ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_6525 | Dez mulleres encetaron a vixilia o 15 de outubro. Catro tiveron que ser hospitalizadas. Porén, a secretaría xeral de Igualdade tardou sete días en se interesar polas súas demandas e leva outros dez "pensando" como implementar a Lei integral aprobada en 2007. | "Dez días son os que leva o noso goberno pensando como protexer as mulleres e os nenos namentres seis mulleres se consomen en folga de fame". Así foi como manifestou Gloria Vázquez, presidenta de Velaluz, a súa indignación a respeito do "silencio cómplice" que está a manter a Xunta desde o 15 de outubro, cando 10 mulleres da asociación encetaron unha vixilia para reclamaren "protección real" para as mulleres e as crianzas en situación de violencia machista. Foi a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, quen as visitou o 21 de outubro no local que Velaluz ten a carón da Audiencia provincial da Coruña canda a subdirectora xeral para o Tratamento da violencia de xénero, Belén Liste. Do lugar saíron cun documento en que Velaluz lles facía chegar por escrito as súas reivindicacións principais. Gloria Vázquez resómeas: "protexer as mulleres e menores, suspender de inmediato as visitas do agresor aos fillos; e que após sentenza firme se lle retire a patria postestade". Cumpridos dez días de silencio por parte das dúas representantes do Goberno galego, Velaluz denunciou que ese silencio "asasina, tortura, fire e desprotéxenos". Son catro as mulleres que tiveron que abandonar a folga de fame por problemas de saúde, requirindo atención hospitalaria. A última, esta cuarta feira día 30, caeu polas escaleiras cando se dispuña a ir traballar, pois tras ficar varios días no local da asociación, todas continúan agora sen comer namentres continúan coa súa vida familiar e laboral. Esta quinta feira ás 10h Velaluz manterá unha xuntanza coa Xunta para reclamar, máis unha vez, que se aplique a lei galega contra a violencia de xénero, aprobada en 2007. |
NOS_18538 | "Aquí remata o primeiro, longo e tráxico estadio do vivir de Adrián Solovio. Dende agora identifícase coa vida de Galiza". É así como Otero Pedrayo pon o ramo a unha das súas novelas máis sonadas, Arredor de si (1930). A partir dela o historiador Ramón Villares traza un ensaio sobre o devalar intelectual dunha xeración, a Nós, agora reeditado por Galaxia: Fuga e retorno de Adrián Solovio. | De subtítulo Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, o núcleo do texto fórmao o discurso de ingreso de Villares (Xermade, 1951) na Real Academia Galega en 2005. A Fundación Otero Pedrayo encargouse de publicalo, revisado e ampliado, dous anos despois. "Non é frecuente que un libro escrito por un historiador sexa dedicado a analizar feitos non reais nin comprobables documentalmente", argúe o autor no Prefacio a esta terceira edición, "pero esta foi a aposta: analizar as relacións entre a narración literaria e a biografía familiar do autor e da súa estirpe, nun diálogo entre experiencia vivida e tradición adquirida, situados nun tempo histórico concreto". Arredor de si responde ao modelo de bildungsroman, novela de formación. Pero a dicir de Villares, sobárdao. "Pode considerarse unha obra de 'nacionalización literaria', de creación dunha identidade nacional a través da literatura". Protagonizado por Adrián Solovio —"un trasunto de Otero Pedrayo e dalgúns dos seus familiares"—, o romance relata a súa fuga e regreso ao país natal. "A decisión de retornar é o feito máis importante da obra", di o ensaísta. A peripecia de Solovio por Madrid e outras cidades castelás resulta paralela ao seu tránsito ideolóxico. "A solución ao seu desacougo é o nacionalismo. O retorno do fillo pródigo non é para substituír, o pai senón para cumprir unha misión patriótica", explica Ramón Villares. No corpo e na intelixencia de Solovio latexa unha transformación colectiva: a do grupo de intelectuais de orixe conservadora que se agruparon como Xeración Nós. O propio Villares estabelece, no Prefacio de Fuga e retorno, as conexións entre certos traballos desa promoción e o "pensamento europeo axuntado baixo o rubro de 'revolución conservadora". O historiador detecta analoxías nas consideracións a respecto do papel dos individuos, da política, da cultura e, "sobre todo, da nación como expresión dunha conciencia e dun destino". A figura tutelar do reaccionario escritor Maurice Barrès —"o introdutor da palabra 'nacionalista' no léxico político francés"— é outra característica compartida. Con eses vimbios, Otero Pedrayo facturou unha novela de iniciación e de tese, unha narración sobre descubrir o máis próximo e traballar "para colocar a patria galega 'nos mármores da historia'. Rescate da tradición e, ao tempo, localización de Galiza no concerto das culturas nacionais europeas". "O complemento desta mensaxe, co que acaba este libro, é empalmar a Xeración Nós cos seus herdeiros e seguidores, que xa forman parte de institucións como un hipotético Seminario de Estudos Galegos", conclúe Ramón Villares sobre un Arredor de si que, ao seu ver, non procuraba situarse no canon literario "senón intervir na vida intelectual da Galicia do seu tempo" dun punto de vista "pouco literario e claramente político e doutrinal". |
NOS_2050 | ADEGA, a Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico (ASCEL) e o Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS) demandan unha investigación. | O cadáver do lobo, que apresentaba tres orificios compatíbeis con ferida de perdigón, foi atopado por un veciño de Barro no lugar de Valiñas. O achado prodúcese na zona en que se estaba a realizar un campionato de caza do raposo, en que terían tomado parte máis de 300 cazadores. A meio dun comunicado conxunto, Adega, a Asociación para a Conservación e o Estudo do Lobo Ibérico e o GEAS cualifican o suceso como "moi grave" ao amosar "o desprezo dalgunhas persoas polo patrimonio natural e o respecto ás leis". Reiteran a súa oposición á realización dos campionatos de caza de reposo por seren reprobábeis do ponto de vista moral e careceren de xustificación científica "Lembramos", afirman, "que a caza do lobo nesta zona está totalmente prohibida ao abeiro do Plan de Xestión lobo agás autorizacións moi excepcionais". Para Adega, ASCEL e o GEAS, os campionatos de caza de raposo carecen da suficiente vixilancia. Alertan de que o vindeiro domingo se vai realizar unha nova proba destas características en Dozón e piden que se cancele de non se estabelecer as garantias necesarias para impedir que se volte a atentar contra animais protexidos. En todo caso, reiteran a súa oposición á realización destes campionatos "por resultar unha competición en que se premia a habilidade de matar o maior número de raposos no menor tempo posíbel". As organizacións ambientalistas instan a administración galega a que "actúe firmemente e de oficio ante os actos de furtivismo por desgraza habituais na comunidade galega e que se persigan por vía penal con sentenzas exemplares". No comunidade de imprensa, Adega, ASCEL e o GEAS alegan que os campionatos de raposos non só son reprobábeis do ponto de vista ético e moral, senón que "non teñen xustificación científica, e fanse á marxe da planificación cinexética dos TECORES [terrenos cinexeticamente ordenados]". |
PRAZA_16236 | O DOG publica este luns a incoación do procedemento para a protección das nove obras. Dúas delas están en poder da familia Franco, a pesar de ser propiedade do Concello de Santiago, que en outubro presentou unha demanda xudicial. Parlamento e Congreso aprobaron por unanimidade peticións para que os herdeiros do ditador devolvesen estes bens | O Diario Oficial de Galicia publica este luns o inicio do procedemento para a declaración como Ben de Interese Cultural das nove esculturas do Mestre Mateo procedentes da desaparecida fachada occidental da catedral de Santiago. Dúas das obras, propiedade do Concello de Santiago, están en poder da familia Franco. Nos últimos meses o Parlamento de Galicia e o Congreso aprobaron por unanimidade peticións para que os herdeiros do ditador devolvesen estes bens aos seus lexítimos propietarios. Así mesmo, a finais de outubro o Concello de Santiago presentou unha demanda xudicial, xa admitida a trámite polos tribunais. A declaración de BIC é un recoñecemento de valor cultural que non afecta á titularidade do ben. Supón para os seus propietarios o deber de habilitar catro días de visitas ao mes A resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta implica a anotación "de forma preventiva" das nove esculturas no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e a aplicación "de forma inmediata e provisional" do réxime de protección establecido na Lei de patrimonio cultural. O expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses e ábrese agora un período de información pública dun mes. A declaración de BIC é un recoñecemento de valor cultural que non afecta á titularidade do ben. Supón para os seus propietarios o deber de garantir a súa protección e conservación e tamén a obriga de habilitar catro días de visitas ao mes, como xa sucede na actualidade, por exemplo, co Pazo de Meirás, tamén propiedade da familia do ex ditador. Ademais, o seu traslado, transmisión ou venda deberá ser autorizada pola Xunta. O incumprimento das obrigas de conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa por parte da Administración competente. A resolución de Patrimonio especifica que "en 1948, o Conde de Ximonde vendeu ao Concello as esculturas coa condición de que nunca abandonasen a cidade" Na descrición das obras que acompaña á resolución detállase que catro delas están depositadas no Museo da Catedral de Santiago, dúas no Museo Provincial de Pontevedra e tres pertencen a "coleccións particulares", entre elas as que representan a Abraham e Isaac. Sobre estas dúas, especifícase que "en 1948, o Conde de Ximonde vendeu ao Concello de Santiago as esculturas coa condición de que nunca abandonasen a cidade" e que "as esculturas estiveron na escaleira do Pazo de Raxoi ata que pasaron a mans particulares". En outubro o Concello de Santiago presentou unha demanda xudicial, xa admitida a trámite polos tribunais, para que os Franco devolvan as esculturas O 25 de xullo de 1954 Francisco Franco e a súa dona Carmen Polo visitaron Compostela para participar na ofrenda ao Apóstolo e inaugurar o antigo hospital como Parador Hostal dos Reis Católicos. Carmen Polo amosou ante o daquela alcalde compostelán, Enrique Otero, un "interese insistente" nas esculturas, "suxerindo de forma inequívoca que pasasen á súa posesión". Aínda que non existiu "formalidade ningunha" nin ningún acordo formal ao respecto, o rexedor accedeu á petición da esposa do ditador, enviándolle as esculturas. Incoación do proceso para a declaración BIC no DOG deste luns |
NOS_56891 | O sumario da Operación Zeta comeza a salpicar o presidente da Xunta. A persoa apuntada pola investigación policial como "o conseguidor" enviou unha mensaxe a Gerardo Crespo en 2011: "Feijóo vai ser a chave". | Feijóo vai ter difícil argumentar que non ten ningunha relación con protagonistas destacados da Operación Zeta -algúns deles, cargos do seu goberno que xa foron cesado dos seus cargos, como o director xeral de Traballo, Odilio Martiñá- e moi nomeadamente con Francisco Ramón Lucas Blanco, coñecido como Pachi Lucas. Fontes consultadas por Sermos Galiza indican que Lucas é unha persoa que ten pertencido ao círculo de amizades máis íntimas de Feijóo. Este empresario madrileño xogou un papel moi relevante na trama pretensamente orquestrada polo militante do PP Gerardo Crespo para obter de forma fraudulenta fondos públicos a cambio de cursos de formación que en moitas ocasións nen sequer se chegaban a realizar. Entre outubro e decembro de 2011, Crespo dirixe correios electrónicos ao enderezo dixital do presidente da Xunta Pachi Lucas vendía a Crespo os seus contactos coa cúpula do Partido Popular e as administracións públicas -Xunta e Estado- que a formación conservadora controla. Entre 2008 e 2012, os fondos obtidos pola trama ascenderon a uns 20 millóns de euros (15 da Xunta, 5 do Estado). Reunión con Ana Pastor De acordo con partes do sumario divulgadas hoxe pola SER na Galiza, a policía puido captar unha mensaxe dirixida por Pachi Lucas a Crespo en que lle comunicaba que conseguira unha entrevista con Ana Pastor, ministra de Fomento, e a seguir lle indicaba: "Feijóo vai ser clave". A reunión teríase realizado na sede do PP, na rúa Génova, o 7 de xullo de 2011. Ana Pastor nega a reunión e di que nen sequer coñece a Crespo. Entre outubro e decembro dese mesmo ano, Crespo dirixe correios electrónicos ao enderezo dixital do presidente da Xunta para se interesar por asuntos pendentes das súas empresas coa consellaría de Traballo. Nos e-mail, o principal investigado na operación Zeta -a operación instrúe o xulgado número 6 da Coruña e a estas alturas xa hai 67 persoas imputadas- alude a unha conversa recente con Feijóo e lémbralle que a administración galega lle debe ás súas empresas pagos por valor de 225.543 euros. "Podo entender as razóns de paralisar eses pagamentos até o próximo exercicio para conter a cifra de déficit", engade Crespo, mas ao tempo alega o dano que coa demora nos pagamentos se lle podería facer a moitas entidades. Interpelado pola imprensa sobre esta cuestión, Feijóo alegou que como presidente recebe moitos correos e que a cuestión chave non está na accesibilidade electrónica do xefe do executivo, senón en se accede ou non ao que nos e-mail se lle pide. Obviamente, garantiu que el non accede a facer nada irregular. |
NOS_14957 | O conxunto compostelán caeu ante o Real Madrid (58-74) mais ensinando os dentes. Fica fóra dos play-offs pero rubrica a súa mellor temporada e pode presumir dunha afección incomparábel | Se un espectador que este domingo estivese no Multiusos de Sar mirase, ao final do partido, o marcador, vería claro que o Obradoiro foi o derrotado. Caeu ante o Madrid por 58-74. Mais se dirixise a mirada cara as bancadas, non tería dúbida algunha de que o Obra é gañador indiscutíbel. Díxoo ao final do encontro o adestrador picheleiro Moncho Fernández: "O premio para os xogadores non é xogar o play-off. É o apoio deste público". A derrota ante o Real Madrid (58-74) deste domingo súmase á da sexta feira en Madrid ante os merengues, e que deixa ao Obra fóra dos play-offs. Mais o acadado até agora nesta temporada xa é motivo de orgullo para un club que subiu hai menos de doce meses. E labrou unha fama de mataxigantes pois derrotou a equipos de renome e prestixio, facendo soñar a toda unha cidade e aos e ás afeccionadas de toda Galiza. |
NOS_3854 | Candidata á alcaldía de Moaña, Leticia Santos, defende unha proposta para "transformar" a localidade salientando que "o nacionalismo" é "a única vía". "Non somos a marca branca de ninguén e imos a cara descuberta", enfatiza. | Leticia Santos encabeza a candidatura do BNG-AA ao Concello de Moaña. No trafego da campaña fainos un oco para conversar con Sermos Galiza a respeito das eleccións municipais, da realidade que atinxe a mocidade do país e da súa localidade mais tamén para explicarnos algúns dos trazos do programa electoral que elaboraron, explican, man a man coa veciñanza e os colectivos locais. Como levas estes días de campaña?Moi ben. Moi animada e con moita ilusión. Ademais estou arroupada por unha equipa formidábel. Inflúe na política ser muller e moza?Temos que ir ocupando estes espazos mais coido que ser muller non te capacita nen descapacita para nada. Ora ben, se conseguimos o apoio da veciñanza o 24 de maio tornaríame na primeira alcaldesa de Moaña. A respeito da miña idade é interesante aportar espírito xuvenil para mellorar o concello ademais teño formación e experiencia en diversas organizacións e asociacións. "A xente moza séntese decepcionada pois despois de nos diciren que somos a xeración máis preparada vémonos abocados á emigración, igual que os nosos avós" Que pensas cando escoitas que a mocidade non se implica, que non participa?A xente moza non é que non participe, non o fai nas fórmulas tradicionais através das institucións, mais está organizada e sabe que é o que quere. O que houbo foi unha desconexión entre a política tradicional, as institucións, e a sociedade en xeral, coido que non só coa mocidade. Así as cousas, a xente moza séntese decepcionada pois despois de nos diciren que somos a xeración máis preparada vemos que estamos abocados e abocadas á emigración, igual que os nosos avós ou os nosos pais. Nese senso, desde o BNG-AA queremos que a veciñanza participe de verdade e que sexa através desa participación, das súas achegas, como poidamos desenvolver este proxecto novo para Moaña. No contexto actual, que leitura fas destas eleccións municipais?Para min chegar a estas eleccións e ao concello é a posibilidade dun cambio. Non gosto da deriva do concello cun goberno en minoría do Partido Popular sen equipa e sen proxecto. Farta diso decidín dar o paso co obxectivo de pór fin a políticas caciquís e de amiguismos. "Non gosto da deriva do Concello de Moaña cun goberno en minoría do Partido Popular sen equipa e sen proxecto" Cales son os trazos xerais da vosa proposta?O primeiro é traballar para mellorar as expectativas de vida da veciñanza. Mellorar a situación das familias que están en risco de exclusión social e que, por desgraza, no noso concello son moitas. Queremos reforzar os servizos sociais, como xa temos feito desde o concello, e pór o urbanismo ao servizo da xente e non dos intereses empresariais. Neste senso, defendemos a construción dun novo centro de saúde para a localidade. No noso proxecto tamén é moi importante a participación das persoas e dos conlectivos na vida municipal e non só que poidan votar cada 4 anos. Queremos gobernar para todos e para todas. Aliás, defendemos a posta en valor do noso patrimonio como pobo, que é moito; a nosa cultura e o deporte con axudas ás asociacións e os clubes. Coñeces ben ese eido, foches deportista de elite en Taekwondo...Non fun deportista profesional porque é difícil acceder ás axudas e tiven que combinalo, mentres puiden, cos estudos e o traballo. O que é triste tamén. Mais o Taekwondo aportoume capacidade de traballo, disciplina, sacrificio, ilusión e tamén respecto cara aos demais. Tamén lealdade. Mentres fun deportista nunca me sancionaron e iso defíneme como persoa pois creo que non todo vale, que os fins non xustifican os medios, tampouco en política. Teño claro que hai que cumprir coas normas e ter ética, algo que está bastante esquecido ultimamente. "O nacionalismo é a única vía para defender a nosa identidade" Encabezas a candidatura do BNG-AA nun momento no que se di do nacionalismo que non serve, que está desfasado, que só non pode ir a ningures... O nacionalismo é a única vía para defender a nosa identidade. No BNG non somos a marca branca de ninguén e imos a cara descuberta defendendo o que sempre defendemos, acarón da xente. Coido que é o único que se pode ser [nacionalista] se nos queremos como galegas e galegos. Ademais, é exemplo de bo facer como reflicten os gobernos de Allariz ou Pontevedra. Cal é a sensación que tiras deste primeiro treito da campaña?Antes de comezar coas reunións a xente estaba un pouco pesimista, lamentándose pola situación na que nos atopamos mais agora vemos que están a recuperar a ilusión ao veren que imos ao concello coa vontade de defendermos os seus intereses. Uns intereses que recollimos através das asembleas abertas e sectoriais e que foron incorporados ao programa. Estou certa de que este será un proxecto de futuro, que sairá adiante e ben. |
NOS_50959 | O Goberno vai subir as cotizacións da Seguridade Social a costa das e dos traballadores, o que repercute, ao longo dun ano, nun soldo mensual menos | Para facer fronte ao défice, o goberno portugués decidiu esta sexta pasada subir a partires de 2013 as cotizacións da Seguridade Social a todas e todos os traballadores. Unha medida que vai xerar un forte impacto nos salarios e soldos das clases traballadoras de Portugal. Foi fin de semana, a rebufo do anuncio do executivo luso, de cálculos nos xornais portugueses sobre qué impacto vai ter a decisión nos petos dos portugueses. Así, hai ampla coincidencia en que, polo xeral, a maioría dos traballadores e traballadoras van perder ao longo do ano unha cantidade semellante ao salario dun mes. Mesmo, no caso do impacto,en funcionarios e pensionistas, con máis de 1.100 euros de ingresos ao mes, a perda podería ser de dous meses de salario. Desde a CGTP, o seu secretaqrio xeral Arménio Carlos denunciou que paralelamente á suba de cotizacións á Seguridade Social para as calses traballadoras, do 11% aol 18%,prodúcese unha baixa para as empresas (que pasa de perto do del 24% ao 18%). "Roubar aos pobres para darllo aos ricos", sentenciou Arménio Carlos. Xudicatura e igrexa Mais a oposición a esta medida, así como a outros recortes, tamén chegou ao eido xudicial. Así, a Associação Sindical dos Juízes Portugueses (ASJP) denunciou que as novas medidas anunciadas pelo Governo son "unha afronta ao Tribunal Constitucional", considerando que penalizan "mais unha vez" os rendimentos do traballo. E tamén desde a igrexa se escoitaron nesta fin de semana voces contra as actuacións do executivo portugués. O bispo das Forzas Armadas, Januário Torga, dixo estar escandalizado ante a "falla de xustiza social" na actuación do goberno, á vez que desde a ONG católica Cáritas laméntase que se opte por "castigar" ás persoas "que nada tiveron nin teñen que ver coa situación na que se atopa o país". |
QUEPASA_724 | Continuamos da man "Asociación Parroquial de Berdoias" e o Seminario de Estudos Comarcais (SEMESCOM), recuperando o rico e variado patrimonio que atesouran os lugares da parroquia vimiancesa de Berdoias. Hoxe continuamos coa serie dos Fornos, que comezábamos a semana pasada. | MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS:CONSTRUCIÓNS DE TRANSFORMACIÓN DE GRAN:OS FORNOS (II):FORNOS GRANDES - FORNOS PEQUENOS A Asociación Parroquial de Berdoias e o Semescom levan localizados 70 fornos nos lugares da parroquia. Estas pequenas arquitecturas, complementarias das casas-vivenda, eran de composición delicada e complexa xa que a súa construción requería coñecementos, cálculos axustados, materiais axeitados, non só para o seu basamento e cimentación senón tamén, sobre todo, para a súa cámara abovedada que asegure unha óptima cocción, e mesmo para o seu bombo exterior, que teña un bo e imprescindible illamento. Os fornos eran os protagonistas finais do pan de cada día, os lugares onde remataba o longo e labarioso proceso produtivo do millo, do trigo, do centeo... E se foron protagonistas, xa non digamos o de testemuñas de moitas historias nacidas ou contadas noutrora a carón das lareiras. Velaquí, os tres fornos máis grandes da parroquia: O FORNO DO PAZO, en Boallo, de 1,50 m de diámetro interior / e 1,10 m de altura. O FORNO DA GAIA, na Pedra do Frade, de 1,35 m de diámetro interior/ e 1,40 m de altura. O FORNO DE FRANCISCO, en Boallo, de 1,20 m de diámetro interior, e 1,20 de altura. E tres fornos, dos máis pequenos da parroquia: O FORNO DA CAPACHA, en Grixoa, de 0,41 m de diámetro interior/ e 0,63 m de altura. O FORNO DA CASA DO AGRO, na Casanova, 0,58 m diámetro interior,e 0,76 m de altura. O FORNO DO CARMELO, en Berdoias, de 0,60 m de diámetro interior, e 0,70 m de altura. … Que non dariamos por poder volver escoitar e interpretar as historias que naceron na lareira, a carón do pequeno e humilde forno da Capacha en Grixoa... ou as historias que naceron a carón do forno do Pazo De Boallo… Forno da Gaia, na Pedra do Frade (gravación de Fernando do Coto). Forno da Capacha Forno do Carmelo TESOUROS DE BERDOIAS Tesouros de Berdoias (IX): Os Fornos: Tesouros de Berdoias (VIII): Os Muíños. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VII): Unha parroquia de 35 Eiras. Tesouros da Parroquia de Berdoias (VI): A Eira do Farruquiño no lugar de Boallo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (V): A Eira do Carmelo. Tesouros da Parroquia de Berdoias (IV): A Eira do Buxán, en Santa Cristiña. Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar.. Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia. |
NOS_48511 | Están por toda a parte. Tamén na Praza do Obradoiro. Unha planta invasiva foránea toma o país. | Un acto simbólico -a plantación na Praza do Obradoiro dun feixe de eucaliptos- no que tomaron parte centos de persoas denunciou este sábado a eucaliptización do país. Só un dado abonda para ilustrarmos a dimensión deste fenómeno: esta especie invasora ocupa xa 17 por cento do territorio do país. "Parece que para a industria do eucalipto non existen limitacións: todo vale con tal de seguir engordando a conta de beneficios da celulosa", dixo Anxo Moure ao dar leitura ao manifesto co que se fechou un acto convocado pola Rede Cousas de Raíces, en que se integran diversas organizacións, en colaboración coa Asemblea contra a Eucaliptización da área de Santiago. O manifesto apunta a responsabilidade da Xunta -fala da súa "colaboración cúmplice"- perante a "impunidade" coa que esta especie invasora "ocupa espazos de alto valor natural e patrimonial". En declaracións aos meios recollidas por Europa Press, o secretario de Adega, Fins Eirexas, alegou que o monocultivo do eucalipto, alén das súas secuelas meio-ambientais (perda de biodiversidade, maior risco de incendios, erosión dos montes), causa tamén unha "perda patrimonial" en espazos protexidos como castros celtas, minas romanas ou xacementos arqueolóxicos. A Rede Cousas de Raíces demanda á Xunta que impida a "forestación de terras agrarias" e que emule o goberno portugués decretando unha moratoria para novas plantacións de eucaliptos, alén de reclamar que se prohíba a especie Eucaliptus Nitens, a máis numerosa na Galiza e tamén a máis daniña. O Goberno galego debería tamén pór freo aos cultivos enerxéticos a partir da biomasa e que se estabeleza un imposto verde que grave a plantación desta árbore, entende a Rede. |
NOS_19612 | Os Corpos de Seguridade duplicaron esta fin de semana o número de propostas de sanción respecto da anterior fin de semana. A subdelegada do Goberno na Coruña traslada ás forzas e corpos de seguridade a mensaxe de " tolerancia cero" cos incumprimentos. | As forzas de seguridade - Garda Civil e a Policía, en colaboración e coordinación en moitos casos con Policía española adscrita á comunidade da Galiza e policías locais - controlaron esta fin de semana 10.146 persoas e 5.871 vehículos e realizaron 333 propostas de sanción na provincia da Coruña. No que atinxe ás sancións, o 60% están relacionadas coa hostalaría, a maioría delas por non usar correctamente a máscara hixiénica ou sanitaria. Son datos ofrecidos pola Delegación do Goberno español na Galiza, que indica que é o duplo de sancións que na anterior in de semana. O Centro de Coordinación Operativo da provincia da Coruña (CECOR) creado para o seguimento da loita contra a COVID-19 mantivo unha nova reunión para avaliar as novidades introducidas recentemente pola Xunta e coordinar a conseguinte liña de actuación das Forzas de Seguridade do Estado na provincia da Coruña. De maneira especial abordouse a necesidade de manter "tolerancia cero cos incumprimentos no sector da hostalaría, atendendo desa maneira as indicacións feitas neste sentido pola Xunta coma autoridade delegada competente", indican nun comunicado. Acordouse adaptar os dispositivos policiais, de tal maneira que se intensificará a coordinación e colaboración entre as distintas forzas e corpos de seguridade. A subdelegada do Goberno na Coruña subliñou que é fundamental respectar as normas establecidas, polo que solicita que os cidadáns sigan as indicacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. |
PRAZA_19145 | Clodo Montero é secretario nacional de CIG-Banca, sindicato que impulsou tamén o proceso xudicial que acabou cos ex-dirixentes de Novacaixagalicia na cadea tras unha denuncia ante a Fiscalía. "Feijóo cedeu ao pulso que lle botaron os directivos", asegura. Feijóo volve tirar do bipartito para eludir responsabilidades na xestión das caixas | Feijóo volve tirar do bipartito para eludir responsabilidades na xestión das caixas O avogado coruñés Pablo Arangüena presentou o 24 de outubro de 2011 unha denuncia coa que puxo en coñecemento do xulgado as polémicas prexubilacións millonarias de Novacaixagalicia. O de instrución número 2 da Coruña trasladou o caso á Audiencia Nacional, que ditou sentenza catro anos máis tarde e que ordenou a semana pasada a entrada en prisión dos cinco ex-directivos das antigas caixas. Foran acusados pola Fiscalía onde o sindicato CIG tamén denunciara anteriormente, o primeiro de outono daquel mesmo ano, polas indemnizacións, prexubilacións e irregularidades na entidade. Dous procesos paralelos e por diferentes vías que acabaron con Gayoso, Pego, Gorriarán, Rodríguez Estrada e Pradas na cadea pero con moitas dúbidas aínda por resolver. A CIG presentou na Fiscalía unha denuncia que impulsou tamén o proceso contra os ex-directivos en paralelo á demanda de Arangüena Clodo Montero era -e segue a ser- o secretario nacional de CIG-Banca e compromisario na asemblea xeral da antiga Novacaixagalicia. "Denunciamos porque era o noso deber legal e moral defender os intereses da entidade", explica, quen aclara que presentou o escrito ante a Fiscalía Xeral do Estado ao non teren no sindicato "máis documentación e constancia que as cifras que estaban a saír na prensa". O Ministerio Fiscal derivou a denuncia á Fiscalía Anticorrupción, que abriu dilixencias de investigación poucas semanas despois nun proceso que logo asumiría tamén a Audiencia Nacional. "De non ser pola xornalista que investigou e publicou as indemnizacións, ninguén se tería enterado nin interesado" O secretario nacional de CIG-Banca non nega a importancia das denuncias, pero repara no feito de que, "de non ser pola xornalista de El País que investigou, descubriu as millonarias indemnizacións e as publicou, ninguén se tería enterado nin interesado". "O impacto no sindicato foi terrible porque, ademais, viñamos dun ERE; non tiñamos constancia oficial desas prexubilacións pero soubemos que era certo e cumprimos co noso deber de denuncialo", insiste quen pon o foco na administración á hora de repartir responsabilidades sobre as desfeitas finais nas caixas galegas. "Quen non actúa desde o inicio é a Xunta de Galicia e, ademais, nun marco que implica a esta mesma Administración", di Montero. Refírese ao feito de que todo o escurantismo que rodeou as caixas galegas e aos seus directivos fose fortalecido tamén pola propia lexislación. Tempo despois de que na prensa se desvelasen as indemnizacións de case 20 millóns de euros pactadas polos directivos, nada se sabía de maneira oficial. "A CIG pediu que, ao modificarse a lei de caixas se mudase o punto no que non se obrigaba á publicación dos salarios nin as condicións de saída fixadas nos contratos dos dirixentes, pero modificouse o anteproxecto e PP e PSdeG pactaron unha lei opaca mentres na banca privada xa era obrigado informar destas cantidades", lembra nunha reivindicación que compartían todos os sindicatos. "PP e PSdeG pactaron unha lei de caixas opaca que non obrigaba a coñecer as indemnizacións; parte do que pasou teríase evitado" "Parte do que pasou teríase evitado", advirte agora Montero, que censura especialmente o "desleixo" amosado polo Goberno galego cando "mesmo unha directiva europea" apuntaba xa sobre esta inconcibible opacidade nos salarios dos banqueiros. "Feijóo cedeu ao pulso que lle botaron os directivos", acusa o secretario nacional de CIG-Banca, que cre que coa entrada na cadea dos ex-dirixentes das caixas "fíxose xustiza pero só unha pouca". "A sentenza gústanos só parcialmente porque non debemos esquecer que, entre indemnizacións e plans de pensións, consignáranse 52 millóns de euros para o retiro", di. De feito, os 10,4 millóns que a Audiencia Nacional reclama aos ex-directivos van sobre as gratificacións e prexubilacións que recibiron indebidamente, pero non afecta ao que deben cobrar a partir dos 65 anos. Toda a mellora que pactaron nos seus contratos ía moito máis aló e incluía, ademais desas cantidades polos servizos prestados e a prexubilacións, un plan de pensións derivado do anterior en Caixanova. "Fíxose xustiza pero só unha pouca; os ex-directivos cobraron máis de 50 millóns e non devolveron nin o 10%" "Cobran máis de 50 millóns e non devolveron nin o 10%; arruinan unha entidade na que hai que poñer cartos públicos e marchan", resume Montero, que insiste en que no tema das caixas "queda moito por investigar e moitas responsabilidades por depurar". "Houbo un despezamento das caixas galegas, vendendo os seus activos a prezo de saldo nun proceso opaco e cunhas perdas equivalentes ao orzamento da Xunta para un ano", indica. Máis de 9.000 millóns de euros públicos para rescatar o que quedaba delas. Por todo isto, Clodo Montero ten claro que a comisión de investigación das caixas, que agora se retoma con polémica, "pechouse en falso" ao quedar "moito por pescudar". E lembra que o FROB denunciou na Audiencia Nacional diversas operacións en Novacaixagalicia "do que nada se sabe aínda". "Cando menos o Parlamento galego debería ter acceso a toda esa documentación, aínda que fose a porta pechada", engade para advertir tamén que a sociedade galega "segue sen coñecer aquel informe chamado auditoría de KPMG" que avalou unha fusión que acabou sen caixas galegas, un rescate millonario e un banco resultante en mans dunha empresa de Venezuela. "Queda moito por saber", remata quen puxo tamén a primeira pedra dun proceso xudicial que mantén na cadea cinco banqueiros. |
NOS_9738 | A eurodeputada do BNG Ana Miranda considera que a Comisión Europea lle dá a razón. | A Comisión Europea vai abrir un procedimento formal de infracción ao estado español por achar indicios de que Madrid non se ten axustado aos requerimentos da lexislación comunitaria en materia de seguranza ferroviaria. Esta decisión é produto da reivindicación das familias das vítimas do sinistro do Alvia —80 persoas falecidas, 144 feridas— e da denuncia interposta pola eurodeputada do BNG Ana Miranda contra o estado español (Goberno, Ministerio de Fomento, Dirección Xeral de Ferrocarrís, ADIF e Renfe Operadora). A denuncia rexistrouna Miranda o 7 de xullo de 2017 "xusto un ano despois de que a Axencia Ferroviaria Europea (ERA) entregara á Asociación de Vítimas do Alvia 04155 e ao BNG o informe que cuestiona a independencia da investigación realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF)", informa o Bloque en nota de prensa. Bruxelas non entra a cuestionar a seguridade do transporte ferroviario no estado, mais si o non cumprimento por parte das autoridades españolas das directivas que regulan este asunto, segundo indicaron fontes da Comisión ao diario El País. No albo da comisión, os procedimentos despregados polo CIAF, sen que repare en ningún sinistro en concreto. O BNG felicítase pola abertura deste expediente. "Chega dende Europa o momento de coñecermos a verdade e a xustiza, algo non acadado no Estado", avaliou a eurodeputada Ana Miranda. |
PRAZA_19376 | A Audiencia de Lugo dispón que o xuízo do caso Campeón se celebre entre o 24 de outubro e o 2 de novembro. Xunto ao presunto líder da trama, o empresario Jorge Dorribo, serán xulgados dous ex-cargos da Xunta e un antigo deputado do PP. | O 24 de maio de 2011, dous días despois das eleccións municipais nas que a vitoria do PP en boa parte dos principais concellos anticipou o seu triunfo nas xerais dese mesmo ano, a política galega experimentou todo un terremoto. Axentes de Vixilancia Aduaneira irrompían na sede do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía, e detiñan o seu director, Joaquín Varela, e mais o subdirector de Información Especializada da entidade, Carlos Silva, antes de realizar un minucioso rexistro. Mentres, en Lugo, os axentes enviados pola xuíza Estela San José facían o propio na sede dos ata ese momento prestixiosos Laboratorios Nupel e enviaban ao cárcere de Bonxe ao seu máximo responsable, Jorge Dorribo. Estaba en marcha a Operación Campeón, o primeiro caso de presunta corrupción que salpicou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo e que este outono, máis de seis anos despois, será xulgado entre o 24 de outubro e o 2 de novembro, segundo vén de dispoñer a Audiencia Provincial de Lugo. O estupor daquela primeira xornada, con ata unha quincena de prendementos, derivou en vaga expansiva polas que daquela eran tres forzas políticas do Parlamento: PP, PSdeG e BNG. Os axentes investigaban créditos do Igape ás empresas de Dorribo sustentados en facturación falsa, segundo os investigadores. Tamén identificaban delitos de suborno, branqueamentos de capitais, delitos contables ou tráfico de influencias. Ás sospeitas e indicios da investigación, sustentados en escoitas telefónicas, seguimentos aos presuntos implicados e na abondosa documentación incautada naqueles primeiros rexistros, uníronse as explosivas declaracións ante a maxistrada do presunto líder da trama. Boa parte das súas relacións con políticos de todo signo, aseguraba, estiveran engraxadas con tratos de favor, influencias e mesmo pagamentos de cartos en metálico. Tras ser detido o presunto líder do caso 'Campeón' acusou a políticos de todo signo de recibir cartos a cambio de favores e influencias Foi así como quedou trazado o primeiro mapa dunha instrución que en poucos meses chegou a atinxir unha corentena de persoas. Algunhas delas, non obstante, liberáronse das imputacións durante o proceso de instrución que a xuíza San José concluíu no outono de 2014. Este foi o caso do ex-alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, e mais do ex-ministro José Blanco, ambos sinalados por Dorribo como destinatarios de cartos a cambio de favores políticos e administrativos. A causa contra Orozco foi arquivada en 2012 e a de Blanco, abordada no Tribunal Supremo por ser aforado, tivo a mesma conclusión ao ano seguinte. Mentres, os cargos que afectaban ao ex-conselleiro Fernando Blanco (BNG), foron situados pola xuíza nunha peza separada tras examinar un informe de Facenda segundo o cal non constan probas de que os pagamentos aos que alude Dorribo se producisen en realidade. Sen acusación da Xunta Este é o pano de fondo co que Dorribo se enfronta a un proceso xudicial no que se enfronta a un amplo abano de acusacións. A Fiscalía impútalle oito: delitos contra a Facenda pública, falsidade en documento mercantil, suborno, branqueo de capitais, delito contable e insolvencia punible. A Xunta, que actúa como acusación particular no procedemento, atribúelle ademais falsificación de certificados oficiais. O empresario é tamén acusado pola Axencia Tributaria e fai fronte a unha petición de condena de ata 24 anos de cárcere. Dorribo enfróntase a unha petición de ata 24 cargos de cárcere Ademais de a Dorribo o Ministerio Público acusa doce persoas máis, pero a Xunta só a nove. A diferenza é que a Fiscalía procura condenas para responsables ou empregados de Nupel e doutras empresas supostamente implicadas na trama, como a construtora Proitec, e tamén para os antigos cargos da Xunta e do PP que foron procesados. Joaquín Varela e Carlos Silva terán que responder por presuntos delitos contra a Facenda Pública e o antigo deputado popular Pablo Cobián, quen tamén fora candidato conservador á alcaldía de Oleiros, por eses mesmos tipos penais e por tráfico de influencias. A Fiscalía atribúe aos antigos cargos do Igape delitos contra Facenda Pública e ao ex-deputado do PP Pablo Cobián, tamén tráfico de influencias A Administración autonómica, no entanto, non formula acusacións contra os seus antigos cargos nin contra o ex-deputado. Preguntado ao respecto no momento en que o xuíz ditou a apertura do xuízo, o presidente advertiu de que a decisión de acusar ou non é da Asesoría Xurídica da Xunta, que "fixa os criterios de defensa e representación". Cando "quen atenta contra o diñeiro público son empresarios" como no caso Campeón, agregara, cómpre ter en conta que "unha cousa é perder a confianza nun funcionario e resolverlle o contrato", como sucedera cos responsables do Igape, e "outra cousa é entender ou interpretar que hai responsabilidade penal na súa falta de dilixencia". Antes de que todas estas acusacións estean formalmente sobre a mesa no xuízo fica un trámite. Os representantes legais de todas as partes -trece avogados en total- están citados a finais de setembro nunha vista en que, segundo transcendeu, prevén formular diversas cuestións para procurar anular o proceso. Este será o espazo no que, se o desexan, poidan propoñer pactos á Fiscalía. |
PRAZA_6625 | O presidente da comunidade de montes, Luis Rodríguez, imputado por apropiación indebida, iniciou as obras con fondos da entidade sen contar coa aprobación dos seus membros. | A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Cabral, encabezada polo seu presidente, Luis Rodríguez, aprobou hai uns días o inicio das obras no proxecto de construción dunha senda de 5,4 quilómetros no río Lagares. A actuación ten un orzamento de 1,15 millóns de euros. Porén, o grupo de comuneiros e comuneiras críticas coa xestión de Rodríguez á fronte da entidade denuncia que este importante proxecto nin sequera foi consultado coa asemblea de comuneiros, ao igual que o millonario investimento. De feito, a pasada fin de semana máis de 150 persoas acudiron á asemblea convocada en Cabral por este grupo de comuneiros críticos, para recibir información sobre este proxecto. Denuncian que os traballos comezaron sen que aínda foran aprobados os orzamentos da comunidade de montes e aseguran que as obras nin sequera respectan os prazos administrativos legais. Tamén critican a actitude do Concello de Vigo e a súa connivencia coa polémica xestión de Rodríguez. Denuncian que os traballos comezaron sen que aínda foran aprobados os orzamentos da comunidade de montes e que as obras nin sequera respectan os prazos administrativos legais Cómpre lembrar que Luis Rodríguez foi denunciado nos últimos meses por falsear a aprobación de Contas na asemblea da Comunidade do pasado 1 de xuño, e que tamén foi imputado por apropiación indebida e xestión desleal. Os comuneiros consideran que a situación do Presidente da Xunta Directiva "cercado por accións xudiciais e carente do apio dos veciños" resulta "insostible". Engaden que "a única razón pola que se aferra ao cargo son os seus intereses e compromisos na promoción de Porto Cabral, xerando unha crise sen precedentes na Comunidade e poñendo en perigo a preservación do patrimonio comunal". Hai uns días, así mesmo, Esquerda Unida celebrou un acto público sobre os proxectos de Porto Cabral e Puerto Mediterráneo (Paterna-Valencia) "como exemplos dun modelo de urbanismo especulativo e con incidencia desastrosa nas economías locais". EU considera que Liñeiriños é a plasmación da "tolemia urbanista que contén o PXOM de Vigo" e afirma que "traballará arreo pola redacción dun novo PXOM e a modificación da presión que promotores e intereses económicos especulativos fan sobre o monte comunal de Cabral e por extensión na superficie rústica de Vigo". |
NOS_26346 | O programa, deseñado polo Concello e pola Universidade de Vigo, ten como obxectivo de promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria. A maioría das persoas inscritas decláranse castelanfalantes ou bilingües e entre as motivacións persoais para participar no programa indican o interese pola lingua e o perfeccionamento do galego. | A iniciativa 'Falamos', deseñada polo Concello de Pontevedra e pola Universidade de Vigo, rematou o seu período de inscrición a través de casetas colocadas en varias facultades do Campus de Pontevedra. O número total de persoas interesadas é de 171, sendo 77% mulleres. Esta proposta, posta en marcha pola Concellaría de Normalización Lingüística, que xestiona o concelleiro Alberto Oubiña, e pola área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, procura promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria do Campus de Pontevedra. Motivacións A través da información achegada no formulario de inscrición polas persoas participantes, entre as motivacións que as persoas inscritas indican para participar no programa destaca, maioritariamente, o interese pola lingua e por perfeccionar o galego, e en case todos os casos tamén indican que por defendelo. En canto ao tipo de falantes, a maioría considérase bilingüe (75 persoas), ou castelanfalante (63 persoas), e tan só 31 das persoas inscritas se presenta como galegofalante. En canto aos estudos universitarios, as persoas inscritas proceden de practicamente todas as carreiras que se imparten no Campus de Pontevedra, aínda que por número destacan as que cursan Audiovisuais e Maxisterio/Grao en Educación Infantil ou Primaria. Aínda que a campaña a través de postos físicos nas facultades xa rematou, permanece aberta a posibilidade de inscribirse a través desta páxina web. Tamén a través desta páxina, as persoas xa inscritas teñen aberta, neste momento, a posibilidade de solicitar as actividades nas que desexan participar. Están programados clubs de lectura, cursos de cociña, visionado comentado de filmes na Casa das Campás e a participación no voluntariado lingüístico. |
NOS_58149 | "O presidente do goberno sábeo", di nunha gravación o ministro do Interior ao xefe da Oficina AntiFraude. Rajoy afirma que descoñecía esas conversas e que nin sequer sabía que existía unha oficina antifraude en Catalunya. | "O presidente do goberno sábeo. Eu díxenllo. É un home discreto". Esta é a frase que sitúa o foco sobre Mariano Rajoy no escándalo xerado polas conversas entre o ministro do Interior e o xefe de Antifraude, De Alfonso, para fabricar escándalos contra dirixentes e líderes independentistas. A frase pronúnciaa Fernández Díaz e aparece nunha das gravacións que o diario Público.Es está a sacar á luz e na que o ministro discute co responsábel da oficina antifraude como obter dados que poidan servir para involucrar ERC e CDC en escándalos. As gravacións son de 2014, pouco antes da consulta soberanista do 9N, mais é agora cando se coñecen. "Eu tomo nota e trasladarei a conversa a quen podes imaxinar", di o ministro nun momento da conversa e despois de falar con De Alfonso sobre varios dirixentes independentistas. Preguntado sobre estas revelacións nunha entrevista en Onda Cero, o presidente do goberno español dixo descoñecer o contido desas reunións mais apuntou que ese tipo de xuntanzas son "absolutamente normais". Rajoy confesou non ter lido as transcricións nin escoitado as gravacións mais considera que o contido das mesmas amosan "dúas persoas que falan". Ademais, dixo que "non sabía" que existía en Catalunya unha oficina de loita contra a fraude nin o posto de director, con quen mantivo varias reunións o seu minstro do Interior. "E non teño nada máis que dicir", concluiu após asegurar que "nunca" desde o seu goberno se filtrou información sobre partidos políticos. Unha bomba na recta final da campaña As gravacións dinamitaron a recta final da campaña electoral en Catalunya. Todos os partidos, agás PP, demandaron a demisión do ministro e o cesamento de De Alfonso. Fernández Díaz, ademais de ministro en funcións, é candidato do Partido Popular por Barcelona. Desde Junts pel Sí e a CUP explicaron que estas gravacións son unha mostra máis da 'guerra suxa' que desde o goberno español se leva a cabo contra o proceso soberanista catalán. |
PRAZA_18385 | É a primeira vez que se licita de forma aberta este contrato, o que permitirá un aforro duns 19 mil euros anuais. Ademais, introdúcense requisitos de sustentabilidade, garantía de contratación dun 50% de mulleres e esixencia de medidas de conciliación familiar para homes. | O Pleno do Concello de Moaña aprobou na súa sesión ordinaria do pasado xoves 25 de outubro a licitación da subministración de toda a enerxía eléctrica que consome o Concello: alumeado público, edificios municipais e colexios públicos. Este contrato viña supoñendo ao redor de 420.000 euros anuais que nas últimas décadas viñan sendo entregados de forma automática á mesma compañía eléctrica (cos seus sucesivos nomes Fenosa, Gas Natural, Naturgy). O Goberno local destaca que é a primeira vez que se vai licitar de forma aberta este contrato, rachando cunha "inercia" que impedía "negociar un prezo ou condicionar a orixe da enerxía", e do que saía beneficiada esa multinacional. Este contrato viña supoñendo ao redor de 420.000 euros anuais que nas últimas décadas viñan sendo entregados de forma automática a Gas Natural-Fenosa Os pregos que se levan a pleno son o resultado do traballo do Instituto de Sustentabilidade Enerxética (ISENER) contratado polo Concello para realizar unha análise do consumo enerxético municipal. A proposta de licitación prevé a división do contrato en 5 lotes en función das diferentes tarifas reguladas na normativa do sector eléctrico. Establécese que unha empresa non poderá ser adxudicataria de máis de dous lotes. Con esta limitación, o goberno de Moaña persegue o obxectivo de favorecer a participación das pequenas e medianas empresas e evitar, polo tanto, a concentración da riqueza e o poder económico nas grandes compañías multinacionais. Con esta licitación o goberno de Moaña persegue ademais un aforro económico, consecuencia directa de promover unha concorrencia pública e aberta entre as empresas comercializadoras que operan no sector eléctrico. A proposta de licitación elévase aos 407.293,51 euros anuais, un aforro de cando menos 19 mil euros (un 4,5%), se temos en conta que a media dos contratos dos tres últimos anos foi de 426.334,84 euros. Os pregos están redactados buscando, en primeiro lugar, a sustentabilidade e respecto ao medio, introducindo como requisito que a subministradora conte con etiqueta eléctrica tipo A que garante que a enerxía foi producida cun impacto ambiental mínimo. Entre 2015 e 2017 o Concello de Moaña reduciu o seu consumo eléctrico un 22,6%. Un dos requisitos é que cando menos o 50% das novas contratacións deban estar cubertas por mullere e que a metade das mulleres contradas ocupen postos de traballo cualificado Introdúcense ademais numerosas cláusulas sociais. Un dos requisitos é que cando menos o 50% das novas contratacións durante o proceso de execución do contrato deban estar cubertas por mulleres. Deberán ademais realizarse un mínimo do 10% con base á reinserción laboral de mulleres en condicións especiais (con discapacidade funcional, vítimas de violencia de xénero entre outras). Tamén se require unha presenza feminina mínima do 50% nas novas contratacións ou promocións para os postos de traballo cualificados, de responsabilidade ou xerencia da entidade (e subcontratas vinculadas). O Concello de Moaña prevé aforrar un mínimo de 19 mil euros anuais Ademais requiriráselle ás empresas que resulten adxudicatarias a existencia de medidas específicas de conciliación familiar durante a duración do contrato, dirixidas especificamente a homes e familias de unha única persoa proxenitora. Tendo en conta que o sector eléctrico está altamente masculinizado, o goberno de Moaña quere avanzar con estas medidas na loita contra a desigualdade entre homes e mulleres e fomentar a corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar e laboral. |
NOS_12865 | O 7 de xaneiro de 2013 Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anso e desde a Fundación Penzol que el dirixiu fan un chamamento público para que institucións, colectivos, entidades e á cidadanía galega conmemore a data sinalada do que fora presidente da Real Academia Galega. Propoñen tamén proclamar o 2013 como Ano Fernández del Riego. | Co fin de mostrar a súa inmensa dimensión no ámbito cultural do século XX, desde os seus anos na Universidade ate o seu tempo de reforma da Academia Galega, pasando pola súa longa traxectoria no galeguismo e no estudo e a investigación da nosa cultura, a Fundación Penzol comeza nestes días próximos ao 26 de novembro que é o segundo cabodano do seu falecemento a campaña para a conmemoración do Ano do Centenario de Fernández del Riego. "Efeméride quue cómpre recordar e conmemorar como tal insigne e exemplar protagonista merece", sinala, e, para iso, chaman a entidades, institucións e colectivos, mais tamén medios de comunicación, ensino e cidadanía en xeral para que ao longo do ano, promovan e organicen actividades arredor da súa figura. A Fundación Penzol, que Fernández del Riego dirixiu desde 1963 a 2010, etán a preparar un calendario de actividades que están pendentes de distintos trámites, enter eles a axuda institucional, queu contan poder presentar o próximo ano. Propoñen, alén das actividades, proclamar o 2013 como Ano Fernández del Riego. |
NOS_36601 | Apróbase a municipalización dos servizos contra o criterio da Intervención Municipal, cuxa obxección foi salvada nunha votación decidida polo sufraxio de calidade do alcalde. | Despois dunha primeira votación para levantar o reparo que Intervención Municipal lle interpuxera ao expediente de concesión en 2016, a aprobación definitiva da municipalización da ORA e o guindastre chegou cos votos favorábeis de Compostela Aberta e BNG e a abstención do PSOE. Na súa intervención, o alcalde reiterou o convencemento de que a municipalización destes servizos de mobilidade "permitirá aplicar políticas públicas que serán beneficiosas para a cidadanía". Coa súa aprobación, féchase o expediente xudicial aberto hai dous anos que anulaba a concesión feita en 2012 á empresa Setex Aparki. Nesta liña, Martiño Noriega asegurou que o Goberno local está "amparado xuridicamente". Depuradora No pleno ficou rexeitado tamén o convenio con Acuaes e Augas de Galicia para a construción da depuradora do Souto, cos votos en contra de Compostela Aberta e a abstención dos demais grupos. O alcalde asegurou que a proposta de convenio realizada por Acuaes "é prexudicial para Santiago" e avanzou que nos próximos días farán pública a novo proposta para a EDAR. Nela, introducirán as demandas do concello que Acuaes e Augas de Galicia rexeitaran no anterior convenio. |
NOS_28516 | Após 34 anos ininterrompidos de compromiso coa música tradicional e as súas profesións, todos os ollos volven pousarse sobre Pardiñas. A Feira e Festa da Música e Arte regresa co seu espírito orixinario intacto, froito da acción colectiva e da transmisión xeracional arraigada na asociación Xermolos. Distintas figuras da cultura galega e foránea achegaranse entre o 2 e o 4 de agosto ao concello de Guitiriz para arroupar unha programación tan variada como suxestiva. | Nin a fama nin o tempo foi quen de deshumanizar Pardiñas ou de lle arrebatar o seu espírito orixinario. No seu 34 aniversario, a Feira e Festa da Música e da Arte segue a ser un encontro colectivo e artesanal, logrado unicamente coas mans dos seus colaboradores e colaboradoras. A responsábel do evento, a asociación Xermolos, delega agora nos seus fillos e netos o traballo e soños das nais e pais fundador@s. E ese espírito de comunidade empapa ao visitante nada máis poñer un pé na súa extensa paisaxe. Entre o 2 e o 4 de agosto, esta pequena aldea de arredor de 100 habitantes do concello de Guitiriz, na Terra Chá, volverá ser a capital da música tradicional e das súas profesións. Unha programación tan variada como suxestiva arroupará unha edición marcada, non entanto, pola limitación dos recursos. Como é habitual, o prato forte da cita virá de man dos concertos que, nestes tempos de crise, continúan a ser de balde. E, malia non cinguirse estritamente ao folk, a música de raíz será a protagonista nas táboas. Entre o sábado e o domingo circularán polo seu escenario artistas e bandas da terra como Susana Seivane, Os Minhotos, Coanhadeira, Skarallaos, Dios ke te Crew e Fanfarria Taquikardia. De fóra das nosas fronteiras, chegarán dende Catalunya, Tara, e Harmonica Drems dende O Xapón. Non só unha festa musical, tamén das letras Pero Pardiñas é moito máis que unha cita musical. Xa dende os seus albores, preocupouse por poñer en valor outras actividades como a feira de artesanía- unhas das primeiras do país- ou a mostra de instrumentos tradicionais que, a cargo da Asociación de Gaiteiros Galegos, cumpre 20 anos e estará adicada ao folclore de Asturies e O Bierzo, nesta derradeira edición. Aliás, Pardiñas sempre mantivo unha relación moi especial cos escritores e escritoras das nosas letras. Nomes como Manuel María, Avelino Pousa Antelo ou Xosé María Díaz Castro son selo do encontro e a súa habitual presenza reivindicou que a cultura vai alén das instancias institucionais e tamén reside no pobo. "No certame literario para nenos desta edición, participaron máis de 600 rapazas e rapaces de colexios das catro provincias galegas", comenta Branco con orgullo. Para entregar os premios, estarán Xosé Neira Vilas, Marica Campo, Paco Martín e David Otero. Presentarase, ademais, un traballo de investigación de Xosé Lois García sobre a lusofonía. Tamén se darán a coñecer un guieiro adicado a Xosé Seivane e, outro, en homenaxe a Avelino Pousa Antelo, "o patriarca de Pardiñas" quen, en palabras de Alfonso Branco, "nunca renunciou a vir, incluso cando superaba os 90 anos". "En Pardiñas, todas e todos son creadores e artistas" "É o que ten Pardiñas, que hai tanto nenos como avós e todos o pasan ben", engade o seu impulsor. E, para logralo, as actividades tentan que todo o mundo participe activamente. Haberá, pois, obradoiros de danza tradicional e construción de palletas, proxeccións audiovisuais, exposicións de pintura, escultura e fotografía e mesmo teatro. A carreira popular manterase tamén este ano e Peter Punk amenizará a xornada para os máis pequenos. "Quen queira pode vir co seu cadro ou co seu poema. En Pardiñas, todas e todos son creadores e artistas", invita Alfonso Branco. De feito, haberá tamén un palco para espontáneos, no que adoitan xurdir jam sessions á galega e inaugurarase un concurso de cantos de taberna. Un minuto de música para as vítimas de A Grandeira "Estes días estamos recibindo chamadas de escritores ou persoas anónimas que nos solicitaron que, nesta edición, rendésemos homenaxe ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois", explica Alfonso Branco a Sermos Galiza. "Mais farémolo cun minuto de música, no canto dun minuto de silencio". E é que no serán do 24 de xullo tamén pereceu un gaiteiro incondicional de Pardiñas. Santi Barral, orixinario de Tenerife "pero galego de adopción" e membro do grupo Xtramonio "tamén estará no recordo desta edición tan especial", asegura Branco, visibelmente emocionado. |
NOS_52474 | O premio, que chega á súa sétima edición, está convocado por Baía Edicións e dotado coa publicación da obra e 2.500 euros. A gañadora é unha ""novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafío dunha muller afouta nun mundo de homes". | Héctor Cajaraville gañou a sétima edición do premio Meiga Moira de literatura infantil-xuvenil, un certame que convoca Baía Edicións. O xurado decidiu por unanimidade conceder o galardón á obra presentada baixo o lema "Briolanxa". Abertas as plicas, esta resultou corresponder a presentada polo escritor compostelán Héctor Cajaraville Araujo, que leva como título 'Denébola a Roxa' e proposta para lectoras e lectores a partir de 12 anos. O Xurado manifestou, entre outros aspectos, que é unha "novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, ambientada no século XVII que relata o desafío dunha muller afouta nun mundo de homes. A protagonista, Denébola, que comparte nome coa estrela máis brillante da constelación de Leo, loitará pola procura dun destino máis luminoso que o que seu pai elixiu para ela.Marcada desde o nacemento pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, tentará rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas da súa propia vida". Publicación A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio. O xurado valorou tamén a "a alta calidade das obras presentadas, das que catorce alcanzaron a selección final", o que evidencia "o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil." O xurado estivo formado polas escritoras Andrea Maceiras (gañadora dos 4.º Premio (2010) e 6.º Premio (2014) e Conchi Regueiro, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, a tamén escritora Marica Campo, que actuou de Presidenta, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria |
NOS_6959 | A violencia contra as mulleres ocupa unha parte cada vez máis ampla do debate público. E, porén, a lexislación non acaba de funcionar. As carencias materiais dificultan o desenvolvemento de pactos e normas ao respecto. Os xulgados especializados, só dous na Galiza, non dan feito. Algunhas voces esixen iren máis alá e piden unha "despatriarcalización da xustiza". Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 323 de Sermos Galiza. | Hai un dado ben expresivo. Ofréceo a xuíza Paz Filgueira, durante sete anos empregada no Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo. Entre este e o da Coruña, os dous únicos especializados na materia na Galiza, atenden unha poboación de case 700.000 persoas. Porén, acaparan a metade das denuncias do país. A outra metade corresponde a áreas onde viven dous millóns de habitantes. A fenda é obvia. "Resulta inverosímil. O que está claro é que se hai xulgados especializados, facilítase que emerxan as agresións contra as mulleres", explica Filgueira a Sermos Galiza. Esta especialización implica, ademais, que os axentes da Policía ou a Garda Civil asignados sexan persoal con coñecementos axeitados para afrontar a violencia machista. Mais non chega a todo o territorio. A Paz Filgueira, desde hai dous meses maxistrada no Xulgado de Familia de Vigo, preocúpalle esta fractura entre o urbano e o non urbano no que atinxe á atención xudicial á violencia contra a muller. "A situación nas cidades é diferente ao rural, onde o acceso aos recursos é máis complicado", afirma, "as circunstancias socioeconómicas e culturais tamén difiren". A independencia económica das mulleres -"por poñer o exemplo das explotacións agrarias, en 2016 só 13 estaban a nome dunha muller; como marchas así da casa?"- ou os atrancos de denunciar nunha vila pequena son algunhas problemáticas específicas ás que se enfrontan as agredidas máis alá do ámbito urbano. A falta de medios materiais é a principal eiva coa que lida o tratamento xudicial da violencia machista. Implica a mencionada escaseza de xulgados especializados, mais tamén o incumprimento xeral do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, asinado en 2017 polos grupos parlamentarios do Congreso, os gobernos autónomos e a Federación Española de Municipios e Provincias. "Prodúceme un pouco de tristeza estar sempre a repetir o mesmo, que se cumpran as leis", considera Carme Adán, ex secretaria xeral de Igualdade do Goberno bipartito e que está a piques de publicar o ensaio Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión (Galaxia, 2018). Adán insiste na necesidade de formación das e dos profesionais da xustiza. [Podes ler a reportaxe íntegra no número 323 de Sermos Galiza. Á venda na loxa e nos quiosques] |
NOS_36139 | Un estudo estima que Galiza quedou sen máis de 100 sucursais no primeiro semestre do ano. No Estado español tramitáronse 1.476 supresións. | As entidades bancarias seguen a anunciar feches de sucursais no rural galego a pesar da ampla contestación social e dos diferentes movementos para que non se perda este servizo esencial. Pero mentres a Xunta concede axudas para crear caixeiros naquelas localidades nas que non hai oficina a Abanca -unha das empresas que máis recortes está a facer-, no país continúan a notarse os efectos da reestruturación. Tanto é así que tan só na primeira metade de 2021 desapareceron no país máis dun centenar de sucursais de atención ao público, e iso sen ter en conta que foi a partir do verán cando máis repercusión colleron os fechamentos o que provocou unha ampla mobilización da cidadanía. O Banco de España concreta, nun informe, que en seis meses a Galiza recortou 104 estabelecementos deste tipo. Isto implica que cada un dos meses, entre xaneiro e xuño, suprimíronse da rede bancaria galega 17,3 sucursais. Os datos do Banco de España van máis aló cando hai que estabelecer números a nivel do Estado, pois a rede de 112 entidades de depósito quedou con 20.823 puntos de atención ao público en xuño, "o seu menor nivel desde o ano 1977". Trátase dun recorte de 789 oficinas en tres meses (-3,6%), de 1.476 oficinas desde que comezou o ano (-6,6%) e de 2.576 sucursais respecto ao dato de xuño de 2020 (-10,8%). Os axustes teñen lugar nun escenario no que as principais entidades bancarias están a reestruturar o seu persoal e a súa rede de oficinas "para gañar eficiencia e adaptarse á nova demanda dos seus clientes, que cada vez utilizan máis as canles dixitais e acoden menos ás sucursais". No entanto, esta dinámica dixital non é tan habitual na Galiza, onde están a obrigar a unha poboación avellentada a ter os cartos na casa ou depender de xente máis moza para acceder ás apps e até os caixeiros, o que é entendido como un novo ataque ao rural. No global, o país é o quinto territorio que perdeu máis oferta, dentro dun ritmo de fechamentos de dez oficinas cada xornada. |
PRAZA_5314 | Cumpre manifestar contundentemente o nosso apoio e solidariedade com quem é acossada vilmente por ser conseqüente com esta visom universal, abrangente e integradora da língua | Este coletivo foi a força de choque de umha oposiçom parlamentar que tencionava atacar o Governo por todas as vias e nem se importou em abandonar consensos prévios Foi durante a ditadura bipartida quando a associaçom Galicia Bilingüe apareceu nas capas de todos os jornais da Galiza. Naquele momento, este coletivo foi a força de choque de umha oposiçom parlamentar que tencionava atacar o Governo por todas as vias e nem se importou em abandonar consensos prévios em que participara o próprio PP na década de 90. Galicia Bilingüe foi protagonista: nas suas mobilizações participavam futuros conselheiros, futuros vice-presidentes, presidentes de cámaras municipais... Umha capacidade de influência potenciada por uns altifalantes mediáticos que interessadamente colocárom um suposto conflito e umha suposta discriminaçom como discurso central. Gloria Lago, líder do grupo, em só uns meses conseguiu o que outros nom atingírom em anos: entrevistas em televisom, rádios, jornais... muitos recursos e plataformas ao seu alcance e ao seu serviço. De importante ajuda para atingir o objetivo de pisar tapete, GB tornou-se numha companhia incómoda e ruidosa que, abandonada e magoada, berra e precisa chamar a atençom de quem foi seu aliado Num tempo no que a escolarizaçom das nossas crianças em galego era igual de complicada que agora, pudemos conhecer pais e mães que nom tinham oportunidade para educar os seus filhos em castelhano na… Corunha e Vigo!! Progenitores que se tinham que deslocar até à província de Samora para poderem comprar os livros de texto das suas filhas e filhos em língua castelhana. Realmente Galicia Bilingüe estava no centro do foco e tinha poder. Mas os tempos mudam. E nem sempre som chegados. A centralidade e necessidade de GB para o PP foi desaparecendo e quem anteriormente nom tivo escrúpulos em acreditar em falsos conflitos, agora tem de gerir umha realidade que nom se corresponde com o mundo ficcional descrito polos bilingüistas. De importante ajuda para atingir o objetivo de pisar tapete, GB tornou-se numha companhia incómoda e ruidosa que, abandonada e magoada, berra e precisa chamar a atençom de quem foi seu aliado, de quem tirou proveito dela. Que estejam a cumprir os pontos básicos do seu roteiro nom lhe avonda: é por isso que a sua procura da divisom e do conflito se centra agora em denúncias mediáticas, como a recente contra a equipa de dinamizaçom lingüística do Conservatório de Santiago, centrada na sua responsável, Isabel Rei. Curiosa associaçom que se diz bilingüe e pola igualdade mas que no seu site só recolhe denuncias contra o galego Curiosa associaçom que se diz bilingüe e pola igualdade mas que no seu site só recolhe denuncias contra o galego. Curiosa associaçom que habitualmente reclama contra medidas estimuladoras e a favor da língua galega e que agora pretende impor a umha equipa de dinamizaçom como é que tem que fazer o seu trabalho. Se o seu protesto fosse para reclamar algum tipo de material em castelhano, a sua linha habitual, poderia até enquadrar na sua peculiar lógica. Mas, neste caso, quem tem apreço zero polo galego pretende impor a quem trabalha com a nossa língua como esta deve ser entendida e interpretada. Onde durante anos hom houvo nengum tipo de problema, pretendem criar a divisom, apesar de que o grande valor por explorar da nossa língua é a sua capacidade de servir como factor multiplicador e mais-valia para toda a cidadania galega. Cumpre manifestar contundentemente o nosso apoio e solidariedade com quem é acossada vilmente por ser conseqüente com esta visom universal, abrangente e integradora da língua Frente a este discurso do ódio à língua própria da Galiza existe umha cidadania ativa e consciente que percebe que como galegas e galegos temos umha característica única que nos distingue de outros povos. Somos a única realidade nacional que tem capacidade de comunicar nas duas línguas romances mais pujantes e estendidas no mundo. Temos formaçom para comunicar em castelhano e, de maneira natural, comunicamos em galego, o nosso português. Utilizamos a língua para unir, para reforçarmos a nossa coletividade, para abrirmo-nos ao mundo para chegarmos a ser universais a partir do próprio. Mas nom para dividir ou para tentar esquecer a nossa raiz. Cumpre ser firmes e rejeitar os argumentos de quem procura umha Galiza já nom galega, cumpre mostrar que a nossa língua, além de principal símbolo da nossa identidade, é umha riqueza. E cumpre manifestar contundentemente o nosso apoio e solidariedade com quem é acossada vilmente por ser conseqüente com esta visom universal, abrangente e integradora da língua. |
NOS_50778 | "Non é unha boa noticia. Buscan fórmulas para recadar e xa están a dar por feito que a xente vai asumir a súa implantación", lamenta José Fernández, vicepresidente da asociación de transportistas lugueses Tradime. | Os transportistas de Tradime, en Lugo, rexeitan a posibilidade de incorporar peaxes ás vías de alta capacidade e advertiron de que, se finalmente o Goberno estatal opta por cobrar polo seu uso, isto "restaría competitividade á Galiza". Unhas declaracións que se producen logo que a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, reiterase esta semana que hai que valorar un sistema de mantemento das estradas e, singularmente, das vías de alta capacidade como son as autovías. O vicepresidente de Tradime, José Fernández, puxo de relevo esta cuarta feira que no sector "sempre" se opuxeron "a este tipo de novo imposto". "E se se nos aplica como sector afectaríanos moi negativamente", engadiu, ao tempo que engadiu que, no caso de "ter que aceptalo", o que farían sería "trasladalo [os seus custos], como ocorre co gasoil, aos cargadores". 1.126 quilómetros de estradas poderían pasar a ser de pago na Galiza en 2024 Fernández deixou caer que "isto sería engadir un custo máis aos produtos" que transportan, e isto, alertou, "orixinaría na Galiza que se reste competitividade". "Non é unha boa noticia. Buscan fórmulas para recadar e xa están a dar por feito que a xente vai asumir a súa implantación", manifestou. O empresario do transporte puxo o foco en que, aliás, en Lugo "apenas" se dispón destas vías, pondo o exemplo da A-6, "que nin sequera conta cun proxecto de reconstrución cuns prazos determinados ou fixos". "Parécennos peaxes [se se implantasen] por algo que non podemos utilizar", criticou. José Fernández tamén se referiu á A-8, que xunto á A-6 son as dúas autovías que atravesan o territorio lugués, polos problemas no Alto do Fiouco. "Vai ter que ocorrer outro accidente para que se implante un sistema" para cruzar sen problemas por ese lugar, lamentou. Que data manexa o Goberno español para implantar peaxes en todas as autovías estatais? Finalmente, volveu insistir en que "a peaxe para a Galiza e para Lugo non é positiva, sobre todo, tendo en conta o custo do que se fala, de dez céntimos para turismos por quilómetro de autovía e vinte céntimos para os camións". Unha nova polémica para o sector, o posíbel pagamento polo uso de autovías, que se suma ás críticas ao desvío de Pedrafita do Cebreiro, pola caída da ponte na A-6, que en caso de neve obrigaría os camións a botar man da estrada N-120 para esquivar Pedrafita. |
NOS_13037 | A asociación ecoloxista ADEGA vén de realizar en Gondomar a 42 asemblea xeral, que decorreu nun ambiente participativo para fixar as liñas prioritarias nas que a entidade traballará durante todo o ano. A seca e o cambio climático, os incendios e a megaminaría ocuparán parte do labor que desenvolverá ADEGA. | Gondomar acolleu o sábado, 17 de febreiro, a 42 asemblea xeral de ADEGA, que fixou a folla de rota para o presente ano. Alén de aprobar a documentación interna para o traballo organizativo, a asociación ecoloxista desenvolveu grupos de traballo abertos a distintas entidades ecoloxistas. "Convidamos plataformas que traballan en cuestións que nos preocupan", sinala Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA, en declaracións a Sermos Galiza. Entre os convidados figuraron Pladever, a Plataforma en Defensa do Río Verdugo. Precisamente, o transvasamento do Verdugo foi tratado na asemblea. E é que a seca, o cambio climático e o ecosistema acuático serán unha das liñas estratéxicas nas que ADEGA traballará nos próximos meses. Outra das liñas de acción teráa ver coa política forestal e mais os incendios. Foi neste punto onde as socias e socios, ademais de SOSGroba –outra das entidades convidadas, que presentou as tarefas que desenvolven na comarca en defensa do monte galego– puxeron en común métodos para difundir e promover a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais. Aliás, as socias e socios e persoas convidadas tamén puideron participar do grupo de traballo sobre megaminaría, unha temática que ADEGA lanzou "dada a Lei de Depredación e a posibilidade que outorga á hora de reactivar minas ou de instalar máis parques eólicos", afirma Virxinia Rodríguez. Neste grupo de traballo, gozou de protagonismo a Plataforma contra a mina de Touro, que convocou unha manifestación para o próximo domingo, 25 de febreiro. ADEGA non esqueceu a educación e o voluntariado ambiental –desde unha posición de "acción política", en palabras da presidenta-; o impulso da Eira da Xoana, vinculada a un equipamento e encamiñada á recuperación dos saberes tradicionais; as melloras organizativas, entre as que destaca a reactivación da delegación de Vigo, ou a necesidade de estabelecer sinerxias con plataformas coas que comparten obxectivos comúns en defensa do medio ambiente. Entrega dos premios Durante a comida de confraternización que segue a asemblea xeral tivo lugar a entrega dos premios Osíxeno e Dioxina. Nesta ocasión, o Osíxeno de Honra recaeu en Agustín Ferreira, fundador de ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño) e da Asociación Cultural Guardesa en recoñecemento do seu traballo e da súa traxectoria en defensa do medio ambiente e do patrimonio. Aliás, recolleron o Osíxeno ás mellores actitudes ou actuacións ambientais do ano Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, dado o seu compromiso e activismo en defensa do patrimonio galego e contra o espolio da industria pasteiro-enerxética, e a comunidade de montes de O Covelo, Coruxo, Froxán e Casal de São Simão (Portugal) polas súas actuacións a prol doutros modelos máis sustentábeis para e xestión dos montes, contra os lumes e a eucaliptización. En canto os premios Dioxina ás accións "máis nefastas" para o ambiente, ADEGA elixiu o conselleiro de Industria, Francisco Conde, máximo responsábel do departamento que "promoveu a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación" e os dirixentes políticos da Consellaría do Medio Rural "polo seu desleixo na salvagarda da Lexislación de Montes e a súa conivencia co lobby pasteiro-enerxético, que mesmo provocou a eucaliptización de lugares tan emblemáticos como o Pedregal de Irimia". Ningún dos premiados co Dioxina recolleu o "galardón". |
NOS_32313 | A Plataforma Vítimas ALVIA 04155 considera que Pastor, presidenta do Congreso e cadro político da máis directa confianza de Mariano Raxoi, é a "persoa que máis ten traballado desde as institucións públicas para tratar de ocultar as verdadeiras causas dunha traxedia que acabou coa vida de 80 persoas e deixou máis de 140 feridos". | As vítimas do Alvia focalizan a responsabilidade de Pastor en que, sendo ministra de Fomento, "se desconectou o sistema de seguridade ERTMS" e que se fixo sen previamente ter feito unha "avaliación do risco". O ERTMS tería evitado que o fallo humano do maquinista resultase nunha traxedia. A plataforma, nun comunicado enviado aos medios esta segunda feira, apón a Pastor que obstaculizase a realización dunha investigación independente. O outro político que se ten visto salpicado pola catástrofe, tamén polas súas responsabilidades como ministro de Fomento, é José Blanco, purgado por Sánchez na lista do PSOE á Eurocámara. |
NOS_27467 | O independentismo mantén a maioría absoluta (70 de 135 escanos da Cámara) nun 21D no queCiudadanos foi a forza máis votada. 47,5% dos votos foron para candidaturas independentistas, 45% para as constitucionalistas e 8% para Catalunya en Comù. | Cunha participación histórica (81,9%) e nunha situación de anormalidade, o independentismo foi quen de manter a maioría parlamentar. Junts per Catalunya (34 escanos), ERC (32) e CUP (4) suman 70 deputados dos 135 que ten o Parlamento catalán. Maioría absoluta, que está en 68. A forza máis votada foi Ciudadanos, con 37 escanos, mais que son insuficientes para tecer unha maioría constitucionalista ou do 'bloque do 155' pois PSC ficou en 17 escanos e PP, 3 (suman 57). Os populares pasan ser a última forza en Catalunya. Catalunya en Comú logrou 7 representantes. O independentismo logrou 47,5% dos votos (superando os dous millóns de papeletas), por 45% das forzas do bloque que apoiou o 155 e 7,4% dos 'comúns', que logran 8 deputados, 3 menos que hai dous anos. SE sumamos as forzas opostas ao 155, representan unha clara maioría na Cámara: 78 de 130. Por circunscricións, Ciudadanos foi a forza máis votada en Barcelona e Tarragona, sendo Junts per Catalunya en Girona e Lleida. Junts per Catalunya e ERC suman por separado máis deputados (66) que os que lograron en 2015 concorrendo xuntos en Junts perl Si (62). Xabier Albiol (PP) foi dos primeiros en comparecer na noite electoral. Fíxoo para parabenizar Ciudadanos e recoñece o mal resultado do Partido Popular. "É un mal idea, vemos con preocupación o futuro de Catalunya coa maioría independentista". Tamén Miquel Iceta (PSC) se mostraba triste polo feito de que o independentismo conseguise a maioría absoluta e os socialistas só medrasen 1 deputado. A outra cara do constitucionalismo foi Inés Arrimadas (Ciudadanos), exultante na noite electoral, gabándose de "por primeira vez en Catalunya gañou o constitucionalismo". A candidata de Cs di que "ficou claro" que a maioría dos cataláns queren ser españois. No independentismo a satisfacción por manter a maioría absoluta era evidente. Cando aínda non finalizara o reconto de votos -mais este xa pasaba do 90%- compareceron responsábeis da ANC para resumir o que ascontecera na xornada: "O independentismo gañou as eleccións con máis participación da historia e nun contexto particularmente difícil". Unha reflexión partillada por Junts per Catalunya, ERC e CUP. Carles Puigdemont (Junts per Catalunya) compareceu en Bruxelas e afirmou que "a república catalá derrotou a monarquía do 155". Para Puigdemont, nas eleccións deste 21D Mariano Rajoy "recibiu unha labazada dos cataláns". Os resultados, con maioría independentista no Parlament, deben levar a Europa a "tomar nota", dixo. Marta Rovira (ERC) chamou a un goberno republicano que "recupere as institucións" para o pobo catalán e a CUP, se ben recoñeceu que a súa baixada (de 10 a deputados) foi dura, incidiu en que a República continuaba viva. |
NOS_31558 | Consideran que as políticas de recortes do PP "só facilita a miseria e a perda de dereitos sociais e laborais no canto de facilitar o acceso a traballo en condicións dignas para as traballadoras e traballadores" | A Asociación de Empregadas do Fogar Xiara secundará a folga xeral de mañá. A través deste comunicado, o colectivo expón que o apoio á xornada de paro parte da defensa "dun dos piares dos dereitos fundamentais : o traballo, pero non como forza de traballo barata e a baixo custe senón con condicións dignas". Xiara sinala que no sector do emprego doméstico, "por desgraza, temos experiencia en aturar condicións de precarización, e case de escravitude". Logo de moita loita, afirman, "conseguimos que o pasado 2 de xaneiro entraran en vigor dúas novas normas polas que se regula a relación laboral especial do emprego doméstico e, polas que as traballadoras de fogar se integran no Réxime Xeral da Seguridade Social". Mais lembra que para que eses novos dereitos sexan reais cómpre implicación e compromiso da administración. Inxustiza "No sector do emprego doméstico, por desgraza, temos experiencia en aturar condicións de precarización, e case de escravitude". Nesta liña, denuncian que " no emprego doméstico "que coñecemos hoxe en día, con xornadas de 14 e 16 horas diarias para as internas, ausencia de descanso, salarios por debaixo do mínimo, traballadoras sen papeis... prové de servizos a baixo custo a unha sociedade organizada de costas ás necesidades de coidado, en especial das persoas que non se valen por si mesmas, recaendo toda a responsabilidade dos coidados sobre as mulleres e as traballadoras de fogar". Xiara afirma que o seu obxectivo é a equiparación ao 100% cos dereitos das e dos traballadores suxeitos ao Réxime Xeral da Seguridade Social. "Opómonos enerxicamante a calquer tipo de medida , recorte ou reforma que supoña unas condicións laborais que retrocedan na equiparación de dereitos". |
NOS_45171 | Demanda a convocatoria "con carácter de urxencia" dunha Mesa Sectorial de Educación para tratar todo o relacionado coas oposicións e coa finalización do curso académico, "toda vez que o profesorado galego non foi consultado a través do seus representantes en todo este tempo de situación excepcional pola Covid-19". | A central maioritaria no ensino público na Galiza fala de "incoherencia e falta de rigor" da Consellaría de Educaciónpor manter a convocatoria das oposicións nas datas previstas, é dicir a partir do 20 de xuño, sempre que se levante o estado de alarma tras a seguinte prórroga, que remata o 26 de abril. O sindicato lémbralle á conselleira que no comunicado que enviou ao Ministerio de Educación e Formación Profesional "mantiña a celebración dos procesos selectivos nas datas previstas se o próximo 11 de abril se levantaba o estado de alarma". Así pois, prosegue CIG-Ensino, tan só oito días máis tarde a Consellaría "prolonga a incertidume e a agonía nestes momentos de miles de aspirantes que seguen sen saber a que aterse". Desde a CIG-Ensino, indican, "só podemos interpretar a actitude da Xunta de Galiza neste asunto, toda vez que o resto de CCAA xa teñen tomada e comunicada oficialmente unha decisión a este respecto, como unha "incapacidade de comunicación patolóxica" que nos leva a pensar que estamos ante "irresponsábeis e incompetentes políticos". Mesa Sectorial de urxencia O sindicato demanda que se convoque de inmediato e con carácter de urxencia unha Mesa Sectorial para tratar coas organizacións sindicais todo o relacionado coas oposicións e coa finalización do curso académico, "xa que case un mes despois da suspensión das clases o profesorado galego segue a ser ninguneado e ignorado e non foi en ningún momento consultado por parte dos seus representantes". |
NOS_2196 | O premio está dotado con 25.000 euros e a publicación da obra. | O escritor Xabier López coa novela "900" é o gañador da nova edición do Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega. O xurado destacou a calidade desta "gran novela río" que ronda as cincocentas páxinas polas que o autor recibirá un premio de 25.000 euros, a maior dotación da literatura na nosa lingua. López é un autor cunha traxectoria xa consolidada e unha ampla obra que recibiu xa numerosos recoñecementos en distintos certames literarios. De "900", a obra gañadora, unha novela que supera as 500 páxinas, o xurado destaca que se trata dunha "novela río dunha saga familiar narrada con intelixencia, ironía e mesmo humor". Define tamén a través do fallo a obra presentada por Xabier López como unha "novela sagaz, cervantina que percorre a historia de Galiza e Europa desde o século XIX até mediados até a posguerra de mediados do pasado século". A escritora Marica Campo, a investigadora e profesora da Universidade de Vigo, Ana Luna, e os escritores Carlos Negro, Suso de Toro e Antonio Piñeiro, gañador da anterior edición do premio coa súa obra "A través do fume", coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria formaban parte dun xurado que destacou a "alta calidade das obras finalistas do certame, con novelas moi audaces e arriscadas". |
PRAZA_11822 | Praza é un reto tecnoloxico: é un dos primeiros xornais no mundo deseñados e pensados integramente para o estándar de html5, que aproveita todos os recursos dispoñíbeis en internet, e que ademais o fai en formatos libres e abertos. | Praza Pública é un proxecto pensado e deseñado para internet, na crenza de que o mellor vieiro para os medios de comunicación en galego é a Rede. Praza é, ademais, un reto tecnoloxico: é un dos primeiros xornais no mundo deseñados e pensados integramente para o estándar de HTML5, que aproveita todos os recursos dispoñíbeis en internet, e que ademais o fai en formatos libres e abertos. A principal característica técnica de Praza Pública é o feito de estar completamente construído en HTML5, un formato tecnolóxico innovador que o pon á dianteira dos medios de comunicación na Península. O HTML5 ábrelle a porta ao aproveitamento realmente multimedia dos contidos xornalísticos. Podedes ver unha mostra no tratamento deste corte de audio, por exemplo, ou neste vídeo coa última entrevista feita a Isaac Díaz Pardo. A medida que Praza Pública engraxe irá empregando máis intensamente estes recursos tecnolóxicos dende o punto de vista xornalístico, incorporando distintos widgets e utilidades enfocadas á información de calidade. Outra característica clave de Praza Pública, na que se gastou moito esforzo, é a de adaptarse perfectamente a todos os tamaños de pantalla. Praza non está pensada unicamente para computadores, senón para as técnicas de uso e as dimensións que trouxeron tablets e smartphones. Así, se agora estades diante dun computador e queredes ver como funcionaría nun móbil, por exemplo, só tedes que reducir o seu tamaño turrando por unha esquiniña. En 2012 a maior parte da conversa que xera un xornal sucede fóra do propio medio, esparexido polas distintas redes sociais. Por iso en Praza Pública criamos que non tiña sentido desenvolver un sistema interno e limitado de comentarios, como o que estamos acostumados a ver nos medios, e si apostar por integrar toda a conversa que se produce en Facebook, Twitter e Google+ (e o que virá) dentro do mesmo fío. Entre os demais aspectos técnicos interesantes de Praza Pública pódense sinalar a optimización para navegadores máis modernos, o alto nivel de emprego de cachés para reducir tempos de cargas e aumentar a velocidade, o emprego total de software libre (tanto o desenvolvido en Galicia como aproveitado e reempregado), a liberación extensiva de contidos con licenzas abertas, o seguimento da actualidade con técnicas de real-time etc. |
PRAZA_2930 | Os produtores suspenden as mobilizacións logo de conseguir que as seis grandes cadeas de distribución acordasen subir o prezo do leite e lamentan que o presidente da Xunta se atribúa o mérito. "Que se poña a traballar, queda moito por facer", advirte a Plataforma en Defensa do Lácteo. A mobilización gandeira logra agora que DÍA e Alcampo paguen dous céntimos máis polo leite | Carrefour, DIA, Gadisa, Eroski, Lidl e Alcampo. Estas seis empresas distribuidoras accederon a un incremento no prezo do leite que recollen aos seus subministradores e que, segundo o acordado, repercutirá nos pagamentos que reciben os gandeiros por el. Case dúas semanas despois do inicio das mobilizacións -e en pleno Nadal-, os produtores gañan unha nova batalla nun conflito que seguirá no intento de consolidar "prezos dignos" que deteñan a crise que provoca o continuo peche de explotacións en Galicia. Carrefour, DIA, Gadisa, Eroski e Alcampo, ademais de E. Leclerc, acordaron cos gandeiros a suba de 2 céntimos no pagamento aos seus provedores Polo momento, a Plataforma na Defensa do Lácteo Galego decidiu suspender as mobilizacións durante as festas logo de acadar acordos coa "totalidade" das distribuidoras, que subirán dous céntimos de suba aos provedores para que llelo trasladen aos gandeiros. Será o vindeiro 5 de xaneiro cando os gandeiros volvan xuntarse en asemblea para analizar se os incrementos están chegando ás granxas e avaliar os pactos acadados, logo de comprobar tamén da man das empresas o cumprimento destes acordos. Tamén no vindeiro mes, Agromuralla -o colectivo lucense que actúa á marxe dos sindicatos- comprobará se hai a mellora comprometida polas cadeas de supermercados. Mentres, deixarán os tractores aparcados na capital da provincia pero suspenderán tamén as protestas contra a distribución. "Estamos satisfeitos porque nos reunimos cos máximos responsábeis estatais de compras destas cadeas e mesmo coa dirección destas empresas... E ademais nestas datas", lembra Óscar Pose, de UUAA e un dos voceiros da Plataforma, que lembra que "non só é complicado que accedan a reunirse, senón tamén que cendan á presión cando se trata de temas económicos". "É evidente que o conseguido é froito da presión que fixemos durante estes quince días", advirte. A Plataforma ve "evidente" que o conseguido é froito da presión dos gandeiros, mentres Feijóo atribúe o mérito á Xunta Feijóo, no entanto, non cre que os resultados cheguen pola mobilización gandeira. O presidente da Xunta cre que se a distribución actúa é porque o Goberno galego "está abrindo expedientes" nun contexto no que "utilizando a marca Galega 100%, os prezos respéctanse". A versión presidencial contrasta co das grandes áreas comerciais. A última, DÍA, que nun comunicado emitido dende Madrid no serán do mércores admitiu que viña de chegar a un acordo "cos gandeiros". Foi despois de que bloqueasen o seu centro loxístico en Compostela. Desde a Plataforma, censuran a actitude e as declaracións de Feijóo. "Dáme mágoa e vergonza que un presidente se intente apoderar do traballo que levamos feito os gandeiros diante da distribución durante dúas semanas", di Óscar Pose, que cre que o xefe do Executivo galego "non debería rebaixarse a ese nivel". "Ten moito traballo que facer porque o que logramos son medidas a curto prazo, temporais e necesarias para poder chegar a outras a medio e longo prazo; fixémolo nós pero el ten que facer o que lle corresponde e lograr que se cumpra todo o acordo asinado en Madrid", insiste quen cre que o tamén líder do PP galego "ten que deixar de apropiarse do que non é mérito del". "Que se poña a traballar", repítelle. "Dáme mágoa e vergonza que un presidente se intente apoderar do traballo dos gandeiros durante dúas semanas", di Óscar Pose A Plataforma ponlle deberes á Xunta. O primeiro, "que se cumpra o acordo en todos os seus puntos". "Se non o asinamos UUAA e SLG foi porque entendiamos que era difícil que se cumprise sen introducir garantías, pero de cumprirse todo o acordado, as consecuencias serían moi positivas e a recuperación de prezos moito maior; podería xerarse moita máis riqueza e ter un futuro máis a longo prazo", asegura quen advirte que o acadado tras a presión ás empresas de distribución "é unha medida boa pero pequena e a curto prazo". "Queda moito por facer", insiste. "Que se poña a traballar, queda moito por facer", recoméndalle a Plataforma a Feijóo Sexa como for, ata seis cadeas de hipermercados chegaron a un acordo cos gandeiros logo de case dúas semanas de boicots, mobilizacións e tractoradas en varias localidades de Galcia, desde a Lugo á Coruña, pasando por Monforte ou Lalín, entre outras. DÍA: Acorda o incremento de 2 céntimos por litro de leite "recollido en Galicia por todos os subministradores" de DÍA que, asemade, será aplicado con data do pasado 1 de decembro. "De maneira obrigatoria", aseguran, este incremento debe "se trasladado por parte do provedor aos gandeiros galegos". Ademais, DÍA aposta por aplicar "un sistema de contratación que proporcione unha maior estabilidade". O obxectivo é que os gandeiros saiban canto se lles recolle e o prezo que van recibir "con temporalidade trimestral". A compañía tamén se compromete a "traballar de maneira conxunta cos seus provedores na identificación da procedencia e orixe do leite", isto é, en amosar ás claras nas súas tendas se se trata ou non de leite galego. Carrefour: A cadea de distribución comprometuse a crear unha marca branca galega que implique pagarlles aos produtores un mínimo de 33,8 céntimos por litro, unha medida que se aplicaría nun prazo de dous ou tres meses. Ademais, pactou un incremento inmediato de 2 céntimos nos pagamentos que fai a Leche Celta e Lactalis, as dúas firmas que a provén de marca branca. Un "plan de acción" destinado a desenvolver esa marca "exclusiva" de orixe galega e o incremento de 2 céntimos aos subministradores para que chegue ás explotacións. Todo, "en virtude" do acordo lácteo asinado en Madrid, segundo explicou a compañía francesa nun comunicado. Lidl: A empresa alemá comprometeuse a crear unha marca branca para o mercado galego, tamén co selo Galega 100%, pola que se aumentaría en 2 céntimos o importe que lle pagaría á industria, un aumento que terá que ser trasladado tamén aos gandeiros. Gadisa: A distribuidora galega aplicou dende outubro unha suba de 2 céntimos por litro no seu leite de marca branca, Camponuestro, un incremento que foi trasladado á súa industria provedora, Feiraco, para que revirta nos gandeiros da cooperativa. Tras unha nova negociación no medio das tractoradas, a compañía comprométese a aplicar unha suba de 1 céntimo máis por libro a partir do 1 de xaneiro. Gadis tamén se comprometeu a poñer en valor a orixe galego no seu leite de marca branca, cambiando nos vindeiros meses o envase para destacar que provén de granxas e vacas galegas. Ademais, todos os seus provedores deberán indicar na etiqueta a orixe do produto. Alcampo: A cadea francesa comprometeuse tamén á suba de dous céntimos por litro, que será retroactiva desde o 1 de decembro, polo que a cobrarán os produtores no vindeiro mes de xaneiro. Ademais, disponse a certificar a orixe do leite que venda en todos os seus hipermercados. Vegalsa-Eroski: Anunciou a creación cunha nova marca branca, certificada co selo Galega 100%, que se venderá nos supermercados a 61 céntimos, 2 por riba doutros produtos semellantes. Así, Campobueno -así se denominará- venderase a un maior importe do que se venden os cartóns Eroski e Bomilk, as tradicionais marcas brancas da cadea. Xa en setembro pasado, a empresa anunciara tamén unha suba de 2 céntimos nos pagamentos a súa industria proveedora, na idea de que eses cartos chegaran ó sector produtor. E. Leclerc: O colectivo Agromuralla, que actúa á marxe da Plataforma, tamén chegou a un acordo con E. Leclerc, cadea de distribución cun hipermercado no centro comercial Abella de Lugo. Comprobado que vendía o seu leiteo máis barato a 60 céntimos por litro, os gandeiros presionaron ata que a empresa se comprometeu a subir cinco céntimos o prezo para que ese incremento chegue tamén aos gandeiros que traballan para os seus provedores. Os propios produtores comprobaron ese aumento ao pouco de alcanzar un acordo. |
NOS_44154 | "Hai que ter en conta que o 80% dos médicos son mulleres (...) agora a muller colle unha baixa por maternidade e que pasa durante ese tempo?". As declaracións do novo presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, o xinecólogo Isidro Lago provocaron protestos nas redes sociais. | "Grazas Isidro, grazas por dicir que malia ser mulleres, tamén podemos facer a medicina. Diferente, quizais, con peitos voluptuosos, cadeiras anchas e coxas, mais de calidade". Así respondía, en ton irónico, en Twitter, unha médica que vén de ser nai ás polémicas declaracións realizadas polo novo presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Isidro Lago. O xinecólogo, nunha entrevista publicada por Faro de Vigo e preguntado polo déficit de médicos, respondía: "Hai que ter en conta que o 80% dos médicos son mulleres. É outro tipo de medicina, diferente, de igual calidade, mais agora a muller colle unha baixa por maternidade e que pasa durante ese tempo?". A médica retrucou nas redes sociais: "Non se chaman baixas de maternidade, son permisos de maternidade e non son unha incapacidade temporal. As cousas polo seu nome. Os homes tamén teñen permisos de paternidade". "Hai que ser valente para dicir semellante mentira cando tes todas as mulleres con desexo reprodutivo na precariedade", agregou a facultativa, que apuntou: "Eu fun ao paro embarazada porque non podía nin estar de baixa e porque non me daba a vida para traballar con contratos de días". Outra médica de familia insta o presidente do Colexio de Médicos a citar os estudos que defenden que o problema de escaseza de persoal é a cantidade de permisos por maternidade vixentes, "saiba xinecólogo e supoño que obstetra que non existen baixas laborais por maternidade, senón permisos por maternidade. A maternidade non é unha enfermidade e o permiso é un dereito laboral que supón protección para o recentemente nado". Defende o feche de PAC A polémica foi alén da vinculación de falta de médicas e médicos cos permisos de maternidade. Isidro Lago defendeu na entrevista o feche de PAC: "O que habería que facer é pechar algúns Puntos de Atención Continuada (PAC). Hai que concentralos nun centro de saúde e atender a poboación en condicións. Que pasa se chega un paciente con parada a un PAC e só hai unha enfermeira para o atender?". Sinalou tamén que "para chegar ao centro de saúde máis próximo non se debe tardar máis dun cuarto de hora". Iso, afirma, "conséguese con boas vías de comunicación e máis heliportos para evacuar enfermos graves". "É máis barata unha pista asfaltada para un bo heliporto que ter un PAC funcionando mal todo o ano". Na mañá da quinta feira, e após a polémica nas redes sociais, o Colexio de Médicos de Pontevedra enviou un comunicado de imprensa aos medios onde se indica que "hai que ser consecuentes coa escaseza de profesionais, polo que se deben incentivar tanto económica como laboralmente, mediante contratos estábeis, e así evitar a denominada fuga de cerebros". "Aseveramos que hai que ser conscientes e sensatos coa situación actual e manifestamos que o que non se pode permitir é falsear a precariedade da asistencia sanitaria e que, ante un problema sanitario, non se poñan os medios necesarios para o solucionar e que, á súa vez, se pretenda responsabilizar os profesionais da situación desa precariedade", recolle o comunicado. O Colexio cita como "única responsábel" a "Administración e os seus xestores". |
NOS_40864 | Rafael López (Vilamartín de Valdeorras, 1959) é xefe de servizo de Oncoloxía do CHUS e director do grupo de investigación Oncomet, líder no estudo da biopsia líquida co fin de frear os procesos de metástases. O cancro de mama é parte da súa práctica clínica e de investigación, neste caso a través de distintos ensaios clínicos. | —É posíbel falar con precisión da incidencia do cancro na Galiza?No Estado e na Galiza temos un problema importante, e é que non existe un rexistro de tumores. Mentres tanto, os datos que manexamos son extrapolacións dos resultados obtidos en territorios de Europa e de España, como o País Vasco ou Granada, que si teñen rexistro de tumores e que coñecen perfectamente a incidencia do cancro nas súas zonas. É unha necesidade imperiosa, algo que desde o ámbito científico levamos pedindo moito tempo e que ten todo o sentido, porque se non sabemos exactamente o que temos, mal lle podemos pór solución. —Con todo, é seguro é que os casos de cancro aumentan cada ano.É evidente que hai un incremento ligado ao envellecemento da poboación. O cancro vai moi asociado á idade. En sociedades con esperanzas de vida moi curtas apenas hai cancro, naquelas onde a esperanza crece o cancro tamén. Pero ademais deste lixeiro aumento do número de cancros hai que destacar o incremento da supervivencia dos doentes. Isto é importante porque ten moitas repercusións, desde o punto de vista asistencial e social. A sociedade ten que adaptarse e buscar medidas para que todos os superviventes poidan reincorporarse. O gran problema do cancro son as metástases. Son as responsábeis de 90% das mortes desta doenza. —O cancro de mama é un dos que mellor taxa de supervivencia ofrece, que contrasta co prognóstico máis negativo dos tumores metastáticos.O gran problema do cancro son as metástases. Son as responsábeis de 90% das mortes desta doenza. No caso particular do cancro de mama a esperanza de vida supera xa 85%. Mais o prognóstico no caso do cancro de mama metastásico é malo, como en todos os demais cancros, se ben é certo que se están a conseguir medianas de supervivencia cada vez máis largas. A do cancro de mama metastásico máis frecuente, o luminal, dependente das hormonas, xa supera os cinco anos, ao igual que outro subtipo, o HER2. Isto significa que hai quen pode vivir un ano con estes tumores e hai quen pode chegar aos 10 ou aos 15. Salvo o cancro de mama metastastásico máis agresivo, o triplo negativo, cunha mediana de supervivencia dun ano, o resto están a incrementar as súas. E vano facer máis nos próximos anos. —Serve o cancro de mama para ilustrar como se estudan os tumores e como se afrontan desde o punto de vista da prevención, o diagnóstico e o tratamento?Sen dúbida é un dos máis frecuentes a nivel mundial e un modelo de evolución da oncoloxía e de estudo do cancro. A prevención é moi complexa, depende moito de factores hormonais e aí pouco se pode actuar até o de agora. Pero é un cancro cun diagnóstico precoz bastante eficaz a través da mamografía. O programa de cribado é modélico na Galiza, cun impacto moi positivo na supervivencia. No estado español a espera media por novos fármacos aprobados pola EMA é de 500 días, cando é o territorio que máis ensaios clínicos acolle No século pasado os únicos tratamentos eran as cirurxías, moi mutilantes. Evolucionou e hoxe é moi conservadora. A radioterapia tamén xoga un papel importante e a canda esta os tratamentos médicos: os hormonais, as quimioterapias, os tratamentos dirixidos, a inmunoterapia. Están achegando anos e calidade de vida. Tanto a aos cancros que presenta tumores locais, no peito, como aos que presentan metástase desde o inicio. Claramente é un modelo para o resto dos tumores. —Que non hai dous iguais. Hoxe estamos no que chamamos oncoloxía de precisión, que enlaza coa investigación. Todos os tumores e todos os doentes son diferentes, o que nos leva a buscar tratamentos personalizados. O futuro pasa por fármacos cada vez máis precisos que afecten as vías alteradas nun momento concreto, nun paciente e nun tumor. 500 días de espera por un fármaco "Hai un atraso evidente no acceso a fármacos autorizados pola EMA", afirma Rafael López. De entrada, o sistema de aprobación de medicamentos en Europa é máis lento que o americano, di, "case un ano". Pero unha vez autorizados, "Alemaña financia eses tratamentos aos poucos días, mentres que no estado español a espera media é de 500 días, cando é o territorio que máis ensaios clínicos acolle". López advirte dun grave prexuízo para as doentes e da "frustración dos clínicos", que privados de fármacos que xa probaran con eficacia. "Urxen sistemas lóxicos que compaxinen os avances coa sostibilidade do sistema". Estudando o sangue, que leva os tumores a implantarse noutro sitio, poderemos saber máis dos procesos de metástase e pórlles solución" Os ensaios clínicos e o estudo das metástases ocupan boa parte das investigacións que lidera no IDIS a través do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet). "Intentamos estudar as metástases a través da biopsia líquida. Estudando o sangue, que leva os tumores a implantarse noutro sitio, poderemos saber máis dos procesos de metástase e pórlles solución". |
NOS_40296 | O líder popular en Euskadi, Alfonso Alonso, oponse aos termos do pacto. | O líder do PP, Pablo Casado, decantouse onte, 21 de febreiro, por impor o criterio de Xénova sobre a organización do PP en Euskadi e ordenou asinar o acordo con Ciudadanos para concorreren en coalición ás eleccións ao Parlamento vasco do vindeiro 5 de abril. Onte á tarde o PP asinaba con Cs un pacto que os populares vascos cualificaran de "inasumíbel". A coalición chámase PP+Cs e o documento firmado sinala que o candidato será o que elixa Xénova, mais en ningún momento fai referencia ao candidato a lehendakari que o PP xa designara: Alfonso Alonso. Alfonso Alonso é contrario totalmente ao acordo A través de Twitter, o PP vasco xa se manifestara antonte, 20 de febreiro, en contra dun acordo que dá os números dous da lista de Araba e de Bizkaia a Cs. O chío lembraba que a concesión destas posicións nas candidaturas "non garda relación coa realidade de cada partido", xa que Cs non obtivo representantes nos pasados comicios de 2016 en Euskadi nin nas eleccións xerais do 20 de novembro de 2019. Tampouco ten representantes en ningún concello. O PP de Euskadi ten, na actualidade, nove escanos na Cámara vasca, once representantes nas Xuntas Xerais, 55 edís e unha deputada no Congreso. Alfonso Alonso é contrario totalmente ao acordo e, de feito, decidiu non acudir onte á reunión en Xénova para a sinatura da coalición. Segundo transcendeu, a vicesecretaria de organización do PP, Ana Beltrán, enviou unha mensaxe na madrugada da quinta feira a Alonso para convocalo ás 11 horas de onte en Madrid para a reunión sobre o acordo. Alonso respondeu que non podía desprazarse até a capital española e transmitiu que non coñecía o acordo que se ía asinar, que el non o negociara e que o coñecemento sobre o mesmo tíñao grazas ás intervencións de Cs na prensa. Alonso está enfrontado á portavoz do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, peso forte en Xénova. A dereita española en caída Co adianto dos comicios vascos, precipitáronse os movementos no PP para salvar a caída que prognostican os barómetros. O declive en que se atopa a dereita española en Euskadi deixa escasa marxe de manobra para Cs, Vox e PP. Ningunha destas forzas tivo representación por Euskadi nas xerais do 28 de abril de 2019, e o PP tivo que empadroar o popular vasco Javier Maroto por Castela e León para podelo situar no Senado. Na repetición electoral do 10-N o PP arrebatou ao PNV un escano no último minuto. |
PRAZA_3450 | Pecharán oficinas en lugares nos que haxa solapamentos e a intención é que se acolla ao ERE o persoal de máis idade. Boa parte do equipo de Abanca pasou xa por catro expedientes de extinción de relación laboral dende a fusión das antigas caixas galegas | Pecharán oficinas en lugares nos que haxa solapamentos e a intención é que se acolla ao ERE o persoal de máis idadeO persoal de Abanca afrontan un expediente de regulación de emprego (ERE), derivado da integración de Banco Caixa Geral. A entidade galega proponse que saian 250 empregados e pechar 55 oficinas, fundamentalmente por solapamento. Pedirá tamén desprazamentos para traballadores dos servizos centrais de Banco Caixa Geral, que están en Madrid, posto que o proxecto é mantelos en Galicia.A intención declarada polo banco galego na primeira reunión cos sindicatos para tratar o ERE é que se acolla ao mesmo o persoal de máis idade e que o faga de forma voluntaria para que a medida non resulte traumática. A vindeira semana, o día 5 de marzo, as partes volveranse ver para abordar as condicións concretas e tamén para tratar unha posible modificación dos horarios. Buscarán un acordo no período de conversas previas, antes da apertura formal da negociación do ERE, que lles concedería 30 días para lograr un pacto.Boa parte do equipo de Abanca pasou xa por catro expedientes de extinción de relación laboral dende a fusión das antigas caixas galegasBoa parte do equipo de Abanca, que na actualidade está composto por algo máis de 6.000 persoas, pasou xa por catro expedientes de extinción da relación laboral, desde o que se aprobou en 2010, despois da fusión das antigas caixas galegas, ata o que se aplicou cando o banco no que se transformou o resultado daquela unión foi rescatado con 9.000 millóns de euros públicos.Abanca adquiriu a filial en España de Caixa Geral de Depósitos por 364 millóns de euros, despois dun proceso de venda posto en marcha polo Goberno de Portugal. Con esta operación integra as 110 oficinas que Banco Caixa Geral ten en 10 comunidades autónomas españolas e a un equipo de 524 traballadores. |
NOS_14835 | Caeu catro puntos entre 2009 e 2015 mentres que no estado español foron tres. En Europa retrocedeu un punto. | O peso dos salarios no PIB galego caeu en catro puntos desde 2009 en paralelo ao proceso de aumento dos beneficios empresariais neses mesmos anos. Unha evolución que dá a volta a achega que fai cada un deles ao produto interior bruto do noso país. A finais de 2015, os salarios eran 44% do PIB e os beneficios das empresas, 45,5%. Sete anos antes, no 2009, cando a crise comezaba a bater, as rendas do traballo representaban 48,6% e os beneficios empresariais, 43,7%. Unha diferenza de 5 puntos. Agora esa diferenza é dalgo máis dun punto e a favor das empresas. Así pois, nestes anos fraguouse un cambio de tornas. No PIB xa ten máis peso os beneficios das empresas que os salarios dos traballadores. A devaluación dos salarios, a temporalidade a precariedade son tres cuestións a ter en conta para entender este profundo cambio. Un cambio sen parangón na contorna: En apenas sete anos a achega da remuneración dos traballadores ao produto interior bruto no estado español caeu tres puntos, de 50,9% do PIB en 2009 a 47,5% en 2015. Mais a verdadeira fenda é a comparación europea. Alí, e durante estes anos, a perda de peso dos salarios dos traballadores no PIB foi dun punto. Así pois, en Galiza cuadriplicamos esa perda. |
NOS_5677 | Intensa xornada para o fútbol galego, na que o Celta sacou un empate de Granada e o Lugo caeu na casa do Leganés, un rival directo. Na Segunda B, o Dépor afúndese ante a presión de Compos (vitoria ante o Coruxo), Rácing (empate en Zamora), e Celta B (empate co Pontevedra), que ademais aínda teñen partidos adiados pendentes de disputar. | Esgotados todos os titulares altilocuentes do estilo "O peor Deportivo da historia" ante os constantes golpes de realidade padecidos polo conxunto coruñés, non queda senón limitarse a reflectir sen dramas a realidade dun club que comezou a tempada 2020/21 coa bitola de ser o mellor equipo que endexamais pisase os céspedes da categoría de bronce e que, a día de hoxe, acumula máis de dous meses sen coñecer a vitoria, seis partidos negros nos que sumou tres puntos de 18 posíbeis. Estas cifras fixeron que a escuadra branquiazul pasase da cabeza da táboa até o cuarto posto, fóra das prazas que dan acceso á fase de ascenso a Segunda División. Pero mal faría o Deportivo en seguir pensando nunha quimérica subida de categoría cando por detrás asexan Rácing, Celta B e Pontevedra, que están a un, dous e tres puntos dos coruñeses cun partido menos, dous no caso do filial celeste. Así, logo do empate sen goles entre Dépor e Unionistas, o triunfo do Compostela no derbi galego ante o Coruxo (3-2) resulta aínda máis valioso, pois grazas a el un equipo configurado para a permanencia e que o ano pasado estaba en Terceira agora soña cun hipotético ascenso a Segunda. Tamén miran alto Rácing de Ferrol, que rañou un empate (1-1) na casa do sempre aguerrido Zamora, e o Celta B, que conseguiu sumar un novo punto en Barreiro ante o complicado Pontevedra de Charles e compañía. Gris empate do Celta Nun encontro marcado polos tremores de terra que sufriu a cidade de Granada nos últimos días -tan só durante as dúas horas que se estendeu o partido tiveron lugar catro terremotos de até 2,5 graos de intensidade-, o Celta volveu de Andalucía cun gris pero valioso punto. As notas celestes máis destacadas ante o Granada do vigués Diego Martínez foron un inane regreso de Iago Aspas; a ausencia, semella que definitiva, do até agora imprescindíbel Lúcas Olaza, que reforza un rival directo como é o Valladolid; e a estrea do arxentino Augusto Solari como futbolista celeste, quen na media hora que permaneceu sobre o céspede do Nuevo Los Cármenes non tivo oportunidade de demostrar a súa calidade. O Lugo cae en Leganés A escuadra albivermella, pola súa banda, perdeu na casa do Leganés, un rival directo (3-2) na loita por entrar no 'play-off'. |
PRAZA_7183 | A formación comezou xa a campaña electoral para conformar as direccións locais en 45 concellos. En 19 deles os afiliados escollerán os membros do consello cidadán e noutros 26 elixirase tan só un dirixente local nunhas votacións que se celebrarán entre o 26 e o 30 de decembro. | Podemos elixe as súas direccións locais. Desde o pasado día 6, a formación que lidera Pablo Iglesias desenvolve a campaña electoral para conformar os consellos cidadáns nas vilas e cidades de todo o Estado, así como para elixir os secretarios xerais do partido en cada localidade. Será entre o venres 26 e o martes 30 cando os membros da organización inscritos en cada un dos municipios elixirán os seus representantes de maneira telemática. Máis de 10.000 afiliados de Podemos en Galicia están chamados a elixir as direccións locais entre o 26 e o 30 de decembro No caso de Galicia, son máis de 10.000 as persoas chamadas a participar nun proceso do que sairán os líderes locais nos 45 concellos do país nos que os integrantes de Podemos acudirán ás urnas para elixir o seu consello cidadán e cadanseu secretario xeral local. E farano de entre as arredor de 370 candidaturas, agrupadas en listas ou independentes, e mediante un proceso de listas abertas. En todo o Estado, son case 6.900 candidaturas para 743 municipios. O número de integrantes de Podemos en cada un dos municipios determina, non só o número de representantes de cada consello cidadán local, senón tamén o feito de que se celebren ou non eleccións para estes órganos. Así, aqueles concellos onde o número de inscritos na formación superase as 2.000 persoas ata o pasado 15 de novembro poderán elixir 25 membros do consello cidadán, a máxima cifra. Ese é o caso en Galicia de Vigo, que contaba con 2251 afiliados e que será a única cidade galega que conforme unha dirección local de 25 representantes. Vigo será a única cidade galega cun consello cidadán de Podemos de 25 membros; o da Coruña terá 21 e Lugo, Compostela, Pontevedra e Ourense, 17 A Coruña, con 1961 inscritos -e polo tanto menos de 2.000- terá un consello cidadán composto por 21 persoas, mentres que o de Compostela, con 743, constará de 17 representantes, ao igual que Lugo, Pontevedra e Ourense, que tamén se sitúan entre os 500 e os 1.000 inscritos. Mentres, en Ferrol, con entre 200 e 500 inscritos, os integrantes de Podemos elixirán once representantes, ao igual que en Narón. No caso de aqueles municipios onde o número de inscritos se sitúe entre 100 e 200, o consello cidadán estará formado por sete persoas. É o caso das localidades de Culleredo, Arteixo, Cambre, Ames, Oleiros, Moaña, Cangas, O Porriño, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Marín. Culleredo, Arteixo, Cambre, Ames, Oleiros, Moaña, Cangas, O Porriño, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Marín tamén contarán con consello cidadán Xa que logo, serán 19 os concellos que en Galicia contarán cun consello cidadán local e máis de 200 as persoas que integren estas direccións locais. Pero por que se celebran eleccións noutros 26 concellos? Neste caso, e ao non superar os cen inscritos como no caso da maioría de municipios galegos, non poderán escoller unha dirección local, pero si que votarán por un secretario xeral, ao terse presentado en todos eles algunha persoa do círculo local para optar a liderar o partido nesa localidade. É o caso de Ribeira, A Pobra, Arzúa, Neda, Valdoviño, Ares, Cerceda, Mugardos, Betanzos, Fene, O Grove, A Estrada, Cambados, A Guarda, Gondomar, Tomiño, Lalín, Vilanova, Baiona, Burela, O Saviñao, Viveiro, O Carballiño, Allariz, Verín e O Barco. No caso de todas estas localidades, a presenza de círculos de Podemos máis ou menos activos e/ou a presentación dun candidato avalado por eles e con cadanseu documento político asociado permitiralles contar cun secretario xeral local, aínda que non cun consello cidadán ao non superar os 100 afiliados ata o pasado 15 de novembro. Neste caso, e ao igual que no resto de localidades galegas onde Podemos leva a cabo este proceso electoral local, poderán votar tamén todos aqueles afiliados á formación ou os que se inscriban ata un día antes das votacións do 26 de decembro. Non obstante, só aqueles rexistrados como membros da formación ata mediados do mes pasado podían presentarse como candidatos. En Galicia, e tendo en conta os 44 concellos onde se levarán a cabo as votacións, son algo máis de 10.000 os afiliados a Podemos que están chamados a elixir as súas direccións locais, pero a cifra aumentarase ben seguro nas últimas semanas. No país, e segundo os últimos datos, a formación supera os 13.500 inscritos, pero non todos eles poderán participar ao estar moitos inscritos en localidades onde non se conformarán direccións locais nin se elixirá un secretario xeral. En Galicia hai 27 concellos onde Podemos non ten ningún afiliado, a maioría na provincia de Ourense Malia todo, case todos os municipios galegos contan con algún inscrito de Podemos. E tan só hai 27 nos que non hai ningún afiliado á formación que lidera Pablo Iglesias, a maioría na provincia de Ourense: As Somozas, Ourol, Muras, Ribeira de Piquín, Frades, Castroverde, Láncara, Triacastela, Agolada, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, O Bolo, Carballedo, Piñor, O Irixo, San Amaro, Beade, Avión, Campo Lameiro, Sandiás, Verea, Vilar de Barrio, Vilardevós, Monterrei, Calvos de Randín, Ribas de Sil e Vilamartín de Valdeorras. En definitiva, e logo de rematar co proceso, o vindeiro 2 de xaneiro será cando se proclamen os candidatos elixidos. Na maioría das grandes cidades galegas, moitos deles agrúpanse en listas que comparten un documento e proxecto político, aínda que tamén hai centos de candidatos sen adscrición a listaxe ningunha. Todos eles, ademais, preséntanse cunha pequena biografía á que se pode acceder na web de Podemos. É o caso de Pancho Casal, produtor de cinema e presidente de Continental, que se presenta coa lista Claro que Podemos ao consello cidadán da Coruña, unha denominación idéntica a outras candidaturas como a que se presenta en Vigo, onde tamén acode #Vigopuede. A dirección autonómica de Podemos en Galicia elixirase entre o 9 e o 13 de febreiro Xusto despois de elixir as direccións locais, iniciarase o proceso para elixir os órganos de Podemos en cada unha das comunidades autónomas, tamén en Galicia. Do 7 ao 25 de xaneiro poderán presentarse candidatos e candidatas á secretaría xeral e ao Consello Cidadán, que estará formado por 34 persoas, "de forma provisional en tanto non se decida autonomamente noutro sentido". Do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro levarase a cabo a campaña electoral e do 9 ao 13 de febreiro realizaranse as votacións. |
NOS_21428 | Despedimos Narf, entrevistamos Margarida Ledo, directora de A Nosa Terra entre 1977 e 1980; explicamos por que o cambio climático está aquí, debullamos o cooperativismo en Galiza... Todo isto e moito máis, neste número, que xa podes conseguir na nosa loxa. | Todas as evidencias científicas apuntan nunha mesma dirección: a mudanza do clima está aquí e avanza moito máis rápido do que se pensaba hai un par de décadas. A comunidade de negacionistas tense reducido nos últimos tempos, mais hai quen aínda segue a ver nel un fenómeno eminentemente "natural", propio do planeta. Unha cuestión que tratamos en 'Cambio climático: xa está aquí e é imparábel'. "É que hai evidencias do cambio climático refutábeis? Eu non as coñezo", dinos Juan Antonio Añel, investigador da Uvigo. Ao seu regreso do exilio en Portugal, a xornalista Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951) ideou e dirixiu o semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980. Autora de investigacións sobre a prensa galega, foi profesora da Universitat Autónoma de Barcelona e, na actualidade, é catedrática de Comunicación Audiovisual na USC. Con motivo da edición do facsímil do primeiro número de A Nosa Terra que acompaña o Sermos Galiza 222, conversamos con ela. "A Nosa Terra foi o gran proxecto para Galiza enteira". 'Lembrar para reparar. Coñecer para respectar'. A Deputación de Pontevedra homenaxeou os cargos públicos e funcionariado represaliado no 36. O 12 de novembro de 1936 na estrada de Campañó, Poio, foron fusiladas 10 persoas por defender a democracia e a República e por opoñerse ao golpe fascista de xullo dese mesmo ano. Entre as persoas asasinadas atopábanse dous ex presidentes e varios funcionarios da Deputación de Pontevedra. '41 anos con Franco', de Manuel Monge. " Si, o título do artigo está ben porque, despois de morto o 20 de novembro de 1975, levamos 41 anos con Franco (80 despois da sublevación fascista de 1936). Se alguén pensaba que despois da desaparición do ditador estariamos sen Franco, estaba equivocado". O instinto conservador de Feijóo O autogoberno que temos –Estatuto de Autonomía de 1981– é suficiente. O goberno da Xunta tampouco precisa de ningún relevo. Así pensa Feijóo, ao rebufo do conservadurismo conxénito do seu chefe Rajoy. Feijóo surfea a onda do suceso e non ve rival na oposición. Benvid@s á nova lexislatura. 'O instinto conservador de Feijóo'. O goberno heleno enfronta unha nova revisión do plan de resgate, que incluirá novas exixencias de recortes. A estratexia de Syriza pasa por aplicar as medidas que se lle impoñan desde Bruxelas, a cambio de revisar anticipadamente a débeda grega e poder reestruturala. 'Tsipras axeita un goberno máis amábel para a Troika'. 'Hai alternativa ao euro?' Intensifícase o debate social sobre as opcións para abandonar a divisa. As consecuencias da moeda única non se traduciron en maior converxencia e supuxeron afondar na división centro-periferia no seo da UE. Coa crise a posibilidade de abandonar o euro deixou de ser un tabú e comezan a debullarse a serio as alternativas para facelo. O tecido cooperativista aumentou e fortaleceu na Galiza durante os anos de crise. Máis de 91.000 galegos e galegas son socias dunha cooperativa. 'Cooperativismo, superar a crise a contracorrente'. E en análise, unha mirada sobre a fronte marítimo-portuaria. Adeus a un músico xenial aínda por descubrir Morreu Fran Pérez, o artista humilde e xenial que transitaba polas marxes, sen querer facer ruído, pero que deixa un amplo legado para quen queira procurar alén do 'mainstream'. Jabier Muguruza, Uxía, Vítor Belho, Branca Cedán, ou Carlos Santiago, entre outros, falan para Sermos Galiza sobre un artista maiúsculo. Non falta a sección 'Fóra de serie', con consellos e achegas. Nin 'andar e ver', que desta volta lévanos ao outono, tempo e lugar para amantes das cores. Carme Vidal fálanos de Maruja Mallo. As cores poboan a obra da artista. Ao longo da súa biografía, escolleu vermellos, azuis, verdes ou laranxas intensas non só para a súa obra senón tamén para a propia vida, coloreada por medio da roupa e a maquillaxe. O 2017 Maruxa Mallo será a protagonista do Día das Artes Galegas por decisión da Academia Galega de Belas Artes e, para completar o abano, decidimos poñer o foco na súa cor menos visitada, a da memoria, que conservou durante toda a súa vida e coa que quería recuperar os nomes do exilio e a represión. Na contra-capa. A Eira da Xoana e na selfie-entrevista a actriz Marta Lado. E, como non, as colaboracións. Luz Darriba e Manuel Veiga, a crítica literaria de Mario Regueira, a de cinema de Andrés Castro, Manuel Xestoso e o Teatro, Mónica Pazos, Francisco Rodríguez fálanos de Blanco Amor... |
PRAZA_11035 | Os seis xuíces ditaminan que o cadáver do ditador debe abandonar Cuelgamuros porque a lei prevé que torne nun espazo de recoñecemento das vítimas da Guerra Civil e da ditadura. Avalan ademais a decisión gobernamental de soterrar o ditador nun cemiterio do barrio madrileño de El Pardo e non na catedral de La Almudena, onde pretendían situalo os herdeiros | Os restos de Francisco Franco poderán ser exhumados da basílica do 'Valle de los Caídos' e trasladados ao cemiterio de Mingorrubio, no barrio madrileño de El Pardo, como propón o Goberno de España. O cadáver non será inhumado na catedral da Almudena, situada en pleno centro de Madrid, como pretendían os seus descendentes.Os seis xuíces ditaminan que o cadáver do ditador debe abandonar Cuelgamuros porque a lei da Memoria Histórica prevé que ese complexo torne nun espazo de recoñecemento das vítimas da Guerra Civil e da ditaduraA Sección Cuarta da Sala Terceira do Tribunal Supremo desestimou por unanimidade a totalidade do recurso interposto polos familiares do ditador ante o acordo do Consello de Ministros que fixaba para o 10 de xuño a súa exhumación e a posterior reinhumación en Mingorrubio. A súa saída do mausoleo foi paralizada pola Sala ata que houbese sentenza. O avogado do Franco, Luis Felipe Utrera Molina, xa anunciou que os seus clientes "van dar a batalla ata o final".Os seis xuíces, que tardaron pouco máis dunha hora en deliberar, ditaminaron este martes que o cadáver do ditador debe abandonar Cuelgamuros, dado que a lei de Memoria Histórica prevé que ese monumento se converta nun espazo de recoñecemento das vítimas da Guerra Civil e a ditadura.Os descendentes de Franco recorreran o acordo do Consello de Ministros que fixaba o procedemento de exhumación e reinhumación. Os seus familiares querían trasladalo ao nicho propiedade da familia na cripta da catedral da Almudena, onde están enterrados a súa filla Carmen e o seu marido, o marqués de Villaverde. Esa catedral está a poucos pasos do Palacio Real, anteriormente coñecido como de Oriente e centro de exaltación franquista.Coa súa decisión, os maxistrados do Alto Tribunal avalan o criterio do Goberno sobre onde levar os restos. O Executivo propuxo trasladalos ao cemiterio de Mingorrubio, onde descansa Carmen Polo, a muller do ditador. Este ditame pon fin a quince meses de enfrontamentos legais nos que os Franco tentaron truncar os plans de sacar o cadáver do conxunto monumental. O tribunal avala a decisión gobernamental de soterrar o ditador nun cemiterio do barrio madrileño de El Pardo e non na catedral de La Almudena, onde pretendían situalo os herdeirosPedro Sánchez anunciou que quería exhumar ao ditador tras gañar a moción de censura en xuño de 2018, como un xesto simbólico para as vítimas do franquismo. O 'Valle de los Caídos' está financiado polo Estado, é de titularidade e pública e aloxa ao ditador xunto a miles das súas vítimas.Daquela o Goberno iniciou un procedemento administrativo e rexeitou todas as alegacións que presentaron os netos de Franco, logrando que o Congreso dos Deputados avalase os seus plans, coa abstención de PP e Ciudadanos. A familia decidiu acudir á xustiza e presentou unha demanda ante o contencioso administrativo do Supremo. A exhumación estaba paralizada preventivamente desde o 4 de xuño, cando o mesmo tribunal ordenou que se suspendese a operación, prevista para o 10 de xuño, á espera dunha sentenza definitiva. O Goberno central di agora que pretende efectuala canto antes, a ser posible antes do inicio da campaña electoral do 10N. |
NOS_2793 | Os días 26, 27 e 28 de maio vai ter lugar en Sada a Festa da Xiba. Trátase xa da oitava edición deste encontro gastronómico e cultural. Esta celebración, organizada polo Concello de Sada, pretende potenciar o produto por excelencia da vila: a xiba. | O Concello de Sada facilitará máis de 600 kilos de xiba para que os locais participantes ofrezan tapas gratuítas estes tres días. Este ano participarán 35 establecementos hosteleiros, número récord até o de agora. Os establecementos participantes entran nun concurso no que se elixirán as mellores tapas por votación popular. Esta votación poderá levarse a cabo nos propios establecementos ou ven de xeito online. Esta festa é tamén un xeito de mostrar os diferentes xeitos de preparar a xiba. Durante estes tres días poderán degustarse nos diferentes establecementos pratos moi diversos. Dende ceviche ata sushi, pasando por tarteletas e mil follas e sen esquecer tampouco opcións máis tradicionais como a xiba con fabas ou a xiba na súa tinta. Ademais, o día 27 pola tarde actuará o grupo Tombalobos no porto da vila ás 7:30 da tarde. A Festa da Xiba nace hai dez anos, partindo a idea do goberno municipal do BNG en colaboración coa Asociación de Empresarios, explica Xosé Lois Suárez, concelleiro de promoción económica. O obxectivo desta festa é potenciar a xiba, produto de Sada por excelencia. |
NOS_58511 | Permanecen 58 pacientes ingresados por este coronavirus e a taxa de positividade mantense nun 5,8% | Galiza acada os 3.231 casos activos de Covid-19, que supoñen máis de 1.390 máis que hai unha semana, após se disparar os novos contaxios a 412, que implican 45 máis que o día pasado; mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus mantéñense en 58 -nove deles en UCI- e a taxa de positividade segue nun 5,8%. Segundo os datos publicados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta cuarta feira, recollidos por Europa Press, descenden a 9 as persoas ingresadas na UCI pola Covid -tres menos- e soben a 49 as que permanecen noutras unidades -tres máis-. Pola súa banda, 3.173 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas da Coruña e Cee, Pontevedra e O Salnés e Santiago e Barbanza; mentres que aumenta nas de Vigo, Ourense, Ferrol e Lugo. O último falecemento notificado corresponde a unha muller de 38 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). É a quinta vítima da pandemia en Galiza que ten menos de 40 anos En canto aos casos activos de Covid-19 superan a barreira dos 3.000 para situarse en 3.231, cando hai unha semana atopábanse en 1.837, o que implica un aumento de 1.394 en sete días, o que supón un novo ascenso por décimo quinta xornada consecutiva. Por tanto, hai 314 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (412) que altas (97), ao que se suma unha nova vítima mortal. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan de novo nas sete: Ourense (+84), Vigo (+64), A Coruña e Cee (+40); Lugo (+38), Santiago e Barbanza (+38), Pontevedra e O Salnés (+35) e Ferrol (+15). Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por riba dos 400 até os 412, que representan 45 máis que os 367 da xornada pasada e 154 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Por tanto, continúa a tendencia iniciada o 24 de xuño, cos contaxios por riba do centenar. En toda Galiza foron confirmados 410 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), segundo os datos actualizados por Sanidade, 44 máis que a xornada pasada, dos cales 91 corresponden á área de Ourense; 85, á da Coruña e Cee; 77, á de Vigo; 49, á de Pontevedra e O Salnés; 47, á de Lugo; 45, á de Santiago e Barbanza; e 16, á de Ferrol. En canto á taxa de positividade das PCR en Galiza mantense nun 5,82% após ser na xornada anterior de 5,86%, após iniciar a semana nun 3,6%. Por iso, segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que Galiza non superaba desde o 15 de febreiro (fíxoo nos datos do 1 de xullo, mais a taxa foi recalculada posteriormente). As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 2.439, despois de notificar Sanidade esta cuarta feira unha nova vítima mortal. O último falecemento notificado corresponde a unha muller de 38 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). É a quinta vítima da pandemia en Galiza que ten menos de 40 anos e, segundo a información facilitada por Sanidade, presentaba patoloxías previas. |
NOS_52034 | Os presidentes de Cuba e USA non coincidían nun foro internacional dende hai 59 anos. É o primeiro encontro entre ambos mandatarios dende o acordo de achegamento do pasado decembro. | Foi tan só un encontro informal, pero unha mostra máis do achegamento entre ambos países. O presidente de Cuba, Raúl Castro, e o seu homólogo estadounidense, Barack Obama, fixaron a imaxe do día minutos antes do inicio da ' VII cimeira das Américas' que se celebra estas datas en Panamá. Dende hai 59 anos, os presidentes de Cuba e USA non coincidían nun foro internacional. Castro e Obama tiveron o seu segundo encontro informal, despois dun curto saúdo durante o funeral de Nelson Mandela en 2013. Unha imaxe que referenda o acercamento entre ambos países logo do inesperado anuncio, o pasado 17 de decembro, de avanzar cara a normalización das relacións diplomáticas, rotas dende 1961. O cumio en Panamá preséntase como unha cita histórica que conta por primeira vez coa presenza de Cuba. Presidentes de 35 países americanos participan estes días no foro continental. |
PRAZA_1814 | Rinoceronte Editora produce 'A lingua dos nenos', documental que, desde o punto de vista dos pais, afonda no abandono da lingua propia por parte dos rapaces, mesmo cando a súa familia é galegofalante. Falamos coa súa directora. Pode ver o filme no interior. | A iniciativa de Rinoceronte Editora, Uxía Piñeiro encargouse de dirixir A lingua dos nenos, documental no que se analiza o difícil que é que un neno fale galego en Galicia. Que fale a lingua propia do país no propio país. "Intentamos debullar unha situación xa habitual e en certo modo curiosa; por que os nenos cambian de idioma sen unha razón contundente?", asegura a directora. E fixérono desde o punto de vista dos pais, de familias que falan galego aos seus nenos pero que ven como estes mudan as verbas co paso do tempo. 'A lingua dos nenos' analiza con varias familias o paso ao castelán de pequenos criados nun ambiente galegofalante Uxía Piñeiro ve ata "normal" que a maioría dos nenos cambien de idioma. "Ven que o castelán é a lingua predominante en case todos os ámbitos e acaban por utilizar o que máis escoitan; aínda que na casa se utilice o galego, é complicado que o acaben usando maioritariamente ou mesmo que o empreguen algo", reflexiona a directora, que cre que non se pode citar un motivo que explique este desleixo cara á lingua propia. "O motivo é toda a situación na que se atopa o galego". De feito, Piñeiro recoñece que as conversas cos pais protagonistas do documental comezaban polos seus fillos, pero derivaban sempre na situación global do galego: a falta de normalización, a súa escasa presenza na escola, os prexuízos que o arrodean... "Na escola os nenos viven case unicamente en castelán, especialmente nos primeiros anos, na escola infantil", relata a directora do documental, que comprobou en boca das familias como moitos nenos volvían usar o galego "polo menos na casa" a partir dos sete anos. Pero xa non é a súa lingua habitual e non é algo que se dea en todos os rapaces. Nin moito menos. "Na escola os nenos viven case unicamente en castelán, especialmente nos primeiros anos, na escola infantil", di a directora A situación da escola é clave para os pais que falan nunha fita que se espalla na Rede para denunciar unha situación tan real como surrealista. "Hai moitos casos nos que os nenos acaban vendo o galego como unha lingua estranxeira, coma se fose inglés ou outra porque o peso que ten na escola é semellante ao de calquera outro idioma e en moitas zonas de Galicia tampouco se escoita na rúa", asegura. Nin na maioría de medios de comunicación, nin nos filmes, nin nas cancións que escoitan... "Coñezo pequenos que saben falar galego do mesmo xeito que saben falar inglés... A única lingua que falan ben é o castelán" "Coñezo pequenos que saben falar galego do mesmo xeito que saben falar inglés... A única lingua que falan ben é o castelán", insiste. quen cre que a presenza do galego no ensino "é fundamental". "Ao final, son seis horas nas que están nun lugar no que se debería ver como normal falar en galego, cando ás veces tan só se utiliza nunha materia", insiste Piñeiro, que cre que as cousas aínda van peor que hai uns anos. "Na miña xeración, aínda que haxa pouca xente que fale galego, si que o saben... Moitos rapaces de agora non son nin capaces de empregalo ben", insiste. No documental, son varios os pais que explican a súa experiencia. Alfredo Ferreiro e Tati Mancebo; Ramiro Torres e Isabel Ferreiro, Henrique Harguindey, Mar Hermida, François Davó e a vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Mónica Pazos. Case todos coinciden en que, malia criarse nun ambiente familiar galegofalante, os seus fillos cambian de idioma ao chegar ao colexio e recupérano -pero pouco e limitado a certos ambientes- pasados uns anos. Todas as familias que participan coinciden en que os nenos deixan de falar galego ao chegar ao colexio "Entre a escola, parte da familia, a televisión, os vídeoxogos...", lembra unha familia, que cren que o principal prexuízo para o uso do galego é "o contexto da escola" onde "se fala maioritariamente castelán". "Cando algúns din que se impón o galego e que non lles deixan falar castelán, gustaríame que me dixesen de que estamos a falar", asegura Tati Mancebo. "Moitas veces preguntáronme por que lle falaba galego aos meus fillos... A min non se me ocorrería preguntarlle a ninguén por que educa os seus pequenos en castelán ou francés", pregúntase Mar Hermida, que lembra como seus cativos pasaron de ser galegofalantes a empregar o español "100%" logo de empezar o colexio. Ramiro Torres e Isabel Ferreiro reparan tamén noutra situación nada estraña: "Seus avós falaban sempre galego menos coas nenas, ás que lles falaban castelán". "A escola pública contribúe á desgaleguización", di un dos pais protagonista do documental Todos, malia todo, coinciden en que a escola é fundamental e a diminución progresiva do galego nela provoca que sexan moitos os rapaces que acaban por cambiar ao castelán, maioritario tamén nos medios, no cinema e na rúa de moitas vilas e cidades. "A escola pública contribúe á desgaleguización", resume François Davó. |
PRAZA_17486 | A Enquisa Nacional de Saúde reflicte que case un cuarto de millón de persoas tivo o pasado ano demoras no acceso á atención sanitaria ou, directamente, non puido acceder a ela. Así mesmo, 72.600 galegos e galegas víronse privadas de medicación por motivos económicos. A situación é aínda máis negativa no conxunto do Estado | O INE publicou este martes a Enquisa Nacional de Saúde correspondente ao ano 2017, un completo estudo que se realiza de forma periódica (a última entrega databa de 2012) e que achega información sobre o acceso á atención sanitaria, a utilización da sanidade pública e os seus servizos, a percepción do estado da saúde da cidadanía ou a realización de prácticas preventivas. A Enquisa recolle tamén os casos en que se producen obstáculos para ese acceso á sanidade, cifrando a poboación que ve limitados os seus dereitos a ser atendida. "Motivos económicos" vetaron o acceso aos medicamentos receitados para 72.600 galegos e galegas Así, o estudo reflicte que o pasado ano unhas 232.900 galegas e galegos sufriron "demora excesiva ou inaccesibilidade asistencia médica por lista de espera" e que outras 14.700 tiveron "demora excesiva ou inaccesibilidade asistencia médica por dificultades co transporte ou a distancia". O informe tamén recolle que 46.300 non puideron acceder á atención médica "por motivos económicos". Así mesmo estes "motivos económicos" vetaron o acceso aos medicamentos receitados para 72.600 persoas. E, igualmente, imposibilitaron o acceso á atención dental a uns 182.200 galegos e galegas. A porcentaxe de persoas que en Galicia sufriu estas eivas é moi inferior á media do conxunto do Estado Cómpre salientar, en todo caso, que a porcentaxe de persoas que en Galicia sufriu estas eivas é moi inferior á media do conxunto do Estado e que, de feito, Galicia sitúase como unha das comunidades con menor propoción de cidadanía sen problemas de acceso á sanidade. Así, a porcentaxe de galegos e galegas que sufriron "inaccesibilidade" ou "demoras" por mor das listas de espera foi do 9,84%, fronte á media do 15,43% no conxunto de España. E o mesmo sucede coa porcentaxe de persoas que sufriron problemas por razón do transporte: 0,62%, fronte a 1,4% na media española. De igual xeito, a porcentaxe de galegos e galegas privadas por motivos económicos de acceso á atención médica (1,96%), dental (7,7%) ou de saúde mental (0,05%) é moi inferior ás medias do conxunto do Estado. Tan só a proporción de persoas privadas de medicamentos (3,07%) supera lixeiramente a media estatal (2,98%) Así mesmo, Galicia é un dos territorios nos que en menor medida se utilizaron o pasado ano os servizos de urxencia de tipo privado, apenas un 7,23% dos e das pacientes. Moi por debaixo da media española (11,66%) e máis lonxe aínda dos datos de comunidades como a Illas Baleares (23%), Estremadura (10%) ou Madrid e Cataluña (16%). De igual xeito, Galicia está moi por detrás da media española en canto á porcentaxe de poboación que recorre á homeopatía (0,38%) ou ás chamadas terapias naturais (0,90%). En ambos os dous casos o dato galego rolda o do conxunto do Estado e sitúase, ademais, entre o grupo de comunidades que menos emprega estas terapias non científicas. |
NOS_15628 | "O sistema era absolutamente patriarcal. Non pintaban nada. Estaban recluídas no mundo doméstico. Eran nais e esposas". No documental Digna rabia, a escritora describía con estas palabras a situación de opresión que as mulleres soportaron desde o levantamento fascista de xullo do 36 e até 1975, cando o ditador Franco morreu, na cama. A partir desa data comezou a súa militancia no movemento feminista, primeiro na Asociación galega da muller e despois en Feministas independentes galegas. | Pregunta:Como lembra os primeiros anos da súa militancia? Cales eran as reivindicacións? Resposta: Empecei na Asociación galega da muller en Vigo en 1975, declarado Ano internacional da muller. Estaba integrada por moitos partidos políticos que aglutinaban todo o movemento feminista de oposición a Franco e fomos avanzando facendo reivindicacións que daquela eran elementais. Non existía o divorcio, o aborto non se permitía en ningún suposto e a pena de cárcere por adulterio estaba vixente. P: E como valora as conquistas posteriores e a situación actual?R: A verdade é que moitas feministas estamos deprimidas desde que a dereita máis terríbel tomou o poder. Fíxose moito en moi pouco tempo. As mulleres estivemos moi vivas. Aprobáronse leis, como a Lei de Igualdade ou a de Medidas integrais contra a violencia de xénero, que, de se poñeren en práctica, a situación sería moi distinta. Porén, non foron reivindicadas como deberan. E fronte aos avances continua un panorama social de desigualdade que é evidente, ao existiren dúas esferas: a pública e a privada. No eido público conseguíronse avances, mais o privado non mudou e é aí onde se atopan as razóns dos malos tratos, na idea de que é un conflito doméstico e que ninguén pode meterse. "Saen nun recunchiño do xornal, na letra pequena, non se usa a palabra 'asasinato' e no telexornal póñenas un chisco antes dos Deportes" P: As feministas contaron as mortas por si propias durante moito tempo. Cádranlles agora as contas coas das estatísticas oficiais?R: Si, recordo perfectamente cando as mulleres mortas as contabamos só as feministas. Agora moita xente pregunta que pasa, por que os homes matan máis. Non matan máis. Agora sábese e daquela non se sabía. Con todo, segue sen ser un delito público nin sequera legalmente. Saen nun recunchiño do xornal, na letra pequena, non se usa a palabra 'asasinato'. Ocúltanas, non teñen nome e no telexornal póñenas algo antes dos Deportes. Non teñen valor ningún. E hai mortas de primeira e de segunda porque... imaxinas que asasinan dez mulleres en El Corte Inglés? Sería un escándalo! Mais nas casas as mulleres son en función do seu amo, do esposo, non se conciben como unha persoa. P: Porén, as estatísticas non computan a violencia verbal, nin a económica...R: [Interrompe] Se contamos as vítimas así practicamente todas as mulleres estariamos nas estatísticas. E aínda contando só a violencia física botan mal as contas porque nunca se suman as prostitutas nin as violacións. O propio termo, 'violencia de xénero', non é correcto. Debera chamarse 'terrorismo sexual'. As mulleres aínda non existen, non teñen valor social. "Imaxinas que asasinan dez mulleres en El Corte Inglés? Sería un escándalo! Mais nas casas as mulleres son en función do seu amo" P: Bota en falta o carácter social do feminismo dos '70?R: Non o boto en falta porque hoxe o feminismo penetrou en todos os sectores sociais. Aínda que nas convocatorias sexamos poucas, existe unha concienciación social, por exemplo, entre os profesionais da sanidade, que denuncian moitas veces situacións de violencia en que se atopan mulleres que acoden a consulta. Daquela as mulleres maltratadas escusabamos ir a un hospital porque ninguén nos facía caso! O problema agora é que estamos a perder moito do que tiñamos conseguido. A dereita está a facer políticas tremendas, mais co silencio dunha esquerda despreocupada polos problemas feministas. Os homes neste momento están moi envalentonados, seguros de si propios. Son tempos moi machistas. Todas as leis que se aproban xogan en contra das mulleres, e a crise económica apartounas dos traballos remunerados, polo que non poden afastarse das súas parellas, presas da dependencia económica. "A dereita está a facer políticas tremendas, mais co silencio dunha esquerda despreocupada polos problemas feministas" P: Festa da Palabra Silenciada deixou de ser unha revista de mulleres para ser unha publicación feminista en que tamén colaboraban homes. Por que ese cambio?R: Calquera reivindicación ten que partir do propio. Nós tiñamos que demostrar que eramos capaces de por en marcha unha revista e que as mulleres eramos quen de escribir. Todo era feito por nós, agás os homes que puidesen traballar na imprenta [ri]. Moitas poetas hoxe consagradas na Galiza publicaron os seus primeiros textos en Festa. Unha vez demostrado todo isto xa non tiña sentido e no nº14 pensamos que xa podiamos darlle paso aos homes, tamén porque para daquela había xa homes feministas, homes que se preocupaban por como lle afectaban as cousas ás mulleres. P: Co tempo a palabra 'silenciada' foi aparecendo en pequeno. Porén, fica aínda silenciada no catálogo de publicacións da Xunta...R: [ri] Si, iso é tremendo! Mais é unha revista silenciada para todo o mundo! Ás veces a euforia dun momento puntual non se corresponde coa realidade e iso foi o que nos pasou. A situación do feminismo é ben distinta agora. Hoxe 'silenciada' debera ir con letras moito máis grandes. P: E nesa situación, que liñas de actuación ou que cuestións cómpre reivindicar con máis forza?R: Xa que falei antes do público e do privado, a crise é especialmente perigosa para nós porque nos saca do público. Que unha muller traballe e poida pagar unha gardeiría ou que o feminismo sexa forte dabondo para facer públicos e pagar por unha serie de traballos que son privados. A escola estaba a substituír a nai que ensina a ler, e os hospitais substituían os coidados. A crise devólveos ao privado. Volven facelos as mulleres, e de balde. Vólvense tolas para manter a familia con catro cadelas. E hai outra cuestión que cómpre reivindicar con forza: a revolución que non se fixo no feminismo foi a revolución sexual. "A revolución que non se fixo no feminismo foi a revolución sexual" P: Incomodouna moito a opinión de Bernardino Graña sobre a escasa presencia de mulleres na Real Academia Galega. Denominou aquel "non as podemos inventar" como 'aldraxe ao colectivo de mulleres galegas'.R: Si. Dicir que non hai mulleres na Academia porque non queren estar ou porque non teñen méritos para estar é tremendo. De labazada! Bernardino é amigo meu desde hai moitos anos, mais cousas deste tipo non se poden deixar pasar porque se calas as estás a apoiar. Quen cala, outorga. Se non hai mulleres é porque non as queren deixar pasar! É de risa pensar que os señores que están Academia fixeron máis cousas ou teñen máis méritos que moitas mulleres. E falo disto con total liberdade porque xa dixen que non quero facer parte desa institución. Teño moitas outras cousas que facer. P: Escribir, por exemplo. Que poder ten a literatura como arma de sensibilización?R: Ui, moitísimo! Ao usar a palabra, ten unha forza moi forte para denunciar. Non se pode equiparar coa escultura ou con outra arte plástica. Xa o demostraron Rosalía e outros reivindicando o galego como lingua da cultura, máis aló da lingua dos labregos e das labregas. Aínda que parten dun guión, tanto as novelas como a poesía e o teatro son xéneros políticos, con moito poder de transformación social. Hai ensaios que escribín e que xa non me valen, abúrrenme ou iso que escribín xa non o penso así. Tampouco as escritoras estamos estancadas, temos dereito a evolucionar e, para min, non é posíbel facer literatura sen ideoloxía. |
NOS_52844 | Alberto Núñez Feixoo, a quen o PSOE lle afeou a súa ausencia no pleno no que se debateu a norma, trabucouse ao emitir o seu voto e apoiou a postura do Goberno estatal, á que se opuxo a bancada popular. | O Senado aprobou definitivamente esta cuarta feira a proposición de lei impulsada polo PSOE para reformar a Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPX), de modo que o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) poderá xa nomear os dous maxistrados e maxistradas do Tribunal Constitucional (TC) que lle corresponden por lei. A norma foi tramitada de forma 'exprés' nas dúas cámaras lexislativas, polo que agora só resta a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) para a súa entrada en vigor. A votación saldouse con 147 votos a favor —PSOE, Esquerda Confederal (Unidas Podemos), Bildu, ERC e PNV, entre outras forzas políticas— e 110 en contra, entre eles os de PP, Vox e Ciudadanos, polo que a proposta socialista "queda aprobada definitivamente polas Cortes Xerais", segundo anunciou seguidamente o presidente da Cámara Alta, Ander Gil. Feixoo errou ao emitir o seu voto e apoiou a proposta do PSOE á que o grupo popular se opuxo A anécdota da xornada protagonizouna o presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, —cuxa ausencia durante o debate parlamentario foi criticada polo PSOE—, quen se trabucou á hora de emitir o seu voto, apoiando a proposta socialista, se ben neste caso non foi determinante, dada a ampla maioría coa que saíu adiante. O PP ameaza con levar ao Constitucional o erro dun deputado na votación da reforma laboral Desbloqueo do nomeamento de titulares do Constitucional O PSOE introduciu esta proposición de lei o pasado 24 de xuño co obxectivo de emendar parcialmente a reforma da LOPX aprobada en marzo de 2021 a iniciativa do propio Goberno estatal e que impedía ao CGPX facer nomeamentos discrecionais na cúpula xudicial mentres ficase co mandato caducado, unha situación na que se mantén desde decembro de 2018. Esa limitación de funcións impediu ao CGPX nomear dous dos catro candidatos que deben substituír os catro xuíces e xuízas do TC cuxos mandatos expiraron o pasado 12 de xuño, xa que se trata do terzo que corresponde designar por partes iguais ao Goberno e ao órgano dos maxistrados, con dous aspirantes cada un. Aliás, a reforma inclúe unha emenda parcial presentada 'in extremis' polo PSOE á súa propia proposición de lei que fixa o 13 de setembro como prazo máximo para que o CGPX designe os seus dous candidatos ao TC. |
PRAZA_13222 | Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Beiras. | Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación de SOS Sanidade Pública, que criticou os recortes efectuados polos gobernos galego e español e alertou do risco de privatización. Participaron numerosos representantes políticos, de BNG, PSdeG-PSOE, EU, +G ou EI, entre eles Pachi Vázquez, Francisco Caamaño, Francisco Jorquera, Carlos Aymerich, Guillerme Vázquez ou Xosé Manuel Beiras. A marcha, que partiu da Alameda ao mediodía, contou co apoio de organizacións políticas, sindicais, profesionais, estudantís, veciñais das asembleas do 15M e de numerososos colectivos non necesariamente ligados coa atención sanitaria. Esta unanimidade na convocatoria percibiuse tamén na participación final, igualmente diversa, pero unida polo obxectivo: a reivindicación da sanidade pública, gratuíta, de calidade, eficiente e universal. O voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín deixou claro antes da marcha que esta vez non se protesta contra unha medida puntual ou contra un recorte concreto, senón que as medidas executadas ou apuntadas dende a Xunta e dende o Goberno central "cambian por primeira vez a Lei Xeral de Sanidade" e mesmo a Constitución. Os participantes na mobilización repetiron berros críticos co goberno de Alberto Núñez Feijoo, como "Feijóo atende, a sanidade non se vende" ou "E a culpa de quen é?, do Goberno do PP". Así mesmo, Suso de Toro, un dos voceiros da plataforma, sinalou xa na Praza da Quintana que o problema é que "quen hoxe goberna na sanidade pública non cre nela". De igual xeito, Pachi Vázquez, líder dos socialistas galegos, afirmou que "Feijoo non pode traizoar a Galicia e ten que acudir ao Tribunal Constitucional para frear os recortes en sanidade e educación deste goberno desnortado". O líder dos socialistas galegos esixíulle ao presidente da Xunta que faga o que xa fixeron os seus homólogos en Andalucía, Euskadi e Cataluña, "en lugar de facer caer todo o peso da crise sobre os pensionistas, sobre os nosos enfermos e os nosos estudantes", criticou Vázquez. Propuxo que, en lugar de facer caer todo o peso da crise sobre pensionistas, enfermos e estudantes se apliquen impostos á banca, o IBI á Igrexa e impostos aos grandes patrimonios. Pachi Vázquez afirmou que "Feijoo non pode traizoar a Galicia e ten que acudir ao Tribunal Constitucional para frear os recortes en sanidade e educación deste goberno desnortado" Pola súa banda, Francisco Jorquera afirmou que "o mellor xeito de garantir os servizos públicos non é con recortes, senón cunha reforma fiscal que combata o escandaloso volume de fraude e que faga que os que máis teñen paguen máis". En concreto, Jorquera censurou que o PP vexa "imprescindibles" recortes en servizos publicos mentres o Estado "ten a presión fiscal máis baixa sobre as rendas altas" na UE, cun volume de fraude "autenticamente escandaloso", polo que avogou pola reforma fiscal para a súa sustenibilidade. O candidato do BNG ás eleccións autonómicas denunciou que o Partido Popular usa a crise de "coartada" para "permitir o avance" da sanidade e a educación privada". O candidato do BNG ás eleccións autonómicas denunciou que o Partido Popular usa a crise de "coartada" para "permitir o avance" da sanidade e a educación privada" No remate da manifestación, os músicos Ses e Magín Blanco interpretarán as súas Tempestades de sal e Rumba das apertas. De feito, na rolda de prensa de presentación da manifestación, Suso de Toro xustificara a implicación de escritores, músicos ou actores na protesta no feito de que os recortes sanitarios "non son un problema dos traballadores da sanidade" senón de toda a sociedade, dado que os servizos públicos de saúde son "un patrimonio social". "A sanidade e a educación son un tesouro do modelo social europeo que neste momento está en perigo", concluíu. |
PRAZA_9522 | Falecida o pasado ano aos 76 anos de idade, en 1963 converteuse na primeira muller en traballar de programadora na compañía Bull General Electric, en Madrid. En 1969 regresou a Galicia para traballar no centro de cálculo da Caixa de Aforros de Santiago, unha carreira que abandonou en 1973 | A comezos da década dos 60, con pouco máis de 20 anos, a compostelá Ana María Prieto, converteuse na primeira programadora galega, unha profesión que desenvolveu durante unha década en varias empresas. Con motivo do 8 de Marzo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) homenaxeou este mércores a Prieto, falecida o pasado mes de xuño, destacando que nos anos sesenta conseguiu abrirse camiño "con valentía e carácter emprendedor" nunha profesión masculinizada.En 1963 foi contratada como operadora por Bull General Electric. Pouco despois fixo un curso de COBOL e converteuse na primeira muller programadora da empresaAna María Prieto López naceu en Compostela en 1942. Con 21 anos estudaba Farmacia en Madrid, momento en que realizou un curso de informática na compañía Bull General Electric en Madrid, tras o cal foi contratada como operadora. Pouco despois fixo un curso de COBOL e converteuse na primeira muller programadora da empresa e, ademais, na primeira galega en programar computadores da que temos noticia. Nos anos seguintes traballou a través de Bull para empresas como Barreiros ou Schell."Introduciuse nun mundo de homes, liderado por homes e no que non foi fácil evitar a incredulidade e a envexa de moitos", destaca o CPEIG, que explica que "no seu día a día como programadora, tardaba dous autobuses en chegar ao seu traballo, e moitas tardes volvía a casa dando longos paseos para descansar a súa mente"."Introduciuse nun mundo de homes, liderado por homes e no que non foi fácil evitar a incredulidade e a envexa de moitos", destaca o CPEIGEn 1969 trasladouse a Compostela para traballar como programadora no centro de cálculo da Caixa de Aforros de Santiago, que empregaba uns grandes ordenadores Phillips, que despois forons substituídos por IBM. Realizou esta tarefa ata 1973, momento en que abandonou a súa profesión para mudarse a Becerreá e "formar unha familia", como explicou nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia hai tres anos. En xuño do pasado ano Ana María Prieto faleceu aos 76 anos de idade. Xa naquel momento o CPEIG expresou o seu "pesar" polo pasamento, recoñecendo "a transcendencia para a profesión do labor da primeira programadora galega".Ao acto deste mércores, que tivo lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC, asistiron o seu viúvo, Antonio García López, e a súa filla, Clara Iria García Prieto, que recibiron do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, a primeira figura institucional do Colexio profesional. Ademais, no participaron o director da ETSE, Antonio Mosquera; o ex director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e vogal do CPEIG, Javier García Tobío; e o xornalista e autor do libro "A historia da informática de Galicia. Unha cronoloxía", Henrique Neira."Programar foi a súa vida, e con 20 anos abandonou unha carreira tradicional como a de Farmacia para demostrar o seu amor polas matemáticas", lembrou hoxe a súa fillaFernando Suárez dedicou unhas palabras a Ana María Prieto, da que dixo que "deu un paso adiante en prol da igualdade, e a pesar das dificultades, conseguiu abrirse camiño con valentía e carácter emprendedor nunha profesión masculinizada". Suárez destacou a necesidade de incorporar mulleres á carreira profesional de Enxeñaría en Informática, que aínda presenta unhas cifras moi baixas do 12-13% de matriculación nos primeiros cursos da titulación universitaria. "Nun presente e futuro dixitais é preciso normalizar a presenza da muller en todos os ámbitos da profesión, potenciando a representación feminina na Enxeñaría en Informática e noutras disciplinas técnicas", dixo.Clara García Prieto describiu a súa nai como unha muller "humilde" que nunca lle deu a importancia que tiña ao seu traballo nin ao que logrou profesionalmente. "Programar foi a súa vida, e con 20 anos abandonou unha carreira tradicional como a de Farmacia para demostrar o seu amor polas matemáticas", manifestou. |
PRAZA_6990 | O foro Capital Network do Clúster TIC reuníu o pasado venres en Compostela os responsables de Avalingua, Cardi@ngel, Centum R&T, Opentrad, ParkApp, SetPay, Sigue tu liga, Situm e Todoencaja, con entidades de capital risco | Compostela acolleu o pasado venres a quinta edición do Clúster TIC Capital Network, organizado polo Clúster TIC Galicia. Trátase dun foro que promove o encontro entre proxectos innovadores e os seus posibles investidores, entidades de capital risco españolas ou extranxeiras (business angels), ademais doutros investidores privados que operan no sector TIC. O foro busca identificar oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBT (Empresas de Base Tecnolóxica), así como facilitar os procesos de co-investimento en proxectos mediante a atracción de investidores privados que complementen os mecanismos de investimento público existentes. O foro busca identificar oportunidades de negocio e mecanismos de financiamento para apoiar a creación e ampliación de EBT (Empresas de Base Tecnolóxica) Ao foro poden presentarse emprendedores, startups e empresas de base tecnolóxica que teñan ou non produto no mercado, que se atopen nun proceso inicial de desenvolvemento ou que precisen dunha ampliación de capital que lles permita o despegue de forma definitiva. Ao final foron nove os proxectos galegos seleccionados (dos 14 presentados) para expor as súas iniciativas: Avalingua, Cardi@ngel, Centum R&T, Opentrad, ParkApp, SetPay, Sigue tu liga, Situm e Todoencaja. A iniciativa, segundo destacaron os seus responsables, procura potenciar o ecosistema emprendedor tecnolóxico galego "acadando unha masa crítica de empresas orientadas á creación de produtos tecnolóxicos que permitan situar as industrias de Galicia como un referente recoñecido a nivel europeo". En conxunto os nove proxectos necesitan un investimento de catro millóns de euros. Aínda que o encontro presencial do venres foi aactividade central do Capital Network, o proceso de procura de investimento é de carácter anual e continúa aberto. En conxunto os nove proxectos necesitan un investimento de catro millóns de euros Avalingua: Avalingua é un software de corrección automática tanto persoal como para o ensino. Analiza o texto buscando erros ortográficos, léxicos, gramaticais ou de estilo e ofrece información sobre a súa tipoloxía, importancia e posibles solucións. Cardi@ngel: Cardi@ngel é un sistema que permite xeolocalizar calquera alarma, realizar unha chamada ao servizo de emerxencias, enviar SMS á lista ICE, amosar un aviso de alarma e avisar ao número mínimo necesario de posibles auxiliadores Centum R&T: Centum deseña e crea elementos para vehículos aeroespaciais, terrestres e mariños, tripulados ou non, capaces de percibir o contexto e tomar decisións autonomamente, adaptarse a cambios do ambiente e comunicar e interactuar con outros sistemas. Opentrad: Opentrad é unha plataforma de servizos de tradución automática en código aberto. ParkApp: ParkApp é unha aplicación para dispositivos móbiles que facilita o aparcamento, facilitando a reserva en parkings de todo o Estado. SetPay: SetPay é unha tecnoloxía que permite realizar cobros con tarxeta en calquera lugar. Simplemente utilizando o smartphone ou tablet e un lector a modo de punto de venda. Sigue tu liga: Siguetuliga.com é unha plataforma social de fútbol rexional. Situm: Situm é unha tecnoloxía de localización en interiores que desenvolveu un sistema multi-sensorial capaz de adaptarse a calquera espazo, evitando a instalación de hardware adicional. Todoencaja: Todoencaja é un servizo de almacenamento físico na nube. Recolle os obxectos dun ou dunha cliente, gárdaos e devólveos no punto de orixe cando se requira. |
PRAZA_20300 | A Real Academia Galega elixe unha muller para o Día das Letras por cuarta ocasión. A escritora homenaxeada instalouse no galego e achegou a el a incontables mozas e mozos a través dos seus libros e do seu traballo docente | María Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como lingua materna. Pero viaxou cara a Galicia e cara ao galego, habitouno e convidou á súa viaxe a incontables mozas e mozos. A Real Academia Galega decidiu este sábado que o nome da autora da inesquecible Anagnórise se una á reducidísima lista de mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, ata agora só conformada por Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), e María Mariño (2007). A escritora á que se lle dedicará o 17 de maio do 2018 chegou a Galicia moi nova, con menos de 30 anos. Non viña da súa Extremadura natal, porque xa pasara por Barcelona e mais por Madrid, onde estudou Filoloxía Románica. A principios dos escuros anos 60 comezou a dar clase en Pontevedra, a que tras breves estadías en Lugo e Vilalonga tornaría na súa cidade e onde o seu nome ficaría ligado para sempre á historia de dous centros educativos, os institutos Valle-Inclán e Torrente Ballester, ao que cedeu a súa enorme biblioteca persoal. A autora optou por Galicia e a súa lingua. Elixiunas. E mantivo con elas "unha historia de amor", afirmaba María Victoria Moreno foi alumna de galego e ensinante, despois, mesmo cando o ensino da lingua propia de Galicia aínda estaba fóra da lei. Fíxoo, por exemplo, na Asociación de Amigos da Cultura en Pontevedra, en Vilagarcía ou no Ateneo de Ourense. Nos últimos meses do franquismo, lembra a Academia, a Policía chegou a retirarlle o pasaporte por colaborar coa "subversiva" institución ourensá. Pero o seu co galego era "simplemente, unha historia de amor", declarou en 1993. Optou por Galicia e a súa lingua. Elixiunas. María Victoria Moreno, nunha imaxe cedida á RAG por Galaxia A RAG dedica o Día das Letras a unha muller por cuarta vez na súa historia O seu traballo literario foi tamén esencial para entrar en contacto co idioma para varias xeracións de estudantes do país. Anagnórise (1988) é a referencia masiva cunha vintena de edicións, pero xunto a ela están Leonardo e os fontaneiros (1985), a súa preferida, ou Guedellas de seda e liño (1999). A autora contactou coa infancia e a mocidade dende a ficción, pero tamén dende os libros de texto. Foi coautora dalgúns dos primeiros manuais de literatura galega para BUP e COU, ademais de formar profesorado nesa mesma materia. Alén da literatura infantil e xuvenil tamén é peza esencial para entender a autora o seu derradeiro traballo, Diario da luz e da sombra (2005), un sereo ensaio ao fío do cancro de mama que rematou coa súa vida. O seu traballo estendeuse, asemade, á tradución, á antoloxía poética e mesmo á edición como codirectora da colección infantil Árbore, de Galaxia. María Victoria Moreno no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura |
PRAZA_10729 | "Atopámonos, no mes de agosto, con máis de medio cento de persoas sen atención pediátrica", alerta a alcaldesa de Barreiros, quen advirte de que a ausencia da pediatra atinxe tamén a municipios da contorna como Lourenzá ou Mondoñedo e contribúe a saturar servizos como o PAC de Ribadeo | O Concello de Barreiros ten un censo de apenas 3.000 habitantes. Pero é tamén un habitual destino turístico na Mariña, máis aínda dende a controvertida expansión urbanística da pasada década. Ata o punto, segundo cálculos do goberno local, de chegar a acoller unhas 10.000 persoas durante o mes de agosto. Xusto neste mes a pediatra do centro de saúde ten vacacións e o Sergas "non ten previsto cubrilas", alerta o Concello, cuxa alcaldesa vén de dirixirse á Consellería de Sanidade para tentar evitalo.Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: "Atopámonos, no mes de agosto, con máis de medio cento de persoas sen atención pediátrica"O déficit de pediatras non é novo nin no verán nin na Mariña, contorna na que as mobilizacións sanitarias son practicamente unha constante dende hai anos. Esta, considera a nova rexedora da vila, Ana Ermida (BNG), debera ser razón dabondo para que o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña optase por "reconsiderar a decisión de non dotar de pediatra o centro de saúde de Barreiros durante o período de vacacións da titular". Pero, agrega a alcaldesa, hai máis motivos para a preocupación.Na misiva remitida ao conselleiro Ermida detalla que, "trasladando os datos" da poboación flotante a nenas e nenos menores dse 14 anos "atopámonos, no mes de agosto, con máis de medio cento de persoas sen atención pediátrica". Máis aínda tendo en conta que "a falta de persoal non afecta só a Barreiros", xa que a pediatra "comparte servizo" cos centros de saúde de Lourenzá e Mondoñedo.O goberno de Barreiros advirte de que a ausencia da pediatra atinxe tamén a municipios da contorna como Lourenzá ou Mondoñedo e contribúe a saturar servizos como o PAC de Ribadeo"É obvio -razoa a rexedora- que a falta de persoal durante un mes interfire moi negativamente no control que poida existir, especialmente en recén nados, pola importancia do seguimento en escasos días que debe realizarse". Pero ademais, advirte, o feito de non haber pediatra implica colateralmente a "saturación doutros servizos" e, daquela "un mal funcionamento do Servizo Galego de Saúde".Así, por exemplo, non cubrir a baixa de pediatría en Barreiros acaba atinxindo a "outros servizos e lugares que, de seu, xa carecen dunha atención pediátrica especializada". Este é o caso do PAC de Ribadeo e mesmo do hospital de Burela, cita.O Sergas vén reiterando a escaseza de profesionais dispoñibles como principal causa do déficit de pediatras"Solicitámoslle a reconsideración da decisión de non dotar de pediatra o centro de saúde de Barreiros durante o período de vacacións da persoa titular e, en concreto, solicitamos a cobertura desta praza durante o mes de agosto", conclúe a carta da alcaldesa. Só así, resalta, poderá manterse "o funcionamento do Sergas dentro duns parámetros mínimos de calidade e cantidade" no mes en que Barreiros triplica poboación.A resposta ante esta escaseza de pediatras por parte da Consellería de Sanidade vén sendo recorrente. Así, en anos pasados a Xunta resaltou que a non cobertura de baixas ou vacacións se debe, fundamentalmente, á ausencia de profesionais dispoñibles. Recentemente agregaban ademais, en casos como o do centro de saúde de Abadín, que en ausencia de pediatra, os profesionais de medicina familiar están "totalmente capacitados para a atención dos nenos e nenas cando o precisen todos os días da semana" |
NOS_12411 | A farmacéutica de orixe galega fai públicos os resultados finais do seu ensaio clínico co medicamento que estaba a crear, de nome comercial Aplidin. Está destinado a pacientes adultos con coronavirus que requiren un ingreso no hospital. | Aplidin, o fármaco creado pola empresa farmacéutica de orixe galega PharmaMar funciona no tratamento de pacientes adultas con Covid-19, nunha situación da infección grave tendo en conta que está pensado para inocular en caso de ingreso hospitalario. A compañía comunicou esta terza feira que o medicamento "é seguro e eficaz", tal e como demostraron os resultados finais do ensaio clínico 'Aplicov-PC 1' con plitidepsina, ou o que é o mesmo, o Aplidin. Nesta fase traballouse con tres tipos de doentes: aqueles con síntomas leves mais con necesidade de acudir a un centro sanitario, pacientes coa enfermidade nun estadio moderado e enfermos de carácter severo. Así, administráronse distintas doses da medicina durante tres días consecutivos. "Dos pacientes que ingresaron co virus moderado, os que recibiron a dose de 2,5 mg presentaron a maior probabilidade de ser dados de alta durante a primeira semana do ingreso", especifican fontes da farmacéutica quer á comunidade científica, quer á poboación en xeral. "E neste mesmo grupo de pacientes observouse que canto máis alta é a dose de plitidepsina, maior é o reconto de linfocitos no tempo, un indicador de mellora do sistema inmunitario", agregan. Segundo inciden as mesmas fontes acadouse o "obxectivo primario da seguridade, mostrando eficacia clínica" no tratamento das persoas infectadas. "Seguimos a precisar fármacos eficaces fronte á Covid-19. Plitidepsina é un fármaco moi prometedor cun desenvolvemento preclínico sólido. Completou o estudo fase I/II con bos datos de seguridade e uns primeiros datos clínicos de adecuada eficacia na pneumonía moderada. Nas próximas semanas, coa apertura do recrutamento do ensaio 'Neptuno' e un grupo de comparación directo, poderemos saber con maior precisión cal é o papel e a eficacia clínica precisa de plitidepsina no coronavirus", comentou o doutor adxunto de Medicina Interna do Hospital Universitario Quirónsalud Madrid, Pablo Guisado Vasco.En consecuencia, a aplicación non vai ser inmediata. A empresa fixo pública a información sobre o potencial do remedio de cara ao inicio do ensaio da fase III bautizada como 'Neptuno 2'. |
NOS_14423 | Pilar Rojo ordenou a expulsión do Parlamento dos representantes da Plataforma Galega de Artes Escénicas e Musicais, durante a pregunta que a deputada do BNG Ana Pontón realizou ao conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez. O conselleiro de cultura rexeitou falar do futuro das redes culturais e provocou a protesta unánime do sector presente no Parlamento. Vídeo no interior. | Ana Pontón, voceira de Cultura do BNG, preguntou ao goberno galego no pleno de hoxe no Parlamento a respecto da situación na que se atopan as redes de programación musical e da escena de Galiza. Entre o público vari@s membros da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais seguían con interese o desenvolvemento da sesión para escoitar a resposta de Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura. A voceira do BNG presentou os datos do último estudo do Consello da Cultura Galega, realizado en 2009, que sinalan que este sector representa o 2% do PIB e o 2,5% do emprego no país. "Agora a maior parte das persoas están no desemprego ou tiveron que emigrar, vostede en menos de catro anos tenta destruír o que con tanto esforzo se fixo nas última décadas, non teñen ningún tipo de estratexia". Pontón sinalou que os países máis avanzados do mundo son aqueles que teñen en conta a súa cultura. "Aquí eliminan a Consellaría de Cultura, reducen os orzamentos moi por riba dos doutras consellarías e levan meses sen director de AGADIC". Ao remate da súa intervención botoulle en cara a Vázquez que non quixera reunirse co sector. Ana Pontón: "Pido o amparo por non responder á pregunta, é unha falta de respecto para nós, as persoas que nos votan e ás persoas que viven nese sector e que están aquí presentes" O Conselleiro de Cultura e Educación respondeu que o seu departamento realizou "un verdadeiro esforzo por manter o apoio ao sector en tempos de menos recursos públicos". Vázquez sacou do peto a frase máis repetida no seu partido nos últimos anos cando dixo que "os cidadáns encomendáronnos a nós a responsabilidade de toma de decisións para manter a nosa cultura". Rexeitou a idea de que tratan mal á cultura e insistiu en que "estamos a apoiar á cultura galega". Chegou a asegurar que están a colaborar con concellos "na dinamización e promoción de produtos culturais" e que mantiveron reunións con membros da Plataforma Galega das Artes Escénicas. "Non hai falta de diálogo nin desinterese por parte da Consellaría". "Pido o amparo por non responder á pregunta, é unha falta de respecto para nós, as persoas que nos votan e ás persoas que viven nese sector e que están aquí presentes". Pilar Rojo, presidenta do Parlamento, non aceptou a petición e respondeulle que "vostede pregunta o que lle parece e o conselleiro responde o que considere". A deputada nacionalista pediu que o conselleiro recibira ás persoas da Plataforma que estaban presentes como convidadas no público. Na segunda intervención de Xesús Vázquez, após a actitude do conselleiro de non respostar sobre á pregunta directa da deputada do BNG, os membros da Plataforma puxéronse en pé mentres a presidenta do Parlamento dicíalles que "vostedes non teñen nada que dicir aquí". Após estas palabras pediu o desaloxo dos membros da Plataforma. Desmantelamento da cultura galega "É unha burla ao Parlamento, a todos os cidadáns galegos e á cultura", asegurou Ana Pontón no exterior do Parlamento após a improvisada conferencia de imprensa d@s membros da Plataforma, "que non diga que vai pasar coa programacións das redes culturais, unha peza importante que permitía que neste país houbera teatro, cine, música". A nacionalista asegurou que o seu partido ten moi claro que "se non convocan por un impedimento político as redes asistimos a unha mestura perversa e intento claro de desmantelamento da cultura galega". Até a actualidade funcionan tres redes en relación á programación cultural. A Rede Galega de Teatros e Auditorios, creada en 1996, non convocou aínda a súa reunión anual e as redes de Salas e de Música ao Vivo, creadas en 2007, viron reducidas ao mínimo a súa capacidade de acción polos recortes que aplicou a consellaría que dirixe Xesús Vázquez. Declaracións d@s membros da Plataforma expulsad@s do Parlamento |
NOS_47439 | "Precisamos de todas as mans, todos os corazóns e toda a intelixencia, polo que non vou ter trabas para contar con todo o mundo", dixo a vicepresidenta segunda do Goberno estatal sobre a plataforma política que está a artellar no espazo "á esquerda do PSOE". | A vicepresidenta segunda do Goberno estatal e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, impartiu esta cuarta feira unha conferencia na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na que mencionou as políticas aprobadas polo seu departamento en materia laboral, nomeadamente no que atinxe ás persoas novas. En declaracións á Radio Galega confirmou que comezará "cedo" o seu "proceso de escoita" para conformar a súa nova plataforma política, un proxecto para o que contará cos ex alcaldes de Compostela, Martiño Noriega (Compostela Aberta), e A Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántica), con quen sen reuniu aproveitando a súa visita á Galiza. "Estou acompañada por moita xente á que respecto e quero. Onte [pola terza feira] ceei con Martiño [Noriega], con Xulio [Ferreiro], con Marta Lois [portavoz de Compostela Aberta] e outros amigos, e para eles non teño máis que cariño e agradecemento", dixo. Yolanda Díaz, que ascende no novo Goberno español, ve un cambio para "fortalecer" a coalición Díaz reivindicou que o "cambio político" emerxeu no Estado español desde a Galiza, a través da formación política Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), que liderou xunto a Xosé Manuel Beiras entre 2012 e 2016, até que obtivo unha acta de deputada no Congreso nas listaxes de En Marea. "Precisamos de todas as mans, todos os corazóns e toda a intelixencia, polo que non vou ter trabas para contar con todo o mundo", apuntou a vicepresidenta. A respecto do seu liderado nese novo proxecto político que pretende atraer o electorado "á esquerda do PSOE", Díaz afirmou que será unha decisión "da xente", no caso de que finalmente dea o paso e ofreza liderar o espazo. Yolanda Díaz evitou confirmar se Podemos participará desa plataforma, ao tempo que subliñou: "O que ten que saber a cidadanía, cando se faga neste proceso, é que vai decidir a propia cidadanía. A min non me elixe ninguén, son libre. Agradezo o recoñecemento de todas as persoas, mais vou decidir con absoluta liberdade e, por suposto, se dese un paso adiante, sería sometida a un proceso de escrutinio democrático, como faría con todo o mundo". Por outra parte, afirmou que "sen lugar a dúbidas" haberá candidaturas na Galiza do espazo que xurda do proceso que se vai abrir. "Non se pode construír un proxecto político para España sen Galiza", enfatizou. |
NOS_51690 | Lugo e Ourense van ser as máis afectadas. | Cada dous anos o Instituto galego de estatística (IGE) elabora cada dous anos a operación estatística 'Proxeccións de fogares', un traballo que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual.Esta ferramenta fai posíbel anticipar os cambios que se producirán no número, tamaño e composición dos fogares, datos que repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións. Así desde agora e até 2031 Galiza perdería un total de 28.223 fogares, o que supón cinco menos cada día ou 36 menos cada semana. O descenso continuado afectaría a todas as provincias agás Pontevedra, a única que incrementaría o número de fogares no período 2016-2031, nun 1%, mentres que o resto de provincias perderían fogares no período considerado. Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas nesta proxección do IGE, o número de fogares descende en 14 e aumenta en s (Área de Pontevedra , da Coruña, de Santiago, de Vigo, de Ourense e Caldas-O Salnés (0,1%). O maior decrecemento no número de fogares no período 2016-2031 estaría nas áreas de Ourense sur, cun descenso do 21,3%, na de Lugo oriental, cun decrecemento do 17,2%, e na do Carballiño-O Ribeiro, cunha diminución do 15,7% en todo o período. Desde Comisións Obreiras interpretan que os datos da EPA debuxan unha Galiza con menos emprego e un volume "insostíbel" de paro, precariedade e pobreza. Para o sindicato, a actividade recupérase mais non o emprego, "xa que o noso país segue a padecer os efectos negativos da reforma laboral: substitución de emprego indefinido por eventual e a tempo parcial, peores salarios e menores dereitos asociados". |
NOS_18456 | A reivindicación da diversidade ou o ollar ás marxes foron algúns dos fíos condutores da sétima edición do festival internacional de poesía Poemagosto, que voltou a realizarse en Allariz, desta vez con todas as restricións impostas polas medidas de seguridade. | O problema non é o castelán. Nin España. Nin o pobo español. Son algunhas persoas que senten odio aos idiomas, países, nacións diferentes da súa. Que rexeitan o que consideran alleo. Iso dicía Carlos da Aira ao presentar no festival de poesía que dirixe en Allariz, o Poemagosto, a poeta asturiana Sofía Castañón, que recitou despois en asturiano e en castelán. Antes da intervención dela, o público puidera escoitar xa poemas en galego, en portugués ou en árabe. Porque iso é o Poemagosto. Encontro de diversidades lingüísticas e culturais. Mostra da relevancia da cultura para crear comunidade. E un reforzo máis da posición simbólica da poesía na cultura galega. Sempre no cumio. Dicíao a poeta de Lisboa Raquel Lima tras o remate dos recitais poéticos da tarde —este ano o Poemagosto tivo que concentrar a súa programación nun só día—. Amosábase sorprendida do recoñecemento da poesía na Galiza. Da repercusión dos festivais poéticos. E ela, precisamente, fora unha das poetas que máis abraiaran o público do Poemagosto. Todo, no seu recitado, era musicalidade. Ritmo. Pura beleza na dicción. A xornada comezara xa coa emoción do relato de Moncho Iglesias sobre un neno asasinado por un disparo tras aprender a non chorar ao saberse, coa súa familia, refuxiado, expulsado do seu fogar de laranxeiras. Era un neno palestino, mais podería ser calquera outro rapaz exiliado. Condenado á intemperie polos poderes que poderían evitar as diásporas. Despois de Moncho Iglesias interviu Charo Lopes, que recitou algúns poemas do seu último libro, álbum. Un poemario sobre o que non é representado nin, polo tanto, recoñecido. Sobre o que non sae na foto. Coma o neno palestino de Moncho Iglesias. As marxes Continuou Andrea Nunes con Todas as mulleres que fun, un dos máis belos poemarios de amor da literatura galega. E o seu recital foi tamén, coma o de Charo Lopes, unha reivindicación do que fica nas marxes. Mulleres esquecidas. Corpos disidentes. Estranxeiras perennes na emigración. Baldo Ramos seguiu despois o ronsel dos fogares deshabitados do libro No interior do abandono. A Galiza despoboada. As insoportábeis ausencias. Foi máis tarde a quenda do iraquí Abdul Hadi Sadoun, quen lembrou que, malia ser o seu país noticia só polos conflitos, ditaduras, invasións e destrucións, forma parte dunha "cultura enorme" na que, como na Galiza, a poesía é cénit. No Iraq, dixo, a poesía é diván, lugar de encontro de todo o país. Raquel Lima amosou despois a súa "bomba poética" disposta ao "terrorismo literario", como ela mesma di nun dos seus poemas, coa súa vibrante expresividade, mentres que Sofía Castañón enfiou versos sobre as mulleres e a percusión ou sobre o dereito ao medo aos avións bélicos fronte á decisión de celebrar festivais aéreos, como se non existise a memoria da guerra. Son Trío acompañou os recitais da mañá coa sensibilidade inmensa do seu disco Miña Almiña, con letras de Rosalía de Castro. A sesión da tarde, mellor medida en tempos e ritmos que a da mañá, excesivamente longa, abriuna e fechouna Terra Morena coas súas cancións homenaxe a Zeca Afonso. Moncho Iglesias falou de amor a un peixe, de amor entre unha pedra e unha flor ou de amor a seu pai, falecido pola Covid, antes de recitar Adiós ríos, adiós fontes en lingua bangla. Charo Lopes leu algúns dos poemas de radical intensidade e imprescindíbel fondura no discurso —de reivindicación, tamén, das marxes— de De como acontece a fin do mundo. A reportaxe completa na íntegra podes lela no Nós Diario en papel ou na nube. Se aínda non es subscritora ou subscritor podes facelo aquí: http://bit.ly/3hCH3Qu |
PRAZA_10177 | Leticia Santos (Moaña, 1985) recuperou hai catro anos o goberno local de Moaña para o BNG, en sociedade co PSdeG, nun concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia pero tras un mandato anterior que fora controlado polo PP. | Leticia Santos (Moaña, 1985) recuperou hai catro anos o goberno local para o BNG, en sociedade co PSdeG, nun concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia pero tras un mandato anterior que fora controlado polo PPLeticia Santos (Moaña, 1985) recuperou hai catro anos o goberno local para o BNG, en sociedade co PSdeG, nun concello que tivo rexedor nacionalista durante a maior parte da democracia pero tras un mandato anterior que fora controlado polo PP. Aspira á reelección e non esconde que, no caso de non obter a maioría absoluta, volvería elixir o PSdeG como socio de goberno.Como funcionou o goberno bipartito local de BNG e PSdeG nestes catro anos e en que fallou?Se me pregunta en que fallou... O bipartito en Moaña funcionou realmente ben. Fomos quen de liderar un equipo de nove persoas centradas todas en sacar adiante o programa conxunto de goberno que pactamos. Creo que somos un concello que deu exemplo no país do que é un pacto de goberno, canto o que é ter os obxectivos de goberno moi clariños e priorizando os obxectivos xerais sobre os partidistas.Unha enquisa de Faro de Vigo dálle a vostede un aumento de 6 a 8 concelleiros, a un da maioría absoluta, o que lle permitiría elixir socio, entre o PSdeG e os independentes. Cal prefire?"Se a veciñanza decide que hai que facer un equipo de coalición para seguir gobernando no Concello, eu creo que deberiamos manter un goberno de progreso co PSdeG"Non son de crerme as enquisas. A verdadeira é a das eleccións, o día 26. Pero se se desen eses resultados, iso si que o podo dicir, preferiría manter o goberno cos socialistas que co independente porque somos máis próximos en ideario que o independente, que tende máis á dereita. Se a veciñanza decide que hai que facer un equipo de coalición para seguir gobernando no Concello, eu creo que deberiamos manter un goberno de progreso.Durante practicamente todo o mandato Moaña viuse afectada polos cortes de tráfico das obras de conversión do Corredor do Morrazo en autovía. Que fixo o Concello para mellorar a mobilidade?Pelexar coa Xunta e lograr medidas tan importantes como o reforzo de horarios no transporte de ría, como o reforzo dunha ambulancia porque os desprazamentos ao hospital tamén tardaban máis, esixir á Xunta a reposición das vías polas que desviaron o tráfico, que soportaron unha carga superior que para a que estaban previstas. Nese sentido, só atenderon á demanda de reposición sobre o seu vial autonómico, pero sobre as vías municipais que destrozaron coas obras e sobre os problemas de augas das poboacións que quedan por debaixo do corredor, iso segue pendente de atender por parte da Xunta. Son crítica porque os meus veciños sofren as consecuencias. Non sería crítica se a Xunta atendese ás demandas veciñais. Un dos proxectos que avanzou pouco durante o mandato e que ten opinións contrapostas foi a ampliación do paseo marítimo de Seara por discrepancias entre varias administracións. En catro anos non se puido facer máis?Non temos opinións contrapostas, está equivocado. Aí o que hai é unha obra iniciada sen tramitar permisos, con diñeiro público porque a financiou a Xunta para facerlle a campaña electoral ao anterior alcalde. No momento en que nos paralizan as obras por falta de permisos e por falta da cesión dos terreos, a Xunta se retira das obras. Pero o que leva feito este goberno desde aquel momento foi tratar de desatascar a situación coas administracións competentes e por iso temos unha mesa de diálogo que está elaborando un anteproxecto para presentar ante Costas e Patrimonio que nos permita obter a concesión da zona que ocupará o paseo e que nos permita facer a rehabilitación futura dos estaleiros [históricos que hai nesa zona]. O traballo deste goberno foi desde o diálogo, desde o consenso e desde a legalidade, esas son as principais diferenzas sobre o que fixo o goberno anterior, eh? Todo se pode facer, pero máis rápido de verdade que non.Neste mandato frustrouse a posta en marcha da Área Metropolitana, cun enfrontamento case persoal entre o alcalde de Vigo e o presidente da Xunta. Que expectativas ten do futuro da coordinación supramunicipal?Nós coordinación supramunicipal no Morrazo xa temos, coa mancomunidade de concellos que funciona para o servizo de lixo e vimos de ampliarlle os servizos que pode prestar. Estou convencida de que mancomunar servizos é clave. Agora, os personalismos e as diferenzas partidistas deberan estar fóra cando o que hai que defender é o ben común. Eu creo que a Área Metropolitana de Vigo é imprescindible para xestionar certas cuestións, como o transporte. Que papel lle corresponde á Deputación nesa coordinación supramunicipal? O BNG renega das deputacións pero agora cogoberna a de Pontevedra co PSdeG."As deputacións deben desaparecer, pero se o Estado non as erradica o mellor é convertelas en ferramentas útiles"O BNG solicita que desaparezan as deputacións, mais a lei aínda non as eliminou. O que fixo o BNG desde o goberno da Deputación de Pontevedra foi facer dela unha entidade provedora de verdade dos servizos que necesitamos os concellos e promoveu que o reparto de fondos fose xusto e en base a uns criterios pactados, non de xeito discrecional como viña facéndose antes. Aquí hai claridade e hai autonomía. Os concellos podemos decidir a que destinamos o investimento, a Deputación non nos tutela. É clave. Nós defendemos que as deputacións deben desaparecer, desde logo, mais desde o Estado non as erradicaron, polo tanto o mellor que se pode facer é convertelas en ferramentas útiles dentro da lei para os concellos, que é o que deberan ter sido desde sempre. Hai catro anos vostede era unha cara nova nun posto de goberno nun BNG que estaba en plena renovación. O partido non obtivo escano nas xerais pero confía en manter a súa ampla presenza territorial nas municipais. Como ve hoxe ao BNG fóra de Moaña?"Fomos capaces de volver ilusionar á xente, e iso é un mérito de toda a organización do BNG" Desde logo véxoo na liña de Moaña. Estamos a despertar moita simpatía entre a xente. Queda claro que somos unha forza política que ten centrada a súa acción no país e na xente deste país. E en defender os problemas reais das persoas que vivimos aquí. Somos unha forza que temos as persoas integradas dentro da toma de decisións. Creo que hai xente que non é nacionalista que está contenta co BNG. Estamos a despertar simpatías entre nacionalistas e entre persoas que simplemente queren un futuro na terra, aquí, que queren que as cousas no seu país funcionen ben. Esa labor é ilusionante, estar inspirando á xente e crear esa confianza. Esta campaña estame resultado súper positiva e noto que a xente cando lle dis "son do BNG", sorrí e está contenta. Fomos capaces de volver ilusionar á xente, e iso é un mérito de toda a organización. |
NOS_12520 | O estaleiro vigués fecha o acordo de refinanciamento coa banca. Desde México, López Obrador fala dunha 'mala herdanza'. | Semana crucial para o futuro do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras. O vindeiro 2 de febreiro remata o período de preconcurso e as auxiliares, ás que a empresa debe arredor de 25 millóns de euros, poderían instar a concurso da sociedade. A quebra do histórico estaleiro é unha posibilidade na que de momento non quere pensar a directiva, que vén de fechar un acordo de refinanciamento coa banca acredora que lle permitirá rematar o cruceiro de Ritz-Carlton, asumindo a compañía os sobrecustos, que superan os 60 millóns de euros. Nunha carta remitida ás máis de 170 empresas afectadas pola delicada situación económica que atravesa o estaleiro, Barreras ofrece un prazo máximo de tres meses para saldar as súas débedas a cambio de que as auxiliares se comprometan a non iniciar acción algunha para reclamar a súa débeda. Está por ver se as empresas acredoras aceptan ou se, polo contrario, instan o concurso de acredores, unha situación que poría en xogo a continuidade do cadro de persoal e a viabilidade do propio estaleiro. Co refinanciamento xa fechado, o cambio na xestión parece inminente, xa que era unha das condicións da petroleira mexicana Pemex, máximo accionista con 51% do capital, e Albacora para cederlle a Ritz-Carlton os seus dereitos políticos na compañía. Pero cos cartos non é suficiente, e desde o sector reclaman un plan de viabilidade para o estaleiro que garanta a carga de traballo e aclare o futuro dos compromisos coas navieiras Havila e Armas. Pola súa banda, o presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, falou hai uns días da participación da empresa pública mexicana no capital do estaleiro galego. Referiuse ás "desvantaxosas" condicións nas que herdaron o estaleiro. "Pese a ter maioría, as decisións tomábanas outros", denunciou o dirixente, quen apuntou que esta situación "estase ordenando xa" co cambio na xestión. |
NOS_31571 | A renovábel supera 26% o consumo interno galego | Os datos que vén de facer públicos Rede Eléctrica Española (REE) sobre a xeración eléctrica no primeiro semestre deste ano non deixan lugar a dúbidas. A Galiza segue a ser un territorio exportador cunha produción que supera en máis de 8% a do mesmo período do pasado exercicio. Ao tempo, confírmase a tendencia de 2020 sobre a xeración de orixe renovábel, até superar en 26% o consumo interno do país. A Galiza exportou no primeiro semestre de 2021 o 35% da electricidade producida. Os datos situáronse na liña de pasados exercicios, onde a xeración anual colocouse na orde de 27.000 a 33.000 xigavatio-hora de electricidade e o consumo aproximouse a 20.000. Así, a terceira parte da electricidade producida polas distintas fontes non se utiliza na Galiza, destinándose a outros territorios que consumen o produto final, sen cargar cos custos ambientais e sociais. A Galiza ten exportado no primeiro semestre de 2020 o 31,8% da súa produción, marcando no conxunto de 2019 o 25% e o 35% en 2018. Madrid é deficitaria en enerxía eléctrica nun 95% A situación da Galiza contrasta coa de Madrid. Segundo sinala o integrante do colectivo Bidán Quico da Silva, "Madrid é deficitaria en enerxía eléctrica en 95%, mentres 8 de cada 10 concellos galegos teñen algunha instalación de xeración, ben sexa hidráulica, eólica, biomasa, coxeración ou ciclo combinado, ascendendo a cifra a 9 de cada 10 no caso de ir adiante a totalidade dos proxectos actualmente en tramitación". A este respecto, lembra como "no ano 2004 houbo até sete proxectos de instalación de centrais eléctricas de ciclos combinados que usan gas natural e hoxe non ten ningún pola negativa dos políticos madrileños a non cargar co seu custo social e ambiental". Os números de REE referidos a 2021 confirman o peso da electricidade de orixe renovábel no mix enerxético galego. Así, no primeiro semestre de 2021 a xeración só con renovábeis supera en 26% o consumo interno do país, após incrementarse en relación ao ano pasado en 14,6% a produción hidroeléctrica e en 8% a eólica. Neste sentido, certificouse a liña comezada entre xaneiro e xuño de 2020, cando a electricidade de fontes renovábeis foi superior ao consumo interno galego en 15,4% e avanzouse na dirección denunciada por moitos expertos sobre os custos da transición enerxética. A este respecto, critican que os territorios menos desenvolvidos paguen as consecuencias da loita contra o cambio climático. Quico da Silva sinala a Nós Diario que "os datos de Rede Eléctrica Española corroboran o carácter exportador a nivel eléctrico da Galiza e o peso cada día máis importante das enerxías renovábeis". Nesta dirección, destaca que "os aumentos da produción, que no que vai de ano representa o 8% máis que no pasado exercicio, dependen moito do comportamento da enerxía de orixe hidráulica". Porén, advirte que "cada vez imos precisar de máis electricidade polos aumentos de consumos de futuro, sobre todo nos transportes pero tamén en usos domésticos e industriais". A especialización produtiva da Galiza A especialización produtiva da Galiza na xeración eléctrica é obxecto de continuado debate no ámbito económico. Neste sentido, o profesor da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela Adrián Dios considera que "a Galiza ten unha matriz produtivista dentro da organización económica española, cunha posición subordinada, onde estamos encargados de producir electricidade para fornecer a Madrid, malia ser excedentarios". "Non deixa de ser curioso que se afonde na especialización produtiva no ámbito enerxético cando o sector industrial ligado ao mesmo está en proceso de desmantelamento", afirma Dios, quen entende que "tal e como funciona o sistema tarifario español para a Galiza non hai ningunha vantaxe de exportar electricidade". |
NOS_13436 | A empresaria confesa que se sentiu "sorprendida" polo "regalo" de 65 millóns de Xoán Carlos I. | "Haberá centos de contas noutras xurisdicións", dixo a empresaria Corinna Larsen en referencia ao rei emérito español, Xoán Carlos I de Borbón, nunha entrevista á cadea británica BBC. A empresaria afirmou en relación aos 76 millóns de dólares (65 millóns de euros) que o que ex xefe do Estado español lle transferiu -e que están a ser investigados pola xustiza suíza- que foron un "recoñecemento" ao que ela significou para el pola relación que mantiveron entre 2004 e 2009. Larsen engadiu na entrevista que o agora rei emérito lle chegou a pedir matrimonio. "O que me parece extraordinario é que estean a converter 40 anos de modus operandi dunha empresa familiar nun foco sobre unha persoa. E esa persoa son eu... porque haberá centos de contas noutras xurisdicións", subliñou Corinna Larsen. As manifestacións da empresaria prodúcense en plena investigación da Fiscalía do Tribunal Supremo ao redor do emérito por condutas sospeitosas de constituíren comisións ilegais e outros posíbeis delitos derivados como fraude á Facenda Pública ou branqueo de capitais. Larsen foi imputada polo xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló dentro dunha das pezas do coñecido como 'caso Tándem' en relación co contido dunhas conversas que mantivo en Londres co comisario xubilado e encarcerado José Manuel Villarejo, feitos polos que foi citada para o próximo 8 de setembro. Investígase se contratou os servizos do comisario para investigar unha das súas asistentes en España. Moi sorprendida En canto á doazón de 65 millóns, Larsen recoñece á BBC que estaba moi sorprendida "porque obviamente é un agasallo enormemente xeneroso". "Direi, con todo, que tivemos conversas en 2011 sobre o seu desexo de xestionar o seu testamento en vida. Empezou a falar sobre a súa morte e o que quería deixar", explicou, para engadir que tamén quería ocuparse dela aínda que non discutiron cantidades, e que lle preocupaba que a súa familia "non respectase a súa vontade". Na entrevista, Larsen insiste en que o rei non tentaba lavar o diñeiro ao darllo a ela, mesmo a pesar de que en 2014 o emérito lle pediu que lle devolvese os cartos. "En 2014 fixo intentos desesperados para que volvese con el. En certo momento deuse conta de que non ía voltar e púxose completamente furioso. Pediu que lle devolvese todo. Coido que foi só un enfado". dixo. |
NOS_33908 | Prohíbense os patrocinios de casas de apostas | O Consello de Ministros aprobou durante a xornada de hoxe o Real Decreto de comunicacións comerciais das actividades do xogo, que regula a publicidade do sector das apostas e xogos de azar online no Estado español e que contempla sancións de até 1.000.000 de euros e a suspensión da actividade empresarial. Deste modo, a norma aprobada desenvolve os artigos 7 e 8 da Lei 13/2011 do 27 de maio, de regulación do xogo, e prohibe con ela a publicidade audiovisual fóra do horario de 1 a 5 horas. Ademais, o novo texto axusta o contido das mensaxes publicitarias "coa intención de protexer os sectores máis vulnerábeis" e impide aos operadores do mercado do xogo a emisión de bonos de captación de xogadoras, entre outras medidas, tal e como informou o ministro de Consumo, Alberto Garzón, que tamén destacou que co novo regulamento as empresas só poderán dirixir as súas ofertas "a clientes rexistrados e verificados e, en ningún caso, a persoas que mostrasen comportamentos patolóxicos na actividade do xogo". Entre outras medidas, os clubes non poderán asinar contratos de patrocinio con casas de apostas que impliquen levar publicidade de xogos de azar en camisetas e equipamentos, polo que Celta e Dépor terán que renunciar a esta fonte de ingresos. Ademais, os equipos tampouco poderán realizar actividades de patrocinio que consistan "na utilización da marca dun operador para identificar unha instalación deportiva" e a publicidade de apostas en estadios deportivos, cando acollan eventos emitidos en directo, "deberá axustarse aos mesmos horarios que ao resto de soportes". Unha reforma que sabe a pouco Este Real Decreto, representando un avance con respecto á situación previa -definida polo ministro como "a lei da selva"-, queda curto para numerosos sectores da sociedade que levan anos pelexando contra a lacra do xogo, e que esixían ao departamento de Garzón que se cinguise ao programa electoral de Unidas Podemos. Por exemplo, a formación morada defendía no pasado a "prohibición total" da publicidade do xogo" -para eles, un sector de "voitres"- e que as casas de apostas non puidesen abrir as súas portas "antes das 22 horas", quedando ambas as propostas fóra da nova normativa. |
NOS_39893 | Non periga a vida do ferido. | Un despregamento de axentes da Garda Civil busca o autor de tres disparos contra un mozo duns 30 anos de idade que reside no concello de Maceda e que quedou ferido grave, despois de que os proxectís impactasen no seu rostro, abdome e nunha man. Un autobús que realizaba o traxecto Pontedeume-Ferrol recibe dous impactos de bala Fontes coñecedoras dos feitos confirmaron a Europa Press que a vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) polas feridas dos disparos, aínda que agora mesmo xa está fóra de perigo vital. A Garda Civil de Ourense explicou aos medios que os axentes recibiron aviso do ataque sobre as 22 horas. O incidente ocorreu na súa propia vivenda, onde foi asaltado polo agresor. Sete persoas mortas e 47 feridas na Galiza en 9 meses por disparos durante a caza O dispositivo policial puido acceder ao domicilio, que se atopa na rúa Cardeal Quiroga de Maceda, pero o presunto autor dos disparos xa non se atopaba nela. Despois de atender o ferido, os axentes procederon á recollida de probas no escenario dos feitos. Sen pistas polo de agora Segundo explicou a Europa Press o alcalde de Maceda, Rubén Quintás, a Garda Civil despregou por todo o concello un amplo dispositivo para intentar localizar o atacante es esclarecer os motivos do sucedido. As Pontes amosa a súa repulsa ao ataque machista no que resultou ferida unha muller Porén, no momento de publicar esta noticia os axentes policiais non comunicaron ningunha novidade sobre a investigación do caso. Polo de agora, a Garda Civil mantén todo o abanico de hipóteses aberto sobre o asalto. Busca un home do que contan con poucos datos, segundo as fontes de investigación consultadas por Europa Press, xa que o ferido só fixo unha pequena declaración inicial dado o seu estado de saúde. |
NOS_7976 | As tres organizacións estudantís da esquerda nacionalista --Comités, Liga e Agir-- convocaron unha xornada de paro nas aulas para rexeitar "os ataques" do PP. | As razóns que as levan a convocar unha xornada de folga son moitas, mais están todas recollidas ora na LOMCE ora nos orzamentos da consellaría de Educación para 2014. Comités, Liga Estudantil e Agir, as tres organizacións estudantís da esquerda nacionalista, compareceron esta quinta feira en rolda de imprensa para anunciar para o 20 de Febreiro máis un día de greve no ensino público galego para exixir que sexa xustamente iso: público e galego. España, "cárcere dos pobos" No manifesto que fixeron público, as tres organizacións sinalan a supresión de bolsas, a suba das taxas universitarias, a redución de vagas ou o repagamento dos comedores públicos como catro exemplos do "desmantelamento" que a Lei orgánica de mellora da calidade educativa, a LOMCE, pretende impor "pola vía da legalidade". Rexeitan a "campaña españolizadora e uniformizadora" que alenta esta norma impulsada polo Goberno español e acatada polo galego co obxectivo de "perpetuar ese cárcere dos pobos que é España". A este respeito, cómpre lembrar como a LOMCE recorta nun 10% as competencias da Xunta de Galiza á hora de deseñar o currículo educativo por ser un territorio con lingua propia, unha lingua que, ao tempo, fica relegada "a un plano moi secundario" e a realidade nacional do País "queda fóra" dos temarios que se explicarán nas aulas. Pola contra, Historia de España é materia obrigatoria. Os privilexios da Igrexa católica, tamén nas aulas Mais non só isto. Denuncian Comités, Liga e Agir que a norma española "reforza un programa ideolóxico sustentado na sumisión das mulleres aos homes" ao facer da relixión católica unha das materias con máis privilexios en canto a profesorado e horario lectivo, ademais de blindar os concertos con centros privados que segregan o alumnado en función do seu sexo e que na Galiza supoñen un desembolso de 3 millóns ao ano en diñeiro público. Todas estas reclamacións transladáronas a unha concentración convocada na compostelá praza de Mazarelos ao remate da rolda de imprensa. Son as primeiras accións dunha campaña "intensa" que percorrerá o País dunha punta á outra para "erguer a voz" e "defender sen tregua" un ensino público, galego e en galego. |
NOS_29531 | O Supremo decidirá se anula ou non a sentenza ditada pola Audiencia Nacional española que condenou catro independentistas galeg@s por "pertenza a organización terrorista". | Esta cuarta feira o Tribunal Supremo acolleu a vista após admitir a trámite o recurso de casación presentado polos avogados d@s catro independentistas galeg@s condenad@s por "pertenza a organización terrorista" pola Audiencia Nacional española. O recurso interposto pola defensa pide a nulidade da sentenza ditada en xullo de 2013 por consideraren que se fixo unha aplicación da lei incorrecta e foron vulnerados os dereitos d@s acusad@s ao exercicio da súa lexítima defensa. Nesta vista decorrida na sala do Supremo, os avogados de Antom Santos, María Osório, Roberto Rodríguez Fialhega e Eduardo Vigo defenderon a anulación da condena por "pertenza a organización terrorista" e "todos os delitos" vinculados a banda armada, explicou en conversa con Sermos Galiza o letrado, Borxa Colmenero. Aliás, defenderon a nulidade da decisión adoptada pola Audiencia Nacional por achar que a "actitude" do xuíz Alfonso Guevera vulnerara "o dereito á lexítima defensa". Cumpre lembrar que o maxistrado mesmo expulsou da sala aos profesores Carlos Taibo e Bernardo Máiz por "impertinencia ao Ministerio Fiscal" cando declaraban como peritos da defensa. Durante a vista, o Ministerio Fiscal non quixo entrar no debate xurídico da defensa. Argüíu que os argumentos dos tres avogados son "sociolóxicos" e "non xurídicos". Neste senso, solicitou ao Supremo que manteña as condenas por axustárense a dereito. O Supremo deberá deliberar agora o seu posicionamento a respeito da sentenza da Audiencia Nacional para o que a lei non fixa un prazo determinado. Desde a defensa sinalan que, se a resolución non lles ser favorábel, @s acusad@s presentarán un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional e mesmo valoran a posibilidade de recorrer ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. "Esgotaremos todas as vías legais", apunta Colmenero. |
NOS_39725 | A Unión Democrática Cristiá (CDU, nas siglas en alemán), a maior formación política de Alemaña que leva 16 anos marcando a política do país e de toda a UE, elixe hoxe o seu novo líder. Son tres os candidatos, que abalan entre o continuísmo e unha viraxe cara á extrema dereita. Mais chanceler podería non selo ningún deles. | Son 1.001 delegados da conservadora Unión Democrática Cristiá (CDU, nas siglas en alemán) os que hoxe elixirán o novo líder do partido que leva marcando o ritmo das políticas económicas de millóns de europeos desde hai máis de tres lustros. Coa votación de hoxe iníciase a carreira sucesoria polo trono da Unión Europea que até agora ocupou a presidenta do Goberno de Alemaña, Angela Merkel, no cargo desde novembro de 2005. O 29 de outubro de 2018, a chanceler alemá anunciaba a súa retirada da política: non se presentaría á reelección en 2021, ao termo da presente lexislatura, e tampouco optaría a repetir como líder da CDU no congreso que se desenvolvería dous meses despois tras máis de 18 anos como presidenta do partido. A decisión chegaba tras os malos resultados nas eleccións daquel mes nos länder de Hesse e Baviera. Foi consecuencia tamén dunhas eleccións, neste caso en Turinxia en febreiro do ano pasado, que a sucesora e dauphin de Merkel á fronte da CDU, Annegret Kramp-Karrenbauer, comunicou a súa renuncia a presidir o partido e a ser candidata á Chancelaría alemá. O polémico voto conxunto de conservadores e liberais cos ultradereitistas de Alternativa para Alemaña (AfD, en alemán) naquel land forzouna a tomar esta decisión. Volta ás esencias Kramp-Karrenbauer, que encarna como Merkel a liña máis centrista e europeísta dentro da conservadora CDU, impúxose no congreso do partido a un dos candidatos que hoxe se presenta a sucedela, Friedrich Merz. Ex portavoz da formación no Bundestag estaba retirado da política desde 2009, mais regresou en 2018 para pelexar con Kramp-Karrenbauer pola presidencia da CDU. Merz perdeu por pouco e agora regresa tras deixar recentemente o seu posto de presidente en Alemaña de BlackRock, a maior multinacional de xestión de activos do mundo, para "axudar o partido na súa renovación". Isto é, virar cara á dereita e recuperar os electores captados pola AfD nos últimos catro anos. Durante os debates dos últimos meses sobre o plan de recuperación da UE da pandemia, Merz foi unha das principais voces en Alemaña contrarias á mutualización da débeda. "A solidariedade, porén, non pode consistir simplemente en dispor con rapidez novos recursos de financiamento para problemas que xa existían antes da crise do coronavirus", declarou en abril en referencia á débeda acumulada dalgúns Estados da UE, entre estes España ou Italia. Merz, con todo, foi fiel ás esencias do partido, que é polo que avoga coa súa candidatura. Defendeu a mesma postura que unha década antes defendera Angela Merkel durante a crise da débeda en Grecia e noutros Estados da UE, negándose en firme á emisión dos eurobonos. De volta á actualidade, neste punto e noutras outras cuestións os outros dous candidatos ─Norbert Rottgen e Armin Laschet─ están próximos ás posturas da Merkel de 2021. Non obstante, segundo os medios alemáns, Merz parte con vantaxe. O resultado coñecerase a finais da semana que vén. En calquera caso, podería ser que ningún dos tres acabase sendo candidato a presidente do Goberno (Rottgen ministro do Ambiente entre 2009 e 2012, xa manifestou que non o pretende). Non o serán de atenderen ás enquisas. Segundo a última publicada onte pola canle de TV pública ZDF, a maioría da cidadanía non considera apto para ser chanceler a ningún dos tres. Merz e Röttgen recibiron 29% de aprobación e Laschet, que é primeiro ministro de Renania do Norte-Westfalia, 28%. Supéraos o ministro de Saúde, Jens Spahn (CDU), que chegou a 32%. Spahn, de 40 anos, abertamente gay e estrela emerxente no partido, xa se presentara a presidir o partido en 2018, mais desta volta irá de segundo na lista de Laschet. Un chanceler bávaro Mais por riba de todos eles sitúase o primeiro ministro de Baviera, Markus Söder, con 54% de aprobación. Söder é líder da CSU, a formación irmá da CDU neste Estado federado, e unha poderosa figura política en toda Alemaña. De feito, unha enquisa publicada na quinta feira polo xornal conservador FAZ recollía que é o candidato favorito das elites económicas do país. Söder, que nunha análise de Deutsche Welle foi cualificado de político "ambicioso e paciente", é outro dos líderes europeos que están a gañar popularidade grazas á xestión da pandemia. Foi o primeiro dos líderes alemáns en fechar escolas e en parar o fútbol profesional, e tamén foi o primeiro en relaxar as restricións cando a situación mellorou. Como presidente do consello de primeiros ministros dos länder, que teñen amplas competencias en diversos eidos para facer fronte á crise sanitaria, está a xogar un papel decisivo na toma de decisións. Ademais de ocupar moitos minutos de TV tras os comités de crise canda a Merkel, da que nas horas previas ao congreso de hoxe dixo que a CDU debía "conservar o seu legado". A dereita cos verdes ou a gran coalición En marzo de 2020, cando se declarou a pandemia, as enquisas daban á Unión (CDU/CSU) porcentaxes de voto por baixo de 30%. Un mes despois chegou a rozar 40%. Desde entón, todos os partidos se manteñen nos mesmos números. As últimas publicadas en 2021 dan á Unión arredor de 36%; aos Verdes, 20%; ao Partido Socialdemócrata (SPD, socio no Goberno do partido de Merkel), 15%; á AfD, 10%; á Die Linke ("A Esquerda"), 8%; e ao Partido Democrático Libre (FDP, liberais), 6%. A designación en agosto de Olaf Scholz (45% de aprobación na enquisa de ZDF) como candidato do SPD fixo achegar o partido á segunda posición, mais Os Verdes aumentaron de novo a vantaxe nos últimos meses de 2020. Con estes resultados, as únicas opcións de Goberno serían repetir a gran coalición (CDU/CSU-SPD) ou o pacto da Unión e Os Verdes. O acordo Verdes-SPD-Die Linke non sería viábel. |
PRAZA_16852 | Expertos internacionais reflexionarán no marco do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo impulsada polas Irmandades da Fala considerada o comezo do nacionalismo galego | Os vindeiros 17 e 18 de novembro cúmprense cen anos da celebración da Asemblea Nacionalista de Lugo organizada polas Irmandades da Fala. "Por tanto este 2018 cúmprense 100 anos da existencia do nacionalismo galego", sinalan desde a Fundación Galiza Sempre, que en colaboración coa Fundación Moncho Reboiras presentou este martes en Santiago unha serie de catro mesas de debate nas que ao longo dos próximos meses varios expertos internacionais reflexionarán sobre os Dereitos dos Pobos de Europa. Os pobos de Europa e a articulación dos seus dereitos na UE e nos seus Estados membros. Os encontros estás coordinados academicamente polos profesores Xosé Manuel Carril e Uxío-Breogán Diéguez e contan coa colaboración da Coppieters Foudation, que promove a investigación de políticas sobre os problemas nacionais. A primeira xornada, na que se analizará a cuestión nacional na Europa da primeira metade do século XX, centrada no caso ibérico, terá lugar este xoves, 19 de abril ás 17.30 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC e nela participarán os profesores María do Carme García Negro e Uxío-Breogán Diéguez, Giovanni Cattini da Unviersidade de Barcelona e Eduardo Alonso da Universidade do País Vasco. Expertos internacionais reflexionarán no marco do centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo impulsada polas Irmandades da Fala considerada o comezo do nacionalismo galego A segunda xornada será o sábado 7 de xullo na Coruña, onde se analizará a articulación dos dereitos dos pobos de Europa no proceso de construción da UE coa presenza de Albert Noguera, profesor de dereito constitucional da Universidade de Valencia, Mikael Bodlore-Penlaez, activista bretón e experto en minorías nacionais, Encarna Otero, historiadora e Luis Gonçales Blasco ("Foz"), "que tivo un papel destacado, en 1972, na asinatura da Carta de Brest entre a UPG, a Unión Democrática Bretona e o Movemento Republicano Irlandés á que se adheriron despois organizacións doutras nacións sen estado de Europa". O 25 de xullo, no marco do Festigal, terá lugar a terceira mesa redonda con representantes de forzas políticas das nacións sen estado de Europa, e o ciclo rematará no outono cunha cuarta xornada co título Soberanía: alternativa á ditadura do mercado, con representantes de organizacións sindicais das nacións sen estado de Europa e coa presenza de Jule Goikoetxea, profesora de filosofía da Universidade do País Vasco, e Andrés Piqueras Infante, profesor titular de antropoloxía social e socioloxía social da Universitat Jaume I de Castelló (UJI). "As reivindicacións dos dereitos dos pobos de Europa están máis vivas que nunca", di Francisco Jorquera Na presentación destas xornadas este martes en Santiago, o presidente da Fundación Galiza Sempre, Francisco Jorquera, salientou que "as reivindicacións dos dereitos dos pobos de Europa están máis vivas que nunca" xa que, ao seu ver, "fronte aos tópicos, é precisamente nun mundo globalizado cando a defensa dos dereitos dos pobos cobra máis sentido porque nun mundo globalizado, se non tes un poder político propio, non pintas nada, outros deciden por ti". |
NOS_35098 | O goberno local da Coruña afirma que a cidade gañou medio millón de euros pola coincidencia de seis barcos de pasaxeiros no mesmo día, pero as testemuñas de comerciantes e cidadáns rebaixan a propaganda oficial -semellante a que se dá co mesmo fenómeno en Vigo- e sinalan como case irrelevante o beneficio destes visitantes. | Con gran despregamento informativo en programas televisivos de mañá e tarde pero moi lonxe dunhas cifras completamente adulteradas con obxectivos publicitarios. Porque este último parece ser a razón real da forte aposta que os portos da Coruña e Vigo veñen facendo polo turismo de cruceiros, máis pensado na espectacularidade da presenza na cidade de enormes trasatlánticos que por uns beneficios moi pequenos, case anecdóticos. Sen ningún tipo de pudor ante mentiras descaradas, que con todo son aceptadas por moitos medios, o concello da Coruña que dirixe Carlos Negreira do PP -en Vigo o socialista Abel Caballero tamén anda na mesma liña- afirmou que a coincidencia o pasado venres de seis cruceiros no porto da cidade, con 8.500 visitantes, xerou uns beneficios de medio millón de euros. Falso. A práctica totalidade dos cruceiros traballan co sistema Todo Incluído, polo que -como confesan @s mesm@s turistas- tod@s van xantar ao barco Calcula Negreira na súa propaganda que cada turista gastaba na cidade entre 60 e 100 euros. Porén, @s comerciantes e hosteleri@s saben que esa cifra non ten nada que ver coa verdade. Apenas invisten uns poucos euros unha pequena parte d@s pasaxeiros destes barcos. Por varias razóns. Primeiro, a práctica totalidade dos cruceiros traballan co sistema Todo Incluído, polo que -como confesan @s mesm@s turistas- tod@s van xantar ao barco, fóra como moito toman unha cervexa ou un refresco. Ademais, nin sequera tod@s baixan a terra, e a gran maioría d@s que o fan acoden a viaxes organizados, normalmente cara a Torre de Hércules ou Santiago, onde tamén é coñecido que apenas gastan nalgún recordo barato, ao non ser o perfil deste viaxeiro especialmente interesado en cuestións culturais. O turismo de "mochila" é de aparencia menos millonaria, pero deixa máis diñeiro Comerciantes e pequenas empresas quéixanse decote do escaso peso do turismo de cruceiros -para o que concellos poñen todas as facilidades, reducindo taxas, por exemplo- pero os gobernos locais -caso do coruñés- teiman no mesmo en contra doutros de menor aparencia millonaria pero máis gasto -caso do chamado "de mochila"- e con mentiras tan descaradas como a do medio millón que tería gañado a cidade grazas a esta actividade o pasado venres. Nada máis lonxe da realidade. Propaganda política pura e dura, presumindo ademais dunha actividade, a turística, moi discutida en diversos sectores, malia que nos máis conservadores é considerada case un fetiche, normalmente por mor de datos falseados como os dos cruceiros. |
PRAZA_14068 | Segundo o sindicato, moitos ourensáns están recibindo avisos de débedas coa Seguridade Social que corresponden a outras persoas e culpan á empresa Key S.A., encargada do servizo de correos desta administración. | A CIG denuncia que moitos ourensáns están recibindo avisos de débedas coa Seguridade Social que corresponden a outras persoas. O sindicato culpa do sucedido á empresa Key S.A., coa que en marzo deste ano a Tesourería Xeral da Seguridade Social asinou un contrato de 126.064 euros para externalizar o servizo de emisión, manipulado e depósito en correos de documentos do Ficheiro Xeral de Recadación. A central nacionalista critica que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) privatizara algúns servizos "que supoñen un elevado costo para a Administración e que podían seguir facendo os empregados públicos cos actuais medios humanos e técnicos dispoñibles". A CIG cre ver na privaticación un "negocio privado de empresas e amigos do Partido Popular". Ademais do gasto xerado, a CIG denuncia que os erros cometidos "vulneran a garantía de confidencialidade dos datos das persoas". A CIG acusa ao PP de aproveitar "a actual crise económica para acelerar o desmantelamento dos servizos públicos" O sindicato denuncia que tamén se privatizou o servizo de envío de vidas laborais e bases de cotización dos afiliados e afiliadas á Seguridade Social, un contrato de cinco meses cun gasto de case tres millóns de euros. A CIG acusa ao PP de aproveitar "a actual crise económica para acelerar o desmantelamento dos servizos públicos cámbianos por outros máis ineficaces e custosos para os cidadáns". |
NOS_53313 | Un ano de traballo despois o documental "Escuros, Roncos e Compasados", de Luis E. Froiz e Carlos Pensado, estrease esta sexta feira en Compostela. | Galiza sempre foi terra de música "pesada". Ben sabemos da movida viguesa, coas súas aportacións en grupos e ritmos, mais tamén o Heavy Metal entrou en Galiza eses anos con forza e chegou para quedarse. Unha das variantes deste estilo, o Death Metal, segue tendo seguidores desde as primeiras bandas que apareceron nos 90. Agora dous especialistas, Luis E. Froiz e Carlos Pensado, presentan un documental sobre elas co título de "Escuros, Roncos e Compasados". Absorbed foi unha das primeiras bandas de Death Metal do Estado español Despois de case un ano de duro traballo e entrevistas a case 30 persoas que viviron esa época, podemos seguir a grupos como Absorbed, unha das primeiras bandas de Death Metal do Estado español, e outras como Osmosis, Detestor, Scent of Death ou Unnatural. O Death Metal considérase o subxénero máis duro do Heavy Metal. Caracterízase por unhas guitarras distorsionadas e subafinadas, unha percusión rápida e paradas e cambios de tempo. Nas letras das cancións figuran temas como a relixión, a violencia, o satanismo ou a política.A estrea vai ser no Auditorio de Galiza (Sala Mozart) o 29 de xuño ás 21 horas coa entrada de balde previa petición ao enderezo electrónico [email protected]. |
NOS_22783 | A grande novidade no acto que CxG realizará o DPG2017 é a presenza no seu xantar confraternización-mitin dun deputado do gobernante Partido Socialista portugués. | "O Día da Patria Galega é un día de reafirmación do noso sentimento de país e de nación", declarou a Sermos o secretario xeral da formación galeguista, Juan Carlos Piñeiro. "Temos unha oferenda floral ás 11 no Panteón de Galegos Ilustres e desta volta sen intervencións políticas. Será un acto simbólico, un recital con música e poesía", di Piñeiro. O programa complétase cun xantar de confraternización no Parque Euxenio Granell, en Compostela, onde tamén se realizará un mitin con intervencións de referentes políticos da formación. Tomarán a palabra o presidente do partido e ex secretario xeral, Xoán Carlos Bascuas; a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso; e o alcalde de Lalín, Rafa Cuíña. Fechará o acto o secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro. Canto ás delegacións internacionais convidadas, estará, como é tradición, un representante do PNV, o senador José María Cazalis Eiguren, e por vez primeira un membro do Partido Socialista portugués, en concreto, o deputado da Assembleia da República eleito polo círculo de Europa, Paulo Pisco. "Estamos a estreitar os lazos co PS. É o noso referente en Portugal. Mantivemos un encontro na Assembleia da República e acordamos estabelecermos unha colaboración política. O PS está moi interesado en intensificar a relación de Portugal coa Galiza", afirma Piñeiro. Destaca tamén o secretario xeral o "simbolismo" que encerra o feito de que "quer o PNV quer o PS sexan forzas políticas de goberno", o que espellaría a vocación de CxG por ser unha forza que acabe gobernando Galiza. |
PRAZA_11775 | Co PP no Goberno central a Consellería de Infraestruturas presentaba a desaparición do 20% das estacións e o 10% dos trens de Galicia como un "axuste" por "eficiencia", pero agora critica a medida como unha perda de servizos no rural | Co PP no Goberno central a Consellería de Infraestruturas presentaba a desaparición do 20% das estacións e o 10% dos trens de Galicia como un "axuste" por "eficiencia", pero agora critica a medida como unha perda de servizos no ruralA Xunta vén de revelar que Renfe prevé suprimir a partir do 1 de xaneiro a venda presencial de billetes, obrigando así aos usuarios a mercalos a través de internet ou máquina,s en 8 estacións de tren galegas: Redondela, O Carballiño, Guillarei, Sarria, Ribadavia e, no caso da antiga liña de Feve, en Ortigueira, Burela e Viveiro. O Goberno galego anunciouno a través dunha nota de prensa na que indica que xa trasladou por carta á empresa pública que esa medida "supón ir contra os principios de mantemento de servizos de calidade e proximidade aos cidadáns no rural, que deben primar sobre os meros obxectivos económicos".A postura da Xunta contrasta coa mantida polo Goberno galego hai seis anos, cando o Ministerio de Fomento, daquela dirixido pola popular Ana Pastor, autorizou a Renfe a suprimir 50 dos 485 servizos semanais que prestaba dentro de Galicia (o 10,3%) e pechar completamente 22 das 98 estacións nas que daquela aínda paraban trens (o 22,5%). O daquela conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, xustificara a medida como un "axuste" ou "racionalización" de servizos motivada por unha busca da "eficiencia". Un recorte cuxa repercusión social Renfe intentara minimizar falando directamente cos directores dos medios de comunicación galegos, como admitira o daquela presidente da empresa pública, o popular Julio Gómez-Pomar. A Xunta pide "garantir e preservar en igualdade de condicións a calidade dos servizos a todos os cidadáns"Fronte ao perfil baixo que adoptara daquela, agora é a Xunta a que intenta dar proxección mediática ao novo recorte de servizos de Renfe e carga contra a supresión da venda presencial de billetes nesas oito estacións "co fin de garantir e preservar en igualdade de condicións a calidade dos servizos a todos os cidadáns".O Goberno galego tamén lembra que hai dous anos xa se intentara suprimir a atención presencial (daquela por parte de Adif, que se reparte ou comparte con Renfe a venda de billetes nunhas ou outras localidades) en varias das estacións. Daquela, di a Xunta, "se atendeu as xestións realizadas polo Goberno galego" e o servizo de venda presencial seguiu a prestarse, pero nalgún caso privatizado. |
PRAZA_15737 | A instrutora da presunta trama de fraude en subvencións públicas cita en calidade de investigado a Pachi de Lucas e mais aos dous anteriores directores xerais de Formación da Xunta. A exconselleira de Traballo e actual titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, terá que declarar como testemuña. | Xiro de relevancia na Operación Zeta, a investigación da presunta fraude en subvencións de cursos de formación que se vén instruíndo nun xulgado da Coruña. A maxistrada instrutora do caso vén de emitir un auto no que amplía en vinte e cinco nomes a lista de persoas investigadas -antigas imputadas- e entre eles figura o de Francisco Ramón de Lucas, Pachi de Lucas, o considerado 'conseguidor' da trama, a quen o principal, imputado no caso, Gerardo Crespo, situou no "círculo íntimo" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e en torno a quen a xuíza investiga dende o pasado marzo. Xunto a el, pasan a ser investigados os dous anteriores directores xerais de Formación e Colocación da Xunta: Pastor Fuenteseca, do bipartito, e Ana María Díaz, do PP. Segundo o auto, a cuxo contido tivo acceso Praza Pública, están "confirmados con rotundidade" os "indicios" da policía que apuntaban a que Pachi de Lucas é o presunto autor dun delito de tráfico de influencias. Así, a maxistrada dá por constatado que as entidades de Crespo realizaban pagamentos regulares a De Lucas para intermediar con cargos políticos do PP. Nomeadamente, a xuíza cita "unha mensaxe telefónica" na que De Lucas "informa a Gerardo [Crespo] dunha cita concertada para el" e para outra membro da súa entidade, Azetanet, "no despacho de Ana Pastor", actual ministra de Fomento en funcións, na sede do PP na rúa Génova de Madrid en 2011, meses antes de acceder ao Ministerio. Os pagamentos a De Lucas eran unha "prioridade" para Crespo, destacan os investigadores. O empresario investigado asistiu en varias ocasións xunto a Feijóo e outros cargos do PP á praza de touros de Pontevedra e, asemade, unha das mensaxes intervidas pola Policía alude á súa participación nun xantar co presidente en Bueu. Feijóo negou en diversas ocasións que De Lucas actuase no seu nome en ocasión ningunha. Os dous anteriores de Formación da Xunta terán que declarar como investigados Xunto a De Lucas terán que responder como investigados os devanditos exresponsables de Formación e Colocación da Xunta por presuntos delitos de prevaricación, nun marco de "total deixación" no control das subvencións. No caso de Fuenteseca, alto cargo entre 2005 e 2009 e actualmente fóra da política activa, é citado por intervir na concesión de axudas a Azetanet (45.000 e 9.000 euros, en dous expedientes de 2008). Beatriz Mato é citada como testemuña No que atinxe a Ana María Díaz é investigada por un motivo semellante e, ademais, pola suposta recomendación para a contratación dunha persoa. Díaz deixou o cargo o pasado outono para pasar a ocupar a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, agora dirixida pola extitular de Traballo, Beatriz Mato, a quen a investigación relaciona tamén con Crespo e que agora é citada en calidade de testemuña. No inicio da investigación Mato admitiu que chegou a recibir un bolso como agasallo de Azetanet e as escoitas da Policía revelan diversos alusións a ela. Xunto a Fuenteseca e Díaz a xuíza cita nas mesmas condicións a Juan José Barrera Cerezal, ex director xeral de Economía Social do Ministerio de Emprego ata finais de 2011. No seu caso a xuíza cita informes favorables en adxudicacións e subvencións ás entidades investigadas. |
NOS_24377 | A Casa da Lusofonía de Vigo acollerá o 17 de xuño o coloquio 'Conexões', unha iniciativa da xuventude lusófona de oito territorios de fala portuguesa que buscan combater o descoñecemento mutuo grazas á lingua e a través do intercambio cultural. | A Galiza acollerá o vindeiro 17 de xuño ─Casa da Lusofonía, Vigo─ unha nova edición de 'Conexões', un encontro presencial que busca achegar as nacións da lusofonía ademais de promover o diálogo, o intercambio cultural e accións estratéxicas entre representantes dos distintos territorios. A iniciativa parte da Juventude Unida dos Países de Lingua Portuguesa (JUPLP), unha plataforma fundada por xente moza de Brasil e Portugal no ano 2020 convencida de que a xuventude lusófona non está ben representada polas instancias oficiais. Máis dunha vintena de mozos e mozas de Brasil, Portugal, Angola, Guiné-Bissau, Moçambique, Cabo Verde, Timor Leste e Galiza son parte deste movemento disposto a tecer unha rede moza propia, onde debater sobre temas relevantes para a xuventude lusófona, á parte das cuestións políticas e iniciativas institucionais. Abraão Santos, diretor do Museu da Resistência Timorense: "A independência de Timor é um direito inalienável" A Galiza integrouse neste colectivo en novembro do ano pasado "como territorio de fala portuguesa ou lusófona", co ánimo de contribuír a que "a lingua entre no universo lusófono e se abran para ela xanelas culturais, comerciais, económicas e sociais". A Galiza quere xogar un papel de "unión", entre persoas, mais tamén entre pobos e comunidades. Intercambio e coñecemento A mocidade da lusofonía conta hoxe con perto de 48 millóns de persoas, 16,4% da poboación de fala portuguesa de todo o mundo. "Somos xente nova, inconformista coa realidade e o contexto estrutural a nivel internacional". Segundo xustifica a Nós Diario Carolina Aldea, integrante galega do colectivo, "coñecemos moi pouco da realidade doutros países de lingua lusófona en termos culturais, políticos e sociais; mais, sobre todo, coñecemos moi pouco da realidade da xente moza", que observa na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) unha entidade excesivamente "formal e burocrática" da que Galiza non é parte malia contar coa Academia Galega da Língua Portuguesa e o Consello da Cultura Galega como observadores consultivos. Neste sentido, a JUPLP nace como unha plataforma arredor dunha fala común pensada por e para a xuventude co obxectivo de compartir novas oportunidades "dentro da nosa realidade lingüística e cultural". "Notamos que o empoderamento xuvenil e o acceso a formación e información sobre o desenvolvemento persoal non chega a toda a mocidade da nosa comunidade". Presentan doce estudos para comprender as relacións da Galiza coa lusofonía Mudar a exclusión, o illamento e o descoñecemento son os obxectivos deste novo movemento construído na distancia, mais tamén forxado a través de 'Conexões', un foro presencial que se estreou en Coimbra, continuou en Cabo Verde e chegará a Porto e á Galiza no mes de xuño, os días 16 e 17, respectivamente, con palestras arredor da lingua, da situación das linguas minorizadas en territorios de fala portuguesa, ademais doutros asuntos que centran a atención da mocidade en cada territorio: inmigración, racismo, violencia de xénero, identidade, saúde e autocoidado. O convite chega sen un programa fechado. "O obxectivo destes encontros é promover debates abertos, de xente moza para xente moza, sobre asuntos de importancia para a xuventude lusófona". Así, no 'Conexões' non hai persoas relatoras. Calquera se pode achegar e propoñer un tema para enriquecer o coloquio. |
NOS_44848 | A proposta de transformación na produción de alimentos a medio prazo. | Esperabamos con atención o documento do Perte Agroalimentario, aprobado en febreiro de 2022. Esperabamos as liñas dunha estratexia para a alimentación e a agricultura que viñera repensar as estruturas, as regulacións, as bases e as perspectivas de futuro. Moito máis cando, algo alborotado polo estudo prospectivo, a 10-15 anos, da produción de alimentos, démonos de narices coa brutal transformación na produción de alimentos que nos anuncian estudos coma o informe Rethinking food1 a un prazo xa moi breve: nel, sitúan coma os gañadores da produción de alimentos a biotecnoloxía e as empresas de software. 'A segunda domesticación das plantas e os animais' En esencia, chámanlle alí "a segunda domesticación das plantas e os animais" á próxima, e xa en marcha, produción de proteínas, non a partir de vacas ou leguminosas, organismos complexos e xigantescos, senón de seres unicelulares: a fermentación de precisión, o cultivo celular e ODS... en fin: augúranos un futuro inmediato no que a maioría dos alimentos serán producidos a partir de microorganismos, evitando recorrer a macroorganismos –coma a vaca, o porco, a cabuxa; as plantas mesmo-, cousa que traería as vantaxes de reducir drasticamente os custos –un macroanimal, para producir leite ou carne, resultará, ó parecer, moi ineficiente: mellor evitar todos eses rodeos producindo directamente as proteínas por microorganismos. Afórrase ademais enerxía, redúcese notablemente a contaminación (mesmo se pode reverter), libérase a maior parte da terra cultivable, xa innecesaria para a produción de alimentos... en fin: unha piña de beizóns. É atronador o que pode pasar coa actual gandería, agricultura e alimentación a un prazo de moi poucos anos, a pouco de estas expectativas andaren no certo. Atérrame a escasa atención que merecen por parte dos responsables do futuro. Sabemos que algunhas –moi poucasempresas e laboratorios de Galicia están a poñer as bases para abordaren estas retesías da fermentación de precisión e produción de proteínas alternativas. Pero son máis os que parece vivir coma ignorando a que nos vai vir enriba. O Perte agroalimentario fai algunhas referencias á agricultura de precisión, intelixente... que é outra cousa, pero ningunha a esta "segunda domesticación de plantas e animais". Chámanlle "segunda" por contraposición á primeira, a do Neolítico, cando os humanos deron descuberto o control da reprodución e cría de plantas e animais. Esta segunda que imos vivir agora sería a partir de microorganismos, por fermentación de precisión e outras formas de cultivo celular. Entre as Misións para a Ciencia e o Anovamento, tampouco se sinala no Perte a fermentación de precisión coma un dos retos fundamentais. Si celebramos a posta en marcha do laboratorio de sanidade vexetal de Lugo, anque isto xa é anterior. A falla de resposta estrutural O Perte recolle ideas e programas existentes, pero non lle vemos un claro propósito de transformación estrutural conforme ás necesidades do tempo a un prazo de 10 anos –que necesitamos perentoriamente- nin unha orientación na investigación, tamén ás portas dun rachamento estrutural sen precedentes. O Perte agroalimentario debería ter, penso, un propósito de abordar problemas estruturais, cando, ademais das graves disfuncións actuais da actual estrutura na cadea alimentar, a estrutura de produción de alimentos a un horizonte curto vaise transformar –previsiblemente- de forma drástica. Inda descontando esta cuestión, hoxe o poder de mercado das empresas compradoras é tamaño fronte á dispersión das explotacións de produción agraria, que poden impoñer condicións moi estreitas ó produtor. As reclamacións por estaren a producir por baixo dos custos e da necesidade de abordar satisfactoriamente esta cuestión nos revelan un problema estrutural de marca maior. Pero o Perte, como case toda a documentación burocrática, no canto de abordar accións que poidan desgustar ós poderes instalados, tratan de amosar as posibilidades milagreiras doutras solucións, cales as opcións "da granxa á artesa", a dixitalización das canles comerciais directas entre os produtores e os lares, etc, cousas boas, por certo, e que teñen algún recorrido. Pero non lles vexo que poidan ir máis alá diso. É sistemático que a documentación burocrática, dende os informes do Banco de España ós do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), eludan toda referencia ós maiores poderes de mercado en presencia, que en todo caso evocan coma "rixideces": gustamos dos eufemismos. Por iso adoitan ladealos e referirse a outras solucións que lles permitan despexar a córner. Como consecuencia, o seu interese adoita ser limitado. Pero nós necesitamos, se amamos ó país, abordar en toda a súa amplitude e cruamente as nosas perspectivas de futuro e tratar de ver como poder contemplalo con confianza e decisión. Catherine Tubb e Tony Seba. 2019. Rethinking Food and Agriculture 2020-2030: The Second Domestication of Plants and Animals, the Disruption of the Cow, and the Collapse of Industrial Livestock Farming. |
NOS_21429 | O detalle de ter porteiros (todos) excesivamente dadivosos co contrario. O detalle de aliñar un central tan pouco solvente como Albentosa. O detalle de desbaldir (Adrián) no desconto unha catedralicia ocasión de gol. | Nova derrota do Deportivo no campionato e outravolta a análise abócanos a unha evidencia: a equipa agora treinada por Cristóbal non é quen de completar 90 minutos sen deixar algún detalle impropio dun combo da elite. E así non é posíbel competir. Os números da escadra galega nesta primeira volta da Liga son para chorar: 4 vitorias, 4 empates, 11 derrotas. 16 pontos sobre 19 encontros, isto é, un promedio de 0,84 pontos por partido. Números de Segunda División. E o asunto é que se nos cinximos a aproximadamente 89 minutos de xogo o Deportivo estivo francamente potábel perante a terceira mellor escadra do campionato, o Valencia de Marcelino. O problema está nese minuto restante. Ese erro de alevín de Rubén Martínez ao non atrapar o fácil chut de Guedes. Esa desconcentración de Albentosa que permite ao vigués Santi Mina rabuñar a bola que daría paso ao gol de Rodrigo. Esa falta de destreza de Adrián para embocar o balón na portería de Neto cando o partido daba as súas boqueadas. As tres accións por xunto apenas suman un minuto. Ese maldito minuto. Eses malditos detalles. O Dépor repetiu trivote na saída ao campo -Guiherme, Borges, Mosquera- coa ideia de fortificarse na medular. Perdía imaxinación ao deixar no banco Çolak, mais Cristóbal ten fe cega na capacidade de criación de Adrián -Carles Gil está a perder o favor do treinador- e -nunha decisión de ar político, para sofocar un eventual motín no vestiario- aliñou Lucas Pérez acarón de Andone. O mao é que este Lucas aínda non é aquel Lucas. Está en realidade a certos anos luz de o ser aínda. Outro pequeno detalle. Na primeira metade, Borges abeirou o gol e o Valencia foi sobre todo Guedes, un futebolista de enorme clase que atravesa un momento de forma descomunal. Tentou o gol de todos os xeitos e foino atopar da forma máis doada, coa colaboración inestimábel dun Rubén Martínez que perpetrou un erro dos que retratan un gardamallas. O gol foi visto por todos como unha fatalidade, un clásico na historia recente do Deportivo. Sobreveu entón sobre Riazor unha certa sensación de irrealidade, como se os futebolistas da equipa branquiazul estivesen todos a pensar "isto non nos pode acontecer a nós, outra vez non". Bon foi que o Valencia non aproveitase o estado de shock galego para aumentar a vantaxe. No segundo acto, Cristóbal tirou de manual e puxo Çolak no campo. A equipa comezou a circular mellor o balón e a se despreocupar un chisco do rival, a ser un pouco máis ela propia. Mais daquela chegou o segundo detalle. Albentosa decidiu pensar noutra cousa e Santi Mina, atento, rouboulle a bola que xerou o 0-2. Outro baño de irrealidade. Outro baño de "non sabemos onde meternos". Riazor estupefacto. Son estes futebolistas de Primeira División? Como é posíbel tanta falta de atención aos deberes básicos dun xogador profisional? Lucas -no mellor que fixo durante o match, un bon centro desde a direita-, Adrián e Andone -combativo como sempre- fabricaron o 1-2 no minuto 88. Esperanza. Apelos á épica. Respiración contida. E, si, o Dépor puido empatar. No desconto. Mais Adrián enviou a bola por cima da trabe. Cuestión de detalles. RC Deportivo: Rubén, Juanfran, Sidnei, Albentosa, Luisinho, Guilherme, Pedro Mosquera (Fede Valverde, min. 70), Borges (Emre Çolak, min. 52), Lucas, Andone e Adrián. Valencia CF: Neto, Ruben Vezo, Gabriel Paulista, Garay, Gayá, Maksimovic, Coquelin (Martín Montoya, min. 83), Parejo, Guedes, Rodrigo (Zaza, min. 81) e Santi Mina (Vietto, min. 74). Goles: 0-1 Guedes (min. 37); 0-2 Rodrigo (min. 64); 1-2 Andone (min. 88). Árbitro: Alberola Rojas (c. castelán manchego). Cartóns amarelos a Pedro Mosquera (min. 47), Parejo (min. 63) e Albentosa (min. 90+3). Incidencias: partido da 19ª xornada da Liga disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 19.096 espectadores. |
PRAZA_2640 | A vitoria de Mauricio Macri define o impulso dunha alternativa opositora (neste caso de cariz neoliberal) aos cambios progresistas hemisféricos observados desde 1998, con latentes expectativas de reprodución noutros contextos, en particular os comicios parlamentarios do próximo 6 de decembro en Venezuela e as tensións políticas no Brasil de Dilma Rousseff. | Resulta indubidable a importancia estratéxica relativa ao ballotage presidencial do pasado 22 de novembro na Arxentina. Tanto como un final de ciclo político, neste caso da hexemonía trazada polo "kirchnerismo" desde 2003, contextualizado ó mesmo tempo por un súbito cambio xeracional na política arxentina, a vitoria de Mauricio Macri define o impulso dunha alternativa opositora (neste caso de cariz neoliberal) aos cambios progresistas hemisféricos observados desde 1998, con latentes expectativas de reprodución noutros contextos, en particular os comicios parlamentarios do próximo 6 de decembro en Venezuela e as tensións políticas no Brasil de Dilma Rousseff. Ó mesmo tempo, este escenario prevé posibles recomposicións de alianzas nos sistemas rexionais de integración, en particular MERCOSUR, así como nas relacións hemisféricas con Washington. Neste histórico ballotage arxentino, Macri ampliou a súa votación en mais de catro millóns de votantes en menos dun mes, dende a celebración da primeira volta o pasado 27 de outubro. Este dato revela diversas chaves detrás dos comicios presidenciais arxentinos, en particular co respecto ao liderado do seu rival Daniel Scioli como abandeirado "post-kirchnerista", e das incertezas que se anuncian a partir de agora no panorama político arxentino. O contexto actual non resulta claro para a consolidación dunha nova fórmula política, sexa eventualmente denominada como o "macrismo" Cun 51,4% dos votos, resulta indubidable que Macri logro reconstituír o espazo político dunha oposición fragmentada tras doce anos de hexemonía electoral e política "kirchnerista". Pero o contexto actual non resulta claro para a consolidación dunha nova fórmula política, sexa eventualmente denominada como o "macrismo". A pesar de liderar claramente un perfil propio da dereita liberal, o candidato de Cambiemos abandeirou unha plataforma basicamente "anti-kirchnerista", na que se foron engadindo aliados circunstanciais, motorizados na recta final pola facción disidente do "kirchnerismo" encabezada polo ex candidato presidencial Sergio Massa, cuxos votos no ballotage moi probablemente resultaron decisivos para a vitoria final de Macri. Esta reconstitución do campo político opositor ao "kirchnerismo" será un reto político chave para un Macri que asumirá a presidencia o próximo 10 de decembro nun contexto sumamente complexo. As distorsións económicas vividas nos derradeiros anos produto da caída dos prezos das materias primas, depreciacións cambiarias e constante puxa dos gobernos Kirchner cos acredores internacionais, definirá para Macri un cambio de orientación na política económica, onde se prevé o reaxuste macroeconómico, a privatización e unha nova relacións (menos tensa) cos organismos e acredores internacionais. En perspectiva, unha política económica de rémora neoliberal en tempos "post-liberais", que o propio Macri coidou en non esclarecer o suficiente durante a súa campaña electoral. Prevese o reaxuste macroeconómico, a privatización e unha nova relacións (menos tensa) cos organismos e acredores internacionais Se ben lexitimado nas urnas, a Macri lle corresponde lidar igualmente cun Congreso onde o "kirchnerismo" segue a ser a forza maioritaria, factor que anuncia unha perspectiva de maior polarización, en particular de cara aos comicios lexislativos pautados para finais de 2017, e que pode igualmente erosionar o seu propio piso político. Este aspecto gravita igualmente dentro do "post-kirchnerismo", cun Scioli visiblemente degradado pola derrota electoral, aspecto que reforzaría as estruturas e redes de poder que medraron durante estes doce anos de gobernos "kirchneristas" na Casa Rosada, en especial o grupo La Cámpora e movementos sociais e políticos afíns. Aquí as expectativas se traducen nun hipotético regreso político da actual presidenta Cristina Fernández de Kirchner, sexa como senadora en 2017 ou de novo candidata presidencial en 2019, ou ben no eventual impulso político do seu fillo Máximo Kirchner, histórico líder da Cámpora e senador pola provincia de Santa Cruz. Fálase dun hipotético regreso político da actual presidenta Cristina Fernández de Kirchner, sexa como senadora en 2017 ou de novo candidata presidencial en 2019, ou ben no eventual impulso político do seu fillo Máximo Kirchner Neste sentido, a reconstitución do "post-kirchnerismo" como suxeito político será outro aspecto estratexicamente importante de cara á próxima lexislatura, e que pode reforzarse toda vez Macri paulatinamente desarticule as políticas sociais de carácter asistencial que popularizaron os gobernos Kirchner. Finalmente está a irradiación exterior do triunfo de Macri. Está por ver se o seu triunfo supón igualmente un final de ciclo político a nivel hemisférico, toda vez as expectativas se focalizan no que poda suceder nos comicios lexislativos venezolanos do próximo 6 de decembro, nas tensións políticas no Brasil de Dilma Rousseff (a pesar de que se degradan as perspectivas e impulsar un impeachment), e a mediano prazo nos comicios presidenciais pautados para abril de 2016 en Perú. Está por ver se o seu triunfo supón igualmente un final de ciclo político a nivel hemisférico Durante a campaña electoral do ballotage, Macri lanzou unha dura mensaxe ao presidente venezolano Nicolás Maduro, aducindo que no eventual caso de gañar a presidencia arxentina, denunciaría ao goberno venezolano ante as instancias de MERCOSUR, aplicando a cláusula democrática. Tanto como a tradución do final de ciclo político "kirchnerista", as expectativas opositoras do final de hexemonía "chavista" en Venezuela supón unha chave que colateralmente gravita tras o triunfo de Macri, aspecto que eventualmente pode anunciar determinadas alteracións no equilibrio das alianzas rexionais. E aquí imponse as expectativas de Macri de reconfigurar as relacións con Washington e de hipoteticamente achegarse a novas arquitecturas de integración, como pode ser a Alianza do Pacífico, reconfigurando igualmente os equilibrios de poder noutras (MERCOSUR, UNASUR, CELAC). O "macrismo" suporía un revival neoliberal de consecuencias incertas nun contexto de leve declinación electoral da vaga progresista e de esquerdas presentadas na década anterior a nivel hemisférico Durante a campaña electoral, os medios arxentinos reflectiron en varias ocasións cales son as amizades exteriores de Macri, sinalando aos ex presidentes español José María Aznar e colombiano Álvaro Uribe Vélez, así como o ex candidato da dereita chilena Joaquín Lavín. Pode intuírse que o "macrismo" tenda así a constituírse nunha plataforma de alianzas rexionais onde graviten a dereita brasileira liderada polo conservador Aécio Neves, a oposición venezolana e, con menor intensidade, o presidente mexicano Enrique Peña Nieto. Así, o "macrismo" suporía un revival neoliberal de consecuencias incertas nun contexto de leve declinación electoral da vaga progresista e de esquerdas presentadas na década anterior a nivel hemisférico. |
PRAZA_16344 | ENTREVISTA Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre reivindican as músicas do noroeste peninsular no seu novo disco, Noró. | VÍDEO | Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - O baile de NoróUnha reivindicación das músicas do noroeste peninsular, que permanecen un pouco "orfas" de marca, de cara a fóra, ante a presión dos estereotipos sobre a música española. Así presenta Xabier Díaz Noró, o segundo traballo que comparte coas Adufeiras de Salitre. O nome, tan estraño, non é unha casualidade. Un neoloxismo que remite ao norte, e que foxe dos tópicos, coma o contido do disco. Porque, di Xabier en poucas palabras, os músicos "tradis" xa non son tan "conservacionistas", non se guían tanto pola "tiranía de facer o que hai que facer".Mais iso non é novidade. A cuestión é que non é só cousa de creación estética, de liberdade para transformar, para reinterpretar as melodías tradicionais. Senón tamén de conciencia. De sentido da responsabilidade social. Por iso Xabier Díaz di estar "a tope", por exemplo, coas mulleres que están a reivindicar a superación dos resquicios machistas do folclore. Por iso explica que se arrepinte de ter cantando certas pezas por machistas. E polo mesmo reclama para a música "tradi" unha consideración de tan "moderna" como a indie ou outras tendencias actuais. Falamos con el. Que é Noró?Desta volta busquei unha palabra que puidese funcionar coma un neoloxismo. Tamén para fuxir do tópico, dos títulos máis manidos. Noró quere dicir noroeste, norte, e remite ás músicas do noroeste peninsular. Este disco reivindica as músicas do noroeste, a súa riqueza a variedade, que tantas veces queda ensombrecida polos estereotipos sobre a música española: flamenco e faralaes..."É como se no norte fósemos un pouco apátridas en termos de neón, de marca"É algo que notas moito cando estás fóra. Enseguida sae o "Ah, Spain", e o tópico é ese. É como se no norte fósemos un pouco apátridas en termos de neón, de marca. No sur teñen o flamenco. Os portugueses teñen o fado... E eu mesmo penso que o que fago é máis "músicas do mundo" que folk ou música celta...Dicías noutra entrevista -en El Progreso- que había algo do noroeste non só peninsular. De Irlanda, por exemplo.En realidade, o pouso irlandés está só na cabuxa da capa do disco. É unha foto de Xoán Piñón que me gustaba moito porque me levaba, de xeito implícito e explícito, a ideas que son importantes neste disco, coma o norte. A propia cabuxa tamén é a que nos dá o pelexo co que facemos parte dos instrumentos... "O disco é unha reivindicación das músicas do noroeste peninsular. Non só da galega"Mais o disco é, como dicía, unha reivindicación das músicas do noroeste peninsular. Non só da galega. Eu teño unha pegada forte de música de Zamora, León, Sanabria… Son músicas que sinto moi próximas, que teñen que ver con nós, e que vexo orfas en termos de representatividade. Teño unha querenza por elas e ademais penso que é un xeito de ampliar fronteiras, que non deben existir na música. Supoño que ao ser comunidades sen un espazo de difusión e distribución propio, independente dos circuítos hexemónicos no Estado, terano especialmente difícil, no relativo á visibilidade.Non sabes en que medida. Nós, con todas as nosas dificultades, somos un exército musical. A nosa potencia en calidade e cantidade de bandas non ten parangón no resto do Estado. Aínda que o flamenco sexa, como comentabamos antes, a marca que se exporta, nós conformamos unha república musical marabillosa que está a facer moitas cousas polo mundo. Pero as comunidades veciñas nin teñen esa presenza fóra, nin un tecido organizativo no que apoiarse… Iso quería dicir ao afirmar que están orfas. Nós queixámonos e temos motivos para facelo, pero temos moito feito: a atención do público…"Nós, con todas as nosas dificultades, somos un exército musical"O que pasa é que despois non hai correlación entre esa realidade e a actitude do resto dos axentes: a Consellería de Industria, os empresarios… Nós facemos de embaixadores do país: dos nosos viños, das nosas praias… e facémolo de balde. Iso tamén é unha maneira de facer país -que aquí parece que só se fai cando se vai a FITUR-. Cando estamos fóra falámoslle do país á xente, e iso fai que despois veña por exemplo unha familia de alemáns pasar aquí as vacacións. Que non queiran ver iso é ter unha canle desaproveitada."Nós facemos de embaixadores do país: dos nosos viños, das nosas praias… e facémolo de balde"No disco hai músicas do teu arquivo e do cancioneiro de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. Como fixestes as escollas?Despois de pasar por moitos proxectos: de Rumbadeira a Berrogüetto, ou de traballos coma o disco 'Coplas para Icía', nos que recollía achegas do meu arquivo, teño a sensación de que pasei pola cribo unha capa de 20 ou 30 anos de terra. Quero dicir, que durante moito tempo traballei co que lembraba mellor, co que tiña máis presente ou accesible de modo máis inmediato."Teño a sensación de que pasei pola cribo unha capa de 20 ou 30 anos de terra do meu arquivo"Mais desta volta a miña sensación, como dicía, é que afondei máis, que fun a substratos máis fondos do meu propio arquivo. E iso estivo moi ben, porque me permitiu facer descubertas, ir a capas que tiña máis despistadas. Despois, no cancioneiro de Antón e Dorothé hai auténticas marabillas que me apetecía revisitar. Son, ademais, recollas feitas nos 70 e 80, cando os demais case aínda non empezaramos a facer compilacións. A maior parte do que estamos revisitando agora, no século XXI, foi recollido no último cuarto do século XX, e iso na historia da música é antonte.Falando tamén de sensacións… Podería dicirse que o disco fala de amor e de liberdade.Pode entenderse así, si. Non porque sexa explícito, de modo textual, pero si hai algo diso, e ten que ver seguramente coas escollas feitas. Si hai algunha metáfora que fala de liberdade. 'Voa o aire', por exemplo, fala de alguén que está ben e se sente afortunado sen ter case nada. Fala dun tema que tamén acompaña as miñas escollas vitais, que é a necesidade de prescindir das cousas superfluas. Que haxa nas rúas tantas furgonetas e Amazon significa algo. Perdemos moitas cousas porque o sistema dinos que necesitamos outras que son, en realidade, superfluas. Cando o realmente importante son as cousas pequenas: unha paseada, unha conversa…"Perdemos moitas cousas porque o sistema dinos que necesitamos outras que son, en realidade, superfluas"Algo que salientas nas entrevistas é que tratas de levar a música de base tradicional á excelencia…Si, e dígoo con humildade, sen caer na pedantería de afirmar que eu levo a música popular á excelencia. O que quero dicir é que tento poñerme nese camiño. Non é que eu vaia sublimar a música… Pero si que hai, niso, unha mensaxe de procurar a dignificación do que facemos, de quitarlle a estigma de ser músicas pobres que serven de acompañamento ao evento gastronómico de turno. Para que sintamos fachenda polo propio, para que non identifiquemos as nosas músicas cun reduto de inferior categoría."Si hai unha mensaxe de procurar a dignificación do que facemos, de quitarlle a estigma de ser músicas pobres que serven de acompañamento ao evento gastronómico de turno"Porque son tan dignas e importantes coma as outras, e por iso están nos mellores teatros e cos mellores públicos do mundo. Nós tamén temos un público que vén vernos e que paga unha entrada. Nós o que facemos é un traballo de revisión e de interpretación, unha versión contemporánea dunha tradición musical. E nese proceso, e isto pásame cada vez máis, eu non me sinto obrigado polas métricas ou polos ritmos herdados. Quero dicir que non teño problema, por exemplo, por levar a outro compás unha melodía que atopei. Síntome libre para transformar, sempre desde o respecto, esa tradición. 'Voa o aire', por exemplo, era unha rumba que eu transformei noutra cousa. Ademais, moitas das partes das cancións do disco son creadas por nós, non son tradicionais. As melodías orixinais son os ingredientes que mesturamos para facer algo noso, un universo propio."Nós o que facemos é un traballo de revisión e de interpretación, unha versión contemporánea dunha tradición musical"Hai dúas pezas, de feito, Flor de Maio e Flor de Abril, que parecen unha continuidade da outra. E noutras hai, si, como unha mestura de cancións distintas…É o que explicaba antes: un enfoque de interrelacionar cousas. Se sinto necesidade de coller unha melodía, aí vai, pero podo transformala. É como se transitas por un camiño que ten que ver coa experimentación.Que vos achegades mutuamente ti e as Adufeiras de Salitre? É o voso segundo disco xuntos.Elas achegáronme moitísima enerxía. Foi como darlle ao botón de restart, como se a vida me dese unha segunda oportunidade na música. Eu viña de moitos proxectos: de Berrogüetto, de Nova Galega de Danza… pechara moitos ciclos, e elas axudáronme a reinicializar, a volver facer música coa mesma ilusión e a mesma intensidade que cando comezaba. Aprendín moito, ademais, da solidariedade entre elas, de como se relacionan."O encontro coas Adufeiras de salitre foi como darlle ao botón de restart, como se a vida me dese unha segunda oportunidade na música "Viñan cada unha dunha póla diferente, cada unha coa súa personalidade, e souberon respectarse e chegar a acordos, ata para a forma de vestirse. Aprendín moito con elas, e ademais teñen unha tímbrica que me achegou moito, e que sempre me gustou. Ademais, están un pouco fóra do que son os estándares das pandeireteiras. Cantan nun rexistro eu creo que máis baixo. Tamén Javier e Gutier achegaron moito...Falabas na entrevista con Marta Veiga que Gutier Álvarez coñecía ben o traballo de Florencio, o cego dos Vilares…Gutier é un músico excepcional, con grande curiosidade pola música máis modal, arcaica... O seu instrumento, a zanfona, está relacionado co medievo, claro. E é quen de converter algo arcaico nun instrumento contemporáneo. Gutier achegou moito para traballar con músicas máis modais coma a de Florencio, ou as de Sanabria, León, Zamora… das que falabamos ao principio.O seu irmán, Javier, que é pianista e acordeonista, ten unha querenza polas paisaxes e a sonoridade máis jazzísticas e polas harmonías modernas. Esta sorte de alquimia que crean entre os dous, esa querenza polo arcaico e modal por un lado e polas harmonías modernas polo outro, é un moi bo caldo para facer música. E os dous foron moi xenerosos, ademais.Mencionabas antes a solidariedade das Adufeiras de Salitre. No disco tamén pode haber -a través dalgunhas letras- algo de reivindicación, ou de presenza, de mulleres fortes, firmes, que non están dispostas a calar nin a quedar en segundo plano.Non sei se está explicitado pero, si, pode haber tamén algo diso. Ademais, teño que dicir que, nese aspecto, igual que son neofalante e tomei a decisión de mudar de idioma, tamén chegou un momento no que fun consciente de que me estivera equivocando no meu traballo anterior. Quero dicir que cantei cousas que hoxe non cantaría, e arrepíntome. Hai textos que cantabamos coa xustificación de que eran tradicionais, pero que hoxe non cantaría. Coplas que hoxe non cantaría, por machistas e por outras razóns."Cantei cousas que hoxe non cantaría, e arrepíntome"E penso que non se trata só de escoller textos que sexan respectuosos coas mulleres. É que este disco non é un proxecto "capitaneado". Sen elas, estaría totalmente desvirtuado. De feito, a xente que chama agora á nosa oficina para contratarnos, non quere a Xabier Díaz, quere a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Para min, ademais, todo isto é un proceso consciente. Hai moita xente que está a pedir a berros, no folclore, que se avance niso, que se deixen atrás todos eses resquicios machistas na música e no baile. E eu estou totalmente coas mulleres que reivindican iso e cos homes que as apoian. Eu estou a favor de que a tradición se actualice, se reinterprete con liberdade: mulleres con mulleres, homes con homes… Por que non? Ademais, penso que os que estamos niso temos unha responsabilidade nese aspecto, e temos que ser honestos e valentes para cambiar o que sexa necesario cambiar.A que te refires co de que piden un cambio a berros? Podes explicalo? É por exemplo ese debate sobre se as mulleres podían saír bailar antes ou non?Explico, si. O folclore ten unha serie de, podemos dicir, principios, que se volveron case dogmas, relacionados co patriarcado, que impedían que as mulleres participasen en condicións de igualdade. Esta é unha cuestión polémica, é verdade. En moitas agrupacións folclóricas, ademais, mantense este modelo. Por exemplo é o que comentas: no baile, o costume é que alguén comece, que faga un punto que os demais reproducen. Iso é sacar o punto."O folclore ten unha serie dogmas, relacionados co patriarcado, que impedían que as mulleres participasen en condicións de igualdade"E, sobre iso, hai unha foto fixa de que o facían os homes -que non tiña por que ser así, ademais-. Pero é que ademais o que se fixo nos últimos trinta anos foi reproducir iso. A cuestión é que reproducir ese tipo de cousas no mundo actual non ten sentido. Eu non vou defender iso co argumento de que hai que facer unha representación "fiel" do pasado, igual que non vou cantar letras que falan de "puta tú, puta tu madre". Eu vivín esa realidade folclórica nos anos 80 e 90, e penso que o que facemos agora, ao cambiar iso, é dar pasos adiante e non destruír nada. Ao contrario. O que facemos é construír algo máis igualitario e mellor."Reproducir ese tipo de cousas no mundo actual non ten sentido"E non me importa que me caian paus por dicir isto. Penso que maior parte do folclore quéreme ben. Saben que o que sempre procurei é subir chanzos para que sexa máis recoñecido. Se houbo deturpacións, non é tarde para corrixilas. A min gústame moito a parte do cancioneiro que reflicte a sociedade de finais do XIX. Ese mesmo cancioneiro que apaixonou a Rosalía. E se persoas da talla de Rosalía, ou Lorca, se interesaron tanto pola lírica popular, é de mediocres desprezala. Pero o cancioneiro é moi amplo."Penso que maior parte do folclore quéreme ben. Saben que o que sempre procurei é subir chanzos para que sexa máis recoñecido"E se nos empeñamos en facer e manter fotos deturpadas, se incidimos na parte fea, cocha… non vamos a ningún lado. Temos que pensar no futuro, que non será cantar coplas machistas. E unha vez que superemos iso, haberá que avanzar noutras cousas como introducir tamén modificacións para poder falar das cousas que pasan agora. O compromiso co tempo que nos tocou vivir tamén representa un paso adiante… E non son eu un tipo belixerante ao que lle guste crear polémica nas entrevistas, nin me gusta ser demasiado rotundo. Pero penso que temos unha responsabilidade.En relación con iso, dixeches na entrevista no programa Zig Zag da TVG que "é o noso rock and roll". Por que?Porque, e isto tamén é unha sensación, paréceme que a nosa tribo, a dos "tradis", está a acceder a espazos máis "cool", máis modernos, que antes nos estaban vedados. Agora vamos aos teatros, ás salas de rock e indie, que agora son salas de indies, de rockeiros e de "tradis". Porque isto tamén é unha cultura, rodeada de moitas cousas: moitísima xente que vai a aulas de música e baile, a cursos, miles de tocadores e tocadoras…"Fomos desprestixiados, pero aquí estamos, e somos unha tribo forte que fai unha música valiosísima que temos que reivindicar"Somos unha das tribos máis grandes, que estivo desprestixiada. Hai algúns músicos que nos din, pero fuches tocar á Capitol? Parece que non poden crelo, porque antes seguramente non pasaría. Pero agora si, e ademais temos un público moi interxeracional: nenos e nenas, xente nova, señoras maiores que seguro que sería a primeira vez que ían á Capitol… Gústame ver iso nos concertos. Non hai por que asociar a nosa música ao alcohol, a nocturnidade… De feito, estamos facendo algunhas presentacións ás sete e media da tarde para que poidan vir vernos familias… Fomos desprestixiados, pero aquí estamos, e somos unha tribo forte que fai unha música valiosísima que temos que reivindicar.Comentabas antes o dos miles de tocadores e tocadoras. Pasa tamén porque é unha tradición musical que sempre permaneceu, aínda que estivese desprestixiada. E que se mantivese así non pasou en todas partes. Digo porque ás veces fálase de "recuperar" algo que, se cadra, nunca se perdeu.Compañeiros de profesión coma Kepa Junquera ou Eliseo Parra dinnos que o que pasa aquí lles parece abraiante. Por cantidade e por calidade. Hai moitísima xente implicada neste lío. E é verdade que o folclore foi o elemento que serviu para manter o facho aceso. Todo o movemento de agrupacións folclóricas mantivo o facho aceso. A diferenza é que agora, ademais de toda a xente que vai a aulas de música, que baila nunha agrupación tradicional e que ademais vai de vez en cando a unha foliada ou un serán, ademais tamén hai un público que é consumidor de libros e disco da materia, que vai a concertos en teatros ou salas e que ten as súas iconas "tradis", igual que teñen os indies ou os rockers."Compañeiros de profesión coma Kepa Junquera ou Eliseo Parra dinnos que o que pasa aquí lles parece abraiante"Nese sentido, houbo e hai figuras esenciais, coma Leilía, Mercedes Peón… E dígoo porque ás veces afírmase que os gaiteiros foron sempre a figura icónica. E eu, penso, claro, que a gaita é un instrumento esencial, pero non é o máis relevante nin por importancia histórica nin por número de tocadores. Historicamente a pandeireta e o pandeiro foron máis importantes. A pandeireta tocábaa todo o mundo. Podías atopala no último recuncho da aldea máis pequena. Era un instrumento moito máis masivo."A gaita é un instrumento esencial, pero non é o máis relevante nin por importancia histórica nin por número de tocadores. Historicamente a pandeireta e o pandeiro foron máis importantes"E a música vocal ten tamén unha importancia brutal: pensa en Treixadura, Leilía, Davide Salvado, agora xente coma as Tanxugueiras… Hai un rexurdimento da música tradicional cantada, desde unha perspectiva moi pop: a xente vén aos concertos e canta… Mais si, o que pasa aquí con este tipo de músicas e co folclore non ten parangón en ningún lado do Estado. O que pasa é que durante moito tempo viviu certo desprestixio, e aínda hai certas elites ás que lles custa. E tampouco hai que negar que houbo organizacións perniciosas…Nos 80 aínda quedaban algunhas pegadas da Sección Feminina nalgunhas aulas de música e baile… Folclore si, pero falar galego non, por exemplo. E cousas moito peores.Si, houbo cousas que pasaron no fraguismo que fixeron que houbese xente que collese distancia… Unha "folclorización" excesiva, que converteu agrupacións folclóricas en acompañamento de inauguracións, eventos gastronómicos… de xeito que esta música acabou actuando de floreiro, coma unha especie de adorno galaico. E nós facemos música galega, por suposto, pero non nese sentido. De aí viñeron malas connotacións. "Esta música acabou actuando de floreiro, coma unha especie de adorno galaico. E nós facemos música galega, por suposto, pero non nese sentido"Eu referíame ao franquismo. Á folclorización no mal sentido que vén de aí. A postal "gallega": la galleguiña con el traje, el hórreo, la ría, la gaita… Si, claro, todo iso pasou. Pero penso que hoxe está cada vez máis claro que somos unha tribo de xente igual de moderna que os demais. Por ese tema que dis, dos tópicos, eu non lle chamei "brétema" nin nada así ao meu primeiro disco. O que pasa é que actuar con coherencia, nisto, tampouco é sempre fácil. E eu procuro respectar a todo o mundo. Mais o que me gustaría é que a sociedade en xeral, e os políticos en particular, entendesen o valor que xenera esta música."Penso que hoxe está cada vez máis claro que somos unha tribo de xente igual de moderna que os demais"Unha música que nos fai diferentes no mundo. Os músicos facemos xiras por todo o mundo, polo que levamos a nosa música, a nosa lingua, a nosa gastronomía… todo o que nos fai diferentes. Somos unha especie de indies, no sentido de músicos independentes, pero da tribo "tradi". Pero non queremos ser floreiros nin converternos en estampas "galleguizadoras". E que sexamos unha tribo grande e forte tamén axuda, penso eu, a que as persoas que tocan e bailan teñan máis autoestima, e que aos que facemos isto nos tomen cada vez máis en serio."Os músicos facemos xiras por todo o mundo, polo que levamos a nosa música, a nosa lingua, a nosa gastronomía… todo o que nos fai diferentes"Falamos xa moito nesta entrevista de desprestixio, de necesidade de potenciar a autoestima, de tópicos sobre a folclorización… Mais se cadra, como dis ti mesmo, todo iso está xa bastante superado e xa non é tan necesario incidir nese discurso…Niso non estou de acordo. Moitas veces as cousas non somo como pensamos. Pensa por exemplo neses típicos cuestionarios de preguntas tipo que lles pasan aos políticos: onde pasas as vacacións, que viños che gustan… Pois cando chega a pregunta do cantante preferido, saen nomes coma Bruce Springsteen e Serrat. Non falla."Os políticos non pensan na música como parte da industria do país. E non o fan por mal. Simplemente, non teñen iso na cabeza"A cuestión é que a ningún se lle ocorre, e moito menos se é perto da campaña electoral, dicir que os viños que lles gustan son os Riojas -aínda que lles amole-. Falan do bos que son os viños galegos. Non pensan na música como parte da industria do país. E non o fan por mal. Simplemente, non teñen iso na cabeza. Dinche o viño galego, a praia galega, o restaurador galego… pero non o músico galego. E iso pasa en todos os lados do espectro político. Tamén hai excepcións, claro. Pero podería darche exemplos de todas as tendencias políticas.Comentabas antes algo sobre un ambiente pop, no que a xente vai ao concerto e canta… O voso disco transmite moita enerxía. E podería dicirse -non sei se che parecerá ben- que ten algo de pop. Apunteino xa ao escoitar a primeira canción…Entendo o que queres dicir. Si que existe ese tipo de relación co público. As cousas mudaron moito nos últimos anos. Pasaron cousas que non agardabamos, como que a 20 días teñamos vendidos 1.500 tickets para os concertos da Coruña, Vigo e Compostela. Tamén por iso falo tanto de tribo, porque acaba sendo coma un rito."Non somos tan conservacionistas no sentido estético, non nos guiamos pola tiranía de facer o que hai que facer"Peregrinan ata onde hai concerto non para admirarnos, senón para cantar con nós. É unha celebración colectiva, que axuda a coller fortaleza e que potencia a autoestima. Está cambiando a forma de ver a música: non somos tan conservacionistas no sentido estético, non nos guiamos pola tiranía de facer o que hai que facer. Tratamos o herdado con respecto, pero para facelo propio, e parte da nosa identidade. Mais non, non me ofende que me digas o do trazo pop. Non é algo pexorativo. Ao cabo, o folk é música popular. Non es a primeira que nos di iso."Peregrinan ata onde hai concerto non para admirarnos, senón para cantar con nós. É unha celebración colectiva"Algo máis que queiras comentar para concluír?Non sei, que estamos moi contentos e que esperamos seguir remudando cousas, subindo chanzos para que o resto da sociedade nos vexa con máis claridade. E penso que iso é algo que só podemos conseguir entre todos, entre toda a tribo. |
PRAZA_9658 | Só faltaba que unha española non puidese presentarse por calquera provincia de España, dixo Alvarez de Toledo, que vai por Barcelona | Só faltaba que unha española non puidese presentarse por calquera provincia de España, dixo Alvarez de Toledo, que vai por Barcelona. Se a semiótica transcendese hoxe os twits, a palabra provincia significaríase máis complicada na súa boca. Española tamén. Só faltaba que a señora marquesa non puidese saír da Corte e presentarse por onde os seus atributos ancestrais lle aconsellen. Porque a clave non é europea, segundo a cal un señor de París pode presentarse a alcalde por Barcelona tamén.Provincia era Marsella e arredores, A Provenza. Os romanos exercían protectorado e para alí se desprazaban desde a capital. A provincia en España foi collendo outra dimensión. Os vascos carlistas alcumaban de guiris aos soldados liberais que loitaban en Navarra contra os seus. E de peseteros aos chapelgorris, as tropas mercenarias isabelinas, aínda que ese apelativo só sexa unha pura curiosidade nesta columna. Non así estoutro dato xa citado aquí outras veces: Barcelona tiña psicoloxía de grande cidade e era tratada como unha capital de provincia de 15.000 habitantes: aí naceu o catalanismo. Iso se di en La Rosa de Fuego. Por certo, as guerras carlistas están esquecidas e en consecuencia non se valora ben o continuum guerracivilista. Douscentos mil mortos entre 1833 e 1839 tampouco está nada mal. |
PRAZA_11654 | Regresar ás 18 horas lectivas na ESO e 21 en Educación Primaria, ao xeito do aplicado antes da vaga de recortes, está no centro da folga do profesorado galego deste 12 de decembro, apoiado por todos os sindicatos do sector | "Non ansiamos traballar menos horas, senón facelo noutras condicións. Naquelas que tivemos até a chegada dos recortes dos gobernos do PP". Así resume o secretario nacional da CIG-Ensino, sindicato maioritario entre o profesorado galego, o motivo central polo que todos os sindicatos do sector chaman este 12 de decembro á folga ao persoal docente.Regresar ás 18 horas lectivas na ESO e 21 en Educación Primaria, ao xeito do aplicado antes da vaga de recortes, está no centro da folga do profesorado galego deste 12 de decembro, apoiado por todos os sindicatos do sectorA mobilización laboral coa que todas as centrais sindicais (CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF) aspiran a paralizar as aulas do país este xoves para propiciar unha mudanza de actitude na Xunta ten a súa orixe nos primeiros paquetes de recortes sociais da crise. A Consellería de Educación, daquela dirixida por Jesús Vázquez, aumentara o horario lectivo do profesorado mentres aseguraba que non o estaba a facer nun contexto no que, pouco despois, o persoal docente sufriu tamén os recortes aplicados ao conxunto do persoal público.Nos últimos meses os sindicatos instaron en diversas ocasións á actual conselleira, Carmen Pomar, a unha negociación. Pero aseguran que non houbo resposta, polo que a folga ficou como "única saída" para reivindicaren regresar ás 18 horas lectivas na ESO e 21 en educación primaria. Ou, o que é o mesmo, "o retorno ao horario lectivo anterior ao 2011 en Primaria e Infantil e 2012, en Secundaria, FP e Réxime Especial", resumen nun contexto no que ven á Xunta "máis preocupado por favorecer o ensino privado, tamén o universitario, que por sentarse e falar co profesorado que sostén o sistema educativo co seu esforzo diario".A mobilización deste 12 de decembro, destaca a CIG-Ensino, prodúcese nun clima de "unidade" nun colectivo que "foi estigmatizado por quen nos goberna como unha especie de casta funcionarial privilexiada". Pero "o profesorado galego non ten nin o primeiro privilexio", senón que está a "pelexar por recuperar parte do que nos roubaron" durante a crise. Noutras autonomías, veñen destacando as centrais sindicais nas últimas semanas, cadanseus gobernos si accederon a negociar."Non estamos demandando unha redución do noso horario de traballo; esiximos reducir as sesións lectivas para podermos traballar nunhas mellores condicións""Non estamos -abondan- demandando unha redución do noso horario de traballo", senón das horas lectivas. "Esiximos reducir as sesións lectivas nas aulas para podermos traballar nunhas mellores condicións sen a sobrecarga de docencia". Isto, explican, implicaría ao mesmo tempo crear máis emprego no sector e reducir as ratios de alumnado, xa que "ao impartir menos docencia, redúcese o alumnado co que traballamos e podemos destinar máis tempo á planificación e á coordinación pedagóxica".Ese incremento das ratios -número medio de estudantes por docente- reflícteno, precisamente, os datos divulgados recentemente ao respecto polo Instituto Galego de Estatística, que recollen a primeira media década tras os recortes (2012-2016). Nun contexto de redución da poboación infantil por mor do devalo poboacional e o seu conseguinte reflexo nas cifras de matrícula do ensino público, a ratio aumentou tanto en Infantil e Primaria como en Secundaria, segundo os datos recompilados polo IGE na propia Consellería de Educación.Aos datos apelan tamén as centrais sindicais para comparar a situación do profesorado galego coa do resto de Europa. O informe Education at glance 2018 da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), destaca a CIG-Ensino, "confirma de novo unha realidade consolidada nos últimos anos: o profesorado galego, como o do conxunto do Estado español, imparte máis horas de docencia" que o persoal docente no resto da Unión Europea. "Necesitamos máis tempo para as demais funcións que un centro precisa no seu día a día. Queremos paliar o enorme deterioro das nosas condicións laborais"Deste xeito, sindicatos como a propia CIG-Ensino ou CC.OO subliñan que, segundo este informe, a media da Unión Europea é de 762 horas lectivas anuais para o profesorado de Primaria, mentres que a media estatal e galega é de 880. No caso da ESO, a media europea é de 668 horas anuais fronte a 713, subliñan. Cifras coma esta, advertía o secretario nacional da CIG-Ensino nun artigo de opinión publicado en Praza.gal, amosan por que "queremos ter menos horas para a docencia directa". "Necesitamos máis tempo para as demais funcións que un centro precisa no seu día a día. Queremos paliar o enorme deterioro das nosas condicións laborais: reducir as materias afíns, recuperar os postos de traballo recortados coa ampliación horaria e que tanto afectaron ao persoal interino en particular e aos centros en xeral", conclúe.Alén do paro laboral, as centrais sindicais do ensino trasladan a súa protesta á rúa cunha manifestación nacional que parte ás doce da mañá da compostelá Praza de Cervantes. O destino da marcha será o complexo administrativo de San Caetano. |
NOS_48583 | Ambas as dúas organizacións coincidiron en sinalara que urxe "un xiro radical" que tire a Galiza do "colapso económico, financeiro e social" en que a submeteron as políticas do Partido Popular. | En comparecencia de imprensa após manteren unha xuntanza, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, fixeron un chamamento en prol da convocatoria dunha "grande mobilización social" que poña freo aos recortes implementados polo Partido Popular na Galiza e Madrid. "Un proceso amplo de resposta", así o definiu o voceiro do Bloque quen aliás asegurou desde a organización frontista encetarán unha rolda de contactos con diversas organizacións políticas e sindicais para promover esa resposta popular ás políticas regresivas da dereita. O portavoz do BNG anunciou que encetarán contactos con outras organizacións sindicais mais tamén políticas á fin de artellar unha resposta popular ás políticas da dereita Ambos os dous líders coincidiron en considerar as medidas aprobadas polos gobernos da Xunta e do Estado como "equivocadas" e "contrarias ao que hai que facer". Neste senso, urxiron a necesidade de "reorientar" de maneira "radical" a xestión da crise en aras de procurar unha saida "social e xusta" para á cidadanía. O secretario xeral da central sindical nacionalista asegurou que as políticas da dereita están a supor un importante "recorte de dereitos" para a clase traballadora cuxas condicións laborais están a deixar unha "caída importantísima" dos salarios e de empobrecimento para as maiorías sociais. Aliás, salientou o sindicalista, son as faixas de idade máis novas as que están a padecer unha maior precarización das condicións de traballo. Nesta orde de cousas, a CIG vén de convocar unha xornada de mobilizacións o vindeiro día 11 de abril para denunciar o último pacote de medidas aprobado polo executivo de Mariano Rajoy e que din, deixará á maior parte d@s moz@s con contratos temporais e soldos inferiores aos 500€. Segundo o portavoz do Bloque, a realidade acual precisa ser mudada polo que chaman a artellar "unha resposta social" e masiva que faga coincidir ás centrais sindicais e as organizacións nacionalistas e de esquerdas á fin de loitar, aseguran, polo mantemento "das conquistas sociais" acadadas nas últimas décadas. |
NOS_5055 | O eucalipto estendeuse como a pólvora grazas a un modelo monte/industria que coutou alternativas de desenvolvemento e progreso en amplas zonas do noso rural. Escribimos sobre a eucaliptización no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da reportaxe. | Non, a chegada de Ence non foi o comezo da eucaliptización do noso país. A factoría de fabricación de celulosa instalouse en Lourizán en 1957, sendo a terceira deste tipo no Estado. Houbo unha primeira tentativa seria en 1927, impulsada pola Deputación de Pontevedra, de facer algo semellante, mais non callou. Máis de dúas décadas antes de que Ence se instalara, e segundo versión de Joaquín Pesqueira, editor da revista Suevia, Castelao nunha conversa sobre a paisaxe costeira afirmara que "o eucalipto estragou a paisaxe galega, desnaturalizouna". Durante os seus primeiros vinte anos, a factoría de Lourizán empregou como materia prima fundamental o piñeiro, especie que comezou a abandonar para nos 70 prepararse para mudar ao eucalipto. A partir de 1981 a fabricación de celulosa en Lourizán pasa a depender integramente do eucalipto. Por que o cambio? Portugal encetara a finais dos 50 traballar con pasta celulosa branqueada de eucalipto, de gran calidade e máis competitiva, obrigando así a toda a competencia a se adaptar. [Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_51621 | Aínda que é certo que toda literatura é ideolóxica ao seu xeito, hai unha serie de xéneros, como a distopía, que que se foron convertendo nunha especie de escenario privilexiado da política da nosa época. | Rueiro da cidade escura é unha das primeiras incursións de Patricia Janeiro neses territorios. Unha novela na que, porén, continuaremos atopando algunhas das marcas de identidade da autora: unha trama con predominio da acción, a importante presenza da cidade de Compostela (cuxos mapas ilustran o volume) ou a tendencia a converter a xeración de migrantes, precarias e estudantes malogradas da que formamos parte na principal protagonista. Un día de agosto, Compostela aparece paralizada polo fallo de todo elemento que dependa da electricidade. A falta de noticias sobre o que acontece favorece unha progresiva inmersión nun caos no que entraremos da man dunha miríade ben artellada de personaxes que tratan de sobrevivir e/ou construír unha nova sociedade nesas condicións. Rueiro da cidade escura | Patricia A. Janeiro | Positivas | 2019 | 270 páxinas | 16 euros Os problemas da organización comunitaria, os límites do asemblearismo e o perigoso misticismo ruralista aparecen no fondo dunha novela que xoga tamén á auto-ironía, preguntándose se apareceran os zombies, e poñendo sobre a mesa a cuestión da responsabilidade individual na xestión colectiva, a manipulación dos líderes ou o tema da dependencia enerxética. A desaparición da subministración eléctrica fica como unha pregunta aberta durante a maior parte da obra. Fóxese así dunha interpretación próxima á ciencia-ficción, e o desencadeamento da situación fica como unha sorte de macguffin. É unha mágoa, porén, que no final eses fíos traten de enredarse sen chegar a confirmar un nó satisfactorio. Que unha cidade quede sen electricidade ao tempo que se estragan todas as baterías é un punto de partida aceptábel e mesmo ten similitudes co escenario dunha tormenta solar, unha das causas baralladas na trama. Nunca saberemos, porén, por que non aparecen posibilidades para empregar os motores de combustión, e tampouco axuda que, no final, a resolución do problema pareza vir case por arte de maxia. Trátase dunha cuestión que non afecta á novela de fondo social que constrúe a autora, aínda que sen dúbida deixará insatisfeitas ás lectoras e lectores máis esixentes. Para quen consiga pasar por alto estas pexas, fica unha obra estimulante, cunha trama coral ben administrada que consegue non deixar de interesar e que aborda, como é habitual na autora, temas polémicos e actuais sen recorrer ao simplismo ou ao adoutrinamento. |
NOS_28882 | A modificación da Xunta do catálogo de infantil, primaria e educación especial recorta 109 unidades e máis de 150 mestras e mestres menos en primaria, infantil e educación especial. | A Consellaría de Cultura, Educación e Universidade está no albo das críticas da comunidade educativa, acusada ademais de "xogar" coas cifras para o próximo curso 2021-2022, cunha modificación do catálogo de infantil, primaria e educación especial que supón a "redución de 109 unidades e 150 mestras e mestres menos", segundo denunciou esta segunda feira, 9 de agosto, a central sindical nacionalista CIG nun comunicado público. Tras o estudo do documento publicado a pasada sexta feira no Diario Oficial dea Galiza, o sindicato trasladou que a eliminación de 127 e a creación de 19 implica un balance de 109 unidades menos nestas disciplinas. "A Consellaría está a elevar ao máximo o fechamento de unidades e a redución de docentes no ensino primario", advertiu a CIG, que calcula que a modificación do catálogo afectaría perto de 150 mestres. O sindicato censurou, ademais, que a Consellaría "xogue" coas súas cifras para tentar "enganar á opinión pública" e lamentou que para o Goberno galego a Educación represente "un gasto para cadrar e non un investimento", á vez que siga sen aceptar a negociación e o diálogo para reducir a cociente máxima de alumnado por aula. "Que todo isto se faga nun curso aínda en plena pandemia e con todas as incertezas, que se faga sen ter en conta as necesidades do alumnado e tamén do profesorado, despois das dificultades e esforzos deste curso, deixa ben clara a falta de sensibilidade da Consellaría coa educación e co ensino público", sinalan. A central sindical chama así a todos os sectores implicados a "redobrar esforzos" para afrontar esta situación e anima os equipos directivos a adoptar medidas en resposta a estes recortes de persoal, "incluso presentando a dimisión en bloque se non se produce unha rectificación". Ademais, avanza que estudarán accións e mobilizacións en setembro no caso de que non se produzan estes cambios demandados tanto polos sindicatos como polo resto da comunidade educativa. Educación, pola súa banda, defendía a pasada sexta feira que o próximo curso haberá "máis unidades en infantil e primaria que no curso anterior á pandemia" e argumentou que se disporá de "todas as unidades precisas para dar resposta ás necesidades do sistema educativo o próximo curso". |
PRAZA_2183 | No relativo ós recortes, a Consellería comezou o curso atacando onde máis doe, na dotación de persoal, circunstancia que provocou que numerosas familias decidisen non levar ós seus fillos á escola o primeiro día de curso en sinal de protesta. | A Consellería de Educación comezou o curso con mal pé, cando menos esta é a conclusión que un toma logo de comprobar as queixas que se viñeron rexistrando en diferentes centros educativos da nosa comunidade ó longo do mes de setembro. Pensándoo ben quizais non se trate tanto dun mal comezo como da continuación dunha inercia negativa que vimos arrastrando dende o anterior curso académico, o cal estivo marcado pola implementación de medidas tan controvertidas como a reválida ou o banco de libros, causantes ambas da indignación de gran parte da comunidade educativa. Pero volvendo ó presente, o comezo do curso académico 2015/2016 trae consigo máis polémica se cabe a xulgar polas novas que estamos a coñecer nas últimas semanas. As actuacións levadas a cabo pola Consellería no mes de setembro lograron asestar un latigazo máis ó sistema educativo público, canso xa de recibir un golpe tras outro. Ditas actuacións poden resumirse en dúas categorías: por unha banda atopámonos de novo cos recortes, todo un clásico na xestión educativa deste país; e pola outra unha cuestión relacionada co anterior como é a estratexia de comunicación empregada pola Consellería co fin de ocultar as queixas motivadas por ditos recortes. Permítanme comentar un exemplo de cada unha delas. No relativo ós recortes, a Consellería comezou o curso atacando onde máis doe, na dotación de persoal, circunstancia que provocou que numerosas familias decidisen non levar ós seus fillos á escola o primeiro día de curso en sinal de protesta. Como exemplo deste malestar totalmente xustificado podemos citar o acontecido hai poucas semanas no CEIP de Vite, onde a falla de persoal docente está a xerar unha situación problemática. Fíxense na gravidade do acontecido. O colexio de Vite é un centro de referencia para escolarizar a alumnado con necesidades educativas especiais, polo que se supón que conta cunha especial dotación tanto de recursos materiais como persoais (profesorado de apoio, coidadores...) para poder dar resposta ás particulares necesidades que este tipo de alumnado presenta. Pois ben, en lugar de mostrar un mínimo de sensibilidade e dotar ó centro dos recursos que o profesorado e as familias están a reclamar a Consellería decidiu unha vez máis mirar para outro lado e desouvir estas peticións atentando contra un principio básico da educación como é a atención á diversidade. Respecto á segunda das categorías que mencionabamos nas primeiras liñas, a referida á curiosa política de comunicación empregada pola Consellería, existe unha anécdota que tivo lugar durante os primeiros días de curso que amosa con claridade o modus operandi da administración educativa cando se trata de facer fronte á crúa realidade. Explícolles brevemente o caso. O pasado 10 de setembro a Consellería publicaba na súa páxina web unha breve noticia na que se recollía a visita do Conselleiro de Educación Román Rodríguez ó CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei) con motivo do inicio do curso escolar. O curioso da nova son as declaracións do conselleiro, quen afirmaba que "o inicio das clases transcorreu con total normalidade nos centros das catro provincias galegas". Calquera diría, a xulgar pola imaxe do conselleiro saudando a un dos alumnos do centro e polo contido das súas declaracións, que o inicio de curso efectivamente transcorreu sen maiores complicacións. Nada máis lonxe da realidade. Poucos días despois da visita do conselleiro a esta escola puidemos saber que o centro presenta graves danos en teitos, andeis e portas (as imaxes publicadas polos xornais locais amosan un escenario máis propio do programa Callejeros que dun centro educativo) pero curiosamente a consellería "esqueceu" abordar este problema cando visitou o centro e preferiu centrarse en sacar unha boa "foto" da visita para manter as aparencias. Manipulación en estado puro. O certo é que esta obsesión da Consellería por ocultar a realidade, por agochar todas as súas vergonzas en lugar de intentar solucionalas, trae á memoria aquela famosa frase de Maquiavelo: "O vulgo déixase seducir sempre pola aparencia e o éxito". Esa parece ser a prioridade da nosa administración educativa, manter as aparencias, a fachada, para intentar enganar ó pobo ó que, igual que facía o filósofo italiano, infravalora considerándoo ignorante e incapaz de ver máis alá do aparente. Ese é quizais o maior erro que está a cometer a Consellería, tomar por idiota a un pobo que en absoluto o é e que cada vez ten máis ganas de demostralo. |
PRAZA_9478 | O lehendakari precisa ante o Tribunal Supremo datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano Rajoy. "A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro" | "Non houbo ningún mediador nin nada", proclamou este mércores Mariano Rajoy no Tribunal Supremo. Desde a mesma cadeira das testemuñas do Alto Tribunal, o lehendakari, Iñigo Urkullu, desmentiu o ex-presidente do Goberno de España e deu detalles do seu labor como mediador entre o Executivo central e a Generalitat nas xornadas máis críticas de setembro e outubro de 2017."A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro", rememorou Urkullu. As propostas pasaban, explicou, por xerar en primeiro lugar un espazo de distensión entre os dous Executivos que permitise a tres representantes de Generalitat e Goberno "dialogar" durante tres meses. As premisas para poder empezar eran que non se proclamase a Declaración Unilateral de Independencia (DUI) nin se aprobase o artigo 155."A partir do 4 de outubro fun presentando propostas, tanto ao Govern da Generalitat como ao Goberno. Até catro ou cinco, até chegar ao 27 de outubro"Neste sentido, Urkullu destacou que o ex-president Carles Puigdemont compartía o seu rexeitamento á vía unilateral e o seu apoio á "vía da bilateralidade" e o acordo entre Goberno central e Generalitat. Afirmou mesmo que o ex-president "non tiña desexo de proceder á Declaración Unilateral de Independencia".E revelou ademais que a tensión interna no independentismo foi o que levou a Puigdemont a renunciar ao acordo para convocar eleccións anticipadas o 27 de outubro e levar a DUI ao Parlament. "Puigdemont comunicoumo lamentando que as persoas que estaban na praza Sant Jaume se lle estaban rebelando e pola presión no grupo parlamentario de JxSí e non podía proceder a convocar eleccións", lembrou o lehendakari. As soadas 155 moedas de prata que tuiteou Gabriel Rufían, que este xoves tamén comparece como testemuña, planeaban no salón do Tribunal Supremo.A respecto de Rajoy, Urkullu explicou que falaron o 21 de setembro, un día despois do rexistro á Consellería de Economía, e trasladoulle a súa preocupación porque a situación "se fose das mans". Segundo a súa versión, o daquela presidente mostroulle o seu compromiso de que a actuación das forzas dependentes do Goberno "sería da máxima delicadeza posible". Dez despois sucederían as cargas policiais do 1-O nos colexios electorais.O lehendakari precisou ante o Tribunal datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano RajoyAo contrario que o ex-presidente do PP, Urkullu precisou datas e mesmo a hora das conversas que mantivo con Carles Puigdemont, Soraya Sáenz de Santamaría e Mariano Rajoy. Empezaron o 19 de xuño de 2017, cando Puigdemont lle ediu "intervir para conducirnos a unha solución pactada" ante a situación de "bloqueo absoluto" entre ambos os executivos. O mesmo día, explica Urkullu, trasladoulle o encontro con Puigdemont á entón vicepresidenta Sáenz de Santamaría na sala de autoridades do aeroporto de El Prat, e pediulle que llo comunicase a Rajoy.Urkullu tamén revelou que o conseller Vila lle trasladara unha conversa co daquela ministro de Xustiza, Rafael Catalá, e que este lle pediu que "intercedese" ante o presidente do Goberno español. Aínda que dixo que, ao contrario da Generalitat, o Goberno central non solicitou un labor de "mediación", Urkullu si destacou que o Executivo de Rajoy "tiña actitude de querer ser informado, escoitado e prestaba atención". Respecto ao 155, Urkullu explicou que tivo "a intuición de que o presidente non era moi dado á aplicación do 155", pero matizou que nunca recibiu un compromiso ou "unha resposta precisa" de que non se aprobaría o artigo que suspendeu a autonomía de Catalunya.Segundo Urkullu, de convocar Puigdemont eleccións, PP e PSOE poderían acordar non aplicar o 155 aínda aprobándoo formalmente no Senado. "Pero non houbo unha resposta taxativa neste sentido por parte do Goberno español", recoñeceu. O demais xa é historia.O xuízo, ao vivo |
PRAZA_12496 | Os Piratas son un partido nacido hai 5 anos e medio en Alemaña, aínda que o seu cerne está en Suecia. O pasado ano conseguiu entrar no parlamento da cidade estado de Berlín e esta semana fíxoo no estado de Saarland. Segundo as enquisas, os piratas foron votados polos mais novos, e non por convencemento ou entusiasmo, senón por rexeitamento aos outros partidos. A famosa desafección. A sociedade deulle unha oportunidade a uns descoñecidos. | Os Piratas son un partido nacido hai 5 anos e medio en Alemaña, aínda que o seu cerne está en Suecia. O pasado ano conseguiu entrar no parlamento da cidade estado de Berlín e esta semana fíxoo no estado de Saarland. Segundo as enquisas, os piratas foron votados polos mais novos, e non por convencemento ou entusiasmo, senón por rexeitamento aos outros partidos. A famosa desafección. A sociedade deulle unha oportunidade a uns descoñecidos. Son os primeiros en incluír nas súas prioridades un concepto de política que por outras latitudes denominan democracia real, é dicir, un sistema político onde os cidadáns participen máis activamente nas decisións que afectan ás súas vidas O Partido Pirata chámase así porque naceu dun intento de organizarse para crear outro concepto de entender internet. E tirando do fío, foron concibindo ao paso outro xeito de entender a sociedade completa. Traducido á linguaxe máis clara e directa que os identifica, non só reclaman descargas gratis, senón que son os primeiros en incluír nas súas prioridades un concepto de política que por outras latitudes denominan democracia real, é dicir, un sistema político onde os cidadáns participen máis activamente nas decisións que afectan ás súas vidas. A maioría de idade para o home, a mesma que reivindicaba hai 500 anos por estas latitudes Lutero para ler a Biblia. Imaxe fresca. Sen asesores de prensa. Móstranse como son. Melenudos alternativos, cunha mirada case inxenua, en moitos casos dedicados ao desenvolvemento de sofware, aínda que non exclusivamente, - a súa candidata á presidencia é unha rapaza de 22 anos loitadora de taewondo -, e con vidas sinxelas, con frecuencia no campo. Falan directamente á xente dos problemas inmediatos da xente. Falan coma eles porque son coma eles. De feito, andan a dicir que teñen que aprender iso de ser políticos. En calquera caso, non creo que iso lles quite o sono. En principio non pensan deixar os seus traballos. A esquerda respéctaos, aínda que sabe que lles fan sombra. Respéctaos porque son o que eles quixeran ser E como se venden? Pois non venden menos impostos, nin máis autopistas, nin sequera máis ecoloxía. Hai quen os acusa de non ter ideoloxía, sobre todo a dereita, que aínda di que lle beneficia porque fragmenta a esquerda, pero andan realmente nerviosos con este novo concepto de facer política e son os primeiros en tratar de ridiculizalos en público, sobre todo os liberais. A esquerda respéctaos, aínda que sabe que lles fan sombra. Respéctaos porque son o que eles quixeran ser. O feito é que os piratas entenden a política dun xeito novo, aínda que isto xa soe a tópico. Pasando de apriorismos e dogmas, tratan de ser os representantes dos cidadáns sen ideólogos de por medio e co incansable intento de reinventarse cada día. Son modestos, humildes, non andan por aí a dar leccións, só queren ser portavoces, correas de transmisión dos cidadáns. Son conscientes de que o as sociedades se renovan e cambian constantemente, non só polos avances tecnolóxicos, senón polas circunstancias xeopolíticas e económicas, e con elo as súas necesidades por iso máis que pivotar sobre unha ideoloxía ou unha corrente, poñen o foco na política real, en perseguir a utopía dunha sociedade que non se quere estancar e que persegue a súa superación por medio dunha maior aspiración democrática: cada día un pouco máis de participación cidadá. Non están indignados porque viven nunha sociedade que lles permite ter familia numerosa con 30 anos e durmir tranquilamente sen pensar na hipoteca. Simplemente son librepensadores Non están indignados, porque viven nunha sociedade que lles permite ter familia numerosa con 30 anos e durmir tranquilamente sen pensar na hipoteca. Simplemente son librepensadores que en lugar de consumir e participar na carreira do consumismo, como mercar un coche mellor, buscan a transcendencia "ese concepto tan xermano por hegeliano", transcender o concepto de calidade de vida cidadá, e pensan que esta pasa por deixar de ser espectadores da política e converterse en participantes. E niso están. E por iso lograron este domingo 4 escanos no parlamento de Saarland gracias ao voto descontento que por outras latitudes se traduce en abstención. |
NOS_55688 | Un total de un total de 2.407.531 persoas contan xa coa pauta completa na Galiza. | O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comezou a citar na cuarta feira ás crianzas de 5 a 11 anos para comezar co proceso de inoculación da segunda dose da vacina contra a Covid. Os primeiros menores comezarán a recibir esta segunda dose a partir do 9 de febreiro. No caso daquelas crianzas que se infectaran de coronavirus despois de recibir a primeira dose, Sanidade precisou que non serán convocados nesta primeira quenda, e deberán esperar "até que pasen oito semanas". O Goberno galego estima a distribución de 48.000 doses para completar a pauta destes menores, os últimos da poboación xeral en comezar a vacinación contra a Covid. As citacións do Sergas chegan despois de que 4.691 galegas completasen a súa pauta de inmunización contra o virus nas últimas horas. En total, administráronse 16.507 novas doses, segundo os datos publicados pola Consellaría de Sanidade. Pautas completadas Na Galiza hai un total de 2.407.531 persoas coa pauta completa, 89,16% da poboación total do noso país. Por grupos de poboación, 2.225.286 remataron este proceso chamados polo seu grupo de idade. Outros 17.387 completaron a súa pauta debido a estar considerados cidadáns de alto risco. Tamén recibiron, cando menos, dúas doses, 16.195 dependentes non institucionalizados y 27.640 institucionalizados. En canto a probabilidade de exposición ao virus, xa contan coa pauta completa 76.279 profesionais do ámbito sanitario, 28.754 do sociosanitario e 14.692 traballadores de actividades consideradas esenciais. Ademais, na Galiza xa se inocularon polo de agora un total de 6.444.004 doses únicas da vacina contra a Covid. |
PRAZA_13534 | A secretaria de organización do Bloque, Montse, Prado, augura que os actos do 25 de xullo serán unha "mostra do músculo" da organización frontista | "Fronte a quen propugna rescatar os poderosos causantes da crise, o BNG ten como prioridade rescatar a maioría social". A secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, expresaba deste xeito este mércores as liñas que guiarán a campaña do Día da Patria que os nacionalistas desenvolverán este ano. Baixo o lema Rescata os teus dereitos a formación frontista desenvolverá actos en diversos puntos do país que culminarán, como é habitual, nunha manifestación o propio 25 de xullo en Santiago, un acto que, di Prado, será "unha proba máis do músculo" da formación. Coa vista posta nas cada vez máis próximas eleccións galegas a configuración da dirección nacionalista xurdida da súa última Asemblea Nacional derivará en que desta volta o protagonismo na praza da Quintana sexa compartido polo portavoz nacional, Guillerme Vázquez, e o candidato á Xunta, Francisco Jorquera. A súas serán intervencións que porán remate a, en verbas de Prado, unha "campaña diversa" para a que augura un "éxito" semellante á que, di, tiveron as mobilizacións do Día das Letras ou outros actos "na rúa e no interior" desenvolvidos nos últimos meses" Montse Prado coida que os actos do 25 de xullo serán "unha proba máis do músculo" do BNG "A militancia e a base social do BNG está cohesionada", explica a secretaria de organización dos nacionalistas. Sobre esta premisa a presentación da campaña deste ano realizouse "antes do habitual" cun "dobre obxectivo: chamar a unha participación masiva e explicar as propostas do BNG", centradas en apelar ao rescate "dos dereitos roubados" e a "facelo en bloque, de xeito colectivo". "Con esta campaña tamén queremos facer un chamamento a transformar a indignación en actuación" e "para iso", argumenta, "chamamos a esta Galiza que se move en defensa do ensino público, da sanidade, en contra da estafa das preferentes ou contra a reformal laboral a que se sumen ao proxecto do BNG". Do mesmo xeito outra vertente da mesma campaña estaŕa centrada na recuperación de "dereitos colectivos para Galiza". "Estamos nun contexto no que hai unha clara recentralización no Estado español" que, na súa opinión, está avalada "tanto polo PSOE como polo PP" e provoca a perda "de máis soberanía en favor de poderes afastados e non democráticos". Por este motivo, conclúe, o Bloque "reivindica a soberanía para Galiza, para poder resolver os nosos problemas, conquistar o futuro e defender a nosa identidade nacional". |
PRAZA_10918 | O estudo da Axencia Europea do Medio Ambiente sobre o impacto do cambio climático no agro sinala a "maior parte de Portugal e Galicia" como áreas nas que "o incremento da severidade das secas será máis pronunciado". A nivel continental o informe sinala entre as consecuencias do incremento das secas un "aumento da demanda de regadíos" e "conflitos pola demanda de auga entre diferentes sectores" | "A produción agrogandeira diminuirá e mesmo terá que ser abandonada en partes do sur de Europa e rexións mediterráneas por mor do incremento dos impactos negativos co cambio climático". É unha das conclusións dun recente informe da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA, polas súas siglas en inglés) que sitúa a adaptación á crise climática como unha máxima "prioridade" para este sector e que, aínda que exclúe Galicia das áreas potencialmente máis afectadas, si sinala o nos país como un dos territorios que debe prepararse para algunhas das súas consecuencias. Nomeadamente, para unha maior escaseza de auga.O estudo da Axencia Europea do Medio Ambiente sobre o impacto do cambio climático no agro sinala a "maior parte de Portugal e Galicia" como áreas nas que "o incremento da severidade das secas será máis pronunciado"No apartado dedicado ás secas e á escaseza de auga o informe detalla que a tendencia histórica en Europa no último medio século foi dun incremento dos períodos de seca na área do Mediterráneo e mais no leste do continente. As "proxeccións futuras", arega, apuntan cara a un "incremento da frecuencia e a intensidade" destas secas na propia área mediterránea, pero tamén máis cara ao oeste e o norte. É neste punto onde o informe se refire especificamente ao caso galego. "Na área mediterránea en particular, incluíndo a maior parte de Portugal, Galicia en España, o norte de Escandinavia e a Turquía mediterránea o incremento da severidade das secas será máis pronunciado", advirte. O informe cita estudos previos para especificar que no conxunto da UE a frecuencia das secas aumentará en primavera e verán, mentres que nas rexións do este diminuirá durante os invernos.A nivel continental o informe sinala entre as consecuencias do incremento das secas un "aumento da demanda de regadíos" e "conflitos pola demanda de auga entre diferentes sectores"E, cales serían as consecuencias? Sempre segundo este informe da EEA, as secas afectan "a produción de cultivos e pensos para animais", o cal pode traer consigo, evidencia, unha diminución de ingresos no sector agrogandeiro. Ao tempo, "os episodios de seca aumentarán a demanda de regadíos en Europa", coa consecuente "redución da sostibilidade" dalgúns cultivos e incremento dos "conflitos pola demanda de auga por parte de diferentes sectores". Así e todo, Galicia fica fóra, por exemplo, das áreas na que previsiblemente os terreos agrarios se reducirán de maneira significativa por mor desta causa.Para ilustrar o escenario a Axencia refírese a un recente estudo que, no marco dun proxecto europeo sobre os impactos económicos do cambio climático, "analizou a propensión a danos pola seca" baseándose nos "futuros cambios nas condicións de humidade do solo" e cruzando estes datos con outras variables como condicións económicas e poboacionais. As proxeccións do período 2021-2050 "comparadas co 1981-2010" sitúan Galicia entre os territorios cun "significativo incremento" do "risco de seca". Mentres, no centro do continente este risco diminuiría, resalta. Concretamente, en Galicia a perda de humidade estaría entre o 12% e o 24%, especialmente na área suroeste, segundo o estudo.Novas medidas para aforrar auga en VigoCadrando coa publicación deste estudo en Galicia volven xurdir novas a respecto das restricións de auga mesmo tras un verán que, como acredita Meteogalicia, non foi especialmente seco. Non en van, o recente avance do informe climatolóxico do pasado agosto indica que a "normalidade marcou Galicia" no referido ás chuvias "en contraste coa situación que se viviu durante os últimos tres veráns, marcados pola escaseza" de precipitacións.O Concello de Vigo reduce o baldeo das rúas como medida de precaución; serán eliminados cando os encoros de abastecemento da cidade estean a menos do 70% da súa capacidadeAsí e todo, un dos puntos nos que os problemas de seca veñen sendo recorrentes nos últimos anos, a cidade de Vigo, xa advirte de potenciais problemas. Así, este luns o alcalde vigués, Abel Caballero, anunciaba que dende esta mesma semana "os baldeos de auga nas rúas quedarán reducidas a días alternos como medida de aforro".Esta restrición, segundo Caballero, é preventiva xa que "os encoros que abastecen a cidade" están nunha mellor situación que hai un ano. "Eiras atópase ao 79,05% e Zamáns, ao 74%", isto é, un e sete puntos por riba de 2018. "Estamos mellor que hai un ano, pero agora mesmo empezamos a tomar medidas", que serán máis restritivas cando "o nivel de ocupación chegue ao 70%", momento no que "serán eliminados totalmente os baldeos". |
NOS_7224 | A Asociación Cultural Alto Támega de Laza descubriu hai uns días que maquinaria pesada esnaquizou un importante petróglifo aínda sen catalogar. A desfeita afecta tamén a unha mina de ouro romana. Patrimonio non quixo facer declaracións sobre este tema. | Os traballos de recuperación que realizou a Comunidade de Montes de Castro de Laza nunha devasa en Navallo, parroquia de San Pedro de Castro de Laza, provocaron a destrución dun importante depósito rupestre. O descubrimento levouno a cabo a Asociación Cultural Alto Támega de Laza que meses antes atopara, nesta mesma zona, un petróglifo e outros tesouros arqueolóxicos de incalculábel valor. Ademais desta desfeita, no mesmo lugar quedou afectada unha mina de ouro romana ao removerse a terra de varias canles de condución de auga e quedar soterrada pola terra. "É unha zona dunha grande importancia patrimonial", asegura Nieves Amado Rolan, arqueóloga e presidenta da Asociación Cultural Alto Támega de Laza, "nin tempo tivemos de catalogar o gravado que atopamos". Os gravados constaban de entre 25 e 30 cazoletas ou coviñas, algunhas de tamaño moi considerábel, distribuídas por toda a superficie da rocha de lousa. "Cando menos, no recoñecemento do petroglifo, fixemos un croquis e unhas fotos que axuntamos para ilustrar esta pública denuncia". O lugar esta perto da Estación de Arte Rupestre das Pisadiñas en Laza, unha estación con dez penedos con gravados de ferraduras, podomorfos, cruces, coviñas, símbolos fálicos, mans... "Cando menos, no recoñecemento do petróglifo, fixemos un croquis e unhas fotos que axuntamos para ilustrar esta pública denuncia". Patrimonio único A Asociación xa puxera en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en Ourense que na zona había restos arqueolóxicos de moita importancia mais non lles deu tempo a proceder á catalogación. "Estamos diante dunha estación de arte rupestre de lousa, nunha zona pouco estudada, e que ben podía formar parte dun lugar ritual importante na comarca". Nieves Amado aventura que o petróglifo que afectado, denominado O Penedo das Grallas, pertencía a un período intermedio entre a Idade de Bronce e a de Ferro, 2000 a 500 A. X.c. "É unha arte esquemática atlántica, sintética, moi diferente da realista que atopamos na costa". En Laza xa hai catalogadas outras pezas e mesmo existen roteiros sinalizados e moi visitados en Laza. Os que agora desapareceron formaban parte dun conxunto que aínda estaba sen catalogar. "Tíñamos coñecemento dese depósito rupestre mais aínda non se catalogou, temos poucos medios", apunta Carmen Gómez, arqueóloga da Xunta. Alfonso Seara, xefe de Servizo da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural en Ourense, non quixo facer declaracións ao respecto. |
NOS_27264 | Luís Seoane, Daniel De la Sota e Antonio Palacios. De entre estes tres nomes sairá o elixido para coller o relevo de Maruxo Mallo, a quen se lle dedicou o Día das Artes no presente ano. | O plenario da Real Academia Galega de Belas Artes reuniuse este sábado, 27 de maio, na cidade da Coruña para elixir, de entre as catro candidaturas que recibira, os tres finalistas que concorrerán ao Día das Artes Galegas 2018. Segundo puido saber Sermos Galiza, a Academia terá que elixir entre Luís Seoane, Alejandro de La Sota e Antonio Palacios nunha sesión que se celebrará o próximo mes, no pleno do 24 de xuño. Fontes consultadas, afirman que na reunión desta mañá designáronse os tres finalistas por esta orde: Seoane, De la Sota e Palacios. Luís Seoane foi proposto pola Real Academia Galega e a Agrupación Cultura Alexandre Bóveda, mentres que Alejandro de la Sota foi proposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza e Antonio Palacios, por un grupo de académicos. Quen é quen Pintor, escritor e xornalista, Luís Seoane (Buenos Aires, 1919-A Coruña, 1979) deulle á plástica galega unha creatividade comprometida co seu tempo. O tamén debuxante, gravador, cartelista e deseñador de libros e cerámica é autor dunha obra tan extensa como as súas inquedanzas artísticas e intelectuais. As súas pinturas reflicten o amor a Galiza e universalizan paisaxes, símbolos e personaxes galegos. Foi o homenaxeado do Día das Letras Galegas en 1994. Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913-Madrid, 1996) foi o arquitecto de obras como o Colexio-Residencia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1966-1967); do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (1966); da Biblioteca Universitaria de Santiago (1990) ou do Banco Pastor de Pontevedra (1974). Tamén foi o arquitecto de obras alén do país, como a Pedanía de Esquivel, en Sevilla; as Vivendas da Rúa Prior, de Salamanca, ou o Colexio Maior César Carlos, de Madrid. Antonio Palacios (O Porriño, 1874-Madrid, 1945) é o arquitecto da casa consistorial do Porriño (1918); da Fonte do Cristo, no mesmo concello (1904); do monumento á Virxe da Roca en Baiona (1910); do Teatro García Barbón de Vigo (1926-1927); do Hotel-Sanatorio de Mondariz (1917) ou do Templo da Vera Cruz do Carballiño (1943-1960). Aliás, desenvolveu a súa traxectoria como arquitecto en Madrid con obras como o Gran Casino; o Palacio de Comunicacións; o Hospital de Jornaleros de Maudes; o edificio para o Círculo de Belas Artes ou o Banco do Río da Plata. |
PRAZA_4352 | Un estudo do Banco de España advirte de que as autonomías con "maior peso" dos sectores do turismo e fabricación de coches padecerán maior "deterioro" da súa economía por mor da covid-19 e tanto na estimación de confinamento curto como na elaborada cun escenario máis longo, o impacto en Galicia é superior á media estatal. Mentres, medran as expectativas en torno ao plan da Comisión Europea para a paliar as repercusións económicas da pandemia, dotado con ata 750.000 millóns | "O impacto estimado é significativamente maior nas rexións máis expostas a sectores relacionados con hostalaría e restauración, como as insulares. Noutras comunidades autónomas, que tenden a coincidir con aquelas onde a fabricación de vehículos ten un peso significativo, o impacto tamén sería máis elevado". É unha das principais conclusións dun dos primeiros estudos do Banco de España sobre o impacto económico da crise do coronavirus por comunidades autónomas e tamén a nivel da zona euro.Un estudo do Banco de España advirte de que as autonomías con "maior peso" dos sectores do turismo e fabricación de coches padecerán maior "deterioro" da súa economía por mor da covid-19O traballo, elaborado por Elvira Prades Illanes e Patrocinio Tello Casas, estima o impacto económico da paralización da actividade xeral para conter os contaxios do coronavirus, cun escenario curto de 8 semanas e outro máis prolongado, de 12. En ambos, o impacto previsto para a economía galega está por riba da media estatal e as autoras advirten, non obstante, que as súas estimacións non teñen en conta os diferentes ritmos de desconfinamento. [A Xunta asume o dilema: anima ao retorno do turismo e advirte de que suporá risco de rebrote do coronavirus]O efecto económico "do peche total ou parcial directo dos distintos sectores son idénticos en todas as comunidades autónomas", pero "o impacto sobre o valor engadido" de cada unha é diferente. Porque, explican, "depende do peso que cada sector teña na súa estrutura produtiva" e das conexións entre sectores económicos. É dicir, do "arrastre" no conxunto da actividade económica.Tanto na estimación de confinamento curto como na elaborada cun escenario máis longo, o impacto en Galicia é superior á media estatalAínda que, sinala o estudo, resulta "difícil identificar plenamente os sectores responsables das diferenzas" entre territorios, si existen liñas xerais que coinciden. "Nas comunidades autónomas nas que os sectores turístico, de fabricación de vehículos e de servizos de transporte teñen un maior peso na súa estrutura produtiva son as que experimentarían" maior "deterioro" da súa actividade económica durante as restricións de mobilidade pola covid-19, "independentemente da súa duración". [O impacto laboral do coronavirus destrúe emprego en Galicia a máis velocidade que o inicio da anterior crise]Sobre esta base, o estudo indica que para o suposto de confinamento prolongado (ata 12 semanas), o impacto medio na economía do Estado roldaría o 9,1%. Pero ata unha decena de autonomías, entre elas Galicia, superarían o 10% (-10,2%, no caso galego) e dúas, Canarias e Euskadi, ata o 11%.Así e todo, as autoras tamén advirten de que a incerteza xeral afecta tamén a este tipo de estimacións, tanto polos datos que manexan como polo propio carácter do que está a acontecer. En calquera caso, conclúen, "as estimacións ilustran que unha perturbación común, como a covid-19, pode ter un impacto dispar" en función da estrutura económica de cada autonomía.Expectativa ante o plan da UE para a reconstruciónMentres os diversos indicadores e estudos, dende o Foro Económico de Galicia ao Banco de España, advirten da fonda crise económica que vén e diversas entidades sociais xa perciben a crueza da súa repercusión social, boa parte das expectativas a nivel continental están postas no plan da Unión Europea para a reconstrución. Este mércores coñeceuse algo máis dese plan, sobre o que inevitablemente pesa a sombra dos rescates e préstamos da anterior crise económica, condicionados a fortes recortes.A Comisión Europea procura acougar advertindo de que o seu plan non é equiparable aos rescates da anterior crise, cos seus 'homes de negro' a velar pola aplicación dos recortesComo informa Andrés Gil para eldiario.es, desta volta a UE está a ultimar tres plans e a súa primeira fase ten tres partes: 200.000 millóns en avais do Banco Europeo de Investimentos para as empresas; 100.000 do programa SURE para financiar ERTE; e 240.000 millóns do MEDE sanitario, o fondo de rescates da UE reconvertido para paliar a pandemia. En total, 540.000 millóns para os Estados membros ante os que o Goberno de España xa anunciou que se quere acoller ás axudas para financiar os ERTE.Polo momento, o Executivo español non tería tanta présa por recorrer ao MEDE sanitario. Aínda que polo momento as súas condicións son só utilizar eses fondos para "gastos da pandemia directos ou indirectos", sobre este fondo de rescates aínda pairan as imaxes da troika, dos homes de negro enviados aos Estados na anterior crise para supervisar que se aplicaban os recortes esixidos, xa fose nos países rescatados por completo, como Grecia ou Portugal, ou nos que tiveron rescates bancarios, caso de España.A proposta presentada pola Comisión Europea é denominada 'Next Generation EU' e implica 750.000 millóns de euros, 500.000 deles en transferencias e os restantes, en préstamosTras estas primeiras accións chegaría a que foi a gran novidade dos últimos días, a proposta presentada este mércores pola Comisión Europea: 750.000 millóns de euros baixo a denominación Next Generation EU. Serían fondos que o propio Executivo comunitario captará nos mercados financeiros e deles, 500.000 millóns serían transferencias e outros 250.000, préstamos. [Nesta ligazón, o discurso íntegro da presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, na presentación do plan ante o Parlamento Europeo]A intención principal, "apoiar aos Estados membros con investimentos e reformas para afrontar a crise". "Reformas", o sinónimo de "recortes" da anterior crise. Se cadra por iso, o comisario de Finanzas, Paolo Gentiloni, se apresurou a aclarar que este "non é un programa de axuste cun nome distinto", xa que "son os países os que deseñan que proxectos queren financiar con este plan, é o Estado membro o que ten a tixola polo mango".Polo momento, en calquera caso, isto é só unha proposta. Con fortes apoios, dende os principais grupos da Eurocámara e os países do sur á presidenta do BCE e, moi probablemente, Francia e Alemaña. Todo isto deixaría nunha posición minoritaria aos Países Baixos e os seus aliados. O 19 de xuño estará sobre a mesa da xuntanza de xefes e xefas de Estado e de Goberno e require unanimidade. |
NOS_36740 | A borrasca 'Barra' mantén varios avisos activos por vento, chuvia e ondadas. | A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir desta noite dará comezo un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa que afectará durante toda a cuarta feira toda a costa galega con mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 7 metros aumentado de 6 a 8 metros ademais de vento de compoñente oeste a noroeste no noroeste. A alerta esténde ao longo de toda a xornada ás montañas do interior, onde haberá alerta amarela por nevadas. As previsións apuntan acumulacións de neve de entre 5 e 10 centímetros en 24 horas a partir de 700 metros de altitude. Lonxe da liña de costa Co fin de garantir a seguridade de bens e persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, informou da situación aos concellos afectados, deputacións, servizos e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como a clubs náuticos e outras entidades. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa: diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén recomenda extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Ante calquera dúbida, aconsella consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. Refachos de até 142 km/h Esta terza feira, o vento deixou refachos de intensidade máxima de 142 km/h e superou os 100 km/h en puntos do litoral norte debido á influencia da borrasca 'Barra' situada sobre Irlanda, que mantén avisos activados por forte vento, ondada e choivas. Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 12.15 horas, en zonas de altitude superior a 900 metros o vento deixou refachos de 142,4 km/h en Muras e de 96,8 km/h en Baleira. Cedeira rexistrou 116,7 km/h e 111 km/h en Viveiro. Tamén en zonas de montaña o vento alcanzou 95,5 km/h en Carballeda de Valdeorras e 90,3 km/h en Manzaneda. Pola súa banda, a choiva deixou até o mediodía acumulacións de até 61,5 ll/m2 en Cuntis; 58 en Poio; 57,6 en Cotobade; 49,8 en Forcarei e 44,2 en Fornelos de Montes. |
NOS_33826 | A Galiza suma 772 bens de interese cultural (BIC), dos cales tres están en Meirás —alén da biblioteca, o pazo e as estatuas do Mestre Mateo—. No interior do edificio fican case 3.000 dos máis de 10.000 volumes que conforman a colección. | O Goberno galego aprobou na súa reunión desta quinta feira, decorrida en Ferrol, o decreto polo que se declara ben de interese cultural (BIC) a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán, o que supón o recoñecemento do valor cultural e a protección e salvagarda dun total de 10.855 volumes. Deles, 7.883 están custodiados na sede da Real Academia Galega e case 2.972, no interior do pazo de Meirás. A Xunta reivindicou que resolve así este procedemento "con axilidade", dez meses antes do prazo máximo marcado pola lei, de dous anos, xa que a tramitación fora iniciada en novembro de 2020 coa incoación do expediente. Neste tempo non se recibiron alegacións e contouse con todos os informes favorábeis dos órganos asesores: a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario e a Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Á hora de acreditar este recoñecemento, o decreto de declaración BIC constata a "singularidade e carácter único" das pezas. Así, cualifícase como unha "colección esencial" tanto por ser unha biblioteca creada pola propia autora, entre os grandes referentes da creación e a intelectualidade da súa época, como por ser froito das súas relacións coas e cos artistas coetáneos. Tamén se incide no "especial valor cultural" da colección, como testemuño dun período histórico, ao ser un patrimonio material que contribuiría ao coñecemento desta etapa da historia cultural da Galiza. Tres BIC en Meirás Con esta declaración BIC, a Galiza suma 772 BIC, dos cales 96 foron declarados desde a entrada en vigor da Lei 5/2016 do patrimonio cultural da Galiza, que facilitou a declaración e protección cun concepto máis amplo baseado tamén nas relacións territoriais e no patrimonio inmaterial. A aprobación deste decreto supón a suma de tres bens declarados BIC en Meirás. O primeiro paso tivo lugar en 2008, coa declaración do pazo coa categoría de sitio histórico, e o segundo en 2019, coas nove estatuas da portada exterior do Pórtico da Gloria, obra do Mestre Mateo, dúas das cales están actualmente en Meirás —Abraham e Isaac—. Complétase agora coa declaración da Biblioteca de Emilia Pardo Bazán. Negociación paralela ao proceso xudicial Nestes momentos, a Xunta e o Goberno estatal negocian un convenio para ampliar o BIC do pazo de Meirás, co obxectivo de incluír determinados elementos do interior vinculados a Pardo Bazán e a Francisco Franco. A Xunta mantén a súa vontade de materializar esta ampliación e explica que só resta fechar o anexo dos bens aos que se dará protección, así como unificar os bens que se reclaman por vía xudicial e os de protección patrimonial. Trátase dun procedemento en paralelo co proceso xudicial en marcha para determinar a propiedade dalgún destes bens e cuxa vista está pendente de data, após aprazarse dúas veces. |
PRAZA_14946 | O suspense acabou ás 5.15 da mañá (hora española). Dúas cadeas de televisión deron a vitoria en Ohio a Barack Obama e con ela, a reelección. A noticia continuou unha tendencia que parecía imparable ao longo da noite electoral. Romney non conseguía facerse con ningún dos estados que votaran a Obama en 2008. | O suspense acabou ás 5.15 da mañá. Dúas cadeas de televisión deron a vitoria en Ohio a Barack Obama e con ela, a reelección. Escasos momentos despois, o propio presidente de EEUU confirmouno na súa conta de Twitter cunha mensaxe inconfundible: "Catro anos máis!". A noticia continuou unha tendencia que parecía imparable ao longo da noite electoral. Romney non conseguía facerse con ningún dos estados que votaran a Obama en 2008. Só moi avanzada a noite, sóubose que o republicano gañara en Carolina do Norte, onde o presidente venceu por unha distancia ínfima hai catro anos. Pero nese momento os resultados en Florida, Ohio e Virginia aínda estaban o aire. Romney tiña que gañar en todos eles e nin aínda así tiña garantida a vitoria. Antes que Ohio caese ao lado de Obama, estados máis pequenos ían colocándose na súa casa. Obama tiña un plan B: sumar Iowa, Nevada, New Hampshire e Colorado, e pechar así a senda cara á reelección. Cando se anunciou o seu triunfo en Ohio, xa non era necesario facer máis cálculos. Superara o limiar dos 270 votos electorais. As persoas reunidas na sede central da súa campaña en Chicago comezaron a festa. Obama gañará por estreita marxe no voto popular: 50-49 e ao redor dun millón de votos. E con moita máis claridade nos votos electorais, con máis de cen de diferenza Finalmente, á espera de que se complete o reconto en Florida, que con case total seguridade caerá do lado demócrata, e Montana e Alaska, que serán republicanos, Obama gañará por estreita marxe no voto popular: 50-49 e ao redor dun millón de votos. E con moita máis claridade nos votos electorais, con máis de cen de diferenza. Porén, os republicanos manterán o control da cámara de representantes, o que lles permitirá contrapesar e bloquear as iniciativas presidenciais. Pouco antes das oito da mañá Obama compareceu para ofrecer o seu discurso como gañador. Dixo que "esta noite, 200 anos despois de que puidésemos escoller o noso destino, a unión do país segue mellorando". E concluiu: "se caemos, erguémonos xuntos. Esta noite, despois dunha dura viaxe, volvimonos erguer. O mellor de EEUU está por chegar". Tamén destacou que "A nosa economía está a recuperarse", "Unha década de guerras está a terminar", "Temos máis traballo que facer", "O papel do cidadán nunha democracia non acaba co voto", "Aprendo de vós, facédesme ser un mellor presidente". A lentitude dos republicanos en conceder a vitoria Os republicanos manterán o control da cámara de representantes, o que lles permitirá contrapesar e bloquear as iniciativas presidenciais A pesar de que os medios anunciaban dende as cinco da mañá a vitoria de Obama, Romney non recoñeceu o resultado até dúas horas despois, alegando que ainda faltaban por se coñecer os resultados de Ohio e Florida. Ás 6.45 compareceu Romney para admitir a súa derrota. Afirmou que cre "en América. e no pobo americano" e dixo que rezará por Obama e pediulles aos seus seguidores que tamén o fagan. Peor perder tivo o multmillonario Donald Trump. Ao longo da noite dixo que as eleccións foron unha "farsa e unha parodia" e chamou a unha marcha en Washington para "frear esta farsa": "A nosa nación está totalmente dividida!", dixo. De igual xeito Sarah Palin manifestou sentirse "decepcionada" cos resultados. Diferenzas por sexo, raza e clase social A vitoria de Obama aséntase no voto feminino (55%) e de forma moi salientable entre o electorado negro (93%) e latino (71%) As exit polls, ou sondaxes á saida dos colexios electorais, permiten coñecer algo máis sobre as caracteristicas dos votantes de cada candidato ao ofrecer datos desglosados por idade, raza e ingresos económicos. Deste xeito podemos ver que a pesar da súa derrota Romney gaña entre os homes (52%) e sobre todo entre os brancos (59%). Porén, a vitoria de Obama aséntase no voto feminino (55%) e de forma moi salientable entre o electorado negro (93%) e latino (71%). Tamén hai diferenza por idades pois Romney gaña entre os maiores de 45 anos pero Obama domina con claridade entre os electores máis novos, máis ainda entre os menores de 30 (60%). O voto de Obama é de clase baixa (70%) e media-baixa (59%) mentres que Romney acada os seus apoios entre os que gañan máis de 50.000 dólares ao ano. Tamén hai unha fenda entre o voto urbano, demócrata e o das zonas rurais, claramente republicano. Finalmente, os votantes independentes, non adscritos a ningún partido, repartironse a partes iguais entre os dous aspirantes. Pero Obama conseguiu mobilizalos ao seu favor nos estados clave. Marihuana e matrimonio gai Maryland, Maine e Washington legalizaron o matrimonio homosexual Nesta noite non só se escolleu presidente, gobernadores, congresistas, senadores e outros cargos públicos. En moitos estados tamén se celebraban referendos para aprobar diversas cuestións, entre as que estaban a legalización da marihuana ou a autorización do seu uso para fins médicos. Massachusetts e Montana autorizaron o uso da marihuana para fins médicos mentres que Colorado e Washington legalizaron o seu uso recreacional. Tan só Arkansas votou en contra. Coas votacións deste martes xa son 17 os estados norteamericanos nos que se permite o uso desta substancia con fins terapéuticos. Porén, moitas veces estas autorizacións teñen unha aplicación limitada ante as leis federais que perseguen a posesión. E tamén se preguntou en varios estados pola aprobación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Maryland, Maine e Washington legalizárono e van engrosando unha lisa de territorios cada vez maior na que este dereito se amplia a todas as persoas independentemente da súa opción sexual. Connecticut, Iowa, Massachusetts, New Hampshire, Nova York, Vermont e o distrito de Columbia tamén permiten as vodas gais. Porén, en 31 estados están prohibidas constitucionalmente. |
NOS_2115 | Antonio Rodríguez Miranda louba a xestión de Mariano Rajoy no seu primeiro ano de goberno e asegura que o Partido Popular cumpre as súas promesas electorais após presentar a solicitude de creación da comisión de investigación das caixas. | O voceiro do Partido Popular, Antonio Rodríguez Miranda, asegurou en conferencia de imprensa esta terza que a solicitude rexistrada polo grupo parlamentar popular para a creación da comisión de investigación das caixas reflicte "o interese do PP" neste sentido e a vontade do seu partido por "cumprir co prometido". Segundo Miranda, o retraso na súa creación debeuse á intención de que a comisión "non interferise no proceso de recapitalización" de NGB, porén, vai máis dun ano que os grupos da oposición demandaban a súa constitución no Parlamento de Galiza. Rodríguez Miranda avanzou que as comparecencias perante a comisión deberán ser decididas polo propio organismo após se constitúa e aprobe un plan de traballo. Deste xeito, o voceiro 'popular' respondía @s deputad@s socialistas que demandaban esta mesma terza, a comparecencia 'urxente' do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, para explicar a súa responsabilidade no proceso de fusión das caixas galegas. Neste sentido, Miranda respondeu cun "a boas horas mangas verdes" á petición socialista da que dixo "só quere facer ruído" e procurar "protagonismo". Así as cousas, será a vontade d@s deputad@s do PP a que determine en última instancia que persoas comparecerán perante a comisión, valéndose da maioría absoluta con que contan na Cámara. Miranda, salientou que afrontan a creación da comisión "sen apriorismos", porén, non descartou que por ela pasen anteriores presidentes do executivo galego como, Emilio Pérez Touriño, pois dixo, o "cumio" das responsabilidades sob as caixas "coincidiu co bipartito". Tamén así, o voceiro popular asegurou que o Banco central español "errou" nas súas funcións ao non velar pola transparencia do proceso de fusión. A respecto das indemnizacións investigadas pola Audiencia Nacional, Miranda aseverou que foran contrarias "ao criterio do Partido Popular" polo que tamén serán analizadas pola comisión parlamentar. Un ano de goberno Rajoy Antonio Rodríguez Miranda avaliou o primeiro ano de mandato do presidente español, Mariano Rajoy de quen dixo "fixo unha xestión adecuada" da crise, mesmo con aquelas decisións "difíciles" mais "absolutamente necesarias", asegurou. O voceiro d@s populares galeg@s loubou o goberno de Rajoy e bateu de novo contra "o herdo recibido do período anterior" para xustificar moitas das medidas aprobadas ao longo deste ano. Aliás, asegurou que "para Galiza", o goberno español "é un aliado". A imputación de López Orozco Preguntado pol@s xornalistas a respecto do acontecido en Lugo, Rodríguez Miranda asegurou que o seu partido --que conta con 11 escanos na cidade amurallada-- "respecta a presunción de inocencia" mais pediu que Pachi Vázquez se posicionase sobre a imputación de López Orozco e asegurou que este, debería pedir a demisión do alcalde lugués. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.