ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_13214 | O semanario analiza o lado máis oculto e menos frívolo de Eurovisión e entrevista ao escritor Manuel Darriba. Se queres conseguir este número non tes máis que acudir mañá ao teu quiosque ou facer a compra na nosa loxa en liña. | Case sen tempo para aproveitar a semana chega un novo sábado e con el sae un novo número do Sermos Galiza! Mañá poderás atopar o semanario nos quiosques e puntos de venda habituais cunha capa evocadora que xa conta algo do que te vas atopar no interior... Un dos temas principais vai ser a afección da investigación urbana, máis coñecida polas fanáticas como urbex. En 'Urbex: Estéticas do abandono', Irene Pin conta con varias testemuñas que explican a atracción dos espazos abandonados, dos lugares en decadencia que xa poucos lembran. E fornece algunhas chaves para practicar esta actividade de lecer sen entorpecer a mirada das persoas que virán despois. Aliás, Héctor Pena descobre un lado do festival de Eurovisión descoñecido para moitos. Mais aló dos debates superfluos sobre o éxito de España nesta cita da canción, o xornalista lembra que tamén hai certa reivindicación que sobresae, de cando en cando, baixo o título '(Euro)son protesta. Da Revolução dos Cravos aos conflitos territoriais'. Poderás ver desde cuestións políticas a actos de visibilidade para diferentes colectivos. Na entrevista 'Manuel Darriba: a voz heterodoxa', Montse Dopico fala co autor -que é fotografado por Toño de López- dos seus personaxes, dos recursos literarios, das referencias na escrita galega e mesmo de filosofía. E cando o repaso estea rematado, quizais sexa tempo de saír a Andar e Ver co Colectivo Xea. Desta volta, Xan Colazo, Mon Daporta e Adela Leiro van facer de guías por 'Zas. Ruta da Auga'. Mais, non quedan atrás as recomendacións de libros, da man de Mario Regueira e Manuel López Foxo; música grazas ao ouvido de Herminio González e Jasper; ou cinema visto desde a sabedoría de Andrés Castro. Nesta ocasión, tamén atendemos ao arte grazas á recensión de Carlos L. Bernárdez e coñecemos un pouco máis de historia na sección Aquelas galegas de Cilia Torna. Paréceche moito contido? Pois aínda terás por facer os pasatempos de Xerardo R. Roca e Xoán Costa. Xa sabes que para gozar de toda esta información só tes que acudir mañá ao quiosque e pedir o Sermos Galiza que acompaña ao Nós Diario ou facer a compra na nosa tenda en liña. Para outra vez fai como miles de galegas e galegos e confía en Nós coa túa subscrición! |
PRAZA_13492 | En canto ao retorno, é dicir, as altas rexistradas de españois provenientes do estranxeiro, no 2011 ascenderon a 38.404, o que supón un lixeiro aumento respecto de 2010, cando foron 33.109. Unha información de Cadernos de Comunicación e Análise. | O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou a estatística de variacións residenciais do ano 2011. Estes datos recollen as altas e baixas producidas nos padróns por cambio de residencia e indican que o ano pasado emigraron un total de 52.841 españois dos cales 27.273 foron homes e 25.568 mulleres. Este dato supón un incremento de case o 42% respecto dos ocorrido en 2010, cando foron 37.278 -15.563 menos que un ano despois- os españois que optaron por trasladar a súa residencia ao estranxeiro. Os cinco países preferidos por quen se marcharon son, por esta orde, Reino Unido (6.706), Francia (4.759), Estados Unidos (4.410), Alemaña (3.963) e Ecuador (3.430) Os cinco países preferidos por quen se marcharon son, por esta orde, Reino Unido (6.706), Francia (4.759), Estados Unidos (4.410), Alemaña (3.963) e Ecuador (3.430). Que Ecuador apareza entre os destinos preferidos débese a que moitos inmigrantes ecuatorianos e os seus descendentes retornan ao seu país coa nacionalidade española. 38.404 retornados En canto ao retorno, é dicir, as altas rexistradas de españois provenientes do estranxeiro, no 2011 ascenderon a 38.404, o que supón un lixeiro aumento respecto de 2010, cando foron 33.109. Cabe destacar, que en 2009 foron 29.635 e en 2008 33.781, o cal indica un incremento lixeiramente significativo. Cadernos de Comunicación e Análise |
PRAZA_19549 | Segundo os sindicatos a totalidade das 700 traballadoras e traballadores da empresa en Galicia secundaron este martes a primeira das dúas xornadas de folga convocadaspara reclamar uns convenios colectivos "dignos" e rexeitar "a precarización das condicións laborais" | A totalidade das 700 traballadoras e traballadores de Pescanova en Galicia secundaron este martes a primeira das dúas xornadas de folga convocadas por CIG, UGT, USO e CUT (e de forma parcial por CC.OO.). Trátase da primeira folga nas factorías e oficinas galegas da empresa dende e súa fundación en 1960 e con ela os sindicatos queren reclamar uns convenios colectivos "dignos", denunciar o "bloqueo" e rexeitar "a precarización das condicións laborais". Ademais, centos de empregados e empregadas concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos centros de traballo que o grupo de alimentación ten no Porriño e Chapela. O seguinte día de paro está fixado para o vindeiro martes 21, mentres que a intención das centrais sindicais é que a partir do 3 de abril pase a ser indefinido no caso de que non se chegue a un acordo para a renovación dun convenio colectivo que as partes negocian dende hai xa máis de 10 meses. A folga convocada polo persoal de Pescanova recibiu este martes o apoio de distintos comités de empresa, seccións sindicais e representantes sindicais. Entre eles, do sector da conserva como Thenaisie, A. Alonso, Cerqueira, Orbe e Varcárcel; da industria de elaboración, como Fandiscosta e Mascato; ou do frío industrial, como Frigoríficos de Vigo, Frioya e Stef. De igual xeito, as seccións sindicais da CIG en Frigolouro, Telefónica, Vitrasa, Maderas Iglesias, Covsa e Unísono amosaron a súa solidariedade co cadro de persoal de Pescanova. O pasado sábado os piquetes conseguiron impediron a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. Os empregados e empregadas da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección optou por botar man de máis persoal de ETT para que a actividade da empresa non se vise afectada. |
NOS_3431 | O vindeiro 21 de novembro A Esmorga chegará ás salas comerciais do país. Até daquela, toda a información sobre o filme dirixido por Ignacio Vilar circulará polo web que veñen de activar. | A Esmorga será preestreada o vindeiro 15 de novembro, no Festival de Cine Internacional de Ourense, cidade que foi escenario da rodaxe e marco da novela de Blanco Amor que Ignacio Vilar leva agora á pantalla grande. Seis días despois, o 21 de novembro, chegará ao público nas salas comerciais do país mais, até que iso aconteza, toda a información sobre a película máis agardada do ano de produción galega estará ao dispor na páxina web que veñen de activar www.aesmorgafilme.com. Catro anos de preparación e un de busca de localizacións, fan do filme un proxecto de longo percorrido que Ignacio Vilar pon en circulación o día 21 con 50 copias, 25 en formato cine e 25 en formato blue ray. Esta información máis outras novidades pódense consultar na súa páxina web que nos achegará a sinopse, aos personaxes e intérpretes, equipo técnico e todo o que se vaia falando da película desde agora até a súa circulación polas salas. Informan, por exemplo, de que os carteis chegaron xa ás salas de cine, creando ambiente para a pronta estrea dunha das poucas películas que se proxectará en pantallas comerciais e que foi gravada en galego. |
NOS_23295 | Visita histórica en Cuba. O presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, chega a Cuba cando se cumpriron vinte anos da Lei Helms Burton, que endureceu o bloqueo económico e financeiro imposto polos EUA a Cuba. | Cuba está xa preparada para a visita de Barack Obama, que chegará na tarde do domingo (hora local). Trátase da primeira vez en case 90 anos que un mandatario estadounidense visita a illa. A súa chegada enmárcase no proceso de achegamento iniciado polos mandatarios de ambos os países o 17 de decembro de 2014, cando Obama recoñeceu o fracaso da política dos EUA contra Cuba. A política de achegamento entre ambos os países implicou, polo de agora, que os EUA eliminaran Cuba da lista de países terroristas e a autorización do dólar nas transaccións cubanas e o restabelecemento das relacións diplomáticas, aínda que a principal traba, o bloqueo -endurecido en 1996 logo de que John F. Kennedy lle impuxera un embargo total a Cuba en 1962- segue vixente. En sete anos de Goberno Obama, os EUA impuxeron 49 multas por máis de 14.000 millóns de euros O bloqueo, proclamado co nome de Lei de Liberdade e Solidariedade Democrática con Cuba, só pode ser derrogado polo Congreso. Esta normativa implica duras sancións contra os países que traten de emprender relacións comerciais con Cuba. De feito, tan só nos sete anos de Goberno Obama, os EUA impuxeron 49 multas por máis de 14.000 millóns de dólares a países e institucións que colaboraron co país que preside Raúl Castro. Amais de solicitar o levantamento do bloqueo, o Goberno cubano esixe a desocupación da base naval ilegal que os EUA manteñen en Guantánamo. Tamén solicita que se compense o pobo cubano polos danos humanos e económicos provocados polos EUA. |
PRAZA_19241 | O PP atribuíu en 2009 os prolongados cortes de luz á "pasividade da Xunta" e á "ineptitude" do presidente e esixiu a "declaración de zona catastrófica", figura legal derrogada dous anos antes. O temporal provoca dous falecementos e centos de incidencias en toda Galicia | Os últimos días de xaneiro e os primeiros de febreiro de 2009 foron, como neste 2017 e en tantos outros anos, xornadas de duro temporal en Galicia. Árbores e pólas nas rúas e estradas, anegamentos, tellas e lousas a voar e torretas eléctricas tombadas proliferaban polo país un inverno máis. Un dos episodios máis duros daqueles temporais concentrouse na fin de semana do 24 e 25 de xaneiro, uns días de fortes borrascas nas que, como nestes últimos tres días, chegaron a quedar sen luz uns 200.000 fogares por toda Galicia. A diferenza fundamental daquel temporal a respecto de tantos outros foi que se produciu a apenas un mes das eleccións galegas e a escasas dúas semanas do inicio da campaña electoral. Neste contexto o partido da oposición que aspiraba a facerse co poder, o PP, saíu en tromba de inmediato para asegurar que os efectos xerais do temporal e, máis concretamente, os cortes de luz, eran en última instancia responsabilidade da Xunta. O primeiro chanzo da ofensiva popular contra a Xunta polo temporal subírao quen, paradoxalmente, estaría ao cargo da xestión das emerxencias apenas tres meses despois como conselleiro da Presidencia, o daquela secretario xeral e xefe de campaña do PPdeG, Alfonso Rueda. O número dous de Alberto Núñez Feijóo púxose á fronte dunha comitiva formada por cargos populares na provincia da Coruña como Carlos Negreira ou Manuel Ruiz Rivas, na altura voceiro parlamentario, e con localidades afectadas polo temporal como escenario denunciou a "absoluta ineptitude "do Goberno a comezar polo presidente, Emilio Pérez Touriño, de quen reclamou unha comparecencia inmediata no Parlamento. O PP atribuíu en 2009 os prolongados cortes de luz á "pasividade da Xunta" e á "ineptitude" do presidente e esixiu a "declaración de zona catastrófica", figura legal derrogada dous anos antes A Xunta, sinalara daquela Rueda, debía "reclamar para a zona catastrófica para as áreas afectadas", unha figura legal regulada por un decreto de 1981 que levaba derrogado dous anos e que, polo tanto, xa non existía como tal. Esta, afirmaba, era a vía para que "os afectados" polos estragos meteorolóxicos puidesen cobrar "axudas inmediatas". Touriño, esixía, debía dispoñer "compensacións económicas para todos os damnificados, dende as familias que perderon os víveres almacenados en conxeladores que deixaron de funcionar por falta de electricidade ata os danos provocados en explotacións agrícolas e gandeiras". O procedemento, agregaba, debía ser especial para así "salvar a maraña burocrática do bipartito". Os populares acusaban a Touriño de dar "mitins con xeradores que lles negaron" aos veciños mentres Feijóo "tivo que pronunciar unha conferencia alumeado con lanternas" Tras este primeiro catálogo de esixencias os conservadores reforzáronas nos días seguintes. Despois de que a Xunta anunciase un primeiro paquete de medidas urxentes para as poboacións afectadas polo temporal o PPdeG teimou na "necesidade" de aprobar a inexistente "declaración de zona catastrófica", xa que "o demandan unanimemente, con total xustificación, os veciños e os concellos arrasados polo temporal", indicaba Ruiz Rivas. Neste contexto, o dirixente popular criticaba que o PSdeG empregase "xeradores eléctricos" nun acto de precampaña de Touriño, porque "lles foron negados aos habitantes de amplas zonas de Galicia" e, ademais, "Feijóo, coincidindo co temporal, tivo que pronunciar unha conferencia alumeado con lanternas de pilas". Todo isto, acusaba, acontecía mentres veciñanzas enteiras "tiveron que agardar varios días a que se lles repuxese a subministración eléctrica". A causa, afirmaba, non era outra que "a pasividade da Xunta". Como era de agardar, PSdeG e BNG negáranse á comparecencia do presidente na Cámara, xa disolta por mor das eleccións, polo que o PP retomou a cuestión o 2 de febreiro. "O temporal consumiu o derradeiro punto do carné de presidente co que conta Touriño", concluíu o partido de Feijóo nun comunicado. "A nula resposta da Xunta -reiteraban- permitiu que milleiros de galegos" estivesen "sen subministración eléctrica e en condicións precarias de habitabilidade nos seus fogares". Os cortes de 2017 As cifras de fogares sen luz daquel lonxano 2009 non foron moi diferentes das rexistradas nos últimos días en Galicia. Así, segundo datos de Unión Fenosa Distribución, a primeiras horas deste domingo, 5 de febreiro, as vivendas sen subministro normalizado superaban as 16.000, eran unhas 14.000 contra o mediodía e a primeiras horas do luns aínda ficaban unhas 2.000. A cifra total dende o venres rolda, como hai sete anos, as 200.000. Neste sentido, a Xunta indica a través dun comunicado qeu está a "facer un seguimento continuo" dende "as súas xefaturas territoriais" a respecto do "traballo das empresas distribuidoras de electricidade para restablecer o subiministro nos puntos afectados" e lembra que Gas Natural Fenosa "ten habilitado un número específico para reclamacións dos seus clientes, o 900 111 999". A primeiras horas do domingo as vivendas sen luz eran unhas 16.000, segundo Gas Natural Fenosa As derivadas da falta de subministro eléctrico son só algunhas das máis de mil incidencias rexistradas polo 112 dende o inicio do temporal, entre as que destacan os falecementos de dúas persoas. Dende a tarde do sábado e ata primeiras horas do domingo Emerxencias sumou 107 incidencias máis, "a maioría por árbores e pólas nas estradas, caídas de cables e postes de luz, restos de accidentes e caída de pedras e terra en vías". Ata cinco persoas foron evacuadas a hospitais "por inhalación de monóxido de carbono" procedentes de xeradores eléctricos en Castroverde, Baralla e A Estrada. As reaccións da actual oposición galega foron, cando menos polo momento, dun ton notablemente menor ao daquel temporal de precampaña. Así, En Marea solicitou a comparecencia do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para dar contas polas incidencias na rede ferroviaria galega e o PSdeG instou, a través do deputado Juan Díaz Villoslada, a que a Xunta faba "balance dos danos tan pronto como sexa posible" e poña en marcha "unha liña de axudas que permita paliar os desperfectos". Igualmente, o parlamentario reclama que o Goberno "avalíe os motivos e o alcance dos apagón" cunha auditoría orientada a "garantir que a rede eléctrica estea en condicións de soportar as inclemencias meteorolóxicas". |
NOS_26556 | Asegura que se aprobaron "sempre que as características clínicas do doente eran as acaídas", malia a denuncia da Fiscalía. | A Xunta de Galiza saíu ao paso da denuncia presentada pola Fiscalía perante o falecemento de varias persoas atinxidas pola hepatite C para defender a súa xestión dos tratamentos e o funcionamento da subcomisión encargada da súa aprobación. Através do director xeral de Asistencia Sanitaria, Ramón Ares, a Consellaría de Sanidade di que os tratamentos cos novos fármacos foron aprobados "sempre que as características clínicas do doente eran as acaídas e se axustaban aos criterios clínicos estabelecidos". Neste senso, Ares asegurou que o funcionamento da comisión encargada da súa aprobación --un órgao con representación política e médica-- foi "absolutamente rigoroso". "Funcionou desde o noso ponto de vista perfectamente, o que permitiu que antes de ter o plan estratéxico todos os doentes graves que precisaban tratamento, o tiveran", defendeu Ramón Ares. "En máis do 99% dos tratamentos solicitados nesa comisión foron autorizados", di a Xunta Porén, a asociación médica Batas Brancas, a plataforma galega de afectad@s pola Hepatite C e a Fiscalía coidan que o proceder da comisión non foi así. No concreto, a respeito de 5 doentes aos que lles foi negado ou concedido con retraso o acceso á medicación de nova xeración. "En máis do 99% dos tratamentos solicitados nesa comisión foron autorizados e administrados posteriormente en función das características dos doentes e da loxística das compañías farmacéuticas á hora de suministrar os tratamentos", afirmou o director xeral de Asistencia Sanitaria. Segundo Batas Brancas, quen presentou a denuncia en marzo de 2015, a comisión tería "denegado a cura a doentes que cumpren todos os requirimentos". Algo do que existirían indicios para a Fiscalía, razón pola que presentou unha denuncia nos xulgados de Compostela. Agora será a xustiza a que determine se cumpre admitila a trámite. Desde Sanidade din non ter "ningunha comunicación da denuncia nen en que termos está feita, nen como está feita". |
NOS_29453 | Doente da SIDA e cun cancro linfático avanzado, sobrevive nun penal de León baixo un réxime de "isolamento encuberto". Após unha folga de fame e rexeitar o seu tratamento, Vilasó abandona os protestos polo agravamento da enfermidade. | Esculca, Nais Conta a Impunidade, Salhaketa ou a Coordinadora Estatal para a Prevención da Tortura son algunhas das organizacións en defensa dos dereitos humanos que se fixeron eco das noticias que chegaban dende a prisión de Mansilla de Las Mulas, en León. A saúde e as condicións de vida na cadea para o preso galego José Antonio Vilasó Pardevila, enfermo de SIDA e cun cancro linfático en estado avanzado, revelábanse "alarmantes". Após unha folga de fame e tras rexeitar o tratamento médico para chamar a atención da opinión pública sobre o seu caso, tivo que abandonar os protestos polo agravamento das súas doenzas. A orixe das reivindicacións, un incidente insólito."Vilasó Pardavila foi sancionado por darlle un bico a unha reclusa", relata en conversa con Sermos Galiza o seu avogado, Guillermo Presa Suárez, tamén subdirector de Esculca. Un enfermo terminal en "isolamento encuberto" "Como represalia polas súas protestas, trasladárono a unha parte da enfermaría chamada Zona Cero", relata o letrado. Tanto a defensa como os colectivos de apoio ás persoas presas, coinciden en denunciaren que, na práctica, as condicións de vida deste departamento se equiparan ás dos módulos de isolamento."O dereito penitenciario impide que os internos con doenzas graves estean recluídos nestes réximes", informa o avogado. "E, para sortear esta prohibición legal, trasládanos á chamada Zona Cero". No entanto, as limitacións das saídas ao patio -dúas horas ao día e en solitario- e a restrición das comunicacións levaron aos distintos colectivos a concluíren que Vilasó Pardevila está a sufrir un réxime de "illamento encuberto". Restrición da ambulancia para acudir ao médico "Como consecuencia, fíxose unha campaña denunciando a existencia dun departamento de illamento encuberto dentro da enfermaría e mesmo o Valedor do Pobo en Madrid tomou cartas no asunto iniciando unha investigación", explica o letrado. Porén, a mobilización tivo "represalias: "A Vilasó Pardevila denegóuselle o traslado en ambulancia para acudir ao centro médico, cando antes se lle concedía sen problemas", relata o avogado e activista. Pola súa banda, nun comunicado, a Coordinadora Estatal para a Prevención da Tortura alertaba de que, na pasada sexta feira do 14 de xuño, o recluso galego fora trasladado ao médico no trasporte común para os presos, isto é, no chamado canguro. "Este trasporte é penoso", acusa quen tamén foi avogado de David Reboredo. "Os reclusos van tan amontoados que, cos bandazos do coche, caen uns por riba dos outros; hai xente que se marea e vomita e, polo tanto, un enfermo coma o meu cliente, con dores graves, contra as que habitualmente leva un parche de morfina, non está en condicións de afrontar un desprazamento así", teima. Como resultado desa viaxe no 'canguro', Vilasó Pardevila danouse o catéter que ten implantado na clavícula e, a través do cal, se lle administra a quimioterapia. Perda de citas, perda de vida Debido a esta lesión, negouse a se desprazar máis unha vez nesas condicións, após as negativas do penal a lle garantir o servizo de ambulancia. Deste xeito, o 18 de xuño perdía unha cita no Servizo de Hemoterapia do Hospital de León, imprescindíbel para determinar se estaba preparado para outra sesión de quimioterapia. E, polo tanto, a seguinte citación para recibir o tratamento contra o cancro foille suspendida. Denegado o excarceramento por "perigosidade" "Malia que incrementamos as queixas e tentamos de dar máis impulso á campaña, a situación é extremadamente grave", lamenta o letrado. "Como as dores se agudizan a pasos de xigante, probablemente, a vindeira vez, admita o traslado en 'canguro' a pesar dos riscos", avanza. Guillermo Presa lembra que foron os propios médicos da prisión os que recomendaron a súa posta en liberdade por enfermidade terminal. Porén, a Xunta de Tratamento, que someteu o caso de Vilasó Pardevila a votación, denegou o excarceramento por un voto. "Amparáronse en que a doenza non era o suficientemente grave e en supostos motivos de perigosidade para denegarlle a liberdade", lamenta o letrado vigués, lembrando que o preso galego aseguroulle preferir morrer a vivir sen dignidade. "Con todo, inda que interpretamos que a restrición dos traslado en ambulancia foi unha represalia, tamén puido deberse a unha cuestión económica; non teño datos", reflexiona o avogado. Neste senso, todas as previsións apuntan a que as tesoiras do Ministerio de Interior carrexarán un retroceso de décadas para atención sanitaria dentro dos muros. |
NOS_41247 | Entrimo, xusto onde unha raia imaxinaria pretende separar Galiza de Portugal, será por segundo ano consecutivo epicentro do "cinema rural arraiano". O Colectivo Arraiano organiza un encontro cultural que xuntará este sábado, 4 de agosto, o dramaturgo e actor Quico Cadaval, o escritor Xosé Benito Reza ou o filme Herança, do portugués Flávio Cruz. | A xornada -organizada en colaboración co concello- comeza ás onde da mañá coa presentación na casa consistorial de Terradentro (Xerais, 2017), a primeira e galardoada novela de Xosé Benito Reza. A obra cruza tres historias: a morte violenta dun vello fidalgo no seu propio caserío, a procura de tesouros na Raia Seca e a aparición da cadela do primeiro pintada de verde. Unha hora máis tarde será un dos actos centrais do día: imposición da distinción de Arraiano Maior. Desta volta, o Colectivo Arraiano acordou por unanimidade sinlar a figura de Quico Cadaval. "Recoñecemos a súa traxectoria e compromiso ligado á cultura oral e o patrimonio inmaterial a ambos os dous lados da Raia". Un mesa redonda sobre a "identidade cultural" do Entrimo. Nela sentará Xosé Lamela, especialista nas lendas do Xurés. Xa pola tarde, a partir das seis, o cinema adoptará o papel protagonista do encontro. Haberá proxección de curtametraxes de tema rural e debates posteriores. Ás oito do serán, o propio Cadaval amosará aos asistentes outra das súas facetas, a de contacontos. Os II Encontros Arraianos de Cinema Rural pecharán co pase do filme Herança (2017), do portugués Flavio Cruz. Será no Campo da Feira da Terrachán e será estrea no Estado dun documental que "retrata de forma xenuína e fiel os procesos de socialización e transmisión de valores culturais e sociais en festas e romaría de Viana do Castelo". |
NOS_44721 | A construción de parques eólicos na comarca de Ordes está espertando a oposición da veciñanza. "É negativa para os intereses sanitarios e económicos dos veciños, así como para o medio ambiente", sinalan nun documento para o que procuran sinaturas. | "Os proxectos de parques eólicos xa expostos non teñen en conta os impactos acumulados do resto de actividades industriais da comarca", explican, "e a súa construción provocará un aumento de danos na saúde humana, a perda de valor dos solos das áreas de afección e impactos económicos negativos en numerosos sectores". Os alcaldes de Ordes (PP), Mesía (PSdeG), Frades (PP) e Oroso (PSdeG) tamén amosaron o seu rexeitamento aos eólicos. "É fundamental reclamar que a Xunta elimine a comarca de Ordes do Plan Sectorial Eólico", engaden, "xa que polas súas características socioeconómicas e a dispersión dos lugares habitados non é zona axeitada para instalacións deste tipo". Os proxectos eólicos para a zona son consecuencia da Lei de Implantación de Iniciativas Empresariais, a coñecida como Lei de Depredación, que suscitou un amplo movemento de protestas e manifestacións e a impugnación por parte da oposición parlamentaria. Os veciños e veciñas responsábeis da campaña de recollida de sinaturas alertan de que o Goberno galego "xa tramita novos proxectos para o monte Inxerio en Ordes e Cerceda, e para Gasalla, entre Frades e Mesía". O texto que someten á procura de apoios relata, ademais, os danos e prexuízos que causará a instalación dos xeradores eólicos na saúde, nos terreos afectados, na gandeiría, nos trabllos forestais, no ámbito laboral, no medio ambiente, o patrimonio e a paisaxe ou nas infraestruturas. |
NOS_47304 | A recuperación da regueifa como modo de expresión popular cobrou certa relevancia nos últimos anos. A Asociación Oral é unha das organizacións responsábeis desta reivindicación. A partir desta tarde, e en colaboración coa Deputación da Coruña, celebran a "repentización" poética nas xornadas De Repente, en Compostela, destinadas a "docentes, alumnado e familias". | "Nos últimos anos está habendo unha emerxencia da regueifa, impulsada sobre todo por xente nova do mundo do ensino", explica Séchu Sende, escritor, profesor e actvista de Asociación Oral: "Hai unha vontade de actualizar os seus valores. Imos falar de xénero, da importancia que ten a canción improvisada para construír un discurso moderno e actualizado aos nosos tempos. Por iso mesmo, é moi importante a participación de mulleres e rapazas novas". O ciclo comeza esta tarde ás 16:30 na cafetería Lasso do Auditorio de Galiza: "Unha experiencia única arredor da cociña improvisada e regueifada de Pía Lago, os segredos do mandil de Sofía Tarela e os contos dos vellos repentistas de Xurxo Souto". Para a quinta e sexta feira a mostra trasládase ao Salón de Actos do Museo Pedagóxico Galego (Mupega). Na quinta feira, Vero Rilo realizará teatro improvisado e máis tarde unha regueifa en familia, da man do Clube da Regueifa da Semente. Ás 19:00, Marina Porto e Kike Estévez presentarán Metodoloxía Didáctica do Repente. A partir das 22:00 haberá foliada aberta de repente no Gramola. Durante a sexta feira, as figuras de improvisación oral dos Países Cataláns e de Euskal Herria, a glosa e o bertso, serán protagonistas. Ás 18:00, Alba María e Manolo Maseda organizarán un obradoiro para docentes que finalizará cunha foliada repentista de clausura. Ás 22:00 celebraráse unha cea conxunta para as persoas que gosten de participar. Todas as actividades son gratuítas e pódese reservar praza a través de [email protected]. A Asociación Oral naceu en 1997 en Vigo co obxectivo de conservar a tradición popular galega, especialmente da oral. As regueifas, figura da improvisación oral rimada, son a manifestación máis estendida desta vertente no noso país. Atópanse referencias xa na Antiga Grecia e Roma ou nas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media. |
NOS_41830 | "É agora o nunca", afírmase nun acto que celebrou que 920 dos 947 concellos do país aprobaran mocións en defensa do 9-N. "A democracia catalá está ameazada pola española", asegura Junqueras, de ERC. | 800 alcaldes cataláns pecharon filas este sábado coa convocatoria da consulta de autodeterminación do 9 de novembro antes de reunirse co presidente da Generalitat, Artur Mas, nun acto no que se pronunciaron frases como o "agora ou nunca" do alcalde de Navàs (Barcelona), Jaume Casals (CUP), que interveu acompañado doutros rexedores, entre eles, o líder de ERC e primeiro edil de Sant Vicenç dels Horts, Oriol Junqueras. "Temos que tirar adiante, sen dúbidas", expresaron antes de reunirse con Artur Mas Xunto ao presidente de l'Associació Catalá de Municipis (ACM), Miquel Buch, o presidente de l'Associació de Municipis per a Independència (AMI), Josep Maria Vila d'Abadal, destacou no Concello de Barcelona que o importante é que até o de agora 920 municipios, dos 947 que hai en Catalunya, aprobaron mocións a favor do referendo, e destacou "a necesidade de tirar adiante sen dúbidas co proceso". "Queremos cumprir a vontade do pobom que quere que esteamos aquí todos", sostivo Vila d'Abadal, namentres que Junqueras celebrou que "son tempos de esperanza" para "aqueles que están facendo o posible para que a cidadanía vote", e subliñou que nesta xornada os concellos renovan o seu compromiso respecto da votación do 9-N. "A democracia catalá está ameazada pola española, que quere impedir a votación", afirmou o líder de Esquerra, que considerou que unha representación masiva dos municipios supón unha peza chave no proceso de defensa do dereito a voto. Pola súa parte, o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, volveu pechar a porta ás urnas catalás en nome da "lei" durante un acto do PP. |
NOS_37462 | Centos de delegados e delegadas da CIG participaron en Compostela na Asemblea Nacional para quentar motores cara ágreve xeral para a que a central sindical propón o 19 de xuño. | "As únicas folga xerais que fracasan son as que non se fan". Así se expresou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, perante os delegados e delegadas da central sindical que esta cuarta feira ateigaban o Pazo de Congresos de Compostela. Delegados e delegadas de diferentes sectores e comarcas que acudiron á Asemblea Nacional para tratar as conclusión das asembleas celebradas nas distintas comarcas, sectores e centros de traballo en torno á convocatoria de greve xeral, para a que a central sindical xa apuntou como data o vindeiro día 19 de xuño. "É necesaria unha folga xeral para enfrontar a grave situación de precaridade e explotación que estamos a vivir, cada vez máis agravada e asentada. Dende a CIG optamos por dar unha resposta contundente e sen medo como sempre fixo a clase obreira galega", manifestou Carril. "Decidimos actuar, intensificar a mobilización porque necesitamos recuperar os nosos dereitos, os salarios, derrogar a reforma laboral, da negociación colectiva, das pensións, e reforzar a capacidade para acabar cos ataques aos dereitos das mulleres". Para o secretario xeral da central nacionalista, "a folga xeral é a nosa moción de censura a este réxime corrupto e podre que pretenden manter a toda costa. As súas políticas podémolas tumbar, pero tendo presente que os dereitos hai que conquistalos coa mobilización e a loita e non co pacto social". Apoios Antes de intervir o secretario xeral tomaron a palabra representantes de diferentes sectores. Xesús Sánchez, da Xustiza, falou sobre a prolongada loita do persoal da administración deste servizo público. María Xosé Abuín denunciou como o PP favorece á sanidade privada e Berto Gonzalves denunciou a represión contra traballadoras e traballadores por exercer o dereito á folga. "Queren meternos medo, pero o exemplo de Carlos e Serafín demostra que só a través da loita conseguiremos avanzar na mellora das nosas condicións de vida". Carlos de la Fuente, en nome do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG, chama a parar masivamente e saír á rúa na folga porque "a defensa dunhas pensións públicas dignas é unha loita de toda a clase traballadora". A loita do sector de ambulancias ou contra os falsos autónomos tamén estivo presente nas intervencións. O secretario confederal de negociación colectiva da CIG, Francisco Sío, chama a greve para demandar un marco galego de relacións laborais "que nos permita escapar dese artigo 155 que o Goberno español está a aplicar á negociación colectiva galega". E Marga Corral denunciou que embora o "éxito rotundo da folga do 8 de marzo, os gobernos non deron pasos para incorporar nin unha soa das nosas demandas". Finalizada a Asemblea Nacional, os delegados e delegadas saíron en manifestación até a sede administrativa da Xunta baixo a consigna "Nin un paso atrás, folga xeral". |
NOS_16801 | As vendas españolas de armas ao estranxeiro en 2012 ascenderon a 1.953 millóns de euros. Esculca lembra que moitas desas armas "continúan tendo como destino países en conflito armado ou nos que existen graves violacións dos dereitos humanos". | No ranking mundial de estados exportadores de armamento, o español situouse na novena posición en 2012. Vendas por valor de 1.953 millóns de euros. Unha década antes, en 2003, esa cifra andaba nos 383 millóns. Cinco veces menos. O Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca lembra unha evidencia que moitas veces se esquece, interesadamente ou non: moitas destas armas continúan tendo como destino países en conflito armado ou nos que existen graves violacións dos dereitos humanos. "O que prima nas exportacións son criterios comerciais e políticos, non o cumprimento e respecto dos Dereitos Humanos" O relatorio do Centre JM Delàs per a la Pau lembra mesmo que o Estado español vendeu armamento o ano pasado a catro países sometidos a embargo. Libia, Irán, Azerbaián e Líbano. "Tanto a lei española como a Posición Común establecen unha serie de criterios para denegar exportacións a aqueles países que estean sancionados ou embargados, países con manifesta inestabilidade política, países en conflito armado, países que vulneren os dereitos humanos, países que non loiten contra o terrorismo ou países cun índice de pobreza preocupante". Uns criterios que non se cumpren. Quen compra as armas españolas? O Centre ten un completo relatorio sobre todo o que ten a ver coa venda e exportación de armas polo Estado español. O destino número un é a zona de Oriente Próximo (Arabia Saudí, Israel, Oman...), un dos puntos quentes do planeta en canto a tensións e conflitividade. O segundo posto en importacións de armas españolas en 2012 vai para Venezuela, con 182 millóns de euros (principalmente en buques e patrulleiras de vixiancia). O terceiro lugar é para Estados Unidos, con 91 millóns, sendo o receptor do 4,5% das exportacións de armas españolas.México, Indonesia e Kazaxistán están os seguintes no ránking. "Ocultación" e "secretismo" Nas súas conclusións, o Cedre denuncia a "ocultación" e o "secretismo" en todo o relativo a esta cuestión, o que fai difícil un control efectivo das exportacións por parte de organizacións e entidades de dereitos humanos ou pacifistas. Aliás, denuncian que o Estado español prima criterios "comerciais" e "políticos" sobre os dereitos humanos, o que consideran que contravén convenios e tratados internacionais. |
NOS_58535 | Profesor, escritor e investigador, Francisco Rodríguez (Serantes- Ferrol, 1945) é o primeiro Premio Nacional Galiza Cultura, que outorga a federación de asociacións culturais homónima, un recoñecemento aos seus "50 anos ao servizo da cultura galega". É todo traballo e amor á cultura de base e popular, e iso levouno a percorrer os lugares máis recónditos do país para participar en innumerábeis actividades. Antes de que teña lugar o acto de entrega do premio, o 22 de abril en Ferrol, conversamos con el sobre a súa traxectoria cultural. | Que supón para ti a concesión do premio, con unanimidade e a participación de tantas entidades culturais? Eu agradezo ese premio, pero non como un premio á miña persoa. Agradézoo porque, primeiro, significa que hai un sector social do país que é capaz de valorar, sen discriminacións sectarias, o que as persoas fan. Segundo, porque hai un sector social e cultural nacionalista, e recibir recoñecemento daqueles cos que comparto esforzos e obxectivos, e dos que son produto, paréceme o mellor que me pode pasar. Terceiro, creo que se deixa constancia de que non todo é oficial e que non todo o que o oficial recoñece é o único existente e o único con valor. Nunha palabra, significa a existencia de recoñecemento social, á marxe das institucións oficiais ou oficialistas. Pero o máis importante é o feito de que se vexa que hai cultura de base nacional galega e de base popular e que pode estar máis ou menos debilitada, mellor ou peor, pero ten consistencia e criterio propios. Espero que o premio teña continuidade e se dea a persoas e organizacións que fan algo ben intencionado e valioso, contra corrente. Situémonos en Madrid. Finais dos anos sesenta. Rematas os estudos, tes ocasión de quedar na Universidade pero prefires voltar para Galiza, por que? Cando estaba nos últimos anos da carreira, deixáronme claro, en concreto Pilar Vázquez Cuesta, que me podía quedar dentro do departamento que dirixía Dámaso Alonso. Había un acordo explícito entre Pilar e Dámaso Alonso para que unha compañeira, Maribel Rei Rodríguez, e eu quedásemos alí, coa perspectiva de promovernos para chegar a catedráticos de Universidade. Rematei a carreira e como non me podían facer un contrato de axudante no departamento, porque estaba fichado polo Reitorado, Pilar Vázquez Cuesta recorreu a conseguir unha bolsa na Embaixada do Brasil para traballar nun dicionario portugués, e facerme o seu axudante na Escola de Comercio, que non dependía da Universidade. Como non tiña ningún traballo, se non me saía outra cousa, aceptaría. Refírome a un traballo aquí, na Galiza. A verdade é que eu xa fixen todo o posíbel para que me saíse, e tanto o fixen que me metín nun colexio privado por un salario de 7.500 pesetas de entón, sen Seguranza Social. E non volvín. "A USC é unha institución corporativa e endogámica, só para os amigos" E, polo que sei, vetóuseche a entrada na universidade na USC, non? Nada máis que o intentei polos anos 1987 e 1988. Intenteino para comprobar que esa era unha institución corporativa e endogámica, só para os amigos e, por iso, non só concursei a unha praza que ficara libre de Literatura Galega da Faculdade de Filoloxía da Universidade de Santiago, senón que fun a unha oposición de cátedra desta materia, á que se presentou tamén Alonso Montero. Estaban dadas xa de antemán. Esta última desenvolveuse coa presenza de Ramón Piñeiro na primeira fila do público, avalando xa se sabe que candidato. Tan alarmante e aberrante foi que a min non me votou ninguén do tribunal. O argumento por escrito foi que tiña capacidade para estar na universidade pero a miña metodoloxía era moi dogmática e unha persoa así non debía entrar. Está posto no papel. Eu sinto que naquel momento esa constatación en acta non a usase para un recurso, porque é gravísimo que se poña nun papel os señores desta ideoloxía non. A atmosfera de terror e intimidación que hai e que había nese aspecto é tremenda, e iso explica moito as dinámicas culturais que hai no país. Calquera persoa que quere entrar alí sabe que cousas non debe de facer nin debe de tocar, aparte de que a miña traxectoria fora de confrontación, sobre todo, co Instituto da Lingua Galega na súa orixe. Agora fálase moito de que se o galego e portugués son a mesma lingua, de reintegracionismo, todo iso está moi ben, pero eu non vin que neste país, agás un sector do nacionalismo, ninguén fixese unha oposición ab initio aos postulados do ILG. Volvemos ao tardofranquismo. Como foi a túa experiencia na loita do estudantado? Eu vivina toda en Madrid, practicamente. Alí había moito activismo estudantil contra o réxime e, de feito, rebentamos a Asociación Profesional de Estudantes, tomámola cunha especie de fronte común de todas as faccións anti franquistas. Había que dirimir quen era o delegado de Facultade, de todas as faccións. Eu fun apoiado por todo o sector católico progresista, o pro chinés, maoísta, o abano radical, fronte ao candidato do PCE, pero despois todos tiveron que votar o candidato único, que era eu. E así fun o delegado de Facultade no último ano de carreira, cunhas convulsións terríbeis. Estrañábame que algúns galegas e galegos, como Pilar Allegue, que ían moito ao clube da Unesco de Madrid, onde estaba por aquel entón Bautista Álvarez, a min non me convidasen. Seguramente pensaban que eu era un señor radical pero dubidaban de se era ou non nacionalista, pois non me coñecían. Vivía nunha continua vertixe. Estaba obsesionado en como xustificar o meu compromiso alí en nome dos intereses de Galiza. Nas entrevistas que me facían como delegado de Faculdade sempre acababa argumentando desde unha óptica galega... Estaba comprometido, pero desubicado. Debía resultar unha especie de rara avis. Que te levou a interesarte tan cedo por Curros e Rosalía? Empecei por Curros porque na Universidade de Madrid, un dos estudantes de Económicas, de Pontedeume, que vivía no mesmo Colexio Maior ca min, me agasallou coas obras escollidas de Curros, da editorial Aguilar. Esa foi a primeira lectura en galego realmente en profundidade que fixen. Como era un señor tan ideolóxico, iso casaba moi ben co tipo de mentalidade que eu tiña, que era moi ideolóxica, moi racionalista. Como xa tiña unha mentalidade nacionalista e antiimperialista dixen: carai!, pero este señor xa descobre todo isto do imperialismo, co cal decidín facer a tesiña sobre el. Fíxena cun profesor de Portugués, o profesor Ares Montes, un galego que levaba moitos anos en Madrid, un señor moi sensato. Unha vez que leu o que fixen díxome: "Cuánto desconocemos los gallegos sobre nosotros mismos!". Non houbo problema ningún, déronme sobresaliente. E iso foi o que utilicei como base para a publicación da Evolución Ideolóxica de Curros Enríquez, que se chamaba así a tesiña tamén. "O que me desconcertou e irritou moito, porque vin que se cavaba a fosa para ela, desde unha posición digamos que "de esquerdas", foi o libro de Alonso Montero, Rosalía de Castro (1972)" E Rosalía? Cando comecei a ler Rosalía tropezaba cunha tradición estereotipada, terríbel, que me metía un pouco de medo e me botaba para atrás. Eu non tiña lectura dos textos, agás tres ou catro poemas. Fun un pouco ás cegas, e cunha ignorancia cultural da literatura galega total. O caso é que empecei a tela como obsesión, quen era esta muller? Cando alguén me pedía que falase nalgunha asociación cultural popular, diso en Ferrol había moito, collía e falaba de Rosalía. Seguín facendo ese traballo público de recitais, difusión... até que dixen, a isto hai que meterlle o dente. E o que me desconcertou e irritou moito, porque vin que se cavaba a fosa para ela, desde unha posición digamos que "de esquerdas", foi o libro de Alonso Montero, Rosalía de Castro (1972). A partir de aí comecei a ler todo, a obra en galego e en español, con fondura, e seguín facendo de divulgador público. A miña vida política foi moi axitada entre o 74 o 85 e iso impediume dedicarlle tempo, porque a obra de Rosalía non é fácil, fronte ao que se di. É moi complexa. E entón chegou a tese de doutoramento. Pero foi para traballar sobre Rosalía, non para ter a tese, que eu sabía que non me ía valer para nada. Eu xa falara no 69 con Carvalho Calero precisamente para facer algún tipo de intercambio de puntos de vista, e decidinme ir por aí. A tese foi aprobada, coa máxima cualificación por un tribunal, que recomendou a súa urxente publicación, no que estaban Carvalho Calero e Claude Henri Poullain, que era un especialista sobre a estilística de Rosalía. Este home demostrou ter unha honestidade intelectual fóra do común. Era catedrático na Universidade de Montpellier e, en público, dixo que o seu libro, Rosalía de Castro e a súa obra literaria (1974), tiña un erro, que debía emendar. Dicía, na súa conclusión, que Rosalía non era unha poeta filosófica. No acto de leitura da miña tese, apuntou que tiña que rectificar, pois, á luz de todo o que lera alí, claro que Rosalía era unha poeta filosófica. O del era un libro de cabeceira de todas as universidades. Galaxia traduciuno ao galego. Na versión de Galaxia, coloca unha nota Poullain na que di que ten que rectificar despois da leitura do meu libro, Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1987). A partir de aí o seu libro deixou de ser referencia na Universidade de Santiago. "Catherine Davies, no último congreso sobre Rosalía no Consello da Cultura Galega, dixo 'A min o libro que me gustaría ter escrito é o de Francisco Rodríguez Análise Sociolóxica da obra de Rosalía de Castro'" E está tamén a túa preocupación por situar Rosalía no lugar que merece como escritora galega e como clásica universal. Vén pola a sensación de que se estaba cometendo unha inxustiza brutal, e enriba a costa da deformación do propio país, como se aquí non se puidese facer nada que tiver unha transcendencia que non for puramente localista. Como é posíbel tanta literatura destinada a enterrala, acoutala nesa visión tan limitada? Para min a pregunta do millón era, entón Rosalía era nacionalista? Que era, unha parva que acertou por casualidade para facer dous libros? Nada casaba. Era tamén poñer en solfa se realmente o país non podía dar máis que unha imaxe enxebrista, limitada, choromiqueira, ou había realmente unha cousa máis complexa que se nos estaba furtando. E cada vez, o cabreo era maior. Teño a satisfacción de, a pesar de que no mundo académico máis penoso se fai un auténtico silencio da miña obra, unha persoa que si estudou o tema, e de maneira ben orientada, como Catherine Davies, no último congreso sobre Rosalía no Consello da Cultura Galega, dixera: "A min o libro que me gustaría ter escrito é o de Francisco Rodríguez Análise Sociolóxica da obra de Rosalía de Castro", cousa que aquí non se di, senón que furtan, manipulan e aproveitan material e nin citan. Como pode escribir alguén agora "Rosalía escribía para vivir", como novidade? Esa idea está estudada, traballada e publicada desde hai moitos anos, vostede non pode aparentar que é unha análise nova. Ideas como as que veñen recollidas no libro monumental que publicaches en 2011, Rosalía, estranxeira na súa patria? Ese libro é obviado por sistema pola oficialidade institucional e polos secuaces, e ten moito máis material e información que o de 1988, aínda que a base sexa a mesma. O capítulo 10, por exemplo, é usado, con frecuencia, sen nunca citar o que se furta. En todo caso, inicialmente, no esforzo pola verdade de Rosalía, hai dúas liñas bastante paralelas na investigación e, por motivos obxectivos, unha é máis extensiva e alongada que a outra, a de Catherine Davies e a miña. Curiosamente, o libro de Catherine Davies Galaxia publicouno cando viu que ía saír a miña tese doutoral. "Existe unha rede caciquil, do uso do carto público que impide saír dun autonomismo paifoco. Así actúan o CCG, a RAG e as universidades" Cal é a túa lectura das institucións culturais públicas ou daquelas que se manteñen con cartos públicos? Aquí hai un drama. Estas institucións quen as hexemoniza parte do suposto de que a cultura galega é unha cultura secundaria. Pensan en como controlala. Non se trata de como a facemos expansiva. É aceptar a migalla e o resultado é de controladores, dunha rede caciquil, do uso do carto público para ter ti a túa propia rede e desa maneira non podemos saír dun autonomismo paifoco. Así actúan por desgraza o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega ou as universidades de forma maioritaria, aínda que haxa persoas que son excepción. Como é posíbel que nun país como Galiza, que ten que ter unha historia medieval esplendorosa, cunha entidade tremenda, a Facultade de Historia non publicara case nada da historia política deste país pero si teña subliñado o carácter dependente de Galiza e manteña que Galiza nin sequera foi Reino? Aparece máis Galiza no que fan as universidades de Castela e León que en todo o que fai a USC. Precisamente, os últimos traballos que estás facendo, os publicados, por exemplo, no Terra e Tempo, insisten na necesidade de restaurar e divulgar a memoria histórica galega. Por que esa preocupación? Polo mesmo. Se non tes referencias sobre o propio, vas tender a un desapego terríbel da túa realidade e tampouco a realidade ten explicación, nin sequera a monumental ou artística, se ti non sabes o que hai humanamente detrás dela. Parece que historicamente Galiza é o pobo que nunca existiu. Converten Galiza nos Camiños de Santiago, no Xacobeo, con grande demérito da propia existencia do país, pero por que aparece aquí o corpo do apóstolo? Por que se inventa iso? Quen o inventa? Para que? E aí aparecería o que ten que aparecer, un reino cunha gran capacidade económica, demográfica e cultural e mesmo poderíamos saber por que hai unha fenda entre Portugal e Galiza hoxe. Non entendo que se tiren pedras contra o noso propio tellado, e iso faise desde as institucións galegas, en particular desde o traballo de historiadores pagos con cartos públicos. "Creo que estamos despistados, desnortados e un pouco con leiriñas" Como ves o estado da cultura na actualidade? Penso que no caso galego é moi difícil separar cultura do estatus e da situación do país. Na medida en que Galiza non avanza, senón que, máis ben, está nun impasse ou retroceso, pois todo se resinte. Caracterizaría o mundo cultural galego pola atomización, polas meritorias iniciativas individuais, polo intento de modernizala a través de internet, pensando que a presenza na internet é un bálsamo que vai solucionar o problema non só do salto á modernidade, senón o da popularización, e non é así. Penso que estamos facendo unha política de resistencia sen ser consciente moita xente de que é unha política de resistencia. A cultura de base, a popular, por exemplo, o que é o baile e o canto, a canción, a música en xeral, viven na marxinalidade. E iso non creo que o vaiamos superar unicamente cos medios tecnolóxicos. Isto esixe un traballo de base, e unhas mudanzas políticas, nunha dirección nacionalista. Creo que estamos despistados, desnortados e un pouco con leiriñas. "Galiza Cultura representa a intención de contribuír cun esforzo cultural serio pola base ao espallamento do coñecemento sobre o país e á vitalidade da nosa cultura nacional" Cal é a relación entre a actividade cultural e o nacionalismo galego? Penso que está unha miga esmorecida e debilitada e, aínda que teoricamente hai unha conciencia da importancia da cultura para a creación de conciencia nacional, é, como digo, unha teoría, porque na práctica non se lle dá o valor que ten cando ese é un dos instrumentos de introdución aínda hoxe e de proselitismo. Cultura tamén é coñecer ben a realidade xeográfica e a paisaxística. Se ti logras que persoas se dispoñan a coñecer o país, xa é un salto de xigante. Ese tipo de activismo orientado e planificado, con intencionalidade e obxectivos, non o hai. Creo que non imos polo bo camiño. Deberíanos preocupar máis a actuación social nosa que pensar que poderemos resolver o noso problema como alternativa nacionalista só utilizando mecanismos electorais, por exemplo. Galiza Cultura representa a intención de contribuír cun esforzo cultural serio pola base ao espallamento do coñecemento sobre o país e á vitalidade da nosa cultura nacional. Na rolda de prensa de presentación do premio Galiza Cultura díxose que eras a persoa do país que máis tiña participado en actividades culturais, sen importar o lugar ao que tiñas que te desprazar. A que se debe esa vontade de responder sempre aos chamados das asociacións culturais de base? Porque é un dos poucos instrumentos que tes para o contacto coa xente, para transmitirlle os valores do país, a propia literatura ou a súa historia, ou a realidade económica, aínda que non sexas economista e sigas os criterios doutros que si o son e teñen contribuído a aclararnos algo. Se non o fas, falla un dos pés fundamentais da introdución social e falla sobre todo o afán para que a conciencia se soporte en coñecemento co que ti te podes acabar identificando. Para min foi unha parte fundamental e foi sempre unha actividade intensa. Ese activismo, en parte, tivo como obxectivo aclarar a situación do galego e o conflito lingüístico que vivimos. Ese é outro tema que me vin abocado a enfrontar. Foi debido ao repto, ideolóxico e social, que tiñamos diante. En pleno 1973 empeza a aparecer a teoría da morte do galego, xusto cando nós empezamos a usalo normalmente e cando se introducía o galego en lugares en que estaba excluído. Ningún intelectual dos que estaban formalmente no campo nacionalista quixo facelo. Como sempre, alguén ten que facelo, foi un deber político, non porque tiver especial predilección polo debate, senón porque vin que era gravísimo o que se formulaba. Era como condicionar xa o futuro, dicir que ou se cumprían en pleno franquismo unha serie de demandas normalizadoras, que hoxe nin albiscamos, ou o galego morrería en 25 anos. Estabamos en 1973... Curiosamente, hoxe nin de lonxe se cumpren, e o dramatismo desapareceu das bocas que entón, en castelán, enunciaban a teoría da morte do galego... Case cincuenta anos máis tarde, o galego, ferido, fráxil, con graves recuamentos e recuperacións limitadas, aí está nunha encrucillada sen resolver ao seu favor. "A miña obsesión e preocupación foi sempre a de coñecer o mundo agochado e desvalorizado que temos ao noso arredor, o do propio país" A outra faceta do meu activismo foi o espallamento popular da obra dos nosos clásicos do XIX: Manuel Curros Enríquez e Rosalía de Castro, sobre todo, pero tamén Pondal, en menor medida. E do XX, Eduardo Blanco Amor, en primeiro lugar, e Castelao, de forma máis parcial. En todos os casos, foron visións novas, descubrindo facianas agochadas ou simplemente revelando a vixencia dos seus mundos... En fin, sempre considerei que a cultura galega, e en particular, a literaria, tiña un relevo e un valor considerábel, propios dun pobo que quere ser libre. Polo demais, no meu traballo docente, intentei que a conciencia sobre o propio país aboiase nas rapazas e rapaces, educándoos co uso da lingua galega como vehicular do coñecemento académico e exercendo unha perspectiva analítica galega do mundo. Con todo isto, quero dicirche que a miña obsesión e preocupación foi sempre a de coñecer o mundo agochado e desvalorizado que temos ao noso arredor, o do propio país, ao tempo que eu fun descubríndoo tamén. Non creo que un proceso deste tipo poida explicarse máis que como un proceso descolonizador no que participei e participo co entusiasmo e a convicción de quen o sabe vital para Galiza ser consciente e responsábel de si mesma. [Esta peza é a conversa ampliada publicada no Sermos Galiza 241] |
NOS_24791 | O número de vítimas mortais a causa da COVID-19 ascende a 509. | Os rexistros da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade suman 11 novas vítimas mortais nas últimas 24 horas. Desas, informa a Xunta, cinco faleceron en centros residenciais. Así, a cifra total de mortos con coronavirus na Galiza ascende a 509, 237 vinculados a centros residenciais, que seguen a ser un dos principais focos de preocupación. Casos activos Após a última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza soben a 6.824, 120 máis que os rexistrados onte. Deles, 1.629 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.055 da de Santiago e 400 da de Ferrol. Nas residencias a cifra de persoas contaxiadas é de 1.218, das cales 875 son usuarias e 343 traballadores e traballadoras. O número de casos detectados en centros residenciais de servizos sociais da Galiza supoñen 3,6% do total das persoas residentes. Aumentan as altas e as doentes en coidados intensivos Ademais, do total de pacientes positivos, 90, tres máis, permanecen en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), 495 están en unidades de hospitalización e 6.239 recupéranse no seu domicilio. O número de altas tamén aumentou. Son xa 1.783, 53 máis que as rexistradas hai 24 horas. O número de PCR realizadas é de 82.993 |
NOS_5836 | "Liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas. Estas mobilizacións simultáneas servirán para "deslocalizar" a gran marcha que, nos últimos anos, viña percorrendo Compostela. | "Máis que nunca, queremos galego", recolle o manifesto de Queremos Galego deste 17 de Maio. Un desexo, unha reivindicación, unha necesidade para pular polo dereito "a ser lingua visíbel, audíbel, e practicábel sempre, a respirar libremente en todos os espazos". A esixencia de igualdade é fundamental para Queremos Galego. "Cómpre que as persoas que falan galego non teñan impedimento de ningún tipo á hora de facelo", sinalou Luis Barral, da plataforma, quen lembrou outras circunstancias en que o uso da lingua propia de Galiza atopa dificultades, e mencionou "empresas, bancos, aseguradoras" ou a administración do Estado. "Liberdade, igualdade e xustiza" para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas. As mobilizacións son: A CoruñaPraza de Galiza ás 12:00h Santiago de CompostelaAlameda ás 12:00h FerrolPraza Vella ás 12:00h CarballoPraza do concello ás 12:00h LugoPraza Maior ás 12:00h BurelaPraza da Mariña ás 12:00h MonfortePraza de España ás 12:00h OurensePraza do Ferro ás 12:00h PontevedraPraza da Peregrina ás 12:00h VigoManifestación ás 12:00h. Saída cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz. A EstradaPraza do mercado ás 12:00h LalínPraza da igrexa ás 12:00h |
PRAZA_3307 | A organización cre que o caso "exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política" e lembra que a Xunta fixo unha "modificación da lei á carta" para favorecer esta empresa sendo a ex-conselleira titular de Medio Ambiente. | A fichaxe da ex-conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato pola enerxética Greenalia segue a dar que falar. Menos de dous meses despois de abandonar todos os seus cargos políticos e deixar a súa acta de concelleira, a ex-líder do PP coruñés incorpórase a Greenalia como directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC, tal e como anunciou unha compañía que impulsou varios dos seus principais proxectos na época na que Mato formou parte do Consello da Xunta. "A fichaxe exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política; non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo!", di AdegaA que tamén será futura directora da nova Fundación Greenalia incorpórase á compañía que inaugurará en poucas semanas unha gran planta de biomasa en Curtis, que recibiu o visto e prace ambiental e a posibilidade de ampliar a súa potencia durante a etapa --de 2015 a 2018-- na que Beatriz Mato foi conselleira de Medio Ambiente. Logo da denuncia e da petición de explicacións do BNG, a través do seu portavoz na Coruña, Francisco Jorquera, e tras algunha alusión nas redes sociais desde as filas dos outros partidos da oposición, é Adega quen pon o foco nunha fichaxe que, segundo di, "exemplifica os fortes vencellos entre as enerxéticas e determinada clase política". "Non son portas xiratorias, son verdadeiros arcos do trunfo!", asegura a organización ecoloxista. Adega fai un repaso pola evolución o gran proxecto de Greenalia e lembra que xa en xaneiro de 2016 a compañía, daquela Renova Generación, fora adxudicataria de 50 megavatios en biomasa na poxa anual de renovábeis. En outubro, presentou na Xunta un proxecto para a planta de Curtis malia que que "nesa altura o límite de potencia destas plantas eran 10MW, establecido no Decreto 149/2008 aprobado polo bipartito". "A administración lexislou a favor dos intereses empresariais; foi unha modificación da lei á carta", di Adega sobre a planta de biomasa de Greenalia"O proxecto sobrepasaba, pois, o máximo legalmente permitido, malia ao cal Industria e Medio Ambiente comezaron a tramitalo", explica Adega, que recorda que "apenas dous meses despois", o PP derrogou esta norma através da Lei de acompañamento dos orzamentos de 2017, liberalizando a potencia das plantas de biomasa. "A principios de 2017 apareceu un proxecto similar coas mesmas características (50MW) e localización (Curtis) da man de Greenalia S.L., nova denominación de Renova Generación S.L.", engade a entidade, que cre que este caso "foi un dos exemplos máis claros de como unha administración lexislou a favor dos intereses empresariais". "Se unha instalación non é legal, pois múdase a norma e listo! Foi unha modificación legal á carta", engade. Como lembra Adega, finalmente, en agosto dese mesmo ano o departamento da daquela conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, autorizou a planta. "Da ilegalidade á autorización en menos de 8 meses!", denuncia. Ademais, a organización ecoloxista recorda que durante a etapa de Mato como conselleira de Medio Ambiente e ata 2019, a Xunta autorizou tamén 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, e concedeu 795.000 euros en subvencións e 1 millón en préstamos ás empresas do grupo. "Algúns dos parques autorizados, como o parque eólico Campelo, a carón da lagoa de Alcaián en Coristanco e Santa Comba, amosan graves afeccións ambientais a hábitats prioritarios e mesmo a especies endémicas en perigo de extinción, únicas no mundo", di, aínda que "seguen adiante, deixando claras as prioridades da Xunta á hora de escoller entre os intereses empresariais e a protección do ambiente". "A teor dos outros precedentes citados, estas decisións veñen de ter agora a súa merecida recompensa", conclúe Adega, que lembra que non é a primeira vez que ex-cargos do Goberno galego acaban ocupando postos directivos en empresas coas que tiveron vencellos na súa etapa como responsables políticos. "As decisións tomadas pola Consellería de Medio Ambiente teñen agora a súa merecida recompensa", di sobre a fichaxe de Mato por GreenaliaCitan así a Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente con Fraga que entrou en ENCE logo de que o PP perdera a Xunta. No consello de administración da pasteira, lembran, comparte cadeira con Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente con Aznar, e Pascual Fernández, secretario de estado de Augas e Costas tamén con Aznar, entre outros. "As decisións tomadas por estes responsábeis públicos no exercicio dos seus cargos foron determinantes para o mantemento de ENCE en Lourizán", rematan. |
NOS_33190 | Xa se coñece o calendario da Primeira e Segunda División estatal. | O Celta, único equipo galego na Primeira división do fútbol estatal, xa coñece o calendario da próxima tempada 13/14. O conxunto que agora dirixe Luis Enrique arrancará como acabou o exercicio anterior, fronte ao Espanyol en casa, encontro de recordos felices posto que supuxo a salvación dos celestes. O peor do sorteo para os vigueses foi a recta final da campaña, posto que nas dúas derradeiras xornadas terán como rivais aos poderosos Real Madrid e Valencia. Se os célticos botarán de menos na tempada ao seu símbolo Iago Aspas, na Coruña un Dépor de regreso a Segunda división terá que comezar -o 18 de agosto, como no caso de Primeira- viaxando a As Palmas para medirse ao equipo local, que está en negociacións para fichar a un gran referente branquiazul que tamén deixou o club en xuño, como é o caso de Juan Carlos Valerón, que medita se volver ao conxunto onde se formou ou marchar á liga de Qatar. Pola súa parte, o Lugo comezará a competición no Anxo Carro fronte a un clásico da categoría como o Numancia. Os encontros máis esperados na cidade amurallada serán os derbis contra o Deportivo, que terán lugar en Riazor o 1 de decembro e en Lugo o 4 de maio. |
NOS_1289 | Revivir álbums que marcaron á historia da música galega. É o fin principal que persegue o ciclo Pioneirxs da música galega, posto en marcha pola Deputación da Coruña. O primeiro concerto decorrerá este sábado no Teatro Colón e contará coa cantautora Pilar Martínez 'Pilocha', que recuperará o repertorio do seu disco homónimo. | Pilocha é considerado o primeiro álbum de jazz-fusión da música galega. Como foi o seu proceso de creación? A min sorprendeume esa definición de jazz-fusión en galego, a verdade é que a miña intención tampouco era esa. Quizais despois véndoo baixo un prisma máis obxectivo, se poida relacionar con ese movemento de jazz-fusión en galego. Tampouco é algo que me vaia quitar o sono. O disco foi traballado dunha maneira moi anovadora, xa que se empregou unha instrumentación que daquela non era habitual e supuxo unha sorpresa bastante grande. Ademais diso, leva todo un abano de posibilidades musicais, posto que o que fai é reflectir o que eu facía nese momento. Entón, hai pezas de corte tradicional, pero tratadas despois dunha maneira moi elaborada e moi depurada como O sancristán de Coimbra ou mesmo O alecrín. Logo, tamén inclúe temas cun corte moito máis clásico, por exemplo A miña amiga de Xosé Quintás Canella, que a fixen ao meu gusto, igual que O alecrín. Despois de recibila dunha maneira, vaise transformando pouco a pouco cando a vas traballando noutra cousa completamente diferente. Aí está o teu labor diante das cancións. O que fixen foi amosar o traballo que estaba a levar polos palcos naquel entón. Que oportunidades ofrece esta iniciativa? O ciclo, que para min é fantástico, ten unha característica importante e é que nos permite facer a cadaquén o que cremos máis oportuno con ese traballo agora mesmo. Hai a posibilidade de facelo desde esa idea do cantautor daquel momento, que iamos con escasa instrumentación e poucos medios técnicos facer país. Poderiamos amosalo directamente ao público de hoxe, que seguro que sorprendería ver como se facían as cousas por aquel entón. Por outra banda, tamén podería levarse a cabo unha reinterpretación desas cancións. Eu optei pola segunda opción. Teño máis interese en que se escoiten eses temas baixo o prisma da actualidade, como se poderían tratar hoxe e ver a súa actualización, pero sen deixar de intuír partes nas que se fai ese revival de escoitar o que era o cantautor ou cantautora coa súa guitarra. Esa é unha das grandezas do ciclo, poder amosar cada un como quere a seu traballo. Esa esencia, entón, seguirá estando presente. A esencia sempre vai estar aí. De feito, neste disco hai cancións, con toda a humildade, pasaron a formar parte do acervo cultural do país. O sancristán de Coimbra séguese a escoitar hoxe en reunións familiares, de amigos... e dalgunha maneira ven de aí. Tamén O alecrín, que aínda se canta e hai rúas, bares e asociacións co seu nome. A min iso paréceme un fortuna, poder aportar algo e que quede aí é fantástico, pero velo desde un punto de vista actual tamén é interesante. Que supoñía cantar en galego naquel momento? Realmente, sempre houbo moitas posibilidades de cantar en galego, a pesar de que non estaba ao noso alcance. Eu comecei a cantar no instituto e daquela achei, a través dunha amiga, uns singles que editara Xistral en Barcelona con temas en galego, foi un descubrimento inmenso. Empezas a meterte nese mundo e atopas poemas marabillosos en galego e auténticas xoias. Poder pór todo iso en valor e utilizalo co fin de poñerlle música e facelo coñecido para a xente é algo que non ten prezo. Todo iso estaba aí, non é que non existise, senón que non estaba ao noso alcance. De feito, pagamos un prezo moi alto en moitos casos por poder cantar esas cousas. Había que pasar unha censura e pagar moitas multas por "atentar contra a unidade da patria". Na Galiza temos grandes escritores e escritoras e uns músicos que daquela non tiñan posibilidade de formarse como tal. Agora temos un país moi rico en profesionais da música e ogallá poidan dedicarse todos sen ter que marchar. |
PRAZA_4733 | O atleta galego que decidiu renunciar ás axudas públicas e deixar de representar a España e a Galicia explica os motivos que o levaron a rebelarse contra o sistema e a dar un paso nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada". | O atleta galego Pedro Nimo non quería esta repercusión, pero a súa exemplar rebeldía saltou aos medios. O último vencedor da clásica Behobia-San Sebastián decidiu renunciar "a toda bolsa e axuda pública" e a competir representando a España ou a Galicia. Anunciouno nunha carta aberta na que se declarou "farto" da falta de apoio, pero tamén do sistema político e xudicial e da xestión que os gobernantes están a facer en plena crise. Seguirá correndo grazas aos apoios de marcas estranxeiras, pero xa non será unha prioridade. Dixo basta canso da corrupción, das promesas incumpridas e dunha situación que cre que require un cambio. Pero resígnase. Cre que a súa reacción esquecerase en poucos días e que "o egoísmo no que nos educaron" seguirá triunfando nunha sociedade que ve "temerosa e acomodada". El deu un paso, pero farían falta moitos máis. "E unión, porque sen unión non vai cambiar nada". Por que agora? Levamos bastante tempo aturando esta situación. Creo que moito do que está a acontecer agora víase vir e si pode ser certo que viviamos por riba das nosas posibilidades, pero isto é demasiado. E non é cuestión de que se tomen medidas que nos gusten máis ou menos, senón que xa non podemos máis. Non escribo esta carta aberta nin tomo as decisións que tomo só por min, senón máis ben polo que vexo ao meu carón, nos meus amigos e coñecidos. Todo o que te arrodea tamén che afecta. Critica a falta de axudas no deporte, pero tamén a nivel profesional, aos negocios pequenos como o seu... En min vexo os problemas que teñen outras moitas persoas e que tamén vexo ao meu redor, pero tamén escoito as noticias e o que pasa por aí adiante. Ves como che prometen axudas e apoios que logo non chegan, tanto no deporte como na empresa. Os apoios aos emprendedores teñen que chegar cando estamos empezando, pero iso é estensible aos estudantes, aos atletas e aos investigadores... Javier Gómez Noya dicía non hai moito que el agora que era campión do mundo non precisaba axudas, senón cando estaba abaixo, cando empezaba e precisaba un empurrón. Pero en España tes que demostralo todo e despois se cadra xa che dan unha axuda. Algo falla. Pídennos esforzos e non predican co exemplo. "As axudas aos deportistas, aos emprendedores ou aos investigadores teñen que chegar ao principio e non cando demostras algo" Esperaba o apoio que recibiu? Non esperaba apoio ningún. Eu só escribín o texto que me apetecía e que me saíu de dentro. Non esperaba nada nin deixaba de esperar. O que escribín foi froito de toda esta situación que estou pasando e que vexo ao meu redor. Síntoo e ata aquí cheguei. É certo que hai moitos atletas que me apoiaron e que me dixeron que oxalá eles puidesen dicir o mesmo ca min e renunciar ao que eu renunciei, pero entendo que non todos poden permitirse isto. Hainos que poden e hainos que non. Rexeita representar a España ou a Galicia e renuncia ás axudas públicas, deixará de correr? Seguirei correndo, polo menos polo de agora, porque teño contratos asinados con marcas de fóra. Falei con eles por se había algún problema pola carta que escribín, pero déronme total liberdade de expresión e non me puxeron atranco ningún. Pero agora teño un negocio e as prioridades cambian. No momento que contratas a alguén, tamén tes unha responsabilidade extra, porque o que ti fagas non só che afecta a ti. "Non creo que a miña reacción inflúa noutros; isto durará dous días e acabarase; non se lembrará ninguén" Cre que o seu xesto pode influír noutros deportistas ou caras coñecidas? Fará alguén o mesmo? Non creo que o que eu fixen inflúa noutros. Eu son alguén moi pequeniño e o que eu digo pensámolo todos. Isto durará dous días ou día e medio, pero acabarase e xa non se lembrará ninguén. Houbo algun persoeiro coñecido que o apoiase? Máis dos que podes imaxinar. Deportistas, xornalistas, actores e ata algún alcalde... Moita xente que me dixo que eles farían o mesmo se puidesen e que opinaban o mesmo ca min. Houbo alcaldes que dixeron compartir a miña reflexión pero que a disciplina de partido lles impedía dicir o que pensaban. Por iso eu digo que non todos os políticos son iguais, sobre todo estes de vilas ou localidades pequenas, con maior disponibilidade e máis achegados á xente. "Houbo deportistas, xornalistas, actores e alcaldes que me dixeron que farían o mesmo ca min se puidesen, pero non poden" E se quen se planta e escribe o texto é Nadal, Gasol ou Iniesta... As cousas cambiarían, claro que si. É ben fácil de deducilo se temos en conta en que deportistas se fixan as marcas para publicitarse. Cando Nadal, Fernando Alonso ou Gasol poñen un comentario nun perfil social, nun minuto chegan a milleiros de persoas porque as súas palabras inflúen en moita máis poboación. Son ídolos para todos nós e a súa reacción si que podería cambiar algo. E por que ninguén o fai? Ninguén está en contra de nada? Son conformistas ou están moi presionados? Seguramente están bastante sometidos ás marcas que os patrocinan, pero tamén haberá casos nos que están acomodados. Se tes un bo contrato e unha boa situación, é máis complicado que te rebeles porque pensan que non teñen nada que gañar e si moito que perder. Desde que somos cativos edúcannos nun egoísmo que lles é magnífico é ideal para situacións como as que estamos vivindo agora. "Divide e vencerás", din, e é certo. Se non hai unión, non vai cambiar nada. Eu podo dicir algo... E outro, outra cousa, pero acabará caendo en saco roto. "Educáronnos nun egoísmo que lles é magnífico para situacións como as que vivimos agora" Por que a xente non se mobiliza máis? Hai medo ou demasiada xente acomodada? A xente está temerosa, pero tamén acomodada. O acomodo é algo xeneralizado. Quen está ben non se queixa porque ve inxusto queixarse e outros non o fan porque teñen medo a quedar sen choio. Moitos amigos dinme que se non tivesen fillos tamén sairían á rúa a protestar e eu enténdoos, pero non me serve. Cada un sabe as súas. Anunciou que participará en plataformas e protestas sociais. Ten previsto implicarse en política? Non teño unha formación que me permita meterme en temas políticos. Insinuóuseme algunha vez, pero para todo hai que ter formación. Necesitamos políticos profesionais. Creo que un presidente dun país non pode cobrar tan pouco, ten que cobrar moito máis porque é o xerente da maior empresa, que é o propio Estado, pero ten que render contas. A súa contratación é pública e masiva a través dos votos, pero ten que estar á altura e, se non está, dimitir ou que nós poidamos prescindir dos seus servizos. Así é na vida real e así debería ser na política. "Teño amigos que me din que se non tivesen fillos sairían á rúa a protestar; enténdoos, pero non me vale" E agora que le o que se está a destapar da operación Pokémon, que pensa? Penso o que todos. Antes de atleta son cidadán. Son os propios políticos os que o din e os que nalgún caso mo dixeron a min: "nós somos os responsables do desprestixio da clase política" Non pode ser que a maioría da sociedade aperte o cinto e eles non. "Chegamos a unha situación na que todos precisamos un cambio, e precisámolo xa" Que percorrido lle agarda á súa carta? O que eu escribín podería escribir calquera outra persoa, pero como o fixen eu tivo unha repercusión distinta. Eu son un cidadán máis e non quero que teña máis repercusión que unha carta aberta, sen máis. Que se interprete como unha crítica construtiva e non como algo que pretende facer mal. Chegamos a unha situación na que todos precisamos un cambio, e precisámolo xa. |
PRAZA_13645 | O último barómetro do CIS afonda nas percepcións e usos que os cidadáns fan das novas tecnoloxías e de Internet e revela unha utilización cada vez máis doméstica e persoal, sobre todo entre os menores de 35 anos, nos que se impón o acceso por móbil, o comercio electrónico e a consulta de medios dixitais e redes sociais. | O último barómetro do CIS afonda nas percepcións e usos que os cidadáns fan das novas tecnoloxías e de Internet e revela unha utilización cada vez máis doméstica e persoal, sobre todo entre os menores de 35 anos, nos que se impón o acceso por móbil, o comercio electrónico e a consulta de medios dixitais e redes sociais. Dous de cada tres españois utilizou Internet nos últimos tres meses, unhas porcentaxes que se disparan moi por riba do 90% entre os menores de 35 anos e que chegan ao 83% nas persoas entre 35 e 45 anos. Os internautas, en calquera caso, fan un uso frecuente da rede, pois o 56% recoñece acceder "varias veces ao día" e outro vinte por cento "unha vez ao día". O 36% dos internautas conéctase á rede dende os seus teléfonos móbiles, unha porcentaxe que crece até o 61% entre os menores de 25 anos, e que se sitúa no 47% entre aqueles que teñen entre 25 e 35 anos O uso de Internet xa é doméstico e persoal, pois o 91% afirma conectarse dende a súa casa, e apenas un 35% o fai dende o traballo, e porcentaxes moito menores dende un centro de estudos ou unha biblioteca. Porén, as persoas entre 35 e 55 aínda se conectan en boa medida dende o traballo (45%) e os máis novos, dende as universidades e centros de ensino (40%) Ademais, o 36% dos internautas conéctase á rede dende os seus teléfono móbiles, unha porcentaxe que crece até o 61% entre os menores de 25 anos, e que se sitúa no 47% entre aqueles que teñen entre 25 e 35 anos. Internet ten moitos usos, iso sabémolo todos. Pero segundo o estudo do CIS, os máis comúns son a consulta e envío de correos electrónicos (75%), a lectura de prensa dixital (62%), a procura de información útil (44%), a participación en redes sociais (43%), a descarga de música e filmes (42%) ou a realización de xestións bancarias (38%). A enquisa tamén recolle a porcentaxe de internautas que recoñece "navegar por Internet sen un obxectivo concreto, é dicir, para procastinar, e que é un 42%. O 27% recoñece que Internet provocou que lle dedicase menos tempo a ver a televisión (sobre todo os menores de 35 anos), e un 12% afirma que agora le menos algo que é máis frecuente entre os menores de 25 anos. Por suposto, os usos cambian coas idades, agás o do correo electrónico, que é relativamente homoxéneo e universal. Entre os menores de 25 anos destaca o uso das redes sociais (71%) e a descarga de música e filmes (63%), cuxa utilización vai descendendo coa idade. Todo o contrario que a lectura de prensa, que xa é o uso maioritario entre os 25 e 35 anos e que segue medrando até os maiores de 65 anos. A rede xa é a "fonte fundamental de información" para o 28% dos internautas, e unha "fonte secundaria pero importante" para outro 46%. É a principal fonte para o 44% dos menores de 25 anos e o 37% dos que teñen entre 25 e 35 anos En canto aos usos informativos, a rede xa é a "fonte fundamental de información" para o 28% dos internautas, e unha "fonte secundaria pero importante" para outro 46%. Neste caso, Internet é a principal fonte de información para o 44% dos menores de 25 anos e o 37% dos que teñen entre 25 e 35 anos. O 57% dos internautas realiza transaccións electrónicas a través da rede, principalmente billetes de avión, reservas de hoteis e entradas para espectáculos. E entre os que aínda non practican o comercio electrónico, a razón máis aludida para non facelo é que "non se fían de Internet". Consulta os datos do barómetro (.pdf) |
NOS_20318 | Manuel Cabezas e Ricardo Campo foron xulgados por prevaricación e malversación de caudais públicos. A pesar diso, ningún dos dous foi condenado polo Tribunal Supremo. | Áurea Souto, ex edil socialista na corporación municipal de Ourense que denunciou tanto o ex rexedor da cidade Manuel Cabezas, como o ex concelleiro de Urbanismo Ricardo Campo por un presunto caso de malversación e prevaricación polo coñecido como o 'caso do 10%', recorrerá a absolución de ambos ante o Tribunal Supremo. Os acusados foron exonerados polo propio Supremo Foi concretamente a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense quen decidiu esta mesma semana eximir os dous imputados na causa. A propia Audiencia Provincial considera que "non está acreditado" que os investigados "se aproveitaban" dos cargos públicos que ocupaban para "converter o patrimonio municipal en beneficios privados". Tanto o ex alcalde da cidade como o ex concelleiro de Urbanismo estaban acusados de eximir construtores e promotores da entrega ao patrimonio municipal do aproveitamento urbanístico do 10% en 15 proxectos de compensación de solo urbano non consolidado. Con todo, a Audiencia que os xulgaba determinou a súa absolución. "Ficou claro o que sabiamos", dixo Soto Áurea Souto, a ex edil que denunciou estes presuntos delitos por vía penal no 2014, coñeceu a sentenza absolutoria a pasada terza feira. "Ficou claro o que sabiamos. Está nos feitos probados da sentenza, ao longo de máis de 10 anos aprobáronse 15 proxectos de compensación perdendo o patrimonio municipal de solo. É un feito probado, non cumpriron a lei", afirmou Souto, que engadiu, "foi un detrás doutro, co que se perdeu unha contía de 1.600.000 euros". Para a socialista, "non están todos os que son pero son todos os que están" e o xuízo "describe en negro sobre branco o que era o Concello de Ourense". "Paréceme moi importante terminar o traballo así que que se pronuncien as últimas instancias, que fique claro o que era o Concello de Ourense cando nós o atopamos, o que nós tivemos que parar porque isto seguía pasando no ano 2003 cando entramos na oposición" asegurou. Para alén diso, Souto lembrou que o caso foi parado "desde dentro", coas "consecuencias" que se coñecen. Todo isto, asegura que se ve reflectido na sentenza onde "se recolle que Ourense sistematicamente incumpría a lei coa posición singular que denomina o Consello de Contas", é por este motivo que considera que é "preciso completar o traballo aínda que sexa complexo". |
PRAZA_8067 | A tendencia a negar outra maneira de facer as cousas. Aquela negación do noso dereito a discrepar. A supresión da alternativa. Nútrese do medo e da ansiedade polo futuro laboral e polo status social. Faise máis ousado ao comprobar que cada vez menos xente o resiste, consumindo a enerxía dos que abandonan o barco. Benvidos ao fascismo cotián, ese fascismo banal que nos prexudica a todos, todos os dias. | Medra. Pouco a pouco. Arredor. Métese nas gretas da nosa existencia mundana nestes tempos do capitalismo do desastre e da doutrina de shock. A tendencia a negar outra maneira de facer as cousas. Aquela negación do noso dereito a discrepar. A supresión da alternativa. Nútrese do medo e da ansiedade polo futuro laboral e polo status social. Faise máis ousado ao comprobar que cada vez menos xente o resiste, consumindo a enerxía dos que abandonan o barco. Benvidos ao fascismo cotián, ese fascismo banal que nos prexudica a todos, todos os dias, de maneiras difusas pero igualmente perigosas cós grandes sistemas fascistas do século XX. Benvidos ao fascismo cotián, ese fascismo banal que nos prexudica a todos, todos os dias, de maneiras difusas pero igualmente perigosas cós grandes sistemas fascistas do século XX O xefe que manda correos agresivos porque sabe que son poucos os que lle levan a contraria en público, e porque non sabe manexar de verdade os demais seres humanos. A locutora da radio que dá por sentado que temos todos a mesma cosmovisión política e social ca ela. A empresa que esixe máis, e máis, e máis aínda dos seus empregados, mentres lles baixa pouco a pouco o soldo, simplemente porque sabe que, hoxe por hoxe, pode facelo. O colectivo que se envalentona detrás da cortina de fume do politicamente correcto para chegar ser igualmente represiva e intolerante cá represión que pretendeu combater en primeiro lugar. Os compañeiros de oficina que nos obrigan a estar ou con eles ou en contra deles, á maneira do fascismo xudeocristián ou talibán. Os custodios do ensino que obedecen cunha disciplina militar a orde imposta dende enriba mentres animan aos alumnos a criticar cada idea recibida. O ego andante en Facebook que se enfada se non lle damos ao "gústame" en cada post sabio que coloca no máis auto-descalificante espírito da "auto-comodificación". A violencia latexante no diálogo diario dos que nos arrodean, a maneira dunha obra de Harold Pinter, e que só pretende domar e dominar. Hai maneiras de resistir, antídotos a ese totalitarismo microcósmico. Ser fieis a nós mesmos, sabendo que os feitos históricos máis infames xurdiron do conformismo, e non da desobediencia fronte ao monolítico Hai maneiras de resistir, antídotos a ese totalitarismo microcósmico. Ser fieis a nós mesmos, sabendo que os feitos históricos máis infames xurdiron do conformismo, e non da desobediencia fronte ao monolítico. Sorrir pacificamente e dicir un rotundo "Si podemos!" ou "Non queremos!". Manter vivo o soño da razón en contra do dogma rutineiro, sabendo que en caso contrario as xeracións posteriores sufrirán consecuencias moito peores ca nós. Desafiar o silencio conformista e a inacción colaboracionista ata que, tarde ou cedo, o fascismo cotián, como o seu padrón histórico estritamente político, se derrube polo peso das súas propias contradicións e ausencia de sustancia. |
PRAZA_9183 | O tempo medio de agarda en 2018 sitúase nos 61,6 días, un chisco por riba do límite legal máximo | A Xunta presume do tempo medio de espera cirúrxica no sistema sanitario público. Situouse a decembro de 2018 en 61,6 días, 4,8 menos que en 2017 (66,4), sendo, segundo aclara o Sergas, "a cifra máis baixa de toda a serie histórica de Galicia". Supón, xa que logo, que rolde o límite legal máximo de espera para acceder a unha operación, que é de 60 días tal e como fixa a lei de garantía de prestacións sanitarias, en vigor dende principios de 2014. Aínda superando un chisco ese limiar fixado legalmente, o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, destacou que Galicia mantense así "entre os mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde" e entre as comunidades con menos demora. O tempo medio de espera cirúrxica en 2018 sitúase nos 61,6 días; o límite legal máximo de agarda é de 60 díasA Xunta destaca que, en canto á espera por prioridades, en pacientes de prioridade 1 o tempo medio é de 19,4 días. Fernández-Campa destacou que este dato permite "continuar por debaixo do obxectivo fixado de menos de 30 días e garantir o compromiso de atender estas patoloxías máis graves no menor tempo posible".A espera media na área sanitaria de Vigo é de case 80 días fronte aos menos de 40 na de FerrolO dato de espera medio de 61,6 días xorde de resultados ben diferentes entre as diferentes áreas sanitarias de Galicia, tal e como se pode comprobar nos datos facilitados pola Consellería de Sanidade. Así, por exemplo, mentres que a área de Ferrol queda en 39,2 días de agarda media e a de Pontevedra-Salnés en 39,8, os tres principais complexos hospitalarios de Galicia seguen amplamente por riba dos 60 días de límite legal: a área sanitaria de Santiago queda en 61,9 días, a da Coruña en 69,3 e a de Vigo dispárase ata os 79,8 . No caso vigués o hospital privado-concertado Povisa ten unha espera media de 71,6 días. |
NOS_32847 | O BNG sinala que o foro para debater de financiamento é o Parlamento, a Cámara que representa as galegas e galegos. | De "extravagancia política" cualificou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, o feito de que se "poida falar e negociar con todo o mundo" o modelo de financiamento que necesita a Galiza "menos coas galegas e galegos a través das forzas políticas que os representan no Parlamento". Nese sentido, defendeu que sexa a Cámara o foro en que se debata e defina o novo modelo de financiamento que precisa a Galiza, "superando o actual sistema, caduco desde 2014, que fai perder ao país arredor de 5.000 millóns de euros anuais". Así se pronunciou a nacionalista perante a cimeira de oito presidentes autonómicos sobre financiamento anunciada a pasada semana polo mandatario galego, Alberto Núñez Feixoo. Está prevista para 2 de novembro, mais o presidente estremeño Fernandez Vara pediu que o encontro sexa adiado dúas semanas. A semana pasada varios presidentes socialistas ameazaron Feixoo con darlle plantón logo de que este presentase a cimeira cargando contra a mesa de diálogo do Executivo estatal e o catalán. Un reparto inxusto Para Pontón as cifras falan por si soas: a última liquidación de 2019 revela que o Estado recadou na Galiza 13.212 millóns de euros e que retornaron polo sistema de financiamento 8.142 millóns, polo que se achegaron á caixa estatal 5.070 millóns máis do que se recibiu, explicou a líder do BNG. "E cando falamos de financiamento, estamos a falar dos recursos que temos para sanidade pública, para pór en marcha un novo modelo de residencias, para crear emprego ou para impulsar medidas a favor da mocidade", exemplificou, remarcando que o "foro" para determinar o mellor modelo de financiamento é o Parlamento. Concerto económico No Bloque defenden un concerto económico "como en Euskadi ou Nafarroa" que permitiría á Galiza ter a chave dos seus cartos e fixar as prioridades de investimento e política fiscal. Mais, coa actual aritmética parlamentaria e a oposición do PP a esa vía, achegan outras opcións "que permitirían avanzar no autogoberno económico e financeiro": ampliar a porcentaxe de impostos cedidos até 90% de IVE e IRPF, o que suporía obter 4.000 millóns adicionais ao ano; reclamar a cesión do imposto de sociedades e que tributen aquí as empresas que teñen actividade produtiva na Galiza, como as eléctricas. |
NOS_50706 | María Teresa Alvajar, destacada republicana coruñesa, finou en xaneiro deste ano en Madrid e mañá sexta feira realízase na Coruña unha homenaxe despedida na que se espallarán as súas cinzas ao mar. | Teresa Alvajar, encarcerada durante a Guerra e logo exiliada en Francia cos seus pais (César Alvajar e Amparo López Jean), fora nomeada Republicana de Honra no ano 2009 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Faleceu o pasado 9 de xaneiro en Madrid, onde residía cunha das súas fillas, e mañá sexta feira a Coruña recibe as súas cinzas. Ás 12.30 celebrarase unha homenaxe no Concello, limitada á familia e amigos, con intervencións do alcalde e da súa filla Elena Martínez Alvajar. E, a seguir, ás 13.30 horas, no lugar de Punta Herminia, xunto ao memorial ás vítimas da represión franquista no Campo da Rata, levarase a cabo o espallamento das cinzas. |
PRAZA_17495 | Ecoloxistas en Acción publica o informe Banderas Negras 2018, que subliña as desfeitas medioambientais máis graves que se producen na costa española. Destaca tamén a situación da Foz do Miñor | Ecoloxistas en Acción publicou este mércores o seu informe Banderas Negras 2018, que subliña as desfeitas medioambientais máis graves que se producen na costa española, subliñando un total de 48 casos de contaminación e de mala xestión ambiental, dous por cada provincia litoral. Se o ano pasado en Galicia salientábase o efecto negativo de ENCE sobre a Ría de Pontevedra, do Porto Exterior da Coruña sobre o litoral de Arteixo ou da presión urbanística en Sanxenxo, desta volta faise fincapé na situación que se vive en Ribeira por mor da súa estación depuradora, da contaminación provocada por Alcoa en Xove, da ameaza da Mina de Touro ou da situación da Foz do Miñor, e da apropiación do litoral por parte do Porto de Vigo. O informe denuncia que a EDAR de Ribeira, que se puxo en marcha en 2016, "non conta con separación de pluviais e fecais" EDAR de Ribeira O informe denuncia que a EDAR de Ribeira, que se puxo en marcha en 2016, "non conta con separación de pluviais e fecais" e que "a autorización de verteduras á ría outorgada pola Consellería contempla, ademais do emisario final, varios puntos nos que as verteduras poden ir sen depurar directamente á Ría". "Pode dicirse que a depuradora non conseguiu en absoluto solucionar o problema das verteduras incontroladas de fecais, senón máis ben concentralos en puntos concretos (os aliviadoiros dos tanques de tormentas), que sofren con especial intensidade as consecuencias dunha instalación planificada de maneira deficiente", conclúe o informe, que lembra que "estas verteduras supoñen un grave prexuízo para a poboación da contorna, que ve reducida a súa calidade de vida polos malos cheiros continuos, e que non acaba de resignarse a que o que sempre foi zona de lecer e goce convértase nunha zona insalubre". Mina de Touro Sobre o proxecto mineiro de Touro, o informe de Ecoloxistas en Acción alerta de que "a primeira fase de explotación destruirá o tecido produtivo agrario local e ameazará as fontes de subministro de auga potable" e que servirá ademais como base lanzadeira para a explotación do resto do cinto de cobre que abraza a capital de Galicia". Lembra, así mesmo, que "a anterior explotación foi unha notable fonte de contaminación por metais pesados do sistema fluvial do río Ulla, declarado Lugar de Importancia Comunitaria, así como da propia ría de Arousa, na que desemboca, e que é a máis ricas e produtivas de todas as galegas". Planta de Alcoa A Planta de Alcoa en San Cibrao xa apareceu no informe do pasado e Ecoloxistas en Acción destacan que a factoría "desfixo por completo unha zona costeira de gran valor ecolóxico e converteu toda a área nun espazo fortemente degradado, ao que contribúe a apertura dunha enorme balsa de lodos tóxicos derivados do proceso de extracción de bauxita". "Ano tras ano, véñense denunciando as verteduras de sosa caústica que están a afectar directamente á saúde das persoas e á contorna mariña", engade o documento. O informe alerta tamén dos "altos niveis de contaminación" na desembocadura do río Miñor, entre Nigrán e Baiona A Foz do Miñor O informe alerta tamén dos "altos niveis de contaminación" na desembocadura do río Miñor, entre Nigrán e Baiona. "As verteduras á zona son continuas e case diarias e a depuradora de Gondomar, que verte directamente ao río Miñor, apenas quilómetro e medio augas arriba da Foz, presenta constantes indicios de contaminación nos seus efluentes", asegura Ecoloxistas en Acción. Recentemente constituíuse a Plataforma para a Protección da Foz do Miñor, que aglutina asociacións cidadás, ecoloxistas e sociais da zona do Val Miñor. Esta plataforma traballa pola recuperación ambiental da zona e púxose en contacto con diversas autoridades para tratar de resolver o problema. Ecoloxistas en Acción denuncia que "a Autoridade Portuaria de Vigo apropiouse da práctica totalidade da lámina de auga da Ría de Vigo como área de servizo" O Porto de Vigo Ecoloxistas en Acción denuncia que "a Autoridade Portuaria de Vigo apropiouse da práctica totalidade da lámina de auga da Ría de Vigo como área de servizo, o que desde todo punto de vista é inxustificado e inxustificable". Salienta igualmente que "espazos protexidos dentro da Rede Natura 2000 (San Simón, Illas Estelas, Costa da Soavela) e o mesmo Parque Nacional das Illas Cíes teñen as súas augas ocupadas totalmente ou en parte pola Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios (aprobada polo Porto en 2015), que trata esas augas como propias". Consulta aquí o informe |
PRAZA_12694 | Sexa como sexa, o malo é que eu non son nin podo ser Don Vito Corleone e carezo da capacidade de facer propostas que ninguén poida rexeitar. En cambio, Mariano, claramente posuído por un paroxismo reformista que non é quen de controlar, non para de mandarme propostas que non podo rexeitar. Nin a miña muller. Nin os meus fillos. Nin os meus amigos. Nin ninguén. Nós non somos o mundo. As leis, aínda que sexa Mariano quen as impulse, si que interfiren no noso transcurso polo tempo e o espazo. | Atopei un libro que non sabía que tiña na miña biblioteca. Leccións de estratexia co Padriño, de Guillermo de Haro (Pearson. Prentice Hall). Eu quero crer que o mundo é completamente autónomo e soberano, que ningunha forza ou ningún poder alleos a el poden interferir no seu transcurso polo tempo e o espazo. (Isto parece algo tautolóxico, non?) Xa que logo, as casualidades, ou non significan nada, nada de nada, ou xogan algún papel na medida en que a nós nos afectan. (Ben, agora estou falando de nós e antes falaba do mundo Voume enlear). É igual. Nunca o saberei. (O das casualidades). No entanto, resúltame curioso, ata suxestivo, que sexa agora, xustamente agora, cando atope ese libro no medio do caos absoluto nos andeis da miña biblioteca. Leccións de estratexia co Padriño. (Ao mellor atopoume el a min e iso xa comezaría a crebar conviccións). Non hai nin unha semana que papei enteira, capítulo a capítulo, primeiro dobrada e despois en versión orixinal subtitulada, a serie d'Os Soprano. (O cinema é a miña paixón definitiva. Os Soprano é cinema do bo, cinema gansteril e shakesperiano). Fernando Trueba dixo que non cría en Deus, pero que cría en Billy Wilder. Eu sempre dixen que, xa que non podo ser Deus nin Billy Wilder, gustaríame ser Don Vito Corleone. Tony Soprano tamén podería valer, aínda que, non sei, a min tírame máis o smoking de Marlon Brando. Fareille unha proposta que non poderá rexeitar. Se eu fose Don Vito Corleone, Mariano Rajoy importaríame un carallo Se eu fose Don Vito Corleone, Mariano Rajoy importaríame un carallo, e a Luís de Guindos mandaríalle a Tom Hagem para que lle fixese unha proposta que non puidese rexeitar. A Montoro nada. A Montoro deixaríao largar todo o que quixese. É inofensivo. Molesto coma un proído nos collóns, pero inofensivo. Por iso Mariano amputouno e sacou unha especie de criatura mandragórica que é de Guindos. Deste si que cómpre coidarse. O tío teno crido. Esa pose que gasta, non é impostada. O tío é así. Dá unha volta polo Lehman Brothers, aprende o que haxa que aprender nesas escuras furnas financeiras, e volve aquí para salvarnos. En canto a Gallardón, que fale canto queira, igual que o arcebispo de Alcalá. Don Vito non sería don Vito se non fose ultracatólico. Aínda que, a verdade, non teño claro que se poda ser ultracatólico. Certas cousas non admiten graos. As leis, aínda que sexa Mariano quen as impulse, si que interfiren no noso transcurso polo tempo e o espazo Sexa como sexa, o malo é que eu non son nin podo ser Don Vito Corleone e carezo da capacidade de facer propostas que ninguén poida rexeitar. En cambio, Mariano, claramente posuído por un paroxismo reformista que non é quen de controlar, non para de mandarme propostas que non podo rexeitar. Nin a miña muller. Nin os meus fillos. Nin os meus amigos. Nin ninguén. Nós non somos o mundo. As leis, aínda que sexa Mariano quen as impulse, si que interfiren no noso transcurso polo tempo e o espazo. Mira ti para o Mariano. E é de Pontevedra. |
NOS_12873 | A Xunta anuncia a concesión durante dez anos a un grupo de empresas para explotar a incineración de refugallos no complexo de Sogama. | Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o presidente de Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez, xuntáronse a terza feira con representantes das empresas ás que a Xunta vén de adxudicar a xestión da incineración durante a vindeira década. Por xestionar as plantas de coxeración e termoeléctrica, así como instalacións comúns do complexo, transferiranse 238 millóns de euros a Unión Temporal de Empresas que conforman Sociedade Galega de Polímeros, S.A, SETEC Building, S.L.U e Espina Obras Hidráulicas, S.A. A Xunta esgrimiu para xustificar a ampla duración do contrato que así permite unha explotación "responsábel e sustentábel no tempo" das distintas infraestruturas que participan no proceso de "valorización enerxética de residuos non reciclábeis", é dicir, a incineración do lixo. Asemade, defendeu o contrato que entrará en vigor o 10 de febreiro asegurando que vai na liña do Pacto Verde da Unión Europea (UE), e que "permitirá aplicar un desenvolvemento tecnolóxico de vangarda" utilizando robots e intelixencia artificial para avanzar na sustentabilidade das instalacións. Apelando ás directrices europeas, o Goberno defende que procura evitar que os residuos non reciclábeis acaben nos vertedoiros, a última opción que contempla o club comunitario, destacando esta "valorización enerxética" sen mencionar o uso de gas natural como un dos elementos esenciais do proceso, o que explica a presenza de Unión Fenosa primeiro e Naturgy despois no capital de Sogama. A Unión Europea, contraria á incineración A pesar das declaracións da Xunta, a UE sostén nas súas directivas que a incineración é contraria á economía circular, o modelo que promoven, baseado na recollida selectiva e na reciclaxe. Ademais de cuestionar os Estados como Alemaña e Dinamarca pola incineración do lixo, a UE vetou que se subvencione a construción de máis incineradoras. Precisamente, Sogama é a principal culpábel de que a Galiza estea á cola da reciclaxe no Estado español, mais a cabeza da incineración. |
NOS_13908 | O Kremlin abre a porta a recibir o presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, para tentar arrefriar o conflito. Tamén China avoga por "abandonar a mentalidade da Guerra Fría", mais "respectando" as peticións rusas, mentres os EUA vaticinan que Ucraína será invadida en febreiro. | O ministro de Exteriores de Rusia, Sergei Lavrov, afirmou esta sexta feira que, "polo que depende" do seu goberno, "non" haberá guerra en Ucraína porque "non" quere pelear, se ben advertiu que Moscova "non permitirá que os seus intereses sexan ignorados e pisados burdamente". Neste senso, salientou que as propostas de garantías de seguridade presentadas aos Estados Unidos de América (EUA) e a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) "non son un ultimato". "Agora, cando EUA tenta presentar as nosas propostas como un ultimato, lembrarémosllo e conseguiremos que non o eludan, senón que digan honestamente como interpretan o que asinou o seu presidente", dixo. Estas palabras de Lavrov chegaron logo de que na quinta feira o portavoz do Kremlin, Dimitri Peskov, afirmara que "nin EUA nin a OTAN" tiveron en conta as preocupacións de Rusia no que atinxe ás negociacións que ambos os estados lideran para arrefriar o conflito e atender as demandas rusas en materia de seguridade. Os EUA, porén, aseguraron con rotundidade esta mesma semana que non farán "concesión ningunha" a Moscova, algo que para Peskov significa que hai "pouco espazo para o optimismo". EUA cre que Rusia invadirá Ucraína en febreiro Joe Biden, presidente dos EUA, ten unha visión diferente do que está a acontecer no leste de Europa ante o aumento das tensións políticas: "Hai unha clara posibilidade de que os rusos invadan Ucraína en febreiro". O mandatario estadounidense reuniuse na quinta feira co presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, e garantiu que Washington responderá "con decisión" no caso de que Moscova iniciase unha ofensiva militar na rexión. China apoia a Rusia Pola súa parte, o Goberno chinés apoia a postura de Rusia. Nunha conversa que o secretario de Estado dos EUA, Anthony Blinken, mantivo co ministro de Exteriores de China, Wang Yi, este último pediu que as "preocupacións lexítimas" de Moscova sexan "tomadas en serio e resoltas". "A seguridade dun país non pode ser a expensas da seguridade dos outros, e a seguridade rexional non pode ser garantida polo fortalecemento e incluso a expansión dos bloques militares", engadiu o diplomático chinés, que tamén avogou por "abandonar completamente a mentalidade da Guerra Fría e crear un mecanismo europeo de seguridade equilibrado, efectivo e sostíbel a través das negociacións". O Kremlin, a prol dun encontro bilateral con Zelenski Así as cousas, o Goberno de Rusia manifestou esta sexta feira a súa predisposición a manter un encontro bilateral co presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, para abordar a normalización das relacións entre ambos os países ante a repunta das tensións. "Se Zelenski quere debater a normalización das relacións bilaterais, que se ven afectadas polas accións unilaterais do seu réxime, estamos dispostos", sostivo Sergei Lavrov, que aproveitou para acusar os EUA de "utilizar" o mandatario ucraíno para "avivar as tensións mobilizando os seus secuaces europeos que apoian os seus sentimentos rusófobos". Aliás, Lavrov cuestionou "quen quere" a guerra: "Quen evacuou as súas embaixadas? Estadounidenses, británicos e canadenses. Saben algo que o resto non sabe. Talvez nós tamén deberiamos tomar precaucións en previsión dalgunha provocación deles". |
NOS_56107 | (EN AMPLIACIÓN) A Consellaría de Política Social decidiu intervir a residencia de maiores Os Gozos, de Pereiro de Aguiar, tras detectar máis dun cento de contaxios de Covid-19 entre os seus usuarios e usuarias. | Os 106 contaxios de coronavirus detectados na residencia de maiores Os Gozos, situada en Pereiro de Aguiar, levou a Consellaría de Política Social a intervir a súa xestión. Así o anunciou a conselleira, Fabiola García, na mañá da sexa feita. García puxo de manifesto que a operación ten como fin "seguir velando pola calidade e seguridade" dos residentes. O seu homólogo de Sanidade, Julio García Comesaña, incidiu en que van "analizar e ver que fallou". A medida de intervir a residencia adóptase, afirma Política Social nun comunicado enviado aos medios de comunicación, despois de que na xornada desta sexta feira se contabilizaran tres novos contaxios entre os usuarios e outros 23 en traballadores, o que sitúa o número total de casos positivos por coronavirus neste centro en 112 residentes e 25 profesionais. No día de onte coñeceuse o gromo deste centro de maiores xestionado pola Fundación San Rosendo e mais o que afecta 46 usuarias e usuarios do xeriátrico Val de Monterrei. Á volta de 2019, Galiza dispoñía de 21.179 prazas nos centros de maiores, 77% das mesmas eran de xestión privada e 23% de xestión pública, porcentaxe moi por baixo da media estatal. O alto nivel de contaxios e mortaldade que a Covid provocou nas residencias privadas fai que familiares de usuarias, por boca de Paulino Campos, portavoz da Federación REDE, denunciasen que "non están preparadas" para facer fronte a esta pandemia. Un centro da Fundación San Rosendo A residencia que vén de intervir Política Social pertence á Fundación San Rosendo, o segundo operador de servizos de xeriatría da Galiza. A entidade dá emprego a máis de 1.670 persoas, dispón dun orzamento de 53,8 millóns de euros, declara 3.600 prazas asistenciais e conta con 67 centros, a maioría deles na contorna de Ourense, onde xorde o grupo baixo o patrocinio do bispado e o impulso do crego Benigno Moure. A realidade da Fundación San Rosendo non se explica sen a relación de apoio mutuo co Partido Popular, e moi particularmente co clan Baltar. |
NOS_55997 | Este sábado 7 de maio estará á venda a edición especial do semanario, con entrevistas a Arancha Nogueira, Álex Guillán 'Baiuca', Elsa Quintas, Daniel González, Iria Veiga, Roi Cuba, Melania Cruz, Iago Valverde, Adrián Dios e Paula Domínguez. | Analizar o presente en chave de futuro é, sen dúbida, un dos principais obxectivos de Sermos Galiza, que neste 2022 fará 10 anos. Aliás, o semanario chegará no sábado ao seu número 500. Sermos Galiza leva unha década informando acerca de incontábeis temáticas de relevo e importancia para a Galiza con reportaxes sobre cultura, ciencia, investigación, sectores produtivos... Tamén, nos millares de páxinas publicadas no semanario ao longo destas 500 edicións, as lectoras e lectores tiveron a oportunidade de ler entrevistas a persoas de gran relevancia e interese para o país. Queres saber de que informaba 'Sermos Galiza' no día da súa estrea hai 10 anos? É por estes motivos que non podiamos deixar pasar por alto a efeméride que supón o aniversario do Sermos. Para o número 500, que poderá encontrar xunto con Nós Diario o vindeiro sábado día 7 de maio, o semanario achega 10 entrevistas en 56 páxinas a persoas pertencentes a diversos ámbitos da sociedade galega. Xente nova, os alicerces do futuro dun país e que achegan as súas perspectivas e puntos de vista sobre os seus sectores. Entre as persoas entrevistadas para esta edición especial do Sermos Galiza, encóntranse Iago Valverde, arquitecto e colaborador do semanario e que afondará na arquitectura galega actual e a súa "boa saúde". Daniel González Palau, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e experto en relacións internacionais, aborda a situación da Galiza nun mundo cambiante. Adrián Dios será outro dos entrevistados. É profesor de Historia Económica Mundial na USC e analizará o ámbito da enerxía e as crises financeiras, dúas cuestións chave de grande interese para a Galiza. A quinxentésima edición do Sermos Galiza tamén contará con Iria Veiga, médica psiquiatra e divulgadora científica, que afondará na problemática da saúde mental así como dos retos de futuro que enfronta a ciencia e a medicina. O biólogo lugués Roi Cuba, presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), relatará o legado do movemento ecoloxista galego a través das súas loitas históricas e analizará a situación en que se atopa a Galiza ante a proliferación de parques eólicos en territorio de especial interese ambiental ou ante do cambio climático. O músico Alejandro Guillán, 'Baiuca', repasará a súa traxectoria e analizará diferentes trazos da súa música que recolle o valor do tradicional e mestura con novas sonoridades. Continuará o Sermos coa entrevista a Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística. Con ela abórdase a situación da lingua galega e a vulneración dos dereitos lingüísticos, principalmente no que ten a ver coa Administración e os poderes públicos. A escritora Arancha Nogueira será outra das entrevistadas. Relatará as súas perspectivas sobre a literatura galega actual e os retos de futuro. Pola súa parte, a actriz Melania Cruz analizará a situación do teatro e cinema galegos e as necesidades do sector. Por último, a futbolista Paula Domínguez 'Pauleta' relatará as súas experiencias no deporte e abordará o machismo que se sofre no fútbol e a loita das mulleres para vencelo. Pode formar parte dun proxecto innovador para que flúa a información en galego e de calidade: Subscribirse é a mellor forma de apoio ao proxecto informativo galego que representamos, |
NOS_37719 | Xusto nos días en que adoitaban cobrar a paga extra, @s funcionari@s reciben un duro aguinaldo. A Xunta está a preparar unha rebaixa salarial dun 7% para todo o persoal funcionario e empregad@s públic@s no ano 2013. Agárdase que a Consellaría de Facenda comunique a decisión nunha próxima xuntanza con representantes sindicais. | A previsión de gastos de persoasl dos orzamentos do 2013 contempla unha rebaixa do 7% de salario para o funcionariado e empregad@s públic@s e os plans da Xunta serán comunicados a representantes sindicais nunha xuntanza prevista para explicar as contas do próximo ano.A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais cortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo vén sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só ese sector mais tamén outros como o do comercio. Institucións como o concello de Pontevedra mostraron a súa "insubmisión" á eliminación da paga extra decretada desde Madrid. |
NOS_47709 | Ningunha forza política española --nen PP, nen PSOE, nen UPyD nen IU-- apoiou esta tarde no Congreso d@s deputad@s a PNL presentada polas forzas soberanistas -BNG, Amaiur, ERC- a prol do dereito de autodeterminación. | PP, PSOE e UPyD votaron en contra, mentres IU optou pola abstención. Os partidos españois negaron o seu apoio á proposición non de lei presentada conxuntamente polo BNG, ERC e Amaiur. Os argumentos, variados. O obxectivo, o mesmo: "España una y no cincuenta y una". "Non cabe ningún unilateralismo", o proceso de ruptura democrática co Estado español "debe ser pactado". Así se expresou o deputado da Izquierda Plural, Joan Coscubiela. Embora sinalar que o seu grupo parlamentar está "a favor do dereito a decidir" por "radicalidade democrática" e "convencidos" de que "o marco constitucional non pode ser un límite", Izquierda Unida declinou apoiar a PNL presentada polas forzas soberanistas e que culminou na sesión plenaria desenvolvida no Congreso, un longo treito que durou perto de 8 meses. O deputado da Izquierda Plural di apoiar o dereito de autodeterminación, mais non a independencia, que é unha das formas en que aquel se concreta: "Aquí non cabe ningún unilateralismo" Xunto @s representantes de IU, UPyD, PP e PSOE rexeitaron --desta volta a través dun voto contrario-- a iniciativa e mesmo, como no caso da deputada socialista Susana Somelzo, aseguraron "estar en contra" do propio dereito de autodeterminación. Un dereito recoñecido polo ordenamento xurídico internacional e ratificado polo propio Estado español en instrumentos xurídicos como os Pactos asinados en 1966 nos que se recollen os dereitos humanos; a Carta das Nacións Unidas ou a Resolución 2625 da Asemblea Xeral da ONU. Independencia non"Non cabe ningún unilateralismo", continuou o parlamentar da Izquierda Plural de quen se agardaba o voto favorábel entre as forzas que asinan a proposición non de lei. Unha discrepancia, a amosada por IU, "profunda" indicou Coscubiela por "confundir", dixo, "o dereito de autodeterminación" coa independencia, un dos posíbeis resultados no exercicio á libre determinación dos pobos, "mais non o único", sentenciou. Non cabe a declaración unilateral de independencia para IU, que acaba de oferecer un pacto de coligación á Anova de Beiras para iren ás europeas Para IU, as novas normas "de relación ou de separación" entre as distintas "nacionalidades" do Estado "deben ser froito dun proceso pactado a nível do Estado". Non cabería, portanto, a declaración unilateral de independencia, para esta forza política, que acaba de oferecer un pacto de coligación para iren xuntos nas eleccións europeas á Anova de Beiras. "A PNL está imbuída dunha iconografía que non sempre é respectuosa coa democracia", salientou Coscubiela en relación coas referencias na iniciativa aos Països Catalans e Euskal Herria --cuxos territorios abranguen outros actualmente definidos como comunidades autónomas per se. Unha folla de rota distinta para CatalunyaXunto ás discrepancias amosadas por Coscubiela, o representante da Izquierda Plural bateu contra Esquerra pola súa "pouca lealdade" ás decisións adoptadas polo Parlament Catalán e que ICV --formación á que pertence o deputado-- apoiou. Esqueceu Joan Coscubiela que a PNL debatida esta terza feira foi rexistrada no Congreso español hai 8 meses e após ser vetada en dúas ocasións pola Mesa da Cámara, chegou ao Pleno logo de se produciren as eleccións ao Parlament e o inicio dos pactos que pulan pola independencia de Catalunya. O PSOE esfórzase por esclarecer que non apoia o dereito de autodeterminación, mentres o PP advirte: "Abandonen toda esperanza" De igual maneira que a Izquierda Plural, o deputado de CiU, Jané i Guasch amosou a súa disconformidade coa presentación da PNL que considerou "unha folla de rota distinta" á acordada polo soberanismo catalán. Porén, adiantou que votaría a favor da mesma "como sempre fixo CiU". Indivisibilidade do Estado A defensa do dereito á libre determinación dos pobos, defendida de maneira conxunta polas portavocías do BNG, ERC e Amaiur visaba o "recoñecemento" e "respecto" a un "dereito inalienábel" e a "vontade democrática" dos pobos. Porén, o unionismo español bate con dureza contra a exposición de motivos argüída polo soberanismo ao que mesmo acusaron de empregar "falacias xurídicas", en verbas de UPyD. Nen os tratados internacionais, nen as resolución da xurisprudencia internacional serviron para lexitimar o dereito á libre determinación que --ao entender de PP, PSOE e UPyD-- fica submetido ao feito colonial, á falta de democracia ou a intervención militar dunha nación e que, por ende, "en ningún Estado da UE" se pode aplicar. "O dereito de autodeterminación non pode rematar cun Estado", dixo o parlamentar popular Gómez de la Serna que "como España" non contempla na súa Constitución ese dereito. "Abandonen toda esperanza" retrucou, "non imos permitir xamáis" a secesión. Para evitalo, dixo, "está a Constitución con toda a súa carga democrática". |
PRAZA_8045 | Entrevista co deputado da Esquerda Plural Joan Coscubiela: "Bankia é un cúmulo de despropósitos e neglixencias desencadeadas pola obsesión do PP de manter controladas as caixas" | Referente do sindicalismo catalán durante anos, deputado da Esquerda Plural desde as últimas eleccións, Joan Coscubiela participou na Subcomisión do Congreso sobre transparencia de produtos financeiros e hipotecarios pola que desfilaron os principais responsables do sector financeiro nos últimos anos. Estivo tamén presente na comparecencia de Mario Draghi no Parlamento, cuxo formato a porta pechada denunciou e rompeu tuiteando e gravándoa en vídeo. Falamos con el sobre o control do sector financeiro, por mor da publicación de Qué hacemos con el poder de crear dinero. A Subcomisión sobre transparencia de produtos financeiros, da que forma parte, serviu para algo? Que balance fai da mesma? Serviu para pór en evidencia que con maioría absoluta, se o PP non colabora, o Congreso non pode exercer as súas funcións de control do Goberno. En todo caso, apareceron indicios evidentes das causas profundas da 'estafa' das preferentes. E de como o Goberno Zapatero non soubo reaccionar a tempo e o Goberno Rajoy renunciou a facelo. "Apareceron indicios evidentes das causas profundas da 'estafa' das preferentes. E de como o Goberno Zapatero non soubo reaccionar a tempo e o Goberno Rajoy renunciou a facelo" Non é paradoxal que unha subcomisión sobre transparencia se celebre a porta pechada? Non está xustificado que as sesións se celebren a porta pechada. Son esperpénticas, un debate bipartidista en canle pechada que só ven os púxiles. Como valora que o exgobernador do Banco de España diga que o caso de Bankia non estaba baixo o seu control, como fixo Fernández Ordóñez na Audiencia Nacional? É a evidencia de que nin Caruana [o anterior gobernador] nin Fernández Ordóñez desempeñaron con dilixencia a súa función de supervisores. "É unha combinación de incompetencia provocada pola substitución da economía pola ideoloxía e a submisión aos poderes financeiros" Até onde chega a responsabilidade do Banco de España en todo o sucedido no sector financeiro? Mirou para outro lado ou non o deixaron actuar? É unha combinación de incompetencia provocada pola substitución da economía pola ideoloxía e a submisión aos poderes financeiros. A incompetencia vén provocada pola obsesión 'teolóxica' en identificar o mercado de traballo como o problema e a reforma laboral como a solución. Pero ademais está a opción da desregulación e a submisión ao poder financeiro. Que valoración fai de todo o asunto Bankia, desde a súa fusión até hoxe? É un cúmulo de despropósitos e de neglixencias. Desde a asunción desmesurada de riscos, até a fusión e posterior saída a Bolsa. Desencadeadas entre outros factores pola obsesión do PP de manter controladas as caixas. "Se o sector financeiro non pode soportar que se lle apliquen as leis o mercado, non debería regularse exclusivamente polas leis do mercado" Como valora o sucedido coas caixas de aforro? Non todas as caixas evolucionaron igual. Un factor determinante foi a radical transformación na práctica da súa función social, sen que existisen mecanismos de control, de contrapeso. A desaparición do modelo de caixas é o obxectivo desexado polos bancos desde hai tres décadas, co apoio entusiasta de Fernández Ordóñez. A irresponsable xestión dalgunhas brindou en bandexa esta oportunidade de desaparición dunhas e de transformación da súa natureza no resto. Perdeuse a oportunidade de crear unha banca pública? A oportunidade existe aínda, pero vontade política non hai. Co agravante da contradición que supón xustificar as axudas públicas á banca en base á transcendencia pública da función financeira, e a continuación non aceptar que exista unha parte do sistema de maioría publica. Se o sector financeiro non pode soportar que se lle apliquen as leis o mercado, non debería regularse exclusivamente polas leis do mercado. Nesta como noutras cousas detéctase a hexemonía ideolóxica da dereita e a falta de ideas propias en determinadas esferas da esquerda. "Un dos peores efectos colaterais desta crise do sistema financeiro será a configuración dun oligopolio que debilitará os dereitos dos cidadáns e a función do regulador e o supervisor" A reestruturación bancaria resultará en maior concentración financeira. Haberá controis suficientes sobre un poder tan enorme? Un dos peores efectos colaterais desta crise do sistema financeiro será a configuración dun oligopolio que debilitará os dereitos dos cidadáns e a función do regulador e o supervisor. Sobre todo, cos espazos baleiros que pode provocar a entrada en funcionamento do supervisor europeo. Deberíanse evitar as zonas opacas á regulación e supervisión. Visto o papel xogado polo Banco de España, estaremos máis tranquilos se é o BCE quen vixía o sector financeiro español? Outra das evidencias da crise é a barbaridade política que supón o status de 'independencia' do BCE. Un organismo 'irresponsable' non debe responder ante ningunha institución democrática, o que o converte en presa fácil do control ademocratico dos mercados. A recente visita de Mario Draghi ao Congreso, o formato en que se realizou, que mensaxe transmiten? A comparecencia de Draghi puxo de manifesto até que niveis de esperpento pode chegar a condición de organismo 'independente' do BCE. Total para non dicir nada. Coma se do que se tratase era de facer evidente a posición de superioridade sobre a cidadanía. Presentaron unha querela contra o exgobernador do Banco de España por permitir que Alfredo Sáenz siga no Santander. Como inflúe a anulación do indulto na súa querela? Presentamos a querela por prevaricación. O Tribunal Supremo coa súa sentenza deunos indirectamente a razón. Sáenz non pode exercer as súas funcións de directivo do Santander. A proposta do Goberno de reformar as normas para permitir que continúe exercendo, confirma que os gobernos de Zapatero e Rajoy non teñen ningunha independencia en relación ao poder financeiro. |
PRAZA_5943 | Sinalan que o elevado número de alegacións ao proxecto (unhas 800) revelan o malestar xerado pola proposta e subliñan que no documento se priman os terreos da Sareb e da familia do exministro franquista Suanzes, "cualificación de edificación aberta ou intensiva" | O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado polo pleno do Concello de Cabanas o mes pasado segue espertando críticas nunha parte dos veciños e veciñas. Estas críticas sinalan que o plan "arrasa urbanizacións e casas" e que "recualifica solo equivalente a dez campos de fútbol", unha expansión urbanística, que segundo estas voces "non se xustifica" pola demanda de vivendas e que levaría a unha "nova Costa Miño", en referencia á urbanización de 1.200 vivendas iniciada por Fadesa-Martinsa a escasos quilómetros de Cabanas antes da explosión da burbulla inmobiliaria e aínda baleira. Sinalan que o elevado número de alegacións ao proxecto (unhas 800) revela o malestar xerado pola proposta Dende o Concello deféndese que "non é certo que con este novo PXOM se estea a promover un pelotazo urbanístico" e que "o que se recolle no PXOM son as posibilidades de crecemento a longo prazo e non un proxecto construtivo". Porén, estas explicacións non convencen este grupo de veciños e veciñas críticas, que mesmo realizaron nas últimas semanas algún corte de tráfico. O proxecto, din, "dana o medio ambiente, carece de fundamento económico, demográfico e social, e está cheo de irregularidades e descoñecemento do entorno". Critican, ademais, que dende a Sareb (o banco malo) se dediquen cartos públicos a un proxecto "tan irresponsable coma os que causaron a burbulla inmobiliaria e nos levaron a esta situación de crise". Sinalan que o elevado número de alegacións ao proxecto (unhas 800) revela o malestar xerado pola proposta, "unha cantidade moi importante se temos en conta que no anterior PXOM de Cabanas foron 174 alegacións e o PXOM de Pontedeume, que ten máis do dobre da poboación de Cabanas, tivo 591". Ademais, sinalan que "moitas persoas descoñecen a magnitude do dano que ocasiona o PXOM de Cabanas porque o concello non ten obriga de notificarlles aiss propietarios o cambio de calificación da súa parcela. Moita xente que reside fora do municipio pola emigración non pode enterarse do que está pasando coa súa propiedade". Ademais, engaden que "moitos afectados non puideron alegar asesorados dunha forma técnica por estar no paro". Critican que dende a Sareb (o banco malo) se dediquen cartos públicos a un proxecto "tan irresponsable coma os que causaron a burbulla inmobiliaria e nos levaron a esta situación de crise" Este grupo de veciños e veciñas críticas ligan este plan co realizado e anulado en Barreiros e sinalan que "este PXOM beneficia especialmente os convenios, en especial o da Sareb e o da familia do exministro franquista Suanzes, mentras que a maioría das parcelas dos veciños depreciase por calificarse de solo rústico, casas fora de ordenación, solares que perden superficie por ser afectados polo viais". Conclúen que estas parcelas da Sareb e da familia Suances "saen claramente beneficiados con calificación de edificación aberta o intensiva". |
NOS_9744 | Segundo os datos que vén de publicar o INE, o Índice de prezos de consumo medrou oito décimas na taxa anual galega ao remate de 2021. | O índice de prezos de consumo (IPC) medrou oito décimas a súa taxa anual na Galiza ao remate de 2021, até 6,7%, co que se sitúa dúas décimas por riba da media estatal, segundo os datos que publica esta sexta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). Tal como indicou o INE, a taxa anual do IPC aumentou en decembro a respecto de novembro en todos os territorios, situándose a Galiza entre os que rexistran un menor incremento, do mesmo modo que Balears e Catalunya. Por grupos, o que contabiliza maior inflación en taxa anual na Galiza volve ser a vivenda (+27,1%), seguida do transporte (+10,8%), alimentos e bebidas non alcohólicas (+4,8%) e hoteis, cafés e restaurantes (+2,7%). Só comunicacións rexistrou un descenso en 2021 (-0,3%). Pola súa parte, en variación intermensual, os prezos mantivéronse con menores variacións, a pesar de que a vivenda subiu 6,9% no país entre novembro e decembro e o vestido e o calzado baixou 2,5%. A nivel estatal, o IPC subiu 1,2% en decembro en relación ao mes anterior e elevou a súa taxa interanual até 6,5%, un punto por riba da taxa de novembro e o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da luz, dos alimentos e dos hoteis e restaurantes. A taxa interanual do IPC rexistrada en decembro (6,5%) é dúas décimas inferior á avanzada a finais do mes pasado polo INE (6,7%). No caso da taxa mensual (1,2%), o dato definitivo é unha décima menor ao que adiantou Estatística (1,3%). Co dato interanual de decembro, o máis elevado desde maio de 1992, o IPC encadea a súa duodécima taxa positiva consecutiva e sitúa a inflación media de 2021 na contorna do 3%. Segundo Estatística, no comportamento interanual do IPC destaca a suba dos prezos da electricidade, maior en decembro deste ano que en igual mes de 2020, e dos alimentos, especialmente dos legumes e hortalizas, do pan e os cereais e da carne. |
NOS_58143 | Convértese así no primeiro artista do Estado español en obter dous premios nestes galardóns. | O guitarrista e compositor ourensán Daniel Minimalia gañou o 'Hollywood Music Award' polo seu tema 'Flor de Leyenda', na categoría de mellor canción de Pop/Rock Latino. A gala, celebrada virtualmente debido á pandemia de coronavirus, dacabalo entre Sidney e Los Ángeles, contou coa presenza de artistas como Laura Pausini ou Justin Timberlake, así como coa do produtor Kc Porter, colaborador habitual do músico Carlos Santana, e que foi ademais o encargado de anunciar o premio que finalmente recaeu en Daniel Minimalia. O músico galego converteuse así no primeiro artista do Estado español en obter dous premios nestes galardóns a anterior recibiuna en 2015 por Olas del Sur', mellor canción 'World'-. Ademais, a estes dous premios, súmase o Grammy Latino conseguido por Minimalia en novembro de 2020 co seu último disco, 'Terra', nomeado mellor álbum de música instrumental, e que o converteu no único artista galego premiado por un disco propio. É en 'Terra' onde se sitúa 'Flor de Leyenda', o tema que a academia de Hollywood distinguiu co seu galardón anual e que contou coa participación de Esmeralda Grao, que pon a súa voz ao primeiro tema con letra do músico ourensán. |
NOS_40656 | O grupo municipal do BNG acusa o alcalde de "enganar a xente" cun Plan de Axuste "que pretende que os veciños paguen os falcatruadas do PP. | O Portavoz do BNG, Xosé Represas, advertiu que o Plan de Axuste presentado polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, "pretendía que os veciños pagasen mediante a suba de impostos os desmáns do PP durante décadas de enchufismo, corrupción e dilapidación" . O portavoz nacionalista citou como exemplo a suba no Imposto de Bens Inmobles, coñecido como contribución urbana. "En 2010 o PP subiu de forma espectacular o imposto, incluíndo centos de propiedades que non son urbanas de forma fraudulenta. Coa suba que propuña o PP no plan de axuste, o incremento acumulado en só 3 anos sería de máis do triplo, polo que unha familia que en 2009 pagaba 100 euros anuais pasaría a pagar 326", asegurou.Máis de 18 millóns en débedasRepresas revelou que "a día de hoxe as débedas superan os 18 millóns de euros cando o concello só ingresa anualmente 11 millóns. E isto é a herdanza deixada polo PP tras décadas gobernando". Represas considerou "cómicas" as declaracións do alcalde nunha entrevista nun medio de comunicación na que responsabilizou o BNG de xerar 4.000 euros de déficit nos seus 11 meses de goberno. O portavoz nacionalista aclarou que "no goberno do BNG non se gastou máis do que se ingresou, e na maioría deses 11 meses o Estado retivo o 100% dos ingresos do Concello para pagar as débedas creadas anteriormente polo PP coa Seguridade Social e Facenda. Mais aínda así resulta patético que o Alcalde acuse o BNG de deixar unha débeda de 4.000 euros nun total de 18 millóns de euros que hoxe asfixian Ponteareas". Segundo Represas a "crítica situación do Concello" débese a que "temos un alcalde e un PP incompetentes" Sen contar coa oposiciónRepresas desmentiu as declaracións do Alcalde nas que afirmaba que estaba negociando coa oposición o plan de axuste. "Co BNG nin negociou nin está a negociar nada, o que demostra que non quere solucionar o problema. Prefire seguir de alcalde cobrando un bo soldo e botando culpas aos demais". Xosé Represas reiterou que a "crítica situación do Concello" se debe a que "temos un alcalde e un PP incompetentes e incapaces de chegar a acordos coa oposición. E temos un partido socialista que tras dar a alcaldía a Solla, nin apoia o goberno nin apoia unha moción de censura". Para o BNG a solución á "situación de ingobernabilidade" pasa "ou pola dimisión do Alcalde ou por unha moción de censura". |
NOS_57274 | Manuel Martín, médico de Familia, presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, prosegue o ciclo de análises de 'Nós Diario'. | O principal problema do sistema sanitario público galego é a dificultade da poboación para acceder aos servizos de Atención Primaria e as enormes listas de espera acumuladas polas especialidades hospitalarias durante a pandemia da Covid. Esta mala situación ten que ver, de inicio, coas dificultades para conseguir cita nos Centros de Saúde polo colapso da escaseza de liñas telefónicas e por falta de persoal administrativo, que obriga a moita xente a acudir directamente aos centros para conseguir cita facendo colas na rúa. Tamén coa espera para recibir cita e ser atendido, de media, uns nove días (hai sitios en que pode demorarse máis días ou semanas, cando non debería superar as 24 ou 48 horas para unha normal). Ten que ver coa hexemonía da consulta telefónica (estamos á cabeza de Europa), co peche de centros de saúde periféricos para facer aforros, que afecta especialmente á poboación maior do rural, mais co abandono en moitos centros das actividades de promoción, prevención, rehabilitación e saúde comunitaria. As centos de manifestacións convocadas en toda Galicia polas Plataformas SOS, desde hai máis dun ano, son a mostra palpable do descontento social e profesional creado por esta situación. Boa parte dos servizos están ao ralentí pese ao enorme incremento das listas de espera, que poñen en perigo a saúde de persoas con enfermidades graves No caso da atención hospitalaria boa parte dos servizos están ao ralentí pese ao enorme incremento das listas de espera acumuladas pola parálise da pandemia, que poñen en perigo a saúde de persoas con enfermidades graves que chegan moitas veces tarde ás consultas especializadas.A Primaria sufriu grandes recortes polo Goberno de Feijóo desde a crise do 2008. O seu orzamento é o 11,9% do total sanitario fronte ao 14,1 % do Estado e moi lonxe do obxectivo do 25%. O gasto por habitante era hai dous anos o penúltimo do Estado con 188 euros por habitante, 34% inferior aos 288 de media do Estado. Os recortes de persoal por culpa da taxa de reposición durante o Goberno de Rajoy reduciron a taxa médicos de primaria por 100.000 habitantes en Galicia a 89,4, un 10% menos que o resto de CCAA (a 5ª pola cola). Como consecuencia, as consultas médicas están masificadas con medias superiores a 50 pacientes ao día, o que reduce a calidade e pon en risco a saúde das persoas atendidas. Se a isto lle sumamos unhas condicións laborais precarias por falta de estabilidade laboral (50% do total) e contratos lixo (a cuarta parte son inferiores a seis meses) conduce á frustración e ao malestar do colectivo profesional. En moitos centros proliferan as baixas por depresión ou enfermidades relacionadas coa Covid e os cadros de traballadores completos son unha rareza. Risco a curto-medio prazo Máis da metade do persoal médico ten máis de 50 anos (55,3%). Galicia ocupa o 2º lugar do Estado. O 21,7% ten máis de 60 anos (5ª posición). Esta situación está sufrindo unha aceleración vertixinosa en todo ou Estado. En 2007 os maiores de 60 anos representaban 9,7% do persoal, en 2009 o 11,4, en 2014 o 15,5 e en 2018 o 20,5%, cifras que seguramente son moito peores en Galicia. O envellecemento da poboación galega é un feito, os maiores de 65 anos xa supoñen o 25,2% da poboación (máis de tres puntos que hai unha década). A partir desta idade increméntanse exponencialmente os problemas de saúde por enfermidades crónicas e dexenerativas, o que fai que esta poboación demande tres veces máis asistencia sanitaria que o resto. Cambio de estratexia É necesario un cambio da política e de modelo de Atención Primaria, que pasaría por incrementar o orzamento ata o 25%, contratar máis persoal médico (hai unha bolsa estatal de 2.000 médicos en paro encuberto ao que habería que atraer con melloras laborais), incrementar o persoal doutras categorías profesionais dentro dos equipos para desmedicalizar e redistribuír a demanda, abrir os centros de saúde pechados, mellorar as liñas telefónicas, contratar máis persoal administrativo, acabar coas listas de espera, incrementar as prazas MIR para formar máis persoal médico, potenciar a promoción, prevención e a saúde comunitaria, e acabar coa precariedade laboral do persoal. Desgraciadamente, a Xunta, a Consellería de Sanidade e o Sergas que deixa Feijóo non teñen vontade nin capacidade para emprender estes cambios. Ou os botamos ou a Atención Primaria vai dirixida irremediablemente ao abismo. |
NOS_32091 | As imaxes dunha acción desta plataforma cidadá en Compostela foron empregadas pola canle pública para informar dunha mobilización que se realizará o 12 de xaneiro en Bilbo e que si apoia o colectivo vasco Stop-desahucios. Activistas exixen unha rectificación desta peza, que se emitiu o 11 de decembro, e reclaman que se lle dedique a emendar o erro a mesma franxa horaria e o mesmo tempo no informativo. A TVG négase a rectificar | Stop-desafiuzamentos Compostela exixirá unha rectificación á televisión pública da Galiza por usar imaxes de varias accións reivindicativas desenvolvidas pol@s integrantes desta plataforma cidadá na capital galega e na contorna para ilustrar unha información sobre o apoio que Stop-deshaucios brindará en Euskal Herria aos presos de ETA. Segundo o video que a canle pública pendurou na súa páxina web baixo o titular 'Stop Desahucios únese á marcha en apoio aos presos da ETA', a peza audiovisual emitiuse no Telexornal Serán da terza feira, 11 de decembro. As imaxes da plataforma galega contra as execucións hipotecarias nunha acción diante das oficinas centrais de Novagalicia Banco en Compostela foron emitidas co rótulo 'Polo achegamento a Euskadi', unha causa ao redor da cal este colectivo non se pronunciou nunca. Nunha carta dirixida á dirección de Informativos da televisión pública, a plataforma de Compostela quéixase de que, após intentalo de maneira reiterada esta quinta feira durante todo o día, só conseguiron que un membro da redacción, Xosé Manuel Maseda, se comprometese a recadar máis información e devolverlles a chamada. "Cousa que non fixo aínda", indica a misiva enviada mediante correo-e en que Stop-desafiuzamentos responsabiliza á TVG "dos comentarios contrarios á nosa labor e á nosa dignidade" após o erro cometido polo ente público que dirixe Rosa Vilas. Exixen unha rectificación da información difundida no telexornal que se emite á mesma hora e nunha peza informativa da mesma duración. A mobilización contra a dispersión de presos e presas políticas vascas realizarase en Bilbo o 12 de xaneiro e está apoiada por até 40 organizacións, entre as que se atopan Ahaztuak, AHTren Aurkako Asanblada, Aspakena, Bai Euskal Herriari, Behatokia, Colectivo Antimilitarista, Esait, Etxerat, Euskal Herriko Bildune Feminista, Ezker Abertzale Historikoa, Gazte Abertzaleak, Euskal Herriko Kristau Elkarte Herritarrak, Herria 2000 Eliza, Lau Haizeetara Gogoan, Lokarri, TAT, M15 Bizkaia e Stop Desahucios --a través da plataforma de Euskal Herria-- Perante as "conversas e os acordos adoptados entre diferentes axentes de Euskal Herria, o alto o fogo de ETA e a implicación e axuda da comunidade internacional", que abriron un camiño "para solucionar o conflito vasco", estas entidades sociais exixen que o goberno español poña punto e final á dispersión. Xustamente nesta información escúdase a TVG para negarse a rectificar a información emitida. Na resposta enviada á plataforma galega, os Servizos informativos da canle pública seguen sen se decatar que Stop-Deshaucios ten plataformas en todo o Estado e que non dependen as unhas das outras. Así, explica que o único que fixeron foi "facerse eco do contido deste teletipo, dunha prestixiosa e recoñecida axencia de novas, e ilustrar a información con imaxes da plataforma aludida". A información é de Europa Press Bilbo, en referencia á plataforma contra as execucións hipotecarias de Bilbo. Porén, foi ilustrada con imaxes de accións da plataforma de Compostela. Na súa carta de resposta, TVG reproduce o teletipo da axencia española, e conclúe sinalando que a televisión pública "obrou coa dilixencia debida e non emitíu ningunha información falsa". En todo caso, convida a Stop-desafiuzamentos Compostela a que, se queren unha rectificación, a soliciten formalmente a través da Asesoría xurídica da compañía da radio-televisión pública da Galiza. |
NOS_1210 | O BNG presentara unha reclamación perante a Xunta Electoral de Zona por estes feitos do 22 de abril. A XEN acordou incoar expediente o alcalde ribeirense. | O pasado 22 de abril o BNG de Ribeira presentaba perante a Xunta Electoral de Noia unha reclamación contra Manuel Ruíz, alcalde da localidade barbanzá, e a concelleira de Educación (ambos os dous do PP) por unha vulneración da lei electora. Na reclamación presentada polos nacionalistas sinálase que coa desculpa de inaugurar unha exposición ('Feira da Educación')procedeuse a que a veciñanza puidese acceder ao mercado municipal e coñecer as instalacións no que entende que foi unha 'inauguración encuberta'. O BNG sinala que recibiu a resolución da Xunta Electoral de Zona, na que se di que se adoptou o acordo de "incoar expeidente sancionador ao alcalde-presidente do Concello de Ribeira e á concelleira de Educación e Servizos Sociais [...] polos feitos aos que fai referencia a denuncia do BNG". |
NOS_17918 | 23,86% non se permitiu gastos extras no segundo trimestre de 2018 e 10,75% tivo que mudar hábitos de consumo | Esta segunda feira, o Instituto Galego de Estatística (IGE) fai públicos os datos do segundo trimestre do ano. Os resultados alertan de que 45,4% dos fogares galegos chegan a final de mes con dificultade (35,63%) ou con moita dificultade (9,77%). A cifra mantense equivalente á rexistrada no mesmo período de 2017 (45,47%). A respecto do primeiro trimestre, o IGE rexistrou unha redución de 6,23 e 1,1% das vivendas que acabaron o mes con dificultades ou moitas dificultades económicas. Isto supón que, en comparación co período de xaneiro a marzo, o total de fogares que chegan con facilidade a fin de mes (54,61% no segundo trimestre) incrementou 7,33% entre abril e xuño. Sen diñeiro para vacacións nin para imprevistos Por outra banda, o mesmo informe emitido polo IGE indica que, nos últimos tres meses, 23,86% dos fogares galegos non puido permitirse gastos extras como saír a cear, vacacións, viaxes ou facer fronte a imprevistos. Isto está tamén ligado aos hábitos de consumo, xa que 10,75% das persoas enquisadas recoñeceu que, durante este segundo trimestre, pasou a mercar marcas brancas ou produtos en oferta. Outras medidas empregadas para reducir os gastos dos fogares máis apurados foron diminuír gastos comúns en roupa, calzado e transporte, entre outros. En vista a este trimestre de verán, 63,4% das persoas enquisadas prevén saír cear, ir a cafetarías ou ir ao cinema ou ao teatro. Do mesmo xeito, 39,63% dos fogares farán algún gasto extra en alimentación e 18,56% realizarán algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado. Do outro lado, 39,62% destes fogares optarán por aforrar diñeiro. Alén disto, as familias que programan unhas vacacións para o período de xullo a setembro aumentou 16,42% en comparación co segundo trimestre do ano. Por último, no ámbito da vivenda o IGE rexistra que 18,86% dos fogares paga o inmoble que habita, un 7,01% paga un vehículo e tan só 2,38% unha segunda vivenda. |
NOS_37296 | Dizem dele que é um dos melhores compositores da música portuguesa atual. Ana Moura, António Zambujo ou Carminho, entre outros grandes artistas, gravaram canções escritas por ele. Mas conseguiu também um grande sucesso no seu país pela sua trajetória como cantor e instrumentista. Prepara agora o seu quarto disco em solitário. Chama-se Miguel Araújo e é um de tantos músicos da lusofonia que, para os galegos, ficará sempre ligado ao festival Cantos na Maré, que este ano mudou o seu nome por Maré e trasladou-se a Compostela. | —Por que disse que é um crime que não haja mais eventos como Maré? Crime pode ser uma palavra forte demais, mas é pena porque é uma língua tão próxima, praticamente a mesma, não é? E acho que o relacionamento entre as pessoas da Galiza e do norte de Portugal não é a mesma que o doutras partes da raia portuguesa. António Zambujo é de Beja e para eles é quase a mesma cultura. E eu sinto que com a Galiza não há tanto disso. É raro ainda ver artistas galegos ir tocar ao norte de Portugal. Entre Portugal e Brasil, os brasileiros não ouvem música portuguesa, mas os portugueses ouvem muita música brasileira. Mas entre a Galiza e o norte de Portugal o divórcio parece mútuo. —Mas você já tinha tocado antes na Galiza… Sim. Em 2015 fiz uma pequena gira pela Galiza. —A sua relação com a Galiza vinha de antes. Há uma história com Vigo e Bryan Adams… Íamos ao Corte Inglês de Vigo passear e fazer as compras. Eu era muito pequeninho e só queria a cassete de Bryan Adams. Foi o primeiro álbum que tive na vida. —Aos 11 anos recebe um baixo de presente e começa a juntar melodias e letras… Os meus tios tinham uma banda amadora de covers. Os meus primos e eu fizemos uma banda e os nossos tios e os meus pais ofereceram-nos uns instrumentos e então começamos a tocar. Foi pelos 14 ou 15 anos, mas eu comecei aos 11. Tinha um baixo e um violão e inventava melodias e letras. Tinha muita vergonha. Hoje em dia continua a ser um ato clandestino. Se entra alguém da minha família, tenho de parar. —Começou a compor de forma profissional com Os Azeitonas. Tinha se calhar 27 anos. Ao princípio era algo como de brincadeira, fazíamos uma música pirosa... Mas a coisa foi ganhando fãs, tocávamos num bar, havia uma telenovela chamada Morangos con azúcar que usou uma música nossa como banda sonora… De pronto íamos tocar a festivais, enchemos o Coliseu e tornou-se numa coisa muito grande. Depois, entre o meu primeiro disco só, de 2012, e 2016 fui pai e era ter concertos quase todos os dias… Não podia seguir assim e saí da banda. —É muito impressionante o vídeo de "Talvez se eu dançasse" na Avenida dos Aliados do Porto na passagem de ano. É uma música sobre a preocupação pela nossa imagem... Não tinha a ver só com o meu concerto, mas, sim, havia umas 100.000 pessoas. O presidente da Câmara anterior, Rui Rio, não era muito adepto de festas, era muito conservador, muito comedido com a cultura. O novo, Rui Moreira, é todo o contrário. Gasta muito nas festas, na cultura e na música ao vivo e conseguiu que a passagem de ano nos Aliados torna-se em referência nacional. A música é... um bocadinho aquela autoconsciência que nos impede fazer certas coisas, ser felizes. Tem a ver com a minha saída da minha gravadora, que era a Warner. Senti-me sozinho, no bom e no mal sentido. Senti que ia ser muito observado. Esta música foi o meu exercício de fazer música com liberdade sem olhar para a consequência. E recebi mensagens muito inspiradoras de pessoas que se viram refletidas. Pessoas que largaram o emprego porque não os fazia felizes e começaram a fazer qualquer outra coisa… —Está a ter muitos menos concertos. Como está em Portugal a situação na música ao vivo por causa da pandemia? Em Portugal os auditórios podem encher-se até a metade da sua capacidade. Mas acontece que as pessoas sentem-se inseguras e não vão às salas de espetáculo mesmo tendo tirado os bilhetes com meses de antecipação. Foi publicada uma lista que dizia que ir a salas fechadas é do mais perigoso que se pode fazer e as pessoas têm medo. Antes da Covid-19, investir em cultura era política e eleitoralmente rentável, mas agora é o contrário. E o trabalho passou para níveis muito próximos de zero. —No Maré cantaram "Ainda estamos aqui", que diz que foi premonitória… É um bocado uma brincadeira porque todas as músicas agora parecem premonitórias... Há um programa em Portugal de entrevistas de vida que se chama Alta definição. O apresentador, Daniel Oliveira, pediu-me que fizesse uma música sobre o facto de na vida nada ser permanente. A única certeza que temos é que ainda estamos aqui. Afinal é uma música de amor: ainda estamos aqui e eu tenho-te a ti. —Quando fala do seu último livro, Seja como for, diz que escreve as suas crónicas para a Visão, que este livro e outro anterior recolhem, na última meia hora antes de acabar o tempo. Quando explica como trabalha, diz que a inspiração chega quando está com tarefas práticas. Não gosta da idealização do artista. Eu já fiz residências artísticas em aldeias e sítios remotos onde supostamente a inspiração flui com mais naturalidade, mas não foi assim. A mim as coisas que me dispersam ajudam-me a ficar mais concentrado. Sou capaz de estar a escrever uma música com a minha filha ao colo. Eu preciso de fazer coisas: lavar a louça, passear… Uma condição muito forte para a minha criatividade é correr. Desde que fiz o meu estúdio em casa e decidi que não ia dar tantos concertos por ano, gravar, compor e escrever são parte do dia a dia. Faz parte das minhas tarefas domésticas. Não tem a ver com o conceito mais idílico e romântico do artista. —Está a publicar singles. O seu último disco é do 2017. Está a trabalhar no novo… Eu estou a gravar muitas músicas e achava que não ia quitar mais álbuns. Contudo, durante este período de paragem forçada total comecei a frequentar mais o estúdio e vi que havia dez músicas que faz sentido que estejam todas juntas. Decidi lançar um disco e vai-se chamar Peixe azul. Há um conjunto de singles que não formam parte deste álbum e que estão a sair. —O seu último disco, Giesta, é de memórias da sua infância. Repetiu muito que não é um disco de saudades. Por que? Eu não sou saudosista. Não tenho nada contra a saudade, mas a saudade, que parece ser o estado de espírito de Portugal, não se aplicaria a mim… Os portugueses são muito orgulhosos da palavra saudade, que parece que não existe tanto assim noutras línguas. Eu sinto o contrário da saudade perante a vida. Sinto o contrário e parece que não existe uma palavra para expressar o contrário. Eu sou muito adepto do futuro. —Já tinha escrito antes da infância. Em "José" ou "Capitão Fantástico", por exemplo. "José" não fala da minha própria infância. Foi escrita para o filho de uns amigos que estava a dar os seus primeiros passos. "Capitão Fantástico" foi escrita para um sobrinho. Fala dessa espécie de impunidade que as crianças prodígio têm perante os pais e os avós, podem fazer tudo o que quiserem porque são fantásticos... —Há um vídeo muito lindo em que está a provar uma música sua com a sua filha. Por que confia mais no gosto musical das crianças que na dos adultos? A música popular tem um valor relativo. Umas pessoas vão gostar de uma música e outras não. Eu desconfio da crítica musical porque tenta dar um valor absoluto a algo que só tem um valor relativo. Aos 13 ou 14 anos é quando se formam as tribos e a música é uma celebração da vida muito intensa nessa altura. Por isso digo que ia ser melhor se a crítica musical fosse escrita por crianças de 13 e 14 anos. —Em Giesta há uma canção que fala do Axl Rose. Por que? Portugal não fazia parte dos circuitos internacionais de música ao vivo. As bandas grandes não iam a Portugal. Desde que vieram os Rolling Stones, Portugal começou a estar nos roteiros internacionais. Os Guns N'Roses foram ao estádio do Sporting Clube e foi um grande acontecimento. Toda a minha geração arranjou a maneira de os ir ver. Tiveram que pedir aos pais, poupar… Eu não fui. Neste concerto Axl Rose entrou em palco e escorregou e caiu no chão. Ficou chateado porque havia ali não sei o que. Depois, cantou deitado e não falou. Foi uma desilusão muito grande, como o fim do rock para toda uma geração. —Crónicas da cidade grande, o seu segundo disco, fala de um homem mediano em tudo ao que lhe acontecem coisas muito normais. Você definiu-o como um disco "antiépico". E isso tem muito a ver com todo o seu trabalho. Uma vez vi por acaso num programa americano que havia um livro, que se chamaria O zé ninguém quotidiano traduzido ao português, em que o autor tinha feito uma pesquisa sobre a média. Em média um americano faz tal coisa… Tudo assim. E eu achei engraçado porque de facto quem sustenta a base da pirâmide da nossa civilização, da nossa história, são as pessoas medianas. Fiz um álbum de música popular portuguesa com a ideia desse livro. "Antes da covid-19 investir em cultura era política e eleitoralmente rentável mas agora é o contrário. Agora o trabalho passou para níveis muito próximos de zero" —Talvez o seu sucesso tenha a ver com isso. Fala de coisas com as que qualquer pessoa pode identificar-se. Todas as pequenas coisas são grandes coisas, disse. Os artistas dos que eu mais gosto na música têm assim esse estilo… Chico Buarque, Mark Knopfler… são pessoas que não têm ar de artista, não têm posse de artista. —Em relação com isso, por que disse que desconfia das opiniões profundas? Eu estava a tentar citar a Fernando Pessoa, mas citei mal porque dizer isso já é uma opinião profunda, então é uma contradição. As pessoas que têm confissões e opiniões muito profundas são aquelas que nem sequer deviam tê-las. Quer dizer, uma pessoa sensível muda de opinião e é normal. O Harry Nilsson disse que todas as coisas são o que são e o seu exato contrário. Qualquer pessoa que tenha uma opinião muito marcada, por exemplo, sobre as redes sociais, eu já desconfio. As redes sociais podem ser as melhor coisa do mundo e a pior e pelas mesmas razões. —Em Cinco dias e médio, o seu primeiro disco, não havia uma narrativa comum, senão músicas diferentes. Será assim no novo álbum? O novo álbum tem um paralelo com o primeiro mais notório. No primeiro gravei eu os instrumentos todos. É mais caseiro, mais modesto, menos produzido que o segundo, no que tenho uma banda. Neste novo disco sou eu com o baixo, a bateria, o piano… Toco eu mais ou menos todos os instrumentos e soa mais simples, coma o primeiro disco de Paul McCartney, o primeiro de Paul Simon, os de Cat Stevens… O meu segundo disco foi mais produzido: com arranjos, cordas… —Em Cinco dias e médio estava "Os maridos das outras", música que teve um grande sucesso em Portugal. Há humor nesta canção, como o há em muitas das suas letras… Nisso há influência da música de Chico Buarque, Carlos Tê, João Monge… Eu não acho que a minha música seja humorística, mas o humor é um bom jeito de pegar nas coisas. —Outra coisa habitual nas suas letras é o otimismo. "Autopsicodiagnose" fala de fazer o que possa e tirar para adiante. Muitas outras canções falam de deixar rolar as coisas. Há um livro muito importante chamado Factfulness, de Hans Rosling. Ele era consultor de Bill Gates, compilou muitos dados e observou que a vida vai melhorando a través dos tempos. Ele propõe depois um questionário e as pessoas falham 90% das perguntas. As pessoas pensam coisas muito piores do que é a realidade e isso tem muito a ver com os noticiários. No fundo, há razões factuais para ser otimista. —Por que é incrível a história de Gabriela de Jesús, protagonista dum dos seus últimos singles? O nome é uma piada, é muito pomposo. É uma música de cinco minutos, sem refrão. Eu achei que não ia ter muito sucesso nas rádios, mas não foi assim. É uma história inventada. Lourizela existe. Vi uma placa na autopista e tirei dela a ideia. —Disse que se sente herdeiro de Rui Veloso, Jorge Palma, Carlos Tê, Mafalda Veiga… Rui Veloso representa na música portuguesa o que João Gilberto na música brasileira. Ele junta a música anglo-saxónica (Eric Clapton, Dire Straits, The Beatles etc) com letras que falam da realidade portuguesa. Eu tinha 10 ou 11 anos e escutava aquelas letras que falavam de lugares que eu conhecia. Deu-nos a mim e à minha geração o cancioneiro da música popular portuguesa. Antes, as pessoas jovens se juntavam para tocar com a viola a Pink Floyd ou The Beatles, por exemplo, porque a música portuguesa era algo antigo, de orquestra, com letras que não nos diziam nada… —Identifica-se com a música pop, suponho que nesse sentido. Pop é um diminutivo de popular, como folk. A música popular, como dizia Bob Dylan, é a que denuncia com mais eficácia o seu tempo. A música dos anos 60 soa aos anos 60, a dos anos 70 aos anos 70… —Há anos que colabora com o António Zambujo. E são amigos. Encontrámo-nos por acaso num bar em Lisboa, o Berimbar, e começamos a tocar. Ficamos amigos até hoje. Ele estava a trabalhar em Lisboa num espetáculo musical sobre Amália Rodrigues que depois veio para Porto e eu e os meus amigos fizemos de cicerones. Depois ele gravou o seu primeiro disco e eu comecei com Os Azeitonas. Ele começou a ter sucesso e foi uma das pessoas que mais me motivaram para lançar o meu primeiro disco só. Compus muitas músicas para ele. Depois fomos convidados para um festival de conversa, mas nós fizemos uma coisa com música, no teatro São Jorge. A partir disso fizemos um espetáculo que levamos ao Coliseu. Incrivelmente, o sucesso foi tal que ficamos por 28 dias. Gravamos um disco. Ultrapassamos o 24 nights de Eric Clapton… Nunca pensamos que isso fosse suceder. —Também trabalhou com Marcelo Camelo, Ana Moura, Carminho, Raquel Tavares, Ana Bacalhau, Pedro Silva… E na Galiza com Roger de Flor também. Colaboro com muitos amigos, sim. —Com João Só, depois de ter o seu blogue, o Blogue do Mendes. Ou com o cómico Nuno Markl. Quando tinha o blogue eu estava com Os Azeitonas. O que não tinha muito a ver com o repertório dos Azeitonas, ia para o blogue. Muitas das minhas músicas do meu primeiro disco vêm dele. Mendes é um nickname meu que usava o meu tio e que usam os meus amigos. Com Nuno trabalhei num monólogo dele em que eu fazia micromúsicas. —Não nasceu em Porto, mas mora lá desde a infância. Não parece um mau lugar para a formação dum músico. O seu tio explicou-lhe com um debuxo como colocar os dedos no baixo e do resto... foi a aprender. Nasci em Maia e fui para Porto aos 10 anos. E sou autodidata e sim, muitos dos grandes artistas da música portuguesa moderna são do Porto. Rui Veloso, Sérgio Godinho, José Mário Branco, Táxi, GNR… Porto é um grande berço de música. Isto orgulha muito aos portuenses. |
NOS_2204 | Erdogan ordenou a detención de milleiros de persoas entre militares, xuíces e fiscais. | Após o falido golpe de Estado en Turquía na madrugada do 15 de xullo, o goberno de Tayyip Erdogan está a desenvolver unha purga no seo do exército mais tamén na xudicatura. Por volta de 6 mil persoas foron detidas incluíndo 2.839 militares --segundo as informacións proporcionadas polo propio executivo. Emitiuse orde de detención contra 9 integrantes do Tribunal Supremo e máis de 2.700 xuíces foron destituídos horas despois do golpe Unha "operación de limpeza", en verbas do Ministro de Xustiza, Bekir Bozdag, que aínda "continúa" dirixida tamén contra a xudicatura na que foron destituídos 2.745 xuíces, de acordo coa información publicada pola axencia de noticias turca, Anadolu. Aliás, foron destituídos 22 integrantes da Xunta Superior de Xuíces e Fiscais e decretouse unha orde de detención contra 9 xuíces do Tribunal Supremo. Para alén disto, Erdogan ordenou despregar 1.800 soldados polas rúas do país e cazas F-16 vixían o espazo aéreo turco após denunciar a desaparición de 42 helicópteros do exército que se atopaban na base militar de Incirlik. Nese lugar a OTAN mantén efectivos e é considerada un dos puntos estratéxicos pola súa posición xeográfica. De facto, é de onde despegan os avións estadounidenses que participan no conflito armado en Siria. Así as cousas, a súa actividade foi paralizada o sábado por orde gobernamental. Pena de morte Entretanto, o executivo turco estuda a posibilidade de reinstaurar a pena de morte como condena para os golpistas. De igual maneira que coa defensa do seu executivo durante o golpe, Erdogan atribúe a unha demanda popular esta posibilidade. "Non podemos ignorar as peticións do pobo", dixo durante o acto oficial en lembranza das vítimas. "Cancelamos a pena capital [en 2004] no entanto poderán realizarse os cambios necesarios para previr o que aconteceu hoxe", dixo o primeiro ministro turco Porén, foi o primeiro ministro do país, Binali Yildirim, o primeiro en anunciar á imprensa que a reinstauración da pena de morte estaba a ser estudada. "Cancelamos a pena capital [en 2004] no entanto poderán realizarse os cambios necesarios para previr o que aconteceu hoxe", sinalou. "O Consello Constitucional de Turquía abordará esta cuestión xunto cos partidos no Parlamento". Desde a UE, que previamente amosou o seu apoio ao goberno de Tayyip Erdogan, amosaron a súa preocupación polas medidas adoptadas após o golpe militar. Mais o presidente non desisten. Fetullah Gulen no punto de mira de Erdogan Aliás, exixiu aos EUA a deportación do que aseguran é o instigador do golpe, Fetullah Gulen, autoexiliado en territorio estadounidense desde 1999. Trátase dun representante do movemento islámico Hizmet e unha influínte voz en Turquía desde o exterior. Embora Gulen e Erdogan se apoiaron até 2013 a relación mudou após as denuncias de Fetillah Gulen pola represión coa que o executivo turco respondeu a unhas manifestacións. A resposta de Tayyip Erdogan foi a persecución de persoas afíns ao movemento Hizmet, entre as que se atopaban xornalistas e xuíces baixo a acusación de que se estaba a xerar un estado paralelo e conspiracións para o derrocar. Pola súa banda, Gulen nega ter participado no golpe militar e mesmo o denunciou. Desde o goberno dos EUA reclaman a Turquía probas para estudar unha hipotética extradición. Aproximadamente 48 horas despois do intento de golpe militar a preocupación paira sobre a poboación, especialmente sobre as formacións da esquerda e o pobo curdo, principais obxectivos do réxime de Tayyip Erdogan para alén da situación na que se poidan atopar as persoas refuxiadas nos campamentos turcos. |
PRAZA_18842 | A cineasta nada en Euskadi, formada en Praga e Munich e instalada en Compostela en 2010 é autora de varias curtas nas que explora as relacións entre o humano e o animal e está a piques de rematar a súa primeira longametraxe, 'Arima' | A cineasta nada en Euskadi, formada en Praga e Munich e instalada en Compostela en 2010 é autora de varias curtas nas que explora as relacións entre o humano e o animal e está a piques de rematar a súa primeira longametraxe, 'Arima'O festival Novos Cinemas celebrou este ano un encontro coa cineasta Jaione Camborda. Autora de varias curtas en Super-8 nas que explora, entre outras cuestións, as relacións entre o humano e o animal indo máis alá das limitacións do figurativo, está a piques de rematar a súa primeira longametraxe, 'Arima', que realizou a través da súa propia produtora, Esnatu Zinema. Camborda, nada en Euskadi e formada entre Praga e Munich, instalouse en Compostela no 2010, atopando en Galicia unha familia de creadores cos que compartir inquedanzas. Falamos con ela de 'Arima' -actualmente en fase de posprodución- e do resto do seu traballo como directora, produtora e guionista.'Arima' é a historia de catro mulleres e unha nena cuxa vida se ve alterada pola aparición de dúas figuras masculinas… Así presentas a túa primeira longametraxe. Como nace 'Arima'?En realidade é un proxecto de hai moito tempo. Naceu coma un ensaio de guión cando eu estaba a estudar. De alí viñeron o título e as primeiras liñas. Pero desde entón o proxecto transformouse moito. Traballei tamén nel no meu traballo de fin de carreira cando estudaba na escola de cine de Munich, nun momento no que estaba co tema do espazo… Foi, así, en varias fases. En calquera caso, xorde dunha exploración poético-psicolóxica da muller, do eu desde o feito de ser muller.Hai unha conexión coa túa curta 'Lilit', de 2015: unha nena suspendida no aire, nunha randeeira…É verdade que 'Lilit' contén algo de 'Arima', pero é porque eu son as mesma persoa, coas mesmas inquietudes, non porque unha sexa causante ou continuidade da outra.O resto do teu traballo como directora -as curtametraxes- movíanse no ámbito do documental. 'Arima' é máis ficción. Por que?"Non creo que teña que identificarme só cunha liña ou coa outra, coa ficción ou coa non ficción"Pois 'Arima', ao precisar de máis infraestrutura e de máis orzamento tivo a particularidade de que precisou tamén de máis tempo para financiarse. O xermolo da película, como che dicía, xurdiu moito tempo atrás, e a miña deriva cara a non-ficción é en realidade de despois. Tamén supón un cambio no sentido de que nas curtas traballaba eu soa ou eu con outra persoa, e para facer 'Arima' xa precisei un equipo. De todas maneiras, eu non creo que teña que identificarme só cunha liña ou coa outra, coa ficción ou coa non ficción. Podes mudar, dar voltas, reiventarte: non me pecho nin nunha cousa nin na outra.A barreira entre o real e o imaxinario ten moita importancia en 'Arima'. Un cazador aparece perseguindo a outro home que nunca chegamos a ver. É coma unha presenza fantasmagórica. E non é a única na película. Por que?Podería definir esta película coma unha sensación de estar nunha noite de néboa e intuír que hai algo aí, aínda que non poidas velo. É esa sensación de incertidume, de intuír que algo que é borroso para min existe, está aí. Na película é importante iso: a nosa relación coa realidade subxectiva, emocional, coa mirada. Por iso esa ambigüidade entre o real e o imaxinario. Como un lugar desde a que transitar imaxinarios relacionados cos nosos medos, os nosos desexos…Hai unha serie de personaxes que, parecendo diferentes, teñen conflitos moi semellantes. Por que?Hai na película un xogo de espellos, de alter-egos, e un conflito que pasa duns personaxes a outros. Tampouco quero revelar demasiado, pero por un lado están Julia e a súa nai e polo outro unha nena e a súa nai. Julia e a nai comparten un mesmo drama existencial baseado na perda e Julia (Melania Cruz) dalgunha maneira ten medo de ser coma a súa nai, (Mabel Rivera).En realidade, ao ver a película tampouco acabas de entender que é o que pasa. Todo se move nesa nebulosa, esa ambigüidade... E iso semella estar feito a mantenta para que o espectador complete a historia. É así?"É moi importante na película o que non se ve, que o espectador ten que imaxinar"Si, e iso é moi importante para min. Entendo que é un risco e que o espectador pode sentirse frustrado, pero trátase diso, de evocar, para que o espectador poña as pezas que faltan. É moi importante na película o que non se ve, que o espectador ten que imaxinar. Así coma o misterio, unha tensión constante que indica que algo sucede, aínda que non sexa nada moi concreto.Por iso a idea da néboa que che dicía antes. Hai personaxes que son importantes pero que o espectador non ve, pasados que non se explican pero que se intúen… E si, está feito para que sexa o espectador quen complete, quen reconstrúa, a partir dos elementos que se lle dan. Tentamos manter ao longo da película ese misterio, esa tensión… que ás veces xoga tamén coa linguaxe do thriller.É verdade. Ás veces algo crea tensión e indícanos que vai pasar algo terrible…Hai pequenos elementos de thriller, si. O cal non quere dicir que sexa una película de xénero. Pero hai algo diso que pode intuírse. E tamén, por exemplo, do western: a figura da muller que coida do home ferido… É algo sutil, pero está aí.En relación con iso, na película hai bastante violencia, aínda que non sexa moitas veces moi explícita. Un exemplo é a figura do cazador. Pero hai moitas máis mostras disto. Por que?"A violencia está no xeito de relacionarse uns personaxes cos outros, e para min iso é un reflexo do xeito de relacionarnos nunha sociedade un pouco patolóxica"Para min é algo que está na nosa psique, que forma parte da nosa relación co mundo. A película xoga con determinados arquetipos, coma o do home cazador. Ese é o exemplo máis obvio, pero si, a violencia está no xeito de relacionarse uns personaxes cos outros, e para min iso é un reflexo do xeito de relacionarnos nunha sociedade un pouco patolóxica nese sentido.A película sitúase nese lugar e ademais nela prodúcese o traslado dese imaxinario a unha nena. Desde o seus xogos inocentes, a nena inscríbese nese estado de violencia, herda esa violencia presente na psique colectiva. A película indaga, como dicía antes, na figura da muller. Hai un home que encarna a violencia e o roce con el xera violencia, pero esta tamén estaba presente, xa de antes, nas mulleres coas que se relaciona.A nena foxe da casa, o cazador persegue un home que foxe… Que representa a fuxida en 'Arima'? Porque tamén está conectada coa procura da liberdade, ou polo menos dun lugar menos hostil."Hai que sinalar que 'Arima' é coma un corpus completo, unha persoa que se fragmenta en distintos personaxes"Si, a idea da fuxida está presente en varias das personaxes. A nena é a que explicita máis iso: a fuxida está relacionada nela co terreo da rebeldía, pero tamén da angustia: ela percibe unha violencia… Pero tamén é a súa percepción subxectiva, como pasa con todos os personaxes. O que hai que sinalar aquí é que 'Arima' é coma un corpus completo, unha persoa que se fragmenta en distintos personaxes. Julia é a pedra angular destes personaxes que son espello uns dos outros, nun lugar íntimo e emocional.Ese lugar é emocional pero tamén físico. É doado imaxinalo coma unha vila pequena, neboenta, cun ambiente opresivo. O propio espazo faise tamén protagonista."Para min era moi importante manter a sensación de realidade: que non se interpretase coma un conto"É un espazo máis ben íntimo, psicolóxico. De todas maneiras, para min era moi importante, a pesar da ambigüidade, da idea do real e o imaxinario, manter a sensación de realidade: que non se interpretase coma un conto. Eu precisaba a terra, manter o contacto coa terra, coa realidade. É un espazo físico pero tamén psíquico, que pode ir ao imaxinado desde a confusión coa realidade.O desexo -non só físico, senón como arela, como procura- é un dos temas da película. Aínda que non sempre leve a mellor lugar. Por que?'Arima' vai tamén sobre a mirada. A película sitúa o espectador no terreo da mirada, cunha cámara en man que se dirixe ao espectador, tamén, como voyeur. Hai un personaxe que ten especial relación tamén con isto: gústalle ser observada. Precisa atención. E, en relación con iso, o desexo é, si, algo que move os personaxes.No aspecto técnico, nas túas curtas tes usado o Super 8. En 'Arima' tamén hai texturas especiais… Aínda que non sexa igual ca nas curtas."O director de foto e eu traballamos moito coa idea de tensión, de misterio"Con 'Arima' foi a primeira vez que traballo cun director de fotografía, Alberte Branco. Eu propoño unha cámara en man, celuloide e Super 16 mm. Mais esa cámara contén tamén moito da personalidade do cámara: os seus tempos, o seu pulso, o seu temperamento… Buscamos que fose unha película máis estable en termos de imaxe, de xeito que o formal non eclipsase outros aspectos. O director de foto e eu traballamos moito coa idea de tensión, de misterio… E, despois, claro, é todo moi nocturno: tamén houbo un traballo moi importante de iluminación. E unha textura, si, que pode evidenciar o celuloide.Unha idea que sae na propia sinopse da película é a da submisión. En xeral, non creo que sexa unha película para denunciar nin reivindicar nada concreto en relación coas relacións de xénero, pero a construción social da "muller" está aí. En que sentido?"A película pregúntase polo concepto de muller máis que facer unha denuncia do patriarcado"É xusto iso. A película xoga, como dicía antes, con determinados arquetipos. O cazador como arquetipo de home. O xogo de espellos entre as mulleres. Un dos arquetipos lévanos á idea da muller submisa… Mais é como dis: a película pregúntase polo concepto de muller máis que facer unha denuncia do patriarcado, que é algo que comparto pero non é o obxectivo desta película. A idea é máis facer preguntas, observar: que é ser muller, a través desas incertidumes emocionais das que falabamos."A muller é, nesta película, máis ben obxecto de de observación. E non todas son superheroínas, porque non teñen que selo"O cazador, o home, é tamén un personaxe ambiguo: ninguén sabe de onde vén nin quen é, e cada un dos outros personaxes ve algo distinto nel: o monstro, a ameaza, o irmán... El representa moitas cousas porque é tamén unha proxección dos medos e dos desexos dos demais personaxes. A muller é, nesta película, máis ben obxecto de de observación. E non todas son superheroínas, porque non teñen que selo.Falabamos ao principio de 'Lilit'. Como xurdiu esta curta?Pois ía coa cámara e foi unha imaxe coa que me encontrei: unha nena na randeeira, de noite. Gústame facer, tamén, curtas moi breves, coma haikus, e esta é un exemplo. Despois de revelar a imaxe vin que tiña impacto, ao tempo que sinxeleza… O equipo de 'Acto de Primavera' pediume unha postal e esta curta foi o que enviei. A nena é coma un anxo flotando no aire, e ao mesmo unha referencia a Lilit, a muller rebelde que non acepta a submisión de Adán, que é algo que vexo nas novas xeracións de mulleres.Falando de 'Acto de Primavera', tamén fixeches por encargo deles 'Nimbos', curta sobre Díaz Castro…"Nimbos' foi unha peza moi importante para min, porque foi a primeira vez que me aproximei desde o Super 8 á dirección"Si, fora un proxecto no que eles lle encargaran a varios creadores facer unha peza a partir dun poema de Díaz Castro. Cando se lle dedicou o Día das Letras a este escritor. Foi unha peza moi importante para min, ademais, porque foi a primeira vez que me aproximei desde o Super 8 á dirección, despois de moito tempo en que estivera dedicada ao guión e a outras cousas. Foi iso, un retorno ao traballo de directora. Que para min ademais é como un decálogo de intencións. Sitúa o espectador no marco do misterio, da sedución da imaxe -é un lume que seduce a un neno, que o mira-... E é tamén coma un haiku.Outras dúas curtas túas, 'Proba de axilidade' e 'Rapa das bestas', teñen que ver coa relación dos humanos cos animais. Que tamén está en 'Arima'. Ou, máis ben, a animalidade humana. Hai unha conexión aí…Hai esa conexión, si. A observación do animal, e do animal home que somos. E tamén hai en min unha sedución por rodar animais e un interese por poñer en diálogo o home e o animal.'Proba de axilidade' é como un campionato de cans adestrados…Si, as imaxes proceden do 'Agility', unha especie de deporte competitivo no que os cans teñen que pasar distintas probas. É un traballo que implica unha relación moi próxima co can que se mestura coa idea de competición. Nesta curta hai observación do animal e tamén do ser humano, animal-home, e dos seus xestos, que se relacionan co seu ego. Pero non o digo por criticalo. Coma 'Arima', é un traballo de observación, non de denuncia.E 'Rapa das bestas'? Nela está a animalidade do home e tamén, quizais, a humanidade do animal. E a egolatría tamén. Cando a presentaches en Curtocircuíto dicías que non buscabas facer crítica social, senón achegar un ollar íntimo do antropolóxico, a tradición…"Para nada foi a miña idea denunciar a rapa das bestas nin nada así. Non hai un dedo sinalador, como non o hai en 'Arima'"É que non creo que sexa eu quen ten que dicirlle ao espectador o que está ben e o que está mal. Fago preguntas, máis que dar respostas. A ver, desde o momento en que encadras estás posicionándote, pero eu sempre tento deixarlle ao espectador o maior espazo posible. En 'Rapa das Bestas' tamén está, como en 'Arima', a violencia e o seu traspaso xeracional.Tamén a tradición, o que vai do pasado ao presente parecendo pasado e sendo presente, o roce do animal co home e do home co animal, a bestialidade do humano… Tamén está o animal a través dos seus ollos, da súa respiración: a súa humanidade, como dis, a través dunhas imaxes que favorecen a empatía… Pero para nada foi a miña idea denunciar a rapa das bestas nin nada así. Non hai un dedo sinalador, como non o hai en 'Arima'. Hai veces que me posiciono, pero procuro facelo dun xeito sutil. Fuches tamén guionista de 'Los Fenómenos'. A segunda ten unha conexión con 'Arima' no tema dos roles femininos: é un filme sobre unha muller que tenta sobrevivir traballando de peón de obra. Coa "crise" inmobiliaria de fondo."O guión de 'Los Fenómenos' foi o primeiro traballo que tiven a chegar a Galicia"O guión de 'Los Fenómenos' foi o primeiro traballo que tiven a chegar a Galicia. Alfonso Zarauza chamoume un día para escribir un guión con el. Traballamos moito coa estrutura, o cal foi para min unha aprendizaxe moi boa para 'Arima'. En 'Los Fenómenos' si que se traballa coa idea explícita dunha muller nun mundo de homes: a súa heroicidade, a súa maternidade, a súa sobrevivencia...En 'Verengo', de Víctor Hugo Seoane, fuches produtora. Ben, en realidade fuches produtora, directora e guionista de todos os teus filmes."Nun futuro estaría ben ter a posibilidade de non ter que encargarme eu da produción, non ter que levar todo o peso"En 'Verengo' eu fun máis ben un apoio, á hora de facilitar material sobre todo. Pero a produción foi asumida máis ben por Víctor. Eu non levei a produción no sentido da xestión económica. En 'Arima' é onde, podería dicir, comezo a facer un verdadeiro traballo de produción no aspecto económico. Foi un proceso longo, e ademais ao non ter outras películas feitas é máis difícil.Ao ser directora, produtora, guionista… tampouco podía facer unha película moi grande. Ademais, montei a miña propia produtora faltándome aínda coñecementos: fun un pouco kamikaze. (Ri). Aínda que podo dicir que 'Arima' foi como un Máster.. Eu o que quero, en realidade, é crear. Nun futuro estaría ben ter a posibilidade de non ter que encargarme eu da produción, non ter que levar todo o peso. As curtas tamén as producín eu pero, claro, non é o mesmo. Son pezas autofinanciadas.E fuches directora de arte en 'Tempo Vertical'; 'Las Altas Presiones'; 'O Ouro do Tempo' e 'Encallados'. Na última, sobre todo, pode recoñecerse o teu estilo…Imaxino que algo haberá de min, si. Tamén dei con directores, coma Ángel Santos, que lle dan moita importancia ao espazo fílmico, coma min. Son películas que beben moito do real, con pouca intervención, películas de autor feitas cun equipo pequeno, un equipo de guerreiros que traballan co real, facendo un labor máis de baleirado que de enchido.Naciches en Euskadi e estudaches en Madrid, Praga e Berlín. Por que viñeches para Galicia?"Fálase da periferia da periferia, pero para min Galicia foi centro"Levaba moitos anos no estranxeiro e tiña ganas de voltar á casa. Tiña unha parella galega, sempre me gustou moito Galicia, e pareceume unha boa idea vir para Galicia. A verdade é que me sentín como na casa, e ademais, no aspecto creativo, foi revelador: atopei unha familia de creadores moi bos que me interesaban moito. Foi tamén no momento do boom de recoñecemento dunha xeración e eu sentinme afortunada de formar parte desa celebración, dese movemento. Fálase da periferia da periferia, pero para min Galicia foi centro nese sentido.Refíreste ao chamado Novo Cinema Galego?Si, pero non só. Eu procuro non abusar desa etiqueta. Mais o que dicía: aquí coñecín creadores que me interesaban, e ademais hai moitos festivais, moita oferta cultural para ver cine… Galicia ofreceume moito nese aspecto.Acabas de gañar un premio no festival de Gijón. En que consiste?Pois é un premio para facer o proceso de DLP: un disco duro cuns codex que se usa para enviar aos festivais e aos cines, e que é bastante caro facer.Que significa 'Arima'?É o nome dun karaoke. E aí vou deixalo. |
NOS_45752 | A unha semana do debate de política xeral, o BNG salienta "os incumprimentos" de Núñez Feijóo a piques de se cumprir un ano das eleccións. O seu portavoz nacional, Xavier Vence, fixo "balanzo xeral" da xestión de Núñez Feijóo e exixiu un "cambio radical" na política da Xunta pois Galiza, di, fica "empequenecida" e "cativa" pola actual xestión. | Para o portavoz nacional do BNG, este "é o ano do paro, dos recortes, da estafa das preferentes, da entrega de NGB a fondos estranxeiros", mais tamén "do estourido da grande corrupción no PP" e das "relacións indignas" entre o presidente da Xunta e o narcotráfico. Crispación e incumprimentosPara o líder da fronte nacionalista, este primeiro ano de lexislatura tamén é "o da crispación política" e a "demonización dos movementos sociais". Así lembrou Xavier Vence o comezo do curso político marcado polo veto á cidadanía no Parlamento e a sucesión de manifestacións ás portas dun Pazo do Hórreo que acostuma estar blindado pola policía. "Este é o ano do estourido da grande corrupción no PP e das relacións indignas entre Feijóo e Marcial Dorado" Coa ollada posta no retrovisor, o voceiro nacional do Bloque fixo balanzo deste primeiro ano do que é o segundo mandato para Alberto Núñez Feijóo. Neste senso, Vence salientou "os incumprimentos" do PP á fronte do goberno galego, nomeadamente dalgunhas das promesas que marcaron a súa estratexia electoral. "Seguimos agardando" pola carga de traballo nos estaleiros galegos, sinalou o portavoz do BNG, após coñecerse que Pemex adxudicará os floteis a través dun concurso en que concorren 11 candidatos --entre eles, Barreras e Navantia. Da imaxe de Núñez Feijóo asegurando que Galiza "cortará chapa" para a para-estatal mexicana fica só fume. Entrementres, a política económica da Xunta de Galiza deixa tras de si no último ano "33.000 empregos menos e 34.000 filiacións á Seguridade Social" perdidas. Moitos destes postos de traballo foron destruídos no sector agrario que adoece polo peche de 4.000 explotacións. "Actualmente temos menos traballo" no agro "do que Murcia, que xa é dicir", denunciou o líder do BNG mentres lembrou que Galiza ten as condicións "para ser potencia" neste sector. O orzamento de Galiza volve a niveis de 2002 Apesar de o líder do executivo galego se gabar de ser "un modelo" de xestión para o resto do Estado, desde o BNG critican con dureza "o fracaso absoluto" dunha política económica que "só contribúe para prolongar a recesión e aumentar a débeda", salientou Xavier Vence. Galiza contará en 2014 cun orzamento de 8.400 millóns de euros, un presuposto semellante ao de 2002 E é que desde a chegada de Núñez Feijóo á Xunta en 2009 o endebedamento do país incrementouse nun 24% acadando o 16,8% do PIB --segundo os dados do Banco de España. Desde hai catro anos 108.000 traballador@s ficaron no desemprego, deixando máis de 90.000 familias con tod@s @s integrantes no paro, ao tempo que o goberno reduciu o investimento público e as prestacións sociais "de maneira continuada". Cuestión que se manterá no vindeiro 2014 como xa avanzou o propio presidente da Xunta. Con 8 mil 400 millóns de euros orzamentados, "Galiza empequeneceu" desde que Núñez Feijóo goberna "a niveis de 2002", explicou o portavoz nacional do BNG para quen o país non só mingua senón "que se fai cativa", dixo, como consecuencia dun "debate político" ridiculizado por un goberno "submiso ás directrices de Madrid", denunciou Vence. Desde 2009 108 mil persoas ficaron no desemprego e a débeda de Galiza incrementouse nun 24% Este "é o ano dun goberno que só é capaz de ser insubmiso para agredir". Xavier Vence lembrou os incumprimentos da Xunta de Galiza en materia xudicial após media ducia de sentenzas que exixen a derrogación parcial do decreto do plurilingüismo e obriga o executivo a respectar a lei en materia lingüística. Explosión en BeadeO líder da organización frontista amosouse prudente perante a explosión que tivo lugar de madrugada na casa consistorial de Beade. Xavier Vence dixo non dispor dos dados reais que esclarezan a causa dos acontecementos mais, engadiu, "condenamos calquera tipo de violencia" con "calquera finalidade" pois, acrecentou, "iso non resolve os problemas". |
NOS_40017 | Aumentan a 252 os pacientes con Covid hospitalizados, 40 deles en UCI | Galiza rexistra outros 238 casos de Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 95 na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e 34 na de Santiago e Barbanza. Os casos activos na Galiza soben a 4.514, o que supón 40 máis que os contabilizados esta segunda feira, sempre segundo os datos da Consellaría. Así se reflicte na web de Sanidade actualizados na mañá desta terza feira con datos recollidos até as 18,00 horas da segunda, dos que se constata que até a data curáronse 22.123 pacientes, o que supón 199 máis que os contabilizados o día anterior. Os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas sitúanse en 95 na de Ourense; 40 na de Vigo; 34 na de Santiago e Barbanza; 26 na de Lugo; 23 na de Pontevedra e O Salnés; 14 na da Coruña e Cee; e seis en Ferrol Segundo os datos publicados polo Sergas, os casos activos de Covid soben na Galiza con respecto á segunda feira nas áreas sanitarias de Ourense até os 1.567 (+55); Vigo, que ten 496 (+29 máis); Lugo, que conta con 477 (17 máis); e Santiago, que se sitúa en 621 (+3). Mentres, os casos activos descenden nas áreas da Coruña até os 745 (-21); Pontevedra e O Salnés, que conta con 469 (-42) e na de Ferrol que baixa nun até os 136. As persoas con Covid-19 falecidas na Galiza sitúanse en 786. A última vítima até a data notificouse esta segunda feira, en relación ao falecemento na residencia de maiores Os Gozos de Pereiro de Aguiar dun home de 84 anos con patoloxías previas. Até a data realizouse en Galicia 556.927 PCR con respecto ás 553.544 contabilizadas até esta segunda feira. Hospitalizados Os pacientes con Covid ingresados na Galiza aumentaron a 252, o que supón 15 máis que os de onte, deles 40 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) -un máis que hai 24 horas- e 212 noutras unidades de hospitalización. |
NOS_18794 | A mobilización xuvenil unitaria percorreu a capital de Galiza na véspera do Día da Patria baixo o lema 'A mocidade galega pola independencia. Vencermos nós!". | Centos de mozas e mozos procedentes das diferentes comarcas do país tomaron parte na mobilizacón xuvenil unitaria que decorreu este 24 de xullo en Compostela convocada por 8 organizacións (Agir, Briga, Comités, Galiza Nova, Isca, Liga Estudantil Galega, Terra e Xeira). A marcha arrancou pasadas as oito da tarde da Alameda compostelá para percorrer varias rúas até a Praza do Toural, onde finalizou. Unha mobilización na que durante todo o percorrido non pararon de corearse consignas a prol da independencia, defendida como unha ferramenta para a transformación social do País. Do 'Avante, sen tregua, República galega' ao clásico 'Galiza ceive, poder popular', pasando por 'España é a nosa ruína' ou 'Galega ou estranxeira, a mesma clase obreira', as palabras de orde coreadas con énfase polos centos de asistentes a esta convocatoria mantiveron en todo momento unha manifestación do máis animada. Nunha Compostela chea de turistas, algúns estes non deixaban de amosar a súa curiosidade e/ou extrañeza perante o paso da marcha, moitos deles descubrindo por ver primeira que en Galiza existen movementos que defenden a independencia de Galiza. Algúns turistas aplaudiron ao paso da manifestación, mais non faltou quen botou o 'Viva España' de rigor -entenden eles- nestes casos. Xa nunha ateigada Praza do Toural procedeuse á leitura do manifesto conxunto: "Un ano máis, nós, a mocidade independentista e nacionalista da Galiza, entendemos a necesidade de saírmos á rúa, unidas, para manifestarmos a firme intención de construírmos a nosa propia liberdade, para nós e para a nosa nación. Contra todas as ferramentas que o Estado impuxo, fomos quen de amosar a fortaleza e o futuro dun pobo que non se rende, que se nega a ser preso deste cárcere de nacións asoballadas chamado España" comezaba o documento. Finalizada a leitura, cantouse o Himno Galego. |
NOS_13784 | A Asamblea Nacional Catalana bota a andar unha campaña de autoinculpacións masivas despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña admitira a trámite a querela contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, a vicepresidenta e a conselleira de Educación. | Despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (ASJC) admitira a trámite a querela contra o presidente da Generalitat, Artur Mas, a vicepresidenta e a conselleira de Educación, a Asamblea Nacional Catalana vén de poñer en marcha unha campaña de autoinculpación en solidariedade coas autoridades políticas afectadas. A Asamblea propón que a xente se dirixa ao rexistro do seu Xulgado de garda e, na cidade de Barcelona, ao propio Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC). De todas maneiras, as entregas serán conxuntas. A campaña pódese seguir na rede coa etiqueta #autoinculpacions9n. |
NOS_53273 | A súa é a imaxe da loita polos dereitos das persoas enfermas de cancro. A avogada Beatriz Figueroa atopou forzas para lle facer fronte á enfermidade mais, en situación de debilidade, bateu cun sistema inxusto que discrimina e exclúe ás persoas que padecen cancro. A esta muller, á que coñecemos por reclamar un cambio lexislativo, péchanselle as portas do mercado laboral e cústalle entender un sistema que busca curar para logo condenar á exclusión. | -A xuntanza coa Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, foi a última da súa longa loita na defensa dos dereitos de doentes de cancro. Para a miña sorpresa porque ao fin e ao cabo é do partido que goberna, atopeina moi receptiva á problemática que denunciei e consciente de que tivo moito apoio social, que vén dado porque hai moitas persoas pasando esta situación. O Valedor do Pobo déralle traslado ás queixas xa que considerou que había fundamentación. O principal é a valoración e recoñecemento da incapacidade permanente para enfermos de cancro e eu dicíalle que tamén para outras patoloxías. A desestimación case sistemática desta solicitude leva parello que os enfermos despois mesmo dunha vida laboral longa e moitos anos de cotización pasan á desprotección social e económica que pode levalos á exclusión social. Mostrou interese en saber das incompatibilidades e as prestacións. Eu díxenlle que vivía unha desas incompatibilidades. Ao denegarme a incapacidade permanente déronme de alta co cal estaba inscrita como demandante de emprego, como se estivera en busca activa de traballo e por iso percibía un subsidio de 426 euros. Por outra parte, tiña unha minusvalía recoñecida do 66% e tería dereito a outra prestación que era de menos de 400 euros mais non me permitían cobrar as dúas. "A desestimación case sistemática desta solicitude leva parello que os enfermos despois mesmo dunha vida laboral longa e moitos anos de cotización pasan á desprotección social e económica que pode levalos á exclusión social". -Como é a vida laboral dunha persoa que padece cancro? Padecemos tamén a discriminación. Moitos enfermos quedamos con secuelas e topamos que as bonificacións para a reintegración social non son reais, ao contrario, sufrimos a estigmatización, polo tanto, a vulneración dos nosos dereitos cando non se nos recoñece a incapacidade que nos leva a ter unha prestación de supervivencia. Moitos días non me levanto da cama porque non teño ánimo ao ver que non existe ningunha oportunidade. No cancro de mama, o risco maior está nos 45 anos e se o tratamento dura até os 50 queda aínda moita vida laboral. O que non consegue o cancro faino a sociedade e a vida laboral. O sistema desafiúzanos máis que o propio cancro. -Mais vostede conseguiu que se lle recoñecera a incapacidade, Como foi o proceso? No xulgado. Denéganche a incapacidade e tes que recorrer a un proceso xudicial que moitas veces non estás nin animicamente nin tes posíbeis económicos para abordalo. Esa é a vantaxe da Administración, contar con que moitos enfermos non van demandar. No meu caso o xuizo celebrouse aos 13 meses de presentar a demanda durante os que cobrei 426,00, ao igual que os dous anos anteriores. O mecanismo de dilación da administración fai que moitos non reclamen, outros falecen nese tempo. Solicitei a xuntanza para trasladar as cerca dun milleiro de testemuñas de persoas en situación similar que me chegan. -Dirixíronse a vostede un milleiro de persoas en situación de desafiuzamento social? Así é. Por non ter recoñecida a súa situación como enfermos, o que non lle dá dereito a ter unha seguridade económica neste transo. Todo enferme o que quere é reintegrarse e ter protección para o período no que non estás capacitado para traballar mais a incapacidade por si mesma e por lei é revisábel. O sistema busca mecanismos para que ninguén defraude polo que a denegación de incapacidade é claramente inxusta. -A administración somete entón a un calvario ás persoas que xa están a padecer pola enfermidade? Cando vas á inspección médica, por exemplo, tes que levar os informes, cando eles xa os teñen. A administración está para dificultar todo o que conleve o recoñecemento dun dereito e máis se leva aparellado un tema económico. O que reclamo é que só teñas que librar unha batalla: a da propia enfermidade. "O que reclamo é que só teñas que librar unha batalla: a da propia enfermidade". -Polo que conta, o sistema é ruín con vostedes... Iso é o que transmitimos os enfermos, o sinsentido de que o sistema sanitario te estea axudando a superar a enfermidade e o propio sistema estea a denegar a protección económica no período que máis a necesitas. A incapacidade temporal ten que ser valorada aos 18 meses para darche a incapacidade ou a alta e ti aínda estás en proceso de curación. No meu caso, despois da denegación, aínda me operei unha terceira e cuarta vez. O lema da miña pancarta era o reflexo da desesperación. Estiven ao borde de non saír adiante, de non seguir na loita, cunha depresión que me levou á beira do suicidio. Non tiña familia, meus país morreran, non tiña parella, comprara un piso que aínda non rematara de pagar e só pensaba que sentido tiña loitar para salvarme. O problema son as secuelas que teñen os tratamentos. Estaba con morfina, con fármacos que non me deixaban camiñar e iso non o valoran. Só ven que non existe cancro mais non o risco de recidiva nin o tratamento ao que estás sometida para que non se reproduza. -Vostede é avogada e coñecida pola súa loita contra o cancro. O mercado laboral estalle a dar algunha oportunidade? Levo moitos meses buscando emprego e o tecido empresarial, con crise ou sen ela, non me dá oportunidade de reinserción. Sempre traballei no mundo da empresa, son licenciada en Dereito Económico, e recoñecéronme incapacidade para xerente e responsábel de recursos humanos pero podería facer outros traballos. A maioría das empresas incumpren a lei que obriga a ter a persoas discapacitadas e non son sancionadas.Agora veño de pedir unha axuda ao Concello porque non puiden pagar o último recibo da hipoteca. Unha vez ao mes collo comida en Cáritas. Cando estaba activa estiven cotizando durante moitos anos e agora estanme a dicir que preciso unha familia da que depender, que eu soa non podo. Dos testemuños que chegan a min, o 80% son mulleres e unha porcentaxe alta familias monoparentais co cal a situación é aínda máis grave. En lugar de que o propio sistema xerara autonomía e independencia económica para ser autosuficiente nas necesidades máis básicas faiche dependente. -Comezou demandando os seus dereitos mais, a tal altura, vostede é xa un símbolo da loita na defensa de doentes do cancro. Continuei a loita porque creo que hai que solucionar a lexislación para todas as persoas enfermas, non individualmente. O cambio ten que pasar por unha normativa para que o propio sistema ofreza unha protección digna nun Estado que, en teoría, ten que garantir uns mínimos. Moitas persoas escríbenme dicindo que desde que saben da miña loita se animaron a demandar. -O outro día tentaba sensibilizar do problema dicindo que todo o mundo pode padecer cancro. "A min véñenme familiares a dicirme que chegou a denegación de incapacidade coa persoa falecida ou celébrase a vista cando a persoa xa morreu". As mesmas posibilidades que teño eu de ter unha recaída tes ti de ter un cancro. Eu levo cinco anos fóra do mercado laboral mai levei a cabo unha loita dura nos momentos máis difíciles. Se puiden facelo nesas circunstancias, por que non me dan unha oportunidade? Pensar niso levoume a unha forte depresión. Non vou morrer en silencio. Aseguro que non lles quedará vergoña para ir ao meu funeral. Se me teño que inmolar dentro dunha institución, son quen de facelo. -Os recortes en servizos sociais complicaron aínda máis a situación? Enfermos que nun primeiro cancro non tiveran problema en recoñecerlle a discapacidade agora teñen unha recivida e non é recoñecida. Hai enfermos que falecen nestas circunstancias. A min véñenme familiares a dicirme que chegou a denegación de incapacidade coa persoa falecida ou celébrase a vista cando a persoa xa morreu. -Síntese apoiada na súa loita? En absoluto. Conseguín 549.000 sinaturas mais a sociedade non mostra a suficiente empatía. Esta non é guerra dun só soldado. Necesítase máis tropa e un campamento base desde onde operar. O máis duro é levantarme todas as mañás e preguntarme para que superei o cancro. Esta situación está a acabar comigo. |
PRAZA_10406 | O presidente atribúe a caída dos populares fronte a Caballero a que non foron quen de "comunicar" o feito polo seu goberno | O presidente atribúe a caída dos populares fronte a Caballero a que non foron quen de "comunicar" o feito polo seu gobernoA comezos de 2013, tras máis dun ano de recortes por parte do Goberno de Mariano Rajoy e pouco despois de publicarse os papeis de Bárcenas, Feijóo reprochaba publicamente ao daquela líder do seu partido que lle faltaba "relato" e pedía un maior esforzo para facerse entender pola cidadanía. Este luns, preguntado en Vigo polo afundimento do PP nesa cidade nas eleccións municipais, co 13% dos votos fronte ao 67% de Abel Caballero, Feijóo volveu atribuír a problemas de comunicación a situación do seu partido, cuxa agrupación viguesa leva anos sumida nunha crise interna.Feijóo admitiu que os resultados do PP en Vigo foron "moi malos" pero atribuíunos á "ladaíña" de Caballero en contra da Xunta malia que, dixo, é a administración que "máis inviste" na cidade. "Lamentablemente non fomos capaces de comunicalo e non tivo rendibilidade electoral", dixo Feijóo, vinculando así abertamente as decisións do seu Goberno na cidade coas expectativas de voto do PP vigués. Entre os exemplos de investimentos da Xunta na cidade que puxo Feijóo citou de xeito expreso o novo hospital Álvaro Cunqueiro, construído cunha colaboración público-privada a pagar nos próximos anos que serviu como arma política a Caballero para criticar que o Goberno galego estaba a privatizar a sanidade viguesa.Feijóo di que o PP vai traballar para que "a xente en Vigo se dea conta da realidade das cousas"Malia os malos resultados electorais, Feijóo asegurou que o seu Goberno seguirá a considerar a Vigo unha cidade prioritaria e que o PP vai traballar para que "a xente en Vigo se dea conta da realidade das cousas". Para iso, lembrou que tras as eleccións o partido nomeou unha xestora, encabezada pola ex-alcaldesa Corina Porro, para "reconstruír" e "ensanchar" o partido en Vigo. Porén, parte dos problemas existentes no PP de Vigo son produto da división das súas bases, que quedou en evidencia no congreso local de 2016 no que a candidata designada por Feijóo xa para as municipais de 2015, a súa ex-conselleira de Facenda Elena Muñoz, gañou por 420 votos fronte a 320 logrados polo seu opoñente e tamén ex-conselleiro Javier Guerra, que posteriormente coquetearía con Ciudadanos. |
PRAZA_2627 | Seis mulleres comprometidas co feminismo encabezan candidaturas para as eleccións xerais na provincia de Pontevedra. A estas habería que engadir unha sétima muller, a quen non considero feminista, a ministra de Fomento Ana Pastor, polo PP. Só tres das dez listas levan un home no primeiro posto. | Seis mulleres comprometidas co feminismo encabezan candidaturas para as eleccións xerais na provincia de Pontevedra: Alexandra Fernández, da Marea de Vigo, por En Marea, Carme Adán, deputada do BNG, por Nós-Candidatura Galega, a xuíza Lola Galovart polo PSdG-PSOE, a música Marina Quintillán por Comunistas da Galiza, a mestra Pastora Fernández por Recortes Cero-Grupo Verde, e a profesora da Escola Superior de Arte Dramático Alejandra Montemayor, polo PACMA. A estas habería que engadir unha sétima muller, a quen non considero feminista, a ministra de Fomento Ana Pastor, polo PP. Só tres das dez listas levan un home no primeiro posto. Por fortuna estanse superando na práctica as escusas usadas até hai ben pouco para xustificar a ausencia de mulleres na vida pública ou na política. Retrousos como "quen máis vale" ou "quen ten máis méritos" que implicitamente viñan dicir que non había mulleres con valía pra ser candidatas, e que todos os homes estaban nas listas por méritos e capacidade (hai exemplos abondo de que isto non é certo). Non era sen tempo. Con toda probabilidade catro destas mulleres, que teñen méritos de máis, serán deputadas no parlamento español despois do 20D. Alexandra Fernández (que sería a miña opción, se eu votase en Pontevedra), a candidata número 1 máis nova, tanto das listas de Pontevedra como de En Marea, é unha muller que vén do 15M, desa xeración que se está incorporando á política coas mareas, no seu caso a de Vigo. Arquitecta, traballando nun proxecto fin de carreira sobre urbanismo e participación cidadá, é activa tamén na vida cultural e reivindicativa da cidade, por exemplo a través da Asociación Cultural Bou Eva. Carme Adán é a cabeza de lista con máis experiencia parlamentaria de Nós-Candidatura Galega. Antes de ser deputada no parlamento galego, onde defendeu numerosas iniciativas relacionadas cos dereitos das mulleres, foi profesora de filosofía, presidenta da Aula Castelao e Secretaria Xeral de Igualdade durante o goberno PSdG-BNG, secretaría desde a que iniciou programas a prol dunha igualdade real. Lola Galovart ten unha longa traxectoria que vén desde a loita clandestina na ditadura franquista. Participou na fundación das organizacións feministas galegas, como Alecrín, exerceu nun despacho de avogadas especializadas na defensa dos dereitos das mulleres, foi Vicevaledora do Pobo, posto do que dimitiu en 2012 a raíz das declaracións do Valedor Benigno López nas que criticaba a Lei de Dependencia e xustificaba os recortes. En canto a Ana Pastor, sobra dicir que as miñas posicións non poden estar máis lonxe das súas, porén considéroa a mellor e máis capaz dos candidatos que presenta o PP nestas eleccións. Quero subliñar o compromiso feminista de seis destas mulleres, pois o importante non é unicamente o equilibrio nas listas, ou que estean encabezadas por mulleres, senón o enfoque feminista, o compromiso coa igualdade, a loita contra a violencia machista e a discriminación. Queremos a metade do ceo, si, mais tamén a metade da terra e do mar. |
PRAZA_8341 | Lemos por aí que Enrique López Veiga, exconselleiro da Xunta durante moitos anos e actual senador do PP cobra, entre o seu salario (que se gaña duramente deixándose a pel a diario no Senado, ese lugar estresante; todos sabemos o dificilísma e durísima que é a vida dun Senador) e algunha pensión, 132.000 euros. O que me parece mal é a explicación que deu cando lle preguntaron polo esaxerado da súa oronda nómina: "se é legal, é ético". | Lemos por aí que Enrique López Veiga, exconselleiro da Xunta durante moitos anos e actual senador do PP cobra, entre o seu salario (que se gaña duramente deixándose a pel a diario no Senado, ese lugar estresante; todos sabemos o dificilísma e durísima que é a vida dun Senador) e algunha pensión, 132.000 euros. Cando se coñeceu o dato produciuse un certo escándalo. Mais o grave, ao meu entender, non é que gane iso. Non teño dúbidas de que eses cartos son seus e que lle corresponden. O que me parece mal é a explicación que deu cando lle preguntaron polo esaxerado da súa oronda nómina: "se é legal, é ético". Foi moito esforzo explicando o significado das palabras "ética" e "moral" aos adolescentes como para que agora veña un político de falar lixeiro a estragarme tantas clases maxistrais tan ben preparadas A ver: botei case que vinte anos da miña vida dando clase de Filosofía e tamén de Ética. E foi moito esforzo explicando o significado das palabras "ética" e "moral" aos adolescentes como para que agora veña un político de falar lixeiro a estragarme tantas clases maxistrais tan ben preparadas. A ver: el di que se algo é legal, tamén é ético. E como todo na vida son palabras e como estamos feitos de palabras, comecemos por analizar as que el usa tan festivamente. O "legal" é todo aquilo que está amparado pola lei, escrito nalgunha clase de código de obrigado cumprimento baixo pena de sanción. Por exemplo, pasar os límites de velocidade é ilegal ou dar as clases en castelán se a lei di que en galego, tamén. Ou que o alcalde de A Coruña diga La Coruña. Diga o que diga o señor Enrique López Veiga, non todo o legal é ético O "ético", de primeiras, é o avalado pola moral e, nun senso máis profundo, o que é consorte aos dereitos humanos. Así, por exemplo, arroutar sonoramente en público, na nosa cultura, é unha falta ética; noutros lugares, despois de comer, vese con elegancia e agradecemento. E diga o que diga o señor Enrique López Veiga, non todo o legal é ético. E o contrario, xa que estamos profesorais, tampouco. Por exemplo nalgúns países a mutilación xenital feminina é legal, pero seguro que incluso López Veiga é quen de decatarse que aínda que a práctica cumpra a lei non pode considerarse unha norma ética. E coma ese exemplo, centos deles. Hai moitas cousas que as normativas aproban, é dicir, que son legais. Pero que non aturan un mínimo de análise racional. E cando tal se lles fai, rebenta a legalidade, precisamente, polo lado da ética. Por seguir exemplificando: o estado Vaticano é o único estado europeo (ata onde eu sei, están en Europa, non no ceo) onde é legal discriminar á muller (non poden acceder a postos de responsabilidade, só os que teñan pene). Os líderes políticos dese estado alucinante e diminuto que temos en Europa, están amparados pola lei (incluso pola que eles consideran "divina" e que adoitan chamar "natural") para realizar unha serie de cousas que non soportan a ética, como despedir a aqueles das súas congregacións que, por exemplo, defendan a necesidade de promover o uso do preservativo como medida de protección fronte da SIDA ou que, polo que sexa, disintan das teses oficialistas. Eles, de feito, promoven e apoian iniciativas políticas (están amparados pola Lei e a Liberdade de Expresión para dicir o que lles pete) que discriminan ás persoas por cuestións sexuais ou de pensamento. Pero iso, que se lle aplicamos a ética, o pensamento filosófico moral, non se sostén. Como non se sosteñen outras legalidades que polo mundo adiante hai. Non se sosteñen eticamente, quero dicir. No Exipto afórcase ás persoas homosexuais. É legal aforcalas. Non é ético. En Marrocos calquera home pode violar á muller que queira se logo casa con ela. É legal, pero non é ético. Nos Estados Unidos é legal a pena de morte. E se poñan como se poñan os seus partidarios, non é ético en ningún caso. Os cachorros de Nuevas Generaciones do PP de Valencia (que cruz teñen os que viven por alí, todo o malo pásalles a eles, como aos Alcántara de "Cuéntame") lanzaron unha campaña para animar aos alumnos e alumnas de secundaria a denunciar (como na época nazi, talmente) aos profesores e profesoras que, segundo eles, "adoutrinen". Os de NNGG están amparados pola lei a lanzar esa campaña contra a Liberdade de Cátedra. Agora ben, é profundamente inmoral, ou sexa, contraria á ética porque promove, entre outras cousas, a violencia. A non ser, claro, que vaian correndo a denunciar polas súas descaradas e fundacionais actitudes adoutrinadoras, aos colexios de curas e monxas, nomeadamente, os do Opus Dei. Daquela, imos quedar con que os ingresos de Enrique López Veiga son legais. Eu non teño por que dubidar diso. Mais o que non teño tan claro é se é ético E así con todo. Daquela, imos quedar con que os ingresos de Enrique López Veiga son legais. Eu non teño por que dubidar diso. Mais o que non teño tan claro é se é ético cobrar semellante barbaridade mentres a xente as pasa como as pasa. Por moito que se mate a traballar (ha ha ha ha ha) no Senado. |
PRAZA_642 | Este sábado 21 de marzo celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Sos Racismo promove a campaña Galegas como ti e un concurso para lanzan unha campaña publicitaria de promoción da diversidade e a igualdade de dereitos | Este sábado 21 de marzo celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. SOS Racismo Galicia desenvolveu nos últimos días varias actividades ligadas a esta data, escollida pola ONU en lembranza da Matanza de Sharpeville, que tivo lugar en 1960 cando a policía sudafricana asasinou 69 manifestantes que protestaban pola aplicación do Apartheid. SOS Racismo Galicia lanzou a campaña Galegas coma ti, animando a toda a xente a publicar nas redes sociais un selfie "cun carteliño que poña Galeg@s coma ti" e a despois compartir esa foto nas páxinas de Facebook da entidade e da ONGD Viraventos ou en twitter empregando o hashtag #galegascomati. "Porque Galicia é xa unha sociedade multirracial. Porque tod@s somos e nos sentimos igual de galeg@s. Porque lamentablemente, aínda temos moito que loitar. Imos mostrar que Galicia se suma á riqueza da diversidade", destacan. Así mesmo, a asociación anunciou o proxecto gañador do concurso lanzado hai unhas semana e que buscaba escoller unha ou varias imaxes para lanzar nos vindeiros meses unha campaña publicitaria "contra o racismo e a xenofobia, pola promoción da diversidade e a igualdade de dereitos", coa intención de promover na sociedade galega "unha actitude de acollida e respecto pola diversidade, fundamentada na comprensión do fenómeno migratorio". O traballo gañador corresponde a Victor Carro Tojo, de Cambre (A Coruña), co proxecto #mantenlosfueradejuego, composto por tres cartaces e un spot. No concurso participaron 20 proxectos, dos cales os e as internautas seleccionaron os 10 traballos finalistas, sendo elixidos os tres primeiros postos por un xurado formado por Pancho Casal (productor audiovisual), Jorge Bravo (ilustrador e consultor Web), e pola Asociación de Prensa da Coruña. |
NOS_3698 | Marcelo Rebelo de Sousa podería propoñer xa nesta terza-feira António Costa como primeiro ministro. O Livre anunciou a súa intención de negociar medidas, mais non integrar unha coalición. | O Presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, estase a reunir durante a xornada desta terza-feira cos partidos electos nas pasadas eleccións lexislativas do domingo, 6 de outubro. A súa intención, segundo informan os medios portugueses, é propoñer o mais rápido posíbel António Costa como primeiro ministro. Todo apunta a que a designación se producirá ao termo da maratón de audiencias, co que Costa ten previsto reunirse xa esta cuarta-feira cos partidos da esquerda e mais o PAN (Persoas Animais Natureza). O xornal Público adianta o horario: Livre (10h.), PAN (11.30h), Partido Ecoloxista Os Verdes (14h.) e Bloco de Esquerda (18h.). A hora da xuntanza co Partido Comunista Portugués (que se presentou ás eleccións en coalición con Os Verdes) aínda se descoñece, xa que o seu líder, Jerónimo de Sousa, estará presente na comisión permanente da Assembleia da República polo caso Tancos. A primeira das formacións políticas en ser recibida por Rebelo de Sousa foi o Livre, o "verdadeiro partido de esquerda verde", tal e como se autodefinen, que conseguiu un escano o pasado domingo, 6 de outubro. A deputada Joacine Katar Moreira sinalou que o Livre está disposto para negociar co Goberno, mais non para participar nunha geringonça 2.0. "Consideramos fundamental que haxa un entendemento entre os partidos que constituíron esta unión nos últimos catro anos. É necesario que haxa unha responsabilidade dos socios iniciais", sinalou Moreira á saída da reunión. |
NOS_36998 | O voceiro nacional do BNG asistíu á homenaxe que a formación frontista rendeu a Daniel Castelao na súa vila natal cadrando co 64 aniversario do seu pasamento. | O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, revolveuse este sábado máis unha vez en contra do "golpismo" amosado polo PP na súa teima de recortar de 75 a 61 o número de escanos no Parlamento galego. Fíxoo nun acto en Rianxo organizado pola formación frontista para conmemorar os 64 anos que pasaron desde o pasamento de Daniel Castelao que encerrou cunha ofrenda floral diante do busto do rianxeiro. Antes de encetar o acto, Vence compareceu perante os medios de comunicación para denunciar o "proxecto de imposición unilateral" de recorte do autogoberno de Galiza que o goberno da Xunta levou adiante desde a chegada de Feijóo a San Caetano e que ten o seu máximo expoñente na redución de voces na Cámara galega. O nacionalista cualificou de "antidemocrático" que unha forza política que conta unicamente co 44% dos votos --malia ter o 55% dos escanos-- pretenda acometer esta modificación do Parlamento "sen contar co resto de forzas políticas". Ao fío, Vence chamou a PSdG e AGE a que respondan "de maneira unánime e contundente a este golpe institucional do PP". Con este obxectivo, o voceiro do Bloque enviou unha carta aos líderes das tres formacións políticas --PSdG, Anova e IU-- para solicitar un encontro en que achegar posturas para unha resposta conxunta. O PSdG remitiu a misiva ao PP, para que se sume á xuntanza na procura dunha reforma eleitoral consensuada. Após a camiñata, que estivo acompañada de música e literatura con paradas nos lugares máis destacados da vida de Castelao nesta vila mariñeira, Vence pronunciou un discurso en que lembrou os ataques "directos" ou "sibilinos" do PP aos símbolos de identidade da nación galega, nomeadamente á lingua. Perante o rexedor rianxeiro, Adolfo Muíños, o primeiro en se dar de baixa de Sogama para se unir á mancomunidade do Barbanza na xestión dos residuos, Vence arremeteu tamén contra a suba do canon até o 34%, unha suba que, ao seu ver, "mostra o fracaso do modelo de recollida do lixo". Houbo tempo tamén para pensar nas nacións que piden paso neste 2014. Escocia, Catalunya, Euskal Herría, Galiza... foi enumerando o voceiro d@s nacionalistas galeg@s para enfatizar deseguido a "importancia" de ser nacionalistas "aínda que algúns da familia non o teñan claro máis de seis décadas despois". Canda Vence e o alcalde Muíños estiveron no acto o voceiro do BNG no Parlamento, Francisco Jorquera; as deputadas Carme Adán e Ana Pontón; a responsábel de Política Municipal, Goretti Sanmartín; ou o ex voceiro do Bloque, Guillerme Vázquez. Do lado artístico, houbo poesía na voz de Merche Pimentel e houbo música na voz de Sabela Galán, Xián Iglesias e Antón Parada, quen aproveitou o acto para reclamar a posta en liberdade do preso independentista Antom Santos. Todo isto antes de que o grupo Arume, de Boiro, interpretara o Himno. |
PRAZA_3408 | Un xulgado acolle a demanda da Fiscalía contra a concesionaria da AP-9 polas obras de Rande, establece en que 81 momentos os usuarios se viron afectados e condena á empresa a non cobrar no futuro cando se repitan feitos similares | O xulgado, nunha sentenza que pode ser recorrida, avala a demanda da Fiscalía polas obras de Rande, establece en que 81 momentos os usuarios se viron afectados e condena á AP-9 a non cobrar no futuro con feitos similaresAudasa terá que devolver as peaxes que cobrou durante as obras de Rande en 81 momentos concretos nos o tráfico se viu afectado entre o 4 de febreiro de 2015 e o 30 de maio de 2018. Así o vén de establecer o Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, que acolle parcialmente a demanda contra a concesionaria da AP-9 interposta pola Fiscalía, á que se adheriron as asociacións Adicae e En Colectivo, así como particulares. A sentenza tamén obriga á concesionaria a cesar no futuro nesa "práctica abusiva" cando se produzan na vía incidencias que a DGT cualifique coas cores negra (estrada cortada), vermella (circulación difícil, moi lenta con paradas frecuentes e prolongadas) ou amarela (circulación irregular, lenta con paradas esporádicas) "sempre que a ditos usuarios non se lles facilitase información sobre o estado da vía" que lles permita elixir outro itinerario distinto á peaxe.Iso é o que a sentenza, que non é firme e que pode ser recorrida, considera que pasou nos 81 momentos que recolle e que dan dereito aos usuarios que se viron atrapados na vía a ser compensados por Audasa. Estes son eses momentos:Calquera usuario, non só os que se adheriron á demanda, poderá solicitar a devolución acreditando que circulou nesas datas por eses treitos afectados da AP-9Agora calquera usuario particular, non só os que se adheriron á demanda, poderá solicitar ser recoñecido como beneficiario da condena. Para iso deberán acreditar que circularon nesas datas por eses treitos afectados da AP-9 e as cantidades concretas aboadas por peaxes.O xuíz considera "indiferente" que as incidencias fosen motivadas directamente polas obras ou por outras circunstancias, tales como accidentes, vehículos avariados, incendios ou desprendementos de terras. "O relevante non é a causa, senón o feito de cobrar un prezo a un consumidor que non recibiu a prestación do servizo e ao que non se lle proporcionou a información necesaria para que puidese tomar a súa decisión", subliña. O titular do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra recalca que "non consta de ningún xeito que houbese algunha causa de forza maior que impedise a Audasa informar os condutores coa suficiencia e antelación oportunas".A sentenza lembra que está prohibido conducir e consultar o móbil mentres que a propia AP-9 conta con paneis informativos nos que non se informaba aos usuarios sobre o seu estadoO xulgado tamén desmonta o argumento de Audasa de que os usuarios sabían que en Rande había obras. A sentenza di que unha cousa é saber que as obras poden demorar un ou dous minutos as viaxes e outra que en varias ocasións o tráfico quedase cortado por completo. Ademais, fronte ao argumento de que os usuarios podían informarse do estado do tráfico na web da DGT, a sentenza lembra que está prohibido conducir e consultar o móbil á vez, mentres que a propia AP-9 conta con paneis informativos nos que non se informaba aos usuarios sobre o seu estado."O relevante non é a causa, senón o feito de cobrar un prezo a un consumidor que non recibiu a prestación do servizo", di o xuízPola contra, o xulgado decretou que "non resulta procedente" a demanda da Fiscalía de establecer os criterios que debe seguir Audasa para garantir o cesamento das prácticas abusivas nin a esixencia de que a entidade presente ao Xulgado un criterio de eliminación do prezo da peaxe en determinados casos. "Non lle corresponde a este xulgado regular as condicións da prestación do servizo de autoestrada por parte dunha entidade concesionaria dunha obra pública", recalca o xuíz.O maxistrado tamén descartou considerar os feitos como un dano ou prexuízo que mereza unha compensación superior á restitución do prezo aboado en concepto de peaxe "o feito de tardar 10 minutos máis do habitual en cubrir os treitos afectados polas 81 incidencias mencionadas". Non resultou acreditado, segundo a sentenza, que as incidencias causasen demoras superiores a 17 minutos.13 dos 81 incidentes producíronse despois da inauguración oficial por parte de RajoyDurante a causa xudicial, a fiscalía afeou que o daquela presidente, Mariano Rajoy, inaugurase a ampliación de Rande o 30 de decembro de 2017 malia que "continuaron realizándose traballos na calzada". Agora a sentenza contabiliza ata 13 ocasións posteriores a aquela data en que o tráfico resultou afectado. Na causa, a Avogacía do Estado púxose do lado de Audasa sinalando que o contrato concesional non obrigaba á empresa a deixar de cobrar as peaxes, postura que evidenciou o medo a que unha sentenza contraria como a agora emitida faga que a concesionaria reclame posteriormente ao Ministerio de Transportes. |
NOS_398 | Unha iniciativa a nivel estatal para introducir na constitución a prohibición expresa de privatizar as pensións e de que perdan poder adquisitivo suma xa máis de 2.600.000 apoios. | Introducir na constitución española a prohibición expresa de privatizar as pensións e de que estas perdan poder adquisitivo. Esa é a finalidade da Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións (MERP), plataforma que entre as súas iniciativas impulsa unha recollida de sinaturas para instar os gobernos a dar este paso. Na mañá desta quinta feira representantes do MERP presentaron na Valedora do Pobo 10.100 firmas recollidas na Galiza en apoio a esa demanda. "Logo de 8 anos de campaña, a Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións recollemos 2.615.361 sinaturas que hoxe entregamos nas defensorías de todo o Estado. No 2018 foron un millón e medio, e hoxe aproximámonos aos 3 millóns de firmas que apostan por blindar as pensións na Constitución"·, indican nun comunicado. A revalorización das pensións non é unha obrigación, como non o é o mantemento e desenvolvemento do carácter público das pensións. E debe selo "O vindeiro sábado 13 de novembro ás 12 horas dende a Porta do Sol ata o Museo Reina Sofía, convocamos unha manifestación ampla e unitaria á que chamamos a acudir a toda a cidadanía, a quen non aceptamos a privatización do Sistema Público de Pensións. Esta é unha aposta de futuro, un paso estrutural que leve as pensións ao máximo rango de protección legal que existe na nosa sociedade". "Actualmente as pensións non son un dereito constitucional. O artigo 50 está incluído no capítulo Terceiro, que é o dos "principios reitores da vida económica e social", que son recomendacións, non dereitos de obrigado cumprimento e aplicación, algo así como "dereitos orientativos" que non constitúen un mandato para os poderes públicos. A revalorización das pensións non é unha obrigación, como non o é o mantemento e desenvolvemento do carácter público das pensións. E debe selo". Debate A última proposta do ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, para facer fronte á vaga de xubilacións que virán nos vindeiros anos xa está enriba da mesa. A fórmula do Goberno español é aumentar un 0,5% as cotizacións a partir de 2023 durante 10 anos. O incremento pagaríano a medias o persoal laboral e as empresas. En todo caso, de non abondar esta medida, non se desbota un recorte nas prestacións. A CIG rexeita a suba das cotizacións e CCOO máis UXT valorarán a proposta. En opinión de Francisco González Sío (CIG), con este debate "estase confundindo a xente". Cre que o problema das cotizacións á Seguridade Social "son os baixos salarios e as condicións laborais que teñen as persoas traballadoras" polo que apunta a Nós Diario que "se tivésemos unhas condicións dignas e o mercado laboral non fose tan precario en colectivos como a mocidade e as mulleres, teríamos uns ingresos para as pensións acordes ao que necesita o sistema". |
NOS_5043 | Afirman que Francisco Conde estivo "esquivo" sobre a segregación de actividades. O titular de Economía di que "a situación persoal de Villar Mir" [imputado polo financiamento irregular do PP] non afecta ao expediente. | A xuntanza co conselleiro de Economía e Industria non fixo senón acrecentar a preocupación e a inquietude do comité de empresa de Ferroatlántica, a empresa para a cal a súa dirección solicitou oficialmente a segregación de actividades para así poder vender as hidroeléctricas da Costa da Morte. Unha operación que ten a oposición dos traballadores das factorías, veciñanza e alcaldes da comarca. A reunión, de feito, fora solicitada polos representantes dos traballadores para coñecer polo miúdo a petición do grupo Villar Mir e a posición da Xunta, que é quen ten a última palabra sobre a segregación. Porén, as explicacións do conselleiro semella que non tranquilizaron os traballadores, que afirmaron que viron a Conde "esquivo" a respecto do papel da Xunta. De aí a "preocupación" e "inquietude" pois, insisten, a desagregación abre as portas ao desmantelamento da comarca. Foi "reacio" a se poñer "a carón dos traballadores" e os operarios anuncian que manteñen en pé a posibilidade de convocar accións e mobilizacións contra a venda das centrais. O conselleiro, de por parte, afirmou que a decisión basearase en "cumprir a lei" e no interese social "centrado no emprego". Preguntado pola imputación de Villar Mir no financiamento ilegal do PP, Francisco Conde desvinculou esa situación do expediente de Ferroatlántica. Para os traballadores, porén, a empresa está a actuar de "forma mafiosa" a respecto das hidráulicas. |
PRAZA_8672 | O principal problema hoxe non nace só do reparto de beneficios da produción entre asalariados e o pequeno e mediano empresariado, senón que vai moito máis aló, para emerxer agora, principalmente, das contradicións que se producen entre os intereses dos mercados globalizados e dominados polo gran capital económico e financeiro e os dereitos fundamentais dunha cidadanía enormemente diversa e impotente ante a nova configuración do poder | Cómpre, perante o novo mercado global, entre outras medidas, potenciar a democratización da innovación, hoxe en mans dunha elite; potenciar o cooperativismo empresarial no que impere o máximo control democrático das inversións para un desenvolvemento racional da economía A nova configuración da realidade que estamos a vivir esixe, ao noso entender, da emerxencia de novas políticas que teña como eixe a radicalidade democrática, o amparo irrenunciable da dignidade das persoas e da igualdade de oportunidades. Cómpre, daquela, perante o novo mercado global, entre outras medidas, potenciar a democratización da innovación, hoxe en mans dunha elite; potenciar o cooperativismo empresarial no que impere o máximo control democrático das inversións para un desenvolvemento racional da economía; ademais de liberar o espazo económico dos atrancos actuais para facilitar así o libre emprendemento. Estas medidas irían encamiñadas a transcender un sistema económico construído a prol das elites, para, deste modo, facer agromar unha verdadeira transformación produtiva respectuosa co medio ambiente e a prol da maioría social e con posibilidades de competir con éxito no novo mercado global. Un exemplo paradigmático neste eido represéntao a Corporación Mondragón, un dos complexos cooperativos máis importantes do mundo polo seu volume, pola xestión democrática, pola súa capacidade de innovación, polo seu rendemento social e pola súa eficacia produtiva. Do contrario, os países do sur europeo poderían vivir importantes convulsións sociais de dramáticas consecuencias para toda Europa como xa aconteceu despois da crise de 1929, coa aparición do fascismo e o nazismo, que remataron dando lugar á Segunda Guerra Mundial. Estas medidas irían encamiñadas a transcender un sistema económico construído a prol das elites, para, deste modo, facer agromar unha verdadeira transformación produtiva respectuosa co medio ambiente e a prol da maioría social Por outra banda, o progresivo deterioro das condicións de vida da maioría social, a fragmentación socio-económica e a descomposición de moitos actores socio-políticos nos países do sur de Europa, están a potenciar, mesmamente, o esfarelamento das institucións sociais e políticas que vertebran a vida nestes países. Este deterioro institucional que nos leva á devandita descomposición social, esixe, tamén, de respostas creativas e transformadoras, pero, sobre todo, dunha nova vertebración social que emerxa dende a base e que permita revertir a situación actual; xa que o actual deterioro poidera ser aproveitado por movementos integristas, polos propios mercados ou polos diferentes populismos que agroman neste tipo de situacións valéndose do progresivo descontento social. Na medida en que aumenta este deterioro institucional polo proceso de descomposición e desintegración social que se está a operar, confórmanse con máis forza dúas beiras, substanciadas nos chamados mercados por unha banda e no xa deteriorado mundo da vida, onde realmente se plasman as necesidades humanas e se constrúen os valores e o sentido, pola outra. Da dialéctica que abrolla destas dúas dimensións da realidade nace, sen lugar a dúbidas, o gran conflito actual, que cómpre tentar superar dende novas propostas políticas radicalmente democratizadoras, xa que é dende a política dende onde cómpre xerar novas alternativas que superen o deterioro da realidade que hoxe estamos a vivir. Confórmanse con máis forza dúas beiras, substanciadas nos chamados mercados por unha banda e no xa deteriorado mundo da vida Por todo o devandito, pensamos que hoxe, superados os grandes relatos que lle deron sentido á realidade no pasado e cunhas sociedades insolidarias, en proceso de desocialización pola súa fragmentación e desvinculación do eido económico, non parece haber outra realidade na que se poida asentar unha alternativa humanizadora que supere o conflito devandito que non sexa no propio suxeito, portador en si mesmo de dereitos inalienables que se fundamentan na dignidade da persoa, e polo tanto universais; ateigado, ademais, de singularidades culturais, de capacidades creativas e de arelas emancipadoras. Dende a conciencia e a vontade deste novo actor, cómpre, daquela, erguer novas institucións realmente representativas da cidadanía, co obxectivo de abrir un novo abano de oportunidades para un novo individuo dotado das capacidades e instrumentos necesarios para construír unha vida con sentido, elixida dende a liberdade. Tal obxectivo impón a necesidade de liberar os diversos espazos da actual realidade das estruturas oligárquicas e corporativas que teñen secuestrado o Sistema e están a afogar a creatividade e o dinamismo destes novos actores. Dende a conciencia e a vontade deste novo actor, cómpre, daquela, erguer novas institucións realmente representativas da cidadanía, co obxectivo de abrir un novo abano de oportunidades Coidamos, en consecuencia, que a asunción destes obxectivos permitirían transcender a gran fragmentación social existente, xa que os históricos intereses de clase, nunha sociedade de servizos tan diversificada e fragmentada como na que vivimos e no contexto globalizador no que estamos, están moi diluídos e debilitados; incapaces, xa que logo, por si mesmos, de xerar unha unidade de acción o suficientemente ampla que nos permita artellar unha alternativa viable á situación actual. Esta é a cuestión. Pois, o principal problema hoxe non nace só do reparto de beneficios da produción entre asalariados e o pequeno e mediano empresariado, senón que vai moito máis aló, para emerxer agora, principalmente, das contradicións que se producen entre os intereses dos mercados globalizados e dominados polo gran capital económico e financeiro e os dereitos fundamentais dunha cidadanía enormemente diversa e impotente ante a nova configuración do poder, e como consecuencia desta impotencia, está vendo día tras día agredida na súa dignidade. Este é o gran conflito referencial que temos que tentar superar. Cómpre, daquela, que este individuo que hoxe vive só e illado, degradado e instrumentalizado polas forzas do mercado; primeiro se afirme en si mesmo, tomando conciencia da súa realidade; para logo, tentar cohesionar as diversas sensibilidades, os diversos intereses sociais, políticos, económicos e culturais baixo un denominador común: a defensa dos dereitos fundamentais; porque son estes os que están sendo agredidos acotío; e só, mediante un auténtico exercicio democrático ancorado en todas as institucións das distintas esferas que conforman a realidade se poderán defender os intereses da gran maioría da sociedade. Cómpre, daquela, que este individuo que hoxe vive só e illado, degradado e instrumentalizado polas forzas do mercado; primeiro se afirme en si mesmo, tomando conciencia da súa realidade Pensamos, xa que logo, que só o suxeito, dotado de conciencia e vontade, que integra en si mesmo a subxectividade e a obxectividade, pode unir os fragmentos nos que se encontra dividida a modernidade tardía, serve de núcleo integrador mediante unha actividade política transformadora e radicalmente democrática, para institucionalizar, desta maneira, unha nova sociedade cimentada nun principio moral incuestionable como son os dereitos fundamentais do individuo. institucionalizar, desta maneira, unha nova sociedade cimentada nun principio moral incuestionable como son os dereitos fundamentais do individuo Polo devandito, cómpre unha revisión da maioría das construcións sociais e políticas que emerxeron das ideas do século XIX, xa que non están a respostar axeitadamente á nova realidade, determinada pola globalización económica neoliberal. Daquela, necesitamos configurar novos instrumentos para reverter a actual situación e non continuar instalados na lamentación actual, sen ningunha capacidade de resolución. Porque, ademais da impotencia dos propios Estados ante os poderes financeiros e económicos globais, vémonos na necesidade, neste país, de plantexar alternativas claramente democráticas á estrutura dun réxime no que a maioría das institución representativas están baixo o control de oligarquías políticas e económico-financeiras afastadas dos intereses da maioría dos cidadáns e en moitos casos, en conivencia co poder xudicial, o que impide tomar as medidas necesarias para liberar as enerxías creadoras da gran maioría da poboación, desvirtúandose así o actual sistema democrático ao convertelo nun instrumento ao servizo das oligarquías devanditas. Pero, fundamentalmente, necesitamos partir dun principio sólido, incuestionable política e moralmente, como son os dereitos fundamentais, que funcionarían como unha gran autoestrada vertebradora da realidade, pero ateigada de centos de corredores intercomunicados que canalizarían a diversidade cultural na que están inmersos os distintos suxeitos. Fóra deste suxeito que representa a vontade consciente do ser humano, só temos os mercados por unha banda e os integrismos, populismos e neofascismos pola outra Polo tanto, coidamos que hoxe, só en base á defensa dos dereitos fundamentais como garantes da dignidade das persoas, do pensamento racional como instrumento liberador e do respecto e potenciación da diversidade cultural como realidade conformadora e enriquecedora dos distintos suxeitos, deberemos enfrontar a complexidade actual para construír unha nova Modernidade máis cohesionada socialmente, máis humana e onde as institucións sexan realmente representativas da pluralidade social e dos intereses da maioría. Fóra deste suxeito que representa a vontade consciente do ser humano, só temos os mercados por unha banda e os integrismos, populismos e neofascismos pola outra, dispostos sempre a cosificar e instrumentalizar en nome de intereses alleos aos da propia persoa. |
NOS_47246 | A cova do Rei Cintolo é a gruta calcaria máis grande da Galiza. En 2019 logrou a acreditación como mellor destino científico, un selo de calidade que vén de renovar da man da axencia de turismo Observer. A conservación, divulgación e valor xeolóxico da gruta fan de Mondoñedo destino espeleolóxico. | A plataforma Observer de destinos e servizos de turismo científico certificados vén de renovar o título que por primeira vez concedeu á cova do Rei Cintolo en 2019, acreditado como o mellor destino científico da Galiza. Para o arqueólogo municipal de Mondoñedo, onde se localiza a caverna, na parroquia de Argomoso, esta distinción é un recoñecemento "ao bo facer do Concello" na xestión da caverna nos últimos anos. "Esta acreditación referenda que as cousas se están a facer ben. Estase a protexer un elemento natural, arqueolóxico, de grande importancia. Estase conseguindo achegar á poboación cunha posta en valor totalmente respectuosa, cun sistema de visitas que ademais favorece distintos traballos de investigación, para que todos os descubrimentos que se vaian facendo repercutan na propia calidade, na súa conservación, coñecemento e posta en valor", resume Abel Vigo en conversa con Nós Diario. O Concello de Mondoñedo ofrece visitas guiadas de forma continuada á galería central. Durante o verán teñen lugar todos os días. Entre marzo e decembro limítanse a festivos e fin de semana. "Pero á parte desas visitas ordinarias, pensadas para todos os públicos cunha forma física normal, a partir de 11 anos, tamén se desenvolven visitas especiais, espeleolóxicas. Descenden até o río e están pensadas para maiores de idade e en boa forma física". Calquera destes percorridos realízase baixo supervisión, de forma guiada, e todos requiren un contacto previo coa oficina de turismo de Mondoñedo a través do teléfono 982 507 177. Todos os accesos á gruta están regulados por unha normativa que se vai actualizando. A última é de finais de 2020, e o que busca, aclara Abel Vigo, "é artellar a máxima protección a todos os niveis para evitar deterioracións dentro da cavidade". Rocha calcaria e lousa Cada día, nos meses de estío, grupos de entre catro e dez persoas percorren a galería central da cova ás 12, 17 e 18.30 horas. Acceden a unha caverna de rocha calcaria, cunha estrutura labiríntica de máis de 6.500 metros e un desnivel por riba dos 75, entre o punto de entrada e o punto máis baixo da cavidade, por onde circula o río Celtas. "A combinación entre calcarias e lousa dan lugar a unha configuración xeolóxica moi singular. Como elemento natural é punto de acollida de fauna propia das cavidades -como os morcegos-. E a nivel arqueolóxico a cavidade está catalogada como un xacemento do Paleolítico, dados os restos que se foron atopando en máis dun século de investigacións". A cova, di Vigo, é coñecida en Mondoñedo desde sempre. "Non se pode falar dunha descuberta, como tal, xa que se atopa ao carón dun dos camiños de tránsito das madeiras. O que hai é un achado científico por parte de José Villa-Amil Castro no século XIX". Aí comeza a estudarse e a coñecerse. "Téñense feito estudos biolóxicos, xeolóxicos, arqueolóxicos. Agora mesmo, Marcos Vaqueiro dirixe un proxecto plurianual no que a USC e a Federación Galega de Espeleoloxía colaboran para elaborar unha topografía completa da cova, ademais de estudos e da súa composición interior" que pode derivar no descubrimento de galerías aínda inexploradas. |
NOS_39764 | A Galiza chega ao final do mes de febreiro cun leve incremento de pacientes hospitalizados pola Covid-19 até os 460 —que supoñen unha ducia máis que a xornada anterior—, mentres que os novos contaxios caen a 830 e mantéñense por segunda xornada consecutiva por baixo do milleiro. | Segundo os datos actualizados este luns pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas do domingo, aumentan a 26 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 na Galiza (dúas máis que na xornada anterior) e a 434 as hospitalizadas en unidades convencionais (+10), mentres que 17.608 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria unicamente alíviase en dúas das sete: nas de Vigo e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras; mantense sen cambios na de Ferrol; e increméntase nas da Coruña-Cee, Lugo-A Mariña-Monforte, Compostela-O Barbanza e Pontevedra-O Salnés. En concreto, na de Vigo aínda que aumentan a catro os pacientes ingresados pola Covid-19 en UCI (+2), descenden a 44 os ingresados noutras unidades (-6) e na de Ourense seguen catro en críticos e baixan a 63 os doutras unidades (-1). No caso da área de Pontevedra ncreméntanse a tres os pacientes Covid en UCI (+1) e a 75 os ingresados noutras unidades (+8); mentres que a de Lugo segue sen críticos, pero conta con 52 hospitalizados noutras unidades (+5). A área de Compostela fica con seis ingresados en UCI (sen cambios) e rexistra 67 noutras unidades (+2), mentres que na da Coruña baixan a sete o críticos (-1), pero aumentan a 94 os hospitalizados noutras unidades (+2). E a área de Ferrol mantense con dous pacientes Covid en UCI e con 39 ingresados noutras unidades de hospitalización convencional por este coronavirus. Menos casos activos A tendencia descendente dos casos activos no conxunto do país mantense ao situarse en 18.068, que representan 1.700 menos que a xornada anterior ao haber máis altas (2.523) que novos contaxios (830), ao que se engaden sete vítimas mortais. A redución de casos activos de novo é xeralizada nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á fronte (-355), seguida da da Coruña (-350), Compostela (-310), Lugo (-245), Ourense (-177), Pontevedra (-168) e Ferrol (-63). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña, con 3.717; seguida da de Vigo, con 3.553; Compostela, con 3.183; Lugo, con 2.238; Ourense, con 2.153; Pontevedra, con 1.990, e á cola mantense a de Ferrol, con 1.104. O uso do certificado Covid limítase desde este sábado ás visitas a hospitais e residencias Segundo o último informe actualizado esta pasada sexta feira 25 de febreiro polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza sitúase nos 999,2 casos por cada 100.000 habitantes, mentres que a media estatal cae a 613,15. Novos contaxios en descenso Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segunda xornada consecutiva por baixo do milleiro ao situarse en 830 no inicio desta semana, que supoñen 122 menos que os 952 do día anterior e a cifra máis baixa no que vai de ano. Este pasado domingo realizáronse 2.202 PCR, o que sitúa en 3.695.887 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia na Galiza; e 1.516 test de antíxenos, que elevan a 1.523.672 os levados a cabo até o momento, o que supón 3.718 entre ambas as probas —1.523 menos que o día anterior—. En canto á taxa de positividade —número de PCR positivas por cada 100 realizadas— comeza esta semana cun aumento a 12,5%, tras situarse en 11,1% este pasado domingo. Fica por riba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia. Vítimas e curados As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.105 na Galiza despois de notificar esta segunda feira Sanidade sete novas vítimas, todas elas con patoloxías previas. Delas, unha faleceu o pasado 25 de febreiro, unha muller de 79 anos que morreu na área sanitaria de Ferrol, mentres que as outras seis corresponden ao sábado día 26. Deses seis óbitos, tres sucederon na área sanitaria de Compostela: un home de 88 anos e dúas mulleres de 89 e 92; dous falecementos ocorreron na da Coruña: un home de 78 e unha muller de 96; e o sexto corresponde a un home de 78 anos na de Ourense. Pola súa parte, curáronse da Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria 476.055 persoas, despois de recibir o alta outras 2.523 na última xornada no conxunto do país. |
PRAZA_20904 | A empresa norueguesa tentaba reactivar a extracción de seixo en Cospeito, pero o Tribunal Superior ratifica a negativa expresada recentemente polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo. O ditame únese a outras sentenzas que nos últimos anos impediron estas actividades mineiras noutros concellos da comarca | As portas péchanse para Erimsa na Terra Chá. A empresa con capital chinés e domiciliada en Noruega leva anos tentando avanzar nos seus proxectos mineiros de extracción de seixo en Vilalba, Abadín, Riotorto, Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei. Porén, a xustiza está a impedir unha e outra vez o desenvolvemento destas actuacións, que tamén contan cunha intensa oposición cidadá, encabezada polos propietarios de explotacións agrogandeiras, que se poderían ver moi prexudicados pola actividade mineira.Erimsa buscaba a reactivación dun procedemento iniciado en 2008 e, polo tanto, caducado, para obter autorización para a súa actividade en territorio cospeitenseNesta ocasión o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de ratificar nunha sentenza a paralización do proxecto que Explotaciones de Rocas Industriales y Minerales SA (Erimsa) pretendía levar a cabo no termo municipal de Cospeito, confirmando os ditames feitos públicos hai 12 meses polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo e dándolle a razón ao propio Concello de Cospeito, oposto frontalmente ao proxecto mineiro.A sentenza deixa claro que a empresa non subsanara deficiencias tan relevantes como a falta de informes sectoriais favorables por parte de varios departamentos da XuntaErimsa buscaba a reactivación dun procedemento iniciado en 2008 e, polo tanto, caducado, para obter autorización para a súa actividade en territorio cospeitense. Porén, a sentenza deixa claro que a empresa non subsanara deficiencias tan relevantes como a falta de informes sectoriais favorables por parte de varios departamentos da Xunta, comezando pola Consellaría de Medio Ambiente. O ditame, que lle impón as custas do xuízo á empresa mineira, considera incuestionable que o expediente de autorización autonómica previa rematou nunha resolución firme desestimatoria.Esta nova sentenza contraria súmase ás ditadas no ano 2016, onde se lle denegaba a licenza municipal para as concesións Alicia e Karles, en Castro de Rei e Cospeito, previa denegación da autorización autonómica. E tamén aos ditames que no ano 2013 impediron a pretensión da compañía de que lle foran concedidas por silencio administrativo as licenzas administrativas para a explotación do seixo da zona.Erimsa obtivo tres concesións mineiras a finais do ano 2006 para extraer seixo en varios municipios chairegos e solicitou as licenzas de actividade, levando a unha forte oposición veciñal e dos gobernos municipais da zonaErimsa obtivo as concesións mineiras Karles, Alicia e A Pastoriza a finais do ano 2006 para extraer seixo en diversos municipios chairegos. Estas concesións afectan case 6.000 hectáreas de alto valor agronómico nos concellos de Vilalba, Abadín, Riotorto, Cospeito, A Pastoriza e Castro de Rei. No ano 2008 Erimsa solicitou as licenzas de actividade, levando a unha forte oposición veciñal e dos gobernos municipais da zona. A raíz deste rexeitamento, formouse a Comisión de Asociacións contra as Minas na Terra Chá, cuxo obxectivo foi manter informada a veciñanza sobre as consecuencias da explotación mineira e iniciar unha loita que, case quince anos despois, segue desenvolvéndose nos tribunais con estas sentenzas.Nestes anos a Comision contra as Minas na Terra Chá solicitou reiteradamente á Xunta a declaración de caducidade das concesións mineirasNestes anos a Comision contra as Minas na Terra Chá solicitou reiteradamente á Xunta a declaración de caducidade das concesións mineiras. Porén, a día de hoxe seguen en vigor "dun xeito totalmente irregular", lembra o Sindicato Labrego Galego, moi activo dende hai anos na oposición a estes proxectos extractivos. A Comisión celebra "esta nova victoria xudicial" e volve demandarlle á Xunta que "declare definitivamente a caducidade das concecións para rematar con este pesadelo".Proxectos mineiros de Erimsa na comarca de OrdesA empresa tamén está a poñer en marcha proxectos en Frades e MesíaMentres que na Terra Chá os intentos de Erimsa para desenvolver novas explotacións mineiras están a fracasar, a empresa tamén está a poñer en marcha proxectos semellantes na Comarca de Ordes, especialmente en Frades e Mesía. Hai ano e medio a Xunta autorizou a Erimsa a extraer seixo de 200 hectáreas de uso agrícola en Mesía e recentemente a empresa solicitou extraer cuarzo doutras 1.160 hectáreas de uso agrícola en Frades. A empresa di comprometerse a actuar só previo acordo cos propietarios das parcelas, que mercará ou alugará para despois devolvelas novamente en condicións de explotación agrogandeira. |
NOS_33552 | Investigadores de EUA, Chile, Australia ou Portugal participaron no estudo publicado na revista 'Global Ecology and Biogeography' e que se centra no ''Eucalyptus globulus', moi presente na Galiza. | O estudo internacional conclúe que "os eucaliptais xeran auténticos 'desertos' na súa contorna, provocando unha dramática redución da biodiversidade do territorio", afirma a Universidade de Coímbra ( UC), nunha nota enviada hoxe á axencia Lusa. Daniel Montesinos, do Centro de Ecoloxía Funcional da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra ( FCTUC) é un dos participantes na investigación, na que tamén tomaron parte estudosos da Australia, Chile, dos EUA e da India. Os especialistas avaliaron a biodiversidade vexetal presente en eucaliptais da especie 'Eucalyptus globulus', tanto na súa área nativa -Australia-, como en países de todo o mundo onde a especie foi "introducida de forma industrial, incluíndo Portugal". Na Galiza, esta especie representa máis de 90% do eucalipto que hai no noso territorio. Na Galiza, esta especie representa máis de 90% do eucalipto que hai no noso territorio. "As sustancias químicas presentes nas follas dos eucaliptos impiden o crecemento das raíces doutras especies nativas, motivo polo cal os eucaliptais conteñen moi pouca biodiversidade fóra da súa área nativa, na Australia", explica Daniel Montesinos, citado pola Universidade de Coímbra. O principal resultado deste traballo, salienta o investigador da FCTUC, "foi mostrar, por primeira vez e á escala mundial, como a biodiversidade por debaixo dos eucaliptos é moito menor que fóra da súa área de influencia, e como extractos das follas de eucaliptos impiden o crecemento das raíces doutras especies de plantas". A plantación de eucaliptos é "altamente prexudicial", alerta Daniel Montesinos, subliñando que "o empobrecimento de especies xerado polos eucaliptos ten impacto en todo o ecosistema, por exemplo, ao nivel do control da erosión dos solos ou do mantemento da biodiversidade". A redución da biodiversidade non só acontece no país nativo (Australia), porque "numerosas especies conseguiron alí desenvolver unha tolerancia aos produtos químicos presentes nas follas dos eucaliptos ao longo dos séculos", explica a UC. Fóra da Australia, "ironicamente, algunhas das especies que de feito conseguen sobrevivir debaixo dos eucaliptais son tamén especies exóticas, creando un círculo vicioso de reducida biodiversidade e especies invasoras", refire Daniel Montesinos. "Os resultados do traballo mostran, xa sen calquera dúbida, o empobrecemento das superficies plantadas con eucalipto, que mesmo que de lonxe poidan ter unha aparencia 'verde', son na realidade 'desertos'", conclúe o investigador. |
NOS_10295 | Un sector que leva anos en crise mais que intenta reaxir. De 2003 a 2013 Galiza pasou de ter 56 cines a posuír 38. Dez anos nos que o número de espectador@s caeu nun 50%. | Piratería, suba do IVE, novos e máis baratos formatos para ver cinema en casa... son algunhas das causas que se sinalan para intentar explicar a lenta depauperación do cine en Galiza canto a salas e espectadores. En 2003 había na Galiza 56 cines, onde se exhibiron 502 longamentraxes, segundo dados do Instituto de Cinematografía e das Artes Auiovisuais. Dez anos despois, en 2013, xa só ficaban no país 38 salas, 18 menos. Un terzo de locais perdidos en dez anos. Unha etapa na que mesmo cidades como Pontevedra ficaban sen nin sequera unha sala para poder ver cinema en pantalla grande. En 2003 había 193 salas de exhibición, dez anos despois, 184. Non todo é negro: resisten cineclubes e xorden experiencias novidosas e a ter en conta como Numax en Compostela Segundo un informe da Federación de Cineclubes de Galiza, desde o inicio da crise (2008) até 2012 Galiza perdeu 349.000 espectadoras e espectadores. No mesmo periodo o prezo das entradas aumentara nun 17 por cento. Naquela altura, sinalaba este organismo nun documento, "a diferenza doutras partes do Estado español, as administracións públicas competentes, non teñen definida a súa política audiovisual en materia de exhibición do cine, como elemento cultural, ou de distribución de filmografías". Segundo recolle o Instituto Galego de Estatística, a recadación dos cines en Galiza era de 24,6 millóns de euros en 2003, mentres que en 2013 esa cifra reduciuse a 19,8 millóns. Maior foi a queda en espectadores: 5,6 millóns nos doce meses de 2003 e menos de tres millóns en 2013. No Estado español nese mesmo perído pasouse dos 137 millóns de espectadores en 2003 a menos de 79 millóns o ano pasado. A recadación pasou de 640 millóns de euros a 506 millóns. |
NOS_23075 | A organización desta cita de referencia decidiu que, malia estar previsto inicialmente, o ex-xuíz da Audiencia Nacional non tomase parte na inauguración desta edición. Tomou así en consideración as queixas de colectivos que denunciaban que Garzón ten un historial escuro en aspectos como o da tortura | O Festival de Cine e Dereitos Humanos ten lugar cada ano a cabalo entre Barcelona, Nova York e París. A organización anunciara hai xa varias semanas que o ex-xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón sería o protagonista da inauguración desta edición. Un feito que xerou de inmediato a protesta e a denuncia de numerosos colectivos e asociacións que afirmaban non entender como nun festival centrado nos dereitos humanos se convocaba a unha persoa co historial de 'sombras' que ten Garzón. O festival, un referente recoñecido pola Unesco, decidiu finalmente que Garzón non estivese presente. É máis, no festival non se proxectará nin sequera un documental sobre o ex-xuíz, que tamén estaba previsto que se botase nesta edición Tortura Segundo recollen diferentes medios, entre eles Naiz, @s organizadores do evento terían escoitado e tido en consideración os argumentos deses colectivos e entidades, que lembraban a implicación de Garzón en casos cando menos 'controvertidos' para os dereitos humanos e liberdade de expresión (ilegalización de organizacións da esquerda abertzale, peche de xornais en Euskal Herria,...). Tamén se facía fincapé na súa responsabilidade en operativos contra o independentismo que implicaron torturas e malos tratos que o daquela xuíz non quixo investigar. |
NOS_493 | O xurado está chamado a ser o grande protagonista da final do festival de Benidorm. Após unha primeira gala onde o público cuestionou a súa imparcialidade, todos os focos para esta noite están postos na súa actitude. Unha diverxencia avultada entre a súa puntuación e os resultados do voto demoscópico e o "televoto" non faría máis que aumentar as dúbidas. | 50% do resultado final do festival de Benidorm vai depender do xurado. A outra metade, repartida en dúas partes iguais entre o denominado voto demoscópico e o "televoto", isto é opinión directa do público a través das canles abertas para para ese fin pola entidade organizadora do evento, a Corporación de Radio Televisión Española. O xurado xa foi acusado de "tongo" na gala da cuarta feira pola puntuación outorgada a Tanxugueiras. De feito o grupo só puido acceder á final grazas ao voto popular, tras ser excluída da final polo xurado. Mesmamente o seu resultado mereceu tamén a crítica de moitos experto en Eurovisión. O voto do xurado semella que non foi homoxéneo. Segundo informacións divulgadas por persoas coñecedoras dos resultados da votación, os tres membros do xurado de nacionalidade española castigaron coa súa puntuación a Tanxugueiras fronte aos membros do mesmo doutras nacionalidades. Os membros españois do xurado As filtracións das deliberacións do xurado sinalan que os tres xuíces españois terían outorgado ás pandereiteiras unhas puntuacións baixas, concretamente 5, 5 e 6 puntos, mentres os dous membros do xurado doutras nacionalidades concederían 22 puntos. As dúbidas pairan sobre estas tres persoas. Unha deles, Miryam Benedited, é coreógrafa, empresaria e persoa moi vinculado ao mundo televiso, polasua participación en programas de canles españolas como "OT" ou "Tu cara me suena". Benedited foi compañeira de traballo nestes dous programas dunha das concursantes, Chanel, a quen o xurado outorgou a máxima puntuación na final. As mostras da relación dun é outra pódense seguir en múltiples fotos partilladas por ambas nas redes sociais. Benedited, que se declara como unha gran especialista en Eurovisión, encargouse da actuación de Edurne na edición de 2015 do festival, onde rematou no posto 21. Os grandes grupos españois de comunicación contra Tanxugueiras Os grandes grupos españois de comunicación de titularidade privada, tamén, teñen a guerra declarada ao grupo galego. Así, o programa das tardes de Telecinco, "Sálvame" pediu o voto abertamente para Rigoberta Bandini, recoñecendo unha das copresentadoras do mesmo, María Patiño, que "La Fábrica de la Tele", nome da productora do programa, "aposta por Rigoberta, e eu polas miñas Tanxugueiras, son da miña terra natal". A súa compañeira na condución de "Sálvame", Terelu Campos, non dubidou en lémbralle a Patiño " María, creo que estás a meter a pata. Neste programa imos con Rigoberta Bandini e o seu temazo Ai mamá, que é unha defensa ao feminismo, reivindica ás nais e as tetas. E ademais é a banda sonora do especial Montealto, regreso la casa que veremos aquí dentro de moi pouquiño". Os intereses dos grandes grupos de comunicación privada xogan contra Tanxugueiras pero sobre todo a lingua e a cultura que representan. Un exemplo diso, son os chios nas redes sociais descualificando ao grupo polo idioma empregado e por ofrecer unha visión que non encaixa co estándar español. |
PRAZA_9229 | A vila acolleu este mércores o Illa Pancha Challenge, unha competición na que 24 dos maiores especialistas cabalgaron esta onda, que pode chegar aos 20 metros de altura. A Mariña busca converterse nun destino turístico surfista de primeiro nivel | Nas últimas semanas foron moitos os e as surfistas que se achegaron a Ribadeo e, sobre todo, ás proximidades da Illa Pancha. Buscaban coller o Panchorro, unha onda de gran tamaño (entre 15 e 20 metros) que se forma neste lugar en días de temporal, grazas á existencia a uns metros da illa dunha orografía submariña moi particular que non só crea ondas moi grandes, senón que permite que tomen a forma de tubos, ideais para o surf.Participaron 24 surfistas de ondas xigantes de prestixio internacionalEste mércores celebrouse alí o Illa Pancha Challenge, unha competición patrocinada pola Deputación de Lugo na que participaron 24 surfistas de ondas xigantes de prestixio internacional. Os gañadores nas distintas categorías foron Lucas Chumbo (mellor tubo), Natxo González (onda máis alta), Pato Teixeira (mellor caída na cresta da onda: Wipeout). Tamén se premiou a Adrián Fernández e Natxo González como mellores surfistas locais. Máis de 18.000 persoas seguiron a competición a través da súa retransmisión en streaming a través de youtube.O Panchorro foi cabalgado por primeira vez no ano 2007 polo vasco Ibon AmatriainOs competidores agardaron durante días ata que se formaron as condicións idóneas para a celebración do Illa Pancha Challenge. O período de espera, simbolizado coa luz verde do Faro, comezou o 1 de xaneiro e estendíase ata finais de marzo como máximo, monitorizándonse as borrascas que se acheguen a costa. Seis días antes da chegada das borrascas, a luz do Faro cambiaría a ámbar e de manterse esta situación climática, e 3 días antes de que a borrasca tocase terra, volvería cambiar a luz que pasaría a ser vermella, momento no que comezarían os preparativos para o desenvolvemento do evento. Non houbo que agardar a marzo, pois a borrasca que nestes días afecta a Galicia outorgou as condición ideais para a competición.No evento participaron outros surfeiros de primeiro nivel como o francés Pierre Rollet último gañador do Punta Galea Challenge; Everaldo Pato, un dos surfistas brasileiro máis recoñecidos ou o guipuscoano Axi Muniain, experto en ondas xigantes que se atreve a surfear incluso durante tormentas. O xurado estivo liderado por Clyde Martin, surfista sudafricano afincado desde hai máis de 20 anos en Ferrol e Ibon Amatriain, pioneiro do surf de ondas xigantes en España e primeiro surfista en cabalgar O Panchorro, no ano 2007. "Un espello no que mirarnos é Peniche, que mantén o seu espírito e tradicións mariñeiras ao tempo que miles de turistas se achegan a ver as súas espectaculares praias cheas de surfistas""O surf é un dos deportes con maior crecemento en toda Europa, constitúe en si mesmo un atractivo turístico, tanto para os surfistas como para moitos seguidores", destacou o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que sinalou o obxectivo de "converter A Mariña nun grande punto de interese deste deporte, atraendo a milleiros de visitantes e conseguindo desestacionalizar o turismo na provincia". "Un espello no que mirarnos é a vila de Peniche, no centro de Portugal, que mantén o seu espírito e tradicións mariñeiras ao tempo que miles de turistas se achegan a ver as súas espectaculares praias cheas de surfistas", dixo.Na vila de Nazaré, tamén na costa portuguesa, o surfista brasileiro Rodrigo Koxa bateu esta semana o récord mundial da onda máis alta surfeada, con 24,38 metros.En VINTE | Océano Surf Museo. Este museo virtual cóntache a historia do surf en Galicia |
NOS_30192 | Oito equipas participarán nesta última xornada, que decorrerá na Reiboa e tras a cal haberá unha gala de entrega de premios. | A Reiboa (Poio) acolle este sábado a 18ª e última xornada da tempada de billarda na Conferencia Rías Baixas. Palanadoras e palanadores poñerán sí o ramo á campaña que o pasado 2 de setembro arrancaba no Grove e que desde aquela percorreu máis dunha decena de concellos das comarcas do Salnés, Pontevedra e O Morrazo. En total, 161 palanadores e palanadoras tomaron parte nesta competición, o que para a organziación mostra "o bo estado deste deporte tradicional" e como o mesmo vaise "popularizando". A xornada final comezará este sábado ás 16:30 horas e contará coa participación de varias equipas: Corredoiras, Gharaboto, Armadiña, Lúa de Forza, Rinoceronte, Valpaços Terra Quente, Laxe de Rons e Andarela. Aquí decidiranse os últimos billetes que fican para a clasificación de cara ás finais de billarda que se desputarán en Compostela o vindeiro 27 de maio. Finalizada a xornada haberá unha gala de entrega de premios, con música e capoeira. Esta xornada está organizada por Armadiña e a Liga Nacional de Billarda (LNB) e conta co apoio da concellería de Deportes de Poio e a Deputación de Pontevedra. |
PRAZA_20839 | A cifra supón o 81% do total de 37.555 doses recibidas ata o momento, á espera da chegada do terceiro envío, esperado para os vindeiros días. A porcentaxe é a máis elevada entre todas as comunidades autónomas do Estado e supón que a Xunta incumpriu a súa previsión de reservar un terzo das vacinas en previsión dunha "rotura do stock" | Galicia administrou ata este luns 30.418 doses da vacina contra a Covid-19, segundo os datos publicados polo Ministerio de Sanidade. A cifra supón o 81% do total de 37.555 doses recibidas ata o momento, á espera da chegada do terceiro envío, previsto para os vindeiros días.Máis de 30 mil persoas usuarias das residencias e o seu persoal recibiron xa a primeira dose da vacinaAs máis de 30 mil doses cubren xa a máis do 70% das persoas usuarias das residencias de maiores e de atención á discapacidade e o persoal sociosanitario que as atende, un total de 42.500 persoas. Neste colectivo, sinalado como prioritario no Plan Galego de Vacinación, quedarían pendentes de vacinar pouco máis de dez mil persoas. Cómpre ter en conta, en todo caso, que o feito de que estas persoas (ou calquera outra) reciban a primeira dose da vacina non significa que automaticamente estean inmunizadas contra a Covid-19 e que non poidan contaxiarse ou enfermar. Esta inmunización chegará unicamente a partir dunha semana máis tarde da administración da segunda dose (prevista para 21 días despois da primeira). É dicir, as persoas que están recibindo agora a súa primeira dose quedarán protexidas dentro dun mes, a comezos de febreiro.A Xunta incumpriu a previsión de reservar un terzo das vacinas "por se se produce unha rotura do stock"A pesar de que a pasada semana a Xunta de Galicia anunciara que ía "manter polo de agora unha reserva dun terzo das vacinas por se se produce unha rotura do stock para garantir a administración da segunda dose", os últimos datos amosan que incumpriu esta previsión, superando amplamente ese 66% e desbotando de momento a estratexia de reservar unha parte importante das vacinas.A porcentaxe de vacinas administradas en Galicia é a máis elevada entre todas as comunidades autónomas do EstadoA porcentaxe de vacinas administradas en Galicia é a máis elevada entre todas as comunidades autónomas do Estado e supera amplamente a media española (54,6%). Tan só Asturias (79,9%) presenta unha porcentaxe semellante e a Comunidade Valenciana (74,6%), Cantabria (71,5%) e Castela-León (70,5%) tamén teñen cifras próximas á galega. Non obstante, o Goberno de Asturias subliña que os seus datos están actualizados con data do día 9 e que este luns xa ten administradas o 100% das doses e traballa xa coa nova remesa. Madrid presenta a porcentaxe máis reducida de vacinas administradas sobre as recibidas (25,2%) e territorios como Canarias, Aragón, Navarra, Murcia ou Euskadi tamén baixan do 50%.Todos os usuarios e persoal das residencias da Deputación de Lugo, vacinadosA totalidade das usuarias e usuarios e do persoal das residencias de maiores dependentes da Deputación de Lugo recibiu xa a primeira dose da vacinaA totalidade das usuarias e usuarios e do persoal das residencias de maiores dependentes da Deputación de Lugo recibiu xa a primeira dose da vacina, segundo informou o ente provincial. Este luns levouse a cabo a vacinación no Centro de Atención a Maiores de Trabada, despois de facelo en días anteriores nos de Pol, Ribadeo e A Fonsagrada. En total, recibiron a vacina 216 usuarios/as e traballadores/as, un proceso que se levou a cabo "con absoluta normalidade, sen incidencias".A Deputación salienta que este paso trouxo "esperanza" ás residencias, xa que os usuarios e usuarias "levan moitas meses coas saídas limitadas, vendo pouco aos seus familiares e ver que xa recibiron a primeira dose axúdalles ao seu benestar emocional". Así mesmo, sinala que isto "non pode permitir baixar a garda" e que "cómpre seguir na mesma liña que a seguida ata o momento". Con respecto ás visitas de familiares, a institución provincial xa viña restrinxindo as entradas de familiares nos centros a unha persoa por usuario/a á semana antes das novas medidas decididas pola Xunta, co obxectivo de minimizar o risco de contaxio e protexer aos e ás maiores. |
NOS_35582 | O número de persoas no desemprego no noso país é de 270.854. No conxunto do Estado español é de máis de 4.808.000 persoas. En novembro o número de filiad@s á Seguridade Social en Galiza caeu en case 5.000 persoas, un indicativo do emprego que se perde. | O desemprego sobe en Galiza en novembro. A 30 deste mes había no noso país 2.629 persoas máis no paro que a 31 de outubro. Unha media de case 100 persoas cada día foron para o paro en Galiza nestes 30 días. Mentres, no Estado español baixou o paro en 2.475 persoas. O número de galeg@s rexistrad@s no paro é de 270.854. No estado español hai 4.808.908 parad@s. En comparación con hai un ano, na Galiza hai por volta de 5.000 desempregad@s menos. Nestes doce meses tamén caeu no país a cifra de filiad@s á Seguridade Social Baixa o paro, baixa o emprego No Estado español o desemprego baixou en 2.475 persoas. Mais o número de afiliad@s á Seguridade Social tamén baixou, en 66.829 persoas. Son, por dicilo así, case 67.000 empregos menos. Un indicativo máis de que se está a contraer a poboación activa. Os e as procuradoras de emprego abandonan, emigran, etc.. e no caso das mulleres volve o rol tradicional de ama da casa fóra do mercado laboral. No que atinxe a Galiza, en novembro tamén houbo unha queda nas afiliacións á Seguridade Social: 4.572 persoas menos. E en termos interanuais, de novembro de 2012 a novembro de 2012, o noso país perdeu 18.682 afiliad@s á SS. Unha cifra que amosa o nível de perda de empregos. "Intolerábel" O secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Miguel Malvido considera que a situación é dramática, non só polo elevado número de desempregad@s, senón tamén polas cada vez máis precarias condicións laborais e salariais. Ante isto denuncia "as nefastas políticas económicas do goberno e as graves consecuencias que están a ter as reformas laborais, que até o de agora, alén de provocar o incremento de paro só conseguiron empeorar as condicións de vida das traballadoras e traballadores". Consecuencias que, apunta, "serán peores de se aprobar esa nova reforma anunciada polo PP, coa que se pretende introducir unha aínda maior flexibilidade e incrementar a contratación a tempo parcial", afirma. A CIG alerta do grave risco de pobreza e exclusión social no que se atopan moitos parados, xa que no mes de outubro, último dato publicado, un total de 119.200 galeg@s no paro non percibían ningún tipo de prestación. |
PRAZA_13873 | "Está a destruír o estado de benestar en España", di o seu último informe, que acusa o Goberno de levar a pobreza ao 22% dos españois e de prexudicar "de xeito desproporcionado" os máis débiles. "O salario mínimo non permite un nivel de vida digno", engade. | A ONU tamén censura as políticas do Goberno do PP. Logo das críticas constantes de diferentes organismos, incluído o FMI, desta vez tocoulle á Organización das Nacións Unidas, que carga contra os recortes levados a cabo polo Executivo de Mariano Rajoy por levar a pobreza ao 21,8% dos españois e por prexudicar "de xeito desproporcionado" os máis desfavorecidos. Así de contundente é o último informe do Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (Cdesc) da ONU, que non dubida e asegura que "Rajoy está a destruír o estado de benestar en España". Este estudo, que aínda por riba foi anterior ao último paquete de recortes aprobado polo Goberno, critica os axustes adoptados nos últimos meses porque reducen "os niveis de protección" da cidadanía. As duras críticas da ONU producíronse antes da aprobación do último paquete de recortes "As medidas de austeridade están prexudicando de forma desproporcionada os grupos desfavorecidos e marxinados, como mulleres, nenos, persoas con discapacidade e mesmo os adultos e os mozos desempregados, as persoas maiores, os xitanos, os inmigrantes e os solicitantes de asilo", asegura con contundencia un informe que calcula que os axustes están provocando un aumento "considerable" do número de persoas en risco de pobreza. Así, aclara que o 21,8% da poboación española xa vive por baixo desde limiar e que un de cada catro menores se inclúe nese grupo. Un de cada catro menores vive por baixo do limiar da pobrezar, recorda a ONU Do mesmo xeito, a ONU tamén amosa unha fonda preocupación polos datos do paro, ao cebarse cos sectores máis febles, e fai un chamamento ao Goberno para que "evite calquera retroceso" na "protección dos dereitos laborais dos traballadores". Ademais, tamén advirte de que as condicións dos que si teñen traballo son peores e que o salario mínimo interprofesional no Estado ten "un valor que non permite un nivel de vida digno". Así, reclama que se "axuste periodicamente ao custo da vida", ao igual que as pensións. O Goberno non fixo público oficialmente este informe a pesar de que, segundo parece, a ONU, cando llo remitiu o pasado 6 de xuño, pediu que lle dese "ampla difusión ás observacións en todos os niveis da sociedade". |
NOS_20126 | Os datos publicados onte por Rede Eléctrica Española (REE) sobre a xeración eléctrica en 2021 certifican que a Galiza segue a ser un territorio exportador, cunha produción de 24.205.021 megawatts/hora durante o pasado exercicio. Ao tempo, confírmase a tendencia de 2020 sobre a xeración de orixe renovábel, que sumou 17.974.300 megawatts por hora, sendo superior ao consumo interno galego. | A Galiza xerou 24.205.021 megawatts por hora ao longo do ano 2001. A produción de orixe renovábel representou 17.974.300 megawatts por hora e a de orixe non renovábel 6.230.721mw/h. Segundo sinala a Nós Diario o integrante do Colectivo Bidán Fernando Branco, "sendo a produción total de 24.205.021 mw/h, a un prezo medio de 111,4 euros no mercado grosista, os ingresos na Galiza das eléctricas foron de 2.696.439.339 euros". A exportación da electricidade a Madrid A Galiza exportou en 2021 28,1% do total da electricidade producida. As cifras situáronse na liña das últimas anualidades, chegando a 31,8% en 2020, a 25% en 2019 e a 35% en 2018. Neste sentido, practicamente a terceira parte da electricidade producida polas distintas tecnoloxías non se utiliza no país, destinándose a outros territorios que consumen o produto final, sen cargar cos custos ambientais e sociais. A este respecto, Branco afirma que "o valor dese 28% de electricidade que exportamos, isto é 6.426.339 mw/hora, chega a 715.894.164 euros". "O vento e a auga son o noso petróleo e o noso gas", afirma Branco, "un recurso que temos nós e outros non". Porén, lamenta que a Galiza non obteña beneficio ningún destes recurso. "Nin temos empresas públicas para que unha parte dos beneficios queden aquí nin contamos cunha tarifa eléctrica galega para abaratar o custo da luz, nin as empresas enerxéticas que producen aquí teñen a súa sede fiscal na Galiza". Neste sentido, a situación da Galiza contrasta coa de Madrid, deficitaria en enerxía eléctrica en 95% e que non conta cun só aeroxerador eólico instalado. 72,3% da electricidade xerada na Galiza é de orixe renovábel, superando esta produción as necesidades de consumo das persoas e empresas galegas. Así, a electricidade renovábel representou 17.974.300 megawatts á hora en 2021, sendo o consumo total galego de 17.420.799 mw/h. Nese sentido, certificouse a liña comezada en 2020, cando a electricidade de fontes renovábeis foi superior ao consumo interno galego en 15,4%. A especialización produtiva da Galiza Fernando Branco considera que "os datos de Rede Eléctrica Española corroboran o carácter exportador a nivel eléctrico da Galiza e o peso cada día máis importante das enerxías renovábeis". Nesta dirección, destaca que "a renovábel, superou no cómputo anual ao consumo interno, pero hai moitos meses que iso non pasou como abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro e outubro". Porén, advirte que "cada vez imos precisar de máis electricidade polos aumentos de consumos no futuro, sobre todo nos transportes pero tamén en usos domésticos e industriais". |
NOS_56803 | Ser e voltar non só é a peza coa que vén de ser premiado nun dos máis importante festivais de curtas do mundo. Para Xacio Baño, ser tamén é voltar. | Xacio Baño vai a contracorrente. En tempos nos que se nos di que o futuro habita non só noutra dimensión temporal, senón tamén espacial, el aposta por ficar preto da xente que quere, coma o seu avó e a súa avoa, protagonistas da curta Ser e voltar. A peza, que estivo a piques de entrar nas nominacións dos Goya, vén agora de ser premiada no festival Clermont-Ferrand. -A túa curta documental, Ser e voltar, está centrada no teu avó e na túa avoa. Ser é voltar? -Para min, é así. Ten relación coa miña familia. En tempos tan fastidiados, nos que non hai traballo e a xente emigra, aínda que haxa ofertas máis suculentas, e en teoría un porvir máis bo fóra, eu non podo marchar. Prefiro estar preto da miña familia. Non me dá a cabeza nin o corazón para marchar, aínda perdendo saídas laborais. A veces perder un pouco é gañar moito. Quedando en Galiza é como se fai país. Aínda que respecto moito o de emigrar e buscar o traballo fóra, eu non podo. Moita xente da miña carreira está traballando fóra por propia vontade, en Londres, en Francia... Eu non quero perder os últimos anos de vida dos meus avós por mellorar eu. -Este ano participas no proceso de selección do Carballo Interplay, o Festival de Contidos On line organizado polo Concello de Carballo. Traballo arduo o proceso de selección, nonsi? -Son da idea de que se ves cine, pensas en cine, comes vendo cine, ao final, gañas en experiencia e maneiras de ver, que che fan aprender. "Gústame moito o que acontece no novo cinema galego. É unha xeración de cineastas galegas que están facendo cousas interesantes. Non contaba ninguén que xente nova e non tan nova pase obras galegas polo mundo adiante". -Pódesme dicir algo do material que che vai chegando? -Non (risos). Hai cousas moi boas. O ano pasado quedamos contentos co festival, e este ano coido que vai ser moito mellor. O de abrir o festival internacionalmente é toda unha aposta. -Como vives o momento actual do audiovisual, coa crise do fondo? -Eu non coñezo tempos anteriores. Se traballas e pos da túa parte, pódese intentar vivir, pero hai que pasar moitas horas. As televisións cada vez pechan máis portas, pagan menos, hai menos festivais, menos dotacións económica, non acaba de despegar de todo internet á hora de revertir en diñeiro aos creadores, pero a necesidade de contar historias está aí, e hai que seguir inténtándoo. -Ti formas parte desa xeración do novo audiovisual galego... -Gústame que me digan que son novo (risos) Do novo audiovisual galego si que son. Supoño que son da xeración do novo cinema galego. Hai xente que di que sente e tamén quen di que non. Mais non me gustan as etiquetas. Eu intento facer, con cada peza, algo distinto ao que anteriormente traballei. Non quero que me "encasille". Gústame moito o que acontece no novo cinema galego. É unha xeración de cineastas galegas que están facendo cousas interesantes. Non contaba ninguén que xente nova e non tan nova pase obras galegas polo mundo adiante. -Con motivo da recente edición dos Goya, tense dito que este foi un bo ano para o cinema estatal. E para o galego? -Eu penso que o ano foi bo. O éxito de A Esmorga en Galicia é unha boa nova. Creo que Os fenómenos tamén merece moito a pena vela. Está Costa da Morte, de Lois Patiño, que vai polos cen festivais en todo o mundo. Hai outra longa que ganou no Festival Europeo de Sevilla, que aínda non está nos cinemas, Las altas presiones, de Ángel Santos. É un bo momento. Temos unha boa xeración. Neste grupo de novos cineastas galegos hai unha comunidade, unha comunicación entre eles, un compartir ideas e traballos... Se todos empurramos, ao final o barco móvese máis rápido. -Fixeches xa varias curtas, premiadas e con moi boa acollida. Consegues vivir do teu traballo? -A día de hoxe, si, vivo do que fago no audiovisual, que non son só curtas, senón tamén outras cousas, como algún traballo de encargo. Varios colegas meus, compañeiros e compañeiras, si que poden vivir das curtas. É como calquera traballo. Hai que dedicarse a el, darlle ao coco, vivir case para el. -Como gañar cartos facendo curtas? -Facendo curtas boas (risos). -Si? -Hai curtas que gañan moitos cartos, conseguen premios, véndense a televisión, fan pases especiais... Non é o normal. O normal é que fagas unha curta, vaia a dez festivais e non gañes nada. Mais si que traballando duro e dándolle un bo enfoque á curta pódense conseguir cousas, e vivir algo dela. |
NOS_26872 | Comité de empresa, CIG, UXT e CCOO denuncian que a compañía non adaptou os postos segundo a Lei de prevención de riscos laborais. | O comité de empresa de Televés no centro de traballo de Conxo en Compostela e as centrais sindicais CIG, UXT e CCOO amosan a través dun comunicado a súa "máis rotunda indignación" polos despidos producidos o pasado 31 de outubro de dous membros do seu cadro de persoal. Os sindicatos afirman que "unha empresa como Televés, referente durante moitos anos nas súas relacións coas centrais sindicais e por extensión con representantes das traballadoras e traballadores" vén de despedir dous membros do seu cadro de persoal "que por motivos de saúde tiñan unha limitación física que, até a data dos seus despedimentos, no lles impediu realizar o seu traballo en condicións óptimas segundo o sistema recollido no noso convenio colectivo". Comité de empresa e sindicatos denuncian que a empresa non efectuou a adaptación dos seus postos de traballo Comité de empresa e sindicatos denuncian que a empresa non efectuou a adaptación dos seus postos de traballo de acordo coas súas limitacións "tal e como recolle a Lei de Prevención de Riscos Laborais como se solicitou desde o comité de empresa". Os vindeiros días 29 de novembre e 2 de decembro as persoas despedidas terán no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) un acto de conciliación, "paso previo aos xuízos correspondentes nos que agardamos que a empresa reconsidere os despedimentos e lles ofreza a readmisión nos seus postos de traballo". Delegados de persoal do comité de Televés, delegados sindicais das tres centrais representadas anuncian que arrouparán as persoas despedidas. "Non podemos admitir que sufrir un problema de saúde sexa motivo de despido e moito menos nunha corporación con máis de 700 traballadoras e traballadores que ten unha situación económica saneada e moi solvente", sinalaron no comunicado. |
NOS_17041 | Dous meses e medio despois, María Rodríguez puido visitar á súa tía na residencia San Carlos de Celanova e conta a Nós Diario como viviu o reencontro unha vez superadas as semanas máis duras da crise da COVID-19. | "As residencias teñen que cambiar, non poden seguir como estaban e menos despois disto. Eles necesitan un apoio psicolóxico", asegura María Rodríguez, familiar dunha usuaria dun centro de maiores, a Nós Diario. "Non podemos pasar por isto como o fixemos e que agora sigan as residencias como se non pasase nada, como se fosen hostais". María Rodríguez accedeu esta segunda feira á residencia San Carlos de Celanova, un dos centros de maiores nos que se contabilizaron máis casos positivos en coronavirus da Galiza, na que permanece a súa tía, que é "como unha segunda nai" para ela. A tensión destes dous meses e medio sen ver á súa tía non pasou en balde. En tres ocasións deu positivo nas probas da COVID-19, aínda que sempre estivo sen síntomas. Na cuarta, o test saíu negativo. Porén, é difícil explicar como o vivido nestas semanas lle puido afectar. "Os problemas psicolóxicos que pode haber serán o segundo virus que teremos, porque é moi difícil para as familias pero sobre todo para eles, que están sós. Aínda que teñen as rapazas que os coidan, non é o mesmo. Ademais, traballando nun sitio como este non tes tempo físico para atender esa necesidade psicolóxica", conta a Nós Diario. "Quería vela cos meus ollos. Verlle a cara. Estar. Pero te quedas cunha sensación agridoce. Noteina apagada, bastante triste, cansada. Era o que agardaba dalgunha maneira, pero é un impacto psicolóxico bastante forte. Ela sabía que non a podía abrazar nin tocar. A verdade é que sigo un pouco descolocada porque foi moita tensión non poder vela e agora queres abrazala e non podes...". Residencias medicalizadas Entrou á residencia polo patio e puido ver ás persoas maiores que están mellor e poden pasear, mais non a recoñeceron porque levaba posta a máscara. Antes de acceder tomáronlle a temperatura para comprobar se tiña febre e asinou nun formulario que non estivera en contacto con pacientes de COVID-19 e non tiña síntomas da enfermidade. Déronlle unha bata e hixienizou as mans antes de pasar á sala na que estaba a súa tía, que non se vale por si mesma, sentada nunha cadeira de rodas. A visita podía durar media hora, mais estivo algo menos de tempo porque a súa tía comezaba a sentir dor por estar sentada e tiñan que acostala na súa habitación, á que a familia non ten acceso. "Ela quería aguantar pero díxenlle que non podía estar con dor. O xoves nos confirman se podemos volver a semana que vén", sinala. "Teñen que preparar as residencias para non ser hostais. Sentimos moita angustia polo que podía pasar neste tempo, as traballadoras quedaron baixo mínimos e non había médico. Esa seguridade que che transmite un médico cando vas a un hospital é necesaria aquí. Se hoxe puidera ter falado cun médico tamén estaría máis tranquila", incide. E é que agrade expresamente o labor das profesionais de todas as categorías que traballan nesta residencia privada, a única que hai en Celanova, mais salienta que "as residencias teñen que estar medicalizadas, non poden ser como un hostal de paso". "A min faime falla a seguridade de saber por un médico como está a miña tía", engade. Para María Rodríguez as residencias teñen que ter os servizos de "hotel, alimentación, social e sanitario". "Aquí houbo moitos casos de COVID-19 e se non chega a ser polas médicas do PAC de Celanova non hai médica e son xente dependente e moi maliña. Teñen que cambiar o sistema en xeral, non imos pedir que a residencia sexa un hospital pero uns mínimos si", salienta. Agradece o apoio da Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) desde que comezou a crise do coronavirus, así como as achegas da veciñanza de Celanova, e destaca que agora fai falla saber todo o que pasou nestes dous meses e medio dentro das residencias. |
NOS_58205 | A pandemia atrasou a XVIII Asemblea Nacional do BNG que finalmente será este domingo. Aínda que hai tempo para a presentación de máis candidaturas, prevese que Ana Pontón revalide no liderado. As chaves do conclave e das teses están dirixidas a agrandar a organización, a construír un proxecto gañador e a liderar o Goberno da Galiza. | Todo pronto no Coliseum da Coruña para acoller a XVIII Asemblea Nacional do BNG este domingo 7 de novembro. Máis de 3.000 militantes nacionalistas con dereito a voto -alén de simpatizantes- daranse cita para debater os relatorios e escoller a nova dirección política. Esta previsión de asistencia coa que traballan na área de organización do BNG supera a do anterior conclave, en 2017, que xuntou unhas 2.000 persoas tamén na Coruña. "Esta Asemblea Nacional vai ser unha fotografía de toda a capacidade que o BNG ten. Non hai formación política neste país con esta capacidade organizativa e de militancia activa", sinala a Nós Diario o coordinador de Organización do BNG, Bieito Lobeira. Esa capacidade da militancia, subliña, é o que explica que o Bloque "estea onde está despois de todas as adversidades que pasou". Nese sentido, preguntado polos obxectivos da asemblea, Lobeira destaca que se trata de entender como superada "a fase de supervivencia", logo dun proceso de incremento de afiliación, consolidación territorial e salto electoral. Trátase agora, di, de encarar "a fase de disputa de hexemonía política". De facto, as teses a debate recollen que "asumir o reto de gobernar a Xunta da Galiza desde a Presidencia é un obxectivo de primeira magnitude para o BNG". E para chegar a ese punto, nas eleccións galegas de 2024, a cita previa é a das municipais de 2023. Así, entre as prioridades políticas recollidas nas teses está a "preparación necesaria para incrementar a presenza do BNG" nos concellos e, en consecuencia, "o número de Gobernos". "Un BNG forte e activo, tanto nos concellos en que gobernamos, como nos que somos oposición, supón unha chave fundamental para ampliar a nosa base social, transformar os concellos e consolidar a alternativa política nacionalista", sinálase. As teses reparan na existencia de "debilidades organizativas" en ámbitos urbanos e algunhas comarcas, polo que remarcan que os comicios locais serán "unha oportunidade histórica para incrementar a presenza do BNG nos concellos e transformar o país, desde a base". "Un soporte fundamental para alcanzar unha alternativa do BNG capaz de liderar o futuro da Galiza", inciden. 347 emendas, novo protocolo e participación da emigración Como novidade, nesta Asemblea Nacional haberá un dispositivo tecnolóxico para que a militancia na emigración poida intervir e votar. Así pois, nacionalistas que viven no país como as que se atopan noutras nacións do mundo poderán votar as 347 emendas aos textos que se realizaron nas asembleas comarcais. Outra novidade é a incorporación nas teses dun protocolo de actuación en caso de violencias machistas. O documento vén precedido dunha introdución en que se sinala que "o machismo e as violencias machistas atravesan a sociedade e tamén as organizacións sociais e políticas transformadoras, que deben actuar para previlas, atendelas e erradicalas". Por iso, "no camiño para construír unha nova Galiza libre de violencias machistas" e no marco doutras medidas, dótanse desta ferramenta "co obxectivo de estabelecer un itinerario claro, garantista e útil na actuación diante de violencias machistas no seo da organización que complemente os mecanismos xa existentes". Multiplicar o activismo No apartado de estratexia do relatorio, considérase fundamental "alargar a capacidade de intervención e influencia social". Para iso, sinálase como chave "consolidar o proceso de crecemento e expansión organizativa do BNG, incorporando máis pobo á nosa causa e dotando a militancia -especialmente as novas incorporacións- de todas as ferramentas formativas, argumentais, políticas e ideolóxicas que lle permitan ser máis eficaz no seu traballo de activismo social". Aliás, no apartado de formación dáse unha chamada de atención de abaixo arriba e de arriba abaixo ao redor da calidade da lingua: "Cómpre esforzarse tanto nas comunicacións escritas como nas da expresión oral, procurando nestas unha prosodia correcta e mesmo un sotaque acaido, nomeadamente cando se agarde difusión masiva e ou procedan de cargos públicos do BNG". Apoio internacional Na véspera do conclave, o Bloque realizará un encontro internacional coas delegacións de Gobernos e formacións políticas de distintas nacións que están convidadas á asemblea. Visitarán o Pazo de Meirás como símbolo de espolio do franquismo, represión mais tamén de loita pola devolución ao pobo galego dos bens espoliados e a recuperación da memoria. Haberá reunións bilaterais e multiraterais con políticos dos Països Catalans, Euskal Herria, Portugal, Palestina, Sahara, Cuba e Venezuela, entre outras nacións. Unha dirección "para un novo ciclo" Até 3 de novembro a militancia do BNG pode presentar candidaturas para o Consello Nacional. Este órgano propuxo o pasado sábado, 30 de outubro, unha lista que encabeza a actual portavoz nacional, Ana Pontón, logo de ter anunciado a súa disposición a presentarse para liderar o Bloque e "construír un proxecto gañador capaz de disputar a hexemonía ao PP e liderar o Goberno da Galiza en 2024". Acompáñana na lista 50 militantes. Nas seguintes semanas incorporaranse á dirección outros 50 electos polas comarcas, así como as dúas persoas que representen a organización xuvenil, Galiza Nova, e mais un representante por cada colectivo que conforma a fronte: a Unión do Povo Galego, o Movemento Arredista e a Fronte Obreira Galega. Lucía López, Manuel Lourenzo, Breixo Lousada e Lois Pérez Castrillo son as novidades para a Executiva. Fecha a lista do Consello Nacional o ex dirixente do Bloque Guillerme Vázquez. |
NOS_37812 | Fefa Noia será a nova directora do CDG e ocupará a vacante que deixou Manuel Guede en xuño logo de demitir por razóns persoais. | Fefa Noia resultou a gañadora do concurso público que AGADIC convocou para cubrir a praza de coordinadora do departamento de Produción Teatral da Agadic, tal e como se publicou hoxe no DOG. A candidatura de Noia foi a que obtivo maior puntuación na suma das tres fases do proceso, que incluíron unha valoración dos méritos achegados, dun proxecto artístico e dunha entrevista persoal. Entre as tarefas asignadas a este posto de persoal directivo están as de exercer a dirección artística do Centro Dramático Galego (CDG); dirixir, coordinar e planificar a actividade do Salón Teatro; decidir o plan de programación anual e seleccionar e contratar as compañías artísticas e/ou produtoras encargadas de cada espectáculo, así como dos artistas que se requiran para cada proxecto. Autora, dramaturga e directora Fefa Noia naceu en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía Alemana (Universidade de Santiago de Compostela) e en Ciencia Teatral (Ludwig-Maximilian-Universität Munich LMU). Ampliou a súa formación no Teatro de La Abadía, en Madrid, no que formou parte do equipo de dirección artística durante máis de dez anos. Foi bolseira da Fundación Barrié, da Real Academia de España en Roma e da Comisión Fulbright (MA en Drama pola San Francisco State University de California). Na actualidade, traballa como autora, dramaturga e directora. Como directora colaborou co Centro Dramático Galego, co Centro Dramático Nacional, coa Compañía Nacional de Teatro Clásico e co Teatro de La Abadía, onde exerceu como axudante de José Luis Gómez, Àlex Rigola, Georges Lavaudant, Dan Jemmett, Carles Alfaro ou Andrés Lima, entre outros. Algunhas das súas postas en escena son 'Andorra' e 'O coloquio dos cans' (Corral de Alcalá/Abadía); 'O amor namorado' (La Caimana) ou 'S.P.Q.R. Si vis pacem para bellum' (RAER). Para o Centro Dramático Galego dirixiu en 2013 'Días sen Gloria', de Roberto Vidal Bolaño, espectáculo central do ano da celebración do Día das Letras Galegas dedicado ao autor compostelán. Coa súa propia compañía, Los lunes, dirixiu 'Wild Wild Wilde', de José Ramón Fernández; 'Cordas', de Bárbara Colio; 'Axuda', de Maria Goos, (pola que recibiu o primeiro premio do Certame de Directoras de Torrejón de Ardoz 2015); e 'País', un texto escrito e dirixido por ela no que reflicte a realidade dos españois que se ven obrigados a abandonar hoxe o seu país en busca de oportunidades laborais, e que foi estreado o presente ano nas Naves do Teatro Español. |
NOS_31750 | Vaso, tapa e poema. Así é a proposta da Fundación Vicente Risco para o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de "Ponme un poema!" desta volta con Verónica Martínez e Alberte Moman. | Polos bares e as rúas de Allariz desenvolverase este sábado día 21, xornada na que se conmemora o Día Internacional da Poesía, a segunda edición de "Ponme un poema!", un roteiro poético que, desta volta estará centrado na poesía erótica. Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán, que gañaron o Certame de Poesía Erótica Sisargas coa obra conxunta O Episodio serán as persoas convidadas a participar nesta iniciativa literaria que consistirá nun recital partillado nas distintas paradas nos locais colaboradores nos que a poesía virá canda tapas e bebidas. Os establecementos interpretarán tamén na oferta gastronómica o concepto de erotismo que está no cerne da nova edición de "Ponme un poeta!". A xornada incluirá tamén o espectáculo poético-musical "Cinta adhesiva" de Silvia Penas e Jesús Andrés nos xardíns da Fundación Vicente Risco. A participación no roteiro é gratuíta e aberta mais o prezo de cada tapa con bebida será de 2,50 €. |
NOS_31432 | Denúnciao Adega, que fala de "favoritismo sen límite". | Greenalia, a enerxética na que desde febreiro é directiva a ex-conselleira de medio ambiente Beatriz Mato, tramita nestes intres coa Xunta 13 parques eólicos, con outros 14 en proxecto, por máis de 700 MW. Adega afirma que empresas eólicas, "nomeadamenrte Greenalia Wind Power SLU", contaron para os seus proxectos con "axudas informais" da Xunta e mesmo "información privilexiada que só obra en poder da administración". A organización ambientalista está a revisar as ducias de proxectos eólicos , entre eles, os 13 que Greenalia Wind Power SLU ten en diferentes fases de tramitación. "Atopamos que o parque eólico "O Cerqueiral", nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Santa Comba, xunto cos veciños parques "Campelo", "Bustelo" e "Monte Toural", tamén de Greenalia, son en realidade o "despece" dunha única instalación que a Xunta tramita por separado, afectando a unha área (a contorna da Lagoa de Alcaián) de enorme valor ecolóxico e coa presenza de endemismos únicos no mundo". Este feito, explica Adega, a tramitación por separado do que debería ser un único parque para eludir determinados procedementos, "supón xa unha fraude de lei,". A maiores, engade que na memoria do parque eólico "O Cerqueiral", Greenalia Wind Power SLU menciona como referenzas senllos planos de xestión de dúas especies ameazadas: o da da Centaurea ultreiae, planta endémica en perigo de extinción e o da da tartaraña cincenta (Circus pygargus) e da gatafornela (Circus cyaneus), dúas especies de aves vulnerábeis. "Acontece que estes dous documentos de xestión, cuxa redacción e aprobación é obrigatoria por parte da Xunta ao tratarse de especies vulnerábeis, non foron aínda aprobados nin publicados no DOG, polo que non están en vigor", afirma Adega. A organización pregúntase "como é posíbel que unha empresa privada teña acceso para defender os seus intereses á información contida nuns documentos que non son públicos e que recollen valiosos datos científicos sobre especies tan sensíbeis? Como se entende que universidades, concellos, e cidadanía en xeral non poidamos dispoñer da información necesaria para poder contribuir á conservación destas especies e evitar o seu deterioro, mentres que a Consellaría fai un uso espúreo dela? E como é posíbel que os cartos públicos investidos na redacción deses planos beneficien unicamente a unha empresa privada en lugar de incidir positivamente na conservación das especies obxectivo?" |
NOS_54080 | A multinacional comeza reemprazar o persoal por pantallas táctiles, un cambio que prevé facer nos seus 14.000 locais en EUA. "Os robots non fan greve, non se poñen enfermos nin fican grávidos", defende o ex-director xeral da compañía. | En 2014 os traballadores da cadea de comida rápida McDonald's iniciaron unha vaga de mobilizacións para reclamar un incremento salarial e o dereito a formar un sindicato. Demandas que se mantiveron desde entón, estendéndose por diferentes partes de Estados Unidos e mesmo Europa, así como a outras cadeas, Burger King, Wendy´s... Os traballadores organizaron paros, manifestacións, protestos, levaron as demandas a concellos e estado, todo para defender un salario "digno" der 15 euros á hora. 'Figt for 15' foi o lema desta campaña. A resposta que dá McDonald's é, segundo informa CNN Money, reemprazar o persoal de barra por pantallas táctiles. Unha medida que xa se implantou en 500 locais de Florida, Nova Iorque e o sur de California, e que se estenderá aos 14.000 desta compañía en Estados Unidos. Até o de agora esas pantallas empregábanse unicamente para os pedidos para levar. Con esta medida, empregaranse tamén para aqueles clientes que consuman no local. E a compañía prepara máis pasos, como mercar o menú desde o móbil. "É máis barato mercar un robot de 35.000 dólares que manter un empregado ineficiente que cobra 15 dólares á hora fritindo patacas", dixo en maio pasado Ed Rensi, ex-director executivo de McDonald's. "Os robots non se poñen enfermos, non fan greves, non fican grávidos e sempre son puntuais", engadiu. |
PRAZA_77 | O grupo de investigación USCAN3D, da USC, organiza a D3MOBILE Metrology World League 2015, na que poden participar estudantes de todo o mundo nados entre 1997 e 1999. O obxectivo é potenciar as vocacións científicas. | Os smartphones téñense convertido no aparello electrónico máis común, empregado por practicamente todo o mundo. Nenos e nenas manéxano con habilidade e familiarízanse con eles dende as idades máis temperás. É por iso que dende distintos eido se leva tempo explorando as súas posibilidades pedagóxicas. Vén de abrirse o prazo para inscribirse na segunda edición do campionato internacional de modelado 3D de precisión con teléfono móbil D3Mobile Metrology World League 2015, un certame organizado polo grupo de investigación USCAN3D da USC. Nel poden participar escolares nados en 1997, 1998 e 1999 de centros educativos de todo o planeta. O obxectivo, por riba de todo, é potenciar as vocacións científicas entre os rapaces e rapazas dende os estudos de secundaria. O profesor da USC e director do proxecto, Juan Ortiz, explica que a creación e posta en marcha deste proxecto partiu do feito de que os modelos 3D de precisión se empregan decote en ámbitos tan próximos á cultura xuvenil coma o cinema, o fútbol, a Fórmula-1, a moda ou os videoxogos. "A mocidade sorprenderase das posibilidades que ofrece un teléfono móbil para a realización de modelos deste tipo, así como do doado que resulta facelos e do rápido que conseguen resultados mentres se divirten", sinala. Na web, de feito, ofrécense numerosos exemplos reais das numerosas aplicacións do modelado 3D e ofrécese información e ferramentas sinxelas para realizar modelado 3D de precisión simplemente a partir de fotografías tiradas co móbil. Os modelos 3D de precisión empréganse decote en ámbitos tan próximos á cultura xuvenil coma o cinema, o fútbol, a Fórmula-1, a moda ou os videoxogos Os e as estudantes inscritas aprenderán a elaborar modelos tridimensionais cos seus móbiles, no seu propio ordenador e cun software fotogramétrico libre: "A habilidade no manexo das novas tecnoloxías por parte dos máis novos garante que nunhas horas adquiran as destrezas necesarias para participar no campionato", explican os responsables do concurso. "O obxectivo último é inculcar nos máis novos os conceptos de experimento e método científico, así como a importancia na toma de decisións a partir da análise dos resultados dun proceso experimental, ademais de espertar a vocación pola cultura científica", engaden. Nesta segunda edición deste certame incorpóranse dúas novas categorías:a D3Mobile Art, máis centrada en cuestións estéticas ca na calidade métrica; e D3Mobile Ano da Biotecnoloxía en España, pensada para difundir a biotecnoloxía. A inscrición permanecerá aberta até o vindeiro 5 de marzo. Os equipos deben contar con entre dous e catro estudantes, dirixidos por un docente. Durante o mes de maio poderanse votar os traballos presentados e os gañadores e gañadoras coñeceranse en xuño. Web do concurso |
NOS_57873 | A catedrática da USC e cineasta Margarita Ledo vén de ser recoñecida coa XV edición do premio Ramón Piñeiro, Facer País, que outorga a Asociación Cultural Val de Láncara. | O compromiso de Margarita Ledo "na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta" valeulle á catedrática da USC o XV premio Ramón Piñeiro, Facer País, que tamén recoñece ter sido "partícipe fundamental no proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación". O xurado tamén salientou o compromiso de Margarita Ledo coa emigración e coa defensa dos valores da liberdade, así como a favor da dignificación das mulleres. Margarita Ledo, que se atopa en Cabo Verde, onde ten lugar o congreso Lusocom, recollerá o premio na primeira quincena de novembro. En declaracións á Cadena Ser, admitiu que se sente identificada "con este facer país, que é máis urxente que nunca en Galiza". |
NOS_21396 | Alertan de que o borrador do novo currículo de contidos "reducirá de forma notoria" os coñecementos económicos, financeiros e empresariais do alumnado, e apostan na creación de tres novas materias, unha delas sobre consumo responsábel e sustentabilidade. | Os decanos das facultades de Ciencias Económicas e de Administración de Empresas das tres universidades galegas veñen de facer público o seu posicionamento a respecto do borrador do novo currículo de contidos de Educación Secundaria e Bacharelato, presentado pola Consellaría de Educación. Por parte da Universidade de Vigo (UVigo) asinan o texto a decana de Ciencias Empresariais e Turismo, María Montserrat Cruz González, e mais o de Ciencias Económicas, Miguel Ángel Crespo Domínguez; pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), os decanos de Ciencias Económicas e Empresariais, Xosé Ramón Doldán García, e de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande Ramudo, e pola Universidade da Coruña (UDC), o decano de Economía e Empresa, Manuel Alberto Gómez Suárez. Os decanos poñen o foco no seu escrito na "redución a respecto da situación actual" dos contidos relacionados coa "formación económica, empresarial, financeira e de emprendemento", nomeadamente en 4º ESO e Bacharelato. O novo currículo da ESO recorta unha hora á lingua galega Aliás, advirten da desaparición de dúas materias optativas, Economía e Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, que se fusiona nunha soa: Economía e Emprendemento. Pola súa configuración, din, "non facilita a adquisición satisfactoria nin dos contidos económicos nin os relativos ao emprendemento". "Desaparece a materia Educación Financeira como materia de libre configuración no primeiro ciclo da ESO", lamentan. Si se recollen, porén, "contidos limitados de educación financeira en materias de Matemáticas en 3º e 4º de ESO", malia que "non serían impartidos por profesorado especialista en Economía que xa existe nos centros". Estas modificiacións, sosteñen, "reducirán de forma notoria as competencias e coñecementos de contido económico, financeiro e empresarial do alumnado que accederá aos estudos superiores de economía e empresa nos vindeiros anos, o que dificultará a adaptación deste alumnado aos nosos centros, ao non dispor dos coñecementos básicos que se precisarían para cursar con éxito as materias de formación básica e obrigatorias dos primeiros anos dos graos". Materia sobre consumo responsábel e transversalidade de Economía Os decanos subliñan que a redución de contidos vencellados ao eido económico e o empresarial "non está en liña coas recomendacións da OCDE ou da UE" sobre educación financeira, polo que apoian a proposta da Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria (Agaedes) á Consellaría para ofertar as seguintes materias: Finanzas, consumo responsábel e sustentabilidade, no primeiro ciclo da ESO; Educación Financeira, en 3º curso da ESO, e Fundamentos de Administración e Xestión, en 2º de Bacharelato. Aliás, optan por "flexibilizar" a oferta das materias de Economía a fin de que poida cursala calquera estudante sexa cal for a súa modalidade de Bacharelato escollida malia non estar ligada ás Ciencias Sociais ou as Humanidades. |
NOS_25977 | O Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña designou o Estado depositario de todos os bens móbeis e elementos accesorios que conforman o complexo do Pazo de Meirás, sen prexuízo de que se poida permitir a retirada daqueles obxectos de "estrito uso persoal". | O xulgado, que acepta as alegacións do Estado, a Xunta, os concellos de Sada e A Coruña e a Deputación da Coruña, mantén a data de entrega do inmóbel para o día 10 de decembro ás 11 horas. Desta maneira, a maxistrada rexeita as alegacións da familia Franco sobre as medidas cautelares e explica que era "urxente" prohibirlles retirar obxectos do inmóbel porque preparaban o seu traslado. Ademais, sinala que a custodia por parte da Administración estatal é "congruente" co obxectivo de debater na fase de execución que forma parte do complexo. "A literalidade do auto é clara", sinala sobre as medidas cautelares decretadas. "En consecuencia, erra a parte demandada cando di que se lle deron vinte días para retirar todos os seus bens. Os seus actos foron os de cumprir voluntariamente o fallo e, en congruencia, o auto dispón o prazo dun cumprimento voluntario", explica. A titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña destaca que a decisión de prohibir retirar bens do recinto sen informar previamente a parte demandada responde "a unha situación de urxencia patente", pois os Franco contrataran vehículos para levalos. Cincuenta camións "A urxencia xorde cando os demandados, dicindo que van entregar voluntariamente o pazo, previamente queren proceder ao traslado de bens en 50 camións que, sen dúbida, son moitos camións, o que se traducía nun baleirado de non se sabía que", sinala. A maxistrada insiste en que era "necesario saber que existía en Meirás" antes de permitir "trasladar todo tipo de bens descoñecidos". "De non adoptar as medidas cautelares nunca sería posíbel acoller unha decisión futura, nunca podería debaterse se, por exemplo, un escudo se integrase ou non na execución e propiedade do Estado, porque os bens terían, simple e sinxelamente, desaparecido". Por iso, as medidas son "cautelares, urxentes e sen audiencia", argumenta a xuíza, quen explica que, unha vez realizado o inventario, o Estado terá que expor "que bens entende que han de ser entregados ou non". Así, asegura que "non ten sentido abrir agora o debate acerca de que bens se integran ou non no pazo" porque a sentenza -contra a que os Franco presentaron recurso ante a Audiencia da Coruña- non é firme. |
NOS_9888 | Pontevedra foi o lugar elixido pola candidatura do BNG-Nós para dar conta das súas medidas de medidas económicas de choque que representan as "liñas vermellas" para negociar o seu apoio a un futuro Goberno do Estado. | "Poñer Galiza a producir para xerar riqueza e emprego". Este é o leitmotiv do decálogo de medidas económicas presentadas polo BNG na mañá do sábado en Pontevedra que determinarán o apoio da candidatura nacionalista galega a un futuro Goberno do Estado. Estas medidas de choque son as seguintes: unha política industrial para a Galiza do XXI; unha tarifa eléctrica galega; a xestión íntegra da I+D+i; o control do aforro galego por medio dunha banca pública que evite a fuga de 14.000 millóns de euros anuais; a transferencia da AP-9 e da AP-53; o levantamento dos vetos á produción no sector primario; a política de protección ambiental que impida a privatización das rías e levante a prórroga de Ence na Ría de Pontevedra; a reversión da precariedade laboral e da desprotección social a través da derrogación das reformas laborais PP e PSOE e o aumento do Salario Mínimo Interprofesional a 900 euros en tres anos; unha fiscalidade progresiva, cun imposto aos grandes patrimonio, coa rebaixa dos tipos de IVE e coa creación dun IVE do 35% para produtos de luxo, e un cupo galego que permita recadar e xestionar todos os ingresos por impostos. Potencialidades do país En declaracións aos medios, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, acompañada de Carlos Callón, nº1 do BNG-Nós Candidatura Galega pola Coruña; Olalla Rodil, nº1 por Lugo; Noa Presas, nº1 por Ourense, e Luís Bará, nº1 por Pontevedra, sinalou que as dez medidas de choque van encamiñadas a "sentar as bases dun novo modelo produtivo, partindo das potencialidades que ten Galiza". Pontón: "Os únicos que podemos ir a Madrid sen ataduras somos nós, que non temos que lle pedir permiso nin a Rajoy, nin a Rivera, nin a Pedro Sánchez nin tampouco a Pablo Iglesias" A portavoz nacional do BNG apelou a "aproveitar que non vai haber maiorías" e que a candidatura do BNG-Nós pode ser "decisiva" na conformación do próximo Goberno". "Os únicos que podemos ir a Madrid sen ataduras somos nós, que non temos que lle pedir permiso nin a Rajoy, nin a Rivera, nin a Pedro Sánchez nin tampouco a Pablo Iglesias", salientou. Ana Pontón reivindicou que o BNG-Nós ten "un proxecto alternativo e orixinal que acredita no potencial dos galegos e das galegas para saír adiante". |
NOS_54216 | Os e as traballadoras de T-Solar solicitan unha reunión con carácter de urxencia co conselleiro de Industria ante a liquidación "inminente" da factoría. Lamentan que o goberno galego, un dos principais acredores, non mova ficha. "Non están a facer nada". | O Goberno galego debe mediar con Isolux, outro dos acredores de T-Solar, e con SunFields, firma que "até o de agora" presentou a oferta "máis seria" por esta factoría ourensá. Esa é a demanda que traballadores de T-Solar fan á Xunta e que reflexan nun escrito presentado en San Caetano e no que piden unha xuntanza con carácter de urxencia do conselleiro de Industria, Francisco Conde. Un dos voceiros d@s operari@s criticou que desde a Xunta se "esté a intentar enganar á opinión pública" en troques de se implicar en buscar "a viabilidade" para T-Solar. Após os 129 días de peche nas instalacións, representantes do plantel preguntan por que o goberno galego non se está a reunir con compradores interesados nesta planta. En concreto con SunField, da que din que hai ruxeruxes de que podería manter o cadro de persoal existente en T-Solar, 170 persoas. |
NOS_10251 | Convocad@s pola Plataforma en defensa dos servizos públicos, milleiros de persoas andaron o camiño que vai desde a Alameda de Compostela até as portas da Xunta contra as políticas privatizadoras "que pasan o rodo para achandar o terreo aos intereses empresariais" | Os cartos dos banqueiros, para os soldos dos obreiros, A Xunta de Galiza recorta e privatiza, Non hai pan para tanto chourizo e, sobre todo, o chamamento á Folga xeral. Foron os avisos máis repetidos na manifestación que este sábado contra o mediodía mobilizou milleiros de persoas en Compostela en defensa dos servizos públicos e "contra as actuais políticas privatizadoras, que restan recursos aos servizos públicos en favor dos beneficios empresariais". Así di o manifesto asinado por, entre outras, as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-F, ao que deu lectura o actor Federico Pérez --'Era visto!' ou 'Padre Casares'-- ás portas da Xunta de Galiza en San Caetano. "Estes gobernos --en referencia aos liderados por Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo-- pretenden pasarnos o rodo a toda máquina para achandar o terreo aos intereses empresariais", continuo Pérez desde o palco, rodeado pol@s manifestantes que completaron o percorrido da protesta aturando un sol de xustiza. Contra a crise como argumentoAs faixas que peregrinaron até a Xunta pedían polos salarios do persoal da función pública; polos postos de traballo que Feijóo prometeu hai tres anos, en 2009, cando se deu a si propio 45 días de prazo para acabar co desemprego; pola saúde do dereito á sanidade; polo ensino, outro dereito ao que xa pouco lle queda de público e de gratuíto após esta lexislatura. E dicían que xa abonda de agresións aos nosos dereitos. "A crise está a ser utilizada desvergonzadamente como a escusa perfecta para substraer recursos dos servizos esenciais", nunha conxuntura social e económica que azouta cunhas cifras do paro que non atopan teito, coa pobreza e coa exclusión social. Aí está, a cova de Alí Babá!, berraban, sinalando cara os edificios administrativos do Goberno galego, @s manifestantes cando aqueles eran xa visíbeis desde o barrio dos Basquiños. Desde o seu particular púlpito, Federico Pérez atopou no manifesto palabras para o persoal da función pública, ao que os gobernos español e galego "recortan dereitos, destrúen emprego e socavan a confianza da cidadanía con campañas mediáticas destinadas a desacreditar a súa imaxe". En 15 anos, dixo, na función pública "furtáronnos" o 45% do salario. Após a rebaixa media do 5% no que cobraban, neste ano quedaron tamén sen a extra do mes de decembro e impúxose "unha penalización económica por enfermidade". Por tanto, insiste o documento en que "é hora de pasar da indignación á rebeldía e á loita unitaria". Para alén das centrais sindicais indicadas, na mobilización camiñaron con faixa propia o BNG, Esquerda Unida, a CGT, Sindicatos médicos, Anpe, Satse ou o Colectivo encontro benestar social, profesionais de Traballo social que impulsan desde Pontevedra a chamada 'marea laranxa' en defensa dos servicos públicos. Apoiado polo Colexio de educadores sociais, o 15 deste mes emprenderán unha viaxe que @s levará até a sede do Ministerio de sanidade, en Madrid, onde amosarán "indignación e rexeitamento" ás políticas e recortes orzamentarios que se están a levar en materia de Servizos sociais.O sexismo camiña canda o SUPMáis, sen dúbida, foi o SUP --Sindicato unificado da policía-- quen atrapou máis olladas de propi@s e estrañ@s na peregrinaxe até San Caetano. Mobilizáronse "en defensa da seguridade pública", segundo rezaba a súa faixa, e fixérono acompañad@s por un boneco e unha boneca. O primeiro representaba un policía uniformado ao que lle faltaban partes do corpo e do pescozo colgáballe un cartaz en que podía lerse 'Policía recortado, policía desmotivado'. A segunda vestía unicamente unha peza de lenzaría, nomeadamente un corpiño; estaba atada a un pau, simulando a barra dun cabaré, e do seu pescozo colgaba tamén un cartaz. Neste podía lerse 'Así acabó la niña de Rajoy'. |
PRAZA_12620 | O escultor ourensán denuncia coa arte a icona dunha época "asfixiante e castradora". | Ao xeito dos precursores, o escultor ourensán Xoán Torres Cidre utilizou a súa ferramenta para empezar a deconstruír a imaxe do xeneral Francisco Franco, que durante moitos anos se forxou no consciente e inconsciente colectivo. A figura do ditador, a pesar de ser contestado no ámbito privado, non sufriu críticas públicas até ben pasados os anos. Porén, Torres Cidre, quen non gusta de titularse como artista, nin referenciar a súa obra, tivo a necesidade de depurar unha imaxe construída polo peso do medo e da forza ao longo dos anos. Decidiu facelo coincidindo coa presidencia de Manuel Fraga na Xunta, segundo di, porque tamén se vivía un momento "de asfixia evidente". Torres Cidre recupera o título da película Raza para crear unha serie escultórica realista feita en porcelana na que se mesturan a cabeza de Francisco Franco co corpo dun can sentado. Deste xeito buscou a metamorfose como síntese entre a imaxe tomada da simboloxía oficial e outra procedente do universo da decoración kistch. A pesar de que o artesán asegurou a Praza que "ao ver a serie, hoxe colocada en distintos lugares do país, do que se trata é de que o espectador a encha de contido", hai autores como Manolo Figueiras, que atopan nesta creación "ecos das iconografías mesopotámicas e dos bestiarios medievais, ademais do rumor dunha caste de pánico estritamente contemporáneo". A serie escultórica xa repartida entre particulares respondía na hora do seu deseño a un conxunto de pezas múltiples, o que permitía xogar con distintos tipos de disposición espacial e variacións escénicas, multiplicando as sensacións perceptivas para dar pé a diversas respostas emocionais, dende a estrañeza ata a fascinación mórbida. Xunto a Raza, Torres Cidre, xogou en máis ocasións co busto do xeneral Franco. Na serie Pantanos, en referencia á obsesión do caudillo pola obra pública, deseñou e deu forma a uns porróns coa cara de Francisco Franco. Do mesmo xeito que creou unha serie de franquiños que colocou do pescozo de vacas do país ao xeito de chocallos. As referencias simbólicas ao españolismo más católico complétase coa serie Patróns. Neste caso son augabenditeiros coa figura do apóstolo Santiago nun caso e cun falo que substitúe na imaxinación de Torres Cidre á patroa española. Pese a intención confesada de non verse nos papeis, o escultor ourensán Xoán Torres Cidre, confesa que "a miña obra é para facela pública" e conclúe convidando ao espectador a completar a súa propia creación coas múltiples lecturas que parten da subxectividade. |
NOS_19638 | Ante as declaracións do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, de que "Galiza precisa dúas pasteiras", Nós Diario consulta con diversos expertos se é precisa outra planta de celulosa. Asociacións ecoloxistas e persoal docente universitario coinciden nos problemas que este feito podería desenvolver no territorio e apostan por un modelo industrial que complete o ciclo de produción da madeira para obter un maior beneficio económico, social e ecolóxico. Falan de "suicidio ecolóxico". | O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, declaraba hai dez días que o país "necesita dúas pasteiras e imos quedar sen ningunha", en relación á inminente resolución da Audiencia Nacional sobre a legalidade da ampliación da concesión a Ence até 2073. Sobre esta cuestión, o catedrático e doutor en Bioloxía Ramón Varela sinala, en declaracións a Nós Diario, que "o que precisa Galiza, máis que unha fábrica de celulosa, é unha fábrica de papel". "Unha industria baseada na transformación desta materia sería moito máis beneficiosa para o territorio que outra pasteira", indica Varela. No actual modelo de Ence, onde 85% da súa produción de celulosa é exportada a Europa –segundo sinala a empresa na súa páxina web–, non se obtén o beneficio que "si se obtería se se apostase por unha industria de fabricación de papel, de cartón e envases, entre outros, que, ademais, contaminan menos e crearían máis postos de traballo", apunta o catedrático. A moratoria provocou un incremento na plantación de eucalipto "Non precisamos dúas celulosas, o que precisamos é que se traslade Ence desde Pontevedra a outro lugar que non contamine, facer unha industria moderna, que contamine menos que as vellas como esta e, ao mesmo tempo, implantar na Galiza o ciclo completo do tratamento da madeira", sentencia Varela. Igualmente opina a secreatria executiva da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), Belén Rodríguez, quen engade que "estamos a ser testemuñas de que unha planta como a de Ence deixa un impacto ecolóxico que non é asumíbel e que non compensa o impacto socio-económico que poida crear". Ante as declaracións de Feixoo, Rodríguez sostén que "non é lícito que xustifique isto se o relaciona cunha sobreoferta da materia prima, neste caso o eucalipto, xa que foi a Administración pública quen deixou que esta especie proliferase descontroladamente seguindo os intereses da propia industria". "Máis que polo interese da sociedade galega, parece que está a manifestarse en nome da propia industria, xa que non se xustifica nunha necesidade social, non se ten en conta o impacto ecolóxico nin sobre a propia sociedade", comenta Rodríguez a este xornal. Moratoria "de escaparate" Para a asociación resulta "sorprendente" que "agora a Xunta se decatase de que é precisa unha moratoria para as novas plantacións de eucalipto, xa que están a recoñecer implicitamente que existe unha sobreabundancia de esta especie no noso territorio". Adega leva "máis dunha década reclamando esta moratoria nas plantacións, mais este anuncio parécenos unha ficción, xa que non se fundamenta nunha norma; non ten un réxime sancionador de aplicación, nin se estabelecen as condicións nas que se vai desenvolver nin o prazo nin o reforzo de recursos económicos e humanos para garantir que se cumpra", apunta Rodríguez. Con esta "moratoria de escaparate, o que está a conseguir a Xunta é un efecto rebote, xa que as e os propietarios forestais, que teñen medo a que se comece a aplicar esta moratoria, están apurando a maquinaria para repoboar con eucalipto ou para o plantar na máxima superficie que se poida, incluso se están a producir plantacións ilegais, que van en contra da Lei de montes e da Lei de prevención de incendios". Mais custo social que beneficio A expansión do eucalipto supón unha ocupación de preto de 600.000 hectáreas no territorio galego, indica Adega. Un espazo que podería chegar a aumentar se se chegase a producir unha segunda pasteira. Este "incentivo para aumentar os monocultivos forestais viría da man dun despoboamento rural e dun maior custo en prevención de incendios", asevera en conversa telefónica con Nós Diario o profesor en Economía da Universidade de Santiago de Compostela Gonzalo Rodríguez. O prezo da madeira en primeira venda "son 140 millóns de euros, o Plan antiincendios ten unha partida inicial de 100 millóns de euros, que é ampliábel automaticamente, o que implica que ao final do ano non sabemos exactamente canto se gastou porque tamén ten que cubrir os custos que implica a reparación dos danos dos lumes e todo isto vai aos petos de todas e todos os galegos", indica Rodríguez. Galiza ten ocupadas preto de 600.000 hectáreas de eucalipto Para o profesor, esta idea de necesidade dunha segunda pasteira suporía "un suicidio ecolóxico que reforzaría o ciclo de monocultivo, despoboación e incendio". Por iso, Rodríguez asegura que as declaracións do presidente "semellan ser máis unha estratexia de defensa do modelo existente de Ence que de pensar que realmente se poida levar a cabo unha segunda pasteira no territorio". A necesidade de Ence, en dúbida Pola súa banda, o portavoz da Asociación para a Defensa da Ría de Pontevedra, o biólogo Antón Masa, pon en dúbida non só a necesidade dunha segunda planta de celulosa senón a actual, instalada en Lourizán (Pontevedra). "Moitas veces xustifícase que haxa unha celulosa porque existen moitos eucaliptos, cando na realidade é ao revés, no país hai moitos exemplares desta especie porque se montou unha pasteira", indica Masa. Masa defende "recapacitar sobre o tipo de monte galego que se quere ter". En referencia ao novo Plan forestal aprobado en solitario polo Partido Popular, asegura que "está elaborado por Ence, xa que de modo directo ou indirecto é esta empresa a que manda na Xunta". "Por suposto deseña un plan que lle beneficia, porque coa maior plantación de eucalipto pode ter unha maior oferta, polo que lle sairá máis barato compralo", di. Masa destaca que desde xaneiro de 2019 "véñense dando moitos episodios de cheiros e ruídos puntuais ao longo do día, máis acusados que nos anos anteriores, derivados do mal funcionamento da caldeira da planta, un feito que confirmou o presidente de Ence, Ignacio Colmenares, no vídeo publicado polos medios", conclúe, en alusión á peza audiovisual en que o presidente de Ence advirte dun inminente accidente na ría. Contaminación do ecosistema da zona Ao respecto do impacto ambiental que podería deixar outra pasteira baseada no modelo de Ence, preguntamos ao presidente da Asociación en Defensa pola Ría de Pontevedra, Antón Masa, como é situación actual da contaminación que produce a empresa en Lourizán (Pontevedra). "Ence contamina a ría cos enormes vertidos de materia orgánica e bacterias coliformes que saen de forma continuada polo emisario submarino que comparte coa EDAR dos Praceres, con parámetros que non cumpren coa lexislación de augas residuais urbanas e sen que a Xunta diga nada", comenta Masa en declaracións a Nós Diario. Estes dous factores "poñen en perigo o ecosistema da zona, xa que a materia orgánica, para descomporse, precisa un osíxeno que diminúe as posibilidades de vida de peixes, algas, marisco... este último tamén afectado polas bacterias coliformes, que nunca deberían saír da fábrica", explica Masa. Ademais, o medio ambiente tamén se ve contaminado pola "emisión de gases de efecto invernadoiro que expulsa Ence". Segundo a memoria presentada pola empresa para a revisión da súa Autorización Ambiental Integrada (AAI), onde se recollen as emisións totais da fábrica e as cantidades asignadas para ese período, "até 2012 emitiron menos toneladas de CO2 das que tiñan asigndas (93.968 emitidas fronte a 129.925 asignadas) pero desde 2013 en adiante as súas emisións están por riba das permitidas (102.569 toneladas de CO2 emitidas, fronte a 43.056 asgindas no ano 2016), polo que terían que ter mercado dereitos de emisión a alguén", asevera Masa. Ademais de carbono "tamén emiten outros contaminantes como os derivados de xofre que son compostos que teñen unha grande incidencia na saúde das persoas". |
NOS_42724 | Desde a primeira liña da atención sanitaria na crise da COVID-19, o anestesiólogo Alexo López Álvarez, membro da directiva da Asociación Galega de Anestesioloxía, Reanimación e Dor, Agaryd, reivindica o papel da profesión nesta emerxencia e chama a defender unha sanidade pública de calidade e á altura das necesidades. | En primeiro lugar, cal é o papel da anestesioloxía na atención sanitaria?O noso campo de traballo habitual ten tres ámbitos: a anestesia en sentido estrito, que é o coidado de pacientes en período intraoperatorio, as unidades de dor e, en terceiro lugar, a reanimación, que son unidades de coidados intensivos dedicados a pacientes críticos cirúrxicos, o que inclúe transplantes, persoas con peritonites, patoloxías do corazón… En moitos hospitais, dependendo do desenvolvemento de cada servizo, a anestesioloxía leva tamén pacientes críticos médicos. En hospitais comarcais como o de Burela, por exemplo, a anestesioloxía ocúpase de todos os críticos. En resumo, somos responsábeis de unidades de coidados intensivos. Ás veces hai confusión, porque hai diversas nomenclaturas para referirse a elas: unidades de reanimación, UCI de anestesia, unidades de críticos… Mais, no fondo, son todas unidades de coidados intensivos. É importante sinalar isto porque ás veces parece que só existe un tipo de UCI. Nesta emerxencia sanitaria, que casos atende esta área?Pacientes en quirófano intraoperatorio, como sempre facemos, con COVID-19 ou sospeitas dela. Tamén atendemos moitos pacientes críticos en todos os hospitais galegos, sobre todo nas UCI de anestesia ou nas unidades de reanimación e en quirófano. O presidente da Xunta ten sinalado que para aumentar o número de camas UCI transformáronse prazas de reanimación. O termo transformar non parece moi adecuado, porque xa son camas UCI a todos os efectos. Hai un real decreto de 2015 que di de forma explícita que, á parte dos servizos de coidados intensivos, hai outras unidades que teñen consideración oficial de coidados intensivos, como son as UCI pediátricas, as unidades de queimados e as de reanimación, como as nosas, que son de críticos cirúrxicos. Estas cama xa eran consideradas unidades de coidados intensivos antes desta crise. Non sabemos como fai as contas a Administración, pero ás veces informa de forma confusa. En que situación está Galiza en canto a número de camas?Aínda que non existe rexistro oficial, facendo unha conta aproximada, a metade das camas de coidados intensivos lévanas servizos de UCI médica e a outra metade, unhas 150, de anestesia. Falamos das camas dotadas para usos de coidados intensivos en calquera momento. Despois existe unha serie de camas, como as das unidades de recuperación postanestésica ou as de cirurxía ambulatoria, que teñen unha menor dotación pero que poderían ser reconvertidas. Aquí si parece adecuado empregar este termo. Son postos que contan con tomas de osíxeno e monitores. O que lles falta, na maioría dos casos, son respiradores, que é o que escaseou nesta crise. Estas camas poderían potencialmente converterse en UCI se se dotan de certo material. Con elas pensamos que se poderían dobrar ou triplicar as existentes. De que números falamos?En xeral, entre UCI médica e cirúrxica calculamos unhas 300 camas. Coas de recuperación postanestésica e as de cirurxía ambulatoria poderiamos chegar á cifra que se está a demandar para pasar de fase. Ademais, existen outros servizos nos hospitais que, ás veces, levan ao seu cargo unidades de coidados intensivo. Chegado o caso, poderíase contar con elas. A sanidade galega foi quen de resistir esta emerxencia?Parece evidente que aguantou, o que non quere dicir que non haxa que demandar un maior apoio á sanidade pública. Se por algo aguantamos, xa non só na Galiza, senón a nivel España, foi grazas a uns servizos públicos minimamente dotados, malia que nalgunhas zonas repercutiron os anos de recortes. Na Galiza, sumando que as estruturas até agora foron suficientes e que a incidencia foi claramente menor que noutros sitios, os recursos deron para coidar das persoas doentes e non houbo que negar tratamento a ninguén. Que lectura saca desta crise?No que ten a ver con camas UCI, penso que se queremos usar de forma eficiente os recursos é necesario facer un reconto adecuado deles, porque ás veces, parece que de forma interesada se di que só hai unhas camas cando son máis. A xente pode entender facilmente que as camas UCI son un recurso moi caro que non se consegue triplicar dun día para outro. A conclusión clara é que esas camas xa existían previamente, só que se contaban de maneira distinta. Unha aposta pola Atención Primaria e a medicina preventiva "Para o futuro sería oportuno potenciar áreas sanitarias que non son exclusivamente hospitalarias", sinala Alexo López cando se lle pregunta polas aprendizaxes que deixa no sistema sanitario esta emerxencia do coronavirus. "Aínda que se fala moito das UCI, estas son o servizo final onde acaba unha porcentaxe de pacientes. Pero hai moitos máis que precisan atención e que non van alí, senón ás consultas de Atención Primaria e aos servizos de Urxencias", apunta, para salientar o papel que teñen, "non só nesta crise, senon sempre". "Na sanidade pública, ás veces hai tendencia a facer especial énfase na medicina máis tecnolóxica, a hospitalaria, pero seguramente a medicina que máis vidas pode salvar e que maior calidade de vida pode achegar á poboación será a Atención Primaria e a medicina preventiva", pon de relevo o especialista. |
NOS_14942 | Entidades e colectivos valoran a posibilidade dun cambio de modelo no aproveitamento do monte no Courel. | Varias Comunidades de Montes do Courel e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) colaborarán e coordinarán futuras accións de voluntariado co obxectivo de recuperar as zonas afectadas polos lumes e previr que volvan suceder. A idea xurdiu tras unha xuntanza entre as organizacións veciñais de Froxán, Vilamor e Parada dos Montes con membros da FEG para analizar a situación actual e as necesidades que teñen para recobrar o territorio castigado polos incendios. O Courel afronta as facturas que a Xunta prometera asumir Un dos participantes no encontro, Iñaki Varela, de Verdegaia, explica a Nós Diario que a prioridade agora a medio prazo, transmitida polas comunidades, era "crear unha pequena coordinación para tentar que o voluntariado que xurdiu de maneira espontánea estivera distribuído por parroquias e aldeas". Trátase de persoas que cando tiveron lugar os incendios crearon un grupo de Telegram para organizarse e que non forman parte na actualidade de ningún colectivo ecoloxista. Até agora o traballo realizado polas comunidades consistiu en botar palla, limpar camiños e evitar que se consolidaran zonas de perto das aldeas que facilitasen o asolagamento. "Ademais, distribuíronse comedeiros para a fauna salvaxe para fixala e abriron foxos", indica Varela. Desde as comunidades pensan que é fundamental aproveitar esta comunicación por redes sociais e manter unha vía de contacto en caso de necesidade. Cambio de modelo Entidades ecoloxistas e comunidades tamén puxeron enriba da mesa a posibilidade dun cambio de modelo no aproveitamento do monte. "No Courel non hai moito eucalipto mais si piñeiro, que coincide en xeral coas zonas máis afectadas. O lume foi tan forte que afectou as zonas de souto mais freou o lume", indica Iñaki Varela. Neste tema hai comunidades de montes que están por esa liña e outras menos. "É un proceso de ver que os piñeiros dan algo de cartos e fixan poboación mais con este tipo de sucesos acontece todo o contrario", sinala Varela. A Xunta nega que as choivas estean arrastrando cinza no Courel pese ás imaxes compartidas Desde ambos os colectivos, finalmente, lembran que a medio prazo, cando chegue a primavera o ano vindeiro, haberá necesidade de voluntariado pola saída de piñeiros e a necesidade de quitalos. "Falouse mesmo de que se organizarían campamentos cos que colaborariamos", indica este ecoloxista. "As nosas entidades contan con seguros que poderían cubrir esas actividades", engade. |
NOS_38754 | "Rueda chegou á presidencia de maneira accidental e nestes 100 primeiros días está a demostrar que é un presidente insubstancial e incapaz", afirma Ana Pontón. | Persoas vulnerábeis Sectores económicos estratéxicos Servizos públicos esenciais Transporte e mobilidade Investimentos Emerxencia social A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, vén de presentar o plan de resposta á "maior crise de prezos en 40 anos" que defende a súa formación e que mobiliza 1.000 millóns de euros, a fin de suplir a "pasividade" dunha Xunta á que recrimina estar de "brazos cruzados". En rolda de prensa ao termo dunha reunión da Executiva nacional, Pontón advertiu da "difícil situación" para familias, autónomos e pequenas e medianas empresas, ante o que criticou que o presidente galego, Alfonso Rueda, "nin está nin se lle espera". De feito, reprochoulle estar "moi preocupado pola súa imaxe persoal" e dar "moitos paseos en moto" mais sen ofrecer "solución ningunha". Fronte a isto, subliñou que "claro que se poden tomar medidas" e expuxo as chaves dun plan para lograr "unha saída xusta" a esta crise. É un documento que o Bloque xa rexistrou no Parlamento e que debaterá tamén con actores económicos e sociais para tratar de melloralo. Coa idea de mobilizar 1.000 millóns de euros, nútrese de "medidas de choque, no curto prazo, destinadas ás rendas que peor o están a pasar" e tamén de "medidas de mudanzas estruturais" para "pór en marcha transformacións" e "aproveitar o potencial" do país. Persoas vulnerábeis O primeiro eixo, dotado dun fondo de 110 millóns de euros, consiste nun plan de rescate para persoas vulnerábeis e prevé, entre outras actuacións, un incremento en 100 euros do complemento galego para as pensións non contributivas e aumentar a renda de integración social (Risga) e as axudas para combater a pobreza enerxética. Tamén prevé este eixo afrontar gastos básicos relativos á vivenda e busca o mantemento da tarxeta básica, unha medida que o BNG cre "que hai que recuperar". Sectores económicos estratéxicos En segundo lugar, os nacionalistas propoñen 175 millóns de euros para apoiar sectores estratéxicos como o mar, o rural e a hostalaría con, por exemplo, "axudas directas que permitan paliar o impacto da suba de prezos" no sector primario. Tamén avoga, neste ámbito, por favorecer as compras centralizadas de insumos. Servizos públicos esenciais En terceiro termo, para o "reforzo" dos servizos públicos esenciais —sanidade, educación e coidados—, propoñen 325 millóns de euros, deles 200 para atención primaria, que "significarían que se empezaría a investir o mesmo que a media estatal" neste último apartado. "Implicarían" tamén "a contratación de 1.000 profesores máis" e a gratuidade de libros de texto e material escolar neste inicio de curso. "Sabemos que setembro é un mes moi duro e sería unha medida de xustiza social nun momento de moitas dificultades", subliñou Pontón. Transporte e mobilidade Un cuarto eixo dos deseñados polo Bloque mobilizaría 40 millóns para mobilidade: a gratuidade das autovías da Xunta, a bonificación do transporte público, unha tarifa plana para usuarios habituais e a gratuidade do autobús para estudantes, parados e persoas con ingresos de menos de 20.000 euros son algunhas das medidas que recolle. Investimentos O quinto consiste nun fondo extraordinario de investimentos e consta de 300 millóns para actuacións en enerxía, ámbito hidráulico e apoio ao acceso á vivenda. Emerxencia social En sexto lugar, o plan aposta en destinar 50 millóns para o apoio aos concellos e ao incremento de gastos básicos e en axudas de emerxencia social. Pontón ve "unha Galiza máis empobrecida" Cando comeza un novo curso político, Pontón resalta que dous aspectos "preocupan dunha forma moi especial" aos nacionalistas: a crise de prezos e a situación da sanidade pública, "que o PP está a deixar no chasis". "Os recortes do PP están a pór en risco a saúde dos galegos e esta é unha irresponsabilidade que non podemos consentir", alertou. Desde o punto de vista económico, chamou a atención sobre que "hoxe os galegos son 11,5% máis pobres que hai un ano", pola inflación, e engadiu que na comparativa coa media estatal a Galiza sae "máis empobrecida" xa que rexistra "peores datos". É unha conxuntura "difícil", concluíu, porque "as políticas do PP están a causar unha desfeita social e económica". "O Goberno do PP non está a dar ningunha resposta" e "deixa unha Galiza en peor situación que a que atopou", abundou, antes de censurar que "o señor Rueda chegou á presidencia de maneira accidental e nestes 100 primeiros días está a demostrar que é un presidente insubstancial e incapaz". Por último, Pontón lamentou que a Xunta sexa "refén da estratexia estatal do PP", segundo a cal, "canto peor para os galegos, mellor irán aos intereses electorais do señor Feixoo". "É urxente un cambio de rumbo e que a Xunta se poña a traballar xa", precisou. Ante isto, incidiu en que o plan que propón o Bloque "ten que ter unha plasmación nos orzamentos de 2023" e en que se está "a tempo de evitar o que pasou en 2021", cando a Xunta, dixo, "deixou de executar máis de 1.000 millóns de euros". |
PRAZA_4165 | O lóxico sería que o Estado español, en coordinación coa UE, establecera unhas recomendacións xerais de mínimos e actuase de central de dados e información, mentres as Administracións autonómicas, en estreita cooperación cos concellos, decidisen e executasen no territorio o desconfinamento. | O erro do Goberno do Estado no confinamento foi confundir a necesaria coordinación e codecisión propias dos Estados plurais, como Alemaña ou-teóricamente- o Estado español co desaquelado e ineficiente Mando Único. E no desconfinamento o erro é semellante: o lóxico sería que o Estado español, en coordinación coa UE, establecera unhas recomendacións xerais de mínimos e actuase de central de dados e información, mentres as Administracións autonómicas, en estreita cooperación cos concellos, decidisen e executasen no territorio o desconfinamento.Non só evitaríamos deste xeito absurdos como que os de Padrón non poidan atravesar a Pontecesures e si poidan viaxar a Ferrol ou impor franxas horarias para o exercicio físico no concello de Cerceda -5.001 habitantes-, malia o seu espallamento poboacional. Tamén planificaríase a volta a certa actividade económica en diálogo cos axentes sociais e económicos territoriais, evitando que os grandes de Madrid dos sectores turístico-hostaleiro ou da distribución comercial falen por todas.No ámbito das decisións xurídicas, cómpre lembrar que Galicia conta, dende 2007, cunha Lei de emerxencias (aprobada polo BNG e PSdeG co voto en contra do PP de Feijóo) que achega dous dos tres instrumentos que fornece a declaración do estado de alarma: requisas temporais de bens e empresas (coa obriga recíproca da Xunta de indemnizar os danos e perdas) e prestacións persoais. Canto á terceira achega do estado de alerta (a restrición de mobilidade), a lexislación sanitaria estatal e autonómica permítelle ao SERGAS decidir medidas de tratamento, hospitalización e mesmo control e monitorizamento das persoas doentes e outras que estiveran en contacto con elas. É dicir, o estado de "alarma" estatal xustificaríase só pola necesariedade dunha restrición universal da mobilidade.Logo hai dúas decisións posíbeis: i) voltarmos á normalidade xurídica, repoñendo as Autoridades autonómicas en todas as súas funcións decisorias e substituíndo as restricións obrigatorias universais de mobilidade por recomendacións continuamente difundidas, na confianza de que a cidadanía asumiu en liñas xerais as normas de hixiene, prevención e distancias interpersoais ou ii) prorrogar limitadamente (entre 15 días e un mes) o estado de alerta, conferindo a cualidade de Autoridades Delegadas do Goberno do Estado aos Presidentes autonómicos para dirixir o desconfinamento asimétrico. Nada máis lóxico nun Estado onde a sanidade, a educación, o comercio interior e o turismo son competencias autonómicas.Ao Estado haberíalle cumprir, nesta fase, a súa función natural nun Estado plural: coordinar políticas coa UE, garantir o financiamento das políticas públicas e asesorar coa mellor información e recomendacións (como fai o Goberno federal alemán) aos Gobernos autonómicos. |
PRAZA_11549 | Luz Castro, profesora de creación dixital na UDC e socia co-fundadora de imaxin|software, participou no seminario Cibersexismo. Violencia e videoxogos. O pasado ano foi tamén unha das fundadoras de videoxogos.gal (Asociación de empresas de contidos dixitais, animación e videoxogos) | A pasada semana celebrouse en Compostela o seminario CO(M)XÉNERO 3. Cibersexismo. Violencia e videoxogos, organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, co obxectivo de analizar o papel da muller neste campo. Entre as participantes estaba Luz Castro, profesora da Universidade da Coruña especializada en creación dixital, deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos. É, ademais, socia e co-fundadora de imaxin|software e foi igualmente unha das fundadoras de videoxogo.gal (Asociación de empresas de contidos dixitais, animación e videoxogos) o pasado ano. Así mesmo, foi promotora da LaconNetwork, vicepresidenta de Eganet (2008-2010) e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística (2002-2004)."As mulleres son ao redor da metade dos xogadores, un 47%. Posiblemente mulleres e homes xogamos a xogos distintos, pero é que tampouco todos os homes xogan ao mesmo tipo de xogos"Integrante de AMIT-gal (Asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas de Galicia) e Premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) en 2012, no Seminario, Castro dirixiu un obradoiro sobre a creación de personaxes nos videoxogos dende unha perspectiva inclusiva. Falamos con ela Hai un estereotipo, instalado entre moitos xogadores, pero aparentemente tamén entre algunhas empresas, segundo o que os videoxogos 'son cousa de homes', e as mulleres xogan menos que os homes? Vaise desterrando pouco a pouco?Desterrar paréceme moito. Digamos que esa idea se vai limando pouco a pouco, porque é certo que ese estereotipo aínda pervive. Os videoxogos contan con moitos estigmas e un deles é que os xogadores son só rapaces novos. Moita xente ten na cabeza unha determinada imaxe do 'xogador típico' como un rapaz pechado no seu cuarto, a escuras, cun xogo violento. E para nada é asíA realidade é que as mulleres son ao redor da metade dos xogadores, ao redor do 47%. Si que é certo que, posiblemente, mulleres e homes xogamos a xogos distintos, pero é que tampouco todos os homes xogan ao mesmo tipo de xogos. Contamos con moitos estereotipos que temos que derrubar aínda, pero si están cambiando as cousas nos últimos anos."O problema non é só que non haxa mulleres, é que o protagonista estereotipado é un home branco heterosexual e occidental. Necesitamos máis diversidade en todos os aspectos"Pregúntoche o mesmo sobre os protagonistas dos videoxogos. No Seminario dirixiches un obradoiro sobre a creación de personaxes dende unha perspectiva inclusiva. Hai máis diversidade agora que hai uns anos?A situación mellorou nos últimos anos, por suposto. Ao comezo, nos anos 80 e 90 practicamente non había personaxes femininos nos videoxogos e as mulleres que aparecían eran máis obxecto que suxeito. Eran mulleres que eran raptadas, ou que lles pasaba algo ou tiñan algún problema do que elas non podían saír soas, e tiñan que ser rescatadas por un home, que era o heroe, o protagonista do videoxogo. Iso xa non é tan así: agora atopamos personaxes femininos nos videoxogos, algúns moi interesantes, pero a situación non está aínda igualada, nin moito menos. E despois tamén depende de que tipo de videoxogos busquemos. Porque nos xogos AAA, que son os que teñen máis difusión e máis investimento, a porcentaxe de protagonistas femininas é máis baixa. Atopamos máis protagonistas femininas nos xogos indie, realizados por estudios pequenos, máis diversos. O problema non é só que non haxa mulleres, é que o protagonista estereotipado é un home branco heterosexual e occidental. Necesitamos máis diversidade en todos os aspectos.Falabas antes dos estigmas dos videoxogos e un deles é o da violencia. Hai máis violencia nos videoxogos que no cine, por exemplo?Si, sufrimos o estigma de que os videoxogos son violentos, e non é así, nin está demostrado que induzan á violencia, nin nada parecido. A min gústame comparar os videoxogos co que pasa no cinema, porque pode haber similitudes. Os videoxogos son cultura, e quero recalcar isto, porque é algo que aínda temos que reivindicar, porque non todo o mundo o ten claro. Hai xogos que teñen grandes orzamentos, como pode pasar coas películas de superheroes, que son as máis difundidas polos medios. Pero iso non quere dicir que haxa xogos e películas doutros estilos, que contan outras historias."Os xogos son unha forma de cultura e entretemento moi variada e que nos pode facer mellores persoas"Os xogos son unha forma de cultura e entretemento moi variada e que nos pode facer mellores persoas. Hai determinados tipos de xogos, e non falo só dos estritamente educativos -os que xa foron deseñados para a súa utilización nas aulas- que conseguen facernos reflexionar sobre determinados temas.Falamos, ademais, dunha industria que move millóns de euros, e moitas veces non é valorada socialmente coa importancia que merece... A industria do videoxogo factura máis que a industria do cine e da música xuntos. Cando a xente ve estas cifras moitas veces sorpréndese, e estaría ben que se tivesen en conta para que se decidisen a darlle o seu apoio a esta industria, que é cada vez máis importante.Como é a situación do sector en Galicia?A industria en Galicia está nun momento efervescente. Temos a Gato Salvaje como empresa tractora, pero hai un gran número de estudios pequenos que están facendo cousas moi interesantes. Estamos creando unha base, un caldo de cultivo que pode servir para formar un sector e que de aí poida xurdir unha industria galega de peso."Estamos creando unha base, un caldo de cultivo que pode servir para formar un sector e que de aí poida xurdir unha industria galega de peso"Contamos xa con formación especializada, porque o ano pasado comezou un mestrado de videoxogos no Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. E este ano comezou un grao en Creación Dixital e Animación e Videoxogos, tamén na UDC. Ademais, temos na Universidade de Vigo un curso de especialización en Tradución para a Industria do Videoxogo. Temos asociacións de estudantes, asociacións de desenvolvedores... Hai moitas cousas que están xurdindo, estamos todos tirando para adiante, facendo o mesmo camiño. Estamos nun moi bo momento para crear esa industria en Galicia.E como é o desenvolvemento de videoxogo.gal, a asociación de empresas que puxestes en marcha o pasado ano?Imos a modo, pero estamos facendo cousas. Están entrando novos socios e estamos facendo un labor de divulgación sobre os videoxogos e as súas posibilidades. Por exemplo, damos charlas para asociacións de pais e nais sobre a importancia de revisar o código PEGI, que é o que indica a idade axeitada para cada xogo e para comentarlles os distintos tipos de xogos que hai para cada persoa. Ademais, por primeira vez imos participar no Culturgal e vai ser a vez primeira que haxa unha sección de videoxogos dentro da feira. "Estamos traballando na creación dunha aceleradora de empresas de videoxogos na Coruña"Temos así mesmo unha revista de videoxogos en galego (Morcego), temos tamén un Museo do Videoxogo en Cangas. E, sobre todo, temos un proxecto estrela, que esperamos poder presentar dentro de pouco: estamos traballando na creación dunha aceleradora de empresas de videoxogos na Coruña. Este sería o paso que falta. Que buscades con esa aceleradora de empresas?Agora temos por fin a formación, pero necesitamos que cando a xente que se está formando saia ao mundo laboral e queira montar un estudio de videoxogos poida contar cun espazo no que reciba asesoramento legal e doutro tipo e colaboración para buscar financiamento e promocionarse. |
NOS_18979 | Defenden a continuidade da parlamentar, mais argumentan que no caso de a submeter á consideración das bases o procedimento que reúne "máis garantías" é o proceso revogatorio e non a consulta telemática que propón Villares. | O proceso revogatorio -un procedimento para unha parlamentar ser afastada do seu cargo- sería o indicado no caso de se querer submeter a debate das bases da confluencia a continuidade ou o abandono de Paula Quinteiro, a parlamentar de En Marea (Podemos, corrente Anticapitalista) que se viu envolvida nun incidente nocturno coa policía local de Compostela. Así o manifestaron a Sermos Galiza fontes do sector crítico con Luís Villares. "Nós defendemos que este asunto está fechado desde que Paula deu explicacións, pediu desculpas e condenou con clareza os actos vandálicos, mais no caso de que se quixese pulsar a opinión das persoas inscritas o procedimento que reúne mellores condicións, o máis garantista, non é a consulta, senón o proceso revogatorio", dixeron as mesmas fontes a este diario dixital. O procedimento do proceso revogatorio ficou estabelecido nos Documentos Base da confluencia aprobados na súa asemblea de xullo de 2017. En concreto, aparece regulado no epígrafe Forma de Goberno, no apartado Estrutura e Organización do Grupo Parlamentar. Está previsto para a eventualidade de se apreciar "un incumprimento grave e reiterado do Código Ético" e prevé a retirada do apoio "da organización" a "calquera membro do Grupo Parlamentar" se este ou esta incorrer "nun afastamento manifesto das liñas políticas" da confluencia. A posta en marcha do procedimento de revogación é unha decisión que lle corresponde en exclusiva ao plenario, e non ao Consello da Marea (que si, en troca, pode convocar unha consulta telemática, a opción na que aposta Luís Villares). A convocatoria do plenario para a revogación dun cargo eleito exixe un quórum enormemente cualificado: no mínimo o 25 por cento do censo das persoas inscritas (neste momento En Marea tería por volta de 2.400). Unha vez que se realice esa petición, o plenario -máximo órgao do partido instrumental, equivalente a unha asemblea nacional ou a un congreso- resolvería o procedimento. Mais tamén aí se exixen maiorías de envergadura: "Esa decisión [de retirada do respaldo da organización á parlamentar] deberá ser adoptada polo Plenario cun apoio de, cando menos, 60 por cento dos que emitan voto, sempre que emita voto un mínimo de 50 por cento das pesroas inscritas no momento no que se inicie o proceso". Isto último significa que para a resolución do plenario cumprir coas previsións estatutarias na asemblea de En Marea se terían de reunir (e terían de votar) no mínimo 1.200 persoas, cando na última cimeira da organización apenas se deron cita 250 persoas, ao ter sido abertamente boicotada polos sectores críticos. O procedimento revogatorio contempla a elaboración dun informe por parte da Comisión de Garantías e a audiencia perante ela da "persoa afectada". O órgao xudicial interno da confluencia decidiría sobre a pertinencia da práctica das dilixencias solicitadas pola parlamentar obxecto do proceso. No caso de o plenario resolver a prol da revogación, a "persoa afectada" será requirida "para que deixe o seu posto". De non o facer, deberá "necesariamente" abandonar o grupo parlamentar. Máis garantista Para o sector da organización crítico con Villares (EU, Podemos, a Anova oficial e as marés da Coruña, Compostela e Ferrol), este procedimento é máis garantista dos dereitos de Paula Quinteiro do que a consulta telemática á que apela Luís Villares. Neste proceso Villares tería moita menos marxe de manobra, ao recaír todas as competencias no plenario e non no Consello da Marea -órgao en que o portavoz da confluencia si dispón da maioría e que si, en troca, ten a faculdade de convocar referendos internos. Web de En Marea Na web da confluencia non se acha a totalidade dos Documentos Base aprobados no plenario de Vigo de xullo de 2017. Si aparece o procedimento para a realización das consultas -dentro do epígrafe Organización Interna-, mais non así o do proceso revogatorio -incluído no rótulo xenérico de Forma de Goberno. Fontes da organización non souberon explicar a Sermos por que a web non disponibiliza todos os documentos aprobados no plenario de xullo de 2017. Incumpre Paula Quinteiro o Código Ético? O proceso de revogación está previsto para casos de "incumprimento grave e reiterado" do código ético. Este conxunto de normas que regularían o comportamento das representantes institucionais da confluencia ten un apartado (o 3.4.) intitulado Renuncia a privilexios, agasallos e tratos de favor. Nel -alén de se falar de privilexios en forma de presentes ou retribucións e prestacións complementares- estabelécese que os cargos do partido instrumental renunciarán ao "aforamento ou calquera outro privilexio procesal". Non sería neste momento de aplicación a Quinteiro, pois as pesquisas policiais non teñen resultado até o de agora en ningunha imputación contra ela. Nengún dos outros aspectos contemplados no Código Ético de En Marea -o compendio de normas vai desde a evitación das 'portas xiratorias' até a redención de contas e a transparencia sobre a situación económica e financiera das representantes da confluencia- terían nada a ver coas circunstancias en que se viu envolvida Paula Quinteiro na noite compostelá do 17 ao 18 de marzo. |
QUEPASA_75 | O pleno aprobou os festivos locais para 2021 | O Concello de Malpica aprobou no pasado pleno ordinario do 29 xullo un suplemento de crédito de 71.784,82 euros co que financiar a mellora da rede de infraestruturas municipal. Deste xeito, o goberno local destinará parte do remanente de tesourería do ano 2020 para sufragar catro proxectos incluídos no POS+2021 da Deputación da Coruña. En concreto, neste suplemento inclúense 20.000 euros para a mellora do camiño da Besugueira na parroquia de Barizo; 30.000 euros para a renovación da capa de rodamento nun camiño na Raxeira e outro entre Cambre e Pedrosa; 11.784,82 euros destinados ó arranxo da estrada entre Campelo e Barizo; e outros 10.000 euros para renovar o parque infantil de Buño. Aprobación de festivos locais Nesa mesma sesión plenaria tamén se aprobou a proposta de días de festa locais para o ano 2022. Neste caso, a veciñanza de Malpica contará co 7 de xaneiro (San Xulián) e o 26 de agosto (Festa do Mar) como festivos. |
NOS_6373 | O próximo 29 de abril celébrase en Bande (Ourense) a xornada "A Vía Nova, un camiño de Europa", que organiza a eurodeputada galega Lidia Senra, para dar a coñecer a situación a lamentable situación a Vía Nova, a autoestrada romana mellor conservada da Península que está sumida no esquecemento por parte da Xunta. Falamos co arqueólogo Davide Pérez da Asociación Arnau, comprometida coa recuperación deste itinerario. | - A Vía Nova non é un itinerario moi coñecido socialmente. Para as profanas na materia, que é a Vía Nova e por que debe ser valorada e conservada?- É verdade que a nivel profesional si que o é, porque é un dos tramos de vía romana mellor conservados da Península, pero a nivel divulgativo non, porque non se traballou o suficiente sobre ela. Pero si que debe ser valorada, por todo o legado que conserva inherente a ela: as pontes (a do Bibei, a de Cigarrosa, Ponte Pedriña, Ponte de San Miguel) de gran beleza; e a infraestrutura que levaba asociada, os miliarios, o campamento romano de Aquis Querquennis, que se fixo para construír a vía e controlala; as mansións [paradas de postas e hospedaxe] que se dispuñan cada 20 ou 30 millas como hoxe os albergues para que descasaran os que viaxaran por ela. Todo ese legado é moi importante. E ten unha grande riqueza paisaxística. Atravesa dous ou tres parques naturais, a Serra da Enciña da Lastra, o Xurés, o Gerês, o Macizo Central, os viñedos de Valdeorras, a depresión de Maceda. É dunha biodiversidade e dunha riqueza paisaxística espectacular. Só por estes valores debería ser máis conservada e promocionada. É dunha biodiversidade e dunha riqueza paisaxística espectacular - Construíuse para unir Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). En que tempo?- Construíuse para darlle saída ás mercadorías e había unha alternativa, pero fíxose esta máis rápida. Inaugurouse no ano 69 D.C. Foi tardía e construída na época de máximo apoxeo do Imperio, de aí que a obra tivese un trazado de enxeñaría moi bo. Foi concebida para ser eterna, como todo o que facía Roma nese momento. E, de feito, hoxe, dous mil anos despois, consérvanse tramos intactos nalgunhas zonas zonas do Xurés, do Macizo Central e da Serra da Lastra. E as pontes, na ponte Bibei aínda pasan hoxe os coches por ela. De aí ven a espectacularidade desta vía. - Cantos quilómetros ten e cantos deles pasan por Galiza?- Son 213 millas romanas, uns 315 quilómetros máis ou menos. Case todo o trazado discorre por Galiza, menos as primeiras 40 millas desde Braga á fronteira de Portela de Home, e casualmente o Gerês e o Xurés son os tramos mellor conservados. E logo o tramo desde que sae da serra da Enciña da Lastra en Cacabelos até Astorga, son as últimas millas que discorren pola parte da Galiza ocupada, polo Bierzo, vamos [risos]. Na Limia, en Maceda e noutros moitos tramos desapareceu porque foi suplantada por estradas modernas, pola parcelaria, etc. - Até cando foi usada esta Vía?- Pensamos que até pouco despois da caída do Imperio Romano. Así como naquel momento era necesaria porque todo o que facía o Imperio era a grande escala, e tiña que conectar en Astorga coa Vía Un que se dirixía a Roma, desde que caiu o Imperio e se cambiou a configuración do territorio, deixou de ter funcionalidade esa "autovía", porque daquela tiña entre 9 e 11 metros de largo. E a partir de aí os camiños medievais pasan a ter tres metros de largo, para que pase un carro, pouco máis. E a vía romana estaba concibida para que se cruzaran grandes carruaxes, cabaleirías e todo tipo de tráfico. Sen embargo, na Idade Media funciona todo a pequena escala: pequeno comercio, feiras locais, etc. De feito, na propia Vía Nova ao paso polo Xurés o trazado romano queda obsoleto e aprovéitase unha esquina e faise un camiño medieval con esa vía. - En que estado está actualmente?- Moi abandonada nalgunhas zonas. Na Limia, en Maceda e noutros moitos tramos desapareceu porque foi suplantada por estradas modernas, pola parcelaria, etc. Pero o seu trazado sabíase por onde ía e nalgunhas zonas consérvanse algúns restos. Na Limia ía sobre unha lomba para evitar o seu asulagamento en época de crecidas, e na lomba consérvase nalgúns tramos; e no Gerês/Xurés consérvase porque ía pola ladeira. Precisamente no Xurés foi entre a Portela de Home e a Saínza foi acondicionado por unha rede destas de camiños naturais que fai o Estado. Tamén o fixo na Serra da Lastra. E pódese circular por parte delas nalgunhas zonas. O problema é que eses camiños non teñen mantemento e moitas veces tes que ir case cunha fouce. Fan unha obra de infraestrutura de gran valor pero logo non o manteñen. Noutras zonas sería preciso intervir, sinalizar o trazado, recuperalo onde sexa posible, para poder facer unha rede de camiños, con albergues e poder circulalas en varias etapas como se fai no Camiño de Santiago. Noutras zonas sería preciso intervir, sinalizar o trazado, recuperalo onde sexa posible, para poder facer unha rede de camiños, con albergues e poder circulalas en varias etapas como se fai no Camiño de Santiago. - Que tipo de protección patrimonial ten?- É BIC, Ben de Interese Cultural, nalgunhas zonas. Noutras non, porque o seu trazada é hipotético e non está ben estudado, aí carece de protección. - Hai algún trazado oficial?- Os tramos oficiais, que están inventariados, si que están protexidos, con 200 metros de protección a cada lado. Pero noutros, como puiden comprobar aquí recentemente en Bande, foi obxecto dunha repoboación forestal enriba do trazado da vía. Iso é o que acontece ao non estar ben estudada e documentada. A Vía Nova, como nós pretendemos que sexa patrimonio da Humanidade, é un conxunto, un todo, onde se conserva todo o patrimonio que leva todo ao seu redor atesourado. Pero todo iso require dunha pequena intervención para recuperalo e poñelo en valor. - Que está a facer a Xunta con todo isto?- Non sabemos. A grande escala. A pequena, o ano pasado por exemplo, limpou o trazado da Vía no Xurés, porque é un trazado moi ben conservado, pero noutras zonas non me consta que estea facendo nada. En Bande a Vía foi obxecto dunha repoboación forestal enriba do trazado. Iso é o que acontece ao non estar ben estudada e documentada. - Hai algún plan integral para recuperalo?- Fíxose un Plan Director no 2008 ou 2009, co bipartito, cando era director xeral de Patrimonio Felipe Arias. Daquela fixérase o Plan, pero quedou en nada. - A Asociación Arnau, á que pertences, reclama que se declare Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Non parece doado. - É moi difícil e precisamos axuda desde as institucións. Nós reivindicamos desde o 2009 á Xunta con informes e escritos para que declare camiño xacobeo o tramo entre a Portela de Home e Ourense, que vén pola Vía Nova até Santa Comba de Bande e logo segue até Ourense. Había un albergue de peregrinos en Bande, Santa Comba era un mosteiro onde paraban os peregrinos... Todo isto está documentado. - Este camiño en que época funcionou?- Desde o século IX e X até o século pasado. Aínda os máis vellos se acordan de pasar peregrinos por alí. Estamos reivindicando iso como axuda para que colla máis potencial a Vía Nova, para que acheguen peregrinos da zona de Braga, que viñan por aí antigamente. Pero non nos fan caso, nin se quera nos contestan. Os alcaldes da Limia reuníronse en Celanova en 2013 e fixeran un escrito achegando a documentación á Xunta do camiño que agora lle chaman de San Rosendo. E eles tampouco tiveron resposta. Fíxose un Plan Director no 2008 ou 2009, co bipartito, cando era director xeral de Patrimonio Felipe Arias. Daquela fixérase o Plan, pero quedou en nada. - E vós desde a asociación que actuacións prioritarias reclamades?- Nós reclamamos, en primeiro lugar, que se estude para declarar xacobeo ese tramo da Vía Nova e que se lle dote da infraestrutura necesaria. E logo, que se recupere todo o trazado da Vía até a Serra da Enciña da Lastra. Para que unha persoa que lle apeteza facer a Vía Nova en varias etapas poida facelo. E, ademais, que se protexa todo o trazado para evitar agresións, que se lle planten piñeiros ou que se abra unha pista forestal por riba. Nós reivindicamos desde o 2009 á Xunta con informes e escritos para que declare camiño xacobeo o tramo entre a Portela de Home e Ourense, que vén pola Vía Nova até Santa Comba de Bande e logo segue até Ourense. - Cres que podería ter aproveitamento turístico?- Si, para o interior da provincia sería fantástico, porque ten tanta despoboación e pobreza cultural... Creo que sería un empuxe tremendo, sobre todo na Baixa Limia, que non para de perder poboación. Imaxina que se poida declarar Patrimonio da Humanidade un trazado de máis de 200 quilómetros con patrimonio arredor asociado. - Estas xornadas que se celebran esta fin de semana, que cres que poden achegar?- Polo menos coñecemento. Que a xente fale do tema, imos visitar os tramos mellor conservados para que a xente se decate da súa beleza e do seu potencial, que os expertos expoñan o seu punto de vista e que se argallen accións encamiñadas a recuperalo para que nun futuro se poida percorrer. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.