ID
stringlengths
5
12
summary
stringlengths
0
1.73k
text
stringlengths
0
68.7k
NOS_38882
Interior cifra en 442 as sancións por "desobediencia ou resistencia á autoridade" e en 597 as persoas sancionadas por "faltas de respecto e consideración" ás FSE.
O Anuario estatístico publicado polo Ministerio do Interior sitúa en 208.675 persoas as identificacións practicadas polo Corpo Nacional de Policía e a Garda Civil no marco da Lei Orgánica 4/2015 para a Protección da Seguridade Cidadá após un ano da súa entrada en vigor. A cifra aumenta até 421.315 se sumamos as identificacións levadas a cabo tamén no marco da Lei Orgánica 1/1992. No concreto, refírese a aquelas reguladas no artigo 16 "en cumprimento das súas funcións de indagación e prevención delitiva para a sanción de infraccións penais e administrativas" polo que se autoriza "os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade" a "requerir a identificación das persoas" cando "existan indicios de que puideron participar na comisión dunha infracción" ou "en atención ás circunstancias concorrentes" consideren "razoabelmente necesario" requerir a documentación "para previr a comisión dun delito". Trátase de dados acumulados entre xaneiro de 2015 e decembro dese mesmo ano. Aliás, o Anuario recolle as sancións adoptadas polas faltas tipificadas como graves (artigo 36) na coñecida como Lei mordaza. As máis habituais foron por "desobediencia ou resistencia á autoridade" (36.6) dos axentes da FSE. 442 foron sancionadas por "desobediencia ou resistencia á autoridade" e 597 por "faltas de respecto e consideración" aos axentes En total 442 persoas. Doutra banda, 43 foron sancionadas por "perturbación da seguridade cidadá en actos públicos, espectáculos deportivos ou culturais, solemnidades e oficios relixiosos ou outras reunións ás que asistan numerosas persoas" e 76 por "causar desordes nas vías, espazos ou estabelecementos públicos". Como faltas leves (artigo 37) por "falta de respecto e consideración" aos axentes da Policía e/ou da Garda Civil, foron sancionadas entre xaneiro e decembro de 2015, 597 persoas (artigo 37.4). Outras 55 por (37.12) por negárense a entregar a documentación de identidade cando lles foi requerido para a súa retirada ou retención. A Lei mordaza entrou en vigor en marzo de 2015 entre fortes críticas da oposición e mobilizacións populares que denunciaban o recorte de dereitos que supón, embora o Goberno español retirase finalmente os aspectos máis polémicos do anteproxecto presentado inicialmente.
PRAZA_9766
A Comisión Europea vén de presentar un informe que compara a través de varios parámetros a desigualdade de xénero en todos os territorios da UE. Galicia sitúase moi por riba da media, destacando especialmente a escasa disposición de tempo propio despois do traballo remunerado e dos coidados no fogar
A Comisión Europea vén de publicar un informe que compara a fenda de xénero existente en cada un dos territorios que compoñen a UE, analizando un gran número de variables, que van dende o emprego e o salario á seguridade, as desigualdades presentes na sanidade ou no ensino, pasando polo acceso a posicións de poder e toma de decisión.O informe chama atanción sobre as importantes fendas de xénero existentes en todos os territorios da UE, pero con grandes diferenzas entre unhas e outras rexiónsPara facelo, os autores e autoras do informe, H. Norlén, E. Papadimitriou e L. Dijkstra. debullan numerosos parámetros e indicadores e con eles compoñen dous índices, un referido directamente á desigualdade (Índice de Desvantaxe), é dicir, ás diferenzas que nun territorio concreto teñen con respecto aos homes. E outro referido aos éxitos (Índice de Logros), é dicir, ao nivel (económico, educativo, de seguridade, de poder...) acadado polas mulleres desa rexión independentemente dos obstáculos e fendas existentes.Entre as conclusións xerais ás que chega o informe destaca a de que, en xeral, canto máis desenvolvido é un territorio, menor é a desigualdade de xénero. De feito, Suecia, Dinamarca ou Holanda, países cos maiores niveis de renda da UE, son os que presentan as menores fendas de xénero, dentro deles, son as súas rexións máis ricas as máis igualitarias. Pola contra, Romanía, Bulgaria, Grecia, Croacia ou Hungría son os países con maiores desigualdades entre homes e mulleres.Conclúe que canto máis desenvolvido é un territorio, menor é a desigualdade de xénero. E que a presenza das mulleres en posicións de poder é moito maiorA segunda constatación, ligada á primeira, é que nos países menos desenvolvidos economicamente a presenza das mulleres en posicións de poder é moito menor. O informe conclúe que cando as mulleres acceden a cargos de responsabilidade a calidade do goberno mellora para toda a cidadanía.O documento tamén conclúe, á vista da comparación do datos estatísticos de todos os países membros, o notable efecto que para a redución da fenda laboral de xénero ten o desenvolvemento dunha estrutura forte de atención á crianza. De igual xeito, salienta a importancia do acceso das mulleres ás carreiras profesionais de ciencia e tecnoloxía, subliñando que existe unha relación directamente proporcional entre as maiores porcentaxes de mulleres nestes campos e a igualdade xeral acadada na sociedade.O informe analiza con detemento a situación da muller en 270 rexións dos 28 estados membros. Todos os parámetros están contidos en dous índices que permiten trazar unha foto fixa para cada rexión. No Índice de Desvantaxe, Galicia só é superada por Malta, Romanía, Grecia e Italia, os catro países máis desiguais da UENo Índice de Desvantaxe Galicia sitúanse entre os territorios cunha fenda de xenero maior. O valor que recibe (0,26 puntos) está moi por riba do que ten o Estado Español (0,18) e só é superado polo de Malta, Romanía, Grecia e Italia, os catro países máis desiguais da UE. Dentro de España, a fenda de xénero de Galicia é moi superior á da Comunidade de Madrid e Illas Baleares (0,15), e ás de Cataluña e Comunidade Valenciana (0,17). Galicia presenta datos semellantes aos de Estremadura, Castela-León ou Asturias.O Índice está composto por sete parámetros. Nalgúns, a posición de Galicia é algo máis favorable. Por exemplo, no referido ao traballo e diñeiro (acceso a emprego e fenda salarial), a situación de Galicia é mellor que a do conxunto do Estado Español, aínda que por riba da media da UE. E no acceso a posicións de poder, Galicia e o Estado Español presentan uns indicadores de desigualdade moi reducidos (posiblemente debido á composición case paritaria dos Parlamentos).Os datos galegos son especialmente malos en cando á seguridade das mulleres e no uso do tempoPorén, os datos galegos son especialmente malos en cando á seguridade das mulleres (relacionado coa posibilidade das mulleres de camiñar soas pola rúa sen medo), un indicador no que a situación de Galicia só é peor en Portugal, Holanda, Chipre e Malta. E tamén no ámbito da saúde.Con todo, o indicador no que os datos galegos destacan polo seu carácter negativo é o do tempo, que se refire á capacidade das mulleres para desenvolver actividades máis aló do traballo remunerado e dos labores de coidados: dende o ocio á súa participación en entidades sociais. O indicador amosa unha enorme desigualdade entre a capacidade que mulleres e homes teñen para isto en Galicia e en boa parte do Estado Español, moi superior á existente no resto da UE.Índice de LogrosO informe complétase cun segundo indicador, o de logros, que en lugar de comparar a situación de mulleres e homes nun mesmo territorio, o que fai é comparar a situación das mulleres nun territorio en relación coa que presenta o xénero feminino nas restantes rexións da UE.As mulleres galegas, a pesar de contar con obstáculos de partida importantes, son quen de acadar posicións avanzadas en relación coas que se dan no resto do continenteNeste caso, a situación relativa das mulleres é algo mellor, situándose nun espazo medio, mellorada polos datos de 11 países e superando os indicadores doutros 17, entre eles o propio Estado Español, con cifras moi semellantes ás galegas. A lectura que se pode facer disto é que as mulleres galegas, a pesar de contar con obstáculos de partida moi importantes, sobre todo no que se refire ao uso do tempo, son quen de acadar posicións relativamente avanzadas en relación coas que se dan no resto do continente.De novo, o Índice está composto por sete parámetros, acadando Galicia bos indicadores no referido ao acceso a postos de responsabilidade e sáude. Na parte negativa aparece sobre todo o acceso ao emprego e a desigualdade salarial. Neste caso Galicia (e España) ocupan os derradeiros lugares entre os 28 países da UE, superando unicamente a Eslovaquia, Bulgaria, Malta, Romanía, Croacia, Italia e Grecia.
NOS_18131
Coincidindo co inicio do curso universitario, alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela convoca unha xornada de folga para reclamar "unha formación digna e de calidade".
O chamamento anima as estudantes a non acudir ás aulas presenciais na propia facultade, a non conectarse ás aulas virtuais das sesións expositivas e a non asistir ás prácticas clínicas sinaladas para este 6 de setembro, que principiaron cunha concentración ás portas do edificio docente Roberto Novoa Santos, ao carón do Hospital Clínico Universitario. Alumnos e alumnas de distintos cursos mobilizáronse con máscara e distancia de seguridade para reclamar unhas prácticas íntegras e maior presencialidade. Unha reivindicación que fixeron extensiva ás redes sociais. Iniciamos o curso baleirando as aulas en defensa da nosa formación práctica!FEIJOO, ATENDESEN PRÁCTICAS NON SE APRENDE!#AsiNonUSC@ACIS_sergas @UniversidadeUSC @FeijooGalicia pic.twitter.com/yy2gQPRfaP— Asemblea Aberta Medicina (@AsembleaMed) September 6, 2021 Formación clínica de calidade A Asemblea Aberta de Medicina retoma o espírito das mobilizacións de hai dous anos para protestar pola redución das prácticas clínicas en máis dun 50% sen alternativa ningunha. Esta rebaixa aféctalles por terceiro ano consecutivo ás estudantes de 3º, 4º e 5º, unha decisión que limita a súa formación presencial en centros sanitarios e diminúe as horas de práctica clínica a menos da metade. "Queremos chegar a ser boas e bos médicos", conclúen. Un obxectivo que vén máis complicado sen unhas prácticas completas, especialmente agora que o contexto epidemiolóxico mudou grazas a unha campaña de vacinación masiva que mantén 78% da poboación galega coa dobre pauta contra o coronavirus. USC EN LOITA 🔥🔥🔥🔥#AsiNonUsc pic.twitter.com/2UhDeMIIyB— Marina Melgar (@marinamelv) September 6, 2021 Así desde a Asemblea Aberta de Medicina sinalan directamente o Sergas e os membros do comité experto que asesora a Xunta da Galiza sobre a Covid. "O órganismo responsábel de que non teñamos 100% das prácticas clínicas é o Comité Clínico. O mesmo que decide que se abran os pubs, as restricións de hostalería ou os confinamentos perimetrais", apostilan. Doutra banda, din, a recuperación das aulas presenciais depende do Reitorado da USC, polo que tanto as súas queixas como as solicitudes de diálogo para mudar as condicións do curso que comeza van dirixidas a estes dous órganos. Negociacións O alumnado conta iniciar as primeiras reunións esta mesma segunda feira e en función dos resultados mais do que determine a asemblea, convocar ou non unha folga indefinida. Cun triplo obxectivo: lograr 100% das rotacións na práctica clínica, a recuperación das prácticas de verán para o presente curso 2021/2022 e a reconsideración da asistencia voluntaria a clase -sen listas- con independencia do grupo e a condición de que se respecte a capacidade máxima da aula.
NOS_40225
A secretaria xeral saínte Carmen Santos fechará a listaxe e, anuncia a candidatura de Bescansa, participará activamente na campaña.
A candidatura de Carolina Bescansa, que se rexistou esta terza feira, leva como título xenérico o de Eu️ Futuro Para Galicia, cun corazón entre as palabras "Eu" e "Futuro". De se impor nas primarias, representaría unha moi significativa renovación do Consello Cidadán Autonómico, o máximo órgao da formación morada no país, ao mudar 55 por cento das persoas que o compoñen. As bandeiras que enarborará Bescansa nesta competición interna fronte ao congresista Antón Gómez-Reino son o seu prestixio interno na organización —da que foi cofundadora con Pablo Iglesias, Íñigo Errejón e Juan Carlos Monedero— e a súa aposta polo predominio feminino na dirección, da que é boa mostra o feito de ter apresentado unha listaxe encabezada por 10 mulleres. A número un na lista de Carolina Bescansa é a economista chantadina Natalia Prieto, actual secretaria de Organización, en tanto que a sarriana Paula de Santiago —"bregada no municipalismo", di a nota de imprensa deste colectivo de militantes de Podemos— asume a segunda praza da candidatura. Raimundo Viejo, politólogo vigués residente en Barcelona, colaborador de Ada Colau e deputado no Congreso, é o primeiro home na lista, a ocupar o posto 11. A listaxe completa é a seguinte: 1 Natalia Prieto 2 Paula de Santiago 3 Paloma Manzano 4 Julia Torregrosa 5 María antonia Trillo 6 Genma Otero 7 Marlene Perez 8 Lili Escobar 9 Begoña Hermida 10 Ana Abella 11 Raimundo Viejo 12 Maika Arias 13 Rogelio Santos 14 Sara Curto 15 José Manuel Prieto 16 Olga Dourado 17 Eduardo Nieto 18 Mar Taboada 19 Sergio Míguez 20 Eduardo Ortiz 21 Manuel Villares 22 Luis díaz Allegue 23 Daniel Liceras 24 Francesco Bertussi 25 Enrique Fojo 26 José Luis Romaris 27 Alicia Lorenzo 28 Manuel Iglesias 28 Silvia Otero 30 Rubén Iglesias 31 Almudena Pequeño 32 Consuelo Rivadulla 33 Víctor Fernández 34 Carmen Santos
NOS_13528
Bieito Troncoso asegura que o futuro do galego depende da xente nova
Bieito Troncoso, creador da revista Chinquiliadas, conta como naceu a idea de levar a cabo este proxecto e opina sobre a súa importancia en relación ao galego. Bieito está a cursar o segundo ano do grao de Filoloxía Galega e, xunto con cinco amigas máis, sacou o primeiro número da revista no mes de abril. Agora, case sete meses despois da estrea, reflexiona sobre o futuro do proxecto reafirmando a motivación que, tanto a el como aos seus compañeiros, os move a seguir traballando nesta iniciativa. Avante Pouca Como nace a idea de facer esta revista?A revista nace dada nosa situación na carreira. Chegamos con moitas ganas de escribir, de crear, e non atopamos ningunha plataforma na que poder facelo. Por iso decidín falar cun grupo de amizades e facérmola nós. O principal obxectivo da revista era crear un lugar no que calquera persoa puidese publicar, e para min iso é o máis atractivo: a diversidade. Deste modo, a revista pretende axudar a que os participantes se expresen, da forma que sexa, mediante un texto, un poema, un artigo, unha fotografía... A única condición é o emprego do galego. Ademais, aquelas persoas que queiran publicar tamén o poden facer cun pseudónimo, non queremos que o medo ou a vergoña freen ninguén á hora de expresarse. Grazas a isto, conseguimos que moitos compañeiros da facultade participaran, e estamos moi contentos, porque vemos como o feito de publicar o seu traballo provoca que sigan escribindo, que sigan creando. Penso que é moi importante que a xuventude poida materializar as súas inquedanzas, se non quedan esquecidas nun caderno que só nós mesmos lemos. A revista chámase Chinquiliadas, de onde sae este nome?Queriámoslle pór un nome orixinal, un nome que fose da miña zona (Salceda de Caselas). Na miña casa sempre se empregou a palabra "chinquiliada" para referirse a "parvadas", como a cousas de pouca importancia. Nós sabemos que o que facemos é pouca cousa, pero facémolo porque nos gusta, son as nosas "chinquiliadas". A palabra pareceunos moi apropiada. Avante Media Vin que a revista ten algunhas seccións fixas, podería explicar a súa estrutura?Sempre comezamos cunha entrevista, e adoita continuar cun artigo ou un relato curto. Ademais tamén hai poesía e refráns, depende do contido que nos envíen cada mes. O fío condutor é sempre o galego, por suposto. Polo de agora levamos seis números, sacamos un ao mes. Comezamos este abril en plena pandemia. Gustaríanos poder sacar máis pero dános moito traballo. Somos estudantes de galego, non sabemos de edición, por iso nos leva tanto tempo. A parte positiva é que, ao ser unha plataforma dixital, non cremos que a situación da Covid-19 nos afecte demasiado. Con todo, é certo que si falamos de intentar sacar a revista en papel, mais penso que aínda non toca, non podemos ir saltado fases. Coido que para chegar a ese punto primeiro precisamos levar a cabo un bo traballo nas redes e intentar chegar a máis xente. Avante Toda E de cara ao futuro, teñen pensadas novas ideas para desenvolver na revista? Intentamos que a revista non quede moi monótona. Estamos a buscar persoas doutros ámbitos que queiran participar para darlle algo de variedade ao contido. Sempre temos moi en conta as opinións dos nosos seguidores a través de enquisas feitas por Instagram. Temos moi claro que non queremos que sexa a nosa revista, queremos que sexa a revista de todos. Nós creamos a plataforma, pero agora iso xa non nos pertence, agora é de todo o mundo que queira botar man dela. Que importancia ten este tipo de proxectos para a normalización do galego?Penso que teñen moita importancia, pois da xuventude depende o futuro do galego, está nas nosas mans e, aínda que sexa demasiada responsabilidade, penso que estes proxectos axudan a darlle visibilidade á nosa lingua. A sociedade ten que entender que a xente nova segue empregando o galego, que está presente nas novas tecnoloxías, nas redes sociais, e que é igual de válido que calquera lingua para escribir en revistas como a nosa, na que calquera se pode expresar.
NOS_57717
'Nós Diario' recompila as crónicas do xornalista luso nestes sete meses nos que residiu en Donetsk para informar dos avances da guerra sobre o terreo.
Vai xa medio ano da chegada do xornalista portugués Bruno Amaral de Carvalho a Donetsk, onde, nun primeiro intre, como el mesmo recoñece esta cuarta feira, pensaba quedar inicialmente "apenas uma semana". "Naqueles meses frios, não havia forma de lavar as botas e as calças e conseguir que secassem no dia seguinte", rememora quen traballou como correspondente nos últimos sete meses, entre outros medios de Portugal e o Estado español, para Nós Diario. "A guerra é uma merda. Sobretudo para os que são obrigados a vivê-la", sentencia Carvalho. Porén, para el foi "uma opção" xa que quería informar do que acontecía desde o terreo: "Dediquei-me a fazer o melhor que sabia, consciente de algumas limitações, para trazer luz a uma parte escondida do conflito. Enquanto havia quem em Portugal se dedicava a esperar a mínima falha para tentar desacreditar o meu trabalho, fui o jornalista português mais escrutinado". Bruno Carvalho, correspondente de 'Nós Diario' no Dombass: "Esta guerra vai ser estudada pela quantidade de propaganda" En Donetsk o xornalista luso foi testemuña das máis cruentas escenas: "O primeiro corpo que vi foi o de um soldado ucraniano nas trincheiras de uma aldeia na região de Lugansk. Na verdade, não havia carne. Apenas ossos dentro de um uniforme. O resto serviu de banquete para cães vadios". A traxedia da guerra, di, "traduziu-se demasiadas vezes em imagens destas". "Lembro-me de quando tropecei num cadáver carbonizado numa cave escura dentro do teatro de Mariupol. Apontei a lanterna do telemóvel para o chão e senti-me envergonhado. Era uma pessoa que estava ali e eu não fui capaz de evitar o tropeço [...] A morte tornou-se um hábito desde que cheguei no fim de Março, há tanto tempo que parecem anos", lembra. "Queriam que não houvesse nenhum jornalista daquele lado porque a única coisa que lhes importa é a propaganda e não o jornalismo. É por isso que nunca escrutinam o outro lado. Felizmente, nesta caminhada, milhares caminharam comigo e senti o calor da solidariedade que pode sempre mais que o ódio", incide Carvalho, quen tamén precisa que a súa despedida do Donbass "não é definitiva". "Comigo, trago o cinto com cinco furos feitos com a ponta de uma navalha que surpreendeu os guardas russos. Já estou deste lado da Europa. Até já, Donbass", conclúe. Crónicas desde o Donbass para Nós Diario Crônica desde o Donbass: "What the fuck" Crônica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol Crônica desde o Donbass: Como dois jornalistas acabaram na linha da frente em Mariupol Crônica desde o Donbass: O mistério das tumbas comuns em Mariupol Crônica desde o Donbass: a vitória celebrada em Mariupol oito anos depois Crônica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida" Crônica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas Crônica desde o Donbass: O problema não é quando a morte se engana. É quando acerta Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Crónica desde o Donbass: Ucrânia lança minas anti-pessoais sobre Donetsk Crônica desde o Donbass: Petrovsky: Neste bairro, a morte é uma visita assídua Crônica desde o Donbass: Os baloiços de Gorlovka Crônica desde o Donbass: Putin declara mobilização parcial depois de anúncio de referendos Crônica desde o Donbass: Adesão à Rússia abre portas a uma nova fase da guerra Crônica desde o Donbass: Ekaterina, guerrilheira de Odessa como os seus avós Crónicas desde o Donbass para Nós Diario Crônica desde o Donbass: "What the fuck" As mortes acumulam-se em Donbass, no leste da Ucrânia, à medida que se intensificam os combates nesta região separatista. De um e do outro lado da linha da frente, entre soldados e civis, são muitas as mães que choram os seus filhos. Crónica desde o Donbass: "What the fuck" Crônica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol Esta cidade que antes tinha quase meio milhão de habitantes é agora o palco dos maiores confrontos desta guerra. Aqui, a sobrevivência é o objectivo de cada dia. Crónica desde o Donbass: Viagem ao inferno de Mariupol Crônica desde o Donbass: Como dois jornalistas acabaram na linha da frente em Mariupol Esta cidade prepara-se para a última batalha pelo controlo da zona industrial, o último reduto de milhares de soldados ucranianos. Crónica desde o Donbass: Como dois jornalistas acabaram na linha da frente em Mariupol Crônica desde o Donbass: O mistério das tumbas comuns em Mariupol As autoridades ucranianas anunciaram tumbas comuns com milhares de mortos nos arredores de Mariupol com a ajuda de imagens de satélite de duas empresas norte-americanas. Só que, afinal, nesse lugar apenas havia um cemitério e campas individuais. Crónica desde o Donbass: O mistério das tumbas comuns em Mariupol Crônica desde o Donbass: a vitória celebrada em Mariupol oito anos depois Com o golpe de Estado de 2014, o presidente não eleito Oleksandr Turchínov ordenou a proibição das celebrações da vitória soviética sobre o nazismo. Ekaterina estava lá e viu como os polícias locais recusaram cumprir as ordens de reprimir a população e se juntaram os separatistas. Crónica desde o Donbass: a vitória celebrada em Mariupol oito anos depois Crônica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida" Durante as últimas semanas, aumentou a intensidade dos ataques contra a cidade de Donetsk. À medida que as forças pró-russas fazem recuar as tropas ucranianas no Donbass, a Ucrânia recorre às armas enviadas pelos países da NATO para atacar várias cidades da região. Sem capacidade para suster o controlo do território, o recurso à artilharia é uma medida possível, embora pouco eficaz. Crônica desde o Donbass: "Todos temem pela sua vida" Crônica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas Do coração da cidade de Donetsk, na Praça Lénine, à Universitetskaya são cerca de dez minutos a pé. É nesta avenida que testemunhamos a destruição provocada pela artilharia ucraniana uma hora antes numa das faculdades. A fachada está negra e as janelas estão destruídas. Felizmente, os alunos estudam para os últimos exames e o ensino é à distância. Crônica desde o Donbass: Donetsk. Civis na mira das bombas Crônica desde o Donbass: O problema não é quando a morte se engana. É quando acerta Depois da tomada de Mariupol, o controlo total de Lugansk é a mais importante vitória para as forças russas e milícias locais desde o começo da intervenção militar em fevereiro. Crônica desde o Donbass: O problema não é quando a morte se engana. É quando acerta Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol A carcaça dos prédios continua enegrecida pelos combates, mas a cidade já mexe. Há mercados de rua, pintam-se passadeiras, removem-se escombros, passam autocarros e as paragens estão cheias. E numa cidade com praia, há até quem ouse não desperdiçar o verão. O som das ondas que se desfazem na areia é internacional. O riso das crianças também. Neste areal, que até há dois meses ninguém se atrevia a pisar por causa das minas e onde jaziam cadáveres, juntam-se grupos de jovens e idosos para tomar banhos de sol e mar. Atrás desta praia, está uma cidade destruída que já foi um verdadeiro inferno na Terra e só quem olhe para o horizonte que separa o céu do Mar de Azov pode tentar por breves momentos esquecer que está em Mariupol. Crônica desde o Donbass: Os piratas de Mariupol Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Na manhã de onte, a artilharia ucraniana atingiu o Donbass Palace, um dos principais lugares escolhidos pelos jornalistas e diplomatas para dormir e trabalhar. Crônica desde o Donbass: Ucrânia ataca hotel onde estão alojados jornalistas Crónica desde o Donbass: Ucrânia lança minas anti-pessoais sobre Donetsk Desde junho a situação na cidade se agravou devido aos bombardeamentos diários. Até ao momento, só nesta região controlada pelas forças pró-russas já morreram mais de 350 civis e 1.500 ficaram feridos desde 24 de fevereiro. Agora, Donetsk enfrenta o perigo das minas PFM-1 espalhadas por zonas residenciais. Crónica desde o Donbass: Ucrânia lança minas anti-pessoais sobre Donetsk Crônica desde o Donbass: Petrovsky: Neste bairro, a morte é uma visita assídua É um apartamento com vista para a linha da frente. Há uma cratera no tecto da sala de Iuri Vladimirovich que dá para a casa do vizinho. Acima conseguimos ver o céu azul e os raios de sol que entram pelo telhado destruído. O rocket que atingiu este prédio é militar mas quem aqui vivia era civil. Nesse dia não estava em casa. Mas o filho, um amigo e os netos sobreviveram por sorte. "Ficaram a ver as explosões [ao longe]. E depois os projécteis começaram a cair cada vez mais perto. Chegaram aqui e um projéctil atingiu o telhado. E tudo se desmoronou. Se eles tivessem ficado aqui, estariam mortos. Fugiram a tempo", descreve este idoso de 69 anos. Crônica desde o Donbass: Petrovsky: Neste bairro, a morte é uma visita assídua Crônica desde o Donbass: Os baloiços de Gorlovka Um ataque com rockets, em agosto, atribuído à Ucrânia, matou a pequena Masha, de sete anos, e deixou Polina, de doze, sem um braço e uma perna. Crônica desde o Donbass: Os baloiços de Gorlovka Crônica desde o Donbass: Putin declara mobilização parcial depois de anúncio de referendos Toda a gente me fala disto. Há a mãe que vai acender velas na igreja para pedir a Deus que proteja os seus filhos, há o marido que abraça a mulher mesmo que seja só para ir ao supermercado e voltar dali a pouco, há adolescentes que adiam beijos porque vivendo na mesma cidade não se atrevem a encontrar-se na rua. É uma vida adiada que já acontecia desde 2014 e que agora parece não ter fim. Há crianças que nunca souberam o que é viver em paz, há adultos que acham que isto vai ser assim a vida toda. Não têm qualquer esperança no Ocidente, apenas raiva. Crônica desde o Donbass: Putin declara mobilização parcial depois de anúncio de referendos Crônica desde o Donbass: Adesão à Rússia abre portas a uma nova fase da guerra Parte da comunidade internacional diz que os referendos são ilegais. O facto é que a consulta aconteceu e a anexação dos quatro territórios vai ser formalizada pela Federação Russa já nos próximos dias. Crônica desde o Donbass: Adesão à Rússia abre portas a uma nova fase da guerra Crônica desde o Donbass: Ekaterina, guerrilheira de Odessa como os seus avós Hoje, vive em Donetsk. Foi uma das sobreviventes do massacre na Casa dos Sindicatos, a gota de água que lhe fez pensar que o tempo dos comícios pacíficos tinha acabado. Juntou-se, então, à resistência na cidade com atentados contra as estruturas de apoio aos grupos paramilitares neonazis. Esteve presa durante quase cinco anos. Crônica desde o Donbass: Ekaterina, guerrilheira de Odessa como os seus avós
NOS_52096
Lila era a súa cor e lila eran tamén as dúas novelas que, en poucos anos, a situaron nun lugar privilexiado da literatura galega. A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu esta segunda feira en Compostela. O acto de despedida será esta terza feira ás 15 horas en Boisaca.
Con dúas novelas Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a xornalista Begoña Caamaño deuse a coñecer como escritora e conseguiu en só tres anos unha linguaxe propia que a situou entre os principais nomes da literatura dos nosos días. Confesábase herdeira das mulleres contadoras de historias, das avoas que non eran quen de poñelas por escrito, o que ela facía maxistralmente, conseguindo o aplauso de lectoras e lectores e da crítica que, en pouco tempo, lle otorgou premios como o Ánxel Casal, o premio da AELG, o Losada Diéguez ou o da Crítica da narrativa galega. Begoña Caamaño faleceu esta segunda feira no Hospital Clínico de Compostela após loitar durante tres anos contra o cancro. Feminista, como ela se presentaba, non dubidaba en imprimirlle tamén a cor lila á súa obra Feminista, como ela se presentaba, non dubidaba en imprimirlle tamén a cor lila á súa obra e defendía a súa proposta literaria con entusiasmo. "Antipatriarcal e feminista", dicía cando lle preguntaban polas súas novelas. "Quero ser honesta co meu público. Isto é o que hai. A miña maneira de ver o mundo é a dunha persoa galega e feminista. Non podería ser outra. Tentalo sería unha farsa. Non só non me asusta que me etiquete senón que xa o anuncio para que quen se achegue á miña obra saiba con que se vai atopar", dicía nunha entrevista con Sermos Galiza o pasado ano, cando gozaba co grande suceso da súa segunda novela, Morgana en Esmelle. A xornalista dos mitos "Pretendo coa miña obra ofrecer vimbios para facer un cesto novo, cun discurso contra o poder" De profesión xornalista, Begoña Caamaño traballaba na Radio Galega desde 1989, primeiro na delegación de Vigo -a cidade na que naceu hai cincuenta anos- e despois na sede en Compostela, nas seccións de sociedade e cultura, nesta última participando en distintos programas, un deles, o Diario Cultural da súa amiga e tamén escritora Ana Romaní. No ámbito literario presentouse "de maneira serodia", como ela dicía, máis con intensidade e cunha voz propia que a levaba a revisitar en clave feminista e contemporánea os mitos clásicos. Fuxía da actualidade, comentaba, aquela que a desesperaba na súa faceta de xornalista. "Pretendo coa miña obra ofrecer vimbios para facer un cesto novo, cun discurso contra o poder. Trátase de reivindicar a responsabilidade. Eu non vivo soa no mundo, o que fago, desde o propio consumo cotiá, ten consecuencias, tamén para outras persoas e diso teño que ser consciente", comentaba. "Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@", defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no mundo. O principal trazo do seu carácter era a alegría. A súa cor, o lila. Quería ser unha boa persoa e vivir nunha Galiza liberada. Na poesía, gostaba de Ana Romaní e na música de Uxía, dúas grandes amigas. Odiaba o fascismo e a intolerancia e agardaba morrer durmindo, sen dor. As respostas de Begoña Caamaño ao Cuestionario Proust que lle propuxo o crítico Ramón Nicolás axudan agora a trazar o perfil da súa personalidade. Das súas amizades agardaba que a quixeran tanto como ela as quería e o lema da súa vida era "canto máis feliz sexan os demais, máis feliz serei eu". As amizades ás que tanto quería e as que buscaba facer felices senten agora a morte da escritora para a que a alegría era o seu estado de ánimo máis habitual.
NOS_58335
O evento é unha iniciativa da Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG) e a área de Cultura do Concello de Lugo para promover a música tradicional.
A Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG) e a área de Cultura do Concello de Lugo están detrás dunha ambiciosa programación que dará forma esta fin de semana ao I Encontro de zanfona de Lugo. A cita, que decorrerá nas rúas do 17 ao 19 de setembro, incorpórase á axenda apenas unhas semanas despois dun encontro internacional de profesionais vinculados a este instrumento. O presidente da AGG, Xaneco Tubío, e a coordinadora da Tradescola, Mónica Fernández, presentaron esta terza feira a actividade xunto á conselleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e avanzaron que o obxectivo do proxecto é "contribuír á promoción e dinamización deste instrumento e axudar a darlle unha maior visibilidade para a poboación xeral". Malia que a gaita é o fundamento da agrupación, tamén queren "facer protagonista" este outro instrumento, a súa música, as escolas que ensinan a tocalo, "os cantos de cego e as novas propostas existentes, dentro do panorama actual da música galega". Desde o punto de vista do colectivo, é importante "conservar e transmitir ás vindeiras xeracións o patrimonio cultural inmaterial herdado dos nosos antepasados, nesta ocasión, relacionado coa zanfona". Pola súa banda, a concelleira lucense Maite Ferreiro concretou: "Con este encontro buscamos dar a coñecer a zanfona, dándolle o protagonismo ás distintas propostas existentes con este instrumento tanto na música tradicional como na contemporánea". Propostas para o público Ademais de achegar a zanfona ao común do público nas rúas, haberá tres concertos na carpa da praza da Soidade, cuxa entrada será de balde se ben haberá unha capacidade limitada. Na sexta feira haberá recitais en exteriores -O cego e o criado e Os cegos da veneira- entre as 18.30 a as 20.30 horas. Ao feche, a música trasladarase ao espazo principal, onde tocará Tundal. O sábado haberá un concerto didáctico de Luís Caruncho e Chus Folgueira para as crianzas na Soidade (12 horas) e unha sesión vermú con Miro Casabella (13 horas). Pola tarde as zanfonas estarán nas rúas da cidade e Pärbo ofrecerá o concerto da noite (20.30 horas). A festa continuará o domingo no rueiro de 11.30 a 13 horas, mais tamén haberá aula aberta de zanfona da man de Germán Díaz e as e os alumnos da Tradescola (de 12 a 13 horas) e ás 13 horas o concerto de Obal porá o broche á cita na praza da Soidade.
NOS_29966
Malestar por un documental no que en boa medida ese é o idioma que copa a maior parte da súa duración.
Na noite desta quinta feira a TVG emitiu 'A gran ilusión', un programa no que a maxia é a protagonista, cun coñecido ilusionista facendo trucos tanto a famosos españois (da cultura, dos medios...) como a transeúntes. As queixas, que se plasmaron a través das redes soxciais, pola emisión deste programa non foi polo seu contido ou calidade senón polo que usuarios das redes consideraban un exemplo de falta de compromiso co idioma galego, aspecto que fai parte dos propios valores fundacionais da televisión pública galega. Así, este malestar derivaba tanto do feito de que, critican, durante boa parte do documentario o castelán foi a lingua protagonista en exclusiva. E a isto engaden que naquelas partes en galego, a calidade da tradución deixaba que desexar: "Havendo magníficos atores e atrizes de dobragem é intolerável este galego pentavocálico e carente de consoantes nasais velares", indicaba @madeiradeuz Acabei de escuitar os primeiros segundos do documentário 'La gran ilusión', que emite agora @emgalego a @TVGalicia. Havendo magníficos atores e atrizes de dobragem é intolerável este galego pentavocálico e carente de consoantes nasais velares. 1/2 pic.twitter.com/Cs9vhl1OWI— O Madeira de Uz ★ MdU 🐗 ~ #CarvalhoCalero🦂 (@madeiradeuz) January 6, 2021 Estas queixas prodúcese pouco despois da polémica derivada de que a Radio Galega incumprise a súa propia normativa con entrevistas en castelán. A CRTVG naceu coa misión de servizo público consistente na "promoción, difusión e impulso da lingua galega". Así consta súa Lei de creación de 1984. Unha norma e unha vocación funcional que están a ser incumpridas na Radio Galega (RG), tal e como denunciaron naquela ocasión os profesionais do ente agrupados no colectivo Defende a Galega.
NOS_10974
Unha dos catro persoas afectadas por coronavirus na Galiza permanece desde a noite de onte na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo informaron fontes do hospital vigués. O seu pronóstico é reservado.
Trátase do home de 43 anos que foi diagnosticado de COVID-19 a pasada quinta feira, tras a confirmación da análise que se estudou no Centro Estatal de Microbiología de Mahadahonda. Tras a confirmación, mantívose illado nunha habitación deste centro hospitalario e permanecía, até a pasada xornada, "estábel con pneumonía". O seu estado empeorou nas últimas horas e agora mesmo atópase na UCI. O seu caso pertence ao brote familiar que se detectou en Vigo, xa que a súa muller de 47 anos e o fillo dela, de 15 anos, tamén están infectados. Ambos mantéñense "estábeis" cos mesmos "síntomas leves" que xa presentaban onte. En relación con este brote, Sanidade informou de que se estuda o caso doutra persoa que podería estar infectada e que é familiar das persoas ingresados en Vigo. De momento, as Autoridades mantéñense á espera da confirmación da análise do CentroEstatal de Microbiología. Por outra banda, o home con COVID-19 ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) permanece en estado "grave", pero "estábel". Atópase nunha habitación illada dunha planta de hospitalización convencional, segundo precisaron fontes do Chuac. Na Coruña tamén se investiga outro posíbel caso de coronavirus que tamén está pendente da confirmación do Centro de Microbioloxía. De ratificarse estes dous diagnósticos pendentes, serían seis persoas as infectadas por este virus.
NOS_56319
Prosegue por aire e mar a busca dos once mariñeiros aínda desaparecidos.
O ministro español de Asuntos Exteriores, Unión Europea (UE) e Cooperación, José Manuel Albares, afirmou no Congreso que o Goberno está a "facer todo o posíbel" para esclarecer o motivo do naufraxio do pesqueiro de Marín 'Vila de Pitanxo'. Ao mesmo tempo que proseguen os traballos de procura e salvamento dos 11 mariñeiros desaparecidos nas augas de Terranova, o ministro sinalou que están en contacto coa embaixada española no Canadá para "ofrecerlle ás familias todos os detalles". Fontes do Ministerio de Exteriores explicaron a Europa Press que tanto a Embaixada de España en Ottaa como o cónsul xeral do Estado español en Montreal manteñen "un contacto permanente e constante coas autoridades do Canadá". Precisamente, o cónsul desprazouse até Saint John de Terranova para "manter contacto directo coas autoridades de salvamento, prestar asistencia consular e manter informadas ás familias das vítimas". Labores de procura dos desaparecidos O Joint Rescue Coordination Centre Halifax (JRCC Halifax) do Canadá coordina os labores de busca que aínda proseguen na zona do caladoiro pesqueiro de Terranova na que naufragou esta terza feira o 'Vila de Pitanxo'. Até o de agora foron atopados tres tripulantes con vida e dez falecidos, mentres os servizos de salvamento seguen á procura das outras dez persoas desaparecidas. Segundo confirmaron nas últimas horas fontes da Central de Salvamento Marítimo a Nós Diario, están despregados na zona un avión, dous helicópteros, unha fragata, un buque con bandeira canadense —Nexus—, dous pesqueiros portugueses —'Novo Virgem da Barca' e 'Franca Morte'— e un galego —'Praia Menduíña 2'—. A bordo do 'Praia Menduíña 2', aliás, están os tres mariñeiros rescatados, ao igual que seis dos dez corpos atopados até o momento. Os outros catro repousan no 'Nexus' —dous—, o 'Novo Virgem da Barca' —un— e o 'Franca Morte' —un—, á espera de recibir novas ordes das autoridades. As baixas temperaturas condicionan os labores de busca. Hoxe o Gran Banco de Terranova rexistra -7ºC e a sensación térmica pode chegar aos -17ºC. Ademais, os refachos de vento superan os 70 quilómetros por hora e as ondas alcanzan os cinco metros de altura.
NOS_53924
A afluencia de inscricións, 581, supera xa en 139 as da pasada edición. Con todo, o estado de alarma fai que non sexa posible celebrar a festa de finalistas prevista para o vindeiro 15 de abril.
A pesar da situación actual debida ao estado de alarma por coronavirus, "na medida do posible" os Premios Martín Códax da Música Galega "van tentar" respectar as datas e os seguintes pasos a seguir no calendario anunciado, segundo afirman desde Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos mesmos. A afluencia de inscricións, 581, supera xa en 139 as da pasada edición. Con todo, o estado de alarma fai que non sexa posible celebrar a festa de finalistas prevista para o vindeiro 15 de abril. Non obstante, e tal e como estaba previsto, do 23 de marzo ao 5 de abril un xurado profesional formado por dúas músicas ou músicos, unha persoa representante dos medios de comunicación, outra da industria e outra da formación musical, procederá á selección dos 3 proxectos finalistas de cada categoría. Elas tamén terán que seleccionar as e os finalistas das 17 categorías de entre máis de 500 proxectos inscritos. Estas cifras supoñen "un grandísimo éxito" e "evidencian a necesidade dos Premios", xa que foron moitas máis que na pasada edición as persoas que decidiron daren visibilidade aos seus grupos e propostas musicais", sinala Músicas ao Vivo. Aumento de propostas en todas as categorías Concretamente, en 2019 foron 442 proxectos os presentados, con 391 musicais, 11 salas, 25 festivais e 15 medios de comunicación. Neste 2020 todas as categorías aumentaron en volume de propostas, o que supón máis de 30% con respecto á anterior, xa que foron 24 salas, 36 festivais, 20 medios e 501 musicais os que se presentaron, procedentes de todos os puntos da xeografía galega e doutros lugares tan dispares como Taiwan, Holanda, Londres, Sajonia, Sacramento ou Cardiff.
NOS_26825
Na segunda quinta feira de mes o Consello da Cultura Galega (CCG) e mais a Asociación de Amigos dos Cruceiros ofrecen un itinerario polos "Cruceiros da Galiza", nun total de 30 roteiros e máis de 150 cruceiros, cruces pedra e petos de ánimas.
O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas veñen de presentar o proxecto "Cruceiros da Galiza", unha iniciativa que agrupa 30 roteiros para dar a coñecer un cento destas construcións, no 70 aniversario da publicación de As cruces de pedra na Galiza, de Castelao. Na presentación de "Cruceiros da Galiza" estiveron presentes Rosario Álvarez, presidenta do CCG; Fernando Arribas, da Asociación de Amigos dos Cruceiros; e Manuel Gago, técnico do CCG. "Esta iniciativa pretende pór na axenda cultural o valor artístico e patrimonial dos cruceiros, que habitualmente pasan desapercibidos, aínda que son un tipo de ben moi espallado polo territorio galego e moi asociado coa nosa identidade", asegurou a presidenta do Consello da Cultura. Cada segunda quinta feira do mes, o CCG publicará unha entrega destes itinerarios que, segundo explicou Manuel Gago, "están pensados para poder facerse nunha mañá e poden ser complementados coa exploración do resto do territorio, e dos outros roteiros dispoñíbeis na nosa plataforma". O primeiro dos itinerarios propostos para a pasada quinta feira permite visitar os calveiros da Terra Chá, unha das comarcas que garda un maior número de exemplares deste tipo de construcións. Esta proposta de itinerarios culturais para facer visíbeis os cruceiros e petos de ánimas forma parte dun proxecto máis amplo sobre o que colaboran o Consello da Cultura e Amigos dos Cruceiros. Mais agora, comentou Rosario Álvarez, "estes roteiros abren unha serie de actividades que se estenderán até 2022", nas que ambas as dúas entidades promoverán "un grande encontro para que se poñan en común as últimas investigacións e estudos sobre esta modalidade de bens".
NOS_44128
O presidente da SEPI afirma que "todos temos que axustar os salarios ultimamente". Navantia dá emprego directo nos dous estaleiros de Ferrolterra a 2.300 traballadores
Sen dique flotante. Sen flotel. Sen paga extra de Nadal. E, de concretarse o afirmado polo presidente da SEPI no Congreso, cun recorte nos salarios a corto prazo. O cadro de persoal de Navantia está a sufrir unha situación "inaguantábel", como teñen manifestado representantes do plantel. Desde a SEPI (Sociedad Estatal de Participaciones Industriales), dependente do Ministerio de Economía, sinálase que a situación da empresa é "difícil e complexa". O presidente da SEPI, Ramón Aguirre, afirmou que as perdas ían acumulándose e que había que adoptar medidas. E falou de "axuste de retribucións" e de que no marco do plan e competitividade que deseña a empresa, conleva un novo convenio colectivo, que debe se axustar "á situación crítica" de Navantia. Entre os sindicatos hai preocupación, pois sospeitan que este tipo de medidas, xa de por si dolorosas, poidan supoñer o primeiro paso `para outras máis drásticas, despedimentos incluídos. Ignacio Naveiras, do comité de empresa, xa advertiu: "Terannos enfronte" Pemex Na súa comparecencia no Congreso, Aguirre tivo que responder a diversas preguntas dos deputados da oposición, entre eles Olaia Fernández do BNG. O presidente da SEPI dixo que farían xestións en Bruxelas polo dique flotante (após que a UE afirmase hai uns días que non houbera petición oficial por parte do Estado español de facer esta infraestrutura). E, respecto a Pemex, que están á espera de que diga que hai que comezar a construír o flotel en Ferrol. Sen máis.
QUEPASA_104
Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA.
Arrinca hoxe o prazo de inscrición á cuarta edición dos Premios Youtubeir@s, uns dos premios máis importantes do país a nivel audiovisual. Se ben este ano non está Carballo entre os Concellos organizadores (os servizos de normalización lingüística que arman este ano son os da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, ademais das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña), cómpre repasar un certame que conta cun total de 7.500 euros. A intención segue a ser a de animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos, dende vídeos de deportes, viaxes ou videoxogos até vídeoblogs políticos ou vídeoconsellos de moda. Ao tempo, buscan darlles visibilidade tanto á produción en galego coma á comunidade creadora e "Expandir a Rede", como versa o lema deste ano. O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posterior ao 27 de setembro de 2019. No caso de presentar unha canle, esta debe conter polo menos 5 vídeos, maioritariamente en galego e realizados con posterioridade a esa mesma data. Prazo de inscrición O prazo para inscribir os vídeos e canles no Premio Youtubeir@s abre este mércores, 27 de maio de 2020, e pecharase o 23 de outubro de 2020 ás 23.59 h. Cada participante debe inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal, onde se poden consultar as bases completas desta cuarta edición. Outros certames Bo momento para prepara o teu traballo para o Certame de videos, podcast e regueifas de AMEGA. 2019: Xacobo de Toro, un dos premios Youtubeir@s. 2019: O Proxecto Youtubeir@s recibe o Premio Mil Primaveras da CTNL. Eva Rama, de Entretendo: "É importante que a xente se atreva a quedar nos pobos pequenos"
NOS_52786
A XXII edición da Festa da Arribada terá lugar os días 3,4 e 5 de marzo en Baiona.
Nesta terza feira tivo lugar a presentación da XXII edición da Festa da Arribada no Museo das Peregrinacións, en Compostela, que se realizará os vindeiros 3, 4 e 5 de marzo en Baiona. No transcurso do acto, Anxo Lorenzo, o secretario xeral da Consellaría de Cultura, referiuse á festividade como "un feito histórico para a historia de Europa, España e Galiza". Ademais, fixo fincapé na importancia do evento na súa dimensión turística. Nese senso, a directora de Turismo da Galiza, Nava Castro, explicou que Baiona foi un dos primeiros concellos en se especializar neste sector da economía e subliñou a grande importancia que ten a Arribada. O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, lembrou que hai arredor de sete anos apresentaran esta festividade na Praza do Obradoiro. Ademais, agradeceu o traballo tanto das institucións como de diversos colectivos e, sobre todo, das xentes de a pé, sen as que este evento non tería sentido, dixo. Por outra banda, convidou a todas as persoas a se trasladaren 520 anos cara a atrás e vivir "unha vida máxica, unha vida de medievo" nas contornas da zona. Rodal dirixiuse á Arribada como "un soño que esperta emocións, crea sensación e estimula os sentidos". Teatro e doces Na entrada do Museo das Peregrinación, a presentación da XXII edición da Festa da Arribada estivo acompañada da representación de 'A peregrinación da Arribada', a cargo da agrupación Non Si? Teatro de Baiona. Ademais, todas as persoas asistentes puideron desfrutar da degustación dos doces típicos da Arribada 'Os Noclos e Pinzón e as Tartas de Sarmiento', xunto con viño doce de Palos. Festa da ArribadaO día 1 de marzo de 1493 conmemórase a chegada da carabela Pinta ao porto de Baiona coa noticia da descuberta de América. A Arribada ten lugar o primeiro fin de semana de marzo e desde o 2015 está considerada festa de interese turístico internacional. Trátase dunha festividade medieval na que se ofrecen produtos de artesanía que se consumían no século XV. As rúas de Baiona énchense de músicos, xograres, malabaristas e artesáns. Ademais, escenifícase a reconstrución do relato de Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes daquel 1 de marzo de 1493.
NOS_34416
O sindicato explica que os cambios provocados pola nova lei educativa (LOMLOE) e a Lei Orgánica de FP implican a integración do Profesorado Técnico de Formación Profesional (PTFP) no corpo de Profesorado de Ensino Secundario, do grupo A1, co requisito de ter unha titulación de grao ou unha diplomatura universitaria.
A Executiva Federal da CIG-Ensino fixo entrega nesta terza feira dun escrito dirixido á ministra de Educación, Pila Alegría, acompañado de 7.366 sinaturas recollidas entre o profesorado galego "en tan só un mes e medio" para demandar un corpo único docente dentro do grupo funcionarial de maior grao (A1). Para a sección educativa da CIG, esta recollida de sinaturas "en tan breve tempo", é unha "boa mostra do apoio do persoal docente galego" á campaña iniciada polo sindicato maioritario no ensino público para que se produza a integración de todos os corpos docentes no grupo A1. "Mudemos o rumbo": estas son as reivindicacións da CIG-Ensino para "dignificar a profesión" CIG-Ensino, após da resposta "tan contundente e rápida do profesorado", decidiu interromper a campaña, coincidindo co final do curso escolar, despois de constatar o gran apoio que tivo a iniciativa, unha "demanda histórica" da cental sindical galega. Cambios coa LOMLOE O sindicato explica que os cambios provocados pola nova lei educativa estatal (LOMLOE) e a Lei Orgánica de FP implican a integración do Profesorado Técnico de Formación Profesional (PTFP) no corpo de Profesorado de Ensino Secundario, do grupo A1, co requisito de ter unha titulación de grao ou unha diplomatura universitaria. Desta maneira, unha vez remate 2022 só permanecerán no subgrupo A2 o corpo de mestres, PTFP a extinguir e profesorado do novo corpo de especialistas de sectores singulares da FP, e o corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño. A CIG-Ensino alerta do "progresivo control do sistema educativo" CIG-Ensino lembra que xa demandou na Mesa estatal que se incorpore esta integración no marco do Estatuto Docente que o Ministerio se comprometeu a negociar nesta lexislatura. Así llo fixo ver o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, nunha carta dirixida á ministra Alegría o pasado 2 de maio. Para o sindicato, non comezar a negociación canto antes "sería unha mensaxe profundamente negativa" para os algo máis de 260.000 docentes que no conxunto do Estado quedarán no grupo A2, nos que 95% son do corpo de mestres. Na Galiza a medida beneficiaría a uns 15.000 docentes, case 50% do profesorado total. CIG-Ensino e Anpas Galegas protestan en Compostela contra os recortes no ensino A CIG-Ensino considera que as melloras no recoñecemento profesional tamén se deben estender aos corpos actualmente no nivel 24 do grupo A1 (profesorado de secundaria e réxime especial) co recoñecemento do nivel superior, o 26.
PRAZA_17252
Os cálculos dos dirixentes do PP fracasaron totalmente. Apostar, exclusivamente, pola xudicialización da vida política provocou que vaian estoupando varias "bombas" de efecto retardado, colocando á defensiva a quen afirmaba que estabamos ante unhas poucas "mazás podres" no cesto virtuoso dos cadros políticos que administraron diversas comunidades autónomas e concellos.
Que ocorrería se a sentenza da Audiencia Nacional sobre o caso Gürtel se coñecera o pasado día 21? Apoiarían Cidadáns e o PNV os orzamentos presentados polo goberno Rajoy? Que ocorrería se a sentenza da Audiencia Nacional sobre o caso Gürtel se coñecera o pasado día 21? Apoiarían Cidadáns e o PNV os orzamentos presentados polo goberno Rajoy? De dúas, unha: ou todo foi unha azarosa coincidencia temporal ou alguén coordinou os reloxos do poderes lexislativo e xudicial para evitar incómodos solapamentos que alimentasen decisións irreversíbeis de grande alcance político. En todo caso, non é desatinado pensar que Albert Rivera e Urkullu eran conscientes de que, 24 ou 48 horas despois do balón de osíxeno proporcionado ao PP gobernante, ía transcender unha decisión xudicial previsibelmente demoledora para a reputación de Mariano Rajoy e do seu partido. Sabedores desa hipótese moi verosímil, talvez preferisen a continuidade dun executivo sometido a un insoportábel proceso agónico. Apostar, exclusivamente, pola xudicialización da vida política provocou que vaian estoupando varias "bombas" de efecto retardado, colocando á defensiva a quen afirmaba que estabamos ante unhas poucas "mazás podres" Zaplana primeiro e a Gurtel despois certificaron a dimensión da penitencia que debe pagar o PP por renunciar á vía das responsabilidades políticas na loita contra a corrupción e colocar todos os ovos na cesta das actuacións xudiciais. A curto prazo, as vantaxes desa estratexia eran indiscutíbeis: todo o mundo seguía nos seus postos e utilizábanse coa máxima intensidade as prerrogativas asociadas á lóxica dos contenciosos xurídicos (presunción de inocencia, reclamación das garantías procesais, recurso á mentira como arma defensiva). Como, ademais, a administración xudicial padece unha endémica falta de dilixencia -en moi boa medida por falta de recursos humanos e materiais- os posíbeis efectos negativos da opción elixida nos despachos da rúa Génova dilataríanse moito e cecais perdesen boa parte da súa carga tóxica. Os cálculos dos dirixentes do PP fracasaron totalmente. Apostar, exclusivamente, pola xudicialización da vida política provocou que vaian estoupando varias "bombas" de efecto retardado, colocando á defensiva a quen afirmaba que estabamos ante unhas poucas "mazás podres" no cesto virtuoso dos cadros políticos que administraron diversas comunidades autónomas e concellos. O finiquito político do líder do PP xa é unha realidade. O futuro do PP está por escribir Os últimos triunfos de M. Rajoy foron debidos aos erros e incapacidades dos adversarios e non tanto aos acertos propios. Hipotecado xudicialmente, illado parlamentariamente, non foi quen de sobrevivir á moción de censura promovida por Pedro Sánchez. O finiquito político do líder do PP xa é unha realidade. O futuro do PP está por escribir. Publicidade
NOS_49718
o presidente libanés, Michel Aoun, defendeu nun discurso dirixido ao país impulsar un proceso de reforma política que poña fin o sistema político confesional ─que reparte os cargos en función da relixión─.
O diplomático Mustafá Adib foi designado onte novo primeiro ministro do Líbano polo Parlamento, tres semanas despois de o Goberno de Hasan Diab presentar a dimisión en bloque. Esta produciuse logo da explosión no porto de Beirut que sacudiu o país, no medio dunha das peores crises na súa historia, e que deixou case 200 mortos, dous barrios da capital libanesa arrasados e varias semanas de intensas protestas contra o Goberno. Adib, embaixador do Líbano en Alemaña desde 2013, contou con 90 dos 119 votos emitidos e recibiu o apoio dos principais bloques políticos do país, desde partidos sunnitas, como o do ex primeiro ministro Saad Hariri, a Hezbolá e o Movemento Amal. A designación de Adib como novo primeiro ministro faise sen pasar polas urnas, un trámite que non é necesario malia a dimisión en bloque do anterior Executivo, sempre e cando si o novo primeiro ministro conte coa aprobación do Parlamento, tal e como aconteceu onte. "É hora de traballar para coordinar e unir esforzos, co fin de restaurar a esperanza entre os libaneses", declarou Adib tras se coñecer a noticia. "Pola graza de Deus Todopoderoso, agardamos ter éxito na elección de profesionais con probada experiencia e eficiencia para desenvolver as reformas financeiras e económicas necesarias" no país, engadiu. Sobre o case descoñecido Mustafá Adib pesa agora o labor de elixir un Goberno que contente tanto os complicados equilibrios de poder e faccións característico da política libanesa, como unha moi descontenta poboación, que, encirrada pola dramática destrución de dous barrios da súas capital tras as explosións no porto, acusa as autoridades de corrupción endémica e incapacidade de xestionar a pesada crise económica e social que atravesa o país. Sistema confesional Horas antes da decisión parlamentaria, o presidente libanés, Michel Aoun, defendeu nun discurso dirixido ao país impulsar un proceso de reforma política que poña fin o sistema político confesional ─que reparte os cargos en función da relixión─. "O actual sistema confesional xa non serve e converteuse nun obstáculo ante calquera progreso ou reforma", apuntou o mandatario na súa intervención. "Hai que mellorar, emendar e mudar o sistema libanés. Líbano necesita un novo enfoque de xestión que se debe basear na cidadanía e na natureza civil do Estado", argumentou, polo que defendeu declarar un "Estado laico" con "diálogo entre líderes relixiosos e políticos para lograr estes cambios constitucionais".
NOS_53380
A moción levada a pleno polo Bloque saiu adiante co apoio do grupo municipal do PSdG e nela reprochan da canle de televisión nacional a "utilización partidista" dos espazos informativos para ofrecer unha imaxe "negativa" da cidade
A Televisión de Galiza foi declarada "medio de comunicación partidista e hostil" en Pontevedra. Así o acordou o pleno do Concello ao quitar adiante unha moción presentada polo grupo municipal do Bloque que contou co apoio do PSdG e en que se queixan do tratamento "negativo" que a cidade do Lérez recibe nos espazos informativos da televisión nacional. "É a TVG a que lles marca esa liña a vostedes ou son vostedes os que lla marcan a ela?", preguntou o concelleiro nacionalista Luís Bará antes de encetar o debate sobre a moción lamentando que non estivera presente ningunha equipa do ente público no salón de plenos. "Isto acontece porque non cobren o acto máis importante desta corporación", sinalou, lamentando o peche da delegación da CRTVG en novembro de 2010. Desde aquela, dixo, non só non se dá información dos actos máis importantes de Pontevedra nos informativos senón que "as únicas novas que se dan están relacionadas cos sucesos". Ocultamento da información do Concello, cobertura de supostas denuncias veciñais Segundo o texto da moción, Pontevedra converteuse daquela na única capital dun territorio que non conta con delegación da televisión pública "e isto tivo como consecuencia unha importante merma, en cantidade e calidade" da cobertura da actividade institucional, social, económica e cultural que dá de si a cidade do Lérez. A moción vai máis aló e achaca á TVG "o silenciamento" de acontecementos que son destacados noutras canles, españolas e de titularidade privada, como a recollida do premio Intermodes en Bruxelas, o acordo da paga complementaria de decembro @s traballador@s do Concello, a solidariedade da corporación que encabeza Miguel Anxo Fernández Lores con estafad@s das preferentes ou o programa RedeAxuda. A concelleira do PP di que a delegación de Pontevedra "pechou pola crise" "E nos poucos casos nos cales se informa, ocúltase de maneira deliberada que se trata de iniciativas promovidas desde o Concello", gobernado polo Bloque. Por contra, destaca a ampla proliferación de noticias negativas, na maior parte dos casos denuncias veciñais "que son denuncias disfrazadas do grupo municipal do PPdG". Pola súa banda, o edil socialista Antón Louro apoiou a moción e solicitou a reapertuda da delegación e o retorno d@s profesionais que estaban a realizar a súa actividade na cidade, tal e como prometera a Xunta hai dous anos. Foi a concelleira do PPdG Ana Isabel Vázquez quen fixo unha relación de medios de comunicación que botaron o feche e xornalistas que foron ao desemprego, botando a culpa á crise e negando a manipulación da televisión pública. A decisión adoptada en pleno será transladada á dirección da CRTVG, ao Consello asesor e á Xunta de Galiza.
NOS_53368
O presidente de Barreras confirma que representantes da paraestatal mexicana están de camiño a Vigo. Nunha década destruíronse 8.000 empregos neste sector na Ría.
Os floteis de Pemex volverán ter protagonismo nunha campaña electoral galega. Após protagonizar a do 2012 con aquel anuncio de Feijóo publicitado a "bombo e platillo" por medios públicos e privados como o maná para o naval galego, semella que nesta de 2016 estas embarcacións tamén van ter o seu papel electoral. O flotel que constrúe o estaleiro de Hijos de Barreras vai ser entregado en breve e estamos ás portas da campaña electoral 'oficial'. O presidente do estaleiro, José García Costas, confirmou que responsábeis de PMI, a filial de Pemex, desprázanse a Vigo para estar presentes no acto formal de entrega deste buque. Unha entrega que é inminente. Nun principio, o presidente anunciara en 2012 un principio de acordo con Pemex polo que esta petroleira ía construír en asteleiros de Galiza sete remolcadores e outros sete ían facerse en base a un convenio entre empresas galegas e mexicanas. Ïan garantir en Galiza máis de 3.000 empregos. Finalmente foron só 2 floteis e a compra, iso si, de boa parte das accións de Barreras. Os grandes estaleiros vigueses están en devalo a respeito de como comezou este século. Barreras, que no 2000 sumaba perto de 2.400 traballadores entre persoal propio e auxiliares. Hoxe en día son 452. Como carga de traballo, un flotel para Pemex a entregar este verán. Vulcano, que comezou o século con máis de mil operarios (entre persoal propio e auxiliares, lembremos) non chega agora aos 100. De 1.000 a 100 en pouco máis dunha década. Non ten na actualidade carga de traballo. O que ten é un ERE. E van 12 Esta tendencia repítese en todos os estaleiros. Metalships (antes Ascón) ten agora 157 persoas no cadro de persoal. Como carga de traballo, algunha reparación. No 2000 eran máis de 2.500 os operarios que tiñan traballo relacionado con este estaleiro. A lista segue: Freire, Armón... en todos eles se perderon empregos. Máis novidades en campaña Non sería esta a única novidade a ver co naval en campaña electoral. Hai riuxes-ruxes de que en breve haberá un importante anuncio a respecto de contratos con Navantia feitos por un país das antípodas.
NOS_41748
Logo do disco, xa está aquí o espectáculo músico-teatral baseado na obra de Manuel María, que se estrea esta fin de semana: o venres en Ourense e o sábado en Muros.
Esta semana estréase por fin "Canta o Cuco", o espectáculo músico-teatral sobre textos da obra do poeta da Terra Cha dirixido por Inacio Vilariño e protagonizado por Uxía e Magín Blanco nas voces, e por Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro nos instrumentos. A estrea será a finais desta semana e en sesión dobre: a sexta 8 de abril, ás 18 horas no Auditorio Municipal de Ourense; e o sábado 9 de abril ás 18 horas tamén no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros. "Canta o Cuco" é un espectáculo para todos os públicos, de 50 minutos de duración, que supón unha visión contemporánea dos versos de Manuel María dirixido a nenas e nenos do século XXI. A través do pop, da música tradicional e do rock, do tango ou do son cubano, as voces de Uxía e Magín Blanco interpretando os versos poéticos levarannos a gozar do universo deste escritor galego. O actor Inacio Vilariño, sobre o escenario, poñerá a parte teatral para redondear esta nova proposta escénica. O libro A finais de 2015 Uxía e Magín Blanco publicaron en Sonárbore (Galaxia) un libro-disco do mesmo título con cancións que musican os poemas do autor chairego. O carro, A vaca, A cidade, O cuco… so só algún dos textos musicados por Uxía e Magín Blanco, extraídos de poemarios como As rúas do vento ceibe, Os soños na gaiola, Terra Chá, Panxoliñas ou Os lonxes do solpor. Xunto a eles, unha creación propia da man de Uxía e Magín Blanco, Todo me fala de ti, na que ambos os dous artistas dialogan co poeta e coa súa rica personalidade. Ademais, as ilustracións son obra de Leandro Lamas.
NOS_16239
Segundo denuncia o sindicato CXT, que asegura que os tempos entre traxectos impiden ao persoal levar a cabo ese labor.
Renfe estaría incumprindo os seus propios protocolos de seguranza, segundo denuncia o sindicato CXT, ao non desinfectar os trens do Eixo Atlántico despois de cada viaxe. En concreto, o sindicato refírese aos convois de Media Distancia que cobren o traxecto entre Vigo e A Coruña. "Esta falta de desinfección vén motivada pola rotación de vehículos que cobren os diferentes servizos que están circulando, non existindo tempo material para realizar a desinfección polo persoal de limpeza encargado", explica CXT. Pon de exemplo que o tren que sae da Coruña ás 7.00 horas e chega a Vigo ás 8.33 horas volve saír ás 8.50 horas en dirección á Coruña, o que provoca que sexa imposíbel "realizar o protocolo de limpeza estabelecido".
NOS_8004
Feijóo inaugurou nesta sexta feira o Museo de Galiza coa exposición Gallaecia Petrea. A exposición supuxo o traslado, inicialmente estimado en case 600.000 euros, de pezas de grandes dimensións procedentes de distintos puntos de Galiza e do norte de Portugal.
Como un espazo de difusión para os creadores galegos de antes e de agora. Así se refiríu Alberto Núñez Feijóo ao Museo de Galiza, que foi inaugurado nesta sexta feira coa exposición Gallaecia Petrea. As verbas do presidente da Xunta, que contrastan coas protestas que choven dende diferentes ámbitos da creación galega polos recortes no apoio ao tecido cultural, serviron para inaugurar unha mostra da que, dende a Xunta, se destacan as dimensións: 341 obras que enchen na súa totalidade os 6.600 metros cadrados do Museo de Galiza. Pezas de grandes dimensiónsA exposición atravesa a historia do país coa pedra como fío condutor. Un percorrido que vai dende a época prehistórica até a actualidade, e para o que foron trasladadas ao Gaiás pezas de gran tamaño e peso que permiten encher de contido o amplo espazo que compoñen os varios andares do Museo. Entre elas, lousas megalíticas, un petróglifo procedente do Museo de Pontevedra, ou miliares e columnas romanas que sorprenden polas súas dimensións, ademais doutras pezas dende as que se poden encontrar tímpanos, sepulcros ou estolas medievais até as obras de grande formato de escultores contemporáneos, como os sarcófagos de Francisco Leiro. Só as dúas contratacións iniciais para o traslado das pezas dende diversos puntos de Galiza, do Estado e de Portugal, supuxeron un gasto de 410.000 euros, e o concurso para a montaxe foi adxudicado en 597.000, tal e como figura na súa páxina web.Na presentación ningunha referencia se fixo ao custe da exposición. Dende a Consellería apuntan que será inferior ao 1,5 millóns de euros que estimou en inicio, mais varios profesionais do sector consideran que o custe será superior. O comisario da exposición, Miguel Fernández Cid, recoñeceu, preguntado por Sermos, non coñecer o seu custe. Gallaecia Petrea recolle a herdanzas das grandes exposicións históricas do goberno de Fraga, e evoca ao que foi no seu momento Galicia no tempo que supuxo, ao igual que agora, o traslado a Compostela de multitude de pezas artísticas de distintos puntos do país. Nesta ocasión, xuntouse a un equipo de 76 investigadores e de seis comisarios, e foron en total 91 as institucións de Galicia, Portugal, Asturias e León, as que prestaron a súa colaboración coa exposición e cederon para ela parte das súas pezas. O que amosa, segundo Fernández Cid, o respaldo institucional a un museo novo como é o do Gaiás. A mostra artéllase en seis grandes apartados: unha parte inicial de carácter xeolóxico, na que se pode ver, exposta por primeira vez ao público a colección de rochas de Guillermo Schultz, e un percorrido posterior polas diferentes etapas históricas: dende a prehistoria, Roma e o Medievo até a época moderna e o momento actual. Con motivo da exposición, foron elaborados tamén varios vídeos e un católogo de 600 páxinas.Para o comisario da exposición, Miguel Fernández Cid, o tratamento dado á paisaxe a través da xeoloxía, a colaboración co norte de Portugal, así como a abordaxe da pedra non só como creación artística senón tamén como industria, traballo e economía, son os principais elementos diferenciais da exposición.Das exposicións máis carasA deputada nacionalista, Ana Pontón, pediu maior transparecencia no diñeiro destinado ao funcionamento do Gaiás e cualificou de irreal a cifra que se está manexando dende a administración sobre o custe da exposición. Para Ponton, Gallaecia petrea pasará á historia como unha das exposicións máis caras de Galiza, e destacou que fose inaugurada xusto na semana en que os sectores da cultura volveron denunciar a insostibilidade da súa situación e a falta de apoio público.Salvador del Río, presidente de Escena Galega, unha das entidades integradas na Plataforma das Artes Escénicas, denuncia que a política cultural da Xunta se centre no Gaiás, mentres que ao tecido produtivo da cultura do país se lles está a dicir que "non hai diñeiro para nada".
PRAZA_9044
A proliferación de salas e de máquinas de apostas nas nosas cidades e vilas está a converterse nun problema, sobre todo se temos en conta que cada vez máis mozos de menos de 25 anos están a presentar problemas de adicción ao xogo. Falamos con Xan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores de Azar
A paisaxe urbana das nosas cidades e vilas encheuse nos últimos anos de ducias de salas de apostas. Tamén de centos de máquinas de apostas en bares e cafetarías, onde comezan a ser tan habituais como as tradicionais máquinas comecartos. Nelas poden verse decote a grupos de mozos, moi novos, maiores de idade e tamén menores, aínda que legalmente non poden xogar. Os seus efectos están xa a notarse: incrementáronse exponencialmente os problemas de ludomanía e de adicción ao xogo entre os menores de 30 anos e algúns deles caeron en problemas de débedas. Fronte a todo isto, numerosas voces levan meses esixindo cambios lexislativos e maiores controis por parte das administracións: limitación á instalación de salóns e máquinas de apostas, control da publicidade e formas de evitar que menores de idade xoguen con cartos. En marzo entrarán en vigor novos mecanismos para regular o xogo online e está en tramitación un decreto-lei para poñer couto á actividade dos salóns de apostas que se multiplican nos barrios. O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2019 incluía así mesmo unha proposta para controlar a publicidade.De momento, o xogo e as apostas seguen a crecer. O 30% dos mozos entre 14 e 17 anos recoñece que apostou algunha vez. Calcúlase que o 2% da poboación pode desenvolver unha adicción ao xogo, e esta porcentaxe seguramente pode ser maior nesas idades. Nunha cidade como Vigo este outono xa se contabilizaban 359 máquinas de apostas. A cifra é aínda moi inferior á de máquinas comecartos, pero o seu número creceu un 30% no último ano.Estamos a falar, por suposto, dun enorme negocio. Calcúlase que no ano 2017 as apostas deportivas en España supuxeron uns ingresos para estas empresas de 742 millóns de euros (a diferenza entre os cartos xogados e os gañados), unha cifra que duplica os datos de 2013. O crecemento asentouse nun grande investimento publicitario: famosos anunciando webs de apostas, patrocinios de equipos deportivos... Calcúlase que estas empresas gastan máis de 100 millóns de euros en publicidade en medios de comunicación. "Hoxe a media de idade baixou, hai unha maioría de mozos entre 18 e 25 anos, e mesmo máis novos, enganchados ás apostas deportivas e aos xogos online"Dende o ano 1990 funciona en Vigo a Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA), unha asociación de ámbito autonómico que ofrece información e tratamento ás persoas afectadas por esta adicción e que colabora con institucións como a Deputación de Pontevedra ou a Xunta de Galicia. O seu director terapéutico, Xan Lamas, é tamén director técnico de FEJAR (Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados) e entre outras actividades ofrece charlas en centros de ensino para concienciar a mozos e mozas (de momento o problema afecta moito máis a homes que a mulleres) sobre esta situación. Falamos con el.Está a mudar o perfil das persoas con problemas de adicción ao xogo?Antes era xente de máis idade, con problemas coas máquinas comecartos ou con outros xogos de azar, coma o bingo, hoxe a media de idade baixou, hai unha maioría de mozos entre 18 e 25 anos, e mesmo máis novos, enganchados ás apostas deportivas e aos xogos online."A utilización na publicidade de persoas con certo prestixio social na publicidade serve para normalizar esa situación"Hai controis suficientes?O problema está aí: non se establecen límites nin controis. Dende a regularización do xogo online no ano 2012, as apostas deportivas teñen unha poboación diana que son os mozos. Que influencia ten a publicidade que reciben continuamente?A presión publicitaria é enorme. A utilización na publicidade de persoas con certo prestixio social na publicidade serve para normalizar esa situación. Cando estrelas deportivas que son os referentes de calquera rapaz e que son modelos de éxito, de disciplina e de traballo aparecen xogando ao póker e apostando cos seus móbiles, como lle vas dicir a un mozo que iso non está ben, que el non pode facelo? Estamos falando de mozos de 13, 14, 15 anos, que están aínda en período de formación e que poden non ter o criterio suficiente para detectar un perigo e seguramente non contan con información suficiente sobre os seus efectos.A publicidade, moi agresiva, diríxese a eles e está pensada para fidelizar os rapaces novos como usuarios de xogo. Botan man das redes sociais, ofrecen bonos para permitir xogar nun comezo, teoricamente, sen cartos, pero derivándoos finalmente a plataformas de pago."As salas de apostas presenciais non controlan nada e menos en Galicia cando o que proliferaron foron as máquinas de apostas nos bares"É máis perigoso o xogo online ou os salóns de apostas presenciais?O xogo online ten na actualidade máis mecanismos de control que os espazos físicos, que agora mesmo non están controlando nada. As plataformas online incorporan cando menos un mecanismo de rexistro que valida a idade da persoa usuaria para, en principio, impedir que xoguen menores. É certo que sempre poden poñer o DNI do seu pai, pero daquela xa son conscientes de que están cometendo un delito. As salas de apostas presenciais non controlan nada e menos en Galicia cando o que proliferaron foron as máquinas de apostas nos bares. Nestas máquinas dos bares, ademais, increméntase o perigo para as persoas de calquera idade que xa son adictas ao xogo. Noutros lugares teñen un mecanismo de control, como é a autoprohibición [un rexistro voluntario], pero iso non se aplica nestas máquinas.Normalizáronse as apostas como unha forma de ocio máis?É o gran problema que nós detectamos cos salóns de apostas e as máquinas de apostas: que se normalizaron e se socializaron. É onde quedan os nosos rapaces a pasar a tarde e alí reciben todo tipo de estímulos para xogar e para xogar canto máis mellor. Alí as bebidas son máis baratas, déixanlles estar case sen consumir, as televisións miden máis de 100 polgadas e están continuamente bombardeados por esta publicidade. Ao final algún deles acabará con problema de ludomanía. Comézase apostando a partidos de fútbol e os xogadores máis habituais e adictos acaban probando outras apostas: carreiras de cabalos ou de galgos de calquera parte do mundo que se retransmiten sen parar nas pantallas das salas de apostas."É onde quedan os nosos rapaces a pasar a tarde e alí reciben todo tipo de estímulos para xogar e para xogar canto máis mellor"Nos xogos online o perigo aumenta polo anonimato, a privacidade e a facilidade de gasto?O potencial adictivo de cada xogo vén marcado por unha serie de características. Algunhas delas son a dispoñibilidade, o anonimato, a facilidade de acceso, o pseudocontrol sobre a mecánica do xogo, o carácter relativamente pequeno das apostas, as medidas acústicas e luminosas de estímulo que acompañan o xogo..., todas estas características están presentes nos xogos online, o que fai que teñan un poder aditivo moi alto.Que medidas se deberían poñer en marcha para frear este problema?O primeiro que se debería facer sería aprobar un decreto de publicidade estrito e restritivo, algo que leva dous anos metido nun caixón. Habería que levar a cabo tamén unha fiscalización rigorosa de toda a operativa do xogo, tanto online como presencial, aplicando unha política de sancións. E, ademais, habería que poñer en marcha unha política de información e difusión para concienciar sobre as características do xogo e os seus riscos."Os primeiros síntomas que a familia detecta teñen que ver cos cartos. O rapaz comeza a meter a man na carteira dos pais, a pedir cartos, ou deixa de mercar cousas que necesita"Cales son os primeiros síntomas de que existe un problema?Os primeiros síntomas que a familia detecta teñen que ver cos cartos. Cando falamos de xente nova, habitualmente non estaremos falando dun gran patrimonio, pero estamos falando de que o rapaz comeza a meter a man na carteira do pai ou da nai, ou comeza a pedir cartos, ou deixa de mercar cousas que necesita, ou vende as súas cousas, ou chega a pedir un microcrédito de 300 euros a algunha das compañías que os ofrecen. Despois, hai unha serie de características que se dan en todos os adictos: o illamento social, a mentira, a xustificación continuada, a irresponsabilidade...Como debe comezar o tratamento?O tratamento sempre comeza polo recoñecemento do problema, algo que non é nada doado. Todos os adictos establecen unha autonegación do problema: sempre din que eles controlan o que lles sucede, que son conscientes que se pasaron, pero que xa se reconducirán, e o único que fan é mentirse a si mesmos e mentirlles aos demais. Primeiro hai que tentar falar co rapaz, con comprensión. E unha vez que por fin recoñecen o problema, o que hai que facer é acudir a centros especializados para establecer un protocolo de tratamento para tentar superar a adicción. Igual que se fose unha adicción con substancias."O tratamento sempre comeza polo recoñecemento do problema, algo que non é nada doado"É fácil saír do xogo?É fácil saír, relativamente. Hai que ter disposición ao cambio, hai que mudar certas condutas e certas formas de pensar. Nós na asociación temos un tratamento que dura 18 meses e que uns índices de alta terapéutica do 60%. Non é difícil deixalo, pero aínda así, todos estamos sometidos a moitos estímulos e a moita presión social para xogar, tanto por parte da publicidade como por parte dos nosos amigos.Hai unha excesiva tolerancia social?Cando a primeira noticia nos telediarios é un rapaz de 12 anos ao que lle tocaron 200.000 euros na lotaría, aínda que a Administración de Lotería leva 30 anos dicindo que os menores non poden xogar de ningún xeito, isto é un caldo de cultivo para que outros tantos rapaces desa idade, ou de 16, ou de 18 proben sorte, nese xogo ou noutros.É un problema de educación que non abrangue a todos, a toda a sociedade, comezando polos medios de comunicación. Os pais deben ser tamén responsables do que fan os seus fillos, non poden desentenderse. Non pode ser que con oito anos todos os nenos teñan un smartphone con conexión a Internet e non pode ser que os rapaces o usen sen control ningún. Temos unha responsabilidade como pais para educalos.
NOS_15747
Ferrín non só demite como presidente, senón que bate na mesa ao deixar o seu posto de numerario na Academia. Contratación de familiares, guerra interna polo control, presións políticas polo recurso contra o decreto da lingua... a demisión de Ferrín tira á luz un enfrontamento interno que dá apaiencia de poliédrico. Henrique Monteagudo, Manuel Bragado, Pilar García Negro, Cesáreo Sánchez e Carlos Callón opinan sobre a situación.
A demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín vén de axitar o mundo cultural. A súa carta de renuncia deixa ver ás claras un enfrontamento directo que non oculta ao se dirixir a aqueles e aquelas académicas que querían velo fóra. A entrevista do secretario, Xosé Luís Axeitos, en La Voz de Galicia afondaba aínda máis na idea do enfrontamento, habida conta que acusa directamente o Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega de presionar á Academia co fin de que retire o recurso apresentado contra o Decreto do bilingüísmo da Xunta. Carlos Callón: "CCG e ILG teñen que dar explicacións" O presidente da Mesa pola Normalización Lingüïstica, Carlos Callón, agarda que o que "está a acontecer sirva de revulsivo para termos unha Academia máis plural, forte, transparente e comprometida co galego. Agora CCG e ILG teñen moito que dicer, xa que o secretario fixo acusacións de seren correas de transmisión do PP presionando para retirar o recurso apresentado pola Academia. Desde a Mesa pedimos que se aclare ou se non tamén tería que haber demisións tanto nunha como noutra institución". Henrique Monteagudo: "Responder atacando é mal estilo. O que se precisaba era unha aclaración" Académico, mais tamén membro do ILG e CCG, Henrique Monteagudo móstrase sorprendido pola, ao seu ver, "inesperada" demisión do presidente da Academia. "Unha pena tanto para a Academia como para o propio Ferrín por poñer fin de maneira tan brusca e cunha acusación a certos membros da Academia. O tema das contratacións merecía unha explicación pública, mais non a demisión. Tería gostado de que rematase o seu mandato", explica Monteagudo que, alén disto, cualifica de "desafortunadas" as declaracións do secretario Axeitos. "Cando nunha institución se piden explicacións hai que dalas, non argumentar cunha conxura. Responder atacando é moi mal estilo. Hai que exercer e responder pola responsabilidade institucional de cada quen", afirma Henrique Monteagudo. Aclara que non está en ningunha das directivas das tres institucións e nega coñecer ningunha presión sobre a Academia. Manuel Bragado: "Ferrín é un diamante moral e demite desde unha posición patriótica" Editor e presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado compartiu con Ferrín o tempo de agarda até que comezaran os actos do Día de Rosalía en Padrón. Nen por iso intuía o que ía acontecer hoxe. Admiración, respecto e recoñecemento por Ferrín é o que evidencian as súas palabras. "A súa demisión merece gratitude e admiración e faise, sen dúbida, desde unha posición moral e patriótica", comeza. "Ferrín é un diamante moral e agora cómpre seguir construíndo o proceso que el desenvolveu. No seu mandato, a Academia defendeu a súa oposición con respecto ao decreto do bilingüísmo, elexiuse a Lois Pereiro para o Día das Letra, co que iso significou, a institución entrou nas redes sociais, conmemorouse o aniversario da Academia e un sinfín de feitos máis relevantes para a institución", destaca facendo un rápido balanzo da súa xestión. "Galiza precisa de grandes acordos porque vivimos momentos difíciles para a construción nacional e ás veces idénticas vontades non conlevan estratexias comúns", comenta, sen lle quedar dúbida de que Ferrín será "unha das persoas máis destacadas na historia da Academia, daquelas que traballan máis para o futuro que para o mañá". Pilar García Negro: "A demisión é produto dunha loita interna" Profesora da Facultade de Filoloxía na Universidade da Coruña, Pilar García Negro lembra na conversa dous artigos da súa autoría que daban conta da súa opinión sobre a Academia. "Un titulábase Unha Academia real e nel defendía que a academia tiña que funcionar ao servizo da sociedade e noutro de Terra e Tempo afirmaba que, tal e como era a situación, a Academia debía integrar as súas siglas coas da USC, ILG e CCG. A Academia non pode ser un bis das outras institucións", comenta a profesora García Negro, chamando a atención tamén sobre como as concesión de cadeiras escoraron cara á especialistas en lingua da Universidade de Santiago. "A demisión é produto dunha loita interna e o que é desexábel é que a Academia non se converta noutro holding de monopolio e do control dos orzamentos públicos destinados á lingua e á cultura galega", sinala, para interpretar a demisión de Ferrín. Cesáreo Sánchez Iglesias: "Que se manteña firme na defensa do ensino en galego como se fixo nesta etapa" O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, lamenta a demisión de Ferrín, escritor que a entidade que preside propuxo para as candidaturas ao Nóbel desde hai 17 anos. "Pola súa obra e firmeza na defensa do idioma galego e que se concretou presdindo unha Academia que tramitou o recurso a un Decreto que contiña medidas agresivas para o noso idioma e a súa planificación educativa", sinala para, a continuación, facer un chamamento "á responsabilidade dos académicos para que a institución á que teñen a honra de pertencer non sexa instrumento de intereses alleos á nosa cultura e ao noso idioma, que nada teñen que ver co fin para o que foi creada a Academia no seu día. E facemos un chamamento a que se manteñan firmes na defensa do ensino en galego e ao noso idioma como se fixo nesta última etapa. Sería lamentábel que se apartara, como fixo no pasado, dos seus labores fundacionais".
NOS_54236
A ONU contará cun museo en Copenhague co obxectivo de reflectir os valores das Nacións Unidas e funcionar tamén como un centro de produción de contidos.
O 24 de outubro de 1945 entrou en vigor a Carta das Nacións Unidas. Coa ratificación dese documento fundacional da maioría dos signatarios, incluídos os cinco membros permanentes do Consello de Seguranza, a ONU entrou oficialmente en vigor Agora, no día en que as Nacións Unidas completan 71 anos, o secretario-xeral da ONU anuncia a creación do Museo da ONU. Unha nota divulgada polo voceiro de Ban Ki-moon neste 24 de outubro explica que a sede do novo museo global estará en Copenhague, na Dinamarca. A sede do museo estará en en Copenhague, na Dinamarca, e pretende facer o traballo da UNU máis coñecido do público A idea é mostrar ao público o traballo e os valores das Nacións Unidas. Ban agradeceu ao goberno danés o apoio e resalta que o proxecto fará que o traballo da ONU fique aínda máis accesíbel ao público en xeral. Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel O secretario xeral cre que o museo axudará tamén a aumentar a concienciación sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e sobre os esforzos da organización para construír un futuro mellor para todos. O sitio web oficial do proxecto ONU Viva-Museo para a Humanidade xa trae algúns detalles da novidade: a plataforma online será a presenza dixital do museo, onde os internautas poderán explorar cuestións humanas e universais. Canto ao edificio do museo, en Copenhague, terá a meta de "reflectir os valores das Nacións Unidas", funcionando tamén como un centro de produción de contidos. Aplicación para móbil Xunto coa idea do museo avanzouse outra idea para celebrar o Día da ONU: unha aplicación para móbil, O aplicativo UN Visitor Centre-NY está dispoñíbel na App Store, no Google Play e na Amazon.gratuíta, mostrando máis de 65 obras de arte e elementos arquitectónicos expostos na sede da organización en Nova York. Impacto da ONU en Nova York Para celebrar o aniversario das Nacións Unidas, o alcalde de Nova York proclamou o 24 de outubro como o Día da ONU na cidade. Segundo Bill de Blasio, este é un recoñecemento "polo impacto que a ONU ten xerado non só en Nova York, mais tamén no mundo". A sede da organización foi construída durante os anos 1949 a 1951 e inaugurada en 1952. O solar foi comprado ao principal construtor neoiorquino da época, William Zeckendorf e a compra foi ordenada por Nelson Rockefeller, despois do inicial ofrecemento de situala na propiedade da familia Rockefeller de Kykuit, rexeitado ao considerar que se atopaba demasiado afastada de Manhattan. Os oito millóns e medio de dólares da compra dos terreos foron financiados polo seu pai John D. Rockefeller, Jr., que os doou á cidade. O arquitecto director do complexo foi Wallace Harrison, o asesor-arquitecto da familia. A selección do Arquitecto Aínda que o normal para construcións desta envergadura sexa convocar un concurso internacional este non foi o caso da sede das Nacións Unidas. O arquitecto norteamericano Wallace Harrison foi nomeado director de planificación nun Consello conformado por N.D. Bassov da Unión Soviética, Gaston Brunfaut (Bélxica), Ernest Cormier (Canadá), Le Corbusier (Franza), Liang Ssu-cheng (China), Sven Markelius (Suecia), Óscar Niemeyer (Brasil), Howard Robertson (Reino Unido), G.A. Soilleux (Australia) e Julio Villamajo (Uruguai). Cada arquitecto presentou polo menos unha proposta sobre a cal logo se traballaría en conxunto para terminar de perfilar. O comité estudou máis de 50 propostas antes de escoller a gañadora. Le Corbusier e Jeanneret pretenderon desde o principio impor o seu deseño ao dos demais. O seu renome internacional dáballes certa vantaxe sobre os outros competidores. Foi Óscar Niemeyer, discípulo de Le Corbusier, quen plantou cara ao francés presentando un proxecto que deixou encantados a todos os membros da comisión. Le Corbusier non podía aceptar que fose o seu propio discípulo quen lle arrebatase o proxecto, así que aí apareceu a man esquerda de Wallace Harrison, que convenceu Le Corbusier de que o proxecto de Niemeyer non era máis que unha interpretación do seu propio proxecto e que o resultado non era nin máis nin menos que o do alumno emulando o mestre aínda anos despois de se independizar profesionalmente. Esta idea pareceu acougar os ánimos do francés aínda que seguiu promovendo o seu proxecto durante a fase de creación colaborativa dando lugar a que finalmente se diga que o proxecto definitivo é o "Scheme 23A", que non era senón o proxecto de Le Corbusier, mais coas "modificacións" de Niemeyer.
NOS_36584
A central non asinou o documento por ser "inxusto, desigual, insuficiente e discriminatorio".
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do acordo de concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT. Zeltia Burgos, secretaria do sector de Autonómica da CIG-Administración, considera que agora comeza a loita xudicial "para a salvagarda dos dereitos do persoal e así dar solución ás inxustizas deste mal acordo". Afirma que este pacto é unha transposición do acordo asinado previamente en Madrid "que non introduce ningunha mellora ". A secretaria da CIG-Autonómica critica tamén que este acordo vincula a suba salarial ao PIB e non permite recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos dez anos. En canto e á carreira profesional, Burgos denuncia que, tal e como está formulada, xerará grandes diferenzas retributivas entre traballadoras, deixa fóra a unha parte do persoal e ademais está concibida como unha chantaxe para que o persoal laboral fixo se funcionarice.
NOS_22128
Na semana do 17M, o BNG dirixe as súas baterías dialécticas a un Feijóo ao que pinta como galegófobo.
"O último insulto que podía recibir este país é ver o presidente da Xunta facer campaña fundamentalmente en español, porque un presidente que renuncia, que despreza a lingua é un presidente que despreza Galiza, os galegos e as galegas", afirmou Vence esta mañá na Mariña, durante un acto de campaña en Mondoñedo. "Vímolo nos mitins de Betanzos, Mugardos, Ferrol, Redondela..., dando mostras ostentosas de desprezo a nosa lingua", subliñou. A galegofobia de Feijóo, segundo o retrato que pinta Vence, correspóndese cun dirixente político que logo fai "sistemática deixación de funcións na defensa dos intereses do país fronte a Madrid e Bruxelas". Vence enfatiza que o proxecto nacionalista non precisa ser apadriñado "nen desde Génova, nen desde Ferraz nen desde a Complutense" A alternativa, defendeu, sería un "un proxecto nacionalista de xente que teña o corazón e a cabeza aquí e que non se achante na defensa do noso", salientou durante un acto con candidatas e candidatos de BNG-Asembleas Abertas na Mariña para reivindicar mellores infraestruturas para comarca. Nese encontro, enfatizou que o proxecto nacional no que acredita o BNG é aquel que poñen en pé "as galegas e os galegos" e que non precisa de ser "apadriñado" desde Génova, Ferraz ou a Complutense, en alusión a PP, PSOE e Podemos.
PRAZA_17535
En 2017 os usuarios das estacións da antiga Feve foron 263.114, un 11,6% menos que en 2016 e acrecentando a redución de anos anteriores O incendio nun vagón de FEVE en Moeche, nova constatación do abandono do tren do norte galego HEMEROTECA | O plan urxente de Renfe para mellorar o tren do norte galego falla ao primeiro día
O incendio nun vagón de FEVE en Moeche, nova constatación do abandono do tren do norte galego HEMEROTECA | O plan urxente de Renfe para mellorar o tren do norte galego falla ao primeiro día En 2017 os usuarios das estacións de ancho métrico foron 263.114, un 11,6% menos que en 2016 e acrecentando a redución de anos anteriores En xuño do pasado ano Renfe, na que se integrou Feve, responsable da liña Ferrol-Ribadeo, anunciou un plan de actuación inmediata, aplaudido pola Xunta, para a mellora de diversas eivas que viñan rexistrando eses servizos ferroviarios de ancho métrico e que viñan denunciando tanto os usuarios como os concellos polos que pasa. Ese plan de mellora fallou ao primeiro día da súa posta en marcha e agora datos oficiais de usuarios das 52 estacións da liña aos que ten acceso Praza.gal constatan que no pasado 2017 duplicouse o ritmo de perda de viaxeiros a respecto dos anos anteriores. En 2017 foron un total de 263.114 os viaxeiros que subiron ou baixaron dun tren nalgunha das 52 estacións existentes entre Ferrol e Ribadeo, un 11,6% menos que os 297.623 rexistrados un ano antes. Ese descenso de viaxeiros supón máis do dobre do rexistrado un ano antes, cando os usuarios caeran un 5,3%, e case o triplo que a caída do 4% rexistrada en 2015. En 2013, primeiro ano da integración de Feve en Renfe, nesas 52 estacións rexistráranse 382.103 viaxeiros, polo que no último lustro a perda de viaxeiros é dun 31%. Á vista dos datos oficiais, a perda de viaxeiros nos últimos anos foi más acentuada na parte máis occidental da liña, nas proximidades de Ferrol, que na máis oriental, na Mariña lucense. Así, a estación de Ferrol do Feve, a máis empregada ao funcionar eses servizos na práctica como un sistema de transporte de proximidade da cidade, pasou de preto de 98.000 usuarios en 2013 a menos de 60.000 o pasado ano. Xuvia, en Narón, a segunda estación máis empregada da liña, xusto antes de que esta se afaste do entorno metropolitano da ría de Ferrol e se dirixa cara ao interior e a costa norte, e que dispón de preto dunha trintena de servizos ao día que a comunican coa cidade en só 12 minutos, pasou de preto de 49.000 usuarios en 2013 a pouco máis de 30.000 o pasado ano. Avarías constantes dos trens, escaseza de maquinistas, ausencia de revisores, derrubamento de noiros ou caída de árbores nas vías son algunhas das incidencias que veñen rexistrando os servizos da liña Ferrol-Ribadeo Pola contra, a caída de usuarios é menor na Mariña lucense. Burela, con 33.000 usuarios en 2013, pasou a 25.000 o pasado ano; Viveiro baixou de preto de 21.000 a 18.000; e Ribadeo de 22.000 a 17.000. Avarías constantes dos trens, escaseza de maquinistas, ausencia de revisores, derrubamento de noiros ou caída de árbores nas vías son algunhas das incidencias que veñen rexistrando os servizos da liña Ferrol-Ribadeo, ao que se engade uns horarios e tempos de viaxe pouco útiles para a mobilidade nas comarcas que atravesa.
NOS_19110
Durante o estado de alerta, o profesor emérito pola Universidade de Santiago de Compostela contribuíu a divulgar información científica sobre o coronavirus.
—Chegamos á fase da nova normalidade, como evolucionou a COVID-19 até hoxe?A evolución foi a que cabía agardar visto o que pasou en Wuhan. A aquelas comunidades, como Galiza, que se fecharon cando a enfermidade aínda estaba comezando, afectounos menos que a outras que o fixeron máis tarde. Aquí axudou a maior diseminación da poboación, non contar con grandes núcleos urbanos, e a situación mais periférica que fixo que o virus chegara mais tarde, e sen dúbida unha boa xestión. Agora temos que adaptarnos a esta situación de "nova normalidade", que aparte da incorrección do termo, aínda non é de normalidade, senón dunha reactivación da vida con moitas precaucións para evitar a volta da COVID-19. —A mobilidade en todo o Estado e a apertura de fronteiras incrementa a posibilidade de novos rebrotes?Ao longo do verán seguramente veremos algúns focos máis coma o do Barbanza asociados coa chegada de turistas e favorecidos pola baixada da garda nas medidas de prevención. —Que medidas se deben tomar nun caso coma ese?Débese actuar o mais precozmente posíbel na detección dos casos e na busca dos contactos, illándoos o antes que se poida para impedir a extensión do brote como se fixo agora en Ribeira e na Pobra. —Está preparado o sistema de saúde galego para xestionar estes rebrotes?Si, o Sergas está moi alerta, o que lle permite detectar precozmente os casos que podan presentarse. —Considera que sería necesario reforzar o Sergas?Seguramente, se se agarda que sexan moitos os visitantes, pois o Sergas debe ter en todo momento capacidade suficiente para detectar en pouco tempo todos os casos que se produzan e localizar os seus contactos. Unha vez se volva a normalidade debe acometerse, entre outras reformas, o desenvolvemento da saúde pública a nivel periférico integrándoa nas áreas de saúde para ser mais eficiente ante novos desafíos epidemiolóxicos, algo que aínda está pendente desde a aprobación da Lei Xeral de Sanidade de 1986. —A poboación debe seguir extremando as precaucións?Si. Este brote de Ribeira ven moi ben neste momento, no que está comezando o verán, para lembrar unha vez máis que a pandemia non rematou. Ata que dispoñamos dunha vacina, non debemos baixar a garda, mantendo en todo momento a distancia de seguridade, usando a máscara na rúa e nos lugares fechados, cando no podamos manter dita distancia, e lavando con frecuencia as mans ou hixienizándoas cunha solución hidroalcohólica.
PRAZA_8961
Unha empresa pública farase cargo das radiais e compensará as construtoras que non pagan os préstamos recibidos para construílas. O modelo de concesións privadas co que se financiaron hai unha década converte a Administración en garante en caso de bancarrota
"É unha fórmula de dación en pago, pero ao bruto". A afirmación é dun enxeñeiro de camiños que hai quince anos participou no proceso de articulación da fórmula de concesións a empresas privadas para a construción das chamadas autoestradas radiais. Agora cando unha boa parte destas infraestruturas está en quebra, bota as mans á cabeza ante o plan do "mal chamado rescate" polo que o Goberno e o Ministerio de Fomento propoñen a creación dun "banco malo das autoestradas" que se "fará cargo as radiais que están crebadas" e liberará promotores e bancos das obrigas de financiamento e explotación que contraeron. Fomento propón a creación dun "banco malo das autoestradas" que se "fará cargo as radiais que están crebadas" e liberará promotores e bancos das obrigas de financiamento e explotación que contraeron Aínda por riba, compensaralles con diversas fórmulas. "O peor é que todo é legal", laméntase, xa que no deseño dos proxectos de financiamento das autoestradas "establecíase a responsabilidade patrimonial da Administración". O debate sobre a creación do banco malo das autoestradas é un dos asuntos que, entre outros, se tratou durante o recente Cumio da Enxeñaría española 2013 celebrado a pasada semana en Madrid. Precisamente a ministra de Fomento, Ana Pastor, clausurou o encontro, aínda que no seu discurso non fixo mención ao tema. Os enxeñeiros máis críticos mostran a súa indignación polo agravio comparativo que se establece entre "a beizón que o Goberno fai desta fórmula de reversión de activos" (en referencia ás autoestradas radiais), e a súa negativa a articular unha formula de dación en pagamento para as familias propietarias de pisos que se viron atrapadas pola recesión económica e non poden facer fronte ás súas hipotecas. Nacionalizar as perdas Os enxeñeiros máis críticos mostran a súa indignación polo agravio comparativo que se establece entre "a beizón que o Goberno fai desta fórmula de reversión de activos" e a súa negativa a articular unha formula de dación en pagamento para as familias propietarias de pisos A drástica redución da circulación de automóbiles como consecuencia da crise económica, a fórmula coa que se abordou a expropiación dos terreos para construír as autoestradas e "a falta de rigor das previsións dos tráficos que poderían atraer cada unha delas" son as causas que, segundo os enxeñeiros, provocaron a situación crítica á que se enfrontan as radiais de Madrid, a autoestrada de circunvalación de Alacante, ou os treitos de Alacante-Cartaxena ou de Cartaxena a Vera. De feito as concesións de Madrid-Toledo, a R-4, Accesos de Madrid e Autocosta están en concurso de acredores. A pelota das súas débedas aproxímase aos 4.000 millóns de euros, e a esta cifra hai que sumarlles outros 1.800 do sobrecusto polas expropiacións. Entre as empresas construtoras responsables das radiais en dificultades atópanse Abertis, Cintra, Acciona, ACS, Sacyr, FCC, Ferrovial, OHL ou Glbalvía. Hai tamén algunhas entidades financeiras como Bankia, BMN (as antigas caixas do levante) ou Unicaja, no capital das concesionarias. Entre as empresas construtoras responsables das radiais en dificultades atópanse Abertis, Cintra, Acciona, ACS, Sacyr, FCC, Ferrovial, OHL ou Glbalvía Para atallar unha situación que ameaza con volverse contra as construtoras, bancos e Goberno, o Ministerio de Fomento está a pór a punto un plan para crear o que xa se coñece como banco malo das autoestradas. Será unha empresa pública que se fará cargo dunha decena de estradas de alta capacidade. O departamento que encabeza Ana Pastor acepta a reversión das autoestradas, pero esíxelle a bancos e concesionarias un desconto de entre o 20% e o 50% das cantidades que gastaron os promotores na construción e o mantemento das infraestruturas. Activos tóxicos Os enxeñeiros aseguran que a figura ideada no modelo concesional que lles deu vida no seu día, e en plena burbulla do cemento, ás radiais, establecía a "responsabilidade patrimonial da Administración" Pero é que ademais de quedar con activos tóxicos como son unhas radiais que ninguén quere utilizar, o chamado banco malo das autoestradas vai ter que resarcir con fondos públicos as empresas e bancos responsables do desastre. Os enxeñeiros aseguran que a figura ideada no modelo concesional que lles deu vida no seu día, e en plena burbulla do cemento, ás radiais, establecía a "responsabilidade patrimonial da Administración". Deste xeito se, como finalmente ocorreu, as autoestradas de concesión privada non captaban o tráfico e o volume de peaxes que as facía viables e entraban en quebra, os seus promotores poderían acollerse a unha fórmula de dación en pagamento de maneira que se liberaban das súas responsabilidades entregando a estrada en peza aos bancos que lles emprestaron os cartos para construíla. Pero que poden facer os bancos cunha infraestrutura que durante unha década mostrou a súa completa inutilidade, máis aló de engordar un negocio pura e simplemente especulativo? O Estado resarcirá as concesionarias morosas cunhas cantidades de diñeiro público que poderían oscilar entre 2.500 e 3.500 millóns Como a banca non está disposta a explotar autoestradas ruinosas, por unha banda presiona as construtoras para que devolvan os créditos e, por outro, a Fomento para que defina dunha vez a figura da sociedade pública. Así se pon en marcha a responsabilidade patrimonial da Administración que obriga o Estado a facerse cargo en última instancia duns activos tóxicos, co que de novo se nacionalizan as perdas das empresas privadas. Ademais, e esta é a parte que atrasa a posta en marcha do plan, resarcirá as concesionarias morosas cunhas cantidades de diñeiro público que poderían oscilar entre 2.500 e 3.500 millóns.
PRAZA_5964
A empresa canadense que pretende explotar os xacementos auríferos de Bergantiños amaga con reclamarlle á Xunta 20 millóns de euros por frear o proxecto apoiándos en motivos económicos e fai públicas conversas co director do Igape. Salvemos Cabana critica o "ataque" da compañía contra o Goberno galego.
A única persoa que figura na portada do sitio web de Edgewater, a empresa mineira canadense que aspira a explotar os xacementos auríferos de Corcoesto, é Alberto Núñez Feijóo. "O Goberno galego apoia o proxecto de ouro de Corcoesto", di a compañía para presentar un vídeo con declaracións do presidente a prol do proxecto empresarial. Son palabras da época na que a relación entre o Executivo autonómico -e o PP- e a empresa eran fluídas, incluíndo intercambios de eloxios, ceas e parabéns electorais. Pero esta lúa de mel galego-canadense rematou cando, o pasado marzo, a Xunta deu en frear o proxecto apoiándose en motivos económicos. A postura pública de Edgewater é que "segue traballando co Goberno para desbloquear o potencial do proxecto aurífero". Pero mentres di isto desenvolve unha intensa batalla legal e mediática contra a Xunta. O inicio da batalla xudicial foi anunciada pola propia Edgewater a través da súa filial galega, Mineira de Corcoesto, xusto despois do veto gobernamental. Co entusiasmo do alcalde de Cabana, José Muíño (PP), contrario á esixencia de maior solvencia financeira por ser un "cambio das regras de xogo", a empresa lanzouse á busca de socios ao tempo que lembraba que a declaración de impacto ambiental da mina está vixente ata 2017. Paralelamente presentou un recurso contra a decisión da Xunta que incluía unha carga política de profundidade: a transcrición dunha conversa atribuída ao director do Igape, Javier Aguilera, segundo a cal o alto cargo de Economía e Industria chegou a "avalar" o proxecto ante potenciais investidores sen sequera "coñecelo". A compañía revelou conversas con cargos da Xunta e amaga cunha demanda de 20 millóns de euros Quen era socio pasou a ser inimigo e Edgewater acusa abertamente o gabinete de Alberto Núñez Feijóo de realizar prácticas "discriminatorias". Sempre segundo a empresa "todo o contido da esixencia económica" que non é quen de cumprir "sae da moral do director do Igape e do que el considera, admitindo que é "fodido" e discutible, pero como el é quen informa, pois pon o que quere". Os avogados da transnacional coidan que á paralización da mina lle "falta unha fundamentación xurídica razoable distinta da vontade do seu autor". Por iso, segundo ese mesmo recurso, no caso de non lograr os seus obxectivos mesmo darían en demandar o Executivo para reclamarlle uns 20 millóns de euros, cantidade que tería gastada en realizar estudos e sondaxes en Corcoesto. Salvemos Cabana censura o "ataque" á Xunta Mentres a iniciativa que contribuíu a inchar ameaza agora os intereses do Goberno galego e, por extensión, do erario, un dos colectivos máis activos contra a megaminaría, Salvemos Cabana, censura o "ataque" de Edgewater á Xunta e o seu duplo discurso, toda vez que mentres asegura "seguir traballando" co Executivo "ameaza sen paliativos en Galicia con demandar á Xunta". A multinacional mineira, di a plataforma "ataca de maneira flagrante a independencia da decisión tomada de xeito soberano polo Goberno galego". "A suposta compensación patrimonial que demanda a empresa non ten cabida de ningún tipo, ao non ter cumprido coas esixencias administrativas" A xuízo de Salvemos Cabana Edgewater semella querer esquecer "que a Xunta lle esixiu multiplicar por 60 os fondos propios, garantindo que podía acometer o 25% do investimento prometido", isto é, algo máis de 100 millóns de euros. O que "non fixo posibles as condicións esixidas" é a "demostrada insolvencia económica da mineira", nun contexto no que Salvemos Cabana ve evidentes as "carencias financeiras da transnacional canadense e da súa filial galega". "A mineira equivócase ao afirmar que se quebrantou o principio de confianza lexítima", abonda o colectivo cidadán, que achama a recordar que "a anulación foi froito do incumprimento dos requisitos" técnicos e financeiros e que "non cabe recurso ao tratarse dunha resolución definitiva e irrevogable". "A suposta compensación patrimonial que demanda a empresa non ten cabida de ningún tipo, ao non ter cumprido coas esixencias administrativas", sinala. Salvemos Cabana encadra os últimos movemntos de Edgewater nun contexto no que, durante os últimos anos, a situación económica global "fomentou unha situación de burbulla que permitiu que o ouro fose visto como un activo financeiro de referencia", propiciando "un aumento desproporcionado do seu valor" ata o punto de facer "atractiva a nivel económica a reapertura de antigos filóns de moi baixo rendemento", como Corcoesto. "Á vista dos feitos e tras un exame detido do proxecto Salvemos Cabana xa alertou do fin meramente especulativo do proxecto de Edgewater" cuxo "maior obxectivo", afirman, non era outro que "o beneficio dun pequeno grupo de investidores a cambio duns impactos totalmente inasumibles para a comarca de Bergantiños".
PRAZA_4698
Kepa Junkera conforma un grupo vasco e galego a partes iguais para poñer en escena o seu último traballo, Galiza, no que o acompaña toda unha constelación de artistas do país. Conversamos con el antes do seu vindeiro concerto, no Teatro Principal de Compostela.
Kepa Junkera é un dos músicos vascos máis internacionais. Acabado de chegar de Irlanda, atende a Praza dende Euskadi mentres ultima os detalles do concerto que, no marco do ciclo Sons, ofrecerá este sábado en Compostela. Junkera subirá ao escenario do Teatro Principal compostelán acompañado dun grupo metade galego, metade vasco, para despregar os sons do seu último traballo, Galiza (Fol Música), un libro-disco no que homenaxea a música e a cultura galega acompañado dunha constelación de artistas do país como Xabier Díaz, Davide Salvado, Leilía, a Banda das Crechas, Luar na Lubre, Radio Cos, Os Cempés ou Uxía Senlle. Toda unha declaración de amor a Galicia. Este disco ponnos ás galegas e aos galegos diante dun espello. Que tal saímos? Iso teredes que dicilo vós [ri]; para min é un retrato feito dende a admiración, dende o agarimo e dende a paixón. Eu tentei facelo como o sentía, para min dende hai moitos anos a música de Galicia e a súa cultua tradicional parécenme apaixonantes, sempre me emocionou moito. Eu, que compoño temas, valoro moito as melodías tan bonitas que ten a vosa cultura. Niso me baseei; é un proxecto que para min supón un soño que se xestou durante anos e ao final tiven a sorte de realizar e estou moi agradecido. Non sería posible sen tantos amigos, sen as súas ganas e entrega; sempre recibín ese agarimo durante os 20 anos nos que me levan chamando de Galicia. "A música de Galicia e a súa cultura tradicional parécenme apaixonantes" O seu coa música galega xa non é un frechazo, senón unha relación prolongada... Foi un frechazo no primeiro momento. Cando descubrín a Milladoiro, as súas melodías tan preciosa. Despois tiven a sorte de colaborar con Carlos Núñez, Xośe Manueñ Budiño, coas pandereiteras, os grupos... percorrer as festas e festivais, os lugares tan especiais onde sempre vibrei moito, sempre hai moita enerxía. Sempre hai unha forza especial, mesmo tocando os meus temas, notaba unha forza e unha enerxía moi especiais. É unha experiencia musical de moitos anos. En Galiza non atoparemos nada semellante a outros proxectos que pouco teñen que ver co país pero que se vernizan de galegos para determinadas ocasións, con algún instrumento ou algún ritmo... Hai moitos xeitos e moitos camiños. Eu elixín a a materia prima tal cal a recibía e eu engadinlle instrmentos que eu controlo, como a trikitixa, a txalaparta, os irrintxis... Decidín non achegar unha guitarra, un baixo ou arranxos electrónicos, preferín a esencia e estou contento co resultado. É arriscado, porque con outros instumentos se pode facer un son máis comercial, máis xeralista. Eu preferín facelo como eu o sentía e tiven a sorte de que todos os artistas me deixaron modelar as cancións. Foi un traballo común. Hai temas arranxados moi bonitos, coa Central Folque, con Rodrigo Romaní... é xente de moito nivel. Tamén estou moito contento porque no proxecto está a canteira e os nomes máis consagrados e todos tratados igual. E iso tamén é unha opción miña. Non quería os grandes nomes ao principio. "Veño de tocar en Irlanda e é unha marabilla, pero hai algo na música de Galicia que a min me enche" Por que Galicia e non Irlanda ou Bretaña, por exemplo? Esta semana toquei en Irlanda e é unha marabilla, cuns músicos incribles... Pero hai algo na música de Galicia que a min me enche. Eu non non me dediquei normalmente a facer monográficos sobre culturas, eu fago a miña música con moias achegas, pero nunca un desembarco nuha cultura coma este, a este nivel... Toquei con moitos músicos irlandeses e bretóns e tamén son unha marabillla... non me gustan tanto os os sons máis globais, cánsanme antes. Vostede distingue a Galicia física e a Galicia emocional... Que atopou nelas? A miña experiencia sempre foi moi positiva en todas as Galicias que me atopei, dende as máis coñecidas e estereotipadas ás que hai que ir buscar, as que a través da música tiven a sorte de atopar, con tantos anfiritrións que sigo coñecendo, porqeu é inabarcable. Igual que me podo perder na cultura vasca, sempre vai haber unha vila, unha persoa especial que te vai marcar con algo novo. No meu caso, a experiencia que tiven a nivel persoal cos galegos a nivel xeográfico, físico, gastronómico... sempre foi moi positiva porque fun con esa actitude. Non fun buscar defectos, fun gozar do momento e do día a día. É totalmente recomendable. Como se está a recibir o proxecto en Euskadi? Recibiuse moi ben, tanto en Euskadi como entre toda a xente que me segue noutros territorios. De feito, o venres preséntoo en Ponferrada, o sábado en Santiago pero despois estou en Daimiel, en Ciudad Real, en Málaga... e vou mesturar estes temas con temas meus. A xente recíbeo moi ben, é moi agradable e moi positiva. E valórao moito porque tamén se senten parte do que lles estou contando. Canta xente non vén a Euskadi e se sente vasco? Galicia é unha cultura moi admirada e moi respectada. "A gravación do disco foi unha festa e facelo todo en directo deulle un plus de credibilidade" A gravación do disco tivo moito de festa ou case de romaría, pola multitude de músicos que participaron... Non foi un traballo de tensión, foi unha festa, unha xuntanza, máis aínda porque se fixo en directo; outras gravacións por pistas son un chisco máis frías. Neste caso, optar por facelo todo en directo deulle un plus de credibilidade. A xenerosidade é un ingrediente fundamental para un proxecto así? Senón é imposible. Toda esta xente śentese parte do proxecto e sabe o que ten que achegar. É como se Uxía me di que quere facer unha canción de aquí [de Euskadi] e conta comigo, eu voullo dar todo, non lle vou poñer trabas. Para min é o normal, é o que eu faría, a xente sábeo. O estraño sería facelo doutro xeito. E o amor polo propio? Hai quen di que iso non está de moda... As modas moitas veces fainas un mesmo ou a xente que non está na mesma liña ca ti. Pódese seguir unha moda ou outra e non pasa nada. Non creo que haxa maior problema, eu non me fixen a pregunta de se está de moda facer este proxecto. Ti tes que crer no que ti sentes. Hai quen o contrapón co ese amor polo propio co cosmopolitismo e a aposta por eses ritmos máis globais... Eu, como calquera persoa que está conectada, tamén coñezo o que me chega, senón teríamos que ir vivir á punta dun monte e nin así. Todos coñecemos o que recibimos e o que ten o poder de chegar a unha xeralidade máis ampla xa sabemos o que é. Pero tamén se poden facer outras cousas, ti vas evolucionando e o público tamén evoluciona. Onte, lendo a revista Rolling Stone, na portada está o papa e pareceume que ten o seu punto, outro dirá que isto é un sacrilexio... De súpeto pódente levar ou non á portada dun gran medio, pero non se pode estar pensando niso. "No espectáculo vaise atopar unha música viva, en constante evolución" Que atoparemos no espectáculo de Galiza? Non se van xuntar todos os músicos do proxecto... Iso tampouco se concibiu nunca. O que se vai atopar é unha música viva, en constante movemento e evolución. Fixemos un grupo vasco-galego, con Xabier Díaz coas percusións, a gaita e a voz; Pedro lamas co saxo e a gaita, e tres rapazas que colaboran: Carolina Vázquez, Cristina Pico e Cristina González. De aquí levo a txalaparta e o teclado. Con ese dúo de músicos facemos a avaliación do proxecto pero non o tocamos exactamente igual, sempre improviso, facemos variacións, experimentamos... E cando hai un festival grande, facémolo con convidados; este sábado, por exemplo, estará Uxía Senlle. Estarán tamén presentes temas que xa son himnos, como Bok Spok? Eses temas tamén os toco. Imos gozar moito dos concertos, porque a miña filosofía tamén é non tocar exactamente igual sempre. A Xente de Galicia vai atopar todos os temas co meu pulso, co son das nosas percusións... Ides recoñecer os vosos temas pero con sons diferentes.
NOS_40889
Baixan levemente os novos contaxios e a presión hospitalaria.
Os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia ascendente por sexta xornada consecutiva, transcorridos 10 días do período festivo da Semana Santa, e ascenden lixeiramente a 2.400, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus descenden a 184, un menos que a xornada anterior. Pola súa banda, os novos contaxios baixan a 158. Segundo os datos actualizados na mañá desta cuarta feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas desta terza feira, descenden a 26 os pacientes Covid en UCI, que supoñen tres menos, mentres soben a 158 os que se atopan noutras unidades -dous máis-. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase nas da Coruña e Cee, Ourense e Santiago e Barbanza; mantense na de Vigo; e aumenta lixeiramente nas de Ferrol, Pontevedra e O Salnés e Lugo. En canto aos casos activos, ascenderon lixeiramente por sexta xornada consecutiva até os 2.400 no conxunto de Galiza, o que supón 18 máis, ao rexistrarse máis contaxios (158), que altas (139), ao que hai que engadir un falecido. Por áreas sanitarias, baixan na da Coruña e Cee (-16); mantéñense igual nas de Lugo e Santiago e Barbanza; mentres que aumentan nas de Ourense (+7), Ferrol (+7), Pontevedra e O Salnés (+9) e Vigo (+11). Despois a repunta de novos contaxios detectado esta terza feira, freouse a tendencia ao rexistrarse 158 con calquera tipo de proba, tras os 126 da segunda e os 165 da xornada pasada. Do total, 133 foron positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas -os mesmos que a xornada anterior-, dos cales 44 corresponden á área de Vigo; 28, á da Coruña e Cee; 19, á de Ourense; 13, á de Santiago e Barbanza; 12, á de Lugo; nove, á de Pontevedra e O Salnés; e oito, á de Ferrol. No que respecta á taxa de positividade, mantense nun 2%, polo que continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia. Desde o inicio da pandemia faleceron 2.370 persoas diagnosticadas con Covid-19, despois de comunicar Sanidade esta terza feira a morte dun home de 60 anos.
NOS_2613
Co libro Mundo maquinábel de Tati Mancebo, Sermos Galiza lánzase ao mundo da edición en epub e inaugura unha nova colección de obras inéditas que se poderán adquirir a través da loxa dixital. Desde esta segunda feira, faite coa primeira publicación.
Cun libro de poesía da escritora e xestora cultural Tati Mancebo, Sermos Galiza aventúrase no mundo da edición dixital a través do formato epub. Mundo maquinábel, que agrupa dous poemarios da autora, é o primeiro dunha serie de títulos inéditos que irán saíndo progresivamente e que se poderán mercar a través da loxa con acceso no portal de Sermos Galiza. Rafa Villar será o autor do segundo libro publicado por este formato. A nova colección non podería xurdir cunha autora máis entusiasta coas posibilidades do mundo dixital para a difusión da cultura. Xestora cultural, dinamizadora e coñecedora das novas tecnoloxías na súa aplicación á cultura, Tati Mancebo acolleu con singular ilusión o novo proxecto de Sermos Galiza e ofrécenos agora os argumentos que explican o seu apoio decidido á proposta. "Ao meu ver é un exemplo para o mundo editorial no que aínda que se fixo algún experimento con epubs non se asentou de maneira decidida. O maior esforzo de edición dixital deuse en vender pdfs mais agora estamos a falar dun formato creado especificamente para libros electrónicos", explica Mancebo. Cal é a ventaxa do epub? "Pois é un formato fluído, non unha imaxe como o pdf, os programas que os len recoñécenos como textos e fanos refluír pola pantalla". Para Tati Mancebo, varios son os argumentos que a fan apostar pola edición dixital, a primeira en poñer en circulación obras a prezos moi baixos. "Permite unha maior difusión dos libros, a prezos económicos. Os autores e autoras, co libro publicado, teñen outras saídas como presentacións ou conferencias", explica a tamén xestora cultural. O prezo dos libros na nova colección dixital será de 0,90 €, Por outra parte, como poeta sabe das dificultades que, en especial determinados xéneros, existen á hora de publicar e distribuír en formato libro en papel nun sector no que os datos falan dunha grande diminución do número de volumes publicados. "Coa edición dixital pódense publicar contidos de calidade que chegarán a un público maior. Ademais, hoxendía podes localizar a futuros lectores e lectoras e dirixirte a través da rede a eles para poñelos en coñecemento da edición do teu título", explica ao tempo que defende un papel "máis activo" de creadores e creadoras á hora da difusión da obra nas redes. Iniciativa pioneira "Paréceme unha iniciativa histórica a de Sermos e estou certa de que creará comunidade de lectores e lectoras e abrirá novos camiños", indica Tati Mancebo, enleada na explicación do proxecto do que ela é iniciadora case máis que en falar de Mundo maquinábel. Por que publica nesta nova colección? "A verdade é que estaban na casa e nunca movín un dedo para publicalos, non tiña paixón especial mais cando se presentou esta posibilidade deume unha grande alegría e aquí están". Mundo maquinábel contén dous poemarios da autora que toman un título con reminiscencia de Risco para a súa saída ao público. "O primeiro nace ao fío da tradición esotérica que cultivaron na súa xeración. A poesía é a linguaxe que che permite expresar o que non é expresábel noutros modos", apunta Mancebo dunha concepción da poesía na que entende que "ten que provocar unha conmoción ao lector que o leve a outro sitio onde non pode chegar o poema". O libro recolle dous poemarios, o primeiro "Nós quen" nace arredor da identidade, en progresión dun ser local que é, ao tempo, universal. O segundo, "Manual de movementos" é un traballo máis experimental xogando a uns límites máis amplos, co fin de provocar sensacións que se acheguen a espazos que non teñen por que ser reais mais que poden ser compartidos por outras persoas. "Trátase dunha mestura de sensacións, luces ou sons", apunta. Para Tati Mancebo, tampouco é habitual ver a súa poesía en formato libro. A autora non se prodiga en demasía na publicación da súa obra literaria malia ter unha sólida "personalidade dixital". "Unha parte de min precisa expresar cousas que pasan pola cabeza e o corazón ou mesmo pola pel e na poesía atopo a forma perfecta mais tampouco teño moita ambición de difundilo", indica para explicar unha ausencia que agora rompe con Mundo maquinábel. "Hoxendía podes localizar a futuros lectores e lectoras e dirixirte a través da rede a eles para poñelos en coñecemento da edición do teu título", Para Tati Mancebo, a edición dixital en formatos propios é o camiño para a difusión da obra literaria e a isto teñen, ao seu ver, que afacerse tanto o sector como os propios autores e autoras, ás veces reacios a experimentar cos novos soportes. Significa tamén, un cambio de papel en ambos sectores, tornándose o seu labor máis activo e comunicativo. "Antes o autor era ese ser case taciturno que entregaba o orixinal ao editor e, se había sorte, saía publicado. Agora o tempo é outro e cómpre implicarse e colaborar na difusión da obra". E que vai facer Tati Mancebo entón para difundir Mundo maquinábel? "Ocórrenseme moitas cousas mais depende do tempo! Ademais das presentacións físicas pódense facer a través de streaming, movelo nas redes, no blog, convocar as persoas nalgunha ocasión na rede, mesturar tamén co soporte físico neste tempo de transición, ler algún poema na rede, comentar cos lectores... as fórmulas son moitas e as ferramentas, cada vez de máis fácil uso, permiten moitas posibilidades". Xa podes mercar o inédito de Tati Macebo na loxa de Sermos Galiza
PRAZA_10237
O presidente fracasa coa maioría das súas apostas máis persoais e con operacións que, tras admitir que debilitaban a Xunta, agora fan o mesmo co PP en varios concellos que perde
O presidente fracasa coa maioría das súas apostas máis persoais e con operacións que, tras admitir que debilitaban a Xunta, agora fan o mesmo co PP en varios concellos que perdeMalia gabar constantemente a estabilidade do seu propio Goberno, hai medio ano Feijóo cambiaba novamente a súa composición e convertía a dous dos seus conselleiros en candidatos a alcalde. O propio presidente admitía que a operación empeoraba a Xunta, pero xustificábao como un sacrificio persoal para mellorar cidades que consideraba desgobernadas pola esquerda. Medio ano despois, nin eles nin os outros tres conselleiros que xa sacrificara previamente como candidatos locais e que agora o volvían intentar, apoiados con proxección mediática desde a propia Xunta, conseguiron o seu obxectivo de gobernar e só un, José Manuel Rey Varela en Ferrol, mellorou resultados. Feijóo fracasa así novamente coa maioría das súas apostas máis persoais e con operacións que agora debilitan o PP tamén en varios concellos que deixa de controlar. O primeiro dos seus conselleiros que Feijóo sacrificou para intentar manter o poder nunha das sete grandes cidades galegas foi en 2014 Agustín Hernández, daquela titular de Medio Ambiente e Infraestruturas que malia ser o último da lista de Santiago nas eleccións previas de 2011 se tivo que facer cargo da alcaldía tras a imputación de boa parte do goberno local tras un mandato de maioría absoluta popular marcado polos escándalos. Hernández gobernou menos dun ano e foi candidato nas eleccións de 2015, pero con el o PP baixou de 13 a 9 concelleiros, superado por Compostela Aberta. Agora Feijóo mantivo novamente a confianza nel e o resultado foi a perda doutro concelleiro e ser adiantado polo PSdeG cos peores resultados da historia do PP na capital galega.Os tres ex-conselleiros que se presentaban por segunda vez, Hernández, Vázquez e Muñoz, volven empeorar os seus resultadosEn 2015 Feijóo decidiu sacrificar outros dous conselleiros, os seus daquela titulares de Educación, Jesús Vázquez, e Facenda, Elena Muñoz, para intentar facerse coas alcaldías de Ourense e Vigo. Só o primeiro o logrou, en minoría, pero agora baixa de 10 a 7 concelleiros e só un improbable pacto con Democracia Ourensana lle permitiría gobernar por diante dos socialistas, que foron a forza máis votada. En Vigo Muñoz xa empeorara en 2015 os resultados previos do PP e agora faino aínda máis, baixando de 7 a 4 concelleiros e apenas o 14% dos votos.Tras eses tres casos, hai medio ano Feijóo decidiu prescindir tamén dos conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela, e Medio Ambiente, Beatriz Mato, para intentar que o primeiro recuperase a alcaldía de Ferrol que xa ocupara e a segunda intentase tombar á Marea Atlántica. "Reafírmome en que se por min fose non cambiaría a Xunta", dixo Feijóo daquela, evidenciando que ao seu ver o sacrificio que facía para intentar conseguir esas alcaldías estaba a empeorar o seu propio Goberno. Agora Mato vén de perder un escano e deixa a alcaldía en mans do PSdeG mentres que Rey Varela vén de ser o máis votado en Ferrol, gañando un escano, pero sen obter maioría suficiente para impedir outra alcaldía socialista.Coa remuda da Xunta tras as municipais de 2015 Feijóo deu consellerías aos daquela recén electos alcaldes de Baiona e Melide, vilas nas que o PP perde agora a maioría absolutaTras perder en 2015 a alcaldía de Ferrol, Rey Varela foi recolocado a finais daquel ano na Xunta como conselleiro na máis ampla remuda do Goberno galego realizada por Feijóo. Ademais do ferrolán derrotado, o presidente deu entrada daquela como conselleiros a dous exitosos alcaldes que viñan de obter maiorías absolutas: deu Sanidade ao rexedor de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e Medio Rural á de Melide, Ángeles Vázquez, que foron substituídos nesas dúas vilas polos seus segundos: Ángel Rodal Almuiña, primo do conselleiro, e Dalia García, á que a propia Xunta promocionou en campaña electoral. Pero ningún dos dous foi quen de consolidarse nestes tres anos e medio e tanto en Baiona como en Melide os populares veñen de perder as súas maiorías absolutas.Jiménez Morán, protexido de Feijóo en Verín tras enfrontarse aos Baltar, baixou do 38% ao 23%A man de Feijóo tamén está por detrás doutra derrota municipal, a de Verín, onde o PP xa non gobernaba pero cuxo candidato, Juan Manuel Jiménez Morán, que xa fora alcalde entre 1995 e 2004 e de 2007 a 2015, vén de empeorar aínda máis os resultados baixando do 38% ao 23% dos votos. Jiménez Morán foi a aposta de Feijóo para intentar en 2010 quitarlle o control do PP provincial aos Baltar, pero non o logrou. O simple feito de que puidese volver presentarse en Verín malia o seu enfrontamento coa dirección provincial evidencia que contaba coa protección persoal de Feijóo, que o vén compensando tamén desde 2011 cun posto de senador por designación autonómica. O PP obtivo en Cerdedo-Cotobade un número similar de votos aos que sumaba antes nos dous concellosOutra das apostas persoais de Feijóo dos últimos anos que puido avaliarse nestas eleccións municipais si resultou positiva para os intereses populares. O presidente vén esforzándose por lograr fusións de concellos e igual que fixo en 2013 cos coruñeses de Oza e Cesuras, cuxa cidadanía seguiu apoiando maioritariamente ao PP nas municipais de 2015, en 2016 impulsou a unión dos pontevedreses de Cerdedo e Cotobade. Nestas primeiras eleccións municipais desde esa fusión o PP vén de obter un número similar de votos aos que sumaba antes nos dous concellos, uns 2.500, mentres que o PSdeG que antes sumaba preto de 1.200 agora queda por baixo dos mil. A fusión e suma de votos si permite que agora entre na nova Corporación o BNG cun edil.
NOS_31689
Comeza a falar de poesía e non tarda en saír a psicanálise. Lacan preside a conversa e a natureza dos poemas explican a súa continua presenza. A ausencia do pai, a pegada na infancia, a descuberta da sexualidade, o tabú da morte e a homosexualidade constrúen Atravesar o fantasma (Xerais), o libro que descobre o poeta Carlos Callón.
-Despois de varios libros de ensaio e investigación sorprende cun título de poesía, xénero maiormente iniciático. A que se debe darse agora a coñecer como poeta? Estas semanas deume por pensar as razóns de que ensaio e poesía sexa o que máis escribo. A resposta que me din a min mesmo é que a través dos dous xéneros busco un saber novo e en parte unha verdade. No ensaio esa verdade preséntase como obxectiva, co semblante do investigador ou do ensaísta combatente na defensa da lingua. Mais hai outro novo saber, unha nova verdade no caso da poesía que descubro ao facer este libro, máis subxectiva, no que está o poeta e as súas cousas. Por que agora? Nas cinco partes que ten o libro hai poemarios embrionarios e que foron no seu momento proxectos de libro no meu computador mais nunca dei o paso de publicalos. Agora estou satisfeito de ter tardado. O resultado global é o que quería transmitir. Recoñézome neste libro e síntome afortunado porque desde que existe o proxecto de libro até que se publica demorou só un ano cando agora é moi difícil que iso aconteza. Non me forzo a publicar e só o fago cando estou convencido. Que ninguén se sorprenda se é o único poemario que publico na miña vida aínda que, claro está, poden vir máis. -Dime que é o xénero no que máis escribe xunto co ensaio mais o contido do seu primeiro libro, 35 poemas en 35 anos, non falan dunha produción abondosa... que é do resto? Algo está publicado en revistas e a outra no computador máis até que me sinta conforme non sairá e ao mellor non chega a saír nunca. E non pasa nada. Aos 18 anos quedara de segundo no Fernández del Riego de Poesía e fíxome moi feliz porque a convocatoria era dos 18 aos 30 anos. Despois a cuestión normativa tiroume para atrás á hora de tentar publicar. Agora estou feliz de non telo feito. Téñenme chamado a atención por falar do libro como peneira de poemas. Para min é unha antoloxía aínda que, ao seren inéditos para o público non o é no sentido editorial. -No inicio introduce unha cita inexistente de Lacan. (E aquí iría unha cita de Lacan), escribe. Por que esa referencia clara ao psicanalista que paira polo libro enteiro? Tanto na introdución como nesta cita tentei relaxar a tensión posterior. Por outra parte, seríame difícil atopar unha cita única. Lacan está en todo o libro. "Atravesar o fantasma", o título, é tamén un concepto lacaniano. Mesmo poemas que escribín antes de coñecer a súa obra e pasar pola psicanálise pasan a ter outro papel grazas ao encontro co inconsciente. A día de hoxe, Lacan está de moda, mais pasado polo funil de Zizek e ten pouco a ver coas súas propostas. Calquera das frases brillantes que pronunciaba nos seminarios podería ir nesa páxina. "Non quixen traizoarme e mesmo nos poemas homosexuais máis explícitos entendín que procurar a pantalla sería faltar a miña verdade e, en parte, tamén traizoar a xente que se pode sentir espellada". -Pouco tardamos en descubrir o sentido da non-cita de Lacan. Por que se expón tanto desde o primeiro poema? Trátase do sexto libro, mais é o que máis pudor me dá presentar. Non quixen traizoarme e mesmo nos poemas homosexuais máis explícitos entendín que procurar a pantalla sería faltar a miña verdade e, en parte, tamén traizoar a xente que se pode sentir espellada. Dito isto, coincido tamén coa célebre frase de que o poeta é un finxidor. Tamén calquera que escriba, mais tamén calquera que lea. O que pode na lectura sentir máis auténtico pode ser un finximento. Acontece no meu libro, poño por caso, cun poema no que se recría un soño. Esa idea está mesmo no concepto de atravesar o fantasma, que, para Lacan, é a realidade psíquica. Recoñece dous tipos de significante, os conscientes e os inconscientes, aos que só nos achegamos ao pasar polo diván da psicanálise ou a través da linguaxe dos soños. Cantas veces non acontecen eses soños dos que non entendemos nada mais nos deixan tocados? Neste sentido distánciome dos poetas que din que queren fuxir das metáforas. Tamén iso é tan só un soño. Non hai metalinguaxe. Se utilizas a linguaxe xa entras no seu xogo. A poesía moitas veces permite tentar falar daquilo no que a lingua non chega, por iso segue existindo como xénero. -A primeira parte, dedicada á morte de seu pai e ao seu desexo de cativo de que iso nunca tivera sucedido, semella escrita desde a pulsión, sen nada de finximento. De feito escribe nun dos versos: "Era o pequeno do Finado de Callón". A poesía serve, como a psicanálise entón, para botar fóra a dor? Dicía Lacan, e volvemos, que todos temos unha determinada idade no inconsciente que é na que nos atopamos por vez primeira co traumático.Cando falas do desexo do cativo refíreste a ese poema que di "Algún día regresará papae/ Levaranos ás dunas/ Endereitaranos as vidas". O inconsciente non entende de tempos e iso todo o mundo o sabe nas súas vidas, ideas que se repiten aínda que saibamos que non son lóxicas. Agora non vexo os poemas coa dor de cando os escribín. Neste libro hai poemas escritos cando tiña dezaoito anos e sorprendeume ao ver que co tempo descubría que tiñan elementos en común, malia o paso dos anos. Detalles insignificantes que no momento non aprezei pasaron a ser cruciais na miña vida. Aquel segundo, aquel momento que parece minúsculo e dura sempre. No libro hai episodios que son verdade como a morte do pai, o encontro coa sexualidade... mais tamén é certo que non todo o que está pasou. Pode ser que non a persoa mais o que podo asegurar é que todo o libro está atravesado polo fantasma de Carlos Callón. "Para min foi unha verdadeira sorpresa descubrir como tras aqueles poemas había un libro, como cando xuntas os puntos con liñas e aparece unha figura debuxada". -"Eu era fillo dun morto/dun tabú familiar", di, mais logo habíase de enfrontar a outro tabú, a súa sexualidade, tamén presente no libro. A morte é aínda hoxe máis tabú que daquela. Quérese protexer os rapaces da morte cando está aí e cómpre dixerila o mellor que se poida, aínda sabendo da dificultade. Vivimos nunha cultura que afasta -os tanatorios son exemplo- a idea da morte do seu imaxinario mais non por iso desaparece. O que non sae pola porta, entra pola xanela e este proceso pode ser patolóxico. Coa sexualidade, eliminei a censura. Mesmo tratei de ser menos poético para que se entenda todo, para que non haxa dúbidas e se mostre con claridade. Moitos poetas homosexuais optan -e é tan respectábel- por ocultalo en favor, din, da poesía. Eu quixen que ficara explícito, que quede claro, que sirva de voz para esta parte da humanidade que existimos, aínda que a situación mellorou con respecto ao que se recolle nalgún dos poemas. -A súa é, por veces de maneira acusada, unha poesía da experiencia. Nace da vida e dos sentimentos? Para min, e acontécelle a moita xente, escribir poesía é tentar expresar o que a linguaxe non pode. Poderase facer con outros xéneros mais eu non lle vexo a ningún esas posibilidades. Esas experiencias, mesmo se tratando de poesía, pódenlles ser útil á xente, por exemplo, aos que padeceron represión pola súa condición sexual. -A idea que a maior parte da xente ten de vostede é a da súa contundente defensa da lingua na presidencia da Mesa pola Normalización que deixou neste mesmo ano. Entende que este libro pode mudar esa imaxe ou, se prefire, engadirlle novos elementos? Digamos que complica o esquema do que é Carlos Callón que, por outra parte, agardo que se complique aínda máis nos próximos anos. Continúo a ser o Carlos Callón combativo. Unha cousa é pasarlle o testigo a un compañeiro como Marcos Maceiras que o está a facer extraordinariamente ben e outra abandonar a loita pola defensa da normalización lingüística. Continúo a ser un activista, mais o que si é certo é que unha das razóns polas que deixei a presidencia é porque tiña moitos proxectos creativos, en especial do xénero ensaístico, e quería avanzar neles. -A morte do pai e a descuberta da sexualidade. Certamente a psicanálise deixa pegada na súa poesía... Lacan axudoume a ordenalo, a darlle forma final, mais sobre todo a me decatar do que tiña en común todo o que ía escribindo. Para min foi unha verdadeira sorpresa descubrir como tras aqueles poemas había un libro, como cando xuntas os puntos con liñas e aparece unha figura debuxada. Concordo tamén con el naquilo de que non é que se sexa un poeta, é que se é un poema. "Como nomes citaría a Yolanda Castaño, Lupe Gómez ou Antón Lopo que me fascinan e aos que lle debo moito. Os tres abriron vías novas" - Do que se trata entón é de literaturizar "o medo para afrontalo e vencelo" como di nun dos seus versos? A poesía pode servir para afrontar o medo que todos temos. É certo. Pode ser que esta sexa a explicación de por que escribo poesía. Medo en todos os sentidos da palabra. Medo primario, ao abandono, á perda daquilo que nos sostén na vida, mais tamén a como afrontar a sexualidade, que non é fácil para ninguén. -Ademais dese trasfondo tan presente da psicanálise, anímase a descubrir os seus referentes na poesía? Na sexualidade bebo claramente das mulleres dos noventa que conseguiron romper cunha tradición literaria, o que case nunca se fai. Como nomes citaría a Yolanda Castaño, Lupe Gómez ou Antón Lopo que me fascinan e aos que lle debo moito. Os tres abriron vías novas e foron criticados con certo moralismo aínda que cada día son máis valorados. As súas figuras gañan peso e eu estou certo de que continuarán gañando. Son atrevidos e tamén auténticos. -Vostede é un autor que se esforza en difundir os libros. No caso de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez pode ser que se sitúe no cumio. Acontecerá tamén co seu libro de poesía? Terán vidas distintas. En xaneiro continuarei presentando os outros porque son libros de combate. Ogallá non fixera falta, mais a situación continúa a precisar a difusión de obras que conviden a defender a nosa lingua. A nivel persoal é moi gratificante atoparse con asembleas de formiguiñas, militantes da lingua que hai por todo o país. Trátase dun empeño activista. Neste caso, vai ter outro ritmo. O proxecto será a medio e longo prazo. Produciranse videopoemas e unha exposición de Pauloff, o autor da capa do libro, que é o meu fotógrafo de cabeceira. Despois faremos recitais, diferentes ás presentacións individuais.
NOS_6129
Asociacións en defensa da lingua de Catalunya, Euskal Herría e do noso País xúntanse coa oposición no Congreso d@s deputad@s para lles transladar o seu rexeitamento á LOMCE e ao "ataque" contra as linguas propias que carrexa. Cadran ao identificar as políticas "de erradicación" emprendidas por Feijóo desde a Xunta como o espello en que se mirou o ministro español
Galiza foi "o banco de probas" para a implantación da LOMCE. Cadran nesta idea as asociacións pola defensa da lingua A Mesa (Galiza), Kontseilua (Euskal Herria) e Ciemen (Catalunya) no encontro que manteron esta terza feira en Madrid con forzas políticas da oposición con representación no Congreso d@s deputad@s para lles mostrar o seu rexeitamento ao "ataque" contra as linguas propias que supón a (contra)reforma educativa do ministerio de Educación. Así as cousas, as tres organizacións en defensa da lingua valoraron como "moi positivo" o paso á fronte que deron a un tempo as tres nacións en prol dos seus dereitos lingüísticos nun momento de "agresións" á pluralidade lingüística. Dixo o representante da Mesa, Carlos Callón, que tanto os dous colectivos sociais como as forzas parlamentares de Euskal Herria e Catalunya manifestaran o seu interese pola situación do galego na Galiza, toda vez que descoñecían "que está prohibido impartir determinadas materias na lingua propia", como matemáticas, física e química. Non sabían tampouco que a Xunta ordenou destruír 190 mil libros de texto "por estaren escritos en galego". Un "ataque central" contra a autodeterminación dos pobosAo se tratar a LOMCE dunha lei orgánica son os grupos parlamentares quen ten facultade para a recorrer. Por isto se iniciou esta rolda de contactos en que o representante de Kontseilua, Paul Bilbao, pola súa banda, cualificou a norma como "un ataque central ás linguas minorizadas como a vasca" que vén botar por terra o traballo que os colectivos sociais levan facendo "nas últimas décadas" para garantir "que se poida vivir en euskera". Subliñou Bilbao que coñecer a lingua propia "é un dereito que non se pode obviar" concedendo maior importancia a materias como a relixión que aos idiomas dos territorios, e queixouse de que a LOMCE "acurruncha máis aínda as nosas linguas e os seus falantes". Desde Catalunya, a representante do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions, Maria Areny, deixou claro que "nós non poderiamos estar máis en contra" da 'lei Wert' porque "choca frontalmente" contra a lei de educación catalana e contra varias sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo que "apoiaron a aprendizaxe simultánea de dúas linguas" nos centros de ensino públicos do país. Achacou o texto do ministro español a "unha tentativa de recentralización" e de ir en contra "da autodeterminación dos pobos", tentativa que se agocha non só detrás das políticas educativas senón tamén noutras como as sanitarias "e até respecto da policía autonómica".
QUEPASA_1048
O vindeiro luns unirán forzas co resto de traballadores da industria galega por unha Tarifa Eléctrica competitiva.
O pasado mes de outubro, a dirección de Ferroatlántica despidía un traballador por un comentario nunha rede social, fóra do eido de traballo. Unha acción que segundo a CIG foi un claro acto de represión sindical, pois Ramos foi membro do comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH e forma parte da sección sindical da CIG. Este xoves tiña lugar o xuízo nos xulgados da Coruña pola posible despedimento irregular, e ata alí quixo desprazarse unha comitiva de compañeiros. Unha concentración que coincidiu coa convocada pola Federación de Construción e Madeira, pois tamén tiña lugar o xuízo por unha sanción inxusta que a empresa Vázquez Rey impuxo a un traballador en represalia por defender os seus dereitos laborais e negarse a facer horas extraordinarias.
PRAZA_13613
O vídeo, gravado polos mestres, pais, nais e alumnos do IES Chapela, tivo case 15 mil visitas en pouco máis dunha semana.
O vídeo, gravado polos mestres, pais, nais e alumnos do IES Chapela, tivo case 15000 visitas en pouco máis dunha semana, dun total de 57 países, desde Canadá ou Madagascar, até Xapón ou Nicaragua. Na gravación, realizada o 5 de xuño de 2012, implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes.
NOS_8824
A Consellaría de Traballo e Benestar non cobre as vacacións do persoal de atención de directa e fai contratos en precario para o persoal das listaxes de substitución. Esta é a principal denuncia que fai a CIG en relación ás condicións de traballo nos centros dependentes de Benestar, onde escasean cueiros, toallas e mesmo sabas.
A CIG denuncia as condicións de "sobreexplotación" que sofren os traballadores e traballadoras dos centros dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar durante os meses de verán. Nun comunicado, a CIG critica que o departamento do que é responsábel Beatriz Mato "non cobre as vacacións do persoal de atención directa" e acusa a Consellaría de "facer contratos en precario" para o persoal das listaxes de substitución. Nesta liña, a CIG advirte de que as persoas que forman parte das listaxes de substitución teñen que aceptar "condicións de traballo abusivas" e teñen que acudir a "chamamentos escravistas". Tamén alerta de que Benestar non cobre de maneira axeitada as vacacións, xa que o fai con contratos "de fin de semana a medias xornadas", un feito, salienta a CIG, que diminúe os servizos prestados e que sobrecarga os traballadores e traballadoras. "O traballo é exactamente o mesmo mais recae en moitos menos traballadores, polo que a carga de traballo é inadmisíbel", engade o sindicato. A CIG denuncia que hai persoal que traballa "sete días continuados e dúas fins de semana seguidas" A CIG, que amosa a súa solidariedade co persoal que traballa "sete días continuados e dúas fins de semana seguidas", acusa a Consellaría da que é responsábel Mato de "querer aforrar cartos a costa de baixar a calidade do traballo". A central sindical nacionalista contrapón esta situación que padecen os asalariados e asalariadas dos centros cos do persoal directivo das residencias, "nomeado a dedo por Beatriz Mato". A CIG critica que mentres os traballadores e traballadoras desenvolven as súas tarefas nas condicións citadas, a Directiva dos centros disfrutan "tranquilamente de vacacións, sen que quede ningún responsábel que poida solucionar os problemas". Engade que tamén "desaparece durante semanas o persoal político da Xefatura Territorial e dos Servizos Centrais". "Só está ao pé do traballo o persoal de atención directa: enfermeiras, auxiliares, camareiras, coidadores, ordenanzas, persoal de cociña…". Falta de cueiros, toallas ou sabas e material deteriorado Pola outra banda, o sindicato nacionalista advirte do desleixo da Consellaría de Traballo e Benestar á hora de renovar o material avariado ou en desuso. De aí que emprace a Xunta de Galiza a revisar o estado dos recursos cos que contan estes centros. "Non funcionan as lavadoras, os lavavaixelas ou os baños xeriátricos", denuncia a CIG. O sindicato nacionalista tamén denuncia a escaseza de cueiros, toallas, sabas e diverso material de primeira necesidade para atender as persoas usuarias.
NOS_37806
Baleiro, de Gabriel Gómez faise co premio Selic na súa terceira edición, xunto a el, as obras de Óscar Senra, O novelo, e de Fernando Epelde, Partida salvada conseguen cadanseu accésit.
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Compostela, Mercedes Rosón, fixo hoxe o anuncio da obra gañadora da terceira edición dos Premios Selic (Semana do Libro de Compostela), que recaeu en Baleiro, de Gabriel Gómez Estévez. Outras dúas pezas, O novelo, de Óscar Senra e Partida salvada, de Fernando Epelde, foron merecedoras de cadanseu accésit. De Baleiro o xurado quixo destacar a súa orixinalidade, pois Gabriel Gómez propón un futuro distópico no que se debuxa un cambio na situación política da Galiza e tamén unha historia persoal. "A proposta supón unha novidade argumental", explican, "no panorama da narrativa actual, na que a crítica e o tratamento irónico do cotián están moi presentes". No referido ás novelas galardoadas con accésit, O novelo e Partida salvada, o xurado destaca da primeira "o retrato da cidade de Compostela elaborado desde diferentes perspectivas e personaxes diversos mediante o xénero policial". Unha narración que o autor, Óscar Senra, explicou, en rolda de prensa, que non define como novela, senón como unha serie por capítulos. "Unha obra que vén a completar o universo das outras que publiquei, moi centrada no presente, escrita no confinamento", que define "como me sentía no momento", conclúe. En Partida salvada, peza de teatro de Fernando Epelde, o xurado valorou a combinación de historias xeracionais e historias persoais, ao tempo que achega unha reflexión sobre os usos da lingua. Segundo Mercedes Rosón, a esta edición dos premios presentáronse 34 obras: 18 de poesía, nove de narrativa, seis de teatro e unha de ensaio, incorporada este ano á convocatoria. Ademais a contía dos galardóns incrementouse, sendo de 6.000 euros para a obra gañadora e de 1.500 para cada accésit.
NOS_38525
Nacen uns monográficos que pretenden informar con rigor e de maneira "amábel" sobre os contidos que garda a institución.
O Museo de Pontevedra presentou onte unha nova colección de publicacións denominada 'Esenciais' que pretende divulgar, de maneira amena e didáctica, información sobre os seus fondos e temáticas máis importantes. Para o primeiro exemplar escolleron a Castelao, figura destacada no nacemento do Museo e a única na actualidade á que a entidade ten dedicadas de forma monográfica dúas salas expositivas como artista. A obra, titulada 'Castelao no Museo de Pontevedra', deuse a coñecer nun acto no que participaron o vicepresidente César Mosquera, o director do Museo Xosé Manuel Rey, a responsábel de Publicacións Ángela Comesaña e o coordinador de Difusión e Contidos Divulgativos e autor dos textos, José Manuel Castaño. O Museo de Pontevedra organiza un curso sobre mulleres creadoras Colección accesíbel A colección está pensada para un público non especialista e teñen un formato manexábel e cómodo. Cada dez exemplares monográficos porase a disposición unha caixa contedora para as persoas que os queiran coleccionar. Os idiomas dispoñíbeis serán o galego, o español e o inglés, "para saír ao mundo máis internacional", en palabras de Ángela Comesaña. A saída á rúa iníciase cunha tirada de 500 exemplares en galego que moi probabelmente precisen dunha reedición. O prezo para o público será de dez euros. Castelao no Museo O coordinador de Difusión e autor dos textos de 'Castelao no Museo de Pontevedra', José Manuel Castaño, explicou que o autor rianxeiro é o protagonista da primeira publicación porque, xunto aos fondos arqueolóxicos, son as 'chaves' no eido educativo da institución. A mirada de Castelao sobre Europa, no Museo de Pontevedra Subliñou que o texto non busca presentar ao autor de forma cronolóxica, senón en función de como están artelladas as salas dedicadas a el no Museo coa intención de ver como está estruturada a súa colección visíbel, ademais de coñecer parte dos fondos que están nas salas de reserva. Renovar política editorial Para César Mosquera, esta colección coloca ao Museo de Pontevedra á vangarda de algo que está esquecido no mundo da arte, que é "a unificación do rigor científico e o coidado da parte divulgativa". Pola súa banda, o director Xosé Manuel Rey, salientou que a colección xorde do desexo de "renovación da política editorial" que vén levando adiante o Museo. Destacou neste sentido que xa está en marcha o segundo número de 'Esenciais', que versará sobre o Tesouro de Caldas.
PRAZA_12095
Formalízase a saída dos dous copresidentes da caixa única do consello de administración de Novagalicia Banco, entidade que asumiu a xestión financeira dos activos e pasivos das extintas Caixa Galicia e Caixanova. Chegan dous substitutos de dentro da entidade. Marcha Manuel Añón
Julio Fernández Gayoso entrou en Caixa de Aforros de Vigo en 1947. Despois de décadas, fusións e a bancarización da entidade que ocupou toda a súa vida profesional, Gayoso permanece. Pero só como copresidente de Novacaixagalicia, entidade que deberá converterse en fundación de interese especial. NCG anunciou a formalización da renuncia dos dous copresidentes, Gayoso e Mauro Varela, do consello de Novacagalicia Banco. Á caixa correspóndenlle estas dúas cadeiras no órgano xestor de NGB pola participación que ten no mesmo. O financeiro vigués e o avogado de Lugo, respectivamente, anunciaron tamén a renuncia ás indemnizacións tanto do banco como das empresas participadas nas que aínda tiñan cargos de representación. Ata agora, Fernández Gayoso era vicepresidente do Banco Gallego e da empresa de cable R, así como conselleiro de Ahorro Corporación, Caser, Lico Corporación, Lico-Leasing e Investimentos Estratéxicos de Galicia. Mauro Varela, ademais de no banco, era conselleiro en Caser. Os 'novos' Os substitutos son da casa. Trátase de Gonzalo Ortiz, director xeral da Cámara de Comercio da Coruña e secretario do consello de administración da caixa. Pilar Cibrán é a outra persoa proposta por NCG para entrar no banco, e tamén é conselleira e vicesecretaria na entidade fusionada. Continuidade, xa que logo, para defender os intereses de Novacaixagalicia dentro dunha sociedade anónima con ánimo de lucro como é a compañía que preside José María Castellano. A xestión do patrimonio afecto á obra social correspóndelle á caixa: os cartos para mantelo deben chegar dos dividendos dun banco que aínda non coñece o seu futuro. O consello de administración da caixa acordou tamén a substitución do conselleiro Manuel Añón por José Manuel Carballedo, debido á renuncia do primeiro a seguir formando parte do consello de Novacaixagalicia. Añón tivo sonados desencontros coa cúpula da caixa fusionada. Foi o primeiro investidor privado en entrar en CXG Corporación, firma que xuntaba todas as participadas de Caixa Galicia, con cen millóns de euros. Cando se levou a cabo a fusión e os quixo recuperar topouse coa negativa de, entre outros, José Luis Pego. Ameazou con demandar a entidade e, finalmente, recuperou parte da inversión e canxeou o resto por accións de NGB.
NOS_10048
As tarefas de procura do piragüista desaparecido na mañá da sexta feira no tramo urbano do río Lérez na cidade de Pontevedra déronse por concluídas esta sexta feira á noitiña.
As tarefas de procura do piragüista desaparecido na mañá da sexta feira no tramo urbano do río Lérez na cidade de Pontevedra déronse por concluídas esta sexta feira á noitiña. Está previsto que esta terza feira á primeira hora se renove o operativo. Sobre as 09.15 horas desta segunda feira, o operativo de procura renovouse como vén sendo habitual nos últimos días. Buscan un piragüista desaparecido mentres adestraba no río Lérez, ao seu paso por Pontevedra Continúan traballando mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, Salvamento Marítimo e membros dos bombeiros e da Policía Local de Pontevedra. A turbidez da auga, un escollo A turbidez da auga segue sendo un escollo para avanzar nos traballos de procura de José Manuel Penas Balchada, que foi visto por última vez na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo. Retoman a busca do piragüista desaparecido mentres adestraba no río Lérez, ao seu paso por Pontevedra Unha persoa que se encontraba correndo pola Avenida de Domingo Fontán alertou aos servizos de emerxencia tras ver como o desaparecido caía da súa embarcación, á que nun primeiro instante logrou agarrarse, pero non puido manterse e acabou afundíndose no río. O desaparecido José Manuel Penas, cuxa piragua foi recuperada polos bombeiros horas despois da súa desaparición, está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e é irmán da ex piragüista olímpica Ana Penas.
NOS_20621
Sinn Fein pretende que a consulta se faga na vindeira lexislatura. O voceiro do SF, Gerry Adams, destaca que unha Irlanda unida e soberana é a mellor ferramenta "para a prosperidade e benestar de tod@s" e combater a crise apostando por "outro modelo" económico e social
O Sinn Fein, o vello partido republicano con décadas de loita ás costas por unha Irlanda unida e soberana e contra a ocupación británica dos seis condados do norte da illa, deu o primeiro paso para que se convoque un referendo sobre a reunificación. O SF, con 14 deputados no Parlamento de Dublín (o 10% dos votos), e con responsabilidades de goberno no Ulster; desexa que na vindeira lexislatura da Asemblea de Irlanda do Norte (territorio baixo soberanía británica) se leve a cabo esta consulta. O apoio electoral a esta formación nos seis condados ronda o 26% dos votos, e o SF é a segunda forza política. O voceiro republicano, Gerry Adams, afirmou que xa é hora de dar a voz ao pobo. Entende que unha Irlanda unida e soberana "xeraría emprego, prosperidade e investimentos", incidindo na soberanía como unha ferramenta acaída para combater a crise e optar por un outro modelo de desenvolvemento, en beneficio da maioría social da illa. "Xunt@s somos máis fortes", asegurou o responsábel do Sinn Fein. A organización nacionalista destaca que a ausencia de violencia armada e que as importantes transformacións políticas e demográficas en Irlanda do Norte (onde as e os unionistas xa só representan o 40% da poboación) fan preciso ese referendo, pois o establishment que leva décadas instaurado xa non representa a realidade. O unionismo, confiado na súa forza A petición do Sinn Fein de realizar unha consulta foi acollida no bando unionista cunha mistura de críticas ("@s republican@s só procuran desestabilizar Irlanda do Norte", aseveran desde a DUP, a principal forza protestante), mais tamén de porta aberta ao referendo. Neste sentido, apuntan a que o unionismo non poñería trabas a esa consulta popular, afirmando que "gañariamos @s partidari@s de seguir en Gran Bretaña".
NOS_51850
Aliás, o Pladiga marca como obxectivo que ardan "menos de 16.000 hectáreas", unha cifra que case multiplica por catro a superficie queimada en 2021.
O presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, informou esta quinta feira da aprobación do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais da Galiza (Pladiga), cun custo estimado de 180 millóns de euros. O documento, que supón o despregamento a 1 de xullo de 7.000 efectivos, inclúe novidades en detección de incendios —con máis cámaras de vixilancia e unha previsión de risco a nove días—, xunto con cambios para reforzar os mandos operativos e a coordinación. Aliás, segundo a información facilitada polo presidente durante a súa intervención na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, identifica un total de 35 parroquias de alto risco de incendio, o mesmo número que o ano pasado, aínda que saen catro lugares e entran outros catro que non estaban previamente: a parroquia de Meirás, en Folgoso do Courel; A Gudiña —no municipio homónimo—, Pereiro, na Mezquita, e Calvos, en Calvos de Randín. Queres saber se a túa parroquia figura como de alto risco de incendio? Aquí tes a lista Entre outros medios, alén de 380 motobombas, incorpóranse seis novas cámaras de videovixilancia, até as 148, en máis de 70 localizacións. Tamén se mellora, afirmou Rueda, a tecnoloxía para a perimetraxe dos incendios, coa acción de forma automática, sectorízanse os incendios para unha mellor extinción e mellórase a información aos veciños e veciñas das parroquias de máis risco, así como para o persoal que traballa neste ámbito. Críticas ao Pladiga pola falta de medios Porén, este Pladiga nace inzado de críticas. Esta mesma quinta feira as páxinas de Nós Diario recollen a opinión de bombeiros forestais que consideran que o documento "non é realista". Nestes termos pronúnciase David López, da Asociación profesional de bombeiros forestais da Galiza (Apropiga), que subliña que "adoece do persoal necesario" para que haxa unha "planificación efectiva". Así, apunta, a día de hoxe en Lugo no corpo de bombeiros forestais, a primeira liña de combate contra os incendios, pode haber "por volta de 40 prazas sen cubrir". Unha cifra que el mesmo extrapola a nivel da Galiza a unhas 300 prazas nesa mesma situación, quer por baixas, quer por xubilacións non cubertas, traslados... Aliás, o Pladiga marca como obxectivo para este ano que na Galiza ardan menos de 16.000 hectáreas (ha), unha cifra que, en todo caso, case multiplica por catro a superficie queimada en 2021, 4.400 ha.
NOS_44937
Unha sentenza do Supremo ditada en xaneiro permite a Maduro cumprir unha das últimas vontades do líder bolivariano malia á constitución. En 30 días haberá eleccións
O ministro de Exteriores de Venezuela, Elías Jaua, confirmou que tras a morte de Hugo Chávez, será o vicepresidente, Nicolás Maduro, quen asumirá as funcións presidenciais até que se celebren eleccións presidenciais, nos vindeiros 30 días. Con todo, a Constitución estabelece que debera ser o presidente da Asembleia nacional, Diosdado Cabello, quen encamiñe o país aos comicios. "Produciuse unha falta absoluta, asome o vicepresidente para chamar a eleccións os 30 próximos días", sinalou Jaua nunha entrevista, explicando que seguirán unha das derradeiras peticións de Chávez. O 8 de decembro de 2012, cando ía someterse a máis unha intervención cirúrxica, en Cuba, reclamou que se algo lle acontecese @s membr@s do seu goberno e o pobo venezolano apoiasen o vicepresidente Maduro como o seu sucesor. Analistas debátense, xa que logo, entre o artigo 233 da constitución e unha sentenza do tribunal Supremo que avalou retrasar máis aló do 10 de xaneiro a toma de posesión de Chávez e recoñeceu a continuidade da súa xestión por ser o presidente reeleito. O mencionado precepto constitucional considera "falta absoluta" a morte do presidente, a súa renuncia, a destitución, a incapacidade física ou mental, o abandono do cargo e a revocación popular do seu mandato. Acrecenta que ocupará a presidencia o titular da Asembleia nacional. Porén, a resolución do Supremo puntualizou que "non é necesaria unha nova toma de posesion en relación ao presidente Chávez na súa condición de reeleito", dando por encetado o seu mandato durante o periodo 2013-2019. Deste xeito, de novo coa constitución na man, Maduro pode asumir a presidencia de Venezuela pois a Carta magna dispón que se a falta se produce nos catro primeiros anos do periodo constitucional procederase a unha nova elección dentro dos trinta días consecutivos e namentres encargarase o vicepresidente. "Cesen a divulgación do odio e respecten a dor do pobo"Jaua aproveitou a entrevista que concedeu a TeleSur para facer un chamamento á oposición: "cesen a divulgación do odio e respecten a dor do pobo polo presidente, a quen defendeu durante 14 anos en todas as súas circunstancias". Hugo Chávez morreu esta terza feira aos 58 anos de idade, após superar catro operacións contra un cancro que lle sobreveu na zona pélvica.
NOS_16767
Xulgan na Coruña a tres persoas que se opuxeron ao despexo de Aurelia Rey. Os avogados sinalan que os cargos dos que se lle acusan ''carecen de sentido'' e STOP desafiuzamento fala de vaga sancionadora a movementos sociais.
A de Aurelia Rey foi unha desas loitas que perdura na retina. Xa vai máis dun ano desde aquel febreiro de 2013, mais as mobilizacións, os protestos e o compromiso social dunha cidade, A Coruña, para evitar o despexo dunha súa veciña reflexou unha loita, contra os desafiuzamentos, estendida por toda Galiza e o Estado. Esta quinta feira, 3 persoas foron xulgadas por participar naquelas moblizacións. Están acusados de diversos cargos mais, como indican os avogados, estes "carecen de sentido". Desde a Plataforma SOP desafiuzamentos da Coruña afírmase que "son xulgadas polo simple feito de terlles solicitado o número de placa a un policía que previamente lles pedira o seu número de DNI". Acrecentan que "estas persoas foron acusadas dun "delito" consistente en "obstaculizar a rúa e o paso de vehículos", sen que a día de hoxe se teña nin sequera concretado o tipo delictivo referido -malia a ter sido solicitado fai meses como "cuestión previa" por parte das avogadas das persoas afectadas". Dereitos Unha concentración de varias ducias de persoas, entre as que estaba o deputado do BNG Francisco Jorquera, apoiou os acusados. Segundo EP, desde STOP despexos denunciaron que se está a xulgar "simplemente facer efectivo un dereito", o dereito a vivenda. Diferentes colectivos sociais coruñeses inciden en que este xuízo hai que enmarcalo na vaga de sancións e procesos abertos contra movementos cidadás da cidade. Poñen de exemplo as recentes multas de até 450 euros a persoas que tomaron parte nas mobilizacións contra o despexo do CSO Palavea. Este sábado 12 de xullo, ás 20:00 horas, na Praza María Pita e convocada pola Plataforma contra a Represión haberá unha mobilización sob e o lema 'Reprímennos a nós para asustarte a ti'.
NOS_28982
Jesús Domínguez é o presidente da plataforma de vítimas Alvia 04155, o tren que descarrilou o 24 de xullo de 2013 na Curva da Grandeira, en Angrois (Compostela), provocando a morte de 81 persoas e máis de 140 feridas. El, que daquela tiña 41 anos, ía nun dos vagóns coa súa familia e resultou con importantes feridas nunha perna. Mais considérase dos afortunados porque "grazas a Deus, non perdín ninguén". Conversamos con el cando se produce o sexto aniversario do fatal sinistro.
Ás 11:00 parte da estación de tren de Compostela para rematar na Praza do Obradoiro a marcha anual que convoca a Plataforma de Vítimas do Alvia para demandar "verdade e xustiza". Ás 19:00 concentraranse na Curva da Grandeira, onde tivo lugar o descarrilamento, 24 de xullo, unha data cun significado moi especial Para vítimas e familiares, para quen perdeu alí un familiar, un amigo, para quen sobreviviu mais segue con secuelas... iso xa che acompaña para sempre, toda a vida. Un sinistro que ten, como denuncian ao longo destes anos, responsabilidades técnicas, políticas e penais. A nosa reivindicación este ano é que ten que haber unha investigación técnica independente, como exixe a normativa europea. E isto é clave, non só polas responsabilidades técnicas e para aprender dos erros e que algo así non volva acontecer, senón ademais porque ese informe sería o que debería de estar no xulgado, porque o que está alí é o informe da CIAF (Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios), que é totalmente parcial. Limitouse a facer caso ao que din Renfe e Adif sen ir máis alá. Que despois de 6 anos desde o accidente non se fixese un informe técnico, e que o teña que pedir Europa reiteradamente, di moi pouco das nosas institucións e da nosa democracia. Esa investigación técnica, que tería as súas derivadas para as responsabilidades penais e políticas, é algo básico. Responsabilidades políticas? A comisión no Congreso fechou en falso, sen conclusións. É máis, nós pedimos poder comparecer no último lugar e PP e PSOE vetábannos, querían que fósemos a porta fechada. É inaudito. Hai medo á voz das vítimas e a contradicir a versión oficial e iso non é normal nun país democrático. Que despois de 6 anos desde o accidente non se fixese un informe técnico, e que o teña que pedir Europa reiteradamente, di moi pouco das nosas institucións e da nosa democracia Esa versión oficial á que se refire nunca lles convenceu. O Estado español fíxoo moi ben: rapidamente filtrou un vídeo do maquinista no que este dicía que tiña que entrar naquela curva a 80 e fíxoo a 180. Mais ese audio estaba convenientemente cortado porque nel o maquinista tamén dicía que xa advertira os de Seguridade que a curva era moi perigosa. E non foi só o do audio, ocultouse o do ERTMS, o de que se publicitara esta liña como Alta Velocidade... A loita das vítimas e dalgúns medios foi sacando á luz estas cousas. O Estado negaba que fose un accidente de Alta Velocidade porque había unha serie de contratos no Brasil e noutros sitios, e o que interesaba non eran as vítimas nin a verdade, senón que a marca da Alta Velocidade non saíse danada. Ese é o obxectivo principal e mantivérono: non se entregou información no xulgado por parte de Renfe e Adif, Fomento ocultou o informe da UE até despois das eleccións... O Estado actuou de maneira vil coas vítimas. Hai medo á voz das vítimas e a contradicir a versión oficial. Iso non é normal nun país democrático De confirmar a Audiencia Provincial o feche da instrución tal e como está, como valorarían as vítimas a decisión? Depende de quen impute. Entendemos que serán imputados o maquinista e o director de Seguridade de Adif. Nós cremos que ten que haber alguén máis, que hai máis responsábeis, por exemplo en Renfe. Se o despiste do maquinista ten relevancia penal, como non o vai ter que haxa un aviso por escrito da perigosidade da curva que chega a 10 altos cargos e non se tomen medidas? Que se diga que nun mes se vai arranxar o do sistema de seguridade ERTMS e non se faga? Isto non ten relevancia penal? Nós cremos que si. Ademais de denunciar estes anos a actitude de PP e PSOE tamén teñen posto en valor o traballo feito por políticos como Ana Miranda. Tivemos un grande apoio en Ana Miranda, que nos abriu a porta e nos acompañou en todo momento. Estamos moi agradecidos, grazas a iso saíu o demoledor informe da UE.
PRAZA_547
O Mirante Podemos pasa á segunda praza en estimación de voto e Ciudadanos sobe á cuarta praza grazas ao voto que gaña no terreo de UPyD. O PSOE detén a súa caída e o BNG lograría un escano no Congreso.
Primeiros malia ao gran afundimento. Se as eleccións xerais previstas para finais deste ano se celebrasen xa o PP de Mariano Rajoy obtería a primeira posición en votos e escanos malia acusar un enorme desgaste tras unha soa lexislatura no poder. É a principal conclusión que é posible tirar da edición de marzo d'O Mirante, o panorama electoral que elabora mensualmente o analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, no que os conservadores retornan á cabeza da carreira electoral tras varios meses superados por Podemos. A través da análise de todas os inquéritos publicados co método coñecido como house effects, que neutraliza os efectos da cociña de cada unha das casas de enquisas e toma un termo medio de cada un dos resultados, o PP quedaría tras o paso polas urnas co 26,6% dos votos, uns 18 puntos menos que no seu triunfo de 2011. No reparto de escanos no Congreso corresponderíanlle entre 113 e 120, lonxe da folgada maioría absoluta da que goza na actualidade, con 185 asentos na Cámara Baixa. Os populares regresan á primeira posición por mor da perda de apoios pola banda de Podemos, un chisco máis intensa que na edición do estudo do mes de febreiro. Así e todo, os de Pablo Iglesias mantéñense nunha estimación de voto inédita para unha forza aínda extraparlamentaria, cun 24,6% dos sufraxios e arredor de 100 representantes no lexislativo. Esta estimación mantén a Podemos por diante do PSOE, agora cuns 21 puntos de voto estimado que suxiren que o partido liderado por Pedro Sánchez detivo a súa caída. Neste escenario os socialistas lograrían entre 82 e 90 escanos, entre 20 e 30 menos que os recadados en 2011. Ciudadanos fagocita a Rosa Díez O Mirante tamén reflicte nesta edición de marzo o medre nas expectativas de voto de Ciudadanos, que sería a cuarta forza política do Estado. Así e todo, advirte o estudo, este crecemento sería "moi inferior" ao amosado polas enquisas electorais publicadas en datas recentes polos medios do Grupo PRISA, El País e a Cadena SER. Os efectos caseiros aplicados polas empresas Metroscopia e MyWord, respectivamente, "sobrevaloran o voto para os de Albert Rivera dun xeito que se afasta estrañamente do resto de institutos demoscópicos", indica. Os de Albert Rivera medran, pero moito menos do que amosan algunhas enquisas Así e todo, esta formación política lograría unha entrada exitosa no Congreso, ao que accedería con entre 14 e 16 escanos grazas a case o 9% dos votos. Unha boa referencia para analizar a intensidade do crecemento de Ciudadanos pode ser observar a suma das estimacións de voto que este partido e mais UPyD obtiñan xusto despois das eleccións europeas. Daquela, indica o autor, ambos partidos sumaban 12,4% puntos, exactamente os mesmos que na actualidade, só que a balanza está a inclinarse cada vez máis cara aos de Rivera. Polo tanto, "pódese afirmar que o groso do crecemento de Ciudadanos dáse a custa do partido de Rosa Díez". Mínimo de IU e un escano para o BNG No que atinxe ao resto do actual arco parlamentario a tendencia é ao mantemento ou ao descenso. Así, Izquierda Unida logra manterse por riba de UPyD pero é superada por Ciudadanos e a súa estimación do 4,6% de voto levaría a coalición agora encabezada por Alberto Garzón a quedar con entre 2 e 4 escanos. No ámbito do soberanismo CiU segue por riba de ERC, aínda que ambas formacións obterían un resultado moi semellante tanto en votos como en escanos. Un resultado tamén parello en sufraxios sería o logrado en Euskadi polo PNV e EH-Bildu. Mentres, en Galicia, o BNG acusaría unha lixeira baixada, cun 0,5% do voto total que poría en risco un dos seus dous actuais escanos. Estas estimacións e voto son o resultado da aplicación dun método que, tras os seus primeiros meses de andaina, conta agora cunha base de datos de enquisas máis ampla e un proceso de estimación máis fiable. Así as cousas, a foto fixa é máis precisa e as tendencias que se amosen no futuro serán máis sólidas.
PRAZA_13537
CCOO denuncia o "escurantismo" da Xunta á hora de anunciar uns axustes que serán "moito máis duros dos que se podía prever", mentres a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protesta diante da Consellería e a CIG denuncia a suspensión de parte do contrato de verán do persoal substituto.
Pingueiras de despidos e recortes ás agachadas. Así denuncian os sindicatos que se están a materializar os axustes que a Consellería de Educación está a aplicar no ensino en Galicia. Difícil cuantificar o número de docentes que quedarán sen traballo no vindeiro curso, aínda que as noticias que chegan dos centros fan pensar "nun recorte moito maior e máis grave do agardado". Quen así fala é José Fuentes, responsable de Ensino Público de CCOO-Galicia, que censura o "absoluto escurantismo" que está a levar a cabo a Xunta á hora de especificiar os recortes que sufrirá a ensinanza pública no vindeiro ano. "A información é sesgada e aos poucos", insiste o voceiro sindical, que denuncia que a Administración "non está a trasladar onde e como se reducen os postos de traballo ás xuntas de persoal". Así, danse situacións como as do caso da provincia da Coruña, onde nas dúas vindeiras semanas se coñecerán as reduciónsn que afectan a Primaria e a Secundaria e xusto cando moitos dos docentes que se vexan desprazados teñen que estar xa solicitando praza noutro lugar. "Tememos que o recorte vai ser moito máis duro do que podiamos prever" "Non temos unha foto fixa real do que vai acontecer, pero tememos que será máis duro do que podiamos prever", advirte José Fuentes, que critica "a malicia" da Consellería de Educación ao aproveitar o período vacacional para confirmar uns recortes que non só afectan os profesores "senón á calidade dun ensino que se verá gravemente reducida". "Saben que agora é máis difícil mobilizar e informar o persoal, pero tamén que é máis complicado que a cidadanía visualice a profundidade do recorte que se lle vén enriba aos centros dos seus fillos", asegura. O peor, lembra, que será "unha política de feitos consumados" que terá "unha difícil marcha atrás". "O colectivo de interinos pode ser aniquilado" Porque os recortes derivados do Real Decreto 14/2012 do Goberno central serán fortísimos. Así o denuncian os sindicatos, que queren lembrar tamén a grave situación na que quedan os interinos, un colectivo "que pode ser aniquilado". Unha das principais causas, a ampliacion dos horarios aos docentes, que ao pasar ás 20 horas como mínimo á semana provocará "unha importante diminución do persoal nos centros" que pode chegar a un 10 ou 20%. "Haberá 600 xubilacións en toda Galicia que non se van cubrir, o que implica tamén aos interinos", explica Fuentes, que recorda tamén que a norma que establece o decreto de non se cubrir os primeiros 15 días de baixa nos centros provocará "unha evidente diminución na contratación" destes profesores, que non só se ven frustrados pola ausencia de oposicións, senón polas nulas expectativas de conseguir un posto. Con este panorama, e tirando polo baixo, CCOO fala xa dunha destrución duns 1.800 postos de traballo tan só na educación secundaria, pero sabe que xuntando todas as etapas estudantís serán moitísimos máis, aínda que o "escurantismo" da Xunta lles impida determinar até que punto alcanza a sangría. Tamén no rural, onde as expectativas son moi negras e onde tamén, segundo denuncia Fuentes, se están a incumprir as ratios de alumnos por clase que a Xunta marcaba á hora de xuntar aulas. Un panorama que agoira recortes, despidos pero tamén fortes mobilizacións para o curso que vén.
NOS_12110
O secretario da CIG-Ensino, Suso Bermello, participou esta quinta feira nun encontro das organizacións sindicais coa nova equipa do Ministerio de Educación
Co gallo do novo goberno estatal, o Ministerio de Educación e Formación Profesional organizou uns primeiros encontros coas organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial do Estado. Nesta reunión estivo presente o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, quen trasladou as principais reivindicacións do profesorado galego á actual ministra, Isabel Celaá. Un dos asuntos centrais abordados por Bermello foi a derrogación da LOMCE, aplicada unilateralmente polo anterior goberno do Partido Popular. O sindicalista avogou por unha nova lei de mínimos que permita o desenvolvemento dunha Lei Galega de Educación que contemple as diversas necesidades do sistema educativo do país. Tamén foron discutidos os dereitos do persoal docente, con especial atención á taxa de reposición para o ensino público. Segundo o secretario da CIG-Ensino, esta medida que permite reducir o acceso á función pública docente de miles de profesionais debería ser eliminada de xeito permanente. Esta cuestión parece ir na liña dos plans do Ministerio, a teor do manifestado pola equipa ministerial durante esta reunión, na que tamén estiveron presentes o secretario de Estado, Alejandro Tiana, e o subsecretario, Fernando Gurrea. A raíz disto, o modelo de ingreso á función pública docente tamén foi abordado nese encontro. Actualmente, o sistema educativo adoece dun alto índice de persoal docente interino provocado polas políticas de redución de persoal. Por isto, a CIG-Ensino defende que debe existir unha dupla vía de acceso, previa mudanza da lexislación que limita esta posibilidade, asegurando tamén a non perda de postos de traballo nin unha maior inestabilidade laboral para o persoal interino. Alén desta cuestión, Suso Bermello tamén demandou unha posición máis firme por parte do Ministerio de Educación visando garantir a laicidade no ensino público. O secretario xeral da CIG Ensino cualifica como "insuficiente" a acitude do ministerio e solicita retirar a propia materia do currículo académico. Avance de medidas do Ministerio Pola súa banda, Isabel Celáa avanzou certos aspectos a negociar de xeito prioritario nos próximos meses. A ministra de Educación informou de que se vai partir da base da LOE para avanzar nunha nova lei educativa —pola vía dun Pacto educativo— que, de contar con abondo apoio parlamentar, sería posto en vigor no vindeiro curso escolar. A retirada dos itinerarios da ESO, a recuperación da papel dos consellos escolares como órganos de goberno ou a elección das direccións, así como reforzar o papel da FP, foron outros dos temas obxecto das conversas. Ademais, a equipa fixo entrega formal do anteproxecto de lei para a revisión da situación anterior ao Real Decreto Lei 14/2012, que recolle as medidas de "racionalización do gasto público" no ámbito do ensino. Este documento será presentado tamén aos representantes autonómicos no día 30 de xullo.
PRAZA_13756
¿Por que o affaire lingüístico, en Galicia, destila toneladas de enerxía, quer positiva, quer negativa?. Se aplico unha mirada sociolóxica con tino e mesura, non me queda máis remedio que concluir que unha comunidade humana desposuída de instancias formais de auto-representación política eficientes ten que vivir, necesariamente, a súa identidade –e entendo o concepto de identidade nun senso secular, poliédrico e dinámico, sen retóricas esencialistas nin confesionais- dun xeito profundamente doloroso e problemático, e ademais, proxectado só na intimidade familiar ou persoal.
¿Por que o affaire lingüístico, en Galicia, destila toneladas de enerxía, quer positiva, quer negativa?. Se aplico unha mirada sociolóxica con tino e mesura, non me queda máis remedio que concluir que unha comunidade humana desposuída de instancias formais de auto-representación política eficientes ten que vivir, necesariamente, a súa identidade –e entendo o concepto de identidade nun senso secular, poliédrico e dinámico, sen retóricas esencialistas nin confesionais- dun xeito profundamente doloroso e problemático, e ademais, proxectado só na intimidade familiar ou persoal. Todas as cuestions relativas á identidade son moi delicadas, e son delicadas porque fan referencia a sentimentos cunha fonda relevancia no comportamento, non só individual e privado, senon tamén colectivo e público. Son delicadas, tamén, porque son cuestions de lóxica borrosa que a literatura resolve dun modo moito máis imaxinativo que as instancias de poder político, que sempre adoitan a instrumentalizar as alteridades linguísticas e culturais para producir odios recíprocos. Só a doxa ultra-liberal dominante, inzada de positivismo xurídico -¡A "lex" é a "lex" e non pode discutirse!- e utilitarismo economicista -¡Bussines is bussines, and the rest doesn't matter!-, pode defender a existencia de suxeitos abstractos sen ningún tipo de vínculo coa súa memoria intrahistórica, persoal, mais tamén colectiva, pública. Sen ningún tipo de sensibilidade axiolóxica dende a que facer valoracions ético-morais. Sen ningún tipo de vínculo coa terra que lle fornece de auga e alimentos. Sen ningún tipo de vínculo coa lingua/s , herdada/s ou adquirida/s, que configuran a arquitecura mental do seu pensamento… e sen ningún tipo de vínculo coa cultura/s ou subcultura/s, herdada/s ou adquirida/s, que o fornecen dun imaxinario interpretativo e de ferramentas prácticas para poder construir a autonomía do seu corpo e conciencia en tódolos eidos da vida social. Este senso común ultra-liberal é a partícula elemental da mentalidade colonial que se expandiu a escala planetaria ao mesmo tempo que se expandiu o grande mercado Este senso común ultra-liberal é a partícula elemental da mentalidade colonial que se expandiu a escala planetaria ao mesmo tempo que se expandiu o grande mercado e manifestase de xeito necesariamente diferente noutos contextos político-culturais e xeográficos; con todo, por moita igualdade de dereitos que reclamemos ao obsoleto poder político-económico constituído dos grandes estados-nación, hai que ter moito coidado con non confundir a aspiración ético-política ideal da igualdade perante a lei que inspira ao constitucionalismo liberal coa existencia empírica e real da desigualdade de condicions socio-económicas da que parten os suxeitos e colectivos exclúídos polo omnímodo falo da man invisíbel do mercado e, tamén, por suposto, da razón de estado. Desigualdade de condicions que, ao mesmo tempo, levan implícitas, tamén, a dominación etno-racial, de xénero, lingüística, cultural e sexual pertinente. Neste enfoque temos moitísimo que aprender de Nancy Fraser, quen recentemente escribiu un lucidísimo artigo en Le monde Diplomatique no que explicaba perfectamente porqué o valor da igualdade ten que partir do recoñecemento empírico dunha sociedade estratificada por clases, mais, tamén, do recoñecemento de que nesa complexa estratificación social e económica existen, ao mesmo tempo, coma nun xogo de bonecas rusas, estructuras de dominación e subalternidade que se suman á dominación de clase e que fan referencia á dimensión etno-racial, de xénero, cultural, lingüística e sexual da mesma, cos seus discursos simbólicos e as súas estructuras socio-económicas pertinentes. Estructuras e discursos que cumpriría ser deconstruídos para visibilizalos, impedir a súa cousificación e poder reconstruir de novo, a efectos prácticos, o seu empoderamento político. Estes feitos empíricos, a min, persoalmente, obríganme a concluir que o recoñecemento da diferencia non pode quedarse só niso, no recoñecemento simbólico-identitario auto-satisfeito da súa diferencia ou na mera política procedimental que se contenta coa positive action a prol de grupos sociais excluídos, mais que deixan intactas as mesmas estructuras de dominación. Rotundamente non, ese non é o horizonte acaído. Persoalmente, considero que a visualización das estructuras e os discursos de dominación de clase, xénero, etno-racial, lingüística, cultural e sexual teñen que ser un instrumento de empoderamento das diferencias rebeldes para, precisamente, reconstruir a episteme e o fundamento ético dun universalismo que trascenda as exclusions históricas do universalismo decimonónico e euro-céntrico que herdaron as nosas xeracions. Ese falso universalismo que segue a ser a falsa conciencia e o gran no cu de certa modernidade cosmopolita que pensa que con ler catro liñas de Kant e dúas de John Stuart Mill xa ten todo feito. O único instrumento real, tanxible e, sobor de todo, común, que os galegos de pedigrí, ou mestizos, ou recén chegados a Galicia, os galegos de aquí e acolá, por filiación ou afiliación, temos para levar a cabo un efecto chamada e apelar á solidaridade civil en tempos de escuridade totalitaria –como os actuáis- é o galego Mais, ¿por que dou tantas voltas en espiral para contestar á pregunta que da comezo a este artigo?. Moi sinxelo : porque o pensamento complexo e circular é o pensamento acaído para respondela. Vaiamos, pois, ao gran : O único instrumento real, tanxible e, sobor de todo, común, que os galegos de pedigrí, ou mestizos, ou recén chegados a Galicia, os galegos de aquí e acolá, por filiación ou afiliación, temos para levar a cabo un efecto chamada e apelar á solidaridade civil en tempos de escuridade totalitaria –como os actuáis- é o galego, e por iso os ataques xurídicos, políticos e ideolóxicos que tratan de confinala nun guetto son constantes, sistemáticos e intencionados. Este feito, por suposto, condiciona moitísimo o comportamento e a actitude dos creadores que escollen o galego libremente como instrumento expresivo. A nosa lingua podería ser o chinés, sí. Podería ser o Francés, sí. Podería ser o sueco ou o Alemán. Podería ser o castelán, por suposto, mais imaxínense vostedes o esperpento nacional e internacional que poderiamos escenificar por aí adiante se lle intentamos explicar a un Noruego ou a un arxelino, por exemplo, que para facer un pronunciamento colectivo e público na praza do Obradoiro en resposta á eliminación progresiva de dereitos cidadans fundamentais hai quen ten medo a facelo en galego por medo a ser xulgado despectivamente por quenes consideran tal xeito de proceder coma excluínte, e que ademais dispoñen de todo un tecido social, político e mediático para convencer á sociedade civil española de tal barbaridade, convertindo unha situación de exclusión e marxinalidade nunha vontade de asimilación totalitaria. O mundo ao revés. Con todo, fagamos autocrítica e situémonos : a industrialización da cultura, inserida no modelo das sacrosantas industrias culturais, xestionadas con criterios puramente economicistas, así como a profesionalización e mediatización da política, que renunciu a todo horizonte emancipatorio en pro dunha auto-regulación técnica da conflictividade social, está a converter a discursividade cultural e política de Galicia nun auténtico show-business no que o que prima, ante todo, é vender a marca-identidade Galicia cara o exterior. Mais este país-marca é un espello deformado desta cidade xardín que é Galicia, e como tódalas marcas, o que fan é apostar polo seu valor de cambio no mercado e non polo verdadeiro valor de uso que ten a cultura en tódalas súas expresions humanas, a saber : a ampliación do goce estético e a conciencia crítica, independentemente da lingua e o contexto cultural/nacional no que o mercado queira etiquetar as propostas estéticas. Entre a concepción da lingua e da cultura como marca e a concepción da lingua e da cultura coma goce estético, instrumento de ampliación da conciencia crítica e empoderamento social, existe a mesma distancia mental que existe entre o progresismo estéril e a honestidade ética, estética e política. Son xeitos de entender a relación cunha lingua e unha cultura de seu totalmente irreconciliables. Ademais, para divertirnos e vender un país-marca xa temos os circos italianos que percorren día a día as estradas de Galicia, España e Europa, e para vender un país-marca xa temos os departamento de administración e marketing. Eu, persoalmente, anceio a voz de conciencias libres e singulares que non me miren por riba do ombreiro. A voz de persoas libres, iguais e diferentes. Desque teño uso de razón, e dende que vivo neste país, a feble e complexa situación da creación cultural en galego obrigou sempre aos escritores e creadores a centrar tamén as súas enerxías na reivindicación política a prol da conservación dunha identidade colectiva perpetuamente negada Desque teño uso de razón, e dende que vivo neste país, a feble e complexa situación da creación cultural en galego obrigou sempre aos escritores e creadores a centrar tamén as súas enerxías na reivindicación política a prol da conservación dunha identidade colectiva perpetuamente negada e estigmatizada. A día de hoxe, é evidente que non se pode crear e pensar en galego sen ter que bater coa maquinaria do odio dese hispanismo e dese Europeísmo cuxos soños da –súa- razón conciben unha sociedade de suxeitos mecánicos, igualados polo baixo en canto ás súas capacidades, homoxeneiados en canto ás súas diferencias e considerados como mera álxebra contable pola lóxica empresarial da globalización. Mais non penso caer no auto-engano : eu sei que a identidade de Galicia é un riquísimo mosaico de voces singulares e anónimas aínda por emerxer, non unha marca. Son voces que non queren ser céntricas nin periféricas, queren SER. As liberdades políticas fundamentais da sociedade civil galega, como as liberdades políticas fundamentais da global civil society, exprésanse tamén nun riquísimo mosaico de voces singulares e anónimas aínda por emerxer. Tampouco queren ser céntricas nin periféricas, queren SER. E a literatura e a lingua realmente existente en Galicia nas –respetables, por suposto- editoriais realmente existentes en Galicia, non son o espello, en absoluto, do rico, singular e anónimo mosaico de voces aínda por emerxer. Se queren coñecelas, voulles amosando unha porta. Vostedes deciden se queren abrila e mirar o que hai dentro : a porta chámase "A porta verde do séptimo andar". Atrévanse a explorar, porque é tempo de coser a ética, a estética e a política e de saber cara onde demos queremos ir camiñando e quenes vimos sendo alén da linaxe familiar e a xeografía que nos viu nacer por azar. Toma 1, comeza o filme. !Clak!.
NOS_50347
O presidente dos EUA posicionouse, de maneira explícita, contrario á independencia converténdose na faciana de BetterTogether (Mellor Xunt@s).
En plena campaña oficial do referendo de autodeterminación en Escocia, o presidente dos EUA tomou parte. Barack Obama aproveitou unha rolda de imprensa conxunta co primeiro ministro británico, James Cameron, para se posicional a prol da unidade do Reino Unido. "Temos un grande interese en que un dos aliados máis próximos que xamáis teremos continúe a ser un socio forte, robusto, unido e efectivo". Esas foron as verbas escollidas polo mandatario estadounidense para porse acarón d@s unionistas e defender a permanencia de Escocia no Reino Unido. Embora, sinalar que "os escoceses teñen dereito a decidir o seu futuro". As declaracións do presidente dos EUA foron axiña aproveitadas pola campaña unionista BetterTogether (Mellor Xunt@s) para lanzar unha ofensiva contra @s independentistas. Baixo o lema Non. Imos permanecer "robustos, unidos e efectivos" (Nope. Let's remain "robust, united & effective.") BetterTogether procura gañar apoios entre @s indecis@s --unha parte substancial do eleitorado, segundo os inquéritos-- valéndose da figura dun dos líderes mundiais. Neste senso, tamén @s independentistas empregaron o sonado lema de campaña que deu a vitoria a Obama para retrucar as declaracións do presidente ianqui. Alex Saldmon afirmou que o Scottish National Party (SNP) mais tamén as demais forzas que pulan pola soberanía en Escocia e que compoñen a campaña Yes Scotland "estamos centrados en asegurar un voto pola independencia este setembro" e "a nosa mensaxe durante a campaña é 'Si, podemos' --en referencia ao Yes, we can de Obama. A tres meses de se desenvolver o referendo independentistas e unionistas afánanse sacar fío aos seus argumentarios para que o vindeiro 18 de setembro Escocia decida se permanecer no seo do Reino Unido ou, pola contra, constituírse como un Estado de seu.
PRAZA_7885
Toda actividade económica, mineira ou non está obrigada a tributar por iniciar e exercer a actividade, pola obtención de posibles beneficios, polo valor engadido xerado, etc. Estes tributos supoñen ingresos para calquera das tres Administracións Públicas do estado español (Estatal, Autonómica e Local). No caso que nos ocupa, a empresa mineira que explotará os recursos de Corcoesto, que tributos debe pagar?, a quen?, cantos deles quedarán para o concello de Cabana de Bergantiños?:
Son un galego de Monforte de Lemos residente en Xixón. Sigo con sumo interese todo o proceso sobre o proxecto mineiro de Corcoesto. Aínda que considero que existen razóns suficientes para oporme, non son dos que lles gusta entrar nunha suposta guerra de "bos" e "malos" optando polos argumentos duns e rexeitando os dos outros, senón que prefiro informarme e valorar, do mesmo modo, os documentos elaborados por todo tipo de expertos, independentemente da súa opinión particular, e valorando os aspectos positivos e negativos que calquera proxecto económico ten sobre o territorio, a poboación, formas de vida e as consecuencias futuras das actividades económicas a desenvolver. A toma de decisións da poboación afectada debería facerse en condicións de "xogo limpo", e a publicidade enganosa non debería presentarse como información contrastada Considero, ademais, que a toma de decisións da poboación afectada debería facerse en condicións de "xogo limpo" (quizá sexa utópico!), e a publicidade enganosa non debería presentarse como información contrastada. Non se pode pretender vendernos un proxecto mineiro como se fose unha loción contra a calvicie ou un método para adelgazar comendo o mesmo e permanecendo sentados diante do televisor. Sen embargo, atópome con que a empresa mineira publicita, sen máis matices ou explicacións, o seguinte: "Unha vez extraido, o ouro vaise vender directamente desde Cabana de Bergantiños, onde a empresa ten a súa sede fiscal en onde se imputarán todos os impostos" Isto non é xogo limpo! Como é posible insinuar que todos os impostos quedarán en Cabana de Bergantiños? Isto non é xogo limpo! Como é posible insinuar que todos os impostos quedarán en Cabana de Bergantiños? Ou quérese dicir outra cousa? Cales son as consecuencias fiscais reais das actividades económicas que teñen a súa sede fiscal nunha determinada zona? Non merecen os cidadáns unha información detallada para poder decidir democraticamente cal é o futuro que queren? Os tributos implicados na mina de ouro de Corcoesto No caso que nos ocupa, a empresa mineira que explotará os recursos de Corcoesto, que tributos debe pagar?, a quen?, cantos deles quedarán para o concello de Cabana de Bergantiños? Toda actividade económica, mineira ou non (un hotel, unha fábrica de queixos, un taller de reparación de automóbiles, unha explotación agrícola, un bar, unha panadería, unha perruquería, etc) está obrigada a tributar por iniciar e exercer a actividade, pola obtención de posibles beneficios, polo valor engadido xerado, etc. Estes tributos supoñen ingresos para calquera das tres Administracións Públicas do estado español (Estatal, Autonómica e Local). No caso que nos ocupa, a empresa mineira que explotará os recursos de Corcoesto, que tributos debe pagar?, a quen?, cantos deles quedarán para o concello de Cabana de Bergantiños?: 1. Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAJD): Aínda que a empresa mineira constitúa unha sociedade (ou xa a constituíra) con domicilio social no Concello de Cabana de Bergantiños, este imposto, que se pagaría unha soa vez no acto da constitución da sociedade mercantil, está transferido integramente á Comunidade Autónoma de Galicia, polo que o Concello de Cabana non recibiría (ou xa non recibiu) nin un só céntimo do mesmo. 2. Imposto de Actividades Económicas (IAE): podería ser ingresado no Concello de Cabana de Bergantiños, dentro dos epígrafes diferentes (212 - Extracción e preparación de minerais metálicos non férreos e 225.9 - Produción doutros metais non férreos n.c.ou.p.). 3. Imposto de Bens Inmobles (IBI): a tributación dependerá do valor catastral dos terreos e da súa consideración como de natureza urbana ou rústica polo Concello. Hai que ter en conta que os terreos afectados teñen consideración rústica, polo que o Concello, salvo que cambie a cualificación urbanística dos terreos, dificilmente vai a percibir máis ingresos dos que percibe na actualidade. 4. Imposto de Construcións, Instalacións e Obras: A tributación por este imposto podería ser unha fonte importante de ingresos para o concello, pero isto tampouco vai a suceder, xa que a declaración do proxecto mineiro como industrial estratéxico exime do pago do mesmo por levar implícita a non suxeición a licenza municipal, que é o que determina a obriga de pagar este imposto. 5. Imposto sobre Sociedades: A empresa terá que pagar polos beneficios obtidos, pero como é un imposto estatal, ese diñeiro non quedará nin en Cabana de Bergantiños nin en Galicia. Mesmo o diñeiro que pode chegar a recibir a empresa en forma de subvencións ao capital concedidas pola Xunta de Galicia, deberán ser declarados como ingresos pero non tributarán en Galicia, senón na administración estatal. 6. Imposto sobre Determinados Medios de Transporte e o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica: O primeiro deles (coñecido como imposto de matriculación) está transferido á Comunidade Autónoma de Galicia e a empresa mineira pagaría este imposto á Xunta no caso de adquirir vehículos automóbiles suxeitos ao mesmo. O segundo é un imposto local que se paga anualmente (coñecido como imposto de circulación) que gravaría os vehículos da empresa mineira domiciliados no Concello de Cabana. No entanto a empresa mineira recorrerá ao renting ou a subcontratas que achegarán os vehículos e cuxo domicilio fiscal non estará en Cabana de Bergantiños nin ao mellor en Galicia, polo que o Concello e a Xunta non recibirán un so céntimo por estes impostos. 7. Imposto sobre o Valor Engadido (IVE): Grava as entregas de bens ou prestación de servizos, mais no caso do ouro, a maior parte das vendas irán destinadas ao exterior (exportacións ou entregas intracomunitarias de bens). En ambos os casos, son operacións exentas de IVE, polo que non se producirían ingresos por este imposto nin para o Concello de Cabana de Bergantiños, nin para Galicia, nin para o estado español. 8. Outros tributos tipo taxas: Podería habelos no caso de que a actividade mineira demandase a prestación de servizos ou aproveitamento de bens públicos. Neste caso, o aumento dos ingresos municipais levaría consigo un aumento igual ou superior dos gastos municipais ou autonómicos, polo que os beneficios para o concello ou a administración autonómica son cando menos dubidosos. Un aumento de ingresos por este tipo de tributos ten unha relación directa cos gastos correntes ou investimentos necesarios para esa prestación de servizos que se amortizarán no futuro. Por encima, estas taxas, deixan de abonarse cando remate a actividade da empresa, mentres que os gastos para o concello poden dilatarse no tempo. En definitiva, os ingresos fiscais dunha actividade económica sempre hai que contrastalos cos gastos públicos que podería orixinar a mesma. Por exemplo, impostos sobre o tabaco fronte a gastos sanitarios derivados das enfermidades que provoca o tabaquismo; imposto de circulación de vehículos fronte os custes de construción e mantemento da rede de estradas; taxas sobre o consumo de auga fronte ao custe de construción e mantemento da rede de sumidoiros e depuración das augas, etc. Esta análise deberíamos facela en maior medida cando os custes para a sociedade ocasionados por unha actividade económica teñen que ser asumidos por unha administración distinta a aquela que percibe os tributos que esa actividade paga. Un exemplo sobre o que reflexionar: Canto supuxo o desastre de Aznalcollar cando a balsa de tóxicos se derramou e chegou ao Parque Doñana? Compensaron os ingresos fiscais que tributou a empresa cos gastos públicos do saneamento do Parque? Un exemplo sobre o que reflexionar: Canto supuxo o desastre de Aznalcollar cando a balsa de tóxicos se derramou e chegou ao Parque Doñana? Compensaron os ingresos fiscais que tributou a empresa cos gastos públicos do saneamento do Parque? Moitos anos despois, a empresa nórdica non pagou nin un euro do desastre ecolóxico que orixinou. E unha pregunta final: As actividades económicas que deixarán de existir, as que non poderán chegar a ser, ou as que quedarán hipotecadas pola presenza da mina, canto diñeiro deixarán de pagar en tributos?, canto deixará de percibir desas actividades o concello de Cabana de Bergantiños? E pasada unha década, cando a mina sexa historia, poderán repoñerse esas actividades agora afectadas? Conclusión Por favor, xogo limpo! Os ingresos fiscais para Cabana de Bergantiños poderían vir de actividades agroalimentarias, industrias de transformación de madeira e moble, artesanía, hostalaría e turismo, etc. E significarían iguais ou maiores ingresos fiscais que a actividade derivada da explotación da mina de ouro ao ceo aberto de Corcoesto.
NOS_2245
Neste número o tema central son as mudanzas de pautas no consumo. As marcas brancas son o aforro real? Tratamos, ademais, as primeiras propostas da lexislatura que entran no rexistro do Parlamento e entrevistamos a Miren Etxezarreta, economista, sobre cal sería a solución de verdade para a crise.
As pautas de consumo centran a portada e as primeiras páxinas deste número de Sermos Galiza. Entrevistamos á economista Miren Etxezarreta e falamos, na crónica política, sobre os bipartitos municipais após o acontecido en Lugo. Tratamos os doce meses da nova lexislatura de Rajoy: Medidas contra as maiorías, recortes, incumprimentos,... Ocupámonos do preocupante descenso da renda salarial d@s traballador@s: máis dun 5% este ano e das irregularidades nun 86% das casas de compravenda de ouro e empeño de metais. Entrevistamos a Luz Fandiño, 81 anos de compromiso rebelde, e lembramos que o domingo é o Día Internacional contra a Violencia Machista a través de dous exemplos dun problema político que o PP borrará do Código Penal. En economía falamos da fuga de capitais de Novagalicia Banco que pode condicionar a súa viabilidade futura. En internacional tratamos a situación en Gaza e as eleccións en Catalunya onde o 25 N é posibel unha maioría de partidos políticos a prol da independencia. En deportes lembramos a historia de Siareir@s Galeg@s e o seu esforzo para que as seleccións galegas xoguen partidos internacionais. En cultura falamos do Culturgal máis expansivo nos tempos máis duros para as industrias culturais e entrevistamos ao debuxante Miguelanxo Prado para que nos fale de Ardalén, a súa nova novela gráfica. Viaxamos ás Terras de Lemos para visitar o senlleiro Pazo de Tor e o seu singular labirinto e na sección de deseño descubrimos Boüret, a roupa artesana que é algo máis que luxo desde A Coruña a Burgos. Okapi baila e canta con Mamá Cabra e o seu novo disco 'Bicos de Música' e na contra entrevistamos a Yolanda Castaño, 18 despois da publicación do seu primeiro libro, para que nos fale da poesía. Ademais críticas de cinema, música, literatura, ... e a opinión de Julio C. Gambina, María Xosé C. Trillo, Carlos Quiroga, Elena Gallego, Mª Xosé Castro e Victorino Pérez Prieto.
NOS_52727
Marcado por unha grande inestabilidade, o Estado visigodo formado polos territorios de Hispania, Gallaecia e Septimania (sur da Galia) entrou nunha guerra civil no ano 710. O motivo fora a morte −ou asasinato− do rei Vitiza, quen gobernara a Gallaecia anos atrás, e que finalmente herdara o trono toledano de seu pai. Tras a fin do reinado de Vitiza atópase o golpe de Estado perpetrado por un sector da aristocracia e clero visigodo. O líder desta facción, un nobre chamado Rodrigo, usurpou violentamente o trono mais non conseguiu ser recoñecido como rei por boa parte da aristocracia visigoda. Esta última mantívose fiel á liñaxe de Vitiza, considerándoos herdeiros naturais do rei.
Os líderes militares visigodos recoñeceron no norte e leste peninsular a autoridade de Akhila, fillo de Vitiza segundo parte da literatura medieval. Porén, as rivalidades internas entre uns e outros candidatos abriron as portas á intervención da gran potencia mediterránea da época: o califato omeia de Damasco que finalmente conseguiu impor a súa autoridade na Hispania visigoda. Na Gallaecia, o colapso de Toledo fronte as autoridades do califato supuxo unha ruptura na estrutura de vasalaxe instaurada pola propia monarquía visigoda. Unha ruptura que na Gallaecia posibelmente xa se iniciara co golpe de Estado contra Vitiza, o que permite supor un desafecto da nobreza galaico-visigoda cara a Rodrigo. Porén, a caída e definitiva desaparición da monarquía visigoda supuxo un escenario de grande incerteza, seguido de campañas de sometemento das elites hispano-visigodas, tanto a través de acordos como mediante as armas. O episodio acontecido en Lugo, de ser real, puido responder ao feito de a urbe acoller o dux provinciae consignado á Gallaecia durante o dominio visigodo Non hai ningunha información sobre a entrada das tropas islámicas nas sés eclesiásticas galegas a excepción de Lugo, do que unha crónica árabe tardía afirma que foi asaltado polo exército de Musa. Porén, para investigadores como Martín Rodríguez Calo, o episodio acontecido en Lugo, de ser real, puido responder ao feito de a urbe acoller o dux provinciae consignado á Gallaecia durante o dominio visigodo; unha circunstancia que a convertería nun obxectivo militar. Demostración de forza ou tentativa de pacto, Fernández Calo apunta a posibilidade da aristocracia galega chegar a un acordo mutuo de non agresión coas novas autoridades musulmás. Vitiza. O fin da monarquía visigoda na Gallaecia O reino cristián peninsular Libre da autoridade islámica mais tamén da hispano-visigoda, a Gallaecia de comezos do século VIII configurouse como a principal área cristiá do ámbito ibérico. Un territorio que abranguía todo o noroeste peninsular e ao que o mundo islámico se referirá, en lingua árabe, baixo o nome de Yilliqiya ("Galiza"), diferenciado, con plena claridade, da veciña Hispania. En realidade, este esquema territorial apenas seguía o modelo visigodo que distinguía tres entidades administrativas: Hispania, Gallaecia e Septimania; tal e como se observa en numerosos documentos de época visigoda. A propia caída da monarquía visigoda supuxo un baleiro na produción documental e, xa que logo, na redacción de crónicas sobre o territorio galaico da altura. Se ben desde disciplinas como a lingüística ou a arqueoloxía é posíbel reconstruír certos aspectos do pasado da Gallaecia altomedieval, resulta moito máis complexo un achegamento á historia política desta. Para salvar a ausencia de escritos e crónicas históricas desta época, a historiografía utilizou tradicionalmente crónicas posteriores, redactadas a finais do século IX, as máis delas con marcada influencia política. Destinadas a ser un instrumento político, a memoria histórica que estas crónicas nos transmitiron está altamente adulterada e o seu contido é obxecto, aínda hoxe, de importantes debates historiográficos arredor das figuras, reais ou fantasiosas, que alí aparecen. Paio Paio e a batalla de Covadonga no 'Corpus Pelagianum' do século XII. (Fonte: BNE) Entre estas figuras históricas, ou pseudohistóricas sobresae o nome dun nobre chamado Paio (Pelagius). Arredor desta figura de características míticas, asociouse a batalla de Covadonga como mito fundacional da mal chamada "Reconquista"; un termo practicamente desbotado do mundo investigador actual mais que segue a ter gran vixencia no currículo escolar no Estado español. Acontecida entre os anos 718 e 722, o certo é que a súa existencia, como a de Paio, é aínda hoxe seriamente discutida. Talvez un dos feitos que máis dúbidas suscite na comunidade académica sobre o verismo destes acontecementos sexa, precisamente, a súa ausencia nas únicas dúas crónicas ibéricas escritas nese momento: a Crónica Arábigo-Bizantina, escrita no ano 741 e a Crónica Mozárabe, do 754, as cales ignoran por completo a existencia da batalla como do propio Paio. Un descoñecemento que para autores como Xosé Antonio López Teixeira, obriga a relativizar toda a importancia que se lles quixo conceder e mesmo a cuestionar a súa existencia. En realidade, tal e como apunta o mesmo autor, practicamente todo o que se sabe −ou se cre saber− sobre Paio procede de crónicas escritas nas proximidades de Oviedo por volta do ano 880, é dicir, máis de 160 anos despois dos supostos acontecementos de Covadonga. Coñecidas como crónicas de Afonso III, pois foi este rei da Gallaecia quen as mandou escribir durante o seu reinado, estas son, en realidade, tres versións de orixe compartida: a Rotense, a Albeldense e a Sebastianense. Coincidentes nalgúns puntos e discordantes noutros, todas elas procuran presentar a Paio como descendente dos últimos reis visigodos. Unha idea coa que Afonso III procuraba ser presentado como o lexítimo herdeiro dos reis visigodos de Toledo o que, en última instancia, lle permitiría reclamar o dominio peninsular. A Chronica Sebastianense afirma que Paio era fillo dun nobre visigodo chamado Fafila Porén, as crónicas discrepan á hora de estabelecer a orixe de Paio. Así, a versión revisada polo bispo Sebastián, a Chronica Sebastianense, afirma que Paio era fillo dun nobre visigodo chamado Fafila. Este sería un dos duces que formaban parte da corte galega de Vitiza en Tui. Un aristócrata, Fafila, ao que as crónicas atribúen "sangue real" visigoda. Pola súa parte, a versión Albeldense da crónica procurou identificar a Paio como neto de Rodrigo, considerando a este −erroneamente− como o último rei hispano-visigodo. Galiza na monarquía visigoda. Un reino plurinacional formado por Hispania, Gallaecia e Septimania A posíbel orixe galega de Paio Orixinario, quer de Tui, quer de Toledo, segundo as crónicas Afonso III, Paio tería loitado contra as autoridades musulmás instaladas en territorio ástur, derrotándoas con axuda divina en Covadonga. Un triunfo que sería especialmente popular nos vales do oriente asturiano onde os seus o proclamarían como o seu líder. No entanto, para gran parte do mundo académico actual, resulta escasamente críbel que Paio fose descendente de visigodos. A este respecto, sen dúbida o trazo máis significativo sexa que, a diferenza dos reis de Toledo, de nomes xermanos, o de Paio sexa un nome de orixe latina (Pelagius), o que delataría a orixe autóctona desta figura. En calquera caso, semella que o señorío de Paio apenas se limitou aos vales próximos a Cangues d'Onís. A influencia das crónicas cristiás medievais tamén se fixo sentir no relato historiográfico do mundo islámico. Deste xeito, tal e como apunta López Teixeira, non resultan estrañas as referencias a Paio en obras árabes, tales como o Ajbar Machmúa, obra do século XI onde se fala de como "os galegos se sublevaron contra os musulmáns, e medrando o poder do cristián chamado Paio [...] saíu das montañas e se fixo dono do distrito de Asturias". Unha idea que aínda recuperará Al-Maqqari no século XVII ao sinalar a "Paio, natural de Asturias en Galiza", en referencia á Yilliqiya dos textos árabes. Tanto a figura de Paio como os feitos que puideron acontecer en Covadonga tenden a ser explicados desde unha óptica local Revestido de ficción, para autores como Anselmo López Carreira, é posíbel que a enxalzada batalla de Covadonga non fose, en realidade, máis que unha escaramuza militar. Isto explicaría o feito de que ningunha crónica do momento aluda a ela nin ao propio Paio. Na actualidade, tanto a figura de Paio como os feitos que puideron acontecer en Covadonga tenden a ser explicados desde unha óptica local. Deste xeito, o Pelagius das crónicas podería identificarse como un dos numerosos líderes territoriais que existiron na Gallaecia post-visigoda. Unha realidade política marcada pola caída da monarquía visigoda e o rexurdimento dunha aristocracia que, libre de lazos de vasalaxe con Toledo, adquiriu funcións de Estado nos seus respectivos señoríos. Porén, a memoria, real ou imaxinada, que as crónicas de Afonso III quixeron transmitir centrouse na Gallaecia cantábrica, no territorio ástur-cántabro, pois era alí onde estas foron escritas por volta do ano 880, incorporando, talvez, relatos da tradición oral. Miro, Eborico e Audeca. Os derradeiros reis suevos da Gallaecia de 570 a 585 Os sucesores de Paio A pesar das súas diferenzas e contradicións, as crónicas elaboradas durante o longo reinado de Afonso III (866-910) coinciden en que, após a morte de Paio, no ano 737, este foi sucedido polo seu fillo Fávila. De nome xermánico, a diferenza do anterior, nada se sabe con certeza de Fávila, nin do nome de súa nai. Si se coñece, malia todo, o nome da súa esposa: Froiliuba. Onde conflúen as informacións cronísticas é en que o reinado de Fávila resultou completamente efémero, durando apenas dous anos. O final deste curto reinado chegaría coa morte do rei a causa do ataque dun oso. Morto no ano 739, o goberno do señorío asturiano de Fávila pasou á súa irmá, Ermesinda, casada con Afonso, un señor da guerra orixinario de Cantabria e figura especialmente controvertida. En virtude, xa que logo, do seu casamento coa filla de Paio, este nobre espallaría a súa influencia na zona ástur-cántabra e pasaría á historia como Afonso I. Ermesinda e Afonso I na 'Genealogia dos reis de Portugal' do século XVI. A pesar da súa presenza nas crónicas, é posíbel que Afonso I nunca chegase a existir ou, polo menos, non na forma en que se presenta nas crónicas de Afonso III. Os propios documentos discrepan entre si á hora de falar das orixes de Afonso I, presentándoo unhas veces como un líder local, outras como descendente de reis e aínda dun suposto dux cántabro-visigodo chamado Pedro. Con isto procurábase dotar a este nobre dun pasado glorioso á vez que permitía ao rei Afonso III trazar unha liña hereditaria coa desaparecida monarquía toledana. Mais para alén dunhas orixes discutíbeis, tampouco o ciclo cronístico de Afonso III amosa especial realismo cando numera os triunfos militares do propio Afonso I, atribuíndolle, desde o seu pequeno señorío cántabro-asturiano, a fantasiosa conquista das grandes cidades da Gallaecia, tales como Astorga, Porto, Lugo, Tui ou Segovia, entre outras. Da escuridade ao esplendor. A nova monarquía sueva ente 469 e 570 Cheo de grandes lagoas de información, cando non falsidades, é posíbel atopar certo verismo na figura de Afonso I. Baixo esta perspectiva, é posíbel que Afonso I, como outros nobres da Gallaecia, levasen a cabo, xa a mediados do século VIII, numerosas campañas de saqueo sobre os territorios da meseta, tal e como era habitual desde antes da conquista romana. Uns ataques favorecidos polo repregamento que as gornicións musulmás, especialmente bérberes, iniciaron nesta época. Falecido de morte natural tras 19 anos de reinado, Afonso I sería sucedido no 757 por Froila, un dos seus fillos. Coñecido hoxe como Froila I, o novo rei non gozou de gran estima polas crónicas. Nelas destácase o escaso carisma de Froila, propiciado, en gran parte, por matar, coas súas propias mans, a seu irmán Vímara, rival seu polo trono paterno. As relacións do rei co resto da aristocracia galaica resultan completamente descoñecidas mais permiten adiviñar a vía da guerra e do pacto Ao igual que seu pai, Froila I destaca nas crónicas por desenvolver unha intensa actividade bélica. É durante o seu reinado (anos 757 ao 768) cando o territorio propiamente galego, e tamén o vasco, comecen a aparecer nas crónicas de Afonso III como lugares fronteirizos co señorío de Froila. As relacións do rei co resto da aristocracia galaica resultan completamente descoñecidas mais permiten adiviñar a vía da guerra e do pacto. Con todo, é a versión Rotense a única crónica que nos indica como Froila tivo que loitar contra algúns señoríos galegos e aínda tamén vascos. Neste último territorio tamén entraría en xogo a vía matrimonial como método de alianza e que, finalmente, se traduciría no casamento de Froila cunha nobre vascona, Munia. A estes choques armados sumaríase outro, real ou fantasioso, no lugar de Pontubio, onde Froila I puido vencer un destacamento musulmán enviado desde Al-Ándalus. Outro dato no que concordan as crónicas é que o goberno de Froila I rematou violentamente no ano 768. Froila I foi asasinado, deixando a seu fillo Afonso como sucesor, coñecido posteriormente como Afonso II; este tardaría máis de vinte anos en se facer co trono de seu pai. Reis dunha Gallaecia dividida. A monarquía galega entre o 456 e o 459 Se ben ningún destes nobres ostentou nunca o título de rex ("rei"), mais si o de princeps ("príncipe"), estes representan os únicos precedentes documentados dos inicios da posterior realeza galaica do século IX, o que non significa que fosen os únicos. Cabe, por tanto, considerar estes gobernantes máis como "señores ou reis na Gallaecia" que como "reis da Gallaecia". Con todo, estes e os seus sucesores serán considerados nas crónicas europeas e hispano-musulmás como "reis da Gallaecia ou "reis de Galiza". Un termo que a historiografía española evita desde o século XIX, cando Modesto Lafuente comece a denominar a estes gobernantes baixo o nome de "reis de Asturias". Termo moderno que, malia gozar de gran difusión desde entón, nunca chegou a ser utilizado ao longo de toda a Idade Media.
NOS_20066
Nunha primeira fase, hai catro anos, puxo nome a 115 militares arxentinos.
Un equipo forense do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) nas illas Malvinas iniciou novos traballos para identificar militares arxentinos falecidos durante a guerra de 1982 entre a Arxentina e o Reino Unido, despois de que os labores realizados hai catro anos permitisen pór nome aos restos de 115 soldados nun fito sen precedentes. Os gobernos británico e arxentino asinaron en marzo un acordo polo que solicitaban formalmente ao CICR que realizase novas tarefas de identificación no cemiterio Darwin, en concreto nunha fosa común coñecida como C1.10. Seis forenses chegaron esta segunda feira, 9 de agosto, á zona para proceder a estes traballos, catro anos despois do primeiro Plan de Proxecto Humanitario. Neste primeiro plan, exhumáronse 122 corpos de sepulturas marcadas como "Soldado arxentino só coñecido por Deus", mentres que nesta segunda fase centraranse nunha fosa común que non foi considerada inicialmente ao ter xa unha placa identificativa desde o ano 2004. A coordinadora de casos do Equipo de Antropoloxía Forense da Arxentina, Virginia Urquizu, explicou á axencia Télam que non hai data para o final dos traballos, xa que "dependerá da situación en que se encontren os restos". En principio, estima que "cara a fins de agosto" pode concluír unha primeira etapa. As mostras óseas exhumadas serán remitidas a Córdoba, e finais de outubro ou principios de novembro agárdase ter "resultados definitivos", en palabras do secretario de Asuntos Relativos a Malvinas, Antártida e Atlántico Sur, Daniel Filmus. Será nesta etapa cando se cruzarán os datos facilitados polos familiares, vitais para a identificación. "Agonía eterna" A responsable forense do CICR para as Américas, Alejandra Jiménez, defendeu a implicación da organización neste tipo de traballos, na medida en que forma parte dun labor "exclusivamente humanitario" que en ningún caso suple o posíbel labor das distintas autoridades. Neste sentido, apuntou que en situacións en que as familias non teñen noticias dos seus seres queridos hai "un enorme sufrimento, unha grande incerteza". "Os seus seres queridos non están nin vivos nin mortos até que non se saiba a sorte que correron", engadiu. Para moitas familias de desaparecidos nas Américas, dixo, hai "unha agonía eterna" á espera dunha chamada que dea algún tipo de pista ou confirme que efectivamente a persoa que buscan está xa morta. A identificación chave en termos de dó, explicou, mais tamén a efectos burocráticos.
NOS_33264
A última palabra á hora de constituír a candidatura da cal fará parte a organización política que encabeza Xoán Bascuas teráa a militancia, que se pronunciará o 25 de xaneiro nunha Convención Nacional.
Compromiso por Galicia decidiu este sábado día 23 encetar as conversas co PNV face as europeas "e explorar esta vía como a mellor forma de situar Galicia no mapa e defender os intereses da nosa cidadanía" en Bruxelas. O acordo saíu da xuntanza do Consello político nacional. Ao fío, o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, subliñou que os contactos coa formación nacionalista vasca "serán meramente informativos", pois a última palabra pronunciaráa a militancia nunha Convención Nacional fixada para o 25 de xaneiro e "aberta a simpatizantes". Bascuas lamentou "que a vía da candidatura galega ficase morta", situación que apuxo ás posturas "inmobilistas" que, ao seu entender, manteñen BNG e Anova. Sen fechar esta porta "por se mudaren as circunstancias malia que todo apunta a que non será así", CxG iniciará o diálogo co PNV.
NOS_37700
O Goberno español enviou ao Congreso o proxecto da nova Lei do aborto que permitirá, entre outras cuestións, que as mulleres poidan interromper o embarazo de maneira voluntaria, sen o permiso dos pais, a partir dos 16 anos e que contempla baixas laborais por menstruacións dolorosas. Eis as cinco chaves da reforma da lei.
1. Sen consentimento paterno e sen tempo de reflexión As mulleres maiores de 16 anos poderán abortar sen o consentimento paterno e, ademais, a lei eliminará os tres días obrigatorios de reflexión, así como a entrega de información sobre axudas e recursos por se mudan de opinión e queren continuar co embarazo. 2. Abortos na rede pública Os centros hospitalarios públicos serán a rede de referencia para as intervencións cirúrxicas, e non os hospitais privados, como até agora. Para evitar que as obxeccións de conciencia impidan ás mulleres poder interromper o embarazo nos hospitais públicos, a lei prevé a creación dun rexistro de profesionais obxectores, da mesma maneira que a Lei da eutanasia. A ministra de Igualdade, Irene Montero, sinalou que serán as autonomías, que posúen as competencias en materia sanitaria, quen reorganicen as unidades nos hospitais para poder garantir a práctica dos abortos. "Non pode ocorrer que, polo cumprimento do dereito constitucional á obxección de conciencia se lle impida á metade da poboación, que somos as mulleres, a exercer o dereito constitucional de decidir sobre o propio corpo", salientou. Aínda que a lei non se refire á violencia obstétrica, recolle un conxunto de recomendacións que pretenden reducir o intervencionismo dos profesionais en todo o proceso de xestación, de maneira que se fornece máis capacidade de decisión ás mulleres, quen terán que dar o seu consentimento á hora de practicar intervencións invasivas. 3. Baixas por menstruacións dolorosas e permiso antes do parto Unha das novidades da lei é o estabelecemento de baixas laborais de tres días en casos de regras dolorosas. Baixas que serán outorgadas polos médicos e médicas da Seguridade Social, que será quen se faga cargo do gasto e que non exixirá un mínimo cotizado ás mulleres. Segundo anunciou a ministra en rolda de prensa, repartiranse produtos para a regra de balde en centros cívicos, escolas e cárceres, de maneira que "a regra deixe de ser un tabú". Ademais, créase o permiso retribuído para as mulleres embarazadas a partir da semana 36 de xestación e até o parto, así como cando un profesional médico considere que unha muller é incapaz de voltar a traballar tras un aborto. 4. Pastillas anticonceptivas subvencionadas En base á nova lei, a Seguridade Social farase cargo da subvención das pastillas anticonceptivas de última xeración de longa duración, após eliminarse hai seis anos da carteira de produtos financiados. 5. Educación sexual e reprodutiva A educación sexual e reprodutiva entra no currículo de todas as etapas educativas co fin de promover o coñecemento do corpo e de traballar o consentimento nas relacións socioafectivas, segundo explicou a ministra Irene Montero.
NOS_14623
Os comicios que tiveron lugar este sábado en Islandia revalidan a coligazón de centro-dereita que goberna o país desde hai máis de cinco anos. O Movemento da Esquerda Verde acada a segunda posición, mentres que o Partido Pirata se sitúa de terceiro e consegue o duplo do apoio que nas eleccións de 2013.
As eleccións lexislativas deste sábado en Islandia revalidan a coligazón de centro-dereita que xa gobernaba o país. O conservador Partido da Independencia fíxose co 30,3% das papeletas, mais dependerá de apoios para seguir no poder. Reforma, escisión do partido vencedor, resulta indispensábel para compensar o afundimento do Partido Progresista, que acadou a cuarta posición co 10,1% dos votos. Caeu 14 puntos porcentuais e 12 dos seus 19 escanos. Acusa, así, a vinculación do ex primeiro ministro, Sigmundur David Gunnlaugsson, cos papeis de Panamá. A segunda forza máis votada, co 16,2% dos apoios, é o Movemento da Esquerda Verde, seguido do Partido Pirata, que obtivo o 13,5% das papeletas, máis do duplo que nos comicios de 2013. A suma dos votos de ambas as dúas formacións, e mais de Alianza Socialdemócrata e Futuro Brillante sería insuficiente para lle facer fronte ao centro-dereita.
NOS_1854
O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de dar a coñecer os nomes máis frecuentes para os bebés en 2020. Eis a listaxe dos dez nomes máis elixidos na Galiza.
Mateo e Sofía foron os nomes preferidos e máis utilizados para pórlles aos bebés chegados de nacer na Galiza no ano 2020, segundo os datos que vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE). Mateo, con 275 frecuencias, foi o máis empregado no caso dos nenos, e Sofía, con 216, no caso das nenas. O gosto das galegas e galegos non difire das preferencias do conxunto estatal, pois Mateo e Sofía ocupan a segunda posición no "top 100" das denominacións máis frecuentes no conxunto do Estado español. Na listaxe dos dez nomes máis utilizados para nenos, seguen a Mateo Martín, con 234 frecuencias; Lucas, con 220; Hugo, con 209; Leo, con 175; Enzo, con 146; Gael, con 146; Manuel, con 145; Daniel, con 141 e Brais, con 108. No caso dos dez nomes máis empregados para as nenas, seguen a Sofía Noa, con 185; Martina, con 159; Lara, con 151; Valeria, con 138; Lucía, con 119; Daniela, con 117 e Sara, Vega e Vera, con 111 en cada un dos tres casos. Nomes que se repiten Apenas mudan as preferencias a respecto de 2019. Mateo encabezara a lista, seguido de Lucas, Martín, Hugo, Leo, Gael, Enzo, Manuel, Daniel e Pablo. No caso das nenas, Sofía tamén fora o nome máis elixido -éo desde 2016-, seguido, de novo, por Noa, Martina, Lara, Lucía, Sara, Valeria, Alba, Daniela e Valentina. Os nomes máis frecuentes na Galiza En relación a todo o sector poboación, segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), o nome máis frecuente no territorio galego para mulleres son María (14,5%), Carmen, María del Carmen, María Carmen, Josefa, Ana María, María Dolores, Lucía, María José, Laura, Dolores, María Teresa, Sara, María Isabel, Marta, Paula, Manuela, Ana, Cristina, María Luisa, Isabel, María Jesús, Mercedes, Rosa María e Beatriz. Manuel, cun 25,6% dos casos, é o máis frecuente para homes. Ségueno José, José Manuel, Antonio, José Luis, José Antonio, Jesús, David, Pablo, Carlos, Francisco, Daniel, Javier, Alejandro, Diego, Luis, Fernando, Miguel, Alberto, Adrián, Ramón, Jorge, Juan Carlos, Francisco Javier e Ángel. A respecto dos hipocorísticos, tamén chegou a eles o proceso de españolización, uniformizando o proceso.
NOS_1569
Isabel Mociño é profesora e investigadora na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e forma parte de diversos grupos de investigación sobre Literatura Infantil e Xuvenil (LIX). Coordinou a obra LibroObxecto e Xénero. Estudos ao redor do libro infantil como artefacto, editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo e que recompila artigos de diversas estudosas deste ámbito. Conversamos con ela sobre o estado do álbum ilustrado e sobre o estado da LIX na Galiza
—Cando xorde esta publicación que fala do libro como obxecto e da reivindicación do xénero? Comezou en 2016, cando un grupo de investigadoras ao redor da LIX de diferentes universidades españolas e portuguesas nos reunimos na Universidade de Aveiro para reflexionar sobre o álbum ilustrado e a tendencia deste formato pola posta en valor da materialidade. Todas eramos conscientes de que nos últimos anos era cada vez maior a presenza no mercado de formatos arriscados, dun grande investimento nos elementos materiais do libro, de obras onde imaxes e textos configuraban novas formas de ler, ao levarnos a lecturas multimodais e sinestésicas... Aquela primeira reunión deu pé a outra en Huesca e posteriormente en Ourense, onde traballamos ao redor do xénero, porque en moitas ocasións o labor feminino queda nun segundo plano de forma inmerecida. —Como foi o proceso de coordinación dos diversos artigos? O labor de coordinación non é complicado nun grupo ben articulado e comprometido coma este. Houbo algunha demora con respecto á data prevista de publicación, pero estes proxectos colectivos son posíbeis grazas á voluntariedade das persoas. O feito de levarmos anos colaborando e pertencermos a áreas de coñecemento similares facilita moito o proceso de supervisión e corrección. —Atopamos na obra moitos textos que demostran que o futuro do libro está na súa consideración como obxecto. Que subxace tras esta idea? O futuro do libro non sei cal será. Nunha sociedade cambiante e inestábel como a actual todo se reinventa a unha velocidade sorprendente. O que nos permite traballar sobre un sector do libro, como é o libro-obxecto, é observar algunhas tendencias, estratexias, hibridacións, apostas inéditas... Nos traballos non hai certezas extrapolábeis á produción en xeral, pero si nos permiten percibir que existe unha relación directa entre o avance das novas tecnoloxías e o interese por chegar ao novo lector polialfabetizado. —Nestes estudos do libro como obxecto, as mulleres teñen un papel importantísimo, aínda que ás veces fican na sombra. Que tarefas desenvolven? No volume todos os traballos toman como referencia o labor das mulleres ao longo das últimas décadas ou a súa presenza nas obras analizadas. En xeral obsérvase que o labor das mulleres está presente en todos os planos: como escritoras, ilustradoras, deseñadoras, editoras, enxeñeiras do papel... E na maior parte dos casos son figuras con traxectorias polifacéticas e formacións multidisciplinares. —Aínda que se trata dun libro de investigación, a súa linguaxe é moi divulgativa. Cre que poden ser artigos interesantes para o profesorado, mais tamén para o público lector? Por suposto, ese era o obxectivo prioritario. Non queremos restrinxir a obra ao ámbito da investigación, senón facer transferencia á sociedade. De especial interese para nós é sempre a formación de mediadores, sobre todo docentes, aínda que tamén persoal de bibliotecas, ludotecas, espazos de animación cultural e, como non, nais e pais. —Está o futuro do libro vinculado á materialidade do mesmo? Xa se adoita defender que os libros fermosos convivirán cos formatos dixitais durante moito tempo. Para lectores polialfabetizados como son as novas xeracións, contar con libros animados, vivos, cos que interactuar e ante os que desenvolver lecturas activas é un aspecto importante. Isto non quere dicir que o futuro estea só na materialidade, pois as grandes obras de todos os tempos permanecen pola súa atemporalidade e vixencia. Non obstante, o investimento ao redor da materialidade promove formas diversas de se achegar á lectura, a medio camiño entre o libro máis tradicional e os novos dispositivos electrónicos. Unha convivencia necesaria e complementaria, nunca excluínte. —De que forma o libro intervén na socialización dos máis pequenos e pequenas? As nosas lecturas de infancia impregnan en boa medida a nosa personalidade. Nelas quedan pegadas indelébeis: o contacto coas persoas de referencia, as lecturas compartidas, o afecto, as conversas sobre as lecturas, a descuberta do mundo... No contacto precoz co libro tamén se reafirma a nosa educación estética e emocional. —No seu texto fala do libro–obxecto como un artefacto de infinitas lecturas. Pode desenvolver esta idea? Si, no texto analizamos a miña compañeira Eulalia Agrelo e mais eu un álbum particular, que é Artefactes, ou paseante anónimo atopa un libro, publicado por Kalandraka en 2003. Eliximos esta obra por considerala un bo exemplo da potencialidade do álbum ilustrado ao ser un excelente instrumento de educación literaria, transgresor de expectativas lectoras, de hibridacións artísticas e por propiciar tantas lecturas posíbeis como lectores que se acheguen a ela. Un auténtico artefacto cultural, de carácter transliterario e transmedial, ao superar o textocentrismo e desenvolver un diálogo entre diferentes linguaxes. Unha obra que esixe un "prosumidor", un lector activo. —Como se configura a cultura híbrida, esa que conxugue a cultura letrada e a cultura cibernética? Co diálogo interartístico, con estratexias que son propias dunha expresión e pasan a formar parte doutra, con produtos culturais que non renuncian ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías mantendo a esencia da cultura letrada, esa á que temos que atraer os máis novos para que adquiran todo o acervo de coñecementos e de habilidades que dela se desprenden, como o pensamento crítico e creativo. —O artigo de Virginia Calvo Valios explora o papel do libro no proceso de inmersión dun grupo de nais inmigrantes en Aragón, de maneira que aparece a idea de que as historias escritas poden axudar a cambiar o mundo. De que forma cre que os libros axudan á sociedade? Os bos libros axudan precisamente a (re)pensar e (re)pensarnos, a cuestionar realidades e a encarnar soños. A ser libres e reivindicar o noso dereito a mudar o mundo. Ensaiar a través da ficción, coñecer referentes, vivenciar experiencias, empatizar coas personaxes que coñecemos nos libros... son vías que nos preparan para a vida e que nos moven á acción. —Desde a súa óptica de investigadora do libro infantil e xuvenil, cal é a diagnose do estado que fai desta literatura na Galiza? Estamos a vivir momentos moi difíciles. Xa pasamos outros, pero a literatura para a infancia vén demostrando na Galiza que o futuro é posíbel. Son optimista e sigo con esperanza o esforzo titánico de todo o sistema para seguir creando lectoras e lectores conscientes da cultura de noso. —Como podemos acabar coa imaxe deostada que existe na sociedade da LIX? A única forma de acabar coas imaxes deostadas é co coñecemento. Se unha sociedade non valora a literatura que alimenta as novas xeracións é que non valora a propia infancia. Se non dá valor á riqueza cultural que debe transmitirlle aos que están chamados a facer o futuro é que ten moi pouca autoestima. En calquera dos dous casos está presente unha crise de valores e sobre todo de prioridades. —O libro ten que competir hoxe en día con moitas alternativas de ocio. Cales son as chaves para fomentar a lectura? Saber ler. Contaxiar o gusto por ler. A lectura ten que ser unha experiencia gozosa, de descuberta, pero sobre todo de encontro con unha mesma. Crear hábito lector non é doado. E cando o feito de ler convertémolo nun instrumento educativo estamos matando ao futuro lector ou lectora. Ao mellor é por iso que temos unha sociedade moi pouco crítica. En tempos como os actuais a lectura pode salvarnos. —Unha pregunta complexa, que títulos recomenda ti para que un neno ou nena se inicie na lectura, para que prenda o 'gancho lector'? Falaría máis ben de modelos afectivos, de persoas de referencia que contaxien o gusto por ler. Para isto non existen receitas. Cada persoa é un mundo. Hai xeracións que se iniciaron coa palabra oral, logo chegaron aos libros e foron grandes lectores. O "gancho" é ás veces a máis insospeitada das obras que circulan e coa que de repente ocorre o encontro máxico. Cada lector ou lectora ten que atopar o(s) seu(s) libro(s).
NOS_36671
Será este domingo 24 no Teatro Principal da cidade e nel intervirán integrantes das bases nacionalistas
Pontevedra acollerá este domingo 24 un gran acto do BNG con militantes e simpatizantes no marco do 'proceso adiante' de refundación da fronte nacionalista. A cita, no Teatro Principal, contará coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón, e o alcalde da cidade, Fernández Lores, e no mesmo intervirán simpatizantes sen carné do BNG. Co Proceso Adiante, o Bloque quere poñer a punto a organización e fortalecer o proxecto político nacionalista, tendo en conta os tempos que marcan a previsible repetición das eleccións xerais e sen descartar un adianto dos comicios galegos, mesmo unha coincidencia na data de celebración de ambas citas electorais o 26 de xuño.
NOS_41735
Defende revisar aquelas confluencias que non funcionen electoralmente e "avaliar cun pouco máis de coidado" a coligazón con IU a nivel estatal porque, dixo, "non parece ter funcionado" o 26-X.
O número dous de Podemos, Íñigo Errejón, asegurou esta cuarta feira (29 de xuño) nunha entrevista en Los desayunos de TVE que a coligazón con Izquierda Unida a nivel estatal nos comicios do 26-X "non parece ter funcionado" e mesmo apuntou esta como unha das causas de teren perdido apoios a respeito das eleccións do 20-D. "Creo que hai confluencias que funcionan e outras que haberá que revisar en cada caso cando son úteis e cando non" "Certamente, semella que perdimos votos por iso --alianza con IU-- mais non creo que sexa a única causa", sinalou. "Habería que avaliar cun pouco máis de coidado" esa decisión, acrecentou, "e sabendo que en política 2 máis 2 non son 4 e neste caso 2 máis 2 non foron catro". Desta maneira, Errejón pon en dúbida o mantemento da coligazón nun futuro embora asegurar que será unha "decisión colectiva" a adoptar polos órgaos de Podemos. Entende que a alianza con IU os encaixa en "etiquetas máis estreitas" que impiden "patear o taboleiro" electoral aproximando electorado doutras tradicións políticas ao seu proxecto, un obxectivo que, di, continúa a ser a súa "folla de rota". "Sobre o eixo esquerda-dereita é máis difícil construír unha maioría nova", apuntou. "Sobre o eixo esquerda-dereita é máis difícil construír unha maioría nova" As palabras do eleito deputado por Madrid acentúan as discrepancias no seo da dirección do partido a respeito do acontecido nas eleccións do pasado domingo e tamén na estratexia a seguir nun futuro no que tamén pon en cuestión o mantemento doutras "confluencias" que non teñan funcionado electoralmente como si acontece en Catalunya onde En Comú Podem se mantivo como primeira forza política o 26-X ou no País Valenciá onde foron a segunda por detrás do Partido Popular. "Creo que hai confluencias que funcionan e outras que haberá que revisar en cada caso cando son úteis e cando non", dixo.
NOS_1357
Nin Vigo, nin A Coruña nin Ourense presentan actualmente as condicións pactadas por Madrid e Goberno español para impor novas restricións no Estado por mor do coronavirus. A que máis e achega é a urbe viguesa.
Ningunha das 3 cidades de máis de 100.000 habitantes da Galiza (Vigo, A Coruña, Ourense) presenta as condicións pactadas polo Ministerio de Sanidade e a Comunidade de Madrid para aplicar restricións de mobilidade e sociais pola pandemia do coronavirus. O acordo prevé que se apliquen as restricións cando a taxa de incidencia sexa superior a 500 positivos por 100.000 habitantes, cunha porcentaxe de PCR positivas superior a 10% e un índice de ocupación nas UCI superior a 35%. Das 63 cidades do Estado con máis de 100.000 habitantes a que máis se achega a algún destes criterios é Vigo, que figuraría de 16ª nunha táboa de urbes con risco de sufrir estas restricións. En Vigo nas últimas 2 semanas a taxa de incidencia sitúase en 372 por cada 100.000 habitantes (as restricións empezarían a partir de 500). A porcentaxe de PCR positivas (dados de Comunidade Autónoma) é de 6% - o límite sería 10%- e a ocupación de UCi, tamén con dados da Galiza, sería de 4% (o pactado entre Goberno español e Madrid é 35%. En Ourense a taxa de incidencia é de 253 por cada 100.000 habitantes e na Coruña de 178. Das 63 cidades do Estado con máis de 100.000 habitantes, Parla, Fuenlabrada e Alcobendas son as tres que presentan peores rexistros, as tres na Comunidade de Madrid. Vigo figura de 16ª, Ouerense de 26ª e A Coruña de 39ª.
NOS_18926
Anunciouno na asamblea de Compostela Aberta.
Martiño Noriega volverá optar á alcaldía de Santiago de Compostela, cidade da que é rexedor desde 2015. O anuncio fíxoo el propio na noite desta quinta feira na asemblea de Compostela Aberta, a candidatura que liderou unas municipais de hai tres anos e que volverá encabezar en maio de 2019. Noriega impúxose un período de reflexión para meditar sobre se optaría á reelección, período no que valorou esta cuestión coa familia e cos seus compañeiros e compañeiras do grupo de goberno. Co paso de Martiño Noriega xa só falta por coñecer quen encabezará a candidatura do PSdG na capital galega, toda vez que xa se coñecían os candidatos do BNG (Goretti Sanmartín) e PP (Agustín Hernández).
NOS_38647
Encausado en tres procesos xudiciais, o que foi o segundo alcalde de Compostela o que vai de lexislatura é ascendido agora á dirección da empresa co aval do PP e de Feijóo.
Seica sempre hai unha saída para os fieis, segundo as normas do poder, visíbeis en toda a súa dimensión nese fenómeno que se dou en chamar portas xiratorias, segundo o cal responsábeis políticos atopan unha grande saída cando deixan o cargo, aproveitando os contactos da gobernación. En Galiza tamén, e co aval do PP e do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que acaba de dar o visto bo ao relevo do que foi alcalde de Compostela nesta lexislatura -Ángel Currás- que mergullado en tres causas xudiciais agora deixará a súa acta de concelleiro para ir dirixir a delegación galega da empresa pública Tragsa, posto que deixou hai uns meses o rexedor de Viveiro. Santiago vai polo terceiro alcalde e a saída de Currás abrirá a porta a outr@ concelleir@ non-elect@ A marcha de Currás obrigará á entrada dunha nova persoa non-electa no consistorio santiagués, onde o carrusel de imputacións e condenas xa obrigou a que sete concelleir@s accedesen ao goberno sen teren sido escollid@s nas urnas, todo en medio dun escándalo monumental que afectou primeiro ao alcalde Gerardo Conde Roa e que quere tapar o actual, Agustín Hernández, entre críticas que aluden ao feito do nivel de información que pode ter Currás para ser "premiado" -segundo dixo a oposición- con este cargo malia o seu fracaso no concello.
NOS_35021
Néstor Rego denuncia que o Goberno do Estado impedirá o debate de 18 emendas do BNG aos Orzamentos Xerais do Estado, unha decisión que considera "profundamente antidemocrática". Son emendas que piden a redución do IVE en servizos esenciais e en produtos culturais e que apostan pola suba das pensións.
O Goberno español vén de vetar 18 emendas do BNG aos Orzamentos Xerais do Estado relativas á modificación de tributos, suba das pensións mínimas, aumento salarial ou incorporación da indemnización nos contratos predoutorais. O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, sinalou que emendas similares foron debatidas e votadas no ano pasado, polo que cualificou de "antidemocrático" o comportamento do Goberno de coalición PSOE-Podemos. O Executivo alude a que tales emendas provocarían un desaxuste orzamentario. A ese respecto, Rego sinala que o argumento de "diminución de ingresos" ou "aumento do gasto" non pode ser "coartada" para "furtar o dereito a debater propostas fundamentais para mellorar as condicións de vida" e lembra que a súa proposta para aumentar o imposto de patrimonio e gravar máis as grandes fortunas iría compensar sobradamente a baixada do IVE que propoñen en servizos esenciais. De facto, as emendas do BNG vetadas defenden a baixada do IVE a 4% para servizos esenciais (electricidade, auga, gas...), os produtos de hixiene feminina, os produtos culturais ou os pesqueiros. Tamén piden que os salóns de peiteado e imaxe persoal recuperen o IVE reducido de 10%. O Goberno veta tamén a proposta de subir as pensións mínimas até equiparalas ao Salario Mínimo Interprofesional, cuestión que Rego considera "fundamental para reducir as fendas de xénero e territorial". Lembra ao respecto que as mulleres teñen a pensión media máis baixa e a Galiza as segundas pensións máis baixas do Estado. Entre as proposta que o Goberno non permitirá que sexan debatidas tamén está a suba en 5% do salario das e dos empregados públicos ou a incorporación da indemnización nos contratos predoutorais. Aliás, tamén foron vetadas as emendas que propoñen modificar o IRPF para evitar a dupla tributación das e dos emigrantes retornados ou para eliminar o diferente limiar de declaración con un ou dous pagadores, o que, para alén de afectar este colectivo, tamén o fai a todas as persoas que estiveron en ERTE ou que "en razón da precariedade existente tiveron máis de un contrato de traballo" Tamén vetan a emenda para eliminar a Taxa de Reposición de Efectivos, cuestión que o BNG defende para acabar coa precarización dos servizos públicos, a temporalidade e aumentar o persoal en sanidade ou educación. O deputado nacionalista anunciou que o BNG xa dirixiu un escrito de queixa á Mesa do Congreso para solicitar que reclame ao Goberno a reconsideración destes vetos antidemocráticos e que defenda o dereito da cámara a debater e votar todas as emendas presentadas.
NOS_49419
O patrimonio pode servir para chamar a atención do alumnado sobre os tesouros que ten na súa contorna. Ana Pedrouzo Fariña, natural de Lalín e estudante de último curso do grao de Educación Primaria na USC, puxo en práctica esta idea na escola de Cea redescubrindo, a partir dun traballo de investigación que fixeron as rapazas e os rapaces de sexto de primario, os sucesos acontecidos en 1909 no mosteiro de Oseira.
Como se propuxo un traballo sobre os sucesos de Oseira na escola? Unha das materias optativas do Grao de Mestra de Educación trata de educación patrimonial, algo que non existe na práctica nas escolas e bótase en falta. Máis aquí na Galiza. Como traballo de fin dos meus estudos decidín tratar os patrimonios en conflito, en concreto o caso do Pazo de Meirás. Penso que hai que crear no alumnado un vínculo, e se é de primaria máis, pois sen emoción non hai nada. Tocoume a escola de Cea e o meu titor comentoume que había unhas coplas de cego sobre a historia do baldaquino de Oseira. Mudei toda a programación que pensaba dar ao instante. Primeiro tratamos o século XX co Pazo de Meirás e despois propúxenlles que iniciasen un proxecto de investigación sobre ese tema do mosteiro de Oseira. O máis bonito foi que aprendemos xuntos, o alumnado máis eu. Como se realizou? Publicamos unha web con todos os recursos que fixemos e que atopamos. Había noticias, mesmo de Nós Diario, sobre o tema. Todo o alumnado era de Cea e só dous oíran falar desta cuestión. A maior parte nin visitara o mosteiro! Comentábanme que igual tería problemas e se sabía onde me estaba metendo. Eu non teño medo a ningún tipo de represalias. No propio mosteiro había libros publicados que daban testemuña algo diferente, que se tentaban quitar culpas. O alumnado fixo entrevistas e creou un programa de radio. Eu non quería influír e decidiron eles e elas, eu actuei de guía. Mesmo contactaron cunha muller que traballa no concello porque o seu bisavó foi un dos que levou a muller embarazada que morreu ás costas mentres lle disparaban. Tamén fixeron un vídeo resumindo o que aconteceu. Quixemos facer unha placa en madeira para poñela no centro e a directora propuxo un material que considera mellor. Quedará constancia no edificio de secundaria para que, cando o alumnado o vexa, teña continuidade. Alumnas e alumnos desprazáronse até o mosteiro e fixeron fotografías dos impactos dos disparos na pedra e dos anacos restaurados do baldaquino. Queriamos que non se perdera esa historia que foi considerada como unha das matanzas de civís máis importantes na Galiza no século XX en tempos de paz. E que non apareza reflectido en ningures... Cal é a razón de que se descoñeza o noso patrimonio nas escolas? Eu bótolle a culpa ás editoriais. Son empresas que deseñan as unidades didácticas e son xerais para toda Galiza. Se queres traballar algo en concreto tes que crear o teu propio material. Foi o meu caso, que viña coa idea do Pazo de Meirás, pero o que tiñan máis perto era a historia do acontecido co baldaquino. Dá traballo, é certo, mais os resultados son espectaculares e en pouco tempo. Outra das razóns do seu descoñecemento, neste caso en concreto, foi que sucedeu en 1909 e polo medio houbo unha guerra civil e imperaba o silencio... E o de non meterse coa Igrexa. Acontece o mesmo con outros sucesos históricos como foi a guerra da independencia, que se trata con elementos de fóra. No caso do Pazo de Meirás involucráronse ao ver que era próximo e estaba mesmo en conflito hoxe en día. Fixemos mesmo asembleas. Son moi maduras e maduros para tomar certo tipo de decisións. Hai que facelos partícipes do que pasa. Creo que suceden abondo cousas como para ter que irmos a lugares afastados. Se non creas vínculos co patrimonio, se non os hai, pasan cousas como que un veciño faga un merendeiro nunha mámoa, como xa ten acontecido.
NOS_33047
Xunto co lema "O cambio galego", a frase "we can do it" enlaza a campaña co movemento feminista a nivel internacional.
A muralista e ilustradora de Ordes, Lidia Cao, deseñou a imaxe coa que o BNG fará campaña a través das redes sociais. Partindo da estética da banda deseñada, o rostro da candidata nacionalista á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, preséntase cun dos lemas forza do partido na carreira ás urnas: "O cambio galego". Cao acompaña a imaxe cun "We can do it!", podemos facelo!, slogan empregada amplamente polos movementos feministas a nivel internacional e que recolle unha candidata que aspira a facer historia no país, converténdose na primeira muller presidenta. Que o cambio real é posíbel é outra das mensaxes principais dos e das nacionalistas nesta campaña. As presidenta de Nova Zelandia, Jacinda Arden, a primeira ministra de Finlandia, Sanna Marína, ou a congresista demócrata por Nova York, Alexandra Ocasio-Cortez son os referentes desa referencia ao empoderamento das mulleres. A autora da imaxe acrecenta que as cores empregadas fan referencia "a un novo día, a un novo tempo que está por vir" a mais a "unha nova Galiza xunto con Ana Pontón". Os motivos vexetais, engade, son unha "alegoría uns brotes dándolle valor a nosa terra e apostando polo noso". Ademais do seu emprego en redes, o BNG lanzará unha tirada limitada do póster de Lidia Cao que agasallará a quen acuda aos mitins desta campaña.
NOS_42196
Defensa anuncia que efectivos do Exército de Terra e a Brilat farán cumprir as ordes do Goberno.
A ministra de Defensa, Margarita Robles, comunicou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que "de maneira inmediata", se despregarán na cidade efectivos do Exército de Terra e da Brigada Orgánica Polivalente "Galiza" VII (Brilat) que, en coordinación coa Policía Local e Estatal teñen orde de que se cumpran as ordes ditadas polo Goberno na declaración de "Estado de Alarma". Non é Vigo a única cidade galega onde van desembarcar os militares. Tamén haberá despregamentos das forzas armadas na Coruña e Pontevedra no marco do operativo bautizado por Defensa como Balmis. Os primeiros efectivos xa patrullaron polas rúas de Vigo na noite desta segunda feira, mesmo con megafonía nos vehículos para apelar ao cumprimento do confinamento e explicar as medidas que isto implica. Uns trinta efectivos en oito vehículos, presentouse en puntos sensíbeis da cidade, varias prazas e infraestruturas como o porto e o aeroporto. "A nosa misión consite en labores de recoñecemento", di o tenente Jorge Ramos en declaracións á TVG O despregamento, nestas días, é de máis de 1.100 soldados en diferentes cidades do Estado.
NOS_39639
Un recital de poesía en galego e inglés con Gonzalo Hermo e Andrew McMillan.
Chega a última das sesións invernais de Poetas Di(n)versos. Será esta segunda feira, 18 de marzo a no Centro Ágora, coma sempre en horario das 20:30h. É un acto aberto e gratuíto . A habitual condutora do acto, a tamén fundadora e directora do ciclo Yolanda Castaño, non lerá nesta ocasión traducións propias, senón que as que trasladen os textos para o galego serán da autoría de Isaac Xubín. O recital significará, explican desdea organización, unha exploración na sutil construción da masculinidade a mans de poetas mozos pero enormemente puxantes e xa recoñecidos nas letras galegas e británicas: Gonzalo Hermo e Andrew McMillan. Nados os dous a finais dos anos oitenta en Rianxo e Yorkshire do Sur respectivamente, afrontan a cuestión do xénero poñendo de relevo a educación heteropatriarcal e as súas imposicións. Un dos nomes clave da nova poesía galega darase a man así coa auténtica revelación das letras británicas.
NOS_14911
A 36ª edición da MIT desenvolverase entre os días 17 e 27 de xullo
A Alameda de Ribadavia, fronte ao Castelo dos Sarmiento, foi o lugar escollido pola organización para presentar a trixésimo sexta edición da histórica Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT). O certame, que se desenvolverá entre os días 17 e 27 do vindeiro mes de xullo, acollerá 24 espectáculos diferentes entre representacións, estreas, coproducións, presentacións e obradoiros, todo ao aire libre en lugares como a praza da Igrexa de San Xoán, a Igrexa de Sampaio, a Praza do Cruceiriño de Francelos, San Cristovo ou a praza Maior. "Ribadavia enteira está aberta á recuperación cultural e económica, ao turismo sostíbel, á responsabilidade sanitaria e ao compromiso co público e co noso tecido cultural", destacan desde a organización. Este ano, a MIT desenvolverá a edición "máis contemporánea, diversa e paritaria" da súa historia, presentando espectáculos que van do drama á comedia, pasando por pezas híbridas e mesmo danza, que, como explica Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro, "será a linguaxe empregada para ofrecernos desde a visión da migración por parte da compañía de Kirenia Martínez Acosta até a beleza do ámbito agrícola con Nova Galega de Danza e Rosa Cedrón pasando por pezas non exclusivamente danzadas, como o traballo de Rut Balvís en Liberto, o da coreógrafa Laida Azkona en Tierras del Sud, o de Amaya Galeote en Hoy puede ser mi gran noche". Incidindo na creación actual, a MIT tamén porá de relevo a forza da dramaturxia contemporánea, con espectáculos que así o demostran e que serven de retrospectiva a nomes aínda pouco coñecidos na Galiza, como Pablo Remón, dobremente presente na MIT 2020, coa versión libre de Doña Rosita, anotada, a partir do texto de Lorca. Os encontros co público e actividades de mediación seguirán evolucionando na MIT, que nesta ocasión contará coa Revista Galega de Teatro para levar a cabo unha palestra arredor do teatro documento e a presentación do seu número 99, que conta coa edición do texto Resaca, creación colectiva de Il Maquinario, con dramaturxia de Tito Asorey e Ana Carreira. Finalmente, outra das liñas que de actuación que nesta edición se ve fortalecida é o programa Ruadavia. Todos os días haberá, como mínimo, un espectáculo gratuíto na rúa, con asento preasignado e baixo recollida de convite, tal e como estipula a normativa en materia de prevención sanitaria contra a COVID-19.
NOS_55739
Segundo afirma o denunciado Xulio Vicente, o alcalde deu a orde de intensificar a represión contra as protestas de afectad@s. O Fiscal pediu a súa absolución após ser imputado por chamar "gorila" a un axente municipal
Non deixan de aparecer novos e arrepiantes casos que confirman a escalada represiva contra todo movemento de protesta, nesta ocasión contra un dos máis activos do país, o das plataformas de afectad@s polo calote das preferentes e subordinadas. A pasada terza feira, durante a concentración en solidariedade con dous compañeiros denunciados pola policía local que estaban a ser xulgados, un manifestante minusválido foi fortemente golpeado polos axentes municipais de Tui. Así o denuncia a propia persoa xulgada, Xulio Vicente. "O meu é pouca cousa comparado co que lle fixeron a un compañeiro, circunstancia que coñecín ao saír da declaración. Un home que ten unha minusvalía psíquica dun 63 por cento por culpa dun accidente de coche e que logo inverteu toda a indemnización en preferentes pediu entrar no xulgado para facer as súas necesidades, impedíronllo e entón foi facelas a unha esquina, onde foi interceptado por policías locais que mallaron nel", relata. "Este feito non fai senón confirmar que o alcalde deu ordes directas á policía de ir con todos os medios contra a plataforma de afectad@s polas preferentes, buscando así que deixemos de protestar, pero eu sei que non o vou facer", engade. Vicente foi denunciado por chamar "gorila" a un garda local. "Supoño que isto quedará en nada posto que o fiscal pediu a miña absolución. Eu só falei dos 'gorilas que ten o alcalde ao seu servizo' e a partir de aí que pensen o que queiran, pero quen mire no dicionario verá que 'gorila' tamén alude a un garda de seguridade", comenta. A acusación pide unha multa por desacato de entre 200 e 2.000 euros. Tamén foi denunciado outro preferentista que se atopa en tratamento psicolóxico.
PRAZA_11671
Case ao mesmo tempo que Dorothé Schubarth percorría Galicia para realizar as recollas que despois froitificaron no 'Cancioneiro Popular Galego', o Seminario Menéndez Pidal da Universidade Complutense recollía en 300 lugares, principalmente nas provincias de Lugo e Ourense, máis de 3.700 fragmentos ou versións de romances
Case ao mesmo tempo que a etnometodóloga Dorothé Schubarth percorría Galicia para realizar as recollas que despois froitificaron no coñecido 'Cancioneiro Popular Galego', publicado pola investigadora suíza en coautoría con Antón Santamarina, -recollendo 5000 letras de diferentes cantos populares, entre eles romances-, o Seminario Menéndez Pidal da Universidade Complutense de Madrid recollía en 300 lugares de Galicia, principalmente nas provincias de Lugo e Ourense, máis de 3.700 fragmentos ou versións de romances. A maior colección de romances gravada no país -hoxe depositada na Fundación Menéndez Pidal- débese, así, ao traballo do Seminario Menéndez Pidal. Mais a inmensa maioría dos textos obtidos por este organismo aínda non foron publicados.Esta pexa na difusión do romanceiro galego está relacionada ademais, na opinión de Forneiro, coa persistencia, no estudo desta parte fundamental do noso patrimonio oral, de "teses e textos fabricados principalmente no século XIX" e do "amadorismo"A CentralFolque quixo realizar a súa achega para reverter esta situación coa edición do libro 'Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983)', asinado polo profesor de Filoloxía da USC José Luis Forneiro e o musicólogo Sergio de la Ossa. Segundo explica Forneiro nesta obra, Ana Valenciano publicara no 1998 'Os romances tradicionais de Galicia. Catálogo exemplificado dos seus temas', a xeito de mostra representativa dos romances da tradición galega e dos seus subtipos. Mais esta foi a primeira e última entrega dun proxecto conxunto entre a Fundación Ramón Menéndez Pidal e o Centro Ramón Piñeiro, que tiña como obxectivo tirar do prelo un total de seis volumes e que nunca chegou a rematarse.Esta pexa na difusión do romanceiro galego está relacionada ademais, na opinión de Forneiro, coa persistencia, no estudo desta parte fundamental do noso patrimonio oral, de "teses e textos fabricados principalmente no século XIX" e do "amadorismo" como "norma" nos traballos sobre o folclore literario, con excepcións, tal como indica, coma os realizados polo Equipo de Investigación Chaira, pola propia Central Folque ou por Gustav Henningsen, ademais do feito no arquivo dixital do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego, que inclúe as coleccións romancísticas obtidas por Xesús Mato e polos populares músicos Mini e Mero.O romanceiro galego está conformado por unhas 6000 versións de 170 romancesO romanceiro galego está conformado por unhas 6000 versións de 170 romances. O libro editado por aCentral Folque inclúe, ademais dun texto de introdución histórica de Forneiro sobre o romanceiro tradicional e un estudo sobre a música dos romances de Sergio de la Ossa, 18 gravacións orixinais -acompañadas de partituras e comentarios musicais- realizadas entre 1977 e 1983 polo Seminario Ramón Menéndez Pidal, recollidas a veciños e veciñas das comarcas de Os Ancares, Quiroga, Sarria, A Ulloa, Verín e Valdeorras. As gravacións pertencen ao Archivo Sonoro del Romancero (ASOR) da Fundación Menéndez Pidal, coa que aCentral Folque colaborou neste proxecto, e que ademais da parte galega -máis de 3700 textos- inclúe 16.000 versións completas ou fragmentarias do romanceiro peninsular.Como características do romanceiro de Galiza, Forneiro sinala no libro de aCentralFolque "a sua riqueza de temas (uns 170), nomeadamente do fundo mais antigo (os romances históricos, carolíngios e cavaleirescos) como no resto do noroeste peninsular, a vinculação dalguns temas com o Caminho de Santiago, as coincidências e importações da tradição portuguesa ou a notável tradicionalização do seu romanceiro vulgar. E claro, a presença, ainda que reduzida mas bem interessante, da língua galega, que em contacto com a língua castelhana oferece o maior leque de fenómenos de interferência entre os dois idiomas românicos mais falados: o castelhano e o galego-português". Forneiro pide aos intérpretes "que se documentem, que não falem por falar, que não cantem romances apócrifos (Gaiferos de Mormaltán, etc.) como amostras da literatura popular galega"Canto aos retos de futuro do romanceiro, Forneiro, en declaracións recollidas no libro de aCentral Folque, considera que "estamos na altura da edição e do estudo dos textos, de colocar o romanceiro e as outras manifestações literárias da tradição oral no lugar que lhes corresponde pelos seus valores estéticos, históricos, sociológicos, etc. Por exemplo, não esqueçamos que se trata de um género que se tem transmitido sobretudo por mulheres, ou que a existência secular do romanceiro em terras galegas obriga a rever a história sociolinguística e literária da Galiza geralmente aceite". Este experto pide ademais aos intérpretes do romanceiro -xa que a cadea de transmisión tradicional rompeu coa transformación do rural- "que se documentem, que não falem por falar, que não cantem romances apócrifos (Gaiferos de Mormaltán, etc.) como amostras da literatura popular galega e, igualmente, que se traduzem para galego as versões galegas em castelhano ou em «castrapo» que o digam", ainda admitindo que "os romances, como o resto da poesia tradicional, são suscetíveis de ser arranjados de acordo com os gostos da época".De la Ossa apunta pola sús banda -tamén no libro de aCentral Folque- que "desde o punto de vista musical, os romances que coñecemos da tradición galega axudarían a enriquecer o vocabulario melódico e especialmente rítmico do repertorio que habitualmente se emprega. Non é preciso acudir aos Balcáns para atopar ritmos asimétricos: xa están nos romances ou en certos cantos de Reis (romances de tema relixioso), se sabemos ouvilos. Penso que o feito de moitos deles non seren tan rítmicos ou bailables (ao non recollerse acompañados de percusión) e de que se cantasen principalmente en castelán fixo que non resultasen tan atractivos para os grupos modernos".O romanceiro experimentaría unha grande expansión no século XVI, cunha ampla variedade de subxénerosSegundo explica Forneiro no mesmo libro, "o romanceiro é o representante ibérico da balada europeia, ou seja, da poesia narrativa oral que nasceu na Europa durante os três últimos séculos da Idade Média. Deste modo, os romances são os equivalentes das chansons populaires francesas, das ballads da Inglaterra e da Escócia, das viser da Suécia e da Dinamarca, das Balladen da Alemanha, bem como das outras canções narrativas da Europa: da Finlândia à Grécia, da Rússia à Itália". No caso ibérico, a orixe deste xénero poético situaríase segundo este experto na Castela medieval, polos séculos XIII ou XIV. "Durante a primeira metade do século XV" -lembra este autor- "o género era menosprezado pelas classes letradas e altas de Castela; assim Juan de Mena no seu Laberinto de fortuna ou o Marqués de Santillana na sua famosa Carta manifestaram o seu desagrado por uma poesia que associavam às classes populares. Porém, na segunda metade do século mudou a consideração desta literatura, nos ambientes cultos primeiro e mais tarde na própria corte, e, desta maneira, este género poético passou a fazer parte do dia a dia dos cavalheiros e das damas". Así, o romanceiro experimentaría unha grande expansión no século XVI, cunha ampla variedade de subxéneros.Mais, se xa no século XVII o romanceiro tradicional foi perdendo terreo, no XVIII as clases altas e letradas aínda se terían afastado máis do mesmo. "A partir desta altura os romances tradicionais apenas foram transmitidos junto das camadas populares, nomeadamente do mundo rural, pois no âmbito urbano as únicas comunidades que conservaram em peso o romanceiro até aos nossos dias foram os ciganos da Baixa Andaluzia e os judeus sefarditas, em Marrocos e no Oriente, isto é, no antigo Império Otomano, dos Balcães até à Síria. No século XIX o romanceiro volta a interessar às gentes da cultura letrada. Agora é o Romantismo na sua ânsia por quebrar as rígidas normativas da retórica clássica imperante no século XVIII e na procura das respetivas essências nacionais e regionais, quem se vai preocupar por conhecer a velha poesia que ainda cantavam as classes populares". Así, o romanceiro tradicional sería redescuberto no XIX.No caso concreto de Galiza -prosegue Forneiro- durante "a Época Moderna (os denominados Séculos Escuros pela historiografia galeguista) o uso literário do galego ficou reduzido a uns mínimos, normalmente em contraste com a língua espanhola, e, igualmente, desde meados do século XVII até ao Romantismo o romanceiro tradicional mal interessou nos ambientes letrados. Apesar disto tudo, alguns escritores galegos empregaram o romance como forma para sua expressão poética". O motivo da predominancia da lingua castelá nos romances tradicionais de Galiza débese, por outra banda, segundo a súa análise, a que nestes séculos "não se produziu a tradução para a língua autóctone que teve lugar em Portugal ou na Catalunha, portanto, os romances tradicionais galegos não podiam ser o modelo para os escritores que queriam escrever em galego imitando a poesia do povo".O motivo da predominancia da lingua castelá nos romances tradicionais de Galiza débese, segundo a súa análise, a que na Idade Moderna "não se produziu a tradução para a língua autóctone que teve lugar em Portugal ou na Catalunha"A Historia da Literatura Galega de Ricardo Carvalho Calero recolle información sobre o cultivo do xénero por poetas galegos oitocentistas. Mais tamén houbo nese tempo intelectuais que se preocuparon por investigar no folclore literario. "Principalmente salientaram na recolha, na publicação de textos e na teorização sobre o género na Galiza Manuel Murguia, os intelectuais ligados à sociedade El Folk-lore Gallego, e Juan Antonio Saco y Arce", explica Forneiro, sendo o "romance murguiano mais conhecido o Gaiferos de Mormaltán, o qual, apesar de ser um texto apócrifo sem base na tradição oral galega, se converteria no século XX no romance galego por excelência". Tamén Victor Said Armesto obtivo unha rica colección de romances, xa a primeiros do XX, mais, segundo asegura este experto, "manipulou muito sensivelmente algumas das versões que reuniu da tradição oral". Versións "notavelmente retocadas e galeguizadas", cando non "inventadas" que, tras seren incluídas despois no Cancioneiro de Casto Sampedro, acabaron sendo popularizadas por importantes cantores e bandas actuais, segundo subliña este autor.Versións de Said Armesto "notavelmente retocadas e galeguizadas", cando non "inventadas", tras seren incluídas despois no Cancioneiro de Casto Sampedro, acabaron sendo popularizadas por importantes cantores e bandas actuais, segundo subliña este autorAs grandes recollas do romanceiro na Galiza chegaron, porén, nos anos 20 e 30 do século XX da man do galeguismo cultural e da Institución Libre de Enseñanza. Así, a revista Nós, "nomeadamente no seu «Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza», e o Seminario de Estudos Galegos nas suas monografias Vila de Calvos de Randín (1930), Terra de Melide (1933) e Parroquia de Velle (1936), publicaram versões romancísticas, em geral sem terem sido retocadas, e mesmo neste último trabalho os seus autores reconheciam, como Aníbal Otero, o castelhanismo temático e linguístico do género. Mas infelizmente as palavras certas de Aníbal Otero e dos autores de Parroquia de Velle ficaram involuntária ou propositadamente esquecidas", asegura o autor.Nas décadas seguintes á Guerra Civil, -sempre segundo a visión de Forneiro, recollida no libro de aCentralFolque- "o romanceiro da Galiza voltou a experimentar uma grande manipulação. Foi nomeadamente na década de 1950 quando calhou a falsificação do romanceiro galego graças, por um lado, à atividade do músico e luthier Faustino Santalices, e, por outro, às publicações dos irmãos Carré Alvarellos. Ainda que em 1949 Santalices cantasse pela primeira vez o suposto romance tradicional de Gaiferos de Mormaltán, foi na seguinte década que, em diversos concertos de grande relevância e através da publicação de um disco, o gaiteiro e sanfonista ourensano identificou a poesia narrativa popular galega com esse romance «tradicional» composto por Manuel Murguia e retocado por Álvaro de las Casas, isto é, com a Idade Média e com a lírica dessa época histórica, mas também com os cegos músicos, cantadores e vendedores de literatura de cordel, supostamente considerados os herdeiros directos dos jograis medievais, reforçando assim a confusão entre a romanceiro tradicional e o romanceiro vulgar. Uxío Carré Aldao, amigo e discípulo de Manuel Murguia, já em 1926 também participou na defesa de um romanceiro galego apócrifo com o seu trabalho na Geografía General del Reino de Galicia e anos mais tarde os seus filhos Leandro e Lois aprofundaram no trilho marcado pelo pai"."A literatura popular galega perdeu o favor do galeguismo cultural que tanto se tinha interessado por ela no século XIX e nas primeiras décadas do século XX e no caso concreto do romanceiro galego a sua manipulada imagem é a que hoje perdura junto do grande público da Galiza e fora dela"Deste xeito, Lois Carré edita 'Romanceiro Popular Galego de Tradizón Oral' que, ademais de incluir os fondos inéditos de Murguia e Antonio de la Iglesia gardados pola Real Academia Galega, "não respeitava estes textos nem os já publicados por outros estudiosos, galeguizando-os linguisticamente. Na introdução afirmava que o romanceiro galego era mais antigo que o castelhano, baseando-se no dito por Murguia e Teófilo Braga, que todo o lirismo que aparecia no género era de origem galega, ou que o romanceiro tinha nascido dos cantares de pandeiro e das muinheiras galegas. Não constavam no livro nem as magníficas versões publicadas por Víctor Said Armesto ou Aníbal Otero, nem as inéditas recolhidas por Alfonso Hervella, nem nada do que sobre o romanceiro galego tinham manifestado Juan Antonio Saco y Arce, Aníbal Otero, Carolina Michaëlis, José Filgueira Valverde ou Ramón Menéndez Pidal. Assim, a literatura popular galega perdeu o favor do galeguismo cultural que tanto se tinha interessado por ela no século XIX e nas primeiras décadas do século XX e no caso concreto do romanceiro galego a sua manipulada imagem é a que hoje perdura junto do grande público da Galiza e fora dela. Infelizmente, a nova situação política da Espanha e da Galiza após a morte do ditador Francisco Franco não conseguiu reverter o estado de coisas", conclúe este autor.
PRAZA_415
Ramiro Torres entrevista o ilustrador Leandro Lamas para Palavra Comúm.
Ramiro Torres entrevista o ilustrador Leandro Lamas para Palavra Comúm. Que supõe para ti a ilustração (e a arte em geral)? A ilustraçom, em particular, parece-me umha maravilhosa maneira de interpretar e visualizar um texto. A arte é algo infinito, com umha infinidade de portas que dam a muitos terrenos e que à sua vez tenhem outras portas. A arte é umha das cousas que lhe dá "chicha" à vida. Como entendes o processo de criação artística? Sobretudo, como algo íntimo, no que é o parto inicial, logo já é ir conduzindo e reconduzindo, confundir-se, eliminar, provar, acertar… Qual consideras que é -ou deveria ser- a relação entre a ilustração e outras artes (literatura, música, fotografia, etc.)? Como te sentes à hora de trabalhar com essas perspectivas? Penso que está todo relacionado, ainda que cada umha destas disciplinas tem muito por explorar em si mesma, tanto como para botar toda umha vida trabalhando só numha delas, mas penso que experimentar com outras artes é mui saudável e enriquecedor. "Às vezes existe um tratamento à hora de comunicar-se com as crianças um tanto subestimável, como se nom fossem entender" Tens participado em obras para crianças, como é a tua experiência nessa linha? Nom mui distinto de como seria se fosse para maiores, porque penso que às vezes existe um tratamento à hora de comunicar-se com as crianças um tanto subestimável, como se nom fossem entender… O ideal é atopar esse ponto intermédio e acertado dependendo das idades do público para o que está pensado, evidentemente. Quais são os teus referentes criativos (desde qualquer ponto de vista)? Buf! Som muitos!! Picasso, Emir Kusturica, Eduardo Galeano, Lluis Llach, José Afonso, Guillermo Arriaga, Marc Chagall, Al Pacino, Frida, Guadi Galego, Mario Benedetti, Adriana Calcanhotto, Miguel de Lira, Alejandro Iñaritu, Anna Silivonchik, Marina Anaya, Carlos Blanco… seria difícil de resumir em vinte páginas… Consideras que a ilustração está reconhecida como deve na sociedade? Que botas em falta neste sentido? Penso que há de todo, alguns trabalhos estám mais reconhecidos que outros, mas aqui entra em jogo tamem a difusom. Ilustrar é algo que pode ser mui laborioso e que deveria estar melhor remunerado, mas está todo como está, portanto é coerente com os tempos miserentos que padecemos. Que caminhos (estéticos, de comunicação das obras com a sociedade, etc.) estimas interessantes para a criação artística hoje -e para a cultura galega, em particular-? O caminho é, principalmente, resistir contra o vendaval que vem arrasando com toda a cultura, porque desfazer é fácil, construir… nom tanto. "Venho de ilustrar o último de Xosé Neira Vilas e isto é algo que me enche de fachenda" Que projetos tens e quais gostarias chegar a desenvolver? Pois ando pintando encomendas personalizadas. Isto vem sendo que parto de que me contem algumha história, anedota, gostos… e eu interpreto e ilustro o que me contam. É mui gratificante. Venho de ilustrar o último de Xosé Neira Vilas e isto é algo que me enche de fachenda. Que achas de Palavra Comum? Que gostarias de ver também aqui? Vejo que fazedes um trabalho bem interessante, seguide assi!
NOS_40527
O 11 de setembro regresaron ás aulas 30.101 docentes e 196.900 nenas e nenos de Educación Especial, Infantil e Primaria, o que representa 600 escolares menos que o ano pasado. Entre os retos fundamentais que terán que afrontar educadores e pais están as obras sen finalizar nos seus colexios, o continuo goteo de peches de unitarias, a falta de diálogo e apoio desde a administración, o aumento dos rateos ou a suba dos prezos de libros e material escolar. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.
"Temos un Goberno do Partido Popular e non haberá cambio ningún". Así de contundente fala Suso Bermello, secretario nacional de CIG‑Ensino, o sindicato maioritario no sector, cando se lle pregunta sobre a posibilidade de que a Xunta escoite as demandas de familias e profesorado de cara ao curso académico 2019/20. "Haberá eleccións autonómicas en outono e logo xa se verá o que pasa, pero hoxe atopámonos cunha Consellaría de Educación caracterizada polo inmobilismo absoluto e oposta a calquera tipo de negociación", lamenta Bermello, nun discurso que comparten tamén os representantes doutras centrais sindicais como CC. OO. e ANPE. Polo tanto, cabe agardar que, outro ano máis, as "arelas" de cambio sigan sen ser satisfeitas. Entre o colectivo dos educadores a principal é a aplicación da Lei 4/2019 de Mellora das condicións para o desenvolvemento da docencia e o ensino, na que se lles recomenda ás Comunidades Autónomas que o persoal docente imparta "un máximo de 23 horas nos centros de Infantil, Primaria e Especial, e 18 no resto de centros", algo que xa se está a facer noutros lugares como Estremadura, mais non na Galiza, como explican desde a CIG: "Menos horas de docencia implica ter máis horas de planificación pedagóxica e un profesorado con mellores condicións, pero aquí a Consellaría ampárase nun acordo PP‑PSOE no Senado que di que sen financiamento específico do Estado non se pode facer, e iso é tomar por parva a xente". Reforzar os cadros de persoal é outra das esixencias máis recorrentes, mais a Xunta fai exactamente o contrario. Este curso haberá 62 mestres menos que no anterior, o que se traduce nun descenso da calidade educativa polo seu desprazamento a outros colexios –"aos que se incorporan o mesmo día que chegan os nenos", apunta o sindicato FETE‑UGT–, e o despedimento de persoal en situación de interinidade. Ana, unha mestra e activista educativa da área de Vigo que nos últimos tempos vén exercendo como interina, polo que prefire falar baixo pseudónimo por temor a represalias, sente que non coñece "nin os centros nin as familias" coas que traballa, debido á "falta de estabilidade" e á itinerancia que a levou a percorrer "Galiza enteira, desde escolas unitarias até centros nas grandes capitais", o que fai imposíbel "esa conciliación da vida familiar e laboral coa que tanto enchen a boca Feixoo e Carmen Pomar [conselleira de Educación]". A consecuencia do anterior agrávase o problema dos rateos –número máximo de alumnos por aula, que con moita frecuencia implica cifras por riba dos 25 en Primaria e 30 en Secundaria– e das materias afíns. Isto significa que seguirá a haber unha importante porcentaxe de profesorado que ten que impartir materias, sobre todo en Secundaria, das que non son nin especialistas nin próximos. [Podes ler a peza íntegra no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
NOS_17004
Grúas de A Coruña e Perlío integran canda a estruturas de Inglaterra, Irlanda, Holanda ou Francia o censo de guindastres portuarios históricos que está a elaborar un grupo de traballo internacional.
Estamos no Ano europeo do patrimonio industrial e técnico, o que a Federación de asociacións do patrimonio industrial (E-Faith) aproveita para impulsar iniciativas e proxectos cos que dar a coñecer esta riqueza. Unha das propostas foi a de crear un grupo de traballo en torno aos guindastres portuarios, segundo recolle 'culturamaritima', para elaborar un censo. Un dos primeiros pasos foi activar unha páxina web onde poder consultar o catálogo. Hai estruturas de Inglaterra, Irlanda, Croacia, Holanda... A web aínda está dando os primeiros pasos e recolle só unha decena de guindastres portuarios, entre eles dous galegos: un na Coruña e outro en Perlío. O coruñés é o coñecido como 'guindastre nº6'. Unha grúa eléctrica que foi consruída en 1909 en Barcelona por 'La Maquinista Terrestre y Marítima' e prestou servizo no porto ata os anos 80. Hoxe está restaurado e situado nun lugar visible na entrada do porto. O outro nguindastre galego que figura é o de Astano. En servizo desde 1972 e construído tamén por 'La Maquinista Terrestre y Marítima'. O catálogo está en construción, por iso, quen queira, pode colaborar dando a coñecer guindastres históricos. Imaxe: Tirada da web do catálogo de guindastres. É de Adriaan Linters
NOS_42250
A ministra de Fomento sinala que todos poden ser viábeis mais non "cos resultados de contas actuais"
A ministra de Fomento, Ana Pastor, afirmou que "todos os aeroportos poden ser viables" porén subliñou que "non" coa actual conta de resultados, motivo polo que o seu departamento "está a implantar" un plan de negocio nas terminais españolas. Estas declaracións fíxoas como resposta ás preguntas d@s xornalistas sobre se se vai pechar algún aeroporto en Galiza, tras participar na sinatura dun convenio en materia de rehabilitación co presidente da Xunta, o conselleiro de Infraestruturas e responsábeis de 31 concellos. "Estamos a implantar un plan de negocio en todos os aeroportos, non só nos galegos, senón nos de toda España, porque como vostede sabe a situación que eu herdei é dunha débeda de máis de 14.000 millóns de euros no grupo Aena", explicou a ministra. "Nun tempo de crise, o que queren os cidadáns é que se xestionen os aeroportos como xestionamos cada un de nós nosos propios recursos", agregou. Neste sentido, Pastor asegurou que xestiona os fondos públicos "mellor" que os seus "propios" e avogou por "non gastar máis do que se ingresa". "E niso estamos", apostilou. Ana Pastor finalizou, así, resaltando que "todos os aeroportos poden ser viábeis, mais desde logo non coa conta de resultados que teñen nestes momentos".
PRAZA_12691
O Ministerio de Educación dá vía libre ás autonomías para subir ata 540 euros a primeira matrícula universitaria co obxectivo de conter o déficit público. A Xunta limítase a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial".
A tesoira sae da farmacia e métese nas aulas universitarias. E todo polos célebres mercados. O Ministerio de Educación deu este xoves luz verde aos gobernos autonómicos para que o acceso á universidade poida ser unha nova vítima das estritas normas de control orzamentario. "Non se trata dunha reforma do tema universitario", senón de medidas para "facilitar que as comunidades autónomas cumpran co obxectivo de déficit", explicaba abertamente a secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio -o ministro, José Ignacio Wert, non compareceu ante a prensa-, antes de dar conta de que as autonomías poderán subir ata un 50% as taxas universitarias en primeira matrícula, un "máximo" de 540 euros por curso académico que se poderán incrementar notablemente se os estudantes se teñen que matricular en máis dunha ocasión de cada materia por tela suspendido. O Goberno central admite que non se trata dunha "reforma do tema universitario", senón dunha vía para controlar o déficit Cunha argumentación puramente económica Gomendio detalla que o "grao de intensidade" da suba só dependerá do "esforzo orzamentario" que as comunidades teñan que facer para cumprir co déficit, aínda que a súa proposta é pasar do actual sistema, no que os estudantes pagan do seu peto o 15% do "custo real" da matrícula, ata un 25%. Pero se para o alumnado de primeira convocatoria o acceso á universidade xa se complicará notablemente -terían que afrontar o pagamento de ata uns 1.500 euros por curso-, nas sucesivas matrículas a permanencia no sistema será notablemente máis complicado. Na segunda matrícula terán que abonar "entre o 30% e o 40% do custo real", na terceira "entre o 65% e o 75%" e na cuarta, "entre o 90% e o 100%. Polo tanto, un alumno que tivese que matricularse por cuarta vez nun curso enteiro podería chegar a pagar ata 6.000 euros. Segundo a secretaria de Estado, os universitarios "reciben unha bolsa da sociedade" para cursaren os seus estudos e por iso teñen que ter "rendemento". "Se non é así, terán que tentar eles de cubrir o custo adicional". Pero, ademais desa simbólica "bolsa da sociedade", que pasará coas bolsas reais que permiten acceder ao ensino superior aos alumnos con menos recursos? "As bolsas son un dereito ao que os estudantes teñen dereito", constata a alto cargo, e para acceder a elas seguirá "sendo primeiro requisito a renda familiar". Pero a súa contía non subirá ao mesmo ritmo que as taxas. Como a pelota da suba queda no tellado das autonomías, a das axudas tamén, polo tanto de subir ou non as bolsas "vaise responsabilizar" cada comunidade. A finalidade última deste novo recorte non é outro que lograr que as autonomías dediquen menos cartos á universidade e máis a sanear as súas contas e contribuír, no conxunto do Estado, a un recorte educativo de 3.000 millóns. Para isto a tesoira tamén sairá a pasear noutros ámbitos do ensino superior, como a carga horaria dos docentes que non realizan labor investigador, uns cambios que o Ministerio tamén deixa en mans das autonomías. A postura da Xunta A Xunta limítase a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial" E, que acontecerá en Galicia? Polo momento, dende San Caetano chegan escasas certezas. Tras a xuntanza entre Goberno central e autonomías, á que o conselleiro galego, Jesús Vázquez, non puido asistir á causa da anulación do voo que o trasladaba a Madrid, a Consellería de Educación limitouse a explicar que "ten a intención de analizar a fondo a proposta ministerial". A proposta de suba de taxas, evidencia a Xunta, "modularase dentro das marxes de manobra establecidas", "en función das posibilidades e abanos existentes e buscando o consenso" coas tres universidades galegas. Fronte a esta indefinición sobre o asunto central da Conferencia de Política Universitaria, o Goberno galego si se estende en maiores explicacións para asegurar que "xa adoptou" boa parte das medidas que agora propón o Ministerio e que "redundan nun maior control da execución orzamentaria e dunha maior transparencia". Segundo o departamento de Vázquez, o Estado acaba de dar todo "un espaldarazo á política que vén executando a Xunta" e que "habitualmente contou co consenso dos reitores", asegura. Nesta liña, e aínda que o Executivo central non ofreceu excesivos detalles sobre a cuestión, a Consellería sinala que, diante dunha posible eliminación das carreiras con escaso número de alumnos, Galicia "xa regulamentou o número de titulacións cun número mínimo" de estudantes en cada grao, isto é, 50 para os campus da Coruña, Santiago e Vigo e 45 para os demais.
NOS_1200
Vén de facerse pública en Vigo a XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotados cada un deles con 10.000 euros.
Xerais vén de facer públicos en Vigo os seus tres premios, que foron parar a María Marco Covelo (Novela), Antonio Manuel Fraga (Jules Verne) e Andrea Maceiras (Merlín). Premio Xerais de Novela O xurado da XXXVII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros, xa ten gañadora: María Marco Covelo. Entre as 54 obras do certame, a súa Coidadora foi a escollida tras o debate de Noa Moreira, Carlos Coira, Alberto Cifuentes, Sara Vila Alonso, Iria Pedreira Sanjurjo e Ramón Nicolás (secretario). "As cerdeiras" e "Batemos na porta do mundo" foron tamén finalistas, mais resultou o lema "Por min e por tódalas compañeiras" o escollido. Aberta a plica, correspondía ao título Coidadora, obra que aborda un tema de actualidade desde a perspectiva de alguén que coñece ben a profesión e consegue facer "partícipe da angustia que, en ocasións, provoca este traballo". Ademais, o xurado salienta a "inclusión na novela de focos temáticos vinculados coa ciencia, o lirismo que agroma que en moitas das súas páxinas e a existencia de distintos niveis de lectura", sen esquecer "que a proposta configura unha lectora, un lector, activo e interveniente e, en xeral, ofrece un traballo literario pouco convencional e arriscado". Por último, o xurado destacou o desenvolvemento dun "rico tecido simbólico e o excelente pulso narrativo que exhibe" no que entende como "unha novela orixinal e suxestiva". A autora declarouse honrada polo recoñcemento, mais admitiu que explorar este territorio narrativo "tamén dá un pouco de vertixe, mais sobre todo dáme forzas para seguir investigando nas entrañas da miña escrita para continuar a alimentala e que floreza máis forte e máis bela". Agradeceu asemade ao xurado ter apostado nunha "historia radical e chea de matices, de capas, de fragmentos das diversas realidades e tempos aos que se enfronta unha coidadora". Premio Merlín de Literatura Infantil O xurado da XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, escollía entre as 43 obras a concurso a presentada baixo o lema "Husu", que, aberta a plica, resultou ser de Andrea Maceiras e corresponde ao título A folla azul. O xurado estaba composto por Marta Añón Montes, Sonia García Vidal, Víctor Pérez Estévez, María José Pousa, Mario Regueira e Anaír Rodríguez (en representación de Xerais, con voz e sen voto). Nas súas palabras, A folla azul narra en primeira persoa a historia de Husu Aké, unha nena pertencente ao pobo amazónico dos Tacaré. No corazón da Amazonia, sen contacto coa civilización occidental, a vida da tribo transcorre marcada polo ciclo da natureza e rexida polo espírito de Bekororoti. Até que a sabia avoa Arumi ten un soño premonitorio: avecíñase o desastre. Sabe que é o momento de contarlle á súa neta Husu Aké, "a nena dos ollos de luz", o segredo que leva gardando durante anos. "Cun dominio da arquitectura da narración na que destacan as descricións xeográficas e antropolóxicas, a través do uso dunha linguaxe precisa e fluída, «A folla azul» é unha novela de fondo compromiso social", xustificaba o fallo. "Un berro contra a desigualdade, contra a destrución dos recursos naturais, e un canto a favor da cooperación e do compromiso individual polo ben común", engadía. A autora, ao coñecer o fallo, recoñecía que "gañar un premio tan emblemático como o Merlín supón para min cumprir un soño de adolescencia e, máis aínda, facelo con esta novela". Pois para ela "vivimos nun mundo globalizado, mais acotío esquecemos que formamos parte dun mesmo planeta, dun todo indivisíbel". "Escribín esta historia pouco antes da pandemia e creo que agora ten aínda máis vixencia. A fraxilidade de Husu, a nena protagonista, e da súa tribo é tamén a nosa. E o mesmo sucede coa súa fortaleza", concluíu. Xunto á de Maceiras, foron finalistas as obras presentadas baixo os lemas: "Fedora" e "O moucho está no Penedo". Premio Jules Verne O xurado da XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros, seleccionou entre as 24 obras presentadas santoamaro, de Antonio Manuel Fraga. As deliberacións de Pablo G. Freire, Selina Otero, Cristina Álvarez Pérez. María Xesús Nogueira, Brais Nogueira e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario) estiveron tamén entre os lemas "Doppel" e "Xules". Mais finalmente optaron por esta historia na que un grupo de amigos e amigas que acaban de rematar bacharelato deciden reunirse todos os sábados do verán pola noite na praia de Santo Amaro (A Coruña), procurando aproveitar o tempo que lles queda antes do inicio dun novo curso no que vivirán a súa separación. "Os capítulos en que se estrutura, organizados como actos dunha obra dramática, ábrense coas mensaxes do grupo de WhatsApp mediante o que se comunican, que transmite certa información de relevancia tendo en conta as variacións que nel se van producindo", explica o xurado. Ao estilo directo con "diálogos áxiles" e o uso dunha "linguaxe próxima, clara, concisa", súmase unha voz narradora que "insire na novela aspectos relacionados coa textualidade teatral", que provocan "en quen le unha novidosa reflexión sobre o propio acto de creación literaria". Fraga explicou que a recepción do premio lle alegra persoalmente porque "a escrita deste texto supón transitar camiños que eu aínda non explorara, un afastamento voluntario dos espazos onde me sinto cómodo". Aliás, era a "primeira novela que fun quen de rematar cun novo rol nas costas, pai dunha meniña pequena, o que implicou unha revolución dos meus horarios e tempos de escrita".
PRAZA_7472
Margarita Padilla, hacker e autora de El kit de la lucha en Internet, valora a "ambigüidade, incontrolabilidade e apertura" da Rede. Vídeo no interior
Margarita Padilla pertence a esa escasa minoría de mulleres que crea e mantén sistemas, e gústalle dicir que traballa "facendo Internet". Sempre xunto a outros e outras, dispérsase entre soster Dabne, a súa empresa cooperativa dedicada a facer a web con software libre; pensar que raios é "o mercado", atendendo a súa tenda de SofwareAlPeso no mercado de San Fernando, dedicada a apoiar o uso de software libre e a reciclar computadores; facer amizades coas que pensar o mundo, organizando Login_presenciais; practicar a "filosofía de garaxe" facendo radio en Una línea sobre el mar; atender ás súas familias e gozar delas, ou pensar que é loitar, despois de que te derrotasen. En decembro de 2012 publicou El kit de la lucha en Internet (editorial Traficantes de Sueños, pdf dispoñible na ligazón). Na introdución ao libro que acabas de publicar, afirmas con rotundidade que "toda persoa ou grupo que loite pola transformación social ten a obriga de comprender a especificidade de Internet no que a procesos sociais se refire, xa que esta especificidade desborda o técnico e contamina o social", como se xustifica esa "obriga"? Creo que Internet pode inspirar unha nova política á altura da complexidade do mundo en que vivimos. Axudarnos a saír deste impasse. A que impasse te refires? Por unha banda, temos a política dos políticos que segue o código goberno-oposición (coa cidadanía como espectadora). Ese código non está feito para solucionar ningún dos problemas que temos como sociedade. Máis ben ao contrario. O seu obxectivo por riba de todo é o control e o poder. Os problemas son só pretextos para atacar ao outro e porme eu. A complexidade e magnitude das cuestións ás que nos enfrontamos (desde a crise económica até a crise ambiental) require unha implicación activa do 99%. Non estar todos de acordo ou unidos, pero si activos e cooperando. Iso é imposible nunha política dividida en partidos que seleccionan da realidade só o que lles interesa e prexudica ao contrario, no curto prazo dos catros anos dunha lexislatura. Necesitamos outra lóxica, outra cultura política. Podería ser a dos movementos sociais? "As asembleas funcionan moi ben cando se autoorganizan persoas que comparten unha mesma escala de valores, unha mesma experiencia e unha mesma cultura" Non de todo, por iso digo que estamos nun impasse. Modestamente, participei e participo en movementos sociais e vexo que as súas formas de organización só funcionan en condicións de simplicidade. Por exemplo, a asemblea. As asembleas funcionan moi ben cando se autoorganizan persoas que comparten unha mesma escala de valores, unha mesma experiencia e unha mesma cultura. É unha forma de organización moi potente xurdidas noutras condicións históricas e sociais e noutras utopías. O meu pai sempre dicía: a vida antes era máis dura, pero tamén máis simple. Agora a complexidade é moi elevada. Non podemos cambiar as cousas con formas de organización e de horizontalidade creadas para outras conxunturas. Hai que asumir moita incerteza para pensar e preparar o cambio tan grande que necesitamos. E iso dá medo, a min tamén. Por que pensas que Internet pode axudarnos a saír do impasse? Internet dános unha experiencia de rede a gran escala. Trato de caracterizala con tres compoñentes: ambigüidade, incontrolabilidade e apertura. Internet é ambigua porque non foi deseñada para ningún uso particular e, por tanto, pode permitilos todos. É incontrolable, porque a intelixencia e a capacidade de acción están en cada un dos nodos que a compoñen. E é aberta porque, por unha banda, calquera que teña os coñecementos pode ler o seu código fonte e, por outro, calquera que funcione como rede pode conectarse inmediatamente. Ambigüidade, incontrolabilidade e apertura son tres características da experiencia de rede. Parécenme moi inspiradoras para pensar a política máis alá do eixo esquerda/dereita, máis alá da idea de que sempre ha de haber un centro director e máis alá das ideas pechadas ou excluíntes da comunidade. Se che parece, imos por partes. É difícil entender a potencia do ambiguo, do que pode permitir varios usos... "Wikileaks fai público e abundante un recurso privatizado que é a información. Pero iso só ten sentido se outras redes lle dan uso" Explícocho a partir dun exemplo: Wikileaks. Wikileaks fai público e abundante un recurso privatizado que é a información. Pero iso só ten sentido se outras redes lle dan uso. Os cablegates sobre a morte de José Couso ou a orixe da Lei Sinde só cobran sentido se hai quen os inteprete e utilice. Wikileaks lanza unha ferramenta que pode ser útil, pero non se solidariza coa plataforma por José Couso ou coa loita contra a Lei Sinde. E ao revés: a plataforma por José Couso ou a loita pola Lei Sinde poden usar os cablegates de Wikileaks sen ter a Julien Assange por heroe. É dicir, en Internet podes cooperar con descoñecidos ou con diferentes. É a lóxica P2P: un non sabe de quen está baixando o material, con que motivación se compartiu, se o outro é de esquerdas ou de dereitas. Internet edúcanos na cooperación con descoñecidos e diferentes. No teu libro, Wikileaks é un exemplo clave todo o tempo, por que? Wikileaks é un dispositivo moi de rede: un dispositivo inacabado. O sentido do que fai téñeno que completar os demais. Na dirección que sexa, porque Wikileaks permite acabamentos distintos e mesmo antagónicos (diferentes lecturas dos cablegates, etc.). Iso non é moi frecuente. O máis habitual é o contrario: pechar para controlar. Pero así se fai rede. E de volta a rede prémiate. Wikileaks recibe afectos e solidariedades de experiencias moi distintas. Por exemplo, de Anonymous. Anonymous é punto por punto o contrario de Wikileaks: non ten líderes, é anónimo e distribuído, etc. Pero apoia a Wikileaks fronte á represión. Adoitamos solidarizarnos con quen pensa o mesmo que nós, pero en Internet é distinto: hai diferenzas, pero non bloques. A experiencia de rede ensínanos entón a renunciar ao control. "Se estás de acordo coa liberdade de expresión, alguén pode levarche a contraria" Se estás de acordo coa liberdade de expresión, alguén pode levarche a contraria. Se participas nunha asemblea horizontal, quizá non se faga o que ti queres. Pero estás a contribuír a unha lóxica e unha cultura superior. Pois coa rede pasa igual: é unha lóxica e unha cultura superior, aínda que poida reverterche algo que non che guste. A lóxica de poder e control, que define a política dos políticos, é o que ameaza con botar a perder o mundo. Imos coa segunda característica da experiencia de rede: incontrolabilidade. Refírome a que a intelixencia dunha rede está en cada un dos nodos que a compoñen. Por iso fálase de intelixencia colectiva. Crer na rede significa confiar na intelixencia dos nodos, querer a súa autonomía. Recoñecer a autonomía e a intelixencia do que non es ti. E esa confianza que dás vólveche, porque vives coa confianza de que outros que non son coma ti están a traballar por coidar e soster o que é común a todos. Entre todos coidamos de todo, é moi distinto a que uns poucos velen pola totalidade. Explícame mellor a diferenza. Nunha rede non hai un lugar central desde onde vexas todo. Non está feita para ver todo. As prácticas dos movementos sociais aínda funcionan demasiado con esa idea de totalidade: a asemblea percíbese a si mesma como un centro da autoorganización, o militante sente a si mesmo como responsable de todo, etc. Son prácticas moi potentes, pero pagas o prezo da simplificación porque só funcionan en condicións de homoxeneidade. E onde non hai complexidade non hai vida, iso ensina a ciencia. Internet está a educarnos noutra experiencia, onde non hai centro nin todo, vangarda nin retagarda. Wikileaks non vai por diante da plataforma por José Couso nin por detrás. Non se trata de ir diante ou detrás, senón de facer rede. E como se fai rede? "Facer rede pasa por baleirar o centro e recoñecer a intelixencia e a autonomía dos extremos" Facer rede pasa por baleirar o centro e recoñecer a intelixencia e a autonomía dos extremos. Facer rede é pór en contacto outras persoas entre si, colaborar con descoñecidos e diferentes. Facer rede é compartir os procesos, non só os resultados, e recoñecer as contribucións dos demais. Facer rede, en definitiva, é ser xeneroso, pero non só cos da túa propia corda, senón co 99%. En Internet non hai centro, pero si hai referencias moi importantes, non? Hai liderados, si, e persoas moi influentes. Pero o seu poder é moi diferente do poder dunha burocracia sindical, por exemplo. É un poder sen poder. Por dicilo no estilo dos zapatistas: "mandan obedecendo". Lembremos o "Manifesto polos dereitos fundamentais en Internet". Escribírono unha serie de blogueiros, tivo unha repercusión enorme nas redes sociais e a ministra Sinde chamounos para falar ou negociar. Os que foron a aquela reunión son xente de moito prestixio en Internet, pero se teñen ese prestixio é precisamente porque son capaces de ir dicirlle á ministra o que se dicía en Internet. A min iso paréceme moi ben, tiñan toda a miña confianza aínda que ninguén lles votou. O seu discurso era moi incluínte, como o propio "Manifesto...". E se a un deles lle subisen os fumes á cabeza e negociase non sei que coa ministra, o 99% organizado en rede encargouse de fulminalo en menos de 24 horas. Nunha rede pode haber representación sen cesión de soberanía. Nada que ver coa dirección dun sindicato. Todos os nodos son iguais, pero hai uns máis iguais que outros. Certo. Internet non está feita para a igualdade e iso implica riscos e problemas. Eu sempre poño o seguinte exemplo: se hai un incendio, podemos actuar de varios modos. Ou acordamos en asemblea como organizar a evacuación, ou nomeamos un coordinador que a organice e obedecémoslle... Ou sálvese quen poida. Internet é un sálvese quen poida. Asúmese que todo o mundo ten a intelixencia para decidir cal é a mellor opción para si e que ten autonomía para executala. Pero se hai xente en cadeira de rodas, anciáns ou nenos, pois se cadra morren. Un "sálvese quen poida" non garante o salvamento de todo o mundo. En Internet non todos somos iguais: hai distintos graos de cultura, de conectividade, de tempo, etc. Hai desigualdades enormes. Internet non está feita para que deixe de haber desigualdades, non lle pidamos o que non nos pode dar. Pero con todo, non podemos loitar contra as desigualdades sen Internet, xa que este produce cambios na distribución do poder que está a producir esas desigualdades, e podemos aproveitar eses cambios nun sentido liberador. Ese é o paradoxo. Falas de que a terceira característica da experiencia de rede é a apertura. "Podes participar no movemento pola cultura libre e tamén nunha acción de Anonymous. En Internet hai abundancia, non escaseza" As comunidades que funcionan en rede non son pechadas e excluíntes. Podes conectarte e desconectarte. E non só iso: podes conectarte e desconectarte a varias á vez. Lembro as manifestacións do movemento antiglobalización: había que elixir entre ir cos non violentos ou cos que practicaban guerrilla urbana. Iso non se dá en Internet. Podes participar no movemento pola cultura libre e tamén nunha acción de Anonymous. En Internet hai abundancia, non escaseza. Podes ter identidades múltiples. Podes ser disidente de ti mesmo. Hai unha compoñente de anonimato que o fai posible: é máis fácil ter sete identidades en Twitter que ir a unha manifestación con disfrace de pallaso. Ten menos custos, menos riscos, pero non é menos real nin menos útil. Esa experiencia pódenos axudar a imaxinar formas de participación política máis abertas e flexibles. Pero con esas formas flexibles de compromiso é posible construír algún tipo de organización? Claro que si. Hoxe óuvese dicir por todas partes: "é necesario organizarse". E eu estou de acordo, pero tamén hai que reimaxinar a organización: unha organización dispersa, con moitas canles e moitas capas. Internet pode servirnos de inspiración. Permítenos pensar a organización en termos de circulación. E a articulación en termos de comunicación. A ubicuidade e disidencia de que falabamos antes tamén constrúen organización: os arcos entre os nodos son as persoas que circulan. Ese compromiso flexible que dis tamén achega ao seu modo. Por exemplo, podes estar sen demasiado compromiso nunha lista de correo pero mandar información, sacala, movela. As acampadas como idea de organización non xurdiron dun grupo moi sisudo ou moi militante, senón da comunicación. Que queres dicir? Como é posible que en cuestión de dous ou tres días aflorasen decenas de acampadas idénticas por todas partes? Aquilo parecían as vainas da invasión dos ultracorpos. En serio, o que sucedeu é incrible e aínda non o pensamos nin entendemos. Como se copiou a idea? Tiñamos a imaxe da Praza Tahrir, pero por que prendeu esa imaxe e non outra? Hai algo persoal, afectivo, emocional, inconsciente moi forte funcionando aí. Unha corrente sensible de empatía. Un fluxo de comunicación descoñecido e incontrolable que crea diálogo político sen pasar polos lugares codificados como políticos. De Tahrir a Sol, de Sol a Syntagma, de Syntagma a Zuccotti... Creouse un movemento internacional sen internacionais, é alucinante. Pero non é un movemento espontáneo. No noso día a día as ideas circulan, sentimos parte de algo común, recoñecémonos en horizontes compartidos, non tiramos cada cal polo seu lado. Xa estamos organizados. O que pasa é que non sabemos como. E quizá sexa mellor que non o saibamos, para que ninguén poida controlalo. Durante toda a entrevista usaches a palabra "inspirar". Dis que Internet pode servirnos de "inspiración". Por que utilizas esa palabra? Isto é moi importante. Internet pódenos inspirar, pero non se pode calcar porque o mundo material e o inmaterial son dúas físicas diferentes. Cada unha coas súas leis. Unha cousa, por exemplo, é unha manifestación na rúa e outra moi distinta un swarming ("enxamio") para ciberbloquear unha web. Na manifestación hai corpos, os corpos ocupan un espazo, cansan, pódense danar. Nunha manifestación podes quedar sen ollo e nun ciberbloqueo non. Non son diferenzas menores. Pero despois de vivir un swarming quizais desexes outro tipo de manifestación, onde non todo estea previsto de antemán, onde se requira a activación da xente sen forzala, onde o sentido se constrúa entre todos sobre o terreo. A este tipo de inspiración me refiro. Lembro manifestacións da V de Vivenda que foron bastante así. Hai moito que experimentar aínda neses modelos híbridos entre o mundo dos bits e o mundo dos átomos. Entón o cambio social non pode vir só de Internet? Hai que experimentar a potencia do encontro físico, como comprobamos todos o 15-M Non, ten que facerse cos corpos. Hai que saír á rúa a manifestarse, hai que conseguir comida para quen non ten, parar desafiuzamentos, protexer aos sen papeis... E tamén hai que experimentar a potencia do encontro físico, como comprobamos todos o 15-M. Esa alegría... O que nos dá Internet é outra experiencia do mundo. Unha experiencia gozosa de abundancia, cooperación, creatividade, autoría... Creo que esa experiencia influíu en que moita xente fose ás prazas e non vise o outro simplemente como alguén que te pisa ou molesta, senón como un cómplice potencial. A experiencia de rede é un pouco como o LSD nos anos 60: unha experiencia distinta, irreal pero real, que permanece na túa memoria porque o que experimentaches experimentáchelo realmente: a capacidade de conversar con descoñecidos, de traspasar fronteiras, de autotransformarte, de crear con facilidade, etc. Internet ten a función que tiña a utopía nos anos 60? A experiencia da rede pode axudarnos a superar esquemas de pensamento político que non nos serven hoxe: o código goberno-oposición da política dos políticos, a dicotomía esquerda/dereita, as formas de organización que só funcionan en condicións de moita homoxeneidade, etc. Pero non é unha utopía, nin é a solución automática a todos os problemas. Especialmente todo o relativo ás desigualdades é un desafío non resolto. Internet sérvenos para modificar a situación que temos agora, pero ten outros problemas que haberá que pensar tamén. Non é o ideal. Posdata de Margarita Padilla: Relendo a entrevista, paréceme que as miñas intuicións poden soar ás veces demasiado nítidas, demasiado concluíntes. Aínda que creo firmemente que nos movemos entre prácticas caducas e que Internet pode inspirar e axudar a vencer o medo a finiquitalas, hai que estar alerta e seguir escoitando e pensando sobre a marcha. Por esa razón, creo que unha boa prolongación desta entrevista é a conversa online ao redor destes temas que, con ocasión da publicación do Kit de la lucha por Traficantes de Sueños, terá lugar o vindeiro martes 15 ás 19.30. Será unha conversa con todos os que queirades participar, mandando preguntas de antemán ou participando no mesmo momento. Tes toda a información sobre como facelo aquí. Gustaríame que fose un momento para seguir pensando xuntos.
NOS_52412
O inmenso mosaico do deporte galego continúa medrando, e cada vez son máis as disciplinas que deparan glorias deportivas á Galiza. Unha destas modalidades é o powerlifting, onde brilla con luz propia Laura Rey (Compostela, 1993), que vén de lograr unha medalla de ouro no Campionato de Europa de Suecia.
Cales son as diferenzas principais entre o powerlifting e a halterofilia? Os dous son deportes de expresión da forza máxima. A halterofilia baséase en dous movementos, que son a arrancada e o dous tempos, mentres que no powerlifting son tres: a sentada (squat), o press banca (bench press) e o peso morto (deadlift). Logo, en ambas as disciplinas hai tres intentos por cada movemento e gaña a persoa que consiga un maior total nos dous ou nos tres movementos, segundo sexa halterofilia ou powerlifting. Pero o seu deporte non consiste só en estar forte, senón que tamén ten outras arestas que o dotan de complexidade. Cal é o peso da técnica no powerlifting e como distribúe vostede os seus adestramentos? Depende do momento en que nos atopemos, porque cando estou máis lonxe das competicións priorizo o traballo técnico e o accesorio de hipertrofia para gañar máis masa muscular, entre outras cousas, e cando se achega a proba diminúo moito o volume, que é a cantidade de traballo, e aumento a intensidade, é dicir, a forza, que a nivel de sistema nervioso é moito máis intenso e require unha maior recuperación. Non se pode tirar forte todo o ano porque habería lesións, case seguro. Logo, no día da competición, xa é cando se expresa a forza máxima. Como se introduciu nesta disciplina e canto tempo leva practicándoa? Co meu adestrador levo catro anos, aínda que xa facía algo no ximnasio previamente. O achegamento foi a través duns amigos, porque eu fixen toda a vida patinaxe artística, que non fai falta dicir que non ten nada que ver co powerlifting (ri), pero como tiven que marchar até A Coruña por estudos desvinculeime do meu club de patinaxe e apunteime a un ximnasio cos amigos das clases. Algúns deles xa tiñan algún coñecemento do powerlifting, e así foi como entrei en contacto co meu adestrador, que debeu de ver certo potencial, supoño, porque me animou a competir. Neste sentido, considero que sería positivo fomentar a creación de máis clubs na Galiza, pois só hai un en Ferrol e non existe moita representación do deporte, e moito menos das mulleres, pois eu mesma tiven que prepararme fóra, en Madrid. Na súa disciplina, polo menos a nivel estatal, a primeira competición desde a irrupción da pandemia non foi até marzo de 2021, o IV Rexional de Powerlifting da Comunidade de Madrid, Castela a Mancha e Estremadura. En perspectiva, tras un ano sen actividade, como levou esa parada competitiva? Eu adestro cinco días á semana, entre dúas e tres horas cada día, co obxectivo de expresar en moi pouco tempo os esforzos realizados durante todo o ano. Partindo desa base, hai que ter moi claro que estar namorado deste deporte e do seu proceso é fundamental, non se pode ir soamente a por un resultado final porque a cantidade de horas e de adestramentos que hai detrás non sempre se ven reflectidas na tarima. Pero, evidentemente, a todas nos gusta ese momento da competición, de compararnos coas demais, de mostrar todo o traballo feito durante o ano, e coa pandemia xa non é que non houbese probas, era peor, porque as programaban pero adiábanas constantemente, polo que foi un período un tanto complicado no que a competición decaeu un pouco. Sen deixar o tema da pandemia, como fixo para manter a forma nunha época na que os ximnasios estaban totalmente fechados? Porque a masa muscular custa moito gañala, pero pérdese moi rapidamente cando se deixa o exercicio, e na súa disciplina ese é un factor fundamental. Fun unha privilexiada, porque a chegada da pandemia coincidiu con que estaba traballando nun centro deportivo, pois son fisioterapeuta. Entón, levei moito material para adestrar ao faiado da miña casa, e prepareime máis incluso do que o faría en condicións normais. Síntome moi afortunada, outros compañeiros non tiveron tanta sorte e tiveron que buscar fórmulas para poder adestrar, empregando o seu propio peso corporal, garrafas de auga, mochilas cheas de libros... De todos os modos, ese regreso competitivo non puido ser mellor, pois proclamouse campioa na súa categoría, -57 quilos (e subcampioa absoluta), cun levantamento de 365 quilogramos, peso que engadía 10 quilos ao récord de España. Satisfeita? Si, a verdade é que foi unha tempada moi boa, tanto a nivel galego como estatal, non podo estar máis contenta. Ademais, tamén quero destacar que o mero feito de poder viaxar a Suecia para poder participar no Europeo e medirme con rapazas tan fortes, especialmente as francesas e as dos países nórdicos, foi todo un privilexio. E xa o de volver cunha medalla de ouro paréceme incríbel. Cales son as súas metas para o vindeiro ano 2022? Continuar adestrando para estar forte para o Estatal, que se disputa en abril, e, se fose posíbel, volver medirme a nivel europeo e tratar de escalar postos na clasificación xeral. Tamén temos Campionato do Mundo, pero será en Sudáfrica e quen sabe se cambiará de sede pola Covid-19.
NOS_32219
É actualmente de 32.200. En 2010 era de 17.500.
No segundo trimestre de 2018 hai en Galiza 32.200 fogares nos que ninguén dos seus membros percibe ingresos. Son 2.000 menos dos que había a inicios de ano mais aumenta a respecto dos existentes a finais de 2017. A Enquisa de Poboación Activa (EPA) recolle que en Galiza 2017 despediuse cun total de 31.600 fogares que non contan con ningún tipo de ingresos. Unha cifra que se reduce a respecto dos de trimestres anteriores (a finais de 2016 eran 34.800 os fogares nesta situación) mais que continúa moi por riba da que había vai case para unha década. De feito, case duplica os existentes en 2010. Naquel ano estaban nesa mesma situación, sen ningún tipo de ingreso 17.500 fogares. O paro de longa duración e a fin das prestacións por desemprego, o esgotamento das axudas..... son algúns dos factores para explicar estes milleiros de fogares que carecen actualmente dalgún tipo de ingreso. Os sindicatos levan tempo advertindo do risco de exclusión social para miles de familias. Non só para aquelas que non teñen ningún ingreso senón tamén para aqueles fogares con algún membro activo e onde todos están no paro, e mesmo daqueles cuxa subsistencia depende de salarios precarios. Neste sentido, e tamén segundo os dados da EPA, hai actualmente no noso país 53.000 fogares onde todos os seus activos están
NOS_39805
Xerencia alude á baixa ocupación "desde hai semanas".
O fechamento dunha planta do servizo de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, efectuado onte, foi comunicado cun só día de antelación. Así o denuncia a CIG-Saúde nun comunicado, que achaca a escolla da data a un "interese político" e a que o pasado domingo decorreron as elección galegas. O sindicato critica que a decisión foi anunciada pola xerencia da Área Sanitaria na terza feira e a "última hora", na xornada anterior á súa posta en marcha, e "sen comunicación previa á representación sindical". Segundo a central sindical, Xerencia xustifica a súa decisión na baixa ocupación rexistrada na planta "desde hai semanas", polo que conclúe que o fechamento non se comunicou con antelación "para non provocar críticas en período electoral". Así, cualifican a decisión de "falta de respecto ao persoal" e reproban que non se informase da mesma "coa suficiente antelación". A situación, aseguran, espertou un gran malestar entre os traballadores e traballadoras debido á "incerteza creada" en relación á organización do servizo e como esta afectará á conciliación. A CIG-Saúde denuncia que a Xerencia actuou "atendendo a intereses máis ben políticos", xa que "agardou a que pasasen as eleccións galegas para anunciar o fechamento da unidade e evitar as críticas". A central sindical lembra que hai semanas a propia Xerencia asegurou que no presente ano non se fecharía ningunha das plantas do hospital. Isto, recalcan, amosa que o anuncio obedeceu a outros intereses alén dos "sanitarios". Desde a CIG-Saúde remarcan que esta situación amosa un claro síntoma do que suporán "estes catro anos do Goberno" do popular Alberto Núñez Feixoo que, na súa opinión, se traducirán en "máis recortes e privatizacións". O pasado 8 de xullo, o sindicato de enfermaría Satse denunciou o fechamento de 400 camas de hospital nos centros galegos, mesmo cando "a Covid-19 segue entre nós". As enfermeiras criticaron que se priorizase o aforro de cartos a costa da saúde e seguridade de cidadanía e pacientes". Traslado da ambulancia Na xornada posterior aos comicios, CIG-Saúde advertiu do traslado da ambulancia medicalizada que dá servizo ao Salnés ao centro de saúde de Sanxenxo. "A Xunta decide trasladala a Sanxenxo, cunha poboación estábel moi inferior e cando este concello está cuberto tamén pola ambulancia medicalizada de Pontevedra", criticaron.
NOS_13870
A afección de ir ao monte por eles aumenta ano a ano. Agroman por toda parte e cada vez están máis na moda. Procuramos un feixe de libros para coñecelos e cociñalos. Estamos no tempo dos cogomelos. Tres con receitas e dúas guías, unha biblioteca esencial para se achegar aos froitos do monte.
Asociacións e entidades argallan neste tempo saídas micolóxicas para visitar o monte e recoller cogomelos que agroman en terra húmida. Conforme medra a afección aparecen máis propostas editoriais para recoñecelos e cociñalos. Achegámonos a unhas cantas, un par de guías para non se confundir e tres libros gastronómicos, un recén saído do forno, outro que nos achega á cociña de autor de Pedro Roca e un terceiro que continúa a liña de grandes nomes da nosa literatura galega que se meteron tamén na cociña para escribir, a gorentosa proposta de Helena Villar. -Mariona Quadrada Cogomelos. A cociña do bosque (Baia) Con ilustracións de Josep Borrel, o máis recente libro arredor dos cogomelos ofrécenos104 receitas de todo tipo, desde arroces, ensaladas, cocas, pasteis... A autora aposta por pratos que pode facer case todo o mundo, mesmo sen ter entrado moito na cociña. Para que quen vaia ao monte poda ofrecer da propia man o produto elaborado. O libro leva un prólogo do presidente da Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas que nos achega á historia da micoloxía e o mundo actual dos cogomelos na Galiza ademais de informar sobre as posibilidades dos froitos do bosque. -Pedro Roca e X. M. Fernández, "Os cogomelos na cociña e outras cousas" Receitas de autor da man dun dos máis recoñecidos cociñeiros galegos. Pedro Roca alíase con Xosé Manuel Fernández para recoller un catálogo de propostas da coñecida como "nova cociña", alén doutras elaboracións máis habituais. O libro percorre todo o traxecto desde qu e o cogomelo está no monte até que chega aos fogóns e recolle desde recomendacións de recollida, cogomelos máis populares, técnicas para conservar e preparar e máis de 50 receitas nas que inclúe sobremesas e licores. Achéganos tamén ao traballo da Asociación Viriato. -Helena Villar, O sabor da terra, encontro cos cogomelos (Galaxia) A escritora Helena Villar entra nos fogóns -espazo no que se mostra cómoda- cos aparellos da escrita para tomar parte da listaxe de grandes nomes da nosa literatura que escribiron tamén receitas. Canda Cunqueiro ou Fina Casalderrey, Helena Villar xunta as súas maneiras de preparar os cogomelos nun libro que goza tamén de recendo literario. A escritora vai ao monte e acompáñanos desde a busca de cogomelos até axudarnos na cociña para ofrecer un resultado que convida a degustar e partillar. -Marisa Castro, Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal (Xerais) Completa guía a través dos cogomelos da man da bióloga e profesora da Universidade de Vigo, Marisa Castro. Nomenclatura, etimoloxía, morfoloxía, arumes, marcas de identificación, toxicidade... son algúns dos datos nos que repara a autora para nos fornecer dun completo catálogo das especies que podemos atopar nos nosos montes. -VVAA, Cogomelos (Baia) Marisa Castro, Alfredo Justo e Purificación Lorenzo asinan este libro que identifica os 50 cogomelos máis comúns de Europa Occidental. Con extraordinarias ilustracións de Carlos Silvar, debuxante especializado en captar a natureza, a través de fichas con diversa información axúdanos a recoñecer os cogomel os e distinguilos doutros cos que gardan semellanzas.
NOS_52344
A Plataforma galega en defensa do ensino público chama á comunidade educativa, estudantado e ANPAS a parar o ensino esta quinta feira.
Organizacións estudantís, centrais sindicais mais tamén Asociacións de Nais e Pais chaman esta quinta feira a parar as aulas contra o anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade do Ensino (LOMCE). Convocad@s pola Plataforma galega en defensa do ensino público as aulas da Galiza están chamadas a ficaren baleiras contra unha reforma educativa que din "liquida a igualdade de oportunidades" e "expulsa do ensino" os sectores sociais "máis desfavorecidos" da sociedade. Desde a Plataforma denuncian que o ministro de Educación, José Ignacio Wert, teime en aprobar un proxecto de lei "contrario" aos intereses do estudantado e do profesorado, rexeitamento que ficou en evidencia na folga estudantil decorrida o pasado 6 de febreiro. Esta quinta feira, a comunidade educativa no seu conxunto exixirá, doutra volta "a retirada desta lei" e o dereito "a un ensino público galego, laico e democrático". A Plataforma centra en 5 puntos as denuncias ao anteproxecto de lei A Plataforma galega en defensa do ensino público desenvolveu ao longo das últimas semanas unha campaña informativa --mais tamén reivindicativa-- para amosar o seu rexeitamento á aprobación da coñecida como 'lei da Wertgoña'. Amais dos feches en centros de ensino por todo o país, múltiples asembleas informativas percorreron as aulas da Galiza para explicar as razóns polas que chaman a secundar a folga. A priori, o nome da lei serviu ás organizacións estudantís e sindicais para formular as súas denuncias. Lesiva: Desde a Plataforma denuncia que o anteproxecto de lei presentado polo goberno español pretende crear, mediante os programas de calidade e especialización curricular, "diferentes categorías de centros" favorecendo, con máis recursos e medios, "aqueles que mellor resultados acaden". Neste senso, profesor@s e alumn@s exixen que todos os centros conten cos recursos necesarios para que tod@s reciban unha formación de calidade. Opresora: a reforma reforza a confesionalidade no ensino e a pegada da relixión nocurrículo académico. Aliás, impón un sistema máis selectivo mediante itinerarios no ensino obrigatorio. Desde a Plataforma apuntan que esta moficación "condena prematuramente, o alumnado a optar a titulacións diferentes" e "condiciona de maneira temperá" o futuro académico e laboral do estudantado. Mercantilista: a reforma educativa elimina o Consello Escolar como órgano de goberno e traslada o sistema de xestión empresarial aos centros. Neste senso, a dirección será nomeada pola administración e gozará de maior capacidade para decidir a respeito daqueles asuntos até o momento xestionados polos propios centros, entre eles propor ou rexeitar o profesorado que sexa proposto pola administración. Clasista: o anteproxecto de lei deseñado polo executivo español fortalece o ensino privado-concertado a través da blindaxe dos concertos económicos con centros que mesmo segregan por razón de sexo. Desde a Plaraforma denuncian que malia as sentenzas xudiciais que declaran contrarios a dereito estes convenios, a Xunta de Galiza e o goberno español teimen en os renovar e mesmo ampliar. Españolizadora: é unha das criticas que centran o discurso daquel@s que exixen a súa retirada. Catalunya, Galiza e Euskal Herria denuncian que a reforma educativa incremente o control do Estado no currículo académico --malia descentralización competencia. Aliás, rexeitan que recolla a posibilidade de se financiar con diñeiro público unha escola privada para aquel alumnado que queira un ensino integramente en español. Desde as nacións do Estado critican a vontade uniformadora da norma que, mediante as reválidas, impón un modelo lingüístico "españolizador".
NOS_40426
Co do Molinón, xa son catro os empates consecutivos do Deportivo na Liga, onde se mantén na novena posición, con 30 puntos, a tan só cinco da sexta posición.
O Deportivo soubo facerlle fronte a un partido que comezou perdendo, após marcar Jony cando pasaba media hora do comezo do encontro. O xogador do Sporting recibía o balón e cunha gran volea conseguía bater Germán Lux tras tocar o esférico en Juanfran. Os coruñeses souberon reaxir a tempo e dez minutos após, xusto antes de chegar ao descanso, foron quen de equilibrar o partido. Lucas Pérez púñalle o gol en bandexa a Luis Alberto, que non desperdiciaba a oportunidade e subía o tanto ao marcador para o Deportivo. Ao pouco de comezar o segundo tempo, Carmona desaproveitaba unha clara oportunidade para decantar o marcador a favor do equipo local. Minutos após, Luis Alberto gozaba de dúas ocasións que foron parar ás mans do porteiro do Sporting. Non foi até o final do partido, moi igualado desde o principio, cando ambos os equipos volveron estar perto do gol. Ningún deles conseguiu bater a meta rival. Sporting de Gijón: Cuéllar, Vranjes, Luis Hernández, Jorge Meré, Isma López, Sergio Álvarez, Rachid, Carmona (Halilovic, min. 66), Dani Ndi (Pablo Pérez, min. 79), Jony e Tony Sanabria (Guerrero, min. 84). RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Fayçal Fajr, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Cani (Luisinho, min. 70), Luis Alberto (Fede Cartabia, min. 82) e Lucas. Goles: 1-0 Jony (min. 32); 1-1 Luis Alberto (min. 40). Árbitro: Hernández Hernández (comité de Las Palmas). Amoestou Arribas (min. 5), Vranjes (min. 19), Jony (min. 33) e Fede Cartabia (min. 89).
NOS_26829
Os celestes impuxéronse en Balaídos ao Leganés (1-0) nun partido no que tiveron que suar os tres puntos malia ser superiores.
O Celta derrotou o Leganés (1-0) e suma tres puntos vitais e a súa segunda vitoria consecutiva en Balaídos, folgos que precisa para enfrontar os próximos compromisos que lle veñen: Barcelona e Valencia, primeiro se segundo da Liga. O Celta gañou grazas a un gol de penalti de Iago Aspas. Foi superior ao Leganés, mais non foi quen de traducir esa superioridade en máis goles, non estivo acertado de cara á portería de Cuellar. O Lega non asumía a derrotar e, aguerrido sobre o campo, pelexou até o último minuto do encontro. Por momentos, sobre todo na segunda parte, foi un monólogo celeste por momentos. Dominio e control da bola e acoso da área madrileña. Porén, esa superioridade non se traducía nun gol que se buscaba avidamente para asegurar o encontro. O tanto non chegou mais os tres puntos non se perderon e o Celta suma a súa quinta vitoria na Liga. Ficha técnica Celta (1): Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Cabral, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.82), Wass, Sisto (Emre Mor, min.76), Iago Aspas, Maxi Gómez (Guidetti, min.69). Leganés(0): Cuéllar, Siovas (Tito, min.57), Raúl García, Zaldúa, Muñoz (Dos Santos, min.45), Brasanac (El Zhar, min.23), Gumbau, Erik Morán, Guerrero, Szymanowski, Amrabat. Goles: Iago Aspas (1-0, min.23, de penalti). Árbitro: Hernández Hernández, do comité das Palmas. Amoestou Morán, Gumbau e Dos Santos (Leganés); Fontàs e Jonny (Celta). Campo: Balaídos (10.840). Observacións:antes do partido o Celta homenaxeou a cinco padexeiros galegos polos seus éxitos internacionais. Ademais, os xogadores portaron un pano lila na súa saída ao campo en apoio ao Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
NOS_11380
Milleiros de mulleres procedentes de todos os recunchos de Galiza secundaron este mediodía a manifestación convocada pola plataforma Galegas8M para exisir a igualdade real. O manifesto lido na Praza da Horta do Seminario por María Gueimonde e María Osorio incidiu na urxencia de lexislar para rematar co heteropatriarcado e con todas as formas de discriminación que persisten na actualidade.
Milleiros de mulleres acudiron este mediodía a Lugo para participar na manifestación convocada pola plataforma Galegas8M co lema "Por todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista". A mobilización partiu desde o edificio administrativo da Xunta da capital lucense e rematou perto das 14,00 horas na Praza da Horta do Seminario, onde María Gueimonde e María Osorio leron un manifesto que comezou facendo historia, lembrando a loita que en marzo de 1918 fixo erguer centos de mulleres no país pola carestía da vida ao berro de "Temos fame. Abaixo os acaparadores!", "Hoxe recollemos o seu legado", sinalaron, "a súa loita contra os tiranos que é tamén a nosa, e reivindicamos a nosa revolta coma filla daquela, co empeño de manter acesa a revolución que as mulleres construímos contra o patriarcado, o capitalismo, o racismo e todas as formas de explotación". As manifestantes lembraron que o vindeiro venres está convocada unha folga laboral, estudantil,de consumo e de coidados para esixir "un plan integral que protexa as nosas vidas do machismo e das violencias machistas, e que estea dotado de recursos económicos, sociais, médicos, xudiciais e políticos reais e eficaces". "Queremos parar de contar asasinadas, lesionadas, violadas, agredidas, discriminadas, presas, exiliadas, emigradas, empobrecidas e excluídas", proseguiu o comunicado. "Queremos parar de contar cantas teñen que denunciar e cantas non o fan, cantas son as acosadas, as humilladas, as calumniadas, represaliadas ou xulgadas elas en vez dos agresores. Porque as múltiplas faces da violencia machista teñen un só rostro: o terrorismo como sostén do patriarcado, e porque todo este terror só vai rematar o día que acabemos con el". Os motivos para a xornada do venres atinxen tamén os coidados, "para que sexan asumidos polo conxunto da sociedade até que leis eficaces, con orzamentos e medidas concretas en materia de dependencia asuman a carga de traballo invisíbel e non remunerada de moitas mulleres no ámbito asistencial e dos coidados! Porque as mulleres sustentamos a vida como coidadoras, educadoras e traballadoras domésticas non remuneradas mentres o capital nos paga todo este traballo con violencias". "Facemos folga de mulleres este 8 de marzo", lembraron as lectoras do manifesto, "para demandar unha reforma laboral con perspectiva social e de xénero que erradique a fenda salarial, a precariedade, o acoso sexual e por razóns de xénero, o teito de cristal, a división do traballo, o chan pegañento e a feminización da pobreza". "Estamos fartas de percibir as pensións máis baixas do estado, unhas pensións de miseria, que nos obrigan a sufrir pobreza na vellez", indicaron. O ensino, o abandono do rural, a diversidade cultural e sexual e a inmigración foron outros elementos contidos nun manifesto que animou as presentes a secundar a folga do 8M e a seguir loitando "todos os días do ano até que todas sexamos libres, por nós e por todas as que non poden facela. Polas que non paran nunca porque nin tan sequera teñen o privilexio de poder parar. Por todas aquelas que teñen pendurado un mandil na casa. Hoxe, en Lugo, xuntas, berramos por todas, paramos por todas". A visión de Feixoo Os partidos políticos fixeron tamén a súa valoración da mobilización de hoxe, que coincidiron en cualificar de "éxito imparábel do feminismo". Fóra deste consenso situouse, máis unha vez, o Partido Popular, que a través do seu presidente, Alberto Núñez Feixoo, asegurou que "a igualdade é responsabilidade de todos, de mulleres e de homes, e debe convocar a todas as formacións políticas", sen se utilizar, dixo, como "arma partidista" nin con "supremacismos ideolóxicos".
PRAZA_10630
Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento". Grupos abertos a facilitar a súa elección, como ERC e PNV, repróchanlle ao líder do PSOE que apenas buscase o seu apoio.
Pedro Sánchez fracasou na primeira votación da investidura ao non obter a maioría absoluta que requiría para saír do Congreso como presidente do Goberno de España con plenas funcións. A candidatura do aspirante socialista obtivo 124 votos a favor, 170 en contra e 52 abstencións. Unidas Podemos abstívose como un "xesto máis para seguir facilitando as negociacións". Se en corenta e oito horas o PSOE non logra máis votos afirmativos ca negativos, a investidura fracasará de vez, como xa acontecera ao propio Sánchez en 2016.Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento""É certo que corro o risco de ser o candidato á presidencia que sofre dúas investiduras erradas. Sempre me atopo o mesmo obstáculo", expresou Sánchez no pleno en referencia a Unidas Podemos, en referencia ao "non" dos de Iglesias hai tres anos. Así e todo, desta volta UP optou pola abstención, decisión que a formación tomou durante a propia mañá deste martes. Mostra disto é que a súa voceira, Irene Montero, que solicitara o voto telemático e xa votara ás 9 da mañá, votou "non".Nesta postura, no "non", estaba o grupo que encabeza Iglesias tras o tenso enfrontamento dialéctico con Sánchez na primeira xornada do debate. Agora, din, a abstención é un "xesto" máis que encadran nunha serie de "continuas cesións" para tentar lograr un acordo de Goberno de coalición "ata o último momento" .A segunda xornada da investidura finalizou cunha distancia practicamente total entre PSOE e Unidas Podemos, pero cunha marxe de 48 horas para o entendemento. De producirse, os socialistas poden contar coa abstención e mesmo co voto a prol de ERC e tamén, cando menos, coa abstención do PNV. Nese escenario, a investidura mesmo podería achegarse á maioría absoluta, máis aínda porque o PSOE tamén está a negociar con Compromís, que mantén a "man tendida" para votar a prol. Pero o certo é que Sánchez só conseguiu por agora o apoio do deputado do Partido Rexionalista de Cantabria ademais dos 123 escanos socialistas.Reproches dos potenciais aliadosRufián (ERC), a Sánchez: "Ou é vostede un irresponsable ou quere ir a eleccións, e non sei que é peor"Todos os potenciais aliados de Sánchez para sacar adiante a súa investidura este xoves reprocháronlle que non negociase dabondo e emprazárono a facelo nas horas que ten por diante. Ao longo do discurso, Sánchez asegurou que quere gobernar con Unidas Podemos: "Temos que facer un goberno posible, falar de contidos e de programa. Os ministros que senten nesta bancada non serán do PSOE nin de Unidas Podemos, serán ministros do Goberno de España".O primeiro en intervir foi o portavoz de ERC, Gabriel Rufián, que considerou que Sánchez foi "un irresponsable e un imprudente" nas súas intervencións do luns. "Ou é vostede un irresponsable ou quere ir a eleccións, e non sei que é peor", subliñou: "Señor Sánchez, non sei. Primeira noticia: non ten maioría absoluta, non gañou o pasado 28 de abril por maioría absoluta. Que fai pedíndolle a abstención a Ciudadanos e PP, ao señor Casado e a Rivera?".Aitor Esteban (PNV): "As oportunidades son como os amenceres; se un espera demasiado, pérdeos"O portavoz republicano instouno a negociar con Unidas Podemos e reprochoulle que estivesen "a xogar ao póker coa ilusión de centenares de miles de persoas". "O pato", díxolle ao presidente en funcións, pagarao "a esquerda" nunhas novas eleccións. Aínda que lle dixo que non pode dar por feita a abstención de ERC o vindeiro xoves -de feito este martes os republicanos votaron en contra-, Rufián deixou claro que pola súa banda non se producirá o bloqueo. Este martes ERC e JxCat votaron na mesma dirección, aínda que a portavoz da formación de Puigdemont, Laura Borràs, deixou claro que rexeitará a Sánchez porque ten "155 razóns". "Quere gobernar, pero non quere escoitar", afirmou.O PNV abstívose e recriminou a Sánchez que tivese pouca vontade de entendemento: "Terá que pór algo da súa parte para que se lle vote si". "As oportunidades son como os amenceres. Se un espera demasiado, pérdeos", avisou o voceiro vasco, Aitor Esteban. En referencia ás negociacións até agora frustradas, o portavoz nacionalista lembrou que para "acordar hai que ceder" en referencia á procura dun acordo con Unidas Podemos, aínda que tamén lle mandou un recado a Iglesias: "A avaricia rompe o saco".Sánchez: "Algo me movín""Algo me movín, tentei chegar a un acordo", defendeuse ante as críticas de non buscar, en realidade, un acordo con Unidas Podemos. Neste sentido, o líder socialista advirte de que o máis importante é o contido, son as políticas sociais e esas deberían ser o comezo", afirmou , que reprochou a Iglesias que deslice que "quere entrar no Goberno para pouco menos que ser o garda xurado" do PSOE.Lastra (PSOE): "A esquerda sabe, pode e debe entenderse"Xusto despois desas palabras, a voceira socialista, Adriana Lastra, tratou de baixar o ton: "Unidas Podemos foi o noso socio preferente e segue séndoo". "A esquerda sabe, pode e debe entenderse", dixo a número dous do PSOE, que asegurou que hai moito "ruído". Lastra deixou entrever a súa "vontade firme" de chegar a un entendemento que pase polo "recoñecemento da dignidade do adversario" e "ceder" por ambas as partes.Sobre esta base, o reloxo das 48 horas para que se celebre a votación definitiva comeza a andar e, con el, a conta atrás para que PSOE e Unidas Podemos cheguen a un entendemento que parece complicado polo cruzamento de reproches e o atranco das conversas. As dúas partes aseguran, no entanto, ter vontade de levar a bo porto as negociacións. A hora da verdade, contra as dúas e media da tarde do Día Nacional de Galicia.
NOS_41000
O Concello de Dodro vén de inaugurar unha rúa dedicada a Moncho Reboiras. Un acto que, para o tenente de alcalde e portavoz do BNG no concello, Xoán Bautista Mariña, representa "un exercicio de democracia". Porén, infelizmente, é aínda a terceira vila da Galiza que homenaxea o militante nacionalista co nome dunha vía. Nos anos oitenta, Culleredo e Corcubión dedicaron cadansúa rúa a Reboiras. Rafael Mouzo, daquela alcalde en Corcubión, lembra para Nós Diario como impulsou a distinción ao destacado referente nacionalista que foi asasinado a tiros pola Policía franquista o 12 de agosto de 1975.
"O asasinato de Reboiras fora noticia en todo o país. Eu sabía del pola xente da UPG. Sabía que era un loitador, e tiven moitos atrancos para poder pórlle á rúa, mais importoume un carallo". Así lembra Rafael Mouzo, daquela alcalde nacionalista de Corcubión, cando o Concello aprobou dedicarlle a rúa a Moncho Reboiras. "Tiña maioría absoluta e por iso puiden facelo", explica Mouzo, quen recibiu, por honrar a figura de Reboiras, "ameazas e insultos, artigos e pintadas nas que se nos acusaba de terroristas, pero todo iso caíame moi lonxe". Quen difamaba era "xente da extrema dereita". O principal recordo que ten daquel 12 de agosto de 1982 en que decorreu a inauguración da rúa é da señora Mercedes Xoubanova, "o acto [co que se ilustra esta información] fíxose ao lado dunha leira fechada cunha parede alta, e unha veciña dunha familia de esquerdas, que foi represaliada en 1936, chantou unha escaleira na súa leira, e subiu, aos seus 85 anos, para poder ver a través daquel muro alto. Cando cantamos o Himno Nacional, tivo todo o tempo o puño levantado. É o que máis lembro". "A rúa a Reboiras foi un acto de recoñecemento e reparación a un loitador pola liberdade e polo socialismo" Mouzo cualifica a rúa a Reboiras como "un acto de recoñecemento e reparación a un loitador pola liberdade e polo socialismo". A acollida por parte da veciñanza foi "moi boa". "Pensa que acababamos de entrar na política 'democrática', así, entre aspas, e que tiñamos maioría absoluta. O de Corcubión sempre foi un pobo de esquerdas, e así o demostrou cando tivo liberdade para votar", reivindica. Malia "todas as que fixeron aquí os fascistas, con múltiples pintadas, nunca se atreveron a tocar a placa de Reboiras, ninguén se atrevía a facelo". "Cando o 23-F, eu tiven un falanxista na porta de diante da casa e outro na porta de atrás, entraron con cadeas e fixeron pintadas, pero a placa de Moncho nunca a pintaron", di. Tan só tres rúas dedicadas a Reboiras Mouzo cre que non existen máis rúas dedicadas a Reboiras porque "maioritariamente, nos concellos mandan os outros dous partidos", en alusión a PP e PSOE, "e nós [BNG] temos Alcaldías, mais ás veces nin en maioría absoluta, dependes doutras forzas e así é difícil levar a cabo unha iniciativa así, pois PP e PSOE consideran Reboiras algo máis que un patriota revolucionario". "Sabes a consideración que del teñen, cando en verdade Reboiras debería estar nos rueiros de todos os Concellos do país", engade, "a consciencia e a historia contouse como se contou e, en parte, aínda se segue a contar deturpada". "Reboiras debería estar nos rueiros de todo o país" "En Dodro [a Alcaldía é do PSOE, que goberna con Unidade Veciñal e co BNG] hai xente nova, como noutros concellos, e como ocorreu co PP alí, aínda que non acepten unha rúa dedicada a Reboiras, abstéñense e deixan facer, mais se isto pasa hai 30 anos, sairían con puñais", sinala Mouzo. Xoán Bautista Mariño: "Darlle a rúa a Reboiras é un exercicio de democracia" En 2009, o Goberno español recoñeceu oficialmente Reboiras como vítima da ditadura, cun certificado emitido polo Ministerio de Xustiza, en base á Lei da memoria histórica. "Si, fíxose unha reparación, mais non se creou consciencia, porque xa sabes ao servizo de quen está a prensa exceptuando medios como Nós Diario", advirte o daquela alcalde de Corcubión. "Os medios sempre o taparon todo e estas cuestións relativas á memoria e ao nacionalismo están moi ocultas. Non se lle dá publicidade a un home que deu a súa vida pola liberdade e polo socialismo, pois é algo contrario ao pensamento deles". "A miña neta sabe quen era Moncho Reboiras, e mesmo o meu neto, que ten 11, empeza a sabelo e eu ocupeime na escola de que todos soubesen que era", afirma Mouzo en referencia á súa etapa como docente. "Sempre falei con liberdade, sen medo ningún", di. Mouzo cre que Reboiras visitou Corcubión en 1974, un ano antes de ser asasinado, "non estou seguro, mais penso que estivo na antiga fábrica de Carburos Metálicos". A primeira rúa a Reboiras, en Culleredo Culleredo foi o primeiro concello da Galiza en dedicarlle unha rúa a Reboiras. Foi a iniciativa do daquela concelleiro nacionalista Ramón Valcarce, máis coñecido como cura das Encrobas, no inicio da década dos oitenta. Precisamente, Moncho Valcarce visitaba con asiduidade Corcubión. Lémbrao Mouzo, "tiña moita relación con el porque a súa irmá estaba casada aquí". Coñecéranse en Baldaio (Carballo) en 1977, cando a manifestación pacífica contra a extracción masiva de area para a construción, que impedía faenar as traballadoras e traballadores do mar, foi duramente reprimida pola Garda Civil, que acabou detendo o crego. Moncho Valcarce: Un militante, un profeta, un cura e un místico Valcarce tamén forma parte do rueiro da vila costeira, "no piso onde vivía a súa irmá, puxémoslle unha rúa".
NOS_37374
O veran non dá chegado mais os festivais xa están aquí. Arredor de trinta citas con música ao ar libre son as que anuncia a recén creada Federación Galega de Festivais no calendario máis festeiro dos próximos meses.
O Revenidas de Vilaxóan ameaza un verán cheo de música e convívio a través de todo o territorio. A Federación Galega de Festivais compuxo un calendario no que hai oferta para todos os gustos, desde rock a folk pasando pola máis variada aposta de sons ao ar libre. Antrospinos en Taragoña o 26 e 27 de xullo, Castelo Rock de Muros inaugurando agosto, o Rebumbio de Mos, o Festival da Poesía de Salvaterra, o Festival das Brétemas de Ponteareas, ou o Castañazo Rock xa rematado o verán son algunhas das propostas agrupadas na Federación Galega de Festivais que agrupa ás organizacións que artellan eventos musicais sen ánimo de lucro. O portal GZMúsica ofrécenos o calendario completo.
NOS_46869
Organizacións políticas e colectivos sociais reúnense para amosar a súa oposición á posíbel prórroga de ENCE que podería manter a súa actividade en Lourizán para alén de 2018
Até o momento son 29 organizacións e colectivos sociais mais "agardamos moitos máis se vaian sumando" á Plataforma 2018. Máis un proxecto para confrontar o mantemento de ENCE-Elnosa na Ría de Pontevedra. Perante unha posíbel prórroga da súa actividade en Lourizán, ao abeiro da nova Lei de Costas, múltiples organizacións decidiron botar a andar esta iniciativa cuxo obxectivo, explican, é "facer patente a oposición a unha posible prórroga á actividade de ENCE na Ría máis alá do 2018". Neste senso, @s promotor@s salientan que fronte a idea que pretende xeralizar a pasteiro "hai un rexeitamento importante á continuidade da fábrica na ría" salientou Antón Masa, presidente da APDR, esta quinta feira no acto de presentación da Plataforma. O nacemento desta iniciativa --que prevé a convocatoria de diversos actos nas vindeiras datas-- sumouse ás campañas que xa están en marcha a prol da paralización da prórroga demandada pola pasteira. Como a recollida de sinaturas a través do portal web change.org ou a manifestación que terá lugar o 1 de xuño en Pontevedra. Organizacións integrantes da Plataforma 2018Anova BNG Colectivo nacionalista de MarínEquoEspazo EcosocialistaGaliza NovaISCANós-UP Partido da Terra PSdeG-PSOE 15-M Federación de Asociaciones de vecinos CastelaoOrganización galega de montes veciñais en man común Plataforma en defensa dos montes do MorrazoQueremos galego-Marín Almuinha Amarante Amig@s da Cultura Canón de pao Fundación Alexándre Bóveda Pavís-Pavós Verboxido
NOS_7014
O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, que se elevan a 441 durante os tres primeiros trimestres do ano. Os casos de aluger son xa 7 de cada 10.
O drama dos desafiuzamentos non cesa. O terceiro trimestre en Galiza manifesta un alza no número de despexos respecto o mesmo período de 2014, en especial dos relativos ao aluguer, que son xa case sete de cada dez casos, segundo as estatísticas do Consejo General do Poder Judicial (CGPJ). O descenso das execucións hipotecarias non frea o número de lanzamentos, un total de 441 en Galiza no que vai de ano. A suba rexistrada é do 0,5% en relación ao ano pasado. Unha tendencia que está relacionada co crecemento dos desafiuzamentos por aluguer, que aumentaron un 11,2% e representan o 67,7% dos despexos no país. Pola contra, os causados pola falta de pagamento da hipoteca baixaron un 4,4%. Menos concursos de acredores As estatísticas do CGPJ mostran unha caída do 45% o que, segundo o órgano xudicial, amosa "unha continuación do descenso experimentado ao longo do ano". No terceiro trimestre, o número de concursos declarados caeu á metade respecto de 2014.
NOS_12990
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) é unha das figuras máis recoñecidas da poesía galega, aínda que tamén escribiu novela, teatro, libros infantís, ensaios e uns imprescindíbeis volumes memorialísticos que afondan nas chaves históricas das últimas décadas. Non obstante, estes días é noticia por outra faceta do seu traballo: poeta visual e realizador de poemas obxecto desde hai anos, esta dimensión da súa obra está adquirindo un protagonismo que, segundo confesa, nunca pensou que puidese alcanzar. Aproveitamos a presentación dun documental sobre esta vertente da súa obra para conversar con el.
—O que empezou sendo un xogo acabou facendo unha parte importante dentro da súa obra. Efectivamente eu comecei con isto como se fose un xogo, como unha dedicación fundamentalmente lúdica. Por outra banda foi un proceso tardío, xa que comecei perto dos corenta anos. Mais pouco a pouco fun comprometéndome máis con ese traballo, comecei a expor as obras e non sei se me atrevería agora a dicir que estou "facendo arte", probabelmente si. En todo caso si que hai un antecedente longo: eu desde pequeno tiven unha grande afección polo mundo dos obxectos. Facía máquinas estrañas; logo fixen maquetas que regalaba, por exemplo, a propietarios de trens eléctricos; collía obxectos atopados nas praias e decorábaos… Mesmo tiven o propósito de facer cerámica, mais aburrinme axiña coas clases preliminares, que eran un horror. Quero dicir que sempre houbo unha pulsión obxectual que foi conducindo a isto. —E que o leva a terreos moi próximos á creación das vangardas históricas ou de autores como Joan Brossa. Si, das vangardas clásicas, das procuras e descubertas do dadaísmo ou ao campo do obxecto surrealista. Eu comecei facendo obxectos que efectivamente tiñan ese aire que os relacionaba coa tradición surrealista. Combinaba iso cunha certa querenza, que sigo tendo, co mundo da arte povera, porque sempre me interesaron moito os materiais pobres, deteriorados polo paso do tempo, erosionados... E nun momento dado, orienteime xa moi conscientemente cara ao mundo do poema obxecto na tradición de Brossa. Mais creo que, no conxunto desta parte da miña obra, hai un pouco de todo: poema visual, poema obxecto, e hai tamén escultura –entendida como assemblage, non como o traballo do escultor tradicional. Creo que o que mellor define o que fago neste terreo resúmese cun termo moi sinxelo: fago obxectos. —Mais resulta patente que -malia que nos movemos en terreos moi híbridos nos que nunca quedan de todo claros os límites entre poema obxecto, poema visual e outras variantes- existe sempre ese relampo poético que lle dá unidade a todas esas obras. Si, o parentesco entre o poema obxecto e o poema a secas é moi evidente porque proceden de procesos creativos de fulguración, que nacen do instante. Por outro lado, o resultado está directamente relacionado co poema porque na maioría das ocasións son metáforas. Tratan de combinar varios elementos nos que se buscan analoxías nadas da propia subxectividade. Ás veces son moi evidentes –no caso de Brossa, por exemplo-, e outras teñen un significado máis hermético. Creo que é a metáfora a que xustifica que lle sigamos chamando poemas a estes obxectos. Na escultura, en xeral, non é necesario que exista ese mecanismo metafórico, mais no poema obxecto si, é obrigado. E logo hai un terceiro elemento que é a procura da síntese, no que tamén existe un evidente diálogo coa poesía discursiva. —Non é moi habitual que se traballe no poema obxecto ou no poema visual na Galiza –con excepcións–, mais vostede busca unha xenealoxía na que escolle uns antecedentes que o emparentan coa tradición das vangardas, nomeadamente con Manuel Antonio, sobre todo na serie de máquinas de escribir. En moitos destes obxectos o material literario está incorporado e ás veces constitúe o tema central do obxecto. E claro, cando teño que escoller ese material literario, varro para a casa e atopo figuras como a de Manuel Antonio –cuxos poemas, en ocasións, poden verse como obxectos, pola disposición tipográfica– mais tamén o Cunqueiro vangardista ou mesmo Pondal. Autores nos que atopo esa "visualidade" que vén, unha vez máis, da metáfora. Desde moi pequenos temos unha extraordinaria capacidade de captar o mundo a través da analoxía. Logo xa empezamos a ser domesticados pola escola e a visión analóxica vai perdendo peso en favor da lóxica. —E malia a importancia que esta parte da súa obra foi adquirindo, é difícil que a crítica a teña en conta: semella que non existe a audacia necesaria para tratar como poema o poema visual ou o poema obxecto. Aínda que si o relacionan -en parte porque teñen traballos feitos en común– con Baldo Ramos, que desde o principio da súa carreira experimentou por esa vía. Si, Baldo Ramos xa comezou traballando con caligrafías, con obras letristas e, pouco a pouco, tamén co mundo obxectual. Cando nos coñecemos, xurdiu a posibilidade de colaborar, e acabamos facendo varios traballos xuntos. Agora mesmo temos entre mans un novo proxecto en colaboración. En canto á crítica, efectivamente, non repara nesa dimensión do mundo obxectual, malia que eu creo que existe un diálogo, un parentesco, entre a miña poesía discursiva e as miñas obras obxectuais. Eu mesmo non era consciente desta relación, mais co tempo vou vendo máis fíos que as unen. Obviamente, cando estou traballando non reparo nese tipo de cousas, mais ao parar e repasar os resultados, especialmente nas series, decátome de que existen moitas afinidades. —Se cadra, hai un deles que pode ter que ver cun texto que escribiu hai un certo tempo sobre o seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, no que falaba sobre a súa preocupación polas orixes. A poesía visual e obxectual –desde o dadaísmo– tamén está moi dirixida resignificar os obxectos do pasado. Non estaría o seu traballo marcado tamén por ese interese? Pois creo que si. Isto lévame a pensar no meu pai como coleccionista. El coleccionaba manuscritos, isto é público, pero tamén outras moitas cousas: tiña unha pequena colección, digamos festiva, de pequenas reproducións de mouchos, por exemplo. Tamén tiña esa querenza polo mundo obxectual, que é consubstancial ao coleccionista. A busca das raíces colectivas, e tamén individuais, é unha constante no traballo do meu pai e no meu mundo obxectual hai moito de brinquedo, de regreso ao xogo da nenez. E hai temas que fan referencia a ese mundo infantil, topicamente inocente, como o emprego de bonecos. Os cativos traballan coa analoxía, entenden perfectamente o mundo da metáfora, moito mellor do que pensan moitos pedagogos ou moitas persoas que se dedican á literatura infantil. Desde moi pequenos temos unha extraordinaria capacidade de captar o mundo a través da analoxía. Logo xa empezamos a ser domesticados pola escola e a visión analóxica vai perdendo peso en favor da lóxica. Pero quizais o que emparenta os nenos e os poetas é esa capacidade de ver o mundo a través da analoxía. —E en canto as orixes colectivas? Libros tan temperás como Arquitecturas da cinza ou Os documentos da sombra xa mostran ese interese. Si, na poesía discursiva si. Os documentos da sombra, por exemplo, ten unha vontade claramente épica que busca as orixes grupais da cidade como símbolo da humanidade. As referencias son as das orixes da cidade de Vigo, mais a palabra Vigo non aparece en ningún momento: falaba das orixes colectivas dunha forma máis ampla. —Pasaron moitos anos daquela polémica entre os poetas do grupo Rompente e os da súa xeración, a chamada Xeración dos 80. Non é curioso que vostede agora transite por camiños creativos que eles traballaban, por exemplo, naquela serie de libros, "Tres Tristes Tigres"? Como lembra aquela polémica? Ben, en realidade foi unha polémica que se reduciu a un par de artigos de xornal, aínda que logo se magnificou moito. Eles tiñan unha perspectiva neovangardista, que implicaba unha certa rebeldía ante formulas poéticas que consideraban conservadoras. Foron eles os que abriron fogo chamándonos poetas "municipalistas" porque gañabamos os premios de poesía convocados polos concellos [risas]. —E venecianos. Tamén, aínda que esa acusación de venecianismo aplicada aos poetas da miña xeración non se sostén. Foron moi poucos os que naqueles momentos mostraban esa delectación no mundo da materia, no glamour das viaxes... Hai moi pouco diso. Se en algo coincidimos cos novísimos foi na preocupación pola elaboración da linguaxe, que dalgunha forma contrarrestase a linguaxe lineal do realismo social.Mais tamén me gustaría matizar que a nosa reacción contra o empobrecemento da lingua era un enfrontamento só contra unha parte do que se estaba escribindo. Había autores nas décadas de 1960 e 1970 que eran referencia para nós, como Ferrín, como Iglesia Alvariño, como Celso Emilio, como Bernardino Graña… Os nosos referentes viñan tamén dun pasado inmediato. Pero si, pode que haxa certa conexión con esa parte de Rompente na que eu non reparei: o uso da colaxe, o debuxo ilustrado... O que vén das vangardas históricas, supoño. A nosa proposta de renovación lingüística e poética implicaba tamén unha rebeldía contra a linguaxe empobrecida do franquismo. —Falando da Xeración dos 80, non segue sendo moi mal entendida a súa obra, aquel traballo coa lingua que reaccionaba non só contra o realismo social, senón que tamén puña os alicerces para normalizar culturalmente a lingua? Semella que non se entende ben, aínda agora, aquel labor de "normalización poética". Pois efectivamente, penso que non, non acaba de ser ben entendido. Porque á parte do que estás dicindo da nosa contribución á normalización cultural, habería que considerar que a nosa proposta de renovación lingüística e poética implicaba tamén unha rebeldía contra a linguaxe empobrecida do franquismo. Son propostas de ruptura contra unha linguaxe comunal plana, pobre, que vén directamente do fascismo. É unha dimensión que estou redescubrindo agora, lendo a Germán Labrador que, estudando poetas españois do grupo dos novísimos, descobre unha aposta por unha linguaxe rica e complexa que marcaba sinais de identidade colectiva fronte ao discurso reseso e anquilosado da sociedade franquista. Esa parte nunca se tivo en conta cando, a partir da década dos 90, xorde unha nova xeración que xa atopa ese camiño aberto e decide esquecer o noso papel naquela renovación. —Nun momento ademais, no que o mundo cultural galego era un proxecto incipiente, a nivel industrial. O mundo editorial galego non estaban instalado como o estivo despois. Sentíanse sós naquel labor? Por unha banda si, é certo o que dis: as editoriais, as publicacións literarias... eran aínda moi recentes. Pero tamén teño que recoñecer que tivemos moita sorte, non podemos negalo. Tivemos sorte coas antoloxías –que se publicaron moitas–, cos medios de comunicación… Non podemos esquecer que foron anos de certa esperanza, de certo optimismo. Aínda dentro do desencanto que marcou aqueles anos, había unha luz que se impuña ás tebras da ditadura. Había unha enerxía colectiva na cultura galega -baseada na esperanza de renovación, de que se podía construír algo noso- moi contaxiosa. Desde ese punto de vista non me sentín só, porque ademais o noso grupo era moi compacto, os lazos de amizade eran moi sólidos. Viámonos moito, participabamos en moitos recitais e, ademais, tiñamos ao noso lado poetas maiores da envergadura de Ferrín ou de Bernardino Graña, que nos apoiaron moito. Antón Avilés de Taramancos, cando chega de Colombia, fai unhas declaracións en que vén dicir que se considera un poeta dos 80: con quen estabelece relación literaria e connosco. Luz Pozo Garza tamén nos apoiou desde a revista Nordés. E o diálogo co Ferrín era permanente. Foi un referente absoluto. Con pólvora e magnolias contén unha proposta cara ao futuro que estabeleceu, realmente, case todo o que veu despois. —Vostede non só participou dese ambiente cultural senón que, dalgún modo, adoptou un papel de memorialista –estaba pensando agora nos dous libros que escribiu sobre Avilés– que relatan e ponderan o que ocorreu. Libros como Tempo do pai, sobre o seu pai, son case inescusábeis para entender o que sucedeu nas últimas décadas. Até que punto pertencer a unha familia como a súa, moi significada a nivel cultural e político, non lle pesou para aceptar ese rol? Meu pai é, naturalmente, unha referencia decisiva na miña vida. Pero el era unha persoa moi pouco impositiva: a súa obra fómola descubrindo non por indicación súa, senón pola natural curiosidade de saber que escribía. E aí descubro chaves coas que me identifico. Logo, a partir do seu falecemento, é cando vou remexendo nos seus arquivos, ordenándoos, e comezo a escribir unha obra –Memoria de poeta– que é autobiográfica pero que, obviamente, tamén quere abranguer o meu tempo, tamén ten vocación colectiva. E logo sentinme incitado a escribir Tempo do pai e a novela As últimas galerías, coa figura de miña nai como referente, aínda que non é estritamente biográfica. Creo que eses tres libros forman unha inconsciente triloxía que é familiar pero que serve para valorar unha época. Aquel antifranquismo que supostamente nos unía a todos tamén nos confundiu, porque nos levou a pensar que todos os antifranquistas se situaban na esquerda ou que estaban próximos ao nacionalismo —E existe unha clara vertente política que xa se anunciaba en moitas das súas obras poéticas e que retrata certas posicións do mundo da cultura galega. Aquel antifranquismo que supostamente nos unía a todos tamén nos confundiu, porque nos levou a pensar que todos os antifranquistas se situaban na esquerda ou que estaban próximos ao nacionalismo. E claro, non era así, había un abano enorme de posicións ideolóxicas no mundo cultural galego. Eu claro que me posiciono moi cedo no antifascismo e que trato de desvelar as chaves daquel terror instaurado durante décadas e que nos afectou a todos. A memoria herdada do fusilamento do meu avó [Darío Álvarez Limeses, asasinado en Tui en outubro de 1936], do desterro do meu pai e da familia completa, que é constantemente controlada e vixiada, acaba por xerar unha rabia que eu vexo viva en moita xente que sufriu esa represión. Eu síntome comprometido coa causa da memoria histórica non só por razóns obxectivas de carácter ético e de obriga moral, senón tamén por unha especie de pulsión biográfica que me fai sentir como se vivise directamente aqueles acontecementos. Vén do relato familiar, si, pero a medida que fun coñecendo os detalles, sentín que eu estaba alí, en Tui, o 30 de outubro de 1936. Desde unha chave puramente humana, saber que vas morrer, que te van fusilar e que non vas poder ver a túa muller e os teus fillos, paréceme un dos maiores horrores que se poden vivir. E cando fun descubrindo os detalles, xa de adolescente, empecei a sentir todo ese horror en carne propia. —Se cadra, na actualidade estamos frivolizando demasiado sobre un pasado que, dalgunha maneira, segue ocultando ese horror. Absolutamente. A xente di parvadas como que iso non se pode repetir agora, sen decatarse de que iso vén repetíndose periodicamente desde hai centos de anos. E se non nos protexemos activándonos desde a esquerda, a ameaza pode converterse en realidade.
NOS_34333
Medio Rural pretenden que haxa menos de 411 incendios.
O plan de loita contra o lume da Galiza (Pladiga) para 2022 inclúe novidades como a modernización do centro de coordinación, o aumento até ter 148 videocámaras -seis máis que en 2021- e a compra de novos drones. A Xunta fíxase o obxectivo de que non ardan máis de 16.187 hectáreas, cifra resultante da media da última década. Así figura no Pladiga deste ano, documento provisional ao que tivo acceso Europa Press e que se prevé aprobar no Consello da Xunta da vindeira semana. Todo iso despois dun 2021 no que se queimaron 4.403 hectáreas, terceira cifra máis baixa no últimos dez anos. As parroquias en alto risco por incendios aumentan 25% nun ano Como outras metas, a Consellería de Medio Rural márcase que haxa menos de 411 incendios e que estes sexan de menos de 6,5 hectáreas de media. Espérase que 70% non supere o tamaño dunha hectárea de extensión. O Pladiga mantén de forma global o dispositivo de medios do ano anterior. De tal forma, o documento de 2022 recolle no alto risco 19 medios aéreos da Xunta e entre 8 e 9 do Estado, do mesmo xeito que en 2021. Se se elimina o valor máis alto e o máis baixo do últimos dez anos, a Xunta establece como fin non superar as 12.223 hectáreas arrasadas ao longo do actual exercicio. Ademais, outro obxectivo é o de non superar as oito situacións de tipo 2 -aquelas que pon en risco casas- declaradas (en 2021 só foron tres). O tempo de reacción ante incendio quérese reducir de 21 minutos, á vez que se tentará baixar das 4 horas e 17 minutos o período medio para terminar cos lumes. Renovación De tal forma, o Pladiga recolle a aposta pola renovación do Centro de Coordinación Central, situado na capital galega, cun novo sistema de visualización. Tamén se vai a acondicionar un novo centro de coordinación provincial en Ourense, que permitirá visualizar en tempo real todos os incendios da zona. Contará cun lugar específico para o despregamento do Centro de Coordinación Operativa, área de reunións e videoconferencias. Pola súa banda, as videocámaras aumentan de 142 (que xa cubría ao redor 70% do territorio) a 148, co seu emprazamento en 74 localizacións (tres máis) polo territorio. Haberá novas cámaras con detección térmica, que permitirá "detectar puntos quentes mesmo en situacións de escuridade total". Así mesmo, compraranse 13 motobombas, vaise renovar o parque móbil de todoterreos, mellorarase a rede de puntos de encontro e modernizaranse os equipos, por exemplo a dotación de roupa técnica de inverno para os bombeiros forestais das 282 brigadas. Outro dos puntos que figura neste documento é o de continuar coa elaboración da nova lei de loita integral contra incendios, que "está previsto que poida ser aprobada en 2022". O texto abordará cuestións como as figuras das "paisaxes mosaico", así como dar un impulso "decidido" á xestión das franxas secundarias -próximas a vivendas- mediante a actividade agrogandeira e a plantación de frondosas. Pola súa parte, o Pladiga mantén de forma global o dispositivo de medios do ano anterior. De tal forma, o documento de 2022 recolle no alto risco 19 medios aéreos da Xunta e entre 8 e 9 do Estado, do mesmo xeito que en 2021.