "necesitan que se lles valore". Tamén, sinalou a vacinación como "un fito histórico" que permitiu "a esperanza para protexernos e protexer aos nosos seres queridos". Formoso apuntou que o 2022 será un ano de "grandes retos", entre os que incluíu frear a emigración da mocidade galega, fortalecer o tecido industrial da Comunidade e a reactivación da economía na Galiza "sen deixar a ninguén atrás". Por último, o secretario xeral destacou que o ano que remata como de "cambios no plano político" e asegurou que "o PSdeG deu un paso adiante para abrir unha nova etapa na Galiza, para que este país volva soñar e crer en si mesmo". |
PRAZA_21099 | Un cribado no centro de atención a maiores de Ribadeo deu lugar a un positivo da única persoa non vacinada "por expreso desexo" da familia. Unha segunda proba sinalouno como "falso positivo", sinala a institución provincial | Dúas sentenzas instan á vacinación de usuarios de residencias de Santiago ao superar os beneficios aos riscos da súa aplicaciónO Centro de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo en Ribadeo foi sometido o pasado mércores a un dos cribados periódicos da COVID-19 que o Sergas realiza nas residencias de persoas anciás. Ese cribado deu lugar ao positivo dunha persoa. Tras ser illada xunto á súa compañeira de cuarto, foi sometida a unha segunda proba por iniciativa da institución provincial lucense, "dada a elevada posibilidade de tratarse dun falso positivo", ao estar o centro illado para evitar contaxios cando menos ata a fin do proceso de vacinación.Un cribado no centro de atención a maiores deu lugar a un positivo da única persoa non vacinada "por expreso desexo" da familia. Unha segunda proba sinalouno como "falso positivo", sinala a institución provincialEsa segunda proba, á que tamén foi sometida a compañeira de cuarto e o persoal que tivera contacto coa persoa residente que dera positivo, resultou ser negativa. Dáse a circunstancia de que esta persoa é a única de todo o centro "que non puido ser vacinada por desexo expreso dun familiar". Neste contexto, a Deputación de Lugo revela que "xa puxo este feito en coñecemento da Fiscalía" e, "sendo a vontade da institución protexer a totalidade dos residentes e persoal, reiterará a comunicación ao Ministerio Fiscal, explica o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraTrátase, sinalan, de procurar "que a autoridade xudicial decida o que corresponda a respecto da súa vacinación", como xa sucedeu noutros centros de maiores en Galicia. Mentres, e á espera dunha PCR que a Deputación pediu ao Sergas, a persoa que deu positivo e a súa compañeira de cuarto seguen illadas por precaución.Estas medida foi apoiada polo Concello de Ribadeo, cuxo alcalde, Fernando Suárez, "agarda que o centro siga libre da COVID-19" e que "a única persoa usuaria que non foi vacinada por expreso desexo do titor legal, reciba as doses canto antes". "Non administrarlla supón un risco moi importante para ela e un perigo para os demais usuarios e usuarias da residencia, que ata agora estivo libre de COVID e agardamos que así continúe, subliña o rexedor, quen lamenta as posicións "negacionistas e egoístas" e aposta por solucións legais ao respecto. O resto de residentes e todo o persoal xa recibiron as dúas doses da vacina. |
PRAZA_7585 | Do 19 ao 21 de abril realizarase na Coruña esta competición de cinema contra o reloxo. Proporase un personaxe, un obxecto e unha liña de diálogo e a partir dese momento os participantes terán dous días para escribir, gravar e montar o filme. | The 48 Hour Film Project é unha competición de cinema contra o reloxo que comezou a realizarse en 2001 en Washington e que dende entón pasou por 76 cidades distintas de todo o mundo coa participación de máis de 40 mil persoas distintas. E en abril chegará á Coruña. O proceso é sinxelo: o venres 19 de abril, ás sete da tarde no Centro Ágora proporáselles a todos los participantes un personaxe, un obxecto e unha liña de diálogo, que deberán estar incluídas nos filmes. E, ademáis, a cada equipo asignaráselle un xénero por sorteo. A partir de aí haberá exactamente 48 horas para escribir, gravar e editar as curtas, que se entregarán o domingo 21 antes das 19.30 horas. Por exemplo, o pasado ano en Barcelona o personaxe foi "Julio ou Julia Gutierrez, Profesor", o obxecto: "unha batidora" e o diálogo: "esta é a cousa que odio de ti". As películas presentaranse no Centro Ágora o venres seguinte, 26 de abril, momento no que o xurado seleccionará a gañadora. Tamén se entregan outros galardóns secundarios, coma mellor uso do personaje, mellor uso do obxecto, mellor uso da liña de diálogo, mellor uso do xénero, mellor son, mellor fotografía, mellor montaxe, mellor actriz, mellor actor, mellor guión e mellor dirección. Os gañadores entrarán na carreira para acadar o recoñecemento a nivel internacional, no evento anual do The 48 Hour Film Project2013 e nos premios ás mellores curtas do ano que se entregarán no Filmapalooza 2014. Alí competirán por ser unha das 10 películas que se proxectarán na Sección de Curtometraxes do Festival de Cannes de 2014. A cota de inscrición por equipo é de 75 euros. |
NOS_22188 | O xornal ABC e a COPE veñen de publicar un novo inquérito que lle dá maioría ao bando conservador: 128 deputados ao PP e 55 ao partido de Rivera, contra os 88 do PSOE e os 37 de Podemos. Pola banda galega, o BNG conservaría os seus dous deputados. | Fican menos de dous meses para os comicios españois e multiplícanse as enquisas. Hoxe os medios conservadores ABC e COPE publican un estudo que lle daría a maioría para gobernar conxuntamente aos dous partidos da dereita española. Segundo os datos de GAD3, o PP conseguiría 128 deputados, seguido do PSOE con 88, Ciudadanos con 55 e Podemos ficaría con 37. A continuación estaría Convergència e ERC con cadanseus 9 escanos, o PNV con 6, Amaiur e IU con senllos 5 asentos no Congreso. Por último, obterían 2 o BNG, Coalición Canaria e Compromís, e 1 Geroa Bai e as CUP. Con estes datos, confírmase a imposibilidade de ningunha maioría absoluta e o escenario máis probable é un bipartito entre PP e Ciudadanos, aínda que tamén cabería un tripartito entre PSOE, Ciudadanos e Podemos. Segundo esta enquisa, PP e PSOE aséntanse nas dúas primeiras posicións, mentres Ciudadanos frea o seu ascenso e Podemos parece tocar chan. Mentres, CDC perdería desplomaríase, pasando de 16 deputados a 9 que recuperaría en boa parte ERC, que pasaría de 3 a 9, acadando un folgado grupo parlamentar. Pola banda vasca, o PNV subiría de 5 a 6, obtendo un máis, que sería o que perde Amaiur. De todos os xeitos, este inquérito, realizado do 14 ao 29 de outubro en base a 2.800 entrevistas, non tivo en conta todas as candidaturas que se presentarán o 20 de decembro. |
NOS_1764 | Terceiro empate consecutivo dos celestes. | O Celta acumula tres empates consecutivos, dous deles en Balaídos. Mais non é (só) isto o que preocupa senón unha inquietante sensación de que a equipa vai a menos após un bo arranque de Liga. Como se carecese de esquema e idea de xogo, incluso até de alma. Os tres puntos foron o único positivo deses tres partidos (Valladolid, Valencia, Xetafe), onde os rivais foron superiores aos celestes. O Celta comezou gañando ao Xetafe mais acabou empatando. Atragoado coa súa propia aposta de xogo, desubicado. Realizou unha pésima segunda matade e puido acabar perdendo. Non acerta nestes partidos Antonio Mohamed, que cambia de sistemas sobre o céspede con idéntico resultado: os 3 puntos non chegan. Piden tempo desde a casa celeste, o que é lóxico, mais parte da afección celtista xa comezou esta segunda feira perante o Xetafe e amosar o seu malestar co xogo da equipa. Mohamed apostou para a ocasión por un 4-4-2, que tampouco lle resultou. O Xetafe non posuía a bola (tampouca a quería) mais era quen de manter o Celta afastado da súa área. Os celestes, por momentos, semellaba non saber a qe xogaban e iso págase caro. Ficha técnica Celta (1): Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia (Sisto, min.81), Cabral, Júnior Alonso, Beltrán (Okay, min.58), Lobotka, Jensen (Araujo, min.77), Brais Méndez, Iago Aspas, Maxi Gómez. Xetafe (1): David Soria, Djene, Antunes, Bruno, Portillo, Ángel (Rober Ibáñez, min.75), Amath (Bergara, min.88), Arambarri (Mata, min.66), Jorge Molina, Maksimovic, Damián Suárez. Goles: Maxi Gómez (1-0, min.36), Mata (1-1, min.78). Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amoestou Hugo Mallo e Iago Aspas (Celta); Bruno, Portillo (Xetafe). Campo: Balaídos (14.330 espectadores). |
PRAZA_17337 | En 2006 o daquela alcalde de Nigrán, que foi director xeral do Celta, quixo recualificar terreos de varios directivos do club, entre eles o presidente Carlos Mouriño, que agora impulsa unha cidade deportiva nun monte comunal a expropiar | En 2006 o daquela alcalde de Nigrán, que foi director xeral do Celta, quixo recualificar terreos de varios directivos do club, entre eles o presidente Carlos Mouriño, que agora impulsa unha cidade deportiva nun monte comunal a expropiar en MosO venres 2 de xuño de 2006, hai agora doce anos, a Casa do Concello de Nigrán foi arrasada por manifestantes que rexeitaban o novo plan de urbanismo que ese día pretendía aprobar o goberno local encabezado polo popular Alfredo Rodríguez, que viña de deixar a dirección xeral do Celta. O documento impulsado polo PP recualificaba para permitir construír neles diversos terreos próximos ao litoral do municipio adquiridos por sociedades nas que participaban varios directivos do Celta, entre eles Carlos Mouriño, que tras uns anos como conselleiro do club acababa de facerse co seu control. A veciñanza parou aquela operación e un ano despois as eleccións municipais apartaban o PP da alcaldía. Agora, máis dunha década despois, Mouriño volve enfrontarse a outra recualificación polémica, a que impulsa o Concello de Mos, tamén gobernado polo PP, para facilitar a implantación da nova cidade deportiva do Celta nun monte comunal a expropiar en beneficio da sociedade anónima deportiva. Varias administracións teñen dúbidas sobre o proxecto.Mouriño chegou en 2006 á presidencia do Celta tras varias décadas de ascenso nos negocios en México e hoxe o club forma parte do seu Grupo Corporativo Ges, SL. Mouriño xa tiña unha pequena parte do accionariado da sociedade anónima deportiva, da que era conselleiro, cando hai agora doce anos adquiriu a parte maioritaria que ata daquela controlaba o seu anterior presidente, Horacio Gómez. Fíxoo co lema "Celta, Vigo 100%", pero unha década despois os seus enfrontamentos co alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero, levárono a ameazar con levarse o equipo de Vigo se o Concello non lle vendía o estadio de Balaídos, de propiedade municipal.O Concello de Vigo decidiu finalmente outorgar ao Celta unha concesión de Balaídos por 50 anos para que siga a xogar nel os partidos mentres que o club decidiu construír a súa cidade deportiva no veciño concello de Mos coa colaboración do seu goberno local, do PP, nunha operación avalada polo propio presidente Feijóo. A cidade deportiva implantarase nun ámbito de 864.000 metros cadrados dun monte de Mos lindeiro co termo municipal de Vigo do que a metade é actualmente de propiedade comunal. O Concello de Mos está a impulsar a recualificación do terreo, a través da modificación do seu plan de urbanismo aprobado só un ano antes, para posteriormente expropialo e entregarllo en concesión ao Celta. O club prevé construír nel un estadio de entre 6.000 e 11.000 espectadores, sete campos de fútbol regulamentarios, outros tres de inferiores dimensións, un pavillón, unha piscina e un centro comercial de 120.000 metros cadrados que a sociedade anónima deportiva considera necesario para facer rendible o resto do complexo.O Celta quere iniciar xa algunhas obras este verán a través dun arrendamento de parte dos terreos antes de que o Concello complete a recualificación e expropiación de todo o ámbito para entregarllo en concesiónO Celta pretende iniciar xa este mesmo verán, sen esperar a que se complete a avaliación ambiental da recualificación de todo o ámbito implicado, os traballos de acondicionamento de parte dos terreos para acoller os primeiros campos. O club explica que xa conta para iso cun acordo de arrendamento cunha comunidade de montes da zona para poder actuar alí antes de que se complete a tramitación urbanística que segundo os plans do Concello terminará coa expropiación deses terreos para a súa entrega en concesión ao club.Porén, a Xunta vén de facer públicas as obxeccións que formulan ao proxecto varios dos seus departamentos sectoriais así como outras administracións, que coinciden entre elas e co Concello de Vigo en que o seu impacto debe ser avaliado a nivel comarcal, e non só a nivel local. Cuestiónase desde o emprazamento do complexo ata o sistema de expropiación como vía para que o Concello lle facilite os terreos ao Celta, pasando pola mera necesidade do centro comercial ou o seu impacto no tráfico. Pero o que máis lles preocupa aos veciños da zona é que o complexo deportivo non afecte ás numerosas captacións de auga dese monte das que se abastecen as vivendas de familias que levan xeracións vivindo alí.Hai unha década a preocupación dos veciños de Nigrán ante a aprobación do novo plan de urbanismo que pretendía o goberno local do PP era que o documento restrinxía as posibilidades de edificación no interior do municipio, nas parroquias máis rurais, ao tempo que o facilitaba preto do litoral, nas zonas máis turísticas. Os opositores ao plan de urbanismo de Nigrán resumían o conflito dicindo que o goberno local quería prohibir que os nigraneses puidesen construír nas súas leiras vivendas para os seus fillos ao tempo que se facilitaba que promotores inmobiliarios levantasen novas segundas residencias ou pisos turísticos preto da praia.En 2006 Mouriño negou ter información privilexiada para mercar os terreos que o alcalde de Nigrán, compañeiro seu na directiva do Celta, pretendía recualificarEsa tese expandiuse entre a cidadanía como unha convicción cando varios medios como La Voz de Galicia ou Atlántico Diario comezaron a revelar que o novo plan de urbanismo pretendía recualificar terreos nas últimas bolsas de solo preto do litoral que nos anos anteriores foran adquiridos por diversas sociedades das que participaban compañeiros do alcalde, Alfredo Rodríguez, na directiva do Celta. Mouriño, ao que lle estourou o escándalo nada máis chegar á presidencia do club e que agora non quere realizar comentarios, negou daquela que tivese información privilexiada. "Teño o 30 por cento nunha sociedade que mercou terreos en Nigrán antes de que Alfredo Rodríguez fose alcalde e despois de chegar á alcaldía, igual que merco terreos antes da miña entrada no Celta e cando xa era membro do consello de administración", dicía a Atlántico Diario. Mouriño tamén argumentaba que a recualificación non era tan beneficiosa para el porque unha parte dos terreos obtiñan a edificabilidade máis baixa de todo o plan, e atribuía á casualidade outras recualificacións que lle resultaban máis favorables.Máis dunha década despois de que a veciñanza impedise a recualificación de terreos que pretendía o alcalde de Nigrán, agora son varias as administracións que dubidan do impacto ambiental da que impulsan da man Mouriño e o goberno local de MosTras aquel tumultuoso pleno do 2 de xuño de 2006 no que o alcalde tivo que abandonar a Casa do Concello de Nigrán escoltado polos antidisturbios da Garda Civil, incapaces de evitar que o edificio fose tomado ao asalto e arrasado polos manifestantes, o plan de urbanismo quedou arrombado. Un ano despois, o 27 de maio de 2007, as eleccións municipais mudaban o PP polo PSOE á fronte da alcaldía de Nigrán, un resultado que todos os partidos vincularon coa polémica urbanística. Máis dunha década despois, agora son diversos departamentos da Xunta e do Goberno central os que non acaban de ver clara polo seu impacto ambiental a recualificación que queren impulsar da man Mouriño e o goberno local de Mos. |
NOS_11383 | Xi e Biden manterán hoxe un encontro virtual onde tamén tratarán a súa competencia directa. | Os presidentes dos Estados Unidos e da China, Joe Biden e Xi Jinping, manterán hoxe un encontro virtual que terá como tema principal a guerra en Ucraína, mais tamén o enfrontamento entre as dúas potencias americana e asiática. "Os dous líderes discutirán como manexar a competencia entre os nosos dous países así como a guerra de Rusia en Ucraína e outros temas de interese común", informou a portavoz da Casa Branca, Jen Psaki, que engadiu que o diálogo entre Biden e Xi é "parte dos nosos esforzos continuos por manter abertas as liñas de comunicación" entre os Gobernos estadounidense e chinés. Beijing mantén unha posición ambigua con respecto a invasión rusa de Ucraína, non condenándoa mais absténdose de votar con Rusia na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Xi cualificou a crise de "preocupante" e avogou polo diálogo entre as partes. Nas últimas horas o Goberno chinés volveu defender a súa postura e cargou contra os EUA, que esta semana denunciou entre os seus aliados a disposición de Beijing a prestar axuda militar a Moscova, algo negado tanto por chineses como por rusos. Así, Beijing acusou a Washington de manter unha política de bloques propia da Guerra Fría, sinalando o país norteamericano e a OTAN como culpábeis de desatar a crise ucraína co seu interese expansivo cara ao leste de Europa. E Washington acusou a Beijing de incumprir a Carta da ONU ao evitar calquera mínima crítica a Moscova. Sancións Retrucou o portavoz do Ministerio de Exteriores chinés, Zhao Lijian, explicando que non hai violación ningunha, que a China sempre defende a soberanía e a integridade territorial de todos os países. Para Zhao, as críticas estadounidenses son anacrónicas, na medida en que Beijing estaría actuando de forma independente. Neste sentido, insistiu en que Beijing avoga por unha resolución pacífica do conflito. O portavoz diplomático emprazou os Estados Unidos e a OTAN a tomaren medidas tamén en favor da pacificación, xa que en opinión da China ambos os actores teñen unha responsabilidade chave na orixe desta escalada de tensións. Ademais, o Ministerio de Comercio chinés tamén subliñou nas últimas horas que continuará a manter relacións comerciais normais tanto con Rusia como con Ucraína, en aras do beneficio e do interese mutuo. Responde ás declaracións realizadas esta semana polo ministro de Finanzas ruso, Anton Siluanov, que sinalou que o seu país conta coa China para axudar a amortecer o golpe económico provocado polas duras sancións económicas aprobadas por Occidente. Neste sentido, as autoridades dos Estados Unidos e doutros países levan semanas recalcando que axudar a Rusia podería supor consecuencias para os fluxos comerciais e das novas tecnoloxías, e que a China se arrisca a ser obxecto tamén de sancións indirectas. Mariupol Mentres, a ofensiva rusa sobre Ucraína continúa, con especial intensidade na estratéxica Mariupol. O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV) nesta cidade abandonouna na cuarta feira na compaña de varias miles de persoas que as tropas rusas permitiron saír. Non obstante, outro equipo da organización estase a preparar para entrar na súa substitución axiña reciban as garantías necesarias. O presidente do CICR, Peter Maurer, confirmouno nunha conferencia de prensa virtual desde Kiev, onde se atopa nunha visita de cinco días para facer unha avaliación da situación humanitaria e pedir ás partes do conflito que permitan que a organización cumpra a súa misión de axuda á poboación civil. Acerca do recente ataque sobre o teatro de Mariupol, onde se agochaban no seu refuxio antiaéreo arredor de mil persoas, Maurer dixo que a súa organización non conta cunha avaliación independente do ocorrido e que non pode facer especulacións. "Por suposto que vimos imaxes perturbadoras nas últimas dúas semanas e é por esta razón que recollemos información, que falamos coa xente en todo o país, para termos unha mellor idea do que pasa nesta guerra en núcleos urbanos, onde os civís están a ser atacados tan violentamente", sinalou. Maurer manifestou que o CICR continuará a falar coas partes do conflito e que exporá a Rusia as súas preocupacións sobre as informacións que emerxen sobre os ataques a civís. |
NOS_35739 | José Julio Fernández expuxo o Informe 2014 na Comisión de peticións da Cámara. Destacou o aumento da pobreza enerxética e como despexos e cláusulas-solo abranguen as maiores queixas. | O Whatsapp como un "instrumento de violencia machista" en mans de parte dos mozos galegos que o usan para "controlar" as súas parellas. Quen fai esta denuncia foi o Valedor do Pobo, José Julio Fernández. O alto comisionado considera "sorprendente" que esta aplicación se estea a usar en Galiza "nun nível inadmisíbel" para eses usos de control "machista". "Emprégase para controlar a xove, para saber onde está, o que leva posto. Isto preocúpanos", manifestou O Valedor do Pobo asistiu ao Parlamento galego para expoñer na Comisión de peticións o informe relativo ao exercicio 2014. José Julio Fernández advertiu sobre os efectos que teñen os recortes en eidos como a Sanidade e lembrou que a austeridade non era un principio constitucional. Defendeu o traballo da institución que preside ("gañamos en axilidade na xestión das queixas. O 91% admitidas en 2014 finalizaron antes de rematar o ano") e aseverou que "as administracións lentas nas súas respostas incorren nun comportamento antidemocrático". Durante 2014 aumentou nun 28%, até chegar case ás 30.000 persoas, as persoas atendidas polo Valedor do Pobo. Os asuntos tratados baixaron, porén, un 16%, até os 2.130. O alto comisionado tamén se referiu á pobreza enerxética, destacando o seu aumento. Cualificou de "insuficientes" as "reaccións" dos poderes públicos para solucionar esta problemática. Fernández explicou que o maior número de queixas foron as relacionadas coas cláusulas-solo e cos despexos. Das primeiras dixo que eran mostra do "abuso" das entidades financeiras e das segundas apuntou a que ningún dos desafiuzamentos que chegou ao Valedor chegou a se executar. |
PRAZA_7254 | Define un histórico triunfo para Cuba e o seu proceso revolucionario tanto como un fracaso igualmente histórico para a política reaccionaria do exilio cubano principalmente asentado na Florida, fortalece ao mesmo tempo o proceso de reformas internas e o pragmatismo que en materia de política exterior ven realizando o goberno de Raúl Castro | A histórica decisión abordada esta semana polos presidentes Barack Obama e Raúl Castro de propiciar a normalización das relacións bilaterais cubano-estadounidenses, ampliada coa petición do presidente estadounidense ao seu Congreso para poñer fin ao que denominou unha política "obsoleta" cara Cuba, dá a entender a potenciación dunha silenciosa e progresiva diplomacia "baixo corda", moi probablemente determinada por importantes intereses comerciais e factores de carácter xeopolítico. A peza chave desta apertura estará enfocada no restablecemento de relacións diplomáticas entre Washington e A Habana, suspendidas desde xaneiro de 1961. A aparente confirmación por parte da Casa Branca de abrir proximamente unha embaixada na capital cubana, deixa aberta a posibilidade dun paso aínda mais significativo, traducido na eventualidade de que o Congreso estadounidense, actualmente en mans do Partido Republicano tralas eleccións de novembro pasado, ratifiquen a petición de Obama de acabar co anacrónico embargo económico vixente contra Cuba desde 1962. Segundo fontes oficiais, o obxectivo da administración Obama sería propiciar esta apertura para antes do próximo Cumio das Américas, a celebrarse en abril próximo en Panamá. Cómpre observar o sutil mea culpa establecido por Washington na súa declaración Alén das medidas anunciadas (flexibilización comercial, visitas e envíos de remesas, mutua liberación do contratista estadounidense Alan Gross e de tres axentes cubanos presos en EUA), cómpre observar o sutil mea culpa establecido por Washington na súa declaración. Recoñecer oficialmente que a política "obsoleta" e de "longa data" cara Cuba "provocou un illamento rexional e internacional do noso país, restrinxiu a nosa capacidade para influenciar o curso dos acontecementos no hemisferio occidental e imposibilitou o uso de toda gama de medidas que EUA puidera utilizar para promover un cambio positivo en Cuba", acometendo un "efecto practicamente nulo", tal e como reza literalmente esta declaración, oficializa decididamente o fracaso e a defunción dunha política antano inalterable para Washington, progresivamente defendida e vixente desde a presidencia de John F. Kennedy ata a actual de Obama. Fortalece ao mesmo tempo o proceso de reformas internas e o pragmatismo que en materia de política exterior ven realizando o goberno de Raúl Castro Esta perspectiva, que paralelamente define un histórico triunfo para Cuba e o seu proceso revolucionario tanto como un fracaso igualmente histórico para a política reaccionaria do exilio cubano principalmente asentado na Florida, fortalece ao mesmo tempo o proceso de reformas internas e o pragmatismo que en materia de política exterior ven realizando o goberno de Raúl Castro, persuadido da necesidade de reinserir a Cuba no escenario internacional e de acometer medidas de solución da crise económica. A súa declaración considerando que Obama "merece o respecto e recoñecemento do pobo cubano", agradecendo e recoñecendo ó mesmo tempo a colaboración doutros actores como o Vaticano e o goberno de Canadá, confirman as expectativas de que, nos derradeiros meses, Washington e A Habana acicalaban silenciosamente este "novo curso" das súas relacións. A nova etapa Esta apertura terá inevitables consecuencias de carácter xeopolítico, principalmente a nivel hemisférico, tal e como se observaron coas respectivas declaracións orientadas a "repensar" as relacións latinoamericanas con Washington, realizadas polo presidente da UNASUR, Ernesto Samper, así como dos mandatarios participantes no cumio do MERCOSUR que se leva actualmente a cabo na Arxentina. Resta por ver cal será a reacción dun lobbie cubano-estadounidense sumamente polarizado, e que espera concentrar as súas esperanzas electorais no eventual ascenso do senador de orixe cubano Marco Rubio como hipotético candidato republicano O feito de observar un Congreso e Senado e mans do Partido Republicano, o cal fortalece as expectativas republicanas de cara aos comicios presidenciais 2016, moi probablemente supuxo o factor chave que persuadiu a Obama a acelerar o curso dos cambios e da política aperturista cara Cuba. Resta por ver cal será a reacción dun lobbie cubano-estadounidense sumamente polarizado, e que espera concentrar as súas esperanzas electorais no eventual ascenso do senador de orixe cubano Marco Rubio como hipotético candidato republicano para as próximas presidenciais estadounidenses. Paralelamente, o persistente peso dos diversos lobbies económicos como correas de presión no Congreso e na Casa Branca á hora de poñer fin ao embargo, explica igualmente outros factores estratéxicos detrás desta apertura. Deste xeito, as prioridades estadounidenses en Cuba reorientaríanse na apertura dun mercado apetecible, traducido en intereses de carácter comercial, turístico e incluso enerxético, focalizados na recente apertura da Zona Económica Especial do Mariel e da estratéxica posición adoptada nos derradeiros anos por China e, en menor medida, Brasil, Europa e Rusia, como socios comerciais cubanos. No contexto hemisférico, a apertura cubana gravitará con notable incidencia nas relacións entre EUA e América Latina, tomando en conta a maioritaria presenza de gobernos progresistas e de esquerdas en países latinoamericanos No contexto hemisférico, a apertura cubana gravitará con notable incidencia nas relacións entre EUA e América Latina, tomando en conta a maioritaria presenza de gobernos progresistas e de esquerdas en países latinoamericanos estratéxicos como Brasil, Arxentina, Venezuela e Bolivia, con amplos contactos de cooperación con Cuba. Con todo, restará especial atención o que sucederá en Venezuela, aliado estratéxico cubano desde 1999 e un principal socio económico da Habana, especialmente en materia petroleira. Moitos focos están agora concentrados en Caracas, o mais claro substituto da Habana como centro neurálxico e activista hemisférico das críticas contra Washington. O deterioro no contexto actual das relacións entre Caracas e Washington deixa o goberno de Maduro nunha complexa situación, erosionada igualmente por unha crise económica afondada pola forte caída dos prezos do petróleo A pesar da favorable acollida á apertura cubana realizada polo presidente venezolano Nicolás Maduro durante o cumio MERCOSUR, o deterioro no contexto actual das relacións entre Caracas e Washington deixa o goberno de Maduro nunha complexa situación, erosionada igualmente por unha crise económica afondada pola forte caída dos prezos do petróleo, así como ante a eventualidade de que a Casa Branca aplique sancións contra altos funcionarios venezolanos con propiedades en EUA. Este contexto ben puido igualmente persuadir ao goberno cubano a acelerar a negociación aperturista con Washington. Todo isto condicionará durante o 2015 o acontecer venezolano dentro dun contexto electoral chave, focalizado nas eleccións lexislativas pautadas para setembro do próximo ano, onde o "postchavismo" bascula para manter a súa maioría parlamentaria. Con todo, a apertura cubana pode supoñer igualmente un punto de distensión nas relacións bilaterais entre Venezuela e EUA, toda vez Obama tenta congraciar unha política de achegamento cara América Latina tras o afastamento establecido pola "era Bush" e a súa preeminencia na fatídica loita contra o terrorismo global. Outras "aperturas" para o 2015? Precisamente, o discurso de Obama explicando a apertura cubana utilizou a referencia da loita antiterrorista cando argumentou que nos "momentos en que centramos a nosa atención nas ameazas provenientes de Al Qaeda e do ISIL, unha nación que cumpre coas nosas condicións e que renuncia ao uso do terrorismo non debe estar sometida a este tipo de sanción". Esta declaración, que sepultaría a presunción que durante décadas estableceu Washington acusando a Cuba de presuntamente apoiar o "terrorismo internacional", semella mais ben unha sutil mensaxe enviada por Obama cara Irán, o outro actor "incómodo", cuxa (re) apertura diplomática espera eventualmente consolidarse durante o 2015. Obama e o presidente iraniano Hassan Rouhaní veñen establecendo contactos directos e indirectos que impulsan as expectativas dun cambio histórico nas relacións entre Washington e Teherán Con avances e algúns retrocesos, Teherán e a Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA) negocian periodicamente os prazos establecidos para o control do programa nuclear iraniano. Con anterioridade, Obama e o presidente iraniano Hassan Rouhaní veñen establecendo contactos directos e indirectos que impulsan as expectativas dun cambio histórico nas relacións entre Washington e Teherán, similar ao establecido esta semana pola Casa Branca coa Habana. Obama e o presidente iraniano Hassan Rouhaní veñen establecendo contactos directos e indirectos que impulsan as expectativas dun cambio histórico nas relacións entre Washington e Teherán Con todo, a presión republicana contra o réxime iraniano pola seu presunto apoio ao terrorismo internacional, en particular ao palestino Hamas e o libanés Hizbulá, moi probablemente acrecentarase durante o 2015, aínda que Obama tente acelerar a posibilidade dunha apertura con Teherán que fortalecería os imperativos xeopolíticos iranianos en Oriente Medio e complicaría a posición israelí, o tradicional aliado estratéxico estadounidense na rexión. O goberno dereitista de Benjamín Netanyahu, que recentemente adiantou eleccións xerais para marzo próximo, acaba de impulsar unha política segregacionista no Estado israelí de decretar a súa condición de "Estado xudeu", en clara reacción á posibilidade de cambios xeopolíticos en Oriente Medio que compliquen e afecten os seus parámetros estatais e xeopolíticos. Se ben as complexidades da apertura iraniana son evidentes, existen efectos colaterais que poden propiciar un 2015 intenso. A ofensiva contra o Estado Islámico traduce unha indirecta tramitación de intereses entre Washington e o réxime sirio de Bashar al Asad, principal aliado iraniano na rexión e un dos "inimigos" estadounidenses. Paralelamente, o recente recoñecemento sueco e do Parlamento Europeo ao Estado palestino, así como a inesperada declaración do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (en principio non respaldada pola Comisión Europea) pedindo retirar a condición de grupo terrorista para Hamas, dan a entender diversas variables que poderían gravitar colateralmente sobre unha hipotética política aperturista entre Washington e Teherán. Se o 2014 anunciou un intenso punto de inflexión dos cambios que se albiscan no escenario internacional, o 2015 pode marcar as definicións dos mesmos e das súas pautas Mentres Obama e Raúl Castro anunciaban a súa histórica apertura, a guerrilla das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), que desde 2012 negocia e avanza co goberno colombiano un acordo de paz cuxas conversacións se celebran na capital cubana, anunciaban un cese "unilateral e permanente" trala recente crise do goberno de Juan Manuel Santos. Se o 2014 anunciou un intenso punto de inflexión dos cambios que se albiscan no escenario internacional, o 2015 pode marcar as definicións dos mesmos e das súas pautas. Polo pronto, Obama e Raúl Castro acaban de colocar a primeira pedra. |
NOS_18167 | Sanidade suma outros 1.412 contaxios, un descenso con respecto ao récord de case 1.600 infeccións rexistrado na sexta feira | A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 na Galiza rexistrou un lixeiro alivio nas últimas horas, con seis ingresados menos. Mentres tanto, os contaxios por coronavirus notificados no último día sitúanse nos 1.412, un descenso con respecto ao récord de infeccións nesta quinta onda rexistradas na sexta feira (1.593), mais que non impide que os casos activos da enfermidade sigan en aumento exponencial e rocen xa os 16.000. No que respecta á situación dos hospitais, segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas da sexta feira, recollidos por Europa Press, os pacientes de covid que requiren ingreso descenderon até os 206 en total (-6). De todos eles, 183 atópanse en planta -29 menos-, mentres que os enfermos en unidades de coidados intensivos mantéñense en 23 -sen variacións-. Por áreas sanitarias, esta evolución favorábel prodúcese en catro das seis. Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, o descenso no número de ingresados é máis palpábel con 10 menos, até os 41, dos que un se manteñen en críticos -sen cambios-. Tamén baixou a presión asistencial na área da Coruña-Cee, que contabiliza 44 hospitalizados (-4), aínda que os das UCI subiron a nove (+1); na de Ferrol, con 14 ingresados (-2), dous deles en críticos -sen variación-; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, que ten 18 hospitalizados (-2), dos que un segue na UCI. No lado oposto sitúanse as áreas de Vigo, Santiago-O Barbanza e Pontevedra-O Salnés. Nesta última, a cifra de hospitalizados subiu ata 37 (+6), cunha afectación tamén nos enfermos que requiren coidados intensivos, que soben a catro (+3). Ademais, a área da capital galega contabiliza 15 ingresados (+5), aínda que seguen en dous os de UCI, sen cambios; e a de Vigo ten 33 (+4), dos que catro se manteñen en coidados intensivos. Case 16.000 casos Galiza alcanza 31 días consecutivos de aumento de casos activos, que ascenden xa a 15.992. Son 883 máis que os notificados por Sanidade esta sexta feira, ao haber máis novos diagnósticos que altas no último día. O ascenso sostido dos pacientes de covid nas últimas semanas é palpábel se se compara coa cifra coa de sete días atrás. En concreto, o pasado sábado Sanidade notificaba 9.417 casos activos na Comunidade. Por áreas sanitarias, este parámetro aumentou nas últimas 24 horas en seis das sete. Tan só decreceu, e lixeiramente, na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que se sitúa con 2.332 pacientes (-9). En canto ao resto, continúan en ascenso. Na de Vigo son xa 3.734 (+190); na Coruña-Cee, 2.809 (+218); en Pontevedra-O Salnés, 2.785 (+170); en Santiago-O Barbanza, 1.990 (+107); en Lugo-A Mariña-Monforte, 1.617 (+119); e na de Ferrol, con 725 casos activos (+88). Novos contaxios Os novos contaxios de covid-19 detectados por todo tipo de probas nun só día situáronse en 1.412, unha cifra que volveu a superar a barreira do 1.400 mais que implica un importante descenso con respecto aos 1.539 casos notificados na sexta feira por Sanidade, récord da quinta onda. Con todo, este dato acumula xa cinco días consecutivos por enriba do milleiro tras arrincar a semana con 975. De todos os 1.412 positivos detectados por calquera tipo de test -1.343 confirmados a través das Probas Diagnósticas de Infección Activa ( PDIA)-, a área da Coruña-Cee sumou 283 novas infeccións, seguida da de Vigo con 268. Tras estas, sitúanse a de Pontevedra-O Salnés, con outros 250; a de Santiago-O Barbanza, con 188; Lugo-A Mariña-Monforte, con 172; Ourense-Verín-O Barco, con 138; e Ferrol, con 113. Así, as persoas contaxiadas de covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 148.422 na Galiza, deles 34.424 na área da Coruña; 29.834, na de Vigo; 22.575, na de Santiago; 18.907, na de Ourense; 17.951, na de Pontevedra; 15.142, na de Lugo; e 9.589 na de Ferrol. PCR e positividade Galiza efectuou desde o inicio desta pandemia 2.505.157 PCR. Disto dedúcese que o Sergas realizou 8.058 probas nas últimas 24 horas, unhas 120 menos que o día anterior. En canto á taxa de positividade das PCR, descendeu nas última horas até o 11,8%, despois de rozar o 14% nos datos da sexta feira. Con todo, isto implica que a Comunidade galega segue por enriba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, té hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro. Falecidos e curados Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 na Galiza desde o inicio da pandemia ascenden a 2.447 ao notificar Sanidade tres novas vítimas esta sexta feira. Así mesmo, 130.008 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto da Galiza desde o comezo desta crise sanitaria, 526 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior. |
QUEPASA_545 | Carlos Penedo Casmartiño volve para denunciar a afectación do Parque Eólico das Salgueiras | "Montes, non me conocedes,non me conocedes, chousasde Balarés e As Salgueiras,e de Gondomil, ti, costa,pronde cando era pequeño,con unha gorra de lontra,perseguía as lebres tímidaspelas vosas rudas camposas?"Eduardo Pondal Montes con legado cultural e pasaxístico témolos no concello de Ponteceso. Un deles é o monte As Salgueiras. Temos legado dende a idade de bronce, uns petróglifos ilustran o dato. Na idade megalítica temos constancia por dúas mámoas no monte ACarballa, con unha intervención arqueolóxica daríamos conta dun castro nuha situación moi estratéxica. A cristianización aporta ao legado do monte Salgueiras unha serie de simbolos de contido arqueolóxico destinados ao dominio relixioso e cultural.Antiga capela de San Adrian Vello, de este santo nace a lenda de San Adrian e as serpes.Cruz e cruceiro das Salgueiras,Pondal fai referencia a este cruceiro da seguinte maneira: O cruceiro é o limete entre Corme e Cospindo, onde facían os tratos das reses, atando a vaca, o boi, ou o cuxo ao varal do cruceiro namentres chocabanas mans compradores e vendedores. O chan do mote esta cruzado polo camiño rea, camiño das pescas. As pescas de Corme levaban o peixe O Couto. De singularidade especial son os Cantís do Canteiro, un espazo de interese paisaxístico, protexido no POL (Plan de Ordenación do Litoral). Ademais comtempla a protección de vexetación de ladeira. Aqui a Xunta de non sei onde, quere implantar un parque éolico de 6 aeroxeradores de principio, que poden chegar ata 50 ou máis. Todo o anterior descrito queda fóra de combate e o monte con legado cultural e paisaxístico pasa a charmarse parque eólico Salgueiras. O parque linda coa Rede Natura, co Monte Branco, co Esteiro do Anllóns, coa praia de Balarés, cos Cantís do Canteiro, coas Brañas de Gondomil. Por tanto, necesia unha avaliación sobre as repercusión sobre a Rede Natura que non se realizou. Por iso o parque eólico Salgueiras é ilegal. Deixo para o final a participación veciñal neste proxecto eólico. É nula, só participamos na elaboración das alegacións que nunha porcentaxe moi elevada non contestan, nin á Xunta, nin ao concello. Estamos ante un negocio que políticos e empresas eólicas xogan a quen saca mellor tallada. O modelo eólico é especulativo, inxusto e anti democrático. Carlos Penedo Casmartiño. Rede Galega por un Rural Vivo. Novas sobre os eólicos O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme. Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: "Róubannos a nosa Paisaxe". O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras. Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia. "Aldeas con horizonte": Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos. "O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades". Carta aos eólicos: "O expolio está servido". O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe. Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar. |
NOS_31529 | Beatriz Pino insiste na "necesidade" de alcanzar este acordo de carácter "constitucionalista" para facer fronte á "ameaza" de que "o nacionalismo e do populismo" gobernen a Xunta. | A Xestora de Ciudadanos enviou esta terza feira unha carta ao Partido Popular, tanto a Génova como á dirección galega, na que se abre a renunciar á plataforma 'Mejor Unidos' para as eleccións galegas do 5 de abril e aposta por que as siglas de ambos os dous partidos figuren nunha única papeleta. Así o avanzou en rolda de prensa a portavoz de Cs na Galiza, Beatriz Pino, quen insistiu na "necesidade" de alcanzar este acordo de carácter "constitucionalista" para facer fronte á "ameaza" de que "o nacionalismo e do populismo" gobernen a Xunta. A carta remitida por Ciudadanos, á que tivo acceso Europa Press, aparece asinada polo presidente da Xestora, Manuel García Bofill, e expresa o seu "respecto" por que Núñez Feixoo e o PP, o "partido maioritario" de Galiza, lidere a coalición. Na misiva, a formación liberal tamén se mostra aberta a que a alianza teña un nome distinto ao de 'Mejor Unidos'. Ademais, reclama "unha repartición proporcional de todos os espazos da campaña" e que ambos os partidos "manteñan unha actitude de leal colaboración durante toda a lexislatura". No entanto, Ciudadanos propón a conformación de "grupos parlamentares distintos" no Parlamento galego, así como "reservar o voto en conciencia" dos seus deputados e deputadas para asuntos "de carácter moral, singularmente os relacionados coa protección de dereitos individuais". Esta carta supón un novo paso dos de Inés Arrimadas ante a negativa do PPdeG a renunciar á súa marca por entender que Feixoo xa aglutina o voto de centro-dereita. E é que os populares ábrense unicamente a incorporar ás súas listas a cargos de Cs. Segundo Pino, Galiza atópase nun momento "de excepción" no que "o preocupante" é que o PP perda a súa maioría e que goberne a Xunta "esa coalición pola banda esquerda, con nacionalistas e populistas". En calquera caso, de non chegar a ningún acordo cos populares, a súa portavoz na Comunidade galega apelou aos seus votantes para que non teñan "ningunha dúbida" de que nos comicios do 5 de abril vai haber unha papeleta de Ciudadanos nos colexios electorais. "Non haberá desaparición das nosas siglas", afirmou. |
PRAZA_19060 | Aprobará un mecanismo extraxudicial co que impedir o colapso dos xulgados malia a doutrina que marcou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea. As audiencias provinciais de Pontevedra e Lugo ditan as primeiras sentenzas favorables aos clientes afectados. | O Goberno central prepara un decreto-lei para que cliente e banco negocien a devolución do cobrado indebidamente polas cláusulas solo. Nun intento por evitar unha vaga masiva de demandas, o Executivo prevía inicialmente aprobar este venres no Consello de Ministros o mecanismo extraxudicial co que pretenden evitar un colapso xudicial e para o que busca o apoio de Ciudadanos e PSOE. No entanto, durante a tarde do xoves abriu a porta a un adiamento para, precisamente, prolongar esa negociación. O que se sabe do documento é que prevé "un procedemento de reclamación extraxudicial previa que é voluntaria para o consumidor e obrigatoria para a entidade de crédito". Xa que logo, a entidade está obrigada a contestar á reclamación. Ademais, prevé tres meses para a tramitación do procedemento, unha rapidez no proceso que semella beneficioso para as persoas afectadas. De haber acordo entre as partes, o banco non deberá facer fronte a ningún tipo de custos legais adicionais. O decreto-lei prevé un mecanismo extraxudicial no que o banco está obrigado a contestar á reclamación do afectado e arranxalo en tres meses De non haber acordo e o cliente acode á vía xudicial, o xuíz decidirá se a claúsula e nula ou non e cal é a cantidade que o banco ten que abonar ao cliente, ademais dos intereses devengados. O caso é que xa agora os maxistrados, seguindo a liña marcada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), están ditaminando a favor dos afectados que demandaran anteriormente. As audiencias provinciais de Lugo e Pontevedra veñen de ditar as primeiras sentenzas favorables aos afectados polas cláusulas solo De feito, as audiencias provinciais de Lugo e Pontevedra veñen de ditar as primeiras sentenzas nas que se aplica o ditame do TXUE sobre a retroactividade das cláusulas solo. No caso da sentenza na primeira das audiencias, dá a razón aos clientes ao entender que "a extensión dos efectos da nulidade da cláusula comporta a devolución íntegra do indebidamente percibido". Na outra, os maxistrados sosteñen que non cabe limitar no tempo os efectos da declaración de nulidade sen contravir o Dereito comunitario, polo que condenan a entidade a abonar aos demandantes as cantidades indebidamente satisfeitas desde a data de celebración do contrato de préstamo con garantía hipotecaria. Pero, que ocorre con aqueles que estean dispostos a acudir agora á vía xudicial ? Que ocorriría se, por exemplo en Galicia, as 150.000 persoas que se calculan que teñen asinadas cláusulas solo acudisen á batalla nos tribunais? Iso intenta evitar o Executivo central. O avogado e secretario xeral de Acouga (Asociación de Consumidores e Usuarios de Galicia) -que ten admitida a trámite unha demanda colectiva da contra as cláusulas solo de Novacaixagalicia-, Xoán Antón Pérez-Lema, considera que a intención do Goberno con este decreto é "facer ver que fai e que é moi dilixente" pero tamén "facerlle a factura máis beneficiosa" ás entidades financeiras. Na súa opinión, o Executivo non ten en conta algo: "Hai bancos que prefiren ir pola vía xudicial aínda perdendo preitos porque saben que hai xente que acaba por non demandar e que ao diluír no tempo o proceso tamén atrasan as consecuencias en varios exercicios e así non teñen que aprovisionar todo o importe para este ano". Se a cifra final decretada polo xuíz é inferior á que o banco xa ofrecera, a entidade non terá que pagar as custas xudiciais do cliente O decreto que presentará o Goberno, no caso da vía xudicial, prevé que se a cifra final é inferior á que o banco xa ofrecera nas negociacións previas, a entidade non terá que pagar as custas xudiciais do cliente. De ser superior á ofrecida, daquela si podería ser condenado a abonalas. No caso de que se prsentase unha demanda reclamando unha cantidade determinada e o banco a achantase, tampouco tería que pagar as custas, algo que, como lembra Pérez Lema, xa está recollido na lei de enxuizamento civil. "Non achega nada distinto ao que xa se di na lei; ir alén diso podería ser anticonstitucional", advirte. "Queren evitar milleiros de demandas como no caso das preferentes", di Pérez-Lema, que propón xulgados de reforzo como daquela Para o secretario xeral de Acouga, o Executivo pretende "evitar que haxa milleiros de demandas como pasou no caso das preferentes". No entanto, cre que a resposta ao que ocorreu daquela en Galicia é o exemplo a seguir: xulgados de reforzo instalados en Vigo e A Coruña para abodar as denuncias sobre aquela estafa. "Con cincuenta xulgados no Estado abondaría", explica quen cre que os afectados "saben que están ben defendidos a través das demandas colectivas e das asociacións de usuarios". En canto ao tema fiscal, a cantidad devolta polo banco non implica incremento de renda ningún agás no que se refire aos intereses xerados, unha cantidade que non se prevé elevada. Si pode ocorrer que a parte que o afectado pagou á entidade financeira fora empregada como parte da deducción por adquisición de vivenda, polo que o titular do crédito deberá facer declaracións complementarias de cada ano nos que se desgravaron fiscalmente eses intereses pagados de máis. Por outra banda, o decreto tamén prevé que a devolución dos cartos -por acordo entre as partes ou pola decisión xudicial- poderá satisfacerse en metálico ou reducindo as futuras cotas do crédito hipotecario que queden por vencer, unha alternativa esta que precisa do pacto entre ambas partes. |
PRAZA_4934 | Os responsables do Náutico rodearon cun valo o espazo no que se realizarán as obras de construción dun pantalán privado, criticado polos veciños, o Concello e recorrido ante a Xustiza. Nas últimas semanas houbo varios episodios de tensión entre os veciños e a seguridade privada que vixila a maquinaria. | Nada se move nas praia da Panadeira e Os Barcos de Sanxenxo. Tanto os responsables do Real Club Náutico de Sanxenxo coma os veciños opostos á ocupación dun espazo público para construír un pantalán de uso privado pelexan por manter as súas posicións á espera de que a Xustiza se pronuncie sobre a legalidade das obras, en resposta aos recursos presentados polo Concello e por Nauta Sanxenxo, a empresa municipal que xestiona o porto. Mentres, hai unha loita polo espazo, de xeito literal, na que o clube privado pechou cun valado o espazo no que deberían realizarse as obras, alegando que conta cos permisos nescesarios para levalas a cabo. Os veciños e veciñas, pola súa banda, retiraron os valos hai uns días, depositándoos na praia e rodeando un dos pivotes do futuro pantalán chantados na area, e no segundo intento da empresa de colocalos, tentaron obstaculizar este proceso todo o que puideron. Polo medio, acusacións cruzadas de agresións entre os cidadáns opostos ao proxecto e os axentes de seguridade privada que vixilan a maquinaria das obras. Esta pasada noite os veciños volveron denunciar unha agresión por parte destes empregados de seguridade, que mesmo rexistraron en vídeo. Esta pasada noite os veciños volveron denunciar unha agresión por parte destes empregados de seguridade, que mesmo rexistraron en vídeo En calquera caso, o obxetivo da plataforma cidadá SOS Panadeira é, por unha banda, manter o foco dos medios de comunicación sobre este conflito, para evitar que as obras avancen, provocando algún destrozo irreparable nos areais e no entorno. Nos vindeiros días, segundo xa anunciaron, levarán a cabo algunha acción reivindicativa aprovesitando o Entroido. E, de igual xeito, manteñen unha vixilancia directa no lugar para impedir na práctica o comezo dos traballos. Con respecto á acción levada a cabo hai uns días, consistente en limpar a praia dos Barcos, retirando as pedras e outros obxectos do areal e depositándoas ao pé do pivote do futuro pantalán instalado hai uns meses, SOS Panadeira declarou que se tratara dunha acción pola "dignidade dos espazos comúns democráticos", levando a cabo unha caste de milladoiro, "a modo de monumento funerario pola fin dun proxecto invasor". O futuro deste conflito, á espera de que a Xunta de Galicia tome nalgún momento a decisión de intervir, o que non fixo nos últimos meses, dirimirase nos tribunais, sobre todo no pronunciamento que debe realizar o TSXG. Está en xogo a continuidade de dous areais (Os Barcos e Panadeira), a perda de bandeiras azuis e o risco dunha meirande contaminación polo movemento previsto de barcos nos 121 amarres previstos. O proxecto supón, denuncian os e as veciñas, unha ocupación do espazo público (porto e praias) para o beneficio dunha entidade privada, o Real Club Náutico de Sanxenxo. |
PRAZA_4664 | A Xunta vese obrigada a reiniciar o procedemento para mercar as prendas tras varias reclamacións das empresas interesadas e un informe dun subdirector xeral no que se constatan erros "non subsanables". | O pasado 29 de novembro a Consellería do Medio Rural iniciaba os trámites para mercar parte da roupa que empregará o persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios durante 2014 e 2015. O departamento que dirixe Rosa Quintana dispúñase a adquirir por case un millón de euros arredor de 2.100 conxuntos de anorak, forro polar e cubrepantalón aproveitando unha achega de fondos europeos. Os pregos de condicións do contrato foron informados favorablemente o 17 de decembro, o gasto foi aprobado e a comezos de xaneiro remitíronse os anuncios correspondentes aos diarios oficiais. Pero as empresas interesadas comezaron a detectar erros que veñen de provocar a cancelación do proceso. Segundo un informe asinado polo subdirector xeral de Prevención e Defensa contra incendios forestais, Miguel Ángel Cela, varias das empresas comezaron a dirixirse á Consellería a mediados de xaneiro para realizar alegacións "a respecto do curto prazo dispoñible entre a publicación da licitación [23 de decembro] e a data límite da presentación de ofertas [31 de xaneiro], tendo en conta os requirimentos previstos para a mostra e os ensaios necesarios", solicitando "con carácter xeral, unha ampliación do prazo de 60 días". Ademais, advertían "dalgúns erros detectados nas especificacións" que a Xunta esixía para os produtos solicitados. A Consellería errou nas características da roupa e nos prazos para a presentación de mostras e entrega das prendas Atendendo ao propio informe Medio Rural trabucouse ao especificar os parámetros de resistencia á rotura ou ao rachado, de "resistencia contra deslaminación" ou das características de lavado das prendas. "Efectivamente, os erros detectados non son todos subsanables neste momento, por afectar tamén a contido do prego de cláusulas administrativas e estar en relación directa con dous dos criterios de valoración establecidos", admite o subdirector xeral, que tamén recoñece que os prazos fixados, ao "coincidir coas datas festivas do Nadal", supuxeron, "na práctica, dificultades para obter os materiais principais que os licitadores necesitan". Adicionalmente, os prazos establecidos "para realizar as primeiras entregas poderían supoñer dificultades na execución do subministro". Neste escenario, conclúe o informe, "a necesidade de corrixir" tanto as condicións administrativas como as técnicas "implicaría reiniciar as actuacións de preparación do contrato xa que impiden continuar o procedemento sen alterar as condicións para a adxudicación do mesmo". Cómpre ter en conta ademais, di, que "as prendas obxecto desta contrartación teñen relación cos niveis de protección de seguridade e saúde no traballo", polo que, tras "realizar os oportunos cambios, sería conveniente realizar consultas aos representantes sindicais na próxima xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral" do servizo contra incendios. Con este informe sobre a mesa, datado no pasado día 23, o día 24 o secretario xeral técnico da Consellería decidía "desistir" do procedemento e "reinicialo", seguindo a recomendación do subdirector, unha vez que se subsanen os erros cometidos. |
NOS_25493 | A pandemia agravou a situación que xa padecía o pequeno comercio galego. Algúns tiveron que fechar e os que resistiron admiten, segundo as organizacións que os representan, que foi por un esforzo propio e da veciñanza. Agora o gran perigo, segundo indican, é a competencia da venda online de grandes corporacións. | A situación do pequeno comercio na Galiza non era boa cando chegou a pandemia. A presenza das grandes superficies e a venda por Internet minaron nos últimos anos un sector tradicional que na Galiza acolle, segundo os últimos datos, uns 32.000 negocios. O presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seixas, confirma a Nós Diario que "o descenso das vendas comezou antes e a Covid-19 agravou esta circunstancia". Constata que hai unha "grande incerteza por non saber o que vai pasar". Cando estamos xa na desescalada neste sector preocupa o futuro dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) no que aínda están boa parte dos negocios. Seixas alerta de que "probabelmente non se poida recuperar o total dos cadros de persoal que agora mesmo están nesa circunstancia". Aínda así é optimista e asegura que se nota "algo máis de actividade" e fala de "certa mellora" nas vendas en relación ao ano pasado, unha situación que atribúe ao "avance da vacinación, á desaparición da maior parte das restricións e á xente perdeu o medo a saír". Coincide nesta apreciación Ainhoa Carracedo, xerente do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras. "Houbo un esforzo por parte dos propios comerciantes e un apoio total desde a veciñanza para chegar aquí", explica a Nós Diario. Fala de "recuperación lenta" que deixou polo camiño "algúns que tiveron que fechar, aínda que tamén agora vemos como hai algunha apertura", unha circunstancia que para ela indica que "segue a estar presente unha aposta polo comercio de proximidade". En Carballo, o presidente do seu Centro Comercial Aberto, Germán Ribeiro, tamén botou en falta un maior número de vendas. "Salvounos a propia clientela e contar con produtos de calidade", asegura. A competencia na venda en liña Desde a Federación sinalan que a "batalla" coas grandes superficies xa se clarificou e agora o perigo chega desde a competencia da venda online. "Son eses grandes monstros que nós afectan a todos e que, ademais, non pagan impostos como facemos todos", denuncia Seixas, "agardemos que coa nova lexislación pasen a pagar alí onde vendan para que haxa igualdade", engade. Este organismo creou unha plataforma dixital coa idea de facilitar o acceso ao pequeno comercio. "Para subsistir hai que contar, ademais de coa presenza física, coa virtual", indica Seixas. En opinión de Ribeiro a venda online foi "unha das leccións que nos deixou esta pandemia, non tivemos outra que adaptarnos". Axudas e rebaixas En teoría, a época de rebaixas nos comercios iniciábase o 1 de xullo nesta época. "Agora comezan 1 de xaneiro e rematan o 31 de decembro", di Seixas. Para a Federación a situación acostuma os consumidores a mercar con grandes descontos "que despois non podemos asumir desde o pequeno comercio". Por este motivo demanda que se lexisle para volver aos períodos tradicionais "nas datas que teñen que ser" para que "se saiba cal é o momento", cuestión que non acontece agora que as rebaixas "quedaron desvirtuadas". |
NOS_54021 | As negociacións entre Venezuela e os EUA para volver a estebelecer o comercio de petróleo xorden pola necesidade do país norteamericano de adquirir cru, despois de frear a compra de 800.000 barrís diarios a Rusia. | Venezuela chamou esta cuarta feira a Administración dos Estados Unidos de América (EUA) a sentar na mesa de diálogo e eliminar as "anacrónicas sancións" estabelecidas contra o país suramericano. Biden veta a importación de petróleo e gas de Rusia e estuda alternativas con Venezuela "Eu convídoo, súmome á invitación que fai o presidente Nicolás Maduro, como o seu subalterno, para convidar tamén a miña autoridade homóloga, o meu colega, chanceler, xefe de Departamento de Estado dos EUA, a que construamos unha ruta de diálogo e entendemento respectuoso entre Estados soberanos", sinalou o ministro de Asuntos Exteriores do Estado venezolano, Félix Plasencia, esta terza feira. Segundo o chanceler de Venezuela, as sancións impostas unilateralmente ao país suramericano son "anacrónicas e violan o dereito internacional", polo que exhortou ao secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, a dialogar para "desmontar a ruta equivocada de persecución e de sancións" contra Caracas que non contribúen ao achegamento entre os dous pobos. Venezuela. O que non contan A palabras dirixidas por Plasencia a Linken chegan despois do que parece unha reapertura das relacións económicas entre Venezuela e os EUA motivadas pola necesidade do país norteamericano de acrecentar as importacións de petróleo derivada da crise inflacionista que vén arrastrando nos últimos tempos e que se agravou polo freo de gran parte da importación de barrís de cru procedentes de Rusia. Reunión de alto nivel Así, o pasado 8 de marzo, tres anos despois de que Venezuela rompese relacións diplomáticas cos EUA polo seu apoio ao autoproclamado presidente de Venezuela, o opositor Juan Guaidó, tivo lugar unha reunión de Alto Nivel entre delegacións dos dous Estados, nas que se abordaron as exportacións de petróleo e o levantamento da prohibición ás refinerías estadounidenses de importar petróleo procedente do país latinoamericano. Citando fontes dos EUA informadas das negociacións, The Wall Street Journal afirmou que o petróleo venezolano ingresaría aos mercados internacionais en base ás propostas realizadas polo Goberno dos EUA durante a reunión de Alto Nivel. Rexionais e municipais en Venezuela: PSUV vence en 20 das 23 gobernacións e gaña en Caracas Neste sentido, na pasada quinta feira 7 de abril, o presidente da Xunta Administradora Ad-Hoc da empresa estatal Petróleos de Venezuela, Horacio Francisco Medina Herrera, dixo que era moi probábel que Washington estenda a licenza a Chevron, o último produtor de petróleo dos EUA no país suramericano, para retomar as importacións de cru. Maduro critica a expansión das bases militares dos EUA O presidente venezolano, Nicolás Maduro, criticou na terza feira o enfoque hexemónico dos EUA e a expansión das súas bases militares. Durante a súa intervención na Cimeira internacional contra o fascismo, en Caracas, Maduro denunciou a existencia de bases militares estadounidenses por todo o mundo, o que, ao seu xuízo, serve a Washington para exercer a súa hexemonía ao servizo da xeopolítica de dominación do imperio. O líder venezolano tamén condenou o uso dos EUA das súas misións militares para impulsar golpes de Estado contra países soberanos, aludindo ao 20º aniversario do intento para depoñer a Hugo Chávez, ex presidente de Venezuela. Os EUA fixeron a maior liberación de cru da súa historia Os EUA anunciaron o pasado 31 de marzo a maior liberación de petróleo da súa reserva estratéxica na historia. A medida busca reverter o aumento do prezo do combustíbel que a Casa Branca atribúe ao conflito entre Rusia e Ucraína. A liberación de cru das reservas dos EUA chegará ao millón de barrís diarios e terá unha duración de seis meses, unha medida sen precedentes históricos. O xefe do Goberno estadounidense, Joe Biden, culpou naquela altura da suba dos prezos directamente "á acción" do presidente de Rusia, Vladimir Putin. Porén, os prezos dos combustíbeis nos EUA xa estaban a experimentar unha intensa inflación nos meses previos ao conflito bélico en Ucraína. Un feito que se viu agravado polo corte na importación desde Rusia de 800.000 barrís diarios, froito das sancións impostas polos EUA ao Estado ruso. |
PRAZA_5894 | Máis dun milleiro de persoas participaron na mobilización convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. O PSOE vén de esixirlle ao Goberno que remita a súa contrarreforma ao Consello de Estado. | Varios centos de persoas, dúas mil segundo a organización, marcharon este domingo polas rúas de Vigo en reivindicación do dereito da muller a decidir sobre o seu corpo e a súa sexualidade. Unha marea lilá camiñou, nunha mañá de calor, propicia para encher as praias, deixando claro o forte rexeitamento social que esperta o recorte do dereito ao aborto que implicaría a aprobación do proxecto deseñado polo Ministerio de Xustiza. Todo nunha semana na que o Goberno acelerou os trámites legais e consultivos da contrarreforma (o venres o Poder Xudicial aprobou o seu informe, e o mércores a lei pasou polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde), para deixala durmir até setembro, cando se iniciaría o seu debate no Congreso. A marcha, convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, partiu pouco despois das 11.30 das estación de ferrocarril, onde as manifestantes viguesas agardaban por aquelas que chegaban doutras zonas do país. Dende o Areal, a mobilización camiñou por Concepción Areal, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Carral, Gamboa, Oliva, Palma, Triunfo, Praza da Constitución e Porta do Sol. Alí Isabel Risco leu un manifesto e celebrouse unha asemblea aberta. A seguir, comezou un xantar popular e a romaría lilá, coas actuacións de Habelas Hainas, The Tetas' Van e Sonia Lebedynski. Na presentación dos actos deste domingo, as representantes da Plataforma destacaron que "a reforma normativa que o PP pretende implantar nega e penaliza o dereito das mulleres a decidiren libre e responsablemente sobre a súa maternidade", ademais de supor "unha dobre discriminación por razón de xénero e e de clase social, porque aquelas mulleres que teñan recursos sairán ao estranxeiro e as que non os teñan arriscarán a súa saúde e vida recorrendo a un aborto clandestino". "Berrarémoslles ao Partido Popular e ao señor Feijoo que non imos parar, que esta é unha loita fundamental para frear a agresión continua aos nosos dereitos como mulleres e como cidadás", concluiron as representantes da Plataforma. En moitos momentos dos últimos meses, pareceu que o Goberno e o propio ministro Gallardón estivese controlando os tempos, acelerando ou arrefriando o proceso, en función das circunstancias. Por exemplo, varias semanas antes dos comicios europeos do pasado 25 de maio, o desenvolvemento do proxecto detívose, ante o prexuízo electoral que lle podía provocar ao PP. Agora semella que o Executivo aproveitará precisamente o verán para acelerar a súa tramitación, en espera dunha desmobilización dos colectivos e plataformas opostas ao recorte. De aí a importancia desta marcha, que buscaba manter a mobilización social. Porén, Pilar Estévez, unha das voceiras da Plataforma, ante o desgaste que este proceso pode ter para o partido gobernante, preguntábase: "o PP está en condicións de seguir perdendo apoio electoral?". Estévez destaca que "socialmente estamos nun momento en que a xente non cala. E sobre todo as mulleres". A manifestación buscaba amosar "a unidade e a enerxía de todas as mulleres galegas", xa demostrada en anteriores mobilizacións. De feito, a data escollida para esta marcha quería tamén conmemorar o primeiro aniversario da primeira gran mobilización convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao aborto, en xuño de 2013. O pasado 9 de marzo a praza da Quintana encheuse noutra gran manifestación polo aborto libre e gratuíto. Ao Consello de Estado O PSOE presentará este luns unha proposición non de lei no Congreso na que lle esixe ao Goberno que remita a contrarreforma da lei do aborto ao Consello de Estado, dada a "conflitividade" e a "confrontación social" que provoca a proposta do ministro Gallardón. Anunciouno este domingo a secretaria de Igualdade do PSOE, Purificación Causapié, que lembrou que en 2010 o Consello de Estado xa elaborou un informe favorable da lei de 2010. Causapié cre que, aínda que os seus ditames non son preceptivos, o órgano consultivo debería tamén agora analizar esta reforma que cuestiona "a liberdade, a vida e a saúde das mulleres". |
NOS_6946 | A directora xeral de Agricultura defende que o papel do goberno español é o de ser "espectador" do acordo entre os distintos elos da cadea de valor do leite e asegura que Galiza é "a grande gañadora" das axudas. | Patricia Ulloa Alonso, directora xeral de Agricultura da Xunta de Galiza, recoñeceu en comisión parlamentar esta sexta feira (9 de outubro) que por volta de 5.300 explotacións gandeiras ficarán excluídas do pacote de axudas aprobado polo goberno español en relación á crise do sextor lácteo. Porén, desde o executivo galego defenden que Galiza é "a grande gañadora" desta medida ao non chegar máis que a 5.600 o número total de granxas que poderán acceder ás axudas. "Ao titular habería que darlle a volta", asegurou Ulloa Alonso en referencia ás 5.300 explotacións que ficarán sen subvención (entre 300 euros e até un máximo de 10.000 por litro de leite vendido por baixo de 0,245 céntimos durante os meses de abril, maio e xuño deste ano). E é que, dixo, "4.800 cobrarán a axuda" dun total de "5.600 e todo o estado". Unhas cifras que non dan, pois Galiza conta con 9.300 explotacións de leite en troca das 10.100 que sumarían os números manexados pola directora xeral. Patricia Ulloa foi inquirida pola deputada do BNG, Tereixa Paz, a respeito do acordo asinado en Madrid polos representantes da industria, distribución e algunhas organizacións agrarias (ASAJA) mais que foi rexeitado pola maioría da produción en Galiza (SLG e UPA) ao non contar cun "mecanismo de control e vixianza" que garanta o cumprimento do acordo nen tampouco cun "pacote de sancións", sinalou Paz. "Este é o grande calote do século", sinalou Paz Neste senso, a parlamentar nacionalista deu leitura a un whatsapp no que produtores lácteos daban conta do uso por parte de Carrefour do leite como produto reclamo "15 días despois de asinar o acordo". "A administración que pode facer? Nada, por non existir un pacote de sancións", aseguraba o texto remitido á deputada do BNG. "Este é o grande calote do século", sinalou Paz. Porén, desde a Dirección Xeral de Agricultura Patricia Ulloa defendeu o papel de "observador" do goberno español e asegurou "non" poder valorar "de xeito máis positivo que o que é" o que tildou de "acordo histórico, grazas a deus". "Galiza vai ser a grande beneficiaria das axudas" e "a grande gañadora" da sinatura dun acordo que, no entanto, foi criticado polas explotacións gandeiras. |
NOS_7571 | 40% do orçamento do Serviço Nacional de Saúde vai para pagamentos a entidades privadas, denuncia o secretário geral do PCP, Jerónimo De Sousa, na apresentação da Lei de Bases da Saúde que a bancada comunista irá defender na Assembleia da República. | De Sousa esclarece que as políticas de privatização da saúde não têm como sustento a atual legislação —ainda esta ser perfectível—, mas as políticas de direita implementadas no país ao longo dos anos pelos diversos governos, incluídos os do Partido Socialista. Desde 2016, porém, o Governo pôs um tímido freio às privatizações, sendo que o executivo de Costa precisa do apoio da esquerda parlamentar, o próprio PCP e o Bloco de Esquerda. O secretário geral do PCP considera, aliás, que o feito até agora nesta matéria pelo Governo de António Costa é insuficiente. "A obsessão pela redução do défice para valores ainda mais baixos do que a União Europeia impôs, levou a um investimento nos serviços públicos muito aquém das necessidades do País", alega o líder das e dos comunistas portugueses. É por isto que o PCP toma a iniciativa e leva este projecto de lei à Assembleia da República. O que tenciona o projecto do PCP é acabar com o "subfinanciamento continuado" do Serviço Nacional de Saúde e garantir a cobertura universal efetiva de toda a população portuguesa. Neste momento, denunciou, por volta de 40% das e dos cidadãos da República não têm a segurança de serem atendidos diretamente pelo SNS, mais sim por hospitais privados concertados. O PCP visa "impedir que o processo de privatização continue a conduzir a uma concentração da propriedade num reduzido número de grandes grupos, onde o capital estrangeiro tem posições cada vez mais hegemónicas, e se transformaram em autênticos predadores dos dinheiros públicos". A saúde é já um grande negócio para o setor privado, com uma tendência muito clara à concentração do capital. De facto, e segundo as estimações de que dispõe De Sousa, 4 grupos dominam 80% do volume de negócio privado da medicina. E entre os negócios privados destaca a entrega da construção e gestão de unidades hospitalares a companhias privadas, modelo também aplicado na Galiza pelo Governo Feixoo, em concreto no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. |
NOS_57049 | O caso positivo dun traballador da planta de Alcoa en San Cibrao, que leva máis de 20 días illado no seu domicilio non afecta "en nada" á operatividade da fábrica, que mantén a súa actividade, segundo confirma o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan. | Tal e como sinala o representante do cadro de persoal, a situación "non modificou nin as quendas, nin o rendemento da planta" dentro da baixada derivada pola situación das electrointensivas, asegurou Zan, quen sinala que a situación "é normal dentro da anormalidade", coa produción a 11%. "Temos que saber se queremos seguir perdendo industria ou, pola contra, levantar este país a base de traballo e produción", advertiu o presidente do comité, que avoga por que esta crise económica, derivada da sanitaria "tennos que facer aguantar como se poida para saír desta". Neste sentido, espera que os mercados "poidan volver abrir e ampliar a produción" para que non pase como o caso das máscaras. Segundo José Antonio Zan, "cando se necesite aluminio poidámolo ter". O traballador afectado polo coronavirus viu confirmado o diagnóstico na segunda proba, despois de dar negativo no primeiro test que se lle realizara. A planta da multinacional Alcoa, no Concello de Cervo, non tivo que parar a súa actividade durante a paralización decretada polo Goberno español e que finalizou hoxe. |
NOS_38201 | Volven os galardóns máis consolidados do sistema literario galego. Edicións Xerais vén de convocar os seus Premios 2016 nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil. | O Premio Xerais de novela chega a súa trixésimo terceira edición, o Merlín de literatura infantil acada á trixésimo primeira e o Jules Verne de literatura xuvenil, que conta coa colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés, á oitava. Todos os tres premios están dotados con 10.000 euros. O prazo de admisión dos orixinais das tres modalidades será o 31 de marzo de 2016, mentres que o xurado, cuxa composición se dará a coñecer no mes de maio, emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 4 xuño de 2016. Os premios máis importantes do ano literario galego recoñeceron ao longo de máis de 30 anos a autores como Carlos Reigosa, o primeiro gañador; ou Darío Xohán Cabana, que o conseguiu dúas veces; Anxo Angueira, Marilar Aleixandre, Santiago Jaureguizar, Teresa Moure ou María Reimóndez. O último gañador foi Héctor Cajaraville, con 'De remate'. Do mesmo xeito, o Merlín premiou a Úrsula Heinze, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xosé Neira Cruz (tamén en dúas ocasións), Marcos Calveiro ou Ledicia Costas. O Premio Jules Verne de literatura xuvenil instaurouse desde 2006, deixando o Merlín para infantil. Até 2011 coñeceuse como Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, pero por mor do afundimento das caixas non se convocou nos anos 2012 e 2013, refundándose co actual nome en 2014. A última escritora en acadalo foi Andrea Maceiras. |
PRAZA_6254 | Competencia responde negativamente á consulta realizada polo Estado ao considerar que a construción da infraestrutura suporía unha axuda de Estado. | Outro golpe ao naval. Outro golpe a Ferrol. E outro golpe a Galicia. A Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea vén de responder negativamente á consulta realizada polo Estado español sobre a construción dun dique flotante na ría ferrolá en Navantia para a reparación de grandes barcos como gaseiros. Outra promesa do PP para a comarca que non será tal. A Comisión insiste varias veces na posibilidade de incorrer en axudas estatais ou financiamento privilexiado Segundo adiantou Europa Press, a resposta da Comisión insiste varias veces na posibilidade de incorrer en axudas estatais ou en financiamento privilexiado no caso de que se permitise a construción, o que iría en contra do dereito comunitario. Para a Dirección Xeral da Competencia, "non se pode excluír con certeza a presenza de axuda estatal" no proxecto. "Non parece que a intervención de investidores privados permita considerar a operación como pari passu (en igualdade de condicións) e excluír deste xeito a presenza de axuda estatal", recorda. A Dirección Xeral de Competencia advirte xa de que a operación non parece factible sen a presenza "dun significativo apoio público, preferentemente baixo a modalidade de financiamento privilexiado". "Semella pois que a construción do dique flotante non é posible unicamente mediante fondos privados (o que excluiría automaticamente a presenza de axuda estatal) e que o financiamento público podería concederse a condicións non de mercado (financiamento privilexiado)", engade. Competencia di que aínda que o dique flotante fose para autoconsuo de Navantia "non excluiría a presenza de axuda estatal" A Comisión incide en que "non pode excluírse en ningún caso que o beneficiario da axuda -directo ou último- sexa Navantia" e aclara que o feito de que o dique flotante fose construído para autoconsumo de Navantia ou para fases internas de produción "non excluiría necesariamente a presenza de axuda estatal". Navantia tiña a intención de contar con instalacións con suficiente capacidade para a reparación de buques de última xeración, especialmente gaseiros, co obxecto de converterse en oferente dos devanditos servizos de reparación. "Na medida en que a construción do dique realizarase (parcialmente) con fondos públicos, non podería excluírse -como pretenden as autoridades españolas- que a devandita contribución pública recaese dentro do ámbito do artigo 107 do TFUE", di a resposta que volve supor un duro golpe para un naval ferrolán xa duramente golpeado. A negativa noticia chega despois de que durante meses a oposición censurase a actitude do Goberno do PP ao tardar en realizar unha consulta formal á UE, tal e como desvelara o comisario Joaquín Almunia. Ademais, foron múltiples as ocasións nas que o PPdeG e mesmo a Xunta prometeron a construción do dique flotante en Ferrol e mesmo o presidente de Navantia asegurara que Bruxelas "non era a escusa" e que, simplemente, o dique "non era viable". O comité de empresa de Navantia atribúe o rexeitamento de Bruxelas á falta de "seriedade" da petición do Estado e cre que a decisión "é un pau" para o futuro dos traballadores e do sector naval. O representante dos operarios cre que a actitude da Xunta e do Goberno central nunca foi de "exixencia seria". A empresa, pola súa banda, ve "difícil" poder levar a cabo o dique flotante sen contar coas axudas públicas das que advrite a UE. "Nova agresión a Galiza" O BNG non tardou en responder ao anuncio da Comisión e lamenta a resposta de Bruxelas, que cualifica de "nova agresión" a Galiza da UE ao impedir que a ría de Ferrol "conte cunhas instalacións fundamentais para o futuro da comarca e desenvolvemento económico do país". O Bloque cre que o anuncio de Bruxelas representa "outro duro golpe" para o sector naval galego, "para a deteriorada situación económica de Ferrol e para Galiza". A formación nacionalista lembra que defendeu un gran número de iniciativas nos parlamentos galego e español para que a construción do dique flotante nos estaleiros de Ferrol fose unha realidade "pero unha vez máis, o sector naval galego recibe un duro golpe tras a negativa da Unión Europea que agora se suma aos reiterados incumprimentos das promesas do PP sobre a construción do dique". Por outra banda, EU de Ferrol negou que o dique sexa "unha axuda estatal" e reclamou apoio orzamentario axiña por parte da Xunta e do Estado. A coalición lembra que a infraestrutura "non é produción en si mesma, senón unha ferramenta de traballo necesaria para adaptarse a circunstancias excepcionais, algo que permite o mencionado artigo 107 do TFUE". Así, EU pide un rexeitamento unánime á resposta de Bruxelas e advirte da "intencikón clara de Montoro e Rajoy de deixar caer as gadoupas especuladoras das multinacionais sobre os terreos de Navantia, botando o feche á única industria que nos queda". Pola súa banda, José Blanco, eurodeputado galego do PSOE, pediu explicacións ao Goberno central sobre as cartas e peticións enviadas á UE. HABERÁ AMPLIACIÓN |
PRAZA_10200 | A prórroga de ENCE concedida polo Goberno de Rajoy en funcións tiña a súa orixe na lei de costas de 2013, criticada polo Consello de Estado por mor da súa "ambigüidade". Tras o cambio de Goberno en España a Avogacía do Estado considerou que o adecuado é limitar as prórrogas ata sumar un máximo de 75 anos. Entre as primeiras consecuencias da mudanza estivo a decisión de deixar de defender a extensión da pasteira | O 25 de xaneiro de 2016 o Goberno de Mariano Rajoy levaba algo máis dun mes en funcións tras as eleccións xerais que deran lugar a unha complexa aritmética para a conformación de maiorías. Tanto, que en xuño do mesmo ano houbo que repetir as eleccións xerais. Aquel día o Ministerio de Medio Ambiente confirmou que concedera á empresa ENCE, antiga compañía pública privatizada polo Goberno de Aznar, a prórroga que solicitara para permanecer en Pontevedra ata 2073. Ou, o que é o mesmo, vía libre para poder sumar un total de 116 anos producindo celulosa nun espazo de dominio público marítimo-terrestre á beira da ría de Pontevedra.A decisión do Goberno de Rajoy encheu de satisfacción á compañía, en cuxo consello de administración xa sentaban daquela destacados antigos dirixentes do PP como Isabel Tocino, ex-ministra de Medio Ambiente con Aznar, ou Carlos del Álamo, antigo conselleiro da mesma área con Fraga. E desencadeou a indignación nos movementos cívicos e ecoloxistas que levaban décadas a clamar "ENCE, fóra da ría". Tamén no Concello de Pontevedra, que anunciou a súa intención de utilizar todas as vías políticas e legais ao seu alcance para tentar frear a prórroga.A prórroga de ENCE concedida polo Goberno de Rajoy en funcións tiña a súa orixe na lei de costas de 2013, criticada polo Consello de Estado por mor da súa "ambigüidade", que o Executivo de Sánchez se dispón a emendarA polémica prórroga tiña a sua orixe na Lei de Costas actualmente en vigor. A aprobada en 2013 polo PP, en tempos de Miguel Arias Cañete como ministro de Medio Ambiente, en substitución da anterior de 1988, unha nova lei criticada pola súa "ambigüidade" polo Consejo de Estado. Esa "ambigüidade" está comezando a ser emendada polo Goberno de Pedro Sánchez e pode acabar condenando a factoría que Rajoy indultou na que sempre considerou a súa cidade, indulto que derivou na súa declaración como "persona non grata" no pleno municipal. Entre outras cuestións, a norma de 2013 buscaba de xeito expreso ampliar a duración das concesións no litoral, pero fíxoo sen deixar claro se o novo máximo concesional permitido, de ata 75 anos para as instalacións con menor impacto ambiental, había que contabilizalo sumando a concesión inicial máis a súa prórroga ou só era aplicable ás novas prórrogas. No caso de ENCE isto suporía dirimir se podería ficar en Pontevedra, como moito, 15 anos máis dende 2018 ou se, pola contra, podería sumar, por exemplo, os 60 adicionais que lle foron concedidos.A norma de 2013 non deixaba claro se para calcular o máximo permitido cumpría contabilizar o tempo transcorrido da concesión inicial. O Consejo de Estado preguntouse se "en realidade, o prazo total podería chegar aos 150 anos"Un ano despois de aprobarse a lei, o Goberno central aprobou en 2014 vía decreto o Regulamento Xeral de Costas que a desenvolveu. Ao analizar esa nova norma o Consejo de Estado, presidido daquela polo popular Romay Beccaría, emitiu un ditame moi crítico coa "ambigüidade" que o Goberno de Rajoy deitaba sobre os prazos concesionais e insinuaba a necesidade de cambiar a propia lei. "O lóxico sería que a Lei permitise a prórroga ata ese máximo [75 anos para os casos con menos impacto ambiental] pero deixando meridianamente claro se se contan ditos 75 anos desde o comezo mesmo da concesión (é dicir sumando as duracións de ambas [concesión orixinal e prórroga])". O Consejo de Estado, ante esa "ambigüidade", preguntábase "se en realidade o prazo total podería chegar incluso aos 150 anos", ao sumarse concesión orixinal e prórroga. Porta aberta á saída e vaga expansiva política e económicaNo caso de ENCE, fronte á interpretación favorable aos intereses da empresa que viñan mantendo os populares, ao chegar ao Goberno Pedro Sánchez a Avogacía do Estado decidiu realizar unha interpretación máis restritiva. Do seu punto de vista, o adecuado é limitar a suma de anos totais da concesión. Ao tempo, o Executivo central está a impulsar unha reforma do Regulamento Xeral de Costas para aclarar esa ambigüidade. Tras o cambio de Goberno en España a Avogacía do Estado considerou que o adecuado é limitar as prórrogas ata sumar un máximo de 75 anos. Entre as primeiras consecuencias da mudanza estivo a decisión de deixar de defender a extensión de ENCE nos tribunaisEsta nova postura plasmouna o Goberno central no proceso xudicial que na Audiencia Nacional dirime os recursos contra a prórroga interpostos polo Concello pontevedrés, a Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) e Greenpeace. A Avogacía do Estado, que ata o cambio de Goberno en España estivera defendendo a prórroga, decidiu retirarse do proceso porque ve claro que a prórroga non foi "conforme a dereito" por varios motivos. Un deles, que o "prazo máximo" que podería outorgarse a ENCE sería o que sumase un total de 75 anos -ata 2033-. Outro, que "non quedou xustificado" que a celulosa "non poida ter outro emprazamento" que non sexa sobre esta área de dominio público marítimo-terrestre.A viraxe estatal foi acollida con ledicia no Concello de Pontevedra e no movemento ecoloxista. "Hai unha porta aberta a que poidamos recuperar a ría", resume o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. O asunto que estivo inevitablemente presente na campaña das eleccións xerais e máis aínda na das municipais. O asunto estivo inevitablemente presente nas campañas e ENCE pronunciouse abertamente contra PSOE e BNG mentres as súas accións non deixan de caer na BolsaPersoal da pasteira manifestouse ás portas dos principais mitins de Pedro Sánchez en Galicia en ambos procesos electorais e durante a campaña previa ao 26M a propia compañía emitiu críticos comunicados contra o goberno local do BNG e contra o candidato do PSdeG de Pontevedra, Tino Fernández. Entre as súas consideracións, negar que durante estes anos exercese a "compra de vontades" para crear un clima de opinión máis favorable aos seus intereses na cidade, como acusou o alcalde. Mentres, ENCE non dá freado o forte devalo das súas accións na Bolsa. A caída acumulada no que vai de ano no seu valor xa se achega ao 30% nun devalo que comezou tras o anuncio de que o Estado deixaría de defendela na Audiencia Nacional. Pouco antes, en febreiro, a pasteira anunciara os seus resultados de 2018 cuns beneficios dun 40% e augurios de "máis éxitos" para 2019.5.000 edificacións en risco ou apenas unha trintena?O PP argumenta que a restrición do prazo das concesións afectaría en Galicia a unhas 5.000 edificacións de todo tipo; segundo os socialistas son apenas unha trintenaTamén o PP e o propio Alberto Núñez Feijóo en calidade de presidente da Xunta aproveitaron o cambio de postura do Goberno de España sobre ENCE en particular e a reforma do regulamento de Costas en xeral como arma electoral. O seu argumento é que a restrición do prazo das concesións afectaría en Galicia a preto de 5.000 edificacións de todo tipo, desde vivendas a industrias ou depuradoras. Fontes socialistas, esgrimindo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, reducen a cifra a unha trintena. Para os populares a modificación do Regulamento Xeral de Costas está a ser tramitada polo Goberno central "a toda présa e pola porta de atrás" co único obxectivo de "xustificar a súa postura sobre [o cambio de opinión sobre] Ence". Para os socialistas, a modificación non é máis que corrixir a "ambigüidade" da lei de Costas criticada polo Consejo de Estado presidido polo popular Romay Beccaría tras anos nos que o Goberno de Rajoy optou por mirar para outro lado. |
PRAZA_7212 | ENTREVISTA Pancho Casal, director xeral de Continental e produtor dunha morea de filmes en Galicia, é candidato dunha das listas que se presenta ao consello cidadán da Coruña pola formación que lidera Pablo Iglesias. | Pancho Casal (A Coruña, 1955), director xeral de Continental, foi produtor de filmes como Sempre Xonxa, Heroína, Los lunes al Sol ou De Profundis, entre moitas outras películas, series de televisión, documentais e anuncios publicitarios. Hai case dous anos, a súa produtora suspendeu pagos afectada, entre outros motivos, polo atraso no cobro de axudas públicas. Farto da situación actual, a súa é unha das candidaturas que a lista Claro que Podemos presenta ao consello cidadán na Coruña da formación que lidera Pablo Iglesias. Pretende, como explica no seu documento político, "colaborar a crear un tecido empresarial, enfocado á pequena e mediana empresa, e máis competitivo" e "tratar de proxectar unha cidade enfocada cara a nova economía tanto laboral como empresarialmente que posibilite unha sociedade máis democrática, igualitaria e feliz". Nesta entrevista, explica por que decidiu dar o paso. Por que se presenta? Durante moitos anos colaborei en diferentes proxectos asociativos e sempre pensei que a forma de conseguir cousas era de maneira colaborativa. Estiven en moitas asociacións e colaborei en movementos sociais, pero desde hai un tempo, e tamén debido a que a miña empresa pode pechar e teño máis disponibilidade, decateime de que só con esta actividade persoal non chegaba. Estamos nun momento de urxencia, onde a cidadanía debe comprometerse. Sempre tratei de non levar unha vida cómoda e xa cando traballaba de enxeñeiro decidín deixar Fenosa e apostar por unha actividade industrial baseada no audiovisual en Galicia, malia que moitos o crían utópico. Digamos que agora actuei do mesmo xeito. "Tiña que implicarme; estaba farto de facer crítica desde twitter ou desde o sofá" Arriscou? Decateime de que, malia non ser cómodo, había que implicarse. Estaba farto de facer crítica desde twitter ou desde o sofá. Empecei a ver alternativas e achegueime a Equo, pero hai un mes decidín que había que facer algo a curto prazo porque a situación é insostible. Ademais, decidinme a facelo a nivel local porque era o que máis me importaba, e achegando os coñecementos que teño no desenvolvemento de alternativas económicas. Por iso decidín presentarme como independente ao consello cidadán de Podemos. Unha das candidaturas púxose en contacto comigo para que me unise á súa lista, que é moi variada e coa que coincidía nos seus obxectivos. Por iso acabei en Claro que Podemos. E por que Podemos e non outras forzas políticas? Son unha persoa moi incontrolable e moi crítica, pero sempre dou a cara. Iso tamén provoca que en certos tipos de estruturas quizais eu non fose comprendido. O mesmo estou facendo en Podemos, pero Podemos non é un, senón moitas persoas pensando cousas diferentes para apoiar aquelas que a maioría da poboación reclame. Probablemente eu non estea totalmente de acordo con todas as cousas, pero a situación é a que é. Contactei con Equo, aos que respecto e admiro moito, pero o que si considero é que nun momento de emerxencia coma este, os temas de ecoloxía quizais non son prioritarios para a cidadanía e enténdoo. Para min, a pesar de pasar agora por unha situación complicada, a ecoloxía é moi importante, pero entendo que para quen non ten que darlles de comer aos fillos, este tema pase a un segundo plano. "En Podemos vin unha alternativa e a curto praza; a situación é de tal emerxencia que temos que proactivar a xente" Que lle ofreceu Podemos? Vin que a través de Podemos podía ter unha alternativa e a curto prazo. A xente ten que darse de conta por si mesma da situación insoportable na que estamos, da desigualdade que sufrimos. A xente acabará decatándose de que non é posible e que isto ten que cambiar. A situación é de tal emerxencia que temos que proactivar a xente para que se dea conta a curto prazo de que isto non pode seguir así. Pódese ser moi activista e militante, pero sempre respectando o que a xente decida. Influíu a súa situación persoal e empresarial para dar o paso? Claro que inflúe, por suposto, pero na nosa candidatura só hai dous ou tres parados. Hai moita xente que aínda que teña a súa vida profesional resolta, son solidarios e se decatan de todo o que está pasando. Hai profesores que ven que hai nenos que dormen a media mañá porque non almorzaron dabondo ou persoal sanitario que atende todos os días casos gravísimos de precarias situacións persoais. Eu agora teño máis posibilidades de decicar tempo a isto e creo que é a miña obriga, e non tanto dedicarme á gran política, senón a cousas puntuais. Como cales? Por exemplo, eu vivo no centro da Coruña e amólame ver como as grandes superficies comerciais seguen agromando e desenvolvéndose mentres o comercio local esmorece. E non hai estratexia ningunha para arranxar esta situación. Cada un debe achegar o seu gran de area, porque Podemos non son só esas catro ideas que sempre se repiten, senón que queremos ir á concreción. Iso é o que me motiva. "As críticas á radicalidade de Podemos son propaganda e hai xente de boa fe que cre todas estas historias" Que pensa cando escoita todas esas críticas constantes que apelan á suposta radicalidade de Podemos? É propaganda. A min coñéceme todo o mundo no centro da Coruña e o 99% dos que me atopei pola rúa felicitoume por meterme neste marrón, porque é un certo marrón. Cando alguén me di que como me metín "con estes bolivarianos", sempre lles digo que se me ven cara de algo diso, máis aínda tendo en conta que algúns me coñecen desde que era un cativo. Hai xente que cre todas estas historias, persoas de boa fe ás que lles repiten constantemente unha cousa e acaban crendo nela. Tamén considero que non hai que ocultar nada. A que se refire? Pablo Iglesias asesorou ao Goberno de Venezuela como a tantos outros, pero o que debería preguntar a xente é en que o asesorou. Non é o mesmo asesorar sobre unha educación inclusiva, que facer como Aznar, que se reuniu con Hugo Chávez para venderlle armas por 1.000 millóns de euros. Tamén critican a Vicenç Navarro por ter asesorado ao Goberno de Cuba, cando o que fixo foi axudar a implantar un sistema sanitario público que permite que aquel país teña unha das mellores sanidades. E antes asesorou a Clinton ou ao Executivo sueco. Pero vostede sofre tamén esas críticas? A nivel persoal non as noto, aínda que si polas redes sociais hai xente que te critica por apostar por Podemos. Eu o que lles diría é que vaian a un círculo da formación e verán que alí hai xente normal que decidiu que isto non pode seguir así e que non podemos continuar por este camiño. "Vería ben que Podemos confluíse na Marea Atlántica; faremos todo para que haxa unha candidatura cidadá" Na candidatura na que se inclúe apóstase claramente por unha candidatura cidadá e unitaria para as eleccións municipais... Ese é un tema moi importante. A xente pregúntase por que hai varias candidaturas para o círculo cidadán da Coruña e eu creo que é bo que as haxa. Imaxinemos que se pactase unha lista de consenso unitaria... Pois iso sería unha cacicada. E lembremos que o consello cidadán elixirano os máis de 2.000 inscritos, non o círculo, no que particpamos activamente unhas cen persoas. Unha das razón polas que apostei pola lista de Claro que Podemos é que deixa claro que vai loitar e apostar para que se dea unha candidatura cidadá. Será a Marea Atlántica? Pois eu vería ben que así fose. E iso cando se saberá? Aínda non está decidido e decidirase cando os órganos estean constituídos, aínda que serán todos os inscritos os que elixan o que facer de cara ás eleccións municipais. Nós proporemos esa confluencia e eu sería partidario de confluír na Marea Atlántica sempre que se cumpran uns mínimos cos que creo que todos estamos de acordo. O maior problema para a Marea non vai ser con Podemos, senón cos outros partidos políticos, que deben decatarse de que hai que cambiar as cousas, que todo ten que ser aberto e que debe haber unha transparencia total. Faremos todo o posible e o imposible para que haxa unha candidatura cidadá. Sabemos que desde o local non podemos cambiar o mundo, pero si que se poden facer moitas cousas e, sobre todo, queremos que a cidadanía poida decidir sobre moitas cousas. Sobre todo? Pois por exemplo, decidir se queremos que se gasten agora, e neste momento, 10 millóns de euros no túnel da Mariña. Igual noutras épocas sería moi interesante, pero hai que preguntarse se preferimos iso ou 50 garderías. E isto non é demagoxia, isto é deixar decidir á cidadanía. Todas as decisións importantes deberíanse consultar á cidadanía. Esa é a nosa idea. |
PRAZA_15633 | Con 433 mil persoas, Casa das Ciencias, Domus e Aquarium obtiveron os seus mellores resultados de afluencia en catro anos | Os Museos Científicos Coruñeses -Casa das Ciencias, Domus e Aquarium- acadaron en 2015 o seu maior número de visitantes dos últimos catro anos: un total de 433.490 persoas, o que supón un incremento de 52.098 visitas, un 13,65% sobre a cifra rexistrada no 2014, que foi de 381.392 visitantes. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou este domingo o éxito "dun contenedor de excelencia fundamental" como son estes espazos municipais. "O Goberno local entende a ciencia como un elemento integrado na cultura. O 'Coñecemento' que leva a Concellería no seu nome é tamén a firme convicción por poñer en valor unha institución histórica como son os Museos Científicos", destacou o responsable municipal, quen fixo fincapé na aposta do Executivo "desde o primeiro momento" por estes espazos, "un compromiso que fixemos constar no programa electoral e hoxe vemos nos resultados, fronte ao abandono e falta de interese que sufriron na anterior etapa de Goberno". O museo científico máis visitado, o Aquarium Finisterrae, recibiu en doce meses 221.817 persoas, case 16.000 máis que no período anterior (205.909 no 2014). A Domus foi o espazo que máis incrementou o seu rexistro de visitas, até un 25%. No 2015, ano no que cumpriu o 20 aniversario aberto ao público, atravesaron as súas portas 116.997 persoas, 24.000 máis que no 2014. "O fortalecemento das infraestruturas e as liñas programáticas do museo resultaron fundamentais", destacou José Manuel Sande en relación ao aumento de visitas do mesmo. Pola súa banda, o decano dos contenedores de divulgación da cultura científica na cidade, a Casa das Ciencias, acolleu a visita de 94.676 persoas, 12.162 máis que no ano 2014 (82.514). O museo do Parque de Santa Margarita, que cumpriu 30 anos desde a súa inauguración, aproxímase por primeira vez en catro anos ás 100.000 visitas. "Os Museos Científicos representan un elemento fundamental na idea da Coruña como unha cidade ilustrada, impregnada de cultura" Ás máis de 433.000 persoas que se achegaron aos tres museos durante o seu horario de apertura ao público súmase o número de asistentes e participantes das actividades, obradoiros ou conferencias que tiveron lugar ao longo de todo o ano, como o Mes Escéptico ou os obradoiros de robótica na Domus, "e que tamén resultaron moi exitosas", segundo sinalou o edil. O concelleiro tamén destacou a adaptación aos tempos dos Museos, como a recente creación e posta en marcha, o pasado mes de novembro, da Sala Maker, un espazo que considerou "esencial" no desenvolvemento "dunha cidade de vangarda". "Os Museos Científicos representan un elemento fundamental na idea da Coruña como unha cidade ilustrada, impregnada de cultura", explicou o responsable municipal, "e seguiremos investindo tempo e esforzo en traballar pola integración e difusión da cultura científica entre a veciñanza". |
PRAZA_13641 | Artistas que traballan en laboratorios, matemáticos que escriben novelas e físicos que organizan exposicións déronse cita esta semana en Compostela para compartir experiencias sobre como combinar ciencia e arte. | Traballa en laboratorios, entre probetas e reactivos químicos, e enfundada nunha brata branca semella bióloga, pero en realidade é licenciada en Belas Artes. A portuguesa Marta de Menezes decidiu usar a vida para facer arte, e non tivo problema en empregar bacterias, resonancias magnéticas ou técnicas propias da xenéticas para crear obras e retratos diferentes dos habituais. De Menezes compartiu a súa experiencia nos laboratorios no curso Ciencia e Arte: tan diferentes, tan semellantes, que tivo lugar este semana en Santiago de Compostela. Grazas á iniciativa da profesora coruñesa Margarita Cimadevila, persoas de 13 países europeos reuníronse na capital galega para intercambiar experiencias sobre como conxugar ciencia e arte. "Non é o mesmo plasmar unha idea nun cadro que amosar un libro cheo de fórmulas" Cimadevila, formada na escola de profesores do CERN en Xenebra, leva desde o ano 2003 explorando as pontes que unen as dúas disciplinas. "Ensinar na escola é conseguir que os alumnos se interesen polo que explicas, e para iso tes que amosalo dun xeito atractivo", asegura. "Non é o mesmo plasmar unha idea nun cadro e facela vísible que amosar un libro cheo de fórmulas", remarca. Unha idea que comparte o químico e pintor austríaco Wolfgang Trettnak, para quen amais de axudar a visualizar conceptos, sobre todo aos máis cativos, abre a mente á creatividade. "Os investigadores con ideas boas e sólidas deben ser capaces de transformalas en imaxes, contos ou composicións musicais para seducir ao público" "Separar ciencias e letras non é bo", afirma a bióloga italiana Marilena Streit-Bianchi, "despois de 40 anos traballando na ciencia nunca me deixou de interesar a arte". "Leonardo ou Galileo foron bos científicos e bos artistas, e Dalí empregou incorporou elementos da física a algunha das súas obras", lembra. Para a matemática nada en Pontevedra Susana Mataix, "Os conceptos científicos fíxanse mellor se os vistes cunha historia, porque as artes non son só pintura, senón tamén literatura e música". A autora do libro Matemática es nombre de mujer asegura que os investigadores con ideas boas e sólidas deben ser capaces de transformalas en imaxes, contos ou composicións musicais para seducir ao público. E desde a súa experiencia docente, Cimadevila asegura que moitos estudantes que destacan en ciencias tamén destacan en artes. "Científicos e artistas poden ter mentalidade distintas, pero a arte nútrese da ciencia", afirma Streit-Bianchi, "só hai que ver o deseño por ordenador ou o uso de novos materiais". Porén, os científicos adoitan ser menos receptivos a incorporar achegas da arte. De Menezes, que actualmente dirixe unha exposición sobre ciencia e arte en Guimarães, resume o traballo do artista-científico como unha forma de facer pensar ao público. As preguntas que cómpre responder son as mesmas, pero agora os artistas deben procesar moitos máis coñecementos para poder transmitirllos a quen vexa a súa obra. |
NOS_39205 | O 10 de abril en Vigo e o 11 en Pontevedra, os actores Xabier Deive e Luís Iglesia comezan a despedida do espectáculo Sede de mal despois de máis dun ano de representacións. Preparan Filosofando, que dirixirá Avelino González. | Seránd as últimas actuacións dunha obra coa que levan de xira máis de un ano. Os actores Xabier Deive e Luís Iglesias comezan a poñer fin ás representacións de Sede de mal en Vigo e Pontevedra os vindeiros 10 e 11 de abril e anuncian que están a preparar unha nova obra, Filosofando, que dirixirá o tamén actor Avelino González. O grande éxito da obra conxunta é o que leva aos dous actores a recuncar nunha nova obra conxunta que contan estrear en setembro e na que, segundo desvelan, traballarán "sobre a parte menos sensata da vida". Sede de Mal conta cun guión elaborado polos propios actores máis o dramaturgo Carlos Santiago e está producida por Boneca Lareta e distribuída por Culturactiva SCG. A obra poderase ver no Teatro Afundación de Vigo a sexta feira 10 de abril ás 21 horas e o sábado 11 no Auditorio da Sede de Afundación ás 20.30 horas. As entradas están xa a venda a través de ataquilla.com. |
NOS_50381 | O problema de prazas esgotadas nos trens galego continúa. Algúns traxectos, como o que une A Coruña e Ourense, xa non conta con lugar nos de Media Distancia (Avant) nas sextas feiras deste mes. | Renfe continúa sen pór solucións ás numerosas queixas que usuarias e usuarios dos trens de Media Distancia (Avant). A introdución de abonos gratuítos aumentou a demanda exponencialmente mais non o número de frecuencias dispoñíbeis nos horarios máis solicitados. Esgotadas todas as prazas de trens Santiago de Compostela-Vigo para a sexta feira Desde hai semanas, usuarias e usuarios deste servizo na Galiza quéixanse de que quedan sen poder viaxar ou teñen que acceder a outros traxectos máis caros, como é nalgúns casos o Alvia que non está pensado para este tipo de pasaxeiras e pasaxeiros. Estudantes e persoas que teñen que desprazarse para traballar son os perfís máis comúns. A semana pasada Nós Diario explicaba denuncias de usuarias e usuarios que realizaban traxectos na liña Santiago de Compostela-Vigo que quedaban sen prazan nas sextas feiras 24 e mesmo 48 horas antes do día en cuestión. Daquela, Nós Diario constatou que todos os trens estaban completos para esta pasada sexta feira nalgúns casos 36 horas antes de partir. A gratuidade dos trens de proximidade e Media Distancia estenderase a 2023 A mesma situación están a padecer as viaxeiras e os viaxeiros da liña que comunica A Coruña con Ourense. Novas denuncias chegan á redacción sinalando que ao querer acceder á reserva de prazas de ferrocarril de Media Distancia todas as sextas feiras deste mes están ocupadas. A única posibilidade é acceder aos trens Alvia que teñen un custo superior aos 40 euros. Atrasos e colapso na aplicación Alén do problema co acceso á viaxe en determinados días, tamén continúan as queixas polos atrasos das viaxes na chegada a destino, co que isto supón para as persoas que teñen que cumprir uns horarios de entrada ao traballo ou ás aulas das universidades. O sistema ferroviario de Renfe atópase 'colapsado' ante a escaseza de servizos Outra das situacións que máis se repite é a imposibilidade de entrar na aplicación que en moitas ocasións non permite o acceso. Unha da solucións, realizar a xestión a través das máquinas das estacións, resulta case imposíbel ao atópanse colapsadas polo que denuncian que hai que realizar grandes fileiras diante da xanela de venda. Diante desta situación, moitas usuarias e usuarios optan por buscar outro transporte público e a segunda opción é o autobús. Fontes de Monbus indican que traballan para aumentar frecuencias aínda que tamén se están a rexistrar numerosas fileiras que non dan resolto o problema en determinados horarios. |
NOS_2594 | Sobre a semana santa, o conselleiro de Sanidade afirma que a estas alturas "é difícil ter un posicionamento rotundo" sobre os niveis de restricións para aquela. O fechamento perimetral da Galiza levantarase "o máis axiña posíbel" cando o "avalen os datos". | "Non desexamos que ocorra pero pode ocorrer". O doutor Pedro Rascado, do comité clínico incidiu esta mañá nas chamadas á prudencia para evitar unha cuarta onda de coronavirus. Fíxoo na comparecencia para informar dos asuntos tratados na reunión semanal do comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia de Covid-19. Lembrou que a desescalada é progresiva: "Aínda non estamos nunha situación relaxada", enfatizou Rascado. Aínda que os datos da última semana na Galiza apuntan a unha clara diminución da incidencia do virus, as autoridades sanitarias seguen apelando á prudencia. O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, insiste na necesidade de "ser prudentes" malia desescalada e os bos datos destes días en canto á evolución da pandemia. Chamou a "reconducir" os comportamentos non acaídos neste principio de desescalada. "Preocupounos a situación que vimos" na fin de semana, recoñeceu o conselleiro. "Preocupounos a situación que vimos" na fin de semana, recoñece o conselleiro de Sanidade As autoridades sanitarias galegas confirmaron xa por secuenciación 90 casos de variante británica de Covid-19 e un de surafricana, á vez que está en estudo un caso de cepa brasileira. Así o explicou a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, durante a rolda de prensa . Soutomaior é o único concello que fica en nivel máximo de restriciòns, é dicir, coa hostalaría fechada. A incidencia acumulada a 14 días supera os 500 casos por cen mil habitantes. Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás pasan a nivel 2. Sanidade detectou incumprimentos no 31% das máis de 4.000 inspeccións realizadas ata o 21 de febreiro Carmen Durán, sinala a mellora que tivo lugar nestas 2 semanas. 91 concellos non tiveron ningún caso en 14 días, son 36 máis o 20 de febreiro. O número de concellos sen casos durante estes sete días é de 165. Semana santa A Xunta recibiu un borrador a respecto da semana santa, que está a estudar. Hai que pensar "moi ben" as medidas, sinalou García Comeseña. "Faltan tres semanas e francamente é difícil ter un posicionamento rotundo". "Haberá xente que vexa favorábel manter as restriccións e xente que non o vexa así de ben" 8-M O conselleiro considera que "en xeral, non é un bo momento" para actos ou reunións nas que participen moitas persoas. Porén, lembrrou que é a Delegación do Goberno a encargada de autorizar ou non as mobilizacións. Vacinas Na comparecencia tamén se informou de que na Galiza administráronse 233.336 vacinas: 34.620 de Pfizer, 6.377 de Moderna e 4.239 de Astrazeneca. 115.136 galegos foron vacinados cunha dose. 59.072 con dúas dose. Inspeccións A campaña de control e inspección comezou a inicios do mes de febreiro con máis de 200 inspectores de Saúde Pública, centrándose en establecementos comerciais e instalacións deportivas. Nas3 primeiras semanas de febreiro realizaron 4.107 controis en establecementos. No 31 % atopáronse deficiencias e establecéronse prazos para emendar. O Comité clínico que fai seguimento da evolución da Covid-19 na Galiza propuxo, na súa reunión desta terza feira, 2 de marzo, abrir o feche da área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto da Galiza. Mentres, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan fechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Así, pois as e os seus habitantes só poderán moverse a municipios na mesma situación e os locais de hostalaría poden abrir só as terrazas a 50% de ocupación até as 18 horas. |
PRAZA_12120 | Dúas rapazas galegas foron declaradas finalistas do concurso internacional YouTube Space Lab, organizado pola NASA e a Axencia Espacial Europea. Laura Calvo e María Vilas, de 15 anos, que estudan no colexio público Dos Dices de Rois e que superaron a milleiros de proxectos de Europa, África e Oriente Medio, viaxarán agora a Washington para participar na final. | Dúas rapazas galegas, finalistas do concurso internacional YouTube Space Lab, organizado pola NASA e a Axencia Espacial Europea. Laura Calvo e María Vilas, de 15 anos, que estudan no colexio público Dos Dices de Rois e que superaron a milleiros de proxectos de Europa, África e Oriente Medio, viaxarán agora a Washington para participar na final. As estudantes propuxeron experimento chamado Surfactantes en microgravedade, que estuda que ocorre cando auga, xabón e aceite se mesturan en condicións de falta de gravidade, como ocorre na Estación Espacial Internacional (ISS). O concurso consiste en deseñar experimentos que poderían ser realizados a bordo desta estación. Os dous gañadores globais (un de cada categoría de idade) anunciaranse nunha cerimonia o 22 de marzo. Despois, os seus dous experimentos levaranse a cabo a 400 km da Terra na ISS e emitiranse en directo por YouTube no contexto dun evento de celebración global da ciencia e o espazo. O equipo gañador poderá elixir entre viaxar a Xapón para presenciar o lanzamento dos seus experimentos con destino á Estación Espacial Internacional, ou cando cumpran 18 anos, poderán vivir a experiencia de formación dun astronauta no centro de preparación dos cosmonautas rusos 'Star City'. Ademais, os 21 equipos finalistas rexionais de Europa, Oriente Medio e África serán convidados en abril a unha visita privada ao Centro Europeo de Astronautas en Colonia, Alemaña, onde se adestran os astronautas europeos. |
NOS_43420 | O día 31 de xullo Venezuela ingresará en Mercosur, coa participación de Hugo Chávez na cimeira que oficializará a integración en Brasil. Os presidentes de Brasil, Arxentina e Uruguai acordaran a incorporación de Venezuela no último cumio celebrado en xuño, ao ser suspendido Paraguay | Na reunión que tivo lugar no mes de xuño en Mendoza, Arxentina, os presidentes de Brasil, Arxentina e Uruguai acordaron a incorporación de Venezuela como membro pleno ao tempo que decidían suspender a participación de Paraguay até que se celebren novas eleccións xerais en abril de 2013.O Mercado Común do Sur (Mercosur) está integrado por Arxentina, Brasil e Uruguay, despois da suspensión de Paraguay pola violación da Cláusula Democrática do Protocolo de Ushuaia. Foi creado o 26 de marzo de 1991 coa sinatura do Tratado de Asunción e ten como obxectivo o desenvolvemento dunha polìtica comercial común, a libre circulación de bens e servizos, a coordinación de políticas macroeconómicas e sectoriais e afortalar o proceso de creación.O protocolo para a adhesión de Venezuela fora xa subscrito en 2006 mais non entrara en vigor por non cumprir a condición de ter sido ratificado polos parlamentos dos países asinantes xa que Paraguay puña reparos á entrada da Venezuela de Chávez. Unha vez suspendido da súa participación na toma de decisión, os países participantes aprobaron a incorporación de Venezuela que se fará efectiva o 31 de xullo coa presenza do propio Chávez.A integración de Venezuela anunciouse a fins de xuño e farase efectiva o próximo 31 de xullo. Son países asociados de Mercosur, Bolivia, Chile, Colombia, Perú e Ecuador. |
NOS_34098 | A biografía musical de Nani García (A Coruña, 1955) é en boa parte a historia do jazz galego. Piano do mítico Clunia Jazz, el estivo na orixe de todo. Músico total, ningunha partitura lle é allea: nen as que remiten para o universo dos ritmos africanos reinventados en Nova Orleáns nen as que teñen como destino as pantallas dos cinemas ou o palco da Orquestra Sinfónica de Galiza. Exitoso compositor de bandas sonoras, na noite do 4 de marzo un fragmento do Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa pode pertencerlle. | Hai ben pouco que Nani García -líder do trío que leva o seu nome- apresentou o seu último traballo, Cinematojazzía, unha viaxe desde o cinema até o jazz, coas súas bandas sonoras como materia do experimento. É un plástico espléndido, con xoias como a versión jazzy da mítica melodía de Pratos Combinados, punteada por ecos das teclas do seu adorado Keith Jarrett. Conversamos nunha cafetería coruñesa. Son as 21 horas e hai futebol nunha pantalla. Sempre hai futebol nunha pantalla. Felizmente o son do aparato está desligado. -Pos música a un filme chileno, Una Mujer fantástica (Sebastián Lelio), nominado ao Oscar á mellor fita en lingua non inglesa. Veste gañando? -Segundo os expertos, ten un certo favoritismo, si. A peli paga a pena. -E como chegache a ela? Como te chama un director chileno? -Cheguei porque é unha coprodución e a produtora española propuxo o meu nome. Propoñería algún nome máis, non o sei, o caso é que ao director lle gustou o meu para facer unha parte pequena da música da película. Non é a banda sonora propiamente. É música adicional. 6 ou 7 cortes. -Lin que o traballo co director foi através de Skype. -Si, iso soa a extraordinario, mais é o habitual. No cinema, salvo que esteas facendo cinema local e que todos vivan na mesma cidade, o normal é que a xente estea separada, entón hoxe en día a ferramenta máis fácil é ter as conversas mediante Skype. Todo é através de internet. Mandas os arquivos vía internet, o director escóitaos, contéstache... É todo así. -E mándache o guión tamén... -Neste caso mandoume a película xa montada. Premontada. -O habitual é pór música sobre unha montaxe ou concebila sobre un guión? -Eu prefiro sobre a montaxe. Si, porque se non estaríamos traizoando un pouco o espírito do cinema. Porque aí a visión cinematográfica do director é o importante. O guión non deixa de ser o que é, un texto sen o punto de vista visual do cineasta. Sen ese punto de vista, dun guión poden saír miles de películas distintas. -Cando recebes un encargo para unha película, investigas sobre o director? Ves algunha película anterior del? -Home, se eu non o coñezo, si. Parece lóxico, non? Deste director tiña unha referencia, a súa película anterior, Gloria, pero tampouco lle prestara moita atención. -Gañache un feixe de premios, nas túas distintas dimensións artísticas. Que importancia lle concedes aos premios? -Eu tento ser unha persoa bastante razoábel. Os premios teñen a función que teñen. A de dar prestixio, dar difusión, tanto para a institución que os pode conceder como para quen os recebe. Son un apoio. É puro... non imos dicer merchandising, pero fai un pouco parte dese tema. Quen queira quitar algunha conclusión maior sobre os premios está errado. O último traballo de Nani García, Cinematojazzía, é un plástico espléndido, con xoias como a versión jazzy da mítica melodía de Pratos Combinados -E algunha vez recebeche un premio e pensache, concho, este non o debería ter gañado eu, debería ter gañado fulano, ou algunha vez que non gañache, pensache, pois este si...? -Seguro, seguro. No caso este do Oscar podo comentar que nunca tiven tanta atención por menos traballo. -Claro, pola Academia de Hollywood... -Xa, e iso é xusto ou é inxusto? Fixen cousas que me parecen moito máis interesantes... Mais, ben, a película vale a pena, está na antesala dos Oscars e que proxección hai mellor do que esa? -Está claro. Vaiamos agora ás orixes. Entre 1977 e 1980 estudas lingüística no estranxeiro, nas universidades de Upsala e Estocolmo. E xusto aí cando aterras no jazz. Como foi ese proceso? -Eu xa viña da música. Era un namorado da música, na miña xuventude, cos meus amigos. Na Coruña eu comecei tocando a batería, tocando rock and roll, como todo o mundo. -Tocabas a batería como o protagonista de Wihplash, heiche de perguntar logo por este filme... -Si, tiñamos un grupo, compartíamos esa inquedanza con algúns dos ilustres que hai por aquí, como Xoán Piñón, o fotógrafo, que toca a guitarra, ou Bernardo Martínez, un músico que se prodiga polo ambiente compostelán a facer teatro sobre todo... Estabamos aí no principio. Foi en Suecia onde comecei a coñecer o mundo do jazz de perto. Tiven a oportunidade de procurar algún profesor particular que me foi achegando a esa linguaxe. Aquí apenas había nada diso, claro. Estamos a falar dos anos 1975, 76. Habería algúns músicos, poucos, en Madrid, en Barcelona... Que se comezara a facer jazz en firme en Galiza eu creo que foi a partir dese momento, principios dos 80 -E antes de ires a Suecia non entraras en contacto cos clásicos do jazz norteamericano...? -Non, eu non os coñecía, eu escoitaba un disco que se chamaba Llena tu cabeza de rock. -[Risos]. Daquela a túa introdución no mundo do jazz foi en Upsala e Estocolmo e foi através da escola europea. -Ben, en realidade o que comecei a escoitar en Suecia foi non tanto o jazz europeu, senón máis ben o americano. O meu profesor era un pianista sueco, ao que lle perdín a pista, e el ensinoume a base da linguaxe e a base da linguaxe sempre a hai que remontar a Nova Orleáns. Sempre hai que voltar alí. -Despois deses anos universitarios voltas a Galiza e naquela altura no jazz galego estaba todo por facer, diríamos que ti estás no principio de todo. -Formalmente case podemos dicer que aquilo foi o principio de todo. Ao mellor podía haber algunha cousa, escangallada polo medio, sempre pode aparecer alguén a dicer "por aquí había algo e tal", pero que se comezara a facer jazz en firme eu creo que foi a partir dese momento, principio dos 80. O clube Jazz Filloa xa estaba aberto [na Coruña] e penso que en Vigo había un que estaba aberto ou a piques de abrir. Comezaba a haber unha afeizón por aquí. Naquela altura foi cando me xuntei con algúns músicos e comezamos a facer os primeiros pinitos. -Convencíchelos ti para facerdes jazz? -Non, non. Xa había xente que aquí comezara a se mover. Foi o principio tamén máis forte do folk. Nesa época estaba comezando todo dalgunha maneira. Pouco antes se gravaran os primeiros discos de Milladoiro [1989], de Doa [1979], o Fonte de Araño de Emilio Cao [1977]... Era unha época tamén de rexurdimento. Naquela altura todo era novo, tanto para os que queríamos practicar e tocar, como para os espectadores -E de pioneiros. -Nesa época mente o que dixera que xa coñecía todo. Era novo todo, tanto para os que queríamos practicar e tocar, como para os espectadores. Todo o que había era novo. Nós comezamos a dar pasos, até que dei cuns músicos cos que formei Clunia Jazz. Eramos músicos que xa tiñamos miras profisionais, que nos gustaba o tema até o punto de nos dedicarmos ao jazz a serio. Comezamos como trío. Imediatamente incorporamos un saxofonista, que era maior que nós, ese si que é o verdadeiro avó do jazz en Galiza, Antonio Cal, un músico de Betanzos que estivera moitos anos no estranxeiro. Con el fixemos como cuarteto o primeiro disco. -Clunia desde o principio é un símbolo, o estandarte do jazz galego. No ano 83 xa gañades un premio no festival de Donostia. -Si, comezamos a acudir a festivais. Donostia naquela época tiña un concurso de amateurs e fomos en varias ocasións. A maior parte dos grupos eran cataláns, habíaos tamén de Valencia. Galegos estabamos nós. -Naquel momento pensabas en facer jazz galego ou simplemente jazz? Hai ese debate sobre se se pode falar ou non de jazz galego. -Niso eu son un pouco crítico. -É un debate eterno. -É. Hai dúas vías de facer jazz galego. Unha é coller a tradición, as melodías, a tímbrica e tal, e intentar facer un jazz do país. Iso intentouse e é complicado. E hai outra que me parece máis lóxica, que é asentarse na tradición do jazz, aprendelo ben, empaparse diso e traballar desde aquí, deixarse enchoupar pola realidade cotiá e daí ten que saír unha música que rezume, que sexa de aquí. Iso é o que me gusta e o que fago. Eu ultimamente o que digo é que o que eu fago é jazz indie, no sentido de que me apartei da corrente dos standards americanos, toqueinos no seu momento, mais o que fago co meu trío son músicas que eu compoño, e que xa non apuntan nunha dirección ou noutra, que se este tema é un alalá ou non... Iso no seu momento fíxeno. O que fago agora é o que me sae. Levo empapado en formol galego tanto tempo que todo o que sae de min é música galega. Esa é a fórmula. Moitas veces procuramos, sen deixar pasar xeracións, que as cousas medren de súpeto. Iso é imposíbel. Moitas veces teñen que pasar décadas. A cultura precisa un pouso. Os países que teñen tradición [no jazz] non o conseguiron así de fácil. É produto de moito tempo e de moitos anos de traballo. O tempo é investimento. Apostar na cultura. Repetirse no tempo. E o certo é que moitos dos nosos politicos, moitos dos nosos animadores culturais ou nós propios, digo para que a crítica sexa extensiva a todos, nen teñen nen temos esa paciencia necesaria para deixar que o tempo faga o seu traballo. Levo empapado en formol galego tanto tempo que todo o que sae de min é música galega. -Pois o tempo xa foi pasando, 40 anos máis menos após o teu retorno de Suecia. Catro décadas. Como está a escena do jazz galego agora? -Está moito mellor. No sentido de que os músicos desta época están moitos máis preparados, ben educados musicalmente. Esa é unha mellora que se nota. Agora hai moitos máis músicos, case todos teñen estudos, non só de conservatorios, senón que tiveron a oportunidade de achegarse a Berkeley, ou foron a Holanda ou foron a Inglaterra, a facer cursos, a ter contactos con artistas de fóra. A maioría dos músicos das novas xeracións que coñezo pasaron por todas esas fases. Esa é unha mudanza grande, lóxica e envexábel. Pero o certo é que para chegar a ese punto pasaron 4 décadas. De feito os anos 90 foron bastante ermos. -Podemos dicer que estamos agora no principio do que pode acabar sendo unha Galiza cunha certa tradición de jazz propia? -Si dalgunha maneira podemos falar diso, eu penso que si. Agora comeza a haber xente que leva tempo tocando. Como o caso do meu compañeiro Baldo Martínez, que aínda que vive en Madrid segue militando nese facer da música, de facer o seu e o seu sempre rezuma galeguidade. Logo está o caso de Abe Rábade, que xa leva uns cantos anos tamén, e algúns máis. O noso era outra historia. Comezamos sen coñecimento, sen técnica, así que os intentos de facer achegamentos á música tradicional desde o jazz resultaban moitas veces en fracasos. Comezamos sen coñecimento, sen técnica, así que os intentos de facer achegamentos á música tradicional desde o jazz resultaban moitas veces en fracasos. -O cinema norteamericano, da man do director Damien Chazelle -Wihplash, 2014; La La Land, 2017- tense debruzado nos últimos tempos sobre o mundo do jazz. A tese de Chazelle é que é unha música en crise, que non avanza como no pasado. Que os músicos poden ser mellores tecnicamente, mais que non son tan criativos como os clásicos. -A pergunta é: perdeuse en intuición criativa ou é que xa se esgotaron case todos os territorios por explorar, os filóns, como din os técnicos de márketing, os nichos, os nichos de xenialidade que había...? Hai que ter en conta que no momento en que aparece un Miles Davis ou un Charlie Parker había aínda moito por inventar. Agora non tanto. Aquela xente descubriu xeitos de tocar, xeitos de abrir novas músicas. Cando o jazz apareceu a principios do século [XX], apareceu practicamente en paralelo ao cinema, irrompeu como unha linguaxe nova. Porén, a música é a mesma. Eu sempre poño o mesmo exemplo. Un edificio e unha rúa. Desde o primeiro piso ves a rúa dunha maneira, desde o segundo piso vela doutra, son distintas perspectivas, pero a rúa é a mesma. A música é a rúa, o primeiro piso é a música clásica, o segundo piso é o jazz, etc. Segundo de onde a mires, esa música vela dun xeito ou doutro, mais a música é a mesma. O jazz tróuxonos ese punto de vista, esa maneira de achegarnos á música doutro xeito, a visión propia que os africanos achegaron á música europea ou anglosaxona. Irrompeu aquí na cultura occidental, ou na cristiandade ou como queiras chamarlle, e a partir dese momento estaba todo por descubrir. -Mais en 2018 xa está todo o territorio colonizado, xa todo foi descuberto? -Hai moito colonizado, mais seguro que fican cousas [por descubrir]. -Algo parecido está a pasar co rock and roll. Os grandes criadores son tipos que teñen agora 70 anos. -E no cinema non está pasando o mesmo? Hai moita perfección técnica, moitos avanzos... pero... -Si, moitas veces tes a sensación de que non hai nada novo baixo o sol, de que todo estaba xa en, por exemplo, Hichtcock, por nomear un clásico. -Claro. E cando ves catro películas de agora, ves que si, que hai ese mundo dixital, pero acabas un pouco aborrecido, vaia, iso xa o vin, que aburrimento. -En que momento das o salto ao cinema? -Eu comecei facendo a primeira serie de televisión galega, Os outros feriantes, sobre textos de Álvaro Cunqueiro. Nesa serie eramos todos novos, novos no oficio. Xente como Xosé Cermeño na dirección de guións, Julio Casal na produción, Miguel Piñeiro na realización... estabamos aprendendo. Foi unha primeira experiencia. Eu xa estaba metido no mundo da produción musical. E despois comecei a facer moito teatro, con Xulio Lago e o Teatro do Atlántico... Así me fun achegando ao audiovisual. O cinema chegou máis tarde porque é que aquí apenas se facían filmes. Fixen algún pinito, algunha peli, moi descoñecida, un fracaso absoluto. O cinema chegou en firme xa na década dos 2000. -En todo caso, son linguaxes moi distintas. O jazz pide improvisación. O cinema é algo máis formal, máis cartesiano. -Tes razón, mais eu descubrín que dalgunha maneira teño un certo talento para pórlle música ás imaxes. A música do cinema é música aplicada, indo á terminoloxía universitaria. O músico está ao servizo dun relato. Igual que no século XVIII ou XIX houbo os famosos inicios da música programática, que naquel momento foi unha corrente case filosófica de procura de sentido, a ver se a música significaba algo ou deixaba de significar. Agora vou describir unha fervenza ou vou describir o ruído do mar, cousas destas. Ao final o que facían era pór a música ao servizo dun mundo material que querían retratar. Eludían a lóxica formal que ten a forma musical. No cinema pasa iso. Hai un relato. Hai un guión. Hai unhas imaxes. E uns requerimentos por parte do director para que ti axudes a contar a historia. Equivócase moito o músico que pensa que a música está en primeiro plano. Non, o relato está en primeiro plano. Tampouco vou dicer esa obviedade que din algúns de que se a música se nota é que non é boa. A tanto non hai que chegar, pero si é certo que o importante é que a música estea a favor do relato. Equivócase moito o músico que pensa que a música está en primeiro plano. Non, o relato está en primeiro plano. O caso é que si vin que eu tiña un certo talento para facer iso e me fun metendo pouco a pouco no mundo do cinema. E como tiña que contar con orquestradores para facer música de orquestra, pois, ao final vin claro que non había máis remedio que aprender a orquestrar. E metinme a orquestrar. -Até o punto de receberes un encargo da Orquestra Sinfónica de Galiza... -Si, varios encargos, traballei varias veces con eles. -E iso xa é completar o círculo. Pasar do jazz ao cinema e logo á música chamémoslle culta. Tes un concerto de clarinete baixo e para orquestra de vento... -Teño varias músicas de banda. Música contemporánea. Fixen tamén os arranxos para un concerto da OSG con Luar na Lubre. -Xa para ir rematando, que músicos de jazz admiras? -Moitos. Sempre tiven debilidade por Keith Jarrett. -Pianista. -Si, gosto tamén doutros instrumentistas, mais ao final sempre che me vai o ollo para os pianistas. Por Keith Jarrett teño debilidade, non me meto na discusión de se é mellor ou pior, pero devezo pola súa estética. Gosto moito dos clásicos, Bill Evans, Herbie Hancock, tamén de xente máis descoñecida como Richie Beirach... dos máis novos diría o nome de Brad Mehldan. -E que músicos de cinema prefires? -Gosto dos que se afastan da corrente hollywoodiense. Hai algún como Carter Burwell, que está aí un pouco, no cinema comercial, pero que ten o seu propio aquel, por exemplo coas súas colaboracións cos filmes dos irmaos Coen. Logo tamén diría nomes como Ennio Morricone e Nino Rota. -E o inevitábel John Williams? -Si, claro, é o grande mestre do sinfonismo. E despois tamén gosto de Michael Giacchino, o autor da banda sonora de Ratatouille e moitas outras. Ao final eu fixen moita animación tamén e moitas curtas en que a música era un pouco protagonista porque non había diálogo. Esa é unha sorte. Gosto dos compositores que se afastan da corrente hollywoodiense. Hai algún como Carter Burwell, que está aí un pouco, no cinema comercial, pero que ten o seu propio aquel -E é moi distinto compor música para animación do que facelo para filmes con actrices e actores? -Se tal coa animación ás veces precisas música máis en primeiro plano, máis activa, pero non é distinto. Ao final é unha historia o que contamos, se os personaxes son debuxos ou seres humanos tanto ten. -E cando saes de ver un filme e o único que che queda na cabeza é a música, que pensas? -Ben, se non foi en contra da peli está ben, non? Nota: a foto en branco e negro que acompaña este texto é da actual formación do Nani García Trío e está tirada de FB. O resto, feitas durante a entrevista, son da autoría de X.M. |
NOS_31536 | "O que importa é un cesamento do fogo duradeiro", di Ankara. | O Goberno turco insinuou a posibilidade dun novo encontro entre os ministros de Exteriores de Rusia e de Ucraína que tería lugar de novo en Turquía en menos de dúas semanas. Ademais, non tira a toalla aínda sobre unha posíbel cita entre os presidentes dos dous países. O ministro de Exteriores turco, Mevlut Cavusoglu, afirmou que "nunha semana ou dúas" pode haber unha reunión de maior nivel á desenvolvida estes días en Istambul. Este futuro encontro sería "polo menos" a nivel de ministros de Exteriores. Turquía xa albergou o 10 de marzo a primeira reunión entre os responsábeis diplomáticos de Rusia e de Ucraína, Sergei Lavrov e Dimitro Kuleba, respectivamente, que concluíu sen avances tanxíbeis. "O que importa é que as dúas partes se xunten e acorden un cesamento do fogo duradeiro", declarou Cavusoglu, nunha entrevista en televisión recollida polo diario Hurriyet. Turquía sostén que é un "mediador honesto" ante a guerra que se libra en Ucraína e mantén que o encontro desta semana en Istambul foi o máis relevante dos desenvolvidos até agora. Así o subliñou de novo na cuarta feira o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, que cualificou de "significativo" o contexto actual e ve como "un paso importante" o compromiso ruso de reducir as operacións en Kíiv e Chernigov, malia o receo ucraíno a estes supostos avances. Ucraína propuxo a Turquía dentro dos países garantes dun hipotético acordo con Rusia, xunto a outros nomes como Estados Unidos, Francia e Alemania. Suscita que este grupo responda inmediatamente no caso de que a parte rusa incumpla futuros compromisos. Erdogan non descartou a posibilidade de que Turquía exerza de garante, pero si apuntou que aínda deben aclararse os detalles sobre esta proposta. Saída de Chernobyl Por outra parte, a compañía nuclear ucraína Energoatom confirmou onte pola tarde o inicio da retirada das tropas rusas da antiga central nuclear de Chernobyl e das inmediacións. Así, a empresa indicou en declaracións a través da súa canle de Telegram que os efectivos das Forzas Armadas rusas comezaran a desprazarse en dúas columnas cara á fronteira entre Ucraína e Bielorrusia. "Confirmouse que as forzas ocupantes, que se fixeron coa planta de Chernobyl e outras instalacións da zona de exclusión, comezaron a abandonar a zona", dixo a compañía nun comunicado. Porén, matizou que un pequeno grupo de "invasores" segue na zona, aínda que se está a formar outro convoi en Slavutich para un posíbel desprazamento cara a Bielorrusia. Sobe apoio a Putin Ademais, de acordo cunha sondaxe correspondente a marzo elaborada polo Centro Levada ─que o Goberno ruso acusa de ser xestionado por "axentes estranxeiros"─, a popularidade do presidente de Rusia, Vladimir Putin, medrou entre os seus compatriotas desde que comezou a ofensiva militar sobre Ucraína o 24 de febreiro. A imaxe de Putin reflicte unha repunta: o seu labor é aprobado xa por 83% da cidadanía. Sobe doce puntos nun mes e alcanza niveis inéditos desde xullo de 2017. Só 15% dos enquisados critican a xestión do presidente, aínda que o dato ascende a 27% para o Goberno en conxunto. O Executivo ten unha popularidade de 70%, un punto menos que o primeiro ministro, Mikhail Mishustin. |
NOS_57667 | O candidato do Partido Demócrata á Casa Branca, Joe Biden, lidera as enquisas nacionais e tamén as dos Estados "bisagra". Non obstante, as diferenzas son mínimas en moitos destes territorios chave, o que podería levar a un resultado moi axustado tal e como aconteceu hai catro anos na vitoria de Donald Trump. | En 2016, Donald Trump converteuse no quinto presidente dos EUA que chegou á Casa Branca gañando o voto electoral, mais perdendo o voto popular. Por que? Porque a súa rival naqueles comicios, Hillary Clinton, logrou contundentes vitorias en Estados con gran poboación, como California ou Nova York, mentres que Trump se fixo co triunfo en catro Estados por unha marxe mínima de arredor de 1%. Concretamente, Clinton conseguiu case tres millóns de votos populares máis que Trump, mais 74 votos electorais menos. O feito de que o sistema electoral estadounidense sexa indirecto é o que fai imprevisíbel o que poida acontecer nas eleccións presidenciais. Hoxe, primeira terza feira logo da primeira segunda feira de novembro, a cidadanía que aínda non emitiu o seu sufraxio por correo poderá facelo en urna. Até hoxe xa votaran máis de 95 millóns de persoas (hai catro anos, a participación presencial e por correo fora de 136,5 millóns). O censo electoral é de 239 millóns, que é o total de persoas que teñen dereito a voto no caso de terse rexistrado antes para votar (outra peculiaridade do sistema estadounidense). É evidente que a epidemia da Covid tivo un forte peso no medre do voto por correo. Vermellos e azuis Cada un dos electores marca na papeleta o binomio, presidente-vicepresidente, por quen vota, mais en realidade o que está a elixir son os compromisarios en cada Estado, que serán os que voten por un ou outro candidato. A cifra vén determinado polo número de habitantes. No total nacional de 538, cómpre un mínimo de 270 para ser presidente. Ademais, o que gaña nun Estado ─aínda que, como en 2016, sexa por menos de 1% de diferenza─ faise con todos os compromisarios. As excepcións a esta regra son Nebraska e Maine, onde o gañador do voto popular logra dous compromisarios e o resto vai para o que venza por distritos. Por iso desde hai días, medios e analistas políticos veñen centrando a información nos chamados Estados "bisagra" ou "columpio", aqueles que tradicionalmente ─ou circunstancialmente nestes comicios, segundo as enquisas─ non se decantan maioritariamente por ningún dos dous partidos maioritarios. É dicir, non son Estados "vermellos" (republicanos) ou "azuis" (demócratas). A CNN sinala oito destes Estados "bisagra". Pensilvania, onde ambos os candidatos focalizaron as últimas horas da campaña; Wisconsin, onde actualmente hai un importante surto da Covid; Florida, cunha batalla polo voto nas áreas residenciais; Georgia, onde o último demócrata en gañar foi Bill Clinton, na década de 1990; Carolina do Norte, onde a participación do electorado negro é chave; Iowa, que os demócratas daban por perdido; Arizona, onde houbo un grande incremento da poboación; e Ohio, historicamente un Estado "columpio". Tamén Politico apunta oito Estados, mais inclúe Minnesota e Michigan e deixa fóra Iowa e Ohio. En Minnesota, que vota demócrata desde 1976, as enquisas dan unha importante vantaxe a Biden, mais fóra da área de Minneapolis-Saint Paul (onde se produciu a morte de George Floyd, que desencadeou en maio as protestas contra os abusos policiais e o racismo institucionalizado), o apoio a Trump continúa a ser amplo. En Michigan tamén as sondaxes dan vantaxe aos demócratas. Unha presa de votos A vitoria do actual presidente dos EUA na maioría destes Estados hai catro anos foi chave para a súa chegada á Casa Branca. A derrota nalgúns deles sería moi significativa da evolución no resto. Por exemplo, Arizona tan só se decantou por un candidato demócrata desde 1964, e Georgia non o fai desde 1992. Os catro onde o triunfo republicano foi máis axustado foron: Michigan, con 0,23% de diferenza (10.704 votos), que non votara republicano desde 1988; Pensilvania, con 0,72% (44.292), tamén demócrata desde 1988; Wisconsin, con 0,77% (22.748), onde non gañaba un republicano desde 1984 e os demócratas dábano por tan seguro que Clinton non o visitou en toda a campaña; e Florida, con 1,20% (112.911), quintaesencia dos Estados "columpio", apoiando tres veces aos demócratas e tres aos republicanos desde 1996, e que ademais ten unha grande importancia polo seu peso poboacional e de compromisarios: 29, os mesmos que Nova York ─que será demócrata─. Por riba están Texas, con 38 ─con moita probabilidade, republicano─ e California, que é o que máis compromisarios elixe, 55, e será demócrata. Pulo do independentismo en Porto Rico As dúas principais formacións políticas en Porto Rico, a gobernante Partido Novo Progresista (PNP) e o Partido Popular Democrático (PPD), na oposición, parten como favoritas nas eleccións xerais que se desenvolven hoxe. Ademais, tamén se elixe o representante ─sen dereito a voto─ da illa caribeña ante o Congreso estadounidense e realizarase unha consulta non vinculante sobre o status do país con respecto aos EUA, a terceira nunha década. O candidato a gobernador do Partido Independentista Portorriqueño (PIP), Juan Dalmau, afirmou na clausura da campaña, o domingo, que a cidadanía adquirira maior conciencia política desde os sucesos do verán de 2019, que levaron á dimisión do entón gobernador tras dúas semanas de protestas masivas nas rúas deste Estado asociado dos EUA. Dalmau manifestou que recibe con responsabilidade a confianza do electorado, e asegurou que o apoio "nunca antes visto" ao colectivo independentista demostra un cambio na conciencia política do país. O PIP avoga por un plan económico sustentábel que busca distribuír os ingresos e as riquezas para lograr mellor educación e acceso á saúde. |
NOS_48700 | Preséntase 'Estudo de opinión sobre o impacto do Turismo en Galicia', realizado por Unión de Consumidores de Galicia. Máis de 80% dos galegos considera que en Galiza hai destinos turísticos masificados | O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galiza, Miguel López, acompañado pola presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, presentou esta cuarta feira en Compostela o 'Estudo de opinión sobre o impacto do Turismo en Galicia', un traballo que xorde das máis de setecentas enquisas que Ucgal levou a cabo durante o último trimestre de 2017. López lembrou que que a cifra de visitantes que recibe Galiza case duplica o número de habitantes do noso país. "O impacto deses turistas xa se deixa notar en cidades como Santiago ou espazos naturais como as Cíes", indicou. Neste contexto, non é de estrañar que 84% das persoas enquisadas considere que hai destinos turísticos masificados ou que 81,5% estea a favor de implantar medidas para controlar o fluxo de turistas en certos espazos de Galiza. Outros datos do traballo ofrecidos pola Ucgal son que 53% de participantes no estudo valoran como 'axeitado' o número de turistas que cada ano visitan Galiza. Preguntadas polas vantaxes relacionadas coa actividade turística, as persoas participantes consideran que as principais son o aumento dos postos de traballo e saídas laborais (73%), a revalorización do patrimonio (48%) e o aumento da oferta de lecer e restauración (46%), entre outros. Así mesmo, entre os inconvenientes máis votados pola cidadanía están a conxestión dos espazos públicos ( 72%), os danos a medio ambiente (60%) e o ruído e polución (44%). Neste apartado, a xentrificación, aparece en cuarto lugar con 36%. A Unión de Consumidores de Galiza destaca que existe un amplo consenso social sobre a necesidade de que os axentes implicados no desenvolvemento da actividade turística incrementen a calidade da mesma, de procurar a desestacionalización do fluxo de visitantes. |
NOS_31878 | Só continuarían as actividades imprescindíbeis para loitar contra a pandemia do COVID-19. | CIG pide que se adopten todas as medidas laborais necesarias para que se garanta que toda a xente poida realmente ficar na casa agás a ligada a aquelas actividades "imprescindíbeis" para comabtr o coronavirus. Demanda a primeira central sindical na Galiza que se modifique o decreto aprobado polo Consello de Ministros para que as medidas vaian na liña das adoptadas por outros estados europeos. "Á inxustiza e insuficiencia das medidas, súmaselle a utilización abusiva polas empresas", denuncia. Paulo Carril, secretario xeral da CIG, indica que "se deben paralizar todas as actividades, agás aquelas declaradas imprescindíbeis para afrontar esta situación de emerxencia sanitaria". Servizos esenciais nos que, en todo caso, deben adoptarse todas as medidas de seguridade, de forma que as persoas que desenvolvan estas actividades indispensábeis poidan facelas de forma segura e con todas as garantías. CIG denuncia tamén o papel das mutuas. Denuncia que son moitas as persoas traballadoras e traballadores que foron e son citadas a través de mensaxe aos seus móbiles para acudir a cita nesta mutua (cita o sindicato Ibermutua Gallega) con resolución de alta médica. "Entre as persoas citadas, atópanse traballadoras en situación de I.T. por patoloxías consideradas de especial risco, outras con secuelas ou en proceso de recuperación que precisan de acompañamento nos seus desprazamentos", explica, Respecto das baixas que está a dar o Servizo Galego de Saúde explica que se están dando baixas por parte do SPS de primaria por ter os síntomas, máis non se lle aplican os códigos por estar en corentena, que é o que garante o cobro do 75% dende o primeiro día. "Se vas ao médico e dislle que tes coronavirus ou síntomas de coronavirus, e póñenche en corentena, o código que o sistema galego de saúde marca identifícache nunha continxencia que a Seguridade Social non contempla co tipo do que permite cobrar o 75%", indica. |
NOS_55362 | Torcuato Teixeira, representante do sector nesta organización, salienta o "diálogo" e a "transparencia" que está a percibir nos encontros, mais ve "complexa" a integración da enerxía eólica nas costas galegas con base na proposta da patronal do metal. | O pleno do Observatorio da Eólica Mariña, que ten por obxectivo analizar a viabilidade dos proxectos eólicos na costa galega, mantivo na pasada cuarta feira o seu segundo encontro, após a sesión de constitución decorrida o 9 de xuño. Desde entón formáronse tres grupos de traballo: un para artellar a planificación normativa, outro centrado na innovación e un terceiro dedicado ao impacto social. Este organismo está presidido pola Xunta da Galiza —en concreto, pola vicepresidencia segunda e as consellarías do Mar e Medio Ambiente—, e nel participan a Asociación de Industrias do Metal (Asime, patronal do sector), e o Consello Galego de Pesca, representado polo secretario xeral da asociación de armadores Pescagalicia, Torcuato Teixeira. "Traballamos con base nunha única premisa, que a eólica mariña non afecte a actividade pesqueira nin os ecosistemas. Non se trata de substituír industrias contaminantes por outras renovábeis, senón que calquera proposta que non recoñeza a importancia da pesca e a súa necesaria preservación, non terá ningún percorrido", sinala Teixeira, en conversa con Nós Diario. Para o sector pesqueiro, a "liña vermella" resulta evidente. "Aplaudimos esta iniciativa porque temos participación, e estamos dispostos a falar de todo, sempre que a nosa actividade non se vexa prexudicada", incide. Con todo, salienta que no Observatorio se está a traballar con "moito diálogo e transparencia". Polo de agora, a Xunta comprometeuse a presentar alegacións contra o Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que vén de presentar o Goberno estatal, un documento que considera a pesca "non prioritaria" e contra o que este sector xa se manifestou en contra. Unha relación "complexa" Torcuato Teixeira ve "complexa" a coexistencia da industria eólica mariña e a pesca nas costas galegas. De feito, a proposta inicial de Asime para instalar os primeiros aeroxeradores contemplaba zonas da Coruña e A Mariña inzadas de produtivos caladoiros. "Agradecemos que nos trasladen con sinceridade a súa proposta, mais nós agora dirémoslles cales serían os inconvenientes. Desde un punto de vista realista e fundamentado, se nunha zona hai caladoiros a actividade eólica é inviábel, a nivel pesqueiro e ecolóxico, polo que seguramente teñan que propor novos emprazamentos", insiste. Precisamente a Comisión de Pesca do Parlamento europeo vén de emitir un informe no que alerta dos efectos negativos destas infraestruturas sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira. "Hai aínda moitas incógnitas, e o Parlamento ratifica moitas desas cuestións con base ao que está a acontecer nos parques xa operativos. Queremos que toda esa información chegue ao Observatorio para traballarmos sobre certezas, e non sobre especulacións", explica, e pon como exemplo a "falta de información sobre a afección ás larvas ou o efecto das vibracións nos bancos de peixes e os mamíferos mariños que pasan polas costas galegas". O ecoloxismo, excluído A Xunta non convidou a formar parte do Observatorio a ningún colectivo ecoloxista, o que provocou as críticas de entidades como a Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), Verdegaia, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), que ven "imprescindíbel" a súa presenza para analizar os impactos da industria eólica sobre a biodiversidade mariña. |
PRAZA_15674 | Unha nova asociación profesional está a piques de poñerse en marcha nas artes escénicas. Os dramaturgos e as dramaturgas presentarán proximamente a entidade que os vai aglutinar. Os retos e os atrancos aos que se enfronta non son poucos. | "Hai un contraste moi grande entre o que estamos a facer entre todos e a parálise da administración. O sector está moi activo". Con estas palabras, o director teatral Xesús Ron, referíase a semana pasada en Praza aos pasos que se producen dende hai meses no seo das artes escénicas. Algo esta a moverse: a elaboración dunha proposta da lei de artes escénicas, o fornecemento de Escena Galega ao dobrar o pasado verán o número de compañías que aglutina ou o estoupido de novas formacións como son A Panadaría ou ilMaquinario. A todas estas circunstancias hai que unirlles a creación dunha asociación profesional de dramaturgos e dramaturgas que en próximas semanas se dará a coñecer. Este colectivo únese así ao asociacionismo profesional no sector, do mesmo xeito que con anterioridade xa o fixeron os actores e as actrices na AAAG -que vén de cumprir trinta anos- ou as compañías, reunidas na asociación Escena Galega. Agora, os autores e autoras dramáticas buscan a unidade para facer fronte ás dificultades que atopan no seu desenvolvemento profesional. Os atrancos son xa coñecidos e, probablemente, comúns para o resto de profesións dentro das artes escénicas. "Hai unha falta absoluta de promoción, non hai encontro entre os profesionais e, dentro do sistema editorial, resulta case imposible que se publique un texto dramático. Tampouco se atopan espazos de formación, agás en contadas ocasións, e institucións como o Centro Dramático Galego, fóra dos tempos de Cristina Domínguez, non se preocuparon por traballar a formación dos dramaturgos", explica Santiago Cortegoso unha situación que ben se podería resumir nunha palabra rotunda e clara: invisibilidade. En próximas semanas darase a coñecer a creación dunha asociación profesional de dramaturgos e dramaturgas Deste xeito, o traballo dos autores teatrais enfróntase a unha sorte, por dicilo dalgún xeito, de frustración á hora de emprender o seu traballo. "Tes a sensación de que escribir é un traballo en balde. Pensemos unha cousa: a concepción de toda peza de arte é unha mensaxe de emisores e receptores múltiples. Aquí falta a recepción porque a edición de textos é mínima e a dificultade para levala a escena, grande", apunta pola súa banda Fran Godón. Nesta análise coincide tamén autores con gran saída, como é o caso de Cándido Pazó. "No meu caso, se eu non escribise cunha idea clara de montaxe, sexa cunha compañía propia ou cunha que me fai encarga, se non teño a data de estrea de antemán, resúltame complicado. Porque neses casos non tería vontade, sería complicado. Entendo esa frustración", sinala Pazó. "O texto dramático acaba por se converter nun acto privado. Poucas saídas quedan para evitalo" Así gran parte dos textos teatrais que se escriben no país quedan ás escuras, sen chegar ao público. Fallan as dúas vías principais de comunicación: a publicación e a representación. "O texto dramático acaba por se converter nun acto privado. Poucas saídas quedan para evitalo. Ao mundo editorial -coas súas propias singularidades- non lle interesan os textos dramáticos por unha cuestión de rendibilidade e a crítica literaria, por exemplo, non lle fai caso. É unha invisibilidade da escrita", sinala Zé Paredes, que engade tamén "o baixo nivel de produción" como unha dificultade máis á hora de visibilizar e adaptar textos. Os premios como vía de escape No ámbito da escrita dramática, os premios funcionan do mesmo xeito que na narrativa ou na poesía: é o camiño para garantir certa repercusión, visibilidade e a publicación. "A saída son os premios, é a busca para unha posible publicación", sinala Paredes, que no ano 2013 xunto a Pacho Blanco gañou o Rafael Dieste coa obra Teatro, ou o xeito de cargar unha arma. Non obstante, e a diferenza da narrativa ou da poesía, o texto teatral ten unha finalidade principal -desculpen a obviedade- que non é outra que a súa representación. É dicir, chegar ao público e converterse nunha experiencia de arte colectiva. Aí falla o conto cos premios. "O único premio que che asegura a representación é o de Teatro Radiofónico do Diario Cultura", asegura Zé Paredes. Galardóns como o Varela Buxán do Concello da Estrada non recolle nas súas bases levar á escena o texto premiado. Tampouco os promovidos pola Agadic (O Manuel María de textos infantís, os Barriga Verde de Monicreques para adultos e cativos ou o Álvaro Cunqueiro). "Hai poucos autores aos que se lles fagan encargas. A Cándido Pazó ou José Prieto, que sempre anda no arame" Noutros premios, como é o caso do Rafael Dieste, nas bases sinálase que "A Deputación da Coruña [entidade que o promove] poderá contratar unha compañía teatral galega para realizar a montaxe e a representación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor". Algo semellante recollen as normas do Abrente de Ribadavia. Mais son só posibilidades. Malia todo, no caso do último texto premiado, semella que a obra Voaxa e Carmín, de Esther Carrodeguas, a posibilidade farase real. "Eme2 fará a produción. Isto vai permitir que sexa un espectáculo visible", sinala Carrodeguas, quen lembra que outras vías para a representación sen premio -e sen contar cunha compañía propia- son practicamente inexistentes. "As compañías non te van buscar á casa, non te van chamar para pedirche un texto, é difícil que algo así aconteza", conclúe unha dramaturga que principalmente vén adaptando os seus propios textos coa histórica formación Airiños de Rianxo. "Hai poucos autores aos que se lles fagan encargas. A Cándido Pazó ou José Prieto, que sempre anda no arame", completa Manolo Cortés, membro de Chévere e autor habitual dos seus textos. A compañía propia 'Eurozone', de Chévere "Decidín crear a nosa compañía para poder estreas as miñas obras". Así de claro se amosa Santiago Cortegoso, quen xunto a Marián Bañobre, creou Ibuprofeno Teatro. É só un exemplo. Hai máis autores que, principalmente, escriben para as súas propias formacións. "É o único xeito que atopas. Se Chévere non existise, se non escribise para Chévere, Praza non me chamaría para esta reportaxe. Porque non se me coñecería en absoluto", sinala Cortés, que insiste en que as encargas son pouco frecuentes. "As compañías por norma non pensan agora mesmo en pagar dereitos nin unha persoa descoñecida nin a xente de fóra da compañía. Non hai capacidade para pagar un texto por encarga. E se se fai, é cunha remuneración baixa", destaca Cortés. "Fernando Epelde, Clara Gayo, Vanessa Sotelo, Cortegoso, Ruibal... Todos eles son autores formidables e para o público son descoñecidos" Pola súa banda, Carlos Santiago destaca a necesidade -no seu caso- de combinar proxectos con encargas de grupos ou compañías que confían nel para idear as súas montaxes. "A maior dificultade é chegar a establecer unha relación de confianza real, pero hai outros atrancos", sinala Carlos Santiago, que observa como "a propia vitalidade teatral, ameazada nos últimos tempos por unha serie de motivos que inciden negativamente na demanda de textos e ideas, xusto cando a oferta de autores e autoras parece medrar en progresión xeométrica". Marta Pérez, quen creou Inversa Teatro para levar os seus textos a escena con garantías, concorda con Carlos Santiago á hora de falar desa ampla oferta de autores. "Fernando Epelde, Clara Gayo, Vanessa Sotelo, Cortegoso, Ruibal... Todos eles son autores formidables e para o público son descoñecidos", sinala Pérez, quen ten claro que todas as dificultades que vive dende sempre a dramaturxia -precarización, invisibilidade, falta de publicacións- proceden dunha causa clara. "O que pasa coa dramaturxia e non só coa dramaturxia, diría que con todas as expresións artísticas, vén dado pola falta dunha vontade política e por mor dun desinterese rotundo. Non hai aposta política", subliña. Para Pazó, tamén hai unha clave importante para o traballo dos autores e autoras dramáticas. Poderíase resumir cun estar no mundo. "Os autores e as autoras teñen que ser homes e mulleres de teatro antes de seren autores. Quero dicir que hai que dedicarlle tanto ao esforzo a escribir como a formar parte do tecido, moverse e pertencer a un mundo que non é outro que o do teatro real", opina Cándido. O mundo editorial "O texto dramático é o gran esquecido no mundo editorial. E con moita diferenza dos outros dous xéneros minorizados: o ensaio e a poesía. Podemos falar de que nun ano, publícanse unha ducia de textos dramáticos, non máis", recoñece Manuel Bragado, director de Xerais, editorial que ao longo do curso, "publica un ou dous títulos pertencentes ao xénero teatral". De media, o selo lanza preto de 25 libros ás librarías cada ano. "O texto dramático é o gran esquecido no mundo editorial. E con moita diferenza dos outros dous xéneros minorizados: o ensaio e a poesía" Para o editor, hai varias razóns para comprender tal descompensación. A primeira, que a natureza do texto dramático, o seu obxectivo é a representación ao vivo. Fóra desta evidencia, están as outras causas. "O primeiro, a falta de implantación no sistema educativo. Só se le obrigatoriamente en bacharelato La fundación, de Buero Vallejo. No ámbito galego, non un título equivalente Tentouse con A fiestra valdeira, pero non callou... Polo tanto non hai formación lectora. Despois temos, outra cuestión: nunca houbo, a diferenza da poesía, unha editorial especializada", remata un Bragado que confirma con exemplos á falta de costume lector. "Temos o caso de Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal (Premio Nacional de literatura dramática en 2007), un libro que dentro do xénero ten boa saída. Ou Unha Rosa é unha Rosa, de Suso de Toro. Pero os seus son datos moi humildes. Falamos de entre 100 e 200 exemplares ao ano", expón o director de Xerais. "As editoras non publican porque non se le" Aí atopamos causas evidentes para confirmar o que ninguén nega, malia todos os peros. "As editoras non publican porque non se le", afirma Marta Pérez. Cortés vai polo mesmo camiño. "Non sei se será diferente no resto do mundo, quitando autores como Shakespeare ou en España os grandes clásicos, pero é que o teatro non se le. A iso debemos unirlle as particularidades dun mercado editorial como o galego, con todas as súas dificultades", remata o compoñente de Chévere. Con todo, Manuel Bragado entoa, dalgún xeito, un mea culpa: "Promocionar para o público a literatura dramática é un esforzo que lle corresponde aos editores". Despois, chega o matriz. "Pero non só as editoriais". E aí está, tamén, a "vontade política" da que fala Pérez. Dupla invisibilidade Para Marta Pérez, os dramaturgos e dramaturgas están, polo tanto, "invisibilizados". "Constituímos unha rara avis", recoñece, aínda que sinala que dentro deste segmento profesional prodúcese, ao igual que no conxunto das artes escénicas, unha dupla invisibilidade para as mulleres. "Ás dramaturgas, tamén ás actrices, aféctanos máis esta situación. Por que? Porque os papeis masculinos son máis numerosos cós femininos e lévanse á escena máis textos de homes que son máis coñecidos. Cómpre poñer en valor á nosa escrita, facernos públicas", sinala. "Ás dramaturgas, tamén ás actrices, aféctanos máis esta situación porque os papeis masculinos son máis numerosos cós femininos e lévanse á escena máis textos de homes" Esther Carrodeguas coincide na análise. "A dramaturxia en feminino é descoñecida por completo, é invisible. En todos os ámbitos. Quero dicir... Quen coñece a autoras de renome internacional? Non falo xa do público xeral, senón de xente que ten maior sensibilidade", maquina Carrodeguas, quen engade un dato: até que ela comezou a colaborar con Airiños, a histórica formación "xamais levou á escena" un texto de muller. Oitenta anos, que non son poucos. E non será porque non existen autoras. "En Galicia hai tamén Manolas Cortés, Cándidas Pazós e Josefas Prieto. Hai mulleres que escriben, pero son máis invisibles", finaliza a gañadora do Premio Abrente. "O único modelo de intervención da administración que me convence tivo lugar fai 2500 anos, durante democracia ateniense" Este é o resumo urxente, a radiografía apurada do estado das cousas. E a estas e outras cuestións deberá atender unha asociación de dramaturgos e dramaturgas que, como todas as asociacións profesionais, está chamada a ser a interlocutora natural entre uns profesionais na procura do seu sitio e unhas administracións que nos últimos tempos significaron un dos maiores atrancos para o sector. Mais hai algúns que ven difícil que esa situación cambie e que a administración xogue a favor das artes escénicas. "A min o único modelo de intervención da administración que me convence tivo lugar fai 2500 anos, durante democracia ateniense. Daquela o estado sufragáballes as entradas do Festival Dionisíaco aos espectadores máis desfavorecidos. Porque todo o mundo se daba literalmente de hostias para pagar as entradas. Os atenienses vivían durante esa semana nos teatros e aclamaban como heroes os dramaturgos. Se algún Pericles ou algunha Aspasia presidise a Xunta, as artes galaicas, as escénicas e as outras, tal vez, florecesen cun novo esplendor", confesa Carlos Santiago, que remata cun consello: "Entre tanto, sexamos nós mesmos, a ver que pasa. Con ou sen premio". Aí queda iso. |
NOS_52566 | Tamén pasan a esa lista de investigados polo porceso independentista a coordinadora xeral dp PDeCat, Marta Pascal, Mireia Boya (CUP) e a presidenta da Asociación de concellos pola independencia, Neus Lloveras. | Apenas finalizada a noite electoral e a xustiza española xa deu un novo paso. O maxistrado do Tribunal Supremo Pablo Llarena amplía a investigación polo delito de rebelión ao ex presidente da Generalitat, Artur Mas, a secretaria xeral de ERC e número dous nas listas, Marta Rovira, e a ex-deputada pola CUP, Anna Gabriel. Canda elas pasan a esta lista de a coordinadora xeral do PDeCAT, Marta Pascal, a presidenta do grupo parlamentar da CUP, Mireia Boya, e a presidenta da Asociación de Concellos pola Independencia, Neus Lloveras. Llarena sitúaos a todos nun plan estratéxico para declarar a independencia de Catalunya á marxe da legalidade. A decisión do maxistrado baséase nos dados achados na axenda de Josep Mª Jové, tamén investigado nesta causa. |
NOS_47742 | A firma de moda galega fecha as 188 tendas físicas que ten no territorio español e reforza as vendas na rede. | Adolfo Domínguez finalmente optou por botar man das tesoiras. A firma galega de moda vén de anunciar o feche das súas tendas físicas no territorio español e a activación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para as 728 traballadoras dos seus puntos de venda físicos. O ERTE presentado pola firma capitaneada por Adriana Domínguez dará cobertura aos empregados das 188 tendas que Adolfo Domínguez ten no Estado español e que representan 61% do total de empregadas do grupo. Estará en vigor até o vindeiro mes de maio, en caso de que o feche dos puntos de venda polo coronavirus teña que prolongarse no tempo, apuntan desde a compañía nun comunicado. "A protección das nosas clientas e profesionais é a nosa máxima prioridade. Reforzamos áreas que nos permiten ser o máis rendíbel posíbel até que poidamos reabrir as nosas tendas e volver á actividade habitual", destacou o director xeral de Adolfo Domínguez, Antonio Puente. O regulamento afecta só a empregadas do territorio español, se ben a compañía xa se viu obrigada a fechar tendas propias e franquías noutros países como a China, Francia, Perú e Kuwait. Aposta no canal 'online' Pero o feche de tendas non para a actividade de Adolfo Domínguez. A compañía anunciou o reforzamento da súa canle de venda 'online' para garantir a entrega de pedidos ás súas clientas. Neste senso, a marca anunciou que está a optimizar a actividade do seu centro loxístico en San Cibrao das Viñas para garantir a correcta prestación deste servizo, ao tempo que impulsa a venda telefónica. Desta forma, o comercio electrónico e a atención aos mercados internacionais convértese no principal obxectivo de todas as profesionais de servizos centrais da firma, 54% dos cales están a teletraballar até que se dea por finalizado o período de feche dos estabelecementos. |
NOS_30571 | O persoal sanitario recibe desde a segunda feira as primeiras doses. A vindeira semana será a quenda para as persoas maiores de 65 anos. | Galiza inicia nesta segunda feira a vacinación contra a gripe co persoal sanitario, unha campaña que se prolongará até o 31 de decembro, coa novidade de que este ano é "secuencial". Así o confirmou este domingo domingo a xefa de servizo de Enfermidades Transmisíbeis da Consellaría de Sanidade, Susana Mirás, quen explicou que a vindeira semana, a do 25 de outubro, principiará a inmunización das persoas maiores de 65 anos e, de forma paralela, das que viven en residencias de maiores e grandes dependentes, así como as e os traballadores destes centros. O 15 de novembro será a quenda das persoas de 60 a 64 anos e menores de 60 con patoloxías de risco —como a diabetes—, aos que se suman as embarazadas e os prematuros de seis meses a dous anos, persoal de servizos esenciais, persoal de exposición laboral e persoal das oficinas de farmacia. Aliás, o 29 de novembro arrincará a vacinación antigripal do resto da poboación obxectivo e de conviventes de persoas de risco, segundo informou Mirás. Doses e puntos A respecto do desenvolvemento da campaña, Susana Mirás sinalou que Galiza contará con perto de 885.000 doses e cuns 900 puntos de vacinación en todo o país, entre outros centros de saúde, hospitais públicos e privados e residencias. Desde Sanidade agardan superar 60% de cobertura nas embarazadas e 70% en maiores de 65 anos, poboación na que van incidir "máis". Na pasada quinta feira, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, salientou que os resultados da campaña de 2020 foron "moi bos", xa que o número de doses administradas ascendeu a 843.469, un incremento de 28,2% en comparanza con 2019. |
PRAZA_6420 | O BCE acada de baixar o tipos de xuros aos que presta diñeiro ao nivel máis baixo da súa historia, un 0,05 %. Ao mesmo tempo anuncia unha serie de medida para insuflar liquidez á economía e facilitar tamén a concesión de crédito na Eurozona. A pregunta que cabe facerse é se todas estas medidas son suficientes para evitar o estancamento da economía europea, e en particular as do Sul de Europa | O BCE acada de baixar o tipos de xuros aos que presta diñeiro ao nivel máis baixo da súa historia, un 0,05 %. Ao mesmo tempo anuncia unha serie de medida para insuflar liquidez á economía e facilitar tamén a concesión de crédito na Eurozona. A pregunta que cabe facerse é se todas estas medidas son suficientes para evitar o estancamento da economía europea, e en particular as do Sul de Europa, sen dúbida as máis castigadas pola crise que comezou en 2008. Nas declaracións do propio Draghi atopamos a resposta ao insistir o presidente do BCE na necesidade de estímulos fiscais que complementen as medidas de política monetaria. Unha petición que xa formulara meses atrás e que por primeira vez poñía parcialmente en cuestión as políticas de austeridade. Con esta petición Draghi está recollendo as leccións de Keynes cando indicaba que, nun contexto de quebra acusada da confianza dos axentes económicos, as políticas monetarias poden resultar inservíbeis para a recuperación económica. Esa quebra de confianza maniféstase nos países do Sul no fortísimo endebedamento acumulado durante a época de frenesí, que agora fogares e empresas tratan de corrixir incrementando o aforro e por tanto limitando gasto e investimento. Confianza que tamén está resentida nos países do norte por mor do retroceso da demanda externa, que veu actuando como motor desas economías, produto dun contexto internacional máis incerto. Ademais, temos a evidencia de que as medidas de estímulo monetario que leva aplicadas o BCE nos últimos meses tiveron un efecto bastante cativo até o momento. Cómpre actuar canto antes con medidas de impulso fiscal, tanto pola vía do gasto como dos impostos e tanto a nivel de cada país como a nivel europeo Gobernos e medios de comunicación insisten en culpar aos bancos de non prestar diñeiro, mais quizais deberían comezar a preguntarse se en realidade hai a quen prestarlle, particularmente nos países da periferia, nun contexto de forte desapalancamento como o sinalado. Sendo isto así, cómpre actuar canto antes con medidas de impulso fiscal, tanto pola vía do gasto como dos impostos e tanto a nivel de cada país, alí onde exista marxe para facelo, como colectivamente con medidas a nivel europeo, para impulsar investimentos nas economías periféricas máis danadas pola crise e sen demasiado marxe fiscal. É iso, e non os cantos grandilocuentes de certos dirixentes diante de meras tendencias estacionais, o que pode evitar que Europa caia nunha nova recesión ou mesmo en algo máis grave. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.