ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_42062
O PP abriu curso político no Castelo de Soutomaior. Un acto no cal se defendeu a política dlo goberno popular ("non cambiarei o rumbo" dixo o presidente español), cargouse contra a oposición, e deixouse no faiado escándalos coma o de Bárcenas. De guinda, prometeuse para o ano que vén unha baixada de impostos
Se a mellor defensa é un bo ataque, o PP ten ben aprendida esta estratexia guerreira-futbolística. No acto de inicio de curso político, o Partido Popular evitou dar imaxe de arrepentimento ou culpa pola situación política, social e económica do Estado español. Todo foi un aplaudir e apoiar a Mariano Rajoy. Ministros, presidente da Xunta e das deputacións, altos cargos, alcaldes, concelleir@s... tod@s acudiron para arroupar o presidente español. ""España recompensará a aqueles que cumpriron co seu deber", mesmo chegou a afirmar Núñez Feijóo en referencia a Rajoy. "España recompensará a aqueles que cumpriron co seu deber", afirmou Feijóo en referencia a Rajoy O castelo de Soutomaior leva oito anos acollendo estes 'cumios' populares. Nesta ocasión, aliás, cun despregamento policial xeneroso en efectivos (helicópteros, antidisturbios, furgóns policiais, controis e cortes nas estradas...). O obxecto de tal despregue, os preferentistias, aos que non se lle permitiu achegarse até menos dun quilómetro do castelo. "Orgullosos do que fixemos" Nesa defensa centrada nun bo ataque, desde Mariano Rajoy afirmou: "Podemos estar orgullosos do que fixemos" desde a chegada do PP á Moncloa. Asegurou que a situación actual "non ten nada que ver coa de hai un ano" e augurou unha "pronta recuperación". Foi, nesa liña de intervención, cando o presidente español dixo: "Feijóo vai inaugurar a era de crecemento e emprego". Rajoy prometeu que para o ano anunciaría unha baixada de impostos. E dí que "España levantou xa a cabeza" O presidente galego, pola súa banda, non perdeu oportunidade de cargar contra a oposición. Afirmou Núñez Feijóo que "a oposición debe dcidir se segue a montar numeritos ou axúdanos a arranxar os números que nos deixou cando gobernou". Cualificou de "imprescindíbeis" a Mariano Rajoy e o PP, e fixo unha chamada á "unidade" do Partido Popular. Tamén alentou a "escoitar á cidadanía", nunha referencia ao Caso Bárcenas, nome que non foi pronunciado
PRAZA_576
Se se entende que a miña implicación nun proceso de todas e todos en Compostela pode ser catalizadora e facilitadora doutra maneira de facer as cousas tan só podo dicir que por min, iso non vai quedar. Prefiro testar o incerto presente coa miña achega que quedarme coa dúbida de canto pode restar a miña inhibición.
Con Ánxel Casal na lembranza Os pasos a dar non podemos medilos co metro das décadas anteriores. As urxencias do presente para os máis e a sensación de que nestes anos estamos a xogarnos o futuro das nosas fillas obrigan a antepoñer as posicións colectivas ás persoais. No abrente, unha misión de audaces. En Maio, como teño anunciado en moitas ocasións, remato un ciclo de oito anos na institución do que é o fogar da miña vida, o Concello de Teo. Un pasa polos sitios, non debe apropiarse deles, non debe acomodarse e menos sentirse o propietario do que foi e será nos vindeiros anos un traballo colectivo de dignidade dun grupo de homes e mulleres que con acertos e erros deixará, con total seguridade, un mellor lugar para vivir. Dende hai máis dun ano teño defendido en moitas ocasións un vieiro persoal que pasaba por unha reincorporación progresiva a miña profesión (a medicina) e por manter o compromiso co proxecto político de Anova. Pechaba con isto, a posibilidade de continuar vinculado á vida institucional a curto-medio prazo. Nestes últimos meses diversos teñen sido os colectivos e as persoas representativas dunha ampla maioría social de Santiago, Ames e Teo que, sabedores da miña posición de peche de ciclo, me teñen solicitado un rol activo no futuro da cidade de Compostela sendo conscientes da miña opinión. Tres son, en resumo, as razón colectivas dadas que condicionaron a miña posición persoal. 2015, ano fundamental na apertura dun novo ciclo histórico. Reforma ou ruptura. A importancia das municipais para condicionar un proceso constituinte e a configuración dun novo suxeito político de unidade popular. O que pase este ano pode condicionar de xeito decisivo a apertura dun proceso constituínte ou a renovación contractual sen concurso público do modelo esgotado do 78 Ninguén nega que o que pase este ano pode condicionar de xeito decisivo a apertura dun proceso constituínte ou a renovación contractual sen concurso público do modelo esgotado do 78 (que está a negociar un lifting con apelidos de reforma). Nese senso, o que poida ou non poida acontecer nas municipais condicionará de xeito decisivo a posibilidade de abrir ou non un proceso onde todas podamos decidir todo. Antecedentes históricos teñen existido (municipais do 1931) pero máis aló diso tan só hai que analizar a realidade para saber que neste caso pode suceder algo semellante. Compostela, como capital de Galiza nese contexto é un bo exemplo. Un presidente (Feijoo) e un Alcalde (Hernández) cun modelo esgotado sen lexitimidade democrática que están a pór todos os seus recursos humanos e económicos en defender o indefendible e na outra banda, a necesidade de impulsar unha ampla candidatura de unidade popular (Compostela Aberta) , con vocación de punto de encontro, que faga posible sintonizar ás forzas políticas da esquerda comprometidas co momento e á cidadanía non organizada partidariamente (baixo un programa de mínimos e un método de participación). A necesidade de artellar un novo espazo e unha novas dinámica entre Teo, Ames e Santiago. A construción entre todas de Compostela, a gran capital do país. Non inventou a pólvora quen sexa quen de percibir o día a día compartido dos Concellos de Teo, Ames e Santiago e a necesidade de xerar unha colaboración intensa de realidades que vaia máis aló da declaración de intencións e non lle poña cancelas ao futuro. O reto, repartir dereitos en servizos públicos e obrigas en custos A experiencia de goberno en Teo, o espazo de participación e confluencia de Ames e a esperanza de Compostela Aberta semellan vimbios mais que suficientes para dar corpo a esta necesidade. A importancia de non lexitimar co voto a indecencia. Compostela como símbolo de cambio. A capital de Galiza vive nun estado de sitio amparado pola indignidade. Tres Alcaldes en catro anos, concelleiros e concelleiras inhabilitadas e unha corporación onde unha maioría absoluta dos representantes actuais nunca pasaron por urnas deixan unha foto fixa demoledora do estado das cousas e da responsabilidade do Partido Popular nelas nesta última lexislatura. O risco de validar en Maio o acontecido por unha non comparecencia da cidadanía consciente en Compostela, deixaría unha mensaxe de destrución masiva na nosa saúde colectiva que podería resumirse nun, tan só a mafia pode rexenerar a mafia. O risco de revalidar o acontecido por unha non comparecencia da cidadanía consciente deixaría unha mensaxe de destrución masiva na nosa saúde colectiva Estas tres razón de peso leváronme nos últimos meses a un período de reflexión persoal "intenso" no que decidín antepoñer estas razóns colectivas por riba das miñas propias e as dos meus. Se se entende que a miña implicación nun proceso de todas e todos en Compostela pode ser catalizadora e facilitadora doutra maneira de facer as cousas tan só podo dicir que por min, iso non vai quedar. Prefiro testar o incerto presente coa miña achega que quedarme coa dúbida de canto pode restar a miña inhibición.
NOS_39284
Unha empresa de mudanzas reclámalle 39.000 euros ao Ateneo polo traslado e depósito dos seus fondos
O Ateneo Ferrolán recibiu esta terza feira a notificación dos xulgados pola que o condenan ao pagamento dos 39.000 euros que lle reclama unha empresa de mudanzas polo traslado e depósito dos seus fondos durante o desenvolvemento das obras de reforma da súa sede acometidas polo goberno local do Partido Popular. A sentenza podería ser recorrida nos vindeiros días, aínda que, tal e como explicaron fontes do Ateneo, terán que ser @s soci@s @s que nunha asemblea extraordinaria que se realizará nos vindeiros días decidan que medidas legais e sociais levarán adiante para tratar de evitar que este pau conduza ao encerramento. A directiva do Ateneo considera que esta "multa" tena que pagar o Concello, responsábel dunhas obras que remataron en xaneiro de 2013 e que obrigaron o traslado dos fondos, entre os que se atopan coleccións de prensa únicas e obras literarias e artísticas de recoñecida calidade.
NOS_26181
Disparada a produción dos encoros no primeiro cuadrimestre de 2021.
A hidráulica é unha das formas de produción eléctrica que máis beneficios xera. Se nos últimos anos pasaba por ser unha das tecnoloxías enerxéticas que máis dividendos achegaba ás compañías do sector, cunhas ganancias situadas entre 500% e 1.000%, a alza do prezo da luz anuncia beneficios históricos para finais deste ano. Onte, cando o custo da factura eléctrica se situou en 116,73 euros MW, os beneficios das compañías eléctricas colocáronse por riba de 1.000%. En relación con isto, o membro do colectivo de debate enerxético Bidán Fernando Branco Parga sinala a Nós Diario que "son tantos os beneficios que a enerxía hidráulica recibe que no sector son chamados beneficios chovidos do ceo". A Galiza é unha gran potencia hidroeléctrica. Actualmente dispón de 166 centrais, 45 de grande hidráulica e 121 de pequena hidráulica, cunha potencia instalada de 3.738 megawatts, que representa aproximadamente o 24% da electricidade desta orixe xerada no Estado e o 18% da potencia total en funcionamento. A maioría dos encoros de grande hidráulica están xestionados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ente dependente do Goberno do Estado, mentres que o groso das minicentrais fan parte da demarcación hidrográfica Galiza-Costa, que inclúe aqueles ríos que discorren en exclusiva polo territorio galego e cuxa titularidade corresponde á Augas da Galiza, ente autónomo da Xunta. Un ano de beneficios históricos Os beneficios obtidos polas compañías eléctricas nos ríos galegos na última década están por enriba de 4.000 millóns de euros. Segundo un traballo elaborado polo colectivo de debate enerxético Bidán, tomando como referencia o prezo medio do megawatt en cada unha das anualidades e a produción eléctrica de orixe hidráulica certificada para a Galiza por Rede Eléctrica Española (REE), "as centrais hidroeléctricas instaladas nas concas galegas xeraron ás empresas eléctricas entre 2011 e 2020 unhas ganancias de aproximadamente 4.049 millóns de euros". A este respecto, Branco lembra que "non están incorporados os números relativos a 2021, porque Rede Eléctrica só achega información até maio deste ano", se ben apunta que "os beneficios da anualidade van ser moi altos pola suba do prezo da luz". Os encoros galegos xeraron 5.206.380 megawatts á hora entre xaneiro e maio de 2021. Á vista destes datos, dáse por feito que a produción deste ano vai ser histórica. Iberdrola recoñeceu que a aumentou en 37% en relación co pasado exercicio. Precisamente, a xeración de orixe hidráulica na Galiza en 2020 foi de 7.917.294 megawatts á hora, situándose os beneficios das compañías concesionarias das centrais hidroeléctricas en aproximadamente 268 millóns de euros, ao fixar o megawatt un prezo medio no mercado ao por maior de 33,96 euros. Porén, 2020 resultou un exercicio negativo en prezo e produción para o sector hidroeléctrico, a diferenza de 2018, cando xeraron 8.555.807 megawatts á hora, a un valor no mercado de 57,29 euros o megawatt, superando as ganancias os 490 millóns de euros. A patronal das grandes consumidoras enerxéticas estima para 2021 un custo medio do megawatt á hora de 74,64 euros. No caso de confirmarse esta cantidade e tendo en conta que as compañías apuntan a unha produción nos niveis de 2018, os encoros galegos van achegar ás contas de resultados das corporacións enerxéticas máis de 638 millóns de euros. Un negocio para as empresas foráneas O negocio hidráulico está na súa práctica totalidade en mans de Iberdrola, Naturgy e Endesa, que controlan o 81,68% da potencia hidroeléctrica instalada na Galiza. A primeira, con sede social en Bilbo e sede fiscal en Madrid, conta cunha capacidade de xeración de 1.558 megawatts e 13 encoros. A segunda, herdeira da vella Fenosa, dispón de 1.120 megawatts e 12 encoros, pagando, tamén, os seus impostos en Madrid. A terceira, propiedade da empresa pública italiana Enel e con enderezo fiscal en Madrid, explota 375 megawatts e seis encoros. As tres compañías anuncian resultados históricos para este exercicio e adiantan importantes investimentos fóra do país, unha parte deles financiados cos beneficios obtidos na Galiza. O prezo da luz continúa en máximos O custo da electricidade continúa disparado e todas as previsións apuntan a un ascenso sostido até finais de 2022 ou comezos de 2023. A este situación contribúen os movementos nos mercados ligados ao sector enerxético, a propia operativa das compañías xeradoras e, especialmente, un sistema eléctrico estatal que permite ás corporacións enerxéticas fixar os prezos dos consumos. Neste contexto, enténdense os beneficios dos principais operadores eléctricos no primeiro semestre do ano, con Iberdrola declarando unhas ganancias netas de 1.531 millóns de euros, Endesa de 832 millóns de euros e Naturgy de 557 millóns de euros. O prezo da luz no mercado ibérico non deixa de marcar máximos ao longo dos últimos días. Ao longo deste mes téñense batido todos os récords históricos, rexistrando a quinta feira de 19 de agosto unha cotización de 113,40 euros megawatt á hora, a sexta feira de 20 de agosto, unha cotización de 117,14 euros megawatt á hora e a segunda feira de 23 de agosto, unha cotización de 97,76 euros megawatt á hora. A tendencia á alza da electricidade coincide con denuncias ás enerxéticas por posíbeis prácticas fraudulentas na fixación dos prezos e unha tensión co Goberno do Estado pola xestión da transición enerxética. A factura eléctrica fechou onte cun prezo de 116,73 euros megawatt á hora. Nesta liña, o Operador do Mercado Eléctrico Ibérico (OMIE) dá por feito que o prezo de marxinal de referencia chegue a superar a finais de ano os 125 euros, nunha perspectiva ascendente que non ten teito a curto prazo. Nesa dirección, as medidas adoptadas até o momento polo Goberno do Estado para facer fronte a esta situación amósanse insuficientes, co conseguinte malestar entre particulares e empresas.
PRAZA_13067
O colectivo anuncia a creación dunha rede social, como adiantara hai meses, e lánzaa contrapoñéndoa ao xigante de Mark Zuckerberg. Segundo Wikileaks, FB "rexistra todo o que fas" e despois entrega eses datos; en contraposición, Friends of Wikileaks nace facendo fincapé na privacidade, de xeito que todos os datos están cifrados.
En xaneiro Wikileaks anunciaba a creación dunha rede social, asentada sobre a privacidade e a seguridade dos datos dos usuarios. Este luns o colectivo anunciaba na súa conta de twitter o lanzamento de Friends of Wikileaks (FoWL, unha familia de aves), e facíao contrapoñéndoa en todo momento a Facebook, a rede social hexemónica e multimillonaria, que esta semana está de máxima por mor da súa (falida) saída a bolsa. "Facebook véndelle a túa información aos gobernos e é louvada. Wikileaks dáche gratis a información dos gobernos e somos terroristas" Facebook sells your information to governments is lauded. WikiLeaks gives government information to you for free and we're terrorists ("Facebook véndelle a túa información aos gobernos e é louvada. Wikileaks dáche gratis a información dos gobernos e somos terroristas"). Esta era unha das mensaxes de presentación da nova rede social, que nacía, polo tanto, como contrapunto de Facebook, e acusando a empresa de Zuckerberg de comerciar coa información privada dos seus usuarios e de colaboracionismo co control exercido por gobernos e grandes corporacións. Segundo anuncia Wikileks, FoWL cifrará todos os datos dos seus usuarios, empregando mesmo un cifrado militar para que sexa case imposible que ninguén poida acceder a esa información. A outra diferenza que FoWL establece con FB é que está pensada para poñer en contacto a persoas que non se coñecen entre si (mentres que as restantes redes sociais se converten en espazos virtuais para as relacións físicas xa establecidas en moitas ocasións). FoWL asegura que unirá a persoas que non se coñecen entre elas para "facer amigos e novos aliados" para "loitar nunha causa común". FoWL asegura que unirá a persoas que non se coñecen entre elas para "facer amigos e novos aliados" para "loitar nunha causa común" Polo tanto, FoWL nace para dar cobertura e achegar ferramentas de comunicación aos movementos sociais (de xeito semellante a como se ven empregando N-1), e a este respecto os seus promotores afirman que "a rede está deseñada para algo máis que WikiLeaks. Trátase dunha solución para a construción dunha rede de apoio ante condicións hostís. FoWL constrúe unha forte rede de apoio inmediato sobre calquera crenza compartida polos partidarios da misma, de forma que se maximiza a comunicación". E Wikileks conclúe a este respecto: "na rede ninguén pode ser visto como máis importante que un obxectivo". WLFriends estará dispoñible proximamente, pero as persoas que o desexen xa se poden inscribir, para formar parte do "núcleo" da rede social. O sistema (polo de agora en inglés, francés, alemán, portugués, español e sueco) dá a posibilidade de escoller a lingua dos amigos que cada persoa prefire que a rede lle suxira, e entre elas atópanse tamén o catalán, o euskera e o galego, que se incorporarán nos vindeiros meses. WLFriends
NOS_4954
A ONG Oxfam advirte nun informe das "insoportábeis" cotas de desigualdade que alcanza "unha economía ao servizo do 1%".
"Actualmente, o 1% máis rico da poboación mundial posúe máis riqueza que o 99% restante das persoas do planeta", sinalan desde a ONG Oxfam no informe intitulado Unha economía ao servizo do 1%. Os resultados do estudo, que será presentado no Foro Económico Mundial (WEF) en Davos, sinalan que as 62 maiores fortunas do mundo concentran igual riqueza que os 3.600 millóns de persoas máis empobrecidas. "A desigualdade extrema no mundo está chegando a cotas insoportábeis", afirman desde Oxfam, ao tempo que denuncian que "o poder e os privilexios se están a utilizar para manipular o sistema económico e así ampliar a fenda, deixando sen esperanza a millóns de persoas pobres". Neste senso, a metade da riqueza xerada a comezos do século XXI foi parar aos petos do 1% da poboación máis privilexiada, mentres que a metade da poboación máis empobrecida perdeu 1 billón de dólares desde 2010. Amancio Ortega ten unha fortuna persoal superior ao PIB de Chad, Sudán, Burundi ou Chipre A fotografía é cruel. Amancio Ortega, a persoa máis rica do mundo segundo a revista Forbes, posúe unha fotruna de 71.800 millóns de euros ou o que é o mesmo 78.172 millóns de dólares. Isto é, unha fortuna superior ao PIB --de acordo cos dados do Banco Mundial relativos a 2014-- de Chad (13.922 millóns de dólares), Burkina Faso (12.542 millóns de dólares), Burundi (3.093 millóns de dólares), Kenia (60. 936 millóns de dólares) ou Chipre (23.226 millóns de dólares). En realidade, o patrimonio acumulado polo fundador de Inditex é aproximadamente o mesmo que o PIB de Sudán (73.814 millóns de euros), un país no que moran máis de 39 millóns de persoas. Os paraísos fiscais ocultan arredor de 500 mil millóns de dólares No seu informe Oxfam sitúa o Estado español como o territorio da OCDE no que máis medrou a desigualdade desde que estourou a crise económica. Aliás, asegura que aumentou de "maneira alarmante" a exclusión social atinxindo 13,4 millóns de persoas. En boa medida, a fenda no reparto da riqueza mundial --sinalan desde Oxfam-- débese á ocultación de patrimonio en paraísos ficais. Neste senso, das 200 empresas analizadas pola ONG, entre elas as máis poderosas do mundo, 9 de cada 10 teñen presenza nestes territorios offshore nos que se ocultan por volta de 500.000 millóns de dólares.
NOS_52160
A editorial Galaxia declara que Extraordinario, de Antón Lopo, se converteu na primeira obra deste tipo en galego en entrar nas obras recomendadas polo prestixioso Pen dos Estados Unidos de América.
A editorial Galaxia vén de facer público que a novela Extraordinario, de Antón Lopo, se converteu na primeira obra deste tipo en lingua galega en entrar nas obras recomendadas polo Pen de Estados Unidos de América, unha das organizacións máis prestixiosas do país. O recoñecemento chega a través da tradución de Jacob Rogers, que lle valeu a bolsa anual que outorga esta institución xunto coa Fundación Heim. A iniciativa do Pen traballa pola promoción da recepción de obras traducidas ao inglés, co obxectivo de aumentar o pouco número de traducións que aparecen nesta lingua. Foron máis de 260 os proxectos presentados este ano, dos que o xurado seleccionou 11 de dez idiomas diferentes. Entre as autoras seleccionadas figuran Fabio Morabito, a cineasta Natalia Meshchaninova, Cristina García Morales, a activista africana Monique Ilbouopo ou Sandra Petrignani, unha das máis famosas escritoras italianas actuais. O xurado destacou de Extraordinario o "vívido retrato" que Lopo realiza sobre a Galiza actual e a dos últimos anos da ditadura franquista. Trátase tamén, engaden, dun "entrañable relato" sobre un rapaz de orientación queer que medra nunha sociedade represiva e que se converte nun bisexual que traballa como acompañante. Da novela salientan o abano temático que aborda, desde a emigración, a inmigración, o cambio de clima e a distancia entre o urbano e o rural na Galiza. Jacob Rogers asegura que a novela o atrapou "desde a primeira páxina". "O que me pasou con esta novela é unha das mellores guías que teño como tradutor: máis que gozar dela, quedei totalmente abraiado ante ela, de maneira que a miña única resposta foi un desexo intenso de traducila", declara.
PRAZA_7621
Son pouco democráticas, a elección dos deputados e sobre todo, do seu goberno, faise dunha forma complexa, na que a cidadanía pouco pinta. Resultan extremadamente caras, o gasto en persoal e moi elevado para a xestión que realizan. Duplican as funcións que deberían facer os Concellos ou a Xunta, por exemplo, nas subvencións a entidades. E son moi proclives a corrupción, fundamentalmente por un motivo, non recadan, so gastan.
Non escoitei un só comentarista nin vin artigo algún que defendera a existencia das Deputacións cunha certa lóxica. O que afirman, é que para suprimilas hai que modificar algún punto da Constitución, e isto como se puido comprobar, si queren os dous grandes partidos, pódese facer en dúas semanas, aínda que teño algunha dúbida que teña que acometerse esta modificación, pois nas autonomías uniprovinciais xa non existen estes organismos. Non escoitei un só comentarista nin vin artigo algún que defendera a existencia das Deputacións cunha certa lóxica Outra razón, e non vin máis, é que son de gran axuda sobre todo para os pequenos Concellos. Para rexeitar este argumento hai que ver o que pasa nos pequenos Concellos de Asturias ou Cantabria por exemplo, para comprobar como estes Concellos están posiblemente mellor que os galegos e igual de atendidos, sen Deputacións. Tamén existen pequenos Concellos en Galicia, ven administrados, que fan algúns traballos mancomunados con outros Concellos, e outros servizos con empresas privadas que traballan para varios organismos, non dependendo practicamente, salvo nas estradas, da Deputación, que por certo xa no goberno bipartito, pola menos algunhas, se ían traspasar á Xunta. Son pouco democráticas, a elección dos deputados e sobre todo, do seu goberno, faise dunha forma complexa, na que a cidadanía pouco pinta. Resultan extremadamente caras, o gasto en persoal e moi elevado para a xestión que realizan Sí, pola contra, existen razóns de peso para suprimilas: Son pouco democráticas, a elección dos deputados e sobre todo, do seu goberno, faise dunha forma complexa, na que a cidadanía pouco pinta. Resultan extremadamente caras, o gasto en persoal e moi elevado para a xestión que realizan. Duplican as funcións que deberían facer os Concellos ou a Xunta, por exemplo, nas subvencións a entidades. E son moi proclives a corrupción, fundamentalmente por un motivo, non recadan, so gastan. A "presunta" corrupción das Deputacións non se da só na de Ourense, que estes días se ve salpicada por múltiples motivos, ou nas de Castellón ou Lugo, onde o Sr. Fabra e Cacharro Pardo, eran os reis da provincia. É normal en todas, pois as axudas que dan ós Concellos, xeralmente fanse con criterios partidarios, e non hai máis que escoitar ó alcalde de Narón, un concello grande, ou ó alcalde de Parada de Sil, un concello moi pequeno, nos que as respectivas Deputacións non fan as melloras nas estruturas da súa competencia, nin lle dan subvencións, exclusivamente porque eses Alcaldes non son da cor política dos Presidentes dos organismos citados. Polo tanto a única solución é eliminalas, e que as súas funcións pasen a Xunta e ós Concellos, o persoal pasaría a eses organismos e loxicamente se iría amortizando co tempo Polo tanto a única solución é eliminalas, e que as súas funcións pasen a Xunta e ós Concellos, o persoal pasaría a eses organismos e loxicamente se iría amortizando co tempo. O que si se eliminarían automaticamente serían os grandes soldos dos políticos que viven grazas a elas, e por iso os grandes partidos que copan as Deputacións son tan remisos a suprimilas.
NOS_5608
Daniel Castro (Ribadeo, 1996) é o político máis novo do Parlamento, que se constituirá o vindeiro 7 de agosto. Por idade será, xunto ao seu compañeiro do BNG Paulo Ríos, o encargado de nomear os deputados e deputadas electas para a toma de posesión das actas desta décimo primeira lexislatura
Que supón para vostede conseguir esta acta de deputado? A nivel persoal é unha honra enorme. Xa só que o BNG confiase en que eu fose de número 2 pola circunscrición de Lugo pareceume algo incríbel porque non contaba con iso. Foi un salto moi grande e moi forte. E agora, unha vez conseguido, coido que aínda sigo sen ser consciente de todo, até que me vexa no Parlamento non serei realmente consciente. Sinto, sobre todo, moitísima honra e moitísimas ganas de traballar e de facer ver que a elección foi correcta, de non decepcionar e de facerlle o máximo ben a este país porque para iso estarei aí. En canto ao traballo a realizar no Parlamento, de que área lle gustaría formar parte? Se tiver que elixir algo, ben sexa polo que estudei ou polo que me gusta, encantaríame traballar defendendo as problemáticas da normalización lingüística, de cultura e de mocidade, pero como se adoita dicir no argot futbolístico 'eu onde me poñan'. Teño moitas ganas de empezar sexa onde sexa porque o que non se sabe, apréndese. Cales son os puntos fortes e os febles do deputado máis novo do Parlamento galego? Os puntos fortes son unhas ganas de traballar tremendas e de aprender, sobre todo, e unha confianza ao 100% no proxecto político do Bloque. O punto feble é a miña pouca experiencia. Que nos pode contar sobre ese primeiro acto de constitución do Parlamento e do labor que lle vai tocar desenvolver como deputado máis mozo? Por ser o máis novo voume encargar de ler os nomes de todos os deputados e deputadas e nesa tarefa acompañarame o segundo máis novo, que tamén é do BNG, Paulo Ríos, secretario xeral de Galiza Nova. Espero non trabucarme, pero non é unha situación que me poña nervioso. Quizais o que si me preocupa é non decepcionar á hora de tratar temáticas das que aínda non vou ter coñecemento ou non dar o nivel nalgunha actuación por non ter experiencia nas cuestións de índole institucional. Non ten experiencia institucional pero si en política, xa que forma parte de Galiza Nova desde hai 5 anos. Que cre que aproveitará desa experiencia? En Galiza Nova comecei a militar hai 5 anos pero xa antes estaba moi próximo. Neste tempo entrei na dirección nacional e tamén tomei parte do consello comarcal da Mariña e, evidentemente, esa experiencia está comigo. Todos facemos política, a distintos niveis e de distinto modo. Hai nada era un universitario e, digamos que dalgunha maneira, aínda non caín da burra e estou como os nenos e as nenas no primeiro día de colexio. Cando o día 7 de agosto tome posesión da súa acta de deputado ten pensado algún alegato, algo especial? Tradicionalmente o BNG promete a Constitución por imperativo legal. A nivel persoal no caso de facer algún alegato será referido ao que estamos a vivir na Mariña con Alcoa. Espero no día da toma de posesión non estea todo morto e sen ningunha opción. En calquera caso, o que si podo asegurar é que non vou prometer con total convicción esta Constitución nin tampouco lealdade ao rei. Nesta semana decisiva para o conflito en Alcoa, como ve vostede a situación? Por desgraza non creo que o 25 de xullo sexa para a xente de Alcoa unha data de celebración porque o que vexo son dous Gobernos, o español e o galego, pasando a bóla, xogando con milleiros de traballos e co futuro económico e social desta comarca sen ter un mínimo aprezo e sen preocuparse o máis mínimo. Están a voar palabras e ningún feito. Cun PP que se escuda en botarlle as culpas a Madrid e un PSOE e un Unidas Podemos que están a mirar cara a outro lado, literalmente, as traballadoras e os traballadores o que din é "dámoslles igual". A sensación que teñen é que o Goberno español lles está a dar largas até que chegue o día 'D' e non haxa volta atrás. Quero ser optimista, evidentemente, mais non temos toda a forza que quixeramos para poder influír de maneira máis decisiva. Onde e como celebrará o Día da Patria Galega? O día 24 de xullo temos un acto de Galiza Nova en Compostela e o máis probábel é que estea alí. Realizaremos a ofrenda a Rosalía e a Castelao e xa o 25 terá lugar o acto do BNG que nesta ocasión será un acto novidoso xa que non se vai poder facer á maneira tradicional e seguro que estarei alí. Xunto a Alcoa, o outro gran tema mariñán é a Covid-19, cal é a súa lectura da xestión desa crise? A única lectura que podo facer é que o PP xogou coa saúde dos mariñáns e das mariñás para afanar réditos electorais. Algo manifesto de que se estaban a maquillar as cifras foron os improperios lanzados aos médicos do Hospital da Mariña que se atreveron a dicir que as cifras que estaba a dar o Sergas non eran as reais. Cinco días despois comprobouse que eses médicos estaban no certo. Agora o que temos é unha Mariña onde se negou o voto a 300 persoas, cando é un dereito fundamental. Nun nivel máis persoal, vivín o confinamento na Mariña sen poder facer campaña, só eventos telemáticos, e coa sensación na sociedade mariñá de que as eleccións ían ser si ou si o día 12 e que os problemas virían despois.
NOS_14302
O mapa da infamia fascista na Galiza aínda está por elaborar, unha vintena de tumbas escavadas e arredor de 250 peticións pendentes en Galiza; un tema que tratamos neste semanario. Un número no que entrevistamos o escritor Pedro Feijóo, falamos como a CIA espiou o nacionalismo galego desde Portugal, ou cómo as grandes eléctricas lle pasan a factura a Galiza. Todo isto e máis, xa na nosa loxa.
O mapa da infamia fascista na Galiza aínda está por elaborar. O desleixo administrativo, cando non a aberta belixerancia, deixan en mans de militantes e persoas voluntarias traballos como o de exhumación de fosas. Arredor de vinte foron escavadas, pero a singularidade da represión no país engade dificultades ao labor de restitución da memoria. Analizámolo cando está próximo a conmemorarse o Día da Galiza Mártir. 'Desenterrar a memoria'. 'A CIA espiou o nacionalismo galego desde Portugal' A documentación desclasificada nos últimos anos polos servizos secretos norteamericanos e europeos achegou unha interesante información sobre Galiza que merece ser divulgada. Até o de agora fomos coñecendo diversos relatorios sobre a actuación do nacionalismo galego nos anos trinta e corenta, a guerrilla antifranquista ou as redes dos nazis e dos aliados no país. Hoxe achegamos unha información sobre o seguimento que fixo a CIA da UPG na altura de 1975. Paseniño, máis do desexábel, foise desprendendo Ferrol dos vestixios simbólicos do franquismo. E se ben todos os actos de restitución ou retirada foron máis ou menos traumáticos, non é menos certo que o proceso está aínda por se completar. Permanecen aínda, máis dunha década despois da aprobación da Lei de Memoria Histórica (2007), escudos e placas que lembran que durante máis de catro décadas, até 1982, Ferrol tivo un apelido ominoso. 'Ferrol con (algo de) caudillo' 'Os sectores críticos xuntan forzas para mudar a dirección de En Marea' A participación de Podemos e EU podería mudar a correlación de forzas para construír unha maioría alternativa. A xestión e administración do territorio galego semella un crebacabezas complexo no que conviven 30.000 núcleos de poboación e 313 concellos. Un mapa no que figura sen poder nin peso real a comarca, entidade con recoñecemento expreso no Estatuto do 81 mais que fica sen desenvolver, fanando así outro modelo de país posíbel. 'Comarcas como alicerce doutra Galiza'. As xestoras de fondos de investimento Vanguard, State Street e BlackRock. 'Tres xigantes financeiros dominan o capitalismo global'. Esgotado o marco autonómico, o debate sobre o estatus político de Euskadi ábrese paso retratando os diferentes actores políticos. O seu desenvolvemento determinará se contribúe ou non a alargar o apoio social á causa da soberanía. É a ollada de David Pena, avogado galego residente en Euskal Herria. 'Un novo estatus para Euskadi?' 'Galiza apanda coa factura das grandes eléctricas'. Galiza, malia ser excedentaria, vai pagar o recibo da luz máis caro do Estado para compensar as eléctricas polos impostos autonómicos que pagaron. Cada galega e galego desembolsará 16 euros fronte aos 30 céntimos por madrileña e madrileño -territorio que non produce nin un só megavatioou os cero euros dos habitantes de Euskadi. Coñecido como o Anónimo de Rávena ou o Ravennate, foi elaborado por un monxe da cidade italiana de Rávena aproximadamente á volta do 670. Este mapa documenta de xeito claro a realidade política galega do século VII. 'Galiza no grande mapa europeo do século VII'. Pedro Feijóo (Vigo, 1975) apareceu practicamente da nada coa súa primeira novela, 'Os fillos do mar' (Xerais, 2012). A estas alturas, a obra –a medio camiño entre a literatura de aventuras e o xénero policíaco– leva despachados máis de 50.000 exemplares. "Se existe algunha clave do éxito, é escribir pensando en que do outro lado hai lectores", explica na entrevista neste número. O Castro Lupario localízase entre as parroquias de San Xulián de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois). A lenda sitúa nesta acrópole a residencia da Raíña Lupe. Explícao, para Sermos Galiza, o arqueólogo e museólogo Felipe-Senén. 'Sitos e lendas arredor de Compostela e Lupa'. E non faltan as achegas e colaboracións de Xoán Costa, David Otero, Marga Doval, Tokio, Mario Regueira ou Andrés Castro.
PRAZA_16825
A institución presentou este venres o seu informe correspondente ao ano 2017, no que tramitou 2.359 asuntos, un número semellante ao do ano anterior. A Valedor destaca o esforzo posto en coñecer máis de preto as problemáticas que afectan á zona rural.
A Valedora do Pobo fixo público este venres o informe da institución correspondente ao ano 2017, no que tramitou 2.359 asuntos, un número semellante ao do ano anterior (2.356). As actuacións totais da entidade sumaron 34.415, entre queixas recibidas e outras xestións, case a metade as 64.937 do 2016, un ano no que os conflitos xerados ao redor do Hospital Álvaro Cunqueiro fixeron elevar o número de consultas. O que si se incrementou notablemente este ano foi o número de queixas de oficio tramitadas polas Valedora do Pobo, 224, por por riba das 21 do ano anterior. 13.017 persoas presentaron queixas en relación coa situación actual das pensións de xubilación, solicitando unha reforma constitucional que garanta a súa calidade e dignidade Na presentación do informe ante o Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, Milagros Otero fixo énfase no esforzo desenvolvido pola súa institución en coñecer máis de preto as problemáticas que afectan á zona rural. O pasado ano os grupos da oposición criticaron que o número de queixas tramitadas procedentes dos concellos rurais representaban só o 0,1% do total. Este ano, en cambio, a porcentaxe supera o 12%. Otero salientou que nos últimos meses realizou visitas a numerosos concellos de menos de 5000 habitantes e que, ademais, iniciou 200 actuacións de oficio dirixidas a coñecer as situacións máis preocupantes, as relacionadas coa exclusión ou risco de exclusión social das familias ou persoas que desenvolven a súa vida e actividades no rural. Entre as queixas recibidas pola Valedora o pasado ano destacaron algúns temas, que sumaron varios centos de peticións. Por exemplo, 13.017 persoas presentaron queixas en relación coa situación actual das pensións de xubilación, solicitando unha reforma constitucional que garanta a súa calidade e dignidade. De igual xeito, 4.253 cidadáns e cidadás presentaron queixa sobre problemas co sistema automático de cita telefónica do Sergas, que emprega un número 902 de pago. Así mesmo 1.836 persoas presentaron queixa sobre o desenvolvemento social, económico e natural da Baixa Limia. Pola súa banda, 1.100 persoas denunciaron microcortes do subministro eléctrico no Concello de Rodeiro. E 1.095 cidadáns e cidadás presentaron queixa sobre problemas na carreira profesional do persoal estatutario do Sergas. A Valedora destaca, así mesmo, que en 2017 incrementouse "notablemente" o número de peticións de transparencia; "de 55 expedientes en 2016 pasamos a 132 en 2017", sinala, engadindo que "a sociedade actual busca a claridade, quere saber, quere que a informen; quere entender, quere poder formarse unha opinión e quere sobre todo poder exercitar os seus dereitos". 1.100 persoas denunciaron microcortes do subministro eléctrico no Concello de Rodeiro Por concellos, a poboación desde a que se presentaron máis queixas foi Vigo (13598), seguida de Oleiros (4263) e de Santiago de Compostela (2551). De Vigo partiu a queixa colectiva relacionada coas pensións e de Oleiros a relacionada con problemas co sistema automático de cita telefónica do Sergas (a asociación promotora ten a súa sede nesa localidade). Ademais, outros concellos sumaron varios centos de queixas, superando mesmo as cifras dalgunhas grandes cidades. Foi o caso de Sada (638), Pantón (380), Entrimo (1836), Baiona (824) e Rodeiro (1109). Outros asuntos que xeraron consultas e queixas ante a Valedora do Pobo foron os incendios forestais. A institución púxose en contacto coa Consellería de Medio Rural, que respondeu que "non eran queixas concretas, senón que se manifestaba desconformidade coa xestión da prevención e defensa dos incendios a raíz da vaga de lume do mes de outubro" e escudouse na convocatoria da comisión de investigación do Parlamento para non afondar as súas explicacións. A sanidade centrou unha parte importante das queixas, comezando polo xa comentado asunto do custo do servizo telefónico de cita previa. O reclamante consideraba que a tarifa dun número con prefixo 902 supón un abuso polo gasto máis elevado que implica. Con todo, a Valedora non apreciou vulneración de dereitos "tendo en conta que consideramos idónea a xustificación da implantación do número telefónico cuestionado, dado o volume de chamadas recibidas que impide asumir o custo total á administración pública" e "tendo en conta, por suposto, que existen vías alternativas para os cidadáns", en referencia aos números propios con prefixo provincial cos que contan os centros de saúde. Outras queixas que afectan directamente ao Sergas teñen que ver, segundo se recolle no informe coa "inquietude da cidadanía ante a posible deterioración da calidade da sanidade pública" Outras queixas que afectan directamente ao Sergas teñen que ver, segundo se recolle no informe coa "inquietude da cidadanía ante a posible deterioración da calidade da sanidade pública, sendo unha das súas causas a diminución progresiva do persoal sanitario, tanto por non cubrirse as baixas en casos de incapacidade temporal como deixar vacantes os postos dos profesionais que alcanzan a idade de xubilación ou a reorganización de servizos". Outra reivindicación reiterativa en materia de recursos humanos estivo centrada na "evidente carencia de pediatras no sistema sanitario", destaca a Valedora. Descarga aquí o informe 2017 (.pdf), presentado este venres
PRAZA_11955
Rematou a especulación. Acertou o ministro De Guindos en que a reforma ía ser "extremadamente dura". Baixo o paraugas da "estabilidade" e o "emprendemento", o Goberno reduce á mínima expresión os requisitos para prescindir de traballadores. Consúmase o abaratamento do despido con 33 días de indemnización e un máximo de 24 mensualidades.
O Goberno de Rajoy vén de desprenderse de calquera recato que puidera estar vixente para aprobar unha reforma laboral que, en esencia, reducirá o custo do despedimento, eliminará a autorización administrativa previa no caso dos expedientes de regulación de emprego e permitirá que as empresas de emprego temporal (ETTs) actúen como axencias de colocación. Punto e final ás incertezas. Acabouse a especulación pola vía do decreto. A reforma "extraordinariamente agresiva" está aprobada e entrará en vigor de xeito inmediato. Son moitos e diversos os puntos no que se introducen cambios. Para o Goberno esta é a lei definitiva que axudará a crear "emprego de calidade" e a "eliminar a dualidade do mercado". Un despedimento máis barato, áxil e de fácil tramitación acabará, ou así o espera o Ministerio de Emprego, coas dúbidas dos empresarios á hora de contratar de xeito indefinido. Para as persoas que están no paro, tal e como adiantou onte este diario, facilitaráse o emprendemento mediante a capitalización do subsidio de desemprego. As pemes recibirán subvencións por mantemento do seu cadro de traballadores. A dualidade do mercado laboral pretende finiquitarse, xa que logo, cun menor custo para os empresarios á hora de contratar, despedir e de recibir (no caso das pemes) subvencións. Os puntos da reforma Un dos aspectos que vertebran esta nova lei, e que non foi analizado na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, é a que afecta aos empregados públicos. Ábrese a posibilidade de que os organismos e entidades que forman parte do sector público invoquen "causas económicas, técnicas, organizativas e de produción" para adelgazar o seu cadro de persoal. Esta medida "pretende facilitar o redimensionamiento daquelas estruturas administrativas que creceron desmesuradamente durante a fase de forte crecemento económico e que non son sustentables desde un punto de vista financeiro no momento actual, nin existe unha previsión de que o sexan nos próximos anos". Duro golpe á chamada administración paralela e a organismos públicos cun excesivo nivel de custos de persoal sobre o orzamento xeral do que dispoñen. Até o de agora, unha empresa que quería presentar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE), aludindo a causas económicas, requerían do visto e prace da autoridade laboral competente. Agora non terán que pedir autorización previa á administración. Co obxectivo de "evitar o despedimento", simplifícanse os trámites para reducir a xornada de traballo ou suspender o contrato como mecanismo de axuste "ante situacións de diminución da demanda". Elimínase a autorización administrativa necesaria para levar a cabo a medida. O Executivo de Rajoy asegura que é a súa intención a de "sumar esforzos" na procura de "búsqueda de emprego". Para iso, consideran que é unha boa opción que as empresas de traballo temporal (temporal, non indefinido) actúen como axencias de colocación. "En ningún caso as ETTs cobrarán aos traballadores", puntualiza o Goberno. Os contratos "para a formación e a aprendizaxe" poderán asinarse ata os 30 anos. Ata ese umbral de idade eleva Fátima Báñez o "desemprego xuvenil". "Tras esgotar un período de formación nunha actividade", o traballador poderá utilizar esta modalidade de contrato noutros sectores, o que "mellorará o seu empleabilidad e permitiralle unha segunda oportunidade", sempre segundo o criterio do Goberno. A xente máis nova poderá mudar de emprego de xeito constante tendo só un contrato en prácticas, moi pouco remunerados. Os contratos temporais non poderán ter unha vixencia superior (coa suma dos mesmos) aos dous anos. Este cambio é unha modificación dun regulamento que puxo en marcha o Goberno de Zapatero. As empresas poderán modificar libremente as funcións que deben asumir os seus traballadores. Tamén poderán cambiar o horario laboral, o salario ou o sistema de rendemento. Os empresarios poderán non aplicar o convenio colectivo de ámbito superior se así o desexan, de xeito que poderán reorganizar as condicións do seu cadro de traballadores segundo as súas necesidades. Os convenios colectivos non poderán prorrogarse máis alá de dous anos despois de ter caducado.
NOS_16686
En materia de saúde e protección social.
A CIG vén de remitir as súas alegacións ao 33º informe que o Estado español enviou ao Comité Europeo de Dereitos Sociais a respecto do cumprimento da Carta Social Europea e ao grao de incorporacións das recomendacións feitas polo organismo. Para o período 2016-2019 toca avaliar o Grupo 2 de dereitos, relativos á saúde e seguridade nas condicións de traballo, o sistema de Seguridade Social e á protección social. A CIG sinala a través dun comunicado que aprecia importantes incumprimentos e unha "grave falta de vontade correctora" destas eivas por parte do Goberno español, tendo en conta que en informes anteriores o Comité xa declarara que a situación do Estado non é conforme a moitos dos artigos. Hai que ter en conta que os informes que emite o Comité son vinculantes para os estados membros, xa que a Carta Social Europea, como tratado internacional, fai parte do dereito e está incorporado ao ordenamento xurídico español, tendo rango superior á Constitución. Polo tanto, os informes que emite o Comité son alegábeis ante os tribunais españois. Incremento dos accidentes mortais A central sindical denuncia que a situación do Estado español non está en conformidade co artigo 3 da CSE sobre o dereito á saúde e á seguridade no traballo, un punto sobre o que o Comité xa advertira do baixo nivel de cumprimento. Non houbo grandes avances nesta materia, indica o sindicato, e aínda que o número total de accidentes baixou, incrementáronse os sucesos de carácter grave ou mortal. De tal maneira que en 2020 (malia a caída da actividade) rexistráronse 788 accidentes mortais, o que supón 13 máis que en 2019. Resultan de relevancia tamén os accidentes in itinere que, no Estado español, teñen unha concepción máis restrinxida que noutros estados. A CIG considera que este aumento da mortalidade ten a ver coa falta de valoración dos riscos psicosociais, pois a día de hoxe o maior risco para a saúde no traballo é o estrés e a principal causa de morte son os ataques ao corazón e as patoloxías asociada ao estrés laboral. Porén, o sindicato alerta que non se está actuando sobre este grave problema e "resulta alarmante a falta de control sobre as empresas, principalmente debido á falta de medios materiais e humanos da Inspección de Traballo, que derivan en incumprimentos nas tarefas supervisoras e na loita contra a fraude, máis aínda cando parte do labor inspector e organizativo está externalizado nunha consultoría privada". Prestacións e subsidios "de pobreza" En canto ao artigo 12.1 da CSE sobre o sistema de seguridade social, a CIG pon o acento no feito de que a situación do Estado español continúa a ser de non conformidade, xa que a cidadanía non ten garantido o acceso a uns ingresos que lle permitan ter unha vida en condicións dignas. As prestacións por desemprego para as persoas sen cargas familiares son insuficientes; e as prestacións contributivas por desemprego, determinadas incapacidades permanentes, pensións de orfandade, viuvez ou os subsidios están por debaixo do que Eurostar considera límite de pobreza, ao supor contías mensuais inferiores aos 510 euros /mes. Xunto a isto, segue a fenda de xénero, algo que ten a ver coa penalización que o sistema contributivo fai dos traballos a tempo parcial (contrario ao principio de igualdade e non discriminación), que de xeito maioritario afectan ás mulleres. Esta parcialidade (na meirande parte involuntaria) leva a que as mulleres sigan tendo as pensións máis baixas (especialmente cativas son as contías que perciben as galegas) e que se manteñan as desigualdades de xénero. Ademais, prosegue a CIG, o Estado español non cumpre o artigo 12.4 , ao non garantir os dereitos de acceso ás prestacións básicas a cidadáns doutros países membros e establécese un período moi longo (10 anos de residencia) para poder acceder a unha pensión non contributiva. No relativo ás prestacións asistenciais, o Estado español continúa sen axustarse ao recollido na CSE e malia que o Goberno español aduce a implantación do Ingreso Mínimo Vital como medida para subsanar esta eiva, "o certo é que segue sen cumprir con moitos aspectos da Carta Social". Impacto da pandemia nos dereitos Nesta ocasión, e debido á situación extraordinaria de pandemia mundial, o Comité introduciu unha serie de cuestións a responder polos estados a respecto do impacto da covid-19 sobre este grupo de dereitos. En todos os temas (teletraballo, dereito á desconexión dixital, dereitos para o persoal falso autónomo, control electrónico das/os empregadas/os etc.), a CIG advirte que as medidas adoptadas son totalmente escasas para garantir os dereitos laborais e sindicais e que a lexislación aprobada resulta insuficiente para fixar unhas condicións dignas, ao fiar á negociación colectiva boa parte das cuestións a regular.
NOS_36126
Só un dos dous clubes do país en Primeira División safará de descender. E ningún deles ten todas consigo. Van ser senllas finais. Este sábado, ás 21:00 horas
Catro equipos xogan na derradeira xornada desta temporada de Primeira División permanecer ou descender. E dous deles son galegos: o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. Ambos xogan ás 21:00 horas deste sábado. E vano facer en casa, co que contan co apoio da afección, moi importante nestes encontros. Mais o triste é que a permanencia dun vaise facer a conta do outro. A permanencia dun vai ser a conta do outro. Un caldo de cultivo ideal para guerras localistas que aburren solemnemente á inmensa maioría de vigueses, coruñeses e, por suposto, ao resto d@s galeg@s Non é Celta e Depor, logo, senón Celta ou Depor. O caldo cultivo ideal para guerra de localismos, paletismos e hooliganismos varios entre os dous pulmóns de Galiza. O Deportivo ten 35 puntos e depende de si propio. Se lle gaña á Real Sociedad mantense en Primeira. Iso si, o club vasco non vén de paseo, pois estase a xogar ir a Europa. De empatar, baixa se Celta ou Zaragoza gañan. E se os coruñeses perden, descende se Celta ou Mallorca gañan ou se o Zaragoza puntúa. O Celta ten 34 puntos e está obrigado si ou si a gañar este sábado en Balaídos ao Espanyol e esperar que pinchen os outros equipos. En caso de triple empate a 35 puntos con Depor e Zaragoza, o Celta descendería.
NOS_11099
A pandemia estabilizase na Galiza. Suma outro millar de contaxios e unha lixeira repunta dos casos activos.
Por segunda xornada consecutiva, os contaxios de Covid-19 mantéñense por riba do milleiro, despois de iniciar a semana por baixo desa marca. Esta recuperación motivou un lixeiro aumento das infeccións activas, que se sitúan en 18.643. Segundo os datos actualizados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros de até as 18 horas da cuarta, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI soben a 52 -seis máis-, mentres que os doentes hospitalizados noutras unidades redúcense a 250 -sete menos-. Ademais, hai 18.341 pacientes en seguimento nos seus domicilios. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria baixa en Ourense, Santiago e Lugo; aumenta en Vigo e Ferrol e mantense nas da Coruña e Pontevedra. Casos activos Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 frearon a tendencia descendente das tres últimas xornadas e aumentan lixeiramente a 18.643. Con respecto a hai unha semana, Galiza ten 133 infeccións activas menos que as rexistradas o pasado 29 de xullo. Por áreas sanitarias, os descenden en Ourense (-68), Lugo (-41), Pontevedra (-41), Vigo (-23) e Santiago (-2) e soben nas da Coruña (+153) e Ferrol (+43). A área de Vigo mantense á cabeza con 4.623 infeccións activas seguida da da Coruña, con 4.297; Pontevedra, con 2.662; Santiago, con 2.214; Lugo, con 2.171; Ourense, con 1.596, e Ferrol, con 1.080. Contaxios novos Os novos contaxios volven superar o limiar do milleiro. Sanidade suma 1.110 casos novos, dos cales, A Coruña suma 313; Vigo, 222; Pontevedra, 143; Lugo, 125; Santiago, 124; Ferrol, 95, e Ourense 88. Así, as persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 162.132 na Galiza, que trata de avanzar no control da pandemia cunha taxa de positividade superior a 10%, lonxe do obxectivo fixado pola OMS de 5%. Incidencia A incidencia acumulada a sete e 14 días, segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade, sitúase en 274 e 644 respectivamente por cada 100.000 habitantes para o conxunto do territorio. Por grupos de idade, Galiza segue a rexistrar a incidencia máis alta do Estado entre a poboación nova de 20 a 29 anos, con 1.967 casos por 100.000 habitantes a 14 días, seguida moi de perto por Euskadi. O segundo grupo de idade máis afectado polo coronavirus é o de 12 a 19 anos cunha incidencia de 1.743 casos. Falecementos As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en Galicia aumentan a 2.481 despois de notificar as Sanidade outros dous falecidos, unha muller de 79 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e un home de 78 anos ingresado no Hospital Povisa de Vigo. Ambos presentaban patoloxías previas.
NOS_25497
Desde que comezou a invasión rusa en Ucraína, o batallón Azov cobrou importancia na axenda mediática, mais o grupo neonazi leva actuando contra a poboación rusófona -considera Rusia o seu "maior inimigo"- desde 2014. Debullamos os movementos do que comezou como un colectivo paramilitar e que hoxe está integrado na Garda Nacional de Ucraína, a policía militar do país.
Dous días após intervir vía videoconferencia no Congreso español, Volodimir Zelenski, presidente de Ucraína, facía o propio no Parlamento grego. Mentres tratou de sensibilizar o conxunto do arco parlamentario en Madrid apelando ao bombardeo de Gernika, cos representantes políticos gregos optou por ceder a palabra a un membro do batallón Azov. Os vínculos entre o Executivo de Zelenski e o grupo neonazi xurdiron en 2017, cando o daquela ministro do Interior, Arsen Avakov -que renunciou ao posto en 2021-, nomeou un líder do batallón, Vadym Troyan, como viceministro. Ocupou o posto até 2019, ano en que foi destituído. Zelenski comparece no Parlamento grego xunto cun neonazi do Batallón Azov Que é o batallón Azov? Toma o seu nome do mar de Azov, situado ao sueste de Ucraína, ao norte do mar Negro, e, aínda que naceu como un grupo paramilitar, é hoxe unha facción da Garda Nacional, a policía militar. De ideoloxía neonazi, naceu en 2014, en Mariupol, a raíz da anexión de Crimea, e actuou no Donbás como unha milicia de guerra contra o que considera, publicamente, o seu "maior inimigo", Rusia. Apoiou o denominado polos medios occidentais 'Euromaidan' e o golpe de Estado contra o presidente ucraíno Viktor Yanukovych, aliado de Vladimir Putin. Entre outros crimes de guerra, atribúeselle a participación na matanza de 42 persoas na Casa dos Sindicatos de Odesa en 2014, tras as protestas derivadas polo derrocamento de Yanukovych. Donbass, a guerra silenciada O liderado de Azov defendeu abertamente opinións supremacistas brancas e cultivou lazos con grupos de extrema dereita en Occidente. De feito, desde a súa formación, recrutou combatentes estranxeiros motivados polo supremacismo branco para loitar en Ucraína. Un dos seus fundadores, Andriy Biletsky, agora dirixente do Corpo Nacional -brazo político do batallón-, afirmou en 2010, segundo o medio británico The Guardian, que o seu obxectivo pasaba por "liderar as razas brancas do mundo nunha cruzada final". Foi nas últimas semanas, a raíz da invasión de Ucraína, cando gañaron notoriedade nos medios de comunicación e nas redes sociais, con vídeos en que amosan torturas e profiren ameazas, mais os membros do batallón tomaron un papel cada vez máis importante na vida cotiá do pobo ucraíno nos últimos anos, incluída a organización de torneos de artes marciais e festivais de música neonazi. As imaxes como propaganda Membros de Azov, cunha bandeira da OTAN e unha nazi. En 2017, medios como a BBC publicaron imaxes da milicia de extrema dereita atacando inimigos políticos. En Cherkasy, cidade da Ucraína central, neonazis de Azov irromperon no concello e ameazaron todos os cargos públicos con secuestralos até que non desen luz verde ao orzamento proposto polo alcalde. De feito, o batallón caracterizouse por difundir vídeos a modo de propaganda e que se fixeron virais nas redes sociais, con símbolos como o Wolfsangel, utilizado pola Segunda Divisón das SS Das Reich, cun sol negro, e co nazi Stepan Bandera. Son pezas audiovisuais nas que poden verse membros do grupo con fachos e en escenas de guerra, amosando equipamento militar, e mesmo queimando vivo un home crucificado en 2015. Nunha das últimas imaxes, após a invasión rusa, membros de Azov son fotografados con armamento enviado desde o Estado español e desde outros aliados á OTAN.
NOS_13693
Preséntase por todo o país, promove unha obra de teatro, desenvolverá unha ruta polos castros, conta con merchandaising e móvese con axilidade a través da rede. Vento e Chuvia sumou a súa condición de libro estendido ou trasmedia a de ser pioneiro en organizar unha presentación para a emigración.
Por streaming desde Galiza, emigrantes de todo o mundo puideron participar esta segunda feira na presentación do libro "Vento e Chuvia" (Xerais), un acto no que participaron os autores Manuel Gago e Manuel Cráneo e o editor Manuel Bragado. Dábase tamén a circunstancia de que cada un dos "Manueles" interviña desde unha cidade distinta, Gago desde Compostela, Cráneo desde A Coruña e Bragado desde Vigo. "Moita xente foi á emigración e a tecnoloxía permítenos ofrecerlle a cultura galega en directo", comezou Manuel Gago unha presentación na que se admitían preguntas a través da súa páxina web, do facebook ou do correo electrónico. A emisión por streaming do libro que nos achega á mitoloxía e aos deuses na Idade de Ferro afonda na especial natureza do proxecto e do seu auto, Manuel Gago, que leva anos dedicándose á difusión do noso patrimonio cultural mais tamén ao emprego das novas tecnoloxías da comunicación, en especial, no ámbito da cultura. O editor Manuel Bragado falou dun libro "estendido" por medio dunha edición "híbrida" que ía máis alá do volume en papel, o que Manuel Gago ten defendido como proxecto "trasmedia" e que quedou de maneira especial á vista na presentación en streaming para a emigración. A través da páxina web pódese achegar ao universo creado arredor de Vento e Chuvia, desde propostas didácticas até a tenda con produtos para "fans".
NOS_35204
A Mesa e a cidadanía denuncian a exclusión do galego do programa de festas de María Pita
Podes ter o programa das festas de María Pita en español e inglés. Mais non en galego. Unha exclusión que vén de mobilizar a entidades e colectivos, nomeadamente A Mesa e tamén a cidadáns e cidadás herculin@s que de xeito individual están a comunicar á concellaría de Cultura coruñesa o seu malestar por esta discriminación da lingua propia da Galiza e da cidade. No programa mesmo se traduce a denominación, xa tradicionalmente en galego, de actos como a feira do libro ou Viñetas desde o Atlántico O feito de non haber programas en galego non se debe a que se esgotasen, "ou por unha deficiente distribución, senón porque, tal e como o Consorcio de Turismo da Coruña recoñeceu nas últimas horas a través das redes sociais facebook e twitter a varias cidadás e cidadáns, nin sequera se chegaron a editar". Respostas que non son aceptábeis A Mesa denuncia que non se está a tratar o galego como unha verdadeira lingua oficial. O grupo local da Mesa na Courña sinala que "non son aceptábeis" as respostas recibidas por veciñas e veciños da cidade a través das redes sociais desde o perfil de Turismo da Coruña ao solicitaren o programa das festas en galego: "En el programa publicado se hace un guiño a los dos idiomas y se juega con ambos" ou "Nas oficinas de Turismo temos os programas que máis demandan os visitantes, en castelán e inglés", entre outras respostas polo estilo. "Subxace en todas elas a consideración de que, no mellor dos casos, o galego é unha lingua estranxeira máis, por tanto prescindíbel", lamenta A Mesa, que recorda que "o uso dunha lingua oficial, mentres o sexa, non se pode someter a un simple criterio da demanda". Sintomático A asociación destaca como "sintomático" que na edición da programación festiva en español, amplamente difundida, se chegue ao extremo mesmo de "traducir denominacións amplamente consolidadas en galego desde hai anos", como é o caso da feira do libro, a feira das marabillas na cidade vella ou mesmo o prestixioso salón Viñetas desde o Atlántico. Pola contra, respéctanse escrupulosamente as denominacións en inglés, como acontece coa Tall Ships Race. A delegación da Mesa inicia, como xa fixera o ano pasado, unha campaña de envío de correos electrónicos á concellaría de Cultura demandando "espazo para o galego" na actividade festiva da cidade. A entidade anima para este envío a toda a cidadanía, "que desexa poder gozar das festas de María Pita tamén na lingua propia de Galiza e da Coruña, independentemente de cal sexa a lingua que empregue habitualmente". O correo-e da concellaría é [email protected].
NOS_17583
A Xulio L. Valcárcel (Lugo, 1953) hai que querelo pola súa fondura humana —poucas persoas coñecemos nós tan ricas en bondade e cariño para os demais coma Xulio—, hai que admiralo como escritor polo seu constante, inxente e valioso traballo no campo da cultura galega e, sobre todo, hai que gozalo como poeta.
O libro que hoxe traemos a esta sección está moi lonxe do medo, da angustia e dos tristísimos invernos de tardes de choiva e domingos cincentos, daquela "alma de neno triste" e das "cidades das pombas mortas a balazos". Memoria de agosto / Xulio L. Valcárcel / Deputación da Coruña / 1993 / 108 páxinas / Cando o poeta escribe Memoria de agosto (galardoado en 1993 co Premio Miguel González Garcés e co Premio da Crítica) nada queda xa do ambiente de penumbra e de tristeza que reflicten os poemas que figuran en Cravo Fondo (1977) ou en Vísperas do día (1979) e Alba de auga sonámbula (1983), títulos que abriron tamén camiño. O poeta, tras rematar Dereito en Compostela, pasa a exercer a súa profesión na cidade da Coruña e instálase por fin na tan procurada claridade. Tanto o seu corpo como o seu espírito ábrense, agora si, á luz, á plenitude vital, ao gozo e á beleza, do que é boa mostra a poética de Memoria de agosto. Estamos ante un canto luminoso, ilusionado, sensual e erótico: "O fluír da vida na hora plena". Cada verso é como unha caricia de seda, como o orballo nas rosas, como unha lene brisa. As palabras están no poema como flotando. Non son de pedra nin de madeira nin de ferro. Procuran o gozo e a intimidade. Falan da tenrura e da placidez, do solpor nos ollos da amada, dunha tarde que morre de beleza co poeta en Siena, da ebriedade da luz e de corpos incendiados. Tamén da chamada da terra, da súa voz fonda e do olor da herba fresca, de limpísimos ceos azuis e do mar dentro de si, no corazón. O poeta, despois de duras travesías, arriba a un porto seguro, vive horas redondas: "Fermoso este momento sen angustia /… / Deixarse ir, abandonarse nesta música / que nos leva mansamente ao instante perfecto". Xulio L. Valcárcel regresará en libros posteriores á memoria da casa, á infancia perdida, a esa fonda dor que vai e vén e que nunca deixa de habitar as súas paisaxes interiores. Pero neste libro, aínda que fala da presenza dos mortos con preguntas que non teñen resposta, o poeta faino xa desde o sosego, sen a angustia doutro tempo. Estamos, en definitiva, ante a madurez do ser humano e ante a madurez plena da obra poética dun autor que nunca nos defraudou e que pecha Memoria de agosto cun poema antolóxico tecido con versos de extrema beleza: "Non me deixe a ferida delicada / deste momento en música que vencido / de agonía se inclina…". Podería ser de San Juan de la Cruz.
NOS_26589
As forzas israelís bombardearon na mañá da quinta feira a sede da policía e os edificios de seguridade en Gaza. As autoridades cifran en 69 o número de palestinos falecidos, incluídos 17 nenos, desde que comezaron os ataques.
Os residentes palestinos da Franxa de Gaza espertaron na quinta feira para conmemoraren o Eid al-Fitr, unha das citas máis sagradas do calendario que marca a fin do mes de xaxún do Ramadán, en medio do bombardeo aéreo israelí, que lanzaron unha serie de ataques en varios puntos, entre eles, na sede da policía, nun banco de Hamas e nos edificios de seguridade. O número de persoas falecidas en Gaza disparouse a 69 e o de feridas, a 390, segundo informa o Ministerio de Saúde. Un dos mortos é Bassem Issa, comandante de Hamas na cidade. No barrio de Tel al-Hawa, unha muller embarazada e o seu fillo faleceron nun ataque israelí contra a súa casa, ao igual que unha parella de anciáns do barrio de Sheik Zayed, que foi enterrada baixo os escombros da súa residencia. Ademais, colonos israelís atacan cidadáns palestinos na Xerusalén ocupada. Sobre a Policía de Israel, acusada de atacar fogares palestinos, pesan acusacións de fomentar a violencia contra cidadanía de Palestina. Hamas, grupo que goberna na Franxa de Gaza, lanzou unha vaga de foguetes contra Israel despois de que mísiles israelís destruíran unha terceira torre no territorio costeiro sitiado que alberga sedes de medios de comunicación, residencias e tendas. Fontes sionistas cifran en sete o número de israelís mortos. Vídeos que circulan polas redes sociais na mañá da quinta feira amosan un grupo de homes uniformados, con porras, golpeando un home desarmado mentres irrompen na súa vivenda. Outros amosan varios homes tratando de defenderse dun grupo de israelís que os golpeaban mentres intentaban entrar na súa casa. Por outra banda, a Media Lúa Vermella Palestina informa de enfrontamentos tamén en Cisxordania, onde resultaron feridos ducias de palestinos a mans das forzas israelís. Entre eles, once resultaron afectados por un incendio e dous deles atópanse en estado grave. A ONU, desaparecida O primeiro ministro da Autoridade Palestina, Mohamed Shtayyeh, criticou onte que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas non emitira unha declaración condenando Israel pola escalada de violencia. Unha declaración que sería novamente bloqueada polos EUA. Precisamente, os EUA reiteraron na cuarta feira o seu apoio ao primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, así como "o seu dereito de defenderse" durante unha conversa telefónica co secretario de Estado, Antony Blinken. Doutra banda, nun encontro entre o secretario da ONU, António Guterres, e o ministro de Exteriores ruso, Sergei Lavrov, en Moscova, ambos mostraron o seu apoio a unha reunión do Cuarteto para Oriente Próximo, integrado polas Nacións Unidas, a Unión Europea (UE), Estados Unidos e Rusia.
NOS_2113
Este sábado en Compostela, convocada pola Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galiza.
"Somos empresas intervidas polo Goberno, pechadas por imperativo, e cun nivel de débeda acumulada insostible. É a responsabilidade legal dese mesmo Goberno dar viabilidade ás nosas empresas, non tendo que ser nós quen de cargar co custe desta Pandemia". Así se manifesta no comunicado da Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galiza para a convocatoria da manifestación nacional que este sábado, día 13, terá lugar en Santiago de Composterla a partir das 19:00 horas e con saída desde a Alameda, coincidindo con que a pandemia fai un ano. "Un ano de peches continuados, restricións sin pé nin cabeza que ao sector de hostalería e a todos os que del viven están levándonos a unha situación sin retorno", denuncian desde a Plataforma.Este colectivo encargou a expertos, hostaleiros e economistas a elaboración dunha proposta para un "verdadeiro" plan de rescate, O plan da Xunta, advirten, non serve. Ademais, a Plataforma remitiu unha carta ao presidente da Fegamp co obxectivo de facela chegar a todos os concellos e alcaldes de Galiza, "como reacción dun documento asinado por Alfonso Rueda, no que di que o (mal chamado) I Plan de rescate da Xunta está abonado na súa totalidade. Nós temos a capacidade absoluta de certificar que NON É correcto. Hai moitos hostaleiros pendentes do cobro desa axuda"
NOS_35052
Os pacientes ingresados en hospitais aumentan a 259, deles 41 na UCI.
Galiza rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 86 na área sanitaria de Ourense e 41 en Santiago e outros 51 na Coruña. Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá esta cuarta feira con datos recollidos até as 18,00 horas de onte, o resto de áreas sanitarias contabilizaron nas últimas 24 horas 26 positivos máis en Vigo; 21 na de Pontevedra e O Salnés; 16 en Ferrol e 13 na de Lugo. En canto aos casos activos, ascenderon con respecto ao martes a 4.601, o que supón 91 máis na Galiza e os pacientes curados incrementáronse a 22.277, que implican 154 máis. Por áreas sanitarias, a de Ourense conta con 1.605 casos activos (+42 con respecto a onte); a da Coruña ten 765 (+20); Santiago, 628 (+4); Vigo, 512 (+16); Pontevedra, 469 (sen cambios); Lugo, 475 -dous menos-; e Ferrol, 147 -11 máis-. Até a data faleceron 797 persoas, das que as últimas 11 vítimas foron notificadas esta terza feira. Ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá de onte, ao longo da xornada notificáronse outro sete falecementos -tres tamén relacionados con residencias- de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Os pacientes con Covid ingresados na Galiza aumentaron a 259, o que supón nove máis que os deste martes, deles 41 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI) -un máis que hai 24 horas-. Narón A Consellería de Sanidade incluíu o municipio de Narón no nivel máximo de alerta, o 3 -vermello-, pola situación da pandemia de coronavirus no últimos sete días, que tamén segue vixente noutros 10 concellos. Pola contra, rebaixouse a situación de Tomiño, que este martes estaba en vermello, a laranxa -nivel 2-.
PRAZA_6380
O Concello de Vigo aprobou no 2007 a protección e reforma do Barrio do Cura, pero xa tiña proxectada a súa demolición en 2006
O 12 de abril do 2007 o concello aprobaba o Plan Especial de Protección e Reforma interior Casco Vello. O Barrio do Cura formaba parte do mesmo e era definido en dito documento como "unha peza emblemática da cidade de Vigo", un "arrabalde histórico" onde "mellor que en ningunha outra parte se recoñece o espazo da Memoria" ou "un espazo senlleiro do barrio histórico". Neste contexto o Plan especial distinguía "O Barrio do Cura – San Francisco pola súa morfoloxía e o seu carácter de baleiro cuase rural que demanda remodelación e revitalización urbana". Deste xeito planeaba unha operación de reforma interior para o Barrio do Cura cuxo obxectivo principal era "a obtención de equipamentos e espazos públicos no interior do ámbito, a vez que rematar as partes inacabadas do tecido creado nos anos 60" propoñéndose no plan "un equipamento sociocultural", a "dotación de novas prazas e un parque público", a creación de "prazas miradoiro no Barrio do Cura e no Convento de San Francisco"; e a "apertura dunha vía rodada de servizo ao barrio" Neste plan as edificación residenciais na área non superaban as 4 plantas con 18,50m de altura máxima, malia duplicar a edificabilidade existente (1). Non obstante ter votado a favor da aprobación de dito Plan Especial en abril do 2007, once meses antes, o 19 de maio do 2006, a mesma corporación municipal votara a favor de aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación municipal. Este documento estimaba parcialmente a alegación realizada polas entidades Valery Karpin S.L. e Valery Karpin Asociados Inmobiliarios S.L. (alegación. nº 57.380); na cal propuñan a segregación do ámbito do Barrio do Cura do Plan Especial de Protección e Reforma interior Casco Vello e a delimitación dun novo ámbito de Solo Urbano non Consolidado chamado APR A-4-01 Barrio do Cura. O Concello aprobou no 2007 a protección e reforma do Barrio do Cura, pero xa tiña proxectada a súa demolición en 2006 É dicir o concello por unha banda aprobaba no 2007 a protección e reforma do Barrio do Cura dentro do ámbito do Casco Vello, pero en realidade xa tiña proxectada a súa demolición no ano 2006, mediante a estimación parcial da alegación de Valery Karpin S.L. e Valery Karpin Asociados Inmobiliarios S.L. Deste xeito, cando finalmente o 16 de maio do 2008 o concello aprobou o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o Barrio do Cura deixou de ser para a corporación "un espazo senlleiro do barrio histórico". Xa non apostaba pola recuperación dos seus valores históricos e por promover como principal obxectivo o obter "equipamentos e espazos públicos no interior do ámbito". A partir dese momento o Barrio do Cura deixaba de ser oficialmente parte do casco histórico e comezaba o proceso que pretende a súa demolición en beneficio dun lucrativo proxecto residencial. "La razón es simple, las reformas del barrio planteadas en el proyecto del ruso son totalmente incompatibles con la catalogación de Conjunto Histórico que tiene el Casco Vello. Así, para que el PXOM saliera adelante, había que sacarlo de allí."(2) Deste modo, no posterior documento aprobado " por unanimidade da corporación municipal o 2 de xuño do 2014 e denominado "Plan Especial do Barrio do Cura" o antigo arrabalde do casco histórico xa era definido como unha "bolsa de suelo entre el casco vello y desarrollos de los años 70", un ámbito que "carece de ningún espacio de calidad ni de interés" onde "no existen edificaciones características ni destacables" e onde se afirma que "el Barrio do Cura no participa en ninguno de los sentidos de la calidad urbana del Casco Vello". Todo isto se afirma no documento, que en ningún momento sinala que o Barrio do Cura forma parte da declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) do Casco Vello como "Área de respecto". O parque central proposto é un espazo residual baixo un viaduto e as históricas casas de pedra fican no interior dunha enorme área comercial O desenvolvemento aprobado actualmente para dito ámbito contempla edificacións residenciais de ata 9 plantas e de ata 30 metros de altura, cun viaduto que lembra ao famoso "scalextric" derribado nos anos 80 na Gran Vía. De feito, o parque central proposto é un espazo residual baixo dito viaduto. Crea unha única dotación pública, de 65m2 de planta, e traslada a escola infantil existente. Así mesmo "integra" as históricas casas de pedra do Barrio do Cura no interior dunha enorme área comercial, abrindo unha vía entre o Olivo e Torrecedeira para o acceso ao mesmo que converterá o Paseo de Alfonso nun nó de tráfico e anulará de feito o mirador do Olivo. Certamente, o cambio de criterio foi total, pero o feito mais salientable é que ámbolos dous criterios se estaban a tramitar ao mesmo tempo e que o concello votou a favor en ámbolos dous... Prima o interese da cidadanía nestas decisións ou solo o beneficio para o 1% da poboación? É esta que contamos unha maneira obsoleta de construír a cidade que cómpre superar. Precisamos un urbanismo: + transparente e + participativo. Unha cidade para o 99%. (1) El País. 30.04.2007Aprobado el plan del Casco Vello de Vigo tras seis años de trámites (2)Xornal 20 minutos. 18.12.2006. "El PXOM saca al Barrio do Cura del Casco Vello" (3) El País. 30.04.2007. "El plan del Casco Vello de Vigo prevé cegar una de las vistas clásicas de la ría"
PRAZA_12489
O Goberno galego celebrou este xoves o seu Consello semanal malia ás mobilizacións e situou como asunto 'estrela' un informe sen valor xurídico sobre a futura Lei de Inclusión Social
"Destacar", "salientar", "dar un paso máis", "desbloquear". Son moitos os termos empregados dende os diferentes gobernos para tentar presentar ante a opinión pública calquera proxecto que será realidade nun futuro máis ou menos próximo pero que, sen ter iniciado proceso concreto ningún, pode acompasar coa axenda mediática. Para realizar estas accións os diferentes Executivos, e a Xunta non é unha excepción, botan man moi habitualmente da figura do informe, un documento sen valor xurídico que permite levar á reunión semanal do Consello os asuntos que o gabinete considere oportunos sen ter que tomar ningunha decisión. O seu efecto real é, esencialmente, que o Goberno en conxunto toma coñecemento sobre un tema en concreto e, sobre todo, que na súa comparecencia ante os medios o presidente pode abordalo por iniciativa propia. Este xoves o Executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo volveu poñer en práctica esta técnica, unha circunstancia pouco excepcional en si mesma que o é máis pola natureza especial dun día de folga xeral. A nova Lei de Inclusión, que permitirá compatibilizar a Risga cun emprego, aínda non pasou polo CES, paso previo a chegar ao Parlamento Malia a reducir á mínima expresión a súa axenda oficial -con só dous actos públicos- a Xunta mantivo o Consello no seu día e hora ordinarios. Sobre a mesa tiña un informe "sobre o anteproxecto de Lei de inclusión social de Galicia", o cal non quere dicir que a tramitación desa lei avanzase en absoluto na reunión do gabinete. Non obstante, a presentación deste informe si lle permitiu a Feijóo falar ante a prensa sobre a futura norma, que, asegura, ten intención de remitir ao Parlamento "neste período de sesións" -isto é, antes de xullo- pero que aínda ten que cumprir trámites preceptivos como ser analizada polo Consello Económico e Social, que aínda non comezou a estudala. Nesta liña, o presidente amosouse satisfeito de estar a "dar cumprimento" aos acordos do "diálogo social" -subscritos pola Xunta coa patronal galega e os sindicatos CCOO e UGT- e por dar un "paso máis nas políticas sociais en plena crise económica". Mentres, á mesma hora, centos de milleiros de persoas participaban nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais nas principais cidades galegas Feijóo sinalaba que a súa intención é "evitar que as situacións de exclusión social se convertarn en algo crónnico". Trátase, di, de "evitar a economía sumerxida" especialmente entre as persoas que perciben a Renda Social de Integración (Risga) e, por iso, "por primeira vez" este subsidio será compatible "coas rendas salariais obtidas a través de traballos aínda que sexan esporádicos". "Garántese que a persoa non abandone o seu proxecto de inserción, nin renuncie á realización do traballo, nin tampouco recorra á economía sumerxida", afirma. Ademais, modificarase a propia estrutura da Risga. "Con estas modificacións damos resposta, primeiro, a un acordo sindical e, segundo, damos cumprimento a unha das propostas de resolución aprobadas no Debate do Estado da Autonomía", abondou. Non foi o da Lei de Inclusión o único informe do Consello do día da folga. Como xa anunciara na sesión de control do Parlamento, o Consello tratou tamén o denominado Plan 500, co que, segundo Feijóo, o Goberno galego facilitará a saída de 4.000 persoas das listas de desemprego a través dun investimento de 30 millóns de euros. Efectivamente, a reunión semanal do Goberno galego tratou este plan pero non o aprobou, xa que non é preciso o seu paso polo Consello. Verá a luz a través dunha orde en próximos días, pero foi abordado de novo ante os medios durante a folga xeral. Nota oficial da Xunta sobre a nova lei
NOS_36974
Conversamos con este auxiliar dunha clínica dental de Ferrol que viaxou a Idomeni como voluntario.
Alberte Ameneiros, auxiliar nunha clínica dental, viaxou até o campamento de Idomeni a pasada semana para prestar axuda ás persoas refuxiadas. As cifras oficiais sitúan en 54.230 o número total de persoas refuxiadas en Grecia. De entre elas, por volta dunhas 10 mil malviven en Idomeni das que 3 mil son crianzas --segundo os dados de Médicos Sen Fronteiras. O foco mediático que apuntou cara este lugar nos últimos meses vaise apagando. Un fundido a negro cinematográfico lento e unicamente interrompido de cando en cando polos protestos e as cargas policiais, como a acontecida na quinta feira (19 de maio). https://t.co/trETnmkwcu Idomeni gaseado con lacrimogenos ayer sobre las 19:00 de la tarde. @CanalRefugiadxs #idomeni— Pablo Gabandé (@PabloGabande) 19 maio 2016 Algo que para Alberte Ameneiros é o que están a agardar as autoridades gregas e europeas, "que se apague como noticia" para "quitalos do medio". Os "rumores", explica en conversa con Sermos Galiza, é que visan deslocar as persoas que se atopan en Idomeni cara á "campos militares" aos que xa están a enviar aquelas persoas refuxiadas que se acollen aos plans gobernamentais. Quen fica, faino nunhas condicións "extremas" baseadas en axuda humanitaria que prestan organizacións non gobernamentais locais e internacionais xunto con persoas voluntarias chegadas desde múltiples recunchos do mundo. "Non é comprensíbel que isto estexa a acontecer nun estado da UE", sinala. Como decidiches ir a Idomeni?Vin a situación na TV. Ía coller unhas vacacións e apetecíame botar unha man. Tiñas algún contacto alí?Fun sen contacto. Estaba nun grupo de Facebook de voluntarios que van pola súa conta e alí organízanse. Sabía que había que ir a unha vila situada a uns 14 quilómetros de Idomeni, Polikastro. Atopei un avión desde Porto co que viaxei a Frankfurt e Tessalónica. Como foi a chegada?A situación de Grecia chama moito a atención. Estivera hai máis de 20 anos e o cambio foi brutal. Hai moita xente pedindo na rúa, as estradas e o tráfico son caóticos. Cheguei ás 23h a Tessalónica e ao día seguinte fun a Idomeni. O punto de encontro é un hotel de estrada de Polikastro no que están acampados moitos voluntarios na parte de atrás que se reúnen dúas veces ao día, ás 8 da mañá e ás 8 da noite. Había un grupo de persoas que reparte plátanos e pan de pita. Apunteime. A actitude da policía é de desprezo aos refuxiados Cada mañá iamos ao campo ás 12h. faciamos o reparto dunha tonelada de plátanos e de varias bolsas de pan de pita. A sensación que tiven é de que a axuda chega a quen chega. Repartiamos de maneira bastante caótica. Día a día medraba o nerviosismo. Tamén nos achegavamos ás tendas de campaña para preguntar que precisaban e tentabamos levarlles cousas ao día seguinte. A actitude da policía é de desprezo aos refuxiados. Nas vías do tren teñen dous autobuses cruzados para que non poidan pasar a fronteira con Macedonia, do outro lado hai un blindado para meter medo. Cales son as condicións de salubridade do campo? Son moi duras. Hai por volta de 8 tendas grandes disponibilizadas por ACNUR. A primeira vez que entrei lembrei os barracóns nazis. Hai persoas amoreadas, durmindo en catres tapados con mantas. En fronte delas hai WCs e duchas, máis de 15, porén non dá para todos. O resto das persoas vive en tendas de campaña. Fan lume e quentan auga, imaxino que para se lavar. Mentres estiven alí choveu cada dous días polo que hai moita lama. Dentro do que cabe a situación non é de todo extrema dentro do extrema que é. Sorpréndeme como a UE e Grecia poden ter 8 mil persoas alí sen prestarlles atención O goberno non presta ningunha axuda?Alí non vin presenza de ningún goberno ou administración. Si hai camións do lixo e xente que recolle e limpa. Sorpréndeme como a UE e Grecia poden ter 8 mil persoas alí sen prestarlles atención. A axuda que chega é da solidariedade popular e chega a quen chega. A policía para os voluntarios todos os días, pídelles a documentación. Tentan extremar as condicións para que se vaian ou se acollan aos campos militares. Coñecín familias que volvían para Siria porque aquilo era insoportábel. Teñen nacido crianzas e descoñécese a situación legal na que se atopan. Hai moita desinformación. Porén, aínda cren que hai posibilidades de que abran a fronteira mais iso non vai acontecer. Hai rumores de que os van trasladar queiran ou non nos vindeiros meses. Que sensación traes de volta?Dunha banda, estiven contento proque te implicas, cólleslle cariño á xente, sobre todo aos nenos. Doutra, ao saír a sensación é de pena profunda porque o seu futuro é dramático. Ou quendan alí non sei en que condicións ou volven a Siria. Sei que fixen o que puiden mais sentes impotencia. Preocúpame moito a situación das crianzas porque están expostas a calquera cousa pola desidia do goberno e da UE. Hai rumores de que os van trasladar queiran ou non nos vindeiros meses a campos militares E ao chegar aquí, que percibes?Parece que vés doutro mundo, que non estiven alí porque ves a normalidade que hai aquí. Non é algo do que se fale socialmente. Creo que é iso ao que están agardando, a que a noticia se apague para actuar, para quitalos do medio. Fálase de perto de 60 mil persoas en toda Grecia, non é tanta xente como para non ser reubicadas en condicións dignas. Aínda que sexa entre 10 ou 12 países. É un número insignificante. A xente fuxe dunha guerra xogándose a vida no traxecto. Non se ten a máis mínima sensibilidade.
NOS_815
Aínda que, como consecuencia da corentena pola pandemia da COVID-19, a emisión de gases de efecto invernadoiro diminuíu e a cualidade do aire mellorou, os expertos alertan contra a compracencia desta temporalidade e urxen a escoitar os sinais de saturación que emite o noso planeta.
"Os cambios de temperatura, humidade e estacionalidade afectan directamente a supervivencia de microorganismos no ambiente, e as probas suxiren que as epidemias de enfermidades se tornarán máis frecuentes a medida que o clima continúe a cambiar". A directora do Programa das Nacións Unidas para o Ambiente, Inger Andersen, incidiu nas últimas horas na correlación existente entre a destrución ambiental e a propagación do virus SARS CoV-2, causante da pneumonía COVID-19; e alertou, ademais, do excesivo optimismo das últimas semanas a respecto da capacidade de recuperación do planeta. "Só mudanzas sitémicas a longo prazo cambiarán a traxectoria dos niveis de CO2 na atmosfera", sinalou Andersen, e pediu "unha mudanza nos nosos hábitos de produción e consumo cara a outros máis limpos e máis verdes" co fin de conseguilo. Invasión de ecosistemas O informe Fronteiras, elaborado por esta axencia da ONU alertaba xa en 2016 que as zoonoses (enfermidades propias dos animais vertebrados que poden ser transmitidas ás persoas) son "oportunistas" e "prosperan cando hai cambios no ambiente". Arredor de 75% das novas enfermidades infecciosas son zoonóticas e provocan millóns de mortes anualmente. Entre estas, está a provocada polo SARS CoV-2, mais tamén o Zika, o Ébola, o H1N1 ou o VIH. A progresiva invasión de ecosistemas iniciada no século pasado e intensificada neste, con importantes alteracións do ambiente a través das talas e da grande industria agroalimentaria, levou o ser humano a un maior contacto cos animais salvaxes e a aumentar o risco de zoonoses. Ademais, destruíronse zonas de amortecemento naturais, que normalmente separan os humanos da vida silvestre. E tamén o mercado de fauna salvaxe axuda a que os virus salten entre especies animais e acaben chegando ás persoas. One Health, visión multisectorial O concepto One Health ("Unha Soa Saúde") é unha estratexia mundial para aumentar a comunicación e a colaboración interdisciplinar no coidado da saúde das persoas, os animais e o ambiente, entendendo que todas están ligadas entre si. A Organización Mundial da Saúde (OMS) traballa nos últimos anos para favorecer este tipo de enfoque multisectorial para, entre outras cousas, o control da zoonose. Apoia desde o seus inicios a plataforma One Health Initiative, que leva máis dunha década traballando neste sentido e conta co sostén de numerosos profesionais médicos, veterinarios e ambientais de todo o mundo. One Health Initiative naceu a mediados dos anos 2000 despois do temores que provocou o brote do virus H5N1, unha cepa altamente patóxena da gripe aviaria que tiña unha taxa de mortaldade próxima a 60%. O coidado do ambiente favorece, ao cabo, a saúde do ser humano. Tamén o fai o coidado da fauna salvaxe e o benestar dos animais para consumo. One Health defende que os esforzos só do sector sanitario non poden previr as enfermidades.
PRAZA_18693
A sociedade anónima deportiva obtén licenza municipal para iniciar as primeiras obras pero aínda non ten o resto de terreos necesarios para toda a súa cidade deportiva entre dúbidas dos seus propietarios e da Xunta HEMEROTECA | Varios departamentos da Xunta cuestionan o impacto da cidade deportiva do Celta
HEMEROTECA | Varios departamentos da Xunta cuestionan o impacto da cidade deportiva do CeltaA sociedade anónima deportiva obtén licenza municipal para iniciar as primeiras obras pero aínda non ten o resto de terreos necesarios para toda a súa cidade deportiva entre dúbidas dos seus propietarios e da XuntaO Celta botará a andar as obras do seu proxecto de cidade deportiva nun monte do concello de Mos limítrofe con Vigo antes de ter os permisos para a totalidade do complexo que alí quere levantar. A sociedade anónima deportiva aspira a construír nun monte comunal un gran centro comercial que faga rendible a execución ao seu redor dun estadio, sete campos de fútbol regulamentarios, un pavillón, unha piscina e pistas de tenis. Ese proxecto completo depende dunha autorización autonómica que aínda está a tramitar, pero non unha parte del, de xeito que a pasada semana o Concello de Mos deu licenza para comezar a construír os dous primeiros campos de fútbol en terreos dos que xa dispón o club.Tras a licenza outorgada polo Concello de Mos, a sociedade controlada por Carlos Mouriño emitiu un comunicado no que di que que "o RC Celta dá un paso de xigante cara a un futuro esperanzador e ilusionante" e avanza que "tras completar a tala e limpeza da zona, as obras de construción dos dous primeiros campos de céspede natural e a primeira fase da edificación necesaria para garantir os servizos adecuados comezarán de xeito inmediato".O Celta di que o proxecto "destaca sobre todo polo seu máximo respecto co medio ambiente", pero nese ámbito é precisamente onde aparecen as dúbidas tanto da administración como dos veciños da zonaO comunicado tamén insiste en que o proxecto "destaca sobre todo polo seu máximo respecto co medio ambiente". Porén, nese ámbito é precisamente onde aparecen as dúbidas tanto da administración como dos veciños da zona. Máis alá dos dous campos de fútbol e as súas instalacións asociadas que agora comezará a construír o club, o proxecto global afecta a un total de 864.000 metros cadrados para cuxa transformación é precisa unha autorización autonómica en cuxa tramitación varios departamentos da Xunta, o Goberno central e o Concello de Vigo sinalaron diversos impactos ambientais e eivas que aínda deben ser xustificados ou mellorados polo club. Ademais, os veciños da contorna, moitos dos cales son propietarios dos montes comunais que serían expropiados para o proxecto se eles mesmos non aceptan a súa cesión, temen que o complexo afecte ás traídas veciñais de augas das que se abastecen.O Concello de Mos, gobernado polo PP, e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apoian a iniciativa do Celta, e o Concello de Vigo e o PSdeG critícanaMentres o Concello de Mos, gobernado polo PP, e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apoian a iniciativa do Celta, o Concello de Vigo e o PSdeG critícana e lamentan que, ante o rexeitamento que o proxecto está a ter entre os veciños da zona, os populares están a impulsar diversas modificacións legais para facilitar a expropiación e cesión ao Celta dos terreos necesarios.
PRAZA_7791
Itziar Idiazabal, coordinadora da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da UPV e experta no ensino bilingüe, reflexiona sobre os modelos escolares e a situación das linguas minorizadas no Estado. "Canto máis e mellor se aprenda o galego ou o vasco, mellor se aprenderá o español", di.
Itziar Idiazabal é a coordinadora da Cátedra Unesco de Patrimonio Lingüístico Mundial da Universidade do País Vasco (UPV). Catedrática do Departamento de Lingüística e Estudos Vascos e experta en adquisición da linguaxe de nenos bilingües e en ensino bilingüe, fala con Praza a poucos días da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o vindeiro 21 de febreiro. Desde a cátedra, traballa para "difundir a idea de que é importante manter, fortalecer e preservar todas as linguas, que son fonte da diversidade" e para loitar tamén "contra os prexuízos" que hai arredor da diversidade idiomática. Como ve a visión que no Estado español hai da diversidade lingüística? No Estado español, ao igual que en moitas partes de Occidente, aínda prevalece a idea de que o monolingüismo é a opción ideal, tanto desde o punto de vista individual como social. Do Ebro para abaixo, no caso de Euskadi, aínda se segue a falar do "problema" do bilingüismo cando o verdadeiro problema é o monolingüismo. Queda moito por facer, tanto nas comunidades bilingües como, sobre todo, nos territorios monolingües. "No Estado, ao igual que en moitas partes de Occidente, aínda prevalece a idea de que o monolingüismo é o ideal" A que cre que se deben os prexuízos? É unha cuestión de incultura revestida de toda a ideoloxía que hai e que, en momentos como nos actuais, aumenta a ignorancia e os prexuízos, como aqueles que din que cantos máis idiomas se saiban peor se fala ou que hai linguas doadas ou difíciles... Pero por que se ve como un problema falar máis dunha lingua? Aínda se tende a considerar como problema en lugar de consideralo como negocio, é verdade. Os ingleses teñen un negocio fabuloso co seu idioma, pero os que somos bilingües tamén deberiamos aumentar o noso valor porque en realidade somos máis valiosos. Aínda non vendemos este valor e creo que se podería vender porque desde moi pequenos sabemos que cada un ten a súa especificidade lingüística e que nos esforzamos por aprender os idiomas de aló onde imos. Os que vimos de comunidades bilingües temos moito que ofrecer ao resto do mundo porque o mundo occidental rico ten moita ignorancia neste ámbito. "Os modelos ou plans lingüísticos deberían durar polo menos unha xeración; non son un traxe que se quita e se pon" Como ve desde Euskadi a situación lingüística en Galicia? O que nos chega aquí de Galicia non é moito e creo que hai moito descoñecemento. Si lembro os cambios lexislativos de Feijóo, a derrogación do anterior decreto do bipartito e a idea da Xunta de permitir os pais elixir cada certo tempo o modelo lingüístico. Creo que isto é unha aberración. É certo que é fundamental implicar os pais na escola, pero non se pode cambiar un sistema educativo cada certo tempo nin facelo depender da elección das familias. Esta medida é totalmente antipedagóxica. Pode haber diversos modelos ou plans, pero deberían durar polo menos o que dura unha xeración. A cuestión das linguas non é un traxe que se quita e se pon. Ocorre o mesmo no País Vasco? As tentacións en Euskadi tamén son grandes e non se libra ningunha corrente política, pero facer que a educación cambie en función da corrente ideolóxica ou política é un atraso. Tampouco se pode intentar implantar un mesmo modelo para todo o territorio estatal, porque a lingua condiciónao todo. No fondo creo que o que hai é unha enorme ignorancia e falta de cultura pedagóxica e lingüística. "Debemos deixar claro xa que a xente bilingüe está en mellor situación para ser plurilingüe" Que se debe reivindicar desde as comunidades bilingües? Creo que xa é hora de deixar claro que a xente que é bilingüe está en mellor situación para ser plurilingüe e responder mellor ás necesidades de formación. Que outra cousa te prepara mellor que empregar dúas linguas, pensalas, traducilas...? Claro que os bilingües teñen vantaxes cognitivas! E iso debería ser fácil de entender. Desde Galicia chegoume unha frase, que considero moi acertada, cando se acusaba o Goberno central de "financiar a ignorancia" en canto á Lei Wert e a posibilidade de non dar clases na lingua propia e ter paga a opción en castelán. É unha aberración, unha vergonza e unha cousa moi retrógrada. Cal sería o modelo lingüístico ideal para a educación nos territorios con dous idiomas? O que está moi claro é que a lingua materna é absolutamente sagrada para a escola, pero non sempre, fundamentalmente cando hai linguas pequenas e minorizadas como o galego, o éuscaro ou o catalán. Nestes casos, a educación ten a obriga fundamental de desenvolver esta lingua e a familia só non abonda para que un idioma se desenvolva. No entanto, os que teñen como lingua materna unha grande e poderosa non teñen problema ningún porque a súa pódena aprender case sen ir á escola e iso está totalmente demostrado. Aínda que o éuscaro ou o galego sexan a lingua primeira na casa, necesitan que na escola sexa tratada como a segunda e protexida de maneira especial. Se isto non se fai, nunca se vai desenvolver correctamente. É a inmersión o mellor? Nos modelos de inmersión no Estado apenas se dan clases en español e cando os rapaces chegan aos 12 anos o seu nivel en lingua castelá é totalmente equiparable ao do resto ou incluso mellor. Os que veñen dunha lingua maioritaria teñen a sorte de que a van desenvolver de todos modos porque teñen os medios, a televisión, a familia, as relacións sociais... Con pouco que se faga na escola, apréndense e desenvólvense, polo que non teñen problema. Daquela, por que non aproveitar o tempo para aprender outras linguas? "Canto máis e mellor se aprenda o galego, mellor se aprenderá o castelán; priorizar o idioma minorizado na escola é positivo para os que o falan e para os que non" É o colexio fundamental? Nos lugares onde hai unha lingua minorizada, esta precisa da escola moito, tanto en Euskadi como en Galicia ou Cataluña. Canto máis se aprenda o galego, mellor se aprenderá o castelán e iso tamén está demostrado desde hai moito tempo. Priorizar a lingua minorizada no colexio é positivo tanto para os que a teñen como lingua materna como para os que non. Os que usan habitualmente o castelán non o perden e isto é algo do que hai que convencer a xente, non porque o creamos así, senón porque os datos o demostran. Pero isto exclúe o castelán? Isto non quere dicir que non haxa que facer nada co castelán, por suposto que si que hai cousas que mellorar, pero tamén coas linguas minorizadas. O modelo ideal está claro: as linguas minorizadas precisan de prestixio e presenza a moitos niveis. Tamén é importante involucrar os pais para que eles poidan comprobar que os seus nenos están aprendendo correctamente as linguas. "A escola non pode ir en contra da familia, pero tampouco depender do que ela diga; tena que convencer do que é o mellor para o seu fillo" Como? A escola non pode ir en contra da familia, senón que a ten que convencer do que é o mellor para o seu fillo. En Euskadi tivemos a sorte de que pasamos de entre un 10-15% de pais que escolarizaban os cativos en éuscaro a máis do 70% de inmersión total ou parcial en vasco. E todo foi por solicitude dos pais, que foron esixindo máis éuscaro na escola. Os que rexeitan a lingua vasca ou a galega están aceptando ser máis ignorantes porque o español apréndese en calquera sitio e a min paréceme xenial que así sexa porque canto máis saibamos mellor. Está na pedagoxía cos pais a clave? O ideal e o fundamental é convencer os pais e os centros de que a lingua minorizada é a que máis espazo debe ter porque iso beneficia a outra lingua e a unha terceira. Canto mellor se saiba galego ou éuscaro, mellor se aprenderá inglés e castelán. Hai que deixar claro que o argumento de que estudar varias linguas dificulta a súa aprendizaxe non vale e non é real. Que supón a Lei Wert no ámbito lingüístico? É tan aberrante que me costa pensar que alguén poida ter esa lei en conta. A reforma de Wert considera que debe haber unha lingua, a castelá, con maior consideración e esa insistencia en separar os idiomas por rango é moi grave, non só para as comunidades bilingües, senón tamén para o resto de territorios. Ademais, restar autonomía ás comunidades tamén é malo porque a educación foi mellorando a medida que se descentralizou. O peor da pretendida reforma educativa é o que se propón, pero tamén o desprestixio que se verte sobre aquilo que non sexa o castelán.
NOS_28419
Alcanzará os 254,97 euros por megawatt hora (MWh).
O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá mañá un 22,72% con respecto a este domingo, até os 254,97 euros por megawatt hora (MWh). Este prezo para os clientes do PVPC é o resultado de sumar o prezo media da poxa no mercado almacenista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade. Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista -o denominado 'pool'- situarase nos 159,92 euros/MWh, o que supón arredor de 26 euros máis que o prezo para este domingo (133,50 euros/MWh), segundo datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). O prezo máximo da luz para este 4 de xullo rexistrarase entre as 7 e as 8 horas, con 176 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 143,83 euros/MWh, darase entre as 18 e as 19 horas. A este prezo do 'pool' súmase a compensación de 95,05 euros/MWh ás gasistas (un dato que aínda é provisional e que adoita variar fronte ao definitivo e incidir nas variacións porcentuais do prezo), fronte aos 74,27 euros/MWh (aínda provisionais) rexistrados este domingo. Esta compensación ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada. 18,1% menos que sen aplicarse a medida En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da electricidade no Estado español sería de media uns 311,32 euros/MWh, o que supón uns 56 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así ao redor dun 18,1% menos de media. Con respecto a hai un ano, o prezo da luz para os clientes da tarifa regulada para este luns supón un 221% máis. O mecanismo ibérico, que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros. En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh ata a finalización da medida.
PRAZA_5116
A Casa Grande de Xanceda converteuse na segunda maior explotación produtora de leite ecolóxico de España. Ademais, destaca polo seu intenso uso das novas tecnoloxías e polas visitas guiadas que organiza ás súas instalacións, co obxectivo de difundir o seu modo de produción.
Eran os anos sesenta. María Victoria Fernández-España (neta do fundador de La Voz de Galicia e anos despois deputada por Alianza Popular) e o xornalista Felipe Fernández-Armesto (máis coñecido como Augusto Assía), propietarios da coñecida como Casa Grande de Xanceda, unha casa señorial do século XVIII, dan comezo á explotación gandeira con trinta vacas frisonas traídas de Canadá. Contan que xa daquela, aínda que o concepto non estaba tan delimitado nin por suposto había certificacións oficiais, deseñaron o funcionamento da granxa en función de criterios ecolóxicos, descartando o uso pesticidas, herbicidas e outros produtos químicos. Foi o comezo dunha explotación ecolóxica que hoxe conta con 22 traballadores e traballadoras e ao redor de 400 vacas, o que a converte na segunda granxa máis importante do Estado español en produción de leite ecolóxico, e que ademais dende hai anos pon no mercado unha variada oferta de produtos, dende iogures, queixos até manteiga. Porén, a Casa Grande de Xanceda non só destaca polo seu tamaño ou polos seus produtos, senón tamén polo seu intenso uso das novas tecnoloxías, tanto na xestión interna da granxa coma á hora de difundir e amosar o seu modelo de produción. E nos últimos tempos tamén se fixeron moi populares as visitas guiadas que os seus responsables organizan todas as fins de semana. Que diferencia o leite ou os iogures ecolóxicos daqueles que non o son? Que os fan diferentes e merecedores da certificación que outorga o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega)? Fundamentalmente, que no seu proceso de produción non interveñen químicos engadidos: nin fertilizantes, herbicidas nin pesticidas para os prados ou o millo e o centeo que compoñen a alimentación das vacas, nin suplementos artificiais (hormonas) para o incremento da produción leiteira, nin antibióticos para os animais. Tampouco para as froitas que se engaden aos iogures, por exemplo (o que fai que teña que ser importada de Austria na súa maior parte, debido á escasa produción que se rexistra en España). E por suposto os iogures ou o queixo non contan con ningún engadido, coma os sólidos lácteos e outros aditivos presentes habitualmente neste tipo de produtos. Significa tamén un trato distinto para as vacas: teñen máis espazo (contan con 1 hectárea de terreo por cada dous animais, un total de 200.000 metros cadrados de superficie), non están estabuladas, viven ao aire libre a maior parte do tempo, e non son forzadas a ser muxidas, de xeito que a súa produción media (20 litros por vaca e día) é máis ou menos a metade da que se rexistra nas explotacións convencionais. Iso si, todo iso garante un maior benestar para os animais e ten como consecuencia que vivan o dobre de anos que o resto das vacas leiteiras. "As persoas empezan a se preocupar pola orixe do produto" Co cambio xeracional e en busca da supervivencia da explotación ante a caída dos precios do leite, en 2005 obtiveron a certificación oficial ecolóxica e iniciouse a transformación e comercialización de productos elaborados coa súa propia marca. En 2007 comezaron a producir iogures e en 2011 introduciron o queixo. A súa marca pouco a pouco vaise introducindo nas cadeas de distribución; por suposto, nas tendas de produtos ecolóxicos, pero tamén en grandes superficies coma Gadis, Carrefour, Eroski ou El Corte Inglés. Os produtos ecolóxicos non deixan de gañar cota de mercado en Galicia, aínda que é certo que o crecemento é lento, e que polo de agora o seu consumo está aínda moi por detrás do que se rexistra na meirande parte dos países de Europa Occidental. Os españois gastan unha media de 21 euros por persoa e ano (un 10% máis que o ano anterior), fronte aos 177 euros de Suiza, os 162 de Dinamarca, os 134 de Luxemburgo ou os 127 de Austria. Aínda así, os produtos ecolóxicos galegos xa facturan máis de 22 millóns de euros todos os anos, a través de 607 empresas. "Cada vez hai máis conciencia social. As persoas empezan a se preocupar pola orixe do produto; non só pola procedencia xeográfica, senón tamén polo que hai detrás dese produto (vacas en base a pastoreo, galiñas non engaioladas...)" En Xanceda destacan que "cada vez hai máis conciencia social. As persoas empezan a se preocupar pola orixe do produto; non só pola procedencia xeográfica, senón tamén polo que hai detrás dese produto (vacas en base a pastoreo, galiñas non engaioladas...)". E engaden que "as persoas comezan a mirar as etiquetas e a rexeitar alimentos con aditivos innecesarios e buscan produtos sen porcarias". Recoñecen que a meirande parte dos produtos ecolóxicos que se producen en Galicia expórtanse, polo aínda baixo nivel de consumo interno, aínda que no seu caso, por tratarse dun produto fresco (leite, iogures...), "apostamos polo mercado local e a verdade é que estamos encantados coa acollida que se nos está dando tanto en Galicia como no resto de España". En canto aos prezos, na granxa destacan que os produtos ecolóxico custan máis porque "son máis caros de producir". E poñen o exemplo de que "unha vaca ecolóxica produce a metade de litros que unha vaca convencional. Ou unha hectárea de millo ecolóxica, sen tratamentos de pesticidas produce un 40% menos que unha hectárea tratada con produtos químicos". Engaden que "desde o punto de vista ambiental é preferible apostar polo local", sobre todo para reducir "a pegada de carbono", co menor transporte posible. Hai uns meses, nunha entrevista en Praza, José Antonio Fernández, presidente do Craega, amosaba un moderado optimismo con respecto ao futuro das producións ecolóxicas: "a pesar da crise e de que neste momento estamos sen axudas, que consigamos manternos e mesmo crecer algo, é importante". E auguraba a que será o incremento do consumo interno, galego e español, destes produtos, o que levará a un cambio no sector: "no momento en que cheguemos á metade da media de consumo por habitante de Alemaña, aumentará moito a produción", e nese momento, cando a produción sexa maior, "os prezos igualaranse aos dos produtos non certificados". Mesmo destacaba que xa na actualidade os produtos ecolóxicos non son necesariamente máis caros, pois en moitos casos as súas curtas canles de comercialización, que eliminan a figura dos intermediarios, abaratan moito os prezos, deixándoos ao mesmo nivel que os produtos non certificados. Visitas guiadas para difundir a súa filosofía de traballo "Cremos nos sistemas de producción ecolóxicos como forma de preservación e desenvolvemento sostible do medio ambiente. Todas as nosas actuacións van encamiñadas a xerar credibilidade" A Casa Grande de Xanceda organiza todas as fins de semana visitas guiadas á granxa e tamén se realizan actividades para grupos de escolares. O obxectivo é amosar o seu modelo de produción, a forma en que viven as vacas, o xeito en que son muxidas, e tamén que os consumidores ou posibles consumidores vexan as instalacións nas que se leva a cabo todo o proceso de produción. En grupos pequenos (é necesario reservar con antelación) e cun custe de 3 ou 4 euros por persoa, nenos, nenas e maiores poden visitar e mesmo darlles leite aos cuxos, e ver os outros animais (ovellas, porcos, ponis, burros) tamén presentes na granxa. Estas visitas son unha mostra do gran coidado que os responsables da Casa Grande de Xanceda puxeron na difusión do seu traballo. Un coidado que se percibe no intenso e intelixente uso das redes sociais, na que varias veces ao día informan de cada pequeno suceso que ten lugar na granxa. Unha boa forma de facer pedagoxía sobre a importancia de preocuparse non só polo prezo ou o sabor do produto final, senón pola calidade de todo o proceso, e polo impacto que xerou nos animais que o produciron e na natureza no seu conxunto. "Asumimos un importante compromiso empresarial, social e mediambiental, cremos nos sistemas de producción ecolóxicos como forma de preservación e desenvolvemento sostible do medio ambiente", destacan, e engaden que "todas as nosas actuacións van encamiñadas a xerar credibilidade: envase precintado, instalacións visitables, controis de calidade internos e externos, transparencia informativa...". Este modélico uso das novas tecnoloxías dende unha empresa situada no rural tamén se deixa ver na xestión interna da granxa, totalmente informatizada, e na que cada vaca conta cunha pulseira dixital nunha das súas patas. Este aparello contén toda a información sobre o animal (identidade, idade, enfermidades, produción leiteira...) e mesmo conta os pasos que dá ao longo do día nos prados. Esta información permítelles aos responsables da granxa facer un seguimento diario e individualizado do seu estado de saúde, algo que sería imposible, nunha explotación con case 400 animais.
PRAZA_12254
O presidente da Xunta reclama "explicacións" ás forzas políticas que, di, "non tomaron" as "decisións contundentes" que, afirma, si asumiu a Xunta mesmo "antes de coñecer o sumario" do caso 'Campeón'
"Aqueles que utilicen o nome de calquera político en van, incluído o do presidente da Xunta, terán que enfrontarse a ese tipo de procesos nos que están incursos". Visiblemente molesto, Alberto Núñez Feijóo respostou deste xeito ao ser cuestionado este xoves en torno ao encontro que, segundo figura no sumario da Operación Campeón e tal e como el mesmo recoñeceu no Parlamento, mantivo co empresario Jorge Dorrubo, suposto líder da trama de presuntos delitos de fraude de subvencións, branqueo de capitais e tráfico de influencias. Despois de que o diario El País dese conta das gravacións de conversas telefónicas nas que Dorribo afirmaba, en conversa co ex deputado Pablo Cobián, que Feijóo "lle ía mover as axudas do Igape", o xefe do Goberno galego remarca que "todos nos coñecemos e todos sabemos o que fixemos". "Hai un Goberno autonómico e o partido que o sustenta que tomou decisións claras" mesmo "antes de coñecer un sumario" que "non revela grandes cousas". "Hai personaxes que están metidos neste sumario, parece que con eles non vai nada e os seus partidos dan leccións" A xuízo do presidente, a quen lle corresponde "dar explicacións" é "a quen non ten tomado ningunha decisión contundente" pola súa presunta implicación no caso, en referencia ao ex ministro José Blanco e ao PSOE. "Nós non facemos unha diferenciación entre os políticos dun partido e os doutro" e por iso "os políticos do PP que tiveron unha relación eticamente reprochable xa non están nas institucións nin nos seus cargos", sinalou ao ser preguntado pola posibilidade de novos cesamentos na Xunta a raíz das novas revelacións do caso. Do mesmo xeito, explica que "vin no sumario que este señor [Dorribo] di que eu chamei por teléfono". "Na miña vida chamei eu a este señor", explica, para a continuación remarcar que "o que queira utilizar o nome de políticos honestos ao final vai acabar nun proceso como no que xa está". "Paga a pena facer diferenciacións entre o que di un señor e os feitos probados doutros personaxes que si están metidos neste sumario e parece con eles non vai nada, e os seus partidos se atreven a dar leccións".
QUEPASA_158
Os bos resultados dos padexeiros dumbrieses ratifican a necesidade de contar na nosa terra cun campo de slalom coma a que prentende sacar adiante o Concello de Dumbría en Olveira
Ademais da prata de Iago Canosa, dous cuartos postos e un sexto, súmanse ó balance final do CDM Piragüismo Dumbría nos Campionatos de España de Slalom que se disputaron esta fin de semán no Parque Olimpico del Segre, en La Seu d ́Urgell. Uns resultados que reforzan a necesidade de contar na nosa terra cun campo de slalom coma a que prentende sacar adiante o Concello de Dumbría en Olveira. Todos os deportistas costeiros teñen que desplazarse a La Seu para poder entrenar en condicións de igualdade cos demais deportistas do resto do estado, principalmente vascos e cataláns. O propio Iago Canosa leva 6 anos lonxe da súa casa para poder entrenar e competir cos mellores e poder alcanzar resultados coma o desta fin de semana. Un subcampionato no K1 sub23, acompañado dun magnifico 4º posto absoluto, tras unha magnífica competición, pasando sempre os cortes con suficiencia e facendo unhas baixadas non só co ritmo dos mellores, se non que ademáis sin apenas penalizacións, o que lle permitiu estar arriba durante toda a competición. Marcos Sánchez en LeSeu-Foto de Norbert Aguilera Pola súa banda Jorge Quintáns e Marcos Sánchez eran os repersentantes do club costeiro na categoría K1 xuvenil, e tamén realizaron unha fantástica competición, con Marcos logrando a sexta plaza final, e sendo o segundo xuvenil de primeiro ano, e con Quintáns metendose na final co segundo mellor tempo.Na manga definitiva varias penalizacións apearon ó de Vimianzo do podium que mesmo así asinou unha fantastica competición. Jorge Quintáns en LeSeu-Foto de Norbert Aguilera A cruz dos campionatos foi Lorena Costa. A internacional dumbriesa non atopou a súa baixada en ningún momento, e non foi quen de meterse na final do K1 xuvenil femenino. Non foi o seu mellor ano, quizais máis centrada nos estudos. Peor lle foi a Francisco Fernández Romar a quen un virus gástrico lle impediu competir. Ademáis Martín Fernández Romar exerceu de abridor da proba.
NOS_25049
A Policía Local ordenou retirar unha bandeira de grandes dimensións da Patria Galega, despregada por seareiros que animaban as equipas galegas na regata Bandeira Cidade da Coruña. A actividade de despregamento da bandeira fora comunicada oficialmente e coa antelación debida, sen haber resposta negativa.
A Policía Local obrigou a retirar a bandeira da Patria Galega a unha vintena de persoas que animaba as equipas galegas que participaban este sábado, 3 de xullo, na regata Bandeira Cidade da Coruña. A diferenza do ano pasado, cando tamén se despregou simboloxía do país, os axentes interromperon este sábado as e os seareiros para comunicarlles que tiñan que retirar a bandeira. "Estábamos na varanda do paseo, na enseada do Orzán, sen interromper o tráfico nin o paso nin alterar a mobilidade, ao igual que outra moita xente", relata a Nós Diario Fran Rei, identificado pola policía por ser a persoa que comunicara en nome do BNG a realización desta actividade por rexistro oficial nos días previos. "A policía, cando chegou, dixo que non tiñamos autorización, sen darnos nada por escrito", di Rei. Alén da actividade ser notificada por rexistro con tempo abondo, non houbo resposta negativa, polo que, como é costume, entenden que non foi denegada. "Exercemos un dereito democrático, de liberdade de expresión e de utilización natural da nosa simboloxía nacional". A policía, relata, comunicoulles que baixo ameaza de sanción de infracción da ordenanza municipal de limpeza tiñan que retirar a bandeira. Alén de izar unha bandeira de grandes dimensións da Patria Galega tamén despregaron unha faixa co lema "Avante toda".
NOS_58266
"Meeting the Odyssey" é un proxecto cultural itinerante por mar de catro anos de duración. Tras atravesar o Báltico o pasado anos, diríxese cara o Mediterráneo a bordo dunha goleta como escenario teatral. O proxecto está a recadar fondos de cara o vindeiro ano e lanzan unha campala crowdfunding internacional que inclúe o galego como unha das súas linguas.
A migración, a cidadanía europea ou a Europa dos pobos, ca Odisea de Homero como referente, "Meeting the Odyssey" é un proxecto cultural itinerante que, ao longo de catro anos desenvolve unha travesía internacional que, despois de atravesar o Báltico o pasado ano diríxese cara o Mediterráneo nunha viaxe que ten previsto recalar na Coruña. De cara ao vindeiro ano, busca financiamento a través dunha campaña de crowdfunding que se está a divulgar na rede na que por vez primeira o galego aparece como unha das linguas no vídeo de apoio dun proxecto cultural e social. Unha goleta teatral A goleta Hoppet, única do seu estilo en funcionamento, convértese en escenario sobre o mar que acolle espectáculos teatrais arredor de grandes temas e cuestións sociais. Defínese como unha "odisea moderna" que no verán de 2015 viaxará polas costas italianas e francesas para se dirixir no 2016 a Grecia, nunha sorte de "viaxe de regreso a Ítaca", financiado por varios países ademais da propia Unión Europea. "Esta viaxe de regreso a Grecia só pode ser levado a cabo por unha devota e apaixonada tripulación de artistas e polo preciado apoio de toda unha audiencia", din no proxecto na busca de financiamento social. "Convértete no vento que soprará as velas do Hoppet, apoiando condicións mínimas de traballo para os artistas, ademais da súa residencia. A vosa contribución é o vehículo, para o desenvolvemento desta actividade cultural", explican.
NOS_34373
O Consello da Cultura Galega organiza o faladoiro "A Galiza navegante no imaxinario literario" para reflexionar sobre a importancia do mar e das navegacións na literatura ao fío da exposición "Inventio mundi" do Museo de Pontevedra.
O parladoiro "Galiza navegante no imaxinario literario" terá lugar na cuarta feira 11 de decembro ás 19.30 horas, no Museo de Pontevedra. A profesora da Universidade de Santiago de Compostela e secretaria do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, exercerá como coordinadora deste encontro nos que participan Pemón Bouzas, María Solar e Víctor Freixanes. Os tres teñen obras nas que o mar é protagonista. Pemón Bouzas, escritor de ampla bibliografía, fará un repaso da investigación que realizou ao redor de figuras históricas da navegación galega como Mourelle de la Rúa ou Francisco Caamaño. A expedición Balmis, que partiu do porto da Coruña coa vacina para paliar o andazo de varíola que sufría América, centra a novela de María Solar Os nenos da varíola, sobre a que afondará na súa intervención. O Triángulo inscrito na circunferencia, a primeira e premiada novela de Víctor Freixanes, levaranos a navegar polo quimérico Mar dos Espellos que mestura o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado. Partindo de aí, o autor fará unha achega da relación entre literatura e o mundo mariño na cultura galega. Tamén a historia A vindeira cuarta feira 18 de decembro este faladoiro terá continudade ocupándose de datos e feitos históricos. "A Galiza navegante na investigación histórica" contará coa participación de Pilar Cagiao, José Manuel Vázquez Lijó e Anxo Rodríguez Lemos, baixo a coordinación de Ofelia Rey Castelao. Inventio Mundi "Inventio Mundi. Galiza nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII" é unha mostra comisariada por Ofelia Rey que pretende contar as consecuencias que tivo para o noso país a primeira circunnavegación do planeta, a expedición de Magalhães e Elcano, cando se fan 500 anos da súa partida. Pode verse no Museo de Pontevedra até 14 de xaneiro.
NOS_48001
Isabel Risco cóntanos en que consiste Falar sen cancelas, a "comedia galega apocalíptica" que estrea este domingo no FIOT xunto con Pedro Brandariz e Fran Rei.
Falar sen cancelas é unha "comedia pesimista", di Risco: "Estamos nunha situación dramática, pero temos a retranca e o humor que nos pode sacar desta situación. Xa lle gustaría a Husqvarna construír unha ferramenta tan potente coma a retranca". Falar sen cancelas parte da descuberta, por parte dos seus protagonistas, dun andazo que está acabando coa galeguidade. Pon de manifesto, segundo Risco, "a realidade na que vivimos: a nosa economía, os sectores productivos... é como unha conferencia que intenta ser didáctica e á vez cómica, como funcionamos os galegos en determinadas situacións". Para esta actriz e humorista, "a comedia é unha ferramenta de construción, que axuda a que o pesimismo se convirta nunha posible solución, ten que poder co pesimismo. Trátase de transformar o pesimismo nalgo positivo". "Xa a realidade deste país é cómica abondo, así que queremos usar a comedia como unha ferramenta de defensa", di Risco dun espectáculo que se estreará este domingo 11 de outubro no FIOT de Carballo. Producido por Culturactiva, está dirixido por Diego Rey e protagonizado por Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei.
NOS_29470
Comezará esta segunda feira en torno á 'Cidade da Selva', bases da Federación de Guerrillas de Galiza-León ao pé da Pena Trevinca. A campaña está impulsada por 'Sputnik Labrego'
En xullo de 1946 a Garda Civil realizou un importante ataque contra os campamentos da guerrilla antifranquista existentes nos montes de Casaio, aos pés de Pena Trevinca, en Carballeda de Valdeorras. Eses campamentos coñecíanse como 'Cidade da Selva' e eran un dos puntos centrais da Federación de Guerrillas de León-Galiza. Aquel ataque militar desmantelou aquelas bases guerrilleiras situadas no Val da Bruña. Unha campaña de escavacións quer documentar e saber máis sobre aqueles feitos. "Grazas á escavación que realizáramos o verán pasado, puideramos analizar con detalle como se consolidou a Federación de Guerrillas de León-Galiza na chamada "Cidade da Selva". Agora queremos estudar o final da guerrilla e as razóns para a súa desaparición", informa nun comunicado Carlos Tejerizo, director do proxecto Sputnik Labrego. Entre a segunda feira 10 de xuño e o domingo 23 de xuño desenvolveranse unha nova campaña arqueológixa nos montes de Casaio, co obxectivo de documentar aquel ataque da Garda Civil: "Sabemos pola documentación escrita que en xullo de 1946 realizouse un ataque definitivo sobre estes campamentos, concretamente sobre os situados no val da Bruña. Estes son os que escavaremos esta campaña". Este proxecto, iniciado hai dous anos, presentou recentemente os principais resultados da escavación de tres chozos ocupados pola guerrilla a mediados dos anos 40, o que permitiu profundizar en aspectos como a vida cotiá, o papel da muller na guerrilla ou a organización das partidas distribuídas por estes montes. "Todo un éxito que nos animou a continuar coas escavacións, abrindo novas fronteiras de traballo", afirma Alejandro Gutiérrez, codirector das escavacións. Para esta campaña, contarán con Francisco Alonso, de Estela Arqueoloxía e descubridor das pinturas esquemáticas en Casaio, que se presentaron recentemente en Compostela: "esperamos confirmar o que nós xa sabemos, a relevancia das paisaxes históricas nos montes de Casaio e a necesidade da súa protección por parte das institucións", afirma o arqueólogo.
PRAZA_18008
Malia o intento de mediación da Xunta, as conversas finalizan sen acordo. A dirección da compañía segue a despedir traballadores e insiste na posibilidade de pechar a factoría de Cervo. A Xustiza rexeita a petición de UGT de paralizar os despidos.
O conflito na factoría de Sargadelos en Cervo enquístase. Malia o intento de mediación da Xunta a través do Consello Galego de Relacións Laborais, as negociacións que este martes comezaron a dirección da empresa e UGT racharon. "Había un raio de luz pero agora non vexo moita esperanza, cheira mal", din a Praza.gal fontes coñecedoras dunhas conversas nas que Segismundo García, conselleiro delegado, advertiu de que seguiría coa vaga da despedimentos --xa executou máis de 20 dos 49 anunciados-- e que de non arranxarse o conflito podería pechar a empresa. As negociacións entre a empresa e UGT racharon e Segismundo García teima nos despedimentos e na posibilidade de pechar a factoría de Cervo Neste mesmo mércores intentouse de novo chegar a algún acordo pero non houbo maneira. García, máximo accionista, segue a reclamar que UGT retire as demandas contra a compañía e centra os ataques na delegada deste sindicato, Rogelia Mariña. Así, o vindeiro venres celebrarase xornada fundamental para o futuro da factoría de Cervo, xa que terá lugar a asemblea de traballadores (que fora aprazada para votar sobre a revogación desta sindicalista coa que a dirección mantén un enfrontamento desde hai tempo. A empresa confía en que o persoal revogue esta traballadora e acabe forzando a súa dimisión. A súa marcha, segundo a central, é a condición imposta para deixar sen efecto os despidos. O martes, ademais, coñecíase que o Xulgado do Social número 2 de Lugo desestimou a demanda de tutela xudicial presenta polo sindicato UGT contra a dirección de Sargadelos presentada o pasado 21 de agosto. O sindicato solicitaba a paralización dos despedimentos dos traballadores na factoría de Cervo anunciados nunha polémica asemblea pública e nun escrito polo conselleiro delegado da empresa, Segismundo García, o pasado 17 de agosto. Ademais, reclamaba tamén que cesasen os ataques contra a central e a súa delegada sindical, Rogelia Mariña, así como das accións de "chantaxe e coacción" que denunciaba. O xulgado advirte de que o texto no que García advertía dos despedimentos "non vulnera ningún dereito fundamental da liberdade sindical" "O documento, sen firma ningunha, que se di redactado polo codemandado, o único que expresa é a vontade de prescindir de 49 empregados, o que así exposto non vulnera ningún dereito fundamental da liberdade sindical, e iso independentemente de que de facerse efectiva tal medida poida ser obxecto do correspondente procedemento", argumenta o xuíz no auto. Ao tempo, o titular do xulgado tamén rexeitou a petición da orde de cesamento do "ataque directo ou indirecto" contra Rogelia Mariña e a UGT. "Esta pretensión exercítase de forma tan abstracta e xenérica que, de ditarse, podería implicar mesmo unha vulneración do dereito á liberdade de expresión", sinala o maxistraso. A Xustiza tamén rexeitou a petición da orde de cesamento do "ataque directo ou indirecto" contra Rogelia Mariña e a UGT Sobre a demanda de paralización da recollida de sinaturas de persoal da empresa contra o sindicato e supostamente promovida desde a dirección de Sargadelos, indica que o escrito presentado ante o xulgado reflicte "sen máis" a intención dos empregados de "revogar da súa representación a aquí codemandante", o que é "obvio que non pode ser impedido a través dunha medida cautelar, sen prexuízo de que de levarse a cabo finalmente a revogación poida ser anulada pola falta de requisitos contemplados na lei". O auto tamén se pronuncia respecto da solicitude de deixar sen efecto a comunicación remitida á traballadora o 21 de agosto de 2018 pola que se lle concede un permiso retribuído. "Ningunha razón tería adoptar esta medida cautelar unha vez concedido o permiso, sen que, en todo caso, conste oposición ao mesmo por parte da traballadora, así como que na súa adopción ningunha urxencia existe para asegurar a efectividade da sentenza que no seu día se dite". Segismundo García esixe a fin das demandas de UGT e a marcha da súa delegada para reincorporar os despedidos e non pechar a fábrica O auto, contra o que cabe presentar recurso de reposición, supón un capítulo máis do conflito erguido este pasado mes de agosto en Sargadelos e supón un reforzo para a dirección da empresa, que aceptou por fin acudir este martes ás negociacións que se manteñen co sindicato e coa mediación da Xunta en Santiago de Compostela. A compañía, logo da ameaza realizada, levou a cabo xa máis de 20 dos 49 despedimentos anunciados. Mentres os leva a cabo, Segismundo García esixe a retirada das demandas postas pola UGT e Rogelia Mariña contra a factoría e contra el mesmo e que cifra nun custo duns 200.000 euros. Entre as posibilidades, de retirarse as demandas e marchar Mariña, a reincorporación dos traballadores despedidos. De non facerse, ameaza mesma con pechar unha fábrica histórica e emblemática en Galicia.
NOS_25238
O cada vez máis discutido líder estatal do PSOE (que xa non conta co apoio andaluz) participará nunha asemblea aberta na Coruña, xusto a cidade que mellor simboliza as leas internas da súa formación galega.
Esta segunda-feira, na Coruña ás 18:00 horas en Palexco, o secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez realizará unha das súas primeiras visitas a Galiza -que están a ser moi escasas- para participar nunha asemblea aberta á cidadanía que lle chega nun moi mal momento ao novo líder d@s socialistas, que nos últimos días recibiu críticas por parte de varias direccións territoriais, especialmente da máis poderosa: Andalucía. Segundo se publicou, Pedro Sánchez está a ser acusado de "frívolo" por parte de dirixentes que consideran que a mellora da súa imaxe persoal non se está a traducir nun ascenso nas enquisas nin nun proxecto claro para o partido e mesmo está a prexudicar as persoas que serán candidatas nas municipais e autonómicas de maio, condenadas a un segundo plano. Nese sentido, a presidenta de Andalucía Susana Díaz -que foi decisiva para Sánchez gañar a Eduardo Madina nas primarias- teríalle retirado o seu apoio e mesmo estaría pensando en dar un paso á fronte e optar a ser a candidata do PSOE ás xerais, xa que considera que o actual líder non dá o nivel para ese reto nunha formación que pasa por unha fonda crise. Así chega Sánchez a Galiza. Onde as cousas para o partido que aquí lidera Gómez Besteiro tamén tremen. A presidenta andaluza Susana Díaz pensa en presentarse como candidata ás xerais, decepcionada coa que foi a súa aposta Porque o ambiente interno no PSOE galego tampouco é o mellor e moito menos na provincia cuxa capital vai visitar. O pasado sábado, a proclamación de Julio Sacristán -rexedor de Culleredo- como secretario xeral do PSdeG da circunscrición coruñesa estivo rodeada de polémica e cunha clara división, xa que só o sesenta por cento d@s delegad@s apoiaron a súa dirección, que non contou co voto afirmativo do aparato do partido nas tres cidades, A Coruña, Ferrol e Santiago. Nalgunhas destas producíronse demisións ou abandonos após o resultado das primarias, que tamén afondaron en divisións en Ourense -co pachismo derrotado- ou outras localidades. E as enquisas que seguen sen dar boas novas tampouco ao PSOE na Galiza. Precisamente, das diferenas internas falou este domingo a secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, que -nunha entrevista na SER-Galiza- pediu que "as minorías acepten ás maiorías" e recoñeceu que "os socialistas socializamos todo, mesmo as diferenzas". A dirixente viuse obrigada este domingo a facer un chamamento á "unidade do partido", xa que considera que son demasiado evidentes os enfrontamentos. Así mesmo, Pilar Cancela recoñeceu que López Orozco tería que demitir e non podería volver ser candidato á alcaldía de Lugo se abren contra el xuízo oral e suxeriu que Beatriz Sestayo deixe o seu escano no Parlamento galego agora que vai ser a cabeza de cartel nas municipais en Ferrol.
NOS_16912
Devoto de Milton Friedman, defende um programa maciço de privatizações. É o homem escolhido por Jair Bolsonaro para ganhar a confiança dos mercados, que até há pouco viam no ultra-direitista alguém muito partidário da intervenção do sector público na economia. Agora a Procudoria [fiscalia] investiga Paulo Guedes por pretensamente estar envolvido em fraudes à custa de entidades propriedade do Estado.
A notícia de Paulo Guedes estar incurso numa pesquisa do Ministério Público é um sério contratempo para a candidatura de Jair Bolsonaro, quem venceu com mais comodidade da prevista no primeiro turno das eleições brasileiras (domingo 8 de outubro). Segundo as investigações, e de acordo com uma informação que avança a Folha de São Paulo. Guedes teria participado com executivos do Partido dos Trabalhadores e do Movimento Democrático Brasileiro numa fraude com fundos de pensões. Guedes teria captado em seis anos perto de um bilhão de reais, por volta de 234 milhões de euros. As entidades das que teria obtido os fundos são, entre outras, o Banco de Brasil, Petrobras e Correios.
NOS_39585
Os expertos falan dalgunhas eivas e consideran que é un "síntoma claro das présas á hora de inaugurar". Por outra banda, o BNG de Ferrol, como o de Lugo, exixiu un servizo ferroviario "digno" para a comarca.
Maquinistas discrepan do modo de proceder que lles marca o administrador de infraestruturas ferroviarias (Adif) no tramo entre Taboadela e Ourense, uns 15 quilómetros pertencentes á recentemente inaugurada liña de alta velocidade entre Madrid e Galiza, xa que cren que "non é seguro". Esta advertencia foi trasladada na segunda feira nun foro coa participación da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, entre outros actores. "Non se obtivo unha resposta clara", apuntan fontes consultadas por Europa Press presentes na devandita reunión. "O que están a tentar é mitigar un suposto despiste. Pero é todo moi inxustificado. Porque mitigas por unha banda pero xeras outros (riscos)", apuntan fontes da área técnica do Semaf. Este sindicato explica que os maquinistas advertiron a situación a semana pasada ao revisar a documentación, apenas sete días antes da apertura da liña, "síntoma claro das présas á hora de inaugurar". O modo de proceder do que avisan consiste "nunha manipulación" do sistema de seguridade ERTMS que, a xuízo do Semaf, "contravén todos os preceptos" da UE. A primeira xornada de AVE no traxecto Ourense-Madrid saldouse coa plena ocupación das prazas dispoñíbeis, segundo informou Renfe, que cifrou en case 5.000 persoas as usuarias. Servizo ferroviario "digno" Mentres se desenvolvía a primeira xornada de traxectos comerciais do AVE, o BNG concentrábase fronte á estación de ferrocarril do concello de Ferrol para exixir un servizo ferroviario "digno" para o municipio. A formación nacionalista critica que "pese á suposta" chegada do AVE á Galiza, Ferrol segue illada territorialmente co resto do país e do Estado en materia de transporte público, "tanto por ferrocarril como por estrada". O voceiro municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, definiu como "esperpento" que se anuncie a chegada do AVE á Galiza mentres os dirixentes políticos responsábeis "gardan silencio" ante o comportamento "totalmente indolente" do Goberno español ao respecto das conexións ferroviarias de Ferrol. Rivas sinalou tanto a PSOE, que ocupa a Alcaldía de Ferrol, como o PP, na Xunta, pola súa "hipocrisía". O voceiro nacionalista lamentou que para os partidos estatais o prioritario sexa conectar Galiza con Madrid, e asegurou que o Bloque "non vai calar e seguirá a traballar para superar o illamento da cidade e da comarca". Finalmente, Rivas exixiu que se asuman os compromisos acadados coa veciñanza de Ferrol e "se desenvolvan os investimentos comprometidos" en materia ferroviaria. No mesmo sentido manifestouse na segunda feira o tenente de alcalde do concello de Lugo e portavoz municipal do BNG, Rubén Arroxo, que viaxou en tren desde Lugo até A Coruña para "amosar o tempo que require este traxecto". A duración da viaxe -que iniciou ás 8.25 horas- estaba prevista en unha hora e 47 minutos, mais unha incidencia producida por un tren de mercadorías á altura de Curtis obrigou a rematar o percorrido en autobús e elevou a duración até as dúas horas e 35 minutos, chegando á Coruña ás 11.02 horas. Tras a viaxe, Arroxo, apuntou que "unir Galiza con Madrid está moi ben", mais "a verdadeira necesidade das galegas e galegos é unir as cidades e vilas de Galiza, sobre todo as de interior, porque as persoas viaxan maioritariamente, entre Lugo, Santiago e Ourense, cidades que non contan cunha conexión de calidade".
NOS_41904
A oposición coincide en criticar a actitude dun PP afastado do diálogo.
Mil emendas parciais presentou a oposición ao proxecto de orzamentos do goberno galego e mil emendas botou abaixo o PP co rolete da súa maioría absoluta. Sen marxe para o diálogo nin para admitir ou asumir ningunha das propostas feitas polo BNG, En Marea ou PSdeG. Os orzamentos do PP sairán, en principio, tal cal se presentaron, sen permitir calquera achega ou formulación de mellora. A mediados de xaneiro o Partido Popular xa fixera uso do rolete para botar abaixo as emendas de devolución dos orzamentos presentadas por BNG, En Marea e PSdeG. Contra a maioría absoluta dos populares de pouco valeu (cuantitativamente falando) que entre as forzas da oposición se apoiasen unhas a outras á hora de votar esas emendas. O PP anunciara rolete e houbo rolete. A mesma actitude tiveron os populares a respecto das emendas ao estado de gasto e acompañamento, por volta de mil e que propoñían reorientar uns dous mil millóns de euros. Esta actitude amosa para Ana Pontón (BNG), que Feijóo ofrece unha cara pola mañá ("a do diálogo") e pola tarde bota man da maioría absoluta e "non é quen de aceptar nin unha soa emenda". A portavoz nacionalista lamenta que o PP teime nunhas contas que amosan un goberno "sen ideas novas, esgotado". Luis Villares (En Marea) criticou Núñez Feijóo por facer "moito brinde ao sol" nas comparecencias públicas para, finalmente, rexeitar calquera proposta que non sexa dos seus. Fernández Leiceaga (PSdeG), de por parte, considera que esta actitude de aplicar a maioría absoluta para rexeitar as propostas da oposición "dá medida do talante político" de Núñez Feijóo. Porén, Pedro Puy (PP), defendeu que se fixera un esforzo de diálogo e aproximación coas forzas da oposición. As propostas Desde o BNG rexistráronse máis de 300 emendas, ás que hai que sumar as perto de 60 a 2 anexos. Os nacionalistas propoñían reorientar uns 900 millóns de euros para que se destinasen a política social, emprego ou servizos públicos. O plan retorna (para favorecer a volta dos mozos que tiveron que emigrar) ou o resgate do Hospital Álvaro Cunqueiro, eran algunhass das propostas, así como establecer un plan galego contra a violencia de xénero, que se dote economicamente. Un cento de emendas foron as presentadas por En Marea ao documento de Orzamentos 2017. Afectaban uns cincocentos millóns de euros. O grupo parlamentar de Luis Villares poñía sobre a mesa propostas como a de destinar 15 millóns de euros a un plan de emerxencia contra a precariedade laboral, ou ben destinar ao ensino público cartos que se dirixen a concertos coa privada, algo que tamén propoñen facer na sanidade. O PSdeG rexistrara 600 emendas. Uns 600 millóns de euros os que coas mesmas queren reorientar a campos como o emprego, o I+D ou recuperar servizos públicos. Piden incrementar os ingresos ao tempo que reducir os gastos. A respecto deste último aposta en reducir salarios de altos cargos e publicidade.
NOS_8094
A selección galega feminina pelexa esta cuarta feira por ser primeira do seu grupo. A selección masculina derrotou Asia (28-1).
As 'irmandiñas' xa están clasificadas para a fase final do Mundial de Fútbol Gaélico que se disputa en Irlanda até o 2 de agosto, Após derrotar a unha vella coñecida, Bretaña, (15-0), a selección galega feminina disputará esta cuarta feira ser primeira do seu grupo. No que vai de Mundial, as rapazas acumulan tres vitorias (Bretaña -dous triunfos-, USA Heartland) e unha derrota con Toronto. A selección galega masculina venceu na tarde desta terza feira a Asia (28-1), equipo que xa derrotou na xornada inaugural. Os 'irmandiños' derrotaron tamén USA Pearse mais caeron perante New York, un dos equipos grandes nesta competición. A equipa emproa a fase final do Mundial. A selección galega masculina enfrontarase a outros 24 equipos onde destacan algúns tan fortes como Nova York, San Francisco, Francia, Canadá, Australia, Bretaña ou Arxentina. No feminino competirán 17 seleccións, destacando tamén as estadounidenses, Canadá, Rusia ou Francia, entre outras. O torneo estruturarase nunha primeira parte de liguiña onde os primeiros clasificados accederán logo á loita polo título mentres os demais pasarán a competir nas fases "Plate" e "Shield". Nos próximos días sortearanse os grupos. En 2015 a Gaelic Athletic Association (GAA) creou os xogos mundiais, que nesta terceira edición reúnen 85 equipos e máis de 1.200 xogadores e xogadoras de todas as partes do mundo. O evento acollerá unha fase "Irish" na que só xogan irlandeses que viven fóra de Irlanda e outra "Native" na que compite Galiza e outras seleccións formadas por deportistas non irlandeses
NOS_56335
"Non se pode confundir xenerosidade con sumisión", manifestou Martiño Noriega. Xulio Ferreiro advirte: "Non haberá outro proceso, non imos volver para atrás".
En Marea ten a porta aberta para Podemos para a confluencia de cara ás eleccións galegas mais non na fórmula e condicións que contempla o partido morado, a da coligazón. Esa opción non se contempla por En Marea, que insiste no partido instrumental e que Podemos pase ser un dos actores a se integrar nel, tal e como fixeron outros axentes políticos, como Anova, Esquerda Unida e as marés. "Non se pode confundir xenerosidade con sumisión", dixo Martiño Noriega, alcalde compostelán, na presentación do proceso de primarias de En Marea. Xulio Ferreiro, rexedor coruñés, acrecentou: "Non haberá outro proceso, non imos volver para atrás". Porén, esta mesma quinta feira, e nunha entrevista en RNE, Carmen santos insitía na coligazón como a fórmula referendada polas bases podemitas no referendo interno e exclúe o de se diluír na maré. Un posicionamento que foi aprobado polo Consello de Coordinación estatal de Podemos cando apostou pola coligazón e non polo partido instrumental. O proceso de primarias de En Marea, que convidou a Podemos a se sumar ás mesmas, comeza xa e contempla o prazo de presentaciónd e candidaturas até o vindeiro martesn ás 23:59 horas. O 16 e 17 de agoto terán lugar as votación s eo 20 será a proclamación do candidato. Luís Villares, candidato O xuíz, Luís Villares, o nome máis sonado para encabezar a candidatura da Marea á presidencia da Xunta presentarase ás primarias esta sexta-feira segundo avanza Europa Press. Villares tería remitido unha carta á maxistratura para indicar que se afasta da súa profesión para iniciar carreira política, como obriga a lei.
NOS_20979
A segunda grande exposición do Xacobeo 2021 chegará en outubro deste ano, logo de ser adiada por mor da COVID-19. O Gaiás acollerá 'Galicia, de Nós a nós', unha mostra centrada na importancia da xeración Nós e da xa centenaria revista na comprensión da identidade galega nos nosos días.
O Museo Centro Gaiás vai acoller a partir de outubro a mostra Galicia, de Nós a nós. Pensada como a segunda exposición do Xacobeo 2021, estaba prevista para finais de maio, mais tivo que ser reaxendada por mor da alerta sanitaria. O tema, como anticipa o nome, vira sobre a Xeración Nós, que suma neste 2020 o centenario. A nova montaxe sucederá Galicia, un relato no mundo, a exitosa mostra comisariada por Manuel Gago que trouxo pezas transcendentais da nosa cultura como a Santa, de Asorey, ou O libro das invasións. Agora, Galicia, de Nós a nós proporá "un percorrido desde as orixes da toma de conciencia na Galiza até a situación actual", explica o investigador e membro da Real Academia Galega (RAG) Afonso Vázquez Monxardín, comisario da escolma xunto á profesora e investigadora da Universidade de Vigo Ana Acuña. O periplo, desta maneira, divídese en cinco partes. "A mostra propón un percorrido desde as orixes da toma de conciencia na Galiza até a situación actual", explica Afonso Vázquez Monxardín, A primeira é a dos "antecedentes", na que atopamos pezas como o documento de entrada de Vicente Risco na RAG, proposto por Manuel Murguía, o que serve como elo para enlazar o grupo co Rexurdimento. De tal modo, explóranse os cambios producidos na toma de identidade e as transformacións da sociedade. "Protagonistas" céntrase nas figuras nucleares da xeración: Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Lousada Diéguez. Porén, aténdese ademais as varias ondas de persoas que participaron, en maior ou menor medida, na revista, mesmo "os non crentes", di Monxardín, "artistas das vangardas como Seoane ou Cándido Fernández Mazas". O terceiro bloque fai referencia á dinámica da publicación, desde a súa fundación en Ourense á súa expansión, con atención tamén á forma plástica. A cuarta división pon o foco nas cuestións temáticas tratadas na revista. Por último, a quinta parte, "De Nós a nós", entronca co título da exposición, no que se pretende comunicar, coa determinante relevancia no uso das maiúsculas e minúsculas, "a idea de que os protagonistas de Nós continuaron traballando en calquera circunstancia polo país desde o exilio ou desde a Galiza", di Acuña, deixando unha pegada que chega até os nosos días. Atopamos dentro desta sección dous bloques, un deles sobre a "memoria de Nós a hoxe", explica Monxardín, que levaría a falar, entre outras moitas cousas, da pegada dos múltiples colexios, prazas e demais elementos nomeados polos protagonistas do movemento. O outro retrata a vinculación "da realidade actual da Galiza cos seus soños", engade, facendo comparativas coa época pasada e o presente en diferentes eidos, como pode ser o dos transportes, ou a prospección de proxectos da xeración en relación á súa situación actual. Máis alá do libro A mostra "podería correr o risco de ser excesivamente libresca", advirte o propio comisario, ao tratar sobre un movemento intelectual. Porén, Acuña e el procuraron fuxir do uso exclusivo de cartas e libros en favor da inclusión de pezas que aparecen recollidas na propia revista Nós. A exposición ofrece tres interactivos, un deles sobre a capa da revista que permitirá deconstruír os elementos simbólicos que ateigan este emblemático compoñente da publicación. Outra atende os mapas do territorio e as súas mudanzas en relación a Nós, mentres un último pon o foco noutro aspecto central, a arqueoloxía, coa reconstrución en realidade virtual dun campamento. Nós tamén tivo mulleres Entre as pezas máis destacadas, a exposición traerá de Berlín a tese de doutoramento da lingüista Margot Sponer, figura que chegou a Galiza en 1926 falando galego, aprendido en Alemaña, a onde volvería para presentar en 1935 a primeira tese sobre a nosa lingua. "Fisicamente non é nada, pero o poder simbólico que ten, pola participación da muller e da cultura estranxeira que nos mira", resulta para Monxardín trascendental. No reducido espazo da mostra hai un esforzo por "salientar a presenza da muller na revista", asegura Acuña No reducido espazo da mostra hai un esforzo por "salientar a presenza da muller na revista", asegura Acuña. Para alén de Sponer, publican Francisca Herrera Garrido e a irlandesa Annie MacSwiney. Ao carón delas, hai outras cuxo nome non recollen os índices: as recitadoras e contadoras da sección "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza". Hai tamén un empeño por rescatar, por exemplo, as pintoras citadas nun dos artigos, se ben non conseguiron obra de ambas. Museos pos-COVID A COVID-19 obrigou a transformar o discurso expositivo nalgúns puntos, concretamente na eliminación de pantallas táctiles, así como no feito de "alixeirar o contido das pezas para facilitar os traslados duns sitios a outros", explican Acuña e Monxardín. Algúns centros aos que se lles pediron materiais tamén se fecharon máis a facer préstamos, nesa situación de incerteza. Con todo, agradecen a colaboración das múltiples entidades, tanto particulares como institucionais, que colaboraron. Organizada pola Xunta en colaboración coa Deputación de Ourense, prevese que, após o paso por Compostela, teña unha itinerancia na cidade das Burgas en febreiro de 2021. Alén do galeguismo "A xeración Nós é un motor de identidade cultural enorme, que transcende con moito a importancia política do movemento galeguista", expresa Monxardín. Se este conseguiu nos seus mellores momentos 3 deputados de 48, "a nivel cultural gañaron a partida, porque hoxe considérase a lingua como fenómeno de identidade global", argumenta o profesor. A vontade de traballo e de irmandade uniu ademais persoas de tendencia política moi distinta na causa que lles era común: a da Galiza
NOS_28897
The Washington Post informaba en exclusiva que Donald Trump tería desvelado información altamente clasificada ao ministro e embaixador ruso durante unha reunión realizada o pasado 10 de maio. Segundo fontes cercanas, esta información compromete unha fonte crucial de intelixencia no Estado Islámico.
A información que o presidente estadounidense destapou proviña dun socio estadounidense compartido a través dun acordo de intelixencia. Funcionarios estadounidenses afirmaron que estes datos se consideraban tan sensíbeis que eran de acceso restrinxido para aliados e mesmo dentro do Goberno Estadounidenses, polo que revelalos á Rusia supón compartir máis con este país que cos aliados. A decisión de Trump de compartir esta información sen contar co permiso deste socio compromete os acordos de cooperación dun aliado que ten acceso ao interior do Estado Islámico. Os datos revelados polo presidente estadounidense estaban clasificados como code-word information, un dos niveis máis altos de clasificación empregados polas axencias de intelixencia norteamericanas. Após a reunión, varios funcionarios da Casa Branca contactaron coa CIA e a Axencia de Seguridade Nacional para evitar maiores danos. Esta información sae á luz nun momento no que Donald Trump se enfrenta a unha presión tanto política como legal en varios frontes en relación con Rusia. O presidente norteamericano, através da súa conta en Twitter, vén de admitir e defender que ten todo o direito a partillar información con Rusia. As President I wanted to share with Russia (at an openly scheduled W.H. meeting) which I have the absolute right to do, facts pertaining....— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) 16 de mayo de 2017 ...to terrorism and airline flight safety. Humanitarian reasons, plus I want Russia to greatly step up their fight against ISIS & terrorism.— Donald J. Trump (@realDonaldTrump) 16 de mayo de 2017
NOS_5728
Un 'pleno alternativo' a pé da Cámara do Hórreo dá voz a representantes de 35 colectivos sociais para denunciar o 'amordazamento' e para reivindicar un Parlamento soberano e ao servizo d@s galeg@s. Vídeo no interior
"O Parlamento tiña que ser a nosa casa, mais téñena secuestrada". Manuel, de Ferrol, está aos pés da Cámara do Hórreo para falar da difícil situación que sofre "a clase traballadora". Aos pés do Parlamento, non dentro, porque a súa denuncia de precariedade, empobrecemento, temporalidade... non foi escoitada no plenario da Cámara lexislativa, senón no 'pleno alternativo' que organizou o BNG. Manuel era unha das 35 voces -en representación de 35 plataformas e colectivos sociais- que tomaron parte neste acto. Con eles, @s 7 deputad@s do BNG, que non asistiron á sesión 'oficial'. O 'pleno alternativo' decorreu no Parque da Constitución, un espazo ao ar libre ás costas do Parlamento galego. O portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, xustificou a razón da súa convocatoria na decisión do PP de 'amordazar' a oposición, e nomeadamente o Bloque. "Son recortes que atentan contra a cidadanía galega e os seus dereitos", dixo, dentro dunha aposta en "anular o Parlamento e recortar liberdades". Para se revoltar contra esa mordaza, @s nacionalistas convocaron un pleno alternativo baixo a chamada 'O Parlamento galego é do pobo'. Unha sesión na que foron tomando a palabra xentes de diferentes comarcas, implicadas en diferentes loitas, enfrontándose a problemáticas diversas, constituíndose como un 'parlamento soberano'. "Pedimos a fin de todas as mordazas que nos queren impor, na rúa e no Parlamento", pediu Jorquera, antes de que a deputada nacionalista Tereixa Paz -exercendo de presidenta do 'pleno'- dese por aberta a sesión. "Existimos" Ao longo de catro horas foron tomando a palabra representantes de 35 colectivos cuxas voces e problemáticas fan parte desa Galiza real, do día a día, que non figura nas notas oficiais da Xunta. Voces que, como sinalan desde o BNG, "molestan por discrepantes" ao poder e por iso quere "amordazar" os seus representantes. Emigrantes mozas que reclaman un futuro na Terra, retornados non tan mozos que non se renden, preferentistas que resisten contra multas e sancións, mariñeiros, defensores da sanidade pública, mulleres que loitan para que ninguén ordene sobre o seu corpo, valedores dun ensino non sometido a criterios de mercado, traballadores que reaxen e se arrepoñen contra a precarización, activistas contra os despexos e polo dereito á vivenda, protectores do patrimonio... O 'pleno alternativo' quixo ser exemplo de "non nos calarán", un "existimos", perante o silanciamento e indiferenza do goberno face as voces de todos estes colectivos. "Por e para o pobo" Marga Corral denunciou a precariedade laboral e o empobrecemento que, a cada máis, marcan o mercado laboral feminino. Denunciou como as mulleres seguen a sofrer discriminación salarial ou como a emigración levou de Galiza desde o 2007 máis de 92.000 mulleres entre 15 e 34 anos. E reclamou: "Que o Parlamento Galego sexa o Parlamento do Pobo. Por e para o pobo". Pouco antes tomara a palabra Daviña Rubinos, unha moza que denunciou o "suicidio xeracional" que padece o país por mor da emigración. "Non marchamos, bótannos", declarou. As voces foron encadeándose unha tras outra, a construír un relato colectivo dun país afastado de calquera tentación de resignación e conformismo. Xosé Ribadomar explicou a loita que manteñen os veciños do Salnés por unha ambulancia medicalizada. Unha simple ambulancia que, porén, significaría salvar vidas. E Lucía Carreira emocionou contando como, contra vento e maré, tentaban resistir en Aspana Termal malia o abandono da Xunta dun centro con traballadores con discapacidade intelectual. Domitila e os aplausos Até o lugar do 'pleno' achegábanse veciños. Uns para escoitar, outros para asentir coa cabeza e outros simplemente para botar un pedazo rato mirando. A presenza de Domitila, preferentista de 82 anos denunciada pola Garda Civil, arrancou aplausos, que emocionaron a esta muller loitadora. Non foi a única. Falou Teresa García, muller armadora do cerco, que preguntou a quen defendían en Bruxelas os gobernantes galegos, pois as cotas e topes impostos a este sector do mar implicaban "que só poidamos traballar 3 meses ao ano". Tamén do mar falaron os 'xeiteiros', que por boca de Xermán denunciaron que o cupo fixado para 2015 (200 toneladas de sardiña), repartido entre as 427 embarcacións con licenza para pescar con este aparello daba un resultado para sacar o hipo: cada barco pode pescar un quilo e medio de sardiña ao día. "Hai que rir xa non por non chorar, hai que rir por non matar alguén", rosmaba un asistente polo baixo ao escoitar a cifra do reparto. As voces sucedíanse no 'pleno alternativo'. Anxo Noceda denunciaba os despexos e desafiuzamentos que se perpetran no Estado mentres as entidades bancarias seguían a aumentar a súa conta de beneficios após ser rescatadas cos cartos de tod@s. Anxo Louzao defendeu o ensino público, galego e de calidade fronte á estratexia de demolición do Partido Popular, que ía converter a educación nun privilexio. Miguel Corredoira lembrou, pola súa parte, a ILP que reuniu 45.000 sinaturas para dotar o Hospital Lucus Augusti de Lugo de servizo e material e que "foi desvirtuada polo PP". E denunciou, máis unha vez, que os recortes matan: "En Lugo temos un 45% máis de mortalidade a 30 días dun infarto que na Coruña e Santiago". "Os que nos gobernan saben ben que a forza dos pobos é poderosa. Por iso tentan silenciarnos", afirmou o BNG. Contra ese silenciamento, @s nacionalistas ergueron un 'pleno alternativo' con esas voces 'poderosas'.
NOS_22655
É un orgullo observar como nacen proxectos dende a base e se consolidan demostrando que ás veces só hai que soñar para crear. Tal é o caso de 'Ponte nas ondas!', unha iniciativa que xermolou no 1995 da man de varios mestres como unha xornada de radio entre Galiza e Portugal, e que se converteu nun referente e nun fío entre a cultura das dúas comunidades. Celebran o 25 aniversario con moitas iniciativas por diante, a ilusión intacta e unha candidatura Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda da UNESCO.
Que factores inflúen para que un soño deixe de selo e se torne realidade? Ás veces, a casualidade e o azar interveñen nisto, mais na maioría de ocasións todo se consolida tras un fondo traballo voluntario. Así aconteceu con 'Ponte nas Ondas!', unha iniciativa que naceu no 1995 co obxectivo de unir sinerxías entre os centros de ensino galegos e portugueses, e para demostrar que temos moitos trazos comúns, como a lingua, a cultura, as tradicións ou a historia. A pandemia da Covid-19 impediu que celebrasen os seus vinte e cinco anos de andaina e de ilusións, pero dende o colectivo salientan que continúan a traballar arreo para que neste 2021 se recuperen moitos proxectos novos e outros tantos que xa están asentados. As pontes entre Galiza e Portugal afiánzanse, e o que comezou coma un programa de radio ampliouse a multitude de proxectos musicais, culturais, nos que existe unha querenza especial a prol da recuperación do patrimonio inmaterial dos dous pobos. Precisamente foi isto o que impulsou a Candidatura Multinacional do Patrimonio Inmaterial Galego - Portugués para obter o recoñecemento internacional da UNESCO, pasando a ser consultora oficial en material de patrimonio, e que se completará coa presentación ante este mesmo organismo da candidatura para o Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do patrimonio. A radio como unión entre as escolas e o patrimonio Os centros educativos traballan na actualidade nun monllo de proxectos multidisciplinares, pero nos anos 90 eran poucos os que ousaban traspasar as liñas do currículo académico. E aí 'Ponte nas Ondas!' (PNO) foi pioneira, pois rompeu os moldes e demostrou que a radio podía achegar certos contidos ao alumnado de forma dinámica e motivadora, e que a cultura galega e a portuguesa debían camiñar á par e compartir liñas de actuación. Tal e como salienta Santiago Veloso, presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas!, o panorama mudou moito nestes anos, pois dende as cintas analóxicas pasouse ao formato podcast, moito máis sinxelo de manexar e coa rede como aliada. "A iniciativa naceu coma unha xornada de radio interescolar coa escusa da inauguración da ponte internacional entre Salvaterra e Monçao, que xerara moita expectación nas comarcas da contorna", lembra Veloso, quen salienta que "fixemos doce horas de radio seguidas, e o experimento tivo tanto éxito que xa non houbo forma de parar, así que decidimos continuar e apostar forte por este formato que ensambla a radio, a escola e o patrimonio". O que facemos é seguir o ronsel da Xeración Nós, cuxos integrantes xa reivindicaban a necesidade de transmitir esa cultura común ás novas xeracións, algo que agora temos a oportunidade de facer grazas ás múltiples ferramentas tecnolóxicas Os protagonistas son os alumnos e alumnas que, en palabras de Veloso, "senten a tensión da radio en directo, e a ilusión por crear contidos para ela, como teatro, música, contos etc". Pero o panorama mudou moito dende aquel 1995 de casetes ata un 2021 de podcasts, aínda que sempre coas escolas como centro de actuación, que suman na actualidade arredor dun cento entre Galiza, Portugal e mesmo Brasil. "O que facemos é seguir o ronsel da Xeración Nós, cuxos integrantes xa reivindicaban a necesidade de transmitir esa cultura común ás novas xeracións, algo que agora temos a oportunidade de facer grazas ás múltiples ferramentas tecnolóxicas", apunta Veloso. A radio continúa a ser o seu proxecto estrela, e por iso as actividades do 25 aniversario, que tiveron que ser aprazadas no 2020 por mor da Covid-19, retomaranse este ano. Precisamente, de cara ao 13 de febreiro, Día Mundial da Radio, realizarase unha convocatoria aos centros de ensino para que graven cadanseu programa radiofónico arredor da temática proposta pola UNESCO, "Un novo mundo, unha nova radio", e que logo se compartirán no web "Escolas nas ondas". Así mesmo, a asociación ten en marcha unha serie de obradoiros didácticos sobre radio que poderán solicitar as escolas, e nos que se ensina ao alumnado conceptos sobre oralidade, edición de son, creación de podcasts, aloxamento en plataformas dixitais ou a radio en directo. IV Certame Imaxes do Patrimonio O traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial é outra das liñas estratéxicas da asociación cultural e pedagóxica, que durante dez anos organizou o "Certame de Recolla do Patrimonio Inmaterial", no que se animaba ao alumnado a recoller lendas, cantigas, contos ou imaxes da súa familia. A ese concurso déuselle un xiro hai catro anos, e converteuse no "Certame Imaxes do Patrimonio", porque "entendiamos que as fotografías que temos nas casas e nas familias son o reflexo dunha cultura, cun patrimonio íntimo e social, onde se ven mostras desas historias e vivencias comúns", aclara Veloso. O certame vén de anunciar a convocatoria da cuarta edición, cuxo prazo estará aberto ata o 30 de maio, e conta cun enorme éxito de participación, tanto de centros galegos como da comunidade lusófona. O obxectivo é reunir fotografías antigas que amosen actividades e persoas doutro tempo, co fin de non esquecer as expresións culturais e as tradicións herdadas do pasado. "É unha iniciativa interesante porque mostra o oculto e axuda ao alumnado a valorar o pasado da familia e do pobo", destaca Veloso, quen apunta que este ano as fotografías poderán vir acompañadas dun podcast coas voces de persoas da familia, ou tamén con textos reflexivos, coma nas edicións anteriores. Na terceira edición, as imaxes foron remitidas por escolas de Ourense, Muros, Nigrán, Betanzos ou da Fonsagrada entre outras moitas galegas, ademais das portuguesas de Valença de Minho, Caminha, Vila Nova de Famalicão ou Porto. Delas déronse premios ao ensino primario e secundario, que demostraron que temos moita historia agochada que se pode entrever nas fotos e estampas familiares. O primeiro premio de primaria foi para Rafaela Gomes Teles, da Escola Básica e Secundaria de Sobreira (Paredes, Porto), cunha imaxe que reflicte un grupo de traballadores do campo en Francia, durante a guerra de 1914 e 1918. Segundo consta na páxina web de PNO, esta foto foi usada como carta para contar o que pasaba na fronte. O segundo premio recolleuno Sira Veloso Zúñiga, do CEP Sabarís (Baiona), cunha fotografía feita no 1951 na que aparecen un grupo de nenos que recollen as moedas que se lanzaban ao aire á saída dun bautizo. O terceiro premio nesta categoría foi para Maria João Carvalho do Agrup. Esc. Gondifelos (Vila Nova de Famalicão), cunha fotografía do ano 1927 na que aparece a bisavoa Eca Carvalho durante unhas feiras na Póvoa de Varzim, cun cabaliño característico da época. Houbo tamén un accésit para Mariana Guimarães do Agrupamento de Escolas de Gondifelos, na que vemos unha fotografía de 1967 que retrata unha tradición moi antiga na freguesía de Negreiros, no concello de Barcelos, na que as mozas solteiras participan na procesión ata o cemiterio do último domingo de agosto con traxes rexionais, onde homenaxean os seus seres queridos. Do ensino secundario, Claudia Vigo, do IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), levou o primeiro premio grazas a unha foto datada arredor do 1950, na que aparecen a súa avoa e bisavoa na Praza de Abastos de Compostela, onde vendían legumes, froitas e flores. O segundo premio acadouno Claudio Afonso da Confraria da Escola Básica e Secundária do Agrup. de Esc. Muralhas do Minho, (Valença), cunha imaxe tirada en 1964 na que se ven os avós paternos e unha das tías practicando agricultura nun campo preto do río Miño. O terceiro premio foi para Greta García Salgueiro do IES Valadares (Vigo), cunha fotografía moi cómica do 1969 na que aparece o seu avó Marcelino armado cun 'coitelo' a piques de lle cortar o pelo ao seu curmán Juan, xusto cando este ía comezar a mili. Nesta categoría tamén se deron dous accésits. Un para Noelia Cabaleiro Rodríguez, do IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas), en cuxa imaxe vemos un grupo de mozos estomballados no chan no ano 1961, gozando dunha das romarías máis famosas de Salceda de Caselas, a subida ao penedo de San Cibrán. E o outro foi para Paula Comesaña Pérez, do IES Terra de Turonio (Gondomar), cunha foto da súa avoa Elsa cando contaba 11 meses de idade. A instantánea foi tomada na parroquia de Santa María de Chaín, Gondomar, para que o seu pai, emigrado en Montevideo, coñecera a súa filla. O certame afiánzase cada vez máis no panorama galego e portugués, e na pasada edición recibíronse preto de catrocentas imaxes que reflicten os modos de vida, as tradicións e a cultura do pasado século. Con el, as xeracións máis novas toman conciencia do seu pasado e reflexionan sobre o presente, que é unha das claves deste certame. A música que nos une Ponte nas Ondas! xa publicou nas redes sociais dous vídeos musicais especiais para conmemorar as vodas de prata. O primeiro titúlase Voces del más acá, no que se versionaron tres temas musicais que PNO incluíu nos disco-libros Meninos Cantores e Na ponte. Trátase das pezas Máis perto (composta por Uxía e Segundo Grandío), Ponte deste lado (con Guadi Galego e Vozes da rádio) e A ponte (do cantante e compositor brasileiro Lenine). A adaptación realizada polo grupo Voces del más acá para esta nova peza mestura ritmos e sons da lusofonía desde a bossa nova á muiñeira, do portugués de Brasil ao galego e portugués europeo. A outra é un tema musical de Magín Blanco interpretado co alumnado do CEP de Sabarís (Baiona), coas ilustracións de Luz Beloso. Así mesmo, a partir deste mes a asociación comezará a publicar nas redes sociais unha serie de 25 vídeos, baixo o lema "25 pontes", con materiais do arquivo que recollen as actividades promovidas ata este momento. Outra das citas destacadas deste ano 2021 será a iniciativa Cantamos Nós, na que centros de ensino galegos e portugueses dos concellos situados na fronteira gravarán cadanseu vídeo musical. Será unha lembranza, coma unha segunda edición de Meninos Cantores, o libro-disco que no ano 2004 recolleu cancións populares interpretadas por nenos e nenas de colexios de Galicia e Portugal. Segundo salientan dende a organización, está previsto que participen escolas dos dous lados da fronteira, que contarán coa colaboración de coñecidos e coñecidas artistas. Cada colexio escollerá unha canción e, ademais, un elemento do patrimonio inmaterial das súas comarcas: narración oral, un proceso artesanal, unha festa, un saber, unha danza, un cantar…O resultado publicarase en forma de libro-disco e de DVD e tamén poderá verse nunha web creada para a ocasión. A candidatura para o Rexistro de Boas Prácticas da UNESCO As celebracións do ano 2021 estarán acompañadas por un gran recoñecemento internacional ao traballo que PNO vén realizando nos últimos 25 anos, e que se reflectirá na candidatura conxunta de España e Portugal para que sexa incluída no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio da UNESCO. A candidatura, apoiada polos gobernos español, portugués e galego, será presentada en París e entre finais do 2021 e comezos do 2022 darase a coñecer o seu veredicto. Santi Veloso destaca que a candidatura supón, no caso de que a UNESCO a aprobe, "o recoñecemento dun modelo único, e chegar a estar nesa lista é subir a unha cimeira impensábel no 1995, aínda que froito dun traballo colectivo e no comezo sen moita visibilidade". Este recoñecemento posibilitaría a apertura de novas portas, e tería que supoñer un maior apoio por parte das institucións, pois o "modelo PNO" sería exportábel a outras partes do mundo. Entre as iniciativas futuras, dende o colectivo continúan reivindicando a creación dun centro do patrimonio común galego - portugués, e a integración nos currículos educativos deste patrimonio común que debería quedar recollido nos libros de texto. Ponte…nas ondas! é un proxecto no que colaboran a comunidade galega e as rexións lusas, e que está dirixido á poboación escolar. O equipo coordinador confórmano arredor de dez persoas, aínda que contan cunha rede moi afianzada de colaboradores, como antropólogos, profesorado da U Vigo, artistas etc. Todo iso para mostrar, unha vez máis, que a Galiza e Portugal están unidas por un fío común, e que é labor da xeración actual transmitilo ás futuras. Un labor multidisciplinar Ponte nas Ondas! comezou como un programa de radio, e ao longo dos seus vinte e cinco anos de vida ten promovido unha gran multitude de proxectos, como certames de recollida do patrimonio inmaterial, mostras da oralidade galego - portuguesa, dinamización do patrimonio común, presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego - Portugués, publicación de discos e libros... Este labor foi moi recoñecido pola sociedade, e o colectivo conta con diversos galardóns únicos, entre os que destacan o Premio Galicia de Comunicación, concedido pola Xunta de Galicia no 2005, o Premio Bos e Xenerosos, outorgado pola AELG no mesmo ano, o Selo de boa práctica iberoamericana, dado polo Ministerio de Educación no 2013, o Premio OLAS pola mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego - portugués, de Radio Barcelona, e o nomeamento no 2014 como ONG consultora para o patrimonio inmaterial da UNESCO. Publicacións para lembrar A equipa de Ponte nas Ondas! tamén promoveu diversas publicacións, como Cores do Atlántico, Na Ponte ou Meniños Cantores. O primeiro é un traballo divulgativo - musical sobre as cantigas de amigo que ofreceu unha nova perspectiva do xénero máis autóctona da nosa lírica medieval, desde unha dobre dimensión: a interpretación teórica da catedrática holandesa Ria Lemaire Mertens e a interpretación musical da cantautora brasileira Socorro Lira xunto a outros artistas da lusofonía. Na Ponte publicouse con motivo da celebración dos vinte anos e nel recompílanse as diversas experiencias e proxectos do colectivo na recompilación da cultura inmaterial galega e lusófona. E, por último, Meniños Cantores viu a luz no 2004 coma un libro-disco gravado por 17 escolas galegas e portuguesas, que explora o patrimonio musical común, e que se terá unha nova ollada neste ano a través do proxecto Cantamós Nós.
NOS_32197
Estrearase esta quinta feira na Casa da Cultura de Noia. Reconstrúe a historia da "catástrofe de 1960" a través da memoria e voces da veciñanza de Lousame.
San Finx 1960 é o novo documentario de Irene Pin, un traballo a sumar a obras anteriores como Morrer de vagar (2017), filmado en campos de refuxiadas en Grecia, ou Ai, Pardiñas, dásme a vida. A nova obra estrearase esa quinta feira na Casa da Cultura de Noia. Está producido para o Centro de Saberes para a Sustentabilidade, institución recoñecida oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas, coa colaboración de Nós Televisión. Un trailer do documentario pode verse aquí. O documentario reconstrúe a historia da "catástrofe de 1960" a través da memoria e voces da veciñanza de Lousame que narran como a maior das presas de decantación de lodos das minas de San Finx tivo unha falla crítica que provocou unha avalancha de residuos mineiros que arrasou co curso fluvial até a mesma ría de Noia deixando a súa pegada durante décadas. É un pioneiro traballo de investigación audiovisual que se adentra no inexplorado campo da memoria histórica ambiental, poñendo no foco a ocultación durante décadas das consecuencias e implicacións ambientais de industrias como a mineira.
PRAZA_8828
Berio Molina (alg-a, escoitar.org...) e Beka (aka Geeksha, co-admin de olholivre.net) ultiman unha rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles con ferramentas libres para emitir e consultar material audiovisual. Cofinancian o proxecto a través de Goteo.org
Que é Adtlantida.tv? É un sistema de radiotelevisión libre cunha rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles permite poder emitir e consultar material audiovisual en calquera momento e desde calquera lugar, utilizando calquera dispositivo libre. O proxecto está sendo desenvolvido por Berio Molina (alg-a, escoitar.org...) e Beka (aka Geeksha, co-admin de olholivre.net) e diferénciase doutros servizos como Bambuser, Ustream ou Vimeo no emprego exclusivo de ferramentas libres (Icecast en servidor linux, reproductores multimedia html5, apps para android), na combinación nun mesmo servizo comunitario de live streaming e a demanda, ademais da liberdade de contidos, sen censura, así como na ausencia de publicidade. Os seus responsables salientan que en Adtlantida.tv "ti non es o producto que o medio de comunicación vende aos anunciantes, senón que a comunidade se autoxestiona con achegas" Os seus responsables salientan que en Adtlantida.tv "ti non es o producto que o medio de comunicación vende aos anunciantes, senón que a comunidade se autoxestiona con achegas que permiten, unha vez efectuado o desenvolvemento, aboar anualmente o custe dun bo servidor streaming garantizando a estabilidade do servizo (bo amplo de subida e baixada de dados) a través da fibra óptica da rede libre guifi.net". Tamén lles interesa investigar no campo do streaming, desenvolvendo novas aplicacións e funcionalidades: por exemplo, streaming dende android con dúas webcams lanzadas ao mesmo punto de montaxe e aplicación-espía de audio para android que emite simplemente pulsando un botón, así como reforzando as alternativas en software libre. A longo prazo, queten implementar o live streaming na interface web sen recorrer a tecnoloxías privativas. Neste momento atópanse na fase de procura de financiamento a través dunha iniciativa de crowdfunding en goteo.org formando parte do programa de financiamento colectivo de Capital Riesgo da UNIA (Universidade Internacional de Andalucía). O custe total para o cofinanciamento mínimo é de 6500 euros e a cifra óptima chega aos 8900 euros. Tamén buscan tradutores e testers. Polo de agora levan recollidos algo máis de catro mil ofrecendo numerosas recompensas, sendo as máis importantes os que se acadan a partir de 35 euros (conta na mediateca para subir vídeos) e de 55 euros (conta de live streaming). A partir de 150 euros conséguese asistencia e asesoramento técnico para o deseño e montaxe dalgún proxecto de streaming específico. Durante o primeiro ano o número de usuarias estará limitado a aquelas que cofinancien o proxecto durante a fase de crowdfunding Durante o primeiro ano o número de usuarias estará limitado a aquelas que cofinancien o proxecto durante a fase de crowdfunding, polo que o registro de novos usuarios estará pechado, para garantir o servizo e establecer unha relación estreita con aquelas persoas ou colectivos que axuden a poñer en marcha o proxecto. A partir do segundo ano, o servizo abrirase ao conxunto de usuarias da rede e o rexistro será libre. Queren fortalecer e visibilizar os laboratorios de produción cultural independente, así como a cooperativas, iniciativas de autoemprego, freelancers precarias... Afirman que Adtlantida.tv "como iniciativa local (galega), orientada e aberta completamente ao global (coma a mesma rede, coma as redes que habitamos e fomentamos), desexa dirixirse á comunidade creativa no seu senso máis amplo, á cidadanía". E comentan que "a idea base xurdiu como proxecto para desenvolverr novas funcionalidades na área do streaming, ao mesmo tempo que para fortalecer e visibilizar os laboratorios de produción cultural independente (promovendo a conectividade tamén no rural), así como a cooperativas, iniciativas de autoemprego, freelancers precarias...".
NOS_18905
Traballadores da flota de altura e gran altura e da mercante non poden moitas veces exercer este dereito. O BNG pedía que o parlamento instase ao goberno español a regularizar a situación.
Un mariñeiro sueco que leve meses embarcado vai poder votar nas eleccións europeas. Un mariñeiro estonio, igual. Un galego, non. E non pode porque o goberno español (a diferenza do sueco ou estonio) non habilita nin regulariza o método para que poida facelo. A consecuencia é que os centos de galegos que traballan en flota de altura ou gran altura ou na mariña mercante (embarcados durante períodos de moitos meses), non poderán votar o 25 de maio. A normativa actual, que require a presenza nun porto do Estado español para poder votar, é ás claras insuficiente. Hai mariñeiros galegos que pasan campañas de seis meses nas Malvinas, período no que non se achegan a un porto 'español'. Poñer fin á "hipocresía" O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu esta cuarta feira na comisión de pesca, unha proposición non de lei para regularizar o voto das persoas embarcadas, iniciativa que o PP rexeitou por incluír no texto o termo "con urxencia". Rodas cualificou de "hipocrisía" non facilitar que calquera cidadán galego, con independencia do lugar no que se atope, poda exercer o seu dereito ao voto polo que volveu reclamar de "maneira urxente" materializar medidas nesta materia.Lembrou que o uso do carné electrónico garante emitir o voto nos procesos electorais, a pesar de atoparse a centos de millas de Galiza, e un gran número de traballadores galegos deben permanecer longas temporadas no mar. O BNG, recalcou leva presentado iniciativas nos Parlamentos galego e español destinadas a garantir o voto dos mariñeiros embarcados sen que o Partido popular amosara "unha mínima vontade" para facilitalo. Fotos: 'Pleine Mer', de Juan Gaumy
NOS_17427
O grupo Pascual, estaría a preparar un plan de desembarco nunha fábrica que coñece ben, a de Outeiro de Rei, pois nela operou durante case dúas décadas e é o que lla alugou a Alimentos Lácteos. Esta empresa ten a liña de produción paralizada e millóns de euros en débedas
Desde 2010 na factoría de Outeiro de Rei operaba o grupo Alimentos Lácteos, que puxo en marcha dúas marcas (Deleite e Muuu) que atinxiron cota de mercado. Mais tresanos despois, Alimentos Lácteos está case que finiquitada: A cadea de produción leva máis dunha semana parada, a débeda ronda os catorce millóns de euros, os seus 81 traballadores afrontan un ERE e,aliás, produtores das cooperativas propietarias desta firma levan tempo tendo que vender leite noutras empresas. O grupo Leche Pascual estaría a tantear o desembarco en Alimentos Lácteos para rescatala. Esa empresa burgalesa xa operou na factoría de Outeiro de Rei durante case 20 anos. De feito, alugoulla durante 10 anos a Alimentos Lácteos (que de plantel tiña @s operari@s que tivera Pascual). Pascual estaría a preparar un plan de viabilidade coa finalidade de entrar en Alimentos Lácteos. Nese proxecto tería que entrar tamén a Xunta. O goberno autonómico xa achegou a Alimentos Lácteos por volta de seis millóns de euros (dous en avais e catro en préstamos). De feito, desde sindicatos agrarios como Fruga tense sinalado a Alimentos Lácteos como responsábeis de tirar os prezos que pagaba os produtores. Alén de denunciar que cooperativas se beneficiaban dese grupo, ás que se apuntaba como 'amigas' do goberno. E @s traballadoras e traballadores? O persoal acordoua finais da pasada semana esixir como premisa básica na negociación "garantías de mantemento da totalidade dos empregos actuais, planos de viabilidade críbeis e insistir no mantemento das condicións de saída pactadas no seu día con Leche Pascual", segundo indican desde a CIG.
NOS_15005
A decisión da Administración estadounidense de considerar que as colonias israelís en Cisxordania están en concordancia co dereito internacional -en contra da posición bipartidista común de máis de catro décadas en Washington- súmase a outras medidas do actual presidente que inclinan a balanza cara aos intereses de Israel no conflito con Palestina. Alén disto, o inquilino da Casa Branca bótalle un xeneroso cabo ao primeiro ministro en funcións, Benjamin Netanyahu.
O árbitro na disputa entre israelís e palestinos pola distribución dun territorio que partillan volveu tomar partido pola facción sionista. Unha pedra máis das varias postas pola Administración Trump desde a súa chegada á Casa Branca en xaneiro de 2017 nun só dos pratos da balanza. Mike Pompeo, o secretario de Estado dos Estados Unidos (equivalente a un ministro de Asuntos Exteriores europeo), facía o anuncio esta segunda feira: o estabelecemento de asentamentos israelís en Cisxordania «non é per se incompatíbel co dereito internacional». Até o de agora, a política do Goberno estadounidense sobre este tema asentaba os seus piares no coñecido como Memorando Hansell, de 1978, unha directiva elaborada polo gabinete legal do Departamento do Estado durante a Administración Carter na que se consideraba que os asentamentos civís en Cisxordania eran «incompatíbeis co dereito internacional». Desde entón -agás Ronald Reagan, que en 1981 discrepou con esta conclusión- os diferentes presidentes dos EUA mantiveron até agora esta postura. É dicir: consideraren os asentamentos «ilexítimos» -aínda que non «ilegais»-, ao tempo que dan cobertura a Israel ante as numerosas resolucións condenatorias aprobadas pola ONU. Con todo, a finais de 2016, nunha das últimas medidas da Administración Obama, os EUA non vetaron -ausentándose da votación- unha resolución da ONU que reclamaba a fin dos asentamentos ilegais. Resolucións «Dicir do estabelecemento de asentamentos civís que son incompatíbeis co dereito internacional non funcionou, non promoveu a causa da paz», declaraba Pompeo nesa mesma conferencia de prensa, na que tamén reflexionou que «a dura verdade é que nunca haberá unha resolución xudicial para o conflito, e os argumentos sobre quen ten razón e quen non son un tema de dereito internacional que non traerá a paz». É o dereito internacional ao que fai referencia o secretario de Estado estadounidense o que até o de agora estaba poñendo os alicerces na construción dun escenario minimamente estábel para a complicada resolución do conflito e que, na opinión máis estendida na comunidade internacional, pasa pola instauración de dous estados. O Convenio de Xenebra prohibe que unha nación ocupante traspase a súa poboación a un territorio ocupado Os asentamentos israelís están localizados en territorios que foran asignados ao Estado árabe de Palestina pola ONU en 1947 a través da resolución 181. A súa orixe está na Guerra dos Seis Días, de 1967. Israel apropiouse deses territorios (e de Xerusalén Leste) a raíz deste conflito bélico e, malia que o Cuarto Convenio de Xenebra (GCIV, de 1949) prohibe que unha nación ocupante traspase a súa poboación a un territorio ocupado, o Goberno israelí iniciou a construción destes asentamentos. Na actualidade hai 140 colonias, onde viven máis de 600 mil cidadás e cidadáns israelís. Porén, Israel considera que o GCIV non se pode aplicar neste caso xa que Cisxordania non é tecnicamente un territorio ocupado, senón resultado dunha guerra defensiva, e basea este dereito no Mandato para Palestina (1922) da Liga das Nacións, preservada pola Carta das Nacións Unidas. Medidas de Trump Non obstante, as numerosas resolucións aprobadas pola ONU consideran estas zonas de Cisxordania e mais Xerusalén Leste como territorios ocupados e estabelecen que os asentamentos son ilegais. Mais a existencia destes vai alén da mera batalla xurídica: complica que se chegue a un acordo de paz -o longamente agardado plan de paz que preparan os EUA nacerá morto- e dificulta en gran medida a creación dun Estado palestino. O anuncio do Departamento de Estado é unha pexa máis nese camiño e súmase as tomadas por Donald Trump nestes case tres anos de Goberno contra os intereses palestinos e dos países árabes. En 2017, o Goberno dos EUA recoñeceu Xerusalén como capital de Israel e en 2018 alí abriu formalmente unha embaixada, malia que previamente a postura era que as partes en conflito decidisen o estatus da cidade. Os EUA recoñeceron este ano a anexión en 1981 por parte de Israel do territorio ocupado a Siria dos Altos do Golán Tamén en 2018 tomou a decisión de recortar as súas contribucións á UNRWA, a oficina da ONU de axuda aos refuxiados palestinos. E no presente ano, recoñeceu a anexión en 1981 por parte de Israel do territorio ocupado a Siria dos Altos do Golán e pechou a representación diplomática dos palestinos en Washington. Regalo a Netanyahu A nova decisión do Goberno dos EUA tamén -ou principalmente- serve para dar folgos a un Benjamin Netanyahu en horas baixas. O primeiro ministro en funcións de Israel, que non tardou en manifestar a súa satisfacción dicindo que «corrixe un erro histórico», ten varios frontes abertas. O seu posto á fronte do Executivo corre perigo despois de non ser quen de formar Goberno despois das eleccións ao Knesset (parlamento unicameral israelí) do 9 de abril deste ano. Netanyahu, presidente do Likud (partido na dereita conservadora), prometeu na campaña anexionar grandes porcións de Cisxordania, abortando así definitivamente a solución dos dous Estados. Ademais, afronta unha posíbel imputación por tres casos de corrupción. O rival político de Netanyahu negocia un Goberno en minoría coa apoio da coalición de partidos árabes Tras a repetición das lexislativas o 17 de setembro, é agora o ex xefe militar Benny Gantz, o seu principal rival político e líder da coalición Kahol Lavan (Branco Azul, situada no centro liberal), o que negocia un Executivo. Este sería en minoría e contaría co apoio da coalición da Lista Conxunta (de ideoloxía de esquerdas), da que fan parte os catro principais partidos de maioría árabe do país. Gantz, ao respecto da decisión dos EUA, dixo nun tweet que «o destino dos asentamentos debería ser determinado por acordos que conxuguen a promoción da seguridade e a promoción da paz». Netanyahu, pola súa banda, agoirou que a consecución dun Goberno liderado por Gantz co apoio dos palestinos da Lista Conxunta «celebraríase en Teherán, Ramala e Gaza». O prazo das negociacións para Gantz remata esta cuarta feira.
NOS_25262
A loita dos xeiteiros de Rianxo pola defensa deste arte contra as pretensións de prohibila de Bruxelas salta aos escenarios nun espectáculo que esta fin de semana percorrerá as parroquias do concello barbanzán.
A loita dos mariñeiros do xeito xa ten quen a cante. E como manda a tradición, cantarase a xeito de Cantar de Cego, narrando as aventuras e desventuras que os xeiteiros protagonizaron nestes meses para preservar esta arte tradicional, selectiva e medio-ambientalmente sostíbel fronte á pretensión de Bruxelas de prohibila e os desleixos do Estado e da Xunta. Coa impronta de Teatro Airiños nace o espectáculo 'Salvemos o xeito' "para para explicarlle a nenos, nenas e adultos, como foi este camiño e para animalos a loitar polo que crean xusto". DA iniciativa foi ideada e impulsada dende a Concellería de Educación, cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Sabela Galbán (membro de Carapaus e de outras agrupacións folclóricas e mesmo colaboradora de Ses) serán quen porá voz e música de acordeón a este cantar, que dramatizarán case vinte actores e actrices de Teatro Airiños. "Acordeón en man, Sabela Galbán, irá contando as aventuras dos xeiteiros rianxeiros na súas manifestacións e viaxes ata Bruxelas na loita polos seus dereitos". Sábado 25 de abril 18.00 horas. Taragoña. Centro Cultural e deportivo 19.00 horas. Araño. Centro Sociocultural 20.00 horas. Rianxo. Auditorio. Domingo 26 de abril 18.00 horas. Isorna. Casa da República 19.00 horas. Leiro. Centro Cultural Vicente Vidal 10.00 horas. Asados. Escolas Vellas
NOS_43407
A Comunidade de Madrid superou xa as 6.000 mortes de persoas maiores usuarias de residencias, unha cifra que afoga a xestión do Goberno rexional. Esta sexta, 5 de xuño, estoupou un novo escándalo, ao coñecérense correos internos que alertaban do perigo de manter positivos en residencias en lugar de hospitalizalos.
A xestión das residencias de maiores e de discapacidade durante a crise da COVID-19 na Comunidade de Madrid, con máis de 6.000 mortes nestes centros, sitúa no precipicio e sen corda o Goberno presidido pola popular Isabel Díaz Ayuso. A comezos da semana, o conselleiro de Política Social, Alberto Reyero, membro de Ciudadanos mais cualificado como "un verso libre", afirmaba na Asemblea de Madrid que non era "ético e posibelmente non for legal" non proporcionar atención médica ás persoas maiores usuarias de residencias. O lume foi a máis cando esta sexta feira, 5 de xuño, o xornal El País deu conta duns correos electrónicos que Reyero dirixiu ao conselleiro de Sanidade da Comunidade, Enrique Ruiz Escudero (PP), advertindo das consecuencias de non trasladar todas as persoas anciás de residencias a hospitais. Dous deses correos datan, segundo di o rotativo, do 22 de marzo. Neles, Reyero pide a Escudero axuda, porque do contrario, di, podería pasar que "moitos residentes falecesen de forma indigna". Reyero tamén sinalou nesas comunicacións que negar axuda a persoas de residencias de discapacidade, tiveren a idade que tiveren, suporía incorrer nunha "discriminación de graves consecuencias legais". Os correos do titular de Política Social terían sido escritos após este coñecer ese mesmo 22 de marzo un protocolo da Consellaría de Sanidade para que un total de 22 centros hospitalarios da Comunidade seleccionase a que maiores usuarias de residencias atender e a cales non, para "evitar o colapso". O documento sinalaba para deixar sen atención as residentes con grao tres de dependencia e persoas de con discapacidade procedentes de centros especiais, segundo sinalou o rotativo español. Sobre o protocolo pronunciouse esta sexta Escudero nunha entrevista radiofónica, tratando de argumentar que o Goberno traballou "con seis borradores até ter o documento definitivo, que foi o do 25 de marzo" e reiterou que "fora un erro enviar ese borrador" ao non ter o criterio das e dos xeriatras. Os correos de Reyero terían sido ignorados polo Goberno de coalición do PP e Ciudadanos. 26 residentes positivos na Galiza están sen hospitalizar Na Galiza entidades como a Sociedade Galega de Xerontoloxía, a asociación de usuarias de residencias e familiares REDE e o Bloque Nacionalista Galego exixiron á Xunta da Galiza que non houbese maiores positivos en residencias, pedindo que fosen trasladadas a hospitais. Esta sexta feira, 26 casos activos seguían en residencias.
PRAZA_14022
A moda da fin das ideoloxías – non/anti ou alter-capitalistas- todavía está a pasar polo principio do fin do seu ocaso. O seu fin, cando non, como mínimo, a súa perda de engagement na sociedade civil, tirá que vir necesariamente acompañada dunha convicción interior, sí, dunha nova revolución contra-cultural non mercantilizada, si, mais o suficientemente significativa, a efectos sociais e demográficos, como para poder ser considerada coma unha alternativa civilizatoria realmente posible.
"Naqueles que non atopan a saída á decadencia, manifestase entón o medo á esperanza e contra a esperanza". Ernst Bloch: O principio esperanza. Foi hai uns cinco ou seis anos, a douscentos metros de onde Paco Vázquez chantou unha prominente bandeira rojigualda constantemente vixiada pola policía local. O lugar chamábase –chámase- a cociña económica, que non é un lugar no que se imparten cursillos para aprendices de cociña barata, senon o lugar no que as contemporáneas estampas dickensianas de A Coruña van na procura dun acougo para a fame. Creo que xa comezaba a decatarme da frialdade á que pode chegar certa obxectividade científico-social e certas metodoloxías de investigación Hai cinco ou seis anos, sí, o noso profesor de Estrutura social citounos aquí co obxectivo de obter datos para un hipotético traballo de investigación. No mesmo momento en que me deron o cuestionario coas preguntas pertinentes decateime de que os resultados da investigación serían tan superficiais e chatas como as preguntas alí formuladas. Creo que xa comezaba a decatarme da frialdade á que pode chegar certa obxectividade científico-social e certas metodoloxías de investigación que parten do postulado de que as relacions e os problemas humanos poden ser intelixíbeis na súa raizame dende a Santa inquisiçao da estadística, e recordo que ese día, mesmamente ese día, sentinme coma un funcionario do pensamento científico diseccionando a unha rata para obter os resultados desexados. Fixárame moito nunha señora de mediana idade, con ollos marrons moi claros e morena. Non existía nada na súa vestimenta que dese lugar a sospeitar que pasaba por serios apuros económicos, ao contrario, trataba de disimulalo cun abrigo de pel, maquillaxe e un xogo de pulseiras e pendentes que parecían, dende logo, de todo menos baratos. A roupa, dixéranme máis adiante os meus compañeiros de clase, era unha doazón de Cáritas. Hai quen sente vergoña da súa miseria, mais hai quen non, así que se un sente a necesidade de aparentar o que non é… sempre poderá botar man das caritativas sobras do armario roupeiro desa clase á que tan ben retrataba Thorstein Veblen en Teoría da clase ociosa. Porén, se un non sente a necesidade de aparentar o que non é, simplemente sentará na acera esperando a súa quenda mentras apura os últimos tragos ao seu viño de cartón mercado coas esmolas matutinas, que é o que facía a meirande parte dos comensais da chamada cociña económica. "A maioría dos comensais son pensionistas, Diego" -. Recordo que me dixera Ramón Tenreiro, o meu mellor compañeiro daquela na universidade. A cidade sabe moi ben como agochar á propia canaille que produce o seu hiper-selectivo mercado laboral Nas cidades, a miseria non é tan visualmente palpable como nas vilas, mais existe. A cidade sabe agochala moi ben nas súas cárceres, institucions de hipotética reinserción para alcohólicos e drogadictos, xeriátricos, psiquiátricos.. etc. A cidade sabe moi ben como agochar á propia canaille que produce o seu hiper-selectivo mercado laboral, esa canaille que non é outra cousa que o desagradable contrapunto, a dolorosa disonancia sociolóxica que se esconde detrás ou baixo as fachadas dos rañaceos, o corte de manga ao sorriso pop e á despreocupada indolencia indie do capitalismo contemporáneo, hiper, moderno, postmoderno ou post-post-post-moderno (sic). O realmente incríbel dos contrastes non é que xa non se queiran percibir como tales, o incríbel é que existan en lugares situados a non máis de dez metros de distancia o un do outro. As miradas micro-xeográficas visualizan, por exemplo, como na zona centro de A Coruña, afastándonos da Praza de Pontevedra en dirección á Praza de España, existen dous itinerarios existenciais posibles: un deles bordea rañaceos, escaparates e sucursais bancarias. As parellas apértanse e bícanse, camiñan lenemente, sen presas, levando a súa correspondente bolsa da compra entre o intermitente latexar das luces de neón. O outro itininerario bordea bares pequenos e suxos frecuentados por prostitutas, yonkies e vellos solitarios con cara de soedade perpetua. O escenario: pequenas casas con fachadas agretadas, con portas e fiestras de madeira caseque carcomida polo tempo e pomos de ferro oxidado. As miradas micro-xeográficas visualizan, por exemplo, como na zona centro de A Coruña, afastándonos da Praza de Pontevedra en dirección á Praza de España, existen dous itinerarios existenciais posibles Aquí, nestas micro-xeografías da miseria, non existen os sorrisos; durante os 7 anos que vivín en Coruña preto do cemiterio de San Amaro, só percibín silencio e xestos ensimesmados. Non é un arrouto poético: para pasar do frenesí e o ruido dunha serpe multicolor de seres humanos camiñando ansiosamente, con sucursais bancarias, luces de neón, casinos, rañaceos e grandes escaparates como escenario, ao silencio mudo de seres humanos consumíndose nun nihilista auto-illamento, con bares suxos e fachadas vellas a punto de derrubarse polo paso do tempo, só fai falla dar 20 pasos cara a dereita por un pequeno calexón e… ¡et voilá!, velaí están: dous mundos tan xeograficamente cercanos como existencial e afectivamente alonxados, ignorándose recíprocamente. Se se fixese unha cartografía visual e xeográfica da miseria en Galicia, España e Europa pode que comezásemos a recoñecer as diferenzas e semellanzas que temos coas veas abertas de América Latina, África, China, Asía pacífico.. etc. Ou sexa, coas veas abertas do planeta. Esas veas que Eduardo Galeano comezou a visualizar xa hai moito tempo no seu continente, e que levan o selo inconfundible da mirada Benjaminiana. Pode, tamén, que comezásemos a coñecer mellor as palpables consecuencias, aínda a día de hoxe, das veas abertas que existiron – e existen – nese longo, bárbaro e criminal devir de séculos de colonialismo euro-americano, non só nas sociedades e culturas de recepción e/ou destino da mirada e a praxe colonial, senon tamén nas sociedades e culturas de creación e/ou orixe da mesma. A mirada colonial precisa de múltiples discursos e saberes tecno-científicos para poder eliminar calqueira caste de disidencia ou rebeldía A mirada e a praxe colonial fai dano tanto dentro coma fóra dos nosos sentimentos e xeografías de pertenza singularizados, o seu leitmotiv é fundamentalmente económico, sí, mais a súa racionalidade, esencialmente instrumental, dun pragmatismo esencialmente totalitario, precisa de múltiples discursos e saberes tecno-científicos para poder eliminar calqueira caste de disidencia ou rebeldía: O dereito, a filosofía, a economía, a antropoloxía, as enxeñerías, a publicidade, a comunicación.. etc; ningún saber escapar á súa condición de instrumento na cristalización progresiva de imaxinarios, relacións, institucións e saberes que representen ao proceso in-civilizatoria do capitalismo corporativo como un proceso necesario, lóxico ou funcional. A moda da fin das ideoloxías – non/anti ou alter-capitalistas- todavía está a pasar polo principio do fin do seu ocaso É por iso, coido eu, persoalmente, que a moda da fin das ideoloxías – non/anti ou alter-capitalistas- todavía está a pasar polo principio do fin do seu ocaso. O seu fin, cando non, como mínimo, a súa perda de engagement na sociedade civil, tirá que vir necesariamente acompañada dunha convicción interior, sí, dunha nova revolución contra-cultural non mercantilizada, si, mais o suficientemente significativa, a efectos sociais e demográficos, como para poder ser considerada coma unha alternativa civilizatoria realmente posible.
PRAZA_10372
Tras a anterior maioría absoluta do BNG, o 26M deixou os nacionalistas como forza máis votada pero empatada a 3 concelleiros co PSdeG, ao que ofreceron un pacto de goberno, e PP, que reclama o apoio dos socialistas
Tras a anterior maioría absoluta do BNG, o 26M deixou os nacionalistas como forza máis votada pero empatada a 3 concelleiros co PSdeG, ao que ofreceron un pacto de goberno, e PP, que reclama o apoio dos socialistasO candidato do PP á alcaldía de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, asegura que a Xunta acometerá diversas actuacións nese concello só se el é alcalde que resulte investido este sábado. Preguntado por esas declaracións do candidato popular, o Goberno galego desenténdese e limítase a asegurar que eses anuncios e compromisos non saíron da Xunta. En Castrelo de Miño gobernaba ata agora o BNG con maioría absoluta, pero o 26M deixou a Corporación dividida a partes iguais en 3 concelleiros nacionalistas, 3 populares e 3 socialistas. O BNG foi a formación máis votada e como tal levará a alcaldía se non se produce un pacto entre PP e PSdeG. Os nacionalistas ofreceron un posible acordo aos socialistas, pero os populares reclaman a estes últimos que apoien a investidura do seu candidato, Avelino Pazos."Iso non saíu de aquí", é a resposta da Consellería de Medio Ambiente, que nin confirma, nin desminte, nin descarta que o anunciado polo candidato popular sexa certoO pasado mércores Faro de Vigo publicou que Pazos recibiu o compromiso de varios departamentos da Xunta de acometer diversas obras no concello se el é o investido finalmente alcalde, e o mesmo reproduciu o xoves La Región. O propio Pazos publicou o mércores no seu perfil de Facebook unha imaxe súa no despacho da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, indicando de que os investimentos autonómicos non chegarán a Castrelo en calquera caso senón "vinculado a que o vindeiro sábado sexa elixido alcalde". Este diario preguntou á Consellería de Medio Ambiente polas declaracións do candidato popular e o departamento autonómico desentendeuse das mesmas. "Iso non saíu de aquí", é a resposta dunha portavoz oficial que nin confirmou, nin desmentiu, nin descartou que o anunciado por Ares sexa certo. Na campaña Feijóo prometeu obras da Xunta en Viveiro e Carballo se gañaban os candidatos do PP e o Goberno galego adaptou a súa axenda oficial aos intereses locais dos populares.As declaracións do candidato do PP en Castrelo prodúcense despois de que na pasada campaña electoral o propio Feijóo prometese obras da Xunta en Viveiro e Carballo se gañaban os candidatos do PP e de que previamente o Goberno galego adaptase a súa axenda oficial aos intereses locais dos populares. Finalmente en Carballo volveu gañar o BNG con maioría absoluta e en Viveiro os socialistas volveron repetir como forza máis votada co mesmo reparto de escanos fronte ao PP, 8 a 5.
NOS_11345
Quen antes berraba "Viva Franco" agora berra "Viva o rei". A firme adhesión á monarquía dos sectores máis reaccionarios da sociedade do Estado vai acompañada de xestos permanentes da coroa de aprobación das posicións políticas da dereita máis dura. De feito, Felipe VI é coñecido en moitos sectores como "o rei de Vox".
As derradeiras declaracións de Pilar de Borbón recollidas nunha entrevista, que foi concedida en novembro de 2019 e publicadas días despois da súa morte en xaneiro de 2020, non deixaban a lugar a dúbidas. A irmá maior do rei emérito e portavoz oficiosa da familia real durante máis de catro décadas criticaba duramente na súa conversa o acordo de coalición asinado entre o PSOE e Unidas Podemos. A infanta ía máis alá na súa denuncia ao presidente do Goberno Pedro Sánchez até sinalar que a súa única preocupación era "aguantar como sexa no cargo" e que non representaba a cidadanía "porque en España hai moita xente boa". As súas opinións estaban na liña dos movementos da Casa Real nos últimos meses e non sorprenderon a ninguén. A xefatura do Estado tentou impedir de todas as maneiras posíbeis un Goberno dependente dos apoios das forzas nacionalistas, mediando, entre abril e setembro, para un Executivo de grande coalición e boicoteando, tras o acordo entre o PSOE e Unidas Podemos, a conformación do novo gabinete. Neste contexto, Felipe VI mantivo unha intensa axenda de contactos reservada con algunhas das formacións presentes no Congreso para sumar votos contra Pedro Sánchez, sendo decisiva a súa presión no cambio de posición da deputada canaria Ana Oramas, cuxa familia permanece de vello vinculada á monarquía. As palabras de Felipe VI na toma de posesión de Pedro Sánchez foron unha declaración de intencións. Malia que desde o equipo de Moncloa tentaron presentalas como unha brincadeira, o rei, ao sinalarlle ao presidente do Goberno tras o seu nomeamento que "a dor vén despois", deixaba claro que non habería tregua para o novo Executivo. O círculo do monarca non dubida en manifestar que "pór a gobernabilidade en mans das forzas políticas nacionalistas, as mesmas que tentan dividir o Estado e que Felipe VI leva combatendo desde o referendo catalán, significa cuestionar abertamente a posición política da coroa e, polo tanto, é motivo de confrontación aberta". Juán Carlos preocupado "Don Felipe séntese cómodo nesta postura", lamenta a Nós Diario un antigo colaborador do seu pai preocupado pola deriva do monarca. "Non se dá conta de que reinar implica a aprobación de amplas maiorías e importantes consensos co conxunto do abano político como conseguiu Juan Carlos, gañando para a monarquía formacións de inspiración republicana como o PSOE", afirma para criticar as responsabilidades do seu círculo de colaboradores. Neste sentido sinala que "o rei é grego, fáltalle a empatía e as habilidades sociais dos Borbóns. A maiores só ten ouvidos para o círculo de confianza da Zarzuela, formado por persoas ligadas a grupos conservadores da igrexa e do exército". A nosa fonte recoñece a preocupación do rei emérito con esta situación. A axenda política do monarca intensificouse desde o referendo catalán de outubro de 2017. A comparecencia televisada de Felipe VI, tres días despois da celebración do mesmo, marcou o rumbo que seguiron até hoxe os poderes estatais no seu combate contra o nacionalismo. A posición do xefe do Estado, definida conxuntamente co exército, o poder xudicial e algunhas fraccións do capital, emendou por branda a proposta mantida polo Executivo de Raxoi, situou a cuestión catalá como un conflito de orde pública cuxa resolución dependía dos tribunais de xustiza e afirmou a negativa a calquera reforma do modelo territorial do Estado nun sentido plurinacional e favorábel ao dereito decidir. O discurso de Felipe VI pasou a ser o dogma de fe dos sectores máis reaccionarios do Estado. A sintonía entre a Casa Real e a cúpula militar é total desde hai moitos anos, mantendo neste momento, máis unha vez, plena coincidencia sobre a situación política e as alternativas a defender. Outro tanto sucede co poder xudicial, até o punto de considerar moitas analistas, con bo coñecemento do funcionamento da administración de xustiza, que a actitude de dureza de xuíces e fiscais en relación co caso catalán e o novo executivo mantense por saberse apoiada pola coroa, moi ben conectada como é coñecido cos grandes grupos empresariais. Neste ámbito, Felipe VI segue a estela paterna. A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube
NOS_41973
As restricións ás reunións, cualificadas pola Xunta como "toque de non queda" e pendente de avalar polo TSXG, queda fixado de 3 a 6 da mañá.
Pubs e discotecas poderán abrir na Galiza até as 03,00 horas da madrugada en Noitevella, aínda que aqueles negocios que decidan funcionar durante toda a fin de semana (entre esta quinta feira día 30 e o domingo 2 de xaneiro) ficarán fóra dun paquete de axudas económicas articuladas pola Xunta que se repartirán en función do tamaño do local. O dispositivo para o lecer nocturno foi acordada nunha reunión mantida durante máis de tres horas entre o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; os conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña, e Economía e Emprego; María Jesús Lorenzana; con representantes de algúns colectivos e asociacións do sector dos pubs e discotecas de Galiza. Deste modo, os locais poderán abrir durante Noitevella como máximo até as 03:00 horas. Aqueles negocios que decidan baixar a persiana entre a quinta feira día 30 e o domingo 2 de xaneiro poderán optar a un paquete de compensacións económicas que van desde 2.500 a 45.000 euros en función do tamaño do establecemento. As restricións ás reunións, cualificadas pola Xunta como "toque de non queda" e pendente de avalar polo TSXG, queda fixado de 3 a 6 da mañá. Así, o Goberno galego decide ampliar o horario inicialmente anunciado para o lecer nocturno para as próximas semanas. Operarán ata as 03:00 horas, cando a intención da Xunta era que o fixesen ata as 02:00 horas. Este será o horario até a semana do 18 de xaneiro, cando as partes están convocadas para volver discutir o funcionamento dos negocios do lecer nocturno que, en palabras do presidente de Galiza de Noite, Luís Diz, entenden a necesidade de adoptar medidas pola situación sanitaria, aínda que lamentar ser o único sector ao que se impuxeron restricións para combater a sexta onda da pandemia. En declaracións aos medios tras a longa reunión mantida na sede da Xunta en Santiago, Luís Diz incidiu en que para os negocios de lecer nocturno "é moi difícil facer unha sesión de fin de ano" co horario limitado ata as 03:00 horas polas propias características da Noitevella. As axudas irán en función do tamaño do establecemento e estarán supeditadas a que os negocios pechen durante catro días, do 30 de decembro ao domingo 2 de xaneiro, fin de ano incluído. Axudas As axudas serán de 2.500 euros para os locais de menos de 100 metros cadrados, 5.500 euros para os de entre 100 e 200 m2; 9.000 euros para os de entre 250 e 500 m2, 14.000 euros para entre 500 e 700 m2; 27.000 para os de entre 700 e 2.000 m2 e, finalmente, 45.000 euros para aqueles con máis de 2.000 m2.
NOS_4
O órgano arquiva unha queixa a este respecto mais informará ao seu homólogo estatal.
A Valedora do Pobo arquivou a queixa presentada pola Fundación Franz Weber sobre a presenza de menores de idade na microfeira taurina de Pontevedra e a promoción de abonos rebaixados que a organización realizou desde os 13 anos de idade, acordando o seu envío ao Defensor do Pobo español, xa que ve "desatención" por parte do Estado. Segundo explica a propia fundación nun comunicado, o informe remitido á Valedora lembra as observacións finais do Comité dos Dereitos do Neno e Nena realizadas ao Estado español en 2018, instándoo a que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia, como parte de prácticas nocivas e violentas en contra dos nenos e nenas". Varios centos de persoas saen á rúa en Pontevedra para exixir a abolición das touradas A institución avanza á ONG que, antes ao arquivo da queixa, trasladará o informe ao seu homólogo estatal "seguindo a prescrición da recomendación de Nacións Unidas de que sexa o Estado parte o que inicie as prohibicións" contempladas nestas observacións, non sen antes advertir de que "parece clara a desatención por parte do Estado" desta advertencia do Comité. Lembran ademais que a Lei de Espectáculos Públicos inclúe unha prohibición de acceso a persoas menores de idade mais só impide a súa presenza até os 12 anos. O informe remitido á Valedora lembra as observacións do Comité dos Dereitos do Neno e Nena realizadas ao Estado español en 2018, instándoo a que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia". Así, os promotores das corridas de touros de Pontevedra anunciaron entradas a prezo reducido desde os 13, tratando de incentivar que estes mozos e mozas puidesen contemplar a tortura en directo de animais", conclúen. Rexeitamento dCoincidindo coa primeira xornada de touradas en Pontevedra, a mediados do ems de agosto, varios centos de persoas manifestáronse no centro da cidade para pediren a "abolición". Lembraron que tras os máis de 10 anos que Touradas Fóra de Pontevedra leva mobilizándose contra as corridas de touros, "aumentaron a concienciación, o traballo e a participación" nestas protestas.
NOS_38037
Na miña alma ouvea un lobo é o título da peza coa Xavier Lama (Guntín, 1962) gañou a primeira edición do premio Laudamuco de teatro, organizado polo Concello de Brión. Baseada en feitos reais, trata da infiltración de policías nos movementos sociais ingleses. O texto, publicado por Edicións Positivas, acaba de chegar ás librarías.
"Esta é unha obra de ficción conectada cunha casuística real que ten a súa orixe na Gran Bretaña", explica o autor nunha nota introdutoria, "en 2011, no xornal The Guardian, comezan a agromar os primeiros datos: uns 80 policías realizaran labores de espionaxe utilizando a identidade doutros tantos nenos mortos". A infiltración policial, desenvolta entre 1969 e 1994, sucedeu en agrupacións ecoloxistas, antinucleares ou nas denominadas "antisistema". E chegou a tal punto que "polo menos 40 mantiveron relacións duradeiras, de carácter íntimo, con mulleres activistas que non tiñan nin idea de que se deitaran durante anos con axentes secretos. De varias desas parellas naceron fillos". O xurado do Laudamuco conformárono Rosa Álvarez, María Barcala, Luma Gómez, Manuel Guede e Damián Villalaín. Salientou de Na miña alma ouvea un lobo "a capacidade do autor para explorar con notable eficacia dramática a través de sucesos e personaxes tomados da realidade zonas escuras de funcionamento dos Estados modernos, sen impoñerlle ao lector puntos de vista únicos". As "potencialidades escénicas" dunha obra estruturada en pequenas escenas foi outra das características destacadas, xa que "favorecen un ritmo áxil á vez que contundente". O premio Laudamuco recolle o seu nome da peza de Roberto Vidal Bolaño Laudamuco, señor de ningures, estreada o 16 de maio de 1978 e considerada unha das primeiras funcións profesionais do teatro galego. Está dotado con 7.000 euros e a edición en libro da obra da man de Positivas.
PRAZA_2057
A esquerda e as personas de esquerdas debemos ser persoas xenerosas, ter altura de miras, cooperar e traballar conxuntamente porque vivimos tempos de emerxencia social
Hoxe en día a Unidade da esquerda e das persoas de esquerdas é máis necesaria e imprescindibel que nunca nestes tempos de salvaxe capitalismo depredador, nestes tempos de Neoliberalismo, de salvaxe desmantelamento do Estado de Benestar, de salvaxes recortes, de grave emerxencia social que viven moitas familias. A Unidade e a Confluencia da Esquerda e das persoas de esquerdas é fundamental pra democratizar a economía, pra transformar a sociedade, pra rescatar o público, pra defender o ben común e pra recuperar as institucións pra xente do común. Esa Unidade e Confluencia da esquerda e das persoas de esquerdas debe ser dende as bases, debe estar construída dende abaixo de forma inclusiva, democrática, plural, participativa porque é máis o que nos une que o que nos separa. Debemos deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos, os individualismos, o control dos aparatos dos partidos, o patriotismo de partido, o reparto de carnets de puro izquierdismo haber quen é máis de esquerdas, a predominancia dunhas siglas sobre outras e tanto sectarismos e etiquetas. A esquerda e as persoas de esquerdas é máis o que nos une que o que nos separa. Dende a miña humilde opinión todos/as somos necesarios/as e ninguén é imprescindibel. A esquerda e as personas de esquerdas debemos unirnos, traballar e cooperar conxuntamente sobre o que nos une e non sobre o que nos separa. Nos une a defensa dos dereitos da clase traballadora e das persoas máis vulnerables, a defensa dos dereitos sociais, da igualdade de oportunidades, dos dereitos humanos, das libertades democráticas, da democracia, dos servizos públicos, da Sanidade Pública e do Ensino Público, o dereito a unha vivenda digna, a loita contra as políticas neoliberais, de austeridade e de salvaxes recortes da Troika, de Rajoy e do PP e da dereita conservadora europea, a loita contra os recortes nos dereitos sociais, na Sanidade Pública, no Ensino Público e nos servizos públicos, a loita contra a desigualdade social, contra a pobreza enerxética, contra os desafiuzamentos e contra o Tratado de Libre Comercio (TTIP) entre EEUU e a UE, un tratado profundamente neoliberal, antisocial, antidemocrático negociado de forma opaca e oscurantista e de espaldas a cidadanía pra incrementar as ganancias, os privilexios e os beneficios das grandes multinacionais americanas. A esquerda e as personas de esquerdas debemos ser persoas xenerosas, ter altura de miras, cooperar e traballar conxuntamente porque vivimos tempos de emerxencia social na que a maoría social e a clase traballadora estamos sufrindo unha gran Estafa chamada Crise na que se nos condea o paro, a pobreza, a precaridade laboral, o exilio económico, a exclusión social e a miseria pra defender os intereses de clase e pra incrementar as ganancias, os beneficios e os privilexios das élites económicas, financieiras, dos grandes banqueiros e das grandes multinacionais a costa do empobrecemento salvaxe e do recorte de dereitos da maioría social e da clase traballadora. A Plataforma Somos Izquierda seguiremos traballando, cooperando e colaborando pra conseguir a Unidade da Esquerda e das persoas de esquerdas dende as bases porque creemos que esa Unidade e Confluencia da esquerda e das persoas de esquerdas e fundamental pra transformar a sociedade, pra democratizar a economía, pra rescatar o público, pra recuperar as institucións pra xente do común. Súmate, Participa , Apoia e Firma o Manifesto de Somos Izquierda na Páxina Web: somosizquierda.org o mandando un correo a: [email protected]
NOS_25523
Cando Max volveu ao seu cuarto, a cea aínda estaba quente. Desde que a nai a puxera, el viaxara polo mundo dos monstros e comprobara que eran ben mellores ca el. Max e os seus monstros quedaron orfos cando están a piques de cumprir 50 anos. Adeus a un dos grandes nomes da literatura infantil, Maurice Sendak.
"A noite en que Max vestiu o seu traxe de lobo e empezou a facer trasnadas dunha clase..." así comeza un dos libros que máis nenos e nenas leron en todo o mundo e continúa marabillando coas súas magníficas ilustración e a fantasía do seu relato. Max, o protagonista de Onde viven os monstruos ven de quedar orfo coa morte de Maurice Sendak, quen lle deu vida hai case cincuenta anos. Max é tan irreverente que quere comer á nai e consigue amansar aos monstruos. Sendek deulle unha volta á literatura infantil e atopouse con outra linguaxe que se achegaba a aquelas crianzas que reviran os ollos e torcen o fuciño. Deixou a unha beira os contos de princesas e finais felices e adentrouse no mundo dos monstros, moito máis atractivo para todas as xeracións de nenos e nenas que gozaron co seu mundo imaxinario e se converteron en novos Max viaxando en barco sen máis ninguén a atoparse coa illa na que viven os monstros. O libro saiu publicado en 1963 e chegará ao seu medio século o próximo ano. Non perdeu vida en todo este tempo. A súa sona foi medrando e engaiolando a novas camadas de criaturas e converténdose, en certa medida nun icono cultural e un clásico da literatura infantil. Non por acaso, o propio Obama chegou a lelo en público e destacalo como un dos preferidos das súas fillas. Os monstros foron contraculturais, irreverentes, progresistas mesmo nun tempo no que se quería romper a orde establecida. No 2010 chegaron ao cine da man de Spike Jonze. En galego o libro chegou a nós no ano 2000 pola editorial Kalandraka, responsábel tamén da súa publicación en catalán, euskera e portugués. Na súa páxina pódense ver as primeiras páxinas do libro e adentrarse na súa marabillosa historia. O blog recolle tamén unha lembranza ao pioneiro constructor de álbums ilustrados. En setembro do pasado ano publicou Bumble-Ardy, o seu último libro despois de tres décadas de silencio. No ano que ven sairá publicada a homenaxe ilustrada ao seu irmán Jack. Sendak tiña nacido en Brooklyn en 1928, procedente dunha familia de inmigrantes xudeos de Polonia. Os primeiros monstros dos que ouviu falar foron os nazis que perseguiron aos seus. Dicía que tiña mal humor e era un anaco gruñón e, talvez por iso, fuxía do sucre e o mel que empalaga tantas veces os soños máis cativos. Dicía que o seu era facer "libros bos para nenos malos" e por iso o seu Max era traste, máis monstro que os propios monstros. Tanto, que ate a nai o ameaza con castigalo sen cear. Vaia nai e vaia fillo!
NOS_22320
A escuadra herculina supera a década de crise a todos os niveis.
O Dépor non levanta cabeza. Unha vez máis -igual que naquel partido ante o Valencia en 2011 cando descendeu a Segunda División por primeira vez en 20 anos, na casa e ante un equipo que non se xogaba nada- o equipo fracasou no momento decisivo, neste caso na final do play-off de ascenso ante o Albacete e xogará, por terceiro ano consecutivo na categoría de bronce. Algo ten que mudar. O lóxico é que o primeiro sexa, como sempre, o adestrador, algo que se debateu na reunión do Consello de Administración do Real Club Deportivo que se levou a cabo na xornada desta segunda feira. E se o adeus de Borja Jiménez -salvo sorpresa maiúscula- semella cuestión de horas, con el collerán a estrada de saída da cidade herculina boa parte dos integrantes dun cadro de xogadores que fracasou no obxectivo de regresar á categoría de bronce. Varios nomes rematan contrato, outros estaban en calidade de cedidos e outros tiñan acordos para continuar na Coruña en Segunda División, máis non na Primeira RFEF. Un dos casos máis dolorosos será o dos canteiráns que despuntaron esta tempada, comezando polo dianteiro Noel. Tras non asinar a súa renovación, o de Silleda podería seguir o camiño doutros tantos talentos do resto do Estado e incorporarse ao segundo equipo dun grande, neste caso o Real Madrid de Raúl González Blanco. O partido do drama Pese a que foi tan só a punta do iceberg que afundiu por segundo ano seguido o ambicioso proxecto de ascenso deportivista, o partido contra o Albacete Balompié foi perfectamente representativo de todos os males que padeceu o Dépor esta tempada. O primeiro foi a falta de ambición. O equipo conseguiu adiantarse a través de Mario Soriano no minuto 26, pero lonxe de ir buscar o segundo tanto para sentenciar o partido, e polo tanto o ascenso, o bloque actuou consecuentemente coa forma de entender o fútbol do seu responsábel técnico, un Borja Jiménez que adoita pecar de conservador. Nesta ocasión, no pecado tivo a penitencia, pois no 82 empatou Alberto e, co equipo roto fisica e moralmente, no 113 Jordi Sánchez matou o partido e os soños de ducias de miles de deportivistas. O Rácing terá equipo feminino Non todo son malas novas. O Rácing Club de Ferrol fixo público no día de onte que os Diaños Verdes terán unha estrutura feminina tan cedo como na inminente tempada 2022/23. Segundo explicaron desde a escuadra departamental "todas aquelas xogadoras interesadas en formar parte do equipo, deberán enviar un correo electrónico ao club co seu nome e data de nacemento, así como cun teléfono de contacto", engadindo ademais que todas as futbolistas deben ser "nacidas no 2009 ou antes". Esta non é a primeira vez que o Rácing de Ferrol conta cunha división feminina, pois durante moitos anos contou cun equipo de fútbol 8 que militaba nunha liga comarcal de 18 clubs, até que no verán do ano 2019 saltou ao fútbol 11. Lamentabelmente, a súa experiencia foi breve, algo que agardan corrixir con esta nova aventura. Outro reto, aínda que neste caso na Coruña, é o que podería protagonizar Irene Ferreras, pois a ex asistente de Toril no Real Madrid ten todos os boletos para ser a nova ocupante do banco branquiazul.
PRAZA_16221
O PSdeG presenta unha "radiografía" das infraestruturas lucenses nas que resumen as súas demandas ao Goberno central en materia de tren e estradas. "Imos esixir un plan ferroviario para Lugo" que comece por "deixar de enganar á xente", aseguran
O PSdeG estivo a completar nas últimas semanas o longo proceso de renovación de órganos internos como culminación do proceso do seu Congreso Nacional Galego. No caso de Lugo a nova dirección provincial está encabezada polo tamén voceiro do goberno da Deputación, Álvaro Santos, que situou o seguimento das infraestruturas pendentes na provincia como unha das súas prioridades. Os socialistas abordaron esta semana este eido cunha visita do voceiro de Fomento do PSOE no Congreso, César Ramos, quen asegurou que a "radiografía das infraestruturas estatais" en Lugo trazada polo PSdeG cadra co feito de que non existan plans do Goberno central a curto prazo para melloralas de xeito tanxible, moi especialmente no caso do tren. "A planificación ferroviaria para Lugo é vergoñenta e o Goberno do PP renunciou a mellorala", resumiu Ramos na súa visita a Lugo. Así como no ámbito das estradas, afirma, "a provincia de Lugo quedou fora do plan de 5.000 millóns presentado por Rajoy hai pouco máis de medio ano", no que atinxe ao tren o panorama é "moito máis sangrante". "Todas as capitais de provincia teñen actuacións previstas para un tren do século XXI", pero "o Goberno do PP non ten nada previsto para Lugo". Simplemente, afirma, "renunciou a que Lugo poida ter un ferrocarril como o doutras localidades" máis alá das melloras da vía convencional xa previstas nos sucesivos orzamentos do Estado. "Imos esixir un plan ferroviario para Lugo" que comece por "deixar de enganar á xente", aseguran os socialistas Neste sentido, aseguran os socialistas, "imos esixir ao Goberno un plan ferroviario para Lugo" que comece por "deixar de mentir á cidadanía co tempo que se vai tardar dende Lugo a Madrid cando chegue o AVE a Galicia; que primeiro ía ser en 2018" -prazo mantido ata o pasado ano- e "despois era o 2019", data "da que temos as nosas dúbidas de que se vaia cumprir", salienta o parlamentario, por mor do atraso de traballos previstos en "dous tramos" da provincia de Ourense. "Pero mesmo aínda que estivesen eses dous tramos, o tempo de viaxe entre Madrid e Lugo nunca baixaría das 4 horas, pedimos que deixen de enganar". Arranxos de estradas e a fin da "decadencia" do tren FEVE no norte, entre as principais demandas Con este pano de fondo o PSOE asegura que non vai estar "disposto a asinar" o anunciado "pacto de Estado en materia de infraestruturas" se, entre outras condicións, "non hai un plan para Lugo de estradas e ferrocarril". Neset sentido, Álvaro Santos sinala que "as demandas" son as resumidas na "radiografía das infraestruturas" que a súa formación plasmou sobre o mapa e que van dende os "arranxos integrais" de estradas convencionais deterioradas, algo que tamén reclaman para a autovía A-6. O "impulso" das autovías a Santiago e Ourense ou a solución definitiva á néboa na A-8 son outras das demandas dun catálogo que, no ámbito ferroviario, inclúe a eliminación de todos os pasos a nivel pendentes ou "máis servizos ferroviarios" de proximidade. "Radiografía das infraestruturas" pendentes na provincia de Lugo, plasmada sobre o mapa polo PSdeG / PSdeG Lugo No ámbito do tren esta "radiografía" ás infraestruturas lucenses detívose fisicamente na liña do FEVE, o tren do norte Ferrol-Ribadeo, cuxos usuarios veñen denunciando sistemáticas deficiencias e escaseza de servizos. Cunha elocuente imaxe sobre as vías á altura de Foz o PSdeG sumouse á "demanda de melloras de trens e estacións, máis persoal e horarios". Trátase, advirten, de que o tren de vía estreita free a súa "decadencia" e deixe de ser protagonista da actualidade por "viaxes que se cancelan, constantes avarías" ou "días nos que só circula un tren dos nove previstos. "Ano tras ano, empeora a situación", censuran.
NOS_46362
Anova chega este sábado á súa asemblea nacional coa necesidade de definir un camiño que lle permita volver á competición electoral en 2020. Dúas correntes debaterán con teses opostas: seguir da man de Podemos ou buscar novos socios no nacionalismo. Hai unha candidatura única para renovar os órganos de dirección, encabezada polo actual Portavoz Nacional Antón Sánchez.
"Nós non imos anticipar nada, pero a nosa liña seguirá sendo de diálogo con todas as forzas á esquerda do PSOE", dixo Antón Sánchez esta semana nunha entrevista con Sermos Galiza. Sete anos despois da súa constitución, Anova afronta este sábado 14 de decembro unha asemblea que debe aclarar a posición do partido impulsado por Xosé Manuel Beiras despois de que decidise non concorrer ás dúas últimas eleccións xerais, deixando sen o vector nacionalista á coalición Podemos-Esquerda Unida. No Parlamento galego a convivencia entre os tres partidos é tranquila unha vez que se produciu a ruptura co grupo de deputadas liderado por Luís Villares que quedou coa marca En Marea. Pero Anova foi quen máis perdeu nesa ruptura: non só a dúas deputadas, Paula Verao e David Rodríguez, tamén o peso e a influencia do nacionalismo no grupo parlamentar, que é tanto como dicir o único espazo estábel de coordinación entre as tres forzas. Dúas correntes Anova busca recuperar a súa alma máis alá de Beiras nunha asemblea á que o partido chega dividido sobre o camiño a seguir no próximo ciclo electoral. Anova é consciente de ter perdido músculo pola renuncia a competir nas eleccións. Unha parte, representada nas teses da dirección, pon en dúbida a eficacia da subordinación á estratexia de Podemos, mesmo aos criterios organizativos de Podemos, nunha fórmula que foi perdendo forza e, practicamente, a metade dos apoios electorais que sumou en 2016. As teses advirten dunha volta ao "bipartidismo imperfecto", con dous partidos e medio. E dentro desta corrente, Cerna aposta por virar cara un achegamento ao BNG... malia que o BNG rexeitou esa posibilidade nas pasadas eleccións de novembro. Outra parte de Anova, a que conseguiu manter posicións no ámbito municipal a través de Compostela Aberta e Marea Atlántica, advirte que o pacto con Podemos e Esquerda Unida funcionou nas municipais, segue sendo válido para as galegas e debería telo sido nas xerais. Esta corrente, que reclama unha rebaixa na tensión entre as cúpulas de Podemos (Iglesias) e Anova (Beiras), recibiu estes últimos días o pulo de Esquerda Unida e de Podemos Galicia con chamamentos a rescatar a unidade. O debate entre estas dúas correntes definirá o futuro de Anova, pero tamén parte do legado político de Xosé Manuel Beiras, quen segue influíndo en ambas opcións. Unha única candidatura Esta sexta feira a organización fixo pública a candidatura única para renovar os órganos de dirección. Está encabezada polo actual Portavoz Nacional, Antón Sánchez, e reúne a 50 mulleres e homes. Están representadas as dúas correntes e nela participa Xosé Manuel Beiras (número 5). A lista inclúe a Martiño Noriega (2), Pepe Arias (7), Raúl Asegurado (9), Rafa Dopico (11) e Miguel Ánxo Fernán-Vello (13). Como número dous figura a coruñesa Glady Afonso, e tamén aparece na lista o concelleiro na Coruña Alberto Lema (23) e a concelleira en Vigo Oriana Méndez (18).
NOS_11256
A principal pasteira de Portugal, The Navigator Company, realizou a súa Asemblea Xeral. A Galiza segue a ser un obxectivo prioritario.
Esta sexta feira decorreu a Asemblea Xeral de The Navigator Company, a principal pasteira portuguesa, onde se debateu o relatorio e as contas correspondentes a 2021. Un informe no que se recolle a aposta pola Galiza como unha das subministradoras de materia prima para as súas factorías, o que se plasma tanto no aumento de plantacións como do terreo que xestiona en territorio galego. O documento contempla que a área xestionada na Galiza por esta pasteira, "toda en réxime de arrendamento", é agora 69% máis que en 2020. Ten no noso país 32 unidades de xestión. Cales son as comarcas galegas con maior produción de eucalipto? Ademais, as plantacións de eucalipto aumentaron en 131% ao longo do ano pasado, ao que se engade 20% de incremento nas correspondentes a outras especies. As rendas que pagan a terceiros na Galiza, segundo a información do balance de contas de Navigator Company, superou en 2021 o medio millón de euros (508.352 euros), o que supón até 440% máis que no ano anterior. A propia empresa recoñece que a "escaseza de materia prima nacional torna cada vez máis importante a cuestión da decrecente produtividade da floresta portuguesa". Aposta A entrada en vigor en febreiro de 2018 da norma que impide a plantación de eucaliptos en Portugal até 2030 obrigou as pasteiras lusas a buscar novos territorios. Xa coñecían a Galiza, onde levaban tempo mercando eucalipto —compras que chegaron a atinxir hai case dez anos os 1,5 millóns de toneladas—, mais foi desde 2018 cando optaron por unha presenza máis activa no país. Navigator opera na Galiza coas filiais Navigator España, SA, Bosques do Atlántico, SL e Navigator Tissue Iberica SA e posúe tres parques loxísticos: na Coruña, en Ferrol e na Susana-Santiago; puntos de entrega desde os que se envía a madeira a Portugal. A Galiza produce a metade da madeira que importa Navigator para abastecer as súas fábricas e as importacións (25% do volume de madeira que usa) complétanse con árbores procedentes do Brasil e do Uruguai. Un 25% da superficie arborizada do monte da Galiza, 422.000 hectáreas, é de eucalipto e "a porcentaxe medrou e medrou á sombra da demanda de Ence, que é o principal comprador", como sinala a este diario Manuel Vázquez, enxeñeiro forestal.
NOS_12457
Nos estertores do Goberno de Trump, medidas como a inclusión de Cuba entre "os Estados que apoian o terrorismo" colocan o presidente entrante nunha complicada situación. De feito, son decisións que se entenden como partidistas de cara a desgastar de inicio a Biden, tamén a respecto dunha UE nunca tan afastada antes de Washington.
Unha das características da política do presidente dos EUA, Donald Trump, durante os seus catro anos de mandato foi desfacer todo o feito polo seu predecesor na Casa Branca, Barack Obama. En realidade foi unha das máis repetidas promesas da súa campaña en 2016. En concreto declarou que "cancelaría cada un dos decretos presidenciais, memorandos e ordes decretadas polo presidente Obama". Así, durante a Administración Trump, leis como a de Atención Sanitaria a Prezo Accesíbel (máis coñecida como "Obamacare") ou a DACA, de protección aos inmigrantes chegados de crianzas aos EUA, os dreamers, estiveron na mira do presidente saínte, coa axuda de gobernadores e fiscais xerais a nivel estatal para impedir a súa aplicación cando os equilibrios parlamentarios ou o Supremo impediron a súa derrogación. A dinámica tamén se repetiu no eido da política internacional. Co "America First" ("Os EUA primeiro") por bandeira, Trump rompeu co consenso xeral entre Gobernos republicanos e demócratas posterior á Segunda Guerra Mundial de que o país debía xogar un papel activo nos asuntos internacionais. Trump rompeu co multilateralismo e denigrou os organismos internacionais. En xuño de 2017 anunciou a retirada dos EUA do Acordo polo Clima de París, asinado por Obama en decembro de 2015. Tamén suspendeu en abril de 2019 a achega económica á OMS ante o que cualificou "grave mala xestión" e "ocultación da propagación do coronavirus". E nesta última semana, xa nos estertores do seu mandato e tras os graves incidentes protagonizados polos seus seguidores no asalto ao Capitolio, volveu incluír Cuba entre os "Estados patrocinadores do terrorismo", logo de a illa ser retirada desta lista negra por Obama en 2015. Irán Tamén propuxo a designación do movemento rebelde Houthi, no Iemen, como "organización terrorista", unha decisión que de ser aprobada no Congreso o 19 de xaneiro, un día antes da toma de posesión de Biden, porá o novo presidente na tesitura de decidir se manter a clasificación do movemento, aliado do Irán, ou apoiar a Arabia Saudí, país socio dos EUA ao que foi dirixida esta última chiscadela de Trump. As hostilidades co Irán foron unha constante tras os avances logrados con anterioridade. O 14 de xullo de 2015 asinouse o Acordo nuclear, considerado un dos pactos diplomáticos máis importantes do último século e que foi celebrado amplamente nas rúas de Teherán tras anos de bloqueo. Porén, en maio de 2018 Trump decidía retirar os EUA do acordo e impor novas sancións económicas ao Irán. Arabia Saudí, de novo, e Israel presionaron neste sentido. Nas últimas horas, a acusación do secretario de Estado dos EUA, Mike Pompeo, de que o Irán tiña ligazóns con Al Qaeda foron cualificadas de "mentiras belicistas" por Teherán. "Non enganan a ninguén. Todos os terroristas do 11-S procedían do destino favorito do secretario Pompeo en Oriente Próximo; ningún do Irán", apuntou en Twitter o seu homólogo iraniano, Mohammad Yavad Zarif, en referencia a Arabia Saudí. UE Ademais, a respecto das relacións transatlánticas, os últimos catro anos de Trump na Casa Branca provocaron un afastamento da UE, que foi virando paseniñamente cara á China. Tamén aquí Biden entrará cunha importante hipoteca sobre as costas. O pasado 30 de decembro, Bruxelas e Beijing asinaban un importante acordo comercial malia as solicitudes por parte do equipo do presidente electo de agardar a dar ese paso até aterrar na Casa Branca. O impacto na opinión pública europea que tivo o asalto ao Capitolio provocou que mesmo os seus máis fieis aliados a este lado do Atlántico se afastasen de Trump. Nas últimas horas, segundo informou Reuters, o secretario de Estado estadounidense, Mike Pompeo, cancelou no último minuto a visita prevista a Europa despois de que o ministro de Exteriores de Luxemburgo, Jean Asselborn, e altos cargos da UE rexeitasen reunirse con el. A viaxe tamén incluía unha reunión co secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg. "Trump é un criminal, un pirómano político que debería ser levado ante un tribunal. É unha persoa elixida democraticamente, mais que non está interesada na democracia nin o máis mínimo", afirmou o ministro Asselborn nunha entrevista en RTL Radio, onde tamén sostivo que "o 6 de xaneiro de 2021 foi un 11-S contra a propia democracia, e Trump foi quen o alentou". Sheldon Adelson, o magnate de Las Vegas detrás das políticas de Trump en Oriente Próximo O 22 de outubro de 2013, o multimillonario estadounidense de orixe xudía e magnate dos casinos en Las Vegas, Sheldon Adelson (na imaxe, coa muller del), avogaba nun foro de debate en Nova York por deixar caer a bomba atómica no centro de Teherán. Sionista, de extrema dereita e amigo do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, a quen apoiou a través do seu diario, Israel Hayom, foi un dos principais mecenas das campañas electorais de Donald Trump. O libro do xornalista Michael Wolff Fire and Fury (2018) sobre as entrañas da Casa Branca recolle que foi Adelson quen deu o visto bo ao traslado da embaixada dos EUA de Tel Aviv a Xerusalén en maio de 2018. Aquelas palabras de Adelson ─falecido na madrugada da pasada terza feira─ pedindo bombardear Teherán chegaron ao Irán: segundo o documental The Perfect Weapon (2020), pouco despois os seus casinos foron obxecto dun ciberataque por parte do Goberno iraniano que lle provocaron perdas millonarias.
NOS_197
Sete organizacións ecoloxistas denuncian o desleixo da Administración, que as fai ser pesimistas respecto do futuro da "a mellor mostra de bosque atlántico de Europa".
O Parque natural Fragas do Eume está a piques de facer 25 anos de vida e é o único dos sete parques galegos que carece aínda dun Plan reitor de uso e xestión (PRUX). Algo que sete organizacións ambientalistas – Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural, Adega, Betula, Grupo Lobo, Rebinxe e Federación Ecoloxista Galega- consideran inxustificábel. Critican que desde a Xunta se os estea a tratar como "convidados de pedra" e manifestan que "dende a declaración de parque natural, este espazo protexido ―proclamado oficialmente como a mellor mostra de bosque atlántico de Europa― ten sufrido un proceso de degradación continuado". 104 muíños cercarían as Fragas do Eume e serían perceptíbeis en todo o parque A ausencia de medidas efectivas para deter este proceso e lograr revertelo contrasta, apuntan, "coa utilización publicitaria da súa imaxe nas campañas de promoción do turismo da Xunta, onde ofrecen unha visión idealizada do parque". A consecuencia é que teñen feito del unha trampa para turistas, afirman estas organizacións, que esperan atopar un bosque ben preservado nunha paisaxe espectacular, "mais logo atopan un entorno degradado pola intensa eucaliptización do val do Eume". Boa parte dos eucaliptais do parque son ilegais, afirman, sinalando que é algo que recoñece a propia Administración, "sen explicar o motivo polo que até o momento a Administración non ten actuado en consecuencia". A importancia deste parque natural radica en que aínda alberga pequenas mostras do bosque atlántico termófilo, un tipo de formación arbórea moi escasa "Estes bosques son cruciais para conservar a biodiversidade, mais tamén como bosques protectores dos recursos hídricos e de modulación das temperaturas nun contexto de crise climática, que cada vez amosa con máis rigor as súas consecuencias". Neste sentido, proseguen, a zonificación prevista no PRUX soamente garante a conservación do bosque en aproximadamente a terceira parte da superficie do parque. "Na meirande parte da súa superficie o bosque non ten garantido o seu futuro". Eucaliptos e eólicos "A situación do parque natural é deprimente, pois ademais da intensa eucaliptización que sofre, conta cun río no que non se ten respectado o caudal ecolóxico nin a calidade da auga, o que fai que as súas comunidades acuáticas sexan máis pobres que en ríos próximos que non están protexidos coa figura de parque natural. O entorno inmediato está ameazado pola instalación de aeroxeradores de 200 metros de alto nas propias lindes do parque, o que vai producir unha gran mortaldade nas aves e morcegos que alberga". Finalmente sinalan estes sete colectivos, "somos pesimistas respecto de que o PRUX que está a elaborar a Xunta aborde con eficacia os problemas que sofre o parque e garanta así o seu futuro, pois fáltalle ambición. Sospeitamos que atenderá máis ás presións de intereses privados espurios, centrados en espremer o territorio até a súa degradación, no canto de ―como no conto da galiña dos ovos de ouro― coidalo e restauralo, para que se manteña vizoso".
PRAZA_12467
Dende os máis poderosos think tanks do capitalismo levan anos tratando de nos convencer de que o progreso tecnolóxico abre o camiño cara a desmaterialización das nosas economías, dando corpo a tecidos produtivos cada vez menos dependentes da materia e da enerxía. No entanto, as economías máis avanzadas do planeta seguen a ser as que gastan máis materia e enerxía.
Poden as fontes alternativas de enerxía desprazar ás de orixe fósil? Esta é a pregunta inicial que se fixo un equipo dirixido por Richard York, do Programa de Estudos Ambientais do Departamento de Socioloxía da Universidade de Oregón, ao emprender un estudo que vén de ser publicado este mes na revista Nature Climate Change, do mesmo grupo editorial que a famosa Nature. A resposta: si, pero só moi modestamente. York tratou de debullar o resultado final, ou actual, da introdución das fontes de enerxía alternativas ás fósiles –a eólica, a solar, a hidroeléctrica, a xeotérmica e mesmo a nuclear– na meirande parte de Estados do mundo, até 132, no último medio século, concretamente entre 1960 e 2009. No seu amplo estudo estatístico conclúe que tanto o Grupo Intergobernamental de Expertos sobre a Mudanza Climática (IPCC, siglas en inglés) como unha manchea de analistas en cuestións enerxéticas, que sempre deron por sentado que cada unidade de enerxía proporcionada por fontes renovábeis pasaba a substituír unha unidade de enerxía procedente dos combustíbeis fósiles, estaban trabucados. Tampouco é que os resultados sorprendan, pois ao cabo só dan un aval universitario ao que moitos grupos ecoloxistas nos levan advertindo nas últimas décadas. Tendo en conta que o noso sistema económico está baseado no crecemento continuo, e xa que logo no medrar compulsivo da produción e do consumo, non é difícil concluír que a substitución dunha forma de enerxía pola outra non abonda, pois cada día precisamos máis. Na meirande parte de países cada unidade de enerxía usada procedente de combustíbeis non fósiles, tan só reempraza unha cuarta parte de unidade de enerxía procedente de combustíbeis fósiles Porén, as conclusións de York son ben alarmantes en termos cuantitativos. Indican que, en xeral e na meirande parte de países, cada unidade de enerxía usada procedente de combustíbeis non fósiles, tan só reempraza unha cuarta parte de unidade de enerxía procedente de combustíbeis fósiles. E se falamos de electricidade, cada unidade non fósil só consegue substituír unha décima parte de unidade fósil. Vaia, que para manter o noso consumo eléctrico global –actual– sen emisións de gases con efecto invernadoiro precisaríamos multiplicar por dez a produción de electricidade derivada de fontes de enerxía alternativas, non todas limpas por outra banda. Dez veces máis muíños de vento, dez veces máis centrais nucleares, dez veces máis centrais hidroeléctricas, dez veces máis plantas de biomasa… E mañá once, pasadomañá doce, trece, catorce… Isto convídanos a afirmar que o do capitalismo verde, que só se basea na ben estendida falacia de que os avances tecnolóxicos permitirán perpetuar o sistema capitalista sen danar a biosfera, non suporá nin de lonxe unha solución á crise de todas as crises. "Enfrontámonos a unha crise terminal que pon en perigo a maior parte da vida no planeta, a civilización e a existencia mesma das xeracións futuras (…) os intentos de resolver isto a través de solucións tecnolóxicas, a maxia do mercado, e a idea dun capitalismo sustentábel son simples formas de negación ecolóxica, pois ignoran a capacidade destrutiva inherente ao actual sistema de desenvolvemento insustentábel– o capitalismo", conclúe York. O capitalismo verde, que só se basea na ben estendida falacia de que os avances tecnolóxicos permitirán perpetuar o sistema capitalista sen danar a biosfera, non suporá nin de lonxe unha solución á crise de todas as crises Dende os máis poderosos think tanks do capitalismo levan anos tratando de nos convencer de que o progreso tecnolóxico abre o camiño cara a desmaterialización das nosas economías, dando corpo a tecidos produtivos cada vez menos dependentes da materia e da enerxía. No entanto, as economías máis avanzadas do planeta seguen a ser as que gastan máis materia e enerxía. É máis, non poucos científicos, analistas e activistas, xeralmente aliñados coa opción do decrecemento, postulan que a aposta polas tecnoloxías eficaces resulta moitas veces prexudicial, pois incitan ao aumento do consumo irracional, principal causante da crise ecolóxica. Chámanlle efecto rebote. François Schneider, da escola francesa, explícao moi ben: "Os automóbiles de baixo consumo permítennos chegar máis lonxe polo mesmo prezo; os transportes rápidos libérannos tempo para devorar máis quilómetros; os produtos electrónicos de tamaño reducido permiten que cada membro da familia dispoña dun; o desenvolvemento da tecnoloxía solar e eólica facilítanos seguir aumentando o consumo de enerxía…". O resultado, sempre máis consumo. "O fracaso das fontes de enerxía non fósiles para desprazar ás fósiles é, probabelmente, en parte atribuíbel ao sistema de enerxía establecida" Para rematar, e volvendo ao antedito estudo académico, só quedaría unha pregunta: e por que, comprobados estes datos, os nosos gobernantes non emprenden a substitución absoluta das vellas fontes de enerxía polas alternativas? A resposta tamén a apunta Richard York: "O fracaso das fontes de enerxía non fósiles para desprazar ás fósiles é, probabelmente, en parte atribuíbel ao sistema de enerxía establecida, onde existe un predominio, que dura moitísimos anos, dos combustíbeis fósiles como fonte de enerxía de base e unha xigantesca infraestrutura fósil-dependente, e pola outra parte debido ao poder político e económico da industria dos combustíbeis fósiles".
QUEPASA_131
As Pedreiras e O Cairo acolleron esta fin de semana dous auténticos partidazo. Os 4 primeiros mediron forzas, deixando ao Ponteceso como novo líder, pero apretando a parte alta da clasificación. Ata 6 equipos fican en só 6 puntos, pois Muros e Coristanco cólanse na zona alta, á que non se enganchan Lira nin Muxía, que deixaron escapar sendas vitorias en Vimianzo e Zas no último suspiro. Por abaixpo Buño e Zas seguen sen saber o que é sumar de 3 en 3.
Zas - Muxía (2-2) Zas: Puyol, David, Manu, Brais, Andrés, Miguel (Balsa, m.68), Brais Espasandín, Oreiro, Manu Gullamet, Kevin (Tefi, m.75) e Molinos (Marcos, m.90). Muxía: Andrés, Michael, Brais Mouzo, José (Miguel, m.79), Pereira (Julián, m.80), Víctor Alcaina, Manu Noguera, Eloi, Juan, Mauro e Álex (Mario, m.70). Goles: 1-0, m.20: Manu Guillamet de cabeza nun córner; 1-1, m.28: Michael de cabeza nun córner; 2-1, m.74: Brais Espasandín de gran volea; 2-2, m.84: Víctor Alcaina tras un rexeite. Segue o Muxía con algunha baixa, pero sobre todo, gafado cara gol, como o demostrou Manu Nogueira fallando un penalti sobre o pitido final. Foi un choque moi igualado e intenso, vivo ata o último suspiro. O Zas de Periscal comezaba pegando primeiro con dúas boas ocasións de Manu Guillamet, que non fallaba á terceira e abría o marcador aos 20 minutos. Tamén de cabeza empataba ao fío do descanso, o Muxía, tras unha primeira metade no que o cadro zaseiro merecía levar algo máis, e tivo o segundo nunha fermosa contra de Kevin xusto antes do pitido final. Na segunda cambiou o conto, o Muxía comezou a controlar, pero o choque estaba máis bronco (ata 7 tarxetas levou o Zas, por unha dos muxiáns). Tiveron ocasións Pereira (respondía cun paradón Puyol), Víctor Alcaina (a cruceta) e Manu Nogueira (ademais do penalti). Pero era o xuvenil Brais Espasandín o que facía un golazo de volea a 15 do final. Foron 15 minutos de monólogo muxián, ata que Víctor Alcaina cazaba un rexeite para facer o empate. Sobre os 90, Oreiro era expulsado e Nogueira marraba a pena máxima que lle puido ter dado dous puntos a un Muxía, chamado a estar arriba, pero que aínda non se sitúa nos postos altos. "Penso que co paso das xornadas asentarémonos", asegura Óscar Leis. San Lorenzo - Ponteceso (1-3) Foto de Brais Pose San Lorenzo: David, Puñal, Álex Fdez., Raúl, Ures; Garrido, Diego, Yago Varela, Hugo, Fuentefría e Brais Cancela. Tamén xogaron: Fidalgo, Styven, Padín, Dani Cotelo e Alexis. Ponteceso: Brais, Isaac, Juanjo, Ismail (Moscoso, m.76), Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Abel (José, m.89), Martín Puente (Adrián, m.86), Nando (Charro, m.69), Xuco. Goles: 0-1, m.34: Alberto Recarey de falta directa; 0-2, m.40: Xuco, fai unha boa xogada pola liña de fondo, tras un saque de banda; 1-2, m.65: Brais Cancela de penalti; 1-3, m.89: Alberto Recarey de falta. Fuentefria e Recarey co colexiado David Castreje-Foto-Brais Pose Moi boa tarde de fútbol nas Pedreiras tralo que o Ponteceso arrebata o liderato ao San Lorenzo tras un partido no que foi superior e cometeu menos erros. Pablo Mallón voltaba a Verdillo e demostrou que este Ponteceso vai en serio, cun fútbol práctico e efectivo. Así foi a primeira metade, con control pontecesán ante un San Lorenzo que esperaba e buscaba as contras. As mellores ocasións eran dos visitantes, e en dúas xogadas a balón parado se colocaban por diante. Os de Santi Cambón, co que falabamos o pasado venres, deron un paso á fronte no comezo da segunda metade, e metendo ao Ponteceso atrás. A base de empuxe, de faltas e córners, consegue meterse no partido cun penalti que transforma Brais Cancela. Seguía intentándoo o San Lorenzo, cun Ponteceso que intentaba parar o partido no medio campo, sacando algunha contra como a que remataba cun tiro de Charro que paraba David ou dous posibles penaltis. Pero o posible empate estaba no aire, sobre todo en xogadas parado, ata que, xa case que co tempo cumplido, nunha xogada entre Puente e Abel, este último metería o pase ao borde da área, e chegaría Alberto Recarey, para poñer o 1-3, matar o partido e os 3 ptos para a Vila de Pondal. Cerqueda - Castriz (2-3) Cerqueda: Darío, Marcos Pensado, Estefan, Espi, Dani, Lorenzo, Diego, Dani Mato, Iván Mato, Iván Mato, Eloy. Tamén: Serbio Bastón, Julián, Breo, Kevin e Adrián. Castriz: Álvaro, Carlos, Álex Mourelle, Adrián, Diego, Pablo, Brais Sendón, Sebas, Mata, Iván Pastoriza, Iván Castro. Tamén; Anxo, Martín e Pablo. Goles: 1-0, m.25: Iván Mato; 2-0, m.32: Iván Rojo de penalti cometido sobre Eloy; 2-1, m.44: Espi; 2-2, m.55: Sebas a pase de Iván Pastoriza; 2-3, m.90: Anxo. Partido de alternativas, cun Castriz que comezou moi ben, mandando. Pero aos 15 minutos comezou a poñerse nervioso e a protestar, e o partido tornouse de cor branca. Comezaba a chegar o cadro cerquedán e tras boas ocasións, como as de Estefan e Diego, que levaban continuamente o perigo sobre a portería rival. Nunha boa internada por banda de Estefan chegaba o primer gol por medio de Iván Mato. E sen tempo a repoñerse Iván Rojo facía o segundo dende os 11 metros. Non matou o partido o Cerqueda nese treito e un balñon longo de Sebas cara Espi, e tras unha indecisión entre porteiro e defensa permitiu que Espi metese a punteira e puxese o 1-2. Había partido. Na segunda o Cerqueda puxo defensa de 5, e o partido volveuse tolo, de ida e volta, como lle gustan aos xalleiros. Pronto empatou Sebas, e o Castriz estivo máis incisivo. Pero se partido estaba máis para os visitantes, os locais tiveron un par de aproximacións, de xeito que no treito final, cando os dous daban o empate por bo, unha boa contra de Iván Pastoriza que centrou, deixou pasar Espi e Anxo dende segunda liña marcou o gol da vitoria para os de Miguel Chouza. Corme - Esteirana (2-3) Corme: Suso, Pandi, Alejandro, Javi Peón, Toniño, Brais Torrado, Sergio Sueiro, Lucas, Adrián Doldán, Manu Bermúdez, Alejo. Tamén: Jose, Brais Pombo, Samu Costa, Dani Casal e Javi Bermúde. Esteirana: MJ, Adri Maroñas, Dani Rama, Tobío, Álex, Dani París, Adri, Pablo Rama, Carajillo, Code, Elías. Tamén: Sanu, Dani Maroñas, Manu, Jorge e Brais. Goles: 0-1, m.12: Elías; 0-2, m.40: Elías; 1-2, m.47: Alejo; 2-2, m.67: Manu Bermúdez; 3-2, m.88: Adrián Doldán. Outro auténtico partidazo o vivido no Cairo, cunha Esteirana (con baixas como Simón, Raúl, Josiño…) que saía dominadora, con moitísima intensidade, ante un Corme que non acabou de saír ao campo. Todas as disputas eran para os de Geno, que presionaron arriba dende o comezo, non deixando xogar o Corme en ningún momento. Froito desa superioridade, dúas xogadas en profundidade chegaron os tantos de Elías, ante a pasividade da defensa local. Debeu servir a charla de Lelo, e a entrada de Casal e Samuel, pois o cadro azulón saíu moito máis arriba na segunda, xogando máis directo e obrigando ao cadro esteirán a meterse máis atrás. Puxéronse algo nervisos os defensas visitantes, e nun barullo, Alejo colábaa para dentro moi pronto, metendo de cheo aos seus no partido. O Corme tiña máis posesions e xogaba muí rápido. A Esteirana xa non presionaba coma na primeira parte. Puido empatar o Corme antes pero fallou Alejo un penalti que el mismo provocaría nun man a man co porteiro, un penalti protestado polos esteiráns. Seguía buscando ás costas da defensa o cadro cormelán e nunha internada de Doldan por banda, Manu recibe dentro da área e revolvéndose moi ben cruzaba o balón para empatar o partido. Noutra xogada semellante en Alejo e Casal, Adrián Doldán marcou o gol definitivo a dous minutos do final, sen tempo a reaccionar. Os esteiráns protestaron tamén os dous goles, por posibles fóra de xogo. "Creo que se equivoca en varias xogadas, pero tamén creo que é un árbitro decente. É dificil para un só", declarou Geno. Malpica - Muros (1-3) Muros: Xandre, Ra, Iván Cerilla, Jurjo, Juanchy; Xaco, Saúl (Daniculas), Jose Cacharro (Gesto), Varo (Bruno), Ivi (Berni Chinana), Xavi (Río). Malpica: Damián, Laik, Belar, Juan Abelenda, Juan Fuentes, Kevin, Alberto, Marcos, Migueliño, Aitor e Andy. Tamén xogaron: Brais Ceán, Ángel Garrido, Cristian, Costín. Goles: 0-1, m.24: Xavi; 1-1, m.50: Kevin; 1-2, m.74: Ivi; 1-3, m.89: Bruno. Empezou o partido en Pedra Queimada, cos dous compoñentes do Muros e Malpica apoiando as mulleres todas no Día Internacional contra o Cancro de Mama. Ademais, celebrouse un minuto de silencio polo pasamento de Aurelio Carvajales, socio nº 1 e cofundador da SCD Malpica. O choque comezaba igualado, e sen demasiadas ocasións, cun cadro local que afrontaba o choque, de novo, con numerosas baixas. Aínda así, dominaba a posesión o cadro de Gurita pero sen crear ningún perigo. Xa pasada media hora, nunha xogada no medio do campo moi discutida pola decisión arbitral, o Muros púxose por diante do marcador tras un pase de Ivi para que Xavi, en velocidade marque a pracer, logo de superar ao porteiro. Puido facer Iván Cerilla o 0-2 antes do descanso, que quedou só na área pequena e tirou o balón fóra. Saíu durmindo o Muros na segunda, ante un Malpica moito máis entonado que pronto empataría nun córner. E cando mellor estaba o Malpica, penalti a favor nosa por mans de Laik nun balón que el mesmo despexa mal e o balón lle pega na man involuntariamente. Gol de Ivi. Non se recompuxo o cadro local dese golpe, e os de Felipe Candamo souberon ler o partido, esperando a sentencia, que chegaría xa case que co tempo cumplido tras un tiro de Gesto que para Damián, pero chega Bruno e aproveita o rexeite. O Muros case se formula como unha das revelacións da temporada pero agóra terá que demostralo enfrontándose en tres semanas a Baíñas, Corme e San Lorenzo. Cabana - Buño (3-3) Cabana: Víctor, Pablo (Ismael), Rubén, José, Raúl Fdez., Castro (Manolo), Sergio, Moreno, Pablo Pose (Raúl Corzón), Diego Cacha, Aarón (Cristian). Buño: Brais, Escras, Pablo, Álex, Manoliño, Fran, Paco, Posiño, Elías, Petís e Juan. Tamén: Luismi, Brandon, Agustín, Martín e Fabián. Goles: 1-0, m.6: Pablo Pose; 2-0, m.8: Pablo; 2-1, m.16: Fran; 2-2, m.36: Petís; 3-2, m.55: Casteo; 3-3, m.91: Manoliño. Foto-SD Partido tolo, cun Cabana que sempre foi por diante pero cun Buño que acabou empatando sobre a bocina. O cadro de José Manuel comezou dominado e os Pablos colocaban moi pronto o 2-0 no marcador. Despois de 25 minutps de superioridade local o Buño comezou a meterse no partido, conseguindo empatar tras unha mala saída de balón dos locais que aproveita Petís e cun tiro lonxano de Petís. Na segunda, volvíase repetir o guión, co Cabana máis enchufádo meténdose de novo por diante. O encontro entrou nun toma e daca, uun ida e volta, con chegadas ás dúas áreas ata que, xa no desconto, Manoliño facía o empate defintivo. Coristanco - Cee (3-1) Coristanco: Rubén, Samu, Dani Vázquez , Pazos, Rubio, Mario, álex, Jose, Castiñeiras, Corral e Samuel. Tamén: R, Joni, Villajos, Damián e Álvaro. Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Chema, Jorgito, Aitor, Luís Lojo, Ezequiel, Iago, Josiño, Bruno, Leo. Tamén: Joselu, Cote, Brais Rey, Rubén Yaya. Goles: 1-0, m.6: Samuel; 1-1, m.13: Bruno de vaselina; 2-1, m.44: Samuel de penalti; 3-1, m.77: Samuel. Partido que comezaba con boas ocasións para ambos conxuntos, cun Coristanco algo mellor posicionado. Ezequiel mandaba fóra un pase de Bruno e pouco despois Samuel abría o marcador para os locais, tras deixada de Corral. Meteríase entón no encontro o Cee que comezaba a facer traballar a Rubén, que non podería facer nada para deter un globo por riba de Bruno que hacía o empate. O Coristanco volvía coller o mando e Samuel mandaba a cruceta. Antes do descanso, o coelexiado sinalaría un penalti, protestado, do porteiro ceense, que Samuel non fallaría. Comezana a segunda, con menos ritmo, pero Cote avisaba mandando o balón ao longueiro. Jorge non definía unha contra que era un 3 para 1, no momento no que o partido estaba roto. Ata que neste ida e volta, un despexe de Rubén deixaba a Samuel man a man co meta, conseguido pechar o seu hattrick. A partir de aquí varias ocasións para ambos equipos, pero a falta de puntería facía que o resultado non variase. Baíñas - Lira (3-2) Baíñas: Brais, Quintela, Eloy Trigo, Luís, Esteban Canosa, Cristian Canosa, Samuel, Abel Souto, Antonio, Baba e Santi Díaz. Tamén: C Cristian Hermida, Felipe e Oreiro. Lira: Baba, Oscar, David, Maikel, Marcos, Josiño, Borja (Eloy), Mamadou (Costiña), Raul (Manu), Toni, Oliver (Cristian). Goles: 0-1, m.22: Toni; 1-1, m.58: Baba; 1-2 m.59: Toni; 2-2, m.87: Cristian Canosa; 3-2, m.91: Baba. Partido malo, futbolisticamente falando por parte dos dous equipos. Partido que puido ter sentenciado o Lira, ante un Baíñas que segue con problemas de efectivos. O Lira dominou a primeira metade, e ademais do gol de Toni puido ter deixando o partido visto para sentencia. Pero Brais mantivo ao equipo de Barca no partido. Santi Díaz e Abel rondaría o gol antes do descanso, e xa na segunda o Baíñas comezou a apretar, chegando ben con Santi, Canosa e Baba. Era Baba o que empataba de cabeza a centro de Abel. Pero no minuto seguinte un mal rexeit de Luís acababa no segundo de Toni. A pesar do mazazo o Baíñas seguiu volcado e aproveitou a lesión do porteiro liracho Baba (foi un susto forte pero parece que finalmente poderá estar a semana que vén en Lombáns), que, ao non teren cambios, quedou na portería sen apenas poder moverse. Quedaban só 5 minutos, suficientes para que Cristian Canosa e Baba desen a volta ao marcador en sendos córners, para a delicia da parroquia vimiancesa.
PRAZA_8015
Os municipios fusionados terán un 30% da puntuación polo mero feito de presentárense ás convocatorias de axudas. O Goberno galego deixa a porta aberta a incentivar estas unións con subsidios sen concorrencia competitiva, vía convenio.
Xuntos, máis fortes... ou, como mínimo, un pouco menos pobres. O Consello da Xunta comezou este xoves a plasmar en normativa o que Alberto Núñez Feijóo enunciou como intención política hai case un ano, cando o presidente da Xunta tentou capitalizar o derradeiro debate de política xeral da lexislatura anunciando que Oza dos Ríos e Cesuras se ían unir nun só concello. O líder conservador expuxo aquela operación -que inicialmente os alcaldes reduciron a "intencións" pero que agora se está a concretar- como o exemplo a seguir e por iso, apuntaba, o seu Executivo ía incentivar as fusións municipais. Despois de iniciativas illadas, como a creación duns premios á cooperación entre municipios, agora a Xunta disponse a lubricar con cartos a engranaxe das fusións: quen se una terá máis vantaxes para acceder ás subvencións. Segundo o acordo adoptado polo Consello que agora será aplicado ás diversas ordes de subsidios, os concellos resultantes dunha fusión terán unha "puntuación mínima do 30%" en calquera convocatoria de axudas á que concorran "pola mera presentación da solicitude". Esta vantaxe terana durante "os dez anos seguintes ao remate do proceso de fusión", unha década na que a súa veciñanza terá máis posibilidades de veren incrementados os seus servizos públicos que a dos municipios que, pola razón que for, opten por seguiren en solitario. Os concellos fusionados terán un 30% da puntuación nos subsidios só por optaren a eles Estas primas beneficiarán tamén aos concellos que, sen fusionárense, opten por pedir axudas "por agrupación, asociación, mancomunidade" ou unha vía semellante. Os concellos agrupados "baixo calquera fórmula" agás a fusión tamén poderán ter unha prima de ata o 30% da puntuación na que se basean as subvencións, pero dividida en tres partes: un 10% "pola mera presentación da solicitude", outro 10% "pola presentación dunha memoria de aforro de custos a respecto da prestación de modo individual" e un 10% máis "que se repartirá atenendo a parámetros como o número de concellos asociados, o número de servizos que se van prestar de forma compartida ou a repercusión do proxecto", este último parámetro medido en función da "cifra de poboación total dos entes participantes ou da poboación destinataria". Pero, ademais de partiren con vantaxe á hora de concorrer a axudas, a Xunta resérvase un recurso discrecional para primar aínda máis unhas unións ás que Feijóo atopa resistencias no seo do propio PP, a comezar por Ourense e a seguir pola FEGAMP, o ente do municipalismo galego no que os populares son tamén maioritarios. Para "incentivar proxectos piloto de xestión compartida posibilitarase a concesión directa de subvencións a través de formalización de convenios" nos que se terán en conta "as especiais necesidades de interese público vinculadas ao fomento da cooperación e colaboración municipais". Isto é, se dous ou máis concellos se unen e a Xunta o considera conveniente, poderán recibir financiamento para os seus plans sen competiren con ningún outro municipio, fusionado ou non.
NOS_39474
Unha investigación publicada na revista 'Science' explica como actúa cada variante e ofrece unha visión do que serán as mutacións do futuro do SARS-CoV-2.
Unha nova investigación do laboratorio de Gary Whittaker, profesor de viroloxía no Departamento de Microbioloxía e Inmunoloxía da Facultade de Medicina Veterinaria da Universidade de Cornell (EUA), revelou información chave sobre a variante 'irmá' máis antiga de Ómicron, Alfa, que xurdiu a finais de 2020. A mutación que deu orixe a Alfa en primeiro lugar é moi similar á que creou Ómicron, mais con resultados moi diferentes no que atinxe á gravidade de cada unha, segundo esta investigación, que se publicou na revista Science. Os científicos observaron unha importante mutación nunha rexión chave da proteína da espiga de Alfa, denominada sitio de escisión da furina. Crese que deste lugar provén boa parte da virulencia do virus. Con todo, "en realidade resultou ser relativamente intranscendente", apunta Whittaker. Malia que Alfa tiña unha mutación notábel no sitio de escisión da furina, tiña pouco efecto na capacidade de Alfa para infectar células e causar enfermidades. Mais Alfa e Ómicron comparten a mesma mutación no sitio de escisión da furina, e nun fondo xenético diferente. Isto pode explicar por que Ómicron se propaga a gran velocidade pero parece causar unha enfermidade menos grave. "Ómicron ten moitas das mesmas características que Alfa, así que o que aprendemos sobre ela axúdanos a entender Ómicron e as posíbeis variantes futuras", apunta Whittaker. A pesar de que Alfa pasou desapercibida en moitos países, a súa chegada foi importante desde o punto de vista científico. Foi a primeira mutación importante do virus SARS-CoV-2, que se produciu no sitio de escisión da furina. Porén, esta mudanza en Alfa non supuxo unha gran diferenza no impacto da variante como enfermidade: foi necesaria a chegada de Delta, que presentaba unha mutación diferente nese mesmo sitio, para converter ao virus nunha arma máis letal. A evidencia cientítifca demostrou que, aínda que a variante Ómicron é moi contaxiosa, é moito menos daniña. Ómicron, indica o virólogo, "volveu á casa de saída". "Volveu ao mesmo cambio xenético no sitio de escisión da furina que tiña a Alfa. Esencialmente deu un gran paso atrás na súa traxectoria evolutiva como axente patóxeno", explica. Isto foi máis evidente na capacidade da variante para causar a fusión de célula a célula, un signo revelador que se utiliza para determinar a capacidade do virus para causar virulencia no seu hóspede. "Alfa fai que as células se fusionen. Delta fusionaría as células mesmo máis.... pero logo chega Ómicron, e as súas células hóspede non se fusionan en absoluto. Retrocedeu por completo", detalla o científico. Se os sitios de escisión de furina de Alfa e Ómicron eran esencialmente os mesmos, por que Alfa era unha variante máis mortal que Ómicron? A resposta debe estar noutra parte da composición xenética destas variantes, que os científicos esperan poder explicar no futuro. Ómicron despraza Delta Segundo os últimos datos fornecidos polo grupo de traballo de CovidBens, que analiza as augas residuais da área metropolitana da Coruña, a variante Ómicron está a desprazar por completo a Delta. Se ben antes do Nadal xa supuña 66% dos casos, agora a súa incidencia na cidade coruñesa medra até 86%, fronte a 13% de Delta e 1% doutras variantes do coronavirus. Mais, con base tamén neste informe, as persoas expertas advirten unha ralentización dos contaxios, polo que o pico da sexta vaga podería chegar nas vindeiras datas.
NOS_17657
A fiscalidade das instalacións eólicas é un motivo de diverxencia entre ecoloxistas e propietarios dos terreos coas empresas eléctricas e as Administracións. A profesora de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Cadaval analiza para Nós Diario esta cuestión.
—Canto deixan na Galiza os diferentes operadores eólicos en función dos diversos impostos? Cando se fala de fiscalidade debemos atender á realidade dos tres niveis de goberno. A eólica, pola súa propia tecnoloxía xeradora de electricidade non se ve afectada pola maior parte dos tributos que gravan a xeración de enerxía a nivel estatal, alén do IVE e o Imposto sobre o valor da produción da enerxía eléctrica. No eido local, as figuras impositivas que afectan ao sector eólico na Galiza son as mesmas que ás demais actividades, o que depende en gran medida das ordenanzas municipais. Nada relevante a nivel de recadación. A nivel autonómico, a Galiza é, xunto con Castela e León e Castela-A Mancha, unha das comunidades que gravan o impacto ambiental que supón a xeración de enerxía a través dos operadores eólicos. Foi pioneira na implantación do canon eólico no ano 2009 e, segundo os datos do Ministerio de Facenda do último exercicio liquidado, 2020, obtivo unha recadación de 22.323.960 de euros. —O canon eólico é moi criticado polas propietarias e propietarios dos terreos onde se asentan os aeroxeradores e polo movemento ecoloxista e defendido pola patronal eólica. Que aspectos considera positivos dos mesmos e cales cualificaría como problemáticos? Como aspectos mellorábeis están a definición mesma do impacto a gravar, os tipos de gravame cero para parques con tres ou menos aeroxeradores, así coma tamén o reparto do fondo de compensación ambiental. A día de hoxe, a finalidade do fondo é discutíbel, bótase en falta transparencia no destino destes fondos, a publicación dos criterios que se usan para o seu reparto e o uso final e efectivo dos mesmos. —Que significa a nivel fiscal que as compañías eólicas paguen impostos polo número de aeroxeradores e non pola potencia instalada? A normativa galega estabelece unha bonificación para os parques eólicos que realicen actividades de repotenciación. Así pois, reducir o número de aeroxeradores, non implica un menor impacto ambiental malia que as empresas que o fan se vexan beneficiadas por un canon menor, ao tempo que incrementan a súa produción exponencialmente sobre a potencia previa e, por conseguinte, os seus beneficios. Neste senso, e tendo en conta que o proceso de repotenciación é unha realidade, dada a antigüidade media dos parques existentes na Galiza, o mantemento do canon en función do número de aeroxeradores freará os ingresos e o desenvolvemento das actuacións ambientais, mais non así os efectos negativos que producen os novos elementos, cada vez con maior dimensión e tamén con maior impacto ambiental. —Cales son as diferenzas entre a fiscalidade eólica existente na Galiza e no resto do Estado? A Galiza foi a primeira comunidade en ter un canon eólico dentro dos seus tributos propios, iniciativa que aplicaron outras dúas comunidades como Castela-A Mancha e Castela e León. Os tres tributos tratan de gravar o dano ambiental causado pola instalación dos parques, coinciden así na súa finalidade, pero non no seu contido. A principal diferenza é que o feito impoñíbel da normativa galega fai referencia aos impactos visuais dos muíños sobre o medio natural e o territorio, mais non os identifica directamente coa paisaxe, como si fan as outras dúas normativas. A outra diferenza importante atópase en relación coa tributación castelán-leonesa, que atende directamente á potencia dos aeroxeradores. Unha nova fiscalidade eólica María Cadaval considera "necesario concibir un modelo de tributo eólico que teña en conta todos os parques, independentemente do número de turbinas instaladas, mais tamén a súa potencia unitaria, ao tempo o Fondo de Compensación debe servir de xeito claro e transparente ao seu fin". Cadaval afirma que "mais importante que o anterior é aínda que a eólica contribúa á mellora do país, que xere emprego, que fixe poboación e que reduza ao máximo o impacto que ten sobre a paisaxe e a biodiversidade. É primordial avanzar nun plan integral que ordene o territorio e non ocupe espazos de alto interese ambiental e económico". A economista e profesora da Universidade de Santiago de Compostela non considera suficiente o canón eólico e defende "exixir ás empresas que queiran instalarse ou repotenciarse o compromiso co país, coa industria eólica, co investimento dos Fondos Next Generation aquí e coa xente".
PRAZA_11177
As mobilizacións continuarán nos vindeiros días e xa hai convocada unha folga xeral o venres. Os antidisturbios da Garda Civil permanecerán en Catalunya todo o mes e o Govern defende as cargas dos mossos
A resposta á sentenza do Supremo que condenou a entre 9 e 13 anos de cadea aos líderes independentistas cataláns provocou dez horas de bloqueo, mobilizacións e enfrontamentos no aeroporto de El Prat. Foi o epicentro das manifestacións deste pasado luns, impulsadas polo colectivo Tsunami Democràtic, que anunciou xa novas accións, e acabou con máis de 130 persoas atendidas polos servizos sanitarios. Houbo duras cargas por parte dos Mossos e da Policía Nacional que provocaron que 24 persoas foran trasladadas a centros hospitalarios. Un deles sufriu unha lesión ocular que lle provocou que perdese un ollo tras unha ferida que, segundo o hospital onde foi atendido, é "compatible" co impacto dunha bala de goma, aínda que non se confirmou se este instrumento antidisturbios foi a causa. Outro dos feridos sufriu unha afectación nun testículo que, a falta de confirmación oficial, púidolle custar tamén a súa perda. As cargas policiais no aeroporto de El Prat provocaron que máis de 130 persoas fosen atendidas por sanitarios; un dos manifestantes perdeu un olloAs mobilizacións non se detiveron este martes e, aínda que menos multitudinarias, mantiveron cortadas varias estradas durante horas en distintos puntos de Catalunya, así como a Gran Via de Barcelona. Houbo cortes puntuais na A-7 en Tarragaona, na AP-7 en Girona ou na C-25 á altura de Gurb. Para a tarde, a ANC e Òmnium convocaron a unha sentada fronte á Delegación do Goberno, blindada polas forzas de seguridade, ás 19 horas e os CDR chaman a acudir a este punto en columna desde Passeig de Gràcia. Tamén se promove que a cidadanía queu participou nas mobilizacións do 20-S ou do 1-0 de 2017 se "autoinculpen" nos xulgados. Ademais das protestas que se prevén durante toda esta semana, os sindicatos Intersindical-CSC eIntersindical Alternativa de Catalunya (IAC) ratificaron a convocatoria dunha folga xeral para o venres baixo o lema Polos dereitos e as liberdades e que irá acompañada dunha gran manifestación á tarde desde Gràcia. Mentres as mobilizacións continúan, o Govern catalán mantense nunha difícil postura: a de alentar as protestas e enviar os Mossos para evitar altercados e defender as cargas. Así, a Generalitat apoiou este martes o bloqueo dos accesos ao aeroporto e dixo "comprender a rabia da xente", tal e como afirmou a consellera de Presidència, Meritxell Budó. O Govern defende as mobilizacións pero tamén as cargas dos Mossos, que xustifica para impedir que a xente fose acusada de sediciónA consellera asegura que o Govern non sabía que a intención era ocupar o aeroporto e defende as cargas dos Mossos contra os manifestantes para evitar que fosen acusados de sedición no caso de ocupar as pistas do aeródromo. Ademais, o Departamento de Interior da Generalitat anunciou tamén que investigará os mossos que arrastraron un manifestante enriba dun furgón policial durante as mobilizacións no aeroporto. Esas mobilizacións en El Prat foron convocadas por Tsunami Democràtic, unha entidade que está a ser investigada polo Goberno central, segundo asegurou o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. "Por suposto que hai investigacións, temos uns servizos de intelixencia eficaces e terminaremos sabendo quen está detrás destes movementos do Tsunami Democràtic", dixo. Os antidisturbios da Garda Civil permanecerán en Catalunya ata o vindeiro 1 de novembroPor outra banda, e ante a previsión de novas e diferentes mobilizacións nos vindeiros días, a Dirección Xeral da Garda Civil ordenou a suspensión das vacacións e permisos dos axentes do instituto armado destinados en Catalunya desde este luns e ata o vindeiro 31 de outubro. A presenza destes antidisturbios ata novembro débese á necesidade de "aumentar a capacidade operativa e de resposta das unidades de reserva" e pretende "garantir a seguridade cidadá e o libre exercicio dos dereitos e liberdades", segundo explica o director xeral da Garda Civil, Félix Azón, na circular difundida.
PRAZA_794
Santiago foi unha das cidades nas que tardou máis en arrincar e visibilizarse a carreira cara ás eleccións que se celebrarán en menos de 50 días. No entanto, a precampaña semella definitivamente lanzada tras o retorno da pausa da Semana Santa.
A política municipal compostelá veu sendo unha das grandes protagonistas da actualidade nos últimos anos moi alén das propias lindes da capital galega. A sucesión de escándalos, procesos xudiciais e dimisións que tivo como parte máis visible o acceso ao poder de tres alcaldes en tres anos malia á cómoda maioría absoluta acadada polo PP en 2011 estivo en primeira plana en numerosas ocasións tanto en Galicia como no Estado. Paradoxalmente, Santiago foi unha das cidades nas que, máis alá do traballo de cada forza política, tardou máis en arrincar e visibilizarse a carreira cara ás eleccións que se celebrarán en menos de 50 días. No entanto, a precampaña semella definitivamente lanzada tras o retorno da pausa da Semana Santa. Pola banda do PP a falta de máis membros da candidatura que o actual alcalde o protagonismo absoluto segue a ser para o binomio formado por Agustín Hernández e Alberto Núñez Feijóo. O presidente, responsable da designación de Hernández como rexedor o pasado ano, foi tamén o mestre de cerimonias este mércores da súa presentación como alcaldable. Baixo o lema Santiago en marcha e un logotipo co nome do candidato que, como en Ourense, deixa en segundo plano as siglas do PP, Feijóo deu por "emendados" os "erros" cometidos nestes anos e non dubidou en amosarse "orgulloso do que fixemos" na cidade. Fíxoo nun discurso na que a práctica totalidade das críticas foron dirixidas a Compostela Aberta e o seu candidato, Martiño Noriega. "A Compostela aberta de verdade", di Feijóo, é a do PP. Mentres no Auditorio Abanca se celebraba o mitin dos conservadores a escasos 300 metros, na Facultade de Filosofía, a plataforma que encabeza Noriega celebraba a súa asemblea, cuxo resultado presentou este mércores. Ademais de aprobar que concorrerá aos comicios coa forma legal de "partido instrumental" e de definir os criterios para completar os restantes postos da lista -os quince primeiros foron elixidos en primarias- Compostela Aberta deulle luz verde ás liñas mestras do seu programa electoral, emanadas dos "grupos de traballo" que funcionan dende o pasado outono e que se completará con achegas cidadás a través dunha ferramenta informática na súa web, en marcha dende este mércores. Compostela Aberta lanza as súas liñas programáticas e Noriega lamenta a mestura de "escapismo e mala xestión" de Hernández A apenas dúas semanas da finalización definitiva do programa o cabeza de lista subliña que estará centrado en "tres eixos", a comezar por situar Compostela como "gran capital", redefinir a relación cos concellos da contorna e priorizar a política cultural e social. No ámbito social Noriega fai fincapé para lamentar que o gabinete de Hernández optase por "xogar en clave preelectoral" para presentar na recta final un proxecto semellante a unha "renda básica" coa que, censura, "busca a estética" despois de catro anos nos que o PP "non estivo á altura" en casos de "emerxencia social" como os desafiuzamentos cunha mestura de "escapismo e mala xestión". Isto, di, aconteceu mentres a débeda municipal chegaba a 46 millóns de euros "dos que 16 son do PP". Regreso de servizos municipais á xestión pública Na súa exposición programática Compostela Aberta salienta tamén a aposta pola "desprivatización" de servizos municipais, un asunto que entra en campaña por dupla vía: a da candidatura que lidera Noriega e tamén a do BNG, que este mércores iniciou tamén a "rolda de presentación" do seu programa. Mentres "segue a integrar ideas nun proceso de elaboración participativo" o alcaldable do Bloque, Rubén Cela, amósase convencido de que "a experiencia demostra que os servizos externalizados nin son máis baratos, nin máis eficientes, nin máis eficaces", máis aínda cando "con carácter xeral, nestas externalizacións é onde se detectaron máis irregularidades". Cela aposta por un "novo modelo de cidade que inclúe avanzar na remunicipalización" de servizos Por todo isto, explica Cela, o BNG promoverá un "novo modelo de cidade que inclúe avanzar na remunicipalización" e "no maior control das empresas concesionarias". Aínda "sendo conscientes de que non todos os servizos municipais externalizados son iguais", resalta, "propomos dúas actuacións a desenvolver dende o primeiro día do novo mandato: unha inspección de servizos" para "velar polo cumprimento dos pregos de concesións" e "un estudo de remunicipalización dos servizos privatizados" para determinar en que servizos é posible aplicala. Reyes reivindícase como candidato Tamén o candidato socialista intensificou a súa actividade de precampaña nos últimos días. Despois de que a secretaria de organización do PSdeG, Pilar Cancela, e o propio secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, apostasen polo impulso a gobernos "de esquerda" tras o 24-M deixando a porta aberta a apoialos aínda que as urnas non ditaminen unha alcaldía socialista o seu aspirante en Santiago, Francisco Reyes, reivindica a súa propia condición de candidato, pero tamén como "mellor instrumento para recuperar Santiago". Besteiro acode este mércores á presentación da candidatura do PSdeG A poucas horas de que o propio Besteiro o acompañe, este mércores, no acto oficial de presentación da candidatura Reyes afirmou que o seu "único compromiso é con Santiago e a súa veciñanza" e "ninguén me vai impoñer nada que vaia contra esta declaración". O seu obxectivo, afirma, é "gañar en Santiago e gobernar en Santiago, non contemplamos outra opción" nin "ningunha posibilidade de alternativa ao PP" que "non pase pola vitoria e o goberno do PSdeG". Pola súa banda o candidato de Compromiso por Galicia, Xosé Antón López, dedicou este mércores ao ámbito gandeiro cunha visita ao Mercado Nacional de Gando, en Amio, e lanzou propostas en materia de comercio de proximidade. Tras o acto de Feijóo e Hernández CxG puxo o acento, asemade, en que na súa presentación na cidade "houbo 225 persoas sen ningún medio de comunicación afín dándolle cobertura".
NOS_30674
Desde o mes de agosto o número de contaxios nestes centros medrou paulatinamente, con brotes detectados nos centros de El Pinar, en Culleredo, DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei, ou O Incio.
A pandemia da Covid-19 colocou no foco os centros residenciais. A preocupación que espertaba que a enfermidade chegase ás persoas residentes, moitas delas nun estado de saúde fráxil, sumouse ás denuncias de familiares duns centros que, aseguran, arrastran problemas estruturais. Entre eles a falta de persoal, que tería dificultado que afrontasen a rápida escalada dos contaxios nuns centros nos que conviven até 150 maiores. Na primeira vaga, a rede residencial chegou a detectar até 1.012 casos activos a mediados do mes de abril, mentres que o persoal rexistraba 424 positivos. As residencias que máis contaxios acumularon foron as de xestión privada, caso das da multinacional DomusVi. Neses meses notificáronse 277 falecementos, 44% do total relacionados coa Covid-19. Onte, o total situábase en 325. Segunda vaga A segunda onda da pandemia na Galiza volveu introducir a enfermidade nos centros de maiores. Foi en agosto cando se comunicaron novos contaxios, cun ritmo máis lento do da primeira vaga, mais condicionado polos gromos nalgúns centros. O 17 dese mes permanecían activos 8 casos entre os residentes, mentres que o día 27 ascendían a 99. Na xornada de onte, situábanse en 309. Ao longo desas semanas, a Xunta viuse obrigada a intervir tres residencias, tras tutelar outras tres na vaga anterior. Entre elas, a do Incio e mais a de El Pinar, no concello de Culleredo. O terceiro centro baixo control da Xunta é DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. Onte o centro informaba de 133 positivos entre os usuarios. Nesa xornada un dos residentes faleceu. Foi o quinto deceso nesta residencia, a terceira da multinacional intervida pola Administración galega. En total, 51 residentes faleceron nesta segunda vaga. Entre o 1 de agosto e o 1 de outubro Sanidade notificou 14 decesos nos propios centros de maiores e 37 en hospitais ou residencias integradas, como denomina a Administración galega a aquelas nas que residen maiores contaxiados da Covid-19. Unha decisión que cuestionou a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría a comezos de abril, criticando que non se derivasen os doentes á rede hospitalaria. Debate parlamentar Durante a primeira vaga do coronavirus intensificáronse as protestas de asociacións de usuarios e familiares de residentes. "O que nos doe é a falta de medios, a falta de prevención. Os números son incontestábeis como para non dicir que a xestión foi boa", asegura Javier Quián, sobriño dunha usuaria, a Nós Diario, referíndose a unha misiva da directora de DomusVi San Lázaro, centro no que faleceron 52 residentes. Paralelamente, as forzas políticas reclamaban a comparecencia do presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feixoo, para que explicase a xestión das residencias. Partidos e colectivos de familiares criticaron a Administración galega pola súa falta de control sobre a rede residencial. Nesta segunda vaga, as forzas da oposición poden fiscalizar a acción do Executivo galego, rexistrar preguntas ou propor mocións. Porén, na cuestión das residencias topan coa maioría absoluta do Partido Popular. O 22 de setembro o PP rexeitou a proposta do BNG de artellar unha comisión de investigación que avaliase a xestión das residencias ante a Covid-19. O partido no Goberno alegou o "fracaso" de comisións pasadas nas que non se alcanzou consenso e fechou a porta á proposición de mudala por unha de estudo. Críticas das familias A decisión do PP espertou malestar na federación de familiares e usuarias de residencias REDE. Os seus integrantes sinalaron nunha concentración que "mentres que só 3% das persoas maiores do país viven en residencias, producíronse nelas 45% dos falecementos rexistrados por coronavirus" e reclamaron un modelo asistencial público. "Estamos en protesta porque esta pandemia puxo de manifesto o que viñamos denunciando desde hai tres anos: a mala calidade asistencial que teñen as residencias de maiores na actualidade na Galiza", declaraba a este medio Xosé Bernárdez Solla, presidente da asociación Vellez Digna e secretario de REDE o pasado 26 de setembro.
NOS_12292
Esta segunda feira hai convocadas protestas organizadas contra a visita da líder do neoliberalismo europeo e o recebemento que lle dan os gobernos do PP, pero á súa chegada ao Obradoiro xa se escoitaron berros na súa contra.
Centos de persoas reuníronse en torno ao Hostal dos Reis Católicos onde, pasadas as 19,00 horas, a chanceleresa alemá, Angela Merkel, e o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, chegaron tras percorrer os arredor de 6 quilómetros elixidos do tramo do Camiño de Santiago, algo que fixeron nunha hora. Á súa chegada, numerosas persoas pitaron en contra dos "recortes" e berraron "fóra, fóra". Soamente ao final, cando Merkel e Rajoy se achegaron aos curiosos e turistas que se desprazaron ao Obradoiro, escoitouse algún tímido aplauso. Entre os berros que se proferiron na compostelá Praza do Obradoiro, tamén se puido ouvir como unha muller lamentaba "camiño duro o noso, non o que fixeches ti". Outras voces dicían "vaite para Alemaña". Para as 11.00 desta segunda feira están convocadas protestas no Obradoiro contra a visita, da que presume o PP.
PRAZA_7421
Os populares ourensáns saen ao ataque tras a imputación de José Luís Baltar, repartindo acusacións de enchufismo entre os socialistas e asegurando que a secretaria provincial de organización do PSdeG estivo afiliada ao PP
A querela por presunta prevaricación presentada pola Fiscalía contra o ex presidente da Deputación de Ourense fixo saltar a figura do oficialmente retirado José Luis Baltar á esfera da actualidade estatal. Nunha tertulia radiofónica o deputado do PP no Congreso Gabriel Elorriaga era cuestionado polo caso dos máis de cen supostos enchufes na Deputación ourensá e o conservador adoptou unha sintomática actitude. Partindo do lugar común de apelar á "presunción de inocencia" Elorriaga deixou caer que os modos e maneiras de Baltar pai eran propios da "vella política", que nada teñen que ver con Alberto Núñez Feijóo, aseguraba. O presidente da Xunta é "un novo valor do PP" que "renovou goberno e partido", acrecentou, esforzándose en separalo das "prácticas" do ourensán, unha separación que o propio Feijóo tentou, con máis ou menos tesón pero sen éxito, dende a súa chegada ao poder autonómico. Din os haxiógrafos do xefe do Goberno galego que Feijóo non coñece a derrota dende que preside o Consello da Xunta. Isto é certo en termos puramente electorais, pero non o é tanto na súa propia casa política. A finais de xaneiro de 2010 o PP de Ourense celebraba o seu congreso provincial e a dirección autonómica do partido tentou unha inédita operación: derrubar o baltarismo pola vía da presentación dun candidato alternativo que tentase derrotar a Manuel Baltar, que se dispuña a substituír ao seu pai no partido como paso previo a facer o propio na Deputación. Feijóo, directamente e a través do seu secretario xeral, Alfonso Rueda, tentou que o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, pasase a ser o seu home en Ourense. Pero non o lograron. Na cita congresual agora situada baixo a sombra da sospeita xudicial a máquina baltarista que sostivera as vitorias de Manuel Fraga e do propio Feijóo funcionou con precisión. Baltar pai e Baltar fillo gañaban, Feijóo perdía. Feijoó tentou sen éxito derrubar a Baltar presentando un candidato interno alternativo en 2010 Durante aquela campaña interna dende o círculo máis próximo a Jiménez Morán, isto é, a Feijóo, non se aforraban críticas ao que Elorriaga define como "vella política", mesmo deixando escapar sen disimulo acusacións de "caciquismo". Pero os Baltar seguiron reinando na provincia ourensá, celeiro de votos fundamental para os conservadores en Galicia -nas pasadas autonómicas lograron alí o 49,16% dos votos-. E nisto a Fiscalía asumiu como propia a querela presentada polo PSdeG. E a dirección do PP galego, que prepara o seu congreso para a penúltima fin de semana de xaneiro, mantén un perfil baixo no caso. Non acusa, pero tampouco sae en defensa do que vén sendo o seu incómodo mal necesario. Acusacións de enchufismo e de dupla militancia para o PSdeG Pero fronte á calculada discreción da dirección autonómica do partido chegou este martes unha explosiva comparecencia do número dous de Manuel Baltar, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández. Rodeado de representantes do PP de Ourense no Congreso, no Senado e no Parlamento de Galicia Fernández saíu "censurar o comportamento ruín e tendencioso" do PSdeG e a bombardealo dialecticamente. "O PP de Ourense advirte dos riscos que teñen tantas ansias de protagonismo" e a "incoherencia persoal", advertiu aos socialistas antes de "poñer como exemplo as tres persoas que deron a rolda de prensa" para valorar a querela da Fiscalía". Fernández comezou pola secretaria de organización do PSdeG na provincia, a tamén deputada María Quintas, "que aínda non solicitou a baixa do PP de Ourense, onde figuraba como afiliada" dende os anos 90, acusou. Aos poucos minutos, Quintas anunciaba unha denuncia por inxurias. O 'baltarismo' sae ao ataque contra o PSdeG e asegura que unha dirixente socialista militou previamente no PP "O PP non é un partido de dicir 'e ti, máis", argumentou Rosendo Fernández. Asegurouno despois de debullar algúns dos "centos de afiliados e simpatizantes doutras forzas políticas", nomeadamente do PSdeG que, asegura, "traballan en concellos dirixidos polos socialistas". "Fillos de concelleiros", "irmáns", "tíos"... todos eles foron obxecto de enchufes, asegura. Mentres, defende, dos 104 contratos aos que "se refire a querela" do fiscal, "só 42 comezaron a traballar na Deputación antes do 30 de xaneiro de 2010, data do congreso [do PP de Ourense]" e "só seis foron compromisarios" nese cónclave. Mentres Rosendo Fernández puña o ventilador a funcionar, dende as filas socialistas procuraban cortar o cordón sanitario que a dirección galega co que a dirección galega do PP semella querer separarse dos Baltar. "A trama de corrupción tecida polos Baltar contou co aval de Feijóo e mesmo coas felicitacións de Rajoy, que chegou a dicir que 'o PP é Baltar", di o secretario provincia socialista, Raúl Fernández. "Rueda e Feijóo apareceron como claros coñecedores das contratacións" agora investigadas, subliñan. Non en van, lembran, "foron os propios candidatos da liña de Feijóo e Rueda os que denunciaron as prácticas irregulares" de Baltar, pai e fillo. O PSdeG, di, leva "vinte anos denunciando estes procedementos", que agora chegan ante a Xustiza e por iso reclaman unha "investigación", tamén no ámbito político. Por iso, e porque as prácticas do pai "son seguidas polo seu fillo, actual presidente da Deputación".
PRAZA_20569
A MIT de Ribadavia homenaxeou este ano a Shakespeare con, entre outras obras, a montaxe galego-portuguesa de O conto de inverno.
Enfrontarse a un texto coma O conto de inverno, -a "máis grande peza de Shakespeare"-, foi un auténtico desafío. Unha "aprendizaxe da lingua", porque facer un Shakespeare "é aprender unha lingua nova". Así o explicou Marcos Barbosa, o director da montaxe de O conto de inverno coproducida polo CDG, o Teatro Oficina CCVF de Guimarães, o Teatro Aveirense e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, tras a función que puido verse, precisamente, na MIT. Foi nun encontro co público que seguiu á obra, no que Barbosa indicou que os distintos idiomas nos que se desenvolve a mesma, -galego-portugués do norte e do sur e castelán-, encóntranse "na linguaxe universal" e "común" shakesperiana. Os distintos idiomas atópanse nunha "linguaxe universal" Mais non é este o único encontro que se produce neste Conto de inverno interpretado por Ivo Alexandre, Carolina Amaral, Xosé Barato, Santi Cuquejo, Anabela Faustino, Alheli Guerrero, Marta Pazos e o propio Barbosa. O texto, de inicios do XVII, viaxa á contemporaneidade da man dunha estética moi actual, co rock en directo de Manuel Fúria e os Náufragos, cunha escenografía e un vestiario nada barrocos e cunha dramaturxia que completa a historia, alén da actuación dos intérpretes, con recursos como as proxeccións en vídeo de fragmentos da peza protagonizados por clicks de Playmobil. Noutras versións recentes, O conto de inverno contou con máis de 20 persoas en escena mais, neste caso, -salientou o director-, nin eran tantos nin o desexaban, porque o elenco xa era, tal como estaba formado, o axeitado. "Que nos faltaban actores? Pois metemos os bonecos de Playmobil", sinalou Barbosa. "Que nos faltaban actores? Pois metemos bonecos de Playmobil", sinalou Barbosa. A unha máis que posible interpretación actual apunta tamén, antes de comezar o espectáculo, outra proxección en vídeo. Un pequeno discurso en loop sobre, -segundo comentou Barbosa a preguntas do director da MIT, Roberto Pascual- "unha Europa que se nega a si mesma", a súa orixe e a súa historia multiculturais, ao transformarse, fronte a persoas inmigrantes e/ou refuxiadas, nunha fortaleza pechada, no "outro desexado" que só se deixa ollar desde fóra. E é que O conto de inverno, cuxa primeira lectura non adoita ser segundo Barbosa "moi política", a partir da historia dun rei que se enfronta ao estranxeiro -outro rei, ata entón amigo- debido aos seus delirios ciumentos, tracexa un retrato da tiranía, "do abuso de poder", así coma unha fábula do amor e da reconciliación como posibilidade de "salvación" e de "redención". A obra "tracexa un retrato da tiranía, "do abuso de poder" Aínda que, nesa mesma liña política e, desde a perspectiva do presente, tampouco é difícil ver un espello da violencia patriarcal na furia gratuíta do rei Leontes, na súa "masculinidade" ferida, no seu temor á perda da súa posición de dominio ou nas súas exhibicións de poder, acompañadas dunha transición cara á compaixón e a luz da razón que se cadra a interpretación de Ivo Alexandre non acaba de resolver. Pola contra, a lucidez amosada, malia todo, por unha Hermione ultraxada e devorada pola dor, mais a afouteza e o bo siso de Paulina -subliñados coa enérxica interpretación de Anabela Faustina- diante dun rei afeito á louvanza medorenta, poderían deixar albiscar algunha sorte de intención do texto de vindicar o feminino, ou polo menos as virtudes atribuídas no seu tempo atribuídas á "feminidade", fose esta o que fose. O conto de inverno é, segundo Barbosa, unha historia "feliz", resposta de Shakespeare a outra peza súa anterior na que tamén a insensatez do monarca causa a desgracia, o Rei Lear. En O conto de inverno mestúranse, porén, segundo o director portugués, "traxedia" e "comedia" para mostrar uns personaxes que "loitan contra si mesmos", abrindo unha porta á esperanza no cambio, xa que, subliñou, o "amor" daríalle ao rei, alucinado pola súas propias inseguridades, unha "segunda oportunidade". A obra, que foi, clasificada, de feito, entre os romances tardíos, ou traxicomedias, de Shakespeare, xunto a Pericles ou A tempestade, amosa conexións co mito de Ceres e Proserpina e con outras obras coma o Pandosto de Robert Greene. A obra foi, clasificada, de feito, entre os romances tardíos, ou traxicomedias, de Shakespeare A montaxe de Barbosa, malia suprimir ou simplificar tramas do texto orixinal, amosa un respecto pola palabra de Shakespeare que xustifica co intento de non colocar o autor "nun altar", mais si de "estar á altura do seu teatro", sen simplificacións inaxeitadas. "A nosa versión pode ser complexa", -afirmou-, e quizais en certos momentos máis "difícil de ver", -a peza ten sona de recoller algúns dos versos máis complexos de toda a obra de Shakespeare- pero "a acción está aí". Malia que a aposta por traelo á actualidade se carga máis na posta en escena. A aposta por traela á actualidade cárgase máis na posta en escena Aínda que, alén da tradución do texto, realizada por Fernando Villas-Boas e Roberto Pascual, a montaxe precisou tamén certa revisión da estrutura do orixinal. "Son cinco actos, que nós presentamos como tres partes", asegurou Barbosa. "A primeira é a palabra e a acción, a segunda é máis festiva, en consonancia co que vexo no teatro galego. A terceira é outra vez a palabra, e ademais trasládalle a responsabilidade ao público, que ten que imaxinar", matizou. Toda a obra é subtitulada mais, nesa terceira parte, a lectura dramatizada dos versos vai substituíndo a súa interpretación por uns actores crecentemente estáticos, ata chegar a un arriscado acto final no que unha Hermione transformada en estatua non se amosa de novo viva, coma no texto orixinal, máis que mudando un pouco a súa expresión nunha escena que subliña, precisamente, o paso do tempo, -un dos temas da obra-. A "calma" da montaxe, -dunhas dúas dúas horas de duración-, foi explicada por Barbosa, ante unha pregunta de Roi Vidal, coma un rexeitamento á "espectacularidade" e como un xeito de poder seguir a pensar que "o teatro pode causar algunha mudanza" na sociedade da présa. As mudanzas no ritmo, -así como as variacións nas interpretacións, progresivamente menos contidas, e entre as que nalgún momento se producen algúns desequilibrios, polo menos na súa intensidade-, acompañan tamén o avance da acción, que se acelera se cadra na segunda parte, -a comedia pastoril, despois da traxedia de ciumes-. Os xeitos de actuación dos intérpretes mudan, segundo o director, en coherencia coa estrutura. "A segunda parte" -na que destaca a frescura do traballo de Marta Pazos como pastora-, "ten máis luz, é máis divertida", mentres que a terceira vai avanzando cara ao "silencio" da palabra. Que non da música. Nin da montaxe en xeral. Que non crea nin indiferenza nin silencio.
NOS_25471
A policía actuou após ser alertada por unha veciña e comprobar que a muller fora golpeada.
A policía local de Vigo detivo esta terza feira (16 de febreiro) un home, de 40 anos, por un presunto delito de violencia machista. Os axentes procederon ao arresto após seren alertados por unha veciña que escoitou os berros da muller. Unha vez na vivenda e logo de entrevistar a vítima, a policía local prendeu o home que batera nela rompéndolle tamén o teléfono móbil, segundo o relato policial recollido polo portal de información Vigoé. O pasado 11 de febreiro foi asasinada en Becerreá pola violencia machista Ana Gómez Nieto, a primeira muller no que vai de ano na Galiza.
NOS_35103
Fíxoo no relatorio sobre linguas rexionais ou minoritarias no que dá conta da existencia dunha única publicación imprensa semanal en lingua galega, Sermos Galiza.
O relatorio elaborado polo Comité de Expertos europeo ao fío da cuarta rolda de avaliación do cumprimento da Carta europea de linguas minoritarias ou rexionais, supón un tirón de orellas á política lingüistica da Xunta de Feijóo. Neste senso, para alén dos incumprimentos que o goberno galego e o Estado español estarían a cometer en materia de ensino, na xustiza ou na propia administración, senón que dá conta deles tamén noutros ámbitos como os medios de comunicación. No concreto, en cumprimento do artigo 11 os territorios que subscriben a Carta están obrigados a asegurar a existencia de medios nas linguas propias --quer audiovisuais, quer impresos-- fomentando e facilitando a súa creación, a formación d@s xornalistas . Porén, segundo recolle o documento publicado polo Comité de Expertos "as axudas públicas dirixidas aos medios en galego foron drasticamente reducidas" o que provocou "o fechamento dos xornais que usaban o galego" como o Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De Luns a Venres e A Nosa Terra. La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galego E é que, na última resolución publicada pola Xunta de Galiza en materia de axudas concedidas a "empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego" e de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiofusión" evidencian o nesgo da administración en favor das cabeceiras escritas case na súa totalidade en español. Así, unha soa cabeceira, La Voz de Galicia, recibe tres veces máis fondos públicos (681.901 euros) que o conxunto dos 18 medios que publican integramente en galego (201.340 euros). Desde o Comité de Expertos sinalan que na actualidade unicamente existe no noso país un xornal impreso "publicado integramente en galego e unha vez á semana, Sermos Galiza". Perante esta realidade, e parabenizando "a presenza do galego" no terreo dixital, desde a UE encoraxan a Xunta a explorar, en cooperación cos axentes, as posibilidades para a imprensa.
PRAZA_15197
Nesta edición presentáronse un total de 42 proxectos, e Galicia foi a terceira comunidade autónoma con máis proxectos presentados por detrás de Catalunya e Madrid
Down Galicia, a través da súa coordinadora de programas, vén de gañar o primeiro premio da V Edición dos Premios Educaweb, na categoría de proxectos presentados por profesionais individualmente, coa Guía de orientación académica e profesional para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Unha guía que vai orientada a todas aquelas persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, así como aos profesionais que os deban apoiar e asesorar no seu proceso de elección, tanto nos itinerarios académicos para continuar no sistema educativo como na inserción laboral e profesional daqueles que dean por terminada a súa formación. Down Galicia elaborou un instrumento que pretende, alén de axudar a persoas con discapacidade e as súas familias, apoiar os profesionais A importancia desta guía reside no feito de que a integración académico-formativa e laboral das persoas con discapacidade nos recursos comunitarios, hoxe en día segue supoñendo un reto para a sociedade. Hai que ter en conta que ata fai uns anos, as persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual en xeral, se mantiveron á marxe de toda actividade laboral e formativa ordinaria e, por extensión, de outros moitos ámbitos da sociedade. A súa falta de formación especifica, ausencia de expectativas laborais e descoñecemento de outras realidades, impedía que estas persoas se integraran plenamente no entorno do que forman parte. Ante estas carencias, Down Galicia elaborou un instrumento que pretende, alén de axudar a persoas con discapacidade e as súas familias, apoiar os profesionais implicados na orientación na súa tarefa fundamental de informar e asesorar ás personas sobre as diferentes opcións no momento de elixir o camiño máis axeitado para o seu desenvolvemento persoal, académico e profesional. A finalidade dos premios Educaweb é potenciar a orientación académica e profesional dando a coñecer aquelas experiencias e materiais máis innovadores relacionados con este ámbito, para o que contan co apoio da Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España e da Asociación Internacional para la Orientación Educativa y Profesional. Nesta edición presentáronse un total de 42 proxectos, e Galicia foi a terceira comunidade autónoma con máis proxectos presentados por detrás de Catalunya e Madrid.
NOS_29948
O anuncio do envío dos buques espertara especulacións sobre unha posíbel resposta dos Estados Unidos, cuxas sancións pesan tanto sobre Venezuela como sobre o Irán. Washington despregou hai semanas unha misión naval en augas do Mar Caribe
O Centro de Seguimento de Petroleiros confirmou que o buque Fortune, procedente do Irán, con combustíbel para Venezuela, arribou onte á refinería El Palito, 120 quilómetros ao oeste de Caracas, capital do país suramericano. Unha mensaxe por redes sociais desa entidade especializada ratificou que o buque con 43 millóns de litros de gasolina está fondeado no peirao dous de El Palito, segundo informaron os medios locais. A nave cargou combustíbel a mediados de marzo e partiu hai pouco máis dunha semana desde o porto iraniano de Shahid Rajaee con rumbo a Venezuela. Outros catro buques petroleiros encheron os depósitos no mesmo lugar. O segundo, Forest, ingresou tamén onte na zona económica exclusiva venezolana en dirección cara ao seu destino, escoltado por barcos da Mariña venezolana. Os outros tres navíos son o Clavel, o Faxon e o Petunia. O anuncio do envío dos buques espertara especulacións sobre unha posíbel resposta dos Estados Unidos, cuxas sancións pesan tanto sobre Venezuela como sobre o Irán. Washington ten despregou hai semanas unha misión naval en augas do Mar Caribe, fronte as costas de Venezuela, en base á "loita contra o narcotráfico". Horas antes da chegada do Fortune e do Forest a Venezuela, o presidente do Irán, Hasan Rohani, advertiu: "Agardamos que os estadounidenses non se equivoquen". Nunha conversa telefónica co emir de Catar, segundo a web oficial da Presidencia iraniana, Rohani dixo que non iniciará ningún conflito, mais que se os seus buques no Caribe están "en problemas polos estadounidenses", eles, de modo recíproco, "tamén terán problemas". Sancións e pandemia As sancións dos Estados Unidos contra Petróleos de Venezuela (PDVSA) impiden que o Goberno poida comprar gasolina e aditivos para a súa elaboración. Esta situación provocou escaseza de combustíbel e racionamento das reservas, nun momento de maior dificultade debido á pandemia. Ambulancias, corpos de seguridade, persoal sanitario e outros traballadores esenciais teñen que realizar filas até 72 horas en Caracas, e máis extensas noutros estados do país, para se poderen abastecer. O 14 de maio o ministro de Exteriores venezolano, Jorge Arreaza, protestou pola persecución dos EUA aos petroleiros. O acordo con Venezuela tamén beneficia ao Irán, dado que as súas vendas caeron por mor das sancións e da pandemia.
NOS_44265
Desde a área sanitaria de Pontevedra comunicouse o falecemento dunha muller con patoloxía oncolóxica e Covid-19, aínda que puntualizaron que a morte se debeu á enfermidade "de base" que presentaba a enferma e non por mor da Covid-19.
A noticia aumenta a preocupación que xa había debido aos casos positivos detectados entre o persoal sanitario e persoas pacientes ingresadas na planta de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) que sumaban nesta quinta feira 23 persoas contaxiadas. Así o confirmaba esta quinta feira o xefe de servizo de alertas epidemiolóxicas da xefatura de Sanidade en Pontevedra, o doutor Miguel Álvarez Deza. En concreto, explicou que "na área de Pontevedra e O Salnés" hai na actualidade "32 gromos activos, dos cales 27 desenvolvéronse no ámbito familiar e dous no laboral". Dos surtos relativos ao ámbito laboral concretou que un se rexistra na Banda de Música Municipal de Santiago, con cinco persoas contaxiadas, e outro "con 23 casos no complexo hospitalario de Pontevedra entre persoal sanitario e pacientes ingresados en Oncoloxía". Por iso, considera "necesario lembrar outra vez" as tres medidas que hai en vigor "máscara, distancia de seguridade de dous metros e hixiene de mans para evitar a propagación, sobre todo nos ambientes familiares", que é onde se rexistra "a maioría dos casos", asegurou o doutor Miguel Álvarez Deza. Fontes do CHUP lembraron que as persoas pacientes na unidade de Oncoloxía contaxiadas foron trasladadas a áreas de hospitalización Covid-19 "para facer un seguimento constante da situación" e o resto de contaxiadas mantéñense illadas nos domicilios.
NOS_52734
A líder do BNG márcase tres prioridades para a lexislatura que comeza: a reactivación económica do país, a defensa da Galiza ante o Estado e a Unión Europea e o artellamento dunha axenda social. Na súa intervención amosou a súa "vergoña" ante un Feixoo ao que criticou por "usar unha morte como unha cifra máis para compararse cunha media".
A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, amosou hoxe o "compromiso total" do nacionalismo con todas e todos os galegos con independencia do seu voto e descartou que as políticas "vellas e caducas" dos populares axuden a superar a crise sanitaria e, en consecuencia, social e económica. Así o manifestou ao longo do seu discurso no pleno de investidura de Alberto Núñez Feixoo como presidente da Xunta (grazas á maioría absoluta do PP nos comicios), no que incidiu en que as e os nacionalistas estarán especialmente atentos aos colectivos "máis afectados por esta crise". Pontón, que comezou falando da Covid-19 e das "duras consecuencias" dunha pandemia que deixou moitos falecementos e a "perda de miles de empregos" no país, asegurou que a mellor homenaxe que se lle pode facer ás vítimas "é defendendo a sanidade pública". Tamén aludiu á necesidade de rematar co "negocio" que se fai "co dereito a unha vellez digna" e traballar nunha "reestruturación" do sistema. "Vergoña" ante o discurso popular "Señor Feijóo póñase na pel dun galego que sufriu a perda dun familiar nunha residencia. Tras non poder velo, tras non poder acudir ao seu enterro nin compartir a dor cos seus seres queridos, escoita que o seu presidente usa esa morte como unha cifra máis para compararse coa media", espetou a representante do principal grupo da oposición. E continuou sendo moi crítica: "Dixo literalmente que tivemos 'menos mortalidade en residencias que no conxunto de España'. Foi un dos momentos máis vergoñentos que eu vivín como deputada neste Parlamento". Precisamente coa mirada posta nos colectivos máis castigados, Pontón marcou como unha das súas prioridades para os próximos catro anos conseguir artellar unha axenda social. "De verdade pensa que se poden enfrontar as consecuencias económicas e sociais da pandemia coas mesmas promesas de sempre e con receitas vellas e caducas", interrogou a Feixoo, mais con certo carácter de pregunta retórica. Promesas incumpridas De feito, outra das liñas mestras para a nacionalista é a reactivación económica, que confrontou coas promesas destes catro anos pasados que non chegaron a bo porto. Así, falou, por exemplo, do compromiso do Partido Popular para "captar talento" do exterior ou para conseguir emprego para Galiza da man de Pemex. En total enumerou 21 compromisos que quedaron no caixón. "Prometeu, prometeu, prometeu... De verdade non lle da apuro ver como a súa palabra non ten ningún valor?", lanzou á bancada de Feixoo. Entre as súas iniciativas para avanzar está o cambio do "modelo enerxético e do papel da Galiza" neste sentido dentro do Estado. O terceiro eixo no que marcou a meta foi defender Galiza ante outras Administracións e en escenarios exteriores. "O futuro pasa pola ciencia e a innovación", engadiu con gran convencemento, e subliñou que "un líder anticípase" aos problemas. "A prioridade debe ser a defensa da Galiza e dos seus intereses", abundou, lamentando os "11 anos de submisión a Rajoy e a confrontación estéril" posterior, dos gobernos autonómicos do PP. Malia todos estas reivindicacións, Pontón asegurou que a súa vai ser "unha oposición crítica pero construtiva". Vai estar "coa man tendida" para chegar a grandes acordos porque "son tempos de sumar". Autogoberno e lingua A voceira nacional do BNG non esqueceu sacar o seu "orgullo" pola sentenza do Pazo de Meirás e a implicación no proceso de loita dalgunhas e algúns compañeiros. Tamén reclamou que a CRTVG non se use "para propaganda" e que se pelexe por maior autogoberno e competencias como a xestión do imposto de sociedades. Mentres era moi aplaudida polo seu equipo, solicitou "moderación" na cuestión lingüística e que se acabe co "uso de fórmulas antidemocráticas e corruptas como é mercar vontades porque non se acepta o que vota a cidadanía". Así deixou un recado sobre as mocións de censura en Castrelo do Miño e Viana do Bolo.
NOS_2509
O Ciclocrós Internacional Cidade de Pontevedra, de categoría C1 terá lugar este sábado. O circuíto desta edición incorporará unha proba inclusiva.
Este sábado 8 de outubro volve unha nova edición do Ciclocrós Internacional Cidade de Pontevedra, de categoría C1, baixo a organización da Federación Ciclismo Galego (FCG) e co patrocinio do Concello de Pontevedra. A proba, valedoira para a Copa de España de Ciclocrós e segunda cita do certame, disputarase na Illa das Esculturas e convocará todo o máis sobranceiro do ciclocrós nacional e internacional. A proba servirá tamén para ver o escenario que acollerá, en 2024, o Campionato de Europa deste deporte. A Galiza acollerá cinco carreiras UCI de ciclocrós no ano 2022 Horarios da competición oficial en Pontevedra A competición ten previsto iniciarse o sábado 8 de outubro ás 9 horas coa saída da manga júnior masculina e continuará ás 10.15 horas coa júnior feminina. Posteriormente será a quenda das mulleres elite e Sub-23 ás 11.45 horas para dar paso, ás 13 horas, da manga elite e Sub-23 masculina, a proba raíña do programa competitivo. Ás 14.15 horas está prevista a proba de ciclocrós inclusivo, unha das novidades desta edición pontevedresa, e o que será o aceno de identidade da carreira. Será a oportunidade para que ciclistas con diversidade funcional poidan afrontar, nun percorrido idéntico ao resto, esta manga non competitiva. Xa na xornada vespertina, a mocidade cadete comezará ás 17 horas. A proba máster 30, 50 e 60 masculina, xunto á máster feminina, disputarase ás 18 horas mentres que os máster 40 masculinos porán o ramo da xornada cunha numerosa manga que ten a saída programada ás 19 horas. Galiza pon un pé na elite do ciclocrós planetario Mantense a esencia do circuíto no seu percorrido En relación co percorrido, mantense a esencia dun circuíto que bordea o río Lérez, onde a vantaxe está sempre ao lado de deportistas potentes por contar con longas rectas nas que se chegarán a superar os 35 quilómetros por hora. As zonas técnicas, como a dura rampla xusto antes de meta, apertarán aínda máis as mangas que cheguen igualadas ao final. O circuíto redúcese levemente en distancia, xa que se elimina parte na zona do colexio. Os puntos quentes do percorrido de 3,4 km serán a zona de taboleiros xusto antes do box, que tamén reduce a velocidade neste punto, as escaleiras, e o zigzag na ladeira e a última costa antes da zona de meta. "Un fallo págase e custa remontar. A parte final vai ser decisiva polos obstáculos e a dificultade de adiantar", sinala o director técnico da proba, Alberto del Río.
NOS_17175
O lanzamento, fixado dentro das actividades do Festigal previstas para o Día da Patria, ficou adiado após suspendérense estes festexos por mor do accidente de tren acontecido en Angrois. A autora retoma esta quinta feira a tarefa pendente, acompañada polo tamén poeta Rafa Vilar.
"A erótica dunha presa independentista acusada vagamente de vixiar arsenais de armas e Galicola, afastada do seu mundo nunha prisión do Estado". Sen desvelar o argumento, podería ser este un resumo breve do libro Eu violei o lobo feroz, o primeiro poemario da escritora Teresa Moure e tamén a súa primeira achega en galego-portugués. Adiada a presentación desde o Día da Patria por mor do accidente de tren en Angrois, Moure retoma esta tarefa pendente e lanzará o libro esta quinta feira en Compostela, nun acto convocado na facultade de Filosofía ás 20.00h no que estará acompañada polo tamén poeta Rafa Vilar. Sermos Galiza conversou con Teresa Moure co gallo daquela primeira presentación marcada para xullo. Eis aquí o que nos contou.
NOS_5355
Os de Albert Rivera din que só atinxe a cargos estatais. A candidata do BNG, Noa Presas, exixira o cesamento do presidente provincial pola súa imputación nun presunto caso de acoso sexual.
O portavoz de Ciudadanos en Asturies, Nicanor García, asegurou en declaracións recollidas por La Voz de Asturias que o pacto anticorrupción asinado a pasada semana pola súa formación co Partido Popular, como parte dos acordos para apoiar a investidura de Mariano Rajoy, só atinxe cargos institucionais "a nivel estatal" pois, pedir demisións de persoas imputadas en concellos ou parlamentos territoriais sería "unha pequena revolución". A candidata do BNG de Ourense, Noa Presas, instou nos últimos días Feijóo a aclarar se faría demitir Baltar ou "se é outro engano máis" Desta maneira, persoas como Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, inmerso nunha investigación xudicial após ser denunciado por acoso sexual mais tamén de tráfico de influencias e suborno. Neste senso, malia que o documento asinado entre as direccións políticas de PP e Ciudadanos non limita o acordo a uns cargos entre outros, Ciudadanos matiza e di que non ten a ver con persoas alén das institucións estatais. Nos últimos días e após coñecerse a sinatura do pacto a candidata do BNG de Ourense ao Parlamento de Galiza, Noa Presas, instou Feijóo a aclarar "se vai facer dimitir a Baltar ao aceptar o pacto de Ciudadanos ou se é outro engano máis".
QUEPASA_1111
"Coa fragamentación irregular do proxecto impediuse á cidadanía participar na avalización global do impacto ambiental da infraestrutura conxunta".
Xa saíron hai meses os expedientes de Declaración de Impacto Ambiental do Parque Eólico de Bustelo e do Parque Eólico do Toural (que afectan aos Concellos de Coristanco, Carballo e Santa Comba). Vén de saír esta semana o do Campelo, o terceiro parque que, segundo innumerables asociacións forma un único proxecto eólico, fragmentado de forma irregular pola Xunta para solventar con máis facilidade as trabas burocráticas e ambientais, e para evitar que sexa o goberno central o encargado de dar a última autorización (só queda pendente agora a autorización da Consellería de Industria agora para comezar cas obras). A gran novidade é que o expediente do Campelo recoñece por primeira vez que os tres proxectos (promovidos pola mesma empresa, herdados de proxectos presentados en 2010, e recuperados pola Xunta en plena pandemia como "Proxectos de Epecial Interese Industrial" para reducir prazos) "comparten boa parte das infraestruturas (vieiros, gabias do cableado, SET, así como a liña de evacuación)". O expediente non conclúen apenas impacto nin a nivel hidrolóxico, paisaxístico, na fauna, na flora… Resulta curiosa, por exemplo, a lectura que fan sobre o impacto visual sobre un lugar de interese social próximo ao ámbito do proxecto é a Fervenza de Castriz: "O impacto visual vese mitigado polas plantacións forestais presentes na contorna". Autorización só da Xunta Unha das claves desta fragmentación podería ser a potencia total instalada. O Campelo ten 45 MW, O Toural 18, e Bustelo outros 18, o que sumarían máis dos 50MW de potencia, cifra a partir da cal a autorización tería que chegar do Estado e non da Xunta. De 14, a 9 viraventos Se ben o proxecto inicial de 2010 era de 14 aereoxeneradores, en 2018 xa se retomaba con 11. A DIA do Campelo provoca a eliminación de 2 aereoxeneradores (que estarían situados no Concello de Coristanco), algo que para o Petón de Lobo, "forma parte do xogo. Piden moito para despois sacar peito dicindo que recortan por consideración ambiental". Declaración ambiental conxunta Durante todos estes anos, os proxectos sufriron numerosas alegacións. En 2012 xa houbo denuncias presentadas por ADEGA e Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo. En maio 2018 presentáronse 13 alegacións particulares, unha do BNG de Coristanco e tres de diversas asociacións (Grupo Naturalista Hábitat, Senda Nova e unha alegación conxunta das asociacións Petón do Lobo, Cova Crea e Amigos e Amigas dos bosques O Ourol do Anllóns). E enn setembro 2018, a Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas tamén presentaba a súa. Pero a problemática máis grave, para o Petón do Lobo, é que "impediuse á cidadanía participar na avalización global do impacto ambiental da infraestrutura conxunta. Esta división artificiosa dun único proxecto en tres, impediu á cidadanía realizar unha avaliación global dos impactos ambientais sinérxicos e acumulados de todas as infraestruturas. Tivemos que ir avaliando os impactos parque a parque, coa problemática, que todo iso conleva". "Este proceso de prebendas para as eólicas e vulneración de dereitos humanos fundamentais, é fraude, ou corrupción, como queiras chamalo", denuncian dende o Petón do Lobo. Trasplantar plantas en perigo de extinción Na DIA do Toural hai un dos elementos máis graves que veñen descubrindo os conservacionistas: o trasplante dunha expecie en perigo de extinción. Así sinala o DIA: "Polo tanto, de producirse as circunstancias descritas no proxecto do PE Monte Toural, se o promotor considera que o transplante dos exemplares de Centaurea ultreiae directamente afectados a unha zona de protección e desenvolvemento é unha medida hábil para a protección da especie, deberalle trasladar a dita proposta de actuación para a súa avaliación e tratamento". "Este trasplante da planta esta vulnera o Convenio de Diversidade Biolóxica da ONU que no artigo 8 fala da Conservación in situ das especies en peligro de extinción", asegura Petón do Lobo. Mobilización social Aló polo 2019 a veciñanza da zona mobilizouse na Plataforma "Non + Eólicos", facendo varias manifestacións na rúa e explicando as súas razóns con estes díticos informativos: O SLG súmase á petición de anulación do Plan Sectorial Como fan numerosas entidades de todo o país, o Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Consellaría de Economía, Empresa e Innovación para que non aplique o Plan Sectorial Eólico de Galicia por ser "ilegal". O incumprimento denunciado tería que ver coa lexislación ambiental actualmente vixente en Galicia. En concreto, e de acordo co sindicato, "o Plan Eólico vulnera a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental". Novas sobre os parques do Bustelo, Campelo e O Toural Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o "megaparque" eólico de Bustelo, Campelo e Toural. Outubro 2019: Nova concentración contra a sombra dos viraventos de Bustelo, Campelo e O Toural. Setembro 2019: Unha Andaina para defender a Lagoa de Alcaián ante a invesión eólica. Veciños de Ponteceso, Mazaricos, Coristanco e Santa Comba unen a súa loita contra os eólicos nunha Rede de Plataformas Galegas. Agosto 2018: Hoxe créase unha Plataforma de afectadas/os polos parques eólicos do Campelo, Bustelo e Toural. 10-07-18: ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. 09-07-18: O BNG de Coristanco enfróntanse aos tres novos parques eólicos que invadirán a comarca. Novas sobre os eólicos Xaneiro 2021: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas. 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia". Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña. Reda Natura e Parques Eólicos son incompatibles. Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría. A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes. Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: "Róubannos a nosa Paisaxe". O BNG ratifica o seu rexeitamento ao parque eólico no Monte das Salgueiras. Ofrecen un modelo para presentar alegacións para pedir a inaplicación do Plan Sectorial Eólico de Galicia. O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe. Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar. Abril 19: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes. Novembro 19: Santa Comba vestiuse de negro contra o "megaparque" eólico de Bustelo, Campelo e Toural. Febreiro 18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte.
NOS_18572
A falla de facultativos déixase notar na calidade asistencial do sistema sanitario galego. Os recortes aplicados polas diferentes Administracións teñen provocado unha redución e un envellecemento nos cadros de persoal.As escasas ofertas de prazas MIR da Xunta teñen agudizado o problema na Galiza.
As convocatorias de prazas MIR efectuadas polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) son inferiores en número ás permitidas polo Ministerio de Sanidade. O Goberno galego vén ofertado nos últimos anos un número de prazas de facultativos inferior ao de profesionais que se teñen xubilado neses exercicios. A este respecto, a Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que entre 2012 e 2017 xubiláronse 175 pediatras en Atención Primaria e Especializada pero a Xunta só cubriu 96 prazas, polo que nesta especialidade perdéronse 79 prazas. O acontecido en Pediatría repetiuse en diferentes especialidades ao longo da última década. Así, por exemplo, en 2021 a oferta MIR na Galiza ficou en 142 prazas, 96 menos que o total de facultativos xubilados nesa anualidade no sistema sanitario galego. Neste sentido, desde a CIG tense denunciado que o déficit de profesionais e o envellecemento dos cadros de persoal do Sergas son consecuencia de que as convocatorias de prazas non cobren as baixas producidas por razóns de idade. A Primaria pode perder 40% dos médicos en cinco anos A ausencia de persoal facultativo vese agravado pola non cobertura de determinadas prazas unha vez rematado o proceso formativo. Sen ir máis lonxe, en 2022 ficaron sen cubrir 6,33% das prazas ofertadas para Atención Primaria en toda Galiza, na súa totalidade localizadas na área sanitaria de Lugo-Monforte-A Mariña. Outro tanto aconteceu en Atención Especializada, onde quedaron valeiras dúas prazas en Medicina do Traballo e Preventiva. O voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, explica o acontecido como "consecuencia da perda de prestixio social da especialidade de Atención Primaria e, fundamentalmente, do empeoramento das condicións de traballo en Medicina Familiar, que leva moita xente a optar por outras especialidades ou mesmo a renunciar á súa praza en MIR en Primaria para formarse noutras especialidades. Nesa dirección, expresa a súa preocupación "pola existencia de cada vez máis vacantes que vai aumentar o déficit de profesionais". A situación non ten perspectivas de mellorar a curto prazo. Neste sentido, a planificación aplicada pola Administración sanitaria galega ten provocado unha importante redución e envellecemento nos cadros de persoal do Servizo Galego de Saúde. Sen ir máis lonxe, a Galiza dispón de 469,2 médicos e médicas por cada 100.000 habitantes, unha cifra que a coloca nos postos de cola do Estado español e moi por baixo da media cifrada en 499 facultativos por cada 100.000 habitantes. Neste sentido, só conta con menos médicos que a Galiza Melilla, Ceuta, Castela-A Mancha e Andalucía. Veciñanza do Salnés mobilízase contra os recortes de persoal médico en sanidade A falla de médicas e médicos percíbese nos diferentes niveis da asistencia sanitaria. Porén, é máis acusado en Atención Primaria. Segundo as últimas cifras ofrecidas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referidas a 31 de decembro de 2021, a Galiza contaba nese momento con 2.665 médicos en Atención Primaria, 46 menos que en 2020. Neste nivel sanitario recortouse o investimento público en dous millóns no último exercicio orzamentario, rexistrando unha caída de 7,5 puntos en relación con 2008. Pediatría A ausencia de profesionais en Primaria afecta especialmente a Pediatría. Segundo o IGE, os centros de saúde contaban en 2004 con 405 pediatras, e en 2021 con 318. Así, 192 concellos carecen de servizo de Pediatría, reducíndose o número de profesionais desta especialidade en 22,5% desde 2009, con 40% dos profesionais superando 55 anos e con 25% por riba dos 60. De feito, o Sergas postergou en 2020 a xubilación a 20 pediatras de Primaria por falla de persoas para cubrir as súas prazas. Os cadros de persoal atópanse moi envellecidos en Atención Primaria. Segundo os datos recollidos do Sergas, 15,9% dos facultativos dos centros de saúde da Galiza superan os 64 anos. 17 deles rexistran 70 anos, 258 atópanse entre os 66 e os 69 anos e 169 teñen 65 anos, como consecuencia dun proceso marcado polos recortes orzamentarios da Xunta da Galiza.
NOS_51898
"Mentres Galiza toma medidas restritivas, Madrid divírtese".
"Non entendo absolutamente nada. Madrid realmente é un problema para España. Mentres en Galiza Feijóo toma medidas restritivas serias baseadas na evidencia e recomendacións do comité clínico, en Madrid divírtense". Así se expresou na súa conta de Twitter Sergio Vázquez, xefe de Oncoloxía do Hula e integrante do Comité sanitario que asesora a Xunta sobre a pandemia de coronavirus. O profesional sanitario contrapuña así a xestión que está a facer o Goberno galego ao madrileño, aplaudindo as decisións do primeiro e criticando o segundo, en dous territorios gobernados ambos os dous polo PP. Na Galiza ás 00:00 horas da terza á cuarta feira entran en vigor as novas restricións e medidas propostas para Galiza polo comité sanitario. Un paquete de medidas que se aplicará en todos os concellos do país sen distinción, polo menos durante tres semanas: desde a madrugada da terza á cuarta feira até as 00 horas do 17 de febreiro. Dado que Galiza no seu conxunto pasa ao nivel máximo de restricións, todos os concellos veranse afectados polo fechamento individual, isto é, non se poderá entrar ou saír de ningún municipio agás por causas xustificadas: desprazamento por motivos laborais, educativos, sanitarios ou atención a persoas maiores, menores ou dependentes.
NOS_35817
Máis de 400 delitos de odio foron rexistrados na Galiza entre 2013 e 2019 -último ano do que se publicaron rexistros-. Deles, 124 foron pola orientación ou identidade sexual da vítima.
Unha parella homosexual golpeada na Coruña, pintadas homófobas na casa dun veciño de Cabo de Cruz que pendurou da xanela unha bandeira arco da vella, pintadas de "maricón muerto, abono para mi huerto" nun instituto de Lugo, unha muller trans agredida en Compostela… Son só uns exemplos de sucesos acontecidos na Galiza nas últimas semanas. Unha listaxe á que, e á espera do que determine a investigación sobre as causas, podería acabar engadíndose o brutal asasinato de Samuel na Coruña pola malleira propinada por un fato de persoas. Amizades e familiares indican a motivación homófoba desta morte. Para esta segunda feira, hai convocadas concentracións de denuncia e rexeitamento en varias cidades e vilas da Galiza. "É un delito de odio", sinalou a respecto da brutal morte de Samuel a ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra. En 2019 rexistráronse na Galiza 76 delitos de odio, un número superior en 80% ao rexistrado no exercicio anterior, 42. O ano pasado houbo no noso país 2,8 delitos de odio por cada 100.000 habitantes, un rexistro que se sitúa por baixo da media no Estado español (3,6) mais que é moi superior á ratio que Galiza tiña en 2018 e que era de 1,6 delitos de odio por cada 100.000 habitantes. Motivacións Deses 76 delitos de odio rexistrados na Galiza en 2019 a maior parte (34) son motivados por 'ideoloxía' da vítima, seguidos dos realizados por mor da orientación sexual /identidade de xérnero (12) e por xenofobia ou racismo (9), segundo dados do Ministerio do Interior. En 2018 a cifra de vítimas rexistradas foi de 21 e un ano despois, 2019, ese número aumentou considerabelmente, até as 76. Triplicáronse. Máis de 400 delitos de odio foron rexistrados na Galiza entre 2013 e 2019 -último ano do que se publicaron rexistros- Nesta época houbo constancia oficial de 412 delitos deste tipo no noso país. Deles, 124 estaban motivados pola orientación ou identidade sexual da vítima. Nese mesmo período rexistráronse 80 delitos de odio por racismo e xenofobia, o que supón un de cada cinco do total. En 2014 foron 66 as vítimas de delitos de odio, o ano despois 52 e en 2016 ese número era de 48. Destas 48 rexistradas en 2016, 11 por mor da súa orientación sexual e 18 por racismo e xenofobia. En 2017 foron 41 as vítimas, a maioría delas (23) por condición da súa ideoloxía, seguidas das que o foron por motivacións de racismo ou xenofobia (9) e as de orientación ou identidade sexual (6).
NOS_13489
Actriz e produtora , Patricia de Lorenzo achéganos ao novo espectáculo da compañía Chévere, a "Ultranoite no País dos Ananos" que presentan como "un cabaré nihilista sobre a Galiza actual". Os días 25, 26 e 30 de abril e 1, 2, 3, 9 e 10 de maio en Teo, o público poderá asistir a esta visión satírica, humorística e crítica da actualidade que conmemora vinte anos de Ultranoites.
-Por que o espectáculo conmemorativo de vinte anos de Ultranoites define un "país de ananos"? Remitímonos ao sentimento de Celso Emilio Ferreiro, a visión tan desencantada que tivo da xente da emigración cando escribiu o seu poemario. Durante vinte anos as Ultranoites foron unha crónica da realidade e, neste tempo, poucas cousas mudaron. Nalgún momento soñamos que podiamos cambiar mais non foi posíbel. Queriamos que se notara tamén ese sentimento de pesimismo. -Pesimismo que impera na sociedade, máis aínda que cando as Ultranoites comezaron. As persoas están descridas e é xa difícil confiar en nada. Nada é certo, as persoas saben tamén, a título particular, que unha boa preparación non vai ser garantía de nada. A nós, como xente de teatro, parécenos que temos que conectarnos coa sociedade que vivimos e o que acontece é material para subir ao escenario, para comunicarnos co público. Neste caso, subimos a escena unha sociedade descrida, triste, desmotivada. -Eses sentimentos impóñense no sector do teatro, Chévere, con grande suceso nos seus últimos espectáculos, tamén padece a crise? Outros sectores da sociedade están peor aínda e en moitas comunidades desapareceron completamente as redes de distribución. Chévere é unha compañía que sobrevive e iso está relacionado coa súa cotización á Seguridade Social. As últimas producións tiveron moi bos resultados mais o segredo é a aposta que se fai. Somos compañía residente no Concello de Teo e aquí desenvolvemos moito traballo non tan visíbel para o público como son obradoiros de espectadores, apañando aldea por aldea, accións en colaboración co comercio, propostas para a poboación infantil ou iniciativas no territorio da violencia de xénero. Diversificamos a produción. É triste que unha compañía como Chévere que tivo o seu último espectáculo Eurozone un mes enteiro no Centro Dramático Nacional de Madrid teña problemas para distribuír no país. En Galiza só facemos unhas trece funcións e con iso non se pode sobrevivir. Chévere aposta por ese gran abano de actividades para garantir o traballo estábel dun grupo que imos de 7 a 9 persoas máis empresas subsidiarias durante seis meses. Algo falla cando unha compañía con espectáculos que tiveron tan boa acollida e premios non pode dispoñer dun teatro para facer a tempada cando, ademais, cada vez conta con máis apoio do público. A xente agradece ir ao teatro e que se lle fale de cousas da realidade. Estamos, nese sentido, nun momento de necesario encontro. -Chévere contou sempre cun público fiel que foi a máis e as Ultranoites foron especialmente aplaudidas. O público foi medrando e nós con eles e ao mesmo tempo foise renovando. O certo é tamén que facemos teatro popular, o que nos gustaría ver a ós. Procuramos que o que buscamos estea conectado coa sociedade na que vivimos, que reflicta as nosas inquedanzas. Esa é a honestidade coa que traballamos. Cando iniciamos un espectáculo non temos personaxes nin texto, iso é un risco mais é o proceso de traballo que, finalmente, conta coa aceptación do público. Procuramos ser fieis tamén nos á xente que nos sigue e contamos coa intelixencia dos espectadores. "É triste que unha compañía como Chévere que tivo o seu último espectáculo Eurozone un mes enteiro no Centro Dramático Nacional de Madrid teña problemas para distribuír no país". -As Ultranoites son xa sinal de identidade de Chévere, unha maneira de facer que os define. Naceron coa apertura da Sala Nasa e con afán de recuperar o teatro de variedades, toda aquela arte menor que tiña o cabaret como referente. Ao pouco comezaron a ter un éxito incríbel aquela combinación de números musicais con sketches. Se un día Juan Carlos rompía unha perna, esa noite estaba xa no espectáculo. Eran tamén o exercicio de rirnos de nós mesmos e esa fórmula foi evoluíndo. Polas Ultranoites pasaron moitos artistas e foi tamén´n un punto de encontro para nós. Usábase tamén´n a arte de "usar e tirar". Se a cousa ía ben igual saía un espectáculo. Tiveron tamén sempre a compoñente de crónica. Agora axudan a rememorar a nosa traxectoria. Nalgún momento decidimos relaxar mais o público pedía e reclamaba Ultranoites. Incribelmente ao vir para o Concello de Teo aínda foi a máis porque hai moitas máis cadeiras e case sempre se enchen. -De todas as Ultranoites destes vinte anos, unha, a do Prestige, tivo unha especial repercusión porque o tempo así o pedía. Foi a de maior impacto? Foi un dos casos máis relevantes. Alí naceu aquela formación que era a "Década Prestixiosa" que tivo un efecto incríbel e chegamos a facer oito década máis mais calquera das electoras tiveron moi bo resultado. Case todas saíron ben, a verdade. Foise creando unha equipa base combinada con artistas convidados, quedando cada vez máis compactas. -Foron desde o seu inicio un "fenómeno compostelán" e, contra o que acontecía con outros espectáculos, non se distribuían fora. Como foi que decidiron saír do seu territorio? Desde hai dous ou tres anos comezamos a distribuíla, pensando en primeiro momento en espazos que tiveran ambiente de cabaret. Había xente que viña a Compostela e agradeceu que se levaran a súa cidade. Fomos ao Forum da Coruña ou ao Pazo da Cultura de Pontevedra, no vestíbulo. No caso de "O País dos Ananos" quixemos optar por unha fórmula que valera para todo, no escenario de teatro convencional e en espazos con mesas, o que nos vai permitir levalo a máis sitios. "Ten a ver co espírito das Ultranoites, poñer sobre o escenario as cousas como son e rírnonos nós mesmos". -Crítica, humor, irreverencia... son elementos imprescindíbeis das Ultranoites? É o que quere ver a xente. Ese é o contido do que se compón, o que sube ao escenario ademais do ingrediente da música ao vivo. Á xente gústalle tamén a novidade, a proba, a experimentación. Está ben definilo como espectáculo cómico, crítico, irreverente, un cabaret noso, galego, non unha fórmula importada. -Que ten de novo "O país dos ananos"? Optamos por facer un espectáculo con música orixinal e, neste caso, é a produción do ano de Chévere. Dedicámoslle mes e medio aos ensaios e máis tempo ás letras. Fixemos unha serie de números desde un enfoque máis xeral, non dunha actualidade tan inmediata, partindo do universo de Celso Emilio e Jonathan Swift . Non pensamos que todos sexamos así mais si, digamos, a Galiza oficial. Ten a ver co espírito das Ultranoites, poñer sobre o escenario as cousas como son e rírnonos nós mesmos.
NOS_30317
O Bispado, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol e o Concello veñen de facer oficial a suspensión deste evento declarado Festa de Interese Turístico Internacional.
O Bispado, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Ferrol e o Concello acordaron este sábado, 14 de marzo, suspender a Semana Santa de Ferrol, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, segundo aseguraron desde a Administración local a través dun comunicado. En principio, esta medida, "tiñan previsto comunicala conxuntamente a vindeira segunda feira", mais adiantárona dada a decisión do Goberno de declarar o estado de alarma pola evolución do coronavirus. Con esta decisión, a Semana Santa de Ferrol, unha das máis multitudinarias de Galiza xunto coa de Viveiro, súmase á que tomaron xa na sexta feira as confrarías de Lugo, suspendendo todas as actividades da súa Semana Santa, ou as de Santiago de Compostela, que anularon algúns eventos, como o pregón, aínda que, polo momento, non cancelaron as procesións.
NOS_1534
O seu presidente, Alain Cadec, díxolle á delegación de xeiteiros e BNG que viaxaron até Bruxelas a defender esta arte: "Levade a Galiza a mensaxe de que esta comisión vos apoia".
A Comisión de Pesca da Unión Europea non ve motivo nin argumento algún para prohibir o xeito, proposta que figura nun proxecto da Comisión Europea que está a ser emendado e debatido en Bruxelas. Así o manifestou o presidente da Comisión, Alain Cadec, á delegación do xeito integrada por mariñeiros, patróns maiores, alcaldes e representantes do BNG (o deputado Daniel Rodas e Ana Miranda). "Levade a Galiza a mensaxe de que a Comisión vos apoia", enfatizou Cadec. Unha afirmación que supón un paso adiante de gran importancia para este sector da pesca artesanal (426 barcos en Galiza). Ao longo da xornada, xeiteiros e representantes do BNG mantiveron reunións e xuntanzas con diferentes cargos da UE para lles explicar de primeira man que o xeito non é unha arte de deriva como as volantas (e que centran a proposta de prohibición da UE), senón unha arte artesanal, sostíbel e non lesivo para especies mariñas coma os golfiños. "Facer o traballo que non fixo o goberno" Mariñeiros enfatizaron que nesas xuntanzas amosouse que o goberno galego e o español non "cumprioron coas súas obrigas" de informar á UE o que realmente era o xeito e defenderon a pesca artesanal galega. Ana Miranda mesmo amosou en varias ocasións unha rede dox eito para que os propios representantes da UE puideran verificala e comprobar que non esquilma. O deputado Daniel Rodas emprazou á UE a "resolver o problema que vós mesmos creastes" e pediu máis apoio á psca artesanal fronte á pesca industrial. Os xeiteiros insistiron en que é un aparello sostíbel e fonte de traballo para centos de familias na costa galega.
NOS_11592
O colectivo TreGa denuncia a falta de persoal que sofren os centros de maiores xestionados por este grupo empresarial e a conivencia da Xunta. "Mira cara a outro lado", advirte a plataforma de traballadoras das residencias.
"DomusVi rouba, engana, trata as persoas usuarias como se fosen números, son unicamente un negocio... e a Xunta mira cara a outro lado". A denuncia, á que pon voz Sonia Jalda, membro do colectivo de Traballadoras de Residencias da Galiza, TreGa, é unha das motivacións para a mobilización que na tarde de onte volveu levar as protestas do persoal diante da sede social da empresa, que xestiona perto dunha trintena de residencias de maiores na Galiza, na avenida García Barbón de Vigo. Nesta convocatoria, que as traballadoras e familiares levan realizando de forma periódica desde hai máis dun ano –co parón do confinamento– co apoio das asociacións de familiares das residencias da área de Vigo englobadas na Federación Rede, a plataforma quere alertar dun "retorno aos mecanismos antigos de malas prácticas" de DomusVi previos á crise sanitaria, cos "riscos" que supón para as persoas residentes a "endémica falta de persoal". Hoxe, ningún dos centros galegos de maiores rexistra xa casos positivos por coronavirus entre o colectivo de residentes, e unicamente un traballador continúa afectado, na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, na que onte se lle deu a alta ás últimas tres usuarias contaxiadas. Porén, desde o inicio da pandemia, 274 usuarios e usuarias das residencias da terceira idade faleceron na Galiza a causa do coronavirus, 44,2% do número total de mortes. Segundo alerta TreGa, máis de 150 dos decesos proceden de centros privados xestionados por este grupo empresarial, "unha cifra terríbel, da que en parte son responsábeis as malas prácticas e as neglixencias coas que vén operando DomusVi nos últimos anos". Servizos precarios para as persoas maiores "Reclamamos residencias públicas, dignas e de calidade. Está claro que este sistema non funciona, a falta de persoal foi tremenda", laméntase a portavoz de TreGa, que culpa a Administración galega de "alimentar empresas, vendidas a fondos voitre, a costa da calidade do servizo e coas consecuencias que vimos nos centros privados nesta crise". "A xente non se decata de que imos facéndonos maiores e que ese é o futuro que nos agarda, precariedade dos servizos para maiores", engade, e pon como exemplo as "deficiencias" alimentarias, "que supoñen despois un gasto enorme ao Sergas por falta de proteína". Neste contexto, o colectivo ve ineludíbel unha dotación de persoal "suficiente para dar unha atención digna ás persoas maiores" e unhas ratios equilibradas en todas as residencias". "As persoas dependentes son todas iguais, aínda que teñan patoloxías diferentes. Residentes e traballadoras precisan vivir nas residencias con seguridade, e coa falta de persoal na que volve incidir DomusVi é imposíbel", censura a entidade. Igualmente, o colectivo reivindica os dereitos laborais do persoal e o cumprimento da sentenza pola que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) recoñeceu o pasado mes de maio os descansos e as compensacións por festivo, en aplicación do convenio colectivo de residencias privadas da terceira idade da Galiza. Primas que "discriminan" o persoal contaxiado A portavoz de TreGa alerta da "discriminación laboral" que supón a prima que DomusVi está a repartir entre o seu cadro de persoal pola carga laboral durante a pandemia. "Non se ofrece a todo o persoal e non ten o mesmo importe, dependendo da residencia", advirte Jalda, que apunta que estas cantidades, de até 700 euros, van dirixidas unicamente a traballadores e traballadoras que teñan estado activas durante 70 días na pandemia, pero non para quen estivo de baixa por ter contraído a enfermidade: "É indignante, porque ninguén se infectou estando na súa casa, senón que foi nas residencias". Desde TreGa subliñan que o continxente laboral precisa "máis que dádivas, reforzo do persoal, e un merecido descanso físico e psíquico, após catro meses vivindo nun shock emocional constante".
NOS_475
Perdemos só nos primeiros cinco meses do ano o 2,4% do total de produtores de leite.
Continuamos a sumar indicadores pouco positivos para o agro galego. Apenas 24 horas despois de que o Consello Económico e Social advertise da "preocupante" perda de emprego no sector lácteo galego, a Consellaría de Medio Rural informaba no Parlamento de que entre xaneiro e maio 222 gandeiros abandonaron a actividade, unha media de 11 cada semana. Isto supón que só nestes cinco meses Galiza perdeu o 2,4% do total de produtores de leite, así como o 1,5% da produción láctea. Esta redución afecta principalmente a aquelas explotacións de menor tamaño, as que producen menos de 100.000 quilos anuais. Aquí o descenso foi do 11%, unha porcentaxe que amosa o difícil da situación. Durante 2015 tiveron que botar o fechamento 245 esxplotacións lácteas en Galiza. Isto supón o 70% das que abandonaron nese ano en todo o Estado español. Galzia comezou 2015 con 9.606 produtores e esa cifra reduciuse a 9.100 ao se despedir o ano. Isto é, en só 12 meses, perdemos no país máis do 5% dos nosos gandeiros de leite.
NOS_57172
60% dos contratos indefinidos foron fixos descontinuos ou parciais.
A Galiza fechou o mes de maio con 146.120 persoas desempregadas. Son 4.482 menos que en abril (-2,98%) e 19.186 (-11,61%) se a comparación se fai co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados onte polo Ministerio de Traballo e Economía Social. O desemprego diminúe en todos os sectores de actividade, aínda que 73,4% da redución débese en gran medida ao sector servizos, a pesar das dificultades que está a ter na hostalaría para atopar profesionais que cubran as vacantes. En concreto, no sector primario galego hai 75 persoas desempregadas menos, 549 na industria, 307 na construción e 3.293 nos servizos. No colectivo das persoas que logran o seu primeiro emprego, hai 41 paradas menos. Desde os sindicatos celebran a boa evolución das cifras, aínda que chaman a atención sobre o aumento da parcialidade na contratación indefinida. Neste senso, a CIG destacou que 60% dos contratos indefinidos asinados na Galiza o mes pasado foron fixos descontinuos ou a tempo parcial, o que provocará, alertan, un descenso das rendas nun contexto marcado por unha forte suba dos prezos. O paro descendeu na Galiza en maio 2,98%: houbo 146.120 persoas paradas Tamén inciden no feito de que o sector servizos, "con maior precariedade laboral e parcialidade na contratación", foi o que máis contratos novos rexistrou. "Estas cifras colocan Galiza como o quinto territorio do Estado onde menos descendeu o desemprego, nunha época na que adoita producirse un descenso estacional vinculado á proximidade do verán", lamentou a organización sindical. Problemas estruturais Pola súa parte, a secretaria de Emprego de Comisións Obreiras (CCOO), Maica Bouza, reivindicou a necesidade dun plan para dar solución aos sectores con problemas estruturais no país. A este respecto, sinalou que os datos do paro de maio reflicten que a contratación indefinida multiplica por catro os valores de hai un ano, pero estas cifras "non poden facer esquecer que na Galiza hai sectores produtivos, especialmente industriais, que arrastran problemas estruturais sen resolver". Ante este escenario, Bouza, demandou da Xunta un "plan de actuación real para paliar as consecuencias da crise actual" no tecido produtivo galego e non "simples medidas cosméticas". Os baixos salarios e as longas xornadas deixan a hostalaría falta de camareiros Desde UXT tamén poñen deberes ao Executivo galego, pois advirten de que, a pesar dos "bos" datos, os indicadores son peores que no resto do Estado, polo que urxen políticas activas de emprego máis eficaces e unha suba xeneralizada dos salarios. Preguntado polos motivos que xustifican esta menor caída, o secretario xeral de UXT-Galiza, José Antonio Gómez, explicou que "seguramente" teña que ver coa reactivación noutros territorios que dependen máis do sector turístico. "Teñamos en conta que a maior caída do desemprego, aínda que cae en todos os sectores, vén vinculada ao sector servizos", abundou. Finalmente, a Xunta destacou que o número total de parados na Galiza situouse en maio por baixo das 150.000 persoas por primeira vez desde 2008, cando estalou a crise financeira e que, desde o inicio da pandemia, o desemprego reduciuse 12,1%, fronte a 9,95% da media estatal.
NOS_58483
O día que naceu Inés Rei (A Coruña, 11 de xullo de 1982) xogábase en Madrid a final do Mundial de fútbol, do que a cidade herculina foi unha das sedes escollidas, o que fixo que vivise un gran remocicado. 38 anos despois, a alcaldesa afronta os retos dunha urbe que non quere quedar atrás ante os desafíos da nova década.
—A Coruña ten de novo orzamentos, grazas ao apoio de Marea Atlántica, BNG e Ciudadanos. Como conseguiu poñer de acordo a forzas políticas tan contrapostas? A Coruña levaba dous anos sen orzamento, pois estivo prorrogado desde 2018, e había que darlle para adiante, porque é o instrumento que ten o Goberno para poder executar as súas políticas. Partindo desas premisas, nós entendiamos que tiña que ser un orzamento de cidade, pensando no que necesita A Coruña, por iso sentamos a dialogar con todos os grupos políticos. Nese diálogo tiveron un papel principal Marea Atlántica e Bloque Nacionalista Galego, mais tamén Ciudadanos, que fixo propostas en positivo que se incorporaron ao orzamento. —O PP fixo as súas alegacións, pero non foron aprobadas. Lamentamos que o Partido Popular, unha vez máis, quedara fóra dun acordo de Goberno, pero tamén de cidade. Adoitan ter sempre unha actitude de bloqueo, de non facer aportacións en positivo, de atrasar todo o que poden os acordos e, polo tanto, quedaron fóra. O que fixo o PP foi, unha vez aprobado inicialmente o orzamento, presentar emendas con forma de alegacións, sabendo que non prosperarían por non adecuarse aos requisitos legais, todo para retrasar a entrada en vigor do orzamento. Optaron por non facer aportacións en positivo, nunha decisión consciente e coherente coa actitude que mantiveron nos catro anos anteriores, e o resultado é que hoxe teñen unha concelleira menos que no mandato anterior. Non son quen de dicirlle ao Partido Popular que é o que ten que facer, mais semella que esa será a súa progresión se non empezan a pensar na cidade. —Agora, co orzamento na man, cales son as prioridades na cidade da Coruña? Temos un orzamento de carácter expansivo, 262 millóns de euros, que é unha cifra récord para un orzamento municipal nos que destacan varias liñas estratéxicas de actuación: as políticas de coidados e benestar social; o compromiso coas novas formas de mobilidade; e a reactivación económica após catro anos de certa parálise na actividade administrativa, porque temos a obriga de acompañar esa reactivación económica da cidade desde o Concello. —Quedan moitos temas pendentes co Estado. O primeiro, o da estación intermodal, pois precisa que o Adif asine o convenio despois de volver modificalo. Cando se vai pechar a construción desa intermodal coruñesa? Practicamente en cuestión dun par de semanas asinarase ese convenio. O Concello xa iniciou os trámites de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para acometer a parte que nos corresponde. Neste mandato A Coruña terá, por fin, após moitos anos de bloqueo institucional, unha estación intermodal. —Outro problema de infraestruturas que parece que se eterniza é o da reforma de Alfonso Molina. Levaralle a Ábalos unha proposta para modificar a avenida pola que entran e saen a meirande parte das coruñesas? Si. As técnicas están preparando ese estudo para poder formularllo ao ministro nunha futura próxima reunión. —O anterior Goberno municipal non tiña unha boa relación co movemento veciñal e coas comerciantes. Que mudaron desde o PSdeG neste eido? Nós cambiamos a forma de actuar neste senso, porque non se pode facer unha política maniquea, estar permanentemente falando de bos e malos, amigos ou inimigos, etiquetando cada sector, xa sexan asociacións de veciños, comerciantes ou sindicatos. María Pita ten que ser a casa de todas, un lugar de encontro e diálogo. —Neste vindeiro día 8-M, a cidade da Coruña vai ter por primeira vez unha alcaldesa elixida democraticamente, como se sente? Coa inmensa responsabilidade, como dis, de ser a primeira muller alcaldesa escollida democraticamente, e profundamente agradecida a todas aquelas mulleres que traballaron arreo antes ca min para que hoxe as mulleres da miña xeración poidamos estar ocupando postos de responsabilidade. Aínda así, queda moito traballo por facer. Todos os días do ano teñen que ser 8-M. A igualdade real aínda non chegou, temos retos importantísimos, como a loita contra todas as violencias machistas, e contra esas cifras de mortas intolerábeis nunha sociedade democrática avanzada. -Como ve Inés Rei as eleccións galegas? Hai tempo de reverter esas enquisas que dan como gañador pola mínima o Partido Popular? Hai unha tendencia ao cambio. Após 11 anos de PP, Galiza nas eleccións xerais votou por un Goberno progresista liderado polo PSOE, polo que creo que o próximo 5 de abril teremos outro na Galiza, comandado por Gonzalo Caballero. Mais eu nunca falo de enquisas, nin sequera cando me favorecían a min (ri). As marxes serán mínimas. Lémbrame ás eleccións do ano 2005, nas que tardamos días en saber de que lado caería o escano decisivo. -Pode a fragmentación do voto no bloque da esquerda prexudicar o lograr ese escano que pode ser decisivo? Non vou entrar a falar do que fagan no resto dos grupos da esquerda.