ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_1631
Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela (CHUS) apoia á súa compañeira do servizo de urxencias e representante sindical, e mesmo lanzou unha campaña na plataforma Change.org para que a doutora quede libre do expediente. Aluden a unha "persecución" que vén de lonxe.
A Xunta de Persoal da área sanitaria de Compostela e O Barbanza vén de lanzar unha campaña pública para defender á súa compañeira Fátima Nercellas, unha doutora do servizo de Urxencias do Clínico á que o Sergas lle abriu un expediente disciplinario por caer nunha "suposta falta grave" ao trasladar "un paciente do corredor a Observación". A través dun comunicado, o persoal -que engade que a facultativa é tamén representante sindical- denuncia que Nercellas está a "sufrir un atraque patronal" quer como traballadora individual, quer como líder colectiva. Malia que o expediente actual vén xustificado, desde a Consellaría de Sanidade, por unha suposta irregularidade ao seguir o protocolo de actuación para, segundo o persoal, darlle prioridade ao benestar dos pacientes, indican que a actuación procura "silenciar as súas reiteradas denuncias" e advertencias sobre a realidade da Sanidade Pública na Galiza por ser "incómoda" para os poderes públicos. A Xunta de Persoal vai máis aló ao opinar que a Administración, a través das autoridades sanitarias, actúa "de forma espuria nun intento de calar a súa voz", cunha "procura clara de faltas, utilizando actualmente como pretexto a falta de adherencia ao protocolo interno e á desobediencia dos seus superiores". Chamada á sociedade galega Incide na demanda de que se arquive o expediente a esta facultiva do CHUS, unha petición que mesmo levou á plataforma Change.org onde destacan que Nercellas "sempre actuou buscando o beneficio do paciente e a mellora das condicións laborais". "Por todo iso, queremos mostrar a nosa indignación e repulsa e solicitar o inmediato arquivo do expediente", subliñan representantes do colectivo nun escrito que acompaña a petición e que está perto de acadar as 5.000 sinaturas que se precisaban inicialmente. Sobre o proceso, fontes próximas á medica comentaron que xa foi citada a declarar diante dun inspector en Pontevedra, designado pola Administración sanitaria, no marco deste expediente que se iniciou no verán de 2020, pero que estivo en suspensión polas denuncias presentadas pola médica no xulgado. Agora o percorrido do expediente reactivouse en relación a unha falta grave por trasladar do corredor a Observación a unha doente que levaba agardando máis dunha hora, polo que se lle acusa de "non cumprir as normas básicas de funcionamento interno" ao non deixar a esa persoa no corredor, que considera "zona de paso".
NOS_8703
As cifras de novos positivos baixan na Galiza en máis dun cento e ao número de PCR só aumenta en 200 en 24 horas.
Detectáronse 561 novos positivos por Covid-19 en 24 horas, máis de 100 por debaixo das cifras da sexta feira, segundo os datos ofrecidos pola Consellaría de Sanidade. Isto débese, segundo estas fontes, aos descensos rexistrados na maioría das área sanitarias do país, a excepción das de Vigo e da Coruña-Cee, que suben, e a de Pontevedra-O Salnés, que se mantén nas cifras da véspera. Nestas últimas 24 horas realizáronse un total de 7.089 PCR, arredor de 200 máis que o día anterior e que sitúan o total desde o inicio da pandemia en 840.867 probas. A Consellaría de Sanidade afirma que a positividade baixou até 8,6%. Segundo consta nos datos actualizados pola consellaría, a área de Vigo continúa como principal foco de contaxio con 171 novas infeccións, tres máis que na sexta feira. Pola súa parte, a área da Coruña-Cee notificou 110 PCR positivas, oito máis que un día atrás, mentres que a de Pontevedra-O Salnés rexistrou 87, as mesmas que na véspera. En canto ao resto de áreas sanitarias, baixaron os contaxios en 10, na área de Compostela-Barbanza, notificando un total de 69 novos positivos; a área de Lugo, rexistra un total de 55 positivos, que son 77 menos que os notificados na sexta feira; a de Ferrol, conta 35 no total, nas últimas 24 horas, cinco menos que na véspera; e a área de Ourense rexistra unha baixa de 11 positivos. Isto significa que Galiza aínda supera 5% a porcentaxe marcada pola Organización Mundial de la Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Pontevedra na cabeza con 13% de positividade, seguida de Ferrol (10,4%), Vigo (9,6%), Lugo (8,7%), Compostela (7,5%), Ourense (6,7%) e A Coruña (5,2%). En cuanto a los casos activos, as persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade, este sábado baixouse da barreira dos 9.000, até situarse en 8.978. A cifra tan só ascendeu nas áreas de Vigo, con 2.388 pacientes, oito máis que onte, e na de Pontevedra-O Salnés, con 1.242, sete máis que na véspera. En terceiro lugar, conta con máis casos activos a área da Coruña-Cee, con 1.854, 15 menos que hai un día; seguida de Lugo, con 1.139, 55 menos que onte; Compostela-Barbanza, con 1.005, tres menos; Ourense, con 689, con 31 menos; e Ferrol, con 661, 19 menos. Así mesmo, os datos actualizados por Sanidade indican que os contaxios desde o inicio da pandemia na Galiza se sitúan en 48.695. Non obstante, continúan á alza as vítimas mortais diagnosticadas de Covid-19, que este sábado se sitúan en 1.132 logo de notificárense na sexta feira 13 novos falecementos, dos que oito estaban relacionados con residencias de maiores.
NOS_15872
Os casos activos e os ingresos hospitalarios manteñen a súa tendencia descendente.
Os novos contaxios de Covid-19 superan por primeira vez esta semana o centenar, após rexistrarse 106, mentres que os casos activos seguen en descenso por duodécimo día seguido e sitúanse en 2.156. Mentres, os pacientes ingresados descenden lixeiramente a 107, catro menos. Segundo os datos actualizados na mañá dest quinta feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas desta cuarta feira, recollidos por Europa Press, descenden a 20 as persoas ingresadas en UCI en Galiza, unha menos e a 87 as que permanecen noutras unidades, tres menos. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe lixeiramente nas da Coruña e Cee; Lugo; Pontevedra e O Salnés e en Santiago e Barbanza; mentres descende nas de Vigo, Ferrol e Ourense e mantense na de Lugo. En canto aos casos activos de Covid-19 no conxunto de Galiza manteñen a tendencia descendente por duodécima xornada consecutiva e sitúanse en 2.156, 50 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (154) que novos contaxios (106), ao que se engaden dous falecidos. As infeccións activas descenden en todas as áreas sanitarias, agás en Ourense, que se mantén igual, e en Ferrol (11+) e en Lugo (1+). Nas demais diminúe: a da Coruña e Cee (-4); na de Pontevedra e O Salnés (-1); na de Santiago e Barbanza (-30) e na de Vigo (-27). Deste xeito, a área de Vigo continúa á cabeza en Galicia con 635 casos activos; seguida de Santiago e Barbanza, con 370; A Coruña e Cee, con 357; Lugo, con 269; Pontevedra e O Salnés, con 247; Ourense, con 164; e á cola segue Ferrol, con 114. Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 rachan a tendencia dos últimos días de se situar por baixo do centenar e alcanzan a cifra de 106, após unha xornada da cuarta feira con 82 e iniciar a semana con 76. Na Galiza foron confirmados 109 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas -31 menos-, segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade, deles 18 na área da Coruña e Cee; 14 na de Vigo; 12 na de Santiago e Barbanza; 14 na de Lugo; 12 na de Ourense; 21 na de Ferrol; e 18 na de Pontevedra e O Salnés. Desde o inicio da pandemia as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 sitúanse en 2.422, ao notificar na xornada da cuarta feira a Consellaría de Sanidade dúas novas vítimas.
NOS_3934
O Consello Político Nacional de Compromiso acordou na mañá do sábado "explorar unha alianza electoral con vocación galega" de cara ás eleccións galegas, sen ningún veto "á incorporación de calquera forza política".
Compostela acolleu na mañá do sábado a reunión do Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia, que acordou encetar a folla de ruta de cara ás próximas eleccións galegas. O máximo órgano de Dirección resolveu, cunha "posición maioritaria", "explorar unha alianza electoral con vocación galega, para a concorrencia ás eleccións galegas de 2016, sen veto á incorporación de calesquera forzas políticas". Para camiñar cara á unha "candidatura única galega", Compromiso delegou na Comisión Executiva a apertura das negociacións. O dirixente da formación, Xoán Bascuas, puxo de manifesto que o acordado na mañá do sábado "tan só implica a apertura de conversas e negociacións de cara a construír unha gran candidatura galega, pero en ningún caso implica alianzas concretas, pois en Compromiso quen decide cara onde se camiña é a afiliación". A convención electoral na que a militancia tomará a palabra terá lugar no mes de abril, segundo informou Bascuas. Nese momento, Compromiso por Galicia "decidirá finalmente a súa opción de concorrencia ás eleccións galegas deste ano".
NOS_40948
Como cada sexta feira, Andrés Castro, achéganos unha suxerencia audiovisual para a fin de semana. O ano máis violento é un filme que invita a reflexionar sobre se o fin xustifica os medios.
Título orixinal: A Most Violent Year Ano: 2014 Duración: 125 min. Nacionalidade: estadounidense Director: J.C. Chandor Guión: J.C. Chandor Fotografía: Bradford Young Música: Alex Ebert Elenco: Oscar Isaac, Jessica Chastain, David Oyelowo, Albert Brooks, Christopher Abbott, Catalina Sandino Moreno, Ben Rosenfield, Alessandro Nivola, Elyes Gabel, Ashley Williams, Peter Gerety, David Margulies SINOPSE Un inmigrante latino trata de sacar adiante un negocio de transporte de combustible na Nova Iorque de 1981, considerado nas estatísticas, o ano máis violento de toda a historia. CRÍTICA Terceira película de J.C. Chandor tras Margin Call e Cando Todo Está Perdido que nos traslada a principios dos 80. O Ano Máis Violento narra a historia dun home de negocios de certo éxito que se está facendo un oco no mundo do transporte de combustible na turbulenta cidade de Nova Iorque que invita a reflexionar sobre se o fin xustifica os medios. Chama a atención que a pesares de ser un home ben plantado, de gabán impoluto, traxes de Armani e pinta de Michael Corleone -semellanza claramente premeditada- os seus métodos son totalmente opostos aos do padriño. Abel Morales ten alma de líder. Un líder duro e firme, pero tamén un comprensivo, íntegro, calmo e que xoga limpo lonxe da delincuencia e do crime organizado. Transmite un autocontrol a proba de bombas. Cantidade de veces o acirran, poñen a proba e contra as cordas polas débedas pero, aínda así, elixe o camiño "máis" correcto, facendo case que desexemos que empece dunha vez por todas a partir caretos. Chama a atención que a pesares de ser un home ben plantado, de gabán impoluto, traxes de Armani e pinta de Michael Corleone, os seus métodos son totalmente opostos aos do padriño. Pero esta non é unha historia desa clase. Abel Morales é un tipo a contracorrente que está lonxe de estar en sintonía co entorno imperante da Gran Mazá pero que, probablemente no "ano máis violento", a súa actitude antóllase como a máis valente e poderosa de todas. Destaca sobre o resto coma un león no medio dun grupo de animalias que se van devorando mutuamente. No papel de Morales temos ao guatemalteco Oscar Isaac (Ex_Machina, A Propósito de Llewyn Davis) que constrúe unha personaxe á que optou inicialmente Javier Bardem, e que resulta tan carismática e chea de dobreces que ben podería ter o seu propio spin-off. Acompáñano, entre outros, a sempre solvente Jessica Chastain (Interstellar, A Desaparición de Eleanor Rigby) -que vai camiño de seren un mito do cine en vida- na pel da muller de Abel que non comparte precisamente os "correctos" métodos do seu marido; o grande Albert Brooks (Perdidos en América, Drive), no rol dunha sorte de consigliori de Morales; e David Oyelowo (O Mordomo, Selma), coma o policía que investiga os turbios negocios de Morales mentres aspira a facerse un oco nos enredos da cidade. Un mundo de intereses creados onde cada un xoga as súas bazas coma mellor sabe... ou pode. Destaca unha posta en escena sobria salpicada con momentos puntuais de tensión e violencia que son coma unha descarga de adrenalina no medio da calma chicha. Destaca sobre todo nas escenas de persecución, maxistralmente executadas, que lembran poderosamente a aquela do estadio d'O Segredo dos teus Ollos (2009, Juan José Campanella). Destaca unha posta en escena sobria salpicada con momentos puntuais de tensión e violencia que son coma unha descarga de adrenalina no medio da calma chicha. A música de Alex Ebert, na súa segunda colaboración consecutiva con Chandor, insinúa os acordes da Tocata e Fuga BWV 565 de Bach, que para quen non lle apeteza buscala na internet, trátase desa peza de órgano que poderíamos identificar con case todas as pelis de terror da Hammer, e que contribúe a resaltar o terrorífico mundiño no que anda metido o bo de Abel Morales. Por certo, un nome tamén premeditado que ven sendo un xogo de palabras bastante sinxelo de matizar... O Ano Máis Violento foi resaltado pola Asociación de Críticos Norteamericanos nas categorías de Mellor Película, Actor (Isaac) e Actriz Secundaria (Chastain). Un notable exercicio de estilo cunha atmosfera, á altura dun Scorsese, Coppola ou Friedkin, que Chador adapta con absoluta perfección a un intelixente e impecable neo-noir cheo de sutileza e refinamento arredor do soño americano, para darlle a volta e mostrar, con absoluta precisión, os claroescuros do mundo dos negocios e de como os atallos non teñen porqué ser a mellor opción. Desde xa J.C. Chandor ocupa un oco no meu arquivo mental de "Directores con estilo".
NOS_36826
Esta segunda feira Tel Aviv desatou unha terríbel represión sobre as manifestacións de protesta palestinas contra o estabelecimento da embaixada dos EUA en Xerusalén. Non é un día calquera: é a xornada en que o pobo palestino comemora a 'Nakhba' (Catástrofe), data na que denuncian que a construción do estado de Israel se fixo sobre a represión, asoballamento e a expulsión do pobo palestino.
Por volta de 52 vítimas mortais e arredor de 2.400 feridas -de acordo coas cifras achegadas polo ministro palestino de Saúde- é o último balanzo do brutal masacre perpetrado en Gaza polo exército de Israel nesta segunda feira, día en que había protestos en Palestina polo dereito ao retorno á terra das persoas refuxiadas e contra a decisión de EUA de trasladar a súa embaixada a Xerusalén. A poboación de Gaza secunda masivamente a greve xeral, amencendo con escolas, universidades, bancos e tendas fechadas. Houbo manifestacións masivas en diferentes zonas, como Ramala, Hebrón ou Nablús. Nalgunhas delas partiuse en manifestación cara aos postos de control militar israelí. O exército de Israel -que cifrou en 35 mil persoas a asistencia ás mobilizacións palestinas- reforzouse con unidades especiais, tanto en Gaza como Cisxordania. Entre as feridas hai 6 xornalistas. Palestina acusa Israel de disparar propositadamente contra os servizos de emerxencia e contra os correspondentes dos meios destacados na zona. Desde o exército e goberno israelí atribúese á "organización terrorista" Hamás a responsabilidade do sucedido por ser quen está a "organizar" disturbios "violentos" e por "tratar de danar o valado con Israel". Entre as feridas hai 6 xornalistas. Palestina acusa Israel de disparar propositadamente contra os servizos de emerxencia e contra os correspondentes dos meios destacados na zona. Esta terza feira hai previstas manifestacións masivas co gallo da Nakhba, a data na que os palestinos lembran "a catástrofe" que para este pobo supuxo a creación do estado de Israel. Nota: esta información foi atualizada por volta das 18:25 horas do 14 de maio. Foi corrixida tamén porque na primeira versión deslizaba o erro de colocar estes feitos na "terza feira" cando se produciron na segunda. Fomos advertidos do erro polo oportuno comentario dun leitor.
NOS_47686
O presidente da Xunta de Galiza participou nun acto organizado por ABC en Madrid onde retou o PSOE a pactar unha reforma electoral para que goberne a listaxe máis votada e minguar de paso o peso das formacións nacionalistas. As súas declaracións coinciden coa proposta lanzada @s socialistas galeg@s para negociar o recorte de deputad@s no Hórreo.
Alberto Núñez Feijóo participou esta segunda feira no Foro ABC, un encontro organzado polo rotativo conservador e monárquico e que congregou a destacad@s representantes da dereita e da oligarquía empresarial española como o presidente de Iberdrola, o presidente de Navantia ou a conselleira do Grupo Santander. Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galiza aproveitou para bater contra o nacionalismo e para propor ao PSOE un pacto co que frear, dixo, "o desafío nacionalista". Neste senso, Alberto Núñez Feijóo emprazou @s socialistas a negociar unha reforma electoral para que goberne "a listaxe máis votada". Unha idea que xa foi lanzada polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para evitar os gobernos de coligación. "Quen gaña, goberna"O Partido Popular anda ás voltas con esta idea desde hai tempo, se ben no último ano reiterou as súas intencións, coincidindo coa queda dos seus apoios e a merma de votos que, segundo os inquéritos, podería atinxir o bipartidismo español. Feijóo di que "se o PSOE quere" o desafío soberanista "desinflarase coa mesma celeridade que se inflou" Neste senso, o líder do executivo galego procurou na súa intervención en Foro ABC a complicidade do PSOE, a quen lanzou de maneira directa a proposta. "Se o PSOE quere", insistiu, "esta cuestión desinflarase coa mesma celeridade que se inflou", afirmou en alusión ao avanzo soberanista en Catalunya. Para Alberto Núñez Feijóo, esta mudanza na lei electoral está escrita "desde hai moito tempo" e "o importante", indicou, "é volver ao sensato". E o sensato para o presidente da Xunta é que "quen gaña, goberna". O presidente da Xunta emprazou a Besteiro a negociar o recorte de deputad@s en Galiza Feijóo busca a complicidade do PSOEA proposta formulada por Núñez Feijóo coincide no tempo coa man que tendeu ao líder do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, a pasada semana. No encontro que mantiveron ambos os dous representantes, o presidente do Partido Popular emprazou a Besteiro a "negociar" o recorte no número de deputad@s que o seu partido prevé aprobar nas vindeiras semanas. Unha redución que deixaría a Cámara galega con 61 escanos --menos que @s existentes en Cámaras poboacionalmente máis pequenas como a de Extremadura. Mais que tamén blindará --á espera de que se concrete formalmente a proposta-- as circunscricións de Lugo e Ourense (con 10 escanos respectivamente) onde o Partido Popular obtivo historicamente mellores resultados. A proposta reducirá a proporcionalidade da lei eleitoral, o que favorece sempre a listaxe máis votada.
NOS_34713
Será os días 16, 17 e 18 de xuño no Monte do Gozo de Compostela.
A organización do Son do Camiño vén de confirmar que o festival se celebrará nas datas previstas: 16, 17 e 18 de xuño, no Monte do Gozo de Compostela. Con todo, após o derrubamento esta sexta feira do escenario principal durante os labores de montaxe, sinalou que están a traballar "nos axustes pertinentes", que darán a coñecer "proximamente". Nun comunicado, afirmou ademais que os hospitalizados "evolucionan favorabelmente" e puxo en valor que "os equipos de protección individual, a profesionalidade e experiencia das empresas implicadas na montaxe e a rápida activación do protocolo de emerxencias foron chaves no desenvolvemento dos acontecementos". Un dos traballadores vítimas do sinistro, porén, segue na UCI cunha evolución tamén "favorábel", segundo a Xunta, malia que entrou en estado grave. Derrube no palco do Son do Camiño: Catro traballadores dados de alta e dous en prognóstico reservado Aliás, a organización agradeceu aos servizos de emerxencias, bombeiros, policía, e todas as persoas, empresas e institucións que participaron nas últimas horas na normalización da actividade do festival "todo o seu traballo e apoio". Por último, concluíu este comunicado coa intención de "seguir minuto a minuto a evolución dos traballadores feridos". "Para nós son familia", reafirmou. O accidente O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, apuntou este sábado que, aínda que "se están a investigar as causas e non hai nin 24 horas" do accidente, un "refacho de vento" puido ser a causa do derrubamento do escenario. A Xunta atribúe a un "refacho de vento" a caída do escenario do Son do Camiño "O festival leva dous anos esperando, con motivo da pandemia, con todas as entradas vendidas. Será un enorme acontecemento e esperamos que se poida celebrar, con todas as condicións de seguridade, pero que non haxa que suspendelo", engadiu.
NOS_25670
O presidente da Xunta apoiou co seu voto o recorte no défice malia que anunciara absterse na votación.
A pasada quinta o goberno español exixiu no Consello de Política Fiscal e Finanzas unha redución do défice autonómico ao 0,7% para o ano 2013. O Presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, apoiou co seu voto os mandatos de Madrid que non son máis que as exixencias de Bruxelas. Malia que nun primeiro momento anunciara a súa abstención na votación, Núñez Feijóo antepuxo finalmente o seguidismo partidario aos intereses da Galiza, algo que para o candidato do BNG á Xunta de Galiza, "resulta patético". Francisco Jorquera, preguntouse como pode o goberno galego aceptar o devandito recorte se "a saúde das finanzas da Xunta é tan boa", como predicaba o presidente. Así mesmo, o candidato nacionalista considerou que o cambio do voto galego responde á incapacidade de Feijóo para "resistir ás presións de Rajoy" e alertou que este brutal recorte se vai traducir "en menos gasto na sanidade e no ensino", servizos que segundo Jorquera, o "PP ambiciona privatizar". Guillerme Vázquez insta ao goberno español a convocar un referendo ou adiantar as eleccións ante os recortes "Os votantes do PP non votaron isto", sinalou o portavoz nacional do BNG, quen remarcou que en boa lóxica democrática o Goberno Rajoy é desde onte un goberno ilexítimo. "Isto só ten unha saída: a de devolver a voz ao pobo. Ou referendo ou eleccións anticipadas", afirmou. Guillerme Vázquez tildou o que denomina "recortazo" de "salvaxe", "suicida" e "profundamente inmoral". "É profundamente inmoral porque fai recaír o peso da crise no pobo, mentres os ricos se volven saír de rositas. Este Goberno tan valente -ironizou- non toca os ricos". Negou que fose certa a argumentación de Rajoy de que neste momento o Estado non ten máis opción que a de endebedarse nos mercados internacionais. "Non é certo que non haxa recursos económicos no Estado. O problema é que non se recadan porque os ricos literalmente non pagan impostos. Reforma Fiscal progresiva xa!", dixo. Perguntouse que aplaudía a bancada do PP onte no Parlamento. "Aplaudía a suba do IVE? A redución das prestacións de desemprego? Aplaudía a supresión dunha paga para máis de dous millóns de empregados públicos?", inquiriu o portavoz nacional.
NOS_31637
A finalización das negociacións entre ambas potencias antes de que tomara posesión Joe Biden redefine un novo mapa económico mundial.
A Unión Europea e China concluíron hoxe as conversacións que viñan desenvolvéndose entre ambos os bloques desde 2014 para estabelecer un acordo sobre investimentos que permita mellorar o acceso das empresas europeas ao xigante asiático, eliminado trabas e limitacións legais para as compañías do Vello Continente. O pacto de investimentos entre a Unión Europea e China supón un fito nas relacións entre ambas as potencias económicas e un estratéxico movemento no taboleiro xeopolítico mundial en pleno período de transición en EUA entre a Administración do presidente saínte, Donald Trump, e o entrante, Joe Biden. "A UE conta co mercado único máis grande do mundo", sinalaba a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, ao anunciar que a UE e China "concluíron en principio as negociacións sobre un acordo de investimento". No documento apuntaba que, desde a UE, "estamos abertos aos negocios, pero apegados á reciprocidade, a igualdade de condicións e os valores". Importante para a UE, preocupante para os EUA Na Comisión Europea destacouse que este acordo é de gran importancia económica e vincula ás partes nunha relación de investimento baseado en principios de desenvolvemento sostíbel, que "unha vez que entre en vigor"poderá "reequilibrar a relación comercial e de investimento entre a UE e China". Neste sentido, China comprometeuse a facilitar o acceso ao mercado aos investidores da UE, o que brinda ás empresas europeas certeza e previsibilidade para as súas operacións, ademais de mellorar moito a igualdade de condicións para os investidores europeos, ao estabelecer obrigas claras para as empresas estatais chinesas, prohibir as transferencias forzadas de tecnoloxía, as prácticas distorsionantes e mellorar a transparencia das subvencións. O pacto chega antes de que Biden asuma a presidencia, previsibelmente o vindeiro 20 de xaneiro. O equipo de asesores do futuro presidente amosou estes días o seu descontento con estas negociacións. Un exemplo foi o chío en twitter de Jake Sullivan, asesor de Seguridade Nacional, no que pedía "consultas previas cos nosos socios europeos sobre as nosas preocupacións comúns sobre as prácticas económicas de China".
NOS_56610
Presentada a lista de deportistas preseleccionados para os Xogos
A triatleta Susana Rodríguez, o tirador Juan Saavedra, a atleta Adiaratou Iglesias, o taekwondista Alex Vidal e o piragüista Adrián Mosquera son cinco dos deportistas galegos que fan parte da lista de preseleccionados para os Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 que se desenvolverán na cidade xaponesa entre o 24 de agosto e o 5 de setembro vindeiros. O grupo foi presentado esta quinta feira nun acto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, que deles dixo seren "o exemplo perfecto de fortaleza e de capacidade de superación para moitas persoas e, máis aínda, despois dun período de enormes dificultades como a pandemia". "Susana cun diploma en Río e Juan cunha prata en Londres son os mellores guías para outros que veñen detrás como Adi, Alex ou Adrián que se estrearán no Xapón nuns Xogos Olímpicos", apuntou o representante do Goberno galego. Entre os nomes preseleccionados para formar parte do combinado estatal tamén está Desirée Vila, que esta mesma semana se clasificou tamén para a cita olímpica en salto de lonxitude. Outros integrantes son Gustavo Nieves (maratón), Jacobo Garrido (natación) e Martín de la Puente (tenis en cadeira de rodas). Ademais, en plena carreira olímpica están tamén Agustín Alejos, David Mouriz, Manuel Lorenzo e Vicky Alonso, en baloncesto en cadeira de rodas; ou Guillermo Javier Rodríguez, en tiro con arco. Estes 21 deportistas fan parte dos máis de 250 preseleccionados en todo o Estado. A lista definitiva dos integrantes da delegación que viaxará aos Xogos Olímpicos de Toquio estará composta por uns 115 nomes e farase oficial na primeira quincena do mes de xullo. Deportistas de alto nivel Neste sentido, Lete salientou que 15% dos preseleccionados para facer parte da delegación estatal en Toquio son galegos, un feito que responde a "un traballo intenso realizado por todo o tecido deportivo en prol dos deportistas con discapacidade e do deporte adaptado", sinalou o secretario xeral. Dos 458 deportistas de alto nivel que hai en Galiza, 17 son dalgunha disciplina de deporte adaptado. Desde o ano 2004, as bolsas paralímpicas e olímpicas outorgadas pola Xunta teñen a mesma contía.
NOS_12136
Daniel Calzado Poceiro, ex alcalde de Tomiño na República e galeguista represaliado polo franquismo, xa conta cunha rúa nesta localidade do Baixo Miño. No acto participou José Ramón Calzado, neto de Daniel.
Tomiño conta desde esta fin de semana cunha rúa que leva o nome de Daniel Calzado Poceiro (1891), o ex alcalde da localidade entre 1931 (ano da dimisión de Ramiro Moure Moure) até 1935. O galeguista participou na fundación de sociedades de agricultores e foi director de El Agro de Tomiño. Após o golpe de Estado, fuxiu a Bos Aires, cidade en que se erixiu como un dos líderes da colectividade galeguista no exilio. De feito, chegou a presidir o Consello de Galiza logo da morte de Castelao. Tamén ocupou varios cargos na Agrupación Celta do Centro Galego. Faleceu en 1972. A alcaldesa Sandra González (BNG) recibiu oficialmente no Concello esta fin de semana o neto de Daniel, José Ramón Calzado, quen participou, emocionado, nos actos de homenaxe do galeguista represaliado.
NOS_15315
O Goberno galego tivo que desbotar a súa proposta inicial, mentres moitas entidades locais iniciaron un proceso de análise para implementar medidas de control de aglomeracións, á espera de "instrucións concretas" do Estado.
Os concellos galegos trasladaron á Xunta que consideran "inviábel" a aplicación dun sistema de cita previa para ir á praia este verán, aínda que se mostraron proclives a explorar, nunha mesa de traballo coas autoridades galegas, outras aplicacións das novas tecnoloxías para controlar o aforamento dos areais. Así o trasladou o presidente da Fegamp, Alberto Varela, durante a reunión desta cuarta feira coas conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, así como coa directora da Amtega, Mar Pereira, que puxeron a disposición dos municipios as ferramentas da Xunta para colaborar nesta tarefa. Esta semana, tras unha reunión dos responsábeis do Goberno galego, a Xunta propuxo a aplicación da plataforma Praias Seguras, unha app á que poderían adherirse voluntariamente os concellos que o desexasen para xestionar o acceso ás praias durante o verán a través dun sistema de 'cita previa', similar ao que se emprega na actualidade na Praia das Catedrais. Con todo, os municipios, en voz do presidente da Fegamp, xa avanzaron que este sistema sería "inviábel", tanto polos requirimentos de persoal para aplicalo como por "deixar fóra" a persoas con pouco ou ningún acceso ás novas tecnoloxías. Sen 'cita previa' Por iso, na xuntanza de hoxe, explicou a Fegamp, a Xunta "informou de que, finalmente, se desestima o sistema de citación", aínda que mantén a súa oferta de colaborar cos municipios nesta tarefa a través de elementos como as novas tecnoloxías. Para iso, creouse unha mesa de traballo conxunta. A Fegamp lembrou que a costa galega conta con praias cunha "casuística moi variada", desde pequenas calas a areais urbanos, pasando por praias naturais de enorme extensión. A localización das praias, así como os seus accesos múltiples, é unha das dificultades que os municipios atopan á hora de controlar os seus accesos. No entanto, nos últimos días, moitas entidades locais iniciaron un proceso de análise para implementar medidas de control de aglomeracións, "á espera de guías e instrucións" concretas que axuden ao cumprimento das regras do desconfinamento e a "nova normalidade". En todo caso, Alberto Varela lembrou que, en todo este proceso, foi "determinante" a colaboración da poboación e apelou á "responsabilidade da cidadanía" neste "novo reto", co fin de manter unha liña de costa segura. A Federación cre que o sucedido co programa proposto pola Xunta esta semana, "é unha mostra de que é necesario que os concellos participen na toma de decisións e na elaboración de plans estratéxicos". Nesta liña, insistiu na necesidade de "máis coordinación" por parte da Administración galega e do Estado, e a creación de comisións ou mesas de traballo conxuntas. Calcular a capacidade Durante o encontro, o Goberno galego informou á Fegamp das ferramentas e a información existentes, que os concellos poderían usar voluntariamente para cumprir coas directrices e limitacións indicadas polo Executivo español. Xa que se trata dunha materia que non é competencia da Xunta, os conselleiros mostraron o seu "respecto" polas distintas fórmulas avanzadas polos alcaldes para tal fin. Entre outros elementos, a Xunta pon a disposición das localidades o visor do Catálogo de Praias da Galiza, que ofrece datos sobre a superficie exacta de cada areal, unha información útil á hora de estabelecer a súa capacidade máxima.
NOS_55349
Preparan unha demanda colectiva pola vía civil e outras pola penal.
"As familias están moi doídas, pero ao mesmo tempo tamén moi enfadadas. Dentro da desgraza, cremos que a xestión dos contaxios nas residencias podería ter sido diferente". Quen fala é Xosé Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna e secretario de REDE, a plataforma que agrupa usuarias e familiares de usuarias dos centros residenciais galegos. Co apoio de Acouga, a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios, as integrantes de REDE están a preparar unha denuncia colectiva contra a xestión das residencias propiedade de DomusVi durante a pandemia do coronavirus. "Paralelamente, presentaranse denuncias por casos concretos rexistrados nos centros de Matogrande, na Coruña, O Barreiro, en Vigo, e Aldán, en Cangas", concreta o avogado e membro de Acouga Xoán Antón Pérez-Lema. Os centros residenciais galegos suman case a metade dos falecementos relacionados coa COVID-19 no país, un total de 272 mulleres e homes residentes. As denuncias que artellan colectivos de usuarias e familiares de usuarias das residencias de maiores e da dependencia, agrupadas na federación REDE, diríxense principalmente as que máis casos rexistraron. "As asociacións viron que as residencias arredor das que se crearan foron tamén as que acumularon máis contaxios e máis mortes. Foi un cúmulo de acontecementos que pensamos que se poderían ter evitado", apunta Bernárdez Solla, sinalando aos centros da multinacional DomusVi. Dous dos tres centros residenciais intervidos pola Xunta da Galiza durante a pandemia están xestionados por esta compañía: a do Barreiro, no concello de Vigo, e a de Aldán, en Cangas. Dúas nas que se centran ademais as demandas penais que prepara REDE co apoio de Acouga. A emerxencia sanitaria nos centros Na Galiza, DomusVi é titular ou xestiona un total de 30 centros de maiores ou persoas dependentes. O 15 de abril, cun total de 833 casos detectados da COVID-19 en residentes, os seus centros en Matogrande, O Barreiro, Aldán e San Lázaro sumaban 281 usuarias contaxiadas. Tamén 80 profesionais das súas instalacións deran positivo. REDE asegura, así mesmo, que a cifra de decesos relacionados co coronavirus nestas residencias é maior da informada pola Xunta. Cifran en 54 os falecementos no centro de San Lázaro, e non 22, e que as do Barreiro e Aldán suman 56 "e non 32 como indican as fontes oficiais". Bernárdez Solla acusa a compañía de non contratar máis persoal "para aforrar cartos". "As traballadoras, sen dúbida, fixeron todo o que puideron. As que non enfermaron e recibiron a baixa dérono todo e o noso agradecemento vai para elas. Do que nos queixamos é da empresa", di. Coa dor recente e no medio do proceso de dó, as familiares tratan de recompilar todas as testemuñas posíbeis de cara a cursar as denuncias nos xulgados. "A liña máis urxente son as denuncias penais contra entidades xestoras e directivos destas residencias e, nalgún caso, responsábeis da Administración ou altos cargos da Xunta que puideran ser responsábeis por pasividade ou por neglixencia activa ou pasiva", expón Xoán Antón Pérez-Lema, apuntando que as denuncias serán cursadas, presumibelmente, esta semana.
NOS_37024
A Federación Galega de Tenis reelixiu para un segundo mandato como presidente Xosé Mosquera Casero. En conversa con Nós Diario, este ourensán namorado do deporte da raqueta explica polo miúdo os obxectivos que marcarán outros catro anos neste organismo. A continuidade no traballo iniciado será o seu fundamento.
—Que o levou a optar á reelección como presidente da Federación Galega de Tenis?Teño unha serie de obxectivos moi claros que precisan dun período máis para desenvolverse, e será o último mandato como marcan os estatutos. —Cales son eses obxectivos?Son os que iniciei hai catro anos. Un deles é a igualdade que, ademais de ser unha meta da sociedade, tamén ten que ser un obxectivo do tenis. As licenzas de mulleres e de homes estaban cando entrei nunha relación de unha de cada catro. Coa implicación neste tema de promoción do tenis feminino agora estamos en que unha de cada tres é feminina. Aínda hai que mellorar. Martín de la Puente, tenista: "Teño que dar un pasiño adiante mentalmente para ser o número un" Para facelo incorporamos xogadoras e presidentas de clubs como directivas. A intención foi que estivesen visíbeis para que servisen de referencia para a práctica deportiva e ao mesmo tempo participar nas tomas de decisión da federación galega. Ademais, no ámbito dos torneos internacionais que tamén potenciamos, teremos un mínimo de dez eventos nos que salientaremos dous femininos, que se xogarán en Ourense e Vigo, dotados con premios de 25.000 dólares. Temos dúas xogadoras galegas moi boas, Jessica Bouzas e Celia Cerviño, que son o fundamento de que apostemos polo tenis feminino nestes eventos. Procuramos facilitarlles que poidan competir nunha contorna máis próxima. Tamén está a promoción do tenis, como organización delegada da Xunta que ten a titularidade das competencias e delega nas federacións. Nese sentido, un dos elementos que mide a práctica deportiva son as licenzas. Até 2018 estaban nas 4.000 e esta mesma tempada rematamos con 7.500, un salto moi importante mesmo para o conxunto do tenis estatal. Diante nosa só están Catalunya, Madrid e Valencia. Club Santo Domingo, 50 anos de tenis —Cales serán as primeiras actuacións que realizará a federación nos vindeiros meses?Afondaremos na relación coa Federación portuguesa de tenis e a asociación de tenis de Portugal. Decidimos nunha reunión en Braga o pasado 25 de setembro que organizaremos conxuntamente un torneo internacional dotado con 80.000 dólares en premios. Será no sur da Galiza, para que estea máis próximo a Portugal, mais aínda non temos decidido o lugar concreto. Tamén fáltanos decidir que superficie empregaremos, que en principio sería terra. Alén diso, continuaremos coa fórmula do Tenis Atlántico, unha relación estreita que tiñamos antes da pandemia da Covid-19 coas asociacións de tenis do Porto, Aveiro, Leiria e Coimbra. —Que foi da imaxe deste deporte no seu momento como algo de minorías?Pola miña experiencia persoal podo dicir que era certo. Cando tiña 12 anos realmente acceder a unha pista de tenis case era imposíbel. Era moito máis doado achegarse ao tenis de mesa, onde eu comecei coa práctica de raqueta e tardei en pasar ao tenis ao aire libre. Os clubs, daquela, eran elementos fechados de práctica deportiva, con cotas para asociarse e mesmo facían pagar unha entrada para acceder ás pistas. A mudanza veu a partir de finais dos 70 cando se incrementaron as instalacións deportivas de titularidade pública, como no caso dos concellos, ou semiprivadas, como no das universidades. Esta situación aproveitárona os clubs deportivos, sen ter o carácter de asociado, que se foron formando para facilitar que a afección entrara en competición. 130 anos de tenis feminino na Galiza: de pasatempo elitista a deporte popular Agora mesmo a Galiza ten a mellor competición de tenis de todo o Estado español, con até sete categorías e de todas as idades. Facilita que todo o mundo teña a posibilidade de sacar a súa licencia e competir, que os clubs que contan con instalacións públicas poidan acceder tamén. Conseguimos que sexa un deporte máis e que conte con referencias coñecidas a través dos medios de comunicación.
PRAZA_16339
Antes das eleccións de 2009 o PPdeG alertou dun suposto "conflito lingüístico sen precedentes" e Feijóo prometeu unha "casilla en el sobre de matrícula" para que as familias determinasen a lingua do ensino, como suxire agora o Goberno central ao abeiro da aplicación a Catalunya do artigo 155 HEMEROTECA | 'Os datos secretos do galego': Así responderon as familias á consulta lingüística da Xunta
HEMEROTECA | 'Os datos secretos do galego': Así responderon as familias á consulta lingüística da Xunta En febreiro de 2009, hai agora nove anos, Galicia estaba inmersa na campaña das eleccións que o 1 de marzo outorgarían ao PPdeG a maioría absoluta do Parlamento ao recuperaren un escano pola provincia da Coruña. Os de Alberto Núñez Feijóo desenvolveran unha dura precampaña electoral baseada en denunciar un suposto "desbalde" de diñeiro público por parte da Xunta e, por outra banda, en axitar a pantasma do que denominaron "imposición" da lingua galega en Galicia. Este segundo eixo do seu argumentario canalizárano en boa medida a través dunha asociación denominada Galicia Bilingüe e enfocándoa na presenza do galego no ensino. A dirección estatal do PP e o Goberno de Rajoy veñen de recuperar esta guerra lingüística case unha década despois para, ollando a Catalunya, tentar facer fronte ao ascenso electoral de Ciudadanos que reflicten diversos inquéritos. Unha das citas claves daquela precampaña producírase o 8 de febreiro. Mentres Feijóo pedía o voto en Sudamérica -faltaban dous anos para a reforma do chamado voto emigrante- o seu xefe de campaña, Alfonso Rueda, e boa parte da cúpula conservadora -con dirixentes como Carlos Negreira, Ana Pastor, Ignacio López-Chaves ou Corina Porro, entre outros- sumáronse a unha manifestación convocada pola devandita asociación en Santiago. Ademais dos dirixentes do PPdeG naquela comitiva que denunciaba unha presunta ausencia de liberdade en Galicia pola existencia de normas como o decreto que estipulaba un mínimo do 50% das materias en galego destacaban membros doutras formacións. Unha era Rosa Díez, na altura líder do partido ao que o PPdeG tentaba cortar o paso mergullándose no que Feijóo definira como "conflito lingüístico sen precedentes", UPyD. O outro, o presidente dun partido que operaba dende había tempo en Catalunya coa confrontación co soberanismo como punto central do seu ideario: Albert Rivera, cabeza visible de Ciutadans. Antes das eleccións de 2009 o PPdeG alertou dun suposto "conflito lingüístico sen precedentes" e Feijóo prometeu unha "casilla en el sobre de matrícula" para que as familias determinasen a lingua do ensino, como suxire agora o Goberno central Nos anos transcorridos os de Feijóo acalmaron a súa pugna idiomática tras a aprobación do denominado decreto do plurilingüismo e mesmo chegaron a admitir que as súas alertas sobre a suposta desaparición do castelán na escola non se correspondían coa realidade, senón que as lanzaran malia seren conscientes que a lingua que perdía terreo nas aulas era o galego. Mentres, a formación de Díez practicamente desapareceu do mapa político mentres Ciutadans, xa como Ciudadanos, ocupou e alargou o seu espazo. Co proceso soberanista catalán como pano de fondo a formación laranxa axita nas últimas semanas unha proposición de lei que, anunciou Rivera, van rexistrar no Congreso para tentar impoñer no conxunto do Estado que os procesos de selección de persoal nas Administración non esixan outro idioma máis que o castelán en ningunha comunidade autónoma. A súa aposta é, no caso galego, pasar por riba de normas vixentes como o artigo 5 do Estatuto de Autonomía, de xeito que a Xunta estea obrigada a aceptar a incorporación de persoal que non entenda galego. O anuncio do Ministerio de Educación chega mentres C's anuncia unha lei para que o castelán sexa a única lingua precisa para traballar na Administración É neste contexto no que chega o globo sonda lanzado este xoves polo Goberno de España a través do secretario de Estado de Educación, Marcial Marín. Ao ser preguntado ao respecto Marín afirmou que "dentro dunhas semanas" vai poder "estar" a fórmula para que, utilizando o artigo 155 da Constitución, aínda vixente en Catalunya, o Ministerio poida abrir a porta a que as familias do alumnado decidan que o ensino se imparta en castelán. "Somos sensibles co problema e pronto anunciaremos algunha decisión", agregou, se ben admitiu que o propio Executivo central aínda non "sabe" se "isto é materia que nos corresponda en aplicación do 155". De selo, insinuou, atenderían a petición dun sindicato educativo que pide a inclsión dunha "casilla de opción lingüística" no proceso de matrícula escolar para que as nais e pais decidan a lingua vehicular. Mentres, Galicia Bilingüe, agora integrada nunha plataforma chamada 'Hablamos español', impulsa unha iniciativa lexislativa popular coa mesma vontade. Texto sobre a lingua no ensino difundido por Feijóo en outubro de 2008 A enquisa lingüística de Feijóo fora tombada polos tribunais O anuncio de Marín reproduce case literalmente a "casilla en el sobre de matrícula" para determinar o idioma do ensino, que Feijóo prometeu recorrentemente naquela campaña de 2009 e que nunca chegou a tornar en realidade. No proceso de elaboración do decreto plurilingüe, aínda vixente, o novo Goberno do PP organizara unha controvertida enquisa con cuxo resultado pretendía condicionar a distribución de idiomas entre materias. O Executivo nunca fixo públicos os seus resultados que, como avanzou Praza.gal, finalmente viron a luz grazas á investigación académica de Mauro Fernández, catedrático da Universidade da Coruña. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou esa parte do decreto e impediu ao Goberno "abdicar" da súa responsabilidade lingüística malia ao seu intento de dar cobertura legal ao carácter vinculante dos inquéritos. Agora, case unha década despois, o decreto do plurilingüismo segue vixente malia ás alertas de desaparición do galego nalgúns niveis educativos -sobre todo en infantil- e entre críticas recorrentes polo veto á lingua propia de Galicia nas materias de ciencias. Mentres, a cúpula estatal do PP procura reeditar, co pretexto catalán, o sucedido en Galicia naqueles meses de 2009. Regreso ao pretérito imperfecto, por Luís Pardo na revista Luzes
PRAZA_17862
A empresa culpa a "presión sindical" e as reivindicacións laborais do cesamento da metade do persoal da fábrica da Mariña. UGT cre que a decisión débese á "teima persoal" do conselleiro delegado contra a ex-presidenta do comité e anuncia que pedirá "tutela xudicial e mesmo penal" ante a súa actitude.
A histórica Sargadelos anunciou o pasado venres o despedimento da metade do seu cadro de persoal na fábrica que ten en Cervo. O conselleiro delegado e accionista maioritario da empresa, Segismundo García, deu conta das súas intencións de prescindir de 49 traballadores nun insólito acto no que o anuncio chegou ao mesmo tempo aos medios de comunicacións e ás persoas afectadas. Varios deses despidos foron xa executados tras o envío de cartas a entre seis e oito operarias coa xustificación do seu "baixo rendemento". E todo malia que a dirección da compañía insiste desde hai algúns anos en que a situación económica non é para nada abafante xa e que a facturación vai en aumento tras superar unha fonda crise. Segismundo García anunciou o despedimento de 49 traballadores nunha asemblea á que convidou os medios de comunicación Así e todo, Segismundo García xustifica o drástico recorte de persoal nas "presións sindicais" e mesmo non descarta o peche da emblemática factoría mariñá. O conselleiro delegado sinala as reivindicacións dos representantes dos traballadores por mellorar as súas condicións ou lograr o cumprimento da lexislación laboral como causa da súa decisión, ante a sorpresa do cadro de persoal; e máis concretamente sinala a Rogelia Mariña, representante sindical por UGT na fábrica e que fora presidenta do comité de empresa. Despedida en 2016 tras criticar a xestión do máximo accionista, o seu cesamento foi declarado improcedente pola Xustiza, polo que Sargadelos tivo que readmitila e García indemnizala con 30.000 euros por danos morais. Segismundo García xustifica os cesamentos pola "presión sindical", as reivindicacións laborais e a lexislación Nesta "teima e animadversión" de García contra Rogelia Mariña sitúan fontes do persoal a cuestión do fondo dunha decisión de Sargadelos ante a que UGT xa anunciou que reclamará "de inmediato" a "tutela xudicial e mesmo penal" para "lograr que o conselleiro delegado cese na súa actitude". "Non podemos deixar que siga atacando así unha persoa e un sindicato", explica a Praza.gal Pedro Blanco, avogado do sindicato neste conflito. A nota repartida por Segismundo García entre os medios e as súas declaracións na asemblea pública na que anunciou os despedimentos é "a única comunicación" que o cadro de persoal recibiu, á marxe da media ducia de mulleres ás que enviou unha carta anunciando o seu cesamento por baixo rendemento e, "xa que logo, por razóns disciplinarias", segundo aclara Blanco. UGT sitúa a decisión na "teima" que García ten contra a ex-presidenta do comité á que tivo que indemnizar con 30.000 euros por "danos morais" García carga contra os sindicatos por presionar a empresa e acúsaos de poñer en risco a súa viabilidade, pero xustifica a convocatoria da asemblea nunha suposta "ameaza" de Rogelia Mariño que, segundo o conselleiro delegado, "manifestou publicamente en varias conversas con empregados que en pasando as festas de agosto, a dirección da compañía vaise enterar". Os sindicatos denunciaron non hai moito a diferenza salarial dos novos contratados fronte ao persoal que continúa desde o ERE e o máximo accionista alude ás críticas que a propia Mariño tería levado a cabo sobre o incumprimento deses e doutros "dereitos dos traballadores". Na súa opinión, esas reclamacións e a posible esixencia legal de equiparar os salarios farían inviable a compañía. A súa solucion: despedir as persoas recentemente empregadas para que "ninguén se sinta explotado", tal e como dixo ironicamente. "O propio Segismundo García está a xustificar os despedimentos nun rumor, nun comentario do que non ten constantación oficial. Non é certo o que di, pero se houbese algún incumprimento laboral en Sargadelos, UGT presentaría algún tipo de reclamación ante a empresa e intentaría negociar para chegar a un acordo... Pero todo isto débese fundamentalmente a unha teima persoal", explica Pedro Blanco, que lembra como no seu propio escrito García recoñece que a factoría incumpre varias normativas laborais e ataca a lexislación, a burocracia e os sindicatos para xustificar os despedimentos. UGT acusa o conselleiro delegado de ofrecer paralizar os despedimentos se o persoal asina un escrito pedindo a dimisión da súa representante sindical De feito, segundo informou UGT máis tarde nun comunicado, García ofreceu "deixar se efecto os despedimentos efectuados e non realizar ningún máis" a cambio de que o persoal "asine un escrito, por el elaborado, onde se esixe a dimisión de Rogelia Mariño". Para o sindicato, esta esixencia supón "unha clara chantaxe e coacción ás persoas traballadoras, ademais de algo ilegal". "Non o permitiremos", din. O conselleiro delegado nega calquera relación co devandito escrito repartido na empresa e que tería sido apoiado polas sinaturas dun 75% do cadro de persoal. Ademais, UGT di "rexeitar e condenar" este "novo ataque" de García a Mariño, manifesta a súa "solidariedade" coa representante legal "elixida polos traballadores" e require á empresa para que "achegue á delegada de persoal toda a información sobre os despediementos efectuados e previstos". García argumenta o despedimento de medio cadro das traballadoras na probabilidade de que a lei o obrigue a subir os seus salarios "Teño detectado que esta empresa incumpre 262 normas ou preceptos, nada menos!", di García no seu escrito do venres, non que mesmo volve tirar de ironía e di "confiar" en que "os sindicatos e a xustiza laboral non deixen o seu empeño por pechar o Grupo Sargadelos". Ademais, o conselleiro delegado asegura que só neste presente ano a compañía "tivo que pagar máis de un millón de euros por demandas sindicais derivadas dun ERE do ano 2010, na miña opinión xusto e necesario para a pervivencia do cadro de persoal". Referíase ao expediente aplicado en 2010 e que foi anulado posteriormente polos tribunais, obrigando a readmitir varios traballadores e pagar os salarios. Segundo García, a empresa tivo que abonar uns 800.000 euros ao pouco de saír do proceso concursal. Ademais, tamén fixo alusión aos 30.000 euros de indemnización a Rogelia Mariño ou á "situación de quebra pola que atravesou a compañía" e a "inxección de liquidez" a través de ampliacións de capital. "Un importe de dous millóns de euros que tivemos que asumir algúns dos socios, xa que outros partícipes e ningún dos empregados quixeron asistir", reiterou quen alude aos "equilibrios" que ten que facer a empresa fronte á "inxusta e corporativa legalidade que nos regula e nos ata". A fábrica que Sargadelos ten en Sada, Cerámicas do Castro, quedaría exenta dun recorte dun total de persoal que ascende a unhas 220 persoas. Segundo o propio García aclaraba hai meses, a facturación do grupo chega aos 8 millóns, cun incremento do 20% nun ano e superando a fonda crise do pasado.
NOS_30152
Bautista Álvarez está a piques de cumprir 80 anos. De entre eles, 50 están marcados pola loita a prol da liberación nacional de Galiza, un obxectivo que, di, continúa a ser "o reto do nacionalismo galego".
Co carácter que dan os anos de combatividade e unha fonda traxectoria política, Bautista Álvarez conversou con Sermos Galiza co gallo da homenaxe que lle organizan ducias de compañeir@s e amig@s. Porén, malia a que o nacionalismo galego apunta cara a el como unha figura fundamental da nosa historia contemporánea el asegura que, de o ser,"este país está moi pobre de figuras". Vai recibir unha homenaxe esta fin de semana organizada por numerosas persoas que din que vostede é unha figura fundamental na historia deste país...Se a min se me pode catalogar entre as persoas importantes do noso país, entón eu coido que o noso país está moi pobre de figuras. Eu non merezo homenaxe de ningunha clase porque a miña loita polo nacionalismo non é un sacrificio, senón unha vocación. Ninguén debe ser homenaxeado por ter un comportamento acorde coa súa ideoloxía. "Até que non consigamos os nosos obxectivos de liberación nacional teremos que continuar traballando" 50 anos de militancia son moitos... cando bota a ollada atrás que mudanzas ve?O nacionalismo galego continúa loitando polos mesmos obxectivos que loitaron os nosos devanceiros desde as Irmandades da Fala ao Partido Galeguista. Neste senso, nós somos uns continuadores, aínda que existe un contexto político diferente neste momento. Hai que seguir... Até que non consigamos os nosos obxectivos de liberación nacional, a nosa autodeterminación, teremos que continuar traballando. Que pegada deixou o nacionalismo nestes 50 anos?Deixou precisamente a autoorganización do pobo galego pois, por exemplo, nos tempos da República vemos que o nacionalismo galego non tiña organizacións sindicais nin culturais propias agás excepcións. Hoxe en día o pobo galego está organizado, non só politicamente, senón a nivel sindical, cultural... Isto representa, aliás, unha parte moi importante da sociedade galega. Teñamos en conta, por exemplo, a participación institucional. O PG, nun momento determinado, concorría ás eleccións con forzas políticas de ámbito estatal. Hoxe en día, o nacionalismo galego, tanto nas eleccións á Xunta como nas xerais do Estado, concorre con identidade propia. Neste senso houbo un avanzo importantísimo. Porén, aínda non están cumpridos os obxectivos e fica moito camiño por percorrer. "As forzas políticas teñen que estar continuamente en reflexión e iso responde ao criterio da crítica e autocrítica que sempre lle compete facer, sobre todo, a unha forza política de esquerdas" Que desafíos cre vostede que ten por diante o nacionalismo?Os de sempre. Conseguir a liberdade nacional, tirar o país da dependencia colonial que vén sufrindo desde séculos atrás. Estes son os retos de sempre, os propios de Galiza que nalgúns aspectos son coincidentes cos desafíos que teñen outras nacións do Estado. Como valora a confluencia nunha convocatoria conxunta de forzas nacionalistas como o Bloque, Causa Galiza e Nós-UP para o domingo 3 de marzo?É importante que haxa unidade na reivindicación dos nosos dereitos nacionais. Valóroo como algo moi positivo. Que perspectivas ten vostede para a Asemblea nacional que desenvolverá o Bloque o vindeiro día 17? Perspectivas non teño ningunha. As forzas políticas teñen que estar continuamente en reflexión e iso responde ao criterio da crítica e autocrítica que sempre lle compete facer, sobre todo, a unha forza política de esquerdas. Neste senso, significa corrixir erros que se cometeron e tentar suprir as insuficiencias que se observaron na actuación política diaria e de aí tirar conclusións para afrontar o futuro con maior forza e maior decisión. Ese futuro debe contar co papel protagonista da xente moza, como ve a mocidade nacionalista en Galiza?É unha esperanza malia a ser sector minoritario dentro da mocidade, desgrazadamente. Mais son os que teñen que apañar o relevo na loita política en defensa do noso país. Aí efectivamente hai unha mocidade moi comprometida no momento actual e esa é a mellor garantía de que a loita non vai morrer con aqueles que viñemos loitando polos mesmos obxectivos desde hai moito tempo.
NOS_20593
Varias asociacións critican á Xunta e aseguran que o estado do monte é "selvático", o que agoira "un verán perigoso".
É xullo e xa comezou a fase de maior perigo de incendio forestal. Así, a Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais avisou, nunha rolda de imprensa, de que considera este como "un verán perigoso" quer para o monte quer para a vida dos traballadores. Alegan a ese respeito o estado en que se acha o dispositivo de extinción, que ollan, "desprofesionalizado", e o estado do monte, que é "selvático". E responsabilizan directamente á Xunta de Galiza. Representantes de organizacións e sindicatos integrados na plataforma sinalaron que "están a avisar" do que pode acontecer no monte este verán e acrecentaron que ven risco "real" para o persoal de extinción e, moi concretamente, para @s que sexa contratad@s "a dedo" polos concellos para as brigadas municipais. Na plataforma están integrados representantes de CIG, UGT e CC.OO, así como dos traballadores de Seaga, e organizacións como Apropiga; Aprafoga; a Organización de Comunidades de Montes en Man Común; Adega ou Verdegaia. A CIG acusa a Xunta de facer un uso "partidista e eleitoralista" do dispositivo anti-incendios Daniel Veiga, delegado da CIG nos servizos de extinción, acusou á Xunta de facer un uso "partidista e electoralista" deste dispositivo, "poñendo en risco a vida dos traballadores". Por iso, recordou que xa se produciu "un accidente grave" no incendio de Ponteareas e indicou que estudan "ir á vía penal" se continúan a se producir sinistros. Ao seu xuízo, son os xestores políticos "os responsábeis das mortes, malia o cal non foron aos tribunais, ante os que si compareceron peóns e capataces que, por suposto, non eran os culpábeis".
PRAZA_6328
Autopistas del Atlántico pechou 2013 co cadro de persoal máis reducido dende a apertura do trazado entre A Coruña e Vigo. Mentres, prevé seguir instalando as cabinas de cobro automático que favorecen os atascos.
Os atascos provocados por Autopistas del Atlántico nalgúns dos seus postos de peaxe adoitan ir acompañados dunha imaxe recorrente: persoal da compañía bota man do chaleque reflectante para exercer de algo semellante a un garda de tráfico e tentar pór orde no caos, ordenando do xeito menos malo posible as interminables fileiras de vehículos conducidos por persoas que, paradoxalmente, agardan para pagar por un servizo que non recibiron. Ese cadro de persoal é o que Audasa vén reducindo sistematicamente dende que hai unha década pasou a mans privadas, situándoo en niveis próximos aos de hai vinte anos malia recadar case un 170% máis en peaxes que naquela altura. Segundo as contas que a concesionaria da AP-9 deposita anualmente na Comisión Nacional del Mercado de Valores a empresa pechou 2013 con 231 persoas ao seu servizo, 13 menos que un ano antes e un 26% menos que no 2004, primeiro ano completo da privatización, no que tocou teito con 315 traballadores e traballadoras. En 2008, cando Sacyr se desfixo da autoestrada nunha operación superior aos 7.000 millóns de euros -mercáralla ao Goberno de Aznar por algo menos de 1.600- xa recortara o plantel ata as 290 persoas. Audasa pechou 2013 con 231 persoas ao seu servizo, unha cifra semellante á de cando recadaba en peaxes un 60% menos O novo propietario da empresa, o grupo financeiro estadounidense Citigroup -nacionalizado parcialmente polo gabinete de Obama en 2009-, seguiu a liña de recorte iniciada polo que fora xigante do ladrillo español. Así, en 2010 as persoas ao servizo de Audasa eran xa 264, en 2011 eran 256 e en 2012, 244, exactamente as mesmas que en 1995. Para atopar unha cifra de persoal semellante aos 231 traballadores e traballadoras do ano 2012 cómpre remontarse a 1996, ano que Audasa pechou cun plantel de 240 persoas e uns ingresos por peaxes de 46,9, montante económico un 60% menor aos 125,2 millóns de 2013 e tamén inferior aos case 60 millóns que xa ingresou na primeira metade de 2014, sempre segundo os datos depositados na CNMV. Máis peaxes automáticas Neste contexto e malia á proliferación das retencións por, entre outras causas, a escaseza de persoal para cobrar, a compañía prevé seguir substituíndo as peaxes atendidas por persoas por máquinas de cobro automático, as mesmas das que se ve obrigada a prescindir cando os atascos xa están formados. Así e todo, Audasa explícalle á CNMV que é "reseñable a boa acollida por parte dos usuarios das novas vías de cobro automático, denominadas 'pago fácil". A finais de xuño a AP-9 contaba xa con 34 destas máquinas, que son utilizadas por menos de 2 de cada 10 vehículos e cuxa instalación, no entanto, vai continuar nos próximos meses, segundo prevé a empresa. A AP-9 ten instaladas xa 34 máquinas de cobro automático que son utilizadas por menos de 2 de cada 10 vehículos A extensión das peaxes automáticas é un dos plans inmediatos dunha compañía que non prevé grandes sobresaltos no futuro. Aínda que admite que as expectativas de crecemento económico de Galicia son "pesimistas no curto prazo" Audasa agarda "seguir mantendo niveis de tráfico suficientes para que os niveis de ingresos non se vexan significativamente afectados". A concesionaria da autoestrada recoñece que o volume de vehículos que acolle, o cal se vén reducindo anualmente dende 2007, está en "situación de atonía" que atribúe non ao seu mal servizo, senón á "situación de crise" e á "adversa meteoroloxía". Non obstante, a perda de tráfico "compénsanse coa revisión de tarifas", isto é, coa suba de prezos vixente dende o pasado 1 de xaneiro. Isto sucede nun escenario no que, na primeira metade do ano, Audasa recoñece que gaña un 0,7% máis que no mesmo período de 2013 "debido fundamentalmente ao incremento dos ingresos por peaxe" e no que non augura que o Goberno de España lle dea susto ningún. Así, sinala que aínda no caso de que haxa cambios legais ou outras decisións gobernamentais "a base de calquera modificación ten que ser o respecto ao equilibrio económico-financeiro da concesión, polo que os efectos dos posibles cambios legais ou normativos deberán ser neutros". Entre os eventuais riscos non contempla nin menciona a posibilidade de perder a concesión por ofrecer un servizo deficiente.
NOS_33982
Seis mulleres da Rede feminista galega colocan unha faixa en apoio ás tres integrantes da banda punk condenadas a dous anos de cadea após cantaren Nai de deus, líbranos de Putin na principal catedral ortodoxa de Moscova. Din as activistas que a sentenza responde a "motivos políticos" e exixen a liberdade das músicas
'Pussy Riot, liberdade' é a petición que se puido ler este sábado nunha faixa que colgaba da balconada da catedral de Santiago de Compostela. Durou pouco, pois as forzas de seguridade tardaron media hora escasa en desaloxaren do edificio relixioso ás seis activistas da Rede Feminista Galega que fixeron parte da acción reivindicativa en prol da banda de punk feminista. Tres das súas integrantes, Maria Alekhina, Ekaterina Samutsevich e Nadezhda Tolokonnikova, foron condenadas a dous anos de cadea após interpretaren a canción Nai de deus, líbranos de Putin na principal catedral ortodoxa de Moscova. Fronte ao argumento da acusación, "vandalismo baseado no odio relixioso", desde a Rede Feminista Galega falan de "motivos políticos". Coa cara cuberta con meias de distintas cores, imitando ás seis Pussy Riot, outras tantas mulleres conseguiron introducirse este sábado na catedral compostelá e chegar até os balcóns, desde onde despregaron a faixa. Para alén da liberdade para as músicas, as activistas lembraron tamén @s pres@s polític@s galegas e reclamaron liberdade tamén para el@s ao berro de 'As presas, agora, queremos velas fóra'. Máis liberdade, desta volta para as mulleres podermos decidir sobre o noso corpo e a nosa maternidade, foi o que se pediu ao rexeitar levarmos "rosarios nos nosos ovarios". (Video da actuación das Pussy Riot na catedral de Moscova) A maquinaria represiva, en marchaAs accións en apoio ás Pussy Riot repetíronse en moitos recunchos do mundo. Sabían elas da dificultade dunha resolución que as absolvese, subliñando que "a declaración --de Vladimir Putin-- de que o noso caso será xulgado con obxectividade e que o veredicto será xusto é máis un engano ao país enteiro e á comunidade internacional". Coa súa actuación na catedral do Cristo Redentor quixeron deixar claro "que a cultura ortodoxa non pertence unicamente á Igrexa Ortodoxa rusa, senón que tamén se pode pór do lado da desobediencia civil, da rebelión e da protesta". "Intentarán presentar a nosa acción como a dunhas ateas militantes sen corazón, mais cometeron o erro de que xa antes eramos coñecidas como a banda de punk feminista anti-Putin que realizaba asaltos mediáticos nos principais símbolos políticos do país". A integrante das Pussy Riot que pronunciou estas palabras, en nome do grupo, contaba con ser declarada culpábel namentres falaba. Aínda así, considerou que "gañamos", xa que unha condena por estes feitos demostra, dixo, a natureza represiva do propio xuízo iniciado na súa contra.NOTA: as imaxes da acción pertencen a @luciamontseny (interior) e Galiza Contrainfo (portada)
NOS_14896
Luis Bará critica que o presidente español afirme que vai seguir a chamarlle polo seu antigo nome, Salvador Moreno, á actual Rosalía de Castro. Moreno foi un golpista franquista e ministro na ditadura.
A Rúa Salvador Moreno, de Pontevedra, pasou ser Rosalía de Castro en aplicación da lei da memoria histórica. O presidente español, que viviu nela, afirmou esta semana a súa sorpresa polo cambio de denominación e afirmou que el vai continuar a chamala co nome do militar franquista e ministro na ditadura. Para Luis Bará, deputado do BNG, estas declaracións de Mariano Rajoy son "unha declaración expresa de apoloxía do franquismo". Ao tempo, dixo o parlamentar, son unha "ofensa e menosprezo" para Rosalía de Castro, quen actualmente dá nome a esa rúa Luis Bará tamén entende que esas declaracións de Rajoy constitúen un menosprezo dunha "decisión lexítima e legal" do Concello de Pontevedra e o seu compromiso para coa memoria histórica, a galeguización e a feminización do rueiro. Por todo iso, o deputado do BNG anunciou que presentarán unha pregunta parlamentar para instar o goberno galego a que expre4se a súa condena ás declaracións do mandatario español.
NOS_2324
"Sabía usted, señor Callón, que en 2008 el topónimo La Coruña era oficial?". Esta pregunta foi a única novidade no xuízo contra o presidente da Mesa onde a sala foi desaloxada após @s presentes berrar 'xustiza colonial!' contra o demandante, o ex xuíz decano da Coruña Fraga Mandián, quen declarou que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña"
"O peor dos escenarios produciuse". Así resume o presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, o segundo xuízo ao que se tivo que enfrontar esta sexta feira por uns feitos acontecidos en 2008, cando lle recriminou a quen daquela era xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". Malia que nas súas propias declaracións Fraga Mandián recoñecía que a forma toponímica deturpada era "ilegal", a única pregunta novidosa que a acusación formulou foi a seguinte: "sabía usted, señor Callón, que en 2008 el topónimo La Coruña era oficial?" A reacción d@s asistentes á vista, con berros de 'xustiza colonial!' en contra do avogado e do seu representado, foi tal que se ordenou o desaloxo da sala. O presidente da Mesa ten claro que esta situación se permite pola condición do demandante e denuncia o "corporativismo" que se está a producir ao lle dar "máis oportunidades a este señor que á propia infanta" en referencia á filla do Borbón, Cristina, a quen se lle retirou a imputación na operación Noos en que segue imputado o seu home, Iñaki Urdangarín. "Non hai ningunha sentenza que falte por emitir no sentido de que a única forma legal é A Coruña. O que acontece é que hai un desafío á lexislación" que fai prever, segundo vaticina Callón, que desta volta a sentenza será condenatoria. Barallouse unha petición de 650.000 euros de indemnización Se da primeira volta lle pedían 13.500 euros e as costas do xuízo, desta volta a acusación barallou unha petición de 650.000 euros para compensar a repercusión que a absolución do presidente da Mesa tivo na imprensa. Porén, finalmente a indemnización que reclama Fraga Mandián é de 15.000 euros e as costas da vista. Recorda Callón que a primeira resolución, ditada pola Audiencia provincial da Coruña, "era mesmo un correctivo" para o ex xuiz decano en que lle sinalaban "ao longo dunha páxina enteira" cal era o topónimo oficial. Insiste no "corporativismo" ao redor desta denuncia e subliña que en 2009, cando lle notificaron a imputación, a xuíza de instrución e a fiscalía sinalaron que non había caso. Aínda así chegou a se celebrar o xuízo e, perante unha sentenza que o absolvía, voltou repetirse. Con este panorama como pano de fondo Callón entende que "queda clara a postura da maioría dos poderes xudiciais a respecto do recoñecemento de Galiza e da súa lingua".
NOS_18633
55% da poboación do Estado aposta pola república segundo as últimas enquisas.
A saída de Juan Carlos de Borbón do Estado español é significativa da crise da monarquía. Mentres desde a Casa Real e desde os círculos de poder tentan recuperar apoios á institución con esta decisión, as enquisas apuntan nunha dirección diametralmente oposta. Os problemas da coroa veñen para quedarse. O momento e a forma da saída do rei emérito do Estado español foi planificado até o mínimo detalle desde os aparatos do Estado. Se a renuncia de Felipe VI á herdanza do seu pai fíxose efectiva no mes de marzo, en pleno estado de alarma, a marcha de Juan Carlos I formalizouse no comezo da tempada estival, nun caso e outro coa intención que as decisións pasasen desapercibidas diante opinión pública. Porén, lonxe de conseguir pór freo á perda de apoios da monarquía e acadar unha mellora na súa percepción social, as enquisas sinalan a un forte deterioro da institución nos últimos meses e a un rexeitamento maioritario á forma na que o rei emérito comunica a súa marcha. Un equipo de estudos demoscópicos que se ten ocupado da monarquía cando ningunha outra empresa preguntaba por ela, Electomanía acaba de facer público os dados dunha sondaxe sobre a coroa, unha parte da cal realizouse após a saída do rei emérito do Estado. A este respecto e interpelados polo contido do comunicado emitido pola Casa Real para dar conta da marcha de Juan Carlos I, 39,2% valórano moi mal, 20,6% mal, 23,5% ben e 12,1% moi ben. A declaración só ten o respaldo dos votantes de Vox, PP e Ciudadanos, sendo rexeitada polos das restantes forzas políticas, incluídos os do PSOE, malia a participación decisiva na operación da dirección deste partido. As adhesións á monarquía desfondáronse nos últimos meses. Se á volta de abril 47,5% da poboación do Estado apostaba pola monarquía e 47% pola república, á altura de 4 de agosto os apoios a opción monárquica baixaban a 39,45% situándose os da república en 55,5%. A acusada perda do favor popular por parte da coroa neste último período non se pode desligar de determinados factores conxunturais, porén a caída en apoio social da monarquía é permanente na última década, até o punto que segundo o barómetro de Electomanía non vai superar en ningún momento desde 2018 o 51,7%. Galiza é republicana Os dados deste última enquisa de Electomanía sitúan á alternativa republicana en 55,5% dos apoios no conxunto do Estado. Asemade é maioritaria en Andalucía, Aragón, Asturias, Catalunya, Euskadi, Galiza, Nafarroa, Illes Balears e Pais Valencià, destacando o cambio de tendencia en Andalucía e Aragón, onde pasa a ser a primeira opción entre a cidadanía. Ao tempo as porcentaxes máis altas de rexeitamento á monarquía concéntranse na Galiza nas circunscrición de Pontevedra con 55,6% e na Coruña con 54,5% se ben a oposición á Coroa tamén resulta vencedora en Lugo con 49,1% e Ourense con 47,6%. As nación sen Estado concentran os maiores apoios á proposta republicana, significándose ás porcentaxes de Euskadi con máis de 80% ou de Catalunya con preto de 75% A variábel nacional e social determina a posición sobre a forma da xefatura do Estado. As nación sen Estado concentran os maiores apoios á proposta republicana, significándose ás porcentaxes de Euskadi con máis de 80% ou de Catalunya con preto de 75%, sendo os votantes das formacións nacionalistas os que máis rotundamente se manifestan ao respecto. Así, apostan pola república 98,1% dos electores de PNV, 93,6% de Bildu, 92,8% de ERC, 91,7% de Junts per Catalunya ou 91,8% do BNG. Ao tempo, a alternativa republicana é tamén maioritaria na esquerda, adheríndose a esta opción 92,9% dos votantes de Unidas Podemos e 76,2% do PSOE. A proposta monárquica acada un respaldo de 39,45% no total estatal. A mesma resulta maioritaria en Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Madrid e Estremadura, se ben a poboación da circunscrición de Badaxoz declárase maioritariamente republicana. As porcentaxes máis elevadas de apoio a esta opción proceden dos votantes de Vox con 80,8%, do Partido Popular con 77,1% e de Ciudadanos con 55,1%. Precisamente, unha das cuestións que máis preocupa na Casa Real é a ausencia dunha base social de apoio transversal no nacional, no xeracional e no ideolóxico, significando a diferenza de comportamento entre a dirección do PSOE e o seu electorado. 60,5% da poboación considera necesario a celebración dun referendo respecto da forma de Estado. Malia o interese desde algúns círculos de poder por sinalar que esta proposta non fai parte das urxencias da sociedade, os dados fornecidos por esta sondaxe de Electomanía na liña doutras enquisas apuntan nunha dirección contraria. A totalidade dos votantes, agás os de Ciudadanos, Navarra Suma, Partido Popular e Vox apostan pola súa realización, sumando, por exemplo, no caso dos do BNG 97,0%. Neste sentido, os maiores apoios ao mesmo concéntranse, tamén, nas nacións sen Estado, onde a oposición á monarquía, como expresión da unidade estatal, acada unha cifras máis elevadas. O rei non está nu As estruturas chaves do aparato do Estado, unha parte significativa do poder económico e un sector significativo da sociedade española, que ven nel o garante da unidade do Estado mantéñense a carón do rei, porén as fendas no réxime institucionalizado no texto de 1978, onde a coroa aparece como clave de bóveda do edificio, non poden pasar de longo.
NOS_3539
O tenente de alcalde de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, compareceu na quinta feira ante o xuíz en relación á denuncia que interpuxo contra un veciño da localidade por ameazalo de morte en redes sociais. Á súa entrada, confiou en que este sexa "un punto de inflexión" para erradicar unha "onda de odio" da que responsabilizou, entre outros, ao PP local.
Arroxo tachou de "inadmisíbeis" condutas ameazadoras en redes sociais e pintadas e alertou de que existe un "aval" das mesmas por parte de diferentes grupos sociais e institucionais. "En Lugo hai xente que se dedica a mandar unha serie de mensaxes de odio que provocan que individuos como este se sintan apoiados para ameazar libremente", dixo, "por unha banda o PP de Lugo e por outra os autoproclamados como representantes dos veciños". Arrestada a persoa que ameazou o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, en redes sociais En concreto, o nacionalista sinalou directamente "un concelleiro popular que curiosamente sempre está no medio destas historias". Pintadas de ameaza Rubén Arroxo explicou que hai cinco meses as primeiras pintadas "ameazantes" empregaban "os mimos termos que este concelleiro nos seus perfís sociais". "Casualmente, tamén, estas mensaxes ameazantes aparecen no seu taboleiro de Facebook", engadiu. Por iso, o denunciante instou o PP de Lugo a que pare "a pensar que están a facer para expandir esta onda de odio que se basea en discrepancias ideolóxicas". Outra das agrupacións que, desde o seu punto de vista, alentan estas condutas "violentas" é a Asociación de Veciños de Lugo. "Este individuo (o denunciado) ademais de ser militante do PP era membro da Asociación de Veciños de Lugo, agrupación que nada máis entrar no goberno dirixíronse a nós sempre con violencia verbal e agora vemos o que pasa", dixo o concelleiro. Rubén Arroxo denuncia na Policía Nacional as ameazas sufridas no 'Facebook' Arroxo sinalou claramente Jesús Vázquez, presidente da Asociación, por difundir "unha mensaxe de odio continuado polo mero feito de non tratalo como un privilexiado, senón como un veciño máis, o que termina provocando que estes elementos (polo denunciado) acaben aparecendo". Con todo, a cabeza visíbel do BNG en Lugo recoñece ter apoio tanto de veciños como de membros da corporación "de todos os partidos" e puxo en valor "a disputa política desde o respecto". Hoxe iníciase o proceso de instrución dun caso denunciado hai algo máis dun mes. O nacionalista sabe que "será longo", pero o importante "é que imos explicar todo o sucedido para tentar frear este tipo de condutas", resolveu.
NOS_47426
Farano baixo a 'marca instrumental' Participación Democrática Directa de Galiza, que se presentará en municipios como Vilagarcía, Chantada ou Fene, entre outros.
Somos Maioría, o colectivo nado no verán de 2014 a partir dun manifesto asinado por persoas de diferentes procedencias políticas, aspira a presentar candidatura nunha vintena de concellos galegos nas eleccións de maio. Para iso rexistrou unha ''marca instrumental'', Participación Democrática Directa de Galiza. Avogan por candidaturas populares horizontais protagonizadas pola "cidadanía" e con aposta na "democracia directa". Este colectivo sinala que ten pechada a súa participación coa marca Participación Democrática Directa de Galiza nos concellos de Vilalba, Sober, Chantada e Folgoso do Courel (Lugo), Xinzo (Ourense), Fene e Cabanas (A Coruña) e Vilagarcía, Cambados, Ribadumia (Pontevedra). Baixo a fórmula Somos Maioría concorrerán en Sada. SM agarda que esa listaxe se amplíe até 20 concellos en todo o país.
NOS_25992
Non son moitas as oportunidades que temos de ver confrontado o traballo dun autor dramático co dos responsábeis da súa posta en escena: un exercicio que, sen dúbida, contribúe a incrementar a perspectiva escénica das persoas lectoras.
Din os libreiros que o teatro é o xénero que peor se vende. Ou, por dicilo doutra forma, o que menos se le. Se cadra, teñen razón: ler teatro esixe unha certa imaxinación escénica que reclama un esforzo algo máis complexo que o que pide unha novela e mesmo un volume de poesía. Mais se hai algo que as estatísticas corroboran é que os países cunha escena máis rica son tamén aqueles onde máis teatro se le. A conclusión é que esa imaxinación escénica se desenvolve asistindo ao teatro; que o público do teatro é, a grandes trazos, o mesmo que o da literatura dramática. A Casa Museo Manuel María vén de editar un volume que talvez sexa o perfecto exemplo de como ambos elementos do teatro se complementan. O libro recolle a obra de Manuel María A lúa vai encuberta a carón da dramaturxia escrita por Vanesa Sotelo para o espectáculo no que as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante adaptaron á escena o texto do autor chairego. Non son moitas as oportunidades que temos de ver confrontado o traballo dun autor dramático co dos responsábeis da súa posta en escena: un exercicio que, sen dúbida, contribúe a incrementar a perspectiva escénica das persoas lectoras. Por diversas razóns, os textos escritos para a escena sofren moitos cambios e adaptacións antes de subir a un escenario sen que, en moitas ocasións, o público sexa consciente dese labor de axuste. Este volume axuda -coa coartada, ademais, dunha obra e unha montaxe de primeira orde- a reparar nas mudanzas que converten cada versión do texto nun espectáculo irrepetíbel. Esta experiencia da edición de A lúa vai encuberta ten poucos precedentes xa non no panorama teatral galego, senón no conxunto de Europa, razón pola cal temos que saudala como un fito na paisaxe escénica do noso país. Paseniñamente van aparecendo outras liñas editoriais que lle presentan ao público lector textos que pasaron polos escenarios en tempos recentes: desde a colección de Kalandraka que está publicando as obras de Chévere até a de Positivas que edita os textos das producións do Centro Dramático Galego. Se cadra, a principal eiva que se pode observar é que o transvase entre libro e escenario dáse case exclusivamente nunha dirección: do espectáculo ao papel. Quizais cando as obras editadas dos autores e autoras galegas que non atopan quen as leve ás táboas salten desde a imprenta á escena poidamos dicir que temos un sistema teatral en vías de normalización. Un teatro nacional saudabel e á altura dos seus creadores.
PRAZA_15104
Feijóo non comparece en pleno á marxe das sesións obrigatorias dende xullo de 2010
A oitava lexislatura autonómica xa é historia. Coa constitución, o pasado venres, do novo Parlamento xa é posible realizar un balance global do labor desenvolvido polo Parlamento composto a partir dos resultados das eleccións do 1 de marzo de 2009. Foi un período lexislativo que deixa en Galicia medio cento de leis, a maioría modificación de normas anteriores, e que, como nos anteriores, amosa notables carencias por parte do Goberno galego no referido a atender o labor de control da oposición. Un bo termómetro disto último é o grao de dilixencia amosado pola Xunta á hora de achegarlle aos grupos diferentes do PP os documentos que lle reclaman, isto é, os papeis gobernamentais aos que a oposición ten dereito a acceder sempre que o desexen, segundo estipula o artigo 9 do Regulamento do Parlamento. Nestes algo máis de tres anos e medio socialistas e nacionalistas non viron satisfeitas seis de cada dez peticións de documentación. Segundo consta na memoria elaborada polo Servizo de Asistencia Parlamentaria PSdeG e BNG remitiron un total de 1.337 requerimentos deste tipo ao longo da lexislatura e só obtiveron resposta positiva en 510 ocasións ou, o que é o mesmo, só recibiron o 37% da documentación que pediron. Isto acontece na suma de socialistas e nacionalistas e sucede, cunhas cifras case idénticas, se é analizado o labor de cada un destes grupos por separado. No caso do Bloque, reclamou papeis en 594 ocasións e recibiunos 225 veces (o 37%). Mentres, o PSdeG pediu formulou 743 destas peticións e obtivo resposta a 285, isto é, o 38%. Un maior grao de resposta foi o logrado polo grupo que sustenta ao Goberno: o PP pediu papeis 139 veces e tivo reposta ao 52%, con 73 achegas de documentación. PSdeG e BNG remitiron un total de 1.337 requerimentos de documentación entre 2009 e 2012, o PP fíxoo en 139 ocasións Se ben estas peticións de documentos non sempre son realizadas por un único deputado ou deputada e partindo da base de que, en funcións dos grupos, hai parlamentarios moi activos e outros que non o son tanto, estas cifras poden servir tameń como un indicardor máis da actividade parlamentaria de cadaquén. Así, atendendo a estes mesmos datos, a cada membro do PP na Cámara corresponderíalle unha media de 3,7 peticións de documentos -tiña 38 deputados-, no PSdeG serían 29,7 para cada un dos seus 25 representantes na pasada lexislatura e, pola banda do BNG, este indicador subiría ata as 49,5 peticións por escano. Sen comparecencias de Feijóo dende 2010 A devandita memoria parlamentaria contabiliza tamén outros procedementos de control, impulso e información, como as comparecencias. Así, o documento reflicte, por exemplo, que o presidente da Xunta non comparece na Cámara á marxe das sesións obrigatorias -debate anual de política xeral e sesións bisemanais de control- dende o 21 de xullo de 2010. Malia ás numerosas peticións de comparecencia formuladas polo PSdeG -único grupo da oposición que tiña capacidade, polo seu número de deputados, para tramitalas- estas foron reiteradamente rexeitadas agás nunha ocasión, en xullo de 2009, cando socialistas e populares pediron que Feijóo acudise á Cámara para falar do financiamento autonómico e o fixo, cando menos sobre o papel, atendendo á petición do PSdeG. Aquela comparecencia sobre o financiamento autonómico tivera un ton notablemente crítico co Goberno central, daquela presidido por José Luis Rodríguez Zapatero. O mesmo aconteceu coas catro comparecencias restantes; en xuño de 2009 Feijóo explicoulle á Cámara a súa reunión con Zapatero en La Moncloa, criticando con dureza a súa xestión, o mesmo aconteceu en decembro do mesmo ano, cando compareceu para informar sobre a Conferencia de Presidentes que se viña de celebrar en Madrid. Nun ton semellante foron as dúas últimas comparecencias, en maio e xullo de 2010 cando, respectivamente, o actual presidente en funcións avaliou o impacto en Galicia dos recortes do Executivo central do PSOE e a situación económica e financeira de Galicia.
NOS_6624
Duplo triunfo verdibranco na fase inicial do 'play-off'.
Todo a favor para que o Liceo da Coruña levante, nove anos despois, o título da OK Liga. Os herculinos chegarán á segunda fase do play-off polo campionato -que volverá á acción o próximo 17 de xuño, sexta feira, ás 20.30 horas- con tres match-balls ao seu favor após pasar por enriba do Reus Deportiu no primeiro e segundo choque da eliminatoria. Non obstante, farían mal os verdibrancos en confiarse e baixar a garda, pois agora os cataláns recuperan o sempre importante factor campo nos próximos dous encontros, o que unido á fama de mataxigantes que adquiriron os do Baixo Campo após eliminar nas semifinais o todopoderoso Fútbol Club Barcelona fai pensar que non será un camiño de rosas o que lle queda por diante ao Liceo de hóckey. Con todo, na distancia seguirán contando cunha afección que se reunirá no Pazo dos Deportes de Riazor para seguir as evolucións do seu equipo, logo de que a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmara na xornada de onte que o Concello instalará unha pantalla xigante que retransmitirá de balde o duelo galego-catalán. Seguir os pasos xa andados En Catalunya, o Liceo aspira a sumar un terceiro triunfo que lle asegure o título, e o camiño máis curto é seguir os pasos xa andados nos dous primeiros choques da eliminatoria. No que a abriu impuxéronse os herculinos por 5-1 con total autoridade, nunha auténtica exhibición dos homes de Juan Copa, comandados por Di Benedetto e Adroher, sen restar mérito ás achegas de César Carballeira, Dava Torres ou Carles Grau desde a porta. Con respecto ao segundo, tónica similar, pois xa no minuto 2 de partido ía por diante un Deportivo Liceo que rematou por imporse por un resultado de 5-2.
PRAZA_20224
Levará a cabo unha ampliación de capital duns 7.000 millóns que cubrirá o capital. A operación remata de vez coa entidade galega, de 250 anos de historia, e pon en alerta os 1.400 traballadores do grupo en Galicia, onde a duplicidade de oficinas provocará novos recortes no emprego
Ano 2017 e aínda se pasan noites en branco para salvar bancos en España. O Estado, a través do seu brazo financeiro, o Fondo de Resolución Bancaria (FROB) anunciou a primeira hora desta mañá a decisión de vender o Banco Popular ao Santander polo prezo de un euro. A decisión pechouse ao longo da noite despois de que as entidades regulatorias asumisen que a entidade era inviable e que estaba a piques de afrontar problemas de falta de pagamentos. Desde as 8 da mañá, Santander garante a liquidez e faise responsable de que calquera depositante que acuda a retirar o seu diñeiro do Popular poida facelo con total tranquilidade. A operación acaba de vez co Banco Pastor, o último banco que quedaba do sistema financeiro galego. A súa marca desaparecerá e deixará atrás case 250 anos de historia, ao operar a entidade da familia Botín como un só nome en todo o Estado e converterse agora na segunda maior entidade de Galicia. A duplicidade de oficinas no país provocará outra importante perda de emprego no que fora o Grupo Popular, logo da reestruturación que levou por diante 800 postos de traballo coa absorción do Pastor e un recente ERE que acabou con máis de 400. O Santander compra por un euro o Popular, entidade inviable e a piques de afrontar problemas por falta de pagamentos A inminente quebra levou a que a Xunta Única de Resolución, a autoridade competente para determinar a liquidación ou rescate das entidades bancarias europeas segundo a nova regulación, decidise activar o novo protocolo para salvar entidades. España convértese así no primeiro Estado europeo en usar este mecanismo e Popular, no primeiro banco en ser intervido de acordo coas novas regras de xogo. Segundo a nova ordenación, os contribuíntes non deben ser os primeiros en soportar o rescate das entidades financeiras. Para lograr este efecto, decidiuse amortizar todas as accións do banco e tamén activar a conversión de parte da débeda. Con esta mecánica, os accionistas e parte dos acredores son os que puxeron o diñeiro para salvar a entidade que se supuña un risco para a estabilidade financeira española e, polo tanto, europea. O Popular, co Pastor como marca maioritaria, ten uns 690.000 clientes en Galicia e unha ampla rede de máis de 200 oficinas Para tomar esta decisión a situación chegara a ser desesperada. A Xunta Única de Resolución explicábase nun duro comunicado asegurando que Popular estaba "a crebar ou a piques de crebar" con suficientes elementos para considerar que a entidade, "nun futuro próximo, sería incapaz de pagar as súas débedas". A duplicidade de oficinas en máis dun cento de concellos de Galicia provocará inevitablemente recortes no cadro de persoal do Grupo Popular. Coa marca Pastor como maioritaria, a entidade era a segunda do país, tanto pola súa importante rede comercial, con máis de 200 sucursais, como polo número de traballadores (sobre 1.400, máis de mil nas sucursais da entidade galega) ou o seu negocio, con case o 20% de cota de mercado e máis de 20.000 millóns entre créditos e depósitos. O número de clientes galegos anda arredor dos 690.000, dos que máis de 120.000 son pemes, autónomos e comercios. A duplicidade de oficinas volverá provocar recortes no cadro de persoal: hai 1.200 postos de traballo en xogo Ademais, no Estado, pero nomeadamente en Galicia, agudizarase o oligopolio e concentración bancaria. Serán cinco entidades as que controlen case en exclusiva o mercado financeiro galego, logo dun proceso que levou por diante as antigas caixas, o Banco Gallego ou agora o Pastor. A preocupación dos traballadores, que denuncian a "presión extrema" á que foron sometidos nos últimos meses, é agora maior, ao estar en xogo os arredor de 1.400 empregos que quedaban no grupo. O futuro da histórica Fundación Barrié queda agora no aire En Galicia, os efectos desta compra afectan outras impotantes entidades como a Fundación Barrié. A súa principal vía de financiamento era o seu paquete de accións no Popular tras a absorción do Pastor. Daquela, pasou a controlar algo máis do 8% do capital do grupo, pero as posteriores ampliacións de capital deixaron esta participación en apenas o 2,6%, uns 56 millóns que caeron ata menos de 18. Agora, ese capital non vale nada e as achegas a esta importante institución non existen. O seu futuro queda no aire. Porque con esta compra, os accionistas do Popular perden toda a súa participación na entidade e o FROB xa sinalou que os títulos, repartidos en Galicia entre pequenos aforradores (uns 60.000) tras a última ampliación, serán os primeiros amortizados. Asociacións de consumidores como Adicae xa aseguraron que a venda realízase a costa dos accionistas. O anterior presidente da entidade, o galego Ángel Ron, saíu da empresa sen indemnización pero con dereito a unha pensión de xubilación de 23 millóns de euros. Os accionistas son os grandes perdedores da operación ao quedar sen o seu investimento; a súa única saída é acudir aos tribunais Son os accionistas os grandes perdedores da operación ao quedar sen o seu investimento. O Popular perdeu máis da metade do seu valor na Bolsa nas cinco últimas sesións. Agora o valor das accións é cero porque as autoridades europeas amortizáronas, logo de chegar á conclusión de que o banco era inviable. A única saída que lles queda para intentar recuperar os seus cartos será acudir aos tribunais para demandar á entidade ou aos seus antigos xestores. No caso dos posuidores de depósitos, o cliente manterá os cartos (a partir de agora baixo o paraugas do Santander) porque non houbo que liquidar o banco. No caso de que así fose, só estarían garantidos os primeiros 100.000 euros. Sucursal do Banco Pastor nunha cidade galega / CIG Ampliación de capital de 7.000 millóns A operación é efectiva desde este mércores e para levala a cabo Santander realizará unha ampliación de 7.000 millóns de euros. Con ela cubrirá as necesidades requiridas de capital e provisións, segundo informou a entidade nun comunicado. Para dixerir o problema do ladrillo tóxico e as operacións relacionadas con el, Santander fará 7.900 millóns de euros de provisións adicionais para activos improductivos, incluídos 7.200 millóns de euros para activos inmobiliarios. Co que espera ampliar o nivel de cobertura de risco vinculado á actividade inmobiliaria do 45% ao 69%. Á vez que espera reducir os activos inmobiliarios nos próximos anos. A CNMV suspendeu a Popular de cotización. Pola súa banda, o Banco Central Europeo e o Banco de España tamén emitiron os seus comunicados nos que tamén recoñecen que a quebra era inminente, a pesar dos intentos da entidade por desmentir este punto nas últimas semanas. A Xunta Única de Resolución asegura que "non había ningunha previsión razoable" de que ningunha alternativa liderada polo banco ou ningunha medida tomada polos supervisores puidese evitar a caída da entidade nun período razoable de tempo. Ademais, asegura que o proceso de venda iniciado por Banco Popular non estaba a dar ningún resultado positivo, debido á dificultade do banco para lograr mobilizar a liquidez necesaria no tempo acordado. As acciónns da entidade caeron constantemente nos últimos días e a capitalización do Popular quedou nos 1.300 millóns O banco leva sufrindo un duro castigo nos mercados nos últimos días. A semana pasada, as accións da entidade caeron case un 40% e esta semana, os títulos volveron a sufrir perdas en bolsa. Desta maneira, a capitalización de Popular caera ata roldar os 1.300 millóns de euros. Aínda que desde a entidade seguían tratando de desinvestir naqueles activos non relacionados directamente coa súa actividade para salvar os mobles. A xestión da información e a relación co mercado foron claves en que a entidade se deslizase polo precipicio e en que finalmente o seu destino fose unha profecía autocumplida. Tras a chegada do novo equipo executivo con Emilio Saracho á fronte (que procedía de JP Morgan) sucedéronse as filtracións sobre a venda da entidade e a inminente quebra. Os desmentidos do banco foron inútiles e o caos xerado arredor das filtracións foi afundindo a confianza na entidade e provocando a súa caída. O golpe definitivo chegou co atraso no proceso de venda. Nun primeiro momento, falábase de que a entidade daría de tempo ata o 10 de xuño para recibir ofertas. Un prazo que se ampliou ata finais de mes, o que deixou claro para o mercado o nulo interese por parte dos compradores. En principio, Santander, Bankia e BBVA estaban na recta final para expresar o seu interese. Os problemas de Popular veñen de lonxe, cunha difícil dixestión dos activos inmobiliarios ou a integración do Banco Pastor no medio da crise como puntos clave. Nos últimos anos, a entidade viviu ademais tres ampliacións de capital e estivo inmersa en rumores de compra por outras entidades.
NOS_53350
O Consello da Cultura Galega acolle este mes o ciclo 'Desafíos políticos en Europa en 2014', no que tomarán parte relatores galegos, escoceses, cataláns e españois.
"Móvense os marcos e cómpre atender aos seus efectos". Baixo esta premisa, os procesos independentistas abertos en Catalunya e Escocia e nos que a propia cidadanía xoga un papel activo e protagonista serán obxecto de debate este mes no Consello da Cultura Galega, no ciclo 'Desafíos políticos en Europa en 2014'. Coordinado por Antón Baamonde, dentro da Sección de Pensamento e Sociedade do Consello da Cultura Galega, neste ciclo tomarán parte como relatores expertos e coñecedores dos procesos nacionais abertos en ambas as dúas nacións. Entre os relatores figuran destacados expertos implicados neses procesos políticos como Michael Keating, catedrático de Políticas en Aberdeen (Escocia) e director de ESRC 'Scottish Centre on Constitutional Change' e Carles Viver Pi-Sunyer, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade Pompeu Fabra e presidente do Consell Assessor per a la Transició Nacional desde 2013. O ciclo realizarase no Consello da Cultura Galega os días 13, 20, 25 e 27 de febreiro. Programa O 13 de febreiro ás 17:00 h. , o catedrático da USC Luís Caramés falará sobre O estado e a crise económica actual. Pola súa banda, o profesor de Economía da Universidade de Vigo Albino Prada, falará sobre "Balance e perspectivas competitivas de Galiza na UE". O 20 de febreiro é a quenda do catedrático de Políticas da Universidade de Aberdeen, Michael Keating, falará sobre "A independencia de Escocia", actualmente ESRC Senior Fellow on the Future of the Uk and Scotland Programme e director do ESRC Scottish Centre on Constitutional Change. O 25 de febreiro ás 17:00 h. Carles Viver Pi-Sunyer, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade Pompeu Fabra, falará sobre "A consulta sobre o futuro político de Catalunya e o chamado "dereito a decidir". O 27 de febreiro participarán Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da USC, falando sobre "Cooperación e competición no federalismo contemporáneo" e Javier Pérez Royo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, para "Reformar a constitución, e agora que?". É necesaria inscrición previa en www.consellodacultura.org, xa que o número de prazas é limitado.
NOS_55596
En Malpica haberá alcalde do Partido Socialista, liderado por Walter Pardo. Ese foi o resultado da investidura deste 15 de xuño, en que os catro edís do PSdeG sumaron os doutros votos do BNG e un de Ciudadanos. Da outra banda, seis do PP. Agora Ciudadanos anuncia "medidas" contra o seu concelleiro na localidade, Alfredo Cañizo.
"Ciudadanos tomará medidas contra o seu concelleiro en Malpica logo de chegar a un acordo sen a autorización do comité de pactos", afirma a organización nun comunicado redactado en español e que non menciona a Cañizo polo seu nome. O edil adoptou unha decisión "para a que non estaba lexitimado, a que todos os acordos e decisións deste tipo teñen que estar aprobados polo Comité Autonómico de Pactos". Segundo Ciudadanos, Alfredo Cañizo "actuou de maneira unilateral e sen o consentemento do partido". O novo goberno local encabezado por Walter Pardo substitúe así ao Partido Popular, cuxo candidato Eduardo Parga foi alcalde nos dous anteriores mandatos. O xa rexedor socialista afirmou que iniciará conversas co BNG e co concelleiro de Ciudadanos para intentar formar un goberno de coalición na localidade de Bergantiños.
NOS_31437
Coñecido polos seus traballos documentais, Eloy Domínguez Serén presenta agora, no Festival de Málaga, o seu primeiro filme de ficción, Rompente, no que elabora un retrato dunha comunidade -o Barbanza- e dos patróns que segue a mocidade actual cando quere emanciparse e formar unha familia.
Rompente e a primeira obra de ficción de Eloy Domínguez Serén, unha curtametraxe producida por Zeitun Films que se estrea este sábado 19 na sección oficial do Festival de Málaga. O director, coñecido por traballos documentais como Os corpos ou Hamada aborda esta primeira incursión no cine argumental cun espírito sociolóxico que non é alleo ao seu traballo anterior. A película incide nesas decisións, que habitualmente asociamos a sociedades máis conservadoras, tomadas por simple imitación dos modelos que rodean aos protagonistas. "A pregunta que eu me fago é: que outras opcións teñen no contexto social e económico no que se desenvolve a súa vida?", cuestiona. "A trama de Rompente ten unha inspiración autobiográfica moi clara: baséase na experiencia dos meus pais, que me tiveron no ano 1985 nunhas circunstancias moi semellantes ás que viven os protagonistas da película", explica en conversa con Nós Diario. "Eles son do Salnés e tivéronme moi novos e a min colleume nunha época en que pasaba moito tempo con moita xente nova en obradoiros de cinema para adolescentes. Todo iso levoume a interrogarme sobre a que se enfrontan os mozos e mozas de hoxe cando deciden ter fillos. E, curiosamente, atopei que moitos dos patróns que seguiron os meus pais seguen repetíndose na actualidade: quen se fai cargo dos ingresos económico e quen do coidado da crianza, cando se emancipan...". A película incide nesas decisións, que habitualmente asociamos a sociedades máis conservadoras, tomadas por simple imitación dos modelos que rodean aos protagonistas. "A pregunta que eu me fago é: que outras opcións teñen no contexto social e económico no que se desenvolve a súa vida?", cuestiona. Actores non profesionais Non houbo un proceso de selección de actores como tal, xa que os principais papeis están encarnados por actores non profesionais. "No meu proceso de traballo habitual, cando decido cal vai ser o tema e os personaxes, adoito mudarme á zona onde vou rodar, fago vida nese lugar, trato de integrarme na comunidade... e cando xa considero que teño un coñecemento suficiente para dicir algo sobre o tema, é cando comezo a traballar na película. Neste caso, quixen adoptar unha lóxica semellante porque quería que a miña primeira película de ficción tratase un tema que eu coñecese ben", conta o director. Daquela, para atopar ao protagonista masculino, Sergio Saleirón, Domínguez Serén pasou un seis meses percorrendo os portos do Barbanza e da Costa da Morte buscando mariñeiros da idade dos protagonistas, contándolles o proxecto e coñecéndoos. "Era o meu primeiro proxecto de ficción e tamén o deles, así que podemos dicir que fomos aprendendo xuntos", detalla, "até que apareceu a persoa indicada". No caso da protagonista feminina o proceso foi lixeiramente distinto. Neste caso "observei que nestes contextos a muller da parella adoita ser sempre máis nova, polo que me dediquei a percorrer os institutos proxectando Hamada, e organizando coloquios nos que explicaba o que descubrín sobre o conflito saharauí rodando a película e contando como traballara cos protagonistas, que tamén eran moi novos. Nesas charlas dsvelabao novo proxecto e ía vendo quen estaba interesado en participar, e aí xurdiu Soraya Luaces". O contexto económico no que se enmarca a historia resulta de grande importancia para comprender os retos aos que se enfrontan as parellas novas que queren emanciparse e sacar adiante unha familia. Retrato dunha comunidade Unha parte importante da narración vén dada polo coñecemento dos oficios do protagonista: durante o día é bateeiro pero, polas noites, complementa ingresos sendo percebeiro furtivo. "Iso xera moitas tensións nunha sociedade pequena na que todo o mundo sabe o que fai calquera veciño, na que unha proporción grande da poboación vive do mar e na que se considera que o furtivismo é lesivo para os intereses da colectividade", matiza Domínguez Serén. O contexto económico no que se enmarca a historia resulta de grande importancia para comprender os retos aos que se enfrontan as parellas novas que queren emanciparse e sacar adiante unha familia. "Por iso pasei moito tempo con bateeiros, con mariscadoras e con percebeiros, tratando de entender o seu traballo, de ver como podería crear unhas imaxes que reflectisen o grande esforzo físico que require todo traballo ligado ao mar: saber o que había que filmar e como. Foi unha aprendizaxe moi complexa, pero ao tempo moi fermosa: comprender a importancia do encordado nas bateas ou entender como os percebeiros evitan as ondas. Creo que iso se reflicte na película, e o certo é que estou orgulloso de poder mostrar a miña admiración por eses traballos". Detrás da trama argumental, a película ten vocación de retratar toda unha comunidade e iso levou tamén a incluír as variantes dialectais do Barbanza no guión. "É unha zona cunha identidade moi forte que se reflicte na lingua e para min era moi importante incluílo. Aí participaron todas as persoas que formaron parte do equipo e creo que o resultado é moi fermoso". Potente presenza galega en Málaga Rompente non é a única fita galega que se mostrará no Festival de Málaga, que terá lugar do 18 ao 27 deste mes. Código Emperador, o último filme da produtora coruñesa Vaca Films e dirixida por Jorge Coira -con Luís Tosar, Fran Lareu e Santi Prego no elenco-, será a película que inaugure o festival o próximo día 18. Tamén na Sección Oficial, Lois Patiño presentará outra curtamentraxe, O sementador de estrelas, rodada en Toquio e presentada o mes pasado na Berlinale. O día 24 tamén terá lugar dentro do festival a preestrea da serie Rapa, de Portocabo e Movistar+, filmada na Galiza e dirixida por Jorge Coira, con guión de Pepe Coira e Fran Araújo. Ademais, poderá verse o filme español Canallas en cuxo elenco participan varios actores galegos como Luís Tosar, Luis Zahera ou Antonio Durán 'Morris'.
NOS_20067
A obra, dispoñíbel en galego e portugués, presentarase en Ourense, Vigo, Lugo, Compostela e A Coruña.
Estes días preséntase na Galiza a Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo, unha publicación editada en galego e portugués e impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que, en dous volumes, recolle pezas de doce dramaturgas e dramaturgos da Galiza. O conxunto de pezas que integran esta antoloxía forman parte dunha colección publicada pola asociación Cena Lusófona. Este colectivo,dedícase ao "intercambio teatral" entre os países que teñen o portugués como lingua oficial. A primeira parada desta pequena xira de presentación será Ourense, esta terza feira ás 18.30 horas, no centro cultural Marcos Valcárcel, no marco do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). A cuarta feira, contra as 18 horas, será a quenda de Vigo, e o evento decorrerá no centro cultural Português. Na quinta feira a antoloxía chegará a Lugo (20 horas), na sala de exposicións do edificio da Deputación, e finalmente Compostela acollerá un novo acto, o día 25 ás 20 horas, no Salón Teatro. Desde a organización informan de que está prevista outra sesión de presentación na Coruña, organizada pola Universidade e a Deputación, con data e hora aínda por confirmar. Xohana Torres e Vidal Bolaño, entre as autorías En concreto, os dous volumes desta recompilación inclúen as obras Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres; O cabodano. Cerimonia de laios e salaios, de Euloxio R. Ruibal; Días sen gloria, de Roberto Vidal Bolaño; Cando chega Decembro, de Manuel Lourenzo; As certezas de Ofelia, de Luísa Villalta; Lugar, de Raúl Dans; Footing, de Gustavo Pernas Cora; As do Peixe, de Cándido Pazó; Xudite, de Marcos Abalde Covelo; Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas; Nome: Bonita, de Vanesa Sotelo; e Ás oito da tarde, cando morren as nais, de Avelina Pérez. Na escolma dos textos mencionados participaron as investigadoras e profesoras universitarias Dolores Vilavedra e Inma López Silva. En conxunto, as distintas pezas cobren un período temporal que vai desde mediados do século XX até a época contemporánea. Vilavedra intervirá na presentación da antoloxía, na que tamén intervirán Cándido Pazó, Tareixa Campo e Pedro Rodrígues.
NOS_13064
Unha manifestación de delegad@s da CIG sairá da Alameda de Compostela para se dirixiren ao Pazo do Horreo onde entregarán as sinaturas recollidas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Popular polo Emprego que promove a central nacionalista.
Despois do desenvolvemento dunha asemblea naciona, @s delegad@s sairán por volta das 12.15 en manifestación desde a Alameda ate o Pazo de Horreo onde responsábeis da central nacionalista entregarán as sinaturas que avalan a Iniciativa Lexislativa Popular polo Emprego que a CIG rexistrara no Parlamento. O obxectivo da proposta é que o desemprego sexa materia de debate na cámara e que se poñan sobre a mesa políticas activas para darlle solución a un dos principais problemas do noso país. A CIG desenvolveu nos últimos tres meses unha intensa campaña de recollida de apoios e divulgación das súas propostas para a recuperación económica e a creación de emprego. Dentro da campaña realizáronse asembleas en centros de traballo, reparto de información e leváronse tamén mocións aos concellos galegos co fin de difundir os obxectivos e recoller apoios para unha iniciativa que comezará os trámites para ser debatida finalmente no Parlamento. A central nacionalista, segundo repetiu o seu secretario xeral Suso Seixo, defende a necesidade de políticas que cren emprego, algunhas para as que ten competencias o propio Parlamento ou o goberno galego mais outras que dependen do español ou do Congreso de Madrid. Neste caso, a CIG reclama a transferencias de competencias xa que "ningún goberno que queira actuar como tal pode derivar a súa responsabilidade noutras institucións ou na súa falta de competencias. O que ten é que pór en marcha todas as medidas que sexan necesarias para afrontar un problema tan grave como é a falta de emprego". A grave situación de crise, cos altos índices de desemprego no país e un maior empobrecemento, leva a que a CIG reclame que se centre o debate sobre as súas causas, as consecuencias e as medidas que compre adoptar para buscarlle solución.
NOS_43114
O silencio dos Gobernos polaco e español fan ao avogado do xornalista solicitar a "protección" do Comité Internacional da Cruz Vermella, en virtude dos Convenios de Xenebra para conflitos armados.
O xornalista Pablo González, que estaba a actuar como correspondente para diversos medios españois na fronteira entre Polonia e Ucraína, foi detido o pasado 28 de febreiro polas autoridades polacas. Após sete días detido e cunha acusación formal de actuar como espía para o Goberno ruso, as autoridades españolas manteñen o silencio sobre que actuacións están a levarse a cabo para facilitar a súa saída do cárcere. Polonia pide dez anos de prisión para Pablo González, acusado de ser un axente da Intelixencia rusa González foi detido na madrugada do domingo á segunda feira por axentes policiais de Polonia (ABW nas siglas en en polaco) e trasladado ao centro penitenciario de Rzeswów, onde foi sometido a varios interrogatorios sen a presencia do seu avogado, Gonzalo Boyé, e onde foi sometido a un réxime de illamento durante máis de catro días, segundo denunciou o propio letrado. Boyé tamén explicou que as autoridades polacas acusan a Pablo González da comisión dun delito de espionaxe para Axencia de Intelixencia rusa, recollido no artigo 130.1 do Código Penal polaco, cunha pena de até dez anos de prisión. (Des)información en tempos de guerra "O detido estaba a obter información que, de ser utilizada polos servizos especiais rusos, podería ter desencadeado un impacto negativo directo na seguridade exterior e interior de Polonia", sinalou o Goberno polaco nun comunicado, en relación á detención do xornalista vasco. Espía da Intelixencia rusa O portavoz do Goberno polaco, Stanislaww Zaryn, asegurou que González fora "identificado como un axente da Dirección Principal de Intelixencia do Estado Maior Xeral da Federación Rusa (GRU)", en declaracións á axencia de prensa de Polonia PAP. 2.721 xornalistas asasinados no mundo desde 1991, 47 no último ano O Goberno polaco mantén que o xornalista "realizou actividades para Rusia mentres aproveitaba o seu estatus xornalístico. Isto permitiulle moverse libremente por Europa e o resto do mundo, incluíndo zonas afectadas por conflitos armados e áreas de tensión política". Nestes lugares, levou a cabo presuntos labores de espionaxe para a Intelixencia rusa, segundo manifestan as autoridades de Polonia. A comezos de febreiro, Pablo González estaba a traballar en Ucraína, cubrindo a escalada de tensión que naqueles momentos estaba a ter lugar. Non en tanto, foi acusado de ser un activista pro ruso polas autoridades locais, que lle obrigaron de facto a saír do país rumbo a Polonia, onde estivo a traballar até o momento mesmo da súa detención. Pascual Serrano: "Non se pode dar exemplo de liberdade fechando medios" O diario dixital Público, para o que o xornalista vasco actuaba como corresponsal, desvelou ao mesmo tempo que este era interrogado polos servizos secretos ucraínos, axentes do Centro Nacional de Intelixencia español (CNI) interrogaron a varios familiares seus de Euskadi e Catalunya, buscando posíbeis relacións con ETA ou co Goberno ruso. "Risco" físico e psíquico Aínda que nun primeiro momento o Goberno español comprometérase a facer todo o poíbel para liberar a González, o avogado defensor do xornalista denunciou nas últimas horas o "silencio" do consulado español en Polonia á hora de obter informarción sobre o seu estado ou mesmo para poder reunirse con el. Neste sentido, Gonzalo Boyé xa anunciou que solicitará "protección" para o xornalista ao Comité Internacional da Cruz Vermella (CIRV). "Solicitaremos que lle dean a protección que estabelecen as Convencións de Xenebra en caso de conflito armado", detallou o letrado, segundo recolleu Europa Press. Daniel Seixo: "Damos por certas as informacións dos EUA e esquecemos o papel que xogaron en Iraq" Boyé lembra que a incomunicación total á que está sometido Pablo González impide contar con "garantía algunha" sobre cal é o estado de saúde do xornalista desde o comezo da súa detención, polo que pode existir "risco real" físico e psíquico se está a "sufrir un trato inhumano e degradante".
NOS_7758
Ourense acolleu na fin de semana as XVIII Xornadas de Historia de Galiza, que Galiza Nova organizou centradas no nacionalismo do segundo terzo do século XX, da man de Alfredo Suárez Canal e de Francisco Jorquera. A organización xuvenil do BNG aproveitou para defender o traballo digno e na terra.
Arredor dun cento de persoas participaron nas XVIII Xornadas de Historia de Galiza organizadas por Galiza Nova en Ourense. Durante dous días, a formación xuvenil difundiu "unha parte da historia oculta do noso país". O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, pon de manifesto nunha nota de imprensa a necesidade de "coñecer a historia do noso país para fortalecer o nacionalismo" como unha "ferramenta chave" para "construír o noso futuro". Na xornada do sábado, a organización xuvenil do sábado aproveitou para denunciar a a situación de elevado desemprego en que se atopa a mocidade galega en relación aos dados publicados pola EPA a pasada quinta feira. Aliás, tamén tivo lugar unha palestra de Noa Presas sobre as mulleres na loita antifascista; un coloquio centrado na cuestión LGTBI e unha palestra sobre a necesidade da soberanía para Galiza como solución aos problemas da mocidade.
NOS_4437
Miguel Anxo Fernán Vello, poeta, editor de Espiral Maior e colaborador de Sermos Galiza, atópase entre os grandes escritores e escritoras que intervirán hoxe na Feira Internacional do Libro no Zócalo (México D.F.).
Convidado polo Goberno da Cidade de México, Miguel Anxo Fernán Vello representa Galiza este sábado na XV Feira Internacional do Libro no Zócalo, unha feira na que participan tamén autores do Reino Unido como Ben Brooks, Sean O'Brien e Michael Hofmann e os españoles Almudena Grandes, Ángel Petisme e Luis García Montero, amais dun bo número de autores e autoras de Latinoamérica. Ademais, a instancias do Seminario de Cultura Mexicana e da Universidade Autónoma de México (UNAM), o colaborador de Sermos Galiza participará como poeta no XVII Encontro de Poetas do Mundo Latino, que terá lugar entre o 22 e o 28 de outubro en México D.F. e tamén en Aguascalientes e San Luis de Potosí. Neste encontro cultural estarán presentes poetas como o peruano Eduardo Chirinos, a italiana Cinzia Marulli, o colombiano William Rouge, o venezolano Antonio Trujillo e a hondureña Mayra Oyuela, xunto poetas mexicanos e doutros países americanos.
NOS_473
A pasada sexta feira apareceu o corpo ben conservado dunha máis que probable galaico-romana e esta mañá apareceu a uns metros o esquelete dun bebé, ambos os dous feitos pouco frecuentes en Galiza.
Logo da descuberta de 'Cornelia' xurdiu onte un novo achado no xacemento. Neste caso, o equipo de arqueoloxía da institución provincial e a Doutora e Antropóloga Física Olalla López Costas da Universidade de Santiago de Compostela -que aínda se atopaba no Campo da Lanzada-, atoparon esta mañá o corpo dun bebé a aproximadamente 5-6 metros do de "Cornelia". Segundo indica a doutora en Antropoloxía Olalla López, que xa participara no estudo dos esqueletos que xurdiron nas escavacións da Lanzada nas décadas dos 60 e 70 do século pasado, trátase da primeira vez que aparecen ósos dun bebé na Lanzada, neste caso, dun neonato moi deteriorado que se atopaba encollido nunha zona de area situada 5-6 metros a carón de "Cornelia". A doutora López asegurou que este achado casual do esqueleto do bebé non ten porqué implicar relación co da muller nova atopada onte, pero si é unha novidade desde o punto de vista antropolóxico xa que se pensa que naquela época non se enterraban os menores dun ano. O achado de Cornelia "supón a confirmación da extensión da necrópole galaico-romana até a área de ocupación, ao carón das vivendas" e "permitiranos contar a historia das galegas e dos galegos, poñerlle cara ás e aos protagonistas reais do que aconteceu neste territorio" Pola súa banda, o arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, considera que se trata dun esqueleto de igual época que Cornelia, é dicir, e a falta de estudos que o confirmen, do século I despois de Cristo. Nestes momentos o equipo de arqueoloxía da Deputación de Pontevedra e a Doutora en Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela atópanse extraendo os ósos do pequeno e non descartan que aparezan novos esqueletos similares. Cornelia, unha probable galaico-romana Onte a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou o xacemento da Lanzada para ver 'in situ' o levantamento do esquelete achado polo equipo de arqueoloxía que está a realizar a intervención. O corpo, posiblemente dunha muller nova, trátase do primeiro que aparece no Campo da Lanzada desde a década dos 60-70 do século pasado. Este corpo é o primeiro dos atopados nas intervencións que a institución provincial está a realizar na provincia no marco do protocolo asinado co Ministerio de Fomento. A falta do estudo que se realizará en Santiago e cuxos resultados se coñecerán nun prazo comprendido entre un e dous meses, "parecer ser -tal e como declarou Carmela Silva- que se trata dunha muller nova que realizaba unha actividade física intensa". Ademais, grazas a este estudo que se realizará de 'Cornelia' -como así a denominou o equipo de arqueoloxía ao coincidir o achado con esa onomástica-, Silva destacou que "poderemos coñecer como se alimentaban os nosos antepasados, que tipo de parásitos ou enfermidades padecían, presenza de metais, etc." Xa se atoparon máis de 3.000 pezas da época romana e estanse a sacar e consolidar estruturas romanas e castrexas. Carmela Silva subliñou que "o que está acontecendo na Lanzada está continuamente sorprendéndonos. Ata o momento xa se acharon máis de 3.000 pezas e estruturas descoñecidas que nos están a aportar máis información da que esperábamos". Neste eido quixo agradecer o traballo "das e dos profesionais da Deputación de Pontevedra grazas acal estamos atopando datos moi valorosos para reescribir a nosa historia". O arqueólogo da Deputación de Pontevedra destacou que o achado de Cornelia "supón a confirmación da extensión da necrópole galaico-romana ata a área de ocupación, ao carón das vivendas" e engadiu que "nos permitirá contar a historia das galegas e dos galegos, poñerlle cara ás e aos protagonistas reais do que aconteceu neste territorio". Ademais, Rafael Rodríguez subliñou que o estudo que se realizará en Santiago "permitirá datar o esqueleto e determinar se pertence á etapa prerromana ou romana". A intervención arqueolóxica do Campo da Lanzada, que comezou o pasado 20 de xullo e continuará ata novembro deste ano e se enmarca no protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, pretende triplicar a zona visitable da escavación, poñendo en valor a área romana do recinto co fin de aclarar cronoloxías. Para isto, a Deputación de Pontevedra está a investir 262.541,48 € para a posta en valor deste xacemento galaico-romano no que xa se atoparon máis de 3.000 pezas da época romana e se están sacando e consolidando estruturas romanas e castrexas. A Lanzada trátase dun asentamento fundamental para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular, desde o que se desenvolvían actividades comerciais de grande envergadura, conectando esta zona con puntos do Mediterráneo tan distantes como Palestina, Italia ou Tunisia. Tamén neste xacemento atopáronse vestixios que permiten situar a primeira factoría de salgados do noroeste peninsular.
NOS_27240
Celta e Depor contan con peñas en medio mundo. Seguirán o partido a moitos quilómetros de distancia coa ilusión de ver gañar á súa equipa.
As peñas celtistas que vivirán o noso derbi a distancia confían nun bo resultado dos xogadores de Abel Resino. "É certo que os últimos resultados non acompañan pero creo que a equipa retomou nestes últimos enfrontamentos o seu xogo, o seu estilo e ademáis melloramos considerablemente en defensa, con liñas moito más adiantadas e mellor posicionadas no campo", opina Alejandra Aller presidenta da Peña Morriña Celeste de Madrid. Est@s seareir@s comezaron a andaina como peña na tempada 2010/2011 e xa realizaron varios desprazamentos seguindo á equipa viguesa. Nesta ocasión a festa no local será dobre, derbi e celebración do San Patricio irlandés. Desde Barcelona tamén seguirán o partido con intensidade a Peña Blau i Cel. "Neste partido verase de que pasta está feito o equipo", aseguran, "nós apostamos por un resultado de 0-2". Apuntádeo para a porra, a peña que naceu e realiza as súas actividades na capital de Catalunya xa o ten claro. Se falamos coas peñas do Depor a ilusión é a mesma. En Madrid a Peña O Centenariazo, tamén con sede na Coruña, seguirá con interese o derbi entre o Depor e o Celta. "Sen duvida contamos coa victoria do Depor", aseguran, "o resultado é o de menos mentres queden os tres puntos no noso estadio, unha vitoria necesaria para espertar da situación que estamos vivindo, unha vitoria que faga espertar o medo das equipas que estan enriba nosa na clasificación". Na Peña Deportivista de Barcelona, como non podía ser doutro xeito, tamén apostan pola vitoria dos de Fernando Vázquez. "O corazón pídeme unha victoria tranquila por primeira vez na tempada pero a cabeza díme que vai ser un partido moi apretado, semellante aos da temporada pasada". Ao preguntarlles por un resultado din "un 3-2 porque coas defensas que teñen os dous equipos seguro que hai moitos goles".
PRAZA_14906
Esquerda Unida celebrou Consello Polítíco Nacional para avaliar os resultados electorais. ANOVA e EU decidirán este luns a maneira en que se organizará o seu traballo parlamentario.
ANOVA e EU decidirán este luns a maneira en que se organizará o seu traballo parlamentario. Segundo Esquerda Unida a estratexia común "non será outra que a defensa da cidadanía fronte ao ataque das políticas antisociais" e situou na folga xeral do 14N o primeiro gran reto "co obxectivo de paralizar o país". Á saida da xuntanza Yolanda Diaz afirmou que o traballo que realizarán no Parlamento será o dunha "dura" oposición ao PP e que non serán unha forza "morna" nin "dócil" Esquerda Unida celebrou o seu Consello Polítíco Nacional para avaliar os resultados electorais. Segundo a formación, "a necesidade dunha converxencia política e social, viuse reflectida no resultado electoral, así o considera este órgano de dirección no que o compromiso adquirido pasa por mudar o xeito de facer política. Isto é: combatiremos nas rúas e no parlamento as consecuencias desastrosas que teñen para a maioría das persoas as políticas neoliberais da dereita e da troika". Á saida da xuntanza Yolanda Diaz afirmou que o traballo que realizarán no Parlamento será o dunha "dura" oposición ao PP e que non serán unha forza "morna" nin "dócil". Así mesmo declarou que AGE "chegou para ficar" e está disposta a combatir as súas políticas "con dureza no plano ideolóxico e na rúa". Diaz salientou que "non hai democracia neste país coas cifras de paro e a pobreza que hai". Por outra banda, Anova tamén reuniu a Permanente da súa Coordinadora Nacional. Ademais de preparar a devandita xuntanza do luns, traballouse na concreción do Plan de implantación de Asambleas de Anova "para recoller a corrente de simpatía xurdida hacia esta agrupación" en vistas da xa anunciada Asamblea Nacional que terá lugar a principios do vindeiro ano. Feijoo criticou que "membros da coalición de Beiras ameacen os populares antes de que o novo Goberno tomara posesión" Nunha entrevista que este sábado publica Europa Press, Alberto Núñez Feijoo referiuse demoradamente a AGE. O presidente en funcións criticou que "membros da coalición de Beiras ameacen os populares antes de que o novo Goberno tomara posesión". En concreto, referiuse ás declaracións de Yolanda Díaz en El País afirmando que é "normal" que no PP se "inquieten" porque van "a por eles" e manifestou o seu desexo de que se "rectifiquen" estas palabras. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu. Pola súa banda, este sábado ao remate do Consello Político Nacional de EU, Yolanda Díaz afirmou sentirse "honrada" polas críticas de Feijóo, ao que volveu recomendar "que se prepare" porque "dende o 16 de novembre -cando se constitúe a cámara- a oposición vai ser diferente".
NOS_8956
Considera que houbo "falla de imparcialidade" da maxistrada Ángela Murillo. Otegi e o resto de condenados no caso 'Bateragune' cumpriron na íntegra as condenas.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ditaminou que Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e Arkaitz Rodríguez non tiveron un xuízo imparcial e que se vulnerou o artigo 6.1 da Convención Europea de Dereitos Humanos, que establece o dereito a un xuízo xusto. Estes cinco dirixentes da esquerda abertzale están hoxe en liberdade após cumprir integramente a condena imposta. polo caso 'Bateragune', nos que se lle acusaba de intentar reorganizar Batasuna (ilegalizada). Estrasburgo considera que houbo "falla de imparcialidade" da presidenta da sección Cuarta da Audiencia Nacional, a maxistrada Ángela Murillo. Esta no transcurso do xuízo preguntou a Otegi se condenaba as acción de ETA, acolléndose o líder abertzale ao seu dereito a non responder. "Xa sabía eu que non ía responderme a esta pregunta", dixo Murillo. Para a defensa de Otegi, unha frase que translucía "parcialidade" da maxistrada.
NOS_57499
A escritora María Reimóndez foi a autora galardoada na primeira edición do Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade, convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editorial Xerais, pola súa obra Cobiza.
A escritora María Reimóndez foi a autora galardoada na primeira edición do Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade, convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa editorial Xerais, pola súa obra Cobiza. O traballo desta escritora lucense afincada en Vigo é unha novela distópica do xénero de ciencia ficción, da que o xurado destacou "a súa altísima calidade literaria e a nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e o xénero, as identidades e as orientacións sexuais, así como unha profunda mirada feminista e ecoloxista" na reflexión sobre o futuro do planeta tras a crise por mor da COVID-19. Ademais de votar por maioría a obra presentada por Reimóndez, os membros do xurado tamén resaltaron "a calidade e interese" de dúas obras: o poemario que se presentou co título de Contra natura e a obra xuvenil As sentinelas do silencio. A presentación da peza gañadora desta primeira edición do premio tivo lugar durante a xornada de onte na praza de España, nun acto no que participaron a propia Reimóndez, a concelleira de Igualdade, Paloma Castro, e a docente Ana Ojea, coordinadora da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ da Galiza e membro do xurado. Ojea destacou a "alta calidade das obras presentadas a este pioneiro certame", 24 traballos de poesía, teatro e narrativa adulta e infanto-xuvenil. A concelleira de Igualdade lembrou que o Premio Pinto e Maragota é "o primeiro certame literario galego que se centra no ámbito LGTBIQ", e que está dotado dun único galardón cunha asignación económica de 3.000 euros. O traballo premiado será publicado por Edicións Xerais de Galicia, que asinará con María Reimóndez un contrato de edición nas condicións habituais.
PRAZA_7969
Dende o pasado mes de setembro funciona en Ferrolterra a Asemblea Popular do Movemento Social en apoio a AGE. Falamos con Lupe Ces, militante de múltiples movementos sociais na comarca dende os oitenta e unha das principais impulsoras desta asemblea.
Pouco antes das eleccións do pasado outubro formouse en Ferrolterra a Asemblea Popular do Movemento Social en apoio á coalición de Alternativa Galega de Esquerda. Tratábase de que movementos sociais e colectivos e persoas a título individual traballasen conxuntamente para promover a candidatura de AGE nos comicios. E, unha vez constituído o Parlamento, o obxectivo pasaba a ser transmitirlles aos deputados e deputadas de AGE as demandas da cidadanía para que as levasen á cámara e vixiar o cumprimento do programa electoral. O 28 de setembro a asemblea aprobou un manifesto que se pechaba afirmando a constitución "en asemblea de sentinelas do mandato popular, de xeito que as persoas que resulten electas, dean conta deste mandato diante desta asemblea". Dende entón celebráronse outras dúas xuntanzas ás que xa asistiron deputados e deputadas de AGE. Este mecanismo, que funciona en dúas direccións: levando a actividade do Parlamento até a cidadanía e as demandas da base social até a cámara e fiscalizando e á vez fortalecendo o traballo da coalición, é observado dende outras comarcas nas que nos vindeiros meses se van poñer en marcha asembleas semellantes. Por exemplo, en Pontevedra está convocada unha Asemblea Aberta de apoio cidadá a AGE para o próximo 1 de marzo. Falamos con Lupe Ces, militante de múltiples movementos sociais na comarca dende os oitenta e unha das principais impulsoras desta asemblea. Como nace a idea de poñer en marcha a Asemblea? A existencia da asemblea non se pode entender sen ter en conta que dende hai cando menos catro anos se vén dando un movemento unitario entre os movementos sociais da comarca. Aquilo tivo a súa visualización hai dous anos na celebración do Foro Social de Ferrolterra. A partir de aí formouse o Encontro Social de Ferrolterra coas Redes de Apoio Mutuo e con outra serie de iniciativas coma a Rede de Troco e outras coma un Banco de Tempo que se vai poñer en marcha. Todo iso é o que explica que cando aparece a posibilidade de conformar unha alternativa política unitaria en Ferrol as cousas sexan moi sinxelas. "A existencia da asemblea non se pode entender sen ter en conta que dende hai cando menos catro anos se vén dando un movemento unitario entre os movementos sociais da comarca" Mesmo para apoiar movementos sociais e persoas de moi diversa ideoloxía unha organización política de forma unánime? Na Asemblea non participan as organizacións sociais como tales organizaciónsl, entre outras cousas porque dentro delas pode haber xente que non queira ligarse a ningún partido ou que está ligadas a outras forzas distintas de AGE. Pero as persoas que participan na Asembleal, aínda que non militen nos partidos políticos que forman a coaliciónl, si que ven en AGE a expresión política que faltaba. Ilusiónanse por AGE e poñen o seu esforzo na campaña electoral. De feito, nos mitins electorais de AGE interviñan persoas que non ían na candidatura senón que eran representantes destacados de colectivos sociais ou do movemento veciñal. Como é o funcionamento da asemblea? Na primeira asemblea que celebramos aprobouse un manifesto e os obxectivos. Conformámonos en sentinelas dese mandato popular na medida en que as persoas que eliximos para que nos representasen no Parlamento debían converterse nun poder obediente á vontade cidadá. É un espazo de debate. Hai moito debate político. E é tamén un espazo de recoñecemento. Estamos xente que vimos de culturas políticas moi distintas pero que grazas á convivencia e ao coñecemento mutuo estamos conformando unha unidade real e unha unidade para poder levar a cabo o proxecto de AGE: a rebelión cívica. Cales son ou principais retos ou eivas? Hai un problema de comunicación. Moitas das iniciativas que AGE presenta no Parlamento non chegan a ser coñecidas polos cidadáns. Unha das nosas grandes preocupacións é de que maneira se poden mellorar as canles de comunicación. O outro gran reto é a consolidación de AGE como alternativa política alén do que é o grupo parlamentario. Imos organizar un gran acto público en Ferrol para que haxa un contacto directo entre representantes e representados. "É un espazo de debate e é tamén un espazo de recoñecemento. Estamos xente que vimos de culturas políticas moi distintas pero que grazas á convivencia e ao coñecemento mutuo estamos conformando unha unidade" Estades en contacto con asembleas semellantes noutras comarcas ou asembleas que estean en fase de constitución? Noutras comarcas o proceso está sendo distinto e é AGE a que convoca os movementos sociais. En Ferrolterra foi ao revés: foron os movementos sociais os que se uniron para fortalecer a AGE. Iso tamén ten que ver coa existencia dese traballo previo que comentaba antes. No proceso de consolidación de AGE está habendo unha interferencia, que é que primeiro Anova ten que finalizar o seu propio proceso de constitución. "A realidade está forzando a converxencia. Independentemente das propias forzas políticas, as traxedias que viven as persoas están obrigando a que esas resistencias á unidade cedan" Nese proceso de converxencia de forzas acabarán confluíndo AGE e o BNG? A realidade está forzando esa situación. Independentemente das propias forzas políticas, as traxedias que viven as persoas están facendo que esas resistencias cedan. Vímolo estes días na Coruña na loita contra o desafiuzamento de Aurelia: a xente de BNG, de EU e de Anova estaba loitando conxuntamente. A realidade tamén está forzando a que forzas políticas coma o BNG, que tiña unha metodoloxía de traballo nas institucións que tendía a homologarse aos grandes partidos, muden esa forma de actuar. Falta agora que esa suposta contradición entre nacionalismo e esquerda se supere a través da suma de todas as visións e de todos os proxectos. Diso trata un proceso constituínte: redactar unhas novas bases de mínimos nos que unha maioría social nos poidamos recoñecer.
PRAZA_12351
Hoxe, os recortes nas políticas sociais están a empeorar as condicións de vida da sociedade galega e tamén a dos países do Sur, o mal chamado terceiro mundo. En 2012, máis de medio millón de persoas en Galicia está en risco de exclusión social e pobreza. Tamén 1.000 millóns de persoas (1 de cada 6) seguen a sufrir fame no mundo. Mentres, os gobernos auxilian ao sistema financeiro, culpable da crise, e reducen as axudas destinadas as persoas con menos recursos.
Non é peor pasar fame nas rúas de Compostela que nas de Nairobi. Non é menos desesperante a indiferenza dos gobernos ás demandas do pobo en Europa que en América Latina. Tampouco a desprotección ás persoas máis vulnerables é máis aceptable: a xustiza social nada ten que ver cunha competición retorcida. Hoxe, os recortes nas políticas sociais están a empeorar as condicións de vida da sociedade galega e tamén a dos países do Sur, o mal chamado terceiro mundo. En 2012, máis de medio millón de persoas en Galicia está en risco de exclusión social e pobreza. Tamén 1.000 millóns de persoas (1 de cada 6) seguen a sufrir fame no mundo. Mentres, os gobernos auxilian ao sistema financeiro, culpable da crise, e reducen as axudas destinadas as persoas con menos recursos. Mentres, o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, José Manuel García-Margallo, recorre á demagoxia asegurando que hai que recortan os orzamentos de loita contra a pobreza para non ter que pechar ambulatorios e reducir as pensións. O que queremos é que os gobernos sitúen os noso dereitos por riba dos supostos dereitos dos mercados Ante esta realidade o único discurso aceptable é "as persoas primeiro". Todas. As de aquí e as de acolá. Porque o que queremos é que os gobernos sitúen os noso dereitos por riba dos supostos dereitos dos mercados. En Galicia e no resto do planeta. Para as 48 ONG de Desenvolvemento integradas na Coordinadora Galega de ONGD e as máis de 10.000 persoas que apoian como socios/as o traballo destas organizacións de solidariedade en Galicia, a cooperación ao desenvolvemento debe ser contemplada como unha política social que promove a nivel global a dignidade, a calidade de vida e benestar das persoas que sofren as consecuencias da pobreza. A Axuda Oficial ao Desenvolvemento non é un luxo para tempos de bonanza, nin unha esmola para cando as arcas están cheas. É unha necesidade vital para millóns de persoas e un imperativo ético e moral que responde a criterios de xustiza, solidariedade e responsabilidade, ademais de constituír un compromiso asinado por distintos gobernos: dende os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), asinados por 189 xefes/as de estado o ano 2000, ata o Pacto Galego contra a Pobreza, rubricado en 2010 por todos os partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia. En 2011, tivo lugar o maior recorte da historia levado a cabo polo executivo galego en materia de políticas sociais: a Xunta de Galicia reduciu un 40 % os orzamentos dedicados a cooperación ao desenvolvemento En 2011 tivo lugar o maior recorte da historia levado a cabo polo executivo galego en materia de políticas sociais: a Xunta de Galicia reduciu un 40 % os orzamentos dedicados a cooperación ao desenvolvemento, un recorte que dinamitou a sostibilidade de iniciativas e proxectos en países como Perú, Guinea Bissau ou Haití e que comprometeu a vida de milleiros de persoas. Galicia, hoxe dedica o 0,06 % do seu orzamento a cooperación ao desenvolvemento malia que o executivo comprometeuse a chegar ao 0,7 %. En 2012, destinaremos 2,3 euros por persoa á loita contra a pobreza, unha cifra que nos sitúa no furgón de cola da solidariedade no Estado. As ONGD, como sociedade civil organizada, non só esiximos fondos contra a pobreza. Tamén queremos que os recursos públicos para resolver a crise se obteñan dun sistema fiscal progresivo e que non se utilice a escusa da estabilidade orzamentaria para recortar dereitos sociais. Demandamos que se promova, na sociedade galega, e a través de accións de educación para o desenvolvemento, unha reflexión sobre o noso modelo actual de produción e consumo que reforce o valor da solidariedade. Queremos que os gobernos modifiquen as políticas comerciais e de cobro de débeda externa que impiden o desenvolvemento dos países do Sur. Que se controlen ás institucións financeiras que coas súas políticas especulativas están detrás do debilitamento da economía dos países e das causas da crise actual. O que como ONG de Desenvolvemento esiximos é un cambio de rumbo: gobernos que respecten ao pobo a quen representan e que garantan a solidariedade, o benestar e os dereitos sociais de todas as persoas O que como ONG de Desenvolvemento esiximos é un cambio de rumbo: gobernos que respecten ao pobo a quen representan e que garantan a solidariedade, o benestar e os dereitos sociais de todas as persoas, indistintamente da súa nacionalidade, país de residencia ou etnia. A xustiza social baséase na defensa dos dereitos humanos e na erradicación da exclusión e as desigualdades. E conseguila significa acabar coas relacións abusivas entre os Nortes e os Sures.
NOS_24795
É técnico de son e dirixe o estudio de gravación A Ponte, polo que pasaron artistas coma Xabier Díaz, Kepa Junquera, Caxade, Terbutalina ou Tanto Nos Ten. A pandemia da Covid-19 e o confinamento determinaron que as gravacións previstas tivesen que adiarse e, mentres tanto, Tomás botou a andar a iniciativa dos concertos en liña. Agora retoma, pouco a pouco, a normalidade das gravacións pero non deixa de lado os concertos, que volven o 8 de outubro co recital de ópera da soprano Laura Alonso, acompañada no piano por Manuel Valencia.
Como xorde a iniciativa de facer os concertos en liña? Xorde no medio do confinamento. Ante a imposibilidade de facer concertos en directo e a incerteza do que ía pasar empecei a traballar a idea de facer unha sala de concertos, desde o estudio e sen público presencial. Así que me puxen a elaborar e deseñar un conxunto de servizos de directo, crear un reprodutor propio e unha pasarela de pagos exclusiva, unha sala de conversa para que o público puidese interactuar tamén en directo... A posta en marcha foi un procedemento complexo? O máis complexo foi saltar os intermediarios prefixados, como Youtube ou as pasarelas de pago, por exemplo. Requiriu horas de oficina, máis que nada. Que protocolo segue con cada concerto? O protocolo que seguimos é o que se fixou para espectáculos, pero ao non haber público é moito máis sinxelo. Temos que cumprir as condicións de seguridade co distanciamento entre artistas e logo de cada uso hixienizar os micrófonos, os cascos... E agora, os concertos en liña, seguen a ser a actividade exclusiva do estudio? Actualmente é unha actividade complementaria. O estudio segue a gravar discos e proxectos musicais, da mesma maneira que fixemos durante os 9 anos que leva aberto o local. De técnico de espectáculos en directo está a haber moito menos choio, cuns protocolos moi exixentes, moito máis que para outras actividades económicas, cousa que non cuestiono pero si critico que a política estea a usar a cultura como munición. Como exemplo, unha situación que se repite cada semana en toda Galiza. Hai uns días prodúcese en Esteiro (Muros) un gromo nun cámping e no propio concello hai 2 cámpings máis, ademais de tabernas, oficinas de turismo... Pero o que decide a autoridade municipal nesa situación non é fechar os outros cámpings, nin fechar a hostalaría ou restrinxir o turismo, non. Hai un gromo e a decisión do Goberno local é anular as actividades culturais. Non entendo a relación e creo que eles tampouco. Non entro a cuestionar as normas, nin que non sexan equitativas entre as distintas industrias, pero o que non pode ser é que cumpramos as normas e os protocolos e aínda así se anulen as actuacións en directo e dicir que se fai por medo. Non se pode gobernar así. En comparación con outro verán, como está a ser o seu volume de traballo? Desde hai 7 anos eu fechaba o estudio no verán porque tiña unha carga de traballo en directo moi grande. Para este ano, por exemplo, tiña reservas e datas confirmadas para os meses de xuño, xullo e agosto, que supoñían en total 51 concertos. Agora mesmo, e sempre que non me anulen máis concertos, vou facer 6. Ese é o nivel de caída no meu negocio. E en que medida serven de colchón económico os concertos en liña? Agora mesmo aínda non son algo que estea instaurado pero penso que poden chegar a funcionar, independentemente de continuar esta situación causada pola pandemia ou non, creo que poden ser unha alternativa que chegue a convivir perfectamente cos concertos presenciais, pero non son un substituto, só unha variante. Agora mesmo, economicamente, só dá para cubrir gastos. Cales son as súas previsións para o futuro? A verdade é que non teño unha opinión clara. Hai días que me ergo máis optimista e outras xornadas nas que estou máis pesimista... Non o sei porque non está claro o que pode pasar.
PRAZA_6981
O albergue Os Biocos de San Xoán de Río conmemorará este domingo o 40 aniversario do envío da primeira comunicación de radio enviada ao espacio, a mensaxe de Arecibo. Haberá obradoiros, un xantar e enviaranse tres mensaxes por radiotelescopio.
O 16 de novembro de 1974, hai hoxe 40 anos, lanzouse ao espacio dende o radiotelescopio de Arecibo (Porto Rico) unha mensaxe de 1679 bits, deseñada por Carl Sagan, Frak Drake e outros, con información sobre a situación do Sistema Solar, do planeta Terra e do ser humano. A mensaxe de radio foi dirixida ao cúmulo de estrelas M13, situado a 25 mil anos luz. Para conmemorar o 40 aniversario da mensaxe de Arecibo o Albergue Os Biocos celebrará este domingo un conxunto de actividades no observatorio de San Xoán de Río. O evento servirá, sobre todo, para inaugurar unha estación de detección de meteoros, tanto de forma visual (cunha cámara de seguridade nocturna) coma a través da radio (cunha antena específica). Ás dez da mañá comezará este Off AstroBiocos cun obradoiro eminentemente práctico de construción de antenas, manexo de software de detección de meteoros de radio e moito máis, a cargo de radioafeccionados de Ourense e da Estrada. Á unha do mediodía, xusto antes dunha pausa para xantar, enviarase unha mensaxe a través do radiotelescopio. Esta mensaxe constará de tres partes. A primeira será a mesma mensaxe que a enviada hai 40 anos dende Porto Rico. A segunda será unha frase escollida por medio dun concurso. A terceira parte será unha homenaxe a Marga, traballadora de Altega finada hai cinco semanas. O concurso para a escolla da segunda parte da mensaxe especifica que o texto escollido debe ter un número de palabras que sexa un número primo menor de 12. Xa pola tarde, inaugurarase a estación detectora de meteoros e continuarán os obradoiros da mañá. O evento, a xornada e os obradoiros son de balde e só se paga o xantar. O Albergue dos Biocos organiza de xeito habitual actividades relacionadas coa astronomía, sobre todo dirixidas a rapaces e rapazas. Por exemplo, un Space Camp, un campamento de verán que aúna ciencia, astronomía e aventura. Inclúe observacións astronómicas, manexo de telescopios, microscopios e do planetario dixital, geocaching (GPS), e o lanzamento de cohetes de auga. E tamén outro tipo de actividades e obradoiros de observación.
NOS_33467
Setembro deixa 1.790 persoas máis rexistradas no desemprego mentres que nese mes reduciuse no Estrado en 76.113.
O paro rexistrado o pasado de setembro só aumentou no Estado español en 5 territorios, un deles Galiza, onde hai agora 1.790 persoas máis rexistradas no desemprego que cando empezaba ese mes. No Conxunto do Estado a cifra de persoas no paro rexistrado baixou en 76.113. Así pois, mentres no Estado o desemprego se reducía en setembro na Galiza aumentaba a unha media de 60 novos parados e paradas cada día. Este aumento do paro rexistrado, 1,18%, contrasta coa redución no Estado, -2,26%. Se establecemos a comparativa interanual, na Galiza o desemprego caeu en -13,3%, un descenso lixeiramente menor á media do Estado no mesmo período, que foi de -13,7%. E onde se deu en setembro a suba do paro rexistrado? No sector servizos, onde hai 1.973 persoas máis no desemprego. Un aumento que varreu os descensos no resto de sectores: agricultura (-57), industria (-170) e construción (-164). Para o secretario confederal de Emprego da CIG, Fran Cartelle, hai "moito ruído da Xunta en anuncios mediáticos e macroxuntanzas na Toxa e poucas noces na realidade da vida da xente que segue a estar condicionada pola desertización industrial do país" En relación cos contratos, 96.615 en setembro, son 16.384 máis que o mes anterior (+20,42%) e 13.453 máis que un ano atrás (+16,18%). Foron 8.414 indefinidos (2.278 máis que en agosto, +37,13%; e 1.551 máis que en setembro de 2020, +22,6%) e 88.201 temporais (14.106 máis nun mes, +19,04%; e 11.902 nun ano, +15,6%). No acumulado, Galiza presenta 667.794 contratos, a maior parte (o 90,43%), son temporais, un total de 603.902, fronte aos 63.892 indefinidos (o 9,57%). O dato de paro de setembro, do mesmo modo que ocorreu nos meses anteriores, non inclúe os traballadores e traballadoras que se atopan en suspensión de emprego ou redución horaria como consecuencia dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE), xa que a definición de paro rexistrado non os contabiliza como desempregados. Para a CIG, a situación confirma o carácter estacional do emprego en Galiza, a grave situación de temporalidade do noso mercado de traballo e a dependencia do sector Servizos. Así o sinala o secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle, quen denuncia que hai "moito ruído nas propostas do que o Goberno vai facer e poucas noces ao consolidar na práctica o modelo da precariedade e da rotación no mundo do traballo. Moito ruído nas medidas para favorecer a muller no mundo do traballo e poucas noces afondando nun mundo do traballo que segue a marxinar á muller. Moito ruído da Xunta en anuncios mediáticos e macroxuntanzas na Toxa e poucas noces na realidade da vida da xente que segue a estar condicionada pola desertización industrial do país". Para a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, os datos "son incontestabelmente malos" porque, ademais de aumentar o paro, sinala, redúcese a afiliación á Seguridade Social un 0,15 % (1.607 persoas menos) respecto ao mesmo período do mes anterior
PRAZA_7239
O que é inconcibible é que coñecer con certeza algo tan sinxelo como os cartos cos que financiamos ás tres universidades públicas galegas se converta en misión case imposible, a pesar de ter un plan de financiamento específico e feito público
Avanzar na transparencia e o control da acción política é neste momento unha necesidade imperiosa para loitar contra a corrupción e comezar a xerar confianza na cidadanía. Ata o momento temos grandes proclamas, intencións máis ben escasas e escasos avances reais. Nos pasiños a dar neste camiño cara novas formas de exercer a política estaría ben non esquecernos da xestión do público. A procura dunha participación consciente nos asuntos públicos require que a cidadanía coñeza os orzamentos das institucións, coñeza como se executan e coñeza os resultados das políticas que financian. Isto está moi lonxe de ser así. E o presente debate sobre o financiamento das universidades pode servir de exemplo. Aberta como está a discusión sobre o novo plano de financiamento universitario, sería esperable que o máximo órgano de control, o Parlamento, vaia dispor dunha memoria de execución e avaliación do plan actual 2011-2015. É o que dita o sentido común, avaliar o que se fixo para corrixilo e melloralo. Agardemos que sexa así. Pero tal como están agora ás cousas, o que podemos facer é discutir sobre os orzamentos para o ano próximo e valoralos no contexto de cumprimento do plan vixente. Para facelo, recorrer ao publicado pola Xunta de Galicia resulta non ser de gran axuda. No documento de presentación dos orzamentos 2015, achégase unha cifra de 374,7 M€. Porén, se acudimos aos propios orzamentos e sumamos concepto a concepto, o importe que se obtén é de 372,6M€ No documento de presentación dos orzamentos 2015, achégase unha cifra de 374,7 M€. Porén, se acudimos aos propios orzamentos e sumamos concepto a concepto, o importe que se obtén é de 372,6M€. A diferenza, pouco máis de dous millóns de euros, non semella unha cantidade tan relevante, pero desde logo non é desprezable; sería suficiente, por exemplo, para incrementar a oferta de contratos para a realización da súa tese de doutoramento a 50 mozos e mozas durante dous anos. Esta aparente pequena diferenza nos datos ten outro efecto nada desexable para os que gobernan, suporía que entre 2014 e 2015 o orzamento do PFSUG diminuiría. Diminución moi difícil de explicar posto que, como seica estamos xa saíndo da crise, para o ano 2015 a Xunta prevé uns ingresos totais maiores que no ano anterior. Claro está que si a cifra de 2015 non coincide, pode que tampouco o fagan as dos anos anteriores. E estas dúbidas son inevitábeis por que nos sucesivos documentos de presentación dos orzamentos as cifras van mudando, nalgúns casos de forma moi significativa como no 2013 no que os fondos poden ser 371,5 M€ ou 393,2 M€. Neste mesmo documento de presentación amósase a evolución do financiamento real das universidades desde 2009 a 2015, e sorprendentemente en 2009 o financiamento real das universidades era case 37 millóns de euros menos que previsto por este goberno para 2015. Digo que con sorpresa, xa que, obviando que calquera comparativa no tempo precisa traballar con euros comparábeis, a evolución real da economía desde ese ano 2009, a perda continuada de ingresos na Xunta e o reiterado discurso de non gastar o que non se ten, non parece que case moi ben con este dato. Tampouco coa percepción xeral de profundos recortes do conxunto da comunidade universitaria. Aínda que o modelo de financiamento do sistema universitario galego ten ido cambiando, a evolución dos dous principais programas de gasto que financian ás universidades apuntan o pouco crible que é o empeño. O que é inconcibible é que coñecer con certeza algo tan sinxelo como os cartos cos que financiamos ás tres universidades públicas galegas se converta en misión case imposible, a pesar de ter un plan de financiamento específico e feito público Á vista do gráfico que amosa, os fondos dos que dispuxeron as universidades no ano 2009 deberon ser claramente superiores, pero podería ser doutra forma? Non, evidentemente non podía ser doutro xeito xa que o contexto económico, coa crise no seu inicio, era completamente distinto. E a inmensa maioría da xente entendería que fora así. O que creo que non entendemos é esa práctica tan estendida de manipular a realidade con informacións que faltan a verdade coa pretensión de quedar sempre de campións, aínda a costa do engano. O que é inconcibible é que coñecer con certeza algo tan sinxelo como os cartos cos que financiamos ás tres universidades públicas galegas se converta en misión case imposible, a pesar de ter un plan de financiamento específico e feito público. A transparencia e control reais obriga non só a facer públicos os orzamentos, obriga tamén a eliminar toda forma de opacidade interesada, implementando prácticas orzamentarias máis claras e entendibles, e usando a tecnoloxía e a creatividade para facilitar o acceso real a toda a información relevante para o cidadán. Pero seguirá sendo inútil agás que o goberno, cos medios que ten ao seu alcance, se comprometa a subministrar información veraz sempre. E os nosos e nosas representantes no Parlamento teñen a obriga de esixir que así sexa.
NOS_10267
O vinte e tres de outubro de 1954 Don Ramón Otero Pedrayo recoñeceu levar uns días apesarado por tres asuntos importantes. Díxoo nos locais da editorial Porto, en Compostela, a onde acudira para a presentación da Historia da Literatura Galega de Benito Varela Jácome.
Primeiro pesar Despois da presentación, nun aparte, Otero manifesta publicamente o seu pesar polo desaparecemento do grego dos estudos de bacharelato, constituíndo este, segundo dixo, o seu terceiro desgosto do ano. Preguntado pola natureza dos outros dous responde que estes non son desgostos dun día, que veñen de vello, son xa permanentes. Trátase dos féretros de Ribadavia e o proxecto de praza de touros para Compostela. Segundo pesar Co asunto dos féretros está Otero a se referir ao desenvolvemento que en Ribadavia, na altura, acadaba a industria dos féretros. A primeira fábrica foi fundada en 1910 por Luís Chao Sobrino, que en 1899 rexentaba unha pratería en Ribadavia e mudou o negocio para o sector funerario. A esta seguiron outras e no ano 1958 Ribadavia exportou cento e once mil féretros, cun remanente nas fábricas de máis de trinta e cinco mil. En febreiro dese ano o redactor xefe da radio local, Antonio Rodríguez Casasnovas, dedicoulle o editorial radiofónico a Don Ramón que situaba en Floravia a súa obra O desengano do prioiro ou Pasamento da alegría : co grande auto epilogal e xusticieiro dos féretros de Floravia. A peza aparece definida como "farsada dramática pra ler ou representar en calquer tempo que non sexa o dos Difuntiños". Segundo Carvalho Calero, a obra é froito da indignación do autor perante a implantación en Floravia, capital do Ribeiro, da industria dos féretros que na altura tiña proxección internacional até o ponto de competir, informativamente falando, cunha reunión que nas mesmas datas celebraba en París a NATO. A prensa recolle, case ao mesmo nivel, a reunión de fabricantes de ataúdes de Ribadavia celebrada en París na procura de novos horizontes comerciais e a de xefes de estado que sentaba as bases da CEE. Terceiro pesar Imos coa praza de touros. Sabemos que en Compostela se inaugurou unha praza de touros en 1916 e houbo becerradas nas festas do apóstolo dese ano. En 1925, Rafael de La Torre, presenta un proxecto con planos para una praza de ferro e tixolo. Mais acaba construíndose unha de madeira. Case trinta anos despois a construción da praza segue en proxecto e Otero manifesta a súa oposición. A praza non se construíu e La Noche, sabedora do posicionamento de Otero, pergúntase se foi polas palabras antitaurinas de Don Ramón que a praza non se construíu ou se realmente non había interese. O caso é que non houbo praza de touros en Compostela, o grego segue desaparecido do bacharelato e en Ourense, no pasado novembro, a décima edición da feira Funergal, fechou con máis de catro mil visitas e expositores de catorce países e co ataúde Xacobeo como a peza máis destacada.
NOS_3495
Nas datas en que se conmemora o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a compañía Chévere recupera N.E.V.E.R.M.O.R.E., o espectáculo que realizou o pasado ano, en coprodución co Centro Dramático Nacional e que pretendía recuperar a memoria dun pobo que se mobilizou en defensa da súa dignidade.
A obra poderá verse no Auditorio da Galiza, en Santiago, os días 11, 12 e 13 de novembro -en lembranza dos días en que o barco enviou os primeiros sinais de socorro-, no Auditorio de Vimianzo o 19 de novembro -aniversario do afundimento do buque- e no teatro Rosalía de Castro da Coruña o 28 de decembro -aniversario do Velorio do Mar organizado na cidade herculina e do falecemento do escultor alemán Man en Camelle, Camariñas. Xesús Ron, director da obra, explica a Nós Diario que "na compañía levamos moito tempo traballando coa memoria, e sempre falamos de N.E.V.E.R.M.O.R.E. como un 'servizo de memoria'. Neste caso, ademais, mestúrase a nosa memoria persoal coa memoria colectiva, polo que nos resultaba moi atractiva. Hai que dicir que, de entrada, non tiñamos moi claro se era preciso facer un espectáculo sobre o Prestige, porque viamos que era unha historia xa contada desde moitos ángulos, especialmente a nivel xornalístico. Pero desde que estreamos, a resposta do público demostra que si, que era necesario recuperar a lembranza daqueles acontecementos: todo o mundo fala da necesidade que existía de recuperar aquela memoria, especialmente na Galiza e, sobre todo, por parte da xente nova". Nestes días, moita xente fala dunha segunda vaga de silencio: despois de querer silenciar o accidente e as súas consecuencias, trátase de silenciar tamén a súa memoria. Ron concorda con que "na Galiza é evidente o silenciamento de Nunca Máis. Desde que estreamos esta obra, no resto do Estado chámannos de todas as partes: o interese polo Prestige e por Nunca Máis é elevadísimo, tanto por parte do público como por parte dos medios. Pola contra, aquí atopámonos cun silencio mediático absoluto. Somos informativamente irrelevantes. Cremos que con estas funcións, nestas datas do aniversario, habería certa resposta, mais estamos realmente sorprendidos co desinterese que percibimos". Non obstante, a resposta do público segue sendo intensa e a compañía esgota as entradas alí onde actúa. "É bestial, poucas veces atopamos este punto catártico que alcanzan algunhas funcións. Entón, resulta moi estraño o contraste entre que a xente teña esa memoria tan a flor de pel e acuda masivamente a ver o espectáculo coa indiferenza dos medios de comunicación". Ron lembra que o Partido Popular que goberna actualmente é produto, dalgunha maneira, do sucedido naquelas datas: "O descabezamento de Cuíña e do chamado sector da boina, a aparición de Núñez Feixoo... Todo iso é produto daqueles sucesos e é lóxico que lles resulte moi incómodo este tema. Mais outros sectores políticos tampouco parecen estar demasiado interesados en recuperar a memoria daqueles días, non sei moi ben por que". Xesús Ron comenta que algunhas persoas, fóra da Galiza, se sorprenden porque a obra estrea coproducida polo Centro Dramático Nacional de Madrid e non polo Centro Dramático Galego, como correspondería. "Mais iso resulta completamente imposíbel neste momento". Nunca Máis: o ruído e a furia dun pobo O público demanda que se recupere a memoria O pasado mes de xuño, nos exames de Lingua Galega e Literatura das probas de acceso á Universidade, apareceu un texto sobre N.E.V.E.R.M.O.R.E. e o Prestige que puxo de manifesto o escaso coñecemento que ten a xente nova sobre a catástrofe e sobre todo o movemento que desencadeou. "E a impronta de Nunca Máis en todos os movementos de defensa do territorio, dos valores medioambientais e mesmo identitarios é indiscutíbel, todos se viron moi influenciados polo carácter daquela contestación", opina Ron. "A nivel político foi un episodio que non se pode deixar pasar como algo irrelevante porque marcou toda a nosa historia posterior". Aquela defensa á que se refire Ron consistiu nunha mestura de protesta e creatividade que a obra retoma para convertela en dramaturxia. "A nosa intención era recoller un pouco esa explosión de imaxinación que respondía á espontaneidade da xente e que dalgunha maneira reflectía unha vontade de non perder o humor á hora de enfrontar un momento de crise, sen perder de vista a gravidade do ocorrido. Logo, tratamos de levar á caixa negra do teatro unha recreación do que significou todo aquilo". Proba da boa acollida que está tendo a obra e, da necesidade de recuperar a memoria do acaecido é que N.E.V.E.R.M.O.R.E. terá unha continuidade non esperada. Nacido como un espectáculo de gran formato, cunhas necesidades técnicas que non permitían levalo a escenarios pequenos, será redeseñado pola compañía para que poida ampliar o seu público. "En realidade é unha resposta a unha interpelación do público, que quere ver a obra nos seus concellos. Ímola manter durante outra tempada basicamente pola demanda, porque está tendo unha acollida moito mellor do que nós agardabamos e porque nos seguen chamando para representala. Simplemente prescindiremos dunha parte da maquinaria escénica que nos complica un pouco a montaxe, mais a obra seguirá sendo a mesma, sen cortes nin cambios. A forza teatral que pode ter o espectáculo permanecerá intacta". Arqueoloxía do desastre
PRAZA_6722
Os proxectos vitais da xente nova están marcados pola precariedade e a incerteza. Nada é sólido, nada é permanente. Hai cambios de cidade, de casa, de traballo, e relacións monogámicas sucesivas.
O escritor Fernando Ontañón ven de publicar o seu segundo libro, El periodista despedido (Ézaro), unha excelente novela que confirma a súa decidida vocación literaria. Este cántabro afincado na Coruña desde hai anos é unha voz orixinal da nova narrativa, que relata de xeito moi convincente as vidas da súa xeración, a que naceu na década dos setenta e está agora a piques de chegar aos corenta anos. "Me llamo Francisco Bueno y soy un periodista despedido. Uno de tantos". Así comeza esta historia, na que o protagonista relata as peripecias da súa vida "Me llamo Francisco Bueno y soy un periodista despedido. Uno de tantos". Así comeza esta historia, na que o protagonista relata as peripecias da súa vida. Desde un presente pouco optimista –despedido do traballo e rachada a última relación sentimental, agora comparte piso con persoas coas que ten escasa relación-, recorda o pasado recente e tenta comprender que pasos o levaron á situación case depresiva en que se atopa. Cun ritmo moi cinematográfico o narrador realiza constantes flashback para recuperar os anos de universidade, as relacións de amizade, os amores, as rupturas e os intentos fallidos de conseguir unha proxección profesional que o conducen á frustración e o desencanto. Estruturada en sete capítulos e con diálogos ben trenzados, a novela discorre placidamente; semella que non acontece nada relevante mais, de maneira sutil, traza un retrato verosímil dun grupo de persoas que chegan á madurez sen ter superado a adolescencia. O xornalista, atormentado pola situación de paro prolongado, acepta unha proposta de traballo que vulnera os seus principios da ética profesional. Como trasfondo da narración aparece a crise económica e a perda masiva de postos de traballo que conduce a este xornalista a un difícil dilema: volver á casa paterna ou compartir piso con xente descoñecida. É un deses mozos que non coñeceron a escuridade do franquismo, que medraron nunha época de bonanza económica e puideron facer estudos universitarios; criáronse coa expectativa dunha vida confortable na que poderían acadar proxección profesional. De repente todo o que parecía seguro comeza a derrubarse con estrépito, deixándoos á intemperie, sen traballo, sen ingresos e sen a esperanza de mellora no futuro. Nesta novela hai amores e desamores, lembranzas da amizade perdida, sexo furtivo, algúns porros e moito alcohol. Hai homes inmaduros e mulleres fortes, hai moita música e longas conversas nocturnas no pub El Malogrado. Tamén hai tramas corruptas, borracheiras comatosas, traizóns, adulterios e algún morto. E un protagonista desnortado que, na metade da vida, vese atenazado pola culpa e atemorizado ante un futuro incerto que o enche de pavor. Os proxectos vitais da xente nova están marcados pola precariedade e a incerteza. Nada é sólido, nada é permanente. Hai cambios de cidade, de casa, de traballo, e relacións monogámicas sucesivas O filósofo Zygmunt Bauman acuñou o termo de "vida líquida" para definir as formas de convivencia na sociedade actual. Os proxectos vitais da xente nova están marcados pola precariedade e a incerteza. Nada é sólido, nada é permanente. Hai cambios de cidade, de casa, de traballo, e relacións monogámicas sucesivas. Sempre hai un inicio e un final; a vida consiste nunha sucesión de mudanzas, rupturas e novos comezos: semella que todo ten data de caducidade; todo, mesmo os afectos, está afectado pola obsolescencia programada. Fernando Ontañón fai un relato oportuno desta forma de vida, cada vez máis estendida no noso contorno. Reflexa o desconcerto dunha xeración que se vía destinada a unha vida plácida e que se atopa, de repente, golpeada pola inseguridade e o infortunio. Demostra, con esta entrega narrativa, que é un dos escritores novos que merecen maior proxección e recoñecemento.
NOS_21622
O Resurrection non toca teito. En hora e media, esta segunda feira esgotou a segunda oferta de abonos para a edición correspondente a 2019. Un total de 9 mil. Récord histórico nos 14 anos de existencia do festival. Significa iso que no próximo verán Viveiro deixará atrás a marca de 80.000 visitantes? É perfectamente posíbel.
A organización informou através das súas redes sociais que esta segunda feira en apenas 90 minutos se esgotara a segunda oferta de abonos para o Resurrection-2019. O éxito da convocatoria leva a dirección do festival a tomar a decisión de "manter o prezo da terceira oferta [de abonos] até o próximo anuncio de bandas". O Resurrection-2019 vai ter lugar entre o 3 e o 6 de xullo e as bandas que xa teñen confirmada a súa presenza son Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps. Este verán o Resurrection Fest, cita ineludíbel xa no calendario internacional da música metal, reuniu por volta de 100 combos en catro escenarios. A cifra pode ficar pequena en 2019.
NOS_47483
O presidente e conselleiro delegado do Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., Xoán Costa, responde ás cuestións que lle formulamos ao redor do diario en galego, unha vez logradas as 3.000 subscricións que permitirán publicar o xornal en 2019.
Cal foi a reacción do Consello de Administración cando saben que chegan ás 3.000 subscritoras e subscritores? Bon, para o Consello de Administración a progresión cara ás 3.000 subscricións era sabida e a reacción estaba predeterminada pola decisión tomada cando iniciamos a campaña: saír só se se daba a circunstancia de chegar a un mínimo de 3.000 subscricións para así garantir non só a viabilidade económica do proxecto mais tamén a súa independencia. Hai exactamente un ano presentaban publicamente o proxecto para a saída do diario. Que balanzo fai de todo este tempo? O proceso de socialización do proxecto, con case 60 actos públicos específicos por toda a Galiza aos que hai que sumar outros de presentación de libros ou monográficos tamén editados pola empresa, permitiunos comprobar que si existía esa base mínima. Era cuestión de chegar a ela. Desde setembro, unha equipa de case cen persoas, ás que quero agradecer o seu esforzo, aportaba quincenalmente unha cantidade de fichas de subscrición. Foi un período de traballo intenso finalmente compensado cos resultados. Tiña declarado que o diario era necesario e posíbel. Posíbel xa vemos que é, ao acadar o mínimo de subscricións fixadas, a que responde o seu impulso? Responde a unha dupla necesidade: Dunha parte, precisamos un diario aberto, que escoite todas as voces e ofreza información veraz e rigorosa e, doutra, para nos achegar un pouco máis á normalidade da nosa existencia como país. Galiza non conta na actualidade con ningunha cabeceira en papel diaria e en galego. Si conta cunha decena en español. E falo só das editadas aquí, non das distribuídas, que son moitas máis. O máis normal é termos medios de comunicación no idioma que nós criamos. Cal está a ser a reacción das persoas ao anuncio da saída do diario? Do que observo, quer das chamadas que recebín quer das mensaxes do grupo impulsor ou dos comentarios nas redes sociais, a reacción é non só de satisfacción mais, e sobre todo, de aumento na nosa autoestima. Había dúbidas, incredulidade, mais comprobar que se produce algo que dixemos durante toda a campaña, que só depende de nós, é algo fundamental para o futuro do proxecto. Que lle diría a quen non se subscribira porque dubidaba do proxecto? Hai algunhas persoas que pensan que non é momento dun diario en papel. A esas persoas eu diríalles que o xornal impreso ten, e seguirá a ter a certo prazo, moitísimo consumo leitor diario. Esa leitura, e a través dela a interpretación do mundo, estase a facer na Galiza desde outra lingua e é indispensábel facela desde a lingua propia. Combinada coa leitura dixital? Si. Por iso ofrecemos a réplica do papel en PDF, ao que tamén se poden subscribir. De feito, case un terzo das subscricións son á versión PDF. Unha vez conseguidas as 3.000 sinaturas, que pasos van seguir? Para o desenvolvemento de todo o proxecto xornalístico necesitamos un tempo mínimo de nove meses. Traballaremos no deseño gráfico, na equipa de xornalistas, na contratación de publicidade... e ao mesmo tempo na expansión do proxecto cara a todas as capas sociais. 3.000 era o mínimo mais non temos vocación de ficar en mínimos e a subscrición segue aberta. Cando vai saír? A previsión é facer as primeiras probas no mes de outubro preparando varios números durante un tempo sen os publicar en papel... No mes de novembro prepararemos un número cero, ou máis de un, para axustar impresión, distribución, etc. E a partir de aí fixar a data definitiva de saída ben no final de decembro ben nos primeiros días de xaneiro. Cando se van cobrar as subscricións? Aproximadamente un mes antes da saída do diario. E mentres, vai seguir editándose de maneira independente o semanario Sermos Galiza? Vai. Manteremos durante todo o ano 2019 o compromiso coas persoas asinantes do semanario que o seguiran recebendo nas mesmas condicións que actualmente. Logo, Sermos Galiza pasará a suplemento de fin de semana do diario.
NOS_9718
O colectivo pretende que "se depuren responsabilidades" polos prexuízos que puidesen "ter as e os colexiados e os pacientes" pola carga asistencial que se soporta actualmente. A parte denunciante asegura que antes de dar o paso ante a Xustiza intentouse unha negociación coas autoridades sanitarias da Galiza.
O Colexio de Médicos de Pontevedra comunicou esta sexta feira que denunciou pola vía penal as persoas dirixentes das áreas sanitarias de Vigo e Pontevedra para que se "depuren responsabilidades dos prexuízos" aos que poidan estar sometidas tanto as colexiadas como as pacientes pola "sobrecarga" de traballo que soporta a sanidade pública. A entidade afirma, a través dun comunicado, que facultativas que pertencen á institución "acudiron repetidamente ás autoridades sanitarias e colexiais expoñendo razoadamente os motivos de diversas queixas, así como as circunstancias da sobrecarga profesional ás que se vían sometidas". É dicir, houbo un intento de achegamento para negociar coa administración. Nestes encontros, alertaron de que a situación asistencial "non soamente representaba un risco persoal para o médico de caer enfermo polo sobreesforzo permanente, senón para os propios pacientes, a cuxa atención non podía dedicar o tempo necesario nin a reflexión diagnóstica precisa". Neste sentido incidiron en que "non teñen posibilidade de lograr a correcta atención de todos os pacientes que se inclúen nas axendas dunha xornada". "Todo isto prívalles dunha asistencia que, en moitos casos, podería ser decisiva para evitar riscos de gravidade", lamenta o colexio, que unha vez escoitadas diferentes testemuñas puxo as súas versións "en coñecemento das diferentes autoridades sanitarias, pero, lamentabelmente, pola Administración continúase cun ominoso silencio e non se adoptan medidas minimamente eficaces para sequera paliar as disfuncións" máis grandes. "Todas estas circunstancias están agravadas en canto a que a actual pandemia de Covid-19 segue poñendo en primeira liña de combate, para facer fronte á mesma, á Atención Primaria e múltiples servizos hospitalarios", critica o colectivo, que incide no incremento dos riscos pola crise sanitaria. "Non é preciso neste momento que detallemos como a inacción administrativa denunciada puidese dar lugar a diferentes delitos, o mesmo que a irregular esixencia de sobreesforzos profesionais aos médicos puidese resultar tamén afectada de ilexitimidade penal, coma infraccións da lei de riscos laborais, tal e como está denunciado polos sindicatos", expuxo o colexio pontevedrés. A demanda foi admitida a trámite tanto nos xulgados de Pontevedra como nos que Vigo.
NOS_9808
CxG elixirá este domingo en Teo o seu novo Consello Político Nacional e secretario xeral, para alén de debater e marcar as liñas políticas e organizativas da organización de cara aos vindeiros anos. A poucas horas de rematar o prazo a única candidatura é a de Xoán Bascuas.
A afiliación de Compromiso por Galicia ten unha cita este domingo, día 16, en Teo, concello próximo a Compostela, onde se realizará o congreso constituinte desta organización política. "Proxecto de País" é o lema desta cita, da que sairá o Consello Polítco Nacional, a Executiva e o sectreario xeral de CxG. O día 12 de decembro ás 18 horas péchanse os censos para poder participar con plenos dereitos. Nos textos que se someterán a debate o domingo no Hotel Congreso recollen unha proposta de estatutos e outra de relatorio político. Aliás, a formación liderada até o de agora por Xoán Bascuas debaterá sobre a "afirmación e afondamento dos valores de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo político nunha sociedade vertebrada baixo os principios de inclusión e cohesión social". Libre determinación de Galiza Tamén apunta "a defensa e afondamento do autogoberno de Galiza e da súa libre determinación como nación no marco dunha convivencia libremente aceptada e reciprocamente útil cos demais pobos do Estado español e da Unión Europea, pulando , neste senso, por un marco xurídico-político que articule España como Estado plurinacional e a Unión Europea dun xeito federal, fundamentado nos dereitos da súa cidadanía e dos pobos e nacións que a integran". Compromiso por Galicia nacera no mes de maio despois do acordo entre Acción Galega, Espazo Ecosocialista e +Galiza. Antes das eleccións desenvolvidas o pasado 21-O Espazo Ecosocialista decidiu finalmente sumarse a outras forzas integrándose en AGE. Após os resultados electorais, onde CxG non conseguiu representación no Parlamento Galego, a formación que lidera Xoán Bascuas abriu un período de reflexión que comezou o 27 de outubro coa Convocatoria de Asemblea Nacional Constituínte en xuntanza do Consello Político Nacional, a aprobación das propostas de Estatutos, Orde do Día e Relatorio Político o 24 de novembro e as asembleas comarcais que se celebrarán até o 8 de decembro. O paso seguinte é o ditame de emendas e remisión ás comarcas por parte do Consello Nacional e a Asemblea Nacional Constituínte que terá lugar o 16 de decembro. Nas emendas ao texto político houbo dúas grandes tendencias: a dun perfil de esquerda socialdemocrata e a dun perfil progresista. Funcionamento do Congreso Despois do debate das emendas ao texto político e organizativo elixirase este domingo, a través do sistema de listaxes abertas, 15 mulleres e 15 homes. Logo terá lugar a elección d@ Secretari@ Xeral de entre estas trinta persoas electas, das que oito pasarán a formar parte da futura executiva. Nos debates anteriores a esta asemblea xurdiron tres grandes temas de cara a aprobar un texto final. O primeiro é a cuestión do perfil do partido político que xurdirá despois desta fin de semana. Dúas grandes tendencias son as que tiveron máis aceptación: a dun perfil de esquerda socialdemocrata e a dun perfil progresista. O segundo grande tema é o da forma de goberno que se defenderá desde CxG. Neste apartado hai dúas posturas ben diferenciadas: a da autonanacionalidade e a da soberanismo. por último esta o tema organizativo: a división territorial do propio partido en provincias ou non. Rematado o prazo só hai unha candidatura á secretaría xeral, a do actual coordinador xeral, Xoán Bascuas.
PRAZA_10861
A solución non é difícil: claridade conceptual. Trátase simplemente de poñer atención e estar dispostos a darlle unha oportunidade ao rigor intelectual. No totum revolutum é difícil poder establecer un bo debate
"Alerta social" era o título dun recente editorial (20 de xullo) do xornal El País. Neste editorial lémbranse algúns datos dun estudo recente do Banco de España —como tamén os realizaron os sindicatos, moitos departamentos de universidades e algúns centros de estudos— acerca da cada vez máis preocupante situación laboral e social das persoas mozas no reino de España. Tamén comenta este editorial outra evidencia constatada repetidamente: non soamente a preocupación respecto diso é exclusiva referida ás persoas mozas. Dise textualmente: "A precariedade está a converterse no modo de operar habitual entre os ofertantes de emprego. Este fenómeno, socialmente moi grave, maniféstase en que a contratación de mala calidade, temporal e a tempo parcial, segue aumentando a pesar de que a economía española ha volto á senda do crecemento e na resistencia explícita dos grupos empresariais e lobbies afíns a modificar a reforma laboral de Rajoy." É dicir, constátase o que desde hai anos e desde distintos ámbitos sociais repítese: desde as políticas de austeridade impostas pola Unión Europea xa ao comezo da crise rapidamente acollidas polo goberno español do PSOE en maio de 2010, e logo entusiásticamente seguidas e aumentadas polos gobernos do PP, as condicións de existencia material, ou de vida e traballo se se quere, da maioría da poboación non rica empeoraron. Todo iso é trivial, coñecido e ata fatigoso de velo escrito tantas e tantas veces. O interesante deste editorial de El País é que defende a necesidade dunha "renda básica". Que ben! É exactamente así? O editorial di: "(…) a persistencia da precariedade en condicións económicas favorables, xustifica a conveniencia de propoñer para a próxima lexislatura un debate en profundidade sobre a aplicación dun modelo de renda básica en España." E continúa: "A protección social hoxe é insuficiente, como pode apreciarse polas porcentaxes decrecentes de cobertura pública do desemprego; con frecuencia é tamén ineficiente, porque a súa eficacia nominal dispérsase polos meandros das competencias administrativas e o piélago de modalidades vixentes. Aínda por riba, o mantemento de axudas públicas adoita depender da simpatía ideolóxica, maior ou menor, do Goberno en exercicio." Perfecto, trátase de algo ao que é difícil opoñer a menor obxección. Eu, nin unha. Pero o posible entusiasmo por unha aposta real dunha renda básica (poñer o cualificativo de incondicional pode ser redundante por evidente, como un dos máis coñecidos defensores da proposta, Guy Standing, defende reiteradamente) ante o fracaso da experiencia dos subsidios condicionais para pobres que se viñeron practicando con distintas variantes, derrúbase ao comezo do parágrafo seguinte do editorial do País: "Unha renda básica, que non ten por que ser universal e podería aplicarse coas condicións ou perímetros que se consideren convenientes, permitiría resolver a desatención social a unha parte importante da poboación, que aínda sofre as consecuencias dunha crise e dunha recuperación parcial de salarios e rendas." Unha lectura benévola pode suxerir que se "non ten por que ser universal", o ou a editorialista está a suxerir que "pode selo". Pero se non se trata dunha renda básica universal e incondicional ("podería aplicarse coas condicións ou perímetros que se consideren convenientes")[1], trátase dunha renda básica non universal e condicionada a calquera cousa do tipo[2]: se non se chega a un determinado nivel de renda, se se está por baixo do limiar da pobreza (aquí hai variantes sobre a pobreza severa, severísima e o que se queira engadir), se se ten unha determinada idade… O de sempre que mostrou xa, como un número non precisamente pequeno de autores e autoras, estudo tras estudo e documento tras documento, explicárono moitísimas veces: que os subsidios condicionados teñen un bo número de problemas sendo os máis coñecidos a extrema insuficiencia respecto a o que hai que solucionar, as trampas da pobreza e do emprego, os inmensos custos administrativos, a estigmatización e a tendencia das administracións públicas a aumentar as condicionalidades e as arbitrariedades. Vale a pena, por exemplo, ler Silencio administrativo de Sara Mesa ou, máis breve aínda, esta entrevista. A incondicionalidade ou a condicionalidade non é soamente materia técnica, que tamén o é, senón normativa. Centrémonos soamente nos aspectos técnico-empíricos. Precisamente temos novos datos sobre a Comunidade Autónoma vasca da que unanimemente hai coincidencia que está a anos luz do resto, coa excepción da comunidade navarra. Pode lerse o informativo e documentado artigo de análise destes datos achegados polo goberno vasco do que soamente extraio algunha das conclusións. "É verdade que hai que ser necio para obviar que a Renda de Garantía de Ingresos tivo un efecto positivo en paliar certa cronificación da pobreza en Euskadi durante moitos anos. Pero non nos podemos chamar a engano. Os resultados móstrannos que durante os últimos anos empeoráronse substancialmente as vidas de moitas persoas debido á ineficiencia económica da Renda de Garantía de Ingresos [como se chama alá a renda condicionada para pobres, DR] e á rede de seguridade incompleta que proporciona." Se esta é a mellor, que o é, renda para pobres do reino de España e unha das mellores da UE, non fai falta engadir demasiado, para non ofender a intelixencia de ninguén, sobre a situación existente noutras comunidades autónomas, verdade? Nalgunhas destas comunidades, o receptor dun subsidio para pobres ou o mero solicitante é considerado de entrada como un delincuente en potencia: hai que desconfiar de entrada. E, como moitos constataron, cando se fixo un control das administracións sobre as "fraudes" de persoas que reciben subsidios condicionados para pobres, resulta que é insignificante. Así que o editorial de El País chama a manter o de sempre (modificado, claro). O de sempre que é un fracaso a partir da evidencia empírica dispoñible, aínda que desafortunadamente aumente a confusión ao chamalo "renda básica". Quizais é a única "innovación" do editorial e non moi afortunada: chamar aos subsidios para pobres condicionados "renda básica". O País publicou desde hai tempo, aínda que unha inmensa maioría afai situarse nos "aspectos críticos", o que por renda básica entende a comunidade académica, así como a asociativa (internacionalmente a Basic Income Earth Network con seccións en máis de 30 estados de todos os continentes, e no reino de España a súa sección a Rede Renda Básica, a primeira con 33 anos de historia e a segunda con 19). E que entende a BIEN e a RRB sobre renda básica? Algo moi sinxelo e meridianamente claro: "A renda básica é un ingreso pago polo estado, como dereito de cidadanía, a cada membro de pleno dereito ou residente da sociedade mesmo se non quere traballar de forma remunerada, sen tomar en consideración se é rico ou pobre ou, dito doutra forma, independentemente de cales poidan ser as outras posibles fontes de renda, e sen importar con quen conviva. En menos palabras: unha renda básica é unha asignación monetaria pública incondicional a toda a poboación." Antes mesmo da fundación da Rede Renda Básica, no ano 2000, a actual directora de El País, Soledad Gallego Díaz, xa realizou unha entrevista sobre a renda básica que entón supuxo algo "moi avanzado e descoñecido". No 2000 a renda básica era efectivamente unha proposta que descoñecía a inmensa maioría da poboación así como tamén a comunidade académica, con poucas excepcións. Hoxe en cambio xa é materia de debate social. O País no 2000 avanzouse pioneramente á media. Co editorial do día 20 de xullo, non pode, polo momento, dicirse nada remotamente similar. Actualmente, sobre a renda básica existen materiais de gran calidade. Como apuntaba Philippe Van Parijs, nunca se falou tanto na historia da humanidade sobre a renda básica como en 2018. E 2019 superarao. Hai materiais sobre a xustiza da renda básica e sobre o financiamento. Non soamente trátase de mostrar a xustiza dunha medida como a renda básica senón de achegar datos, cálculos e estudos sobre a posibilidade de financiamento. E fíxose. Non se trata para moitos, entre os que me inclúo, de defender a renda básica soamente como unha medida "para saír da pobreza", senón de defendela a favor da liberdade.[3] Quen é pobre non é nin pode ser libre. E pódese financiar, como tamén se publicou en moitos lugares unha proposta de financiamento da renda básica no reino de España. É dicir, materiais normativos e técnicos existen en cantidades máis que xenerosas. Pero mesmo con esta cantidade de material, aínda hai quen se empeña en chamar renda básica ao que son subsidios condicionados para pobres. Seguro que non se fai con mala intención, seguro que non se fai para confundir, seguro que non se fai para escurecer a ilustración da cidadanía. Pero confúndese e se obscurece. A solución non é difícil: claridade conceptual. Trátase simplemente de poñer atención e estar dispostos a darlle unha oportunidade ao rigor intelectual. No totum revolutum é difícil poder establecer un bo debate.[4] (Agradezo os comentarios que Sergi Raventós e Lluís Torrens realizaron a un borrador deste artigo). Notas[1] Universal na definición da Basic Income Earth Network significa "que é pagada sobre unha base individual e non, por exemplo, aos fogares". Incondicional: "que é pagada a todas as persoas, sen exame de recursos". https:// basicincome. org/ basic- income/ [2] Aínda que sempre hai quen está disposto a engadir as súas inmellorables ideas de supostas melloras engadidas, que á súa vez son "melloradas" por outras propostas… [3] Nin menos aínda de facelo " dogmáticamente", " inflexiblemente" ou " cerradamente", como algúns se lles ocorre cualificar, para aforrarse argumentos, a defensa da renda básica e a crítica dos subsidios para pobres condicionados. Hai quen máis enxeñoso aínda di "que non son incompatibles" (sic).[4] Ao final do editorial coméntase: "O modelo proposto pola AIREF podería ser unha base aceptable para o debate." En fin, non pretendo agora facer unha análise da proposta da AIREF. Innecesario será apuntar que se trata dunha proposta supercondicionada, con todas as miserias normativas e técnicas que comporta a condicionalidade. Soamente limitareime a apuntar, e así nos situamos no tenor desta proposta, o que o mesmo AIREF sinala no seu informe. Se leva a bo porto a súa proposta habería unha redución do 12,7% da pobreza (60% da mediana da renda equivalente) e unha redución do 27,6% da pobreza severa (30% da mediana da renda equivalente). É dicir: que o 87,3% seguiría sendo pobre e o 72,4% seguiría estando na pobreza severa, segundo a mesma proposta de AIREF. Como calificar unha proposta así? Iso é unha base aceptable de partida?
NOS_6467
O presidente do Banco de Santander amosouse seguro de que o Estado "acabará gañando cartos" coa fórmula elexida para Bankia
O presidente do Banco de Santander cualificou de "un acerto" a fórmula elexida polo Goberno español para facer frente á crise de Bankia. Para Emilio Botín, a actuación do executivo de Mariano Rajoy partiu de dar unha solución "excepcional" a un problema que tamén é "excepcional". É mais, Botín considera que a actuación do goberno español permite afirmar que o problema de Bankia fica resolto e mesmo apuntou a que o Estado "acabará gañando cartos" coa fórmula elexida para Bankia. "Será un negocio rendíbel" para o executivo central, apostilou. O presidente do Santander considera que se Europa achegase unha cantidade de arredor de 40.000 millóns de euros acabaría o problema do sistema financeiro español. Esa cantidade sería destinada a Bankia, Novagalicia Banco, Banco de Valencia e Catalunya Caixa, entidades que precisarían dese investimento. Apoio aos recortes Alén diso, Botín (ao que se tiña sinalado no seu tempo como o banqueiro próximo ao PSOE de Felipe González, e non por cuestións precisamente ideolóxicas) tamén eloxiou as medidas adoptadas por Mariano Rajoy nestes meses, sinalando que aínda sendo "incómodas", son "importantes" e van polo bo camiño.
NOS_39993
Eurostat ratifica o preocupante proceso de envellecemento en Galiza
Cada vez menos e máis vellos. Non fai falla ser unha eminencia para saber que este escenario non depara nada bo para un país. Galiza ten moitas bazas na man para seguir a perder na partida da demografía. A Oficina estatística europea, Eurostat, ivén de incluír Lugo e Ourense entre as 10 provincias de Europa máis avellentadas, é dicir, cun maior peso de maiores de 65 anos no total de poboación. De feito, Ourense é a terceira provincia europea nesta clasificación. Máis do 30% dos seus habitantes teñen máis de 65 anos. Unha porcentaxe que só superan Evrytania (Grecia), cun 31 por cento, e Pinhal do Sul, en Portugal, cun 33%. No noveno posto está Lugo, cun 28% de persoas que superan os 65 anos. Proxeccións As proxeccións de poboación realizadas polo Instituto galego de estatística (IGE) sinalan que para 2031 a pirámide poboacional galega terá un 26% menos de menores de 10 anos e un 16% de persoas entre os 80 e 94 anos. No 2015 tiñamos 219.310 menores de 10 anos en Galiza. Deles, 104.813 eran menores de 5 anos. Segundo as proxeccións do IGE, no 2031 teremos 139.899 persoas por baixo dos 10 anos de idade. Isto supón que dentro de 15 anos ese tramo de poboación, a de 0 a 9 anos, constará de perto de 80.000 persoas menos. O equivalente a todos os habitantes da cidade de Ferrol, por poñer un exemplo. Unha caída do 26%. Pola contra, a pirámide engrosa polo cumio. En 2015 había 215.785 persoas que tiñan entre os 80 e os 94 anos de idade. Dentro de quince anos serán 251.095, o que é 35.310 persoas máis, un incremento do 16% respecto da actualidade. Taxa de natalidade das máis baixas do mundo A taxa bruta de natalidade (nacementos nun ano por cada mil habitantes) é en Galiza do 7,1. É dicir, que nun ano nacen por cada mil galegos, 7 crianzas. Un dato que nos sitúa como o país do mundo coa taxa de natalidade máis baixa se nos comparamos cos perto de estados que existen. O segundo país coa taxa bruta de natalidade máis baixa do planeta é Bosnia Herzegonina, e ten un 7,6%, porcentaxe que supera en 5 décimas á galega. E Xapón, terceiro país neste triste ranking ten unha taxa do 8%. A media no Estado español supera o 9% e na Unión Europea sitúase por riba do 10%. Xa non falemos de Níxer ou Mali, cun 45% de taxa bruta de natalidade.
PRAZA_15120
O presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística terá que comparecer ante a Xustiza por recriminar que o decano dos xuíces da Coruña non "respecte" a Lei de Normalización. O xuízo suspendeuse en febreiro tras a recusación da maxistrada encargada do caso.
De novo ante a Xustiza por "recriminar" o incumprimento dunha lei. É a situación na que se atopa o presidente d'A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que o vindeiro día 30 será xulgado na Coruña nun acto que considera de "criminalización das opinións e da lexítima defensa do noso idioma". A orixe deste litixio está nunha denuncia do decano dos xuíces coruñeses, Antonio Fraga Mandián, que denunciou a Callón despois de que este lle recriminase a utilización en documentos oficiais da forma La Coruña para referirse á Coruña. Nomeadamente, o caso comeza cando "un veciño pide a documentación en galego" nun proceso legal e o devandito xuíz "lle puxo trabas". "O veciño denunciouno publicamente, o xuíz volve poñer trabas, dende A Mesa lamentamos o esperpento e o xuíz pon unha denuncia contra min". Mentres, o maxistrado asegurou "non ter ningún rubor" en empregar a "ilegalidade do topónimo La Coruña". Ademais, lembran dende o colectivo de defensa da lingua, "con anterioridade o mesmo maxistrado defendera o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística no referido á toponimia porque, segundo el, a cuestión do nome da cidade estaba sub iudice. O xuíz denunciou a Callón por "recriminarlle" que asegurase "non ter ningún rubor en empregar a ilegalidade do topónimo 'La Coruña" "Non era verdade nada do que dicía", xa que "o propio Fraga Mandián sabía" que "nese momento xa houbera mesmo varios ditames do Tribunal Constitucional apoiando o do topónimo A Coruña" como única forma oficial, toda vez que así o avala a Lei de Normalización, no caso da cidade, e unha reforma legal de 1997, no caso da provincia. O mesmo xuíz, neste caso "nunha resposta a un veciño, tamén chegou a argumentar que el usaba La Coruña e non A Coruña por un erro ortográfico". "Era unha burla -din- porque o erro ortográfico persiste unha e outra vez", mesmo no escrito da denuncia contra callón. Tras todo isto Callón terá que enfrontarse a este "esperpéntico" xuízo por segunda vez, despois de que o pasado febreiro o seu avogado "recusase a maxistrada" encargada do caso "por entendender que non se respectaban as garantías procesuais". O presidente d'A Mesa tivo coñecemento da data da comparecencia a través de documentos redactados só en castelán xa que, malia ás súas "sucesivas peticións", cada "nova citación que se envía faise excluíndo a lingua escollida polo denunciado". A asociación chama a apoiar a Callón no exterior dos xulgados cunha concentración o día do xuízo ás 12:30 -na coruñesa rúa de Monforte- co obxectivo de rexeitar a actitude dun xuíz que con anterioridade xa denunciou o deputado do BNG Carlos Aymerich, despois de criticar precisamente a demanda contra Callón. Esa denuncia foi xa arquivada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
NOS_871
Pep Cruanyes (Masnou, Maresme, 1952) é historiador e avogado. E, desde marzo, vicepresidente da Assemblea Nacional Catalana. Participou nas xornadas organizadas por Vía Galega para conmemorar o IX Congreso das Nacionalidades Europeas. "Únennos os obxectivos que perseguimos os distintos pobos", entende. Eis un extracto da conversa, publicado no número 317 de Sermos Galiza.
A un ano do 1-O, como valora o intre actual do proces soberanista de Catalunya? Despois do 1-O producíronse feitos caracterizados pola represión política e xudicial. Como resposta, reaccionouse e denunciouse, con accións no interior e no ámbito internacional. Xa vimos como responderon os tribunais ou as Nacións Unidas. Ademais, o 21 de decembro houbo eleccións e revalidouse a maioría independentista. Os tribunais españois interferiron de maneira antidemocrática na vida parlamentaria e dificultaron o funcionamento do Parlament. E o punto de inflexión chegou o 11 de setembro, cando unha mobilización masiva deu resposta á represión. Esta represión significa que non estamos nun Estado democrático e de dereito. Pero na Diada reafirmamos o movemento social e político. Dixemos: "Non temos medo e imos seguir adiante, firmes nos nosos obxectivos". Ademais, a represión afirma aínda máis a necesidade de construír un novo Estado democrático e libre. De que maneira influíu a represión no funcionamento da ANC? Detiveron o presidente [Jordi Sànchez] e foi un golpe importante. Produciu medo e un preguntármonos "que pasa aquí?". Falan de sedición por actos democráticos. Paralizounos. Mais despois das eleccións do 21 de decembro, en que dimitiu o presidente da ANC -actualmente é deputado de Junts per Catalunya-, e renovamos a dirección, seguimos adiante. Pensamos: "Non podemos quedar sen responder, porque iso é o que pretende a represión". Reafirmámonos na nosa loita pacífica e democrática polos dereitos do pobo de Catalunya. Agardaban unha reacción así do Estado español? Non, a verdade é que non. Eu vivín no franquismo, aínda que era moi novo, e xa sabía como as gastaba o Estado español. Para min a sorpresa foi menor. De todas as maneiras moita xente quedou tocada. Pero a reacción da poboación non foi de se retraer, foi de dicir: "Isto non o podemos consentir, non podemos admitir que vivamos no século XXI e que o Estado teña uns tribunais que actúen irregularmente e que a policía e a fiscalía teñan os mesmos criterios que no franquismo". [Podes ler a entrevista íntegra no número 317 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_34960
Terán lugar ás 20:00 horas en diversas cidades e vilas galegas no día que se publique a resolución xudicial contra os e as líderes independentistas cataláns xulgados polo Tribunal Supremo.
En poucos días o Tribunal Supremo dará a coñecer a sentenza do xuízo a 12 líderes do proceso independentista catalán, con penas que poden chegar até os 25 anos de prisión para algún deles. A Plataforma Galiza con Catalunya está a preparar a resposta no noso país a esa sentenza e convoca unha serie de concentracións a realizar baixo o lema 'Democracia e liberdade'. As concentracións serán ás 20:00 horas do día en que se publique a sentenza, que previsibelmente será esta quinta ou sexta feira. Os maxistrados e maxistradas do Tribunal Supremo comezaron esta segunda feira as súas deliberacións, que se prolongarán esta terza. Teñen unha data límite para emitir a resolución: 14 deste mes (vindeira segunda feira) Mobilizacións convocadas (todas ñas 20:00 horas): Vigo, Farola de Urzáiz A Coriña, Subdelegación do Goberno Compostela, Praza do Toural Ferrol, Praza Amada García Ourense, Subdelegación do Goberno Pontevedra, Praza da Peregrina Lugo, Praza Maior Burela, Praza da Mariña
PRAZA_9396
Os Franco basean a súa demanda nun programa de Cuatro sobre o seu patrimonio e acusan de inxurias e calumnias a Babío, a outras persoas que interviron no espazo e ao grupo de comunicación propietario da canle
Os herdeiros de Franco embravecen nos tribunais. Case ao mesmo tempo que o xulgado de instrución número 41 de Madrid lles daba a razón en primeira instancia no litixio pola propiedade das esculturas do Mestre Mateo reclamadas polo Concello de Santiago, os netos do ditador interpuñan unha demanda ante o xulgado 44 desa mesma cidade para tentaren perseguir na Xustiza a un dos principais investigadores do espolio do Pazo de Meirás, o sadense Carlos Babío, xunto a outra decena de persoas e á empresa de comunicación Mediaset, propietaria de canles televisivas como Telecinco e Cuatro.Os Franco basean a súa demanda nun programa de Cuatro sobre o seu patrimonio e acusan de inxurias e calumnias a Babío, a outras persoas que interviron no espazo e ao propio grupo de comunicaciónOs Franco basean a súa demanda por inxurias e calumnias na emisión, o pasado xullo, dunha reportaxe no programa En el punto de mira da canle Cuatro sobre o patrimonio dos herdeiros do xeneral golpista e "os negocios nos que investiron a súa fortuna". Un dos asuntos tratados nese espazo televisivo foi o espolio de Meirás, pero tamén a Casa Cornide da Coruña e diferentes empresas que xestiona a familia. Xunto a Babío son demandados os xornalistas que elaboraron a reportaxe e persoas entrevistadas nela como o investigador Mariano Sánchez Soler, un dos maiores expertos no patrimonio dos Franco, ou o propio grupo de comunicación.Babío, autor xunto a Manuel Lourenzo da investigación Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, pescuda que detalla polo miúdo como Franco quedou coas torres de Meirás e propiedades lindeiras, confirma que vén de recibir o escrito da demanda. Este fixa como primeiro paso unha conciliación en Madrid no vindeiro mes de marzo. Babío explica que, alén do contido concreto do programa, os herdeiros do ditador volven "ao mesmo de sempre", isto é, a "negar o espolio" de Meirás documentado en investigacións como a súaO investigador explica que, alén do contido concreto do programa ou de eventuais inexactitudes que a canle televisiva puidese divulgar sobre as propiedades dos Franco, a cuestión de fondo é que os herdeiros do ditador regresan "ao mesmo de sempre", isto é, "a negar o espolio" que, no caso de Meirás, el mesmo "documentou", pero tamén "vivín na miña casa", en Sada, polo que "ninguén me vai explicar o que eu mesmo vivín". Non en van, a súa avoa perdeu a casa cando as autoridades da ditadura deron en ampliar as propiedades en torno a Meirás.As primeiras mostras de solidariedade con Babío despois de recibir a demanda chegaron dende o BNG, formación na que milita. "Babío resúltalles moi molesto aos herdeiros do ditador porque a partir das súas pescudas tanto a Deputación da Coruña como o Parlamento abriron dúas investigacións" que "remataron en senllos informes solicitando ao Estado que interveña no espolio pola vía xudicial para recuperar o Pazo de Meirás. "Carlos Babío -di a formación nun comunicado- converteuse en albo dos Franco porque o seu traballo contén as probas de como obtiveron eses bens de forma ilícita".
PRAZA_16040
O Goberno galego responde a En Marea que non revelou o contido íntegro do acordo para atender a limitacións da lei estatal de transparencia. O documento que se nega a publicar permite á empresa actuar en hospitais do Sergas e implica un gasto público indeterminado HEMEROTECA | A Xunta pon cartos e persoal no pacto secreto que permite a unha multinacional actuar en hospitais públicos
HEMEROTECA | A Xunta pon cartos e persoal no pacto secreto que permite a unha multinacional actuar en hospitais públicos O Servizo Galego de Saúde ten en vigor dende 2016 cando menos cinco acordos con Medtronic, unha multinacional estadounidense especializada en "tecnoloxía, servizos e solucións médicas". A parte pública destes convenios amosa que con eles a Xunta permite á compañía privada actual en hospitais públicos, pero obvia os detalles concretos do pacto, debullados en anexos que a Xunta decidiu non facer públicos. Como informou Praza.gal, esa segunda parte evidencia que a empresa pode "testar" os seus produtos en instalacións do Sergas e ademais deixa claro que a Administración pon persoal e cartos en pactos que oficialmente non implicaban achega económica ningunha. Despois de se negar a facilitarlle esa información a Asociación de Pacientes do Hospital de Santiago, un dos afectados, o Goberno galego vén de defender formalmente a ocultación tamén no Parlamento. Tras transcender a negativa á Asociación de Pacientes -que trasladou a súa reclamación á Comisión de Transparencia, dependente da Valedora do Pobo- e os detalles do acordo oculto, aos que tivo acceso este diario, a oposición parlamentaria anunciou que pediría explicacións a Xunta ao respecto. Unha das deputadas que o fixo foi a voceira de En Marea en materia sanitaria Eva Solla, a través dunha pregunta rexistrada a mediados de decembro á que Sanidade vén de ofrecer unha resposta parcial para defender a ocultación apelando as limitacións establecidas na vixente lei de transparencia e bo goberno aínda que non na norma galega, aprobada en 2016 como renovación da vixente dende dez anos antes, senón na estatal. O documento que a Xunta se negou a entregar aos pacientes permite á empresa actuar en hospitais do Sergas e implica un gasto público indeterminado Nesa resposta o Goberno abonda no razoamento que xa ofrecera aos pacientes: non pode revelar o anexo para non prexudicar o "segredo comercial" e a "propiedade industrial" de Medtronic, aínda que cunha argumentación distinta. "A Asociación de Pacientes e Usuario do CHUS solicitou copia do acordo específico" do Sergas con Medtronic para o CHUS" e "foille remitida", lembra a Consellería, quen admite que o colectivo "tamén pediu os anexos aos acordos específicos" para os hospitais de Santiago, A Coruña e Lugo e "esa solicitude foi denegada", aínda que "en ningún caso para antepoñer o dereito comercial da empresa ao dereito xeral de acceso á información pública", tal e como "acusa" En Marea, lamentan. O Goberno galego responde a En Marea que non revelou o contido íntegro do acordo para atender a limitacións da lei estatal de transparencia non incluídas na norma galega Coa súa negativa, asegura o Goberno, non se está máis que a aplicar o "estrito cumprimento" do artigo 14" da lei estatal de transparencia, no que se sinala que o dereito de aecceso poderá ser limitado cando acceder á información supoña un prexuízo para unha serie de aspectos, entre os que están o segredo profesional e a propiedade intelectual e industrial". Na lei galega, no entanto, o segredo comercial e industrial só é un límite para a divulgación de información sobre subvencións, non sobre convenios. Sanidade aplica así de xeito extenso outro artigo da normativa autonómica, o 25, no que se apela á normativa básica -a estatal- para limitar o acceso á información pública, aínda que tamén se indica que "naqueles casos en que a aplicación dalgunha limitación non afecte á totalidade da información e sempre que sexa posible, concederase o acceso parcial" ao documento solicitado. Publicado integramente pola Generalitat Páxinas e fragmentos dos convenios asinados por Medtronic coa Generalitat (esquerda) e coa Xunta (dereita) / Praza Pública O Goberno catalán asinou un acordo moi semellante con Medtronic e divulgou o anexo que a Xunta oculta Como revelou Praza.gal, as cautelas do Goberno galego coa protección do "segredo comercial" e a "propiedade industrial" de Medtronic contrastan coa publicación íntegra dun acordo practicamente idéntico asinado coa mesma empresa coa Generalitat de Catalunya no ano 2015, en tempos da presidencia de Artur Mas. O pacto da compañía estadounidense coas autoridades sanitarias catalás tiña como obxectivo desenvolver no hospital de Bellvitge un programa moi semellante ao que a Xunta lle permite realizar no Clínico compostelán e, unha vez asinado, foi incluído como referencia no Diari Oficial de la Generalitat e publicado co seu anexo no portal de transparencia do Institut Català de la Salut, onde aínda pode ser consultado. Tanto no caso catalán como no galego a Administración abriu a Medtronic as portas da sanidade pública e a empresa desenvolveu unha política comercial moi semellante nos dous territorios. Tanto en Bellvitge como en Santiago a empresa "cedeu" o uso de equipamentos médicos para emprego exclusivo no marco do propio acordo e, a cambio, a sanidade pública asume os custos correntes, o mantemento da maquinaria "cedida" e a asignación do persoal necesario, entre outros aspectos. No entanto, o acordo coa Generalitat si inclúe unha estimación de custos que o asinado co Sergas non recolle.
NOS_11656
A portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, mantivo esta sexta feira unha encontro co presidente do comité de empresa de Endesa As Pontes, José Luís Pico, que alertou da falta de resposta dos gobernos galego e español ás súas demandas.
Ana Pontón, BNG, e José Luís Pico, comite de empresa Endesa-As Pontes, reuníronse no Parlamento para tratar a falla de resposta dos gobernos galego e español á problemática da central térmica. Nesa liña, Pontón avanzou que a súa formación lanzará unha "ofensiva institucional" para demandar solucións de futuro para o sector afectado polo fechamento da planta térmica das Pontes, tendo en conta que considera que tanto a Xunta como o Goberno español se desentenderon do asunto unha vez pasadas as eleccións galegas. Na comparecencia diante dos medios, José Luís Pico sinalou que esixían "aos gobernos que miren pola xente da comarca" para que non teña que "emigrar". Ademais advertiu do "panorama moi escuro" para a zona de influencia da central ante a "falta de interese" da compañía por manter a actividade a través de fontes de enerxía alternativas despois dunhas probas que foron "opacas". Para a líder nacionalista, as "promesas" de levar a cabo unha transición enerxética "xusta" quedaron relegadas "na práctica" a "unha reconversión pura e dura", "unha máis" para a comarca de Ferrolterra á que, segundo Ana Pontón, as administracións galega e española "están a deixar caer". Por iso, o BNG solicitará a comparecencia do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, para que "explique que está a facer" a Xunta para dar cunha "alternativa industrial" que permita manter o emprego. O BNG puxo sobre a mesa unha serie de medidas que, segundo consideran, permitirían darlles un futuro aos empregos que até o de agora dependían da central de Endesa, para a que propón "salvar" unha parte daqueles grupos de produción con biocombustíbeis.
NOS_27574
Ponte Caldelas acolleu neste sábado unha novo protesta contra a proposta de encoro previsto no río Oitavén e o transvase dos ríos Oitavén e Verdugo para fornecer de auga a Vigo e a súa área metropolitana. A mobilización convocada polo BNG xuntou ducias de persoas dos concellos afectados por esta actuación, que reclamaron ao Goberno galego que paralice este proxecto.
A construción dun encoro de 335, metros de longo e 50 de alto paira sobre o río Oitavén desde hai anos. A actuación ven de coller nova forza tras un estudo elaborado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que propón a construción dunha balsa de 50 hectáreas na parroquia caldelá de Forzáns e un transvase de auga desde os ríos Oitavén e Verdugo á area metropolitana de Vigo. O voceiro do BNG en Soutomaior e deputado nacionalista, Manu Lourenzo, sinala a Nós Diario que "somos conscientes que ante situacións de emerxencia hai que adoptar solucións de emerxencia. Mais non é o caso. O que está enriba da mesa é un problema de mala xestión e despilfarro de auga por parte do Goberno de Vigo". Xestión da auga "O problema de Vigo non é de subministro de auga, senón de mala xestión, ao perder máis de 35% da auga que chega á cidade polo mal estado da rede de abastecemento", afirma Lourenzo, quen pon como exemplo da mala xestión da auga por parte de Vigo no o baldeado as rúas con auga potábel en época de seca". O deputado nacionalista lembra que na seca de 2017 o caudal ecolóxico do Verdugo estaba no mínimo do seu caudal ecolóxico con apenas 900 litros por segundo, e que calquera redución deste caudal, sexa por transvasamento ou por construción dun encoro sería fatal para o río e para os fondos marisqueiros do fondo da ría de Vigo, que dá de comer a centos de familias. Lourenzo significa que o proxecto presentado non só incumpre a lexislación europea de augas, senón tamén a española e a galega, e que antes de acometer un proxecto tan agresivo contra o medio ambiente debéranse estudar antes outras alternativas máis acordes coa ecoloxía e a racionalización do uso da auga. O dirixente nacionalista insta á "Xunta da Galiza e Alfonso Rueda a que deixen de agocharse, dean a cara e confirmen, dunha vez por todas, que non van apoiar ningún tipo de instalación faraónica que sexa letal para os ríos Verdugo e Oitavén". "A competencia sobre os nosos ríos é da Xunta, e non imos permitir que no futuro o Verdugo e o Oitavén se empreguen nun mercadeo de votos entra a Xunta de Galiza e o Concello de Vigo, entre Rueda e Caballero", afirma Lorenzo. Ponte Caldelas O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, adiantou este sábado a decisión de solicitar aos once concellos que se fornecen do encoro das Eiras o seu rexeitamento á proposta da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de promover un transvase desde o Verdugo e Oitavén á Vigo "Enviarei unha petición ós alcaldes e alcaldesas dos municipios que se abastecen do Encoro de Eiras, entre os que se atopan rexedores do PP, PSOE, BNG e outros partidos políticos, para que amosen o seu rexeitamento á barbaridade ambiental que suporía a construción dun encoro en Forzáns. Quero explicarlles os problemas de falla de auga que xa temos cada ano no noso municipio e o que suporía para o este pobo realizar un transvase do río Verdugo, augas abaixo de Ponte Caldelas", explica Díaz.O Goberno de Ponte Caldelas convocou para o domingo 8 de maio, ás 12 da mañá, unha manifestación diante da Casa do Concello e con percorrido polas rúas de Ponte Caldelas para amosar o rexeitamento a proposta de construción dun novo encoro no lugar de Forzáns e á realización dun transvase dende o Río Verdugo, augas abaixo de Ponte Caldelas, onde se unen os ríos Verdugo e Oitavén, xa no termo municipal de
PRAZA_12965
O candidato do Bloque á presidencia bosquexa as liñas básicas da súa aposta programática nunha convención con aire festivo e vocación de inxección de ánimo na militancia
O Bloque quita o loito. Despois de transitar polos que, posiblemente, foron os meses máis difíciles e convulsos da súa historia o BNG semellou este domingo conxurado contra o pesimismo para aclamar o seu candidato á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera. Os nacionalistas lograron encher sobradamente as 2.100 cadeiras do Palacio de Congresos de Galicia, en Compostela, nunha Convención Nacional que tivo un obxectivo oficial, o lanzamento da candidatura, e outro oficioso pero non menor, inxectar moral na tropa nun complexo panorama. O frío e a tensión de Amio foron substituídos pola calor e a distensión, a case festa deste domingo, as mesmas que os tambores e as gaitas d'A Treboada do Baixo Miño puxeron para acompañar a entrada no auditorio da dirección nacionalista, con Jorquera á fronte en compaña do portavoz nacional, Guillerme Vázquez. O BNG semellou conxurado contra o pesimismo nunha convención para inxectar moral á súa militancia Un mar de bandeiras brancas co logotipo da formación e a sintonía composta por Mike Oldfield que acompañou o Bloque durante lustros de medre e extensión social e electoral, foron o pano de fondo dun acto concibido como un mosaico de voces para impulsar a Jorquera. Polos dous atrís instalados no escenario pasaron ata catorce persoas antes do candidato nun caleidoscopio de apelacións á forza, ao ánimo e á unidade. A actriz Isabel Risco, trending topic en Twitter durante a convención, foi a encargada de conducir, con maneiras televisivas e altas doses de humor un acto que tivo moito de cóctel de xestos, dende a presentación e aplauso aos dirixentes históricos da primeira fila, onde, por exemplo, Camilo Nogueira sentaba ao carón de Francisco Rodríguez, ata, sobre todo, a longa ovación colleitada por Carlos Aymerich. Tras o accidentado periplo asemblear o ex portavoz parlamentario proclama a súa preferencia "polos mariñeiros que saen á procura dunha boa maré" e non polos "aventureiros". E "os mariñeiros non se queixan do mar". O barco do nacionalismo non pode "perder tempo", debe ter en conta que "liberar un país" non é "traballo dun día". "Temos para esta maré o mellor capitan, Francisco Jorquera", asegurou Aymerich antes de proclamar un "avante toda" e de fundirse, entre aplausos, nunha aperta co aspirante á presidencia. "Desta convención sae un BNG moito máis forte e unido, como dixo Carlos Aymerich", recolleu Jorquera. "Todos participamos na construción do barco e todos temos claro o rumbo: soberanía, democracia e traballo". Esa apelación a poñer as máximas revolucións posibles un Bloque que quere ser "motor do cambio" era a culminación dun discurso máis propositivo que invectivo, cun ton por veces institucional que non impediu enganchar á entregada concorrencia. En pleno proceso de elaboración do programa para unhas eleccións que cada día semellan máis inminentes Jorquera bosquexou o "novo marco político" que "queremos facer realidade dende o Goberno". Trátase "dun gran cambio" para "afortalar os servizos públicos e as políticas sociais", "impulsar a economía produtiva", "defender o autogoberno" e aplicar unha "vocación transformadora". Para acadar ese prato final a receita proposta por Jorquera comeza por unha "reforma institucional" que, por exemplo, suprima a administración do Estado en Galicia, tamén "por suposto" as deputacións, e continúa por un novo sistema de financiamento, no que agora o BNG reclama abertamente "un modelo de concerto económico que asegure a plena autonomía fiscal". Jorquera bosquexou as liñas básicas da súa aposta programática, na que inclúe a reclamación do concerto económico para Galicia Unha reforma da CRTVG para que os medios públicos teñan tal condición sen ir aparellada á de "gobernamentais", un novo sistema fiscal "para quen pague máis quen máis ten" e un "impulso á economía produtiva" pola vía da "creación do banco público galego" son outros dos ingredientes que o candidato nacionalista contrapón a un concepto ata o mometo case inédito nas mensaxes públicas do Bloque: "a doutrina do shock". Os grandes poderes económicos "sementan o medo, a confusión e a división" para "facer posíbel que a dereita desenvolva o seu programa". Quen "viviu por riba das súas posibilidades" son "Botín e Rato" e non os que sempre tiveron que "mirar con envexa aos mileuristas". Tentan "atemorizar para impoñer as súas políticas que nos levan ao desastre" a mesma "estratexia", asegura, "quérenlla aplicar ao nacionalismo: confundirnos, dividirnos, que nos autoculpemos". "Porque saben que somos a alternativa real ás súas políticas", di. Cambiar unha realidade "que dá noxo" O discurso netamente propositivo de Francisco Jorquera estivo precedido polo máis combativo de Guillerme Vázquez, que non se privou, sorrinte, de seguir o ritmo da música inicial nin de erguer ante o público o brazo do candidato no que "ha de confiar o pobo galego", "unha persoa coherente, con palabra, na que se pode confiar" que conta co seu "apoio total, incondicional". A candidatura do Bloque é, para Vázquez, peza fundamental no cambio dunha "realidade actual" que "dá noxo". "Ninguén no seu san xuízo" cre que "para saír do pozo" cómpre "seguir cavando", ilustra. Apoiándose no lema da convención, En Bloque podemos, o líder frontista amósase convencido de que Galicia tamén "pode", "só temos que sacudirnos o medo a voar" e de "facernos respectar" fronte a un "Estado español de caspa e pandeireta", no que "as corridas de touros seica son cultura -"lástima de bois", parafraseou a Castelao-" e que conta "cunha familia real que cando non anda a tiros, anda nos xulgados". Guillerme Vázquez critica as "manipulacións" e as "campañas de intoxicación masiva" que, di, vén sufrindo o Bloque nos últimos meses "Cabeza alta, mirada limpa, orgullo de ser galegas e galegos e orgullo de ser do BNG", alentou Vázquez, quen ademais aproveitou a convención para enviar "unha mensaxe de tranquilidade aos milleiros" de persoas "preocupadas polo BNG, porque nos queren" e "confundidos polas campañas de intoxicación masiva que estamos a padecer" dende, entre outros, "os medios de comunicación púbicos" ao "servizo do PP". Fronte a esas "manipulacións" Guillerme Vázquez reclamou un "aplauso e saúdo especial" para os asistentes que estaban "por primeira vez nun acto do BNG" porque son "novos afiliados e afiliadas", explicou nunha referencia velada aos relatos públicos sobre baixas. "Aínda seguimos aquí, a aturar tempestades de sal", cantou Sés nunha actuación musical agradecida polo público e cantada dende os asentos por varios dirixentes da formación. Máis apertas, máis apelacións ao ánimo e o tradicional canto coral do himno galego culminaron o acto. "A por todas!", animou Jorquera.
NOS_37690
O sétimo disco d'Os Carunchos pon en valor o repertorio para gaita ao tempo que resalta a música vocal.
Quen non coñece os Carunchos? Os Carunchos naceron en 1994, nada menos. E para min foron un dos grupos que me marcaron, que cantaba de nena, co meu pai. Foron un dos grupos que fixeron de min unha amante da música galega… Ai, Maruxiña, detrás dun balado, dáme un biquiño, que non é pecado; que non é pecado, que non é pecado, ai, Maruxiña, detrás dun balado. Eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración, pero casarme contigo non mo pide o corazón. Lingua de xigantes / Os Carunchos / 18 pezas / 11,95 euros Neste traballo participan Pablo Rial (acordeón, gaita, percusións e voz), Juan Álvarez (gaita, pínfano, percusións e voz), Luís Correa (voz, zanfona, gaitas, requintas e pandeireta), Isaac Teniente (percusións e voz) e Alberto Costas (percusións e voz). Foi gravado con Isaac Millán en Ancestral Estudios Musicais e o deseño gráfico fíxoo un dos músicos: Isaac Teniente. Este disco, que é o sétimo do grupo, continúa coa súa teima en dúas vertentes. Por un lado, pór en valor o repertorio para gaita (de feito, hai unha peza do falecido Henrique Otero). Por outro, resaltar a música vocal, e conta con numerosas composicións do director, Luís Correa, pero non só del, pois tamén compuxeron outros carunchos, como Alberto Costas ou Isaac Teniente (autor da fermosísima peza "Estrela", que me encantou e que é tan sinxela como directa, chea de gusto). Penso que o forte desta formación é que se botan para adiante, sen medo, coas voces (e onde mellor se aprecia é na peza "Cantarciño novo"). A canción que máis me sorprendeu é a última, "Derradeira vontade de Fuco Buxán", composición de Pablo Rial con letra de Celso Emilio Ferreiro, cuns xiros na melodía moi interesantes e envolta con moito xeito por parte dos músicos. Ademais, hai letras de reivindicación: do idioma -do que o título do disco xa nos dá pistas- ou de repudia aos lumes dos nosos montes. Este traballo ten 18 pezas, pero non vos asustedes. Os cortes combinan temas máis sobrios e tradicionais con outros máis cheos, con harmonías. Sucédense as pezas instrumentais e as cantadas, e cando nos decatamos… Rematou e hai que volver darlle ao play! Escóitase ben, e apetece coller unha birra e volver ás foliadas! Como pode a raza humana prender lume ao planeta? Revisemos os valores ou xa pouco aquí nos queda. Foi un quince de outubro, que pasamos este inferno, onde están os responsables? Continúa o desgoberno.
NOS_39330
Volta o personaxe máis mítico de Stallone e faino da man dun director con prestixio nos círculos do cinema de autor. O noso crítico de cabeceira ten a palabra.
CREED (Estados Unidos 2015, 133 min.) Dirección: Ryan Coogle. Guión: Ryan Coogler e Aaron Covington Fotografía: Maryse Alberti Música: Ludgwig Göransson Elenco: Michael B. Jordan, Sylvester Stallone, Tessa Thompson, Tony Bellew, Phylicia Rashad, Ritchie Coster, Andre Ward, Graham McTavish, Malik Bazille, Kash Goins, Johanna Tolentino SINOPSE Rocky Balboa segue afastado do mundo do boxeo nun merecido retiro ocupado na rexencia do Restaurante Adrian's. Un día aparece un rapaz que di ser o fillo de Apollo Creed e que quere que o adestre. CRÍTICA Si, Rocky volve... outra vez... Desta volta faino por todo o alto para adestrar a un talentoso rapaz de nome Adonis que di ser fillo de Apollo, o meirande rival de Rocky no pasado e mellor amigo que, lembremos, faleceu tristemente naquel delirante combate EUA-URSS de Rocky IV contra Ivan Drago/Dolph Lundgren. Se na anterior (Rocky Balboa) dirixía o mesmo Stallone, agora deixa a cousa en mans de Ryan Coogler, un talentoso novo director que debutou coa independente Fruitvale Station, premiada co Premio do Público e considerada Mellor Película no Festival de Sundance. Apunta maneiras. Creed xa paga a pena só por ver a mestría coa que filma as pelexas, sobre todo unha en concreto rodada nun só plano secuencia. Marabilla. Coogler repite co protagonista do seu debut: Michael B. Jordan, visto en outros filmes independentes coma o lo-fy Chronicle (2012, Josh Tank) ou fiascos coma a participación, no rol de Facho Humano, na patética Catro Fantásticos (de Alan Smithee). Aparte da boa dirección de Coogler, outra das bazas de Creed é poder ver a un Rocky/Stallone crepuscular nunha das mellores interpretacións da súa carreira. Stallone acada unha perfecta simbiose coa súa personaxe máis carismática cousa que, polo de pronto, xa lle valeu un Globo de Ouro ao Mellor Secundario e ten bastantes trazas de acadar o Óscar na mesma categoría. Ecos de nostalxia e lugares comúns para satisfacer a mitomanía daqueles que gozaron desde o primeiro Rocky (1976, John G. Avildsen), aderezados con aires de modernidade para captar as novas xeracións. Non faltan as escaleiras frontais do Museo de Arte de Filadelfia, o ximnasio de Mickey, a estatua de Rocky, os acordes da saga e até unha secuencia ao estilo do mítico training montage. Iso si, agora non soan clásicos de Rock-Fm, agora a cousa marcha a ritmo de hip-hop. Creed volve á historia do pupilo que adestra Rocky (vista xa en Rocky V) pero mesturado co filme inaugural da saga e con Rocky II (1979, Silvester Stallone). Mestre e alumno terán que acadar unha perfecta harmonía se realmente queren gañar os seus respectivos combates: un pelexa por atopar un motivo para erguerse cada mañá e o outro por ser alguén no mundo do boxeo; as últimas rabexadas de un fronte aos primeiros pasos do outro. Soa a despedida de Rocky, pero tamén a un moi posíbel inicio dunha nova saga centrada no fillo de Apollo Creed. Deixan os vimbios ben matizados, consegue que nos encariñemos coas personaxes e ao tal Adonis Creed non lle falta carisma. Pero a cuestión é se ten o suficiente como para que a cousa calle na audiencia ou, se deciden continuar, acabe sendo unha pesada lousa que remate por estragar un bo filme de boxeo como é Creed. Na miña humilde opinión, deberían deixar a cousa tal e como está. Sería un dignísimo final...
NOS_23298
A reacción internacional ao golpe de Estado da sección de elite do Exército guineano é de condena, exixindo a liberación do presidente e até ameazando con sancións internacionais.
Despois do golpe de Estado encabezado o domingo polas Forzas Especiais do Exército da República de Guinea, que detiveron a Alpha Condé, presidente desde 2010, tanto a Organización das Nacións Unidas (ONU) como diversos Estados, condenaron a ruptura da orde constitucional no país localizado no oeste de África. Unha vez que transcenderon os primeiros detalles da toma dos edificios gobernamentais, Antonio Guterres, secretario xeral da ONU, recriminou a actuación dos militares e reclamou a liberación de Condé. A mesma posición expresou o voceiro da Unión Africana, Felix Tshisekedi, tamén presidente da República Democrática do Congo. Outra institución continental como a Comunidade Económica dos Estados de África Occidental, encabezada polo primeiro ministro de Ghana, Moussa Faki Mahamat, ameazou con sancións se non se restaura a orde constitucional. Esta segunda feira, foi o ministerio de Exteriores ruso quen amosou o seu rexeitamento, seguido dos Estados Unidos, a Unión Europea e Francia, de quen se independizou en 1958. Despois do golpe Os reportes de tiroteos na contorna da sede presidencial, situada na capital, Conakry, comezaron na mañá do domingo, entre informacións confusas, por unha parte, a sección de elite das Forzas Armadas guineanas comunicou por medio do seu xefe e novo home forte do país, o coronel Mamady Doumbouya, a toma do poder. Mentres, o Ministerio de Defensa mantiña que os asaltantes foran rexeitados. Ao confirmarse a detención de Condé, que foi enviado á base de Makombo, na capital, Doumbouya asegurou que dirixía "unha acción inaugural para crear as condicións para un Estado de dereito", criticando a xestión do Executivo por manter nunha minoría os beneficios da explotación mineira. O medio Al Jazeera informa de celebracións nas rúas da cidade unha vez ratificado o cambio de poder. O líder militar tamén anunciou unha reunión onte pola mañá co Goberno deposto, así como a liberación dos presos políticos, a meirande parte deles na cadea despois do conflito en 2020 pola segunda reelección de Conté, denunciada como ilegal pola oposición e froito da fraude electoral.
NOS_33381
A terceira longametraxe de Oliver Laxe, O que arde, venceu na XVIII gala dos premios Mestre Mateo que tivo lugar na noite de onte. Colleitou galardóns en seis das doce categorías nas que optaba a premio, entre elas as de mellor longametrax e mellor dirección. Os premios tamén recoñeceron a dirección de arte de Samuel Lema e Curru Garabal, o traballo na dirección de fotografía de Mauro Herce, na montaxe de Cristóbal Fernández e no son de David Machado, Amanda Villavieja, Sergio Silva e Xavi Souto.
Hierro, a serie de Portocabo, Movistar +, Arte France e Atlantique Productions, obtivo catro galardóns, como mellor serie de televisión, mellor dirección de produción para Ana Míguez, mellor guión para Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz e Carlos Portela, e mellor música orixinal para as composicións de Elba Fernández e Xavi Font. Quen a ferro mata, que partía como favorita con quince candidaturas, quedou con tres:mellor actor de reparto para Xan Cejudo, mellor actriz de reparto para María Vázquez e mellor maquillaxe para Susana Veira e Beatriz Antelo. Da adaptación para a pantalla grande do éxito teatral da compañía Chévere Eroski-Paraíso foron recoñecidos as súas intérpretes principais Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, nas categorías de actor e actriz protagonista. Dous galardóns obtivo tamén Segredos, desmontando Galiza, o de mellor programa de televisión e mellor realización para Marcos Barrios Carreira. Manoliño Nguema, producido por Filmika Galaika, gañou o premio ao mellor documental mentres que Antes de perder, de RTVE e Cósmica Producións, alzouse co premio a mellor serie web. 16 de decembro, dirixida por Álvaro Gago, conquistou o de mellor curtametraxe de imaxe real, e "Homomaquia" de David Fidalgo Omil, o de mellor curtametraxe de animación. Santiago cidade de cinema, de Islandia Producións, fixo o propio co de mellor anuncio e "Esquimós" (Heredeiros da Crus), de Xaime Miranda, co premio ao mellor videoclip. O traballo de María Fandiño en Lobos e Cordeiros alcanzou o premio ao mellor vestiario, mentres que Lucía Regueiro obtivo o premio de mellor comunicadora polo seu traballo en Bamboleo. Ademais de premiar a excelenci profesional e as producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de profesionais releventes do audiovisual galego co Premio de Honra Fernando Rey, que este ano foi para o proxectista do CGAI- Filmoteca de Galiza, Chema Rodríguez Armada.
PRAZA_10140
Europa segue a ser un espazo xeopolítico, económico e socio cultural onde Galicia pode medrar en visibilidade e consistencia para enxergar o desenvolvemento da súa personalidade propia en todos os ámbitos.
A xeración Nós miraba cara Europa como prolongación dunha nosa identidade que o abafante centralismo porfiaba en negarnosEn diferentes tempos e ocasións, os galeguistas atopáronse entre os máis europeístas da península. É o caso, sen dúbida, do primeiro terzo do pasado século cando a reivindicación da Galicia, célula de universalidade, tiña na Europa unha esperanza primeira de realización. Moi poucos entón miraban cara Europa nese senso. Que a Lois Tobío o alcumaran "el europeo" os seus compañeiros de promoción da carreira diplomática fala en por si, como tamén a vocación europeísta de Plácido Castro situaba na política continental un eixe básico da nosa política exterior. A xeración Nós miraba cara Europa como prolongación dunha nosa identidade que o abafante centralismo porfiaba en negarnos. Outro tanto podíamos dicir do europeísmo da posguerra, nun tempo xa en que a idea dunha Europa orgánica daba os seus primeiros pasos. Ramón Lugrís dicía que o máis informado do que se cocía daquela en Europa era o demócrata cristián Xaime Illa, e avogaba por unha Europa federal como solución idónea para Galicia pois é nese marco que podería desenvolver a súa personalidade diferenciada aproveitando o proceso de reorganización política do mundo sobre a base de grandes agrupamentos supraestatais que no seu entender estaba xa en curso e era irreversible. Galicia sería un dos seus compoñentes naturais sen necesidade por iso de entrar en conflito con España e fuxindo da idea de converter a Galicia nun estado máis. A Europa das rexións estaba en camiño…Os múltiples déficits da actual UE son ben coñecidos. Quizais por iso no nacionalismo de hoxe mantéñense importantes distancias coa entusiasta visión europeísta do galeguismoNunha longa conversa mantida con Ramón Lugrís, parcialmente reproducida na revista Grial en 2012 e publicada integramente no Texturas Internacionais 9, el reclamábase aínda como un "convencido europeísta" e malia as moitas calamidades que presentaba unha Europa que en tantos aspectos non recoñecía, non tiña dúbida de que o europeísmo seguía tendo actualidade dende o punto de vista da defensa dos intereses de Galicia. Aínda máis, o europeísmo, é dicir, a Europa Unida, é a única posibilidade de podermos defender os nosos dereitos como entidade nacional, dicía. Se ben o vello ideal dos galeguistas do século XX, de antes e despois da guerra, sigue á espera, a UE non perdeu nin moito menos importancia e transcendencia como espazo para a defensa e proxección dos nosos intereses como tampouco a pugna por instarmos nela unha relación sen intermediarios. Europa segue a ser un espazo xeopolítico, económico e socio cultural onde Galicia pode medrar en visibilidade e consistenciaOs múltiples déficits da actual UE son ben coñecidos. Infinitamente máis perto está da Europa dos mercaderes ca dos pobos. Quizais por iso no nacionalismo de hoxe mantéñense importantes distancias coa entusiasta visión europeísta do galeguismo. Os tempos mudaron, pero o fío condutor non se quebrou de todo. Europa segue a ser un espazo xeopolítico, económico e socio cultural onde Galicia, con independencia das formulacións institucionais do europeísmo, das familias do propio nacionalismo e das limitacións derivadas dos convulsos vaivéns da política estatal, pode medrar en visibilidade e consistencia para enxergar o desenvolvemento da súa personalidade propia en todos os ámbitos.
NOS_6864
No Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o presidente da Xunta amparou o líder do PP de Ourense. "Pouco teño que dicir" para alén "do que levo dito".
Alberto Núñez Feijóo mantén a súa posición a respeito da denuncia contra José Manuel Baltar. O presidente da Xunta asegura que actúa con "prudencia" perante as gravacións nas que se escoita o líder do PP de Ourense e presidente da Deputación ofrecendo un posto de traballo a cambio de sexo e mesmo asegurando que mudaría notas en procesos de selección de persoal para favorecer determinadas persoas. Unha actitude que para o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, é "indigna" e "unha vergoña" pois "para amparar" Baltar o líder do executivo galego "converteu" mesmo "a vítima en culpábel". "Aplícalle a Baltar a presunción de inocencia mais non á denunciante á que acusou de instigar a cometer un delito" O portavoz da organización frontista instou Feijóo a "exixir a demisión" do presidente da Deputación pois "o acoso sexual é tamén unha forma de violencia machista", lembrou referíndose á Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Con motivo do 25 de Novembro, Jorquera asegurou que "o primeiro que hai que facer é acabar dunha vez coa hipocrisía". Mais o mandatario galego dixo ter "pouco" que dicir para alén "do que levo dito" e acusou a organización frontista, como xa fixera coas demais forzas da opocisión de ter xulgado e "estabelecido o veredicto" contra Baltar. Feijóo asegurou que actuará con "prudencia" e agardará a que se pronuncie a xustiza. Así as cousas, nunha entrevista concedida a un medio de comunicación privado amosouse "preocupado" pola denuncia, como lle lembrou Jorquera na sesión de control ao presidente. "Preocupado pola denuncia mais non polos feitos", espetou o portavoz nacionalista. "Aplícalle a Baltar a presunción de inocencia mais non á denunciante" após acusala "de instigar a cometer un delito", afirmou.
NOS_23210
O escritor e investigador Miro Villar debulla neste artigo as achegas de Florencio Delgado Gurriarán ao asociacionismo galego en México, nomeadamente a través do seu labor nas revistas Saudade e Vieiros, como unha forma de manter a continuidade ideolóxica do Partido Galeguista no exterior e de manter aceso o facho antifranquista entre os exiliados en contraste coa pasividade da comunidade internacional da altura.
Derrotada a República o poeta corgomés é un dos 998 refuxiados que en xullo de 1939 chega ao peirao de Veracruz no "Ipanema", nun dos barcos da liberdade que acolleu o goberno progresista do presidente mexicano Lázaro Cárdenas. E nos primeiros anos, mentres se vai adaptando á súa nova condición, o estro literario de Florencio Delgado Gurriarán e a súa poesía máis combatente fican adormentados. Outro exiliado galego, o cineasta Carlos Velo (Cartelle, 1909 – México, 1988), procúralle traballo na delegación en Toluca do SERE (Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles). E andando o tempo os seus días transcorren en Guadalaxara, no estado de Nova Galicia, realizando diversos oficios. Saudade (1942-1944 e 1952-1953) Porén as súas inquedanzas galeguistas, tanto políticas coma culturais, fan que axiña sexa un actor principal no cativo asociacionismo con acento galego. A revista Saudade, subtitulada Verba Galega nas Américas, con dúas etapas (1942-1944 e 1952-1953) é o primeiro proxecto de relevo no que se vai implicar a escrita e a acción de Delgado Gurriarán. Para achegármonos a ela temos a reedición facsímile feita polo Centro Ramón Piñeiro (que se pode consultar en pdf na rede: http://www.cirp.es/pub/docs/revrec/saudade.pdf). Nela pódese comprobar que a publicación era unha estratexia do grupo Saudade e da Irmandade Galeguista, que viña supoñer a continuidade en México do PG, para se converter nunha referencia ideolóxica coa que combater o franquismo na liña que no exilio representaban Castelao e o Consello de Galiza. Nunha extensa conversa con Dolores Plá en 1979, recuperada en 2022 no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega, Florencio afirma: "aunque éramos pocos y con pocos recursos, publicamos varias revistas, todas en gallego". No primeiro número, datado o "Día de Galiza" de 1942, figura como editor o arquitecto betanceiro Xosé Caridad Mateo e na redacción Ramón Cabanillas Álvarez (fillo do poeta), Ramiro Illa Couto, Carlos Velo e o propio Florencio, e na súa extensa nómina de colaboradores están practicamente todos os nomes do exilio galego en México, mais tamén dos exiliados e emigrantes que abrazaron a causa republicana noutros territorios de América e, xa logo máis tarde, dos galeguistas que escribían no denominado "exilio interior". O pintor exiliado Arturo Souto é o ilustrador con máis presenza, xunto a Carlos Maside ou Colmeiro, entre outros. Na primeira etapa saíron dous números en 1942, outros dous en 1943 (o primeiro con Illa Couto e o segundo con Cabanillas como editores literarios) e o quinto en 1944 (tamén con Cabanillas). Na segunda etapa tan só apareceron dous, en xullo de 1952 e en xullo de 1953, faise máis plural, sendo o seu editor Roxelio Rodríguez de Bretaña, quen foi o primeiro "Segredario" Xeral do Padroado da Cultura Galega de México. Desta volta figura como director o socialista Marcial Fernández no nº 6 (por erro numérase co 5) e no nº 7 o propio Florencio, e entran na súa redacción o galeguista Luís Soto e o socialista Porteiro Viñas. As liortas dialécticas provocaron nesta altura un enfrontamento entre Gurriarán e Soto que faría arrefriar a súa amizade. Entre os presupostos da publicación está a afervoada e continuada defensa da lingua galega como símbolo identitario, de feito até boa parte da publicidade está en galego, algo inaudito naquel tempo, e para ese obxectivo de dignificar o noso bota man de numerosas colaboracións, case medio cento de nomes que van desde os clásicos do noso Rexurdimento até autores contemporáneos do poeta corgomés, tanto do exilio e da emigración, como do denominado "exilio interior". Por certo, alén de Rosalía tan só dúas mulleres, Chita Lamas (dona de Ramiro Illa Couto) e a poeta ourensá Pura Vázquez. Malia predominar a creación literaria, sobre todo a poética, na revista tiveron acubillo todas as temáticas, desde a antropoloxía até as diferentes manifestacións artísticas, música, pintura... No tocante á participación de Florencio, aquela que está asinada pois moitos textos sen asinar poderían ser da súa autoría, está conformada polos seguintes poemas: "Noiturno da noiva jarocha", "Pintura de feira", "Poemas da Galiza infinda: (Notas pra unha xeografía metafórica de Galiza)", "¡Galicia é infinda!...", "Rumba", "Pandeirada", "Os gaiteiros de Montgomery", "Da Galiza Infinda (libro proúximo a aparecer): Nemórame o feitizo do tesouro", "Vello almanaque", "Bocarribeira valdeorresa", "Do poeta "Da Galiza Infinda": "A galega en París", "Camiño da serra"". Con retoques estilísticos ou lingüísticos foron incorporados ao poemario Galicia Infinda (1963). O seu biógrafo Ricardo Gurriarán (1999, 2022) engade que o pseudónimo Porto do Río tamén agocharía o poeta corgomés e aparece asinando o texto "Louvanza do viño de Ourense". A hipótese é moi factible porque a dedicatoria do artigo sinala: "A Valdeorras, terra nai da fror dos nosos viños". E con toda probabilidade tamén é da súa autoría a sección "Fontes e forxas da Fala", que compilaba literatura popular: adiviñas, contos, refráns ou romances. Vieiros (1959-1968) Case un lustro despois Florencio Delgado Gurriarán tamén vai estar entre os mantedores da revista Vieiros (1959-1968), subtitulada Revista do Padroado de Cultura Galega de México. Concordante nos obxectivos coa anterior, do punto de vista estético é un proxecto moito máis ambicioso no que incorporan os escritores "novos" do momento (Ferrín, Casares, López-Casanova, Bernardino Graña, Xohana Torres, ...) e tamén engaden numerosas colaboracións plásticas de artistas galegos de sona na preguerra (Castelao, Díaz Pardo, Souto...) e na posguerra (Reimundo Patiño, Xaime Quessada, Xulio Maside...), fitos que converten as súas páxinas na máis interesante publicación galega desas décadas tanto desde o punto de vista estético coma desde unha perspectiva ideolóxica que mantiña aceso o facho antifranquista fronte á contemplación internacional. Todos os directores da revista proviñan do anterior proxecto de Saudade, Florencio é un dos que figura, xunto a Luís Soto e Carlos Velo, nos dous primeiros números, pois no terceiro é substituído na terna por Xosé Caridad Mateos, por mor do seu traslado por razóns laborais a Guadalaxara, Nova Galicia. Na última páxina de Vieiros, 3 (outono, 1965), na sección "Os homes ias labouras" dise: "O querido amigo e irmán Florencio Delgado Gurriarán non figura niste númaro, na co-Direición de VIEIROS, por vontade propia, diante a imposibilidade de traballar nas tarefas da mesma ó atoparse a mil kilómetros de distancia, da cidade de México onde se edita VIEIROS. Con moita mágoa tivemos que atender istas razós, mais faguemos costar que continúa sendo un esgrevio coulaborador da nosa Revista. Nós sabemos ben da galeguidade nidia e afervoada de Florencio, esí como do seu talento e da súa barileza." En Vieiros publicou nove poemas no primeiro número ("O viaxeiro", "Atotolnico", "Xacarandá", "Tabachín", "Paricutín", "Morelia", "Manzanillo", "Volta" e "Xarabe Tapatío"), dous no segundo ("Noiturnio da noiva jarocha" e "Conto sinxelo"), ningún no terceiro, que coincide co traslado, e outros dous no cuarto e derradeiro ("A Galiza asolagada", subtitulado "Anacos dun poema inédito" e a tradución "Barco Bébedo (Paráfrasis Galega do "Bateau Ivre" de Jean-Arthur Rimbaud"). De quitado desta tradución todos incorporados ao seu poemario Galicia infinda (1963), publicado segundo o colofón o día 16 do mes de Nadal de 1963, co nº 12 de "Salnés", a colección de poesía galega da Editorial Galaxia que codirixían Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana, pseudónimo de Francisco Fernández del Riego. Digno de encomio e arriscado o seu labor, pois na altura Delgado Gurriarán era aínda un escritor exiliado en México por mor do seu nunca agochado compromiso antifranquista. Alén diso no primeiro número da revista (1959), acompañando os seus poemas, apareceu o artigo de Marcial Fernández intitulado "A Poesía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán", que é o primeiro estudo monográfico de importancia sobre a súa creación literaria. Florencio tamén asina recensións das novidades literarias galegas que recibían de Galaxia, sobre todo poéticas, con anotacións sobre Á lus do candil e Terra brava de Ánxel Fole, Do sulco de Xohana Torres, Os eidos de Uxío Novoneyra, Centileos nas ondas de Gonzalo López Abente, Don Hamlet de Cunqueiro, Samos de Ramón Cabanillas, Galicia como tarea de Valentín Paz Andrade, e mesmo sobre Eufonía de Buenos Aires, a revista que dirixía o poeta Alfonso Gayoso Frías, ou sobre o labor da RAG naquela altura. Alén diso anúncianse senllos artigos lingüísticos seus que non verían a luz, "Apontamentos lingüísticos. O Corpo" cuxo mecanoscrito exhumou Ricardo Gurriarán (1999: 381-389) e a crítica do Diccionario de Eladio Rodríguez González. Entre ambas revistas cómpre lembrar unha obra de autoría colectiva na que Florencio foi asemade un esteo fundamental, o Cancioneiro da loita galega (1943). Editouse nunha imprenta da cidade de Durango que estaba participada polo Goberno de México e na que traballaban outros exiliados galegos e en opinión de Alonso Montero (1996), no limiar da edición facsímile nas desaparecidas Edicións do Castro de Isaac Díaz Pardo, o verdadeiro armadanzas do proxecto literario foi Florencio. Para os seus propios poemas, un total de doce, vai utilizar o pseudónimo Nadel, aos que Ricardo Gurriarán (1999, 2022) engade dous sen asinar por atopar os manuscritos no arquivo persoal do poeta e outros dous asinados co pseudónimo R. Miño, o que convertería o poeta corgomés no autor máis prolífico nesta colectánea e isto avalaría a hipótese da súa responsabilidade na edición. Neses anos tamén profunda no seu labor de tradutor, con Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (Buenos Aires: Alborada, 1949), en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández, unha obra coa que gañaran o certame literario convocado no XXV aniversario da FSG e na que Florencio anosou trece autores en lingua francesa (Rimbaud, Mallarmé, Regnier, Valéry, Claudel, Tristan Klingsor -pseudónimo de Léon Leclère-, Lucie Delarue-Mardrus, Cocteau, Drieu la Rochelle, Philippe Chabaneix, o flamengo Maeterlinck, a escritora de orixe romanesa Hélène Vacaresco e o escritor de orixe uruguaia Jules Supervielle). E tres anos despois tamén realiza a primeira versión galega do Cimetière marin, de Valéry, que se publicou no semanario Opinión gallega (Buenos Aires), polo que se pode afirmar que a creación e tradución poética centraron a súa actividade literaria nos longos anos de exilio en México.
PRAZA_10073
O festival coruñés celebrarase do 6 ao 11 de agosto, combinando grandes concertos na praia de Riazor con citas máis selectas en rúas e prazas da cidade e actuacións en espazos emblemáticos, como o Castelo de San Antón. O pasado ano 90.000 persoas pasaron por un evento no que as bandas femininas foron maioría
A 33 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña avanzou este xoves unha boa parte do seu cartel para este ano, que se completará nas vindeiras semanas. Aos nomes que xa estaban anunciados (Patti Smith and Band, Nathy Peluso, Soleá Morente, Las Antonias...) únense agora novas confirmacións.Jello Biafra, un dos piares históricos do movemento punk, actuará o venres 9 na praia de Riazor xunto a Patti Smith and Band e a Nathy Peluso. Así mesmo, o sábado 10 os tradicionais concertos da praia estarán protagonizados polo rock dos vascos Belako, o pop de Los Punsetes e a música de baile de Joe Crepúsculo.Un ano máis o festival coruñés, que se celeebrará entre o 6 e o 11 de agosto, combinará os tradicionais concertos da praia con actuacións de formato máis pequeno, distribuídas polas rúas e prazas da cidade e tamén por espazos singulares, como o Castelo de San Antón. Case todos os concertos, que suman ao redor de 80, serán de balde, nun formato de festival urbano e estendido polo que o pasado ano pasaron máis de 90.000 persoas.Ademais, o Noroeste vén caracterizándose nos últimos anos polo gran número de bandas e artistas femininas, que na pasada edición foron maioría, e pola ampla presenza de novos grupos galegos. Neste 2019 están xa confirmados Baiuca, Basanta, Electra, Holywater, Os Amigos dos Músicos, Pablo Lesuit, Pardo, Santi Aráujo e Silvia Penide. E as voces femininas volverán a ser igualmente protagonistas, coa presenza de Jenny and the Mexicats, Andhrea & The Black Cats, Vudú e Las Antonias, ademais das que participan nos concertos da praia.Entre as restantes confirmacións reveladas este xoves, destaca a de Paco Ibáñez, que lles porá música ás composicións de poetas como Alberti, Neruda ou Goytisolo. E tamén a fusión de jazz e fado do compositor e músico portugués Júlio Resende.Nesta 33 edición, así mesmo, o Festival Noroeste colaborará un ano máis co xa clásico Concurso de Bandas e Solistas de Cuac FM, que proximamente abrirá a súa convocatoria para este 2019. E o evento volverá a contar con sesións matinais, co Ciclo Selección Noroeste (con directos exclusivos en teatros e recintos a cuberto da cidade) e co Mercado da Colleita, que terá lugar na fin de semana.
NOS_46003
As afgás deberán agardar a que se cree un "ambiente islámico" para poder estudar ou ensinar, segundo o novo reitor da Universidade de Kabul. Por outra banda, o novo fiscal da Haia anunciou que non investigaría os supostos crimes de guerra dos EUA no Afganistán.
"Douvos a miña palabra como reitor da Universidade de Kabul: mentres non se facilite un ambiente realmente islámico para todos, as mulleres non poderán ir a clase ou traballar nas universidades. O Islam primeiro". É o anuncio realizado por Mohammad Ashraf Ghairat, designado hai dúas semanas polo movemento talibán como máximo responsábel deste centro educativo, a respecto da política a seguir baixo o seu mandato. E deixábao por escrito nunha entrada no Twitter na segunda feira. O 21 de setembro, na mesma rede social, Ghairat xa escribía que os centros educativos "se converteron en centros de prostitución e corrupción moral" e apostaba como remedio pola segregación por sexos. Das súas declaracións fíxose eco a prensa internacional. The New York Times informaba de que "as mulleres serían vetadas indefinidamente da institución tanto de docentes como de estudantes". Porén, o reitor matizaba onte, de novo a través do Twitter, que se tratara dun "malentendido". Aclaraba: "Non dixen que nunca permitiremos que as mulleres vaian a clases ou traballar nas universidades; o que quixen dicir é que até que creemos un ambiente islámico, as mulleres terán que ficar na casa". O sindicato de ensino afgán enviou unha carta ás autoridades a semana pasada pedindo a destitución de Ghairat, de 34 anos, que ademais recibiu críticas pola súa falla de experiencia académica. E, ademais, púxose en cuestión a idea de que os talibán teñan o monopolio para definir o que está ou non está en concordancia coa fe islámica. O primeiro Goberno talibán (1996-2001) tamén prohibira ás nenas e mulleres regresar ás escolas e postos de traballo. Tamén por cuestións de seguridade e tamén de forma temporal. Medida que acabou sendo perpetua. O 18 de setembro retomáronse as aulas na educación secundaria, mais o Goberno deu orde de que, polo momento, só se reincorporasen os estudantes e profesores varóns. A TV local Tolo News informaba onte da preocupación existente por que, de novo, esta medida se torne perpetua. Kabul asegurou que as escolas abrirán pronto. "Hai 20 anos era diferente. Tiñamos problemas económicos", sinalou Zabihullah Mujahid, viceministro de Cultura e Información. Mais entre as docentes calla o desánimo e apuntan todo o contrario: "Non queren que as mulleres estuden e se alfabeticen. Queren levar Afganistán 20 anos atrás", sinalou Shamsia, unha profesora. Xuízas ameazadas Dramática tamén, e con risco ademais para as súas vidas, é a situación das xuízas afgás. A Asociación Internacional de Mulleres Xuíces (IAWJ, en inglés) alertaba poucos días despois da asunción do poder por parte dos talibán da inseguridade que viven estas mulleres. A semana pasada volveu solicitar axuda ─visados e diñeiro─ á comunidade internacional para facilitar a súa saída do país. "Están en perigo porque, en cumprimento da lei, emitiron sentenzas en contra de homes en casos de violencia doméstica, divorcios e custodia de menores. Están en risco porque algunhas destas decisións xudiciais foron en contra de militantes talibán [...] Os talibán non aceptan que as mulleres poidan xulgar homes", sinalaban nun comunicado. Seis destas xuízas ofreceron o seu testemuño nunha reportaxe publicada onte pola BBC. Seis do das 220 que permanecen agochadas, mudando cada poucos días de paradeiro. Ameazadas de morte por algúns dos homes que no pasado condenaron por "crimes brutais" de asasinato e violación. O novo fiscal da Haia renuncia a investigar os crimes de guerra de EUA en Afganistán O Tribunal Penal Internacional (TPI) non retomará as investigacións sobre os supostos crimes de guerra cometidos polo Exército dos EUA durante a súa presenza de 20 anos no Afganistán, segundo anunciou o novo fiscal do TPI, o escocés Karim Khan, que substituíu o 16 de xuño a gambiana Fatou Bensouda. Un informe desta, de 2016, concluía que as tropas estadounidenses e a CIA puideron levara a cabo torturas en centros de detención no Afganistán, Polonia, Romanía e Lituania. O TPI autorizou unha investigación en marzo pasado mais foi adiada tras pedir as autoridades afgás levar o caso. Khan considera que agora, cos talibán no poder, non hai garantías dunha"investigación eficiente" e que se centrará en investigar os crimes dos talibán e de ISIS. O Goberno dos EUA ─onde onte, o Congreso interrogou os responsábeis militares sobre a caída e saída do Afganistán─ celebrou a decisión de Khan.
NOS_18210
Cifuentes nega que roubase nada, atribúe o episodio a un "erro involuntario" e afirma que a publicación do vídeo precipitou a adopción dunha decisión que prevía anunciar após os actos institucionais do 2 de maio. Afirma que marcha para evitar a chegada, vía moción de censura, dun goberno do PSOE apoiado por Podemos e Cs.
A publicación por parte de OK diario dun vídeo en que aparentemente Cristina Cifuentes extrae do seu bolso dúas cremas por valor de 40 euros que tería sustraído dun supermercado en Vallecas, en 2011, aumentou a presión sobre a presidenta da comunidade autónoma de Madrid até facela insoportábel. Segundo o relato oferecido por Cifuentes nunha comparecencia de imprensa convocada de urxencia, a decisión de demitir xa estaba previamente tomada e, portanto, non tería a ver con este episodio. O vídeo si que precipitou o anuncio da súa marcha. Cifuentes admitía así implicitamente que a renuncia está conectada co enorme desgaste que lle supuxeron as informacións xornalísticas sobre o modo fraudulento en que obtivo un máster na Universidade Juan Carlos de Madrid. En ningún momento aludiu a ese asunto para xustificar por que, se é que non roubou nada, deixa agora a presidencia. O argumento empregado é que o fai para evitar a chegada de Ángel Gabilondo á presidencia vía unha moción de censura que contaría co apoio de Podemos e Cs. Demitiría entón porque pon "os intereses xerais" por riba dos propios. Cifuentes enmarcou a publicación deste vídeo nunha campaña de "acoso e derrubo" que foi "máis alá da política" e que se internou no territorio do "ataque persoal". "Non só pretendían acabar co adversario político, senón destruír a persoa", dixo. En ningún momento identificou a orixe desa campaña, que presumibelmente ten a ver co fogo amigo e as loitas intestinas no interior do PP. Si dixo que este era o prezo a pagar por se ter enfrontado á corrupción, clara alusión ao sector do PP liderado por Esperanza Aguirre e Ignacio González, ex presidentes da comunidade autónoma que acabaron tamén por demitir por asuntos vinculados a tramas corruptas. Lembrou Cifuentes que "foi espiada" -en 2016 ElEspanol.com publicou que dirixentes do PP contrataron os servizos dun detective privado para a investigar- e que a gravación xa era "coñecida". "Este vídeo obedece a un erro involuntario", dixo e alegou que levara por equivocación dúas cremas e que, advertida do seu suposto despiste, acabou por abonar eses produtos á saida do supermercado. Afirmou tamén que "hai dous anos xa me tentaron extorsionar con ese vídeo", feito que tería posto en coñecimento da policía.
NOS_43209
O forte vento condicionou o desenvolvemento da tirada
A Volta Ciclista a España dixo adeus á Galiza cunha terceira e última etapa en territorio galego que finalizou con vitoria do belga Jasper Philipsen, do Deceuninck Quick-Step, que consegue a súa primeira vitoria nunha das tres grandes roldas. Con saída en Mos, lugar de nacemento de Óscar Pereiro, a etapa máis longa de toda a carreira, 230 quilómetros, comezou 30 minutos antes do previsto a causa dos fortes ventos, que condicionaron o desenvolvemento dunha tirada que tiña máis de 4.000 metros de desnivel e cinco cotas puntuábeis de terceira categoría: San Amaro, Carcedo, Furriolo, Fumances e o Padornelo. A poucos quilómetros da saída, o pelotón atravesou Ponteareas -berce de grandes campións galegos sobre as dúas rodas como Delio e Emilio Rodríguez Barros, Manuel Rodríguez ou Álvaro Pino-, onde comezou a fraguarse unha fuga que non tardaría en ser absorbida polo pelotón. Esta foi a tónica da fase inicial da etapa, con constantes intentos de escapada por homes como Ivo Oliveira, Juanpe López ou o gañador da segunda xornada en terras galegas, Tim Wellens. Non obstante, non sería até os 60 quilómetros cando se consolidou unha conformada por 10 corredores á que 15 quilómetros máis tarde se unirían outros tres, entre eles Lastra e o propio Wellens. Porén, a falta de 40 quilómetros a vantaxe baixaba e comezaron os ataques, escapándose Mattia Cattaneo (Deceuninck Quick-Step), cazado a tan só catro quilómetros da liña de meta, estabelecida na Pobra de Sanabria. Unha mancha de aceite na calzada condicionou o final, obrigando a tomar os tempos para a xeral a tres quilómetros de meta, sendo o debutante Jasper Philipsen quen gañou ao sprint.
NOS_21703
Esta fin de semana non haberá fútbol nas catro principais categorías, nunha parálise que non acontece nin sequera cando compiten as seleccións estatais, pero que si se dará co gallo da disputa da Supercopa nun país que non respecta os Dereitos Humanos. 240 millóns de euros teñen a culpa.
Nos aproximadamente 10 minutos que vostede, lector ou lectora, investirá na lectura repousada desta reportaxe, e segundo datos da Oficina das Nacións Unidas para a Coordinación de Asuntos Humanitarios, polo menos unha crianza de menos de cinco anos morrerá no Iemen como consecuencia dos bombardeos, a fame e a enfermidade á que Arabia Saudita somete o seu país veciño desde que no ano 2014 iniciou un conflito bélico tan esquecido como cruento que cada vez máis voces, como a do europarlamentario irlandés Michael Wallace, cualifican como "a peor desastre humanitaria do mundo" e mesmo de "xenocidio coa complicidade dos Estados Unidos e da Unión Europea". Mais ese drama non foi obstáculo para que a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) trasladara a disputa da Supercopa de España a terras sauditas. Deste modo, a menos de 1.000 quilómetros -a distancia entre A Coruña e Barcelona- dun lugar onde, como apunta Unicef, máis de 10.000 nenos e nenas resultaron mortos ou mutilados desde marzo de 2015, Real Madrid, Barça, Atlético de Madrid e Athletic de Bilbao enfrontaranse nun torneo que brancos e culés abriron onte no Estadio Internacional Rey Fahd ante 30.000 espectadores, incluída a elite da monarquía teocrática da Casa Saúd. "Dádeme cartos e gardade os consellos" O traslado do terceiro torneo máis importante a nivel estatal ao Golfo Pérsico trouxo consigo a paralización das catro principais categorías futbolísticas no Estado español: Primeira División, Segunda División, Primeira RFEF e Segunda RFEF, unha medida excepcional que non se adopta nin sequera cando xogan as distintas seleccións internacionais e que foi criticada case unanimemente por afeccionados e afeccionadas dos máis diversos equipos. Tamén un dos protagonistas da Supercopa, o centrocampista do Athletic de Bilbao Raúl García, atreveuse a sinalar publicamente que para el "non ten sentido" xogar en Arabia Saudita, e máis disimuladamente sinalou que "todos saben" que a causa son uns cartos aos que, a pesar das súas palabras, non renuncia, xa que hoxe (20 horas) vestirá de curto para disputar a segunda semifinal do torneo ante o Atlético. O principal beneficiado dese diñeiro procedente dun réxime no que, en palabras de Amnistía Internacional, os Dereitos Humanos son "papel mollado" e o deporte está a ser usado "como forma de branquearse" é, alén dos propios clubs participantes -o presidente do Athletic, Aitor Elizegi, saíu rapidamente a corrixir Raúl García dicindo que a Supercopa supón un bo modo de "obter recursos para o fútbol de base"- , unha Federación Española que engordará as súas arcas con 240 millóns de euros. Porén, nin todos os petrodólares do mundo poderán borrar a mácula sobre unha institución xa manchada historicamente de corrupción, pero agora tamén co sangue de inocentes, como o da infinidade de mulleres asasinadas ou encarceradas, por exemplo a activista polo dereito a conducir -algo prohibido para elas até mediados de 2018- Loujain al-Hathloul; a dos membros do colectivo LGTB golpeados e mortificados, caso de Amna e Meeno, torturadas até a morte pola policía; ou a de xornalistas como Jamal Khashoggi, convocado ao consulado saudita en Estambul (Turquía) o 2 de outubro de 2018, onde foi asasinado e logo descortizado por criticar o príncipe herdeiro, Mohamed bin Salmán, segundo afirmaron os servizos de intelixencia dos Estados Unidos. 'Visión 2030', o plan de 'sportwashing' que está levando a cabo Arabia Saudita Quizais sexan máis populares os anglicismos 'pinkwashing' ou 'greenwashing', pero Arabia Saudita apostou por un menos coñecido, o 'sportwashing'. Deste modo, pretende mellorar a súa imaxe pública internacional acollendo eventos deportivos de primeira orde nas máis diversas disciplinas. Ese é un dos principais eixos do plan 'Visión 2030', co que oficialmente quere "reducir a dependencia do petróleo" ao mesmo tempo que realiza "unha transformación socio-económica a través do deporte", idea na que xa investiron case 2.000 millóns de dólares desde a súa posta en marcha no ano 2016.
NOS_42609
Un estudo sobre as experiencias e consecuencias desta práctica, principalmente polas forzas de seguridade española, chegará en dous anos ao Parlamento e a UE.
O Proxecto de Investigación da Tortura en Euskal Herria que pretende acometer o Goberno vasco creará un censo no que se incluirá o número de casos detectados entre 1960 e 2010, e analizará unha mostra representativa de entre 200 e 400 deles. O informe recollerá "un estudo cualitativo e narrativo" duns 40 "casos emblemáticos" que "narrarán as súas experiencias humanas e as consecuencias padecidas nas súas vidas". O documento do deseño da investigación, encargado pola Secretaría de Paz e Convivencia ao médico forense Francisco Etxeberria e ao Instituto Vasco de Criminoloxía, do que é membro, foi remitido este sábado aos grupos parlamentarios e tamén se dirixiu ao Comité de Prevención contra a Tortura (CPT) do Consello de Europa, para a súa valoración. A pretensión é que estea concluído en 2016. O obxectivo da investigación é "desvelar a incidencia real" deste fenómeno en terras vascas nos últimos 50 anos e "establecer as conclusións en materia de recoñecemento, reparación e prevención que sexan precisas".
NOS_10546
O conselleiro de Facenda, que faleceu esta cuarta feira de maneira repentina, será enterrado esta sexta en Bueu.
O Goberno galego en pleno así como altos cargos e traballadores e traballadoras da Xunta gardaron no mediodía desta quinta feira un emocionado minuto de silencio, que se prolongou durante case cinco minutos, polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que faleceu esta cuarta feira cando estaba traballando no seu despacho. O Goberno galego reuniuse esta quinta feira, no marco do Consello da Xunta semanal, mais que nesta ocasión foi extraordinario e só para declarar o loito oficial de 3 días polo conselleiro de Facenda. Tamén o Parlamento galego suspendeu a súa actividade hoxe por mor do falecemento do conselleiro aos 60 anos de idade, unha morte que causou unha grande sorpresa e pesar na política galega. Tamén o Parlamento galego suspendeu a súa actividade esta quinta feira por mor do falecemento do conselleiro aos 60 anos de idade, unha morte que causou unha grande sorpresa e pesar na política galega "Un bo rapaz". Así definen os seus colaboradores a Valeriano Martínez García, que desde 1985 traballou para a Administración, sempre a carón do actual presidente da Xunta, quen o elixiu como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015. Os seus compañeiros destacan a alma de "servidor público" de quen faleceu esta cuarta feira, de feito, en acto de servizo, mentres traballaba no seu despacho da Xunta, no complexo administrativo de San Caetano en Santiago, coa elaboración dos orzamentos galegos para 2022 sobre a mesa. Martínez nacera en Aldán (Cangas) en 1961, e era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 era funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda Até o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeneral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galiza.
PRAZA_6500
O Goberno galego asina senllos convenios un mes despois da toma de posesión de Hernández como terceiro alcalde santiagués para difundir en dúas publicacións "unha imaxe moderna" e de "futuro" da cidade
O pasado 8 de xullo Agustín Hernández tomaba posesión como alcalde de Santiago. O ex conselleiro de Infraestruturas pasaba, contra a que inicialmente fora a súa vontade política, a ser o terceiro rexedor da capital de Galicia en menos de tres anos, substituíndo a Ángel Currás tras a condena por prevaricación de máis da metade do goberno que antes estivera dirixido por Gerardo Conde Roa, condenado por fraude fiscal. Xusto un mes despois desta terceira toma de posesión, que culminaba unha ampla serie de avatares políticos ligados, na súa maioría, á investigación e revelacións do caso Pokémon, a Xunta asinaba o primeiro dos dous convenios cos que, por algo máis de 200.000 euros, se dispuxo a "enxalzar" a maltreita imaxe pública da cidade en dous xornais. O primeiro destes convenios foi rubricado o 8 de agosto entre a Secretaría Xeral de Medios e a Editorial Compostela "para a a difusión informativa da potencialidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación do grupo El Correo Gallego. Por 115.000 euros o Goberno galego expresa a súa intención de "colaborar co xornal" na "difusión da información relativa á imaxe de Santiago de Compostela nos distintos ámbitos de actuación da Xunta de Galicia", tales como "o Camiño de Santiago, a Cidade da Cultura, a capitalidade de Galicia, a cidade administrativa" ou "as actuacións en I+D+i", especialmente "mediante a colaboración entre a USC e a Xunta". O primeiro convenio asinouse un mes despois de que Hernández tomase posesión como terceiro alcalde da cidade no que vai de mandato "A cidade como destino turístico final", a "súa proxección internacional" e "calquera outra información que poida difundir unha imaxe moderna e o futuro da cidade" centraban un convenio que ao mes seguinte, se reproduciu cun chisco máis de cartos. O 1 de setembro a Secretaría de Medios encomendoulle a La Voz de Galicia a mesma difusión das "potencialidades" santiaguesas. O convenio ten un texto idéntico ao asinado con El Correo e, como no caso do xornal compostelán, a súa vixencia esténdese ata o vindeiro 22 de decembro. En ningún dos dous casos existe achega económica das empresas, algo que tamén aconteceu en 2012, cando o Executivo tamén colocou contidos nestes dous xornais con, formalmente, a mesma finalidade. A sinatura deste tipo de convenios é criticada dende hai anos por colectivos profesionais do xornalismo como o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ou o Sindicato de Xornalistas, que veñen reclamando, entre outras medidas, a aprobación dunha Lei de Publicidade Institucional que faga "transparentes" as axudas da Xunta á prensa. Aínda que, como acontecera co bipartito, o PP levou no seu programa electoral esta lei tanto en 2009 como en 2012, polo momento non chegou a ser aprobada nin figura nos plans inmediatos. Estas achegas directas e discrecionais de cartos públicos tamén foron criticadas polo Consello de Contas, que vén reflectindo que case o 90% dos cartos repartidos entre as empresas editoras se distribúen sen unha convocatoria pública e obxectiva á que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións.
NOS_45186
A formación de extrema dereita di que a mobilización está permitida pola Subdelegación e chama aos "españois" a participar na mobilización, que terá lugar este sábado na cidade coruñesa.
A Subdelegación do Goberno español na Galiza non autorizou o pasado 1 de maio, Día Internacional da Clase Traballadora, a caravana de vehículos que ía realizar o sindicato CUT. A central sinalaba que a Subdelegada do Goberno respondéralle daquela que na situación actual de pandemia "non pode trasladar un criterio sobre esta celebración e, menos aínda, avaliar a repercusión que, sobre as alteracións de orde pública ou doutra natureza….puidera ter o desenvolvemento da referida manifestación", para concluír que o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, "non contempla, entre as actividades excepcionadas da limitación xeral para circular, os desprazamentos coa finalidade exposta na súa comunicación". Porén, Vox vén de informar a través dun comunicado que a Subdelegación do Goberno español autoriza a súa caravana de vehículos a realizar na Coruña este sábado, 23 de maio. 'Caravana por España y su libertad' é o nome desta iniciativa, que percorrerá a cidade coruñesa con punto de saída ás 12:00 horas desde a explanada do parking de Riazor para pasar pola Praza de Pontevedra até chegar á Delegación do Goberno. No comunicado, Vox da Coruña convoca "a todos os españois" a sumarse a esta iniciativa, que tamén se desenvolverá noutras cidades do Estado español. A formación de extrema dereita di que vai "respectar a normativa vixente en distanciamento, hixiene", así como no que atinxe a ocupación de vehículos. Vox enmarca esta caravana no que denomina a 'Revolta das Máscaras', en referencia ás mobilizacións que se dan en sitios como o madrileño Barrio de Salamanca contra o Goberno español.
NOS_9032
Os casos de corrupción política e a desafección das clases altas e medias do país están a facer mermar os apoios de Dilma Rousseff após 4 meses do seu segundo triunfo electoral.
A presidenta do Brasil tivo que saír ao paso das multitudinarias manifestacións decorridas este domingo en até 23 cidades do país convocando un gabinete de crise con representantes do seu executivo e mesmo enviando á televisión pública o responsábel de Xustiza. Todo para trasladar á cidadanía a imaxe dun goberno comprometido na loita contra a corrupción política após as denuncias que atinxen a maior empresa pública do país, Petrobras. Neste senso, o domingo 15 de marzo 1 millón 400 persoas saíron ás rúas ao longo e ancho do país ao berro "Fóra PT" e "impeachment xa". O que reclaman @s manifestantes é a abertura dun proceso de casación e mesmo de destitución da presidenta que debe ser, en todo caso, iniciado no Congreso. Destitución através de impeachment De acordo co fixado na Constitución brasileira, para encetar este procedemento --que rematou en 1992 coa saída de Fernando Collor-- cando menos 2/3 d@s deputad@s federais deben recibir unha denuncia contra a presidenta en que se lle imputen delitos na súa xestión por improbidade administrativa, entre outros. Neste senso, a denuncia debe ir acompañada de probas que apoien os feitos denunciados sobre as que se xulgarían os mesmos a nivel político. O proceso de destitución debe ser solicitado por 2/3 d@s parlamentares federais De se formalizar esa denuncia, por presunta corrupción, Rousseff sería xulgada polo Senado Federal, momento no que ficaría impedida das súas funcións políticas pasando a asumir o cargo o vice-presidente, Michele Temer. O proceso de impeachment non suporía en ningún caso un adianto electoral agás de ser impedido tamén o vice-presidente. Nese caso a presidencia do Congreso asumiría a dirixencia gobernamental. Desde o executivo de Rousseff apúntase cara á elite económica do país como cerne dos protestos mais a masiva participación na xornada do domingo evidencia que abrangue tamén outros sectores da poboación. "Non son elite. Non teño varanda gourmet", aseguraba unha manifestante nas declaracións rexollidas polo xornal Publico.pt. Porén, a extrema dereita brasileira está a aproveitar o descontento para empregalo como arma arreboladiza contra o goberno de Rousseff. Segundo os inquéritos publicados na sexta feira (13 de marzo) os dados rexistran unha queda dos apoios á presidenta --apenas 4 meses após as eleccións-- de até 21 pontos negativos.
NOS_18275
Adega considera que hai unha responsabilidade política e das administracións por fomentar uns campionatos "que van en contra do desexo maioritario da poboación galega".
O campionato de España de caza do raposo que vai ter lugar o vindeiro 3 de febreiro nos concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada; continúa a xerar rexeitamento. Adega incide na "forte oposición social" a este tipo de campionatos, unha oposición que "non é exclusiva dunha parte da poboación galega que vive nas urbes, tamén e causa de rexeitamento maioritario da poboación do medio rural". E destacan que "incluso son moitas as persoas cazadoras, que tanto a título individual coma por medio de asociacións cinexéticas galegas desaproban estas competicións que pouco teñen que ver coa caza ordenada". Para esta asociación, hai unha responsabilidade política e das administracións por fomentar uns campionatos "que van en contra do desexo maioritario da poboación galega". Denuncia uns campionatos que "rompen co compromiso de aplicar un modelo de práctica cinexética que resulte o menos lesiva para a biodiversidade conforme propugna a "Carta Europea sobre a Caza e Biodiversidade" adoitada en virtude do Convenio Europeo de Berna". Estes campionatos, prosegue, non son coherentes cos principios reitores de "protexer, conservar, fomentar, e aproveitar ordenadamente os recursos cinexéticos" da Lei 13/2013, de 23 de decembro, de caza de Galiza, "onde se establece un aproveitamento ordenado mediante Plans de ordenación cinexética e os Plan anuais. Como podemos cazar o máximo número de raposos cando debemos seguir as directrices contidas en ditos plans? Entón, para que serven ditos plans?".
NOS_3609
A Asociación de Pacientes e Doentes do CHUS denuncian o "inferno", dunha paciente "sometida a un tratamento psiquiátrico que non precisaba" e que "para acadar un diagnóstico correcto, viuse obrigada a buscar asistencia na medicina privada".
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS deu a coñecer esta terza feira o que cualifica como "violación sucesiva e reiterada de dereitos" da paciente M.M.O.L, diagnosticada provisionalmente de divertículo uretral. A propia paciente, nun escrito, comenta en primeira persoa o seu periplo por estes dez meses: "Son M.M.O.L. paciente diagnosticada provisionalmente en espera de ser intervida cirurxicamente por posible divertículo uretral, segundo informe de 24 de maio de 2021 do servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Ata acadar este diagnóstico, vinme abocada a un percorrido doloroso e incapacitante no que se vulneraron os meus dereitos como paciente e me obrigaron a recorrer á sanidade privada por causa dun diagnóstico erróneo e precipitado. O día 9 de decembro de 2020 empezoume unha dor moi forte na zona xenital. Chamei ao centro de saúde Concepción Arenal de Compostela e, dado que non tiña cita ata transcorridos catro dias, fun a unha xinecóloga privada. A doutora que me atendeu díxome que tiña unha contractura na zona perianal e remitiume á fisioterapeuta de solo pélvico, recomendándome descanso e medicación durante 10 dias. "O relato dos feitos son demoledores", segundo este colectivo Posteriormente, chamo á doutora de atención primaria para que me derive á fisioterapeuta e coller a baixa, xa que teño unha dor insoportable. Dime que non hai especialista no CHUS en solo pélvico e que pode ser que se agarroten os músculos polo sistema nervioso. Derívame a saúde mental, Servizo de Psiquiatría, onde me atenden dende o 14 de xaneiro ata o 9 de xullo con medicación para a ansiedade a pesar de non sentir ningún síntoma nese sentido. Recoméndame ir a unha consulta privada (GAIAS) a unha fisioterapeuta especialista. Atendendo a esta recomendación, acudo dende decembro ata maio, polo que pago sesións semanais de rehabilitación con moito dor durante 5 meses. Como non hai melloría a fisioterapeuta recoméndame volver a xinecoloxía ou que a doutora de cabeceira valore, co informe que emite o 14/04/2021, facer as probas que correspondan. Como non me dan cita ata agosto (pedíndoa en abril), volvo á xinecóloga privada, desesperada pola intensa dor. Despois de facer unha ecografía a xinecóloga ve varios quistes na zona da uretra e sospeita de absceso periuretral. Remíteme ao servizo de urxencias onde, corroboran o informe e me fan un TAC. Dispénsanme antibióticos, varios calmantes e indícanme que me avisarán telefonicamente para unha cistoscopia. No mes de xuño, ao cabo de 2 semanas, realízanme a aproba e cítanme para uroloxía. A uróloga solicita unha resonancia, xa que teñen que operarme porque non saben de que son os quistes. O 18 de xuño de 2021 asino o consentimento informado, polo que se me inclúe no rexistro de pacientes en espera para unha intervención cirúrxica de preferencia 2. A día de hoxe, transcorridos 125 días desde a inclusión na lista de espera, xa me realizaron as probas do preoperatorio e aínda non se me citou para a proba diagnóstica (resonancia). Os días 17/06/2021 e 06/09/2021 presentei dúas reclamacións, expoñendo esta situación, das que me contestaron tan só a primeira. Levo case 1 ano de baixa con moita dor. Estiven 5 meses sen diagnosticar en especialistas que nada tiñan que ver coa miña doenza, por parte de atención primaria, e custeando eu a atención no sistema privado de saúde. Isto estame afectando moito a miña vida diaria, pola dor e pola impotencia de non poder volver á miña vida normal. Cando escribo este testemuño levo un total de 305 días sen obter un tratamento para a miña doenza por parte do SERGAS. O diagnóstico correcto a través da medicina privada e, posteriormente, dos servizos de urxencias do CHUS prodúcese cunha demora de 153 días. E agora véxome agardando 125 días para unha intervención cirúrxica que debeu realizarse nun prazo que non debería exceder de 90 e sen saber aínda cando se vai realizar ao estar pendente unha proba diagnóstica que non ten fixada cita." Opinión da asociación Para esta asociación, "a paciente M.M.O.L. non só foi sometida a un tratamento psiquiátrico que non precisaba, senón que ademais se veu obrigada a ter que pagar do seu peto unha fisioterapeuta, para o tratamento do solo pélvico, porque, sorprendentemente, o CHUS non conta con especialistas nesta doenza, iso a pesar de ser unha necesidade moi común despois dos partos. Para acadar un diagnóstico correcto, viuse obrigada a buscar asistencia na medicina privada, vulnerando o seu dereito a ser tratada de acordo cos principios de non discriminación e de equidade recollidos no artigo 49 da Constitución Española de 1978". Desde que se producen os primeiros síntomas en decembro de 2020 "até que a paciente acada un diagnóstico pola sanidade privada, ratificado posteriormente polo servizo de urxencias, transcorren máis de cinco meses, con vulneración, durante ese tempo, do seu dereito ao diagnóstico na sanidade pública recoñecido no artigo 7.1. da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do SNS". Pero a lesión dos dereitos da paciente non remata aquí, sinalan. Unha vez que está diagnosticada e se inclúe no rexistro de pacientes en espera dunha intervención cirúrxica, con prioridade 2 (recomendábel a atención nun prazo inferior a 90 días de acordo co anexo IV. Secc. A. apartado c. da Orde do 19/15/2003), "a día de hoxe, despois de realizar o preoperatorio, e transcorridos 125 días, aínda está agardando por unha resonancia do servizo de radioloxía para a cal non ten constancia de estar incluída nunha lista de espera". "O relato dos feitos son demoledores", segundo este colectivo
NOS_17254
Poñerlle o nome dunha zapatería a un chimpibús ou bautizar un jalpón co cartaz dun supermercado. A organización do Festival de Cans decidiu non quedar parada despois de saber que o ministerio de Cultura non apoiará a realización do que sería a súa décima edición. Para lle facer fronte ao revés, botan a andar unha campaña para acadar apoios privados no décimo aniversario do singular festival audiovisual do rural. A cambio, ofrecen "agroglamour".
Pechada a vía do ministerio de Cultura e á espera de saber se a consellaría a través de AGADIC vai ter en conta a Cans, a organización do festival "busca novos camiños" para que a primeira década de existencia conte co "aglogamour" que se agardaba nesta conmemoración.Buscan a través dunha campaña implicar a diferentes empresas e sectores ofrecéndolle a cambio "a cada marca unha proposta única, buscar o punto en que conflúen o espírito do festival e a imaxe e filosofía de cada empresa". Patrocinar un chimpibús, un jalpón ou Jaliñeiro Unplugged son algunhas das posibilidades. Poñer a marca da empres nas alfombras vermellas ou a leira dos coloquios son outras fórmulas para facer visíbel calquera empresa adaptándose á filosofía de Cans. Na súa web poñen un correo e un teléfono para se implicar [email protected] e 695379968.
NOS_35271
O Courel ten nos seus soutos un tesouro. Concepción Arza, máis coñecida como 'Chiña', soubo sempre que dos castiñeiros procedía o máis auténtico da comarca. Na procura dun produto que definira a súa paisaxe atopou a castaña e comezou a promocionar os doces tradicionais. Cos anos engadiu outros novos, como as bolachas ou o Doce do Apalpador. Agora traballa para levar esas delicias a milleiros de quilómetros.
-Como naceu Delicias do Souto? No ano 2006 quixemos dar resposta a unha demanda de produtos da zona por parte de persoas que nos visitaban. Estabamos no sector do comercio e vimos que a xente quería levar algo típico da zona. Pensamos que para facelo un dos ingredientes tiña que ser a castaña e decidimos transformala en algo doce. Xurdiu a torta de castañas. Daquela facíase todos os anos a festa da castaña mais había moitos soutos abandonados. Co tempo comezaron a ter máis valor e volveron coidalos. As e os propietarios viron que había un beneficio na súa recolección e nós quixemos potencialo co produto. -Cales foron as maiores dificultades ao inicio? A accesibilidade ao Courel. Ese foi un dos motivos polos que comezamos levando o noso produto á contorna, a nivel local. Tamén axudou que se vendera na propia festa da castaña de Folgoso do Courel. -Foi complicado recuperar as receitas? Por sorte a torta mantívose e fíxose sempre até os nosos días. Eu engadinlle algo novo mais mantiven a tradicional. É moi peculiar porque non leva ningún tipo de fariña, sen glute e non se parece a ningún outro doce galego. Despois, co tempo, decidimos facer bolachas coa idea de contar con produtos que non fosen tan perecedoiros, ademais da bica, que é moi coñecida, mais nós mesturamos a fariña de trigo coa de castañas. No mes de decembro e na primeira semana de xaneiro sacamos o doce do Apalpador do Courel. É unha versión do roscón de Reis, mais recheo de crema de castañas. -Como traballan coa castaña? Empregamos a castaña deshidratada para tela conservada todo o ano. Desta maneira non perde ningunha propiedade. Temos, ademais, unha forma de conservación con conxeladores a castaña seca. Preparamos con elas un puré que dá paso á torta. Tamén traballamos algo con fariña de castaña. Para nós non é un produto de tempada, empregámola todo o ano. -Comentaba a dificultade da accesibilidade da zona. Como superaron ese atranco co tempo? Aínda estamos traballando ese tema mais conseguimos chegar a Lugo, Monforte e Quiroga. Estamos preparando a venda por Internet a través dun novo envase que alonga a vida do produto para poder envialo fóra, a Madrid ou Barcelona. Foi un investimento que fixemos a través do plan Leader e consiste en tratar o envío en atmosferas protexidas, polo que conseguirá conservarse tres semanas máis. Agora mesmo a conservación é de sete días. -Para o futuro do proxecto é fundamental que os propios soutos gocen de boa saúde? Desde logo. Os soutos estaban moi abandonados e hai certo interese por parte da xente na súa conservación e mesmo en facer plantacións novas. Aínda así temos moitos problemas. Debería promocionarse máis a súa conservación e difundir que é un patrimonio natural e cultural moi importante que temos. Falta apoio real por parte das administracións. Precísanse moitas plantacións novas. Agora mesmo hai moitos castiñeiros que xa están mortos ou secando. Aínda por riba, temos a presenza da avespa dos castiñeiros, que se ten que abordar e este ano aínda non viñeron da Xunta para tratar os soutos. As últimas campañas houbo pouca castaña e afectou moito a falta de choiva dos dous últimos anos. Investiron en restaurar un souto cando o importante é demoucalos e non tanto a limpeza que están a facer.
NOS_2890
O club presenta a nova indumentaria retando a Nápoles, Lazio ou City.
"Sorry, Citizens", "Ci dispiace, Laziali", "Lo sentimos, Charrúas". A ritmo de tango, cos versos "siento envidia, siento celos", o Celta presentou esta cuarta feira mediante un vídeo colgado nas súas redes sociais a súa nova camiseta. E pedindo "desculpas" por, con fachenda deportiva, presumir de ter a máis fermosa das elásticas celestes no universo futbolístico. O xogador Denis Suárez é o protagonista do vídeo de apenas un minuto de duración, que ao longo do día de hoxe foi seguido por varias imaxes con anuncios publicitarios da indumentaria colocados en Nápoles, Manchester ou Nova York, onde xoga o New York City FC, filial nos Estados do City inglés. Estas imaxes pretenden supor unha especie de "desafío" a estes clubs, segundo explicaron desde o vigués, que acompañou a campaña publicitaria coa etiqueta #EnvidiaCeleste. Ademais, tras o anuncio oficial da primeira camiseta para a tempada 2021-22, filtráronse imaxes da segunda equipación, que homenaxea a Vigo. É vermella e branca ─as cores representativas da cidade─ cunha banda celeste dividindo a elástica na súa parte central, e loce os elementos significativos do club: a cruz de Santiago e o trisquel na parte superior. Fichaxes e saídas Por outra banda, continúan os movementos de cara a composición dos equipos galegos de cara á vindeira tempada. Na Segunda División, o Lugo está a tomar con calma o mercado estival. Até o momento tan só confirmou dúas novas incorporacións (David Mayoral e Juan Antonio Ros) e cinco renovacións ( Pita, Seoane, Campabadal, Canella e Xavi Torres). Na Primeira RFEF, o Deportivo da Coruña e o xogador Claudio Beauvue comunicaron esta cuarta feira que chegaran a un acordo polo cal o de Guadalupe se desvincula do club e xa no continuará na disciplina deportivista. Nesta categoría, o Rácing de Ferrol iniciou hoxe os adestramentos de cara a preparar a volta á competición, na fin de semana do 28-29 de agosto, aínda sen coñecer quen será o rival. Os grupos xa están formados, mais aínda resta por coñecer o calendario para esta próxima tempada 2021-22. E na Segunda RFEF, o Compostela anunciou onte a fichaxe de Antonio Salado, extremo zurdo de 24 anos, nacido en Sestao, e procedente do Portugalete.
NOS_36162
Díaz Ayuso aplaude Núñez Feixoo e di que "por un escano pode perderse Galiza e meter España nun sarillo".
Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madid, sinalou que Galiza non pode caer "nas gadoupas do nacionalismo" e cre que Núñez Feixoo é quen máis votos pode reunir para evitar ese escenario. Ayuso foi preguntada polas eleccións galegas e destacou que o importante é que "España non pode permitirse que máis nacionalismos continúen a secar as comunidades. Cando a esquerda goberna nelas preséntase como amiga fiel do independentismo e nacionalismo". Ayuso apuntou que isto é o que pasou co goberno de coalición entre PSdeG e BNG entre 2006 e 2009. "Por un escano pode perderse Galiza e meter España nun sarillo de magnitudes inesperadas por outra comunidade presa do nacionalismo que non sostén a unidade de España".
NOS_27436
Representantes de diferentes países analizaron en Ourense a realidade dos incendios, así como as posíbeis medidas e actuacións para acabar cunha lacra que, neste ano, arrasou en Galiza máis de 17.600 hectáreas.
Expertos forestais de diferentes países e traballadores contra incendios reuníronse en Ourense da man dunhas xornadas organizads por Alternativa Galega de Esquerdas en Europa (AGEe) e Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) para debater sobre os lumes, as súas causas, implicacións e consecuencias. Asistiron ao encontro, para alén da europdeputada de AGEe Lidia Senra, a brasileira membro do MST Bárbara Loureiro Borges, o grego de Alianza Popular Kostas Siampanopoulos, o portugués membro Alfredo Campos, e o traballador forestal da Consellería de Medio Rural da Xunta Xosé Santos Otero. Houbo coincidencia na necesidade de que haxa unha implicación e compromiso desde os poderes públicos para unha política consensuada de país, que mude o actual modelo forestal , que se centre na prevención e extinción de incendios e que combata a desertización do rural Para Lídia Senra é necesario abordar un debate sobre cales son as causas reais que hai detrás do lume. "Hai anos falábase do por que, de quen se beneficiaba dos incendios forestais, e falábase de especulación urbanística, do prezo da madeira, etc.,. Agora, eu teño a impresión de que toda explicación se reduce a que hai un problema de piromanía xeralizada e iso non é certo. Ou poñemos sobre a mesa as causas reais ou non lograremos nunca acabar coa lacra dos incendios forestais", advertiu. "Se isto pasa en Francia, o goberno francés demitiría" Xosé Santos Otero referiuse aos bosques como lugares beneficiosos para o conxunto da humanidade e alertou sobre a cifra de 17.676 hectáreas de monte que ardeu este 2016 segundo datos da propia Xunta de Galiza, 3.300 delas no Xurés, é dicir, máis do que ardeu en todo o 2014 e o 2015. "Se en Francia tiveran ardido este número de hectáreas, o goberno xa tería dimitido", afirmou o traballador forestal. Avogou porque outra política forestal é indispensable. A brasileira Bárbara Loureiro e o grego Kostas Siampanopoulos falaron dos seus respectivos países. Loureiro denunciou que "eliminan o bosque para permitir os cultivos de azucre, café, soia, todo para exportación, en grandes extensións". Siampanopoulos denunciou que non se invisten cartos para prevención nin para o equipo humano e material contra incendios e, "se non hai prevención nin ordenación forestal, o control dos lumes é moi difícil". Cuns recortes que chegan ao 80% no servizo, Kostas Siampanopoulos explicou que "estamos nunha situación no país grego na que non podemos nin tan sequera falar diso, a situación é tan deprimente que os bosques non importan". O portugués Alfredo Campos, de por parte, lembrou que en Portugal ardeu este ano o 54% do total de superficie afectada polas lapas en toda Europa. "Portugal non somos unha colonia de psicópatas que se xuntan para plantar lume. Hai que buscar aos responsables das nefastas políticas forestais que favorecen os intereses da industria do lume", afirmou. Tomar medidas Nunha posterior mesa redonda de debate Diego Sánchez Agra, coordinador da área de montes do Sindicato Labrego Galego (SLG), avogou por medidas que favorezan a diversificación de plantacións e por unha ordenación do territorio para evitar o abandono do medio rural. Davide Rodríguez Estévez, deputado de En Marea no Parlamento Galego e ex alcalde de Manzaneda. Rodríguez denunciou que "a Lei de Montes foi feita por Ence e pola Finsa, sen contar cos comuneiros nin coa xente que habita as zonas rurais". "O lume é un negocio e arde por culpa das políticas de privatización. Se houbera un sistema 100% público se lle daría resposta a moitos problemas dos incendios". David Fernández Calviño, enxeñeiro de Montes e doutor pola Universidade de Vigo, nesa mesma mesa da tarde, dixo que a Administración pública debe velar porque todas as actividades que se desenvolvan no monte deben ser sustentables.
NOS_47139
CIG-Ensino acusa a Consellaría de "premer o acelerador para pechar aulas e colexios neste mes de xullo".
Após o 'impasse' do curso 2020/21, marcado pola pandemia, volven os peches de aulas e supresión de profesorado nos centros de ensino galegos. Así o denuncia o principal sindicato no ensino da Galiza, CIG, que a través dun comunicado critica que se volva a esta dinámica de fechamentos, "ao mesmo nivel do que se facía até o curso 2028/19". "Neste mes de xullo saltan as alertas en moitos colexios de infantil e primaria", afirman. Cos datos incompletos, prosegue, "e que sen dúbida irán moito máis alá cando a finais de mes se coñeza a foto fixa final do peche de aulas e de perda de docentes", xa están confirmados peches de aulas e supresións de profesorado nun mínimo dunha trintena de centros. Tamén se pechan centros completos no rural, como é o caso do CEIP Baamonde (Begonte) e o do CEIP Pino de Val (Mazaricos) ou que se pretende agrupar a todo o alumnado de Primaria (17 alumnos e alumnas de 1º a 6º) no CEIP Areouta, no Sardiñeiro (Fisterra) Son, segunda a información desta central, os de CEIP San Marcos (Abegondo), CEIP A Maía (Ames), EEI VIlarrodís (Arteixo), CEIP Praia Xardín (Boiro), CEIP Portofaro (Cambre), CEIP Sagrada Familia (A Coruña), CEIP Salgado Torres (A Coruña), CEIP Isaac Díaz Pardo (Culleredo), CEIP Recimil (Ferrol), CEIP Areouta (Fisterra), CPI Pontecarreira (Frades), CEIP O Coto (Negreira), CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Flavia (Padrón), CEIP Santa María (As Pontes), CEIP Serra de Outes (Outes), CEIP Deán Grande (Ribeira), CEIP Palmeira (Ribeira), CEIP A Igrexa-Calo (Teo), CEIP Princesa de España (Verín), CEIP Folla Respino (Vilamarín de Valdeorras), CEIP A Pedra (Bueu), EEI A Pastora (Cambados), CEIP Dr. Suárez (Fornelos de Montes), EEI N. Sra. do Carme (Marín), CEP Altamira (Salceda de Caselas), CEIP Nº 2 (Tui), CEIP Frián-Teis (Vigo)… Rural A isto, engaden, hai que acrecentar que tamén se pechan centros completos no rural, como é o caso do CEIP Baamonde (Begonte) e o do CEIP Pino de Val (Mazaricos) ou que se pretende agrupar a todo o alumnado de Primaria (17 alumnos e alumnas de 1º a 6º) no CEIP Areouta, no Sardiñeiro (Fisterra) até agora escolarizados en dúas aulas, "un auténtico despropósito desde todos os puntos de vista". Cita a CIG o exemplo do colexio de Calo, en Teo, "no que hai informes que indican que un 10% das crianzas teñen necesidades educativas de apoio específico".E sí, pregúntase, se pode considerarse unha "decisión técnica", arroupada en cifras e non na situación real das persoas e nos núcleos de poboación dos centros, pechar unha aula para agrupar alumnado "sen preocuparse das dificultades deste? Pode agruparse por motivos técnicos a nenas de 6 anos con nenos no último curso antes de acceder á ESO? Todo para "aforrar" ás veces 1 ou 2 docentes en cada centro".
PRAZA_11059
Máis do 52% da poboación usa o galego sempre ou máis có castelán, case a mesma porcentaxe que hai cinco anos, segundo os últimos datos do IGE, que revelan o estancamento no uso da lingua
O uso do galego estáncase. A precaria evolución na transmisión interxeracional, no ensino e no prestixio social provocan que a lingua propia manteña a día de hoxe os problemas que os datos revelaron hai xa cinco anos, sen mellora ningunha pero sen un grande empeoramento tampouco. O galego resiste, malia todo, como idioma maioritario da poboación galega pero segue a ser moi minoritario entre as xeracións máis novas. Na actualidade, algo máis do 30% da poboación de Galicia fala sempre en galego, case a mesma porcentaxe (-0,63) que en 2013, segundo a Enquisa Estrutural de Fogares sobre o coñecemento e uso do galego que publicou este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE) en referencia aos últimos datos, de 2018.Máis do 52% da poboación usa o galego sempre ou máis có castelán, case a mesma porcentaxe de hai cinco anos pero 5 puntos menos que hai unha décadaO uso sempre do galego mantense mentres que aumenta un chisco (1,43 puntos) a procentaxe de poboación que fala máis galego que castelán, ao situarse no 21,72%, aínda que tamén aumenta a porcentaxe daquela que fala máis castelán que galego, ao pasar do 22,3% de 2013 ao 23,3 de 2018. Ademais, algo máis do 24% da cidadanía galega fala sempre en castelán, 1,85 puntos menos que hai cinco anos. Xa que logo, o uso do galego case non mudou no último lustro, pero a situación é moito menos optimista de comparar os datos cos de hai dez ou quince. Na actualidade usa o galego sempre ou máis galego que castelán o 52,3% da poboación, case o mesmo dato que hai cinco anos (51,5%) pero uns cinco puntos menos que hai unha década (57%) e case dez por baixo que en 2003 (61,5%). A utilización da lingua propia mantense estable nos últimos anos pero non se recupera da crise que paseniñamente a afecta. Obviamente, a situación non é igual dependendo da idade. Mentres o 48,5% das persoas de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 25% utiliza máis o galego que o castelán, entre a rapazada de 5 a 14 anos, tan só o 14,3% fala sempre en galego e o 11,9% máis en galego que en castelán (26,2%). Case o 74% restante emprega sempre o castelán ou máis castelán que galego. O 73% da rapazada entre 5 e 14 anos emprega sempre o castelán ou máis castelán que galegoA situación entre os máis pequenos é case idéntica á de 2013, pero moito peor para o galego que hai unha década. Daquela, máis do 36% falaba só en galego ou máis galego que castelán fronte ao 26,2% actual. Hai quince anos, esa porcentaxe elevábase ao 40,3%. De novo, como en termos globais, case un descenso dun punto no uso da lingua por cada ano. O panorama do galego é tamén revelador de ter en conta os datos sobre o seu coñecemento. En 2018, o 88,1% dos galegos e galegas de 5 ou máis anos di saber falar moito ou bastante o galego, fronte ao 86,93% de 2013, o 89,2% de hai unha década e o 89,6% de hai quince anos. Case un de cada catro rapaces galegos de entre 5 ou 14 anos sabe falar galego pouco ou nadaDe repararmos só nos máis pequenos, as persoas de entre 5 e 14 anos, o 76% din saber falar moito ou bastante o galego fronte ao 24% que di que pouco ou nada, un de cada catro rapaces. Hai dez anos, era o 83,6% fronte ao 16,4%. Ademais, a familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O 83,36% dos galegos e das galegas aprendeu a falar o galego neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á familia como medio de aprendizaxe: o 93,7% das persoas neste grupo de idade aprendeu o galego na escola e o 70% coa familia.En canto á percepción do uso do galego, os datos son tamén reveladores. Máis do 30% da poboación galega de máis de 16 anos considera que o galego fálase pouco ou nada, unha porcentaxe que é maior nas provincias da franxa atlántica, on valores de 33,4% na Coruña e do 34,6% en Pontevedra. Pola contra, na provincia de Ourense a porcentaxe baixa ata o 19,34%. Ademais, case o 32% considera que a utilización da lingua propia é "normal".Para decatarse das diferentes percepcións que hai sobre o idioma, abonda con se fixar nas respostas á pregunta de se se considera que na actualidade se fala máis galego que hai cinco anos. Para a metade da poboación o uso da lingua non mudou, para case o 24% fálase menos e para algo máis do 26% fálase máis. Os datos son, ademais, moi semellantes aos que as persoas deron ao responder as mesmas preguntas hai cinco anos. No que ten que ver coa lingua habitual de escritura, o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polas persoas que viven en Galicia, independentemente de cal sexa o idioma que empreguen na fala. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é tan só do 16,7%.Tan só o 16,7% da poboación galega escribe habitualmente en galegoAsí, de compararmos os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, unicamente o 36,2% escribe habitualmente na mesma lingua fronte ao 63,8% que o fai en castelán. Por outra banda, e en canto aos medios de comunicación, o 17,7% da poboación galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis en galego que en castelán, aínda que hai un 26,6% que sempre a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 14,3% faino sempre en galego ou maioritariamente en galego.Máis da metade da cidadanía só le libros en castelán e o 70% navega pola rede sempre nese idiomaOnde está moito menos estendido o galego é noutros medios de comunicación. O 59,1% dos e das residentes en Galicia sempre le a prensa en castelán, o 54% só le libros en castelán, o 69,5% navega pola rede sempre neste idioma e o 52% emprégao sempre nas redes sociais.
NOS_25212
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, sinalou que a reestructuración de NGB que impón Bruxelas vai supoñer perda de empregos e deixar Galiza sen peso financeiro. Apunta que neste proceso Feijóo foi "a última mona" e empraza o tecido político e social "si ou si" a traballar a prol dunha Banca Pública Galega
Guillerme Vázquez considera que as condicións impostas por Bruxelas a NGB para darlle axudas por 5.400 millóns de euros supoñen finiquitar o sistema financeiro galego. O voceiro do BNG lembra que se na UE se puxeron condicións "leoninas" a todas as entidades nacionalizadas hai diferenzas: "Bankia poderá seguir como entidade financeira, mais NGB en 5 anos será vendida ou liquidada". "Agora, si ou si" hai que pular por un banco público galego, sinalou Vázquez. "É ou banca pública galega ou nada" Para Vázquez as condicións do rescate son froito dun "pacto entre Rajoy e a UE" e que se vai implementar nun "duro proceso de reestruturación" que no caso de NGB vai supor "a perda de máis de 2.000 empregos". O voceiro nacionalista considera que "estamos ante a crónica do asasinato do sistema financeiro galego", algo do que, lembrou, "o BNG viña advertindo desde hai tempo". Feijóo, "última mona" E en todo este proceso, mantén Guillerme Vázquez, Núñez Feijóo non moveu ficha "nin fixo nada". Foi, asegurou, "a última mona", demostrando a falla de vontade política para defender unha entidade financeira ao servizo do país. Tras o anuncio de Bruxelas sobre Novagalicia Banca para Guillerme Vázquez está claro que "agora, si ou si" hai que pular por un banco público galego. "É ou banca pública galega ou nada", enfatizou, e engadiu unha chamada a organizacións políticas e sociais a "pronunciárense a este respecto". Para o voceiro do BNG, se non se dispón dunha ferramenta deste tipo, Galiza carecerá dun elemento importante para sair da crise. A quita que Bruxelas impón aos e ás titulares de participacións preferentes amosa "que os gobernos están para defender o interese da banca, non da xente" Preferentes A quita que Bruxelas impón aos e ás titulares de participacións preferentes amosa, a xuizo de Guillerme Vázquez, "que os gobernos están para defender o interese da banca, non da xente". Lamentou, aliás, que se dispoña de "miles de millóns de euros para salvar a banca e nin un só euron para os milleiros de estafad@s".
NOS_1072
Uma greve geral estava programada para o Brasil na sexta-feira (30). No entanto, duas decisões da Justiça foram os destaques do dia. O Supremo Tribunal Federal (STF), mais alta corte do país, soltou um deputado federal que estava preso preventivamente por corrupção e devolveu o mandato para um senador que tinha um pedido de prisão em aberto. As duas decisões beneficiaram diretamente o presidente Michel Temer, também acusado de corrupção.
A greve foi convocada pelas centrais sindicais contra o presidente Temer e contra as reformas das leis trabalhistas e da previdência, propostas pelo governo. A adesão, no entanto, foi menor que a primeira manifestação, em 28 de abril. Algumas centrais sindicais acabaram desistindo de participar do protesto, após negociarem com o governo uma mudança na reforma trabalhista que mantenha um imposto que financie os sindicatos. A contribuição para os sindicatos atualmente é cobrada anualmente dos trabalhadores e a reforma proposta pelos deputados exclui essa contribuição. A baixa adesão dos protestos acabou sendo ofuscada pelas decisões do Supremo Tribunal Federal. Primeiro, o ministro Marco Aurélio Mello negou o pedido de prisão para o senador Aécio Neves (PSDB), candidato derrotado nas eleições de 2014, acusado de corrupção pela Procuradoria Geral da República, que estava com o mandato suspenso. Neves foi flagrado pedindo por telefone R$ 2 milhões para Joesley Batista, empresário da JBS, maior produtor de proteína animal do mundo. Depois, outro juiz do STF, Luiz Fachin, determinou a liberação do ex-deputado Rodrigo Rocha Loures (PMDB), acusado de comprar o silêncio do ex-presidente da Câmara dos Deputados Eduardo Cunha (PMDB-RJ) a mando do presidente Michel Temer. Loures foi capturado com uma mala de R$ 500 mil, que segundo a acusação seria destinado a Cunha. A liberdade para Loures foi criticada pela imprensa, já que o ex-deputado, que se queixava do local onde estava preso, poderia fazer uma delação premiada, complicando ainda mais a situação do presidente. Temer é o primeiro a ser denunciado por corrupção no exercício do cargo. A denúncia precisa ser aprovada pela Câmara dos Deputados, que ainda não possui uma data para avaliar a denúncia. Já as reformas propostas pelo governo continuam em tramitação. A trabalhista já foi aprovada na Câmara dos Deputados e pode ser votada no Senado Federal essa semana. A reforma da previdência ainda precisa passar pela Câmara.
PRAZA_8790
A Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños presenta unha denuncia ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. A iniciativa, que conta co apoio de Ana Miranda, podería permitir que os veciños opostos ao proxecto mineiro expoñan a súa situacion no Europarlamento
O proxecto da multinacional canadiana Edgewater para a extracción de ouro a ceo aberto en Corcoesto non é un caso illado. Afírmase decote que é a punta de lanza doutros moitos proxectos que nestes momentos se atopan en distintas fase de tramitación en Galicia. Pero tampouco o caso galego é único en Europa. En Bulgaria ou Grecia, naqueles países máis pobres ou máis azoutados pola crise, esta e outras multinacionacionais desenvolven proxectos semellantes, aproveitando o elevado prezo do ouro e doutros materiais e as elevadas taxas de desemprego actuais. Os membros da plataforma referíronse aos "erros de tramitación que non son só erros administrativos, coma a cualificación errónea do tipo de resíduos xerados" Contra o proxecto mineiro de Edgewater lóitase en Corcoesto, en toda a comarca de Bergantiños e en toda Galicia. Pero tamén en Bruxelas. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentou unha denuncia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo contra o proxecto mineiro e a súa declaración como proxecto estratéxico por parte da Xunta. A denuncia enumera as moitas razóns que esta e outras plataformas e colectivos sociais de todo tipo levan meses poñen enriba da mesa para opoñerse á mina, comezando polos erros na súa tramitación, pois "a pesar de non ter obtido aínda a declaración de proxecto estratéxico, tramitouse como tal e iso levou ña redución do tempo de exposición pública". De feito, os membros da plataforma referíronse aos "erros de tramitación que non son só erros administrativos, coma a cualificación errónea do tipo de resíduos xerados". No documento tamén se inclúe a relación de "riscos e impactos ambientais" do proxecto e o impacto socioeconómico que terian para a paisaxe e as actividades produtivas que actualmente se levan a cabo na comarca, comenzando pola gandaría. Neste senso, lembraron por exemplo a granxa de Longueirón, a meirande de Galicia, que conta con máis de 600 cabezas de gando. "Os gandeiros están comezando a estar moi preocupados e nerviosos polo efecto que a mina pode ter para os seus negocios", dixeron. Os representantes da plataforma lembraron que a práctica totalidade dos sindicatos se posicionaron en contra dun proxecto que prevé a creación de menos de 300 postos de traballo, unha boa parte deles correspondentes a contratos de apenas uns meses de duración. Este tipo de denuncias poden tardar até oito meses en ser contestadas, pero o obxectivo é que antes do verán os denunciantes poidan acudir ao Europarlamento pra explicarlles directamente aos deputados e deputadas a súa situación A Plataforma está apoiada pola eurodeputada do BNG Ana Miranda, membro titular da Comisión de Peticións, que vai "impulsar" a denuncia para "que sexa debatida canto antes, tendo en conta a alarma cidadá xerada e as repercusión sociais, ambientais e económicas que poden derivarse deste proxecto de explotación mineira". Este tipo de denuncias poden tardar até oito meses en ser contestadas, pero o obxectivo é que antes do verán os denunciantes poidan acudir ao Europarlamento pra explicarlles directamente aos deputados e deputadas a súa situación, ao igual que hai uns dias fixeron os afectados pola estafa das preferentes. A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo pode impulsar cambios na normativa e impoñer sancións. Antes, o 15 de maio o BNG organizará unha xornada sobre minería na Eurocámara, en colaboración con eurodeputados do Grupo Verdes/ALE e da Esquerda Europea (GUE/NGL), coa participación de expertos, académicos, colectivos ecoloxistas e sociais, e responsables políticos. O obxectivo desta iniciativa é avaliar o cumprimento da normativa da UE neste tipo de proxectos de explotación mineira a ceo aberto, e o uso uso de substancias altamente contaminantes, coao o cianuro, para a extracción do ouro. "A actual normativa comunitaria debe ser modificada para prohibir o uso de cianuro nas explotacións mineiras, e así o defenderemos no Parlamento Europeo", avanzou Miranda. "A minaría pode ser sustentable, pero o proxecto de Edgewater non o é", dixo Ana Miranda, que denunciou que a actual situación de crise e paro "é a escusa perfecta para o espolio de recursos" Na actualidade xa existe unha resolución aprobada polo Europarlamento que recomenda que non se empregue o cianuro, pero a lexislación segue permitíndoo, iso é o que fai que o proxecto de Corcoesto sexa legal, "aínda que só grazas a que o proxecto de fraccionou para incumprir a lei", como lembrou Miranda. "A minaría pode ser sustentable, pero o proxecto de Edgewater non o é", dixo Ana Miranda, que denunciou que a actual situación de crise e paro "é a escusa perfecta para o espolio de recursos". Esta denuncia non é a única iniciativa posta en marcha polos colectivos contrarios á mina para frear o proxecto. Tamén a Plataforma Salvemos Cabana está a realizar múltiples xestións nas institucións europeas e foron varias as preguntas dos eurodeputados que na cámara procuraron información sobre o coñecemento que a UE tiña do proxecto de Edgewater ou sobre se se axustaba á legalidade. Hai uns días o deputado de UPyD Francisco Sosa Wagner dirixiu unha pregunta por vía de urxencia á Comisión europea cuestionando a compatibilidade do proxecto de Edgewater -e da propia Declaración de Impacto Ambiental (DIA) emitida pola Xunta de Galicia- con tres directivas europeas que poderían estar sendo infrinxidas.
NOS_46693
O socialista denuncia a "inacción" de Feixoo.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou onte á "maioría progresista" para, despois do 12 de xullo, "pasar páxina" á política de "recortes" e de "inacción" do presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feixoo. No actual contexto, propuxo tamén promover "un acordo de país" para a reconstrución económica e social da Galiza, perante as consecuencias xeradas pola crise sanitaria, á vez que reclamou de novo un fondo da Xunta de 300 millóns para os concellos. Así o manifestou após unha reunión co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, cuxa xestión durante esta crise sanitaria puxo como exemplo das políticas socialistas. Na mesma liña, reivindicou o labor do Goberno estatal, do que dixo que tomou "decisións moi importantes para conseguir construír un escudo que protexese a cidadanía". Ademais, subliñou o labor dos concellos polo seu "traballo de primeira liña" e, en particular, as políticas das deputacións socialistas para "darlles apoio". "Para cubrir as carencias que o Goberno galego deixou sen cubrir", expuxo Caballero, para quen nesta crise "constatouse a ausencia de medidas" da Xunta. "Foron os concellos, os Gobernos municipais con compoñente progresista, os que axudaron nos momentos de máis dificultade", apuntou, criticando que "non recibisen esa axuda" da Administración galega. Acordo territorial e social Por todo iso, considerou necesario "un grande acordo de país". "Un acordo político territorial e social cunha folla de ruta para a reconstrución económica e social", apostilou Caballero, que reprochou a Feixoo "non estar en contacto" co municipalismo e ter apostado por "unha estratexia persoal e personalista" durante estes meses de crise pola expansión do coronavirus.
NOS_21347
Terán lugar na cuarta feira (7 de outubro) nas sete cidades galegas.
O movemento feminista activou o protocolo perante un novo crime machista acontecido na segunda feira en Vigo. Tratouse do terceiro rexistrado en menos de 72 horas no conxunto do Estado español, após seren asasinadas unha muller en Biskaia e outra en Murcia, para alén da agredida en Zamora que se atopa hospitalizada. Neste senso, foron convocadas senllas concentracións de repulsa nas sete cidades galegas a cuarta feira ás 20 horas. A Coruña. Obelisco. Compostela. Porta do Camiño. Ourense. Estatua da Castañeira (Subdelegación do Goberno). Vigo. Diante do Marco. Pontevedra. Rúa Rosalía de Castro, perante a Audiencia Provincial. Ferrol. Praza do Concello. Lugo. Praza do Concello. No que vai de ano foron asasinadas pola violencia machista catro mulleres na Galiza, de acordo coas cifras rexistradas oficialmente. Isabel Fuentes (Ourense), Beatriz Rodríguez (Arbo), Divina (Vigo) e esta última muller da que se descoñece até o de agora a súa identidade.
NOS_52363
Unha exposición reunirá a historia do evento os próximos días 7 e 8 de maio.
O Concello de Melide presentará a próxima quinta feira 7 de abril o 30 aniversario da Festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, que terá lugar os días 7 e 8 de maio, con actividades previas desde a quinta feira 28 de abril. Melide acolle o derradeiro concerto de 'Chané na Habana' Café Solidario O acto terá lugar na aula gastrocultural do Mercado de Abastos de Compostela a partir das 12.00 horas, e estará precedido desde as 10.30 horas dun café solidario con melindres cuxa recadación que se destinará en axuda directa ao pobo ucraíno a través da ONG Itínera Faciendo Nenos de Ucraína na Galiza. Nos actos colaborarán cedendo produtos a Asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce, o café Arraigos de Melide, e as entidades Coffee Spirit e CLUN, cooperativas lácteas unidas. Entre as novidades que se avanzan para 30 aniversario, atópase unha exposición conmemorativa das tres décadas de evento con paneis informativos e fotográficos, que se inaugurará en Melide a sexta feira 29 de abril. Presentación do programa O programa completo da trixésima edición da festa presentarase oficialmente logo de ter xa realizado diferentes actividades de promoción previa durante os meses de setembro a marzo por toda a Galiza que formaron parte da programación e consistiron en diferentes obradoiros impartidos por Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de repostaría tradicional Melide Terra Doce A Concellería de Promoción Económica continuará anunciando nas próximas datas as seguintes actividades da promoción da "festa máis doce da Galiza".
NOS_18599
Non é o máis habitual que o presidente da Real Academia Galega acompañe cunha obra da súa autoría a celebración do Días das Letras, e moito menos que o faga cun monográfico ambicioso coma este. Por desgraza, tamén a polémica que acompaña a designación deste ano é, en boa medida, inédita nas nosas letras.
Non é o máis habitual que o presidente da Real Academia Galega acompañe cunha obra da súa autoría a celebración do Días das Letras, e moito menos que o faga cun monográfico ambicioso coma este. Por desgraza, tamén a polémica que acompaña a designación deste ano é, en boa medida, inédita nas nosas letras. A escolla de Filgueira Valverde, un colaboracionista que gozou dos beneficios de integrarse nas estruturas de poder franquistas, levantou as iras dunha parte importante da sociedade que insiste en cuestionar o atinado da decisión. "A escolla de Filgueira Valverde, un colaboracionista que gozou dos beneficios de integrarse nas estruturas de poder franquistas, levantou as iras dunha parte importante da sociedade que insiste en cuestionar o atinado da decisión". Nese contexto, o máis honesto para Alonso Montero sería tratar de ofrecer un traballo obxectivo, que apuntalase o interese que unha figura como Filgueira ten para os estudosos da literatura galega e permitindo, con eses datos, un debate aberto na sociedade. Porén, esa vertente só parece cumprirse parcialmente nesta "Biografía intelectual", de forma que podemos dicir que a súa honestidade intelectual se ve moi axiña comprometida. O autor non comeza mal, abre o libro cunha cronoloxía da vida de Filgueira na que non se ocultan datos relativos á súa participación nas depuracións de posguerra, nin as mencións aos cargos políticos que tivo durante a ditadura. Continúa cunha "Primeira parte" que atinxe á preguerra, entre 1906 e 1936 imos ver desfilar polas páxinas da biografía o que sen dúbida foi o Filgueira máis salvábel, o estudoso brillante, o impulsor do Seminario de Estudos Galegos, o antólogo de poesía galega contemporánea, o militante do Partido Galeguista. Tamén o católico furibundo que protagoniza a ruptura de Dereita Galeguista, incapaz de aceptar a alianza do Partido Galeguista coa Frente Popular. Porén, non tardaremos en decatarnos de que Alonso Montero é parte interesada dun xuízo moral ao autor homenaxeado. Un xuízo moral que nos asalta na segunda parte do libro, unhas sesenta páxinas adicadas por completo ao ano 1936. Cabía agardar que tal volume abordase os tétricos sucesos relacionados coa matanza franquista, os exilios forzados e a reestruturación que a sociedade galega viviu nese tempo. Tamén agardaríamos saber sobre o xuízo de Bóveda, polo que Filgueira se negou a interceder. Porén é outra intención de Alonso Montero, que recicla material dalgún libro antigo para dedicarse a sinalar a actitude supostamente profranquista doutros autores homenaxeados pola Academia. Así, e sen saber moi ben por que pirueta da lóxica, parece que o colaboracionismo activo de Filgueira pode desculparse polas polémicas opinións de Álvaro Cunqueiro, o regreso á terra de Ramón Cabanillas, ou cadanseu poema profranquista que Celso Emilio e Díaz Castro escribirían nas trincheiras, cunha liberdade e intención discutíbeis. Segue a isto a defensa da escolla da Academia, na que Filgueira sería unha mostra da pluralidade dunha festa que acolleu sen polémica coñecida destacados seguidores do "outro bando". "O empeño en salvar intelectual e moralmente a Filgueira Valverde a toda costa é inseparábel do intento de xustificar a decisión da Academia que preside, unha institución incapaz de aceptar un debate que a contradiga" Se por unha parte a argumentación é falaz, tamén a presentación é interesada. Ningún dos mencionados polo presidente da Academia gozou dos beneficios sociais e económicos dos que gozou Filgueira, nin se integrou tan a fondo no bando vencedor (depurador, xuíz, director de diversas institucións e alcalde de Pontevedra). En canto á equiparación moral entre alzados e republicanos, resulta tan ideoloxicamente perversa que non merece maior comentario. Salvando ese prescindíbel intermedio moral, o libro continua. Volve falar do 36 e recupera o ton do comezo, ocupándose do percurso vital de Filgueira entre 1936 e 1996, ano do seu pasamento. Os datos fornecidos por Alonso Montero son tan interesantes para as persoas estudosas, como seguramente soporíferos para o lector común, que mesmo así pode vir saber que o autor apoiou tímidas prerrogativas en favor da lingua, que promoveu a editora Bibliófilos Gallegos ou que impulsou a creación do Instituto Padre Sarmiento. O grave non é que Alonso Montero ofreza unha biografía dun autor coma este, o grave é a incapacidade para entender a situación e facer un traballo rigoroso e obxectivo. O empeño en salvar intelectual e moralmente a Filgueira Valverde a toda costa é inseparábel do intento de xustificar a decisión da Academia que preside, unha institución incapaz de aceptar un debate que a contradiga e tamén de entender que é no debate onde medran culturalmente os pobos. Ficha Técnica: Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectualXesús Alonso MonteroXerais, 2015, 296 páxinas, 18 euros Este texto viu a luz esta quinta feira 14 de maio na sección de críticas de Sermos Galiza, no número 144, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa