ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_17999 | O sindicato rexistrou unha queixa ante a Valedora do Pobo, alertando de que os ataques da fauna salvaxe a explotacións agrogandeiras constitúen "un problema case estrutural" que ante a falta de resposta do Goberno galego está a ser "custeado polas propias granxas". | ADEGA reclámalle á Xunta políticas e recursos para protexer o lobo e favorecer a coexistencia coa gandaría O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de queixa dirixido á Valedora no que se denuncia o "abandono de funcións" da Xunta ante os ataques de lobo e xabarín. O sindicato alerta de que os ataques da fauna salvaxe a explotacións agrogandeiras constitúen "un problema case estrutural" que ante a falta de resposta do Goberno galego está a ser "custeado polas propias granxas". Cualifica a situación de "gravísimo problema" e subliña que "a Xunta segue sen facer nada para solucionalo a pesar de ser coñecedora do feito". O SLG critica a baixa contía das compensacións económicas, que só cobren "unha mínima porcentaxe do perdido" e chegan "tras superar un labirinto burocrático e unha espera de tres anos ou máis" O SLG critica a baixa contía das compensacións económicas, que só cobren "unha mínima porcentaxe do perdido" e chegan "tras superar un labirinto burocrático e unha espera de tres anos ou máis". O sindicato advirte igualmente de que os únicos danos polos que se poden reclamar estas "cativas indemnizacións" son os producidos por lobos ou xabarís, quedando sen ningún tipo de cobertura outros moi comúns, coma os provocados por corzos, corvos ou cans salvaxes. Para o Sindicato Labrego Galego, a única solución posible é que a Xunta "asuma a responsabilidade civil subsidiaria dos danos causados pola fauna salvaxe, cubrindo o 100% dos mesmos e o lucro cesante provocado". Para ilustrar esta problemática, o SLG organizou este martes dúas visitas a granxas afectadas polos ataques do xabaril no concello da Estrada. Xosé Manuel Gestoso, gandeiro de Santeles (A Estrada), calcula que este ano os xabaríns provocaron estragos en 3 das 30 hectáras de millo da súa propiedade, un 10% da colleita. "Estamos aburridos de denunciar. Algúns pediron axuda, e concedéronlla; a outros, non. E pagan tarde, mal e arrastra, supoñendo que paguen. Algunha solución teñen que buscarlle porque isto só pode ir a peor", denuncia Gestoso. Unha situación semellante é a que sufriu Rosa Basteiro na súa granxa da parroquia de Codeseda (A Estrada). "A Administración fai ouvidos xordos ás nosas queixas e sentímonos totalmente indefensos. O xabarín estraga os regadíos, os prados, o millo, as patacas, a horta... Levamos padecendo este problema dende hai 25 anos", di. Rosa Basteiro afirma que solicitou compensacións da Xunta hai dous anos, cando os xabaríns lle estragaron a metade dunha finca: "Cumprimos todos os requisitos e rexistramos a solicitude en prazo pero, a día de hoxe, aínda non tivemos contestación", denuncia. O eucalipto, parte do problema O sindicato engade que a extensión do eucalipto está a incrementar a voracidade do xabarín, ao deixar este animal sen alimento O sindicato engade que a extensión do eucalipto está a incrementar a voracidade do xabarín, ao deixar este animal sen alimento. Está a implantarse un tipo de bosques de monocultivo de eucalipto nos que estes animais non se poden alimentar -ao contrario doutras especies arbóreas coma o castiñeiro ou as do xénero quercus (carballo, sobreira, aciñeira, etc.)-, obrigando os animais buscar a súa supervivencia atacando os cultivos. O SLG apunta finalmente que "a caza non é a solución", pois "non só non contribúe a solucionar os problemas; senón máis ben a agravalos, socializalos e dificultar a súa solución. As competencias de protección da fauna -e da súa xestión- son públicas e administrativas, sen que sexa admisible que a Xunta mire para outro lado". Hai dúas semanas ADEGA presentou un informe sobre a presenza do lobo en Galicia e os prexuízos que causa nas explotacións gandeiras, denunciando que "a desatención da Administración ante este problema xera unha frustración e desanimo que finalmente, case sempre, acábase cebando co lobo". |
NOS_12681 | O conselleiro Román Rodríguez non descarta que un empeoramento dos contaxios por coronavirus en Ourense obrigue a tomar unha decisión sobre a continuidade da ensinanza presencial, que, en todo caso, corresponderá ás autoridades sanitarias. | A preocupación das autoridades sanitarias da Galiza ante a evolución epidemiolóxica negativa da área de Ourense tamén se reflicte no ámbito da educación, onde o impacto do coronavirus tamén se fai notar. Segundo os últimos datos facilitados pola Administración galega, nos distritos de Ourense, Verín e Valdeorras os casos positivos por coronavirus xa superan o centenar nun contexto no que se confirman máis contaxios que no resto de zonas da comunidade. Perto de 400 positivos nas escaolas O sistema educativo galego trasladou 375 positivos en activo até a pasada sexta feira, dos que 102 correspóndense coa área de Ourense. Son 14 máis dos rexistrados a xornada anterior, 10 no caso da zona de influencia do municipio das Burgas. De feito, a cidade de Ourense é a que maior número de contaxios acumula, co CEIP As Mercedes á cabeza, con 12 positivos, nove deles na mesma aula, xa clausurada. As autoridades tamén observan con inquietude a evolución noutras comarcas. É o cao do IES O Ribeiro de Ribadavia, que conta xa cun total de sete casos confirmados por Covid-19, malia non decretarse o fechamento de ningunha aula. O informe das autoridades sanitarias desvela, ademais, varios casos de centros que se suman ao cómputo nos municipios da Coruña, A Laracha, Betanzos, Culleredo, Ortigueira, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Arnoia, Avión, Barbadás, Maceda, San Cristovo de Cea, Xinzo de Limia, Pontevedra e O Porriño. Vigo lidera o fechamento de aulas Xunto á área de Ourense, a da Coruña segue como unha das áreas de maior incidencia en centros de ensino e escolas infantís, con 76 positivos, ademais da de Pontevedra cuns 50 casos. Vigo, pola súa banda, conta con tres contaxios en activo menos que este venres -43 en total-, pero ten máis da metade das aulas clausaradas en todo o territorio, 12 dun total de 28. Suspensión da presencialidade Sobre a situación na área sanitaria de Ourense e ante un posíbel empeoramento dos contaxios por coronavirus, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asegurou que o fuuro da ensinanza presencial está en mans das autoridades sanitarias. Ante un contexto "tan complicado e complexo" son elas quen teñen que valorar e decidir se cómpre un endurecemento das medidas adoptadas. Aínda que a prohibición de reunións de persoas que non convivan funcione e dea resultados nos próximos días, non se descarta que sexa necesario un confinamento perimetral para conter o número de contaxios, un escenario que comprometería a continuidade das aulas presenciais. Unha decisión, dixo Román Rodríguez, que dependerá totalmente do que "as autoridades sanitarias expoñan e recomenden". "Obviamente esperemos non chegar a esta situación", sinalou, para lembrar que nese hipotético caso, a Xunta conta xa cun plan de continxencia cunha serie de accións e medidas de reforzo formativo e de equipos e dotacións para o ensino telemático, que confía en "que non sexa necesario activar e que a cidade poida saír desta situación". |
PRAZA_19839 | ENTREVISTA | Germán Velásquez abandonou a OMS denunciando o control que na organización exercen as grandes farmacéuticas. Agora, dende o Centro do Sur traballa por garantir o acceso universal aos medicamentos. Interveu este martes na segunda xornada da Semana Galega de Filosofía | O colombiano Germán Velásquez abandonou en 2010 a Organización Mundial da Saúde (OMS), na que traballara durante máis de dúas décadas, denunciando o control que nela estaban a exercer as grandes compañías farmacéuticas. Agora pelexa polo acceso universal aos medicamentos dende o Centro do Sur, unha organización intergobernamental que axuda os países en desenvolvemento a defender os seus intereses comúns nos foros internacionais de negociación. Velásquez foi o poñente principal da segunda xornada da Semana Galega de Filosofía, que esta semana se celebra en Pontevedra, onde falou sobre A industria do medicamento Velásquez salientou que dende finais da década dos 80 se foi afianzando un pensamento baseado no acceso á saúde "como un desafío económico" e non como un dereito Velásquez salientou que dende finais da década dos 80 se foi afianzando un pensamento baseado no acceso á saúde "como un desafío económico" e non como un dereito. Neste contexto os grandes laboratorios foron gañando poder económico e político, acabando por ser "empresas financeiras que secundariamente producen bens de consumo que poden curar". Millóns de persoas en todo o planeta non teñen acceso a determinados medicamentos por culpa dos seus elevados prezos. O problema é o sistema de patentes? A base do problema dende hai tempo son as patentes, porque as patentes introducíronse no mercado para produtos farmacéuticos hai agora 20 anos, cando se creou a Organización Mundial do Comercio. O que sucedeu máis recentemente, nos dous últimos anos, e que constitúe un cambio de paradigma, é que por primeira vez na historia hai un medicamento -o tratamento contra a Hepatite C- que os países máis desenvolvidos non conseguen pagar, ben sexan os seguros públicos en Europa Occidental, ben os seguros privados nos Estados Unidos. O cambio é que isto xa non é só un problema dos países en desenvolvemento, senón que é un problema global que afecta a todo o mundo. "Por primeira vez na historia hai un medicamento -o tratamento contra a Hepatite C- que os países máis desenvolvidos non conseguen pagar. É un cambio de paradigma" Co tratamento para a Hepatite C vimos como o laboratorio que o fabricou estableceu negociacións cos distintos gobernos, iniciándose un regateo que nalgúns momentos tomou aparencia de chantaxe... Si. Gilead sacou o Sovaldi cun prezo de 84 mil dólares, cando o seu custo de fabricación foi de 60 dólares. España chegou a un acordo para pagar 13 mil dólares por persoa despois dunha negociación moi longa e moi arbitraria, pois en Francia o Goberno paga 41 mil euros, Alemaña paga 50 mil euros e Australia paga só 3 mil dólares. É un cambio de paradigma: a industria farmacéutica responde que eles son un negocio e que debe responder en primeiro lugar ante os seus accionistas e non ante os enfermos. Nos Estados Unidos a industria farmacéutica está tendo unha media de beneficios do 17%, mentres que o resto de sectores se move como moito no 3,1%. "A primeira solución pasa por aplicar o sistema de licenzas obrigatorias, garantindo o dereito dos países por razóns de saúde pública e de orde económica a retirar as patentes" Cal é a solución a esta situación? Como se garante o acceso aos medicamentos? Xenéricos, licenzas obrigatorias, maior control da actividade das farmacéuticas, garantías para a investigación pública...? Non hai unha solución única, hai unha serie de solucións que combinadas poden tratar de mellorar a situación ou cando menos manexala. A primeira pasa por reforzar e aplicar o actual sistema de licenzas obrigatorias, garantindo o dereito dos países por razóns de saúde pública e de orde económica a retirar a patente, permitindo que ese medicamento poida ser producido por outros fabricantes para conseguir prezos máis baratos. Outra solución pasa por unha maior regulación da industria farmacéutica. Son monstros que case sempre teñen a súa sede en paraísos fiscais, de Luxemburgo a Irlanda, que producen en países como Tailandia e cuxa propiedade e control están moi diluídos. Exercen moita presión sobre os gobernos e os partidos políticos en todos os países, financiando campañas electorais e asegurándose de que a lexislación segue a ser favorable aos seus intereses. Trataríase de regresar a un sistema no que haxa máis control, para que os medicamentos que se saquen ao mercado sirvan para tratar as patoloxías realmente existentes. A investigación centra os seus esforzos en determinadas doenzas en función do beneficio económico que poden xerar os seus tratamentos? A investigación privada deséñase exclusivamente en función dos mercados económicos potenciais. Non depende da prevalencia das enfermidades, porque en moitos países moi afectados por unha doenza nin o Estado nin o paciente teñen capacidade de compra dos tratamentos. Céntranse polo tanto en enfermidades con grande incidencia nos países ricos, coma o cancro, ou mesmo en doenzas que eles mesmos crean, coma o trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH), que ata hai pouco non requiría medicación nos protocolos empregados. "A OMS cambiou substancialmente porque a organización sufriu nos últimos anos un proceso de privatización alarmante" Vostede traballou dúas décadas na Organización Mundial da Saúde, que abandonou hai uns anos. Cambiou a forma de operar da OMS? A OMS cambiou substancialmente porque a organización sufriu nos últimos anos un proceso de privatización alarmante. Hai 20 anos, máis do 51% do orzamento da OMS procedía das achegas dos 194 países membros, e hoxe estes fondos dos Estados representan menos do 20% dos ingresos da Organización. A industria farmacéutica e fundacións privadas achegan o 81% restante. Isto fixo que esta entidade, que tiña como función a regulación da saúde pública en todo o mundo, perdera a súa independencia e neutralidade. "En países como España, Reino Unido ou Alemaña, onde a saúde e o acceso aos medicamentos é un dereito dende hai tres xeracións, vai ser moi difícil que consigan acabar co sistema público" Algunhas voces repiten que os actuais sistemas públicos de saúde en Europa Occidental son insostibles, unha situación que serve para xustificar as privatizacións ou o copago de medicamentos. Como ve o futuro da sanidade pública? Hai forma de salvar os actuais dereitos ou mesmo de recuperar as garantías perdidas? Os únicos servizos de saúde que funcionaron ben nas últimas décadas, mesmo moi ben, foron os de Europa, financiados exclusivamente con fondos públicos a través dun sistema de redistribución da riqueza. O sistema menos eficaz e máis caro do mundo é o norteamericano, financiado de forma privada e que funciona a través de compañías con obxectivos de lucro. Hai un discurso que se quere difundir, que sostén que o sector público é ineficiente e que o privado é eficiente; pero isto queda totalmente desacreditado cos escándalos de corrupción que nos últimos anos afectaron tamén ao sector privado en España, Francia ou Italia. A privatización de hospitais por motivos de rendibilidade e suposta boa xestión implica pecharlle as portas a quen non pode pagar. En países como España, Reino Unido ou Alemaña, onde a saúde e o acceso aos medicamentos é un dereito dende hai tres xeracións, vai ser moi difícil que consigan acabar co sistema público. Esta é unha gran diferenza co resto dos países, onde o pagamento dos medicamentos debe facelo de forma privada o paciente. A sociedade é consciente dos seus dereitos e por iso a defensa da sanidade pública é unha esixencia que sempre lle van facer aos políticos. |
PRAZA_9942 | A socióloga Saskia Sassen foi a encargada de abrir este luns a Semana de Filosofía de Pontevedra, que este ano está centrada nas Fronteiras. Na súa conferencia alertou dos mecanismos especulatuvos dos poderes financeiros e dos procesos de expulsión provocados polas compras masivas de terras e vivendas | Este luns deu comezo unha nova edición da Semana de Flosofía de Pontevedra, que nesta ocasión xira ao redor do concepto de Filosofía e fonteira. Polo Teatro Principal pasarán ata o venres pensadores e pensadoras como Boaventura de Sousa Santos, John Holloway, Ángeles Ramírez, Ángeles Díez ou Buchraya Hamudi Bayun, representante da Frente Polisaria en Alxeria, que ofrecerá a cerimonia de clausura. A apertura, este luns pola mañá, correspondeu a Saskia Sassen, especialista en globalización, desigualdade e socioloxía urbana e profesora na Universidade de Columbia, nos Estados Unidos, que recibiu no ano 2013 o Premio Príncipe de Asturias. Entre as súas obras destaca La Ciudad Global e as máis recentes Inmigrantes y ciudadanos: de las migraciones masivas a la Europa fortaleza e Expulsiones. Brutalidad y complejidad en la economía global, que afondan nas temáticas sobre as que xira nesta ocasión o encontro organizado pola Aula Castelao de Filosofía.A conferencia impartida por Sassen. "Formacións depredadoras vestidas con traxes de Wall Street e matemática algorítmica", serviu para explicar os mecanismos complexos (que botan man de elaboradas ferramentas tecnolóxicas e matemáticas) que están a ser utilizados nos procesos de apropiación económica, de terras e de vivenda e que teñen como resultado a expulsión de persoas e grupos dos lugares onde viven e traballan."Dende 1980 grandes compañías financeiras mercan grandes cantidades de vivendas, fan algunha reforma, elevan o seu prezo e expulsan a todas as persoas de rendas baixas"Como son estes mecanismos dos que falaches da túa charla? Que efectos están provocando na voda das persoas?Na actualidade hai moitos instrumentos a partir dos cales aqueles que teñen poder e diñeiro, os poderes financeiros, poden modificar as condicións de vida nunha cidade, por exemplo incrementando o prezo dos alugueiros para a xente modesta ou eliminando barrios pobres para poñer casas de luxo no seu lugar. Isto está pasando en todo o planeta e é algo moi grave. Dende 1980 nas sociedade occidentais comezan a darse cambios significativos nas cidades que en moitas ocasións son invisibles; grandes compañías financeiras mercan grandes cantidades de vivendas, fan algunha reforma, elevan o seu prezo e expulsan a todas as persoas de rendas baixas. O sistema financeiro funciona en base á matemática algorítmica, non ten nada de que ver coa economía tradicional e por iso ten unha flexibilidade enorme á hora de cambiar o significado de algo: un edificio xa non é un edificio, é un conxunto de valores. Cando a xente fala de que na actualidade hai un problema de xentrificación nalgúns barrios, eu respondo ogallá só fose iso. É algo moito máis grave e máis profundoEste proceso dáse nas cidades coa vivenda e co solo, convertido nunha materia prima coa que especular, pero o proceso dáse en todos os ámbitos, por exemplo coa compra de terras nos países do sur, expulsando delas ás súas poboacións orixinais. O mecanismo é semellante?Si, totalmente. Douche varios exemplos: países e grandes empresas estiveron mercando inmensas extensións de terra en América Latina, África e grandes zonas de Asia. Mercan terras para extraer delas toda a auga de poden, e cando rematan de extraer a auga, abandonan o lugar e o que quedan son terras mortas. Na India o Goberno tivo que expulsar a Coca-Cola, porque utilizara toda a auga subterránea dun dos seus Estados. Estas empresas e países tamén mercan millóns de hectáreas de terra para cultivo, expulsando os seus produtores orixinais. Hai unha procura desesperada de terras e de auga, parece un regreso a un tempo anterior, cando o home se desprazaba buscando alimento e fontes. E a consecuencia é que millóns de persoas son expulsadas dos seus lugares de orixe e rematan sendo refuxiadas."Hai unha procura desesperada de terras e de auga. A consecuencia é que millóns de persoas son expulsadas dos seus lugares de orixe e rematan sendo refuxiadas"Nos países do primeiro mundo ponse o foco nos efectos (o incremento de fluxos de poboación que marcha dos seus países porque xa non ten condicións para unha vida digna) e non nas causas destes procesos?Hai unha nova sistematicidade na acción dos grandes poderes financeiros. Son movementos moi invisibles pero que ao mesmo tempo son moi materiais. Cando teñen lugar todos estes procesos de acaparación de terras e de auga e de posterior expulsión de poboacións enteiras, o Produto Interior Bruto do país amosa un crecemento, porque iso está xerando unha riqueza, pero esa riqueza non vai para os produtores e ademais estas accións están matando as terras, que quedan inertes despois de varias décadas. E o peor é que cando os expulsados, convertidos xa en refuxiados, chegan a un país do norte, na fronteira dinlles: 'pero vostedes veñen dun país que está tendo crecemento económico, que fan aquí?'.Nos países do sur global hai xa tempo que as loitas pola terra e polas producións locais adquiriron un papel protagonista. Podería facerse unha equivalencia nos espazos urbanos de Europa, por exemplo nas loitas pola vivenda, na defensa do comercio local e outras loitas nos barrios?"Cando a cafetería de toda a vida é substituída por unha franquía dunha multinacional, os seus ingresos marchan do país ou cando menos marchan do barrio"Exactamente, a loita é parecida. O pequeno comercio, nos barrios, favorece unha economía circular e localizada, que deixa riqueza no mesmo lugar. Cando a cafetería de toda a vida é substituída por unha franquía dunha multinacional, os seus ingresos marchan do país ou cando menos marchan do barrio. Son empresas que teñen dinámicas extractivas e derivan todo cara á súa central, o mesmo que as empresas mineiras. Barcelona comezou a poñer límites ás franquía na cidade e ese é o camiño.Que aprendeu a nosa sociedade da crise económica que se iniciou hai 11 anos? Que aprenderon os poderes financeiros?Creo que a sociedade algo aprendeu. Aprendeu os límites de certas modalidades económicas que parecen ser moi avanzadas e beneficiosas, pero non o son, como as franquía. O único que lles interesa é extraer a maior riqueza posible dese lugar, pero dálles igual a saúde do barrio. Por outra banda, as grandes compañías financeiras afianzaron este proceso de financiarización de elementos materiais, os assets, como edificios ou terras, que son transformados en simples valores, que poden ser valorados, divididos e vendidos. Xa non funcionan con activos derivados, iso é algo que nos deixan aos demais. |
PRAZA_17015 | A empresa do grupo Deutsche Bahn entraría a competir e mesmo mellorar o servizo ferroviario que ofrecen a medias Renfe e Comboios entre Galicia e Portugal | Arriva, filial en España do grupo Deutsche Bahn, principal operador de viaxeiros de Europa, vén de solicitar á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorización para operar un servizo de trens de pasaxeiros entre Porto e A Coruña. De concretarse, a empresa ata o de agora centrada en Galicia e Portugal no transporte por estrada pasaría a competir e mesmo mellorar o servizo ferroviario entre as dúas beiras do Miño que agora ofrecen as públicas Renfe e Comboios. A empresa do grupo Deutsche Bahn entraría a competir e mesmo mellorar o servizo ferroviario que ofrecen a medias Renfe e Comboios entre Galicia e Portugal Actualmente o servizo de tren Celta operado a medias entre Renfe e Comboios realiza dúas viaxes diarias entre Vigo e Porto e outras duas en sentido inverso, a primeira hora da mañá e última da tarde. Porén, Arriva quere realizar catro viaxes diarias en cada sentido e estender o servizo ata A Coruña, algo que con Renfe só é posible con transbordo en Vigo. O servizo que quere prestar Arriva contemplaría paradas intermedias entre A Coruña e Porto en Santiago, Pontevedra, Vigo-Guixar, Valença e Nine, e as viaxes terían unha duración total de 2 horas e 46 minutos, tempo inferior ao que se tarda por estrada. Ademais, a compañía prevé complementar o servizo con conexións con autobuses. En Alemaña Deutsche Bahn, matriz de Arriva, é o principal operador ferroviario A nova conexión de tren, de concretarse, sería unha das primeiras que se poñan en funcionamento en España ao amparo da liberalización dos servizos ferroviarios, algo máis avanzada para as mercadorías pero que non acaba de arrancar para os pasaxeiros. Pola contra, en Alemaña Deutsche Bahn, matriz de Arriva, é o principal operador ferroviario e tamén presta servizos transfronteirizos. O novo servizo non só se beneficiaría dese coñecemento previo da empresa na materia e da mellora dos últimos anos no Eixo Atlántico entre A Coruña e Vigo senón tamén das obras que xa ten en marcha Portugal para mellorar a súa parte do traxecto entre Porto e Valença. |
NOS_2493 | As brigadas cidadáns están mans á obra. Fouciños, gadañas, serras ou desbrozadoras son as armas que empregan para denunciaren o desleixo institucional. Asociacións ecoloxistas e culturais móvense para mirar polos bens comúns. Tanto limpan praias e recuperan fontes como adecentan mosteiros. | Onte mesmo, sábado día 29 o colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos achegouse á fonte dos Corrais, en Serantes para limpar a pedra e o desaugadoiro. O abandono do manancial, só mirado por algún viciños, fixo que se convertera en obxectivo de Acción Directa que actúa na comarca de Ferrol. A cada pouco, o colectivo sorprende con actuacións que teñen como fin a conservación e recuperación do patrimonio mais tamén a denuncia do desleixo dos poderes públicos. Hai só unha semana, Acción Directa anunciou a primeira "Operación Fouciña", que consistiu en limpar herba e maleza das medianas para evitar os riscos cidadáns. A acción desenvolveuse desde a rotonda das Pías até Catabois. Deron con herbas de dous metros de altura que dificultaban a visibilidade e volveron co tema que lle lembran ao Concello en cada unha das súas iniciativas: o gasto de 812.000 euros para a Praza de España, obra que consideran innecesaria e reclaman para urxencias de persoas no desemprego, "mediante a creación de cuadrillas de traballo, escolas taller especializadas na reparación, limpeza e saneamento dos espazos públicos". Abonda consultar o seu blogue para coñecer a relacións de accións que levan desenvolvido. Entre elas, un feixe de "accións sorpresa" como a limpeza e recuperación do lavadoiro na Cabana,a limpeza da fonte de Chamorro ou a erradicación dunha especie invasora no barrio de Caranza. Desde a cidadanía Regatos, prazas, muros, fontes, praias, miradores ou xardíns son obxectivo de Acción Directa un colectivo composto por "cidadáns concienciad@s co valor patrimonial, paisaxístico e ecolóxico da comarca e outr@s cidadáns que se atopan en situación de desemprego que queren facer visible a grave situación que están a padecer". Para accións sobre o patrimonio natural contan co asesoramento de Adega, Verdegaia ou SGHN. Tamén Adega bota man na súa actividade do "voluntariado" ecolóxico para denunciar e facer ver a enerxía cidadá contra a impasividade da administración. A máis recente foi neste mesmo mes de xuño cando, por mor do Día Mundial dos Océanos, desenvolveron unha acción de limpeza simultanea de praias ao longo de todo o litoral. Do voluntariado tamén tira a asociación ecoloxista para as accións do Proxecto Ríos ou a iniciativa Charcas con Vida. O De-Ambulatorio para o románico O entusiasmo das persoas asociadas e das que se suman en cada saída é o principal patrimonio de O Sorriso de Daniel, a asociación de defensa e promoción do románico que converte cada acción nun acontecemento. A máis recente, dúas xornadas de limpeza en San Paio de Abeleda a mediados de xuño, no intento que teñ en agora como obxectivo de conseguir traer á vida o único mosteiro da Ribeira Sacra aínda sen reconstruír. Abonda deterse na crónica fotográfica e literaria do seu blogue para achegármonos á relevancia que para a asociación teñen estas saídas nas que limpar significa compartir un patrimonio comunitario e botar un berro enérxico e entusiasta para reclamar a súa conservación. O que chaman "De-Ambulatorio Románico", as accións directas sobre o patrimonio queren ser, segundo din, "unha voz que alerta, unha man que axuda, un corazón que alenta". En Abeleda tiraron herbas, despoxos, madeiras... cun traballo voluntario que agarda unha segunda parte, a dos profesionais que teñen que mirar as posibilidades que ten o mosteiro de volver á vida. Anunciaban no Sorriso que ao día seguinte da limpeza empezarían a "traballar para que sexa a hora dos profesionais e San Paio de Abeleda non caia no esquecemento". Pouco máis de un mes antes, por volta de fins de abril, a brigada do patrimonio dirixírase a San Estevo de Ribas de Sil para desenvolver unha limpeza programada na ábsida da igrexa. A crónica, outravolta, dá conta do significado que para a asociación ten mobilizar tantas mans para axeitar o patrimonio do románico. "Por detrás da desbrozadora traballan todos e todas. Con sachos, con legoñas, con fouciños, con forcadas, con enciños, con tesoiras de podar... Coas mans. E entre ¡penso que xa teño maniotas! ¡moito me doe o lombo ultimamente! ¡cámbiame o angazo que con este non me axeito! Alguén recibe un whatsapp: "Ánimo! Uns científicos australianos din que reuniron probas que demostran que existe a Dirección Xeral de Patrimonio". |
NOS_6765 | Sarabela teatro estreou 'Viaxe a ningunha parte', unha adaptación da novela e película de Fernándo Fernán Gómez, como a aposta máis forte da compañía esta temporada. As representacións continuarán até o 29 de setembro. | "Para nós facer teatro é unha necesidade vital" afirma Ánxeles Cuña Bóveda, directora de Sarabela, na páxina web da compañía. E paixón e alimento para o espírito é o que atoparon con "Viaxe a ningunha parte", a nova produción que representarán en Ourense até o día 29 deste mes. A obra, baseada na novela que publicou Fernando Fernán Gómez en 1985, recolleu varios premios no seu paso polo cine e agora, na adaptación galega, tivo xa unha boa acollida por parte do público que pasou polo auditorio. "Quixemos rescatar este texto nos tempos que corren", asegura Fina Calleja de Sarabela Teatro. E a actualidade no mundo da cultura galega ten algo próximo ao relato d@s protagonistas que viven por e para o teatro. "Fala da miseria e ao mesmo tempo da dignidade dos cómicos, do espírito de ir cara a adiante por enriba de todas as dificultades, con humor e certa melancolía". Que a acción transcorra nunha ditadura, a española, non deixa de ser unha triste anécdota cando comprobamos como o teatro agora pasa tamén unha situación de pura supervivencia. Actrices e actores interpretan actrices e actores que buscan traballar, rir e chorar xunto ao seu público. "Este periplo que ten a novela e o espectáculo teatral que son como ciclos, esperanza e fracaso, de nos alimentar das historias que contamos, dos risos e da calor do público é algo que compartimos con estes personaxes", asegura Fina Calleja, "non fai falta que nos coloquemos nunha posición moi alonxada no sentir ao teatro como auténtica paixón". A obra, baseada na novela que publicou Fernando Fernán Gómez en 1985, recolleu varios premios no seu paso polo cine e agora, na adaptación galega, tivo xa unha boa acollida por parte do público AdaptaciónLevar ao teatro unha novela coral que ademais pasou polo cine non é doado. "Implicaba moitas dificultades que tiñan a ver coa cantidade de espazos, o propio título fala dunha viaxe, que os personaxes percorren por varias vilas de Castela". E Sarabela acertou posto que o público asistente non fai paralelismos coa película. "Fomos moi respectuosos coa novela e o espectador non se vai cara á comparación". O esforzo de Ánxeles Cuña conseguiu destacar todo aquilo de teatral que ten, describir toda esta galería de personaxes que son os protagonistas ou se moven ao redor da compañía de Iniesta-Galván. "Viaxe a ningunha parte" representarase en Ourense grazas ao apoio da concellaría de Cultura e ten prevista algunhas actuacións cun horario especial para o público escolar. |
PRAZA_370 | O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o máis visitado durante 2014 no Obradoiro de Praza, fai tres anos polo Entroido | O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o máis visitado durante 2014 no Obradoiro de Praza, fai tres anos polo Entroido A tan só catro puntadas (sic) de rematar o meu disfrace, un virus implacable deixoume inmobilizado na cama desde o vernres ás 4 da tarde ata onte ás 7 da mañá. E a Violeta o mesmo, aínda que os seus disfraces xa estaban listos. Á pobre de Elvi, coma sempre, tocoulle aguantarnos. Porque aínda que ela dicía que tamén lle doía un pouco a cabeza, eu estou seguro de que as nais teñen algún tipo de poder sobrenatural que fai que non enfermen en casos coma o desta finde porque, de terse posto mala ela tamén, estariamos sen comer, sen beber, sen lavar e, probablemente, a estas alturas, os gatos do barrio xa estarían forzando as ventás para entrar na casa a devorarnos. Hoxe parace que estamos un pouco mellor, aínda que non sei se teño corpo para andar pasando frío pola rúa. Que eu xa non me vou disfrazar este ano téñoo claro, pero dáme pena por Violeta, que a pobre vese tan feliz que haberá que poñerlle algo aínda que só sexa para levala á pediatra. E si, amigos, parece que oficialmente o Entroido xa se instalou en todas as localidades de Galicia, aínda que en Vigo, máis ca Entroido, deberiamos chamarlle CarNadal, porque o noso alcalde decidiu que era unha boísima idea deixar a iluminación de Nadal dalgunhas rúas un par de meses máis... Seguir lendo en Se o vello Sinbad tivese fillos |
NOS_27290 | O alcalde de Compostela e co-portavoz de Anova avoga nunha entrevista en 'El País' por unha candidatura de 'Unidade Popular' para as eleccións que permita "abrir unha nova etapa". | Martiño Noriega (A Coruña, 1972) afirma nunha entrevista de Cristina Huete que publica esta quinta feira 'El País' que "non tería ningún problema en aceitar unha candidatura nacional sempre que non fose nacionalista", manifestando que "podemos ter un grupo parlamentar propio que, sen ser nacionalista, recoñeza Galiza como suxeito político e que axude a cambiar o goberno". De non callar unha "candidatura de Unidade Popular", di na entrevista, "non teremos as condicións de abrir unha nova etapa". Unha Unidade Popular, explica, que recolla "a esquerda, tanto a nacionalista como as federais e os movementos sociais". "Son cidadán galego internacionalista" Preguntado directamente pola xornalista ("É vostede nacionalista?), Noriega responde cun: "son cidadán galego internacionalista. A miña nación é Galiza, mais hai que pelexar por decidir o futuro". Rexeita reivindicar " un nacionalismo como o de CiU" e avoga por "acumular forzas, non só coa esquerda española, senón tamén coa de Portugal e coa de Grecia". |
PRAZA_1785 | ENTREVISTA O 8 de agosto unha manifestación pedirá en Pontevedra a fin das touradas na cidade, máis debilitadas ca nunca trala supresión das da Coruña e Sarria e a eliminación das subvencións da Deputación. Falamos con Borxa González, un dos voceiros de Touradas Fóra de Pontevedra | O vindeiro 8 de agosto (Praza da Peregrina, 20 horas) unha nova manifestación pedirá nas rúas de Pontevedra a fin das touradas na cidade, máis debilitadas ca nunca trala supresión das feiras na Coruña e Sarria e a eliminación das subvencións que ata agora viña achegando a Deputación. Falamos con Borxa González, un dos voceiros de Touradas Fóra de Pontevedra, convocante dunha mobilización que crece ano tras ano e que para a cita deste verán xa recibiu o apoio de case corenta colectivos. Nas vindeiras dúas semanas a plataforma realizará unha campaña de difusión na cidade para preparar a marcha, que terá a supresión do convenio que o Concello mantén cos propietarios da praza de touros como unha das súas principais demandas. "Queremos concienciar a toda a xente que está en contra do maltrato animal que é importante a súa asistencia para poñer máis presión sobre os organizadores da feira taurina", destaca. Como marcha a preparación da manifestación do día 8? Notades un incremento das posicións abolicionistas na cidade? É certo que notamos un cambio moi grande dende a primeira manifestación que convocamos en 2008, impulsada por Pontevedra Anti Touradas, con apoio de seis ou sete colectivos, e que reuniu máis ou menos a un cento de persoas. O ano pasado manifestáronse máis de mil persoas e para a marcha deste ano a día de hoxe levamos xa recollido o apoio de case 40 colectivos. No ambiente nótase que se está dando o debate. Antes non se daba, polo que moita xente non se posicionaba, pero notamos que agora, que si se está xerando a discusión, moitos se están posicionando a favor da abolición das touradas. Percibimos un avance na sensibilidade da sociedade pontevedresa e galega, e máis nunha situación de crise, que leva á xente a protestar aínda máis polas subvencións que está a recibir a praza de touros. "O sucedido na Coruña e Sarria demostra que cun traballo constante na sociedade, acumulando forzas, se pode conseguir que a cidadanía demande de forma maioritaria a fin das subvencións" A supresión das touradas na Coruña ten un efecto positivo para a loita que mantedes en Pontevedra? A Coruña, e tamén Sarria, son un exemplo das cousas que se poden conseguir. É certo que neses lugares era máis sinxelo acabar coas touradas, porque dependía directamente dunha decisión dos gobernos municipais, pero hai que salientar que os gobernos anteriores non o fixeran. O sucedido alí demostra que cun traballo constante na sociedade, acumulando forzas, se pode conseguir que a cidadanía demande de forma maioritaria a fin das subvencións e que un goberno se posicione claramente. En Pontevedra sabemos que o traballo debe ser feito máis a longo prazo, porque aquí a tradición taurina está un pouquiño máis arraigada, é a única praza que hai no país. Pero si que A Coruña e Sarria nos serven de inspiración. Que importancia ten a supresión (segundo o acordo ao que chegaron PSdeG-PSOE e BNG) das axudas económicas da Deputación á feira taurina? Esa é unha das grandes mudanzas deste ano. O acordo ao que se chegou é importantísimo porque a Deputación era o gran valedor do lobby taurino e da feira, non só pola asistencia do presidente, senón sobre todo pola publicidade que se poñía do Patronato de Turismo das Rías Baixas. Eran subvencións directas e indirectas; non temos as cantidades exactas, porque nunca se fixeron públicas, agardemos que agora co novo goberno si se coñezan. Pero si que é importantísimo, porque o acordo pon fin ao principal valedor económico das touradas en Pontevedra, e polo tanto isto vai servir para debilitar moitísimo o lobby taurino. Este ano xa a feira ten unha corrida menos, e o ano pasado non conseguiron encher a praza ningún día, tiveron metade de entrada case sempre. Sen as subvencións a longo prazo seralles inviable manter o actual programa. "O acordo da Deputación pon fin ao principal valedor económico das touradas en Pontevedra, e polo tanto isto vai servir para debilitar moitísimo o lobby taurino" Queda unicamente o convenio que aínda mantén o Concello cos propietarios da praza, 45 mil euros para o aluguer das instalacións para a Feira Franca, que funcionan como axuda indirecta ás touradas. Credes que se poderá suprimir a curto prazo? O tema do convenio vai ser un dos eixes centrais desta nova mobilización. Nun momento no que o lobby taurino está sendo afogado economicamente é moi necesario revisar ese convenio e suprimilo definitivamente. É certo que a subvención deriva dun uso da praza distinto ao das touradas, pero é obvio que o empresariado vai usar eses cartos para a organización das touradas. Ademais, o convenio outórgalles outras vantaxes, coma a explotación da cantina no torneo medieval. Hai que porlle fin a este convenio, e esixímosllo claramente ao Concello, porque sabemos que nalgún momento tivo o compromiso de acabar cos privilexios da praza de touros, e polo tanto o mantemento deste acordo non é coherente coa liña seguida hai uns anos. É unha cantidade sen a cal seguirá habendo touradas, pero que contribúe a que estas touradas se sigan celebrando. "[O convenio do Concello] é unha cantidade sen a cal seguirá habendo touradas, pero que contribúe a que estas touradas se sigan celebrando" Como se explica que unha forza claramente antitouradas coma o BNG, que o demostra coa súa práctica noutros lugares, manteña este convenio? Cando o BNG entrou no goberno de Pontevedra tomou unhas medidas moi importantes: eliminou a compra de entradas e as subvencións directas, a publicidade, a asistencia institucional... Houbo un compromiso moi importante que agora están ratificando na Deputación. Polas reunións que tivemos con eles, a súa principal preocupación é o Torneo Medieval da Feira Franca. Eles argumentan que é moi necesario porque nun momento de moita afluencia de xente polo casco vello, o torneo serve para desafogar un pouco a cidade, que non atopan ningún espazo alternativo no que facelo e que usar unha praza portátil sairía moito máis caro. No último pleno dixeron que se se atopa unha solución máis barata pois anularán o convenio. Pero nós dicímoslles que o torneo comezou a celebrarse en 2007 e que o convenio existe dende 2002. Na última xuntanza que tivemos co Concello, antes das eleccións municipais, prometéronnos que ían seguir reducíndoo, ata que desapareza, pero neste último pleno non dixeron nada diso. Nese senso si que estamos un pouco preocupados porque unha organización que é antitouradas e que así o demostra con feitos, cremos que neste caso concreto non o está demostrando e non está escoitando as demandas de moitos dos seus militantes e dos movementos sociais. Confiamos que finalmente si dean pasos adiante. "O ano que vén temos unha oportunidade de conseguir unha maioría parlamentaria que poida acabar coas touradas por lei, modificando simplemente esa excepción que existe na lei de protección animal" A clave serán as eleccións autonómicas de 2016? Poderase conformar unha maioría parlamentaria que aprobe a prohibición da realización de espectáculos taurinos en Galicia? Nese senso, xa existe unha fronte parlamentaria antitouradas que agrupa a AGE, BNG e á metade dos deputados do PsdeG-PSOE. Estamos ante unha grande oportunidade histórica, coincidindo cunha maior concienciación da sociedade e cun debate que se está dando sobre a continuidade das touradas no país. O ano que vén temos unha oportunidade de conseguir unha maioría parlamentaria que poida acabar coas touradas por lei, modificando simplemente esa excepción que existe na lei de protección animal. Este ano, nas municipais, houbo uns avances importantísimos, pero o ano que vén teremos esta oportunidade histórica. |
NOS_38102 | Esta quinta feira, ás 20:30 horas, en 8 cidades e localidades galegas | "Non ao golpe á democracia" é o lema das concentracións convocadas para esta quinta feira en 8 localidades galegas para rexeitar o golpe de estado en Bolivia. Entre as organizacións que chaman a apoiar estas mobilizacións están CCOO, PCG ou Anova, entre outras. A pasada semana varias cidades galegas xa foron escenario de concentracións de apoio ao pobo boliviano e contra o golpe, convocadas desa vez por Mar de Lumes. No manifesto das concentracións desta quinta feira acusan os golpistas de procurar "derrotar a clase obreira boliviana" e de acabar co "control do pobo, organizado no MAS" sobre a "economía" para "beneficio das maiorías sociais". Concentracións quinta feira 21 de novembro (todas ás 20:30 horas):— A Coruña: Obelisco— Ferrol: palco da música (Cantón)— Santiago de Compostela: Praza de Cervantes— Lugo: diante do Concello— Ourense: praza Maior— Pontevedra: Subdelegación do Goberno— Vigo: Praza da Princesa— Vilagarcía de Arousa: Praza de Galiza |
PRAZA_12441 | O presidente do Goberno central e líder do PP comprometeuse, en senllos mitins en Pontevedra e Santiago antes das municipais, a reformar a Lei Electoral para garantir que gobernase a lista máis votada. Os populares asturianos poderían coaligarse con Álvarez-Cascos malia seren o terceiro partido en apoios cidadáns. | "Dobre de publicidade, dobre de gasto" e "moita máis xente facendo normas para jorobar á xente". Poucos días antes das eleccións municipais do pasado 2011, o actual presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, definía deste xeito os gobernos de coalición durante un mitin en Santiago para apoiar a candidatura de Gerardo Conde Roa á alcaldía da capital de Galicia. Ante os entregados asistentes a unha cea mitin, un Rajoy que xa se vía en La Moncloa proclamaba que "os bipartitos e tripartitos son moi caros e ineficaces". Por iso, lanzaba unha promesa que foi acollida con entusiasmo pola parroquia popular galega: "vou promover un cambio" da Lei Electoral "para facer o que acontece no resto de países de Europa e o que gañe, goberne". Menos dun ano despois daquel acendido compromiso, o veredito ditado polas urnas o pasado domingo en Asturias semella vir de enviar ao caixón de asuntos incumpridos a reforma electoral para deixar fóra da lei as coalicións. Tras dez meses de Goberno do ex ministro Francisco Álvarez-Cascos, os populares enfrontábanse por segunda vez á súa escisión, Foro Asturias (FAC), e nin uns nin outros lograron a confianza maioritaria da cidadanía asturiana. En primeiro lugar situouse o PSOE, con case 160.000 votos, o 32% do total, e 16 escanos -un máis que en 2011-. Mentres, o partido de Álvarez-Cascos deixou polo camiño tres deputados, quedando con 13, e o PP quedou cos dez que tiña, aínda que cuns 12.000 votos menos. Malia a estes resultados, as palabras dos líderes de FAC e PP na noite electoral permiten concluír que ambas formacións tentarán fiar o que os populares consideraban hai poucos meses como "un pacto de perdedores". Rajoy vía nos bipartitos "dobre de gasto" e "moita xente facendo normas para jorobar" a cidadanía Nesta liña, despois de que Álvarez-Cascos asegurase ante os seus partidarios que agora o PP e mais el están "condeados a entenderse" porque agora unha "abstención" dos seus ex compañeiros equivalería a un goberno do PSOE, a candidata popular, Mercedes Fernández, Cherines, recollía o ofrecemento entre un aire de derrota no seo do seu partido. Fernández, malia a admitir que lograra uns resultados en absoluto "satisfactorios", anunciaba a súa intención de "poñerse a traballar" coa "disposición de buscar o interés xeral" ou, o que é o mesmo, un pacto do "centro-dereita" en Asturias. Desde Madrid, a secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, confirmaba que o seu partido ten "disposición ao diálogo e ao consenso" coas forzas "diversas" da nova Xunta Xeral do Principado. Así as cousas, na formación que goberna España e Galicia o revés electoral de Asturias impedirá axitar a bandeira da lista máis votada mesmo en Andalucía, onde o desgaste do PSOE e a abstención lle serviu a Javier Arenas para gañar escanos malia perder votos a respecto das autonómicas de 2008. Ademais da promesa, semella que tamén ficarán esquecidas, cando menos ata a campaña dos comicios galegos, as proclamas que Rajoy lanzaba con entusiasmo ao carón do presidente da Xunta na etapa en que Alberto Núñez Feijóo constituía a única referencia no PP no que a baronías autonómicas se refire. Cando menos no caso asturiano, os bipartitos formados por partidos que non lograron ser a lista máis votada deixarán de ser para o PP un exemplo de "desunión, sen proxecto claro" e co "dobre de gastos", todo para impedir que "quen gane, goberne". Resultados das eleccións asturianas |
NOS_1109 | Oito persoas de diferentes ámbitos (ciencia, deporte, empresa, redes sociais…) contarán dun xeito ameno e divertido as súas experiencias e achegas para influír na conciencia lingüística. | O evento LGx15 chega xa á súa cuarta edición. A cita é o 15 de novembro, ás 18.00 h, na Sala Capitol de Santiago. Máis unha vez, o obxetivo é coñecer ideas e propostas para a crianza, a divulgación científica, a empresa, a concienciación lingüística ou a autoestima. Para mellorar o futuro do galego. Serán oito charlas breves, xada unha a cargo dunha persoa diferente, nas cales se transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o futuro do idioma. As persoas convidadas nesta ocasión serán: Javier Balea (creador de "Moléculas en galego", quen nos falará sobre divulgación científica e lingua), Eira Losada (estudante e youtubeira, que nos contará como ser un motor para a lingua), Mercé Barrientos (deportista e docente, que nos vai explicar a importancia da autoestima no deporte e no uso da lingua), Inma Gil Rosendo (xornalista na BBC, que falará sobre a concienciación lingüística desde fóra de Galiza), Manolo Maseda (músico e docente, que nos mostrará "A chave das noces" para dar un xiro á situación da lingua na mocidade), Xema Varela (empresaria e deseñadora, que nos falará do "efecto curuxa" no mundo empresarial), Ruth Caramés (bióloga, deseñadora e nai, quen nos descubrirá un mundo de recursos para a crianza en galego), e Aquel -e (milenial e youtubeiro, que nos falará da cultura pop como forma de conexión coas xeracións máis novas). As persoas convidadas falarán de lingua, pero tamén de ciencia, educación, innovación, conciencia, autoestima, música pop... Diferentes temas para axudar a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado. E haberá tamén nesta nova edición música en directo, humor e improvisación, pois contaremos coa actuación de Brais Morán e conducirán o acto as regueifeiras Alba María e Lupe Blanco. As entradas para este evento xa están á venda ao prezo de 6 euros (na rede no web da Sala Capitol, e fisicamente nos próximos días na Tenda A Reixa de Compostela, na rúa do Hórreo, 46. O día do evento, en caso de quedaren dispoñibles, custarán 10 euros na billeteira). LGx15 éstá organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta. |
NOS_8542 | O Goberno español non cedeu á petición case unánime das comunidades autónomas de adiantar a hora ás 20 horas ou mesmo ás 18 horas. | O Goberno español non cedeu á petición case unánime das comunidades autónomas e non adiantará, de momento, o toque de recoller, que se mantén ás 22 horas. Así o anunciou o ministro de Sanidade e Familias, Salvador Illa, tras o Consello Interterritorial desenvolvido onte no Palacio de San Telmo de Sevilla. Neste sentido, subliñou que a restrición de mobilidade nocturna podería carrexar unha maior concentración de persoas a outras horas e que este asunto se seguirá estudando nos próximos días. "Estanse tomando xa medidas moi drásticas e as medidas tardan en facer efecto", recordou o ministro. O Goberno español emprazara as CCAA a debater e chegar a un acordo nesta reunión sobre a petición de reformar o actual estado de alarma para adiantar o horario do toque de recoller ás 20 horas ou mesmo ás 18 horas como pediu algún territorio como Asturias, mais opúxose á formulación de gran parte delas. En concreto, os conselleiros de Saúde do País Vasco, Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha, Baleares e Castela e León ─así como o de Galiza, Julio García Comesaña─ pediron neste órgano de traballo o adianto da restrición á mobilidade nocturna, segundo informaron fontes da reunión. Máis probas que nunca Illa recoñeceu que os datos que se rexistraron a nivel estatal nas últimas horas non son bos, aínda que admitiu que se están a facer máis probas que nunca. Sobre o plan de vacinación, puntualizou que no Estado hai xa máis dun millón de persoas inoculadas e que son 15.000 as que recibiron as dúas doses. Segundo Illa, o español é un dos principais Estados da UE e do mundo en despregue do plan de vacinación e que o efecto xa se deixa notar nos datos. "Aquí o tapón son as doses que recibimos, mais eu quero pór en valor o labor de Europa, que está exercendo ben o seu papel; todos queremos máis doses, mais estamos recibindo vacinas e eu quero agradecer o traballo feito nesta materia", dixo. Tal e como desvelou, as persoas maiores de 80 anos serán o próximo grupo en recibir a vacina da Covid. Así mesmo, Illa deu a coñecer que se fixera unha revenda de vacinas a Andorra facendo un esforzo de solidariedade na liña do que están facendo outro países veciños. |
NOS_37605 | Un estudo da OCU sitúa tres provincias galegas entre as cinco de todo o Estado cos prezos máis altos en carburantes. | Galiza segue a ser o territorio onde sae máis caro repostar, unha posición que atesoura desde hai anos e que un novo estudo, desta volta da Organización de consumidores e usuarios (OCU), refrenda. Tres provincias galegas (Pontevedra, Ourense e Lugo) figuran entre as cinco máis caras do estado español. Cómpre lembrar que en 2015 a gasolina caeu un 11,5% no Estado (en Galiza só un 10%) e o gasoil un 14,6%. O petróleo fíxoo un 34%. Que sendo un dos poucos territorios con refinería, Galiza teña dos carburantes para automoción máis caros débese a varios factores, segundo analistas. Como que se grava co tipo máximo de imposto especial (4,8 céntimos o litro). Mais noutras autonomías que tamén gravan, o combustíbel non é tan caro. Apontan entón á falla de competencia abonda, algo que non pasa noutros territorios. De feito, no estudo da OCU, a partir dos datos de 8.000 gasolineiras, indican como naqueles territorios como Nafarroa ou Lleida con prezos máis baixos hai unha maior implantación de cadeas locais e de gasolineiras ligadas a áreas comerciais, o que implica maiores niveis de competencia. |
PRAZA_13840 | Os socialistas centran a súa homenaxe anual a Castelao na defensa dos servizos públicos e na oposición aos gobernos galego e central, "empeñados na demolición do Estado democrático" | "Crecemento, emprego e servizos públicos" xunto con "autogoberno". Son os piares nos que o PSdeG centrou neste 2012 a súa reivindicación no Día Nacional de Galicia, que os socialistas celebraron, como é habitual, ao pé da estatua de Castelao en Rianxo, cunha ofrenda ao político, intelectual e artista. Coa presenza dos máximos dirixentes da formación e a apenas un mes do inicio do proceso de eleccións primarias -unha das fotos máis buscadas, e que se produciu, foi a de Pachi Vázquez con José Blanco- o secretario xeral do partido chamou aos seus a combinar o carácter "alegre" do 25 de xullo cunha xornada "claramente reivindicativa", por celebrarse nun "momento crítico" causado por "gobernos conservadores empeñados na demolición do Estado democrático" e tamén "dos dereitos dos cidadáns e do autogoberno". "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita" Isto sucede, diagnostica Vázquez, en primeiro lugar porque o presidente da Xunta "sente vergoña do seu autogoberno" e, depois de anos nos que "ía a Madrid dando golpes no peito" ante o Goberno do PSOE, "agora vai axeonllado, a dicirlle que si ao desmantelamento", o mesmo que o PSdeG rexeitou co seu manifesto. "Hai outro xeito de sacar adiante este país", proclama Pachi Vázquez, que non implique "roubar o que tanto esforzo e tantos anos costou conseguir", isto é, a sanidade pública, a educación pública "e a dignidade como galegos e galegas". "Que non vos enganen, a culpa da crise non é do sistema público, senón do sistema financeiro que defende a dereita", di. En opinión do líder dos socialistas galegos tan importante como rexeitar os recortes é "lanzar unha mensaxe de esperanza e futuro", cunha aposta por "mudar a política da recesión pola do crecemento, o emprego e a defensa a ultranza dos servizos públicos". "Non podemos permanecer impasibles, non podemos baixar a cabeza ante a maior destrución de empregos e dereitos". "Non podemos -salienta- deixar que ninguén nos diga que aínda que perdamos iso, non pasa nada". Tampouco cabe a inacción, afirma, ante un Goberno que "culpabiliza a quen non en traballo e lle di que ten que correr máis para buscalo" ou diante de "barbaridades regresivas" como a contrarreforma da lei do aborto, que amosan que "a dereita quere volver á noite dos tempos". Dentro do marasmo de recortes Pachi Vázquez responsabiliza por igual aos presidentes de Galicia e do Goberno de España. "Rajoy e Feijóo son as mesmas caras dunha moeda, unha moeda falsa que enganou a este país", a comezar por dicir que "todo estaba moi mal" cando a prima de risco se situaba en 300 puntos e agora "non sabe como arranxar" niveis de máis de 600 puntos. Diante disto, Vázquez coida que "todos os socialistas" deben "conxurarse" en torno á aposta por un "cambio radical", coa "esquerda" no Executivo para "apertar aos que teñen moito" pola vía fiscal e destinar os recursos obtidos a "crecemento e emprego". "Só pagaremos as débedas cando teñamos traballo", proclama. Mentres iso no acontece "temos que ser nós os que saiamos á rúa e defendamos o que tanto traballo nos custou conseguir". "Para defender a resignación e coller as maletas xa está o presidente da Xunta", conclúe. |
NOS_43388 | Ecoloxistas en Acción insta A Fiscalía Xeral do Estado e á Fiscalía do Medio Ambiente a abrir dilixencias de investigación penal por un presunto delito contra o medio ambiente e os recursos naturais en relación ás verteduras que afectan á Rede Natura, ZEC Gándaras de Budiño. | Ecoloxistas en Acción lembra que denunciou con anterioridade que a Consellaría de Economía concedera autorización de explotación e do plan de restauración de varias explotacións mineiras en Budiño "sen a necesaria avaliación de impacto ambiental cando as explotacións autorizadas por esta Consellaría causan prexuízos de imposible ou difícil reparación ao río Louro, ao barrio Eidos-Vitureira e ás Gándaras de Budiño, espazo protexido pola Rede Natura 2000". Ademáis, a organización ambientalista resalta que o feito de que as explotacións "Eidos nº 2342.2", «Forna» Nº 2342 e "Benedicta 1544" levaran tempo funcionando "non exime da realización dun Informe sobre as Repercusións do proxecto de explotación e do plan de restauración sobre a Rede Natura". Ecoloxistas en Acción sinala que ante a posibilidade de que os baleirados das balsas, as lixiviacións e as escorrentías puideran afectar á calidade das augas dos regos que verte no río Louro e coa finalidade de evitar afeccións á Rede Natura, débese realizar non só unha Avaliación de Impacto Ambiental ordinaria, senón tamén informar sobre das Repercusións dos proxectos sobre a Rede Natura. A organización ecoloxista enuncia que o órgano ambiental competente "obvia a avaliación de impacto ambiental ordinaria" e mesmo "fragmenta os tres proxectos para eludir a avaliación integral dos seus impactos desde unha perspectiva ecosistémica". |
NOS_29250 | Máis unha entrega de "Galiza no mapa". A cartografía de Lambert de Saint Omer, en que Galiza ocupa un lugar destacado, estabelece a diferenciación clásica para o espazo ibérico, reservando "Galicia" para a área cristiá e utilizando "Hispania" para a zona musulmá, sinalando ao tempo "Lusitania" e "Tarracona". Eis un extracto da peza, publicada no Sermos Galiza 296. | Está considerado como unha das cartografías máis relevantes da Idade Media europea. Incluída no Liber floridus de Lambert de Saint Omer, elaborada nas primeiras décadas do século XII, chegaron a nós diversas copias. A máis antiga das versións, conservada na biblioteca da universidade belga de Gante, é anterior a 1125, incluíndo unicamente un mapa de Europa e un deseño TO, destacando pola súa precisión na área europea. As outras dúas versións, isto é a de Wolfenbüttel e París, que datan de 1150, son simplemente copias distintas do mesmo orixinal, elaboradas polo propio Lambert de Saint Omer, recollendo a diferenza da primeira das versións un mapa do mundo coñecido, alén do espazo europeo. Porén, no mapamundi recollido no manuscrito de Wolfenbüttel aparece como autor do mesmo o cartaxinés Martiño Capella. O autor da cartografía, Lambert de Saint Omer, foi un monxe bieito e cóengo da catedral de Saint Omer en Calais, nado en 1061 e finado arredor de 1150, que destacou pola súa grande erudición e por uns grandes coñecementos en temas históricos teolóxicos, musicais e xeográficos. A súa grande formación ficou testada no Liber floridus, unha auténtica enciclopedia do momento, rematada á volta de 1120 e que vén ser unha historia completa do mundo coñecido. A obra escrita en latín, amais dunha crónica de grande interese sobre a cultura normanda, achega estudos nos ámbitos da astronomía, ciencias naturais, filosofía e xeografía. As fontes e as influencias para este traballo son diversas, sinalándose as obras de autores que o precederon como Vela, San Isidoro ou Idacio pero tamén da súa propia experiencia de viaxeiro por diferentes zonas de Europa. [Podes ler a peza íntegra no número 296 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa] |
NOS_37204 | O colectivo de enfermeiras temporais do Sergas incide na falta de persoal para cubrir as necesidades "xa non só estivais senón asistencias derivadas da propia pandemia" | "Insostíbel". Así é a situación actual na sanidade pública para as enfermeiras eventuais do Servizo Galego de Saúde que dende hai anos denuncian a falta de profesionais e a precariedade laboral á que están expostas. Segundo reafirman nun comunicado dirixido aos medios de comunicación, a carencia de persoal na sanidade pública é unha eiva persistente. "Levamos anos pedindo máis persoal para a sanidade pública, avisando que este sistema de contratación é insostíbel". As carencias fixéronse máis visíbeis coa chegada da pandemia. Durante a crise sanitaria, censuran, "tivemos que ler titulares ofensivos e incluso declaracións por parte do presidente Alberto Núñez Feixoo afirmando que as enfermeiras do Sergas non queren traballar. E o que realmente non contan son as condicións laborais as que someten as súas profesionais". Intransixentes coa precariedade Por iso, manteñen que "vocación e compañeirismo" non supoñen consentir "nin submisión nin precarización laboral, nin antes nin durante a pandemia sanitaria" e foxen da idea de ter que se converter en "salvadoras do sistema" a calquera prezo. "A falta de enfermeiras para cubrir as necesidades xa non só estivais senón asistencias derivadas da propia pandemia é unha realidade. Non hai persoal suficiente na maioría das áreas". E a carencia de persoal non se debe a que as enfermeiras non queiran traballar, aclaran, senón a que non ceden á "a precariedade laboral do Sergas", buscando alternativas e mellores condicións na sanidade privada e mesmo noutros territorios. "De que serven medallas e premios se no noso día a día non sabemos cando traballamos? Temos persoal insuficiente, que leva moitos contratos acumulados de días soltos, 1 semana, 15 días ou 1 mes durante máis dunha década". Esgotadas As enfermeiras eventuais decñaranse "mentalmente esgotadas grazas ao sistema de contratación da Xunta da Galiza". Esgotadas de dalo todo dentro e fóra das unidades Covid, sen descansos, en moitos casos, entre contratos. "Estamos cansas de que se mostre cara á galería unha realidade ficticia dun sistema de sanidade pública que ten o 40% do persoal eventual", recalcan. Así, denuncian un recorte continuo dos seus dereitos como traballadoras da sanidade pública que "repercute directamente na calidade asistencial", sometidas a sobre esforzos, dobrando quendas, sen poder coidar das persoas doentes como quixeran, sen atender a súa propia saúde física e mental."Non podemos máis", afirman, polo que instan á presidente da Xunta a corrixir as eivas do sistema de contratación e deixar de "estirar a corda". |
NOS_40126 | O Executivo de Alberto Núñez Feixoo deberá aboar perto dun millón de euros aos promotores dun parque na que é até a data a indemnización máis onerosa pola suspensión do concurso eólico do bipartito. | A Sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de condenar a Xunta a pagar case 930.000 euros máis intereses á segunda maior adxudicataria do concurso eólico do bipartito en 2008 e anulado polo Executivo de Alberto Núñez Feixoo no 2009, o seu primeiro ano de mandato. A sentenza, do pasado 2 de febreiro, estima parcialmente o recurso presentado pola firma Aucosa Eólica, na que participaban entre outras as firmas Hijos de Carlos Albo, Bernardo Alfageme ou Conservas Cerqueira, polos danos da decisión tomada polo PP á súa chegada á Xunta. Así, o Alto Tribunal galego declara a responsabilidade patrimonial da Xunta, á que condena a aboar a suma de 929.786,01 euros máis os intereses legais desde a súa reclamación pola vía administrativa. Os gastos indemnizábeis, da fase administrativa para poder participar no concurso, corresponden aos dos sete proxectos que non se chegaron a desenvolver ─ Chan da Fonte, Malvar, Monte da Pena, Monte Lousado, Monte San Xoan, O Sino e Pena de Ferro─, que sumaban 226 dos 2.290 megawatts (MW) adxudicados polo bipartito formado polo BNG e o PSdeG no ano 2008. A diferencia do que acontece agora cos novos parques eólicos, o concurso promovido polo bipartito contemplaba 14% de participación pública nos beneficios das empresas adxudicatarias, que ademais estaban obrigadas a investir na execución de plans industriais nas comarcas nas que se ían instalar os parques eólicos. Hoxe, pola contra, a Xunta limita a un canon a contrapartida polo aproveitamento dos recursos da terra máis A sentenza máis onerosa Pasados case 14 anos, a decisión de Feixoo de anular o devandito concurso segue a xerarlle desgustos. Neste caso é, ademais, a máis onerosa, e súmase ás sentencias a favor doutras das 29 adxudicatarias damnificadas polo cambio de criterio do PP, como é o caso do medio millón de euros que tivo que pagar por condena xudicial en 2016 a EDP Renovábeis ou os 842.000 euros que levou Ventauria Enerxía Rural un ano despois. A estes hai que sumar 308.000 para Viraventos Energy, 113.000 para Andavia Renovábeis e os intereses de mora por desatender as reclamacións pola vía administrativa. En total, máis de tres millóns de euros que sairán dos petos da cidadanía galega para avalar unha decisión que leva xudicializada desde a mesma chegada de Feixoo á Xunta da Galiza. |
NOS_40696 | A ministra de Transición ecolóxica, Teresa Ribera, afirma na mesa de diálogo realizada esta cuarta feira que non ten as competencias ambientais polo que agarda o fallo da Audiencia Nacional ao tempo que pide diálogo local" entre os interlocutores competentes. | A reunión de traballo convocada pola ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, para tratar o futuro de Ence na ría de Pontevedra rematou coa constatación de que será o fallo da Audiencia Nacional que estuda o recurso interposto polo Concello de Pontevedra, Greenpeace e a Asociación pola Defensa da Ría contra a prórroga outorgada en 2016 o que decida a continuidade ou non da pasteira no emprazamento actual. Na xuntanza participaron, ademais da ministra, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, o presidente de Ence, Ignacio Colmenares, e representantes do comité de empresa. Nela Ribera sinalou que "este ministerio non ten as competencias, é a Xunta quen é responsábel das competencias ambientais, forestais, laborais ou industriais respecto diso, pero tamén é verdade que non é un asunto do que nos queiramos desentender cando se expuxo unha petición destas características". O fallo da Audiencia Nacional A ministra lembrou que a decisión da continuidade da empresa na súa ocupación do dominio público marítimo terrestre non depende deste Ministerio senón exclusivamente "dun fallo que debe ditar a Audiencia Nacional". Até que ese fallo se produza, e en resposta a esa solicitude das e dos traballadores de facilitar o diálogo entre empresa, persoal e Xunta, Ribera sinalou que é bo coñecer "cales son as preocupacións e as propostas dos distintos actores para ver de que maneira pódese acompañar ese proceso e explorar solucións para o mantemento do emprego na zona". Ribera insistiu, ademais, en que "se necesita un diálogo local" entre os interlocutores competentes. Por último, Ribera destacou que "temos un marco temporal para poder organizar ben as cousas" sinalando que "a concesión de Ence estará vixente como mínimo até o ano 2033, no caso de que a Audiencia Nacional considere ilegal a prórroga concedida polo anterior goberno, ou se non é así, até o ano 2073, que foi o que concedeu o anterior Goberno español aplicando unha lei que foi declarada inconstitucional posteriormente". Desta maneira, concluíu, "temos 10 anos para preparar ben esa transformación". |
NOS_53995 | A plataforma PACS en pé de Guerra vén de concentrarse perante o Parlamento de Galiza en protesta contra a falta de recursos humanos e materiais e demandando melloras no seu labor existencial. A protesta coincide coa Comisión de Investigación no Parlamento pola morte dun paciente no PAC da Estrada. | Ana Boedo, representante dos PACS en pé de Guerra, explica a Sermos Galiza que "principalmente queremos que sempre que haxa un médico haxa unha enfermeira. Que en todos os PACS haxa un equipo completo. Tamén, recuperar 20% dos complementos paralizados pola crise e que a nosa xornada sexa neutra. Cando temos unha baixa ou un permiso por enfermidade ou morte dun familiar temos que recuperar esas horas." A reposta da Xunta sempre foi que a sobrecarga de traballo dos PACS é debida a unha ausencia de persoal médico nos centros de Atención Primaria que no son capaces de supliren. Ante isto, Boedo replica que "é certo que hai falta de médicos, mais nós sobre todo o que pedimos é persoal de enfermería. No acordo de 2008 xa fan referencia a esta cuestión. Se dende o 2008 ao 2018 sigue a haber falta de persoal médico alguén que podía ter feito algo non o fixo". Facultativos e usuarios son os principais afectados por esta situación, con persoal dos PACS que traballa até 48 horas seguidas debido a esa acusada ausencia de persoal médico. Igualmente, demandan que lles abonen as dúas comidas nas gardas de 24 horas, xa que até o momento só se vén abonando unha delas e que as reunións de traballo formen parte da xornada laboral, así como equipos de protección propios dos PACS. |
PRAZA_2120 | Quizais sexa un bo momento para que algúns comecen a acostumarse a esta nova forma de facer as cousas en Lalín onde parece reinar algo que levabamos tempo agardando, o sentido común. | A crítica é unha ferramenta máis das múltiples que están á nosa disposición para comunicarnos. Dependendo de como se empregue pode resultar un recurso útil tanto para o emisor da crítica como para a persoa á que vai dirixida. De todas formas este recurso ten unha particularidade: é preciso empregalo con tino, de xeito equilibrado, xa que se se abusa del pode chegar a perder o seu efecto e, o que é peor, pode deixar en entredito a credibilidade do "criticón". Se existe un exemplo claro do emprego abusivo da crítica destrutiva ese é o do Partido Popular de Lalín que, nos poucos meses que leva na oposición, veu manifestando coas súas declaracións o que moitos nos temíamos cando estaban no goberno: están faltos de ideas, de propostas para mellorar o pobo e, en consecuencia, recurren unha e outra vez á crítica, moitas veces infundada, como única ferramenta para facer oposición. A última mostra deste dubidoso proceder foron as declaracións que o exalcalde Xosé Crespo realizou hai poucos días nas redes sociais con motivo da celebración das Festas das Dores. Nas referidas declaracións o señor Crespo afirmaba o seguinte: "Como boto de menos a Jesús Manuel Senande, el si que sabe facer festas". Con todos os meus respectos para o señor Sedande, penso que a afirmación do líder dos populares non se axusta en absoluto á realidade e ó sentir da maioría dos lalinenses. Se algo puiden comprobar estes días foi a satisfacción xeral do noso pobo coa organización das últimas festas das Dores. Aínda que todo é mellorable, e de seguro que hai cousas que os actuais responsables da organización das festas tentarán perfeccionar en vindeiras edicións, o que semella estar claro é que as festas experimentaron un cambio positivo que tivo como resultado que a maioría dos lalinenses nos sintamos máis cómodos na nosa vila. Atrás quedan os palcos VIP, as declaracións e discursos grandilocuentes e toda esa parafernalia clasista que durante anos tivemos que aturar coa boca pechada. Quizais iso sexa o que bote en falta o señor Crespo, ese Lalín dos últimos anos, o dos anos escuros, marcado polas diferenzas existentes entre os dun bando e os do outro (seguro que entenden perfectamente a que me refiro). Por fortuna parece que eses tempos quedaron atrás, así que quizais sexa un bo momento para que algúns comecen a acostumarse a esta nova forma de facer as cousas en Lalín onde parece reinar algo que levabamos tempo agardando, o sentido común. |
PRAZA_562 | O presidente da Xunta secunda o seu xefe de filas e asevera que "España é o país que máis medrou en 2014 de toda a UE" aínda que Eurostat acredita que nove economías da Unión medraron máis. Os crecemento galego do pasado ano sitúase nos últimos postos da Europa comunitaria. | A finais de febreiro o IGE ratificou o estancamento da economía galega durante 2014. Aínda que o PIB do país volveu medrar en termos interanuais dende o inicio da crise fíxoo a un escaso ritmo do 0,4%. A economía galega quedaba así por tras do Estado despois de que a Consellería de Facenda augurase que o crecemento galego ía ser "maior" que o da media estatal. Asemade, ese 0,4% supuña a metade do crecemento previsto pola Xunta cando elaborou os Orzamentos Xerais de 2014 e un terzo do 1,2% que chegou a prognosticar. O estancamento e as previsións erradas estiveron este mércores sobre a mesa na sesión de control ao presidente da Xunta, que se aferrou ao feito de que "fronte ao decrecemento, iniciamos o crecemento" nun contexto no que chegou a contradicir os propios datos oficiais. Feijóo, como antes Rajoy, asegura que "España é o país que máis medrou en 2014 de toda a UE", pero os datos desménteno Fronte ás peticións de explicacións o presidente considerou "non histórico, pero si inédito" que "a oposición en pleno empece a falar" de que "empeza a crecer a economía galega", cuxo menor dinamismo ao respecto do Estado xustifica polos problemas dos sectores naval e automobilístico. "Lles parece que debería crecer máis, a min tamén" pero "supoño que o señor Rajoy estará moi satisfeito de que o PSOE, BNG e Izquierda Unida [en referencia a AGE] digan que España vai moi ben". El, obviamente, concorda con esta afirmación, toda vez que "España é o país que máis medrou en 2014 en toda a Unión Europea", sentencia. O que din os datos A afirmación de Feijóo a respecto do crecemento español é practicamente idéntica á lanzada por Mariano Rajoy en numerosas ocasións nos últimos meses e, como no caso do presidente do Goberno de España, é falsa. Eurostat, a oficina estatística da Comisión Europea, indica que o PIB español pechou o cuarto trimestre de 2014 cun crecemento do 2% a respecto do mesmo trimestre do ano anterior. Se ben é certo que ese medre é superior ao doutros estados non o é menos que ata nove economías da UE (Letonia, Eslovaquia, Romanía, Lituania, Estonia, Suecia, Reino Unido e Hungría) creceron máis que a española, como é posible observar na gráfica que acompaña esta información. Así, o ascenso do PIB español está case punto e medio por tras do húngaro, que foi o que máis medrou cun 3,4%. O 0,4% co que o PIB galego pechou 2014 sitúan o país nos últimos postos da Unión Europea O presidente da Xunta difire dos datos oficiais nun contexto no que, como nos últimos anos, afirma ademais que durante a recesión Galicia "tivo unha fortaleza superior á das demais comunidades autónomas" e "hoxe está nunha posición de optimismo". Aínda que o que o INE denomina "contabilidade rexional" aínda non está pechada para o ano 2014 o dato máis recente, o de 2013, indica que nese ano Galicia aínda sufría unha recesión do 1%, inferior á media estatal e á de 12 comunidades autónomas pero que non foi dabondo para ser a economía que menos decreceu do Estado, toda vez que nese ano Catalunya, a Comunitat Valenciana, Balears e Canarias tiveron mellor comportamento. Atendendo a todas estas cifras oficiais unha ollada comparativa ás cifras de crecemento de Galicia a respecto do horizonte europeo deixaría o país nos últimos postos do continente. Á espera de coñecer os datos de Irlanda, Luxemburgo e Malta, aínda non dispoñibles en Eurostat, só seis estados da UE pecharon o 2014 con peor comportamento do seu PIB que Galicia. O crecemento galego foi idéntico ao 0,4% de Croacia, un chisco superior ao 0,2% de Francia e está xusto por tras do 0,7% de Portugal. |
NOS_23993 | A norma rexerá o país até a reforma da Constitución. Outorga facultades lexislativas reservadas ao presidente e instaura o 'estado de emerxencia' por 3 meses. Imaxe capa: Grafitti nas rúas de Exipto [Ed Giles] | Adli Mansur convocou eleccións parlamentares para o mes de febreiro. Así o recollen diversas axencias de noticias internacionais esta terza feira. Após a constitución do Parlamento, as Cortes exipcias terán unha semana para convocar eleccións presidencias. A convocatoria electora toma parte do 'programa de transición' publicado polo presidente golpista e que entrou en vigor esta terza feira (9 de xullo). Segundo esta Declaración constitucional o período até a convocatoria electoral durará entre 3 e 6 meses. Durante ese período, Mansur gozará de resérvase facultades lexislativas e gobernará baixo un 'estado de emerxencia'. O 'estado de emerxencia' permite ao presidente restrinxir dereitos e liberdades cidadán en aras de manter a 'orde interna' do país Esta figura xurídica, permite ao goberno --o presidente e un gabinete aínda por conformar-- restrinxir ou suspender dereitos fundamentais da cidadanía relativos á liberdade de reunión e de tránsito, liberdade e seguridade cidadá ou mesmo a inviolabilidade de morada. Aliás, este réxime permitiría ás forzas armadas asumir o control da 'orde interna' do país --algo que acontece desde que o pasado día 4 o exército exipcio levase a cabo un golpe de Estado contra o goberno de Mohamed Morsi. Tamén así, Mansur resérvase a elaboración e promulgación dos orzamentos e a política interior que consultará cun gabinete aínda en formación. Un comité de especialistas redactará a nova Constitución A declaración constitucional foi promulgada após a masacre perante o Cuartel da Garda Republicana onde foron asasinadas 51 persoas a mans do exército De acordo coa declaración promulgada por Mansur --composta por 33 artigos-- a nova Carta Magna será redactada no prazo dun mes por un comité de especialistas (do que non trascendeu até o momento ningún integrante). Aliás, o presidente golpista asegura que o novo texto constitucional podería ser sometido a referendo en 4 meses. Asemade, Adli Mansur anunciou a creación dunha comisión xudicial de urxencia para investigar os acontecementos ocorridos o pasado sábado (6 de xullo) fronte ao Cuartel xeral da Garda Repúblicana onde os militares asasinaron máis de 50 persoas e deixaron feridas a máis de 400. Segundo o exército, o ataque produciuse logo de que un grupo de partidarios do deposto presidente exipcio, Mohamed Morsi, tentaran entrar no recinto en que permanece retido o líder da Irmandade Musulmá. Porén, algúns dos manifestantes aseguran que os militares lles dispararon polas costas durante a "oración da madrugada". |
PRAZA_12375 | A asociación ecoloxista asegura que, alén do castigo que a Xustiza lle impoña á empresa no xuízo que comezou este luns, "ningún trámite de avaliación ambiental ou protocolo de seguridade minimamente rigoroso podería permitir a instalación dunha factoría destas características á beira dun río ou ría e próxima a zonas poboadas" | En 2006 un incendio na fábrica de produtos químicos Brenntag, en Caldas de Reis, provocou un grave vertido (ácidos, metais pesados, hidrocarburos aromáticos, organoclorados...) ao río Umia, unha catástrofe ecolóxica que acabou coa vida de boa parte da vida animal en sete quilómetros de río nos días seguintes. No xuízo que se está desenvolvendo en Pontevedra dende este luns acúsase a tres traballadores da planta química dun delicto contra os recursos naturais e o medio ambiente por omisión e imprudencia grave. Ademais, a Fiscalía sitúa como responsables civís solidarios á empresa e a súa aseguradora, AIG Europe, solicitando que lle abonen á Xunta cae dez millóns de euros pola súa actuación para extinguir o lume e mais polos danos ecolóxicos e medioambientais ocasionados. Para ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) o accidente da Brenntag constituíu "unha clara advertencia ás administracións sobre a lixeireza con que se acepta calquera ubicación para instalar industrias de alto risco para a seguridade, a saúde pública e o medio ambiente" e salienta que "ningún trámite de avaliación ambiental ou protocolo de seguridade minimamente rigoroso podería permitir a instalación dunha fatoría destas características á beira dun río ou ría e próxima a zonas poboadas". En consecuencia, ADEGA considera que as administracións son tamén responsables polo vertido ao Umia, salientando que "coma noutras tantas ocasións, no banquiño dos acusados non están todos os responsábeis desta desfeita". Os ecoloxistas denuncian que os poderes públicos, lonxe de facer respectar as normas "tenden a flexibilizar a súa interpretación, cando non as recurtan ou desmontan directamente". |
NOS_31336 | O 30 de xuño remata o prazo para que as persoas da UE con máis de cinco anos de residencia no Estado, ou menos de cinco pero con entrada anterior ao final de 2020, soliciten o permiso de residencia. As 400.000 persoas que aínda non fixeron o trámite recibirán unha misiva na que se lles dá 28 días para facelo. | As persoas procedentes da Unión Europea que vivan nalgún dos territorios do Reino Unido e aínda non solicitaran o permiso de residencia recibirán unha misiva das autoridades británicas nos vindeiros días onde se lles indicará que contan con 28 días para pedila. Segundo a información ofrecida polo Goberno do Reino Unido, o 30 de xuño remata o prazo para que as persoas da UE con máis de cinco anos de residencia no Estado, ou menos de cinco pero con entrada anterior ao final de 2020, realicen o trámite dixital co Ministerio do Interior para continuar residindo legalmente despois da execución do Brexit. Amais, o Goberno sinalou que no caso de que haxa motivos razoábeis para o atraso permitirá a presentación fóra do prazo. Até 5,6 millóns de cidadás e cidadáns da UE fixeron o trámite para formalizar a súa residencia, restando 400.000 casos pendentes, como confirmaron as autoridades británicas. Pasado o 30 de xuño, as persoas que levaran a cabo o trámite non perderán os seus dereitos aínda que non rematara a tramitación nesta data, sinalou Kevin Foster, secretario de Estado británico de Interior, que engadiu que persoal de Inmigración comezará a emitir notificacións que dan 28 días para solicitar a residencia. Reino Unido pide a UE que cumpra Nos acordos entre o Reino Unido e Bruxelas saliéntase que tanto a cidadanía da UE en Gran Bretaña como as persoas dos territorios británicos na UE manterán os dereitos de residencia, emprego, acceso a sanidade pública e outros beneficios sociais. Mais a ministra británica de Interior, Priti Patel, denunciou esta cuarta feira que se está a denegar o acceso a beneficios e servizos a cidadás e cidadáns británicos que residen na UE, polo que reclamou aos membros do club comunitario que cumpran as súas obrigas "tal e como fixo o Reino Unido coa cidadanía da UE", apuntou. Quinto aniversario do BrexitNo día que se facía o quinto aniversario da votación do Brexit, Patel afirmou que estas persoas "enfrontáronse a problemas no embarque e a entrada na UE", ademais "pídenselles documentos de residencia que non precisan ter e teñen problemas co seu dereito o traballo". |
NOS_53248 | Ofereceu mellor imaxe o Lugo de Setién, que caeu perante o líder da liga por un axustado 1-0, do que un Deportivo, que cedeu a derrota por 2-0 no campo do Xaén. | Era un estorbo a Copa para as equipas galegas? Do ponto de vista deportivo, si. Do económico, non, de se ter cruzado na seguinte rolda con clubes de Primeira División. Mais está claro que os combos de Setién e Fernando Vázquez non tiñan o torneo copeiro entre ollo e ollo. Abondo teñen co campionato de liga, en principio con obxectivos distintos, o Lugo o de garantir a permanencia canto antes, o Dépor o de aspirar no mínimo a unha praza para promocionar a Primeira (claro que a equipa de Setién, xa unha das revelacións do campionato, tampouco ten dito a súa última palabra a este respeito, e quizá poda reprogramar ambicións se é quen de manter as prestacións mostradas no comezo do curso). Caeu o Lugo en Huelva fronte o líder da Segunda División, por un axustado 1-0. O gol marcouno o Recreativo no minuto 78, até ese minuto a equipa de Setién termara moi ben dos andaluces. Logo ficou moi pouco tempo para remontar. Núñez estréase O Deportivo, inzado de suplentes, de xente moza, apenas tivo opcións en Xaén. Encaixou dous goles a balón parado, a besta negra dos coruñeses, tamén no tramo final do xogo (minutos 70 e 77). O partido non pasará á historia, agás pola estrea de Núñez, o ex do Real Madrid e do Liverpool, nas fileiras branquiazuis. Deu toda a impresión de que a equipa coruñesa non afrontou o encontro coa mentalización que se precisa para competir no fútebol profisional, embora sexa nunha competición menor e que non enche o ollo aos de Fernando, tampouco ao treinador de Castrofeito, que declarou nas vésperas do xogo que a Copa estaba feita á medida dos clubes grandes. |
NOS_20018 | Os centros que resulten beneficiarios terán que asinar coa Consellaría un contrato-programa que explicitará cuestións como os obxectivos que se pretenden conseguir e as actuacións para desenvolvelos. | A Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades abrirá durante un mes, a partir deste sábado, o prazo de solicitude de subvencións de até 10.000 euros para que colexios privados concertados contraten profesorado de apoio durante o curso académico actual (2022-23) e o seguinte (2023-24). O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta sexta feira a orde desta liña de axudas, que cubrirán os gastos de contratación dun docente orixinados entre setembro de 2022 e xuño de 2024, cun orzamento total de 1.287.324 euros. En concreto, esta convocatoria enmárcase no programa de apoio educativo 'PROA+', cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea no marco do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Sete de cada dez colexios concertados cobran cotas non voluntarias ás familias Os centros que resulten beneficiarios terán que asinar coa Consellaría un contrato-programa que explicitará cuestións como os obxectivos que se pretenden conseguir e as actuacións para desenvolvelos. Os centros receptores das axudas tamén se terán que comprometer, segundo insiste a orde publicada no DOG, a "aplicar, explicitar e desenvolver os principios pedagóxicos 'PROA+', tomando como modelo a escola inclusiva e non segregar internamente o alumnado". "Diñeiro para a privada mais non para a pública" Tras a publicación desta orde no DOG, a federación de Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino) emitiu un comunicado en que manifesta a súa "sorpresa" e mostra a súa desconformidade alegando que, "mentres isto ocorre nos centros concertados", na educación pública, a Xunta da Galiza "só contempla a prórroga das contratacións do programa 'PROA+' aos colexios que tiñan docentes de reforzo o curso anterior, sen ter en conta as novas necesidades de atención educativa" que puidesen xurdir. O colexio concertado de Verín que usa o transporte público aduce "igualdade de dereitos" co alumnado da pública "Non temos diñeiro para o ensino público pero si para o privado", resume o sindicato nacionalista, que considera estas actuacións "un dos axiomas" da Consellaría de Educación. Por iso, a CIG insta a Administración galega a "rectificar canto antes na súa política a favor do ensino privado" e a que destine os case 1,3 millóns de euros a cubrir "as carencias" que ten ensino público. |
NOS_29772 | Catro de cada dez fogares non se permitiron ningún gasto extra nos meses de verán, incluíndo vacacións ou viaxes. | Os efectos económicos da pandemia séntense no interior das casas galegas, segundo amosa a última Enquisa Estrutural a Fogares realizada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) para o terceiro trimestre de 2020. Un dos factores que analiza a enquisa é a capacidade dos fogares para chegar a fin de mes. Actualmente, máis da metade dos fogares dan conta das súas "dificultades" ou "moitas dificultades" para facer fronte a esa recta final do mes. Porén, percíbese unha leve melloría respecto do segundo trimestre do ano, que coincidiu cos meses do confinamento e da desescalada. Daquela, 46,89% dos fogares galegos declararon "dificultades", respecto aos 44,82% do terceiro trimestre. Non obstante, aínda queda un treito a respecto das cifras do terceiro trimestre de 2019. Entón, 37,15 dos fogares declararon teren "dificultades" e 5,22% "moitas dificultades". Mellora da confianza A enquisa tamén inclúe o indicador de confianza do consumidor, unha media simple dos resultados de preguntas relativas á situación económica futura do fogar, da capacidade de aforro ou da evolución do número de integrantes parados. Presenta valores que oscilan entre -100 e +100, sendo os resultados máis optimistas os que se aproximan ao punto máximo. Nos meses do confinamento o informe do IGE reflectiu un abrupto descenso da confianza nas perspectivas económicas do país, que se situou en -75,20, as relativas ao desemprego, en -83,26, ou da capacidade futura de aforro, en -39,16. As cifras aumentaron neste terceiro trimestre, cunha diferenza salientábel entre os fogares con menos ingresos, que son os que suman menos de 600 euros, e os que maior folgura económica comunican, con máis de 3.000 euros ao mes. No primeiro caso, estes fogares seguen a presentar un indicador de confianza moi baixo, de -52, 31 fronte á media galega de -37,7. Porén, 43,7% dos fogares galegos notificaron que miraron polo seu peto e que non se permitiron ningún gasto extra nos pasados tres meses de verán, tampouco os destinados as vacacións ou a viaxes. A maiores, a medida económica máis habitual consistiu en mercar marcas brancas, agás no caso da alimentación, ou optar por produtos con algún tipo de desconto ou en oferta. |
NOS_37328 | Rexeita a solicitude de BNG, ERC, Junts, PDeCAT, Bildu, CUP. | A Mesa do Congreso volveu rexeitar esta cuarta feira, cos votos de PSOE, PP e Vox, a tramitación dunha nova comisión de investigación sobre o rei emérito Juan Carlos I, esta vez por unha nova solicitude cursada polas formacións soberanistas. A petición rexeitada leva a sinatura de BNG, ERC, Junts, PDeCAT, Bildu, CUP e céntrase nas "presuntas ilegalidades e irregularidades cometidas polo ex xefe do Estado e as influencias diplomáticas e comerciais con Arabia Saudita e Casaquistán". Os letrados da Cámara, segundo o documento ao que tivo acceso Europa Press, mostráronse en contra da súa tramitación tendo en conta a posición institucional da Xefatura do Estado no marco constitucional", uns argumentos que fixeron seus PSOE, PP e Vox. Unidas Podemos si apoiou a súa tramitación. Como en anteriores ocasións, os servizos xurídicos e a maioría da Mesa aducen os artigos 56.3 e 65 da Constitución. O primeiro consagra a figura do rei como " inviolábel" e non "suxeita a responsabilidade" e o segundo establece que o Xefe do Estado distribúe libremente a partida orzamentaria que recibe cada ano. Con estes mesmos argumentos, a Mesa do Congreso xa rexeitou unha decena de veces iniciativas similares á rexistrada polos soberanistas. Nesta ocasión os asinantes tomaban como referencia un programa de TV3 no que un ex alcalde da capital kazaka, actualmente refuxiado en Suíza, asegura que en 2002 o presidente Nazarbayev entregou diñeiro a Juan Carlos I. As formacións independentistas sosteñen que este episodio, unido ás investigacións que leven a cabo en Suíza e na Fiscalía Anticorrupción sobre outros asuntos relativos ao pai de Felipe VI, require a apertura dunha comisión de investigación no Congreso. Ao seu xuízo, resulta "inaceptábel" que non se coñeza "a fortuna real de Juan Carlos I, nin se se atopa en paraísos fiscais ou escondida en fundacións opacas", polo que piden "investigar as supostas irregularidades do anterior xefe do Estado, así como os seus cómplices, e as súas posíbeis influencias na política diplomática e comercial con Arabia Saudita e Casaquistán". |
NOS_45605 | É todo un paradoxo que as traballadoras do Servizo Galego de Igualdade non teñan garantidos os seus dereitos de conciliación. Así o denuncia a CIG, que esta segunda feira fixo un apelo para participar nunha concentración de protesta o vindeiro 1 de outubro. A central nacionalista presentou aos medios un estudo que mostra con clareza como na Galiza a carga da conciliación recae case exclusivamente sobre as mulleres. | No Consorcio Galego de Igualdade e Benestar traballan por volta de 2.000 persoas. 97 por cento das cales son mulleres. Pois ben, teñen enormes dificuldades á hora de conciliar vida laboral e familiar. No canto de ser un exemplo, denuncia a CIG, é "todo o contrario". A situación é tal que —afirmou a representante da CIG Administración, Carme Viso— as traballadoras vense na obriga de iren aos tribunais para demandaren o recoñecimento pleno dos seus dereitos. O problema ten a ver en boa medida coa falta de persoal para realizar substitucións, até o punto de que a doutrina da administación sería a de "até que non haxa cobertura, non pode haber conciliación", di a central nacionalista. Os problemas para conciliar cos que lidan as mulleres do Consorcio de Igualdade son máis a norma que a excepción. Nese sentido apuntan as conclusións dun estudo sobre esta materia coordenado pola responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López Gromaz. Os dados son contundentes: na Galiza, 87 por cento das persoas inactivas (isto é, que están fóra do mercado laboral) por coidado de menores ou persoas dependentes son mulleres; tamén o son 77 por cento das persoas traballadoras con redución de xornada por coidado de menores de 12 anos ou 91,6 por cento das que se acolleron a unha excedencia por coidado das crianzas. Aínda hai máis: son mulleres 71,2 por cento das persoas que reduciron ou suprimiron o traballo remunerado por coidado de dependentes, ben como 56,8 por cento das que empregaron fórmulas de flexibilización da súa relación laboral. O traballo a tempo parcial é masivamente feminino (76,7 por cento) e o mesmo cómpre dicir da dupla xornada. Tan é así que as mulleres dedican 4 horas 38 minutos ao traballo no fogar, en tanto que os homes apenas chegan a 2 horas 21 minutos. Ante unha situación tan extremamente inxusta —da que aínda decorren secuelas tais como a caída da natalidade ou o avellentamento da poboación— que fan os poderes públicos? O mínimo. Para as administracións a conciliación dista de ser unha prioridade "e son as mulleres as que teñen que resolver o problema na esfera privada, na maioría dos casos", critica López Gromaz. Por súa parte, Margarida Corral, secretaria nacional de Muller da CIG, alega que o "actual deseño" das políticas de conciliación teñen a ver "cunha concepción tradicional da división sexual do traballo, segundo a cal o home é o sustentador económico da familia, mentres a muller se responsabiliza dos coidados de crianzas e familiares dependentes". Hai alternativas? Si, segundo a central, cómpre unha orientación radicalmente distinta das políticas públicas en materia de igualdade. Fan falta máis recursos —no Estado español destínase a conciliación 1,3 por cento do PIB, moi por debaixo da media comunitaria—e habería que ir a medidas de repartición do traballo como a redución da xornada a 35 horas semanais ou o alargamento do permiso de maternidade até as 24 semanas. |
NOS_35816 | A alienación, o individualismo, o illamento, o consumismo... Isaac Cordal mostra en Bilbao unha sociedade inquietantemente distópica que lembra o inferno en que se pode converter o capitalismo levado ao seu extremo a través dunha frase irónica e terríbel: "O teletraballo faravos libres". | "O concepto de progreso cabe fundalo na idea de catástrofe. Que todo siga 'así' é a catástrofe. Esta non é o inminente cada vez, senón que é o cada vez xa dado". A cita é de Walter Benjamin pero o sentimento parece cada vez máis compartido: a idea de progreso que impón o capitalismo parécese moito a un precipicio polo que imos escorregando sen decatarnos, a ese "síndrome da ra fervida' que dita que se metemos unha ra en auga morna que se leva a ebulición a modiño, o animal non percibirá o perigo e cocerase até a morte. Aínda que agora mesmo xa hai moita xente avisando dos riscos. O artista Isaac Cordal (Pontevedra, 1974) expón até o 28 deste mes, na galería SC de Bilbao, un conxunto de instalacións que, baixo o título 24/7, reflexiona sobre esa idea de progreso poñendo o foco nunha transformación que, paulatinamente, se materializou sen que soubésemos moi ben como: a conversión do traballo no centro da existencia. Un felpudo dos que reciben aos visitantes na casa exhibe a frase Telearbeit macht frei (O teletraballo faravos libres) nun remedo entre irónico e tráxico daqueloutro lema emprazado na entrada dos campos de concentración e exterminio estabelecidos polo réxime nazi. A partir de aí, as instalacións de cemento do artista recrean un universo ao mesmo tempo cotián e distópico que mostra individuos illados -alienados- cuxa actividade orbita arredor do traballo asalariado e cuxos desexos foron domesticados polo consumismo. Individuos cuxa existencia é un enigma incluso para eles mesmos, que esperan que o sentido da vida lles sorprenda mentres continúan cunha existencia gris que os esgota. O espazo doméstico como castigo O fenómeno que describe Cordal ("Estamos resignados a non perder o tempo. O tempo libre converteuse nunha pausa entre tarefa e tarefa. Parece que nos sentimos mal se non facemos nada. Volvemos unha e outra vez a revisar o noso teléfono móbil como se cada notificación fose un bálsamo na incerteza") é, desde logo, anterior á aparición da Covid-19, mais a intensificación das condicións de illamento e a extensión do teletraballo, derivados das medidas tomadas para frear a pandemia, inflúen nese aspecto distópico -de experimento social sen precedentes-, que logra que o público se identifique con ese sentimento desesperado que a instalación desprende. O doméstico pasou de constituír un refuxio a formar parte da maquinaria de opresión. Se cadra, a pandemia tamén invita a facer paralelismos entre os discursos que anuncian a súa fin e os que prognosticaban a fin da crise económica: declárase absurdamente que a peste foi vencida e as ganas de que isto sexa certo lévanos a esquecer as causas do contaxio. A inquietante idea que sementa a frase tomada dos campos de exterminio -a de que o nazismo foi unha manifestación extrema do capitalismo e de que o alí sucedido deixou un embrión aínda latente na sociedade- pode, ou non, parecer esaxerada. Mais non debemos esquecer que moitas das vítimas daqueles campos saían a diario para ser usadas como man de obra escrava por Siemens, Krupp, Basf, Bayer e outras empresas de gran prestixio no mundo financeiro. O progreso cara á miseria e a degradación Isaac Cordal nunca fuxiu da crítica social na súa obra. No seu proxecto Cement Eclipses coloca estratexicamente as súas figuras para crear imaxes cargadas de crítica social, que reflexionan sobre a construción e a destrución, o cambio climático, as relacións de poder e, especialmente, sobre a condición humana. As súas pequenas esculturas poden verse en galerías de arte ou en espazos urbanos de Vigo, Lugo, Pontevedra, Bruxelas, Londres, Berlín, Zagreb, Nantes, San José, Barcelona, Viena, Malmö, París, Milán ou Bogotá. A reflexión crítica sobre a idea de progreso -que o achega ao discurso de Benjamin- mostra unha sociedade cunha capacidade de (auto)destrución cada vez máis grande, e cunha disposición absoluta a inmunizarse -a través do entretemento- ante a súa propia decadencia. E malia todo, a soidade e a tristeza das súas personaxes permiten detectar a empatía cara a unha melancolía e unha desesperanza que se advirten xa como universais. |
NOS_26468 | Un informe do BBVA aponta que o produto interior bruto aumentará de media un 2,7% no conxunto estatal mentres que Galiza só un 2,2%, o ritmo máis baixo. Non é o primeiro estudo que aponta este escenario. | O informe correspondente ao mes de maio que elabora o servizo de estudos do BBVA non deixa boas novas para a economía galega de cara a este ano e o seguinte, 2017. O PIB galego medrará, si, mais a un ritmo inferior que o conxunto do Estado español. De feito, no exercicio en curso só Asturies presentará peor balanzo que Galiza mais para o 2017 o noso país, sempre en base aos vaticinios do BBVA Research, será quen ocupe a triste honra de ser o pecha-candelas en medre económico. A media de aumento do PIB do Estado para 2016 e 2017 será do 2,7%. Para Galiza, as previsisóns son que medre un 2,2% en ambos os dous exercicios. Non é o único estudo o do BBVA que advirte do perigo de que a economía galega fique cada vez máis descolgada da media do Estado. En marzo deste ano O Foro Económico Galego apontaba que a economía galega medrará en 2016 un 2,5%, novamente por baixo da media española, que se prevé que neste ano sexa de por volta do 3%. O Foro considera que vai ser "moi difícil" que o PIB galego acade o nivel de incremento do español, se ben si que recoñece que vai haber un achegamento entre ambas as dúas. O Foro predixo con éxito o medre da economía galega en 2015 (un 2,1%), que goi un punto por baixo da española (3,1%). Pesimismo Hispalink, un instituto de estudos formado por equipas de investigación de 16 universidades españolas -entre elas, a da Coruña e Compostela-, vaticinaba en xaneiro que a economía galega vai ser en 2016 e 2017 a que menos medre de todo o Estado español. Así, aponta a que o incremento do PIB no ano en curso non pasará do 2.1%, catro décimas por baixo da media española, que acabará o ano cun incremento do 2,5 por cento. Cantabria e Castela-León están, segundo este informe, entre as que menos van aumentar en 2016 (2,2% cada unha), mais aínda así fican por riba de Galiza, que será a pechacancelas. Madrid e Baleares van ser, en base aos cálculos de 'Hispalink', os territorios que terán mellor comportamento económico neste exercicio, con perto dun 3%. Mais esta mala nova para a economía galega en 2016 manterase para o 2017, din estes analistas. Nese ano aumentará a nosa economía nun 1,7%, de novo a que menos medra de todo o Estado, posto que partillaremos -segundo esta análise- con Cantabria. A media española será dun 2%, con Baleares liderando o crecemento (2,4%). |
NOS_13247 | Analistas políticos xa teñen sinalado que Feixoo non exercería de representante da Galiza, senón que ocuparía este escano para poder confrontar o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez. | O Partido Popular proporá ao seu líder estatal, Alberto Núñez Feixoo, como senador de designación territorial despois de que Juan Serrano presente a súa renuncia ao cargo esta segunda feira, 9 de maio. Rueda sobre Feixoo: "O que se pode facer é melloralo" Así o avanzaron fontes do PP, que subliñaron que desta forma "nos próximos días" formalizarase a saída de Feixoo da Xunta da Galiza, finalizando o proceso da súa substitución no PPdeG, e activarase a súa chegada á Cámara Alta. O Senado, unha institución de representación territorial, acollerá así o líder do principal partido da oposición no Estado español, Núñez Feixoo. Analistas políticos xa teñen sinalado, cando se comezou a falar desta posibilidade de que Feixoo ocuparía este asento, que non exercería de representante da Galiza, senón que ocuparía este escano para poder confrontar o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, unha vez ao mes como máximo, ao non ser deputado no Congreso. Núñez Feixoo pon punto e final sen autocrítica a 13 anos de Goberno Ademais, unha vez elixido senador, Feixoo será designado presidente do Grupo Popular do Congreso e do Senado. Así, poderá asistir aos grandes debates que decorran no Congreso e utilizar as súas dependencias e salas para atender os medios de comunicación. No marco desta renovación, tamén está previsto que esta segunda feira renuncie como senadora por designación territorial Elena Muñoz, e a persoa proposta para substituíla no exercicio destas funcións será Miguel Tellado. Feixoo dimite na Galiza para ir a Madrid Antes de entrar na Cámara Alta, o Parlamento galego ten que dar Feixoo luz verde. Así mesmo, o líder estatal do PP ten que reunir toda a información requirida polo Senado, como a declaración de actividades, bens patrimoniais e rendas e intereses económicos. Unha vez validados estes documentos, adquiriría a condición plena de senador. A toma de posesión pódese facer ante notario ou na sesión plenaria. Se se fai ante notario, o dirixente popular converteríase en senador para todos os efectos antes do Pleno, aínda que, de facerse así, tamén o podería volver repetir durante a sesión plenaria. No entanto, só podería intervir no Congreso se o PP presenta unha moción de censura contra Pedro Sánchez e é o candidato popular, como fixo en marzo de 1987 Antonio Hernández Mancha contra o entón presidente do Goberno Felipe González, sen éxito. |
PRAZA_17088 | 14 concentracións en toda Galicia demandaranlle este mércores ao Goberno central que cumpra o Pacto de Estado e que o dote dun financiamento estable para poñelo en práctica. Tamén lle reclaman á Xunta que dedique o 1% do seu orzamento á loita contra o terrorismo machista e unha reforma dos xulgados específicos neste ámbito | O feminismo segue nas rúas. O ciclo de mobilizacións que o pasado 8 de marzo amosou a súa forza continúa este mércores cunha nova convocatoria. Faino con reivindicacións moi concretas e a esixencia ao Goberno central e á Xunta que adopten medidas efectivas contra a violencia de xénero, que as boas palabras se convertan en feitos e que o Pacto de Estado asinado en setembro do pasado ano deixe de ser papel mollado. "Sabemos o que é o PP. Sen unha mobilización constante, o PP non vai defender medidas as medidas que estamos esixindo. Só loitando todos os días imos conseguir cambios reais", dicía o 9 de marzo a viguesa Luísa Ocampo (PFG). Están convocadas de momento 14 concentracións en Galicia: Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra, Ames, Vilagarcía, Cangas, Noia, Lalín, Ribeira, Carballo, Sarria e O Barco, que incidirán na necesidade de dotar de financiamento ás medidas prometidas naquel Pacto de Estado. Denuncian que oito meses despois da súa aprobación, os compromisos que deben garantir o cumprimento do Pacto de Estado "non se cumpriron" En toda España máis de 300 asociacións e colectivos feministas esixiranlle ao Goberno central "que demostre o seu compromiso fronte á violencia machista". Denuncian que oito meses despois da súa aprobación, os compromisos que deben garantir o cumprimento do Pacto de Estado "non se cumpriron". Por exemplo, subliñan que o Executivo non presentou os proxectos de lei para acometer as modificacións lexislativas previstas, entre as cales figura a reforma da lei de racionalización e sustentabilidade da Administración local recollida na medida 61. Destacan que tampouco incluíu no proxecto de Orzamentos Xerais do Estado de 2018 o compromiso económico reflectido no Pacto para garantir "a estabilidade e cualificación dos persoais que prestan servizos de atención á violencia machista", uns 200 millóns de euros. Así mesmo, solicítase o establecemento dun acordo sobre estándares mínimos para a atención integral municipal ás vítimas das diferentes manifestacións da violencia machista, que leve aparellado un estudo de custos por poboación de cara á súa efectiva implantación, co fin de garantir unha resposta adecuada a todas as vítimas de violencia machista con independencia do seu lugar de residencia. Pídese a creación de xulgados específicos en todas as cidades, a gravación de declaracións para que as mulleres non teñan que ir continuamente a declarar aos xulgados ou que estas non teñan que agardar para facelo na mesma sala que o seu agresor As concentracións tamén lle reclamarán á Xunta este mesmo compromiso contra a violencia de xénero. "Ante o compromiso de facer campañas contra a violencia machista destinadas a homes e nenos, o 25N, a Xunta agasallounos coa exaltación da muller, seica somos un produto de festa gastronómica. A necesidade de coeducación e a prevención no eido educativo respóndese con Plans Proxecta con cero euros de orzamento" afirman. Esíxese que o Goberno galego lle dedique o 1% do seu orzamento á loita contra a violencia machista, uns 90 millóns de euros anuais e que se aplique a Lei Galega de Violencia de Xénero. Tamén se demandan medidas como a creación de xulgados específicos en todas as cidades, a gravación de declaracións para que as mulleres non teñan que ir continuamente a declarar aos xulgados ou que estas non teñan que agardar para facelo na mesma sala que o seu agresor. Tamén reclaman un aumento do número de xulgados de Violencia de Xénero e que estes sexan dotados de persoal suficiente e con formación específica en xénero. Os gobernos do PP "adoecen de falta de vontade política" para loitar contra a violencia machista xa que "sen orzamentos non hai compromiso", sinalan As feministas afirman que os gobernos do PP "adoecen de falta de vontade política" para loitar contra a violencia machista xa que "sen orzamentos non hai compromiso". "Lexíslase sobre violencia de xénero, asínanse Convenios Internacionais contra a Violencia de Xénero como o de Istambul que se incumpren sistematicamente. Acórdanse Pactos de estado contra a Violencia de Xénero para sacar a foto mais despois esmorecen por falta de recursos". Convocatorias feministas 16 de maio Ames: Praza da Mahía, 19h Compostela: Praza 8 de marzo, 20h Vigo: Cruce de Vía Norte, 20h Pontevedra: Praza da Peregrina, 20h Vilagarcía: Praza da Constitución, 20h A Coruña: Obelisco, 20h Marín: Concello, 20:30h Cangas: Concello, 20:30h Noia: Concello, 21h Lalín: Praza da Igrexa, 20:30h Ribeira: Diante do Concello, 20h Sarria: Praza do Concello, 20:30h Ourense: Subdelegación do Goberno, 20:00h O Barco: Praza do Concello, 20h Carballo: Concello, 20h |
PRAZA_15978 | O CPXG lembra as recomendacións deontolóxicas de abordar a violencia de xénero dende o "combate" das súas causas Os investigadores do caso piden autocrítica á prensa: "Hai titulares que poden supor dano de por vida á familia" | Os investigadores do caso piden autocrítica á prensa: "Hai titulares que poden supor dano de por vida á familia" O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia manexa dende hai anos varios documentos con recomendacións para informar sobre os casos de violencia de xénero. O Código Deontolóxico Galego, a Guía práctica para o tratamento informativo da violencia contra a muller ou a fundacional Declaración de Compostela son guieiros que a entidade profesional se viu obrigada a lembrar en múltiplas ocasións durante os últimos anos e que vén de poñer sobre a mesa ante o tratamento xeral do asasinato de Diana Quer. A Xunta de Goberno do CPXG "lembra" que "a violencia de xénero non só se manifesta nos malos tratos dentro do ámbito doméstico", senón que o fai "en todos os tipos de violencia dirixidos cara ás mulleres polo simple feito" de o seren. Así, subliñan, e "sen prexuízo" das conclusións ás que cheguen as pescudas policiais e xudiciais, "é necesario que os medios traten o caso como un novo episodio de violencia machista". Ou, o que é o mesmo, como "unha violación dos dereitos humanos e un atentado contra a liberdade e dignidade das persoas", encadrándoo nun "contexto ideolóxico e social" concreto e no "combate" do "supremacismo patriarcal, polo que o rol feminino estivo e está supeditado ao masculino". O CPXG lembra as recomendacións deontolóxicas de abordar a violencia de xénero dende o "combate" das súas causas O Colexio creo necesario "facer un chamado" a que "se sigan en todas as informacións" as recomendacións dos devanditos documentos, así como as achegas do Foro sobre Comunicación e Xénero e as conclusións da xornada O papel dos medios na información de xénero. Estes documentos forman parte dunha "apelación á ética e á responsabilidade do conxunto da profesión xornalística galega" para "que non sume máis dor á dor" da familia de Diana Quer e "para que poidamos loitar dende os medios de comunicación contra a lacra social da violencia de xénero, combatendo as súas causas e incentivando a toma de conciencia social". A entidade profesional insta a controlar os comentarios que xustifican as agresións de xénero e lamenta que algunhas informacións "poidan levar á identificación" de familiares menores de idade da vítima e do asasino confeso Neste sentido, o CPXG insta a coidar o "tratamento no corpo das informacións", pero sen perder de vista "os comentarios presentes en numerosos medios dixitais", que se ben "non son responsabilidade directa" da redacción de cada cabeceira, dende elas si "cómpre introducir mecanismos de filtración e control que impidan a publicación de opinións" que dean en "xustificar" as agresións de xénero. "Unha información non pode tratar dunha maneira ética e responsábel esta lacra se comparte espazo con comentarios deste tipo". Ao tempo, no Colexio "preocupa" tamén a difusión de informacións nas que prolifera o "material das redes sociais" ou doutros datos que "poden levar á identificación" de dúas menores de idade, "unha delas familias da vítima e outra, do presunto homicida". "A privacidade e a propia imaxe deben ser respectadas en todos os casos, pero máis aínda cando se trata de menores, que precisan de especial protección". Ao tratarse de "persoas non implicadas directamente nos feitos noticiosos, é preferíbel non informar en absoluto delas" ou, de facelo, seguir as recomendacións profesionais ao respecto. Este chamado público do Colexio Profesional de Xornalistas chega apenas vinte e catro horas despois doutra apelación no mesmo sentido por parte dos responsables da investigación do caso. Na comparecencia pública para informar ao respecto, os Gardas Civís que dirixiron a investigación reclamaron autocrítica aos medios de comunicación, denunciaron "graves filtracións" que puxeron en risco as pescudas e advertiron de que "hai titulares" sobre este asasinato que "poden supor dano de por vida" á familia de Diana Quer. |
NOS_25668 | A CGTP-IN anunciou uma jornada de luta no próximo dia 27 de Junho para "forçar o governo a alterar o rumo" da sua política. O seu secretário-geral, Arménio Carlos garantiu que existe "um vasto consenso entre as organizações sindicais" a respeito da necessidade de procurar "formas de luta mais duras". Dentro vídeo | "Há dez milhões de razões para ir para a greve" disse o secretário-geral da CGTP-IN, Arménio Carlos na comparecência de imprensa. O líder sindical referiu-se assim aos 10 milhões de habitantes do país vizinho. A data, anunciada esta sexta-feira devém da decisão adotada pelas centrais sindicais da função pública que acordaram a convocatória de uma jonada de luta para o próximo dia 27 de Junho. De acordo com o secretário-geral da CGTP "a unidade dos trabalhadores portugueses assume-se hoje" pelo que a greve se estender a todos os setores do país. No entanto, terá que esperar até a segunda-feira para concretizar se a UGT apoia a convocatória para além da função pública, após a reunião que desenvolveram os seus órgãos de direção "para analisar outras formas de luta" como "o eventual alargamento a outros sectores em convergência" com outras organizações sindicais. Apesar das dúvidas da UGT, desde CGTP-IN defendem que a "unidade dos trabalhadores portugueses" é "uma premissa fundamental para forçar o governo" de coligação "para alterar o rumo de uma política", dizem, "muito marcada pela austeridade" e por "uma agenda ideológica" destinada a "privatizar serviços, destruindo o Estado Social e todas as expectativas para o futuro da sociedade portuguesa", salientou o secretário-geral. |
NOS_3699 | Denúnciano o BNG de ambos os dous concellos da comarca de Arzúa. | O BNG do Touro e O Pino denuncia que nestes dous concellos con edis dos gobernos locais do PP quen están a facer reparto das máscaras polos fogares, no que as nacionalistas consideran que é utilizar a pandemia para facer campaña electoral "Só así se entende que se faga este reparto de máscaras polos concelleiros e concelleiras dos gobernos municipais tanto en Touro coma no Pino sen que haxa ningunha garantía de que se cumpren as medidas de seguridade esixidas, podendo constituír este reparto un vector de contaxio do virus por todo o territorio municipal en dous concellos que contan cun índice de avellentamento da poboación moi elevado", indican desde o BNG. Proposta As nacionalistas de Touro lembran que esta mesna semana propuxeron aos gobernos locais "establecer un sistema de acceso aos sistemas de protección para a poboación de forma obxectiva, segura e controlada".Como alternativas: a través do sistema de saúde, de Correos ou de traballadores e traballadoras municipais. Pola súa banda, o BNG do Pino lembra que o pasado 13 de abril, "ante a falta de información e interese polas súas achegas para colaborar co goberno municipal", tamén se dirixiu por vía electrónica ao alcalde para propor unha xuntanza telemática, "tamén sen resposta". Ao día seguinte, o 14 de abril, afirman, "comezou o reparto de máscaras, que ao igual que en Touro, levaron a cabo as concelleiras e concelleiros do goberno acompañados, segundo o propio Goberno municipal se encargou de difundir na súa web e redes sociais, por persoal laboral do concello e persoas do tecido asociativo do Pino". |
NOS_57753 | O semanario, ademais, fai repaso dos 20 anos da orquestra SonDeSeu. | Este sábado, como cada semana, atoparás nos quiosques, xunto ao teu exemplar do Nós Diario, o suplemento semanal Sermos Galiza. Na edición deste 9 de abril Montse González entrevista Miguel Anxo Seixas, autor da "biografía máis exhaustiva e completa" sobre Castelao que podes conseguir no mercado. Galaxia vén de publicar o terceiro e último tomo. Unha oportunidade única para debullar a memoria do pai do galeguismo. 20 anos da primeira orquestra folk Ademais, Antón Escuredo achéganos a historia de SonDeSeu. Este 2022 festexa dúas décadas nos escenarios e vaino facer cunha xira de catro concertos en acústico. No seu 20 aniversario, ademais de avanzar os seus plans de futuro, Sermos Galiza ofrece unha retrospectiva da primeira orquestra flok europea. Iago Valverde escribe sobre a figura de Fermín Blanco, un arquitenco que avoga por levar a súa disciplina ás aulas e crear dinámicas de aprendizaxe capaces de transformar o espazo educativo. omo cada semana, o Colectivo Xea déixanos unha proposta para 'Andar e ver'. Esta vez, ao pé do río Coura. De Caminha a Paredes de Coura, 40 quilómetros de baixa dificultade polos concellos de Caminha, Vilanova de Cerveira e Paredes de Coura. Libros, música e cinema Os libros de Mario Regueira e de Inma Otero Varela achégannos a escrita de Paula Carballeira, Medos Romero e Luñís rei Núñez, entre outros autores e autoras. E non falta a música nin o cinema, da man de Fernando Montenegro, Herminio González e Andrés Castro. Para escoitar, Radio Zapa!, Bernardo Sassetti Trio ou o último de Uxía & Javier Ruibal. E para ver, Julia, Jacobo Lagüela, unha fita de cinema etnográfico, dedicado á avoa do director. Cociña e pasatempos Nas páxinas de cociña, "niños e receitas fresquiñas para recibir a primavera", grazas a Anxo Fole e no feche do semanario, as propostas de Xerardo R. Roca e Xoán Costa para matar o tempo Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por tres euros! |
NOS_24469 | Clases maxistrais, mesas redondas, concertos do alumnado e do profesorado ademais de convívio arredor da música é o que ofrece o IV Campus Musical organizado pola Federación Galega de Bandas de Música que ten lugar en Compostela do 9 ao 13 de xullo. | Máis de 120 alumn@s matriculáronse na cuarta edición do Campus Musical que, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música, se desenvolve en Compostela do 9 ao 13 de xullo. Aulas de especialidades como clarinete, contrabaixo, fagot, frauta, óboe, percusión, saxofón, trombón, tropa, trompeta, tuba-bombardino ou violonchelo responden ás necesidades de formación de boa parte do abano instrumental das bandas. Un profesorado de excepción compón o cadro que impartirá as distintas especialidades, con procedencia privilexiada dos Conservatorios Superiores galegos ou doutros lugares como Madrid, Salamanca, Viana do Castelo Espinho, Porto ou Lisboa ademais de entidades como a Orquestra Sinfónica de Galiza ou a Orquestra da RTVE. Destaca en especial a presenza de profesores portugueses entre os que se atopan Gonçalo Dias de trombón, Abel Pereira de trompa, Sérgio Pacheco para trompeta ou Sérgio Carolino nas aulas de tuba-bombardino. Da Orquestra Sinfónica son docentes no Campus das bandas Gabriel George Tanasescu en violonchelo e Alex Salgueiro no fagot. A variada oferta do Campus Musical fan desta iniciativa da Federación galega de Bandas de Música unha das propostas formativas máis interesantes dos cursos de verán e propician ademais o convivio de mozos e mozas que están a tocar nas numerosas bandas do país. O programa, ademais das aulas individuais ou en grupo especializadas, componse de conferencias, concertos de cámara, do profesorado ou do propio alumnado. Na primeira xornada, a presidenta da Asociación Galega de compositores, Margarita Soto, o director do Conservatorio Profesional da Coruña, Jesús López Prado, o director da Banda de Santa Cruz de Rivadulla, José Rodríguez Ramos ademais do director da Banda Sinfónica da FGBNP debaterán arredor da situación das bandas e o seu auxe e a explicación da súa permanencia no tempo malia a escaseza de recursos. A vicepresidenta da Federación galega de Bandas, Lucía Carreira destaca da iniciativa os "altos coñecementos adquiridos polos mozos e mozas cun profesorado de alto nivel, trátase dun curso de formación que, alén desas aulas permite vivir durante uns días arredor do mundo das bandas". Lucía Carreira sinala tamén que "hoxe nas bandas o nivel de formación é alto, con músicos que estudan no conservatorio por iso este curso se entende como unhas aulas de perfeccionamento para que repercutan na calidade das bandas". A FGBM está composta por 87 bandas federadas formadas por máis de 5.000 músic@s. |
NOS_21346 | Francisco Jorquera asegura que as teses do apostan na construción da unidade do nacionalismo "paso a paso" e a través da apertura de espazos de confluencia con outras organizacións soberanistas. | Nas vésperas da Asemblea Nacional do BNG (este domingo, Santiago de Compostela, Pazo de Congresos), o portavoz parlamentar da organización frontista --e número 3 da candidatura que se presenta ao Consello nacional-- asegurou que as teses políticas que se debaterán no conclave amosan unha "vontade clara" de alicerzar "espazos de cooperación e confluencia con outras organizacións nacionalistas". Neste senso, Francisco Jorquera asegurou que existen "outras formacións nacionalistas actuantes" coas que a organización frontista aspira a construír a "unidade do nacionalismo". O portavoz salientou que o obxectivo do Bloque foi sempre "ser a casa do nacionalismo galego" e que, neste senso, os textos aprobados no proceso de reflexión interna procuran tecer pontes "paso a paso" abrindo espazos "de cooperación" entre @s nacionalistas. Inquirido pol@s xornalistas a respecto de se esas pontes se encamiñarían a procurar puntos de encontro con Anova, o voceiro nacionalista no Parlamento asegurou que a dirección política que saia eleita da Asemblea nacional deste domingo terá como horizonte "pór en práctica as propostas políticas e organizativas que recollen as teses", mais rexeitou a tese segundo a cal a escolla do candidato á portavocía nacional -Xavier Vence- responde a intereses de aproximación coa formación liderada por Xosé Manue Beiras. Desde o BNG manteñen unha aposta firme pola procura de espazos de acción combinados con outras organizacións --como reflectiu a convocatoria conxunta dunha manifestación soberanista na que, por certo, Anova non participou. Neste senso, o voceiro nacionalista amosou unha perspectiva máis ampla, para alén das formacións xurdidas após as escisións do BNG. Un tempo novoEn resposta @s xornalistas, Jorquera dixo que a Asemblea nacional "marcará un novo tempo" do que o BNG agarda saír "reforzado e fortalecido". O nacionalista amosouse satisfeito e congratulado polo "masivo apoio ás teses de debate" que a organización frontista submeterá á consideración da súa militancia e salientou que a candidatura que concorrerá á elección do Consello nacional, a Executiva e a portavocía nacional do Bloque "acadase un respaldo tan significativo" entre a dirección da organización. |
PRAZA_7656 | As asociacións aglutinadas na Plataforma das Artes Escénicas buscaron atopar puntos en común e unha folla de ruta de accións para responder ante o desmantelamento que, segundo os profesionais, está a sufrir a cultura polos recortes e a política cultural do Goberno do PP | Coas portas pechadas, mais co balcón libre toda clausura. Así atopou a Plataforma das Artes Escénicas o Salón Teatro de Santiago, recinto pertencente á Xunta onde o colectivo pretendía celebrar este luns pola mañá unha asemblea aberta á toda a profesión. Porén, as preto de cen persoas que acudiron ao convite tiveron que discutir os graves asuntos que padece a profesión escénica en plena rúa. A Consellería de Cultura e Educación negoulles o acceso alegando, segundo explicou o presidente de Escena Galega, Salvador del Río, que o Salón Teatro "non se abre para actos non artísticos". Había unha alternativa ofrecida polo departamento dirixido por Jesús Vázquez: o Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Non obstante, a Plataforma declinou ese lugar por estar nas aforas da cidade e por preferir un ámbito emblemático como o Salón Teatro, un teatro que, pese a ser público, atoparon coas portas pechadas. E na entrada celebrouse finalmente unha xuntanza que culminou co asalto ao balcón do edificio, a onde un dos presentes subiu para colgar a xa habitual pancarta reivindicativa da Plataforma das Artes Escénicas: "Desmantelamento da Cultura, non". As asociacións aglutinadas na Plataforma buscaron atopar puntos en común e unha folla de ruta de accións para responder ante o desmantelamento que, segundo os profesionais da escena, está a sufrir a cultura polos recortes e a política cultural do Goberno do PP E de "desmantelamento" falouse durante as case dúas horas que durou a reunión. Unha reunión a plena rúa e na que os membros das diferentes asociacións sectoriais (Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega, Asociación de Magos de Galicia, etc) aglutinadas na Plataforma buscaron atopar puntos en común e unha folla de ruta de accións para responder ante o desmantelamento que, segundo os profesionais da escena, está a sufrir a cultura polos recortes e a política cultural do Goberno do PP. A asemblea, dalgún xeito, arrecendía a déjà vú, a palabras repetidas,a preocupacións reiteradas. Ese déjà vú lévanos á primeira gran intervención da Plataforma das Artes Escénicas, en marzo do ano pasado, pola que se convocou -con motivo do Día Mundial do Teatro- unha manifestación dos profesionais que culminaría nunha reunión no interior do Salón Teatro. Daquela, a ex directora do Centro Dramático Galego, Blanca Cendán, permitiulles inicialmente o acceso, mais foi desautorizada pola Consellería de Cultura e Educación e as portas do Salón Teatro, tal como estaban hoxe, apareceron pechadas e a propia Cendán sería destituída. "O límite está na negativa a falar dos actuais executantes da política cultural. Négase o diálogo e négase ao acceso ao espazo público, algo insólito en toda Europa" E o acto daquel Día Mundial do Teatro celebrouse, como a xuntanza de hoxe, ás portas do Salón Teatro, quentando os ánimos do sector e poñendo en xuízo, unha vez, máis a actitude da administración. Daquela falouse de falta de diálogo e, hoxe pola mañá, volveuse tocar o asunto. "O límite está na negativa a falar dos actuais executantes da política cultural. Négase o diálogo e négase ao acceso ao espazo público, algo insólito en toda Europa", lamentou o director teatral Xúlio Lago, quen a liña seguida, proclamou a rúa como o último ámbito que deixan aos cidadáns. "·A rúa parece ser o espazo natural da cidadanía, xa que as institucións estanse a converter en fortíns para os políticos. Mesmo os funcionarios da Agadic foron secuestrados no gran fortín, no gran cárcere que é a Cidade da Cultura, onde lapidan os cartos", reflexionou Lago. A falta de estratexia "Falta un plan, unha estratexia. O problema non son recortes, é cuestión de prioridades, en que se gastan os cartos que hai. Faltan obxectivos", sinalou Salvador del Río O déjà vú non se notaba unicamente no peche do Salón Teatro, senón que se apropiou de todo asemblea e en cada un dos puntos que se trataron. Os recortes, o soterramento de fondos no Gaiás, as dificultades laborais, a falta de diálogo, a redución das subvencións, os atrasos nos pagamentos, a parálise, a desaparición de programas como Camiños da Cultura... Todos eses temas son os recorrentes nas reivindicacións dun sector que se sente afogado. Afogado si, mais non principalmente polas tesoiradas. É a falta de estratexia no que se resume todo os males, amplos e variados, da profesión. "Falta un plan, unha estratexia. O problema non son recortes, é cuestión de prioridades, en que se gastan os cartos que hai. Faltan obxectivos", sinalou Salvador del Río ao comezo da asemblea aberta. Nesa falta de estratexia resúmense gran parte dos problemas coa Consellería de Cultura. Un bo resume do feixe de problemas que o sector das artes escénicas vén denunciando nas protestas do último ano, deixando ás claras, unha vez máis, a sensación de déjà vú. Unha sesación de xa vivido, Esa sensación de xa vivido, de xa falado, de xa protestado... pero de nada arranxado. Todo segue igual, poñendo de manifesto dúas situacións evidentes. A primeira, que a administración continúa sen ter unha estratexia nin conseguir un diálogo fluído co sector, un diálogo que se foi deteriorando na anterior lexislatura e que foi a peor trala marcha do ex conselleiro Roberto Varela. A segunda situación pertence á propia profesión, aos profesionais do sector escénico que, polo momento, aínda non foron capaces de visibilizar os seus problemas ante a sociedade nin avanzar nas súas reclamacións. E diso tamén se falou na asemblea, algo de autocrítica se realizou sobre a estrutura da Plataforma e os conflitos de intereses que se podían xerar entre as diferentes asociacións. Ante iso, o intérprete Antonio Durán Morris, ex presidente da AAAG e membro da súa actual directiva, respondeu coa natureza propia do colectivo. "A Plataforma non ten medios, a nivel de estrutura non está definida. E as asociacións tamén lles custa manterse agora mesmo", admitiu Morris quen, pola contra, tamén destacou a relevancia da plataforma ao asegurar que aglutina a moitos profesionais, "xunta a moita xente por riba dos seus intereses particulares". Morrer aos poucos "Hai dúas formas de morrer. Morrer aos poucos, en silencio, ou demostrar que estamos a morrer e que importa. Hai que loitar coa morte non visible", proclamou Morris Pese as eivas recoñecidas da propia Plataforma, os asistentes si viron nela un instrumento para denunciar a asfixia do sector e para pelexar ante o mirrar do sector. "Hai dúas formas de morrer. Morrer aos poucos, en silencio, ou demostrar que estamos a morrer e que importa. Hai que loitar coa morte non visible", proclamou Morris. Para evitar o colapso silente, os asistentes discutiron diversas fórmulas para reivindicar a profesión escénica. Houbo quen propuxo unha programación de protestas constantes ás portas do Salón Teatro. "Sistematizar a toma das rúas", resumiu Gustavo Pernas, quen apostaba por facer actuacións de denuncia nos espazos públicos próximos ao Salón Teatro. "Quizais como aos luns ao sol, todos os luns ás doce", propuxo. Rosa Álvarez, pola súa banda, recuperou a idea de ler un manifesto en todas as actuacións que se leven a cabo en Galicia, tal e como se fixera na última Feira das Artes Escénicas, para concienciar o público. Outros, como a cantante Mónica de Nut e a intérprete Belén Constenla, apostaron por unha maior contundencia ante a situación e a falta de diálogo. "Temos que facer ruído, todos os colectivos están na rúa e facendo moito ruído e nós estamos calados", lamentou a intérprete. "Temos que facer ruído, todos os colectivos están na rúa e facendo moito ruído e nós estamos calados", lamentou Belén Constenla Todas esas ideas quedaron no seo da asemblea, listas para madurar e ir saíndo en próximas intervencións nas que se busque a visibilidade. Como primeiro paso, os asistentes decidiron desenvolver un xesto simbólico xusto no Salón Teatro. Unha toma simbólica do balcón da sede do Centro Dramático Galego e pendurar a pancarta en contra do Desmantelamento. O actor Morris chamou por teléfono aos responsables do centro para pedir unha vez máis que abriran a porta, mais unha vez máis atopáronse coa negativa. Polo tanto e como "un mínimo símbolo de desobediencia", decidiuse que un compañeiro subise ao balcón e colgase o cartel, a denuncia escrita do "desmantelamento da cultura". |
NOS_11828 | Nun multitudinario acto no Auditorio de Galiza, con máis de 1.500 asistentes, a formación nacionalista deu por comezada a campaña da dupla convocatoria electoral do 28 de abril e 26 de maio. A portavoz nacional, Ana Pontón, animou "a todas as galegas e galegos que senten o país no corazón e na cabeza" a votar polo Bloque. | As últimas sondaxes reflicten un incremento dos apoios ao Bloque Nacionalista Galego nas vindeiras convocatorias electorais, que en menos de dous meses debuxarán un novo panorama político municipal, estatal e europeo. Nese contexto de "remontada" que está a experimentar a formación nacionalista, segundo manifestou a súa portavoz nacional, Ana Pontón, tivo lugar esta mañá un encontro que, baixo o lema, "Agora Galiza", quixo mobilizar a súa base organizativa como punto de partida para as campañas electorais que se aveciñan. Máis de 1.500 persoas responderon á chamada do BNG. "Arrancamos esta longa precampaña que desde o BNG afrontamos con convicción e con optimismo, coa reflexión que creo que comparten moitos galegos e galegas de que Galiza necesita recuperar unha voz propia o 28 de abril que dea a cara por eles e elas", asegurou Pontón. "Nós o que lle ofrecemos á xente do noso país" engadiu, "é unha organización sólida, un proxecto cohesionado e coherente, no que poder confiar". Arroupada polos cabezas de lista ao Congreso e o Senado, pola candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, e polos alcaldábeis das sete cidades, Pontón lembrou que "o 28 de abril temos moito en xogo, e creo que son moitas as persoas que van apostar por que Galiza recupere a voz, fronte o desastre que nos están deixando as forzas políticas estatais". Nesa liña, sinalou que "hai moitos galegos e galegas decepcionados con esta precampaña, na que as forzas políticas estatais están competindo por ver quen ten máis bandeiras españolas ou quen ten a bandeira de España máis grande". "E nesa bandeira", subliñou, non están os problemas de Galiza; non están as solucións para lle pór freo á emigración xuvenil, para rematar coa precariedade, para as segundas pensións maís baixas do Estado. Nesa competición desmesurada non hai solucións para acabar co desastre que está xerando Ence no noso país, para frear o disparate de que Galiza, que produce electricidade a esgalla, teña 2.000 postos de traballo en perigo polo prezo da luz, ou para acabar con esa estafa cointinuada das peaxes". "Nós", manifestou a portavoz nacional do BNG, "queremos ser a voz deses galegos e galegas para poñer a Galiza no mapa fronte á discriminación do Estado, e tamén frente a unha involución democrática ante a que nós somos un muro de contención". Así, Ana Pontón apostou por que "nun contexto sen maiorías absolutas, Galiza estea no mapa, sexa determinante", polo que quixo "tender a man a todas as persoas decepcionadas co que está a pasar e saben que este país precisa dunha organización forte, coa acbeza e o corazón en Galiza, que dea a cara por elas". A voceira nacional do Bloque sinalou que se está a producir "unha corrente de simpatía cara a nós, cun incremento de militancia e de moitas voces que se suman. Nós temos as portas abertas para toda a xente que cre que Galiza merece outro futuro, que confía nas potencialidades que ten este país e que sabe que da man do BNG podemos construír un futuro mellor para todas". |
NOS_16343 | A exposición Colmeiro. Cor e sentimento inaugúrase na Fundación Luís Seoane. | Quizais a cor é o primeiro que destaca ante un cadro de Colmeiro. Grandes masas de tons brillantes atópanse e dialogan na maior parte duns lenzos que teñen nese cromatismo a súa principal baza expresiva. Porén, até o de agora non se fixera unha exposición como Colmeiro. Cor e sentimento -que se inaugura este venres na Fundación Luís Seoane da Coruña e permanecerá patente até o 17 de abril do ano vindeiro. En palabras de Mónica Alonso, a comisaria da mostra, "á procura das cores nos seus cadros". Alonso, cuxo traballo como artista amosa tamén un enorme interese no cromatismo, non dubida en definir a exposición como "a obra dun artista vista por outra artista". Pero hai máis: unha investigación moi profunda sobre uso da cor que abrangue a totalidade da obra do artista, desde 1928 até 1981. Centrándose especialmente na súa etapa parisiense, móstrase moita obra pouco ou nada coñecida que revela como a cor se converteu no principal instrumento da súa pintura. "Na exposición pódese ver como ese uso da cor desvela a súa evolución como artista", di Alonso en conversa con Nós Diario. Así, resulta moi interesante, por exemplo, poder ver os tres cadros que sobreviviron da súa breve incursión na abstracción, á que chega tratando a través da observación da natureza mais que axiña abandona por considerala "demasiado teórica". Ou o chamado fauvismo galaico: Alonso cre que "Colmeiro realiza obras que mostran trazos comúns cos dos pintores fauvistas antes de coñecer a obra destes. Hai cadros feitos na Galiza nos anos trinta que xa mostran eses trazos expresivos; logo, continúa afondando por ese camiño en Bos Aires e, finalmente, explota en París". "Da mesma forma", continúa Alonso, "el declara que nunca vira unha obra de Cezanne, malia a influencia que se lle atribúe ao pintor francés sobre a súa obra. El define eses achados dunha forma moi poética, dicindo que 'é algo que está no ambiente'. Se estás investigando nunha liña, iso aparece en diferentes lugares, igual que, probabelmente, os seres humanos descubriron o lume en distintos sitios a un tempo". Tamén se pode ver como Colmeiro utiliza o bodegón para ensaiar novas aproximacións á pintura. "A nivel formal e cromático, usou o bodegón para experimentar e probar cousas novas. Na exposición pode verse unha serie de bodegóns que reflicten os seus intereses ao longo da súa traxectoria, compróbase como ese xénero era unha especie de campo de probas para ir evolucionando na súa arte". A exposición tamén aborda o interese de Colmeiro no muralismo, ao que tamén se achegara antes da explosión da pintura mural liderada por Diego Rivera, cun proxecto nunca realizado para o actual Hostal dos Reis Católicos. Posteriormente, en 1944, crearía en Bos Aires, xunto con catro pintores arxentinos –Antonio Berni, Lino Enea Spilimbergo, Demetrio Urruchúa e Juan Carlos Castagnino– o Taller de Arte Mural. E tamén está a biografía: "Colmeiro non era un artista sentimental, mais as súas vivencias provocan uns determinados aos que podemos acceder observando as cores que emprega en cada momento: un caso relevante pode ser o do golpe de Estado de 1936 e todo o horror que el contempla nese período, que queda reflexado na súa obra da altura". |
NOS_11378 | Nunha entrevista na Cadena Ser Galiza o portavoz de En Marea apela a solucionar este caso "con intelixencia política" e mantén que o óptimo sería que a deputada asumise "responsabilidades". | Luis Villares, portavoz de En Marea, recoñece estar "insatisfeito" co desenvolvemento do 'Caso Quinteiro' e afirma que el prefería que esa situación se solventase a través da "asunción de responsabilidades" da deputada, que "incrumpre os requisitos éticos" de En Marea. Nunha entrevista na Cadena Ser Galiza, Villares sinala que, "en todo caso, o importante é que a partir de ese momento se abren as vías procedimentais que están previstas estatutariamente e que todos e todas temos que respectar ", en referencia á consulta ás bases. O portavoz de En Marea confía en que antes do verán poida darse 'carpetazo' a este caso, que evidenciou as profundas diferenzas existentes na organización. Villares contrapón a forma de actuar de En Marea perante estes conflitos, "transparencia" e "ética", coa que fai o PP. Así, considera que En Marea "ten o deber de solucionar [este caso] con intelixencia política". |
NOS_19228 | Conversamos con María Traba, estudante galega de Erasmus en Istambul sobre a situación que atinxe o país após a sinatura do acordo UE-Turquía. | "Vivo nun edificio de aluguer con moita xente migrante", explica María Traba, estudante galega de Erasmus en Istambul (Turquía). No país, explica, "a cousa está tensa" por mor "do aviso de atentado" após o acontecido o 20 de marzo. Aliás, acrecenta "hoxe [21 de marzo] é o Newroz [día do pobo curdo]", o que fai aumentar a tensión. Porén, María Traba afirma que "a vida aquí ten outro perfil" marcada por un "aumento crecente da poboación siria" mais tamén polo "contraste das novas". "Din que un barco grego atacou refuxiados e cando lemos a prensa internacional vemos que o barco é turco", explica. "Hai un lavado de cara" do goberno de Tayyip Erdogan caracterizado polo "escurantismo". "As persoas refuxiadas viven nun ghetto, en condicións moi precarias, case chabolistas", explica, e co apoio de "traballo voluntario". O executivo turco, di, "non está". As persoas refuxiadas viven nun ghetto, en condicións moi precarias, case chabolistas María Traba vive, entre outras persoas, cun rapaz sirio "migrante forzado" por mor da guerra. "Estaba a estudar Medicina cando estourou o conflito. Após chegar a Turquía "atopou traballo como tradutor". A respeito do acordo asinado entre a UE e Turquía sobre o futuro das persoas refuxiadas esta estudante non dubida que foron usadas como "moeda de cambio" pois "ao goberno [turco] interésalle pertencer á UE" embora estar "reconvertendo o país" desde unha perspectiva relixiosa, segundo explica. Manifestarse aquí é un deporte de risco, hai cargas en todas as mobilizacións María Traba mora "na zona asiática", non é un espazo turístico polo que describe a súa vida diaria cun "ben", embora "a situación é a que é". En días pasados "a embaixada envioume unha mensaxe de que non podía ir a zonas turísticas por ameaza de bomba". "Depende de onde vivas", asegura. Ora ben, salienta a forte presenza policial é "extremadamente militarizada e armada". "Semella que fosen á guerra", di. "Manifestarse aquí é un deporte de risco, hai cargas en todas as mobilizacións, si ou si, con gas pementa e bombas de auga". Porén, esta estudante subliña o "racismo brutal" que atinxe o pobo curdo en Turquía. "É un ataque constante" e coa "propaganda", afirma, "téñenos anulados". "Isto non é unha democracia nen nada que se lle pareza", sentencia. |
NOS_48250 | Descende a presión hospitalaria e a área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte xa non conta con nigunha persoa ingresada. | A pandemia continúa na Galiza cunha evolución favorábel despois de que nas últimas horas baixasen non só os novos contaxios detectados, que o fixeron lixeiramente até os 79 nun día ─dous menos─, senón tamén os casos activos da enfermidade, que caen dos 1.500 por primeira vez desde o 16 de agosto do ano pasado. Ademais, a presión hospitalaria que deixa a Covid-19 segue en descenso e a área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte xa non conta con ningún paciente ingresado. De acordo cos datos difundidos este domingo pola Consellaría de Sanidade, solicitados até as 18,00 do sábado, a cifra total de persoas hospitalizadas con coronavirus sitúase en 64, catro menos que no parte anterior. Esta diminución da presión asistencial prodúcese grazas á caída dos pacientes en planta, até os 50 ─dous menos─, e en unidades de coidados intensivos, até os 14 ─outros dous menos─. Por áreas sanitarias, tan só a de Vigo rexistrou nas últimas horas un incremento na cifra de persoas hospitalizadas, que alcanzan as 13 ─dúas máis─, das que se manteñen tres na UCI. Os ingresados non rexistraron variacións na área de Pontevedra-O Salnés, que segue con oito, dous deles en coidados intensivos; na de Ferrol, con outros oito, dos que tres están na UCI; e na de Santiago-Barbanza, que se mantén con nove hospitalizados, aínda que conta con dous en unidades de críticos ─un menos que hai un día─. Mentres tanto, a área de Lugo-A Mariña-Monforte xa non contabiliza ningún ingresado con covid-19 cando 24 horas atrás aínda mantida dous pacientes en planta e outros dous en coidados intensivos. Tamén descenderon os hospitalizados na área da Coruña-Cee, cun total de 21 (-1), tres deles en UCI; e en Ourense-Verín-O Barco, con oito (-1), un deles críticos. Casos activos en descenso En canto aos casos activos de covid-19, alcanzan os 22 días de descenso continuo e redúcense a 1.462 no conxunto do páis, 55 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas que novos diagnósticos. Os pacientes de coronavirus só repuntaron, e lixeiramente, na área da Coruña-Cee, até os 372 (+4), e na de Lugo-A Mariña-Monforte, a 216 (+8). En canto ao resto, continúan en baixada: na de Vigo, hai 334 enfermos de coronavirus (-18); en Santiago-Barbanza, 169 (-13); en Ourense-Verín-O Barco, 142 (-7); en Pontevedra-O Salnés, 132 (-16); e en Ferrol, 97 (-13). Volven baixar os contaxios Así mesmo, os novos contaxios de covid-19 detectados por calquera tipo de proba en toda Galiza volveron situarse por baixo do centenar, concretamente en 79, dous menos que os notificados o sábado. Isto supón continuar na liña na que comezou a semana, a pesar de que os datos de Sanidade desta sexta feira reflectían un aumento de 105. Dos 79 novos contaxios, 22 detectáronse na área da Coruña, 20 na de Vigo e 16 na de Lugo. Así mesmo, a de Ourense suma 10 infeccións, a de Santiago cinco, a de Pontevedra catro e a de Ferrol só dúas. Por tanto, os contaxiados en toda Galiza desde o inicio da pandemia ascenden a 127.926, dos que 30.667 corresponden á área da Coruña; 25.250, á de Vigo; 20.088, á de Santiago; 15.834, á de Ourense; 14.364, á de Pontevedra; 13.038, á de Lugo; e 8.685, á de Ferrol. Falecementos A cifra de persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 na Galiza desde o inicio da pandemia mantense en 2.430, despois de que na tarde do sábado Sanidade non notificase ningunha vítima nova. Fronte a iso, curaron deste coronavirus 124.059 pacientes, 134 persoas máis que as contabilizadas até a xornada pasada na Galiza. |
NOS_11892 | O presidente de honra do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e un dos maiores expertos na China, Xulio Ríos, publica un libro no que detalla a evolución do Partido Comunista Chinés no seu centenario. 'Nós Diario' descobre da súa man as chaves que achegan a China a converterse na primeira potencia. | "Cando percorres 90 pasos dun camiño de 100, aínda che falta a metade do camiño", con este proverbio chinés describe Xulio Ríos, autor de A metamorfose do comunismo na China (Kalandraka), a situación do xigante asiático, cuxa forza política principal, o Partido Comunista Chino (PCCh), fai 100 anos este 23 de xullo. "O centenario é un reflexo", salienta Ríos, que destaca a "proeza da modernización" da China a partir de 1949, cando se funda a República Popular, "outro centenario de suma importancia", unha data na que o último plan quinquenal prevé completar unha parte importante do proceso de desenvolvemento. Este proceso se por algo se distingue é por ter "características chinas", o Estado pon a énfase principal "en dar resposta a situacións e problemas concretos, coñecendo todas as opinións, mais actuando por si mesmo" indica. Ríos achaca isto á importancia que a soberanía nacional ten para o PCCh, despois da colonización sufrida nos séculos XIX e comezos do XX por parte das potencias europeas e Xapón. O mercado na China Esta conciencia clara "de ser un país destruído por 25 anos de guerra" traduciuse nun modelo de desenvolvemento orientado á mellora constante das condicións de vida. Desde 1949, a China foi capaz de duplicar oito veces o seu Produto Interior Bruto (PIB), con distintas fases e un modelo que foi evolucionando mais que nunca supuxo a perda do control da economía por parte do Estado. "Na China hai mercado", explica Ríos, "só que é un mercado dirixido por un Estado que permite a iniciativa privada mais sempre sometida ao interese xeral", o que lle dá ao sistema público uns resortes para controlar a situación social que en Europa e os países occidentais "perderon hai tempo". Como exemplo disto, a crise económica desatada en 2008, que no mundo occidental implicou "políticas de recortes e limitación de liberdades", sinala. Pola súa banda, a China apostou por grandes paquetes de estímulo económico e social "que permitiron manter o crecemento e até expandir as liberdades", ao resgardar o Estado unha parte importante da economía. "A China non se conforma con ser a fábrica do mundo", defende Ríos, que detalla o cambio dun modelo de crecemento acelerado que lles permitiu dar un salto na capacidade de investimento e no desenvolvemento da poboación cara a un modelo no que buscan estar á vangarda en ciencias ou tecnoloxía, achegando valor engadido á súa produción. Unha vía propia que os levou "a pór un vehículo en Marte" ou a "superar os EUA no número de patentes anuais". A contradición principal Esta evolución tamén tivo consecuencias na visión teórica do PCCh. Até o último Congreso, a contradición principal que identificaba o partido na sociedade chinesa situábase entre a capacidade de produción e as demandas da sociedade. Despois do seu XIX Congreso en 2017, no que Xi Jinping consolidou a súa posición á fronte do PCCh e da República Popular, a contradición principal pasou a estar entre a demanda social e o desenvolvemento desequilibrado. Esta mudanza é indisolúbel da fase de desenvolvemento na que se atopa a China, a última antes de rematar o camiño cara a "modernización do país", que a leve a equipararse a nivel socioeconómico coas grandes potencias e a ocupar o seu papel na gobernabilidade mundial. "Unha etapa crucial", defínea Xulio Ríos, que marca 2033 e 2049 como as datas para culminar os aspectos principais. Mais, "á China aínda lle falta camiño", abunda Ríos, que apunta que unha vez superados os obxectivos en termos absolutos aínda estarán pendentes de resolver cuestións como a desigualdade no ingreso, "600 millóns de persoas gañan menos de 1.000 yuans mensuais", precisamente nese sentido, un dos obxectivos marcados no actual plan quinquenal é introducir eses "600 millóns de persoas na clase media". Terceiro mandato Baseado na situación actual e nas dinámicas dentro do PCCh, Ríos considera que é probábel que Xi Jinping prorrogue o seu Goberno cando menos unha nova lexislatura, rachando coa institucionalidade creada na época de Deng Xiaoping para evitar os erros da Revolución Cultural, pero en coherencia cos perigos e os medos que identifican no último treito da vía cara a modernización do país, o que tamén leva aparellada unha menor pluralidade no seo do PCCh. A aposta de Xi é apuntalar o estado de dereito baseado no lexismo, unha corrente xurídica china, e a conversión nun Partido top level design, capaz de liderar a sociedade, lexitimarse por medio da súa capacidade de xestión e por transformar a China de 1949, un dos países máis pobres naquela altura, na primeira potencia mundial. Comprender a China Aínda que os medios de comunicación occidentais xogan o seu papel para minimizar, ridiculizar e banalizar o coñecemento sobre a China, o autor recoñece que unha dificultade obvia para aproximarse a ese mundo "é o diferente que é", ao evolucionar xa non como un Estado de seu, senón como unha civilización, "a única das grandes civilizacións que segue viva", o que a levou a desenvolver nos últimos dous mil anos unha cultura específica e orixinal, "na que o universo confuciano ten moito que ver". Isto é aproveitado polos EUA, Xapón ou a Unión Europea para pór o seu poder brando ao servizo de evitar o ascenso da China, un conflito que vai durar "até que descubran que a única posibilidade no futuro é coexistir", asegura, polo que se deseñan, di, campañas de desinformación orientadas a vender a imaxe de que a China é o demo, acusándoa de xenocidios ou limpezas étnicas pola súa resposta ao terrorismo de grupos uigures, con sede na provincia de Xinjiang, mentres "contemporizan coa represión e suspensión da autonomía de Cachemira por parte da India", ou co masacre que está a cometer Israel contra o pobo palestino. Esta guerra de imaxe contra a China non quita que haxa "moito que avanzar en materia de nacionalidades", matiza Ríos, e menciona a redución de falantes na lingua propia na rexión de Mongolia Interior. Con respecto a Xinjiang, onde viaxou, sinala que "é unha zona militarizada cunha situación mellorábel". |
PRAZA_7396 | Manuel Rivas leva anos á procura da palabra das persoas que, malia situárense nunha posición excéntrica respecto do poder, son quen de re-existir, de tecer estratexias para artellar unha segunda vida á marxe desas relacións de dominio. Todas elas foron convocadas en As voces baixas, a súa última novela. | Manuel Rivas leva anos á escoita das voces baixas. Á procura da palabra das persoas que, malia situárense nunha posición excéntrica respecto do poder, son quen de re-existir, de tecer estratexias para artellar unha segunda vida á marxe desas relacións de dominio. E parte desas voces pertencían á súa propia familia: a nai, o pai albanel, a irmá libertaria, o avó carpinteiro da CNT... Todas elas foron convocadas en As voces baixas, a súa última novela. Un libro autobiográfico no que a memoria individual e a colectiva volven confluír para ollar, unha vez máis, á loita pola liberdade. Como en O lápiz do carpinteiro, A lingua das bolboretas ou Os libros arden mal. As voces baixas é como unha buxola que axuda a navegar entre os fíos que unen cada unha desas obras ou os volumes de relatos do autor. Todos eses "contos engaiolantes" que, como dicía Pardal das explicacións do mestre, non poder ouvir máis sería un castigo imaxinable. Porque é escoitalos e tornarse irremediablemente verbívoro. Como a nai e a irmá de Rivas. Como el mesmo. As voces baixas comeza lembrando "o primeiro medo" teu e máis de túa irmá María, do que xa falaras no relato A leiteira de Vermeer. En realidade, a túa infancia está presente en boa parte dos contos de Que me queres, amor?, de Ela, maldita alma ou de As chamadas perdidas. Sitúase neles a orixe de As voces baixas? "Se cadra debería escribir en braille, porque escribo como un cego. Con esa conexión entre os dedos e o maxín" Hai retallos, trazos que aparecen xa neses libros, si. O que ocorre é que o que conto neles non son experiencias biográficas no sentido literal. Hai, si, unha fonte de experiencias que agroman nestes libros e tamén en Os libros arden mal, pero iso non significa que o que aparece nos relatos me pasase necesariamente a min, no sentido máis inmediato. A escrita ten, para min, o xeito dun fío que cose moitas cousas. É como unha ponte entre un nós e un eu, ou entre un eu e un nós. Hai unha sorte de memoria colectiva que herdamos e incorporamos á nosa memoria individual. Así, o de A leiteira non era un relato da miña vida, senón dun personaxe que si tomou cousas prestadas da miña memoria. A orixe de As voces baixas sitúase, propiamente, na serie Storyboard, que se publicou no suplemento Luces de El País, e que supón como unha cuarta parte do contido do libro. Antes eu non me planteara escribir sobre a materia da infancia e das lembranzas. Cando Xosé Hermida, o coordinador de El País Galicia, recibiu o primeiro artigo, levou unha sorpresa porque, claro, eu escribía sobre temas de actualidade, cuestións conflitivas, polémicas, de crítica cultural e social... Eu penso que As voces baixas é un proxecto que foi nacendo a medida que o fun escribindo. Acabei decatándome de que era para min como unha estraña obriga en marcha. En realidade non traballo cun esquema estruturado. Só parto de mapas xeográficos que despois moitas veces quedan en mapas ilusorios, porque acabo tirando por outro lado. Se cadra debería escribir en braille, porque escribo como un cego. Con esa conexión entre os dedos e o maxín. É unha escrita moi sinestésica... e non me sae doutra maneira. Un xeito de escribir menos "poético" non sería o que eu quero. Por iso a imaxe do cego, ou a do vagabundo, resúltanme moi acaídas para explicalo. En realidade levabas moito tempo escoitando "as voces baixas": as dos emigrados, as dos represaliados do franquismo, as dos obreiros, as dos nenos... Isabel Castro falaba no seu ensaio Reexistencia do teu xeito de ollar ás persoas situadas na "periferia", entendida nun sentido amplo e non só xeográfico. "Todos e todas levamos dentro voces altas e baixas. A todos nos pode saír nalgún momento o ego napoleónico ou a voz do cacique. A cuestión é telas controladas: preocuparse cando nos saen esas voces altas" A posición do escritor ten que ser a de alguén que está á escoita. Escoitar é clave, tanto na literatura como no xornalismo. Valente xa falaba disto. E nese estar á escoita é certo que me chaman especialmente a atención as persoas excéntricas, é dicir, as que non están no centro, no sentido do poder. Mesmo as voces altas, as do poder e as da xerarquía, vólvense máis interesantes cando se manifestan como voces excéntricas. Iso xa está claro en Shakespeare: o rei Lear é moito máis interesante cando se converte nunha voz baixa. Mais tampouco quero facer unha clasificación maniquea. Quero dicir que todos e todas levamos dentro voces altas e baixas. A todos nos pode saír nalgún momento o ego napoleónico ou a voz do cacique. A cuestión é telas controladas: preocuparse cando nos saen esas voces altas. Entre esas voces baixas atópanse as das mulleres. A túa nai, as túa irmá, as túas tías, as lavandeiras, a peixeira... mulleres que defines como fortes e ceibes. "No tempo histórico que abrangue o libro, nese período de prohibicións e constante vixianza do ollo panóptico do poder, as mulleres vivían moito máis amarradas que os homes" Si. Ademais, no tempo histórico que abrangue o libro, nese período de prohibicións e constante vixianza do ollo panóptico do poder, as mulleres vivían moito máis amarradas que os homes. E eu vivín esa sensación, decatábame por exemplo de que miña irmá tivo que loitar máis ca min pola súa liberdade. E o que quixen reflectir foi, precisamente, a capacidade das voces baixas para abrir estrelampos. Mulleres que tiñan unha vida moi escrava pois, como se di, os homes traballan moito e as mulleres traballan sempre, pero que tiñan esa capacidade de sacar enerxía e forza fronte a ese imperio da docilidade. O aguante, o sacrificio, a docilidade valorábanse como cualidades dunha muller. E, nesa atmosfera, eran quen de non comportarse como as escravas que lles mandaban ser. Por iso falo no libro da boca da literatura, dese falar diferente delas que non era o falar imposto. Esas outras formas de falar que eran ceibes, e que os nenos podiamos ouvir por exemplo cando as mulleres estaban xuntas no río... As voces baixas serve, ademais, como de guía para comprender mellor o fío que une todos os teus outros libros. É difícil non ver algo do teu avó carpinteiro da CNT en O lapis do carpinteiro ou en Os libros arden mal. Do mesmo xeito que a escola que describes en As voces baixas ten conexións coa de A lingua das bolboretas... "Houbo moitos avós da CNT, non foi só o meu. O que ocorre é que as lembranzas son como seres vivos. Ás veces chamámolas e non veñen, senón que aparecen outras" Non é algo intencionado, aínda que As voces baixas poida servir colateralmente como guía, como dis. A verdade é que neste libro fixen, máis ben, o que me petou. Hai, si, unha psicoxeografía, un país íntimo con marcos, paisaxes, personaxes que se moven por aí e por alá. Hai fíos e trazos que habitaban noutros lugares e que aquí se concertan, nun espazo e nun tempo, pero nada máis. É como un músico que ten unhas pautas que se repiten nas súas composicións. Quero dicir: houbo moitos avós da CNT, non foi só o meu. O que ocorre é que as lembranzas son como seres vivos. Ás veces chamámolas e non veñen, senón que aparecen outras. É como se tiveramos dentro unha cámara escura na que as lembranzas levedan. Como se houbera unha causalidade no casual. Hai unhas lembranzas que veñen, que saen nun tempo histórico determinado. Como pasa agora, neste tempo que estamos a vivir, co ollo panóptico que todo o ve e todo o controla. Non é a ditadura, pero é semellante: o control do pensamento, o discurso de que non hai alternativas e de que hai unha fatalidade que nos arrastra, que todo é un val de lágrimas ao que nos temos que afacer, que non temos nada que facer, porque en realidade non sabemos quen nos goberna... En relación con iso, nesa confluencia túa entre a memoria individual e colectiva hai un tema que está sempre presente, que é a loita pola liberdade, a resistencia contra a opresión. E que está en As voces baixas, en O lapis do carpinteiro, en Os libros arden mal, nos volumes de relatos... en todo o que escribes. "Moitas veces dinme que falo moito da guerra civil, e eu digo que en realidade falo, si, de temas como a liberdade. É certo que o que realmente me presta, a onde me leva moitas veces a escrita, é a esa capacidade de re-existencia que a xente ten" Moitas veces dinme que falo moito da guerra civil, e eu digo que en realidade falo, si, de temas como a liberdade. É certo que o que realmente me presta, a onde me leva moitas veces a escrita, é a esa capacidade de re-existencia que a xente ten. Un bo exemplo é o Entroido, coa súa forma de subverter o control, o poder. Non hai nada máis libre que o cancioneiro popular... E a min apaixóname esa idea da segunda vida, de re-existir, no sentido de ser capaces de tecer estratexias para evitar que a vida se converta nun calvario. E iso está moi presente na cultura popular en Galicia. Contra ese tópico de que somos un país triste. A idea non é agardar por unha revolución ou por un milagre. É vivir, encontrar a maneira de gozar do tempo que vivimos. E eu creo que en nós está moito máis presente a pulsión do desexo, o Eros, a vida, que a pulsión da morte, o Thanatos. A nosa tradición é moito máis erótica que fúnebre, aínda que ás veces pareza que o país anda un pouco zombi. Cóntasnos, neste libro e noutros, historias terribles. Pero que non o resultan tanto tal como están relatadas. Se cadra porque tiras moito da ironía, o humor... "Ese humor é parte da herdanza que recibimos. É ese humor surrealista que lles sae aos mariñeiros nos momentos de apuro" Eu penso que ese humor é parte da herdanza que recibimos. É ese humor surrealista que lles sae aos mariñeiros nos momentos de apuro. E, ás veces, cando se fai esa distinción entre cultura popular e alta cultura, non valoramos isto como deberiamos. É esa capacidade de re-existencia da que falabamos. A heroicidade, o valor, están neste tipo de disposición que ten a xente que non ten o poder, a xente que foi capaz de emigrar sen un pataco no peto... Son capaces de capear o temporal no Gran Sol..., e eu creo que sería imposible sen esa enerxía. Dis en As voces baixas que o Castro da Coruña era xa un mapamundi antes de que McLuhan viñese coa teoría da aldea global. Un neno preguntábase por que en vez de emigrar un a un non emigraban todos xuntos... É que é certo que a emigración é unha traxedia desde o punto de vista colectivo, e que moitos dos problemas que temos agora teñen que ver co feito de que marchase a xente máis rebelde, máis inquieta, a xente nova... Desde o punto de vista social e demográfico o impacto da emigración é tremendo, pero desde o punto de vista da intrahistoria pódese ver doutro xeito. Porque marchar tamén pode ser un acto de valor e de liberdade. Marchas porque estás condicionado para facelo, pero tamén abres unha porta á esperanza. Emigrar foi para moita xente un xeito de soltar o adival, de liberarse da corda e intentar ter outra vida. Na última parte do libro lembras como aprendestes a ser libres no primeiro instituto mixto da cidade. Ou como a redacción de El Ideal Gallego era como unha ágora á que ían as mariscadoras preguntar se había alguén que se atrevese a publicar as súas historias. Despois dese xornalismo indómito da transición, dis, impúxose o "gris restauración"... "Parece que nos queren convencer de que o xornalismo xa non é necesario, cando é máis necesario ca nunca, o que pasa é ue neutralizar o xornalismo é un xeito máis de promover a anestesia xeralizada" Era un tempo distinto, pero tampouco quero idealizalo. As condicións laborais eran, por exemplo, moi malas. Pero si había moitos depósitos de esperanza en que se achegaba algo diferente. O xornalismo ten moito de espello: tamén do que lle pasa ao xornalismo mesmo. E o que eu vexo é que hai moita desmoralización, moito desánimo. Parece que nos queren convencer de que o xornalismo xa non é necesario, cando é máis necesario ca nunca, o que pasa é ue neutralizar o xornalismo é un xeito máis de promover a anestesia xeralizada. A información é parte do bote dos medios de subsistencia, é algo fundamental. Poderá haber máis ou menos oferta, pero a necesidade segue aí. E eu teño a esperanza de que vai haber un rexurdir que vai acabar co ton gris restauración. Escribino así tamén pensando na época da Restauración: despois da guerra de Cuba, no cambio de século, nun tempo no que España estaba tamén en stand-by: parecía que non había maneira de saír daquel tempo histórico. Hai outra reflexión, ao principio, sobre cando a lingua se vía en certos espazos como unha sorte de pecado inconfesable. Iso xa non é así, aínda que parece que hai quen tenta que volva selo. Non sei se pensabas niso cando escribiches esa historia. Si, falo no libro de O'Xestal, que contaba historias na radio con personaxes que falaban galego. Falo do pasado, pero tamén do presente recordado. É o que falabamos antes: os recordos veñen nun momento por algunha razón. A memoria tráenos este recordo e non outros. Porque a memoria ten a súa intelixencia propia. Había unhas determinadas imposicións que querían ubicar o galego nunha posición subalterna. Había uns ámbitos que quedaban reservados para o castelán, e parece que agora asistimos a unha viaxe ao pasado, pois ocorren cousas que nos recordan esta situación. Como cando se di que o galego non serve para estudar matemáticas. Hai relatos dunha forza especial. Como o do porco que come os cartos agochados nun balde na corte. Ou o de cando teu pai vos botou fóra a ti e a túa irmá por pelexar. Ou A traxectoria do balón de Ela, maldita alma, con esa muller das Atochas... Es consciente, cando escribes, disto? "Parece que agora asistimos a unha viaxe ao pasado, pois ocorren cousas que nos recordan esta situación. Como cando se di que o galego non serve para estudar matemáticas" Pois nunca sabes. Hai historias que a ti che gustan moito e que non che falan delas, ou ao revés. Pero si é certo que ás veces te decatas de que algo vai pasar cun conto. A lingua das bolboretas escribino en pouco tempo, nunha mañá, dun golpe. Eu nun principio só tiña a idea de escribir algo sobre un microscopio que ía chegar a unha escola. Daquela andaba pola casa un microscopio de xoguete, e era o que tiña no maxín. Non sabía que ía ser unha historia do golpe do 36, pero así saíu. E si que notei que ía pasar algo. É tamén o que pasa no xornalismo. Teño que escribir un artigo, e non sei de que vai ser. Pode ser terrorífico se non se che ocorre nada. Pero tamén ten algo de especial abrir algo onde antes non había nada... A min ténseme achegado xente para falarme de canto lles gustara En salvaxe compaña. Pois hai outra xente que non coñece ese libro ou non lle chamou a atención... Nunca sabes. Ese conto que dis a min gústame moito pero, fíxate, nunca me dixeran nada del. Hai tamén personaxes que nunca te deixaron, como Dombodán, que aparece e reaparece en Un millón de vacas, en Os comedores de patacas... E en máis libros, con outros nomes. É un personaxe que está moi presente, si. Só que muda de disfraz. É a inocencia do pobo. E non o digo no sentido de ser parvo. Senón de ser unha persoa que non está envenenada, que leva algo orixinario que non se corrompeu. É un ser complexo, que pode ser un heroe xusticeiro pero que non ten que ver coa imaxe do superheroe. E como é iso de ver os teus libros levados ao cinema? De Todo é silencio díxose que non parecías ti. Mais algo ten que ver con Os comedores de patacas ou con Unha flor branca para os morcegos de Que me queres, amor?. Igual que en Snif, bang de As chamadas perdidas hai libros que arden mal... "Hai quen protesta porque sempre escribes do mesmo, e quen cando escribes doutra cousa che di que por que non escribes do que sabes escribir... Eu escribín sobre a guerra civil e o franquismo, pero tamén escribín sobre moitas outras cousas" A min gústame moito o cinema, as películas boas e as malas. Mesmo fixen algún guión, un sobre o Camiño de Santiago e outro sobre Lisboa. Cando Cuerda e chamou a primeira vez, a primeira idea fora facer unha película sobre o relato Un saxo na néboa. Despois acabou sendo A lingua das bolboretas. E estivo moi ben, non só porque Cuerda é moi bo cineasta, senón porque non é moi habitual facer cine a partir dun libro de relatos, e ademais eu son un autor excéntrico, periférico... e a moita honra ademais. En canto a Todo é silencio, o que pasa é que moitas veces encasíllante. Hai quen protesta porque sempre escribes do mesmo, e quen cando escribes doutra cousa che di que por que non escribes do que sabes escribir... "Houbo narcos que se sentiron identificados e chamaron á editorial... Estaría ben que falasen cos críticos aos que non lles parece crible o personaxe" Eu escribín sobre a guerra civil e o franquismo, pero tamén escribín sobre moitas outras cousas. O que ocorre é que quen me coñece por O lapis do carpinteiro, por Os libros arden mal e por A lingua das bolboretas ten esa idea de min, claro. En Todo é silencio o que quixen subliñar foi as historias dos personaxes, o xeito no que son arrastrados polo destino e a relación que a partir diso tecen co poder. Non quixen facer un documental nin nada así. Houbo quen dixo que o personaxe do Mariscal non era crible. E, curiosamente, houbo narcos que se sentiron identificados e chamaron á editorial... Estaría ben que falasen cos críticos aos que non lles parece crible o personaxe. (Ri). |
NOS_10462 | Avoga por introducir modificacións legais e aprobar un paquete fiscal para minimizar o impacto da crise nas traballadoras. | A CIG, sindicato maioritario na Galiza, vén de presentar as súas "propostas urxentes" en medidas laborais para a fase de desescalamento. Unha iniciativa que adoptan, sinalan, ao considerar que as propostas nesta materia tanto do Goberno galego como español "inciden na inxustiza das políticas aprobadas dende o inicio do estado de alarma". A central consideras un "erro" que no inicio desta crise non se aprobase a concesión de permiso persoal retribuído, en base ao artigo 37,3 do Estatuto das Traballadoras, e a creación dun fondo extraordinario para sufragar as medidas. Ante a chegada dun novo escenario, a CIG presenta unha serie de propostas en campos como os ERTEs, o teletraballo ou a negociación colectiva, entre outros. No que respecta aos expedientes de regulación temporal de emrpego, o sindicato pide derrogar as reformas laborais e que se prohiba simultanear ERTEs con descolgamentos salariais ou inaplicacións do convenio colectivo e modificacións substanciais das condicións de traballo. No que atinxe á negociación colectiva, demandan a "garantía do incremento salarial dos convenios colectivos pendentes de renovar de acordo ao 1%, segundo o IPC real final do ano 2019; e garantir a aplicación das cláusulas de revisión salarial". Teletraballo A CIG demanda unha anulación, control e garantías sobre o dereito á desconexión dixital, dereito á protección de datos e uso de internet, así como toda medidas necesarias en materia de prevención de riscos laborais. " Todos os documentos que recollen as condicións de teletraballo (acordos forzosos) asumidas polas traballadoras e traballadores desde que comezou a alerta sanitaria, deberán ser considerados como temporais e só aplicábeis á duración desta situación, quedando sen efecto ao remate desta". Así mesmo, piden que se estableza unha compensación extraordinaria obrigatoria para o persoal que estivese traballando dende o seu domicilio cos seus propios medios. Coidados e conciliación O sindicato pide que se garanta que ante as peticións de reducións e adaptacións de xornada para a atención á poboación vulnerábel "as solicitudes sexan aprobadas automaticamente pola empresa". Transitoriamente, "garantirase que as persoas traballadoras que non teñan outra alternativa non vexan os seus ingresos reducidos en máis do 30% da súa base de cotización (100% da cotización)". Financiamento Como financiar o gasto público xerado por estas propostas, así como outras medidas en marcha desde o inicio desta crise? A CIG propón paquete de medidas fiscais "coa creación dun imposto sobre os beneficios da banca e os activos financeiros, a eliminación dos privilexios fiscais das SICAV e das grandes empresas". A isto engade o "desvío das partidas correspondentes que están destinadas aos gastos militares e da Casa Real nos Orzamentos Xerais do Estado en vigor a contías necesarias para afrontar este gasto público". |
NOS_48862 | O director xeral da Corporación Radio e Televisión da Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu onte, durante a primeira comisión de control da CRTVG da nova lexislatura, "a resposta extraordinaria" do ente público ante unha "situación extraordinaria" marcada pola pandemia de Covid-19. | Este labor, dixo Sánchez Izquierdo, está a ser recoñecido desde "múltiples sectores da sociedade". Desta maneira, restou valor a todas as críticas e as denuncias formuladas durante o estado de alarma, mais tamén durante a precampaña e a campaña electoral, de manipulación informativa tanto na televisión como na radio públicas polas que lle preguntou a deputada socialista Noa Díaz en sede parlamentaria. "Se a radiotelevisión pública galega é vital para o mantemento do espazo público democrático e o reforzamento da identidade do pobo galego, cremos que na situación de alarma sanitaria máis grave da historia democrática do noso país na que nos atopamos, é máis necesario ca nunca que a CRTVG cumpra coa misión de servizo público, garantindo unha información de proximidade que respecte os principios de pluralidade, imparcialidade, neutralidade e veracidade informativa", sinalou a deputada socialista, quen lembrou os 118 Venres Negros cos que os e as profesionais do servizo público galego levan denunciando o seu deterioro. Porén, para Sánchez Izquierdo, a Radio Galega e a Televisión da Galiza "entenderon a súa responsabilidade como servizo público" e neste sentido "comunicaron todas as actuacións" que durante a pandemia emanaron de distintas fontes para garantir a información da cidadanía. O director xeral da CRTVG salientou o esforzo da corporación para aumentar os espazos informativos e xerar máis contidos con menos xente "nun contexto de reorganización interna sen precedentes". "O que fixeron os traballadores da CRTVG foi dar un paso adiante, o maior en 35 anos de servizo público", resaltou. Difusión do cinema A sesión valeulle tamén ao BNG para poñer de relevo a responsabilidade do ente público na promoción da creación audiovisual galega e en galego, así como na difusión da creación cultural do país, e censurar os horarios de difusión do cinema, tanto o propio como o dobrado, na canle pública. "Para nós é unha cuestión básica cambiar os horarios do cinema para que sexa accesíbel ao público xeral e podería facerse, o que pasa é que non hai vontade política", advertiu a deputada Alexandra Fernández, quen lembra que a CRTVG ten a responsabilidade de prestar un servizo público "máis alá das cotas de pantalla". "Nos principios fundacionais da TVG está ser dinamizadora do sector e isto tamén pasa pola difusión", recordou, desbotando os argumentos do dirixente da CRTVG sobre o baixo nivel de consumo que ten o cinema entre os espectadores e espectadoras do país e lembrando que as películas pásanse con frecuencia despois sa medianoite. Segundo manifestou Sánchez Izquierdo, como resposta, a canle pública galega inviste "mesmo máis" que outras co duplo de orzamento e, com exemplo puxo os 30,1 millóns 2018 ou as 17 longametraxes nas que participou o ano pasado, con 666.000 euros. No que vai deste ano, os proxectos con intervención da CRTVG reducíronse até os nove. |
QUEPASA_227 | Entre as propostas destacan:- A creación dunha plataforma de venda online e a domicilio para as empresas locais;- A creación dunha Lonxa agropecuaria comarcal;- A creación dunha rede de mercados e mercadillos Costa da Morte. | Despois de máis dun mes de traballo, os Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) presentaron este luns aos alcaldes/as da comarca unha batería de accións incluídas no Plan de Reactivación Económica da Costa da Morte". Un Plan desenvolto "dende" e "para" os pequenos concellos da Costa da Morte, nun marco aberto tanto na definición territorial como na incorporación de axentes colaboradores, e tendo en conta as competencias municipais e os recursos dispoñibles. Os profesionais lembraron que "estamos ante unha situación sen precedentes", polo que toca tomar medidas únicas. Un Plan formulado para "recuperar o pequeno comercio e os sectores de proximidade, as pemes, os autónomos, etc". E as políticas activas de emprego e de rescate ás persoas son tarefas nas que os concellos poden e queren actuar inmediatamente. A reunión tivo lugar en Vimianzo, e foron a ADL de Camariñas, María Jiménez; e a ADL vimiancesa, Rosa Sánchez, os encargados de expoñerlle aos 14 rexedores dos concellos implicados os detalles do plan. 60 propostas xerais (enmarcadas en 6 eixos estratéxicos específicos: talento, gobernanza, reactivación económica, consumo) das que despois cada concello decidirá cal pon en marcha. Medidas que pretenden "minimizar os efectos negativos da pandemia, acurtar o prazo de recuperación, consolidar a sustentabilidade social, económica e medioambiental do territorio, reforzar a identidade territorial e colaborar cos diferentes grupos de interese da comarca". 6 Liñas principais As liñas máis destacadas por alcaldes e profesionais son: Creación dunha plataforma de venda online e a domicilio para as empresas locais. Axudas directas ao tecido empresarial local afectado pola COVID-19. Posta en valor do monte de propiedade municipal. Mesa de concertación: mellora dos procedementos administrativos locais para empresas. Rede de mercados e mercadillos Costa da Morte. Lonxa agropecuaria da Costa da Morte. Nesta reunión participaron de forma presencial, ademais da ADL Rosa Sánchez, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela; o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido; o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua. Debido á limitación de aforo establecida para a Fase 1 da desescalada o resto de rexedores (Carnota, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría, Laxe, Cabana de Bergantiños e Zas) sumáronse a través de videoconferencia. |
NOS_40703 | Manter unha "interlocución directa" cos colectivos sociais xa antes de se constituír o Parlamento galego o 21 de outubro. Esa é a intención coa que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, inicia unha rolda de visitas polo país. Ponto de partida, Lugo. | A rolda de visitas ten como propósito "apresentar" as deputadas e deputados do "novo" grupo parlamentar do BNG. No seu encontro coa imprensa, Ana Pontón -que asumirá as funcións de portavoz do grupo nacionalista na nova Cámara- anunciou que unha das primeiras iniciativas do BNG nesta lexislatura será a de propor o "uso sociosanitario" do antigo Hospital de Lugo, visando impedir a deterioración do edificio. Anunciou aínda Pontón que o BNG pensa formular unha oposición ao PP "seria, rigorosa e construtiva", encamiñada a "dar alternativas e solucións á xente". O BNG está nunha "etapa nova", enfatizou, e na campaña a formación nacionalista foi quen de recoller "moita ilusión", o que "será o motor para afortalar un cambio e un espazo nacionalista". Olalla Rodil salienta que unha das súas primeiras iniciativas visará "orzamentar a lei de dependencia" A deputada eleita do BNG por esta circunscrición, Olalla Rodil, revelou que as súas primeiras iniciativas estarán ligadas á problemáticas sociais das diversas comarcas da circunscrición" e salientou entre elas unha encamiñada a "orzamentar a lei de dependencia". Neste sentido, Rodil puxo exemplos concretos de como o Goberno do PP aborda os problemas sociais. Destarte, citou a denuncia xa feita polo BNG en plena campaña eleitoral dunha persoa que, após cinco anos de demandar axuda para a dependencia, recebeu unha notificación da Xunta de que lle corresponderían 10 euros ao mes. E denunciou aínda quer a supresión do transporte adaptado 065 quer o caso dunha muller de As Nogais que tivo que abonar 5.800 euros por recibir un tratatamento contra o cancro de mama. "Isto", dixo Rodil, "debe ser restituído de maneira inmediata". Sobre a proposta do BNG de recuperar o antigo Hospital de Lugo, explicou que nos orzamentos da Xunta para 2012 xa figuraba unha partida de 1,2 millóns de euros para crear nel un laboratorio de saúde pública. A partida non se chegou a executar. |
NOS_53054 | A União Brasileira de Escritores (UBE) enviou à Academia Sueca a indicação de Lygia Fagundes Telles para o Prémio Nobel de Literatura deste ano. A escritora, autora de clássicos como As Meninas e Ciranda de Pedra, é a primeira mulher brasileira indicada ao prémio Nobel de Literatura. | O anúncio do Nobel de Literatura deve acontecer em outubro deste ano em Estocolmo, na Suécia. No ano passado, a jornalista bielorrussa Svetlana Alexievich foi a vencedora. Nenhum brasileiro venceu o prémio até o momento e unicamente um escritor de língua portuguesa, José Saramago, conseguiu tal galardão. A diretoria da UBE indicou que a entidade elegeu a escritora paulistana por unanimidade e Durval de Noronha Goyos, presidente da UBE, disse em comunicado que "Lygia é a maior escritora brasileira viva e a qualidade de sua produção literária é inquestionável" Lygia Fagundes Telles, de 92 anos, recebeu vários prémios ao longo da carreira, tais como o Camões (2005), e o Jabuti (1966, 1974 e 2001). É autora de mais de vinte livros de contos, algumas das suas obras foram adaptadas ao cinema, teatro e TV e tem obras traduzidas para o alemão, espanhol, francês, inglês, italiano, polonês, sueco, tcheco. Também a Câmara Brasileira do Livro apoia a iniciativa da UBE manifestando que se congratula da indicação "independentemente da decisão da Academia Sueca de Letras, responsável pela eleição do vencedor do Nobel de Literatura. A presença de nossa escritora entre os indicados é uma ótima oportunidade para todos os brasileiros conhecerem melhor nossa grande autora e o mundo saber quem é Lygia Fagundes Telles". Para quem quiser conhecer melhor a obra de Lygia Telles, a Editora Companhia das Letras reeditou todos os livros da escritora. Pode acompanhar no vídeo abaixo uma pequena entrevista: |
NOS_12459 | A cultura urbana xa non é un asunto exclusivo das grandes cidades. Cada vez máis vilas botan man do muralismo para ofrecer unha nova lectura dos espazos públicos ou, simplemente, para embelecer a contorna. 'Máis que cor na Ribeira Sacra' estréase en Castro Caldelas como un novo festival do xénero "urbano". | "Achegar a arte urbana á poboación, concienciar sobre a importancia de combater o feísmo e embelecer as nosas aldeas". Con esa intención nace Máis que cor na Ribeira Sacra, o primeiro festival de muralismo que acolle esta zona e que dá continuidade á iniciativa Un toque de cor na Ribeira Sacra coa que se recuperaban muros, inmóbeis e elementos arquitectónicos degradados mediante intervencións de arte urbana. Castro Caldelas é o centro deste novo festival que, até o 21 de outubro, contará coas propostas dalgúns dos máis coñecidos muralistas da Galiza -Doa Oa, Yoseba MP, Novenoel e Cestola na Cachola- xunto coa da barcelonesa Alda Fabre. O auxe do muralismo -ou do post-graffiti como prefiren chamarlle algúns estudosos do fenómeno- hai tempo que traspasou o límite das grandes cidades para expandirse por vilas e aldeas. As intervencións murais de espazos deteriorados ofrecen unha nova lectura da contorna, humanizando e embelecendo os lugares que arrodean a vida social da poboación. Murais de vocación ornamental e outros de fondo reivindicativo lograron atraer o apoio institucional, que á súa vez contribuíu a consolidar unha expresión artística que mantén o interese por transmitir unha mensaxe de intervención social. Boa proba dese nutrirse mutuamente entre a institución e un xénero nacido na rúa, á marxe do mercado, son os programas que adoitan acompañar os festivais de muralismo: no caso do da Ribeira Sacra, ademais da elaboración das pezas ao vivo -habitualmente o prato forte deste tipo de eventos- , o programa do festival incluíu unha clase maxistral de pintura, impartida por Alba Fabre, un obradoiro de expresión artística centrado en Patróns e xeometría da natureza, a conferencia Os Murais de antes: temáticas e técnicas, impartida por Xoana Almar, e unha mesa de debate sobre a situación do muralismo na Galiza. Mais sen dúbida, os verdadeiros protagonistas son os murais que deixarán na vila os cinco artistas convocados para o evento. O mural 'Xulio César', de Diego AS, candidato a mellor mural urbano do mundo en 2021 Artistas Doa Oa (Sober), nome co que asina Doa Ocampo, é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e veciña da Ribeira Sacra desenvolve a súa obra en sintonía coa natureza e cos elementos vexetais que rodean os espazos que muraliza. Estuda e investiga sobre os elementos vexetais da paisaxe, da contorna e a súa relación coas xentes que habitan o lugar. Define as súas intervencións como unha reforestación visual en espazos rurais ou áreas naturais en espazos urbanos. Yoseba Muruzábal (Cambre), alias Yoseba MP, tamén licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, gañou numerosos certames de recoñecemento e participou en moitos festivais galegos como o Desordes Creativas, Rexenerafest, Crómatico Fest, Vigo Cidade de Cor, Compostela Contemporánea ou Culturban, entre outros. Yoseba fíxose popularmente coñecido na Galiza coa súa serie Fenómenos do rural, onde retrata as "súperavoas galegas". As "súperavoas" locen mandil Novenoel (Rianxo) é graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e técnico superior en Ilustración pola EASD Pablo Picaso (A Coruña). Desenvolve unha liña pictórica inspirada na narrativa secuencial e a arte popular, intervindo todo tipo de espazos e superficies, desde ilustración a deseño pasando por escenografía ou murais de gran formato en vivendas e edificios. Cestola na Cachola (Santiago de Compostela), nome artístico de Miguel Peralta, cursou Ciclo Superior de Escultura na Escola Pública de Artes de Almería e Ilustración na Escola Pública de Artes de Granada. Gústalle a narrativa visual, contar historias con imaxes. En 2011, trasládase á Galiza e en 2013 crea, xunto a Xoana Almar e Raquel Doallo, a empresa Cestola S. Coop. Galega, onde traballa de pintor, ilustrador e muralista. Finalmente, Alba Fabre (Barcelona) formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde actualmente é mestra. O seu traballo caracterízase por un estilo figurativo próximo, en ocasións, ao impresionismo. A súa obra interésase pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica, reproducido nunha pintura habitualmente figurativa, onde a forza e a cor adoitan ser o centro de atención. Algunhas das mellores sinaturas do muralismo galego en Castro Caldelas De arriba abaixo e de esquerda a dereita, obras dos artistas participantes no festival Máis que cor na Ribeira Sacra: murais de Novenoel (O informe pelícano, en Acapulco, México), Doa Oa (Rosa Kanina L., en Ferizaj, Kosovo), Alba Fabre (Sidros y comedies, en Oviedo, Asturies), Yoseba MP (Fina de Carballo, a muller nitromón, en Carballo), e Cestola na Cachola (Anduriña asolagada, nos Peares). Todos teñen un extenso historial de premios e intervencións en festivais. |
NOS_23713 | A capital do país reta á meteoroloxía cunha festa de Ano Vello ao ar libre. Unha Verbena Galega con Os d'Abaixo, O Sonoro Maxín e o picadiscos Bigote Mix. | A Verbena Galega chega este xoves á Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, para despedir o 2015 con todo o sabor da música galega, e a súa esencia tradicional e contemporánea ao tempo. A festa comezará a partir das 23,15 horas, presentada pola humorista Isabel Risco, e cunha parada con conexión en directo da TVG, para acompañar as baladadas da Berenguela coas uvas. Esta Verbena Galega especial de Fin de Ano comezará con sete músicos da comarca, Os d'Abaixo, grupo nacido no 2010 ao xuntárense Xacober Varela, Xabier Agra, Gonzalo "Gom" Goás, Ricardo "Richi" Martín, Xosé Ramón Vázquez, Roberto Rama e Quim Farinha, que reinterpretan música tradicional e teñen tamén composicións propias. Seguirá cos vibrantes ritmos d'O Sonoro Maxín, onde converxen varios talentos con orixe en Lamatumbá e Cinnamon Gum para que a xente non pare de bailar, o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, empregando nos seus concertos o termo "Galicia Tropical". Por último, o picadiscos máis festeiro de Compostela, Bigote Mix, pechará a velada coa súa selección. A Verbena Galega é unha revisión do concepto de verbena, reinventándoo e actualizándoo cunha proposta centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, por outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza (ritmos latinos, pachanga, cumbia, reggae, bravú...). |
NOS_21053 | Un gran acto celebrará ese día en Ferrol que os acordos das auxiliares do naval se incorporen ao convenio do metal de maneira indefinida, un pacto que se ratificou esta terza feira. | Foron semanas de loitas, greves e mobilizacións as protagonizadas polos operarios da industria auxiliar do naval da Ría de Ferrol. Navantia até levou a xuízo un sindicato, a CIG, pola folga do persoal da industria auxiliar, exixíndolle indemnizacións millonarias por aquel conflito. Mais todaaquela loita callou nun acordo polo cal os acordos das auxiliares pasan a incorporarse ao convenio de maneira indefinida. "Un enorme éxito da clase obreira", para CIG-Industria, que anuncia para o 30 de marzo un "gran acto" para celebrar esta conquista. Esta terza feira a Asociación de empresas do sector naval público da Ría de Ferrol' e as organizacións sindicais ratificaban os acordos alcanzados o pasado mes de novembro para o sector. Os acordos laborais e salariais pasan a incorporarse no convenio colectivo do metal da Coruña como disposición adicional, adquirindo toda a forza normativa e a ultraactividade deste último. Durante o acto, as partes acordaron tamén constituír unha comisión de seguimento para o control da correcta aplicación dos acordos, que terá a súa primeira reunión o día 13 de marzo. "Ultimamente a clase obreira ten pouco que celebrar e o logro conquistado polos traballadores e as traballadoras das auxiliares ben merece unha celebracións", afirman desde CIG-Industria. O acto contará coas actuacións do grupo de música tradicional "Os Carecos", a banda ferrolá de folk celta "BÖJ" e a banda tributo a AC/DC, "Riff Raff". "Este será a merecida homenaxe á longa loita que tiveron que levar adiante os traballadores das auxiliares para regular as condicións laborais e económicas e que se recoñeceran plenamente os seus dereitos", conclúen |
NOS_52760 | @s ex-reclus@s da organización armada adhírense en Durango ás conclusións do debate de EPPK (Colectivo de Pres@s Polític@s Vasc@s) e chaman á cidadanía a rachar o bloqueo de España e Franza en materia penitenciaria. | @s pres@s vasc@s que saíron en liberdade após a anulación por Estrasburgo da Doutrina Parot tiñan unha cita en Durango. Máis de 70 ex-reclusos acudiron a esta vila bizkaitarra para mostrar o seu apoio á nova estratexia da esquerda abertzale e respaldar o comunicado do EPPK. Unha aposta pola paz, como sinalaron desde o colectivo. Mais este acto estivo a piques de non se poder realizar. Só media hora antes da hora que se prevía comezaa a rolda de imprensa, desde a Audiencia Nacional chegou a nova de que autorizaba o acto. "Aceptamos a nosa responsabilidade nas consecuencias do conflito" Estanis Etxaburu e Arantza Garbaio tomaron a palabra en representación dos mediadores do EPPK, informan en Naiz, e fixeron un chamamento a tratar as excarcelacións de presos "con visión positiva e construtiva". Sinalaron que a temática d@s pres@s vai ser fulcral na axenda política e social de Euskal Herria neste 2014. De feito, o vindeiro sábado hai convocada en Bilbo a tradicional macro-mobilización do mes de xaneiro a favor dos dereitos d@s pres@s vasc@s. A do ano pasado reuniu a máis de 115.000 persoas. Posteriormente, Itziar Martínez e Antxon López falaron en nome dos ex-pres@s que se deron cita en Durango e mostraron a súa "total conformidade" coas decisións do EPPK e ratificaron o "compromiso total co novo escenario político aberto após a iniciativa da esquerda abertzale". Sinalaron que "aceptamos toda a nosa responsabilidade no relativo ás consecuencias do conflito". @ expres@s piden "responsabilidade" a todas as partes e chaman á cidadanía a se implicar para rachar co inmobilismo penitenciario dos estados español e francés. |
NOS_7198 | O secretario xeral dos socialistas galegos acudiu hoxe a Vilalba, onde insistiu en presentar ao PSdeG como alternativa ao PP. | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe aos socialistas galegos como alternativa de goberno a unha Xunta "ausente, máis preocupada pola sucesión de Feixoo que polos problemas reais do país" precisamente nun "momento crítico para Galiza". Partido de goberno Formoso sinalou que os socialistas galegos queren "liderar a posibilidade de cambio de Goberno" demostrando que hai "outra forma de gobernar". Así, na súa visita á Feira do Queixo San Simón da Costa en Vilalba, marcou, tamén, distancias co BNG, afirmando que "non é o partido das pancartas, nin o partido do non". O líder do socialistas presentou o PsdeG como un "partido afianzado nas institucións", que demostra unha alternativa "de goberno", como demostra a xestión nos concellos de Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo ou A Coruña, ou en Vilalba, un "lugar simbólico" que apostou "polo cambio logo de 30 anos de Goberno do PP". O máximo dirixente dos socialistas galegos contrapuxo "a ausencia do PP e do Goberno galego" coa proposta de "lanzar un decálogo básico" de medidas para que "a cidadanía galega poida entender cales son as nosas prioridades". Formoso quixo "manifestar o apoio do PSdeG e a lectura que fai do sector leiteiro e de toda a cadea agroalimentaria do país como un sector estratéxico", que "supón 2% do PIB da Galiza, e que produce máis da metade do leite de todo o Estado". As dúas caras de Feixoo O PSdeG vén de lanzar nas súas redes sociais un vídeo centrado nas "dúas caras" de Feixoo, contrastando a imaxe de moderación do aínda presidente da Xunta coa realidade das súas declaracións máis recentes. Os socialistas significan que "o vídeo sinala a contradición entre a imaxe de moderación e a xustificación do pacto coa ultradereita, as ofensas contra o Goberno central ou as saídas de ton en materia de violencia machista". O vídeo aféalle a Feixoo os seus acordos coa extrema dereita e, moi particularmente, do apoio do aínda mandatario galego ao acordo entre os populares e Vox en Castela e León. |
NOS_46226 | Unha exposición e un documental en proceso dan testemuña da obra do fotógrafo de Soutelo de Montes que fixo arte do seu oficio. Virxilio. Formas de orbitar ao redor de Virxilio Viéitez, unha iniciativa da produtora Nós Televisión, é dirixido por Diego Frey. | Hoxe en día, un fotógrafo acostuma gañar o pan grazas á tríade de vodas, bautizos e comuñóns. Na década dos setenta, Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, 1930 - 2018) cubría todas esas celebracións na súa bisbarra, alén de velorios e retratos para trámites burocráticos. No labor deste fotógrafo que aprendeu o oficio en Catalunya filtran imaxes da vida cotiá onde a figura humana –galega e rural– domina o centro da imaxe, espida e sen filigranas, destacada entre a paisaxe. No ano 2014, a Fundación Telefónica tomaba o arquivo do pontevedrés para artellar unha exposición itinerante das súas creacións. Sen pretensións, o fotógrafo deu luz a unha obra artística cuxa estética xira arredor da vida humana, das tardes de domingo, das festas da parroquia, das mañás lentas de inverno. Numerosas instantáneas en branco e negro que suspenden no tempo un momento de silencio. A mostra pechou en xaneiro de 2016 no Museo de Pontevedra, ocasión que Diego Frey aproveitou para iniciar a gravación do seu documental Virxilio. Formas de orbitar ao redor de Virxilio Viéitez, unha iniciativa da produtora Nós Televisión. "Hai un xogo interesante entre dúas xeracións porque demostra que a obra de Virxilio está viva. Non son fotos vellas, é algo que inspira moitos artistas novos, ten un valor" "Alí atopámonos con Kiko da Silva e os rapaces da escola O Garaxe Hermético, que estaban a ver a exposición", conta o director. O alumnado do centro de formación en banda deseñada converteuse, de xeito fortuito, na columna que vertebraba a historia. "Hai un xogo interesante entre dúas xeracións porque demostra que a obra de Virxilio está viva. Non son fotos vellas, é algo que inspira moitos artistas novos, ten un valor", afirma Frey, cuxa peza documental foca a atención en Pablo Prado, un dos alumnos que estrutura as súas historietas arredor das fotografías de Virxilio e da súa filla, Keta Viéitez, principal responsábel da difusión das súas fotografías. "Se eu non existo non sabemos se o material do meu pai sería descuberto, porque ademais o arquivo non só depende do que ten dentro, senón tamén de quen o mira e do tratamento posterior", explica Keta Viéitez, que leva desde 1986 a traballar coas instantáneas do seu proxenitor. "Levo case tantos anos a traballar na obra del como anos pasou el a traballar de fotógrafo", brinca. A resignificación do traballo de Viéitez pasa moitas veces por cuestionar a dimensión artística ou sociológica do mesmo, unha discusión perenne nos ámbitos académicos. "O máis importante é que o meu pai era un bo fotógrafo, esixente e recoñecido polos seus clientes", apunta Keta Viéitez. A descendente valora que o esencial é "que el non sabía o que ía pasar, o que fixen eu e os que me axudaron provocou que a obra transcendera a finalidade orixinal até chegar a ser unha referencia, porque moita xente achégase a Galiza a través dos seus ollos", sinala. "O máis importante é que o meu pai era un bo fotógrafo, esixente e recoñecido polos seus clientes" As fotos de Viéitez viaxaron desde Soutelo de Montes até Vigo, e desde alí até Francia. "O documental tamén recolle o esforzo por sacar á luz a obra de Virxilio, e as viaxes polo mundo de Keta para mostrar a súa obra, como no festival Image Singulières, na cidade francesa de Séte", engade Frey. Como culme deste proceso, as rúas do bairro de Arriba de Soutelo de Montes acolleron esta terza feira as instantáneas que foron tiradas neses mesmos lugares cincuenta anos antes. A exposición, e a reacción do público da aldea será gravada e marcará o final do documental, para o que aínda non existe unha data de estrea. "Somos unha equipa de seis persoas e non contamos con apoios, unha vez acabemos a gravación quédanos a edición, post produción, a música... É un camiño longo", puntualiza o director. |
NOS_18380 | "U-la nova da vacinación da alcaldesa de Boimorto? Non a vimos na TVG. Será porque é do partido que está na Xunta?". Así denunciaba na noite da quinta feira o colectivo Defende a Galega o "control político" ao que está sometida a CRTVG. | Unha das noticias do día da pasada quinta feira, 28 de xaneiro, foi a vacinación da alcaldesa de Boimorto, do PP, sen que lle correspondese. Porén, a TVG non se fixo eco da nova, cando si emitiu, nos días previos, as informacións sobre inoculacións irregulares noutros puntos do Estado español. Denunciouno o colectivo Defende a Galega, que esta sexta feira celebra o 141 Venres Negro. 👀 U-la nova da vacinación da alcaldesa de Boimorto? Non a vimos na @TVGalicia 🤷♀️ Será porque é do partido que está na Xunta? #NonAoControlPolíticoNaCRTVG#QueNonCheContenHistorias#DefendeAGalega pic.twitter.com/JVxd3YfZPl— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) January 28, 2021 A rexedora, María Xesús Novo, foi vacinada cando non ten relación ningunha coa actividade médica, saltando así o plan de vacinación estabelecido polo Sergas. Fíxoo, ademais, nunha residencia de maiores en que traballa. "Vacineime porque son persoal da residencia", xustificou a alcaldesa do PP, con dedicación exclusiva á fronte do concello de Boimorto e con ningunha formación técnica, académica nin laboral co mundo sanitario. Escudouse, ademais, en que se ela non se vacinaba, a dose "tiraríase". A noticia viu a luz o mesmo día en que o presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, apelase na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta á "ética individual" de cadaquén despois de que transcendesen casos de persoas vacinadas antes de que lle correspondese, segundo o plan marcado polas autoridades sanitarias. O día antes, na súa comparecencia no Parlamento da Galiza, Feixoo instara a dimitir os cargos públicos españois que se vacinaran antes de tempo, mais lembrara que na Galiza ningunha persoa do PP se inoculara antes de que lle correspondese. Vacinacións irregulares A da alcaldesa de Boimorto non é a única vacinación irregular que transcendeu á opinión pública. Nun primeiro momento coñeceuse que até 17 persoas foran inoculadas saltando a súa quenda na área sanitaria de Pontevedra. Tratábase de persoal vinculado ao Sergas de oficinas, que non está en contacto con doentes da Covid-19. O sindicato médico CESM asegura que non foron 17 as persoas vacinadas de maneira irregular, senón que superaron as 200. Tamén a CIG-Saúde da Mariña denunciaba que membros da Dirección do Hospital da Costa, en Burela, saltaran os protocolos para poder ser inmunizados. Feixoo reaccionou a estas informacións asegurando que se tratara dun "pequeno erro". Reaccións Despois de coñecerse a irregularidade, o deputado do BNG e ex alcalde de Boimorto, Xosé Luís Rivas, rexistrou unha iniciativa parlamentar para pedir explicacións á Xunta por un feito "moi grave e inxustificábel". Pola súa parte, o socialista Pablo Arangüena instou Feixoo a "resolver esta situación" e a xustificar por que se deu este tratamento "irregular". "Que tome medidas xa por exemplaridade e xustiza social", incidiu. Antón Gómez Reino, de Galicia en Común, criticou que a rexedora aproveitase o seu posto "para pasar por diante da xente maior" e reclamou a súa dimisión inmediata. Pola súa banda, desde a Consellaría de Sanidade aseguraron que están a estudar o caso e "comprobando a lista que mandou a residencia" de Boimorto ao departamentos mentres que o PP da Coruña anunciou na noite de onte que pedirá ao Comité de Dereitos e Garantías a apertura dun expediente disciplinario á alcaldesa. |
NOS_23193 | Participan no III encontro internacional que organiza Scida-Giovunus independentistas, organización xuvenil sarda. | Estes días decorre na illa de Sardeña a terceira edición do encontro internacional da mocidade independentista, unha xuntanza na que Galiza está representada a través de Galiza Nova. #Atobiu2016 é un espazo para o debate e a análise da realidade das diferentes nacións sen estado. Organizado por Scida-Giovunus independentistas, contará coa presenza de representantes de, alén Galiza Nova, as mocidades do Sinn Féin (Irlanda), UDAP (Palestina) e do independentismo curdo. As xornadas que se realizan no país berce de Gramsci inclúen palestras, debates e terán o final cun concerto a cargo de diferentes grupos: Jax Vain, The made in Indonesia e Su Dotori & AlexP Sound System. Nas eleccións sardas de 2014 as diferentes opcións nacionalistas e independentistas que concorreron aos comicios obtiveron o 18% dos votos, case duplicando os rexistrados nas eleccións de 2009. centro-esquerda italiano foi o vencedor nas urnas, cun 42,4% dos votos para Francesco Pigliaru. En 2015, e após máis dunha década de traxectoria, disolvíase a formación da esquerda independentista Manca pro S´Independentzia, abríndose unha reformulación política do espazo independentista. A illa de Sardigna é unha das 20 rexións en que se destribúe Italia e posúe un estatus especial de autonomía. O Parlamento italiano recoñece o sardo como un pobo diferenciado. Ten por volta de 1.670.000 habitantes |
NOS_21687 | Cuarta edición dos Premios Martín Códax da Música e nova fornada de gañadoras nunha gala dedicada ás mulleres: desde os máis consolidados como Davide Salvado ou Talabarte até novas propostas como Sonia Lebedynski ou Agoraphobia. | Nesta edición a protagonista foi a musicóloga suíza Dorothé Schubart, autora da biblia do folclore galego. Pero non só ela, a gala dos IV Premios Martín Códax da Música reivindicou o papel das mulleres na música, cuxa importancia tamén se plasmou nas gañadoras: Agoraphobia gañou na categoría de rock; Sonia Lebedynski en canción de autor; Áureas en Voga en música de verbena; VooDoo (o dúo de Belén Tajes e Maritxinha) en blues/funk/soul; e Ejazz en grupos vogais. Pola banda das músicas de raíz, os gañadores foron Davide Salvado en música tradicional; Vaamonde, Lamas e Romero en Folc; e Talabarte en músicas do mundo. En pop Os Amigos dos Músicos impúxose a Berlai e Xoel López; en rock as gañadoras foron as barbanzás Agoraphobia; en jazz Iago Fernández; e en hiphop Malandrómeda, que continúa acumulando premios. En clásica/contemporánea o gañador foi Alberto Vilas e en música electrónica Pálida. O metal rematou na gabeta de Aphonnic, e na categoría de mestizaxe levaron o premio O Sonoro Maxín. No apartado de música infantil triunfaron de novo María Fumaça con 'Aire!'. Nos premios Organistrum para festivais gañou o Surfing the Lérez; no apartado de salas a gañadora foi a Pousada das Ánimas de Boiro; e no de espazos de comunicación, o galardón viaxou até a TVG, para o programa Zig-Zag. Máis de 700 persoas asistiron á gala duns premios que xa están consolidados como a cita anual da música galega, e aos que se presentaron un total de 449 candidaturas. Conducida pola compañía de teatro A Panadaría, o espectáculo estaba artellado cun obxectivo claro: reivindicar o papel da muller no mundo da música. Houbo actuacións dalgúns dos proxectos gañadores do pasado ano, como Silvia Penide ou Nastasia Zurcher; e os galardóns foron entregados por músicos e músicas premiadas na anterior edición. A gala pechouse coa entrega do Premio Honorífico á musicóloga suiza Dorothé Schubarth, polas súas novidosas achegas metodolóxicas na recollida e compilación de cantos populares de 38 zonas xeográficas de Galicia e limítrofes reunidos no Cancioneiro Tradicional Galego; pola a súa xenerosidade ao ceder todo este material ao Arquivo Sonoro de Galicia para a súa consulta pública; e pola súa condición de muller intrépida e empoderadora doutras mulleres". Discurso reivindicativo da MAV No seu discurso de clausura, a presidenta de Músicos Ao Vivo, Iria Pinheiro, afirmou que "a liberdade de expresión está sendo atacada con condeas de cárcere a músicos e isto evidencia que as artes escénicas non son divertimentos inocuos, e que debemos tomar consciencia sobre o seu poder para mudar a sociedade". Tamén denunciou os abusos e irregularidades dalgúns concursos públicos dirixidos ao sector musical; e pediu á administración un compromiso máis firme coa promoción exterior da música galega, cun maior orzamento, máis estruturado e coa certeza na concesión das axudas. Recordou que a baixada do IVE foi so para as entradas a espectáculos en directo, pero a contratación e facturación dos grupos e artistas segue gravándose co 21%. No plano social, esixiu programas de música na televisión pública, "que sirvan para dar a coñecer a realidade musical do país ao gran público en condicións dignas"; e reclamou que a presenza da Música nos currículos do ensino obrigatorio sexa reforzada "garantindo a súa continuidade en todas as etapas educativas". Cooperativas de músicos Por último, anunciou que MAV está xa na recta final do proxecto de creación da Cooperativa Galega de Músicos ao Vivo, "un soño –asegurou-que desexamos se faga realidade axiña e que marcará un antes e un despois na xestión e soporte legal das músicas e músicos galegos". Pinheiro remarcou tamén que a colaboración de Músicos ao Vivo coas institucións está dando os seus froitos, acadando acordos que fixan unhas condicións económicas e laborais dignas para intérpretesmusicais en circuitos e festivais, que xa serán vixentes neste ano; e animou a a crear en todas as vilas agrupacións de músicxs baixo o amparo de MAV. Os premiados nesta edición foron: POP/iNDIE Os Amigos dos MúsicosROCK AgoraphobiaJAZZ/MÚSICAS IMPROVISADAS Iago FernándezHIP HOP/MÚSICAS URBANAS MaladrómedaCLÁSICA/CONTEMPORÁNEA Alberto VilasFOLQUE Vaamonde, Lamas e RomeroMÚSICA TRADICIONAL GALEGA Davide SalvadoMÚSICAS DO MUNDO TalabarteMÚSICA INFANTIL María Fumaça – Aire!MÚSICA ELECTRÓNICA PálidaMETAL AphonnicREGGAE/SKA/MESTIZAXE O Sonoro MaxínORQUESTRAS/GRUPOS/MÚSICA DE VERBENA Áureas en VogaBLUES/FUNK/SOUL VooDooCANCIÓN DE AUTOR Sonia LebedynskiCOROS E GRUPOS VOCAIS EjazzORGANISTRUM FESTIVAIS Surfing the LérezORGANISTRUM SALAS A Pousada das ÁnimasORGANISTRUM ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL ZigZag-TVGPREMIO HONORÍFICO Dorothé Schubarth |
PRAZA_10511 | Falamos con 4 das 34 persoas prexudicadas polo erro da Consellería de Educación na convocatoria de contratos posdoutorais, que deixou no paro a 34 investigadoras e investigadores de primeiro nivel e coa posibilidade de que marchen de Galicia a outras universidades | 34 investigadores e investigadoras de primeiro nivel contratados polas universidades galegas ficaron esta semana sen emprego pola falta de previsión da Xunta de Galicia á hora de poñer en marcha unha convocatoria pública. A Consellería de Educación publicou hai dúas semanas a convocatoria que debe permitir a renovación por dous anos da vinculación aos seus actuais centros de investigación. Porén, este proceso, que debería ter comezado hai meses, non se resolverá no mellor dos casos ata o 1 de decembro. 5 meses no pao, no mellor dos casos.Mentres, a súa participación e numerosos proxectos de investigación está paralizada, e tampouco poderán dar clases durante o primeiro semestre do vindeiro curso. Varios destes e destas investigadoras están procurando unha saída noutras comunidades ou noutros países e alertan da "fuga de cerebros e de talento" que se pode producir por mor do atraso da Xunta.Os investigadores e investigadoras afectadas esixen "unha solución para a súa situación ata que se publique a resolución da adxudicación das novas axudas correspondentes á Modalidade B". E sinalan que esta medida "non supón un gasto adicional para a Xunta, xa que queda diñeiro orzado na convocatoria do 2016 sen gastar debido a desvinculación de 15 investigadores do programa", unha cantidade "máis que suficiente para cubrir estes contratos até a resolución da Modalidade B", din."Así o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas" "Non podemos facer ciencia vivindo do aire"Unha destas investigadoras é a murciana Marta Marín Luna, de 34 anos, unha especialista en Química Orgánica que estaba a traballar na Universidade de Vigo na "protección selectiva de polioles e revalorización de produtos derivados da biomasa", unha investigación de grande importancia "para a síntese total de produtos con relevancia biolóxica e farmacéutica" e para "reciclar os produtos secundarios que proveñen da biomasa mediante o deseño de novos catalizadores metálicos". Marta Marín chegou a Vigo procedente da Ludwig-Maximilians-Universität de Munich e contribuíu a establecer una liña de colaboración entre a universidade galega e a alemá, "situando a Galicia como un punto de referencia en Munich".O atraso na convocatoria da Modalidade B do programa IC2 obrigouna non só a renunciar á docencia que estaba previsto que impartise no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. "Isto é un obstáculo máis para a miña futura estabilización xa que é un requisito indispensable ter horas de docencia acumulada para conseguir unha praza na Universidade", afirma. Salienta tamén que perdeu o dereito a ser titora de estudantes que ían a desenvolver o seu Traballo Fin de Grao na liña de investigación que ela lidera. "A forma en que nos tratan e nos valoran desde a Universidade e a Xunta fixo que dubide se seguir neste programa e empece a valorar outras ofertas de traballo"A súa situación de desemprego obrigouna tamén a regresar a Murcia, a casa de seus pais, ata que solucione a súa situación laboral. "Non podemos facer ciencia vivindo do aire", di, e afirma que "a forma en que nos tratan e nos valoran desde a Universidade e a Xunta fixo que dubide se seguir neste programa e empece a valorar outras ofertas de traballo". "Os programas financiados con diñeiro público deben reverter na sociedade dalgunha forma, e iso é o que queremos os investigadores: devolver o que un día se gastou na nosa formación". Porén, conclúe, "con estas formas de xestión o único que conseguen é unha fuga de talento das institucións galegas".As universidades "deben implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores"Algo semellente opina o compostelán Javier Dubert, de 35 anos, e especialista en microbioloxía mariña. Traballa no grupo de Investigación de Patoloxía en Acuicultura, da USC. As súas investigacións céntranse en esclarecer a virulencia de bacterias patóxenas do xénero Vibrio que provocan altas mortalidades en bivalvos de alto valor engadido e causan grandes perdas económicas en acuicultura, un sector clave na economía galega. Antes de chegar á USC, realizou estadías en centros de prestixio internacional en Francia e en Boston (Estados Unidos).As universidades "debían implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores e non limitarse a asumir un papel de mero espectador nas negociacións coa Xunta"El non terá que paralizar as súas investigacións, pois o seu grupo financiará o seu contrato durante estes meses, pero si que quedará sen poder dar clases no primeiro cuadrimestre do vindeiro curso. Con todo, pídelle á Xunta unha solución global a través de contratos-ponte: "que sexan consecuentes e aposten por este programa de I+D". Ademais, estende a responsabilidade ás universidades para as que traballan, sinalando que "son culpables ao 50% deste problema"."Para a USC somos man de obra gratuíta e quitámoslles unha carga docente de 80 h por ano e investigador, sen incluír TFGs, TFMs e Teses", critica. Sinala que "a eles nosa situación non lles preocupa, posto que ano tras ano entra unha nova remesa de investigadores" e conclúe que "debían implicarse publicamente na defensa dos seus investigadores e non limitarse a asumir un papel de mero espectador nas negociacións coa Xunta"."Estas ganas de trasladar e implementar o coñecemento adquirido en centros de referencia mundial non pode verse freado por trabas burocráticas que che deixan fóra de xogo""Somos bos, aí están os nosos CV, no meu caso rexeitei un contrato de dous anos no MIT polo meu desexo de retornar a Galicia", explica e salienta que "estas ganas de trasladar e implementar o coñecemento adquirido en centros de referencia mundial non pode verse freado por trabas burocráticas que che deixan fóra de xogo". "Só lles pido aos políticos que melloren o programa en consenso directo cos investigadores, para adecuar mellor os prazos de convocatoria e avaliación, e facelo atractivo para os aspirantes facilitando a súa estabilización e retención evitando deste xeito a fuga de cerebros", di. "Aí están os resultados xerados por programas como o ICREA ou o Ikerbasque, cuxo retorno supera con fartura ao investimento, sexamos como eles", remata."As mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional"O atraso na convocatoria prexudicou especialmente a aquelas persoas que solicitaran un permiso por maternidade ou paternidade, tres mulleres e un home, que terán que agardar ata a próxima convocatoria do programa cando rematen o seu contrato (sen saber sequera se haberá convocatoria para o ano próximo) para que o seu traballo na Modalidade A sexa avaliado, sen poder presentarse polo tanto á convocatoria da Modalidade B neste ano 2019. É o caso da coruñesa Inés Viana, de 34 anos, que tamén traballa na Universidade de Vigo e que ten unha filla de 14 meses. Viana traballa en ecoloxía mariña e a súa investigación céntrase no impacto das achegas antropoxénicas de nutrientes nos macrófitos mariños, macroalgas e fanerógamas, dos sistemas litorais. "Estes organismos son os bosques do mar, a súa importancia radica nos seus servizos ao ecosistema que inclúen, entre outros, a produción de osíxeno, ou o mantemento de outros organismos proporcionándolles alimento e protección", explica. "Quero ser nai e científica. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega"Antes de chegar a Vigo, esta investigadora traballara en centros de prestixio de Alemaña, Portugal, Estados Unidos e Israel. "Estou a adoptar as ferramentas aprendidas nestes lugares para desenvolver indicadores fronte a contaminación mariña nas costas galegas, estudando os seus efectos nos produtores primarios mariños", comenta.Para ela esta paralización supón unha dobre penalización para as investigadoras que son nais, "pois quedo descolgada do resto da xente da miña convocatoria e teño que esperar indefinidamente e sen contrato por unha convocatoria que non sabemos nin en que termos nin cando sucederá". O programa contempla a paralización dos contratos durante o permiso de maternidade para reanudalos cando a muller se incorpora. "Pero de que me serve a min que me prorroguen o contrato se o ano que ven mándanme ó paro indefinidamente?", di."Esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, de coidado dos menores""En investigación se ti paras, a túa ciencia para contigo, por iso as mulleres que decidimos ser nais e científicas necesitamos dun especial apoio institucional", salienta Inés Viana, que lembra que "esta etapa inicial da carreira científica é altamente competitiva e coincide coa etapa, bioloxicamente, de coidado dos menores". "Quero ser nai e científica, quero aplicar o aprendido na miña terra e que a miña filla se críe nela. Quero que todo o diñeiro publico invertido na miña formación repercuta en melloras para a sociedade e economía galega. Pero a nivel persoal repenso o meu futuro científico constantemente ao ver diferentes casos o meu arredor e o desgaste que isto implica", di.Pídelle á Xunta que "o seu compromiso coa natalidade inclúa a conciliación, escoitando as mulleres que decidimos ser nais e precisamos dunha especial protección". Neste senso, suxire medidas concretas de continuidade na carreira investigadora "como o mantemento de prazos fixos das convocatorias, prazos flexibles de incorporación, ter en conta o tempo efectivo de traballo, aumento dun ano por fillo nas solicitudes das convocatorias, etc". "Estas medidas xa existen en diversas convocatorias nacionais e europeas, engade."Unha investigación paralizada custa moito traballo retomala"Nunha situación semellante queda a ourensá Susana Cid Fernández, de 35 anos, especialista en Neurociencia, máis concretamente en Psicofisioloxía. Na actualidade traballa na USC na procura de marcadores psicofisiolóxicos que permitan a detección da Enfermidade de Alzheimer moito antes de que presente os seus síntomas característicos. "Estanse a aplicar técnicas de estimulación eléctrica cerebral non invasiva coa intención de atopar terapias alternativas ou que poidan mellorar os resultados das actuais terapias farmacolóxicas, que polo momento só conseguen ralentizar a enfermidade, no mellor dos casos", comenta,"Significa botar a perder os recursos investidos por todos os galegos durante os 32 anos de formación financiada publicamente que recibín na miña vida"Antes de regresar a Galicia traballou no Centro San Giovanni di Dio en Brescia (Italia), un hospital especializado en demencias e enfermedades mentais, no grupo liderado por Carlo Miniussi, "unha das máis importantes personalidades mundiais na investigación sobre estimulación cerebral non invasiva", explica, destacando que "a niña estadía achegoulle ao sistema de investigación galego novas técnicas e novas aplicación que non se dominaban ata agora, ademais de estender a rede que vai unindo grupos na loita contra as demencias".O seu permiso de maternidade fixo que o seu contrato ficara prorrogado ata xaneiro do ano 2020, polo que terá que presentarse á convocatoria do ano que vén, que co atraso que acumula a de 2019 podería adiarse ata o mes de novembro. Isto é, Susana Cid podería quedar no paro un ano enteiro, no mellor dos casos. "Neste período cortaranse todos os traballos dirixidos que podería comezar no curso 2019-2020. E, por suposto, as investigación suspéndense neste tempo, e unha investigación paralizada custa moito traballo retomala", explica.Reclámalle á Xunta que "asuma a mala xestión do programa e facilite contratos que impidan a fuga de talentos que sen dúbida haberá este ano""Durante un ano enteiro terei que elixir entre cobrar o paro e non traballar, concorrer a outras convocatorias que de novo (e de ser o caso, será para sempre) me leven fóra de Galicia, ou cambiar de traballo, abandonando a investigación e o sistema público galego para traballar de calquera outra cousa na empresa privada", di. "As dúas últimas opcións significan botar a perder os recursos investidos por todos os galegos durante os 32 anos de formación financiada publicamente que recibín na miña vida", engade.Susana Cid pídelle á USC "que rompa unha lanza por nós" e aposte "polos que estamos nesta situación, co persoal tan altamente cualificado que tiveron a sorte de captar con esta convocatoria". É á Xunta reclámalle que "asuma a mala xestión do programa e facilite contratos que impidan a fuga de talentos que sen dúbida haberá este ano" e que en próximas convocatorias "utilice a lóxica". "Existen outras convocatorias a nivel estatal que resolven de forma sinxela todo isto, non entendemos por que a Xunta é tan reticente a usar esas fórmulas probadamente útiles", di. |
PRAZA_17170 | ENTREVISTA Emma Pedreira gañou o premio da crítica española, na modalidade de narrativa en galego, con Bibliópatas e fobólogos. | Unha declaración de amor pola lingua e a literatura. Pero entendendo, ambas, desde a escrita como oficio. Lonxe do ton elitista que ás veces, aínda, se emprega para falar dun traballo que en moitos casos é "un xogo de egos e de proxeccións falsas que non chega a ningunha parte e que non se corresponde coa realidade". Así podería definirse Bibliópatas e Fobólogos, (Galaxia), o libro co que Emma Pedreira vén de gañar o Premio de la Crítica Española na modalidade de narrativa en galego. A autora respondeu as nosas preguntas por correo electrónico. De Corazón e demais tripas dixeras que non era "un conxunto de microrrelatos" senón "unha unidade de microrrelatos que se interconectan para formar algo consonte". Supoño que de Bibliópatas e Fobólogos podería dicirse o mesmo, non? Dalgunha maneira, supón continuidade de Corazón: volta á narrativa, ao microrrelato... Que pode haber de continuidade entre ambos? -A presenza do humor e a ironía, por exemplo-. De Corazón e demais tripas fixen algún descarte porque tiraba cara a un lado que non cadraba moi ben dentro da unidade dese libro; eran relatos menos eróticos ou moi lindantes entre o erótico e o bibliófilo e aí dei co que sería o xermolo de Bibliópatas. Foi pechar ese libro e comezar co seguinte. Foron tres ou catro textos que enlazaron os dous libros, por iso son tan semellantes que trato de consideralos libros irmáns e parte dunha triloxía na que estou aquelando xa o terceiro volume, que tamén resulta dos descartes de Bibliópatas e Fobólogos. Supoño que fondo e forma son un contínuum nos dous libros, o tratamento e a estética dos textos son comúns a ambos polo humor e tamén pola contención na forma. Comeza o libro falando da "empresa de servizos editoriais" Shakespeare and Company, na que os mellores lectores son os animais. Shakespeare and Company existe: é o nome dunha libraría de París na que hai un gato "lector" ao que os clientes non deben molestar. É casualidade ou, polo menos parte dos relatos, teñen a súa orixe en referencias reais, ou máis ben no que pode ser a vida cotiá de calquera escritora na súa convivencia cos libros? Cando viaxo, e viaxo moito, trato de ir a moitas librarías, a todas as que podo, de lance, de vello, alfarrabistas. Solto lastre das maletas e tráioas cheas de libros, de papeis, de debuxos e de apuntamentos. O inicio de moitas ideas vén na cabeza e queda aí ata que calquera referencia o fai saír para comezar a traballar. Shakespeare & Co. vén de París, pero tamén vén da miña adoración shakespeariana e da visión que teño do intramundo editorial que me tocou vivir nestes anos adicada á literatura por dentro -como escritora- e por fóra -como bibliópata-. Todos os relatos do libro teñen unha referencia real, propia ou allea, unha anécdota, unha mención ou unha homenaxe e todas teñen que ver coa palabra, coa lingua e cos libros. "Todos os relatos do libro teñen unha referencia real, propia ou allea, unha anécdota, unha mención ou unha homenaxe e todas teñen que ver coa palabra, coa lingua e cos libros" O libro fala de "fobólogos" -persoas encargadas por unha lingua viva e comprensible, lonxe de estereotipos decimonónicos- e de bibliópatas, persoas cuxa "patoloxía" son os libros, mesmo até chegar á morte a causa deles. Por que son os protagonistas deste libro? Temos falta, no país, de "fobólogos"? E de "bibliópatas"? Por que? Eu son filóloga de formación e de vocación aínda que non exerza a docencia. É a miña espiña cravada e supoño que trato de resarcirme diso a través da escrita e de todo o que fago arredor do libro. En todos estes anos de "militancia filolóxica" e sobre todo no lugar no que traballo -remítome ás "crónicas de oficina" que divulgo nas redes sociais- vexo que xs filólogxs temos unha némese que rematei por chamar fobólogxs, por pura etimoloxía. "Acredito firmemente na existencia dunha inxente cantidade de xente graduada nese odio, desprestixio e complexo sobre a lingua" A foboloxía sería a rama da lingüística que se encarga de desartellar, incapacitar e borrar unha lingua, de desacreditar o bando contrario, a filoloxía, que se encarga de coidala, limpala, darlle esplendor -tipo pon cera-pole cera- e aí acredito firmemente na existencia dunha inxente cantidade de xente graduada nese odio, desprestixio e complexo sobre a lingua. E non, non hai escaseza de fobólogxs neste país, todo o contrario, a súa presenza é cada vez máis forte e máis agresiva. Fobólogo sería un termo pexorativo mentres que bibliópata, con toda esa carga maligna que posúe o "pathos" como doenza sería algo positivo que nos identifica a todas as persoas que padecemos o mal dos libros. Somos adoratrices do papel, acaparadoras de cantidades absurdas de libros, doentes das librarías, posuímos varios carnés de biblioteca, axexamos o que le o resto da xente. "Somos adoratrices do papel, acaparadoras de cantidades absurdas de libros, doentes das librarías, posuímos varios carnés de biblioteca, axexamos o que le o resto da xente" Falando de "fobólogos", o libro non só fala de libros e das manías cos libros, senón, en xeral, da palabra e da súa presenza, ás veces, abafante: nas redes sociais, por exemplo, e outras veces da súa ausencia ou confusión. Mais, máis que un libro de sisudísimas reflexións metaliterarias ou sobre a comunicación e a incomunicación -o ruído- nas sociedades contemporáneas -que si está- parece un xeito de achegarse, simplemente, á relación -cotiá- das persoas cos libros e coa palabra, -o exceso e a falta dela, pero máis ben o exceso-, aínda que se faga desde a deformación, o hiperbólico, o absurdo.... Era o obxectivo? Pode responder, tamén, a unha sorte de intuición ou reflexión sobre o pouco liviáns -o pesados e grandilocuentes- que poden ser os nosos discursos sobre a necesidade de facer o libro máis presente na sociedade? Cando escribín o libro, máis ben cando decidín que vise a luz con Galaxia, tiña o medo de como sería entendido posto que está escrito cunha dobre intención: por unha banda trata de ser unha homenaxe á nosa lingua e literatura e un achegamento das dúas desde o oficio de escribir para que as persoas lectoras consigan ter un coñecemento da parte que nunca transloce. Cando falo en público, por exemplo nun obradoiro, arredor do mundo do libro e da súa produción como ben cultural, do proceso de escrita, edición, distribución e o fago desde un punto de vista comercial e non idealizando o obxecto libro, a xente achégase con interese porque pensa que as autoras creamos sen esforzo e recibimos substanciosas sumas por cada obra que escribimos e por cada exemplar que vendemos. "Moita xente cre aínda na inspiración e en toda esa fabulación que hai sobre o traballo de escribir. É dicir, non o entenden como un traballo e así nos vai" Moita xente cre aínda na inspiración e en toda esa fabulación que hai sobre o traballo de escribir. É dicir, non o entenden como un traballo e así nos vai. Falarlle a esa xente da nosa vida real, da insustentabilidade do sistema para quen escribe, sitúanos máis cerca do noso público lector e, ata hai moi pouco tempo isto era algo do que non adoitabamos falar, porque o libro e a escrita eran considerados algo mitolóxico, idealizado, intanxible e situado un banzo por enriba doutros oficios. "O libro e a escrita eran considerados algo mitolóxico, idealizado, intanxible e situado un banzo por enriba doutros oficios" Por outra banda quería desmitificar e tamén burlarme, de paso, da grandilocuencia e do ton elitista co que ás veces tomamos ao pertencer a este oficio, algo que resulta moi absurdo xa que en moitos casos é un xogo de egos e de proxeccións falsas que non chega a ningunha parte e que non se corresponde coa realidade. Diso quería rir, do elitismo que nos afasta do contacto directo do público e que crea unha endogamia triste e podre. Creo que conseguín achegarme a un público lector novo para min e que foi comprendendo a absurda relación que temos co noso autófago e contraditorio sistema literario. "Quería desmitificar e tamén burlarme, de paso, da grandilocuencia e do ton elitista co que ás veces tomamos ao pertencer a este oficio, algo que resulta moi absurdo" O que si hai, e pode ter relación co anterior, é xogo coa palabra, coa linguaxe. Enumeracións, por exemplo. Nunha estrutura que alterna textos algo máis longos con outros máis curtos e outros tipo haiku... Es consciente dese xogo coa palabra neste libro? -Que tamén ten que ver, supoño, co oficio de poeta: o esforzo por condensar....- Adoro xogar coa lingua. Retorcela, usala mal, rebasar límites, cifrar a mensaxe ao meu antollo, xogar todo á polisemia, dislocar a semántica, crear palabras e, xa no plano textual, manexar distintas unidades de forma máis ou menos condensada. O microrrelato, o minirrelato, o aforismo son textos aos que lles podemos ir movendo os marcos desde ou cara á poesía e iso é a mellor parte de ter ido desde o verso até a narrativa. O microrrelato ademais permíteche unha escrita de maior complicidade co público lector, xa que o convidas a facer parte do esforzo para chegar da man á conclusión do texto, mesmo á súa construción compacta. "O microrrelato é unha modalidade textual que permite que o texto viva moito tempo despois de ter sido lido e que sexa revisitado con frecuencia" O microrrelato é un xogo de sedución que permite que non esteas escribindo de ti e para ti senón que a súa tendencia é captar unha atención e xogar ata acadar un clímax satisfactorio para as dúas partes. Non hai pasividade na persoa que le un microrrelato, senón que pasa a un lugar de interactuación e vén xogar con quen escribe. O uso da palabra e de todas as posibilidades que poden dar gramática, sintaxe, morfoloxía, semántica e demais filias filolóxicas respaldan este xogo e fano divertido e instrutivo ao mesmo tempo. O microrrelato é unha modalidade textual que permite que o texto viva moito tempo despois de ter sido lido e que sexa revisitado con frecuencia. O libro fala de libros, pero hai dous temas que, en relación con eles, saen moito: a morte e o amor. Non sei se incluso máis a primeira. Iso conectaría, ademais, este libro con varios dos teus poemarios: Antítese da ruína, Grimorio, s/t... Aínda que quizais neste libro é onde a morte está tratada con máis distancia... Pode ser? Hai algunha razón especial? É imposible non falar sempre dos mesmos temas universais, a estas alturas do mundo todo está inventado e o único que nos resta é ir xogando coa maneira na que contamos as cousas. Amor e morte son dous deses temas nos que sempre redundamos e ademais adoitan estar nos estremos das nosas afinidades. Son temas recorrentes para a escrita e tamén como refuxio no momento de buscar que ler. O caso é que a morte e todo o que a arrodea en Galiza está feito para definirnos como pobo. Hai innúmeros rituais arredor da morte que aínda están por explorar e por explotar desde a literatura. "A morte e todo o que a arrodea en Galiza está feito para definirnos como pobo. Hai innúmeros rituais arredor da morte que aínda están por explorar e por explotar desde a literatura" Se antes falaba de que cando viaxo vou ás librarías, outra cousa que adoro visitar polo mundo adiante son os cemiterios. Os camposantos son lugares cheos de arte e coñecemento: arquitectura, escultura, antropoloxía, historia. Podemos atopar que, por exemplo, os nomes das persoas defuntas din moito da nosa historia e das nosas tendencias co paso do tempo ou que as lousas e placas sepulcrais, algo que me fascina, están cheas de poesía e, en moitos casos, de literatura condensada, de microrrelatos, de faíscas das que se pode desprender unha historia e, en moitas delas, hai un punto de humor negro que me fascina. No pobo do meu pai -que sae varias veces no libro-, hai un friso nun panteón que en lugar de levar o nome da propiedade familiar pon "Gracias por su visita", como nas servilletas dos bares. Como non pensar que somos un pobo divertido ata desde o máis alá? Hai algúns relatos que teñen continuidade entre si. Un exemplo son os de Wendy Laura Clark. Que penso que, aínda desde o xogo do "consultorio", nos falan -como outros relatos do libro- de como pode resultar ser muller escritora ou tentar selo. A súa escrita, dille Isabel á escritora, dáme ás para enfrontarme ao mundo. Que hai no libro diso, de reflexión sobre como ás mulleres lles roubaron a escrita? No libro hai moito de min e da miña experiencia de todos estes anos na escrita e, a través da miña voz, de moitas mulleres que escriben e teñen que bater de continuo contra os muros do sistema literario. O noso teito de cristal é de formigón e, en moitos casos, o formigón é compoñente biolóxico de moitas persoas que nos impiden estar en lugares que nos corresponden por dereito. A miña retranca apela a estas vacas sagradas, a estes redutos nos que as autoras estamos a vivir un constante desprestixio e invisibilización por puro desinterese, unha negativa explícita en moitos casos a escoitar o noso discurso. "A miña retranca apela a estas vacas sagradas, a estes redutos nos que as autoras estamos a vivir un constante desprestixio e invisibilización por puro desinterese" A través da retranca podo facer maior traballo de reflexión que co discurso directo porque despois do riso vén o pouso e, se hai algo que está deixando Bibliópatas é un pouso e un achegamento por parte do público lector á realidade que hai detrás de quen escribe e publica un libro. Tamén hai unha homenaxe moi explícita ás autoras que morren sen case recoñecemento e o absurdo xogo de egos dun oficio no que quen máis perde –de maneira material, falo- é a parte que escribe. "Tamén hai unha homenaxe moi explícita ás autoras que morren sen case recoñecemento e o absurdo xogo de egos dun oficio no que quen máis perde –de maneira material, falo- é a parte que escribe" Tamén hai "homenaxes": libros que arden mal, unha escritora que busca unha habitación propia, un debuxo que envellece cos seus donos... Non son hiperexplícitos, pero tampouco querías seguramente que pasasen desapercibidos... Podes explicar a razón dalgúns deles? Coido que as persoas bibliópatas, aquelas que vivimos moito a través do literario, que medramos nun contacto desesperado e ás veces angustioso cos libros, non podemos deixar de facer analoxías de parte das nosas vidas coas obras que nos acompañaron en certos momentos. Eu vivo moito a través das miñas lecturas, estou sempre a facer historias, todo o canalizo a través de escribir ou de contar. Terapeuticamente a literatura sempre está aí para servirme, como non lle render homenaxe como farían as persoas melómanas a través da playlist das súas vidas? "Están as librarías e bibliotecas que visito con frecuencia e tamén os actos literarios máis absurdos nos que teño estado" Hai autoras e libros por todas partes neste conxunto de historias e, ademais, moitos outros oficios relacionados co libro: bibliotecarias, editoras, correctoras, libreiras. Están as librarías e bibliotecas que visito con frecuencia e tamén os actos literarios máis absurdos nos que teño estado. Ás veces as referencias son explícitas e outras non tanto, pero hai quen se sentiu aludido e se espantou e iso encántame, misión cumprida. En Máxima ansiedade hai ironía co tema de que pasa cando lle preguntan nas entrevistas por que escribes. Non vas dicir, conta este relato, que o fas por non engordar. Tes que buscar unha resposta que pareza intelixente, erudita, literaria, e un pouco snob. Dicía Ana Valdés que cada vez que un director de teatro tentaba responder á pregunta de por que facía teatro, estaba a caer nunha trampa que o levaba a tentar xustificar o que non tiña por que xustificar. Cres que pode pasar algo semellante, polo menos ás veces, na escrita? Ás veces síntome un pouco ridícula ante preguntas así, que queren que xustifique por que e para que escribo. Trato de pensar en por que non preguntamos iso a outras persoas que se adican a outro tipo de traballos e no snob que é poñernos na situación de dicir algo máis que o simple: fágoo porque me encanta. Eu afronto o feito de dedicarme a escribir como algo natural e que está comigo desde sempre, por aí, nada máis que xustificar. Procuro poñerme na pel dunha cociñeira ou dunha costureira e pensar que fago o mesmo, se cadra aínda chego máis alá e penso sinceramente que me adico a algo que ten menor utilidade pública e que non aproveita todo o mundo. "A vida real é outra cousa e actuamos en paralelo xusto cando as necesidades básicas están cubertas" Entendo que se busque a xustificación ou a motivación nunha oncóloga, nunha xerontóloga, ou nas voluntarias dun santuario animal, onde o grao de implicación conleva acción, compromiso e risco en grao superlativo. A literatura non deixa de ser -e aquí odiaranme o resto de bibliópatas pero tamén os fobólogos- algo prescindible ou secundario. Fago isto porque o gozo e porque sufro e porque dese sufrimento sae máis gozo, pero de maneira sincera, a vida real é outra cousa e actuamos en paralelo xusto cando as necesidades básicas están cubertas. "A literatura non deixa de ser -e aquí odiaranme o resto de bibliópatas pero tamén os fobólogos- algo prescindible ou secundario" Eu penso que, malia todo o xa comentado, no fondo, o libro é unha sorte de declaración de amor aos libros. Como neses relatos nos que se trata o libro como un obxecto prohibido, remitíndonos a un futuro posible, ou como un obxecto que okupa o noso espazo na casa, a nosa cabeza e o noso corazón. Poderiamos resumilo así, é dicir, é o sentido xeral do libro? Totalmente. Bibliópatas é un libro de amor polas palabras e pola vida paralela que transmiten. Polo humor e a alternativa que nos ofrece o seu refuxio cando a vida propia falla, pero tamén é un discurso do desalento e un tirón de orellas aos nosos egos. Sempre que alguén me di que leu ou que está lendo Bibliópatas pregúntolle o mesmo: riches? E se me di que si digo, pois xa está. O amor está no humor, na activación dos músculos do riso, na liberación de substancias químicas que fan sentir ben e iso é o que pretendo en primeira instancia. Un goce coas bragas postas. O que veña despois, a reflexión, a crítica, a autoexploración, o pouso é o premio. "Bibliópatas é un libro de amor polas palabras e pola vida paralela que transmiten" Por último, pregunta obrigada -e parva-, como foi para ti recibir a noticia do premio da crítica? Sigo sen crer que un libro un pouco antisistema como este -borra o de un pouco- teña recibido semellante premio por parte do propio sistema literario galego e, por riba, con proxección cara fóra -que non creo que se dea, debido a moitos factores-. Supoño que refrenda e ao mesmo tempo asume tamén con humor os defectos dos que adoece a nosa literatura. Como ademais coñecer a noticia tivo un punto surrealista -fun a última en sabelo, malditas queridas redes sociais-, o libro segue arrastrando ese humor que quero tanto. "Faime remexer un pouco que sexa esta obra, e non vinte anos de discurso poético fondo e grave, a que se recoñeza" Faime remexer un pouco que sexa esta obra, e non vinte anos de discurso poético fondo e grave, a que se recoñeza pero precisamente iso contribúe a visibilizar que o que precisabamos era unha maior sinceridade e contacto coa xente que nos le. Estou moi feliz e son consciente de que pasado mañá xa non implicará nada máis que unha faixiña amarela no libro, pero é unha honra dicir que son a cuarta muller en recibilo desde o ano 1976 en que se estableceron estes premios para a lingua galega. Porque, como din por aí, non hai narradoras e tal, sobre todo con anterioridade a 2005 en que se galardoou a Teresa Moure -despois virían Begoña Caamaño e Anxos Sumai- e fin. Son feliz e son aínda máis feliz por compartir este premio con Lupe Gómez en poesía, coa que se fai unha xustiza e un labor de reposición tremendo. Podo dicir que celebro máis ese premio para ela e que este ano distingue o labor de dúas irmás de letras, rosmonas, antisociais e incómodas. Grazas! |
PRAZA_504 | A Confederación de Empresarios de Galicia esixe que o uso do galego non conte na obtención de axudas para cursos de formación, pero mantivo un Servizo de Normalización Lingüística mentres a Xunta llo financiou. | "O desprezo por un mesmo non é boa carta de presentación en ningures" Eran outros tempos, como para case todo. O 8 de xullo de 2006 a daquela secretaria xeral de Normalización Lingüística, Marisol López, asinaba con quen daquela presidía a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, un convenio para poñer en marcha o Servizo de Normalización Lingüística da patronal galega. O Goberno galego substituía as axudas puntuais a empresas por un acordo global con "vontade de continuidade" que procuraba o "apoio para a galeguización das empresas", á que a CEG se sumaba con entusiasmo. Case unha década e máis dun millón de euros públicos despois, a confederación empresarial xa non conta con esa vía de financiamento e o que noutrora eran declaracións de adhesión á promoción do galego tornan en belixerancia contra a lingua propia de Galicia. Os xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña daban conta o pasado mércores do ditame do Consello Galego de Relacións Laborais sobre a orde que rexerá a concesión de axudas da Xunta para organizar cursos de formación dirixidos a persoas desempregadas neste 2015. Nese documento a organización empresarial alzou a voz contra o que vén sendo unha práctica habitual na Administración, a ponderación do uso do do galego para condecer as subvencións. E non o fixo para pedir unha modificación, senón para esixir, directamente, a súa supresión. A CEG esixe que a lingua galega non sume puntos na orde de axudas para cursos de formación Ao xeito do que acontecería cun idioma estranxeiro a patronal alega que "a utilización da lingua galega na impartición das accións debe estar supeditada ao coñecemento que os alumnso teñen da mesma", polo que "debe ter carácter potestativo polo profesorado e o seu uso non debe ser motivo de baremación", isto é, non debe ser un mérito que dea puntos á hora de obter estes fondos públicos. "De non ser así -sinalan- deberíase esixir ao alumnado un nivel mínimo da lingua acreditado a través do correspondente CELGA". Caso contrario, non se podería "garantir a calidade da formación e a eficiencia na súa impartición". Así as cousas, a CEG solicita en solitario "a supresión da referencia ao uso do galego na impartición" que se inclúe nas condicións das axudas e expresa, ademais que a "penalización" por non utilizar a lingua galega é "excesiva". Reclaman, polo tanto, que o galego non poida chegar a sumar ata cinco puntos sobre un total de 80 que é posible acadar nesta orde de axudas -o mínimo para obter algunha concesión é de 25-. As subvencións á normalización Esta posición da CEG difire notablemente da vontade que amosaba cando os fondos gobernamentais de Normalización Lingüística chegaban ás súas arcas mediante as sinatura de sucesivos convenios. Así, tras o devandito acordo do ano 2006, dotado con 371.460 euros, segundo informou daquela a Xunta, a patronal aseguraba ser "consciente da necesidade de estender o uso e o coñecemento da lingua galega entre o empresariado". Por iso apostaba por "transformar este acordo nun marco estable de colaboración" que "permita darlle continuidade a esta importante colaboración". A patronal pechou o seu Servizo de Normalización cando deixou de recibir cartos públicos Unha vez posto en marcha o Servizo de Normalización Lingüística da CEG con esta importante achega económica patronal e Goberno seguiron asinando sucesivos acordos na mesma materia. Para "potenciar o papel da CEG como axente dinamizador do uso da lingua galega no ámbito socioeconómico de Galicia" a Xunta puxo sobre a mesa 149.000 euros en 2007 e outro tanto en 2008 e 2009. En 2010, xa co Goberno de Alberto Núñez Feijóo, a iniciativa estivo dotada con 155.000 euros para ese ano e o seguinte. Xa en 2012, a achega volveuse producir, pero reducida a 50.100 euros. En total, as achegas sumaron 1'01 millóns de euros. O actual presidente da CEG apoiou en 2008 un informe do Club Financiero de Vigo contra o uso do galego no ensino Case tres anos despois desa última sinatura a antiga web do Servizo de Normalización Lingüística desta organización empresarial indica que xa non está operativa por "falta de apoio financeiro" e convida a dirixir as solicitudes de asesoramento directamente á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mentres, a patronal semella rexerse agora abertamente pola doutrina lingüística que o seu actual presidente, José Manuel Fernández Alvariño, xa expresara en 2008, cando como presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra apoiou publicamente un informe do Club Financiero de Vigo que arremetía con dureza contra o uso do galego no ensino e afirmaba que no mundo empresarial "es mejor entenderse en castellano". Daquela Alvariño considerou que "non é impensable" que haxa empresas que renuncien a operar en Galicia por mor da existencia e utilización do galego. Ditame do Consello de Relacións Laborais que inclúe as alegacións da CEG |
QUEPASA_463 | A Galería Mulleres do Concello de Muxía quere homenaxear, na figura de Florence Nightingale, a todas as persoas que coidaron de nós durante a crise do COVID 19, e continúan a facelo cada día. Pon así os coidados no centro do debate, como xa fan os colectivos feministas nos Faladoiros de QPC. | Florence Nightingale (Florencia,1820 - Londres, 1910.Enfermeira. Persoa moi destacada na historia británica; non se dobregou ante as regras da ríxida época vitoriana e fundou as bases da asistencia de enfermería moderna. Rebelouse contra os prexuízos da época e contra o seu destino de muller que debía permanecer no fogar, e elixiu a profesión de enfermeira. Rexeitou a numerosos pretendentes e con 24 anos decidiu dedicarse a coidar do próximo, vocación que seguiu a pesares de que a súa familia púxolle obstáculos. En 1852, Florence aceptou unha oferta para dirixir unha clínica privada en Londres, decidida a transformar o oficio de enfermeira ao que só se dedicaban mulleres pobres e marxinadas .Dignificou o oficio, e propuxo que na súa base había dous aspectos esenciais: a preparación e a hixiene. Por outra banda, cría que a asistencia aos enfermos correspondía a todas as clases sociais e merecía unha xusta consideración , mesmo nunha sociedade tan elitista como a vitoriana. Florence tivo ocasión de demostrar ao mundo enteiro a validez das súas ideas na guerra de Crimea. Tras un ano de combates, os soldados atopábanse ao límite das súas forzas e eran vítimas dunha epidemia de cólera. Ao principio, a relación de Florence cos médicos non foi doada, xa que non recoñecían a súa autoridade pero aos poucos, conseguiu impoñer as súas regras de hixiene e coidados. En dúas semanas logrou montar unha cociña para preparar a comida de 800 homes; unha lavandería onde se deseinfectaba a roupa ,conseguiu que se illasen cunha cortina as camas co fin de evitar traumas psicolóxicos e para respectar a intimidade dos pacientes. ..."A dama da lámpada", foi a denominación que lle deron a Florence os hospitalizados, debido a que polas noites percorría as salas cunha lámpada para seguir cos coidados. Co seu sistema conseguiu baixar unha elevadísima mortalidade ata un 2%, salvando moitas vidas. Ao volver da guerra foi recibida coma persoa heroica, condecorada pola Raíña Vitoria e fundou, en 1860 a Escola de Adestramento e Fogar Nightingale para Enfermeiras no Hospital de St. Thomas grazas á achega económica da mesma raíña. Tamén foi pioneira na estatística e na representación visual da información, usando, entre outras ferramentas, diagramas e histogramas circulares. No " Diagrama Nightingale" ou " Diagrama de Área Polar", que enviou á Raíña Vitoria en 1858, mostrou as causas da mortalidade do exército inglés e reflectiu toda a información que recompilou durante a súa estancia en Crimea. Grazas á obra de Florence establecéronse novos departamentos –de medicina, ciencia sanitaria e estatística- no exército, para mellorar o coidado da saúde. Publicou aproximadamente 150 libros. Un deles titulouse "Notas sobre enfermería" (1860) e é un texto fundamental e primeiro libro para uso específico no ensino da enfermería e que foi traducido a moitos idiomas. |
PRAZA_17878 | O arranxo non consiste niso e quizás non a teña, o cal non quere dicir que a Igrexa vaia diluírse como un terrón de azucre por esta causa. A Igrexa pensa en séculos, está e aínda estará, infestada de crimes, dunha historia con incontábeis episodios horrendos e un presente tan miserábel como o que establecen os violadores. | Son un seguidor practicamente diario das novas e reflexións que Santiago Agrelo publica en Facebook. Agrelo é unha persoa entregada á causa dos condenados da terra, comprometido até a alma con algúns dos máis desgraciados, os que morren intentando pasar o Estreito. Léoo e non sigo o seu exemplo. E róeme non facelo pero polo menos sérveme para asumir unha certa humildade diante deles, dos que o fan. Non hai trampa no del; é unha entrega permanente e absoluta; a súa vocación e a súa crenza feita acto, carne. Santiago Agrelo é arcebispo de Tánxer e telo atopado nas redes, sen coñecelo, foi como o corolario dunha busca para modificar o meu criterio persoal sobre os cristiáns. Non son crente, por dicilo axiña e sen entrar en matices, que quizás deixarían de selo para converterse en eixos, se o razoamento continuar: apenas creo no misterio. Pero fixen igualmente un exame de conciencia, ou mellor dito, quixen volver a recompoñer criterios desde unha posición bañada de anticlericalismo durante decenios e marcada por xeracións. O outro corolario foi Francisco. Entendín o que significaba o seu nomeamento desde o primeiro intre, eu que erro tanto nas predicións políticas, e así o escribín, en contra de tantos esquerdistas vacinados polos séculos de excesos do clero. Parecía e era un home comprometido cos pobres. Arestora hai quen o considera o único líder mundial posúe a esquerda. Quizás sexa esaxerado, pero a anotación está aí e talvez non sexa casual o interese por erosionalo desde os medios de comunicación neoliberais por conta da pederastia, cando eticamente é dos poucos valentes dentro da xerarquía. Mesmo pedían que dimitise desde medios de comunicación propiedade da banca, seguro que non pola indignación que causa o abuso senón por vencer a unha persoa que representa unha das poucas resistencias ao capitalismo salvaxe. Fixeime en Cáritas, nas que traballan no Estado Español (pois non en todas as partes son iguais) e concluín que ese traballo de auxilio tiñan que desenvolvelo tamén desde o comezo da crise os sindicatos de clase, pois no pasado fíxose, era o Socorro Vermello, e desta vez nin se tocou. E os cristiáns de base están aí. Observei a outros crentes próximos meus, vinculados aos pobres e que ademais condicionaron, influíron máis do que semella, por exemplo na loita contra o fascismo. O libro de Ricardo Gurriarán sobre a revolta do sesenta e oito en Compostela, por exemplo, confirma ese protagonismo decisivo naquel episodio. Tamén o fermento para o compromiso de tantos que se forman nas asociacións cristiás de base e que despois van nutrir colectivos diversos. Nos partidos do nacionalismo galego, sendo en xeral un movemento laico e de esquerdas, o substrato cristián é grande, sen tratar agora aquí de sistematizar nada; curas humildes nas Encrobas, ou activando Fuxan os Ventos. Cristianismo de base, entregado, claro, emparentado e influído polas teoloxías da liberación americanas, e desde logo polo Vaticano II. Unhas bases que libran de ignominia á propia crenza pero que de xeito ningún consegue facelo cunha xerarquía perversa e terríbel na que as excepcións son realmente excepcións. O cristianismo de base europeo está fortemente condicionado polo laicismo que impregna esta sociedade, unha ideoloxía que percorre o continente desde hai trescentos anos e que sitúa debates fronteirizos como o do aborto, en termos máis razoábeis que os dos cristiáns da esquerda da América Latina, que con posicións radicalmente (de raíz) anticapitalistas, como as de Bergoglio por exemplo, son lamentabelmente insensíbeis a estoutros asuntos, como o da interrupción do embarazo, os dereitos dos homosexuais e moitos outros. Con posicións frecuentemente intolerantes, seguindo fielmente o mandato da Igrexa. É o caso de Daniel Ortega, agora convertido en tirano e asasino do pobo de Nicaragua, que se di desde hai anos presidente Por La Gracia de Dios, pero que se reclama aínda a si mesmo como parte da esquerda. Nun lugar completamente distinto, porque é un demócrata, está Rafael Correa, cristián, anticapitalista e no entanto contrario radicalmente a calquera apertura no campo do que falamos, nin durante o seu mandato nin na actualidade. A Igrexa apela con virulencia a rexeitar a que chama cultura do descarte, tanto no terreo do aborto como no da eutanasia e outros, vinculando mesmo tales prácticas coa da cousificación, ou conversión das persoas en mercadoría, como as africanas, dalgún xeito consideradas desde o centro como lixo que vén manchar Europa. Botan man con facilidade desta analoxía, que resulta moi desafortunada. Hai uns anos publiquei en El Correo Gallego un artigo onde explicaba un debate entre intelectuais italianos sobre o aborto, desde un punto de vista que incide precisamente na animalización que provocan precisamente esas negacións por parte do clero e que copio a continuación. O artigo titúlase Decide a muller. Italo Calvino escríbelle a Claudio Magris en 1975: Traer un neno ao mundo só ten sentido se é desexado consciente e libremente polos seus pais. Senón trátase dun comportamento animal e criminal. Un ser humano convértese en humano non só pola converxencia causal de certas condicións biolóxicas, senón a través do acto de vontade e amor de outras persoas. Se este non é o caso, a humanidade convértese non máis que nun tobo de coellos. Somentes aquelas persoas que están convencidas ao cento por cento de posuír a capacidade moral e física, non só de manter un fillo senón de acollelo e amalo, teñen dereito a procrear. Se non é o caso, deben facer primeiramente todo o posíbel para non concibir e se conciben, o aborto non representa só unha triste necesidade, senón unha decisión altamente moral que debe ser tomada con plena liberdade de conciencia. Non sei como podes asociar a idea do aborto co concepto da boa vida. O aborto é un feito horripilante, no que a persoa vulnerada física e moralmente é a muller. Tamén para calquera home con conciencia cada aborto é un dilema moral que deixa unha marca. Despois de chamarlle irresponsábel a Magris, dille que lle encantaría ver a súa cara se lle abrisen a el o ventre no medio da cotra e sen os recursos dos hospitais. Esta defensa da muller e dos nenos de Calvino, resulta ser para moita xente a mellor defensa escrita da decisión de abortar. Pero escarvando nos arquivos din con outro debate que tamén desexo reproducir moi esquematicamente. É igualmente unha columna do pasado, pero non hai problema en traela de novo, porque a novidade se non aporta substancia é banal e o antigo se é rico e ten vixencia pois sigue vivo. Hai que evitar, iso si, entrar na monserga tradicionalista de darlle ao manubrio do pasado sen necesidade, só para disimular as carencias de acción no presente. Reproduzo entón ese, tamén publicado en El Correo Gallego, que se chamaba Os límites do aborto. En 1995 unha revista italiana convidou a Umberto Eco e ao Cardeal Martini, Arcebispo de Milán e príncipe eclesiástico respectado en todo o mundo, a un debate sobre as posicións éticas do home laico e do relixioso. As sucesivas entregas convertéronse nun libro moi interesante, con discusións sobre os temas de importancia que separan o laicismo e a visión católica actual. Nun par de cartas falan da vida humana e do aborto e conforta moito ler da pluma de Eco que el celebra o nacemento dun neno como algo marabilloso, como un milagre natural. Conforta lelo porque esa vontade, a da celebración da marabilla do nacemento, está pouco estendida na sociedade actual, en ambos universos de pensamento e en todos, pendentes como estamos do noso benestar privado. Outra cousa diferente, para alén do dito, son os confíns, o momento en que comeza a haber vida humana. Todos consideramos como ser humano ao recén nacido, pero até onde podemos retrotraernos? No Antigo Testamento, Onán non cumpre co deber de dar a vida e iso comporta a súa morte. E segundo Tertuliano, cristián do S III, a alma transmítese a través do seme. A Igrexa acabou por rexeitar estas teorías e abrazou o creacionismo, segundo o cal Deus introduce a alma no feto nun momento dado da súa xestación. Santo Tomás, di Eco, empregou tesouros de sutileza para explicar como é isto así, dando lugar a infinitas discusións sobre o momento en que ten lugar a "humanización". É dicir que a mesma dificultade que ten o non crente á hora de fixar os límites, tamén se lles proxecta aos católicos. Seguramente teña razón o autor de O Nome da Rosa cando di que quizás non existan confíns e que esteamos condenados a saber só que ese proceso ten lugar e que non pode ser aclarado nin discutido. Igual que en tantas cousas, nas que marcamos fronteiras, clasificación e orde, só para reducir e comprender. Bo sería por tanto que houbese máis humildade e menos condenas. Por exemplo agora, cando se valoran os límites que marca a nova lei do aborto. Porque as vellas dúbidas persisten, e as faltas da Igrexa, do pasado e do presente, tampouco son poucas, nin todas leves. Volvendo a ese libro vexo que Eco opta polo debate intelectual e evita sinalar á Igrexa: "outros prefiren apelar aos dereitos da vida: se en nome do dereito á vida non podemos consentir que ninguén mate a un semellante (...) da mesma forma non podemos permitir que ninguén trunque o camiño dunha vida iniciada" "pecaría de malicia se neste contexto o convidara (diríxese a Martini) (...) a remitirse ao maxisterio da Igrexa". Pois quizás sexa malicia naquel contexto, pero é imprescindíbel valorar a conduta dos membros da Igrexa para considerar cal pode ser a súa autoritas, o seu dereito a pretender fixar criterios universais, até presionar de xeito extraordinario e cruel, con verdadeira saña, como fixeron na Arxentina nas pasadas semanas, para que o Senado non aprobase a interrupción voluntaria do embarazo. Dentro hai persoas que escoitar. Até para seguir o seu exemplo, quen teña forzas, pero a autoridade da Igrexa como institución está completamente corroída pola súa historia e polo seu presente. E non abonda con Francisco para sandala. Non ten autoridade unha institución que está aínda estes días retirando a pena de morte do seu corpus legal. E aínda menos se lle pode atribuír autoridade moral cun problema como o da pederastia que anula calquera pretensión de decencia e honestidade. É intolerábel que príncipes da Igrexa chamen asasinas ás pobres que abortan como poden, nas peores circunstancias, porque eles, cómplices de violadores de nenos e por tanto da inocencia. Non son a estas horas absolutamente ninguén como institución para dar leccións de nada relacionado con algo honesto. O problema está sendo abordado por Francisco certo, pero non se trata dunha circunstancia; é profundo e seguramente non sexa sandábel. O filme Spotligth, de poderosa sinxeleza, serio e elegante, conta a primeira investigación periodística do escándalo de pederastia na Igrexa Católica. Estreouse en 2015. Cando a película vai mediada, os xornalistas deciden asesorarse cun antigo cura que coñece casos, porque os investigou. Como é psicólogo de formación, exponlles a súa teoría. Segundo el, o celibato mantén a moitos sacerdotes en estados emocionais que poden equipararse aos de nenos de dez anos. Son individuos psicosexualmente atrofiados, que responden a un fenómeno psiquiátrico perfectamente recoñecíbel. Por estas razóns os abusos non son illados senón sistémicos e afectan, na súa versión, ao seis por cento do clero masculino. Ou sexa que o seis por cento dos curas abusan de nenos no mundo. Os cálculos do psicólogo resultaron ser certos en Boston, porque ao contrastalos despois os periodistas de Spotlight, demostrouse que de 1500 sacerdotes que vivían na cidade, 87 eran pederastas. Para que os curas non fosen imputados o traballo da Igrexa de Boston e especialmente o do seu cardeal foi titánico e miserábel. Pero o crego psicólogo que vai aportando datos en off, amplía o campo de visión até demostrar que é unha peste letal, ademais de resistente e vomitiva, pola colaboración masiva no crime de curas e xerarcas. E continúa: Máis do cincuenta por cento dos curas déitanse con outros adultos. Esta práctica loxicamente clandestina crea unha cultura do secretismo, que protexe plenamente aos pederastas. Pero o crime faise máis grave aínda porque non é só un abuso sexual. As vítimas dos depredadores son case sempre nenos pobres. A razón? Porque así non falarán, di un deles no filme. Utilizan a nenos necesitados, con parte da vida destrozada, con fogares desestruturados, con traumas e carencias, pais ausentes e fogares rotos, que acoden aos cregos para salvarse do desastre. Non é só un abuso sexual, tamén o é espiritual, arrebátanche a Deus, conclúe unha das vítimas. Esa é a axuda, a destrución absoluta da alma. O filme remata cunha lista de lugares do mundo con cregos pederastas denunciados naquel momento. Parece unha lista telefónica pero aínda é curta comparada coa de 2018. É digno e valente Francisco, sen dúbida, mais o problema non é nin circunstancial, nin temporal, nin xeográfico, nin sectorial. É sistémico e pleno, como un cancro. O Papa aínda que o saiba, iso sen dúbida, non procede en consecuencia, non chega a recoñecer na súa busca de culpábeis a dimensión do problema e actúa por áreas, O arranxo non consiste niso e quizás non a teña, o cal non quere dicir que a Igrexa vaia diluírse como un terrón de azucre por esta causa. A Igrexa pensa en séculos, está e aínda estará, infestada de crimes, dunha historia con incontábeis episodios horrendos e un presente tan miserábel como o que establecen os violadores. Notas -Spotligth. Thomas McCarthy. Oscar ao mellor filme. Oscar ao mellor guión. -¿En qué creen los que non creen? Un diálogo sobre la ética en el fin del mundo. Umberto Eco – Carlo Maria Martini. - Inmunda Escoria. Ricardo Gurriarán. Publicidade |
NOS_58229 | A taxa de positividade redúcese a 1,7%, cunha cifra total de 847, a niveis de agosto de 2020. | Galiza continúa co descenso dos casos activos de Covid-19, que se sitúan en 847, mentres que os contaxios detectados nun só día seguen por baixo do medio cento. A presión hospitalaria mantense case igual: nas últimas horas rexistráronse dous ingresos, que suman un total de 50 en todo o país (son agora 38 en planta ademais das 12 persoas que xa estaban en unidades de coidados intensivos). Por áreas sanitarias, na da Coruña-Cee hai 20 persoas ingresadas, 16 en planta e catro en UCI; na de Vigo, 5 (4 en planta e 1 en UCI); e na de Lugo-A Mariña-Monforte, 6 (4 e 2). Na de Ourense-Verín-O Barco, 5 (4 e 1). Na de Pontevedra-O Salnés, 4 (2 e 2). Na de Santiago-Barbanza, 10 (8 e 2). Na de Ferrol continúa sen ningún ingreso hospitalario por Covid. En canto aos casos activos da enfermidade, Galiza baixou do milleiro nos datos desta sexta feira, a niveis de agosto de 2020, e este sábado xa contabiliza menos de 900. En concreto, hai 847, que supoñen 83 menos que o día anterior ao producirse máis altas que novos diagnósticos. As infeccións activas replican este descenso en todas as áreas sanitarias excepto na de Ferrol, sube un so caso até os 24. Descende na área da Coruña, a 196 (-13); na de Vigo, a 167 (-31); na de Lugo, a 145 (-24); na de Ourense, a 144 (-6); na de Santiago, a 106 (-6); e na de Pontevedra, a 65 (-4). Menos de medio cento de contaxios Ademais, este sábado notificáronse só 46 contaxios da Covid en todo o país (40 na véspera). O dato máis baixo foi na quinta feira, con 22 positivos. Desde o inicio da pandemia ascenden a 182.318, dos que 43.067 corresponden ao área da Coruña; 37.624, á de Vigo; 26.946, á de Santiago; 21.716, á de Ourense; 21.423, á de Pontevedra; 19.920, á de Lugo; e 11.622, á de Ferrol. Os galegos diagnosticados coa Covid-19 desde o inicio desta crise sanitaria ascenden a 2.638. Non se notificou ─oficialmente─ ningunha vítima mortal nos últimos días. E un total de 178.867 persoas que desenvolveron a enfermidade tras se contaxiar curáronse, 129 na última xornada. |
NOS_1549 | Desde esta pasada media noite xa está dispoñíbel para a súa escoita 'Espiña sen rosa', adianto do novo álbum de Sés. Vídeo no interior. | "Eu son espiña sen rosa / para o lobo e o chacal / desde o teito de cristal / que non me queiran sorrir / prefiro ser herba mala / que camelia para lucir". Así arranca 'Espiña sen rosa', o adianto do novo álbum de Sés e que desde hai unhas horas xa está dispoñíbel para a súa escoita. Sés presentará o seu novo disco, Liberar as arterias, cunha xira que a levará até Suramérica. O traballo publícase en febreiro. A cantautora actuará na Galiza, América do Sur ou Catalunya, entre outros escenarios. Os primeiros concertos, en Vigo e na Coruña en marzo. En Liberar as arterias Sés segue evolucionando co seu particular son e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante. |
NOS_26581 | O balance leva de cinco novos positivos, até os 353, leva ás Autoridades sanitarias a cancelar polo momento a celebración de verbenas e festas populares e adiar a reapertura de discotecas. Das 33 persoas contaxiadasunha vintena teñen entre 20 e 40 anos. | O brote de COVID-19 rexistrado na Mariña incrementa o número de persoas afectadas, con 35 positivos, 2 máis dos confirmados a pasada terceira feira. O balance, feito público na tarde de onte por responsábeis sanitarias da área de Lugo-Monforte-A Mariña nunha rolda de prensa no hospital de Burela, leva as Autoridades sanitarias a suspender polo momento a celebración de verbenas e festas populares, así como a adiar a apertura de locais de lecer nocturno e discotecas, prevista para este 1 de xullo. O primeiro caso do foco detectouse hai unha semana no concello de Xove. Desde entón rastrexáronse máis de 400 persoas relacionadas co brote, vinculado con outros casos na comarca. Dos 35 positivos, Sanidade sinala que a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve e "teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días". Porén, dúas persoas afectadas están ingresadan no hospital público da Mariña, mentres que o resto están sometidas a seguimento domiciliario. En canto ao foco activo na zona do Barbanza mantense sen cambios, con sete casos activos, ningún dos cales precisou hospitalización. Neste caso, o Sergas investigou máis dunha centena de persoas para controlar o brote, detectado en Ribeira e na Pobra do Caramiñal. |
NOS_19388 | A alcaldesa de Barcelona matiza as súas palabras durante un mitin de Podemos onde afirmou que "Madrid pode volver a ser a nosa capital". | Ada Colau sae ao paso das críticas por afirmar nun mitin de Podemos que "Madrid pode volver a ser a nosa capital". A alcaldesa de Barcelona matizou horas despois que "obviamente Barcelona é a capital de Catalunya e Madrid a capital do Estado". A rexedora considerou que "a mellor noticia despois do 20D é que podamos ter unha capital do Estado que sexa aliada de Catalunya". Colau mostrouse "sorprendida" pola polémica xerada ao redor das declaracións. Aliás, dixo non entender que as forzas soberanistas "se poñan nerviosas", igual que PP e Ciudadanos, cando a súa alianza electoral "defende o dereito a decidir e o referendo en Catalunya, como están facendo Podemos e Pablo Iglesias, como non fai ningunha candidatura estatal con posibilidades reais de gañar". A alcaldesa de Barcelona explicou nun mitin en Lleida que se referiu a Madrid "como a capital da xente, do cambio, da fraternidade e a capital que defende a plurinacionalidade do Estado". |
NOS_29393 | Emilio Cao, o mozo militante de Xeira acusado de desorde pública e atentado á autoridade, non entrará en prisión. Malia que a fiscalía solicitaba cinco anos e oito meses de prisión e 6.000 euros de multa, o xulgado número 7 de Madrid rebaixou a pena a tres meses de cadea e multa de 200 euros. "Alegrámonos e parabenizamos a Emilio", sinalou a plataforma de apoio, "pero segue a ser un proceso ilexítimo". | Cao foi detido o 22 de marzo de 2014, despois de participar en Madrid nas mobilizacións coñecidas como Marchas da Dignidade. O xuízo, que se ía celebrar inicialmente en marzo, adiouse ao pasado 25 de xuño por incomparecencia dun policía. As acusacións da Fiscalía levantaron unha ampla vaga de solidariedade co mozo. Un manifesto, promovido polos escritores Suso de Toro e Marilar Aleixandre, recadou apoios de numerosas persoas públicas da cultura e a política. Ao xuízo do pasado 25 de xuño acompañárono congresistas e deputados galegos de En Marea, ademais doutros cargos das organizacións. O ditame xudicial coñeceuse onte, Día da Patria. Anova, organización da que Emilio Cao tamén fai parte, celebrouno vía redes sociais. A plataforma que pide a libre absolución de Cao, pola súa banda, relacionou todo o proceso coa "dinámica de peche autortario do Réxime e as oligarquías que o sustentan" e afirmou que seguirán "traballando pola liberación de todas e todos os presos políticos do Estado español". |
PRAZA_18610 | Os campus de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense organizan consultas sobre o modelo de Estado tras unirse ao movemento que abrangue xa máis de vinte universidades e que pretende "axitar o debate" sobre a república e ser "o punto de partida" dunha organización máis ampla | Todo comezou cunha ducia de estudantes sentados no céspede da Universidad Autónoma de Madrid (UAM). Pasaron a ser 40 no salón de actos da Facultade de Filosofía na primeira asemblea. Comezaron a chegar correos doutros centros. A Universidad Carlos III, tamén de Madrid, a de Zaragoza. Uniuse un grupo de estudantes cataláns da Pompeu Fabra e da Universitat de Barcelona. Chamaron de Asturias. E tamén de Vigo. Logo organizáronse mozos e mozas do campus da Coruña e de Ourense e, máis tarde, da Universidade de Santiago. Ao final, as tres universidades galegas uníronse á iniciativa para a celebración de referendos sobre a monarquía e o modelo de Estado nas vindeiras semanas. A iniciativa xurdida na Universidad Autónoma de Madrid espallouse axiña por todos os campus do Estado Polo momento, son xa máis de vinte en todo o Estado as universidades que están a organizar consultas. Todas cun obxectivo: "axitar o debate" sobre o modelo de Estado e o réxime actual. "Vimos o que estaba pasando noutros lugares e empezamos a organizarnos porque cremos moi importante que a mocidade, que debe cuestionalo todo, entre neste debate", explica Sofía, unha das organizadoras na UDC, que cre que "é o momento" de abordar unha cuestión, a do modelo de Estado, "que está na rúa, na cidadanía". "É moi importante que a mocidade, que debe cuestionalo todo, entre tamén neste debate; é o momento de abordalo" Desde Vigo, Alberto vai máis aló. "É tamén unha forma de amosar o noso malestar, o cabreo coa monarquía que percibimos entre a mocidade", explica un dos membros do movemento que organiza o referendo que terá lugar no campus vigués o vindeiro 4 de decembro e que celebrou a súa primeira asemblea aberta o pasado día 20. Un día despois celebrouse no campus da Coruña outra na que acordaron volver xuntarse o día 29 para fixar tamén a data, que será probablemente na semana seguinte á ponte de decembro. En Santiago, a primeira das asembleas celebrarase o vindeiro martes 27 na Facultade de Historia, mentres que no campus de Ourense, da Universidade de Vigo, a xuntanza aberta está fixada para o vindeiro luns no pavillón de estudantes. Serán consultas "simbólicas" pero que, coinciden en ambos casos, supoñen "un punto de partida para organizarse máis aló e abrir o debate sobre este réxime", ademais de impulsalo e fomentalo entre a cidadanía e mocidade mesmo non tan mobilizada. Malia que integrantes de organizacións estudantís colaboraron na posta en marcha das asembleas, desde A Coruña destacan que "a maioría da xente presente non pertencía a ningunha, era xente independente e é moi importante esa implicación". De feito, varios dos colectivos políticos acordaron que non haberá siglas partidarias de ningún tipo neste movemento. Na consulta elixirase entre monarquía e república, pero tamén se abordará a relación de Galicia co Estado Malia que cada asemblea se autoorganiza e decide a forma do referendo, en Galicia procúrase unha "coordinación" na busca de que sexan as mesmas preguntas en todos os campus. En principio, serán varias: unha cuestionará sobre a preferencia entre monarquía ou república, pero tamén se poderá elixir que tipo de república, así como a relación que Galicia debería ter co Estado. "A cuestión nacional en Galicia e a relación do país co Estado tamén é importante, ao igual que expresar a problemática do desemprego ou da vivenda", di Alberto, que considera que o referendo é tamén unha forma de "cuestionar a monarquía". "O rei é a personificación de todas as cousas que non nos gustan deste réxime, herdeiro do franquismo, chamado democracia pero que é unha democracia moi limitada", explica Alberto, que cre que a intervención do rei Felipe "na cuestión catalá" supuxo un pulo máis a quen opta por decidir xa entre monarquía ou república. "Entrou de cheo pola dereita, situándose claramente nun ámbito que ocuparían Ciudadanos, PP ou Vox", insiste quen cre que a mocidade debe ser quen impulse un debate que está presente en toda a cidadanía. "E máis aínda agora, nestes tempos. É o momento", engade Sofía. No resto do Estado, a convocatoria de consultas avanza tamén rápido. "Está a estenderse rapidísimo", contaba hai uns días Lucía Nistal, portavoz da Plataforma da UAM e unha das persoas que deu orixe a todo o movemento. "Está a ter bastante eco na universidade", responden de xeito similar os portavoces dalgúns dos centros que van realizar os referendos. De feito, ao pouco de anunciarse a primeira consulta, un grupo de varias decenas de profesores emitiu un comunicado apoiando a iniciativa, que cualificaron de "oportuna". Os apoios chegaron logo desde os sitios máis variados, como os traballadores en loita de Amazon. Para os portavoces estudantís, isto apoia a súa versión de que hai unha demanda social de realizar esta consulta. "O réxime planta un cadeado sobre unha institución herdeira do franquismo, que nos meteron como un pack coa Constitución, reaccionaria e que só o 20% da poboación en idade de voto puido elixir" "O réxime planta un cadeado sobre unha institución herdeira do franquismo, que nos meteron como un pack coa Constitución, reaccionaria e que só o 20% da poboación en idade de voto puido elixir", conta Jorge Remacha, estudante de Historia e portavoz da Plataforma Referendo Unizar. "O que nos parece moi potente da iniciativa é que volve pór sobre a mesa en debate un tema que estaba latente, pero non tanto no foco", explica Pablo Acedo, estudante de Filosofía, Política e Economía na Universitat Pompeu Fabra e portavoz da plataforma catalá Fora el Borbó de les universitats catalanes. Para as diferentes plataformas, o referendo é só un medio, non un fin en si mesmo. Aspiran a máis, quizais a que calle nunha agrupación de estudantes a nivel estatal. "Son só o primeiro paso. Temos a idea de que de aquí saia un movemento estudantil forte, que se una a outros sectores como o potente movemento de mulleres, os precarios, migrantes, etc", conta Nistal, da UAM. "Os referendos son só o primeiro paso. Temos a idea de que de aquí saia un movemento estudantil forte" "Se pensamos no que vén despois, enfocámolo á autoorganización estudantil, a asembleas masivas, a que se unan institutos, universidades, profesores, traballadores. Isto vai máis polo tema dunha loita conxunta e a organización social a que a universidade faga algo co resultado do referendo", reflexiona Acedo, de Fora el Borbó. "Queremos impulsar un cambio verdadeiro e camiñar cara a un proceso constituínte, aínda que neste momento vémolo lonxe por como está a situación política. Pero si nos gustaría unirnos ao resto de universidades e articular un movemento", engade Del Barrio, da UCM-UPM, que tamén realiza, "a título persoal", unha reflexión: "Creo, e bastantes compañeiros comigo, que o movemento estudantil estivo un pouco parado [estes últimos anos]. Agora móvenos a posibilidade de ilusionar a estudantes, mozas en xeral e a todo o que se queira unir para crear un movemento potente en base aos valores republicanos e democráticos". A cuestión dos procesos constituíntes é especialmente relevante para a plataforma catalá, que coincide en moitas cousas na súa análise coa expresada desde Galicia. "Consideramos que aquí hai un desenvolvemento diferente no tema monarquía/república que no resto do Estado polo 1-O, as reprobacións ao rei, etc.", explica Acedo. "Nese contexto, consideramos que a primeira pregunta da consulta fala sobre monarquía ou república e a segunda, sobre abrir un proceso constituínte, pode incluír o dereito de autodeterminación", engade. Aínda que a idea é que o referendo sexa aberto a todas as opcións e a organización espera que cada un defenda o seu, as plataformas non serán neutrais, segundo explica Pablo do Barrio, da UCM-UPM. "A plataforma é republicana. Evidentemente, todo o mundo está chamado a votar, pero nós facemos campaña pola República", conta. Son, a tal hora, máis do 40% das universidades públicas do Estado as que se uniron a este movemento. Ademais de nas galegas de Santiago, A Coruña e Vigo, tamén haberá referendos na UAM, Complutense, Politécnica, Rey Juan Carlos e a Carlos III (Madrid); Universidad de Zaragoza, Universitat Pompeu Fabra e Universitat de Barcelona, Universidad Miguel Hernández (Elche), Universidad de La Laguna (Tenerife), Universidad de Asturias (Oviedo), Universidad de León, Universidad de Cantabria, Universitat d'Alacant, Universidad Castilla-La Mancha, UNED, Universidad Politécnica de Valencia, Universidad de Valladolid e Universidad de Burgos. |
NOS_41418 | O mercado de fichaxes futbolístico abre con forza | Ás 00 horas da xornada desta segunda feira quedou oficialmente aberto un mercado de fichaxes futbolístico que trouxo consigo nos seus instantes iniciais varios movementos con selo galego. O máis destacado é a oficialización -curiosamente por parte do xogador, non así do club- da chegada a Vigo do mexicano Orbelín Pineda para reforzar as filas do Celta. Ou non, porque a pesar da súa ilusión por debutar no fútbol europeo a súa condición de extracomunitario impide a súa inscrición na Liga polo menos até que Franco Cervi, Renato Tapia ou Thiago Galhardo consigan facerse cun pasaporte da Unión Europea. A maiores, outro obstáculo que terá que superar este futbolista de 25 anos de idade que se desenvolve na posición de mediocentro creativo e que está considerado como un dos maiores talentos do fútbol mexicano -até o punto de que alí recibiu o alcume do 'Maguiño'- é que non foi unha petición expresa do técnico celeste, Eduardo 'Chacho' Coudet, que deixou claro en repetidas ocasións que a súa absoluta prioridade é a incorporación dun home que poida acompañar ou competir por un posto na liña de ataque con Aspas e Mina. Remeseiro reforza un Alavés en plena mutación O Deportivo Alavés da Primeira División vén de cambiar de adestrador hai apenas unha semana -optando por Mendilibar en lugar de Calleja-, primeiro paso dunha revolución co obxectivo de salvar a categoría á que agora se une o galego Jason Remeseiro. O coruñés chega do Valencia para reforzar as bandas vitorianas e permanecerá alí como mínimo até o ano 2025. Outro canteirán do Deportivo, Jorge Valín, tamén probará sorte fóra da Galiza, no seu caso no Cornellá, onde tratará de reivindicarse logo de non disputar nin un minuto como branquiazul na presente tempada. |
NOS_4682 | Hai oitenta anos, falamos do 12 de xaneiro de 1938, eran asasinados en Mondoñedo tres demócratas de practica e convicción. Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez. | Siervo González Rivas, cincuenta e dous anos, residente na rúa Febreiro, funcionario municipal, deixaba muller e cinco fillos. Graciano Paz Amieiro, corenta e cinco anos, residente na rúa Bispo Sarmiento, artesán latoeiro, deixaba muller e unha filla. Manuel Rodríguez Núñez, corenta e cinco anos, residente na rúa Febreiro, comerciante, deixaba viúva. Atrás ficaba unha aprendizaxe social partillada nas filas do sindicalismo católico, unha militancia común na única agrupación da Unión Socialista Galega das terras de Lugo, unha practica sindical compartida no sindicato de oficios varios da Confederación Nacional do Traballo e un mesmo final na Rocha, a carón do cemiterio vello da cidade episcopal. Os tres viñan do Mondoñedo civil sobre o que pisou Manuel Leiras Pulpeiro, as súas pegadas están marcadas no Mondoñedo irmandiño de Eduardo Lence Santar e o seu camiño é o que temos por andar as xentes de ben da Galiza enteira. Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez naceron ao compromiso social na Sociedade de Obreiros Católicos. A entidade, nacida en 1881 baixo o impulso da igrexa e coa intención de apartar aos traballadores das organizacións de clase, non só levará adiante un encomiábel labor social para garantir ás clases populares uns dereitos que non ofertaba o estado, senón que actuará de viveiro e escola para os futuros dirixentes das organizacións operarias do Mondoñedo republicano. Siervo González e Graciano Paz incorporáronse á directiva do colectivo á volta de 1925, ocupándose o primeiro de diversas vogalías e o segundo da tesoureiría, até xaneiro 1932, momento no que son expulsados da entidade, xunto a preto de oitenta socios, tras denunciar irregularidades na xestión económica da mesma por parte do consiliario de Acción Católica Xosé María Agrelo, cuxo nome marcará, en boa medida, o futuro final destes tres mindonienses. A súa traxectoria política está vinculada á Unión Socialista Galega, aquel partido nacionalista e marxista, impulsado por Xoán Xesús González que tivo o mérito de franquear os vieiros polos que o nacionalismo transitaría a partir dos anos sesenta. A organización bota a andar en Mondoñedo a finais de Febreiro de 1933, presidida por Siervo González Rivas e cunha directiva da que fan parte Graciano Paz Amieiro, Manuel Castiñeira, Anxo Mel Mel, Pedro Nogueira López e Anxo Xesto Cornide, disolvéndose tras as eleccións xerais de 1933 nas que Siervo aparece como candidato do partido ao congreso por Lugo. O partido nestes meses protestará polo incumprimento por parte do Concello da Lei de Termos, demandará solucións para a estrada de Argomoso, criticará a carestía da vida é mesmo organizará unha manifestación con motivo do 1º de Maio de 1933, cunha marcha encabezada pola banda municipal e por un grupo de gaitas. Os tres, a un tempo, escribiron unha das páxinas máis fermosas da loita operaria na localidade. O proceso de conformación dunha sección local da CNT arranca do ano 1934, ficando testemuño da súa actuación nas páxinas de Solidaridad Obrera, xornal de orientación libertaria da Coruña, no que Siervo González exercía de correspondente en Mondoñedo, dando conta do axir do sindicato na localidade e da situación da clase obreira, cunha denuncia moi clara dos baixos salarios e do incumprimento da lexislación laboral republicana. A organización, presidida por Sirvo González, dará orixe a constitución do Partido Sindicalista na cidade, un grupo seguidor das teses políticas de Ángel Pestaña, fundado a finais de 1935 e cuxa directiva estaba formada por Siervo González como presidente, Manuel Castiñeiras como secretario, Xosé María González como depositario, Ánxel Mel Mel como tesoureiro, e Manuel Muíño, Pedro Nogueira Manuel Gesto Cornide como vogais. Unha agrupación irmá da anterior fúndase, ao tempo, en Arroxo, dirixida neste caso por Dositeo Fernández na presidencia, Saturnino Basanta na secretaría, Manuel Pedreiro na tesourería e Luís Rodríguez, Xosé Pedreiro e Xosé Rego nas vogalías. As circustancias políticas, as causalidades máis que as casualidades e a traxectoria militante serán decisivas no asasinato de Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez. A persecución para estes tres demócratas iníciase após o golpe franquista do 18 de xullo de 1936, sendo sancionados con multas de diversas contías económicas Graciano Paz e Manuel Rodríguez, expulsado Siervo González do seu posto de traballo como recadador municipal de arbitrios. O 10 ou 11 de febreiro de 1938 son detidos a consecuencia dunha denuncia anónima; conducidos ao cuartel da garda civil, serán executados na madrugada do 12 de febreiro, segundo as anotacións do rexistro civil entre as catro e as cinco da maña, abandonando os seus cadáveres no lugar da Rocha, a carón do vello cemiterio municipal. Foi un ano negro para Mondoñedo. 1938 comezou co martirio no mes de xaneiro de Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, tento continuidade no mes de xuño coa condena por parte dun consello de guerra n´A Coruña, doutros mindonienses en prisión desde 1936. Os avogados Xosé Sánchez Gacio e Guillerme Otero Vilalba "Alvariño" serán sentenciados a pena de morte, conmutada posteriormente por cadea perpetua. Alfredo Martínez Martínez, empregado de Cigarrán, Patricio Vixande Vilar, ferraxeiro, Graciano Leivas Freire, mecánico, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoría "O Purrelo" serán condenados a cadea perpetua. O alcalde Xosé Ramón Villamarín Pallín e o médico Xermán Fanego sufrirán penas de seis anos e un día, sentenciando na mesma causa o secretario do concello de Alfoz Francisco García Martínez, neste caso a cadea perpetua, e o alcalde dese municipio Eloi Castro Dorrego, a doce anos e un día. |
PRAZA_7016 | A plataforma cidadá que traballa por converter o antigo cárcere provincial da Coruña nun centro cultural público e autoxestionado celebra o seu cuarto aniversario cunha xornada de portas abertas, un mural colaborativo e un acto na libraría Linda Rama. Falamos co seu voceiro, Xosé Lado. | En 2009 o antigo cárcere provincial da Coruña pechaba definitivamente as súas portas, despois de ter funcionado os seus últimos anos como centro de inserción social. Antes, funcionara durante décadas como cadea, recluíndo por exemplo os traballadores detidos na represión da folga de Ferrol de 1972 e moitos outros loitadores pola democracia. En novembro de 2010 unhas xornadas sobre novos modelos participativos de xestión cultural trouxeron á cidade aos responsables de sinalados proxectos de Austria ou Barcelona. Foi o xerme do Proxecto Cárcere, a plataforma cidadá que dende entón veu traballando por converter o edificio nun centro cultural público e autoxestionado. O obxectivo principal da Plataforma era conseguir que o cárcere, propiedade da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios, dependente do Goberno central, fose cedido e facer deste "un espazo de convivencia e liberdade, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e, dada a significación do propio edificio, onde a memoria histórica estea sempre presente". Ademais, dende o comezo entendeu este proceso como "unha oportunidade de transformación social e urbana no que a cidadanía coruñesa sería a máxima protagonista". Se as perspectivas co goberno municipal de PSdeG e BNG eran boas, a chegada ao poder do popular Carlos Negreira en maio de 2011 mudou completamente a situación. O 11 de xuño Negreira tomaba posesión e esa mesma data finalizaba unha semana de portas abertas no edificio do cárcere. Foi o último día que estivo aberto este inmoble, cun valor histórico e unha beleza arquitectónica incuestionables, e que nos meses anteriores acollera festivais de cine, concertos, exposicións ou recitais poéticos. O 11 de xuño de 2011 Negreira tomaba posesión e esa mesma data finalizaba unha semana de portas abertas no edificio do cárcere. Foi o último día que estivo aberto este inmoble O Proxecto Cárcere seguiu en marcha malia ás dificultades, elaborando un plan de viabilidade, asistindo a congresos nacionais e internacionais, presentando ponencias e iniciativas artísticas e sociais. "O comezo foi moi ilusionante, participaba moita xente na asembleas, participaban integrantes de moitos colectivos da cidade distintos e vías que realmente se podía facer algo no edificio, porque por parte do Concello estaban dispostos a facer algo", lembra Xosé Lado, voceiro do colectivo. "Esa potencia foise perdendo, porque moitas persoas marcharon a outros lugares e, sobre todo, porque se pecharon as posibilidades de facer algo aí. Pero seguimos traballando un grupo máis pequeno, coñecendo experiencias de toda Europa", engade. Seguiron, ademais, denunciando a situación de degradación do edificio ante a inacción das distintas administracións, chegando noticias de xeito periódico da caída de elementos das paredes ou do mal estado dalgunhas das súas dependencias. O Proxecto Cárcere denuncia que "por parte deste Concello e durante estes máis de tres anos de goberno popular só recibimos silencio ou evasivas a todas as nosas iniciativas. O traballo dende o goberno municipal respecto á antiga prisión limitouse a iniciar os trámites gobernativos para acadar a titularidade da vella prisión". Un futuro aínda incerto En 2005 o daquela alcalde Francisco Vázquez asinou un convenio co Ministerio do Interior que obrigaba ao Concello a pagar 1,2 millóns de euros pola recuperación do edificio. En maio deste ano o pleno municipal aprobou cos votos a favor de PP e EU, en contra de PSOE e a abstención do BNG a revisión de oficio dese convenio, unha revisión que tivo que repetirse tras anulala o Consello Consultivo por un trámite de forma. Hai uns días, no entanto, chegou un novo ditame do Consello Consultivo, que pode acelerar a restitución da titularidade muncipal deste espazo, pois considera que o convenio asinado por Vázquez en 2005 carecía da necesaria documentación e que o ex rexedor non tiña competencias para asinar en solitario esa permuta de terreos, que debería ter sido autorizada pola Xunta de Goberno. Xosé Lado frea o posible optimismo e augura un proceso aínda longo. Lembra que o Ministerio do Interior é contrario á cesión gratuíta do edificio, polo que "levará ao xulgado a revisión dese convenio" Porén, Xosé Lado frea o posible optimismo e augura un proceso aínda longo. Lembra que o Ministerio do Interior é contrario á cesión gratuíta do edificio, polo que "levará ao xulgado a revisión dese convenio". "Son administracións dunha mesma cor política e entre elas estanse pelexando pola titularidade dese inmoble. Se houbese vontade política, isto amáñase en 15 días", subliña Lado, que pon en dúbida o interese real do Goberno municipal coruñés polo éxito deste proceso; "mentres o tema está nos xulgados, revisándose os convenios e acordos, o tempo vai pasando, e así non teñen que decidir que fan co edificio pero poden dicir que están traballando pola súa solución". O Proxecto Cárcere, pola súa banda, mantén catro anos despois do seu nacemento os mesmos obxectivos: "a creación dun gran centro sociocultural que responda aos novos tempos", un centro "onde se potencie a creación, a formación e a divulgación da cultura e a excelencia artística, pois o acceso á cultura é un dereito universal que a cidadanía debe defender, lonxe de toda visión mercantilista, clientelar ou do mero espectáculo", un centro "onde as actividades sociais pivote sobre as necesidades reais do barrio, da cidade ou da comarca", un centro, dada a súa historia, "onde a memoria estea sempre presente, e que ese pensamento histórico nos sirva para entender o presente e para non aceptar de maneira acrítica nada do sucedido no pasado". "A nosa función remataría", engade Xosé Lado, "cando o alcalde ou concelleiro de turno reunise todas as asociacións da Coruña e comarca para ofrecerlles o espazo e se debatese a forma en que o lugar se podería xestionar". Outras accións do Proxecto Cárcere As actividades do Proxecto Cárcere non se limitaron ao edificio situado no final do barrio de Monte Alto. Neste tempo levaron a cabo iniciativas como Coruña Baleira, unha convocatoria que buscaba a través da colaboración cidadá "visibilizar os espazos, que como o antigo cárcere da Torre, están en desuso na cidade", afondando nun dos obxectivos da plataforma: "a sustentabilidade e o aproveitamento dos recursos xa existentes". Ou tamén o proxecto Jailart, unha iniciativa de arte postal realizada en colaboración con Carlos Botana que facía un chamamento á comunidade artística internacional para o envío de creacións e imaxes cos cárceres e a memoria como temática. O Proxecto Cárcere mantén catro anos despois do seu nacemento os mesmos obxectivos: "a creación dun gran centro sociocultural que responda aos novos tempos" De igual xeito, o Proxecto Cárcere posicionouse publicamente sobre asuntos relacionados co uso e transformación de espazos públicos. Por exemplo, criticou a cesión do faro de Oza ao club Marítimo Oza-O Puntal, de carácter privado, sinalando a falta de "transparencia" deste proceso. Actividades de aniversario O Proxecto Cárcere celebrará o seu cuarto aniversario con varias actividades que se celebrarán este xoves e venres, comezando por unha xornada de portas abertas no edificio, este xoves a partir das seis da tarde, que concluirá coa elaboración dun mural colabortivo na parte posterior do cárcere. Así mesmo, o venres a partir das nove da noite a libraría e cafetaría Linda Rama acollerá unha festa de aniversario do proxecto. |
NOS_44655 | Os aspectos máis duros da reforma das pensións que se realizou en 2013 chegarán este 2021 co aumento da idade de xubilación e do período cotizado para ter acceso a este dereito. Os sindicatos ollan con preocupación esta situación. Desde a CIG apuntan a unha "privatización" do sistema público e en CCOO falan de "falta de interlocución" co Ministerio. | A idade de xubilación a partir de xaneiro de 2021 pasará a ser de 66 anos en vez dos 65 actuais. É unha das consecuencias que ten a actual vixencia da reforma das pensións realizada en 2013 e que o actual Goberno español non derrogou como solicitaban os sindicatos. Desde o ano vindeiro a única posibilidade de cobrar unha pensión pública con 65 anos será se se superan os 37 anos e tres meses de cotización. A cotización mínima para as pensións contributivas continuará a ser de, polo menos, 15 anos, dous deles dentro dos 15 anos anteriores á xubilación. Tamén aumentará o intervalo de tempo para calcular as pensións que pasará dos 23 anos de agora aos 24 anos. Críticas das organizacións sindicais As organizacións sindicais seguen a ser críticas co mantemento das reformas laborais que se realizaron nos anos 2011 e 1013. Desde a CIG lembran que "as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado español" e os datos apuntan a que máis da metade das persoas pensionistas na Galiza cobran menos de 706 euros. "As medidas seguen sendo lesivas, unha vez que non queren derrogar esas reformas", afirma a Nós Diario Susana Méndez, secretaria de organización da central nacionalista. Esta sindicalista asegura que "desde o Pacto de Toledo téntase maquillar unha medida nefasta como é a privatización do sistema de pensións a través de eufemismos como o de falar de sistemas complementarios" e ao mesmo tempo faise unha separación de fontes de financiamento, un artificio contábel que non soluciona realmente o problema de ingresos que ten o sistema público de pensións. Maica Bouza, secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO, cre que hai percorrido aínda, mais a cuestión é "conseguir que o acordo do Pacto de Toledo pase á mesa de diálogo para acabar sendo unha norma que derrogue a reforma de 2013". Indica que "non hai que actuar sobre o gasto, senón sobre os ingresos". En todo caso, sinala que a razón de chegar até 2021 "coas tarefas sen facer" por parte do Goberno español foi como consecuencia da falta de acordo en comisión parlamentaria en Madrid. "Agora xa non hai excusas", indica a Nós Diario. Ademais asegura que non hai "o mesmo nivel de interlocución no Ministerio de Traballo que no doutros departamentos da Administarción española", en referencia ao Ministerio de Seguridade Social. Pensións non complementarias As pensións non complementarias son outra cuestión de debate. Para 2021 as relativas á orfandade contarán cun importe mínimo próximo ano aos 210,8 euros mensuais por persoa beneficiaria (agora son 208,9 euros), mentres que se a beneficiaria ten menos de 18 anos e conta cunha discapacidade superior ou igual a 65% a contía será de 414,7 euros mensuais, perto de catro euros máis que en 2020. En relación á pensión mínima para familiares, estará en 2021 tamén en 210,8 euros mensuais, fronte aos 208,9 euros actuais, mentres que a pensión do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) será de 441,7 euros mensuais no caso de vellez, invalidez e viuvez (437,7 euros agora) e, se concorren con algunha pensión pública de viuvez, ascenderá a 428,7 euros ao mes (424,8 euros na actualidade). Desde as organizacións sindicais a cuestión primordial é a súa dependencia económica. Desde a CIG, sinalan que "non estamos de acordo con que pasen a depender dos orzamentos do Estado". A razón é que semelle "que se queiran levar a que sexan pensións de beneficiencia" polo que deben ser prestacións contributivas. Neste caso tamén demanda que haxa unha contía mínima equivalente ao 60% do Salario Medio Interprofesional (SMI). Polo seu lado, desde CCOO insisten en que se deben financiar con impostos. |
NOS_50658 | O director César Camarés proxecta esta sexta feira 29 de novembro, ás 20.30 horas, o seu documental sobre Xohan Xesús González, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Compostela). | A Asociación Cultural O Galo proxecta esta sexta feira 29 de novembro o documental O canterio de Sebil. Xohan Xesús González. Será ás 20.30 horas no Espazo Enocultural Vide-Vide, coa intervención de Cesar Caramés, director do documental que tamén investigou e publicou sobre Xohan Xesus González, e Marcos Seixo, asesor do filme e autor de varios estudos esta figura. O documental céntrase no traballo de Xohan Xesús González, canteiro que se converteu en abogado e desenvoveu durante a II Republica un rol politíco-social do mais senlleiro. Foi dono (con Cuadrado) da libraría Nike, estivo ao fronte do «Terzo de Calo», o batallón que tratou de parar en Santiago o golpe de estado de 1936, e morreu asasinado en Boisaca moi poucos meses despois de comezada a guerra civil. |
NOS_31933 | A Fundación Franz Weber denunciou este domingo a proliferación de casos de sadismo contra os animais na Galiza e tamén advertiu da súa "virulencia" e "sensación de impunidade". | A través dun comunicado, a Fundación Franz Weber (FFW) denunciou a proliferación de casos de maltrato animal na Galiza e a necesidade de modificar o Código Penal para castigalos. O Estado español é un dos que máis animais de compañía abandona de Europa A organización puxo como exemplo os disparos que se realizaron contra un gato montés na Estrada, que lle provocaron a perda dun ollo e lesiones grave, ou a colocación de cebos con coitelas en varios parques de Vigo, cuxas consecuencias non só poderían afectar ao animais senón tamén ás crianzas. O última que saíu á luz foi a decapitación dun cadelo en Forcarei. En opinión desta entidade naturalista, en todos estes casos hai "condutas constitutivas de delito de malos tratos aos animais". Diante desta situación, a organización insistiu na urxencia de aprobar a reforma do Código Penal con modificacións que garantan penas máis duras aos responsables de casos tan graves de crueldade. Alén diso, inciden na necesidade de que a normativa galega non desaproveite as accións relacionadas coas campañas de sensibilización. "Pola vía administrativa, dous casos denunciáronse con multas de ata 30.000 euros e a posibilidade de inhabilitar aos autores durante un máximo de cinco anos por tenencia de animais", detallan. Lamentan que a Consellaría de Medio Ambiente non desenvolvese ningunha medida para evitar situacións de malos tratos, "xa que non parecen preocuparse por feitos como que varios mastíns levan un mes abandonados en Padrón". A Xunta identificará os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública para avisar os donos Paralelamente, FFW pide a todas as formacións políticas que "pensen alto" para avanzar na futura lei de protección animal, despois de que PP, EAJ-PNV ou Vox presentasen emendas a todas elas reclamando a retirada do texto. Concentración na Coruña Varias organizacións animalistas concentráronse este domingo en varias cidades do Estados español. Na Galiza o lugar escollido foi a praza de María Pita, na Coruña. Entre as súas reivindicacións está a de que o PSOE retire a emenda que exclúe aos cans de caza da futura Lei de Protección, Dereitos e Benestar Animal. As persoas que acudiron á protesta consideran "infame" e "inxusta" a nova proposta socialista que mantería a situación que padecen hoxe en día estes animais. |
PRAZA_7721 | Pouco antes de rematar o ano Franc3s publicaron o seu segundo álbum, Campanas de fuego rosa. Máis ruido, máis distorsións, máis referentes e fetiches coñecidos. Un disco máis maduro, coa produción de Rodrigo Caamaño (TAB) pero sen as destacadas colaboracións do seu álbum de debut. | Pouco antes de rematar o ano Franc3s publicaron o seu segundo álbum, Campanas de fuego rosa. Máis ruido, máis distorsións, máis referentes e fetiches coñecidos. E letras e ambientes que sendo semellantes aos dun Macclesfield calquera son naturais e perfectamente coherentes coas invernías do Bergantiños ou Terra Cha natais do trío. Un disco de homenaxe para o falecido Alberto Gende e un disco máis maduro, coa produción de Rodrigo Caamaño (TAB) pero sen as destacadas colaboracións do seu álbum de debut. Franc3s voan en solitario. "No primeiro disco asomámos a cabeza nese mundo, e con este entramos os tres de cheo" Dá a impresión de que cada vez estades máis cómodos gravando e tocando. Credes que se nota neste disco? Sí. As primeiras maquetas e os primeiros concertos eran pasos cara a un mundo que queriamos inventar. No primeiro disco asomámos a cabeza nese mundo, e con este entramos os tres de cheo. Pode que ás veces camiñaramos en círculos pero agora mesmo imos hacia diante sen saber moi ben por que nin cara a onde, pero sen mirar atrás. Por que o titulo? Simplemente é o efecto que produce en nós o sonido do disco "Coñecer a Alberto Gende foi o mellor que nos pasou desde que montamos o grupo" A gran dedicatoria deste disco é para Alberto Gende, non si? Sí. Coñecer a Alberto Gende foi o mellor que nos pasou desde que montamos o grupo. Porque é toda unha honra para nós que un artista con tanto talento se ocupara de toda a dirección artística do grupo, pero sobre todo o é que se convertera no noso mellor amigo, e nos ensinara tantas cousas tanto da arte como da vide. Sempre estaremos agradecidos por iso. Está todo inventado na música? É todo recuperar, transformar e reinventar? Ou hai camiños novos por explorar? Para nós a música non é perfección, así que nos parece unha idiotez perfeccionar cousas que xa se fixeran. A nós sempre nos interesaron os artistas que inventan o seu propio camiño, os que descubren unha nova realidade, coma se fosen unha especie de videntes. Se nacérades nun lugar distinto a Carballo ou Vilalba. Por exemplo, Albacete ou Granada, a vosa música soaría distinta? Si nacéramos en Albacete ou Granada emigraríamos a Galicia. "Si nacéramos en Albacete ou Granada emigraríamos a Galicia" Xa ides tendo unha experiencia, unha historia detrás. Contade algunha anécdota do comezo, dos 'tempos heroicos', que diría Julio Ruiz Unha vez chamáronnos para ir a tocar nun festival europeo que se organizaba no museo da electricidade de Lisboa, e ao probar son dixeron que non podiamos tocar porque o noso volumen podería danar unhas tuberías antigas, así que nos pagaron, convidáronnos a cear e voltamos para casa. A que canción lle tedes ganas para facer unha versión? Ata o de agora fixemos dúas únicamente: Eres de Massiel, e Isolation de Joy Division, así que a terceira pode ser unha que estea entre esas dúas como No te aferres da Pantoja. Que estades escoitando ultimamente? A última vez que estivemos na casa de David e Carmen de Limbo Starr regaláronnos todo o seu catálogo, así que con el estamos. Aparte diso o último disco que máis escoitamos foi o The Seer de Swans. Ultimamente estivestes rodeados do mellorciño do indie para gravar. Dá respecto ou tranquiliza? Se te refires a Rodrigo Caamaño de Triángulo de Amor Bizarro, non so é do mellorciño do indie senon que tamén é do mellorciño como amigo, e iso é moito máis importante, porque a verdade e que del solo recibimos apoio a ánimo sempre. No fondo sodes tan escuros coma as vosas cancións? Tampouco solemos falar de emocións persoais. Realmente aféctanos moito máis a música que creamos nas nosas vidas, do que as nosas vidas lle afectan á música que creamos. "Aféctanos moito máis a música que creamos nas nosas vidas, do que as nosas vidas lle afectan á música que creamos" Quen seria un bo Anthony Perkins español? Mariano Rajoy seria un bo Anthony Perkins E un John Waters moderno? John Waters xa é absolutamente moderno Quen formaria unha boa Familia Monster? John Waters e Mariano Rajoy. Que datas de concertos tedes proximamente? Algun festival no verán? O día 1 de febreiro imos a Albacete, o 2 a Valencia, o 22 voltamos a Coruña, e despois temos confirmado o Festival Contempopránea e algún más que aínda non se pode dicir. |
NOS_53504 | A que registou mais procuras na rede, também a mais votada num evento promovido por Porto Editora. A segunda palavra classificada foi "professor". Em 2017 o vocábulo do ano foi "incêndios". | Na votação para eleger a palavra do ano, "enfermeiro" obteve 37,8 por cento do total de 226 mil votos emitidos, por cima dos alcançados por "professor", que ficou com 33,4 por cento dos apoios. A participação, histórica, é muito superior à do ano passado, apenas 30 mil pessoas. A popularidade de "enfermeiro" e "professor" tem a ver com as demandas destes colectivos de profissionais de melhoras nas suas condições laborais após anos de sérios cortes no gasto público en sanidade e ensino por parte dos sucesivos governos. As outras palavras candidatas foram "assédio" (pelo movimento #Metoo), "especulação", "extremismo", "paiol" (pelo desaparecimento de armas dum depósito em Tancos), "populismo", "privacidade", "sexismo" e "toupeira" (por notícias que apontam a que o clube de futebol Benfica dispõe duma rede de informadores no poder judiciário do país). |
PRAZA_16579 | O presidente da Xunta, que lanzara hai un mes a parados e mileuristas contra o funcionariado, emprega agora as mobilizacións de xubilados para atacalo: "Miles de familias piden a actualización da súa pensión ao IPC, e hai sindicatos aos que non lles vale un incremento do 13% no salario". | A folga do persoal da Administración de Xustiza en Galicia supera xa o mes e unha semana e suma o seu 27º día efectivo de paro coas posturas afastadas e unha nova xuntanza previda para o vindeiro luns 19 de marzo ás 11 horas. Logo de que os represetantantes dos traballadores rexeitasen a última oferta da Xunta e de que o Goberno tardase días en poñer nova data, tanto o vicepresidente galego, Alfonso Rueda, como o presidente Feijóo manteñen as súas críticas á actitude dos sindicatos. Feijóo, hai xusto un mes, xa lanzara a poboación parada e mileurista contra os traballadores de Xustiza Desta vez foi Feijóo, que na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta deste xoves repetiu a táctica empregada hai xusto un mes. Daquela, e cunha semana de folga, lanzara a poboación parada e mileurista contra o persoal de Xustiza que mantiña o paro. Cuestionara os sindicatos ao lembrarlles que hai galegos que non cobran 1.000 euros mensuais e que a estes, e máis aos parados, non lles deben parecer ben as súas reivindicacións. "Hai moitos galegos que non cobran mil euros ao mes; para eses galegos suporía cobrar un mes máis", dixera respecto ás reivindicacións do funcionariado, provocando a súa indignación e malestar. Desta vez, e ante as mobilizacións da poboación xubilada que se están a dar en Galicia e no Estado, decidiu lanzar os pensionistas contra os traballadores de Xustiza en folga. "Hai miles de familias que están pedindo a actualización da súa pensión ao IPC, e hai un conxunto de sindicatos aos que lles parece que un incremento do 13% das súas retribucións é insuficiente", asegurou. O presidente da Xunta lanza agora os pensionistas contra o funcionariado en folga Feijóo, segundo el mesmo dixo, non é quen de "explicar a un pensionista galego" que non hai "diñeiro para incrementar as súas pensións segundo o IPC, un 1,4% ou un 1,5%" mentres o persoal de Xustiza leva a cabo as súas reclamacións. "Cando un pensionista escoita este tipo de reivindicacións salariais, non pode estar de acordo", insistiu. "Miles de familias piden a actualización da súa pensión ao IPC, e hai sindicatos aos que lles parece que un incremento do 13% é insuficiente" Ademais, o presidente da Xunta asegura que xa lle "queda claro" que o conflito na Xustiza "é retributivo" e que "hai partidos moi satisfeitos con este conflito". "Lamento que se utilicen os cidadáns desde as formacións políticas para sseguir prolongando un desacordo que é un desacordo salarial", isnistiu Feijóo, limitando as peticións dos traballadores en folga á suba salarial malia que nas súas reclamacións inclúense ata cinco puntos que afectan tamén aos recursos, os descontos nas baixas ou as amortizacións de prazas. Por outra banda, os sindicatos volveron cifrar o seguimento da folga en arredor do 80%, mentres que a Xunta reduciuno ao 36%, aínda que recoñece que 984 persoas volveron secundar o paro e 775 participaron nos servizos mínimos dun total dun persoal duns 2.700 funcionarios. |
NOS_7253 | Só 2.500 permutaron os produtos por depósitos a longo prazo | Un total de 27.659 afectad@s por participacións preferentes ou subordinadas de NCG Banco pediron acudir ao mecanismo de liquidez do Fondo de Garantía de Depósitos (FGD). Así, o 36,7% d@s afectad@s pediron ao FDG que merque as súas accións en NCG Banco, mentres que os que optaron por permutar os seus produtos por depósitos (esta opción estaba aberta solo para titulares de subordinadas con vencemento) representan o 3,3% del total de 75.266 clientes afectados. |
PRAZA_12073 | O Goberno bota man da vía de lectura única, que apenas permite participar á oposición, para sacar adiante no Parlamento os seus proxectos máis controvertidos, o que para PSdeG e BNG converte a Cámara nun mero trámite "burocrático". O plan de recortes aos empregados públicos vén de iniciar este procedemento. | "Cando a natureza dun proxecto de lei o aconsellar ou a súa simplicidade de formulación o permitir". No seu artigo 134.1, o Regulamento do Parlamento regula deste xeito o procedemento de lectura única, unha vía rápida para aprobar as leis que reduce ao máximo a tramitación dos proxectos e tamén minimiza a capacidade de intervención dos grupos da oposición nos mesmos. O campo tan amplo que abre ese precepto regulamentario fai que, na práctica, o criterio que guía a utilización da lectura única sexa que o Goberno de quenda queira facelo. En raras ocasións se produce o suposto que indica o Manual Parlamentario, recemente editado e que de agora en diante se entrega aos novos deputados. Segundo esa publicación, as circunstancias para empregar a lectura única "obrigan a un consenso entre as forzas políticas para a apreciación da súa existencia". Alén desta declaración de intencións, unha ollada á actividade parlamentaria desta lexislatura permite concluír que o Executivo de Alberto Núñez Feijóo recorre á lectura unica para sacar adiante algúns dos seus plans máis polémicos, dándolles pouco tempo para estaren no debate público. A última norma que a Xunta decidiu tramitar por esta vía é a lei "de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia", isto é, o plan de recortes para os funcionarios e demais persoal da Administración, aprobado en Consello da Xunta a pasada semana e que terá a luz verde definitiva do Parlamento o vindeiro martes. Mentres as protestas sindicais se multiplican, a tesoirada está lista para aplicar en menos de dúas semanas. A aprobación dos recortes ao persoal da Administración durará menos de dúas semanas O emprego da lectura única comezaba apenas dous meses despois da toma de posesión do gabinete de Feijóo. Mentres na rúa arreciaban as protestas polas anunciadas mudanzas lingüísticas da Xunta, a Consellería de Facenda utilizaba o trámite urxente para eliminar a obrigatoriedade de realizar, cando menos, un exame en galego en cada proceso de oposición. Esa modificación da Lei da Función Pública, sinalaba a daquela conselleira, Marta Fernández Currás, realizábase dun xeito tan rápido para "garantir os dereitos lingüísticos dos opositores" no menor tempo posible. A obrigatoriedade de incluír un exercicio en galego en cada oposición fora apoiada non só por PSdeG e BNG, senón tamén pola, CIG, CC.OO e UGT, isto é, polos representantes do 90% do persoal da Administración. A "simplicidade" das reformas ou outro tipo de "urxencias" foron argumentadas pola Xunta ou o PPdeG para sacar adiante co mesmo procedemento a reforma da Lei de Caixas que modificaba a normativa pactada co BNG a finais de 2009, ou para reformar a Lei de Comercio que, segundo os conservadores, cumpriu mudar rapidamente a causa dos "fallos do bipartito". A propia lectura única empregouse tamén para a lei "de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público", unha norma breve na súa extensión pero transcendente no seu contido xa que, entre outros aspectos, prorrogou as concesións dos autobuses de transporte escolar ata finais do ano 2020. O trámite de urxencia Ademais da lectura única, o Goberno galego amosou ata o momento especial tendencia a utilizar tamén o "procedemento de urxencia", unha vía para aprobar leis máis lenta que a lectura única pero que, en calquera caso "reduce á metade" os "prazos establecidos con carácter ordinario" e, polo tanto, reduce tamén o debate e a participación da oposición pola vía das emendas. Este camiño urxente foi o que seguiron, ata o momento, normas como a redución de impostos para a compra de vivenda e a reforma da Lei de Pesca do bipartito. A "urxencia" foi tamén aplicada para a Lei de Disciplina Orzamentaria, a norma que encorseta as contas autonómicas ata o punto de que, no momento en que chegue o crecemento económico e a Xunta poida aforrar, os froitos dese aforro terán que ir obrigatoriamente a pagar as débedas cos bancos, relegando a un segundo plano os investimentos ou a ampliación de, por exemplo, as prestacións sociais. No momento de aprobar esta lei, a mediados do pasado ano, socialistas e nacionalistas atribuían esta "urxencia" á mera querencia de Feijóo de ser "o primeiro" do Estado en sacar adiante unha norma destas características. |
NOS_7459 | Depor e Celta chegarán ao último acto do campionato con opcións de permanencia, se ben só a equipa coruñesa depende de si mesma. Non poderán safar os dous á vez e Galiza, en todo caso, vai perder representación na élite. . | O Celta fixo os seus deberes en Valladolid (0-2) e atrapou 3 pontos que o voltan a colocar na loita pola permanencia. O Deportivo, en troca, desaproveitou unha oportunidade irrepetíbel na Rosaleda (3-1). De ter gaño este serán en Málaga, xa sería equipa de Primeira División, após a desfeita do Zaragoza en Sevilla perante o Betis (4-0). A equipa viguesa superou con clareza, e en intensidade, ao Valladolid, que xa non se xogaba nada. O Deportivo, en cambio, careceu da tensión competitiva necesaria para gañar fóra de casa a unha das equipas que atesouran máis talento individual e colectivo do campionato. A escadra de Fernando cedeu goles en xogadas que retrataron a súa defensa e nomeadamente a un calamitoso Aythami. Desta volta estreleiras si superaron os controis de seguranza no estadio do Valladolid Galiza en todo caso verá reducida a súa presenza na Primeira División a próxima tempada. No mínimo, o noso país perderá unha praza na élite. O soño de que safen Deportivo e Celta esvaeuse hoxe ao gañar Osasuna no seu campo perante o Sevilla. 4 equipas chegan en perigo de descenso ao último acto -as dúas galegas, o Zaragoza e o Mallorca- e só unha poderá manterse na Primeira División. O Deportivo está neste momento fóra de descenso, con 35 pontos, mas recebe á potente Real Sociedad, que aínda ten as súas hipóteses de xogar a Champions League. O Celta, aínda que non depende de si mesmo, ten a avantaxe de que lidará en Balaídos cunha equipa que en teoría non ten opción a nada e que xa está safa. Apertadísimo final. Emocións fortes garantidas. E hoxe as estreleiras si que brillaron nas bancadas do José Zorrilla, como mostra a fotografía que ilustra esta crónica. Desta volta superaron os controis de seguranza no estadio vallisoletano. |
NOS_13902 | Unha cuestión é o investimento previsto no Orzamento do Estado e outra o seu grao de execución. Os datos da Intervención Xeral da Administración do Estado certifican que desde 2015 o Goberno estatal deixou sen investir na Galiza 2.823 millóns de euros comprometidos nos sete últimos orzamentos. | O Orzamento do Estado de 2015 recollía un investimento na Galiza de 1.355 millóns de euros. As maiores partidas procedían do Ministerio de Fomento con 159 millóns de euros e do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) con 702 millóns de euros destinados á alta velocidade. Precisamente, a referida empresa pública, dirixida naquela altura politicamente pola ministra e deputada do PP por Pontevedra Ana Pastor, deixou sen executar 425 millóns de euros, isto é 60,5% do orzado. Nesa anualidade, o Executivo estatal só investiu na Galiza 863 millóns, 492 millóns de euros menos do estipulado. As contas públicas de 2016 prevían un gasto no país de 1.329 millóns. O orzamento presentado polo Goberno de Mariano Raxoi situaba, outra vez, como departamentos máis investidores o Ministerio de Fomento e Adif, con partidas de 208 millóns e 802 millóns, respectivamente. A liquidación do orzamento elaborado pola Intervención Xeral da Administración do Estado, organismo dependente do Ministerio de Facenda, certificou que o nivel de execución orzamentaria ficou en 552 millóns, 58,4% por baixo do aprobado inicialmente. O investimento do Estado na Galiza fica en 1.077 millóns de euros para o ano 2023 A liquidación de 2017 A Lei de orzamentos de 2017 fixaba un investimento na Galiza de 892 millóns de euros. A partida máis importante, con 481 millóns, procedía de Adif, cuestión lóxica atendendo ás obras da alta velocidade ferroviaria. Porén, o seu nivel de execución real quedou en 302 millóns de euros. Finalmente, nese exercicio o Executivo do PP non investiu no país un total de 232 millóns de euros previstos no orzamento, destacando, máis unha vez, o elevado nivel de incumprimento do Sector Público Empresarial (SPE). A este respecto, o economista Xosé Díaz sinala a Nós Diario que "o maior o grao de investimento do SPE en comparación coa Administración Xeral do Estado é unha anomalía das contas galegas en relación con outros territorios do Estado". Os orzamentos do ano 2018 non representaron unha excepción nesta serie histórica. Se o gasto previsto para este exercicio na lei de orzamentos foi de 894 millóns, o investimento final na Galiza situouse en 523 millóns de euros, excluídos os préstamos destinados á construción de varias fragatas en Ferrol, que como sinala Xosé Díaz "non son investimentos senón unha forma sui generis de financiamento dos grandes proxectos de armamento do Estado". O Congreso non aprobou orzamentos para 2019 e 2020, actuando nesas anualidades prorrogadas as contas públicas de 2018, as últimas elaboradas polo Executivo de Mariano Raxoi. Así, para o primeiro exercicio os créditos iniciais ficaron en 894 millóns, sendo a contía finalmente investida de 457 millóns. Asemade, para 2020, Xosé Díaz, seguindo a liquidación elaborada pola Intervención Xeral da Administración do Estado, cifra en 254 millóns, as partidas non executadas polo Estado na Galiza. O gasto militar previsto nas contas de 2023 supera os 30.171 millóns de euros Os orzamentos para 2021, os primeiros aprobados polo Goberno de coalición entre o PSOE e Unidas Podemos, prevía uns investimentos na Galiza de 792 millóns de euros, sendo, máis unha vez, as diversas partidas de Adif as que recollían maiores dotacións para o país. Porén, a contía finalmente executada ficou en 532 millóns, 259 millóns menos dos aprobados na lei de orzamentos para ese exercicio. Baixo grao de execución Xosé Díaz, no seu estudo sobre A execución dos investimentos na Galiza, analiza como o Estado deixou de investir na Galiza, entre 2015 e 2021, 2.823 millóns de euros. O baixo grao de execución orzamentaria no país contrasta coas cifras referidas a Madrid, onde o investimento final vén superando, tradicionalmente, o previsto inicialmente. Sen ir máis lonxe, en 2021, o Sector Público Empresarial e a Administración Xeral do Estado prevían un investimento inicial en Madrid de 961 millóns de euros, acadando, finalmente, 1.643 millóns de euros. Madrid, o territorio que "sempre gaña" Madrid é sempre o gran gañador dos orzamentos do Estado. O economista Xosé Díaz resalta como no período de 2015 a 2021 o nivel medio dos investimentos estatais no país situouse en 59,12% do orzado, isto quere dicir que o gasto final estivo 40,8% por baixo do aprobado nas diversas leis de orzamentos. Pola contra, en 2020, Madrid foi o territorio máis favorecido polas achegas do Estado, sumando 1.229 millóns de euros, isto é 272 millóns máis que Catalunya. |
PRAZA_5376 | As anpas dos tres centros do municipio con horario partido e sen servizo de comedor pelexaron durante meses por | A unión fixo a forza. E a forza na loita social acabou por acadar resultados. A Consellería de Educación deu o pasado venres o seu visto e prace á xornada única nos colexios de Xuño, Portosín e Santa Irene, no concello de Porto do Son, unha reivindicación que vén de moitos meses e que uniu as anpas dos tres centros dos núcleos máis poboados do municipio. Mobilizacións varias, cazoladas, protestas silenciosas e ata cancións de apoio. Todo se fixo para lograr que se rematase cun horario anacrónico que afecta a preto de 400 familias que ven como os seus fillos dividen a súa xornada escolar en tres horas pola mañá e dúas pola tarde malia non ter servizo de comedor. Un método que fai imposible a conciliación nos fogares e cuxa eliminación para cambiala por unha xornada única atopou sempre cos atrancos da Xunta, que aludía á imposibilidade de adaptar o transporte escolar e ao sobrecusto que suporía modificalo para negar as demandas. Pero logrouse. A Xunta deu o visto e prace á xornada única nos tres colexios do Porto do Son tras a loita unitaria das tres anpas "Unirnos foi fundamental; nunca antes se fixera e nunca antes chegaramos tan lonxe. As familias levaban moito tempo protestando e reclamando a xornada única, pero o pasado mes de setembro decidimos empezar de novo a batalla e acordamos facelo xunto para meter máis presión e estudar unha alternativa conxunta máis factible", explica Sofía Tarela, voceira do colexio Santa Irene, no núcleo urbano do Porto do Son. Agora, as familias teñen o compromiso da Xunta de que se implantará a xornada única no vindeiro curso. Pero antes haberá que cumprir con todos os trámites. O novo horario será posible se é ratificado polos pais nun referendo no que se precisa o apoio do 58% do censo. E o resultado ten que ser favorable en todos os centros nunha consulta que debería celebrarse entre mediados de mes de maio e xuño. "Se tan só un deles decidise continuar coa xornada partida, os outros dous deberán facelo tamén. Ou todos, ou ningún", lembran as anpas. O novo horario será ratificado se polo menos o 58% das familias votan favorablemente nun próximo referendo Por iso, a loita agora é outra. "O traballo que nos queda agora, tras as vacacións de Semana Santa, é mobilizar e concienciar as familias de que hai que votar e ratificar o acadado; non habemos ter ningunha oportunidade similar no futuro", di Tarela, consciente do esforzo que supuxo lograr até este punto. Houbo que loitar coas reticencias da Xunta, que vía inviable a modificación das rutas e a modificación do servizo de transportes. "Sabemos que un sobrecusto supuxo, pero non sabemos canto nin como foron as negociacións coa empresa de autobuses; pero non nos importa porque esa non podía ser a escusa", explica. Os cálculos da concesionaria estimaba o custo en 50.000 euros ao ano, aínda que as cifras non están confirmadas. Nenos de tres anos pasan case todo o tempo do que dispoñen para comer metidos nun autobús escolar Porque o apoio foi unánime por parte dos equipos directivos, dos profesores e taméndo alcalde da localidade, Luís Oujo, afectado como pai polo problema. Evitaranse, así, casos como os de pequenos de tres anos e que viven a unha media hora dos seus colexios, que pasan a maioría do tempo que teñen para comer -menos de tres horas- metidos nun autobús. "Era un clamor; cada nova familia que metía un fillo en Educación Infantil reivindicaban o cambio... Así non podiamos estar", lembra Tarela. O feito de que os colexios non tivesen servizo de comedor facía totalmente imposible a conciliación. Foi hai dous anos cando a Xunta renovou a concesión do transporte escolar en Porto do Son a Autos Comparados. Pero non se cambiou nada das rutas, que quedaron anticuadas porque nin as escolas nin a poboación son as mesmas. Os colexios de Nebra e Baroña e o instituto de Porto do Son teñen xornada única pero teñen que compartir o transporte cos centros que non a teñen. E de aí viñeros o problemas e o argumento da Xunta para negarse á modificación. Agora, e logo de meses de protestas e reivindicacións, os pais conseguiron algo tan necesario como obvio: poder conciliar e lograr que os seus fillos gocen dun horario lóxico e normal. |
NOS_16643 | O ciclo de concertos acepta grupos e artistas profesionais até o 23 de xuño | O programa Galicia Emerxe abre prazo de inscrición. Esta iniciativa contémplase dentro do Plan de reactivación da cultura e o turismo como unha das medidas específicas para o sector musical, no que as accións se restrinxen a adaptacións de liñas de axuda existentes e ciclos de programación vencellados ao Xacobeo, como é o caso. Esta subvención recóllese na categoría de convocatoria "modificada", polo que se intúe que se trataría dunha liña xa prevista. Trátase dun ciclo que se desenvolverá durante o mes de setembro de 2020 con concertos de artistas e grupos profesionais galegos. As actuacións celebraranse no Museo Centro Gaiás (Compostela) e combinarán, nun modelo mixto, a presenza de público coa emisión en liña e televisada. Neste senso, o programa conta coa colaboración da CRTVG para emitir os concertos, que adaptarán o formato para ser difundidos tamén pola Radio Galega, así como noutras plataformas dixitais. Requisitos e escolla A Xunta da Galiza vén de convocar, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o perído de inscrición para intérpretes e bandas interesadas en participar en Galicia Emerxe, que poden mandar as candidaturas até o 23 de xuño de 2020. a través da plataforma virtual Galescena. Os requisitos de participación contemplan grupos e/ou artistas galegas profesionais de calquera estilo musical, sempre e cando teñan domicilio fiscal na Galiza. Segundo recolle a orde, unha vez finalizado o prazo, unha comisión externa nomeada pola dirección da Agadic seleccionará as participantes tendo en conta, entre outros, criterios como "uso da lingua galega, presenza feminina, calidade artística e traxectoria profesional". As candidaturas seleccionados enmarcarase en distintas modalidades atendendo ao caché presentado, que pode oscilar entre os 10.000 e os 2.000 euros. |
NOS_2041 | Antonio Fraguas tivo a fortuna de contar como profesor no instituto de Pontevedra con Lousada Diéguez, quen lle inculcou o interese pola recollida e conservación de todo o patrimonio cultural. Desde o Seminario de Estudos Galegos catalogou e estudou o patrimonio arqueolóxico coa intención primordial de fixar os alicerces da nación galega. | Cando Lousada Diéguez, presidente da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala (Lugo, 2018), onde se nomearon "d'oxe pra sempre, nazonalistas galegos", convenceu o grupo ourensán de que dedicasen os seus esforzo intelectuais a prol de Galicia, estes, como os apóstolos, deixaron o que tiñan entre mans e puxéronse ao labor. Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, vendo que en Galicia case todo estaba por facer, decidiron traballar en todos os eidos, mais, especificamente, Otero dedicaríase á xeografía, Risco á etnoloxía e Cuevillas á prehistoria. Andaba este, en 1917, a publicar na revista neosófica La Centuria artigos tan de actualidade como a Revolución Rusa e, cinco anos despois, faino, amosando xa unha grande madurez arqueolóxica, sobre o xacemento romano de Aquis Querquernis ou o castro de San Cibrán de Las.En 1923, creouse en Santiago o Seminario de Estudos Galegos. Todos os seus membros, distribuídos en seccións,decidiron traballar seguindo o criterio do grupo de Ourense: todos en todo, participando cada un máis activamente na sección correspondente. Don Antonio Fraguas tivo a fortuna de contar como profesor no instituto de Pontevedra co devandito Lousada Diéguez, quen lle inculcou o interese pola recollida e conservación de todo o patrimonio cultural de Galicia. Xa en Santiago,entra Fraguas en contacto co SEG, no que ingresaráao rematar a carreira de Filosofía e Letras, en 1928, cun traballo sobre "O castro de Soutolongo (Lalín)". Adscribiuse á Sección de Etnografía e Folclore dirixida por Risco, participando intensamente nas de Prehistoria e Xeografía, encabezadas por Cuevillas e Otero, respectivamente, e, con menor dedicación, na de Historia e na de Arqueoloxía e Historia da Arte. El mesmo deixou dito que tivo que facer de todo, desde catalogar mámoas e castros, ata inventariar igrexas, recoller cantigas ou estudar unha ponte. O Seminario decidiu iniciar unha sucesión de "Xeiras" de investigación, nas que colaborarían todos os membros (letras e ciencias) que puidesen acudir a elas, pois, como dixo Filgueira Valverde, "Deste xeito, a Prehistoria non sería algo lonxano pra os que catalogaban vexetaes ou aves; o paleógrafo podería parolar, sobre o terreo, co xeógrafo; o arquitecto tiña algo que adeprender dos historiadores, e todos, dos artistas e dos poetas". O obxectivo A ambiciosa idea era chegar a cubrir todo o territorio da nación. Tres foron as máis importantes: a da Terra do Deza (1928), na que Fraguas catalogou os xacementos castrexos, a da Terra do Saviñao (1928-1929) e, finalmente, a da Terra de Melide (1929), a única da que se fixo unha modélica publicación, Terra de Melide (1933), na que Fraguas aparece catalogando 21 dos 39 xacementos castrexos rexistrados, amais de recollerun espléndido repertorio folclórico en torno a eles e de traballar en varias igrexas. El mesmo deixou dito que tivo que facer de todo, desde catalogar mámoas e castros, até inventariar igrexas, recoller cantigas ou estudar unha ponte Da primeira non houbo publicación conxunta, da segunda viron a luz dous espléndidos traballos:"Mámoas do Saviñao. A anta de Abuime e a necrópole de Monte da Morá" (1933) e "Los castros de la tierra de Saviñao" (1955),asinado o primeiro por Cuevillas, Pura Lorenzana e Fraguas e o segundo por Cuevillas e Fraguas. Se o primeiro é un grande artigo, o segundo amosa unha enorme madurez científica. Non é só un traballo de arqueoloxía, xa que nin un nin outro eran nin pretendían seren arqueólogos, senón historiadores, mais para historiar aqueles recuados tempos precisaban empregar os métodos e coñecementos arqueolóxicos. A modernidade deste traballo é impresionante, relacionando a ocupación humana castrexa coa actual, explicando as desviacións pola acción monástica (non obviemos que estamos na Ribeira Sacra), estudando os topónimos, as captacións de auga, etc. Sendo feito o traballo de campo na década de 1920 e estando listo para o prelo, como pouco, hai uns 70 anos, admira a modernidade do traballo e constitúe unha proba evidente de que a "arqueoloxía da paisaxe" en Galicia non é unha metodoloxía recente. A imparcialidade En Manuel Murguía: o patriarca (1979), Fraguas dixo del que "quere ser imparcial, o máis imparcial que poida e quere que se lle xusgue así" e engade: "Murguía afirma entonces que él nunca creeu na imparcialidade da historia, porque o historiador é home e non pode sustraerse á influencia dos problemas do seu tempo. Desea buscar a verdade sen prevencións, e sacar dela a lección correspondente, pero sin ser frío espectador do pasado", e engade un editorial de Nós, de 1933, que considera da autoría de Otero Pedrayo, no que se di: "Murguía fíxose historiador. Foi historiador por patriotismo; polo tanto historiador apaixoado, mais non infiel, mais non disimulador da verdade...". Cos coñecementos e os métodos actualizados, o mesmo poderiamos dicir de todos os integrantes do SEG, Cuevillas e Fraguas incluídos. En 1926, nunha recensión dun libro de Luís Pericot mostraba Cuevillas "o degorante desexo" de que este arqueólogo catalán se incorporase á universidade de Santiago, pois non poderá deixar de axudar "ca sua esperanza, co seu saber e co seu talento, os que n'ista terra, e sentindo as mesmas arelas que cicais il sinte, andamos a erguer unha miga o creto esmorecido da Galiza". Magnífica declaración de principios, xa que os nosos devanceiros traballaban impulsados polo que Risco chamou "Sentimento da Terra", sen máis afán que a ciencia e a nation building, a forxa e o engrandecemento da nación. Xa no espléndido traballo Os Oestrimnios, os Saefes e a Ofiolatría en Galicia que, en 1929, publicou con Bouza Brey combinan arqueoloxía con historia das relixións, fontes literarias clásicas e paralelos etnolóxicos e folclóricos, procurando a etnoxénese de Galicia. Fraguas fixo arqueoloxía como fixo historia, xeografía, etnografía e folclore sen máis afán que o "Sentimento da Terra", o amor a Galiza Sendo Fraguas profesor no Instituto da Estrada, entre 1933 e 1936, fixo saídas cos alumnos, catalogando castros, facendo catas e organizando no centro un museo coas pezas recollidas. A insurrección militar depurouno ata 1950, cando por fin lle permitiron acceder á cátedra de Xeografía e Historia, incorporándose ao instituto de Lugo, onde de novo puxo en práctica as saídas arqueolóxicas cos alumnos, catalogando e publicando necrópoles megalíticas e petróglifos. Don Antonio, home fiel aos principios do SEG, fixo arqueoloxía como fixo historia, xeografía, etnografía e folclore sen máis afán que o "Sentimento da Terra", o amor a Galicia. Os devanceiros do SEG catalogaban e estudaban o patrimonio arqueolóxico coa intención primordial de fixar os alicerces da nación galega. [Este artigo forma parte do A FONDO especial sobre Antonio Fraguas, á venda na loxa] |
NOS_11286 | A Consellaría de Sanidade continúa sen entregar a información requerida pola Valedora do pobo en setembro de 2015 e sen dar cumprimento ao acordo adoptado polo Parlamento en xaneiro. | Malias as constantes chamadas á orde por parte da Valedora do pobo, a Consellaría de Sanidade continúa sen suministrar a información que lle foi requerida por esta institución a respeito da situación que atinxe a poboación reclusa doente de hepatite C. Sanidade négase a suministrar información á Valedora desde o mes de setembro do pasado ano A primeira solicitude foi remitida en setembro de 2015 a instancias da Plataforma de persoas afectadas pola hepatite C e do expediente incoado pola queixa que este colectivo presentou. Nese senso, a Valedora outorgaba un prazo de 15 días para que lle foran remitidos os dados. Porén, tres meses despois aínda non recibira nada. "A Consellería de Sanidade persiste na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións", indicaba. Nesa altura, a Fiscalía daba a coñecer as cifras de persoas atinxidas por esta doenza entre a poboación reclusa, un total de 654, das que 165 precisarían tratamento. Recoñecendo, aliás, que Institucións Penitenciarias obrigaas a se descolocar a prisións madrileñas para recibir os fármacos. "Os que non aceptan o traslado non reciben a prestación farmacolóxica", apunta. A Fiscalís cifra en 654 as persoas reclusas con hepatite C e en 165 as que precisan tratamento Perante a negativa de Sanidade a informar a Valedora a Plataforma de persoas afectadas pola hepatite C lembraron á institución a súa obriga de formular as advertencias legais pertinentes estabelecida no artigo 22.2 na Lei da Valedora do pobo "a negativa ou neglixencia de calquera organismo, funcionario ou dos seus superiores responsables ao envío dos informes solicitados poderá ser considerada polo Valedor do Pobo de Galicia como hostil e entorpecedora das súas funcións, facéndoa pública de inmediato e destacando tal cualificación no seu informe anual ou especial, de ser o caso, ao Parlamento". Institucións penitenciarias obriga os doentes a se deslocar a cadeas madrileñas para recibir os fármacos Así as cousas, "até hoxe non temos recibido resposta algunha da institución encargada de velar pola defensa das e os cidadáns ante as administracións", apunta a plataforma nun comunicado de imprensa. Entretanto, lembran, o Parlamento instou Sanidade en xaneiro e por unanimidade a "dispensar sen máis dilación os novos fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros penitenciarios galegos" e a "establecer un sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección General de Instituciones Penitenciarias" para resolver as cuestións de financiamento. Tres meses despois, sinalan, "situación no interior das prisións non mudou o máis mínimo". Desde a Plataforma de persoas afectadas pola hepatite C advirten que farán "responsables das consecuencias que para estes enfermos poidan producirse". |
NOS_11707 | Dúas cautelas previas á hora de avaliar o inquérito: primeira, foi feito antes da sesión de investidura; segundo, o número de entrevistas realizadas na Galiza é moi cativo, apenas 194. Con todo, sinala tendencias: o PSOE consolida a súa hexemonía como primeira forza, Cs e UP retroceden e o BNG confirma a súa remontada. | O BNG non aparece como tal no inquérito do CIS, embora o instituto público se tiña comprometido coa formación nacionalista a respeitar a súa condición de forza con presenza relevante no Parlamento, nas deputacións e nos concellos do país. O Bloque Nacionalista Galego continúa a ficar englobado baixo o epígrafe Outros Partidos, tras o cal tamén se parapetaría a En Marea de Villares. Mais se tomamos como referencia os resultados dos últimos procesos electorais (xerais, 28A; municipais e europeas, 26M) é evidente que a parte do león da estimación de apoios que o CIS atribúe a Outros Partidos corresponderíalle á organización liderada por Ana Pontón [nas xerais do pasado 28A, o BNG obtivo 5,74% dos votos emitidos a candidaturas, en tanto que En Marea só alcanzou 1,08%]. Á hora de interpretar este CIS hai que ter en conta que só ofrece dados en bruto, isto é, non refinados na cociña do instituto demoscópico. O traballo limítase a recoller as respostas espontáneas das persoas entrevistadas, exactamente 195 na Galiza. Non hai por tanto ningunha valoración sobre por quen se acabarán inclinando as persoas indecisas ou como afecta o recordo de voto a verosimilitud dos resultados. Tendo en conta todo isto, o pequeno universo das 195 persoas entrevistadas confirmarían a hexemonía do PSOE nunhas eleccións xerais, ao referendar por tanto o histórico resultado, por inédito, do pasado 28A, os primeiros comicios ás Cortes Xerais do Estado do presente réxime político en que o partido do puño e da rosa derrotou o Partido Popular. En intención directa pura, o PSOE obtería na Galiza 38,1%, bastante por cima do promedio estatal (30,5). A segunda praza sería para o PP, con 15,5%, tamén abondo por riba do seu resultado no Estado (10,1). O terceiro posto no podio sería para Ciudadanos, con 6,7%, desta volta sensibelmente menos que a súa colleita no conxunto das comunidades autónomas (9,1%). En todo caso, Cs arrebataría a Unidas Podemos a condición de terceira forza política nas xerais. UP ficaría na cuarta praza se sumamos o 4,6% de Podemos e o magro 0,5 de IU. Sumarían 5,1% (7,9% no Estado). Ficarían por baixo do 5,2% de Outros Partidos, mais todo indica que en intención directa pura a formación de Iglesias si superaría o BNG, pois parte desa percentaxe, por pequena que sexa, hai que lla atribuír á En Marea villarista. Canto a Vox, o seu resultado en intención directa é residual, só 1,5% (3,4% no Estado). Voto máis simpatía E cando sumamos o voto directo coa simpatía reparamos en que o inquérito deixa entrever a hipótese dunha sorte de empate técnico entre Unidas Podemos e BNG nun escenario de novas eleccións xerais. Neste epígrafe, o instituto presidido por José Félix Tezanos estima 5,6% de apoios para UP (4,6% para Podemos, 1% para IU), en tanto que Outros Partidos alcanzarían 6,2%. Isto significaría unha mudanza moi sustancial a respecto das eleccións de abril, cando as candidaturas de Unidas Podemos case triplicaron en votos as do BNG (14,49% face 5,74%). En todo caso, os dados si mostran con clareza que a tendencia da formación de Iglesias no país é a unha sostida caída nos seus apoios, en tanto que o BNG continúa coa súa remontada. |
NOS_7265 | Tres mulleres asentadas nos territorios de alta montaña, como son o Macizo Central, Trevinca e O Courel, decidiron crear Outonía, unha cooperativa de educación social e sustentabilidade rural. Tania Sánchez, Araceli Macías e Paula Carrera cren na potencialidade da educación e na identidade destas zonas. Traballan eidos como a ética dos coidados, a participación e o desenvolvemento comunitario, a sustentabilidade ambiental ou a igualdade e as diversidades. | Como naceu a cooperativa? Foi un proceso longo. As tres somos amigas, estudamos Educación Social e pensabamos que había que facer algo nas zonas onde vivimos, lugares con moito potencial e recursos. Fuxindo da idea idealizada do rural bucólico e ofrecer algo. De reunións informais e varios proxectos concordamos que a idea era defender o medio e a identidade moi rural, moi dispersa e que está desaparecendo. En xullo do ano pasado comezamos as reunións cun asesor da Rede Eusumo. Xurdiron dúbidas que, sumadas á situación de pandemia e algún "drama" burocrático, fixo que saíra á luz agora. Que ofrecen? Tentamos sumar as forzas que dá ser unha cooperativa e valernos dese traballo para procurar dinamizar os tres territorios á vez, algo que é moi ambicioso, a través de proxectos máis ou menos independentes. Nós dedicámonos ao desenvolvemento e á dinamización comunitaria. Ofrecer aquilo que a nós nos gustaría ver animando á participación e creando redes comunitarias e sinerxías. Ver o rural que queremos e construílo. Ao final, a idea que defendemos é que o rural é da xente que o habita e no que tes ese apego á terra e ao coidado do medio no que vives. Por este motivo nace tamén a idea de traballar a sustentabilidade. Ademais de servizos, que outras necesidades teñen esas zonas? Notamos que hai unha falta de acceso aos mesmos dereitos de cultura ou de educación. Nas cidades están máis validados e teñen outro apoio, mais na aldea, co lema de "somos poucas e estamos dispersas", non se acaba de afondar. A nosa idea é tamén facer un proxecto educativo tendo en conta a comunidade que está detrás. Traballar con todos os axentes, do contrario carecería de sentido desenvolver calquera tipo de práctica nestas áreas. E máis se contamos que, nas zonas que traballamos, son de alta montaña, onde con tres puntos xeográficos diferentes, mais as características son case as mesmas. A receptividade foi boa? Houbo moi boa acollida. Nós, ao cabo, somos veciñas. Non viñemos agora. É como un éxito para a veciñanza aínda que lles custa entender ao non estar ligado a un proxecto socioeconómico do agro, que aquí é o máis normal. Queren ver cara a onde camiñas. Para nós é todo un orgullo, son a memoria viva. Nutrímonos dos coñecementos que xa hai e fuximos da idea de que somos expertas e sabemos todo da área na que vivimos. Queremos aprender algo máis desa comunidade da que formamos parte. Buscan recuperar as relacións sociais? Unha das nosas liñas de traballo é a identidade e a recuperación tanto material como inmaterial. Dentro dela referímonos a recuperar as redes entre a veciñanza, traballar na maneira de entender o territorio e estar máis en sintonía co medio que habitamos. Non cinguirnos ao utilitarismo de saber que somos ecodependentes. Confían no apartado económico da súa cooperativa? Somos conscientes de que queremos unha alternativa económica, vivir no rural e da educación social. De primeiras soa moi ambicioso. Tomámolo con filosofía. Aprendes a decrecer mais non nos nosos dereitos. Ben sabemos o que necesitamos e primamos a vida e os procesos que teñen lugar dentro dela. Sabemos que no noso caso somos novas e non temos cargas familiares. Unha familia que quixera vir sería diferente. Ogallá que estes proxectos chamen outras experiencias. |
NOS_55258 | Desde a semana pasada inxéctanse 16.000 metros cúbicos de area na praia de Santa Cristina, en Oleiros, que gañará 300 metros de uso público. | Alcaldes dos municipios afectados polas obras de dragaxe na ría do Burgo pediron "celeridade" no cumprimento dos prazos previstos para a súa execución nunha visita durante o día de hoxe á zona, acompañados polo delegado do Goberno español na Galiza, José Miñóns. Precisamente, Miñóns recalcou que a actividade está "a pleno rendemento para conseguir que o prazo se cumpra e sexa unha realidade a partir de 2024". Acciona xa ten luz verde para iniciar a dragaxe da ría do Burgo En concreto, a delegación de alcaldías estivo formada pola rexedora da Coruña, Inés Rei, e os alcaldes de Culleredo, José Ramón Rioboo; Cambre, Óscar García; e Oleiros, Ángel García Seoane, que coincidiron en destacar que esta obra responde a unha "demanda histórica" dos seus municipios "Pido celeridade e que non haxa demoras", subliñou o alcalde de Oleiros, quen cualificou este proxecto como "imprescidíbel" e dunha "importancia moi grande" para a poboación debido a que "vai unir" os catro concellos lindeiros. Pontón pídelle a Feijóo que "mova o cu" para garantir o saneamento da Ría do Burgo A visita ás obras contou tamén coa presenza da subdelegada do Goberno español na Coruña, María Rivas; e o xefe de Demarcación de Costas do Estado español, Rafael Eimil. Comezo das obras As actuacións na ría comezaron o pasado mes de xaneiro. Nos primeiros meses, os traballos centráronse na construción dos recintos para o confinamento dos lodos derivados da dragaxe, que se prevé que ascendan a 583.000 metros cúbicos de sedimentos. Adiada a dragaxe da ría do Burgo malia as promesas electorais Ademais, desde a semana pasada inxéctanse 16.000 metros cúbicos de area na praia de Santa Cristina, en Oleiros, que gañará 300 metros de uso público. Indemnizacións ás mariscadoras A actuación conta cun orzamento de 37,5 millóns de euros, dos que 32,2 corresponden á dragaxe e outros 1,6, ao programa de seguimento e control ambiental. Os 3,6 restantes están reservados para as mariscadoras afectadas pola paralización temporal da actividade. As mariscadoras do Burgo loitan por manterse a flote Respecto do pago destas indemnizacións aos traballadores e traballadoras, Miñóns afirmou que o Goberno español está "a disposición" de dar cumprimento aos pagos. "Espero que ao longo de agosto ou setembro as mariscadoras se reúnan coa Xunta para definir cales son cada unha das axudas correspondentes" co fin de que, posterioremente, o Goberno galego "traslade a información necesaria" ao Executivo estatal, segundo explicou. |
NOS_39014 | Macarena Santalices asume o Ministerio da Muller e Equidade de Xénero. | Macarena Santalices é xornalista e foi alcaldesa de Olmué entre 2012 e 2019, unha pequena cidade de 20.000 habitantes. É tamén membro da dirección da Unión Democrática Independente (UDI) e vai ser a nova ministra de Muller e Equidade de Xénero. Unha designación que xerou indignación e preocupación en non poucos sectores da sociedade chilena, pois Macarena Santalices ten unha actitude "morna", como mínimo, cara á ditadura militar de Pinochet, de quen é sobriña neta. É filla de Luis Santalices, quen fora alcalde dos Andes en pleno réxime militar. En diversas entrevistas, a que agora vai ser ministra destacou que coa ditadura "houbo moitos avances económicos" se ben recoñeceu que "o seu gran karma (do réxime) será a violación dos dereitos humanos, si que as houbo". Noutra entrevista defendeu que "non podemos descoñecer o bo do réxime militar". |
NOS_10403 | A Consellaría do Mar e os membros do Consello Galego de Pesca expuxeron as súas inquedanzas ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo nunha reunión telemática que cualificaron de "positiva". Enriba da mesa as cotas e o sistema de control que se pretende aplicar á frota desde Europa. | As recomendacións científicas do Consello Internacional para a explotación do Mar (CIEM), adoptadas polo Parlamento Europeo no seu acordo provisional co Goberno do Reino Unido o pasado 23 de marzo, supuxeron un duro golpe para a frota galega. A proposta de Totais Admisíbeis de Capturas (TAC) supón dificultades para especies como a pescada, o rapante, a xarda ou o lirio, entre outras. Esta terza feira, 13 de abril, a propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, xunto co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, o presidente da organización de Produtores de Pesca, Sergio López, e o presidente da Federación de confrarías de mariñeiros, José Antonio Pérez, trasmitíronlle de maneira telemática ao presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, a queixa do sector galego, que representa ao redor de 75% do total da frota estatal que traballa en augas afectadas pola saída do Reino Unido da Unión Europea. Un encontro positivo Na xuntanza entraron varios temas e para sorpresa da propia conselleira do Mar, Rosa Quintana, o resultado foi "moi positivo". Pode que na receptividade de Karleskind neste encontro teña algo que ver a súa procedencia bretoa, un territorio pesqueiro con características semellantes ás da Galiza. A titular de Mar incidiu durante toda a reunión na necesidade de que se logre un acordo entre as partes para dar seguridade xurídica e estabilidade á frota así como a importancia de ter en conta os aspectos sociais e económicos na fixación das posibilidades de captura, tal e como estabelece a Política Pesqueira Común (PPC). A representante da Xunta expuxo que vencellar o acordo exclusivamente ás recomendacións científicas suporía un mal precedente e avogou por avanzar nas negociacións de cara a 2026 blindando o mantemento do statu quo en canto ás pesqueiras, alcanzando o acceso ás augas británicas a cambio da entrada dos produtos do Reino Unido no mercado europeo. Presente tamén na reunión, Juan Vieites, secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, tamén considerou positiva a resposta do presidente da Comisión de Pesca a todas as demandas. Explica a Nós Diario que pediron "o apoio" para un sector que "aposta por un control equilibrado na súa trazabilidade alimentaria". Entre os temas que salienta de importancia está o Fondo de Compensación, do que demanda "unha igualdade no trato das indemnizacións" entre os diferentes estados membros. Lembra que tal e como está deseñado o sistema de produción debe "abastecerse de orixes diferentes" diante da dificultade que contempla unha produción de "600 unidades por minuto cada 24 horas". As queixas da pesca tradicional As confrarías galegas tamén quixeron transmitir a Karleskind o seu malestar polas medidas de control impostas para a pesca artesanal e que protagonizaron una masiva protesta do sector o pasado 26 de marzo. "Pedímoslle que tivese cordura e sentido común, deben falar con nós antes de tomar calquera decisión", apunta José Antonio Pérez, "e cremos que aínda se pode cambiar algo do acordado", engade, en declaracións a Nós Diario. A resposta do representante da comisión do Parlamento Europeo foi, para Pérez, moi receptiva. "Asegurounos que non tiñan présa" en activar as medidas que deron a coñecer e que causaron alarma días atrás entre a frota artesanal. O patrón maior da confraría de Ribeira cre que na comisión de pesca do Parlamento Europeo se deron "conta de que lexislaron sen decatarse de como está o sector". Outro dos temas que se lle trasladou por parte das confrarías foi o rexeitamento da última norma de control que se deu a coñecer e que obriga as mariscadoras a pé a retransmitir desde a mesma praia as capturas. "Iso para nós é inviábel, agardamos que fagan caso das nosas alegacións e que teñan sentido común no Parlamento Europeo". En relación ás medidas de control da frota, tamén Rosa Quintana quixo deixar claro ao representante europeo que "supoñen maior burocracia e non implican unha mellora substancial no control, como é o caso da xeolocalización das embarcacións de menos de 12 metros de eslora", unha exixencia, incide a conselleira do Mar, que afectaría a moitas embarcacións que realizan mareas inferiores a 24 horas. Desde o Goberno galego a postura foi defender a exclusión da baixura e do marisqueo desa obrigatoriedade normativa posto que o dispositivo supón un custo importante para a frota e trátase de profesionais ben controlados ao atoparse perto da costa. |
NOS_57040 | Desde que se aprobou e entrou en vigor o estado de alarma polo Goberno central, na actual situación de confinamento e limitacións de mobilidade para frear a expansión do coronavirus, veciñas, veciños e tamén Concellos puxeron en marcha mecanismos para axudar a quen máis o pode precisar. | "Axúdoche?", "Precisas algo?". Nos últimos días xurdiron, especialmente arredor das urbes galegas, diferentes iniciativas de axuda e de apoio mutuo para aquelas persoas que teñan problemas de mobilidade para realizar a compra, baixar a tirar o lixo á rúa ou achegarse á farmacia ou mesmo ao quiosque. Con notas nas entradas dos edificios, a través de canles de Telegram ou de whatsapp están a organizarse para organizarse e espallar estas iniciativas. En Santiago de Compostela, o grupo de Facebook "Rede Solidaria fronte o coronavirus" creouse para tratar de conectar nos diferentes barrios ás persoas que precisan axuda coas que poden ofrecela. Tamén as asociacións veciñais As Marías ou a asociación veciñal Raigame ofrecen axuda nos seus barrios."Nestes días de incertezas, debemos activar todas as medidas de solidariedade. Neste sentido, o colectivo de habitantes do teu barrio quere trasladarte que estamos aquí para o que necesites", din desde o grupo de Facebook de As Marías. En Vigo e a través dunha canle de Telegram, as veciñas e veciños de diferentes barrios da urbe olívica tratan de organizarse. Unha das peticións partilladas é a dos comedores sociais de da Esperanza e da Misión do Silencio, que solicitan á veciñanza axuda a través de fiambreiras ou a facilitación de produtos non perecedeiros ou conservas. Desde Pontevedra, e segundo explica o medio local Pontevedra Viva, a Federación de Mulleres botou a andar un programa de voluntariado para axudar ás familias a coidar da rapazada ou a atender as persoas maiores. Quen estea interesada en participar desta iniciativa pode poñerse a disposición da federación chamando aos teléfonos 986 26 26 37 ou 678 727 382. Tamén a través dunha canle de Telegram a veciñanza está a organizarse para espallar a axuda polos diferentes barrios. A Rede de apoio ante a crise de Lugo naceu a través dun grupo de whatsapp. "Artellamos diferentes medidas de urxencia: ir aos mercados de alimentación ou farmacias en lugar das persoas máis vulnerables para evitar o seu contaxio (e máis coa situacións individualistas que se están a dar de acumulación e masificacións en, por exemplo, superficies comerciais) ou mobilización en coche para a recollida de alimentos nos domicilios das persoas que queiran doar para a súa posterior distribución. Distribución onde se reducirá ao mínimo o contacto ou aglomeración, establecendo unha cadea de seguridade, moi a diferenza do que estamos a ver nas grandes superficies", explican. Os teléfonos de contacto que ofrecen son o 698 19 11 52 e o 633 43 93 70. Nos barrios coruñeses naceron os grupos de apoio mutuo. "Unha resposta que levantamos desde os barrios conscientes da Coruña para poñernos ao lado da xente máis vulnerable, as nosas veciñas e veciños, neste momentos complicados. Unha resposta autoxestionada que busca activar a solidariedade xusto cando máis o precisamos", segundo explican na súa páxina web. Atención municipal Na Coruña, o propio Concello puxo en marcha unha iniciativa de voluntariado cuxa inscrición pechou ao chegar ás 500 persoas voluntarias. Na cidade herculina carteis do consistorio poñen a disposición das maiores ou de persoas enfermas o teléfono 010 para que podan poñelas en contacto con algunha destas voluntarias. "Todas as persoas voluntarias recibirán formación telemática por parte de persoal sanitario e de Protección Civil antes da súa incorporación á actividade e contarán con Equipos de Protección Individual para protexer e estar protexidas/os de posibles contaxios", informa o Goberno local. Outros municipios tamén puxeron en marcha iniciativas similares á do Concello herculino. En Bergondo, as persoas maiores de idade, sen patoloxías e que non pertenzan a grupos de risco poden formar parte da rede de voluntarias que botou a andar o consistorio. No teléfono 981791252 e marcando a extensión 3 co Departamento de iniciativas sociais. Tamén en Celanova o Concello habilitou un teléfono de contacto para aquelas persoas que precisen axuda para facer a compra ou procurar medicamentos na farmacia. Quen o precise, pode chamar ao 988431481 (Concello), ao 619292919 (Policía local) ou ao 649939392 (Protección Civil). Os teléfonos de contacto do Concello de Ames son o 983535941, 981890964 ou o 662377044. A través dos mesmos, quen o precise pode solicitar acompañamento telefónico ou solicitar recados ou a compra de medicamentos. O de Ponteareas habilitou o teléfono 687764516 para que quen o precisa poda contactar, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas co equipo de persoas voluntarias. Pola súa banda, o Concello de Viveiro atenderá as persoas en situación vulnerábel a través do 609845124. Outras iniciativas en rede A Asemblea Nacional de Estudantes Galegas, Anega, tamén puxo en marcha unha rede de axuda na que ofrece apoio académico e pon a disposición do alumnado o seu banco de apuntamentos, Mancomún. "Traballaremos intensamente estes días para mantelo actualizado co material que nos enviedes, co obxectivo de minimizar o impacto da suspensión das clases no estudantado", explican. |
NOS_36835 | A clausura da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) recoñecerá mañá, sábado 28 de abril, o labor pioneiro de Tereixa Campo no teatro lugués e, por extensión, galego. A actvista teatral do Val do Mao recibirá o premio da organización da Miteu. | Coordinadora da Aula de Teatro do Campus de Lugo entre 1994 e 1998 e fundadora da Asociación Barriga Verde e de Achádego Teatro, o traballo incasábel de Campo por un teatro de base é salientado na viséximo terceira edición da Miteu. Profesora durante décadas no colexio público de Casás, en Lugo, tamén se encargou da dirección escénica dunha versión da zarzuela Non chores Sabeliña, de Xosé Trapero Pardo, e escribiu pezas dramáticas como O xogo de Pinto Pinto, Contos de Sempre ou O sorriso das pedras. Antes de Achádego, practicou o teatro en Tarabelo. O acto de entrega do galardón será ás oito do serán no Teatro Principal de Ourense. Ademais do premio da organización, tamén se entregarán os premiso do xurado e do espectador Carlos Couceiro e Begoña Muñoz e os premios á mellor resolución técnica Suso Díaz. Maricastaña, a Aula de Teatro da Universiade de Ourense, xérmolo da Miteu, representará As ondas das pedras no río e haberá música a cargo de Dani Minimalia, guitarrista. A clausura pon o ramó a unha mostra en que se puideron ver arredor de 30 espectáculos teatrais e que comezou o pasado 12 de abril. Organizan o Concello de Ourense, a Deputación e a Universidade de Vigo -da que depende o campus ourensán- coa colaboración de Saerabela Teatro, o Café Cultural Auriense e a Xunta. Diríxea Fernando Dacosta. |
NOS_2710 | O presidente da Xunta acusa os nacionalistas de estar "máis interesados na independencia que na sanidade" e pide aos socialistas que non lle dean "leccións". Vídeo no interior | A situación dos servizos públicos, con Atención Primaria no foco, centrou a sesión de control ao presidente que esta cuarta feira se desenvolveu no parlamento galego. Tanto nacionalistas como socialistas debullaron os recortes e retrocesos ao longo destes 12 anos de Gobernos do PPdeG nestes campos ante un impasíbel Núñez Feixoo que se presentou como valedor dos servizos públicos fronte, por unha banda, ao Executivo de Madrid e, por outra, ao "catecismo nacionalista". Ana Pontón (BNG) reprochoulle as consecuencias que para Atención Primaria, e a sanidade pública, teñen as políticas do PP ao longo desta década e leu varias declaracións de traballadoras e traballadores deste servizo público no que expoñían os problemas e carencias que atravesan. "Ten que decidir de que lado está", emprazou ao presidente, ao que acusou de "empregar esta pandemia" para debilitar a Atención Primaria. Unha acusación que non gostou a Núñez Feixoo, que acusou á portavoz do BNG de dicir "insidias". Ao voceiro do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusouno momentos antes de "sacar datos ao chou" cando lle debullou as estatísticas que indicaban como Galiza estaba por baixo da media estatal en non poucos servizos públicos: prazas de residencias públicas, gasto por habitante, servizo de axuda no fogar.. Pontón expuxo unha serie de propostas para "recuperar" a Atención Primaria: desde un plan de choque até a creación de xerencias, pasabdo por destinar 25% do orzamento de sanidade a A.P ou que a xunta convoque as 6.000 prazas vacantes que hai no Sergas. "Rectifique, deixe de ser o liquidador da Atención Primaria". Para o presidente, as críticas do BNG aos recortes na sanidade privada non son novas e responde a un "catecismo nacionalista" que, dixo, "debería de actualizarse". Acusou na Pontón de facerlle os mesmos reproches que en 2009 lle facía o entón portavoz nacionalista na Cámara, Carlos Aymerich. E acusou o BNG "de estar máis interesado na autodeterminación e na independencia que na sanidade pública". "A min", concluíu, "interésame máis a sanidade pública que a autodeterminación". Caballero, de por parte, responsabilizou o PPdeG de "coa boca pequena, debilitar os servizos públicos" e tamén instou o presidente a "rectificar" e acabar cos "12 anos debilitando os servizos públicos". O socialista incidiu en que Galiza estaba "á cola" do Estado en gasto por habitante nos servizos públicos ou no número de prazas por habitantes en residencias públicas. "Cando falamos de servizos públicos, falamos de dereitos, e non queremos ser unha comunidade de segunda", dixo. Feixoo, pola contra, gabouse de compromiso cos servizos públicos e aproveitou para atacar o Goberno estatal, ao que acusou de non cumprir no financiamento da Lei da dependencia. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.