ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_36861 | As próximas semanas serán "moi duras", advirte o ministro de Sanidade, Salvado Illa. | Un toque de queda para facer fronte á pandemia, suxeriu esta terza feira, 20 de outubro, o conselleiro de Sanidade do Goberno de Madrid, Enrique Ruiz Escudero, no marco dun almorzo informativo, como medida para substituír o estado de alarma que caduca este sábado. A rexión de Madrid é así a primeira comunidade en aludir a esta cuestión. Pola súa banda, o presidente do Executivo español, Pedro Sánchez, instou o Goberno da popular Isabel Díaz Ayuso a solicitar o toque de queda formalmente se así o queren. "O máis importante é saber se a Comunidade de Madrid oficialmente está pedindo o toque de queda", dixo o mandatario. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, amosouse aberto a estudar a posibilidade de decretalo, aínda que avisou a Madrid e o PP de que tal restrición requiriría da aprobación do estado de alarma (dada a implicación de suspensión de dereitos fundamentais) e instou os populares a aclarar se contarían co seu apoio nas Cortes Xerais. "O toque de queda é unha das posibilidades que se pode aprobar para evitar a propagación do coronavirus e así o estudará o Goberno con todas as comunidades autónomas", dixo Illa após o Consello de Ministras e Ministros. Precisamente, na quinta feira 21 de outubro, está previsto que se reúna o Consello Interterritorial de Saúde para analizar as próximas restricións. Illa insistiu en que o toque de queda é só unha opción das moitas que poderían pórse en marcha para evitar a propagación da pandemia e deixou aberto tanto o marco territorial no que se aplicaría como as súas concrecións respecto aos horarios ou outros aspectos. O Goberno non vai pedir prórroga da alarma Na fin de semana vencerá a vixencia do estado de alarma sobre Madrid e o ministro avanzou que o Goberno español non vai pedir a prórroga e emprazou, por tanto, o Executivo de Ayuso a publicar unha nova orde para manter o fechamento do concello de Madrid e dos outros oito municipios desa comunidade con alta incidencia pandémica. Os contaxios na rexión baixaron logo de 21 días de medidas "moi estritas", recoñeceu Illa, mais alertou de que os datos seguen sendo "preocupantes". A segunda onda está aquí e veñen semanas duras O ministro avisou de que as próximas semanas serán "moi duras" e chamou a cidadanía a reducir a mobilidade e os contactos ante unha "segunda onda que xa é una realidade". Illa destacou as medidas que están a adoptar as comunidades autónomas, algunhas delas "moi importantes e contundentes". Así, o ministro explicou que o Goberno estatal non quere "substituír" ningunha Administración, senón "exercer un papel de coordinación". Dimiten altas xerentes da Atención Sanitaria de Madrid Continúan os sobresaltos e as baixas na Consellaría de Sanidade do Goberno da Comunidade de Madrid. Esta terza dábanse a coñecer dúas renuncias moi importantes na estrutura do servizo de Saúde da rexión: a xerente asistencial da Atención Primaria da Comunidade de Madrid, Marta Sánchez-Celaya, que ocupaba o cargo desde había cinco anos, e a xerente asistencial de Hospitais, Bárbara Fernández. Estas renuncias súmanse ás sete importantes dimisións producidas desde maio na Consellaría de Sanidade, sendo a máis lembrada a do conselleiro de Políticas Sociais, Alberto Reyero, a da directora xeral de Saúde Pública, Yolanda Fuentes (contraria a que o Goberno de Madrid pedise o paso á fase 1 do desconfinamento) ou Emilio Bouza, portavoz do grupo de coordinación da Covid-19 en Madrid. Catalunya baixa o alugueiro á hostalaría a 50% Ante a hostalaría e o sector do ocio nocturno afogados polas restricións, o Govern de Catalunya (onde os bares e restaurantes levan fechados desde a pasada semana) anunciou a aprobación dun decreto que obriga a reducir a 50% os alugueiros que paga a hostalaría, de antes non lograrse un acordo entre o negocio e o dono do local. |
NOS_12167 | A ministra ghanesa de Turismo, nunha recente cerimonia pola morte de George Floyd, apelou á comunidade negra a "volver ao fogar". | "Continuamos a abrir os nosos brazos e a convidar os nosos irmáns e as nosas irmás á casa. Ghana é o voso fogar. África é o voso fogar", afirmou Barbara Oteng Gyasi, a ministra ghanesa de Turismo, nunha recente cerimonia pola morte de George Floyd onde apelou á comunidade negra dos Estados Unidos. "Reunímonos en solidariedade cos nosos irmáns e coas nosas irmás para que mude o statu quo. O racismo debe acabar. Pregamos e esperamos que a morte de George Floydnon sexa en van, senón que traia a fin dos prexuízos e da discriminación racial en todo o mundo", manifestou Oteng Gyasi, segundo GhanaWeb. "Aproveitádevos, por favor, e vide a casa; construíde unha vida en Ghana. Non tedes que ficar para sempre alí onde non sodes queridos; tedes unha opción e África agarda por vós", engadiu. O asasinato de George Plyod continúa a marcar a axenda de Estados Unidos, tanto no debate político como no da mobilización social. |
NOS_36936 | O Tribunal Superior sentencia que non se pode aplicar de maneira retroactiva a Lei 9/2012, do 9 de agosto, polo que o Goberno galego deberá pagar a est@s traballador@s o periodo que abrangue do 1 ao 14 de xullo de 2012. | O Tribunal superior de xustiza de Galiza condenou a Xunta a abonar a parte correspondente á paga extraordinaria do mes de decembro de 2012 ao seu persoal laboral. Na sentenza, estima parcialmente o recurso interposto polos sindicatos CIG, CC.OO., CSI-CSIF e UGT contra o Goberno galego e contra a Confederación de empresari@s da Galiza --CEG-- en que reclamaban, para alén desta paga que lles fora negada, que o RD 20/2012 fose declarado inconstitucional. A resolución vén confirmar, segundo a valoración que fai CIG-Administración, que "a supresión da totalidade desta paga se fixo de maneira atropelada e sen fundamentos xurídicos de ningunha clase". A secretaria nacional desta federación da central nacionalista, Carme López Santamariña, valorou a sentenza de maneira "moi positiva" malia non ser "a que a CIG esperaba", pois non se vai interpor perante o Tribunal Constitucional un recurso de inconstitucionalidade contra o RD. Neste sentido, entende o Superior galego que "a práctica empresarial consistente en non abonar a paga extra correspondente ao mes de decembro de 2012 non vulnera ningún principio da Constitución". CIG-Administración insta a Xunta a repoñer a parte proporcional do soldo tamén ao persoal funcionario, malia que a resolución só se refira ao persoal laboral. Ao fío, lembran que o funcionariado debe reclamar no contencioso-administrativo, un proceso "máis longo e custoso por mor das taxas xudiciais" que conducirá, finalmente, "aos mesmos resultados" que conqueriu o persoal laboral. |
NOS_31578 | A Costa da Morte será a gran protagonista do novo filme do director de A Esmorga. A rodaxe iniciarase esta fin de semana e prolongarase até o vindeiro marzo. | Sicixia é un fenómeno astronómico no que tres ou máis corpos celestes, como a lúa, o sol e a terra, coinciden aliñados. Sicixia é, tamén, a película que, en breve, comezará a rodar o director Ignacio Vilar. Presentouna, este 30 de xuño, en Carballo, un dos concellos da Costa da Morte, que será a gran protagonista do vindeiro filme do exitoso realizador de A Esmorga, e presentaraa tamén o 2 de xullo na Estrada, onde, por esixencias do guión, se iniciará a rodaxe ao día seguinte na tradiconal Rapa das Festas de Sabucedo. Ignacio Vilar comeza a rodaxe desta nova longametraxe cando aínda A Esmorga segue a circular polos cines. No mes de maio, iniciouse a sua exhibición fóra da Galiza e aínda agora segue en carteleira nas salas de Barcelona. O seguinte paso será levala polos cinemas latinoamericanos, a países como Arxentina e Uruguai. Sicixia, que estará protagonizada por Monti Castiñeiras e a fisterrá Marta Lado, promete ser unha película diferente na traxectoria de Vilar. Os escenarios da Galiza interior, que protagonizaron filmes como Pradolongo, Vilamor ou a propia A Esmorga, cederanlle o protagonista nesta ocasión á costa. Ademais, tal e como manifestou Vilar na presentación en Carballo, este será un filme cunha gran presenza do son nun momento no que o realizador quere non só traballar coas historias senón tamén experimentar coa linguaxe pois da súa conxunción - subliñou- nacen os grandes filmes. A idea do filme non é nova. Levaba buligando na cabeza de Vilar dende hai xa tres décadas, tras percorrer durante varios días a Costa da Morte a pé. "Quedoume a Costa da Morte no corazón", manifestou, e tamén ficaron con el as ganas de entrar máis a fondo nela. O cine serviralle de ferramenta para facelo. O cine como escaparate Sicixia conta con apoio económico do concello de Carballo. É unha forma, tal e como destacou o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, de poñer de relevo a zona no mundo. Na roda de prensa fíxose tamén un chamamento á colaboración do resto dos gobernos locais da zona. "Queremos que confíen en nóscomo vitrina de alta calidade da Costa da Morte", subliñou a produtora, Laura Fernández. A obra contará no seu reparto coas actrices Sonia Castelo e Tamara Canosa, así como con destacados profesionais tamén no aspecto técnico. Tal é o caso de Bernat Fortiana a cargo do son e Diego Romero como responsábel da fotografía, ao igual que fixera n´A Esmorga. A rodaxe prolongarase até o mes de marzo, co fin de deixar testemuño da Costa da Morte ao longo das diferentes estacións do ano. O equipo aproveitou a presentación da rodaxe para anunciar a posta en funcionamento, tamén o mesmo día, 30 de xuño, da súa páxina web (www.sicixia.gal), do seu perfil en Facebook e da súa conta de Twitter. |
NOS_40326 | O Sergas realizará este ano unha nova convocatoria de prazas fixas de enfermaría na que se acumularán as ofertadas en 2019, 2020 e 2021. Por outra parte, hai en curso unha oferta pública de emprego (OPE) para diferentes categorías profesionais con máis de 13.000 persoas aspirantes. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días unha convocatoria de prazas fixas para persoal de enfermería das institucións sanitarias do organismo. Nun comunicado, a Consellaría de Sanidade explicou que así se acordou esta sexta feira na reunión da mesa sectorial de Sanidade, que estivo presidida pola directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez. En concreto, as prazas convocadas son 1.070, acumulando as ofertadas nos anos 2019, 2020 e 2021, sendo posíbel que se incremente este número coas que resulten de aprobación do decreto de oferta pública de emprego (OPE) para 2022, que se publicará antes do 1 de xuño e conterá prazas tanto de taxa de reposición ordinaria como da taxa adicional de estabilización. 2.628 prazas para 61 especialidades en Educación nunha convocatoria ás presas Alén de incorporar algún axuste no baremo a respecto de procesos anteriores, nesta convocatoria, e no actual contexto, reducirase a nota de corte para superar o exame específico da fase de oposición de 50% a 35%. A convocatoria incluirá unha puntuación adicional por servizos prestados durante a pandemia nesta categoría sanitaria, en aplicación do disposto na Lei de medidas fiscais e administrativas da Galiza, co dobre de valor. Tamén se incluirán medidas recollidas no primeiro Plan de Igualdade a respecto das mulleres xestantes con problemas para desprazarse no momento de realizar o exame. Na convocatoria redúcese a produción interna de 50% a 25% das prazas para dar maior número de prazas ao acceso libre. Demandan "transparencia" nas oposicións de Educación A Xunta, así mesmo, sinalou que 60% da puntuación na convocatoria é para a fase de exame e 405 para méritos de formación, experiencia e outros, como investigación e publicacións, así como a puntuación adicional por prestación de servizos durante a pandemia. Co propósito de que poida participar o "maior número de aspirantes posíbel", incluíndo as persoas da última promoción de enfermaría que rematarán os seus estudos universitarios o próximo mes de xuño, o Sergas fixará a data límite para a inscrición neste proceso o 15 de xullo de 2022. Cronograma da OPE de 2022 Na citada reunión, as persoas responsábeis de Recursos Humanos do Sergas informaron ás organizacións sindicais dun calendario coa previsión de datas de realización dos exercicios da fase da oposición da OPE en curso, con categorías que comprenden persoal de oficios, informática e persoal licenciado sanitario de hospitais, que se vai a desenvolver nos próximos meses de abril e maio. Para esta OPE están inscritas case 13.000 persoas aspirantes. En concreto, segundo este calendario, para o día 23 de abril estarían convocados os facultativos especialistas de cirurxía oral e maxilofacial; de cirurxía pediátrica; de cirurxía estética, plástica e reparadora; de inmunoloxía; de oncoloxía radioterápica; así como fontaneiros e costureiros. Médicos denuncian que hai cen "prazas ocultas" de Atención Primaria que Sanidade non cobre O domingo 24 de abril acudirán ao recinto de Silleda os 'pinches' e técnicos de farmacia con discapacidade intelectual, e o día 7 de maio os condutores e 'pinches' de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral. Aliás, o domingo 8 de maio os chamados a examinarse serían os da categoría de calefactores, logopedas, técnicos superiores de sistemas e tecnoloxías da información, os traballadores sociais, os técnicos de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e o persoal de lavandaría. Xa para rematar, o sábado 14 de maio sería a quenda dos cociñeiros mecánicos, terapeutas ocupacionais e telefonistas, e para o domingo día 15 citaranse os electricistas, pasadores de ferro e técnicos especialistas en sistemas e tecnoloxías da información. |
PRAZA_174 | Se vivêssemos num país realmente culto, onde a nossa cultura tivesse o peso que deve, se o nosso governo aprovasse iniciativas culturais como a ILP Paz Andrade a pensar realmente no futuro, no multilinguísmo efetivo, para abrir as portas da lusofonia, por educar, então isso abriria um mundo de possibilidades | Se vivêssemos num país realmente culto, onde a nossa cultura tivesse o peso que deve, se o nosso governo aprovasse iniciativas culturais como a ILP Paz Andrade a pensar realmente no futuro, no multilinguísmo efetivo, não por ficar bem perante das câmaras, mas para abrir as portas da lusofonia, por educar, então isso abriria um mundo de possibilidades, também educativas e para as crianças, com quem poderíamos sonhar mais. "Se o nosso governo aprovasse iniciativas como a ILP Paz Andrade abriria um mundo de possibilidades" A nossa Literatura Infantil e Juvenil (LIJ) e principalmente o álbum ilustrado já bebe das fontes da lusofonia, edita textos de autores e ilustradores portugueses, nomes como os de João Vaz de Carvalho, Isabel Minhós, Yara Kono, Bernardo Carvalho, André da Loba, Ângela Madeira, Madalena Matoso, etc., textos e imagens com as que (quais) tenta aproximar-se e implementar-se além da raia absurda que nos separa. Temos editoras como Kalandraka que, para além de ter produção na Galiza e editar volumes como por exemplo Grazas, Ovelliña dáme lá, P de papá, entre outros muitos, e de trabalhar em projetos que unem os dois países como CoraSons, Pezinhos de lá ou com Prémios como o Compostela ao qual chegam sempre obras de autores portugueses e de publicá-los nos dois países, também conta um selo próprio que é autónomo em Portugal, selo que funciona de maneira independente com linhas específicas definidas, e que edita livros que se incluem no Plano de Leitura de Portugal. Outro exemplo de caminhos que se unem, é Oqo Editora com títulos como Sopa Verde, O soño de Xela, Os mil brancos dos esquimós ou o projeto europeu Cozinha de Contos em colaboração com a livraria portuguesa especializada Bichinho de Conto. Esta ideia de convergência de dois mundos, de educação das crianças galegas em português, de irmandade entre povos, que muito têm em comum sem que isto exclua, vai somando mais apoios e podemos encontrar pouco a pouco livrarias galegas como a Ciranda à Volta do Português!, em Compostela, que apostam por nos descobrir nos suas prateleiras algumas editoras lusas especializadas como Orfeu Negro ou Planeta Tangerina, A Gatafunho, Edicare ou Pato Lógico. Existe um mundo, vários mundos e entre eles um planeta rico em LIJ, o português. Ciranda tem uma pequena amostra dos livros que se editam em português, como os do Planeta Tangerina, projeto editorial que nasceu há dez anos e que faz livros que entretêm a muitas crianças e convertem dias iguais em dias excepcionais. Uma editorial para a infância da qual podemos desfrutar na Biblioteca Ánxel Casal, que propõe livros que marcam, muitos deles da sua fundadora Isabel Minhós, e que ensinam, álbuns ilustrados que se aconselham também desde o Plano Nacional de Leitura Português como Es mesmo tu?, Um dia na praia, Pê de pai (editado em galego por Kalandraka), Um dia, um guarda-chuva, Para onde vamos quando desaparecemos?, álbuns que recebem prémios como ao de Melhor editora europeia para crianças ou Irmão Lobo, incluído no catálogo White Ravens 2014 da International Youth Library, a biblioteca sediada em Munique que, através dos seus comités internacionais, faz anualmente uma seleção dos livros mais importantes do mundo. Orfeu Negro é um projeto artístico que se amplia em 2008 com a colecção Orfeu negro mini, uma série de livros ilustrados para miúdos e graúdos com autores como Catarina Sobral, Beatriz Alemagna ou Benjamin Chaud, ganhador do Prémio Ardensen 2014 com A cantiga do Urso. Entre os títulos e autores que se podem encontrar estão O livro inclinado de Peter Newel, um clássico da literatura para crianças, reconhecido em Bolonha; Perdido e achado, O meu avô, Quero o meu chapéu, Hoje sinto-me..., Art&Max, Migrando, O estranho mundo de jack ou Burros, de Adelheid Dahimène, catalogado como um dos livros mais lindos da Áustria e que também incluiu a White Ravens Award em 2003. Também podemos encontrar a GATAfunho, que é uma editora de livros para todas as famílias, para todas as idades. Os seus livros não têm etiquetas, nem "livros de instruções". Um exemplo e trabalhos desta são Donde vem a pimenta?, Era uma vez um dia normal de escola, Eu quero, Espelho, Darwin e a Verdadeira História dos Dinossauros... Portugal é um planeta que temos ao alcance da mão e as nossas crianças bem podem desfrutar dele desde o primeiro momento Edicare representa os livros, as letras, a textura do papel e toda a mística envolvente apresentada à criança uma e outra vez. Os primeiros livros que transmitem experiências, conhecimentos e valores ou Pato Lógico, que também é uma loja de livros onde o poder da imagem é total e absoluta, álbuns de autores como António Jorge Gonçalves, Catarina Sobral, Afonso Cruz, João Fazenda, Nuno Saraiva, André da Loba; títulos como Sombras, Barriga da Baleia, Vazio, Capital... Portugal é um planeta que temos ao alcance da mão e as nossas crianças bem podem desfrutar dele desde o primeiro momento, o governo deve fazer mais não apenas com a nossa LIX, mas também com os novos mundos. |
PRAZA_9001 | Está en curso a balcanización de Siria e a confección dun novo mapa xeopolítico en Oriente Próximo, colocando a Israel e Turquía e, con menor incidencia, ás petromonarquías do Golfo Pérsico, como novas potenciais rexionais coa perspectiva de asestar un duro golpe xeopolítico a Irán e, indirectamente, a China. | |
NOS_50173 | Participou xunto a representantes da Assemblea Nacional Catalana e de Gure Esku nunha mesa de debate sobre autodeterminación, referendo e democracia. | Vía Galega, a Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, interveu este sábado no espazo cultural BeyondSpain, coincidindo coa Feira do Libro de Frankfurt que este ano elixiu o Estado español como convidado especial. Entregan no Parlamento máis de 14.000 sinaturas na defensa do sistema público de pensións Representantes da entidade compartiron mesa con voceiros da Assemblea Nacional Catalana, por Catalunya, e de Gure Esku, por Euskal Herria, para debater sobre "O dereito de autodeterminación, referendo e democracia desde abaixo". Adrián Bravo, en nome de Vía Galega, incidiu en que a negación dos dereitos colectivos dos pobos leva implícita a limitación dos dereitos individuais das súas persoas. Soberanía enerxética "O exercermos a plena soberanía, o termos a plena capacidade política, non só é un dereito inalienábel, como nación que somos, senón que se torna imprescindíbel para paralizar o espolio e dispoñer dos nosos recursos naturais e produtivos, para termos un sector financeiro público e propio, para desenvolver a nosa base produtiva e os sectores estratéxicos da nosa economía", explicou. Espólio energético colonial Neste sentido, Bravo avogou por "reivindicar e loitar por un proceso de industrialización do noso país, rachando co modelo actual de industrias de enclave, apostando polo noso rural como unha potencia alimentar, defendendo a nosa soberanía enerxética cunha tarifa eléctrica galega", onde as galegas e galegos, dixo sexan os beneficiarios directos da produción que ten lugar na Galiza. Dereitos humanos Segundo sinalan nun comunicado, desde a ANC subliñaron que as violacións sistemáticas dos dereitos humanos e políticos aplicadas até o de agora no caso catalán afectarán ás futuras normas democráticas da UE e sentarán un perigoso precedente para a cidadanía da UE. Que sabemos de 'Pegasus'? A espionaxe, en cinco chaves Tamén denunciaron o 'Catalán Gate', que cualificaron como o maior caso de espionaxe político do mundo e un exemplo de como as autoridades abusaron dos dereitos humanos de 65 políticos e activistas independentistas cataláns polas súas ideas. Conflitos territoriais Pola súa parte, desde Gure Esku, sinalaron a situación actual que se vive en Europa para recoñecer "imprescindíbel romper a situación lóxica da real politik que conduce a guerra". Así, afirmaron que na actualidade non cabe falar de conflitos internos, como se fai no caso da guerra da Ucraína, "cuxas consecuencias cruzaron rapidamente as fronteiras dos estados". É por isto que se amosaron convencidos da necesidade de intervir e facilitar unha resolución democrática dos conflitos territoriais de soberanía, "no só por unha cuestión de democracia e liberdade, senón tamén para previr conflitos máis graves que poidan afectar a toda a Unión e para reforzar o proxecto europeo". A Mesa denuncia en Frankfurt o "lado escuro" da realidade de galego, catalán e euskera no Estado español A Feira do Libro de Frankfurt escolleu este ano o Estado español como convidado de honra, un xesto que atopou no espazo BeyondSpain un ámbito de expresión para colectivos dos diferentes territorios. En palabras de Vía Galega, "unha alternativa para a creación cultural e literaria, para as linguas e os dereitos lingüísticos, para as ideas democráticas, antifascistas e anticoloniais. Un espazo para os colectivos que queren mostrar a outra realidade sobre as linguas, culturas, literaturas e o activismo político". |
PRAZA_5659 | Celanova acollerá en setembro o II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), no que participarán proxectos de xestión do patrimonio e toda España e tamén de América Latina. Falamos con María Masaguer, unha das súas organizadoras | "Educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión ao patrimonio no medio rural. Traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade, que quere cambiar as formas de relacionarnos coa nosa cultura. Emancipar o coñecemento mediante a expansión dos saberes e a cocreación de contidos e metodoloxías". Estes son os ambiciosos obxectivos do II Congreso Internacional sobre Educación e Socialización do Patrimonio no Medio Rural (sOpA 2014), que se celebrará do 22 ao 27 de setembro en Celanova. Un encontro que quere misturar o debate académico e teórico coa presentación, análise e debate de propostas e experiencias prácticas de recuperación e posta en valor do patrimonio nas zonas rurais, afondando sobre todo na participación dos veciños e veciñas e na toma conxunta de decisións sobre eses elementos. Búscase, igualmente, tecer redes e ampliar o coñecemento recíproco entre proxectos de recuperación, formación e participación que se levan a cabo en distintos lugares, pero con obxectivos e metodoloxías semellantes. Nun eido, o do patrimonio, no que é precisa a implicación da sociedade, e no que se busca a súa ligazón con procesos vivos, encamiñados cara ao futuro, máis aló da simple catalogación ou musealización. "As políticas de posta en valor, na maior parte dos casos, cínguense exclusivamente aos grandes conxuntos históricos ou a xacementos arqueolóxicos de entidade" Malpartida, en Cáceres, acolleu o pasado ano a primeira edición deste encontro, que naceu cuns obxectivos máis modestos, como última parada do evento Cinetínere, Cine Itinerante pola recuperación social do patrimonio no medio rural. O encontro foi un éxito, cunha participación moi activa de proxectos chegados de todo o Estado, que teceron unha rede entre eles. Esta edición do Congreso destacou que "a teor da conxuntura económica actual, o do patrimonio cultural é un dos sectores que posiblemente máis acusa a redución ou eliminación de axudas a proxectos de investigación, conservación ou difusión" e que "mentres que algúns deses proxectos souberon adaptarse á situación, outros sufriron os efectos dunha planificación errónea ao non terse en conta outros factores, ademais do científico ou turístico, á hora de facelos sustentables". De igual xeito, criticouse que "as políticas de posta en valor, na maior parte dos casos, cínguense exclusivamente aos grandes conxuntos históricos ou a xacementos arqueolóxicos de entidade, feito entendible ao ser os motores da xeración de recursos turísticos, e por tanto económicos, dun territorio determinado. No entanto, déixanse á marxe a moitos outros lugares cun patrimonio que posiblemente non sexa relevante dentro desas directrices, pero si para os seus cidadáns e para o resto da sociedade". E concluíron que "tanto o ámbito educativo como o da xestión do patrimonio teñen un papel fundamental á hora de inculcar na sociedade os valores necesarios para propiciar a necesidade de autoxestionar os seus propios recursos patrimoniais". "Tanto o ámbito educativo como o da xestión do patrimonio teñen un papel fundamental á hora de inculcar na sociedade os valores necesarios para propiciar a necesidade de autoxestionar os seus propios recursos patrimoniais" A numerosa e activa participación de proxectos galegos nesta primeira edición do Congreso levou a tomar a decisión de que Galicia acollese a edición 2014, unha mostra da madurez e do bo nivel das propostas e proxectos que se están levando a cabo neste ámbito no país. María Masaguer, responsable de comunicación do Congreso, destaca a este respecto que "en Galicia nestes momentos hai moitos proxectos e moita xente traballando neste campo; ás veces non se traballa exclusivamente con temas de patrimonio, pero si indirectamente en proxectos máis amplos de desenvolvemento rural ou reflexións sobre xestión colectiva". Cando aínda está aberto o prazo (até o 5 de xuño) para enviar propostas para participar no Congreso, falamos con María Masaguer sobre a organización deste encontro e os seus obxectivos. "Queremos romper ese discurso de que a Academia ou os técnicos somos os que deseñamos as cousas, queremos traballar no sistema de toma de decisións, para que os veciños participen" En que se vai centrar o SOPA'14. Que tipo de actividades e debates se levarán a cabo? Hai moitas vías de traballo en torno a este tema. Por iso este ano quixemos facer un híbrido de congreso no que ademais das achegas teóricas, vai haber un espazo para grupos de traballo e dinámicas participativas, porque o que queremos é que SOPA non sexa só un evento no que vas falar do teu proxecto, senón que vas reflexionar e propoñer, co obxectivo de tirar unhas conclusións comúns. Aínda están chegando comunicacións e proxectos, pero unha vez que as teñamos todas, analizaremos cales son os temas que definirán o congreso. Estamos traballando en tres esferas: por un lado o carácter internacional, pois están chegando moitas propostas de Latinoamérica, que ten un discurso moi potente á hora de reflexionar sobre mundo rural e socialización; tamén vai haber unha presenza moi ampla de proxectos procedentes de toda España; e, por último, vai haber unha sección exclusivamente galega, porque pensamos que é importante que o SOPA sirva para que nos coñezamos as caras moita xente que en Galicia estamos traballando en proxectos semellantes. Tamén estamos contactando con proxectos locais e comarcais da zona de Celanova, porque queremos que o Congreso traballe no espazo público e se insira na vida local. Que Celanova non sexa só un escenario, senón que sirva para visibilizar o que a xente de alí está facendo, que se sintan parte do Congreso. Por que é importante socializar o patrimonio? Queremos traballar co Patrimonio como algo vivo. Gústanos facer achegas sobre o pasado, pero queremos que tamén sirva para pensar e para construír cousas. Como construímos a partir de agora? Como repensamos o mundo rural, entendendo o patrimonio como algo que vén do pasado, pero que serve para deseñar o futuro? E, sobre todo, entendendo que ese relato ten que ser participativo e coral. Queremos romper ese discurso de que a Academia ou os técnicos somos os que deseñamos as cousas, queremos traballar no sistema de toma de decisións, para que os veciños participen, nunha especie de conversa colectiva e xerando novas dinámicas. "Hai cada vez máis xente que está traballando con criterios de difusión, poñendo en valor a participación da xente, pero para nós, sobre todo, o valor é o uso" Como valorades a xestión do Patrimonio que se está a facer dende as administracións? Hai un pouco de todo, e por iso SOPA quere debater os distintos modelos: hai o modelo máis institucional, de posta en valor do turismo cultural, que emprega conceptos moi economicistas; despois hai cada vez máis xente que está traballando con criterios de difusión, poñendo en valor a participación da xente, pero para nós, sobre todo, o valor é o uso. Se cadra é difícil pensar en darlle un uso a certo tipo de patrimonio arqueolóxico, pero pode haber vías a través do espazo público, por exemplo. Hai moita xente traballando dende distintas frontes, con discursos distintos. E queremos que este SOPA sirva para iso, para analizar o que se está facendo, e que respostas se están dando aos problemas. Gustaríanos que algunhas administracións comezasen a traballar nas claves que estamos empregando nós. Xa no congreso do pasado ano houbo moita participación de universidades. E queremos que isto tamén suceda este ano, para que escoiten, para que participen e para que se reflexione de xeito conxunto, para camiñar cara un novo modelo. "Hai un certo optimismo tecnolóxico que pode esquecer que o seu valor depende do uso que se lles dea, e do pensamento en rede que haxa detrás desa tecnoloxía" Defendedes tamén que as novas tecnoloxías deben cumprir un papel importante, non si? Coas novas tecnoloxías temos unha dobre lectura, porque a ferramenta por si soa non soluciona nada. Hai un certo optimismo tecnolóxico que pode esquecer que o seu valor depende do uso que se lles dea, e do pensamento en rede que haxa detrás desa tecnoloxía. E ao final ese discurso que está detrás da tecnoloxía hai que pasalo sempre a analóxico. Entre outras cousas porque precisamente no rural aínda non hai o acceso ás novas tecnoloxías ou á rede que hai nas cidades nin o coñecemento para facelo. Iso vai estar moi presente no congreso: como levar esas ferramentas ao rural, e como levar alí ese pensamento en rede. "Ao final somos uns habitantes dun territorio con memoria e cunha serie de recursos nos que vemos de onde vimos e podemos facer proxección cara adiante e tomar decisións" A vosa metodoloxía podería aplicarse tamén ao traballo con outros elementos do espazo físico ou do territorio? O patrimonio é dinámico e está interrelacionado con moitos outros elementos. Ao final somos uns habitantes dun territorio con memoria e cunha serie de recursos nos que vemos de onde vimos e podemos facer proxección cara adiante e tomar decisións. Traballamos sobre patrimonio, pero tamén sobre territorio e paisaxe. |
NOS_46505 | É posíbel un modelo de produción enerxética baseado no autoconsumo, a eficiencia e a participación cidadá? O experto en enerxías renovábeis Xosé Manuel Golpe analiza para 'Nós Diario' o "innecesario" inzamento masivo de parques eólicos na Galiza e as comunidades locais como alternativa. | En que consiste unha comunidade enerxética local? Basicamente, consiste nun grupo de persoas que persegue unha acción común, que é xerar e consumir enerxía procedente de fontes renovábeis. Porén, hai moito camiño por percorrer a nivel lexislativo, xa que a Administración só estabeleceu a definición do concepto. E que significa exactamente "local"? Pode ser un barrio, unha aldea, un concello, unha comarca... O concepto de comunidade enerxética non dista moito das promotoras de enerxías renovábeis que temos hoxe, mais loxicamente ten que ser socialmente responsábel, non podes instalar un aeroxerador eólico de 200 metros de altura fronte ás casas como moitas empresas pretenden facer. Son proxectos máis pequenos e orientados a unha poboación definida. —Quen pode tomar parte nestes proxectos? Para participar débense cumprir os seguintes supostos: vivir a menos de 500 metros da estación xeradora, que todas as persoas autoconsumidoras estean conectadas ao mesmo centro de transformación e que estean rexistradas na mesma referencia catastral —tendo en conta os 14 primeiros díxitos—. Cal é o custo económico de pór en marcha un proxecto así? Baseándonos no modelo máis utilizado até o de agora, o autoconsumo compartido, a maior instalación que podes facer ten un custo moi baixo. Falamos duns poucos centos de euros, para unha comunidade de cinco ou seis veciñas pode saír nuns 1.000 ou 1.200 euros, mais tamén depende das dimensións do proxecto. É un custo moderado, eu falaría máis ben en tempo de retorno: á volta de cinco anos podes ter o desembolso inicial recuperado, o cal fai as comunidades enerxéticas moi atractivas. Que vantaxes ten este modelo de produción enerxética en comparanza co actual? Fronte ao modelo actual, estes proxectos permítennos falar de empoderamento cidadán, de prosumidores —produtores que autoconsomen a súa propia enerxía—, xeración distribuída no canto de concentrada e soberanía enerxética. Ao poder controlar tanto o consumo como a xeración, o sistema produtivo é máis eficiente e o custo enerxético é menor? Dado que a xeración e o consumo radican no mesmo punto e a proximidade é moito maior, estanse a eliminar moitas perdas de rede. Boa parte da enerxía galega está a chegar a Madrid, cunhas perdas moi considerábeis no traxecto. Responde ao modelo centralizado dos anos 70, cando había que situar as centrais onde estaban as minas de carbón, e agora seguimos nesa dinámica. Coas comunidades enerxéticas rachamos en parte con ese esquema, xa que podemos ter pequenas centrais de produción radicadas por todo o país e autoxestionadas, cunhas perdas de rede moito menores. Na Galiza estase a tramitar máis dun cento de parques eólicos, sumados aos que xa están operativos. Precisa o país estas novas infraestruturas? Segundo os datos que nos adiantaron do feche do exercicio de 2020, Galiza exportou enerxía o pasado ano, o que xa nos dá unha idea de se precisamos máis ou non. Desde o meu punto de vista, non, mais o que si teño claro é que non precisamos todos os proxectos que están a chegar. Que opina da planificación eólica na Galiza? É posíbel que precisemos algunha nova infraestrutura, mais é mellor apostarmos polo camiño do repotenciamento e buscar unha maior eficiencia enerxética. Non se trata de atravesar de novo os montes con eses monstros de centos de metros de altura. Que algún parque eólico máis fará falta? Seguramente si, mais non esas esaxeracións que propoñen desde Madrid de instalar milleiros de megawatts de potencia a maiores. Algún máis vai caer, mais iso é unha auténtica burrada. Fronte ao modelo produtivo actual, cre que sería conveniente apostar por unha maior racionalización do consumo enerxético? No campo da eficiencia enerxética queda aínda moito traballo por facer, en todos os sectores. No industrial están moi concienciados porque lles repercute no peto, xa que a menor consumo por unidade producida maiores rendementos obteñen. Temos por diante moito traballo de concienciación. No eido doméstico acontece algo curioso: canto máis eficientes somos, máis consumimos, e é unha falacia pensar o contrario. É o que se coñece como "paradoxo de Jevons" —polo economista inglés do século XIX William Stanley Jevons—, e os datos e a miña experiencia propia ratifícano. A que se debe esta cuestión? Temos un exemplo moi evidente, o do televisor. Cando eu era novo, na casa dos meus pais había un que consumía 400 kilowatts cada vez que arrincaba, e agora hai catro, que son moito máis eficientes, mais sumando a enerxía total e sobre todo polo aumento das horas de consumo de televisión, o gasto é maior. Tamén podemos fixarnos nos teléfonos móbiles, cuxa carga supón centos de xigawatts a diario. As comunidades enerxéticas ofrecen múltiples opcións Xosé Manuel Golpe apunta que aínda non hai ningunha comunidade enerxética local operativa na Galiza, mais si numerosos proxectos "en distintas fases". Salienta o do polígono Novo Milladoiro —Ames—, moi avanzado, así como o da Comunidade de Montes de Tameiga —Mos— e o que prepara o concello das Pontes: "Esta é unha proposta moi ambiciosa, queren mudar o paradigma enerxético no municipio a través da produción autóctona dunha comunidade enerxética", explica. Aliás, pon o foco no amplo abano de oportunidades destes proxectos: "Podes mellorar a eficiencia enerxética dun edificio, contribuír á mobilidade eléctrica creando puntos de recarga para vehículos ou montar unha caldeira de biomasa para a veciñanza. Ao ser proxectos tan medidos, o impacto é moi baixo", di. |
NOS_10880 | A luta pela preservação da Amazônia, em especial pela manutenção das atividades extrativistas, sofria um duro golpe há 25 anos. Em 22 de dezembro de 1988 foi assassinado, no interior do Acre, Francisco Alves Mendes Filho, o Chico Mendes. Artigo tirado do Portal Vermelho. | A morte do líder sindicalista repercutiu mundialmente e provocou mudanças na forma como o Brasil passou a lidar com as questões relacionadas ao meio ambiente. De vida simples, Chico Mendes era enfático na defesa dos seus princípios. Ele conquistou o apoio dos companheiros seringueiros, de políticos, de artistas e de ativistas das causas ambientais em todo o mundo. "O Chico era uma pessoa que sabia respeitar todo mundo, sabia se relacionar com todo mundo e sabia construir a amizade e a confiança das pessoas", descreveu à Agência Brasil Raimundo Mendes Barros, primo de Chico. "Ele era uma pessoa simples, sem ambição, e que tinha como único objetivo defender os interesses daqueles menos favorecidos tanto em termos de informação como em termos econômicos", "Ele era uma pessoa simples, sem ambição, e que tinha como único objetivo defender os interesses daqueles menos favorecidos tanto em termos de informação como em termos econômicos", acrescentou a vice-presidenta do Sindicato dos Trabalhadores Rurais de Xapuri, Dercy Teles. Primeira mulher a presidir uma entidade sindical trabalhista no Brasil, Dercy esteve ao lado de Chico Mendes na criação da entidade em Xapuri. Atraídos pelo ouro branco, milhares de nordestinos começaram a migrar para a Floresta Amazônica no final do século 19. Em meio a mais de 5 milhões de metros quadrados de floresta, começava uma história de disputas econômicas, conflitos por terra e luta pela preservação da selva. Foi nesse cenário que Chico Mendes se tornou símbolo da luta pela manutenção da floresta e da cultura do seu povo. Com o fim do apogeu da borracha, depois da 2ª Guerra Mundial, em 1945, de explorados pelos donos das terras, os seringueiros passaram a ter que lutar pela permanência na floresta. Com o início da queda no preço da borracha, os fazendeiros passaram a vender as propriedades. "Ninguém sabia, naquele momento, que lá no Acre, em Xapuri, que os seringueiros, que eram pessoas muito pobres e muito isoladas, praticamente sem poder nenhum, sem visibilidade, estavam fazendo uma defesa da floresta". Na década de 1970, os governos militares iniciam a política de ocupação da Amazônia. Com isso, passam a estimular produtores rurais do Sul do país a ocupar os estados do Norte, inclusive o Acre. O resultado foi um novo ciclo de derrubada das matas para a exploração de madeira, plantio de soja e criação extensiva de gado, com estímulos financeiros do governo brasileiro e de bancos internacionais de fomento, como o Banco Interamericano de Desenvolvimento (BID). "Eles [os proprietários de terra] venderam os seringais [depois da queda do preço da borracha] mas não disseram para os fazendeiros do Sul que tinha gente no seringal. Venderam como se não morasse ninguém, mas em cada seringal daqueles tinha 100 pessoas, 50 famílias. Esse pessoal ia para onde? Eram casados, tinham filhos. Os fazendeiros quando compraram não queriam ninguém, eles queriam despejar todo mundo e daí que foi criado o sindicato e o movimento para empatar e eles não tirarem o pessoal", lembrou o ex-seringueiro Luiz Targino, companheiro de Chico Mendes na exploração do látex. Os empates, idealizados pelo seringueiro Wilson Pinheiro, que presidiu o Sindicato dos Trabalhadores Rurais de Brasileia, consistiam em os trabalhadores rurais bloquearem a derrubada da mata se colocando a frente dos peões contratados pelos fazendeiros. Algumas vezes, para sensibilizar os peões com suas motosserras, mulheres e crianças eram colocadas na linha de frente. Com o assassinato de Wilson Pinheiro, em julho de 1980, a estratégia ganha ainda mais força com Chico Mendes. "Os empates foram fruto da sabedoria do Chico e desse espírito de não querer o confronto, de não querer o derramamento de sangue". Antropóloga e amiga do líder extrativista, Marly Alegretti recorda os conflitos da época. "Fiquei muito impressionada com a movimentação que estava acontecendo naquela ocasião. Havia muitos desmatamentos e os seringueiros estavam se organizando. Ninguém sabia, naquele momento, que lá no Acre, em Xapuri, que os seringueiros, que eram pessoas muito pobres e muito isoladas, praticamente sem poder nenhum, sem visibilidade, estavam fazendo uma defesa da floresta. E aquilo me impressionou bastante", disse. A postura dos seringueiros, no entanto, contrariava os interesses de grandes fazendeiros e as ameaças e os assassinatos de líderes sindicalistas começam a se tornar frequentes. Depois da morte de Wilson Pinheiro, outras lideranças também foram assassinadas, como Ivair Higino, dirigente sindical em Xapuri, morto em 1988. "Ele é reconhecido como uma liderança mundial da luta pelas causas ambientalistas e recebe vários prêmios internacionais" Em 1975, Chico Mendes assume a secretaria-geral do Sindicato dos Trabalhadores Rurais de Brasileia. No ano seguinte, intensifica os empates. De volta a Xapuri, ajuda a fundar, em 1977, o sindicato dos trabalhadores rurais da cidade onde foi eleito vereador. Na época, começa a receber ameaça de morte, assim como outros sindicalistas. As lutas do seringueiro ultrapassam as fronteiras do Brasil. Ele é reconhecido como uma liderança mundial da luta pelas causas ambientalistas e recebe vários prêmios internacionais. Com a cabeça a prêmio, em 1988, Chico Mendes pede proteção policial e passa a ser escoltado por soldados da Polícia Militar. Contudo, sete dias após completar 44 anos, é assassinado na própria casa, com o tiro de espingarda no peito, em casa. Os policiais que faziam a segurança dele fugiram. Chico, que casou duas vezes, deixou três filhos: Ângela (do primeiro casamento), Sandino e Elenira. Dois anos depois do crime, os fazendeiros Darly e Darci Alves foram condenados a 19 anos de prisão como mandante e executor do assassinato. Principal testemunha do caso, o menino Genésio Ferreira da Silva, então com 13 anos, disse que ouviu pai e filho planejando o crime. Para tentar inocentar o pai, Darci confessou o crime. Os dois, que chegaram a fugir da cadeia e depois foram recapturados, cumpriram pena e estão em liberdade. Darly continua morando em Xapuri. |
NOS_23880 | Cinco mortos e 31 feridos pola Garda Civil o 12 de outubro de 1916: eis o resultado dos sucesos de Nebra, en Porto do Son, que este sábado conmemorou o BNG cun acto no lugar en que interviron o veciño Santi Suárez, a concelleira nacionalista Patricia Torrado e mais o candidato ao Congreso pola Coruña Néstor Rego. | "Morte aos caciques, viva a unión de labregos e traballadores", berraban os campesiños en Ponte de Cans. Protestaban contra un imposto que consideraban inxusto e abusivo. Ducias de veciñas de Porto do Son e comarca asistiron ao acto convocado polo Bloque e en que, ademais de lembrar os feitos, se despregou unha pancarta cunha frase de Castelao: "Na nosa terra cumprirase a vontade dos mártires". Foi arredor desa idea do autor de Sempre en Galiza que xiraron as intervencións de Suárez, Torrado e Rego. Para rematar e ao son das gaitas, os asistentes depositaron flores no monolito que lembra os de Nebra. |
NOS_55149 | Desde o 30 de setembro funciona en Narón un centro de ensino pertencente á rede AvoaEscola. Aliás, nesta fin de semana realizouse en Trasancos o primeiro punto de encontro entre familias interesadas na apertura dun centro da rede A Semente. As dúas son iniciativas sociais onde a lingua vehicular é a nosa propia. | "Acabáronse as galescolas", exclamou, triunfante, o presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, diante dos micros da radio dos bispos tan só tres días despois de saír vitorioso nas urnas. Sabía que as súas palabras non se referían á inocente mudanza da simpática icona dunha casa con bandeira azul e branca por outra cunha galiña, senón ao desmantelamento dun modelo de ensino, público e en galego, nos niveis non obrigatorios (0-6 anos) onde até os mandilóns eran, por si propios, unha ferramenta educativa, pois levaban grandes botóns de cores que encaixaban en cadansúa botoeira da mesma cor; unha maneira de educar as crianzas que foi eloxiada polo Consello de Europa no seu informe de 2008 sobre as linguas minorizadas. Feijóo sabía que ía acabar con este modelo. E estaba orgulloso. Cunha furibunda campaña mediática en contra asinada polos voceiros da dereita –'A Galiza paleta das galescolas', chegou a titular un xornal dixital español–, as galescolas abriron as portas en setembro de 2007, rachando cun modelo asistencialista que resolvía a conciliación laboral e familiar durante unhas horas, mais que non tiña unha vocación pedagóxica. Aprender cos pés na terra Canda o enterramento do modelo pedagóxico das 'galescolas' foron agromando no País novos proxectos de ensino popular que apostan na inmersión lingüística na nosa lingua. Mais non só. Tanto A Semente como AvoaEscola tronzan a idea asistencialista de que as crianzas son persoas ás que cómpre coidar para apostar nas súas potencialidades. "Temos vontade de ensino público mais non a calquera prezo" pois "a cuestión do idioma é irrenunciábel", explicou en conversa con Sermos Galiza Marcos Lopes, educador da primeira Semente que funcionou na Galiza, a de Compostela. O sábado que vén, 2 de novembro, faranse dous anos desde que abriu as súas portas. Desde aquela saíronlle xa dous filleiros: un en Vigo e outro en Ferrolterra. Así as cousas, esta fin de semana realizouse en Trasancos a primeira asemblea cara á constitución dunha asociación para despois abrir unha Semente. Tal e como explicou Olaia Ledo, unha das promotoras desta escola popular, o obxectivo é ter un centro de ensino "onde o galego sexa a lingua vehicular e onde as crianzas medren en contacto coa natureza". En galego e para familias galegofalantes... ou non Desde o 30 de setembro en Ferrolterra funciona outra escola popular, esta pertencente á rede AvoaEscola. O seu director, Francisco López, sinalou que o obxectivo desta cooperativa --amparada pola asociación Galiza co Galego a través do denominado Fondo de Escolas-- é que a esta árbore lle saian pólas por todo o País, pois tamén neste caso hai varias familias interesadas en ter na súa contorna un centro de ensino "laico, pluralista e para galegofalantes ou non". "Queremos demostrar que existe unha vía diferente ao ensino público e ao privado, pois nós nin obtemos lucro –os cartos das doazóns van parar a unha bolsa de solidariedade, para afrontar os gastos das familias sen recursos– nin estamos amparados por un grupo empresarial". Son palabras de Olaia Ledo, mais Francisco López manifestouse en termos moi semellantes e defendeu tamén un modelo de ensino "popular". Dixo o director da AvoaEscola de Ferrolterra, fincada no Alto do Castiñeiriño, en Narón, que este centro "é unha escola ao uso, non unha ludoteca". E recalcou que se trata dun colexio "inclusivo, participativo e democrático" onde as nais e pais teñen "todo o control" sobre os contidos e poden decidir sobre eles traballando man a man cos e as educadoras. E, ao igual que na Semente, "o idioma é prioritario" pois o proxecto AvoaEscola está pensado "para quen non queira que se perda o galego". Que diferencia A Semente de AvoaEscola? Entre outras cuestións, a idade das crianzas que se poden matricular nestas escolas. Así, AvoaEscola está pensada para nenas e nenos de 0 a 3 anos, cun modelo pedagóxico inspirado no programa Preescolar na Casa, que foi desmantelado polo PP. Namentres, na Semente o alumnado máis novo ten 2 anos e o máis vello 6 "porque consideramos que non é até os dous anos a idade acaída para iniciar a escolarización", subliñou Olaia Ledo, promotora do centro que abrirá en Trasancos. "A situación lingüística é tan desesperada que non hai tempo para esperarmos a que un partido como o Bloque volva chegar á Xunta. E, para alén desta reflexión, cómpre facermos outra: após o desmantelamento das galescolas estamos outra vez no punto de inicio, antes do paso do nacionalismo polo goberno galego", razoou Marcos Lopes, educador da Semente de Compostela. Na mesma liña, desde AvoaEscola Francisco López insistiu en que a educación "non pode ser un dereito suxeito ao capricho dos gobernos". O modelo non é ningún segredo. Centros privados como Raiola en Compostela ou Andaina na Coruña levan décadas traballando con el. Trátase, en definitiva, de demostrar con feitos que as familias galegas queren para as crianzas un ensino na súa lingua. |
NOS_14094 | O cónclave porá o ramo ao 'Proceso Adiante', impulsado en febreiro e no que decorreron 120 asembleas, nas que tomaron parte máis de 2.000 persoas. Ana Pontón fala dunha asemblea "clave" para "reforzar o proxecto do BNG como alternativa real de cambio". | O 25 e 26 de marzo o BNG realizará a súa XVI Asemblea Nacional, unha cita que vén culminar meses de debate nas bases nacionalistas a través do 'Proceso Adiante'. Un cónclave do que, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, "sairá, estou segura, un BNG reforzado cunha meta clara: ser a alternativa ao PP en catro anos". O Consello Nacional do Bloque aprobou este sábado o calendario da XVI AN, un proceso que arranca este 20 de decembro coa constitución da comisión redactora dos relatorios que, xunto co regulamento da asemblea, serán aprobados polo Consello Nacional o 18 de febreiro. Ao longo dun mes a militancia debatirá e realizará achegas. O 20 de marzo é o prazo límite para a presentación de candidaturas ao Consello Nacional. Ana Pontón dixo que "esta asemblea é clave para culminar o tempo novo que abrimos durante este último ano para reforzar o proxecto do BNG como alternativa real de cambio, para os galegos e as galegas que non nos conformamos e que temos un proxecto ambicioso de país". A portavoz nacional salientou o intenso debate que se viviu estes meses no proceso, "o máis amplo é aberto desenvolvido nunca polo Bloque para redefinir o futuro do proxecto nacionalista", indicou na súa intervención ante o Consello Nacional aberta aos medios. Participación e ilusión Dentro do Proceso Adiante realizáronse 120 asembleas abertas a nivel local e comarcal cunha participación próxima aos 2.000 militantes e simpatizantes, informou o BNG. A situación económica, social, lingüística e demográfica de Galiza foron algunhas das cuestións centrais de debate do Proceso Adiante. Igualmente, a análise do papel do nacionalismo peraante un modelo do Estado "cuestionado e caduco", estivo no cerne dos debates, así como cal debe ser a estratexia do BNG no momento actual. Pontevedra A portavoz nacional do BNG trasladou o seu apoio e o de todo o Consello Nacional ao goberno municipal de Pontevedra ante a que denominou "unha moción de censura encuberta". "Trátase dun feito insólito e vergoñante. O PP, PSOE, Ciudadanos e En Marea pactaron un orzamento destrutivo que supón un ensaio de gran coalición á galega contra o goberno do BNG e o modelo de cidade de Pontevedra. Hoxe a Marea ten unha magnifica oportunidade para desautorizar ese pacto PP-Mara". |
NOS_39052 | Compromiso quer unha coligación galega con BNG e AGE, isto é, unha candidatura que tamén inclúa Esquerda Unida. @s galeguistas o que non ven é un acordo estatal con IU. O problema é que EU é a organización de IU en Galiza e non é concebíbel que concorra nunha listaxe distinta á aquela que liderará a marca de Cayo Lara. | Senllas delegacións de Anova e Compromiso por Galicia reuníronse esta segunda feira en Compostela para avaliar unha hipotética concorrencia conxunta ás eleccións europeas. No marco das xuntanzas que as organizacións políticas están a desenvolver cara aos comicios do vindeiro mes de maio, Compromiso amosou @s de Beiras a súa vontade por incluír AGE (coligación entre Anova e Esquerda Unida) nunha candidatura soberanista que @s galeguistas esxtenden tamén ao BNG. A proposta de candidatura estaría aberta ao apoio de todas as forzas políticas que operan en Galiza, sinalou Paulo Carlos López após a xuntanza. Unha proposta en que "estaría incluída AGE, tanto Anova como Esquerda Unida", explicou. Neste senso, circunscriben un posíbel acordo a que todas as forzas pulen pola "construción dunha Europa máis democrática e solidaria, onde se defenda o noso auto-goberno e se abandonen as políticas de austeridade". Sabor agridoce No entanto, @s integrantes do Consello político de Compromiso aseguraron saír cun "sabor agridoce" do encontro con Anova. Segundo o secretario nacional de organización de CxG, "parece ser que Anova ten outras prioridades á hora de estabelecer as súas alianzas nun segundo nivel", en alusión á hipótese de a forza liderada por Beiras se inserir na coligación promovida por Izquierda Unida. Así, se ben consideraron "lexítimo" o estabelecemento destas "alianzas" -que sobardarían o ámbito galego-, para CxG "non deixa de ser un erro" ao lle outorgar a Galiza "un papel secundario. Compromiso avogaría así por que Esquerda Unida se integre nunha candidatura galega allea á promovida desde Madrid. Esta última hipótese dista moito de ser materializábel, sendo que EU é a organización de IU en Galiza, e que as eleccións se realizan cunha única circunscrición, a estatal. De iren candidatos de EU nunha listaxe só galega, competirían eleitoralmente coa candidatura que apresente a marca liderada por Cayo Lara. E iso é política ficción. |
NOS_27561 | O festival decorrerá o 28 de agosto na canteira de Vilafría, no Porriño. | A canteira en restauración de Vilafría, en Atios, O Porriño, é o anfiteatro natural onde decorrerá a segunda edición do festival Sons da Canteira o próximo 28 de agosto. Esta terza feira tivo lugar a presentación a medios na Biblioteca Municipal da localidade. Adrián Fragueiro, director do festival e promotor de Doppler xestión cultural, presentou "un cartel ateigado de talento galego que abre pontes co máis efervescente da lusofonía. A nosa proposta está comprometida cunha cultura galega emerxente e arriscada. Artistas novos mais cunha traxectoria forte. Son proxectos moi persoais que investigan na música desde as raíces e a atravesan de xéneros musicais como a electrónica, o trap ou o hip hop". Talento galego e unha ponte coa lusofonía Boyanka Kostova, Verto, Mounqup, Pongo, a DJ Teresa Ferreiro e os Penediños de Atios son as seis bandas que soben ao escenario emblemático da canteira en reconstrución de Vilafría nesta segunda edición do festival Sons da Canteira. "Todas elas achegan a tradición á vangarda e á modernidade. Este é o selo do festival", que destaca tamén "pola presenza de mulleres que encabezan a innovación e a fusión". Estará o ritmo de baile poderoso de Pongo, a raíña do kuduro. Será o único concerto en España desta música e cantante lisboeta de orixe angoleña. Soará a música da francogalega Mounqup, que estrea disco e espectáculo, cun pop electrónico moi enerxético e bailábel. Escoitaranse os sets da DJ compostelana Teresa Ferreiro, unha artista visual e investigadora musical que ten misturado para radios e eventos de todo o mundo. E o persoalísimo trap galego de Boyanka Kostova, unha das bandas máis desexadas e viralizadas do momento. Igual que Verto, outros composteláns que innovan co trap e que arrasan tanto nos escenarios como no Spotify. Esta será unha das últimas oportunidades para velos antes do parón que anunciaron para outubro. Tamén haberá talento da zona, co grupo de danza tradicional Os Penediños de Atios, que xa na edición pasada acompañaron a Baiuca no escenario. "Cear como nunha terraza" Para cear durante o festival haberá foodtrucks no recinto, con opcións veganas e sen glute. Será necesario recargar a pulseira de acceso, que funcionará con tecnoloxía cashless para facer os pagamentos. Como novidade, o festival implanta un servizo de atención en mesa "cunha equipa de camareiros e camareiras, como nunha terraza", para evitar aglomeracións. |
PRAZA_19998 | A iniciativa cidadá, con presenza en 16 Estados, aterra na Coruña, que acolle a primeira mobilización no país a prol do proxecto comunitario. "É un europeísmo crítico; non todo é perfecto na UE e hai moito que mellorar, pero debemos valorar o logrado", di o seu impulsor. | O pasado 26 de marzo, unhas 20.000 persoas en 58 cidades europeas manifestábanse a favor da UE e do proxecto comunitario. Veciños de diferentes urbes de Países Baixos, Francia, Portugal, Austria, Irlanda, Luxemburgo ou Suecia saían á rúa reclamando unha Unión Europea "forte e eficaz". Tan só uns días máis tarde, era Madrid e logo Barcelona quen se estreaban nestas concentracións polo de agora pouco concorridas pero que buscan sumar apoios e asentar aos poucos un movemento europeísta denominado Pulse of Europe. Definido como iniciativa "cidadá e apartidista" e sen filiación a formación política ningunha, no Día de Europa anuncia a súa chegada a Galicia na que será a súa primeira concentración no país. A Coruña acollerá a primeira mobilización de 'Pulse of Europe' en Galicia e será a terceira cidade do Estado en acollela Será o vindeiro domingo 14 de maio ás 13 horas, ao pé da Torre de Hércules da Coruña, a terceira cidade do Estado que acollerá unha mobilización deste tipo. A ela están convidados "todos os cidadáns que desexen expresar o seu apoio ao proxecto da Unión desde un punto de vista social e achegad". E márcase como obxectivo "combater os retos aos que se enfrontan os Estados membros", como "a xenofobia e os nacionalismos e populismos extremistas que avivan as pantadas do pasado". Óscar Rodríguez, coruñés de tan só 29 anos, foi quen decidiu impulsar Pulse of Europe en Galicia logo de varios anos vivindo en Alemaña, xusto o país onde comezou o movemento. Unha parella de Fránkfurt, aló por novembro de 2016, reaccionou á elección de Trump como presidente dos EUA e ao Brexit xa consumado no Reino Unido. O que eran círculos de discusión pasou a mobilizacións con 200 persoas na cidade. "Logo pasou a Friburgo, unha cidade con moito movemento estudantil, e de aí foise espallando por outros Estados como Países Baixos, onde ameazaba a ultradereita nas eleccións, ou Francia, co pulo que estaba a coller a Fronte Nacional", explica o organizador da marcha na Coruña. "É un europeísmo crítico; non é todo perfecto na UE e hai moito que mellorar, pero debemos valorar os seus logros", di Óscar Rodríguez, impulsor da concentración "Vin que Pulse of Europe xa organizara algo en Madrid e logo en Barcelona e decidinme a facer algo aquí porque creo que é por unha boa causa", explica Rodríguez, que entende que o Brexit foi algo así como o punto de inflexión para o xurdimento da iniciativa, impulsada logo "pola elección de Trump pero tamén polo racismo que se estende en moitas propostas políticas ou pola crise dos refuxiados". "É un europeísmo crítico; non penso que todo sexa perfecto na UE, no funcionamento das súas institucións, e estou seguro de que hai moito que mellorar, pero iso non quere dicir que non teñamos que visibilizar os seus logros e poñelos en valor", engade este mozo, que lembra que nin el nin a xente da súa xeración "coñeceron xa as fronteiras en Europa". Rodríguez é consciente tamén de que o debate sobre Europa ten moitos matices e que a crise económica deitou moitas críticas sobre as institucións comunitarias e a súa reacción ante a perda de dereitos sociais. "É complicado porque tanto pola esquerda como pola dereita hai movementos que cuestionan a Unión Europea ou a moeda única", explica, pero advirte tamén de onde se sitúan as posicións máis perigosas. "Na dereita hai formacións extremistas con moito apoio que directamente son racistas ou mesmo negacionistas do holocausto nazi, como a Fronte Nacional de Le Pen; en Alemaña, o partido AfD aposta por poñer policías nas fronteiras e disparar os refuxiados e en Hungría, só hai que ver a política que leva a cabo o primeiro ministro Víktor Orban", engade. "Na dereita hai formacións extremistas que son directamente racistas ou negacionistas" Agora, o obxectivo do encontro na Coruña será, como noutras cidades, o de darlle "un novo impulso ao proxecto europeo por parte da cidadanía, establecendo lazos entre os asistentes e proporcionando a información que requiran sobre a Unión e as asociacións organizadoras". Rodríguez sabe das dificultades por mobilizar a xente, pero entende que o importante é poñer a semente. "Veñan os que veñan, será unha maneira de chamar a atención e concienciar a cidadanía", explica quen lembra que A Coruña converterase na terceira cidade en España que acolla un evento deste tipo, mentres se preparan noutras como Sevilla e logo de que Pulse of Europe se espallase xa a 16 Estados. "Contemplar un retroceso no proceso de integración resulta impensable; a Unión trouxo o maior período de pazo ao continente, exportou valores de respecto e solidariedade e debe arontar os cambios que implica o avance das socidades, débese construír unha Europa dos cidadáns", reza a convocatoria. "Alza a túa voz pola Unión e reclama unha Europa cidadá. Que o pulso europeo lata forte", remata. |
NOS_43737 | A editorial Galaxia publica "Poesía galega reunida (1991-2017)" onde recolle toda a poesía do escritor lucense Isidro Novo, antigo colaborador do Sermos Galiza coa súa sección 'Palabras con memoria'. | A editorial Galaxia vén de tirar do prelo unha antoloxía na que reúne a poesía de Isidro Novo (Lugo, 1951-2018). Poesía galega reunida (1991-2017), dentro da colección Letras Galegas Clásicos, acolle a produción poética completa do lucense, incluíndo os títulos Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2 e tamén a poesía espallada en revistas, libros colectivos ou poemarios inéditos como Sinopse (Romance do presaxio), Sonetario impertinente (Sen ramal) e De tanto amar a Dores. "Arriscado, outsider e ás veces esquecido no relato oficial; Novo acadou unha audacia poética que merecía unha antoloxía", defenden desde a editorial. Galaxia contou co apoio da Área de Cultura, Turismo e Produción da Lingua do Concello de Lugo para recoñecer a obra poética "dun home que amaba profundamente a lingua". Na introdución da antoloxía, J.L. Calvo Vidal e Yago Rodríguez indican que "malia comezar como poeta en castelán, axiña retornou á lareira lingüística do galego, para camiñar ergueito e con voz única polas súas feraces corredoiras, para ollar os solpores vermellos entre os piñeiros e os dez ollos da pedra romana, para habitar a brétema e as ribeiras do río e cantarlle ao noso mar, pero tamén para falar dos asuntos máis contemporáneos. Chegou a ser coñecido como o xograr da gravidade, xa que entendía o invisible, o divino e o dolorosamente humano". Máis de 1.200 palabras para non ser esquecidas Con base no amor que tiña pola lingua, Isidro Novo promoveu desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), na que foi parte do consello directivo durante os seus últimos dez anos de vida, a sección "Palabras con memoria". Esta iniciativa, que segue viva grazas á AELG, recolle palabras que non se atopan en ningún dicionario galego e que están en perigo de extinción. A mediados de abril do ano 2015 o Sermos Galiza estreaba a publicación desta sección que o lucense coordinou durante case tres anos. Por aquel momento, Novo recollera máis de 1.200 palabras en desuso. Actualmente, a sección da AELG conta cun total de 1.886 termos. Isidro Xoán Froilán López Novo lucense faleceu o 1 de febreiro de 2018 aos 66 anos. |
NOS_11546 | Na súa visita no pasado mes de maio, o rei emérito desbotou, entre risos, ofrecer explicacións sobre os seus recentes problemas coa Xustiza. | O rei emérito Juan Carlos I non volverá esta semana a Sanxenxo para asistir ás regatas de vela que se disputarán nos próximos días, alegando "razóns estritamente privadas", segundo comunicou a súa contorna aos seus amigos do clube náutico do municipio. Malia que inicialmente a súa intención era acudir, na que sería a súa segunda visita ao Estado español desde que en agosto de 2020 trasladou a súa residencia a Abu Dabi (Emiratos Árabes Unidos), finalmente non estará esta fin de semana para a 7ª edición da Regata Rey Juan Carlos-El Corte Inglés Máster, que dará inicio á competición da clase 6 Metros que culminará co Xacobeo 6mR Worlds, entre o 13 e o 18 de xuño. Fontes do clube náutico confirmaron a Europa Press que esta mesma terza feira, a tres días de que arrinque a regata que leva o seu nome, o emérito trasladou a través da súa contorna que, malia que o "sente moitísimo", non poderá estar presente "por razóns estritamente privadas" que non concretou. Corinna Larsen mandou vixiar Escotet pola súa relación co rei emérito Cabe lembrar que Juan Carlos de Borbón permaneceu en casa do presidente do Club Náutico de Sanxenxo, o seu amigo Pedro Campos, entre os pasados días 19 e 23 de maio, data na que —antes da súa volta a Abu Dabi— realizou unha parada en Madrid para ver a familia Borbón no Pazo da Zarzuela. Alí estivo once horas e puido manter co seu fillo, Felipe VI, "un amplo tempo de conversación" no que abordou "cuestións familiares, así como sobre distintos acontecementos e as súas consecuencias na sociedade española" desde que o emérito se trasladou ao país do Golfo. En Sanxenxo, a falta de confirmación oficial, aínda esperaban que Juan Carlos I puidese regresar despois da gran expectación mediática e social que espertou a súa estadía durante a fin de semana do Trofeo Viaxes InterRías. Con todo, a pesar de que o propio ex monarca trasladara a súa intención de regresar para as próximas regatas para revalidar o título de campión do mundo a bordo do Bribón, tal e como afirmara o alcalde, Telmo Martín, finalmente non será así. "Explicacións de que?" Aquela fin de semana, o rei emérito mostrouse parco en palabras, limitándose a breves comentarios sobre a competición, o tempo ou o "moi ben" que se atopaba de estar de volta no Estado español. Aliás, asegurou que tiña ganas de reencontrarse coa súa familia e que esperaba da cita "moitas apertas". Juan Carlos I, entre risos: "Dar explicacións de que?" Pero do que non chegou a falar o antigo monarca, a pesar de que a prensa ll preguntou, foi dos seus recentes problemas coa Xustiza. Tampouco brindou as "explicacións" que o Goberno estatal e o propio presidente, Pedro Sánchez, lle reclamaran desde hai meses. "Explicacións de que?", respondeu a unha xornalista que lle formulara a pregunta. |
NOS_42844 | Únese así ás 146 árbores e 18 formacións arbóreas de Galiza que, segundo datos de 2015, son consideradas excepcionais e merecentes de medidas especiais de protección. | "As sobreiras do Faro son un lugar máxico". Quen así o considera é Rafael Lomba, presidente da Comunidade de montes da parroquia de Viladesuso (Oia), que xestiona ese espazo, o único que ten recoñecido como espazo privado de interese natural de Galiza. As sobreiras, regadas polo río Broi, veñen de ser incluídas no Catálogo de árbores senlleiras da Consellería de Medio Ambiente. Únense así ás 146 árbores e 18 formacións arbóreas do noso país que, segundo datos de 2015, son consideradas excepcionais e merecentes de medidas especiais de protección. Rafael Lomba, congratúlase deste novo recoñecemento a un espazo natural "diferente" en Galiza: "As nosas modestas Sobreiras do Faro, da nosa pequena Comunidade de Montes, atópanse agora á altura doutras formacións situadas en grandes pazos nobiliarios ou xardíns públicos. Un detalle máis polo que sentirse orgullosos do que temos." Micromecenazgo A Comunidade de Montes de Viladesuso forma parte dende 2015 do proxecto Costa dos Castros, que xunto a outras tres Comunidades de Montes veciñas – Santa María de Oia, Pedornes e Mougás –procura promover e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do concello de Oia. Costa dos Castros lanzará a próxima semana a súa segunda campaña de micromecenado para apoiar iniciativas tan singulares que se están a dar na zona como esta aposta da Comunidade de Viladesuso pola súa natureza autóctona. |
NOS_11301 | O pobo cubano celebra hoxe o Día da Rebeldía Nacional, cando se cumpren 62 anos do asalto ao Cuartel Moncada. | Máis de 10.000 persoas participaron nun grande acto en Santiago de Cuba para conmemorar o asalto ao Cuartel Moncada, o lugar que deu orixe á Revolución. Con este asalto, Fidel Castro acompañado de mozos revolucionarios erguéronse contra o réxime ditatorial de Fulgencio Batista. Para conmemorar a data, adolescentes entraron no cuartel acompañados dos comandantes da Revolución e, posteriormente, tivo lugar a lectura do poema "Xa estamos en combate". A continuación, lembráronse os nomes dos que ofreceron a súa vida no asalto. Este 62º aniversario foi especial, pois nel participaron os cinco antiterroristas cubanos. Ademais, é o primeiro 26 de xullo desde que se iniciou o proceso para restabelecer relación cos Estados Unidos. Raúl Castro reivindica o espírito revolucionario Con motivo da conmemoración do 26 de xullo, o presidente de Cuba, Raúl Castro, ofreceu unas breves palabras para eloxiar o tradicional espírito revolucionario e rebelde das persoas que viven en Santiago de Cuba, "voume coa esperanza de que sempre Santiago siga a ser Santiago". |
PRAZA_4279 | A fundación pública que tutela a máis de 3.000 adultos recibe outro pronunciamento xudicial que volve evidenciar as eivas da súa supervisión, pero o auto valídaas porque di que "está traballando" para eludir as anomalías detectadas | A fundación pública que tutela a máis de 3.000 adultos recibe outro pronunciamento xudicial que volve evidenciar as eivas da súa supervisión, pero o auto valídaas porque di que "está traballando" para 'eludir' as anomalías detectadasA xustiza segue poñendo en evidencias as eivas na tutela por parte da Xunta das persoas adultas incapacitadas postas ao seu cargo, máis de 3.000 en toda Galicia que son supervisadas por unha fundación pública (Funga) con apenas 23 traballadores. Un xulgado vén de certificar que unha octoxenaria con déficit cognitivo posta en 2016 baixo a tutela da administración galega chegou a presentar tres anos despois úlceras, mala hixiene ou "desaxustes na toma de medicación". Porén, o xulgado xustifica a situación como un "feito puntual" amparándose nun informe que lle entregou a propia administración do que di que "ésta ha detectado dichas anomalías y está trabajando para soslayarlas" [sic], en castelán no orixinal, empregando un verbo inexistente en galego que significaría que a Xunta está a eludir ou pasar por alto a situación.Informes médicos e de enfermaría do Sergas revelan doenzas relacionadas coa desatención da muller por parte da fundación e dos servizos sociais municipais aos que esta derivou a supervisión da tuteladaO caso analizado é o dunha muller e o seu fillo residentes no seu propio domicilio nun pequeno concello rural que foron incapacitados en distinto grao en 2014 e postos baixo a tutela dunha familiar. En 2016 a xustiza estableceu que a tutela pasase á Funga por desavinzas persoais entre os tutelados e a familiar, malia certificar o xulgado que a súa tutela fora correcta. A Funga pasou desde aquela a estar obrigada a render contas ao xulgado das súas actuacións de tutela só unha vez ao ano no caso da muller e cada medio ano no caso do fillo.En 2019 a mesma familiar que tivera a tutela solicitou ao xulgado que se lle retirase á Funga amparándose en informes médicos e de enfermaría do Sergas que revelaron diversas doenzas relacionadas coa desatención da muller por parte da fundación e dos servizos sociais municipais aos que esta derivou, como adoita facer noutros casos, a supervisión que a xustiza deitara nela.Malia recomendar o informe médico que se valorase o ingreso da tutelada nunha residencia, a Funga limitouse a aumentar a asistencia domiciliaria que lle daba de unha hora diaria a algo menos de dúas horasO informe médico forense no que se baseou no seu momento a incapacitación da octoxenaria e do seu fillo reflicte déficit cognitivo e que "precisa supervisión para a maioría das actividades básicas da vida diaria e para as actividades instrumentais" como o uso do teléfono e o transporte, facer a compra ou as tarefas da casa. A situación de "déficit de coidados" á que chegou a muller, segundo os informes do Sergas achegados ao xulgado, ponse de relevo cando a comezos de 2019 unha médica e unha enfermeira acoden ao seu domicilio para facerlle unha valoración para o recoñecemento da dependencia. A muller contaba cunha hora diaria de atención a domicilio por parte do concello, e cando os servizos sanitarios comunican á Funga a insuficiencia deses coidados, e malia recomendar expresamente que se valore o seu ingreso nunha residencia, a fundación pública, segundo o auto xudicial, limitouse a elevar a atención domiciliaria a algo menos de dúas horas ao día, algo que fixo mes e medio despois de recibir a alerta. O auto xudicial que sinala as eivas de atención que presentaban as dúas persoas tuteladas reflicte que a actuación da Funga non se produciu porque mantivese contacto ao respecto cos servizos sociais municipais nos que deitara a súa supervisión da tutelada -que resultaban insuficientes- senón cando así llo comunicaron os servizos médicos. A resolución xudicial reflicte o proceder habitual da Funga de deitar noutras entidades a supervisión directa das persoas tuteladas, tamén durante o actual confinamento polo coronavirus, no que o a Xunta ratifica que o seu contacto é telefónicoA resolución xudicial, en todo caso, rexeita retirar á Funga a tutela e xustifica que "da proba practicada non se desprende que as circunstancias descritas nos anteriores informes deixen de ser un feito puntual, pois do informe social unido ao escrito de alegacións presentado pola Funga resulta que esta detectou ditas anomalías e está traballando para soslayarlas [sic]". Nada di o auto a respecto de a Funga actúe para cumprir coa recomendación médica de avaliar o ingreso nunha residencia.A resolución xudicial reflicte o proceder habitual da Funga de deitar noutras entidades asistenciais ou servizos sociais municipais a supervisión directa das persoas cuxa tutela lle foi encomendada por un xulgado, actuación que vén sendo criticada por esas entidades do terceiro sector ou polo persoal de servizos sociais de outras administracións. Un xeito de actuar que se mantén tamén na actual situación de confinamento polo coronavirus, na que a propia Xunta admite que a súa supervisión dos seus tutelados que non residen en centros socioasistenciais senón nos seus propios domicilios particulares, como é este caso, se produce a través de chamadas telefónicas. Nos casos máis graves, sentenzas xudiciais veñen reflectindo a incapacidade do limitado persoal da Funga de evitar que persoas baixo a súa tutela cometan ou sexan vítimas de delitos. A Xunta admite "certos riscos" de que iso se produza. |
PRAZA_3714 | A Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou unha serie de criterios orientativos para os proxenitores, que son quen deben acordar o réxime nestes días, sinalando que as visitas deben manterse, pero aconsellando suprimir as que se realizan no medio da semana sen pernoita. Piden que se valore, por riba de todo, o "ben superior dos menores" | Os xuíces recomendan o mantemento dos intercambios semanais e as visitas de fin de semana, pero suprimindo as visitas sen pernoita no medio da semanaHai moitos asuntos que xeran controversia en relación ao cumprimento do confinamento obrigado e as súas posibles excepcións. Un deles é o dos réximes de custodia e visitas de fillos menores durante a vixencia do estado de alarma. Este mércores a Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou un acordo sobre unha serie de criterios orientativos nesta cuestión dirixidos aos xuíces de Familia, recomendando o mantemento dos intercambios semanais e as visitas de fin de semana, pero suprimindo as visitas sen pernoita no medio da semana.O acordo subliña que o Real Decreto 463/2020 que aplica o estado de alarma "non implica a suspensión automática das medidas sobre réximes de custodia e visitas de fillos menores, xa que a obriga xeral de cumprimento das resolucións xudiciais non vén afectada pola devandita suspensión".Con todo, engade que "iso non significa que a execución práctica do réxime establecido non se vexa afectado", xa que "a necesidade de protexer a saúde de fillos e proxenitores" pode impoñer, segundo as circunstancias, a necesidade de modular ou modificar o réxime de custodia, visitas ou estancias e, por iso, alterar ou suspender a execución das medidas que estean acordadas ou a súa maneira de levalas a cabo.Cando non se desenvolvan as visitas, deberá facilitarse a comunicación con aquel proxenitor co que non convivan A Xunta de Xuíces de Familia establece unha serie de pautas de actuación. En primeiro lugar, "salvo que concorran circunstancias concretas que o desaconsellen", manter os intercambios en custodias compartidas e as visitas de fin de semana en caso de custodia individual, mais engadindo que "parece prudente suspender as visitas intersemanais en especial se son sen pernoita". O acordo subliña que as entregas e recollidas realizaranse "coa necesaria salvagarda da saúde das partes, especialmente dos menores".Así mesmo, sinálase que cando non se leven a cabo as visitas establecidas en resolución xudicial polo motivo que sexa "deberá promoverse e facilitarse polos proxenitores a comunicación frecuente dos menores con aquel que non convivan, por medios tecnolóxicos (teléfono, videochamada…)". E aconsellan nestes casos, unha vez finalizado o estado de alarma decretado, "compensar na medida do posible os períodos de visitas non gozados".Deberán ser os proxenitores os que acorden -polo ben superior dos menores e por riba de enfrontamentos ou intereses propios- o sistema de custodia e visitasA Xunta de Xuíces de Familia de Vigo sinala que o acordo constitúe "simples pautas xenéricas de actuación para facilitar o entendemento entre as partes e de ningún xeito son executables nin poden prevalecer sobre os acordos dos proxenitores".Os xuíces tamén indican que para o desenvolvemento do sistema de custodia durante a vixencia desta excepcional situación deberán ser os proxenitores os que acorden -polo ben superior dos menores e por riba de enfrontamentos ou intereses propios- o sistema de custodia e visitas, así como as medidas e prevencións a adoptar para garantir a súa saúde e o seu dereito á relación con ambos proxenitores. |
NOS_33293 | A demanda, presentada ao abeiro do Real Decreto-lei 6/2019, aclara que a petición da denunciante é o exercicio dun "dereito personalísimo" que non require acreditar se o seu home ten máis doado conciliar | CCOO informa que os seus servizos xurídicos acaban de gañar en Vigo unha sentenza favorábel á adaptación da xornada a unha traballadora para conciliar a vida familiar e laboral. É a primeira destas características que o sindicato consegue na comarca viguesa desde a aprobación do Real decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para a garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e na ocupación. A sentenza, que é firme, obriga unha empresa do sector cárnico a recoñecerlle á traballadora, casada e con dous fillos, o dereito a unha xornada laboral con quendas semanais alternas para poder conciliar a súa vida familiar e laboral. Deste xeito, nas semanas en que o seu home traballa pola tarde, o horario dela sería de mañá de luns a venres. A resolución xudicial, emitida polo Xulgado do Social n.º 2 de Vigo, ve acreditado que a empresa dispón de persoal suficiente e coa preparación necesaria para poderlle conceder á denunciante a súa "petición razoábel". |
NOS_35383 | Francisco Frutos empregou a súa conta de Twitter para bater contra @s manifestantes da Diada, a quen comparou con nazis e franquistas. | O que fora secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE) e candidato de IU nas eleccións xerais de 2000, Francisco Frutos, uniuse na xornada de onte ao coro de voces unionistas que criticaron a masiva mobilización desenvolvida con motivo da Diada polas rúas de Barcelona. Frutos, quen se ten pronunciado en anteriores ocasións contrario á independencia de Catalunya, afirmou na súa conta persoal de Twitter que "escoitar os nazional-independentistas cataláns é regresar ao túnel do tempo" para logo acrecentar que "é difícil non asocialos aos energúmenos franquistas". Frutos escribiu no seu blogue que o a "independencia e o independentismo ao único que contribúen é a dividir máis as clases traballadoras e populares na procura de quimeras absurdas" O ex-líder do PCE advertira nun chío anterior que mudaría o concepto "nacional-independentistas", como viña denominando ao movemento soberanista catalán, polo de "nazional-independentista" após o acontecido na Diada 2014. Non é a primeira ocasión en que as declaracións de Francisco Frutos se dirixen contra o independentismo, principalmente catalán. No seu blogue afirmou nun artigo publicado a finais do pasado ano que o a "independencia e o independentismo ao único que contribúen é a dividir máis as clases traballadoras e populares na procura de quimeras absurdas". Aliás, dicía do soberanismo que "é unha reacción do mundo máis rural e primitivo". O PP, na mesma liña Francisco Frutos non foi o único que esta sexta feira equiparou o 'V' xigante construído polo independentismo co nazismo. Así, o voceiro do PP en Sabadell, Esteban Gesa, partillaba tamén na rede social Twitter unha montaxe de imaxes baixo o epígrafe de "Non hai 2 sen 3..." para posteriormente combinar dous cartaces de propaganda nazi cunha 'V' polo dereito a decidir o vindeiro 9 de novembro en Catalunya. |
PRAZA_7440 | Polo que poida virnos enriba, a miña mensaxe de felicitación para este ano que entra dedicado a amigos e familiares foi sempre a mesma: Deséxoche un 2013 cheo de barricadas e cócteles molotov. Si, xa sei, a violencia xera violencia. Pensades que quero ver o sangue dos meus fillos correndo polas rúas do meu pobo? A violencia xera violencia. Pero o abuso xera impotencia ou resentimento, a arbitrariedade xera indignación e a inxustiza esixe restitución. E aquí e agora, o pobo, todo o pobo, é dicir, todos nós, estamos sendo sometidos a abuso, arbitrariedade e inxustiza. Coido que non hai máis que dicir. | Non hai nada máis infame que converter a vítima en culpable. 1.-Gustaríame que fose certo que vivo un deses momentos nos que me encontro a soas comigo mesmo. Polo que poida virnos enriba, a miña mensaxe de felicitación para este ano que entra dedicado a amigos e familiares foi sempre a mesma: Deséxoche un 2013 cheo de barricadas e cócteles molotov Aínda que, a verdade, non están os tempos para ensimesmamentos. A noso arredor todo se derruba e non vexo claro que de entre os cascallos brote algo novo. Non sei se medrará nada novo a non ser que primeiro a ira alimente un estalido de violencia e a violencia impoña unha nova orde da que logo, talvez, nos avergoñemos todos. Polo que poida virnos enriba, a miña mensaxe de felicitación para este ano que entra dedicado a amigos e familiares foi sempre a mesma: Deséxoche un 2013 cheo de barricadas e cócteles molotov. Si, xa sei, a violencia xera violencia. Pensades que quero ver o sangue dos meus fillos correndo polas rúas do meu pobo? A violencia xera violencia. Pero o abuso xera impotencia ou resentimento, a arbitrariedade xera indignación e a inxustiza esixe restitución. E aquí e agora, o pobo, todo o pobo, é dicir, todos nós, estamos sendo sometidos a abuso, arbitrariedade e inxustiza. Coido que non hai máis que dicir. Estou convencido de que gran parte das medidas que, desde a máis flagrante inseguridade xurídica, nos están a conducir á pobreza, e, nalgún caso, á pura indixencia, están fóra da orde constitucional. Creo, por exemplo, que moitas das novas regras referidas a pensións, xubilacións e marcos laborais, se non vulneran claramente a prohibición expresa da non retroactividade das disposicións sancionadoras, moi preto débenlle andar. E non entendo, a verdade, por que non está a caer sobre o Tribunal Constitucional toda unha chuvia de recursos de amparo. Quizais, porque, como o resto das institucións do estado, carece de calquera credibilidade. Pero diso non quero falar hoxe. Quero falar de violencia. Para empezar, direi que me afirmo e reafirmo en que a democracia consiste en algo máis, moito máis, que votar cada catro anos Para empezar, direi que me afirmo e reafirmo en que a democracia consiste en algo máis, moito máis, que votar cada catro anos. E, por suposto tamén en como se administran as maiorías obtidas como resultado das eleccións. Está claro que o PP de Mariano Rajoy obtivo a maioría parlamentaria no seu máximo grao, maioría absoluta. Pero a lectura correcta no ámbito dun estado democrático, atendendo ao xeito en como a obtivo, deixa claro que maioría absoluta parlamentaria non equivale neste caso a maioría social. O PP de Mariano Rajoy non conta coa maioría social. Sabémolo todos, incluído el. Polo tanto, dende a ética democrática máis elemental, o PP de Mariano Rajoy non ten dereito a tomar as medidas antisociais que está a tomar do modo e maneira en que o está a facer e, moito menos teno para converter as súas chamadas reformas nunha imposición ideolóxica de claro corte uniformador, sen respectar a pluralidade nin a diversidade. E non me estou a referir a conflitos territoriais, senón á liberdade de pensamento, á liberdade e o dereito a ser dentro do estado aquilo que queiras ser e que tes dereito a ser. O estado social e democrático que consagra a Constitución, salta polo aire completamente esnaquizado vernes a vernes, cada vez que o goberno central se reúne para conspirar contra os dereitos, non só adquiridos, senón constitucionais de toda a cidadanía soberana. 2.-A violencia, non como motor, aínda que si como instrumento de cambio. O estado social e democrático que consagra a Constitución, salta polo aire completamente esnaquizado vernes a vernes, cada vez que o goberno central se reúne para conspirar contra os dereitos Non como motor? Hum! Por que? Vexamos iso. Non estamos a ser sometidos a unha auténtica violencia institucional todos nós? Non estamos a ser sometidos a un estado de violencia institucional especialmente os máis débiles? Canta violencia debemos soportar? Cal será o límite para que a xente explote? 3.-Digresión prescindible para posibles lectores deste enxendro, aínda que moi gorentosa para o autor. Os pistoleiros, os matóns contratados para levar a cabo unha faena de limpeza, de eliminación de obstáculos, de díscolos e recalcitrantes contra a arbitrariedade dos caciques, inzan coma cogumelos nos filmes do Oeste Podería estar aburrido, pero non o estou. Refírome a ter que explicar unha e outra vez por que me gustan tanto as películas do Oeste. Non me aburre falar do western, porque, despois de ter visionado -algunhas ata máis de duascentas veces- todas cantas películas de vaqueiros se me puxeron diante, e logo de ler moito e ben sobre este xénero cinematográfico, e de ler, asi mesmo, sobre a Historia de América e máis en concreto o relativo á chamada Conquista do Oeste, creo poder asegurar que dende aí se pode saltar sen rede a interpretar practicamente todos os sucesos que viñeron acontecendo no mundo dende aqueles anos turbulentos. O western é un magnífico espello balzaciano para considerar e analizar o deambular dos homes pola Historia. Os pistoleiros, os matóns contratados para levar a cabo unha faena de limpeza, de eliminación de obstáculos, de díscolos e recalcitrantes contra a arbitrariedade dos caciques, inzan coma cogumelos nos filmes do Oeste. Pistoleiros fríos, solitarios, que venden o seu brazo armado a quen mellor lles paga. Realizan o seu sucio traballo e vanse. Deixan detrás unhas cantas cruces nun cemiterio, un colectivo social descabezado e asoballado, pacificado polo medo, e unha orde e un poder inxustos e arbitrarios, pero enfortecidos polo seu funesto labor. Os famosos pistoleiros do Fart-West, algunhas veces chamados pacificadores cando se trataba de implantar a orde, -non se confunda coa lei nin coa xustiza-, nalgunha explosiva cidade da fronteira. Hai westerns magníficos que abordan este asunto. Poucas veces o fan sen adubíos nin maquillaxes -sabido é que a maioría dos westerns deben lerse ao revés-, permitindo que se vexa limpamente a auténtica ralea do pacificador. O normal é que non sexa así, que se dote á historia e ao personaxe dunha pátina de épica e rectitude moral. Nestes casos o pacificador adoita ser o protagonista da película. Cando o pistoleiro se nos presenta como un suxeito vesánico e ruín, un sicario, un asasino a soldo -como por exemplo o Jack Palance de Shane-, entón nolo sitúan no lado escuro do filme, no sórdido cubil dos malos, a fedorenta cova na que todos os que habitan nos resultan odiosos. Non esquezamos que para que unha película funcione, debe funcionar tamén, e moi ben, todo un xogo de empatías. Henri Fonda en My darling Clementine ou Burt Lancaster en Gunfight at the OK Corral e, mesmo, Robert Mitchum en Man with the gun, son elevados á categoría de heroes cando a súa verdade histórica, e iso sendo amables con eles, non nos permitiría ir máis alá da ambigüidade moral. Un caso digno de mención é o do sherif encarnado por Richard Widmark en Death of a Gunfighter. Éo por dúas razóns. Porque quen fora un pacificador nun principio, convértese nun tirano dominador da comunidade. Os notables da cidade conspiran contra el para aniquilalo. Nesta película foron cortadas pola censura franquista unhas frases nas que se proclamaba que a lei tiña que emanar do pobo. Mariano Rajoy - ou quen estea detrás del - contratou varios destes pistoleiros para o seu goberno. O caso máis evidente é o de José Ignacio Wert Os outros, os asasinos a soldo, os rufiáns que pululan polo mundo do cine do Oeste, normalmente se presentan desprovistos de calquera atributo que os faga amables, a non ser pola capacidade actoral do intérprete á hora de crear o seu personaxe. Aínda que os hai a centos, podería ser o caso do xa mencionado Jack Palance de Shane. 4.-O porqué desa digresión Mariano Rajoy - ou quen estea detrás del - contratou varios destes pistoleiros para o seu goberno. O caso máis evidente é o de José Ignacio Wert. El mesmo atribuíuse a súa condición de matón cando situou nas gónadas a orixe última das súas motivacións. "Soy como el toro bravo, me crezco ante el castigo". Por mis cojones, vaia. Non hai demasiado tempo Arias Cañete tamén apelaba á forza nutricia dos seus impulsos programáticos cando aseguraba que "el plan hidrológico nacional se va a aprobar por cojones". Por certo, aínda non se aprobou. Por que non contratamos un pistoleiro dos bos, un como o Cole Thornton de John Wayne en El Dorado, por exemplo, que ía de lugar en lugar, coma un cabaleiro andante, alugando o seu brazo armado ao mellor ofertante, pero sempre que o ofertante tivese a xustiza da súa parte? Por que non o facemos? Creo que vén sendo necesario. 5.-Coda envelenada para Nuñez Feijóo Onde están os que non cobran? Por que non saen á luz? Que os retén na sombra? Non vos dades de conta, vós, os que non cobrades e que alimentades a fanfurriñada do noso fero presidente, de que todos os demais vos necesitamos? É necesario parar a fanfurriñada de Alberto Núñez Feijoo, empoleirado a non se sabe moi ben que, aparte dos seus corenta e un escanos, de veras, é necesario. Non podemos seguir asentindo -nin asistindo ao lamentable espectáculo que nos ofrece a diario coa súa Galicia solvente- ás súas afirmacións de que Galicia paga, de que Galicia é solvente, de que mentres uns piden, Galicia paga. Galicia paga, certo que si. Faltaría máis. Pero Galicia paga a quen paga e como e cando paga. Onde están os que non cobran? Necesitamos o pistoleiro bo, rudo e resolutivo nas súas accións, que dea tranquilidade a todos os que non cobran nesa Galicia solvente e que, non obstante, non asoman nin sequera as orellas. Onde están os que non cobran? Por que non saen á luz? Que os retén na sombra? Non vos dades de conta, vós, os que non cobrades e que alimentades a fanfurriñada do noso fero presidente, de que todos os demais vos necesitamos? Por favor, que non teña que ir rescatarvos John Wayne. Aínda que a min, a verdade, non me molestaría moito Sacádelle as cores ao fachendoso presidente tan runfante coa teima da solvencia. Poñede sobre a mesa todo o que Galicia debe os seus provedores, contade as vosas penurias para manter activas as vosas empresas, declarade a servidume á que se vos obriga para poder sobrevivir. Por favor, que non teña que ir rescatarvos John Wayne. Aínda que a min, a verdade, non me molestaría moito. O dito, feliz 2013 cheo de barricadas e cócteles molotov. É o desexo de quen sempre foi un home de paz. |
NOS_50843 | Terra queimada foi o que a deputada do BNG, Tereixa Paz, entregou á conselleira de Medio Rural Rosa Quintana como metáfora das súas políticas de abandono do rural. A oposición reclama situar o leite na axenda do goberno. | Coa axenda de mobilizacións do sector como pano de fondo, a loita polo sector lácteo volveu a un dos plenos do Parlamento máis tensos que se lembran que tampouco calmou cando o debate xirou arredor do leite. A acusación de inacción á política capitaneada por Rosa Quintana foi a tónica dun debate no que en máis dunha ocasión se mirou para o goberno francés, que ven de impoñer unha subida do prezo do leite. Pola contra, ela defendeuse presentando unha serie de medidas que, segundo dixo non as "inventara" na víspera nin o día no que os tractores "saíron pasear por Santa Comba". Pola contra, a explicación da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, mesmo a súa intención de tirar relevancia ás mobilizacións do sector da produción de leite non serviron para acalar unha oposición que responsabilizou ao goberno da Xunta da situación. O momento máis tenso foi cando a deputada do BNG, Tereixa Paz, entregou a Rosa Quintana "terra queimada", á maneira de metáfora das políticas de abandono do rural por parte da Xunta. "Son políticas de terra queimada tamén para o sector lácteo", sinalou a parlamentaria para quen, o propio presidente da Xunta tiña que dar explicacións na cámara nun momento no que a situación do sector é, ao seu ver, "crítica e dramática". "Vostede non pinta nada no sector lácteo", espetoulle a deputada nacionalista á conselleira, ao lamentar que o goberno da renunciara hai seis anos a ditar a política láctea no estado. Acusouna tamén de desoír o sector no que cualificou como problema de país que tería que estar en lugar privilexiado na axenda de Feijóo. A Xunta, segundo dixo, de querer amañar a cuestión tiña que chantarse en Madrid para esixir solucións para as 2.500 explotacións que están a cobrar entre 21 e 22 céntimos por litro e para as que, para ela, non valen as medidas presentadas pola conselleira. "O Goberno francés acaba de subir o prezo do leite e vostede debe engancharse a ese acordo para defender aos produtores/as galegos, en troques de apoiar ás grandes empresas e acusar ao franceses de pactar os prezos", dixo mentres reclamaba medidas eficaces "urxentes" contra o perigo de extinción do sector. Brazos cruzados O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Antón Sánchez afondou nas críticas ao goberno da Xunta polo abandono do rural e, en concreto de gandeiros e gandeiras do país que están a atravesar un momento crítico. "As mobilizacións serven para que vostedes se enteren de que hai un problema", criticou, despois de que a conselleira cuestionara as manifestacións do sector da produción do leite. Sánchez lamentou non ver medidas de acción por parte do goberno e cuestionou a existencia dun modelo lácteo. Desde as filas do PsdG-PSOE, Pablo García falou dun goberno cos "brazos cruzados", sen estratexia para solucionar os graves problemas que afectan ao sector lácteo, fronte ao goberno Francés que volveu pairar sobre a cámara como exemplo dunha acción contundente para frear a baixada dos prezos do leite. |
NOS_27788 | A ministra Nadia Calviño defende que as persoas traballadoras aperten o cinto "polo ben común". | A vicepresidenta segunda e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital do Goberno español, Nadia Calviño, dixo que confía en que a "moderación salarial" no actual contexto de inflación "sexa a guía co fin de evitar unha espiral inflacionista que tería consecuencias máis que negativas a medio prazo". Así o dixo nunha entrevista no diario La Vanguardia, tras ser preguntada por se a inflación pode xerar conflitividade laboral se non se alcanza un pacto salarial entre sindicatos e patronal. Afirmou que confía na "responsabilidade coa que actuaron os axentes sociais" desde o inicio da pandemia, porque asegura que estes velaron polo ben común e lograron acordos importantes que teñen impactos positivos no benestar dos cidadáns. Preguntada por se a inflación afectará as pensións, destacou a necesidade de protexer aos pensionistas e darlles tranquilidade e abrigo despois de "dous anos tremendos, moi duros para todos os cidadáns". A "excepción ibérica" Asegurou que todos os organismos prevén o pico de inflación nesta primeira parte do ano, ante o que o Goberno traballa para aplicar "canto antes" a denominada "excepción ibérica", e poñer así un tope ao prezo da electricidade no mercado . Recalcou que a aplicación desta medida supón un cambio importante para limitar o impacto negativo dos prezos nos mercados internacionais sobre "o mercado e, por tanto, sobre os cidadáns". Preguntada pola porcentaxe de rebaixa na factura da luz que se conseguirá coa aplicación da "excepción ibérica", respondeu que esta depende da hora do día e da enerxía que sexa necesaria para cubrir a demanda, e que "son moitos factores, pero podería chegar a reducirse até a metade". Explicou que a compensación ás compañías gasísticas pola medida seguirá vindo do sistema eléctrico, e defendeu que o obxectivo da medida é que "só se pague ao prezo do gas a enerxía xerada co gas e poñer fin aos beneficios exorbitantes e extraordinarios". Vox e PP Doutra banda, cualificou de "preocupante" o pacto PP-Vox en Castela e León, e pediu "non minimizar a importancia de que estea nas institucións un partido que ten un discurso antieuropeo, antifeminista, antiminorías, antiautonómico, que trivializa a violencia de xénero e que se opón a moitos dos dereitos conquistados durante décadas". Preguntada por se o Goberno aceptaría a baixada xeral de impostos proposta polo PP, respondeu que "hai que adoptar as medidas máis eficaces en cada momento para lograr o obxectivo que se persegue", e que a aposta do Goberno incorpora rebaixas fiscais así como outro tipo de instrumentos, como bonificacións e axudas directas. "Ese tipo de mensaxes de rebaixas fiscais xeneralizadas antes ou despois queren dicir recortes nos servizos públicos e, desde logo, non responden nin ás recomendacións internacionais nin ao que a economía española necesita agora", asegurou. |
QUEPASA_649 | Ademais do galego incorporáronse o castelán, inglés, italiano e portugués. | Co claro obxectivo de consolidar a internacionalización da Mostra tamén no marco dixital, a organización acaba de anunciar que a nova páxina web da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña (www.mostra.es), xa está traducida a cinco idiomas: galego, castelán, inglés, italiano e portugués. A Mostra quere manter o seu estatus de pasarela de moda por excelencia durante a Semana Santa en España e situando o encaixe como un elemento de vangarda para a alta costura. Ademais do castelán e o inglés, dous dos idiomas con máis falantes do mundo, tamén se decidiu incorporar o portugués e o italiano en homenaxe aos pobos irmáns de Peniche (Portugal) e Novedrate (Italia). Así, os numerosos visitantes destes país que ano tras ano visitan a Mostra poderán estar informados das novidades no seu idioma. |
PRAZA_10832 | 14 das embarcacións pertencen ao porto da Coruña, 7 ao de Burela, 50 ao de Celeiro e os 14 restantes ao de Corme, sumando un total de 1.380 mariñeiros. No marco da iniciativa Upcycling the Oceans, o pasado ano 620 buques recolleron 140 toneladas en todo o Estado. | Case un cento de barcos pesqueiros de arrastre dos portos da Coruña, Celeiro, Burela e Corme participan na iniciativa "Upcycling the Oceans", un proxecto que busca recuperar residuos presentes no mar para reciclalos, dándolles novos usos na industria téxtil. 14 das embarcacións pertencen ao porto da Coruña, 7 ao de Burela, 50 ao de Celeiro e os 14 restantes ao de Corme, sumando un total de 1.380 mariñeiros. En cada un destes catro portos instalouse un contedor para depositar os residuos que atopen no mar, maioritariamente plásticos.14 das embarcacións pertencen ao porto da Coruña, 7 ao de Burela, 50 ao de Celeiro e os 14 restantes ao de Corme, sumando un total de 1.380 mariñeirosNo 2018 os 14 barcos pesqueiros do porto da Coruña xa participaron no proxecto, ao que agora se suman as restantes embarcacións. O pasado ano estes 14 arrastreiros foron quen de recoller dos fondos mariños un total de 1.105 kg de residuos, dos que 787 quilos eran plásticos.Na iniciativa participan xa 40 portos de todo o Estado Español e un total de 620 barcos. O pasado ano recolléronse 140 toneladas de lixo procedentes do mar. Estes residuos mariños son tratados de forma diferenciada, separándose por materiais. O plástico PET trátase para ser convertido en fio de poliester 100% reciclado co que a marca de moda sostible ECOALF fabrica os seus produtos.A pasada semana, o instituto BDRI -con sede no Grove- alertou da importante presenza de plásticos nas augas das Rías Baixas, tanto na superficie coma a máis profundidade. A entidade, que percorreu 8.000 kilómetros da costa galega nos últimos dous anos, advirte dos prexuízos que estes residuos están a provocar na fauna mariña, como tamén fixo o CEMMA |
PRAZA_15768 | Acerga advirte que a súa mobilización conseguiu a "rectificación" da Administración e "máis cota da prevista" para os seus asociados, pero insiste en que non cederá na súa "loita por un sistema de repartición xusto". | A Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga) porá fin ao paro e á acampada que mantiña ante a sede da Xunta, tal e como confirmou este luns tras reunirse en asemblea. A frota volverá faenar o vindeiro luns 25 e un día antes levantará as tendas de campaña que suman 90 días en San Caetano. Nun comunicado, o colectivo maioritario do sector advirte das súas pequenas vitorias pero tamén de que non abandonará a súa "loita para conseguir un sistema de repartición xusta". Acerga destaca que a loita provocou que a Administración "rectificase" e habilitase "unha cota de pesca maior da prevista" "A Administración rectificou a súa postura inicial sobre o actual sistema e procedeu a habilitar unha cota maior de pesca que a prevista inicialmente", lembra Acerga nun comunicado, no que advirte que a Secretaría Xeral de Pesca do Estado admitiu que o método de repartición vixente "non satisfai as necesidades da maior parte da frota española" e que se ve "incapaz de modificalo nestes momentos por tratarse dun goberno en funcións". Malia todo isto, Acerga recorda que conseguiu "dotar á súa asociación dun 17% máis de cota da que tiña asignada inicialmente" e que se "asigne unha serie de toneladas a aqueles barcos que, dependendo dos seus GTs [toneladas de arqueo], non cumprisen uns mínimos". Ademais, insiste nas súas duras críticas ao Executivo galego polo diferente trato coa súa asociación, que representa 123 barcos, e a minoritaria Cergal, de 20 buques. A asociación lembra que conseguiu "un 17% máis da cota asignada inicialmente" para os seus asociados "Seguimos denunciando o posicionamento e trato de favor que vén recibindo Cegal por parte da Consellería do Mar e da súa responsable, Rosa Quintana, que permite que 20 buques poidan condicionar o sistema dos 123 restantes", di Acerga, que insiste en que segue "defendendo un sistema de repartición liñal e por tripulante que teña en conta as necesidades reais de cada embarcación". "Non cederemos na nosa loita por conseguir ese sistema de repartición", rematan. Por outra banda, a Comisión Europea responsabiliza o Goberno central da actual repartición de cota de pesca no sector do cerco porque, segundo aclara, é competencia estatal a asignación dos dereitos de pesca entre a frota de cada estado membro da Unión Europea. Asegurouno nunha resposta a unha pregunta parlamentaria presentada polo BNG, a través da portavoz en Bruxelas, Ana Miranda. O executivo comunitario subliña que esta mesma explicación foille tamén transmitida por escrito a Acerga. |
NOS_148 | Desde a empresa responsabilizan o sindicato do mal ambiente laboral. | Até 15 días de sanción de emprego e soldo para a ex representante sindical da CIG en Nova Pescanova por ir dous días ao médico. Este é un dos exemplos que esta quinta feira sacou á luz o secretario da FGAMT-CIG de Vigo, Suso García, para denunciar a represión sindical que leva a cabo a empresa coa representación e a afiliación do sindicato nacionalista. Durante unha rolda de prensa na que estivo acompañado polos delegados e delegadas da central no comité de empresa do centro do Porriño, o responsábel sindical explicou que desde que chegou o novo equipo de recursos humanos a compañía mudou a súa política de relación cos sindicatos. "Aplican aquela táctica da diplomacia vaticana de 'puño de ferro en luva de seda', polo que cara ao exterior amósanse amábeis e dialogantes, pero na práctica teñen un comportamento antisindical. Con respecto á nosa central en particular son moi belixerantes, e botan man de prácticas que para nós sobrepasan todos os límites", denuncia. Ademais, García afirmou que, desde que chegou este novo equipo de recursos humanos, a empresa adoptou a política de que as súas decisións non se discuten, o que cualificou como "nova doutrina Pescanova". "A dirección decide unha cousa e non hai volta atrás. Vai adiante por riba de quen sexa". Até o punto de que cuestións que se deberan falar cos comités, porque así o estabelece a lei, tampouco se tratan e son impostas. "No mellor dos casos comunican as decisións, pero non se debaten nin se discuten". Vontade negociadora A central sindical xa anunciou que non está disposta a permitir este modo de proceder da empresa. "Confrontamos esta actitude, propoñemos debates e queremos negociar coa empresa", argumentan. Porén, cre que é difícil cando a propia empresa asegura nun informe que a CIG é a responsábel do mal clima laboral existente e que as delegadas e afiliadas da central amedrentan, coaccionan e ameazan as súas compañeiras. "Diante disto, pedímoslle á dirección que nos facilitase o informe onde figuran estas afirmacións, pero néganse coa escusa de que dese xeito violarían a confidencialidade das enquisas, cando as enquisas son anónimas". Nos vindeiros días decidirán "que resposta lle imos dar a esta negativa". |
PRAZA_881 | Representantes das plataformas galegas de afectados denuncian na Comsión de Peticións da Eurocámara a "estafa organizada e con cómplices necesarios" levada a cabo polas antigas caixas galegas e reclaman que se xulgue os responsables. O Parlamento Europeo manterá a investigación. | Os afectados polas preferentes en Galicia volveron este xoves a alzar a súa voz ante o Parlamento Europeo. Representantes da Coordinadora Galega de plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas (CGPAP), viaxaron a Bruxelas para expresar a súa problemática ante a Comisión de Peticións da Eurocámara, que se reuniu para escoitar ducias de diferentes denunciantes contra os abusos hipotecarios e os produtos tóxicos financeiros do Estado español. A Eurocámara anunciou que seguirá investigando a venda irregular destes produtos e para iso pedirá á Comisión que se pronuncie sobre se o España vulnerou a lexislación da UE. Os voceiros das plataformas galegas de afectados mantiveron vivas as demandas ante a intención do PP de pechar as peticións Foron Xesús Domínguez e Xulio Vicente, voceiros da CGPAP, os que se encargaron de denunciar o que consideraron un "pelotazo" e unha "estafa organizada con cómplices necesarios" a que se levou a cabo en Galicia coa comercialización de preferentes e subordinadas por parte das antigas caixas galegas. Así, lembraron que "aínda faltan por recuperar os cartos dunhas 10.000 familias, uns 200 millóns de euros". Co apoio do BNG, os dous representantes quixeron manter vivas as súas demandas ante a intención do PP de forzar ao peche das peticións da lexislatura interior e o ruxe-ruxe de que os populares querían acabar coas 40 denuncias de abusos bancarios no Estado. "Dúas caixas de aforros logo fusionadas, 1.800 millóns de euros e 116.000 afectados segundo os últimos datos do FROB". Con estas cifras quixo sintetizar Xesús Domínguez a dimensión das prácticas abusivas levadas a cabo polas antigas Caixa Galicia e Caixanova. "Pensabamos que eramos menos os afectados", aclarou quen dixo tamén que, xa en distintas fases, acabaranse por recuperar uns 1.600 millóns en canto acaben todas as demandas. "Pero faltan aínda 200 millóns, que son os aforros de 10.000 familias", engadiu, tras advertir que a propia Abanca recoñece que cando menos queda un 8% e sobre uns 110 millóns por devolverlle a unhas 8.000 familias. "Foi unha estafa organizada con cómplices necesarios", lembraron os voceiros dos preferentistas galegos "Malia que Abanca prometeu unha solución en canto mercaron Novagalicia Banco, non se fixo nada efectivo aídna; prometéronnos devolver os cartos e fixérono con todos os representantes ligados ás plataformas pero quedan aínda 10.000 familias", desvelou Domínguez, que lembrou que a entidade resultante da fusión "recibiu 9.000 millóns do rescate bancario" mentres Banesco pagou "tan só 1.000 por ela e en cómodos prazos ata 2018". "Agora gaña nun ano máis de 1.100 millóns... Iso no noso país ten un nome: pelotazo", espetou. Domíguez lembrou que "nada lle impedía" a Novagalicia Banco continuar como entidade pública e non asumir unha cantidade perdida na posterior operación "que supón o mesmo que se recortou en toda a sanidade española" nos últimos anos. "Mentres, secuestrouse a comisión de investigación posta en marcha no Parlamento galego, impuxéronse taxas xudiciais para dificultarnos a vía xudicial e aprobouse a Lei Mordaza para calarnos", denunciou, tras recordar que o 90% dos contratos de preferentes e subordinadas foron anuladas por varías vías e que o 100% das demandas xudicias lles dan a razón aos afectados. "Foi unha estafa organizada, con cómplices necesarios e faltan, cando menos, máis de 100 millóns por devolver", finalizou. As plataformas reclaman a devolución de todos os cartos e que os responsables sexan levados ante a xustiza Os representantes galegos reclamaron a devolución dos aforros ás familias, que os responsables "senten ante a xustiza" e que "se depuren responsabilidades políticas" tanto pola "estafa das preferentes" como pola "imposición masiva de sancións" ás persoas que protestan contra ela en Galicia. Así, Xulio Vicente, lembrou as "promesas" do PP nas últimas campañas electorais asegurando que se devolverían todos os aforros e denunciou a "impunidade total" dos políticos. Ao tempo, criticou as "máis de 50 sancións impostas polo Goberno por valor de 20.000 euros" a ducias de mannifestantes en Galicia e puxo o exemplo de Domitila, a anciá de 82 anos acusada de saltar un cordón policial. "Non se leva ao xulgado os que rouban millóns de euros, pero si aos que rouban unha galiña. Isto é o que pasa no Estado español", rematou, antes de que todos os galegos afectados presentes reclamasen que se manteña a demanda aberta na Eurocámara. Antes, os representantes dos afectados galegos foron apoiados por eurodeputados de Bildu, ERC ou Compromís. Lidia Senra, europarlamentaria de AGEe falou durante a súa quenda de "estafa xeralizada con colaboración necesaria do Goberno español" e pediu á Comisión "manter a petición aberta e chegar ao fondo da investigación" e lograr que as institucións europeas "fagan que se devolvan todos os cartos, se repare o dano causado ás familias, se sancione ás entidades bancarias e se establezan as responsabilidades políticas". A representante do PP, pola súa banda, defendeu a actuación da Xunta e do Executivo central. A Comisión de Peticións da Eurocámara solicitará máis información para determinar se España violou a normativa comunitaria A presidenta da Comisión de Peticións, Cecilia Wikström, acordou ao final da sesión, solicitar toda a documentación sobre o tema das preferentes á Comisión Europea para logo decidir, entre todos os coordinadores, a fórmula a través da cal se trasladan as demandas ao Parlamento Europeo para determinar se a estafa supuxo unha violación da normativa comunitaria por parte do Estado español. |
NOS_28645 | Barclays Bank e Credit Suisse, as entidades que financiarán o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater, recibiron cartas da Plataforma para que non participen na desfeita. Credit Suisse xa se comprometeu a analizar a información. | A financiación do proxecto mineiro en Corcoesto podería deixar sen efecto a súa realización. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto sabe que se non hai cartos, non hai mina: por este motivo remitiu aos consellos de administración das entidades Barclays Bank e de Credit Suisse, con sede social en Londres e Suíza, respectivamente, un informe sobre o que Edgewater quere facer nesta zona de Bergantiños. O traballo enviado ás entidades bancarias realizouno a Universidade de Vigo e nel certifícase que "o proxecto de explotación unicamente pode asegurar un 22% dos recursos auríferos de Corcoesto". Xunto ao informe a Plataforma enviou un dossier coas alegacións presentadas, un resumo de prensa e outros informes O informe cuestiona un dos parámetros fundamentais para determinar se os xacementos son explotábeis ou non, a lei de corte. O informe remata sinalando que "a xustificación dos recursos queda en dúbida xa que, en opinión da empresa mineira, dúas terceiras partes deles non están convenientemente xustificados e iso contravén o disposto no regulamento da Lei de Minas". Xunto ao informe a Plataforma enviou un dossier coas alegacións presentadas, un resumo de prensa que dá conta que existe unha oposición social ao proxecto na Comarca de Bergantiños e outros informes que sinalan os perigos ecolóxicos e sanitarios que mina causaría na zona. A petición da Plataforma vai no camiño de que as entidades financeiras "respecten a súas respectivas estratexias de Responsabilidade Social Corporativa, e que non se convertan en cómplices dun proxecto que destrúe a riqueza paisaxística do noso territorio, contamina o medio natural, destrúe as actividades económicas tradicionais e xera pobreza a medio e longo prazo". Unha das entidades bancarias, Credit Suisse, respondeu comprometéndose a analizar a información enviada. |
NOS_16103 | A dirección xeral de Relacións institucionais e parlamentares remite un escrito ao órgano electoral botándolle as culpas de que tal información transcendese aos medios, pois xa en San Caetano decidiran en período de alegacións e "con carácter inmediado" asumir "as pretensións da demandante". O recurso apelando á retirada da campaña institucional presentouno o BNG | Nos corredores de San Caetano non senta ben que a Xunta electoral faga o seu traballo. E así llo fixeron saber nun escrito remitido esta quinta feira que asina o director xeral de Relacións institucionais e parlamentares, Gonzalo Ordóñez, en que manifesta "sorpresa" pola resolución en que se estima un recurso do BNG --presentado pola directora da campaña electoral, Montse Prado-- contra a campaña publicitaria institucional 'A Galicia do futuro depende de nós', resolvendo a súa retirada en virtude do disposto na Instrución 2/2011, da Xunta electoral xeral. No documento, ao que tivo acceso este xornal, a formación conservadora quéixase de que o organismo resolvese igualmente o recurso de Prado --seguindo o procedemento habitual--, pois entenden que tal pronunciamento da Xunta electoral non cumpría ao asumiren na Xunta de Galiza "os desexos e pretensións da denunciante" e cesaren "con carácter inmediato" a campaña xa na fase de alegacións, 48 horas após presentar Prado a denuncia. Así as cousas, o goberno culpa a Xunta electoral "da prolixa información que aparece na prensa" en relación ao pronunciamento que obrigou á retirada da campaña, e de que "non se recolla exactamente o sucedido". Ao non tratarse dun recurso nin interferir este escrito no proceder habitual da Xunta electoral, esta decidiu arquivalo. Mais fontes consultadas advirten que a queixa, que chegou a ser cualificada de "impertinencia" durante a reunión do órgano electoral, si terá unha resposta. |
PRAZA_7995 | Alternativa e Bloque coinciden en reclamar que o presidente tome "decisións" e reclame a disolución da corporación compostelá | Máis bronca que explicacións. Despois de que o PP vetase, primeiro en Xunta de Portavoces e despois en pleno, que o xefe do Goberno galego comparecese no Parlamento para, como pedía o PSdeG, dar contas sobre os casos de presunta corrupción que afectan ao PP e, máis concretamente, sobre o Concello de Santiago, Alberto Núñez Feijóo víase este mércores forzado a responder a instancias de AGE e do BNG. Os voceiros de ambos grupos, Yolanda Díaz e Francisco Jorquera, pedíronlle contas ao presidente. Pero foron por explicacións e remataron sendo instados a explicarse, xa fose polas súas actuacións ante casos de supostas condutas irregulares, polas súas decisións en gobernos locais ou mesmo pola súa actitude durante os plenos da Cámara. O encargado de abrir fogo foi Jorquera. En dúas intervencións que suscitaron aplausos nos tres grupos da oposición, o nacionalista quixo saber "a que se refería" o presidente "cando dixo que o que pasa en Santiago non é normal". "Que tivese que dimitir o que era látego do botellón e foi sorprendido ebrio ao volante [Ángel Espadas]" e "agora está en prisión preventiva", "a dimisión de Conde Roa tras ser imputado por fraude a Facenda", "a dupla imputación do seu substituto na Alcaldía"... "O que está pasando non é normal" e que Feijóo o diga "é unha demostración da súa extraordinaria sagacidade", ironiza o nacionalista, se ben "a situación de Santiago non é para tomar a broma, por moito que roce o esperpento". Jorquera: "O que pasa en Santiago non é para tomar a broma aínda que roce o esperpento" Feijóo "ten que tomar medidas" e, ante a "alarma social" e a "ingobernabilidade" reinantes, na capital de Galicia só cabe a "disolución" da corporación municipal e a convocatoria de eleccións". Pero o Bloque non atopou explicacións na banda do presidente. Si atopou un recado dirixido ao PP de Santiago, "cada un é responsable do que fai" e "ten que responder ante a lei", xa sexa "concelleiro, alcalde, conselleiro ou presidente", e múltiples peticións de explicacións dirixidas, precisamente, ao Bloque. Jorquera, di Feijóo, debería "contestar que é o que fai o seu partido no Concello de Lugo" ou "o que fixo no Concello de Santiago", ou "en Ourense". Ademais, tanto "no Pokémon" como "no Campeón" están "o PSOE e o BNG, tamén". Bronca e marcha de Beiras "Vostede segue sendo o campión do escaqueo", reprochou Jorquera. Entre acusacións de "bipartitos na sombra" e de contratar con empresas agora investigadas, Feijóo ía subindo a temperatura da bancada da oposición, da que non acepta "leccións". Neste clima chegou a pregunta de AGE. "Unha pantasma percorre o PP, a corrupción", parafraseou Yolanda Díaz, en cuxa opinión só "rematar con este noxento espectáculo" só "depende" de Feijóo. Dicir "que non é normal é tanto como non dicir nada" e non dar respostas nin tomar decisións "convérteo en cómplice". "Demostre que cre na democracia e reclame a convocatoria de eleccións municipais en Compostela", retou. Pero, como o Bloque, Alternativa a pregunta de Alternativa tameń bateu e rebotou no muro presidencial. Yolanda Díaz insta a Feijóo a "rematar co noxento espectáculo" do Concello de Santiago "É unha boa reflexión o de respectar a democracia" e por iso, retrucou Feijóo, AGE debería "respectar as institucións" e non "salvagardarse na inmunidade parlamentaria para dicir que un partido é un niño de corruptos". Tamén ten que "respectar as sentenzas e non dicir que a Audiencia Nacional é un tribunal franquista", e "respectar as institucións e ao que fala no Parlamento no uso da palabra". Mentres, gábase, o seu goberno xa amosou as súas declaracións de patrimonio e, el mesmo, a declaración da Renda. "Gustaríame que respectase esta institución e respondese ás preguntas", insistiu Díaz, xa que "a corrupción é un roubo" que acontece mentres, só en Compostela, hai "5.000 persoas na pobreza extrema". Pero Feijóo, lamenta, segue na "súa particular versión do deixar facer, deixar pasar" que inspira o liberalismo económico". "Reitéronlle que estamos de acordo en extirpar calquera comportamento corrupto e eu pídolle que respecte as institucións". A enésima interpelación do presidente á oposición soliviantou aínda máis a bancada da oposición, con sonoras protestas de Xosé Manuel Beiras, que deu en abandonar o hemiciclo -"vou fumar un pitillo", ironizou-. "Marcha con Beiras!", clamou a deputada do PP Marta Rodríguez a quen protestaba dende os escanos de AGE. Mentres, Feijóo recomendáballe a Yolanda Díaz que non actúe con "dobre moral" porque cando participou no goberno de Ferrol "tiña máis asesores que diputados de Izquierda Unida na Cámara". Fin da sesión de control. Aplausos da bancada do PP. |
NOS_5950 | No barrio do Birloque, onde rexentaba unha panadería. A Policía busca a súa parella, presunto autor do feminicidio, e que ten antecedentes por violencia de xénero. | (En ampliación) Unha muller de 52 anos, M.M, foi asasinada presuntamente pola súa parella na Coruña. O seu corpo atopouno esta madrugada o seu fillo, segundo informaron fontes da Subdelegación do Goberno na Coruña. Os feitos producíronse na rúa Juan Darriba, no barrio coruñés do Birloque, precisaron fontes policiais, que explicaron que se tivo coñecemento dos feitos sobre as dúas da madrugada. Así o indicaron tamén desde a Subdelegación do Goberno, que precisaron que foi o fillo da muller quen se atopou o corpo da súa nai con feridas de arma branca. Ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, que se fixeron cargo da investigación, en concreto a Brigada da Policía Xudicial. As fontes consultadas manifestaron que o fillo confirmou que a súa nai e a súa parella, de 49 anos, tiveran unha forte discusión hai uns días. Polo momento, non hai ningún detido nun caso que se vincula con violencia machista. Segundo a Radio Galega, a parella presenta antecedentes por violencia machista en relación a outras 2 mulleres. É o primeiro feminicidio este ano na Galiza. O Concello da Coruña convocou esta quinta feira unha concentración, na praza de María Pita, ás 13:30 horas, en sinal de condena e rexeitamento pola asasinato. De por parte desde Marcha Mundial das Mulleres anúncianse concentracións para este sábado ás 20 horas en cidades e vilas da Galiza. |
NOS_25626 | O feminismo galego irrompeu neste século como um movimento emancipador, reivindicativo, com multi-pluralidade de coletivos e associaçons. Repasamos a sua história mais recente. | O resultado das eleiçons deste passado 12 de julho tenhem produzido muitas análises que intentam explicar como é que passou o que passou. O cesto leva muitos vimes e cada um do seu vimeiro, e nom ter em conta alguns destes vimes pode fazer-nos crer que nom os precisamos para o cesto, e ainda fica muito por tecer. As mobilizaçons feministas na Galiza tomárom um forte impulso a princípios deste século. Tiveram como base umha vanguarda que se vinha desenvolvendo numha intensa atividade tanto teórica como de acçom desde finais do século passado. Situar-se ativamente dentro de redes internacionais, e conseguir unha unidade de acçom para focaliza-lo num só movimento reivindicativo com multi-pluralidade de coletivos, associaçons, mulheres em organizaçons mistas, partidos políticos, sindicatos… fixo de efeito multiplicador. O feminismo galego conseguiu irromper neste século como um movimento emancipador e de massas disposto a plantar cara ao patriarcado em cada umha das suas manifestaçons. O feminismo académico na Galiza enraizou nas universidades e as suas produçons nom só enriqueceram o argumentário do movimento, mas também na criaçom de estruturas académicas que ficaram consolidadas no tempo. O feminismo institucional multiplicou experiéncias desde os enxertos no concelho de Vigo, a Secretaria Xeral do bipartito ou a rede de CIM ao longo da geografia galega. Definitivos fôram os liderados, entre outras, de Lidia Senra, Carme Adán e tantas activistas que figeram possível a visibilizaçom e a acumulaçom de forças ao redor dumha agenda feminista, em ámbitos onde a presença de mulheres era, ou moi minoritária ou inexistente. Todo este esforço coletivo desatou as multitudinárias mobilizaçons destes últimos 8 de março, também influídas, em parte, por dinámicas estatais que iam despertando a resposta feministas frente a ameaças de involuçom de direitos ou a realidade do feminicídio. Mesmo o Partido Popular de Núñez Feijoo, independentemente do que se assinava nos despachos, tinha e tem um discurso feminista no armário, e outro galeguista, para datas sinaladas e campanhas eleitorais, discursos que colisionam com outros do mesmo partido segundo a localizaçom geográfica. Discursos que ficam em cueiros quando a mobilizaçom feminista lhe tira a careta como o foi no caso do paritório de Verim. A divisom do BNG no ano 2012 facilitou umha remuda geracional e também mudou os liderados na organizaçom. Cumha ameaça de desapariçom acima, com críticas polo inadequado das suas estruturas e da mensagem para os novos ventos da nova política, as feministas que ficaram na organizaçom tiveram a oportunidade de colocar-se à frente do BNG e dar um golpe de leme à barca ameaçada ante os cantís da irreleváncia política. Estes cámbios nom se deram noutras organizaçons de reivindicaçom ou ámbito nacional galego, mesmo nas de nova criaçom, tampouco nos sindicatos, se excetuamos o caso do Sindicato Labrego Galego, nos médios de comunicaçom ou nas instituiçons nascidas para impulsar a nossa cultura. O BNG irrigou-se de valores e jeitos de fazer do feminismo, abrindo umha nova etapa no nacionalismo galego ao recolher toda a experiéncia acumulada polas suas militantes dentro do movimento. No discurso começaram a mostrar-se câmbios significativos. Galiza deixa de ser definitivamente a nai essencialista cheia de virtudes e entrega ilimitada, que quere ser redimida polos seus filhos; vai pouco a pouco deixando o seu rol de vítima, para passar a identificar-se como sujeito de direito, exercendo a reivindicaçom do direito à igualdade, mostrando-se nem mais nem menos que ninguém, só com a vontade de poder desenvolver-se em liberdade, tomar decisons e andar o próprio caminho, tal e como o feminismo denuncia que lhes é negado às mulheres neste sistema patriarcal, contra o que levam mais de 300 anos combatendo. Nas formas políticas a negociaçom passa a primeiro termo, como ferramenta para conseguir câmbios a curto e médio prazo. Umha negociaçom que precisa do diálogo, do reconhecimento de partes, da intermediaçom e a resoluçom de conflitos de jeito pacífico, tal e como tenhem que ir mudando os alicerces das relaçons humanas baixo o ditado feminista. A agenda política redata-se para melhorar a vida da gente, a economia necessária vai abrindo-se passo, nom sem resisténcias, frente ao produtivismo depredador. O público como garantia de trato em igualdade, o coidado da vida como eixo vertebrador de muitas políticas. Um câmbio de leme que projeta umha nova ideia de organizaçom política: umha ferramenta para garantir a vida, para garantir os coidados. É verdade que outras organizaçons políticas, com os seus liderados, contam com o achegamento de militantes feministas e no seu discurso mantenhem as reivindicaçons dos direitos das mulheres. Mas semelha que nom conseguem, vanguardas à parte, a identificaçom com muitas das mulheres que encheram as ruas do país a rebelar-se contra o feminicídio e a reivindicar a igualdade. Como em toda receita, o perigo nom é tanto a inovaçom como a percentagem exata dos ingredientes necessários. A confiança leva doses de humildade, autenticidade e familiaridade, todo marinado com a autoestima necessária, a própria e a que queres para quem queres. A confiança é querer-lhe bem à gente, é ser boa gente, e traduzir isso a formas e linguagem política vai ligada a um esforço transformador das organizaçons e dos própios liderados. O esforço de parte do povo galego que queria deixar atrás a época e maneiras de Feijoo e o Partido Popular foi insuficiente. Galiza, esgotada em muitos sentidos, tem que seguir a puxar para levar a termo o parto dumha nova realidade. Hai muitas perguntas coletivas que havemos de contestar nos próximos meses. Por exemplo, onde vam as 471.924 pessoas que desapareceram do censo eleitoral nestes últimos quatro anos? Estamos como sociedade em condiçons de garantir unha vida com seguridade e liberdade às mulheres e crianças? O modelo de residéncias assistenciais é o que queremos para a etapa final das nossas vidas? Como podemos parar a sangria de mocidade que vê na emigraçom um destino inquestionável ante a falta de oportunidades no próprio país? Temos o sistema sanitário que precisamos? Que percentagem do PIB galego devém da economia necessária? O nosso território ficará salvo para a vida das vindoiras geraçons? O esforço de parte do povo galego que queria deixar atrás a época e maneiras de Feijoo e o Partido Popular foi insuficiente. Galiza, esgotada em muitos sentidos, tem que seguir a puxar para levar a termo o parto dumha nova realidade. Estamos assistindo a um novo tempo político, que ainda nom tem o correspondente cambio na instituiçom mais importante da Galiza. Um novo tempo onde o povo galego poda abrir definitivamente as portas para desenvolver todas as suas potencialidades para garantir umha vida digna, com a seguridade que dá poder fazê-lo em liberdade e em igualdade. O feminismo leva achegando décadas para este câmbio, criando consciência, sementando a cultura do respeito, da liberdade, reclamando igualdade, demonstrando que nom é aceitável umha relaçom de submetimento, nem das mulheres nem dos povos. Prestar atençom à reacçom por quem se sinta ameaçado ante esta nova realidade fai parte consubstancial do acionar político de agora em adiante. O feminismo afronta umha onda reativa tanto a níveis políticos, judicias ou mesmo em debates internos como se estam a dar neste momento como consequéncia da aplicaçom das teorias Queer a projetos de leis com a sua implicaçom nos direitos de mulheres e da infáncia, que hai que afrontar com a agenda de direitos fundamentais como guia para nom perder-se nas aparéncias dos desejos que nom tenhem em conta, nem questionam as relaçons de poder e submissom que sustentam. Assim, a nova realidade na representaçom política, vai vir associada a umha reacçom, pois mais que nunca vai ser percebida como umha ameaça real, umha possibilidade de cambio. Compre acertar nas análises do que fizeram alcançar estes objetivos para nom errar no caminho e seguir teimando na direçom do navio, com a mam firme no leme, no feminismo e na defesa do país. Nom som todos os vimes, mas fam parte do cesto. |
NOS_16980 | O goberno español estuda unha outra fórmula para compensar as pensións onde non contabilizaría a suba do IVE ou da enerxía. | Compensar ou non as pensións. Esa é a dúbida que asolaga o goberno de Mariano Rajoy após presentar o pasado mes de setembro os Orzamentos Xerais do Estado para 2013. Malia que o ministro de Facenda aseguraba que o investimento sería maior, o certo é que a realidade económica non acompaña os intereses gobernamentais. Neste sentido, o executivo español estaría a meditar unha outra posibilidade contábel que lle permitise compensar as pensións –aínda que de maneira irreal-- e ao tempo aforrar 4 millóns de euros que se destinarían ao pagamento do déficit. O truco do goberno O Índice de Prezos do Consumo (IPC) é o indicador tradicionalmente empregado para determinar a evolución dos prezos para os bens e servizos de consumo adquiridos, permitíndonos analizar nun período de tempo determinado, a tendencia á alta ou á baixa dos custos aos que fan fronte os fogares. Así pois, este índice contempla o aumento dos impostos indirectos como o IVE . Porén, o INE introducía no seu informe mensual o cálculo dun outro indicador que, suprimindo o incremento da presión fiscal, calculase o suposto aumento dos custos de vida mais dun xeito que favoreza máis os intereses do executivo: o IPC a Impostos Constantes (IPC-IC). Esta nova fórmula elimina a suba do IVE, do custo enerxético ou o prezo que as persoas pensionistas pagan após a introdución do re-pagamento na compra de medicamentos. Se o IPC tradicional reflicte un aumento de 7 décimas no prezo dos bens e servizos entre os agosto e setembro (3,4%), o novo indicador sitúa o incremento nun 1,4% empregando un cálculo irreal. @s pensinistas galeg@s perderán 150 millóns de euros co novo cálculo Malia que nun comezo o ministro de Economía, Luis de Guindos, asegurase que este novo indicador non sería o empregado para calcular a compensación nas pensións, o secretario de Estado de Economía, Fernando Jiménez Latorre, afirmaba hai poucos días que o goberno liderado por Mariano Rajoy, estaría a o contemplar como unha posibilidade que, asemade, exixiría unha modificación da lei. Pensións aínda máis empobrecidas Se finalmente o executivo español decide introducir este engano no cálculo do IPC, a compensación das pensións non sería tal –malia que o goberno o presentase dese xeito. Na Galiza, cuxas pensións son as máis baixas do Estado español, o truco do goberno traduciríase en 150 millóns de euros menos para @s pensionistas que malia non o recoñecer o goberno español, si terán que facer fronte á suba do IVE e do prezo da luz, o gas e os medicamentos. |
NOS_45552 | A iniciativa musical Terra da fraternidade trae á capital galega grupos de música de tres continentes para salientar o carácter multicultural da cidade. Cinco días de concertos na praza da Quintana que servirán de apertura para as festas do Apóstolo. | Este proxecto musical, promovido polo Concello de Santiago de Compostela, nace co obxectivo de reivindicar esta cidade como terra de acollida de persoas e culturas de diversas orixes. Esta nova iniciativa celebrarase entre os días 14 e 18 de xullo. Durante estes cinco días, a Praza da Quintana acollerá concertos de grupos e músicos da nosa terrra como Habelas Hainas, The Lákazans ou Abe Rábade pero tamén de outros de orixe estranxeira como Selma Uamusse ou Pat Thomas & Kwashibu Area Band. Cada día poderase escoitar a un grupo estranxeiro seguido da súa contraparte galega. Terra da fraternidade ofrece así concertos dobres onde música autóctona e estranxeira se combinan nun só ser. Ao remate de cada conocerto, DJ Najle encargarase de poñer música a Verbena Globalbeat que terá lugar ao remate de cada concerto. O 18 de xullo, García DC & Nación Quilombo apresentarán o seu último proxecto como fin de festa. |
NOS_44516 | "Trátase dun vacile en toda regra", din os sindicatos sobre unha medida que a empresa tomou para intentar presionar ao persoal ante unha folga do lixo en Lugo que xa dura doce días. | A dirección de Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo en Lugo, non se presentou á reunión convocada co comité de folga e coa presenza do mediador nomeado polo Consello Galego de Relacións Laborais, Benigno Sánchez, para intentar negociar e abordar a situación dun conflito que xa dura 12 días. Segundo explicou, a empresa decidiu "non sentarse á mesa por incumprimentos dos traballadores nos servizos mínimos". Porén, Urbaser recoñeceu que acabará sentando na mesa ante a presión que está a recibir por mor da greve. Pola súa banda, o portavoz do comité de empresa, Julio Pacios, cualificou a medida da empresa como "un vacile en toda regra ao dereito a folga, aos traballadores, á cidadanía e ao Concello". |
NOS_5788 | A recomendación vai en contra da estratexia anunciada onte polo Goberno do Estado español, que preveía reservar o fármaco para a poboación de entre 18 e 55 anos e distribuír os de Pfizer e Moderna entre a cidadanía cun rango de idade superior. | O Grupo Consultivo Estratéxico de Expertas en Inmunización da Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de recomendar que as administracións dos distintos países vacinen da Covid-19 á súa poboación de máis de 65 anos co fármaco creado por AstraZeneca e a Universidade de Oxford. Esta proposta contraponse ao decidido polo Goberno do Estado español, que onte anunciaba que esta marca sería limitada para persoas de 18 a 55 anos. A comisión de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade decidira, durante a pasada semana, deixar as vacinas de AstraZeneca para persoas na franxa de idade entre os 18 e os 55 anos, sendo as de Pzifer e Moderna as que se empregarían para inmunizar contra o virus á xente máis maior. No entanto, a OMS non coincide nesa estratexia de España. No seu momento, estivo sobre a mesa esa posíbel limitación porque nos ensaios clínicos houbo pouca participación de 65 anos ou máis, se ben "poucos casos da Covid-19 tanto na vacina como no grupo de control" implican que "o intervalo de confianza na estimación da eficacia sexa moi amplo". Tendo en conta diversas variábeis estudadas, "a OMS recomenda o uso da vacina en persoas de 65 anos ou máis". Así, o fármaco podería ser administrado a partir dos 18 anos pero sen ningún outro límite de idade. Efectiva contra as distintas cepas Ademais, o organismo entende que o produto é válido contra todas as variantes do coronavirus con independencia de que en Sudáfrica se paralizase a administración da marca. Deféndea tamén a pesar de que algúns estudos indican que hai unha "lixeira redución" da eficacia contra a cepa británica. "Mesmo se hai variantes nun país, non hai motivos para non empregar a vacina de AstraZeneca para poder reducir a enfermidade grave entre a poboación", explicou o líder do grupo, Alejandro Cravioto. Con respecto ao parón en Sudáfrica, vincúlao a que o medicamento probouse en xente con síntomas leves do virus e non cos máis graves. Por outra parte, o comité deu o visto e prace a que as embarazadas e mulleres en plena lactancia tamén reciban as doses correspondentes, sempre que os riscos non superen aos beneficios e que estean en grupos de risco. |
NOS_22374 | Resgatamos unha entrevista que o xornalista Xan Carballa lle realizou en 2006 ao fotoxornalista galego Manuel López, recentemente falecido. A conversa viu a luz en A Nosa Terra. | "Na transición un xeneral de división díxonos que el consideraba os fotoxornalistas da época fotógrafos de guerra", lembra Manuel López (Boimorto, 1946), director da revista FOTO Profesional, que en 2007 cumpre vinte e cinco anos. Manuel López expuxo recentemente na Coruña unha antoloxía da súa obra de fotógrafo de prensa desde o lonxano 1966 dos seus inicios Vostede ten unha longa traxectoria no fotoxornalismo. Cal é a diferenza daqueles anos seus co que se fai hoxe? Ironizando, se daquela era dramático, hoxe é lamentábel. A situación cando eu empecei non era recomendábel, primaba o fotoxornalismo oficial pero tiven ocasión de colaborar desinteresadamente con experiencias como Teima en Galiza que procuraban rachar esa dinámica. Ningunha das épocas é ideal. No franquismo non é que non houbera unha prohibición de determinada fotografía, senón que era a realidade a que estaba prohibida. Iso nótase no que temos de memoria visual publicada. Falando con Josef Koudelka, que estivo nos anos do franquismo facendo fotos dun tema que lle gorentaba especialmente, o mundo dos ciganos e o flamenco, pregunteille sobre a realidade política que el vía e dicíame que non vía ningunha. Iso é un drama porque as ditaduras son tremendas: unhas borran a historia a base de retocadores e outras, como a que serviu o inefábel ministro Fraga, dedícanse a comprar os fotógrafos. Aos máis relevantes que había nos anos 60 mandounos contratar para facer carteis de turismo. Daquela había fotógrafos que comungaban co réxime, outros apolíticos como Francesc Catalá Roca e outros máis comprometidos, como algúns do grupo Afal de Almería, e outros que denominaría documentalistas, foron comprados desde Información e Turismo. É un tema que está por estudar. Na efervescencia de publicacións dos anos 70 e despois nos anos da Transición, si tivo un papel relevante o fotoxornalismo. Nas épocas duras de Arias Navarro e dos gobernos de Adolfo Suárez é cando os fotógrafos de prensa deciden apostar e saír á rúa. Gardo un recordo imborrábel porque foi cando deixei a Gaceta Ilustrada para marchar a Cuadernos para el diálogo, entre outras cousas por manifesta incompatibilidade con Ansón que chegou para dirixila despois da morte de Franco. Daquela eu publicara un libro, La España protestante ,onde cito un texto tremebundo do Ansón novo, do seu libro La hora de la monarquía, no que defendía a "ditadura nacional católica", e el foi comprando toda a edición para que non se coñecese... pero o meu exemplar non o comprou. O tránsito das fotos "autorizadas" ás fotos da realidade que estaba a pasar nas rúas non foi fácil. O oficio do fotoxornalista era de alto risco polo simple feito de estar no lugar dos acontecementos e levar unha cámara na man. Naquela época de Cuadernos fun tamén secretario xeral da asociación dos fotógrafos de prensa de Madrid e dediqueime a resgatalos das comisarías. Case era máis perseguido o que fotografaba que o que escribía. Tivemos que negociar co goberno militar de Madrid e o ministro de gobernación as condicións de traballo dos fotoxornalistas, e foi cando propuxeron utilizar un brazalete de identificación como mal menor. Un xeneral de división díxonos literalmente: "considéroos a vostedes auténticos corresponsais de guerra". Moitos dos camiños que tomou a transición decidíronse na rúa e o xornalista podía disimular a súa condición, pero o fotoxornalista tiña que levar a ferramenta de traballo na man e ademais tiña que estar no mesmo lugar da noticia. Caíanche paus de todos lados. Había límites para publicar, pode haber tesouros nos negativos de tantos fotógrafos que aínda non coñecemos? Pode haber, sen dúbida. Na exposición que fixen agora na Coruña decateime. Levo vinte e cinco anos adicados ao labor de editor da revista Foto e traballando con fotos doutros, pero despois de ter feita a selección das cen fotos que me pediu Xurxo Lobato dinme conta de que había moitas cousas que pagaba a pena resgatar. Naquel tempo a edición estaba fortemente condicionada por factores políticos pero tamén pola urxencia da edición dun medio de comunicación, que ademais, situándose na época, era máis lenta (revelado, positivado, fotomecánica,...). Tamén estaba a escolla que facía o fotógrafo segundo a súa forma de ver naquel momento, pero pasados vinte e cinco anos aquelas fotos son tamén documentos históricos que se ven doutra maneira. Hai cada vez más experiencias de fotógrafos que colocan nas súas webs persoais parte do seu arquivo histórico. É un fenómeno con futuro? Pode telo en canto haxa normalización. O fenómeno da web fotográfica terá futuro cando desemboque en publicacións impresas. Como era o panorama das revistas cando fundou FOTO Profesional de fotografía naquel tempo, desde a clásica Arte Fotográfico á máis vangardista Nueva Lente? En 1982 había un pequeno deserto se pensamos que unha revista ten que ser algo máis que un soporte publicitario da industria e un escaparate da concursística oficial. Nueva Lente, na que colaborei na última etapa, fora moi interesante pero estaba en devalo á altura que saimos nós. Arte Fotográfico era unha revista como había noutros países, que servía de trinque publicitario e da concursística fotográfica sen máis elementos críticos. Nueva Lente era máis de vangarda. Cando saímos nós, máis que proxecto definido sabía que non quería ser un bombardeador publicitario, intentar alfabetizar sobre a fotografía, pensar máis na idea que nos aparatos. Cando se encontran os fotoxornalistas a conversa xira moitas veces sobre cámaras máis que sobre fotos. A Ditadura deixou unha serie de situacións terríbeis no colectivo da prensa. Durante a época de Fraga fomentouse algo dramático para todos. De repente os fotógrafos de prensa eran o coletivo profesional que con menos formación chegaba antes a ter diñeiro, porque ían a unha recepción oficial, encargábanlle de paso unha chea de fotos e tiñan un pequeno negocio paralelo. En pleno esplendor do franquismo, os fotógrafos canto máis asépticos mellor estaban e ese enfrontamento acabou trasladándose ás redaccións. Vostede ten reflexionado en varias ocasións sobre o cambio na propia fotografía a partir da implantación masiva da tecnoloxía dixital. Non hai demasiado ruído? A fotografía cambia porque, afortunadamente, quítalle poder aos fotógrafos como xestores exclusivos da imaxe. É unha democratización cultural que axuda porque a xente sabe ler as fotos. Non se banalizou en exceso? Pois viva a banalización! Morre o Papa e na Praza de San Pedro os católicos están cunha man enxoitando as bágoas e na outra cos teléfonos móbiles en alto para facer a foto. Brincadeiras aparte, está ben esa democratización que falaba, pero hai un novo desafío para fotógrafos e sobretodo editores gráficos para ir promovendo unha profundización seria na linguaxe fotográfica. O banal fai democracia, porque se o pensas as ditaduras téñeno peor porque a comunicación é máis difícil de pexar con cancelas. Nos recintos militares dos Estados Unidos foi onde primeiro empezou a estar prohibido entrar con teléfonos móbiles con cámara. É o propio fotógrafo o editor gráfico? O editor gráfico e o fotógrafo están chamados a entenderse. O editor sabe mellor que ninguén valorar a imaxe e aporta a visión editorial, está mais de parte dos lectores, mentras o fotógrafo é o testigo ocular e o autor da información gráfica, o profesional que pon a súa mirada e tamén paixón naquelo que fotografía. Ambos profisionais necesítanse, do mesmo xeito que Nené necesita de Fernando Vázquez para marcar o gol nos "derbis". No "partido" entre o fotoxornalista e o editor nas redacións hai que animar conxuntamente os dous: a visión do fotógrafo… segundo a edición e a posta en páxina do editor. Cada vez estou mais convencido de que o exemplo a seguir é o traballo en equipo do mundodo cinema… Condición indispensábel é a non "invasión" do editor no campo do fotógrafo e viceversa. Ambas funcións son, deben ser igual de dignas, para exercer con independencia, ou mellor dito interdependencia. |
NOS_15996 | Piden á ministra de Defensa a retirada de símbolos franquistas das instalacións militares da Galiza | Dezaseis presos e presas políticas de Ferrol baixo a ditadura franquista remitiron unha carta á ministra de Defensa, Margarita Robles, na que mostran a súa preocupación polas últiomas manifestacións de altos mandos miliares e instan o Ministerio a que retire os símbolos franquistas que aínda perviven en instalacións da armada ferrolá. Na carta indican que "o propio ministerio de Defensa promociona ou permite a apoloxía, exaltación ou enaltecemento do franquismo. En Galiza permanecen hoxe 23 símbolos franquistas en instalacións que dependen de Defensa e 13 están en Ferrol". Esta carta ten, indican, total actualidade despois dos pronunciamentos ou manifestos de militares franquistas. "É moi preocupante, Sra. Ministra, a exaltación do ditador Franco en manifestos públicos de militares, cando algúns fixeron a súa carreira na democracia". As persoas asinantes sinalan que "xa é hora de que o Ministerio de Defensa acabe coa simboloxía franquista e a exaltación de golpistas e criminais. Se Defensa non actúa e mantén esta situación vergoñenta, non quedará outra saída que presentar unha denuncia no xulgado correspondente por incumprimento da Lei de Memoria Histórica de 2007". Asinantes: Fernando Miramontes Vázquez, Rafael Pillado Lista, Francisco Rodríguez Sánchez, Sari Alabau Albors, Vicente Couce Ferreira, Raúl Pillado Lista, Alfonso Tellado Sande, Antón Martínez Aneiros, Xosé Piñeiro Arnoso, Anxo Ferreiro Currás, Ignacio Fernández Toxo, Fina Varela Fontán, José María Freire Piñeiro, José Loureiro Fernández, Manuel Monge González e Ricardo Aneiros Sixto. |
NOS_47013 | Desde a súa chegada ao posto, en setembro de 2015, Milagros Otero estivo no albo das críticas de oposición, sindicatos e colectivos sociais que a acusan de ser "a valedora do PP". O trato de favor a unha irmá do portavoz parlamentar do PP é o último capítulo. | Milagros Otero, profesora de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago, tomou posesión do cargo de Valedora do Pobo a inicios de setembro de 2015. Era a aposta do PP para poñer fin á 'crise' aberta en 2012, cando dimitiu dese cargo Benigno López, cuxa defensa dos recortes e tesouradas da Xunta e a súa aposta mesmo en suspender a lei da dependencia xerou una forte contestación. O seu sucesor, o vicevaledor José Julio Fernández, estivo no cargo até nomear o Parlamento Milagros Otero como Valedora. Otero leva dous anos e medio no cargo e ao longo deste tempo foi moi cuestionada e criticada. O último episodio, estes días, coa consideración como probado por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de que Milagros Otero se inmiscuiu no proceso de designación como xefa do servizo de administración e persoal da institución dunha persoa coa que tiña relación e que, alén de máis, é irmá do portavoz parlamentar do PP, Pedro Puy. A oposición pide a súa dimisión. Demisión Non é a primeira vez que se pide a dimisión de Milagros Otero como Valedora. Nin a primeira vez que ela está no albo da polémica. Como cando protagonizou una 'batalla' co Concello de Santiago a raíz das persoas sen teito, con acusacións públicas e apertura de expedientes. Estes foron finalmente arquivados. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, chegou a falar de "animadversión" da Valerdora cara ao goberno local. En abril de 2017 Seis asociación de doentes e ONGs, entre elas SOS Sanidade Pública, pedían a demisión da Valedora por entender que antepuña os "intereses" do PP aos dereitos das e dos cidadáns. "As súas resolución son sempre a favor da administración do PP, criticaba o médico Xosé Dios. A petición tiña o apoio de institucións como o Concello de Santiago ou sindicatos como a CIG. Precisamente a CIG tamén se mostrou crítica con Milagros Otero. En maio do ano pasado a Federación de Ensino do sindicato nacionalista acusábaa de ser "a Valedora do PP" a raíz da súas resolución e actitude perante a formulación da queixa presentada sobre discriminación do galego na Lomce. Lingua galega En Outubro de 2017 A Mesa exixía a dimisión de Milagros Otero como Valedora polo seu "desprezo" perante a vulneración de dereitos lingüísticos. A organización acusou a Otero de "xustificar deturpacións de topónimos", o que viña a sumar á actuación da Valedora en situación como cando a una nena de 9 anos lle restaron puntos nunha redacción por empregar o termo 'Galiza'. Nota a pé: Por erro afirmábase na primeira redacción do texto que José Julio Fernández demitira como Valedor a dous meses de rematar o mandato, o que non é correcto pois permaneceu no cargo até que o Parlamento designou Milagros Otero. |
NOS_4488 | "É unha medida para poder dar estabilidade ao mercado deste produto e ás rendas dos produtores", sinala a eurodeputada nacionalista Ana Miranda | A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo acaba de aprobar o Regulamento da OCM do Sector dos Produtos da Pesca e da Acuicultura, o denominado Informe Stevenson, para o período 2014-2020, no que se recolle a proposta presentada polo BNG, vía emenda, de incluír o mexillón galego (mytilus spp.) como produto que pode ser subvencionable para evitar caídas no seu prezo. "Con esta inclusión as organizacións de produtores poderán recibir financiamento para almacenar mexillón en caso de producirse importantes descensos nos prezos de venda, e evitar así un deterioro das rendas", explica a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda. "É unha medida para poder dar estabilidade ao mercado deste produto e ás rendas dos produtores". O novo regulamento desta OCM tamén asume, -como solicitaba o BNG-, a inclusión específica da acuicultura extensiva, para diferenciala da acuicultura intensiva ou industrial, con característica "moi diferentes tanto en termos medioambientais como de xeración de emprego", salientou Miranda. Neste sentido, o informe Stevenson incorpora outra emenda da formación nacionalista pola que se propón promover os produtos de acuicultura sostible a través das denominacións de orixe protexidas "aproveitando a súa capacidade de certificación garantindo a calidade e sustentabilidade do produto, como é o caso do mexillón galego, o que supón unha vantaxe competitiva para o noso sector que non debemos desaproveitar e así se recolle no regulamento da OCM", argumenta a eurodeputada nacionalista. Claridade para o consumidor Igualmente, o regulamento da organización común de mercado para o sector da pesca e a acuicultura recolle a proposta do BNG para reforzar a transparencia ante o consumidor da procedencia dos produtos do mar, en particular aqueles que son de fácil confusión, de tal xeito que este coñeza en todo momento donde foi capturado o mexillón que consume, tanto en fresco como en conserva. "O regulamento da OCM inclúe a compatibilidade da normativa sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos alimenticios", salienta Miranda. |
NOS_57479 | Representantes de CIG, CUT, CNT e da Rede Feminista Galega analizan unha contorna social en que Galiza suma xa 265.600 persoas en situación de desemprego e en que é preciso rachar coa relación entre a reclamación de dereitos sociais e o traballo remunerado. Todo isto coa ollada posta no 1º de Maio | Coa ollada posta no Día do Internacionalismo Proletario, e nos feitos que deron lugar á festa por antonomasia da clase obreira --hai 126 anos, cinco anarquistas foron condenados á morte en Chicago polo 'delito' de reclamar unha xornada laboral de 8 horas, encadrada en facer valer a máxima oito horas para o traballo, oito horas para o sono e oito horas para a casa--, os sindicatos CIG, CNT e CUT comparten mesa coa Rede Feminista Galega e colocan nunha báscula imaxinaria a crise e os dereitos sociais para falar das catro patas da tesourada que puxo en xaque o pouco que quedaba do Estado do Benestar, laboral, sanitaria, educativa e do Código Penal. Desde a Rede engaden unha quinta pata: a reforma de xénero."Esta crise non ten nada que ver coa clase traballadora", comeza denunciando Renato Núñez, da CIG, criticando o vínculo estabelecido entre os recortes emprendidos desde a dereita española e a idea de que todas e todos "temos que arrimar o ombreiro", unha idea que vai callando entre os e as obreiras coma unha sorte de síndrome de Estocolmo até o punto de que nunha fábrica de 200 persoas e ante a ameaza de despedimentos evidentes "houbo quen achegou a proposta de recurtar os soldos para axudar á empresa". Tras agradecer que UGT e Comisiones Obreras refutasen tomar parte no debate --"se non veñen aquí falar coa xente é porque aínda lles queda algo de vergoña"--, Martín Paradelo fala en representación da CNT e salienta que as mal chamadas políticas de reaxuste emprendidas desde o Goberno español supoñen "un ataque directo que pretende acabar co acceso da clase obreira aos dereitos máis básicos". Alén disto, Paradelo entende que do que se trata é de "xogar coa ideoloxía do medo" reformando o Código Penal para amordazar as protestas, pese a que o Estado español posúe uns índices de conflitividade social baixos en relación a gravidade da situación social que se vive, con cinco millóns de persoas en situación de desemprego, desafiuzamentos, exclusión e millóns inxectados á banca.A oportunidade da criseDesde a Rede Feminista Galega, Mari Fidalgo lembra aos e ás presentes os anos que as mulleres vimos falando de crise, dunha crise produtiva e reprodutiva que foi zugando aos poucos o valor que se lle concedeu noutrora á economía dos coidados até deixala nun apéndice máis da condición biolóxica de nacer muller. "Agora si que hai crise! Agora que se ralentizou a acumulación de capital por parte das elites. Iso é prioritario fronte á concesión de dereitos sociais", ironiza Fidalgo. A incorporación das mulleres ao mercado de traballo --"éralles necesaria para aumentar a produción"-- veu acompañada do desmantelamento dos servizos públicos que deben dar resposta a esa necesidade de coidados "e toda esa carga de traballo volve ás mulleres, ás de aquí ou ás que veñen da beira Sur".En relación co anterior, desde a CUT, Brais González tamén presenta a crise coma unha oportunidade para repensarmos o modelo de vida que queremos. Alén disto, e ao estaren tamén en crise as ferramentas de defensa histórica da clase traballadora, "as centrais sindicais tamén se ven arrastradas á súa identidade inicial". Ao seu entender, o termo 'reaxuste' "non é un eufemismo, senón que dá idea de que son políticas pensadas, non improvisadas", políticas ás que non se lles chama 'reforma laboral' mais que "atacan medularmente as condicións de traballo", coma as adoptadas en relación co aborto, a Lei de Familia de Galiza, as medidas aplicadas aos sectores agrogandeiro e do mar ou a Lei de Estranxeiría, curiosamente denominada 'De dereitos e liberdades'. A equidade de xénero, á pata coxa"Esta crise é un ataque ao feminismo, que chega acompañada dunha reacción patriarcal que quere vernos ás mulleres voltarmos á casa". Mari Fidalgo explica que no movemento hai quen considera que ese retorno ao fogar "xa non é posíbel", polo que os recortes se traducirán na consolidación duns nichos laborais que xa están feminizados. "Eu teño serias dúbidas, porque con facetas coma a crise dos coidados o que vexo é, nin máis nin menos, unha expansión do feixismo. O tema da igualdade é tan insignificante para estes poderes que se limitan a derrubar o conquistado". Un exemplo que agarda a risa indignada das asistentes --mulleres, na súa maioría--: o Ministerio de Igualdade pasou a ser unha Secretaría e finalmente quedou nunha directora xeral a media xornada porque compatibiliza a atención ás mulleres coa prestada a outros colectivos en situación de exclusión social.Ademais desta crise que agocha unha reforma laboral onde só vemos a punta do iceberg, existe unha "reforma encuberta e moi sutil" do sistema sanitario en medidas coma o re-pago farmacéutico, apunta Brais González --CUT--. Con todo, "a máis preocupante das reformas é a penalización das formas de resposta, reservando para si o monopolio da violencia". "Limítase o dereito á folga, penalízase a desobediencia civil e non poderemos reclamar pola vía xudicial porque a atención xurídica haberá tamén que pagala e previamente reducíronnos xa os salarios. Son moi creativos", ironiza Renato Núñez, da CIG. Dereitos arrincadosA reforma laboral "non é patrimonio do PP", retoma Núñez desde a CIG, aínda que recoñece que a formación conservadora posúe "o mérito de eliminar a maior cantidade de dereitos no menor tempo posíbel". Voltando a vista atrás, a aquela fábrica en que se reclamaba unha xornada laboral de 8 horas, este sindicalista valora que "estas medidas lévannos a volver pelexar por ese mesmo dereito, e por outros moitos que tiñamos e que nos custou anos conseguir". Dereitos que, tal e como apunta Mari Fidalgo, "non foron concesións, fóronlles arrincados". Martín Paradelo --CNT-- ten unha explicación para o porqué dos recortes: "a Sanidade non existe para eles, porque teñen as súas clínicas privadas; a Educación tampouco existe, porque teñen as súas universidades privadas onde pagan polos seus títulos e é mellor que as fillas e fillos dos obreiros sexan parv@s; e a xubilación téñena garantida porque nunca van ao paro". Con este pano de fondo, nesta terza feira celébrase o 1º de Maio. Pese ás diferenzas nos matices, hai unha cuestión en que sindicalistas e feministas cadran: "Se nos prohiben facer folga... seguiremos facendo folga!"Nota: Este artigo foi elaborado a partir dos testemuños recollidos no debate que as catro organizacións citadas manteron no Restaurante Rúa, en Santiago de Compostela. |
NOS_49845 | O Consello da Xunta aprobou esta terza feira o orzamento para 2023, "o máis elevado da historia" da Galiza, en palabras do presidente galego, Alfonso Rueda: 12.620 millóns de euros. Unha cantidade, porén, que fica por baixo doutras contas aprobadas nestes anos por outros Gobernos galegos de actualizalas coa evolución do IPC. | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta terza feira que o Consello deu o visto e prace nunha reunión extraordinaria ao proxecto de Lei de orzamentos para 2023, "os orzamentos máis altos da historia da Galiza", que ascenden a 12.620 millóns de euros, superando mesmo en 21 millóns de euros o teito de gasto (12.599 millóns). Esa cifra de 12.620 millóns de euros para as contas de 2023 é a máis alta en números absolutos rexistrada para uns orzamentos. Mais ese dato non fai destes presupostos "os máis elevados da historia da Galiza", como os cualificaron nestas semanas en reiteradas ocasións desde o propio Executivo. A Fegamp ve "insuficientes" para os concellos os orzamentos da Xunta A cifra, por exemplo, fica por baixo das contas de 2009 aprobadas polo Goberno galego de PSdeG e BNG, que contemplaba 11.426 millóns de euros de orzamento para ese ano (e, ao igual que os números de Rueda, sen contemplar os gastos financeiros). Esta cifra, atendendo a suba do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) desde entón á actualidade —incremento de 28% na Galiza segundo o Instituto Nacional de Estatística, INE—, equivalería hoxe a 14.600 millóns de euros. 2.000 millóns de euros máis que as presentadas esta terza feira polo presidente. Impostos Os orzamentos da Xunta para 2023 supoñen incrementar en case 1.000 millóns a contía dos vixentes (+8,5%). Rueda resaltou que o gasto social sitúase en 9.368 millóns de euros, 709 máis que en 2022, e cifrou en 2.772 os millóns previstos para investimento, 217 máis. Ademais, recoñeceu que a Xunta deixará de recadar 128 millóns de euros polas rebaixas de impostos mais tanto o presidente como o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, que compareceu canda o presidente, evitaron en todo momento citar a rebaixa ás fortunas derivada da bonificación do Imposto de Patrimonio. Se ben ambos os dous defenderon o "carácter social" destes presupostos, o conselleiro rexeitou recuperar a Tarxeta Básica, que beneficiaba 75.000 persoas vulnerábeis. "Non é o momento de replicar esa medida", indicou Corgos a respecto de recuperar esa tarxeta. Os impostos sobre as rendas baixas e medias na Galiza superan os do Estado Gasto social O conselleiro de Facenda salientou que son os orzamentos de "máis gasto social da historia da Galiza", capítulo que ascende a 9.368 millóns de euros (709 millóns máis que no vixente exercicio) para sanidade, ensino, políticas sociais e emprego. En concreto, explicou que se reforzan un ano máis tanto o gasto social tradicional ("sanidade, educación e políticas sociais") como o gasto para o fomento do emprego. Así, anunciou, en 2023 destinaranse 4.967 millóns á sanidade pública, 2.795 millóns ao ensino público, 1.164 a políticas sociais e 443 millóns para o emprego. Desta forma, tres de cada catro euros do orzamento para 2023 irán destinados á sanidade, á educación, ás políticas sociais e ao emprego, concluíu Na súa intervención, Corgos anunciou que a Xunta prevé que a Galiza recupere a "principios do vindeiro ano" a riqueza prepandémica e avanzou que o desemprego caerá en 2023 até 10% e mesmo por baixo desa cifra no tramo final dese ano. Os orzamentos de 2023 inclúen cinco liñas "prioritarias" de actuación para o Goberno galego e que tanto Rueda como Corgos explicaron na súa comparecencia. A primeira liña ten como obxectivo o apoio ás familias e persoas máis vulnerábeis. Entre outras medidas, o Executivo sinala a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos ou os 4 millóns de euros para o bono social eléctrico. A segunda liña é a de aforro e eficiencia enerxética con actuacións que contribúan a ter vivendas e empresas máis eficientes e fontes de enerxía diversificadas. A terceira é a de "dinamización económica", onde sitúan os 30 millóns para apoiar 25.000 autónomas e autónomos con rendas medias e medias/baixas A loita contra o cambio climático é o cuarto obxectivo. Aquí inclúense 11,5 millóns de euros para actuacións contra a seca. Finalmente, a última liña de actuación é o fortalecemento dos servizos públicos. O Goberno contempla partidas ao respecto como os 33 millóns para o reforzamento da Atención Primaria. Os presupostos chegan mañá, día 20, á Cámara galega para iniciar o seu trámite parlamentar. A previsión do Executivo galego é que estean se aproben en decembro. Por outra parte, a CIG-Administración convoca unha concentración para mañá, día 20, diante da entrada principal do edificio administrativo da Xunta, contra unha Lei de orzamentos de Galiza para 2023, "que non garante nin suba salarial, nin recuperación de dereitos laborais". O BNG e o PSdeG ven "sombras" nas contas A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou esta terza feira que o grupo parlamentar presentará dúas emendas á vista dos primeiros números que se coñecen dos orzamentos para 2023, que irán encamiñadas a reverter o "pelotazo fiscal" e a dotar de 200 millóns de euros máis a Atención Primaria. Pontón ironizou con que o PP "presume de orzamentos históricos cando o único que teñen de histórico é o regalo fiscal de 34 millóns de euros a 7.700 millonarios en plena crise de prezos", unha cantidade que é maior, sinalou, que o incremento en Atención Primaria. Pola súa parte, o portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, atribúe a suba nas contas galegas "ao esforzo" do Estado mais non ve "melloras" nos servizos públicos. Álvarez considera que os 12.600 millóns de euros dos presupostos "non se van a aproveitar para mellorar" a Galiza. |
NOS_2917 | Representantes do BNG visitaron as instalacións da multinacional téxtil en Arteixo para pór en valor o seu "peso" no tecido económico galego. | A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou esta terza feira as instalacións de Inditex no municipio de Arteixo, onde destacou a "importancia" de contar na Galiza "cunha empresa referente a nivel mundial" como a multinacional téxtil. A líder nacionalista coñeceu a sede da compañía nunha visita guiada polo conselleiro delegado de Inditex, Óscar García Maceiras, e acompañada por membros da formación como o portavoz na Coruña, Francisco Jorquera; o responsábel local en Arteixo, Xurxo Couto; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, ou a deputada no Parlamento galego Mercedes Queixas. Alí, segundo explicaron desde o BNG, Ana Pontón salientou o "peso" no tecido económico galego de Inditex, empresa da que enxalzou a súa "capacidade de adaptarse aos novos retos que impón a globalización nun sector tan competitivo e fragmentado como o da moda, e todo sen renunciar ás súas orixes". Pontón intercambiou durante a visita "reflexións" sobre a sustentabilidade, a mobilidade das infraestruturas intermodais na loxística ou a formación dentro desta industria. Por último, a portavoz nacional subliñou o papel de Inditex como "referente" dun sector téxtil que ve necesario "seguir potenciando pola súa capacidade de xerar actividade económica e emprego" no país. |
NOS_41462 | Nove anos de traxectoria converten o festival de curtametraxes nun referente do audiovisual galego. O IX Festival de Cans comeza hoxe cun día dedicado @s veciñ@s e finalizará o 29 de maio coa proxección das gañadoras. | Os veciños e veciñas de Cans, como marca a tradición do festival, serán hoxe @s protagonistas da primeira xornada do IX Festival de Cans. O comezo oficial vai ser na rotonda da Adroza, onde @s veciñ@s van vestir o Can de Pedra coas súa mellores galas, poñeranlle un look elegante á altura do agroglamour do festival. Así mesmo, descubrirase un can xigante, de máis de catro metros, na Casa do Carreira, unha das emblemáticas salas do festival. Deseguido trasladaranse ao Baixo de Moncho onde dará comezo o Serán d@s Veciñ@s cunha nova sorpresa: Cans en pleno entoará unha canción que levan ensaiando meses. Ademais, terá lugar a presentación da revista oficial do festival, o CanZine, coa presenza dos seus artífices, Diego Giráldez e Amparo Rodríguez. Despois presentarase a revista de 20 anos de Tranvía. O Tranvía dixital, unha reedición da mítica revista porriñesa en versión dixital para a que contaremos coa presenza de Uxía; e proxectarase un avance do making of de Cans 2011, O ano que saímos na CNN, dirixido por Carla Rivera. Un dos momentos máis importantes da noite será a presentación do terceiro xurado da historia do festival composto exclusivamente por veciños e veciñas da parroquia. Nesta edición intégrano Francelina Marino, do barrio do Castillo, unha rosquilleira de toda a vida retirada, que ten 74 anos; Manuel Giráldez, coñecido como Manolo da Costa da Rocha, que vive no barrio da Adroza, ten 71 anos e é construtor xubilado; José Quintas, ao que lle din Quintas das Sequeiras porque é o barrio no que vive, é matachín de Frigolouro retirado e ten 68 anos; Rosa Rodríguez, do barrio da Graña, que aínda que é Rosa de nome, todos a coñecen como Concha do Lameiro, traballou toda a vida no campo e segue ao pé do canón con 64 anos; e Flora Soliño, popularmente Flora de Merando, que vive no barrio dos Eidos, ten 36 anos e traballa habitualmente como transportista na empresa familiar. Para rematar a noite os veciños e veciñas ofrecerán un animado peche de festas con actuación das Pandeireteiras de Cans, as Feiticeiras e as Voces das Rías Baixas. Un dos momentos máis importantes será a presentación do terceiro xurado da historia do festival composto por veciños e veciñas de Cans Tralas LucesCon anterioridade ao serán d@s veciñ@s proxectarase a longametraxe rematada dunha das Fillas de Cans, Sandra Sánchez, que estivo o ano pasado presentando o seu proxecto no festival. Tralas luces conta a viaxe de Lourdes, unha feiranta que percorre na súa caravana as estradas do norte de Estado español xunto coa súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas. O que hai anos era un soño hoxe afoga as esperanzas desta muller, sen que ninguén pareza decatarse. A directora Sandra Sánchez quería facer neste filme un retrato colectivo da vida dos feirantes, pero no camiño topou coa historia de Lourdes, tan dura e real, que acaparou a súa atención. Por este traballo vén de gañar tres premios Mestre Mateo á mellor dirección, mellor longametraxe documental e mellor montaxe e de pasar pola sección Zabaltegui do Festival de San Sebastián. EngurrasO xoves 24 o festival terá a súa primeira actividade matutina na sección Cans de Futuro, visitas guiadas para os colexios dos arredores, con proxeccións e coloquios deseñados especificamente para eles. Xa pola tarde a actividade trasládase ao Círculo Recreativo e Cultural do Porriño coa proxección do multipremiado filme de animación Engurras, baseado no cómic homónimo de Paco Roca (Premio Nacional de Banda Deseñada en 2008). Ao final haberá coloquio con Ángel de la Cruz, guionista do filme, e Manuel Cristóbal, produtor, que chegan a Cans logo de recoller 2 premios Goya (mellor longa de animación e mellor guión adaptado) e 4 Mestre Mateo (dirección artística, música orixinal, guión e longametraxe de animación). A continuación terá lugar a esperada estrea absoluta da última película de Héctor Carré, Personal movie. Como peche da xornada desenvolverase a Noite V Clips no Bar Tubulart, con 20 videoclips a concurso e presentada pola actriz Isabel Risco, que tamén formará parte do xurado, xunto co xornalista Iago Martínez, o actor e organizador de eventos musicais Santi Romay e Germán Coppini, o mítico cantante da primeira época de Siniestro Total, que logo lle puxo voz a Alfonso Pato. Ao rematar Coppini ofrecerá unha sesión Dj, unha faceta súa pouco coñecida, aínda que ten pinchado en locais de Madrid e foi dj residente da sala Calle 54. Pódese consultar toda a programación aquí. |
PRAZA_19395 | O MARCO acolle ata o verán Alén dos xéneros, unha exposición sobre as prácticas artísticas feministas. Trátase da primeira mostra que tenta ofrecer unha panorámica ampla sobre o tema ademais de, se cadra, unha das últimas oportunidades de ver neste museo vigués unha proposta coma esta, se o concello modifica o proxecto do MARCO tras a renuncia de Iñaki Martínez Antelo como director do mesmo. | Afirmar, e celebrar, que hai feminismos nas artes visuais en Galicia. Transcender o binarismo de xénero. Mostrar outros corpos, outras sexualidades e outras identidades, que sexan fluídas, plurais e variables. Son os obxectivos da exposición Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia, que acolle o MARCO ata o vindeiro 11 de xuño. Comisariada por Anxela Caramés e producida polo MARCO e o Auditorio de Galicia, a mostra tracexa, a través da escolma da obra de medio cento de artistas, un mapeado sobre feminismos e artes visuais no país. Falamos coa comisaria tras unha visita a Alén dos xéneros. Dixeches que querías facer unha exposición celebrativa, lúdica, entretida, ademais de política, reivindicativa. Un "si, hai feminismos en Galicia". Si, o enfoque segue a influencia do feminismo queer: a reivindicación a través do lúdico, da festa. Resulta evidente que o movemento feminista en Galicia é potente, mais esta non é unha exposición sobre a historia dos feminismos en Galicia. O que pretendía afirmar é: "si, hai feminismos nas artes visuais en Galicia". Tentei ser inclusiva, mais non están todas as que hai, dado que por cuestións espaciais resultaba imposible ampliar a selección de medio cento de artistas. "Resulta evidente que o movemento feminista en Galicia é potente, mais esta non é unha exposición sobre a historia dos feminismos en Galicia" Na exposición hai unha parte de documentación activista que serve para contextualizar as prácticas artísticas. Fundamentalmente seleccionei documentos que reflicten as loitas dos colectivos feministas durante os 70 e 80 que recollen temas fundamentais como o aborto, a sexualidade das mulleres, o divorcio, as agresións machistas, os dereitos das traballadoras…, xunto con algún material dos 90 e dos 2000 e tamén información relativa ás reivindicacións en defensa dos dereitos pola liberdade sexual a principios dos 80, así coma outras. "Buscaba amosar o uso da linguaxe artística como ferramenta política" Igualmente, incluímos material gráfico e audiovisual producido por colectivos queer, xa que buscaba amosar o uso da linguaxe artística como ferramenta política. Evidentemente, esta non é unha mostra sobre o movemento feminista en Galicia, que xa se ten feito con anterioridade, senón sobre feminismos e artes visuais. Polo tanto a documentación sobre os feminismos é complementaria á parte artística. Neste senso, é obvio que non poden estar todos os colectivos representados porque este non era o obxectivo de Alén dos xéneros, tanto por motivos espaciais -resultaría inabarcable-, como por criterio curatorial, é dicir, fundamentalmente interesábame resaltar as relacións entre creación artística e política. É a primeira exposición que tenta ofrecer unha panorámica sobre feminismos e artes visuais en Galicia… Non se fixera nunca unha exposición con esta formulación: os feminismos nas artes visuais en Galicia. Chus Martínez Domínguez e Xosé Manuel Lens organizaron 'Marxes e mapas. A creación do xénero en Galicia' no Auditorio de Galicia, unha exposición de mulleres artistas que non estaba centrada exclusivamente en propostas feministas. Tamén estivo 'A batalla dos xéneros' no CGAC, mais non era sobre feminismos en Galicia, senón sobre as artistas pioneiras do panorama internacional. Polo tanto, é a primeira vez que se fai unha exposición con este enfoque. Inicialmente podía parecer que non ía haber tanto, pero hai moita produción creativa feminista. "Tratei de facer un mapeado do estado da cuestión, unha posibilidade de xenealoxía" Tratei de facer un mapeado do estado da cuestión, unha posibilidade de xenealoxía, desde a miña visión como comisaria, claro. Tentei ser o máis inclusiva posible, como dixen e, tal como me comentou unha artista, resultei "democrática", porque poño artistas veteranas ao lado de artistas novas, artistas con estéticas moi diferentes e mesmo obras de con distintas formalizacións, colocadas todas ao mesmo nivel. A documentación está sobre todo no corredor que leva da parte na que está recollido o feminino/feminista á parte máis LGBTI. Como a conseguiches? Foi moi importante a documentación das revistas Andaina e A Festa da Palabra Silenciada, dúas publicacións moi importantes no movemento feminista que ademais de prestar atención á cultura, á literatura, a arte, ás artistas, teñen unha vocación estética. Nanina Santos, -que como historiadora que é conserva este material moi ben organizado-, de Andaina, compartiu con nós o arquivo desta revista, e a través dela chegamos ao material de Asociación Galega da Muller (AGM). Moito deste material xa o coñecía a raíz da organización das xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán en 2009, que foi cando se materializou o Contenedor de feminismos, un proxecto de arquivo móbil posto en marcha xunto con Uqui Permui e Carme Nogueira. O material sobre os primeiros colectivos gais de Galicia foi achegado polo activista Xosé Díaz, quen -para unha docu-acción do Contenedor de feminismos- axudáranos a rememorar a historia da primeira festa do Orgullo Gai en Galicia, celebrada no Parque de Castrelos de Vigo o 28 de xuño de 1981. Tamén incluímos material de Lerchas e de Mulheres Transgredindo a través da Rede Feminista Galega e contactamos con Nomepisesofreghao -colectivo no que estiven eu mesma-, con Maribolheras Precárias e coa Marcha Mundial das Mulleres, unha plataforma que é amalgama de moitos colectivos… Obviamente hai outros colectivos feministas que son igual de importantes en canto a súa labor activista e que non están na exposición ou que están menos presentes, posto que, insisto, o criterio foi a utilización da linguaxe artística como ferramenta política. Dicíalo antes: na exposición hai artistas de distintas xeracións. Obras de hai dez anos e outras acabadas de facer. De Chelo Matesanz, Mar Caldas ou Yolanda Herranz a artistas moi noviñas... Si, comparten espazo profesoras da Facultade de Belas Artes como as que citas e as súas alumnas. Un bo exemplo pode ser o de Yolanda Herranz. Ten un grupo de investigación na Facultade chamado ES2 que traballa sobre cuestións de xénero. De aí saíron Celeste Garrido, Sonia Tourón, Basilisa Fiestras, Laura Piñeiro e Carolina Cruz Guimarey. "Alguén comentoume que se nota que a exposición trata de ser obxectiva, facendo escollas máis alá de afectos e preferencias persoais" Alguén comentoume que se nota que a exposición trata de ser obxectiva, facendo escollas máis alá de afectos e preferencias persoais. Nesta investigación, froito de algo máis de dez anos traballando co tema dos feminismos na arte, hai moitas obras e artistas que xa coñecía, mais houbo tamén descubrimentos e novas achegas. Interesábame falar de varias cuestións fundamentais para os feminismos e o movemento LGBTQI, polo que organicei as obras por afinidades temáticas ou conceptuais e non por orde cronolóxica. Como se estrutura a exposición, nese sentido? Está dividida en tres bloques. O primeiro bloque, o máis amplo, está situado nas dúas salas simétricas do primeiro andar do MARCO. Nelas están as cuestións da identidade feminina en relación cos feminismos, é dicir, os temas clásicos da axenda feminista, como o corpo, os canons de beleza socialmente impostos, a sexualidade, a maternidade, o binarismo dos roles de xénero, a dicotomía entre espazo público e privado ou a militancia feminista, como poder verse no Contenedor de Feminismos, ou os traballos de Carolina Cruz Guimarey e Carme Nogueira a partir do Movemento de Liberación das Mulleres, ou os cadros de Marta Paz da serie maisquepublicanas. "No primeiro bloque están as cuestións da identidade feminina en relación cos feminismos" O segundo bloque fala sobre a subversión das identidades de xénero, dos corpos e das sexualidades desde unha perspectiva queer. A crítica dos códigos da sociedade heteronormativa, baseada nun ríxido binarismo masculino/feminino, heterosexual/ homosexual, etc. Trátase aquí de transcender esa dicotomía de roles de xénero. A iso responden obras como as do colectivo LSD -coa serie Es-cultura lesbiana-, varios proxectos sobre a sexualidade lésbica da asturiana Mónica Cabo, as fotografías da serie As Verónicas de Sara Sapetti -mulleres que tras ser maquilladas por drag queens parecen homes-, ou as propostas arredor dos implantes e as tecnoloxías de xénero a través das prácticas drag kings propostas nas obras dos colectivos Post-Op e O.R.G.I.A. "O segundo bloque fala sobre a subversión das identidades de xénero, dos corpos e das sexualidades desde unha perspectiva queer" Unha terceira parte céntrase na revisión das identidades masculinas. Así, por exemplo, a obra de David Catá, que se apropia das estéticas e técnicas normalmente asociadas ás mulleres e/ou ao feminismo: a performance, a costura e a intimidade. Así, na serie A flor de pel cose sobre a palma da man retratos de persoas importantes para el -os seus familiares, a súa moza, profesores da facultade…- Nas obras de Félix Fernández e Álex Mene translócese un discurso crítico co concepto de masculinidade entendido como unha identidade forte e viril, tal como foi construída desde a sociedade patriarcal. Por outra banda, o discurso homoerótico é claro na obra de Roberto González Fernández, que foi un pioneiro no Estado español á hora de visibilizar o colectivo gai, así como na serie Consumindo Xuventude de Salvador Cidrás, na que fala sobre a identidade masculina na adolescencia. "Unha terceira parte céntrase na revisión das identidades masculinas" É unha exposición de arte feita por mulleres e por homes. Homes coma David Catá, Xoán Anleo, Félix Fernández, Roberto González Fernández, Eduardo Fernández… Homes feministas ou cuxos discursos son feministas, aínda que eles se cadra non se definan así. No caso de Xoán Anleo, por exemplo, si que se define como feminista e na súa obra reflíctese moi ben este discurso feminista. O primeiro que se ve ao entrar na exposición son dúas obras súas, coma un pendón no que pode lerse: "Cuerpos desobedientes. Resistente. Mutante" e "Realidad reversible". Son pezas claramente inspiradas nas bandeiras usadas nas manifestacións. Outra peza súa que está na entrada da mostra é Index, un listado que recolle títulos de exposicións de arte contemporánea que o influíron, e entre as cales hai unha grande presenza da temática feminista e queer. Na obra de artistas novos como Julio Álvarez Bautista -que foi doctorando de Xosé Manuel Buxán Bran- e tamén en David Catá -afín a artistas que estiveran no grupo ES2 de Yolanda Herranz- chama a atención o uso performativo do corpo masculino espido que non é tan habitual como no caso das creadoras, tanto para falar de bullying homofóbico no Instituto, como para facer unha alegoría de cambio de fase vital na serie 'Cinzas' do segundo. "Por que mesturar o feminismo co movemento LGBTQI? Na miña opinión é fundamental falar destas sinerxías" Outros traballos teñen que ver coas identidades homosexuais. E iso lévanos a outra cuestión importante: Por que mesturar o feminismo co movemento LGBTQI? Na miña opinión é fundamental falar destas sinerxías. A orixe do problema é a mesma. Unha sociedade patriarcal e heteronormativa. Unha determinada -e machista- construción da "masculinidade" e da "feminidade"... Sen entrar nos debates que pode haber entre distintos feminismos, ou entre o queer e os feminismos..., ten todo o sentido. Para min o movemento LGBTI, o queer e o movemento feminista están moi ligados. Todos parten dunha perspectiva de xénero, aínda que poidan chegar a conclusións non sempre converxentes. Eu entendo os feminismos desde unha perspectiva ampla. Na miña tese doutoral -sobre exposicións feministas realizadas no Estado Español- establecín esa mesma división entre o feminino/feminista, a masculinidade e o queer. "Para min o movemento LGBTI, o queer e o movemento feminista están moi ligados. Todos parten dunha perspectiva de xénero" Mais haberá quen opine que non ten que haber homes nunha exposición de arte feminista, ou quen non entenda que se mesturen os feminismos e as loitas polas liberdades sexuais, ou a relación entre o feminismo e a revisión da masculinidade heteropatriarcal. Está bastante presente na mostra a acción de rúa. Luz Darriba, Ana Gil, Rita Rodríguez, Ana Gesto… É normal, xa que é un dos xeitos de expresión máis importantes para os feminismos. Cousa lóxica se queres levar o teu discurso ao espazo público. Si, certo. Se falas con feministas que facían accións a finais dos 70 e nos 80 dinche que elas facían o mesmo que despois se deu en chamar "performance". A performance era un xeito de expresión das reivindicacións feministas habitual en Europa e Estados Unidos nos anos 70 e 80. Como dicía Kate Millett, o persoal é político. O que acontece é que no contexto estatal español todo isto chegou máis tarde. "Se falas con feministas que facían accións a finais dos 70 e nos 80 dinche que elas facían o mesmo que despois se deu en chamar "performance" Na exposición quixen mesturar artistas que traballan coa performance, coma as que citas, con accións de rúa de colectivos activistas como as actividades reivindicativas do teatro feminista A Galiata durante os anos 80 en Compostela. Ou tamén algunhas das accións levadas a termo pola Marcha Mundial das Mulleres, como a campaña contra a imposición dos canons de beleza na que repartiron autocolantes con textos críticos en escaparates de comercios de roupa feminina. Na entrada da exposición destaca unha obra Yolanda Herranz bastante impactante. Un díptico no que pode lerse "Me hace falta besarte para empezar a quererte" e "Me hace falta pegarte para empezar a tenerte". Unha crítica tan directa da violencia de xénero pode molestar a algúns tanto ou máis que as obras sexualmente explícitas, ou homoeróticas… Pode ser, si. De feito a artista comentou que era a segunda vez que expoñía esta obra, e que a primeira -no 2007- xerara bastante polémica. A peza é forte, fala dunha maneira meridianamente clara de violencia machista, desa espiral premio-castigo ou do pégoche porque te quero. Todo o que podemos ver na exposición é político, no sentido de reivindicativo, mais esta obra é dunha denuncia brutal nese sentido, sen dúbida. "Todo o que podemos ver na exposición é político, no sentido de reivindicativo" Falabamos antes da performance en Europa e América. Boa parte das obras dialogan con artistas doutros países, cos feminismos doutros lugares, coa teoría feminista… Sería o caso, por exemplo, de Carolina Cruz Guimarey e Carme Nogueira en relación ao movemento feminista francés ou as homenaxes á pintora Lee Krasner. As teas con imaxes de mulleres anónimas que poden verse en Levons-nous de Carolina Cruz Guimarey nacen do himno utilizado polo Movemento francés de Liberación das Mulleres dos anos 70. Carme Nogueira traballa cun texto de Olympe de Gouges, escritora e política francesa, autora da Declaración dos dereitos da muller e da cidadanía en 1791. As referencias a Lee Krasner aparecen en dúas obras. E iso lévanos a outro tema importante na exposición, que é o rol das mulleres na arte. Lee Krasner foi unha expoñente do expresionismo abstracto cuxa obra foi minusvalorada por ser muller. Nun tempo no que un crítico de arte coma Clement Greenberg dicía que é que na action painting o chorreo de pintura simbolizaba unha exaculación masculina, entón unha muller pouco podía facer alí porque non tiña falo, que era o que parecía xustificar o xenio creador. "Sobre o rol das mulleres na arte hai varias obras na exposición" Sobre o rol das mulleres na arte hai varias obras na exposición. Destacan os xogos performativos de Sonia Tourón coa peana, erixíndose en suxeito activo e creador fronte ao rol submiso da musa. María Ruído, nun vídeo, fala ata que non pode facelo máis porque vai tapando a boca, como un xeito de aludir ás voces silenciadas das mulleres, negadas na arte e na historia. Arredor da erótica feminina e feminista móvense varias obras. O fanzine The Story Behind, ou as que citabamos antes, a serie Es-cultura Lesbiana de LSD ou as fotografías de Mónica Cabo... En The Story Behind, un proxecto editorial de María Ozámiz, cinco comisarias traballamos con outras cinco artistas arredor dese tema e as súas particularidades entre o espazo privado e público. É un fanzine inspirado na estética das revistas eróticas para mulleres. Na exposición están despregadas as propostas de Mónica Cabo e Carme Nogueira. O traballo de Gema López da serie Dereitos conecta con este mesmo tema. Nestas fotografías pintadas, catro corpos, que representan tipos de mulleres distintas, serven como vehículo para falar sobre o dereito ao pracer sexual a través das frases gravadas nos seus ventres. No seu autorretrato, simbolizado na zona xenital, vese unha clara alusión a A orixe do mundo de Courbet, aínda que neste caso é a propia artista a que se retrata, sen facer de modelo ou de musa. "No autorretrato de Gema López, simbolizado na zona xenital, vese unha clara alusión a A orixe do mundo de Courbet" Nas fotografías Entre tus labios, los míos, Mónica Cabo mostra un cadrado de látex que se utiliza para facer un cunnilingus de forma segura, coma prevención de enfermidades de transmisión sexual. Pola súa banda, a serie 'Es-cultura lesbiana' de LSD é un traballo moi coñecido de mediados dos 90 que alude ás relacións sexuais entre mulleres e ten a vontade de construír un imaxinario lésbico. A violencia de xénero está presente en varias obras. Falabamos antes da de Yolanda Herranz. Outras serían Chelo Matesanz, Ana Gesto, Neves Seara, Lara Bacelo... Hai varias pezas que falan sobre a violencia machista, como a foto-acción Ni una menos de Ana Gesto. Ou O que Lee Krasner podía ter feito… pero non fixo de Chelo Matesanz, falando da pintora á que faciamos referencia antes. O punto de partida é un anuncio real de colonia para homes que xustifica a violencia no ámbito doméstico, aludindo a mensaxe a que se che pega é porque te quere, entón tes que aturalo. Nos cadros os chorretóns de pintura vermella funcionan a xeito de sangue, en relación co action painting do expresionismo abstracto. "Hai varias pezas que falan sobre a violencia machista, como a foto-acción Ni una menos de Ana Gesto" Lara Bacelo fala dunha relación tóxica, aditiva, de sometemento, a partir de poemas mesturados con fotogramas da película The Addiction de Abel Ferrara. Noutro vídeo, Neves Seara xoga coa idea do amor romántico. "Me quiere, no me quiere", di mentres despeza un polo ata sacarlle o corazón. Por aí vai tamén o vídeo de Cristian Gradín no que se ve un rapaz triturando unha rosa, que tamén alude á sensibilidade e á fraxilidade fronte á violencia... Coas relacións de dominio e dependencia ten tamén que ver a foto-performance titulada Cautiverio, realizada por Mar Caldas a mediados dos 90. A artista vai sendo enganchada á parede a través de mechóns do seu cabelo, ata que finalmente é soltada cortando anacos do seu pelo. Carmen Llonín, en Intemperie, amosa unha muller espida, como nunha imaxe da crucifixión, nunha alegoría do sufrimento, da tortura, entendendo o corpo da muller como campo de batalla. As dúas integrantes do colectivo LAG convértense en mulleres-dianas para que a xente poida dispararlles con pistolas de auga na performance Branco fácil, realizada na rúa. Esta última obra ten que ver con outro tema, que é o corpo das mulleres no espazo público. Rita Rodríguez, por exemplo. Rita Rodríguez en Performance clásica á maneira tradicional revisita as performances dos 70 nas que as artistas espíanse en público nun xeito de dicir "o meu corpo é meu", e se quero ensínoo, dándolle a este feito o significado que eu quero. Un pouco como fan Femen agora. Rita fai unha performance na que vai quitando a roupa ata quedar cun disfraz de espida co que camiña pola rúa. En Kiss me envólvese en bolsas de lixo cun cartel que di bícame, deixando descuberta só a boca pintada de vermello, en ofrecemento provocador e subversivo. En Cosida a ti a artista cosíase a alguén e seguía a esa persoa durante un anaco, poñéndose á súa mercede por un tempo previamente acordado con ela. Tamén Carme Nogueira sae a rúa e toma o espazo público na súa obra. "Fóra da performance, que é máis efémera, apenas hai arte público feminista" Caídas, de Yolanda Herranz, conecta co espazo público e coa escultura monumental. É unha alegoría das mulleres caídas en todas as batallas. Son 37 pares de pes de distintos tamaños, metalizados en ouro, prata e bronce, que se sitúan na parte posterior da estatua que homenaxea os caídos na batalla de Ponte Sampaio, onde os pontevedreses venceron os franceses. É interesante, ademais, porque fóra da performance, que é máis efémera, apenas hai arte público feminista. O Contenedor de Feminismos, que reúne diferentes materiais feministas, era un xeito de levar o debate á rúa: xuntaba mulleres para conversar sobre temas concretos e recompilar e documentar as súas historias persoais e de loita política, entre o privado e o público. O matrimonio e o fogar é outro dos temas. Basilisa Fiestras, Sara Sapetti, Celeste Garrido… Nunha das pezas de Basilisa, as casas pesan sobre os ombros da chaqueta dunha muller. É a casa como espazo opresivo… Lembra ademais as pezas sobre a muller-casa de Louise Bourgeois. Celeste Garrido fai pezas nas que quere falar do matrimonio como un cárcere para as mulleres a través de vestidos de noiva que se converten en gaiola ou de traxes realizados con cordas que envolven e oprimen o corpo da muller, da mesma maneira que os zapatos de tacón elaborados con pétalos de rosa e espiñas aluden ás torturas femininas. "Sara Sapetti coloca ao lado dunhas imaxes de produtos de limpeza imaxes de dildos" Sara Sapetti coloca ao lado dunhas imaxes de produtos de limpeza imaxes de dildos. En realidade son dúas series que fixo por separado: Miss Proper e Os praceres de Lola, pero que finalmente xuntou pola súa potencia á hora de falar das dualidades do espazo doméstico. No refuxio de Mar Ramón, feito cun tendal, tamén se pode ver unha metáfora da casa como lugar perigoso ao tempo que seguro. Mery Pais fala da muller musulmá, do veo… Fai fotos de mulleres con veo. Dentro dunha caixa están as fotos das mesmas mulleres sen veo, pero só poden velas mulleres. Fai pensar no que se chamaron as distintas "vagas" do feminismo. Cando as mulleres doutras razas, outras relixións… reivindican o seu espazo dentro do feminismo. A muller musulmá é o leit-motiv da obra de Mary Pais. Ela sabe ben do que fala porque rematou a súa formación artística en Tetuán, onde viviu varios anos e puido empaparse da situación das mulleres no mundo árabe. Esta peza pode resultar polémica, mais ela fala desde o coñecemento íntimo das mulleres retratadas. Tamén hai algo sobre espazos alternativos de relacionamento de mulleres. Ou sobre matrilinaxes… Como a cabana vermella… Tamén a maternidade, problematizada. A cabana vermella, de Reme Remedios, ten máis que ver cos círculos de mulleres, a enerxía ancestral, os ritos, a autocuración e a espiritualidade. Un espazo para a conexión entre mulleres e a liberación dos traumas. Co ritual tamén ten relación a peza de Carmen Llonín sobre a angustia da muller do mariñeiro, que non sabe cando e como vai voltar, reflectida a través da espera á beira do mar, sentada nunha cadeira. Andrea Costas fala sobre a matrilinaxe, a sororidade entre mulleres, mais se cadra non conscientemente. Faino a través de retratos dela coa avoa. A homenaxe a mulleres importantes da historia está presente na obra de Marta Paz, nos retratos de mulleres republicanas como María Casares ou Maruja Mallo, entre outras. Rebeca Lar xoga, pola súa banda, coa idea das "bruxas contemporáneas" a través de 18 debuxos de mulleres coñecidas, estereotipadas como malas mulleres por seren escritoras, actrices, cantantes ou políticas; todas elas mulleres empoderadas e fortes, con presenza pública. Todo isto ten que ver coa reconciliación entre mulleres, fronte ao patriarcado, que tenta que rivalicen. A maternidade problematizada aparece nun vídeo de Xisela Franco no que a imaxe dela co seu bebé, a xeito de Madonna, aparece distorsionada, esluída, en alusión á maternidade como espazo de conflitos, fronte á idealización da figura da nai. Neves Seara en Que lindo pelo traballa de forma ritual cunha familiar súa que recuperou o seu bebé tras telo perdido porque llo quitaran os servizos sociais. Co binarismo, a dicotomía home/muller, -cada un cos seus roles de xénero ben diferenciados-, e a súa crítica desde a perspectiva queer -que a considera unha categorización arbitraria e opresiva- relaciónanse tamén unhas cantas obras. Desde a fotografía de Basilisa A gravata é o outro, na que co seu cabelo representa esa prenda que identificamos facilmente como símbolo do poder masculino, ata por exemplo a Serie Verde de O.R.G.I.A, que xoga cos estereotipos sobre o "macho" español do franquismo, con imaxes horteras e folclóricas. Ou o traballo de Post-Op sobre as tecnoloxías de xénero para conformar as identidades que entendemos como masculinas e femininas. Ou as ambiguas mulleres maquilladas por drag queens de Sara Sapetti, que acaban por parecer homes. Ou o traballo de Andrea Costas no que funde a súa imaxe con fragmentos de fotografías de homes importantes na súa vida, como o seu pai ou o seu mozo. O vídeo de Chica de la Coru de EDU (Eduardo Fernández), xoga coa linguaxe pop de internet e a estética youtuber, mesturando alta e baixa cultura para facer un alegado queer cheo de referencias teóricas. "Varias destas obras teñen relación co xénero como representación, como mascarada, como cosmética" Sabela Dopazo presenta unha muller con catro pernas e pelo no peito, e iso conecta co feminismo da terceira vaga: a hibridación, os suxeitos múltiples, o cyborg, a muller barbuda ou hirsuta. Varias destas obras teñen relación co xénero como representación, como mascarada, como cosmética. O traballo performativo de Moona, gravado en vídeo, presenta a estética trans: fala da androxinia e da angustia do proceso de reasignación de sexo, de home a muller, e despois, como muller, fai unha crítica á sexualización excesiva do seu corpo. Nesta liña, crítica coa obxectualización do corpo da muller e cuestionadora dos estereotipos de beleza, móvense tamén dúas obras pioneiras como son Ceñida, de Carme Nogueira, e Se você me abrir, não se esqueça de me fechar, da serie Guarda-roupa realizada por Mar Caldas nunha bolsa de residencia artística en Brasil. Félix Fernández fala tamén sobre a produción de corpos como mercadorías sexuais por parte da industria musical a través do seu alter ego Jëan Fixx en Materialización para a eternidade. E cos roles de xénero como construción social ten que ver Bioloxía é destino de Laura Piñeiro, un bastidor cunha tea negra que representa unha vaxina. Ese sexo chamado débil, da mesma artista, afonda nesta mesma idea. Ademais de conectar co feminismo, a crítica do binarismo ten que ver, claro, coa revisión da masculinidade construída polo patriarcado. Si, efectivamente. Neste sentido, María Marticorena parodia o cowboy americano na performance Silbando mis tormentos. Vicente Blanco olla os axentes de socialización: a escola e a familia que, xunto á igrexa, impoñen as normas sobre como debemos ser e comportarnos. Félix Fernández, magoado, viste unha camiseta que pon "sensible á beleza", aludindo a outro tipo de masculinidade que racha cos tópicos da virilidade. "A exposición trata de transcender ese binarismo de xénero que nos divide entre o masculino e o feminino" A exposición trata de transcender ese binarismo de xénero que nos divide entre o masculino e o feminino e busca mostrar outros corpos, outras sexualidades e outras identidades, que sexan fluídas, plurais e variables. |
PRAZA_5328 | Confirma oficialmente que a autorización ambiental segue vixente ata 2017 malia que o proxecto foi cancelado. Contradí o criterio do Valedor e coincide co da empresa e do Concello de Cabana, que din buscar socios para relanzar a explotación. | A Xunta vén de confirmar de maneira oficial que a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da mina a ceo aberto de Corcoesto segue vixente. Así o asegura nunha resposta escrita á pregunta formulada polo grupo parlamentario de AGE. "A DIA mantén a súa vixencia", di o director xeral de Relacións Institucionais, Gonzalo José Ordóñez, na contestación á que tivo acceso Praza e na que tamén asegura que a autorización "carece de efectos prácticos ao terse denegado a autorización substantiva de explotación mineira por razóns estritamente tecnico-económicas alleas ao ámbito ambiental". A autorización ambiental seguirá vixente ata finais de 2017, polo que unha empresa con solvencia financeira suficiente podería relanzar a mina Non obstante, tal e como advertían xa os colectivos contrarios ao proxecto mineiro e a oposición parlamentaria, a autorización deste trámite implica que a legalización ambiental da mina manteña a súa validez ata decembro de 2017, tempo no que a chegada dunha empresa con capacidade financeira abonda sería suficiente para relanzar o proxecto, tal e como advertiu tamén a empresa multinacional Edgewater e o propio Concello de Cabana de Bergantiños. A validez da DIA contrasta, ademais, co criterio do Valedor do Pobo, que nos seus inútiles intentos por conseguir que o Executivo aclarase a vixencia ou non da tramitación ambiental asegurara que o rexeitamento global da mina ten "como consecuencia que decaian todos os actos de trámite desta, entre eles a avaliación ambiental". O Alto Comisionado entendía hai medio ano que a autorización ambiental non podía seguir vixente ao estar vinculada unicamente a un proxecto que agora está cancelado, unha postura que reiterou a pasada semana no informe anual da institución. A DIA é o trámite imprescindible máis exixente que afronta unha empresa para iniciar a explotación dunha mina Os peores temores dos colectivos contrarios á mina a ceo aberto en Bergantiños cumpríronse. Malia a cancelación definitiva do proxecto anunciada hai menos dun mes, todos eles advertiron da posibilidade de que outra empresa -ou a mesma Edgewater no caso de conseguir a solvencia financeira requirida- teimasen na súa iniciativa. Para poder facelo, era imprescindible que a DIA -o trámite máis exixente e complicado nestes casos- seguise vixente durante os vindeiros tres anos. Tamén era necesaria unha lexislación axeitada a iniciativas coma esta, un enguedello legal que en Galicia favorece as minas a ceo aberto. De feito, o Plan Director da Rede Natura autoriza proxectos mineiros en zonas protexidas grazas ás excepcións avaladas en varias normativas da Xunta que "forman un 'puzzle' perfecto coa mesma intención", tal e como advertiu Salvemos Cabana. Edgewater xa advertira de que tiña a tramitación ambiental e de que busca un "socio estratéxico" para reiniciar o proxecto O alcalde e a empresa xa advertiran das súas intencións A propia Edgewater presumía no seu último comunicado de que "historicamente" gozou do "apoio e a aprobación" de todo tipo de administracións e lembraba que "logo de recentes consultas co Goberno", lles fora confirmado que a tramitación ambiental "ten validez durante cinco anos, ata decembro de 2017". Por iso, aseguraba estar xa en negociacións cun "socio estratéxico" -posiblemente unha empresa de construción civil-, que traería beneficios para a compañía e para os seus accionistas "e satisfaría os criterios impostos polo Goberno de Galicia para permitir o proxecto". Estes anuncios da multinacional mineira coinciden coas declaracións do alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíños, que aclarou nunha entrevista que había empresas dispostas a "ser o apoio económico" que permitise á multinacional arranxar os problemas financeiros que lle impediron contar co visto e prace da Xunta para o proxecto mineiro, tras anunciar que a paralización da mina tan só era "o punto de arranque para un novo proxecto". A Xunta deixa claro na súa resposta que as razóns da cancelación da mina son "estritamente técnico-económicas" e "alleas ao ámbito ambiental" Pero ademais, a contestación oficial da Xunta respecto da DIA, unha resposta que non foi quen de darlle ao Valedor do Pobo malia varios requirimentos, aclara tamén que as razóns da cancelación do proxecto son "estritamente técnico-económicas" e "alleas ao ámbito ambiental". Xa que logo, e tal e como advirten os colectivos contrarios á explotación, nin os elevados riscos para o medio natural e a economía da zona nin a elevada presión social da cidadanía parecen ter tido efecto sobre o Goberno galego, ao que a chegada do capital suficiente para relanzar o proxecto parécelle suficiente para teimar na ameaza. |
NOS_2948 | As persoas con discapacidade intelectual tamén teñen dereito á práctica deportiva. O movemento Special Olympics Galiza, dedicado a que se cumpra esta circunstancia, retomou estes días as actividades con moita precaución e os atrancos que a Covid-19 e os protocolos poñen no seu camiño. | Lonxe da competición profesional e máis perto da sociedade, o movemento internacional Special Olympics na Galiza tenta recuperar as actividades deportivas nun sector moi sensíbel, como o é o das persoas con discapacidade intelectual. Desde a súa activación no ano 2000, a asociación organiza e coordina as actividades deportivas, lúdicas e culturais de 29 entidades asociadas e 20 asociacións vinculadas. Está composta por 329 persoas físicas e o ano pasado fixeron parte das súas probas unhas 1.600 participantes diferentes, que nalgún caso quixeron repetir até sumar un total de 4.000 inscritas e inscritos. O seu programa deportivo é anual, desenvolvendo múltiples disciplinas que van desde fútbol sala, baloncesto, natación, maratón urbano até campo a través ou tenis de mesa, pasando por deportes minoritarios, todos eles adaptados sempre ás necesidades de cada persoa. A súa filosofía é que o deporte debe achegarse a cada atleta, e non o atleta ao deporte que practica. A maioría destas actividades deportivas organízanse en diferentes localidades galegas coas que manteñen acordos de colaboración e que desenvolven, periodicamente, unha vez ao mes. A última grande acción, que non competición como deixan claro sempre que se lles pregunta, foi o día 7 de marzo deste ano cando organizaron no recinto feiral de Vilagarcía de Arousa (Fexdega) a 220 deportistas con discapacidade intelectual nos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios Special Olympics Galiza. Logo viría o confinamento nos domicilios e uns meses de incerteza, que agora queren deixar atrás, mais con cautela. Actualmente, as actividades procuran unha menor participación para respectar os protocolos e facilitar o control das persoas que participan, así como dos seus acompañantes. Foi o caso da 8ª Marcha ciclista unificada que tivo lugar os días 1 e 2 de outubro nos municipios de Monforte de Lemos, Sober, Ferreira de Pantón e Baños de Molgas coa presenza de 29 ciclistas e 5 adestradoras e adestradores. Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galiza, ademais de responsábel da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga), considera moi importante que esta actividade deportiva continúe "con máis motivo nos lugares onde temos residentes". Salienta que despois do longo período de confinamento das persoas coas que traballan, "a estimulación que se lles crea fai que medre a súa autoestima". Confesa que asumen "algúns riscos" cando aplican os protocolos estabelecidos por non axustarse ás necesidades que teñen parte das e dos participantes nas actividades. "Temos que tomar algún tipo de decisión sobre este tema, mais hai que seguir potenciando a actividade física como se está a facer co resto da cidadanía", asegura a Nós Diario. Previsión de actividades no futuro inmediato As probas que cada ano organizaba esta entidade tiveron que ser adaptadas para minimizar os riscos de contaxio entre as e os participantes. "As modalidades de equipo xa teñen mudanzas", explica a Nós Diario a directora técnica de Special Olympics Galiza, Eunice Mosquera, "e pasarán a ser de destreza individual procurando manter o deporte que corresponda", engade. Potenciarán as andainas adaptadas a grupos de dez persoas, como as que teñen de protagonista o camiño de Santiago ou municipios como Baños de Molgas. "Tentaremos manter toda a actividade deportiva, como as estancias de fin de semana a través das asociacións, e sempre con grupos reducidos", asegura Mosquera. "A situación da pandemia da Covid-19 en cada concello limita moito e dificulta a organización, debido aos cambios diarios que hai na situación da pandemia", di Fernández. Un exemplo son as catro marchas ciclistas que tiñan programado realizar e das que só se desenvolveron dúas, por suspenderse as de Vilagarcía de Arousa e Compostela. Outro dos problemas cos que se atopa a entidade no intre de levar adiante as probas deportivas son "as limitacións que nos poñen para as persoas da terceira idade, que non podemos cumprir por non ser centros asistenciais". Un tema que xa se está a tratar coa Xunta da Galiza para que adapten os seus protocolos a estas actividades. |
NOS_3791 | A FGAMT-CIG realizou na mañá da sexta feira unha concentración no aeroporto Rosalía de Castro para denunciar "a vulneración de dereitos sindicais e lingüísticos tan básicos como o dereito á información, á representación sindical e ao emprego do noso idioma" por parte de Enaire, entidade dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e que conta cun centro de traballo no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro. | O representante da FGAMT-CIG, Inácio Pavón, puxo de manifesto no decurso da mobilización contra a discriminación do galego que sofren as traballadoras e traballadores de Enaire que "por denunciar situacións laborais graves as nosas representantes nesta empresa levan anos a sufrir represalias que son unha e outra vez desoídas pola dirección". Lembrou que no pasado, cando desde a CIG se solicitaba información, "contestábase con normalidade", mais "a raíz de denunciar a situación laboral, os responsábeis da empresa comezaron a indicar que tardarían máis en responder porque entregábamos as nosas solicitudes en galego". Esta situación motivou que o sindicato acudise á Inspección de Traballo, que emitiu unha acta que apoiaba o uso do galego como lingua cooficial e obrigaba a empresa a atendelos igualmente. Acusacións de acoso contra dúas traballadoras "No canto de atender as solicitudes da CIG, desde este pronunciamento da Inspección de Traballo a dirección de Enaire tomou directamente a decisión de non respostar os nosos escritos", afirma Pavón. "A única resposta é solicitar que llos traduzamos para poder contestalos. A situación chegou a tal punto que neste momento dúas delegadas da CIG teñen aberto un expediente onde se lles acusa, nada menos, que de acoso laboral ascendente", denuncia. Os escritos que reclamaba o sindicato versaban sobre cuestións como a limpeza e desinfeccións das instalacións ou sobre as quendas de traballo. O representante da FGAMT-CIG Compostela cuestiona "como pode ser que unha empresa gaste diñeiro público nun despacho de avogados privado para investigar traballadoras e non teña medios para atender unha solicitude por estar escrita en galego". Tamén alerta do feito de que unha empresa pública "incumpra abertamente as resolucións da Inspección de Traballo". A Mesa pola Normalización Lingüística critica Enaire Por outra banda, A Mesa pola Normalización Lingüística informou na mañá da sexta feira que a Inspección de Traballo vén de reprender Enaire por vulnerar o dereito dunha empregada a empregar a lingua galega no seu traballo. "Ao tratarse dunha relación laboral que se formalizou na Galiza, para a prestación de servizos nun centro de traballo situado na Galiza", explica o informe de Inspección, "a traballadora ten dereito a usar o galego nas súas comunicacións verbais ou escritas". Aínda que a empresa ten carácter estatal, ten situado o centro de traballo en Galiza e debe rexerse e acatar as normas sobre o uso de lingua, "con independencia de que a empresa decidise organizar a súa empresa centralizando o departamento de recursos humanos en Madrid". "Dita decisión organizativa empresarial", explica dito informe, "en ningún caso pode supor unha perda do dereito ao uso da lingua cooficial galega por parte da traballadora". |
NOS_15538 | O líder de ERC aposta por manter o actual sistema de inmersión lingüística. Considera que son compatíbeis inda que a lingua catalá "teña unha especial relevancia". | O presidente de ERC, Oriol Junqueras, defende que o castelán continúe como lingua oficial nunha futura Catalunya independente. Unha afirmación recollida en Revoltats –publicado pola editorial cooperativa Ara Llibres, 2015- un libro onde o xefe do partido republicano conversa co empresario da comunicación Justo Molinero, e que foi descuberta polo diario NacióDigital.cat. "Debemos garantir que a cidadanía que ten como lingua materna a española, poda dirixirse nela ante a administración e a xustiza", di Junqueras. Junqueras aposta por manter o actual sistema de inmersión lingüística. Afirmou que o proceso independentista debe servir para que a sociedade catalá gane dereitos. "Debemos garantir que a cidadanía que ten como lingua materna e de uso habitual a lingua española, poda dirixirse nela ante a administración e a xustiza", engadiu. O líder catalán asegurou que a oficialidade da lingua española é "compatíbel" co feito de que a lingua catalá "teña unha especial relevancia no ámbito da administración e da educación". |
PRAZA_14858 | A asociación Monte Pindo reclama esta protección para o espazo carnotán e lembra que dende 2002, cando se nomeou a Serra da Enciña da Lastra, a Xunta non volveu crear un parque natural. | 4 de abril de 2002. O daquela conselleiro de Medio Ambiente, José Carlos del Álamo, asina a declaración da Serra da Enciña da Lastra en Rubiá (Ourense) como novo parque natural. Foi a última vez que o Goberno galego asignou esta protección para un espazo no noso pais. Pasaron xa máis de dez anos e son varios os lugares en Galicia para os que se reclama esta figura. Un deles é o Monte Pindo e o seu entorno, en Carnota, para o que a asociación Monte Pindo vén tempo demandando a conversión en parque natural. En Galicia hai apenas un parque nacional (Illas Atlánticas) dos 14 cos que conta o Estado, o 7%. E hai só 6 parques naturais mentres que en toda España hai 127, o 4.7%. Son as Fragas do Eume (1991), Dunas de Corrubedo (1992), Baixa Limia-Serra do Xures (1993), Enciña da Lastra (2002), Invernadoiro (1997) e Monte Aloia (1978). A asociación Monte Pindo salienta que "neste tempo moitas cousas cambiaron" e que "tres presidentes pasaron pola Xunta e moitos máis conselleiros sen que ningunha outra zona de interese medioambiental da nosa xeografía fose atendida mediante o emprego da figura de protección máis coñecida e recoñecida das que existen, ademais de ser das poucas que obrigan a comprometer un orzamento anual". Critican a súa substitución por outra como é a Rede Natura 2000, que non supuxo "ningunha mellora fóra do papel". Critican a substitución desta figura pola Rede Natura 2000, que non supuxo "ningunha mellora fóra do papel" Citan o alcalde de Carnota, Ramón Noceda, que hai uns dias afirmou que "na Rede Natura os veciños non poden decidir nin opinar sobre o que se pode facer ou non nos espazos naturais" e salientaba que a declaración do Parque Natural "non suporá máis restriccións para os veciños senón ao contrario: permitirá consensuar entre todos os sectores os usos que debe ou non debe ter o Monte Pindo". A declaración do Parque Natural "non suporá máis restriccións para os veciños senón ao contrario: permitirá consensuar entre todos os sectores os usos que debe ou non debe ter o Monte Pindo" Carnota é o segundo concello costeiro galego con máis superficie protexida, cun 42% da superficie total do municipio. Pero segundo esta entidade "esta protección trouxo poucas ou ningunha vantaxe e si moitas trabas tanto para a administración local coma para os veciños á hora de sacar adiante proxectos e mesmo para continuar cos aproveitamentos que tradicionalmente se viñan desenvolvendo neses espazos". E reclaman a declaración do Monte Pindo como Parque Natural, pois esta figura "obriga a investimentos reais e a constituir órganos de diálogo e consulta con todas as partes, dando prioridade máxima tanto á sociedade civil coma ao tecido económico que deben ser os primeiros beneficiarios desa protección". |
NOS_27033 | A Fundaçom Artábria acolle o acto na quinta feira 6 de febreiro | Compromiso co rigor histórico e a lingua galega. Eses son os dous piares sobre os que se constrúe a revista Mazarelos, que leva xa máis dun ano funcionando na rede e o pasado outubro se decidiu a dar un salto ao papel. Esta quinta feira 6 de febreiro preséntase na Fundaçom Artábria de Ferrol ás 20 horas. Con preto de 20 persoas vencelladas a un proxecto que non deixa de medrar, Mazarelos teima en achegar o coñecemento histórico ao público xeral, procurando un equilibrio entre a divulgación e a calidade da información. A campaña de micromecenado, na que participaron 120 persoas, permitiulles que o primeiro número saíse do prelo en xaneiro deste ano. Compromiso co rigor histórico e a lingua galega. Eses son os dous piares sobre os que se constrúe a revista Mazarelos Após lograr este obxectivo, a acollida está a ser tan boa que os obrigou a encargar unha reedición, explica Roque Sanfiz, un dos promotores do proxecto, a Nós Diario. "A tirada total sería duns 250 exemplares", acrecenta. Ademais, o proxecto vai pasar a ter unha periodicidade cuadrimestral e xa ofrece dúas modalidade de subscrición (de 30 a 50 euros) para garantir o seu mantemento. A revista dálle voz a novos enfoques e correntes dentro dos estudos historiográficos. Temas como o papel das labregas nos conflitos da primeira metade do século XX, a represión cara á muller durante o primeiro franquismo" ou a "fronte interior" na comarca do Ribeiro son algúns dos capítulos que centran as reflexións deste grupo de estudantes. O segundo número está xa aberto ao envío de propostas. Ademais de repartirse ás subscritoras, a revista pode mercarse nas presentacións. Alén da de Ferrol e da que tivo lugar o pasado mes en Compostela, a Asociación Mazarelos pasará por Ribadavia (15 de febreiro) e A Coruña (5 de marzo). |
NOS_53086 | En Marea realizou na mañá do domingo un acto no Hotel Compostela (Santiago) que serviu para presentar os principais candidatos e candidatas da coligazón de Podemos, Anova e EU, entre outras formacións, ás eleccións xerais. | Os candidatos e candidatas de En Marea ao Congreso comprometéronse traballar por "derrotar" en Galiza o presidente do Goberno, Mariano Rajoy e, posteriormente, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tal e como salientou a número 2 pola Coruña e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz nun acto que tivo lugar na mañá do domingo en Compostela diante de decenas de militantes de Podemos, Anova e EU. A portavoz de AGE no Parlamento, que aludiu ás varias "mareas negras" que sufriron os galegos e galegas co Partido Popular, sinalou que En Marea concorre ás eleccións xerais para "cambialo todo, coa man tendida e con xenerosidade". Pola outra banda, Antón Gómez Reino, número 1 pola Coruña e dirixente galego de Podemos, tomou como exemplo as eleccións municipais, que fixeron posíbel "levar os desexos de transformación da cidadanía ás institucións". "O movemento das mareas foi fundamentais", afirmou, para cargar, a continuación, contra as "elites". Ademais, a cabeza de lista por Pontevedra, Alexandra Fernández aludiu á emigración e o número 1 por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, editor, escritor e colaborador de Sermos Galiza, erixiu a coligazón en "portavoz da xente común". Após o candidato por Lugo, tomou a palabra David Bruzos, cabeza de lista de En Marea por Ourense. |
NOS_38374 | 'En pé por Galiza. Soberanía. Democracia, Dereitos' é o lema co que a fronte nacionalista celebrará este Día da Patria, no que convoca unha manifestación que sairá ás doce da mañá da Alameda de Santiago. | Soberanía, democracia e dereitos. O BNG alicercará sobre estas tres demandas un Día da Patria que pretende que sexa unha "demostración de forza" do pobo galego na súa reafirmación como País. O secretario de Organización, Bieito Lobeira, e a deputada Montse Prado presentaron a campaña da fronte para este 25 de xullo esta sexta feira na Praza da Quintana, lugar onde finalizan as manifestacións nacionalistas do Día da Patria. Neste 2014 cúmprense res décadas desde que o BNG 'recuperou' esa Praza para o nacionalismo pois nos anos interiores orde das autoridades e actuacións da policía iprohibían ao BNG o acceso a ese espazo o 25 de xullo. Son, tamén, tres décadas da traída dos restos de Castelao desde Arxentina. "A soberanía é a mellor arma para calquera democracia" "Galiza e o pobo galego aspiran a estar no debate político como suxeitos e non como espectadores", manifestou Lobeira, que incidie na importancia de que "Galiza conte" e estea "presente" no debate aberto no Estado español. O secretario de Organización manifestou que este Día da Patria vai seguir a reivindicar o "dereito a decidir" como unha necesidade para poñer fin "á miseria, a emigración, desemprego, emprobrecemento...". Lobeira reiterou que a soberanía "é a mellor arma para calquera democracia" e "para rescatar dereitos". Campaña intensa A fronte nacionalista non centra o Día da Patria simplemente na manifestación (que partirá as 12:00 da Alameda), senón que virá precedida pola realización dunha trintena de diferentes actos de diversa índole. Tamén se procederá a repartir milleiros de bandeiras galegas para que a cidadanía as exhiba en xaneiras, balcóns...E, como novidade, facer o propio 25 de Xullo cos milleiros de persoas que asisten á manifestación a "máis grande e mellor bandeira galega". |
NOS_34860 | As asociacións de nais e pais dos CEIP de Cervantes, Samos, O Incio, Navia de Suarna, Doiras, Becerreá e As Nogais botáronse a andar este sábado para completar a primeira das etapas en que dividiron o Camiño francés en protesta polos recortes no ensino público, que provocarán nos centros do rural o retorno ás escolas unitarias do franquismo. Chegarán a Compostela o 12 de setembro, canda o arrincar do curso | Após crearen a plataforma Pola Defensa da Montaña, as familias dos CEIP de Cervantes, Samos, O Incio, Navia de Suarna, Doiras, Becerreá e As Nogais botáronse a andar para protestar pola eliminación de unidades escolares e de prazas de docentes que a Xunta de Galiza anunciou nestes centro a partir de setembro. Percorrerán a pé o camiño francés até Santiago, e farano por etapas. A primeira arrincou ao redor das nove menos cuarto da mañá deste sábado, e nela participan case cen persoas, entre nais, pais e persoal docente, ataviad@s cun lazo verde en defensa do ensino público. Unha das peregrinas é Vanesa. Aproveitamos unha parada na camiñata para falarmos con ela. Ao igual que en moitas outras escolas do rural, nestas sete o alumnado ficará agrupado en dúas unidades: primeiro e segundo por un lado, e terceiro, cuarto, quinto e sexto polo outro. "Un neno que aprende a multiplicar examinarase cun de sexto, e elimínannos un especialista de Infantil para termos un de Educación Física. É que os nosos nenos non son como os das cidades?". As drásticas medidas tomadas pola consellaría de Educación suporá un recorte en medios económicos e humanos que se traducirá, na práctica, nun retorno ás escolas unitarias do franquismo: nen@s con idades moi dispares convivirán na mesma aula. "Queremos facernos oír, porque xa abonda! Queren botarnos do rural e temos que impedírllelo", di Vanesa, nai dun alumno do CPI de Samos. Nais e pais exixen do Goberno galego que protexa o dereito das crianzas da montaña a recibiren unha educación de calidade, e neste empeño as ANPAS do Ribeiro, que se constituíron en plataforma, apoiarán a camiñata das familias lucenses. "Abriremos a convocatoria a todos os pais do rural de Galiza, para que inicien o camiño desde as catro provincias, cada cal a ruta que lles toque, e xuntarnos todos en Compostela". Tal e como nos contou Vanesa, farán cadrar a última etapa do Camiño, que une o Monte do Gozo e Compostela, co 12 de setembro, día en que inicia o novo curso escolar 2012-2013, onde se farán efectivos os recortes. Cadrando con tal data, convocarán unha concentración na capital do país para insistiren no seu rexeitamento á "discriminación" coa que o departamento de Jesús Vázquez está a gobernar respecto das escolas rurais. Entenden que @s nen@s de Infantil non recibirán a formación adaptada á súa idade "nunha etapa que é fundamental para a súa formación" porque non haberá docentes especializad@s; na Primaria "serán poucos mestres para tantos alumnos", polo que a atención brindada non será tampouco a requerida. |
NOS_19724 | "Nin Estado nin Xunta nos dan solución", advirten armadores e mariñeiros, que nesta sexta feira se manifestarán en Portosín. A escasa cota en anchoa vén se sumar ás mínimas en xurelo e xarda. | O peirao de Portosín será o escenario que acollerá esta sexta feira a partir das 11:00 horas a mobilización do sector do cerco de Galiza -máis de 125 barcos e un milleiros de mariñeiros- que volven ás rúas un ano depois das contundentes mobilizacións que protagonizaron na primavera de 2014. O motivo desta manifestación é o "reparto inxusto e prexucial" para a frota galega na pesca do bocarte na zona 'CiemIXa' (de Fisterra até Golfo de Cádiz), segundo a asociación Acerga, que representa os armadores do sector. Lamentan que tanto desde Xunta como desde o estado español "non se dean solucións" a unha asignación que reserva á frota galega apenas un raquítico 1,14% do total de pesca de bocarte. "É un insulto", define o sector galego. A maior parte da porcentaxe vai para Andalucía nun reparto que os cerqueiros cualifican de "sens entido" posto que a pesqueiría do bocarte é na actualidade "abundante". "E falamos dunha especie moi importente, pois é a viabilidade económica dos barcos do cerco". Esta discriminación ("e que son 6.000 kilos para 130 barcos!") ven engadirse, lembra o sector, ao "grave problema" do xurelo e a xarda, recursos dos cales a frora galega tamén ten asignada unha "escasa cota". A mobilización desta sexta feira supón a continuación da mobilización de días pasados no peirao do Berbés (Vigo). |
NOS_45147 | Comeza o mes coa entrada en vigor de dúas medidas do goberno Rajoy: A suba do IVE e a eliminación da tarxeta sanitaria para milleiros de estranxeiros | Setembro é, no calendario, un deses meses non precisaente amábeis á vista de moit@s polo que supón de volta ao traballo-escola-rotina e fin das vacacións. E neste ano, a entrada en vigor o día 1, hoxe sábado, de medidas aprobadas no seu momento polo goberno español fan que setembro se poña, coma o seu irmá xaneiro, máis costa arriba que nunca. O 1 de setembro entra en vigor a suba do IVE, que afecta a unha longa lista de servizos e produtos. Cálculos feitos nestas semanas por diferentes entidades e organismos cifran que ese incremento deste imposto vai supor que as familias galegas pagarán uns 600 euros máis ao ano. O IVE xeral pasa desde hoxe ao 21%, afectando así a eidos como o material escolar (que até o de agora tiña un 4%), servizos sanitarios, funerarios e de peiteado, cultura... (que estaban nun 8%) e auga, teléfono, produtos de hixiene persoal... (18% até este 1 de setembro). O tipo de IVE coñecido como reducido pasa a un 10%, dous puntos máis. Neste tramo enmárcase desde o transporte até reparacións de vivenda ou óculos e lentes de contacto, entre outros produtos e servizos. No que atinxe ao IVE superreducido, este mantense nun 4%, onde hai produtos de primeira necesidade (pan, fariña, legumes, ovos...). Mais produtos que antes estaban neste grupo, coo o material escolar, pasan ao IVE xeral,co 21%. Impacto moi negativo Colectivos de consuidores ou asociacións de pequenos comerciantes xa advertiron de que a suba do IVE vai ter un ipacto oi negativo nas economías familiares e nas pequenas e edianas empresas, alertando que moitas delas trán que pechar. Mesmo os técnicos do ministerio de Facenda veñen de indicar que o goberno español vai recadar moito menos do previsto con esta suba. Un exemplo está no poís veciño, Portugal, onde o incremento do IVE non implicou unha maior recadación polo estado, mais ben o contrario. Sanidade Alén do IVE, este 1 de setembro tamén está marcado pola entrada en vigor de varios eleentos da reforma sanitaria aprobada polo goberno do PP. Así, aqueles estranxeiros que non coticen á seguridade social ou ben non teñan permiso de residencia perderán a tarxeta sanitaria. Diarios españois como El Pais cifran en perto dun millón de tarxetas sanitarias de estranxeiros as que se eliminan desde o 1 de setembro. |
NOS_50567 | Xornalista do Diario de Pontevedra, Sara Vila, vén de proclamarse vencedora do V Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa novela Oito días sen Eva Cortes. Un galardón que outorga Galaxia coa colaboración do Ámbito Cultural de El Corte Inglés e do que a autora conversa con Nós Diario. | -En primeiro, lugar parabéns por este premio. Cóntenos que significado ten para vostede o recoñecemento por Oito días sen Eva Cortes. Este premio é para min moi importante e foi unha sorpresa, porque aínda que tiña feito algunha cousa no mundo da ficción, e escribir escribo todos os días porque traballo nun xornal, a ficción cústame máis ao non ter unha realidade á que amarrarme. Así que non enviei a novela ao premio moi convencida, pensaba que se cadra podía haber incoherencias, pero o xurado recoñeceu o meu traballo e iso é unha sorpresa moi, moi boa. -Son moi positivas as palabras que o xurado lle dedica á súa obra, á achega de tres voces narrativas, á complexidade das personaxes... Como foi que construíu a novela? Ao comezo, esta historia, na miña cabeza, era un relato curto, co mesmo argumento, unha xornalista que ten que cubrir o caso dunha rapaza desaparecida e para isto, desgrazadamente hai moitos casos nos que inspirarse. Despois a cousa foi medrando. A cuestión do ritmo, por exemplo, da que fala o xurado, parte de que estruturei a historia nunha semana, dunha segunda feira á segunda feira seguinte, e ese ritmo mai marcado polas xornadas de traballo e polas noticias que saen ao día seguinte cos avances no caso. Tamén combino a voz da xornalista, Antía Ubeira, as noticias que saen na prensa e que ela escribe, e achego o punto de vista dunha persoa implicada no caso, ademais do diario privado da rapaza desaparecida, Eva Cortes. Como digo, a cousa foi medrando e, ao ter unha semana enteira, dediquei cada capítulo a un día e o relato foise facendo novela. -Como xornalista trata o sensacionalismo mediático e mais a estratificación nas redaccións. O xornalismo é unha profesión na que hai moita precariedade, na que se abusa da ilusión do principio, e ademais as mulleres, como en todo lugar, levamos a peor parte. Sobre o sensacionalismo, a raíz deste tipo de casos as xornalistas temos que facer autocrítica, xa non só polos clixés machistas nos que podemos caer senón tamén polo puro morbo. Estas historias son carne de conversa televisiva onde a vítima, ademais de desaparecer de forma involuntaria e moitas veces perder a vida... perde tamén o dereito ao anonimato, á propia intimidade. Todo iso está reflectido na novela, nas situacións nas que se ve a xornalista que a protagoniza, as súas dúbidas sobre se está a ser sensacionalista ou non... Algo que coido que nos pasa a todas as que tratamos de facelo ben. -Como pensa que podemos evitar caer nese morbo?É moi importante escoitar porque, ás veces, miramos demasiado o noso embigo e non podemos ser alleas ás recomendacións que nos fan desde colectivos ou movementos sociais, máis familiarizados co tratamento de certo tipo de casos, como a violencia machista. É moi importante iso, perder un pouco dese ego que se nos atribúe ás xornalistas e que moitas veces é certo, debemos saber que non imos ter a razón en todo e que non nos podemos amparar nese dereito que temos a dar información se tamén achegamos o noso punto de vista ou pomos unha venda nos ollos. -Galaxia explica que a obra "repasa asuntos que atravesan a todas as mulleres". Como achega esa perspectiva do feminino e mais do feminismo?Parto da base de que son unha muller e considérome feminista, por tanto é inherente a min ter esa visión e entender a vida dunha muller desde a súa postura socialmente subordinada con respecto do home e iso vese tamén na novela. Para min as dúas protagonistas, a xornalista e a rapaza desaparecida, Antía e Eva, son dúas mulleres que o que fan é simplemente buscar o seu lugar no mundo, o modo de seren felices, o seu refuxio, o seu lugar. O problema chega porque nós, as mulleres, cando tentamos atopar o noso oco no mundo tropezamos no camiño con moitos máis problemas e moitas máis dificultades que os homes. Todo iso está na obra, desde unha muller que desexa ser nai e non é capaz e que chega ao punto de cuestionarse se realmente o quere ou se é unha imposición social, até o medo a saír á rúa cando na túa cidade desapareceu unha rapaza, que poderiamos ser calquera de nós. -O xornalismo déixalle tempo para outros proxectos?Isto púideno facer polo confinamento, porque estivemos fechados durante varios meses... Os xornais tiveron que aplicar ERTE... e iso deixoume tempo. No meu día a día non sei se sería quen de coller o fío dunha novela, comezala e rematala. "Prosa sólida e magnífico ritmo" O xurado do V Premio Illa Nova de Narrativa destacou da obra de Sara Vila, Oito días sen Eva Cortes, "a súa prosa sólida e o magnífico control do ritmo desde o inicio", ademais de valorar o tratamento de temas como o sensacionalismo nunha historia de desaparición que semella "que se resolverá en cuestión de horas porque todo apunta a que a rapaza tivo unha festa de fin de semana demasiado longa". Mais o caso prolóngase e a xornalista que segue o tema, Antía Ubeira, cada vez implícase máis. "Ao principio ten certa desidia pero no fondo non é unha mala xornalista", explica Sara Vila, "senón que simplemente está cansa, frustrada..." . Oito días sen Eva Cortes tamén achega a perspectiva "dunha implicada no caso e no relato vai aparecendo como os medios de comunicación tratan o caso, desde prexuízos xenófobos, machistas...", recalca. |
PRAZA_9869 | A narración discorre basicamente na Coruña, onde vive o escritor, e ao longo da trama aparecen lugares moi significados e reconocibles desta cidade; hai tamén unha viaxe iniciática ao faro do fin do mundo, suceso de gran transcendencia na trama novelesca. | O escritor Fernando Ontañón (Santander, 1972) presenta nos próximos días o seu cuarto libro de narrativa. "Mi vida en otra parte" (Ed. Bala Perdida, 2019) é o título desta novela que o consagra como unha figura esencial entre os narradores da súa xeración. Trátase dunha novela curta que, baixo a súa aparente levedade esconde unha enorme forza emotiva e unha profundidade reflexiva pouco habitual na literatura actual.A narración discorre basicamente na Coruña, onde vive o escritor, e ao longo da trama aparecen lugares moi significados e reconocibles desta cidade; hai tamén unha viaxe iniciática ao faro do fin do mundo, suceso de gran transcendencia na trama novelesca. O relato ten unha protagonista feminina, Antía, da que imos coñecendo detalles da súa existencia en dúas etapas fundamentais da súa vida: na sua adolescencia, marcada polo acoso e o maltrato escolar e polos seus inicios no amor e o sexo, e na súa madurez cando, logo de moitos anos ausente (Madrid, Nova York) e convertida nunha escritora de éxito, regresa á súa cidade natal para recibir unha homenaxe e para reencontrarse cos seus demos interiores e cos personaxes que marcaron o seu tránsito á idade adulta.A primeira etapa preséntase de forma máis narrativa, cunha enorme verosimilitude. Hai escenas de bullying que se visualizan cunha tremenda violencia, momentos intensos de iniciación ao sexo e á vida, e diálogos ben trenzados, moi cinematográficos (a ver si alguén se decata de que aquí dentro hai unha boa película). A etapa de madurez é máis analítica; a protagonista recorda e reflexiona, en primeira persoa, sobre as peripecias da súa vida, sobre os azares que trenzaron o seu destino ata convertela na persoa que agora é, un ser adulto que aínda non foi capaz de vencer os temores e frustracións dos seus anos de formación.É un texto moi literario no que se percibe o alento dos escritores que o autor admira e ama, pero en ningún momento cae na pedantería. O texto está moi traballado, hai párrafos de gran intensidade literaria, metáforas sorprendentes e certeiras, frases contundentes como puñetazos. As referencias e as citas aparecen no relato de forma natural e non impostada. Os poemas dos escritores Manuel Vilas e Julio Llamazares, polos que Ontañón sente especial reverencia, forman parte importante da historia; Vilas aparece ata como personaxe nunha memorable escena da novela. Tamén a música está moi presente, como en todas as obras deste autor. Neste caso son as cancións de Lou Reed, e as súas letras, as que acompañan aos personaxes desde o principio ata o final da novela.A vida, nos seus inicios, preséntase ante todos nós como un territorio de múltiples posibilidades, unha senda con numerosas bifurcaciones. Imos elixindo, ou o azar vainos levando e, cando chega o tempo de resumir, dámosnos conta de todo o que puido ser e non foi, dos acertos e os erros, das decisións e as renuncias que marcan o noso destino, das cicatrices que acumulamos ao longo do camiño. Sobre isto reflexiona a protagonista na súa idade madura, sobre o sentido da vida, sobre o amor e a amizade, sobre o valor do éxito e o fracaso ("o fracaso non existe" di Manuel Vilas). A novela sobrevoa a súa aparente facilidade e convértese nun texto profundo e suxerente, emotivo, conmovedor. Esta novela confirma a Fernando Ontañón como un excelente narrador. A súa lectura non defraudará a ninguén. Non podo predecir si será un éxito de vendas (así o desexo) pero os seus seguidores quedamos, xa, á espera da súa próxima entrega narrativa. "Mi vida en otra parte" sae á venda o 10 de abril. O autor presentará a novela o vindeiro venres 12 de abril, ás 19.30 horas, na librería Berbiriana da Coruña (Rúa Santiago, 7. Porta Real). E en Santiago o venres 26 de abril, ás 19.30 horas, na librería Cronopios (Rúa de Alfredo Brañas, 24). |
NOS_15798 | No concello de Ourense preséntase a candidatura de Unidas Podemos-Esquerda Unida ás eleccións municipais. A lista encabézaa David Alvarado Roales, politólogo, consultor internacional e xornalista. Este ourensán nado en 1978 formouse na Galiza e viviu en Rabat entre 2003 e 2018, onde compaxinou as súas tarefas académicas e de investigación coa actividade informativa. Responde este cuestionario vía correo electrónico. | Que supuxeron estes catro anos para o seu concello? Estes catro últimos anos de xestión do PP á fronte do Concello de Ourense non achegaron absolutamente nada con respecto a todos os anos anteriores. Foi unha lexislatura perdida, na que non cesaron de presentarnos Ourense como unha aldea grande, lastrada por mil e un hándicaps, imposibilitada no seu porvir, onde os responsábeis á fronte do goberno foron incapaces, mediocres e faltos de imaxinación. Non fixeron outra cousa que aplicar políticas paliativas para prolongar a agonía e adiar a anunciada morte da nosa cidade. O partido baltarista preséntase declinado en dúas forzas, a saber, PP e Cidadáns O partido baltarista, que con vistas ás próximas eleccións se presenta declinado en dúas forzas, a saber, PP e Cidadáns; non cesou de amosarnos unha cidade á que lle custaba mirar cara ao futuro, estancada, incapaz de avanzar, que deixaba escapar a súa mocidade, cuxo único destino é o de ser carne de emigración, deixando en evidencia o pouco que lle importa Ourense e os ourensáns. Só lle importan por clientelismo e caciquismo para manter o seu poder, os seus privilexios, os seus casaríos e "chiringuitos". Como valora o traballo desenvolvido pola alcaldía? Un dos grandes dilemas das ourensás e ourensáns é dirimir onde empeza a alcaldía e onde termina o poder da Deputación. Se por algo brillou o aínda alcalde, Xesús Vázquez, é pola súa insignificancia fronte os auténticos poderes do seu partido na provincia, que son os que realmente moven os fíos. Doutra banda, o PP non é un partido da xente, é un partido lastrado, hipotecado e ao servizo de intereses privados, polo tanto incapaz de facer fronte ás eléctricas, á banca, aos fondos voitre, aos grandes promotores inmobiliarios… esquecéndose facilmente dos intereses comúns das veciñas e veciños, aos que realmente se deben e que son quen os puxeron aí no seu momento. Un dos grandes dilemas das ourensás e ourensáns é dirimir onde empeza a alcaldía e onde termina o poder da Deputación Tras manter ducias de encontros e conversas con colectivos, asociacións profesionais e diferentes actores da cidade, a única conclusión á que podemos chegar é que o alcalde e o seu equipo non estiveron á altura das súas responsabilidades, xa fose por desleixo ou incapacidade, ou mesmo por salvagardar os intereses diante dos que realmente renden contas; deixando sen atender o groso de urxencias e necesidades da cidade. Máis aló de multiplicar as fotografías, posts nas redes sociais e aparicións en actos lúdico-festivo-gastronómicos, axeitadamente difundidas polos estómagos agradecidos dos medios de comunicación ao seu servizo, a deserción do alcalde e do seu equipo das súas responsabilidades é un feito sen paliativos. E o traballo realizado polo seu partido? Nas eleccións municipais de 2015 Podemos decidiu non presentarse e por iso non tivo representación no Concello de Ourense. Neste senso, non temos ningunha bagaxe no seo desta institución e a nosa andadura empeza o vindeiro 26 de maio. Á luz desta pasada lexislatura e das recentes evolucións resulta imprescindíbel a nosa presenza na institución municipal. É preciso que a coalición Unidas Podemos-EU entre no Concello de Ourense con voz propia e que goberne, que se erixa nese vector de transformación e cambio que a cidade precisa, un vector que, máis aló das divisións do nacionalismo e do centrismo-conservadorismo do PSOE, sexa quen de poñer en marcha políticas para todas e todos, sen esquecer e deixar de lado a ninguén. A nosa presenza é máis necesaria se cabe polo feito de que o noso partido ten representación alén dos límites do Concello de Ourense, xa que os nosos intereses tamén é preciso os defender e batallar en prazas como Compostela, Madrid ou Bruxelas, sendo este un feito diferencial de calado con respecto a toda esa pléiade de partidos e organizacións que pretenden que a nosa cidade é un ente autárquico e que proxectos exclusivamente locais, sen ningunha outra proxección territorial e institucional, poden defender os intereses das veciñas e veciños de Ourense. Cal é a principal necesidade de Ourense? É urxente pór os cimentos para a construción dunha cidade con futuro, equitativa e inclusiva, onde todas as persoas poidan vivir dignamente e onde todas as voces conten. É urxente facer un Ourense onde todas se sintan protagonistas, con veciñas e veciños implicados nos asuntos cotiás de todas e todos, poñendo fin ao estado de resignación ao que sucesivos gobernos, tanto do PP como do PSOE, teñen circunscrito aos ourensáns. É urxente facer un Ourense onde todas se sintan protagonistas É urxente devolver a ilusión ás nosas mulleres e homes, e que Ourense ocupe o lugar que realmente lle corresponde, xa non só por ter sido faro cultural e berce de intelectualidade, senón tamén polo seu presente e esplendoroso futuro. É urxente que a terceira cidade galega, que conta con importantes activos, reais e potenciais, sexa quen de medrar e expandirse para crear novas oportunidades e consolidar novos espazos de influencia. É urxente impulsar un proxecto socioeconómico chamado a reverter as dinámicas que teñen acentuado as diferenzas entre persoas e barrios, abrindo así a transición cara a unha urbe que non sexa allea aos grandes desafíos económicos, sociais, medioambientais e enerxéticos do novo milenio e da globalización, xunto coas oportunidades inherentes a todos estes procesos. Máis aló dunha suma de ocorrencias, a cada cal máis altisonante e extemporánea, que é o que abonda entre os nosos adversarios políticos, o noso programa para Ourense inclúe medidas urxentes, que non poden esperar. E sobre todo baséase nunha mirada estratéxica, de medio e longo prazo, para o noso desenvolvemento socioeconómico, o avance democrático, a innovación tecnolóxica, a igualdade de xénero, a loita contra a contaminación e o cambio climático, así como en todos aqueles eidos e aspectos que poidan facer de Ourense unha cidade de oportunidades e dereitos. En relación a iso, cal será a primeira medida que impulsará no novo mandato se está no goberno? Xunto con medidas dirixidas ao saneamento democrático e xestión máis transparente da cousa pública, despois de ter constatado que os servizos externalizados do Concello son de peor calidade e máis custosos, amais de beneficiar única e exclusivamente a un selecto grupo de empresarios en conivencia co PP, apostamos pola remunicipalización. Neste senso pensamos en recuperar de xeito ordenado e legal todos os servizos que sexan posíbeis, para xestionalos directamente desde o concello, para un mellor control dos mesmos e do gasto, así como unha mellor avaliación de impacto, facendo progresar as condicións laborais do persoal que os presta e, de paso, ofrecer unhas mellores prestacións aos seus usuarios. Neste senso pensamos en recuperar de xeito ordenado e legal todos os servizos que sexan posíbeis Para aqueles servizos que non sexa posíbel remunicipalizar, revisaremos as concesións, poñendo en marcha unha comisión ad hoc que dea conta do estado das mesmas, que cese as malas prácticas e infraccións para a súa corrección ou, chegado a certo punto, diante de casos de fraude patente, mesmo para a proceder á retirada de licenzas. |
PRAZA_11013 | Son ao redor de 424.000 vehículos os que terán prohibido o seu acceso aos centros urbanos das sete cidades galegas. A medida debe ir acompañada do fomento do transporte público e dos desprazamentos a pé e en bicicleta | A partir do ano 2023 todas as localidade de máis de 50.000 habitantes (en Galicia, as sete cidades) estarán obrigadas a contar cunha zona de baixas emisións, un espazo no centro urbano no que estará prohibido o acceso e circulación dos vehículos máis contaminantes. Así o establece o anteproxecto da Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética, aprobado polo Goberno central en febreiro, e pendente da súa tramitación parlamentaria. Aínda que a súa aprobación dependerá das cámaras que saian das eleccións do 10 de novembro, semella difícil que a norma mude de forma importante, pois responde ás esixencias da UE e do Acordo de París.Os vehículos que terán vetado o seu acceso aos centros urbanos serán previsiblemente aqueles que non contan con ningún dos distintivos ambientais fixados pola DGT: o Cero emisións (para vehículos eléctricos ou híbridos con autonomía de máis de 40 km), o ECO (para híbridos con autonomía de menos de 40 km e os propulsados por gas natural), o C (para turismos e furgonetas de gasolina matriculados a partir de 2006 e diésel a partir de 2014) e o B (para turismos e furgonetas de gasolina a partir do 2000 e diésel a partir do 2006). Son ao redor de 424 mil vehículos en Galicia, case o 40 por cento (o 39,58%)É dicir, todos os diésel anteriores ao ano 2006 e os gasolina anteriores ao ano 2000 carecen de distintivo ambiental e terán prohibida a circulación nestas zonas. Son ao redor de 424 mil vehículos en Galicia (datos do 2018), case o 40 por cento (o 39,58%). Segundo as estatísticas oficiais da DGT, en Galicia apenas hai vehículos con distintivos Cero (o 0,04%) ou ECO (o 0,72%). O máis habitual é o distintivo B (o 34,36%), seguido do C (o 18,95%). Hai algo máis de 50 mil vehículos (o 6%) sobre os que non se dispón de información.Tanto en Lugo coma en Ourense, a porcentaxe achégase ao 43%. En cambio, na Coruña e Pontevedra as porcentaxes baixan ata o 37,55% e o 39,55%As provincias orientais son as que contan cunha maior proporción de turismos e furgonetas sen distintivo ambiental, o que parece estar relacionado co propio envellecemento da poboación. Tanto en Lugo coma en Ourense, a porcentaxe achégase ao 43%. En cambio, na Coruña e Pontevedra as porcentaxes baixan ata o 37,55% e o 39,55%.O dato lucense e ourensán está próximo ás das provincias españolas cunha maior proporción deste tipo de vehículos, Cuenca ou Zamora, por riba do 45%. En cambio, o dato de Madrid, Barcelona, As Palmas, Baleares, Cádiz, Guipúscoa, Tenerife ou Valencia sitúase por debaixo do 30%. Habitual xa no resto de Europa A medida debe ir acompañada do fomento do transporte público e dos desprazamentos a pé e en bicicletaNo Estado Español só existe nestes momentos unha zona de baixas emisións (e de moi pequeno tamaño), a de Madrid. En xaneiro de 2020 botará a andar a de Barcelona, de moita maior extensión. No resto de Europa este tipo de áreas restrinxidas son moito máis habituais, sumando ao redor de 300 en toda a UE, 50 delas só en Alemaña.Con todo, en España cada localidade decidirá o tamaño destas áreas restrinxidas e tamén está por determinar o tipo de sancións e controis que se aplicarán para facer cumprir a normativa.Nun recente informe Ecoloxistas en Acción destacaba que "as medidas de Zonas de Baixas Emisións axudan a mellorar a calidade do aire, pero deben ser moi ambiciosas para logralo. Ademais deben estar acompañadas de medidas de fomento e mellora do transporte público, mellora na calidade dos espazos públicos, infraestruturas ciclistas e en xeral fomento dos medios máis sustentables en detrimento do uso do coche privado". O informe recomendaba ademais "máis contundencia para cumprir cos obxectivos de calidade do aire que propón a OMS, que son os que garanten unha calidade do aire óptima".Ecoloxistas en Acción recomendaba ademais a realización de estudos e programas para garantir que as zonas de baixas emisións sexan "socialmente xustas", facendo fincapé na necesidade de potenciar o transporte público e a súa extensión "a zonas periurbanas e de menor densidade de poboación". |
NOS_27783 | A ministra de Sanidade, Carolina Darias, afirma que os números entran "dentro da eficacia vacinal, que está en torno ao 90%". Malia afirmar que a nivel do Estado español a transmisión do virus cae, a representante insta a ter "máxima prudencia". | A ministra de Sanidade, Carolina Darias, compareceu esta terza feira após a última reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) para instar á sociedade a manter a "máxima prudencia" para reducir a incidencia da quinta onda nun momento no que "a velocidade dos contaxios está a diminuír nos últimos días". Ademais, a representante da equipa de Pedro Sánchez quixo deixar claro que a vacinación está a funcionar malia que algunhas novas apunten á infección de persoas que xa estaban inmunizadas fronte á pandemia. Unha das cuestións que quixo aclarar a responsábel da carteira de Sanidade é que a vacinación segue a ser importante malia que haxa casos activos de coronavirus en persoas que recibiran o tratamento. A este respecto, subliñou que nas últimas cinco semanas arredor do "5,5% dos positivos notificados" polos distintos territorios "estaba completamente vacinado". É dicir, non tiña unha inmunización completa fronte á Covid-19. En todo caso, Darias remarcou que a cifra de contaxios "está dentro da eficacia vacinal, que está arredor do 90%", pois como xa viñan alertando outros responsábeis sanitarios como o propio director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias (CCAES), Fernando Simón, non todas as persoas reciben o mesmo nivel de inmunización cando rematan a pauta. Así, aludiu a que un 11,4% das cidadás afectadas só recibiran unha dose da vacina e o resto das persoas non estaban tratadas. "Estes datos falan da importancia da vacinación para protexernos contra o virus", destacou a ministra. Aliás, dentro do total de infeccións de coronavirus, perto do 43% son da variante Delta para a que non estaban pensados os distintos fármacos malia que vaia ser "a variante que vai predominar nas próximas semanas". "Prudencia" e vacinación Precisamente respecto da campaña de inoculación dos medicamentos, na reunión do Comité Interterritorial o ministerio e representantes dos diferentes territorios acordaron un reparto "modesto" das doses que van chegando desde as grandes farmacéuticas. "Ningunha vai recibir dose de menos, simplemente que as cantidades de máis que imos recibir de Moderna van ir a aquelas que están a recibir por baixo da súa poboación", detallou Darias, que aclarou que a entrega se vai a producir "xa na primeira semana de agosto". Sen adiantar o que pasará dentro dun mes, a titular de Sanidade remarcou na súa comparecencia que "a pandemia continúa en ascenso, aínda que é verdade que a velocidade de subida está a diminuír nos últimos días". "Temos que seguir con prudencia se se continúan retardando os contaxios, pero a circulación do virus segue sendo elevada, polo que hai que seguir con máxima prudencia", resumiu. |
PRAZA_6983 | Os anos pasan aínda que aquel neno emigrante da aldea de Tines [Vimianzo] non esquece a súa grande alegría cando identificou a man do seu pai abaneando no peirao do porto de Montevideo. | Os anos pasan aínda que aquel neno emigrante da aldea de Tines [Vimianzo] non esquece a súa grande alegría cando identificou a man do seu pai abaneando no peirao do porto de Montevideo. O desembarco tivo lugar o 27 de novembro de 1958 logo dunha viaxe que non foi doada xa que o vello "Cabo de Hornos ía perdendo forzas. Na longa singradura de 20 días perdín moito peso e non foi ata chegar a Santos que puiden recuperarme un pouco grazas ao meu tío Xosé de Romarís que subiu a bordo cunhas saborosas bananas brasileiras. Hoxe os plátanos canarios semellan case insípidos en comparanza coa máxica forza enerxética de aqueles fermosos cores amarelos. Antes de baixar do barco fixen un percorrido visual por todas e cada unha das edificacións que rodeaban o porto. Axiña comprobei que o sol americano era moito máis forte que o da aldea xa que ninguén levaba abrigo. O meu pai e quen o acompañaba –despois souben que era o seu amigo Ramón de Castromil-- levaban camisas de manga curta. A miña nai dicía que aquí non ía necesitar zocos xa que chove pouco e non hai lama nos camiños que ademais son de pedra. Pois, certamente semellaba que a cousa pintaba ben. Aínda estaba no barco pero moi convencido de que os meus pais escolleran aquela cidade para que eu puidese correr máis lixeiro. O apartamento que alugara o meu pai na rúa Pantaleón Artigas e Ipiranga no barrio de Aires Puros, estaba ben. Non era grande pero tiña moita luz e na beirarrúa contaba coa sombra protectora dunhas árbores chamadas paraísos. Alí foi onde artellei o meu novo espazo e sistema de vida. Todo canto vía era novo e todo canto oía era diferente. Na cociña un aparello chamado primus acendía sen leña. A tarde enteira xogando ata a noitiña que era cando volvía o meu pai do traballo. Arredor das cinco facíase a pausa obrigada para o refuerzo de pan con mortadela. Aquel Montevideo era estupendo. O primeiro domingo en terras riopratenses coincidiu cunha data histórica no Uruguai: a celebración de eleccións nacionais. Por suposto que non me enterei do asunto electoral nin de que o Partido Nacional gañara despois de nove décadas de gobernos do Partido Colorado. Para min foi o domingo no que ingresei como socio de pleno dereito na xenerosa República Oriental do Uruguai. Un lugar moi especial, cheo de felicidade, no que os nenos fan pozos na praia de Buceo e corren polo Parque Rodó e aplauden aos murguistas nos tablados. Quero agradecer a Mercedes Vázquez Rama que foi quen me abriu as portas do novo país coa súa cordial hospitalidade. O matrimonio Vázquez-Rama tiña a súa casa propia na rúa Santa Ana a uns dez minutos do noso apartamento. O máis directo para chegar era baixar ata Propios e logo ir pola rúa Tudurí. Mercediñas nacera en Vimianzo e tamén viñera nun barco. Quedei marabillado con ela. Atendía todo o que dicía e gustábame todo o que facía. O seu caderno escolar non tiña unha mancha e os debuxos eran moi bos. Mercediñas utilizaba unha técnica –descoñecida para min-- que consistía en premer máis ou menos o lapis para obter unha ou outra intensidade de cor. Foi quen me informou de que na escola tería que aprender a cantar o himno nacional. A nova amiga tiña a experiencia adquirida en dous anos de residencia e non quería que eu chegase a escola sen saber quen era Artigas. Foi a quen lle escoitei por primeira vez a palabra heroe para definir a don Xosé. Calei a boquiña a pesar de non entender o seu significado. O único que me quedou claro foi que Artigas era amigo dos indios e que o deixaron morrer lonxe no esquecemento. Na merenda confirmei que desembarcara no mellor lugar do mundo. Mercediñas trouxo para beber unha auguiña quente e para comer unhas rodelas de pan cunha crema de cor beixe por encima. A bebida e a comida eran descoñecidas pero non preguntei nada. A auga quente botábase nunhas herbiñas e chupábase por unha caniña metálica chamada bombilla. Era o mate doce e sabía ben. Pero a emoción máis forte recibina cando levei a boca un anaco de pan. Quedei fondamente sorprendido por un moi saboroso doce de leite segundo lle chamou Mercediñas. Aquela delicia deixaba moi en segundo plano ao chocolate que a avoa Concepción mercaba na feira de Baio. Volvín sorríndo para o apartamento. O meu pai falaba de erguerse cedo para ir a traballar en Casa Ponti. Pensei na miña boa sorte xa que na aldea non había nin mate nin doce de leite nin primus para cociñar. O paraíso dos paraísos estaba alí na beira do Río da Prata. |
PRAZA_8044 | Que pecha o SNL dun concello? ai pois si, e que mal, pero claro é que a Academia... Que cada vez os artistas teñen menos lugares onde facer artistadas? claro neniño, pero é a crisi, se non son rendibles... pero a academia é un símbolo ho. | Hai uns poucos meses fun pai. Si, xa sei que non me canso de anuncialo publicamente sempre que teño ocasión, pero é que se trata dunha aventura tan enriquecedora e divertida e que ocupa o cento por cento do meu tempo que non podo evitar que a miña filla pase a formar parte do meu discurso ideolóxico. Se ben antes deste evento tan importante para a nación era afeccionado as teorías da conspiración, agora teño a teima de explicar todo o que acontece neste país con símiles e/ou analoxías relacionadas coas cousas lindas e marabillosas dos coidados cotiáns que require unha crianciña. E claro, nestes días todo o mundo está a falar sobre o tema da Real Academia Galega da Lingua, imaxino que temos algo importante que dicir, uns para defender a uns, outros para atacar aos outros, outras para reclamar máis presenza delas e a maioría porque pasaban por aí e xa que se fala diso... Ben, eu atópome nese último e nutrido grupo de persoas que falamos un pouco por falar coa esperanza de que a nosa teoría/idea/comentario/saída do testo sexa apaludida ouh mira que persoa máis cabal, canta luz deitou sobre o tema ou mágoa que alguén non dixera isto antes, cantas discusións aforrabamos. Así somos as xentes de bar, tanto ten falar da crisi, que de fútbol que de lingua, o caso e erguer un pouquiño a voz e que alguén nos dea unha palmadiña ou preferiblemente que nos convide a un viño (barrantes, gracias). Ao conto que xa me vou indo polo camiño a Noia. O caso é que a miña filla é un ser tan, tan riquiño que ata lle festexamos os peidos e os cagallóns todos que fai cun moi ben miña meniña, cagou a meniña, si? fixo cacota grande? E é a partir de aí que elaborei a miña analoxía coa Academia. Resulta que hai veces que a meniña bota un verdadeiro trebón comparable aos que debía botar Zeus cando andaba doente de ciumes, unha sucesión de peidos sonoros e consistentes, unha verdadeira hecatombe que nos fai pensar nun gólem como o que aparece en Dogma (Kevin Smith, 1999). Velaí imos mudarlle ese cueiriño pequeno que leva, preparados xa para que se cumpran os peores presaxios. Sacámoslle a roupiña con tento. Desabotoamos o body. E, devagar, abrimos o dodot para comprobar que oh vaia, só foi unha pingadeliña de nada. Outras veces a cativa encóllese un pouquiño e bota unha peidiña pequena, unha ventosidade fina que mesmo se lle podería perdoar a unha infanta nunha recepción oficial. E no momento de lle cambiar ceos! miña filla, que mal cheira isto, cochinota! e saíu todo por fóra! E como pode ser que tiveses todo iso dentro, e ai miña probe e todas esas cousas que dicimos os pais sobre os cagallóns das nosas bebés. Neste país pasa un pouco o mesmo. E xa vou pedindo de antemán as miñas desculpas á nobre institución da RAG e aos seus membros (xa que son maioría ampla non entraremos na discusión se membros ou membras) por comparalos cos peidos da nena, pero que queredes rapaces, cada un fai as analoxías que fai. O destes días é un peido grande, fai moito ruído, todas pensamos que é unha cousa terrible para a vida cultural e lingüística do país, porque estas liortas máis ou menos internas poden facer moitísimo mal e atrasar moitos anos de traballo e de logros, porque unha Academia é unha cousa importantísima, e máis aínda se é Real. Si, mozas e mozos, a min cada vez que reflexionaba na situación da nosa cultura concluía pois menos mal que temos unha academia galega da lingua na que se levan todos ben, senón onde andariamos xa, todas falando español... Mais todo este ruído ao final é só unha cagadiña, a RAG seguirá, unhas veces acertaran coa persoa homenaxeada do 17M outras non, haberá presidentes máis rancios e presidentes máis abertos. Terán leas polo financiamento. Aínda teran que facer un ERE nun momento e noutro poderán ter persoal abondo para o seu cometido. Pero é unha institución e ademais unha desas que quedaría mal pechar. Mais logo, nesta terriña, hai cousas que pasan coma peidiñas, cousiñas pequenas pero que, no fondo, fan moito máis mal que estas leas grandes. Que pecha o SNL dun concello? ai pois si, e que mal, pero claro é que a Academia... Que cada vez os artistas teñen menos lugares onde facer artistadas? claro neniño, pero é a crisi, se non son rendibles... pero a academia é un símbolo ho. Que aos poucos estamos quedando sen tecido asociativo de base? Vaia si, iso é certo caraina, pero de que vale se non temos unha institución grande que nos represente, e que ti tamén... Pois ben, eu sempre fun máis de deporte de formación, está ben ter equipos de primeira que iso viste moito (a ver se nos entendemos, que a RAG está moi ben e canto máis independente mellor). Ademais é negocio para os bares. Pero tamén teño claro que sen equipos alevíns, sen canteira, pouco importará o que fagan os maiores. |
NOS_29990 | En pouco tempo, vinte e catro artistas e bandas foron quen de sincronizarse para xuntar, de maneira completamente desinteresada, outras tantas pezas para un disco que tiña como obxectivo que non se esquecese a catástrofe nin a ultraxe que supuñan a desidia e a incompetencia das autoridades. | Foron días dunha intensa creatividade tamén no eido da música. Iniciativas como o "concerto expansivo", con actuacións ao longo de todo o país, demostraron que a imaxinación e a inspiración non eran incompatíbeis coa carraxe e o espírito crítico. En pouco tempo, vinte e catro artistas e bandas foron quen de sincronizarse para xuntar, de maneira completamente desinteresada, outras tantas pezas para un disco que tiña como obxectivo que non se esquecese a catástrofe nin a ultraxe que supuñan a desidia e a incompetencia das autoridades á hora de facerlle fronte. Puxéronse de acordo artistas de estilos e procedencias tan dispares -folk, rock, pop, electrónica...- como Carlos Núñez, Luar na Lubre, Xosé Manuel Budiño, os Diplomáticos, Susana Seivane, Anxo Pintos E Alfolíes, Toñito De Poi e Quim García, Carlos Jean, Los Piratas, Siniestro Total, Luz, Víctor Coyote, Juan Rivas, Uxia e Rodrigo Romaní, Fía Na Roca, Na Lúa, Fuxan os Ventos, Pancho Álvarez, Emilio Cao, Treixadura, Os Cempés, The Killer Barbies, Kannon e Los Suaves. Mais o esforzo non quedou exclusivamente nos músicos: o disco viña acompañado por textos de Manuel Rivas, X. L. Méndez Ferrín, Suso de Toro e Ana Romaní, e contou coa participación, no concepto gráfico, do estudio de deseño de Barro, Salgado e Santana. Calcúlase que uns trescentos profesionais traballaron voluntariamente para sacar un álbum xa convertido nunha xoia: músicos, autores, intérpretes, coordinadores, produtores, estudios de gravación, compañías discográficas, avogados, fabricantes, impresores, escritores, deseñadores, fotógrafos e medios de comunicación coordinaron esforzos para que Marea de música se distribuíse xunto a diversas publicacións ao prezo simbólico dun euro. O recadado foi directamente ás arcas de Nunca Máis. O disco, ademais de ser unha proba do potencial creativo e organizativo do sector da música, e da extraordinaria rapidez e precisión con que se contestou ao desleixo que provocou a catástrofe do Prestige, segue funcionando como un escaparate certeiro do panorama musical daquela época: lembrar os tempos en que Alfolíes permanecía activo, escoitar o produto da asociación entre Toñito de Poi e Quim García, asistir aos puntos de xenialidade de Víctor Coyote ou recuperar aos Killer Barbies son outros dos alicientes que este disco único ofrece a quen se poida facer cunha copia. |
NOS_31163 | O presidente Obama envía munición de combate e financia o escudo antimísis israelita mentres o estado sionista continúa a masacre en Gaza. | Após rachar Israel a tregua de 72 horas acordada coa resistencia palestina e asasinar 100 persoas en Rafah --ao sur da Faixa de Gaza-- o presidente dos EUA, Barack Obama, saiu á palestra pública para responsabilizar Hamas da ruptura do cesamento ao fogo e advirtir que outro acordo desa magnitude será "difícil de conseguir". O Estado de Israel ten na administración estadounidense o seu maior aliado. Para alén de rexeitar condenar a masacre en Gaza e xustificar a operación 'Bordo Protector' en base á "lexítima defensa", Obama amosou publicamente o seu apoio ao goberno de Benjamin Netanyahu e responsabilizou a resistencia palestina dos novos bombardeos. Así, o presidente dos EUA afirmou que "ningún país pode tolerar que os seus cidadáns teñan que refuxiarse cada 20 minutos". Obama, igual que Israel, responsabiliza a Hamas do ataque a Rafah e da ruptura da tregua Asemade, Obama exixíu a liberación dun soldado israelita supostamente secuestrado polas Brigadas de Azedím al-Kasam, o brazo armado de Hamas, durante a ofensiva en Rafah. Porén, este colectivo asegurou nun comunicado de imprensa difundido entre @s xornalistas desprazad@s en Gaza non ter capturado ningún uniformado. "Non sabemos nada sobre ningún soldado desaparecido", indicaron, "ou cales son as circunstancias da súa desaparición". Mais para Israel este constitúe un motivo máis para continuar avanzando sobre o terreo en Gaza após deixar tras de si máis de 1.600 persoas asasinadas, a maior parte civís. "Quero ver que se fai todo o posíbel para asegurar" que non se producen baixas civís en Gaza, acrecentou Obama na súa comparecencia pública na Casa Branca, ao tempo que dixo estar "desolado" polas cifras. O Congreso dos EUA aprobou un pacote de 225 millóns de dólares para o escudo antimísis de Israel Así as cousas, o seu goberno continúa a enviar armamento a Israel. Logo da munición achegada co denominado Inventario de Reservas de Munición de Guerra, entre a que se atopa material para lanzagranadas e pezas de morteiro de 120 milímitros, o Congreso dos EUA acordou esta sexta feira (1 de agosto) a creación dun pacote de 225 millóns de dólares encamiñado a financiar o escudo antimísis israelita, tamén coñecido como Cúpula de Ferro. Tan só 8 congresistas se opuxeron a esta medida que contou con 395 votos favorábeis. |
NOS_31202 | O cesto da compra encareceu no Estado español, cos alimentos, que soben aínda máis na Galiza, á cabeza da alza. | A taxa de inflación interanual da zona euro situouse en agosto en 9,1%, fronte á cifra de 8,9% rexistrada en xullo, no que supón o maior encarecemento dos prezos na rexión do euro de toda a serie histórica e máis de catro veces a meta de estabilidade de prezos de 2% do Banco Central Europeo (BCE), cuxo Consello de Goberno volverá reunirse a semana que vén. A inflación segue por riba dos dous díxitos Segundo os datos preliminares publicados por Eurostat, a escalada dos prezos da zona euro intensificouse en agosto, a pesar de que a suba interanual do prezo da enerxía desacelerouse a 38,3% desde a cifra de 39,6% de xullo, mentres que o incremento do prezo dos alimentos frescos foi de 10,9%, cando no mes de xullo fora de 11,1%. Con todo, os servizos encarecéronse 3,8% interanual en agosto, unha décima máis que o mes anterior, mentres que os prezos dos bens industriais non enerxéticos subiron 5%, fronte a cifra de 4,5% do mes anterior. Ao excluír do cálculo o impacto da enerxía, a taxa de inflación interanual da zona euro situouse en agosto en 5,8%, fronte á porcentaxe de 5,4% do mes anterior, mentres que ao deixar fóra tamén o efecto dos prezos dos alimentos frescos, o alcol e o tabaco, a taxa de inflación subxacente escalou a unha marca de 4,3%, tres décimas máis que no mes de xullo. A inflación na UE marca o récord de toda a súa historia chegando a 9,8% En agosto, nove dos dezanove Estados da zona euro rexistraron taxas de inflación de dobre díxito, coas maiores subas de prezos en Estonia (25,2%), Lituania (21,1%) e Letonia (20,8%), mentres que os incrementos de menos intensidade observáronse en Francia (6,5%), Malta (7,1%) e Finlandia (7,6%). No caso do Estado español, a taxa de inflación harmonizada situouse en agosto en 10,3%, fronte á cifra de 10,7% de xullo, o que reduce a 1,2 puntos porcentuais o diferencial de prezos desfavorábel respecto da media da eurozona. Unha cifra que á espera dos datos de agosto, espérase que sexa aínda máis grande no caso galego, que experimentou en xullo unha suba de prezos de 11,5%. Incremento na cesta da compra no Estado español Neste contexto inflacionista na zona euro, a cesta da compra no Estado español aumentou 11,8% no mes de xullo respecto ao mesmo mes de 2021, até alcanzar os 5.889 millóns de euros, tras rexistrarse unha subida nos prezos de 9,8%, segundo os últimos datos publicados esta cuarta feira por NielsenIQ. A alimentación foi o segmento que rexistrou o maior desembolso cun crecemento de 12,5%, cunha suba aínda maior na Galiza, que alcanzou 12,8%. O Euríbor alcanza niveis máximos desde 2012 O Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE), que decidiu na súa última reunión, celebrada o pasado 21 de xullo, subir os tipos de xuro en 50 puntos básicos, volverá reunirse o próximo 8 de setembro coa incerteza sobre se repetirá outra suba de medio punto porcentual ou mesmo será máis agresivo cunha alza de 0,75%. O Euríbor volveu subir e xa supera a barreira de 1,6% Unha incerteza monetaria que está provocando que o Euríbor, o índice que serve de referencia para a maioría de préstamos hipotecarios a tipo variábel no Estado español, fechara agosto cunha media mensual de 1,25%, o que lle levou a alcanzar o seu maior nivel desde maio de 2012, cando rexistrou unha media mensual do 1,266%, e a presentar unha forte suba con respecto a xullo, cando fechou en 0,992%, adiantándose á suba de tipos de xuro que o BCE podería aplicar a semana que vén. |
PRAZA_48 | A Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia denuncia que os concellos están a recibir misivas de CEDRO, DAMA, SGAE ou VEGAP que os instan ao abono das cantidades correspondentes a 2014 pero tamén, retrospectivamente, ás dos cinco anos anteriores. | O pasado verán o Goberno central aprobou a aplicación dunha directiva da Unión Europea que establece que toda biblioteca de localidade maior de 5.000 habitantes debe pagar un canon por libro prestado ou por usuario do centro ás sociedades de autores e editores. En virtude desta disposición, a partir de xaneiro de 2016 os concellos deberán pagar 0,004 euros por cada vez que unha biblioteca pública preste un libro a un cidadán. E, dende o pasado mes de agosto as administracións locais están xa obrigadas a aboar cinco céntimos de euro por cada usuario que empregue este servizo cando menos unha vez ao ano e, mentes non entre en vigor o pago por obra, as bibliotecas municipais deberán pagar 16 céntimos por cada libro que compren para os seus fondos. As cartas instan ao pagamento non só das cantidades correspondentes a 2014 senón tamén, retrospectivamente, ás dos cinco anos anteriores A medida foi durante criticada por concellos, forzas políticas e polas propias asociacións de bibliotecarios e bibliotecarias, que ven no canon "un imposto á lectura" que tampouco beneficia en modo ningún a autores e autoras. Denunciaban, así mesmo, que se fixese "recaer o peso do pago sobre os concellos", sendo estes os servizos "máis próximos á cidadanía e que máis invisten en cultura e infraestruturas culturais" e que, contrariamente, "son as que menos recursos dispoñen e que teñen que facer un sobresforzo sobre os seus minguados orzamentos". Segundo denuncia a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia (ABMG), os concellos xa comezaron a recibir cartas de entidades de xestión coma CEDRO, DAMA, SGAE ou VEGAP que os instan ao pagamento non só das cantidades correspondentes a 2014 senón tamén, retrospectivamente, ás dos cinco anos anteriores. A Asociación esíxelle ao Executivo que "non se pregue aos intereses destas entidades privadas criminalizando as bibliotecas públicas coma se prexudicaramos os autores" A Asociación esixe a derrogación ou cando menos a modificación do decreto aprobado o pasado mes de xullo polo Goberno, "declarando as Bibliotecas Públicas exentas de tal pago, xa que a directiva europea á que tanto se aferran permite aos estados membros eximir o pago do canon a entidades de utilidade pública". De igual xeito esíxelle ao Executivo que "non se pregue aos intereses destas entidades privadas criminalizando as bibliotecas públicas coma se prexudicaramos os autores". "Hai máis maneiras de remunerar os autores sen prexuízo das bibliotecas", engade. A entidade subliña ademais que "non se pode pagar un canon a unha entidade que non sabemos a quen representa, nin o que paga aos autores, con funcionamento e criterios mercantís, nin cales son os criterios para o reparto dos dereitos de autor". Propón, igualmente, que "xa que a demagoxia clásica dos políticos deste país insiste en que as cantidades son mínimas (ata o de agora)" que sexa "a propia administración a través dunha licencia nacional con fondos estatais, a que se faga cargo desta remuneración". "Estase a infrinxir un dano grande xa non só económico, senón de principios, ás bibliotecas públicas" A través da súa presidenta, Mª Jesús Álvarez Sánchez, a Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia conclúe que "se está a infrinxir un dano grande xa non só económico, senón de principios, ás bibliotecas públicas, á raíz dos seus fundamentos sociais, educativos e culturais". "Estamos fartos de que, no que respecta ás bibliotecas, todo sexa restar e nunca sumar (reducións orzamentarias, persoal mínimo,..), de que a administración competente non defenda os intereses para o que foi creada, senón que defenda a entidades privadas con ánimo de lucro cun funcionamento non sempre transparente", engade. |
NOS_22981 | Cincuenta entidades exixen que Medio Rural rectifique a súa decisión e considere abrir de novo a venda directa a través das feiras e mercados tradicionais. | A prohibición dos mercados e feiras tradicionais está a causar un grave prexuízo a unha boa parte do rural galego. Hai uns días as organizacións agrarias Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) exixían á Xunta da Galiza que rectificase sen moito éxito. Agora máis de corenta organizacións galegas de diversos ámbitos veñen de facer público un manifesto no que piden que se reabran os mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia da Covid-19. Entre os colectivos asinantes atopamos unha ampla representación da sociedade galega a través de sindicatos agrarios e obreiros como Fruga, SLG e CIG; organizacións ecoloxistas como Adega, Amigas da Terra, Nais polo Clima ou o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL); unha de ducia de entidades investigadoras vinculadas ás universidades de Santiago de Compostela e Vigo; varios centros sociais; ou diversas agrupacións de consumo, labregas e profesionais. No manifesto reclaman á Consellaría de Medio Rural, en colaboración cos concellos, todos os esforzos posíbeis para que a partir do vindeiro 31 de marzo, data límite na que a Xunta prohibiu a celebración de mercados alimentarios de proximidade, volva autorizalos "preocupándose de que dispoñan dos medios materiais e humanos necesarios para organizar e aplicar correctamente todos os protocolos de seguridade a que obriga a orde de 23 de marzo de 2020 sobre a venda directa de produtos agrogandeiros nos mercados". |
NOS_16352 | Unha cuestión son as listas de agarda publicadas pola Xunta da Galiza e outra a realidade dos tempos de espera. Mentres a Administración divulga os datos das coñecidas como listas estruturais, garda silencio sobre as denominadas non estruturais. Os tempos de agarda superan nalgúns casos os tres anos. | As listas de agarda por unha cirurxía no sistema sanitario galego superan as 40.000 persoas. Os últimos datos publicados, referidos a 31 de decembro de 2021, recollen 40.401 pacientes en espera, cun tempo medio de agarda de 78,2 días, colocándose á cabeza a área sanitaria de Ferrol con 89,8 días, seguida da área da Coruña-Cee con 87,4 días; Santiago de Compostela-O Barbanza con 84,3; Ourense-Verín-O Barco con 79,7; Vigo con 74,8; Pontevedra-O Salnés con 62 e Lugo-A Mariña-Monforte con 55,5. Cirurxías Os tempos de agarda en cirurxía non deixan de incrementar. A propia Administración galega recoñece unha suba de 7,9 días en relación con xuño de 2021 e de practicamente 24 días con decembro de 2019, última cifra anterior á pandemia. Neste sentido, e segundo os novos datos do Sergas, o crecemento máis acusado no segundo semestre de 2021 rexistrouse na área sanitaria de Santiago de Compostela-O Barbanza cunha alza de 12,4 días, situándose a continuación Ferrol con 12,3 días, A Coruña-Cee con 10 días, Vigo con 8,5 días, Pontevedra con 8,3 días, A Mariña con 2,5 días e Ourense-Verín-O Barco con dous días. Alén destas rexistros, a situación é aínda peor na realidade. Sen ir máis lonxe, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou que "un doente da área sanitaria de Santiago-O Barbanza tivo que agardar dous anos, dous meses e 23 días para unha intervención cirúrxica de uroloxía". Neste sentido, a deputada do BNG Iria Carreira afirmou no Parlamento da Galiza que "se miramos os datos oficiais da Xunta para área sanitaria de Santiago-O Barbanza, no servizo de Uroloxía non había ningún paciente con máis de 12 meses de permanencia na lista de espera. Porén, este paciente levaba xa 596 días". Consultas hospitalarias 193.622 galegos agardan por unha consulta en Atención Hospitalaria. Así, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) recoñece un tempo medio de espera de 79,6 días na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte; de 71,5 na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco; de 66,5 na área sanitaria de Ferrol; de 44,9 na área sanitaria da Coruña-Cee; de 44,6 na área sanitaria de Santiago de Compostela-O Barbanza; de 44,6 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés e de 40,9 na área sanitaria de Vigo. Neste caso, o tempo medio de agarda para o conxunto do sistema sanitario colócase en 56,4 días, 13,8 días máis que no semestre pasado e 14,7 máis que antes do comezo da pandemia. O número de persoas en lista de agarda e o tempo de espera tense incrementado de forma importante. Neste sentido, os doentes inscritos na lista do Sergas para unha consulta en Atención Hospitalaria teñen aumentado no segundo semestre de 2021 en 54.938 persoas. Asemade, o tempo de espera medrou en 23,4 días na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco; en 20,8 na área sanitaria de Ferrol; en 14,2 na área sanitaria de Santiago de Compostela-O Barbanza; en 13,8 na área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte; en 9, 3 na área de Pontevedra-O Salnés; e en 6,7 nas áreas sanitarias da Coruña-Cee e Vigo. Porén, a realidade é aínda máis dura, até o punto de que nalgunhas especialidades no Hospital do Barco de Valdeorras non se lle dá cita aos doentes para unha consulta hospitalaria até 2023. Probas diagnósticas A situación non é mellor no ámbito das probas diagnósticas. Por exemplo, o período medio de espera para unha endoscopia dixestiva é de 146,9: é dicir, 27 días máis que en 2019; de 85 días para unha tomografía axial computerizada (TAC) ou 100 días para unha resonancia magnética. Neste contexto, son moitas ás especialidades, en función das áreas sanitarias, onde a espera supera de lonxe os prazos fixados nos diversos protocolos de atención asinados polo Goberno galego. A propia Xunta recoñeceu a existencia de doentes oncolóxicas en estadío IV que requiren dunha Tomografía Axial Computerizada (TAC) trimestral e que se lle está a realizar cada seis meses. As listas non estruturais O Goberno galego só fai públicos os datos recollidos nas listas de agarda estruturais, non ofrecendo información dos tempos de espera e do número de persoas incorporadas ás denominadas listas non estruturais. Nestas inclúense un número indeterminado de persoas, entre elas todas aquelas que rexeitan a derivación á privada, chegando a sumar só para área sanitaria de Vigo en 2019 entre 17.000 e 18.000 persoas. Segundo denuncian os colectivos en defensa da sanidade pública, "hai doentes que pasan anos nas listas non estruturais". |
NOS_36245 | O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) deu a coñecer unha enquisa na que se afirma que aumentou o interese polos produtos ecolóxicos. Neste sentido, a estratexia europea avoga por promover este tipo de produción. | En outubro, o pleno do Parlamento Europeo reclamaba medidas para conseguir que os alimentos producidos na Unión Europea (UE) fosen máis sans e sostíbeis, garantir a seguridade alimentaria e mellorar o benestar animal para que o sector contribúa a cumprir os obxectivos do Pacto Verde Europeo. Con esa idea introduciron a estratexia "Da granxa á mesa", que avoga por ampliar a superficie dedicada a cultivos ecolóxicos de aquí até 2030. O Parlamento Europeo pensa que son necesarias iniciativas de promoción, contratación pública e tributarias para estimular a demanda entre a poboación en xeral. Ademais, defenden a redución na utilización de praguicidas e de fertilizantes. Aumento do consumo O último barómetro realizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) apunta os cambios de hábitos realizados coa pandemia. Un 1% da poboación galega comezou a alimentarse con produtos ecolóxicos e un 10% aumentou o seu consumo, aínda que a enquisa considera que esta incidencia da Covid-19 "é escasa" ao solaparse as respostas coa motivación por cuestións de saúde. Froitas hortalizas e verduras Á hora de avaliar a aceptación entre as e os consumidores na Galiza dos produtos ecolóxicos, os principais que levan ás súas cestas pasan polas froitas, as hortalizas e as verduras, seguidas de lácteos, ovos, pans, cereais e pastas. A máis distancia está o polo e a carne, segundo esa mesma enquisa do Craega. Para mercar estes produtos, un 85% das e dos consumidores recorren a supermercados de proximidade. O factor decisivo na súa compra (un 66,7%) é a calidade, mentres os asocian a características como libres de pesticidas e máis sans. A metade das persoas enquisadas declaran ser consumidoras de produtos ecolóxicos, aínda que se reduce ao 38,4% os que din comer alimentos deste tipo todas as semanas nalgún momento. A pesar de que as vendas de produtos ecolóxicos aumentaron un 16,8% en 2020 (por valor de 108 millóns), a superficie dedicada a estes cultivos na Galiza experimentou unha caída dun 7%. As hectáreas quedaron nunhas 32.000 (2.682 hectáreas menos que en 2019). O Craega achaca esta situación a que se deron de baixa dúas comunidades de montes das comarcas de Pontevedra. Pola súa banda, as comarcas de Lugo e Ourense acaparan un 82% da superficie de agricultura ecolóxica. Calidade alimentaria e Administracións As previsións do Goberno galego son de que a Galiza contará en 2022 cunha nova Lei de cadea alimentaria coa intención de reforzar o control contra prácticas desleais na produción e venda, ademais de actualizar o catálogo de infraccións e o procedemento sancionador. Desta maneira, actualizaría a lei de promoción e defensa da calidade alimentaria galega de 2005. A Eurocámara, polo seu lado, aprobou unha resolución que recolle a estratexia da folla de ruta da UE para o sector agroalimentario europeo dentro da transición ecolóxica. Nela pídese "mellorar a sustentabilidade en todas e cada unha das fases da cadea de subministración alimentaria" e "redobrar os esforzos" para fortalecer a posición das e dos produtores na cadea de valor para que "poidan levar unha parte xusta dos beneficios obtidos". |
NOS_57248 | O portavoz de ERC no Congreso das Deputadas e a portavoz nacional do BNG cren que os indultos son necesarios e positivos para retomar a vía política no conflito de Catalunya e saír do bucle xudicial. | O portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, rexeitaron este domingo a manifestación na praza Colón de Madrid en contra dos indultos aos presos polo 1-O, que Pontón cre "necesarios e positivos". No marco dunha conversa telemática titulada 'Dereitos, liberdades, democracia', Rufián asegurou que a protesta "é unha especie de narcosala da ultradereita" e que acabará sendo unha manifestación de Vox, nas súas palabras. "É como o vándalo da clase que fai que o resto lle siga", di Rufián, que criticou que PP e Ciudadanos non dubiden, segundo el, en pactar con Vox, o que cre que non ocorre noutros países europeos. En canto aos indultos, Pontón afirmou que "o conflito catalán é un conflito político", e celebrou que esta medida permita volver á vía política e saír do bucle xudicial, dixo literalmente. "Vemos que é unha boa noticia. Son necesarios e positivos neste contexto", pero reclamou que non se termine aquí e que se impulse un diálogo que permita desbloquear a situación. Barrios pobres que votan a Vox Rufián preguntouse por que algunhas persoas de barrios pobres votan a Vox: "Por que hai tanto rato votando a gatos? E a resposta é terrible: hai moitísima xente, boa xente, que está disposta a votar en contra dos seus intereses pensando que vota a favor dos seus principios". Pontón engadiu que cando as esquerdas non cumpren as expectativas e as promesas, deixan "un terreo para que outros movementos ocupen un espazo político". "Cando a esquerda fai políticas de dereitas, está a entregar á xente á dereita e a extrema dereita", dixo, e criticou que coa pandemia o Goberno español non avanzase a derrogación da 'lei mordaza' e da reforma laboral, segundo ela. Fronte a isto, Pontón reclamou que as esquerdas consigan ampliar os seus apoios: "Temos que ser alternativa, dar resposta aos problemas de hoxe. Que cada paso que das teñas a máis xente detrás". E Rufián instou ás formacións progresistas a competir coa dereita, o que significa "falar como eles, falar con eles, nos seus espazos", así como impulsar a suma e multiplicación das esquerdas nacionalistas. |
NOS_22044 | Os Bar Ban Sónicos sacan o seu primeiro EP, gravado en Portugal e que inclúe temas propios e versións de clásicos do xénero: The Sonics e Renato e Seus Blue Caps. | Alimentando o nervio é o título do primeiro traballo de Os Bar Ban Sónicos, trío da Pobra do Caramiñal que factura punk rock garaxeiro. Un EP de catro temas no que cohabitan temas propios con versións e que os do Barbanza queren que sexa un primeiro adianto do LP que agardan publicar o ano que vén. O EP gravouse en Hertzcontrol Studio en Seixas, Caminha, Portugal e está producido por por eles mesmos. Dúas son cancións propias, Que mellor amigo que ese e Queres saber, e outras dúas son versións de clásicos do garaxe sesenteiro. Unha delas, The Witch, dos Sonics, o primeiro single dos de Tacoma e que os do Barbanza fan súa (e en galego). A outra versión, Negro Gato, unha das cancións icónicas da "jovem guarda" brasileira da man de Renato e Seus Blue Caps e popularizada por Roberto Carlos nos seus inicios rockeiros. Os Bar Ban Sónicos naceron a principios de 2018 na Pobra do Caramiñal. Manel (Vocal e guitarra) Amroth (baixo e coros) e Abel (batería) principiaron tocando ao vivo temas clásicos de garaxe dos 60 e punk para aos poucos ir xa facendo temas propios, sempre en galego. En agosto de 2019 gravas nos estudos ALU de Rianxo 4 cancións (Ven con nós, Trece anos, Xa non pode parar e Sentirme ben), que conforman a súa primeira maqueta. |
NOS_10708 | Centos de persoas toman parte nas mobilizacións polo 25N convocadas en diferentes cidades e vilas de Galiza. Concentracións e manifestacións nas que se denunciaron as violencias machistas. | Corenta e cinco mulleres asasinadas no Estado español no que vai de ano, segundo o cálculo da administración. Os xulgados galegos reciben de emdia 18 denuncias por violencia machista cada día. No primeiro semestre aumentaron en 22% a respecto dese mesmo período de 2016. Entre xaneiro e xuño a xustiza emitiu no noso país case 1.000 ordes de protección. Desde 2009 participaron no programa de atención psicolóxica para vítimas da violencia machista 2.737 mulleres e 980 menores. Entre 2010 e 2017 foron asasinadas en Galiza 57 mulleres, segundo feminicio.net. O Ministerio do Interior recoñece que en Galiza 3.147 casos que son obxecto de atención policial e vixilancia administrativa permanente. Todas estas realidades tiveron resposta nas rúas este 25 de novembro, Día Internacional da violencia contra as mulleres. Colectivos e entidades do feminismo galego, como a Marcha Mundial das Mulleres e a Plataforma Feminista Galega, chamaron a se mobilizar en varias cidades e vilas galegas. 'Contra a violencia machista, insubmisión feminista' e 'O machismo oprime e mata dende a infancia. Organicémonos para combatelo!', foron algúns dos lemas das mobilizacións. Miles de persoas tomaron parte nas convocatorias. Unhas manifestacións nas que se reclamou que a violencia machista, a violencia patriarcal e a cultura da violación son realidades que hai que combater como un problema social e político. "Non estamos todas, faltan as mortas", "Querémonos vivas" ou "Contra o patriarcado, feminismo organizado" forn algunhas das palabras de orde. Na mobilización de Compostela, que encheu a Praza de Praterías, tomaron parte Luis Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG). "Esiximos orzamentos que se tomen en serio a violencia afrontándoa desde todos os ámbitos sociais. Rexeitamos pactos de estado que manteñen a violencia no ámbito doméstico e de parella negando a existencia dunha estrutura de opresión das mulleres. Non queremos políticas de foto e apertóns de mans, queremos solucións e recursos contra a violencia que sufrimos", indica o manifesto da MMM polo 25N. No comunicado da PFG afirmábase: "Non nos deixaremos enganar. Non queremos parches, non queremos cadeas de cores bonitas que nos fagan crer que non se pode avanzar máis. As mulleres combatemos todos os rostros das violencias patriarcais, e facémolo tecendo redes entre nós, denunciando cada ataque sexista, homófobo, racista… A sombra do sistema patriarcal é grande e esténdese por todos os recunchos, pero nós estamos xuntas e sabemos que a nosa alianza contra todas as violencias machistas é máis poderosa que calquera intento de silenciarnos". Imaxes: @GZcontrainfo @galizacig e @EUCoruña |
NOS_40049 | O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, vén de anunciar unha liña de axudas para os concellos que asuman o copagamento de medicamentos de dispensación hospitalaria para pacientes con patoloxías graves. A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública convoca este domingo unha manifestación nacional en Santiago (12 h, Alameda). | En rolda de prensa, o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e delegado de Benestar Social, Antonio Veiga, anunciou que os orzamentos do 2014 da institución provincial incorporará unha aliña de axudas destinadas a concellos que asuman o copagamento farmacéutico. O nacionalista Antonio Veiga sinalou que o obxectivo da medida é paliar as consecuencias que para as arcas municipais terá asumir o copagamento de medicamentos para doenzas graves, en resposta aos recortes impostos polo PP en materia sanitaria a través do Goberno central e apoiadas pola Xunta. Segundo o vicepresidente da Deputación, o debate non é competencial, como se está a facer crer, senón "un debate máis grave que é se o Estado e a Xunta están cumprindo a súa función de preservar a saúde dos cidadáns. A función principal de calquera nivel da administración pública debe ser precisamente esa, resolver os problemas dos nosos veciños e veciñas e non crear máis dos que estes xa teñen". "Política pensando na cidadanía" Á marxe de seguir reclamando ao Goberno galego a non aplicación do copagamento e ao central a derrogación da resolución que o implanta, a Deputación, a través do delegado de Benestar Social, decidiu aprobar a medida xa que, ao seu ver, en Galiza consecuencias son "máis devastadoras que no resto do Estado" xa que as pensións das persoas de máis idade son un 16% inferiores á media estatal. "Na maioría dos fogares de pensionistas galegos a porcentaxe de renda que se dedica a pagar menciñas supera o tres por cento e se a estes dous tipos de copagos implantados polo Partido Popular engadimos o copago das próteses, o copago dos traslados en ambulancia para recibir rehabilitación ou tratamentos en centros hospitalarios, a redución da renda dos pensionistas galegos pode supor até un cinco por cento, algo inxusto que acentúa a situación de penuria económica deste colectivo", explicou Veiga. O Vicepresidente da Deputación denunciou que os recortes aprobados polo goberno de Mariano Rajoy están a contribuír "a incrementar a pobreza e porcentaxe de poboación en risco de exclusión social. A sanidade xunto coa educación son dous piares fundamentais para garantir o futuro dunha sociedade e son neste ámbitos onde os populares están a cruzar todas a liñas vermellas". Coa nova liña de axudas demostra, segundo dixo, "que nun momento de crise é posíbel facer política pensando nos cidadáns". Foi precisamente un concello da provincia de Lugo, o de Riotorto, o que iniciou a batalla contra o copagamento farmacéutico, anunciando que asumiría o pago dos medicamentos á veciñanza con patoloxías graves. |
NOS_58345 | E que paralice os despedimentos. | CIG, CCOO e UXT presentaron na sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da galiza un escrito de solicitude de medidas cautelares con carácter previo á interposición da demanda de despedimento colectivo proposta por Alcoa. No escrito pídese por parte das mencionadas centrais a "intervención ou administración xudiciais dos bens produtivos (…)", asumíndose a intervención e administración "da planta de Aluminio pola SEPI durante o que dure o proceso de impugnación de despedimento colectivo, ata que se dite Sentenza firme". Piden á xustiza que ordene á multinacional que se absteña "de executar os despedimentos individuais con respecto aos traballadores afectados polo despedimento colectivo e absterse, en consecuencia, de parar a produción de aluminio na fábrica e de levar a cabo calquera actuación dirixida a facer efectiva esta parada da fábrica e das cubas en concreto, en tanto non se dite Sentenza firme no proceso de despedimento colectivo". No escrito aseguran que "nestas circunstancias, a intervención xudicial da planta, a paralización cautelar dos despedimentos e o mantemento da actividade das cubas electrolíticas revélase como a única solución posible para evitar que, durante a pendencia do proceso, prodúzanse situacións que de xeito evidente impedirán ou dificultarán en grao sumo a efectividade da tutela que puider outorgarse nunha eventual sentenza estimatoria".. Manifestación O comité de empresa de Alcoa San Cibrao convocou unha "gran manifestación" para o vindeiro sábado 24 de outubro en Lugo, onde rexistrará unha solicitude dirixida ao Goberno estatal para a intervención pública "temporal" da planta. Baixo o lema das súas últimas mobilizacións, 'A Mariña sálvase loitando', o comité de empresa anunciou esta nova marcha, que transcorrerá desde o edificio da Xunta até a Subdelegación do Goberno. De momento, nin a Xunta nin o Goberno español decidiron dar pasos firmes nesta liña, unha posibilidade que garantiría a continuidade da actividade e do emprego na planta de aluminio de Cervo. |
PRAZA_21077 | O 'número dous' do PP en Galicia, Miguel Tellado atribúe ao asesor da ministra Yolanda Díaz un "soldo de máis de cen mil euros ao ano" en Navantia, aínda que como representante do Ministerio de Traballo na empresa pública lle corresponden só dietas por asistencia, que non poden superar os 11.994 euros | A empresa pública Navantia ten un consello de administración composto por doce membros e un secretario. Das doce persoas que integran o consello, dúas son conselleiras dominicais (con funcións directivas): a presidenta, Belén Gualda, e a directora de empresas participadas, Rosario Martínez. O resto de vogais son conselleiros e conselleiras independentes que representan os ministerios de Defensa, Industria, Facenda, Asuntos Exteriores e Traballo e mais aos persoal a través dos sindicatos (actualmente, dous membros de CC.OO).O 'número dous' do PP galego atribúe ao asesor da ministra Yolanda Díaz un "soldo de máis de cen mil euros ao ano" en Navantia, aínda que como representante do Ministerio de Traballo percibirá dietas por asistencia que non poden superar os 11.994 eurosSegundo o decidido a finais de 2020, o actual representante do Ministerio de Traballo é o economista Manuel Lago. Quen fora deputado de En Marea no Parlamento de Galicia incorporouse en xaneiro de 2020 como asesor económico do gabinete da ministra, Yolanda Díaz, e é nesa condición na que foi incorporado ao consello de Navantia.Nos últimos días, o PP de Galicia criticou con dureza este nomeamento. O seu secretario xeral, Miguel Tellado, cualifícao como "enchufe" ou "porta xiratoria inadmisible", malia responder á representación habitual dos Ministerios na empresa pública e non ser produto dunha contratación tras o abandono da actividade política.Este luns, nunha entrevista coa Cadena COPE, Tellado reiterou estas críticas políticas, pero agregando que Lago vai dispoñer dun "soldo de máis de cen mil euros ao ano". Esta afirmación, que o PPdeG trasladou posteriormente aos medios de comunicación por escrito, non se corresponde coa realidade.Como fixan os estatutos sociais de Navantia, os conselleiros independentes do seu consello de administración (como Lago e o resto de representantes dos Ministerios) non teñen vínculo laboral coa empresa e só os que teñen este vínculo perciben un salario dela. A retribucións dos restantes, caso de Lago, consiste "en dietas por asistencia ás reunións do Consello", rexidas pola "normativa vixente para os organismos públicos e sociedades mercantís estatais".As contas anuais de Navantia reflicten que as dietas de todos os membros do consello de administracións suman unha cantidade semellante á que Tellado atribúe a un só dos seus integrantesA regulamentación vixente destas dietas data de 2013, concretamente da orde ditada por Cristóbal Montoro como ministro de Facenda do PP o 8 de xaneiro daquel ano. Como indican as últimas contas anuais publicadas de Navantia (as de 2019), as contías destas dietas para os membros de consellos de administración de empresas estatais de grupo 1 (caso de Navantia) non poden superar os 11.994 euros anuais. Consultado ao respecto por Praza.gal, o Ministerio de Traballo confirma que esa é a remuneración real. Daquela, a retribución que, como máximo, podería recibir Lago durante todo 2020 é practicamente dez veces inferior á sinalada polo número dous de Alberto Núñez Feijóo no PP de Galicia.As propias contas anuais de Navantia recollen canto destinou a empresa pública nos últimos anos a estas remuneracións. A suma de todas as remuneracións de todos os membros do consello 2019 foron 113.397,44 euros e en 2018, 112.307,08 euros. Isto é, unha cantidade semellante á que Tellado atribúe a un só dos seus membros, neste caso o asesor da ministra Yolanda Díaz. É tamén unha cantidade semellante á que percibe, de media, cada membro do Comité de Dirección, un órgano diferente ao Consello de Administración e que si se ocupa da xestión diaria da empresa. Neste caso, as propias contas anuais de Navantia si reflicten avultados salarios, cunha media de 110.457 euros en 2019. No caso de quen era presidenta da empresa nese ano, Susana de Sarriá, cobrou 181.292,98 euros brutos, segundo divulgou a propia compañía en aplicación da lei de transparencia. |
NOS_38400 | O movemento social de protesta contra a sentenza do Tribunal Supremo no xuízo ás e aos líderes do 'procès' fixo público un comunicado nesta cuarta feira, 16 de outubro, día en que o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ten previsto reunirse con PP, Cidadáns e UP para analizar a situación actual. | O Tsunami Democrático publicou na súa conta do Twitter ás 12.00 horas desta cuarta feira, 16 de outubro, un comunicado no que estabelece as tres prioridades para os vindeiros días na dinámica de protestas coordinadas contra a sentenza do Tribunal Supremo no xuízo ás e aos líderes do procès. A primeira, explican, é garantir o éxito da Marcha da Liberdade, da folga desta sexta feira, 18 de outubro, e da manifestación unitaria do 26 de outubro. A segunda, instalar antes dese día a aplicación móbil da plataforma no maior número de teléfonos móbiles. Esta app tan só pode ser activada de contar cun código QR, que só se pode conseguir, individual e persoalmente, doutra persoa que xa o teña previamente. A terceira prioridade é "evitar, en calquera acción, que alguén poida promover a violencia ou transformar a acción en actos violentos", malia a "brutalidade policial nestes días". O Tsunami Democrático fixo público este comunicado no día en que o presidente en funcións do Goberno español, Pedro Sánchez, ten previsto reunirse cos líderes de PP, Cidadáns e UP. Sánchez sinalou na súa conta do Twitter que lles trasladará a súa "determinación de garantir a seguridade con firmeza e proporcionalidade" en Catalunya, tras os disturbios vividos nesta pasada terza feira, 15 de outubro. O Tsunami Democrático é unha iniciativa que foi presentada nas redes sociais, xurdida da sociedade civil e coa complicidade de partidos e entidades independentistas. O obxectivo é dar unha resposta, baseada na loita non violenta e na desobediencia civil, á sentenza emitida polo Tribunal Supremo español sobre o xuízo contra o procès. |
NOS_37183 | Só 10 das 476 persoas contaxiadas precisan hospitalización. | O coronavirus continúa a reducir a súa incidencia na Galiza, situándose en niveis moi diferentes aos que rexistraba cara á mediados de abril, cando se atinxiu o pico da pandemia. Non hai vítimas mortais polo virus desde hai seis xornadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 476. Deles 101 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 189 da área de Vigo, 97 da de Santiago, e 13 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 10 están en unidades de hospitalización e 466 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.338 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 153.606. Residencias No que atinxe ás residencias de anciás, hai 31 casos activos (3 menos ca onte), dos que 17 son de persoas usuarias mentres que 14 son de traballadoras e traballadores. Os falecementos son 274: 132 en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas. |
NOS_8244 | O último balanzo do 112 recolle máis de 800 novos incidentes até as 7h do sábado. A Estrada, Vigo e Pontevedra foron os concellos máis afectados e máis de 65.000 galegas e galegos sofren problemas no subministro eléctrico. | Caídas de árbores, danos nas infraestruturas e accidentes nas estradas están a ser as principais consecuencias do temporal que afecta o país. O 112 reportou até as 7h deste sábado 827 novas incidencias que se suman ás de onte. O servizo de emerxencias rexistrou o maior número de alertas nos concellos da Estrada (98), Vigo (43) e Pontevedra (31), na súa meirande parte por desprendementos, caídas de tellas, inundacións, danos en inmobles e obstáculos nas calzadas. Entre as incidencias salientadas polo 112 atópase a caída de parte do tellado do IES Antón Roza Couto e mais do pavillón deportivo en Boqueixón, así como de parte do teito do pavillón do Colexio Inmaculada de Ponteareas. Aliás, en Noia rompeuse un espigón flotante. Problemas co subministro eléctrico Por outra banda, as compañías eléctricas calculan que son máis de 65.000 as persoas con problemas de subministro enerxético. Á falta de electricidade, súmanse as carencias no servizo de auga motivadas, precisamente, polos problemas co servizo eléctrico. Aliás, arredor dunha decena de persoas resultaron feridas leves en accidentes que teñen a ver co temporal. Previsións Segundo Meteogalicia, os ventos seguirán a soprar fortes na xornada do sábado. Serán de intensidade moi forte pola noite no litoral e moderados no interior, con refachos que superiores aos 80 quilómetros por hora. Os chuvascos, localmente tormentosos, están a ser xeneralizados en todo o país. As precipitación serán máis intensas no litoral atlántico e nas comarcas do suroeste e oeste, onde se esperan acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. En canto ao mar, as ondas poderían acadar os oito metros. De momento, rexistráronse ondas de entre cinco e sete metros na costa atlántica e de entre catro e cinco na Mariña. As temperaturas baixaron e durante a noite a cota de neve descenderá aos 1.200 metros. |
NOS_1373 | Adeus amigos e As aventuras de Passer P. Malta son os títulos das obras gañadoras, das que o xurado destacou a súa enorme calidade, escollidas entre 42 candidatas. | Adeus amigos, de Begoña García-Alén e As aventuras de Passer P. Malta, de Andrés Magán Zamorano, fixéronse co XV Premio Castelao de Banda Deseñada nas modalidades xeral e infantil e xuvenil, respectivamente. Por vez primeira, as bases recollían a posibilidade de presentar o proxecto e non a obra rematada.Ambas as dúas gañadoras naceron en 1989, estudaron Belas Artes na Universidade de Vigo e comezaron a publicar banda deseñada en 2014.Fallo do xurado O xurado composto pola editora de cómic de El Patito Editorial, Gemma Sesar; o responsábel de Komic Libraría, José 'Pío' Barreiro -primeira libraría especializada en banda deseñada da Galiza, fundada en 1987-; a debuxante e ilustradora Bea Lema -gañadora en 2017- e os galardoados o pasado ano, Martín Romero e Alberto Vázquez; co responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e a xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat, como secretaria, escolleron entre as 42 obras presentadas ao certame, catro veces máis que a convocatoria anterior. O premio consiste en 6.500 euros. O fallo destacou de Adeus amigos a "aposta gráfica experimental vencellada á trama coa obra do artista Bas Jan Ader", cunha "mestura da historia gráfica dun artista coa historia dun neno dunha forma máxica". D'As aventuras de Passer P. Malta loubaron que se trata dunha "historia divertida, surrealista e máxica", con "bo debuxo" e "protagonizada por animais antropomorfos que lembran os clásicos do cómic, pero actualizados a nivel narrativo e gráfico". |
NOS_47451 | O 'Roteiro das Mulleres' que organiza a A.C. Alexandre Bóveda volveu poñer en valor figuras femininas fundamentais na ciencia, a literatura, a pedagoxía, o compromiso militante ou as liberdades sexuais | Ánxeles Alvariño, Mercedes Núñez, Inés de Bens, María Barbeirto, Milagros Rey... Nomes que a unha parte considerábel da sociedade coruñesa e galega non din nada mais que significan moito. Dar a coñecer estes nomes, as súas historias, poñer en valor as traxectorias destas e doutras mulleres "que abriron camiños para outras que viñan detrás, que rozaron congostras para facer máis doada a travesía das que chegaron despois" é o obxectivo do roteiro organizado pola A.C. Alexandre Bóveda que decorreu este sábado na cidade herculina. É o segundo ano que esta entidade organiza esta actividade, na que diferentes perosas interviron para falar desas mulleres precursoras e para explicar o contexto. Houbo tamén música, danza contemporánea, canto e representacións teatrais para axudar a visibilizar estas historias. O punto de partida foi o Obelisco, con Ánxeles Valiño e María Wonenburger como protagonistas. Oceanógrafa experta en zooplancto e descubridora dun total de 22 novas especies animais mariñas a primeira. Prestixiosa alxebrista e profesora na Universidade de Toronto formando parte dun claustro exclusivamente masculino e na Indiana University a outra. A seguir, a camiñada percorreu a Rúa Real, o Teatro Rosalía, o Rego da Auga, a Rúa da Fama até chegar á Praza de María Pita. Durante o percurso, foron debullándose historias e vidas como a de Mercedes Núñez, activista comunista detida na coruñesa Rúa Real e que acabou nun campo de concentración nazi. Ou a de Juana Capdevielle, pedagoga e arquiveira ao que os franquistas violaron e asasinaron. Tamén se falou das irmandiñas de Elvira Bao, mestra e militante nacionalista. Membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e presidenta da primeira Xunta Directiva, o seu nome é recollido no semanario A Nosa Terra como intervinte en mitins do Partido Galeguista. Xunto ao seu home Bernardino Varela Docampo editaron o primeiro libro de Contos pra nenos, un texto de autoría de Vicente Risco e ilustracións de Álvaro Cebreiro. A ruta seguiu percorrendo a cidade e falando tamén das lavandeiras e augadoras, da renovación pedagóxica e María Barbeiro, de Milagros Rey, primeira arquitecta colexiada na Coruña… E de Elisa e Marcela, un matrimonio que adiantou en máis dun século a historia. |
PRAZA_11122 | A Consellería de Educación di descoñecer canto suman as diversas partidas que entrega cada ano aos cinco centros galegos que separan nenos e nenas e remítese á contía global duns 250 millóns destinada a todos os concertados | A Consellería de Educación di descoñecer canto suman as diversas partidas que entrega cada ano aos cinco centros galegos que separan nenos e nenas e remítese á contía global duns 250 millóns destinada a todos os concertadosA Xunta non sabe canto suman as diversas partidas económicas que entrega cada ano a cada un dos cinco colexios galegos concertados que seguen a discriminar o alumnado por sexo. Así o admite o Goberno galego en resposta a unha petición de información expresa formulada ao amparo da Lei de Transparencia, que elude contestar alegando unha excepción da norma que así o permite no caso de que as administracións teñan que pasar o traballo de reelaborar os datos dos que xa dispoñan para poder ofrecer unha resposta. Iso é o que argumenta a Consellería de Educación neste caso, no que di que tería que extraer a información "de múltiples expedientes e soportes" xa que non ten detallado "individualizadamente o importe de cada centro". Educación limítase a remitirse aos orzamentos xerais da Xunta, que suman unha contía global de máis de 250 millóns de euros ao ano para os arredor de 300 centros concertados de Galicia.En toda España os máis de 70 colexios que segregan por sexo e que aínda contan cun concerto coas administracións autonómicas reciben ao ano uns 130 millóns de euros. Porén, a Xunta é a única que non detalla a contía que destina a eses centros, que en Galicia son cinco: Montespiño e Peñarredonda na Coruña, e Las Acacias, Montecastelo e Aloya en Vigo. Hai uns anos sindicatos e partidos da oposición coincidiron en estimar nuns 3 millóns de euros o importe total que recibían eses centros, pero a Xunta elude confirmar ou matizar esa cifra.A lei de transparencia establece que as administracións poden inadmitir a trámite as peticións de transparencia "relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración"O pasado 10 de setembro este diario formulou unha petición expresa de información á Xunta ao amparo da Lei de Transparencia solicitando coñecer "o detalle dos fondos da Consellería de Educación destinados en total e por cada unidade concertada no curso 2018-19" cos anteditos cinco colexios. Fronte ás demoras ou silencios administrativos con que a Xunta adoita tratar ese tipo de peticións de transparencia, neste caso a Consellería de Educación respondeu en pouco máis dunha semana inadmitindo a petición argumentando a excepción contemplada na Lei de Transparencia.Efectivamente a lei establece que as administracións poden inadmitir a trámite as peticións de transparencia "relativas a información para cuxa divulgación sexa necesaria unha acción previa de reelaboración". E a Consellería de Educación argumenta que iso sería o que tería que facer para responder á solicitude de transparencia formulada xa que os centros reciben diversas partidas por conceptos distintos, como o número de profesores, persoal complementario, "outros gastos" ou axudas a programas educativos específicos, polo que "habería que extraer información de diversos soportes: de expedientes físicos, situados en diferentes dependencias, e sistemas informáticos (sistema contable); ademais, parte desta información a xestiona o CIXTEC (Centro Informático de Xestión Tributaria, Económica e Contable), polo tanto non está no ámbito funcional de actuación deste organismo".En 2017 o Goberno galego estendeu a vixencia dos concertos de catro a seis anos, ata agosto de 2023Ao tempo que coa súa resposta a consellería admite que carece de datos sistematizados tanto do detalle dos fondos que recibe cada colexio concertado que segrega por sexo como do total dos mesmos, Educación remite na súa resposta ao buscador xenérico de resolucións da web do Diario Oficial de Galicia sinalando que alí se pode atopar tanto a orde na que se indica cantas unidades ten concertadas cada un dos cinco centros en cuestión así como a lei de orzamentos xerais da Xunta na que se establecen os módulos económicos en que se reparten as contías que o Goberno galego destina a todos os centros concertados, a antedita cifra global duns 250 millóns de euros. A negativa da Xunta a concretar cantos cartos públicos reciben os cinco colexios galegos que seguen a segregar nenos e nenas prodúcese despois de que o Goberno galego establecese que os concertos xa concedidos poidan prolongarse ata o 31 de agosto de 2023, ampliando de catro a seis anos o anterior prazo de vixencia dos mesmos. Igualmente, a Xunta eliminou a preferencia da educación en igualdade para financiar os colexios concertados en xeral. |
PRAZA_14308 | O evento Rail Girls, que busca introducir cada vez máis mulleres no mundo da programación, celebrouse en Madrid a pasada fin de semana. | Rails Girls é un curso intensivo de aplicacións web dirixido exclusivamente a mulleres. O obxectivo destes obradoiros, que dende hai uns meses se celebran en todo o mundo, é ensinar os conceptos básicos da programación, unha profesión na que a presenza dos homes é aínda moi maioritaria. A pasada fin de semana celebrouse en Madrid por vez primeira. Simultaneamente estábanse celebrando eventos semellantes en Tallinn, Washington e Hamburgo cos que se realizou unha conexión en directo durante o obradoiro. Está organizado por grupos de voluntarios e voluntarias e busca achegar a tecnoloxía e o open source a novos públicos dunha manera sinxela e rápida: "do concepto ao código en dous días". De feito repiten a idea de que no futuro "programar será tan común natural e sinxelo como hoxe é ler e escribir". Rails Girls naceu en Helsinki en novembro de 2010, de forma espontánea, cando se convocou a mulleres de todas as idades para aprenderlles os fundamentos básicos dunha aplicación web. Unha das creadoras do primeiro evento, a finesa Karri Saarinen, afirma que "Internet foi construido por e para os homes. Como muller ás veces sinto que me falta o vocabulario para acceder a ese mundo. Con Rails for Girls, queremos desmitificar o mundo das aplicacións web". |
NOS_22787 | É, a respeito do 20D, o rosto novo do nacionalismo galego en campaña. Luís Bará (Vilaboa, 1965) está a desenvolver unha actividade frenética no tramo final da carreira cara ao 26X. Aténdenos por telefone á saída do mitin de Vigo, na noite da terza feira. Acredita firmemente en que o futuro na Galiza se chama nacionalismo galego. | -Con que ánimos afronta BNG Nós Candidatura Galega o sprint final de campaña? -Con moita confianza, con moita enerxía, porque tanto os actos políticos que estamos facendo como as xuntanzas ou o traballo de rúa, de repartos de material informativo, están sendo moi positivos pola resposta da xente. Estamos con moito ánimo. Eu teño o depósito cheo para esta recta final. -Estás vendo a campaña como unha campaña fría ou desde dentro tes outra impresión? -Como é a primeira que fago -digo de xerais, fixen outra pero non xerais, e na outra [refírese á do 20D] estiven máis nun segundo plano- o que che podo dicer é que nos actos que estamos a facer e na rúa vemos que si, que hai xente que está enfadada, que está cabreada, pero en xeral vemos bon ambiente, boa resposta e bastante participación. Outra cousa é esta dobre realidade, a realidade televisiva e depois a outra, de traballo social, de traballo de rúa, de poder mobilizar a nosa base social e de intentar chegar aos sectores que representan un pouco o espazo político ao que nós nos diriximos, non? -E nese sentido pódese sobrevivir lonxe dos platós madrileño? -Bon, digamos que nós non escollemos o camiño fácil. Estamos en política por principios e por valores e porque temos ideas, somos nacionalistas, non collemos atallos nen bandeiras de conveniencia. Nós pensamos que esta é a política que hai que facer. Agora triunfa máis a política convertida en mercadotecnia, pero eu creo que ao final o que vai quedar despois de todo isto é o que nós representamos e desde logo para Galiza como non estea o nacionalismo, pois o futuro vai ser moi sombrío, por iso nós temos confianza e a convicción de que hai que seguir adiante neste camiño, defendendo os principios que sempre defendemos e non coller atallos nin camiños fáciles. -Que resaltarías do que che leva dito a xente coa que entras en contacto por primeira vez en campaña? -En xeral, o que vexo é moita simpatía e moito recoñecimento do traballo político do BNG, do traballo de mobilización social, do traballo feito no Parlamento do Estado. Hai moito recoñecimento e moita consideración. Outra cousa é que se iso se converta en respaldo, se converta en voto, pero como principio eu creo que está ben, que haxa ese recoñecimento e esa valoración do noso traballo. Por iso o noso esforzo debe ser poñer en valor iso e intentar convencer a eses sectores aos que nos temos que dirixir que é necesario recuperar esa voz que estivo ausente nestes meses de lexislatura e polo tanto Galiza ten que estar e a única garantía de que estea é que estea o nacionalismo, que estea o BNG Nós Candidatura Galega. -Como avalías a hipótese dunhas terceiras eleccións? -Bon, é unha posibilidade que está aí. O panorama é bastante inestábel e de dificuldades para chegar a acordos. Non se ve, polos posíbeis aliados que terían que pactar, moita vontade de chegar a acordos. Estamos nunha política moi táctica, moi de postureo e de escenificación, e depois por detrás hai poderosas maquinarias dos partidos que condicionan as decisiós e non vai ser fácil. Pero o noso problema non é ese. O noso problema é facer un grande esforzo esta campaña e seguir despois para organizar e para fortalecer o nacionalismo e ter forza en Galiza e en todos os foros, tamén desde logo no Parlamento español, porque é fundamental que esteamos aí neste novo marco político onde vai haber oportunidades para actuar politicamente, para ter protagonismo, ser determinantes e inclinar a balanza a favor da Galiza. A nosa auténtica liña vermella é que na política madrileña Galiza conte, non como nestes meses en que non só estivo ausente senón que se lle faltou o respeito, nen sequer estivo presente nos documentos da negociación nen na propia escenificación por parte dos partidos políticos, mentres Valéncia si tivo un papel protagonista, Galiza foi unha convidada de pedra. A nosa auténtica liña vermella é que na política madrileña Galiza conte -Cando escoitas a típica mensaxe de que nestas eleccións non é útil votar o BNG, que pensas? -Bon, a única forza política que ten lealdade, fidelidade, que a xente pode ter a garantía de que votándoa vai defender o mesmo aquí que en Madrid é o BNG Nós, polo tanto as outras forzas políticas ao final van facer o que digan en Madrid, os outros deputados e deputadas van defender as decisións que impoñan as direccións madrileñas. Polotanto, eu creo que a utilidade está en ter forzas políticas propias que defendan os intereses de Galiza. Esa lealdade, esa fiabilidade, só a pode proporcionar nestas eleccións o BNG. -Que lle dirías a unha persoa indecisa entre votar BNG Nós Candidatura Galega e a unha forza política estatal? -A mensaxe é que as persoas que lle queren a Galiza -as persoas que acreditan en que Galiza merece un futuro mellor e en que hai que apostar polo potencial, polos recursos, que ten o país, que hai que buscar alternativas tamén na modernización e na investigación e na tecnoloxía e na ciencia e en modernizar os nosos sectores produtivos tradicionais- pois todas esas persoas teñen que apostar por unha forza como o BNG porque é a única que vai poñer todo en desenvolver o país e en condicionar a acción do goberno español en relación a Galiza. É unha mensaxe que se dirixe sobre todo á xente que está defraudada, decepcionada, polo que foi o comportamento doutras forzas políticas que dicían representar a Galiza e que non o fixeron, e polotanto penso que teñen moitas razóns para cambiar o voto e neste caso votar BNG Nós. -Que opinas da chamada Nova Política? -Eu creo na política con principios, con ideas, con valores. Agora está triunfando un novo formato político que se basea no modelo americano, inspirado na mercadotecnia, na venda do produto, que envolve a mensaxe política como se fose un produto de venda comercial en función do que poden ser as necesidades concretas e puntuais dos consumidores e das consumidoras. Eu creo que iso é unha moda, pero que é unha moda que non vai durar. E o nacionalismo ten que estar en posicións de firmeza, de convicción, de coherencia sobre todo, de dignidade tamén e de orgullo por todo o que se conseguiu. Hai que ter confianza en que o futuro pasa por manter posicións dese tipo e non por buscar camiños fáciles que teñen que ver con iso que se chama nova política e que ten, digamos, envoltorios que poden ser atractivos, pero por debaixo non hai nen coherencia nen ideoloxía nen principios claros que oferecerlle á sociedade. -Ves mobilizados os sectores tradicionalmente apoiantes do Bloque? -Na realidade, hai digamos moita variedade de situacións, depende das distintas comarcas, dos distintos territorios. Hai zonas en que a nosa base social está moi mobilizada e motivada e outras en que a campaña se está a levar cun ritmo menos intenso. "Imos a máis e estamos nunha remontada para conseguir o obxectivo de termos representación" -Estase a tempo para reactivar a campaña nesas zonas? -Desde logo. Durante a campaña houbo reactivación e un grao de mobilización alto. E iso vainos dar un plus de capacidade de chegar a xente e intentar dar ese salto cuantitativo de apoios para poder recuperar esa representación que tivemos. -Estase indo de menos a máis, por así dicelo? -Si, si, eu creo que desde logo. Polo que vexo aquí, na provincia de Pontevedra, mesmo na repercusión mediática, na imprensa escrita sobre todo, estamos tendo unha campaña con moita participación social, con moita interlocución con moitos sectores, iso está tendo resultados e repercusión. Creo que a presenza na rúa vainos dar ese salto. Imos a máis e estamos nunha remontada para conseguir o obxectivo de termos representación. A mensaxe de hoxe en Vigo [a entrevista foi realizada durante a noite da terza feira] foi esa: facer un chamamento á mobilización, a contaxiar esa alegría, ese ánimo, para traballar duro para conseguir ese grande resultado o 26X. -Ves estas eleccións como unhas primarias das galegas ou non? -[risos] Ben, está claro que tanto para nós como para as outras forzas políticas o resultado vai marcar a posición de partida para as novas eleccións. É induvidábel que estas eleccións tamén son unha oportunidade para o nacionalismo saír cohesionado e fortalecido e para encarar as galegas con garantías. Ademais, houbo neste tempo cambios do BNG de marcar unha liña política máis clara e máis visualizábel e tamén un liderado novo, un liderado dunha persoa moi capacitada, con coraxe, con enerxía e con talento como é Ana Pontón que nos pode tamén axudar a afrontar esa nova cita eleitoral con garantías, aparte de todo o traballo que temos como organización e o labor dos nosos goberno que tamén son unha referencia social de que o BNG é capaz de transformar a realidade e mellorar as cidades e as vilas do país e que pode ter un papel central no que pode ser un goberno galego. |
QUEPASA_392 | O estado de abandono total e o risco de colapsto veñen de provocar que a casa renacentista en A Vacariza, na parroquia dumbriesa de Berdeogas, fora incluída esta semana na Lista Roja del Patrimonio que elabora a asociación Hispania Nostra. O pazo dumbriés é xa un dos 900 monumentos españois en risco de desaparición se non se actúa de inmediato, entre os que tamén están as cabanesas A Torre da Penela e a Casa Reitoral de Corcoesto. A casa renacentista na Vacariza é un Ben Catalogado e os tres escudos da súa fachada (con armas da familia Moscoso) están declarados como Bens de Interese Cultural. Pese a iso, o seu estado xeral é de ruína progresiva: sillares desprendidos, falta do tellado e invasión da maleza e o interior cheo de escombros. Trátase dunha construción orixinal do século XVI pero quen mellor que Modesto García Quintáns para contarnos a súa historia: | O Modesto Patrimonio: A Casa da Vacariza Un dos escudos do Pazo Cando falamos da Vacariza de Berdeogas reférimonos a un lugar dos once que compoñen a parroquia de Berdeogas no concello de Dumbría. Localízase nas coordenadas UTM-29 ETRS89 X = 491667; Y = 4764718. Segundo o inventario catastral do ano 1753, nesta parroquia había dous "Coutos". Un deles era o Couto da Vacariza, formado polos lugares da Farrapa e A Pedriña, que pertencía ao Señorío do Marqués de Parga. Coñecida como "Casa Grande da Vacariza" (antes escribíana con b), pertencía a este couto. Non é tan grande; ten forma rectangular con dúas alturas e duns 12 m. de longo por uns 8 m. de fondo. A porta principal, situada polo lateral leste, daba á "pedra do lar" con forno, e a chimenea estaba pegada ao muro da planta alta, algo parecido ás primitivas casas das aldeas. Segundo se entraba, á man esquerda, estaba a corte do gando, separada por lousas de pedra, e a escalera de subida ao sobrado. A fachada é de sillería, ben traballada renacentista. No saínte ten dúas ventás, de estilo arquitectónico portugués do reinado de Manuel I (1495-1521) e entre elas hai un escudo coa cabeza de lobo, símbolo dos Moscoso. A cuberta era a dúas caídas e no lateral sur ten unha gárgola cunha imaxe de pedra que evacúa as augas da choiva cara á Casa de Loalo do Campo de Berdeogas, que foi construída por unha venganza contra este veciño. Esta casa debeu ser construída sobre o ano 1450 por García Rodríguez, que era de Noia. Nestas datas aparece a familia López Leis I, que, según documentos construíu a capela de San Gregorio da igrexa parroquial. Esta rama continuou ata o ano 1635, cando Antonio de Leis casou con Lucía Vazquez de Lema da Casa da Farrapa. A línea directa dos Leis rematou sobre o año 1802 coa voda de Mª Antonia Romero Moscoso con José Ventura de Leis. Foi a orixe das familias cos apelidos Esparís, Cantorna, Romero e Sendón. A partir do s. XIX este casa foi habitada por "caseiros" ata quedar totalmente abandoada, encontrándose na actualidade en estado ruinoso. Queda no aire a pregunta: Quen son os herdeiros desta casa na actualidade? Segundo comentarios veciñais, o último herdeiro era Manuel Leis Sendón que emigrou a Argentina. Era fillo de Manuel Leis del Río (avogado) e pouco máis se sabe. Quen estudiou con detalle esta familia foi o historiador Xosé Mª Lema Suárez, Manuel Canosa Mouzo, cura de Coucieiro, e Ramón Romero, cura de Berdeogas. Tamén se reseña parte desta historia no libro "El Ayuntamiento de Dumbría, historia, tradiciones y costumbres", da miña autoría. Modesto García Quintáns. Outros artigos no "Modesto Patrimonio" O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Rebordelo, Demografía no Concello de Dumbría. A Bandeira do Concello de Dumbría. A fervenza de Miñóns de Buxantes. A Central Hidroeléctrica de Buxán de Dumbría. O escudo de Dumbría. Os Pasales, a barreira natural do paso sobre o Río Xallas. A Casa da Pedra do Ézaro. O muíño fariñeiro máis antigo documentado no Concello de Dumbría. Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría. O Cura Rioboo de Berdeogas. O Balcón da Costa da Morte. As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría O Hórreo na Comarca de Fisterra. A hidrografía no concello de Dumbría. A Ferigresía de Refoxos. A Ruta de Pallares. Muíños do Río da Lagarteira (II). Muíños do Río da Lagarteira (I). Un paseo á Ermida das Neves de Buxantes. O caserío dO Cotelo de Olveira. O Cemiterio de Buxantes. A Santiña de Trasufre. O Castro de Alvarellos de Berdeogas. Lugas de Castrelo, Colúns. A Capela de San Marcos do Logos. Os muíños do Rego de Quenxe. Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?: Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios. Os muíños da nosa comarca. Recordando o día máis angustioso de Xesús. As varas: As antigas unidades de medida. Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas. A hidrocentral "Electra del Jallas". O 50 aniversario do Encoro da Fervenza. A igrexa parroquial de Dumbría. Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina. O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión. A escola de Dumbría. Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes. O Dolmen da Pedra da Arca. A Cabana da palla do millo. Apañar o mato en primavera. A Ponte de Canelas en Dumbría. O arado de madeira ou tamén chamado romano. O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira. Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa. O Castro de Castromiñán. O lugar de Quenxe. A Igrexa Parroquial de Buxantes. A Igrexa Parroquial da Ameixenda. O Bico do Santo en Carnota. Patrimonio Pindexo O Modesto Patrimonio: Subida ó Pico de Peñafiel do Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: A toponimia do Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?. O Modesto Patrimonio: Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo. O Modesto Patrimonio: A Furna do Río da Barco. O Modesto Patrimonio: Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo. O Modesto Patrimonio: A Cova da Pendente do Monte Pindo. O Modesto Patrimonio: Os muíños do Monte do Pindo. Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo. Pepe do Fieiro: "Dicían os nosos vellos…". Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 1). Ézaro, unha viaxe polas covas dos agochados no Monte Pindo (Parte 0). Da Raínha Lupa á Cova da Xoana, pasando por Duio, con Pepe do Fieiro. Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns. |
NOS_41013 | A plataforma de crítica literaria feminista A Sega e a libraría compostelá Chan da Pólvora, especializada en poesía, organizan o vindeiro 26 de febreiro unha homenaxe á poeta Xela Arias. | A publicación da súa Poesía reunida (1982-2004), da man de Xerais e ao coidado da profesora María Xesús Nogueira, é a escusa para celebrar a obra insular, tensa e radical, de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2004). "Poeta independente de seu e agasallo para todas", sinalan as organizadoras. Singular no seu contexto xeracional, destemida e pioneira, a súa poesía afastouse das voces principais que acabaron por conformar o canon da época. "É unha voz que, desde os anos 80 até a súa prematura partida, logrou enfiar unha obra tan só comparábel consigo mesma e comprometida co mundo que camiñaba", din, "que camiñaba Xela. Xela muller". A críticas reunidas na Sega hai tempo que propoñen Xela Arias como protagonista do Día das Letras Galegas. Cinco delas, tamén poetas, estarán a terza feira, 26 de febreiro, ás 20.30 horas, en Chan da Pólvora para "contaren a súa vida e leren a súa obra". Serán Andrea Barreira Freije, Ánxela Lema París, Arancha Nogueira, Lara Rozados e Nuria Vil. |
PRAZA_8800 | O secretario de Estado de Exteriores confirma, a preguntas do PSOE, que o presidente da Xunta utilizou, como candidato á reelección, un automóbil público durante a súa xira electoral a Sudamérica | Houbo uso de coche oficial. Os primeiros días da campaña electoral autonómica de 2012 estiveron axitados, entre outros asuntos, pola saída á luz das imaxes do daquela candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a piques de embarcar no avión do acaudalado empresario José Benito López Carballedo para desprazarse de Bos Aires a Montevideo, no marco da súa xira electoral por Sudamérica. Daquela o PSOE advertiu de que "nas fotos aparece tamén un vehículo oficial da Embaixada de España" na Arxentina, "concretamente un Mercedes", ademais do propio embaixador, Román Oyarzum. O automóbil, dicían os socialsitas, "levou a Feijóo no vehículo oficial da institución ata o aeroporto", onde o agardaba a polémica aeronave, alcumada Paxariño Novo. Nove meses despois confírmase o uso do vehículo. A preguntas do senador do PSdeG Miguel Fidalgo o secretario de Estado de Exteriores, Gonzalo de Benito, admitía este venres que, efectivamente, Feijóo se beneficiou do uso dun coche oficial naquel viaxe, se ben enmarca a atención no proceder "comprensible", segundo o cal cómpre que "ante a chegada dunha autoridade -Feijóo viaxaba en calidade de líder do PP, non de presidente- haxa algún apoio para trasladar a persoa ao lugar onde se vai aloxar". Segundo De Benito a Embaixada "limitouse a recoller" o líder da dereita galega no aeroporto cando chegou a Bos Aires e non foi utilizado "ningún recurso da Embaixada" cando Feijóo emprendeu viaxe cara ao Uruguai. Nesa mesma viaxe Feijóo empregou o avión do empresario arxentino José Benito López Carballedo para viaxar ao Uruguai Segundo o secretario de Estado estas facilidades son "sempre iguais" para todos os dirixentes políticos, "independentemente de ideoloxías ou procedencia". Así, asegura, o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, tamén foi recibido por un coche da Embaixada na propia campaña electoral de 2012. Naqueles días fontes dos socialistas galegos consultadas por Praza aseguraran que na viaxe de Vázquez -que se produciu cunha diferenza de vinte e catro horas a respecto da de Feijóo- houbo un recibimento por parte dun representante da embaixada que, non obstante, non puxo á súa disposición vehículo ningún. Neste contexto, o senador autor da pregunta censura o "cinismo" de Feijóo, quen "criticou outros partidos por utilizar coches oficiais mentres el n on dubida en usar o Mercedes do embaixador na Arxentina" e, ademais, "se serve do avión particular dun multimillonario". O propio Feijóo, di Fidalgo, "demonizou o voto da emigración e despois non dubidou en utilizar os bens e servizos públicos en beneficio electoral propio". "Tivo o comportamento que el tanto criticara", subliña, nun contexto no que, advirte, Pachi Vázquez "non utilizou ningún medio ou recurso público", toda vez que as súas actividades no exterior foron "financiadas con cargo aos fondos do partido". "A utilización destes bens e recursos públicos para a súa propia campaña supón un delito electoral e unha irregularidade moi grave" ante a que o Goberno central debera "tomar medidas e depurar responsabilidades", conclúe. |
NOS_7795 | A rúa pasará a chamarse avenida de Virxinia Pereira, na honra da galeguista, de forma definitiva. A mudanza tivo lugar o pasado abril pero un veciño presentara un recurso en contra. | O nome da avenida de Virxinia Pereira, que desde o pasado 23 de abril substituíu a dedicatoria no rueiro pontevedrés ao rei emérito Juan Carlos I, será o definitivo após transcender que o veciño que tiña recorrido a decisión municipal renunciou a seguir nos trámites xudiciais. O Goberno local decidira a mudanza polo dereito da galeguista a recibir unha homenaxe pero tamén tras darse a coñecer os diferentes escándalos ligados ao pai do actual monarca. Un residente na estrada intentou oporse ao cambio considerando que non existía "fundamentación legal nin moral" pero finalmente renunciou. "Temos a honra de ser das primeiras cidades que quitou do seu rueiro ao Borbón para poñer a unha muller emblemática como Virxinia Pereira", afirmou a nesta segunda feira a voceira do Goberno local, Anabel Gulías. A desistencia das devanditas accións xudiciais, contra as que non cabe recurso, ratificarase no próximo pleno da corporación, xa que o cambio de nomenclatura fora un acordo plenario adoptado cos votos a favor do goberno municipal formado polo BNG e o PSOE e o rexeitamento do PP e dun concelleiro non adscrito. "A pesar de que os malos presaxios dicían que iamos ter que botar atrás unha decisión deste calibre", precisou Gulías tras a xunta de goberno, "vai ser que non".Na realidade, xa se fixera un acto simbólico do cambio do soporte co nome do espazo no que estiveran presentes o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os edís de Cultura, Protección Cidadá e Obras, Carme Fouces, Eva Vilaverde e Demetrio Gómez, respectivamente.O rexedor municipal destacou naquel momento a figura de Virxinia Pereira como "defensora do legado de Castelao" fronte ao rei emérito, do que sinalara que "non é merecedor" do recoñecemento que supón formar parte do rueiro urbano. |
NOS_40970 | Unha rede cosida con música jazz tapizará a ría de Ferrol na fin de semana do 17 ao 19 de agosto. O festival Jazz de Ría unirá Ferrol e Mugardos cunha programación repartida nas dúas localidades que achegará algunhas das principais variedades do xénero. | "Recuperar a lancha como medio de transporte e gozar dese paseo mariñeiro pola ría de Ferrol a ritmo de jazz", sinalan desde a organización, "ademais con escenarios localizados nun entorno patrimonial, integrado co maior dos respectos e cunha proposta artística de tanta calidade". O dixie -ritmo primitivo orixinado en Nova Orleáns- dos galegos Low Bay Hot Band que abrirá o encontro a sexta feira, 17 de agosto, a bordo da lancha que navega entre os peiraos das dúas vilas. Esa mesma xornada pola noite, no Cantón de Cora de Mugardos, o trío do batería ferrolán Miguel Lamas marcará o inicio oficial. A seguir, o cuarteto dun mugardés, o contrabaixista Simón García, amosará o seu último disco, Bassically. Será tempo de fusuión, con aires funk, swing ou de bossa nova. Ao día seguinte, o programa comeza ao mediodía. Na Praza Vella de Ferrol haberá "unha chispeante sesión vermú". Correrá a cargo do swing e o dixie -a prehistoria do jazz, dalgún xeito, cando aínda se bailaba- da Madrid Hot Jazz Band. Ao tempo, a escola Swing On Vigo ofrecerá "un obradoiro aberto de lindy hop", unha das moitas danzas asociadas a ese período do jazz. O Tina Raymond Trio será unha das presenzas internacionais da cita. O seu último disco, Left Right Left, inspírase na continuidade progresista da historia americana, do Movemento polos Dereitos Civís da poboación afroamericana á potencia dos sindicatos durante o New Deal. Modernista e de vangarda, con inevitábeis paradas no gospel. Na noite do sábado 18 de agosto, na Praza Vella de Ferrol, Puerta Sur xunta o vibrafonista galego Ton Risco, o batería Dani Domínguez e o contrabaixista Joan Masana, "o jazz máis inesperado". A última xornada do Jazz de Ría empezará ao mediodía no Cantón de Cora de Mugardos, coa cantante e saxofonista catalá Eva Fernández. E o trío do compostelán Abe Rábade, un dos pianistas fundamentais do Estado e máis alá, porá o ramo, cun concerto no Castelo de San Felipe, "iluminado e coidado para a ocasión", en que intepretará o seu inminente novo disco. Ademais dos concertos, entre a segunda feira e a quinta, as asturianas Mapi Quintana e Maite Heres impartirán un obradoiro "de jazz e improvisación para grandes voces pequenas" no Centro Cultural Torrente Ballester. O 16 de agosto, á tardiña, no Baluarte de Ferrol amosarán o aprendido. Os concellos de Ferrol e Mugardos organizan o festival Jazz de Ría, que este ano atinxe a súa segunda edición. |
NOS_48720 | A CIG-Ensino critica que a Xunta da Galiza se está a escudar no retraso da Administración do Estado Español para non dar instrucións claras ao profesorado galego sobre o terceiro trimestre. As Administracións estatal e galega "están chegando tarde e de forma descoordinada", sinalan no sindicato. | "Para estas instrucións non era necesaria a espera", sinala a CIG-Ensino en relación ás instrucións que a Consellaría de Educación colgou no seu portal web na sexta feira, 17 de abril, tituladas como "orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre 2019-2020, á espera da publicación da normativa estatal". O sindicato nacionalista critica que "veñen precedidas dunha introdución que parece máis propia dun gabinete de prensa partidario que dun documento comunicativo dirixido ao conxunto do profesorado". Valoran na CIG que o texto da Xunta pretende máis ben "dar resposta a outra Administración que unhas instrucións", que "é realmente o que estaba a esperar o profesorado", resaltan. Nun comunicado público emitido pola central sindical, sinalan que "corresponde ao Goberno galego dar unhas instrucións claras para a comunidade educativa" e valoran que "para iso non precisa a nosa conselleira unha orde da ministra para saber o que ten que facer, especialmente cando xa ficou claro que papel se reserva o Ministerio despois da reunión do día 15". Na CIG-Ensino consideran que a Xunta da Galiza se está a escudar no retraso da Administración do Estado Español para non dar instrucións claras ao profesorado galego, e subliñan que gran parte do contido presente nas indicacións que a Consellaría publicou na sexta feira, nomeadamente no referido ao apoio aos centros educativos, "podía terse ditado o pasado 13 de marzo". No sindicato valoran que ambas as Administracións, a estatal e a galega, "están chegando tarde e de forma descordinada, mais non é menos certo que as instrucións á comunidade educativa galega teñen que partir da Consellaría e non as están dando en tempo e forma". Mentres se agarda pola publicación no BOE da orde marco ministerial no que se fixe un marco flexíbel sobre a promoción e a titulación que despois deberá desenvolver o Goberno galego para que sexan os equipos docentes quen os adapten e apliquen, o profesorado galego está a traballar, resalta a CIG, "suplindo o baleiro de normas e indicacións como mellor pode e entende, atopándose agora cunhas instrucións nas que ten un papel destacado a burocracia, o menos necesario neste momento", critican. No texto da Consellaría incídese en depositar unha serie de responsabilidades nos centros educativos "cando en boa medida hai unha ausencia de iniciativas no mesmo sentido por parte Xunta como máxima responsábel", sinala a CIG no seu comunicado, criticando que as instrucións da Consellaría indiquen que os centros teñen que facer "un especial esforzo para identificar o alumnado que carece de medios de conexión dixital e, en virtude da súa autonomía organizativa e de xestión, arbitrar as medidas necesarias e facilitar o uso de distintos tipos de dispositivos adecuados para a atención educativa a este alumnado". A maioría dos centros educativos xa está "facendo ese labor", sinalan desde a central sindical, lamentando que non haxa un "maior e especial esforzo" por parte do Goberno galego por adoptar medidas "que realmente poñan a disposición do alumnado todos ou boa parte dos materiais, dispositivos ou recursos que precisan para a reconexión co seu profesorado e compañeiras e compañeiros". Nese sentido, preguntan ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, a través do seu comunicado, se o mandatario "pensa que con tres ordenadores por centro se soluciona o problema". Tres ordenadores que, matizan, "foron repartidos sen máis criterio que levar o mesmo número deles aos centros de secundaria independentemente do número de alumnas e alumnos que teña o centro. Tres ordenadores, con ou sen conexión ás redes, xa que nin cobertura temos en moitos lugares do noso país, non cobren a responsabilidade do Goberno galego de tentar paliar a fenda dixital do noso alumnado". O sindicato nacionalista critica tamén que o comunicado da Xunta inste aos centros a desenvolver formación e ferramentas "adecuadas para permitir que o alumnado obteña o maior proveito da metodoloxía non presencial". Ante esa enunciación, a CIG responde que esa función "corresponde á Administración educativa a non ser que lle pareza que o profesorado non estea xa o suficientemente sobrecargado de traballo". Precisamente, e matinando na sobrecarga, a CIG tamén denuncia que a Xunta se estea a negar a substituír as baixas. "Hai casos nos que profesorado de ciclos formativos de FP ou de Bacharelato ten que facerse cargo dun ou mais dun cursos a maiores dos que ten. Aí é onde o profesorado bota de menos un especial esforzo da Xunta", din. Desde a CIG-Ensino volven instar á Consellaría a "esquecer loitas políticas, cálculos electoralistas" e ínstana a convocar á representación do profesorado para falar do final deste curso e desconvocar as oposicións docentes. |
NOS_17437 | @s nacionalistas denuncian que o PP impide a atención sanitaria ás persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa. | O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno local trasladou ao Ágora a Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), servizo que o concello prestaba na Sagrada Familia. Advirten @s nacionalistas que o PP fechou este servizo co fin de xustificar parte das subvencións do Urbana C. Así, sinalan que o concello recibe cartos da UE para un plan de integración de inmigrantes na Agra do Orzán que, realmente, non existe. "O único que fixo o PP foi trasladar un servizo xeral, que pensaba fechar por falta de apoio da Xunta de Galiza, e que agora se financia con 217.000 euros do plan Urbana C da Agra do Orzán", sinalan fontes nacionalistas. Sinalan que o concello recibe cartos da UE para un plan de integración de inmigrantes na Agra do Orzán que, realmente, non existe O BNG realiza esta denuncia coincidindo coa VII Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno que, organizada polo Foro Galego de Inmigración e pola Asociación Sen Papeis da Coruña, tivo como acto central unha manifestación con saída ás 18h da Escola Municipal de Música até o Obelisco. A concelleira nacionalista María Xosé Bravo, que participou na mobilización, reivindicou apoio e solidariedade co colectivo de inmigrantes e amosou o rexeitamento do BNG á imposibilidade do acceso das persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa ao sistema sanitario.Nesta liña, @s nacionalistas consideran a medida adoptada polo Goberno central tremendamente inxusta e advirten que supón fechar na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade e que conta con menos recursos. |
PRAZA_14868 | Crise e desconcerto é a imagem que resume o panorama pós eleitoral da esquerda nacionalista. Um inquietante reinício após cinquenta anos de militáncia, proclamas, rupturas e recomposiçons. Algo deveu sair mal quando o requeijo nom acaba de coalhar. A tese de que a culpa do país a tem o próprio país, além de tautológica pertence a esse niilismo político que confunde a decrepitude própria com o fim do mundo. | Crise e desconcerto é a imagem que resume o panorama pós eleitoral da esquerda nacionalista. Um inquietante reinício após cinquenta anos de militáncia, proclamas, rupturas e recomposiçons. Algo deveu sair mal quando o requeijo nom acaba de coalhar. A tese de que a culpa do país a tem o próprio país, além de tautológica pertence a esse niilismo político que confunde a decrepitude própria com o fim do mundo. Mudemos de país dado que nom podemos mudá-lo. Um certo saibo de acedume nos assalta quando evocamos projectos prematuramente malogrados de nacionalista cívico, europeísta e transformador. Afinal ganhou a épica. O nacionalismo galego nunca atingiu maior grau de presença social e capacidade de convocatória mália a conjuntura eleitoral, por outra parte ambígua E contodo, como nom cair na conta de que a situaçom actual é também umha crise de reconfiguraçom? A derrota do nacionalismo contém também umha convocatória à renovaçom de modos, mensagens e liderados para acercá-los aos seus autênticos destinatários, que nom som os militantes. O nacionalismo galego nunca atingiu maior grau de presença social e capacidade de convocatória mália a conjuntura eleitoral, por outra parte ambígua. Umha mirada imparcial bem pode deduzir que embora o epicentro do terramoto eleitoral se situou no BNG também é certo que o espaço nacionalista foi o único em submeter a crítica imediata a alarmante situaçom sobrevinda e em tomar consciência da necessidade de acometer mudanças radicais. Um signo inequívoco de vitalidade. As forças de instalaçom institucional -PP e PSOE- permanecem no entanto aquarteladas recontando as avarias do mecanismo bipartidista e baralhando formas de atalhar a defecçom social acelerada ocasionada pola crise interminável e o crescente descrédito do modelo da transiçom. Crise de reconfiguraçom no nacionalismo, ominoso marasmo no centro do sistema. Batedoiro de ideias no campo nacionalista, sussurros sucessórios nas cúpulas do PP e do PSOE. A tarefa aberta ao nacionalismo organizado e emergente é tam árdua como urgente: exame desapiedado do divórcio com a consciência social, reparaçom das feridas infligidas aos mais próximos por mao do fanatismo incapaz de reconhecer ao companheiro discrepante, e, talvez a tarefa mais difícil -penso agora no BNG- a clausura definitiva de qualquer gabinete de verdades eternas e dos seus textos veneráveis. Eternidade e veneraçom som valores em baixa numha sociedade que opta pola rede twitter a custa do relato épico. Na realidade, como sabemos, qualquer discurso integrador é incompatível cumha cultura política baseada na desconfiança e a práctica da contravigiláncia mútua a maior honra da gnose que custodia o corpo dos iniciados Verdades de montanheiro: mover-se é decisom imperativa em momentos de supervivência, abdicar leva à congelaçom. E há muito a mover. Imaginemos um breve episódio contrafactual. Cenário: o último Congresso do BNG prévio à excisom. Ponhamos, é um falar, que a fracçom ganhadora inicia o discurso de clausura com estas palavras: "Estimados companheiros, pudemos constatar nestas jornadas a profunda brecha que ameaça a nossa organizaçom. Corresponde-nos a nós, ganhadores em boa lide democrática, proclamar que é tempo de debater sossegadamente as diferências que nos separam para preservar a pluralidade que nos justifica e nos honra. Manhá mesmo contámos com todos vós, com todos nós, porque todos contámos igual no projecto que a todos nos une". Fantasia idealista?, puro pragmatismo político. Na realidade, como sabemos, qualquer discurso integrador é incompatível cumha cultura política baseada na desconfiança e a práctica da contravigiláncia mútua a maior honra da gnose que custodia o corpo dos iniciados. Será preciso traer à memória a rechamante semelhança entre as trajectórias do PCE-IU e da UPG-BNG? A incompatibilidade genética entre iniciados e novícios corrói os alicerces mais sólidos de qualquer organizaçom. E por riba, a coexistência forçada produz um discurso consensual chato e timorato: "nós dizemos, nós opinamos, nós pretendemos". Impossível a espontaneidade quando um fala em nome de um árduo e trabalhado consenso, do discurso aritmético da assembleia. Impossíveis os liderados. Nas passadas eleiçons, o PP concentrou o 45,7% dos votos, o PSdG-PSOE ficou no 20,5% e as forças de componente nacionalista alcançárom o 25,2%: 14%, AGE; 10,2%, BNG; 1, CxG. Nom é a minha intençom repartir análises e recomedaçons. Para o primeiro abundam analistas competentes e para o segundo militantes. Assi e todo, gostaria fazer uso do meu direito de cidadám da pólis a emitir opinions na praça pública. Espero a mínima benevolência que pode reclamar quem pouco espera e nada representa. A UPG faria-lhe um inestimável presente ao país se for capaz de dissolver-se no seu filho legítimo: o BNG A UPG faria-lhe um inestimável presente ao país se for capaz de dissolver-se no seu filho legítimo: o BNG, transmutando a sua tutela reticular, implícita e disfuncional em núcleo propulsor de um novo partido unitário, plural e aberto a toda a sociedade. Sem letra pequena como deve ser todo contrato fiável. Renunciar a convicçons... quem fala nisso?, apenas a mitologias, que é, com frequência, o mais difícil. Nada impede afirmar: aspiramos a unha sociedade sem classes, dedicaremos a tal objectivo todo o nosso empenho; aspiramos a umha República Galega independente quando a sociedade galega o demandar, denunciamos qualquer relaçom de dominaçom imperial, política ou de gênero, e, finalmente, convocamos à cidadania galega a empuxar adiante a naçom que nos acovilha desde muito antes de terem sido promulgadas a Constituiçom de 1978 e as precedentes. Haverá coragem para tanto? Anova-EU -água e azeite em batedeira de potência escassa- conseguiu espertar à franja mais activa da cidadania: aquela que reclama mudanças imediatas em políticas e valores. Um triunfo tam indiscutível como frágil Anova-EU -água e azeite em batedeira de potência escassa- conseguiu espertar à franja mais activa da cidadania: aquela que reclama mudanças imediatas em políticas e valores. Um triunfo tam indiscutível como frágil. A disjuntiva que agora se abre à coaligaçom, água e azeite, só admite duas saídas: ou tentar constituir-se em núcleo convocante de um projecto de esquerda nacional galega comprometido como a mudança social e com a formulaçom dum projecto nacional para Galiza (lembram, amigos de EU, ao velho PSUC?) ou somar-se a um projecto de concentraçom plural das esquerdas nacionalistas galegas. Tertium non datur como nom seja um cambalacho entre Madrid e Briom do frágil micropoder encomendado à coaligaçom. Que fazer? Quanto a CxG, confesso apreciar os modos exibidos em campanha e a ousadia da aventura empreendida. A elocuçom política é laica, parca em retórica e liturgia como demandam estes tempos de impiedade Quanto a CxG, confesso apreciar os modos exibidos em campanha e a ousadia da aventura empreendida. A elocuçom política é laica, parca em retórica e liturgia como demandam estes tempos de impiedade. Umha oferta simples a fazer país, aberta às amplas classes médias dispostas a resistir o assimilismo em curso e o cruel receituário económico que nos está sendo subministrado. Gostei também da bandeira sem estrela que presidiu os seus actos -a bandeira de Castelao- e do argumento reiterado de transitar polas ruas que frequenta a gente comum; essa que nunca lerá Sempre em Galiza mas que talvez suspeita que o país é algo mais que umha Mancomunidade de poderes locais e a autonomia bastante mais que um vistoso troféu a exibir nos círculos da capital. Poderá resistir? |
NOS_30057 | A editora presente os títulos que en dúas semanas poderemos ter nas mans, obras atravesadas pola pegada de duras infancias. | A editorial Rinoceronte prepara a volta ás librarías. Se todo vai segundo o previsto, en dúas semanas poderemos atopar nos estabelecementos as súas últimas novidades. Estas inclúen dous títulos traducidos, Instrumental, de James Rhodes, na colección Nova, e O duque Ernesto, unha obra anónima que se integra na colección Vétera, para alén do galego A taberna do Mascato Negro, de X.H. Rivadulla Corcón. Instrumental chega ao galego desde o inglés nunha tradución de Eva Almazán. Trátase dunha oda á "capacidade salvífica da música", apuntan desde a editorial. A obra, disfrazada de autobiografía, narra a historia da nenez de James Rhodes, unha infancia dura afogada polas violacións ás que o sometía o seu mestre de ximnasia. Mais o pequeno atopa unha saída, o único salvavidas ao que aferrarse, na "Chacona en re menor" de Johann Sebastian Bach. O pianista, que aprende galego, celebra a nova no Twitter. Non podo crer que tivera un libro publicado en galego 🏼🥰😎👊🏼 https://t.co/j9Wh4qtysS— James Rhodes (@JRhodesPianist) May 7, 2020 O duque Ernesto vén traducido do alemán por Almudena Otero Villena, quen tamén asina as notas e a introdución dun texto sen autor coñecido. O nobre Herzog Ernst foi, segundo indican o número de manuscritos conservados, un dos libros máis populares da Idade Media xermana. Escrito orixinariamente en verso, relata a historia de Ernesto de Baviera, orfo de pai desde cativo e cuxa nai casa co emperador Otón. O seu padrasto amósalle en principio unha gran simpatía, mais outro nobre emparentado con Otón, envexoso da posición de Ernesto, comeza a intrigar, provocando que a boa relación crebe e o monarca remate por acusalo de traizón. Así, o protagonista acabará fuxindo para unirse ás cruzadas, mais un cambio de rumbo lévao a emprender unha viaxe por Oriente chea de aventuras. Nalgún intre os críticos clasificaron o texto na Spielmannsepik ou "épica de xograres", un produto da oralidade que se puxo finalmente por escrito. Mais esta hipótese xa foi desbotada pola complexidade lingüística e estrutural do libro. Baixo o selo Morgante verá a luz A taberna do Mascato Negro, o relto de Mario, quen embarca con 18 anos no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Alí vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda. Mario, que tampouco pode marchar, coñece devagar as súas historias. O mundo mariñeiro ten unha importante presenza na obra anterior do autor, mesmo no seu traballo de escritor e director para a TVG. |
NOS_44759 | A asociación pide unha moratoria que evite estes procesos de execución hipotecaria | A Asociación de usuari@s de bancos, caixas e seguros (Adicae) denuncia que 5.300 familias están en Galiza en risco de perser a súa vivenda e dun posterior desafiuzamento ou expulsión da morada. Adicae dá estes datos tras analizar cifras do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre demandas presentadas pola banca en Galiza. Adicae insiste na necesidade urxente de aprobar unha moratoria que impida estes procesos de execución hipotecaria e abra as portas unha lexislación "xusta" e en "sintonía" coa normativa europea. "Cada vez máis familias entran en impago como consecuencia directa das abusivas cláusulas-solo", afirma Adicae. A asociación ten varias demandas contra esta cláusula, que cualifican de abusiva. Cómpre lembrar que xa a finais de 2012, O Consello xeral do poder xudicial contabiliza ao día 17 desafiuzamentos na Galiza, o que suporía unhas 50 persoas. Estímase que cada un afecta, de media, tres persoas. Entrementres os datos do goberno español din que no país hai 38 mil vivendas sen estrear |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.