ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
PRAZA_12528
Citizen fíxose cos premios ao mellor espectáculo, mellor director (Xesún Ron), mellor actriz (Patricia de Lorenzo) e outros dous galardóns. E a traxectoria da propia Sala Nasa foi homenaxeada co Marisa Soto, nunha gala que tamén recoñeceu a Avelino González cos premios ao mellor texto e á mellor adaptación. Os recortes económicos estaban no ambiente e houbo referencias constantes pero sutís á falta de apoio público. Xesús Ron chamou a "tender pontes á sociedade" e á "facer teatro xuntos". Galería e audios no interior.
Citizen fíxose cos premios ao mellor espectáculo, mellor director (Xesún Ron), mellor actriz (Patricia de Lorenzo), mellor música orixinal (Xacobe Martínez) e mellor actriz secundaria (Mónica García). E a traxectoria da propia Sala Nasa foi homenaxeada co Marisa Soto, nunha gala que tamén recoñeceu a Avelino González cos premios ao mellor texto (compartido con Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende) e á mellor adaptación. E tamén a Evaristo Calvo, mellor actor por segundo ano consecutivo, desta volta por Oeste Solitario, que obtivo tres dos seis premios aos que optaba. O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolleu a cerimonia, na que Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia, foi o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro. Os recortes económicos estaban no ambiente e houbo referencias constantes pero sutís á falta de apoio público. Dende o propio Antonio Durán 'Morris', presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, que abriu a gala dando a benvida ao "Gran Teatro das Ruínas" e que con retranca salientou que "autores como Shakespeare, Molière, Ibsen, Brech, Pinter ou Camus vense desbancados polo éxito inesperado doutros autores como Goldman Sachs, Lehman Brothers, Xose Luis Méndez, Standard & Poor's, Moody's, Xulio Gayoso" e quixo "agradecerlles a todos eles, pero sobre todo ás institucións públicas que os apoiaron e apoian". As referencias á crise e á xestión do Goberno sucedéronse en case todos os premiados, coma Vicente de Souza ("é incrible o desprezo ao patrimonio, á cultura e á lingua. É o momento do compromiso e de tomar actitudes") As referencias á crise e á xestión do Goberno sucedéronse en case todos os premiados, coma Vicente de Souza ("é incrible o desprezo ao patrimonio, á cultura e á lingua (...) É o momento do compromiso e de tomar actitudes"), Xacobe Martínez ("aínda que nos intenten ningunear, a loita continúa") ou Evaristo Calvo ("gústanos poñer podres os políticos, pero xa os criticabamos mesmo antes de que se fundase o actual partido gobernante (...) Os políticos non sobran, pero tampouco sobra a cultura"). O premio Marisa Soto, que recibiu a Sala Nasa "pola dinamización dunha cidade e dun país enteiro" ante un teatro posto en pé, foi un anticipo do final da noite. Os responsables da sala, que pechou hai uns meses ante a falta de apoio e o acoso do Concello de Santiago, fixeron fincapé en que a Nasa era "un esforzo colectivo" e como tal recibían o premio, lembrando todas as persoas que nun momento ou outro colaboraran ou actuaran alí, comezando pola propia Marisa Soto ou por Roberto Vidal Bolaño, que nun comezo apostou o seu bigote -dixo Miguel de Lira- a que o proxecto non aguantaría máis dun ano. Perdeu, mais non afeitou o bigote. "Os teatros son públicos, enchámolos" A gala, así e todo, finalizou cunha mensaxe máis optimista, da man de Xesús Ron, que animou a "seguir facendo teatro e facendo cultura", a "non instalarse no pasado" e a aproveitar "unha época que nolo está a facer pasar tan mal, pero tan boa para a creatividade e para conectar co público, rachando coa cuarta parede, para facer teatro todos xuntos". Para Ron, "se algún mérito ten Citizen é converter os teatros nun lugar de encontro, un sitio no que se socializa a xente" e asegurou que é froito dunha maneira de traballar, a das compañías residentes, que permiten traballar durante meses en contacto co público, polo que chamaron a mantelas e amplialas, "para poder seguir sendo exemplo en toda España". Para Ron, "se algún mérito ten Citizen é converter os teatros nun lugar de encontro, un sitio no que se socializa a xente" Os responsables de Chévere din estar redescubrindo o teatro "como ese lugar de encontro para nós e os nosos veciños" e chamaron a "tender pontes coa sociedade". Miguel de Lira pechou os agradecementos citando a Leo Bassi: "Os teatros son públicos, enchámolos". Lista de premiados e premiadas: Mellor Maquillaxe: Trini Fernández Silva (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Mellor vestiario: Carlos Alonso (A Ópera dos tres reás, do Centro Dramático Galego). Mellor escenografía: Paco Conesa (Piratas, Teatro do Noroeste). Mellor iluminación: Octavio Mas (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Mellor música orixinal: Xacobe Martínez Antelo (Citizen Total, Grupo Chévere). Mellor adaptación-tradución: Avelino González (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas) Mellor texto orixinal en galego: Avelino González, Artur Trillo, María Ordoñez e Sechu Sende (Pelos na lingua, de Talía Teatro). Mellor actriz secundaria: Mónica García (Citizen Total, Grupo Chévere). Mellor actor secundario: Vicente de Souza (Tango, Sarabela Teatro). Mellor actriz protagonista: Patricia de Lorenzo (Citizen Total, do Grupo Chévere). Mellor actor protagonista: Evaristo Calvo (Oeste solitario, de Producións Teatráis Excéntricas). Mellor dirección: Xesús Ron (Citizen Total, Grupo Chévere). Mellor espectáculo: Citizen Total (Grupo Chévere).
PRAZA_17073
CON VÍDEO A ópera prima do meirego Andrés Goteira é un "retrato dos malos nun mundo perverso de amos e escravos, na que os crimes se suceden ante unha sociedade pasiva, insensible, que todo o permite", protagonizada por algúns dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego ENTREVISTA | Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"
ENTREVISTA | Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada" Mellor película no Filmfest de Split, distinción ao director emerxente no Festival de Sitges, mellor filme e mellor actor no Nocturna de Madrid, mellor película en Algeciras, premio da crítica no BIFFF de Bruxelas, mellor longametrexae no Panorama Fantástico do Fant de Bilbao... E todo un récord de 13 premios Mestre Mateo. É só unha mostra do currículo de distincións coas que Dhogs, de Andrés Goteira, iniciará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o seu percorrido polas salas comerciais de cinema. A ópera prima do director nado en Meira, unha coprodución de Gaitafilmes e PixelFilms, achéganos a historia dun estraño personaxe que cruza as rúas dunha cidade conducindo un taxi. Mentres, no bar dun hotel de luxo unha muller goza dunha última copa, "inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas". Unha aventura cun executivo desta muller, Álex, "non é máis ca o preámbulo dunha espiral de violencia sen sentido aparente" que a obriga a "percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control". Esta película, un "retrato dos malos nun mundo perverso de amos e escravos, na que os crimes se suceden ante unha sociedade pasiva, insensible, que todo o permite", ten entre o seu elenco algúns dos rostros máis coñecidos de varias xeracións da escena do país, como Antonio Durán 'Morris', Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas. Por tras do seu éxito está o traballo creativo de Goteira e o apoio das dúas produtoras, pero tamén as achegas de máis de 300 persoas e o apoio da Agadic e mais da Deputación de Lugo, así como empresas galegas como Galipizza ou Cervexa Áncora. Como explicou o director en entrevista con Praza.gal o pasado agosto, el mesmo escribiu a historia da súa ópera prima no tempo en que traballaba nun hostal de Escocia. Concibiuna tamén como "unha metáfora" na que pregunta "cara a onde imos; se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada diante do que está a pasar". Tras pasar pola Primavera do Cine de Vigo este 12 de maio, o Día das Letras comezará o seu despregamento comercial en salas. Nomeadamente, en seis cines galegos e outros dous de fóra do país aos que se engadirán catro salas galegas máis con proxeccións puntuais. Nesa xornada da estrea algúns integrantes do elenco participarán en pases como os programados no cinema compostelán Numax, ao que acudirán Carlos Blanco e Melania Cruz. Nesa mesma sala, dous días despois, Andrés Goteira protagonizará un encontro co público. Cines aos que chegará Dhogs Numax Santiago 17 de maio Abella Lugo 18 de maio Norte Vigo 17 de maio Cantones A Coruña 18 de maio Dúplex Ferrol 17 de maio Viveiro Viveiro 17 de maio Zumzeig Barcelona 18 de maio Artistic Metropol Madrid 25 de maio Proxeccións puntuais Casa Dopeso As Pontes 19 e 20 de maio Seixo Marín Do 17 ao 20 de maio Teatro Lauro Olmo O Barco de Valdeorras 17 e 20 de maio Novocinema Leiro 17 de maio (dous pases) Consulta aquí os horarios das proxeccións
NOS_46383
A organización frontista denunciou que a sentenza do Prestige deixa "os responsábeis impunes" e chama á cidadanía a tomar parte das mobilizacións convocadas para "erguer a bandeira da dignidade" fronte un poder xudicial que, din, "non e capaz de repoñer a xustiza".
O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, considerou esta quinta feira que a sentenza ditada pola Audiencia provincial da Coruña co gallo do xuízo pola catástrofe do Prestige deixa "impunes os responsábeis políticos" do que é o maior desastre ecolóxico producido na Galiza e no Estado español. Após coñecerse que o fallo xudicial exime de responsabilidades penais e civís o único representante político que sentou na cadeira d@s acusad@s, José Luis López Sors, para a organización frontista o sistema xudicial español "non é capaz de repoñer a xustiza" e denuncia o carácter político da sentenza. O BNG exixe que a Fiscalía presente un recurso para "abrir un proceso con garantías" Neste senso, o portavoz nacional do Bloque considerou que houbo "unha suma de circunstancias" que se traduciron no resultado final da sentenza, como son, indicou, "unha lexislación bananeira" e "anticuada" perante catástrofes ecolóxicas mais tamén, denunciou, "unha instrución teledirixida polo poder político" plagada "de irregularidades". Para Xavier Vence, a actuación da xustiza desde o inicio da instrución no xulgado de Corcubión atendía "ao interese do goberno" que pulaba por ralentizar o proceso de investigación mesmo non o dotando dos recursos precisos. Neste senso, considerou que "a Fiscalía debería recorrer" a sentenza para reclamar a apertura "dun outro proceso coas debidas garantías". Chaman á mobilización para recuperar "a dignidade" do Nunca Máis "Isto non pode quedar impune", asegurou en comparecencia de imprensa Xavier Vence, quen lanzou un chamamento á cidadanía para secundar as mobilizacións convocadas para esta sexta feira nas distintas vilas e cidades galegas a fin de "recuperar", indicou, o espírito daquel movemento popular que asolagou as rúas do país nos meses posteriores ao afundimento do petroleiro. Segundo o líder nacionalista, estas concentracións deben "amosar o rexeitamento" a que "os responsábeis políticos queden impunes" e "erguer a bandeira da dignidade" que simbolizou co emblemático símbolo do movemento Nunca Máis. Mocións para que non volva acontecer Así mesmo, Xavier Vence anunciou que o BNG presentará "mocións perante en todas as institucións" municipais, nacionais, españolas e mesmo europeas para exixiren "os medios precisos" a fin de que unha catástrofe como a do Prestige "non volva ocorrer". Desde o Bloque entenden que após 11 anos do acontecido aínda "non se puxeron en marcha as medidas precisas" para evitalo, embora xa foran reclamadas naquela altura. "Galiza continúa exposta e sen medios de salvamento e seguridade marítima para facer fronte a unha catástrofe como aquela", subliñou o portavoz nacional do BNG, quen reiterou que a súa formación demandará das autoridades galegas e españolas "competencias" propias para Galiza en materia marítima, pois "é Galiza a que paga as consecuencias".
QUEPASA_858
Os edís non adscritos do Concello de Ponteceso, recentemente expulsados, sen ser sequera escoitados, polo PSOE polas súas desavenencias co alcalde Lois Carballido, queren denunciar o que entende como unha "mentira" de Carballido sobre o Plan de Emprego Social.
O pasado 8 de outubro de 2020, a páxina oficial de Facebook do Concello de Ponteceso saca á luz o anuncio da convocatoria do primeiro Plan de Emprego Social da historia de Ponteceso. Nesta mesma publicación explícase que este proxecto nace "grazas ao aforro en gastos de persoal, por exemplo, coa renuncia ao salario do alcalde de Ponteceso, pódese financiar un plan de emprego que vai beneficiar como mínimo a 10 traballadores/as durante seis meses, e formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións, segundo vaiamos dispoñendo de recursos". É decir, a partida presupostaria reservada para o pagamento dos salarios do alcalde e dos concelleiros iba ser usada para pagar os salarios ás persoas beneficiarias de dito plan de emprego. emNas últimas xornadas, despois do pleno celebrado o pasado xoves día 4 de febreiro, o alcalde culpa aos membros da oposición da imposibilidade de seguir adiante co plan de emprego en cuestión, debido a que o seu rexeitamento á proposta de POS+2021, o concello de Ponteceso vai perder 100.000€ que teoricamente iban ir destinados aos salarios das persoas beneficiadas por esta iniciativa social e laboral. Coma sempre, o alcalde minte e agora imos xustificar esta afirmación. Tomando como punto de partida a publicación feita polo goberno, o concello de Ponteceso non precisa deses 100.000€ para poder prolongar o Plan de Emprego Social máis aló do 30 de maio, xa que de empregar a partida presupostaria dos salarios do alcalde e concelleiros para esta finalidade, o concello dispón dunha liquidez mínima de 123.918€ para pagar os salarios destes traballadores, sempre e cando o alcalde non desviase este diñeiro ou o empregase para outros fins que nada teñen que ver co destino inicial do mesmo, que non é outro que garantir a estabilidade laboral e económica dos traballadores acollidos a este plan de emprego como mínimo ata o ano 2023 no que remata a presente lexislatura. Como mostra da veracidade desta afirmación achegamos o arquivo publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 4 de xullo de 2019 no que o alcalde asignaba os salarios ás diferentes áreas e á propia alcaldía: Coa información exposta neste documento podemos concluír que nos atopamos diante doutra mentira máis do alcalde Xosé Lois García Carballido, ás cales xa nos ten acostumados, porque fixo da mesma a súa principal arma para facer política e agarrarse a un sillón que cada vez semella tambalearse máis. En definitiva, a vinculación que está a facer o Señor Carballido entre a non aprobación do POS+2021 e a non continuidade do Plan de Emprego Social máis alá do 30 de maio de 2021 é unha artimaña política máis dunha persoa que non ten máis interese que manterse na alcaldía para o beneficio propio e dos seus amigos en lugar de pensar no mellor para as veciñas e veciños de Ponteceso. Asdo.: Os 5 edís non adscritos de Ponteceso. Novas da crise do #PSOEPonteceso Xaneiro 2021: A Executiva Provincial do PSOE expulsa aos 5 edís pontecesáns sen escoitar a súa versión. Decembro 2021: A Executiva Provincial Socialista ratifica ao alcalde de Ponteceso cunha visita institucional. 07-12-2020: Os edís pontecesáns volven pedir a intervención da Provincial Socialista ante as faltas de respecto de Carballido. 30-11-2020: Ex concelleiras socialistas de Ponteceso lembran a Lage Tuñas que sabe da "esperpéntica" situación municipal dende 2018. 27-11-2020: Novo pleno tenso en Ponteceso: O alcalde expulsou a 4 edís. 25-11-2020: Para que son os 300.000€ de recoñemento extraxudicial que quere volver aprobar Carballido?. 07-11-2020: Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas. 05-11-2020: Ana Pérez Imia: "Ponteceso non merece a un ditador como alcalde". 29-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia . 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta. 26-10-2020: Marco Varela: "Vergonza". 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?. 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura. 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde. 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno. 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita. 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura. 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello "á ruína". 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional". 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza". 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios". 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: "O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada". 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso. 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto. 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso. 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado "unilateralmente" polo alcalde por "opinar priorizando o interese dos veciñ@s". 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde". 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación. 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.
PRAZA_12926
Benigno López acumula un amplo historial de polémicas dende que en 2007 fose elixido por unanimidade do Parlamento tras unha negociación na que PSdeG e BNG apostaron pola súa candidatura por ser do agrado de Feijóo e así desbloquear outros nomeamentos
Como acontece cos árbitros nas competicións deportivas un bo termómetro para medir o labor das figuras institucionais como o Valedor do Pobo é a súa notoriedade pública. O número de titulares que ocupan figuras como esta adoita ser inversamente proporcional á eficacia do seu traballo, en xeral tan necesario como discreto. No caso do Valedor esa discreción foi a nota dominante nos seus dous primeiros titulares, o respectadísimo José Cora -xa falecido- e José Ramón Vázquez Sandes. Pero non aconteceu o mesmo con Benigno López, que a pasada semana protagonizou a súa enésima polémica ao suxerir no Parlamento que un camiño para evitar as disfuncións da Lei de Dependencia por mor da crise sería "suspender" a súa aplicación, ao tempo que consideraba "imprescindibles, xustos e necesarios" os recortes sociais do Goberno central. Esas declaracións provocaron unha rápida reacción de PSdeG e BNG, que esixiron de xeito case inmediato a dimisión de López. Este mércores, no marco da sesión de control, o secretario xeral dos socialistas, Pachi Vázquez, volvía reprochar o aliñamento do Valedor coas teses do PP. "Quere cargalle esta crise á sanidade e á educación pública coa inestimable colaboración de quen tiña que defender os intereses deste pobo; a vostede e ao Valedor parécelles normal retirarlle 10.000 millóns á sanidade e á educación e dárllelos a quen é culpable desta crise". "Se vostede quere traer aquí o problema que teñen co Valedor do Pobo alá vostedes", retrucou o presidente. "Primeiro noméano e agora quéreno cesar", engade. O Valedor foi elixido en 2007 tras un tirapuxa que se equilibrou co seu nome, que agradou a Feijóo En efecto, Benigno López foi elixido para o cargo en 2007, durante o mandato do bipartito. Aínda que isto non é sinónimo de que o seu nomeamento fose produto da vontade de socialistas e nacionalistas ou, cando menos, non só deles. Naquela altura a renovación do Valedor era un dos asuntos pendentes tras o cambio de Goberno. José Ramón Vázquez Sandes permanecía co mandato prorrogado, segundo o estipulado na lei impulsada polo Goberno de Fraga en 1994, ata que os grupos parlamentarios acadasen a maioría necesaria para a renovación, tres quintos do Parlamento -45 deputados-. Pero este alto comisionado parlamentario non era a única institución bloqueada. Tamén estaban en funcións tres membros do Consello de Contas, entre eles o conselleiro maior, e o actual xefe do Goberno galego supeditaba tamén un posible pacto a que o director xeral da CRTVG fose elixido no Parlamento. Neste punto comezou unha caste de intercambio de cromos políticos. Goberno e PP puxeron sobre a mesa os seus respectivos candidatos e tamén os seus respectivos vetos. O daquela presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, rexeitou algunha das propostas dos conservadores e Feijóo fixo o propio coas que chegaban de San Caetano. Finalmente, o tirapuxa foise equilibrando ao lanzar o Executivo o nome de Benigno López, de perfil conservador, que agradou a Feijóo. A contrapartida chegou coa elección como conselleiro maior de Contas de Antonio López, profesor universitario do ámbito da Fundación Iniciativas 21, próxima ao PSdeG e, sobre todo, ao entorno do daquela considerado como touriñismo. O bloqueo dos medios públicos de comunicación mantívose. As polémicas: da lingua aos servizos sociais Pero a aceptación máis ou menos forzada do novo Valedor por parte dos socios de Goberno saltaba polos aires apenas dúas semanas despois do nomeamento, cando nunha das súas primeiras entrevistas no cargo López consideraba "perigosa" a introdución da lingua galega na Xustiza "se non se domina". Daquela, Touriño saía ao paso para instalo a "apoiar e facer cumprir a Lei de Normalización Lingüística", lembrándolle ademais que o idioma "nunca fora un problema" no país. O rexeitamento do socialista reproducíase no BNG e en colectivos como A Mesa pola Normalización Lingüística cando, meses despois, apostaba no Parlamento por "potenciar o castelán" onde "prime" o galego, e "á inversa". Xa co actual Goberno na Xunta, en 2010 o Valedor expuña de novo as súas teses lingüísticas, desta volta cargando dende a tribuna da Cámara directamente contra o BNG: "a Galicia que vostedes defenden non ten nada que ver coa que sente a maioría", afirmaba, para despois engadir que os nacionalistas "non poden ir poñéndolle unha pistola no peito a cada cidadán para que fale galego". Benigno López instou á retirada dun libro de texto que recolle o galego como lingua propia; "se quere, que se presente polo PP", di o BNG "Quen nos vale do Valedor?", preguntábase retoricamente daquela dende A Mesa Carlos Callón, para reprochar a "actitude chulesca" de López e reclamar o seu cesamento ou destitución. Aínda restaba, non obstante, outro capítulo lingüístico na polémica andaina de Benigno López. A comezos do presente curso escolar López instaba á retirada dun libro escolar que recollía o galego como lingua propia de Galicia por conter "información inexacta e incompleta e, polo tanto, falsa" xa que, na súa opinión, ficaba omitido o castelán. O episodio do libro de texto era lembrado este martes polo nacionalista Bieito Lobeira durante un debate parlamentario para reclamar a marcha de López, "o vingador do Pobo", un "maligno Benigno" que, na súa opinión, non está en condicións de defender os galegos. "Se quere, que se presente ás eleccións co PP", engadiu o tamén deputado do BNG Manuel Parga. Este clima e a pechada defensa que do Valedor continúa a facer o PP pode propiciar que o que se revela como cromo máis amargo do antigo bipartito poida continuar no seu cargo alén dos cinco anos que lle corresponden e que se cumpren en xullo se prolonguen, cando menos, ata despois das eleccións autonómicas.
NOS_45994
Galiza Nova vén de presentar unha nova campaña en defensa da lingua galega que leva por nome "Rebélate, fala galego". Falamos co seu secretario xeral Alberte Fernández sobre esta iniciativa.
-Como nace esta iniciativa? - No nacionalismo galego a defensa do dereito a usar a nosa lingua é unha constante. Somos conscientes de que representa un dos patrimonios inmateriais máis grandes que temos. A lingua galega é un dos nosos símbolos de identidade que, por desgraza, se está a perder. Esta é unha das razóns. Por outra banda, temos os datos dramáticos correspondentes a 2014 segundo os cales xa é menor neste país o número de persoas que falan galego do que as que falan castelán. A percentaxe, se non lembro mal, das e dos galegofalantes estaría en 44 por cento do total da populación galega. Nós cremos que isto é unha desgraza que temos que combater. Nese sentido, coidamos tamén que dende a xente nova é onde temos que combater porque aínda que é onde máis falantes se perden tamén somos os que lle podemos dar a volta a esta situación. Moitos dos que estamos agora en Galiza Nova somos neofalantes, falamos castelán nalgún momento da nosa vida e pasamos a falar en galego. Ese é o feito rebelde que queremos reclamar na nosa campaña. A rebeldía que supón falar en galego nun momento no que nun centro de ensino medio te atopas con que es o único alumno que falas en galego. Coñezo unha rapaza que foi a unha entrevista de traballo e dixéronlle directamente "No, es que hablas gallego" -O lema da campaña é "Rebélate, fala galego". Sae entón desta idea que expós? Si, aí é onde queremos incidir. No feito de rebeldía que supón dar o paso a falar en galego nun ambiente contrario. -Conta co apoio dalgunha outra organización? - Esta campaña parte de Galiza Nova que, ao ser a organización xuvenil do BNG, é quen leva as accións relacionadas coa xuventude. Traballamos case sempre conxuntamente por ser o seu referente xuvenil, traballamos dunha maneira moi pegada. Pero aparte diso, nesta campaña en concreto non contamos con ningunha outra organización, é unha campaña nosa. -En que consiste esta campaña? - Pois fundamentalmente no feito de facer fincapé no acto de rebeldía que supón falar galego neste momento. Imos repartir un díptico por todos os centros de ensino. Por unha banda naquelas zonas nas que hai menos galegofalantes entre a xente máis nova: por unha parte explicando o que está pasando na situación actual coa lingua galega e por outra con un decálogo de pasos para comezar a falar galego nunha situación adversa coma esta, algo que moitos de nós vivimos. Por outra banda, nas zonas nas que existen máis galegofalantes entre a xente máis nova, repartiremos material informativo cunha serie de puntos explicando porque se debe manter o galego e que unha persoa que neste momento é moza e fala galego non debe de cambiar [de lingua] noutras situacións. Xa é menor neste país o número de persoas que falan galego do que as que falan castelán. -Son accións que se desenvolverán principalmente entón nos centros de ensino? - Si. Ao mesmo tempo tamén imos realizar unha serie de actos en vilas e cidades, referentes ao uso do galego tanto a nivel cultural como a nivel social. Por exemplo a nivel musical. Agora os grupos que cantan en galego coma Sés ou Nao teñen moito tirón. A nosa idea é realizar actos con eles. Hai que destacar tamén que en galego se pode facer todo, non é algo que nos limite na nosa vida diaria. Como complemento, levaremos un photocall por todas as vilas e cidades do país apoiando a campaña e o feito de falar galego. É unha iniciativa orientada principalmente á xente nova. Nós como organización xuvenil, centrámonos máis neste ámbito pero claro, tamén está aberta a todo aquel que se queira achegar. -Como resumirías o obxectivo final desta campaña? - O obxectivo final é que, por unha banda, a xente nova se dea conta de que pode desenvolver a súa vida diaria en galego sen ningunha dificultade e, por outra, animar a máis xente a falar en galego, sobre todo a xente nova -Cal é o principal obstáculo que se atopa unha persoa nova que quere falar galego? - Depende un pouco do contexto. De se vives nunha vila pequena onde se fala máis galego ou nunha cidade, como Pontevedra, coma min. Principalmente é o medo a non ser aceptado, pequenas barreiras mentais que se nos van creando. Eu por exemplo falaba en galego na miña casa, pero no instituto falaba en castelán porque todo o mundo o falaba. Tiñas esa barreira de dicir: aquí non podo falar galego. Era máis iso, o tema dos preconceptos. Non era exactamente unha discriminación real e activa de que se fosen a rir de ti directamente pero estaba aí. -Esta presión social é máis forte nos adolescentes ou na xente nova que noutras franxas de idade? - É igual de forte en moitos aspectos. Existe unha gran discriminación social ao galego mesmo no eido laboral, por exemplo. Coñezo unha rapaza que foi a unha entrevista de traballo e dixéronlle directamente: "No, es que hablas gallego". Hai unha presión nese sentido do que estabamos falando, unha presión máis social, de conceptos, que si que está máis establecida no que pode ser o que é a adolescencia. Mais despois, máis adiante, no que é a nosa traxectoria vital tamén existe unha discriminación máis forte: na cuestión laboral, na cuestión educativa e demais.
NOS_43074
Na Volta do Ludeiro, no termo municiapl de Palas de Rei, apareceron no verán de 1936 os cadáveres de Camilo Díaz Baliño e Sixto Aguirre. Atila devastaba Galiza. Desa curva na actual estrada que une Lugo e Compostela partirá o domingo 11 de agosto o roteiro en memoria "das persoas fusiladas ou represaliadas" organizado pola Eira da Xoana e a asociación cultural O Galo.
Será ás 11.45 horas en Sá (Palas de Rei) cando e onde comecen os actos. A lembranza do escenógrafo Díaz Baliño e do estudante Sixto Aguirre e mais "de todas as vítimas" ao pé do monólito alí existente será a primeira das paradas. Media hora despois, iniciarase unha andaina até a Eira da Xoana. "Son arredor de sete quilómetros de moi escasa dificultade, que se poden facer completos ou non xa que haberá coche de recollida", indica a organización, "neste percorrido, ademais da fermosa paisaxe montesía, veranse as casas onde naceron, viviron ou se agacharon tres guerrilleiros tamén asasinados polos franquistas". Ao remate, haberá un xantar de convivio en que cada persoa asistente deberá levar a súa propia comida. Ás cinco da tarde, actuacións de artistas e lectura de escritoras porán o ramo á xornada.
NOS_51790
O 'Colectivo Cultural Buril' de Burela organiza, por segundo ano, unhas xornadas para achegar á cidadanía a historia de Burela e da Mariña. Nesta edición falarase, entre o 7 e o 9 de agosto, de emigración e inmigración.
Xurdiron da inquedanza por coñecer algo máis da historia de Burela e da Mariña hai un ano. Despois do éxito de asistencia e o interese que provocou o Colectivo Cultural Buril decidiu continuar coa idea. "Comezamos cunha temática variada", comenta Rosana Valle, presidenta deste colectivo, "dedicada a José António Lestao, unha figura clave do ensino en Burela, e tamén cunha saída para coñecer a toponimia da zona". Coa resposta positiva, tendo en conta que estamos en época de verán, decidiron repetir a experiencia. "Durante o ano perfiláronse varios temas, e temos moitos", asegura a presidenta do colectivo, "ao final decidímonos pola emigración, un asunto que pode ser común mais chegamos á conclusión que é descoñecido en realidade na Mariña". A emigración é un tema que interesa en Burela e en toda a comarca. Da marcha por motivos de traballo ou represión de galegos e galegas pasouse a recibir poboación de fóra que chegaba, tamén, na procura dun futuro mellor. Como moi ben indica Rosana Valle, na zona hai uns 20 colectivos de varias nacionalidades "e a xente quere ter máis información". Por este motivo as xornadas deste ano comezarán cunha conferencia de Herminia Pernas Oroza sobre "Facer as Américas. A emigración burelá a Ultramar no primeiro terzo do Século XX" (7 de agosto, 20:30 horas) para seguir con Luzia Oca González que disertará sobre "Recuperando a historia da comunidade caboverdiana de Burela (1977-2012)" (8 de agosto, 20:30 horas). As xornadas rematarán cunha achega histórico-artística sobre o estado de conservación á Igrexa da Vila do Medio a cargo de Lucía Bouza Orosa (9 de agosto, 20:30 horas) e poder apreciar as súas pinturas murais. Rosana Valle: Na zona hai uns 20 colectivos de varias nacionalidades "e a xente quere ter máis información". Actividades de todo o anoEste colectivo de Burela realiza actividades todo o ano que promociona a través do seu blogue. "Temos xornadas de xogos tradicionais, conferencias, saídas, depende das inquedanzas d@s participantes do colectivo". Asemade, promocionaron a lectura no mes de maio a través dun maratón e botaron unha man ao medio ambiente coa limpeza do coído do Perdouro coincidindo co Día Mundial dos Océanos.
NOS_54712
A muller foi ingresada no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) cun traumatismo craneal e diversas lesións na cabeza e na faciana, producidas polos golpes que presuntamente lle propinou o seu agresor.
Fontes sanitarias veñen de informar a Europa Press que a muller agredida presuntamente pola súa parella a pasada segunda feira no concello de Carballo evoluciona favorábelmente das súas lesións. As mesmas fontes matizan que a vítima da agresión segue ingresada na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), á espera de que a súa condición clínica mellore o suficiente como para poder ser trasladada a unha habitación convencional. Prisión sen fianza para o home investigado por agredir a súa muller en Carballo, acusado de tentativa de homicidio A muller foi ingresada no complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) cun traumatismo craneal e diversas lesións na cabeza e na faciana, producidas polos golpes que presuntamente lle propinou o seu agresor. Precisamente, a xuíza titular do Xulgado de Instrución número 1 de Carballo acordou unha orde de protección para a vítima e para os fillos da parella. Desta maneira o home non ten permitido aproximarse nin comunicarse con eles. Ademais, a maxistrada suspendeulle ao agesor o exercicio da patria potestade e a custodia dos menores. Cronoloxía dos feitos Os feitos polos que se lle investiga sucederon contra as 2.45 horas do pasado 30 de maio no lugar de Fonte Caldeira, no municipio de Carballo, onde unha testemuña atopou á muller na rúa tras ser agredida e alertou á Benemérita. Ao lugar o 061 enviou dúas ambulancias de soporte vital básico, persoal sanitario da PAC de Carballo e unha ambulancia de soporte vital avanzado, que, tras unha primeira asistencia no lugar, trasladou á muller ferida, duns 43 anos de idade, ao Hospital da Coruña. Deteñen o presunto agresor dunha muller en Carballo que se atopa en estado crítico Pola súa parte, os dous fillos menores de idade da parella permanecen baixo custodia dun familiar directo da vítima, aseguraron por parte de fontes consultadas. O marido da vítima e presunto agresor, que carece de antecedentes, fuxiu tras a agresión e, logo de ordenar a súa procura a Garda Civil, entregouse na Comandancia da Coruña, onde foi detido contra as 10.15 horas da segunda feira, desde onde foi trasladado ao cuartel de Carballo. A Policía Xudicial da Garda Civil do municipio abriu unha investigación para esclarecer os feitos.
NOS_54657
O presidente de Abanca, máximo accionista, fala sobre o futuro do club
A presentación da conta de resultados de Abanca no primeiro trimestre do ano transcende as páxinas salmón -brancas en Nós Diario- da economía para internarse no igualmente inestábel e volúbel mundo do deporte, pois Juan Carlos Escotet, presidente do Consello de Administración da devandita entidade financieira, accionista maioritaria do Real Club Deportivo da Coruña, tamén deu o seu punto de vista sobre a situación do club branquiazul. Escotet confirmou que a intención da empresa que dirixe o Deportivo é "que regrese ao fútbol profesional no menor tempo posíbel", e recoñeceu a "dor enorme" que lle supuxo non conseguilo a pasada tempada, logo da derrota contra o Albacete de Rubén De la Barrera na final do play-off disputada en Riazor. "Nalgún momento ocorrerá, porque hai un equipo profesional moi competitivo para logralo", dixo o presidente de Abanca, quen apostilou que "calquera das nosas [empresas] participadas son unha aposta estratéxica para nós". Con todo, sen concretar se falaba do Real Club Deportivo, engadiu que esa aposta "nalgúns casos é forzada". Borja Jiménez , ilusionado O Dépor afronta hoxe ás 18.30 horas o seu segundo compromiso da pre tempada ante o Rácing Vilalbés, concretamente no campo da Magdalena de Vilalba. Este encontro suporá unha boa oportunidade para observar de primeira man a evolución dalgunhas das novas caras no cadro de xogadores deportivistas, mais o técnico herculino, Borja Jiménez, non dá por fechado, nin moito menos, o apartado de altas. "Seguimos valorando tres ou catro reforzos máis. Na dianteira precisamos dun compañeiro para Gorka, pero temos que ser pacientes. Logo, tamén virá alguén que poida exercer de '8' ou de '10'... iremos mirando en que posicións estamos máis xustos e aí nos reforzaremos", explicou o preparador do Dépor. Porén, non todo o mundo está tan ilusionado como Jiménez coas fichaxes branquiazuis, e logo de recibir acusacións desde Córdoba de "roubarlle" Isi Gómez, o Fuenlabrada denunciou que dous xogadores que tiña fechados optaron polo Deportivo tras recibir ofertas "con salarios de Segunda". Rácing, Pontevedra e Celta B: amigábeis de Primeira Federación O Real Club Deportivo non é o único galego da Primeira Federación que entrará en xogo esta fin de semana, pois os outros tres representantes do país na terceira categoría -Rácing de Ferrol, Pontevedra e Celta B- tamén disputarán cadanseus partidos amigábeis. Os Diaños Verdes desprázanse hoxe (19.30 horas) até As Eiroas para pór a proba o seu nivel ante un rival sempre incómodo como é o Bergantiños. Alí estará presente o italiano Luca Ferrone, a última fichaxe do conxunto departamental, que foi presentada onte polo presidente da entidade, José María Criado. Este puxo en valor a aposta do lateral italiano "por un proxecto ambicioso como é o do Rácing", algo que Ferrone reafirmou indicando que o de Ferrolterra "é un club onde se fan ben as cousas a nivel institucional e profesional". Tamén xoga hoxe, aínda que ás 11.30 horas da mañá, o Celta B, no seu caso ante o filial do Braga, escuadra contra a que se enfrontou o primeiro equipo celeste na noite de onte. Finalmente, o Pontevedra quere continuar gañando, nesta ocasión ante o Villalonga mañá ás 20 horas.
NOS_25084
Nunha entrevista concedida á Radio Galega, a portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, asegurou que a Asemblea nacional que o Bloque celebrará en marzo debe servir "á unidade do nacionalismo".
A representante nacionalista no Congreso español falou esta terza feira na Radio Galega a respecto do conclave que a organización frontista celebrará o vindeiro 17 de marzo. Neste senso, Fernández Davila advogou por que a Asemblea promova "cambios profundos entre as persoas que conforman a dirección do BNG". Aliás, a deputada do Bloque asegurou que --malia non ter ningún candidato en mente "nin preferencias"-- aposta por unha "fonda renovación" na portavocía nacional após Guillerme Vázquez ter anunciado que non concorrerá á re-elección. Olaia Fernández Davila salientou que a Asemblea nacional da organización frontista debe servir de impulso "á unidade do nacionalismo", ao tempo que contribuír para a mellora dos mecanismos de funcionamento da formación en aras dunha "mellor comunicación coa cidadanía", cuestión que está a centrar os procesos de debate e reflexión interna do BNG, segundo afirmou, entre outr@s, o propio voceiro nacional. A deputada nacionalista enfatizou que a súa vontade é a de xerar "máis espazos de debate" na formación e expresou que, malia ter gozado "de liberdade de expresión", acrecentou que "gostaría de ter máis espazo de debate para a expresar mellor".
NOS_28003
A detección de dous casos de Covid-19 no concello de Barbadás obrigou a pór en corentena 29 persoas identificadas polo equipo de rastrexadores do Sergas por manter contacto directo cos afectados.
Os 29 contactos estreitos dos casos de Covid-19 detectados no concello de Barbadás deron negativo nas probas PCR practicadas por profesionais do Sergas ao longo da sexta feira. Segundo informan as fontes sanitarias, as 23 persoas identificadas polo persoal de rastrexo do Sergas como contactos estreitos suman outros seis máis, pero todos eles deron negativo. Con todo, deberán gardar corentena durante un período de 14 días. Ao círculo de contacto pertenden os dous mozos, procedentes de Euskal Herria, que deron positivo na proba. Actualmente atópanse en Barbadás en "illamento domiciliario e con sintomatoloxía leve".
NOS_52533
O Goberno estatal e a Xunta cooperarán na apertura.
Á espera de obter unha resolución definitiva sobre a titularidade do pazo, administracións e entidades analizan xa os usos posíbeis para as edificacións e as nove hectáreas que conforman o conxunto de cara ao futuro e tamén os modelos de xestión. Hoxe mesmo tiña lugar na Coruña unha xuntanza interinstitucional, convocada pola vicepresidenta primeira do Executivo español, Carmen Calvo, que concluíu co compromiso de Xunta e Goberno estatal para abrir o pazo de Meirás ás visitas "contando a verdade do paso de Franco con perspectiva democrática" e cun espazo para a figura da escritora Emilia Pardo Bazán. No encontro, ao que asistiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, o presidente da Deputación da Coruña, a alcaldesa da Coruña e o de Sada, e mais o delegado do Goberno na Galiza e o conselleiro de Cultura, o titular do Executivo galego explicitou a petición de que o pazo "volva ao patrimonio" da Galiza e reiterou a petición para asumir a súa xestión, para facer del un lugar no que reivindicar "a esencia da figura de Pardo Bazán sen ocultar para nada que durante varias semanas ao ano o ditador Franco pasou alí as súas vacacións e esa parte da historia". O Goberno galego rexeita que, como reivindican o BNG e o PSdeG e as diferentes entidades memorísticas, a antiga residencia de verán do ditador se transforme nun centro para a recuperación da memoria democrática e de dignificación das vítimas do franquismo, e aposta en centrar o peso simbólico do proxecto na figura de Pardo Bazán, para facer do pazo "un faro para a igualdade onde reivindicar o papel e a forza creativa da muller". Desde o Bloque reclaman, ademais da transferencia do conxunto desde o Estado español ao pobo galego, que as decisións sobre a xestión do inmóbel inclúan, xunto coas administracións, a participación do tecido social e figuras expertas en investigación histórica. Voces como a do investigador Carlos Babío reivindican tamén o papel da sociedade civil nesta altura do proceso. "Debe seguir tendo a característica de participación social que nos trouxo até aquí, á que xa chegamos moi tarde. Non entendo que para definir os usos futuros do pazo a decisión se leve só ao institucional excluíndo a sociedade que o levou até aquí", opina.
PRAZA_8363
Defende a reconversión de Santa Bárbara noutro tipo de actividade "que promova a actividade industrial en consonancia co medio ambiente, xa que a xestión dos procesos industriais debe facerse introducindo criterios ecolóxicos que teñan como consecuencia unha sostibilidade real da actividade produtiva"
Equo A Coruña, ante o anuncio da empresa General Dynamics de pechar a súa actividade o 30 de abril, expresa a súa oposición a este peche sen alternativa para os 172 traballadores. Para a formación ecoloxista o peche de Santa Bárbara "ten dúas vertentes: Por un lado, a positiva de que se remate cunha actividade execrable que lucra a uns poucos a cambio de promover a violencia e favorecer as guerras. Por outro, a negativa, que fala das persoas que quedan sen o seu posto de traballo e, en moitos casos, sen forma de subsistencia". Defende a reconversión de Santa Bárbara noutro tipo de actividade "que promova a actividade industrial en consonancia co medio ambiente, xa que a xestión dos procesos industriais debe facerse introducindo criterios ecolóxicos que teñan como consecuencia unha sostibilidade real da actividade produtiva" Equo lembra que "neste país pérdense empregos a un ritmo desproporcionado debido, entre outras cousas, á promoción da actividade especulativa en lugar de basear a nosa economía na actividade produtiva" e defende unha modificación desta tendencia "cara a utilización dos recursos que temos dunha maneira que xere riqueza non só para uns poucos, senón para o conxunto da cidadanía". Equo A Coruña defende a reconversión de Santa Bárbara noutro tipo de actividade "que promova a actividade industrial en consonancia co medio ambiente, xa que a xestión dos procesos industriais debe facerse introducindo criterios ecolóxicos que teñan como consecuencia unha sostibilidade real da actividade produtiva". Con este obxectivo, Equo A Coruña espera que as autoridades correspondentes, neste caso o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, "tomen cartas no asunto e, mediante os mecanismos adecuados, planifiquen unha adecuada reconversión da fábrica de armas que impida a perda de máis postos de traballo".
NOS_12564
Acumúlanse os proxectos para a produción de hidróxeno verde. Actualmente atópanse en marcha máis de 70 iniciativas que aspiran a recibir axudas públicas procedentes do programa Next Generation. As grandes compañías enerxéticas con sede en Madrid lideran a maioría das propostas presentadas.
A produción do hidróxeno para usos enerxéticos non é algo novo. Así, fálase do hidróxeno gris, onde o produto xorde do gas natural ou do amoníaco mediante un proceso industrial que xera CO2; do hidróxeno azul, onde o CO2 que emite a separación do hidróxeno se captura e se enterra; e mesmo do hidróxeno rosa ou malva, unha proposta francesa para a obtención do material a partir da enerxía nuclear. Pola súa parte, o hidróxeno verde obtense a través da electrólise da auga, nun proceso que require de electricidade xerada por unha fonte renovábel, producíndose hidróxeno sen emisións de carbono. A maior achega do hidróxeno verde ao obxectivo da neutralidade emisora non está relacionada coa propia descarbonización nin coa súa capacidade para a almacenaxe e transporte enerxético. Unha das principais limitacións que teñen as fontes de enerxías renovábeis é a súa dificultade para controlar a produción e o problema de almacenamento a longo prazo, podendo ser de grande utilidade o hidróxeno verde para esta función, xa que toda a enerxía renovábel que non se pode pór na rede eléctrica, por unha baixa demanda, e que non se pode almacenar en baterías polas citadas limitacións, é susceptíbel de ser gardada en forma de hidróxeno. Os promotores do hidróxeno verde destacan o seu posíbel impacto significativo en sectores industriais como o do aceiro, un dos principais emisores de CO2; e no ámbito de doméstico, cun sistema de tubaxes axeitado ás súas necesidades. Porén, é no sector do transporte onde probabelmente o hidróxeno poderá imporse de forma máis efectiva, e concretamente en vehículos de gran tamaño como autobuses ou mesmo en avións, nos que a alternativa eléctrica moitas veces se descarta polo peso que implican as baterías. Unha aposta da Unión Europea O impulso da xeración enerxética mediante o hidróxeno verde está ligado aos deseños económicos da Unión Europea (UE). As autoridades comunitarias afirman pretender por esta vía avanzar na descarbonización e relanzar a actividade económica tras a pandemia da Covid-19, se ben a súa produción está a concentrarse nas áreas da periferia da UE.Neste sentido, o programa Next Generation recolle importantes achegas económicas para iniciativas deste tipo, destinando o Estado español 37% do total dos fondos ao sector enerxético. Así, non é casual que a totalidade dos proxectos de hidróxeno anunciados na Galiza estean ligados á recepción das axudas europeas. A Unión Europea prevé que en 2050 o hidróxeno verde represente 14% do 'mix enerxético' comunitario e estima un investimento total no período de dous billóns de euros. Segundo o cronograma recollido no plan europeo de combate contra o cambio climático, a Comisión Europea agarda unha produción dun millón de toneladas de hidróxeno verde para 2024 e 10 millóns de toneladas anuais en 2030, o que representa unha oportunidade de negocio descoñecida para as empresas eléctricas. Ao tempo, sitúa as sociedades diante dun novo escenario que non vai acompasado dun debate público e dunha democratización da información sobre os procesos de xeración. Os proxectos ligados ao hidróxeno verde ferven na Galiza. Segundo as fontes da Consellaría de Economía consultadas por Nós Diario, actualmente están en proxecto 72 plantas no país, ligadas a máis de 50 promotores diferentes e cun papel preponderante das grandes compañías enerxéticas con sede fiscal en Madrid. Só no último trimestre do ano teñen xurdido 21 novas iniciativas, tras afirmar o pasado mes de setembro o director do Instituto Enerxético da Galiza, Juan Ignacio Rodríguez, a presentación de 51 proxectos diferentes por parte de 44 promotores cun investimento estimado de 3.800 millóns. A ministra española de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, ten recoñecido na súa última presenza no país, o pasado 16 de xaneiro, que desde a Galiza remitíronse xa 35 proxectos de plantas de hidróxeno, con 700 millóns de investimento "para toda a súa cadea de valor, desde a produción até o transporte e o consumo no ámbito industrial".Na mesma liña, ten destacado a presentación de 195 iniciativas diferentes na área da enerxía para desenvolver na Galiza. Porén, a execución dunhas e doutras propostas vai depender do nivel de apoio público, xa que as promotoras apostan por financialos a cargo das diferentes liñas de axuda abertas a conta do programa dos fondos europeos Next Generation Burbulla ou realidade? Unha parte destacada dos economistas e consultores enerxéticos entende que detrás dos proxectos do hidróxeno verde agóchase unha burbulla inflada a conta dos fondos europeos. Sexa como for dáse por feito que só unha pequena parte das iniciativas sairán finalmente adiante.
NOS_11502
Deles, 13 están na área da Coruña e 11 orixináronse no mesmo foco, no centro cívico de Feáns, que xa foi clausurado
A Consellería de Sanidade informou de que o laboratorio de Majadahonda confirmou cinco novos casos positivos a infección por coronavirus en Galiza, co que se elevan a 18 as e os afectados. Só unhas horas despois de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informase en rolda de prensa de que os casos de coronavirus confirmados, que eran 6 o domingo, ascendían xa a 13, materializáronse outras cinco confirmacións, todas elas na área da Coruña. Con iso, as persoas afectadas por este virus en Galiza ascenden xa a 18, das que 13 están na área da Coruña, catro na de Vigo e un na de Ourense. A maiores, quedan algúns casos pendentes do resultado do laboratorio madrileño. Deste cinco novos casos, catro manteñen un vínculo epidemiolóxico co foco relacionado co centro cívico de Feáns, pechado preventivamente desde esta segunda feira. En total, deste foco derivan 11 casos na cidade herculina, un deles un home de 81 anos que se atopa grave na UCI. A maiores, A Coruña rexistra un novo caso non relacionado con este foco, pero que é "importado", confirmou Sanidade, do mesmo xeito que o primeiro do que se tivo noticia en Galiza, un home de 49 anos que se desprazou desde Madrid á Coruña a unha entrevista de traballo. Outros casos Pola súa banda, o caso confirmado en Ourense é o dunha profesora do centro dos Salesianos Colexio María Auxiliadora de Ourense, que viaxou recentemente a Venecia. A muller, que se atopa con síntomas leves, estivo en "certo illamento social" nos días previos, consciente de que podería contraer o virus, e non presentou síntomas mentres estaba no centro escolar, polo que consideran que o seu risco de contaxio é baixo. Os outros catro casos, todos da área de Vigo, están relacionados cunha parella de 43 e 47 anos, residente en Moaña, que viaxara recentemente a Madrid, o fillo dela, de 15 anos, e outro familiar. Só o home permanece ingresado na UCI do Álvaro Cunqueiro por pneumonía. A maior parte destes confirmados, explicou Sanidade, presenta síntomas leves e están illados nos seus domicilios. Activouse un protocolo de seguimento para os seus contactos, a fin de determinar se desenvolven síntomas da enfermidade.
NOS_40969
Parar o tempo en imaxes, captar un instante para a evocación a través da fotografía. Carmen Carreiro e Emilio Villar achegan a súa forma de captar o tempo a través da cámara. Até o día 24 de setembro a sala de exposicións do palacio de Turismo Rías Baixas en Pontevedra mostra dúas maneiras artísticas para parar o tempo, recoller a memoria en imaxes e traer o pasado ao presente cunha emocionada melancolía.
"O tempo ten un nome". O poema de Celso Emilio Ferreiro serve de preludio para nos achegar a obra exposta de Carmen Carreiro e Emilio Villar, reunida para falar do paso do tempo, das imaxes do pasado que chegan ate hoxe, da memoria que se agocha na evocación das fotografías. "O tema que tratamos e que unifica todo é o paso do tempo, as nostalxias, as historias, o que nos deixa, o que nos leva e tamén como nos achega a un final que aínda que non nomeamos, todos coñecemos" explica Carmen Carreiro, autora dunhas imaxes na que os obxectos se volven especialmente evocadores do pasado, en cores nas que a gama que rodea ao sepia predinuba. O branco e negro é a marca do traballo de Emilio Villar, ausencia de cores que nos remite ao propio pasado da fotografía. Con influencia dos clásicos do cinema ofrécenos nesta exposición o seu traballo en analóxico,co tratamento das imaxes propias do século XX, onde cinema e fotografía emerxían en branco e negro. Cunha orixe nas artes gráficas e o manexo do tratamento fotográfico nese sector, Emilio Villar ten exposto en numerosas salas nos inicios da súa cidade de Vigo e, con posterioridade, en salas galegas e portuguesas. A obra que expón en "O tempo ten un nome" leva a súa sinatura de comezo a fin, desde que o instante é captado a través do obxectivo até que el mesmo se sorprende no cuarto de revelado, onde traballa as posibilidades artísticas da fotografía. Desde o 2008 achégase tamén á fotografía dixital pero a obra exposta nesta ocasión forma parte dos seus primeiros tempos creativos. Se Emilio Villar chega á fotografía desde as artes gráficas, Carmen Carreiro ven da pintura, de se formar na súa mocidade arredor do estudo do pintor arxentino afincado en Vigo Castro Couso, participando no grupo artístico Abracadabra. Despois dun tempo afastada da creación artística, Carmen Carreiro retorna anos despois para desenvolver a súa creatividade por medio da fotografía con mostras individuais e colectivas en diversas salas. Non é esta a primeira vez que as propostas artísticas de Emilio Villar e Carmen Carreiro se mostran conxuntamente. Os seus nomes xuntáronse xa en exposicións de Vila Nova de Cerveira, Balneario de Mondariz, Auditorio de Vilagarcía ou a Casa das Artes de Arcos de Val de Vez. Neste caso a cor e o branco e negro son signos diferenciais de cada un dos artistas, que se achegan nesta iniciativa a dúas maneiras de evocar o pasado ou traelo ao presente.
PRAZA_15799
Creceu dende os 176 millóns de euros que rexistraba en decembro de 2014 ata os 372 millóns de outubro. A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública pide "un cambio de rumbo na política sanitaria"
Entre decembro de 2014 e outubro de 2015 Galicia incrementou a súa débeda comercial sanitaria en case 200 millóns de euros, pasando dos 176 aos 372 millóns, duplicando a cifra previa (un crecemento do 110%). Os datos que mes a mes recolle o Ministerio de Facenda amosan que a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas en materia sanitaria é de 7.834 millóns, cun crecemento do 29% no último ano. Aínda que Cataluña (1.787 millóns), Comunidade Valenciana (1.467 millóns) e Andalucía (1.200 millóns) son os tres territorios que acumulan unha maior débeda, Galicia é -só despois de Murcia- a segunda comunidade na que máis crece a débeda. Pola contra, Navarra, País Vasco, Castela-León, Castela-A Mancha, A Rioxa e Canarias son as seis únicas rexións que reducen os seus números negativos. Dende a Consellaría de Facenda prevese que a débeda sanitaria se reduza en novembro e decembro Dende a Consellaría de Facenda advírtese de que a previsión é que a débeda sanitaria se reduza en novembro e decembro. E destácase que, malia a suba experimentada nos últimos meses, a débeda comercial sanitaria de Galicia é case un 20% inferior á media das 17 comunidades autónomas. Sinala, neste senso, que en catro territorios (Murcia, Valencia, Estremadura e Aragón) a débeda sanitaria por habitante duplicaba en outubro á de Galicia. A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) sinala que a "avultada débeda farmacéutica e tecnolóxica xerada en 2015 é especialmente preocupante, xa que reflicte o control da industria sobre as decisións do sistema sanitario". "A cesión da xestión da investigación pública do Sergas á industria farmacéutica e da xestión da alta tecnoloxía ás multinacionais tecnolóxicas, unido á rápida e continuada aprobación de fármacos a prezos cada vez máis estrambóticos para o mesmo proceso, incrementarán aínda máis a débeda sanitaria, o que levará a un círculo vicioso de novos recortes e privatizacións e á insostibilidade do SNS", engade. En Galicia o orzamento sanitario público reduciuse nun 18.3% desde 2009, sendo a comunidade que fixo o recorte máis severo De igual xeito, para a Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública, á que pertence a AGDSP, o constante crecemento da débeda nos últimos meses é o resultado da combinación de tres factores: os orzamentos reducido e insuficientes, os recortes e a política privatizadora das Comunidades Autónomas. En Galicia, de feito, o orzamento sanitario público reduciuse nun 18.3% desde 2009, sendo a comunidade que fixo o recorte máis severo. A entidade conclúe que "cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia" A AGDSP afirma que aos 372 millóns de débeda acumulados nos dez primeiros meses de 2015 en Galicia "haberá que sumar os máis de 500 de débeda anterior" e "os compromisos anuais das súas innecesarias e desastrosas privatizacións: 72 millóns/ano do canon do hospital de Vigo, 75 millóns/ano do concerto con Povisa e as custosas externalizacións de servizos sanitarios e non sanitarios". A entidade conclúe que "cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia".
NOS_52694
Millares de persoas afectadas polas preferentes exixiron a devolución dos seus aforros. Próximas protestas en Sanxenxo (18 de agosto) e Candeán (23 de agosto)
'Toda unha vida aforrando para eles nos roubar' dicía está mañá a pancarta que levaban milleiros de persoas, segundo estimacións da organización, polo centro da vila de Baiona. As últimas novidades no caso da grande estafa das preferentes non tranquilizou ás diferentes Plataformas que seguen exixindo que se lles devolvan os cartos. A sentenza contra Novacaixagalicia Banco que a obriga a pagar a un cliente de Meaño, abriu algunha espectativa mais non desactivou os colectivos afectad@s. As Plataformas seguen exixindo que se lles devolvan os cartos. Algunhas das Plataformas asistentes hoxe en Baiona, a do Val Miñor, a de Vigo, a do Rosal ou a de Redondela, berraban 'Políticos, banqueiros todos ao caldeiro' nunha convocatoria que se repetiu para esta tarde en Sanxenxo e tamén para o día 18 de agosto tamén en Sanxenxo e para o 23 de agosto en Candeán (Pontevedra). Imaxes de @evavazquezlima e I. Pérez
NOS_21409
A rede internacional Boicot, Desivestimento e Sancións (BDS) vén de emitir un comunicado conxunto co colectivo Mar de Lumes en que acusan a Alberto Núñez Feijóo de lexitimar as políticas de limpeza étnica e xenocidas de Israel contra o pobo palestino. O presidente da Xunta iniciou unha visita ao país de Oriente Medio o pasado 30 de xaneiro.
Segundo asegurou o Goberno galego, a de Feijóo era unha "misión comercial". Desde BDS sosteñen que o presidente vai a Israel "apesar de saber que con eses vínculos colabora a afianzar as políticas de limpeza étnica e xenocidas practicadas polo Estado sionista contra o pobo palestino". Ademais, lembran as dúas agrupacións que asinan o comunicado, Israel entremeteuse na política galega cando, en 2014, o seu embaixador en Madrid remitiu unha carta ao Parlamento de Galiza en que tildaba a institución de "extremista". "Únese aos máis extremistas inimigos de Israel", dicía. A Cámara galega apenas aprobara unha declaración institucional en a prol de respectar os dereitos humanos en Palestina. Israel vén incumprindo sistematicamente as resolucións de Nacións Unidas a respecto da súa presenza en territorios palestinos. Segundo BDS e Mar de Lumes, é "un Estado fóra da lei". Os dous colectivos non dubidan en cualificar as actuacións de Israel de "apartheid, limpeza étnica e xenocidio".
NOS_22427
O líder de ERC solicita uns comicios que "permitan construír unha maioría independentista" e o ex-adestrador do Barça lanza o desexo de que "cheguen días mellores".
O presidente de ERC, Oriol Junqueras, afirmou este domingo tras votar no 9-N que o proceso participativo é un "paso máis" no camiño cara á independencia de Catalunya. O líder de Esquerra destacou que o momento decisivo serán unhas "eleccións parlamentarias que permitan construír unha maioría parlamentaria independentista". Así mesmo, o ex-adestrador do Barcelona e actualmente no Bayern de Múnich, Pep Guardiola, votou no proceso participativo na Institución Cultural CIC de Barcelona. O símbolo culé non quixo desvelar o sentido do seu sufraxio pero declarou que o importante é formar parte desta xornada "histórica" para que "cheguen días mellores". En declaracións aos xornalistas antes de acudir a mesa de votación, Guardiola explicou que non ten claro "se a maioría dos cataláns quere a independencia", pero remarcou que a votación deste 9-N é o primeiro paso para expresarse".
NOS_54861
O BNG pide medidas para salvar o colectivo de traballadoras e traballadores por conta propia.
A portavoz nacional do BNG e xefa da oposición na Galiza, Ana Pontón, mantivo esta sexta feira, 30 de outubro, un encontro con representantes das principais asociacións de traballadoras e traballadores autónomos, en que explicou as propostas que o BNG vai trasladar ao Parlamento "para salvar un colectivo vital para a economía e o emprego" e que ten soportado un maior impacto que no resto do Estado, en concreto, entre decembro e setembro máis de 1.500 persoas traballadoras por conta propia quedaron polo camiño, a maioría mulleres (0,7% do total, porcentaxe que case duplica a da media do Estado), resaltou a nacionalista. "E iso é só a punta do iceberg porque a caída do emprego entre este colectivo pode agudizarse nesta segunda onda da pandemia, pois moitas autónomas e autónomos teñen empregados ao seu cargo e se os seus negocios non sobreviven tamén veremos unha destrución de postos de traballo, en particular en dous sectores, como é o pequeno comercio e a hostalaría, onde hai que tomar medidas urxentes", alegou a portavoz nacionalista. Entre as medidas que pon sobre a mesa o BNG referiuse, en primeiro lugar, a un plan de axudas extraordinario e urxente para todas aquelas actividades que fechan ou que teñen unha redución moi importante como consecuencia dos gromos e das restricións; en segundo lugar, reclamou axudas directas para poder facer fronte aos gastos de alugueiro, mesmo contemplando unha redución de 50% no caso de alugamentos de locais de grandes propietarios. E, tamén, ampliar os prazos de carencia tanto dos créditos da Xunta como do ICO, porque este colectivo vai ter unha caída de ingresos derivada dunha redución do consumo que lle dificultará facer fronte a este tipo de custos. Igualmente, o Bloque pide que se prorroguen os ERTE e as axudas a nivel estatal porque "dará osíxeno" a moitas pemes e que a Xunta poña en marcha un plan de consumo no comercio de proximidade para minimizar o impacto da caída do consumo.
NOS_12612
A medida afecta 79 traballadores en Galiza e 169 no conxunto do Estado español.
Caramelo, unha compañía textil galega de referencia, presentou na mañá desta terza feira a súa liquidación, unha medida que afecta 79 traballadores en Galiza e 169 no conxunto do Estado español. A decisión da empresa, que pertence ao grupo Inveravante de Manuel Jove, implica o fechamento dos puntos propios de venda así como do espazo que ten nas grandes superficies comerciais. Caramelo presentara en 2013 un concurso de acredores, após varios anos en dificultades. Superouno oficialmente en maio de 2014 e en 2015 estreaba nova sede no polígono de Vío.
PRAZA_331
Este xoves preséntase en Marín o Observatorio dos Medios Galegos, un colectivo que realizará un seguimento da actividade dos medios de comunicación e das axudas económicas públicas que reciban. Falamos co seu presidente, Xosé Manuel Albán.
Este xoves preséntase en Marín, no Museo Manuel Torres a partir das 20 horas, o Observatorio dos Medios Galegos, unha asociación que vén de constituír "un colectivo de cidadáns preocupados pola veracidade da información en Galicia", como destacan na súa web. "Ante a opacidade que as administracións exercen na utilización dos fondos públicos destinados aos distintos medios de comunicación, o Observatorio nace co fin de velar pola transparencia e obxectividade nestes medios realizando un seguimento continuado dos mesmos", engaden. A presentación de O cuarto poder en rede (Abooks), de Víctor Sampedro, nomeado presidente de honra da entidade, servirá para a estrea da entidade. "Ante a opacidade que as administracións exercen na utilización dos fondos públicos destinados aos distintos medios de comunicación, o Observatorio nace co fin de velar pola transparencia e obxectividade nestes medios" "Poñemos en marcha o Observatorio porque os medios de comunicación convertéronse en aparellos de propaganda do poder. Non poden ser libres, non teñen capacidade de manobra porque dependen todos do IBEX35", di Xosé Manuel Albán, presidente da asociación. "O caso galego é moito máis dramático pola súa dependencia da Xunta de Galicia. O máis triste é que esta propaganda estámola pagando nós, a través dos pagamentos que o Goberno galego realiza, ben con subvencións directas, ben por publicidade directa, ben por publicidade encuberta", engade. O Observatorio realizará informes periódicos sobre a información publicada polos medios galegos, a súa transparencia e obxectividade. "Analizaremos se se está cumprindo nos medios galegos ese precepto constitucional, recollido no artigo 20, indica que todos os cidadáns e cidadás teñen dereito á información veraz", sinala Albán, que adianta que tamén "queremos analizar como se están repartindo os cartos públicos os distintos grupos de comunicación". "Non pode haber unha sociedade libre se non hai información libre e veraz", engade. En efecto, o artigo 20 da Constitución recolle ese dereito cidadán a recibir unha información veraz, isto é, obtida coa metodoloxía e deontoloxía axeitadas, segundo a interpretación e desenvolvemento posterior do Tribunal Constitucional. Tamén quere fiscalizar a actividade dos medios de comunicación públicos e do consello de administración da CRTVG Tamén quere fiscalizar a actividade dos medios de comunicación públicos e do consello de administración da CRTVG. "A situación da TVG é escandalosa. Cos cartos que se gastan aí, poderíase facer moi bo xornalismo", afirma Albán. A entidade, da que Joshua Juárez exerce como vicepresidente, Carmen Peña como secretaria e Néstor Soto como tesoureira, tamén organizará conferencias e debates sobre o xornalismo e os medios de comunicación. De igual xeito, poñerase en contacto cos grupos políticos para a presentación de preguntas parlamentarias e iniciativas "en defensa do futuro da información galega".
PRAZA_10659
O buque insignia de Greenpeace estará no porto arousán ata o 30 de xullo, desenvolvendo unha ampla axenda de actividades, que inclúen obradoiros, concertos, visitas ao barco e encontro con representantes políticos e entidades sociais
Despois das dificultades que atopou noutros portos, coma o de Vigo, o pasado 25 de xullo o Rainbow Warrior, barco insignia de Greenpeace, atracou en Vilagarcía de Arousa. Dende entón, a urbe do Salnés está a acoller unha intensa actividade informativa e de denuncia sobre os efectos da actual emerxencia climática e de reivindicación de cambios urxentes na política enerxética.Despois das dificultades que atopou noutros portos, coma o de Vigo, o pasado 25 de xullo o barco insignia de Greenpeace, atracou en Vilagarcía de ArousaO presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, negouse a facilitar a Greenpeace os espazos necesarios para a realización das actividades e dedicou á entidade ecoloxista declaracións agresivas e unha hostilidade evidente, polo que a organización tivo que mudar os seus plans iniciais, recalando finalmente en Vilagarcía, que si acolleu o buque cos brazos abertos.O Rainbow Warrior estará en Vilagarcía ata o 30 de xullo, desenvolvendo unha ampla axenda enmarcada na súa campaña 'En marcha polo clima', que o levou por oito países de toda Europa e un total de 15 portos, entre eles Istambul, Atenas, Palermo, Barcelona ou Málaga. A campaña combina a denuncia da crise climática, sinalando as súas causas, consecuencias e responsables, coa esixencia de solucións. Greenpeace apunta aos gobernos, "que perante unha emerxencia climática que eles mesmos recoñecen, non están a actuar coa urxencia nin ambición necesaria". Tamén sinala ás empresas "que encobren a súa actividade contaminante con campañas de lavado de imaxe".O domingo Depedro, Maika Makovski e Uxía ofrecerán un concerto na Praza da Segunda RepúblicaA actividade prevista inclúe obradoiros sobre alternativas cidadás para participar no impulso ás enerxías renovábeis, un concerto (o domingo 28 na Praza da Segunda República a cargo de Depedro, Maika Makovski e Uxía), xornadas de portas abertas para todas as persoas interesadas en visitar o barco, visitas de autoridades e representantes políticos e, para rematar, unha rolda de prensa na que estarán presentes representantes da comunidade científica e da cidadanía que está a traballar na loita contra o cambio climático."Galicia ten a grande oportunidade de asumir un papel protagonista na transición enerxética ás enerxías limpas renovables""Galicia ten a grande oportunidade de asumir un papel protagonista na transición enerxética ás enerxías limpas renovables e o Rainbow Warrior quere ser un trampolín para impulsar a participación activa da cidadanía fronte á emerxencia climática", destaca María Prado, responsable da campaña de enerxía e clima de Greenpeace.O martes 30 pola mañá o Rainbow Warrior abandonará Vilagarcía para atracar no porto da Illa de Arousa. Alí participará nas actividades de celebración do quinto aniversario da cooperativa Nosa Enerxía, que recentemente superou os 700 contratos eléctricos. Ademais, Greenpeace quere apoiar os proxectos que nesta localidade se están a desenvolver no marco da iniciativa europea 'Clean Energy for EU Islands', que pretende impulsar unha transición rápida a enerxías limpas en varias illas europeas que foron escollidas hai uns meses nunha convocatoria aberta.5 medidas contra a crise climáticaGreenpeace propón cinco medidas prioritarias de resposta á crise climáticaGreenpeace propón cinco medidas prioritarias de resposta á crise climática: 1. Redución de emisións. A Unión Europea debe levar as súas emisións netas a cero en 2040 e reducilas en 2030 nun 65% respecto de 1990. España debe reducilas polo menos un 55%, non o exiguo 20% que propón actualmente. 2. Transición acelerada a un sistema 100% renovable. Xa en 2030, a práctica totalidade da electricidade que consumimos en España debería ser 100% renovable. 3. Deixar de queimar carbón. En 2025, todas as centrais térmicas (e as nucleares) deben estar pechadas. 4. Volantazo no sector do transporte. Ao longo da próxima década, debería quedar prohibida a venda de coches que usen gasoil ou gasolina e favorecer a súa substitución por un sistema de transporte intelixente e eficiente, con moito maior peso do transporte público e compartido e dos modos non motorizados e eléctricos. 5. Marco xurídico estable. Debe aprobarse canto antes unha Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética contundente e elevar a ambición do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima.
NOS_18625
Fernández Davila falou das problemáticas económicas e sociais do país – da perda do sistema financeiro aos sectores naval, lácteo ou pesqueiro-. Rajoy reprochoulle que fose ''tan crítica''. Ela lembrou que o 40% das partidas para Galiza do OXE "non se executaron". Vídeo no interior.
Galiza fixo acto de presenza no debate do Estado na segunda sesión que decorreu esta cuarta feira. Até entón apenas tivera oco no que se ten polo principal acto político do ano no Estado español. Na primeira sesión o noso país apareceu en dúas referencias feitas por Mariano Rajoy, unha para presumir do sistema sanitario de Galiza como dos mellores do Estado e outra para lembrar que de neno viviu en "Carballino, Orense". A patada á toponimia propia de Galiza volveulla dar Rajoy nesta segunda sesión cun "Lorenzana" no canto do oficial 'Lourenzá'. A presenza de Galiza no #DEN2015 produciuse por boca da portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, que criticou duramente a política desenvolvida polo executivo español neste tempo, unha política que cualificou de "demoledora" para cos "dereitos liberdades" das persoas. Un goberno "nulo para Galiza", asegurou a parlamentar nacionalista, que lembrou a "desfeita das caixas" que impediu que o país "tivese un sistema financeiro" por "vender a prezos de saldo" a entidade galega. Os recortes e incumprimentos - "máis do 40% das partidas dos Orzamentos do Estado para Galiza non se executaron"- tamén foron citados por Davila. Enumerou a situación de sectores como o naval, pesqueiro ou lácteo; a falla de compromiso en infraestruturas chave para o País ("permiten a política despótica da concesionaria da AP9"); e acusou Rajoy de non facer nada fronte a corrupción. A deputada denunciou a emigración de milleiros de mozos galegos, os recortes en Sanidade e Educación ou a tesoirada de 120 millóns de euros do PP na Lei de Dependencia en Galiza nestes dous anos. "Hai alternativas ás súas políticas e desde o BNG temos propostas", dixo Fernández Davila, que acusou o goberno español xa non só de "negar o dereito a decidir", senón de impulsar "unha recentralización invadindo para iso mesmo competencias autonómicas". Advertiu a Rajoy e que a negativa do "carácter plurinacional do Estado" leva a ningures e denunciou na Cámara baixa española que os galego-falantes non teñen garantidos todos os seus dereitos. A parlamentar tamén lembrou as vítimas do Alvia e as súas familias, insistindo na creación dunha comisión de investigación, unha demanda de vello do BNG no Parlamento español e galego. A8 e Pemex, de exemplo Na quenda de réplica, Mariano Rajoy defendeu as políticas do seu goberno e pediulle a Davila "un pouco de ponderación e xustiza" pois "houbo cousas positivas" na actuación do Estado en Galiza. Como exemplo puxo a A8 -non falou da néboa que leva a cortar a autovía en Mondoñedo- e dos acordos con Pemex. Acordos que estes días volveron estar de actualidade: En Ferrol porque parte da construción do flotel de Pemex foi desviado fóra de Galiza. En Vigo, porque Pemex abandonou os proxectos que tiña neste estaleiro.
NOS_10767
Son tres os asasinatos de mulleres que se rexistraron no que vai de ano nesta comarca, após achar esta sexta feira o corpo sen vida de Matilde H.B. no interior dun carro con tres feridas na cabeza e no pescozo causadas por unha arma de fogo. A súa parella suicidouse horas despois no domicilio que partillaban
O terrorismo machista deixa máis un asasinato na Galiza. O corpo sen vida de Matilde H.B., de 42 anos e veciña de Fene, apareceu no interior dun carro estacionado nunha rúa de Ferrol. Presentaba tres feridas na cabeza e no pescozo efectuadas polo disparo dunha arma de fogo manipulada pola súa parella, J.L.R., un home de 47 anos que se suicidou unhas horas máis tarde nun inmoble da súa propiedade usando a mesma pistola, para cuxo uso non tiña licenza. Fontes veciñais apuntaron a que a muller dedicira por punto e final á relación, após unha primeira tentativa de separación en que foi ditada unha orde de afastamento contra o home, en vigor entre 2006 e 2008. Despois destas datas, a parella, que tiña fill@s en común, retomara a convivencia. Cinco mulleres asasinadas As primeiras conclusións da investigación apuntan, xa que logo, cara un novo caso de violencia machista, o terceiro na comarca de Ferrolterra no que vai de ano e a quinta galega asasinada. En novembro, o corpo de Marisol L., de 63 anos, foi achado semicalcinado na vivenda en que vivía no lugar da Revolta, en Narón. O seu home, de 73 anos, apareceu aforcado no alpendre. A parella estaba en trámites de separación. Uns meses antes, en xuño, o mesmo día en que entraba en vigor a orde de afastamento que xa lles fora comunicada ás partes, Iria G. recibiu unha coitelada no pescozo ao mediodía e en plena rúa, asestada polo seu compañeiro, detido ás poucas horas polo asasinato. Son catro as mulleres galegas asasinadas desde xaneiro: en marzo o marido matou dun disparo a Julia L., de 65 anos, en Vilardevós, e despois se suicidou; e en abril mataron a Juventina S., de 73 anos e que vivía emigrada en Madrid. En Compostela, a Rede Feminista Galega chama toda a cidadanía a se concentrar este sábado na Porta do Camiño ás 20.00 horas, segundo a convocatoria permanente fixada para o día seguinte de se coñecer o caso de asasinato feminicida "para combater a normalización social da violencia que é exercida contra nós, e a normalización da nosa eliminación física".
PRAZA_14288
O candidato do BNG contrapón medidas como o pagamento da paga extra ao persoal do Concello de Pontevedra co "libro en branco" que, di, supuxo a xestión do PP na Xunta
"Ademais de non poder ofrecer un balance de xestión das contas públicas, agora está quedando tamén sen argumentario de campaña". Como Manuel Fraga na súa derradeira campaña electoral galega, o actual presidente da Xunta e candidato á reelección, Alberto Núñez Feijóo, está a apoiar boa parte das súas mensaxes electorais nos, ao seu xuízo, riscos que implica unha perda da maioría absoluta do PP, como "desgoberno" e "divisións" do país. A principal diferenza entre aquel contexto e o actual é que, ao tempo, no seo da dereita estanse a producir tamén movementos intestinos. Esta circunstancia foi aproveitada este martes polo candidato do BNG, Francisco Jorquera, para dubidar da "unidade" que garante o líder conservador: "nunca se dera unha división da dereita como a que se dá agora", afirma. No marco da presentación da candidatura nacionalista por Ourense Jorquera non observa "estabilidade" ningunha arredor do PP. "Xa vistes; a dimisión de Esperanza Aguirre, a algúns ex altos cargos do PP apoiando a Mario Conde ou os líos en Ourense con Baltar", exemplificou ante os membros da lista do Bloque ourensán. "Feijóo ten un grave problema", asegura Jorquera, e non só polas diverxencias internas, senón porque estas se suman ao "libro en branco" que, ao seu xuízo, constitúe o seu balance de xestión, con fitos como a "multiplicación" da débeda pública dende 2009. "Non foi quen de dar resposta a ningún dos principais problemas" e, ao tempo, "bateu récords de parados" e "situou os principais sectores produtivos do país nunha situación de crise sen precedentes", asegura. Paga extra do funcionariado en Pontevedra O Concello de Pontevedra xa acadou unha "fórmula" para compensar o recorte da paga de nadal ao persoal público Este panorama contrasta, para o nacionalista, coas decisións que está adoptar o BNG nas institucións nas que goberna, caso por exemplo do Concello de Pontevedra, evitando a "supresión da paga extra de nadal para os funcionarios". Neste sentido o Bloque anunciaba este martes que o goberno municipal que dirixe Miguel Anxo Fernández Lores xa acadou unha fórmula" para compensar o recorte da paga extra de nadal para o persoal público decretada polo Goberno central. Esta iniciativa, aseguran os nacionalistas suporá "aliviar" a "grave ameaza para o comercio lcaol" que supón "reintegrar 760.000 euros na economía da cidade". "Durante estes meses -explica o BNG nun comunicado- os concelleiros de Facenda e Persoal consensuaron cos representantes sindicais e os técnicos municipais esta fórmula coa que se intenta mitigar os recortes do PP". Esta operación, asegura, cont aademais cun informe "positivo" da Intervención Xeral do Concello.
PRAZA_19547
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 ve "ratificado" polo xuíz "o que vimos denunciando dende hai tres anos e medio, que o fallo humano do maquinista non era a única causa do accidente" Imputado o ex-xefe de seguridade de Adif por homicidio e lesións no accidente de Angrois
"O xuíz ratifica o que as vítimas vimos denunciando dende hai tres anos e medio". A citación como investigado -antiga imputación do ex-xefe de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, como presunto "autor dos delitos de homicidio e lesións por imprudencia grave" no accidente de Angrois, no que faleceron 80 persoas e resultaron feridas outras 144, vén de achegar ás vítimas do accidente os folgos que veñen perdendo no ámbito político. "Viñemos denunciando reiteradamente que o fallo humano do maquinista non era a única causa do accidente" e este movemento xudicial "vén darnos a razón" e fai "máis necesaria ca nunca" a apertura de senllas investigacións política e técnica sobre o accidente, afirman. Tras coñeceren o auto do xuíz Andrés Lago Louro os membros da Plataforma Víctimas Alvia 04155 coidan que o instrutor da causa, reaberta en maio de 2016 por orde da Audiencia da Coruña, deixa "meridianamente clara" a existencia dun "comportamento neglixente e irresponsable" por tras do sinistro, e que este inclúe "os altos directivos de Adif, pertencente ao Ministerio de Fomento e cuxos altos cargos son nomeados polos propios ministros". Ao contrario do sostido no revogado peche da instrución, subliñan, o maquinista non é o único responsable porque "non se realizou a análise de riscos que era preceptiva" antes de poñer en servizo a liña ou "cando se produciron modificacións significativas" nela, "como a desconexión do sistema de seguridade que evitaría o accidente", ordenado polo ex-xefe agora imputado. "O xuíz ratifica o que vimos denunciando dende hai tres anos e medio", di a Plataforma Víctimas Alvia 04155 As circunstancias que Lago Louro reflicte agora neste xiro da investigación xudicial, resalta a plataforma de vítimas, foron obviadas pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, o órgano dependente de Fomento e que, tal e como acreditaron a Audiencia da Coruña e a Axencia Ferroviaria Europea, non era independente do Goberno de España no momento de realizar o seu informe. Nas súas 266 páxinas de análise sobre o acontecido na compostelá curva da Grandeira "non se refiren en ningún momento á análise de riscos, elemento esencial na investigación, tal e como ratificaron os peritos e o xuíz no seu auto". A CIAF "non analizou as causas raíz" do descarrilamento e agora, que fica constatado que cómpre ir alén do maquinista, a plataforma ve imprescindible que se atendan as súas demandas. Por unha banda, no que atinxe á apertura "dunha comisión técnica independente á marxe da investigación xudicial", a mesma que "se nos nega reiteradamente, mentindo de maneira pertinaz". Por outra, a aprobación dunha comisión de investigación parlamentaria "para depurar responsabilidades políticas", a comezar polos propios responsables do Ministerio de Fomento en cada momento, dende a apertura da liña (2011) ata a desconexión do sistema de freado automático (2012). "O xuíz danos a razón, como xa fixeron en Europa", resumen. Reaccións políticas Ana Pontón: "A imputación abre unha porta á esperanza, é evidente que houbo decisións políticas que provocaron o maior accidente ferroviario da historia de Galiza" A citación como investigado de Cortabitarte, que se negou a declarar cando fora imputado polo primeiro xuíz da causa e sobre quen tamén pesa outra imputación por un accidente acontecido en Arévalo (Ávila) no ano 2010, supón para as forzas políticas que veñen defendendo a apertura dunha comisión de investigación sobre o acontecido, En Marea e BNG, unha reafirmación desta tese. Así, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, ve constatado que "a Xustiza tenta" achegar a "verdade" que "se nos negou unha e outra vez" no Parlamento galego e no Congreso cos "sucesivos" bloqueos da comisión de investigación. O proceso xudicial, subliña, avanza tras "anos de loita das vítimas e os seus familiares" e de "mentiras de PP e PSOE", que "denegan o acceso á verdade". Luís Villares: "A Xustiza tenta achegar a verdade que se nos negou unha e outra vez" Neste sentido, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ve aberta "unha porta á esperanza" que "debería abrirse moito máis" ata chegar a "investigar a quen tiñan responsabilidades políticas máis claras". "Esta imputación -sinala Pontón- abre claramente a vía de que hai responsabilidades políticas e pon de novo sobre a mesa a necesidade de que se reabra o debate sobre a apertura de comisións de investigacións no Parlamento galego e no Congreso dos Deputados". "Se PP e PSOE non teñen nada que ocultar -agrega a nacionalista- deberían abrilas, porque é evidente que houbo decisións políticas que reduciron a seguridade dos trens que circulan por Galiza e que esta redución da seguridade provocou o maior accidente ferroviario da historia do noso país", conclúe.
NOS_34546
En resposta a unha pregunta do eurodeputado socialista Nicolás Gonzalez Casares a Comisión Europea constata a "falta de adopción de obxectivos e medidas de conservación".
A Comisión Europea constata a "falta de adopción de obxectivos e medidas de conservación" na contorna das Fragas do Eume, declarada Zona Especial de Conservación (ZEC). Así o trasladou nunha resposta parlamentar á cuestión do eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares. Na súa pregunta, o socialista lembrou que "hai máis de vinte anos" a Xunta declarouno paraxe natural sen chegar nunca a aprobar o seu plan reitor. O eurodeputado tamén sinalou os "gravísimos incendios forestais" que afectaron ao parque natural en 2012 ou o recente episodio turbidez das augas do río Eume que obrigou á Xunta a declarar a situación de emerxencia. En 2015 a ComisiónEuropea iniciou unha apertura de infracción contra a maioría das comunidades autónomas do Estado español por eivas na conservación dos ZEC. O pasado 2 de xullo, durante ese procedemetno, enviou unha "carta de emprezamento complementaria" na que instaba ao Estado Español a "completar o proceso de designación" destas zonas Na súa resposta ao eurodeputado, o organismo europeo engadiu que as fragas do Eume están incluídas nun proceso de sanción ante a súa falta de resposta.
NOS_8852
Exixen ao presidente da Xunta que explique o que suporá esta denominación. Hai temor a que o investimento vaia parar á sanidade privada e non implique un reforzo da pública apoiándose nese anuncio tan aberto. Aliás, demandan equidade para toda a poboación con independencia de onde resida.
Após a presentación por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, dun plan para pór control sobre o problema das longas listas de agarda na sanidade esta mesma quinta feira, xurde a dúbida de que é o modelo de "hospital único" do que falou na súa intervención. Con máis de 230.000 persoas agardando a ser atendidas, CIG-Saúde pon en dúbida o que esconde o feito de que esas pacientes vaian ser "derivadas a calquera centro hospitalario" do país se non teñen atención nun tempo razoábel no seu centro de referencia. Así solicita saber como se van partillar os 15 millóns de euros de orzamento que ten este plan, pois non é o mesmo que a xestión das citas nas especialidades sexa na rede de infraestruturas públicas que que inclúa aquelas de titularidade privada. A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, fai fincapé en que é básico saber se o diñeiro irá "dirixido a recuperar e reforzar a sanidade pública ou se se destinará a beneficiar a sanidade privada". Así o sinala porque, segundo destaca, "coa Lei de Garantías o PP equiparou a prestación sanitaria no sistema público e no privado" e que coa Lei de Saúde "desapareceron prestacións" nos hospitais comarcais e áreas sanitarias. Tamén lembra que a Valedora do Pobo rexeitou con anterioridade que se penalice a pacientes que non queren ser atendidos en instalacións privadas ou lonxe da súa casa. Por iso, quere "saber se Feixoo vai respectar esta opinión". Desde o seu punto de vista, esas modificacións na estrutura prexudicaron ás zonas máis illadas, rachando co acceso universal á sanidade. En consecuencia, tamén interroga ao Executivo galego sobre os recursos humanos e os medios que se van a dispoñer para "garantir a equidade da poboación independentemente de onde viva".
NOS_35711
As protestas transcorreron en cinco das sete cidades galegas, con apoio de membros do PP e Ciudadanos.
Centos de coches manifestáronse en cinco das sete cidades galegas (Lugo, Vigo, Ourense, Ferrol e A Coruña) para protestar contra a reforma educativa do Goberno estatal. Consideran que a chamada Lei Celáa, presenta "unha enorme carga ideolóxica que restrinxe duramente dereitos e liberdades individuais e colectivas". O texto recolle algunhas emendas que xeraron forte enfado na dereita española como é a consideración dos idiomas cooficiais no Estado como linguas vehiculares nos Països Catalans, Galiza ou Euskal Herria. Con todo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, asegurou que na Galiza "seguirá aplicando o castelán como lingua vehicular" ao entender que teñen as "competencias" necesarias para facelo, a pesar do establecido na 'Lei Celaá'. As marchas producíronse en todas as urbes agás en Compostela e Pontevedra, coa participación de membros do PP e Ciudadanos. Os vehículos percorreron as rúas ataviados con lazos e globos laranxas para expresar a oposición a unha norma que "atenta contra a liberdade de ensinanza propondo unha drástica redución do pluralismo e do dereito a elixir das familias", segundo indicaban o manifesto lido no remate das marchas convocadas pola plataforma Más Plurales. Censuran, ademais, que a LOMLOE "asigna ao ensino concertado un papel absolutamente subsidiario con relación ao público". PP e Ciudadanos Membros do PP e de Ciudadanos sumáronse á protesta. Beatriz Pino, voceira do segundo partido na Galiza, participou na de Vigo, onde asegurou que o seu partido "non vai permitir que o castelán deixe de ser a lingua vehicular na Galiza".
NOS_1540
Coa memoria do inesquecíbel Xacobeo Galiza cada vez máis afastada no tempo, 2021 será o ano no que Galiza volva contar cun equipo ciclista profesional, mais esta vez será a quenda das mulleres, pois o Team Farto-BTC que dirixe Brais Dacal (A Coruña, 1992) dá o salto ao profesionalismo cun proxecto deseñado
Cales son os seus desafíos nesta primeira tempada no circuíto profesional? O primeiro que queremos é, desde logo, conseguir que o proxecto se asente, que colla unha boa base para futuros anos, pero tamén pensamos en correr as grandes carreiras do calendario 'World Tour', como a Volta a Burgos, a Clásica de San Sebastián e, por suposto, a Volta a España feminina. Estes son os dous piares nos que cremos, así como en seguir desenvolvendo o proxecto da canteira de cara aos anos futuros. Como se decidiron a dar o salto ao profesionalismo? Xa levabamos varios anos co proxecto do equipo feminino, e vimos que tiñamos a capacidade para seguir medrando, pois cada ano íamos a máis, como puidemos comprobar o ano pasado, no que competimos nas carreiras profesionais a pesar de ser un equipo amateur. Este salto é imprescindíbel para seguir medrando, para non quedarnos atrás nesta carreira que iniciamos, e tal e como está o ciclismo agora, o máis sensato era dar este salto para así poder ter acceso a un maior calendario e unha maior visibilidade que nos permita evolucionar e non quedar estancados. Este salto ao profesionalismo supón a consumación dunha longa traxectoria. Como e cando nace o equipo? O equipo como tal, o club, nace a finais do ano 2011, mais ben como unha peña de amigos e amigas que saen ao monte a facer rutas e pasalo ben na bicicleta, sen máis aspiracións, até que arredor dos anos 2016-17 comezase a competir en categorías inferiores de estrada e a desenvolver o equipo feminino que en 2018 debuta no calendario estatal. A finais do ano 2018 foi cando me unín eu ao equipo, para lanzar o que sería a división Elite Sub-23 masculina, que non existía por aquel entón, e a mediados do ano 2019 foi cando quedou vacante a praza de director xeral e aproveitei a oportunidade para así desenvolver o proxecto do feminino até o día de hoxe. Cales son as súas funcións concretas como director xeral? Coordinar toda a actividade técnica do club, o aspecto loxístico, deportivo, financeiro... en resumo, ser a cabeza do equipo. Ademais, son o director deportivo, centrándome na dirección das rapazas na estrada, controlando a súa preparación, guiándoas tanto no deportivo como nos demais eidos... É un traballo moi completo que abrangue moitos ámbitos. Como se sostén economicamente o equipo? Cunha mestura de recursos privados de empresas e públicos de organismos como a Xunta e a Deputación de Pontevedra, que permiten que o equipo estea con vida. Este ano 2021 fomos quen de planificar o ano e de facelo viábel, pero por suposto sempre continuamos co labor de busca e captación de recursos, pois soster un equipo internacional é caro, e por iso tratamos de aumentar os nosos apoios. De feito, seguimos en plena campaña de captación de patrocinadores. Afectou moito aos seus plans a irrupción da pandemia da Covid-19, xa non só no eido económico, senón en todos os demais? Por suposto. As empresas que antes investían bastantes cartos en patrocinios deportivos, como os que recibimos nós, logo da irrupción da pandemia e as incertezas que esta creou fixeron que agora se aperten un pouco o cinto e sexan un pouco máis cautas antes de decidirse a realizalos e, polo tanto, isto significa que os equipos deportivos somos dos primeiros afectados. Pero, independentemente deste contexto, este era o momento adecuado de dar o salto adiante, de subir á división profesional, pois somos conscientes de que teremos bastante visibilidade e agardamos que isto represente un poderoso 'efecto chamada' para os distintos patrocinadores e que sexamos quen de captar máis recursos. Que os motivou a realizar esta aposta tan decidida polo ciclismo feminino? O proxecto cando empezou xa tiña un equipo Elite feminino e con énfase nas rapazas, pero comigo no equipo decatámonos de que o ciclismo feminino necesitaba un pulo moi grande, porque estaba ferido de morte. As ciclistas estaban desanimadas, porque non vían unha saída, non había un equipo referencia de alto nivel para acceder ás grandes carreiras, a canteira estaba bastante abandonada, porque poucos equipos tiñan mulleres nas súas canteiras, e moitos menos organizaban carreiras para elas. Entón decidimos que, como o ciclismo feminino estaba morrendo na Galiza, había que facer algo. Como tiñamos o noso equipo Sub-23, déronse as circunstancias para desenvolver este proxecto de profesionalismo, que será o que sosteña este deporte no país e que cambie unha situación de ferida de morte que aínda nos segue afectando, pois non hai tanto talento como debería e como desexariamos. Por iso tamén este proxecto está pensado a longo prazo, para desenvolver con el a canteira e que as mozas que veñen vexan que hai un equipo de referencia ao que chegar para que poidan desenvovlerse.
NOS_25052
Un total de 748 persoas con coronavirus están relacionadas con estes centros para a terceira idade na Galiza.
Os contaxios por coronavirus en residencias de maiores disparáronse un 23,23% este sábado co diagnóstico de 141 persoas máis, que suman un total de 554 usuarios afectados (+112) e 194 traballadores (+29). Un total de 748 persoas con coronavirus están relacionadas con estes centros para a terceira idade na Galiza. Destes datos informou a Consellaría de Política Social, que contempla o maior incremento de casos positivos na residencia Nosa Señora da Esperanza en San Rosendo (Ourense). Alí as probas PCR avalaron o contaxio de 81 persoas, polo que agora mesmo hai 106 maiores infectados entre os seus residentes. En total, detectáronse 117 novos casos deste tipo nas últimas 24 horas que, ao realizar a diferenza co número de persoas falecidas procedentes destes centros (unha de Remanso Claudina-Somoza, dous de DomusVi O Barreiro e dous de Nosa Señora da Esperanza), deixan un incremento de 112 casos activos, o que supón un aumento do 25,34% a respecto dos datos da sexta feira. En canto aos números que reflicte a cantidade de traballadores infectados por coronavirus, estes creceron un 17,58%, 29 máis que a sexta feira, o que eleva a cifra até os 194. 117 novos contaxios A maioría dos novos casos (81) apareceron na residencia de Nosa Señora da Esperanza, en concreto o 69,23% deles. A realización de test a todos os usuarios desta residencia explican o incremento drástico en só un día, xa que até onte neste centro constaban 25 casos positivos e hoxe son 106. Oito novos diagnósticos apareceron na Residencia Concepción Arenal (17), dez en Nosa Señora de Fátima no Barco de Valdeorras (22), sete no CRAPD de Vigo (13), catro en Remanso Claudina-Somoza da Coruña (10), dous en As Fragas de Pontedeume (4) e dous en Castro de Rei (2). En Residencia Matogrande suman un (14 en total), así como nos centros de Bella Vista de Nigrán (1) e Moledo de Vigo (16). Resto de residencias Todas estas cifras mencionadas hai que sumalas ao resto de residencias que desde onte non contabilizaron novos casos. Nesta situación atópanse a DomusVi de Cangas (102), DomusVi O Barreiro de Vigo (65), San Carlos de Celanova (43), DomusVi San Lázaro de Santiago (42), O Portádego (37), San Pedro de Crecente (17), Divino Maestro (8), Castro Caldelas (7), Fundación José Otero en Santiago (5), Fogar Bellolar (3), Residencia de Maiores de Foz (3), Residencia de Vilaboa (3), Betania de Viveiro (2), DomusVi Monforte (2). Á vez, na residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme (Fisterra), San José de Narón, Súa Casa en San Sadurniño, DomusVi Chantada, Virgen de la Luz de Monforte, Lecer Avoíños de Coles, Galisenior en Ourense, DomusVi Pereiro (en O Pereiro de Aguiar) e Ramirás mantéñense un caso cada unha. 194 traballadoras afectadas Por outra banda, tamén creceron os contaxios entre as traballadoras. Desde onte certificáronse 29 máis, o que significa un incremento de 17,58% con respecto á sexta feira e que suman 194 en total. Igual que no caso dos usuarios, a residencia da Nosa Señora da Esperanza é a que máis novos diagnósticos entre o seu persoal rexistrou, un total de 27 que elevan a cifra até os 34 empregados con coronavirus. Os outros dous novos casos apareceron un deles na Residencia Concepción Arenal (4) e outro en DomusVi Monforte (5). O resto de centros mantéñense ingual: Residencia Moledo de Vigo (11), O Portádego (18), San Pedro de Crecente (13), Castro Caldelas (3), DomusVi Cangas (17), CRAPD Vigo (2), San Carlos de Celanova (18), DomusVi San Lázaro (11), DomusVi O Barreiro (11), Remanso Claudina-Somoza (7), Foz (7), Divino Maestro de Ourense (5), Nuestra Señora de Fátima en O Barco (4), San José de Ourense (3), Nosa Señora do Carme (2), Burela (2) e en Cospeito (2). Casos individuais tamén se rexistran en Fogar Bellolar, Albi Beade de Vigo, Os Gozos de Pereiro de Aguiar, San Simón de Teo, O Rocío Fundación San Rosendo (Vigo), A Porqueira, Castro de Rei, Alvetus (Avión), Melide, Silleda, DomusVi Chantada, Ás Gándaras de Lugo, Betania, San Rafael de Mondoñedo e A Milagrosa de Lugo.
NOS_1188
Estaban despregados nos puntos fronteirizos en apoio á Policía Nacional e Garda Civil.
O exército español retirarou o seu apoio á Policía Nacional e á Garda Civil na vixilancia dos postos fronteirizos do Estado español con Francia e Portugal, como no caso da Galiza, aínda que manteñen a súa presenza nos puntos de Ceuta e Melilla, así como na vixilancia de infraestruturas críticas e a seguridade dalgunhas centrais nucleares. A 'Operación Balmis' incluíu a colaboración dos militares coas forzas de seguridade no estado de alarma. Unha destas tarefas de colaboración foi a vixilancia das fronteiras para controlar que o tránsito de persoas cumprise as disposicións do estado de alarma. Entre elas, os puntos entre Galiza e Portugal. O Ministerio de Defensa informou que este apoio xa foi retirado a petición do Ministerio do Interior. O cesamento desta función é ademais de moitas outras actividades que as Forzas Armadas deixan progresivamente de exercer nestes días dentro do proceso de desescalamento. O pasado 16 de marzo, efectivos do Exército español despregábanse por cidades galegas como Vigo e Coruña ao abeiro do estado de alarma. Unha presenza que se foi ampliando a máis cidades e localidades nas seguintes semanas.
PRAZA_5252
O tópico di que a revolución teñen que facela os que veñen por detrás. Que son os mozos e as mozas os que teñen que buscar alternativas, deseñar futuros posibles e mellores. Mais eu son dos que creo que os que agora estamos artiba tamén temos algo que dicir e que facer. Que algunha responsabilidade para con o futuro aínda temos.
O tópico di que os máis novos aprenden dos máis grandes. Dende hai miles de anos é asi. Probablemente é un sabio mecanismo deses que os grupos sociais humanos argallaron para garantir a supervivencia do colectivo. E debe de ser algo tan instaurado no máis profundo do cerebro que por iso os pais e as nais adoitamos sentirnos orgullosos e felices cando vemos que as nosas crianzas, como cantaba aquela vella canción de Serrat, se nos parecen e reproducen os nosos acenos, ou, claro que si, as nosas grandes ideas sobre a vida. Cómpre interrogarnos arredor da cuestión de se o exemplo que os maiores, ou sexa, a xeración que ocupa os postos de poder e decisión, está a darlles aos máis novos, é o máis axeitado dos que se pode dar Establecido isto como unha especie de axioma grupal de seguro éxito, cómpre preguntarnos arredor da cuestión de que é o que agora as novas xeracións están a imitar dos seus maiores. Ou dito doutra maneira, cómpre interrogarnos arredor da cuestión de se o exemplo que os maiores, ou sexa, a xeración que ocupa os postos de poder e decisión, está a darlles aos máis novos, é o máis axeitado dos que se pode dar. A resposta xa sabedes cal é e que é negativa e que a miña pregunta era retórica e con trampa. Pois está ben claro que o que a mocidade está a ver e, xa que logo, o que a xente en formación e procura de pautas recibe como lóxico, normal, esperable, decente, ético e, en definitiva, imitable, é unha mensaxe que no básico sentencia que todo está como está e que, en definitiva, que nada se pode cambiar. Incluso máis: que os cambios son imposibles. Que hai que aguantarse porque este é o único mundo posible. Eu son dos que creo que os que agora estamos artiba tamén temos algo que dicir e que facer. Que algunha responsabilidade para con o futuro aínda temos O tópico di que a revolución teñen que facela os que veñen por detrás. Que son os mozos e as mozas os que teñen que buscar alternativas, deseñar futuros posibles e mellores. Si, iso é o que o tópico di. Mais eu son dos que creo que os que agora estamos artiba tamén temos algo que dicir e que facer. Que algunha responsabilidade para con o futuro aínda temos. Coido que non abonda con amosar comodidade, aceptación, desexo conservador de que todo quede como estaba. Ese é tamén o tópico referido aos que xa, teoricamente, abandoaron a xuventude. E como ese é o que é (e a historia tennos amosado a verdade do mesmo) quizais é tempo de nos preguntar senón estaría ben que os teoricamente acomodados, os que andamos a gobernar, a decicidir, a dirixir o mundo (aínda que só sexa porque se supón que por idade sociolóxica e política estamos a facelo así) senón é momento de preguntarnos, dicía, se este é o mundo que queremos para os nosos fillos e fillas, se esta é a realidade que queremos. Do que estou a falar é de facer a revolución doutro xeito, quizais ilóxico, pero igual de importante. Creo que debemos impulsar tamén un cambio dende arriba, reflexionando, para actuar, sobre a necesidade de batallar unha realidade diferente para os que veñan detrás. Non abonda con lembrarlles que deben cambialo todo. O que por arriba deles están tamén están convencidos de que as cousas non se poden modificar. E iso contáxiaselles dende a infancia axudando así a anular a súa capacidade de transformación das cousas. Pero as cousas poden, e deben, transformarse. E temos que o facer entre todos e todas. Así que xa vai sendo tempo de nos poñer co traballo.
PRAZA_19522
PSdeG, Marea Cidadá e BNG únense para pedir a marcha do rexedor tras os 'chistes' no discurso polo Día da Muller Traballadora e reclaman un pleno extraordinario sobre o tema. Ana Pontón pídelle a Feijóo a destitución de Santiago Freire, como xa fixera En Marea.
Toda a oposición en Noia pediu este venres a "inmediata dimisión" do alcalde de Noia, Santiago Freire, logo dos comentarios machistas que intercalou no discurso institucional co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Tras unha xuntanza de urxencia o xoves entre os voceiros do PSdeG, Marea Cidadá de Noia e BNG, as tres formacións decidiron reclamar a marcha do rexedor ao considerar que "amosou non ser digno para permanecer no cargo nin representar a sociedade noiesa nin os seus valores". "Amosou non ser digno para permanecer no cargo nin representar a sociedade noiesa nin os seus valores", di a oposición Nun comunicado conxunto, os tres partidos lamentan "profundamente" que Noia se "dese a coñecer a nivel estatal" por ter un alcalde que "durante o acto de homenaxe á muller fixo gala de expresións de contido machista, alimentando deste xeito un fenómeno que leva segado a vida de vinte mulleres polo sinxelo feito de selo". Ademais, PSdeG, BNG e Marea anunciaron que solicitarán a celebración dun pleno extraordinario para reprobar a actitude do alcalde a nivel institucional. Entenden que as súas "manifestacións e comportamentos de contido machista deben ser reprendidos con dureza, especialmente cando estes proveñen de representantes públicos, aos que se lles debe esixir exemplaridade no seu comportamento, máxime cando están actuando no exercicio do seu cargo". Un grupo de escolares reclamou tamén a dimisión do alcalde ás portas da Casa do Concello Por outra banda, neste mesmo venres, un grupo de alumnos de centros de secundaria de Noia concentráronse espontaneamente ás portas da Casa do Concello esixindo tamén a dimisión do alcalde. A esta solicitude, que xa fixera onte o voceiro de En Marea, Luís Villares, sumouse tamén Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, que considera "incomprensible" que o presidente da Xunta non teña pedido a dimisión do rexedor. Ana Pontón reclama a Feijóo que pida a renuncia do rexedor e di "non entender" por que non o fixo xa "No Bloque defendemos tolerancia cero co machismo institucional e non entendemos como o señor Feijóo non está pedindo a dimisión ao alcalde de Noia, porque é intolerable para a defensa da igualdade das mulleres que o machismo siga presente, campante e se exprese con tanta claridade desde unha desde unha institución como a que lle escoitamos ao alcalde do PP", reclamou Pontón, que reclama a destitución do rexedor, como tamén fixo EU-Barbanza. Desde o PSdeG, a portavoz de Política Social do grupo do PSdeG na Cámara considera "moi pobres" as desculpas do alcalde e cre que "se o que explica que o que dixo foi porque intentaba admirar ás mulleres, o problema é aínda moito máis grave"; un "macromachismo" que "só serve para faltar á dignidade e máis cando vén dun representante público", aclarou. O alcalde de Noia realizou os comentarios machistas no acto institucional que na localidade se realizou co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora. Santiago Freire (PP) introduciu tres chistes contra as mulleres "-é o chiste fácil", dixo ao momento"- no medio da súa intervención ante a sorpresa de moitos dos presentes. "A muller é capaz de sangrar sen cortarse; a muller é capaz de dar a luz sen corrente; a muller é capaz de tocar as narices sen achegarse", asegurou. Ademais, tamén asegurou que "son moitas as dificultades fisiolóxicas que [a muller] ten con respecto ao home, que en ocasión fai que ese traballo que teñen que facer de forza físcica se lle complique". Ao día seguinte, e visto o balbordo, o rexedor pediu "perdón" nun comunicado ás "persoas que se sentisen ofendidas". "Non teño ningún problema en pedir perdón porque o que dixen foi desafortundado", asumiu o alcalde de Noia, que aclara que a súa intención "non era ofender a ninguén e moito menos menoscabar a dignidade das mulleres".
PRAZA_4407
Información en actualización nesta ligazón: Un Alvia que ía de Galicia a Madrid descarrila en Zamora e morren un maquinista e o condutor do coche co que bateu
Información actualizada nesta ligazón↓Un Alvia que ía de Galicia a Madrid descarrila en Zamora e morren un maquinista e o condutor do coche co que bateu
PRAZA_13406
Facenda mercará, a través do Centro Informático para a Xestión Tributaria, 110 computadores persoais para varios departamentos administrativos que terán preinstalado obrigatoriamente o sistema operativo de Microsoft
"Prímanse as solucións libres nos proxectos TIC de todos os departamentos da Xunta de Galicia". "Procedemento de análise de alternativas libres previo á contratación TIC". "Mantemento do software libre no posto informático do empregado público". Son algunhas das intencións e obxectivos expresadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o ente que aglutina as competencias do Goberno galego en materia informática e tecnolóxica, no seu Plan de Acción en Materia de Software Libre. Nese documento o Executivo amosaba o seu interese polo "impulso" das solucións informáticas libres en xeral, e no ámbito da Administración pública en particular por permitir, entre outros aspectos, unha maior "eficiencia" e aforro. Eses obxectivos non se ven reflectidos, cando menos polo momento, á hora de realizar investimentos máis ou menos ordinarios en tecnoloxía, tales como a compra de ordenadores persoais. Esta é, precisamente, a operación que vén de iniciar a Consellería de Facenda, que o pasado 31 de maio iniciou os trámites para mobilizar ata 100.465 euros -importe de licitación, isto é, o máximo que está disposta a pagar- para mercar 110 computadores con sistema operativo privativo. Os ordenadores deben ter preinstalado o sistema operativo de Microsoft O departamento que dirixe Elena Muñoz realizará esta adquisición a través do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable (Cixtec), se ben os novos equipos non irán só ás instalacións desde departamento especializado, senón tamén a "distintas dependencias da Consellería de Facenda", nomeadamente aos seus servizos centrais, no complexo administrativo de San Caetano e nun edificio próximo, e nas cinco delegacións territoriais do Goberno galego -as catro capitais de provincia máis Vigo-. No prego de condicións técnicas que deben satisfacer as empresas interesadas no contrato a Xunta advirte de que, como "característica mínima" no que atinxe ao software "os equipos deben incluír unha licenza OEM para Windows", isto é, deben vir co sistema operativo de Microsoft preinstalado. Como no caso do hardware, no que a Xunta pide un procesador de "polo menos dous núcleos", cando menos 160 xigas de disco duro ou unha tarxeta gráfica de 128 megabytes, entre outros requisitos, a Xunta advirte de que "as propostas que ofrezan características inferiores" ás esixidas, tamén no caso dos programas e, polo tanto, tamén no do sistema oeprativo, "non serán tomadas en consideración no presente procedemento de adxudicación". "O licitador pode ofertar prestacións superiores ás solicitadas, que nos casos especificados se considerarán positivamente na valoración técnica da oferta". En ningún punto do documento se especifica que é considerado "inferior" ou "superior" para o software. O feito de que Facenda prescinda do software libre nesta operación resulta especialmente ilustrativo xa que non se trata de engadir ordenadores ás súas oficinas, senón de "substituír equipos existentes", posto que "os requerimentos das aplicacións actuais demandan unha maior capacidade de proceso e rapidez de resposta que os antigos ordenadores non poden soportar". Ademais, a través deste contrato "abordarase o cambio de postos de traballo que remataron a súa vida útil e o prazo de garantía que se esixiu na súa compra". "A necesidade administrativa a satisfacer é a de dotar os usuarios con equipamentos informáticos máis actualizados, cos que se poidan levar a cabo de xeito rápido, áxil e eficaz o seu traballo, conseguindo deste xeito unha óptima operatividade nas funcións a desenvolver", abonda Facenda.
PRAZA_14494
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, desprazouse até Milán para cubrir in situ unha das últimas carreiras do ano na que Joaquim Rodriguez obtivo unha gran vitoria que lle permite rematar o ano como número 1 da clasificación da UCI.
Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, desprazouse até Milán para cubrir in situ unha das últimas carreiras do ano na que Joaquim Rodriguez obtivo unha gran vitoria que lle permite rematar o ano como número 1 da clasificación da UCI. O sabado amenceu escuro e chuvioso nos arredores do Lago Como. Foi coma se a meteoroloxía quixese engadir un chisco de épica á carreira. Máis de 250 quilómetros con ascensións dignas de calquera etapa de montaña dunha grande volta que incluían por primeira vez en 50 anos a ascension ao Muro di Sormano (2400 metros cunha pendente media do 12%). Tras ter un recordo con Felice Gimondi polo seu 70 aniversario, a carreira saiu de Bergamo a unha velocidade de vertixe, empuxada polos constantes ataques para meterse na fuga do día. Pouco antes de comezar a subir a Valcava, a primeira dificultade da clásica, un grupo duns dez corredores (con homes como Romain Bardet, Emanuele Sella, Steve Morabito ou Alberto Losada) conseguía estabilizar unha pequena vantaxe con respecto ao peloton. A velocidade e a choiva facían estragos no pelotón, que vía como un grande número de corredores ían deixando a carreira no avituallamento e durante os 12 quilómetros da subida a Valcava, nos que a vantaxe dos escapados respecto ao pelotón encabezado polo Saxo Bank de Contador nunca se ia máis aló dos tres minutos. A expectación medraba a medida que os corredores chegaban ao cumio da Valcava e se achegaban ao Muro de Sormano, no que a pesares da choiva e o frío habia moitísimo público. Os corredores enfiaron estes primeiros metros do muro con calma, como medindo as súas forzas. Impresionaba Philippe Gilbert, moi atento no segundo lugar do pelotón, brillando coa maglia arcobaleno no medio da escuridade do día… cando de repente un latigazo de Alberto Contador puxo final a tanto tanteo. Tanto Vincenzo Nibali como Joaquim Rodriguez respostaron ben ao ataque do de Pinto, pero Philippe Gilbert parecía pasar o peor e rematou por quedarse. O grupo de Contador, Rodríguez e Nibali voaba para distanciar ao meirande favorito da carreira, alcanzaba a maioría de corredores que quedaban por diante da fuga… e paraba cando recibía a nova de que Philippe Gilbert se fora ao chan tras arriscar demasiado no descenso de Sormano. A confusión apoderouse do pelotón porque ninguén sabía a ciencia certa a gravidade da caída do campión belga, e os favoritos ralentizaron a súa marcha ata ser absorbidos polo grupo. Despois de reincorporarse á carreira e sufrir unha segunda caída, Gilbert víase obrigado a abandoar. O pelotón pareceu confuso, como inseguro de que facer… os favoritos xa atacaran, fixéranse as primeiras diferenzas entre os homes importantes e de súpeto a caída do máximo favorito fora como pulsar un boton de "reset" que poñía as diferenzas de novo en cero. O grande beneficiado da situación era Romain Bardet, supervivinte da escapada do día, que afrontaba en solitario a ascensioón a Madonna dell Ghisallo. A estas alturas, Joaquim Rodríguez víase forte ("a choiva e o frío fanme sentir incómodo, pero penso que me afectan menos que ao resto do pelotón", diría despois na zona mixta) e mandaba tirar a Alberto Losada, que marcaba unha marcha esixente que só o belga Kevin de Weert se atreveu a desafiar. O corredor de OmegaPharma-QuickStep daba caza a Bardet e afrontaba en solitario o descenso do Ghisallo. Neste momento volveu chover, moito máis forte que durante a mañá, e o descenso voltouse algo realmente perigoso. Moitos corredores deron cos seus ósos no chan, entre outros o líder provisional Kevin de Weert ou baixadores tan reputados como Vincenzo Nibali, deixando unha carreira moi seleccionada ao pé de Villa Vergano, a ultima subida do día. --- Podes ler o texto completo en Elos e Canelas
NOS_19030
O Sergas non notifica novos falecementos.
Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia baixan este sábado ata os 106 (-8), dos que 103 (-9) se atopan en planta, pero tres (+1) permanecen en unidades de coidados intensivos. Por outra banda, baixan tamén lixeiramente os casos activos, que se sitúan en 1.544 (-2). Segundo as cifras ofrecidas pola Consellería de Sanidade con datos recollidos ata as 18,00 horas desta sexta feira, 677.333 persoas contaxiáronse desde o inicio da pandemia.. Así mesmo, recuperáronse desde que comezou a crise sanitaria un total de 671.992 persoas, 142 máis que na última xornada. Este sábado o Sergas non notifica falecementos con Covid na Galiza, co que se manteñen en 3.906 desde que se iniciase a crise sanitaria. Esta segunda feira comeza a administración da cuarta dose contra a Covid a 21.000 usuarios de residencias Áreas sanitarias En relación ao número de casos activos, baixan en catro das sete áreas. Así, na de Ferrol hai 113 (-3); na de Santiago, 224 (-2); na de Lugo, 238 (-11); e na de Vigo, 236 (-7). Por contra, soben en Ourense, con 284 (+1); na Coruña, 275 (+5); e en Pontevedra, 173 (+15). En canto á presión hospitalaria, o único distrito sanitario que notifica cambios é o de Pontevedra, que pasa a contar cunha persoa hospitalizada. Nas restantes só hai ingresados en críticos na da Coruña, que continúa con dous pacientes. Por outra banda, a área da Coruña ten 30 pacientes en hospitalización convencional (-3); 24 (+3) están en Ourense, 11 en Pontevedra (sen cambios), 11 en Lugo (-3) e sete en Ferrol (sen cambios). Nas áreas de Santiago e Vigo son 10 os ingresados, tres menos en cada unha. Por último, a área de Ourense notificou 35 contaxios nas últimas 24 horas; a da Coruña, 25; a de Pontevedra, 21; a de Ferrol, oito; a de Santiago, 22; a de Lugo, 13; e a de Vigo, sete. A Covid-19 remite na Galiza: menos de cen novos contaxios
NOS_50980
O estudo realizouno o Observatorio Ocupacional no mes de xuño de 2019 con 1.506 entrevistas de 37 titulacións de grao distintas
A Universidade da Coruña (UDC) presentou esta cuarta feira 10 de outubro o informe "Inserción laboral e características do emprego das egresadas e dos egresados da Universidade da Coruña" realizado polo Observatorio Ocupacional da propia institución. Os datos presentados apuntan a que a taxa de emprego das tituladas e titulados UDC no ano 2015 mellora un 3% de media os datos do anterior estudo de 2014 situándose no 86%. Paolo Rungo, director do Observatorio Ocupacional e responsábel do informe, asegura a Sermos Galiza que estes datos dan unha idea da situación "real" no momento de realizar a entrevista. No informe as áreas que mellor empregabilidade teñen son as de Enxeñaría e Arquitectura No informe as áreas que mellor empregabilidade teñen son as de Enxeñaría e Arquitectura, cunha taxa de inserción laboral do 93%. Ciencias da Saúde ten unha taxa de emprego do 89,1%; Ciencias Sociais e Xurídicas sube a taxa de inserción ata o 83%; Arte e Humanidades mellora tamén ata o 84%; así como a rama de Ciencias que se sitúa no 71% de inserción laboral. Os datos achegados din tamén que hai oito graos na Universidade da Coruña sen paro: Enxeñaría Informática, Turismo, Tecnoloxías Mariñas; Podoloxía, Enxeñaría Eléctrica, Náutica e Transporte Marítimo; Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, e Química. A taxa de paro das tituladas e titulados sería de 5,8%, cando na Galiza a taxa de paro entre a poboación con formación superior en idades entre 25 e 29 anos é do 12,5%. A porcentaxe de graduadas e graduados da UDC que atoparon emprego en menos dun ano por ramas é do 90% para os titulados de Ciencias da Saúde; 72% para os de Enxeñaría e Arquitectura; 71% para Ciencias Sociais; 52% para Artes e Humanidades; e 33,8% para Ciencias. En Turismo, Enxeñaría Informática e Fisioterapia, nove de cada dez graduados ocupados atoparon emprego en menos de seis meses. Soldos e fenda salarial por xénero No que atinxe á remuneración, o soldo neto mensual medio das entrevistadas e entrevistados que traballan a tempo completo é de 1.450€; sendo para os homes de 1.580€ e para as mulleres, 1.350€, o q ue dá unha fenda salarial por xénero do 15%. "Estes soldos poden semellar elevados", explica a Sermos Galiza Paulo Rungo, "é a media das retribucións das que traballan aquí das que están no exterior" En relación a este último dato explica o director do Observatorio que o 62% traballa na Coruña, un 16% na Galiza e o resto no Estado español e noutros países. "Estes resultados demostran que a aposta polas TIC e as enxeñarías da UDC funciona, hai un maior encontro co mercado".
NOS_53841
Unha compañía estadounidense ofrece entre 1.000 e 2.000 dólares diarios a quen traballe en Ucraína como "axente de protección e extracción". Até o momento perto de 16.000 cidadáns procedentes de 50 países de todo o mundo foron incorporadas á Lexión Estranxeira, segundo o Goberno ucraíno.
O Goberno de Ucraína fixo un chamamento desde o inicio da invasión rusa a cidadáns de todo o mundo a unírense ás Forzas Armadas, mesmo habilitou un portal web para facilitar o alistamento. "[Os civís] Xa demostraron a súa valentía e forza defendendo a súa patria, Europa e os nosos valores comúns de civilización. Non se trata só dunha invasión de Ucraína por parte de Rusia, senón do comezo dunha guerra contra toda Europa. O presidente [Volodimir] Zelenski creou a Lexión Internacional de Ucraína, formada por cidadáns estranxeiros que queren unirse á resistencia contra os ocupantes rusos e loitar pola seguridade global. Únete á Lexión e axúdanos a defender Ucraína, Europa e o mundo enteiro!", expón este sitio web. Segundo o Goberno ucraíno, perto de 16.000 persoas procedentes de medio centenar de países participan deste rexemento militar. O servizo con esta lexión é "oficial e legal", subliñan as autoridades ucraínas. Unha persoa que queira alistarse debe presentar unha serie de documentos para confirmar a súa experiencia previa en combate ou prestación do servizo militar e, posteriormente, será entrevistada por militares deste país para confirmar o seu reclutamento. Así é Azov, o batallón ao cal Zelenski cedeu a palabra no Parlamento grego "É posíbel que persoas de distintas nacionalidades poidan ir a outros países para alistarse. O noso ordenamento xurídico non prohíbe esa posibilidade", dixo o pasado mes de marzo a ministra de Xustiza española, Pilar Llop. De feito, segundo expón o xornal La Vanguardia, unha docena de cidadáns de nacionalidade española áchanse actualmente na fronte de combate. Un deles é o coñecido militante da extrema dereita valenciana Pablo Garrido, Turbito, quen compartiu un vídeo no que aparece montando un fusil de asalto e afirmando que está a "gozar" en Ucraína. Así é Pablo Garrido, o neonazi español que combate en Ucraína A este respecto, o medio El Confidencial afirma que o Goberno ucraíno "non quere" aos "novatos" españois na fronte, ao careceren da experiencia precisa e non cumpriren os requisitos. Mercenarios a soldo dos EUA Os 'mercenarios' de todo o mundo buscan traballo no seu propio 'LinkedIn', silentprofessionals.org, un portal de emprego destinado a persoas con formación militar e de seguridade. Unha das ofertas en territorio ucraíno é para "axentes de extracción ou protección", remunerada con entre 1.000 e 2.000 dólares americanos ($) por día máis bonus. A empresa contratante, segundo expón, é "unha corporación con sede nos EUA" que busca "múltiples axentes de extracción/protección para levar a cabo a tempo parcial operacións de extracción/evacuación de individuos e familias en todo o campo e as principais cidades de Ucraína", unhas operacións que serían "encubertas". Porén, fontes presentes no terreo informaron ao xornal El Español das eivas que atopan as persoas que integran a Lexión Estranxeira: "Desde fóra de Ucraína aseguraban que pagaban 3.000 euros ao mes por alistarse e loitar, cando resulta que son 300 euros. Prometían material e equipos e só se dan fusís ametralladores e pouco máis". A propia web de alistamento do Exército ucraíno, con todo, recomenda que as persoas voluntarias "leven cadanseu equipo propio de combate", se ben tamén afirma que "se proporciona soporte completo".
NOS_49781
Camiño Noia, Xesús Sanxuás, Manolo Romero e Henrique Harguindey presentan o 12 de decembro a publicación na Libraría Cartabón.
A Libraría Cartabón acolle esta cuarta feira, 12 de decembro, ás 20:15 horas a presentación do volume "Galiza 1968. A consciencia avivada", un acto no que participarán Xoán Colazo, membro do consello de administración de Sermos Galiza, Camiño Noia, coautora da publicación e participante nas protestas estudantís de 1968, Xesús Sanxúas, coautor da publicación e cadro relevante da UPG na clandestinidade, e Manuel Romero e Henrique Harguindey, coautores da publicación e impulsores do asociacionismo cultural galego. Segundo sinalan as representantes da asociación cultural O Castro, "a publicación convoca a unha viaxe pola Galiza que espertaba na noite franquista, recuperando a memoria da rebeldía dunha xeración. A reorganización na clandestinidade das correntes políticas antifranquistas, a posta en marcha dun vizoso movemento cultural dedicado á defensa e divulgación da cultura galega, a revolta dos labregos do Val de Castrelo contra a política hidroeléctrica de Fenosa, as protestas dos universitarios composteláns, a aparición de Voces Ceibes ou as protestas obreiras en Vigo son algúns dos temas dos que se ocupa o volume". A publicación editada por Sermos Galiza na colección "De Nós" recolle unha serie de traballos dalgúns dos protagonistas directos daqueles feitos, entre eles Camiño Noia, profesora da Universidade de Vigo, que analiza o papel da muller nas loitas estudantís de 1968 en Santiago de Compostela. Pola súa banda Xesús Sanxúas, avogado vigués e responsábel da organización estudantil da UPG, recupera a loita dos estudantes galegos naquel marzo de 1968 e proceso de estruturación das organizacións políticas clandestinas. Ao tempo, Manuel Romero e Henrique Harguindey repasan o proceso de conformación do asociacionismo cultural galego, destacando o papel desenvolvo por estas entidades, entre elas a agrupación cultural Vigo, na defensa da cultura e identidade galega. O acto de Vigo dálle continuidade as presentacións que se veñen realizando por diversas cidades e vilas galegas a esta nova monografía de Sermos Galiza que da continuidade as dúas publicacións editadas con anterioridade. O traballo significa o importante papel xogado pola zona de Vigo na oposición ao franquismo, significando as mobilizacións da clase traballadora que acadarían un punto destacado en setembro de 1972. Neste sentido no volume recollese unha longa entrevista a Camilo Nogueira a cargo de María Obelleiro onde se analiza o proceso de creación de Galiza Socialista, unha organización decisiva para entender as protestas de 1972 e o nacemento do sindicalismo nacionalista.
NOS_25459
Lamentan que Ángeles Vázquez, titular de Medio Rural, aínda non se reunise coas organizacións malia que a situación do sector continue a ser preocupante.
A política da nova conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, camiña polos mesmos vieiros trillados e errados que a dos seus antecesores. Así o considera a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego ( FRUGA, OPL, ORUGA, SLG e UU.AA), que afirman que a titular do departamento autonómico "segue a pecar dos mesmos problemas que a da anterior, teimar en dividir o sector produtor". A finais de setembro a Plataforma enviou un escrito ao presidente da Xunta solicitando, con carácter de urxencia, unha reunión para constituír unha comisión de seguimento do acordo de prezos do leite acadado en Madrid. A resposta a esta solicitude chegou o 15 de outubro por medio dun escrito da actual conselleira no que se comunica á Plataforma que "como conselleira do Medio Rural, estou pondo en marcha as actuacións oportunas" É dicir, resumen os sindicatos, nada concreto "e de momento nada de recibir á Plataforma". Os problemas do sector lácteo galego "son moitos e a maioría están aínda pendentes de solución" polo que se require unha actuación urxente por parte da Consellería do Medio Rural, consideran desde a Plataforma. "O tempo pasa e o sector no ve solucións ás súas demandas. Os prezos do leite seguen a ser os mais baixos do Estado e non cobren os custes de produción, as relacións interprofesionais son unha asignatura pendente, e os compromisos adquiridos no Acordo aínda non se concretaron: decreto de garantías e modelo de contrato tipo".
PRAZA_534
Foi o 27 de marzo de 1985, ditada polos xuíca Ricardo Leiros, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga. A Irmandade Xurídica Galega realizará un acto conmemorativo o vindeiro martes 17.
O 27 de marzo de 1985 a Audiencia Territorial de A Coruña ditou a primeira sentenza xudicial en galego. Pasaran máis de sete anos dende a aprobación da Constitución, máis de catro dende a entrada en vigor do Estatuto de Autonomía e dous dende a Lei de Normalización, pero esa normalización da lingua e a igualdade idiomática aínda non chegaran (e seguen sen facelo) aos xulgados e á Xustiza. Os maxistrados Ricardo Leirós, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga foron os responsables hai dez anos, nun fito histórico para a lingua que a Irmandade Xurídica Galega conmemorará o vindeiro martes 17 de marzo en Redondela. No acto, que terá lugar no Multiúsos da vila, descubrirase unha placa na fachada da Casa do Concello e 21 avogados da localidade comprometeranse a empregar a lingua galega. Os maxistrados Ricardo Leiros, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga foron os responsables hai dez anos, nun fito histórico para a lingua que a Irmandade Xurídica Galega conmemorará o vindeiro martes 17 de marzo en Redondela Non é casualidade que o acto, impulsado por Xosé González, se realice en Redondela. A sentenza estivo motivada por un recurso interposto por Josefina Carreira Rivero contra o Concello de Redondela por dúas resoluciones municipais aprobadas en 1980 e 1981 nas que se declaraba que a súa vivenda non estaba en ruínas, como si defendía a muller. Na súa reclamación, Josefina Carreira Rivero alegou, apoiada en informes de arquitectos, que a vivenda presentaba numerosos problemas e que os custes das reparacións ascendían a 1.419.857 pesetas, fronte aos 417.450 calculados polo Concello, cun valor total do edificio estimado en 1.332.000 pesetas. Finalmente, a sentenza deulle a razón á muller, sinalando que os custes da reparación superaban o 50% do valor do inmoble, polo que se debía declarar a ruína da vivenda. A sentenza non deixaba de ser unha máis, un caso menor con escasas inmplicacións máis alá da muller propietaria da Casa e do Concello de Redondela, pero a lingua escollida para a súa redacción converteuna nun documento histórico. Como destacaba Xosé González nun artigo publicado en Galicia Confidencial e La Región, "propúxenlle ao admirado amigo Claudio Movilla que elixise calquera dos litixios nos que o Concello de Redondela fose parte para ditar resolución en galego; iso si,díxenlle, que sexa un caso favorable ao demandante". "Conseguido o obxectivo acabou con el o mito do imposible, e deixabámoslles as portas abertas ás corporacións locais e aos particulares", engadía. Non se trataba máis que de exercer e facer posible o dereito recoñecido polo artigo 7 da Lei de Normalización Lingüística En efecto, non se trataba máis que de exercer e facer posible o dereito recoñecido polo artigo 7 da Lei de Normalización Lingüística, que especifica que "no ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza" e que "a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa". Nos meses seguinte, aberto este vieiro, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia mobilizou aa corporacións locais "para que aproveitasen o marco legal e así potenciar a lingua galega en todos os ámbitos". En toda Galicia apenas 30 xuíces e xuízas usan normalmente o idioma galego nos xuízos ou nas sentenzas e a porcentaxe de fallos ditados en galego non chega ao dez por cento Trinta anos despois, a igualdade lingüística na Xustiza segue moi lonxe de ser unha realidade e, de feito, forma parte habitualmente das denuncias presentadas ante o Consello de Europa por incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. En toda Galicia apenas 30 xuíces e xuízas usan normalmente o idioma galego nos xuízos ou nas sentenzas e a porcentaxe de fallos ditados en galego non chega ao dez por cento. "Un cidadán pode sen ningún problema dirixirse a calquera instancia xudicial en lingua galega sen que iso supoña nin discriminación nin por suposto dilación nos trámites do proceso", aseguraba hai uns meses o secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. A Mesa denunciaba recentemente que a propia administración dificulta o uso do galego a aqueles xuíces e xuízas que o empregan, "non dispoñibilizando lexislación consolidada en galego ou implantando o sistema informático Minerva" De igual xeito, a Mesa denunciaba recentemente que a propia administración dificulta o uso do galego a aqueles xuíces e xuízas que o empregan, "non dispoñibilizando lexislación consolidada en galego ou implantando o sistema informático Minerva". Un dos socios fundadores da Irmandade Xurídica Galega, o fiscal da Audiencia de Pontevedra Benito Montero, afirmaba o pasado ano en entrevista con Praza que "queda moito por facer para normalizar o galego no ámbito da Xustiza" e engadía que "a normalización, sen un apoio institucional firme e forte, non é capaz de imporse. Ten que haber ilusión por parte do Goberno galego por normalizar o idioma propio e aquí non a hai, senón todo o contrario. Se poden reducir a presenza da lingua, redúcena. Parece que mesturan as cousas co nacionalismo, que entenden que canto máis galego se fale máis nacionalismo haberá".
NOS_33165
Gadis e a súa clientela recadaron 125.000 euros na campaña de axuda a Ucraína que a cadea de supermercados puxo en marcha en colaboración con Unicef.
Segundo informou o grupo de distribución alimentaria, ascenden a 125.000 euros os fondos recadados na campaña de axuda a ucraína que Gadis desenvolveu coa colaboración de Unicef. Precisamente, será a Axencia de Nacións Unidas para a Infancia quen se encargue de xestionar esta achega que, fundamentalmente, irá destinada a facilitar o acceso a auga potábel, medicamentos, equipos médicos, kits de hixiene e apoio psicosocial á infancia máis vulnerábel. Coa cantidade económica recadada, Unicef pode facilitar auga potábel a 328.498 nenos e nenas, informa Gadis nun comunicado enviado aos medios de comunicación. "Grazas aos nosos clientes por demostrar, unha vez máis, a súa gran xenerosidade e sensibilidade. Entre todos, achegamos o noso gran de area para tratar de paliar unha situación de emerxencia, e non sería posíbel sen o seu apoio", puxo de manifesto Melisa Pagliaro Fernández, directora de Marketing e RSC de Gadisa Retail. Pola súa parte, o director de Comunicación de Gadisa Retail, José Luis Fernández, e a coordinadora de RSC e RRPP, Lucía Santos, entregaron o cheque por valor de 125.000 euros a Myriam Garabito e Irene Marín, presidenta e coordinadora, respectivamente, de Unicef na Galiza.
NOS_47967
Borxa Colmenero, investigador do Espaço Clara Corbelhe e advogado, analiza a cuestión da 'okupación' para 'Nós Diario'.
Cada certo tempo, saltam ao debate público os supostos problemas de "insegurança" que vivemos na nossa sociedade. São multidão as notícias que nos meios de comunicação escutamos sobre furtos, roubos, pelejas, tráfico de drogas e, por cima de todas, okupações de vivendas que atemorizam a cidadania. Em datas recentes o Partido Popular, voltando à carga com o tópico, propôs "o despejo imediato dos okupas e penas de até três anos de prisão", apesar de os dados objetivos refutarem por completo a existência de um problema de okupação no estado e, particularmente, na Galiza. O ridículo da campanha popular chegou até o extremo de propor moções, seguindo a consigna estatal, em diferentes concelhos do nosso país que, bem longe de um problema de ocupação, o que vivem é um problema de desocupação ante a situação de despovoamento; foi o caso de uma moção apresentada em outubro em Ginzo de Límia. A agenda mediática conservadora busca, com esta estratégia, capitalizar um conjunto de mal-estares sociais, bem reais e com grande fundura, através da (in)segurança. Problemas tão díspares como os ocasionados polo lazer juvenil ou a imigração, passando polo desabrigo ou a economia informal, convertem-se, já não em problemas sociais, mas em problemas de segurança e, portanto, problemas de criminalidade. O delito aparece, nesta narrativa, como sendo a condensação de todas as inseguranças vitais. Num contexto de precarização da sociedade, queda de expetativas e incremento das desigualdades, a necessidade de segurança aparece, pois, como um princípio de primeira ordem para a estabilização social. Não importa que o estado espanhol tenha uma das taxas de criminalidade mais baixas da União Europeia (em 2021 a taxa de criminalidade no estado foi de 41,4 delitos/1000 hab. face à média no contexto europeu de 62,56 delitos/1000 hab.), o discurso punitivo cobra cada vez maior protagonismo na gestão social. Um bom exemplo desta lógica temo-lo também na proliferação de ordenanças municipais de segurança, a sancionar condutas outrora alheias por completo ao controlo securitário, tais como beber ou comer na rua, lavar-se numa fonte pública, a venda ambulante, etc. que hoje conformam o alvo da gestão policial. Acaba por ser que é à polícia a quem corresponde solucionar os problemas sociais ao serem percebidos como problemas de segurança, não a educadores sociais As condutas descritas, associadas principalmente aos sectores mais precarizados e vulneráveis da sociedade, são securitarizadas. E os efeitos da desigualdade social passam a ser geridos pola polícia em lugar de agências de tipo assistencial. O resultado, então, acaba por ser que é à polícia a quem corresponde solucionar os problemas sociais ao serem percebidos como problemas de segurança, e não a educadores sociais, mediadores, trabalhadores comunitários ou outras figuras análogas. A centralidade do securitário-policial acarreta ainda outra consequência a destacar: a elasticidade da função policial, que já não se circunscreve ao delito, mas estende a sua função a qualquer conflito de segurança. Assim sendo, tanto podem proceder a uma detenção por um homicídio, quanto ministrar um curso sobre violência de género, uma palestra sobre bullying num liceu ou fazer reuniões com associações vizinhais, pois as expetativas sociais de proteção, sejam quais forem, estão securitarizadas. Eis o grande repto de darmos a batalha às campanhas políticas e mediáticas dirigidas a criarem alertas na sociedade, nomeadamente, entre aqueles sectores que não encontram amparo num estado cada vez mais fraco assistencialmente, mas que coloca as formas de vida mais vulneráveis como um perigo para a ordem social. Não falamos apenas de dados, índices ou taxas, por grosseiras que estas campanhas sejam. Falamos, antes, de um modelo de sociedade em que os direitos e liberdades ficam em segundo plano através da normalização de conceções e noções de segurança, desigualdade e conflito em benefício dos sectores mais reacionários. Alicerçado ainda pola expansão de um potente sector mercantil em matéria de segurança com grande interesse num modelo de gestão da sociedade em tempos de crise e precarização, baseado no medo ao pobre, ao migrante ou ao jovem que lhe pode roubar, agredir ou okupar a sua vivenda.
NOS_34971
A suba da inflación e o paro nos transportes están a provocar unha situación complicada para o sector lácteo galego. Máis de 20 Concellos veñen de enviar unha carta conxunta á ministra de Transportes, Raquel Sánchez, na que piden solucións para rematar coa crise na distribución e asegurar a cadea dos alimentos.
A escalada inflacionista e o paro nos transportes están a xerar unha situación moi complicada no sector leiteiro, que se está vendo abocado a desbotar centos de miles de litros de leite. Unha situación que vén de levar máis de 20 Concellos galegos nos que a produción láctea é un sector estratéxico a asinar unha carta, á que puido acceder Nós Diario, dirixida ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para instalo a sentar co sector e adoptar solucións. Entre os Concellos asinantes atópanse Mazaricos, Santa Comba, Frades, Trazo, Mesía, Curtis, Touro, Tordoia, A Pastoriza, Castro de Rei, Sarria, Cospeito, Guntín, Chantada, Taboada, Palas de Rei, Portomarín, Lalín, Rodeiro e Silleda. Mazaricos é un dos municipios galegos con maior produción neste sector, con 100.000 litros de leite diarios saíndo do concello con destino á industria dos produtos lácteos. Gandeiros advirten dun "risco de creba" pola folga do transporte: "Non nos poden facer reféns dos seus dereitos" É por iso que o rexedor mazaricán, Juan Blanco (BNG), vén de estabelecer contactos durante as últimas dúas semanas con outras Alcaldías así como coas Administracións galega e estatal para intentar forzar solucións a unha situación que afoga as 177 explotacións leiteiras do municipio. De feito, tan só na primeira semana da crise nos transportes, a gandaría de Mazaricos tivo que desfacerse de máis de 100.000 litros de leite, o equivalente á produción total de todas as granxas da localidade durante unha xornada enteira, tendo mesmo que sacrificar unha parte dos animais. A insistencia de Blanco por abordar a situación provocou que esta semana se achegasen ao municipio o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. Na reunión, na que participaron un cento de responsábeis do sector leiteiro da comarca do Xallas, Blanco lembrou aos representantes do Executivo galego a importancia dun sector que produce 127 millóns de litros de leite cada ano. Aliás, o rexedor denunciou que os seus esforzos e contactos durante máis dunha semana non estaban a servir para que se achegasen solucións. González lembrou que o sector está tamén afectado pola suba das materias primas e afirmou que faría unha petición para urxir o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación a pór en marcha a nova lei de Cadea Alimentaria, de maneira que se estabeleza a prohibición da venda a perdas. Medio Rural propón unha prima de catro céntimos aos produtores de leite galegos O rexedor Juan Blanco, en conversa con Nós Diario, afirma que "o sector lácteo, que é fundamental para Mazaricos, non pode ser refén da actual situación". Explica que, polas características do sector, que traballa con animais vivos, este é especialmente vulnerábel nestes momentos". Blanco tamén reclama "unha maior sensibilidade cos efectos que un paro prolongado ten na produción leiteira, non se trata de apagar unha máquina e agardar". Pola súa parte, o concelleiro de Agricultura de Lalín, Avelino Souto (PP), declarou a Nós Diario que o problema se está a notar moito no municipio, un dos que máis vacas ten do país, ao que hai que engadir unha importante produción porcina e avícola. "Se o sector primario xa non estaba nun bo momento pola suba dos pensos, combustíbeis e os fertilizantes, súmase agora o feito de que estamos na época grande de custos no campo e toda esta situación agravouse coa crise do transporte", explica. Unha crise que provocou que algunhas gandarías "tiveran que tirar o leite xerando perdas nalgunhas explotacións de até 8.000 euros". Tamén "houbo problemas cos pensos" por mor do "atraso na subministración dos mesmos", detalla Souto. Carta á ministra Na carta que máis de 20 Alcaldías enviaron á ministra de Transportes os Concellos amosan unha "enorme preocupación polas consecuencias que pode ter na actividade" das explotacións gandeiras "o paro do transporte de mercadorías que se comezou o pasado 14 de marzo". Sinalan que hai "empresas que non están recollendo o leite" das granxas e que "a maioría das industrias agroalimentarias galegas non poden sacar o seu produto rematado cara á distribución". Os municipios tamén demandan garantir "servizos esenciais" como o transporte dos cereais e do resto de materias primas, o das producións agroalimentarias desde as explotacións agrarias ás industrias e asegurar a chegada dos produtos industriais elaborados ás empresas de distribución. Na quinta feira unha parte da representación dos transportistas negociou co Goberno estatal e levantou as protestas, mais outras entidades continúan co paro de camións. Falta de implicación das Administracións O rexedor de Mazaricos, municipio coa maior produción de leite da Galiza, Juan Blanco, vén de contactar durante as últimas semanas con distintas Administracións para intentar que se busquen solucións a unha crise que está afectando especialmente á produción leiteira.
NOS_26366
O Executivo galego nega as acusacións do alcalde de Vigo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou esta quinta feira que "todas" as máscaras distribuídas pola Xunta foron adquiridas polo Executivo estatal, tras o que, segundo asegurou, a Administración galega "quitoulles a etiqueta do Goberno e entregounas". Así se pronunciou durante unha comparecencia telemática na que volveu a denunciar que o Executivo que preside Alberto Núñez Feixoo "entregou 15.000 máscaras caducadas desde 2014", en referencia ao primeiro envío destinado á cidade olívica. Porén, o Goberno galego defendeu en varias ocasións que este material de protección contaba coas garantías exixidas polo Ministerio de Sanidade para a súa distribución. Após explicar que o Goberno local repartirá 30.000 máscaras "de modo inmediato", ás que a vindeira segunda feira se engadirán outras 20.000 "compradas polo Concello e que veñen do Goberno", Caballero lamentou que "segue agardando polas da Xunta". A Xunta pide que "deixe de torpedear" Pola súa parte, a Xunta asegurou que as acusacións do rexedor olívico sobre a etiquetaxe das máscaras entregadas son "falsas". Desde o Executivo de Feixoo afirman que "9 de cada 10 unidades utilizadas polo Goberno galego" foron adquiridas pola Administración galega.
QUEPASA_164
A veciñanza, na voz da Plataforma BerXallas, amosan o seu rotundo rexeitamento.
Non se dan librado Santa Comba e Coristanco das empresas mineiras. Hoxe volveu a empresa sueca Eurobattery Minerals AB realizar sondeos na Braña da Serra, xusto no límite entre os dous Concellos afectados. E como denuncian entidades medioambientais como Petón do Lobo, están facéndoo sen permiso. De feito, confírmannos dende o Concello de Santa Comba que non solicitaron permiso municipal, e que "na Dirección Xeral de Minas tampouco lles constaban" estes sondeos. De feito, nin empresas que traballan na zona como Rafaella Resources ou Galicia Tin and Tungsten tiñan constancia da chegada da firma sueca, qeu que anunciaba así que retoma o chamado proxecto Corcel, para dar un impulso na bolsa. Segundo os colectivos, os traballos da empresa, que volve intentalo despois da polémica xurdida o ano pasado, estanse realizando "sen plan de restauración ou estudo de impacto ambiental" Os colectivos demandan "a paralización inmediata dos sondeos polo risco de danos irreparables sobre ecosistemas vulnerables de alto valor ecolóxico", coñecida como Braña da Serra, situada etre os lugares de O Sisto, Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz (Santa Comba), e As Salgueiras, xa no concello de Coristanco. O ano pasado xa pediron que se iniciase o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural). O que si sabemos é que a Policía Local de Santa Comba elaborará un informe e mañá haberá visita de Persoal da Xunta. A voz da veciñanza Dende a Plataforma BerXallas, o que implica a voz da veciñanza, "opoñémonos a minaría a ceo aberto tanto en Varilongo como na Braña da Serra. Que se estea expoliando os nosos recursos, e contaminando os acuíferos, é inaudito", denuncian, ao tempo que avisan de "mobilizacións para parar esta ultraxe". Solicitan ademais que a nova alcadesa se posicione neste asunto,
NOS_42883
As persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.162, tras notificar a Consellería de Sanidade outras cinco vítimas, todas elas con patoloxías previa.
Os novos contaxios de Covid-19 seguen en aumento no conxunto da Galiza e superan os 2.000, tras rexistrarse 165 máis que a xornada anterior. Os casos activos tamén se incrementan ata os 19.589, un centenar máis, e os pacientes hospitalizados soben a 386, oito máis. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a 12,84%. Segundo os datos actualizados nesta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da terza feira, recollidos por Europa Press, mantéñense 26 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19, pero aumentan a 360 as hospitalizadas en unidades convencionais (oito máis), mentres que 19.203 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 397 ingresados na Comunidade galega, 30 deles en UCI. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: A Coruña-Cee, Vigo, Santiago-Barbanza e Ferrol, mentres que se alivia nas outras tres: Vigo, Ourense e Pontevedra-O Salnés. Deste xeito, na da Coruña e Cee aumentan a nove os pacientes Covid en UCI (uno máis) e a 82 os ingresados noutras unidades (cinco máis), mentres que na de Vigo segue un paciente en críticos e increméntanse a 58 os doutras unidades (oito máis). Na área de Santiago e Barbanza ascenden a sete os pacientes ingresados en UCI pola Covid-19 (un máis) e a 60 os doutras unidades (dúas máis); e na de Ferrol seguen dúas en críticos e ascenden a 31 os hospitalizados noutras unidades (tres máis). Por contra, alíviase a presión hospitalaria na área de Pontevedra e O Salnés, na que queda un paciente Covid en UCI (un menos) e 40 noutras unidades (cinco menos); así como na de Lugo, que mantén un en críticos e rexistra 35 noutras unidades (tres menos). Tamén na área sanitaria de Ourense descenden os pacientes Covid: quedan cinco en UCI (un menos que o día anterior) e 54 noutras unidades (dous menos). Aumento dos casos activos En canto aos casos activos de Covid-19, a Galiza encadea dúas xornadas consecutivas en ascenso e rexistra 19.589, que supoñen 106 máis que o día anterior, ao haber máis novos contagios (2.083), que altas (1.972). Hai unha semana rexistráronse 17.462 infeccións activas. En concreto, as infeccións activas ascenden en cinco das sete áreas sanitarias: Vigo (+103), Ferrol (+63), A Coruña e Cee (+57), Lugo (+14) e Santiago e Barbanza (+11); mentres que se reducen nas outras dúas: Ourense (-97) e Pontevedra e O Salnés (-54). Así, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 4.201; seguida da de Vigo, con 3.497; Santiago e Barbanza, con 3.116; Ourense, con 2.705; Lugo, con 2.386; Pontevedra-O Salnés, con 2.084; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.508. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 15 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza ascende a 883,57 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal sitúase en 432,37. Os contaxios superan os 2.000 Os novos contaxios de Covid-19 superaron os 2.000 ao situarse en 2.083, que implican 165 máis que os 1.918 da terza feira. Por tanto, os contaxiados aumentan no noso país a 523.698, dos cales 122.488 corresponden á área de Vigo; 109.551, á da Coruña e Cee; 82.519, á de Santiago e Barbanza; 62.973 á de Ourense; 60.378, á de Pontevedra e O Salnés; 54.185 á de Lugo; e 29.879, á de Ferrol. Na xornada de onte realizáronse 3.403 PCR, o que sitúa en 3.743.450 as probas deste tipo feitas desde o inicio desta pandemia, e 3.720 test de antígenos, que elevan a 1.575.375 os levados a cabo na Galiza. En canto á taxa de positividade, repuntou a 12,84%, tras subir de 10,28% na terza feira. Por tanto, segue por enriba de 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Cinco novos falecidos Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.162, tras notificar a Consellería de Sanidade outras cinco vítimas, todas elas con patoloxías previas. Mentres, 501.002 persoas curáronse da Covid-19 desde o inicio da crise sanitaria, apóse recibir o alta outras 1.972 nas última xornadas en toda a Galiza.
NOS_33242
A representación sindical do persoal da factoría coruñesa pide que se garanta a viabilidade industrial da empresa.
A sentenza xudicial contra Alu Ibérica pola vulneración da tutela de dereitos fundamentais en relación á liberdade sindical continúa a dar reaccións. O comité de empresa da factoría da Coruña reclamou onte á Xunta da Galiza e ao Goberno español que "tomen dunha vez a iniciativa" para adoptar medidas que garantan a viabilidade industrial da empresa. A través dun comunicado, afirman que a sentenza "dá veracidade aos feitos que sempre defendeu este comité e condena con rotundidade a quen ocupou a planta de maneira ilexítima no mes de abril do pasado ano pola súa política antisindical e de represión cara aos dereitos de todas as traballadoras e traballadores ao impedir e lesionar o dereito de folga". Sinalan que seguirán "defendendo da mesma forma que o fixemos nesta ocasión, todos e cada un dos procesos xudiciais emprendidos para botar luz sobre a gran mentira da suposta venda que Alcoa fixo das plantas de Avilés e A Coruña". Tamén agardan que os "procesos xudiciais farán retornar aos seus postos de traballo as compañeiras e compañeiros inxusta e ilegalmente despedidos". A iniciativa para as administracións Da sentenza indican tamén que "pon moito máis de manifesto, se cabe, a necesidade de que a Administración estatal, xunto coas administracións de Asturies e Galiza, tomen dunha vez a iniciativa para estabelecer as medidas necesarias e cautelares de amparo para a viabilidade industrial das dúas plantas máis aló dos procesos xudiciais". Afirman, tamén, que as competencias para "manter o emprego nas comarcas de Avilés e A Coruña" son "competencia das administracións e non dos xulgados". Por último, agradecen o "apoio" ás súas mobilizacións e demandas, das que afirman que o único obxectivo é "a viabilidade da planta" e garantir o emprego.
NOS_27169
A crise que está a provocar a segunda onda da pandemia nas residencias da terceira idade e o auto da Audiencia Nacional sobre o fracaso da fusión das caixas de aforros acenderon a sesión de control ao Goberno no Parlamento. Pontón e Caballero cargaron contra o que cualificaron de "inacción" e "fracaso" de Feixoo na Xunta.
"É o momento de desterrar comportamentos incívicos" e "tocará sacrificar parcelas de liberdade" para preservar "un ben" maior -a vida e a saúde- afirmou o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, na sesión de control ao Goberno que esta cuarta feira, 21 de outubro, decorreu no Parlamento galego. O mandatario tirou de medias -insistindo en que Galiza é a comunidade con menos camas UCI ocupadas- e aludiu ás novas restricións da Xunta -que limitan as reunións e pon Galiza en nivel 2 e 3- para así esquivar os reproches sobre a falta de medios e de persoal nas residencias de maiores lanzados pola portavoz nacional do BNG e xefa da oposición galega, Ana Pontón. E é que a nacionalista demandou na Cámara unha anticipación real á pandemia e blindar os centros residencias, onde esta quinta feira se rexistraban máis de 360 falecementos. Esa cifra, indicou Pontón, amosa que o colectivo de anciáns en xeriátricos -20.000 persoas- soporta 44% dos falecementos producidos na Galiza polo virus. "Podemos entender que en marzo non houbera anticipación pero sete meses despois non foron capaces de blindar as residencias e só actúan cando se producen contaxios masivos e mesmo falecementos", recriminou a líder da oposición. "Rectifique", instou a Feixoo, e "blinde de inmediato as residencias". Intervir as residencias A nacionalista demandou a Xunta que interveña todos os centros xeriátricos privados, incrementando o persoal e mellorando as condicións de traballo, revisando os protocolos e garantindo a realización de probas PCR ás e aos usuarios periodicamente.Aliás, Pontón adiantou que o Bloque levará á comisión de reactivación económica e social un "novo modelo de atención ás persoas maiores baseado no público, nas antípodas do actual sistema en que empresas como DomusVi -maioritaria no sector e controlada por fondos voitre- fan da vellez un negocio", argumentou. Perto de 37.000 persoas son as que se atopan actualmente nas residencias galegas, contando usuarias e o cadro de persoal, dixo Núñez Feixoo, "uns traballadores que parece que vostede despreza". Deste modo, o presidente recriminou a Pontón as súas palabras sobre a precariedade e explotación das e dos profesionais do sector residencial privado. "A Galiza é das comunidades autónomas con residencias da terceira idade menos afectadas", continuou o presidente, asegurando que 91% delas "están libre de coronavirus neste momento". E foi nesas que a nacionalista reprochou Feixoo por "volver escudarse" no argumento de que as residencias na Galiza están mellor que noutros territorios. "As e os maiores son persoas que temos que respectar e non merecen que se lles comparen con ningunha media e, en todo caso, empece dunha vez a mirar para os mellores e non para os peores, porque este país precisa un Goberno que non se renda contra a Covid-19 e porque non podemos asumir con normalidade o que pasa nas residencias", concluíu Pontón. A xuventude como cabeza de turco Residencia por residencia, Ana Pontón foi enumerando as persoas falecidas en cada centro na súa intervención no Parlamento. "Mentres, ten a desvergoña", espetou a Núñez Feixoo, "de dicir á xente moza que é irresponsábel e que provoca contaxios, ingresos na UCI e falecementos, unha acusación deshonesta que negan os propios datos do seu Executivo". E é que o presidente galego na súa comparecencia após o Consello da Xunta da pasada semana asegurou que o problema dos contaxios non estaba no eido laboral ou educativo, asegurando que "o elemento de risco non son as aulas", senón "o ocio persoal e os pisos universitarios". Nese sentido, a nacionalista pediu a Feixoo que en lugar de culpar a mocidade "pense na súa incapacidade para anticiparse, na súa incapacidade para aprender dos erros e actuar e no seu modelo de residencias que fai negocio coa vellez". Lexislación sanitaria Sobre a pandemia, Feixoo insistiu en que as medidas serán "máis eficientes" cando se tomen "de forma coordinada" e desde a "seguridade xurídica" no ámbito estatal. "Por iso non me cansarei de pedir unha lei -orgánica de saúde pública- para xestionar a pandemia, unha lei que dea capacidade ás autoridades de saúde pública para tomar decisións", recalcou, antes de defender que a vía non pode ser solicitar a declaración do estado de alarma. 'F' de Feixoo e de "fracaso" Após o Parlamento aprobar por terceira vez a creación dunha comisión de investigación sobre a fusión das caixas galegas, a súa bancarización e venda, e entre as peticións da oposición ao PP para que non volva bloquear a comisión, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, expuxo o "fiasco" da fusión na sesión de control. O socialista levou ao hemiciclo o auto da Audiencia Nacional que sostén, sobre a intervención do FROB relativa ás caixas, que "a única razón" pola que tivo que actuar "foi pola situación económico-financeira en que se atopaba en 2010 Caixa Galicia, antes de que se producise a fusión" con Caixanova. E engade que esta última "nunca sería intervida de non verse obrigada a fusionarse con Caixa Galicia". "Co 'F' de Feixo, de fracaso e de fiasco. Así acusou Caballero o presidente da Xunta de "forzar" no seu día a fusión das caixas de aforro e de xerar "un buraco de 8.000 millóns". Pola súa banda, o xefe do Executivo galego culpou o socialista de "manipular" o auto e defendeu que cando el tomou o mando da Xunta en 2009 as caixas de aforro galegas xa estaban "quebradas". Así mesmo, reafirmouse nos pasos dados como mellor fórmula para dar lugar a un banco ancorado na Galiza.
NOS_26345
Ramón Varela Díaz é catedrático e doutor en Bioloxía. Da man da Fundación Galiza Sempre vén de editar 'Eucaliptos e o forestal arborado', publicación coa que a institución recupera os cadernos de análise 'Ideas Impresas'. No volume, o impulsor da primeira ILP en defensa doutro modelo forestal, analiza a xestión do monte no territorio.
Resulta imposíbel analizar a política forestal da Galiza sen atender a problemática do eucalipto. Que extensión ocupa na actualidade?É moi difícil dar conta da área exacta que ocupa porque a información sobre a superficie forestal e o cambio que experimenta obtémola cada dez anos a través dos inventarios forestais do Estado. Os últimos datos son de hai 11 anos, á espera de que a primeiros de 2021 dean a coñecer unha nova entrega. Eu estimo que hai aproximadamente 600.000 hectáreas dedicadas ao monocultivo de eucaliptos e a plantacións mixtas nas que os eucaliptos están mesturados con outras especies, como piñeiros, carballos ou especies frondosas do país. En que momento se acelera a extensión desta especie polo monte galego?O cambio é notábel, sobre todo nos últimos anos, en especial, a partir da introdución do Eucalyptus nitens. Avanzou de tal forma que xa ocupa terreos de cultivo e solo propio doutras especies. Hai aproximadamente 600.000 hectáreas dedicadas ao monocultivo de eucaliptos e a plantacións mixtas. E como se explica esta propagación tan rápida?A razón fundamental é que as celulosas instaladas perto de nós aproveitan o eucalipto, basicamente. Ao principio, tras a Guerra Civil, as repoboacións forestais na Galiza comezan a facerse con piñeiro, porque era o que empregaba a fábrica de Pontevedra. Mais, pouco a pouco foi virando cara o eucalipto, que empezou a substituír o piñeiro no monte. Desta forma, a fortaleza e os intereses económicos dunha grande empresa como Ence, que priman unha determinada especie, marcan a plantación e o repartimento da superficie forestal. Son estes intereses empresariais os que determinan a política forestal máis que os intereses propios do monte?Sen dúbida a política forestal do país está marcada polos intereses dos grupos empresariais. Nestes caso, da factoría Ence e das fábricas de taboleiros como Finsa. Se ben, debemos sumar o interese das fábricas portuguesas ligado a compra da madeira que sae da Galiza cada ano, máis de medio millón de metros cúbicos. Polo tanto hai moitos beneficios en xogo ligados á plantación de eucalipto. Sen perder de vista que durante moitos anos esta especie recibiu axudas dos Gobernos, en consonancia cunha política forestal europea que incide no abandono de terras agrícolas. Que podía ser acertada para outros países, mais non para Galiza. Que supuxo o auxe do eucalipto para o monte galego e o territorio rural?O avance do eucalipto limitou as capacidades da Galiza para a agricultura e para producir outras especies, de calidade, para as que tamén hai demanda. Os estudos indican que 75% do territorio é apto para algún tipo agricultura, ben para cultivos herbáceos ben para praderías. O que logrou o eucalipto foi reverter este proceso. Hoxe temos máis superficie forestal que agrícola, o que nos leva a importar millo, por exemplo, cando o poderiamos estar producindo aquí para facer os pensos que come o noso gando. Significa que se desatendeu a estrutura agraria e gandeira?Abandonouse case por completo para atender o forestal, un forestal de baixa calidade, por riba, porque a madeira do eucalipto é barata e ofrece poucas posibilidades comparada con outras que se poden producir na Galiza. O forestal produce 300 millóns de euros ao ano para uns 60.000 propietarios. Que xestión do monte ve como alternativa ao modelo actual?O eucalipto non vai ser a panacea que solucione o problema do campo. O forestal produce 300 millóns de euros ao ano para uns 60.000 propietarios. Pero o monte podería estar producindo máis en cabezas de gando en liberdade, en carballos e castiñeiros capaces de abastecer e de impulsar o mercado galego, agora dependente do de fóra. E faríao con maior rendibilidade, impulsando novas actividades económicas, arredor da madeira de carballo que veñen buscar cada ano á zona de Friol os produtores de whisky escocés e tamén da castaña. Un modelo forestal distinto tamén requiriría un ordenamento diferente do monte?Efectivamente non se necesitan 600.000 hectáreas de monte arborado para a produción barata de madeira. Chegaría a metade da superficie, se estivese ben ordenada para producir máis. O que hai é un caos xeral que beneficia as empresas. E nesta ecuación entran os incendios intencionados dos que tamén sacan beneficios. O monte acabará por ordenarse, pero será ao cabo dun proceso moi lento que implica unha perda de cartos e de tempo. O ideal sería dedicar a metade da superficie a piñeiro e eucalipto para darlle pulo a madeiras de maior calidade para as que hai mercado fóra da Galiza. Pero iso exixe planificación e unha nova política forestal. Galiza, despensa de madeira barata Os grupos interesados en que o eucalipto siga medrando no monte galego exportan entre 67 e 99% da súa produción. "Aquí a celulosa non se pode tranformar. Non temos unha fábrica de papel nin de cartón. Entre 97 e 99% da celulosa que sae de Ence vai para fóra. O mesmo sucede cos taboleiros, 67%, e madeira serrada, 75%", incide Ramón Varela. Non hai unha industria potente de segunda transformación da madeira, di, "que é a que menos contamina e a que dá o valor engadido". Segundo explica, Galiza é o primeiro produtor de madeira do Estado con case 10 millóns de metros cúbicos, "pero a industria non seguiu este ritmo de crecemento. Ao contrario, deixamos morrer localidades como A Estrada e Sarria, dedicadas antes á produción de móbeis de calidade. Somos a despensa de madeira barata do Estado. Máis da metade da que se produce en España sae da Galiza, pero aquí non se pecha ningún ciclo produtivo".
NOS_57024
Os casos activos baixan a 2.658.
Galiza volveu rexistrar un descenso da presión hospitalaria e os pacientes Covid hospitalizados sitúanse por baixo dos 300, ao reducirse até os 293, o que supón 20 menos que os 313 da xornada anterior. Mentres, os contaxios diarios repuntaron a 148. Segundo os datos actualizados na mañá desta cuarta feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta terza feira, hai 58 pacientes Covid ingresados en UCI -sete menos- e 235 noutras unidades -13 menos-. Os ingresados con Covid-19 descenden en todas as áreas sanitarias agás na de Ourense, onde aínda que se manteñen dúas en UCI -sen cambios-, soben a 21 os que permanecen noutras unidades -tres máis-. En 5 de 7 áreas sanitarias Os casos activos de Covid-19 reducíronse en 27 até os 2.658 após o lixeiro incremento rexistrado esta terza feira tras mes e medio de tendencia descendente. Estes baixan en cinco das sete áreas sanitarias galegas, mentres que soben nas de Vigo até os 472 -15 máis- e na de Lugo a 210 -cinco máis-. Pola súa banda, os contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba seguen a tendencia ascendente, tras os 112 da segunda feira e 122 desta terza, esta cuarta feira repuntaron a 148, dos cales 124 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Deses 124 positivos, 46 corresponderon ao área sanitaria de Vigo; 35 á da Coruña e Cee; 16 á de Ourense; 10 á de Lugo; oito á de Pontevedra e O Salnés; cinco á de Ferrol e catro á de Santiago e Barbanza. No que se refire á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- mantense nun 2% como as dúas xornadas anteriores. Os falecidos diagnosticados con Covid-19 aumentaron a 2.306 tras as tres últimas vítimas mortais notificadas por Sanidade na noite desta terza feira.
NOS_10013
Abe Rábade. Piano solo entre árbores é o título do proxecto audiovisual que o pianista Abe Rábade interpreta nun bosque da parroquia de Asados, en Rianxo, e que consta das pezas que o músico compuxo durante o confinamento provocado pola Covid-19.
Abe Rábade. Piano solo entre árbores presentouse na quinta feira, como resultado das composicións do músico Abe Rábade durante o confinamento e intégrase no Fondo Xacobeo 2021, e que se pode ver a través do Portal da Lingua. Na peza audiovisual, gravada unha noite de novembro ao aire libre, Rábade interpreta catro composicións de jazz que, segundo explicou en rolda de prensa, foron ideadas e traballadas durante o confinamento. Naquel momento no que "non se podía saír, dediqueime a traballar só, polo que o único que podía ofrecer a este proxecto eran solos", indicou o pianista e compositor de "Liberación", "Desexo", "Ham-Dam", "Improvisation" e "Freixo". O concerto está precedido por unha entrevista breve co músico, onde reflexiona sobre a experiencia que supuxo para el gravar nun espazo tan singular como unha foresta "na que, ademais do silencio, unicamente se escoitaba o vento e as follas ao moverse", explica o artista. Abe Rábade tamén fala, neste documento previo ao concerto, da interpretación do jazz, en termos xerais, e do impacto do confinamento na sociedade. Durante a presentación, o músico de jazz estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola representante de Miraxe Sociedade Corporativa, que se encargou da produción do evento, Rosa Salgado. A produtora de Miraxe tamén se quixo referir, durante a súa intervención, á pandemia causada pola Covid-19 e ás súas consecuencias no mundo da cultura. Deste modo, Rosa Salgado xustificou a pertinencia do proxecto para "reivindicar os técnicos galegos" e como unha maneira para "activarse durante a pandemia mediante a participación nun proxecto que impulsa a cultura". O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quixo recoñecer na presentación do traballo a relevancia musical de Abe Rábade a nivel cultural así como o emprego da lingua en calquera manifestación artística. "Non hai mellor forma de demostrar que a nosa lingua, tan apropiada para a expresión da cultura tradicional e autóctona, está aberta e é perfectamente válida tamén" destacou o secretario xeral.
NOS_47449
Melania Cruz recibe nesta edición do Festival Internacional de Curtamentraxes de Bueu, que arrincou onte, o Premio Cinema Galego. O recoñecemento a unha traxectoria na que a lucense que conta dous Mestre Mateo (Dhogs e Trote) e un María Casares (Xardín Suspenso) agocha unha persoa inconformista e crítica, namorada da súa profesión, que se dedicou á docencia e coloca a educación como chave para mudar realidades e avanzar en loitas tan abertas, constantes e complexas como a dos feminismos, na que unha das batallas máis difíciles é xustamente combater o aprendido.
Comezou de cativa a facer teatro, mais en que momento decidiu que se quería dedicar profesionalmente á interpretación? Debeu de ser cando tiña 19 ou 20 anos, ao entrar na aula universitaria de teatro. Na adolescencia xa me preguntaban se quería dedicarme a iso, pero eu estaba coa cabeza en ser tradutora ou profesora. Logo no Campus de Lugo comecei a pensalo e a formarme con distintos profesionais que viñan facer cursos preto. Ademais, eu fixen maxisterio por inglés e dei clase durante bastante tempo, por exemplo no colexio de Fingoi de Lugo. Ao ser privado, o centro pode dedicar unha porcentaxe do programa a materiais troncais da súa elección e teñen expresión dramática integrada no currículo. Iso era unha marabilla. Iso é unha anomalía, non? Normalmente as artes dramáticas nunca entran no programa. Non, en absoluto. De feito, houbera unha proposta de pór en marcha coa LOXSE unha integración de expresión dramática no currículo, igual que outras materias como música ou matemáticas. Hai sobrados estudos que certifican os beneficios que poden provocar este tipo de actividades no desenvolvemento da capacidade comunicativa ou no autocoñecemento psicofísico, por exemplo. Pero claro, cando non interesa... Noutros países si que está moi asentado. En Reino Unido ves nenos de catro anos papándose un Shakespeare de tres horas e media, porque recitan desde pequenos. A Royal Shakespeare Company ten unha serie de actividades moi enfocadas a traballar cos distintos centros educativos, en distintas etapas, polo que coñecen a súa literatura dramática desde moi pequenos. Non é raro que poidan facer unha escenificación de calquera autora ou autor británico, porque lle dan moita importancia. Aí as estruturas están todas enfocadas a iso: teñen o National Theatre, promoven moito o traballo das dramaturgas e dramaturgos... As institucións están a favor destas cuestións porque teñen moi claro que o patrimonio cultural é fundamental na conformación da súa identidade. Cousa que aquí, por desgraza, non pasa e temos que estar continuamente nesa loita de explicar que o cultural non se pode medir en termos cuantitativos, senón cualitativos. Pero aquí á xente gústalle moito falar de números. Cando rematou os estudos de arte dramática, fundou ilMaquinario Teatro con varias compañeiras. Que significou ese paso? Foi unha experiencia moi positiva. Eu entrei na ESAD [Escola Superior de Arte Dramática] coa idea xa de formar compañía con Tito Asorey, que ía polo itinerario de dirección. No camiño fomos atopando compañeiras de viaxe coas que finalmente fundamos ilMaquinario. Había moita ilusión, moitas ganas de experimentar cun tipo de teatro que nos interesase a nós, sobre todo por xogar con outros formatos, outro tipo de dramaturxias, outras maneiras de facer. Comezamos con moitas ganas e ilusión, puxemos todos os esforzos para sacar o proxecto adiante e durou cinco anos, así que non estivo nada mal. Hai pouco, na ESAD houbo bastantes protestas por parte das alumnas denunciando situacións de acoso e abuso de poder por parte do profesorado, unha problemática que viña de longo... É unha situación que eu coñezo de primeira man porque entreguei varios escritos ao rexistro de inspección educativa e ao propio centro, por suposto, notificando un tipo de actitudes e comportamentos que se correspondían pouco coa responsabilidade docente. Non me sorprendeu cando as alumnas se puxeron en contacto connosco e o que fixemos foi intentar apoiar ao máximo a súa causa, que agora está en proceso xudicial. Esperemos que se aclare axiña e que se tomen as medidas pertinentes. Porque cando iso, ano tras ano, é unha tónica que se repite, é porque pasa algo. Aí tamén está a valentía das alumnas que se atreveron a facer o que nós non fixemos, aínda que si houbese caceroladas ou algún parón. Pero non sei por que non tivemos o atrevemento, a forza ou non chegamos ao acordo de dar a ver que iso non era permisíbel nunha contorna educativa. Eu aplaudo a todas esas estudantes e tamén me alegro moito porque o profesorado se posicionase. Está claro que se nos abriu moito a cabeza nos últimos anos a este nivel. Revisando todo isto, dáste conta de que ti normalizabas condutas que non eran aceptábeis, porque estamos educadas desta maneira na que che fan crer que iso é o habitual ou debe ser así, simplemente porque levamos esta tradición de que as cousas se fagan desde o punto de vista heteropatriarcal, e que che digan un piropo ten que ser agradábel. Todo iso que hoxe parece tan básico, cando estabamos estudando, e mira que non pasou tanto tempo, non o era. Comezáronse a mover cousas cara a lugares que nos fixeron ver cales son realmente as prioridades que debemos ter e por onde debemos tirar para que a igualdade se faga efectiva. Porque os meus compañeiros tamén sufriron abusos de poder, por parte de determinadas persoas que foron acusadas de acoso, pero o trato era moi diferente. Ademais da entrevista a Melania Cruz, da que publicamos un extracto, no Sermos deste sábado paseamos polas sombreirarías da Galiza e probamos a cosmética natural feita no país. Coa sección Andar e Ver poderás facer plans para recorrer a "Ruta do ferrocarril. De San Tirso de Abres á Pontenova", unha peza viaxeira que asinan conxuntamente Adela Leiro, Mon Daporte e Xan Colazo, do Colectivo Xea. Como sucede cada sábado, nas páxinas do semanario atoparás as mellores recomendacións de libros, música, cinema, teatro e cociña da man de expertos como Manuel Regueira, Inma Otero Varela, Mauro Borrazás, Alejo Amoedo, Andrés Castro, Mercedes Espiño e Anxo Ril. No tempo de lecer poderás completar a sección de Pasatempos. Recorda que podes ler todos estes contidos no semanario Sermos Galiza que acompaña este sábado a Nós Diario. Podes atopalo nos quiosques ou para a súa lectura na nube. Se aínda non es subscritora ou suscritor podes inscribirte nesta ligazón.
NOS_24704
O colectivo considera que o Servizo de Prevención Contra Incendios Forestais é "o gran esquecido" por parte do Executivo galego malia que os lumes son un auténtico problema para o país. Critica que falte persoal para esta época do ano e lamenta que as e os operarios non sexan considerados prioritarios para a vacinación do coronavirus.
A Asociación Profesional de Bombeiros e Bombeiras Forestais da Galiza (Apropiga) denunciou hoxe o suposto abandono ao que está sometido o Servizo de Prevención Contra Incendios Forestais (SPIF) por parte da Xunta. O colectivo opina que a Consellaría de Medio Rural actúa "con pasividade" a pesar de que nas últimas semanas xa se deron algúns lumes por todo o país, polo que consideran importante "que a cidadanía saiba que os lumes forestais, por desgraza, non son episodios exclusivos do verán". Con isto queren contextualizar a súa acusación, pois mentres teñen que traballar en distintos puntos de Compostela, Arzúa, Viana do Bolo, Cualedro, Quiroga e O Porriño, entre outros lugares, consideran que o Goberno galego non fai nada por reforzar os medios persoais a pesar de que o consideran preciso neste momento e non só no estío. "A Consellaría suspendeu as queimas de restos agrícolas e forestais entre os días 19 e 25 e, a día de hoxe, volven estar permitidas", critican dada a meteoroloxía e a seca que hai nalgunhas zonas. Así mesmo, din que "a Dirección Xeral de Defensa do monte activou a prestación de servizo de período extraordinario ao persoal tanto técnico e facultativo medioambiental como ao persoal laboral do servizo". É dicir, non se contrata máis pero os horarios e quendas das e dos brigadistas xa son os mesmos que terían "na tempada de alto risco". Por iso, entenden que Defensa do Monte está a considerar esta unha época mala para os incendios pero "encuberta" sen incorporar aos reforzos de verán porque "mantén a case a metade dos traballadores do servizo -que traballa seis meses ao ano- na rúa". Así, amosan o seu interese porque todas as persoas poidan ser dadas de alta xa mesmo. Suposta discriminación A asociación tamén critica que Sanidade non planeara unha estratexia de vacinación para o persoal porque entende que non é "esencial", algo que rebate e pide que se organice xa a inoculación do remedio contra a Covid-19. Noutros territorios as bombeiras si teñen dereito a estar dentro dos colectivos vacinados, polo que senten un "agravio comparativo e un menosprezo" da Xunta.
NOS_39770
Terá lugar o 12 de xullo en Outeiro de Rei cun completo programa de actividades durante toda a xornada.
A Casa Museu Manuel María (Outeiro de Rei) acollerá o sábado 12 de xullo o primeiro Convivio da Cultura Galega, unha xornada organizada pola Fundación Manuel María, Galiza Cultura e a asociación cultural e musical Solfa. O programa abrangue unha ampla e heteroxénea proposta de actividades: música, teatro, debates, espazo para asociacionismo, lecer para as crianzas, paseos, visitas, proxeccións audiovisuais... A xornada conmezará sobre as 10:45 horas, cunha recepción de luxo aos e ás participantes na Praza do Concello a cargo das bandas de música Solfa, Rábade e Begonte. A seguir, darase a benvida no Auditorio Manuel María. Unha breve visita á Casa Museu do poeta e proxeccións audiovisuais serán a seguinte cita. Ás 12:30 sairase para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda A Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais. Convivio A organización calcula que sobre as 14:00 horas dará comezo o "xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (vós traedes a comida e nós poñemos as mesas e cadeiras)". E xa pola tarde, sobre as seis menos cuarto o protagonismo será para a xente máis miúda: contacontos a cargo de "Fabaloba": "O neno e a estrela" (sobre Díaz Castro). Para o resto: música, xogos, paseo á beira do Miño...E ás 18:45 Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo. Sobre as 17:00 haberá unha reunión de asociacións para debater e falar. E ta,én haberá espazo para o associacionismo.
PRAZA_19557
A nosa comunidade lingüística con Portugal na Europa, Brasil na América, Angola, Mozambique, Sào Tomé e Príncipe, Guiné Bissau e Cabo Verde na África e Timor Leste na Asia constitúe unha fonte de oportunidades, nomeadamente no eido empresarial, mais tamén no cultural e no político.
A aprobación da iniciativa lexislativa Paz Andrade foi o primeiro chanzo para a aproximación real da Galicia ás lusofonías, mais non será abondo se este proceso segue a ser tan absurdamente lento nun mundo nos que as remudas avanzan a grande velocidade. A nosa comunidade lingüística con Portugal na Europa, Brasil na América, Angola, Mozambique, Sào Tomé e Príncipe, Guiné Bissau e Cabo Verde na África e Timor Leste na Asia constitúe unha fonte de oportunidades, nomeadamente no eido empresarial, mais tamén no cultural e no político. Para alén, no segundo circo da lusofonía achegámonos á China a medio do Macau e á India a medio de Goa. Ben é certo que para facer parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) compre ser un Estado soberano e nós non o somos. Mais a realidade especial de Galicia (un territorio semiautónomo pertencente ao Estado español que, porén constitúe o berce doe corpus lingüístico galego- portugués) podería xerar un status de seu como observador, nunha eventual reforma consensuada das súas normas internas. Por unha banda, contribuiría ao difícil equilibrio entre a exmetrópoli -o Portugal europeo- e o xigante brasileiro. Por outra banda, a presenza de Galicia na CPLP abriría amplas posibilidades para que o Estado español puidese constituír un segundo aliado na UE dos países lusófonos. Todo serían posibilidades de beneficio, tanto para Galicia e o Estado como para os países da CPLP. Se houber gobernantes intelixentes en Compostela e Madrid este camiño xa estaría percorrido, polo menos en parte. Achegarmos á CPLP, achegarmos ás lusofonías, ha ser un obxectivo de País. E por iso compre que todos os partidos, sindicatos e organizacións empresariais, as tres Universidades,o Consello da Cultura, a RAG e todas as Institucións do País promovan e acorden un Plan Estratéxico "ad hoc", difundido na sociedade e que remate coa súa aprobación unánime no Parlamento de Galicia (canda as iniciativas lexislativas que haxa que promover perante o Congreso estatal). O achegamento á lusofonía, canda a posta en valor da rede institucional da Galicia exterior, haberían ser os eixos fundamentais da nosa acción exterior extraeuropea. Para estarmos no mundo e valorizar a nosa cultura e personalidade, mais nomeadamente por mor dos nosos intereses económicos.
PRAZA_16309
Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, e as comunidades de montes de Froxán, Covelo e Coruxo, premio Osíxeno á mellor actuación ambiental en 2017. Os premios Dioxina, que sinalan as peores actuacións ambientais, foron para o conselleiro de Industria, Francisco Conde, e para a Consellaría do Medio Rural.
ADEGA deu a coñecer este luns as persoas e colectivos gañadores dos Premios Osíxeno e Dioxina, que sinalan as mellores e peores actuacións ambientais do pasado ano, e que chegan á súa 17ª edición. Na parte positiva, o Premio Osíxeno 2017 en categoría individual foi para Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio "polo seu compromiso e activismo en defensa do patrimonio galego e contra o espolio da industria pasteiro-enerxética". E o Premio Osíxeno 2017 en categoría colectivo recoñece o traballo das comunidades de montes de O Covelo, Coruxo, e Froxán e do Casal de São Simão (Portugal) "polas súas actuacións a prol doutros modelos máis sustentábeis para e xestión dos montes, contra os lumes e a eucaliptización". Ademais, este ano o premio Osíxeno de Honra quere recoñecer o traballo e a traxectoria en defensa do ambiente e do patrimonio de Agustín Ferreira, fundador de ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño) e da Asociación Cultural Guardesa. As comunidades de montes, premiadas polas súas actuacións a prol doutros modelos máis sustentábeis para e xestión dos montes, contra os lumes e a eucaliptización" Na parte negativa, o Premio Dioxina 2017 en categoría individual recaeu no conselleiro de Industria, Francisco Conde, por ser "o máximo responsable do departamento que promoveu a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación". Ademais, o Premio Dioxina 2017 en categoría colectivo sinala os dirixentes políticos da Consellaría do Medio Rural "polo seu desleixo na salvagarda da Lexislación de Montes e a súa conivencia co lobby pasteiro-enerxético, que mesmo provocou a eucaliptización de lugares tan emblemáticos como o Pedregal de Irimia". Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 17 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Vitrola (Rosalía de Castro 11, Gondomar). O pasado mes de setembro as comunidades de montes de Froxán e O Covelo foron recoñecidas pola ONU como exemplo de conservación e xestión participada. "O que fixemos foi primar o bosque autóctono, protexéndoo onde xa existía e plantando novas árbores, que serven como devasas naturais contra o lume", destacaba para Praza Alexandre Cendón, presidente da Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Santiago de Covelo. Así mesmo, a Comunidade de Montes de Froxán puxo en marcha -xunto con Verdegaia e Columna Sanfíns- unha exitosa iniciativa de micromecenado para para mudar dez hectáreas de eucaliptos nun bosque autóctono. Pola súa banda, Mariña Patrimonio -a entidade presidida por Manuel Miranda- leva anos desenvolvendo unha intensa actividade de protección e difusión do patrimonio no norte da provincia de Lugo. Unha parte importante das súas denuncias diríxense á acción da industria madeireira e aos prexuízos que esta ten para a conservación de castros, mámoas e outros elementos patrimoniais e para o medio natural. En 2016 documentaron danos da industria do eucalipto a 40 xacementos arqueolóxicos do norte de Lugo. O pasado mes de decembro foi unha das 20 entidades que solicitaron no Parlamento europeo a erradicación do eucalipto nunha faixa de 50 metros ao redor dos bens patrimoniais. Tamén se amosou vixilante ante os efectos da especulación urbanística e a construción sen control.
NOS_19201
Os concellos de Narón, Fene, Ares, Mugardos e a propia cidade departamental prohiben o consumo durante "dous ou tres" días, tamén para cociñar.
As análises desenvolvidas pola Xunta de Galiza os días 6 e 15 de xullo sinalan a existencia dunha porcentaxe de trihalometano superior á permitida legalmente. No concreto, máis de 80 microgramos por riba dos 100 que fixa a lexislación derivados de erros no sistema de depuración da auga. Bando urxente pic.twitter.com/aYiCEvbxCw— Concello de Ferrol (@FerrolOficial) 16 julho 2015 Neste senso, os servizos sanitarios prohibiron o consumo e uso alimentar da auga da billa até novo aviso. Axentes da policía municipal dos respectivos municipios comunicou por megafonía á veciñanza a prohibición ao tempo que foron advertidos tamén hospitais e escolas. Os gobernos locais agardan solucionar a crise en "dous ou tres días" Embora o seu consumo --agás de maneira prolongada-- non carrexa prexuízos na saúde, as recomendacións son cesar o seu uso o que levou a veciñanza a proverse de garrafas de auga mineral que desapereceron axiña dos supermercados. Segundo informou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, en comparecencia de imprensa conxunta cos rexedores de Narón, Fene, Ares e Mugardos, a "crise" podería ser resolta en "dous ou tres días". Cuestión na que están a traballar as empresas concesionarias da xestión deste servizo.
NOS_30037
Un total de 52 listas de 16 organizacións competirán o 28A polos 23 escanos de Galiza. Só 12 opcións presentan candidatura nas catro circunscricións galegas.
Non lle faltan pretendentes aos 23 escanos galegos para o Congreso español nas vindeiras eleccións do 28 de abril. Son catro escanos menos que nas primeiras eleccións ás cortes españolas após a morte de Franco, un exemplo da perda de peso poboacional do noso país. Un total de 52 listas de 16 organizacións e coalicións políticas aspiran a se facer con algunha desas cadeiras por Galiza para a Cámara baixa española. Son as que lograron representación no noso país nas últimas eleccións xerais así como aquelas que se inscribiron após presentar as sinaturas de 0,1% do electorado de cada circunscrición onde queira concorrer. En total, son 12 as candidaturas que concorren nas catro circunscricións galegas: PP, PSOE, En Marea, En Común-Unidas Podemos, BNG, Ciudadanos, Compromiso por Galicia, Vox, Pacma, Recortes Cero, Por un mundo máis xusto e Partido Comunista dos Traballadores de Galiza. Estiveron na cita de hai catro anos mais non están para este 28 de abril UPyD e Saín Para alén desas candidaturas, hai outras que se rexistraron para competir por algunha das circunscricións galegas. É o caso de Converxencia XXI por Lugo, Escanos en Branco por Pontevedra, Partido Comunista Obrero Español pola da Coruña e Vivir Ourense pola circunscrición ourensá. Non faltan 'paracaidistas' nestes comicios. Un exemplo é o de Begoña Conde, tía de orixe galega de Santiago Abascal, que vive en Gasteiz e encabeza a candidatura de Vox por Ourense. En 2015 facía parte da lista do PP nas municipais para a localidade vasca de Amurrio.
PRAZA_15553
A Constitución fala da súa función arbitral e moderadora. Mais, Señor, vostede nunca entendeu esta realidade plural española e non tivo reparos para defender en público a Patxi López a respecto de Ibarretxe como lehendakari, a manifestar a súa adhesión á guerra de Irak, "como militar" ou a censurar duramente, na páxina web da súa Casa, as propostas electorais de CiU, ERC ou ICV a respecto do dereito da cidadanía catalá a decidiren o seu futuro.
Señor: Cando vostede lea isto ficará pouco para a súa mensaxe de Nadal. Descoide, non paga a pena que a rectifique vostede. 37 anos de discursos inzados de lugares comúns non remudan dun día para outro. Porque, Señor, nas súas mensaxes de Nadal nunca se lle escoitou un zorionak, bo nadal ou bom nadal nin ningunha atención á realidade plurinacional e plirilingüistica do Estado Non sei se hoxe, entón, seguirá vostede a liña destes 37 anos e ignorará, outravolta, a miña lingua e as restantes linguas do Estado distintas do castelán. Porque, Señor, nas súas mensaxes de Nadal nunca se lle escoitou un zorionak, bo nadal ou bom nadal nin ningunha atención á realidade plurinacional e plirilingüistica do Estado. A Constitución fala da súa función arbitral e moderadora. Mais, Señor, vostede nunca entendeu esta realidade plural española A Constitución fala da súa función arbitral e moderadora. Mais, Señor, vostede nunca entendeu esta realidade plural española e non tivo reparos para defender en público a Patxi López a respecto de Ibarretxe como lehendakari, a manifestar a súa adhesión á guerra de Irak, "como militar" ou a censurar duramente, na páxina web da súa Casa, as propostas electorais de CiU, ERC ou ICV a respecto do dereito da cidadanía catalá a decidiren o seu futuro. Porque leva vostede máis de 30 anos pechado tras a adulación cortesá da burocracia bipartidista PP-PSOE ( máis cortesáns os socialistas ca os populares) e carece de referentes sociais que lle fagan percibir a remuda da sociedade. Doutro xeito non tería ido vostede cazar elefantes a Botswana. Nin osos a Romanía. Señor, o seu compromiso coa transparencia ten sido moi cativo. Distribución libre dos recursos orzamentarios asignados á súa Casa, uso non regulado pola súa Familia dos medios do Patrimonio do Estado, agasallos carísimos de amigos pouco convenientes... E non lle lembro nunca adoptando iniciativas a prol da mellor información ou transparencia, nin tampouco cara a unha meirande contención nun gasto que non é compatíbel coa realidade española de hoxe en día. Seica sexa tarde de máis para mudar un estilo e unha visión do mundo. Mais teña Vostede por certo que o juancarlismo sairá moi mancado desta crise tan fonda e global. O seu compromiso coa transparencia ten sido moi cativo. Distribución libre dos recursos orzamentarios asignados á súa Casa, uso non regulado pola súa Familia dos medios do Patrimonio do Estado, agasallos carísimos de amigos pouco convenientes... Bo Nadal e os meus mellores desexos no persoal, A arrincadeira: P.S. ao Principe Señor, as persoas que pertencemos á súa mesma xeración sabemos que tivo vostede unha formación moito máis democrática cá do seu pai. Velaí que pense que o día que acade a Xefatura do Estado saberá da conveniencia de que a cidadanía decida sobre a continuidade da Monarquía, sen presas, mais tamén sen condicionamento ningún.
NOS_37243
Segunda xornada da greve convocada por CIG, CUT e CC OO. Continúa así a mobilización dos traballadores da factoría contra os "abusos" da empresa, concretizados nun maior grao de explotación e precariedade laborais. Manuel Domínguez (CIG) denunciou, en declaracións a Europa Press, que Citroên quer producir máis sen incrementar o cadro de persoal.
Producir máis -por exemplo, furgonetas- co mesmo número de traballadores significa incrementar o beneficio, a plusvalía, que obtén o capital. A mobilización contra esa lóxica é a que explica a greve de Citroën. Os sindicatos falan dun seguimento positivo nesta segunda xornada de protesto, en tanto que, por contra, a empresa asegura que se traballou con "normalidade". Tamén en declaracións a Europa Press, o sindicalista da CUT Vítor Mariño denunciou a aplicación por parte da empresas de práticas contrarias ao exercicio do direito de greve, incidencias que terían levado a que este mesmo sábado se personase na factoría a Inspección de Traballo. Neste mesmo sentido, e tamén en declaracións a Europa Press, Manuel Domínguez (CIG) concretizou que a empresa utilizou na liña de produción empregados non cualificados para esta función ou sen experiencia. Mariño denuncia que a empresa mobilizou traballadores de "outros centros da PSA" e que tamén botou man de empregados que abandonaron a factoría ás 22.00 horas da sexta feira para se reincorporaren ás 6.00 horas deste sábado. Até que ponto tería alterado a xornada de greve o normal funcionamento da factoría? A este respeito, Vítor Mariño indica que este sábado se terían producido "70 vehículos menos" que un sábado normal e que, alén do mais, os automóbiles fabricados apresentan "deficiencias de calidade" -pola substitución de traballadores en greve por empregados de inferior cualificación- que terán de ser subsanadas nos próximos días.
PRAZA_20045
Hai anos que a política exterior de Galicia non existe. Exactamente desde que Fraga perdeu a Xunta. Probablemente non sexa só problema dunha evidente incompetencia, senón tamén o resultado de falta de visión e de ambición de país
(Opinión emitida a título persoal)Hai anos que a política exterior de Galicia non existe. Exactamente desde que Fraga perdeu a Xunta. Primeiro por continuos erros políticos do Bipartito, agravados pola imposición do Goberno central, socialista naquel momento, de pecharlle a porta da acción exterior ao socio de goberno en Galicia para evitar que se repetise o esperpento de Carod Rovira durante a súa coalición con Maragall.Hai anos que a política exterior de Galicia non existe. Exactamente desde que Fraga perdeu a XuntaA chegada de Núñez Feijóo semellaba un cambio de rumbo e un regreso aos tempos de gloria da acción exterior de Galicia, a pesar do desapego do novo presidente pola acción exterior e da marcha de Manuel Morán, o ideólogo da acción exterior de Galicia. Desde o Eixo Atlántico convidamos á Xunta a compartir a experiencia da Eurocidade Chaves-Verín, que crearamos e xestionabamos, a promoción do camiño portugués de Santiago, o lobby europeo que presionaba para a continuidade das políticas de cooperación; financiamos, elaboramos e ofrecémoslles desinteresadamente o Plan de Investimento Conxunto e así ata un longo etcétera. Ata que descubrimos que só lles interesaba a foto e patrimonializar o traballo dos demais, para ter contento ao presidente e camuflar unha falsa xestión, baseada exclusivamente no continuo envío de notas de prensa.Descubrimos que só lles interesaba a foto e patrimonializar o traballo dos demais para ter contento ao presidente e camuflar unha falsa xestiónDeixaron morrer o Consello Galego de Acción Exterior, ao que acudía o Vicepresidente a ler un discurso de abertura, facerse unha foto e a continuación marchaba. Nada se debatía o resto da sesión. Así que algúns presentamos a nosa dimisión e fómonos sen facer ruído. Deixaron morrer a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, co mesmo procedemento. Converteron mesas de discusión e toma de decisión en meros foros aburridos e sen interese, para obviar a incapacidade de achegar propostas políticas a temas tan sensibles na Eurorrexión como a mobilidade, o turismo, o camiño de Santiago, a loita contra os incendios, a coordinación dunha política industrial conxunta construída sobre o eixo Vigo-Mangoalde de Citroën, a apertura da ampliación da Canle de Panamá nos tráficos portuarios ou a coordinación dos aeroportos. Temas todos eles de vital importancia para o desenvolvemento dun espazo territorial de 7 millóns de habitantes que configura a terceira área urbana da península. Tampouco souberon aproveitar e potenciar o coñecemento e a rede de contactos que teceu en China Xulio Ríos, director do IGADI, país no que está a penetrar con gran éxito o Goberno vasco para internacionalizar a súa empresa e os seus centros tecnolóxicos, ou nunha escala máis reducida, aínda que con igual éxito, o Campus do Mar da Universidade de Vigo.Probablemente non sexa só problema dunha evidente incompetencia, senón tamén o resultado de falta de visión e de ambición de paísTampouco pasou da fase mediática a outra gran mentira da acción exterior de Galicia: a macrorrexión, produto inexistente que se limita a unha foto electoral anual, e a un par de folletos e que por non ter, non ten sede nin persoal que a xestione. Probablemente non sexa só problema dunha evidente incompetencia, senón tamén o resultado de falta de visión e de ambición de país. Galicia asumiu entusiastamente a lei de Acción Exterior que promulgou o goberno de Rajoy, supeditando unha vez máis a visión estratéxica de España, ao problema circunstancial dun soberanismo catalán, ao que axudan a crecer con este tipo de medidas. E así se descafeinou e embridou unha acción exterior que só Euskadi segue rendibilizando, unha vez que a Generalitat anulou unha magnifica rede de acción exterior ao pola ao servizo dunha causa tan partidista como perdida. Euskadi segue desenvolvendo unha acción exterior que utiliza sabiamente para internacionalizar a empresa vasca, para abrir mercados ás súas universidades e aos seus centros tecnolóxicos e para influír nos centros de decisión internacionais, que é do único que se trata. Tan sinxelo como iso. Pero claro, como dicía a miña avoa, galega sabia, de onde non hai, non rouban.
NOS_10820
O Avlo —alta velocidade a baixo prezo— realiza desde xuño o percorrido Madrid-Barcelona, e arribará a Alicante, Sevilla e València en 2022.
O tren de alta velocidade low cost —Avlo— que Renfe opera entre Madrid e Barcelona desde o pasado xuño con viaxes a partir de sete euros tamén chegará á Galiza, a través da nova rede do AVE entre a capital estatal e Ourense que se inaugurará o vindeiro 20 de decembro. Así o confirmou nesta terza feira o presidente de Renfe, Isaías Táboas, durante a súa intervención nunha xornada organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) na que, aliás, explicou as principais novidades a respecto da arribada do AVE ao país. "O Avlo chegará á Galiza, porque é un tren pensado para atraer a xente nova, sacar coches da estrada e incrementar a cota do ferrocarril. Os produtos de baixo custo teñen unha razón de ser e isto quedou demostrado en Madrid e Barcelona, onde tanto nós como a competencia estamos a encher os trens", afirmou. De feito, no traxecto entre estas dúas cidades a ocupación media supera 90% desde que comezou funcionar o servizo. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana xa confirmou que o Avlo chegará a València en marzo, e a Alicante, Sevilla e o resto do corredoiro do sur ao longo de 2022. Para a Galiza, porén, aínda non hai unha data concreta. Gañar terreo ao avión, o obxectivo de Renfe Táboas cifrou en seis millóns as persoas viaxeiras en todos os medios de transporte do país, das que 10% corresponde ao ferrocarril. O seu obxectivo é aumentar esta cifra e que, fronte ao avión, que hoxe concentra oito de cada dez viaxes na disxuntiva entre estes dous medios, pase a 50% cada un, grazas aos "tempos competitivos" que terá o tren no futuro e ao seu "compromiso de puntualidade". Outra das metas da compañía é saír da "estacionalidade" que supoñen agora as fins de semana e o verán, así como incrementar a cota de viaxes de negocios en tren, que hoxe só abranguen 11%. A Coruña, Compostela e Ourense verán incrementada cadansúa oferta de seis a dez frecuencias diarias a Madrid; Vigo, de catro a oito; Pontevedra, de cinco a sete, e Lugo, de tres a catro. Un "reto" para a enxeñaría A presidenta da Asociación Nacional de Construtores Independentes (ANCI), Concha Santos, tamén asistente ao acto da Aegama, salientou o "reto para a enxeñaría" que supuxo esta liña, que consta de 440 quilómetros de lonxitude, 38 viadutos e 31 túneles, e permite unha velocidade máxima de 350 quilómetros por hora. A primeira viaxe entre Madrid e a Galiza, explicou, remóntase a 1882, e tiña unha duración de até 34 horas. Hoxe, após o investimento nos últimos 16 anos de perto de 9.000 millóns de euros, esta liña é xa unha realidade. Pola súa banda, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que esta nova conexión ferroviaria abre un potencial "enorme" para o país, mais lembrou que, polo de agora, só chega a Ourense, polo que insistiu na necesidade de "continuar coa rede" até o resto de cidades galegas. O AVE chega finalmente á Galiza, mais con trece anos de atraso a respecto das primeiras estimacións. Aliás, o debate sobre as conexións ferroviarias no interior do país está máis candente que nunca.
PRAZA_1793
Esa Europa soñada, neste momento está afogada pola Comisión, polo BCE, pola Troika, onde o único que medra sen ningún control son os beneficios do capital financeiro, o fraude fiscal, a privatización de todos os servizos,
Esta afirmación fíxoa o economista grego Y. Varoufakis hai uns días cando a Grecia sufriu un duro acoso por parte de aqueles que se consideran propietarios dos destinos da Unión e dos seus habitantes, é dicir, A. Merkel e W. Schaüble, apoiados a modo de seguidismo total por algúns dos representantes dos Estados membros. Eu concordo plenamente con este xuízo de valor porque a Unión Europea, ademais do inmenso déficit democrático nos organismos que deciden, sobre todo da Comisión e do Consello, está cada vez máis lonxe das persoas, dos seus dereitos fundamentais: o dereito ao traballo, á educación, á saúde, ao benestar, á cultura, á xustiza, á igualdade, á soberanía alimentaria e un longo etcétera, e cada día esta Europa aseméllase máis ao modelo que puxeron en marcha M. Thatcher e R. Reagen no século XX no mundo, que ao soño europeo de liberdade, igualdade e irmandade da Francia do XIX. Coido que aquela afirmación que Xosé Manuel Beiras facía na campaña do BNG en contra do Tratado de Maastricht: "este Tratado implantará pouco a pouco e con tempo o IV Reich por vía do euro" estase a cumprir no día a día. Os galeguistas, a principios do século XX, soñaron e traballaron na construción dunha Europa dos pobos, das persoas, dos dereitos e das liberdades. Pensaron que Galiza tería espazo naquela Europa, terra de asilo, de traballo para tantas persoas que tiveron, e aínda teñen, que fuxir na busca dunha vida mellor. Nas súas viaxes descubriron unha Europa da diversidade cultural onde a cultura e o idioma galego tiñan espazo e vida e moitas mulleres, emigradas na busca dunha liberdade económica que pasaría a ser liberdade persoal, aprenderon dereitos e unha vida nova. Mais esa Europa soñada neste momento está afogada pola Comisión, polo BCE, pola Troika, onde o único que medra sen ningún control son os beneficios do capital financeiro, o fraude fiscal, a privatización de todos os servizos, incluído o dereito a producir, á alimentación saudábel e á soberanía alimentaria, derradeira resistencia do mundo rural europeo que destruirá en tempos ben próximos, o novo Tratado de Libre Comercio cos EEUU onde prevalecen os dereitos das grandes multinacionais de sementes, pesticidas e distribución alimentaria frente ás persoas. En Porto Alegre, nos foros sociais mundiais, a esperanza das persoas que alí estaban berraba a ritmo de samba "un novo mundo é posíbel se a xente quixer". Cómpre que ese novo mundo, que este novo proxecto se traslade a Europa e que as persoas que coidan que unha nova Europa é posíbel traballen arreo e día a día nesa utopía que permitirá facer o camiño andando.
PRAZA_15861
A Xunta admite o freo na información e atribúeo á falta de persoal mentres segue sen publicar no DOG a nova lei de transparencia, aprobada polo Parlamento o pasado decembro.
En novembro de 2006 entraba en vigor en Galicia o decreto que regulaba o rexistro de convenios, un dos puntos máis novidosos que, non sen friccións entre os socios do Goberno bipartito, se incluía na Lei de transparencia e boas prácticas. O artigo 7 de aquel decreto estipula que os convenios, isto é, os acordos formais aos que chega a Xunta con empresas, entidades, persoas ou outras Administracións, deben poder ser consultados "a través da páxina web da Xunta de Galicia" do xeito en que estipula a lei e atendendo á protección de datos. Esta norma veuse cumprindo con máis ou menos dixilencia dende aquela, pero o actual Goberno leva nove meses sen actualizar os datos públicos do rexistro. Fontes da Xunta consultadas por Praza Pública admiten este parón na actualización da información e atribúeno á falta de persoal no departamento correspondente, dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia. Para a inscrición de cada convenio, resaltan, cómpre que cada departamento autonómico remita ao rexistro un orixinal ou copia compulsada ao Rexistro e máis documentación adicional, como informes que xustifiquen as sinatura do convenio e a súa autorización. A Xunta admite o freo na información e atribúeo á falta de persoal Este freo na actualización provoca que quen se achegue ao espazo habilitado para a consulta de convenios só poida obter, a finais de xaneiro de 2016, datos ata abril de 2015. Para acceder á información de convenios máis recentes cómpre mergullarse no Diario Oficial de Galicia, onde as diversas consellerías si continúan cumprindo, con ritmos diversos, a obriga legal de publicar cuadrimestralmente unha relación dos convenios que asinan. A nova lei de transparencia, aprobada en decembro, non foi publicada polo momento no DOG Así as cousas, mentres o Executivo continúa a advertir do despregamento do denominado Plan de Impulso Democrático, anunciado por Feijóo hai un ano cando a oposición esixía explicacións a respecto de diversos casos de presunta corrupción, o Goberno incumpre a polo momento vixente lei de transparencia de 2006 e o decreto que a desenvolve. Esta norma segue en vigor porque a nova lei de transparencia, aprobada polo pleno do Parlamento a finais do pasado decembro, aínda non foi publicada no DOG. Esta demora foille xa reprochada polo PSdeG ao presidente da Xunta na primeira sesión de control do ano. O novo rexistro de convenios terá características similares ao de 2006, atendendo ao avanzado pola Xunta A publicación da nova lei no DOG e a súa entrada en vigor, 20 días despois, non eximirá a Xunta, en todo caso, de ter que seguir cinguíndose ao decreto do rexistro de convenios do ano 2006. Non en van, a disposición transitoria segunda do novo texto legal explica que, "mentres non se desenvolva regulamentariamente esta lei" seguen en vigor varias normas anteriores, entre elas, o decreto que regula o rexistro de convenios. Como informou este diario non cabe agardar, en calquera caso, excesivas novidades a respecto da nova regulación do rexistro. Segundo o adiantado polo Goberno, ten a intención de que o novo rexistro "aumente a súa funcionalidade tecnolóxica e a súa transparencia, ao tempo qeu garanta unha maior accesibilidade por parte da cidadanía". No entanto, a súa descrición máis concreta, incluída no devandito Plan de Impulso Democrático, indica unhas normas de información e publicación practicamente idénticas ás xa vixentes dende hai dez anos. Descrición do novo rexistro de convenios, difundida pola Xunta en xaneiro de 2015, e da lei de transparencia de 2006 Lei de transparencia de 2006 Decreto que regula o rexistro de convenios Texto da nova lei de transparencia
PRAZA_213
A sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol sinala que as persoas con mellores cualificacións no exame (15 dos 18 aprobados obtiveron notas superiores a nove) poderían ter recibido previamente as preguntas e respostas.
En 2013 levouse a cabo un proceso selectivo para a cobertura temporal de doce prazas de persoal laboral no Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Mugardos. Os resultados dos exames deron lugar a varios recursos, que foron desestimados polo Concello, derivando posteriormente nun recurso contencioso-administrativo e tamén nunha denuncia parlamentaria, a cargo da deputada Beatriz Sestayo, do PSdeG-PSOE. Tanto os recursos coma a pregunta parlamentaria alertaban de "graves irregularidades" e métodos "caciquís" no proceso, unha irregularidades que veñen de ser confirmadas por unha sentenza xudicial, que anula o proceso, sinalando que as persoas con mellores cualificacións no exame (15 dos 18 aprobados obtiveron notas superiores a nove) poderían ter recibido previamente as preguntas e respostas. O fallo do Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol atende a reclamación presentada por tres das persoas aspirantes, defendidas polo avogado Alejandro Gutiérrez O fallo do Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol atende a reclamación presentada por tres das persoas aspirantes, defendidas polo avogado Alejandro Gutiérrez Sánchez. Considera, en primeiro lugar, que no exame se incumpriron "as bases da convocatoria en canto á elaboración do primeiro exercicio do proceso selectivo, o que podería ter provocado a filtración do exame". Explica que o exame foi elaborado por un único membro do Tribunal, que unha semana antes da celebración do exercicio llo remitiu ao secretario suplente e lembra que a normativa fixa a prueba debe ser prepararada o mesmo día da súa realización. O xuíz considera que as preguntas e respostas puideron ser filtradas a algúns dos aspirantes e atopa sospeitoso que "dun total de 74 presentados superaran a proba 18 aspirantes, dos cales 15 obtiveron unha cualificación de 9 puntos ou superior, o que supón case o 80 % dos que aprobaron o exame". "Hai que considerar que son moi remotas as probabilidades de que nunha proba tipo test, á que se presentan 74 aspirantes, e a superan 19 deles, 15 destes aspirantes aprobados obteñan practicamente a nota más alta", engade. "A experiencia en procesos selectivos fai que deban ser cuestionadas unhas cualificacións coma as descritas, pois o normal é que a maior puntuación a acaden o menor número de aspirantes, e non ao contrario". A sentenza lembra "a circunstancia de que case a metade dos aprobados formaban parte da Agrupación de Protección Civil do Concello de Mugardos" O fallo tamén sinala a súa estrañeza polo feito de que cinco días antes da realización da proba se lle solicitara ao Vogal que elaborou o cuestionario que "remitise a plantilla das respostas", sen ser isto "necesario". De igual xeito, a sentenza lembra "a circunstancia de que case a metade dos aprobados formaban parte da Agrupación de Protección Civil do Concello de Mugardos". Para o maxistrado isto "constitúe outro indicio da posible filtración do primeiro exame do proceso selectivo". O Concello ten 15 días para recorrer a sentenza ante o TSXG. No caso de que o fallo se faga firme, as probas terían que repetirse e as persoas que obtiveron os postos en 2013 terían que abandonalos. Irregularidades nos GES Non é a primeira vez que se detectan irregularidades nas probas de acceso a prazas dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) Non é a primeira vez que se detectan irregularidades nas probas de acceso a prazas dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como xa sucedeu, por exemplo en 2013 en Guitiriz, Quiroga e Folgoso do Courel. Guitiriz alterara as bases comúns e públicas para a selección do persoal mentres que Quiroga e Folgoso do Courel celebraron concursos de méritos e non oposicións, dos que resultaron contratados familiares, entre eles a irmá da alcaldesa. O propio fallo lembra unha sentenza do TSXG, que o pasado ano confirmou a anulación dun proceso selectivo en Castroverde por unha posible "irregularidade detectada na custodia dun pen drive que contiña o exercicio a realizar", e que permanecera no Concello dende dous días antes da realización da proba. As dúbidas sobre a posible filtración do exame a unha das aspirantes obrigaran a repetir o proceso.
NOS_15907
Bruno Arias vén de recibir unha axuda ao talento por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción dun filme documental sobre a súa tía, a poeta Xela Arias, homenaxeada polas Letras Galegas en 2021. A unidade componse da desorde, que recibe o seu nome dos dous primeiros versos dun poema de Xela, reconstrúe a súa historia a través das múltiples pezas que a compuxeron. É o primeiro filme de Bruno Arias, o que lle dá un cariz emocional e laboral a todo o seu traballo.
-Descubriu algo da vida de Xela Arias durante a investigación para o documental que lle sorprendera? Atopei moitas pequenas cousas curiosas. O que máis definiu o proceso de documentación foi o cambio de perspectiva. Eu coñecía de Xela o que contaban dela nas homenaxes e os datos soltos que recollín en reunións familiares diversas, pero non chegara a sentar con ninguén para preguntarlle sobre o que descoñecía. Atopei a escusa perfecta para atallar ese proceso persoal. E neste proceso vexo que era unha persoa moi profunda e da que todo o mundo ten moito que dicir. Noto que Xela é máis que un recordo fugaz ou unha referencia: É persoa, con todos os matices que as persoas temos, imposíbeis de reducir a unha única peza. -É difícil facer un filme sobre alguén que é á vez familiar e personaxe recoñecida? Penso que lle engade moitas máis capas de complexidade porque toca máis no interior dun mesmo. Todo se reduce a medir entre figura pública e persoa. O que a xente pensa de nós tamén nos constitúe. E constitúe a nosa memoria cando marchamos. Precisamente cando non estamos é cando se dilúen as fronteiras entre o que foi e o que cadaquén interpretou no seu tempo. Nun ano coma este era de esperar que se tecese arredor de Xela un imaxinario determinado. Esa imaxe que existe sobre ela coincide ás veces coa visión de quen a coñeceu, pero ás veces é contraditoria. Na casa teño persoas, obxectos e recordos que a tiveron perto. Compor na miña cabeza unha imaxe obxectiva entre iso e o que atopo noutras fontes non resulta fácil. -É o primeiro filme que dirixe, por que decidiu que fose unha homenaxe a Xela? Xela e o meu avó Valentín foron dúas persoas nas que me fixei moito mentres medraba. Eles dous configuráronme. Sempre tiven a intención de explorar iso e, no caso de Xela, facer ese traxecto de descuberta que me quedou pendente. Facelo así non foi unha decisión consciente porque nunca contara con ter a oportunidade de desenvolver un proxecto tan ambicioso, pero este ano parecía o momento e a xente que teño perto empurroume moito. Especialmente Lucía Ramiro, Bea Villar e Miguel González, as tres persoas coas que máis dores de cabeza compartín nestes meses. Cal foi a reacción da súa familia cando lles dixo de que ía o filme? Impecábel, axúdanme en todo o que poden. Descubriron o proxecto ao mesmo tempo ca min, porque das intencións que tiña ao comezo ás que teño agora mudou moito. A parte emocional atopou o seu espazo no filme, así que a dispoñibilidade absoluta de cada persoa da familia é unha axuda imprescindíbel. Miña avoa, meus tíos, meu pai, meu primo Darío, meu irmán e calquera persoa á que me acheguei para preguntar ou para simplemente expor o que quería facer están poñendo en todo isto moito máis do que son conscientes. -Pensa que se apoia o suficiente o talento artístico novo na Galiza? Veño de recibir unha axuda que é determinante para o meu proxecto e que agradezo moito, así que me considero unha persoa con moita sorte. Pero tamén penso que a ninguén se lle escapa que traballar no sector artístico neste país é moi difícil. Por se fose pouco, a xestión da pandemia respectou moi pouco o mundo cultural, así que a esa inestabilidade inherente hai que sumarlle unha serie de inseguridades novas que non axudan. Penso que unha cultura nacional é madura cando se inviste nela como ben público e esa é a responsabilidade social das nosas institucións. Coido que hai moito por percorrer nesa liña.
NOS_57524
O Servizo Galego de Saúde négase a revelar o número de vacinas desbotadas desde o comezo da campaña de inmunización na Galiza. Amais, en recintos como o Ifevi, impuxo condicións laborais extremas para as profesionais, o que derivou en que a quinta parte do persoal tivera que pedir baixas laborais por ansiedade.
Na Galiza "non se desbotan doses" das vacinas contra a Covid-19, gábase o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a Nós Diario despois de inquirir sobre a cifra de vacinas que foron ao lixo sen poder ser inoculadas. Porén, esa afirmación é rotundamente falsa. Distintas profesionais sanitarias consultadas aclaran que durante o proceso de vacinación que comezou nos últimos días de 2020, múltiples doses tiveron que ser desbotadas. Unha enfermeira que participou na vacinación no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), que pediu non publicar o seu nome por temor a represalias laborais por parte da Consellaría de Sanidade, confirma que na meirande parte das xornadas había un número reducido de vacinas (unha ou dúas) que eran desbotadas, cun máximo de até cinco doses diarias que remataban no lixo pola lóxica do proceso de vacinación. Aínda que nos primeiros intres da campaña o número fora maior, a aprendizaxe e o bo facer das e dos coordinadores, destaca, permitiu axustar o número de doses sobrantes co paso do tempo. 6 horas para cada frasco Cada vacina ten que ser procesada polo persoal médico dun xeito diferente, no caso da máis utilizada no Estado, a de Pfizer-BioNtech, aos frascos que chegan a unha temperatura de entre -80 °C e -60 °C se lles introduce soro salino para diluírse co resto de compoñentes. Unha vez feito este proceso, hai un máximo de seis horas para aplicar as seis doses que contén cada frasco antes de que xa non se poidan inocular, indica o documento técnico do fabricante. A pesar de que o Sergas insiste en que contra "o final de cada xornada de vacinación, o persoal sanitario reconta o número de persoas que aínda están agardando para vacinarse -na fileira- para preparar o número de xiringas exacto que están pendentes de administrar", a profesional incide en que na práctica é frecuente que se chega unha persoa cara ao final do día e iso implica ter que abrir un novo frasco, o resto de doses teñan que ser desbotadas, por mor de que, no caso de Pfizer, non é posíbel mantelas até o día seguinte. Asemade, a non asistencia de persoas citadas a súa hora para vacinarse dificulta que se poda apurar até a derradeira dose de cada frasco nesas situacións, explica Natalia Prego, enfermeira da planta de Enfermidades Infecciosas do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Prego confirma que noutro dos puntos de vacinación masiva na Galiza, o de EXPOCoruña, e con maior énfase no comezo do proceso, un feixe de doses remataban no lixo co gallo de que se picaban distintos compostos en distintas fases da xornada, "se [as e os usuarios citados] foran na súa quenda non había problema", asegura. Reclamación á Valedora do Pobo Nós Diario presentou no Portal de Transparencia unha solicitude para coñecer o número exacto de doses que non puideron ser utilizadas. Así e todo, o Sergas negouse a responder, polo que foi efectuada unha reclamación á Valedora do Pobo, co obxectivo de que cumpra coa lexislación vixente no eido da información pública. O que si está confirmado é que, aínda que non os queiran facer públicos, contan con eses datos. A coordinadora de vacinación no Barco de Valdeorras, Gemma Rodríguez, asevera que ao final de cada xornada, teñen que enviar un informe a Sanidade incluíndo número de frascos abertos, doses administradas ou doses desbotadas. Ademais, Rodríguez sinala que tamén erros humanos, como, de "xeito puntual", xiringas que caen ao chan, implican que haxa doses que non se poidan usar. Con todo, matiza que no caso de Valdeorras, cun menor número de volume de vacinación, foron quen de impedir que se desbotaran vacinas até o comezo das xornadas de portas abertas neste mes, tirando da listaxe e no caso de ter que abrir un novo frasco, buscando as persoas que estaban sen vacinar, mais "se vén alguén a última hora e tes que abrir un frasco é máis difícil", afirma, máis aínda cando a poboación sen inmunizar é cada vez menor. Unha trituradora de profesionais Malia que as e os sanitarios consultados coinciden na dureza do proceso de vacinación e na intensificación das súas responsabilidades durante a pandemia, as persoas asignadas no Ifevi sufriron condicións especialmente difíciles. Isto levou a unha quinta parte do persoal asignado a verse obrigado a ter que coller baixas por ansiedade, confirma a profesional destinada no recinto feiral, que revela como desde o comezo da campaña as sanitarias non coñecían o seu horario até poucas horas antes. "Había unha carteleira hipotética na que poñían as roldas, mais tiñas que corroborar a túa quenda cun correo eléctrico a noite anterior, fóra das horas de traballo", narra, co cal era común que unha vez no Ifevi, os cambios de horario provocaran que "quedaras a deber un día", ao non chegar na hora imposta. Tamén reitera a práctica imposibilidade de conseguir días libres ou vacacións. "Non tiñamos resposta até o último intre", laiase, e a resposta "case sempre" era unha negativa. A isto hai que engadir que o Sergas mantiña polo xeral o mesmo persoal houbera 1.500 ou 6.000 persoas citadas para vacinar. "O que era máis alarmante", prosegue, "é que ás veces subía xente de Atención Primaria a facer horas extraordinarias", entrementres, "aos que estábamos alí traballando días con pouca vacinación mandábannos ao hospital a cubrir ocos", provocando as queixas das profesionais. "Era todo moi caótico", sentencia. Esta situación levou a unha desbandada xeral de sanitarios en xuño, resolta polo Sergas obrigando a persoas con contratos de emerxencia destinados noutros lugares a ir ao Ifevi para manter o traballo, abunda. Noutras áreas sanitarias, tamén houbo que "facer encaixe de bolillos para cadrar a vida persoal coa programación", apunta Rodríguez, pero tras os primeiros meses, o traballo das coordinadoras permitiu contar cunha programación "case semanal", cando menos en Valdeorras.
PRAZA_16663
A operación produciuse ás 11:19 da mañá cando o ex presidente da Generalitat acababa de cruzar en coche a fronteira. O servizo de intelixencia español tiña localizado a Puigdemont e cando saíu de Finlandia informou á policía alemá. A detención prodúcese por mor da euroorde cursada pola xustiza española
A policía de Alemaña detivo esta mañá o ex presidente da Generalitat Carles Puigdemont cando acababa de cruzar en coche a fronteira alemá desde Dinamarca. A detención prodúcese por mor da euroorde cursada pola xustiza española, segundo confirmou eldiario.es e comunicou publicamente o avogado do expresident Jaume Alonso-Cuevillas. A información tamén foi confirmada oficialmente polo Goberno de Angela Merkel. A detención prodúcese por mor da euroorde cursada pola xustiza española A operación produciuse ás ás 11:19h da mañá na estrada A7, 35km despois de que o coche de Puigdemont cruzara a fronteira entre Dinamarca e Alemaña, preto da localidade alemá de Schuby. O vehículo fora previamente identificado pola policía, que o seguiu ata a súa detención. Puigdemont atopábase este sábado en Finlandia, onde participara nun acto. Estaba previsto que o expresident regresara en avión desde Helsinki a Bruxelas onte, pero non se presentou no aeroporto despois de que Finlandia activara unha orde de detención a petición de España. O camiño, no seu lugar, emprendeuno en coche. O servizo de intelixencia español tiña localizado a Puigdemont e cando saíu de Finlandia cara a Alemaña informou á policía alemá O diario alemán Focus asegura que o servizo de intelixencia español tiña localizado a Puigdemont e cando saíu de Finlandia cara a Alemaña informou á policía alemá, segundo explica Europa Press. Segundo o seu avogado, o trato da policía alemá "foi en todo momento correcto" e nestes momentos Carles Puigdemont atópase retido nunha comisaría. Alonso-Cuevillas lembra que Puigdemont dirixíase a Bélxica onde se poría a disposición da xustiza despois da reactivación da orde europea de detención. A Fiscalía de Bruxelas tamén reactivou as euroordes de detención dos ex-consellers que se atopan en Bélxica: Toni Comín, Meritxell Serret e Lluís Puig. Fontes da defensa de Puigdemont aseguran que, aínda que a detención en Alemaña non entraba nos seus plans, non ten por que supor unha extradición rápida cara a España Fontes da defensa de Puigdemont aseguran a eldiario.es que, aínda que a detención en Alemaña non entraba nos seus plans, non ten por que supor unha extradición rápida cara a España. Alemaña é un dos países cunha lexislación máis garantista e foi un do cinco destinos europeos que o seu equipo xurídico recomendou para escapar do Tribunal Supremo e poder defender ante un tribunal non español o fondo da cuestión.
NOS_17014
O Paseo do Prado da capital española encheuse cunha maré de persoas para denunciar a represión contra o independentismo e para defender que o dereito a decidir "é democracia". Na mobilización houbo unha nutrida comitiva galega. A organización cifra en 120.000 persoas as participantes na marcha, unha cifra que a delegación do goberno rebaixa a 18.000.
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste sábado no centro de Madrid para reivindicar o dereito a decidir e denunciar a represión contra o independentismo. Foron 120.000 manifestantes segundo a organización mais apenas 18.000 para a delegación do goberno español. A mobilización, convocada por entidades e partidos soberanistas cataláns e apoiada por colectivos de todo o Estado, encheu o Paseo do Prado, todo nun ambiente festivo e de reivindicación. Esteladas, ikurriñas, bandeiras galegas coa estrela vermella, bandeiras españolas republicanas... e o amarelo (cor pola liberdade dos líderes independentistas cataláns) a tinxilo todo: desde camisolas a lazadas. Na manifestación tomaron parte membros do goberno catalán, co president Quim Torra á fronte, e máis de 200 alcaldes e alcaldesas de Catalunya. "Non pasarán", "Liberdade presos políticos", "Autodeterminación non é delito" ou "Non é un xuízo, é unha farsa" foron algúns dos lemas coreados na nutrida marcha. "1 de outubro, nin olvido nin perdón" foi outra das consignas que máis se corearon. A marcha decorreu baixo o lema "Autodeterminación non é delito. Decidir é democracia", presente na faixa de cabeceira. Segundo a organización, por volta de 600 autocarros procedentes de diferentes partes do Estado chegaron a Madrid con xente para asistir á manifestación: a maioría deles saíron de Catalunya (máis de 500) mais tamén os houbo procedentes de Galiza, Euskal Herria ou Andalucía. Como ao longo da mañá denunciaron diversos medidos cataláns, controis da Garda Civil pararon autocarros que se dirixían á mobilización para revisalos. Columna Galega Na manifestación houbo tamén presenza galega. Unha faixa co lema "A autodeterminación non é delito" abría o bloque de manifestantes galegas. Apoiaban a mobilización en Madrid BNG, Anova, CIG, CUT, Vía Galega e Plataforma Galiza con Catalunya. De Galiza partiron varios autocarros con destino á capital do Estado para participar na marcha, fretados por Galiza con Catalunya. Tamén houbo quen se desprazou en tren, en vehículo particular e houbo afluencia de galegos e galegas residentes en Madrid, como os organizados en Fenda. Tamén se sumaron á mobilización seareiros e seareiras do Celta que acudiran a Madrid para apoiar á equipa fronte ao Real Madrid. A gran manifestación finalizou na Praza de Cibeles, onde tiveron lugar os discursos. A xornalista Patricia López foi a primeira en intervir e quixo mostrar a "solidariedade" do Madrid "republicano e antifascista" para coas "persoas golpeadas por querer votar o 1 de outubro". Elisenda Paluzie, da Assemblea Nacional Catalana, resaltou a importancia de facer estes actos en Madrid e en calquera outro lugar: "Temos que ser portavoces da denuncia" da represión contra o independentismo e agradeceu as mostras de solidariedade para cos presos e presas. No acto tamén tomaron a palabra representantes das familias dos líderes independentistas cataláns presos e dos rapazes encarcerados de Altsasu, que denunciaron o recorte en liberdades e dereitos que se está a dar no Estado español. Oscar Reina, en nome dos sindicatos que apoiaban a manifestación -entre eles, os galegos CIG e CUT- pediu a liberdade dos presos políticos e cargou contra a monarquía e o Estado español para reivindicar a soberanía "dos pobos" como a ferramenta útil para "derrocar" as elites e acabar co réxime do 78. Pecharon as intervencións Elena Martínez e Jaime Pastor, en representación da rede de colectivos madrileños que apoiaron esta marcha: "Grazas por estar aquí, grazas pola vosa loita", dixeron aos asistentes. O canto de L'Estaca puxo o ramo á mobilización.
NOS_36204
O proxecto para recuperar a explotación mineira en Touro leva semanas mobilizando á veciñanza da comarca, consciente do forte impacto desta actividade. Falamos con Xoán Louzao, concelleiro do BNG en Touro e un dos rostros desta loita veciñal. "Tras a mina de Touro está unha multinacional que non ten ningún interese aquí que non sexa extraer o cobre e vendelo a quen máis pague".
- Xa van varias semanas de mobilización veciñal fronte a un proxecto sobre o que desde un primeiro momento alertastes das graves repercusións que podía ter non só en Touro e O Pino, senón na comarca e mesmo máis alá. - É un proxecto cuxa gravidade non debemos perder de vista e por varias razóns. A primeira, porque sabemos o que xeran este tipo de minas, temos o antecedente da explotación entre o 1973 e 1986 desta mesma mina que agora queren recuperar. Unha explotación que nos deixou todos os ríos da contorna contaminados e os terreos degradados. Tamén é grave porque estamos a falar dun proxecto que abrangue unha superficie de case 700 hectáreas, a maior parte das cales son terreos non mineiros, son agrícolas e forestais. Unha terceira cuestión é que é un proxecto de minería a ceo aberto, o que máis impacto ten. O proxecto contempla unha duración de 16 anos e medio e prevé mover 267 millóns de toneladas de material para extraer 656.000 Tm de cobre. Iso quer dicir que van estar 14 anos ininterrompidamente, todos os días do ano, todas as horas do día, con actividade mineira. Incluíndo de media seis voaduras cada día. - Datos que indican que o impacto non é pequeno... Hai máis, como que van deixar unha balsa de dimensións enormes cos lodos cos produtos que empregan para extraer o cobre: un muro de 80 metros de alto, un perímetro de 3 quilómetros e unha superficie de 126 hectáreas. O proxecto implica ademais a afectación a moitos mananciais para consumo doméstico, incluído captación que ten o concello de Touro para a traída de de auga. - Lembrabas antes que a mina xa foi explotada entre 1973 e 1986. Quen está agora detrás do proxecto para reactivala? - A propietaria do xacemento actualmente é Explotaciones Gallegas, unha empresa de aquí. Ela é a propietaria da concesión e asociouse cunha multinacional, Atalaya Mining, creando a empresa Cobre San Rafael, participada en 20% por Atalaya e 80% por Explotaciones Gallegas. Mais no acordo establécese que no momento en que teñan a concesión, todos os permisos, Atalaya farase co 80% de Cobre San Rafael e Explotaciones pasará ter o 20%. Quen é Atalaya Mining? Pois unha multinacional participada por unha empresa de cobre chinesa, unha mineira suíza, un fondo de investimento... Ou sexa, unha multinacional que non ten ningún interese aquí que non sexa extraer o cobre e vendelo directamente a quen máis pague, pois nin sequera se vai transformar. - Ficarían beneficios aquí? - A empresa fala de que crearía 400 ou 500 postos de traballo mais non sabemos con que criterio dan esta cifra, non explican nin argumentan nada. Dubidamos moito que fiquen na metade, vendo o que pasa en proxectos semellantes, como o de que esta mesma empresa ten en Huelva. A cambio disto, ficamos con toda a contaminación, entulleiras, afectacións a terreos,... - Cando se presentaron as 1.500 alegacións individuais de veciños a este proxecto desde a Xunta anunciaron que ían recadar información sobre o mesmo. - Nós fomos ao Parlamento de Galiza para falar cos grupos parlamentares. Xa se presentaron iniciativas sobre este tema, tanto polo BNG como en En Marea. A Xunta o que di é que hai que cumprir coa legalidade. Limítase a dicir iso. No concello de Touro o goberno local é do PP e sempre estiveron de acordo coa mina. Houbo un pleno extraordinario e o BNG levou unha moción para 4rexeitar este proxecto e a actividade mineira, así como instar a empresa a que restaurase o que deixou contaminado cando marchou hai 30 anos. O PP pasou do si á mina a aceptar algunhas cuestións, como non aceptar este proxecto mineiro. Un cambio que se debe á presión veciñal. - Tivestes algún contacto coa empresa? - A empresa tivo contacto coa corporación local ao inicio de todo e cos veciños máis afectados dunha parroquia. Despois fixeron xuntanzas cos veciños en Touro e O Pino e aí fomos vendo que a empresa ía cambiando o discurso sobre a marcha. Segundo se lle ía atacando por un lado ou por outro ían adaptando ás circunstancias. Iso aínda nos preocupa máis, déixanos menos tranquilos. Temos claro que este é o primeiro paso dun proxecto moito máis amplo. O proxecto céntrase agora en 700 hectáreas mais teñen máis de 2.000 hectáreas concedidas e a concesión é ata 2068. A empresa está a facer máis exploracións para buscar cobre nunha superficie de 120 quilómetros cadrados: afecta Boqueixón, Santiago de Compostela, Touro, O Pino...
PRAZA_5969
SOS Sanidade Pública reclama unha vez máis a posta en marcha dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no Hospital Lucus Augusti, unha demanda contida na ILP aprobada por unanimidade no Parlamento en marzo, modificada "nos seus contidos e prazos" polo PP.
O pasado 25 de marzo o Parlamento aprobou por unanimidade unha Iniciativa Lexislativa Popular que, apoiada por todos os sectores políticos e sociais da sociedade lucense (máis de 200 entidades) e por milleiros de sinaturas (máis de 41 mil), demandaba que se dotase o Hospital Lucus Augusti (HULA) de servizos de hemodinámica a tempo completo, de radioterapia e de medicina nuclear. Nin máis nin menos que o que o presidente Feijoo prometera na inauguración do hospital, en 2011. Porén, os meses van pasando, e o cumprimento desta promesa semella afastarse no canto de achegarse. A Plataforma SOS Sanidade Pública denuncia que na tramitación parlamentaria da ILP o Partido Popular foi introducindo emendas "que modifican a iniciativa nos seus contidos e prazos" dunha maneira "inaceptable". No novo texto o PP nin seguera fala abertamente de instalar estas unidades no HULA, senón da necesidade de "agrupar un volume de casos suficiente" para "determinadas actividades clínicas" co obxectivo de "desenvolver a súa actividade nunhas condicións óptimas". Mentres que a ILP fixaba que a hemodinámica tería que estar instalada en Lugo en seis meses e a radioterapia e a medicina nuclear nun ano, as emendas danlle 18 meses á Xunta, isto é, ata 2016, para cumprir os novos e difusos compromisos Tamén se amplían notablemente os prazos previstos para a aplicación destas medidas: mentres que a ILP fixaba que a hemodinámica tería que estar instalada en Lugo en seis meses e a radioterapia e a medicina nuclear nun ano, as emendas danlle 18 meses á Xunta, isto é, ata 2016, para cumprir os novos e difusos compromisos. Tamén se substitúe no texto a demanda de "compromisos concretos" pola referencia a un programa para atender infartos instaurado polo Sergas no ano 2005, que tiña "como principal reto" paliar o espallamento da poboación e "realizar os traslados dende calquera punto" a un hospital coa unidade axeitada "en menos de 120 minutos". Na súa redacción inicial, a proposta obrigaba a Xunta a dotar de "servizo de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear" a "todas as provincias galegas" en "igualdade de condicións". Segundo a emenda do PP o Goberno galego só deberá dispoñer que "todas as provincias galegas dispoñan de procedementos", que non de servizos, nestas especialidades, eliminando ademais a referencia ás "24 horas". Para a plataforma, "este cambio de actitude supón un engano as súas organizacións sociais e institucionais que apoiaron maioritariamente unha petición cargada de lóxica, apoiada pola necesidade de asistencia e de equipar a Lugo ao resto de áreas sanitarias de Galicia". Por ese motivo, chama a participar nunha manifestación convocada este xoves 26 de xuño, na que se lle demandará ao partido gobernante que cumpra cos compromisos contidos na ILP: "A posta en marcha no menor tempo posible dos recursos para facer efectivos os acordos de dotación de servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear, no HULA". A marcha partirá ás 20.30 horas da Praza da Horta do Seminario e rematará no edificio administrativo, na Ronda da Muralla. Para a plataforma, "este cambio de actitude supón un engano as súas organizacións sociais e institucionais que apoiaron maioritariamente unha petición cargada de lóxica" Esta medidas de denuncia e de protesta xa foran anticipadas polos promotores da iniciativa, que advertiran na propia sesión parlamentaria na que se debateu e votou a ILP que "estaremos vixiantes de que isto que se aproba aquí se cumpra sen enganos nin demoras", en palabras de Vicente Quiroga, ex alcalde de Lugo. A marcha tamén pedirá a dimisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, "por burlar e enganar a toda a poboación de Lugo e a gran parte das súas institucións, coa única finalidade de recortar gastos público e de desmantelar a sanidade pública". Peche anticipado de camas CIG-Saúde denuncia que algunhas das unidades hospitalarias na área sanitaria de Lugo que estaba previsto que pechasen a partir do 1 de xullo "están pechando anticipadamente", algunha coma a 3C2, unha semana antes do anunciado. Para o sindicato "todo isto é produto do plan desenvolvido desde a Dirección para que non haxa doentes que ingresen na Medicina Interna". De feito, sinalan, "hai 15 días que o nivel de ingresos descendeu, de modo que das 102 camas de Interna neste momento somentes hai ocupadas 65".
NOS_44436
Tel Aviv criticou desde o comezo a posibilidade dun acordo con Teherán.
Yair Lapid, primeiro ministro provisional de Israel até as eleccións do 1 de novembro -as quintas en tres anos-, reuniuse onte co presidente dos Estados Unidos de América, Joe Biden, antes de asinar unha declaración conxunta na que este último país se compromete a utilizar "todos os elementos do poder nacional" para impedir que Irán poida obter armas nucleares, mais priorizando a diplomacia. Tamén contempla enfrontar o que denominan "actividades desestabilizadoras" por parte dos persas. Con esta toma de posición, Washington avala a narrativa israelí, que considera Teherán o seu maior inimigo na rexión, rivalidade coa que xustifica medidas como os bombardeos das súas Forzas Armadas en territorio sirio. "A única forma de deter un Irán nuclear é que Irán saiba que o mundo libre usará a forza", incidiu Lapid. Aínda que non o recoñeceu, as probas recompiladas polo Organismo Internacional de Enerxía Atómica fan crer a entidade que Tel Aviv conta con armamento nuclear. Asemade, os mandatarios pactaron impulsar un aumento da cooperación bilateral en tecnoloxía para o futuro, tecnoloxía climática ou intelixencia artificial. Os Estados con máis ingresos apostan polos muros para frearen as migracións Pola súa parte, nin o asasinato o 11 de maio da xornalista palestino-estadounidense Shireen Abu Akleh por parte dos militares israelís, nin as reiteradas denuncias de institucións como a Organización das Nacións Unidas sobre os abusos e o apartheid que sofren palestinas e palestinos, foron comentadas por Biden, que nada máis aterrar ratificou que "a nosa relación é máis profunda e forte do que nunca foi", así como que "non precisas ser xudeu para ser sionista". Ademais, medios árabes cuestionan que Biden tampouco reverteu medidas moi polémicas decididas por Donald Trump, como mudar a embaixada a Xerusalén, que a legalidade internacional non recoñece como unha cidade unicamente israelí. Hoxe, Biden ten previsto xuntarse con Mahmoud Abbas, presidente da Autoridade Nacional Palestina, antes de recalar en Arabia Saudita, onde prevé estender unha batería de medidas contra Irán, enfrontado coa monarquía absolutista dos Saud. Non obstante, desde os medios dos EUA, interpretan que o acordo pode buscar tranquilizar Israel perante a negociación dun novo acordo nuclear con Irán, tras opoñerse Tel Aviv de todas as maneiras posíbeis a que outros países pacten con Teherán, incluso asasinando científicos persas, como sinalan as investigacións do The New York Times. Negociacións con Irán Xusto antes de saír cara a Asia Occidental, o mandatario fixo fincapé en que "foi un erro xigantesco que o anterior presidente [Donald Trump] se retirara do acordo [en 2018], agora están máis cerca da arma nuclear que antes, podemos actuar contra iso e seguir a ter un acordo que poida reducir o seu programa nuclear". Pola súa parte, as autoridades iranianas aseguran que están abertas a continuar as negociacións para un novo acordo, pero que mentres os EUA continúen a aplicar sancións manterán as políticas que consideren máis axeitadas, e reiterando que buscan desenvolver un uso civil para a enerxía atómica, extremo do que desconfían os Estados occidentais. Máis dun ano de negociacións para un novo acordo A ONU, Rusia, a China, o Reino Unido, Francia e Alemaña, canda o Irán, levan negociando nos últimos meses un novo acordo que substitúa o de 2015 e que permita desescalar a situación. A sexta ronda de conversas rematou a finais de xullo sen acordo na cronoloxía de medidas que os EUA e o Irán deben tomar para pór en marcha o pacto. "A xanela da diplomacia segue aberta", subliñan as autoridades.
NOS_35087
No vídeo trátanse as consecuencias da emigración da poboación galega e "como a falta de capacidade de decisión influe neste drama social".
Enmarcado dentro da campaña Galiza nación: un pobo con dereitos, Vía Galega vén de lanzar no día de hoxe unha peza audiovisual que reflicte as consecuencias da emigración da poboación galega e como a falta de soberania influe neste drama social baixo o título Non emigramos, expúlsannos. "Non pode ser que neste século XXI sigamos a padecer a emigración de miles e miles de persoas. Na última década 216.000 persoas con idades entre os 16 e 54 anos tiveron que marchar de Galiza para atopar traballo noutras terras, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística. No caso dos menores de 30 anos que tiveron que deixar o país, son 80.000 mozos e mozas na última década, co que iso significa desde o punto de vista social, familiar e individual", denúncian desde Vía Galega. Nos últimos meses, esta plataforma ten desenvolvido diferentes accións e iniciativas en torno a esta cuestión. Desde mocións até medio cento de concentracións noutos tantos concellos da Galiza. Vía galega considera que a emigración continúa a ser un dos graves problemas do país e que cómpre que as diferentes administracións asuman a importancia de revertela.
NOS_32891
Tras o abandono, por parte de representantes do BNG, do acto institucional convocado polo Concello de Vigo con motivo do Día da Patria Galega -Día de Galiza na nomenclatura empregada polo Goberno municipal- polo "desprezo" de Nadia Calviño ao galego, agora é o BNG de Betanzos quen "planta" a vicepresidenta do Goberno español.
A vicepresidenta primeira do Goberno español, Nadia Calviño, será este domingo a pregoeira das festas de Betanzos. Horas antes, a ministra de Economía desfrutaba do concerto de UB40 na praia de Riazor, acompañada pola alcaldesa da súa cidade natal, Inés Rei. A lectura do pregón por parte da ministra do Executivo de Pedro Sánchez provocou malestar entre as filas nacionalistas, até o punto de que o BNG anunciou que non asistirá ao acto oficial co que dan comezo ás festas en Betanzos. "As festas deben ser para toda a veciñanza de Betanzos, non son unha oportunidade para facer campaña política para o propio PSOE. Parécenos lamentábel o uso partidista que o PSOE está facendo dunha celebración que debera ser de todas as betanceiras e betanceiros", explica a portavoz do BNG, Amelia Sánchez, nunha nota de prensa enviada aos medios na mañá do domingo. "Deixando a un lado o que supón traer a ministra de Economía do Goberno do Estado no momento que estamos vivindo, cunha subida desbocada dos prezos que estamos pagando todas e que o Goberno non está tomando medidas adecuadas para controlar, desde o BNG pensamos que hai betanceiras e betanceiros merecentes desta honra sen traer unha pregoeira que non ten vínculo ningún coa nosa cidade", engade Sánchez. Raíña das Festas, unha figura machista Tampouco asistirá o BNG, como xa fixo os últimos anos, á celebración da Raíña das Festas por ser "unha figura machista e clasista, que perpetúa a desigualdade". "Defendemos unhas festas para todas e todos, que fomenten a igualdade e que promovan a nosa cultura e patrimonio como o noso valor fundamental. Unhas festas das que todas nos poidamos sentir orgullosas", conclúe a portavoz nacionalista. Malestar en Vigo polo pregón en castelán da ministra Calviño no acto oficial do Día da Galiza O anuncio do BNG de Betanzos chega dous días despois de que os representantes do BNG de Vigo abandonasen o acto oficial co que o Concello vigués celebrou no Pazo Quiñones de León o Día da Patria Galega -Día da Galiza, na denominación usada polo Goberno municipal-. Polémica en Vigo Representantes do BNG, entre os que se atopaban o portavoz na cidade, Xabier Pérez Igrexas, e mais a deputada Carmela González, marcharon do acto institucional cando a ministra coruñesa Nadia Calviño, encargada de ler o pregón, interveu en castelán, unha mostra de "desprezo" cara o idioma propio da Galiza.
NOS_20559
O acordo entre o Goberno e a guerrilla do M19 na primavera de 1990 supuxo o primeiro proceso de paz na historia de Colombia e América Latina. Un feito sen precedentes que traería un proceso constituínte ademais de intentar abrir a porta á resolución dun conflito político e armado aínda latente. 30 anos despois. Sermos Galiza recolle a historia daquela loita político-militar a prol da democracia de man de quen a viviu en primeira persoa.
"Por Colombia, pola paz, deixade as armas! Oficiais de Bolívar, rompan filas!". Con esta mensaxe aos combatentes, Carlos Pizarro Leongómez, último comandante do Movemento 19 de Abril, daba por concluído o proceso de desarme que o grupo insurxente levaba xestando meses antes co Goberno colombiano. Era un 9 de marzo de 1990 e Pizarro pronunciaba, desde as montañas do Cauca, o seu último discurso. "Facer a paz é más difícil que calquera combate", afirmaría o comandante fronte aos seus soldados antes de voar rumbo ao palacio presidencial de Nariño, onde faría entrega da última arma en mans da guerrilla ao presidente da República Virgilio Barco. Un acto simbólico que reflectía que, por vez primeira na historia, Colombia lograba un acordo de pacificación entre dous dos actores da guerra interna que golpeaba o país desde a década dos 50. Un acordo que "en termos nominais e xurídicos foi bo", explica a Sermos Galiza o sociólogo e profesor colombiano Franco Muñoz, mais que en termos prácticos "non lograría mudar a dinámica da sociedade colombiana, onde a partir do acordo a violencia iría recruando até facer imposíbel unha paz verdadeira e duradeira". O acordo suporía "o primeiro proceso con éxito en América Latina, que abriría a porta a outros", lembra María José Pizarro, congresista colombiana e filla do último comandante do M19. Un feito "sen precedentes" na política colombiana, "importante para a historia nacional e para a historia do continente, que traería consigo un diálogo nacional" tamén inaudito que desembocaría nun proceso constituínte do que emanaría unha "constitución vangardista", explica Pizarro. Un proceso que facilitaría a integración dos guerrilleiros na vida política do país, como foi o caso do ex alcalde de Bogotá e actual candidato presidencial Gustavo Petro, ou o ex ministro de Saúde Antonio José Navarro Wolff. Así, dous días despois daquela histórica sinatura, a Alternativa Democrática M19 concorría por primeira vez a un comicio electoral. Unhas eleccións que levarían a Carlos Pizarro, artífice do acordo, a obter a terceira posición na carreira pola alcaldía de Bogotá con 70.901 votos, uns resultados só superados polos liberais e conservadores, os representantes clásicos do bipartidismo colombiano. Este bipartidismo, curiosamente, fora o xerme do movemento guerrilleiro 20 anos atrás, hai agora medio século. As eleccións do 19 de abril de 1970 estiveron marcadas polas irregularidades e serían consideradas como unha fraude da Fronte Nacional -unha coalición de liberais e conservadores que gobernaran Colombia en alternancia durante 12 anos- ante a candidatura popular do xeneral Rojas Pinillas. Neste contexto nacería o Movimiento 19 de Abril, "nun momento histórico onde a oligarquía no poder e a mafia se afanaban en impedir que un proxecto político alternativo tomase o control", explica o sociólogo Muñoz. Un movemento que case catro anos após aquela fraude realizaría a súa primeira acción armada: o roubo da espada do libertador Simón Bolívar, que repousaba nun museo da capital colombiana e que non sería devolta ao Estado até 1991, unha vez acadado o acordo de paz. "Bolívar, a túa espada volve á loita", proclamaría con énfase o M19 no comunicado reivindicativo do roubo, que ademais viría precedido pola aparición nos xornais nacionais dunha misteriosa publicidade asinada polo grupo: "Parasitos... vermes? Espere. M19". Foron estas dúas accións as que marcarían un fito na sociedade colombiana e xeraría "gran simpatía" cara ao M19, afirma Muñoz, que non dubida en subliñar o "simbolismo" que acompañaría a traxectoria da guerrilla nacionalista e bolivariana: "Todas as accións do M19 estiveron moi preto das reivindicacións da sociedade civil". Quer o simbolismo quer as demandas democráticas seducirían gran parte da mocidade do país da época. "Viviamos nunha Colombia adormecida e pobre, reprimida polo Goberno. Unha Colombia onde non existían dereitos políticos e non se recoñecía a posibilidade de ser doutro partido que non fose o Liberal ou o Conservador", explica Javier Grajales, antigo membro dos Comandos Urbanos Especiais, o grupo de elite do M19. "Os mozos identificabámonos coas accións do M19, pois era unha organización que no seu comportamento e na súa proposta seducía. Só a través do M19 viamos a posibilidade dunha transformación real na sociedade colombiana", afirma. Corría o ano 1977 cando Grajales decide ingresar na organización, tras fuxir dun operativo de captura contra a súa organización, as Autodefensas Obreras (ADO). O ingreso facilitoullo súa nai, conta, unha sindicalista que abandonara o Exército de Liberación Nacional (ELN) para se integrar no M19. A diferenza de Forzas Armadas Revolucionarias (FARC) ou ELN, que desenvolverían as súas actividades no medio rural, o M19 enfocaría os seus obxectivos político-militares nos núcleos urbanos, algo que resultaba innovador e vangardista naquela altura e que sería outro dos atractivos do movemento. "O M19 tiña un alto nivel de arraigo urbano en comparación con outras insurxencias e iso deulle unha capacidade extraordinaria para entender a política colombiana", valora Muñoz. Un fenómeno que ademais lograría "espertar as forzas políticas nas cidades e activar as loitas populares", acrecenta o sociólogo. Aquel compoñente urbano determinaría tamén a militancia de Grajales no M19 e non noutras guerrillas: "como cidadán resultaba máis doado sumarse a ese tipo de accións que se levaban a cabo nas cidades que enrolarse en organizacións de ámbito rural e campesiñas como as FARC ou o ELN". Da amnistía xeral ao palacio de Xustiza Eran tempos duros na vida política colombiana. Porén, a chegada de Belisario Betancur á presidencia en 1982 traería unha raiola de esperanza na resolución do conflito armado que azoutaba o país. A finais dese ano aprobaríase unha lei de amnistía da que se beneficiarían máis de 1.300 guerrilleiros, entre eles os principais líderes do M19. En 1983, o propio Betancur reuniríase -coa mediación de Felipe González- cos líderes do M19 Álvaro Fayad e Iván Marino Ospina. As negociacións desembocaron na sinatura dos acordos de Cese del Fuego y Diálogo Nacional de Corinto en 1984, que tiveron como antesala uns anos antes dúas das operacións máis espectaculares e de maior éxito da guerrilla: o roubo de armas no cantón norte a finais de 1978 -onde a guerrilla lograría subtraer 5.000 fusiles e outros armamentos dun depósito militar- e o asalto en 1980 da embaixada da República Dominicana en Bogotá, onde un comando guerrilleiro lograría -grazas ao secuestro dunha trintena de diplomáticos de todo o mundo- pór en xaque ao mesmo Goberno, até o punto de obrigar o executivo a aceptar as peticións dos insurxentes. "O M19 tiña un alto nivel de arraigo urbano en comparación con outras insurxencias e iso deulle unha capacidade extraordinaria para entender a política colombiana", valora Muñoz Após cinco anos, as dúas accións, cos pactos de Corinto esnaquizados -a guerrilla acusaba o Goberno de incumprir os pactos-, levarían o M19 a planear a súa acción máis ambiciosa e coñecida: o asalto ao Palacio de Xustiza. Esta desenvolveuse en pleno corazón de Bogotá e esta vez, en cambio, o exército "non estaba disposto a unha negociación que levase a outra humillación estatal", lamenta Grajales, que a pesar de non ter participado no enfrontamento -que deixou 98 mortos e 11 desaparecidos, segundo as cifras oficiais-, explica que a "motivación" do M19 para o asalto era "citar o presidente Betancur a un xuízo público polo incumprimento do acordo" de cese ao fogo asinado 15 meses antes. "Aquel era un acto simbólico que tivo unha resposta desmedida por parte dun Goberno que sacrificou deliberadamente as persoas que estaban alí dentro", denuncia. Trátase este dun episodio que aínda hoxe segue causando enorme división e conmoción na sociedade colombiana, "malia o polémico non ser a acción en si, senón a forma de operar das forzas militares. Isto é o que demostra a historia", explica Muñoz. O sociólogo, ademais, desmente rotundamente a versión dunha alianza entre o M19 e o cártel de Medellín, porque segundo el "non existe ningunha proba". Unha paz difícil e un legado político vixente Coa fin da era Bentacur en 1986, o mandato do novo presidente Virgilio Barcos traería novas esperanzas de paz para o pobo colombiano. Así, antes de rematar o seu mandato, Barcos lograría acordos de pacificación co Exército Popular de Liberación (EPL) e co propio Movemento 19 de Abril, aínda que en ambos os procesos, o escepticismo e a desconfianza cara ao Goberno sería significativa entre algúns guerrilleiros. Para Grajales, por exemplo, o desarme resultaría "doloroso", dentro dun proceso que "viamos que non ía ter un final feliz". "Algúns militantes opuxémonos radicalmente á desmobilización e á entrega de armas, pero finalmente aceptamos a decisión por unha cuestión de disciplina cara á organización", explica o ex guerrilleiro. Tras esa desmobilización "seriamos testemuñas de como algúns militantes serían asasinados, entre eles Carlos Pizarro", lamenta Grajales. A morte aconteceu tan só un mes e medio despois da sinatura dos pactos, o 26 de abril de 1990, e con Pizarro inmerso na carreira presidencial da República. O pasamento estremeceu a sociedade. A súa filla María José -unha nena de 12 anos naquela altura- recórdao como "unha creba, non só para min como senón tamén na historia nacional", que lle suporía á pequena "un proceso de moita dor durante anos" e que, na súa opinión, "non se debeu ao pasado guerrilleiro" do seu pai, senón ao "seu futuro como posíbel primeiro presidente alternativo e progresista na historia da nación". A morte do líder obrigou a familia Pizarro a se exiliar en Barcelona, desde onde a propia María José retornou en 2010 para integrarse na vida política do país, "como nun exercicio de memoria, de paz e de activismo social", explica. Iso levouna a copresidir na actualidade a Comisión de Paz do Congreso, onde traballa sen descanso a pesar dos intentos do uribismo por obstaculizar o seu labor. "Desde 2010 avanzamos na boa dirección e logramos incluír as vítimas do conflito no relato nacional", asegura a congresista. Desde maio de 2019, un grupo denominado Xuventudes do M19 (JM-19) fixo aparición en diferentes centros universitarios do país. Segundo fontes policiais citadas nos principais medios colombianos, este grupo estaría "infiltrando marchas universitarias", coa intención de provocar "altercados" contra as forzas da orde. Porén, coa chegada de Duque á presidencia "ese traballo de memoria sufriu un retroceso inmenso, especialmente na reparación integral das vítimas", denuncia Pizarro, que xunto a Gustavo Petro se erixe hoxe nunha das principais figuras da alternativa política que enfronta ao Centro Democrático de Duque e Uribe, actualmente no poder. Una alternativa "loábel e con forza" para unha sociedade que "está clamando un cambio nun país onde a desigualdade recrúa", apunta o sociólogo Muñoz. E é que case 30 anos despois, o legado político daquel singular movemento segue máis vixente que nunca. Un legado dunha loita armada que para ex militantes como Grajales "pagou a pena" e que tres décadas máis tarde "volvería pagala pola construción dunha sociedade mellor".
NOS_12501
A trazabilidade dos casos confirmados da Covid-19 non está a ser efectiva na Galiza. Así o demostran os datos oficiais e o testemuño de diferentes persoas que baten contra un sistema de rastrexo saturado, con resposta tardía e sen medios para afrontar o aumento da incidencia. A Primaria segue a cargar o peso.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece nesta terza feira ante o pleno do Parlamento da Galiza para dar conta das medidas adoptadas para afrontar a quinta vaga da Covid-19 e, en especial, dúas cuestións sobre as que as e os profesionais veñen alertando nos últimos días: a saturación da Atención Primaria e o mal funcionamento do sistema de rastrexo de positivos. Hai dous indicadores da pandemia que evidencian esta situación: a taxa de positividade das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) e a trazabilidade dos casos. O primeiro fica hoxe, segundo os datos máis recentes da Consellaría, en 15%, triplicando o limiar recomendado de 5% após varias xornadas consecutivas por riba de 10%, o que supón que a transmisión vírica está descontrolada no país. O segundo fai referencia á identificación das cadeas de transmisión, isto é, facer un trazado efectivo dun positivo e todos os seus contactos estreitos. Esta cifra actualízaa cada semana o Ministerio de Sanidade, e, con base no último informe publicado, a trazabilidade na Galiza é de 45%. En consecuencia, máis da metade dos contaxios notificados non están controlados, xa que se descoñece a súa orixe e a cadea de transmisión pode seguir operativa. Servizo saturado Este xornal tivo acceso a diferentes testemuños que acreditan o colapso do sistema de rastrexo habilitado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Un deles é o de David, un mozo vigués de 35 anos que na segunda feira 19 de xullo entregou nunha farmacia unha proba PCR de saliva cando un amigo co que estivera uns días antes nunha terraza deu positivo. "Hoxe aínda non obtiven o resultado", lamenta. Preocupado, na terza fixo un test de antíxenos e, dado que foi positivo, preguntou no centro de saúde como debía proceder. Convocárono ao día seguinte no Hospital Álvaro Cunqueiro para ratificalo cunha PCR, cuxo resultado non soubo até a sexta feira. Até aquel intre, ninguén o contactara desde a central de seguimento de casos. Tampouco comezaran falar cos seus contactos estreitos, aos que el mesmo, por prevención, instou a se autoconfinar. "Non queremos xerar alarma cunha proba de antíxenos até que non se confirma por PCR", dixéronlle desde o sistema de rastrexo, unha cuestión que David non comprendeu: "Se o test de antíxenos serve para a hostalaría, por que non para diagnosticar?". Algo semellante aconteceu con Xabier (23 anos), Pablo (24) e Samantha (23), compañeiros de piso en Compostela que na pasada sexta feira deron positivo nun test de antíxenos e acudiron ao número do Sergas habilitado para estes casos. Após tomarlles os datos, dado que só a rapaza presentaba un cadro sintomático agudo, foi a única citada para unha PCR ese mesmo día, previa cita co seu médico de cabeceira. A proba resultou positiva. "Nós chamamos varias veces insistindo en que nos citasen, mais o único que nos dicían era que ficásemos illados [fixérano desde a sexta feira por precaución] porque os antíxenos xa acreditaban o contaxio, e que se nos atopabamos mal chamásemos ao 061. Tiñamos dúbidas sobre que facer cos contactos estreitos, xa que non nos deran ningunha instrución", explica Pablo. Finalmente foron convocados a unha PCR o domingo, após notificar a aparición de síntomas ao seu médico. "Logo de varias chamadas infrutuosas, a última hora desta segunda feira dixéronme que constaba como positivo, mais ninguén mo tería notificado de non contactar eu. Parece mentira que teñamos que ir nós tras eles", critica. David, pola súa banda, incide na "total descoordinación" do servizo: "A unha persoa coa que tivera contacto estreito chamárona aos dez días do meu positivo para dicirlle que remataba a súa corentena... Cando ninguén lle notificara antes que debía facela. E a outra coa que estivera o mesmo día, dixéronlle que tiña que alongar o confinamento outros catro días por mor da variante Delta e someterse a unha PCR, mais tampouco llo advertira ninguén previamente". "Levo seis días confinado na casa, seis agardando pola chamada da médico de cabeceira. Non me fai seguimento ninguén, non teño a baixa médica, convócanme para a segunda vacina este sábado... Cando será a próxima PCR? E os pasos a seguir? A xestión do Sergas é nula", expón outro rapaz, Pablo, residente na Coruña. A Primaria, sobrecargada "A xente chámanos rebotada, e é lóxico, porque isto parece un vacile. Eu teño que mandar os pacientes facer as PCR, ver se é negativa, facer seguimento dos positivos que están na casa... A Atención Primaria está saturada e á Xunta non lle importa, fan 'política de telexornal'", afirma o portavoz de SOS Sanidade Pública e médico en Outes Xosé María Dios. A madrileña Abai Group, adxudicataria do rastrexo Fontes da Consellaría consultadas por Nós Diario desbotaron aclarar a cifra exacta de rastrexadores cos que actualmente conta o Goberno galego. Con todo, a Xunta vén de adxudicar o contrato para un sistema de rastrexo estábel, o primeiro da pandemia —até o de agora tratábase de contratos temporais de emerxencia— á sociedade madrileña Abai Group SA, a través da súa filial Extel Contact Center SAU. A oferta presentada obtivo unha menor puntuación por parte do persoal técnico de Sanidade que a súa competidora —31,4 puntos fronte aos 44,6 da coruñesa Universal Support SA—; porén, a proposta económica decantou a balanza a favor da empresa con sede en Madrid, con prezos inferiores. O contrato será anual e o seu custo total estímase en perto de 13,8 millóns de euros.
NOS_22449
O partido con representación na Corporación municipal considera que todo o pleno debe preservar a riqueza paisaxística da zona que estaría afectada por este proxecto de explotación enerxética. Lembran que esta iniciativa empresarial está pensada para a zona dos Penedos de Pasarela e Traba, considerados unha paisaxe protexida.
A formación Adiante Vimianzo, a través do seu portavoz Manuel Antelo Pazos, presentou unha moción para debater no pleno o rexeitamento á creación do Parque Eólico Monte Chan, pois afectaría a unha zona protexida tal e como é agora o proxecto. O grupo municipal pretende conseguir apoios para botar atrás a iniciativa de EDP Renovables España S.L.U. por entender que non se pode permitir que dous dos aeroxeneradores se sitúen na paraxe dos Penedos da Pasarela. Antelo xustifica esta consideración porque Os Penedos de Pasarela e Traba foron recoñecidos como Paisaxe Protexida pola Xunta en decembro de 2008, "logo dunha intensa loita de moitos colectivos sociais que impediron que nesta paraxe natural se instalase unha canteira que a destruiría por completo e que contase coa máxima protección paisaxística". O partido advirte de que de seguir adiante co plan, a compañía provocaría un "dano irreparábel" nesa zona. De feito, din, a propia memoria de impacto revela que o grao de afección sobre o lugar sería "difícil de paliar". Esta circunstancia dáse porque, como recolle o proxecto, incluiríase nun entorno "con elevados valores xeomorfolóxicos, paisaxísticos e culturais". Por exemplo, na contorna na que iría unha das torres de captación de enerxía hai unha necrópole megalítica. Adiante Vimianzo entende que, unha vez parado o plan da canteira, non se pode ir cara atrás permitindo esta proposta tamén lesiva. Con esta exposición de motivos que levarán ao pleno, instarán a todos os grupos a rexeitar calquera explotación eólica futura e, en particular, a de Monte Chan. Tamén queren que se defenda a "integridade paisaxística" e que o Concello redacte un informe a respecto do que hai nese patrimonio cultural.
NOS_15935
Do domingo 31 de xaneiro ao 14 de febreiro, Portugal fechará a fronteira terrestre coa Galiza e co Estado español e limitará as saídas por mar e aire cara a outros países.
"A situação é muito grave". Así se pronunciaba na tarde de onte a ministra da Presidencia de Portugal, Mariana Vieira da Silva, cando deu conta do endurecemento nas restricións para tratar de conter a escalada de casos de coronavirus. O Goberno decidiu acrecentar as medidas que limitan a circulación de persoas como a prohibición de saída do país, o control de fronteiras e voos. Ademais, prolónganse o fechamento de escolas e a volta ao ensino en liña até, cando menos, o 8 de febreiro. Por outra banda, o Goberno anunciou a contratación de máis profesionais da saúde, a quen lles promete unha mellor remuneración. O presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa, suxeriu na noite de onte, após coñecer as novas restricións, un confinamento prolongado: "O que fizermos todos até Março, inclusive, determinará o que vão ser a Primavera, o Verão e, quem sabe, o Outono". Este, dixo, "é o momento mais difícil da pandemia". Portugal é o sexto país da UE en anunciar o fechamento das súas fronteiras, após Dinamarca (do 12 de novembro ao 11 de maio); Hungría (do 30 de decembro ao 1 de marzo), Austria (do 9 de xaneiro ao 7 de febreiro), Finlandia (do 11 de xaneiro ao 25 de febreiro) e Bélxica (do 27 de xaneiro ao 5 de febreiro). Ademais, Noruega, país membro do espazo Schengen, ten as fronteiras fechadas do 12 de novembro ao 9 de febreiro. Á cabeza en mortes A avaliación semanal do Centro Europeo de Control de Doenzas que analiza a pandemia en 30 país sitúa Portugal no primeiro lugar a respecto da taxa de novos casos por 100.000 habitantes e de falecementos por millóns de habitantes, no período de 14 días equivalentes á segunda e terceira semana do ano. Portugal atinxe unha taxa de 1.429,43 novos casos deCovid-19 por 100.000 habitantes, e 247,55 óbitos por millón de habitantes no período analizado. Cepa con orixe no Reino Unido A presenza da nova variante do Reino Unido é xa estimada en 50% na rexión de Lisboa e Vale do Tejo, segundo informou onte a ministra da Saúde, Marta Temido, no Parlamento. No país, calcúlase que a prevalencia desta variante sexa de cerca de 30%, de acordo co Instituto Nacional de Saúde Doutor Ricardo Jorge (Insa).
NOS_55791
A crise económica no fútbol limitou até o extremo os movementos
A Liga de Fútbol Profesional (LFO) é, falando en termos económicos, un barco á deriva desde a chegada de Tebas á súa presidencia en abril de 2013. Desde aquel entón, o dirixente multiplicou por 10 os seus emolumentos -de 348.000 euros anuais a 3,46 millóns por exercicio-, mentres que os clubs que conforman a competición non cesaron de apertarse o cinto até o punto de desembolsar unicamente 21,2 millóns entre todos neste mercado de inverno, o que fai do español o oitavo campionato europeo en gasto en fichaxes, por detrás do holandés, o portugués ou o turco. Lonxe quedaron aqueles feches de mercado no que as afeccionadas e afeccionados dos distintos conxuntos permaneceron pegadas ao transistor até as 12 da noite agardando pola chegada dun crack de última hora. En Vigo aínda lembran con cariño a Berizzo ou Mido a principios da década dos 2000, o mesmo que fan na Coruña co internacional arxentino Fabricio Coloccini. Porén, o certo é que os erros foron máis comúns que os acertos neste mercado, e por cada estrela acabaron chegando varios nomes que pasaron á historia, pero polo seu baixo rendemento, casos de Renaldo ou 'Manteca' Martínez no Deportivo ou Welliton e Fedor Smolov no Celta. A cuestión é que na actualidade nin sequera eses "vultos sospeitosos" contra os que clamaba entre calada e calada José María García chegaron a asinar por uns clubs economicamente enfermizos que loitan por subsistir no marco dun campionato como o español que pareceu perder o tren da historia e a carreira competitiva xa non cos torneos inglés ou o italiano, senón co francés, o alemán e mesmo outros "menores" como o portugués, o holandés ou o turco. Por iso non resultou estraño que, para consternación dun Coudet desesperado por fichar, o Celta só realizaara unha incorporación, o mexicano Orbelín Pineda, que para máis inri chegou á cidade olívica coa carta de liberdade, é dicir, completamente gratis. No apartado de baixas, a escuadra celeste perdeu Miguel Baeza, cedido á Ponferradina de Segunda División, e o turco Okay Yokuçlu -un dos celtistas mellores pagados-, que reforza en calidade de cedido con opción de compra as filas do Xetafe madrileño. O Lugo foi o gran protagonista galego O Club Deportivo Lugo foi o principal animador da derradeira xornada dun mercado de inverno no que a entidade albivermella confirmara previamente as baixas do defensa central Pedro López -desvinculado de mutuo acordo do equipo tras non disputar nin un só minuto na primeira volta- e de Gerard Valentín, xogador estrela do club, que puxo rumbo a Huesca a cambio de 400.000 euros. A eles uniuse, para sorpresa colectiva, Hugo Rama. O mediapunta de Sigüeiro, a pesar de perder peso nos esquemas de Albés nas últimas xornadas, continuaba a ser un xogador con cartel na categoría, como demostra o feito de que asinase polo Real Oviedo. No capítulo de altas, concentrado no último día de mercado, a escuadra albivermella anunciou a chegada de Pablo Clavería e Idrissa Thiam. O primeiro é un mediocentro defensivo con ampla experiencia na categoría, mentres que o segundo será sobre o papel o relevo de Gerard Valentín, pois este internacional mauritano se desenvolve na posición de extremo, desde onde destacou na recente Copa África.
NOS_9330
Un roteiro pola costa de Corcubión con litoral, faro, castelo e fervenza, entre outras cousas.
O litoral de Corcubión é rochoso, elevado e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que, na maior parte, foron comestos polas infraestruturas viarias. Fóra da vila só hai cantís de entre 10 e 50 metros de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos, aos que non é doado achegarse porque o terreo é encosto, forestal e cuberto de toxos. Paraxe: Ría de Corcubión (Seo de Fisterra) / Concello: Corcubión / Percorrido: 16,5 quilómetros, circular a pé. 10 quilómetros en coche + camiñadas / Dificultade: Baixa Pero se temos ganas de coñecelo podemos facer un roteiro circular que comezamos na vila para percorrer polo paseo toda a fachada litoral, pasando polo porto e a praia de Quenxe e, no remate, subir á estrada que vai ao faro, que transcorre paralela á costa separada do mar por plantacións forestais. Chegando á altura do castelo podemos baixar á beira da auga; logo hai que volver á estrada e un pouco máis adiante, nunha curva, temos á vista o tramo da Cova. De aí até case chegar ao faro a estrada vai entre árbores. Desde o faro temos amplas panorámicas da costa e carreiros para achegarnos á beira do cantil e ás boleiras, e sitio para baixar a elas, se a marea o permite, e para camiñar polas rochas até a Posta da Herba, ou seguirmos polo camiño, con tramos pouco transitados, que nos leva a preto da punta do Liñeiro á que podemos achegarnos por un carreiro que baixa á esquerda para ver o único areal da zona que cobre a marea ao subir. Na estrada collemos á esquerda, cara á Redonda para irmos ao cabo da Nasa. Desde a estrada hai un carreiro que vai á punta do Salto e, máis adiante, un camiño, por fóra da estrada, até a igrexa da Redonda e ao acceso ao cabo, é máis doado seguir pola estrada até o lugar e alí coller o camiño ao cabo da Nasa, un punto con fermosas panorámicas, altos cantís e boleira. De volta na Redonda, e na estrada, imos á esquerda e un pouco adiante collemos a primeira pista á esquerda, e nela, pasados os feches, un camiño á esquerda que nos leva primeiro ao pé duns muíños, desde onde temos unha vista da Boleira e a punta Marxenta, logo atravesa un regueiro que, se baixamos á Boleira, vemos caer ao mar nunha pequena fervenza. Desde aquí o camiño métese entre os piñeiros e case desaparece até saír a outro que vén de arriba ás leiras. Ao chegar a el atopamos un desvío á esquerda, fechado, e ao pé un carreiro que entre as árbores e pola parte de arriba das leiras vai enlazar noutro camiño que vén do lugar da Amarela polo que podemos baixar ao cabo Louzán, a punta do Corno e á boleira da praia da Cova. Volvemos polo camiño á Amarela e, polo Vilar, a Corcubión onde fechamos a volta. O percorrido en coche limítase a catro paradas: na vila, no faro, na Redonda e na Amarela; e varias camiñadas para coñecer os puntos de interese.
NOS_46662
O primeiro trimestre do ano deixa 15.700 persoas máis no desemprego, a cifra máis alta entre todos os territorios.
O maior aumento do paro no Estado español no primeiro trimestre de 2020 foi na Galiza, onde se incrementou en 15.700 persoas. Un moi mal dato que deixa a Enquisa de poboación activa (EPA) e que se deu a coñecer esta quinta feira. Ese aumento é moi superior ao segundo territorio con peor rexistro, Castela e León, onde o paro subiu en 9.900 persoas. Entre xaneiro e marzo o paro disparouse en 11% a respecto do trimestre anterior, moi por riba da media no estado español, onde o paro descendeu en 1,7%. Se a comparativa a establecemos co mesmo trimestre de 2020, vemos como o desemprego aumentou na Galiza en 0,97% mentres que no conxunto do Estado español descendía en 10%. A taxa de paro sitúase en 13%, un 1,3% máis que no trimestre anterior e un 0,4 % máis que hai un ano Outro mal dato: continuamos a perder poboación activa. Tiñamos 1.218.100 persoas activas no primeiro trimestre deste ano, o que supón que perdfemos 5.500 a respecto da EPA anterior (a que abranguía os meses de outubro a decembro de 2020) e perdemos case 22.000 se comparamos con hai un ano. A taxa de actividade sitúase 5 puntos por baixo da media española: 52% fronte a 57%. Tampouco convida ao optimismo o que esta Enquisa de poboación activa nos indica sobre a poboación ocupada, Desde o anterior trimestre o número de persoas ocupadas descendeu en máis de 21.000. Así pois, no primeiro trimestre destruíronse 21.200 empregos na Galiza,. O retroceso galego é do 1,96%, máis do dobre que no Estado (-0,71%), onde se perderon 137.500 empregos. Dentro dos datos de ocupación están incluídos os traballadores e traballadoras en ERTE na Galiza, mecanismo que ao remate de marzo daba cobertura a 34.759 persoas (2867 por causas técnicas ou organizativas, 5956 de forza maior e 25 936 nos de limitación ou impedimento). Por sectores, o descenso da ocupación no primeiro trimestre en termos absolutos está liderado pola industria (5.800 empregos menos); seguido polos servizos (-5.600) e a construción (-5.300). A redución no sector primario foi de 4.400. Respecto ao primeiro trimestre do pasado ano, a industria perdeu na Galiza 22.700 empregos. O número de persoas no desemprego na Galiza está en 158.300 persoas, o que supón unha taxa de paro no 13%, un 1,3% máis que no trimestre anterior e un 0,4 % máis que hai un ano. Porén, mantense tres puntos por baixo da media estatal.
NOS_9235
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello lugués, foi a encargada de anunciar a confirmación destas dúas artistas.
A portuguesa Ana Bacalhau e a catalá Andrea Motis foron confirmadas como as dúas novas confirmacións para a edición de 2022 do San Froilán, en Lugo. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua no Concello lugués, foi a encargada de anunciar a confirmación destas dúas artistas. Ana Bacalhau A respecto das propias artistas, Ana Bacalhau naceu en 1978. Ela quería ser profesora de portugués e inglés mais as leccións de guitarra levárona a descubrir a súa voz e unhas ganas de facer música que nunca a abandoaron. A primera banda de que formou parte chamouse Lupanar. Naceu en 2001, dunha idea conxunta de Gonçalo Tocha e Dídio Pestana de facer música en portugués, explorando sons, palabras e xéneros musicais sen "restricións nin barreiras". O ciclo Mexer volta a Lugo para a súa segunda edición Alí coñeceu Zé Pedro Leitão, baixista, con quen formou o trío de jazz Tricotismo, en 2005, onde exploraron xuntos o seu gusto polo jazz e o blues. Bacaclhau debutou nun escenario en solitario en decembro de 2013, co proxecto 15, cantando algunhas das cancións que máis a marcaron dende os 15 anos. Agora cumpre un desexo de hai moito tempo: lanzar o seu primeiro álbum en solitario. Nome Próprio co que está a xirar na actualidade. Andrea Motis Andrea Motis, natural de Barcelona é unha trompetista, saxofonista e cantante. Formouse musicalmente, a partir dos 7 anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, como trompetista primeiro e saxofonista despois. En 2007, con só 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro quen a descubriu artisticamente e con quen gravou oito discos. Chega a Lugo a presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip ho pe incluso achégase á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador.
NOS_44546
Na DomusVi intervida onte pola Xunta hai 142 casos activos entre as persoas usuarias e outros 24 no cadro de persoal. O seguinte máis afectado é o centro residencial do Incio pero tamén son cifras elevadas as do xeriátrico Orpea, de Culleredo.
A Consellaría de Política Social comunicou esta mañá que outras catro persoas usuarias do centro DomusVi Lugo, no municipio de Outeiro de Rei, deron positivo nas probas da Covid-19, logo de que a Xunta intervira onte a residencia pola detección de 99 casos máis dos que había. Así mesmo, preocupa a situación do centro residencial Ricardo Baro, de Aspronaga, en Oleiros porque hai seis doentes máis que onte. Con estes últimos datos das autoridades sanitarias, na infraestrutura de Outeiro de Rei hai 142 internas e internos enfermos. Ademais, o outro centro onde máis se expandiu o virus foi o de atención á discapacidade que Aspronaga (Asociación pro personas con discapacidad intelectual de Galicia) xestiona no concello de Oleiros. Neste contexto, os xeriátricos continúan a ser un dos puntos onde se reforza o control porque hai 253 casos activos repartidos entre catro instalacións. En concreto, os casos activos están na residencia do Incio (78); Orpea de Culleredo (29); DomusVi Lalín (4) e o resto até os 253 en na DomusVi de Outeiro de Rei. No que respecta aos cadros de persoal destas instalacións, nas últimas horas incorporáronse ao cómputo global de 81 contaxios, 10 traballadoras e traballadores desta última vila. Da mesma maneira, elimináronse das listaxes cinco operarias da residencia do Incio, que xa están curadas desta enfermidade, e un usuario, que se computou como positivo por un erro do centro. Situación difícil tamén para o persoal Así as últimas cifras dispoñíbeis a estas horas falan de 30 casos activos correspondentes ao persoal do Incio e 24 á DomusVi de Outeiro de Rei, ambas as intervidas pola Xunta. Respecto aos centros para a atención a persoas con capacidades diferentes, rexistráronse seis novos contagios de usuarios do centro de atención á discapacidade Ricardo Baro de Aspronaga, en Oleiros, así como un novo positivo entre o seu persoal. Con iso, este centro rexistra 11 usuarios e dous traballadores contaxiados. Tamén se identificou nas últimas horas a afección a un empregado da residencia de atención á discapacidade Juan Vidán Torres de Aspas, situada en Compostela. Permanecen na suma total un traballador da residencia de discapacidade da Baña e outro da de Aspace, no municipio da Coruña.
NOS_37137
A Xunta reabriu este sabado a porta ao proxecto Corcoesto, após recibir nova documentación de Edgewater. Este domingo, Salvemos Cabana pedía un cambio "profundo" na Lei de Minas para tornar imposíbel a realización de proxectos como o que propón a compañía canadiana.
Para Salvemos Cabana, a Lei de Minas de Galiza apresenta "importantes defectos de forma e numerosas incongruencias" que teñen sido aproveitadas "desde a administración autonómica do PP para favorecer a súa liña ideolóxica e proxectos empresariais afíns". Xulga Salvemos Cabana que a actual normativa legal parte dunha premisa "basicamente errónea", a de atribuír o conceito de "sustentabilidade" ás actividades extractivas cando estas, pola súa propia natureza, son sempre a explotación dun recurso non renovábel e que se esgota "através duns impactos ambientais". A cousa empiora cando se trata de minería a ceo aberto. Nesas condicións é imposíbel "a restitución plena das condicións orixinais do territorio afectado". Para a entidade contraria ao proxecto de Corcoesto, o Plano Sectorial de Actividades Extractivas "tal e como ten sido deseñado polo actual goberno autonómico do PP" (...) "imposibilita a compatibilidade do aproveitamento dos recursos mineiros coa protección do medio natural, o patrimonio cultural e o desenvolvimento da actividade agraria". Salvemos Cabana demanda cambios na lei visando que "o respeito ao medio ambiente e aos usos tradicionais do territorio" atinxan un maior rango legal. En concreto, propoñen mudar o termo "minería sustentábel" polo de "minería razoábel no aproveitamento de recursos do subsolo".
PRAZA_2568
Roberto Mansilla, analista do IGADI, cre que as "eivas na integración da comunidade musulmá" en Europa e "a maior implicación de Occidente nos conflitos árabes" están no fondo da radicalización de terroristas que captan membros entre "os fillos e netos dos chegados nos anos 60"
"É moi probable que haxa máis atentados no futuro. Efectivamente é así porque xa existen redes de captación de terroristas moi asentadas por parte do Daesh e outras redes que permiten vertebrar unha plataforma bastante eficaz para esta captación e para a difusión da súa mensaxe". Roberto Mansilla, analista do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), coincide con todos os expertos ao sinalar que os ataques terroristas volverán, máis tarde ou máis cedo, a Europa e a Occidente. "A raíz do problema non está na creación do EI; hai eivas na integración e problemas xeopolíticos derivado da maior implicación de Occidente nos conflitos árabes" Os sanguentos atentados de París volveron horrorizar a cidadanía europea, desta vez das mans do mal chamado Estado Islámico (EI), culpable e responsable agora dos, polo momento, máis de 130 mortos na capital francesa. Para Mansilla, licenciado en Estudos Internacionais e experto nos conflitos xeopolíticos mundiais, "a raíz do problema non está na creación do EI", senón que vai moito máis aló. "Hai fallos e eivas na integración multicultural en Europa e, sobre todo, problemáticas de carácter xeopolítico que teñen que ver coa cada vez maior implicación de Occidente nos conflitos árabes", explica. Mansilla lembra que a comunidade inmigrante árabe-musulmá existe en Europa desde os anos 60, froito sobre todo da descolonización do norte de África. Malia que moitos deles chegaban de serios conflitos e marcados pola violencia nos seus países, "e cunha maior posibilidade de radicalización", son agora algúns dos fillos ou netos deses emigrantes -europeos de nacemento- os que se lanzan a cometer as atrocidades. "Por que agora e non antes? Que pasou para que 50 anos despois sexan os descendentes os que leven a cabo o terrorismo?". Esas son as preguntas que, segundo o analista do IGADI, hai que facerse. Mansilla cre que hai que preguntarse por que son os fillos e netos dos emigrantes árabes os que cometen os atentados El achega de novo a dúas respostas e causas: as eivas na integración dalgunhas comunidades musulmás que acaban por ser obxectivos da captación e, "sobre todo", a cada vez maior implicación de Occidente nos conflitos en Oriente Próximo e no mundo árabe. "Isto provoca que se intensifiquen as situacións de violencia e destrución dentro dos países árabes, que se radicalicen os grupos xihadistas e que estes avoguen por captar mozos, que buscan en zonas onde hai maiores problemas de exclusión e pobreza os seus obxectivos e que deciden atacar o que eles consideran o seu inimigo no seu propio corazón, na súa propia casa", di. "Aprovéitanse de xente de barrios periféricos e marxinados con condicións socioeconómicas, culturais e educativas peores que noutras zonas", insiste. "Xa hai un problema creado. É impensable considerar que despois deste atentado van acabar os ataques". Así de duro o pinta Roberto Mansilla, que insiste en que os atentados en Europa "proliferaron moito máis desde os anos 90 e máis nesta última década, xusto na mesma época na que a intervención occidental nos conflitos árabes foi maior". "Os atentados proliferaron máis desde os 90, xusto na época na que a intervención occidentas nos países árabes foi maior" Ademais, Mansilla advirte de que "non existe ou non se observa por parte de gobernos, da OTAN ou da política exterior da UE nada que permita considerar que Europa ou Occidente vaian excluírse dos conflitos do mundo árabe-musulmán". E, o que é aínda peor, "tampouco se aposta por unha resposta global, consensuada e conxunta" e que non só debería centrarse na resposta militar, senón no que ten que ver coa integración multicultural e unha estratexia xeopolítica común. "Non se está a apostar por unha resposta global, consensuada e conxunta; a solución militar non pode ser a única" "As reaccións inmediatas, como os bombardeos, son motivadas pola presión da opinión pública; estas medidas reactivas poden solucionar unha parte do problema se o problema só o EI, pero a solución militar non poder ser a única, hai que artellar solucións políticas e culturais; o problema non está só en Siria ou noutro país, senón na integración das comunidades de emigrantes en Europa", resume. De feito, Mansilla asegura que a radicalización das medidas de seguridade "identificará máis a posibilidade da violencia deste terrorismo", pero cre que "aínda que se erradique o EI, as redes xihadistas xa están formadas e outro movemento deste tipo volverase formar a partir delas". En definitiva, a problemática é global e a solución, tamén, non só militar e violenta. "Aínda que se erradique o EI, as redes xihadistas permitirán que se forme outro movemento semellante a partir delas" "No medio -como advirte o experto- hai unha crise de refuxiados que xa está a ter unha resposta bastante vergoñenta por parte da UE, que incumpre algún dos seus dereitos fundamentais, e que pode ir a peor". Mansilla lembra que "non todos aceptan con consenso que veñan" e que certas informacións e mesmo ruxe-ruxes sobre a posibilidade de que algún terrorista chegue a través do camiño que empregan os que escapan do conflito empeoran a situación. "Que pode haber redes que aproveitan isto para coar alguén? Pois é inevitable e pouro reversible, pero o enfoque restritivo, punitivo e degradatorio xa existía por parte dalgunha xente e gobernos, e agora o contexto é peor", di. "Non debemos olvidar que hai quen está apuntando a unha comunidade que foxe, precisamente, dos conflitos", remata.
NOS_6858
Familiares das 'Mártires de Sofán', as catro mulleres asasinadas en 1919, e veciñanza participaron no ato de lembranza daqueles sucesos na parroquia de Carballo.
Josefa Bolón Mato, María Caamaño Pallas, Carmen Veira Souto e María Serrano Paz recibiron este sábado en Sofán, Carballo, unha homenaxe que demorou cen anos. O 16 de febreiro de 1919, as catro mulleres, veciñas desta parroquia, morreron como consecuencia dos disparos da Garda Civil nun episodios tráxico que foi silenciado durante moitos anos. A homenaxe organizada pola Agrupación Cultural Lumieira, o Consello Parroquial de Sofán e o Concello de Carballo quixo rematar con ese silencio. Coincidindo co centenario da masacre, as Mártires de Sofán foron lembradas nun acto ao que asistiron familiares das vítimas, veciñanza e representantes sociais e políticos. Xan Fraga Rodríguez, cronista carballés, explicou brevemente o momento histórico no que se produciron os feitos e leu o poema dedicado por Manuel María aos levantamentos populares de Oseira, Nebra e Sofán, todos eles de principios do século XX, no seu libro "As rúas do vento ceibe" (1979). En representación das familias das catro mulleres interviron José Fraga Serrano, máis coñecido coma Bastián, e Dolores Serrano Bolón. Bastián é un dos 19 netos vivos de María Caamaño Pallas, que foi a primeira en caer pola baioneta e os disparos de fusil. Tiña sete fillos e estaba embarazada de sete meses. Era a bisavoa de Dolores Serrano, que na súa intervención encadrou as mortes "no contexto caciquil daquel momento" e chamou a atención na escasa visibilidade que tiveron aqueles sucesos ao longo destes cen anos. O alcalde, Evencio Ferreiro, destacou a importancia de recuperar un feito histórico tan importante para a memoria colectiva, "porque iso ten que servirnos para non repetir erros, para crear comunidade, crear pobo, crear parroquia". Despois das palabras do rexedor procedeuse ao descubrimento do monólito dedicado ás Mártires de Sofán, cunha placa de barro realizada pola oleira de Buño Carmen Isabel Labrador. Ás mártires de Sofán dedícalles Sermos Galiza un dos capítulos do monográfico "De Nós" titulado Rebeldía Galega contra a inxustiza, escrito polo historiador Xan Fraga. A publicación está á venda na loxa.
NOS_3378
[ACTUALIZACIÓN ÁS 18:29h]. Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, segue a Pontón na proposta do Consello Nacional saínte que supón unha significativa renovación do órgao de dirección: dun total de 15 persoas, 10 caras serían totalmente novas.
Este sábado (20 de febreiro) o Consello Nacional do BNG acordou a listaxe de persoas que impulsa para concorrer á Asemblea Nacional do vindeiro día 28 como candidatas aos órgaos de dirección da formación frentista. Encabezaría a lista proposta polo Consello Nacional saínte Ana Pontón. De número dous iría Goretti Sanmartín e após ela nomes como os de Xosé Luís Rivas Mini, Noa Presas, Rubén Cela, Carme da Silva, Néstor Rego, Olaia Ledo, Bieito Lobeira, Obdulia Dinís, Xosé Emilio Vicente, Montse Prado, Xosé M. Marcote, Alba María Feixóo, Lois Pérez Barral. Estas quince persoas constituirían a proposta para integrar a lista para a Executiva. De seren eleitas pola Asemblea Nacional, a renovación a respeito da actual dirección sería grande: 10 das 15 caras da Executiva frentista serían novas. Jorquera fecha a lista ao Consello Nacional Outros nomes propostos, xa para integrar o Consello Nacional, serían Avia Veira, Serafín Otero, Ximena González, Rubén Arroxo ou Leticia Santos. A lista fecharíaa o actual portavoz do grupo parlamentar, Francisco Jorquera, que ocupa o sempre simbólico posto número 50 da candidatura. Delas, "só 5 pertencen á Executiva Nacional saínte" subliñou Ana Pontón o que supón "un importante esforzo de renovación", acrecentou Goretti Sanmartín. A número dous e vice-presidenta da Deputación da Coruña, puxo en valor o feito de seren dúas mulleres as que encabecen a proposta. Mulleres "valentes", "audaces" e "rebeldes", esfatizou, nun tempo no que cómpre, asegurou, "que as mulleres comecen a ter responsabilidades políticas de maneira directa". Un feito que se amosou certa "será ben acollido pola militancia do BNG e a súa base social". O prazo fixado polo regulamento da Asemblea Nacional permite presentar máis propostas até o 22 de febreiro ás 19h Destarte, Goretti Sanmartín sinalou que "non é pechada" senón que fica aberta ás persoas que "poden ser incorporadas" a partir das demais propostas que se presenten até finalizar o prazo de presentación de candidaturas, a segunda feira ás 19 horas. "Nesta organización non poñemos impedimentos" para que estas candidaturas se produzan "senón que se facilita" pois só se precisa "15 persoas" para facer unha proposta, explicaron. Pola súa banda, Ana Pontón puxo en valor o carácter "colectivo" e "democrático" do proceso iniciado no seo do BNG de cara á súa Asemblea Nacional o vindeiro domingo 28 de febreiro. "Aquí non hai cúpulas decidindo", apuntou senón "principios" e "equipas". "Hai que pular polo proxecto colectivamente", enfatizou. Refundación Aliás, subliñou a "viveza do debate" como reflicten as 245 emendas presentadas ao relatorio aprobado polo Consello Nacional saínte e que partillan a "necesidade de refundar o BNG". Un proceso cuxos prazos definirá a propia asemblea xunto co Consello Nacional que nela se elixa. Para alén diso, acrecentou Ana Pontón, "dous son os ámbitos" arredor dos que xirará o debate. "A análise e actualización do discurso" do BNG e a "redefiniciou da estrutura organizativa" para introducir "novos modos e mudanzas en profundidade" na organización, dixo. Ana Pontón e Goretti Sanmartín salientaron carácter do Bloque como "un elemento fundamental" para Galiza polo que chamaron a desenvolver unha "escoita activa" tanto "interna" como "externa".
PRAZA_20071
A ministra de Agricultura remite a concreción dos plans aos "ritmos e tempos" da adiada Declaración de Impacto Ambiental en resposta a unha interpelación de En Marea na que reiterou a súa pechada defensa de ENCE entre críticas aos concellos da Coruña, Santiago, Ferrol e Pontevedra O Goberno central volve adiar o dragado da ría do Burgo tras anuncialo en campaña
Non hai prazos nin orzamentos. E a súa existencia dependerá dos "ritmos e tempos" dun documento adiado tras ser presentado ás présas pouco antes das eleccións xerais de decembro de 2015. A ministra de Agricultura e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, vén de confirmar no Congreso que o testemuñal millón de euros consignado os Orzamentos Xerais do Estado para o dagrado da coruñesa ría do Burgo, isto é, para a súa limpeza, é reflexo da ausencia dun plan a curto prazo para unha actuación ambiental que acumula anos de trámites e peticións do sector marisqueiro, da oposición, dos concellos e mais de colectivos que a pasada fin de semana volveron levar esta reivindicación ás rúas. A resposta de Tejerina a unha interpelación do deputado de En Marea Antón Gómez-Reino vén confirmar os temores expresados hai máis dun ano pola Mesa da Ría, que xunta os concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, á Universidade, á Confraría de Pescadores e á propia plataforma cidadá. Tras ser emprazada polo parlamentario a desmentir se hai algo máis ca "fume" nos seus plans ao respecto a ministra comezou por reclamar "deixar claro que non é bo mesturar saneamento e depuración con dragado" para despois indicar que "será o proxecto" da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do dragado -tiña que estar rematada en xullo do ano pasado e foi atrasada, como adiantou La Opinión de A Coruña- o que permita ofrecer algunha concreción. O gabinete de Mariano Rajoy, defende a titular de Medio Ambiente, está "cumprindo o ordenamento xurídico" e "dando garantías", por iso "en tanto non haxa DIA non se pode licitar ningún proxecto". O documento, dixo sen agregar horizonte ningún, "está en trámite de avaliación e será posteriormente cando todas as partes, incluídos concellos" poidan "acordar o financiamento". "Aí -retou- será cando veremos o valor que conceden á cuestión", xa que a operación implica "a algún concello gobernado por partidos adscritos ao seu grupo", en referencia á Coruña e á Marea Atlántica. Gómez-Reino (En Marea) censura que o Ministerio só ofreza "fume" para a ría do Burgo tras presentar o proxecto de dragado xusto antes das eleccións de 2015 "Só faltaba que impute aos concellos, que ademais están facendo un traballo moi importante para chegar ao vertido cero, o problema da ría do Burgo", retrucou Gómez-Reino, quen presentou como "crucial" a "actuación integral" nunha ría na que, lembra, "hai 30 anos traballaban da orde de 2.000 persoas e a día de hoxe, menos de 100". "O Ministerio está redactando o proxecto sobre o dragado" e "unha vez que se emita a DIA, acordarase o financiamento", reiterou Tejerina. "Non digo que o faga o Concello, digo que esperamos a súa participación porque será unha proba importante", agregou poucos días despois de que o Parlamento galego aprobase por unanimidade unha iniciativa do BNG para "axilizar a tramitación" deste proxecto "e iniciar as obras de dragado este mesmo ano". Defensa da prórroga de ENCE A interpelación de Gómez-Reino a Tejerina sobre as rías galegas detívose tamén nos efectos da "contaminación industrial" derivadas, dixo, do "favorecemento ás industrias dos amigos" do PP, caso de ENCE, cun consello de administración inzado de "ex-altos cargos do seu partido". Na liña do manifestado por diversos cargos do PP dende a concesión da prórroga en xaneiro de 2016 a ministra sentenciou que esa prolongación "non a concedeu o Goberno", toda vez que é "unha prórroga administrativa, un mero feito administrativo" que acontece "co goberno en plenos poderes ou sen goberno" e sempre "con pleno sometemento á legalidade". Tejerina defende a concesión da prórroga a ENCE e carga contra os concellos de Pontevedra, Santiago e Ferrol Gómez-Reino, reclamou, debería ademais ter en conta que "hai melloras comprometidas pola empresa por 61 millóns de euros" -a compañía anunciou recentemente unha redución de partidas para Pontevedra-. A pasteira, enxalzou, "ademais de xerar emprego, que é importante para a súa terra", está disposta a aplicar "melloras medioambientais" que "non foron iniciadas porque a Administrasción competente non outorgou os permisos", acusou, en referencia ao Concello de Pontevedra. As críticas aos concellos coruñés e pontevedrés estendéronse tamén aos gobernos locais de Ferrol e de Santiago no que atinxe ás depuradoras de aguas residuais. Así, a ministra resalta que "se non se asinou" aínda o convenio para a depuradora compostelá do Souto "foi a petición do Concello, que está revisando o proxecto" e "marcando os tempos". Igualmente, censura que "o alcalde de Ferrol -"El Ferrol", en todas as intervencións da ministra-, de Ferrol en Común, mantivo a obra dos interceptores xerais parada durante un ano, co conseguinte prexuízo ambiental e social".
NOS_42030
Fanse esta sexta feira dez anos da XIII Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no compostelán Mercado de Gando de Amio. O tempo transcorrido, ademais de cicatrizar algunhas feridas, achega perspectiva sobre un proceso onde a maioría da militancia do BNG viviu momentos, no político e persoal, difíciles.
Non existe unha lectura única do acontecido naquela asemblea. Lexitimamente, cadaquén ten a súa propia. Desde o meu punto de vista, coido que todos e todas cometemos erros e é posíbel que, de poder volver cara a atrás, ninguén actuaría exactamente igual. Porén, tamén teño a firme convicción de que o que aconteceu en Amio foi inevitábel e que alí, colectivamente, o BNG escolleu o camiño máis acaído para ser un proxecto útil para o pobo galego. A tensión de fondo que precedeu toda aquela asemblea non era sostíbel no tempo. Non se trataba -no fundamental- dun problema de persoas ou partidos. Tampouco de táctica política. Existía unha diverxencia ideolóxica de calado, non sempre explicitada, mais si sempre presente e que se acabaría concretando, tempo despois, no nacemento de novas organizacións políticas con principios ideolóxicos e práctica política diferentes ao defendido historicamente polo nacionalismo galego. Un dos principais debates de fondo, non era un novo. Con matices, é un debate recorrente na historia do nacionalismo galego. Púñase en cuestión un dos elementos centrais e basilares do ideario político do nacionalismo galego desde as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista até os nosos días: a autorganización do pobo galego. Algúns opinaban que este país "por si só, non é capaz" e como o nacionalismo galego tiña un apoio electoral pequeno e existe pouca conciencia nacional, a única solución factíbel para unha nación como a nosa pasaba por unha alianza estratéxica do nacionalismo galego coa esquerda española. Esa premisa choca coa experiencia histórica: ningunha nación do mundo, en ningún momento histórico, acadou a súa soberanía sen contar con forzas propias que a reclamasen, exercitasen e antepuxesen a calquera outro obxectivo. É así porque ningún Estado que oprime está disposto a ceder voluntariamente unha posición de dominio e privilexio. Hai que obrigalo. E a autorganización do pobo oprimido convértese na única ferramenta real para facelo. No terreo práctico, a autorganización tense configurado como un prerrequisito para a conquista da soberanía. Polo tanto, un movemento de liberación nacional, se é real, nunca pivotará en organizacións que asuman como propio o Estado que os oprime por moi de "esquerdas" que estas supostamente o sexan. Ningún movemento de liberación nacional naceu nin venceu, co permiso da nación que o somete nin -na maioría dos casos- coa complicidade da esquerda desa nación, nin das súas sucursais. O galego non era (nin é) unha excepción. O tempo demostraría que tras unha retórica "rupturista" e "plurinacional" na "nova" esquerda española só había unha práctica continuísta e centralista. A autorganización non é un elemento máis do noso ideario e práctica política. É a súa columna vertebral. Ou hai autorganización ou hai sucursalismo. No medio, non hai nada. E contribuír, por activa ou pasiva, voluntaria ou involuntariamente a invisibilizar o problema nacional galego, é axudar a perpetualo. A historia non é lineal. Nin a dos pobos nin a das organizacións políticas. Hai altos e baixos; avances e retrocesos. En determinados contextos históricos, pódense producir profundas involucións ou deterioros que poden durar décadas. Noutros, existen procesos de aceleración histórica, onde o que, pouco antes, parecía imposíbel, pasa a estar ao alcance da man. O nacionalismo galego demostrou capacidade de resistencia nas condicións máis adversas e debe saber aproveitar as conxunturas máis favorábeis. Hoxe o nacionalismo galego está moito mellor que hai unha década: un BNG cohesionado e reforzado organicamente, lidera a oposición no Parlamento de Galiza, a CIG é a primeira central sindical do país e existe un movemento asociativo de base en ámbitos como o cultural e lingüístico importante. Porén, aínda que a travesía no deserto rematou, non rematou a viaxe. Quédanos o máis importante por conseguir, e a iso, volveremos estar convocados todos e todas as patriotas desta nación.
NOS_30626
O Congreso aproba solicitar á axencia da ONU que declare as regatas destas embarcacións Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade.
O Congreso aprobou unha proposta do deputado socialista e ex-alcalde de Donostia, Odón Elorza, para que o goberno solicite á Unesco a declaración das regatas de traiñeiras como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. A proposta contaca coa adhesión da Asociación de Clubes de Traiñeiras, que dirixe a máxima competición deste deporte, a Liga San Miguel ou ACT; onde compiten 2 traiñeiras galegas: Cabo de Cruz e Tirán. Tamén a Federación Galega de Remo amosou o seu apoio á proposta Mais o arraigo desta deporte en Galiza non se limita a esas dúas embarcacións. Na Liga Galega de Traiñeiras compiten 14 clubes na modalidade masculina e 3 na feminina. Unha mostra da potencia dun deporte colectivo que chegou ao noso país da man dunha modalidade de pesca (a traíña) cuxa implantación a finais do XIX orixinou non poucas mobilizacións e protestas do mar na súa contra polos mariñeiros do 'xeito'. Foron as coñecidas como 'Guerras da Sardiña'.
NOS_40618
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular un dos apartados das bases do procedemento de acceso ao corpo de cátedra de música e artes escénicas nas especialidades vinculadas ao ensino superior de música, que se imparten nos Conservatorios superiores, promovido pola Xunta en marzo de 2018.
A resolución estima que, co punto en cuestión –relativo á acreditación da formación e capacidade de tutela nas investigacións propias dos ensinos artísticos–, "infrínxense os principios de igualdade, mérito e capacidade". En consecuencia, o fallo deixa sen efecto os nomeamentos de cátedra que se realizaron conforme á cuestión. O procedemento xudicial invalida o apartado das bases do concurso no que se fixaban as condicións subsidiarias de acreditación da formación e capacidade de tutela nas investigacións, que pautaba ter impartido catro cursos académicos de docencia nun centro superior de ensino artístico e ter tutelado, como mínimo, un traballo de final de estudos ou un traballo ou concerto de fin de carreira, excepto nas especialidades que carecen de titulación propia específica. A persoa recorrente impugnou tales condicións, por consideralas "unha excepción aos requisitos estabelecidos na lexislación básica" que abrían "unha vía ao acceso á condición de catedrática a persoas que non tivesen realizado labor ningún de investigación sin se tivesen molestado en formarse". Como sinalaba no recurso, esta posibilidade resulta "totalmente arbitraria e contraria a dereito, así como discriminatoria respecto daquelas persoas aspirantes que si cumpren con todos os requisitos estabelecidos normativamente para poder acceder á catedra". Falta de idoneidade Así o entende tamén a sala do contencioso administrativo do TSXG, que conclúe a falta de idoneidade das condicións recollidas no punto das bases obxecto de litixio."Non se garante que por esa vía poida cumprirse a acreditación da formación e capacidade de tutela de investigacións propias dos ensinos artísticos en condicións equiparábeis a quen cumpren as condicións do apartado 1", falla. Para o avogado que representou á recorrente, Francisco Javier Felípez, "o que pretendía a Xunta "era premiar unha xente que leva moitísimos anos traballando como interina nesas prazas, pero que nin se formou nin se dedicou a actualizarse". "Entón, todas as persoas profesionais máis novas que fixeron mestrados e doutoramentos quedaron sen praza cumprindo as esixencias da normativa básica estatal", valora o letrado, quen considera que o resultado do proceso é "de pura lóxica e unha cuestión de xustiza".
NOS_47124
O prezo mínimo desta cuarta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 15 e as 16 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas.
O prezo medio da electricidade no mercado maiorista baixa esta cuarta feira a 264,76 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 337,1 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 220,92 euros/MWh, rexistrarase entre as 15 e as 16 horas. Esta cuarta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 186,84 euros/MWh. Deste modo, experimenta un mínimo descenso de máis de 25 euros a respecto dos 290,02 euros/MWh de media desta terza feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta cuarta feira será 245,6% superior aos 54,05 euros/MWh do 11 de maio de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).
NOS_57053
A subdelegación do goberno español está a cursar sancións administrativas de 300 e 450 euros a persoas que tomaron parte na concentración do 17 de marzo ou manifestación do 29 dese mes contra o despexo do centro social okupado coruñés.
A Subdelegación do goberno español está a tramitar sancións administrativas de 300 euros a persoas que o pasado 17 de marzo tomaron parte nunha concentración contra o desaloxo do CSO Palavea, na Coruña. Segundo informa Abordaxe, nun primeiro momento foron seis as persoas que recibiron estas multas, mais esa listaxe foise ampliando (como mínimo, 2 persoas máis recibiron esas sancións). Ademais, e tal e como informan desde Abordaxe, a Subdelegación tamén comezou a cursar novas sancións (desta volta, por 450 euros) contra persoas que tomaron parte na manifestación que decorreu o 29 de marzo contra o despexo do Palavea. En concreto, sinalan, esta sanción impúxose a unha persoa á que se identifica como "máximo dirixente da manifestación". Manifestación anti-represiva o 12 de xullo Ante a vaga de multas e sancións que, apunta, se está a dar na Coruña, e non só no 'caso Palavea', estase a preparar unha manifestación para o vindeiro 12 de xullo, ás 20:00 horas, na Praza María Pita. Segundo Abordaxe, a convocatoria parte da Plataforma contra a Represión e o lema da protesta, 'Reprímennos a nós para asustarte a ti'.
PRAZA_15310
Un grupo duns setenta militantes socialistas, no que combina xente moza con antigos dirixentes, reclaman que o partido se encamiñe cara á "democracia social avanzada" e o "galeguismo cívico"
Comezan os movementos. Despois de que o Comité Nacional do PSdeG artellase o calendario que culminará no Congreso Nacional da formación, un grupo duns setenta militantes críticos coa actual dirección socialista veñen de constituír un "foro" de reflexión baseado na idea común da "necesidade dun cambio de rumbo no socialismo galego". Son "xente diversa, de distintos lugares" e representantes de varias xeracións, con persoas máis novas como o ex alcalde de Fene, Iván Puentes, o coordinador do grupo LGTB do partido, Gonzalo Diz, ou a concelleira coruñesa Yoya Neira, e outras máis veteranas, caso por exemplo do voceiro municipal de Pontevedra, Antón Louro, ou o ex portavoz parlamentario Xoaquín Fernández Leiceaga. Non se trata, aclaran, "dunha plataforma", senón dun "grupo de xente que di que estamos nun momento dun debate de ideas" e que, ao tempo, reclama que a renovación culmine con "rapidez" e mesmo con "urxencia". No grupo encádranse militantes e cargos como Iván Puentes, Yoya Neira, Antón Louro ou Xaquín Fernández Leiceaga, entre outros "Non podemos estar moito máis tempo discutindo sobre quen somos ou como nos organizamos", di un dos participantes neste foro en conversa con Praza Pública. "Temos que pechar iso con urxencia para empezar a facer política para a cidadanía". Para iso coidan que cómpre rematar coa "interinidade real" na que ven a dirección do partido. "É necesaria unha dirección estable e con tempo por diante para iniciar a recuperación do socialismo". Así, coidan que "o normal" sería que o proceso congresual finalizase "na primavera" e que non estea só encamiñado a "cambiar a dirección". Porque o problema, afirman, é de proxecto. "Hai que recuperar a credibilidade para facer un proxecto de maioría social, para dirixir a maioría dende a esquerda", explican dende este grupo de militantes. Así, no documento sobre o que traballan, titulado Por un novo socialismo galego, recóllense, por exemplo, propostas dirixidas a "mellorar substancialmente a calidade democrática", a "eliminar duplicidades" como as que crean as deputacións provinciais, ou a introdución na práctica habitual do partido de "compromisos éticos claros: hai que ser austeros e honrados e ademais hai que demostralo". O documento reclama un novo ideario baseado "na democracia social e no galeguismo cívico" Propostas coma estas deben estar no ideario dunha aposta "pola democracia social e polo galeguismo cívico". "Isto -sinalan- significa un partido autónomo, un federalismo integrador pero puramente federal, unha aposta por renovar o título oitavo da Constitución e asumirmos con claridade que somos galegos". No ámbito socioeconómico, coidan, o PSdeG debe "entender que hai que contrarrestar a hexemonía neoliberal" cunha "resposta intelixente". Neste sentido, subliñan que "necesitamos incorporar á política moito coñecemento" porque "a reflexión é importante, as solucións non son obvias e para acertar, necesítase saber". E, cal será o futuro deste grupo? Polo momento manteranse como un foro de reflexión pero non descartan nada. No seo do partido está a haber "moitos movementos" e "pode haber, ou non, confluencia con outra xente", tamén no momento no que toque poñerlle cara a quen encabece estas "ideas". Esta elección, din, debera facerse partindo do principio "un militante, un voto" e aplicando da maneira "máis flexible posible" os estatutos do partido para a participación no propio congreso.